ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_3701 | As fontes estatísticas dispoñibles indican que Galicia dispón dunhas 9.000 camas de hospital, entre públicas e privadas. A Xunta di concordar en que "os peores momentos" en canto a total de casos do virus en Galicia "están por chegar" e ten rexistrados 125 positivos entre persoal do Sergas | Este martes, 24 de marzo, o balance oficial do Servizo Galego de Saúde sobre o impacto do coronavirus en Galicia indicaba que o número de casos positivos detectados eran 1.374, con 983 persoas no seu domicilio e as restantes, hospitalizadas. Das tratadas en hospitais, 337 estaban en unidades ordinarias e as restantes 54, en unidades de coidados intensivos, o servizo sanitario considerado máis crítico na loita contra a pandemia.Malia ao protocolo oficial implantado polo Ministerio de Sanidade, segundo o cal "só se actualizarán os datos unha vez ao día", como lembra diariamente o propio Sergas aos medios, o presidente da Xunta aproveitou a comparecencia de prensa convocada para a tarde deste propio 24 de marzo -a través de internet e con posibilidade de preguntas por esta vía- para ofrecer novas cifras, que a estatística oficial reflectirá o mércores. Segundo indicou Alberto Núñez Feijóo, os positivos son xa 1.521 dos que 1.060 reciben asistencia domiciliaria, 393 están hospitalizadas en unidades ordinarias e outras 68, na UCI.Feijóo elevou na tarde deste 24 de marzo a 1.521 os positivos detectados en Galicia, con 393 persoas hospitalizadas en unidades ordinarias e outras 68, na UCIAlén deste balance, que se completaría -segundo a información trasladada por Feijóo- este 24 de marzo con 21 falecementos rexistrados e un total de 25 altas, na súa intervención ante a prensa o titular da Xunta tamén trasladou a "previsión do número total de camas" que manexa a Consellería de Sanidade para o momento de maior carga asistencial para atender persoas que contraian a covid-19. "Só para persoas afectadas pola pandemia" no seu "pico", sinalou, Sanidade prevé precisar "4.000 camas durante varios días, posiblemente durante máis dunha semana".Para medir o peso desta cifra no conxunto do sistema sanitario cómpre poñelo en perspectiva co número total de camas hospitalarias de Galicia. "O aforamento total do Sergas son 6.200 camas", referiu Feijóo na propia comparecencia. Os datos máis recentes do catálogo hospitalario do Ministerio de Sanidade especifican que a sanidade pública dispón en Galicia, concretamente, dunhas 6.400 camas dependentes do Servizo Galego de Saúde. O total de camas públicas "instaladas", segundo estes datos, son algo máis de 7.000.As fontes estatísticas dispoñibles indican que Galicia dispón dunhas 9.000 camas de hospital, entre públicas e privadasA elas cumpriría engadir neste caso as camas da sanidade privada, toda vez que en virtude do estado de alarma estas empresas quedaron "ás ordes" da sanidade pública. O propio Ministerio cifra estas camas nunhas 2.000, polo que o conxunto das dispoñibles en territorio galego roldarían as 9.000. Esta cifra é semellante á que manexa o Instituto Galego de Estatística. Na súa última actualización deste indicador -datada en 2017- sinalaba que, mesmo tras os recortes dos últimos anos, Galicia dispón de 9.005 camas hospitalarias "en funcionamento" e dun total de 9.937 "instaladas".A Xunta di concordar en que "os peores momentos" en canto a total de casos do virus en Galicia "están por chegar" e ten rexistrados 125 positivos entre persoal do SergasSanidade manexa estas estimacións, feitas públicas por Feijóo, nun contexto no que o Goberno galego di concordar en que "os peores momentos" en canto a número total de casos e carga asistencial do sistema sanitario "están por chegar". Entre outras razóns, porque se está a incrementar o número de probas e "cantos máis test fagamos, máis posibilidades hai" de detectar novos casos, evidencia. Así e todo, di, a situación galega é polo momento "un pouco menos mala" que noutros territorios do Estado, se ben non desbota que as cifras galegas vaian alén da "media" estatal nas vindeiras semanas.A evolución da asistencia do virus en Galicia dependerá tamén, en boa medida, do impacto dos contaxios entre o propio persoal sanitario. Ata o momento, Sanidade ten rexistrados 125 casos positivos entre persoal do Sergas -tanto persoal médico como de enfermaría e outros servizos- e fontes da Xunta resaltan que non todos estes positivos se deben ao "exercicio profesional", senón que algúns foron produto de viaxes a Madrid ou de contacto con persoas procedentes desa cidade.Como en anteriores comparecencias, o presidente da Xunta volveu amosarse crítico coa xestión do Goberno de España nesta crise sanitaria, centrando outra volta os seus receos con especial intensidade no fornecemento de material como máscaras e outros equipos de protección. Non obstante, Feijóo admite que para todas as Administracións, incluída a Xunta, "non é nada doado "acceder ao mercado" destes produtos, no que están a "competir potencias mundiais". |
NOS_8340 | O Consello Xeral de Enfermaría (CGE) advertiu de que o Estado, de media, só conta cunha enfermeira escolar por cada 8.497 alumnos, unha cifra "preocupante" para o presidente da organización, Florentino Pérez Raya. | Na Galiza hai 29 enfermeiras para un total de 390.637 alumnos, o que supón un cociente maior do que a media estatal, ao ser dunha enfermeira por cada 13.470 escolares. Así o recollen os datos obtidos polo Observatorio de Enfermería Escolar do Consello Xeral de Enfermaría (CGE), coa colaboración da Asociación Nacional e Internacional de Enfermaría Escolar (AMECE), Asociación Científica Española de Enfermaría e Saúde Escolar (ACEESE), representantes de distintas universidades, do Colexio de Enfermaría de Cantabria e o Instituto de Investigación Enfermeira do CGE. "O que detectamos é que, en moitos casos, os datos non reflicten a figura da enfermeira escolar asignada a un centro de ensino, senón que se trata de reforzos esporádicos contratados pola pandemia, como é o caso de Andalucía, onde hai unha enfermeira referente que só cobre coordinación COVID para seguimento e detección de casos", expresa Guadalupe Fontán, enfermeira coordinadora do Instituto de Investigación Enfermeira. Condicións laborais das enfermeiras escolares Por outro lado, segundo o CGE, as contratacións, condicións laborais e dependencia funcional tamén son moi variadas, sendo na maioría dos casos dependentes das Consellarías de Educación, nalgúns casos dos servizos autonómicos de saúde, dos concellos ou de empresas privadas. "En moitas ocasións, os contratos non son a xornadas completas senón contratacións por tempo parcial. Por iso, queremos ampliar o estudo e imos levar a cabo un proxecto de investigación máis ambicioso que detecte as necesidades desde o punto de vista dos pais, profesores e da situación real das enfermeiras escolares", comenta Fontán. Difrenzas con outros países O cociente de enfermeiras escolares está moi lonxe do que marca a Asociación Norteamericana de Enfermería Escolar, que á súa vez segue as recomendacións da Asociación Internacional de Enfermería Escolar: unha enfermeira por cada 750 alumnos e unha por cada 350 naquelas escolas de educación especial. En Finlandia, o cociente é aínda máis baixo e sitúase en 600 alumnos por enfermeira e en escolas de educación especial baixa a 300. |
NOS_47432 | Con motivo do Día da Patria Galega, Sermos Galiza. S.A. lanza o vídeo promocional de Nós Diario, coa evolución dos motivos gráficos da cabeceira deseñada por Pepe Barro. Compárteo coas túas amizades! | Vinte e cinco segundos de letras. No clip bailan os signos da escrita. Brincan os acentos todos, todas as voces están en Nós. Todas son necesarias para pintar a transversal azul da bandeira de Nós. As letras, os signos, a escrita, a materia prima de Nós Diario da man dun dos máis recoñecidos grafistas da Galiza, Pepe Barro. Isto é o que reflicte o vídeo promocional do diario en galego que verá á luz, no soporte papel e no dixital, o 2 de xaneiro de 2020. Con esta peza audiovisual Sermos Galiza, S.A. busca aumentar o número de asinantes para ofrecer a mellor calidade xornalística posíbel tanto en papel como na rede. Podes subscribirte na seguinte ligazón, que recolle até oito modalidades para facilitar o pagamento. Comparte o vídeo coas túas amizades a través das redes sociais, por correo electrónico e a través do whatsapp. Podes descargalo aquí! As formas de Nós O autor do deseño da cabeceira do diario, Pepe Barro, explica que Castelao deseña o seu 'Nós' "dentro da arte-nova, dentro do canon que marcara Willam Morris (1834-1896), o iniciador do estilo, que procurara as formas na tipografía e no deseño renacentista dos incunábeis, os libros impresos antes de 1500". Na arte-nova, engade, "todos renovan ollando o pasado e Castelao bota os ollos ás letras do Pórtico da Gloria —mesmo citando os monstros, esmagados pola pedra que contén o título ou no cabeceiro—, son as mesmas letras que aparecen en moitas inscricións medievais galegas". Barro salienta que "reiterando o seu uso, con moitas variación formais, Castelao logra identificar estas letras co galeguismo". "Hoxe o novo deseño de Nós non debe repetir as formas. O nome xa fala de historia, de cultura, de galeguismo. O novo deseño debe expresar futuro e tal coma fixo Castelao usamos os códigos do noso tempo, do deseño internacional. Procuramos unhas letras con valores branco-negro semellantes ao 'Nós' histórico, e só revirando o acento, ampliándoo e pintándoo de azul dicimos Galiza: todos e todas 'a nosa voz entenden'", afirma Barro. Castelao e Nós A denominación Nós é unha creación orixinal de Castelao. Segundo o seu biógrafo, Miguel Anxo Seixas, Nós responde a unha encomenda do escritor Eladio Rodríguez, que en 1918 bota a andar unhas páxinas especiais sobre literatura galega no xornal coruñés El Noroeste. A denominación e a súa forma gráfica son parte do deseño da cabeceira que realiza Castelao. Despois chegou o título do seu Álbum Nós e posteriormente, no mesmo ano da exposición pública do Álbum, pasou a dar nome á revista. En 1920, tal como apunta Vicente Risco: "O Castelao foi o padriño: o tíduo Nós pertenecíalle a il; era o do seu fermoso álbum, no que Galiza xeme, chora, maldizoa e rebélase en cincuenta sepias ademirábeles". Co mesmo pronome plural, en 1927 Ánxel Casal nomea á súa editora: Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. Subscríbete! Aínda que Nós Diario xa logrou o mínimo de 3.000 subscricións para facer viábel o proxecto dun xornal en galego que comezará a saída regular o 2 de xaneiro de 2020, precisamos aumentar o número de asinantes para ofrecer a mellor calidade xornalística posíbel tanto en papel como na rede. Podes subscribirte na seguinte ligazón, que recolle até oito modalidades para facilitar o pagamento. |
PRAZA_9779 | Carlos Jiménez foi multado con nove días de suspensión de emprego e soldo por unha falta grave tras locutar un programa emitido pola TVG e non ter, segundo a CRTVG, concedida a compatibilidade para facelo. O persoal ve no expediente outra "represalia" contra persoal mobilizado. | O pasado mes de outubro, a dirección xeral de Recursos Humanos da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) arquivou o expediente que abrira durante o verán á xornalista Tati Moyano, presentadora do Telexornal Serán que dimitiu dese labor xunto a Alfonso Hermida para denunciar control informativo na canle pública e que reivindicara ante o presidente da Xunta as protestas dos venres negros a prol do cumprimento da lei de medios. A xornalista fora expedientada por utilizar o servizo de maquillaxe da canle para presentar unha gala benéfica contra o cancro e o proceso contra ela suscitara unha vaga de solidariedade. Só uns días despois daquel arquivo, a CRTVG abriu outro expediente, desta vez contra o locutor Carlos Jiménez, unha das voces máis recoñecibles das últimas dúas décadas na TVG e na Radio Galega e activo participante, tamén, nas mobilizacións dos venres negros. Abríuselle por unha presunta incompatibilidade tras locutar nun programa elaborado por unha produtora e emitido pola propia TVG, un labor que tiña feito xa en moitas outras ocasións. Cinco meses despois, e logo de múltiples mostras de apoio de compañeiros e persoal da CRTVG que pediron o arquivo do proceso por consideralo unha "represalia" pola súa coñecida significación a prol dos medios públicos, o proceso ten xa resultado: Carlos Jiménez foi sancionado coa suspensión de emprego e soldo de nove días por unha falta grave.Carlos Jiménez foi sancionado con suspensión de emprego e soldo de nove días por falta grave por ter locutado un programa emitido pola TVG e non ter, segundo a CRTVG, compatibilidade para facelo "É unha inxustiza, unha barbaridade, mesmo se puidese haber algún problema burocrático ou formal, pero é moi desproporcionado, máis aínda tendo en conta o histórico que temos nesta casa", din fontes sindicais, convencidas de que ao caso "váiselle dar a volta por vía xudicial". Porque a sanción non será aplicable, polo menos de momento. Carlos Jiménez decidiu acudir á xustiza, polo que só sería sancionado no caso de que a sentenza lle dese a razón á CRTVG, algo que fontes coñecedoras do caso non cren que ocorra. Todo no día no que a sanción foi coñecida polos traballadores, nun venres negro, o 46º xa, "contra a manipulación e polo cumprimento da lei de Medios". No seo do persoal sempre se interpretou o expediente a Jiménez como unha represalia contra el -gañou varios procedementos xudiciais á CRTVG nos últimos anos en materia laboral que implicaron mudanzas na súa contratación e lle recoñeceron unha antigüidade de 25 anos-, pero tamén unha advertencia ante as continuas mobilizacións. Un "cambio na estratexia" na que as autorizacións ou non de compatibilidades tornaron en "ferramenta" para "ir contra" determinados integrantes do cadro de persoal que se suman ás reivindicacións dos venres negros contra a manipulación informativa ou a outras mobilizacións na mesma liña.No seo do persoal sempre se interpretou o expediente aberto a Jiménez como unha represalia contra el por ter gañado varios procedementos xudiciais á CRTVG e por mobilizarse nos venres negros"Logo de que arquivasen o expediente a Tati Moyano, tiñamos bastante claro que este non o ían deixar pasar", insisten fontes sindicais e do persoal sobre un caso de traballador que aínda se atopa en pelexas xudiciais coa CRTVG, á que gañou unha ducia de xuízos. Tres días despois da última demanda por outra reclamación laboral foi cando lle foi aberto este expediente que acaba en sanción por falta grave pero que puido ser peor.Nun principio, a CRTVG advertira dunha falta moi grave que podería supor a suspensión de emprego e soldo de 16 a 60 días ou mesmo o despedimento. Logo considerou a súa actuación unha falta grave, que supón unha suspensión de emprego de tres a quince días. O instrutor do caso propuxo finalmente seis días de sanción, pero a Dirección de Recursos Humanos acabou por elevalo a nove. A Corporación pasou de considerar que exercera "actividades privadas ou públicas sen solicitar e obter autorización de compatibilidade do órgano competente para iso", como aclara o artigo 91.4.12 do convenio colectivo da CRTVG, a rebaixar o feito a un presunto "incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades". O proceso aberto refírese, en concreto, á locución por parte de Carlos Jiménez no programa Polo Rego, emitido pola propia TVG, o que suporía unha presunta incompatibilidade. Foi o director da Área de Contidos quen advertiu de que escoitara a voz de Jiménez na emisión, en outubro de 2018, dese espazo, segundo consta no expediente ao que tivo acceso Praza.gal. Así foi como se lle abriu o proceso disciplinario ao afectado por un labor idéntico ao que o locutor realizou durante anos e polo que foi mesmo felicitado, segundo fontes do persoal, por directivos e cargos de responsabilidade que nunca lle puxeran pega ningunha. O director da Área de Contidos da CRTVG advertiu da locución de Jiménez nun programa emitido pola canle pública en outubro pasado, polo que se lle abriu un expediente disiciplinarioJiménez advertiu que presentara máis de dez anos antes a petición de compatibilidade e que lle fora concedida, tal e como consta no expediente. A CRTVG argumenta que aquela compatibilidade non o ampara ao modificar as súas condicións contractuais. Cando se lle concedeu era traballador temporal e na actualidade é indefinido, tras vencer varias batallas xudiciais contra a Corporación. Ademais, tamén argumentou, entre outras cousas, que aquel permiso permitía realizar o labor de "locutor publicitario", pero non o de "locutor". Jiménez, pola súa banda, alegou a irrelevancia da relación laboral que tiña cando se lle concedeu a compatibilidade, a falta de tipificación dos feitos atribuídos, a ausencia de seguridade xurídica, o intento por parte da CRTVG de revogar a súa autorización a través do procedemento sancionador ou a vulneración de dereitos fundamentais. Todos os casos foron rexeitados, tamén aquel no que o avogado do locutor advertía de que o expediente "non é senón unha represalia pola súa reiterada acción xudicial e pola súa mobilización nos venres negros". "Querer enmascarar unha conduta prohibida con presuntas represalias pola conduta do traballador é unha simple manobra de defensa, ante a imposibilidade de acreditar que a autorización concedida no seu día non comprende a actividade de locutor, senón única e exclusivamente a de locutor publicitario por conta propia", responde a dirección da empresa. Fontes do persoal, no entanto, insisten en sinalar esta sanción como unha "represalia" e un "castigo" o profesional, máis aínda cando, como lembran, son múltiples e variados os programas que a TVG emitiu nos últimos anos nos que exerceu tamén o labor de locutor e polos que nunca foi advertido, senón todo o contrario. Estas mesmas fontes advirten de que as continuas batallas xudiciais gañadas, a súa participación nos venres negros e o seu apoio claro a compañeiros que denunciaron ter sufrido tamén "represalias" por protestar contra a manipulación ou o control informativo están detrás deste expediente que supón case un terzo do soldo mensual de Carlos Jiménez. "Querer enmascarar unha conduta prohibida con presuntas represalias pola conduta do traballador é unha simple manobra de defensa", advirte a CRTVGA directora de Recursos Humanos advirte de que a sanción "ten en conta o criterio de proporcionalidade", así como "o feito de que o traballador non continuase coa situación de incompatibilidade desde que se lle comunicou o inicio do expediente". E decide impoñerlle a sanción de suspensión de emprego e soldo de nove días. Nin os quince máximo que supón unha falta grave, nin os seis que propuxera o instrutor. Tampouco a falta moi grave que prevía nun principio a CRTVG e que podería supor mesmo o despedimento. "Intentan amedrentar""Intentan amedrentar e empregan estes expedientes para ir contra aqueles que se mobilizan e que non calan; será a xustiza quen decida agora quen ten razón, pero a CRTVG pode estarse metendo nun problema maior", din fontes sindicais e do persoal que advirten da "deriva" da dirección ante as mobilizacións do persoal, cada vez máis visibles en diferentes ámbitos. Como proba, din, a proliferación de apoios ao colectivo Defende A Galega logo de que se coñecese esta semana o recordatorio por parte da dirección dunha circular sobre a indumentaria que os profesionais deben lucir ante e detrás das pantallas e que ven como un intento por acalar os venres negros. Precisamente, neste 46º venres negro, o colectivo Defende A Galega difundiu imaxes de coñecidos xornalistas ou persoeiros da cultura apoiando as súas demandas coa camiseta negra con ese mesmo lema: #DefendeAGalega. Ademais, integrantes do grupo Familia Caamagno presentaron o seu novo disco no programa Zig Zag, da TVG, lucindo esas mesmas camisolas. Durante este venres, Defende A Galega advertiu de que os traballadores volvían "dara a cara" malia "as ameazas e coaccións". |
PRAZA_17101 | Pontevedra será o epicentro das homenaxes á autora e sede da sesión extraordinaria da Real Academia Galega nunha xornada na que varias vilas e cidades lembrarán á escritora e na que Compostela volverá acoller a manifestación de Queremos Galego. DOCUMENTAL | María Victoria Moreno, galega por amor | DOCUMENTAL | María Victoria Moreno, galega por amor A Real Academia Galega (RAG) celebra este 17 de maio o Día das Letras cunha sesión plenaria extraordinaria e pública no Teatro Principal de Pontevedra, onde María Victoria Moreno, a homenaxeada neste 2018, se estableceu en 1963 ao chegar a Galicia. Ás 12:30 horas terá lugar este acto nunha cidade que será epicentro da xornada festiva e reivindicativa. Nel falarán as académicas Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, todas con fonda relación coa escritora homenaxeada, e será pechado coa intervención o presidente da institución, Víctor F. Freixanes. Pontevedra, cidade onde se asentou Victoria Moreno en Galicia, será o epicentro das celebracións e sede da sesión plenaria extraodinaria da RAG Xa na tarde deste mércores, o Café Moderno de Pontevedra será o lugar de recepción aos membros da RAG e do Consello da Cultura Galega. O alcalde da cidade, Miguel Fernández Lores, e máis a concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o de Normalización, Alberto Oubiña, recibirán os membros das dúas entidades antes de que ás 21 horas, na sede de AFundación, a Real Filharmonía de Galicia ofreza un recital dedicado a María Victoria Moreno. O propio 17, antes do acto da Academia, terá lugar o acto oficial que celebra a Xunta e que terá lugar no Instituto Torrente Ballester, onde foi profesora María Victoria Moreno e ao que lle legou a súa biblioteca persoal e mesmo un conto inédito. Esta homenaxe do Goberno galego comezará ás 11 horas e suporá o inicio dunha xornada de homenaxes á autora. A urbe do Lérez será o epicentro dos actos de recoñecemento á autora nada en Extremadura, criada en Castela, estudante en Barcelona, filóloga en Madrid e asentada durante 40 anos en Galicia. Así, xa o xoves 17, a Banda de Música de Salcedo ofrecerá ás 18 horas o seu Concerto das Letras Galegas no Pazo da Cultura, mentres que ás 19.30 terá lugar na praza de Curros Enríquez un acto popular de homenaxe a María Victoria Moreno, cun recital poético, a actuación dun grupo de gaitas e un breve concerto da Banda de Música de Pontevedra. Á marxe da capital, no resto da provincia a Deputación leva meses celebrando actos de homenaxe a Moreno e seguiraos celebrando ata o mes de decembro. Son sesenta representacións dentro da programación teatral Ano da Lingua. Ademais, a RAG xa escolleu o pasado mes de febreiro Pontevedra para abrir a súa programación do Ano María Victoria Moreno. Da man da comunidade educativa do CEP Marcos da Portela, a institución presentou a nova edición do proxecto web Primavera das Letras, que fornece de recursos lúdicos e didácticos arredor do universo vital e literario da protagonista deste 17 de maio destinados os cativos e cativas de infantil e primaria. A Coruña organiza por terceiro ano consecutivo unha lectura pública colectiva da obra da homenaxeada en María Pita Os actos co gallo do Día das Letras Galegas esténdense por toda a xeografía galega. Por exemplo, na Coruña o 17 de maio o goberno local organizará, por terceiro ano consecutivo, unha lectura pública colectiva da obra da homenaxeada aberta á veciñanza desde o balcón do Pazo de María Pita. Será unha iniciativa máis nun programa de actividades que inclúen, durante a noite do mércores 16, concertos no Campo da Leña coa participación de diversos grupos galegos. Así, ás 22 horas, O Leo i Arremecághona subiranse ao escenario, para dar paso, contra ás 23.15 horas, á banda The Tetas Van. Finalmente, Terbutalina pechará a sesión cunha actuación que comezará contra ás 00.15 horas da noite. En Lugo, pola súa banda, na rúa Aguirre e na praza Maior, a homenaxe a María Victoria Moreno correrá a cargo das agrupacións corais de Lugo: Coral Asociación Amigos do Camiño de Santiago, Cantar Delas, Coral Ecos do Miño Astelu, Coral Polifónico Hospital Xeral, Conjunto Vocal Lugh, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e Coral Xolda. Completarase así un recoñecemento que durante toda a semana percorreu e percorrerá toda a provincia grazas ás iniciativas impulsadas pola Deputación. Compostela organiza paseos comentados para facer un repaso polas persoas homenaxeadas cada 17 demaio Ademais, en Compostela, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo do 17 de maio e ata que se esgoten as existencias. Tamén terán lugar paseos comentados, do 16 ao 18, itinerarios pensados para facer un repaso pola historia do Días Letras Galegas e polas persoas homenaxeadas en cada 17 de maio desde 1963. As visitas están organizadas en colaboración con MaOs Innovación Social e o percorrido conta con nove paradas, durará ao redor de hora e media e permitirá "resumir 800 anos de historia da literatura de Galicia e lembrar as 56 persoas homenaxeadas ata o de agora no Día das Letras Galegas". Os paseos comentados partirán das escaleiras do Museo do Pobo Galego e rematarán na praza de San Martiño Pinario. Mércores e o venres, os percorridos comezarán ás 20 horas. O 17 de maio, o inicio está previsto para as 19 horas, e o paseo incluirá un recital da man de Celia Parra e unha actuación de peche de Alba María. A inscrición é de balde, a través do correo [email protected]. Tamén se pode realizar por Whatsapp ou Telegram no teléfono 694 474 166, indicando o nome, correo electrónico e día no que se desexa participar no paseo. Queremos Galego convoca á "festa e reivindicación" nunha marcha en Santiago que prevé "masiva" Alén disto, e como cada Día das Letras, a plataforma Queremos Galego convoca á "festa e reivindicación" na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Alameda. Desde a plataforma agardan que a mobilización sexa "masiva" en torno a un idioma que "non só non conta con amparo institucional, senón que recibe desamparo e agresividade sistemática" dende a Xunta. A actriz Nieves Rodríguez conducirá o acto final da manifestación, na que os estudantes gañadores do Correlingua 2018 cunha composición de hip-hop interpretarán 'Rapea, que a lingua non para' O compromiso co galego e coa xente nova Toda Galicia renderá así homenae a María Victoria Moreno, que entre entre 1965 e 1967deu clases no Instituto Masculino de Lugo, "unha etapa decisiva no espertar do seu activismo a prol da lingua galega en plena ditadura", como afirma a RAG. Alí coñeceu o profesor Xesús Alonso Montero, de quen herdou, segundo ela mesma dixo, a súa actitude ante a lingua galega e a ética e o compromiso cos seus falantes. O académico prologou Mar adiante (1973). Esta obra foi un título "pioneiro na literatura infantil galega", como recorda o académico correspondente Xoán Babarro na Tribuna de Academia.gal. Con el asinou para sempre o compromiso coa lingua galega e co público máis novo: "o idioma na creación literaria, e na vida, sería en diante sempre o galego e a gran maioría das obras que escribiría dedicaríaas á xente miúda e adolescente, se ben tamén escribiu poesía e relatos para o público adulto, ensaio e crítica literaria". Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, tamén escritoras de literatura infantil e xuvenil, abriran o acto da RAG en Pontevedra A literatura infantil e xuvenil é o terreo no que adoitan expresarse literariamente as académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, as encargadas de abriren o acto da Academia do 17 de maio en Pontevedra. Fina Casalderrey, que comparte con María Victoria Moreno a condición de pontevedresa, foi ademais alumna dela nos cursos de literatura galega que impartiu como mestra de mestres nos primeiros anos 80. Ambas as académicas son, como a homenaxeada, persoas moi vinculadas á xente nova desde o ámbito laboral. As dúas asinan tamén a biografía de María Victoria Moreno que pode lerse no espazo da web da Academia dedicado á autora. |
NOS_18483 | Con motivo do 6 de decembro, día en que se conmemora o aniversario da constitución española, o BNG desenvolveu un acto en que reivindicou o dereito de Galiza a decidir e en que equiparou soberanía con benestar social. | "Fronte á Constitución española, dereito a decidir e soberanía" foi o lema co que o BNG e Galiza Nova desenvolveu o acto que tivo lugar esta terza feira en Santiago con motivo da conmemoración do 6D. Na súa intervención, ao pé da estatua de Rosalía na alameda compostelá, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou que "o actual réxime derivado da Transición está esgotado", tal e como demostraron, dixo, a crise económica e oito anos de "políticas fracasadas". A tamén portavoz parlamentar do Bloque, que apelou ao feminismo no inicio do seu discurso, reivindicou poder "tomar o control dos nosos recursos e capacidades para garantir un futuro de benestar". "Temos que aspirar a algo máis que a unha autonomía pírrica na que todas as decisións relevantes se tomen a centos de quilómetros", afirmou. Apostou en "facer algo diferente", "abrir un tempo novo que pase por que o pobo galego poida decidir libremente o seu futuro". Ana Pontón: "Tomar o control do cento por cento dos nosos recursos e utilizalos para xerar emprego e blindar os servizos públicos e benestar social" Así, Ana Pontón reivindicou "tomar o control do cento por cento dos nosos recursos e utilizalos para xerar emprego e blindar os servizos públicos e benestar social". E é que falar de soberanía, apuntou, "é falar das cousas de comer". Puxo como exemplo evidente da necesidade de termos soberanía o caso da AP9, "hai unha posición unánime do Parlamento sobre o traspaso da AP9. Non hai ningún impedimento nin técnico nin xurídico. O Goberno español négase ao traspaso. Feijóo, en vez de presidente dunha nación digna, exerce de delegado do goberno". Neste sentido, a portavoz nacional do BNG acusou o "Goberno de piratas" de estar "máis preocupado por savalgardar os beneficios obscenos da concesionaria da AP9 que dos galegos e galegas". "Para iso tamén queremos soberanía: para que nunca máis un señor de Madrid nos veña a dicir e a impor o que podemos facer ou deixar de facer no noso territorio e coas nosas infraestruturas", exclamou. Marco Galego de Libre Decisión Ana Pontón explicou que as solucións aos problemas da Galiza "non van vir de fóra", "non van vir por pactos entre o PP e o PSOE, nin por reformas constitucionais pensadas e deseñadas desde Madrid". "Como nacionalistas, defendemos o dereito a autodeterminación e a consecución dun Marco Galego de Libre Decisión", salientou. Ana Pontón: "Garantir o dereito á libre determinación das nacións sen Estado non é problema de orde xurídica, é un problema de vontade política e democrática" A dirixente do BNG lembrou que o dereito á autodeterminación "é un dereito universal e inalienábel, un dereito quen non precisa ser posivitizado polo ordenamento xurídico para consideralo vixente". "O ordenamento xurídico pode tutelalo, amparalo ou regulalo, pero non recoñecelo. En calquera caso, garantir o dereito á libre determinación das nacións sen Estado como a nosa non é problema de orde xurídica. É un problema estritamente de vontade política e democrática", engadiu. A este respeito, advertiu de que "o nacionalismo nunca foi excluínte". "O único excluinte é esta constitución, que nos exclúe a nós, ate o punto de que nos nega como pobo", expresou. Ana Pontón reclamou, así, superar o "corsé constitucional" e que Galiza "se dote de instrumentos que lle garantan poder decidir sobre todos os aspectos que lle atinxan como nación". Citou, entre outros exemplos, a recadación dos impostos xerados en Galiza a través dunha facenda galega ou a xestión directa das pensións ou da Seguridade Social, así como a ordenación dos sectores produtivos; a planificación dos servizos públicos; articular un deseño territorial, institucional e de administración de xustiza acorde ás necesidades do país, ou a presenza directa en instancias estatais, europeas e internacionais nos asuntos que lle afecten. Galiza Nova apela a rachar coa constitución española Neste acto tamén tomou a palabra o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, quen chamou a mocidade galega a rachar coa constitución española e a crear un novo marco xurídico e social na Galiza, "unha constitución xusta, solidaria e que emane das galegas e dos galegos". "Un marco xurídico que permita exercer o noso dereito de autodeterminación como nación libre no mundo", subliñou. |
PRAZA_744 | O Goberno central estudará en xuño a proposta das tres universidades galegas, que piden que as achegas científicas en linguas cooficiais teñan unha avaliación específica e non sexan puntuadas negativamente por non incluírense nos índices de impacto estatal ou internacional. | O Ministerio de Educación comprométese a estudar no vindeiro mes de xuño a variación dos criterios de avaliación da actividade investigadora no relativo ao uso das linguas cooficiais en publicacións científicas. Responde así á petición presentada pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística das tres universidades galegas, que achegou ao Goberno central un estudo sobre o emprego do idioma propio como lingua cientíica no ámbito universitario. O Ministerio comprométese a tratar en xuño a variación dos cretiros de avaliación das achegas investigadoras no relativo ao uso do galego O documento coordinado pola profesora Alba Nogueira -Investigación e lingua. Proposta para a mellora da presenza do galego na actividade científica- concluíu que a presenza do galego era escasa en todos os planos da actividade investigadora e académica, en boa medida porque os indicadores internacionais de avaliación favorecen a publicación en inglés e marxinan as linguas cooficiais. Tomando como punto de partida as conclusións deste estudo, a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística acordou remitirlle ao Ministerio de Educación dous documentos para potenciar o uso e o recoñecemento dos idiomas cooficiais nas publicacións científicas, dúas propostas que foron asinadas o pasado decembro polo reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño, Xosé Luís Armesto e Salustiano Mato. Tratábase, en primeiro lugar, dunha proposta conxunta para a modificación dos criterios de avaliación da actividade investigadora no relativo ao uso das linguas cooficiais en publicacións científicas. De lograr unha avaliación das contribucións redactadas nas linguas cooficiais equiparables á de calquera outra contribución e centrada na súa calidade científica, con independencia da lingua en que estea escrita. Actualmente, os sistemas de indexación internacional de publicacións teñen cada vez máis en conta o emprego do inglés como lingua asociada ás revistas de maior prestixio e difusión. Con esta iniciativa, preténdese evitar que as contribucións científicas non redactadas en español nin en linguas internacionais do coñecemento científico sexan invisibles nos procesos de avaliación da actividade investigadora. O estudo conlúe que a regulación da avaliación da actividade investigadora non favorece a produción científica en galego O estudo conclúe tamén que o procedemento regulatorio para a avaliación da actividade investigadora sobre retribucións do profesorado universitario e as demais normativas de desenvolvemento non favorecen especialmente as producións científicas en linguas cooficiais, polo que solicitaba que en futuras convocatorias de avaliación de tramos de investigación e sexenios se inclúa unha cláusula como criterio común de avaliación para todos os campos científicos Ela pedía que "a contribución ao avance do coñecemento daquelas achegas científicas que fosen redactadas en linguas cooficiais ou publicadas en revistas de ámbito autonómico" sexa "obxecto dunha avaliación específica, sen que en caso ningún poidan ser avaliadas negativamente polo feito de non terse incorporado a índices do impacto nacional ou internacional". Máis de tres meses despois de que a Secretaría Xeral de Universidades recibira a petición, Jorge Sainz, director xeral de Política Universitaria do Goberno central, contesta por carta aos reitores galegos de que será o pleno da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora quen na súa vindeira xuntanza, en xuño de 2015, decidirá sobre a demanda. "Será nese momento cando se lle proporá ao pleno, para o seu debate, a posibilidade de incluír ese criterio de avaliación, común para todos os campos científicos como o indicado". Dificultades engadidas para a investigación en galego O informe presentado o pasado mes de xuño sinalaba que "o peso do inglés é abafante e tende a medrar debido a que as decisións de política científica en relación coas avaliacións (acreditacións, sexenios) só de forma moi residual se apartan do SCI ou o Journal Citation Reports (JCR) como parámetros de indexación", polo que a dificultade de someter a avaliación traballos científicos realizados en galego, catalán ou éuscaro "revélase dobremente complexo". Entre as propostas que realizaba o informe para reverter a situación destacaban a introdución de incentivos retributivos polo uso da lingua, que se pode converter nun "estímulo eficaz" para acompañar os plans de normalización nas universidades, sobre todo nun momento de recortes salariais. Tamén se propoñía que o uso do galego nas aulas sexa unha das variables do financiamento por obxectivos das universidades. Entre as propostas que realizaba o informe para reverter a situación destacaban a introdución de incentivos polo uso da lingua Igualmente, propoñíase apoiar a tradución ou publicación de monografías científicas en galego, apostando por que a Xunta apoiase economicamente "un grupo seleccionado de publicacións que usen o galego". O documento pechábase lembrando que "a divulgación do coñecemento científico na sociedade, especialmente dirixido a escolares, é tamén un xeito de asociar o galego a rexistros de prestixio". |
PRAZA_17383 | ENTREVISTA | O crítico teatral Manuel Xestoso publica o seu primeiro poemario, As ruínas de Europa. | A ruína é o que desapareceu, mais tamén o que quedou, o que perdura. E é, nese sentido, un xeito de resistencia sobre o que poden abrollar novas realidades. O xornalista e crítico teatral artella sobre o concepto de ruína o seu primeiro poemario, As ruínas de Europa (Galaxia). Que se rebela contra a idea da poesía como expresión do eu. Que se interroga sobre a multiplicidade de voces que constitúen o noso discurso. E que reivindica que, si, que a poesía está obrigada a seguir preguntándose cousas despois de Auschwitz. Que hai cousas que se poden e que se deben dicir. Publicaras hai xa anos outro libro, Teoría del ruído, en castelán… Si, unha plaquette que fora escrita orixinalmente en galego e que unha amiga, que tiña unha galería de arte en Madrid, quixo publicar. Traducina eu mesmo ao castelán. Pero hai moito tempo disto, si. Foi a mediados dos 90. As ruínas de Europa parece escrito en bastante tempo… Se non lembro mal, o embrión é de 2009. Cadrou que vin dúas versións diferentes de Os Europeos de Howard Barker, unha en Francia e outra en Portugal. Interesoume moito o interrogante que apuña sobre a identidade europea. Partía da fascinación sobre a idea de Europa: constataba que tiña pouca consistencia pero que, ao mesmo tempo, era unha identidade real. É un tema bastante tratado, precisamente, na cultura europea nos últimos anos… Supoño que porque hai unha crise da identidade europea. Chegou un momento en que falar de Europa era falar da Unión Europea e non é o mesmo. A idea da Unión Europea é fundamentalmente economicista, e esa idea pasou por enriba dos signos de identidade europea que pesan no imaxinario colectivo. Existe aí un conflito. Europa quedou convertida nunha especie de museo ao ar libre e non sabe como reaccionar ante un escenario cambiante. Perdeu o papel dominante que tiña e, sen os valores que a constituían, non sabe que papel xogar na nova situación. Case involuntariamente, segue dominando no cultural, pero xa non ten un papel decisivo na economía ou na xeopolítica. "Chegou un momento en que falar de Europa era falar da Unión Europea e non é o mesmo" Hai pouco falaba con Antón Blanco sobre os seus libros e el dicíame que, no seu segundo poemario, tentara afastarse da idea romántica da ruína. Tiveches isto presente dalgún xeito? Supoño que non é difícil caer niso. As ruínas de Europa tamén é un título ambiguo. Hai unha lectura que me interesou moito, a realizada por Marc Augé, que di que o da ruína é un concepto europeo inexistente no resto do planeta. Onde non se dá a dualidade natureza/cultura, tan presente aquí, non ten sentido a idea da ruína como depósito de memoria. É a mirada europea a que converte algo en ruína. E si, claro, isto trae moitas connotacións románticas. Mais no fondo, todo é ruína. Ruína implica algo que acabou pero que ao mesmo tempo perdura. Por iso é un sinal de resistencia. "Ruína implica algo que acaba pero que ao mesmo tempo perdura. Por iso é un sinal de resistencia" A primeira parte de libro é unha sorte de crónica de viaxe na que se fundan lugares e tempos. Como se o tempo se tornase circular, segundo o concepto da Grecia antiga, e non lineal. Si que busquei unha idea temporal que non estivese rexida pola cronoloxía. Xa dixen medio en serio e medio en broma, que escribín este libro para que o lean os que van tomar a Bastilla en 1789. Pero ten que ver con isto: quixen fuxir dese rigor do chronos, da cronoloxía, e tratar de fundir o mythos e o logos, atopar un lugar onde se superpoñan as distintas lecturas do pasado sen medo á transcendencia. Auschwitz é tamén a matanza de San Bartolomeu, por exemplo. Tentei atopar un rexistro lingüístico capaz de desenterrar as distintas capas, de amosalas simultaneamente, coma nun palimpsesto. Para descifrar o que nos queren dicir as distintas ruínas que nos rodean. "Tentei atopar un rexistro lingüístico capaz de desenterrar as distintas capas, de amosalas simultaneamente, coma nun palimpsesto" Hai tamén aí unha idea de desenterrar as distintas voces que nos constitúen. Quero dicir: o discurso poético, a palabra poética, está constituída por outras voces, que veñen da tradición literaria, da filosofía, da Historia… E condúceme a rebelarme contra a idea da poesía coma unha expresión do eu. Porque non teño nada claro que o discurso do eu sexa tan singular como habitualmente pensamos. Sempre hai unha parte colectiva que quixen sacar á superficie. Por iso tamén o libro emprega tantas citas. "Quixen rebelarme contra a idea da poesía coma unha expresión do eu" En relación con iso, non sei se chamarche culturalista. A ver, que ese tipo de categorías teñen moito de clixé, pero a min o libro si me remite a ese tempo. Pois curiosamente eu reivindícome fillo de Rompente. E xa me dixo alguén que vía algo de Rompente no libro. Para min, por idade, ler a Rompente supuxo a oportunidade de, por primeira vez, atoparme realmente identificado cun discurso poético. Agora fálase algo máis deles, pero penso que o que achegaron aínda non está asumido pola tradición literaria galega. Unha das dedicatorias de Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, do grupo Ronseltz, ironizaba: "a Rompente, por perder o tempo". Para min, ademais, foi tamén o primeiro encontro con Manuel Antonio, a través do Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio. A tradición literaria galega segue a ver a Rompente e a Manuel Antonio como excepcións, e por algo é. "A tradición literaria galega segue a ver a Rompente e a Manuel Antonio como excepcións, e por algo é" Un dos modelos deste libro é Godard. Quixen aproximarme á linguaxe cinematográfica de Godard. En JLG/JLG di que existe a regra e existe a excepción, e que a regra é a cultura e a excepción é a arte. A obriga da regra é tentar acabar coa excepción. Tanto Rompente como Manuel Antonio seguen constituíndo unha excepción. E despois, claro, en Rompente hai moita risa a conta do culturalismo, pero a cantidade de referencias culturais que inclúen é extraordinaria. Falabamos antes das distintas partes do libro. Na segunda, o verso é bastante diferente de na primeira. Por que esas tres partes? O libro ten outra inspiración, que é musical. A primeira parte está inspirada na Viaxe de inverno de Schubert. Logo foron xurdindo cousas que non podía integrar nesta primeira parte, entón engadín a segunda e a terceira. É, así, coma unha composición musical en tres movementos. Esa era a idea. Mencionabas antes a Rompente… Si que hai nalgúns poemas un toque de humor, xeitos de buscar unha saída inesperada para quen está a ler… Non sei se humor ou ironía pero, si, a aversión polo afectación a min pódeme, é verdade. Por unha banda está o que comentaba antes: parto de que o discurso lírico non é unha expresión do eu, e quero que abrollen as distintas voces que nos constitúen. Pero a seriedade do discurso ten que vir matizada para non caer na traxedia impostada. "A seriedade que si está no discurso ten que estar matizada para non caer na traxedia impostada" Falabas noutra entrevista de Adorno e da pregunta de se pode haber poesía despois de Auschwitz. Parece evidente que si, mais se cadra no libro está máis presente Walter Benjamin e a súa idea de que facemos cos mortos, cos vencidos da Historia. Si, Adorno e ese tópico da poesía despois de Auschwitz... Quizais deberiamos falar máis de Celan. A min hai algo que me resulta un tanto hipócrita nos seguidores de Celan que se recrean no "indicible". Se viviches o horror dos campos de concentración, tes dereito a apoiarte no silencio dos mortos, na imposibilidade do dicir; mesmo é posible que non teñas outra opción. Pero no ronsel de Celan aparecen discursos que incorren no delito contra o que precisamente advertía Adorno: a estetización da barbarie. E se cadra hai moito manierismo no discurso poético actual en Galicia. "No ronsel de Celan aparecen discursos que incorren no delito contra o que precisamente advertía Adorno: a estetización da barbarie" Claro que temos que recuperar as voces dos mortos. Hai cousas que se poden dicir e que se deben dicir, pero do xeito en que o propio Adorno indicaba: a perpetuación do sufrimento ten tanto dereito a expresarse como o torturado a berrar. A loita coa linguaxe non pode derivar nun ensimesmamento na linguaxe, senón na recuperación dese berro primixenio e non articulado do que agroma a palabra poética. "Se cadra hai moito manierismo no discurso poético actual en Galicia" Falabamos antes da ruína como depósito da memoria. Que é a memoria en As ruínas de Europa? Como comentabamos antes, a ruína é a testemuña do que desapareceu, pero tamén do que queda. É a parte que resiste e temos a obriga de agarrarnos a ela porque, basicamente, estamos formados basicamente de memoria. A palabra debe recuperar o seu papel como testemuña da Historia. A poesía está obrigada a seguir preguntándose cousas despois de Auschwitz ou da guerra de Iugoslavia. Dicía Benjamin que non había documento de cultura que non fose documento de barbarie, que todo acto de civilización agocha un acto de barbarie. E a palabra ten que facer abrollar a barbarie e espir o falso prestixio da cultura. "A poesía está obrigada a seguir preguntándose cousas despois de Auschwitz ou da guerra de Iugoslavia" A que te refires co falso prestixio da cultura? No fondo, todo acto de cultura procede dun acto de dominación. A cultura é a palabra dos que dominan, non dos dominados. Preguntaba Bertolt Brecht quen arrastrara as pedras coas que se ergueron as pirámides. A idea de cultura trata, habitualmente, de ocultar o movemento de dominación no que se basea. Por iso a cultura oficial sempre cheira algo a incenso, sempre ten algo de culto aos mortos, porque lle interesa neutralizar o potencial emancipador da arte. E a min interésame a arte, precisamente, como ferramenta de emancipación. A irreverencia de Rompente tiña algo diso: 'Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio' segue sendo un lema de actualidade. "A cultura é a palabra dos que dominan, non dos dominados" Mais todo isto depende de como leamos a tradición: todo acto de lectura debería ser sempre un acto de renovación do sentido. O meu interese pola cita ten relación con esa rebelión contra o consenso, contra o discurso lexitimado, que sempre oculta as contradicións das que xorde a cultura. Nese sentido, o teatro está máis vivo, porque ten a posibilidade de reactualizar a obra cada vez que a leva a escena. Escapa á lectura bendicida polo libro de texto, pola academia. Interésame, máis que a produción de sentido, a produción de realidade: a palabra e o pensamento producen realidade e temos que ser quen de pasar da lectura como produción de sentido á relectura como produción de realidade. "O meu interese pola cita ten relación coa rebelión contra o consenso, contra o discurso lexitimado, que sempre oculta as contradicións das que xorde a cultura" Slavoj Žižek escribiu nalgún sitio que había que ir ao festival de ópera de Bayreuth para entender Europa. Pois eu fun alí e é verdade: alí estaba a grande burguesía europea, co seu concepto patrimonial da cultura. E estaba a arte loitando contra esa ortodoxia. A música de Wagner pode ser moitas cousas, pero dende logo do que non precisa é dos gardiáns da ortodoxia. Eu vin iso: esa loita contra a cultura de manual, contra a cultura domesticada. Fronte a ela existe unha cultura viva que dota de novo significado cada momento do texto artístico, para, dalgún xeito, transformala en acontecemento. O libro fala de Europa, mais penso que non só de Europa, ou non polo menos a Europa xeográfica. Podería ser Occidente, ou calquera "civilización" nunha posición de dominio. Occidente non porque é un concepto que inclúe os Estados Unidos, que son outra cousa pero, si, Europa impregna da súa cultura ao resto do mundo. E non hai que esquecer que Europa, a da mitoloxía grega, vén de Asia Menor. Mais é un concepto cultural, e non xeográfico, ao que me refiro. Europa non é máis ca un pequeno apéndice de Asia, desde o punto de vista xeográfico. No libro tamén está moi presente o silencio. Un silencio cómplice. Por que? Hai un silencio que é constitutivo do concepto de ruína, unha certa interrogación sobre unha existencia anterior que só se recoñece na soidade. Desde esa perspectiva pode ser un silencio produtivo. Mais xa John Cage descobre que sempre hai algo de ruído detrás do silencio. Hai ese silencio reverente diante da ruína, mais tamén un silencio cómplice ante a barbarie… Hai aí varias caras que cómpre interrogar. Dicías tamén na entrevista á que nos referiamos antes -en Sermos Galiza- que o crítico -de teatro- tiña que tentar falar pola comunidade, malia que poida soar pretensioso. Mais como falar pola comunidade, e non desde o eu, sendo unha comunidade pequena na que é difícil encaixar, precisamente, a crítica? Eu penso que o problema de facer crítica en Galiza non é que sexamos unha comunidade pequena na que todos nos coñecemos, iso ocorre en todos os sistemas culturais. O problema aquí é que as estruturas culturais son moi febles e o crítico, cuxo cometido é defender unha idea da arte, pode caer na tentación de postergar esa encomenda por defender un sistema moi debilitado. E ben, por fráxil que sexa, o sistema tampouco é tan fácil de abater, e menos por parte dun crítico, pero existe ese medo a dicir cousas que poidan ser contraproducentes para a continuidade das estruturas que aínda funcionan. E esa loita contigo mesmo para manter a honestidade intelectual resulta extenuante. "O crítico, cuxo cometido é defender unha idea da arte, pode caer na tentación de postergar esa encomenda por defender un sistema moi debilitado." E leva a acabar reforzando os discursos dominantes, os discursos das elites que mandan na cultura e controlan o discurso sobre a cultura. Claro. Por iso tamén eu sentía necesidade, neste libro, de pasar por enriba desas dúbidas do crítico. O libro permitíame dialogar con toda unha polifonía de voces, non tanto para buscar unha "voz propia" como para definir o lugar dende onde escribo. Hai non moito a Revista Galega de Teatro mudou de rumbo. Que queriades cambiar? Eu entro na RGT nun momento moi difícil para o xornalismo cultural e, en concreto, para a crítica teatral, que desaparecera completamente dos medios xeralistas. Naquel momento pensamos que era prioritario que houbese un discurso que vertebrase o que estaba pasando, un espello no que a profesión puidera verse reflectida. Estaban pechando medios e desaparecendo estruturas que dinamizaban o teatro, e en xeral, a cultura galega, e pensamos que a revista non podía morrer no medio daquela devastación. A RGT non mudou tanto a nivel de estratexia como a nivel de táctica. Precisaba máis visibilidade, servir como un punto de unión, de vertebración. Existe un público para o teatro galego, pero está segmentado e a revista podería servir como un instrumento contra esa fragmentación. En todo caso, non deixa de ser un exercicio de resistencia: isto foi no 2011, e anos despois seguimos máis ou menos igual. E a RGT non deixa de ser unha revista dunha asociación sen ánimo de lucro cun orzamento moi limitado. "Existe un público para o teatro galego, pero está segmentado" Pois se hai público o teatro pode salvarse. É a única maneira. Eu vou a moitos teatros, en prazas grandes e pequenas, e vexo que si hai un interese. Hai público, pero non hai conciencia de público. Vivimos unha situación complexa, con moitas variables, cunha estrutura feble, pero cunha capacidade creativa tan variada como en calquera outro lugar. Pero carecemos de eixos vertebradores, e a administración, que debería realizar esa función, non está a cumprir co seu cometido. "Falta un movemento vertebrador, que é unha función que a administración non está a cumprir" Comentabas hai un par de días, ao fío do Galicia Escena Pro, que había que estar atentos á danza. Por que? Os programadores da Feira fixeron unha aposta pola danza que se cadra non se valorou. E fixérona porque viron que na danza está a haber movemento. Os profesionais da danza están a colaborar entre eles, están a crear e manter pequenos festivais, están a tentar quedar a traballar en Galicia e vencer a tentación da emigración… O circuíto da danza é moi limitado, pero está sublevándose contra a desidia reinante. E neste caso, a institución si detectou ese movemento e respondeu en consecuencia, visibilizando ese esforzo dos profesionais. |
NOS_4144 | No seu último plenario -realizado en marzo deste ano-, En Marea desbotaba converterse "nunha sorte de simple recurso ou plataforma eleitoral". Defendía tamén criar máis mareas locais, ao tempo que a estrutura nacional se oferecía como "paraugas político instrumental" para facer fronte "ao desafío municipalista de 2017". Mais nen Podemos Galiza nen Esquerda Unida se senten vinculados a este mandato asembleario. Si, en troca, asumen o acordo que as súas cúpulas estatais asinaron o pasado venres -tamén con Equo- e en virtude do cal pactaban ir en coligazón -e non como partido instrumental- nas municipais de 2019. | A situación interna de En Marea é de confronto aberto. Non se albiscan nen terceiras vías que podan aproximar posicións nen pontes de diálogo. Os partidos de ámbito estatal -que son hexemónicos no grupo parlamentar- non participan nas reunións orgánicas da confluencia e non se senten vinculados cos acordos que nelas se adoptan. Aconteceu co recente referendo interno sobre a demisión de Paula Quinteiro, un procedimento contemplado nos estatutos da organización mais que foi abertamente boicotado pola oposición interna a Villares, que o considerou ilexítimo. O conflito atinxe a propia esencia do proxecto. O núcleo maioritario na dirección (composto por independentes próximos a Villares, sector crítico de Anova, Cerna e algunhas marés locais) concibe En Marea como un partido nacional galego, de afiliación individual. Como unha organización, por tanto, co centro de decisión na Galiza. Esquerda Unida e Podemos non aceitan de ningún xeito esta formulación. Non é só que non contemplen a súa disolución no magma común de En Marea, senón que mesmo cuestionan a existencia da confluencia como unha organización política con identidade de seu. "Ese modelo non funcionou", afirmou no seu día Carmen Santos. Podemos e Esquerda Unida só están dispostos a ver en En Marea unha coligazón de partidos. Ou sexa, simplesmente un artefacto xurídico-político para concorrer unidos ás eleccións. O resto do tempo, a vida orgánica tense de facer nas respectivas formacións partidarias. A fin de semana pasada, Podemos, Izquierda Unida e Equo selaron en Madrid o acordo en virtude do cal concorrerán baixo a marca Unidas Podemos Izquierda Unida-Equo ás eleccións municipais de maio de 2019 e coa denominación Unidas Podemos Cambiar Europea aos comicios ao Parlamento de Bruxelas. Os tres partidos entenden que a coaligazón é a forma xurídica máis congruente para representar a unidade "sen renunciar á diversidade". Acordaron, iso si, excepcionar aqueles concellos en que tiveron suceso en 2015 confluencias con marcas eleitorais distintas, tipo Ganemos Madrid ou Barcelona en Comú. As organizacións galegas de Podemos e Esquerda Unida trasladan agora ese pacto ao noso país. "Partido instrumental, partido ornamental" O que ten na cabeza o conglomerado Podemos Esquerda Unida está por tanto a anos luz do partido nacional galego polo que pulan Luís Villares e os seus. "A fórmula de coaligazón é a máis adecuada para evitar as tensións que xera criar partidos instrumentais que se converten en partidos ornamentais", dixo esta segunda feira en conferencia de imprensa Rubén Pérez, portavoz da Marea de Vigo e secretario de Organización de Esquerda Unida. E por se ficase calquera dúbida, esclareceu: "Nunca defendimos que En Marea se constituíse como partido para concorrer a todos os procesos eleitorais porque cada un ten a súa propia organización política". O acordo estabelecido polas forzas políticas estatais en Madrid -e asumido polas súas organizacións galegas- non hai maneira de o encaixar cos documentos aprobados no último plenario de En Marea, realizado no pasado mes de marzo O problema está en que o acordo estabelecido polas forzas políticas estatais en Madrid -e asumido polas súas organizacións galegas- non hai maneira de o encaixar cos documentos aprobados no último plenario de En Marea, realizado no pasado mes de marzo. Neles afirmábase que a confluencia "non debe converterse nunha sorte de simple recurso ou plataforma eleitoral", senón que debe asegurar "desde o principio da autonomía municipalista, un proxecto nacional". O plenario -equivalente a unha asemblea nacional ou a un congreso- defendeu a "autonomía das mareas locais" mais tamén a súa coordenacion e cooperación. A propia Carmen Santos admitiu que Galiza apresenta "características diferentes" no plano político, daí que as alianzas eleitorais serán estudadas "municipio a municipio". E cal é o criterio base a partir do cal estabelecer se a candidatura debe chamarse Unidas Podemos Esquerda Unida-Equo ou debe manter a denominación da maré local? Santos avanzou que naqueles concellos en que a confluencia xa goberna -Compostela, Ferrol e A Coruña- se manterá a denominación xa consolidada -Compostela Aberta, Ferrol en Común e Marea Atlántica. E Anova? A forza liderada por Antón Sánchez aínda non se ten pronunciado sobre a posición fixada polas forzas estatais coas que convive na confluencia. |
PRAZA_14615 | Votei con Galiza no corazón e o corazón á esquerda. Votei, coa rebeldía coa que nunca antes votara, aos que dende hai trinta anos loitan contra vento e marea polo soño colectivo dun país máis xusto. Hoxe votei ao BNG. Polos que marchamos. Para que voltemos á casa. | Hai tres meses emigrei ao mesmo país ao que hai sesenta anos emigraran os meus avós. E hoxe, nunha anodina oficina de correos, votei. Votei coa decepción dun mozo que se esforzou por facer ben todo aquilo que "había que facer" e recibiu como premio o convite a coller o seu título e liscar do país. Votei coa decepción dun mozo que se esforzou por facer ben todo aquilo que "había que facer" e recibiu como premio o convite a coller o seu título e liscar do país Votei coa rabia dun rapaz que ve a un feixe de vacas sagradas manexar con impunidade os destinos de millóns de persoas a beneficio dos seus escuros e corrosivos negocios. Votei coa indignación dun emigrante que non pode traballar na súa terra porque o abafante bipartidismo compartiu durante décadas unha axenda común de destrución do noso tecido produtivo e de patética postración ante os poderosos olimpos financeiros. Votei coa dor dun arquitecto que viu aos empresarios xogar a única carta da depredación inmobiliaria máis cutre e esnaquizadora do noso territorio e da nosa paisaxe coa complicidade obscena e ben untada dos caciques locais. Votei co noxo dun galego que ve como o sistema cruel e sen escrúpulos que nos domina premia aos que estafan e castiga aos que loitan. Votei coa insumisión dun cidadán que non quere ser súbdito e berra que onde hai unha necesidade debe haber un dereito e non un negocio. Votei coa convicción dun inconformista que cre noutro modelo de país, que confía nun proxecto de equidade e xustiza social, que defende unha nova economía produtiva ao servizo do pobo que xere postos de traballo de calidade e mude radicalmente o xeito de manexarmos os recursos naturais de todos e para todos. Votei, coa rebeldía coa que nunca antes votara, aos que dende hai trinta anos loitan contra vento e marea polo soño colectivo dun país máis xusto Votei con Galiza no corazón e o corazón á esquerda. Votei, coa rebeldía coa que nunca antes votara, aos que dende hai trinta anos loitan contra vento e marea polo soño colectivo dun país máis xusto. Hoxe votei ao BNG. Polos que marchamos. Para que voltemos á casa. |
PRAZA_6843 | O presidente do Goberno galego, que foi preguntado en seis ocasións por esta cuestión na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, limitouse a afirmar que "a efectos de sumarios non hai amigos nin inimigos". Asegura que é mellor "actuar" que "pedir perdón". | "Entendo que o que os galegos queren saber, e no que imos seguir insistindo é en que a efectos de sumarios non hai amigos nin inimigos; dáme igual quen estea nunha investigación, imos investigar igual. Dáme exactamente igual quen estea ou non estea. Non hai diferenciación entre uns e outros, non hai distinción coas leis". Foi o máis semellante a unha explicación concreta sobre a relación que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mantén ou mantivo con Francisco Ramón de Lucas, coñecido como Pachi Lucas, suposto conseguidor da trama investigada na Operación Zeta. En seis ocasións Feijoo foi preguntado polos xornalistas sobre o nivel de coñecemento ou trato que mantiña con Francisco Ramón de Lucas e outras tantas veces evitou aclarar esta cuestión En seis ocasións Feijoo foi preguntado polos xornalistas sobre os recentes casos de corrupción, sobre todo sobre a Operación Zeta, e outras tantas veces o presidente da Xunta evitou aclarar o nivel de coñecemento ou trato que mantiña con este empresario madrileño imputado no caso. Tamén foi preguntado por unhas declaracións, que constan no sumario do caso, que o sinalan como "clave" na trama. O presidente da Xunta sinalou que polo que lle "contaron" (xa que -dixo- "non teño tempo para andar lendo o sumario"), ese fragmento podería estar "manipulado", e afirmou que no sumario faltan folios intermedios. O presidente da Xunta defendeu que "foi o Goberno galego" o que denunciou estas actuacións, e destacou que foi a "única administración" que o puxo en coñecemento da Fiscalía. "A Xunta non é a denunciada, é quen denuncia; as denunciadas son estas 26 empresas", engadiu. Aproveitou, así mesmo, para atacar o Goberno bipartito, sinalando que non ten dúbidas "de momento" da "honorabilidade" do "Goberno que me precedeu". Preguntado polas peticións de "perdón" realizadas nos últimos días por Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre por mor dos casos de corrupción que afectan ao Partido Popular, Núñez Feijoo asegurou que "sen dúbida hai que pedir perdón" pero engadiu que "é mellor facelo que pedilo" e que "hai que pedir perdón actuando, denunciando os feitos". Núñez Feijoo asegurou que "sen dúbida hai que pedir perdón" pero engadiu que "é mellor facelo que pedilo" e que "hai que pedir perdón actuando, denunciando os feitos" Na rolda de prensa tamén reiterou (como adiantara este mércores no Parlamento) que non ten "noticia" de que Ángel Currás vaia ser designado como delegado de Tragsa en Galicia e sinalou que entende que o ex rexedor compostelán continuará como concelleiro "pois a el pertence a acta e non ao partido", aínda que -concluíu- pode volver ao seu posto de catedrático de instituto "cando queira". Reaccións de AGE e BNG O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, que este xoves ofrecía unha rolda de prensa sobre o "déficit de tarifa eléctrica" afirmou, preguntado polos novos casos de corrupción coñecidos, entre eles os desvelados pola Operación Zeta, que xa non os pode ver porque "hai tanta merda" que o impide. Beiras presentou unha iniciativa baseada nun traballo de investigación que "demostra" a "estafa coa que as compañías eléctricas están a roubar á cidadanía" botando man "dun suposto déficit de tarifa fraudulento e amparado polo goberno estatal e galego". Pola súa banda, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, valorou como "total e absolutamente insuficientes" as explicacións de Núñez Feijóo sobre os casos de corrupción e reclamou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego sobre as revelacións da operación Zeta. Jorquera considera que Feijóo ten que "asumir responsabilidades" e, tal e como fai o PP en Andalucía co "escándalo dos ERE", propiciar unha investigación. |
NOS_6098 | A pandemia coutou o desenvolvemento de moitos proxectos, tamén no mundo da educación. Un deles foi o libro-xogo 'Árbores de Galiza', que realizou o equipo da biblioteca do IES Francisco Asorey de Cambados e que ía ser presentado no mes de marzo de 2020. Aurora Souto Marcos forma parte dese equipo, ademais de ser na actualidade profesora do departamento de Lingua Galega. A proposta, entre didáctica e lúdica, engádese a outras moitas que puxeron en marcha malia a situación sanitaria actual. | A biblioteca dun centro de ensino é algo máis que unha biblioteca? Procuramos un lugar físico, afábel, creativo e aberto, onde o alumnado, ademais de aprender, socialice. Tratamos de crear un espazo de desenvolvemento cultural. Organizamos obradoiros variados de microrrelatos, lecturas, exposicións dependendo das épocas e mesmo unha emisora de radio escolar que comezou hai pouco co nome de "Jolichadas". Temos un blogue para difundir todas as actividades ao longo do curso e, ademais, colaboramos nos festivais que se realizan no centro. Como apareceu a idea de facer un xogo? Un dos proxectos que ten a biblioteca é ir ampliando e renovando os fondos. Procuramos libros e banda deseñada, material dixital e xogos que están moi demandados cando o alumnado ten o tempo de descanso. Sempre buscamos xogos didácticos que estean relacionados coa nosa contorna, coa nosa lingua, coa nosa cultura e tamén co espazo natural. Contabamos con Adela Leiro e Mon da Porta, que están moi implicadas nos proxectos do centro. Organizaron o material e nun tempo récord sacamos o libro-xogo. En que consiste? Por un lado o xogo está composto por fichas grandes con imaxes representativas de árbores da Galiza autóctonas e foráneas. Case todas fotografadas na comarca do Salnés, mais algunhas delas son árbores senlleiras. O xogo é interdisciplinar, para xogar e traballar en diferentes materias, dependendo da imaxinación do docente que queira levalo á aula. Ten unhas regras básicas, mais é aberto. Permite traballar desde as linguas e tamén desde o campo da bioloxía ou da química. Pódese xogar como ás cartas. Unhas fichas grandes conteñen a árbores e outras máis pequenas os froitos, as sementes ou as follas. O xogo consiste en unir cada árbore coa súa semente e cos seus froitos. Como se pode acceder a ese xogo? En principio imprimimos algúns para empregar nós a través dos fondos da biblioteca. Poderiamos chegar a imprimir máis, sería cuestión de falalo co equipo. É preciso frear o aumento de horas diante das pantallas do alumnado? O das das pantallas está acaparando todo. Para evitalo hai que pararse a realizar actividades que coas que se poidan entreter, para que non acudan á pantalla, que é o máis sinxelo. Debemos tratar de evitar que cheguen á biblioteca e que, se están sós, acendan a pantalla. Así, se lles amosamos outras actividades atractivas ao final rematan por gustar. Temos o exemplo do xadrez, que é moi demandado. O profesorado, igual que as nais e os pais nas súas casas, temos que motivalos. A nosa pretensión é que se divirtan e traballar un pouco. Non temos nada que facer diante das pantallas mais podemos reducir horas de navegación, que é o que fan todos os días. Marcará a pandemia a educación dalgunha maneira? Non é fácil prevelo. É certo que levará parte do nivel que tiñamos. O confinamento da pandemia notouse moito. A presenza nas aulas, aínda que sexa con mínimos e suplindo todas as carencias dese tempo, segue sendo algo importante. Ao final penso que todo se supera. Se asentamos as bases principais nos temas das linguas e da ciencia, os outros volverán repetirse. Se superamos a parte emocional, que é moita mesmo para nós como profesorado e en xeral para os adultos, imaxina para a xuventude. |
NOS_5478 | A axencia de noticias inaugura o 17 de setembro no Hostal Reis Católicos de Compostela a exposición 'Efe, 75 anos en fotos'. | Vinte e cinco láminas que botan a ollada sobre algúns dos acontecementos máis relevantes dos séculos XX e XXI. Através do obxectivo das cámaras desta axencia de noticias, Efe conmemora o seu 75 aniversario lembrando a pegada que deixaron en Galiza algúns momentos históricos. Xunto a estas, exporanse outras 50 fotografías que relatan momentos importantes a nivel internacional. Desde a visita de Fidel Castro ao noso país e a queimada que preparou xunto ao daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, até a catástrofe ecolóxica do Prestige pasando polo maior sinistro ferroviario da nosa historia, o accidente de Angrois. Estes son algúns dos acontecementos retratados pola axencia de notivias, Efe, e que fan parte do seu completo arquivo fotográfico, composto por máis de 16 millóns de imaxes. Co gallo dos seus 75 anos, Efe ofrecerá á cidadanía --através desta exposición-- a posibilidade de facer un percorrido visual pola historia recente do noso país e do mundo. O acto de inauguración terá lugar no Hostal Reis Católicos (Compostela) o 17 de setembro e contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente de Efe, José Antonio Vera e outras personalidades da política, a xustiza, a economía e a cultura galegas. |
NOS_46063 | O Instituto Armado español elaborou un informe claisificado como 'reservado' alertando de que hai docentes vencellados á esquerda abertzale."Empregan a educación para impoñer o ideario político e social de ETA e para facer proselitismo". | Un informe de seis páxinas elaborado pola Garda Civil alerta de que en Nafarroa hai docentes da esquerda abertzale. O estudo, cualificado como 'reservado' (malia iso, está a ser publicado por medios españois como El Mundo), leva por título 'Influencia da esquerda abertzale na rede de ensino público da Comunidade Foral de Navarra'. Nel, os axentes da Garda Civil detallan até que punto, sosteñen os xornais españois, a escola navarra está penetrada polo independentismo e mesmo por ETA. O que responde, sostén a Garda Civil, a unha estratexia para "empregar a educación para impoñer o ideario político e social de ETA". "Son centos de docentes que fan proselitismo entre o alumnado e as súas familias" Nese informe da Garda Civil mesmo se afirma que un 5% dos e das profesoras do modelo educativo D (en euskera) estiveron relacionados con organizacións ilegalizadas da esquerda abertzale. Os axentes do Instituto Armado mesmo din que "máis do 25% do profesorado" ten vencellos con organizacións abertzales de esquerdas "e adícanse a facer proselitismo etarra". O 30% dos cidadáns navarros votaron opcións nacionalistas Nas eleccións de 2011 ao Parlamento de Nafarroa, a esquerda abertzale, concorreu á cita como Bildu, atinxiu o 14% dos votos. E Na-Bai (coalición integrada daquela por partidos nacionalistas como PNV, Aralar...) tivo máis do 15%. Así pois, e no conxunto da cidadanía navarra, por volta dun 30% votou por unha opción nacionalista. |
PRAZA_2399 | Nas mans das mulleres cae o peso de mudar esta situación, nas mans dos homes cae o peso de aliarnos con elas, renunciando a calquera tipo de privilexio e sendo consecuentes no resto dos aspectos das nosas vidas. | Ultimamente podemos observar como o ideal feminista está a ter cada vez máis presenza na sociedade, como xorden día a día máis simpatizantes e críticos, mesmo podemos observar como algúns empresarios tomaron a descarada decisión de mercantilizar cunha ideoloxía tan digna coma esta. Pero hoxe non quero tratar isto último, hoxe quero tratar e criticar a miña propia trincheira: quero criticar a maioría dos homes feministas. Non foron poucas as veces nas que me vin rodeado dun ambiente crítico, dun ambiente que se cuestiona o sistema, tanto o capitalista, coma o heteropatriarcal. Non foron poucas as veces nas que puiden observar como homes cheos de razón falan da liberación da muller, cando teñen na casa a unha que se ocupa de que manteñan o cu ben acomodado na cadeira teorizando sobre como liberalas Non foron poucas as veces nas que puiden observar como homes cheos de razón falan da liberación da muller, cando teñen na casa a unha que se ocupa de que manteñan o cu ben acomodado na cadeira teorizando sobre como liberalas. Non foron poucas as veces nas que puiden observar como ceden a súa voz (como se dun agasallo se tratase), pero non as palabras: porque queren que repitan o que eles pensan, porque así, insconcientemente –ou non–; seguirán conservando os seus privilexios, ofrecendo un aborto de feminismo que non deixa de ser machismo camuflado. E eu, como home, como home feminista e consecuente, digo que basta; digo que basta de agocharse tras un fume de palabras, que máis que un avance supoñen un estancamento, porque errades; tanto na teoría como na práctica. Non vos revisades, nin queredes facelo, porque vós, ao igual ca min, nunca tivéchedes medo de ir por unha rúa sós por se sodes agredidos, nunca víchedes cuestionado o voso aspecto físico dunha forma macabra estivésedes onde estivésedes, nunca fostes educados na idea de que debedes calar sempre porque berrar ben alto non é de señoritos, nunca recibistes gabanzas en masa unicamente por saír á rúa, nunca vos cualificaron como putos por disfrutar da vosa liberdade sexual, nunca vos invisibilizaron da historia por ter pene, en fin; nunca sufríchedes nin sufriredes a opresión á que se ven sometidas millóns de mulleres día a día; o problema está en que vós vivides en harmonía con esta situación. Invadir un espazo que non nos pertence, restándolle voz ás oprimidas, pode facer de todo menos axudalas Entón, que papel debemos ocupar os homes no feminismo? Moitos afirman que tomar unha participación ao mesmo nivel que o das mulleres é a mellor solución, que así o machismo deixará de existir o antes posible e que non é necesario que sexan elas quenes lideren esta loita. Nada máis afastado da realidade, pois invadir un espazo que non nos pertence, restándolle voz ás oprimidas, pode facer de todo menos axudalas. Nas mans dos homes cae o peso de aliarnos con elas, renunciando a calquera tipo de privilexio e sendo consecuente no resto dos aspectos das nosas vidas A nosa tarefa é ser aliados, é escoitar as mulleres; aprender delas, rectificar a calquera persoa e a nós mesmos cando adoptamos unha postura machista, non pretender dar leccións a estas sobre a opresión que sofren, non menospreciar a súa voz en asambleas ou en calquer espazo, saber recoñecer os nosos privilexios e intentar evitalos sempre que teñamos a ocasión, en fin, a nosa tarefa é deconstruírnos; e non reafirmar a nosa masculinidade querendo ser a voz cantante da súa loita, porque así o único que logramos é perpetuar o sistema heteropatriarcal. Non é doado, mais non é imposible. Nas mans das mulleres cae o peso de mudar esta situación, nas mans dos homes cae o peso de aliarnos con elas, renunciando a calquera tipo de privilexio e sendo consecuentes no resto dos aspectos das nosas vidas. |
NOS_2422 | A represión económica foi outro capítulo do terror franquista. A mesma afectou particulares de inequívoca práctica democrática mais tamén organizacións sindicais, sociais, culturais e políticas. O acontecido coa Juventud Lerezana foi unha mostra disto. | Non son moitos os exemplos de entidades de carácter cultural e recreativo ás que lle incautaran os locais logo do golpe de Estado de 1936. Non debeu ser alleo a este feito a carencia de instalacións propias da maioría destas organizacións, que acostumaban realizar as súas actividades nos locais das sociedades de agricultores ou nas casas do pobo. Non foi o caso da sociedade Juventud Lerezana, entidade radicada na parroquia pontevedresa de Lérez, que formaba parte do grupo de asociacións que se espallaban polo país coñecidas popularmente por "as xuventudes" e que, na comarca pontevedresa, estaban agrupadas na Federación de Juventudes Culturales Recreativas de Pontevedra, que reunía as "xuventudes" de Mourente, Campañó, Bora, Marcón, Poio Grande e Poio Pequeno, Salcedo e Lérez . O escritor e político Ramón de Valenzuela ocupaba o cargo de presidente da Federación de Juventudes no ano 1936 e, nunhas declaracións aos xornais, afirma que os mozos e mozas dos arredores de Pontevedra reaccionan de seu e, sen subvencións do Estado, tentan superarse a través dunha serie de actividades que relaciona: inversión en libros, excursións, socorro a compañeiros en dificultades, obras de teatro, conferencias, actividades de intercambio entre sociedades etc. Remata cunha animosa declaración, "cústanos traballo facer espertar a aldea, non o dubidamos, non contamos con grandes fondos materiais para acometer o que queremos; pero en cambio posuímos un almacén de cariño á nosa Terra e un espírito de sacrificio que nos permitirá chegar ata onde sexa necesario". As orixes A historia de Juventud Lerezana é un exemplo do pulo organizativo dos sectores máis activos da xuventude; fundada o 2 de maio de 1929, será a partires da proclamación da II República cando as súas actividades acaden maior repercusión. Algúns dos seus membros ocuparon lugares destacados na Federación e participa con delegados no Comité Nacional Juvenil. O 28 de abril de 1933, a asemblea xeral toma o acordo de que se modifique o regulamento para que poidan ser socias as mulleres, con voz e voto e podendo desempeñar cargos na administración da sociedade. Nese mesmo regulamento determínase que, sendo unha das principais misións a de difundir a cultura, o local social permanecería aberto todas as noites para que os asociados puideran dedicarse á lectura de libros, revistas e xornais. A historia de Juventud Lerezana é un exemplo do pulo organizativo dos sectores máis activos da xuventude no período republicano O día 7 de abril de 1933, acordan facer un novo local e concédense amplas facultades á comisión xestora para a compra do solar e construción do edificio. Articulan un sistema de financiamento a través de socios-accionistas. Había diversos tipos: accionistas anticipadores en metálico, accionistas en traballo e accionistas en material. O traballo e os materiais aportados eran taxados pola comisión e entregábaselles un recibo polo seu valor, especificando o xuro acordado, do mesmo xeito que aos accionistas en metálico. A sociedade comprometíase a responder co solar e os seus bens polo importe das accións e os seus réditos. O reintegro faríase cando o estado económico da sociedade o permitira. A relación de gastos ocasionados pola compra do solar e construción do edificio presentada pola comisión ascendía a dez mil catrocentas corenta e sete pesetas. A inauguración do local tivo lugar o domingo 23 de xullo de 1933 e a prensa do momento destacaba o feito, así o xornal El Pueblo Gallego sinala que "Fai dous meses ninguén pensaba en que esta puxante sociedade recreativa tivese casa propia e hoxe, porén, xa é unha realidade. Quen a construíu?. Non se sabe. O certo é que unha parroquia enteira, con simpatizantes doutras, fixeron unha casa [...] para domicilio perpetuo da Juventud Lerezana. O entusiasmo é enorme, porque esta obra débese a toda a parroquia, que ao construíla puxo nela todo o seu cariño e entusiasmo, sen reparar en sacrificios, xa que se trataba de ter un centro onde presentes e futuros atopen onde divertirse honestamente e desenvolver a súa cultura". A cita anterior é longa pero nela están recollidas axeitadamente as claves que fixeron posible a construción do local. A represión O levantamento militar de xullo do 36 remata con esta e con outras iniciativas dos veciños de Lérez. Á represión física sufrida por moitos dos animadores desta entidade súmase o castigo económico que, aparte a función punitiva aos desafectos, tamén supuxo unha fonte de ingresos para a causa franquista mediante o espolio dos seus bens. A aplicación do decreto da Junta de Defensa Nacional do 13 de setembro de 1936, que declaraba fóra da lei as organizacións que compoñían a Fronte Popular e que determinaba a incautación dos seus bens, ratifica as incautacións amparadas no bando de guerra levadas a cabo nos primeiros días. O levantamento militar de xullo do 36 remata con esta e con outras iniciativas dos veciños de Lérez Posteriormente, o decreto do 10 de xaneiro de 1937, que crea as comisións de incautación de bens sindicais, de partidos e de sociedades, aplícase con todo rigor; unha das misións destas comisións era a de facer inventario dos bens das entidades que, antes ou despois do 17 de xullo, actuaran en contra do "movemento salvador de España".Iníciase o proceso de incautación de bens das sociedades cualificadas de "marxistas" e Juventud Lerezana tamén foi incluída. Un informe do alcalde pontevedrés Ernesto Baltar Santaló, datado o 27-9-37, dirixido ao presidente da comisión provincial de incautación de bens, fai unha serie de consideracións sobre o carácter, actuación e bens das "Sociedades agrario-políticas" e de Juventud Lerezana; acúsaas de ter un carácter eminentemente político e cunha actuación marcadamente extremista, pois obrigaban a seguir un ideario marxista "cooperando algunhas, por non dicir todas, ao Socorro Rojo". Máis especificamente sobre Juventud Lerezana informa que "pode concretarse que tiña un carácter de sociedade recreativa, pero das xuventudes marxistas, concorrendo estas ao local social, e sendo os seus elementos dirixentes membros dos partidos comunista e socialista". É certo que varios dirixentes simpatizaban con organizacións de esquerdas e esa era a orientación xeral deste tipo de entidades culturais, pero tamén o é que outros compoñentes destacados estiveron fortemente comprometidos co bando franquista e participaron como membros activos das súas milicias represoras. A incautación do local O 7 de xullo de 1938, a comisión de incautación de bens, logo de expediente instruído polo xuíz de 1ª instancia, acorda elevar o mesmo á comisión central de bens incautados polo Estado, con sede en Burgos. A xefatura superior administrativa do Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas confecciona a relación de expedientes de incautación e inscrición a favor do Estado de bens inmobles pertencentes a entidades marxistas; a finalidade era inscribilas nos correspondentes rexistros da propiedade, nela figura co nº 19 a entidade Juventud Lerezana. Remata o expediente de incautación e, por acordo do catorce de decembro de 1938 da Comisión Central de Bens Incautados, o local social pasa a depender das organizacións do "Movemento Nacional". Xa rematada a guerra, o catro de outubro de 1945, inscríbese no rexistro da propiedade a posesión a favor da Delegación Nacional de Sindicatos de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. O local de Juventud Lerezana foi incautado xunto con outros bens das sociedades cualificadas de 'marxistas' No ano 1963, a Dirección Xeral de Patrimonio do Estado do Ministerio de Facenda fai un informe sobre a situación dos "bens procedentes de entidades marxistas"; na relación confeccionada pola delegación de Pontevedra figura Juventud Lerezana co número 29 e, nun oficio do 29 de outubro dese ano, faise constar que a delegación provincial da organización sindical comunica que posúe o edificio estando destinado a escolas. As peripecias relacionadas coa propiedade do local incautado aínda non remataran; xa na década dos 70, o 28 de novembro de 1973, ten lugar unha nova manobra de confusión. Logo dunha pretendida oferta de venda por parte do sindicato franquista, a Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos adquire o local mediante escritura pública por un importe de 69.200 pesetas. Actúa por parte da Delegación de Sindicatos o delegado Gervasio Martínez-Villaseñor, que asina en virtude de poder conferido por Rodolfo Martín Villa (secretario da organización sindical franquista) e pola adquirente o "Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra" Antonio Puig Gaite. Unha irregularidade máis pois as "Hermandades Provinciales" non existían nesa data xa que se integraran nas Cámaras Oficiales Sindicales Agrarias en 1947 e Puig só era presidente da local. Ademais na autorización de venda emitida pola organización sindical consta que sería a favor dunha inexistente Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos de Lérez-La Torre (Pontevedra). As organizacións veciñais que, dende que rematara o uso do local como escolas, utilizábano para as súas actividades, aínda tiveron que sufrir, na década dos oitenta, reiteradas entradas no local e pintadas por parte de sectores falanxistas que reclamaban a propiedade. Na actualidade, despois dunha forte mobilización e complexas negociacións, a propiedade volveu ser veciñal. |
NOS_36842 | O historiador Dionisio Pereira investiga a presenza galega nas incursións coloniais españolas | As crónicas literarias da esquerda española sobre as guerras de África cualifican os soldados galegos ben de invísíbeis, ben de submisos. Pero a realidade resulta algo máis complexa. A extraela das sombras dedica os seus esforzos o historiador Dionisio Pereira (A Coruña, 1953), que esta quinta feira 20 de febreiro ofrecerá unha conferencia sobre a materia organizada polo grupo Histagra da Universidade de Compostela. Será na facultade de Historia ás 12 da mañá. Pereira centrarase na chamada Guerra do Rif que, de 1912 a 1927, supuxo unha conflagración xeral entre o pobo rifeño -a partir de 1921 liderado por Abd el-Krim- e o exército español. Non é posíbel precisar cantos galegos foron recrutados. Tampouco o número de vítimas. "Mais a través de cifras non confirmadas si teño a sensación de que houbo máis vítimas galegas que a media española", di o historiador a Nós Diario. Do que si existe rexistro oficial é das resistencias da poboación galega ao militarismo. Alfonso González Asenjo xa documentou o rexeitamento dos galegos a se incorporar a filas no século XIX, nas primeiras contendas coloniais: a Primeira Guerra de África (1859-1860), a Guerra de Margallo (1893-1894) e a Guerra de Melilla (1908-1909). Prófugos do exército "Segundo estudos recentes, esta circunstancia mantívose no primeiro terzo do século XX", sinala Pereira, "e no trienio 1915-1917, a Galiza superaba con moito a media estatal de prófugos: o 39,44% dos inscritos nas listaxes dos concellos para o recrutamento militar en territorio galaico non se presentaba, fronte ao 19% da media estatal". Mais a ollada de Dionisio Pereira diríxese ao cualitativo. Impugna as interpretacións da literatura española progresista -El Blocao, de José Díaz Fernández; Imán, de Ramón J. Sénder; a triloxía de La forja de un rebelde, de Arturo Barea- e polemiza co clásico de Sebastian Balfour Abrazo mortal: da Guerra Colonial á Guerra civil en España e Marrocos (1909-1939). Apóiase nas crónicas de tres xornalistas logo ilustres: Ben-Cho-Shey, Valentín Paz Andrade e o agrarista Manuel Mesejo. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_13662 | Parece que os alemáns ao enfrontarse á barbarie que asolaga o seu pasado, recorreron á lingua para encontrar o modo de facelo, para aguilloar e expresar a súa conciencia colectiva. A nosa lingua –as nosas linguas?- non é capaz de xerar a palabra necesaria para dominar, domar, suxeitar, superar, vencer, consumar, levar a cabo, superar o noso pasado violento. | A morada do Ser é a palabra. Así de rotundo mostrábase Martin Heidegger. Heidegger é, sen dúbida, un filósofo transversal no século XX. A influencia do seu escuro pensamento (escuro polo menos na expresión) alcanza a moitos dos grandes e sonoros nomes do seu mesmo século: Gadamer, Sartre, Lacan, Lévinas, Foucault, Ricoeur, Derrida, Vattimo, Marcuse, os pensadores da morte de Deus... Heidegger estivo afiliado ao partido nacionalsocialista. Ignoro se foi realmente nazi ou simplemente -¡simplemente!- afiliouse porque quería ser reitor da universidade de Friburgo e todos os reitores tiñan que pertencer ao partido. Víctor Farías, filósofo chileno que se ocupou do partido nacionalsocialista e dos nazis en Chile, non llo perdoou e acusa á súa obra de erixirse en soporte dos totalitarismos. (Claro que tamén puxo todo o seu empeño en demostrar que Salvador Allende atesouraba, entre outras perversidades, a de ser nazi: Salvador Allende, antisemitismo y eutanasia/Salvador Allende, el fin de un mito). E a Hannah Arendt, autora de Eichmann en Xerusalén, que investigou minuciosamente os crimes do nazismo, sempre se lle reprochou que o seu mestre tivese sido precisamente Martin Heidegger. Marcuse invitou ao filósofo alemán a que se retractase ou, polo menos, aclarase como foran as cousas. Heidegger negouse. Marcuse invitou ao filósofo alemán a que se retractase ou, polo menos, aclarase como foran as cousas. Heidegger negouse Isto non é un palimpsesto, unha escritura sobre outra de forma que resulte imposible ou moi difícil descifrar as primixenias. Estas son escrituras en táboas distintas e cada unha achega o que deba achegar. E non obstante, cando nos volvemos cara aos textos máis remotos, aqueles que se perden no máis profundo dos tempos e que só podemos imaxinar ou supoñer como foron elaborados, como foron conservados, como foron transmitidos, para buscar neles a esencia do ser humano, se é que tal cousa existe, a súa natureza, a súa evolución ética, a súa relación con todo o visible e o invisible; cando facemos isto, entón si nos encontramos inevitablemente perante un palimpsesto. George Steiner (Antígonas) e Alberto Manguel (O legado de Homero), dous lectores infatigables que leron por todos nós o que xamais seremos capaces de ler, e déronnolo dixerido, analizado, estratificado, codificado ou descodificado, segundo veña ao caso, para deixarnos xustamente situados diante da dúbida, o primeiro que fan é situarnos fronte ao problema da lingua. Queda claro, supoño, que me estou referindo a Homero, a Esquilo, a Sófocles, a Eurípides, entre outros. Ningún de nós, ou moi poucos, coñecemos o grego clásico, pero, aínda que o coñecésemos, cal sería en realidade o noso coñecemento? Accedemos aos textos clásicos utilizando linguas que nin sequera existían cando foron escritos. O asunto non debe ser banal, cando un lúcido pensador galego como é Santiago Lamas –outro lector infatigable, o que me leva a pensar que a filosofía hoxe máis que en facer preguntas, consiste en rumiar lecturas-, no seu luminoso ensaio Galicia Borrosa, un dos primeiros temas que trata é o da lingua. Calquera pobo pode resultar inintelixible se non se empeza por estudar con sumo coidado a súa lingua e os matices que a súa lingua posúe. Steiner sostén que cando unha lingua desaparece, por ínfima que poda ser a súa implantación, desaparece tamén unha forma única e insubstituíble de mirar o mundo. Por que carecemos de tempos compostos? Por que en vez de afirmar confirmamos? Por que dispoñemos do pronome ético ou de solidariedade que introduce ao outro na nosa propia reflexión? Calquera pobo pode resultar inintelixible se non se empeza por estudar con sumo coidado a súa lingua e os matices que a súa lingua posúe Heidegger sostivo que só o alemán servía para facer filosofía. Despois do grego, o alemán. Por suposto que non o creo. Pero iso pouco importa. Podemos aceptar que en 1933 Alemaña era unha das sociedades máis cultas do Mundo e que esa cultura, á parte o tributo que fose debido á tradición grega, estaba asentada sobre os piares xudeucristiáns que, dalgún xeito, sustentaban todos os humanismos europeos? É incorrecto afirmar que a práctica totalidade dos dirixentes nazis recibiran unha educación cristiá? Heidegger era católico, aínda que, en puridade, non fase exactamente un dirixente nazi, senón, e se cadra, só fose nazi consorte. O odio aos xudeus ou a xudeufobia, como gusta denominalo o estudoso arxentino Gustavo Perednik, non é exclusivo dos cristiáns, pero, quizais, de ningún outro grupo xurdiu con tanta saña a expresión desa fobia. Sempre falan de Nietzsche como soporte ideolóxico do nazismo e case nunca de Lutero. Lutero é autor dun panfleto, Sobre os xudeus e as súas mentiras, no que cun raquitismo teolóxico ou filosófico absolutamente abraiante, deseña as liñas mestras da Solución Final que logo aplicaron os nazis. Contén cousas bastante peores, pero vaian algunhas mostras do pensamento do pai da Reforma: Lutero é autor dun panfleto, Sobre os xudeus e as súas mentiras, no que cun raquitismo teolóxico ou filosófico absolutamente abraiante, deseña as liñas mestras da Solución Final que logo aplicaron os nazis "Que debemos facer, nós cristiáns, cos xudeus, esta xente rexeitada e condenada? ( ... ) En primeiro lugar, debemos prender lume ás súas sinagogas ou escolas e enterrar e tapar con lixo todo ao que non prendamos lume, para que ningún home volva ver deles pedra ou cinza. (...) En segundo lugar, tamén aconsello que as súas casas sexan arrasadas e destruídas. Porque nelas perseguen os mesmos fins que nas súas sinagogas. En cambio, deberían ser aloxados baixo unha lona ou nun alboio, como os xitanos. En terceiro lugar, aconsello que os seus libros de pregarias e escritos talmúdicos, por medio dos cales se aprenden a idolatría, as mentiras, maldicións e blasfemias, lles sexan quitados. (...) En quinto lugar, que a protección nas estradas sexa abolida completamente para os xudeus. Non teñen nada que facer nos arredores das cidades dado que non son señores, funcionarios, comerciantes, nin nada polo estilo. Que queden na casa. (...) En sexto lugar, aconsello que se lles prohiba a usura, e que se lles quite todo o diñeiro e todas as riquezas en prata e ouro, e que logo todo isto sexa gardado en lugar seguro. (...) Vaia que son desesperados, absolutamente malvados, velenosos e diabólicos estes xudeus, quen durante estes mil catrocentos anos foron e aínda son a nosa praga, a nosa pestilencia e o noso infortunio!". Pedínlle a un amigo alemán que me aclarase o sentido máis fiable da palabra Vergangenheitsbewältigung, que ven presidindo estes escritos. Velaquí a resposta á miña demanda: A palabra componse de Vergangenheit (o pasado.) e bewältigen (segundo un bo dicionario, Langenscheidt) ten as seguintes traducións, dominar, domar, suxeitar, superar, vencer, consumar, levar a cabo, superar. Os alemáns utilizan este termo con relación ao seu pasado violento (segunda guerra mundial), e ocúpanse de asumir responsabilidades por ese pasado negativo, e satisfacer dalgún modo aos prexudicados. Principalmente os Xudeus. Parece que os alemáns ao enfrontarse á barbarie que asolaga o seu pasado, recorreron á lingua para encontrar o modo de facelo, para aguilloar e expresar a súa conciencia colectiva Isto, claro está, tampouco non é un palimpsesto, e descoñezo se forma parte da morada do ser, pero, en calquera caso, parece que os alemáns ao enfrontarse á barbarie que asolaga o seu pasado, recorreron á lingua para encontrar o modo de facelo, para aguilloar e expresar a súa conciencia colectiva. A nosa lingua –as nosas linguas?- non é capaz de xerar a palabra necesaria para dominar, domar, suxeitar, superar, vencer, consumar, levar a cabo, superar o noso pasado violento. |
NOS_51056 | O Estado español permanece no nivel de risco extremo, cunha incidencia de 644 casos por cada 100.000 habitantes. Isto levou a varios territorios a retomar os toques de recoller, que nalgúns casos os tribunais están a desbotar. Aragón e Nafarroa solicitaron esta quinta feira o aval para poder aplicalo nas zonas de risco. | A quinta onda da pandemia da Covid-19, que xa fora advertida pola Organización Mundial da Saúde, está impactando nas estatísticas sanitarias do Estado na última semana, cun aumento do 48% das persoas ingresadas en Coidados Intensivos (UCI). As hospitalizacións aumentaron neste período máis do 60%, informa o Ministerio de Sanidade, con 7.255 persoas nesta situación, mentres que as mortes subiron un 66%, con 123 persoas falecidas con coronavirus durante a semana e 81.166 desde a aparición da Covid-19. En sete días notificáronse case 180.000 casos, 300.000 nos últimos 14, cunha incidencia que chega até os 644 casos por 100.000 habitantes, manténdose no nivel de risco extremo no que o Estado español entrou a comezos de xullo. Esta incidencia a 14 días está especialmente desbordada entre a mocidade, con 1.560 casos entre as persoas de 12 a 19 anos e 1.866 no grupo de idade de 20 a 29 anos. Retorno das restricións Para afrontar a situación xerada con estes datos, os territorios do Estado están poñendo en marcha distintas restricións. O toque de recoller foi avalado polos tribunais en Catalunya, Cantabria e o País Valenciá para os concellos cun estado epidemiolóxico de risco moi alto, ao tempo que o Tribunal Superior de Xustiza de Canarias rexeitou a medida. Esta quinta feira, Nafarroa e Aragón solicitaron o aval xudicial para aplicar a mesma medida. No caso do territorio vasco sería un toque de recoller nos fins de semana, nos días festivos e nas xornadas nas que estaban organizadas festas nos municipios con risco moi alto, tras rexeitar os tribunais que se fixera extensivo a todas as vilas con risco moi alto. En Aragón proponse aplicalo a catro concellos. En Asturies, a previsión de que este fin de semana a ocupación hospitalaria pase de baixa a media levou o Goberno territorial a anunciar a solicitude para aplicar o toque de recoller a partir de agosto nos concellos cunha incidencia superior a 350 casos. |
NOS_4037 | Dos tres médicos que pasan consulta en Viana do Bolo só un traballou a semana pasada. Así, unha sóa persoa enfrontouse, nunha quenda de mañá, a 80 consultas e desprazamentos domicialiarios. "Foille imposíbel atender axeitadamente unha poboación que ademais medra coa chegada de veraneantes", denuncia a CIG. | "Rexeitamos as prácticas irresponsábeis e temerarias coas que a xerencia da estrutura de xestión integrada de Ourense tratan a poboación do distrito de Valdeorras", critican. Ademais da redución de facultativos, pecháronse camas, non se cobren vacacións ou baixas do persoal ou reducíronse servizos. O sindicato tamén expón que "os xestores sanitarios" lles advertiron que non teñen "a representación dos pacientes" e que "non deben ocuoparse da situación das resonancias magnéticas nin das listas de espera". Mais a CIG, desde a súa sección de saúdo do Barco de Valdeorras, afirman que segurán defender "os dereitos das traballadoras e traballadores e tamén dos pacientes, gústelle ou non á administración sanitaria". |
NOS_38905 | A partir do 20 de agosto | Os vixiantes de seguridade dos aeroportos da Coruña e Compostela convocaron paros parciais a partir do próximo 20 de agosto, para denunciar a "precarización das condicións laborais" e un modelo de sector baseado, aseguran, "na competencia sobre prezos". O sindicato UXT informou que os vixiantes de Alvedro prestan servizo para a empresa Eulen Seguridade. En canto a Lavacolla, os vixiantes traballan para Prosegur. Entre as súas demandas, o abono do plus de radioscopia, ademais do abono mínimo de 6 horas de xornada nas quendas inferiores á mesma e o pago do parking, entre outras cuestións. UXT incide que na negociación do convenio do sector de seguridade privada están a dirimirse dous modelos distintos. O que "entende que a mellora do contexto económico debe repercutir positivamente nas condicións do colectivo de profesionais" do sector fronte a outro "que arruína o sector e precariza as condicións de traballo". |
NOS_10057 | Os enfermos ingresados en UCI soben a 49, mentres os ingresos en 'planta' ascenden a 243. | A evolución da pandemia de Covid en Galiza segue sumando casos nesta sexta vaga e, após máis de mil novos contaxios, hai 12.221 persoas coa enfermidade activa, das que 292 permanecen hospitalizadas (49 en Unidades de Coidados Intensivos), e outras 11.929 recupéranse nos seus domicilios. Así se reflicte no informe feito público esta segunda feira pola Consellaría de Sanidade, con datos recollidos até as 18 horas do domingo, e no que figuran 12.221 casos activos de Covid-19, 569 máis que o día anterior. Segundo o devandito informe, nas últimas 24 horas rexistráronse 1.070 contaxios novos, e os casos activos incrementáronse en todas as áreas sanitarias. Así, a área de Vigo segue á cabeza con 3.885 persoas enfermas (154 máis) e, nas últimas 24 horas, notificáronse 298 contaxios novos; Ourense, Verín e Barco de Valdeorras rexistra 2.708 casos activos de Covid (51 máis), após 212 novos contaxios; séguelle a área de Pontevedra-O Salnés, con 1.858 casos activos 162 máis) e 205 novos contaxios. Os casos activos aumentaron en todas as áreas sanitarias.¡ A presión hospitalaria tamén se incrementou nas últimas horas, con 18 persoas máis ingresadas en unidades convencionais, até un total de 243. Nas Unidades de Coidados Intensivos hai 49 enfermos, un máis que hai un día. O maior incremento na presión produciuse na área sanitaria de Vigo, que pasou de ter 75 pacientes ingresados en 'planta' a contar con 90, o que supón 15 enfermos máis. O resto de cambios nos ingresos en 'planta' correspóndense ás áreas da Coruña (3 persoas máis en unidades convencionais), Lugo (un máis), e Santiago (2 máis); mentres que reduciron os seus pacientes en 'planta' as áreas de Ourense (2 menos) e Ferrol (un menos). Faleceron con Covid 2.699 persoas. O último deceso comunicado polo Sergas foi o dun home de 93 anos de idade, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU) e que presentaba patoloxías previas. Segundo os datos facilitados esta segunda feira por Sanidade, o índice de positividad nas probas PCR (o número de casos positivos por cada 100 probas realizadas) situouse nas últimas horas no 14,8%. Moi por riba do 5 por cento que a OMS fixa como limiar para dar a pandemia por controlada. |
NOS_5976 | A avoa de Mariluz Iglesias Roldán faleceu o 3 de abril, tras ser trasladada desde a residencia Domus Vi San Lázaro ao centro medicalizado de Porta do Camiño. A súa neta denuncia a opacidade da directiva de Domus Vi desde que tivo noticia, pola prensa, dos primeiros contaxios por coronavirus no centro. "Para Domus Vi os anciáns son números, non persoas", denuncia. | O 18 de marzo, a Xunta da Galiza confirmou os primeiros contaxios por coronavirus en residencias galegas. Un en Caldas de Reis, o do residente nun centro xestionado pola orde das Irmás das Anciás Desamparadas, e outros sete no centro Domus Vi San Lázaro de Santiago de Compostela. Asfareba, a Asociación de Familiares e Usuarias de Residencias Domus VI, denunciou a falta de medidas de protección para residentes e persoal. Co paso dos días, os informes de Política Social deron conta do aumento do número de contaxios, e tamén dos falecementos entre residentes. A avoa de Mariluz Iglesias Rolán foi unha das residentes infectadas pola enfermidade. A súa neta censura a "opacidade" da empresa na xestión dos contaxios. "Faleceu o día 3 de abril, tras ser trasladada o 27 de marzo á residencia medicalizada de Porta do Camiño", explica en conversa con Nós Diario. Por teléfono, Iglesias Rolán explica que a súa avoa foi usuaria de Domus Vi San Lázaro "durante cinco anos". "Tiñamos contacto con ela todos os días, sobre todo miña nai que traballa perto e que se achegaba a visitala e coidar dela", detalla. Tiñamos contacto con ela todos os días, sobre todo miña nai que traballa preto, explica Mariluz Cando comezou a corentena, suspendidas as visitas, os contactos mantivéronse a través do teléfono móbil. "O 20 de marzo miña nai envioume unha noticia do Correo Gallego, na que se explicaba que había varios contaxios na residencia e que a planta onde estaba aloxada miña avoa fora illada", conta a súa neta. A nai e mais o tío de Iglesias Rolán chamaron ao día seguinte para informarse da situación. "Explicáronlles que estivesen tranquilos", explica ela, mais non recibiron máis detalles. O 22 de marzo, ante a ausencia de contactos por parte da directiva de Domus Vi, Iglesias Rolán remitiu un escrito a todos os enderezos que atopou na rede relacionados coa empresa. Tampouco obtivo resposta. Dous días despois un médico chamou á familia para explicar que súa avoa tiña os síntomas da COVID-19. Ao longo dos días, grazas a axuda dun traballador do centro, a nai de Mariluz foi quen de facer unha videochamada con súa avoa. "Emociounouse moito, porque a atopou en mal estado", explica ela. Na noite do 27, a familia foi informada do seu traslado ao centro medicalizado de Porta do Camiño. "Unhas horas antes meu tío foi contactado por teléfono e explicáronlle que se atopaba ben", censura a súa neta. Unhas horas antes meu tío foi contactado por teléfono e explicáronlle que se atopaba ben, censura a neta Iglesias Rolán destaca a diferenza de trato unha vez que súa avoa ingresou en Porta do Camiño. "Fan videochamadas, explican como son os cuartos, as familias están informadas", agradece. Uns días despois recibiron a notificación do falecemento. "Mentres estivo en Domus Vi en ningún momento nos deixaron decidir se sentir dor ou non, estivemos con angustia todo ese tempo", afirma. Mentres estivo en Domus Vi en ningún momento nos deixaron decidir se sentir dor ou non "Esta enfermidade é cruel por si mesma, non te podes despedir, non podes coller a man, pero non entendo que che fagan ter esperanza, que che digan que está ben. Non podía estalo, se foi trasladada a Porta do Camiño", denuncia esta familiar. A día de hoxe a familia non recibiu "ningún comunicado oficial por parte de Domus Vi". "Para a directiva, miña avoa non contabiliza como un falecemento porque o seu pasamento non foi no centro, mais si contabiliza para cobrar, pois a miña nai pasáronlle a factura dos primeiros días de abril", denuncia. "Eu espero que a miña testemuña poda servir para chamar a atención sobre o tratamento dos maiores, que axude a outros familiares. Para Domus Vi os anciáns son números, non persoas", conclúe por teléfono. |
PRAZA_15112 | A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e a Liga Estudantil Galega organizan a segunda edición deste certame audiovisual, que se fallará o 28 de novembro, nunha gala presentada por Carlos Blanco | A A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e a Liga Estudantil Galega organizan a segunda edición do certame audiovisual Somos a curta!, que se fallará o 28 de novembro nunha gala presentada por Carlos Blanco. En total son 16 as curtametraxes presentadas a concurso. Os filmes loitarán por dous premios de 400 e 200 euros, que adxudicará un xurado composto por membros da comunidade universitaria e profesionais do sector audiovisual galego. Das curtas a concurso elixiránse cinco finalistas que se proxectarán na gala que terá lugar no Salón de Actos de Ciencias da Información. Nesta edición incorpórase un premio especial do público, sen dotación económica, e que se decidirá na propia celebración do evento. O obxectivo do premio é "promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego, premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos estudantes galegos e gozar dunha xornada de humor na nosa lingua". Os títulos admitidos a concurso son os seguintes: Chapeau! 100 euros Por couso Enfoques Familia Dúas vellas e un destino O inconformismo dunha ovella A casa da collona Supercuesco Informativos Telesoliño Ana Rosa, dous porquiños e un guion, unha tropa do copón Un mundo incoloro Banca rota A motoserra Diagnóstico: amor Omnipotens now |
NOS_3933 | O operativo policial contra o HDP, terceira forza no parlamento, decorreu en varias provincias turcas. | Selahattin Demirtas e Figen Yüksekdac, copresidentes do HDP (Partido democrático dos pobos), e 9 deputados desta formación proc-urda foron detidos na noite desta quinta feira en diversos lugares de Turquía nun amplo despregamento policial. Ankara xustificou as detencións en que foran solitadas pola fiscalía pola negativo dos parlamentares a comparecer perante os xulgados no marco dunha investigación contra o "terrorismo do PKK", a organización armada curda. Desde o HDP xa se denunciou o que tenden que é unha operación de motivacións políticas impulsada polo presidente turco, Erdogan, contra a que é a terceira forza parlamentar e firme defensora dos dereitos nacionais do Curdistán. Esta operación engádese á que tivo lugar a mediados do outubro e na que se detivo 30 líderes rexionais do HDP. Demirtas foi detido en Ankara e Yüksekdac nunha ciudade curda. A sede central do HDP foi rodeada e incomunicada. Organizacións defensoreas dos dereitos humanos denunciaron este novo operativo e pediron que se respecten os dereitos das persoas detidas. O HDP posúe 59 deputados nunha asemblea de 550 e na que Erdogan posúe maioría absoluta. A esquerda pro-curda lembra que os parlamentares do HDP acumulan 510 procesos xudiciais, nunha dinámica de "hostigamento" para afogar esta organización. |
NOS_26122 | Así o decidiu a Audiencia Provincial da Coruña. O obxecto da investigación é determinar se houbo prevaricación e información privilexiada na adxudicación dun concurso de ambulancias da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza -dependente do Sergas- en 2014 por un monto de 121,6 millóns de euros. | A Audiencia entende que existen razóns de peso para prolongar a instrución do caso ao se agardar por un informe policial que podería vir a ser "esencial" para o esclarecimento do asunto. Toma a decisión o tribunal nun auto -ao que tivo acceso Europa Press- en resposta a un recurso formulado por un técnico responsábel do 061 que prestou declaración como un dos investigados na causa. A investigación pretende determinar se existiu información privilexiada na materialización do concurso, isto é, se as empresas gañadoras -nucleadas arredor da compañía ourensá Rodríguez López e da lusa Autos Ribeiro- foron as que forneceron á administración galega os pregos de condición da convocatoria. A policía xudicial sospeita que as empresas gañadoras coñecían, por tanto, con antelación os requisitos do concurso e, portanto, puideron axustar as súas ofertas a eses requerimentos, o que lles outorgou unha vantaxe decisiva a respeito dos seus competidores. A causa é produto dunha denuncia formulada en outubro de 2015 -a instancias da propia fiscalía- por José Domingo Rodríguez, un empresario lugués excluído do concurso. |
PRAZA_7475 | Educación destina 12 millóns de euros ao seu programa de "gratuidade solidaria" no orzamento de 2013. As axudas parciais, que a pasada lexislatura xa saíron máis caras que o préstamo universal, deixan fóra ao 35% do alumnado. | "A Consellería estableceu, entre as liñas xerais da política en materia de educación, profundar no logro da igualdade de oportunidades educativas, así como promover a mellora continua da calidade e da equidade do sistema". "Singular relevancia debe outorgarse ao programa denominado gratuidade solidaria (...) que implica unha acción política de goberno cara á instauración dun novo modelo que substituíu ao anterior sistema de préstamo". Son afirmacións incluídas na memoria dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2013, nas páxinas dedicadas ao departamento de Educación. O departamento que dirixe Jesús Vázquez xustifica así a total implantación do seu sistema de axudas parciais para a compra de manuais escolares co que substituíu o préstamo universal e que no ano acabado de comezar ten unha dotación orzamentaria de 12,8 millóns de euros, apenas 1,6 millóns menos que nas derradeiras contas do bipartito, nas que a mesma partida traía consigo libros de balde para todo o alumnado. Segundo os documentos orzamentarios a Xunta prevé que se beneficien destas axudas uns 163.000 estudantes ou, o que é o mesmo, especifica, o 65% do "alumnado de ensino obrigatorio" -primaria e ESO- e educación especial. Así as cousas, o 35% do estudantado fica fóra, pero os que reciben axudas non teñen garantido que parte dos seus manuais non sexan pagados do peto das súas familias. Non en van, segundo a orde que regula as axudas, publicada o pasado xuño, estas irán dende 90 euros para familias monoparentais con renda per cápita de entre 6.000 e 9.000 euros e fillos ou fillas en primaria ata os 180 do alumnado da ESO cun máximo de 5.400 euros de renda. Na maior parte dos casos as achegas non abondan para pagar os libros. A Xunta prevé que as axudas deixen fóra a un 35% do alumnado do ensino obrigatorio e de educación especial Á insuficiencia da denominada "gratuidade solidaria" para facer fronte aos gastos do alumnado únese a máis que dubidosa rendibilidade deste sistema para o Goberno. Educación vén mantendo que estas axudas van "en consonancia coa política de austeridade do Goberno da Xunta de Galicia", aínda que as cifras din outra cousa. Se ben é certo que a partida dos orzamentos é inferior á do bipartito e tamén máis reducida que a das contas de 2012 -daquela foron 15,09 millóns- non o é menos que no presente curso escolar a Consellería prevé gastar máis. Atendendo á mesma orde do pasado xuño, as axudas do curso 2012-2013 fináncianse con 17,02 millóns para o pasado ano e 600.000 euros para o que acaba de comezar. "Se for o caso -especificaba a convocatoria- poderanse ampliar os importes citados". Así as cousas, cabe concluír que a denominada gratuidade solidaria, é dicir, as axudas parciais, sáenlle máis caras á Xunta que o antigo sistema de préstamo e benefician a menos alumnado. Non obstante, a versión oficial é que o programa de axudas "posibilita que se dispoñan dos libros de texto e material curricular" como parte das "actuacións para a igualdade no exercicio do dereito á educación". |
NOS_11313 | A gran cita económica de 2021 decorrerá en Glasgow no mes de novembro, a XXVI Conferencia das Partes sobre Mudanza Climática (COP26) | Desde que arredor de 1820, o capitalismo e a Revolución Industrial desencadearon un proceso de crecemento económico e demográfico exponencial, construíuse un sistema de produción-consumo moi eficaz a custa de socavar as bases dos equilibrios naturais indispensábeis para o sostemento a longo prazo dunha sociedade humana civilizada. Visionarios como o ucraíno Podolinsky souberon ver xa en 1889 que "nos países onde triunfa o capitalismo, unha gran parte do traballo humano está encamiñado á produción de bens de luxo, que dicir, a unha disipación gratuíta de enerxía". O primeiro experimento socialista, o soviético, foi incapaz de superar a concepción produtivista. Cara a finais dos anos 80 do século pasado, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) utilizaba 0,41 toneladas de petróleo por mil dólares de produto e a URSS 0,99 toneladas. O último cuarto do século XX foi o da toma de conciencia, desde a precursora advertencia do Club de Roma Os límites do crecemento (1972) até O mundo no ano 2000 (1981), un encargo do presidente estadounidense Jimmy Carter. Este documento, despois de analizar a deforestación, a deterioración da auga, o clima, os recursos pesqueiros, a extinción de especies ou as emisións de CO2 concluía que "está a se esgotar o tempo para facer algo a fin de evitar esta situación". Nada significativo, suficiente, se fixo. A conciencia da crise climática A década que vén de rematar foi a da extensión da conciencia sobre a crise ecolóxica, e máis especificamente sobre a crise climática. Agora son os organismos reitores do capitalismo global, as grandes empresas, os dirixentes das principais potencias, os que recoñecen a situación de risco extremo e os que se comprometen a lograr as cero emisións cara á metade do século. Porén, e esta é a cuestión chave, sen renunciaren ao crecemento económico, mesmo en sociedades altamente desenvolvidas e moi ricas. O capitalismo global é o gran culpábel coa súa adición ao aumento da produción, á xeración de necesidades e á incitación O que no tempo de Podolinsky era unha profecía, e no momento do Club de Roma e Carter, unha alerta para mudar o rumbo, transformouse nunha evidencia que se nos impón dramaticamente. O Secretario Xeral da ONU, António Guterres, proclama, "a mudanza climática é unha ameaza existencial para a supervivencia da vida na Terra, incluída, por suposto a vida humana". O Árbitro Experto do IPCC (Panel Intergobernamental da Mudanza Climática), Peter Carter, advirte que nos movemos xa no ámbito de 1,50C sobre a media anterior á revolución industrial, quer dicir, no límite que non debemos superar para evitarmos consecuencias catastróficas, "trátase dunha emerxencia para o noso clima, para os nosos océanos... Este non é un dos desafíos que enfrontamos, senón o desafío que enfronta a humanidade". Cada ano bátense recordes climáticos e o obxectivo de lograrmos emisións cero debe alcanzarse en anos e non en décadas, xa que o CO2 atópase no nivel máis alto en 23 millóns de anos pondo en cuestión "a supervivencia dos nosos fillos, non a supervivencia dos nosos netos". O clima como sistema complexo O clima terrestre é un sistema complexo. A modificación substancial dun parámetro, a concentración de CO2, desencadea fenómenos de retroaccións climáticas en cascada que levarán o conxunto do sistema a outro equilibrio radicalmente diferente. A finais de outubro, o científico Örjan Gustafsson comunicou desde o buque de investigación ruso R/V Akademik Keldysh que o sistema de hidratos de metano conxelados en Siberia Oriental "foi perturbado e o proceso continuará". Os depósitos de metano preservados desde hai centos de miles de anos no permafrost submarino están chegando á superficie e á atmosfera. O metano ten un efecto invernadoiro 80 veces máis potente que o CO2. Retroacción. A desaparición do xeo ártico polo quentamento global reduce a capacidade de reflectir a radiación solar contribuíndo ao aumento das temperaturas. O aumento das temperaturas desxea o permafrost liberando metano que contribúe ao quentamento global. Para Carter "estamos a transformar o clima dos últimos anos, converténdoo nun clima completamente diferente que non é un clima agrícola". Por iso a gran cuestión económica do ano 2021 é a cuestión ecolóxica. O capitalismo global é o gran culpábel coa súa adición ao aumento da produción, á xeración de necesidades e á incitación ao consumo. Nosoutros a maioría social, a cidadanía, temos a responsabilidade de obrigar os dirixentes políticos a domesticar o capital e iniciar xa outro camiño fóra do produtivismo e do capitalismo. Un camiño que fará máis necesaria unha enorme redución das desigualdades que permita a satisfacción das necesidades básicas de todos. Temos até novembro para desenvolver unha gran mobilización que aumente a conciencia social e faga posíbel a viraxe. Que as que nos sucedan non teñan que mirar atrás e sinalarnos, "era a ecoloxía, estúpidos". |
PRAZA_12212 | O paro na xente nova supera, na meirande parte dos países da Unión Europea, unha taxa do 20%. O problema non é son do mercado laboral español, malia que a taxa de desemprego estre os máis novos está hoxendía no 50%. Os datos de recuperación, desemprego e desigualdade empezan a semellarse aos da Great Depression de 1930 | Este luns coñecéronse os datos do indicador PMI, que avalía a actividade económica. É un dos apuntes económicos máis destacados e fiables. Os autores desta información, Markit, poñen a barreira non no cero, senón no punto 50. Se un país rexistra un índice inferior enténdese que está en proceso de contracción económica ou recesión. España está no 41,9, e achégase de novo aos valores do ano 2009. De cumplirse produciríase o que se entende como double dip (W), unha recaída nunha recesión profunda. E aínda non se levou a cabo o recorte que, segundo o ministro Luis de Guindos, debe superar os 35.000 millóns de euros. Así as cousas, España afronta outro exercicio de parálise na actividade económica que se vai conxugar cos seguintes factores: recorte do gasto (austeridade e desapalancamento), menor índice exportador (recesión na eurozona), menor investimento empresarial (máis desapalancamento) e caída do consumo interno (desemprego e incerteza sobre o futuro). O paro, que superará o 24% a finais deste exercicio, seguirá engordando un círculo de complexa solución tendo en conta as directrices xa marcadas sobre a acción proactiva do Executivo. Vanse destruír outros 600.000 postos de traballo, segundo o Goberno de Rajoy. A taxa de paro xuvenil, que xa está no 50%, non ten perspectivas de se reducir excepto que se produza un leve factor de trasvase nas empresas entre empregados con antigüidade e os chamados junior. Isto é, que as compañías se desprendan dos traballadores máis caros para botar man de man de obra máis barata. Aínda así, e segundo os datos dispoñibles, o paro xuvenil seguirá cuadruplicando a taxa rexistrada durante a Transición española. Duplica, tamén, a que se produciu nos EUA durante a Great Depression. E, con ser un problema estrutural español, a meirande parte das economías da Unión Europea teñen a máis do 18% da súa poboación activa máis nova en situación de desemprego. A Unión Europea Entre 1970 e 1974, a taxa de paro en Europa (non na UE como a coñecemos agora, obviamente) era do 4,6% entre a poboación máis nova (16-24 anos). O último rexistro coñecido e consolidado entre todos os países supera 20% (finais de 2010). En España, e tamén no último lustro da ditadura franquista, a proporción de desempregados novos respecto do total de poboación activa era practicamente igual á media europea: 4,9%, segundo datos da OCDE. Unha vez pisou España a década dos 80 as ratios empezaron a subir do 20%. Nunca, agás durante o trienio máis explosivo da burbulla inmobiliaria, se baixou desa cifra. O conxunto de Europa, pola contra, non o superou nunca (até a actual recesión) Ao igual que sucede co mercado laboral no seu conxunto, a economía española ten un problema estrutural coa poboación activa máis nova e a súa adaptación a un sistema produtivo que non os precisa, non os valora ou ambas as dúas cousas como sostén o Center of Economic Policy Research (CEPR) de Washington. Os economistas David N.F. Bell e David G. Blanchflower, da Universidade de Stirling, fan unha vinculación directa entre a destrución de emprego en Estados Unidos e a de España. "Nos dous houbo grandes caídas no PIB e no emprego durante a recesión", apuntan. "O Emprego nos EUA retrocedeu case un 8%, mentres que en España o fixo un 9,4%". "Hai unha vinculación directa, no mercado laboral dos máis novos, co desproporcionado número de mozos que traballan ou traballaron na construción, sector que sufre dos efectos típicos dunha burbulla nos prezos", constatan ambos os dous expertos no informe ao que tivo acceso este diario. Outro indicador é o seguinte: os mozos españois son os que se sinten máis inseguros de toda a Unión Europea e Estados Unidos á hora de manter o posto de traballo, por riba de Irlanda, Grecia ou Italia (con datos de 2010). A porcentaxe de emprego das persoas máis preparadas en España é moi reducida, en comparación con economías do entorno. Isto implica que, malia que existe man de obra cualificada para adaptarse ao mercado laboral, as firmas non botan man da mesma. No primeiro trimestre de 2008 a taxa de universitarios e outras persoas con educación superior que estaban traballando era do 57%. En Letonia ou Alemaña era superior ao 80%. E en España segue baixando. Os datos actuais amosan unha taxa de emprego do 47,2%, fronte ao 87,5% de Finlandia. |
NOS_35633 | Investigan José Manuel Sande por un presunto delito contra os sentimentos relixiosos. | O Xulgado de Instrución nº3 da Coruña citou como investigado (antes imputado) o concelleiro das Culturas da Coruña, José Manuel Sande, a raíz do cartaz do Entroido da cidade. Impútao por un presunto delito contra os sentimentos relixiosos a raíz dunha denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo, que entende que o deseño de Alberto Guitián é ofensivo contra a relixión católica. Sande deberá comparecer a declarar no xulgado o vindeiro 17 de abril. Após transcender a citación xudicial a Sande, a presidenta desa asociación afirma que perdoou "no momento" o Concello por difundir ese cartaz, se ben non retirou a denuncia por entender que era preciso un "escarmento". O cartaz xerou no seu momento a indignación de sectores relixiosos e da dereita política, que cargaron contra o Concello polo deseño de Entroido. Desde o Arcebispado de Compostela ao PP, este cartaz estivo no seu punto de mira por entender que se ridiculizaba o Papa. O goberno local da cidade herculina defendeu a liberdade de expresión, para alén de argumentar que o deseño non se refería a ninguén en concreto e que eses disfraces relixiosos eran habituais no carnaval coruñés. |
NOS_4936 | Así o adiantou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, quen informou de que hai cada vez "máis evidencia científica sólida" de que as persoas con síntomas leves de Covid-19 deixan de transmitir a enfermidade a partir de sétimo día, polo que, de ser así, a corentena poderíase reducir aos 10 días. | As autoridades sanitarias españolas estudan rebaixar o período de corentena dunha persoa infectada polo novo coronavirus de 14 a 10 días, logo de que o recomendara a Organización Mundial da Saúde (OMS). Así o adiantou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, quen informou de que hai cada vez "máis evidencia científica sólida" de que as persoas con síntomas leves de Covid-19 deixan de transmitir a enfermidade a partir de sétimo día, polo que, de ser así, a corentena poderíase reducir aos 10 días. "Hai cada vez máis evidencia de que a partir do día sete os casos leves non transmiten a enfermidade e, ademais, recomendouno a OMS", argumentou Simón, para informar de que a corentena de 14 días estabeleceuse segundo a evidencia científica obtida co coronavirus SARS 1. Neste sentido, o experto recoñeceu que este asunto foi discutido en varios órganos internos do Ministerio de Sanidade, e continúa a estudarse co obxectivo de saber que opción é "máis segura" e máis pode favorecer ao control da epidemia no Estado español. Con todo, comentou que é "posíbel" que se cambie a recomendación de permanecer 14 días en corentena a 10 días. "É posíbel que se modifique porque é moi probábel que o contaxio nos casos leves non se produza a partir do sétimo ou décimo día", resolveu. Finalmente, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias referiuse á obrigatoriedade, unha vez finalizado o estado de alarma, de usar as máscaras en lugares públicos, insistindo en que é un "método máis de control" do virus. "A mellor máscara son dous metros de distancia", resolveu. |
NOS_50610 | Granollers e Lanzarote, rivais das escuadras do país. | Atlético Guardés e Balonmán O Porriño regresan hoxe á competición logo de dúas semanas de descanso tras a parada obrigada a causa dos compromisos internacionais das diferentes seleccións. O primeiro en facelo será o conxunto da Guarda (hoxe, 16.30 horas), que chega logo de recibir un recoñecemento en forma de recepción na Deputación de Pontevedra, que quixo salientar así o mérito de lograr unha nova clasificación para a Copa da Raíña, logro que tamén conseguiu -no seu caso, para a Copa do Rei- un Cangas Frigoríficos do Morrazo que tamén estivo representado na homenaxe. As catalás do KH-7 Granollers serán as rivais dunhas galegas que teñen cunha novidade non sobre a pista, senón no banco, pois volve o técnico José Ignacio Prades logo dun mes de baixa por unha intervención cirúrxica para solucionar unha leve doenza renal. Será un duelo complicado, pois o Granollers precisa imperiosamente sumar os puntos para non descolgarse definitivamente dos postos europeos, e para conseguilos tratará de explotar ao máximo todas as súas virtudes, especialmente o ritmo e o dinamismo que adoita conferir ao xogo colectivo. Oportunidade de ouro ante o fechacancelas 40 quilómetros máis ao norte e hora e media máis tarde (18) comeza no Pavillón Municipal o Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño-Zonzamas Cicar Lanzarote. Este compromiso, sobre o papel, pode ser unha oportunidade de ouro para facerse cun triunfo que se lle resiste ás porriñesas desde que vencese Barakaldo hai un mes, pois a entidade canaria exerce como fechacancelas da Liga Guerreiras Iberdrola tras non ser quen de gañar nin un só partido nos 16 que levan disputados. |
NOS_12568 | Xaquín Núñez Sabarís (Zacande, Meis, 1963) é o gañador da XIX edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio polo seu traballo Cartografías da narrativa galega contemporánea. O profesor da Universidade do Minho realiza para Nós Diario un percorrido pola narrativa e polos seus conceptos actuais. | —Como xorde e en que se sustenta o proceso de elaboración deste ensaio? A abordaxe arredor da transmedia encaixa nas liñas de traballo do meu grupo de investigación na Universidade do Minho e, nese sentido, interesáronme moitas das súas materializacións na literatura e a cultura galega. Por exemplo, todo ese fenómeno da intersección foi mudando o fantástico na literatura galega, transformándoo desde unha idea máis vinculada á literatura máis tradicional, ao rural e á tradición oral que vai sendo absorbida pola dimensión mística de Compostela, en parte pola influencia de modelos internacionais como Dan Brown, que Suso de Toro tan ben parodia, ou co que xoga ironicamente na súa novela 13 Badaladas. Este é un produto moi interesante desde o punto de vista transmedial, porque o proxecto cinematográfico que leva o seu nome non é unha adaptación, pois practicamente xorden ao mesmo tempo ambos os dous procesos, algo que tamén pasa co libro e a serie de televisión de Vivir sen permiso, de Manolo Rivas. —Así que iso da 'transmedia' é, por dicilo dalgún modo, unha sorte de sincretismo entre diversas formas de cultura, non? Si, efectivamente. Por exemplo, un dos casos máis paradigmáticos é o de Fariña, que pasa de ser un libro de investigación xornalística sobre o narcotráfico a convertese en serie de televisión, e logo incluso en novela gráfica e espectáculo teatral. Arredor dunha mesma historia pivotan unha serie de produtos artísticos de diferentes medios, de diferentes públicos, de diferentes centros de interese. |
NOS_30627 | Alexandra Fernández torna á primeira liña da política e faino integrando a candidatura do Bloque Nacionalista Galego como independente, no número 3 da lista por Pontevedra ao Parlamento. A viguesa foi deputada no Congreso (2016-2019) por En Marea. | –Por que aposta polo BNG? Na Galiza a cuestión social e nacional van da man e o Bloque é a única forza que hoxe integra unha visión de esquerdas e soberanista. Ademais é a única opción centrada en ter un proxecto para Galiza, e iso é moi necesario para acumular forzas. –Que perspectiva lle deu ser deputada no Congreso? Alí puiden constatar o concerto xeopolítico do Estado que triangula entre Madrid, Catalunya, o Mediterráneo e Euskadi, nesa mesma orde. Tamén constatei a tensión existente entre dous proxectos antagónicos en relación ao papel que debe xogar a Galiza sobre este marco xeopolítico: un que sitúa o país como área de influencia e de dependencia do burato negro de Madrid, e outro que entende que a Galiza debe fortalecer o seu peso económico, demográfico e cultural, similar a calquera dos outros polos. –Como ilusionar na política unha xeración como a súa, golpeada por varias crises? Cando vives na precariedade tes unha sensación de que estás a mercede da situación, de padecer as consecuencias de decisións nas que non podemos intervir. É por iso que a precariedade xera falla de confianza. E para romper ese círculo vicioso temos que tomar conciencia do enorme poder que nos dá o voto. Neste momento hai unha maioría de galegas e galegos que queren cambio e, se todas imos votar, acabarase co PP. Estamos ante o momento de afirmármonos como suxeitos capaces de crear unha nova realidade A principal mensaxe que lle diría á mocidade é que estamos ante o momento de afirmármonos como suxeitos capaces de crear unha nova realidade. Os motivos son claros: emigración, pobreza, precariedade... e hai unha prioridade central onde actuar para esta xeración que é ese borde do precipicio en que te sitúas cando acabas os estudos e non ves saída laboral. Cómpre dar continuidade como país á xente moza, focando toda a produción e toda a riqueza humana que temos, dándolle seguridade, que non se sintan no abismo. -O seu barrio, Bouzas, está moi afectado polos recheos sobre a ría e agora quérense construír outros novos. Estamos ante unha nova agresión ambiental á ría. Cando unha analiza a evolución urbana de Vigo, observa que o porto e a cidade camiñaron sempre separadas. Cómpre pensarmos Vigo de forma integrada, precisamos un modelo de cidade que una os intereses da cidadanía e a economía en harmonía co porto. |
PRAZA_12875 | IDi Creative elaborou unha aplicación para o ámbito educativo baseada nun método matemático do século XVII e que converte os números en palabras para facilitar a súa memorización | Chámase Memorize Idi, foi creada pola empresa galega IDi Creative e colocouse líder de vendas no mercado español para o Iphone dentro das aplicacións de ámbito educativo. Desde o pasado xoves, cando está disponible para o teléfono e para Ipad, a devandita aplicación foi aumentando as descargas até colocarse líder logo de ser adquirida non só no conxunto do Estado, senón tamén en Francia, Italia e incluso Rusia grazas ás versións en distintos idiomas. Memorize IDi transforma calquera número en sinxelas imaxes, o que permite "unha fácil memorización independentemente da cantidade de díxitos que conteña", como explica a empresa nun comunicado. Francia, país de orixe do inventor da teoría na que se basea a aplicación, é o segundo país que máis xerou da app. A aplicación transforma calquera número en sinxelas imaxes, baseándose na fórmula creada polo francés Hérigone no século XVII Para a creación deste enxeño, un equipo de programadores informáticos encabezados polo pedagogo galego José Ramón García Guinarte desenvolveu de forma tecnolóxica o antigo método creado polo matemático e astrónomo francés Pierre Hérigone no século XVII, consistente en converter os números en palabras, "fórmula que aínda a día de hoxe é a máis utilizada polos grandes prodixios da memoria para competir en campionatos mundiais, dado que permite desenvolver unha prodixiosa velocidade na retención mental de datos". O Memorize IDi, ou Calculadora Mnemotécncia, "multiplica a eficacia do antigo método ao transformar de forma automática calquera número en sinxelas imaxes, o que permite unha fácil memorización independentemente da cantidade de díxitos que conteña". Deste xeito, a aplicación permite converter alquera usuario cun coeficiente intelectual normal nun xenio da memorización numérica tras un pequeno adestramento previo. A empresa galega desenvolveu tres aplicacións diferentes para a tecnoloxía Apple adaptadas ao español, inglés e francés. Pódese descargar en calquera Iphone ou Ipad con tecnoloxía IOS a través de Apple Store e proximamente estará lista tamén para Android. |
PRAZA_17742 | Estes traballadores levaban anos realizando as súas funcións a través de Servicarne, sen estar contratados. A incorporación producirase este 1 de agosto, cumprindo unha orde da Tesourería Xeral da Seguridade Social que nun primeiro momento a empresa se negou a aplicar | Coren incorporará como persoal fixo a 1.350 empregados que ata agora viñan funcionando como falsos autónomos, realizando o seu traballo de maneira permanente, pero sen estar contratados. A incorporación producirase este 1 de agosto, cumprindo unha orde da Tesourería Xeral da Seguridade Social que nun primeiro momento a empresa se negou a aplicar. A decisión, que chega despois de anos de denuncias sindicais (nomeadamente CC.OO., CIG e CNT) e da máis recente acción da Inspección de Traballo, beneficia a preto de 250 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, 300 en Lugo e uns 800 na de Ourense. Estes falsos autónomos levaban anos realizando as súas funcións a través de Servicarne, unha falsa cooperativa que recibe encargos de matadoiros e empresas de procesado de carne de todo o país. Servicarne traballa para nove empresas, centros de produción ou procesamento cárnico de Galicia. En Lugo capital operaba con Suavi (na parroquia de Carballido), Novafrigsa e Frigolouro (parroquia de Coeses), e no resto da provincia con Sada P. A. Castilla Galicia (concello de Castro de Rei). En Ourense prestaba servizos a COREN, tanto no centro de produción da capital como no de Santa Cruz de Arrabaldo, así como á cooperativa Unimiño (concello de Baltar). Por último, na provincia de Pontevedra traballaba con Cogal (concello de Rodeiro) e novamente Frigolouro (O Porriño). A incorporación producirase este 1 de agosto, cumprindo unha orde da Tesourería Xeral da Seguridade Social que nun primeiro momento a empresa se negou a aplicar "Levabamos varios anos loitando contra a esta figura do falso autónomo no sector cárnico, primeiro con denuncias individuais e nos últimos tempos indo un paso máis aló, cunha denuncia colectiva na Dirección Xeral de Traballo", explica Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia. "Hai dous meses a Tesourería Xeral da Seguridade Social publicou un oficio que obrigaba a todas as empresas que estaban usando Servicarne e a estes falsos autónomos a incorporalos aos seus cadros de persoal de forma indefinida, aplicando o convenio existente no sector", di. "Nun primeiro momento, as empresas negáronse a aceptar esta resolución, algunhas de forma moi rotunda, como Coren", engade. "Hai que garantir que ademais de estaren ao abeiro do convenio estatal de cárnicas, vexan respectada a antigüidade e sexan encadradas na categoría correspondente ás súas funcións" En Galicia existía ata agora unha gran fraude na contratación neste sector pois os e as falsas autónomas chegaban ao 40%, catro veces máis que o habitual no conxunto do Estado. En total, dos 4.000 traballadores, 1.500 estaban en situación de autoemprego. Nos últimos anos estábase a producir no sector cárnico galego "a substitución de persoas con contratos indefinidos por outras subcontratadas mediante estas figuras fraudulentas", destaca Ledo, "traballadoras e traballadores totalmente desprotexidos", engade. "Aínda nos queda traballo" -sinala- "pois agora hai que garantir que ademais de estaren ao abeiro do convenio estatal de cárnicas, vexan respectada a antigüidade e sexan encadradas na categoría correspondente ás súas funcións". "Estaban nunha situación de precariedade total, sen dereito a vacacións, cotizacións, antigüidade... Agora imos vixiar que se lles recoñezan todos os seus dereitos: categoría laboral, antigüidade na empresa e as propias cotizacións", destaca. "Estes empregados deben agora reclamar as cotizacións dos últimos catro anos como como traballadores do réxime xeral, como ordena o oficio da Seguridade Social, pois teñen dereito a recuperar as cotas pagadas neste tempo", di. |
NOS_45954 | Inés Ollero tiña 21 años cando desapareceu. Era militante da Federación Xuvenil Comunista da Arxentina e o 19 de xullo de 1977 non regresou á casa. Testemuños de ex detidas situárona por última vez nas dependencias sinistras da Escola de Mecánica da Armada (ESMA). Orixinaria de Allariz, é unha das 27 galegas por cuxa desaparición durante a ditadura se querelou a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina. | A denuncia data xa de 2006, cando o Goberno de Néstor Kirchner anulou as leis de Obediencia Debida e Punto Final que, aprobadas na restauración da democracia en 1983, exculpaban os militares de responsabilidades na violenta represión desencadeada a partir de 1976. Abríronse así as denominadas causas por delitos de lesa humanidade. "Personámonos en tres causas como Federación", explica a Sermos Galiza o actual presidente da asociación, Diego Martínez Duro, "contra o primeiro e o segundo corpo do exército e contra a Mariña". Á querela da Federación adscribíronse, de entrada, familiares de galegos ou de fillos de galegos menores de idade. Todos eles tiñan nacionalidade española. "Fixémolo de acordo coas familias, claro", sinala. Trátase das 27 vítimas presentadas en tres escritos o 18 de xullo de 2006, o 7 de marzo de 2007 e o 10 de xuño de 2008. Eran as galegas identificadas entre as 30.000 desaparecidas do réxime de Videla. Mais a desidia e inacción do Estado español ao respecto destes procesos -segundo o último informe da Fiscalía do Goberno arxentino, hai 611 en trámite- produciu un singular efecto. Familiares de desaparecidos do resto do Estado español acabaron por contactar coa Federación de Asociacións Galegas para se sumar ás súas querelas, até máis dun cento. "Acabamos facendo a representación de toda a cidadanía española", afirma Martínez Duro, "porque o español é o único Estado con desaparecidos que non se persoa nas causas". O dirixente da entidade lembra como Francia ou Xapón si se presentaron nos xuízos de lesa humanidade en defensa de cidadáns desaparecidos. Mesmo Israel, debido ás persoas xudeas que caeron na ditadura. Ou Alemaña, persoada pola desaparición do escritor Héctor Germán Oesterheld, guionista do Eternauta casado cunha muller galega. "Mais España non se move e a xustiza engade españois e españolas á nosa causa. Pero é que se o Estado español non o fai pola xente asasinada na Guerra Civil, menos o vai facer polos de Arxentina", asegura. A acción xudicial da Federación inclúe un caso previo ao golpe de Estado de marzo de 1976, un home desaparecido cando a Triple AAA (Alianza Anticomunista Arxentina) se aliaba con importante sectores do Goberno de Isabel Perón. "Nin sequera figura nun monumento aos desaparecidos porque desapareceu en democracia", puntualiza Martínez Duro. O caso Comandante Estévez O traballo da Federación, que sufraga ela mesma os avogados, deu recentemente lugar a un importante episodio do que informan no seu periódico Galicia: a paralización da excarceración do represor Sergio Raúl Nazario, Comandante Estévez. A defensa deste militar, considerado "partícipe necesario no homicidio agravado de 19 persoas" no centro clandestino de detención Garaxe Olimpo, pediu a súa saída de prisión. O tribunal impediuno en base ao escrito presentado pola agrupación de asociacións galegas. A Federación é, de feito, "o único querelante da colectividade española" na causa do célebre e terrorífico Garaxe Olimpo. "Existen probas que demostran que se desempeñou no Olimpo, onde foi coautor de delitos de lesa humanidade", reza o texto. Hai documentadas 12 desaparacións de galegas no Olimpo. A Federación de Asociacións Galegas A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, con sede na rúa Chacabuco 955, naceu en 1921. Axuntou tradicionalmente os sectores máis progresistas da emigración galega na Arxentina e editou o periódico Galicia, dirixido durante anos polo escritor Eduardo Blanco Amor. Nota: o actual presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina Diego Martínez Duro. |
PRAZA_3091 | É sabido que na política realmente vixente domina a obsesión polo inmediato e a desconsideración polo medio prazo. Que as forzas da dereita utilicen esta lóxica encaixa perfectamente coa filosofía que practican habitualmente. No caso dos grupos que defenden cambios na orde social, semellante actitude non se compadece coas súas pretensións transformadoras | Despois da celebración dunhas eleccións, os partidos políticos -actores principais desas citas e cuxa lexitimación deriva da súa función de vehiculizar as distintas ideas existentes no seo do corpo social- deberían proceder a unha análise pública dos acertos e dos erros cometidos na súa andaina previa. A realidade, poren, demostra que non se cumpre esta premisa. Na grande maioría dos casos, formúlanse explicacións que atribúen os resultados das urnas, prioritariamente, a factores exteriores (clima mediático dominante, manobras agresivas dos partidos competidores e/ou de grupos de presión económicos...) e que colocan as deficiencias ou erros propios nun plano secundario ou subordinado.O sucedido despois dos comicios do pasado 10 de Novembro confirma esa tendencia. A forza política que pagou un maior custe pola súa estratexia política anterior -Cidadáns- aínda ten pendente unha reflexión autocrítica que vaia mais alá da retirada do seu líder Albert Rivera. O argumentario utilizado por Inés Arrimadas no proceso de investidura de Pedro Sánchez non permite pensar no cuestionamento da liña anterior: no canto de considerar inapropiada a disputa pola hexemonía da dereita con PP e Vox, a voceira actual de C's seguiu practicando a máxima belixerancia co PSOE -e as súas alianzas con UP e ERC-, fuxindo de calquera perspectiva de moderación centrista.O Partido Socialista e Unidas Podemos recibiron un castigo significativo, de diferente dimensión, pola repetición electoral. Tampouco, nestes casos, existiron análises que permitiran establecer os erros cometidos por cada quen. A urxencia coa que se chegou a un principio de acordo sobre a conformación dun goberno de coalición entre ambas formacións desprazou o foco do inmediato pasado e abriu unha lóxica dinámica de confrontación coa dereita política e mediática que serviu para blindar a cooperación política que comezaba a camiñar.Aínda que mellorou a súa posición a respecto do mes de Abril, o PP non foi quen de acadar as expectativas que manexaba nas semanas anteriores ao 10-N. Pablo Casado renunciou a calquera revisión da estratexia de achegamento a unha parte relevante dos prantexamentos de Vox e, xa que logo, non lle deu carta de natureza ás posición mais moderadas defendidas por algúns dos baróns territoriais do seu partido.No ano 2019 tivemos ocasión de vivir 5 citas electorais (2 xerais, europeas, autonómicas e locais) con resultados variados e, nalgúns casos, sorprendentes. Existiron, xa que logo, moitas oportunidades para tirar conclusións das experiencias protagonizadas polas organizacións políticas, socializando -entre a afiliación e os votantes- os éxitos e os fracasos. Unha pescuda polo miúdo do efectivamente sucedido revelaría que só nalgúns casos -minoritarios a respecto do total rexistrado- existiu unha vontade contrastada de aproveitar a aprendizaxe para corrixir as traxectorias futuras.É sabido que na política realmente vixente domina a obsesión polo inmediato e a desconsideración polo medio prazo. Que as forzas da dereita utilicen esta lóxica encaixa perfectamente coa filosofía que practican habitualmente. No caso dos grupos que defenden cambios na orde social, semellante actitude non se compadece coas súas pretensións transformadoras. É, mais ben, unha mostra dun conservadorismo preocupante. |
PRAZA_4231 | A ocupación das UCI por casos activos de coronavirus baixa das 20 persoas por primeira vez en dous meses | A ocupación das UCI por casos activos de coronavirus baixa das 20 persoas por primeira vez en dous mesesA Xunta volveu realizar na última xornada unha nova revisión dos casos de coronavirus que consideraba activos e vén de introducir na serie histórica medio milleiro de novas 'curacións' sen indicar referencias temporais sobre cando se produciron. Nada di a Xunta ao respecto na súa información diaria, na que este venres informaba de 2.008 casos activos pero este sábado fala de só 1.510, unha cuarta parte menos. É o Ministerio de Sanidade o que matiza, no seu informe deste sábado, que "Galicia realizou unha revisión dos seus casos e actualizou a información", engadindo que revisará a serie de datos comunicada pola Xunta.Segundo os datos que a Xunta lle traslada ao ministerio pero non fai ela públicos, na última xornada a serie de probas de anticorpos que deron positivo pasou das 1.569 das que se informaba o venres a 1.893. A revisión de cifras realizada pola Xunta fai que a incidencia acumulada nos últimos 14 días, que este venres era de 17,6 casos por cada 100.000 habitantes, cinco por baixo da media estatal, caia ata os 8,78 casos, trece por baixo da media.A Consellería de Sanidade di que a revisión de casos débese a que se están a dar agora moitas altas de contaxios no pico da pandemia e que se revisaron casos de profesionais sanitarios pendentes de contabilizar malia que xa están incorporados de novo ao traballoMalia que na nota de prensa coa que a diario o Sergas divulga os seus datos non se indica nada ao respecto, fontes da Consellería de Sanidade aclararon posteriormente a Praza.gal que "no descenso de casos activos, coinciden dous factores. Por unha banda estanse dando un número importante de altas correspondentes aos casos contaxiados no pico da pandemia" e " por outra banda iniciouse a revisión dos casos de profesionais que aparecían pendentes de alta". Sanidade explica que "desta revisión comprobouse que existían unha serie de casos en que existe xa unha PCR negativa posterior a un test que precisaba confirmación. Por iso se o profesional está xa incorporado de novo, procede deixar de consideralo como un caso activo (de acordo coa última definición de caso, publicada polo Ministerio de Sanidade de data 12 de maio, cando se trate de probas test diagnósticos que precisen confirmación por PCR, non procedería, nin sequera, abrir caso, a espera do resultado da PCR, con todo os que se están revisando son anteriores ás devanditas instrucións)". Os datos de casos activos en profesionais sanitarios a que se refire Sanidade non son públicos máis alá de declaracións puntuais ao respecto de responsables políticos da Xunta.Nesta última xornada a Xunta incrementou en tres os falecementos rexistrados, ata un total de 604, dos que di que dous son froito de revisión de casos anteriores. Os casos activos en residencias caen de 344 a 302 segundo a XuntaDos novos falecementos, a Xunta non indica que ningún deles fose dunha persoa que vivise nunha residencia, centros nos que tamén cae notablemente o número de casos activos dos que informa o Goberno galego, pasando dos 344 entre residentes e persoal comunicados este venres aos 302 deste sábado.Canto ao tipo de atención que están a recibir os casos activos, por primeira vez en case dous meses a cifra de persoas ingresadas en UCI con coronavirus baixa das 20. Segundo a Xunta, son 19 casos, cifra que non se rexistraba desde que do 20 ao 21 de marzo se pasou de 19 a 28 casos en UCI.Canto á hospitalización xeral, se este venres a Xunta informaba de que había 111 persoas ingresadas, este sábado a cifra baixa a 102. Segundo a información facilitada polo ministerio, na última xornada produciuse o ingreso hospitalario de 3 novas persoas, e ningún novo ingreso en UCI.Coa revisión de datos Vigo volve adiantar á Coruña en número de casos activos, seguidas por Ourense, que segue a encabezar a incidencia por 100.000 habitantesA revisión de datos por parte da Xunta produce un descenso acusado no número de casos e na incidencia en cada área sanitaria. Tras a revisión, a de Vigo volve adiantar á da Coruña en número de casos activos, seguidas pola de Ourense, que segue a encabezar a incidencia por 100.000 habitantes de toda Galicia. As reducións de casos son especialmente acusadas nas áreas da Coruña e Santiago. |
NOS_39142 | O réxime ditatorial imposto nos días posteriores ao golpe de xullo de 1936 valeuse das máis variadas formas de represión. En diferentes publicacións referidas á comarca de Ordes, recóllense os nomes das vítimas mortais e listaxes de persoas encadeadas, desterradas, exiliadas ou que sufriron calquera medida represiva. | Coa intención de non esquecermos ningunha vítima da barbarie, ocupámonos sucintamente das mulleres rapadas polo franquismo na vila de Ordes. Tanto na memoria oral das veciñas e veciños de maior idade como na cita que reproducimos tirada de Manuel Astray Rivas en Síndrome del 36. La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia (Ediciós do Castro. Sada, 1992. Páx. 75), reflíctese un dos actos máis denigrantes protagonizados polos verdugos contra as vítimas, sen ningún tipo de compaixón, a pesar de se coñeceren de sobra por seren convivintes na vila: "Non estaban conformes os fascistas co sangue vertido nos 'paseos' e os fusilamentos. Unha mañá preto do mediodía, para que houbese máis xente mirando, foron buscando polas casas a aquelas mulleres e aos homes que lles parecían que eran máis simpatizantes da República. Algúns mozos, outros bastante maiores. Cortáronlles o pelo ao cero e obrigáronlles a desfilar polas rúas máis céntricas da vila… De treito en treito, os esbirros armados con fusís cargados, facíanlles deterse, a culatazos, para que berrasen 'Viva Franco! Arriba España!', e así á ida e á volta". Unha dura represión O parágrafo anterior hai que contextualizalo nun momento de forte represión xeneralizada en Ordes. Nas semanas sucesivas ao golpe aparecen os primeiros paseados nas cunetas das estradas que atravesan a vila, mentres que uns 20 de ordenses que formaron parte da resistencia á sublevación estaban presos na cadea de Compostela, procesados por rebelión (Causa 230/36) co resultado de varias condenas a prisión e 11 fusilados en Boisaca en febreiro de 1937. No horror cotián destes meses sanguentos prodúcese en outubro de 1936 o paseo do veciño ordense Manuel del Río Mandayo, nado na parroquia orosá dos Ánxeles en novembro de 1908. Experto carpinteiro e gaiteiro afeccionado, formou parte do comité da Fronte Popular que se constituíu na vila para defender a república. De sólidas conviccións ideolóxicas, foi responsábel a nivel local da UXT e do PSOE. Manuel del Río Mandayo non foi detido cando Ordes caeu en mans dos golpistas, polo tanto, librouse de ser procesado a diferenza dos seus compañeiros. Desta situación decatáronse de inmediato as novas autoridades militares, os falanxistas e os matóns. O día cinco de outubro de 1936 é detido, torturado e paseado polos fascistas da vila en Boisaca. As rapadas Como acertadamente deixou escrito Manuel Astray Rivas, estes feitos non eran suficientes para exhibir a brutalidade dos golpistas. E foron a por elas, as mulleres, simplemente por seren familiares de republicanos e demócratas. Mulleres e homes inocentes detidos contra a súa vontade, rapados e obrigados a desfilar polas rúas brazo en alto dando vivas a España e a Franco entre as burlas dos captadores. Nese grupo de persoas escarnecidas estaban dúas mulleres: a nai e a irmá do citado Manuel del Río Mandayo. Dolores Mandayo Montero, nai, procedía de Oroso e casou co ordense Ramón del Río Vázquez, que permaneceu agochado un tempo por medo ás aldraxes. María (Maruja) del Río Mandayo era unha das irmás de Manuel e formaría casal con Antonio Castro del Río, home que, para máis inri, estaba vinculado á dereita máis rancia de Ordes. No grupo mixto de persoas rapadas aquel día figuran, entre outros, os nomes de José Faya Fernández e de José Castro Castro. Pola contra, Pilar del Río Pampín librouse de ser pelada debido á mediación do falanxista Rafael Mariño Vilela. Quizais este dereitista caeu na conta que Pilar xa non se recuperaría de tantos tormentos, pois dous dos seus irmáns (o lider socialista Manuel e o galeguista José) fosen procesados, condenados e fusilados en Boisaca. A Dolores chegoulle ao corpo e á alma que lle rapasen a súa longa cabeleira que soltaba en rebeldía republicana os días, meses e anos antes do fatídico 1936. Dolores recolleu cada pelo desprendido violentamente da súa pel para xuntalos nunha única trenza que gardaría no caixón da mesa de noite durante moitos anos. A trenza de Dolores E cada anoitecer, antes de deitarse e tentar coller o sono, ollaba aquela trenza e preguntábase de onde viña tanto mal e a onde irían parar os dereitos das mulleres conquistados durante a República: a transgresión feminina, a emancipación, o voto, o divorcio… A resposta dos vencedores foi o sometemento, a submisión e a imposición ideolóxica do franquismo durante o resto da súa vida. |
NOS_900 | O Consello de Seguridade das Nacións Unidas reúnese esta segunda feira após solicitalo o presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abbas. | Durante a xornada do 20 de xullo foron asasinadas 120 persoas na Faixa de Gaza polo exército israelita, segundo os dados publicados pol@s corresponsáis desprazad@s na zona. Até o momento, o día máis sanguento no que vai de ofensiva militar contra o pobo palestino. O número de vítimas mortais após 10 días de asedio suma 450 persoas e @s ferid@s ascenden a máis de 3.000. Aliás 18 soldados israelitas foron abatid@s. O presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP) Mahmud Abbas, solicitou unha xuntanza de urxencia do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. O órgao executivo reunirase esta segunda feira ás 21.30 hora local (01:30h GMT) para avaliar a situación. O secretario xeral, Ban Ki-Moon tildou de "terríbel" o ataque contra o barrio de Shuja'iya onde 80 persoas foron asasinadas polo exército de Israel en poucas horas. Aliás solicitou un "cesamento inmediato" das hostilidades en Gaza. As familias foxen do asedio a Gaza Foi en Shuja'iva onde máis duros foron os ataques israelitas. En 12 horas de bombardeos por terra e ar foron asasinadas 62 persoas, 17 das cales eran crianzas. Os hospitais da Faixa de Gaza alertan da incapacidade para faceren fronte a tantas persoas feridas e os cadáveres amoréanse mesmo nas moradas. Neste senso, durante a curta tregua acordada por razóns humanitarias (apenas durou un par de horas) familias enteiras tentaron desprazar as persoas mortas até os centros hospitalarios e outras fuxir cara o leste na procura de espazos mais seguros. Máis de 80.000 persoas están refuxiadas en campamentos da ONU e 650 gazatís con dobre nacionalidade abandonaron Palestina cara Xordania Segundo a ONU máis de 81.000 palestin@s amoréanse nos seus refuxios e aqueloutr@s que contan con dobre nacionalidade --650 gazatís-- foron evacuad@s polo paso de Erez --o único aberto-- cara Xordania. O Estado de Israel continúa a afirmar que a operación 'Bordo protector' é "mesurada" e a xustificar o asasinato de crianzas e mesmo xornalistas asegurando que estaban a ser empregad@s por Hamas como "escudos humanos". "Os nosos obxectivos son militares", sinalou Benjamin Netanyahu, "mais desafortunadamente hai baixas civís que lamentamos e non buscamos", dixo en declaracións á CNN. A respeito do tempo que podería prolongarse a ofensiva o primeiro ministro israelita non concretou cando rematará mais dixo que se está a "completar bastante rápido". Esta segunda feira o secretario de estado estadounidense, John Kerry, viaxa até a cidade do Cairo para tomar parte nas xuntanzas que manteñen diplomáticos israelitas e palestinos. Kerry afirmou en declaracións off the record antes dunha entrevista concedida á FOX que Israel está a desenvolver unha "operación infernal" se ben na súa intervención pública apoiou o "dereito á lexítima defensa" do goberno sionista. |
NOS_43838 | O escritor Xosé Carlos Caneiro representará á Consellaría de Cultura no Padroado da fundación Galicia Obra Social. Jesús Santiago Vázquez Sanluis pola Consellaría de Facenda e Mª Jesús Budiño por Traballo e Benestar completan os nomeamentos. | A Xunta fixo públicos os tres nomes dos representantes que lle corresponden no Padroado da Fundación Galicia Obra Social entre os que se atopa o escritor Xosé Carlos Caneiro, en representación da Consellaría de Cultura. Canda el, representarán ao goberno galego na entidade, Jesús Santiago Vázquez Sanluis pola Consellaría de Facenda e Mª Jesús Budiño por Traballo e Benestar. Os tres nomes correspondentes da Xunta súmanse aos recén nomeados do Parlamento por acordo do PP, PSOE e ANOVA polo que foron propostos Afonso Ribas Fraga, Ángel Sicart , Laura Mosquera Escudero e Eladio Fernández Pérez son as propostas do Parlamento para facerse responsábeis da obra social de Afundación. O órgano conta con 28 membros dos que 3 corresponden á Xunta e 4 ao Parlamento. |
NOS_8753 | Irena e Wiktor percorren todo o país na procura de talentos para a súa agrupación folclórica. No medio dunha audición, Wiktor namora de Zula, unha bela campesiña afeccionada ao canto. É o inicio dunha apaixonada historia de amor que tratará de prevalecer en tempos de Guerra Fría. | Cold War foi a gran vencedora dos Premios do Cinema Europeo 2018 con cinco das seis nominacións ás que optaba na gala de entrega celebrada a pasada fin de semana en Sevilla: mellor filme europeo, mellor dirección, actriz, guión, fotografía e montaxe. Só deixou polo camiño o galardón de mellor actor, que acabou recaendo en Marcello Fonte (Dogman). Un recoñecemento continental ao que se unen outros afamados premios –como o Premio a Mellor Director en Cannes–, e aos que, de seguro, vai seguir optando. Entre eles a pertinente nomeación os Óscars dentro da categoría de Mellor Filme de fala non inglesa. Cinema maiúsculo no que Pawlikowski contou practicamente co mesmo equipo técnico que o da oscarizada Ida (2013): Jaroslaw Kaminski na montaxe, Marcel Slawinski no deseño de produción, Ola Staszko no deseño de vestiario ou a impecábel dirección de fotografía a cargo dun Lukasz Zal que non agocha a súa predilección por Dreyer e Tarkovski. De feito, a semellanza que máis salta a vista co seu anterior filme apréciase en que tamén foi rodada nun pulcro branco e negro e cun formato de imaxe en 4:3, o que lle proporciona ese cheiro a cinema clásico de sempre. Contén un comezo bastante curioso e, sen exaxerar, unha das mellores frases finais do que vai de século. Entremedias vai un melodrama dos encontros e desencontros de dous namorados ao longo de diferentes cidades da convulsa Europa dos tempos da Guerra Fría. A película comeza co son dunha gaita. Malia que non ten nada que ver coa nosa, pois en realidade se trata dunha gaita rudimentaria da Polonia de 1949, o son da mesma, engadido ás sucesivas cancións populares que se cantan a continuación, (todo en polaco, obviamente), non poden evitar unha poderosa evocación do folclore da Galiza. Un marabilloso punto de partida que deixa patente as abraiantes conexións que existen entre as diferentes músicas tradicionais do mundo. Por riba, o protagonista, Wiktor (Tomasz Kot), está a realizar un traballo de recollida polas aldeas máis recónditas do país ao máis puro estilo Dorothé Schubarth, aínda que o fin de Wiktor non é tanto documentar a música tradicional, senón recrutar voces e bailarinas para a súa agrupación folclórica. Tras unha audición, Wiktor namora ata as trancas de Zula (Joanna Kulig), unha bela campesiña con gran talento para o canto. Zula correspóndelle e pronto inician unha apaixonada e tormentosa relación que se vai ver trastornada unha e outra vez ao longo dos anos por diferentes razóns... razóns que en ningún momento se antollan pretensiosas ou espurias. Pawlikowski inspírase na turbulenta historia de amor que viviron os seus propios pais, aos que vai dedicado o filme. De feito os protagonistas levan o nome de pía de ambos. Folclore, Jazz e música lixeira fan de fío condutor deste amargo melodrama romántico realizado coa encomiábel intención de honrar aos seus proxenitores pero que, ao final, se acaba convertendo nunha imperecedoira historia universal cunha morea de frases para a posteridade (a do final, por exemplo, é para enmarcar), ademais de contar uns cantos puntos tanxenciais con obras mestras como Casablanca, Doutor Zhivago ou La La Land. Aí é nada... Cold War The Children Act (Polonia-Francia-Reino Unido 2018, 88 min.) Dirección: Pawel Pawlikowski Guión: Pawel Pawlikowski, Janusz Glowacki e Piotr Borkowski Fotografía: Lukasz Zal Música: Marcin Masecki Elenco: Joanna Kulig, Tomasz Kot, Agata Kulesza, Borys Szyc, Cédric Kahn, Jeanne Balibar, Adam Woroniwicz, Adam Ferency |
NOS_22160 | A Guardia Civil entrou no concello en busca de documentación a instancias dun xulgado local, namentres continúa unha dura campaña mediática contra @s folguistas que mantiveron case dous meses de mobilización. | En medio dunha insistente campaña mediática de criminalización aos sindicatos que lanzaron o desafío e conseguiron defender os dereitos do persoal, o Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, do que é titular Estela San José, abriu dilixencias para tratar de determinar se se produciu algún delito durante a folga do lixo da cidade, que se prolongou durante case dous meses e á que puxo punto e final este xoves, con resultado favorábel para o cadro de traballadores e traballadoras. Segundo informaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o xulgado ten abertas dilixencias por un posíbel delito relativo ao artigo 328.3 do Código Penal, aínda que non hai ninguén imputado. Este artigo indica que serán castigados os que, "na recollida, o transporte, a valorización, a eliminación ou o aproveitamento de residuos", poñan "en grave perigo a vida, integridade ou a saúde das persoas, ou a calidade do aire, do chan ou das augas, ou a animais ou plantas". Segundo apuntaron fontes do Concello de Lugo, efectivos da Garda Civil compareceron na casa do concello para reclamar documentación sobre as actuacións realizadas polo concello durante a folga de lixos. Polo momento non transcenderon outras dilixencias que se poden estar a practicar. |
NOS_32699 | 8.426 mortes máis que nacementos nos primeiros seis meses do ano. | Galiza rexistrou 16.121 mortes e 7.695 nacementos no primeiro semestre deste ano, o que supón para o noso país un saldo vexetativo negativo de 8.426 persoas, o peor de todo o Estado. Segundo os datos provisionais do primeiro semestre que publica o Instituto Nacional de Estatística, os nacementos descenderon na Galiza neste período 7,4% en comparación cos 8.311 que tiveron lugar entre xaneiro e xuño en 2018. Con todo, o saldo vexetativo á baixa que padece Galiza no primeiros seis meses de 2019 (8.426 persoas menos) supón un descenso menos acusado que o se produciu no mesmo período de 2018 (por entón foron 9.161 menos). Taxa de natalidade das máis baixas do mundo En 2016 a taxa de natalidade foi en Galiza de 7,02. É dicer, sete nacementos por cada mil habitantes. Unha ratio das máis baixas que hai en todo o planeta. De feito, e segundo dados internacionais, só Mónaco ten peores rexistros: 6,6 nacementos por cada mil habitantes. Nos outros por volta de 200 estados que hai no mundo, a taxa de natalidade é mellor do que a galega. De feito, países con problemas neste sentido, como Xapón, Alemaña ou Letonia, teñen moitos mellores rexistros que Galiza. Se pousamos a mirada nos cinco rexistros máis baixos de taxa de natalidade de estados desde 1960 vemos como o noso país ten peores datos que eles. Preocupante. Proxeccións As proxeccións de poboación realizadas polo Instituto galego de estatística (IGE) sinalan que para 2031 a pirámide poboacional galega terá un 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos. No 2015 tiñamos 219.310 menores de 10 anos en Galiza. Deles, 104.813 eran menores de 5 anos. Segundo as proxeccións do IGE, no 2031 teremos 139.899 persoas por baixo dos 10 anos de idade. Isto supón que dentro de 15 anos ese tramo de poboación, a de 0 a 9 anos, constará de perto de 80.000 persoas menos. O equivalente a todos os habitantes da cidade de Ferrol, por poñer un exemplo. Unha caída do 26%. Pola contra, a pirámide engrosa polo cumio. De 215.785 persoas que teñen entre os 80 e os 94 anos de idade pasarase a 251.095, o que é 35.310 persoas máis, un incremento do 16% respecto da actualidade. |
NOS_30669 | Segundo informa a Cadena Ser, a dirección das extintas caixas tería presionado ao plantel de traballadoras e traballadores para que vendesen entre @s utentes participacións preferentes e subordinadas. | "As persoas que non saiban ou non queiran vender preferentes deberían preguntarse se realmente queren tomar parte da caixa e do seu futuro". Aseveracións coma esta foron transmitidas desde a dirección das caixas @s emoregad@s das caixas galegas cmo métodos de presión para que comercializasen entre @s utentes produtos financeiras de natureza fraudulenta. Así o asegura a Cadena Ser esta segunda feira após consultar unha documentación pertencente ás extintas entidades financeiras agora fusionadas en NovaGalicia Banco. "As preferentes teñen unha importancia vital para a nosa empresa", afirmaban naquela altura os directivos ao tempo que vencellaban a venda de participacións preferentes e subordinadas coa "solvencia necesaria" de Caixa Nova e Caixa Galicia. Logo dun ano de se coñecer publicamente a estafa, máis de medio milleiro de persoas en todo o país continúan a exixir a devolución íntegra dos seus aforros. A información feita pública pola emisora española, deixa ver que as direccións de ambas as dúas entidades, eran sabedoras dunha fraude sen precedentes en Galiza. |
NOS_4130 | A segunda feira, día 30, ás 11 horas perante a Reitoría da Universidade da Coruña. Alí cita a plataforma Vía Galega as galegas e galegos para protestaren ante a presenza de Filipe VI nos actos de apertura do curso universitario. | A plataforma Vía Galega chama a participar na concentración convocada a próxima segunda feira, día 30, ás 11 horas, perante o edificio da Reitoría da UDC na Coruña, contra a presenza do rei de España, Filipe VI, no acto institucional de inicio de curso académico no Estado. A entidade convoca a concentración para rexeitar a asistencia do rei Filipe de Borbón, "representante dunha institución anacrónica, a monarquía española, que nega os dereitos do pobo galego". O protesto terá lugar baixo o lema "Galiza non ten Rei, avante a República Galega" e servirá para expresar que a monarquía "fai parte dun sistema inxusto, onde prevalecen os privilexios e a herdanza do franquismo, que fomenta o centralismo e a dependencia de Galiza, ademais de limitar os dereitos para o ensino público galego", explica Vía Galega nunha nota de imprensa. O colectivo Galiza pola República e polo dereito a decidir súmase á convocatoria e volta a reclamar "a eliminación de todos os títulos nobiliarios, nomeadamente os que honran e distinguen golpistas e franquistas. Demanda, ademais, unha condena por parte de Filipe VI dos crimes do franquismo e defende un referendo para elixir entre monarquía ou república. Pasaporte galego e Carta de Dereitos do Pobo Galego A plataforma Vía Galega, que integra máis 50 entidades sociais e culturais en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, ademais de organizar conmemoracións históricas, ten en marcha diversas actividades como a expedición dun pasaporte galego ou a recollida de sinaturas da Carta de Dereitos do Pobo Galego, todas elas encamiñadas á difusión do recoñecemento de Galiza como nación e á reclamación do dereito de autodeterminación. |
NOS_46671 | A Mesa organiza nesta terza-feira unha mesa redonda na Facultade de Comunicación da USC arredor da defensa do galego na nova Lei Xeral do Audiovisual | A Mesa pola Normalización Lingüística continúa coa posta en marcha de coloquios para defender a loita polo galego na Lei do Audiovisual. Nesta ocasión, tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e participaron o propio presidente da Mesa, Marcos Maceira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Baixo o título "Galego no audiovisual: unha necesidade", tamén contou coa presenza da actriz Lidia Veiga, o director Ignacio Vilar e o actor de dobraxe Andrés Bellas. Esta nova mesa redonda súmase a outras tres máis celebradas a semana pasada en A Coruña, Pontevedra e Lalín e nas que interviñeron as actrices Isabel Naveira e María Costas e a directora Adela Otero, respectivamente. A principal cuestión sobre a que versan estes encontros é no reclamo para que o goberno estatal inclúa o galego nas medidas de protección da lexendaxe, das autodescricións e da dobraxe. "Todo isto está absolutamente garantido no caso do español e cremos que tamén debe estalo para o galego nos mesmos termos" Antes do coloquio, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordaba en declaracións ao Nós Diario tamén outro aspecto que vai contemplar a lei e que se refire ao financiamento de producións en lingua propia. "Todo isto está absolutamente garantido no caso do español e cremos que tamén debe estalo para o galego nos mesmos termos", sinalaba. Pola súa banda, Ignacio Vilar poñía o foco no investimento de plataformas como Netflix ou HBO en producir cine rodado en galego. "O que pedimos ao goberno estatal é que, por lei, estas entidades teñan a obriga de cumprir coa compra de filmes galegos e que participen así da súa produción", afirmaba a Nós Diario. Deste xeito é como maiormente se favorece á industria cinematográfica galega: contribúese a contar historias propias e beneficia aos equipos técnicos e actores e actrices galegas, así como ás zonas nas que se asenten as rodaxes, explica Vilar. Percorrido da iniciativa Na Galiza, xa hai tempo que se está a traballar neste ámbito. Estas peticións forman parte da segunda parte da "Iniciativa Xabarín", promovida a través da campaña 'Queremos galego no audiovisual' e que xa conta co apoio do Parlamento galego. De feito, xa comezou a súa andaina municipal, sendo Santiago de Compostela o primeiro concello en aprobar por unanimidade a moción Xabarín 2.0 pola defensa do galego na Lei do Audiovisual. Despois deste coloquio, a Mesa continuará coa difusión polo país da iniciativa, xa que como indicaba Maceira, "hoxe en día non é posíbel que unha lingua se poida desenvolver se non ten presenza no audiovisual". |
NOS_31834 | Prematuros ourensáns de menos de 30 semanas son derivados a Vigo. | A falla de pediatras déixase notar nos diferentes niveis da asistencia sanitaria. Mentres en Atención Primaria o seu número reduciuse en 30,5% nos últimos 17 anos, en Atención Especializada a cifra deste tipo de especialistas cae de maneira exponencial. Os pediatras do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) veñen de denunciar diante da Valedora do Pobo "a vulneración dos dereitos sanitarios dos menores na nosa provincia e a retirada encuberta e sen ningunha información aos pais dos servizos sanitarios aos que teñen dereito, ademais do perigo que a mala organización e a sobrecarga dos profesionais supón para a asistencia de doentes atendidos no noso servizo", segundo puido saber Nós Diario. Baixas Profesionais sanitarios quéixanse de que "desde o mes de febreiro hai unha xubilación e cinco baixas que se prevén de longa duración. As primeiras baixas e a xubilación foron previsíbeis, coñecíanse con antelación e producíronse antes de que os médicos internos residentes finalizasen a súa especialización este ano e, por tanto, nun momento no que existía dispoñibilidade de pediatras que buscaban ofertas de traballo. A Xerencia do noso centro decidiu, a pesar diso, non cubrir esas baixas", explican. 228 pediatras en activo superan os 64 anos A falla de pediatras afecta ao conxunto dos hospitais da área sanitaria de Ourense, porén ten unha incidencia maior nos centros de Verín e O Barco de Valdeorras, onde o proceso de centralización sanitaria favorece os recortes. Así, na referida denuncia sinálase que "posteriormente producíronse dúas baixas máis e un cese no hospital de Valdeorras, onde queda actualmente un único pediatra". Segundo puido saber Nós Diario, o contexto non é mellor no hospital de Verín, desprazándose profesionais de Ourense para cubrir o servizo. A falla de persoal impacta de fronte na calidade asistencial. Así, os pediatras do CHUO alertan da "eliminación total das consultas de subespecialidades, polo menos durante todo o verán e posteriormente por tempo indefinido". Na mesma dirección, critican que "a Xerencia, en lugar de informar os doentes desta situación e buscar sistemas de derivación que garantan a asistencia, limítase a anular citas e a dicir falsamente ás familias que serán citadas proximamente. A realidade é que os pacientes pasan a unha 'caixa' de agarda sen previsión de nova data e sen ofertarlle outro tipo de solución para recibir atención". Case 8.000 nenas e nenos galegos carecen de pediatra Derivación de prematuros As crianzas prematuras de menos de 30 semanas da área sanitaria de Ourense levan meses sendo derivados aos centros hospitalarios de Vigo para recibir a asistencia precisa. A este respecto, os pediatras do CHUO afirman que "a propia Xerencia admitiu renunciar á atención de prematuros menores de 30 semanas, que serán derivados a outro centro, mais isto supón que haberá pais que sufrirán ingresos dos seus fillos durante máis de dous meses desprazados fóra da provincia, cando en Ourense existe unha unidade dotada para atendelos pero cos seus pediatras desprazados a outro centro". 192 concellos fican sen pediatra A ausencia de pediatras é unha realidade en todos os niveis sanitarios. Segundo o Instituto Galego de Estatística, os centros de saúde contaban en 2004 con 405 pediatras, e en 2021 con 318. Así, 192 concellos carecen de servizo de Pediatría, reducíndose o número de profesionais desta especialidade en 22,5% desde 2009, con 40% dos profesionais superando 55 anos e co 25% por riba de 60 anos. Soutomaior non é vila para crianzas: sen pediatra durante todo o mes de xullo De feito, o Sergas postergou en 2020 a xubilación a 20 pediatras de Atención Primaria por falla de persoas para cubrir as súas prazas. A situación está chamada a empeorar polo envellecemento dos profesionais desta especialidade. Tanto é así que 20 pediatras atópanse na faixa de idade entre 68 e 69 anos, superando 64 anos o 26% de todos os pediatras de Atención Primaria. |
PRAZA_19974 | A Comisión Aberta en Defensa do Común convoca a cidadanía a manifestarse para demandar que todos os terreos que a Autoridade Portuaria quere privatizar sexan cedidos gratuitamente ao Concello. Toda a oposición e o goberno local impulsan unha marcha apoiada por 70 entidades. | A Comisión Aberta en Defensa do Común, xurdida en marzo do ano pasado para denunciar os intentos de "desprenderse de espazos comunais da cidade", convoca para este domingo ás 12 do mediodía na Coruña unha manifestación para demandar que todos os terreos que a Autoridade Portuaria quere privatizar sexan cedidos gratuitamente ao Concello. A marcha sae ás 12 do mediodía da praza da Palloza e remata na Autoridade Portuaria A marcha, apoiada por máis de 70 entidades, sairá da praza da Palloza e rematará na sede da propia Autoridade Portuaria. Conta co impulso do propio Concello da Coruña -o alcalde Xulio Ferreiro emitiu un bando o pasado venres chamando á cidadanía a participar na marcha- e tamén doutros concellos da comarca, como Oleiros. Os xornalistas Antón Luaces e Consuelo Bautista serán os encargados de ler o manifesto ao final. A Comisión Aberta pola Defensa do Común recolleu xa 10.000 sinaturas a prol da devolución gratuíta dos terreos portuarios A Comisión avalía "satisfactoriamente o alto grao de receptividade amosada por amplas capas da poboación as súas teses nucleadas en multitude de centros de traballo e barrios da cidade". Así, son xa máis de 10.000 as sinaturas recollidas a prol da devolución gratuíta da Solana, o Hotel Finisterre, todos os peiraos, o cárcere e os terreos do Campo da Estrada. É unha cifra, segundo a entidade, "botón de mostra das expectativas suscitadas con vistas á defensa do patrimonio público". "É a forza da cidadanía a que sempre logrou impedir operacións especulativas como os intentos de privatizar no seu día as antigas instalacións do Hospital Militar", lembra a Comisión. Ademais, a entidade esíxelle ao Concello que inicie os trámites para a convocatoria da consulta popular sobre o futuro dos terreos portuarios, tal e como se aprobou no pleno do pasado 6 de marzo. A consulta debe ser posteriormente aprobada polo Goberno central, un trámite que podería adiar moitos meses a súa celebración. A Autoridade Portuaria prevé 4.000 vivendas no peirao de San Diego e novos centros comerciais e altos edificios en Calvo Sotelo e Batería O goberno local da Marea Atlántica, a oposición e a propia Comisión insisten en lembrar o plan da Autoridade Portuaria para construír máis de 4.000 vivendas no peirao de San Diego, con edificios de ata dez alturas, así como o obxectivo de instalar novas grandes superficies comerciais nos de Calvo Sotelo e Batería, con edificios que ata nove alturas, co evidente prexuízo para o comercio local de todo o centro da cidade. Fronte a iso, o Concello quere primar neses espazos a creación de novas zonas verdes, dando continuidade aos Xardíns de Méndez Núñez, impulsar o sector pesqueiro e a lonxa, xerar iniciativas económicas baseadas no mar e na "economía azul" e recuperar a vella estación de San Diego para impulsar o tren de proximidade na futura Área Metropolitana da Coruña. Este mesmo venres, a xunta de goberno local da Coruña recualificou a Solana co obxectivo de que pase a ser propiedade municipal. Con este proxecto de modificación do plan xeral, que supón que os terreos pasen a titularidade pública en lugar de privada, implica importantes atrancos para que a Autoridade Portuaria poida continuar coa poxa deste complexo ante as dificultades que tería esta nova cualificación da parcela. |
PRAZA_4673 | Diversas sentenzas obrigan as administracións a abonarlle ao seu persoal a parte dos dereitos adquiridos sobre a paga extra antes da aprobación do paquete de recortes de xullo de 2012. | A mediados de xullo de 2012 Mariano Rajoy anunciaba o seu primeiro gran paquete de recortes, executado dous días despois nun Consello de Ministros presidido polo rei e convalidado definitivamente no Congreso dos Deputados só cos votos do PP. Aquel marasmo de tesoiradas incluía, entre outras moitas medidas, a supresión da paga extra de decembro para o persoal público, que perdía unha das catorce partes nas que se divide anualmente o seu salario. Moitas administración, entre elas a Xunta e múltiples concellos, eliminaron esa paga extra de forma íntegra, obviando que facelo implicaba aplicar a lei de maneira retroactiva. Agora a Xustiza está empezando a repoñer a parte que non cumpría eliminar. Un dos ditames xudiciais máis relevantes a este respecto produciuse a instancias dos catro sindicatos que sentan na Mesa Xeral de Negociación da función pública galega, CIG, CCOO, UGT e CSI-F, que hai escasos días anunciaban que o Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña lle viña de "recoñecer o dereito aos empregados e empregadas públicas" a parte da paga extra "que lles fora negada pola Administración autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes". "A sentenza -explican- recoñece que a aplicación da lei non pode ser feita de carácter retroactivo", xa que "entrou en vigor o 15 de xullo de 2012" e "non procede" aplicala sobre os "dereitos adquiridos antes da posta en vigor da mesma". O ditames resolven que o persoal público non pode perder dereitos adquiridos antes da entrada en vigor do recorte Isto, aclaran, implica que a Xunta ten que pagar a parte proporcional da paga acumulada ata a aplicación do recorte de Rajoy, e o Goberno galego debera agora facer gala de "cordura e sentido común" e "cumprir" a "multitude de sentenzas" sobre este "roubo", poñendo ademais fin ao "malgasto que está a facer" litigando a este respecto, toda vez que, en casos coma este, o xulgado lle impuxo ao Goberno o pagamento das costas do xuízo, valoradas en 400 euros. "Esiximos que non se dilapiden cartos públicos, obrigando o funcionariado e o persoal laboral a presentar nos xulgados reclamacións individuais", sinalan, ao tempo que lle solicitan unha xuntanza "urxente" á Consellería de Facenda "para que faga efectivo o pagamento". Tamén na CRTVG e en varios concellos Ademais destas demandas, presentadas polos sindicatos "a xeito de sondaxe en varios ámbitos" como o persoal estatutario, o Sergas, o ensino ou a administración xeral, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir un ditame en idéntico sentido a respecto da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), que tamén está obrigada a pagar a parte da paga extra retirada retroactivamente. En apenas unha semana, destacan a CIG, CCOO, UGT e CSI-F, as sentenzas din o mesmo para ámbitos tan dispares como os medios de comunicación públicos, o Concello de Oleiros ou o Servizo Galego de Saúde. "En todas estanse a asumir os criterios dos sindicatos", salientan. "En todas as sentenzas estanse a asumir os criterios dos sindicatos" Na mesma liña, máis de vinte concellos da provincias de Ourense que tamén retiraron a paga extra de decembro de 2012 terán que facer o propio, aínda que con importes económicos dispares. No caso das demandas impulsadas pola CIG, o persoal "gaña o dereito á parte proporcional da paga extra de decembro xerada entre o 1 de xaneiro e o 14 de xullo", sinala a central sindical, cálculo que desemboca nun pagamento de 530 euros por traballador ou traballadora. Mentres, outras demandas non se referían a "dúas pagas extra cada 365 días", senón a "unha paga extra cada 180 días", polo que os dereitos reivindicados foron os xerados "entre o 1 de xuño e o 14 de xullo" e o montante final, 240 euros. |
PRAZA_20794 | O Goberno galego dá o visto e prace ao polémico plan no barrio coruñés de Labañou pola vía rápida malia as peticións dunha avaliación ordinaria. A asociación veciñal prepara alegacións e non descarta a vía xudicial. | Nos últimos días, o barrio coruñés de Labañou e os seus arredores apareceron engalanados con carteis en paradas de autobuses e valados publicitarios contra "os mamotretos das Percebeiras" e a prol dun "parque público para a veciñanza" e da "protección do borde marítimo". A campaña, impulsada polo BNG, rexeita o polémico proxecto urbanístico previsto na zona --ao pé do mar e nunha das últimas amplas zonas verdes que conserva o espazo urbanizado da cidade-- e únese á que a Marea Atlántica desenvolve tamén contra a iniciativa. A Xunta avalou o plan das Percebeiras pola vía rápida malia a petición da Marea, BNG e a asociación veciñal para unha avaliación ambiental ordinaria e detalladaAs dúas formacións, soportes do PSOE na corporación municipal, sitúanse enfronte dun proxecto que rexeita tamén a asociación veciñal de Labañou polo impacto paisaxístico, ambiental, social e de mobilidade no barrio. Pero o primeiro paso para As Percebeiras está dado. O DOG publicou este luns o visto e prace da Xunta ao proxecto a través dunha avaliación ambiental simplificada na que se rexeita levar a cabo un procedemento ordinario e máis detallado, tal e como solicitaran a veciñanza, BNG e Marea e tal e como se fixera en 2017 ante o anterior proxecto para a zona, que fora desbotado pola Administración galega. "Chama moito a atención que en 2017 un proxecto moi similar fora avaliado pola vía ordinaria e que desta vez se fixese pola pola simplificada. Non entendemos que mudou na Xunta en tres anos", di Pablo Leira, secretario da asociación de veciños de Labañou. PSOE e PP uniron os seus votos para rexeitar a proposta do Bloque dunha avaliación ambiental detalladaPSOE e PP uniran xa os seus votos antes da publicación do informe para votar contra a avaliación ambiental detallada solicitada polo BNG no Parlamento galego. Agora, tras este trámite, o plan para as Percebeiras deberá ser presentado polos promotores --Metrovacesa-- incorporando os cambios suxeridos pola Xunta, volver ser aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local e pasar por exposición pública antes de chegar ao pleno. Alí o executivo socialista precisará, como mínimo, a abstención do Partido Popular para a aprobación definitiva do proxecto, criticado tamén por comparación coa decisión de protección que o goberno de Inés Rey vén de tomar noutros bordes litorais da cidade. "Aí cada grupo deberá posicionarse e facelo do lado da veciñanza ou da empresa promotora", engade Pablo Leira. En outubro, o voto favorable socialista e a abstención dos populares rexeitou unha proposta para retirar o plan urbanístico. A Xunta considera "aceptable" o proxecto, con edificios de 11 e 14 alturas no litoral, malia recoñecer o "apantallamento" do mar e da Torre de HérculesPolo momento, na avaliación ambiental publicada este luns, a Xunta considera "aceptable" a integración paisaxística malia recoñecer o "apantallamento" do mar e da Torre de Hércules e suxire solucións de tipo estético pola "alta visibilidade que terán os edificios" na bahía do Orzán. Tamén expresa dúbidas sobre como influirán na contorna tres dos dez edificios, o máis alto e os dous máis achegados á costa. E pide "estudar en detalle" a forma de resolver a envolvente conxunto dos dous bloques ao "non resultar clara a incidencia de tal solución na marxe final desta área". Son 371 vivendas (148 delas de protección oficial), repartidas en varios bloques que van das tres alturas ás 14. Haberá un edificio con este número de pisos, outro de once e dous de oito. Son case 56.000 metros cadrados de inmobles dos 60.000 de edificabilidade nesta agra. A asociación veciñal censura que o Concello blinde o litoral das Xubias rebaixando a edificabilidade mentres segue adiante co plan en LabañouO Goberno galego non ve problema coa contorna natural, malia que alí existe un "corredor ecolóxico", e aclara que o deseño dos bloques non fará sombra ás edificacións xa existentes na zona. Por iso, celebra as mudanzas que Metrovacesa fixo respecto dos proxectos anteriormente desbotados. Ademais, advirte de que o crecemento da vexetación xa impide nalgunhas épocas a visibilidade esixida da Torre de Hércules, malia dar para diante á construción dunha ducia de edificios a través dos cales só será posible esa visibilidade nun espazo de 24 metros desde a avenida principal que transcorre paralela ás Percebeiras. Na asociación de veciños do barrio, ao igual que fan Marea Atlántica ou BNG, censuran tamén que o Concello blinde o litoral nas Xubias cun cambio no plan xeral, paralizando un ano a concesión de licenzas urbanísticas e revisando o planeamento urbanístico para rebaixar a edificabilidade mentres mantén o plan previsto para As Percebeiras. "Non hai nada que explique por que nun lugar se actúa así e noutro non; o Concello non nos dá ningún argumento que nos convenza da diferenza de criterio", asegura Leira, que aclara que desde a asociación de veciños entenden que "non hai dereitos consolidadeos dos promotores" ao terse incumprido xa os prazos para o desenvolvemento urbanístico. O Concello entende que a diferenza está en que no litoral das Xubias, da praia de Oza á ponte da Pasaxe, non se iniciou ningunha tramitación de desenvolvemento urbanístico desde a aprobación do PXOM en 1998, mentres que en Labañou Metrovacesa conta co visto e prace para construír logo de modificar o proxecto inicial de 2016. A asociación de veciños --que conta co apoio do movemento veciñal corués e de ducias de colectivos-- entende tamén que o plan das Percebeiras non se adapta ás repetidas políticas pola sustentabilidade, de loita contra o cambio climático ou prioridade ao espazo peonil e ao transporte alternativo plasmados en documentos estratéxicos concretos. Moito menos ás reivindicacións aos espazos verdes e abertos que xurdiron coa chegada da pandemia e as dúbidas sobre os modelos de habitabilidade, máis nunha cidade con elevada densidade de poboación e carencia de parques. O PXOM de 2013 prevía 310.000 habitantes en 2025 na Coruña, que aínda non supera os 250.000 e ten unhas 20.000 vivendas baleirasA veciñanza lembra tamén, como fan BNG e Marea Atlántica, que o proxecto non responde a unha demanda real de novas vivendas na Coruña. Así, lembra que o PXOM de 2013, vixente nesta altura, prevía que a poboación do concello chegase ás 310.000 persoas en 2025 cando, neste momento, non alcanza nin as 250.000. Mentres, recorda o colectivo veciñal, calcúlase que hai sobre 20.000 vivendas baleiras no municipio. Malia o visto e prace inicial da Xunta e do Concello, a loita contra o plan nas Percebeiras "está moi viva", aclara Pablo Leira. A asociación veciñal prevé presentar alegacións no trámite de información pública e, no suposto de que o proxecto sexa definitivamente aprobado polo pleno municipal, estudará a vía xudicial. Será, advirten, un proceso longo no barrio de Labañou que, en varias pintadas, pide seguir "aberto ao mar". |
NOS_44661 | O Consello Xeral da Enfermaría estima que unicamente unha de cada cinco profesionais galegas (20,2%) se someteu ás probas do coronavirus ante un posíbel contaxio. O estudoestá baseado nunha sondaxe que se realizou nas últimas dúas semanas en todo o territorio estatal con máis de 11.156 enquisas e que fixa a media de tests realizados entre as enfermeiras en 23,3%, algo por enriba da taxa galega. | Como recolle o estudo, 14,1% das probas que se fixeron na Galiza mostraron resultado positivo, mentres que 17,5% de profesionais de enfermaría entrevistadas manifestaron ter sufrido síntomas, unha cifra sensibelmente inferior á media global, de 29%. De acordo con este informe, máis da metade das profesionais galegas da enfermaría sondadas (57,5%) di ter recibido "pouca" formación para a atención de pacientes con COVID-19, e outro 23,5% manifesta que non tivo ningunha clase de formación. Sobre a dispoñibilidade de material de protección para realizar o seu traballo, a enquisa revela que máis de dous terzos das enfermeiras galegas participantes ven "pouco" o material do que dispón a súa unidade e 3,9% afirma que non ten "nada". A respecto dos EPI –os Equipos de Protección Individual–, un terzo das profesionais galegas (32,2%) apuntan que non recibiron ningún tipo de adestramento no seu manexo, mentres que 55,6% delas consideran que esa formación foi "escasa". Esta mesma semana, os catro Colexios Oficiais de Enfermaría da Galiza trasladaron á Consellaría de Sanidade unha serie de necesidades, entre as que se conta a dotación de material e equipos de protección adecuados ao conxunto profesional da sanidade, con "formación apropiada" para a súa utilización. Entre as reclamacións, os entes profesionais piden ademais que se "continúen realizando" tests diagnósticos ás e aos profesionais sanitarios que teñan sufrido riscos de contaxio polo desenvolvemento da súa actividade profesional, así como o cumprimento de medidas preventivas de corentena, e "agradecen" á Xunta que teña cambiado de protocolo para a incorporación de sanitarias tras un contaxio por coronavirus, que agora require un resultado negativo para a alta. No informe do Consello Xeral da Enfermaría, as traballadoras galegas suspenden tanto o Goberno español (cun 4,09) como á Xunta (4,38) na xestión desta crise sanitaria, se ben con notas que están, nos dous casos, por riba da media da enquisa. |
NOS_46589 | Non lle vai saír debalde ao turco a expulsión do treinamento da pasada terza feira. Esta cuarta adestrou á marxe do grupo. | Çolak non é calquera futebolista, moito menos en Riazor. Do plantel actual é realmente o único con potencia criativa na medular, coa faculdade de filtrar bolas ás costas da defensa rival, a procurar a conexión con Andone e Lucas. A equipa está nun momento de urxencia extrema e a visita do Levante ten ribetes de ultimato. De acordo, mais o que valora neste momento Cristóbal Parralo -aparentemente co apoio dos despachos da Praza de Pontevedra- é que deixar impune á indisciplina -reiterada, non é este o primeiro incidente en que se ve envolvido o ex do Galatasaray- sería tanto como cavar aínda máis no foxo en que está sumido o combo coruñés. Conclusión: imponse tomar medidas cun futebolista con sona de indolente e de conflitivo. A primeira xa foi hoxe, adestrou á marxe do grupo. A segunda pode chegar coa súa exclusión da convocatoria para o choque de Levante (así o indicaría o precedente do incidente anterior, protagonizado por Andone e Arribas). Pode ficar aí a cousa, a non ser que o Dépor aproveite o mercado de inverno para o colocar nalgunha operación que permita traer a Coruña un futebolista de características diametralmente opostas ás do turco. Alguén sen tan bon pé, mais que sexa quen de blindar o sistema defensivo dunha equipa que leva encaixado 44 goles en 20 partidos (2,2 tantos por xogo). Ese medio centro de contención polo que suspira Cristóbal. |
NOS_35498 | O presidente de Iberdrola está imputado no caso Tándem polos supostos encargos da compañía ao ex comisario José Manuel Villarejo. | O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló desestimou un recurso presentado polo presidente de Iberdrola, José Ignacio Sánchez Galán, e confirmou o seu auto do pasado 17 de decembro no que rexeitou o sobresemento das actuacións seguidas contra aquel na peza 17 do caso Tándem, en relación con supostos encargos ao comisario José Manuel Villarejo. No seu recurso, Sánchez Galán defendía a nulidade de pleno dereito da resolución recorrida por canto interesou o sobresemento libre e arquivo das actuacións, mentres que o auto do instrutor falaba de sobresemento provisional, polo que consideraba que a resolución de García Castelló non atendía á pretensión exposta. O escrito consideraba, ademais, que os feitos que motivaron a declaración como investigado do presidente Iberdrola estaban prescritos e que o maxistrado non daba resposta á devandita alegación. Nun auto emitido esta cuarta feira, recollido pola axencia Europa Press, o maxistrado asegurou que non se aprecia que con iso se tivese causado unha situación de indefensión material á defensa de Sánchez Galán, tendo en conta que tivo oportunidade de facer mención a esta cuestión por vía de recurso. O titular do Xulgado Central de Instrución Número 6 da Audiencia Nacional sinalou: "Sirva este recurso para ratificarse na desestimación do sobresemento libre interesado pola devandita defensa, pois aínda cando de modo circunstancial e en dúas ocasións utiliza o auto a expresión 'sobresemento provisional' —unha delas, por certo, nos antecedentes—, no razoamento dáse resposta á pretensión de arquivo fundada na prescrición dos feitos polos que se investiga ao señor Sánchez Galán" . Non hai vulneración da tutela xudicial En segundo lugar, a defensa do presidente de Iberdrola alegou nulidade de pleno dereito por infracción do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva na súa manifestación do dereito á acción, xa que non se practicou dilixencia ningunha en relación coa denuncia presentada pola súa parte o 28 de xullo do pasado ano, así como que non se seguiu con Galán "a mesma praxe" que noutros supostos, o que implicaría a creba do principio de igualdade na aplicación da lei. En referencia a este argumento, o xuíz indicou que tampouco se constata que se ocasionase indefensión material ao recorrente como se evidencia, di, ao constatar a posibilidade de deducir esta cuestión por vía de recurso. "Novamente debemos aludir ao auto impugnado, onde se refiren as razóns que xustifican a ausencia de actuación de investigación, ao reputar que os feitos denunciados non permiten inferir a existencia de infracción penal ningunha", explicou. |
PRAZA_13438 | Os sindicatos apuran as mobilizacións antes do comezo do verán en contra das políticas do Goberno. Comisións e UGT saen á rúa este mércores contra a reforma laboral e as medidas "inxustas e antisociais" do Executivo; o xoves prevese unha cadea humana arredor de San Caetano contra os recortes aos funcionarios e o vindeiro 1 de xullo o CIG convoca a saír á rúa contra "a estafa do rescate bancario" | Xuño morno á espera dun outono fervendo. Os sindicatos mobilízanse contra os continuos recortes, as políticas de axuste, o rescate á banca ou os despidos xeralizados. CCOO, UGT e máis a CIG afrontan o final do curso e o comezo do verán cunha serie de concentracións e mobilizacións de protesta que semellan ser só o principio do que se agarda a partir de setembro. Nada fai prever que a situación económica mellore, e moito menos as condicións duns traballadores que están a pagar as consecuencias dunha crise que parece non ter fin, polo menos a curto prazo, no Estado e en Galicia. Este mesmo mércores, CCOO e UGT manifestáronse nas principais vilas e cidades de Galicia contra a reforma laboral e as "políticas inxustas, ineficaces e antisociais que o Goberno de Rajoy está aplicando". Baixo o lema Non cales ou Basta xa, polo emprego e a xustiza social, e aínda que cunha afluencia reducida, A Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arouse e Vigo acolleron a milleiros de persoas en protesta contra as políticas levadas a cabo polo Goberno de Rajoy. Tamén houbo mobilizacións noutros puntos do Estado, onde si houbo cidades cunha afluencia masiva, como na concentración de Madrid. CCOO e UGT saen á rúa este mércores, o xoves hai cadea humana arredor de San Caetano e o 1 de xullo protesta da CIG contra o rescate á banca "Levan cinco meses e medio no Goberno e non paran de recortar dereitos; guiado por Merkel e as institucións financeiras, o Goberno español puxo en marcha un descarnado programa de reformas coa única obsesión de conter o déficit e dar cabo de dereitos laborais, sociais e democráticos", denuncian ambos os dous sindicatos, que cumpren a súa promesa de continuar coas mobilizacións, tras as exitosas convocatorios do pasado Primeiro de Maio e da folga xeral. "Neste breve período o paro non parou de medrar, a economía permanece estancada e non se enxerga a saída da crise", lembran os sindicatos, que cren que "hai outra política para saír da crise". Así, optan por "minimizar a erosión económica e social que anticipa a conxunción dos efectos da recesión económica e a reforma laboral a través dunha aposta polo crecemento e o investimento público, polo emprego de calidade e a sustentabilidade do modelo social, así como unha proposta de reforma do sistema financeiro orientada a resolver o financiamento da economía española e a dar pulo á circulación do crédito, fronte ás medidas aprobadas polo Goberno que unicamente viñeron a completar o proceso de demolición do sistema de caixas de aforro". Do mesmo xeito, os sindicatos piden "unha actuación en materia fiscal máis coordinada e eficaz, unha actuación que non pode pasar nunca pola aprobación dunha amnistía fiscal que supón un ataque ético moi grave á xustiza e equidade fiscal, e si por unha reforma para incrementar os recursos do Estado e facer fronte á fraude fiscal e á economía somerxida". Ademais, e logo dunha xuntanza do Comité intercentros cos comités e delegados/as de empresa das diversas consellarías da Xunta de Galicia, convócase a unha cadea humana este xoves 21 a partir das 10.30 horas para rodear todo o edificio administrativo de San Caetano. Esta mobilización supón unha protesta "en contra das medidas e dos recortes aos servizos públicos" levados a cabo polo Executivo autonómico, así como para denunciar e "os favores que está a facer o PP, tanto desde Madrid como desde Galiza, á banca ou aos poderosos con medidas como o rescate ou a amnistía fiscal". O día, este xoves, foi elixido tamén por coincidir co xuízo do conflito colectivo -no TSXG na Coruña- promovido polos Ssndicatos -CIG, UGT, CCOO, CSIF- contra a Lei de Medidas contra os empregados públicos que aprobou a Xunta de Galicia e que, tal e como denuncian as centrai, quitáronlles "unha morea de dereitos". A CIG, o 1 de xullo contra o rescate á banca Por outra banda, o vindeiro 1 de xullo, a CIG ten convocadas manifestacións nas sete cidades galegas "contra a estafa do rescate" aos bancos españois, logo de varias semanas de campaña de información e sensibilización, acompañadas co peche de centos de delegados en oficinas de Bankia de toda Galicia. Segunda a central sindical, este rescate de un máximo de 100.000 millóns non é máis que "a transferencia de débeda dos bancos ao sector público", xa que o FROB é "a quen lle presta os cartos" Europa. "Isto terá como consecuencia o incremento significativo do déficit e da débeda pública e levará consiego a esixencia de novas medidas de recorte que empeorarán aínda máis as condicións de vida da clase traballadora e da maioría social, hipotecando ademais o futuro da nosa mocidade". Todas estas non serán as únicas mobilizacións, sobre todo a partir de setembro. A falta de solucións efectivas no naval ou a falta de futuro entre a mocidade prevé un outono quente nas rúas galegas e de toda España. De momento, a cousa vaise quentando. |
NOS_42346 | O monte galego ocupa as tres cuartas partes do territorio. Nas últimas décadas o seu aproveitamento centrouse na produción forestal en detrimento do uso agrícola. O despoboamento do rural, o abandono das explotacións agrogandeiras e unha eucaliptización en alza marcan esta inclinación, nun contexto de cambio climático onde destaca a ameaza crecente dos incendios. | Galiza perdeu terras de uso agrícola ao longo de 2019. Nese mesmo período, tanto a superficie forestal como os terreos dedicados ao pasto aumentaron. Unha tendencia que marca o aproveitamento do solo en todo o territorio nas últimas décadas, e que, desta vez, confirman os datos publicados polo Sistema de Información Xeográfica das Parcelas (Sixpac) do Ministerio de Agricultura. As terras de cultivo descenderon en perto de 8.000 hectáreas o ano pasado, até situarse en 310.854 hectáreas de superficie agraria útil. Porén, o total de cultivos permanentes creceu lixeiramente, de 51.770 a 52.094 hectáreas. As árbores froiteiras ocupan a maior extensión, unhas 30.000 hectáreas, seguidas das viñas, con máis de 21.000 hectáreas. "A perda de terras de uso agrario incrementa as hectáreas de monte". A superficie forestal aumentou en 1.000 hectáreas, até alcanzar un total de 1.086.310 hectáreas distribuídas en máis de cinco millóns de parcelas, o que representa máis da metade de todo o Estado. En canto aos pastos, gañaron unhas 7.000 hectáreas máis e segundo os datos revelados polo Sixpac, xa suman 1.237.543 hectáreas, repartidas en case seis millóns de recintos. Esta tendencia, a perder terras de uso agrario que pasan a incrementar as hectáreas de monte, e non sempre a superficie forestal útil, aclara o ex director xeral de Montes da Xunta da Galiza, Alberte Blanco, remóntase á metade do século XX, aínda que é máis acusada desde hai 30 ou 40 anos. Superficie agraria útil "O incremento da superficie forestal é resultado do maior abandono das terras destinadas aos cultivos. Este desleixo é consecuencia da crise demográfica, que ligada á falta de expectativas e de servizos deixa o rural sen remuda. Crece o abandono da superficie agraria, e do monte, que medra caótico", engade Alberte Blanco. "En 2017, segundo datos da Consellaría de Medio Rural, o eucalipto estaba presente en 425.000 hectáreas". Nas últimas décadas, o monte converteuse no gran protagonista deste cambio no uso da terra. Dunha banda perdeu aproveitamento agrogandeiro, ao diminuír o pastoreo extensivo. Doutra, gañou masa forestal, destinada fundamentalmente á produción de madeira. E aquí, os eucaliptais marcan a verdadeira mudanza. Non só lle gañaron terreo ao monte raso, tamén conquistaron boa parte da superficie agraria útil que se deixou de cultivar. En 2017, segundo datos da Consellaría de Medio Rural, o eucalipto estaba presente en 425.000 hectáreas, 180.000 máis das previstas na planificación da Xunta. Este proceso comezouse a xestar nos inicios do século XX. "A finais do século XIX o monte arborado era moi escaso no noroeste do Estado. As políticas forestais eran un papel en branco e, nese momento, as decisións que se adoptaron orientáronse cara un modelo produtivo que había favorecer unha industria aínda inexistente", explica Eduardo Corbelle, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. O monte gaña terreo Durante o franquismo tamén se alentaron decisións en prexuízo da superficie agraria e en favor do monte. Un incentivo para o cambio no uso do solo que comezou coa promoción de campañas de plantación de piñeiros e eucaliptos. Ao mesmo tempo, o gando foi deixando de aproveitar o monte. Dous xiros que se consolidaron coa entrada do estado español na Comunidade Económica Europea (CEE) e novas medidas gobernamentais en beneficio do monte. "Durante o franquismo tamén se alentaron decisións en prexuízo da superficie agraria e en favor do monte". A partir de 1986 as cotas lácteas víronse reducidas. Cos topes máis baixos, o desenvolvemento do sector leiteiro minguou, e as explotacións agropecuarias comezaron a ceder. A primeira gran reforma da Política Agraria Común (PAC), en 1992, tamén contribuíu con axudas específicas para a reforestación das terras agrícolas que os produtores agrogandeiros ían deixando atrás. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_23804 | Por apenas 600 votos de diferenza o Labour Party retivo o seu escano en Peterborough nunha elección desencadeada polo xuízo á súa anterior titular, Fiona Onasanya, condenada a tres meses de prisión por ter mentido á policía en relación cunha denuncia de tráfico por exceso de velocidade. A política laborista, eleita en 2017, perdeu a súa condición de membro do Parlamento nun proceso de revogación suscrito por 27,6% do electorado que a elixiu. Tamén foi expulsada do partido liderado por Corbyn. | No Reino Unido os distritos electorais poden ficar vacantes se se produce a remoción ou demisión dos seus titulares. Isto aconteceu en Peterborough, territorio de maioría laborista en 2017.O proceso electoral púxose en marcha ao ter sido revogada do seu cargo Fiona Onasanya —a laborista quixo manter o escano en Westminster como independente, mais acabou por ser expulsada tamén do Parlamento ao demandalo así 27,6% do censo. Destarte, as 70 mil electoras deste distrito voltaron a ser chamadas ás urnas. E o triunfo voltou a ser para o Labour. O resultado foi, en todo caso, moi axustado: 30,9% para a candidata socialista Lisa Forbes fronte á 28,9% do cartaz do Brexit Party Mike Green. O Labour cedeu 17,2 puntos en relación a 2017, mais a súa vitoria ten un especial significado porque se produce nun distrito abrumadoramente partidario do Brexit: no referendo de 2016, 62,1% das electoras votaron a prol da saída da Unión Europea. Este dato, sumado ás desercións laboristas producidas pola caída de Fiona Onasanya, confería certo favoritismo ao Brexit Party, a recente escisión do dereitista e xenófobo UKIP. En realidade, Forbes alicerzou a súa vitoria na división do campo conservador, co candidato tory Paul Bristow a obter 21,4% dos sufraxios (unha hecatombe tendo en conta que nas eleccións anteriores o Conservative Party alcanzara 46,9%). Por súa parte, os Lib Dem, o partido remainer [favorábel á continuidade na UE] por excelencia, conseguiron un avance significativo, ao totalizar 12,3% dos apoios, 8,9 puntos máis que en 2017, presumibelmente votantes laboristas descontentos coa ambigüidade de Corbyn sobre a cuestión monotema da política británica. |
NOS_8007 | Sen ofrecer datas concretas, o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, informou hoxe do plan de vacinación da Covid-19 elaborado pola Xunta. Na primeira fase preténdese administrar a solución a 39.000 persoas usuarias e profesionais de residencias e 3.000 sanitarios. | O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira o plan de vacinación contra a Covid-19 para comezar "de inmediato" a aplicar a solución en canto as doses cheguen á Galiza. Segundo informou en rolda de prensa o vicepresidente primeiro do Goberno galego, Alfonso Rueda, na primeira fase de vacinación priorizaranse as 22.000 persoas usuarias das residencias galegas de maiores e de dependencia, as e os 17.000 profesionais que nelas traballan e ao redor das e dos 3.000 sanitarios que traballan na "primeira liña" contra o virus. Así pois, estímase contar na primeira fase con 80.000 unidades que permitirían vacinar 40.000 persoas (precísanse dúas inxeccións para conseguir inmunidade). "Contamos con recibir as primeiras doses despois da aprobación por parte da Axencia Europea do Medicamento", dixo Rueda, lembrando que a primeira das vacinas que chegarán será a de Pfizer BionTech, avaliada con ensaios clínicos realizados en seis países, nos que participaron ao redor de 44.000 persoas, e que conta cunha eficacia estimada para previr a enfermidade de 95%. Para lavar adiante o plan a Xunta quere contar con 207 profesionais de enfermaría que actuarán como equipo de coordinación. A adscrición a ese equipo será voluntaria e as e os profesionais procederán do persoal de enfermaría con experiencia en vacinación que, ademais, recibirá formación específica. Baixo a coordinación deste equipo estarán por unha banda máis de 2.000 efectivos de enfermaría de Atención Primaria que vacinarán da Covid-19 as e os pacientes das súas cotas e, por outra, perto de 40 efectivos dos servizos de enfermaría preventiva e unidades de prevención de riscos laborais, que se encargarán da vacinación do persoal de centros hospitalarios. A campaña de vacinación pivotará nos centros de saúde, mais segundo informacións da Xunta haberá máis puntos de vacinación segundo colectivos e no caso das residencias o persoal de enfermaría vacinará as e os usuarios nos propios centros residenciais. Seguro da Covid-19 para turistas A Xunta deu luz verde ao comezo dos trámites para crear un "seguro coronavirus" para o que destinará 1,2 millóns de euros, co obxectivo de cubrir os gastos que teñan que afrontar turistas aloxados en estabelecementos turísticos da Galiza que resulten contaxiados da Covid-19 durante a súa estancia no noso país. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, explicou que este servizo estará en marcha durante un ano, desde finais do primeiro trimestre de 2021. Rueda sinalou que se trata dunha "medida nova que cubrirá todos os custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización" en caso de infección así como os gastos por ter que gardar corentena por prescrición médica, aínda sen ser positivo. O seguro será gratuíto para os usuarios e poderán activalo unha vez se contaxien. A medida, pola que se custeará con cartos públicos os gastos de turistas e peregrinos, chega rodeada de manifestacións do sector das axencias de viaxes e da hostalaría que lamentan a falla de axudas e de exencións de impostos a pesar do cesamento da actividade. |
NOS_35936 | Os casos activos continúan en descenso, pero o número de ingresados en UCI con coronavirus mantense en 146. | A presión hospitalaria mantense en descenso na Galiza, aínda que o número de ingresados con coronavirus en UCI mantense en 146. Mentres, os novos casos diagnosticados aumentan lixeiramente en tres até 216, pero os pacientes coa infección activa redúcense a 7.748. Segundo datos actualizados pola Consellería de Sanidade, os hospitalizados con Covid-19 experimentaron unha nova baixada até os 693 -36 menos-. Con todo, este descenso só se reflicte nos pacientes que se atopan en unidades convencionais, que pasan de sumar 583 a 547, xa que o número de persoas que se atopan en coidados intensivos mantense en 146. Por áreas sanitarias, A Coruña e Cee rexistra 168 persoas en planta -tres menos-, pero aumentan a 48 as que se atopan en unidades de críticos -dúas máis-. Os centros hospitalarios da área de Ourense, Verín e O Barco presentan un escenario similar, xa que caen a 59 os pacientes en unidades convencionais -oito menos-, pero soben a oito os que se atopan en coidados intensivos -dous máis-. Ademais, na área de Vigo mantéñense en 61 os ingresados en planta, pero increméntanse até 23 os que se atopan en UCI -dous máis-. Nas unidades convencionais e a UCI de Pontevedra e O Salnés atópanse 62 -dous menos- e 17 pacientes -o mesmo número que o día anterio--, respectivamente. Mentres, en Lugo, A Mariña e Monforte os hospitalizados en unidades convencionais mantéñense en 43 e baixan a 19 os que permanecen en UCI -dous menos-. En cambio, na área sanitaria de Ferrol descende a 12 o número de persoas en críticos -tres menos- e a 89 o das que se atopan noutras unidades -seis menos-. Finalmente, o distrito sanitario de Santiago e O Barbanza rexistra a maior baixada, xa que se reducen a 65 os hospitalizados en planta -17 menos- e a 19 os que permanecen en UCI -un menos-. Os casos activos de coronavirus seguen en descenso e sitúanse en 7.748, o que supón 318 menos que os contabilizados até o día previo. Os novos casos diagnosticados no último día aumentaron lixeiramente en tres até 216, dos que 189 foron confirmados mediante PCR. Así mesmo, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- incrementouse até o 4,8%, por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) marca como máximo para dar por controlada a pandemia. Os falecidos diagnosticados con coronavirus sitúanse en 2.187, tras comunicar as autoridades sanitarias esta segunda feira a morte doutras 11 persoas, entre elas a dun home de 56 anos sen patoloxías previas. |
NOS_23124 | A portavoz do BNG acusa o presidente de deixar nestes 10 anos de goberno "unha Galiza peor que a que recibiu", afectada por crises como a demográfica, a económica ou cun modelo de benestar recortado e reducido. "Hai futuro, pero hai que mudar de políticas", acrecentou, propoñendo unha axenda que se faga en base aos intereses e necesidades da sociedade galega. | "Vostede representa o pasado, hai unha Galiza mellor e posíbel". Ana Pontón deu por finiquitado o proxecto do PP de Feixoo para Galiza e situou o futuro para o país nunha "mudanza de políticas" que axude a superar as crises que, como a demográfica ou económica, sofre Galiza. Esta década de gobernos de Núñez Feixoo deixan, dixo, "un país minguante, peor do que vostede recibiu". A portavoz nacionalista fixo un repaso polo estado de saúde do país. Non foi un diagnóstico alentador. Pontón enumerou como nestes anos foron xurdindo ou acrecentando problemas demográficos, económicos, a crise ambiental ou a crise no autogoberno. Tamén a quebra en calidade democrática, citando entre outros exemplos a situación da CRTVG, que as profesionais denuncian a través dos 'venres negros'... Ao tempo, Galiza perde presenza a nivel estatal pola ausencia dunha organización, dixo "coas mans libres" para defender os intereses e necesidades da sociedade galega. O que cómpre é "menos Madrid e máis Galiza", afirmou, "para conquistar un futuro mellor para este país". Propostas Un novo modelo de financiamento ou un relatorio que faga valer o peso de Galiza no debate da remodelación territorial do Estado foron algunhas das propostas que a nacionalista puxo sobre a mesa. Non as únicas, pois apuntou máis: desde medidas para dinamizar a economía até as dirixidas a protexer e dinamizar o galego. |
NOS_22910 | Neto de galegos, o presidente de Uruguai presentou un plan de investimentos por valor de máis de 11.500 millóns de euros. | Tabaré Vázquez chegou a Galiza cunha dupla motivación: presentar ao tecido empresarial e institucional galego o ambicioso plan de investimentos que está a impulsar o seu goberno e coñecer o país de onde partiron os seus avós, el de Ourense e ela de Compostela. O presidente uruguaio chegou a Galiza, ademais, cando se fan dous anos da súa vitoria nas eleccións presidenciais de 2014, comicios nos que o 'Frente Amplio' revalidou nas urnas o seu triunfo. Nesta visita, Vázquez reuniuse co presidente da Xunta e co alcalde de Compostela, ademais de saudar representantes de diversas forzas políticas e dos axentes sociais. O mandatario trae un ambicioso plan de investimentos, por valor de 11.600 millóns de euros, que expuxo en Galiza. Comunicacións, sector enerxético, transportes... son algúns dos campos que entran deste plan e no que podene star interesadas empresas galegas. O presidente mantivo un encontro na rúa con compatriotas que se achegaron a saudalo, hai uns 2.000 residindo en Galiza, e participou na ofrenda flotal ao busto do xeneral Gervasio Artigas, heroe nacional uruguaio, que hai nun barrio da capital galega. En Uruguai hai 40.660 galegos, unha cifra que indica a importancia que a comunidade galega tivo nese país. Tabaré Vázquez é neto de emigrantes de Ourense e Compostela. Compaxinou os seus estudos con épocas nas que tivo que porse a traballar para manter os seus. En 2005 foi eleito presidente de Uruguai, cargo que ocupou até 2010, cando pasou o testemuño a Mújica, que dirixíu o país até 2014. O 'galego' Vázquez volveu entón encabezar a candidatura do FA,formando tándem con Raúl Sendic, e impóndose en segunda volta co 53,5% dos votos ao candidato da dereita. |
NOS_33046 | A obra A camisa de Lauro Olmo, traducida por Ramón de Valenzuela, conta desde esta sexta feira cunha versión en formato sonoro dixital que se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega. | A camisa, unha peza dramática de Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994) que retrata o drama da emigración na pel dunha familia que se traslada a Madrid coa esperanza dun mundo mellor, e traducida ao galego por Ramón de Valenzuela, conta desde onte cunha adaptación sonora grazas á colaboración do Consello da Cultura Galega (CCG) e o concello do Barco de Valdeorras. A través de cinco episodios de entre 12 e 15 minutos de duración en formato podcast, e baixo a dirección de Tito Asorey, as interpretacións de Melania Cruz, Josito Porto e o propio Asorey dan vida á obra de Olmo. O elenco artístico complétano María Costas, Nacho Castaño, Vanesa Sotelo e Davide González. A emisión dos capítulos comezou esta sexta feira desde a páxina web do CCG e as súas redes sociais. Cada sexta feira, emitirase un novo episodio até o 22 abril, data en que se completa o proxecto. Aposta polo teatro galego en galego Na adaptación en formato podcast d'A camisa xúntanse varios feitos destacados. O primeiro deles é que se trata dun texto relevante para descubrir o drama da emigración, que sufriu o propio Lauro Olmo, xa que seu pai emigrou a Bos Aires, o que fixo que a súa familia se instalase en Madrid sendo el moi novo. Olmo está considerado un dos dramaturgos máis representativos do Realismo Social durante os anos da ditadura franquista e das primeiras décadas da democracia. Tivo grande influencia nel a súa muller, Pilar Enciso, coa que escribiu varias obras infantís. A obra literaria dos dous, así como a documentación recibida e producida por eles, custódiase no Fondo Lauro Olmo do Centro de Documentación de las Artes Escénicas e da Música. O segundo é que Ramón de Valenzuela (Silleda, 1914-Sanxenxo, 1980) é autor da tradución da que se partiu neste proxecto. O silledense representa tamén a memoria do exilio, unha das liñas de traballo do CCG para este 2022. Valenzuela foi un deses homes que contribuíron cun teatro en galego diferente, no que fixo tanto achegas actorais, como orixinais da súa propia autoría, é o caso da peza teatral As bágoas do demo, ou a tradución de textos de interese por exemplo os de Lauro Olmo ou Syngel. |
NOS_14484 | Os populares ourensáns pediran que o portavoz do grupo municipal socialista, Rafael Villarino, -que comunicara a súa decisión de apartarse da candidatura á Alcaldía- deixara todos os cargos públicos a cambio de asinar a moción de censura para substituír a Gonzalo Pérez Jácome á fronte do Executivo de Ourense. | A xestora do PSOE en Ourense vén de confirmar que non atenderá á "chantaxe inadmisíbel" do Partido Popular e manterá ao portavoz do grupo municipal socialista, Rafael Villarino, como concelleiro e deputado. De esta forma, e a través dun comunicado, rexeitou a proposta que puxo sobre a mesa o PP para comezar a negociar a sinatura dunha moción de censura para apear da Alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá) após meses de crise de xestión na terceira cidade galega en termos de poboación. A condición que puxo o que fora rexedor e actual coordinador local dos populares, Jesús Vázquez, era a saída de Villarino de todos os cargos públicos. Isto despois de que o político anunciara que non optaría a dirixir o Goberno local malia encabezar a lista máis votada para facilitar un acordo. Porén, a xestora considerou que "con estas exixencias o PP demostra a súa falta de respecto e conculcación do lexítimo dereito de representación política". "Desterro" para o socialista Desde o seu punto de vista é tempo de condenar "o intento" de "desterrar e aniquilar politicamente a Villarino". En consecuencia, tamén afectaría a todas e todos os socialistas "que non comulgan coas ideas e prácticas antidemocráticas dos dirixentes populares de Ourense". "Queda demostrado que o Partido Popular de Ourense non quere cambiar o destino da terceira cidade de Galicia mediante a súa negativa para asinar dita moción", subliñou o organismo. Pola súa banda, o Partido Popular cargou novamente contra a suposta "indignidade" do voceiro local do PSOE após "as súas graves e infundadas acusacións" contra o ex concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, durante a comisión de investigación sobre o edificio de San Lázaro. A xuízo do PP, isto amosa "o peor da política de Villarino". |
NOS_32116 | Coa chegada da menopausa, as mulleres enfrontan, non só unha etapa de cambios hormonais senón tamén un período socialimente inzado de prexuízos. No Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, que se celebra cada 28 de maio, expertas separan mitos de realidade e desestigmatizan un período máis da vida. | Cada 28 de maio desde 1987 celébrase o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, unha efeméride xurdida durante a Rede Mundial de Mulleres polos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, eses que tantas veces son acalados. A menopausa é un deses aspectos da saúde feminina –no caso das mulleres CIS– ao que poucas veces se atende na súa dimensión completa e que, aínda hoxe, supón moitas veces un estigma social. Falamos da etapa que chega, desde o punto de vista médico, unha vez que a mestruación desaparece durante un ano completo, entre os 45 e os 55 anos. Así o encadra Carmen Valls, doutora especializada en endocrinoloxía e unha das profesionais pioneiras en incluír a perspectiva de xénero na medicina, durante a súa intervención no programa Conversas sobre a menopausa, que está a organizar a área de Igualdade da Deputación da Coruña para conmemorar este 28 de maio. "É un período que pode ser difícil, sobre todo porque está moi mitificado. Parece que se entra nunha idade de desprestixio da muller, mesmo se emprega como insulto", reflexiona, en conversa con Nós Diario, Beni Martínez García, matrona no centro saúde de Vilalba e vogal en Lugo da Asociación Galega de Matronas da Galiza. A esa "estigmatización" refírese tamén a doutora en psicoloxía e especialista en xerontoloxía feminista Anna Freixas na segunda das Conversas que a Deputación está a publicar a través das súas canles sociais durante toda esta semana. "O que nos afectan son os temores e as ideas que temos antes da menopausa, e non tanto a menopausa en si. Están marcados por ideas sociais, como o 'principio do fin' da vida da muller, a entrada na vellez, na que xa non somos atractivas sexual ou afectivamente. Estes son os principais temores, e menos o de non poder quedar embarazadas, que para algunhas mulleres supón un alivio", sinala a experta na súa intervención, na que chama a "romper" co misterio que arrodea a saúde sexual feminina. "A regra non é unha enfermidade, senón un proceso fisiolóxico como outro, e a menopausa é outro. Hai que falar con naturalidade das cousas que pasan no noso corpo. A miña mensaxe é que vivan as menopáusicas, porque é unha das cousas boas da vida", sostén. "Cada muller é unica e irrepetíbel e debe sabelo. Algunhas déixanse levar por cousas que lles contan, por experiencias doutras persoas. Hai que dicirlles que as mulleres non somos todas iguais e non vivimos igual a menopausa: vai depender da túa xenética, do apoio que teñas, da maneira na que te enfrontes ás cousas, da túa autoestima, da túa educación e da importancia que lle deas ás túas necesidades, e tamén de onde vivas", sinala Martínez García, que presta servizo desde hai 12 anos en Vilalba, Guitiriz, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín. Menos atención no rural Se para a matrona, as mulleres ·non estamos ben atendidas nunca, na menopausa, "aínda e peor", un déficit de atención e información que, ao seu xuízo, se agrava no rural. "Nunha cidade, unha muller ten máis facilidade para buscar información e pode coller un autobús e ir ao hospital mais, como están as comunicacións no rural? Hai que ter moita gana de ir ao centro de saúde ou estar moi mal para ir porque en moitos casos, ou tes quen te leve ou non tes como chegar", censura. Como fai notar, as mulleres chegan á menopausa nun momento no que, con frecuencia, teñen que coidar de persoas maiores. "Non se dá importancia ás cousas que nos ocorren a unha determinada idade. Se empezas a ter calores ou suores, tómase como 'normal'. As mulleres levan toda a vida facendo a comida, a casa, a horta, coidando da familia e do marido e despois, dos pais e dos sogros. E cando non se encargan de todo, séntense culpábeis. Hai unha presión tremenda sobre elas", observa. Fronte a isto, chama a "dar importancia a todo" nesta etapa, desde os medos sobre o futuro ao climaterio, eses síntomas que algunhas mulleres sofren neste período –crises de calor, taquicardia, sufocos– ou a outras molestias asociadas, como sangrados, unha maior propensión ás perdas de urina ou á sequedade vaxinal. "Non podemos pensar que é 'normal' e deixalo estar, todo pode traballarse, hai que pedir axuda", destaca, e pon en valor o papel das matronas neste período. "Non só estamos nos partos, senón en todas as etapas: na escolar, na educación sexual, nas citoloxías e no solo pélvico e tamén na menopausa", salienta, aínda que convida acudir tamén á medicina familiar, a xinecoloxía, a fisioterapia ou a psicoloxía, en función das concretas necesidades de cada unha. "O máis importante é o autocoidado" Cando se lle piden a Beni Martínez recomendacións de cara á menopausa, a experta alude ao exercicio físico diario ou a unha dieta máis equilibrada e menos abundante. "Pero, por enriba de todo, hai que potenciar o autocoidado: coidarse, asearse, coidar a pel, a dieta, beber máis auga, non esquecerse de unha mesma. Buscar un momento do día para cousas que che guste facer soa e tempo no que falar e pasear con outras mulleres. Sempre é importante, pero neste período máis, porque é un cambio de etapa no que hai que deixar uns hábitos e ir collendo outros", salienta a especialista. |
PRAZA_2195 | O BNG critica a supresión sen aviso do tren Vigo-Madrid que facía paradas en Ribadavia, Ourense, Monforte e O Barco. Esta semana UGT denunciou igualmente a supresión dun servizo diario entre Ferrol e Ribadeo en cada sentido | O tren de alta velocidade achégase a Galicia pouco a pouco e orzamento a orzamento, constituíndo todos os anos a parte máis importante do capítulo de investimentos nos Presupostos Xerais do Estado. Porén, en paralelo vense producindo unha degradación do resto de servizos ferroviarios no noso país, nomeadamente os de proximidade. O BNG vén de criticar no Congreso a supresión sen aviso dun tren Vigo-Madrid que facía paradas en Ribadavia, Ourense, Monforte e O Barco, que pasou a ser substituido por un tren Ponferrada-Madrid; denuncia que Renfe nin sequera puxo a disposición dos usuarios un tren-ponte que conecte Vigo con Ponferrada para coller ese convoi a Madrid sen esperas. O BNG critica o Ministerio por basear toda a súa estratexia ferroviaria nas liñas AVE, "descoidando ou eliminando liñas convencionais ou servizos de media distancia, tan necesarias nun territorio como Galiza que carece de cercanías" As deputadas Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila explican que a posta en servizo do Eixo Atlántico "supuxo a eliminación de moitas paradas e servizos de localidades que antes contaban cun tren e agora carecen de servizos ferroviarios". Critican o Ministerio por basear toda a súa estratexia ferroviaria nas liñas AVE, "descoidando ou eliminando liñas convencionais ou servizos de media distancia, tan necesarias nun territorio como Galiza que carece de cercanías". "Como habitúa a suceder no capítulo ferroviario dominado pola obsesión das liñas AVE, unha infraestrutura nova supón a desaparición do existente sen que se ofereza outra alternativa nin se mellore o presente", engaden. "Á vista de todo isto, está claro que o modelo para Galiza é do máis reducionista: ficaremos cun mal definido AVE, e un Eixo Atlántico que conecta as principais cidades galegas pero sin ter tren entre poboacións intermedias que contaban antes con servizos de tren", conclúen. Tamén no Ferrol-Ribadeo Esta semana UGT alertou da supresión dun servizo diario entre Ferrol e Ribadeo en cada sentido De igual xeito, esta semana UGT alertou da supresión dun servizo diario entre Ferrol e Ribadeo en cada sentido, sinalando que estes trens desaparecen "pola falta de persoal e pola falta de interese porque o ferrocarril sexa un servizo público, social e de calidade". O sindicato denuncia que este recorte se enmarca nun proceso continuado de "precarización do servizo de ferrocarril". UGT explica que á esta falta de persoal e medios para manter as infraestruturas e vehículos se une a ausencia de investimentos. "Xa hai varios días suprimíronse trens por averías ao non poderse realizar o correcto mantemento e reparación debido ás carencias de persoal. Como exemplo, o que sucedeu cunha unidade de viaxeiros que permaneceu parada case unha semana na estación de Ribadeo por non poder ser nin remolcada nin reparada ante a falta de medios", denuncia. UGT conclúe que "o ferrocarril é algo que a cidadanía construíu e pagou cos seus impostos e debe manterse como un servizo público de calidade e que chegue a todos" Dende o pasado 18 de setembro, os e as traballadoras de Renfe e Adif de todo o Estado levan a cabo todos os venres dúas horas de paros, unhas mobilizacións que "van máis aló de meras reivindicacións salariais ou laborais" e que "supoñen a petición do mantemento dun ferrocarril público e de calidade; supoñen a petición dun emprego público e de calidade para o ferrocarril e con dereitos laborais para as futuras xeracións, fronte ao emprego precario que pretenden impoñer, así como, as privatizacións e externalizacións", sinala o sindicato. UGT conclúe que "o ferrocarril é algo que a cidadanía construíu e pagou cos seus impostos e debe manterse como un servizo público de calidade e que chegue a todos". |
PRAZA_11164 | En senllos comunicados das súas direccións, BNG e Anova ven no ditame xudicial un ataque ás liberdades de tipo político e animan a participar nas mobilizacións de rexeitamento. | As dúas formacións soberanistas galegas que actualmente teñen representación no Parlamento de Galicia coincidiron este luns en expresaren o seu rexeitamento á sentenza do Tribunal Supremo que condena os líderes independentistas cataláns a ata 13 anos de prisión. En senllos comunicados das súas direccións, BNG e Anova ven no ditame xudicial un ataque ás liberdades de tipo político e animan a participar nas mobilizacións de rexeitamento.Para a Executiva Nacional do Bloque a sentenza é "froito dun xuízo político" e as condenas, "inxustas e desproporcionadas". As persoas condenadas "non tiveron acceso a un xuízo xusto", cre o BNG, e "o seu único delito foi defender, por vías pacíficas e democráticas, o dereito do pobo catalán a decidir libremente o seu futuro".O Bloque ve as "inxustas e desproporcionadas condenas" como "froito dun xuízo político"Alén de manifestaren "apoio e solidariedade" ás persoas encarceradas, o BNG chama a "non esquecer" que "esta situación vén derivada da posición antidemocrática" cuxa orixe sinalan no momento en que o Estatut de Catalunya foi "baleirado de contido" malia ser aprobado polo Parlament catalán, polas Cortes e en referendo. O ditame do Supremo é agora a "enésima demostración do proceso de profunda involución democrática" no Estado, ante a cal "o BNG sempre estará do lado da democracia". Porque o "debate" ten "índole política" e "nunca se poderá resolver pola vía policial e xudicial"."É importante entender que os dereitos e liberdades que hoxe se violentan en Catalunya, mañá poden estar en risco en Galicia ou en calquera parte do Estado", di AnovaNun contexto no que "non hai equidistancias posíbeis", o Bloque anima a "participar nas mobilizacións sociais" que convocou para este mesmo luns, 14, a plataforma Galiza con Catalunya en vilas e cidades. A estas protestas tamén se une Anova, que ve na sentenza unha procura de "coartada xurídica" para "lexitimar unha posición política, a de que a democracia ten límites no momento no que se desafían os intereses das elites centralistas".A formación liderada por Antón Sánchez cre estar "ante unha sentenza agardada" que culmina un proceso que tamén sinalan na sentenza contra o Estatut. "Queda constatado -lamentan- que no actual marco xurídico-político do Estado non se poden materializar todos os proxectos políticos, aínda que sumen maiorías sociais e electorais". Neste sentido, cren "importante entender e explicar que os dereitos e liberdades que hoxe se violentan en Cataluña, mañá poden estar en risco en Galicia ou en calquera parte do Estado". |
PRAZA_4486 | Os rexedores de quince concellos con instalacións eólicas, oito deles gobernados polos populares, asinan un manifesto contra os recortes ás enerxías renovables e advirten dos nocivos efectos no emprego e na economía dos seus municipios. | Os rebeldes continúan a aumentar dentro do PP. A polémica contrarreforma do aborto, a reforma local ou os continuos axustes e recortes provocados pola política económica de Madrid teñen levado a moitos alcaldes a amosar a súa disconformidade coas decisións do seu propio partido. Agora a protesta chega pola reforma enerxética aplicada polo ministro José Manuel Soria, que levou 70 alcaldes populares do Estado a asinar un manifesto promovido pola Asociación Empresarial Eólica (AEE) contra a política enerxética do Executivo e, nomeadamente, contra os recortes e o trato que recibe a enerxía eólica. Oito dos quince concellos galegos que asinaron o manifesto están gobernados polo PP En total, son 192 os rexedores de diferentes partidos e localidades do Estado (a maioría con importantes instalacións eólicas nos seus municipios) os que asinaron este manifesto, 15 deles galegos, dos cales oito están gobernados por alcaldes do PP (Muras, Paradela, Xermade, Vilalba, O Irixo, Verea, As Neves e Vila de Cruces) e os sete restantes polo PSdeG (Camariñas, Dumbría, Catoira, Chantada e A Pastoriza) ou independentes (Monfero e Chantada). É precisamente Galicia, xunto a Castela e León, onde hai unha maior resposta desde a propia dereita á reforma do ministro Soria, ao tempo que Vilalba é o terceiro concello máis grande da lista de municipios que veñen de opoñerse á política que en canto á enerxía desenvolve Madrid. Xa que logo, os alcaldes manifestan a súa "preocupación polo efecto que pode ter unha regulación que penaliza a eólica fronte a outras fontes enerxéticas", tal e como destaca a patronal, que lembra que a reforma enerxética "retira gran parte do apoio económico aos parques eólicos en funcionamento, o que podería ter como consecuencia que moitas instalacións tivesen problemas financeiros, se visen obrigadas a renegociar os seus contratos e tivesen dificultades para facer fronte ás súas débedas, co impacto que is suporía nas zonas de implantación eólica". "Non se pode cambiar de súpeto a lexislación; hai que pensar as cousas antes de facelas", di Issam Alnagm, alcalde popular de Muras Issam Alnagm, alcalde do PP en Muras e un dos asinantes do manifesto, cre que "non se pode facer unha cousa e logo cambiar de súpeto toda a lexislación e prexudicar tanto os concellos como as empresas". "Hai que pensar as cousas antes de facelas e levalas a cabo de maneira firme", explica o rexedor, que cre que o Goberno central "pretende arranxar un problema enerxético que vén de 10 ou 15 anos atrás e non sabe como facelo". "As empresas investiron moitos cartos e teñen dereito a recuperalos, pero agora non se lles está a poñer máis que atrancos", insiste o rexedor, que malia a presión do manifesto, non cre que o Goberno de Rajoy cambie. "Non están polo labor porque fan as cousas ao seu aire; a última poxa eléctrica demostra como ocorren as cousas", insiste. Aínda así, Alnagm opta por "non facer moita presión máis" pero si "avogar polo entendemento". "Nin queremos que se prexudique as empresas, nin tampouco que se prexudique o consumidor", que lle lembra ao Executivo que "son as compañías as que xeran emprego" e que "hai moito sitio de onde sacar diñeiro antes de beneficiar este importante sector". "O Goberno non está polo labor de rectificar; fai as cousas ao seu aire", censura o rexedor de Muras No manifesto, que xa foi remitido ao Goberno central, os case 200 alcaldes recórdanlle ao ministro e ao xefe do Executivo as vantaxes económicas e a "prosperidade" que o emprego directo e indirecto creado polo sector eólico provocou nos seus municipios e aseguran que esta enerxía "é a máis barata e eficiente das renovables e a que más contribúe a crear emprego duradeiro e valor engadido". Por iso, din, miran "con preocupación a reforma enerxética en tramitación e o impacto que poida ter nos concellos". "Preocúpanos perder o pulo dun sector que revitalizou tantas zonas rurais que estaban deprimidas; grazas á eólica, sentímonos orgullosos de vivir en municipios onde se xera a principal enerxía autóctona de España, que contribúe á independencia enerxética do noso país e a que os españois de hoxe e mañá teñan unha vida mellor". O manifesto lémbralle ao Goberno que a enerxía eólica "é a máis barata e eficiente das renovables e a que más contribué a crear emprego duradeiro e valor engadido" Así, os rexedores reclaman ao Goberno que "respecto o valor que achega a enerxía eólica e que volva apostar por ela" porque "é importante salvar un dos poucos sectores industriais españois exportador de tecnoloxía e que tanto benestar achegou a milleiros de ciudadáns das vilas e aldeas de España". |
NOS_41872 | Esquerda Unida chamou esta quinta feira a se sumar ás mobilizacións convocadas por Queremos Galego para reivindicar "liberdade, xustiza e igualdade" para a lingua propia de Galiza este 17 de maio en 13 cidades e vilas do país. "É unha chamada a prol do galego e ten que persistir os 365 días do ano", afirmou a súa coordinadora nacional e deputada de En Marea Eva Solla. | Solla lembrou datos da Real Academia Galega e o Instituto Galego de Estatística para alertar da "perda moi acelerada de falantes de galego, especialmente de nenas e nenos". O 10% menos de persoas co galego como lingua preferente na última década é tamén motivo de alarma. A líder de Esquerda Unida cargou contra as políticas lingüísticas de Alberto Núñez Feixoo e o PP e relacionounas coas de Pablo Casado. Contra esa situación, expuxo a necesidade dun "Goberno que fomente as políticas de aprendizaxe do galego en escolas primarias e institutos e que entenda que o seu uso ten que ser unha realidade en todas as esferas". |
NOS_38539 | A resolución emitida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas suspende de forma provisional todas as actuacións administrativas relacionadas co proxecto desde o ano 2007 e ordena a paralización inmediata de todas as obras que Fergo Galicia Vento S.L. está a realizar na Serra do Iribio. | A resolución da Consellaría de Industria, con data do 22 de outubro de 2019, prodúcese ao abeiro do auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que suspende de forma cautelar o acordo da Xunta para a construción do parque eólico mentres non se actualice a declaración de impacto ambiental (DIA) nin se xustifique o uso industrial "pretendido pola Xunta". Á vista da argumentación expresada do TSXG, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acorda no seu escrito estender os efectos das disposicións xudiciais a todas as actuacións administrativas causalmente vinculadas ao acordo da Xunta agora suspendido, sexan anteriores ou posteriores. Dunha banda, resolve "suspender de xeito temporal a Resolución do 31 de maio de 2007, da Consellaría de Innovación e Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se declara a compatibilidade cos permisos de investigación, (...) se inclúe no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto das instalacións do proxecto do parque eólico Serra do Iribio situado nos concellos de Samos e Triacastela". Doutra, ordena a paralización inmediata de todas as obras que Fergo Galicia Vento S.L. leva a cabo nesa zona. Ao mandato da Xunta de paralizar as obras, súmanse os dos dous concellos afectados, Samos e Triacastela, que nas últimas horas procederon a comunicarlle á empresa a súa decisión de suspender senllas licenzas municipais de obras. Optimismo entre as defensoras da Serra do Iribio "É o principio da fin do proxecto", asegura Belén Rodríguez, secretaria executiva de Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, en declaracións a Sermos Galiza. "A xustiza obriga a someter o proxecto a unha nova avaliación de impacto ambiental, que é imposíbel que supere, xa que a lei prohibe construír parques eólicos en espazos da Rede Natura". Desde a asociación ecoloxista lembran, ademais, que o auto do TSXG exixe que a Administración xustifique a prioridade do uso industrial fronte ao uso público da preservación do medio natural; e pídenlle a todas as autoridades competentes unha vixilancia rigorosa co fin de que se cumpran todas as disposicións xudiciais e as ordes que as acompañan. Cautela ante unha empresa afeita a ignorar a lei "Nós non nos fiamos. Estamos a falar dunha empresa cun historial contrario ao cumprimento da lei. É a mesma que iniciou as obras no monte Iribio sen os permisos exixidos. Sen as licenzas municipais nin autorización de Industria. E a responsábel dun cambio no trazado do proxecto sen consentimento previo. De feito, seguen accedendo ao parque eólico por un cambio que non estaba previsto e que mudaron ao seu antollo, nunha área da Rede Natura recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño de Santiago" explica Belén Rodríguez. A secretaria executiva de Adega recoñece o impacto negativo que as últimas decisións xudiciais e administrativas teñen para os intereses da empresa promotora. "Seguro que non vai quedar de brazos cruzados, por iso somos cautelosas. O seu obxectivo é rematar o proxecto antes do 31 de decembro deste ano. De non cumprir ese prazo, as opcións de manter un proxecto viable esvaeceranse, ademais de perder o seu sitio no réxime especial de produción de enerxía eléctrica". De non acatar as resolucións dos últimos días e as ordes de paralización das obras, Adega, entre outros colectivos ecoloxistas e sociais da plataforma Salvemos O Iribio, recorrerá a vía penal "porque estariamos diante dun delito de terrorismo ecolóxico contra os valores naturais protexidos desa serra; e ante un delito de prevaricación se a Xunta non fai cumprir os mandatos das disposicións xudiciais". |
NOS_53286 | Faleceu Leonard Cohen, aos 82 anos, un dos xigantes da música popular na súa versión máis culta. Novelista, poeta, cantor de voz profunda. Cantoulle á vida, ao amor e filosofou sobre todo, primeiro tomemos Manhattan, despois tomemos Berlín. | O falecimento de Leonard Cohen -autor de cancións de beleza inmorredoira como Suzanne, Chelsea Hotel ou Bird on The Wire ("Kriss Kristofersson díxome que un verso desta canción estará na súa lápida e como non sexa así, vaime doer de verdade")- foi confirmado pola súa familia nas redes sociais. Cohen acababa de editar o seu último traballo, You Want it Darker, e estaba en activo aínda nos palcos. Unha das súas grandes bazas como artista era a súa capacidade para comunicar co público desde o cenario. A súa posta en escena magnética facía do seu espectáculo algo único, como puidemos comprobar no seu concerto en Ourense de setembro de 2010. Cohen comezou a súa carreira artística no campo da novela e fíxoo con brillantez, a despuntar como un émulo canadiano de Joyce. Mais a canción cruzouse no seu camiño e xa non abandonou até o fin. Polo medio, infinidade de versos de grande alento lírico e profundidade. Soou, á par de Dylan, admirábanse profundamente, como candidato ao Nobel. Non o merecía menos que o vate de Minnesota. |
NOS_5563 | Dúas novas cancións e novo disco a final de ano | A lírica resentida é dificilmente confundíbel. Mesmo cando é inédita. "Hai xente que madruga para ir traballar / hai xente que non madruga para ir traballar / hai xente que madruga para non ir traballar / hai xente que non madruga para non ir traballar", canta Antón Reixa con peculiar cadencia, entre o rap e Lou Reed, en Money for free. Funk de dormitorio, soul branco anarquista, é o segundo adianto do que, contra finais de ano, será o primeiro álbum de estudio dos Resentidos desde Están aquí (1994). "Isto víñase tramando desde 2018, cando demos tres ou catro concertos. O ano pasado, outros tantos", conta Reixa a Nós Diario, "as vibracións foron moi boas. Tocamos cancións de todas as épocas. E a banda está moi asentada". Tanto que ademais do propio Reixa, cantante e letrista, fan parte dela outros dous membros fundadores: o saxofonista Rubén Losada e o guitarrista Javier Soto. Completan a nómina resentida actual Anxo Graña (percusións, gaita), Pablo Vidal (baixo) e Kino Seoane (batería). "Nunca me atopei tan cómodo nun grupo", asegura, "e queremos demostrar que está vivo. Xa temos contratos asinados para actuacións e estamos compoñendo". Antes do grave accidente de automóbil que, en outubro de 2016, o deixou en coma durante 18 días, Reixa xa comandara unha versión renovada dos Resentidos. No rexistro en directo Fai un sol de carallo suite (2016) incluíran catro temas novos, Grelicia, Ausencia e fracaso -coescrita con Soto-, e Anti-sistema e Warren Buffet -a medias con Alberte Torrado. Mais Money for free, canda a revisión do clásico black power A revolución non será televisada, supuxeron as primeiras incursións no estudio da formación nun cuarto de século. Ambas as dúas teñen clip, rodados por Antonio Segade e o propio Reixa. "A revolución non é un bo sitio para os tertulianos/ a revolución non quita o mal alento / pero si, haste sentir mellor / a revolución non aparece no parte metereolóxico", afirma a súa revisión da célebre admonición de Gil Scott-Heron. "É un tema histórico, o nacemento do rap", explica Reixa, "e un himno afroamericano". A orixinal, de 1970, contiña unha longa restra de referencias á televisión estadounidense da época e un chamado á revolta negra nas rúas. A resentida, de Belén Esteban á Teletenda, do whatsapp a "garantir o caos". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_16467 | Falamos coas responsables das áreas de Muller e Igualdade de UGT, CIG, CCOO e CUT sobre a convocatoria de folga do 8 de marzo, impulsada polo movemento feminista. Margarida Corral (CIG): "A folga xa é un éxito, fomos quen de levar o debate sobre a discriminación a todas as empresas" Mónica Rodríguez (UGT): "Non interesa cuantificar o traballo non remunerado que fan as mulleres" Mamen Sabio (CCOO): "A folga é unha oportunidade. Levamos dous meses falando destes temas nas familias, no traballo e na rúa" Ana Viqueira (CUT): "É un punto de inflexión no funcionamento dos sindicatos. Estamos a transformar a ferramenta da folga" | Margarida Corral (CIG): "A folga xa é un éxito, fomos quen de levar o debate sobre a discriminación a todas as empresas" Mónica Rodríguez (UGT): "Non interesa cuantificar o traballo non remunerado que fan as mulleres" Mamen Sabio (CCOO): "A folga é unha oportunidade. Levamos dous meses falando destes temas nas familias, no traballo e na rúa" Ana Viqueira (CUT): "É un punto de inflexión no funcionamento dos sindicatos. Estamos a transformar a ferramenta da folga" O vindeiro xoves 8 de marzo o movemento feminista convocou unha folga xeral de mulleres, á que os sindicatos deron cobertura legal, rexistrando convocatorias de 24 horas (CUT, SLG, CGT, CNT ou Intersindical -na que se integra, por exemplo, o STEG-) ou de 2 horas por quenda (entre as doce da noite e ás 2 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas) por parte dos tres sindicatos maioritarios en Galicia, UGT, CCOO e CIG. Unha folga internacional e pioneira, que busca denunciar as discriminacións e desigualdades que sofren a mulleres en distintos ámbitos da vida, dende o laboral ao consumo, pasando polos traballos de coidados, un peso que queda reservado a elas. Algunhas das centrais sindicais convocaron concentracións pola súa conta para a mañá do xoves, pero todas fixeron un chamamento a participar pola tarde nas mobilizacións unitarias convocadas polas plataformas feministas. De igual xeitos todas as entidades apoian a manifestación convocada este domingo en Vigo. Lembran a "dupla ou tripla" xornada laboral que unha boa parte das mulleres deben encadear: o traballo remunerado e o traballo non remunerado, de coidados Hai moitas razóns que xustifican a convocatoria da folga, pero os sindicatos destacan especialmente a fenda salarial, a maior precariedade que sofren as mulleres, as dificultades para a conciliación da vida laboral coa familiar (que sofren sobre todo as mulleres) e as situacións de acoso sexual e agresións machistas nos espazos de traballo. Tamén chaman a atención sobre as situacións particularmente difíciles que deben atravesar as traballadoras de ámbitos especialmente feminizados, coma as empregadas do fogar ou dos servizos de limpeza. E lembran a "dupla ou tripla" xornada laboral que unha boa parte das mulleres deben encadear: o traballo remunerado e o traballo non remunerado, de coidados. "Non interesa cuantificar o traballo non remunerado que fan as mulleres, moitos millóns de euros que están a perder. Teríamos que falar de que as mulleres están a suplir moitos servizos básicos que tería que dar o Estado", afirma Mónica Rodríguez (UGT). Fan fincapé no proceso de "visibilización" e debate social que xa se está dando ao redor de moitos dos temas denunciados Subliñan que esta se trata dunha folga "distinta", que non se pode medir cos parámetros doutras. E fan fincapé no proceso de "visibilización" e debate social que xa se está dando ao redor de moitos dos temas denunciados. "A propia convocatoria serve para ser conscientes de que mudar esta realidade depende de nós, e de que se pode deixar de conmemorar o 8 de marzo como unha data festiva e lúdica (que tamén pode selo), pois é unha data de combate", sinala Margarida Corral (CIG). "É unha oportunidade para que toda a sociedade reflexione", concorda Mamen Sabio (CC.OO.). Todas falan, ademais, de que pode supor un "punto de inflexión" na sociedade e tamén nos propios sindicatos. "Estamos a transformar a propia ferramenta da folga", opina Ana Viqueira (CUT). E todos os sindicatos responden ás críticas lanzadas por PP e Ciudadanos contra a convocatoria da folga. Se hai uns días Miguel Tellado (PP) cualificaba o paro de "elitista" e outras voces do descualificaban como "politizado" ou "ideolóxico", Ana Viqueira (CUT) sinala que "se critican seguramente quere dicir que o estamos facendo ben" e engade que "todos estes intentos por torpedear a folga, creo que tamén amosan que isto non é só unha cuestión festiva e simbólica, senón que realmente ten un poder efectivo e un impacto social". Todos os sindicatos responden ás críticas lanzadas por PP e Ciudadanos contra a convocatoria da folga "Non é ideolóxico recortar os dereitos de conciliación ou conxelar as pensións? Iso tamén é ideoloxía. Os gobernos do PP levan moitos anos recortando os dereitos das mulleres", di pola súa banda Margarida Corral (CIG). E de igual xeito Mónica Rodríguez (UGT) conclúe: "As políticas aplicadas nos últimos anos, modificacións lexislativas e recortes orzamentarios provocaron retrocesos. É o momento de dar un golpe na mesa e dicir 'ata aquí'". "É unha cuestión económica: non interesa que se falen destes temas. Xa dixo Rajoy 'No nos metamos en eso', pois nós si que nos metemos niso", engade Mamen Sabio (CC.OO.). |
NOS_37568 | Sílvia C.S. aínda non declarou perante o xuiz. A policía española prendeuna esta segunda feira á última hora do serán, incomunicándoa de inmediato e afastándoa da súa crianza, un neno de oito meses aínda lactante. No comunicado emitido polo ministerio de Interior non se lle atribuía acción delitiva ningunha e nos rexistros domiciliarios practicados só atoparon folletos de propaganda e unha axenda. A súa parella, Júlio S.S., detido canda ela, pasará na quinta feira a disposición xudicial após serlle negado o habeas corpus | Liberdade sen cargos. É a situación que vén de decretar a policía española para Sílvia C.S., a moza independentista que foi arrestada á ultima hora do serán desta segunda feira canda a súa parella, Júlio S.S., afastando amb@s @s dúas durante horas da súa crianza, un neno de oito meses aínda lactante que ficou sen se alimentar desde que prenderon á nai, ao redor das onde da noite, até que unha familiar foi avisada para se facer cargo del. As dúas persoas detidas foron incomunicadas de inmediato en aplicación da lei antiterrorista, ficando tamén o pequeno sometido a ela. F A posta en liberdade da muller, activista en varios colectivos sociais e culturais, sobrevén após un comunicado de imprensa feito público polo ministerio de Interior en que non se lle imputaba á moza ningunha acción constitutiva de delito. Porén, aínda na información reproducida agora con motivo da súa liberdade nos medios de comunicación segue a obviarse a presunción de inocencia e aparece vinculada, citando fontes do Goberno español, á organización Resistencia Galega. Sílvia C.S. xa non pasou a disposición xudicial, ao entender o corpo español da policía que non había "indicio ningún" de delito contra ela. A outra persoa detida, Júlio C.S., pasará esta quinta feira a disposición xudicial a pesares de cadrar cun día feriado, após denegaren para el o habeas corpus --a posta inmediata a disposición xudicial-- solicitado polo avogado da defensa. O ministerio de Interior atribúelle responsabilidades no que denominan "aparello de financiación" de Resistencia Galega. A información facilitada á prensa desde o Goberno español sinala que nos rexistros domiciliarios que se practicaron a policía incautouse unicamente de panfletos propagandísticos, "diverso material informático" --non se especifica cal-- e unha axenda. Con todo, o documento emitido polo departamento que dirixe Jorge Fernández Díaz aparece ilustrada con imaxes de arquivo do material explosivo incautado nunha operación anterior, de novembro de 2011. Asembleas informativas e concentracións O organismo antirrepresivo Ceivar realizou asembleas informativas en diferentes cidades do país e convoca para esta cuarta feira concentracións de solidariedade coas persoas detidas. Terán lugar en Vigo ás 20h, diante do MARCO, e en Compostela ás 20:30h, na praza do Pan (Cervantes). |
PRAZA_6668 | O movemento Compostela Aberta comeza a súa andaina fronte a unha "maioría absoluta do PP" que "trouxo alcaldes malfeitores" á capital de Galicia. O colectivo comeza unha rolda de contactos con movementos sociais e partidos e prepara un encontro en novembro para comezar a artellar o seu programa electoral. | "Compostela Aberta é o resultado de tres anos de indignación ante o espolio, a corrupción e a ineficacia". Dende hai meses múltiples puntos do país, especialmente as cidades, están asistindo ao xurdimento das popularmente coñecidas como mareas, movementos nos que están a confluír movementos sociais, organizacións políticas e cidadanía organizada ou sen organización previa. Mentres isto acontecía, en Santiago permanecía a pregunta de se a capital galega, unha das localidades do país coa vida municipal máis convulsa dos últimos anos, non asistiría ao nacemento dun destes movementos. Aínda que con máis tardanza, xa está en marcha. Ao pé do Pazo de Raxoi -non sen previos atrancos da Policía Local- arredor de medio cento de persoas presentaron o manifesto co que bota a andar Compostela Aberta, que se ben se presenta agora ao conxunto da sociedade está a celebrar dende hai varios meses asembleas e comisións de traballo. "Amamos Santiago, un concello vivo e de impresionante legado" ao que "a maioría absoluta do PP trouxo alcaldes malfeitores, non electos polo pobo" e "unha Xunta de Goberno condenada pola xustiza anti corrupción". Ao tempo, subliñan, "precarizábanse as condicións de vida" de numerosa veciñanza "e degradábase o acceso ao servizos básicos mentres asistiamos ao medre dunha camarilla de privilexiados que usaba a política en beneficio propio". "A maioría absoluta o PP trouxo alcaldes malfeitores e unha Xunta de Goberno condenada" Neste contexto, pero tamén dende a crítica "á traxectoria do Concello previa ao trienio negro do PP, cando se orixinou unha cidade turistificada e elitista que expulsou, por causa do prezo da vivenda, moitas persoas aos concellos limítrofes e debilitou a forza e cohesión da sociedade civil organizada", din estar a procurar "novas formas de facer e de estar, pois sabemos que a democracia real será sinónimo de cooperación, de calidade de vida e dun futuro mellor". Compostela Aberta prepara un encontro para o mes de novembro no que comezarán a artellar o seu programa Mentres seguen a recoller sinaturas de apoio ao seu manifesto e preparan unhas xornadas en novembro para comezar a articular o seu programa político dende Compostela Aberta sinalan xa algunhas das liñas mestras do seu proxecto. Así, por exemplo, explican, "defendemos un Concello Aberto, con paredes de cristal", que "limpe o poder local de oligarquías e mafias" e promova medidas como unha auditoría da débeda municipal, "consultas populares, revogabilidade de cargos, limitación de salarios e mandatos" ou estableza "auténticos orzamentos participativos". Dende o consistorio, din, tamén apostan por promover un urbanismo que "privilexie a rehabilitación", o transporte público e os "alugueres dignos" ou unhas infraestruturas que eviten o "mastodóntico" e fomenten a economía local. Neste escenario, Compostela Aberta apela a que "a xente veña, participe nas reunións e asembleas e realice propostas" mentres o proxecto vai tomando forma. O colectivo, di, apostará por un "sistema de eleccións primarias abertas á cidadanía, con controis de calidade democrática". Tamén, do mesmo xeito, comezarán unha rolda de contactos con movementos sociais e partidos políticos para, se se "viren recoñecidos" no proxecto, poidan "estar en igualdade de condicións en Compostela Aberta". |
PRAZA_7897 | O PP veta a solicitude do PSdeG para que o presidente "abordase" en pleno o "problema" das condutas corruptas, pero terá que responder sobre o asunto na sesión de control, a instancias de AGE e do BNG | A finais de xullo de 2010 o presidente da Xunta comparecía no Parlamento para falar sobre a "situación económica e financeira de Galicia". Esta comparecencia, que se converteu no marco para duras críticas contra a xestión do Goberno de Zapatero, foi a última que protagonizou Alberto Núñez Feijóo fóra das sesións obrigatorias, isto é, dos debates de política xeral e do seu segundo debate de investidura. Nestes case tres anos a oposición tentou en múltiples ocasións que Feijóo acudise a Cámara a comparecer por temas diversos, pero todas as solicitudes bateron, sistematicamente, contra a maioría absoluta do PP, que as rexeitou. A situación repetiuse este martes, cando o PSdeG -único grupo con escanos dabondo para solicitar comparecencias en solitario- reclamou que o xefe do Goberno comparecese para dar conta dos casos de "corrupción" que afectan ao PP galego. Feijóo non comparecerá, pero si terá que explicarse. As explicacións presidenciais non chegarán co formato de comparecencia, vía parlamentaria na que, entre outros aspectos, o Goberno ten tempo ilimitado para falar. O bloqueo do PP provoca que a oposición só poida obter explicacións ao respecto a través da sesión de control ao presidente da Xunta, as preguntas que os portavoces lle realizan a Feijóo en cada pleno e que se substancian en apenas cinco minutos por grupo. Quen preguntará será a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, e o voceiro do BNG, Francisco Jorquera. Ambos centraranse na corrupción en xeral e, particularmente, na situación pola que atravesa o Concello de Santiago despois do estourido do caso Manga. Feijóo non comparece fóra das sesións obrigatorias dende xullo de 2010 "Feijóo non pode seguir mirando para outro lado" porque a súa "responsabilidade" é "dobre", di Jorquera, en referencia á súa dobre condición de presidente da Xunta e líder do PP. A Xunta, lembra o nacionalista, está "lexitimada para iniciar o trámite de disolución da corporación municipal de Compostela", polo que Feijóo debería comezar por forzar a "dimisión de todos os imputados, comezando polo alcalde", xa que "non abonda con dicir que non é normal" o que acontece en Compostela. Nun sentido semellante, Díaz considera que a "depuración" da corporación compostelá é "absolutamente necesaria", o mesmo que as explicacións por parte de Feijóo. Neste escenario, o veto do PP á comparecencia de Feijóo é, a xuízo do grupo que a pedía, o PSdeG, "unha estratexia nefasta". Dende o punto de vista do voceiro socialista no Pazo do Hórreo, Abel Losada, Feijóo está contribuíndo a empeorar a "percepción" que a cidadanía ten das institucións democráticas, xa que "en lugar de ofrecer unha reflexión política e afrontar estes casos, decide metelos no armario e deixar que apodrezan". Para Losada, "os casos de corrupción que afectan" ao goberno de Santiago "fan que a súa credibilidade se desmorone". Ata o propio PP compostelán xa admite que as imputacións e detencións "afectan á xestión" municipal, lembra, pero os conservadores "antepoñen a súa supervivencia" a "gobernar". Feijóo obvia o veto e di que dará "explicacións" O PP non pecha a porta á posibilidade de incorporar edís non electos á corporación de Santiago, como avanzou o PSdeG Case á mesma hora en que o PP vetaba a comparecencia do presidente o propio Feijóo, a preguntas da prensa nun acto na Coruña, aseguraba que a súa formación seguirá a dar "todas as explicacións, na medida en que sexa necesario", sobre todo o que acontece en Santiago. A súa formación, di o xefe do Goberno, está comprometida a "tomar todas as decisións que procedan" e, neste marco, evita pechar a porta á posibilidade apuntada polo voceiro do PSdeG en Santiago, Francisco Reyes, quen afirmou saber, de "fontes fidedignas" que, Feijóo prepara o desembarco en Compostela de, cando menos, "dous concelleiros non electos" que se fagan co control do goberno local a xeito de "comisarios". A incorporación de edís non electos é "unha competencia dos alcaldes", di Feijóo, polo que esta operación lle correspondería a Ángel Currás. O mesmo argumento, case de maneira textual, repetíao no Parlamento o voceiro popular, Pedro Puy, quen tampouco desmente esta posibilidade pero si aproveita para censurar que o PSdeG a critique, xa que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, di, tamén incorporou edís non electos ao seu goberno. "A lei está para cando fai falta", subliña o conservador, en referencia á Lei de Grandes Cidades, que permite este tipo de incorporacións. |
NOS_21085 | O comité clínico aconsellou tomar esta medida despois de que o número de casos na localidade ascendese de forma moi rápida. | O comité clínico de persoas expertas que aconsella á Xunta sobre as medidas a tomar para frear a evolución da pandemia decidiu esta terza feira que o municipio de Sanxenxo se sume ao grupo dos outros 67 concellos galegos sobre os que hai estabelecidas as maiores restricións. En consecuencia, o Goberno galego imporá a esta localidade un fechamento perimetral xunto ao Grove, que inclúe medidas como o parón da actividade na hostalaría. Estas medidas de restrición para tentar frear a propagación da pandemia publicaranse mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrarán en vigor a medianoite do xoves. Sanxenxo era un dos tres municipios sobre os cales o pasado venres as autoridades sanitarias xa advertiran que se intensificaría a vixilancia debido a que se detectou "un goteo permanente de casos" da Covid-19. "Se non hai unha melloría clara tomaranse medidas", advertira entón a Consellaría de Sanidade. Polo de agora, os outros municipios dos que tiña falado o Sergas, é dicir, Chantada e A Rúa continúan baixo vixilancia pero non entran no conxunto de concellos coas limitacións máis amplas. O conselleiro Julio García Comesaña comparecerá mañá para informar á cidadanía doutras cuestións que se trataron no encontro coas e cos especialistas. Por outra banda, hoxe foi un día no que se notificaron seis falecementos, un deles dunha usuaria da residencia de Salvaterra de Miño. As vítimas da pandemia no país son xa 1.092. |
NOS_31186 | @s poetas Yolanda Castaño, Francisco Fernández Naval, Baldo Ramos, Eva Veiga, Olalla Cociña e Berta Dávila xunto cos antólogos Manuel Celso Matalobos, Olga Patiño Nogueira, Xavier Lama, Branca Novoneyra e Mariña Pérez Rei participarán na presentación en Compostela esta terza feira día 28 das tres antoloxías do Sentimentalismo . | A presentación en Compostela da "Antoloxía de referencia" cos tres volumes terá lugar na galería Bus Station Space (praza de Camilo Díaz Valiño, 17, enfronte da estación de autobuses de Compostela) esta terza feira, 28 de xaneiro, ás oito da tarde, nun acto no que estarán presentes antólogos e antólogas ademais dun importante número de poetas participantes nos tres volumes. Tres volumes para unha "Antoloxía de referencia". Sete autores e autoras de distintas correntes literarias en cada un deles. Todos eles, unidos polo chamado Sentimentalismo, movemento promovido polo poeta Xesús Manuel Valcárcel que se basea nunha "concepción integradora da creación artística, e no recoñecemento de que todas as persoas contribuímos á creación do espazo común". Do primeiro dos volumes, titulado, "Etapa de fundación", encargáronse Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño que escolmaron obra de Carlos Arias, Cristina Ferreiro Real, Xesús Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei e Xesús Manuel Valcárcel. "Etapa de implantación" é o segundo dos volumes que foi preparado por Carlos Arias e Mariña Pérez Rei e recolle poemas de Yolanda Castaño, Xulio Cid Neira, Olalla Cociña, Francisco X. Fernández Naval, Xabier López Marqués, Baldo Ramos e Eva Veiga. Xavier Lama e Branca Novoneyra son responsábeis da escolla de obra para o terceiro dos volumes, "Etapa de expansión", no que se escolmou obra de Berta Dávila, Cristina Ferreiro, Xurxo Martínez González, Celia Parra, Elías Portela, Ismael Ramos, Helena Salgueiro. |
PRAZA_1640 | A ENTREVISTA ALTERNATIVA. Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias. | Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias. Percorrer as rúas e durmir pouco foron os motivos polos que Jorge Suárez rematou na alcaldía de Ferrol. É vigués de familia ferrolá e volveu á cidade militar, na que xa leva anos residindo, por amor. O mellor almorzo leva... Un café rápido para saír correndo da casa Nunca saes da casa sen... Móbil, carteira, tabaco e chaves O primeiro que pensaches ao chegar ao despacho despois da investidura foi... O estilo rococó non casa coa nova política no formal. No fondo, un sentimento de rachar cadeas e responsabilidade de asumir un mandato popular Es ave nocturna como o moucho ou madrugador como o cuco? Un cuco amouchado con centos de horas de sono atrasado Que libro lle regalarías a Mariano Rajoy? Ni tribunos, de Francisco Fernández Buey E a Pablo Iglesias? El eclipse de la fraternidad, de Antoni Domenech. Marx ou Keynes? Marx, pero fuxindo de clichés ortodoxos Batman ou Spiderman? Non son de superheroes, pero de escoller Spiderman. Batman como que é un pouco high class con mordomo propio Xulio Ferreiro ou Martiño Noriega? Os dous, condenados á irmandade de cidades rebeldes Tsipras ou Varoufakis? Syriza como exemplo de dignidade. Varoufakis porque xa o seguía en sinpermiso.info A película infalible para mocear é... Calquera tostón francés, que dea pé ao moceo por aburrimento Los Limones ou F de Fecal? En Ferrol, Cabe e Juan Padín, iconas FeC Cal foi o último concerto ao que fuches? Os mesmos da anterior, en campaña. E o fillo de Malay, unha amiga. AC/DC non pasou por Ferrol Cine ou teatro? Ambos, pero pouco vou, a vida política hipoteca o lecer O que menos che gusta de Galicia é... Que a Xunta estea en manos da dereita dos recortes. As torradas tamén, fobia persoal |
PRAZA_7925 | A campaña de mobilizacións comezará este venres, con concentracións nas sete cidades de Galicia, contra as 20 horas, e confluirá nunha manifestación o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela | Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará este venres, con concentracións nas sete cidades de Galicia, contra as 20 horas, e confluirá nunha manifestación o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela A campaña de mobilizacións comezará este venres, con concentracións nas sete cidades de Galicia, contra as 20 horas, e confluirá nunha manifestación o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela Laura Arjonilla, que presentou a campaña, lembrou o contexto político, social e económico actual e sinalou que as organizacións que botan a andar esta campaña consideraron que este era o momento para mobilizarse de forma conxunta "en defensa do dereito ao traballo, á igualdade e os servizos sociais públicos, contra a destrución social e cultural que estamos a vivir e, fundamentalmente, contra a lacra da corrupción". Arjonilla chamou a unir forzas para darlle continuidade no tempo a esta campaña que agora se inicia porque "é necesaria unha ruptura co actual sistema e para iso hai que saír á rúa para denunciar a corrupción, en defensa dos dereitos da cidadanía, dos dereitos das mulleres, que tamén están a ser recortados, e pola soberanía nacional. Unha reclamación que debe ser central". Xunto a iso, lembrou que o proceso iníciase agora pero "está aberto a todas as organizacións e movementos que poidan compartir estes obxectivos" e insistiu na importancia de que se unan "para que toda a cidadanía galega faga parte para poder mudar o actual estado de cousas". Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está "caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto" Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está "caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto". Así lembrou a situación que se está a xerar por mor dos desafiuzamentos, "vulnerando de forma brutal a Constitución" ou das preferentes, para o que só obteñen como resposta que "nos teñen que roubar os cartos porque senón Bruxelas non lles dá os miles e miles de millóns de euros necesarios para sanear a banca". Do mesmo xeito, denunciou os recortes que están a padecer servizos públicos esenciais como o ensino público e a sanidade e que "aquí a cidadanía se está empobrecendo día a día e cando os movementos sociais saen á rúa cando se deixa ás familias sen casa o propio sistema utiliza as forzas da orde para reprimilos". Fronte a isto, asegurou que "o poder pode roubar, sexa o sr. Bárcenas, sexa a Casa real, pero os que realmente rouban e empobrecen o noso país teñen o sistema que os defende e aí as forzas da orde non actúan". Pola súa banda Mirian Rodríguez, tamén da plataforma de afectados polas Preferentes, fixo un chamamento á sociedade para que se sume a estas mobilizacións comarcais e á nacional, "a prol dos dereitos nos que todos e todas estamos implicadas, porque todas estamos afectadas". E fixo un chamamento á unidade "para mudar este sistema caciquil". Soberanía nacional As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita "recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo" As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita "recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo". Subliñan que esta é a base para que "non teñamos que emigrar para gañar a vida, que non sexa posíbel sufrir un desafiuzamento, que as mulleres e homes que viven e traballan en Galiza, con independencia da súa situación administrativa, teñan acceso libre aos servizos públicos da nosa sociedade" e manifestan que non haberá dereitos, liberdades e soberanía nacional "se non sobardamos os estreitos e antidemocráticos muros deste réxime e damos carta de natureza ás prácticas da democracia participativa e directa". |
NOS_31691 | Unha remodelación do executivo tornará o ex-presidente á primeira liña política. Aliás, gozará de aforamento perante a investigación xudicial que paira sobre el. | O ex-presidente do Basil, Lula da Silva, fará parte do goberno de Dilma Rousseff. Así o confirmou o voceiro do Partido dos Trabalhadores, Afonso Florence, na Cámara de deputados brasileira. Para tal fin a mandataria desenvolverá unha remodelación gobernamental e Da Silva pasará a ser responsábel da Casa Civil, un órgao directamente vinculado á Presidencia. O ex-presidente contará con imunidade A decisión foi adoptada após ter sido iniciada unha investigación arredor do ex-mandatario por un suposto delito de corrupción relacionado coa petroleira Petrobras. Co seu aforamento da Silva evitaría ser prendido e xulgado. Aliás, a imprensa brasileira apunta que se trataría dun intenro da propia Rousseff para evitar a abertura do proceso de destitución que foi presentado no Congreso polas forzas da oposición e que tamén demandaron milleiros de persoas nas rúas do país esta fin de semana. |
NOS_8472 | Diego Lores enfróntase esta terza feira a un xuízo no que se piden para el 3 anos e medio de prisión e unha responsabilidade civil de máis de 30.000 euros polos protestos da 'Rotonda de Alfageme'. Centos de persoas arroupárono no inicio do feche.Vídeo no interior | Este domingo comeza o feche de 48 horas na parroquia Cristo da Vitoria, en Coia, Vigo, para pedir a absolución de Dielo Lores. Centos de persoas arropuaron o activista na comparecencia de imprensa para falar do inicio deste acto. Diego vai ser xulgado esta terza feira. A fiscalía rexeitou por dúas veces facer parte do proceso contra este activista, mais si hai acusación privada: a Policía Local. Acusan Diego Lores de suposta agresión a un axente durante os protestos que decorreron hai dous anos en Vigo contra o proxecto de instalar un barco nunha rotonda, uns cartos, sosteñen os opositores, moito máis necesarios en cuestións sociais. Piden para el 3 anos e medio de prisión e unha responsabilidade civil de máis de 30.000 euros. O fechamento prolongarase durante este domingo e toda a segunda feira. Haberá diversas actividades, desde contacontos e palestras até música (Mini e Mero), proxeccións e obradoiros. A terza feira, ás 9:00 da mañá, haberá unha marcha a pé até os xulgados onde vai decorrer a vista e alí realizarase unha concentración. Os apoios a este activista foron constantes ao longo das últimas semanas e procedentes de diversos sectores e desde diferentes lugares. Un manifesto impulsado pola Asemblea de Coia en solidariedade con Diego e pedindo a súa absolución reuniu unha manche de voces. De Manuel Rivas e Méndez Ferrín a Fermín Muguruza ou O Leo, de Martiño Noriega a Olalla Rodil ou Anna Gabriel. De Torres Queiruga a Carlos Taibo, Teresa Forcades ou Miren Etxezarreta. "Tendo sempre por bandeira a non violencia, a resistencia pasiva e a desobediencia pacífica, paralizáronse as obras. As forzas de orde público interviñeron, e comezaron a chegar as multas e as detencións: tras Xurxo, foi a quenda a Diego. Agora, dous anos despois, dará comezo o seu xuízo", denunciaban neste escrito. "Meter medo" Nunha recente entrevista en Sermos Galiza, Diego Lores reflexionaba que "as multas, os xuízos, meten medo á xente, mais creo que, pasado todo este tempo, podemos dicir que gañamos. O barco está na rotonda si, mais durante todo aquel tempo fomos quen de xerar preguntas sobre que modelo de cidade queriamos, sobre onde se invisten os nosos cartos, de como desobedecer con argumentos e sen violencia proxectos 'faraónicos' como aquel... |
PRAZA_11746 | "O problema non é só parir; se o meu fillo se pon malo ás tres da mañá, a quen lle pido contas?", advirten veciñas de Verín ás portas do acto de inauguración da nova biblioteca de Ourense, ao que acudiu o presidente da Xunta | O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reflexionaba esta fin de semana, durante unha entrevista coa Cadena SER, que ao PP lle "faltou pedagoxía" á hora de anunciar o peche da sala de partos de Verín. Santalices, médico e tamén dirixente dos populares ourensáns próximo a Baltar, insistiu en que "temos que saber explicar" o acontecido e evitou aclarar se, neste asunto, a súa posición política está co presidente da Xunta ou co titular da Deputación de Ourense e líder do seu partido nesa provincia.Vinte e catro horas despois da emisión desa entrevista, Santalices foi un dos membros da comitiva que, encabezada polo ministro de Cultura en funcións, Jose Guirao, e mais polo propio Alberto Núñez Feijóo, inaugurou a nova biblioteca do Estado en Ourense, proxecto que se remonta aos tempos de Aznar e que acumulou máis dunha década de atraso. A inauguración non puido ser allea ao conflito de Verín, que se fixo presente mediante unha protesta de veciñanza da vila apoiada por organizacións como a Marcha Mundial das Mulleres."O problema non é só parir; se o meu fillo se pon malo ás tres da mañá, a quen lle pido contas?"Os berros de "Verín non se pecha" ecoaron durante o acto oficial, antes do cal o ministro Guirao se achegou ás persoas mobilizadas. "O problema non é só parir", explicou unha das participantes na protesta, co seu fillo de curta idade en brazos. "Se o meu fillo se pon malo ás tres da mañá e lle dá unha convulsión pola febre e pasa algo no camiño, a quen lle pido contas, a ese señor?", expuxo ante o ministro en referencia a Feijóo, tal e como recolle La Región. O hospital de Verín "ten servizos e está preparado, que lles paguen o que corresponde aos pediatras e que os manden, é o que teñen que facer", resumiu outra das manifestantes ante Guirao.Toda a comitiva puido escoitar, dende o interior do anovado complexo de San Francisco, a sonora protesta contra un peche que dende hai días Feijóo evita volver ligar á baixa natalidade da contorna de Monterrei. Faino aínda que o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, afirmaba a pasada semana que o "desencadeante" da fin do atención dos partos en Verín foi o baixo número de nacementos.Despois de que o Sergas volvese sinalar o número de nacementos como "desencadeante" do peche, Feijóo reitera que se hai pediatras, o paridoiro pode abrir mesmo en "24 horas"Entres os ecos das condenas xudiciais ao Sergas pola súa política de persoal en Ourense -que, como informou Praza.gal, precipitaron a decisión-, Feijóo reiterou a preguntas da prensa, que no caso de que sexan cubertas as dúas prazas de pediatría, o paridoiro sería reaberto "en vinte e catro horas", tal e como afirmara a pasada semana na sesión de control do Parlamento. O día anterior, con veciñanza e persoal de Verín a protestar contra o peche ás portas da Cámara, galega, o presidente afirmara que "se os veciños queren usar o paridoiro desde o punto de vista das súas decisións persoais, nós non temos inconveniente en que sexa baixo a súa responsabilidade, pero nós temos que garantir a seguridade dos bebés e iso pasa por atopar pediatras" |
NOS_31938 | Un forte dispositivo policial rodea as rúas de acceso ao Pazo do Hórreo co gallo da manifestación convocada polos traballadores do naval de Ferrol. | Embora non se aprobar o anteproxecto de reforma da Lei de Seguridade cidadá, o Parlamento galego espertou esta terza feira blindado pola policía española. A razón: unha mobilización convocada polos operarios de Navantia que exixen carga de traballo para os estaleiros de Ferrol-Fene. Após as promesas eleitorais de Alberto Núñez Feijóo, van por volta de dous anos sen novos contratos. A situación límite dos traballadores e mesmo da comarca botou de novo ás rúas aos operarios de Navantia que simbolizaron a morte do sector cun cadaleito. "Rematou a paciencia", pódese ler nunha das faixas que portan os manifestantes. O forte dispositivo policial impide aproximarse a menos de 100 metros da Cámara aos manifestantes. |
PRAZA_6882 | A percepción de niveis elevados de prácticas corruptas na política pasou de estar 10 puntos por debaixo da media española a situarse por riba, segundo foron reflectindo os estudos do CIS. | A corrupción converteuse nunha das principais preocupacións da cidadanía. Vén de reflectilo o Centro de Investigacións Sociolóxics (CIS) no seu barómetro (aparece citado como o segundo maior problema de España, detrás do paro) e ocupa o tempo e as páxinas dos medios de comunicación e tamén as conversas nas rúas, fogares e lugares de traballo. Un dos ámbitos nos que a sociedade detecta unha maior incidencia da corrupción é a política, e esta percepción non deixa de aumentar, unha progresión que podemos analizar a través das propias preguntas do CIS, que todos os anos incorpora unha pregunta sobre a percepción da cidadanía sobre o grao de "extensión" da corrupción en distintos ámbitos políticos. De 2009 a 2012 a porcentaxe de persoas que cre que a corrupción está "moi" ou "bastante" estendida na política local, autonómica e estatal creceu con forza en España. Porén, aínda o fixo con máis intensidade en Galicia. En 2009 as porcentaxes de galegos e galegas que percibían esta corrupción en cada ámbito eran entre 8 e 12 puntos inferiores ás medias estatais. No último dato publicado polo CIS, correspondente a finais de 2012, a proporción de galegos e galegas que advirten esta forte presenza da corrupción na política supera a media do conxunto de España. Gürtel, Palau, Brugal, Noos, Malaya, Mercasevilla..., eran escándalos que tiñan o seu epicentro lonxe de Galicia e que, mesmos naqueles nos que afectaban a políticos, empresarios ou administracións galegas, facíano en menor medida que noutras comunidades autónomas, como Valencia, Baleares, Madrid, Andalucía ou Cataluña, onde -a priori- se detectaba unha corrupción máis estendida. O mesmo sucedera anos atrás cos casos Filesa, Naseiro ou Guerra. Isto explica, seguramente, que a percepción da corrupción en Galicia se situase ata o 2009 moi por debaixo da media, compartindo esta posición coa maior parte das autonomías da cornixa cantábrica. Se cadra, si podía haber unha preocupación e unha análise do funcionamento da política galega marcada por casos de nepotismo e aproveitamentos persoais a pequena escala que non sempre eran definidos como corrupción, como tamén revelan algúns estudos do CIS. Entre 2009 e 2012 a porcentaxe de galegos e galegas que cren que existe "moita" ou "bastante corrupción" na política local pasou do 49 ao 72 por cento Porén, chegaron os casos Orquesta (2011), Campeón (2011), Pokémon (2012) e, máis recentemente, as noticias ligadas á Operación Zeta (2014) e semella que a percepción xeral da corrupción en Galicia mudou radicalmente. Entre 2009 e 2012 a porcentaxe de galegos e galegas que cren que existe "moita" ou "bastante corrupción" na política local pasou do 49 ao 72 por cento; na política autonómica, do 46 ao 79 por cento; e na política estatal, do 53 ao 85 por cento. Outros indicadores confirman esta tendencia. Preguntados os galegos e galegas en 2010 sobre os tres principais problemas do momento, tan só o 1,3% citou a corrupción e un 9,2% a clase política. Nese mesmo estudo, a nivel estatal as cifras eran superiores (2,9% e 10,7%). En 2012 a corrupción xa era unha das principais preocupacións para o 4,5% dos habitantes de Galicia e os políticos para o 16%. Unhas cifras, con todo, inferiores ás do conxunto de España (6,7% e 20,4%). No último barómetro do CIS, que se vén de publicar este mércores, a corrupción é xa o segundo maior problema social no Estado Español, sendo citado polo 42,3% dos entrevistados. Durante todo o ano 2014 esta cifra vén roldando o 40%, superando outras preocupacións coma "a situación económica" ou "os políticos". Foi nos últimos meses de 2012 e nos primeiros de 2013 cando a corrupción se asentou como unha preocupación maioritaria para a cidadanía española, pasando de ser citada polo 9,2% en novembro de 2012 a chegar, en febreiro de 2013, aos actuais niveis de 40%, coincidindo coa publicación da existencia dunha contabilidade b no Partido Popular. Con todo, no último Barómetro Autonómico publicado, un 16% dos galegos e galegas seguían considerando que en Galicia había menos corrupción que no resto do España, fronte a un 7% que pensaba que había máis. A opinión amplamente maioritaria (70%) consideraba que o número de casos de corrupción era semellante. 2009 2010 2011 2012 Política local 49 54 65 72 Política autonómica 46 54 70 79 Política estatal 53 67 66 85 Grao de extensión da corrupción en cada nivel. % de persoas en Galicia que consideran que está moi ou bastante estendida. Fonte: CIS 2009 2010 2011 2012 Política local 57 61 74 64 Política autonómica 58 65 76 75 Política estatal 64 76 72 82 Grao de extensión da corrupción en cada nivel. % de persoas en España que consideran que está moi ou bastante estendida. Fonte: CIS Que é corrupción para os galegos e galegas No último barómetro do CIS, que se vén de publicar este mércores, a corrupción é xa o segundo maior problema social no Estado Español, sendo citado polo 42,3% dos entrevistados Resulta interesante, igualmente, analizar nos estudos do CIS o que os galegos e galegas entenden por corrupción, e ata que punto identifican con este concepto algunhas prácticas irregulares que moitas veces son perdoadas ou situadas nunha categoría menor. En 2009 o Centro de Investigacións Sociolóxicas preguntou, por exemplo, se se podía considerar como corrupción o feito de que "un político contrate para traballar na Administración pública a familiares ou amigos, á marxe da súa preparación profesional". No conxunto do Estado o 74% respondeu que isto era "claramente" un "acto de corrupción". Porén, en Galicia esta porcentaxe descendía até o 63%. O mesmo sucedía con outras situacións, como que un político ou funcionario acepte cartos dunha empresa para favorecela nun concurso público (considerado corrupción por un 89% dos españois e un 82% dos galegos). Ou que un político use o seu coche oficial para os seus desprazamentos privados (un acto de corrupción para o 53% dos españois e un 41% dos galegos). Ou que "se recualifique un terreo protexido pola Lei de Costas para xerar riqueza nun concello" (corrupción para o 75% dos españois o 59% dos galegos). Ou que un político "acepte agasallos de valor" (sinalado por un 62% en España e un 56% en Galicia). A "non declaración" de ter recibido "agasallos de valor" era considerada en 2011 "corrupción" por un 74% dos galegos e galegas, 18 puntos por riba da cifra rexistrada dous anos antes Dous anos máis tarde, cando o CIS realizou estas mesmas preguntas nun estudo de finais de 2011, a opinión pública, tanto en Galicia coma no resto de España era moito máis sensible a todas estas prácticas. A evolución fora moito máis salientable en Galicia, acadando cifras que achegaban a percepción dos actos de corrupción á media española. Por exemplo, a porcentaxe de galegos e galegas que identificaba como corrupción a contratación de amigos ou familiares á marxe da súa capacitación crecera catro puntos en dous anos, ata o 67%. E o mesmo sucedía coa aceptación de cartos para favorecer unha empresa nun concurso público (pasara do 82 ao 87 por cento), co uso de vehículos oficiais para actos privados (do 41% ao 51%). E, sobre todo, a "non declaración" de ter recibido "agasallos de valor", que era considerada en 2011 "corrupción" por un 74% dos galegos e galegas, 18 puntos por riba da cifra rexistrada dous anos antes. |
NOS_18681 | Após se coñecer que o número de parado@s do país aproxímase xa d@s 300.000, Sermos Galiza acudiu ás oficinas de emprego para poñer cara a un drama social sen precedentes. | O inminente cambio de estación achegou a Galiza o empeoramento da lacra social do desemprego, cunhas cifras sen precedentes na historia do País. Segundo os datos rexistrados polas oficinas dos servizos públicos de emprego, o número de parad@s das catro provincias beira xa o limiar d@s 300.000, cifra que a Xunta admitiu se superará ao longo do ano. Sermos Galiza estivo no escritorio de emprego de Santiago Norte, que atende a desempregad@s tanto da capital da Galiza coma do resto de concellos que configuran a comarca, para poñer cara a este drama social. Malia que a directora da oficina de emprego de Santiago Norte, que leva á fronte da entidade dous anos e medio, manifestou en declaracións a Sermos Galiza que non notara un aumento da demanda de traballo dende que tomou as rédeas do escritorio, só hai que botar unha ollada ás faces da xente que agardan a súa quenda para comprender o delicado da situación. De feito, en relación ao mes de xaneiro, a comarca de Santiago sofreu un incremento de 206 parad@s no mes de febreiro, elevándose a 1.137 a suba de desempregad@s con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Yolanda Salgueiro fai parte da marea de traxedias sociais que a crise, os recortes e as políticas do déficit cero carrexaron. Cunha minusvalía do 35% aos 28 anos de idade, foille denegada a prórroga da pequena paga que percibía e o vindeiro mes perderá o seu fogar por non poder afrontar o aluguer. Arroupada polo seu compañeiro, orixinario de Colombia, e cos ollos empapados en bágoas, vén de denunciar que tamén a el lle foi desestimada a prestación "por mor dun erro burocrático": "Acudimos ao concello de Teo para ver se nos axudaban a solucionar o problema de vivenda porque coa reagrupación das escolas moitas ficaron baleiras; na nosa aldea, por exemplo, cedéronlle unha a uns rapaces que teñen un grupo para que ensaiaran e, malia que son moi boa xente, non entendo coma se pode ceder un espazo público para fin lúdicos e non para unha cuestión de primeira necesidade como é a vivenda", lamenta. Doutra banda, a problemática do desemprego abala na Galiza con especial forza os menores de 25 anos, segmento da poboación que xa presenta un 50% de paro, malia representar unha da xeracións de galeg@s cun maior nivel de formación. Con todo, a directora da oficina sinala que "@s máis nov@s" que acoden a se apuntar nas listaxes do paro están "bastante motivad@s" e "conservan espectativas de futuro". "O colectivo co que máis nos sensibilizamos é cos desempregad@s de entre 40 e 50 anos, xa que son os que nos transmiten maior sensación de angustia", confesa. Jannet Juán ten 42 anos e procede de Uruguai. Tras doce anos en Galiza ao longo dos cales inaugurou unha tenda de fotografía no concello de Rois que ao cabo se viu obrigada a pechar, abafada pola caída do consumo e o incremento do custo da vida. Agora procura "calquera tipo de emprego", tal e como a maioría da xente coa que tivemos oportunidade de falar. Este tamén é o caso de Paco Rarís, quen ás súas 28 primaveras, leva tres meses procurando emprego após quebrar a empresa de Padrón na que traballaba de soldador. No entanto, confesa que as súas perspectivas de futuro son "bastante más" e lamenta a escaseza de ofertas recollidas no servizo de procura de emprego electrónico. Afortunadamente, outr@s coma Eddy Salazar, orixinario de Ecuador, e Alberto Buceta de Caldas de Reis, albiscan unha certa esperanza. O día de mañá abrirán unha tenda de tatuaxes na céntrica rúa de San Pedro e, embora recoñecer estaren "moi asustados" polo crédito que tiveron de solicitar ao banco para poderen arrincar o negocio, afirman que "quen non arrisca non gaña". Con nós tamén falou un parado de escasa idade que non quixo ser identificado e que se achegou á sucursal de Santiago Norte interesada polos cursos de formación que se ofertan dende o servizo público de emprego. "Levo moito tempo intentando que me acepten nun e non hai maneira e, a pesar, de que non son moi interesantes, nun momento coma este, non está a cousa para elixir; conformaríame con calquera cousa", manifesta. Porén, a directora da oficina afirmou que "é moi difícil que alguén interesad@ nun curso fique fóra" e que, en todo caso, se isto sucede "é porque a persoa en cuestión non amosou o interese debido". "Non me consta que se reducisen os presupostos destinados a crear emprego pero, para ter éxito, a procura de emprego exixe moitísimo esforzo", reitera. Aliás, non hai que esquecer que a Xunta cortou este ano nun 40% as políticas de emprego, nun contexto en que o paro en Galicia acadou o seu récord histórico e todas as previsións macroeconómicas apuntan ao empeoramento da situación. |
NOS_48832 | O castelán continúa a ser moi maioritario. Entre as 427 teses de doutoramento lidas no 2016 na USC 253 estaban nese idioma. As feitas en galego son 13% e en portugués, 7%. | No 2016 foron lidas na Universidade de Santiago de Compostela 427 teses de doutoramento, das que a gran maioría, 59%, estaban en español, segundo os dados de O Cartafol (boletín de normalización lingüística da USC). O segundo idioma máis empregado nas teses foi o inglés, en 20% dos traballos, mentres que as feitas en galego e portugués representan 20% do total (13% en 'galego' e 7% en `portugués'). Máis unha vez, o castelán segue a ser a lingua predominante nos traballos con que se lles pon o ramo aos estudos de doutoramento: das 427 teses lidas o pasado ano, 253 realizáronse total ou parcialmente neste idioma. Das 55 teses de doutoramento feitas en galego ILG, 49 teñen o galego como único idioma mentres que 5 o teñen como lingua principal mais non única do traballo. Filoloxía Galega (con 9 teses) e Ciencias da Comunicación (con 8), son as Facultades que encabezan a táboa de máis traballos feitos no idioma propio do país. Noutros 18 departamentos tamén houbo teses en galego. Fidelización Como indican no propio 'O Cartafol', "a utilización da lingua galega nestes traballos, do cal temos datos dende 1990, presenta numerosos altibaixos; dende 2000 móvese entre 7% e 15%. Máis importante aínda é que o cruzamento de datos de solicitantes de axudas á realización de teses de doutoramento en galego dende 1994 e de utilización da nosa lingua na docencia por parte destes mesmos profesores e profesoras, revela un grao de fidelización moi elevado ao uso do galego". |
PRAZA_4580 | A lúa da colleita, de Anxos Sumai, é unha novela de identidade, de retornos e abandonos na procura do que somos. | A lúa da colleita é unha novela de identidade, de retornos e abandonos na procura do que somos. Nuria decide enfrontarse a súa percepción do mundo e tentar comprender por que sente como sente, coñecer o motivo polo que se relaciona dun determinado xeito coa realidade e aclarar as ideas sobre a súa verdade. É agosto de 1992 e en plena crise colectiva, adianto da que vivimos agora, a protagonista busca domear a súa crise persoal. Por iso regresa a un lugar no que aconteceu algo, aínda que non o lembra. Por iso viaxa a un edificio de apartamentos na Ría de Arousa, desposuída de todo. A de Nuria é, dalgún xeito, a historia de todos e é a historia coa que Anxos Sumai gañou o ano pasado o premio García Barros. Unha primeira pregunta de periodista folgazán. Como definiría A lúa da colleita? É un libro que ten máis lecturas das que fun consciente mentres a escribía. Cando a traballaba, pretendía mostrar unha concepción holística do ser humano, coas súas partes de sombra e as súas partes de luz. E despois do escrito, decateime de que ía reflexionando sobre moitos temas que me interesaban, que me preocupaban... Definilo con maior concreción cústame moito. Tería que escribir un libro enteiro para explicalo. [Ri] "A protagonista quere saber por que sente desa maneira tan confusa, tan estraña, tan distinta. Precisa comprender a súa percepción das cousas, diferente á do resto da xente" Calquera das lecturas posibles deste libro principiará o concepto de abandono. Porque o primeiro que coñecemos da conduta de Nuria é que abandona os seus zapatos e móvese desposuída de toda carga. É agosto de 1992 en Vilagarcía de Arousa e a protagonista céibase para saber quen é. É un libro que gravita ao redor da procura, da identidade? É así. No fondo, durante todo o tempo, prodúcese unha busca e unha explicación de Nuria. A protagonista quere saber por que sente desa maneira tan confusa, tan estraña, tan distinta. Precisa comprender a súa percepción das cousas, diferente á do resto da xente. Quere entender quen é e o que lle ocorre. Esa é base da novela: a identidade da protagonista. É imprescindible arredarse de todo para nos comprender? Creo que é necesario parar e ver. Ter un tempo de calma, como cando ao final do día dedicas cinco minutos para pensar o que aconteceu durante a xornada. Esa actividade serve para clarificar as cousas e avanzar. No caso de Nuria, decidiu poñer un punto e aparte na súa vida para comezar de novo, para asumirse. Tiña a sensación de que precisaba unha soidade profunda. Sentíase como fendida... Escindida, esa é a palabra. Notaba coma se se producise unha escisión dentro dela. Cumpría reunificarse. Para iso precisaba tempo e acougo. Nuria busca constantemente o silencio e a soidade. "No caso de Nuria, decidiu poñer un punto e aparte na súa vida para comezar de novo, para asumirse. Tiña a sensación de que precisaba unha soidade profunda. Sentíase como fendida... Escindida, esa é a palabra" Fala de reunificar. En Nuria hai varias Nurias, non quero adiantar máis... Pediríache un favor... Porque é que... A crítica está a facer case unha análise clínica sobre o libro. Teño a sensación, con todo o respecto á crítica porque non teño ningunha intención de criticar a crítica, de que se está a condicionar as lecturas. De acordo dicía, que en Nuria hai varias Nurias, do mesmo xeito que dentro de calquera hai varias dimensios dunha mesma personalidade ou diferentes caras desa personalidade. Os procesos identitarios vivímolos todos nalgún momento do nosa vida? É un transo que nos acontece a todos o de aceptarnos tal e como somos, con esas partes de luz e de sombra das que falabamos. Mesmo con eses desexos que pronto ves que ten Nuria. Degoiros que parecen malos: esa envexa que sente, ese súbito desexo de que alguén morra. Ese tipo de conflitos están en nós, mais non os aceptamos. Cando me refiro á reunificación, refírome a amosar a idea de aceptarnos como corpo, mente e sensibilidade. Que nos aceptemos en conxunto, como o que somos. Refírome a iso, porque a día de hoxe parece que agora a mente vai por un lado, o corpo vai polo outro e acabamos recorrendo aos ansiolíticos, aos psiquiatras... "Cando me refiro á reunificación, refírome a amosar a idea de aceptarnos como corpo, mente e sensibilidade. Que nos aceptemos en conxunto, como o que somos" Estamos disociados? Estamos disociados en moitos casos. O que busco retratar aquí, levando situacións ao extremo, pouco ten que ver coas persoas con enfermidades mentais. O que procuro falar é de todo o mundo e sobre como todos sufrimos este tipo de disociacións. Por iso Nuria precisa parar e pensar no que se escindiu dentro dela. Eu non intento falar dunha enfermidade psiquiátrica, senón de como somos todos e todas. Vivimos dun xeito tan acelerado que nin nos concedemos ese último momento do día para parar e pensar. Imos ás carreiras e, cando nos decatamos, que nos queda por vivir? Nada. Son as circunstancias do momento actual. Nestes tempos, as persoas están disociados e a sociedade, esquizofrénica. Unha das consecuencias sociais da enfermidade mental é o illamento por mor do estigma. Ás veces autoinducido e en moitos casos imposto polo colectivo. Neste caso, Nuria decide recluírse para se reencontrar, non por que teña ou deixe de ter unha doenza, senón por que é humana. Calquera persoa, nun momento determinado ou de depresión, actúa así. Busca o refuxio solitario para se comprender. Si. Unha cousa queda clara na novela. Vexamos, ela sente desexos de matar en determinados momentos, mais non o fai. Podería ser unha clave. Imos ver, a xente está moi preocupada polas enfermidades mentais, pero eu non quero facer un diagnóstico clínico, non se trata de enfermidade. O caso é que a xente teme que as persoas con enfermidade mental lle faga dano. É unha desas razóns polas que a xente se arreda destas persoas. "Nesa lectura, sobre ese plano da enfermidade mental, o que fai o lector é protexerse, convencerse de que iso que lle acontece a unha señora cun problema non o pode alcanzar. "Iso non me pasará a min", convéncese o lector" Tamén pode influír o efecto espello. O medo de poder acabar igual ou mesmo a recoñecerse niso. Efectivamente. Ademais... Se un lector quere lelo nese plano da enfermidade mental, que acepto, hai que ter en conta que ela só se fai dano a si mesma. O conflito é ela mesma. Agora ben, considero que esta lectura que pode facer a xente resulta reducionista, dende o meu punto de vista, mesmo pode ser equivocada. Sobre o que dis do espello, é verdade. E nesa lectura, sobre ese plano da enfermidade mental, o que fai o lector é protexerse, convencerse de que iso que lle acontece a unha señora cun problema non o pode alcanzar. "Iso non me pasará a min", convéncese o lector. Ese lector di que a novela non fala del. Exactamente, dise a si mesma que non se fala del no libro. Fálase doutra persoa cun problema. Non me recoñezo, son perfecta. Emprégase o mesmo mecanismo que cunha persoa real. Apártala de ti e xa está solucionado o asunto. "Vivimos nun constante holograma, nunha falsa realidade. Con eses conceptos xoga constantemente o libro" O escenario, unha edificio de apartamento de vacacións, semella un lugar idílico, mais resulta un espazo hostil en realidade. Reflicte un ambiente de opresión. Esta novela precisaba un ambiente opresor. A miña intención, mentres escribía o libro, pasaba por que a persoa lectora sentise o mesmo que a protagonista, que lle doese tanto como a ela. E, evidentemente, que puidese sentir a mesma opresión. Fun construíndo un lugar que ela imaxinaba ideal, tal e como o lembraba de vinte anos atrás, cando era nena. Cando regresa, pensa: "Vaia espanto!" Non era o que agardaba. Ademais, a comezos dos noventa, a crise que se produciu con todo abandonado, coa situación que se vivía... Resultaba moi importante para a historia. Quería unha crise persoal, mais tamén quería enmarcala dentro dunha crise colectiva. Unha crise colectiva semellante á que vivimos agora. Buscaba, por dicilo dalgún xeito, esa escenografía. Ela está en crise, pero o seu redor tamén. Desa idea tamén parte unha visión dos hologramas que ela percibe. É a súa forma de percibir a realidade, pero tamén é a forma de ver o que acontece agora. Todo o que nos sucedeu na última década... Foi verdade ou foi mentira? Vivimos nun constante holograma, nunha falsa realidade. Con eses conceptos xoga constantemente o libro. Os hologramas son as partes máis directas e achegan as imaxes máis cortantes da novela. Son as sombras, son un mecanismos de nós mesmos, desa realidade ficticia na que nos movemos... Son un territorio de fronteira, entre a luz e a sombra. Se te fixas, todo o tempo estou xogando con luces e sombras, con eses episodios borrosos, onde se produce unha visión da realidade como holograma, onde entra a parte onírica, onde entra a violencia mesma e tamén a dor. É un territorio fronteirizo, de ninguén. Cústame moito explicalo. Se falamos de luces e sombra, tamén podemos falar de personaxes luminosos e sombríos. Semella que Nuria, coas súas sombras, deosta as personaxes de luz, como Happy ou a irmá de esta. Provócanlle rexeitamento, como reaccionamos nós perante persoas que, funcionando tamén como espellos, lémbrannos quen somos e que non somos. Si, iso pásalle a Nuria. O personaxe de Happy naceu porque necesitaba equilibrar. Precisaba un descanso entre personaxes tan extremos como o de Nuria e o de Beth. Happy é o personaxe máis luminoso de todos. É feliz, está cantando sempre. Nuria, no tempo que está nesas vacacións, asáltanlle os peores pensamentos cando está con Happy. Sente unha ira profunda. Nuria o que quere é que desapareza e quedar con todo o seu mundo, coa Luz que irradia Happy. Sofre esas sensacións antes de comprender que a luz ten que nacer de si mesma. "Non quero falar de enfermidade, senón de todo o contrario. Por iso chámase A lúa da colleita, que é a da reintegración, a da fartura, a lúa que nos di que, despois de moito traballar, o conseguimos" Volvamos á primeira pregunta. Xiramos ao redor da enfermidade mental ao longo da conversa, mais esa sería unha lectura reducionista e, quizais, trabucada. Daquela cal sería a correcta? Mira, é unha reflexión dos que somos. Corpo, cerebro e sensibilidade. Todo iso que somos nós como luces e sombra, como seres imperfectos, como dor e felicidade. É iso, é unha.. Pode ser unha maneira de autoconvencerme a min mesma de que somos perfectos e imperfectos ao tempo. E que as escisións das que falamos son antinaturais. Repito, é dificílismo de resumir. [Risos] Non quero falar de enfermidade, senón de todo o contrario. Por iso chámase A lúa da colleita, que é a da reintegración, a da fartura, a lúa que nos di que, despois de moito traballar, o conseguimos. Con ela, rematou a fame. Acabou a fame, si. Reintegrámonos no que somos. E iso non nos levarías a depender das medicinas para durmir. Nunha entrevista no Zig Zag afirmaba que vostede escribía moito, pero publico pouco. Por que agardou cinco anos entre a súa primeira novela, Así nacen as baleas, e esta segunda? Non tiña nada que dicir, nada que fose necesario contar. Eu escribo moito, sigo escribindo relatos en libros colectivos e esas cousas... Pero algo que tivese a entidade dun libro meu? Non tiña nada que contar. Para que facelo? Para que forzar? Eu non teño que publicar un libro cada ano. Por sorte ou por desgraza non vivo de escribir. Malia que me gustaría vivir de escribir nestes tempos, teño un traballo marabilloso. Pódome permitir ser moito máis selectiva. Publico só o que me apetece, son moi autocrítica, quizais excesivamente autocrítica... É que non tiña nada que escribir, é absurdo. [Ri] Eu estiven publicando moito na primeira década do século, na radio, en Anxos de Garda, na prensa, etc. Cheguei a ser consciente de que me estaba aborrecendo a min mesma, a miña forma de escribir xa non me valía, estábame a repetir constantemente. Non tiña nada especial que contar, foi unha vertixe. Había que parar, cumpría pensar. "Cheguei a ser consciente de que me estaba aborrecendo a min mesma, a miña forma de escribir xa non me valía, estábame a repetir constantemente" E distanciarse? E distanciarse... Si. Ao mellor desa distancia entre a escrita e mais eu, naceu Nuria. É un proceso semellante. Por iso ela se desposúe de todo e comeza de novo. Creo que ten que ver coa miña propia reflexión. Igual ten moito que ver ese proceso de pensar a miña relación coa literatura co nacemento da personaxe de Nuria. Entre Así nacen as baleas e A lúa da colleita albisco paralelismos ao redor das ideas de retorno, abandono, identidade... Hai unha diferenza fundamental entre os libros. En Así nacen as baleas, a protagonista foxe primiero e volve despois porque a chaman polas circunstancias da familia, pero dende o principio quere marchar, quere volver liscar. E non queda. Pola contra, nesta nova novela, a protagonista non foxe, busca. Vai a un lugar para se encontrar, non para fuxir de si mesma. En Así nacen as baleas hai un mundo confuso, a exploración está na familia, no grupo de convivencia básico tradicional que me cuestiono. Aquí, o conflito, o límite, está na propia persoa, até levarte ao máis básico Tamén vexo paralelismo entre Ramón e a Nuria en canto a enfermidade. Esa complexidade fai a construción dos personaxes. A literatura sérvenos para diseccionar esa complexidade? A min sérveme dese xeito. Formúlome preguntas sobre cousas que non entendo; co obxectivo de facer ese tipo de procuras, para realizar ese tipo de diseccións, como o defines ti. Eu cando escribo dalgunha maneira, reunifícome dalgunha maneira. Eu estou lanzándome constantemente preguntas que acabo respondendo a medida que avanzo. Mentres escribo, descubro un conflito, soluciónoo e inmediatamente asáltame outro. É unha maneira de evolucionar, de escribir. "Cando escribo dalgunha maneira, reunifícome dalgunha maneira. Eu estou lanzándome constantemente preguntas que acabo respondendo a medida que avanzo" Esta visión da escrita lémbrame ao que me di habitualmente unha amiga escritora. Hai escritores de mapa e outros de compás. Uns móvense por impulsos e outros con ideas planificadas. Imaxino que vostede pertence á primeira categoría. Non me atrevería a dicir que sexa nin de mapa nin de compás, porque son un auténtico caos. Nunca planifico nada. Calquera cousa que escribo, agás que sexa por encargo, xorde por impulsos. Moitas veces dixen que eu non escribo pensando nunha idea, senón que escribo a partir dunha imaxe. As imaxes lévanme á historia. No caso de Así nacen as baleas, eu estaba a traballar sobre violencia doméstica. De súpeto, apareceume un neno na cabeza, con esa cara que babea, que caía constantemente. E dixen: "A por ti, neno." N'A lúa da colleita, aconteceu do seguinte xeito. Vin unha gaivota preciosísima, tranquila por un lado, pero cando xirei e vin o outro perfil, descubrín unha á rota, cuberta de sangue, descubrín a dor. Foi a iluminación, foi o principio... Si gústame iso do compás. [Sorrí] "Se a min me cuestionan o meu xeito de vivir, porque decido vivir dunha maneira, vou pelexar por ese xeito de vida; deixar de manifesto a necesidade dunha liberdade individual para poder integrarnos nun colectivo" Elocuente a imaxe. Aparentemente todo perfecto, e por detrás o caos. Que é como somos nós, como agochamos moitas cousas detrás de máscaras. Faino Nuria e tamén outros personaxes como Happy. Os lectores son así, con máscaras. Os autores tamén. Desenmascarámonos a través da literatura? A ver... Desenmascararnos... Hai cousas que me confunden na miña vida diaria, da forma de vivir que se considera correcta, aceptable digamos... Eu utilizo a literatura nese sentido. Se a min me cuestionan o meu xeito de vivir, porque decido vivir dunha maneira, vou pelexar por ese xeito de vida; deixar de manifesto a necesidade dunha liberdade individual para poder integrarnos nun colectivo. Eu antes de nada quero que a xente poida vivir como lle dea a gana, vivir sen formar unha familia tradicional, vivindo con quen queira e do xeito que queira, e coas relacións afectivas que considers oportunas. Cousas tan básicas como que unha muller decida vivir soa ou que un home decida vivir só segue a espertar moitos prexuízos. E é algo tan básico! Hai murmuracións sobre incapacidades, sobre frustración... E digo eu, por que? E outro tema da muller que me fai reflexionar é o da maternidade como imposición, como algo preestablecido para a muller. Chégante a ver como algo incompleto e inacabado se non cumpres esa función de maternidade Os cuestionamento é máis indulxente co home e cébase máis coa muller. Si, sempre é máis cuestionable as decisións que tome unha muller, aínda que optemos pola mesmas decisións. Parece mentira, dá a sensación de que avanzamos moito, que somos moi posmodernos, pero hai moitos prexuízos que rexorden coa xente nova, que hai alzas de machismos, cousas que semellan tan evidentes... Estámolo vendo coa lei do aborto... E cunha gran cantidade da cousas. Por que no ano 92? Quero dicir, por que escolleu a crise de comezos dos noventa cando agora estamos nunha crise máis aguda... É unha boa pregunta. A ver, eu escribo con certo atraso. Necesito que pase unha cantidade de tempo necesario... Neste caso, vinte anos. Vinte anos, si [Risos] Quizais por iso son tan lenta publicando! [Ri] Que pasaba en Vilagarcía nesa época? Nos anos oitenta e a principios dos noventa? Estaba todo fervendo, un momento moi creativo. Xurdiron moitos grupos de música e, por outra banda, o consumo de drogas era habitual. A ver, que non se entenda mal, quero dicir que tiñas un acceso fácil ao consumo de droga, podías comprar heroína e cocaína. Ese lugar interesábame especialmente. Eu vivín aí, pero antes, nos oitenta... Centrei esa historia alí porque era un centro no que fervía todo. Parecíame máis crible contalo nese momento e nese lugar que ambientalo na actualidade. "Agardaba que a literatura avanzase doutro xeito, que pegase un paso enorme con ese formato tan maleable que é a rede. Aqueles experimentos que se facían a principios dos 2000 sobre literatura dixital parecíanme interesantísimos" Unha última pregunta referente á rede e a Anxos de Garda. Aquel conxunto de escritos realizados por vostede durante a comezos da década pasada, significaron un primeiro paso da literatura na rede. Como evolucionou a presenza da escrita en internet nestes tempos, no que todo foi evolucionando e no que vivimos, por exemplo o auxe e caída dos blog? Agardaba que se convertese todo noutra historia. Agardaba que a literatura avanzase doutro xeito, que pegase un paso enorme con ese formato tan maleable que é a rede. Aqueles experimentos que se facían a principios dos 2000 sobre literatura dixital parecíanme interesantísimos, como o de Camilo Franco e Por conto alleo, por poñer un exemplo. Consideraba que xurdiría un xénero literario... Pero non foi. Unha decepción. O que se seguiu facendo foi reproducir na pantalla o que se facía en papel. Agora mesmo continuamos nese punto. Eu non coñezo obras que se estean a crear no espazo dixital e empregando as súas características de maleabilidade, tridimensionalidade, a mestura de diferentes recursos... Pensei que acontecería algo así, pero non pasou. Despois, o asunto desinchouse. Os blogs tamén se desincharon e a escrita que víamos neles liscou cara a lugares como Facebook. En calquera caso, para min a rede foi unha escola impresionante, porque me ensinou a reducir e a buscar as cargas de profundidade. E da rede agardaba... Unha revolución que non foi Si, unha revolución que non foi. Sigo agardando. |
NOS_25093 | A compañía convocará os inversores a principios da vindeira semana e recorrerá a anulación da prórroga ante o Tribunal Supremo. | Ence anunciou que "esgotará todas as vías xurídicas para defender a legalidade da prórroga" da concesión da fábrica de Pontevedra, que anulou en senllas sentenzas este 16 de xullo a Audiencia Nacional, ao admitir o recurso do Concello de Pontevedra e o de Greenpeace contra esa prórroga concedida polo Goberno de Mariano Raxoi cando estaba en funcións. A compañía avanzou nun comunicado de prensa que recorrerá ante o Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga, logo de que esta ditaminase que Ence desenvolve unha actividade que, pola súa natureza, pode ter unha localización distinta do seu actual emprazamento. "Desde o respecto absoluto ás decisións da xustiza, Ence quere pór de manifesto o seu desacordo con esta decisión do tribunal, tal e como demostran estudos independentes como os da enxeñería Idom. Por iso, esgotará todas as vías xurídicas posíbeis en defensa dos seus intereses", subliña a pasteira no comunicado. A compañía reitera a súa opinión sobre "a validez da prórroga desta concesión", asegurando que se fixo "acorde a dereito en xaneiro de 2016 mediante unha resolución do entón Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente [o comunicado obvia que o Goberno estaba en funcións] por un prazo de 50 anos, máis outros 10 adicionais vinculados a un compromiso de investimento en melloras ambientais e operativas de 71 millóns de euros". A comapañía tamén subliña que a planta de Ence en Pontevedra "cumpre sobradamente con toda a lexislación ambiental" e engade que, "coa súa actividade, promove a utilización de celulosa, un material reciclábel, biodegradábel e substitutivo dos derivados do plástico". No comunicado, chegan a a dicir que "a súa actividade está ademais aliñada coa transición enerxética, ao autoabastecerse en enerxía renovábel e coa economía circular. Comisión Nacional do Mercado de Valores Nunha comunicación á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Ence informou de que a sociedade presentará, dentro do prazo legal para iso, recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Así mesmo, apuntou que convocará unha conference call con investidores a principios da semana próxima "a fin de dar resposta ás cuestións que se poidan suscitar con relación á información publicada. |
NOS_20087 | A decisión transcendeu na tarde desta terza feira após unha nova xuntanza do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública, a través do que o Estado e as administracións dos distintos territorios están intentando buscar acordos para actuar en relación á pandemia unha vez retiradas as restricións máis elevadas. Na Galiza empregáronse 122.700 doses deste fármaco. | O Ministerio de Sanidade e os diferentes territorios do Estado acordaron esta terza feira que as persoas que foron vacinadas fronte ao coronavirus con Janssen sexan tratadas cunha dose de reforzo a partir do 15 de novembro. Na Galiza empregáronse 122.700 doses deste fármaco. A particularidade deste fármaco é que, dentro da campaña masiva de inoculación á cidadanía, só requería dunha picada fronte ás dúas básicas de remedios como os de AstraZeneca ou Pfizer, por exemplo, agás que se tivera pasado o virus. En consecuencia, após o encontro de traballo do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública decorrido esta terza, os 1,97 millóns de habitantes do Estado que recibiron a monodosis de Janssen unha segunda dose. Agora serán tratadas con Pfizer ou Moderna para reforzar a súa resistencia á Covid-19 No entanto, dadas as particularidades do medicamento, non será este o que lles fornezan de novo. Ademais, deberán ter pasado polo menos tres meses desde que se recibiu a vacina. Fontes do departamento que dirixe Carolina Darias explicaron que agora serán tratadas con Pfizer ou Moderna para reforzar a súa resistencia á Covid-19. As autoridades territoriais teñen previsto principiar esta nova campaña a partir do 15 de novembro, priorizando os grupos da Estratexia Nacional de Vacinación, é dicir, comezando cos colectivos máis vulnerábeis Desta forma, a campaña de vacinación ten agora dous obxectivos principais: por unha banda, nestes momentos estase inoculando unha dose de reforzo aos maiores de 70 anos, en paralelo á vacina da gripe, tras as persoas con condición de alto risco e as persoas que viven en residencias; e, por outro, o 15 de novembro comezarase con este grupo de 1,97 millóns de españois que recibiron Janssen. |
PRAZA_10293 | O presidente da Xunta asume as propostas de Ciudadanos e Vox e reclama unha proba de acceso á universidade única en toda España para que "o distinto grao de esixencia non penalice por territorios o alumnado nas súas aspiracións académicas" | O alumnado de Castilla-La Mancha deu inicio este martes ás probas de acceso á Universidade no Estado. Os exames comezarán este mércores noutras seis comunidades autónomas, mentres que o estudantado de Catalunya e Galicia será o último en realizar a antiga selectividade desde o vindeiro 12 de xuño. A agora coñecida como ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) chega cos nervios e coberturas mediáticas habituais. Pero desta volta tamén con polémica e protestas dalgúns partidos políticos, que advirten dos diferentes graos de dificultade das probas e da suposta "desigualdade" que supón que as autonomías, con competencias no ensino, organicen cadanseus exames. O editorial de El País, que asegura que "17 exames con contidos distintos e criterios de corrección diferentes impide que se garanta a igualdade de oportunidades", amplificou o debate. Ciudadanos pide unha "selectividade única" en todas as comunidades e Vox "un sistema único de selectividade"; Feijóo pide unhas proceso "idéntico en todo o Estado"Ciudadanos volveu erguer esta bandeira lembrando que no programa electoral das eleccións xerais xa propuxo unha "selectividade única", ademais dunha materia obrigatoria chamada Constitución Española, "poñer fin ao adoutrinamento" ou "recuperar o español en todas as escolas". Vox non quedou atrás este martes, sinalando as comunidades autónomas como "foco de desigualdade e división entre españois", avogando por "recuperar a competencia de Educación para o Estado" e instando a "implantar un sistema único de selectividade en toda España". O presidente da Xunta tampouco obviou o debate, asumindo todos estes postulados e reclamando un procedemento de acceso á universidade "idéntico en todo o Estado" e que se celebre na mesma semana en todo o Estado.Nunhas declaracións na Cadena COPE, resumidas nunha nota de prensa polo gabinete de comunicación da Xunta, Feijóo lamentou que, mentres os informes PISA sitúan Galicia dentro das mellores de España en canto a un menor fracaso escolar e máis competencias en lectura, matemáticas ou ciencias, o alumnado galego obtén notas máis baixas nos exames de acceso á universidade que a media doutras autonomías, debido "a un nivel de esixencia distinto". Máis tarde, na súa conta de Twitter, o presidente galego insistiu, reclamando probas idénticas "para que ese distinto grao de esixencia non penalice por territorios o alumnado nas súas aspiracións académicas". Feijóo argumenta que os datos do alumnado galego nos informes PISA con dos mellores de España pero as notas na selectividade son das máis baixas "por un nivel de esixencia distinto"Malia asegurar que a "transferencia da xestión ordinaria da Educación" --así o relata a nota de prensa-- é un precepto constitucional acertado, Feijóo cre que o lóxico é que "a Selectividade sexa a mesma semana en todo o territorio do país e que o exame sexa homologable e, se é posible, idéntico en todo o Estado". "O Estado das Autonomías non é un erro, o que me parece un erro é que ese Estado das Autonomías teña disfuncións que podemos e debemos corrixir", dixo, poñendo como exemplo o feito de que as comunidades "conten con libros de texto distintos, ao non funcionamento da inspección educativa ou á selección do persoal". O presidente da Xunta lamenta que as comunidades conten con libros de texto distintos ou que "non funcione a inspección educativa"A Xunta lembra que o Goberno galego, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, instou xa o 4 de decembro de 2018 ao Goberno central a "poñer en marcha as medidas necesarias para dar resposta á proposición non de lei aprobada por maioría na Cámara galega o 27 de novembro, para que se articule un procedemento de acceso á universidade no que as probas de acceso garantan o mesmo nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos, independentemente de en que comunidade autónoma residan".En Galicia, é a Xunta, en colaboración coas universidades galegas e a través da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), quen organiza a realización das probas de avaliación final de Bacharelato para o acceso á universidade. |
NOS_31655 | Publicamos un extracto da análise de Iván Area, Profesor da Universidade de Vigo. Departamento de Matemática Aplicada II. Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. A análise fai parte do suplemento especial do Sermos Galiza sobre un ano de pandemia. Un especial de 56 páxinas, que acompañará o xornal o 13 de marzo. | Era o 11 de marzo de 2020. O Dr. Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), daba unha rolda de prensa para, á vista dos datos existentes naquela altura, explicar distintas razóns e motivos para declarar a Covid-19 como unha pandemia a nivel mundial. Os números ofrecidos semellan "ridículos" a día de hoxe: 118.000 casos en 114 países e 4.291 persoas falecidas. No momento de escribir estas liñas van xa máis de 110 millóns de persoas contaxiadas e de 2,5 millóns de persoas falecidas, segundo os datos publicados pola Organización Mundial da Saúde consonte os remitidos polos distintos Estados. Dous meses antes o entón estudante de tese Faïçal Ndaïrou xa nos advertira desta nova doenza e así comezamos a nosa investigación. Por dous motivos ben distintos lembro perfectamente cando en febreiro de 2020 fun a Aveiro para traballar con Faïçal e o Profesor Delfim Torres para rematar o modelo matemático. Por unha banda, porque foi a última (esperemos que non derradeira) visita de investigación que fixen. En segundo lugar, porque días antes tiveramos o profesor Juan José Nieto máis eu a idea de incorporar unha conxectura matemática: había persoas superpropagadoras. Foron días moi intensos de traballo científico para desenvolver un modelo de tipo compartimental que permitía explicar con bastante exactitude a súa evolución en Wuhan. Era unha simple conxectura matemática como outras moitas que xa tiveramos no pasado, e cada día que pasa confírmase máis aínda o correcto da nosa conxectura. A idea deste tipo de modelos matemáticos é considerar que temos unha poboación determinada que é posible dividir en distintos compartimentos. Podemos imaxinar cada un destes compartimentos como unha caixa ou un cuarto cun número de persoas dentro. E as persoas van cambiando de cuarto ou caixa a determinadas velocidades. Por exemplo, podemos considerar un compartimento para as persoas "Susceptibles" de padecer unha determinada enfermidade, outro compartimento para as persoas "Expostas" a esa enfermidade, outro para as persoas "Infectadas" e outro máis para as persoas "Recuperadas". Isto sería un modelo SEIR, onde cada unha das letras corresponde ás caixas que fomos enumerando. Obviamente é posible considerar moitos outros compartimentos, o que dificulta tanto a análise matemática do modelo como a parte das simulacións numéricas. Para doenzas ben coñecidas xa se sabe de valores moi aproximados para as ditas velocidades coas que a poboación vai cambiando dun compartimento a outro. Non era o caso da Covid-19, para o que empregamos algúns valores de referencia da medicina, estimando os que non atopabamos na literatura. A análise ao completo poderás lela este sábado no Sermos Galiza Especial 'Radiografía da sanidade, un ano de pandemia'. Se non es asinante, reserva o teu exemplar no quiosque para non ficar sen el. Lembra que podes facerte subscritora ou subscritor nesta ligazón, e mesmo podes apoiar o medio sen se te facer asinante, na opción de mecenas ou amizade. |
NOS_25781 | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou novas mobilizacións contra a Lomce e os recortes no ensino público. Entre as protestas, desenvolverse un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo "co obxectivo de amosar as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se pretende coa LOMCE". | A oposición á Lomce e aos recortes no ensino público non decae. E maio vai ser un mes de novas mobilizacións e protestos da comunidade escolar contra esa lei. Así o vén de anunciar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que presentou un calendario de actos. Así, o 28 de maio haberá un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo co obxectivo de "amosar as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se pretende coa LOMCE".No acto tomarán parte docentes que padeceron o ensino franquista. Mais ese non será o único acto. A Plataforma tamén prevé que nos centros - durante o recreo- se dea lectura a un manifesto de rexeitamento da LOMCE e os recortes. A xornada continuará con actos lúdico-reivindicativos na rúa ás sete da tarde, semellantes ao realizados noutras ocasións. Con estes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tamén quere denunciar os recortes que se van producir para o inicio do curso escolar, "con novas supresións, deficiencias nos centros, a falta de prazas -especialmente en ensino infantil de 0 a 3 anos e a formación profesional-, aulas masificadas e outras actuacións da Consellaría como a circular ás Escolas oficiais de Idiomas para que o alumnado que cursa 4º da ESO só nos centros plurilingües poida acadar o nivel básico ou intermedio de Inglés e Francés". |
NOS_20280 | Ana Pontón cifrou este plan en 1.000 millóns de euros, que sería destinado a "rescatar" as persoas vulnerábeis, financiar un programa de medidas para "salvar" os sectores produtivos e reforzar os servizos públicos, especialmente a atención primaria do Sergas. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ve a Xunta de Alfonso Rueda como "unha terminal ao servizo dos intereses" do PP de Madrid, nun momento de crise que "non afecta todos" os niveis da sociedade "por igual" e que, a xuízo da líder nacionalista, require dun "plan de choque" para "evitar que a paguen de novo os que menos teñen". Pontón fechou este sábado nun hotel de Teo o primeiro Consello Nacional do BNG dun curso político marcado por "un contexto moi complexo" e que deixa nunha situación "moi difícil ás maiorías sociais". "A inflación é un imposto para quen menos ten. Nesta crise hai quen gaña moito mentres outros perden todo", aseverou, ao tempo que criticou a "inacción" da Xunta para articular medidas ante este contexto de escalada de prezos que deixa a Galiza "cos peores datos de inflación" do Estado. Na mesma liña, a portavoz nacional do Bloque considera "preocupante" a situación dunha Xunta que ve "a disposición" da "estratexia" do PP presididio polo ex mandatario galego Alberto Núñez Feixoo para tratar de gañar as próximas eleccións xerais. Burocracia, precariedade, inflación e outras trabas para a inserción social "A Xunta está na estratexia de que canto peor lle vaia á maioría dos galegos, mellor lle vai ir ao PP en Madrid. A Galiza necesita un goberno que defenda os intereses dos galegos e non os do PP", resaltou, antes de pedir ao Goberno galego que "se poña as pilas" e inclúa un "plan de choque" nos próximos orzamentos para 2022 para atallar a crise de prezos. Pontón cifrou este plan en 1.000 millóns de euros, que sería destinado a "rescatar" as persoas vulnerábeis, financiar un programa de medidas para "salvar" os sectores produtivos e reforzar os servizos públicos, especialmente a atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Decisións "contra as maiorías sociais" Para a líder nacionalista, esta nova crise é "outra radiografía de até que punto as políticas centralistas prexudican a Galiza e fana retroceder", polo que incidiu na necesidade de "dar respostas á crise para as maiorías sociais", algo que, segundo o Bloque, non está a levar a cabo a UE. A Galiza alcanza o seu nivel máis alto de inflación das últimas catro décadas "As sancións contra Rusia non paran a guerra e tampouco prexudican Rusia; prexudican as maiorías sociais da Galiza e de Europa", aseverou, antes de pór o foco na toma de decisións "que van na dirección incorrecta" para rematar a guerra en Ucraína e atallar os problemas que derivan na economía global. Neste sentido, cualificou de "mazazo" para as economías familiares e os sectores produtivos a suba de tipos de xuro anunciada esta semana. "Para as familias que non chegan a fin de mes, 100 euros pode ser a diferenza entre comer e pagar ao banco ou entre ter casa ou non tela", apostilou Pontón. A suba dos tipos encarece as hipotecas 2.000 euros ao ano A enerxía como ben público Como primeiro paso para atallar os problemas nas economías das maiorías sociais derivadas desta crise de prezos, o Bloque considera que os gobernos deben pór límites aos "escandolosos" beneficios económicos dos "grandes lobbies" da enerxía e da banca, que "se están forrando con esta crise". A UE quere fixar o prezo do gas ruso e pór límites aos beneficios das eléctricas Por tanto, demanda que a enerxía sexa considerada "un ben público co que non pode especularse" e que a Galiza dispoña dunha empresa pública e unha tarifa eléctrica propia, así como que se articule un imposto á banca para limitar as súas ganancias en contextos de dificultades económicas. "Pose" climática Aliás, Pontón tamén cargou contra as decisións debuxadas pola UE e o Goberno de España para atallar os problemas de subministración de enerxía. "Todo o que se falou dunha transición enerxética xusta quedou en pose", espetou. Nesta liña, censurou que se receiten medidas como "rebentar os montes e os fondos mariños" con muíños eólicos, regresar "ás centrais de gas e do carbón, que son as máis contaminantes" e "aproveitar esta crise para apostar pola enerxía nuclear". O gas e a nuclear serán 'verdes' na UE Todo iso, sumado aos plans de limitar a circulación na cidades a vehículos de baixas emisións que só poden pagar "os que teñen recursos", fai que, segundo Pontón, as medidas deseñadas polos gobernos europeos sexan "antisociais" pois "favorecen aos ricos". Prevención do suicidio Por último, Pontón aproveitou a celebración este sábado do Día mundial da prevención do suicidio para pedir recursos e medios para facer fronte aos problemas de saúde mental na Galiza, o territorio coa segunda maior taxa de sucidios do Estado. Para iso, propuxo un plan de 21 millóns de euros nos próximos orzamentos da Xunta, á que acusa de deixar "en papel" e non aplicar a estratexia de prevención do suicido elaborada. A Galiza supera as taxas de suicidio do Estado e a UE |
NOS_22101 | As formacións do Executivo, PSdeG e BNG, salientaron os logros do seu mandato nun "acto de dación de contas". | O goberno da Deputación de Pontevedra, formado por PSdeG-PSOE e BNG, celebrou esta sexta feira un "acto de dación de contas" para que a cidadanía "saiba a que dedicamos os recursos públicos". Foi un grande acto público no que se repasaron os sete anos de "goberno de progreso" na institución, nun tempo de "cambio radical". O evento tivo lugar no paseo de Montero Ríos, fronte á escalinata central do Pazo, con música en directo e proxección de audiovisuais, baixo o lema 'A provincia que queres. A túa Deputación', e contou coa asistencia dunhas 400 persoas entre as que había alcaldesas e alcaldes encabezados polos das dúas principais cidades, Pontevedra e Vigo, Miguel Anxo Fernández Lores e Abel Caballero, alén de representantes doutras institucións, entidades, empresas e asociacións. "Hai sete anos definimos a provincia que queriamos construír, un cambio radical de modelo", defendeu Carmela Silva A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou no seu discurso que ve cumpridos os obxectivos cos que asumiron o Goberno en 2015, enfocados á transformación do territorio e a unha nova forma de relación cos municipios "de igual a igual" que os converte en protagonistas. Tamén citou como "accións transversais de Goberno" a cohesión territorial, a sustentabilidade, a mobilidade amábel, a transición dixital e a innovación, o reto demográfico, a política para as persoas, os servizos e dereitos, a democratización da cultura no territorio e a igualdade. "Hai sete anos definimos a provincia que queriamos construír, un cambio radical de modelo para a transformación intelixente desta provincia. Sete anos despois, aquí estamos. Investimos 1.770 millóns e mobilizamos máis de 104 de fondos europeos", dixo a presidenta. Aliás, lembrou que neste período de tempo clausuraron unha débeda de 40 millóns de euros e que tornou na deputación do Estado español que máis recursos transfire aos seus concellos, 34%, fronte á media estatal de 17%. Só co Plan Concellos xa realizaron 327 millóns de euros de transferencias directas e permitiron acometer 3.000 obras e crear máis de 7.000 empregos. "Xa non hai ese presidencialismo que había antes", dixo César Mosquera Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, destacou que o goberno provincial é "un equipo cohesionado" no que "non hai aquel presidencialismo que había antes", respecto ao que tamén lograron "cambiar a cultura de petición pola cultura de xestión". Engade que puideron "erradicar os tratos de favor e con sospeita de non ser igualitarios". "Estou moi contento do que se está facendo neste goberno, facemos moitas cousas e moi ben", dixo Mosquera, que tamén incidiu en que: "Somos referentes en moitas áreas". Críticas do PP O portavoz do grupo provincial do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Jorge Cubela, cualificou este evento como "partidista" e asegurou que, en realidade, foi un "acto político propio" de PSOE e BNG ao que "só acudiron cargos políticos e militantes" destas formacións. Nun comunicado, Cubela censurou que "esta exaltación partidista pagarana todos os cidadáns". "Mentres temos veciños que non poden pagar a luz ou a compra, estes señores malgastan diñeiro do peto de todos co que estamos a sufrir", afeou. |
NOS_17588 | A presión social e a proximidade das eleccións municipais fan recuar o goberno español en reformas fortemente criticadas. | O 2015 é ano eleitoral e os gobernos do Partido Popular afánanse en mellorar os seus inquéritos. Neste senso, o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, afirmou a pasada quinta feira (31 de xullo) acarón do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que modificará a anteproxecto de lei de reforma do Poder Xudicial para manter máis dun xulgado de primeira instancia por provincia e a actual división dos partidos xudiciais. Fíxoo aproveitando a súa visita á capital de Galiza após tornarse o noso país nun dos territorios que maior rexeitamento amosou á medida anunciada polo goberno español. Nen as organizacións e asociacións de profesionais da Xustiza, nen a cidadanía --como tampouco as forzas da oposición-- apoiaban unha proposta que, afirmaban, vulneraba o dereito á tutela efectiva. Así, Gallardón asegurou que para mantérense máis dun tribunal a nivel provinciail deberá redixirse un informe desde a comunidade autónoma no que o TSXG avale a necesidade do mesmo. Asemade, a primeira instancia deberá contar cunha sala por cada unha das ordes: Contencioso-Administrativo, Social e Civil, xunto con 5 do Penal, explicou o ministro. Na súa comparecencia pública, o responsábel de Xustiza subliñou que a reforma introducirá unha maior "flexibilidade" entre tribunais e mesmo partidos xudiciais, para axilizar os procedementos de maneira que poidan derivarse duns a outros casos para desconxestionar o servizo. "Se en Viveiro hai exceso de carga de traballo, o tribunal de instancia correspondente poderá atribuír os casos ao de Mondoñedo", exemplificou. Retirada das sancións @s emigrantes retornad@s Mais a cousa non ficou aí. O Consello de Ministr@s decorrido esta sexta feira, acordou retirar as sancións impostas @s emigrantes retornad@s e dá de prazo 6 meses --a partir de xaneiro de 2015-- para regularizar as súas pensións, mais sen requerirlles o pagamentos de multas. A aquelas persoas que tiveran aboado o recargo ou sanción, din desde Madrid, seralles devolta. Esta "fraude" como tildaron as Plataformas de Emigrantes retornad@s, atinxiu no noso país a milleiros de persoas. A presión exercida por este colectivo ve cumprida así unha das súas principais demandas que é a retirada das multas. Porén, as súas pensións deberán ser "regularizadas", segundo o goberno español polo que terán que declarar o diñeiro percibido desde 2008. As Plataformas parabenízanse polo logro obtido cun ano de "intensas mobilizacións" mais , advirten que seguirán batallando Desde a Coordenadora nacional de plataformas, Marusía, aseguran parabenizárense polo anuncio do goberno español que, din, é froito "de máis dun ano de permanentes e intensas mobilizacións". Porén, malia consideraren "un avanzo" a decisión afirman que continuarán manifestándose "até conseguir os nosos obxectivos". Isto é, que "non se aplique con carácter retroactivo" a nova interpretación que da lei fai o executivo español e que só se aplique a regularización das pensións percibidas desde 2014 pois coidan que a nova posición gobernamental "vén a confirmanr" o que denunciaban as persoas estafadas e é que se exixía un diñeiro "indebidamente. Así mesmo, demandan que se estabelezan facilidades para este pagamento. Doutra banda, coidan que a decisión non dá solución á cuestión de fondo que constitúe a "discriminación" recollida na lei 35/2006 en relación ás pensións percibidas no estranxeiro polo que reclaman unha mudanza lexislativa para que todas perciban un "tratamento igualitario". |
PRAZA_3618 | Neste contexto de grandes turbulencias, propias de mercados especulativos como as bolsas, o coroavirus vai actuar como a espoleta que acelera unha crise sistémica que xa se estaba incubando | Moitas voces anuncian que o coroavirus vainos levar a unha nova crise. Eu, vou intentar explicar que isto non é certo tal cal: que a crise xa a tiñamos enriba e que o coroavirus o que vai facer é acelerar unha dinámica en marcha. Mais aínda, moito me temo que como pasou coa crise financeira os de sempre ("os mercados") aproveiten a ocasión para seguir facendo negocio aínda que sexa a costa da vida e a saúde da maioría: "a doutrina do shock".Vexase, por caso a reacción do Banco Central Europeo fronte a pandemia: a oferta dunha financiación abondosa segue facéndose ao través dos bancos e non dos gobernos que son, neste caso, quen realmente necesitan o diñeiro para facer políticas de prevención e cura da epidemia. O BCE seguirá prestando diñeiro aos bancos, a un xuro cero practicamente, para que logo estes llo presten aos gobernos e, incluso, as entidades privadas, a un xuro superior polo que os bancos seguirán facendo negocio agora coa saúde e a propia vida da xente.Como dicía no artigo citado estamos as portas dunha nova crise. Unha crise na que interveñen factores como por caso a guerra comercial entre os Estados Unidos e China provocada pola administración Trump, as turbulencias bolsísticas que rematarán nun final como o de tódalas burbullas que no é outro que o seu estoupido, o impacto das novas tecnoloxías sobre a produción, a guerra do petróleo con Arabia Saudí e Rusia como principais contendentes, as débedas disparadas que se fan impagables e a emerxencia climática. A isto agora únese, xa que logo, o impacto do coroavirus sobre o comercio mundial, un curtocircuíto que afectará moi especialmente aos canles comerciais que unen a fabrica do mundo (China) co resto da economía mundo capitalista. Un impacto que pode actuar como espoleta adiantando a nova fase recesiva.Centrándonos en Europa subliñar que a gravidade da crise pode ser superior ao doutras áreas da economía capitalista dado que as políticas impostas nesta derradeira década polas autoridades europeas (austeridade fiscal, rebaixa salarial e control monetario) deixaron a maioría das economías europeas nunha situación de debilidade tal, vexase por caso a dimensión que acadaron as débedas (públicas e privadas) e o desemprego, que lles resultará imposible facer fronte por si mesmas a esta nova crise. O remedio que se viu aplicando en Europa para facer fronte a recesión, expansión cuantitativa apoiada en baixos tipos de xuro, xa está esgotado por dúas razóns fundamentais: a marxe para baixar os tipos de xuro é moi baixo e os canles utilizados ata agora para facer circular o crédito non funcionaron pois os bancos europeos empregaron o diñeiro facilitado a esgalla polo BCE en sanear balances, especular coas súas propias accións (embolsando as ganancias das alzas anteriores) e facer negocio coas débedas públicas dos estados. Un sistema perverso facilitado polos tratados europeos, en cuxa redacción tivo unha influencia decisiva o BUNDESBANK, vaticano do neoliberalismo, quen lle impide ao BCE prestar diñeiro directamente aos estados para que estes, por caso, poidan agora aplicar políticas expansivas que permiten facer fonte a pandemia e a crise con eficacia.Neste contexto compre desmontar os argumentos procrise que nos queren vender as elites financeiras, co apoio das súas redes mediatices e de moitos gobernos, tentando culpar en exclusiva ao coroavirus da crise que se non ven enriba (*). Algo que, por caso, estes días estamos vendo coas explicacións que se nos ofrecen das grandes turbulencias que afectan as principais Bolsas. Hai que subliñar con claridade e contundencia que o coroavirus non é o causante das caídas nas bolsas, desta nova crise nas finanzas. Que este argumento intenta ocultar a realidade dunha crise sistémica. Unha crise que nas principais bolsas mundiais ven provocada por unha espectacular caída dos seus índices tal que nin os respectivos Bancos Centrais son quen de evitar. Caídas que, nembargante, resultan lóxicas por mor das esaxeradas alzas habidas na última década que nalgún momento tiñan que deterse para devolver os índices aos seus valores reais. Moitos dos maiores axentes bolsísticos (grandes bancos, fondos de investimento, compañas de seguros..) eran moi conscientes de que isto ía a suceder e anticiparonse a crise vendendo grandes paquetes de accións provocando así un efecto domino de caída dos valores. Especuladores que utilizaron os ingresos procedentes destas ventas para, ademais de embolsarse as ganancias derivadas das alzas anteriores, mercar débeda pública (bonos do Tesouro) por considerala un investimento mais seguro e rendible.Non é, xa que logo, o coroavirus quen está provocando estas caídas de valor nos mercados bolsísticos. Neste contexto de grandes turbulencias, propias de mercados especulativos como as bolsas, o coroavirus vai actuar como a espoleta que acelera unha crise sistémica que xa se estaba incubando, moito antes de que o coroavirus aparecera en China, por mor dos factores anteriormente sinalados e nos que as turbulencias bolsísticas ocupan un lugar non menor debido ao actual predominio da financiarización na economía mundial en prexuízo da produción: a mundialización financeira. (*): Sinceramente, alguén se cree que a economía mundial cae nunha crise destas dimensións so polo efecto dun virus?. |
PRAZA_71 | A Plataforma Variante Non, que se prensentará este sábado, rexeita a proposta de Fomento para construír unha vía de alta capacidade paralela á N-550 e á autoestrada, criticando o seu custe e seu carácter agresivo para o territorio, vivendas e mesmo o Camiño Portugués. | O pasado 30 de decembro coñecíase o trazado proposto polo Ministerio de Fomento para a construción dunha vía que axude a evitar o colapso de tráfico que en moitas ocasións sofre a N-550 entre Pontecesures e Valga. Dende hai anos víñase reclamando unha solución, pero a alternativa proposta dende Fomento foi rexeitada de inmediato en ambos os dous concellos gobernados por PP (Valga) e BNG (Pontecesures). A variante, unha vía de dous carrís que mesmo se poderían ampliar a cuatro, é criticada por pasar por riba dunha ducia de vivendas, naves industriais, redes de saneamento e estradas que veñen de ser arranxadas. Mesmo atravesa por riba do Camiño portugués a Compostela. Dende o Concello de Valga sinálase que a proposta de Fomento é "a peor das posibles" e o seu pleno municipal aprobou por unanimidade unha moción rexeitando o plan do Executivo. O mesmo fixo o Concello de Pontecesures, tamén co consenso de todos os grupos políticos. Dende Valga denúnciase que a vía "parte en dous" o territorio de ambos os dous concellos, e ínstase á veciñanza a informarse sobre o trazado, propoñendo un trazado alternativo, menos custoso e menos agresivo para vivendas e outras estruturas. "Rexeitamos calquera das variantes propostas. Por todo o dano que fan, porque son innecesarias, e máis nos tempos de recortes que vivimos. A única opción que apoiamos é a liberación da AP-9, no tramo Padrón - Caldas" Tamén está en marcha unha recollida de sinaturas, que sumou case 700 apoios nunha semana. Este sábado presentarase, ademais, a Plataforma Variante Non, un colectivo cidadán formado por veciños e veciñas de Valga e Pontecesures, impulsada pola Asociación Cultural Os Penoucos. A Plataforma rexeita non só o trazado proposto por Fomento, senón tamén calquera das alternativas que nos últimos anos se viñeron barallando para construír unha terceira vía paralela á N-550 e á AP-9. "Rexeitamos calquera das variantes propostas. Por todo o dano que fan, porque son innecesarias, e máis nos tempos de recortes que vivimos. A única opción que apoiamos é a liberación da AP-9, no tramo Padrón - Caldas", destacan. O proxecto de Fomento tería un custe duns 5.832.460 euros por quilómetro, e calquera das outras alternativas suporían un gasto semellante. Dende a Plataforma cualifícase de "innecesario" o proxecto, e máis en tempos de crise e recortes, e sinálase que liberalizando o tráfico neste treito da autoestrada se solucionaría o problema de exceso de tráfico na zona, e cun custe menor. Variante proposta polo Ministerio de Fomento (.pdf) Alternativa proposta polos concellos de Valga e Pontecesures (.pdf) |
NOS_50641 | Lois Blanco (Compostela, 1988) estrea este luns 'Lady Shakespeare', a súa primeira obra de teatro no mesmísimo Festival de Edimburgo, unha das máis importantes citas de artes escénicas do mundo. Escrita e dirixida por el, está protagonizada pola actriz Paula Blanco. | - Non está nada mal estrear a túa primeira obra de teatro no Festival de Edimburgo. Como conseguistes chegar aí?- Pois soñando moito, porque en principio o proxecto foi unha investigación sobre personaxes de Shakespeare, que por sorte a actriz Paula Blanco controla moito inglés e eu díxenlle que o podiamos facer en versión orixinal, porque sería máis chulo, e decidimos facer a tolemia de mandalo a teatros do Festival porque no tiñamos nada que perder. - Era unha convocatoria aberta?- Alí os teatros funcionan como empresas que funcionan de intermediarios e eles seleccionan que espectáculos queren e cales non e danche a ti a opción de formar parte. Funcionan un pouco como intermediarios do Festival. Fan de filtro dos proxectos, se lles interesa máis ou menos. Cando un dos teatros nos aceptou, esa idea de traballo convertiuse de súpeto nun proxecto serio. Conste que até que vexa o espectáculo montado o luns, non o vou crer. Teño a impresión de que en calquera momento me van dicir que é unha broma. Pero o luns cando o fagamos direi: "si, fixémolo, vivímolo, pasou". Até que vexa o espectáculo montado o luns, non o vou crer. Teño a impresión de que en calquera momento me van dicir que é unha broma. - É un bo método para abrirse a novos valores e osixenar o sistema, non?- Si, nós imos a un teatro pequeno, por suposto. Alí hai todo tipo de propostas teatrais, imos alí a pelexarnos coa xente, no bo sentido, entraremos en contacto co público e a ver como responde. Haberá moitas máis ofertas, pero nós imos coa nosa. Eu penso que está ben sobre todo para adestrarse e facerse forte. Nun contexto tan complicado ou arriscas ou morres. Entrar nesa idea de ter que soportar si ou si eu penso que saca o mellor de un, saquei cousas que eu non pensei que podía escribir, porque a idea de aventurarse con Shakespeare foi un reto pero tamén un campo de liberdade fantástico. - Porque este proxecto forma parte da celebración do 400 aniversario do autor inglés, non?- O curioso é que non o sabía, entereime a posteriori. Díxenlle a Paula: imos traballar a Shakespeare porque é o máximo referente teatral, digamos como probarse a un mesmo con un material moi esencial no noso traballo. Decidímolo e cadrou marabillosamente así. Teño claro que o meu rol é escribir e dirixir e non saír moito de aí, creo que é o mellor se me dá, xunto con dirixir actores, e a iso me vou dedicar - Explícanos en que consiste a obra. - En concreto son catro personaxes femininos de Shakespeare, ao que se lle suma o propio autor e a raíña Isabel de Inglaterra. Por que? Porque o espectáculo sostén que Shakespeare era unha máscara de Isabel I de Inglaterra e quen escribiu os textos foi ela. É un espectáculo feminista ou, como mínimo, moi feminino. É unha das teorías. Hai moitos mitos arredor de Shakespeare. Entón o que facemos nós é aproveitar unha destas correntes. Hai eses seis personaxes e unha máis, unha actriz que fai unha viaxe espazo-temporal polos mundos de Shakespeare, en concreto catro obras deses catro personaxes, e iso vaise intercalando co proceso de Isabel, e ela acaba rebelando na propia obra que ela é Shakespeare, que el era simplemente unha máscara, por iso nós xogamos con esa máscara, ademais coa idea de facelo ao revés, ao igual que no teatro isabelino, os homes vestíanse de mulleres, e aquí facémolo ao revés: é Isabel a que se viste de home para facer literatura. - Haberá xira e estrea en Galiza?- Espero que si, non sei cando, porque teño claro que o espectáculo para facelo en Galiza teño que adaptalo, porque é moi británico, de materiais e de idioma, e para traelo aquí tería que sentarme a adaptalo para o público de aquí, non só traducilo, preguntarme que sentido ten en Galiza, porque o xogo dramático que temos é para o público británico, con referentes que eles alá entenden, pero aquí non. O espectáculo sostén que Shakespeare era unha máscara de Isabel I de Inglaterra e quen escribiu os textos foi ela. É un espectáculo feminista. - Para facelo tiñades que ten un control importante sobre Shakespeare, a realidade británica e tamén a lingua, claro. - Si, fixemos unha investigación de varios meses previo aos ensaios. Estudamos que personaxes nos interesaban máis. Por exemplo polo enfoque feminista rexeitamos a Xulieta, non por mal, senón porque a nivel ideolóxico non nos interesaba, nós fomos por outro camiño. Agora está por ver se aos escoceses lles gusta ou non. Teño moita intriga por ver ocmo responden a esta proposta feita para eles e a ver se acertamos ou non. Depende deles que dean ou non a súa beizón a esta pequena gran loucura. - Antes de xira galega agardas xira británica, entón?- Si, iso sería o mellor para o espectáculo, que aparecese algún promotor que quixese distribuílo. Van vir promotores velo, e mos alí, en parte, a vender o espectáculo. A ver se o conseguimos, pero imos paso a paso, porque nós non poderiamos asumir a produción, aínda máis nun contexto que non controlamos. Como mínimo imos ter unha aprendizaxe das boas e das importantes, e iso xa é moitísimo. A partir de aí todo é sumar. Eu teño os meus plans en Galiza e non é indispensable que iso pase, pero ímolo traballar, por suposto, pero con cariño e con tranquilidade, sen presións das malas. Cando estas dúas obras estean encarriladas, sentareime a escribir unha novela de ciencia ficción, que teño en mente desde hai ano e medio - Vexo que tes as cousas moi claras, pero daslle a moitos paos: director, dramaturgo, cineasta, escritor… hai algunha disciplina que che interese máis?- O meu soño, e agardo poder cumprilo, e para iso estou a traballar, é poder alternar entre o teatro, o cine e a literatura. Sei que é unha loucura, pero levo desde neno navegando entre as tres e creo que no fondo non me queda outra. Pensei en especializarme nunha das tres, pero cando penso iso é como elixir cal dos teus tres fillos é o preferido. Sei que é un camiño máis longo, e seguramente máis lento e máis difícil, pero para min é moito máis enriquecedor, así que quero ir alternando. Agora estou centrado no teatro, teño unha obra tamén en Galiza para o ano que vén, que se chama 'Os límites do frío', co meu grande amigo e colega Alex Carro, en setembro meterémonos a ensaiar a tope con iso. E cando estas dúas obras estean encarriladas, sentareime a escribir unha novela de ciencia ficción, que teño en mente desde hai ano e medio. Neste caso teño o cine parado, para aprender diso, e cando volva ter aprendido e renovado ese territorio. Ese é o meu plan: facer rotación de cultivos [risas]. Estar traballando unha terra, outra tela plantada e outra descansando. Iso si, sempre detrás das cámaras, teño claro que o meu rol é escribir e dirixir e non saír moito de aí, creo que é o mellor se me dá, xunto con dirixir actores, e a iso me vou dedicar. Non teño intención de saír de aí, de actuar ou outro tipo de cousas, porque xa o intentei e non se me dá ben, entón voume centrar no que se me dá ben, e a ver como me van as cousas, que de momento, e iso que acabo de empezar, van moi ben. |
NOS_9247 | De O Leo e Carlos Negro a Antía Otero ou Anabel Montouto. Un coro de voces diferentes, diversas e disidentes no acto da Fundación Castelao que decorrerá este 7 de xaneiro. O lugar será no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval, en Compostela. | O 7 de xaneiro é o 64 cabodano da morte de Daniel Castelao. O Panteón dos Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval (Compostela) será o escenario que acolle o acto da Fundación Castelao para conmemorar a vida, obra e compromiso do rianxeiro. O programa comeza cun saúda e a recepción d@s asistentes, para dar paso á actuación de Raúl Galego, 'O gaiteiro nubeiro'. Posteriormente será a quenda de Mini e Mero. E logo, virá o ronsel de oito voces (diversas, diferentes, distintas). Entre estas voces están as de O Leo, Carlos Negro, Lorena Rei e Antía Otero. E tamén as de Sofía Sánchez- Brunete Facal, Génesis Andreina Toárez Rosado, Anabel Montouto e Marcos Borrageros. A clausura será cousa de Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.