ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_27054 | As axencias de viaxe recomendan modificar as datas dos billetes antes de solicitar a súa devolución para non causar máis danos ao sector turístico. | Recuperar os cartos investidos na compra de billetes está a se converter nunha odisea para moitas persoas. Segundo fontes consultadas por Nós Diario, compañías como Ryanair están a poñer moitas trabas ás clientas que optan polo reembolso dos billetes e non por escoller outra data para realizaren a viaxe. Unha das prexudicadas explica que moitas das persoas que optan polo reembolso están a ser redirixidas á páxina principal da compañía aérea, onde só teñen a opción de mudar as datas dos voos, sen pagar taxas, pero si a diferenza do prezo do billete, se houbese. Ante esta situación, son varias as persoas que acudiron a entidades de consumidores como Facua ou a OCU para tratar de recuperar ese diñeiro antes de que se chegue a data de efecto dos billetes, momento no cal xa non poderán reclamar. Como apuntan, as liñas telefónicas de atención ao cliente están saturadas e tampouco ofrecen alternativas que non sexa a de cambiar o billete. Tamén no Imserso No caso das viaxes do Imserso, a reclamación dos cartos tamén está a dar problemas. Hai varias excursións que tiveron que regresar á Galiza antes de tempo, en autobuses, sen as suficientes medidas de seguridade, segundo denuncian as persoas usuarias, e agora tampouco poden recuperar parte dos seus cartos porque as concesionarias destes servizos exíxenlles presentar a documentación orixinal da viaxe, algo que en moitos casos non é sinxelo de obter, xa que moitas destas viaxes teñen lugar a través de códigos e localizadores, como explican desde as axencias de viaxe. Precisamente, Cesar Gutiérrez, presidente da Federación Empresarial de Asociacións Territoriais de Axencias de Viaxes (Fetave), sinalou que para o sector é "fundamental" que se opte por adiar as viaxes para salvar o turismo, que ve practicamente parada a súa actividade polo coronavirus. |
NOS_28068 | Cunha réplica exacta da súa gaita, os mesmos instrumentos que empregaba, idéntica formación e o mesmo vestiario, cen anos despois o primeiro coro galego da historia "Aires d´a Terra", creado por Perfecto Feijoo volve sentirse en Pontevedra. | Suso Vaamonde , Xosé Lois Romero, José Manuel Acha, Xan Herrera, José Luís Garaboa, Xoán Porto, Paulo Chouza e César Tarela son as novas voces que "resucitarán" este sábado 13 de decembro ás 20 horas no Museo de Pontevedra o coro "Aires da Terra", dous días despois de que se cumprira o centenario da súa disolución. O concerto "Aires d´a Terra: o legado de Feijoo" ten como obxectivo interpretar parte do repertorio do primeiro coro da historia de Galiza, fundado polo boticario e gaiteiro Perfecto Feijoo. Da man dun grupo de grandes músicos e coñecedores da nosa tradición, o proxecto quere ser respectuoso co coro histórico e, desta maneira, conservarán sonoridades, modos, arranxos e estética da proposta capitaneada por Perfecto Feijoo. Con este fin, botaron man da documentación sobre o coro, entre a que se atopa unha gravación histórica ou partituras autógrafas. O lugar escollido para o espectáculo é o Museo de Pontevedra xa que é nel onde se custodia a gaita, zanfona e outros instrumentos de Feijoo. A partir de aí, o proxecto visitará o que consideran os "fillos directos" do coro, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, onde estarán o 31 de xaneiro, Cántigas da Terra da Coruña, que visitarán o 7 de febreiro, Coral de Ruada de Ourense, Cantigas e Agarimos de Compostela, o 24 de xaneiro e Cántigas e Frores de Lugo. Os seus promotores definen "Aires d´a Terra: o legado de Feijóo" como un proxecto "emotivo e romántico" que volverá dar vida á fotografía coa que ilustran o cartaz, que se corresponde coa viaxe da agrupación a Madrid en 1901. Síguelles a mesma manda: "O amor pola nosa música máis auténtica e orixinal". No espectáculo, que dura por volta de 50 minutos, intercalaranse os temas musicais con comentario escritos polo propio Feijoo, no ánimo de documentar o espectáculo. |
NOS_10029 | A Praza das Pratarías acolleu na mañá do sábado unha concentración promovida pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para conmemorar os 40 anos da República Árabe Saharauí Democrática. Aliás, en concellos do país ondean este sábado as bandeiras do Sáhara. | Un cento de persoas concentrouse esta mañá na Praza das Praterías de Compostela para celebrar o 40 aniversario da creación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). Na mobilización, na que participaron membros destacados do BNG, de AGE e de Compromiso por Galicia, amais da CIG e de CCOO, berráronse lemas como "Sáhara liberdade, Polisario vencerá" e "Viva o Sáhara Libre" e leuse un manifesto no que se reivindicou a fin da ocupación. Aliás, en máis de 60 concellos galegos ondea este sábado a bandeira do Sáhara en apoio ás reivindicacións do pobo saharauí. Galiza é o territorio do Estado en que máis bandeiras ondean. |
NOS_54119 | O de Iván Cao Valle (Cangas de Foz, 1982), máis coñecido no mundiño do fútbol sala como Lucas, é o exemplo de que non é necesario importar talento cando a Galiza é produtora neta de xente con aptitudes para brillar no deporte, como demostran as súas estatísticas á fronte do mellor equipo feminino de fútbol sala do planeta. | Despois de levantar a Supercopa, salientaba vostede o feito de que as súas xogadores sigan tendo "fame", ese factor psicolóxico tan intanxíbel como determinante no deporte colectivo. Como mantén viva esa fame? Iso é algo que está dentro delas. Son unhas xogadoras moi competitivas, que queren gañar a toda costa; nese sentido, o meu traballo é pouco, pois elas en cada tarefa que eu preparo demostran as ganas e a competitividade que teñen. Está claro que nós desde o corpo técnico tratamos de inculcala, pero é algo innato nunhas mulleres que teñen fame e seguen pulando non só por seguir gañando, senón por facer historia. Falando de facer historia, o equipo está inmerso nunha incríbel dinámica gañadora. A pregunta que nos facemos todos, quizais por ese cainismo tan noso que gusta de ver caer os ídolos, é até cando será capaz o Burela de manterse na cima? Agardamos que dure moito (ri). Pero, xa falando en serio, temos claro que chegará un momento en que non poderemos seguir gañando títulos deste modo, mais agardamos que iso tarde en acontecer e por iso imos pelexar, para que ese momento en que perdamos un título se adíe o máximo posíbel. Chegou onde está a pesar da súa xuventude e acumulando unha ampla traxectoria como home da casa. Lembra como e cando se produce a súa primeira chegada a Burela? Eu levo toda a vida vinculado a este club. Primeiro no extinguido Cefire Burela, que foi onde empecei nas súas categorías inferiores, e a partir de aí como xogador subindo até o filial da Mariña FS, que acabaría tornando no Burela Fútbol Sala. A partir dese ano comecei a entrar nos corpos técnicos das categorías inferiores, sendo posteriormente auxiliar, segundo adestrador e primeiro, no que estou a día de hoxe. Comezou como técnico cos rapaces, cos varóns, e hoxe adestra o equipo feminino máis importante do mundo. Foi complicada esa transición que fixo do fútbol sala masculino ao feminino? Son fútboles distintos, pero á vez iguais. A nivel físico hai unha superioridade masculina que non cabe dúbida sobre ela, pero salvada esa diferenza o deporte é o mesmo, é fútbol sala. Tamén acontece que no fútbol masculino levan xogando moitos máis anos e por iso está moito más profesionalizado, pero no feminino estamos a dar pasos, aínda que aparte do Burela hai moi poucos equipos que sexan profesionais. Ao final, tanto eles como elas son deportistas, e como tal hai que tratalos a ambos, para que siga crecendo o deporte e o proceso para que o fútbol sala feminino sexa profesional. Que colectivo é máis difícil, ou máis complexo de dirixir, un masculino ou un feminino? Depende da esixencia. Antes de adestrar o Burela feminino eu estaba a traballar nun filial, a miña única esixencia era formar. Ao chegar a un Burela Fútbol Sala tes a necesidade de gañar e aí cambian as esixencias, as xogadoras teñen que entender que isto non é un hobby, que teñen un traballo onde nos pagan por gañar títulos e estar a disposición do adestrador para cumprir o que el diga... esa é a auténtica diferencia, a esixencia, moito máis alá de que sexa un grupo de homes ou de mulleres. Como analiza ese progresivo proceso de profesionalización que se está a vivir no fútbol sala feminino estatal? Estamos dando pasiños, non moi grandes, pero estanse dando para chegar á profesionalización total. |
PRAZA_10238 | A formación laranxa só obtén peores resultados nas municipais e nas europeas en Euskadi, pero logra 33 representantes nos concellos. A ultradereita non consegue ningún edil e só no País Vasco e en Catalunya acada menos apoio que dos electores galegos. | A implantación local de Ciudadanos e de Vox segue a ser escasa, moi pequena, en Galicia. Malia o medre e papel clave que a súa representación lles dá na maioría de autonomías tras os resultados do 26M, a súa presenza no país continúa sendo cativa e pouco importante. Ciudadanos só obtén peores resultados municipais que os de Galicia en Euskadi; Catalunya e o País Vasco, únicos territorios con resultados peores para VoxNo caso do partido laranxa, só en Euskadi obtén uns números peores. En canto a Vox, son Catalunya e o País Vasco os únicos territorios onde empeora os resultados galegos, que tamén son dos máis baixos para ambas formacións nas eleccións europeas. As chamadas nacionalidades históricas seguen a ser a gran traba para dúas opcións de claro discurso centralista, tanto no político como no que ten que ver coa cultura e lingua propias. Advertiuno mesmo Feijóo o pasado luns ao analizar o resultado das eleccións antes do comité nacional do PP en Madrid. Asegurou que unha das cousas das que estaba "máis satisfeito" era de que "Vox fose un partido absolutamente testemuñal en Galicia" tras o 26M e que Ciudadanos tamén o fose "nas eleccións municipais". Así, a extrema dereita segue a ser residual en Galicia, onde non só non calla senón que obtén os peores resultados do Estado xunto aos de Euskadi e Catalunya. A insignificancia de Vox no país foi clara xa nas eleccións xerais, pero tamén desta vez nas europeas e nas municipais. Nos comicios locais, Vox non obtivo representante ningún e sumou un total de 9.575 votos nas 13 localidades onde presentou candidatura, o 0,6% do total de sufraxios. Nas europeas, superou os 37.000 votos en Galicia, obtendo o 2,6% dos votos, un apoio que só foi menor no País Vasco (1,2%) e Catalunya (2%). Vox non obtivo ningún representante nas eleccións municipais en Galicia, onde sumou o 0,6% dos votos; nas europeas, acadou o 2,6%, cun apoio que só foi menor en Euskadi e CatalunyaXa que logo, Galicia inclúese no pequeno grupo de comunidades autónomas onde a extrema dereita non ten representante en institución ningunha: nin nos concellos, nin nas deputacións, nin no Parlamento autonómico. Tampouco achegou escanos ao grupo ultra no Congreso o 28A. É o mesmo panorama que afronta en Euskadi, Canarias e Navarra.Vox presentou candidaturas nas sete cidades galegas, ademais de noutras seis localidades. Só superou o 3% en Baiona, onde obtivo 279 votos e un apoio do 4%, e non superou o 2,5% en ningún outro sitio. Conseguiu 350 votos en Ferrol (1%), máis de 2.600 na Coruña (2,1%), case 600 en Santiago (1,1%), máis de 1.000 en Pontevedra (2,47%), máis de 700 en Ourense (1,3%), case 2.000 en Vigo (1,3%) e 980 en Lugo (2%). Ademais, obtivo 68 votos en Burela, 155 en Verín, 444 en Vilagarcía e 200 en Sada. Nas outras nacionalidades históricas, Euskadi e Catalunya, Vox presentou candidaturas en 25 e 45 localidades respectivamente, non obtendo tampouco ningún concelleiro, ao igual que lle ocorreu en Navarra e Canarias. No conxunto do Estado, sumou 528 edís, con importantes apoios en Andalucía, onde conseguiu máis dun cento, ou Madrid, onde sumou case o 8% dos votos e 140 escanos. En Murcia, ademais, apañou máis do 7% dos votos e 35 concelleiros. Tamén 11 representantes en Asturias, 17 nas Illes Balears, 74 en Castilla-La Mancha ou 64 en Castilla y León. Vox superou o 5% de voto nas europeas en todas as autonomías agás en Catalunya, Euskadi, Galicia, Canarias e NavarraEn canto ás eleccións europeas, o apoio á candidatura de extrema dereita superou o 5% en todas as comunidades autónomas agás nas nacionalidades históricas, Canarias (3,3%) e Navarra (4,2%). Pola contra, a porcentaxe acadada por Vox foi especialmente importante en Ceuta (20,6%) e Melilla (10,7%), pero tamén en Murcia (11,1%), Madrid (9,9%), Castilla-La Mancha (8,2%) Aragón (7,9%) ou Andalucía (7,6%). No conxunto do Estado, Vox obtivo o 6,2% dos votos, 3,6 puntos máis que en Galicia. Foron uns 50.000 votos no país menos nas xerais de hai un mes, onde a ultradereita apañara máis de 86.000 votos e superara o 5% de apoio, sendo tamén un dos territorios onde a irrupción da extrema dereita foi menos importante.País Vasco e Galicia, os peores territorios para CiudadanosCiudadanos tamén sufriu nestes comicios as consecuencias da súa escasa implantación e raizame social na maioría de localidaes galegas. Malia que nas pasadas xerais obtivo dous escanos e o 11,2% dos votos, nos comicios locais do pasado domingo quedou no 1,9% e menos de 30.000 votos que, no entanto, outorgáronlle 33 concelleiros e un deputado que pode ser clave para o futuro da Deputación de Ourense. Ademais, aumentou nun punto os resultados das anteriores municipais, pero quedando aínda lonxe dos obtidos noutros territorios. Ciudadanos non chegou ao 2% dos votos nas eleccións municipais en Galicia pero obtivo 33 concelleiros; só en Euskadi obtivo menos apoioOs resultados da formación laranxa só foron peores nunha autonomía, o País Vasco, onde sumou o 1% dos votos e non obtivo concelleiro ningún, perdendo o único que tiña. No resto de autonomías, supera o 5% en todas elas, agás nas Canarias, onde queda preto ao chegar ao 4,7%. En Galicia, Ciudadanos debutará no pleno da Coruña e no de Ourense, ademais de manter a representación en Pontevedra e Lugo e tras perder a edil que tiña en Ferrol. Con todo, é no rural e nas pequenas localidades onde segue sen ter forza. Nas europeas, o seu resultado en Galicia tampouco foi moito mellor. Obtivo a metade do apoio có conseguido a nivel estatal (6,7% fronte ao 12,2% de media en España) e só no País Vasco tivo peores resultados (2,7%). No caso dos comicios á Eurocámara, superou o 7% en todos os territorios, chegando mesmo a alcanzar o 18,2% en Madrid ou o 14% en Cantabria e Murcia. |
PRAZA_306 | Isto é o que algún sector da esquerda nos propón que fagamos cara ás eleccións municipais do 24 de maio: seguir as indicacións do coiote pra condenarnos unha vez máis ao fracaso político máis estúpido, innecesario e recorrente ata a náusea. Teñen o cordeliño atado ao pelouro que acabará por esmagalos, porque eles decidiron SITUARSE AÍ. | Lendo estes días o excelente ensaio de Manuel Garin, O gag visual, quedei moi sorprendido ao comprobar que lle dedicaba especial atención aos mecanismos humorísticos no seu tempo innovadores que forman parte da serie do coiote e o correcamiños, da que sempre fun espectador agradecido. O personaxe do coiote e a súa obsesiva persecución do correcamiños ten mútiples lecturas, pero apuntaremos só a máis obvia: a adicción ao fracaso Imos facer como que ignoramos o discurso policorrecto de certos sectores progres e imos recoñecer abertamente que aínda que estamos contra o imperialismo cultural, o neoliberalismo depredador e todo iso que xa vén no paquete básico da mentalidade esquerdosa, somos receptores de produtos audiovisuais magníficos, como por exemplo esta serie da Warner creada en 1949 polo debuxante de animación Chuck Jones inspirándose nunha idea mínima de Mark Twain. O personaxe do coiote e a súa obsesiva persecución do correcamiños ten mútiples lecturas, pero apuntaremos só a máis obvia: a adicción ao fracaso. O coiote sabe por experiencia que o correcamiños non só é máis rápido ca el senón que pode prever, burlar e incluso desmontar, rompendo os códigos lóxicos do relato, calquera das súas trampas e argalladas. O correcamiños sempre trunfa, e o coiote fracasa de xeito profesional. Aí aparece o vicio do fracaso, o fracaso como pulsión e mesmo, se me apurades, a relixión do fracaso. É dicir, a inclinación enfermiza a ignorar a realidade e empeñarse en trazar un plano (e un plan) paralelo e imposible que só existe na propia cabeza do coiote Aí aparece o vicio do fracaso, o fracaso como pulsión e mesmo, se me apurades, a relixión do fracaso. É dicir, a inclinación enfermiza a ignorar a realidade e empeñarse en trazar un plano (e un plan) paralelo e imposible que só existe na propia cabeza do coiote. Pero non vos enganedes, non estou a falar de ficción, de narrativa ou de humor intelixente. Estou falando exactamente de política. A intelixencia colectiva da esquerda, ou sexa o correcamiños, vai en determinada dirección: emprega todos os sentidos e todas as neuronas, é plenamente consciente do escenario e das opcións máis convenientes, e, se fose preciso, está en condicións de facer un par de trucos de maxia sociolóxica. Pero, claro, o coiote segue estando aí. O coiote nunca desiste, por moito que fracase nunca abandona, porque non debemos esquecelo, o coiote é un drogodependente do fracaso e de feito o fracaso político, ese pracer estraño de nunca acadar un obxectivo plenamente, é a única causa que xustifica a súa existencia. Así é que vemos o coiote traballar moi afanoso e sen descanso. A súa entrega absoluta é xa o primeiro elemento cómico. Leva atado á cintura un peto de coiro cheo de puntas, e ten agora mesmo sete ou oito na boca. Está fixando nun poste de telégrafos, no deserto, por suposto, un indicador de madeira que di: POR EIQUÍ. Uns metros máis adiante volve cravar outro indicador: SIGA POR EIQUÍ. Observamos que unha fita cruza a fronte do coiote. Entón ábrese o plano e vemos que o deserto é inmenso e que o coiote está a centos de quilómetros de calquera lugar habitado. A fita na fronte é, agora xa o sabemos, unha correa que vai dar a un enorme carromato cheo de indicadores deseñados pra levarnos cara á fragmentación e ao fracaso. Carromato que o coiote arrastra por todo o deserto con gran sacrificio. Despois de días de traballo que no código dos debuxos animados se traducen nunha breve serie de planos, vemos que o coiote se aproxima a un lugar entre uns penedos e crava un último indicador sinalando cara ao chan: SITÚESE VOSTEDE EIQUÍ. Que sucede finalmente? Xa o sabemos, de feito sabiámolo dende a primeira imaxe Mais no chan non hai nada que sexa tecnicamente proporcional a tanto esforzo previo. Só unha tampa sobre un foxo, e nela uns grauciños de millo. O coiote pretende que o correcamiños siga inocentemente as súas indicacións, se sitúe enriba da tampa e se poña a comer no millo, momento en que el, agochado detrás dun penedo, tirará dun cordeliño que moverá un enorme pelouro pra esmagar o correcamiños. Que sucede finalmente? Xa o sabemos, de feito sabiámolo dende a primeira imaxe. O correcamiños aparece de súpeto, veloz coma un fotón, e espétase vibrante xusto por detrás do coiote. O coiote dá un chimpo de susto, aterra sobre a tampa e vai dereito pra o fondo do foxo. Un segundo despois, a simple tensión do cordel fai caer o pedrolo sobre a súa cabeza. Xa sabedes como é esa mirada de resignación (e gozo) cando recibe unha vez máis o golpe do fracaso. Isto é o que algún sector da esquerda nos propón que fagamos cara ás eleccións municipais do 24 de maio: seguir as indicacións do coiote pra condenarnos unha vez máis ao fracaso político máis estúpido, innecesario e recorrente ata a náusea Pois ben, isto é o que algún sector da esquerda nos propón que fagamos cara ás eleccións municipais do 24 de maio: seguir as indicacións do coiote pra condenarnos unha vez máis ao fracaso político máis estúpido, innecesario e recorrente ata a náusea. Teñen o cordeliño atado ao pelouro que acabará por esmagalos, porque eles decidiron SITUARSE AÍ. Pero non debemos esquecer que agora mesmo nós xa somos o correcamiños, e coñecemos os movementos do coiote con moitísima antelación. Avante a confluencia da esquerda rupturista fronte aos partidos do réxime!! |
NOS_42098 | O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova recibiu este sábado as familias de dous dos republicanos fusilados e soterrados no cemiterio de Celanova. | O cemiterio de Celanova foi a primeira parada para unha ducia de familiares de dous dos milicianos asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 e soterrados. Chegaron onte á Galiza para participar nunha xornada organizada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, o primeiro acto público de 2022, e tamén a primeira homenaxe que reciben os sete fusilados asturianos cunha ampla presenza dos seus familiares máis directos. Filla e neta Até Celanova viaxou Josefina Fernández, filla de Marcelino Fernández García. A piques de facer 85 anos, é a terceira vez que visita o lugar. Fíxoo por primeira vez cando era unha bebé, canda a súa nai, antes do fusilamento de seu pai. Volveu nos anos 80, de novo acompañando súa nai para dar coa tumba do seu home. Nesta ocasión viaxou con cinco dos seus netos e bisnetos. Galiza e Asturies lembran en Celanova as vítimas do franquismo e selan un compromiso a prol da memoria Por outra parte desprazáronse até Celanova netas, bisnetas e tataranetos de Abelardo Suárez del Busto. Gracia Gutiérrez é a parente directa máis próximas e foi a encargada de agradecer en nome de toda a delegación asturiana o esforzo do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e a acollida da Corporación municipal no salón de plenos do Concello. A ese acto de benvida, celebrado após unha ofrenda floral no cemiterio, asistiron representantes de todas as forzas políticas locais salvo do Partido Popular. Xixón, Camposancos, Celanova Foi o prólogo dunha xornada que continuou pola tarde e que reuniu no salón de actos do instituto de Celanova a José Antonio Uris, autor do ensaio A porta do inferno mais a Fran Alonso e Francisco Serrulla, membros do grupo de investigación Histagra da USC, responsábel dos traballos de exhumación de fosas na Galiza. O seu relato serviu para rememorar o percorrido dunha trintena de presos asturianos que chegaron á Galiza procedentes de Xixón. Dalgúns non se sabe o seu destino final, outros foron executados no Campo de Aragón, en Ourense, e sete, en Celanova. Comezan os trámites para exhumar a fosa de Celanova onde estarían soterrados sete milicianos asturianos Os nomes e as historias de Baldomero Vigil Escalera Vallejo, 19 anos, pintor; Marcelino Fernández García, 21 anos, mecánico; Guillermo de Diego Álvarez, 25 anos, chofer; Alfonso Moreno Gayol, 26 anos, chofer; Abelardo Suárez del Busto, 28 años, albanel; Belarmino Álvarez García, 29 años, mineiro, e Mariano Blanco González, 36 años, litógrafo, coñécense desde que o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova empezou a divulgar o resultado das súas investigacións nos Arquivos de Ourense e Ferrol, onde apareceron as causas destes sete asturianos capturados polas forzas sublevadas tras a caída de Xixón a finais de outubro de 1937. Detivéronos cando estaban a piques de fuxir por mar. Foron trasladados a Camposancos, onde foron xulgados en consellos de guerra e de aí a Celanova, onde unha unidade dirixida por Joaquín Ríos Capapé ─aínda hoxe fillo predilecto de Figueres (Girona), a quen reclamarán o fin desta distinción─ se encargou de fusilalos. Exhumación Mais serviu tamén para coñecer os detalles do camiño que aínda queda por pecorrer até a devolución dos seus restos á familias. O proceso de intervención está pendente da sinatura do convenio entre a Xunta e Histagra, que o verán pasado iniciou traballos de exhumación en Vilagarcía e Crecente e que este ano ten previsto continuar en Lousame e Celanova. |
NOS_14262 | Unións Agrarias convoca actos de protesta o día 11 ante a sede de Lactalis, en Vilalba. e o 16 na de Larsa, en Castro de Rei, para protestar polos baixos prezos do leite. | O sindicato Unións Agrarias anunciou onte a convocatoria de protestas ante as sedes de Lactalis (Vilalba) e a de Larsa (Outeiro de Rei) para reclamar unha suba dos prezos que se pagan a produtores polo leite no canto de "esmolas". A mobilización ante Lactalis será esta quinta feira, 11 de novembro, e cinco días máis tarde será a quenda da de Larsa. Segundo denunciou en rolda de prensa o secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa, Felix Porto, tanto Lactalis como Larsa, dúas das industrias con maior cota de mercado na Galiza, dado que recollen leite a uns 1.500 e 1.000 gandeiros, respectivamente, "non aplican o que dicía a lei de cadea". O representante de Unións Agrarias pon de exemplo que Lactalis ofrece unha alza "case irrisoria" dun céntimo despois de que a distribución incrementase prezos nos lineais que non se repercuten "nada" nos produtores. Nesta liña, o responsábel do sector lácteo de Unións, Óscar Pose, acusa Lactalis e Larsa de quedar con "un incremento de tres céntimos en lineais" que non chegan aos produtores. Ampliar as protestas O sector leiteiro, farto desta situación, está disposto a incrementar as protestas. Desde a asociación Agromuralla, que a semana pasada protagonizou unha multitudinaria protesta en Lugo, mesmo valoran a posibilidade de levar as súas reivindicacións a Madrid e Compostela. Agromuralla valora levar as súas reivindicacións até Compostela e mesmo Madrid Pola súa banda, o Sindicato Labrego Galego lamentou que Unións Agrarias se desmarcara da súa proposta de mínimos para unha mobilización unitaria, unidade que xa se está a dar no marco estatal, e para a que seguen á espera dunha resposta por parte do sindicato. |
NOS_58443 | Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo. Eis algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos en 'Gaiteiraos', unha mostra coa que César Lombera rende homenaxe ás e aos gaiteiros galegos de onte e de hoxe. | "O gaiteiro foi un dos tipos máis populares da Galiza porque era a alma de todas as diversións públicas. Consentido pola mocidade, requirido polos encargados das festas públicas, afagado polas mozas e loado polas trovas dos nosos poetas, non era estraño que coa gaita ao ombreiro andase sempre con aquel de señorío [...]. Nos pasados tempos eran tan solicitados que até chegaban a ser contratados por documento notarial anticipadamente; e moitos dos antigos gremios e confrarías tiñan o seu gaiteiro fixo contratado para que "durante os días da súa vida" tañese a gaita nas festas, e acompañase as persoas que achegaban faquías nas procesións, "e asistise ás danzas e aos ensaios", recibindo a cambio uns ducados ao ano e a comida e bebida correspondente aos días das festas en que tomaba parte". Con estas palabras describía Eladio Rodríguez, a principios dos anos 60, os gaiteiros no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Adoptado como símbolo do país polo movemento galeguista do XIX, a figura do gaiteiro viviu unha época de recoñecemento. Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas... todos eles verterían alegres versos á figura do gaiteiro. Un recoñecemento que duraría até a chegada da ditadura franquista, cando caeu nun gris desprestixio. Logo, nos anos 70 comeza a recuperar a súa popularidade. Até a actualidade. "Pucho Boedo, ghaiteiro! / Saúde Bakunín, ghaiteiro! / Gracias Mamá, ghaiteira! / O Zeca Afonso, ghaiteiro! / Arsenio Ighlesias, ghaiteiro!", cantaban Os Diplomáticos. Agora, réndeselle homenaxe, novamente, cunha gran carga simbólica para a cultura galega. "Exemplo sobranceiro do patrimonio inmaterial" Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros da Galiza compoñen a exposición "Gaiteiraos", coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicar a figura do gaiteiro como "exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial". Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo son algunhas das persoas representadas nos fermosos gravados reunidos nesta mostra, que vén de abrir ao público e que poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra até o domingo 28 de novembro. De Perfecto Feixoo á gaiteira Aurora Rodríguez Desde un repoludo gaiteiro, Perfecto Feixoo e o loro Rabachol, Avelino Cachafeiro, Manuel Dopazo, Ricardo Portela, Os Areeiras de Catoira, Carlos Núñez, Susana Seivane, o irlandés Davy Prillane, o bretón Bagad Kemper, os 10 'pipers' escoceses até Aurora Rodríguez. Eis algunhas das protagonistas que fan parte da exposición. Así, Gaiteiraos acolle unha serie de creacións sobre sonadas gaiteiras e gaiteiros a través da historia e aspira, en palabras do autor, "a ser unha oportunidade de homenaxear e pór en valor estas persoas dedicadas á música no mundo cultural e reivindicalas" como parte fundamental do patrimonio cultural galego. E é que as peregrinas e os peregrinos a Santiago de Compostela levaban gaitas de volta aos seus países de orixe. E no século XIX e en gran parte do XX as bandas de gaiteiras e gaiteiros eran protagonistas de toda festa que se prezase, lembrou Lombera durante a presentación da mostra. "Tocaban na alborada e facían o pasacalle, acompañaban o santo na procesión, facían a sesión vermú e tocaban até altas horas músicas bailables e de moda". Moitas destas persoas "acadaron fama internacional en Europa e Hispanoamérica", até a chegada das orquestras modernas con grupos electrificados, que "fixeron que perdesen ese protagonismo". Mais non a pegada na cultura popular. A súa relevancia constátase mesmo na representación iconográfica das gaitas, presente desde a época romana, cando aparecen protagonistas de moedas, ou das miniaturas que ilustran as Cantigas de Santa María, de Afonso X, "cun aspecto luxoso", valorou Lombera, "do que se deduce o carácter culto do seu emprego". Á parte destes deseños, tamén é de destaque, pola súa presenza na propia exposición, e polo seu valor e a súa antigüidade, o capitel románico do século XI procedente de Melide, mais que actualmente conserva o Museo de Pontevedra. Un percorrido pola historia da gaita da man dos debuxos de César Lombera A mostra "Gaiteiraos" recolle unha serie de creacións artísticas inspiradas en sonadas gaiteiras e gaiteiros a través da historia e aspira, en palabras do autor, César Lombera, "a ser unha oportunidade de homenaxear e pór en valor estas persoas dedicadas á música no mundo cultural e reivindicalas como unha mostra sobranceira do noso patrimonio inmaterial". |
NOS_52861 | A comarca de Monterrei volve verse afectada polos incendios forestais. Pasadas as 00 horas da cuarta feira rexistrábase un fogo en Laza, nunha zona de difícil acceso. E horas despois, comezaba o de Chandrexa de Queixa. Ambos os dous uníronse na tarde da cuarta feira e entraron no parque do Invernadoiro. | Son 740 as hectáreas de superficie queimada tras se declarar o incendio de Laza, segundo as informacións da Consellaría do Medio Rural. Na zona traballan catro axentes, sete brigadas, catro motobombas e unha pa, segundo a Xunta. A situación complicouse ao se xuntaren o incendio de Laza e mais o de Chandrexa e o fogo chegou xa aos montes da Edreira, unha zona de alto valor paisaxístico e ecolóxico, no marco do parque do Invernadoiro, xa afectado anteriormente polos incendios. [VÍDEOS] Os incendios avanzan sen control en Carballeda de Valdeorras, Laza e Chandrexa, con case 1.400 hectáreas arrasadas Debido á proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, en Chandrexa, a Xunta solicitou a instauración da situación 2 de alerta. Este incendio de Chandrexa leva calcinadas de momento 200 hectáreas segundo Medio Rural. Traballan no fogo catro axentes, 5 brigadas, 4 motobombas, 6 avións e 3 helicópteros. Por outra parte, a Xunta activou a Situación 2, de perigo por proximidade do lume a vivendas, en todo o distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro, debido á proximidade do lume a varios núcleos de poboación nos municipios de Boborás, O Irixo e O Carballiño. Segundo relata a Europa Press a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, os veciños "están a confinarse nas súas vivendas" debido á proximidade do lume. Sinala que estes incendios foron provocados polo paso dun tren, que deixan focos en: Fondo de Vila, Eixán, Cibreiro, Rodas, Xuvencos, Xurenzás e Ventosa. Lamenta que a situación está "descontrolada" con perigo para os núcleos habitados. De feito, a través das súas redes sociais, a alcaldesa recomendou aos veciños: "Poñede coches en posición de saída. Regade a contorna de vivendas e, sobre todo, protexervos". Segundo a información de Medio Rural, o lume de Boborás, iniciouse na parroquia de Astureses ás 17,30 horas e está activo. No Carballiño, hai un lume activo na parroquia de Longoseiros. Iniciouse ás 15,51 horas. Traballan dous avións, tres brigadas e unha motobomba. Circulación ferroviaria interrompida Por outra parte, a circulación por tren entre O Irixo e Lalín foi interrompida na tarde da cuarta feira debido a varios focos de lume próximos á infraestrutura. Os trens afectados son os que percorrer o camiño de ferro de ancho convencional que separa Ourense de Compostela. As persoas viaxeiras están a ser transportadas en autobús. |
NOS_9328 | O presidente e conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A., Xoán Costa, dá conta do balanzo dos sete anos do medio e dos retos que a empresa enfronta coa próxima saída de Nós Diario. | Que balanzo fai dos sete anos de Sermos Galiza? Penso que podemos falar, sen que iso soe a compracencia, dun balanzo positivo tanto desde o ponto de vista do crecemento da empresa e do asentamento dos produtos que oferece, quer os xornalísticos quer os bibliográficos, como da súa importancia na construción e expansión dun espazo galego de comunicación. Cales considera que foron os obxectivos do medio nesta etapa? Paréceme importante considerar estes obxectivos tendo en conta dous períodos de tempo diferenciados. Entre 2012 e 2016 o noso obxectivo foi estabilizar o número de subscricións ao semanario, consolidar unha maneira de facer xornalismo que respondese ao noso lema "de intereses galegos" e deixar de ter perdas económicas. No segundo período, sobre todo desde o quinto aniversario, o noso obxectivo virou para asentar as bases dun diario en papel, tal como é o proxecto de Nós Diario. E os logros? O logro fundamental foi, sen dúbida, comprobar que se queremos algo, neste caso un diario en papel, temos, como sociedade, capacidade para o conseguir. Desenvolvemos por toda a Galiza un intenso traballo centrado en dúas ideas: é posíbel (o diario en papel) e só depende de nós. Creo que contribuímos a xerar autoconfianza e os diálogos mantidos con centenares de persoas deron finalmente o seu froito. Tanto Sermos Galiza como Nós Diario resultan dun proxecto desde a base, desde abaixo, no marco da pluralidade. Por que? Sermos Galiza está configurada desde o inicio como unha entidade plural. Proba diso son as perto de mil persoas que conforman o accionariado da empresa e que nas Xuntas de Accionistas non só se aproban as contas e informes de xestión, senón que se definen liñas de actuación que despois o Consello de Administración procura levar a cabo. Nós Diario é tamén un proxecto comezado desde a base. As máis de cento setenta persoas que conforman o grupo impulsor, moitas delas en representación de entidades sociais, outras a título persoal, dan idea de que partimos dunha base social moi variada. Pero, por riba de todo, o feito de sustentarmos a nosa viabilidade económica nunha base de subscricións tan ampla é garantía de que ou somos plurais ou non seremos. Se o espazo galego de comunicación que queremos axudar a construír é plural, é nesa pluralidade que temos que medrar. E esa é a nosa vontade, medrar no espazo en que nacemos e ao seu servizo. |
NOS_38149 | Na Faixa de Gaza, a área de maior densidade populacional do planeta, um milhão e meio de pessoas estão constantemente sujeitas a eventuais e amiúde ferozes e arbitrárias punições, cujo propósito não é senão humilhar e rebaixar a população palestina e ulteriormente garantir tanto o esmagamento das esperanças de um futuro decente quanto a nulidade do vasto apoio internacional para um acordo diplomático que sancione o direito a essas esperanças. O artigo é de Noam Chomsky. | Uma noite encarcerado é o bastante para que se conheça o sabor de estar sob total controle de uma força externa. E dificilmente demora mais de um dia em Gaza para que se comece a perceber como é tentar sobreviver na maior prisão a céu aberto do mundo. Na Faixa de Gaza, a área de maior densidade populacional do planeta, um milhão e meio de pessoas estão constantemente sujeitas a eventuais e amiúde ferozes e arbitrárias punições, cujo propósito não é senão humilhar e rebaixar a população palestina e ulteriormente garantir tanto o esmagamento das esperanças de um futuro decente quanto a nulidade do vasto apoio internacional para um acordo diplomático que sancione o direito a essas esperanças. O comprometimento a isso por parte das lideranças políticas israelenses foi ilustrado expressivamente nos últimos dias, quando eles advertiram que 'enlouqueceriam' se os direitos palestinos fossem reconhecidos, mesmo que limitadamente, pela ONU. Essa postura não é nova. A ameaça de 'enlouquecer' ('nishtagea') tem raízes profundas, lá nos governos trabalhistas dos anos 1950 e em seus respectivos "complexos de Sansão": "se nos contrariarem, implodimos as paredes do Templo à nossa volta". À época, essa ameaça era inútil; hoje não é mais. "O povo de Gaza foi selecionado para punições particularmente cruéis. É quase miraculoso que eles suportem tal existência". A humilhação deliberada também não é nova, apesar de adquirir novas formas constantemente. Há trinta anos, líderes políticos, inclusive alguns dos mais notórios 'falcões' (sionistas mais conservadores), apresentaram ao primeiro-ministro um relato detalhado de como colonos regularmente violavam palestinos da forma mais vil e com total impunidade. A proeminente analista Yoram Peri notou com repugnância que a tarefa do exército não é a de defender o Estado, mas de "acabar com os direitos de pessoas inocentes somente porque são araboushim (uma ofensa racial) vivendo numa terra que Deus nos prometeu". O povo de Gaza foi selecionado para punições particularmente cruéis. É quase miraculoso que eles suportem tal existência. Raja Shehadeh descreveu como eles o fazem num eloquente livro de memórias, A Terceira Via, escrito há 30 anos. O texto relata seu trabalho como advogado empenhado na tarefa de tentar proteger direitos elementares num sistema legal feito para ser insuficiente, além de sua experiência como um resistente que vê sua casa tornar-se uma prisão por ocupantes violentos e nada pode fazer além de "aguentar". A situação piorou muito desde o texto de Shehadeh. Os acordos de Oslo, celebrados com muita cerimônia em 1993, determinaram que Gaza e a Cisjordânia eram uma só entidade territorial. Os EUA e Israel puseram sua estratégia de separá-los para funcionar já naquela época, de forma a barrar um acordo diplomático e punir os araboushim em ambos os territórios. A punição aos moradores de Gaza tornou-se ainda mais severa em janeiro de 2006, quando eles cometeram um crime hediondo: votaram no "lado errado" na primeira eleição do mundo árabe, elegendo o Hamas. Demonstrando seu amor pela democracia, os EUA e Israel, apoiados pela tímida União Europeia, impuseram um sítio brutal e ataques militares ostensivos logo de cara. Os norte-americanos também imediatamente recorreram ao procedimento operacional padrão para momentos em que populações desobedientes elegem o governo errado: prepararam um golpe militar para restabelecer a ordem. O povo de Gaza cometeu um crime ainda pior um ano depois. Barraram a tentativa de golpe, levando a uma forte escalada do sítio e das ofensivas militares. Isso culminou, no inverno de 2008-9, na Operação Chumbo Fundido, um dos mais covardes e perversos exercícios de poder militar na memória recente, na qual uma população civil sem defesa e enclausurada ficou sujeita à implacável ofensiva de um dos mais avançados sistemas militares do mundo, que conta com o apoio das armas e da diplomacia estadunidense. Um testemunho inesquecível do morticínio – infanticídio, nas palavras deles – é o livro Eyes in Gaza, de dois corajosos doutores noruegueses, Mads Gilbert e Erik Fosse, que à época trabalhavam no principal hospital de Gaza. O Presidente Obama não foi capaz de dizer uma palavra além de reiterar sua sincera simpatia pelas crianças sob ataque – na cidade israelense de Sderot. A investida minuciosamente planejada foi levada a cabo justamente antes do empossamento de Barack, assim ele pôde dizer que era hora de vislumbrar o futuro, não o passado. Obviamente, havia pretextos – sempre há. O de costume, apresentado assim que necessário, é a "segurança": neste caso, os foguetes caseiros de Gaza. Como de costume, também, o pretexto carecia de credibilidade. Em 2008, estabeleceu-se uma trégua entre Israel e o Hamas. E o governo israelense reconheceu formalmente que o Hamas cumpriu a trégua. Nenhuma bomba do Hamas foi disparada até que Israel rompeu a trégua encoberto pelas eleições presidenciais norte-americanas de 4 de novembro de 2008, invadindo Gaza por motivos ridículos e matando meia-dúzia de membros do Hamas. O governo de Israel foi aconselhado por suas mais altas autoridades de inteligência de que a trégua poderia ser retomada por suavizar o bloqueio criminoso e acabar com as ofensivas militares. Mas o governo de Ehud Olmert, por reputação um "pombo" (termo para os sionistas "moderados"), preferiu rejeitar estas opções e lançar mão de sua enorme vantagem no quesito violência: a Operação Chumbo Fundido. O modelo de bombardeio da Operação Chumbo Fundido foi analisado cuidadosamente pelo respeitado defensor dos direitos humanos Raji Sourani, natural de Gaza. Ele aponta que o bombardeio concentrou-se ao norte, mirando civis indefesos nas áreas de maior densidade populacional, sem qualquer desculpa do ponto de vista militar. O objetivo, ele sugere, talvez tenha sido mover a população intimidada para o sul, próximo à fronteira com o Egito. Mas, apesar da avalanche terrorista, os resistentes não se moveram. Outro objetivo provavelmente era movê-los para lá da fronteira. Desde o início da colonização sionista dizia-se que os árabes não tinham motivo para estar na Palestina. Eles podiam continuar felizes noutro lugar e deveriam ser "transferidos" de maneira educada, sugeriam os pombos. Esta, que claramente não é uma preocupação menor do governo egípcio, talvez seja a razão pela qual o Egito não abre sua fronteira seja para civis, seja para os suprimentos dos quais o país necessita desesperadamente. Sourani e outras fontes dignas de reconhecimento notam que a disciplina dos resistentes oculta um barril de pólvora que pode explodir inesperadamente, como aconteceu na primeira Intifada em Gaza em 1989, após anos de repressão indigna de qualquer interesse ou nota. "Minha impressão inicial, depois de uma visita de alguns dias, foi de admiração ao povo palestino. Não só pela habilidade de levar a vida, mas também pela vitalidade da juventude, particularmente a universitária". Só para mencionar um dos inumeráveis casos, pouco antes da eclosão da Intifada, uma menina palestina, Intissar al-Atar, foi assassinada no pátio da escola pelo morador de um assentamento judeu próximo. Ele era um dos milhares de colonos israelenses trazidos para Gaza, o que violava leis internacionais, sob proteção da enorme presença de um exército que assumiu o controle das terras e da escassa água da Faixa. O assassino da estudante, Shimon Yifrah, foi preso. No entanto, foi solto rapidamente quando o tribunal determinou que "o delito não foi severo o suficiente" para justificar a detenção. O juiz comentou que Yifrah só pretendia assustar a garota por atirar na direção dela, não matá-la, assim, "o caso não é o de um criminoso que deve ser punido com um aprisionamento". Yifrah recebeu uma pena suspensa de 7 meses, o que levou os outros colonos presentes à sala de tribunal a dançar e cantar. E o silêncio, pra variar, reinou. Afinal, a rotina é essa. Assim que Yifrah foi libertado, a imprensa israelense reportou que uma patrulha armada atirou no pátio de um colégio para meninos de 6 a 12 anos num campo de refugiados da Cisjordânia, ferindo cinco crianças. O ataque só pretendia "assustá-los". Não houve punições e o evento, para variar, não atraiu atenção. Era só mais um episódio do programa de "analfabetismo como punição", disse a imprensa israelense, programa que incluía o fechamento de escolas, uso de bombas de gás, espancamento de estudantes a coronhadas, bloqueio de auxílio médico para vítimas; e para além das escolas predominou a mesma brutalidade, que até asseverou-se durante a Intifada, sob ordens do Ministro da Defesa Yitzhak Rabin, outro bem conceituado "pombo". Minha impressão inicial, depois de uma visita de alguns dias, foi de admiração ao povo palestino. Não só pela habilidade de levar a vida, mas também pela vitalidade da juventude, particularmente a universitária, com a qual eu passei um bom tempo numa conferência internacional. Mas também fui capaz de perceber que a pressão pode tornar-se grande demais. Relatos apontam que entre a população masculina jovem há uma frustração crescente e o reconhecimento de que, sob comando dos EUA e de Israel, o futuro não é promissor. A Faixa de Gaza parece uma típica sociedade de terceiro mundo, com bolsões de riqueza rodeados por uma pobreza medonha. Não é, entretanto, um lugar "subdesenvolvido". Na verdade, é "des-desenvolvido", e de maneira muito sistemática, pegando emprestado um termo de Sara Ray, a maior especialista acadêmica em Gaza. Gaza poderia ter se tornado uma região mediterrânea próspera, com rica agricultura, uma promissora indústria pesqueira, praias maravilhosas e, como descobriu-se há dez anos, a perspectiva de uma extensa reserva de gás natural dentro dos limites de suas águas. Coincidentemente ou não, foi há uma década que Israel intensificou seu bloqueio naval, levando navios pesqueiros em direção à costa. As perspectivas favoráveis foram frustradas em 1948, quando a Faixa tornou-se abrigo da enxurrada de refugiados palestinos que fugiram ou foram expulsos à força do que hoje é Israel. Na verdade, eles continuaram sendo expulsos quatro anos depois, como informou no periódico Ha'aretz (25.12.2008) o estudioso Beni Tziper. Ele afirma que, já em 1953, "avaliava-se necessário varrer os árabes da região". Isso foi em 1953, quando a necessidade de militarização ainda não se insinuava. As conquistas israelenses de 1967 ajudaram a administrar os golpes posteriores. Vieram então os terríveis crimes já mencionados, que continuam até hoje. É fácil notar os sinais de tais crimes, mesmo numa visita breve. Num hotel perto da costa pode-se ouvir as metralhadoras israelenses empurrando pescadores para fora das águas de Gaza, em direção à própria costa. Assim, eles são levados a pescar em águas que estão poluidíssimas porque norte-americanos e israelenses não permitem a reconstrução dos sistemas de esgoto e energia que eles próprios destruíram. Os Acordos de Oslo planejavam duas usinas de dessalinização, imprescindíveis em função da aridez da região. Uma, instalação muito avançada, foi construída – em Israel. A segunda é em Khan Yunis, sul da Faixa de Gaza. O engenheiro encarregado de tentar obter água potável para a população explicou que essa usina foi projetada de forma tal que é incapaz de usar água do mar, ela depende de reservas subterrâneas, um sistema mais barato que, no entanto, degrada o aquífero já deficiente. Mesmo assim, a água é limitadíssima. A Agência das Nações Unidas de Assistência aos Refugiados da Palestina (UNRWA), que cuida dos refugiados (mas não dos outros moradores de Gaza), recentemente lançou um relatório advertindo que os danos ao aquífero podem em breve tornar-se "irreversíveis", e que, sem ações reparadoras, Gaza talvez deixe de ser um "local habitável" em 2020. Israel permite a entrada de concreto para projetos da UNRWA, mas não para os palestinos comprometidos com as enormes necessidades de reconstrução. O equipamento pesado permanece ocioso a maior parte do tempo, já que Israel não permite materiais para reparo. Tudo isso é parte do programa descrito por Dov Weisglass, conselheiro do primeiro-ministro Ehud Olmert, depois de os palestinos terem deixado de seguir certas ordens na eleição de 2006: "a ideia", disse ele, "é aplicar uma dieta aos palestinos, mas não deixá-los morrer de fome". Não seria de bom tom. Juan Cole: " "cerca de 10% das crianças palestinas com menos de cinco anos tiveram seu crescimento atrofiado pela desnutrição. Além disso, a anemia hoje afeta dois terços das crianças mais jovens, 58,6% das crianças em idade escolar e mais de um terço das grávidas". O plano está sendo seguido conscienciosamente. Sara Roy nos dá vasta evidência disso em seus estudos. Recentemente, após anos de esforços, a Gisha, organização israelense pelos direitos humanos, conseguiu obter uma ordem judicial exigindo que o governo divulgue os planos da "dieta". Jonathan Cook, jornalista em Israel, assim os resume: "oficiais de saúde forneceram cálculos do número mínimo de calorias que Gaza precisa para que os 1.5 milhão de habitantes não fiquem desnutridos. Esse número traduziu-se no número de caminhões de comida que Israel supostamente permite a cada dia, uma média de apenas 67 caminhões – bem menos do que a metade do requerido. E que se compare com isso os 400 caminhões diários de antes do bloqueio". Segundo relatórios da ONU, mesmo essas estimativas são bastante generosas. O resultado da imposição da dieta, observa o especialista em Oriente Médio Juan Cole, é que "cerca de 10% das crianças palestinas com menos de cinco anos tiveram seu crescimento atrofiado pela desnutrição. Além disso, a anemia hoje afeta dois terços das crianças mais jovens, 58,6% das crianças em idade escolar e mais de um terço das grávidas". Os EUA e Israel querem ter certeza de que nada além da mera sobrevivência seja possível. "O que devemos ter em mente", diz Raji Sourani, "é que a ocupação e o encerramento absoluto é um ataque em andamento contra a dignidade humana do povo de Gaza em particular, e contra os palestinos em geral. É degradação, humilhação, isolamento e fragmentação sistemática do povo palestino". Essa conclusão é confirmada por muitas outras fontes. Em um dos mais importantes periódicos médicos do mundo, The Lancet, um físico de Stanford, horrorizado com o que viu, descreveu a Faixa de Gaza como um tipo de "laboratório de observação da completa ausência de dignidade", condição que tem efeitos "devastadores" sobre o bem-estar físico, mental e social da população. "A constante vigilância vinda do céu, punições coletivas por bloqueios e isolamentos, invasão de lares e de sistemas de comunicação, além de restrições aos que tentam viajar, casar ou trabalhar, tornam difícil viver de maneira digna em Gaza". Havia esperanças de que o novo governo egípcio de Mohammed Mursi, menos servil à Israel do que a ditadura de Mubarak, pudesse abrir a Travessia de Rafah, única saída de Gaza que não está sujeita a controle israelense direto. Até houve uma pequena abertura. A jornalista Leila el-Haddad escreve que a reabertura sob Mursi "é simplesmente um retorno ao status quo de anos anteriores: somente os palestinos portadores de identidades de Gaza aprovadas por Israel podem usar a Travessia", o que exclui inclusive a família da jornalista. Ademais, continua Leila, "Rafah não leva à Cisjordânia e não permite o transporte de bens, restrito às travessias controladas por Israel e sujeito às proibições a materiais de construção e exportação". A restrição à Travessia de Rafah não muda o fato, também, de que "Gaza permanece sob apertado sítio marítimo e aéreo e fechada para qualquer capital cultural, econômico ou acadêmico que venha do resto dos territórios palestinos, o que viola as obrigações dos EUA e de Israel segundo o Acordo de Oslo˜. Os efeitos disso são dolorosamente evidentes. No hospital de Khan Yunis, o diretor, que também é cirurgião-chefe, descreve enfurecido tanto a falta de remédios para aliviar o sofrimento dos pacientes quanto a dos equipamentos cirúrgicos mais simples. Relatos pessoais dão vivacidade à corrente aversão à obscenidade da ocupação. Um exemplo é o testemunho de uma jovem que desesperou-se quando seu pai, que se orgulharia ao saber que sua filha foi a primeira mulher do campo de refugiados a receber um diploma avançado, "faleceu após seis meses de luta contra o câncer, aos 60 anos. A ocupação israelense negou que ele fosse aos hospitais de Israel para tratar-se. Eu tive de suspender meus estudos, meu trabalho e minha vida para ficar ao lado de sua cama. Todos nós, incluindo meu irmão e minha irmã, sentamo-nos ao lado de meu pai, assistindo seu sofrimento impotentes e sem esperança. Ele morreu durante o desumano bloqueio a Gaza no verão de 2006, com pouquíssimo acesso a serviços de saúde. Sentir-se impotente e sem esperança é o sentimento mais terrível que alguém pode ter. É um sentimento que mata o espírito e quebra o coração. Podemos lutar contra a ocupação, mas não podemos lutar contra o sentimento de impotência. Não se pode nem dissolver esse sentimento". Aversão à obscenidade combinada com culpa: nós podemos acabar com esse sofrimento e permitir aos resistentes a vida de paz e dignidade que eles merecem. (*) Noam Chomsky visitou a Faixa de Gaza nos dias 25 a 30 de outubro. O artigo foi tirado de Carta Maior |
NOS_9762 | A proba, que neste 2021 alcanzará a súa XIX edición, disputarase o vindeiro día 19 de decembro | A XIX edición da carreira popular Lugo Monumental xa ten data: o vindeiro domingo, 19 de decembro. Organizada pola concellería de Xuventude e Deportes, o seu responsábel, Mauricio Repetto, deu conta das novidades que presenta este ano, para o que se tiveron en conta as condicionantes que impón a pandemia da Covid-19 e as obras que nestes momentos se atopan en execución na cidade. Así, tanto a saída como a meta estarán situadas na Avenida De Ramón Ferreiro, coa Praza da Horta do Seminario como centro de operacións. O traxecto, pola súa banda, seguirá sendo en parte circular arredor da Muralla, cunha última volta por enriba do adarve. "Neste 2021 a Lugo Monumental contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros, aínda que, e como consecuencia das intervencións que se están realizando na capital e que afectan a partes do percorrido, este sufrirá unhas pequenas modificacións de carácter eventual", afirmou o edil. Con respecto aos impedimentos que implica o coronavirus, Repetto dixo: "Non podemos esquecer a situación na que nos atopamos actualmente, e a organización, por precaución, e do mesmo modo no que se están a desenvolver outras grandes carreiras na Galiza, tomou a decisión de realizar a proba soamente para persoas adultas, deixando para o 2022 a volta das categorías inferiores, a medida que as garantías sanitarias para as crianzas se vaian asentando e a seguridade, tanto para participantes como para acompañantes, recupere os valores prepandémicos". Neste sentido, o concelleiro de deportes engadiu que a Carreira Popular Lugo Monumental "cumprirá en todo momento coas recomendacións estabelecidas para eventos e actividades multitudinarias", sinalando que "se tiveron en conta os protocolos correspondentes no contexto da nova normalidade provocada pola Covid-19 e, en función da súa evolución, estará sometida á normativa de prevención que estabelezan as autoridades sanitarias en cada momento". Finalmente, e tras resaltar que esta proba supón a primeira pedra dun camiño que abre a porta do regreso en 2022 doutras con tanta historia como o Circuíto Corre con Nós e a Media Maratón Cidade de Lugo, Mauricio Repetto resaltou que "a medida que se achega o día do evento" a organización ampliará a información referente á inscrición e os protocolos a aplicar. |
NOS_35329 | Os estaleiros privados e industrias auxiliares viven esta quinta feira nun día de folga convocada diante da situación crítica do sector e a ameaza de devolución do tax-lease. O paro está a ter un seguimento absoluto na comarca viguesa. Vídeo no interior | A folga está convocada pola CIG, CCOO, UGT, ELA e CAT e desenvólvese nos estaleiros de todo o estado. O paro ten unha especial repercusión na Ría de Vigo, onde a alta concentración de estaleiros leva a que a crise do sector estea a producir un forte impacto socioeconómico. Por esta razón, as centrais defenden a realización dun paro xeral na comarca. O seguimento do paro foi total,segundo os sindicatos. Aliás, milleiros de persoas secudnaron as manifestacións. E nos estaleiros de Ferrol houbo concentracións en solidariedade cos compañeiros de Vigo. Desde a central nacionalista lembran que o sector representaba hai só catro anos o 30% da riqueza da comarca, dando emprego directo a máis de 10.000 persoas mentres que na actualidade non traballan para o sector nin un milleiro. Os principais estaleiros privados,Factoría Naval de Marín, Armón Metalships, Barreras, Freire, Cardama Vulcano e Valiña veranse afectados por unha folga na que se reclama a resolución do expediente da Comisión Europea sobre o tax-lease, o sistema de bonificación fiscal. Os sindicatos demandan a resolución inmediata do expediente incoado pola Comisión Europea (CE) sobre o mecanismo fiscal que operou no Estado de 2002 a 2011 e reclaman tamén que se defenda o principio de confianza lexítima e seguridade xurídica ante a CE e que se anule a reclamación da devolución das axudas. |
NOS_35491 | A eurodeputada Lidia Senra visitou na prisión de Mansilla (León) ao preso independentista Hadrián Mosquera, Senlheiro. | Oito horas en coche para unha visita de 45 minutos. A eurodeputada Lidia Senra visitou esta sexta feira ao preso independentista Hadrián Mosquera, Senlheiro, encarcerado na cadea de Mansilla de las Mulas, en León, a case 400 quilómetros da súa casa, Compostela, onde moran familia e amigos. Coa deste venres, Senra conclúe unha serie de viaxes que a levaron a visitar tamén, nos últimos meses e nas respectivas cadeas nas que estaban, a María Osorio –actualmente xa en liberdade-, Roberto Rodríguez Fialhega–preso no Centro Penitenciario de Dueñas, en Palencia-, Eduardo Vigo–preso no Centro Penitenciario de Ocaña I, en Toledo-, e Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro –presos no Centro Penitenciario de Asturias-. "Someter ás familias e amizades ao castigo da dispersión, co gasto e riscos que iso supón, é crueldade pura e é non respectar os dereitos humanos que temos todas as persoas, incluídas, por suposto, as presas", defende Senra. "E non é unha cuestión que diga eu simplemente, senón que é unha cuestión que defende a UE. Por iso o Estado non debe demorar máis e debe traer para cárceres galegas aos presos galegos, igual que fixo xa ao trasladar a cárceres catalás aos presos políticos cataláns e igual que fixo xa tamén co achegamento á súa terra dos presos de Altsasu, por exemplo, e que debería facer con todos os presos e presas vascas. Non é un beneficio penitenciario, é un dereito que hai que cumprir si ou si". Neste sentido, a eurodeputada recórdalle ao Goberno estatal que a finais do 2017, o pleno do Parlamento Europeo aprobou por unha amplísima maioría (474 votos a favor, 109 en contra e 34 abstencións), unha resolución na que se condenaba a política de dispersión penitenciaria. O pasado maio, o Ministerio aseguroulle a Lídia Senra que naquela data o número de internos e internas que tiñan rexistrada provincia de residencia na Galiza e que non se encontran en centros penitenciarios galegos era de 260. |
NOS_42269 | Se algo esperamos con ansia despois de meses de traballo e esforzo é o momento da colleita. Lograr por fin ver os nosos produtos medrados e sans é das cousas máis satisfactorias de plantar un horto ao igual que o momento de preparalos, cociñalos e consumilos. Pero para recoller debemos ter diversas cuestións en conta, xa que poderemos estragar o traballo de tantos meses se realizamos mal o apañado ou conservado, podendo perder a colleita. | Para isto teremos que valorar factores como o nivel de maduración dos cultivos e dos froitos, o mellor momento do día para apañalos, o modo de facelo ou onde e como gardalos. Cando debo apañar? A horta non é unha ciencia certa que se rexa por unha soa norma ou variábel, senón que cada cultivo, cada lugar, cada zona, cada clima e cada caso particular ten as súas características propias que deberemos aprender a detectar para realizar o apañado dunha maneira óptima. —Cómpre tentar apañar sempre polas mañás, que é cando as plantas teñen o zume máis alto. Tamén é a hora de menos calor, o que axuda a que as plantas e froitos estean frescos. —Debemos observar o punto de madurez do froito ou o nivel de desenvolvemento da planta. Se os apañamos demasiado cedo, poden estar moi verdes e non ter o sabor e texturas axeitados. Aliás, terán menos propiedades e vitaminas. Por outra banda, se deixamos demasiado tempo o cultivo na terra corremos o risco de que os froitos estean demasiado maduros e se conserven moi pouco tempo, ou que algúns cultivos como as leitugas espiguen, florezan e perdan a textura suave e agradábel, converténdose en vexetais e hortalizas leñosas e duras. —Debemos informarnos e coñecer a maneira axeitada de apañar cada cultivo, xa que non é o mesmo ter que cortar pola base un cultivo como, por exemplo, o repolo, deixando o talo e a raíz no terreo para que grele e bote xenos e seguir aproveitando a planta ou, por exemplo, un porro, onde teremos que operar ao revés: cortalo e arrincalo enteiro coa raíz incluída, ao igual que as cebolas, allos, cenorias... —Debemos evitar erros que danen a planta como, por exemplo, dar demasiados tiróns ou romper cultivos como os tomates, pementos, cabaciñas, xudías etc. Nestes casos, aínda que teñan froitos aptos para apañar, están preparadas para dar durante varias semanas e se as danamos poderemos perder a colleita. Que fago coa colleita? A fase da colleita divídese en varias partes: apañar os cultivos, limpalos e conservalos. Nesta última cuestión afondaremos na vindeira lección, onde aprenderemos a conservar certos alimentos con diversas técnicas como o secado, conxelado, envasado etc. Como norma xeral debemos asegurarnos de que os cultivos estean medianamente limpos e secos e conservalos nun lugar fresco. Se os cultivos se atopan por riba dos 20ºC estragaranse con moita facilidade. De todos os modos, cada cultivo ten unhas características e unhas necesidades particulares que farán que se teñan que conservar dunha forma ou doutra. Gardar sementes para a seguinte tempada Como vimos nas primeiras leccións, unha das cuestións máis importantes para ser autosuficientes na horta, e tamén máis satisfactorias para mellorar o proceso de plantado, é a realización dos nosos propios sementeiros. Isto fará que poidamos controlar o proceso desde o seu inicio, seleccionando as variedades que máis nos gustan, conservando a xenética das mellores pezas e plantas que temos na horta e asegurándonos de non ter que depender de mercar plantón ao inicio de cada tempada. Trucos para seleccionar sementes Debemos escoller os mellores exemplares da horta para sacarlles as sementes. Cada planta ou froito ten unha gran cantidade de sementes, polo que non fará falla "sacrificar" moitos exemplares. Temos que escoller sempre os que parezan máis sans e fortes e teñan as mellores características. Por exemplo: en plantas como as leitugas ou a alfábega interésanos conservar unha variedade que espigue e floreza o máis tarde posíbel, polo que seleccionaremos as sementes das plantas que tardaron máis en florecer ou comezar a espigar. Como recoller as sementes de: —Chícharos e fabas: O ideal para recoller as sementes dos chícharos e das fabas é deixar que as vaíñas sequen completamente na propia planta. Pero en zonas moi húmidas, debemos apañar as vaíñas cando estean maduras e deixalas secar no interior dun patio ou na casa. Sempre nun lugar fresco e seco. Unha vez que estean completamente secas deberemos abrir as vaíñas e extraer as sementes. —Leituga: Para apañar as sementes das leitugas podemos facelo de dous modos. O primeiro consiste en deixar a flor na propia planta e sacudila pondo debaixo unha bolsa ou un papel. Desta maneira iremos aproveitando todas as sementes xa que van madurando pouco a pouco. Outra técnica é cortar a cabeza das sementes cando estea máis ou menos na metade da maduración e deixala secar no interior uns días. Cando estea seca haberá que axitala para separar as sementes. —Cebola: O caso da cebola é máis particular xa que non dá sementes até o segundo ano, son bianuais. Así, o primeiro ano deberemos sementar a cebola con normalidade e, cando sexa o momento de apañala, gardaremos algúns bulbos para volver plantalos ao ano seguinte e que dean flor. Unha vez plantadas por segundo ano deberemos deixar que florezan e, cando as sementes estean totalmente formadas e maduras, haberá que cortar as flores e deixar secar as sementes por completo antes de gardalas. Saberemos que están preparadas para cortar cando a flor torne de cor escura e vexamos as sementes asomar. —Porro: O caso do porro é exactamente igual ao da cebola, polo que deberemos esperar ao segundo ano para poder apañar as súas sementes. —Cabaciñas, cabazas e melóns: Para recoller as sementes deste tipo de cultivos debemos deixar madurar completamente o froito na propia planta, até que as cortizas comecen a volverse de tons amarelentos e alaranxados, mais sen deixalos podrecer. Nese momento cortaremos os froitos e abrirémolos á metade, mais é moi importante que estean maduros. Unha vez abertos, extraeremos as sementes e intentaremos deixalas o máis limpas posíbel quitándolles os restos de polpa. Unha vez seleccionadas, deixarémolas secas nun lugar fresco e seco enriba de papel absorbente, cartón ou periódico até que estean completamente secas. Como conservar as sementes? O ideal é gardar as sementes en tarros de cristal herméticos, aínda que tamén se pode facer en sobres de papel. Antes de gardalas, cómpre asegurarse de que están completamente secas, xa que se non é así correremos o risco de que podrezan ou aparezan mofos e fungos. Debemos gardar os botes ou sobres etiquetados, indicando a variedade e a data de recolección, desta maneira sempre saberemos de que sementes se trata e canto tempo hai que as temos. Se o proceso falla e as sementes non secan nin se conservan correctamente correremos o risco de que podrezan ou de que cando as sementemos non cheguen nunca a xermolar. Os 3 'R' na horta: Reutilizando e decorando latas As latas de conserva son uns dos elementos de refugallo máis comúns na maioría dos fogares, xunto cos tarros de vidro, botellas de plástico, envases de iogures. En leccións anteriores vimos como dar unha segunda vida á maioría deles no horto, no xardín ou na casa. As latas poden servir para crear hortos verticais, para facer sementeiros ou até botes para gardar pequenas ferramentas, e hoxe imos ver como coa axuda da imaxinación e un pouco de agarimo se poden crear testos moi fermosos para adornar calquera curruncho da casa, xardín, terraza ou horta. As latas son elementos resistentes e duradeiros moi prácticos. Só teremos que acondicionalos minimamente -lixando as partes cortantes para non facernos dano ao manipulalas- e realizar buratos na base para poder facilitar a saída de auga e evitar o asolagamento das plantas. Preparados naturais para a horta. Infusión de ourego como repelente de insectos e funxicida O ourego é unha das plantas aromáticas por excelencia máis utilizadas na cociña, mais hoxe descubriremos como, grazas ao seu arrecendo e ás súas propiedades antifúnxicas, será unha perfecta aliada na horta para loitar contra insectos e fungos. Que preciso? —100 gramos de ourego fresco ou 20 gramos de planta seca —Tesoiras ou coitelo —1 litro de auga —Unha pota ou cazo —Un coador —Un pulverizador Receita —Apaña 100 gramos de planta fresca ou colle 20 gramos de planta seca que teñamos recollida. —Corta todas as plantas en anacos pequenos e introdúceas nun recipiente cubertas cun litro de auga. —Quece pouco a pouco o recipiente até que estea a punto de ferver. Apaga o lume antes de que ferva, xa que así conservaranse intactos todos os principios activos. —Tapa a infusión e déixaa arrefriar. —Unha vez fría filtra e incorpora o líquido a un pulverizador. Como usalo? A infusión de ourego pode usarse durante todo o ano como repelente de insectos e como funxicida. Debemos usala nas seguintes 24 horas xa que non se conserva moito. Pulverizaremos a infusión diluída a 20% directamente nas plantas nas que queiramos previr o ataque de insectos como pulgóns, formigas... ou en plantas en que estean saíndo fungos por mor de exceso de humidade Eco-consello O romeu é perfecto para plantar nos límites do horto, é unha planta moi duradeira e de fácil coidado que atraerá polinizadores e repelerá diversas pragas como a da mosca da cenoria. |
PRAZA_19701 | O pasado mes de xaneiro do ano que andamos, 2017, cumpríronse corenta anos da derrogación do Tribunal de Orde Pública (TOP) e da súa substitución por un novo organismo xurisdicional, aínda vixente no Estado español, denominado Audiencia Nacional. O enorme baleiro que hoxe oculta as actividades do TOP –ignorancia non só entre as xeracións máis novas– ten moito que ver co contrato de silencio, ocultación e esquecemento que foi tecido no chamado período da Transición española. | O pasado mes de xaneiro do ano que andamos, 2017, cumpríronse corenta anos da derrogación do Tribunal de Orde Pública (TOP) e da súa substitución por un novo organismo xurisdicional, aínda vixente no Estado español, denominado Audiencia Nacional. Tempo dabondo, catro décadas, ateigado de escuridade e descoñecemento sobre as orixes, actividades e consecuencias daquel tribunal franquista que durante os seus trece anos de existencia –de 1964 a 1977– perseguiu coercitiva, procesual e de xeito determinante calquera manifestación política, sindical, social ou cultural que atacara as esencias do Estado vencedor na Guerra Civil. O enorme baleiro que hoxe oculta as actividades do TOP –ignorancia non só entre as xeracións máis novas– ten moito que ver co contrato de silencio, ocultación e esquecemento que foi tecido no chamado período da Transición española O enorme baleiro que hoxe oculta as actividades do TOP –ignorancia non só entre as xeracións máis novas– ten moito que ver co contrato de silencio, ocultación e esquecemento que foi tecido no chamado período da Transición española. Un pacto sostido, entre outras cuestións, no beneficio persoal acadado polos propios protagonistas daquela represión política e social: maxistrados, xuíces e fiscais que traballaron arreo no TOP nunca foron molestados, nin sequera interrogados sobre as súas actividades represoras e de complicidade coa ditadura. Así como tampouco foron perturbados os integrantes da temíbel Brigada de Investigación Social, máis coñecida como Brigada Político-Social, que tanto dano e tortura exerceu sobre indefensos opositores antifranquistas mentres eran interrogados nas comisarías do réxime. Todos eles saíron indemnes daquel tránsito. Nunca foron molestados. Non houbo preguntas e ninguén falou. É máis, moitos daqueles dispensadores da xustiza franquista foron premiados e ascenderon na escala dos seus órganos profesionais e todos encontraron acomodo nas novas instancias democráticas. De feito, dez dos dezaseis xuíces titulares do TOP convertéronse en maxistrados do Tribunal Supremo ou da Audiencia Nacional, a herdeira daquel. Velaí a Enrique Amat Casado, José Francisco Mateu Cánoves e Antonio Torres-Dulce Ruiz, que tras a morte do ditador alcanzaron cargos de alta responsabilidade na maxistratura do Estado. Outros casos similares serían os de José Garralda Valcárcel (xuíz instrutor no TOP e, posteriormente, maxistrado do Supremo), Antonio González Cuéllar e Félix Hernández Gil, ambos os dous fiscais do tribunal franquista que acabaron premiados cun posto no Tribunal Supremo. Outro presidente do TOP, José de Hijas Palacios, alcanzou a xubilación en 1984 cando ocupaba a praza de presidente da Sala Segunda do Tribunal Supremo. Tamén foi recompensado cun posto na Audiencia Nacional outro maxistrado que exercera as súas funcións no TOP como xuíz instrutor: Jaime Mariscal de Gante. Apelidos que axudan a comprender o noso presente e a entender diferentes aspectos da actual xudicatura que criamos superados coa fin da ditadura. A Lei 154/1963 sobre creación do Xulgado e Tribunal de Orde Pública Maxistrados, xuíces e fiscais que traballaron arreo no TOP nunca foron molestados, nin sequera interrogados sobre as súas actividades represoras e de complicidade coa ditadura A xestación da Lei 154/1963 tivo lugar durante a sétima lexislatura das Cortes franquistas (1961-1964), no centro dun clima de crecente hostilidade ao réxime saído da Guerra Civil. A novena remodelación do goberno de Franco, sucedida en xullo de 1962, veu acompañada da ratificación no gabinete de varios tecnócratas e membros do Opus Dei –como Alberto Ullastres, en Comercio, e Mariano Navarro Rubio, en Facenda, nomeados ministros en 1957– que buscaron dar pulo ao Plan de Estabilización Económica de 1959, un ambicioso proxecto conformado por un conxunto de medidas monetarias, de financiamento, fiscais e de comercio exterior que tiñan por obxectivo introducir unha nova política económica, conter a inflación, mellorar o control monetario, liberalizar as importacións de mercadorías e capitais e, en definitiva, rematar coa autarquía. O 18 de marzo de 1963, un mes máis tarde de que o Consello de Ministros decidise elaborar unha nova xurisdición de orde pública, o ministro de Xustiza Antonio Iturmendi entregaba ao ministro da Presidencia, almirante Luis Carrero Blanco, o primeiro anteproxecto de lei para a creación do Xulgado e Tribunal de Orde Pública. Dous meses despois, o goberno fixo chegar o anteproxecto ás Cortes para o seu estudo minucioso. As Cortes nomearon unha comisión especial encargada da análise do texto daquel anteproxecto de lei. Esta comisión, constituída o primeiro día de xuño, estivo integrada por trinta e seis procuradores e contou con José Castán Tobeñas como presidente, José Fernández Hernando actuou como vicepresidente e o secretario foi Miguel Vizcaíno Márquez. Os perfís profesionais dos integrantes da comisión ían dende militares até catedráticos, pasando por avogados, maxistrados, xuíces, fiscais, notarios e rexistradores da propiedade. A aparición do TOP, como consecuencia da aprobación da Lei 154/1963, representou o desexo de ofrecer legalidade e lexitimidade á represión institucionalizada exercida polo réxime franquista Tras moitas discusións, presentacións de emendas parciais ao proxecto e mesmo unha á totalidade –asinada por Joaquín Ruiz Jiménez–, a lei saíu adiante tras as acendidas defensas do procurador Fernando Herrero Tejedor –vicesecretario xeral do Movemento e integrante do Consello de Estado– e do propio ministro Iturmendi. A lei foi sancionada polo xefe do Estado Francisco Franco o día 2 de decembro de 1963 na súa residencia oficial do Pazo do Pardo. O ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, escribirá nas súas memorias que se trataba de "una ley importantísima". A aparición do TOP, como consecuencia da aprobación da Lei 154/1963, representou o desexo de ofrecer legalidade e lexitimidade á represión institucionalizada exercida polo réxime franquista. Para iso, rebaixaron ostensibelmente a utilización da xustiza militar e os consellos de guerra sumarísimos. De feito, o TOP veu substituír os tribunais castrenses, o Tribunal para a Represión da Masonaría e o Comunismo e mesmo as Audiencias Provinciais que acollían casos que non competían aos citados organismos. Hai que sinalar que o texto final da Lei 154/1963 quedou conformado por unha exposición de motivos, once artigos, cinco disposicións finais, tres transitorias e unha última adicional. Xustamente, é no texto introdutorio onde atopamos a primeira clave fundamental da nova lei: "La evolución de las circunstancias producidas desde entonces [Decreto 1694/1960] y la conveniencia de acomodar las disposiciones punitivas y jurisdiccionales a los dictados de la realidad social aconsejan una revisión del expresado Decreto 1694/1960, con la finalidad de someter los hechos comprendidos en el artículo segundo del Decreto aludido a los correspondientes ordenamientos penales y jurisdiccionales, actualizándose así su calificación y enjuiciamiento". En definitiva, esta alta maxistratura sinalaba que o TOP posuía unha actuación privativa sobre a xurisdición ordinaria en todo o territorio para entender, xulgar e sentenciar aqueles delitos que fomentaban, segundo expresa a exposición de motivos, "la zozobra en la conciencia nacional". Ou dito doutro xeito: actos que atacaban as bases mesmas do Estado franquista. O TOP posuía unha actuación privativa sobre a xurisdición ordinaria en todo o territorio para entender, xulgar e sentenciar aqueles delitos que fomentaban, segundo expresa a exposición de motivos, "la zozobra en la conciencia nacional" En consecuencia, a xustiza política representada polo TOP cumpriu coa función de lexitimar o réxime cando entendeu da súa competencia exclusiva a capacidade de xulgar os seguintes delitos: Os cometidos contra a seguridade exterior do Estado. Os que atacaban o xefe do Estado, os principios do Movemento Nacional, as Cortes, o Consello de Ministros e a forma de goberno. A rebelión e a sedición. As desordes públicas (reunións e manifestacións). A asociación ilícita. A propaganda ilegal. A detención ilegal con fins políticos ou sociais. A subtracción de menores. A violación de domicilio. As ameazas e coaccións. O descubrimento e revelación de segredos. Outros delitos nos que se inhibira a xustiza militar. O TOP estaba integrado por un presidente e dous maxistrados, dos que un deles actuaría como relator. Todos eles, destacados membros da carreira xudicial, foron nomeados por decreto, previo informe do Consello Xudicial e a proposta do ministro de Xustiza. O único maxistrado titular do TOP de orixe galega foi o pontevedrés Fernando Méndez Rodríguez, que ingresou na xudicatura en 1956 e prestou os seus servizos naquel tribunal especial entre setembro de 1972 e xaneiro de 1977. Na nómina dos fiscais que traballaron arreo no Xulgado e Tribunal de Orde Pública cómpre destacar o compostelán Jesús Silva Porto, acusador naquela xurisdición entre xuño de 1974 e xaneiro de 1977. A represión non cesou en ningún momento; ben ao contrario, incrementouse de xeito significativo co paso do tempo. Boa proba disto é que a finais de 1972 foi necesaria a creación dun segundo Xulgado de Orde Pública A represión non cesou en ningún momento; ben ao contrario, incrementouse de xeito significativo co paso do tempo. Boa proba disto é que a finais de 1972 foi necesaria a creación dun segundo Xulgado de Orde Pública, co correspondente incremento de persoal. A oposición antifranquista decidida a poñer fin ao réxime e a perseveranza das autoridades para non ceder ás demandas democráticas fixeron do TOP un instrumento fundamental na subsistencia do franquismo, incluso tras a morte de Franco. *Este artigo aparece recollido no ensaio Arelas de liberdade: galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1977), que proximamente sairá do prelo de Edicións Laiovento. |
PRAZA_14103 | O certame comezará o 2 de novembro e entre os traballos presentados hai só catro galegos. AGADIC pecha este martes a convocatoria de aspirantes á praza de coordinador da súa política audiovisual. | Despois dun ano moi difícil para o Festival de Cinema de Ourense, no que durante meses estivo no aire a súa celebración (en maio chegou a suspenderse o concurso), a súa organización vai avanzando. A pesar do axustado dos prazos, un total de 128 filmes presentáronse a concurso para poder participar na sección oficial do festival, unica sección nesta ocasión (fronte ás cinco do pasado ano). O festival celebrarase entre o 2 e o 11 de novembro. A representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas Hai traballos de 41 países, sobre todo procedentes de Europa, e entre eles a representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas. España é a principal orixe dos traballos recibidos, con 25 propostas, seguido de México (13), Alemaña (6) e un grupo de países americanos (Arxentina, Brasil, Canadá e Estados Unidos), con 4. |
NOS_40019 | Aumentan a 24 os pacientes hospitalizados por este coronavirus | Galza chega ao ecuador desta semana cunha repunta de novos contaxios de Covid-19 a 59, o que supón 16 máis que o día anterior, e unha nova suba dos casos activos, que se sitúan en 473 -implica 23 mái--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 24 -un máis-. Segundo os datos publicados esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, baixan a cinco as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 -unha menos- e ascenden a 19 as que se atopan noutras unidades convencionais -dúas máis-; mentres que 449 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas de Vigo e Lugo e alíviase na da Coruña e Cee, mentres que se mantén sen cambios nas de Ourense, Pontevedra e O Salnés, Ferrol e Santiago e Barbanza. Os casos activos de Covid aumentan por cuarta xornada consecutiva no conxunto da Galiza e sitúanse en 473, que supoñen 23 máis, ao haber máis contaxios (59) que altas (35), ao que se suma unha nova vítima mortal. As infeccións activas aumentan en seis do sete áreas sanitarias galegas: Ourense (+10), A Coruña e Cee (+8), Pontevedra e O Salnés (+7), Lugo (+6), Ferrol (+3) e Vigo (+2), mentres que se reducen na de Santiago e Barbanza (-13). Segundo os datos actualizados na tarde desta terza feira polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada de Galiza a 14 días aumenta lixeiramente a 14,95 casos por 100.000 habitantes. Os novos contaxios de Covid-19 soben de novo, até os 59, que representan 16 máis que os 43 da xornada anterior e máis do dobre que os 24 do inicio desta semana. O 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- descende a un 1,96%, após aumentar ao 2,17% a xornada anterior, despois de arrincar esta semana cun 1,06%. Por iso, segue por baixo dese 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta pandemia na Galiza ascenden a 2.651, ao notificar esta terza feira a Consellaría de Sanidade un novo óbito, un home de 81 anos que tiña patoloxías previas e morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU). |
NOS_8646 | O que se pretende agora é "depositar a responsabilidade no paciente e na persona enferma", di o doutor Lorenzo Armenteros. | O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armenteros, criticou esta terza feira por "precipitada" a eliminación do uso obrigatorio de máscaras en interiores a partir da próxima segunda feira, 18 de abril. "Mantivémolo desde que se empezou a rumorear: non se reunían as condicións e seguen sen reunirse porque aínda estamos cunha incidencia por Covid moi alta e existe un risco alto", explicou. A xuízo de Armenteros, o que se pretende agora é depositar "a responsabilidade no paciente e na persona enferma", o que "deixa só como responsábel a cadaquén". "E isto parécenos unha opción moi perigosa", apostilou. O portavoz dos médicos xerais e de familia insistiu en que a eliminación do uso obrigatorio da máscara en interiores é "unha decisión moi arriscada" e que "pode incrementar o número de contaxios ao longo do tempo". Así é o novo protocolo de vixilancia da Covid-19 O facultativo lucense tamén censurou que "se reduciu a información de tal maneira que xa nin se contan os tests de antíxenos", o que leva "a un apagamento informativo relativo ao número de casos que pode levar a unha información errónea e unha falsa redución do número de casos activos que non sería así se se dese unha información completa". Ademais, Armenteros queixouse da "relaxación funcional" producida nas últimas semanas. E vincúlao a que "todo o mundo está con moitas ganas de que desapareza a máscara". "Estabamos a ver que o número de casos se incrementa en familias enteiras que se contaxian por esa relaxación", alertou. "Hai tempo que dicimos que a familia dá unha falsa sensación de seguridade ante a posibilidade de contaxios. Se isto ocorre na familia, imaxinemos o que pode ocorrer no traballo ou nos medios nos que nos movemos sen usar a máscara como até o de agora", advertiu finalmente o doutor. |
NOS_29025 | Preguntados por Sermos Galiza en relación á súa disposición a acudiren á convocatoria realizada polo Encontro cidadán por unha Marea Galega e Iniciativa pola Unión, as formacións políticas respóndennos de maneira desigual. | O pasado sábado dabamos conta do acordo entre o Encontro cidadán por unha Marea Galega e de Iniciativa pola Unión para convocar de maneira formal os partidos políticos que traballan para conseguir unha candidatura unitaria de cara ás vindeiras eleccións xerais. Preguntámoslles ás formacións políticas sobre este encontro que, segundo fontes das plataformas, terá lugar entre a quinta feira e o sábado desta mesma semana e que tería como obxectivo constituír un "foro político" en que se perfilen os "aspectos esenciais que permitan a construción dunha candidatura de unidade popular Bieito Lobeira, secretario de Organización do BNG, pon de manifesto que a formación nacionalista "nunca se opuxo a participar en ningún tipo de foro para trasladar os seus posicionamentos políticos". Advirte de que o Bloque "é consciente de que hai un pre acordo que vincula tres organizacións políticas" -Anova, EU e Podemos- e afirma que a reunión que teña lugar a finais desta semana "non vai supoñer ningún tipo de atraso na configuración da candidatura galega", pois os prazos apremian. O obxectivo das plataformas é que os partidos conflúan con elas nun "foro político" en que se constitúan "os aspectos esenciais que permitan a construción dunha candidatura de unidade popular" Yolanda Díaz, coordinadora de IU en Galiza, sinala que "de momento, non nos chegou ningunha convocatoria formal das plataformas. Coñecemos o comunicado conxunto que enviaron pero non temos ningún outro dato, de aí que cando recibamos a convocatoria debateremos na Executiva", sinala. Ademais, apunta que EU está "á espera" de manter "un encontro formal co BNG, porque tivemos encontros informais pero ningún formal". Manoel Santos, responsábel da Comunicación na Permanente de Anova, apunta que "non poderemos dicir nada até os próximos días". "A Permanente de Anova reunirase a terza feira e a partir de aí valorarase todo". Mario López Rico, dirixente de Cerna, valora de maneira positiva o chamado das dúas plataformas. "A estas alturas, que todo o mundo está a dicir o mesmo, non hai xustificación ningunha para que se se chegue a un entendemento de cara á configuración dunha candidatura única galega". Compromiso por Galicia emitiu un comunicado no que anuncia a convocatoria dunha convención para este sábado, 24 de outubro, en Compostela para decidir a súa fórmula de concorrencia ás eleccións xerais. O debate, segundo a organización, será "realmente horizontal, participado, construído desde abaixo e responderá á vontade maioritaria da nosa afiliación". Sermos Galiza tratou de poñerse en contacto con Podemos sen éxito. |
NOS_36463 | O encontro amigábel terá lugar o vindeiro 18 de marzo. A selección gala foi sub-campioa no Mundial de Dublín. | A selección nacional de fútbol gaelico volverá en breve a saltar ao terreo de xogo. Será o vindeiro 18 de marzo e contra unha das grandes equipas europeas, Francia. Os galos remataron o Mundial GAA de Dublín que decorreu este verán como subcampións. Galiza foi terceira, polo que o encontro vai ter un chisco máis de rivalidade. Mais a cita non vai ser so para as equipas masculinas. Tamén haberá partido Galiza-Francia de seleccións femininas. As xogadoras galas, subcampioas da Copa Shield nos GAA World Games, volverán verse as caras contra as galegas, que foron quen de derrotalas naquela final. Para alén dos partidos que Galiza ten desputado con outras seleccións nos mundiais nos que tomou parte (Abu Dhabi e Dublín), a equipa galega tense enfrontado en encontros amigábeis con seleccións como a de Bretaña ou unha selección irlandesa. |
NOS_27302 | Cesáreo Sánchez foi elixido pola Asociación de Actores e Actrices Galegos (AAAG) para asinar o Manifesto Galego do día do Teatro no marco da XVII edición dos Premios María Casares, que se entregaron esta cuarta feira no 27 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña. O poeta orixinario do Irixo, tamén presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, falou con Sermos Galiza do futuro das artes escénicas galegas. | -A AAAG elixiuno para elaborar o manifesto por estarmos "nun momento en que o papel que xoga a lingua resulta fundamental". Estamos nun momento no que a nosa lingua non ten o mesmo estatus no ensino que antes do Decreto de Plurilingüismo, no que a cultura creada en galego está en retroceso na súa actividade social; están a pechar coleccións de poesía, compañías de teatro. É evidente que a nosa lingua precisa dunha cidadanía consciente que saiba que, sen o galego, Galiza non vai a ningún sitio como país. É para min unha fermosa responsabilidade poder acompañar as xentes do teatro no día da celebración do traballo de todo un ano, a pesar das sombras que pairan sobre o sector. -Como contribúe o teatro para construír a nosa historia coma pobo? O grande teatro, como é o teatro galego actual, ten a súa raíz chantada no humus da creación colectiva, como segunda pel no devir dunha sociedade. Todo o que aconteceu na nosa historia e, concretamente nos últimos 40 anos, está reflectido na creación dramática. Así, o teatro galego actual é o froito de toda unha xeración polo que o que está en risco é o conxunto de sacrificios individuais e colectivos que se entregaron con paixón á creación dramática. -Di vostede que o teatro fainos libres por subverter significados. Creo que, para a sociedade consciente, o teatro foi sempre un referente ético por nos transmitir o acontecer da vida na súa verdade máis fonda. O teatro ispe os devires do ser humano até os seus significados máis esenciais, déixanos diante de nós mesmos e dános instrumentos para a análise da realidade, permitindo nos comprometer con ela individual ou colectivamente. É por isto que, o seu fin último, é facer de nós homes e mulleres máis libres. -Que paralelismos atopa entre a loita da súa admirada actriz Dan Thi Linhe e a nosa como galeg@s? A través do teatro, esta muller, que era combatente do Viet Cong, sentía que axudaba o seu pobo a loitar pola independencia, mediante a palabra e os cantos dramatizados de poemas amorosos. O teatro galego sempre nos axudou a facernos galegos conscientes e a que nos orgullásemos de o ser, vendo que eran construídas unhas obras dramáticas á altura de calquera cultura de Europa ou do mundo. O teatro galego sempre estivo ao lado dos que buscabamos que Galiza puidese ser outra cousa, como dicía o poema de Novoneyra. -Denunciou que "os que non aman o teatro son os mesmos que deixan a sociedade desamparada". Pensar que na cultura se pode recortar, cando é unha necesidade vital do ser humano, e deixala sometida ás leis do mercado é unha agresión. A cultura é un dereito, un valor de uso, non de cambio e, polo tanto, empobrecela é quitarnos espazos de liberdade humana. Doutra banda, o teatro é un investimento produtivo, sendo que estamos a falar de postos de traballo nun sector de altísima cualificación. Un actor que vai o paro ou unha compañía que pecha representan a mutilación da nosa sociedade. -Cunha biografía de só 40 anos, debería o teatro galego ser protexido pola administración? Debería ser apoiada na medida en que é unha riqueza cultural, mais tamén social, económica e laboral. Calquera país europeo é especialmente protector co seu teatro, pois que nel está depositado grande parte do sentir e pensar colectivo do seu pobo. Se as actrices e actores galeg@s saen do país, que sexa por vontade propia e non como unha forma de emigración máis porque aquí non teñen traballo. Non é o mesmo marchar a aprender inglés para interpretar a Shakespeare que ir a Londres a servir copas. Hai que demandar das administracións actuais todo o apoio que precisa o teatro galego e toda a cultura en xeral. -Como valora a elección dun executivo que vén do mundo imobiliario como Jacobo Sutil para presidir o AGADIC? -Este señor debería ser coñecedor do mundo da cultura e do peso desta na historia de Galiza polo que, unha elección como esta nunha institución como o AGADIC, é canto menos sorprendente. -O pasado ano, o responsábel de asinar o manifesto foi Méndez Ferrín. Dánase a cultura galega coa súa ausencia da RAG? -A Asociación de Escritores en Lingua Galega propuxo este ano perante a Academia sueca a Méndez Ferrín como candidato ao Premio Nobel. Evidentemente é un dano para a cultura galega que o escritor máis recoñecido do país xa non estea dentro da Real Academia Galega. Se o propomos a esta candidatura é porque estamos convencidos que é merecente del e, polo tanto, debería estar na Academia. |
NOS_41980 | A piques de entrar na trintena, o Centro Galego das Artes da Imaxe afronta un futuro incerto. O esganamento orzamentario, a redución de persoal e a parálise burocrática colocan a filmoteca nacional galega nunha situación crítica. As mudanzas nos estatutos de Agadic tamén poden, segundo avisan desde o sector, contribuír á súa perda de independencia. | O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) abeira os trinta anos de idade. Constituído polo decreto 210 do 5 de outubro de 1989 do Goberno tripartito, abriu as portas o 15 de marzo de 1991. Segundo describe a propia páxina web, "a súa principal misión é a salvagarda e difusión do patrimonio audiovisual galego". Andando o tempo, erixiuse no máis semellante a unha filmoteca nacional de Galiza, con sede nunha céntrica rúa da Coruña. Mais o seu papel esmorece, entre drásticas reducións orzamentarias, parálise burocrática e un cadro de persoal cadora máis exiguo. Os Orzamentos da Xunta para 2020 destinan 120.000 euros ao CGAI, 30.000 menos que no anterior exercicio. Noutras etapas, a cifra chegou a superar os 400.000. As consecuencias son as esperábeis. Oito traballadoras - unha delas a tempo parcial- asumen os labores que, noutrora, realizaban 13. A súa biblioteca, especializada en cinema e fotografía e cun fondo de máis de 10.000 volumes, permanece pechada. Orientada á investigación e unha das apostas históricas principais do centro, a falta de persoal condénaa ao estado de hibernación. Na mesma situación atópanse os servizos de publicacións e exposiciós. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_7828 | Iberfoil deixará de comprar 25.000 toneladas de aluminio primario en San Cibrao grazas á construción dunha planta de reciclaxe de chatarras en Sabiñánigo (Huesca). | Nova fronte de batalla para os traballadores de Alcoa en San Cibrao (Cervo), que esta segunda feira coñeceron o proxecto de Iberfoil para levantar unha planta de transformación de chatarras na localidade oscense de Sabiñánigo, que suporá que a empresa de laminación deixe de comprar 25.000 toneladas de aluminio primario á planta da Mariña. O proxecto de Iberfoil consiste na construción dunha nova fábrica de máis de 45.000 metros cadrados, contigua á planta actual que a empresa xa ten en terreos comprados en 2018 a Alcoa, para proceder a recuperalas a partir das propias chatarras actuais de Iberfoil, das plantas de Alibérico (matriz de Iberfoil) e de clientes no Estado español mediante fundición das mesmas en cinco fornos, fabricando aluminio líquido que alimentará a dúas liñas de coada continua que fabricarán 25.000 toneladas de bobinas ao ano, que xa non sairán da Galiza. Este proxecto supón un investimento de 42,3 millóns de euros a realizar entre 2021-2023 e destaca polo aforro enerxético, xa que, como salientan os seus promotores, supón un aforro de enerxía ao evitar o consumo de aluminio primario, con alto consumo eléctrico; unha importante redución de custos, dado en menor custo de enerxía da fundición de chatarras. Ademais, contempla o deseño e desenvolvemento de fornos de fundición que permitan no futuro empregar até 100% de hidróxeno como combustíbel e, polo tanto, evitar as emisións contaminantes deste tipo de procesos das actuais industrias do aluminio. Por desgraza para os intereses das e dos traballadores de Alcoa, non é o único anuncio oficial vinculado co sector. A ministra de Industria, Reyes Maroto, comprometeuse onte a financiar a planta de aluminio que a empresa Latem Aluminium levanta en Villabrázaro (Zamora) a través de un fondo de apoio a investimentos produtivos dotado con 600 millóns de euros. Curiosamente, a nova planta de aluminio prevé a creación de 520 novos postos de traballo, case tantos como os 534 que a empresa Alcoa incluía no despedimento colectivo asociado ao fechamento da planta de aluminio primario de San Cibrao. Estes anuncios prodúcense ás portas do inicio das conversas esta mesma semana entre Alcoa e as empresas interesadas en facerse coa titularidade da planta galega da multinacional. |
PRAZA_8758 | Attac celebra este venres en Compostela un encontro cos seus asociados en Galicia pero aberto a simpatizantes e a todas as persoas que queiran colaborar con este colectivo, fundamental nos últimos anos como espazo de converxencia e xerador dun argumentario alternativo. Falamos con Ricardo García Zaldívar, presidente de Attac-España. | Attac celebra este venres en Compostela un encontro cos seus asociados en Galicia pero que está aberto a simpatizantes e a todas as persoas que queiran colaborar con este colectivo, fundamental nos últimos anos como espazo de converxencia e construtor dun alternativo aos grandes poderes. Na actualidade Attac conta con ao redor de oitenta asociados en Galicia, "pero moi desconectados entre si", e busca crear estruturas máis estables comezando polas principais cidades do país: "traballamos moito virtualmente. Pero o encontro presencial é moi importante, como o foi sempre", din. Nos últimos dez anos Attac gañou unha merecida consideración de colectivo rigoroso e aberto, xerador dun argumentario para pensar e actuar na esquerda do século XXI. O ambiente de contestación xerado polo 15M situounos no centro de moitas olladas, nomeadamente a algúns dos seus activistas máis coñecidos coma Vicenç Navarro, Juan Torres ou Alberto Garzón. Falamos con Ricardo García Zaldívar, presidente de Attac-España, que participará no encontro que terá lugar a partir das 19.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal. García Zaldívar é doutor en Economía e en Urbanismo e profesor da Universidade Carlos III de Madrid. É presidente de Attac España dende o 2010, nunha segunda etapa, despois de ter centrado os seus esforzos en potenciar o comité científico da organización, do que foi coordinador. "Hai moita xente que segue a Attac e que nos le, pero que non acaba de dar o paso de traballar con nós. Este tipo de encontros vai dirixido a xente que está sensibilizada coa situación de inxustiza social e que xa se atopa traballando en distintos espazos" A que persoas vai dirixida esta convocatoria? Que perfís pensas que estarían interesados en colaborar con Attac? Hai moita xente que segue a Attac e que nos le, pero que non acaba de dar o paso de traballar con nós. Este tipo de encontros vai dirixido a xente que está sensibilizada coa situación de inxustiza social e que xa se atopa traballando en distintos espazos: o 15M, movementos sociais, sindicatos e mesmo partidos, pero que non milita en partidos políticos e busca espazos nos que converxer. Penso en simpatizantes de Esquerda Unida, de Anova ou do BNG. Neste momento estase facendo un grande esforzo para converxer: por exemplo, entre os movementos sociais e os sindicatos mesmo a nivel europeo, por exemplo traballamos no marco do Alter Summit con CCOO, ELA ou CIG. Xente que queira traballar por desenvolver un discurso contra as elites financeiras e a troica e cunha visión internacionalista. Se o FMI traballa a nivel global nós temos que traballar tamén a nivel global. "Non temos un programa definido. A persoa que se achega a Attac non atopa uns posicionamentos inamovibles cos que se non está de acordo debe optar por marchar. Nós o que ofrecemos é a posibilidade de traballar xuntos nos espazos que xa existen" Pero de forma moi aberta... Si, nós non temos un programa definido. A persoa que se achega a Attac non atopa uns posicionamentos inamovibles cos que se non está de acordo debe optar por marchar. Nós o que ofrecemos é a posibilidade de traballar xuntos nos espazos que xa existen. Por exemplo, no 15M ou nas mareas cidadás e outras plataformas. Estamos traballando moito na convocatoria conxunta contra a troika en todos os países do sur de Europa para o 1 de xuño. En que cuestións está máis centrado o traballo de Attac nestes momentos? Tentamos traballar e converxer con outros colectivos en certos temas. Por exemplo, a banca pública é un tema que nos motiva moito, e tamén o tema da defensa dunha fiscalidade xusta e a loita contra os paraísos fiscais. Outra idea na que traballamos moito é a da renda básica. Con seis millóns de parados este pais non pode ofrecer traballo e polo tanto non pode ofrecer medios de subsistencia. Nos próximos 5 ou 10 anos imos asistir a unha sociedade completamente desestruturada. Custounos bastante introducir este asunto no mundo sindical porque se entendía que este era un pagamento por non facer nada. "A débeda é un negocio e un instrumento potentísimo para conseguir outras cousas. É unha mostra do inmenso poder que teñen a banca e os seus lobbies" Tamén e fulcral todo o relacionado coa débeda, non si? Hai uns días escribía Carlos Martínez, de Attac Andalucía, que "se queres saber quen é de esquerdas, e quen non, preguntádelle a súa posición ante a chamada débeda"... A débeda é un tema relativamente novo en Europa. A xente que traballaba este asunto até hai pouco, por exemplo Toussaint, centrábase máis na débeda externa do terceiro mundo. Pero é certo que agora mesmo a débeda é un tema fundamental porque estamos pagando 40 mil millóns anuais de intereses pola débeda. E sobre todo porque a débeda é un negocio e un instrumento potentísimo para conseguir outras cousas. É unha mostra do inmenso poder que teñen a banca e os seus lobbies. Non o abordamos dende os plantexamentos tradicionais de loita de clases, aínda que isto tamén é loita de clases. Nós identificamos a mutación que se produciu no sistema, porque agora a clave xa non é a plusvalía xerada polo traballo, e a explotación non vén pola participación no mundo do traballo senón a través do endebedamento. Traballamos moito coas plataformas pola auditoría da débeda. Ligado a isto vai crecendo o debate sobre a conveniencia de abandonar o euro e a disciplina do BCE. Como o analizas? É certo que nos dous últimos anos foi crecendo a idea de que non imos ser capaces de mudar a política europea. E tamén que neste enfrontamento entre a Europa do norte e a Europa do sur a diferenza de forza é insalvable e que é mellor marchar. Dentro de Attac hai uns anos os que defendían a saída do Euro eran unha minoría e agora son moitos máis, e mesmo xente importante como Juan Torres, Vicenç Navarro, Albert Recio ou Nacho Álvarez. Estase debatendo entre unha posición matizada, coma a de Syriza, que non aposta por saír do euro pero si por utilizar isto como medida de presión e outras máis rotundas. "Nos dous últimos anos foi crecendo a idea de que non imos ser capaces de mudar a política europea. E tamén que neste enfrontamento entre a Europa do norte e a Europa do sur a diferenza de forza é insalvable e que é mellor marchar" O fundamental segue sendo convencer a xente de que hai alternativa, de que hai outras formas de xestionar a realidade? Creo que xa estamos na fase seguinte. Hai un par de anos era moi importante difundir esa mensaxe: convencer a xente de que era posible outro tipo de políticas. E por iso o libro de Navarro, Torres e Garzón de Hay Alternativas foi un best seller. Vendeu máis de 30 mil exemplares e descargáronse outros 70 mil da rede. Agora estamos na fase de "vale, convencéchesme, agora que podo facer?". Debemos axudar a xente a saber o que pasa, que son os CDS e por que non queren controlalos. Por iso para nós a formación é o primeiro, e imos incrementar os nosos cursos online. Pero informamos e formamos para a acción: para traballar nos espazos de converxencia. Se es traballadores da sanidade, tes que traballar na túa plataforma en defensa da sanidade. "Para nós a formación é o primeiro. Pero informamos e formamos para a acción: para traballar nos espazos de converxencia" Participaches hai uns meses no Foro Social Mundial de Túnez. Que valoración fas desta edición? Había dez anos que non ía a un FSM, dende Porto Alegre en 2003. E o que notei foi que lles quitaron unha lousa de enriba. En 2003 as ilusións altermundialistas, as ilusións de cambiar as cousas, estaban centradas nos Foros Sociais. E esa era unha presión moi grande porque de aí non saían solucións. Era un espazo de encontro para poñer en común loitas e experiencias. E Túnez como espazo de encontro e debate funcionou moi ben. Foron moi interesantes os debates e as análises criticas deste chamado capitalismo verde e tamén foi moi importante levar o Foro ao norte de África e respirar a forza das revolucións árabes. E aí estaba a sociedade tunecina participando moi activamente. |
PRAZA_8648 | The Homens eran tres ou catro. Grampoder son dous: os Martiño e Roi que reducen o formato, baixan o volume e entrégannos unha ducia de cancións pop en Golf Whiskey, que presentarán o 7 de maio en Compostela. | The Homens eran tres ou catro. Grampoder son dous: os Martiño e Roi que reducen o formato, baixan o volume e entrégannos unha ducia de cancións pop en Golf Whiskey, que presentarán o 7 de maio en Compostela, e das que xa se poden escoitar seis no seu Bandcamp. Golf Whiskey está feito na casa, entre amigos, gravado en Compostela e editado e distribuido por Discos da Máquina, e iso nótase nunhas cancións que chegan directas, sinxelas, como unha conversa, e que non esquecen o presente: "Porcos na tele e por internet, porcos na Caixa e porcos no Banco de Santander" ou "Escapamos en manada mentres eles beben champagne, coma bestas asustadas mentres eles beben champagne… e suspiramos por que lles sente mal". Do hardcore de Fame Neghra ao power pop de The Homens, e agora o "pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores" de Grampoder. Falamos con Martin Wu deste proxecto, da actualidade da música en Galicia, e tamén dos plans de The Homens para facer un concerto este verán. "Queremos facer algo fácil de transportar e que poida tocar tanto en locais convencionais coma no salón da xente ou notros lugares onde nos deixen. É máis práctico, máis barato, case de guerrilla, e tamén moi divertido" Grampoder é a achega de The Homens ao decrecemento? Non e si. Non porque Grampoder nace ata certo punto da necesidade; despois de moitos anos, moitos quilómetros e moitos concertos The Homens tivemos que facer unha parada técnica porque Xocas, o noso batería, marchou vivir fóra, así que Roi e máis eu buscamos outras fórmulas para seguir facendo cancións. E si porque o formato pequeno realmente nos gusta, e queremos facer algo fácil de transportar e que poida tocar tanto en locais convencionais coma no salón da xente ou notros lugares onde nos deixen. É máis práctico, máis barato, case de guerrilla, e tamén moi divertido. Por que Discos da Máquina? Integrámonos en Discos da Máquina porque nos parece un proxecto moi interesante, simplemente porque é unha maneira de que os grupos nos botemos unha man uns a outros na loxística, a distribución, etcétera, todas esas cousas que levan moito tempo e que se fan moi costa arriba se un as aborda só. Ademais, temos a sorte de compartir escudería con de momento tres grupos estupendos que ademais están cheos de amigos, así que as xuntanzas son sempre unha festa, hehehe. Segue aparecendo o tipo da SGAE polos vosos concertos? A verdade é que hai moito tempo que non a vemos (era normalmente unha tipa). Supoño que a fama nos precede... Que lle pasa a un ladrón que rouba a un ladrón? É un desexo ou hai esperanza de que nalgún momento se faga xustiza? É unha constatación. A canción na que falamos diso chámase Capitalismo (mise en abyme), e creo que é a mellor definición que modestamente podemos facer do negocio, polo menos nas alturas do sistema. Esperanza me parece que hai pouca, en xeral, porque ao ladrón que rouba a un ladrón o peor que lle pode pasar é que o faigan senador... Que podemos aprender de Robert Millar? Millar era un ciclista estupendo e un tipo raro, raro. Entre os primeiros recordos ciclistas que teño está a Volta a España que lle gañou Perico cunha encerrona en toda regra. O máis chulo do tipo é que cando se retirou non deixou só o ciclismo, deixou o mundo. Hai unha biografía del, In search of Robert Millar', un libro fantástico de Richard Moore, na que o autor fai todo o posible por atopalo, e conségueo só a través do mail, e durante moi pouco tempo, porque cando Millar se cansa das súas preguntas deixa de responder e non se sabe máis del. E un bartleby ciclista e todos soñamos algunha vez con facer o mesmo que el: evaporarnos. "Aquí o que hai é militancia suicida. Pasa coa música, pasa cos libros, pasa coas caixas de aforros, pasa coa industria... Os galegos somos anoréxicos de espíritu, ou algo así" Sentides envexa ao mirar para Catalunya e ver a forte escena de bandas en catalán? Moitísima. O outro día contábame Roi duns amigos cataláns aos que non lles interesa especialmente a música, pero teñen discos de Els Pets, Manel, Antonia Font e todo iso. Os grupos alí polo menos son visibles e poden ir tirando, mentres que aquí o que hai é militancia suicida. Pero bueno, pasa coa música, pasa cos libros, pasa coas caixas de aforros, pasa coa industria... Os galegos somos anoréxicos de espíritu, ou algo así. Se Galicia fose un pais normalizado Projecto Mourente gañaría Eurovisión para nós? Seguro que a el lle gustaría! Eu véxoo máis gañando os Brits, Mourente é demasiado bo para Eurovisión. A música galega debe mirar máis para o sur do Miño? E tamén para o oeste do Atlántico, que é onde pasan cousas hoxendía. Pero non é fácil, temos unha infraestrutura anémica (se é que hai algunha), e saír fóra cada vez é máis difícil. Nós case sempre saímos fóra a pufo, coma unhas vacacións, pero é o que hai. Ao pop galego fáltanlle máis lentes de sol e camisas de cadros? Non creo, hai de todo e ben bo. Ao pop galego fáltanlle selos, radios, televisións e sobre todo público, que está a outras cousas, noutros Panoramas e buscando outros Olympus. "The Homens temos unha reunión á vista este verán: unha data, un só concerto, para quitarnos os picores" Que pasa con The Homens ou Mato Grosso? Os dous grupos están en standby, cos seus compoñentes facendo outras cousas. No caso dos Homens temos unha reunión á vista este verán: unha data, un só concerto, para quitarnos os picores. "Podedes vernos no salón da casa ou na sala de redacción do Praza; estamos desexando montar cousas pequenas para xente estupenda, só é cuestión de que nos chamen e, coma ao Equipo A, seguro que poden contratarnos" Que bandas galegas vos gustan? As de Discos da Máquina, desde logo: Das Kapital, Ataque Escampe, a Magnifique Band... E logo Projecto Mourente, por suposto, e Samesugas e Curtinaitis, que son irmáns. E os Niño y Pistola, que acaban de sacar un disco que despeina; e The Brosas, que despeinan en disco e en directo. E moitos outros, os Telephones Rouges, Caxade, Bang 74, Ultraqäns, por suposto Os da Ría, Aries (que a temos adoptada como galega)... Por onde poderemos ver a Grampoder? Estamos pechando datas. Presentaremos o disco o martes 7 de maio nas Crechas, en Santiago DC, e logo tentaremos ir onde nos deixen: Lugo, Ourense, Vigo, Cervo... E podedes vernos, como xa dixen, no salón da casa ou na sala de redacción do Praza; estamos desexando montar cousas pequenas para xente estupenda, só é cuestión de que nos chamen e, coma ao Equipo A, seguro que poden contratarnos. |
PRAZA_1625 | A Plataforma sinala que se están a concentrar os ingresos na Unidade de Conxo mentres se deixa baleira a do Hospital Gil Casares nunha "estratexia para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos". "O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos", din | O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia que na Área Sanitaria de Santiago se están a "limitar os ingresos psiquiátricos de pacientes en descompensación aguda e estanse a precipitar as altas, reducíndose temerariamente as estadías hospitalarias". Deste xeito, sinalan, estanse a "concentrar os ingresos na Unidade de Conxo mentres se deixa baleira a do Hospital Gil Casares", o que identifican como unha "estratexia para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos". "O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos, xa que non se ofrecen aos doentes", enganden e alertan de que supón crear unha situación de risco grave para a saúde e a vida dos pacientes. O MGSM chama a "rematar con este xeito de administrar e dirixir a sanidade pública, en especial a saúde mental". "Estanse a limitar os ingresos psiquiátricos de pacientes en descompensación aguda e estanse a precipitar as altas, reducíndose temerariamente as estadías hospitalarias" Hai menos dun mes, despois de denuncias públicas e mobilizacións contra o seu plan, o Xerente da Área Sanitaria de Santiago comprometeuse a non pechar camas de hospitalización psiquiátrica na Unidade existente no Hospital de Conxo e no resto do Complexo. "Efectivamente, aínda non se pecharon camas psiquiátricas, mais séguense a limitar os ingresos psiquiátricos e estanse a precipitar as altas", alerta a Plataforma. "Dese xeito, paseniño, os executores de recortes van reducindo a ocupación de camas e van podendo, así, prescindir de persoal sanitario, un dos obxectivos que perseguen", alertan. "Intentan ocupar un número menor que as prazas libres, para que así se poidan soportar os recortes de persoal sufridos" "A situación é esperpéntica: o límite de ocupación de camas está predeterminado e fixado moi por debaixo dos recursos existentes e das necesidades da área asistencial, seguindo só obxectivos xerenciais, de tal xeito que a pesar de dispoñer de camas, intentan ocupar un número menor que as prazas libres, para que así se poidan soportar os recortes de persoal sufridos", explican. "Cárgase ás familias coa obriga asistencial e de coidados que corresponde á sanidade pública que xa pagaron cos seus impostos" Denuncian que "o dano que se está a causar ás persoas con enfermidade mental é grave: néganselle medios asistenciais que están ao seu servizo por dereito, e expóñense a riscos graves para a súa saúde e a súa vida, ao limitarlle a atención que necesitan; e cárgase ás familias coa obriga asistencial e de coidados que corresponde á sanidade pública que xa pagaron cos seus impostos". |
NOS_30353 | Ten 93 anos e encabeza a querela arxentina contra a impunidade do franquismo. Darío Rivas dirixiulle unha carta ao presidente da Deputación de Lugo reclamando xustiza coas vítimas do franquismo e "medidas exemplares" contra o alcalde de Baralla que xustificou a represión. | "Fai dous meses e con 93 anos a costas volvín cruzar o Atlántico". Así comeza a carta que Darío Rivas, fillo do alcalde represaliado de Castro de Rei, Severino Rivas Barja, lle dirixe ao presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, esixindo xustiza coas vítimas da represión e unha resposta contundente ao episodio protagonizado polo alcalde de Baralla A carta é unha das moreas de iniciativas que Darío Rivas leva promovendo ao longo da súa vida. Como obxectivo marcouse reclamar a xustiza para os represaliados e represaliadas despois do golpe militar de 1936. Un deles foi seu pai, o alcalde de Castro de Rei, Severino Rivas Bajar, asasinado o 29 de outubro de 1936 na Estrada de Portomarín. Daquela Darío Rivas, apenas un mozo, vivía en Bos Aires, onde tiña emigrado con só 9 anos, catro despois da morte da súa nai. Na capital arxentina, onde agora continúa a reclamar xustiza, recibiu "a peor noticia posíbel", como el a define, unha carta que o informaba do asasinato de seu pai. Darío Rivas, con só 16 anos, perdía a seu pai moi lonxe, no país do que marchara, acusado de "traizón á patria e portación de armas". O fillo do que fora alcalde de Castro de Rei non pode consentir agora que o rexedor doutro concello de Lugo xustifique a represión e afirme que as vítimas "sería porque o merecían". "Representa unha nova ofensiva tinguida de provocación. A isto súmaselle o recente feito de ter arengado co coñecido saúdo fascista a un grupo de seguidores seus" sinala Darío Rivas na súa carta. En calidade de promotor da querela criminal, pola comisión dos Delitos de Xenocidio e/ou de Lesa Humanidade no tempo que vai do 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, ademais de como "particular damnificado por ditos crimes" afirma que observa "unha contradición insalvábel que nace das mesmísimas entrañas do estado". Autor dunha autobiografía publicada pola Deputación de Lugo, activo participantes en multitude de actos de recuperación da memoria, activista pola xustiza, Darío Rivas lamenta que para os edís do "PP o xenocidio pola dereita está xustificado". Ao alcalde de Baralla "Ao rexedor de Baralla infórmolle que ao meu pai o asasinaron por ser coñecido e recoñecido polo pobo e oficialmente como un bo ser humano, bo viciños, que cooperaba economicamente e moralmente cos pobres. Bo alcalde e bo pai" escribe Darío Rivas na súa carta na que esixe que, se o alcalde de Baralla "participou ou ten coñecemento do ocorrido en oportunidade dos asasinatos, ten a obriga moral de se presentar na querela" que el mesmo promove na procura de xustiza internacional por 115.000 asasinados e máis de 30.000 nenos roubados. "O meu desexos de xustiza é para toas as vítimas que foron prexudicadas ou asasinadas" afirma e , por iso, reclama non só unha rectificación do rexedor senón que o organismo provincial ao que pertence "dite unha medida exemplar ao respecto". Darío Rivas, cos seus máis de noventa anos, continúa a defender que "é imperioso que a apoloxía do crime, veña de onde veña reciba a máis enérxica condena". |
NOS_19617 | Analistas xa comezan a falar de efeito contaxio. O certo é que están a inzar episodios de violencia contra civís perpetrados polos coñecidos como "lobos solitarios" que non teñen aparentemente vínculos coas grandes redes do terrorismo yihadista, a comezar polo Daesh. O último elo na cadea, un ataque suicida en Alemaña. | O autor do último ataque suicida perpetrado na Europa occidental -e que este domingo causou 12 persoas feridas perto dun restaurante do centro da cidade alemá de Ansbach (Baviera)- sería, segundo todas as investigacións, un refuxiado sirio de 27 anos ao que as autoridades xermanas lle terían denegado o asilo. Alemaña alega que o refuxiado contaba con autorización temporal para estar no país, ao que chegara hai dous anos, e que moraba nun apartamento propiedade dos servizos sociais. É a segunda vez que tentaba o suicidio e xa estivera ingresado nun centro psiquiátrico. No momento do ataque, portaba unha mochila chea de explosivos que accionou para se causar a morte. O ministro de Interior de Baviera dixo non ten claro aínda se a súa intención era tamén causar danos a outras persoas. Este é o terceiro ataque violento contra civís nunha semana en Baviera e o cuarto en Alemaña. O temor a un recruamento das tendencias xenófobas do sector máis ultra da direita alemá respírase no ambiente. |
NOS_23906 | As comarcas de Verín e Viana, o concello de Xove, na zona da Mariña; ou o de Cedeira, en Ferrolterra; son algúns dos emprazamentos onde o PP experimentou unha caída máis forte nas eleccións do 12-X. Precisamente, todas estas zonas protagonizaron nos últimos meses masivas protestas. | Verín Non se Fecha, o movemento contra o desmantelamento da sanidade pública no hospital verinés, puxo esa comarca e o país en pé de guerra baixo a bandeira do feminismo, da defensa dos servizos públicos e do dereito a vivir con calidade no rural, exixindo á Xunta que rectificase a súa decisión de eliminar a sala de partos do hospital comarcal. A protesta tamén chegou ás eleccións galegas nesta zona, onde o PP sufriu a caída máis forte de apoio nas urnas de toda a Galiza. Até en 12 concellos que rodean o hospital comarcal verinés o PP rexistrou unha pronunciada baixada. Na comarca de Verín os de Alberto Núñez Feixoo perderon 9,93 puntos de apoio e na de Viana 7,5, a respecto dos resultados logrados nos comicios de hai catro anos. Nesta ampla zona, a maior perda de confianza levouna o PP en Laza (caeu máis de 12 puntos), así como en Verín (11,43 menos), A Gudiña (perdeu 10,84) e Vilariño de Conso (baixou 8). En Vilar de Barrio, no linde coa comarca de Verín, o PP baixou máis de 14 puntos. O resultado foi inversamente proporcional para o BNG, que se situou como segunda forza na maioría destes concellos, recollendo, por exemplo, en Vilar de Barrio un incremento de 26 puntos, 21,8 máis en Vilariño de Conso, e subiu 18,5 en Verín, 17,26 en Laza e 16 en Monterrei. Aínda que cunha suba inferior, o PSdeG tamén creceu 2 puntos na comarca de Viana e 3 na de Verín. No outro extremo do país, en Cedeira, tamén se atopa outro dos puntos onde o PP experimentou a súa maior caída electoral, e onde tamén se produciron importantes mobilizacións a prol da sanidade pública da man do movemento Pediatra Xa! A veciñanza mobilizouse para reclamar o restabelecemento do servizo pediátrico. Nas urnas cedeirenses, os de Feixoo perderon até 7 puntos, mentres que o BNG creceu 20 e botou o PSdeG da segunda posición. O PP e o PSdeG baixan na zona da Mariña O anuncio da fábrica de Alcoa en San Cibrao (Cervo), na Mariña, de efectuar máis de 500 despedimentos provocou nos últimos meses masivas mobilizacións na zona e na capital galega. E a loita tamén chegou ás urnas en formade redución de apoio electoral para o PP e mais para o PSdeG. A falla de resposta por parte da Xunta e do Goberno español á crise industrial, con Alcoa como máximo expoñente, sen aínda teren realizado unha intervención pública da fábrica nin teren posto en marcha un estatuto electrointensivo, emerxe detrás da perda de votos de ambos os partidos españois. O PP baixou 3,97 puntos na Mariña occidental e 2,65 na central. Na oriental subiu un insignificativo 0,04 e perdeu máis de medio millar de sufraxios. Ademais da problemática de Alcoa, a Mariña central é epicentro do rebrote do coronavirus e o Goberno galego e a Xunta Electoral deixaron as persoas positivas coa Covid-19 sen opcións a poderen votar, o cal foi denunciado polos partidos da oposición. O BNG foi a forza que subiu en votos en toda esta zona e en Burela, centro neurálxico da crise sanitaria, o Bloque deu un subidón de 25 puntos; 27 en Cervo, onde está a planta de Alcoa; 24 en Viveiro e 22 no Valadouro e mais en Xove, un dos puntos negros para o PP, pois baixou máis de 5 puntos. No resto de concellos desta zona o incremento do nacionalismo foi ben considerábel, entre 10 e 20 puntos. O Grove polo emprego A histórica conserveira Thenaisie Provoté, situada en Ogrobe, está en concurso de acreedores. Centos de traballos directos e indirectos dependen de que a compra da fábrica por outra compañía vaia adiante, mais ante as trabas que pon a dona actual, os sindicatos exixen á Xunta que deixe a pasividade e se implique para garantir a permanencia dos postos de traballo. Neste concello o BNG disparouse nas urnas, ascendendo 23 puntos e arrebatando ao PP o posto de primeira forza. |
PRAZA_12001 | O grupo Hi20 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo investiga distintos aspectos relacionados co rendemento físico dos deportistas e colabora cos equipos técnicos de F.C. Barcelona, Lille ou Olympique de Lyon. | O grupo Hi20 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, encabezado polos profesores Luis Casáis, Eduardo Domínguez e Carlos Lago, investiga distintos aspectos relacionados co rendemento físico dos deportistas. Procuran analizar co rigor e métodos científicos o que até agora se veu deixando ao hábito ou á intuición. Os investigadores sinalan que o cansazo non vén definido unicamente por cuestións fisiolóxicas senón por outro tipo de variables estratéxicas que inflúen no número de metros recorridos polo futbolista no partido disputado. FC Barcelona ou o os franceses Olympique de Lyon e Lille cedéronlle ao grupo os seus datos estatísticos "para buscar unha xustificación aos resultados e devolverlle un coñecemento aplicado". Cada vez máis os técnicos procuran que as súas decisións estean avaladas pola ciencia. Os investigadores sinalan que o cansazo dun futbolista para enfrontar o seguinte partido vén determinado por tres variables que definiron como situacionais. En primeiro termo destaca a localización do partido "xa que cando un equipo xoga como visitante percorre menos metros que cando o fai como local", apunta Lago. En segundo lugar, o marcador, que inflúe no nivel de entrega do xogador de tal xeito que, se un equipo vai gañando o futbolista fará menos metros a alta intensidade producíndose o fenómeno contrario se vai perdendo. A terceira variable é o nivel do opoñente, "o que quere dicir que canto peor resulta o rival, menos metros a alta intensidade se precisan correr". O grupo tamén desenvolveu unha serie de recursos de software para a xestión deportiva e a análise do rendemento individual, como Grafut, Graphys ou Prilesion, que axuda no control e seguemento de lesións deportivas. Dende hai anos o grupo Hi20 desenvolve unha rede de investigación internacional na que colaboran estreitamente os corpos técnicos de equipos de fútbol de alto nivel das ligas francesa, española, inglesa ou rusa, coma o preparador físico do Olympique de Lyon e do FC Barcelona, Alexander Dellal e Francisco Seirul-lo; do médico do Lille e do Liverpool, Christopher Carling e Barry Drust. |
NOS_34740 | CIG-Saúde, única convocante, valora positivamente o seguimento do paro. | Primeira xornada de greve no Sergas. CIG-Saúde considera positivo o seguimento, incidindo nas dificultades. María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia o intento das Xerencias de boicotear a greve mobilizando persoal de servizos mínimos para ocupar postos de persoas que a están secundando. "Nalgún caso a información que recibimos foi que diante da participación na folga de enfermeiras e enfermeiros de quirófano, outro persoal asumiu o seu traballo como instrumentistas". A CIG-Saúde fai un chamamento a participar na concentración convocada para esta sexta feira, día 3, ás 11:00 horas diante da consellaría de Sanidade en San Lázaro. Unha mobilización que coincide coa segunda xornada de folga. O persoal do Sergas súmase ao rexeitamento da posición da consellaría de Sanidade, que se negou a establecer un calendario de recuperación dos acordos retributivos suspendidos desde o ano 2010 tal e como se lle viña demandando e nin sequera foi quen de comprometerse a fixar a dotación orzamentaria necesaria para garantir que en 2019 comezan a se retribuír os graos da carreira profesional para todo o persoal, fixo e temporal. O pasado 11 de outubro, seis sindicatos anunciaron a convocatoria dunha folga no Sergas para o 2 e 3 de novembro co obxectivo de devolver ás e aos profesionais da sanidade pública galega unha parte das melloras que conseguiran nos acordos de 2008 e que foron anuladas no momento en que Feijóo brandiu o argumento da crise e da austeridade que levou ao sistema sanitario público a un retroceso histórico. Un compromiso difuso adquirido o 27 de outubro convenceu todos os axentes sociais para se descolgaren da folga. Todos agás á CIG, que mantivo a convocatoria. |
NOS_3953 | O 21 de abril de 1916 nacía en Celanova Xosé Velo Mosquera, o líder do DRIL que asaltou o Santa María para denunciar as dictaduras ibéricas. E a comisión do seu Centenario celébrao publicando o único libro que saíu do prelo da súa editora Nós, dentro da colección Galicia Ceibe. | Logo do secuestro do Santa María, Xosé Velo exíliase no Brasil en 1962 e un par de anos despois monta unha libraría en Sao Paulo chamada Nós na compaña do seu socio Bartolomé González Llorente (futuro alcalde de Móstoles entre 1979 e 1991). En 1966 creará unha editora co mesmo nome que editará un só libro dentro dunha colección chamada Galicia ceibe: unha antoloxía de Rosalía de Castro traducida ao portugués por Eclea Bosi. Sen embargo, non puido publicar o limiar que el mesmo escribira por presións do cónsul franquista de Sao Paulo sobre a tradutora. Coincidindo con esta efeméride, a comisión organizadora do Centenario de Xosé Velo publica na súa web en formato pdf esta antoloxía engadíndolle o limiar censurado, que se titula "A lingua galega e a inaugurazón de Hespaña", no que debulla os seus principios ideolóxicos avogando por unha confederación de nacións ibéricas na que contrapón a España fascista á Hespaña (con hache) confederal. "Morra España! Viva Hespaña!" Comeza dedicándolle o texto a Prisciliano, Roi Xordo, Xelmírez, Pardo de Cela, Rosalía Lamas e aos fusilados e exiliados da Guerra Civil. E continúa explicando o obxectivo da editora: "pretende editar no Brasil cuanto de mellor se ten producido e veña a producirse en lingua galega". No texto reclama a "necesidade de crear unha Hespaña con 'H'. Achamos que Portugal presentado por Galicia non tería dúbidas nin motivo para dubidar, pois non serían máis posibeis as ciladas imperiais". E remata o limitar con un "Morra España! Viva Hespaña! Hespañoles: Vamos inventar Hespaña!". Ese sería o título dun ensaio posterior onde plasmou todas as súas inquedanzas políticas nas que seguía apostando polo iberismo como solución aos problemas da Península. No texto tamén lle dedica reflexións á lingua, e avoga por "preparar as condizóns para a unidade lingüística galaico-portuguesa na base do galaico-portugués falado e escrito no Brasil", ademais de "intentar por todolos medios posibeis a obrigatoriedade do ensino na nosa lingua na nosa terra. Isto por vergoña e por xustiza". Centenario Velo Desde a Comisión Pro Centenario Xosé Velo, da que forman parte Francisco Macías, de Edicións Positivas, Margarita Ledo ou Aser Álvarez, entre outros, consideran que Velo é "un dos persoeiros galegos máis interesantes e descoñecidos do século pasado. A súa obra está inédita e a súa figura ficou case totalmente eclipsada polo secuestro do Santa María", segundo se afirma na web do centenario. E máis alá da súa actividade no DRIL, Velo escribiu poesía e ensaio, colaborou co exilio e coas asociacións galegas tanto en Venezuela como no Brasil. Un dos obxectivos da Comisión é publicar toda a súa obra inédita. Edicións Positivas, que dirixe Macías, publicará as súas obras completas por xéneros: poesía, ensaios e unha biografía ampliada. Ademais, realizarase un documental, que dirixirá Aser Álvarez, e iranse publicando na web os achados que foi atopando ao longo de meses de traballo a Comisión. |
PRAZA_264 | Dez entidades únense ao proxecto para pór ao dispor da cidadanía galega, a través da Rede, "o maior elenco documental" da historia do nacionalismo galego de todo o século pasado e de parte do XIX. | O Museo do Pobo Galego acolleu este mércores a presentación do Arquivo Histórico do Nacionalismo. Supón unha iniciativa nada a partir do esforzo de dez entidades que custodian por separado millleiros de documentos que refiren a historia do nacionalismo galego ao longo do século XX e parte do XIX e que agora poñen ao dispor do público en xeral e do mundo da investigación especializada no portal www.arquivodonacionalismogalego.gal. Dez entidades reúnen milleiros de documentos sobre o nacionalismo galego nun único portal web As entidades que impulsaron esta inciativa son a Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Castelao, Fundación Galiza Sempre, Fundación Losada Diéguez, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras e Fundación Vicente Risco, xunto con Murguía Revista Galega de Historia e o Museo do Pobo Galego. O obxectivo desta iniciativa é "pór en valor os fondos documentais que posúen as entidades que poñen en marcha este portal web, posibilitando o acceso aos mesmos dun xeito doado, dándolle a estes una cobertura compartida que favorece a súa contextualización nun horizonte histórico de longa duración", tal e como din os responsables. A través do portal, pódense localizar os fondos históricos existentes (catalogados ou en vías de catalogación) en cada unha das sedes físicas das entidades consorciadas para impulsar este arquivo, "quer relativos a persoeiros e organizacións diversas do nacionalismo galego, quer publicacións que este movemento editou ao longo do tempo". A iniciativa nace a doce meses do cententario da primeira das Irmandades da Fala na Coruña A iniciativa nace no inicio do ano 2015, segundo explicou na presentación o historiador Uxío Breogán Diéguez, "non por casualidade. Faino a doce meses do primeiro centenario do nacemento da Irmandade dos Amigos da Fala da Cruña, primeira das Irmandades da Fala que se organizarían por toda Galiza a partir daquela altura, baixo a iniciativa de figuras como Antón e Ramón Vilar Ponte, Manuel Lugrís Freire, Lois Porteiro Garea, Florencio Vaamonde Lores ou Uxío Carré Aldao; recollendo o testemuño dado polos Precursores e os protagonistas do Rexurdimento no século XIX, caso de Antolín Faraldo, Francisco Añón, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro ou Manuel Curros Enríquez, entre outros". A este respecto, as entidades anunciaron o seu compromiso coa socialización deste centenario. Xunto a isto adiantaron que convidarán a outras entidades análogas para que sumen os seus fondos documentais a esta plataforma que liga, en suma, "o maior elenco documental da historia do nacionalismo". No acto déronse cita representantes das diversas entidades que impulsan a iniciativa. Intervindo, para alén do propio Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña, Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao e Xusto Beramendi González, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela. |
NOS_436 | O obxectivo do Goberno galego, e tamén da Unión Europea, pasaba por conseguir que o peso da industria no país acadase o 20% en 2020. Hoxe xa é obvio que non vai ser así e, o que é peor, cada ano que pasa Galiza está máis afastada desa meta. A situación de Alcoa, Ferroatlántica ou Poligal agravarían aínda máis o estado da industria galega. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 341 de Sermos Galiza. | Alcoa, Ferroatlántica ou Poligal son algunhas das empresas que nos últimos meses están a marcar a actualidade industrial de Galiza e non precisamente pola súa expansión ou fortaleza. Son, en total, perto de 500 empregos os que están en perigo só nestas tres firmas e que virían sumarse aos xa 26.000 que perdeu o país desde a chegada de Núñez Feixoo ao Goberno da Xunta. Os estudos da Unión Europea, concretados nun obxectivo político, veñen sinalando desde hai anos que para consolidar unha economía equilibrada o peso da industria no conxunto do Produto Interior Bruto debería acadar o 20% en 2020. Transcorrido un período de tempo razoábel, os Estados que integran o espazo comunitario non só non se aproximan á devandita meta senón que mesmo se van afastando. Nesa dinámica de retroceso atópase Galiza, onde o peso da industria non chega ao 16% do PIB e que é incapaz de atraer ou xerar novas actividades industriais –as que ofrecen mellores salarios e máis valor engadido ao conxunto da economía. Hai pouca efectividade na retención dalgunhas compañías históricas que optan por se deslocalizar a outras latitudes cuns custos de produción máis baixos. Esta é, non hai que esquecelo, unha das lóxicas do capitalismo, mais tamén é certo que as medidas políticas impulsadas para a fixación empresarial ou para a potenciación de novos sectores produtivos, incluídos os estratéxicos, non deron os resultados agardados. O caso de destrución de emprego industrial máis recente, o de Poligal –que a través dun concurso de acredores fechará a súa planta en Narón e deixará sen traballo 108 persoas– adquire un simbolismo especial. Foi unha das empresas que a comezos dos anos 90 se instalaron na Galiza ao abeiro das coñecidas como ZUR (Zona de Urxente Reindustrialización) e ZID (Zona Industrial en Declive) cunha forte inxección de cartos públicos. A empresa, dedicada á fabricación de filme de polipropileno para o sector da alimentación, foi reducindo persoal paseniñamente, mais seguiu solicitando as axudas financeiras do Plan Ferrol para ampliación e mellora das instalacións. Paralelamente, a dirección do grupo montaba fábricas en Portugal e, máis recentemente, en Polonia, animada por uns custos laborais máis baixos. Así, unha empresa que se creou na Galiza e que ten na Galiza o seu departamento de innovación tecnolóxica decide finalmente fechar a porta e marchar. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 341 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_33176 | Somos o terceiro territorio con máis ingresos en UCI na última semana. | Galiza administrou 559.141 das 786.365 vacinas recibidas contra o coronavirus, o que supón 71,1% do total, segundo os datos que publica esta terza feira, 6 de abril, o Ministerio de Sanidade -relativos á xornada anterior-. Este 71,1% é a menor taxa entre comunidades, seguida do 72% de Cantabria. A cifra galega é case cinco puntos inferior á media estatal (75,7%). Na Galiza puxéronse máis de 18.000 vacinas en 24 horas. Precisamente, esta semana prevese realizar unha vacinación masiva dunhas 145.000 persoas, aínda que esta terza o caos reinou na Cidade da Cultura, en Santiago, con enormes fileiras e aglomeracións de persoas sen poderen manter a distancia de seguridade debido á falta de previsión das autoridades na organización da vacinación na capital galega. Un total de 176.199 persoas recibiron na Galiza dúas doses que inmunizan contra o virus. Supón 5.000 máis que na xornada anterior. No Estado español puxéronse máis de 6,1 millóns de doses de 9 millóns recibidas. Hai 2,9 millóns de persoas coa pauta completa. En canto á vacinación de maiores de 80 anos, na Galiza púxose canda menos unha dose a 198.632 persoas, 84,8% das 234.302 existentes. Esta taxa supón máis de catro puntos respecto á media española. Con todo, son 92.514 as e os maiores de 80 que teñen a pauta completa, 39,5%, seis puntos por baixo da media española (45,7%). Galiza, a terceira con máis ingresos en UCI Nas UCI galegas ingresaron 17 falecidos na última semana, terceiro maior cifra no Estado, por detrás de Madrid (70) e Andalucía (39), segundo datos do Ministerio de Sanidade. As persoas con Covid-19 hospitalizadas na Galiza na última semana foron 103. Supón o sexto maior dato entre autonomías. A ocupación de UCI por pacientes Covid-19 é de 3,6% na Galiza (cun total de 28 persoas), mentres as camas ocupadas en xeral en hospitais son de 2,41% (202 persoas). |
NOS_12891 | María Antonia rexentaba unha tenda mítica de referencia para os mariñeiros. Deulle nome a un mar e Xurxo Souto réndelle homenaxe esta quinta feira 11 de decembro ás 20 horas na libraría Couceiro da Coruña. | O libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto recolle a memoria de homes e mulleres do mar, historias descoñecidas que o autor recupera e transmite con entusiasmo. Unha delas leva o nome dun mar, o de María Antonia, a muller que rexentaba unha tenda na Coruña e os mariñeiros homenaxearon incorporando aos seus topónimos mariños. A vindeira quinta feira, día 11 de decembro, ás 20 horas, Xurxo Souto homenaxeará a María Antonia nunha nova presentación de Contos do mar de Irlanda, que terá lugar na libraría Couceiro da Coruña ás 20 horas. O acto entra na ruta "Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña" na que Xurxo Souto dá a coñecer a talosonimia do mar que rodea a cidade, o "Mar de María Antonia", que será protagonista da sesión na Coruña. Promete "palabra, toque de cornas e acordeón". A tendeira do mar "María Antonia tiña unha tenda noite e día", comeza a descrición que Xosé Carrillo lle fai ao escritor sobre a muller que dá nome a un mar e que Souto recolle no seu libro Contos do mar de Irlanda. A tenda situábase en Santa Lucía, concretamente na rúa do Coxo, nas escadas que levan de Sinforiano López a Juan Flórez. Carrillo tiña referencia ao ser cuñado dunha filla da tendeira. "Os mariñeiros entraban, saían, ían coa pota, facían de comer... Abriu máis ou menos polo ano 40, botou moito tempo. Cando as bacas falaban pola telefonía, "estamos en María Antonia", era como dicir estamos chegando á casa", relata o parlamento de Carrillo recollido no libro de Souto. |
PRAZA_8419 | Daniel Rodas, novo deputado do Bloque en substitución de Carlos Aymerich, incorpórase ao Parlamento co reto de "levar alí o sentir dos mariñeiros, da xente desempregada, da xente normal" e convencido de que o PP "tenta afogar a opinión dos discrepantes" | Daniel Rodas (Moaña, 1961) chega ao Parlamento despois de pisar moita rúa. Antes de ser funcionario da Consellería do Mar desempeñou oficios como horticultor, mariñeiro ou obreiro da construción naval. Concelleiro do BNG en Moaña dende 2003, Rodas vén de incorporarse á Cámara lexislativa galega en substitución de Carlos Aymerich. O seu reto, afirma, é facer chegar ao Pazo do Hórreo as preocupacións da xente "normal". Como afronta o labor de deputado? Afróntoa con moita responsabilidade e, na miña modesta achega, tentarei levar alí o sentir dos mariñeiros, da xente desempregada, do pequeno comercio, da mocidade, da xente coma min, que vive día a día. Eu quixera que os problemas da xente chegasen a ese Parlamento de paredes de formigón para que fose capaz de arranxalas e de amosar a realidade que vivimos, onde todos andamos anguriados porque non hai traballo. As familias padecen directamente unhas condicións laborais que empeoran, quédasennos cos aforros, vemos como as grandes empresas sen escrúpulos nos van estorsionando para manter os seus capitais... E podemos asistir a como o poder institucional, tanto da Xunta como do Goberno central, en mans do PP, en vez de estar ao lado da xente están a narcotizala. Non hai máis que ver os paseos que dá algún presidente polas nosas rías. Non teñen escrúpulos e van, pouco a pouco, minando a Administración pública, que é de todos, mentres van repartindo os despoxos entre os amigos, eses que canto peor vaia a cousa, eles ganan. "O poder nas mans do PP, en vez de estar ao lado da xente, está a narcotizala" Chega ao Parlamento nun momento complexo para o país en xeral e para os asuntos de pesca, dos que vostede se encarga, co conflito de Mauritania, o despezamento da flota... Si, para o sector é un momento tremendamente complexo. Isto vén de atrás, dende o acordo coa Unión Europea, onde o Estado nos vendeu e agora padecemos as consecuencias co reparto das capturas e nas políticas comunitarias que nos abocan a que vaiamos paseniñamente ao desmantelamento. Os dous grandes partidos son os responsables; entramos co PSOE, hai que lembrar o acordo de expulsión de Namibia, a guerra do fletań... é verdade, pero o maior responsable actualmente é o PP e xa vén de atrás. En 1992 o propio Arias Cañete era o responsable do desmantelamento da flota galega no banco canario-sahariano. O momento actual non é menos complexo para o nacionalismo, que no caso do BNG vén de iniciar unha nova etapa, con novas teses e novo liderado, como a interpreta? "O BNG ten á fronte unha persoa con capacidade e cintura política para sermos quen de facer convivir a todo o mundo" Vimos dunha situación convulsa, onde o nacionalismo estivo máis centrado nos seus problemas estomacais. Ata certo punto é normal nos procesos de liberación nacional; levamos 30 anos e é complexo facer convivir todas as sensibilidades. O BNG está facendo unha reformulación, cunha persoa [Xavier Vence] con capacidade de ampliar espazos e cunha cintura política para sermos quen de facer convivir a todo o mundo. Espero que no f uturo sexamos capaces de encetar a axenda apropiada. Ao longo de 30 anos o BNG foi un insturmento útil para o país e agora estamos enfocados para que siga sendo o instrumento fundamental de defensa do país. Debe fomentar a unidade de acción, porque o poder político que nos esmaga fai que sexa necesarios todos os esforzos e o BNG ten que poñer en valor os seus atributos; non somos políticos ao uso, somos xente diferente, xente comprometida co país, a política para o BNG non é aspiración persoal, senón que é servizo público Incorpórase a unha Cámara especialmente convulsa nos nos últimos tempos, con vetos ás visitas, abandonos da oposición para protestar... Esa é a faciana do poder, do PP... Alí onde hai a posibilidade de levar a voz da xente eles acaban pechándoo totalmente. E non só no Parlamento, tamén nos ámbitos mediáticos. Eles teñen unha rede importantísima de influencia e son quen de someter aos medios públicos e mesmo a moitos dos privados. O PP tenta afogar a opinión dos discrepantes. No conflito das preferentes, por exemplo? Neste caso non se están a defender os intereses dos cidadáns e chéganse a situacións histriónicas: persoas que levan toda a vida aforrando agora ven que a propia banca, que pensabamos que era pública, non está para os intereses da xente, senón que está enfocada aos intereses especulativos. E o poder político, en vez de tratar de castigar a quen realmente realiza o timo, fai xustamente o contrario. Están amparando e defendo á banca e deixan desamparadas ás persoas de boa fe. |
NOS_14146 | Dous incendios tiveron lugar o sábado, día 19, cando a Xunta de Galiza aínda non activou o período de alto risco, malia as temperaturas acadadas estes días. O máis importante, en dimensión, afectou a Estrada, con 75 hectáreas queimadas, e o de Santiago deixou máis de 10 calcinadas. | Na tarde do sábado rexistrábase na parroquia estradense de Sabucedo un incendio que, segundo a Consellaría do Medio Rural, está controlado, logo de afectar 75 hectáreas. O lume iniciouse ao redor das 16.37 e ficou estabilizado de madrugada. Nas tarefas de extinción participaron tres axentes, sete brigadas, tres motobombas, unha pa e medios aéreos (a Xunta non precisa o número). Por outra banda, o incendio rexistrado ás 16.43 do sábado na parroquia compostelá de Sampaio, ficou estabilizado, segundo a Xunta, ás 19.52 e afectou 10 hectáreas de superficie. Participaron na extinción tres axentes, tres brigadas, tres motobombas, unha pa e medios aéreos (a Xunta non precisa o número). Malia as temperaturas dos últimos días, a Consellaría do Medio Rural non activou o período de alto risco, que se reserva de xullo a setembro. |
PRAZA_3069 | Irán é un país moderno absorbido por tradicións milenarias. A unión desa diversidade provoca un encontro afable para o estranxeiro, que pode sorprenderse coa carencia de violencia | O Irán do século XXI herdou a grandeza do imperio persa, para logo conservala de xeito hermético entre as cordilleiras da primeira teocracia constitucional establecida no mundo. Os seus 80 millóns de habitantes son sucesores dese emporio composto por migracións, invasións e rutas comerciais que conseguiron unificar culturas diversas baixo unha mesma bandeira. A República Islámica de Irán é o colofón a un período glorioso de preto de tres mil anos e que chegou ao seu estado actual tras unha revolución conservadora, que deu comezo no ano 1979, e que a día de hoxe segue a contar con partidarios e detractores. Isto é así porque a república naceu de ideais persas, islámicos e occidentais que crearon unha identidade mixta e confusa na procura dunha definición de si mesma.A república naceu de ideais persas, islámicos e occidentais que crearon unha identidade mixta e confusa na procura dunha definición de si mesmaA situación xeográfica do país, entre Europa e Asia, como cruce de camiños e intereses para mercadores e conquistadores, propiciou o seu apoxeo político, económico e cultural. Ferdosi, Hafez e Rumi son algúns dos nomes dos poetas persas máis sobranceiros, honrados de tal xeito que os seus versos son memorizados e as súas tumbas mausoleos onde é posible gozar do arrecendo da súa lírica. Dunha beira, Hafez (1324-1389), o poeta do amor, descansa nuns xardíns na cidade de Shiraz, no sur do país, onde centos de visitantes pasean a diario ao ritmo da música melodiosa que envolve a cadencia dos recitadores esporádicos que se xuntan ao redor dos restos do vate. Noutra beira, Ferdosi (940-1025), heroe nacional, pois conseguiu revitalizar a lingua persa grazas á súa poesía épica, amais de deixar por escrito a historia do seu pobo; este está enterrado nunha aldea do Norte, Tus, no xardín do que fora a súa casa.A riqueza literaria de antano pasou o testemuño a novas xeracións, que non só souberon cultivar a lírica e a narrativa, senón tamén outras artes. Neste sentido, cómpre mencionar a música, que adoita entrelazar a poesía clásica co ritmo tradicional do nay -frauta- e o tar –instrumento de corda-, á vez que permite que xurdan novas propostas. Vale de exemplo a banda Molaviyeh, que chegou a triunfar en América e que recupera o misticismo sufí de Rumi (1207-1273), creador da orde dos dervixes xiróvagos –unha practica de meditación que consiste en dar voltas sobre un mesmo. E no anonimato, fronte os trobadores das bocas de metro e prazas públicas occidentais, cidades como Isfahán, no centro do país, aglomeran novas voces entre os arcos das pontes que atravesan o río Zayandeh. Nos descansos entre os piares desas construcións pódese tamén descubrir a influencia da música nas roupas: vestimentas longas para os rapeiros, camisetas axustadas para os heavies, pantalóns cinguidos para os rockeiros e cores no pelo, que as rapazas maquillan de xeito que sexa visible por baixo do obrigatorio veo.A obrigatoriedade é unha das características máis salientables do país e, quizais, a máis exportada. Con todo, o concepto de liberdade parece ter a súa orixe na Persia de Ciro o Grande, durante o século VI a.C. Ciro liberou os xudeus da opresión babilonia e entregoulles cartos para construíren o templo de Xerusalén, demostrando así a tolerancia relixiosa que perdura no século XXI, porque a república islámica de Irán protexe a membros doutras minorías relixiosas, como zoroástricos, cristiáns ou xudeus. Non obstante, fronte a estes datos, é necesario destacar que o bahismo, que naceu no Irán de hai dous séculos, os preto de medio millón de bahaístas que viven no país sofren a discriminación dunha fe declarada ilegal e considerada herética.O cilindro de Ciro, un rolo de barro que contén inscricións nun alfabeto cuneiforme e que se conserva no Museo Británico de Londres, amosa esa liberdade de expresión do mundo persa. O cilindro pode considerarse a primeira declaración de intencións, en favor dos dereitos humanos, ao prohibir a escravitude e o roubo, e protexer as diferentes etnias e relixións. Pero os detractores do réxime iraniano apuntan á degradación da muller como un dos principais síntomas do atraso do país, que impón leis vexatorias. O feito de que unha moza teña que cubrir a cabeza en público chama a atención dos defensores dos dereitos humanos, mentres moitas iranianas aceptan estas regras culturais como parte inseparable da súa forma de ser e vivir. Maryam Haghroosta, profesora da Universidade de Teherán, afirma levar o veo por unha cuestión persoal e relixiosa, e non por unha imposición; por iso nunca descubriu a cabeza durante os catro anos que viviu en Cuba, onde se doutorou, e onde puido optar por poñelo ou non. Igual que ela, para moitas musulmás, o veo non só é un sinal de identidade e respecto, senón unha forma de vestir, tan válida como calquera outra. Marjane Satrapi, autora da novela gráfica Persépole, está no polo oposto, xa que dende pequena, como reflicte no cómic, cuestionouse certas regras de comportamento que a atraparon nunha sociedade para ela represora.As innovacións iranianas non só se adscriben á protección da súa sociedade, senón tamén a certos inventos e descubrimentos. Dentro do primeiro caso está o sistema de ventilación da cidade de Yazd, no centro do país. Os bagdirs, torres de vento, son construcións de adobe que, nas partes altas das casas, son capaces de reter a brisa máis lixeira e dirixila cara aos compartimentos inferiores. En canto a descubrimentos, no século XII o físico Avicena foi quen de descubrir a vea aorta e a tuberculose como enfermidade contaxiosa e no IX o astrónomo Al-Khwarizmi introduciu os actuais números arábigos amais de facer importantes avances nas matemáticas.No tema deportivo, o fútbol é un fenómeno social que ofuscou outras prácticas deportivas tradicionais e propias, como o zurkhaneh. O zurkhaneh é un combinado de deporte, teatro e relixión que se practica en ximnasios e cuxos competidores son vistos como heroes nacionais. O xogo comeza cuns cánticos e declamacións poéticas, aos que seguen unha serie de rituais onde os atletas mostran a súa forza levantando distintos pesos que elevan co ritmo da música. A poesía sufí acompaña os toques de tambor e envolve os movementos, o que fai que o espectáculo dun xogo sexa difícil de encadrar entre unha modalidade deportiva ou unha representación teatral.Tamén único en Irán é a celebración do Ano Novo, o Nowruz, ao comezo da primavera, e outras festividades propias relacionadas coa vitoria da república islámica ou a morte do Aiatollah Khomeini. Dentro desa unicidade, cómpre salientar que Irán é un dos países onde máis refuxiados viven e onde máis se usa Internet. Ao mesmo tempo, é o berce dunha das relixións máis antigas, o zoroastrismo, a fe dominante no país ata a chegada do Islam, e que profesa ideas que parece que influíron nas tres grandes relixións monoteístas; ideas como a da resurrección, a do xuízo final ou a da diferenza entre o ceo e o inferno.Irán é un país moderno absorbido por tradicións milenarias. A unión desa diversidade provoca un encontro afable para o estranxeiro, que pode sorprenderse coa carencia de violenciaSe os inventos de outrora conseguiron ampliar o coñecemento humano, ao estenderse polo mundo, cidades como Persépole, no sur, constitúen verdadeiros museos ao aire libre, á vez que manuais de arte e historia. Outro exemplo é Mashad, no nordeste, que conserva unha das pezas máis importantes para os musulmáns xiítas –a maioría iraniana. Alí está enterrado o Imán Reza, descendente directo do profeta Mahoma, dentro dun esplendoroso complexo sagrado que forma un dos centros de peregrinación máis importantes do mundo.En definitiva, Irán é un país moderno absorbido por tradicións milenarias. A unión desa diversidade provoca un encontro afable para o estranxeiro, que pode sorprenderse coa carencia de violencia. Alén diso están os misterios e segredos que sempre agroman dos máis novos ou as contradicións da historia, encargada de facer que loiten entre eles pasado e futuro. Tamén, as diferentes opinións sobre a laicidade ou sobre o enriquecemento do uranio, sobre o exterior ou sobre o esplendor sempre candente da súa cultura, presente en todos lados e, sobre todo, nas grandes cidades, onde os edificios parecen arquipélagos nun deserto repleto de montañas e xardíns. |
QUEPASA_517 | Logo de que por fin a Conselleira de Educación se decantase por adiar as oposicións galegas ao 2021, Mary Trillo Grille necesitaba escribir e compartir con todxs a situación á que se enfronta. | "Un soño que podía ser realidade" Comecei a prepararme para opositar por unha praza para Mestra de educación infantil en setembro do ano pasado por primeira vez; foi un cambio brutal xa que "iba a por todas" e puxen os meus 5 ou incluso 6 sentidos no estudo. Así as noites de saídas cos amigxs apartábanse a un segundo plano, deixaron de existir os festivos e as semanas de traballo eran de luns luns. Por fin superaba o Ecuador do curso ata que "un becho extraño" se interpuxo nesta andaina. Comenzamos a ver cómo se aprazaban ao ano que ven as convocatorias de oposicións de todas as comunidades excepto unha: Galicia. Existía a esperanza polo que aquí comezou un "momevento social" a través das redes no que o colectivo docente se divideu en dous bandos: os que querían a convocatoria e os que reclamaban o seu adiamento. Máis alá dunha ou outra posición chegou un momento no que realmente me pareceu moi triste o que os meus ollos estaban a ver nas diversas redes: insultos, chamamentos a personaxes coñecidos co fin de alzarse, represións para expresarse... E en todo caso os e as protagonistas éramos nós: Docentes. O único que fago é preguntarme como podemos educar se nós mesmos carecemos dese armamento tan poderoso; a educación. Está claro que nos movemos por intereses, ninguén quería poñer en risco a súa saúde e polo visto as condicións sanitarias actúais non son as axeitadas para a celebración das oposicións; ademais de que o principal agora mesmo é rematar con esta pandemia. Pero, e no caso da selectividade? E no caso de que o alumnado e profesorado volva ás aulas xa a finais de xuño? É moita a frustración contida, incerteza... neste caso falo dende a miña voz de opositora pero tampouco son menos os autónomos, xente que foi ao paro, os nosos maiores, sanitarixs que seguen con contratos precarios... Con todo, moito ánimo a toda a xente que nos tocou vivir esta situación! Debemos buscar tempo para nós e despexar así a mente, eu escapo parte do meu tempo libre ao deporte. De feito dende o equipo de A.D. Media Ducia de Carballo moitas xa escalamos ata o Burj Kalifa que ten 2909 escalóns, entre outras actividades deportivas. Seguiremos #quedandonacasa. Mary Trillo Grille. |
NOS_8254 | Anos aqueles onde igualmente surgira, no espírito das vanguardas, a atitude iconoclasta e a criação livre, às vezes bebendo no génio popular. Contraditório, pois, como a vida mesma. | A gente fala de música "comercial", e não sei se todos querem dizer o mesmo. Hoje ocorre-me refletir sobre o termo, pois é algo já antigo nas conversas e no pensamento. Durante anos, falarmos de música "comercial" era referirmo-nos à que não era "culta", "progressiva", "séria" ou de estrita intenção "artística", o qual é talvez uma montagem de enteléquias, visto desde o ângulo em que agora me coloco. Qualquer palavra das que ponho entre aspas é susceptível de ser analisada e revisada, havendo em consequência diferentes leituras. E intuo que sobre nós pesa ainda o conceito de elite e de "cenáculo" que aninhou em círculos intelectuais de há cem anos, os nomeados anos vinte ou um pouco antes, ideia que já vinha do dandismo e da estética vitoriana... Anos aqueles onde igualmente surgira, no espírito das vanguardas, a atitude iconoclasta e a criação livre, às vezes bebendo no génio popular. Contraditório, pois, como a vida mesma. O uso das palavras chega a ser inconsciente e arbitrário. Objetivamente o termo "comercial" significa que se vende, e portanto que chega a muitos usuários. Deixo viajar a mente e detenho-me nos setenta, quando andávamos arredor da pedra filosofal inventando a arte. Construír a partir do nada, ou de nada "utilitário" e de consumo. E no mesmo instante, sob a inércia de Woodstock e da ilha de Wight adorávamos Dylan, Beatles, Rolling Stones, e depois Genesis, Yes, Pink Floyd, King Crimson, que em nengum caso eram música "comercial". E de Led Zeppelin melhor nem mentar. Também foi a época das óperas rock, como Hair –memorável "Aquarius"– ou Jesus Christ Superstar que víamos e ouvíamos uma e outra vez sem nos cansar. Lembro que daquela começara a escrever uma ópera rock com um amigo rockeiro e talentoso a quem esperava uma longa trajetória musical que ainda mantém, e um dia chegou extasiado: –Escuitei Quadrophenia dos Who! A partir de agora, Jesus Christ Superstar já me parece como Fórmula Quinta. Nos últimos noventa, os rapazes da idade do meu filho viviam o fascínio do grunge, o rock alternativo que surgira em Seattle, inspirado polo hardcore punk, o heavy metal, e não direi o indie rock porque esta palavrinha hoje serve para todo. Aquele movimento alternativo que rejeita o formalismo na posta em cena, na vestimenta e nas letras de angústia e alienação social, chega a ser popular no nosso âmbito quando já se produziram os lançamentos com grandes gravadoras, e quando o Nevermind de Nirvana vendera quatrocentas mil cópias por semana em 1991 até acabar vendendo 35 milhões de cópias no mundo. Também neste caso podo afirmar que os aludidos rapazes viam neste fenómeno a grande escala qualquer cousa menos música "comercial". Se houvesse que concluir, diria-se que a arte verdadeira e o sucesso comercial podem coexistir no mesmo barco, o que não é mau de seu. Ou chamaríamos "comercial" ao que se programa desde o início para sê-lo, mas isto não é certo, nem longe de nós nem no âmbito musical que temos mais perto. |
NOS_52443 | É cuarta feira e vimos de poñer punto final ao número 334 do semanario Sermos Galiza, que estará á venda nos quiosques esta cuarta feira. | A raíz do anuncio do ERE en Ferroatlántica –que agrava a situación do sector coa intención de feche de Alcoa– abrimos o número 334 de Sermos Galiza cunha reportaxe sobre a crise da industria electrointensiva e sobre a relación que ten coa factura eléctrica e consultamos con voces autorizadas que coñecen a fondo o sector. En Sociedade, centrámonos en desmontar o mito do amor romántico da man das profesoras Chis Oliveira e Amada Traba e analizamos o informe da Liña do Galego, servizo da Mesa pola Normalización Lingüística que recolle as queixas das persoas excluídas por empregaren a lingua. Continuamos con Economía, sección que abre cunha información que repasa os conflitos laborais da semana e que continúa cunha ampla entrevista a Eusebio Rey, director xeral de Prosistemas, a empresa galega que vén de gañar o premio máis recoñecido a nivel internacional en materia de planimetría. En Política analizamos a situación de Lugo cando apenas quedan tres meses para a convocatoria electoral. Tamén ofrecemos unha panorámica da escena política galega após a multitude manifestación do domingo en Compostela en defensa da sanidade pública e logo da participación de Alberto Núñez Feixoo na mobilización españolista de Madrid. Internacional dedicámolo a analizar o contexto en que ten lugar o xuízo ao procés soberanista da man do profesor asociado de Ciencias Políticas da Universitat de Barcelona Silvio Falcón e coa opinión do profesor contratado da Área de Dereito Procesual da UDC e membro de Esculca David Soto. En canto ao Fóra de Serie, publicamos unha nova entrega da sección sobre historia "A Galiza ignorada", que nesta ocasión dedicamos a Dona Sancha e Dona Dulce, raíñas de Galiza por un mes. Continuamos cunha entrevista á escritora Inma López Silvia e pechamos con "De memoria", que resgata a biografía de Placeres Castellanos. Completan o Fóra de Serie as críticas literaria e de cinema; a columna de Pepe Barro sobre os símbolos de Galiza; a viaxe que nos propón o colectivo XEA á Laxe das Rodas (Muros); a sección que asina cada mes Jasper Nao sobre música e a que asina Iago Varela sobre tecnoloxía, entre outros moitos contidos. Este número 334 conta coas opinións de Luz Darriba e Mercedes Queixas e acompáñao o Sermos Adega, o suplemento da asociación ecoloxista ADEGA. A partir da quinta feira, o Sermos Galiza número 334 estará á venda nos quiosques. Xa dispoñíbel na loxa |
NOS_50895 | Agrávase a crise da institución. O PP aproveitou a reedición do cisma no seo do PSdeG, coa nova saída das súas filas do alcalde de Becerreá, para colocar Darío Campos nunha situación politicamente desairada. | Con esta iniciativa, unha declaración puramente política sen consecuencias prácticas, o PP tencionaba proxectar a imaxe dun PSdeG sen apoios e en minoría na corporación. Campos só tivo os votos dos seus 10 fieis, os do grupo socialista. Os dous deputados do BNG optaron pola abstención. "Non nos poden pillar nesa pelexa que teñen entre eles para ver quen manda máis", alegou o nacionalista Xosé Ferreira, en declaracións recollidas por Europa Press. Os 12 votos cos que conta o PP no plenario da institución bastaron pois para reprobar Darío Campos, a quen os seus ovacionaron consumada a votación. Martínez -obxecto dun procedimento interno que presumibelmente desembocará na súa expulsión do PSOE- tampouco quixo aliñarse co PP neste momento, así que se fixo a un lado. Ausentouse do pleno para non votar. Esta mesma terza feira, rexistou a súa petición de baixa do grupo do PSdeG na corporación provincial. |
NOS_13984 | "En moitos ámbitos da vida cotiá de Galiza resulta difícil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia", lamenta. | O Consello Económico e Social (CES) publicou esta segunda feira unha declaración institucional na que avoga por un desenvolvemento normativo que garanta os dereitos dos e das galego falantes nas relacións comerciais económicas. Algo que, indica, non sucede actualmente. "Entendemos que se debe dar maior contido legal e formal ao dereito xa recoñecido dos galegos e galegas a usaren a lingua propia de Galiza nas relacións que manteñen entre e coas empresas como clientes e clientas, consumidores e consumidoras, e usuarios e usuarias, e para garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno dese dereito recibindo na mesma lingua todo tipo de información tanto na sinalización como na atención oral e escrita", indican. O Consello parte de que "a posibilidade de desenvolvermos unha vida plena en galego é condición esencial para a normalización lingüística". E lembr que "os poderes públicos galegos teñen a obriga legal de garantir o dereito a usar o galego e, xa que logo, de combater a falsa naturalidade do tratamento do galego como lingua menor no seu propio territorio". Por iso, considera "deberán promulgar medidas legais para a igualdade real e efectiva da nosa lingua", así como a implicarse activamente Administración pública "e todo o sector público galego á eliminación de prexuízos mediante campañas de concienciación cidadá e educativas, mais sobre todo asegurando a presenza da nosa lingua e dando exemplo ao contratar con empresas que, á súa vez, garantan o exercicio do dereito elemental de empregar a lingua propia no propio país". "A lingua ao estar regulada por un marco xurídico que recoñece a un tempo obrigas e ampara dereitos de uso, debe avanzar nunha mesma dirección. As organizacións presentes no CES consideran que a promoción, impulso e potenciación do galego, debe ser permanente, continua e decidida en todos os seus ámbitos de actuación, especialmente no apartado institucional". "A normativa vixente como a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, ou a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, recolle o dereito á atención oral e escrita en galego, mais esta regulación non ten un desenvolvemento concreto, co que inda en moitos ámbitos da vida cotiá de Galiza resulta difícil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia". "Isto leva a que o usuario, ou usuaria, deba cambiar a lingua que emprega, se non é comprendido. Esta circunstancia tamén dificulta a formalización das xestións en lingua galega pola falta de dispoñibilidade de modelos contractuais ou formularios na lingua propia." "Esta ausencia dun desenvolvemento que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais provoca situacións de vulnerabilidade e indefensión no uso do galego nas relacións comerciais, que afecta ao empresariado mais tamén a consumidoras e a consumidores. Vese así relegada a opción lingüística malia ser o galego a lingua propia e maioritaria de Galiza e gozar dun status formal de cooficialidade ao tempo que contribúe á deslocalización de servizos esenciais como os atendidos a través de centros de chamada"s. O Consello Económico e Social da Galiza conclúe a declaración indicando que "apoia e apoiará todas as iniciativas conducentes a potenciar, promocionar e impulsar o emprego do galego no funcionamento cotiá da institución, así como nos ámbitos económicos e sociais". |
PRAZA_11464 | Ben farían estas persoas e organizacións en ser conscientes da súa irrelevancia por separado e da súa importancia por xunto converxendo nunha grande plataforma que puidera concorrer canda o BNG ás nacionais de 2020 | A volta do BNG ás Cortes do Estado, con case 120.000 votos (26.000 máis ca en abril) ten o mérito indubidábel de superar o ferreño marco estatal (crise catalá, total falla de presenza nos media estatais…) no que se desenvolveron as eleccións e de lle pechar o camiño á representación parlamentaria de Vox. Galicia, Euskadi, Nafarroa e Catalunya, son os territorios do Estado nos que os extremistas acadan menos votos. A este relativo suceso contribuíron o acerto táctico da dirección do BNG e máis o reactivamento das súas bases orgánicas. Mais tamén son evidentes as achegas exterioresA este relativo suceso contribuíron o acerto táctico da dirección do BNG e máis o reactivamento das súas bases orgánicas. Mais tamén son evidentes as achegas exteriores: pacto político con CXG, renuncia de En Marea a se presentar, chamada ao voto de persoas antes vencelladas co BNG e En Marea... O voto ao BNG foi percibido como voto útil, mesmo como voto imprescindíbel, por milleiros de votantes alleos ao BNG.O empate técnico entre PP e PSdeG e máis a diferenza na Galicia entre votos progresistas e conservadores (54,4% fronte ao 43,1%) amosan ben alicerzadas probabilidades de acadar a precisa remuda na Xunta no 2020, substituíndo ao dependentismo e ineficacia do PP por un Goberno plural de progreso. Unha remuda, porén, que non está para nada garantida e precisará sempre de moita intelixencia e sentidiño.Cun limiar mínimo do 5% para acadaren representación parlamentaria semella que non hai espazo para que os distintos sectores do soberanismo e do galeguismo alleos ao BNG poidan formular unha candidatura independente deste. Os tempos esixen unidade electoral para maximizar o pulo desta onda e converter o soberanismo nunha peza esencial da ecuación plural do futuro Goberno e non nunha mera achega secundaria. Ben farían estas persoas e organizacións en ser conscientes da súa irrelevancia por separado e da súa importancia por xunto converxendo nunha grande plataforma que puidera concorrer canda o BNG ás nacionais de 2020Mais é factíbel alargar organicamente o BNG para recoller todos estes sectores? Nin factíbel nin, quizais, desexábel. Falamos de organizacións nacionais (En Marea, CXG) e locais de goberno- presente ou pasado. e de centos, senón milleiros de persoas independentes que pensan dende unha cultura política non oposta, mais si diferente á da fronte nacionalista actual. Ben farían estas persoas e organizacións en ser conscientes da súa irrelevancia por separado e da súa importancia por xunto converxendo nunha grande plataforma que puidera concorrer canda o BNG ás nacionais de 2020. Unha plataforma que tiver por horizonte post 2020 a súa probábel conversión en partido de seu con capacidade de garantir na coalición soberanista resultante o espazo de centroesquerda hoxendía aínda refractario ao BNG. |
PRAZA_6674 | A formación celebra esta fin de semana a súa segunda asemblea nacional con dúas posicións enfrontadas: a da dirección e a da corrente interna Cerna, que diverxen sobre a estratexia coas coalicións e a organización interna. Os textos que se debaterán mostran as diferentes posturas. | Anova celebra esta fin de semana a súa II asemblea nacional con dúas posicións enfrontadas: a que defende a actual dirección da formación nacionalista e a de Cerna, corrente interna creada no pasado mes de xuño e que lideran nomes como Mario López Rico ou Luís Eyré. Son as "dúas almas" dun partido-movemento que recoñece nos propios documentos políticos a "tensión máis ou menos contida" que se mantén entre os dous polos da organización: o que aposta por ampliar o espazo de AGE e insiste na acumulación de forzas da esquerda rupturista nunha fronte popular e o que avoga por limitar esta experiencia ao Parlamento e centrarse na procura da unión do nacionalimo, á marxe dos contactos e colaboracións que se poidan manter con forzas non soberanistas. Anova afronta a asemblea dividida entre as teses da dirección, a prol dunha fronte cada vez máis ampla, e as de Cerna, que avoga por afondar no nacionalismo Baixo o lema, Coa nación na esquerda. Tecendo rede, Anova afronta o cónclave consciente do risco de ruptura e co obxectivo, segundo o seu coordinador nacional, Martiño Noriega, de "pechar o proceso constituínte" que a formación afronta desde a súa creación hai agora dous anos. Presúmese unha asemblea quente onde as dúas posicións, tanto no que se refire á posición estratéxica en canto ás alianzas e colaboracións como na organización interna, vense materializadas nos textos que se han debater. Así, o colectivo Cerna presenta emenda á totalidade das teses organizativa e política da cita asemblearia e coa que defenderán, segundo din, "recuperar o proxecto orixinario" de Anova. Nas dúas propostas sobre as alianzas políticas a buscar neste contexto de crise e fin de ciclo, as posicións quedan ben reflectidas en cadanseus documentos, aínda que con maior concreción no caso da actual dirección. A corrente interna Cerna presente emenda á totalidade das teses organizativa e política para "recuperar o proxecto orixinario" A corrente interna Cerna fai un balance sobre a experiencia de AGE e os intentos por unha fronte común que incluíse o resto de forzas nacionalistas e reparte culpas a dúas bandas, ao aclarar que "aquela proposta abortou na Galiza polo partidismo do BNG e EU" e "se cadra por algún erro" da propia Anova. "Mais a responsabilidade fundamental está en quen se negou a falar cos non nacionalistas e quen puxo por riba de todo os seus compromisos coa matriz IU, porque coidaba ía capitalizar en exclusiva o descontento na España estrita", din. Segundo reflexionan, "o nacionalismo e a esquerda seguen tanto ou máis fragmentados e febles ca hai un ano e os movementos sociais son febles ou non son quen de romper o acantonamento sectorial no que naceron". Deste xeito, Cerna avoga por "impulsar e apoiar AGE no Parlamento galego para que esta coalición cumpra co compromiso perante a cidadanía galega que lle prestou o seu apoio nas pasadas autonómicas", pero nin aposta nin deixa de apostar -cando menos nestes textos- por teimar e ampliar estes acordos nos que a presenza de EU segue a resultarlles incómoda. A dirección cre que sería "unha fraude á cidadanía organizada" limitar a fronte ampla ás eleccións ou "desandar o camiño percorrido" As teses da actual dirección, pola contra, insisten nunha "fronte ampla" cada vez máis ampla e que non ven "como simple coalición electoral" ou "confluencia de intereses en momentos temporais". "É moito máis, e obrigatoriamente cobre tamén os espazos non electorais", di o texto oficial, no que se advirte que "habería fraude coa cidadanía organizada" de limitalo a iso e que "non tería sentido que en cada proceso electoral se desandase o camiño percorrido, coas súas experiencias negativas e positivas das que cómpre aprender, e se reiniciasen procesos diferentes que partisen de cero". "Sería malgastar inutilmente a experiencia acumulada e o terreo conquistado". A actual dirección vai máis aló ao situar o "horizonte" nas próximas eleccións xerais, nas que -di o documento- "a creba e o proceso constituínte serán posibles na medida en que a esquerda social e política do Estado español sexa capaz de trasladar unitariamente ás institucións un programa de ruptura no social que parta do recoñecemento dos pobos galego, catalán e vasco e do seu dereito a decidir". Por iso, avoga por esa "fronte democrática e popular" que sexa "expansiva, non excluínte e que acolla todas aquelas organizacións sociais e políticas que concorden nun programa de mínimos: autodeterminación, república, democracia radical e outro modelo social e económico". "Camiñemos, pois, os mesmos camiños ainda que non sexamos exactamente iguais", engade un documento que ten en conta a irrupción de fenómenos como Podemos e que insiste na necesidade da unión e non só a do nacionalismo. "A hexemonía cumprirá conquistala mediante un proceso de hibridación con outras culturas de esquerda rupturista, e non todas necesariamente nacionalistas" "A unidade do nacionalismo non é un fin en si mesmo nin unha posición estratéxica. Fará parte dun proceso de acumulación de forzas para o cambio de réxime e a transformación social, pero a hexemonía cumprirá conquistala mediante un proceso de hibridación con outras culturas de esquerda rupturista, e non todas necesariamente nacionalistas", resume. As teses da dirección inclúen nesa confluencia "tamén a cidadás e cidadáns do común sen adscrición organizativa" e aí xorde tamén o debate de cara ás eleccións municipais, onde as posicións son bastante máis achegadas ante a aparición de mareas e procesos de unión popular sen adscrición partidaria que están a agromar en numerosas vilas e cidades. Cerna aposta por que Anova renuncie "expresamente" a concorrer ás municipais para apostar polas mareas cidadás Cerna aposta neste caso por que Anova renuncie de maneira "expresa" a concorrer ás eleccións municipais como organización, nin soa nin en coalición, e que aposte no seu lugar "pola unidade cidadá". Esta aposta -que é un requisito, por exemplo, no caso da Marea Atlántica da Coruña e que a formación xa asumiu a nivel local- exprésase na emenda á totalidade da corrente interna, que pide que as candidaturas se someta a traballar "sometidas ao mandato da cidadanía que as promoveu" e que estas candidaturas locais "unan forzas a nivel galego cun programa nacional común". Cerna incluso vai máis aló e xa fala da fórmula que deberían asumir estas mareas para concorrer ás deputacións, un debate que Anova prometeu abrir entre as distintas alternativas. Para a corrente enfrontada á dirección, "a única fórmula congruente co anterior e posible para concorrer ás deputacións é legalizar un partido de maneira instrumental do que sexa dona a cidadanía e non acollerse á cobertura de coalicións ou partidos preexistente como garantía da prevalencia cidadá nese proceso". Desde as teses da dirección, apóstase tamén por esas "candidaturas populares ás que se engadirá Anova con todo o seu compromiso" e que "están chamadas a ser unha expresión do poder popular que arrinca nos ámbitos institucionais de maior proximidade, como son os concellos,afianzando unha política de rendición de contas, garantindo o control e a iniciativa cidadá e establecendo mecanismos revogatorios dos representantes públicos". Para a formación, estas listas cidadás "son un chanzo básico na articulación dunha fronte democrática e popular para a creba democrática e novos procesos constituíntes". O debate sobre a "militancia única" En canto á organización, Cerna aclara que están a "propugnar" o "mantemento dos principios organizativos e dos estatutos, porque responden a un consenso constituínte que se debe recuperar para que Anova sexa ese instrumento que pretende para actuar a prol dos intereses da maioría social agredida". O "único fallo", advirten, "foi o incumprimento dos mesmos ou a falla de posta en práctica do neles referido". "Unha única militancia interna dentro de Anova e non por siglas, lobbies ou camarillas", pide Cerna Así, advirten de que a formación afastouse "do horizonte da militancia única", en referencia á inclusión de sectores ou partidos como Encontro Irmandiño ou a FPG, polo que cre que se debe "retomar ese camiño e propoñerse a fixación dun prazo relativamente breve para acordar a militancia exclusiva de Anova, porque non é admisible a existencia de estruturas incompatibles co tipo de organización que somos". "Unha única militancia interna dentro de Anova e non por siglas, lobbies ou camarillas", aseguran os críticos, que defenden esta posición fronte a "tendencia da actual comisión permanente", que lideran Beiras e Noriega, e á que acusan de "recentralizar en detrimento das asembleas de base". Por outra banda, tamén se debaterá sobre a vontade expresada por Xosé Manuel Beiras dunha portavocía compartida, algo que se deberá aprobar, ao igual que á hora de elixir de entre os 176 candidatos os 75 que formarán parte da coordinadora. Nesa proposta de Beiras inclúese que o voceiro sexa elixido por esta coordinadora e non pola asemblea nacional. O debate, xa que logo, está servido e comezará este sábado 11 ás 10.30 horas coa votación do regulamento do plenario e os recursos presentados. Á asemblea nacional, que rematará o domingo coa sesión de clausura que comezará ás seis da tarde, están chamados uns 1.200 militantes. |
NOS_4740 | Figura incuestionábel da literatura europea do século XIX, Rosalía de Castro desenvolveu ao longo da súa vida (1837-1885) un pensamento político e feminista que, cos matices lóxicos do decorrer do tempo, segue plenamente vixente. Este domingo fanse 182 anos do seu nacemento sen que se resentise, nin tan sequera minimamente, a forza coa que expresou os problemas e os anceios da súa terra. O que fora presidente da I República española, Emilio Castelar, definira a súa descomunal obra no limiar de Follas Novas (1880): "As dores de Galiza falan por boca de Rosalía", afirmación que colide cos febles argumentos da historiografía revisionista, empeñada en amosar unha imaxe nesgada dunha das grandes poetas do XIX. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 335 de Sermos Galiza. | Para as novas xeracións pode resultar estraño que a obra dunha muller do século XIX sexa motivo de recoñecemento ano tras ano e non só ao longo da xeografía galega, senón mesmo alén dela. A vixencia da súa obra e do seu pensamento non é, desde logo, exclusivo de Rosalía de Castro, mais ningunha outra galega atinxiu unha dimensión tan universal e actual, rebordando os límites exclusivamente artísticos. "É difícil achar poeta do século XIX en calquera latitude que ofreza unha visión do mundo tan complexa e actual e unhas formas literarias tan aparentemente coloquiais, cheas de intensidade emocional e expresiva, e con información relevante sobre o que se quere comunicar desde unha posición inusitada para aquel tempo e para hoxe. Trátase dun traballo intelectual serio e vigoroso dunha poeta en verdade filosófica con aparencia moitas veces popular". Así explica a vixencia da obra de Rosalía o catedrático Francisco Rodríguez, autor do primeiro grande estudo sobre a escritora, a Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, publicado en 1988 –ampliado en 2011, como Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria– e que supuxo todo un punto de inflexión do que beberon outras obras. Partilla con el posicionamento Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, quen, en declaracións a este medio, sinala que "a súa figura estará sempre en vigor". "Hai obras e personalidades que sempre nos falan e nos responden nas máis diversas encrucilladas políticas, sociais, culturais... Rosalía é unha delas. Ademais, é unha muller contemporánea, polo que a relación coa sociedade en que vivimos e co proxecto dunha Galiza ceibe é moi estreita", salienta. Para a profesora da UDC María Pilar García Negro, estudosa da figura de Rosalía, a actualidade da escritora explícase "na mesma medida en que están vixentes Shakespeare, Beethoven ou Victor Hugo: os clásicos non teñen data de caducidade e Rosalía pertence a esta categoría". Nesa liña, subliña que "cumpre perfeitamente os requisitos que Italo Calvino apón aos clásicos da arte: nunca terminan de dicer o que teñen que dicer; non nos son indiferentes; valen non só para se definiren eles-elas e o seu tempo, senón para nos definirmos nós en relación con eles; obrigan a repensar o presente... Para nós, Rosalía debera ser moito máis do que un valor simbólico, obxecto de recordación ocasional ou de venda mercantil", salienta García Negro. Alén do artístico O legado de Rosalía sobarda os límites do estritamente artístico. Rodríguez considera que "foi unha muller que intentou ser independente traballando naquilo para o que estaba máis dotada, a literatura. Naturalmente, intentouno non sen dificultades para unha muller culta e ilustrada, pero sen cartos. A dificultade aumentou por escribir unha literatura non asimilábel, contestataria e revolucionaria en moitos aspectos, sen ser esquemática nin folletinesca". Un destes aspectos, sinala, foi "desvendar unha realidade agochada e desprezada, a da existencia do pobo galego como un pobo con dereitos". "Desta perspectiva provén a súa sensibilidade antiimperialista, o seu afán pola igualdade das persoas e das nacións", acrecenta. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 335 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_55011 | Desde o pasado 8 de agosto, as persoas interesadas poden rexistrar os seus datos na páxina web ou nas apps de Renfe para ter acceso ao abono gratuíto. | O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ditou unha resolución, publicada a pasada quinta feira no Boletín Oficial do Estado (BOE), na que estabelecía as condicións e os pasos a seguir para adquirir o novo abono gratuíto para usuarios de Renfe, aprobado no marco do decreto anticrise elaborado polo Executivo estatal. O abono gratuíto de Renfe, dispoñíbel desde hoxe: Como podo solicitalo? Segundo recolle a resolución, as persoas viaxeiras de maneira recorrente en trens de proximidade, Rodalies e Media Distancia Convencional poderán adquirir o novo abono gratuíto a partir desta cuarta feira, co que poderán viaxar nestes trens desde o 1 de setembro até final de ano. Desde o pasado 8 de agosto, as persoas usuarias poden rexistrarse na páxina web e nas aplicacións de Renfe e Renfe Cercanías para preparar os trámites de cara ao 24 de agosto. As que utilicen normalmente as ferramentas de Renfe xa terán este paso feito, debido a que se trata de rexistrar os datos. Novo atraso no tren que une Vigo e A Coruña: terceira demora en quince días Para a compra do abono, será necesario depositar unha fianza. No caso dos trens de proximidade e Rodalies, a fianza para pagar á hora de adquirir o abono será de 10 euros, preferibelmente por medio de tarxeta bancaria, para que o reembolso poida ser devolto automaticamente a esa tarxeta, sempre e cando a persoa usuaria realizase un mínimo de 16 viaxes. En caso de non cumprir co número mínimo de viaxes estipulado, a fianza considerarase unha indemnización e non será devolta. Cando a fianza sexa depositada en metálico, a súa devolución deberá solicitarse nos despachos de billetes, oficinas de atención ao cliente ou en calquera outro servizo postventa habilitado para o efecto por Renfe. Emisión do abono Para a emisión do abono, gravarase o DNI do usuario ou o teléfono móbil. Ao importe da fianza poderá aplicarse desconto de familia numerosa no caso de cumprir esta condición. Durante o período de comercialización do novo abono recorrente, suspenderase a venda do resto dos abonos habituais, aínda que aqueles que fosen comprados con anterioridade manterán a vixencia coa que foron adquiridos e poderán utilizarse. O tren 'low cost' de Renfe chegará á Galiza, mais aínda non ten data A adquisición do abono realizarase por cada núcleo de proximidade. Recoméndase compralo a través da app Renfe Cercanías: seleccionarase a opción 'abono gratuíto para viaxeiro frecuente' e xerarase un código QR de sete díxitos co que se poderá viaxar, ou ben trocalo nas máquinas para telo en formato físico (só será gratis a primeira vez). No caso da Media Distancia Convencional, a fianza será de 20 euros. Seleccionaranse as estacións de orixe e destino ás que se viaxará durante estes catro meses e posteriormente formalizarase cada viaxe que se desexe facer en calquera dos medios habituais, aínda que se recomenda o dixital. |
NOS_51666 | Ana Pontón sitúa Alfonso Rueda detrás desta "manobra". A actual alcaldesa, Cecilia Tarela, fixo un chamamento á veciñanza para que acudan ao pleno e deixar claro o seu desacordo coa moción. | A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou o total apoio do BNG á alcaldesa de Pontecesures, Cecilia Tarela, en vésperas da moción de censura impulsada polo PP e detrás da cal Pontón sitúa a Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta. "A moción é unha cacicada do señor Rueda, a súa carta de presentación na provincia como presidente do PP en Pontevedra, el é o artífice dunha moción de censura para afastar do goberno a unha alcaldesa traballadora, honrada e decente, e impoñer os intereses do Partido Popular", dixo a portavoz nacional nacionalista, que mantivo un encontro coa rexedora, xuntanza na que tamén estiveron presentes Goretti Sanmartín e Noa Presas, da Executiva nacional. O BNG pide a Rueda que rectificar en aras da "decencia política e da democracia". "Reclamamos ao PP, e moi especialmente ao señor Rueda, que paren esta cacicada que pon os seus intereses por riba dos intereses dos veciños e veciñas de Pontecesures". "No BNG entendemos que en política non vale todo, é necesario que haxa decencia e que haxa respecto polo que vota á cidadanía", subliñou a portavoz nacionalista, - Chamada á veciñanza Cecilia Tarela, actual alcaldesa nacionalista de Pontecesures, fixo un chamamento á veciñanza do concello para que exprese o seu rexeitamento a moción do PP. "Convidamos a todos os veciños e veciñas a que veñan ao pleno do luns para deixar claro coa súa presenza que non están de acordo co que se vai consumar". |
NOS_38074 | A carreira musical de Guadi Galego atravesou innúmeros territorios. Con Berrogüetto desafiou a ortodoxia folk en tres discos cruzados de impoluto jazz nórdico e torsións harmónicas. Co guitarrista da banda, Guillerme Fernández, afondou en melodías pop acústicas: Espido chamouse o proxecto. Na actualidade desenvolve pop de autora con vocación de maiorías e letras nada inocentes. | "O primeiro disco de Marful é un disco moi importante para a música contemporánea de Galiza", argumenta para Albums de aquí e acolá. Publicado en 2006, o debut do cuarteto de Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual adentrábase en rexións pouco exploradas da música galega. "Dende a tradición, facían música de autora", reflexiona, "en que todos os textos eran da propia Ugia". Guadi Galego traballou con Pedreira -e o pianista jazz Abe Rábade- en Nordestin@s, que nun único traballo editado en 2006 revisaron a tradición músical mariñeira. Pero Marful, segundo Galego, ían máis alá: "Non se fixo nada semellante en todo o Estado". Porque Marful, engade, remitían ás músicas máis urbanas do folclore galego. A memoria das bandas de música, dos salóns de baile e das verbenas elegantes delimitaba a proposta da banda. Por vías análogas transitaron despois algúns dos reintérpretes máis agudos do plural patrimonio da música galega: Linho do Cuco ou Caxade, por caso. Preguntada por un disco internacional, Guadi Galego escolle "un referente histórico, musical e ideolóxico": José Afonso, o Zeca. Mais non opta por aquel que "tivo máis repercusión en Galiza", en referencia a Cantigas do Maio (1971). A cantante de Cedeira prefire Enquanto há força (1978). "Este elepé é dos meus favoritos do Zeca. Trae Um Homem Novo Veio da Mata e contén uns ritmos moi particulares", esténdese. José Afonso experimentaba con estruturas africanistas: a lírica da obra é en boa medida unha celebración anticolonial. E as promesas da Revolução dos Carvos, malias as viravoltas e a reaccón de finais do 75, aínda estaban na orde do día. |
NOS_49800 | O tribunal conclúe que a paciente sufriu unha enfermidade nosocomial ao "non empregarse todos os medios para evitar o contaxio". | O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago de Compostela condenou o Sergas a indemnizar a un mozo viúvo e á súa filla de cinco anos, residentes en Pontevedra, con 180.000 euros pola morte da súa muller e súa nai, respectivamente, de 25 anos. Por mor dunha infección por unha bacteria adquirida no Hospital Montecelo de Pontevedra. Segundo se argumenta na sentenza, á que tivo acceso Europa Press, ditada durante o período de alarma, "da valoración conxunta e racional das probas practicadas" o tribunal conclúe que se acreditou a "existencia dun funcionamento anormal do servizo sanitario relacionado causalmente cun resultado nocivo ilícito que consistiu na adquisición durante a estadía hospitalaria da paciente dunha enfermidade nosocomial que lle causou a morte, como resultado de non ter empregado os medios dos que dispón o hospital para evitar o contaxio. " A xuíza que firma a sentenza afirma que "contraer infeccións nosocomiais non supón un risco que o paciente necesariamente debe asumir como consecuencia da asistencia sanitaria". A maxistrado aclara, ademais, que é "difícil cuantificar a indemnización polos danos e perdas derivados da morte dunha paciente de 25 anos, o que fai presumir unha esperanza de vida importante". "Consideramos que unha indemnización que se considera ponderada á vista do carácter meramente indicativo da escala é a de 80.000 euros para o marido do paciente e 100.000 euros para a súa filla", destaca a sentenza, contra a cal pode presentarse recurso no TSXG. Na relato dos feitos reflectidos na resolución xudicial, indícase que o paciente de 25 anos faleceu en novembro de 2014 debido a un "fallo multiorgánico" causado por infección coa "bacteria psedudomonas aeruginosa adquirida no Hospital Montecelo" en Pontevedra. O avogado da familia do falecido, Cipriano Castreje, subliñou a Europa Press que o xuíz considera acreditado que "a pesar de ser un risco coñecido e potencialmente mortal, porque esta bacteria é moi perigosa e o risco estaba alí, non foron adoptadas todas as medidas de hixiene e prevención a tempo". |
NOS_41963 | Os nacionalistas destacan algúns "avances" do novo texto legal, mais considéranos insuficientes. | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lamentou que, se non se introducen cambios na Lei de memoria democrática que se votará no pleno do vindeiro 14 de xullo, será "unha oportunidade perdida", a pesar dos "avances" que se recollen nela, para "realmente acabar coa impunidade do franquismo e facer xustiza coas vítimas". Soberanistas emendan a Lei de memoria para que se xulgue aos torturadores Após a comisión desta segunda feira na que a lei pasou o primeiro trámite para ser aprobada, Rego lamentou que os partidos de goberno "non aceptasen as emendas do BNG" para a derrogación dos artigos 2.e e 2.f da Lei de Amnistía, a restitución dos bens espoliados ou a declaración do Pazo de Meirás como "lugar de memoria". Entre as cuestións que a formación nacionalista observa como "positivas", destaca que se declare a "ilegalidade" do franquismo e, por tanto, dos consellos de guerra, tribunais e xuízos, así como a nulidade das súas sentenzas; a definición de vítima do franquismo e a creación dun censo de persoas represaliadas. Nova Lei da memoria: O movemento considera a proposta insuficiente para pór fin a impunidade O BNG tamén subliña que se elabore un mapa de fosas e que o Estado español se faga responsábel da procura de persoas desaparecidas e das exhumacións, xunto coa creación dun banco de ADN e a previsión do estudo obrigatorio da memoria histórica no ámbito educativo, xunto coa incorporación das mulleres á memoria. Voto en contra de PSOE, PP e Vox Por outra parte, Rego explicou que no mes de marzo foi debatida no pleno do Congreso unha proposición non de lei para modificar o código penal co obxectivo de "garantir sen ningún xénero de dúbidas o acceso á tutela xudicial efectiva e asegurar o cumprimento do principio de legalidade internacional que permita investigar os delitos de xenocidio e os crimes de lesa humanidade cometidos durante a ditadura franquista". "Sen acabar coa impunidade non hai xustiza": primeiras reaccións á Lei de Memoria Democrática "O PSOE votou en contra, xunto con Vox e o PP, deixando claro que non teñen interese en que isto se produza", lamentou Rego, para quen é unha "cuestión básica, que vai determinar realmente se a lei está ou non á altura das expectativas xeradas para facer efectivos os principios de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición". En canto á declaración do Pazo de Meirás como "lugar de memoria", o BNG considera este rexeitamento de PSOE e Unidas Podemos "absolutamente inexplicábel, porque é indiscutíbel a potencia simbólica do pazo e da loita cívica pola súa recuperación". |
PRAZA_2677 | O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, foi detido xunto a un dos seus fillos e dúas persoas máis no marco da operación 'Qatedra' pola que xa detiveran o ex rexedor de Santa Comba. Todos foron postos xa en liberdade pero terán que acudir ao xulgado cando sexan requiridos. | O alcalde de Dozón, Adolfo Campos (PP), foi detido na mañá deste venres xunto a un dos seus fillos e a dúas persoas máis -crese que os seus sobriños- como presuntos autores de delitos de estafa, falsificación de documento público e fraude de subvencións. As detencións enmárcanse dentro das investigacións que a policía xudicial da Garda Civil de Lalín está a realción dentro da operación Qatedra, en colaboración coa Axencia Tributaria pola suposta fraude relacionada con cursos de formación. O alcalde de Dozón foi detido como presunto autor dos delitos de estafa, falsificación de documento público e fraude de subvencións Todos os detido quedaron xa en liberdade por decisión do xuíz instrutor, aínda que terán que presentarse no xulgado de instrución número 1 de Lalín cando sexan requiridos pola xustiza. A operación Qatedra investiga acargos públicos e empresarios, entre outras persoas, por estaren implicados nunha trama consistente na solicitude de subvencións para cursos de formación que nunca chegaron a realizarse tras ter recibido axudas, tanto da Xunta como da UE. Con estas detencións, son xa quince as persoas detidas, entre as que se atopa Antonio Manuel Landeira Gallardo, ex alcalde de Santa Comba, tamén polo PP, e o seu irmán Jorge José. O ex rexedor dimitira do cargo hai un ano tras dar positivo nun control de alcolemia. Antes tamén foran detidos catro administradores doutras empresas, unha de Lalín e outra de Rodeiro. No caso do alcalde de Dozón, a investigación céntrase en dúas das súas empresas. Unha delas é Nutramsa, dedicada á prodcuión de penso, cunha facturación de preto dos 50 millóns de euros anuais. A outra, unha estación de servizo (Campos) ubicada en Lalín, aínda que tamén se vincularí á trama Avícola Tratante, relacionada tamén co rexedor a través dun testaferro, así como Constructora Obras Públicas del Deza. Adolfo Campos fora condenado por prevaricación en febreiro de 2008 a nove anos de inhabilitación por adoptar unha serie de resolucións contrarias aos dereitos da funcionaria municipal Ana Lois Navaza, que o denunciou por acoso laboral. Logo da apelación de Campos, a Audiencia Provincial declarou en xullo de 2008 a nulidade parcial da sentenza e o reenvío da causa ao Xulgado do Penal para que ditsea unha nova resolución. Ademais, o alcalde, de 81 anos, saltou tamén ás portadas cando hai ano e medio decidiu subir o seu soldo e pasar de 2.500 euros brutos ao mes a 3.273 euros. |
NOS_41190 | Fruga afirma que de non ser pola presión feita polo sector de vacún de carne, "agora contaríase cun recorte máis nunha actividade onde os custos de produción seguen disparados e os prezos da carne seguen estancados desde fai décadas" | A comezos de ano, titulares de granxas galegas e do sindicato Fruga (Federación Rural Galega) fixeron entrega en Lugo de recursos de reposición exixindo que se pagen as subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras en réximes extensivos do ano 2012. Unha mobilización que xa tivo resposta, afirman desde este sindicato, pos a Consellería de Medio Rural rectificou e reactivou esa liña de axudas. Fruga desenvolveu ao longo destes meses unha campaña informativa no rural galego sobre as consecuencias destas medidas da Xunta Fruga afirmara entón que "unha vez que a Xunta de Galiza volveu a mans do Partido Popular, vense reducindo considerablemente o importe que recibían as granxas, iso si, sen que por iso viran modificadas os compromisos que tiñan que cumprir. Sirva como exemplo a campaña do 2011, a cuarta dos cinco anos que duraría o programa, onde as axudas sufriron unha redución de media dun 45% sobre os importes marcados inicialmente". E a iso engadían que, nunha nova volta de porta, e a após ter publicado a Xunta o pasado outubro a renovación destas axudas para a campaña 2012, mudou de opinión "e publicou unha nova orde na que deixaba sen efecto as solicitudes de renovación que se fixeron en outubro. O motivo que argumenta para dar marcha atrás é que o Ministerio de Agricultura non fixo o ingreso oportuno". Nesta liña, alertaba de que coa eliminación desta axuda "ponse en risco a supervivencia das razas autóctonas galegas en perigo de extinción de vacún". Fruga desenvolveu ao longo destes meses unha campaña informativa no rural galego sobre as consecuencias destas medidas da Xunta |
NOS_8543 | Nunha semana finaliza o prazo de negociación do ERE e 700 postos de traballo directos e 2.000 indirectos na Coruña e Avilés poderían desaparecer. Centos de operarios mobilízanse diante do Ministerio de Industria. | Unha vintena de autobuses procedentes de Galiza e Asturies arribou na mañá desta cuarta feira a Madrid con traballadores e traballadoras das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés para demandar diante do Ministerio de Industria un compromiso efectivo do goberno para salvar ambas as dúas plantas e os postos de traballo. Están en xogo 700 postos de traballo directos e 2.000 indirectos e o prazo de negociación do ER finaliza o 15 de xaneiro, após ser prolongado. Os traballadores concentráronse diante do Ministerio, onde a policía española interveu para impedir que se achegasen ás portas do mesmo. Un grupo de operarios procedeu a cortar Las Castellana durante uns 10 minutos. "Alcoa non se fecha", "Alcoa solución" ou "Alcoa deféndese loitando" foron algunhas das palabras de orde nunha concentración inzada de andeiras galegas (moitas delas coa estrela vermella) e asturianas, portados polo cadro de persoal das factorías. Os operarios das plantas lamentan que o goberno español non estea a actuar con "valentía" para afrontar o conflito. Critican que os anuncios que nestas semanas se fixeron por parte do executivo de Pedro Sánchez non se concreten en medidas efectivas. E aquelas medidas que si se concretan, como o real decreto lei 20/2018 de medidas urxentes para impulsar a competitividade no sector da industria, "son claramente insuficientes". Os traballadores e traballadoras instan o goberno español a pasar das palabras "aos feitos" e que tome as decisións necesarias para manter a actividade e os empregos, lembrando que a propia lexislación española abre a posibilidade dunha intervención e 'nacionalización'. A outra posibilidade, un comprador, non se dá concretado e, lembran desde o comité, estamos" e tempo de desconto". ¿La @policia no entiende que el cierre de @Alcoa solo se evita luchando? Dificulta la concentración ante @mincoturgob de los trabajadores y trabajadoras de Avilés y A Coruña #AlcoaNoSeCierra #AlcoaNonSePecha #EsElMomento pic.twitter.com/6NKiOqqB0J— CCOO de Industria (@Industria_CCOO) 8 de xaneiro de 2019 |
NOS_57820 | A actriz Iria Pinheiro (Ourense, 1978), veterana da televisión pública, habitual da escena dramática e musical, vén de presentar unha denuncia por acoso contra o director do programa Con amor e compañía, José Luis Viñas Orta. Explica a Sermos as súas razóns para facela pública. | -En que intre se decata de que a situación que vive é acoso? -Na primeira xuntanza do programa hai unha serie de insinuacións verbais, de acoso verbal, que para min son molestas. Porque á parte prodúcense diante dun equipo de xente. Pero no segundo día, durante as probas de vestiario, esa persoa méteme o dedo no escote dunha maneira moi violenta, sen pedir permiso e sen vir a conto. Aí noto que vou comezar a ter problemas. -Nas seguintes xornadas muda a situación? -Non muda. Continúan os toqueteos, os comentarios. Vexo que se producen tamén con outras compañeiras. Vexo que unha compañeira se refuxia no meu camerino. Vexo como todas estamos un pouco escapando. Eu falei cunha delas para ver como se sentía, porque vía que lle facía cousas moi evidentes. Pero esta persoa pensaba que non eran masaxes nin caricias desagradábeis, non as consideraba machistas. Eu refuxieime coa outra persoa que si se consideraba incomodada polo que [o director] verbalizaba cara a ela. Sentíase hostigada. -Vostede dille expresamente que cese a súa actitude? -El tiña unha posición de poder, era o director do programa e estaba amparado pola produtora e pola TVG. Para min era difícil. Eu fuxía do contacto. Trataba de non coincidir fisicamente con el. E nalgún momento díxenlle que parase, "coa man quieta". Ante un guión que facía apoloxía da violencia machista, acheguei ideas novas para modificalo. A min facíaseme imposíbel defender aquel guión. O que ocorreu a continuación é que me cambiaron de personaxe e esa personaxe nova tiña que ter un pene tatuado no brazo. No seguinte guión tiven que dicir a palabra "pene" non sei cantas veces, escudándonos nunha especie de humor, algo artístico. Pero eu entendín que era unha represalia por ir de feminista. -O resto de compañeiros e compañeiras decatábanse do que sucedía? -Un compañeiro avisoume. Unha compañeira díxome "no te pagan por pensar, así que no digas nada, no hables, aguanta como sea este tiempo". E un compañeiro tamén me avisara de que el falaba mal de min constantemente, difamábame, dicía que era mala actriz, que cando eu estaba en escena el dicíao en control [un espazo pechado en que está o realizador durante a rodaxe do programa]. Intentaba que me despedisen do programa, polo que me contan outros compañeiros. E un compañeiro recomendoume, con todo o seu cariño, que non tivese saídas de ton. -Que sucede ao rematar as rodaxes da tempada? -Indaguei a ver se viña outro director, porque había rumores. En teoría eu seguía no programa. E entón comunícanme que sigo pero menos. Xa non estou no cadro de persoal, senón que paso a convocatorias esporádicas. Eu pregunto por que e dinme: "Parece ser que non te entendías co director". E eu respondo: "Non me entendía porque me acosaba física e psicoloxicamente". A produtora xefa di que hai que falar con el, que isto vai cambiar e pídeme que por favor continúe. Mais eu non era capaz de continuar ao carón do meu acosador. Sei que indagou que pasaba, pero non houbo máis movemento. -Por que toma a decisión de denuncialo e facelo público? -Tomo a decisión de facelo público porque creo que pode axudar a outras mulleres. Dou este paso porque me chamou unha muller, case descoñecida para min, que se enterou polo que eu pasara. Deume tantísima forza naquel momento que decidín que ía adiante con todas. Que a alguén lle pode axudar o que a min me pasou. É incríbel a forza que se xera. É moi importante. Axuda a non teren medo, a saber que non están soas. Que haxa unha cara visíbel, que me poidan chamar, que me poidan escribir, que eu lle axude a facer a denuncia. Esta cadea é importante. E logo tamén quixen facelo público porque non quería que quedase oculto, que sempre quedase en entredito e que ao final todo o mundo desconfiase da muller. Hai xente que desconfía do meu relato e valora a súa profesionalidade. Pero eu levo vinte anos traballando tamén. Quero que as contas estean claras. -Leva case 20 anos traballando no audiovisual. Vira antes situacións deste tipo? -Eu vin cousas de tipo verbal, cousas semellantes que puiden parar a tempo. Supoño que non había o abuso de poder que había nesta ocasión. Vivín situacións, tiven que ilas lidando e calei por medo. Vinas en min e en compañeiras. Pero as anteriores non eran tan graves, porque esta continuou no tempo durante todo o traballo. Outras foron puntuais, facían dano, e levábalas como podías. Ás veces xuntábaste con outras compañeiras para facerlle fronte. Desta vez había unha compañeira que me apoiaba, pero en secreto. |
NOS_40678 | Partido intenso e traballado por ambas as dúas partes. O asedio celeste á meta alavense na segunda metade topouse cos postes. | Ninguén dixo que ía ser cousa feita, ninguén. O Celta era consciente de que o Alavés é un rival duro, pétreo, ao que é difícil facerlle un gol e do que é difícil non recibir un. O primeiro asalto da semifinal da copa do rei deixa as espadas en alto: empate a ceros en Balaídos. A volta, en Mendizorroza. A favor dos alaveses, que xogan na casa, en Mendizorroza, estadio que saben ben como converter nun fortín. A favor dos galegos, que se marcan un gol, o Alavés terá que facerlle dous para poder pasar. Consciente diso, Berizzo insistiu que a eliminatoria eran 180 minutos, non só os 90 do primeiro partido. Ou sexa, que os xogadores celestes non se consumisen pola ansiedade do primeiro round. Xogar contra o Alavés require paciencia, tesón e intelixencia. A primeira metade amosou que o Alavés sabe a que xoga e o que quere. Maniatou o Celta, que non foi quen de tirar nin unha soa vez a portería nos primeiros 45 minutos. Ben colocado e atento, o conxunto vasco incomodou os celestes, que non se sentiron cómodos e non foron quen de tecer xogadas. Cambiou a cousa na segunda metade. O Celta saíu enchufado. Atacou, furou, acelerou. Enfronte, un Alavés que en ningún momento deu impresión de estar esgotado ou amedrentado. A sorte, desta volta, non sorriu aos galegos. Balóns de Aspas ao traveseiro e de Tucu Hernández ao pau permitiron ao Alavés saír vivo de Balaídos. Agora, o pase decidirase en Mendizorroza. Ao Celta dáselle ben xogar de visitante. Ficha técnica Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Sergi Gómez, min.80), Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Pablo Hernández, Wass (Guidetti, min.76), Bongonda (Sisto, min.68), Iago Aspas. Alavés (0): Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Llorente, Camarasa (Romero, min.83), Manu García, Ibai (Vigaray, min.75), Toquero (Edgar, min.62), Deyverson. Goles: sen goles. Árbitro: González González, do comité castelán-leonés. Amoestou Bongonda (Celta); Llorente, Camarasa (Alavés). Campo: Balaídos (18.969 espectadores). |
NOS_26244 | O secretario xeral de Podemos Galicia, que aspira a presidir a Xunta, asegura nunha entrevista na Radio Galega que ten boa relación con Anova. Sobre Luís Villares sinala: "Cada un ten que facer o seu camiño". | Nunha entrevista na Radio Galega, este domingo, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, que recentemente se postulou a encabezar as listas da formación ás vindeiras eleccións ao Parlamento, sinalou que non ten previsto deixar o seu escano do Congreso en Madrid. Isto, matizou, non implica que non vaia dedicar "todo o seu tempo" á campaña do 5 de abril. Neste sentido, comparou a situación cos candidatos popular e socialista, Alberto Núñez Feixoo e Gonzalo Caballero, respectivamente, que "manteñen o seu posto de deputado na Deputación Permanente do Parlamento de Galiza". "Eu, por responsabilidade e como todo o mundo entenderá, as maiorías son moi axustadas no Congreso para as votacións e teño que manter o meu escano", xustificou. Ao respecto da fórmula con que se presentarán aos comicios, Gómez-Reino dixo que sería "un pouco irresponsábel" alterar a marca Galicia en Común, xa que foi "terceira forza" en Galiza nas eleccións ao Parlamento español do 28 de abril e do 10 de novembro. Neste sentido, cre que, nunha "campaña tan corta", esta denominación debe ser o punto de partida desde o que sumar outras forzas da esquerda rupturista que no pasado formaron parte da xa rota plataforma En Marea. Noriega e Villares Gómez-Reino insistiu en que Anova e as mareas municipalistas ─que preparan unha candidatura á marxe─ estarían "cómodos" dentro de Galicia en Común, a marca na Galiza do partido de ámbito estatal Unidas Podemos. Asegurou, ao respecto, que mantén conversas "activas" con Anova. Sobre o ex alcalde de Compostela Martiño Noriega, que lidera as negociacións de Anova e cuxo nome soa como candidato á Xunta, Gómez-Reino expresou que mantén con el "unha magnífica relación persoal" e engadiu que "é unha boa noticia que estea levando as relacións políticas" do seu partido. "A partir de aí, son eles os que teñen que tomar as decisións orgánicas que correspondan", apostilou. No entanto, non quixo valorar o papel do portavoz de En Marea, Luís Villares, que nas autonómicas do 2016 foi o candidato da plataforma instrumental na que confluíron Anova, Podemos, Esquerda Unida (EU) e as mareas municipalistas e que conseguiu ser segunda forza no Hórreo. "Cada un ten que facer o seu camiño", limitouse a responder Gómez-Reino. Primarias Gómez-Reino, que aínda non é candidato á Presidencia da Xunta por Podemos, terá que enfrontarse primeiro nas primarias co militante de Ourense Martín Bardelas, co que dixo que aínda non falara mais que o faría nas próximas horas. Posteriormente, está por dilucidarse quen liderará Galicia en Común de cara a presidir a Xunta, xa que Esquerda Unida xa seleccionou hai meses a candidata Eva Solla. En calquera caso, Gómez-Reino non ten "ningún tipo de dúbida" de que haberá acordo para formar Goberno no caso dunha maioría de esquerdas, e salientou de cara ás eleccións a importancia de que a galega Iolanda Díaz sexa ministra de Traballo. |
PRAZA_20741 | O concelleiro, agora no grupo dos non adscritos, asegura que seguirá adiante coa operación, que xa non conta cos votos suficientes para ter éxito. O PP culpa do rexeitamento da manobra "á radicalización que viven os socialistas". | Non haberá moción de censura en Coristanco. O PSdeG-PSOE presentou este mércores un escrito no rexistro do Concello que supón o cese do seu único edil (Abraham Gerpe) como voceiro municipal, pasando a integrar o grupo dos non adscritos, o que condena ao fracaso a hipotética moción na que os votos do PP converterían a Gerpe en rexedor. En virtude da Lei Antitransfuguismo o voto de Gerpe non tería valor, polo que o apoio dos 6 concelleiros populares serían insuficientes para expulsar da alcaldía a Amancio Lavandeira (Terra Galega), ao non poder sumar nin a Gerpe nin a ex-TG Verónica Facal. A pesar de non contar cos votos necesarios, Gerpe asegura que seguirá adiante coa moción de censura, prevista para este venres ao mediodía Péchase así un longo proceso dunha moción de censura que nos últimos meses pairou pola política da localidade, entre as acusacións lanzadas por concelleiros de Terra Galega de intentos de suborno para a apoiar a operación. E tamén un longo enfrontamento entre Gerpe e o PSdeG-PSOE, que dado que o edil non era militante non podía expulsalo, tendo que recorrer ao seu cese como portavoz municipal. A pesar da súa expulsión e da aparente imposibilidade de éxito da manobra, Gerpe asegura que seguirá adiante coa moción de censura, prevista para este venres ao mediodía. Evaristo Ben (PP) culpou do rexeitamento da moción de censura "á radicalización que viven os socialistas" No PP, pola súa banda, recoñece que "non se dan as condicións legais para unha moción de censura" e afrma que "o Partido Popular sempre cumpre coa lei e as institucións". Con todo, o vicesecretario xeral do PP na Coruña, Evaristo Ben, cargou contra os socialistas, sinlando que "o PSOE prefire condenar a Coristanco e aos seus veciños a unha situación insustentable e de ingobernabilidade total antes que gobernar este Concello cos votos do Partido Popular". Evaristo Ben culpou do rexeitamento da moción de censura "á radicalización que viven os socialistas". Pola súa banda, Terra Galega declarou que "hai certo cheiro a podre nesta moción de censura" e a través do alcalde Amancio Lavandeira acusou o PP de "optar por un silencio sospeitoso". Nas eleccións de 2015 Terra Galega accedeu a un Goberno municipal que estivera ocupado polo PP dende 1991 Nas eleccións de 2015 Terra Galega accedeu a un Goberno municipal que estivera ocupado polo PP dende 1991 (e anteriormente por un rexedor de CP). Nos últimos meses oito concelleiros do anterior Goberno municipal popular, entre eles o ex alcalde, foron denunciados por prevaricación, tráfico de influencias e malversación de caudais públicos. |
NOS_10555 | Un informe conclúe que 12,5% desapareceron pola mala xestión do risco e analiza casos concretos como o de Fenosa, a industria conserveira ou o Hotel e Balneario de Mondariz. | Máis de 70% das grandes empresas galegas de sectores como a pesca, a construción ou a industria manufactureira non sobreviviron á entrada nos 2000. É unha das conclusións as que chega o informe Mortalidade empresarial na Galiza, 1972-208. Factores de impacto e xestión do risco. O catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Xoán Carmona dirixe esta investigación coa colaboración do docente e investigador Adrián Dios. Ambos conclúen que a insuficiente política de xestión de risco desembocou no fechamento de 12,5% das maiores empresas galegas entre 1972 e 2008. O documento estuda sete factores de impacto, entre eles o cambio tecnolóxico e de industria, os problemas financeiros, as mudanzas institucionais ou regulamentarias, a sucesión e mala xestión, os shocks externos, a absorción e a xa mencionada xestión do risco. De Fenosa ás conservas Analízanse de maneira pormenorizada os casos de Fenosa ou do Gran Hotel e Balneario de Mondariz, que fecharon as súas portas precisamente por ese factor. A primeira carecía dos seguros necesarios para afianzar o financiamento estranxeiro, dando lugar a unha profunda crise financeira. A segunda non contaba co seguro axeitado e o incendio nunha reforma supuxo un golpe mortal. Os autores tamén analizan as consecuencias no sector da conserva da seca de pagamentos de Libia, país que adquiría gran parte da súa produción. Un conflito que amosou a necesidade de contratar seguros de crédito á exportación. Destacan tamén o caso de Vidros A Florida, que contaba cun cadro de persoal de 135 persoas, no que a caída do teito da fábrica motivou a súa clausura definitiva. Ou o de Rodolfo Lamas Construcións, con máis de 1.000 traballadores, que cesou a súa actividade polo derrubamento, causado por unha nevada, dun polideportivo que construía no concello das Pontes. Ningunha das compañías contaba cun seguro que lles permitise afrontar os mencionados sinistros. Seguro necesario O informe, presentado onte no Colexio de Fonseca de Compostela, amosa así a necesidade do aseguramento, que os investigadoras consideran transversal a calquera empresa e independentemente do seu tamaño ou do sector. |
PRAZA_1619 | Como construír un suxeito político capaz de erguer un proxecto desas características? Só é posíbel desde unha vontade partillada das organizacións existentes de poñer por diante os obxectivos esenciais e mínimos da maioría social galega | Nin arrogantes nin coitad@s. Orgullos@s e valentes. Non son tempos de cativezas nin de letra miúda. Son tempos de apostas estratéxicas pensando no futuro longo. Nestes momentos de inflexión do tempo histórico é preciso clareza de obxectivos, afouteza e valentía para apostar por mudanzas profundas. Galiza leva un longo tempo de devalo económico e demográfico, que se retroalimenta coa perda de peso político. Non é só cousa desta crise interminábel senón que está situada nun declive que vén de moito antes e que os anos da burbulla financeiro/inmobiliaria do euro apenas disimularon/encubriron durante unha década. A perda de pulso produtivo nos sectores primarios e no industrial é algo que nos acompaña desde principios dos oitenta: coa liberalización comercial e a "negociación" da entrada na Unión Europea. A experiencia contundente destes 35 anos de peches pinga a pinga e o baño de realismo desertizador destes sete anos de crise, poñen @s galeg@s diante dunha crúa realidade: o país está contra as cordas; coa base produtiva colapsada; sen investimento produtivo; sen novos proxectos empresariais relevantes; coa poboación máis avellentada do mundo, con case tantos pensionistas como empregados a tempo completo; con taxas de paro, exclusión e pobreza insoportábeis. A sociedade que coñecemos, co nivel de vida e benestar un día acadado non é sostíbel baixo o modelo de globalización neoliberal radicalizada (libre fluxo de mercancías, servizos e finanzas e desregulación laboral e social). Galiza non é Madrid nin Cataluña; elas sofren unha crise severa pero están recuperando e están en condicións de levantar vóo, se contan con gobernos e regulacións favorábeis. Teñen o poder económico, financeiro e político para facelo. Máis aínda, elas teñen vontade política de prevalecer, cada unha a súa maneira, Madrid cunha centralización arrogante e Cataluña voando libre. A nosa situación é moito máis grave: o devalo vén de moitos anos atrás; aquí non hai recuperación nin vai habela con estas políticas que non buscan aproveitar as nosas potencialidades senón que están destinadas atarnos como mercado cautivo e xerar ingresos e rendas para uns sectores sociais ultraminoritarios (as finanzas e as grandes empresas do lobby madrileño: eléctricas, telecos, distribuídoras, construtoras e concesionarias). Galiza non é Madrid nin Cataluña; elas sofren unha crise severa pero están recuperando e están en condicións de levantar vóo, se contan con gobernos e regulacións favorábeis Ou adoptamos con urxencia medidas audaces para frear a desfeita da nosa base produtiva e para aproveitar as nosas vantaxes específicas (coñecemento, aforro, auga, vento, enerxía, terras, mar, portos, etc) ou o noso país entrará nunha pendente de devalo irreversíbel. Poñer en uso creativo todas nosas potencialidades produtivas require mudanzas políticas de alcance para romper coa dependencia económica. Coa honrosa excepción de algunhas empresas grandes (Inditex) e algunhas empresas familiares (Tojeiro, Froiz, Calvo, Jealsa, Coren, P.-Rumbao, Florentino, Finsa, Televés, etc), o certo é que Galiza viu desaparecer centos de empresas e perder o control de boa parte das empresas emblemáticas e deslocalizar gran parte da súa actividade. Banco Pastor, Caixas, R, Leyma, Pescanova, Rodman, Barreras, Audasa, adegas, augas, hoteis, mineiras, etc. son hoxe apéndices de grupos foráneos. Hoxe somos unha colonia do capital financeiro e do capital comercial: exportación de aforro vía sistema financeiro; mercado de consumo de importación dominado polas grandes cadeas de distribución españolas e europeas (Mercadona, El Corte Inglés, Carrefour, Lidl, Ikea, Repsol, CEPSA,…); as grandes redes (Gas Natural, Agbar-Viaqua, Telefónica, Renfe, Iberia…); orzamento público vampirizado polas grandes construtoras madrileñas e polo oligopolio de empresas concesionarias de servizos públicos privatizados (ACS, FCC, Sacyr…). Case todo o que consumimos no fogar pasa pola caixa rexistradora das grandes compañías madrileñas. En definitiva, aforro, consumo e orzamento público viaxan para engordar as contas de resultados das grandes empresas con sede en Madrid. O noso excedente económico emigra cara Madrid a través das redes deses grupos que manexan a meirande parte do noso mercado e dos nosos orzamentos públicos. Nesas condicións é imposíbel o investimento produtivo no país e, en consecuencia, é imposíbel a creación de emprego –e menos de emprego digno-, o sostén de servizos públicos e de nova poboación. Nesas condicións non pode haber empregos para a xente nova, nin salarios para facer vida e pagar os alugueiros ou as hipotecas. Porén, iso non é unha maldición bíblica. Podería mudar. Sería posíbel aproveitar o noso excedente de aforro, aproveitar os nosos recursos, as terras abandonadas, o mar e capacidade pesqueira, a auga estragada, o vento libre, o sol, o excedente eléctrico, a xente nova ben formada, a investigación, etc etc. A gran cuestión é: hai en Galiza vontade política de sobrevivencia? Entender isto, comprender a natureza política dos nosos atrancos, derivada dun modelo de estado e dun modelo de liberalización que favorecen a concentración crecente da actividade económica, obriga a asumir que as alternativas políticas de futuro para Galiza son diferentes -cualitativamente diferentes- ás que poden pensarse desde Madrid. Máis aínda, son contraditorias e antitéticas con elas en moitos aspectos. O desenvolvemento futuro e a sostibilidade da sociedade galega a medio prazo require políticas que chocan cos intereses da capital do estado e cos interes do capital hexémonico no estado; chocan cos intereses das grandes empresas, oligopolios financeiros, comerciais e de servizos que asentan sobre todo na capital do estado e que teñen Galiza como cliente cautivo. En Galiza non abonda cun cambio na lei hipotecaria e nos desafiuzamentos ou na lei de transparencia. Con ser estas necesarias e urxentes, o certo é que os problemas de Galiza requiren mudanzas moito máis profundas e estruturais En Galiza non abonda cun cambio na lei hipotecaria e nos desafiuzamentos ou na lei de transparencia (nin coa mera remuda dos xestores da casta madrileña nin cos cantos retóricos á "decencia"). Con ser estas necesarias e urxentes, o certo é que os problemas de Galiza requiren mudanzas moito máis profundas e estruturais que permitan mover a nosa economía e crear empregos, que freen a emigración e o avellentamento, que xeren os salarios e ingresos dos que permitan condicións de vida dignas e tributos para financiar os servizos públicos. O que cómpre é darlle a volta a ese declive estrutural, que non é decrecemento senón simplemente un círculo viciosos de esboroamento dunha sociedade. Galiza -con máis urxencia que Madrid, Cataluña ou Levante- precisa un tipo de políticas que aseguren a supervivencia desta sociedade, romper o círculo vicioso do declive (que é económico, demográfico e, a fin, político). O primeiro paso para conquistar unhas novas condicións e unhas novas políticas en Galiza é construír/reforzar alternativas políticas propias, pensadas desde aquí e para aquí. Con valentía e sen complexos. Sabendo que ninguén nos vai regalar nada. Sabendo que hai que enfrontar os discursos conformados polos grandes poderes que sempre tratarán de presentar como natural e inevitábel a súa posición de dominio e que sempre tratarán de atacar -cando non ridiculizar- as propostas atrevidas que cuestionan o status quo. Desde logo, atacarán con saña toda vontade seria de gobernármonos por nós mesmos. Non é nada extraordinario que desde Madrid se promovan non só os discursos das vellas forzas centralistas senón tamén as novas forzas chamadas a complementalas ou a impedir que as forzas centrífugas poñan en perigo o poder omnímodo dos grandes poderes económicos e institucionais madrileños. Sabemos que é unha batalla mediática e política desigual, pero o certo é que a Galiza non lle serven de nada os proxectos das novas forzas estatais. Podemos ou Ciudadanos, aínda que con perfís ideolóxicos diferentes, non son promocionados para mudar o modelo territorial do estado senón todo o contrario. Con eles tratan de afortalalo e blindalo diante da eventual incapacidade dos dous grandes Partidos (PP e PSOE) para manter ergueito o modelo centralista. Por iso Podemos goza da rechamante –habería que dicir escandalosa- promoción e proxección dos grandes medios madrileños. É preciso manter esperta a intelixencia colectiva propia e construír discurso político propio, non por teima identitaria senón porque o futuro vital da nosa xente depende diso. En definitiva, o futuro da nosa xente nova, o futuro de Galiza, a viabilidade económica do noso país precisa de proxectos políticos galegos, nacidos aquí e volcados na defensa do país, da nosa base económica. Require de forzas políticas propias, con proxectos autónomos que traballen por dotar a Galiza de ferramentas soberanas para poder impulsar e fomentar a nosa economía e crear emprego e benestar para as futuras xeracións. Eís a importancia estratéxica do debate que -mal que ben- tentamos colocar os nacionalistas, que defendemos a necesidade de ter forzas políticas propias, de non sucumbir a esmagadora mercadotecnia política dos grandes medios da capital do estado. Por iso é preciso manter esperta a intelixencia colectiva propia e construír discurso político propio, non por teima identitaria senón porque o futuro vital da nosa xente depende diso. Por iso, somos moit@s os que cremos que a aposta dunha candidatura nacional galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais é algo máis que unha aposta de partido, é unha necesidade para o país. Unha aposta vital nun momento en que tantas decisións temos que tomar para asegurármonos un futuro como país e como persoas. Unha aposta para que Galiza poida xogar na liga das nacións que non sucumben ao vento da historia guiada polos grandes poderes hexemónicos senón que sobrevive e contribue como pobo ao acervo común dunha humanidade diversa, como espazo vivo e cultura viva para as futuras xeracións. Como construír un suxeito político capaz de erguer un proxecto desas características? Só é posíbel desde unha vontade partillada das organizacións existentes de poñer por diante os obxectivos esenciais e mínimos da maioría social galega Ese ten que ser o obxectivo dese proxecto transversal e transformador que representa o nacionalismo de esquerdas no noso país. Como artellalo social e políticamente nos tempos que corren? Como construír un suxeito político capaz de erguer un proxecto desas características? Só é posíbel desde unha vontade partillada das organizacións existentes de poñer por diante os obxectivos esenciais e mínimos da maioría social galega (excluíd@s, precari@s, asalariad@s, autónom@s, pequenos empresarios, labreg@s, mariñeir@s, pensionistas...); desde a vontade de sumar sen apriorismos nin vantaxismos de siglas a toda esa cidadanía organizada en partidos, colectivos, asociaciacións e esoutra parte da cidadanía que "vai por libre" pero quere participar e comprometerse nun proxecto ilusionante; tod@s @s que mesmo sen recoñecerse como nacionalistas entenden que facer políticas de esquerda e progresistas pasa, aqui e agora, por priorizar os intereses da maioría social galega, sen ataduras. Esa suma só é posíbel desde a vontade decidida de superar esa atracción atávica cara a fragmentación que con tanta forza opera no mundo da esquerda en todo o mundo e desde a asunción sincera de que a unidade é a única forma de vencer a esa minoría poderosa que move os fíos desde arriba, desde Madrid (e máis alá). Superar a fragmentación non se consegue invocando un imaxinario magma social indefinido (o que na práctica adoita traducirse en hiperfragmentación, por veces con inxenuidade e por veces con cinismo) senón asumindo con paciencia o traballo de urdir tramas e complicidades entre unha pluralidade de organizacións e colectivos arredor dun proxecto común, dun proxecto para transformar o noso país, o galego claro. Un proxecto para a maioría social, aberto tamén a todas as individualidades que aspiraran a participar activamente. Se o facemos ben, con xenerosidade, entre tod@s, Galiza gaña seguro. |
PRAZA_20605 | Os que non se deixaron engaiolar polos contos baratos de don Mauricio sabían perfectamente que ía liquidar a mutualista dos galegos se gañaba as eleccións. O mellor é a estatización pero co desgoberno macrista non é posible xa que prefiren a coima do grupo empresarial indecente de Ribera Salud | Os que coñecemos un pouquiño da exitosa historia da na nosa diáspora na Arxentina estamos abatidos. Hai anos cando falabas do Centro Galego de Bos Aires sentías fondo orgullo de pertencer a unha estirpe de loitadores solidarios. A historia emigrante ten tres predafitas en tres capitais americanas: A Habana, Bos Aires e Montevideo. Foi na illa de Cuba onde comezou a construción nun fogar común para os desprazados do paraíso galego. Despois na capital arxentina e finalmente na capital uruguaia coa fundación da Casa de Galicia que axiña festexará o seu centenario. Os vellos fundadores pensaban coa cabeza e co corazón. Querían manter viva a cultura propia sen esquecer o coidado da saúde. Por medio do pagamento dunha cota mensual tiñas o dereito de asistir a clases de baile, gaita, lingua galega e tamén asistencia médico-hospitalaria. Ter o carné social era moi proveitoso. Mantiñas a liña de comunicación coa aldea e achegabas aos descendentes para facelos membros da ponte espiritual que por enriba do Atlántico ía dereitiña ata a praza compostelá do Obradoiro. En terra allea é unha gran tranquilidade o ter un acubillo onde quecer o espírito e o corpo en irmandade cos compañeiros de viaxe. A unidade fai que a comunidade galega no exterior sexa respectada e facilita ter voz autorizada diante das administracións públicas dos países de acollida. O esforzo común e a teima de valiosos dirixentes foi quen de erguer con milleiros de adobes a lareira social. Sen esquecer que os servizos médico-hospitalarios permitiron que os fillos e netos puidesen ser contratados para coidar da saúde dos seus devanceiros. Se coñeces ao médico é moito máis doado pedir cita cando tes unha doenza. Os que non se deixaron engaiolar polos contos baratos de don Mauricio sabían perfectamente que ía liquidar a mutualista dos galegos se gañaba as eleccións A desfeita en Bos Aires non foi dun día para outro. Hai máis de 20 anos que o Centro Galego comezou a coxear. Por desgracia as comisións directivas non souberon manter unha actividade normal de funcionamento dos servizos e a nosa vella entidade foise asulagando coas débedas e a perda de afiliados. Pasaron moitas cousas. Houbo erros na xestión pero levo décadas escribindo sobre o pasado e agora o que importa é este presente de fonda decepción e tristeza. Quero facer fincapé en que a actual crise no Centro Galego non me sorprende nadiña. O que está acontecendo é unha mostra da acción do goberno presidido por Mauricio Macri. Os que non se deixaron engaiolar polos contos baratos de don Mauricio –un candidato sen ética--- ética ningunha--- sabían perfectamente que ía liquidar a mutualista dos galegos se gañaba as eleccións. O que me doe e quenta é que miles de socios votasen contra dos seus intereses. Para o actual presidente o Centro Galego é un gasto. Non quere poñer un peso dos orzamentos públicos para que os socios sigan tendo o seu médico e o seu hospital. Sendo inimigo declarado da sanidade pública o é tamén do sistema mutualista onde os asociados son donos das instalacións onde os atenden. O interventor cumpre ordes. Disque o seu nomeamento foi por medio dunha recomendación de Carlos Grosso (ex intendente da capital, 1989-1992) que é moi coñecido pola coima que se levou da empresa Manliba da familia Macri por un contrato millonario para a recollida de lixo. O interventor ten que privatizar (vender) o Centro Galego e para iso antes debe de cortar algunhas cabezas con despidos de funcionarios con moitos anos de traballo. É un bo macrista que contrata a ducias de "ñoquis" con salarios de entre 30 e 40 mil pesos mensuais para labores de escolta e esculca. Non se fala do Ministerio de Saúde Pública, non sexa que se enfade o fillo de galegos que é o seu titular O actual goberno está formado por un grupo de delincuentes. Case todos os ministros teñen un pasado de estafa e roubo de fondos públicos. O certo é que foron elixidos e hai moitas explicacións para achegarse a entender que un país que onte tiña un alto nivel de benestar estea agora afundido na miseria. O que me alporiza é o voto macrista dos nosos emigrantes. Non ten xustificación racional xa que Macri é o contrario do que un cidadán normal considera como persoa de ben. O problema está en que a gran maioría dos emigrantes que votaron a Macri son herdeiros. Quero dicir que recibiron unha propiedade ou un comercio ou dólares no banco. Nunca suaron. Son os infelices que envexan aos millonarios pero afirman que todo o que teñen é porque sempre traballaron moito. Son os que din que ninguén lles regalou nada. Estes desgraciados criticaban aos veciños que viñan de mercar o seu primeiro coche usado. O mellor é a estatización pero co desgoberno macrista non é posible xa que prefiren a coima do grupo empresarial indecente de Ribera Salud Está diante dos ollos o que obtiveron co seu voto. Un país onde o litro de leite custaba dez pesos con Cristina Fernández e agora non baixa dos 25 pesos. Estes votantes descerebrados son os mesmos que andan con trapalladas nas redes sociais sobre a recuperación do Centro Galego. Son os mesmos que cargaban contra Cristina repetindo as mentiras e insultos dos asquerosos mercenarios do "Clarinete". Algúns, se falas con eles dos goles de Independiente ou de River Plate ata teñen o seu humor pero cando opinan sobre a política arxentina hai que fuxir xa que non é posible o diálogo. Son críticos co interventor pero sen facer referencia aos responsables dos atrasos nas axudas económicas no Ministerio de Desenvolvemento Social. Non se fala do Ministerio de Saúde Pública, non sexa que se enfade o fillo de galegos que é o seu titular. O glorioso Centro Galego de Bos Aires non ten viabilidade como mutualista. Os ingresos son insuficientes. Xa fixen as contas hai anos nas que abondaba nos gastos e nas débedas. Dicía de aquela que solución ata que volva un goberno honrado pasa pola escisión xurídica da sección cultural. Propoño que o actual "Instituto Argentino de Cultura Gallega" se constitúa en fundación coa achega da Xunta de Galicia. Eu sei que haberá unanimidade no Parlamento de Galicia para incluir nos orzamentos xerais unha partida para a conservación da "Pinacoteca do Centro Galego de Bos Aires". A contrapartida pode ser a obriga de organizar visitas ao noso tesouro artístico na capital arxentina. Os que desexen máis información poden ver o catálogo das obras no libro do doutor Padorno editado con motivo do centenario. A sección médica coido está perdida. O mellor é a estatización pero co desgoberno macrista non é posible xa que prefiren a coima do grupo empresarial indecente de Ribera Salud. |
NOS_20158 | Recibiu o Premio Trasalba e, máis unha vez, presentouse herdeiro dos soños da xeración Nós. O escritor Agustín Fernández Paz criticou no seu discurso a condición de "libertade limitada" que padecen @s galegofalanes e lamentou o doado que é desfacer o que tanto tempo "custou construír". | As coincidencias quixeron que o escritor Agustín Fernández Paz recibise o premio Trasalba pola súa traxectoria tan só unha semana despois de ser o encargado da laudatio do seu bo amigo e tamén escritor Xabier P. Docampo no acto de entrega da letra E da AELG. Os dous teñen moito que compartir, xeración, traxectorias literarias de prestixio, unha dedicación especial á literatura infantil, traducidos de maneira singular a outras linguas, compromiso irreductíbel coa lingua, defensa do ensino público e militancia en distintos colectivos de renovación pedagóxica. Serían tan só algúns dos trazos que fan tamén de Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo dous dos escritores máis queridos e respectados da nosa literatura contemporánea. Tal vez por iso, Fernández Paz repetiu no seu discurso no que recolleu o Premio Trasalba a mesma frase que a pasada semana incluíra na laudatio do amigo: "Canto custa construír e que doado é desfacelo nuns poucos meses". "Canto custa construír e que doado é desfacelo nuns poucos meses", repetiu o escritor, idea que xa defendeu na laudatio a Docampo Desa vontade de crear futuro sabe a súa xeración literaria, debedora, como tamén recoñeceu, da Xeración Nós, da que se senten descendentes. Á súa, déronlle en chamar Xeración Lamote, e a ela se referiu tamén Agustín, aqueles que atoparon o "centro do mundo" na súa propia mesa de traballo. Na casa de Ramón Otero Pedrayo, como tamén fixera Docampo, o escritor volveuse a presentar como "soñador" dun país que antes idearan os membros do grupo Nós, obreiros, coma eles dunha construción que, no seu caso, foi medrando na participación de proxectos colectivos como a Nova Escola Galega, Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega , Prolingua ou Avantar, iniciativas nas que participou para traballar man a man con quen defendía, coma el, o futuro da escola pública e, de maneira especial, da nosa lingua. Liberdade limitada O discurso de Agustín Fernández Paz ao recoller o Premio Trasalba foi contundente á hora de criticar os pasos atrás no proceso de normalización lingüística. "Na Galiza de hoxe as persoas galegofalantes temos a nosa liberdade limitada", dixo o escritor que defendeu o espazo de normalidade para a lingua e mostrou a súa confianza na rede e nas iniciativas sociais para pular contra a ofensiva que bate no galego. "Traballa sempre desde o compromiso coa nosa lingua", dixo Francisco Castro na laudatio Como un "dos mellores escritores do noso tempo" que "traballa sempre desde o compromiso coa nosa lingua" definiu o tamén escritor e presidente de Galix ao autor da recente A viaxe de Gagarin (Xerais), un título que se engade a súa ampla e valorada obra que o converteu nun dos escritores máis lidos e traducidos da nosa literatura. O acto de entrega do premio Trasalba tivo lugar este domingo día 29 de xuño na casa museo de Ramón Otero Pedrayo. A Fundación Otero Pedrayo decidira por unanimidade da súa xunta de goberno concederlle o recoñecemento a Fernández Paz nesta edición número 32 para o que valoraron "moi especialmente " a súa significación na literatura dirixida aos lectores máis novos "ámbito no que o autor ten acadado recoñecida sona dentro e fóra das nosas fronteiras, así como o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80, un eido que ata agora non fora considerado na nómina de Premios Trasalba, o que sen dúbida os enriquece". O Trasalba súmase a un amplísimo ronsel de premios nos que se atopan, entre outros moitos, o Merlín, o Lazarillo, o EDEBE, o Barco de Vapor, o Sarmiento, o Xerais, o Ánxel Casal, o Losada Diéguez, o Nacional de Literatura ou o da Crítica, algúns recibidos en varias ocasións. O acto, a Festa da Cultura da Fundación, rematou co "xantar de amizade" no souto de Trasalba. |
NOS_48460 | A derrogación da reforma laboral, que foi un dos principais compromisos de Pedro Sánchez nos últimos meses, fica desbotada e o Executivo xa traballa en correccións parciais. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301. | Unha das promesas máis reiteradas por Pedro Sánchez desde a súa defenestración interna, pasando pola recuperación da secretaría xeral e a súa chegada, sorpresiva, ao Goberno español a través dunha insólita moción de censura, foi a da derrogación da reforma laboral. En singular, aludindo unicamente á reforma imposta polo Partido Popular na altura de 2012, malia que esta fose apenas unha continuación da reforma aprobada unilateralmente polo PSOE de Zapatero dous anos antes. No entanto, menos de vinte días despois da censura que desaloxou Mariano Raxoi da Moncloa, Sánchez xa deixou claro que non ten vontade de impulsar a derrogación e, traizoando o prometido, limitarase a unha modificación puntual dalgúns dos seus aspectos. Alega Sánchez que non conta con maioría suficiente para botar abaixo a reforma, mais non explica por que razón declina nin tan sequera formular esa iniciativa en sede parlamentar. Non é a única rectificación. O novo Executivo español tamén desiste de promover un novo Estatuto dos Traballadores, e a súa axenda lexislativa en materia laboral limitarase a impulsar unha lei en contra da fenda salarial entre mulleres e homes. Destarte, Sánchez confirma que a súa aposta no que atinxe ás políticas estruturais, de calado, é a de dar unha continuidade matizada ás desenvolvidas polo Partido Popular. [Se queres ler toda a peza, podes facelo no número 301 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
QUEPASA_133 | O Concello inviste nestes momentos case 600.000 euros na construción dun novo edificio en Bértoa e na reforma integral da antiga escola de Lema | A rede municipal de centros sociais segue estendéndose e antes de que remate o mandato chegará a todas as parroquias. Nestes momentos estamos a realizar un investimento de case 600.000 euros en dous novos proxectos: a construción dun novo e moderno edificio en Bértoa e a reforma integral da antiga escola de Lema, que está xa preparada para que empecen as obras este mesmo luns, como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira Milagros Lantes e o concelleiro Juan Seoane nunha visita a ámbolos dous. Ademais, continúa avanzando a tramitación urbanística precisa para dotar dun centro social tamén á parroquia de Goiáns, na que, coma no resto dos casos, este tipo de actuacións responden á demanda da veciñanza e, sobre todo, do movemento asociativo. As antigas escolas unitarias reconvertéronse en locais de uso veciñal na maioría das parroquias: Razo, Vilela, Artes, Entrecruces, Outón e Ramil de Rus ou Aldemunde, onde, aínda que o uso se limita practicamente ás reunións do Consello Parroquial e á festa, aproveitando a construción da nova praza acometeremos un pequeno proxecto complementario para o arranxo do edificio. Agás na de Razo, no resto dos centros realizáronse melloras no pasado mandato, sempre consensuadas co movemento asociativo e intentando responder, polo tanto, ás necesidades específicas de cada un. Nestes momentos hai, ademais, edificios de nova construción ou totalmente rehabilitados nas parroquias de Oza, Cances, Ardaña, Sofán e Berdillo, ademais do de Imende, que presta servizo á veciñanza de Noicela e Rebordelos. En Sísamo, a veciñanza dispón dun edificio propio, pero moi limitado e de difícil acceso, polo que, dada a crecente actividade asociativa, está sobre a mesa o debate sobre unha posible ampliación ou a construción dun inmoble novo. E algo parecido pasa en Vilela. Proxectos en marcha A todos eles sumarase nos vindeiros meses o de Bértoa, un inmoble de nova planta que está a construír xa a empresa Desarrolla Obras y Servicios nunha parcela de 5.882 metros cadrados situada xunto á zona verde do parque empresarial de Bértoa. Será un edificio de 530 metros cadrados, divididos en dous volumes construídos baixo unha mesma cuberta, que se integrarán na contorna utilizando materiais coma a pedra, a madeira e o formigón visto, que ao mesmo tempo destacan pola súa durabilidade. Nun dos volumes crearase un auditorio de 107,8 metros cadrados, ademais de almacéns, aseo e hall. No outro, destinado á actividade diaria, haberá unha aula de informática, un salón social, unha oficina, aseos e hall. No exterior crearanse unha zona de barbacoa e un patio. Mentres en Bértoa se traballa nos cimentos, en Lema xa está "desmantelada" a escola vella para que o luns comece a súa reconversión nun moderno edificio de uso social. Non será novo, pero case, porque só se conservan os muros exteriores. O centro social terá unha superficie en planta baixa de 148,80 metros cadrados útiles, nos que se acondicionarán unha zona de cociña e barra, un despacho, dous aseos, un salón de 80 metros cadrados e un almacén. Tamén se conservará parte do soportal actual, que contará con 46,90 metros cadrados. No interior farase unha nova distribución. Tamén se actuará en todas as fachadas exteriores, e na cuberta, ademais de renovar ventás e portas. Pero a obra non só afecta ao edificio, senón que tamén está prevista a urbanización de toda a parcela, na que se habilitarán unha zona de aparcamento e un parque con xogos infantís e equipamento de ocio saudable para as persoas maiores. Con este tipo de actuacións, o goberno local quere poñer a disposición da veciñanza e do amplo e dinámico movemento asociativo que traballa nas parroquias espazos de encontro, reunión, formación e promoción cultural e deportiva. |
NOS_35270 | O observatorio rexistrou unha nova solicitude de información sobre as actuacións policiais no despexo do pasado mes de maio | Na pasada terza feira 7 de agosto, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, EsCULcA, apresentou unha petición de información ao Concello da Coruña a respecto do operativo policial despregado no despexo do pasado mes de maio nas instalacións da Comandancia de Obras. Segundo a entidade, o informe do Concello sobre a actuación sobre a sede do centro social autoxestionado A Insumisa aparece "incompleto e mesmo incoherente". Esculca fai referencia á resposta recibida da Administración local no pasado xuño a unha solicitude previa do propio Observatorio –rexistrada o 23 de maio–. No documento non consta ningunha autoridade ou funcionaria asinante e o informe da Xefatura da Policía Local anexo –asinado polo Xefe Accidental deste corpo– amosa "falta de precisión e mesmo certas incoherencias que entende deben ser esclarecidas para evitar interposición de recurso perante o Consello de Transparencia e Bo Goberno", apuntan desde a entidade. O regulamento que amparaba o operativo É por este motivo que o Observatorio insiste nesta solicitude de información, na que tamén pide unha copia do Regulamento de Organización Interna e Funcionamento da Policía Local da Coruña –datado na década dos 80– que o informe inicial recoñece. Asemade, o executivo local recoñece na súa resposta de xuño que non existen "instrucións operativas" para a utilización de defensa, sprays de autodefensa e outros, mais si sinala que os corpos policiais portan "defensas extensíbeis" en operativos que se estimen oportunos. Ao fío disto, EsCULcA solicita saber a que seccións pertenecen os axentes locais que portaban estas defensas extensíbeis, así como que órgano local estimou necesario o seu uso. Porén, á vista de que o informe parece sinalar que non houbo instrucións operativas escritas, o Observatorio demanda unha "transcrición da petición telefónica con expersión da hora e identificativo do telefonema" relativa a tal operativo. A entidade bota man da lei de transparencia para presionar o Concello á hora de suministrar dita información, e advirte que no caso de denegala, deben ser ditadas as causas para tal negativa. |
PRAZA_19165 | Celsa Díaz e Suso Díaz, que estiveron aquí encarcerados nos anos 70, foron os protagonistas dunha visita para medios de comunicación e colectivos sociais ao edificio, que esta primavera comezará a acoller actividades. Galería de imaxes no interior | 30 anos despois do seu peche como cárcere e 6 anos despois do breve período (2010-11) no que acolleu varios actos culturais e exposicións, a cidadanía da Coruña puido volver entrar na antiga prisión provincial. Fíxoo a través de Celsa Díaz, que entre 1973 e 1974 (con só 18 anos) estivo tres meses encarcerada tras unha protesta contra a selectividade. Ela foi a encargada de abrir a porta, dando paso a integrantes de colectivos sociais e xornalistas, que participaron nunha visita organizada polo Concello. Nos vindeiros tres meses o espazo, cedido polo Ministerio de Interior, será obxecto de traballos de acondicionamento e reparación, para asegurar a protección da súa estrutura, co obxectivo de que na primavera poida comezar a acoller actividades. O seu modelo de xestión e os seus usos aínda deben ser definidos nun proceso participado con entidades sociais e culturais e a propia cidadanía que tomará como base "o traballo desenvolvido nos últimos anos polo Proxecto Cárcere", salientou o alcalde Xulio Ferreiro, que engadiu que "estamos a falar con eles para articular un espazo que terá un uso comunitario e socio-cultural, á vez que unha dedicación especial á recuperación da memoria histórica". Este martes Proxecto Cárcere entregoulle ao Goberno local a súa proposta de usos para o edificio, que -defende- debe ter un funcionamento autoxestionado. A tarefa máis urxente, con todo, é ese labor de rehabilitación (que conta con 300 mil euros achegados a partes iguais por Concello e Ministerio), que comezará pola "reparación da cuberta de todo o complexo, para despois habilitar e facer accesible a zona de acceso e o vestíbulo, así como o patio anexo que existe, co que habería posibilidades xa nesta primeira fase de poder realizar actividades, tanto nunha zona exterior como interior", explicou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. Será nese momento cando se permita o acceso libre ao público. Espazo de memoria O antigo cárcere da Coruña é, sobre todo, un espazo de memoria, de memorias. Inaugurada en 1927, dende 1936 acolleu centos de vítimas da represión franquista, tanto na guerra coma na postguerra coma nas catro décadas de ditadura. "Corporacións municipais enteiras, dirixentes obreiros, intelectuais, mestres, anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, guerrilleiros... Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia", destacaban hai un tempo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o Proxecto Cárcere a través de Memoria do Cárcere. "Queremos que se coñeza o sucedido, reflexionar sobre eses terribles anos e tamén que se libere, dalgunha maneira, o sufrimento que houbo detrás deses barrotes", sinalaban. É por iso que un dos puntos centrais da proposta realizada polo Proxecto Cárcere é a constitución dun Espazo da Memoria e Dereitos Humanos, sinalando o obxectivo de crear "un espazo permanente de reflexión e proxecto de futuro sobre os dereitos humanos utilizando a memoria histórica como base". Un lugar que vaia alén dun "museo estático e afastado da vida contemporánea" senón que sexa "un ente vivo conectado coa actualidade social e política, como unha escola permanente e en continuo diálogo do pasado, presente e futuro coa memoria". Esa memoria viva da dor que encerraron estas paredes (e espazos próximos, coma o Campo da Rata) camiñou este xoves polas galerías, patios e celas da prisión. Dor e resistencia. Velaí estaba Celsa Díaz que, emocionada, destacaba o "orgullo e a dignidade" dos centos de persoas que foron recluídas aquí "por loitar pola liberdade, por loitar por un mundo mellor", mentres percorría os espazos nos que fora encarcerada 43 anos atrás. E tamén Suso Díaz, enviado a esta prisión tralas protestas obreiras de 1972 en Ferrol. Aquí estivo dous meses, sendo trasladado despois a outros cárceres. "Nas cadeas tamén facías oposición, dalgún xeito: protestabamos nas celas, no 1º de maio levantabámonos cantando a Internacional... A prisión era tamén un espazo de formación", comenta. Lembra tamén as visitas da súa familia, que só podían durar uns minutos, separados sempre por un metro de distancia e baixo a constante vixilancia dos gardas. "Só unha vez permitiron que a miña filla [Yolanda], que tiña un ano, entrase para que a puidese coller", di. "As historias destas persoas poden ensinar moito sobre a defensa do ben común, da rexeneración democrática", subliñaba hai uns meses a historiadora Carmen García-Rodeja, coordinadora do proxecto Memoria do Cárcere, dedicado a rescatar as moitas historias que se viviron entre estas paredes agretadas e estes barrotes enferruxados. Consulta aquí a galería de imaxes |
NOS_25959 | Comeza a segunda fase de promoción de Sermos O Diario Galego, que se prolongará até finais de xullo. Vídeo no interior. | Con xullo iníciase unha nova etapa de promoción do proxecto Sermos O Diario Galego, co lanzamento dun spot que se divulgará nas redes sociais e coas últimas presentacións, que se realizarán en diversos puntos do territorio até o Día da Patria Galega. A primeira etapa rematou a finais de xuño, con máis de 40 presentacións e máis de mil persoas asistentes. É a conta atrás para acadar un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan a se faceren asinantes e que fagan viábel economicamente o diario. Até 2019 non hai que aboar nada. Pagarase, de lograrmos as 3.000 subscricións, o ano que vén, cando se poña en marcha o xornal. Novo sorteo Nesta segunda etapa, que finalizará o 25 de xullo en Compostela, no marco do Festigal, volveremos sortear unha fin de semana nun estabelecemento rural. Desta volta, en Casa Lourán, en Monfero. Trátase dun sorteo destinado a aquelas persoas que se subscriban entre o 1 e o 31 de xullo. Presentaranse as bases nos próximos días na web www.odiariogalego.gal. Os primeiros actos desta segunda etapa serán o desta quinta feira en Salceda de Caselas (19:30 horas, Casa da Cultura) e o deste sábado en Carnota (20:00 horas, salón de plenos). O 10 de xuño é a quenda de Teo (21:00 horas, Casa común de Cacheiras); o 13 do Porriño (a partir das 21:00 horas na Sala Ingrávida) e o 14 na Laracha (20:00, local AA.VV O Campo da Festa de Paiosaco]. |
PRAZA_15936 | 21 organizacións presentan en Pontevedra unha campaña para denunciar a extensión desta especie e a degradación dos hábitats autóctonos, demandándolle á Xunta unha serie de medidas concretas | 21 organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas veñen de lanzar a campaña Stop eucalipto, avante carballo! para denunciar "a preocupante extensión das plantacións de eucaliptos" en Galicia e "a necesidade de conservar os nosos hábitats autóctonos". A campaña, acompañada dun manifesto que inclúe unha serie de medidas concretas para limitar o cultivo desta especie e preservar os bosques autóctonos, presentouse este venres en Pontevedra, unha escolla que busca responder á prórroga de 70 anos outorgada polo Goberno central a ENCE. "Non é só unha mala noticia para a ría de Pontevedra, senón que ameaza seriamente á biodiversidade de todo o país pola extensión do seu modelo de negocio (pasta de papel, biomasa) baseado no monocultivo do eucalipto", destacan os asinantes do manifesto. As entidades salientan que mentres que no primeiro Inventario Forestal Nacional (IFN I) de 1972/73, o eucalipto estaba presente nun total de 131.181 hectáreas. Para o segundo (IFN III), realizado en Galicia nos anos 1997 e 1998, o eucalipto estendérase xa por 396.344 hectáreas, o 28% da superficie arborada galega. Segundo ADEGA, en vista dos datos provisionais dispoñibles, a finais de 2015 a superficie de eucaliptais en Galicia podería achegarse ás 500.000 hectáreas. Ademais, parte desta área é ocupada por eucaliptos fóra de plantación, que medran moitas veces despois de incendios como acontece con outras especies pirófilas. As plantacións de eucaliptos en Galicia supoñen máis da metade (52%) das existentes en España. Ademais, nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus nitens, veu engadirse ás plantacións, chegando a espazos antes vetados para o Eucalyptus globulus, dada a súa maior resistencia ao frío. Os colectivos asinantes (entre eles ADEGA, Amigos da Terra, APDR, Colectivo Ecoloxista do Salnés, FEG, Grupo Naturalista Hábitat e Verdegaia) explican que "o aumento imparábel do eucalipto relaciónase co abandono agrario e co declive do medio rural galego, caldo de cultivo para o negocio pasteiro" e que "a falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, fai que o destino de montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, substituíndo ás frondosas autóctonas". Isto acontece, ademais, "perante a pasividade, cando non complicidade da Xunta, permisiva co incumprimento das normas" e que coa reforma do Plano Forestal de 1993 "pretende fortalecer as plantacións de E. globulus, consolidar o E. nitens, promover a biomasa e estender os cultivos enerxéticos". O manifesto péchase coa demanda de cinco accións concretas: O cumprimento da actual lexislación (Lei de Montes, Lei de Costas, Lei de Conservación da Natureza, etc.) que aínda limita a plantación de eucaliptos en parcelas con masas de frondosas autóctonas, terreos agrícolas, ríos, costas, hábitats de interese… A prohibición de novas plantacións e a repoboacións con eucalipto nos espazos pertencentes á Rede Galega de Espazos Protexidos. A eliminación de eucaliptos ventureiros ou asilvestrados fóra de plantación, en virtude da Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade A consideración do Eucalyptus nitens como unha especie exótica e invasora, perigosa para o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade dos nosos ecosistemas, en virtude da recente sentenza Audiencia Nacional, prohibindo o seu cultivo en toda Galicia e iniciando un plan de erradicación. A urxente aprobación de medidas para protexer os bosques autóctonos a través de axudas directas, a promoción de alternativas ao eucalipto e o impulso aos aproveitamentos multifuncionais e sustentables. Descarga aquí o manifesto Stop Eucalipto (.pdf) |
PRAZA_19762 | GRÁFICOS INTERACTIVOS O pasado ano ardeu case o dobre de superficie que en 2015 e foi o segundo peor para o monte galego dende a gran vaga de 2006, aínda que seguiu lonxe das cifras dos anos 80 e 90. Oito grandes incendios, a metade na provincia Ourense, concentraron máis do 50% da superficie ardida no país | Un mal verán, con case un 80% máis de hectáreas queimadas nos montes galegos que o anterior e dez veces máis superficie arrasada polas lapas que no excepcional 2014. O segundo peor balance dende a gran vaga de lume de 2006, como xa facían augurar os balances provisionais do outono. E, malia todo, moito mellor que as durísimas campañas de incendios dos anos 80 e 90 do século pasado ou menos que na anterior década. O lume queimou case 9.000 hectáreas de monte arborado Os incendios forestais arrasaron durante o ano 2016 un total de 21.112,19 hectáreas en Galicia. Delas, algo máis de 8.800 foron de superficie arborizada -en 2015 foran unhas 4.500- e as restantes 12.266, de monte raso. O Ministerio de Agricultura vén de pechar o balance dos efectos do lume correspondente ao pasado ano, no que arderon en todo o estado case 60.000 hectáreas -unha redución anual de algo máis de 30.000- e que no caso galego trae consigo, ademais do segundo ascenso interanual consecutivo, a maior superficie de monte arborizado ardido dende o ano 2011, o que polo momento segue sendo o peor ano da década para os incendios forestais en Galicia. Os 8 grandes incendios rexistrados a mediados de agosto e comezos de setembro arrasaron unhas 11.000 hectáreas, máis da metade de todo o ardido durante o ano Nun contexto no que, como cada ano dende 2009, a Consellería do Medio Rural adoita non informar en tempo real dos incendios superiores ás 20 hectáreas, os datos do Ministerio demostran que o groso da superficie ardida en Galicia durante 2016 chegou nos incendios da fin do verán. Concretamente, entre a segunda e a terceira semana de setembro, cando tres concellos da provincia de Ourense -Entrimo, Cualedro e Oímbra- perderon practicamente 6.000 hectáreas de monte en cadanseus incendios. O de Entrimo foi, con case 3.000 hectáreas, o peor incendio do verán e do ano. Estes tres incendios, xunto ao acontecido en Arbo nos primeiros días de agosto, forman parte dos considerados polos profesionais da extinción como grandes incendios forestais por queimar máis de 500 hectáreas de monte. Durante 2016 o país sufriu 8 deses incendios -rexistráronse 22 en todo o Estado-, que arrasaron máis de 11.000 hectáreas. Así as cousas, en pouco máis de dúas semanas de meteoroloxía especialmente adversa -na primeira metade de agosto e no inicio de setembro- ardeu máis da metade de todo o ardido durante o ano. O peso destes grandes incendios forestais foi determinante para que o número de hectáreas ardidas fose case o duplo que en 2015. Non en van, o pasado ano rexistráronse en territorio galego 2.400 incendios, 482 menos que nos doce meses anteriores. Prosegue así a tendencia descendente iniciada en 2011 tras dous anos de incrementos, 2009 e 2010, que así e todo xa estiveran moi lonxe dos maiores rexistros, os dos anos 90, cando chegaran a producirse máis de 15.000 incendios nun só ano. Dende o ano 2005, cando foron case 12.000, o ano con máis incendios foi o 2011, con algo máis de 6.300. Dende 1976 ardeu o equivalente a máis do 55% da superficie de Galicia Este balance provisional, aínda non feito público pola Consellería de Medio Rural malia ser a Xunta a que lle proporciona os datos ao Ministerio, amosa Galicia como a comunidade autónoma con maior superficie arrasada polos incendios, unha circunstancia que en 2015 non se deu por mor da vaga sufrida por Asturias. Un ano máis volve destacar no mapa a provincia de Ourense, cuxas case 11.400 hectáreas ardidas son máis do 50% das afectadas polas lapas en Galicia. Neste contexto, unha ollada á serie histórica dos incendios forestais permite concluír que a superficie forestal destruída polos incendios tende á baixa, pero aínda se mantén en cifras moi considerables en Galicia. Os datos acumulados dende 1976 amosan que nestes 41 anos o lume atinxiu a 1,6 millóns de hectáreas en Galicia. Ou, o que é o mesmo, o equivalente ao 55% do territorio galego. |
NOS_15956 | Aliás, o Colexio profesional de xornalistas de Galiza reclama unha lei que poña fin á "barra libre" con que se está a informar deste caso. | Carme Hermida Gulías, docente na facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, pedirá o translado a outro centro após o tratamento que a imprensa está a lle dar á morte da nena Asunta Basterra. Segundo ela propia publicou na súa conta persoal do Facebook, "polas miñas mans pasaron todos os xornalistas formados antes do 'Plan Boloña'", pois Hermida Gulías imparte unha materia obrigatoria no segundo curso, Lingua galega oral. Impartía tamén Lingua galega, optativa de primeiro curso, a escoller entre esta e Lingua española. "Despois de ver estes días a información que fan, ligada a comportamentos que veñen de atrás, tomei unha decisión". Anuncia de seguido que na vindeira reunión do seu departamento, o de Filoloxía Galega, pedirá que lle asignen docencia noutra facultade. "Persoal e profesionalmente non teño forzas para investilas na formación de persoas que sei que van converter en seres morbosos, manipuladores, mentireiros, desprezativos, pagados de si mesmos e irreflexivos", explica a docente, responsabilizando as empresas de comunicación das prácticas que denuncia. Sermos Galiza púxose en contacto con ela para afondar nas causas que a levan a solicitar o translado. Porén, declinou facer declaracións. O Colexio de xornalistas de Galiza solicita unha lei que poña fin á "barra libre" O Foro de organizacións de xornalistas, que aglutina entidades de todo o Estado e do cal fai parte o Colexio profesional de xornalistas da Galiza --de aquí en diante CPXG--, solicitou máis unha vez a aprobación dunha lei que poña fin "aos abusos" que se veñen comentendo no tratamento de novas como a morte de Asunta Basterra. "Nós non cremos na autorregulación e a realidade está a nos dar a razón", sinalou o decano da entidade galega, Xosé Manuel Pereiro, en conversa con este xornal. A reclamación non é nova, pois en 2010 presentouse en Compostela un documento redactado polos colectivos integrantes do Foro en que reclamaban un "consello" que vixiase polo cumprimento do código ético perante o "desprestixio" da profesión xornalística. Considerou Pereiro que a día de hoxe o que existe na Galiza é "barra libre para facer o tratamento informativo do que goste cadaquen" e reclamou a creación dun organismo "independente e con capacidade sancionadora" que xa funciona no Reino Unido após un acordo das asociacións de xornalistas cos grupos parlamentares. "As empresas enténdeno como unha medida partidista e cando pasan cousas como esta --a morte da nena-- hai moitos golpes de peito da sociedade, mais ao final nada cambia", subliñou o decano do CPXG. Acrecentou que "está claro que non se pode acusar de delitos sen probas e non se pode poñer en cuestionamento a presunción de inocencia". Nun informe realizado polo Foro a respeito das informacións publicadas en relación ao accidente de Spanair o que constataron as asociacións de profesionais do xornalismo foi que "os programas da mañá non poden tratar temas informativos desta embergadura" pois, segundo explicou, ese tratamento é a causa dos comportamentos "máis tristes despois da traxedia da morte da nena, como ver uns energúmenos pedindo un linchamento contra unha persoa e gravándose cun teléfono móbil". |
NOS_13929 | As 10 iniciativas en materia de biodiversidade anunciadas pola Consellaría de Medio Ambiente e que optan ao financiamento europeo "necesitan ser explicadas e abertas á participación da sociedade". | Sete entidades de defensa e conservación da natureza emitiron un comunicado conxunto no que demandan información sobre os proxectos anunciados pola Consellaría de Medio Ambiente que optan aos fondos europeos 'Next Generation'. Unhas iniciativas, indican estes colectivos e organizacións, dos que só se informou de forma "superficial" e "sen ningunha concreción". Por iso, Adega, Amigos da Terra, Verdegaia, SGHN, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Asociación galega de Custodia do Territorio e o Grupo Naturalista Hábitat piden "transparencia". Eses proxectos "necesitan ser explicados e abertos á participación da sociedade civil para adaptar estes fondos ás necesidades reais, que son moitas, en materia de biodiversidade en Galiza". Os fondos 'Next Generation', consideran, son unha "magnífica oportunidade" para mellorar o estado de conservación "do noso maltreito medio natural e deberían ter como obxectivo a conservación e restauración dos ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade no senso máis amplo posíbel, especialmente, no referido aos espazos protexidos, á Rede Natura e as especies con plans de recuperación aprobados ou pendentes de aprobación ou aqueloutras que realmente xustificaron a declaración destas figuras de protección, sen esquecer a necesidade de incrementar a superficie dos espazos protexidos". Pola contra, advirten, "non debería contemplarse a utilización destes fondos para actuacións sobre as infraestruturas nin para a promoción do uso público destes espazos". As sete entidades inciden en que a xestión e conservación da biodiversidade na Galiza "está estancada desde hai anos e non se cumpren os mandatos europeos, nin as obrigas propias das competencias en materia ambiental e de conservación da natureza, existindo un baleiro na aplicación destas políticas no territorio". "Este desalentador panorama da biodiversidade en Galiza necesita ser revertido con urxencia e pensamos que a aplicación dos fondos de recuperación verde é unha boa oportunidade para empezar", conclúen. |
NOS_48521 | Enfróntanse cara a cara co mar bravo de occidente. Desafían a potencia desatada da natureza. Obteñen, a cambio e se sobreviven, o cotizado froito do pollicipes pollicipes. Até aquí, o relato metade épico, metade romántico, que acompaña os percebeiros. Pero detrás del existen as persoas. Sobre elas trata o documental Entre a onda e a rocha, que esta sexta feira se estreou en oito salas galegas e unha madrileña. | "Cando se trata dos percebeiros sempre se fai cun toque mitolóxico. Nas reportaxes de prensa, mesmo na BBC. Parece que non son persoas. Ou que estas non existen. Nós buscabamos esas persoas que están detrás desa idea", explica a Sermos Galiza o director do filme, Manuel Lógar (A Coruña, 1993). Para concretar esa procura, este cineasta, formado na Escola de Cinema de Catalunya, decidiu pescudar no litoral que vai da Costa da Morte ao Golfo Ártabro. Aínda que, por imprevistos, acabou concentrado en Muxía. "Queriamos rodar en Corme, en Muxía e na Coruña. Pero a nosa protagonista de Corme, unha percebeira, lesionouse. Decidimos centrarnos en Muxía", di, "para non perder o fío indo dun lado a outro". Entre a onda e a rocha, con todo, é un rexistro coral, en que se entrecruzan os puntos de vista e se compón un fresco dunha das actividades máis atractivas, perigosas e, dalgunha maneira, incomprendidas do sector primario. Xustamente sobre ese paradoxo traballou Lógar e o seu equipo. "Intentamos unha mestura estraña de cinema social e lirismo", expón, "poñer os pés no chan, contar a realidade do que acontece". Non renega da ollada usual virada case "á maxia", pero matízaa. Porque a súa obra vai máis alá da captura do percebe e fala tamén "da crise do rural e da destrución do medio ambiente". Aí percibe certa distancia crítica coa xeración cinematográfica inmediatamente anterior. "O Novo Cinema Galego, xente de 35 anos máis ou menos, estase achegando ao rural, pero faino cun aspecto como de maxia que non acaba de convencerme, aínda que ás veces a use", sinala. O director de fotografía Mael Santiago, venezolano, ratificábao. "Mael dicía que en Galiza era moi doado rodar paisaxe, que puñas a cámara en calquera lugar e xa a tiñas", asegura Lógar, "e, porén, nós non queriamos a natureza virxe, nin xigante. Toda a paisaxe da película está atravesada pola loita co ser humano". Entre a onda e a rocha non disfraza o territorio: aeroxeradores ou o tendidos eléctricos sucan as imaxes. Percorrido internacional Antes da estrea comercial en salas deste 22 de marzo, o filme de Manuel Lógar percorreu unha longa lista de festivais. Viuse na Semici de Valladolid ou no de Ourense, e tamén pasou por Alaska, Arxentina, China ou Irlanda. As reaccións internacionais á documentación destes homes e mulleres ao bordo do abismo oceánico abalaban do descoñecemento á empatía. "Hai moita xente que descoñece os percebeiros. Mesmo en Barcelona, entre os meus compañeiros da Escola de Cinema", relata, "pero axiña hai identificación con eles. Sobre todo de persoas de lugares pequenos onde se dan traballos do sector primario, mariñeiros, mineiros...". Ao cabo, a historia que desprega Entre a onda e a rocha é tamén a da loita pola dignidade do traballo. "Todo o mundo a comprende e identifícase". Manuel Lógar, cuxo empeño sacou adiante un proxecto totalmente autoxestionado, estará o domingo 24 de marzo nos Multicines Compostela, un dos cinemas que proxecta a fita a partir desta sexta feira. Nota: fotogramas de Entre a onda e a rocha. |
NOS_18039 | Compostela acolle a gala da música e a poesía da Galiza e Portugal. As premiadas nesta sexta edición do proxecto creado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela foron Guadi Galego, Cláudia Pascoal, Rosalía Fernández Rial, Márcia e José Viale Moutinho. | O festival aRi[t]mar fechou esta cuarta feira en Compostela a súa sétima edición cunha gala na que a música e a poesía conviviron en harmonía, bañadas pola defensa da lusofonía, como é meta orixinal desta iniciativa. Sabíanse de antemán os nomes das e dos premiados, mais nin ese avance que lle restaba o efecto sorpresa foi quen de quitarlle brillo a gala da convivencia e a ruptura de fronteiras entre a Galiza e Portugal. A "abrumadora vitoria feminina" foi seguida por un auditorio ao máximo da súa capacidade (600 persoas). Nunha noite con actuacións en directo e detalles inesperados, o público puido ver a Guadi Galego e Cláudia Pascoal recoller os galardóns vencellados á música. A primeira levouno á mellor canción en galego por "Cólicos", mentres que a segunda era seleccionada como merecedora do recoñecemento internacional por "Quase Dança". E mesmo actuaron. Após enfrontarse ao xuízo da cidadanía transfronteiriza -que achegou máis de 5.000 votacións- Rosalía Fernández Rial e Márcia foron consideradas as mellores poetas do ano no ámbito da lusofonía. As pezas escollidas foron, en concreto, "A reflexión" e "O verão sabe-me bem", respectivamente. Estas últimas recibiron as súas estatuíñas, realizadas polos artesáns estradenses Fernando Porto e Trinidad Barranco, logo da proxección dos videopoemas no Auditorio da Galiza. O valor de Viale Moutinho e o obxectivo orixinal O premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi parar, como xa se adiantara, a José Viale Moutinho. As e os xuíces profesionais do aRi[t]mar xa destacaran este escritor "como ponte entre Galiza e Portugal". No fallo referíronse ao tamén xornalista como un "impulsor do continuo lingüístico e cultural que representa a lusofonía e como verdadeiro embaixador da Galiza en Portugal e de Portugal na Galiza". Lonxe dos focos dunha xornada especial, non se debe esquecer que este proxecto didáctico e cultural ideado no seo da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (EOI), que dirixe Gonzalo Constenla, marcouse desde o principio o obxectivo de darlle un impulso á música e poesía galego-portuguesas contemporáneas en todo momento e lugar. |
PRAZA_6214 | Máis alá de conxunturas temporais, de procesos de renovación interna e asunción de liderados, o Partido Socialista segue tendo un espazo claro dentro do sistema electoral español. Para recuperalo parece claro que ten que optar por unha ideoloxización das súas accións e discursos | O pasado día sete de xullo, o Centro de Investigacións Sociolóxicas publicou o barómetro Postelectoral de Eleccións ao Parlamento Europeo 2014, que foi sometido a multitude de análises catastrofistas. Como puidemos comprobar dende o pasado día 25 de maio, o Partido Popular pretendeu demonizar a nova formación política de Pablo Iglesias -Podemos- e, baseándose na estratexia do medo, debuxouse un panorama de quebra do sistema. O Partido Popular é unha organización especialista en retorcer os datos ata a súa total distorsión, e sabe que no medo á ruptura do status quo iniciado no 78 pode atopar o freo á súa caída electoral. O Partido Popular é unha organización especialista en retorcer os datos ata a súa total distorsión, e sabe que no medo á ruptura do status quo iniciado no 78 pode atopar o freo á súa caída electoral Pero máis alá da análise do medo, tamén apareceron outras conclusións interesadas dende a chamada Nova Esquerda, que buscan colocar a mensaxe de enfermo terminal do PSOE para quedar co seu espazo electoral. Estas novas análises, apoiadas por certos medios de comunicación, céntranse na intención de voto exclusivamente para sacar fotos estáticas do Partido Socialista, dirimindo a súa desaparición por implosión da súa base. Tamén apareceron outras conclusións interesadas dende a chamada Nova Esquerda, que buscan colocar a mensaxe de enfermo terminal do PSOE para quedar co seu espazo electoral Non obstante, tratando de facer unha análise máis rigorosa, non todo é malo para o Partido Socialista, a pesar de que segue instalado nunha crise electoral dende novembro de 2012. Segundo a pregunta 43 do CIS, que interpela aos consultados (2.464) segundo a súa posición nunha escala ideolóxica, onde cero é a extrema esquerda e dez a extrema dereita, os entrevistados sitúanse no número 5 (19.0%), 3 (16.2%), 4 (14.8%) e 6 (8.4%). É dicir, a suma das posicións ideolóxicas 3 e 4 alcanza o 30% dos entrevistados, que á súa vez, sitúan o PSOE, maioritariamente, nos puntos 3 e 4 desa mesma escala ideolóxica (36.4%). O PSOE é recoñecido como o partido máis afín á ideoloxía do electorado Polo tanto, a unha sociedade cunha sensibilidade maioritariamente de esquerdas, onde o centro se converteu nun lugar desituado, presuntamente desideoloxizar a raíz do noso convulso pasado, o PSOE é recoñecido como o partido máis afín á ideoloxía do electorado. Tamén, as primarias no Partido Socialista teñen que servir para rearmar a organización na esquerda, por ser a posición ideolóxica dende a que se alcanzaron os triunfos electorais, como por ser o caladoiro de votos do PSOE na actualidade. A pregunta 30 do barómetro do CIS demostra que a maioría dos votantes con dúbidas sobre se depositar o voto no PSOE ou noutra organización, dubidaron entre os socialistas e outros partidos de esquerdas. Só o 5.6% dos entrevistados dubidou no seu voto entre PP e PSOE, mentres que o 11% dubidou entre o PSOE e Podemos ou Esquerda Unida. A este dato, súmaselle a cantidade de persoas que optaron pola abstención, que se tivesen decidido votar, se tivesen decantado maioritariamente polo Partido Socialista (19%). O Partido Socialista segue tendo un espazo claro dentro do sistema electoral español. Para recuperalo parece claro que ten que optar por unha ideoloxización das súas accións e discursos En definitiva, máis alá de conxunturas temporais, de procesos de renovación interna e asunción de liderados, o Partido Socialista segue tendo un espazo claro dentro do sistema electoral español. Para recuperalo parece claro que ten que optar por unha ideoloxización das súas accións e discursos. O que queda corroborado tras a enquisa do CIS é que o Partido Socialista non é unha forza residual, como nos quixeron vender as análises máis catastrofistas, lanzadas dende os aparatos de propaganda tanto da dereita, co seu discurso do medo; como dende a Nova Esquerda, coa súa minusvaloración da capacidade de propoñer alternativas do Partido Socialista. |
QUEPASA_425 | Vaise achegando o 8 de marzo e as actividades arredor do Día da Muller fanse públicas. Estes días coñecemos interesantes iniciativas, tanto a nivel municipal como provincial, para seguir traballando en materia de igualdade. | Unha cita que se enmarca nestas xornadas é a exposición de Viki Rivadulla en Vimianzo. A inauguraciuón será este venres 1 de marzo ás 20:30h na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura Cartel de luxo para as IV Xornadas de Xénero en Ponteceso Mercedes Queixas, Clara Amado, Ana Sánchez, Celtia Figueiras, Roser Amills, Raquel Queizás e Soledad Felloza difundirán a cultura da igualdade ao longo do mes de marzo. Será no programa que a Área de Biblioteca que dirixe o concelleiro pontecesán Carlos Penedo arredor Día Internacional das Mulleres. Estas IV Xornadas de Xénero arrincarán o próximo venres 1 de marzo cunha convidada de luxo: Mercedes Queixas. A escritora, mestra e académica galega ofrecerá unha charla titulada "As pioneiras como Rosalía", na que a partir dunha fermosa biografía infantil sobre Rosalía presentará a outras mulleres sobresaíntes e tamén pioneiras no seu tempo, pertencentes a diferentes áreas do coñecemento. A xornada rematará cunha actuación musical protagonizada polo dúo pontecesán formado por Clara Amado e Ana Sánchez, que interpretarán temas relacionados coa igualdade. A segunda cita terá lugar o vindeiro xoves 7 cunha proposta escénica dirixida ao público familiar que nos achegará a contadora de contos Celtia Figueiras a través do espectáculo Ula Lúa?, no que se narra a historia dunha tímida e asustadiza gatiña que nos amosará valores tan importantes como a tenrura, o respecto ou a solidariedade nun mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. As Xornadas tamén viaxarán ata o IES Eduardo Pondal de Ponteceso para promover un encontro entre os/as estudantes do centro e a xornalista e escritora mallorquina Roser Amills, autora de numerosos libros de novela, ensaio e poesía que compaxina coa súa actividade profesional en radio, TV e plataformas online. Será o venres 15, a partir das 13:00 horas, durante a charla que ofrecerá baixo o título "vitaminas para adolescentes", toda unha declaración de intencións para lograr o compromiso e a implicación da mocidade en cuestións de xénero. O venres 22 será a actriz e contadora Raquel Queizás quen achegue aos máis pequenos/as os contos pola igualdade a través do espectáculo "Somos iguais", no que descubriremos historias de nenos e nenas que rompen os estereotipos que abundan nos contos e faranos brincar co poder da imaxinación que une ambos sexos. E tamén para a cativada e as súas familias vai dirixida a última actividade do mes protagonizada pola tamén actriz e contadora de historias Soledad Felloza, que nos achegará ao mundo máxico e libre das "Bolboretas" o venres 29. Programa sobre feminicidio da Deputación A área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña promove obradoiros a través dos CIMs para avanzar na prevención da violencia machista. Os Centros de Información á Muller dos Concellos de Carballo, Cee, Muros e Muxía acollen algunha das citas desta serie de debates, que arrinca hoxe en Negreira. O obxectivo da actividade é debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da doméstica ou intrafamiliar, tomando como base o libro "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión", da propia Carme Adán. Programa do Día da Muller en Carballo O Centro de Información á Muller e a Biblioteca Rego da Balsa colaboran para achegar o debate sobre a igualdade a todos os sectores da poboación. O programa comeza o vindeiro luns 4 de marzo, de 18.00 a 20.00 horas, no Pazo da Cultura, cun obradoiro arredor do feminicidio que será impartido por Carme Adán. A autora de Feminicidio.As persoas que o precisen deben solicitalo previamente chamando ao teléfono do CIM, 981 700 688. O prazo está aberto ata o venres 28. As actividades trasladaranse o xoves 7 ata a Biblioteca Municipal Rego da Balsa, que acollerá a partir das 19.00 horas o faladoiro Feministas e artistas, unha nova proposta das Xornadas Guerrilleiras que nos propón cada ano por estas datas a biblioteca.O 18 de marzo de 10.00 a 14.00 horas desenvolverase no Pazo da Cultura un novo e interesante obradoiro, nesta ocasión sobre Confianza e seguridade das mulleres na rede, que vai dirixido a mulleres con coñecementos de informática a nivel usuaria. Obradoiro de risoterapia en Cee Ademais do programa escolar de igualdade, o CIM de Cee artella un obradoiro de risoterapia. |
NOS_39789 | A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) publica un manifesto no que pide a retirada de 145 símbolos franquistas da cidade da Coruña e máis da Deputación provincial. | A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) difundiu esta segunda feira un manifesto no que pide a retirada dun total de 145 símbolos franquistas, ademais de rúas e distincións honoríficas, que dependen tanto do Concello como da Deputación da Coruña. Así no manifesto lístanse un total de 108 destes símbolos no municipio coruñés e, máis dunha trintena, en total 37 símbolos dependentes da Deputación. O texto, titulado Os tempos son chegados. Pola retirada da simboloxía franquista no Concello da Coruña e na Deputación, o manifesto está asinado por arredor dunha corentena de asociacións e entidades memorialísticas e por un total de 70 historiadoras, escritoras e persoas do mundo da cultura de toda Galiza. Entre as persoas asinantes atópanse os escritores Manuel Rivas e Suso de Toro, a parlamentaria Mercedes Queixas, ou o historiador e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, xunto a moitos outros. O manifesto sinala os "incumprimentos" na Coruña da lei de memoria histórica aprobada en 2007, así como de varias declaracións do Parlamento e de acordos da Deputación da Coruña. O documento tamén incide en que "xa é hora" de eliminar as rúas e distincións dedicadas a persoas "representantes ou partidarias" da ditadura, entre elas ministros, alcaldes, presidentes de deputacións, gobernadores civís e demais altos cargos. "Manter hoxe esas distincións honoríficas, as rúas e a simboloxía franquista, sería unha auténtica indecencia, unha indignidade, unha humillación, un oprobio e un insulto á cidadanía, e especialmente ás familias das persoas represaliadas, que non pode permitir unha sociedade democrática", conclúe o texto. Ademais, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica solicitou unha entrevista coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para entregarlles o manifesto e os apoios recibidos. Así mesmo, a comisión quere coñecer os plans que teñen ambas as institucións para eliminar todos estes elementos franquistas" máis de 13 anos despois da aprobación da Lei de memoria histórica". |
NOS_32982 | A cámara escura, de Jose Lúís Baños de Cos, gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño, consolida unha proposta orientada á mocidade que non por iso aposta por un teatro fácil ou sinxelo. | Dentro do sempre complexo mundo da escrita dramática galega e a súa relación coas posibilidades editoriais, gardamos sempre un oco para falar do Premio Roberto Vidal Bolaño, promovido pola propia editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro. Trátase dun caso especial no panorama destes certames, xa que mantén esa orientación a un público adolescente e tamén a unha representación protagonizada por persoas destas franxas de idade. Por se esta singularidade fose pouco, na curta vida do premio puidemos ver pezas de grande calidade, que non dubidaron en incorporar tanto temáticas interesantes como as estratexias e innovacións das liñas máis contemporáneas do teatro. A cámara escura / J.L. Baños de Cos / Galaxia / 2021 / 72 páxinas / 8,75 euros A cámara escura, do galego-andaluz José Luis Baños de Cos non desmerece esta prometedora traxectoria e consolida unha proposta orientada á mocidade que non por iso aposta por un teatro fácil ou sinxelo. Máis ben hai que destacar o compromiso cunha perspectiva e unha problemática específica das persoas novas e daquelas que viven a súa mocidade nunha sociedade máis interconectada ca nunca. O tema que nos presenta A cámara escura é o desa omnipresenza das redes sociais e formas novas de comunicación, a súa influencia e capacidade de rexer os intereses da mocidade. E tamén do perigo de que a información privada flúa sen control por moitas delas, un tema que afecta especialmente ás persoas adolescentes. As referencias ao sexting parten xa do inicio da obra e acaban ocupando paulatinamente o seu centro. Imaxes eróticas (ás veces, de menores de idade) que acaban saíndo da comunicación privada para levar a persoas novas a un reto de exposición e culpabilización ao que non deberan ter que enfrontarse. A forma de tratar o tema de Baños de Cos é interesante por dúas razóns. Por unha parte, e aínda que existe unha crítica profunda a estas dinámicas, non hai unha criminalización directa do seu emprego. A proposta dramática mostra algúns dos seus efectos, pero sen caer de cheo nos discursos tecnófobos que supoñen, polo xeral, unha forma errada de encarar o problema. Por outra banda, a propia estrutura da obra, xogando a disolver unha perspectiva lineal do problema e explotando estratexias como o desdobramento da protagonista ou a aparición de secundarios só relativamente relacionados co centro, encaixa á perfección con esta forma de enfocar a cuestión. Unha peza valente e relevante, que ademais garda toda unha reflexión sobre o universo de imaxes e likes que habitamos. |
NOS_31099 | O director da Organización Mundial da Saúde para Europa aposta por "lograr un equilibrio entre as necesidades das residentes e as súas familias, e garantir que os servizos se xestionen de forma segura e que o persoal estea protexido e ben apoiado". | Até a metade dos falecementos pola COVID-19 son persoas maiores que se atopaban en residencias, "unha traxedia humana inimaxinábel", sinalou o director rexional da oficina da Organización Mundial da Saúde (OMS) para Europa, o doutor Hans Kluge, atendendo a que esta cifra podería chegar ás 55.000 mortes, segundo as estimacións dos países da rexión europea. Por este motivo, esta quinta feira Hans Kluge puxo especial énfase en pedir aos Estados membros o seu "compromiso" para protexer ás maiores das residencias e ás súas coidadoras. "Esta pandemia puxo de relevo os recunchos menosprezados da nosa sociedade. En toda a rexión europea, os coidados a longo prazo foron notoriamente descoidados. Pero non debería ser así", sinalou, antes de pedir que se estabelezan sistemas de atención a longo prazo integrados e centrados na persoa. "Isto significa lograr un equilibrio entre as necesidades das residentes e as súas familias, e garantir que os servizos se xestionen de forma segura e que o persoal estea protexido e ben apoiado", salientou. Para eles pide estabelecer plans integrais para previr e controlar as infeccións; dar prioridade ás probas de calquera caso sospeitoso entre as residentes e o persoal dos centros de coidados a longo prazo; proporcionar capacitación e subministracións e equipos médicos esenciais aos centros de atención; e illar todos os casos, estabelecer pavillóns ou espazos separados para as residentes con COVID-19 mesmo antes de que se produzan os primeiros casos, e asegurarse de que as residentes poidan ser remitidas e ser dadas de alta de forma segura do hospital. "Estas medidas axudarán a reducir a propagación do virus, e permitirán a apertura controlada unha vez máis destes fogares ás familias e ás visitantes", explicou o experto, quen ademais pediu que, "de agora en diante", se prioricen "a calidade, os recursos, os sistemas de atención fortes e sostíbeis" que dean valor ás "necesidades e a dignidade das persoas", pois esa "debe ser a nosa norma de ouro". Para isto, o dirixente da OMS para Europa solicita que se reúna a médicas, enfermeiras, farmacéuticas, profesionais da saúde e sociais, traballadoras da saúde e, sobre todo, ás propias usuarias das residencias de maiores na toma de decisións e na prestación de coidados. "Temos moito que aprender o un do outro. Compartamos as experiencias relevantes en toda a sociedade, e os enfoques comunitarios da atención. A OMS está disposta a apoiar aos países para que estabelezan sistemas integrados de atención a longo prazo centrados na persoa", engadiu. COVID-19 en Europa Doutra banda, Hans Kluge lamentou que case o 50% da carga mundial dos casos de COVID-19, máis de 1,2 millóns, están na rexión europea. "Entristéceme informar que máis de 110.000 persoas perderon a vida. Desde a última vez que lles informei hai 7 días, os novos casos aumentaron en máis dun cuarto, e as mortes nun terzo", afirmou. "Non se equivoquen, permanecemos en augas moi turbulentas e farémolo por algún tempo. Dos 10 países do mundo que notificaron o maior número de casos novos nas últimas 24 horas, 6 atópanse na rexión Europea", advertiu. Así mesmo, destacou a "redución de casos" no Estado español. |
NOS_33245 | Unha delegación da MNL reuniranse esta segunda feira con responsábeis do comité de expertos que avalía o cumprimento do Convenio Marco de protección das minorías nacionais do Consello de Europa. | Unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística reunirase esta segunda feira en Madrid co Comité de expertos do Consello de Europa para o Convenio Marco para a protección das minorías nacionais. Unha xuntanza na que exporá "os continuos incumprimentos en materia de dereitos lingüísiticos que poñen mesmo en cuestión a oficilialidade real da lingua galega por parte da Xunta e do Estado". A Mesa lembra que o Convenio Marco para a protección de minorías nacionais promovido polo Consello de Europa e ratificado polo Estado Español inclúe expresamente no seu articulado o dereito de aprender a lingua propia. A delegación da MNL informará ao Consello de Europa sobre a situación do galego na educación infantil á luz dos datos do último estudo elaborado pola entidade en defensa da lingua que mostran como o galego está a desaparecer desta etapa educativa, cunha presenza por baixo do 3% de centros que imparten maioritariamente no noso idioma. Así mesmo, a asociación en defensa da lingua informará ao Consello de como nos últimos anos se multiplicaron as queixas que reciben pola deturpación da toponimia galega por parte da Administración (desde o Ministerio de Agricultura á Axencia de Turismo da Xunta, pasando polo Concello da Coruña) e das empresas públicas (como Renfe ou TVE) ou mesmo universidades estatais como a UNED, unha cuestión que parecía estar superada. |
PRAZA_8415 | O comité de empresa analiza o tratamento de varias informacións, denunciando a ocultación de datos na nova que relaciona a Feijóo con Marcial Dorado, a "minimización da resposta social aos desafiuzamentos" ou o "silencio" ante varias manifestacións. | Traballadores da TVG denuncian a "manipulación informativa" que, segundo eles, se dá nos telexornais da canle pública galega. Logo de expresar o seu malestar en varias ocasións co tratamento que se lle dá a certas noticias -especialmente en todas aquelas que están relacionados co PP ou con administracións gobernadas polos conservadores-, o comité vai máis aló e vén de sacar á luz un blog no que se analizan numerosas novas, comparando o tratamento que reciben na televisión autonómica co que se lle dá noutros medios. Así, a bitácora Eu non manipulo analiza con detalle ata quince informacións emitidas en diferentes telexornais da TVG. A primeira delas ten que ver coas polémicas fotos publicadas polo diario El País onde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sae retratado xunto ao narcotraficante Marcial Dorado, que cumpre condena na cadea. "O Telexornal ofrece un único vídeo coas explicacións de Feijóo e o comunicado do PP, sen ofrecer detalles achegados por 'El País' en exclusiva" "Ese mesmo día, no Telexornal ofrécese un único video onde se recollen as fotos publicadas por El País, as explicacións do presidente Feijóo á Radio Galega e o comunicado do PP, sen ofrecer ningún dos detalles achegados polo xornal na súa exclusiva", destaca a análise deste blog, que repara tamén no feito de que o vídeo sobre esta relevante información -que foi portada en case todos os medios- se emitise "ás 14:42 e ás 21:12, ben avanzados os telexornais do día", ademais de denunciar que "non se ofrecesen reaccións dos distintos partidos políticos galegos". O blog destaca que mentres se minimizan as polémicas que afectan ao PP si se dan "todo luxo de detalles" das que implican a José Blanco ou Fernández Toxo Pola contra, a bitácora do comité de empresa da TVG sinala que a información que "si merece un vídeo con todo luxo de detalles nos dous telexornais" é aquela derivada dunha noticia do diario La Razón na que se fai referencia a un segundo informe da UDEF (Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal) que destaca que "a obra do chalé do ex ministro socialista Xosé Blanco 'pagouna' o empresario José Antonio Orozco". Na mesma entrada, titulada As distintas varas de medir, tamén se denuncia que si se lle deu importancia nos distintos telexornais a outra información doutro xornal conservador, neste caso o ABC, na que se denuncia que o secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, "avalou ante notario a creación dunha asociación para o cobro de ERE". En contraposición a estas informacións, o blog dos traballadores da TVG repara que unha nova "de semellante calibre" como a que advirte que Feijóo xa presentara a súa dimisión en 2003 polas súas fotos con Marcial Dorado "non aparece nos telexornais". "Ese día omítense as reaccións de AGE e do BNG sobre a evolución do caso e tampouco se recolle outra nova destacada nun xornal como El Mundo" na que se asegura que "o Concello de Madrid costeou 203 clases de golf para Aznar e os seus familiares". "Nin rastro dela nos telexornais", destacan. Esta análise sobre o tratamento que a TVG está a dar ás informacións sobre a relación de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado é tan só unha das varias que se inclúen no blog que, tal e como se aclara, "foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a manipulación informativa que sofre a canle pública e para demandar a creación do estatuto profesional que establece o artigo 36 da Lei 9/2011 de 9 de novembro dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, e que contempla a creación dun Consello de Informativos para a Corporación RTVG". O comité denuncia o "silencio" dos telexornais respecto a manifestacións a prol da sanidade pública Entre as outras moitas análises inclúense denuncias sobre o tratamento de moitas outras informacións. Así, censúrase a "minimización da resposta social aos desafiuzamentos", como no caso de Aurelia Rey na Coruña; o nulo tratamento das estatísticas que falan do elevado número de licenciados galegos en paro; a "ocultación" do feito de que "Bruxelas corrixa ao Goberno"; ou que se "silencien" as manifestacións contra a área sanitaria única en Monforte de Lemos. Pero estes son tan só algúns exemplos, no blog inclúense unha morea de exemplos, clasificados incluso en varios grupos: as versións interesadas, máis manipulación ou o que non se deu. |
PRAZA_13565 | O blog de análise económica galega A furada do trasno lembra que a comisión de investigación no Parlamento galego "debe centrarse en analizar as claves políticas" da xestión das entidades e das razóns da súa desaparición. Enumera os aspectos "estritamente políticos" sobre os que se deberían deitar luz, pero sospeita que "non hai ningunha intención" de dar resposta ao esencial. | O blog de análise económica galega A furada do trasno lembra que "houbo que agardar a que a Fiscalía Anticorrupción presentase unha querela na Audiencia Nacional por presunta administración desleal ou apropiación indebida contra os ex directivos de Novacaixagalicia, para que o PP accedese a que se constitúa no Parlamento de Galicia unha comisión de investigación dirixida a esclarecer a xestión das caixas de aforros", así como "as razóns que levaron á súa desaparición e as indemnizacións millonarias que percibiron os seus ex directivos". Para os autores deste prestixioso blog, é "obvio" que unha comisión parlamentaria de investigación debe "centrarse en analizar as claves políticas do asunto" e non as responsabilidades penais dos directivos implicados, que xa serán investigados pola fiscalía. Así, e segundo A furada do trasno, a comisión debería deitar luz sobre algúns aspectos "estritamente políticos". "A comisión de investigación debería deitar luz sobre os aspectos estritamente políticos" En primeiro lugar, cómpre saber que argumentos "sustentaban a actuación do goberno galego para forzar a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, así como coñecer a actuación das tres forzas parlamentarias no asunto. Do mesmo xeito, os autores do blog animan a investigar "os obxectivos da non nata lei de caixas" e o procedemento de contratación da "famosa auditoría de KPMG" que serviu como "argumento" para "obrigar" a Caixanova a aceptar a fusión. "É importante saber cal era a situación patrimonial real e a solvencia das dúas caixas" Desde o blog instan tamén a descubrir "cal era a situación patrimonial real e a solvencia" das dúas caixas, "a implicación da Consellería de Facenda e da Xunta no proceso" e o "tipo de negociación establecida entre o Goberno galego e o Banco de España". A Furada do Trasno repara tamén na importancia de saber "quen decidiu poñer a Castellano á fronte de Novagalicia", así como "a información de primeira man" que tivo a Administración sobre a negocicación do FROB coa entidade. Para os autores do blog, é importante tamén coñecer "en que medida o Goberno de Galicia foi consultado, ou informado, da valoración patrimonial que o Banco de España fixo Novacaixagalicia", logo do brutal descenso na valoración contable, así como "a verdadeira responsabilidade política da xunta no evidente fracaso da fusión das dúas caixas de aforros". Para A furada do trasno, parece que "na constitución da comisión de investigación, non hai ningunha intención de dar resposta a todos estes asuntos". "Semella máis ben, que o que se pretende, ao socaire do proceso penal iniciado pola Fiscalía Anticorrupción, é centrar todo o debate na presunta responsabilidade penal dos implicados, pasando de puntiñas sobre as responsabilidades políticas que puidera haber neste esperpéntico asunto". Máis información, no blog d'A furada do trasno. |
QUEPASA_15 | María González completou, cunha gran remontada, o seu doblete muradán tras vencer tamén o Duatlón | Muros acollía esta pasada fin de semana o II Mar de Muros Tríatlon, chamando este ano Trofeo Iván Raña. E precisamente o deportista galego foi o gran triunfador, dominando a proba de principio a fin protagonizando un auténtico monólogo e levando o título. Mentres en categoría feminina María González (nesta foto) alzábase co ouro nunha remontada tremenda, deixando ca prata Noelia Gómez e a Marta Gil co bronce. A maxia de Muros, cun circuito espectacular brillou, tanto para os espectadores como para os participantes, que disfrutaron, sobre todo no sector ciclista, dunha beleza paisaxística incrible. Ademais o tempo se mantivo ideal para a práctica deste deporte e auténtico auxe. "Que existan carreiras así con este número de participantes xa é un éxito, recordo cando fai 17 anos só eramos uns 20 ou 30 na liña de saída", dixo Iván Raña ao finalizar a proba. Raña xa marcou 20 segundos na natación, e foi na bici onde sacou grandes diferencias. Na carreira a pé, Iván Raña correría sen moito esforzo en solitario e aínda así, batería o récord da proba e situaríao en 57 m 42 s. A segunda praza sería para Brais Otero que fixo unha carreira moi regular, situándose sempre no grupo perseguidor nos 3 sectores. A pouco menos de 10 segundos chegaría Nico Domínguez (gañador no 2018) que ocuparía o último posto do podio. Por último, destacar o 4º posto do muradán Manu Dosil (na foto de abaixo) (CC Muros Tríatlon), que quedara campión do pasado Duatlón. En feminina, María González foi quen de remontar ata 4 minutos perdidos na natación, sobre todo na carreira a pé, completando ademais o seu doblete muradán despois de vencer o Duatlón. O fin de festa tivo lugar no Curro da Praza, no que se lle brindou homenaxe a Iván Raña que recibiu unha placa conmemorativa por parte do Concello de Muros, así como a súa sinatura no Libro de Ouro municipal. Asegurouse tamén o seu nome na proba de aquí en diante, e aproveitou para celebrar o seu 40 aniversario. A proba en vídeo |
NOS_48616 | O prezo da vivenda está disparado na Galiza. Mentres no conxunto estatal diminúen de maneira importante os custos do alugueiro e dos inmóbeis en propiedade, a dinámica do mercado galego vai por outro camiño, coa cidade de Ourense liderando a alza do prezo do arrendamento e a de Lugo o da compra. Esta realidade é exportábel á de boa parte das vilas e das localidades, malia contar Galiza con 299.301 inmóbeis baleiros, 2.735 dos cales son propiedade do Estado. A ausencia dunhas políticas públicas que aposten pola vivenda protexida agravan o problema. | O prezo da vivenda libre na Galiza desmárcase da tendencia estatal e rexistra o terceiro aumento desde 2017. Segundo os datos fornecidos pola Asociación Española de Análise do Valor, con base na información achegada polas diversas entidades de taxacións integradas na mesma, o valor medio do metro cadrado na Galiza sitúase en 1.206,2 metros cadrados, con Lugo liderando a alza do valor dos inmóbeis do Estado, cunha suba en 2020 de 12,5%. A distancia da cidade amurallada, mais cun aumento importante nos prezos, sitúase A Coruña, cunha suba de 6,7%; Ribeira, de 6,5%; Oleiros, de 5,8%; Redondela, de 5,4% e Arteixo, de 5,1%. O mercado do alugueiro non queda atrás. O portal inmobiliario Idealista, no seu informe para 2020, recolle que Ourense é a cidade do Estado onde máis sobe o alugueiro, cun aumento de 11,5%, ocupando Lugo o quinto lugar nesa lista, cunha alza de 6,8% e rexistrando para a media galega un incremento nos prezos de 7,1%. Se ben A Coruña e, sobre todo, Pontevedra certifican caídas nos custos dos arrendamentos, estas non son máis que unha excepción no panorama de conxunto. A este respecto, o informe de Idealista declara alzas no último ano de 8,8% para Vigo, de 6,4% para Foz, de 5,1% para Ferrol ou de 4,8% para Ares. O valor medio do metro cadrado en réxime de arrendamento na Galiza é de 7,1 euros, aínda lonxe do máximo histórico de 8,7 euros declarado en maio de 2007. Porén, Lugo e Ourense xa teñen superado os prezos do período da burbulla inmobiliaria ao longo de 2020, concretamente nos meses de agosto e outubro e Vigo tense aproximado nesa anualidade aos prezos anteriores ao estoupido da crise de 2008. Neste sentido, a suba dos prezos da vivenda libre mantense constante e cunha dinámica equilibrada no conxunto das comarcas galegas. Galiza, á cabeza do Estado en inmóbeis baleiros A alza dos prezos da vivenda contrasta co elevado número de inmóbeis baleiros. Segundo un informe elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), Galiza é o territorio do Estado coa maior porcentaxe de casas e pisos desocupados, até sumar 299.301 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas rexistradas, o que significa o 18,6% do parque total e cinco puntos por media da riba estatal, que se sitúa en 13,7%. A taxa de ocupación máis elevada concéntrase nas comarcas coruñesas e pontevedresas, con 62 concellos onde as vivendas desocupadas superan o 25% e outros 33 onde chegan a 30%. Un total de 2.735 dos 299.301 inmóbeis baleiros existentes na Galiza son de titularidade estatal. Concretamente, a súa propietaria é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), popularmente coñecida como o banco malo. A parte máis importante destas vivendas sitúase nas cidades de Vigo e da Coruña, onde segundo Fegein hai arredor de 650 e 1.200 demandantes de vivenda. Neste sentido desde a patronal inmobiliaria teñen reclamado de maneira reiterada ao Estado a súa cesión á Xunta da Galiza para pór en marcha un parque de vivendas públicas destinado ás rendas máis baixas. A caída da promoción da vivenda protexida na Galiza, que nos últimos anos se ten colocado en mínimos de toda a serie histórica, agrava o problema. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2015 e 2019 concedéronse licenzas para 12.734 vivendas, das cales só 82 contan coa clasificación de protexida. Ao tempo, no mesmo período rematáronse 165 vivendas protexidas dun volume de 8.855, o que representa menos de 2% do total. A cualificación dunha vivenda como protexida correspóndelle á Xunta da Galiza, como Administración con competencias plenas en materia de vivenda. Ausencia de políticas públicas A natureza das políticas públicas de vivenda explica boa parte do encarecemento do alugueiro e da vivenda libre. O arquitecto e profesor da Universidade da Coruña Xan Casabella sinala a Nós Diario que "dentro do mercado libre a única posibilidade de intervir no prezo da vivenda é a través das Vivendas de Protección Oficial (VPO) polo que é necesario volver ás promocións de vivendas públicas en propiedade e en alugueiro que no seu momento impulsaban as administracións". "Aquí os concellos teñen pouco que facer", lembra Casabella, quen aposta "por cambios lexislativos para poder cualificar o solo residencial como de utilizade pública e poder expropialo" . Xaquín Moreda é arquitecto e concelleiro de Urbanismo en Pontevedra. En declaracións a este medio considera "prioritario" mobilizar as 300.000 vivendas que hai baleiras na Galiza, comezando por aquelas que son propiedade da Sareb, para facer fronte á demanda. "De feito, o Concello de Pontevedra leva anos gravando co 25% o Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) daqueles inmóbeis baleiros", explica. Nesta liña, Moreda crítica a falla de vontade das administracións galega e estatal de impulsar as vivendas protexidas en réxime de arrendamento, "algo que en Europa funciona moito", e denuncia que "a diferenza entre o réxime fiscal da vivenda protexida para alugueiro e para a venda deixa claro cales son as prioridades do Goberno". Iris Tarrío traballa na inmobiliaria AGH da Coruña. En conversa con Nós Diario, pon de manifesto que a pandemia está introducindo mudanzas no mercado da vivenda, "xa que agora sobre todo buscan casas e pisos máis grandes, que teñan terrazas e con espazos amplos", "os propietarios teñen medo a alugar por temor aos impagamentos e á morosidade" e "os compradores adoitan dispor do diñeiro antes de mercar, sen acudir ao financiamento bancario", dados os problemas das entidades de crédito á hora de prestar o diñeiro. Jorge Salgado Cortizas é un arquitecto cun estudio aberto no concello de Pontedeume. "Notei que a xente comezou a comprar casas vellas e encargar proxectos para vivendas novas desde que comezou a pandemia", sinala Salgado a Nós Diario. Apunta que "as vivendas vai haber que concibilas doutra maneira, con base nunha concepción espacial distinta, "nunha nova realidade que nos vai permitir traballar desde a casa". Neste sentido, defende unhas "políticas de vivendas para pór en valor o patrimonio" e destaca "a aposta da Consellaría de Vivenda do Goberno bipartito pola vivenda protexida mediante actuacións de recuperación dos cascos históricos". |
NOS_33417 | O novo regulamento da UE obrigará o sector pesqueiro artesanal galego a introducir modificacións tecnolóxicas que desde a Federación de Confrarías consideran "inviábeis". Por este motivo anuncian un paro para a vindeira sexta feira, 26 de marzo, e exixen a dimisión da eurodeputada Clara Aguilera (PSOE), relatora da iniciativa da que xurdiu esta nova normativa de control. | O sector da pesca tradicional galega decidiu pasar á acción e protestar polo que consideran "acoso" á súa profesión por parte da Unión Europea (UE). O Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías xa anunciara, após unha reunión realizada o pasado sábado 13 de marzo, que convocaría unha xuntanza en liña co conxunto de patroas e patróns maiores da Galiza coa intención de valorar o Novo Regulamento de Control aprobado polo Parlamento Europeo de Pesca e decidir as medidas a tomar. Esta segunda feira, como resultado desa valoración, anunciaron que realizarán un paro de toda a frota artesanal a vindeira sexta feira 26 de marzo e que farán soar as sirenas dos buques ás 12 horas en sinal de protesta para visibilizar o seu malestar. Imposibilidade de cumprir coa normativa A proposta actual da UE é que os buques estean obrigados a rexistrar as súas capturas de forma electrónica e non en papel como realizaban até agora as embarcacións cunha eslora superior a 10 metros que levan un diario de pesca. "Estamos cansos de que nos criminalicen cando saímos ao mar", asegura a Nós Diario o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadoras e Pescadores, José Antonio Pérez Sieira. Afirma que "cada paso que damos parece que ten que estar controlado por cámaras de xeolocalización" cando "volver retransmitir desde as embarcacións menores, onde non temos nin onde meter un bocadillo nin contamos con ponte de mando e estamos todos xuntos tras do peirao, non ten sentido", máxime cando, di, "pasamos un control polas lanchas de vixilancia, outro ao descargar notas da propia lonxa e aínda por riba querer impornos isto". Desde a federación non entenden a razón de que non se aceptara a modificación da definición de pesca artesanal por parte da UE. "A frota artesanal é un mundo á parte", explica Pérez Sieira, "para facer unha norma teñen que vir aquí e saber como traballamos", engade. A imposibilidade de cumprir a nova normativa ten unha explicación lóxica polo tamaño da maior parte das embarcacións. "Cando traballas nunha de catro metros ou nunha dorna, que non teñen baterías, como se instalarán?", pregúntase o responsábel das confrarías. O temor desde o sector é que a aplicación da normativa veña acompañada de sancións para quen non adapte esta instrumentación que, ademais, implicaría un gasto engadido que non poderían asumir. Lembran que algo semellante sucedeu en 2019 con outra norma. "Daquela fixeron a lei de descartes e non tiñan nada preparado", conta Pérez Sieira, "o resultado foi que ninguén sabía onde se tiña que descargar un descarte e non se puido implantar", agrega. Por este motivo pensa que agora, con esta nova normativa, acontecerá o mesmo, por non anticiparse. Mocións nos concellos e petición de dimisión Ademais de convocar o paro na Galiza, pensan dirixirse por escrito á Federación Estatal de Confrarías para que informe o resto das confrarías de pescadoras e pescadores da decisión que tomou o sector galego. Outra das medidas que pensan activar será buscar a solidariedade dos concellos galegos para que aproben, mediante mocións de apoio á frota artesanal, o seu rexeitamento deste novo regulamento de control Por último exixen o cesamento inmediato da eurodeputada Clara Aguilera (PSOE), relatora da iniciativa española pola que se imporá esta normativa na Galiza e en todo o territorio da UE. "Veu convidada polo Consello Galego de Pesca, explicámoslle como traballabamos, enviámoslle cartas e aínda así presionou no Parlamento Europeo para que se fixera desta maneira que tanto nos prexudica", sinala o responsábel das confrarías, "isto é o que máis nos doe ao sector", sentencia. |
NOS_661 | Desde abril ponse en marcha da libraría Numax de Compostela o proxecto 'Intemperiadas', de creación ao vivo e en feminino estabelecendo diálogo coa autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021, Xela Arias. | Entre os meses de abril e outubro de 2021 decorrerá na sala Numax de Compostela o proxecto "Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias", poeta á que se lle dedica o Día das Letras 2021. A iniciativa presentouse na segunda feira, 29 de marzo, e vai consistir nunha serie de "diálogos entre novas artistas e mais a poeta" e "ten como alicerce activar a pegada de Xela Arias: a sororidade instintiva, a desobediencia fronte un equilibrio inxusto, a creatividade e a experimentación coa palabra", explica a tamén poeta e comisaria do proxecto Charo Lopes. En "Intemperiadas" contarase cos traballos de Laura Tova, desde a ilustración; Io Morales no téxtil; Jóia Rra, con Acacia Ojea e Marga Gilino no apartado musical; Verónica Vicente, desde a fotografía; e Paula Pereira, a partir da cerámica. Todas as artistas "desenvolverán parte do seu proceso creativo ao vivo" no espazo da libraría Numax durante o seu horario de apertura. A primeira en facelo será Laura Tova, o sábado 10 de abril. O proxecto, que conta co apoio da Deputación da Coruña, tamén terá a súa voz e o seu eco nas redes sociais onde, baixo o cancelo #intemperiadas, se convida o público a compartir as súas propias creacións arredor da figura de Xela Arias. O traballo especializado de María Xesús Nogueira A editora Chan da Pólvora súmase ás sucesivas iniciativas de homenaxe á poeta das Letras Galegas coa publicación do volume De certo, a vida ía en serio, que, a partir de textos de entrevistas, conferencias, reflexións, autopoéticas e poemas, "quere explicar a Arias a través das súas propias palabras". A doutora en Filoloxía galega e experta na poeta María Xesús Nogueira é a responsábel da selección de textos e mais da edición deste volume. |
NOS_27095 | Catro deles ficaron en liberdade por decisión xudicial | A Fiscalía solicitou ao xuíz que investiga o asasinato de Francisco Javier Romero, 'Jimmy', que cite como investigados por homicidio e tentativa de homicidio os ultras do Atlético de Madrid que inicialmente foron detidos pola Policía e posteriormente excarcerados. A Fiscalía solicitou ao maxistrado que a causa se divida en tres partes: unha referida á lea multitudinaria e tenza ilícita de armas; outra que atinxa o asasinato do seareiro deportivista; e unha terceira sobre o intentio de homicidio e lesións sufridas por outro afeccionado do Dépor, que guindaron ao Manzanares. Reclama que se cite como investigadas a cinco persoas. Catro delas foron sinalados pola Policía como autores da morte de Jimmy e ficaron posteriormente en liberdade por decisión xudicial. A quinta, sería unha persoa imlicadsa na lea. A axencia Efe sinala que o xuíz non rexeitou a solicitude, senón que solicitou aos afectados que aleguen o que entendan e consideren oportuno. |
NOS_57791 | O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e que se penetra nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América". | O xornalista Xesús Fraga foi recoñecido no Premio Nacional de Narrativa pola súa obra 'Virtudes (e misterios)'. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e que se penetra nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América". "Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven dacabalo entre dous mundos", engadiu o xurado "Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven dacabalo entre dous mundos", engadiu o xurado. Xesús Fraga, nacido en Londres en 1971, estudou Xornalismo na Universidade de Salamanca e é redactor do diario La Voz de Galicia. Como escritor en lingua galega, cultivou tanto o relato, A-Z, como a novela, Solimán, e a narración xuvenil, Reo. Traduciu o galego e o castelán libros de Julian Barnes, Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath e Robert Macfarlane, entre outros. Como lembra Biosbardia, Fraga é o primeiro autor en gañar este premio en galego desde que Suso de Toro o lograse en 2003 con Trece badaladas. En 2020, o escritor e crírtico literario Mario Regueira escribía para Sermos Galiza sobre esta obra: "Virtudes (e misterios) desvélanos parte do seu contido no título. Virtudes é a avoa de Xesús Fraga, e a súa historia como esposa abandonada cabería naquel "viúva de vivo" que se dicía nos tempos de Rosalía". "O seu home marcha a Venezuela e deixa de dar novas aos poucos anos, coincidindo coa decisión dela de abordar tamén a aventura da emigración noutro país. Virtudes, que axiña será mellor coñecida como Betty, chega a Londres nos anos sesenta. Faino aventurándose nas contradicións coa lexislación franquista (para a que unha muller soa non ten apenas dereitos, tampouco o de migrar) e comeza con iso, case sen sabelo, unha longa relación co país británico que acabará marcando a toda a súa familia. |
NOS_194 | Un informe publicado pola Universidade Johns Hopkins rexistra os datos de contaxios, falecementos e recuperacións a nivel mundial ligados á pandemia de coronavirus. As mortes por mor da Covid-19 roldan as 645.000 persoas. | La pandemia de coronavirus deja ya más de 16 millones de casos a nivel mundial La cifra de contagiados a nivel mundial por el nuevo coronavirus ha superado este domingo la barrera de los 16 millones, con cerca de 645.000 fallecidos hasta la fecha a causa de la COVID-19, según el balance facilitado por la Universidad Johns Hopkins a través de su página web. Estados Unidos continúa como el país más afectado en cifras totales, con cerca de 4,2 millones de casos y 146.460 víctimas mortales, en medio de un drástico repunte de los contagios en las últimas semanas qu ... Leer más: https://www.europapress.es/internacional/noticia-pandemia-coronavirus-deja-ya-mas-16-millones-casos-nivel-mundial-20200726092257.html (c) 2020 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento. La pandemia de coronavirus deja ya más de 16 millones de casos a nivel mundial La cifra de contagiados a nivel mundial por el nuevo coronavirus ha superado este domingo la barrera de los 16 millones, con cerca de 645.000 fallecidos hasta la fecha a causa de la COVID-19, según el balance facilitado por la Universidad Johns Hopkins a través de su página web. Estados Unidos continúa como el país más afectado en cifras totales, con cerca de 4,2 millones de casos y 146.460 víctimas mortales, en medio de un drástico repunte de los contagios en las últimas semanas qu ... Leer más: https://www.europapress.es/internacional/noticia-pandemia-coronavirus-deja-ya-mas-16-millones-casos-nivel-mundial-20200726092257.html (c) 2020 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento. La pandemia de coronavirus deja ya más de 16 millones de casos a nivel mundial La cifra de contagiados a nivel mundial por el nuevo coronavirus ha superado este domingo la barrera de los 16 millones, con cerca de 645.000 fallecidos hasta la fecha a causa de la COVID-19, según el balance facilitado por la Universidad Johns Hopkins a través de su página web. Estados Unidos continúa como el país más afectado en cifras totales, con cerca de 4,2 millones de casos y 146.460 víctimas mortales, en medio de un drástico repunte de los contagios en las últimas semanas qu ... Leer más: https://www.europapress.es/internacional/noticia-pandemia-coronavirus-deja-ya-mas-16-millones-casos-nivel-mundial-20200726092257.html (c) 2020 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento. A cifra de persoas contaxiadas a nivel mundial pola Covid-19 superou hoxe a barreira dos 16 millóns. Os falecementos van por volta dos 645.000, segundo un balance facilitado pola Universidade Johns Hopkins na súa web. Estados Unidos de América continúa como o país máis afectado en cifras totais, con preto de 4,2 millóns de casos e 146.460 vítimas mortais, nun contexto de repunta dos contaxios nas últimas semanas. Por detrás figura o Brasil, que leva confirmados uns 2,4 millóns de contaxios, seguido da India, con case 1,4 millóns. Rusia, con 805.332; e Sudáfrica, con 434.200 –que suma a metade dos contaxios no continente africano– ocupan o cuarto e quinto posto. |
PRAZA_11992 | Entregaranse o vindeiro 9 de marzo en Compostela. | A Asociación Galega de Editores fixo públicos as obras, autores e iniciativas editoriais que optarán aos Premios da Edición 2012, que se entregarán o vindeiro 9 de marzo en Compostela. Os premios serán decididos por un xurado conformado por Xosé Manuel Eyré, crítico; Isabel Ares, libreira; Montse Dopìco, xornalista; Juan Blanco Valdés, editor; e Mary Luz Corral, bibliotecaria. Estes son os candidatos e candidatas. PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais. Deus xogando aos dados, de Fernándo Méndez, editado por Sotelo Blanco. Extramunde, de Xavier Queipo, editado por Xerais. Centauros do deserto, de Marcos Calveiro, editado por Rodeira Edebé PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA Poesía completa de Lois Pereiro, de Lois Pereiro, editado por Xerais Bretemada 1917-1922, de Gonzálo Abente, editado por Alvarellos Editora Un mundo de mulleres, de Carmen Blanco, editado por Biblos. O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Knör, editado por Edicións Barbantesa. PREMIO ANXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN Conde Corbal. Obra Gráfica. De Varios, editado por Nova Galicia Edicións. Guía das libélulas de Galicia, de Miguel Ángel F. Martínez, editado por Baía Loita de clases a represión franquista no mar, de Dionisio Pereira, editado por Xerais. A guerra civil en Galicia e en España, de Federico Cocho, editado por Xerais. A novísima dereita, de Manuel M. Barreiro, editado por 2.0 Editora. Como defenderes os teus dereitos lingüisticos, de Carlos Callón, editado por Xerais. O escano baleiro. No Caurel con Uxio Novoneyra, de Xulio Valcárcel, editado por Biblos . As mulleres na Galicia do século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo. Amigos e sodomitas, de Carlos Callón, editado por Sotelo Blanco Edicións. Vigo a 80 revolucíóns por minuto, de Emilio Alonso Pimentel, editado por Xerais. PREMIO LOIS TOBÍO AO LIBRO TRADUCIDO 1Q84 Libros 1, 2 ,3 trducidos por Mona Imai e Gabriel Álvarez, editado por Galaxia Sonetos de Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Xerais. 1984 , de George Orwell, traducido por Fernándo Moreiras, editado por Faltoría K. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO Un can e un gato, ilustrado por Chené Gómez, editado por OQO Editora. Lois Pereiro. Breve Encontro. Ilustrado por Jacobo F. Serrano, editado por Xerais. Fantasmas de luz, ilustrado por Miguel Anxo Prado, editado por Xerais. Contos por teléfono, ilustrado por Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora PREMIO NEIRA VILAS AO LIBRO INFANTIL E XUVENIL O apalpador e a castaña máxica, de Xoán G. Otero, editado por Biblos Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, editado por Galaxia. Conto de Nadal, de Charles Dikens, editado por Kalandraka Editora. A caza do ghazafello, de Denis M., editado por Edicións Xerais. Alba, a princesa das sete coroas, de Amalia Pérez Otero, editado por Ir Indo. Maxia, de Charo Pita, editado por OQO Editora A chave da Atántida, de Anxo Fariña, editado por Xerais. PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO LIBRO EDUCATIVO Xeografía de Galicia, de María Xosé Piñeira Mantiñán e Manuel Santos Solla, editado por Xerais. Isto é Nova York, de Miroslav Sasek, editado por El Patito Editorial. As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo. Diccionario de Xerais de Primaria, de Manuel R. Alonso e Xosé Feixó, editado por Xerais. Un cadro de Velázquez, de Claire D'Harcourt, editado por Faktoría K PREMIO ROSALÍA CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL Colección de cociña infantil e familiar, editada por Ouvirmos Creación do selo Pulp Books, por Rinoceronte Editora. Transformación de álbums ilustrados en series de animación audiovisual "Os contos do camiño" e " Caracois", realizados por OQO Editora. PREMIO X. MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR-AUTORA Xavier Queipo Agustín Fernández Paz Antón Riveiro Coello Asociación Galega de Editores |
NOS_36777 | Olalla Rodil sinala que a función da televisión e da radio públicas é "facilitar unha información próxima, plural, veraz e obxectiva" para toda a cidadanía. | O Bloque Nacionalista Galego súmase á celebración dos cen venres negros na CRTVG para denunciar o "control" e "manipulación" que o Partido Popular leva a cabo nos medios públicos para "convertelos na súa particular canle de propaganda". As nacionalistas reclaman "unha CRTVG ao servizo da sociedade galega, como reivindican desde hai un cento de semanas os e as profesionais de Defende a Galega, na que é a maior mobilización na historia do ente público". "A CRTVG débese a todas as galegas e galegos que a financian con máis de 100 millóns de euros anuais, pero o PP converteu os medios públicos na súa terminal de propaganda a base de control político e de manipulación como veñen denunciando semana a semana, desde hai cen, as traballadoras e traballadores de Defende a Galega. Control político da man do seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, posto a dedo en 2009 por Feixoo e perpetuado no cargo pola porta de atrás en contra do disposto na Lei de medios públicos da Galiza", denuncia a viceportavoz parlamentar do BNG, Olalla Rodil. Desde o BNG trasladan o seu recoñecemento ás traballadoras dos medios públicos, que "levan cen semanas defendendo o dereito da cidadanía galega a contar cunha radio e televisión públicas que cumpran a función para a que foron creadas". Isto é, segundo abundou Rodil, "facilitar unha información próxima, plural, veraz e obxectiva, un dereito fundamental que debe ser garantido en calquera circunstancia pero máis en momentos de excepcionalidade como os que estamos a vivir". "Propaganda do PP" "A crise do coronavirus traerá moitas mudanzas e cando pase haberá que reflexionar tamén sobre o papel dos medios públicos, porque a saúde dunha sociedade tamén se mide en termos democráticos e a nosa, neste momento, é de baixa calidade, co Parlamento amordazado e cuns medios públicos convertidos en terminal de propaganda do PP", incidiu. A formación nacionalista aposta por impulsar cambios que permitan "despolitizar" a radio e a televisión públicas, empezando pola súa Dirección Xeral. Así mesmo, fan referencia á necesidade de "garantir os dereitos profesionais e laborais do seu cadro de persoal" e, en definitiva, facer unha aposta "por pór os medios públicos ao servizo da sociedade galega". "É indecente que nun contexto excepcional os medios de comunicación públicos silencien sesións parlamentares pero dediquen horas a retransmitir as roldas de prensa presidencias: nun mes 16 veces, 800 minutos de pantalla. Propaganda televisada para culto dun líder que se nega a comparecer no Parlamento, onde reside a soberanía popular", critica Rodil. |
PRAZA_2453 | ENTREVISTA Ignacio Gómez, voceiro socialista na Deputación de Ourense, cre que só a época electoral e a presión sobre o PP estatal podería supor a marcha do presidente provincial tras ser denunciado por ofrecer traballo a cambio de sexo | Despois de que a oposición plantase a pasada semana a José Manuel Baltar pola súa negativa a explicar en sesión plenaria a denuncia por ofrecer traballo a cambio de sexo, o presidente da Deputación de Ourense ten outra oportunidade este martes. Será nun pleno extraordinario solicitado por toda a oposición (PSOE, BNG e Democracia Ourensá) do que nin os rivais políticos se fían. "Tememos que empreguen algunha artimaña", advirte Ignacio Gómez, portavoz socialista no ente provincial, nunha entrevista na que asegura que só o PP estatal e a proximidade das eleccións poderían provocar a saída do líder do PP ourensán. "Do PP de Galicia non espero absolutamente nada", aclara. Que espera deste pleno extraordinario? Esperamos que, polo menos, o PP e o presidente da Deputación dean a cara e se atrevan a debater. Isto é o mínimo porque sabemos que, obviamente, van votar en contra da reprobación e da petición de dimisión de Baltar. Temos mesmo o temor a que o grupo popular empregue algunha artimaña legal ou política para evitar o debate, porque son capaces de facelo. No caso de que se atrevan a debater, estaremos moi atentos ás explicacións que nos teñen que dar, non só a nós, senón á sociedade, que é a que ten que acceder a un debate que se ten que producir nesta institución provincial. Que artimañas espera? Espérome calquera cousa, desde que insistan en que é un tema que non se debe debater nun pleno da Deputación ata que marchen, tentando responder cun plantón ao que nós fixemos, de maneira xustificada, cando se negou a posibilidade de tratar o tema. Ademais, a prepotencia do presidente Baltar é tal que chegou a dicirnos que xa vería se convocaba ou non un pleno extraordinario cando legalmente estaba obrigado a facelo ao solicitalo once deputados provinciais, catro máis do mínimo necesario. "Aquí o importante son as motivacións que rodean o caso, non os detalles persoais ou morbosos" Foron moitas voces políticas as que aseguraron que o caso Baltar é unha metáfora do tipo de política que leva a cabo en Ourense desde hai anos. É así? É así. Aquí o importante son as motivacións e connotacións que rodean o caso, non os detalles persoais ou morbosos. E máis aínda cando estas motivacións se explicitan nunhas conversas que, supostamente, o propio presidente da Deputación mantén con outra persoa. Non podemos esquecer que o anterior presidente provincial está condenado polo enchufe e colocación masiva de persoas na institución. Non é tanto que nos sorprendan estas prácticas aos que estamos no día a día da política provincial, pero é obvio que todo o derivado chama aínda máis a atención. "Se Baltar se recoñece nesa voz gravada e é el o que fala, a dimisión debe ser inmediata" O PP de Galicia alude á presunción de inocencia e ao carácter estritamente persoal do caso. Ninguén dubida de que todo o mundo ten dereito á presunción de inocencia, pero tampouco dubidamos de que nada ten que ver a vía xudicial coa política. Se o presidente se recoñece nesa voz gravada e é el o que fala, a dimisión debe ser inmediata, non polo contexto en si senón polo que se di nesas conversas. Ese é o tema e non todo o derivado a unha cuestión persoal na que non nos metemos. Porque isto non é unha cuestión só persoal, como di Baltar. Serao, en todo caso, cando el dimita, a non ser que agora diga que el non é o que sae nas gravacións, o que implicaría un proceso xudicial aínda máis longo... Mentres non dimita e continúe no cargo, a polémica é tamén política. E si, todo isto non deixa de ser unha metáfora do que leva ocorrendo na provincia de Ourense moitos anos, pero engadíndolle cuestións máis morbosas que non son agradables para ninguén. Malia todo, non parece que a repercusión do escándalo fose demasiada comparado con outros. Quizais a xente se afaga a estas cousas e non hai nada peor que iso. "Unha máis", "xa o sabiamos...". Parece que xa non sorprenda, pero neste caso o tema ten algo máis de percorrido e repercusión polas connotacións morbosas que ten e que poida que interesen a máis persoas. Aquí o grave é o feito de traficar con postos de traballo e beneficiarse das necesidades da xente. E estas son cousas que hai moito tempo que pasan, o que provoca que haxa moitos cidadáns aos que xa non lles sorprenda nada. En todo caso, nos últimos días a min achegóuseme máis xente a preguntarme sobre o caso e a manifestar a súa vergoña por todo o que saíu á luz. "As declaracións de Feijóo son vergoñentas; non repecta a quen denuncia, que é a parte máis débil deste caso" Que lle pareceron as declaracións de Núñez Feijóo? Vergoñentas. Non teño máis palabras para cualificalas. A mesma persoa que pide respecto e presunción de inocencia para Baltar, algo que ninguén nega, non mostra respecto persoal nin presunción de inocencia cara a outra persoa. Non respecta a quen denuncia, que é a parte máis débil deste caso e quen máis difícil o terá a partir de agora polo que pode influír isto na súa vida privada. As declaracións son vergoñentas. Esperaba esta reacción do presidente da Xunta? Non esperaba nada do presidente do PPdeG. Lembremos que el viviu un bochorno semellante público por ter relacións, polo menos raras, cun narcotraficante. A pesar de que aquilo se explicitou mesmo con fotografías, só lle faltou dicir que o da foto non era el, así que... Pois non, non espero nada dun partido con dirixentes que se mensaxean con Bárcenas, que viaxan en iates de traficantes e que son capaces de actuacións como as que agora estamos a ver en Ourense. Non espero nada dese partido, pero si esperaba algo menos vergoñento de quen, ademais de máximo dirixente dos populares galegos, é o presidente de Galicia e de todos os galegos. "Non esperaba nada de Feijóo; el viviu un bochorno semellante polas fotos cun narcotraficante e só lle faltou dicir que o das fotos non era el" Daquela, cre que o caso terá consecuencias políticas para Baltar e para o PP de Ourense? Todo estará en función da presión que fagamos entre os grupos da oposición. Neste tema temos que estar unidos e ir xuntos e da man, máis aló dos desacordos que teñamos noutras cuestións. É algo dabondo importante como para que nos xuntemos e logremos que Baltar non siga nin un minuto máis como presidente da Deputación de Ourense. Será suficiente a presión en Ourense? Non, isto ten que darse tamén noutros foros políticos superiores, tamén no Parlamento de Galicia, por suposto, onde a oposición debería ir da man para pedir responsabilidades e consecuencias políticas. Mesmo se debería reaccionar a través do Congreso dos Deputados, pero a lexislatura está acabada. En todo caso, a presión que faga a oposición será fundamental na presión que o propio PP estatal reciba e senta. Do PPdeG non esperamos nada, pero pode que desde Madrid... "Do PPdeG non agardo nada, pero estamos en época electoral e pode que o PP estatal aproveite para ensinarlle a Baltar a porta de saída" Espera máis do PP estatal? O PP desde Madrid xa se manifestou con bastante dureza sobre este tema, pediu explicacións e, polo momento, ninguén do partido aquí saíu a dicir que esas gravacións non sexan certas ou que o que alí fala non é Baltar. Pode que a presión afecte no PP estatal, non tanto porque de verdade queiran reaccionar, senón porque estamos nunha etapa electoral e pode que aproveiten para darlle un pequeno empurrón a Baltar e ensinarlle a porta de saída. Aí si podería ocorrer algo porque do PPdeG non espero absolutamente nada. |
NOS_676 | O despedimento do máximo responsábel do primeiro equipo lucense foi a principal noticia dunha xornada futbolística galega na que o Celta salvou un punto de ouro sobre a bucina grazas a un testarazo de Murillo no último minuto e os conxuntos da Segunda B tiveron un valioso descanso antes de afrontar os tres últimos partidos. | Luis Milla, José Durán, Luís César, Francisco Rodríguez, Javi López, Alberto Monteagudo, Eloy Jiménez, Curro Torres e Juanfran conformaban, até este domingo, a longa listaxe de adestradores do Club Deportivo Lugo que sucumbiron ao furacán Saqués desde o ascenso do empresario á presidencia da entidade albivermella en maio do ano 2015. A última marca no revólver dun pistoleiro de gatillo fácil como é Saqués foi o franco-tunisiano Mehdi Nafti, toda unha peza de caza maior, pois o despedimento do home que revitalizou un equipo albivermello que no momento da súa chegada, en outubro de 2020, estaba afundido na antepenúltima posición e que a día de hoxe goza dun cómodo colchón de seis puntos sobre os postos de descenso a Segunda División B estaba fóra de calquera prognóstico. Non obstante, a dura derrota (1-4) na casa do Almería, terceiro clasificado, provocou o cesamento de Nafti, "decisión tomada, principalmente, con base na análise da traxectoria demostrada até a data e na dinámica de resultados cultivados polo equipo" nas últimas xornadas, onde sumou tan só unha vitoria en nove partidos. Con todo, o balance global do cuatrimestre de Mehdi Nafti á fronte do Club Deportivo Lugo deixa moitas máis luces que sombras, pois pese á evidencia dos datos transmitidos polo Consello de Administración lucense, este omite que baixo a dirección do ex de Badaxoz, Mérida e Marbella, os albivermellos aínda non coñecen o que é a derrota no Ángel Carro, e que a solidez defensiva que conseguiu implantar no equipo levouno a que até o de agora non apañase nin unha soa vez dúas derrotas de modo consecutivo. Empate con sabor a vitoria do Real Club Celta O único representante galego na Primeira División obtivo un empate con sabor a vitoria en Balaídos ante o Real Valladolid do ex deportivista Sergio González, logo de que Jeison Murillo materializase un tanto no minuto 94 de partido que serviu para estabelecer o 1-1. O empate supón un respiro para un Chacho Coudet que perdeu a maxia dos seus primeiros partidos e que, de aplicar a directiva do Celta a mesma rapadoira que a do Lugo, tería que estar fóra do equipo, pois igual que Nafti suma só un triunfo en nove partidos. |
NOS_32720 | O home, que lideraba a venda desta banda en Turquía até que foi desarticulada en 2006, considérase "perigoso". A investigación da Policía Nacional levou varios meses. | A Policía Nacional comunicou esta terza feira a detención dun home por tráfico de drogas na localidade de Cee. O arrestado era líder dunha organización criminal que se dedicaba á venta de estupefacientes en Turquía no ano 2006. A Interpol levaba anos procurando a este "perigoso" delincuente e o seu arresto estivo precedido de "varios meses de investigación". A rede de tráfico de drogas fora desarticulada en 2006, o que impulsou ataques armados entre distintas organizacións. Nos inmobles da banda se incautaron un kalashnikov, unha granada de man, armas automáticas e drogas. Após a fuga do dirixente da banda, a oficina da Interpol en Estambul emitiu unha orde internacional de arresto. O home foi detido en Cee e tras o seu pase a disposición xudicial decretouse o ingreso en prisión. Dada a "perigosidade" deste delincuente, o operativo decorreu coa colaboración do Grupo de Operacións Especiais (GOES) da Xefatura Superior de Policía da Galiza. A investigación foi feita polo Grupo de Delincuencia Organizada e Violenta, UDEV, da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Coruña. |
PRAZA_5506 | Severino Rodríguez foi sancionado como representante do colectivo de alcaldes que o pasado 11 de marzo se concentrou ante o Parlamento. El e outros rexedores críticos coa suba do 34% nas taxas pola xestión do lixo comezan a devolverlle a Sogama as primeiras facturas | A loita dunha boa parte dos concellos de Galicia contra a suba dun 34% da taxa pola xestión do lixo por parte de Sogama continúa. Marzo foi o primeiro mes no que se aplicou a suba, que xa apareceu reflectida nas facturas recibidas por cada municipio en abril. E é agora cando os primeiros concellos van comezar a devolverlle a Sogama estas facturas, negándose a pagalas, alegando que a suba incumpre os termos do contrato, que prevían que o prezo variaría en función do IPC. Non todos adoptan esta decisión, iso si. Dos 97 concellos opostos ao taxazo, algúns, como Monforte, xa anunciaron que lle devolverán á empresa ás facturas, "en canto contemos co informe xurídico". Pola contra, outros prefiren agardar ás conclusións dese informe xurídico para adoptar unha decisión definitiva. Precisamente o rexedor monfortino, Severino Rodríguez (BNG), vén de recibir a notificación de que foi multado con 300 euros pola súa participación na concentración que o pasado 11 de marzo levaron a cabo os alcaldes críticos coa suba. Rodríguez recibe a proposta de sanción como representante do grupo de alcaldes e asinante da solicitude de permiso para a realización da concentración. A concentración acabou cunha carga policial na que os axentes antidisturbios chegaron a agredir varios alcaldes e deputados, unha actuación pola que os partidos da oposición pediron explicacións públicas. Na notificación recibida por Severino Rodríguez dende a Subdelegación do Goberno cualifícase a infracción como "grave", o que deriva nunha proposta de sanción ao rexedor monfortino cunha multa de 300 euros. Rodríguez anuncia que recorrerá a sanción e presentará alegacións no prazo habilitado para facelo, quince días. "Se a multa pretende disuadirme de que me mobilice á procura de solucións de problemas que padecen os monfortinos, non o vai conseguir" -afirma- "A Subdelegación do Goberno equivócase gravemente, non se pode criminalizar que os alcaldes actuemos responsablemente en beneficio dos nosos concellos. A solución é a negociación, non amedrentar aos representantes dos veciños. A solución é o diálogo, non as multas". Critica, ademais, que "un problema político como é a suba do canon de Sogama non debe converterse nun asunto de orde pública". |
PRAZA_17552 | Os populares coinciden con Milagros Otero, que non dimite, en considerar "un erro humano xestionado por un equipo de persoas" o nomeamento de xeito "arbitrario" da irmá do portavoz do PP Da defensa dos recortes sociais ao posto "á medida": unha década de polémicas e deterioro no Valedor do Pobo | Da defensa dos recortes sociais ao posto "á medida": unha década de polémicas e deterioro no Valedor do PoboOs populares coinciden con Milagros Otero en considerar "un erro humano xestionado por un equipo de persoas" o nomeamento de xeito "arbitrario" da irmá do portavoz do PPO PP ampara como Valedora do Pobo a Milagros Otero, que non dimite do cargo porque "fomos moitos os errados" e "non comparto os indicios que se sinalan como causas do fallo". Eses foron os dous principais argumentos que desenvolveu Otero este xoves no Parlamento de Galicia para tentar defender a súa actuación despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que vén de considerar que ela mesma interferiu con "arbitrariedade" e "desviación de poder" para darlle un posto "á medida" a María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy Fraga, sobriña do ex-presidente Manuel Fraga e filla de Francisco Puy, que foi profesor da propia Otero, argumento este último que ela mesmo esgrimiu para separarse do procedemento, algo que segundo o tribunal non ocorreu.As explicacións de Otero ante a Comisión de Peticións, o órgano do Parlamento encargado das relacións co Valedor do Pobo, non convenceron á oposición, que segue a reclamar a súa dimisión e que mesmo foi rifada pola Valedora, que non é a primeira vez que se sinte perseguida. A comparecencia de Otero si lle valeu ao PP, que non se limitou a amparala a ela e o seu argumento dun "erro humano xestionado por un equipo de persoas" senón que mesmo defendeu a valía e o dereito de María Puy Fraga de acceder ao posto.Tras a negativa de Otero a dimitir, será o Pleno do Parlamento o que o próximo martes debata e vote o seu cesamentoAgora, tras a negativa de Otero a dimitir, será o Pleno do Parlamento o que o próximo martes debata e vote o seu cesamento, para o que é precisa unha maioría de 3/5, o que fai clave a postura popular agora favorable á Valedora. Este mesmo xoves o presidente Feijóo, que previamente considerara necesario que Otero dese explicacións, evitou pronunciarse sobre o caso ao non coñecer aínda o que a esa mesma hora estaba a ocorrer na Cámara.Intervencións lidas e sen responder preguntasOtero leu as súas dúas intervencións e non respondeu as preguntas que lle formulou a oposiciónNesa Comisión de Peticións a comparecencia de Otero consistiu na súa lectura tanto dun discurso inicial como da réplica ás intervencións dos grupos parlamentarios, na que non respondeu as preguntas que estes lle formularon. Otero desviou responsabilidades: "Nalgúns aspectos témonos equivocado na institución, pero non cabe dúbida de que fomos moitos os errados, posto que a resolución anulada foi analizada e informada por dous técnicos xurídicos, por todo o equipo técnico do Valedor do Pobo, que aprobou por unanimidade e sen a máis mínima obxección o informe previo, e polo adxunto á valedora, que asina a resolución". En varios momentos da súa intervención Otero apuntou de xeito expreso ao seu adxunto, Pablo Cameselle, nomeado no seu momento a proposta do PSdeG, do mesmo xeito que ela o foi polo PP. El foi quen asina a resolución anulada pola sentenza, pero nesta o foco das ilegalidades ponse en Otero.Otero admitiu que a decisión de pedir o informe externo que a sentenza considera clave para entregar a praza foi "opcional, non preceptiva"Canto ao fondo da cuestión, a tramitación anulada dese posto, Otero cargou contra os argumentos empregados polos xuíces na súa sentenza e insistiu en que os criterios para a súa cobertura, que a sentenza considera que eran "á medida" de Puy Fraga, foron establecidos de xeito previo á convocatoria, evidenciando que iso ocorreu antes de que ela mesma se abstivese de participar no procedemento. Otero tamén admitiu que a decisión de pedir un informe externo sobre os candidatos ao posto -documento que a sentenza considera clave para entregar a praza a Puy Fraga- foi "opcional, non preceptiva" e recoñeceu que "tería sido mellor" encargar ese informe a un catedrático de Dereito Administrativo e non de Dereito Laboral, como se fixo.Nesa liña, o portavoz de En Marea, Luís Villares, salientou que o elixido para elaborar ese informe que segundo o tribunal só valorou as cualidades de María Puy e non do resto de aspirantes, o catedrático Jesús Martínez Girón, foi proposto en 2013 para a xunta electoral galega polo PP coa sinatura do seu voceiro, Pedro Puy.A oposición coincidiu en rexeitar os argumentos xurídicos empregados por Otero: "Isto é o Parlamento, aquí vense a render contas políticas, non xurídicas"Para Villares, a sentenza supón que "foi condenada a institución" pola "súa responsabilidade", polo que ao seu ver só hai un xeito de restituír a sona do Valedor do Pobo, "a súa dimisión inmediata". En similar liña se pronunciaron a deputada socialista Patricia Vilán -"vostede está causando un dano irreparable á valeduría do pobo"- e a nacionalista Montse Prado -"se vostede ten algún respecto pola institución e polo pobo galego, debería presentar a súa dimisión"-.Os tres grupos da oposición coincidiron en rexeitar o intento de Otero de presentar ante eles supostas probas que, ao seu xuízo, só terían sentido no ámbito xudicial, non nunha comisión política. "Isto é o Parlamento, aquí vense a render contas políticas, non xurídicas", díxolle Villares.A popular Paula Prado atribuíu as críticas da oposición a que "Martiño Noriega deixara morrer aos senteito na rúa" e a Valedora llo reprocharaPola contra, a deputada do PP Paula Prado non se limitou a defender a Otero como Valedora e a suposta valía profesional de María Puy Fraga para o posto en cuestión senón que cargou contra a oposición. Prado tirou da polémica xerada entre a Valedora e o Concello de Santiago a conta da atención que recibían as persoas sen fogar na cidade. "A vostedes os que lles molestaba era que a Valedora dixera que [o alcalde de Santiago] Martiño Noriega deixara morrer aos senteito na rúa, como foi o caso, que de tres morreron dous", dixo Prado. Porén, a propia Valedora, tras cargar contra o Concello de Santiago por ese problema e ela mesma divulgar datos privados desas persoas, acabou arquivando eses expedientes.Votación sobre o cesamento martes no PlenoA Valedora chegou a rifar aos grupos da oposición por non querer debater sobre outras cuestións: "Cada quen é responsable do que fai, do que di e do que cala"A sesión deste xoves da Comisión de Peticións comezou cos tres grupos da oposición reclamando que se aprazase a presentación prevista como primeiro punto da orde do día dun informe da propia Valedora sobre a accesibilidade en Galicia para que non quedase escurecido polo debate sobre a continuidade de Otero. Porén, o PP rexeitouno e a Valedora expuxo primeiro ese documento antes de dar conta da súa propia situación. Os tres partidos da oposición rexeitaron participar nese outro debate para non mesturalo coa situación de Otero, pero ela mesma respondeulles con ton desafiante: "Cada quen é responsable do que fai, do que di e do que cala", díxolles."Xa veremos", foi a resposta da Valedora, responsable da transparencia en Galicia, sobre se contestará preguntas dos medios de comunicaciónPreviamente, antes de entrar na Comisión, Otero foi preguntada nos corredores do Parlamento polos medios de comunicación se, ademais de comparecer na Cámara, pensa contestar preguntas dos medios de comunicación. O pasado luns a responsable de transparencia e comunicación da institución advertiu de que esta só se comunicaría sobre esta polémica a través de notas de prensa, sen posibilidade de formularlle preguntas, pero este xoves Otero si ofreceu unha entrevista a La Voz de Galicia na que avanzou a súa negativa a dimitir. Este xoves Otero, tras recibir os reproches da oposición por esa entrevista, chegou a negar a súa existencia. E preguntada pola posibilidade de que responda a cuestións doutros xornalistas, a resposta de quen tamén é Comisionada da Transparencia de Galicia foi "xa veremos". |
NOS_53935 | Lembrar o lugar onde estivo a editorial Nós ou pasar por diante da casa onde morreu Murguía será posíbel o sábado 5 de marzo grazas á iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxico Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. | A conmemoración neste ano do centenario da fundación das Irmandades da Fala trae consigo numerosas iniciativas. Unha delas é a promovida pola Asociación Socio-Pedagóxico Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao propor para o vindeiro sábado un roteiro na Coruña que percorrerá algúns lugares vencellados ás Irmandades. O punto de partida é a rúa Álvaro Cebreiro, figura moi destacada da vangarda artística galega. Seguirá até o número 36 da rúa Real, onde a editorial Nós, dirixida por Ánxel Casal, tivo os seus talleres. De alí o percorrido vai cara ao Teatro Rosalía de Castro, onde se falará da dramaturxia das Irmandades, e máis tarde á rúa San Agustín, á casa onde morreu Manuel Murguía. Desde esta rúa, o seguinte punto será o Concello para lembrar que Lois Peña foi o primer concelleiro que en 1920 falou en galego. Na mesma praza falarase das Escolas de Insiño Galego, que estaban alí ubicadas, para rematar na rúa Rego de Auga, 38, lugar onde naceron as Irmandades. O punto de partida é a rúa Álvaro Cebreiro, figura moi destacada da vangarda artística galega. O percorrido comezará ás 17 horas e será guiado pola escritora Mercedes Queixas Zas. Contará ademais coa presenza da cantante Marta Pumares e do artista plástico Xurxo Gómez Chao. Non é esta a primeira iniciativa que estas entidades poñen en marcha este ano. O pasado 1 de febreiro abriron un espazo web que, como se dun almanaque se tratar, vai día a día anunciando unha efeméride relacionada co período das irmandades. |
NOS_27534 | Colles as vacacións e aínda non sabes que facer da túa vida? Ofrecémosche cinco opcións para as que non necesitarás saír fóra do país | Colles as vacacións e aínda non sabes que facer da túa vida? Ofrecémosche cinco opcións para as que non necesitarás saír fóra do país. Ría de Aldán, esa gran descoñecida Galiza conta con infinitos lugares que visitar, mais algúns quedan un pouco "por debaixo do radar", a pesar dos seus innegábeis encantos. É o caso da Ría de Aldán, un lugar case paradisíaco con praias con bandeira azul, unha gastronomía de primeira orde na que brillan as ostras e o marisco, e opcións para practicar numerosas actividades ao aire libre como buceo, sendeirismo ou rutas en bicicleta, todo iso no marco dunha contorna natural e unha paisaxe inesquecíbel para as visitantes. Pontevedra, moito que ver e que facer A cidade de Pontevedra é outro deses destinos que non adoita ser dos primeiros que se barallan á hora de tramar unha viaxe, pero que á hora da verdade nunca decepcionan. A razón están nas enormes posiblidades que oferta, como un dos centros históricos máis fermosos e mellor conservados do país, unha oferta cultural máis que rica e outros recunchos interesantes alén do centro histórico, como o antigo barrio pesqueiro da Moureira. A Coruña, destino urbano A cidade da Coruña está ben comunicada do resto do país a través de autobús e de tren, polo que nin sequera será necesario que collas o coche. Unha vez alí, as opcións multiplícanse. A Torre de Hércules –monumento Patrimonio da Humanidade- e a súa contorna son o recurso turístico máis visitado, aínda que as súas praias urbanas –Riazor, Orzán, Matadoiro...- e os parques de Bens, San Pedro ou Santa Margarida tamén se atopan entre os lugares máis populares da cidade. Outros plans máis céntricos son o paseo pola Cidade Vella e a praza de María Pita, tomar un xeado polo Parrote ou gozar dos viños e da gastronomía polas rúas Galera, Barrera ou Franxa. Ourense, seguro de sol Ourense constitúe unha excepcionalidade dentro da tónica xeral do clima galego, o que a converte nunha opción inmellorábel para aquelas viaxeiras que busquen sol e altas temperaturas, pois en xullo é máis que frecuente é mesmo en 2013, en plena vaga de calor, alcanzou os 45 graos cunha sensación térmica de 51. Sobran as palabras. Por iso, nada mellor que refrescarse nas súas tradicionais termas e, lonxe das horas centrais do día, pasear polas súas históricas e frescas rúas de pedra para rematar tomando un refrixerio nalgunha das súas características tabernas e bares. A Mariña, o espectáculo da natureza Cunha popularidade crecente, o seu clima pode non ter garantido o sol, como no caso de ourense, mais compensa coas súas praias paradisíacas, rutas de natureza sen igual e paisaxes únicos, como As Catedrais ou O Fuciño do Porco. Todo iso sen esquecer as múltiples vilas costeiras e de interior que a caracterizan, destacando a antiga capital do reino da Galiza, Mondoñedo, Viveiro (cualificada como Conxunto Histórico-artístico) e Ribadeo, cun casco histórico declarado Ben de Interese Cultural. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.