ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_13474 | Por que España non foi capaz de asumir o seu pasado e aínda hoxe nos botamos os mortos á cara? Naturalmente, non se pode ignorar que a Alemaña nazi perdeu a guerra e foi ocupada e tutelada durante moito tempo. En España aqueles que terían que facer a reflexión que se reclama gañaron a guerra e a posguerra e, polo que se ve, en boa medida a transición e a democracia. A actual situación así parece indicalo. | George Steiner advírtenos de que, cando nos mergullamos na lectura ou no estudo dos clásicos, como moito somos intérpretes de interpretacións. Teño moi presente esta advertencia tanto cando leo como cando escribo. O 15 de xullo de 2011, pouco antes de coller o coche para trasladarme a Mérida, abrín un pequeno caderno con estas pretensiosas palabras: EN BUSCA DE ANTÍGONA. Por que España non foi capaz de asumir o seu pasado e aínda hoxe nos botamos os mortos á cara? O 21 de xullo aparece a primeira anotación sobre a famosa palabra alemá que vén presidindo estes escritos: Vergangenhitsbewältigung. Algo así como a asunción do pasado, particularmente do pasado relacionado co Holocausto. Por que España non foi capaz de asumir o seu pasado e aínda hoxe nos botamos os mortos á cara? Naturalmente, non se pode ignorar que a Alemaña nazi perdeu a guerra e foi ocupada e tutelada durante moito tempo. En España aqueles que terían que facer a reflexión que se reclama gañaron a guerra e a posguerra e, polo que se ve, en boa medida a transición e a democracia. A actual situación así parece indicalo. O 23 de xullo anotei no meu caderno: Tampouco non se pode ignorar o proceso de desnazificación ao que foi sometida Alemaña, primeiro por imposición dos vencedores e despois polos propios gobernos alemáns. Non hai que esquecer quen foi Konrad Adenauer ou Willy Brant, por exemplo. "Ao home reclámaselle a súa condición ética; en cada momento a que lle corresponda, en cada situación a que poida ou deba dar. En calquera caso, espérase del unha resposta ética" Máis abaixo, no mesmo día, despois de marcar unha separación cuns trazos horizontais, apuntei: Ao home reclámaselle a súa condición ética -dimensión?-; en cada momento a que lle corresponda, en cada situación a que poida ou deba dar. En calquera caso, espérase del unha resposta ética. O 1 de agosto, escribín: Setenta e cinco anos despois do Glorioso Alzamento Nacional, a dereita española non admite responsabilidades, nin se sente ilexitimada como herdeira do estado creado a partir de guerra civil. Néganse a condenar a rebelión, a guerra e a ditadura e intentan por todos os medios ao seu alcance -que non son poucos- reescribir a Historia á súa medida, a pesar de que xa estiveron durante corenta anos escribíndoa desde a vitoria, desde unha das vitorias máis impía que eu coñezo. O actual presidente do Congreso, o día en que se cumprían os setenta e cinco anos, non cumpriu lendo un edulcorado texto de Azaña no que se falaba de tolerancia e de concordia. Algo similar ao proceso de desnazificación que se ideou para Alemaña. Aquí non se fixo e, acollidos á liberdade de expresión, toda unha pléiade de medios escritos e audiovisuais teima, insidiosa, día tras día en crear opinión revisionista na peor acepción da palabra, se é que admite máis dunha. Algo similar ao proceso de desnazificación que se ideou para Alemaña. Aquí non se fixo e, acollidos á liberdade de expresión, toda unha pléiade de medios escritos e audiovisuais teima, insidiosa, día tras día en crear opinión revisionista Agora mesmo estamos inmersos nunha aguda crise económica. Pero a crise é moito máis que económica. Vivimos, creo, unha profunda -e perigosa- crise política na que, en lugar de repensar a democracia para a súa rexeneración ou refundación, vanse poñendo as bases para a súa aniquilación. Creo sinceramente que a democracia está en perigo. De todos os xeitos, e aínda que haxa que ser moi coidadosos ao afirmalo, penso que a democracia española vén mostrando moitos puntos febles en todos estes anos. Dende logo, o desprestixio e pode que a arbitrariedade das principais institucións do Estado ninguén pode negalos. Agora xurdiu o movemento 15M, o movemento dos indignados. Haberá que estar atentos a ver que sae de aí. Cando menos representa unha esperanza. Veremos. Case que un ano despois deste apresurado apuntamento a súa vixencia elevouse á enésima potencia. O 16 de agosto fixen cinco anotacións no caderno. Unha delas di así: A propósito do proceso de desnazificación ao que foi sometida Alemaña, quero anotar unha obviedade: España foi sometida durante corenta anos a un exhaustivo e meticuloso proceso de desdemocratización. As consecuencias aínda se pagan hoxe. Habería que poñer un ao lado do outro ambos os dous procesos. Comparar medios e resultados. Seguro que é unha obviedade, sen dúbida, pero non pode deixar de terse en conta. España foi sometida durante corenta anos a un exhaustivo e meticuloso proceso de desdemocratización. As consecuencias aínda se pagan hoxe Non obstante, a primeira anotación no caderniño, feita o 15 de xullo, o mesmo día no que o inaugurei coas pretensiosas palabras Buscando a Antígona, é moito máis amable. Intimista: Comemos en Hervás, escribín, pobo famoso pola súa xudaría -percorremos parte dela baixo unha calor abafante- no que o último fin de semana de xuño ou o primeiro de xullo todo o pobo representa unha obra, supoño que de raíces históricas, Los Conversos. (Antes era La Conversa, pero hai uns anos decidiron encargar a un dramaturgo local unha actualización). En Hervás, mentres repousabamos á sombra despois do paseo, fatigoso pola calor e as empinadas calellas, presenciei algo que de neno contemplaba todos os anos e que xa hai moitos que me vén sendo negado: unha femia de gorrión, este paxariño tan común, ao parecer en retroceso, aprendíalle a voar á súa cría. Houbo un momento no que o atordado gorrionciño meteuse mesmo entre as miñas pernas ante a manifesta inquietude da súa nai. A escena conmoveume. Puxo diante miña a min mesmo e ao meu mundo ido, tal como, quizás ambos os dous podíamos ser daquela, e precisamente cando ando deambulando polas beiras máis escuras do meu pasado individual e colectivo. Á fin e ao cabo, cando a estas alturas da vida reflexiono sobre min e a miña contorna vital non podo ser, seguro que non, outra cousa que un intérprete de interpretacións Non me parece irrelevante que a primeira anotación sexa de índole persoal ou intimista. Esa asunción do pasado, ese axuste de contas coa Historia, debe abranguer tamén o pasado, a Historia persoais. Á fin e ao cabo, cando a estas alturas da vida reflexiono sobre min e a miña contorna vital non podo ser, seguro que non, outra cousa que un intérprete de interpretacións. Hai algúns anos eu estaba moi seguro da miña memoria. Agora non. Agora sei que unha enorme porcentaxe das miñas lembranzas non son máis que interpretacións tiradas dunha esquiva nebulosa. |
NOS_7635 | A formación liderada por Antón Sánchez enviou un comunicado para saír ao paso de informacións publicadas por diversos medios, entre eles Sermos Galiza. | "O nome do ex deputado en Cortes e membro da Coordenadora de Anova, Miguel Anxo Fernán Vello, non figura nas propostas que están enriba da mesa para senador de designación autonómica", afirma a formación nacionalista nun comunicado de imprensa, unha sorte de desmentido perante informacións publicadas en distintos medios. Sermos Galiza recolleu nunha noticia publicada esta mesma semana que Fernán Vello aparecía entre as hipóteses para cubrir a praza de senador que lle corresponde á confluencia por ser o segundo grupo parlamentar no Pazo do Hórreo (ao PP perténcenlle dous escanos, ao PSdeG e ao BNG, ningún). Así llo indicaron a Sermos as fontes consultadas por este diario dixital. As mesmas fontes afirmaban que após ter sido valorados os nomes de candidatos organicamente vinculados aos partidos da confluencia [Mariló Candedo pola En Marea villarista, Ángela Rodríguez Pam por Podemos e Vanessa Angustia por Esquerda Undida] a maioría do grupo parlamentar, hexemonizado polos críticos, inclinábase por un perfil distinto, o dunha persoa formalmente independente. E nese contexto aparecía a figura de José Manuel Sande, concelleiro de Cultura da Coruña, da Marea Atlántica. No comunicado, e esclarecido o pormenor relacionado con Fernán Vello, Anova acrecenta que está "na súa vontade contribuir ao consenso e ao entendemento apostando polo diálogo como o mellor instrumento para acadar un acordo en relación á designación de senador ou senadora autonómica". |
PRAZA_13298 | A Romaría Pop reúne o sábado 16 no parque compostelán de Belvís oito bandas galegas (Diadermin, Disco Las Palmeras!, La Familia, Mequetrefe, Músculo!, Sr. Fluzo, The Winning Numbers e Álex Casanova) que tocarán todo o día, dende a mañá até a noite. Ademais, haberá feira, rastauración, outras actividades culturais, xogos para os máis pequenos... Santiado DC é pop! | A Romaría Pop, reúne o sábado 16 no parque compostelán de Belvís oito bandas galegas (Diadermin, Disco Las Palmeras!, La Familia, Mequetrefe, Músculo!, Sr. Fluzo, The Winning Numbers e Álex Casanova) que tocarán todo o día, dende a mañá até a noite. Ademais, haberá feira, rastauración, outras actividades culturais, xogos para os máis pequenos... Santiado DC é pop! A Romaría está organizada por Desconcierto Cultural e ten un adianto o martes 12, cun concerto de presentación na Zona C de Compostela, con Holywater e Mullet. O sábado 16 as actividades comezan a media mañá e os primeiros concertos coincidirán coa sesión vermú. Ao longo da tarde irán sucedéndose as actuacións, até que xa á noite, a Romaría desprazarase ao pub Cachán, onde tocará Álex Casanova e pincharán os Desconcierto DJ's. Falamos cos seus organizadores. O sábado 16 as actividades comezan a media mañá e os primeiros concertos coincidirán coa sesión vermú. Ao longo da tarde irán sucedéndose as actuacións, até que xa á noite, a Romaría desprazarase ao pub Cachán Como xurdiu a idea de facer a Romaría Pop? Pois xurdiu nunha asamblea da asociación Desconcierto Cultural a finais do ano pasado, buscando crear un evento aberto ao público onde os músicos e bandas que temos na asociación puidesen tocar e mostrar o seu traballo a un público menos especializado do habitual. Pouco a pouco fómoslle dando forma, abrídoo a outras bandas galegas e dándolle ese cariz de Romaría ata chegar á idea actual. Por que Belvís? Dende o principio tíñamos clara a idea de facer o evento nun parque de Compostela. Belvís foi unha das opcións que barallábamos e pola que finalmente nos decantamos tendo en conta factores como infraestruturas, accesos, e o mantemento e conservación do espazo. Un parque magnífico no corazón de Compostela, no que, se o tempo acompaña, gozaremos dunha xornada campestre con música, comida, bebida, feira, actividades para os rapaces, etc., é dicir, un bo plan de sábado... "Para darlle contido á feira contamos coa participación de diversos profesionais e tendas de Santiago que poñerán o seu posto libremente baixo a supervisión da Asociación" Como vai a organización da feira, restauración, actividades infantís? Dos 80 socios que forman a asociación uns 30 forman a comisión de traballo da Romaría Pop, e entre estes repartímonos a organización de cada un dos apartados que comentas e outros como contratación, produción técnica, sponsors, promoción, etc. Para darlle contido á feira contamos coa participación de diversos profesionais e tendas de Santiago que poñerán o seu posto libremente baixo a supervisión da Asociación. Algo similar sucede cos postos de restauración e para as actividades infantís contamos con propostas propias, desenvolvidas directamente pola Asociación (o escenario infantil ou o obradoiro de camisetas, por exemplo) e outras de colaboradores externos como o taller ambiental que levará a cabo o Concello. Como se financia isto? Pois a verdade, con moi poucos medios, pero moitísima boa vontade. Temos o apoio do Concello, que contribúe co escenario, todo o equipo técnico de son, e o material promocional como cartelería e flyers. Logo, contamos coa axuda de diferentes sponsors privados que por un lado achegan pequenas cantidades económicas que servirán para pagar elementos de produción imprescindibles, e polo outro achegan as mercadorías que se venderán nas barras e cuxos ingresos irán para as bandas participantes. Pola súa banda, Desconcierto Cultural achega o capital humano para poder levar a cabo a xornada a través do traballo desinteresado dos socios. Nas romarías normalmente hai peregrinos que se dirixen a un santuario ou adoran unha imaxe ou obxecto. Que se adora nesta Romaría Pop? Adorar, adorar, a música, que sen ningunha dúbida é o elemento motriz da Romaría e a paixón dos membros de Desconcierto Cultural. "Nestes últimos anos están a sair unha gran cantidade de grupos moi interesantes en todas as vertentes do pop-rock (o cartel da Romaría Pop é un bo exemplo disto), aínda que hai que ter os pés na terra" Como vedes o momento do pop en Galicia? Afortunadamente goza de moi boa saúde. Nestes últimos anos están a sair unha gran cantidade de grupos moi interesantes en todas as vertentes do pop-rock (o cartel da Romaría Pop é un bo exemplo disto), aínda que hai que ter os pés na terra e saber que máis alá de 3 ou 4 artistas non se consegue chegar ao gran público. Fai falta moito máis apoio público aos artistas emerxentes ou a iniciativas sen ánimo de lucro como esta Romaría Pop, apoio en infraestruturas como máis locais de ensaio ou apoio en promoción que sirva para achegar estas propostas ao público menos especializado. É Compostela unha cidade pop? Totalmente. O ambiente de concertos en Compostela é espectacular se se compara con outras vilas, incluso máis grandes, galegas e absolutamente desproporcionado, no mellor sentido, se o comparásemos con vilas do seu tamaño no conxunto do Estado. E unha boa proba é que dende un Concello se apoiase decididamente unha iniciativa como a Romaría Pop, o que non é habitual. "O ambiente de concertos en Compostela é espectacular se se compara con outras vilas, incluso máis grandes, galegas e absolutamente desproporcionado, no mellor sentido, se o comparásemos con vilas do seu tamaño no conxunto do Estado" Para cando un pasarrúas ou charanga pop, para completar a romaría? Todo chegará, todo chegará. Aínda que Desconcierto Cultural realiza concertos con regularidade, esta é a nosa aventura máis ambiciosa ata o momento, e levámola a cabo un grupo de persoas que non se dedica a isto profesionalmente, polo que non queremos vernos desbordados. Este ano aprenderemos dos acertos e dos errores que inevitablemente cometeremos e o ano que vén, quen sabe o que pode pasar. Todas as suxestións son benvidas! |
NOS_13515 | O candidato á presidenta pide á dereita que "asuman" o resultado das eleccións. | O candidato socialista á presidencia do goberno pediu esta terza feira o apoio do Congreso para "superar o baleiro de poder" e lograr "maiorías de goberno fronte a maiorías de bloqueo". Este foi un dos eixos dos 10 minutos de intervención de Pedro Sánchez, defender a súa candidatura como "a única posíbel" saída das eleccións e incidir en que "non hai outra opción de goberno". "Ou coalición progresista ou máis bloqueo de España", engadiu. Sánchez asegurou que o goberno que el presida será unha boa "nova" para dereitos sociais e laborais e chamou tamén a "despexar este clima tóxico", referíndose á tensión parlamentar da que responsabiliza á dereita española. Casado e Abascal apelan ao Borbón Os líderes da segunda e terceira forza, Pablo Casado (PP) e Santiago Abascal (Vox) tiveron non poucas coincidencias nos seus respectivos discursos, desde a apelación e defensa da monarquía española até a referencia constante á unidade do Estado español, pasando por ataques á forzas de esquerdas e nacionalistas. "¡Viva el Rey, Viva España! Fechou a súa intervención Abascal, aplaudido polos parlamentares de dereitas, o mellor resume das dúas intervencións. Outra España Pablo Iglesias, de por parte, apelou á "outra España" e defendeu a necesidade dun goberno de progreso para atender as necesidades da "clase traballadora", de colectivos feministas, LGTBI... Dirixíndose ás bancadas da dereita díxolles: "Se queren defender a monarquía, eviten que a monarquía se identifique con vostedes. Tal vez sexan vostedes a maior ameaza para a monarquía". |
NOS_30079 | En caso de transmisión comunitaria sostida, como en Europa, os sistemas de saúde do continente non teñen a capacidade para frear o seu avance. | O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, advertiu esta semana de que "África debe prepararse para o peor", ante o aumento continuado no número de casos e de países afectados polo coronavirus. A prevención e a acción rápida e contundente poden ser chave, insistiu. Dos 54 países que integran o continente, case 40 rexistraron xa casos, sendo até o de agora os do norte de África, en particular Exipto e Alxeria, os máis afectados, aínda que en Sudáfrica tamén están a aumentar con rapidez. Fronte aos 147 que había hai tan só unha semana, agora son xa 769 (segundo os datos desta sexta feira, 20 de marzo, ao mediodía), con 19 falecidos (todos, agás un en Burkina Faso e outro en Sudán, no norte do continente). 210🇪🇬EGY150🇿🇦ZAF83🇩🇿DZA61🇲🇦MAR40🇧🇫BFA39🇹🇳TUN38🇸🇳SEN15🇨🇲CMR14🇨🇩COD12🇳🇬NGA11🇬🇭GHA11🇷🇼RWA9🇨🇮CIV9🇪🇹ETH9🇹🇬TGO7🇰🇪KEN7🇲🇺MUS6🇸🇨SYC6🇹🇿TZA4🇬🇶GNQ3🇨🇬COG3🇬🇦GAB3🇳🇦NAM2🇧🇯BEN2🇬🇳GIN2🇱🇷LBR2🇲🇷MTR2🇿🇲ZMB1🇨🇫CAF1🇬🇲GMB1🇸🇿SWZ1🇸🇩SDN1🇹🇩TCD https://t.co/FKav40Cbdd#COVID19 pic.twitter.com/nXVJwuMfXb— WHO African Region (@WHOAFRO) March 20, 2020 "A rápida evolución da enfermidade COVID-19 en África é moi preocupante e é un claro sinal para a acción", subliñou a directora rexional para o continente da OMS, Matshidiso Moeti, que incidiu en que aínda se pode mudar o curso desta pandemia". Para iso, "os Gobernos deben mobilizar todos os seus recursos e capacidades e fortalecer a súa resposta", defendeu Moeti, que agregou que ademais se pode aprender da experiencia doutros países afectados que conseguiron reducir os contaxios "aumentando rapidamente as probas, illando os casos e seguindo de forma meticulosa os contactos". Casos desde Europa Polo momento, boa parte dos casos confirmados son importados de nacionais ou estranxeiros que viaxaron a países onde o coronavirus xa estaba presente, principalmente en Europa. No entanto, segundo a OMS, xa hai contaxios locais constatados en 12 países e "o peor escenario", segundo o organismo, é que comece a haber contaxio comunitario. "Mentres sexa unha epidemia incipiente, África ten a capacidade para controlala", asegurou o subdirector xeral da OMS para urxencias, Ibrahima Socé Fall. "Mais en caso de transmisión comunitaria sostida, como en Italia e noutros países, os sistemas de saúde de África non teñen a capacidade para frear o golpe", advertiu, sinalando que "mesmo nos países desenvolvidos, algúns sistemas de saúde víronse desbordados". |
NOS_13683 | "Que 'jeta', que morro e que cara!", indicou o presidente da Xunta sobre o Executivo de Pedro Sánchez | A débeda derivada da mensualidade do IVE de 2017, 200 millóns de euros, deixou á vista a carraxe do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, que criticou a actitude do novo Goberno de coalición estatal e avanzou que o Goberno galego traballa nunha resposta após darlle a oportunidade de "rectificar" ao Executivo de Pedro Sánchez, pero non aclarou se acudirá á xustiza como lle suxeriu a oposición galega. "Cando teñamos a decisión fiada, dirémolo. Cando teñamos algunha noticia que dar, darémola. Non nos gusta improvisar. Se está adecuadamente argumentada farémola pública de inmediato", sinalou Feixoo sobre os pasos a dar por parte do seu Goberno, antes de advertir de que o que non vai facer a Xunta é "rir as gracietas" do Estado. Feixoo lembrou que en agosto de 2018, pouco despois de que o anterior Goberno de Sánchez tomase posesión, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, "comprometeu solemnemente no seu despacho que isto se arranxaba en 2019". "En 2019 propuxémoslle un real decreto para arranxalo e, cando pensamos que isto se ía a solucionar cos orzamentos de 2020, agora dinos que non, que o diñeiro é seu e que a culpa a teñen os anteriores. Que 'jeta'. Que 'jeta', que morro e que cara!", aseverou Feixoo, que non reclamou esta débeda cando o seu partido estaba no Goberno do Estado. "Co diñeiro das comunidades estamos a financiar as políticas electoralistas do Goberno estatal", avisou, antes de anticipar que ninguén o vai "calar". "Teríanme que cesar como presidente para que me cale ante este atropelo", sostivo, para engadir, a continuación, que nos máis de 30 anos que leva na Administración pública nunca viu nada similar. "Nunca houbo un atropelo de modo tan impúdico e con gracietas incluídas dicindo que xa non se pode pagar", remarcou Feixoo. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_1624 | O que se necesita é unha "Educación dos sentimentos", manter á raia o que nos queda de cerebro primitivo e controlar á agresividade humana, todo o que produce o instinto de morte, ataque, ofensa, dominio, incluído o económico, para chegar a unha sociedade igualitaria e humana. | Hai anos que veño laiándome do pensamento débil que socavou o afán de saber, o compromiso entre as ciencias e as humanidades. Nada ten visos de autenticidade, nada é veraz. Cada sociedade, cada grupo, marca os seus propios límites. Non existe unha ética universal, din. Un feito, unha idea, posto que existe, queda avalado. Tolerancia é a norma. Argumento inservible na Bolsa. Porque si existe un capitalismo universal, cada vez máis forte e descontrolado precisamente porque fai un pandeiro da xente pusilánime a quen engaiola. Nunca pensei que a sociedade chegaría a unha involución tan cruel, e un naturalismo tan dramático. A imaxe de Sócrates agarrado ao Partenón, alertando a gritos: Só hai un ben, o coñecemento; só hai un mal, a ignorancia, mentres Grecia se desprende de Europa e cae no abismal. O medo á intelixencia vai unido á querenza primitiva, non só na arte, senón na vida. As tatuaxes non significan só o adorno tribal, senón o masoquismo de persoas, que aturan de boa gaña unha forte dor, e logo se queixan de todo. Moitas mulleres queren parir na casa, con dor, e levar pendurada a criatura para que mame tal xato, sen horario nin calendario. Son quen de chamarse feministas e buscar a "identidade". Porque, claro está, o naturalismo afecta preferentemente ás femias, consideradas corpo. Escoiten os anuncios: Antiséptico X para unha boca sa, Sentiraste cómoda, segura con…, Discretas, evitan o cheiro, Durezas e talóns afectados, Pel seca, crema X, Alivio para os pés, Incontinencia de urina na muller, Contra o mal alento…. Estes remedios son para mulleres. Os homes están, por condición, afastados da natureza, e nin perden urina, nin cheiran. A animalidade está servida, de forma que o amor, o romanticismo, está desviado a todo o animal. Afórrolles: bicos, coidados, gastos veterinarios, conversas caninas que invaden as beirarrúas. Cáeselles a baba, como avós chochos. A humanidade consistiu e consiste precisamente en superar o natural. O cerebro humano medrou e desenvolveuse sobre o cerebro animal e primitivo. A xente ten razón cando di que os animais teñen sentimentos e manifestan emocións, coma nós. Así pretenden igualarnos. Mira que lista é a miña cadela, só lle falta falar. Velaí! Nós temos un cerebro como o seu, onde se fixan as emocións (beixa, agarima, pero tamén morde, ten agresividade, é guerreiro, mata), e os sentimentos (de amor, si, pero máis de odio, envexa, rabia, avaricia, aversión, desprezo, rancor, repugnancia). Pero temos un cerebro superior, do que os animais carecen, que proporciona as facultades cognitivas que nos conduciron a un alto nivel de coñecemento actual, e vincula a ciencia coa ética. Os sentimentos están de moda, como a animalidade. Sería longo este artigo nomeando as veces que usamos sentir. Como te sentes? substituíu a Como estás? Moitos libros introducen no ambiente a "educación sentimental". Non poden ser máis erróneos. O que se necesita é unha "Educación dos sentimentos", manter á raia o que nos queda de cerebro primitivo e controlar á agresividade humana, todo o que produce o instinto de morte, ataque, ofensa, dominio, incluído o económico, para chegar a unha sociedade igualitaria e humana. |
PRAZA_20821 | Dozón, cuxa poboación diminuíu nun 40%, encabeza os descensos. Con todo, Ferrol, Ourense e Marín foron as localidades que máis persoas empadroadas perderon en termos absolutos. En cambio, Ames, Compostela a área metropolitana da Coruña foron as zonas que máis medraron. | Nestes dez anos unicamente 39 concellos galegos incrementaron o seu número de habitantes"A xente sabe que hai un problema, pero falta visión de longo prazo, falta preocupación polo futuro colectivo". Así denunciaba nunha entrevista o fotógrafo Matteo Bertolino a situación de despoboamento que sofre unha parte importante de Galicia e que tan ben recolleu no seu proxecto 'Morte Terra'. Hai uns días o INE deu a coñecer as cifras oficiais do padrón municipal cos datos de poboación de todos os concellos correspondentes ao 1 de xaneiro do ano 2020. Un bo momento para facer unha valoración sobre a evolución experimentada por cada localidade no decenio 2010-2020.Nestes dez anos unicamente 39 concellos galegos incrementaron o seu número de habitantes. Están encabezados por Ames (+4.204), Santiago de Compostela (+3.024), Oleiros (+2.984), Arteixo (+2.483), O Porriño (+2.123), Culleredo (+1.948), Barbadás (+1.690), A Coruña (+1.557), Sada (+1.452) e Pontevedra (+1.279). A maior parte destas localidades con aumento poboacional sitúanse nas provincias occidentais, con excepcións como a xa cita Barbadás, San Cibrao das Viñas, Lugo, Allariz, Outeiro de Rei, O Pereiro de Aguiar, Foz ou Negueira de Muñiz.Ferrol (8.078 habitantes menos), Ourense (3.030 habitantes menos) e Marín (-1.755) foron as localidades que máis poboación perderon en termos absolutosPorén, a gran maioría de concellos galegos perdeu poboación nestes dez anos. En termos absolutos, eses 274 termos municipais con descensos non están encabezados por localidades rurais, senón por Ferrol (8.078 habitantes menos), Ourense (3.030 habitantes menos) e Marín (-1.755), con diminucións importantes igualmente para Carnota, Tordoia, Lalín, Mazaricos, Camariñas, A Fonsagrada, Cerdedo-Cotobade, Santa Comba, Outes, Vimianzo, Coristanco, Fene, Arbo, Vila de Cruces, Ortigueira, Vilalba, As Pontes de García Rodríguez, Muros, Monforte de Lemos, A Cañiza e A Estrada, todas elas por riba dos 1.000 habitantes perdidos.As localidades da área metropolitana da Coruña (Oleiros, Arteixo, Culleredo, Sada, Cambre e Carral) gañaron máis de 10.000 habitantesNo que atinxe ás cidades, contrasta a moi diferente evolución seguida por Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Lugo, con subas máis ou menos significativas, coa de Ferrol e Ourense, con descensos moi importantes. Vigo tamén perdeu poboación (nomeadamente na primeira metade do decenio), pero de forma moito máis contida. Mantívose a tendencia de que os concellos das áreas metropolitanas que rodean ás cidades (Narón, Ames, Teo, Brion, Oroso, Poio, O Porriño, Mos, Gondomar, Barbadás, San Cibrao das Viñas...) gañen moita poboación, unha suba que foi especialmente grande nas localidades da área metropolitana da Coruña: Oleiros, Arteixo, Culleredo, Sada, Cambre e Carral gañaron máis de 10.000 habitantes.Porén, a tendencia xeral é de descenso, unha caída que é xeral en practicamente todos os concellos rurais e que afecta mesmo ás cabeceiras comarcais destas áreas. As cores vermellas tinxen boa parte do interior, pero tamén no litoral, por exemplo na maior parte da Costa da Morte, con importantes perdas en todos os seus concellos, tamén na ría de Muros e Noia, na comarca do Barbanza, no Ortegal e na maior parte da Mariña (agás Foz).Ata agora analizamos os datos en cifras absolutas (aumento ou descenso no número de habitantes). Porén, evidentemente non é o mesmo un aumento ou unha diminución de 500 habitantes para unha localidade de 30.000 que para un concello de 3.000. A análise das variacións en termos relativos á poboación de cada termo municipal ofrece unha visión máis exacta do efecto real do despoboamento en moitos lugares. Dozón perdeu un 40% dos seus habitantes e o descenso en Arbo, Avión, San Xoán de Río e Calvos de Randín superou o 30%Así, entre os concellos que gañan poboación, San Cibrao das Viñas, Barbadás, Ames, O Porriño e Miño son os que aumentan de forma máis importante en función do seu tamaño, con subas por riba do 10% na súa cifra de habitantes. Carral, Salceda de Caselas, Brión, Coirós ou Oroso tamén tiveron aumentos importantes, superiores ao 6%.No outro extremo atopamos un gran número de localidades que perderon unha porcentaxe moi importante da súa poboación en tan só dez anos. Están encabezadas por Dozón, que reduciu o seu número de habitantes de 1.781 a 1.073, unha caída do 40%. O descenso en Arbo, Avión, San Xoán de Río e Calvos de Randín supera o 30% e hai un total de 71 concellos que perderon máis do 20% da súa poboación, máis de 1 de cada 5 habitantes.Estes concellos con máis perdas concéntranse sobre todo en Ourense, pero hai tamén varios no interior da provincia de Pontevedra, precisamente nas comarcas lindeiras coa provincia ourensá, como os propios Dozón e Arbo, e tamén Covelo, Rodeiro, Agolada, A Cañiza ou Crecente. De igual xeito, un gran número de localidades lucenses acumularon perdas superiores ao 20%, especialmente nas zonas máis montañosas (A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita, O Incio...), pero tamén en Taboada, Alfoz ou Mondoñedo.Estes concellos con máis perdas concéntranse sobre todo en Ourense, pero hai tamén varios no interior da provincia de Pontevedra e na montaña de Lugo, na Costa da Morte ou o OrtegalFinalmente, aínda que a provincia da Coruña é a menos afectada por estas caídas por riba do 20%, concellos como Tordoia, A Baña, Mazaricos, Dumbría, Cerdido ou Carnota tamén perderon máis de 1 de cada 5 habitantes e As Somozas ou Ortigueira achéganse a esa cifra. O caso de Ortigueira, ao igual que o doutras cabeceiras comarcais, é significativo pola acumulación de perdas poboacionais nas últimas décadas, mesmo que comparamos os seus datos cos de hai máis dun século. En 1900 Ortigueira contaba con case 20.000 habitantes (incluía aínda o actual termo municipal de Cariño), mentres que hoxe se sitúa en 5.633.Entre o ano 2015 e o 2020 os concellos que máis poboación gañaron en termos absolutos foron tres cidades: A Coruña (+3.734), Vigo (+2.594) e Compostela (+2.236)No seguinte cadro poden consultarse os datos de cada concello e os cambios experimentados pola súa poboación entre 2010 e 2020 e tamén a evolución máis recente, dende o ano 2015, o que pode amosar as tendencias máis inmediatas.Entre o ano 2015 e o 2020 os concellos que máis poboación gañaron en termos absolutos foron tres cidades: A Coruña (+3.734), Vigo (+2.594) e Compostela (+2.236), seguidas de Oleiros, Arteixo, Ames, O Porriño, Sada, Culleredo e Pontevedra. En termos relativos ao seu tamaño, Sada, Miño, San Cibrao das Viñas, Barbadás e O Porriño son as cinco localidades que gañan máis poboación nos últimos cinco anos. Neste lustro foron 49 os concellos galegos que incrementaron o seu número de habitantes.No outro extremo, A Bola, Vilardevós, Pontedeva, Calvos de Randín e Larouco foron os concellos que máis poboación perderon, con descensos de máis do 15% en só cinco anos. En termos absolutos, Ourense Coristanco, A Estrada, Monforte de Lemos, Marín e Ferrol foron os lugares que máis habitantes perderon no último lustro. |
NOS_7787 | O rexedor de Cerceda, José García Liñares (PSOE), vén de ser condenado polo Xulgado do Penal número 2 da Coruña a oito anos de inhabilitación para desenvolver un emprego ou un cargo público por un delito de prevaricación relacionado coa adxudicación e a contratación dunhas obras. | Oito anos de inhabilitación para emprego ou cargo público. Esta é a condena que vén de ditar o Xulgado do Penal número 2 da Coruña contra o alcalde de Cerceda, José García Liñares, do PSOE. A sentenza, dada a coñecer esta cuarta feira, advirte dun delito de prevaricación en relación á adxudicación e á contratación das lagoas do parque do Acevedo, unhas obras orzadas en 306.858 euros. O fallo tamén afecta o arquitecto municipal, Antonio J. Varela, ao consideralo "cooperador necesario" e condénao a catro anos de inhabilitación para cargo e emprego público e a nove meses de suspensión no seu posto no Concello por falsidade en certificado. As obras acometéronse, segundo a sentenza, por unha "orde verbal" do alcalde, a quen se lle acusa de "realizar a toda costa as obras antes das próximas eleccións [as municipais de 2015]". O primeiro fallo en relación a este procedemento ditouse en decembro do ano pasado e foi declarado nulo, debido á falta de imparcialidade, por un tribunal da Audiencia Provincial en abril de 2019. O 18 e 19 de xullo tivo lugar o novo xuízo oral. A sentenza, que nada di do delito de fraude contra a administración que se solicitaba no procedemento –iniciado a raíz dunha denuncia do PP- foi ditada en primeira instancia, co cal, pode recorrerse ante a Audiencia Provincial. |
PRAZA_20516 | A evitación do conflito implicaría unha non xestión do mesmo, sería un deixalo pasar. O problema disto é que deixamos de tratar temas que son importantes | Tíñamos na carreira de Psicoloxía varias asignaturas referidas ás Organizacións e ós recursos humanos, pero hai unha que sen dúbida cambiou o meu xeito de ver o mundo. Tal materia chamábase Psicoloxía do conflito e da Negociación e o seu profesor, o catedrático Gonzalo Serrano, explicaba cómo o conflito non é negativo, senón todo o contrario, o conflito é positivo, pois é un axente de cambio fundamental. O conflito ademáis é inevitable, pois é parte inherente das relacións interpersonais, é dicir, en tódolos espazos ónde hai persoas, véxase a nivel laboral, político ou incluso na propia familia, existe o conflito. O negativo do conflito, non é por tanto o conflito per se, senón a mala xestión do mesmo. Do que se está a falar é de que existe un problema e cómo solucionalo. Dende este punto de vista, existen tres formas de abordar o conflito, a través da agresividade, da evitación ou da asertividade. A evitación do conflito implicaría unha non xestión do mesmo, sería un deixalo pasar. O problema disto é que deixamos de tratar temas que son importantes A evitación do conflito implicaría unha non xestión do mesmo, sería un deixalo pasar. O problema disto é que deixamos de tratar temas que son importantes, ou que cando menos son considerados importantes por persoas que compoñen o espazo, a evitación pode provocar que as persoas que o conformamos non nos sintamos cómodas ou escoitadas, ou incluso nos de medo opinar por temor a ser censuradas. Ademais se unha das partes en conflito opta pola evitación mentres a outra decide utilizar a agresividade, a través por exemplo dos medios de comunicación ou redes sociais, isto pode levar a unha descompensación de forzas, o estilo do que pasa en situacións de bullyng, nas que un agrede e o outro é agredido, ónde os dereitos ou os privilexios dunha persoa ou colectivo son exercidos en detrimento dos dereitos doutra persoa ou colectivo. Nestes casos, habería unha "resolución do conflito", en canto este non existe pois se acatan as esixencias do grupo dominante, máis as consecuencias, como podedes imaxinar, son altamente negativas para o grupo ou persoas que optan pola evitación e, no que a Marea se refire, altamente negativas en canto a democratización do espazo. A abordaxe agresiva, por outra banda, levaria consigo a utilización de insultos, vetos e, en definitiva, agresións máis ou menos explícitas, a persoas ou colectivos. Tamén se atopan intimamente conectadas coa agresividade e coa mala xestión dos conflitos a definición das persoas como boas ou malas segundo estean ou non do noso lado, as definicións endogrupais, ónte se analiza como positivo todo o que fai o propio grupo e como negativo todo o que fai o grupo contrario, a esaxeración das diferencias, a polarización ou radicalización na toma de decisións, etc. Pero sobre todo, o negativo, dende o meu punto de vista, da abordaxe agresiva do conflito é que nos avoga a un resultado baseado no gañar ou perder, no que sempre unha das partes se sentirá derrotada, con todas as consecuencias negativas que isto conleva: posibilidade de ruptura, desafección co espazo e deterioro do clima organizacional. Ser asertivo non implica estar de acordo pero si ser quen de poñerse no lugar do outro Parece obvio, ou cando menos así o vexo eu, que, extrapolando estas cuestión a En Marea, optar por algún destes estilos de afrontamento non vai ter un resultado positivo, entendendo este, como aquel no que todas nos sentimos cómodas coa solución. E é por iso, que se nos remitimos á literatura científica esta recomenda a utilización dun estilo asertivo para a resolución de conflitos. A asertividade sería un punto intermedio, entre a agresión e a evitación, ónde nin se renuncia aos propios dereitos nin se machacan os dereitos do diferente. Dende o meu punto de vista esa é a folla de ruta pola que hai que optar e esa é a opción pola que optou a Coordenadora, con Luís Villares, Ana Seijas e Victoria Esteban cómo cabezas visibles, dende ónde se fan posturas de achegamento, se intenta integrar ás diferentes e se está disposto a renunciar a determinados privilexios, véxase concesións en canto a representatividade. A modo de exemplo, dúas cuestións, o cancelo utilizado #asumadocomún, lévanos a pensar que ninguén sobra e á vez todas somos necesarias, así mesmo, vense de anunciar o ditame con respecto ás emendas e todas elas foron plena ou parcialmente aceptadas. Eu coido que aínda estamos a tempo de ir a un plenario de integración, na volta de utilizar posturas agresivas ou de todo ou nada. Ao fin é ao cabo, ser asertivo non implica estar de acordo pero si ser quen de poñerse no lugar do outro, respectar os dereitos dos demais do mesmo xeito que respectamos os propios, e ser quen de ceder para chegar a puntos intermedios onde todas gañamos. |
NOS_21038 | A Plataforma que xurdira tras a catástrofe do Prestige concentrouse diante de Expocoruña o primeiro día do xuízo que depurará as responsabilidades da maior catástrofe ambiental do noso país. É o comezo dunha loita que vai durar meses, tantos como a propia vista da que están ausentes os principais responsábeis políticos daquela marea negra. | Un recinto feiral da Coruña tomado pola policía recibiu a chegada de centos de manifestantes convocados pola Plataforma Nunca Máis. Foron puntuais e antes das once xa se escoitaban os berros de "contra a inxustiza e a impunidade, mareas negras nunca máis". As bandeiras negras volveron á rúa coa mesma intensidade que hai dez anos. A razón tamén era a mesma: exixir un xuízo xusto que marque un antes e un despois da catástrofe que marcou o despertar dun pobo. Tras as pancartas moitas caras coñecidas que tamén estiveran presentes cando comezou a protesta días despois do afundimento do Prestige. "Hai unha dimensión de celebración nesta concentración, hai dez anos a cidadanía foi quen de ser a resposta real á incompetencia". Xurxo Souto ten claro que grazas á Plataforma mudaron algunhas cousas. "Aínda que a tardanza da xustiza sempre é un fracaso". O escritor e músico foi o encargado de ler un manifesto no que se pedía xustiza e responsabilidades, outra vez máis. Tras as pancartas moitas caras coñecidas que tamén estiveran presentes cando comezou a protesta días despois do afundimento do Prestige "É como unha segunda parte do Prestige, este mundo labiríntico do xuízo". Manuel Rivas, outro dos protagonistas daqueles meses de chapapote e protesta, non faltou tampouco o primeiro día ao regreso de Nunca Máis. "O xuízo era unha oportunidade de facer algo exemplar no eido medio ambiental, que creara un precedente realmente, que establecera xurisprudencia". Da mesma opinión é Bieito Lobeira, deputado do BNG, quen pensa que "é unha evidencia de que a xustiza deste Estado español non cumpre coas necesidades nin coas expectativas da propia sociedade". Un elemento atmosférico que tampouco faltou nesta concentración de Nunca Máis foi a choiva e con elas os paraugas, outro dos símbolos que deixaron pegada na memoria colectiva deste país. "Non é só unha cuestión de nostalxia ou de memoria, senón sobre todo de futuro: gustaríanos que os que nós facemos responsábeis do ocorrido, o goberno español, pague tamén para que feitos como este non se volvan producir no futuro".Nunca Máis no xuízo A Plataforma Nunca Máis está presente no xuízo do Prestige como acusación e na primeira xornada exixiu a retirada do informe no que se baseou a xuíz instrutora para inculpar a López-Sors, o único representante político imputado. Segundo ese documento, asinado polo enxeñeiro naval Santiago Martín Criado, a causa da catástrofe fora o mal estado do buque e non a decisión de alonxar o petroleiro da costa. O avogado da Plataforma descubriu que ese mesmo enxeñeiro traballou como asesor do daquela presidente do goberno español, José María Aznar, cando se tomou aquela decisión. Agora vai ser o tribunal quen decida se acepta a retirada ou non deste informe. |
NOS_50948 | Desde hoxe tamén ten validez o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta cuarta feira a reforma da lei autonómica para a prevención e o tratamento integral da violencia machista que incorpora como principal novidade o recoñecemento como machista da violencia vicaria. O texto entra hoxe en vigor e outórgalle a condición de vítimas de violencia machista a todas aquelas mulleres cuxo agresor actúa contra os seus fillos e fillas para lles facer dano. Porén a lei galega vai máis aló e concederá o mesmo recoñecemento cando a agresión, física ou psicolóxica, se con calquera persoa do seu ámbito máis íntimo. Así, a norma inclúe dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria, entendida esta como "o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia" exercida sobre os fillos da muller ou sobre calquera outra persona "estreitamente unida a ela", coa finalidade de causarlle o maior dano por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou mantivese unha relación análoga, aínda sen convivencia. A reforma da lei galega de violencia de machista, aprobada por unanimidade a proposta do BNG, atende unha vella demanda do feminismo galego, que ademais de ampliar os delitos de violencia de xénero tamén introduce cambios que afectarán ás prestacións de atención psicolóxica, económica e legal á que poden acceder as mulleres vítimas desta violencia. Igualdade real na investigación O DOG tamén publicou esta cuarta feira o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación. Entre outras cuestións, o texto estipula "a garantía" de que os períodos de tempo dedicados a permisos ou con reducións de xornada por razóns de conciliación ou coidado de menores, familiares ou persoas dependentes non repercutan na formación e na carreira docente e investigadora. |
NOS_15126 | A partida dedicada á teleasistencia desapareceu dos orzamentos xerais do 2013, mais o servizo continuará a desenvolverse en Lugo grazas ao convenio que a Vicepresidencia da Deputación asinou con concellos da provincia. | A Vicepresidencia da Deputación asinou cos concellos da comarca centro de Lugo un convenio polo que continuará a desenvolverse un programa de Teleasistencia Domiciliaria que tomará á vez do que até agora funcionaba a través do IMSERSO. A Vicepresidencia de Lugo bota a andar esta iniciativa unha vez partida económica que o ministerio deSanidade, Servizos Sociais e Igualdade contemplada para a execución deste servizo foi eliminada nos orzamentos de 2013 defendidos polo goberno do PP. 849 persoas usuarias na comarca O servizo está a ser utilizado por 849 persoas usuarias na comarca, en especial, segundo indicaron, mulleres que viven soas e con máis de 80 anos de idade. A teleasistencia permite que podan seguir nas súas casas e teñan un seguimento continuado de emerxencias todos os días do ano. A iniciativa será financiada á metade por parte da Vicepresidencia da Deputación e a outra metade polos concellos correspondentes en función do número de persoas usuarias. O orzamento total é de 336.000 euros anuais, aportando a Deputación 168.000. O Vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga afirmou, no acto de sinatura do convenio cos concellos que "fronte a abdicación de responsabilidades do Goberno do Estado, que decidiu unilateralmente e ofrecendo xustificacións arbitrarias suprimir a súa aportación económica á Teleasistencia Domiciliaria, e da Xunta de Galiza, que non respostou á petición do pleno da corporación provincial na que se lle instaba a asumir a porcentaxe que o Executivo central se nega a aportar, Vicepresidencia da Deputación e concellos están dando exemplo de colaboración e responsabilidade en torno a un obxectivo que común de resposta ás necesidades dos lucenses, neste caso da comarca centro". Veiga afirmou que é preciso, nun momento de crise como o actual, botar a andar políticas públicas con fórmulas novas e eficaces para manter os servizos. |
PRAZA_8235 | No día da corresponsabilidade (antes chamado do pai) hai que dar os parabéns a eses homes que coidan en igualdade e pelexan contra un rol de xénero que os marca para outra cousa, aínda que sexa perdendo algún dos seus privilexios. | En todas as sociedades, cando se examina a distribución das tarefas entre mulleres e homes, vese que aquelas destinadas aos homes son as mais valoradas. Tamén é común que, malia que as tarefas masculinas non ocupen todo o seu tempo, os varóns se neguen a realizar practicamente todas as tarefas asignadas ás mulleres. Historicamente os homes se teñen oposto a que as mulleres realicemos os traballos de alto nivel deles ao tempo que se teñen negado a asumir os de baixo nivel que realizaban as mulleres. Historicamente os homes se teñen oposto a que as mulleres realicemos os traballos de alto nivel deles ao tempo que se teñen negado a asumir os de baixo nivel que realizaban as mulleres A feminización dos traballos marcados como masculinos conleva a perda do seu valor para atribuír autoridade e viceversa. As enquisas do uso do tempo mostran que a masiva incorporación das mulleres ao emprego asalariado non está modificando os roles de xénero ao interior da familia, dentro do modelo de familia burguesa que é o mais estendido. Aínda que incorporadas de xeito importante ao rol produtivo no ámbito público, no privado as mulleres conservamos o rol maternal. Somos a educadora, a que forma "corazón e espírito" das criaturas... función sublimada ao tempo que desvalorizada; e tamén somos a coidadora, encargada das tarefas domésticas, do sobremantemento do fogar. Un rol reprodutivo secundarizado que se corresponde cun status secundarizado, cunha forte compoñente cultural que socializa ás mulleres na abnegación. Cando reclamamos a elaboración da conta satélite de produción doméstica, é porque queremos dar valor económico a ese traballo nunha sociedade na que só se valora o que ten prezo. Pero non estamos propoñendo só un cambio de status do rol de coidadora, reclamamos sobre todo a corresponsabilidade, o reparto equilibrado do labor reprodutivo. Un cambio imprescindible hoxe porque o empobrecemento que está a causar a crise e o desmantelamento do Estado do Benestar coa privatización de servizos de coidado, desequilibrará máis o costo de oportunidade para acceder ao emprego das mulleres. Córrese o risco de que se reforce a marca de xénero do rol reprodutivo. Os homes que reclaman a custodia compartida durante ou alén da vida en parella, están reclamando para eles ese rol reprodutivo, polo menos no espazo simbólico; e están, ao tempo que o converten nun rol masculino, valorizando ese traballo Os homes que reclaman a custodia compartida durante ou alén da vida en parella, están reclamando para eles ese rol reprodutivo, polo menos no espazo simbólico; e están, ao tempo que o converten nun rol masculino, valorizando ese traballo. O discurso contrario á custodia compartida que argumenta que as mulleres estamos mais dotadas ou mais dispostas para asumir o rol reprodutivo, poida que cuestione o status secundario ligado a ese rol, pero non cuestiona a marca de xénero da crianza e o coidado e, por tanto, é un discurso que promove a reprodución social, e resulta un obstáculo para o cambio social. Ao salario da ama de casa, as pensións de viuvez e a custodia en exclusiva para as mulleres, prefiro por mais xustas a reclamación dun emprego digno, unha pensión contributiva (ou renda básica sen xénero) e a corresponsabilidade no coidado. Así que no día da corresponsabilidade (antes chamado do pai) hai que dar os parabéns a eses homes que coidan en igualdade e pelexan contra un rol de xénero que os marca para outra cousa, aínda que sexa perdendo algún dos seus privilexios. |
NOS_42310 | A Federación de CIG-Saúde de Vigo lanza un vídeo-parodia para denunciar as políticas do goberno de Núñez Feijóo cara as eleccións sindicais do 6 de maio. [Vídeo no interior] | O próximo 6 de maio celebraranse unhas novas eleccións sindicais no sector sanitario. E a Federación de CIG-Saúde de Vigo recorreu ao enxeño e a parodia nun vídeo onde denuncia as políticas privatizadoras e de recortes aplicadas pola Xunta. A central sindical preséntase as votacións sindicais como referente na defensa dunha sanidade pública en risco. "Temos que recuperar todo o que nos foi arrebatado inxustamente: retribucións, días libres, complementos, paga extra, postos de traballo e dignidade profesional. Temos que recuperar unha Sanidade Pública, de calidade e universal. O público é servizo, o privado, beneficio para unhas poucas mans", sinala a CIG. O spot caricaturiza ao presidente galego e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e presenta as "50 sombras", as medidas da Xunta, que están a provocar un "profundo deterioro" da asistencia sanitaria pública na Galiza. |
NOS_52607 | O alto grao de sobrecarga laboral en moitos centros de saúde da Galiza non permite pasar tanto tempo con cada doente, ou implica ampliar a xornada fóra do horario real, polo que as e os médicos de cabeceira tamén solicitan ver só 30 doentes cada día. | As e os médicos de Atención Primaria "están moi presionados" no seu traballo e volven demandar unha reestruturación deste apartado do sistema de saúde público da Galiza. Así nesta terza feira reclamaron ao Sergas que estipule axendas dun "máximo" de 30 doentes por xornada, para poder atender "como mínimo" 10 minutos a cada persoa. Na actualidade, as consultas son moito máis rápidas ou implican a dedicación de máis horas das que teñen por contrato das facultativas, dado que a sobrecarga de pacientes é moi alta. Destacouno o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, o doutor Isidro Lago, que destacou a presión que padecen "coa demanda actual á que teñen que facer fronte". Para "normalizar unha situación" de asistencia nos ambulatorios, o sector insta ao Sergas a acabar coas listas "supersaturadas". Lago destacou que é o servizo dependente da Consellaría de Sanidade o que organiza tanto a atención telefónica como a presencial, nestes momentos da pandemia pero tamén con anterioridade. Por iso, o presidente do Colexio de Médicos de Ourense, José Luis Jiménez, engadiu que "o tope" axexitado para poder facer o traballo nas mellores condicións sería ter "30 pacientes" ao día, con independencia do tipo de consulta. "O ideal é que os 30 foran ben filtrados", engadiu, sinalando que nos deben ser as e os doutores de familia os que fagan ese traballo de control previo ás consultas. Tamén se falou dos dez minutos por doente para poder atender mellor a cada un.En relación a esa petición dunha "boa xestión da axenda", aclarou que "é distinto o rural e o urbano". "O médico non ten problema", comentou, para engadir que, por exemplo, pódese evitar facer desprazarse a unha persoa de avanzada idade "20 quilómetros" no caso de localidades afastadas dos ambulatorios nos ámbitos rurais. |
NOS_51937 | Os socialistas piden ao aínda presidente da Xunta que demostre un xiro ao centro do PP. | O Partido Socialista (PSOE) deixa entrever nesta segunda feira que a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) está en mans do novo líder do Partido Popular (PP), Alberto Núñez Feixoo. Os socialistas lembran que xa está "todo o camiño feito", en referencia as condicións acordadas polo anterior presidente do PP, Pablo Casado, durante o outono de 2021. Deste xeito, o PSOE afirma que lle corresponde a Feixoo decidir se lle resulta válida a negociación que se fixo nese momento. A proposta dun acordo para a renovación do CXPX, que leva máis de tres anos caducado, chega apenas 72 horas antes de que Feixoo manteña a súa primeira reunión como líder da oposición co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez. Por outra banda, as mesmas fontes socialistas puxeron en dúbida o carácter moderado e a favor de chegar a acordos do aínda presidente da Xunta, e afirman que aínda "está por ver" que sexa así. No PSOE indican que se trata dunha imaxe "que moitos queren vender", entre eles varios cargos e dirixentes autonómicos socialistas que contrapuxeron a figura de Feixoo coa da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Demostrar un xiro ao centro Segundo a parte socialista do Goberno español, o novo presidente dos populares debe demostrar un xiro ao centro do partido, algo que non pasa polo acordo de Goberno con Vox en Castela e León, segundo fontes da Moncloa. Pacto PP-VOX en Castela e León: Feixoo abre por primeira vez as portas dun goberno á extrema dereita Este domingo Feijóo mostrouse disposto a chegar a grandes acordos con Sánchez en cuestións "importantes" para o Estado español e asegurou que o PP ten a "obriga de escoitar e responder" ás propostas que lle fan. Feijóo expresouse así tras ser elixido novo presidente do PP no Congreso extraordinario celebrado en Sevilla. Porén, matizou que, segundo el, acordar "pactos europeístas, atlantistas e constitucionais non é doado" co Goberno de PSOE e Unidos Podemos. Neste sentido, Goberno de Sánchez agarda tamén as propostas que Feixoo poña enriba da mesa durante a reunión desta quinta feira. |
NOS_54761 | Os baixos prezos fan insostíbel a situación para os produtores, advirten, e auguran a desaparición dun gran número de explotacións de se manter esta situación. | Tres sindicatos agrarios (Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores) acordaron consultar nas diferentes comarcas os gandeiros de cara á convocar unha greve de entregas de leite a finais do presente mes de marzo, unha medida de denuncia e protesto ante a difícil situación do sector, afogado por uns baixos prezos que non se rexistraban desde 2012. Tamén a Federación Rural Galega (Fruga) emitiu un comunicado no que se adhire ás accións "que de forma colectiva se convoque desde o sector lácteo". O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, nunhas declaracións a Europa Press explicou que se está traballando para intentar pechar un calendario de mobilizacións en base ao consenso e a unidade das diferentes organizacións. Así, esta quinta feira, delegacións dos sindicatos manterán unha xuntanza da que podería saír unha decisión definitiva sobre se convocar a folga. Quen xa se adiantou e así o fixo foi a Organización de Produtores de Leite (OPL) de Santa Comba -malia o nome non está recoñecida para negociar coa industria-, que chamou os gandeiros a unha folga a partires das doce da noite do 29 de marzo. Tamén convocan unha manifestación en Compostela para o día 24 deste mes. O prezo do leite en Galiza rexistrou en xaneiro unha nova queda até se situar en 30,5 céntimos o litro, segundo os dados feitos públicos polo Fondo español da garantía agraria. En decembro, o mes anterior, o prezo era de 31,9 céntimos. O sector lácteo galego comezou 2015 cuns prezos que non se lembraban desde 2012, a cotización máis baixa logo nestes tres anos. Ese prezo que se lle paga aos gandeiros de Galiza cae a un mínimo que non se rexistraba desde o segundo semestre de 2012 e fica a piques de baixar de 30 céntimos o litro, o que supón entrar nunha dinámica de perdas importantes. Cómpre lembrar que en 2012, cando o leite caeu por baixo dos 30 céntimos, deu lugar a unha folga de entregas do leite. Aos gandeiros galegos pagóuselle en xaneiro 8,7 céntimos menos por litro que doce meses antes, un período de baixas continuadas. Desde a Fruga apuntan como "responsábel" desta situación ao goberno galego e urxen a Consellaría de Medio Rural a "reverter" o contexto no que se atopa o sector. "Resulta imprescindible que a conselleira convoque a tódolos axentes que formamos parte do sector lácteo, dende distribución, ata representantes dos produtores, sen ningún tipo de exclusión. E intentar que nestas negociacións, se cheguen a acordos que permitan cobrar o leite por encima dos custos de produción", sinalan. |
NOS_45723 | En 2010 non declarou o IVE correspondente á venda de 61 vivendas a través da promotora da cal é administrador único. El nega o delito e di que non ten os cartos porque "os bancos quedaron con todo". Tamén está imputado na 'Pokemon' | Cárcere para dous anos e medio, pagar a Facenda 1,2 millóns de euros e ficar inhabilitado para ocupar un cargo público entre catro e seis anos. É a petición de pena que a Fiscalía rexistrou para o ex alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa (PPdG), a quen considera responsábel dun delito de fraude fiscal por defraudar 291.000 euros ao fisco ao non declarar o IVE derivado da venda de 61 vivendas de Geslander Proyectos Inmobiliarios, a promotora da cal é administrador único. Os feitos aconteceron en 2010 e por eles Conde Roa demitiu en abril de 2012 do seu cargo á fronte do goberno municipal de Compostela. "Os bancos quedaron con todo o que ingresamos pola venda dos pisos. Non me quedei con nada. Todo foi destinado a pagar débedas bancarias, a proveedores e aos construtores", argumentou o propio Conde Roa para xustificar que "non hai delito" porque, segundo di, el non tiña a intención de non declarar o montante que lle reclaman, senón que a súa empresa sufriu graves reveses económicos en Lalín e na localidade española de Ciudad Real, polo que non dispuña do diñeiro. Tanto a fiscalía como a Axencia Tributaria, esta última personada na causa como acusación particular, reclaman para o político a pena pecuniaria máxima que contempla a lei para os casos de fraude fiscal: o triplo do defraudado. Para alén desta causa, Conde Roa está tamén imputado na batizada como 'operación Manga' contra a corrupción municipal, unha póla da coñecida como 'operación Pokemon' na cal están imputadas até sete das persoas que facían parte da lista eleitoral con que o PPdG concorreu, e gañou, as eleccións locais de 2011. Neste caso está considerado responsábel dos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e aceptación de subornos. |
NOS_18808 | CIG, CCOO, UXT e CSIF recriminan á conselleira de Medio-Rural a súa "inpetitude manifesta". No que vai de ano 2015 ardeu o duplo de superficie (5.000 hectáreas) que no 2014, afirman. | As centrais sindicais CIG, CCOO, UXT e CSIF piden a demisión da conselleira de Medio Rural e do secretario xeral de Montes por entender que a súa xestión da vaga de incendios que asola Galiza está a ser "nefasta". Nun comunicado, os sindicatos din que o país está a vivir unha "situación de emerxencia" polos lumes e que a Xunta non está a actuar en consecuencia. "Tan só desde o día 16 de xullo levan ardidas máis de 2000 Ha, o equivalente a 2000 campos de fútbol, superando xa no 2015 as 4900 Ha ardidas, máis do dobre que no ano 2014 na que arderon segundo os datos oficiais da Consellería 2002,6 Ha". "En apenas 10 días a superficie que ardeu en Galiza equival a 2.000 campos de fútbol" Os representantes dos traballadores do servizo público de extinción de incendios da Xunta consideran que a Consellería "segue a actuar do mesmo xeito ano tras ano, dando declaracións a prensa de datos ficticios dos efectivos cos que realmente conta, xa que, os datos de persoal que aparecen no PLADIGA 2015 para nada son un reflexo da realidade existente no monte. Lembran que levan tempo advertindo do "abandono total que se está producindo no Servizo Público de extinción de incendios forestais da Xunta, por parte dos dirixentes da Consellería de Medio Rural: multitude de prazas vacantes nos 19 distritos sen cubrir por aforrar cartos, material técnico e mecánico obsoleto e disgregación do dispositivo público en multitude de empresas que orixinan descoordinación." |
PRAZA_14792 | Negan que se poidan facer cargo do financiamento se non se reducen os custos logo da xuntanza da comisión de seguimento, pola que se levaba agardando meses. Os traballadores cren que o atraso foi "a propósito e por unha data electoral" e o PSdeG cualifícao de "sucia trampa". | Navantia e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) din agora que non se poden facer cargo do financiamento do demandado dique flotante que se reclama para o estaleiro público de Ferrol, a non ser que se reduza o seu custo, tal e como se trasladou na Comisión de Seguimento celebrada este mércores, tres días despois das eleccións autonómicas, e na que se anunciou que se realizará unha consulta á UE sobre a construción desta infraestrutura. A comisión de seguimento reuniuse días despois das eleccións logo de meses pedindo a xuntanza A comisión de seguimento, pendente desde o mes de agosto e que reclamaron os traballadores de Navantia cun peche dun mes no Concello de Ferrol, celebrouse no estaleiro de Navantia Ferrol, coa presenza do presidente da SEPI, Ramón Aguirre; o conselleiro delegado de Navantia, Jaime de Rábago; o director xeral de Industria da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces; e máis os representantes sindicais dos comités de empresa de Ferrol e Fene e portavoces e alcaldes da comarca. Ignacio Naveiras, presidente do comité de empresa de Navantia, cualificou logo de "confusa" o resultado da xuntanza tras transmitir o seu contido a 1.500 traballadores concentrados. Segundo asegurou o custo, de ao redor dos 170 millóns para tan só a construción do dique flotante (212 millóns incluíndo todo), non sería asumible, nin con cargo ás contas de Navantia nin ás da SEPI, á que pertence a empresa. Así, Naveiras lamenta que a Sociedade Estatal asegure que "os 1.200 millóns de euros de liquidez dos que dispón, están comprometidos". Xunta, SEPI e Navantia aseguran que non poden asumir o seu financiamento se non se rebaixa o custo A Xunta, pola súa banda, manifestou que tampouco asumiría o financiamento do dique nas cifras nas que se están manexando, segundo dixo Naveiras, polo que se realizarán novos estudos para poder reducir o custo e achegalo aos 140 millóns nos que foi cifrado polo Colexio de Enxeñeiros Navais de Galicia. O resultado deste estudo saberase dentro de dúas ou tres semanas nunha nova reunión. A Xunta participaría no seu financiamento se se logra reducir. Aínda así, os responsables de Navantia informaron tamén que se realizará unha consulta non vinculante á Unión Europea para determinar se a utilización de fondos públicos para a construción do dique se entenderían como axudas ilegais ou se estaría incumprindo o veto á construción naval civil que se fixou en 2004. Para o portavoz do comité, poderíase acabar dando a situación de que se botase a pelota" ao Comisario de Competencia da Unión Europea, o socialista Joaquín Almunia, cando quen "adquiriron o compromiso en Galicia e en Madrid corresponden a outro partido político diferente", en referencia ao PP. Ademais, o comité cre que o atraso na convocatoria da reunión, que se tería que celebrar en agosto, responde a unha "dilación a propósito no tempo, por unha data electoral", a das eleccións autonómicas de Galicia. No entanto, sinalou que se dará de marxe o prazo de "dúas ou tres semanas" como "a peaxe que hai que pagar", pero advertiu de que "se é unha dilación máis aquí xa vai quedar máis dun retratado, porque o tempo pon a cada un no seu sitio". O PSdeG cre que o atraso da comisión "foi unha sucia trampa electoral" Beatriz Sestayo, deputada socialista e responsable local dos socialistas de Ferrol, cre que a nova non deixa de ser "catastrófica" para unha cidade "que se desangra polo desmantelamento do naval por parte dos Gobernos do Partido Popular". "Esta mañá quedou demostrado que o atraso da comisión de seguimento a tres días despois das eleccións foi unha sucia trampa electoral", asegurou a tamén secretaria xera dos socialistas de Ferrol. Así mesmo, criticou duramente a ausencia nesta reunión, "na que se debatía unha infraestrutura trascendental para a cidade", do alcalde de Ferrol, o popular José Manuel Rey Varela. Ao seu xuízo, esta ausencia supón un "desprezo cobarde" para o naval e un claro exemplo do que este sector estratéxico para Ferrol lle importa ao rexedor local. |
NOS_9073 | As dúas centrais reclaman o restablecemento do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto que teña prestado servizos á administración durante polo menos cinco meses e medio. Alén disto, CIG-Ensino pide á Xunta que retire as instrucións enviadas aos centros nas que carga sobre as equipas directivas, o profesorado e as Anpas a xestión dos comedores escolares | As federacións de Ensino dos sindicatos CIG e CC.OO. denuncian a negativa da consellaría de Educación a sentar a negociar os cadros de persoal de Secundaria en xullo, como se veu facendo até o de agora. Así, Comisiones sumouse ás peticións formuladas por CIG nun escrito remitido a sexta pasada ao departamento que dirixe Jesús Vázquez, no que se exixiu o restablecemento do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto que teña prestado servizos á administración durante polo menos cinco meses e medio. A central nacionalista convocou unha concentración este mércores ás once da mañá en San Caetano para esixirlle á Consellaría de Educación que rectifique. Ao remate da concentración, realizarase unha asemblea co profesorado afectado no local do sindicato na que se analizará a súa situación e as medidas de presións a levar a cabo. Na liña, CC.OO. insta a consellaría "a rectificar", e critica que a comunicara aos sindicatos, mediante un correo-e, que non sentará a negociar porque os datos "non serán definitivos ata setembro". A federación denuncia que esta negativa "vulnera dereitos", para alén de ser "unha nova artimaña para adiar o impacto que poden ter os recortes de persoal" no servizo educativo, atrasando o proceso ata setembro e así poder "impor unha política de feitos consumados". CIG-Ensino reclamou que se manteña o contrato polo que lle retribuía e cotizaba ao profesorado o tempo de vacacións que lle correspondía en función do tempo traballado. A central nacionalista queixouse de que a Xunta agardase até que remataron as aulas para dar a coñecer esta medida, malia que a decisión foi tomada no Consello de Goberno do 21 de xuño. O sindicato advirte de que este recorte vai dirixido a traballador@s "que xa teñen unha situación moi precaria con traballos de poucos días, cambio constante de domicilio e a obriga de estar a disposición da Administración de xeito continuo". O mesmo criticou CC.OO., que engade que en moitos casos se trata de traballador@s que están a preparar oposicións para acceder a postos fóra da Galiza. Educación "desenténdese" da xestión dos comedores escolaresAlén do panorama que afecta ao profesorado, CIG-Ensino remitiu un segundo escrito á consellaría para exixir a retirada das instrucións que modifican a xestión dos comedores escolares para o curso 2012-2013, sexan ou non de xestión directa deste departamento. Así, a central informa de que os cambios que está a alentar Jesús Vázquez mediante os escritos enviados aos centros teñen que ver coa vixilancia por parte da equipa directiva. CIG quéixase de que as instrucións se envíen ao remate do curso escolar e sen teren pasado pola Mesa Sectorial, pese a conter cambios nas condicións de traballo do profesorado que atende o servizo. Para a federación que encabeza Anxo Louzao, "é inadmisíbel o autoritarismo e o escurantismo" co que foron ditadas unhas instrucións que afectan ao exercicio da responsabilidade do comedor e á ampliación da xornada d@s director@s, sen sometelos á consideración das organizacións sindicais. A xuízo da central, a consellaría "desenténdese" da xestión e funcionamento dos comedores escolares, e deriva esta responsabilidade cara o profesorado, as ANPAS e as equipas de dirección. Por outra banda, a CIG-Ensino ten coñecemento de que a Consellaría está enviando instrucións aos centros no sentido de reducir as prazas ofertadas, contravindo a lexislación vixente en canto á clasificación dos comedores escolares, pois, por exemplo, pretenden que os comedores tipo A que até agora podían ter até 75 comensais, agora teñan só 71. |
NOS_5211 | As autoridades consideran esta campaña de control de especial importancia dado que máis de 95.000 crianzas utilizan este medio para chegar ao seu centro educativo. Ademais, o país é o que máis rutas escolares ten de todo o Estado español. | A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) quere saber se o transporte escolar das crianzas está a funcionar baixo os parámetros estipulados na Galiza e, en consecuencia, esta segunda feira 17 de xaneiro, comezará unha campaña de control que vai decorrer até a sexta feira 21 de xaneiro. Os axentes de Tráfico, así como membros da Policía Local dos distintos municipios, van parar algúns autobuses que fornecen este servizo de traslado entre os fogares e os centros educativos no país. O obxectivo é comprobar que as persoas condutoras estean a cumprir coa norma estabelecida. Unha das cuestións a analizar será, por exemplo, que as crianzas teñan o acompañamento dunha persoa cualificada nos seus desprazamentos. Malia que esta medida de control poida parecer menor, as autoridades considérana de "importante transcendencia" porque o país é o territorio do Estado español que conta cun maior número de itinerarios de transporte escolar. De feito, máis de 95.000 estudantes chegan así a perto de 900 escolas, colexios e institutos. Distraccións nos accidentes Ademais, atendendo ás estatísticas, o 90% dos accidentes vinculados ao transporte escolar, suceden no momento de acceder ou abandonar o vehículo, como poden ser os atropelos por distracción dalgunha das persoas que forman parte desa rutina. Segundo a Delegación do Goberno de España na Galiza, esta é a primeira campaña especial dentro da axenda de vixilancias especiais programadas para 2022. Na última desta índole realizada en 2021 formuláronse 337 denuncias a 166 autocares. |
NOS_10671 | A Real Academia Galega (RAG) celebra no dia de hoje o acto principal do Día das Letras 2020. Um acto várias vezes adiado e finalmente celebrado na intimidade do streaming. Diga-se o que se diga, as Letras 2020 não tiveram uma comemoração dentro dos limites habituais. O acto de amanha deveria ser, não o derradeiro do dia das letras 2020 mas o primeiro do demandado prolongamento. | Carvalho Calero escreveu muitas e variadas páginas sobre muitos e variados temas, umas assinadas com o seu próprio nome, ou com as iniciais dele e outras com pseudónimos ou, pelo menos num caso, com um heterónimo que o acompanhou até a década de 1970. Quando em 1979 Carvalho Calero publica Estudos Rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro inclui no volume um artigo titulado "O motivo do cravo" e, no final do texto, a referência da primeira publicação: "La Noche, suplemento del sábado, núm. 5, 12 noviembre 1949". Se consultamos essa referência no suplemento original, comprovamos que esse artigo, com idêntico contido, aparece assinado por Fernando Cadaval no suplemento do diário compostelano. É esta a primeira duma série de colaborações que com esta assinatura se iriam estender, nesse meio, até 1964 e até bem entrada a década de 1970, noutros.Em abril do ano seguinte, 1950, o próprio jornal La Noche indica que este Fernando Cadaval é pseudónimo de Ricardo Carvalho Calero. Difunde-o ao dar conta da concessão a Carvalho do prémio de romance instituído pela sociedade Bibliófilos Gallegos e que recai na obra A Gente da barreira. A este respeito diz o diário vespertino santiaguês: "Ricardo Carballo Calero, el novelista galardonado, es un escritor de merecida fama en los círculos literarios gallegos … Las últimas muestras de su pulcro estilo como prosista aparecieron en La Noche, donde colabora bajo el seudónimo de Fernando Cadaval". Anos mais tarde, no libro Conversas en Compostela con Carballo Calero, o próprio Carvalho certifica este facto a M.A. Fernán-Vello e a F. Pillado Mayor: "E publiquei artigos co pseudónimo de Fernando Cadaval. Algúns deles están recollidos en libros posteriores". Não foi este o único pseudónimo que utilizou Carvalho. "Eu teño empregado muitos seudónimos" diz em mais de uma ocasião. Sendo ainda rapaz novo publicou textos com o pseudónimo Ilex "Ilex é aciñeiro en latín e, en certo modo, é unha traduzón do meu apelido" e já em períodos posteriores, ademais de Leopoldo Calero, diz ter empregado o pseudónimo de Eduardo Colmeiro, por exemplo. Na revista Grial há algumas recensões de livros assinadas por M. Dumbria, ou Martiño Dumbría, uma personagem da novela de Otero Pedraio Devalar. Na revista Agália assina como M. Dumbria e publica os "Provérbios otomanos" sob Namiq Ziyá. Ainda na Agália assina algum texto como P. F. (Pauviños Fontenla). Martiño Dumbría e Pauviños Fontenla são duas personagens do romance Devalar, de Otero Pedrayo e nelas, nessas personagens, aparece refletido o espírito "da mocidade que traballava entón no seminário de Estudos Galegos. Esa é a razón de que escollese o nome de Martiño Dumbría, que era un seminarista como fun eu. Seminarista do Seminario de Estudos Galegos, porque eu, a diferenza dunha grande cantidade de escritores galegos, nunca pasei polo seminário conciliar". A dilatada convivência de Carvalho e Cadaval No sítio web da Fundación Luís Seoane podemos ler esta biografia de Fernando Cadaval: "Escritor, poeta e xornalista. Colaborador en La Noche e Galicia Emigrante, con traballos onde reflexiona sobre a poesía. Tamén escribiu poemas en Aturuxo, revista de poesía editada entre 1952 e 1960". Em 1954, em carta de Del Riego a Luís Seoane, datada a 3 de novembro, del Riego di "Te adjunto un artículo de Emilio Alvarez Blázquez y otro de Fernando Cadaval para la Revista". Tal vez por isso no sitio web citado aparece com a mesma consideração que qualquer outro autor sem indicar que se trata de um autor carente de correspondência humana. Segundo Carvalho a génese de Fernando Cadaval arrancaria quando começam as colaborações em La Noche e nasceria por sugestão de Xosé Luís Goñi, na altura diretor:"Somente indicou (Goñi) á persoa con que falou este asunto (...) que cría que eu debía considerar se non sería conveniente que utilizase un seudónimo. Así naceu o meu seudónimo Fernando Cadaval". "A miña muller nasceu nunha aldeia de Lugo que se chama O Cádavo. Creio que ese feito foi o que me suxeriu o apelido Cadaval. Polo que se refere ao nome de pía, Fernando, a verdade é que non sei a motivazón que pode haver. Talvez polo seu ritmo acentual, pola sua suma de fonemas. Eu teño muitos nomes. Chamo-me Ricardo Leopoldo Anxo Xosé Xerardo, pero non Fernando". Álvaro Paradela, en La Noche de 30 de maio de 1963 –já passara a primeira celebração das Letras Galegas– pergunta-se sobre as razões de Carvalho adotar esse nome para as suas colaborações em La Noche e chega ás seguintes conclusões "Carvalho toma o nome de Fernando Cadaval do Cadaval de Freixeiro, no couto de Narón e Fernando de Fernán d´Esquío, poeta trobador nativo de campos e bosques de Ferrolterra". Gostarías de seguir coa lectura? Vai polo Nós Diario á libraría ou quiosque máis próximo ou mércao na nosa tenda online. E prepárate para futuras informacións de interese tramitando a subscrición agora mesmo! |
NOS_23575 | O Partido Democrático dos Pobos (HDP), un dos convocantes da manifestación pro pobo kurdo, vén de elevar a 128 a cifra de persoas mortas no duplo atentado que tivo lugar onte en Ankara. | Segundo informa na súa conta de Twitter o HDP, as persoas falecidas no atentado ascenderían a estas horas a 128, das que 120 xa foron identificadas. Pola súa banda, o Goberno turco segue mantendo a cifra de falecidas nas 95. No que respecta ás persoas feridas, fontes oficiais do Goberno informan de que continúan 160 ingresadas, das que 65 se atoparían en estado crítico. O de onte foi o meirande atentado terrorista da historia de Turquía. Polo de agora non se reivindicou a autoría do ataque, aínda que se apunta ao servizo de intelixencia do país ou mesmo á organización terrorista Estado Islámico. A manifestación na que tiveron lugar os atentados fora convocada en protesta polo aumento de represión e violencia que sofre o pobo kurdo por parte do Estado turco. |
NOS_58125 | Aumentan en 135% as mortes por cancro de pulmón nas mulleres. | A Galiza ten máis de 17.600 persoas fumadoras por cada 100.000 habitantes, segundo os datos divulgados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC). Á vez, o Estado español atópase entre aqueles do mundo no que o consumo de tabaco entre a xuventude é maior. Así o advirte o Grupo Español de Cancro de Pulmón (GECP), a raíz dos datos publicados pola Fundación Tobacco Atlas, que alertan dunha maior incidencia entre as rapazas sendo unha de cada catro adolescentes fumadoras. Nesta liña os datos do GECP din que 25% das rapazas de entre 13 e 15 anos consome tabaco fronte 24,7% de mulleres adultas. As mortes por cancro que poderían evitarse: así afectan o tabaco e o alcol O xefe da unidade de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Adolfo Baloira, mostra a Nós Diario a súa preocupación ao respecto indicando que o Estado español atópase "á cabeza de Europa" en canto ao consumo de tabaco na mocidade. Nesta liña, Baloira sostén que "calculamos que os datos na Galiza son os mesmos", a pesar de que non haxa cifras estritas, unha afirmación que confirma a Nós Diario o profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC, Alberto Ruano. "As taxas galegas son moi similares ás do Estado, quizais podería variar arredor de 2%, pero o importante é coñecer que unha cuarta parte das adolescentes menores de 16 anos está fumando" e que neste grupo de idade "unha de cada nove fuma todos os días", sostén Baloira. "Unha de cada nove rapazas adolescentes fuma todos os días" Todo isto provoca que na última década as mortes por cancro de pulmón aumentaran 134% entre a poboación feminina, segundo os datos de GECP. "Estímase que este ano serán diagnosticados no Estado español arredor de 31.000 novos cancros de pulmón", sendo a enfermidade que máis mortes provoca. "Estamos observando máis cancros de pulmón en mulleres que en varóns, principalmente na tipoloxía adenocarcinoma", indica Baloira. Ruano engade que en cuestión dun par de anos o cancro de pulmón provocará máis mortes entre as mulleres que o de mama. As galegas seguen 'enganchadas' ao tabaco Se ben a cifra descende entre os mozos varóns, que só presenta 18% de fumadores, Baloira considera "moi preocupante" esta situación. Mentres que "conseguimos baixar a taxa de tabaquismo entre as persoas adultas, que se atopa arredor de 20%, cada vez máis rapazada comeza a fumar mesmo en idade case infantil". O proceso de redución do consumo de tabaco entre a poboación nas últimas décadas resultou moi relevante, principalmente grazas á imposibilidade de fumar en lugares públicos, medida que resultou "moi beneficiosa". "Ao comezo tivo un efecto intenso pero despois foise perdendo e volveu a verse como unha moda entre a xuventude", explica Baloira. O 7% das mortes por cancro de pulmón prodúcense por mor da exposición ao radon O impacto das redes sociais As influencias do grupo, o desexo de parecer maior ou o baixo custo do tabaco poderían xustificar o aumento do tabaquismo entre a xuventude; mais o neumólogo sinala as redes sociais como principal factor. Na última década a incidencia do consumo de tabaco na adolescencia duplicouse, indica Baloira, a raíz da "explosión das redes sociais, sobre todo Instagram". As perspectivas de futuro de Baloira non resultan moi positivas, pois indica que "a curto prazo [estas cifras] poderían aumentar". Así, recomenda que as campañas antitabaco conten con figuras recoñecidas na Internet para que inflúan na mocidade. Unha cuarta parte das mozas de entre 13 e 15 anos son fumadoras A incidencia do consumo de tabaco entre a xuventude é superior nas mozas que nos mozos, cunha cuarta parte de fumadoras entre adolescentes menores de 16 anos. Adolfo Baloira opina que esta situación podería deberse ao desenvolvemento mental precoz que experimentan as rapazas en comparación cos varóns. Porén, "vemos que a cifra mantense superior en mulleres de maior idade en relación cos homes". Neumólogos advirten que fumar nas terrazas aumenta as posibilidades de contaxio da COVID-19 Así, o neurólogo tamén indica que o feito de fumar podería ser "unha forma de reivindicarse" das mulleres novas e de manter a igualdade entre xéneros nunha acción tradicionalmente considerada masculina. "Estas cuestións na adolescencia poden ser moi importantes", sinala. As mortes por cancro de pulmón na poboación feminina medran a ritmos de 5% de forma anual, aumentando 134% na última década. |
NOS_48936 | Pontevedra pon en valor o seu modelo de cidade no II Congreso de Cidades que camiñan. | Devolver as cidades @s transeúntes. Ese é o obxectivo das cidades que camiñan. Espazos deseñados a partir de modelos urbanísticos que poñen no seu centro as persoas. E cando falamos de mobilidade urbana, en Galiza o referente é a cidade de Pontevedra. A vila do Lérez acolle os 16 e 17 de outubro o II Congreso de Cidades que Camiñan. Un espazo para partillar iniciativas e ideas sobre modelos de mobilidade urbana. Nesta ocasión, Pontevedra gozará dun maior protagonismo como anfitrioa e explicará ás outras urbes da Rede de Cidades que Camiñan as súas políticas neste eido. O 'modelo Pontevedra' foi premiado en múltiples ocasións e mesmo a nivel internacional. "Vai por diante na maneira en que as cidades evoluirán", chegou a asegurar o pasado mes de setembro Natalie Leclerc, presidenta de Intermodes, con motivo da súa visita á cidade do Lérez. "Calquera que chegue a Pontevedra ve que é unha cidade feita para vivir", sinalou Leclerc. E é que o seu modelo sitúa no seu cerne a concepción d@s transeúntes como xeradores de "vida" e "riqueza". Natalie Lecler, presidenta de Intermodes: "Calquera que chegue a Pontevedra ve que é unha cidade feita para vivir" Ao longo da dupla xornada de traballo –na que se combinarán mesas redondas, debates e obradoiros, @s participantes poderán coñecer unha das experiencias postas en andamento polo goberno pontevedrés nos últimos anos e que están a ter unha grande acollida entre a veciñanza como o Metrominuto ou os "camiños escolares". Unha iniciativa encamiñada a facilitar a "autonomía" e "seguridade" da cidadanía, nomeadamente das crianzas durante o traxecto á escola. Camiños escolares Este proxecto xa se está a desenvolver noutras vilas do país como Carballo e baséase na peatonalización da cidade e nunha acción conxunta entre distintos axentes (familias, expertos en seguridade vial, crianzas e mesmo comerciantes). Pablo Barco: "os peóns melloramos a cohesión social dos nosos municipios co uso e goce do espazo público Este proxecto "contribúen", aseguran desde o Concello de Pontevedra, a que as crianzas "gañen autonomía e poidan mesmo resolver pequenos problemas, coñecen a cidade á súa medida" e "volven tomar as rúas". Porén, vai para alén da calidade de vida das crianzas até o punto de apostaren na modificación do espazo público en favor da vida na rúa". Outras cidades do Estado español e Portugal achegarán tamén as súas propostas con espazos de debate sobre saúde e cidade, políticas de mobilidade e innovación. Concellos como Irún, Torres Vedras ou Maó-Mahón partillarán espazo con profesores da Universidade Autónoma de Barcelona ou a Universidade Europea de Madrid á fin de trazar as liñas mestras dun xiro no modelo urbanístico das cidades en favor d@s transeúntes pois, afirma o director do Congreso, Pablo Barco, "os peóns melloramos a cohesión social dos nosos municipios co uso e goce do espazo público. Fronte "o envellecemento da poboación, a contaminación e o incremento da obesidade infantil", salienta Barco, "debemos fomentar unha sociedade activa que aposte na desprazamento a pé xunto co transporte público". |
PRAZA_2285 | O BNG presentou unha proposición para retirar este contaminante material. A proposta conta co apoio de grupos ecoloxistas e mesmo da Federación Española de Caza, pero é rexeitada pola Federación Galega, que iniciou unha rolda de contactos para impedila | Este domingo dará comezo unha nova tempada de caza en Galicia, que chegará ata ao 6 de xaneiro. Serán días hábiles para a caza os xoves, domingos e festivos. Se a actividade cinexética estivo marcada nos últimos anos polo debate ao redor da seguridade, sobre todo a raíz dalgún accidente mortal, nesta ocasión un dos asuntos que centra o inicio da tempada é a proposta para a prohibición do uso de munición de chumbo. O pasado mes de xuño o BNG presentou no Parlamento unha proposición de lei para estender a prohibición do uso da contaminante munición con chumbo a todo o territorio galego O pasado mes de xuño o BNG presentou no Parlamento unha proposición de lei para estender a prohibición do uso da contaminante munición con chumbo a todo o territorio galego. Na actualidade, a lei de caza de Galicia, aprobada en 2013, prohibe usar munición con chumbo en todos os humidais e espazos protexidos. A Federación Galega de Caza oponse a deixar de empregar perdigóns con chumbo, criticados non só polos grupos ecoloxistas, senón mesmo pola Mesa Galega pola Caza e a Federación Española de Caza, que apoian o uso doutros materiais menos nocivos para o medio ambiente, cartuchos sen chumbo que son "totalmente compatibles coas armas de todos os cazadores galegos, non son contaminantes, cumpren á perfección cos parámetros balísticos establecidos e, ademais, economicamente non supoñen nin sequera un incremento significativo". A Federación Galega iniciou nas últimas semanas unha rolda de contactos para tentar convencer os grupos parlamentarios de que non leven adiante unha medida que consideran "precipitada, desinformada, e carente dunha base científica sólida para ser levada a cabo". Pola contra, ADEGA acusa a Federación de empregar "falsos argumentos técnicos e legais" e de achegar "un informe científico con curiosos argumentos acientíficos". O informe minimiza a contaminación xerada pola munición pois "as emisións de chumbo ao ambinete prodúcense maioritariamente por outras vías coma a minaría, industrias, locomoción..." e ve detrás da prohibición "a presión que algúns grupos conservacionistas pretenden exercer sobre a actividade cinexética". ADEGA pide que se complete a prohibición "deste veleno", para deste xeito "colocar por unha vez a Galicia na avangarda da protección ambiental e da saúde no Estado" ADEGA pídelle aos grupos da cámara galega que completen a prohibición "deste veleno" en todo o territorio, para deste xeito "colocar por unha vez a Galicia na avangarda da protección ambiental e da saúde no Estado". "Os que pretenden que sigamos nas cavernas só poden cualificarse como cavernícolas", conclúe. Máis denuncias contra os cazadores Dende o 2008 o número de denuncias presentadas contra os cazadores multiplicáronse por seis, segundo os datos recollidos na memoria de actividade da Policía Autonómica de Galicia. As denuncias relacionadas con infraccións en materia de caza pasaron de 48 en 2008 ata 346 en 2013, unha mostra dunha maior concienciación cidadá e tamén dun mellor funcionamento do corpo de axentes medioambientais. Houbo, ademais, 3396 identificacións, 1547 inspeccións (572 en 2008) e 5 detidos ou imputados. A actividade cinexética ten espertado numerosas críticas en entidades ambientalistas e animalistas, que alertan sobre o perigo que supón a actividade dos cazadores para montañeiros, ciclistas ou calquera persoa que pasee polo monte, e para eles mesmos A actividade cinexética ten espertado numerosas críticas en entidades ambientalistas e animalistas, que alertan sobre o perigo que supón a actividade dos cazadores para montañeiros, ciclistas ou calquera persoa que pasee polo monte, e para eles mesmos. En 2012 dúas persoas morreron en Galicia (en Vila de Cruces e Vilalba) por disparos relacionados coa caza. E en 2013 rexistráronse outras dúas vítimas mortais (en Rubiá e Ribas de Miño, neste caso un rapaz de 17 anos que participaba nunha batida). A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) pediulle á Xunta hai dous anos unha correcta sinalización desta actividade e que "non autorice a realización de batidas con munición de bala os días de maior afluencia de cidadáns aos montes: festivos e fins de semana". De igual xeito, demandaba que se "comece a realizar de inmediato controis de alcolemia e sustancias psicotrópicas entre todos os cazadores". E, pola súa banda, Rubén Pérez, voceiro de Libera, denunciaba en entrevista con Praza que a actividade dos cazadores "conculca os dereitos das persoas non cazadoras" pois "máis do 90% do territorio galego son tecores, son terreos ordenados cinexeticamente" e que "durante as tempadas de caza maior e menor todo o monte está tomado". En Galicia hai 19.210 persoas con licenza de caza, unha cifra que veu reducíndose nos últimos anos, dende as 21.587 de 2008 En Galicia hai un total de 19.210 persoas con licenza de caza, case todos homes (19.149), unha cifra que veu reducíndose nos últimos anos, dende as 21.587 de 2008, unha caída de máis do 10%. No conxunto de España hai 334.915 persoas federadas, tamén en descenso, dende as 411.453 de 2008. |
NOS_37637 | Tel Aviv abre a porta a que os ataques continuarán nos vindeiros días. Estados Unidos apoia o dereito de Israel "a se defender". | Xa son 26 as persoas, incluíndas 9 nenos, mortas na Franxa de Gaza durante un bombardeo desta segunda feira das forzas militares de Israel, segundo asegurou o ministerio de Sanidade de Gaza, territorio palestino gobernado polo movemento Hamás. Foi o bombardeo militar máis sanguento ordenado nestes anos por Tel Aviv contra a poboación civil, dentro da espiral de violencia e represión sobre os palestinos por parte de exército e forza de seguridade israelís que se saldan anualmente con ducias de mortos. O ataque aéreo produciuse logo de que desde Gaza lanzasen proxectís cara a Xerusalén, onde foi evacuada a sede do Parlamento de Israel mentres soaban as sirenas. Unha acción, que deixou 6 persoas feridas, e que foi a xustificación dada por Israel para bombardear Gaza e que EUA valida ao afirmar que ese ataque fai parte do dereito de Israel "a se defender". O ataque militar chega no marco do que está a acontecer e Xerusalén desde a pasada semana. Na pasada sexta feira, ao termo do rezo vespertino semanal en Al Aqsa, as ducias de miles de fieis que acudiran á celebración relixiosa mantivéronse na ampla praza onde está situado o templo ─terceiro lugar santo no Islam─, co fin de se manifestaren contra o inminente desaloxo de familias palestinas do barrio de Sheikh Jarrah, en Xerusalén Leste. As protestas foron gañando en intensidade e centos de axentes antidisturbios israelís, nunha decisión atípica, entraron á explanada para responder con granadas de atordamento e pelotas de goma ao lanzamento de pedras, zapatos e outros proxectís improvisados, informou a TV árabe Al Jazeera. Após tres noites seguidas de violencia, sta segunda feirs regresaron os choques, especialmente duros pola efeméride no calendario sionista: o Día de Xerusalén, que conmemora a captura da simbólica cidade na guerra árabe-israelí de 1967. O saldo, máis de 300 palestinos feridos. Porén, o peor viría á noite, co bombardeo militar israelí e a vintena de civís mortos en Gaza. Israel, porén, limitouse a dicir que matara 3 militantes palestinos. "Comezamos, e repito comezamos, atacar obxectivos militares en Gaza", dixo o portavoz das forzas israelís, tenente coronel Jonathan Conricus. Unha frase coa que indica que nos vindeiros días haberá novos ataques e 'represalias' comtra os territorios palestinos. A Fiscalía do Tribunal Penal Internacional (TPI) anunciaba en marzo a apertura dunha investigación polos supostos crimes cometidos nos Territorios Palestinos. A Autoridade Palestina (ANP) recorreu ao TPI para que determinase se Israel cometeu crimes de guerra. A Fiscalía xa considerara nunha primeira avaliación que había indicios para abrir unha investigación formal. Porén, non foi até o 5 de febreiro cando A Haia ─sen entrar a valorar as acusacións─ aclarou as dúbidas en materia de competencia. A Fiscalía, agora xa coas garantías sobre xurisdición do TPI, confirmou o inicio dunha investigación sobre os supostos abusos cometidos desde xuño de 2014, logo de cinco anos de pescudas preliminares. |
PRAZA_20846 | O Sergas suma 844 novos positivos, a segunda cifra máis elevada da pandemia tres días despois de rexistrar 914, rexistro récord dende o inicio. A media diaria de diagnósticos duplícase en apenas dúas semanas mentres Sanidade confirma 12 mortes máis e Galicia se aproxima aos 300 casos por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas, aínda que catro cidades xa superan este limiar | A agardada onda expansiva da pandemia do coronavirus tras as festas do Nadal, Aninovo e Reis xa está aquí, tamén en Galicia. Así o viñan indicando todos os principais indicadores xa dende a pasada semana e así o acreditan os datos dos últimos días, co rexistro de novos casos da COVID-19 en niveis máximos xa non desta nova vaga, senón de toda a pandemia.O Sergas suma 844 novos positivos, a segunda cifra máis elevada da pandemia tres días despois de rexistrar 914, rexistro récord dende o inicioO Servizo Galego de Saúde suma este 12 de xaneiro 844 novos positivos -719 deles, diagnósticos mediante PCR- rexistrados entre as seis da tarde do domingo, día 10, e a mesma hora do luns. É a segunda cifra máis alta de toda a pandemia nun período comparable (das 18h dun día ás 18h do seguinte) e a primeira é a rexistrada só tres xornadas antes, cos 914 casos engadidos o sábado 9.En termos de días naturais (das 00:00 ás 23:59), a pandemia tamén transita polos seus rexistros máis elevados en Galicia. No último día con datos completos, o domingo 10, Sanidade sumou 792 novos casos. Só dous días antes, o venres 8 de xaneiro, chegaba o que ata agora é a maior cifra de positivos en Galicia nun só día natural, con 854. A media diaria de diagnósticos duplícase en apenas dúas semanas mentres o Sergas confirma 12 mortes máis de persoas infectadas polo coronavirusA evolución dos diagnósticos por PCR é igualmente preocupante. Como amosa o gráfico sobre estas liñas, a media semanal de diagnósticos diarios xa supera os 600 casos, o que supón duplicar este indicador en apenas dúas semanas, cun ritmo moi semellante ao do pasado outubro agás nos últimos días, cando xa é claramente máis acelerado.Mentres isto acontece, o empeoramento xeral tamén atinxe ás cifras de falecementos. Sanidade incorpora ao rexistro oficial ata 12 novas mortes, tres delas das últimas vinte e catro horas, que elevan o total de falecementos ligados á COVID-19 ata os 1.462. Segundo confirma o Sergas, tres destas persoas viviran en residencias de maiores: unha muller de 92 anos da residencia Moledo de Vigo, un home de 84 anos na San Bartolomeu de Xove, outro home de 95 anos na DomusVi Vimianzo e unha muller de 104, na Santa María de Verín. [Galicia supera as 30 mil doses da vacina administradas, chegando ao 70% dos usuarios e persoal das residencias]Incidencia disparada dende o NadalOs ecos dos encontros do Nadal e do Aninovo tamén se observan con claridade nos datos de incidencia acumulada (casos novos por cada 100.000 habitantes) a 14 días. Este indicador disparouse definitivamente en Galicia nos derradeiros días de 2020 -a última vez que descendeu foi o 26 de decembro- e, tras dúas semanas á alza, xa se aproxima aos 300 positivos por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas.Non obstante, como amosa o mapa baixo estas liñas, varios concellos e comarcas rexistran niveis claramente superiores. É o que sucede en puntos do norte, arredor da Mariña e do Ortegal, en varios concellos da Costa da Morte, do Baixo Miño e do sur de Ourense, así como na área de influencia de Compostela e proximidades da Ulloa, entre outras comarcas. Hai apenas un mes, os concellos sen casos novos da COVID-19 nas anteriores dúas semanas roldaban o centenar. Agora xa son menos de medio cento e quedan en 46, segundo os datos máis recentes.A incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia achégase aos 300 casos por cada cen mil habitantes, pero catro cidades xa superan claramente ese limiarEntre as sete principais cidades, ata catro delas superan con claridade a incidencia acumulada global de Galicia. Son as catro que manteñen unha tendencia ascendente máis pronunciada nas últimas semanas e seguen encabezadas por Santiago, que supera xa o limiar dos 350 casos por cada 100.000 habitantes. A única que polo momento consegue manter unha relativa estabilidade é Lugo, a única das sete sen peche perimetral. Aínda que hai xa días que superou os 100 casos por cada cen mil habitantes, cando menos ata agora a cidade da Muralla continúa rexistrando a menor incidencia da Galicia urbana mentres que as outras dúas cidades que conservaban unha certa estabilidade, Vigo e Pontevedra, apuntan xa ao ascenso.Alarmas na positividade e na hospitalizaciónOs sinais de alarma sobre a marcha da pandemia son tamén claros noutro dos indicadores de referencia, a taxa de positividade (porcentaxe de test que dan positivo) das probas PCR. A positividade media diaria a sete días segue subindo para o conxunto de Galicia e rolda xa o 9%. O seu incremento vese favorecido polo feito de que algo máis do 12% das 3.419 PCR procesadas entre as cero horas e as seis da tarde do martes deron positivo. A positividade media máis elevada segue na área sanitaria da Coruña e o incremento máis significativo é o de Pontevedra-O Salnés, xunto co de Santiago-Barbanza.Aínda que, polo momento, lonxe das cifras récord previas á Noiteboa (impulsadas pola realización de múltiples cribados masivos), o ritmo de realización de probas PCR segue claramente á alza en Galicia. A media diaria a sete días vólvese situar xa na contorna das 7.000 probas por xornada.As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 son agora 491, un incremento de 93 nunha semanaComo é habitual e xa admitira o propio Sergas, o empeoramento xeral tamén chega, aínda que con certo retardo, ás cifras de hospitalización. Despois de rexistrar, o pasado luns, o maior incremento de persoas ingresadas con test positivo dende o mes de abril, os datos deste martes seguen apuntando á alza con claridade. O total de ingresos formalmente ligados á pandemia son agora 491; 23 máis que un día antes e 93 máis que hai unha semana. Deles, 70 persoas están na UCI (unha menos que a xornada previa, pero catorce máis que hai sete días) e 421, en unidades hospitalarias ordinarias, o que supón un incremento de 24 nun só día e de 79 nunha semana. |
NOS_17660 | O rexistro de bens do Congreso di que a filla de Carlos Fabra posúe plans de pensións, hipotecas e propiedades inmobiliarias nas zonas máis caras de Madrid e Castellón. Dixo estar "indignada" polo rexeitamento social que xeraron as súas palabras, e que non insultaba @s desempregad@s, senón o PSOE | Ao repasarmos as redes sociais nesta sexta, a polémica ten nome de deputada do PP: Andrea Fabra. A filla de Carlos Fabra, ex presidente da Deputación de Castellón e presidente do PP provincial, berrou "¡Que se jodan!" desde a bancada da formación conservadora no Congreso español no mesmo intre en que o líder do seu partido e presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, anunciaba os últimos recortes, nomeadamente a tesourada ás prestacións por desemprego, que pasarán a ser do 50% --fronte ao 60% actual-- a partir do sexto mes no paro. A Fabra --filla-- seica a sorprendeu a reacción da cidadanía, que fixo ferver o Facebook e o Twitter, e creou unha páxina na web Change.org en que se recollen sinaturas para exixir a súa demisión inmediata. Leva unhas horas activa, e vai camiño dos 70.000 nomes. As súas inoportunas palabras fixeron estalar a indignación. Cabe lembrar o cargo que ocupa fóra da Cámara baixa: secretaria executiva de Política Social do PP en Valencia. Mais en declaracións á prensa, ela dixo sentirse "indignada" e, após recoñecer que, efectivamente, berrou "¡Que se jodan!", dixo que non se refería ás persoas desempregadas, senón @s deputad@s do PSOE. Ollando a páxina web do Congreso, da declaración de bens da parlamentaria --que partilla coa súa parella, ex conselleiro de Esperanza Aguirre--, destacan catro plans de pensións de 1.000 a 31.000 euros, dúas hipotecas --unha de 1,2 millóns que lle concedeu Bankia-- e varias propiedades inmobiliarias situadas nas rúas máis caras de Castellón e de Madrid. Así as cousas, o mesmo día en que Carlos Fabra --imputado en varias causas por delitos como tráfico de influencias, suborno a persoal funcionario e delito fiscal-- se despediu por carta d@s afiliad@s do PP en Castellón, Andrea Fabra non pensa renunciar ao seu escano --como lle pide a cidadanía e a oposición-- e toma o relevo do pai á cabeza do rexeitamento social. A deputada leva desde o 16 anos militando nas filas do PP, cando entrou a facer parte de Nuevas Generaciones, segundo reza o seu currículo político. Un ano antes de rematar os estudos de Dereito tiña xa un oco reservado na Executiva provincial. |
NOS_57493 | España e Portugal defenden posicións diferentes en relación á conexión ferroviaria entre ambos os Estados. Mentres o Goberno de Pedro Sánchez aposta na ligazón vía Madrid, o Executivo de António Costa opta pola unión a través de Vigo. A alternativa portuguesa de darlle prioridade á alta velocidade coa Galiza está fóra de dúbida á vista do Programa Nacional de Investimentos 2030 e do expresado por cualificados membros do Gabinete de Costa. | A conexión ferroviaria atlántica entre Lisboa e Vigo non interese ao Goberno español. A este respecto, é significativa a oposición do secretario de Estado de Infraestruturas, o lugués Sergio Vázquez Torrón, a estudar a posibilidade de acometer esta actuación nun prazo razoábel, así como a negativa do Executivo estatal a recoller na proposta de orzamentos para 2021 unha partida para acometer o estudo informativo do tramo da alta velocidade entre Vigo e a fronteira portuguesa. Os actuais responsábeis gobernamentais culpan os anteriores de non ter estudado esa posibilidade, mais o Gabinete de Pedro Sánchez deixou caer que non está disposto a asumir a execución dunha obra cuxo custo rolda os 200 millóns de euros. A oposición do Goberno estatal a esta liña ferroviaria levouno mesmo a presionar o Executivo luso para que paralice o proxecto. Así o evidenciou a ministra portuguesa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, no marco dunhas xornadas promovidas a finais de outubro pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, cando afirmou que o Executivo español tentou no XXXI Cumio Hispano-Portugués decorrido o 10 de outubro que o Goberno de Costa desistise de situar como central a conexión ferroviaria entre Lisboa e Vigo. "O Goberno do Reino de España púxonos nunha situación que non é fácil, cando case nos impón a conexión entre Madrid e Lisboa, cando nós non temos como prioridade Madrid-Lisboa", afirmou entón Ana Abrunhosa. As prioridades "A conexión da alta velocidade será no norte, por Vilar Formoso, moi probabelmente. O que o Goberno portugués non quere é que se adopte unha decisión imposta, e iso foi o que transmitimos no cumio ibérico", indicou Abrunhosa, quen resaltou que "a nosa prioridade non é a conexión entre Madrid e Lisboa, porque de Madrid a Lisboa vamos en avión. Xa temos conexión. A nosa prioridade, efectivamente, é o eixo atlántico, Lisboa, Porto e Vigo". Finalmente, o Cumio Hispano-Portugués resolveuse cunha resolución de compromiso para "avanzar na mellora da conexión ferroviaria Porto-Vigo" e para "comprometerse a continuar cos traballos co fin de impulsar a conexión ferroviaria Lisboa-Madrid". As declaracións da ministra portuguesa de Cohesión Territorial son coincidentes coas doutros membros do Executivo de Costa, como o responsábel de Infraestruturas, Nuno Santos, quen ten afirmado que "para nós a prioridade absoluta é conectar por alta velocidade Lisboa e Porto e Porto con Vigo. Apostamos por iso no plan de investimentos do Goberno portugués de 43.000 millóns de euros". "Galiza é a rexión coa que temos máis lazos económicos e sentimentais e o AVE aproximará e mellorará a vida a un lado e outro da fronteira", reparou Nuno Santos. "Coido que para calquera portugués do norte e para calquera galego é fácil comprender, con quen temos máis relacións económicas e de afinidade os portugueses? A calquera que lle pregunte responderá rapidamente cos galegos e coa Galiza. Por este motivo, o primeiro ministro e eu témolo claro: hai que aproximar primeiro as dúas grandes cidades lusas e a continuación Porto con Vigo, é o lóxico". Tamén puxo o foco na urxencia de que o Executivo español acometa a saída sur de Vigo, "chave para que o traxecto en camiño de ferro de Vigo a Porto se poida realizar en 55 minutos, porque reduce en 20 minutos a viaxe". Actuación proxectada As posicións expresadas polos ministros lusos de Cohesión Territorial e de Infraestruturas responden ao deseño en materia de comunicacións recollido no "Plan Nacional de Investimentos 2030" que o Goberno portugués vai financiar a conta dos fondos comunitarios procedentes do denominado Plan de Recuperación aprobado no Consello Europeo de xullo. Segundo a previsión enviada polo Executivo de Costa á Comisión Europea, a conexión por alta velocidade entre Lisboa e Porto vai custar 4.500 millóns de euros e o tramo entre Braga e Valença 900 millóns, ficando por cuantificar a cantidade total da ligazón entre Braga e Porto. Se queres seguir a ler esta información, vai polo Nós Diario ao teu quiosque de referencia ou merca o xornal na tenda online. Para evitar quedar a media lectura, podes subscribirte con total facilidade xa mesmo! |
PRAZA_1916 | Navantia bota o buque encargado por Pemex no que Navantia prometera traballo para 2.000 persoas. Feijóo asegurara 3.000 empregos entre este barco e o que se construé en Barreras durante 30 meses. En Ferrol traballan 500 operarios e en Vigo, uns 600. | Será o vindeiro venres 28 cando o estaleiro Navantia en Ferrol bote o buque de apoio a plataformas petrolíferas encargado por Pemex. O famoso flotel verá a luz tras un cóctel, un acto público e discursos de diferentes cargos públicos na ría ferrolá. E chegará case tres anos despois de que naquel setembro de 2012 o presidente da Xunta asinara entre unha importante polémica un acordo para a construción de dous buques hoteis en Galicia froito dun acordo coa empresa mexicana que incluía moitos máis encargos que nunca se acabaron de confirmar. Navantia bota o flotel encargado por Pemex tres anos despois de que Feijóo anunciase o acordo coa firma mexicana Foi un anuncio que chegou pouco antes das últimas eleccións autonómicas e que non acabou por confirmarse varios meses despois e logo de que a propia Pemex negara que o acordo coa Xunta fose definitivo e seguro. En xaneiro de 2014 concretouse o acordo, despois de que a petroleira anunciase o gañador da licitación internacional: a oferta presentada por PMI, brazo internacional da firma estatal, xunto a Navantia e Barreras. O contrato asinaouse en febreiro e incluía a construción dos dous buques, duns 130 metros de eslora por cadanseus 150 millóns de euros e un prazo de execución de 29 meses que se adiantará un chisco. Daquela, Feijóo prometera que a construción dos famosos floteis xerarían 3.000 empregos durante 30 meses en Galicia e desde Navantia chegouse a asegurar dous milleiros tan só na ría ferrolá. O resultado final non foi tan satisfactorio. Feijóo prometera 3.000 empregos durante 30 meses en Galicia e Navantia falou de 2.000; en Navantia traballan 500 e en Barreras, 600 En Ferrolterra, foron uns 500 as persoas empregadas, a cifra máxima e a pleno rendemento de traballo, segundo aseguraron en varias ocasións os representantes dos traballadores no comité de empresa. A maioría dos operarios pertencen ás auxiliares -máis de 200-, as mesmas nas que nos últimos anos se despediron unhas 4.000 persoas e onde as condicións laborais, segundo os sindicatos, empeoraron moito en plena crise. En Barreras (Vigo), son uns 600 os operarios que constrúen o outro buque hotel que se leva a cabo en Galicia e que celebrará a súa botadura algo máis tarde. En total, case 2.000 empregos menos dos prometidos por Feijóo no país e, no caso de Ferrol, 1.500 menos dos que asegurara a propia Navantia. Nada se sabe tampouco daquela base loxística que Pemex ía instalar no porto exterior da Coruña, e cuxa data se atrasou xa, nin dos catorce remolcadores, dous quimiqueiros e a segura construción da frota menor da petroleira mexicana por parte de empresas de Galicia que prometera Feijóo. Máis de 20 embarcacións. A crise da compañía e o baixo prezo do cru non trouxeron boas expectativas para os estaleiros do país e mesmo o ruxe-ruxe chegou a falar xa do interese dunha empresa chinesa en Barreras, agora controlado pola firma estatal mexicana. |
NOS_7977 | En Venhan Máis Cinco conversamos co escritor José Alberte Corral (A Coruña, 1946), autor de obras como Palavra e memória ou Buracos no espelho. | -Como avalías o estado actual da cultura galega?-Resistente. Depende da vontade e militância cultural de contadas pessoas. -Que evolución agardas no plano cultural galego a cinco anos vista?-É umha simbiose com o politico. As perspectivas nom som boas; dado que a gente nova, que é o potencial, tem que emigrar para sobreviver, e nom fica aqui. A mim me da que nom pararemos o etnócidio se nom lhe damos um "parom" à política económica desenhada para nós: a emigraçom. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?-Gostaria que medrasse a sua tirada [refere-se ao semanário], mas isso depende, aparte dos contidos, da capacidade financeira dos potenciais leitores que som os novos. E se estes estám condenados à emigraçom e os poucos que ficam aqui, nom tenhem rendas estáveis. A cousa nom é doada. Em que melhorar? Quando seja possível, sempre depende dos recursos, criar corpus de informaçom seccionados por territórios ou bisbarras. Nota: Sermos respeita as distintas opcións ortográficas do galego á hora de transcreber as respostas |
NOS_2169 | A pesquisa realizada no apartamento de Andres Lubitz en Dusseldorf deu lugar a un achado que pode explicar a razón que levou ao copiloto a estrelar deliberadamente o Airbus nos Alpes franceses: o pretenso suicida tería rachado unha nota médica que lle aconsellaba non voar o día do sinistro. | Acumúlanse os indicios de que Lubitz estaba enfermo o día en que se estrelou o voo 4U9525 de Germanwings e de que agachou a súa doenza á compañía alemá de baixo custo. Os investigadores que inspeccionaron o seu apartamento en Dusseldorf acharon un documento médico, unha nota feita anacos supostamente por Lubitz, en que se lle prescribía estar de baixa o día do sinistro. Nun comunicado, a fiscalía de Dusseldorf dixo que se acharan "documentos médicos" que daban conta dunha "enfermidade en curso" e do "adecuado tratamento médico" que debía seguir o copiloto. Os investigadores xulgan que o feito de ter rachado a nota indica a vontade de Lubitz de agachar a súa doenza -de carácter mental- a Germanwings. Porén, non foi achada ningunha nota de suicidio de Lubitz, nin tampouco ningún documento crítico coa compañía para a cal traballaba. Esta sexta feira, o diario alemán Bild revelou que en 2009 a Lubitz foille diagnosticada unha "severa depresión" e que se submeteu a tratamento psiquiátrico durante ano e medio. |
NOS_6131 | A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo -que agrupa a 20 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo- denuncia que a Consellaría de Sanidade rebaixou a presenza de facultativos no ambulatorio rural de Marín após a cadea humana en defensa da atención primaria na infraestrutura. | "Despois do éxito da cadea humana, a Xunta segue maltratando a veciñanza das parroquias con catro horas de médico en Seixo", no concello de Marín. Vista esta acusación parece que nin as pasadas promesas da Consellaría de Sanidade nin a mobilización social da veciñanza tiveron efecto en San Caetano. A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo acusou esta cuarta feira ao Goberno galego e ao Goberno local de Marín de desatender as demandas da cidadanía sobre as necesidades no ambulatorio. "Se despois de tres meses pasa isto é que por parte do Concello non hai nin xestións nin nada, como pasou co feche de Abanca en Seixo", alerta o colectivo. O "isto" ao que se refire é o feito de que o único doutor que queda no centro de saúde -após deixar sen cubrir a praza vacante pola xubilación do outro facultativo que prestaba atención na infraestrutura este mesmo verán- non está traballando esta semana e "no seu lugar a Xunta manda catro horas a un médico". Advirten de que isto vai provocar un incremento da demora na atención ás pacientes, que xa estaban a agardar arredor de 20 días para conseguir unha cita "a pesar dos esforzos do persoal do consultorio". A entidade mesmo chega a afirmar que "se puxo en circulación un bulo de que viña outro médico a Seixo -onde se atenden as parroquias de Santomé, O Campo, Ardán e Seixo-, para que a xente pensase que o problema xa estaba amañado, pero o certo é que estamos peor que antes da cadea humana". O doutor que os atende de momento non dá cuberto as necesidades en catro horas, polo que xa na segunda feira "tivo que prolongar o seu traballo máis alá das catro horas marcadas por contrato". "Isto é intolerábel: maltratan o persoal e maltratan os pacientes", reflexionan, pedindo algún cese. Vista a "insensibilidade aos recortes na sanidade" que achacan á Xunta e á carencia de acción por parte "da alcaldesa", anuncian novas medidas de presión para que se solucione este conflito. |
NOS_20858 | A cambio de 144 millóns de euros, Kigali acollerá solicitantes de asilo no Reino Unido que cruzaran a canle da Mancha. | Entre sete e oito persoas, segundo as fontes citadas por medios británicos como Sky News ou a BBC, foron forzadas a embarcar onte no primeiro voo que despegou do Reino Unido en dirección a Ruanda, após o acordo chegado en abril por ambos os dous Gobernos. A cambio de 144 millóns de euros, Kigali acollerá solicitantes de asilo no Reino Unido que cruzaran a canle da Mancha. No caso de que finalmente a súa solicitude de asilo sexa aceptada, será para residir en Ruanda, un país criticado polo Executivo de Londres, dirixido por Boris Johnson, até hai poucos meses por violacións dos dereitos humanos. Johnson salva o primeiro 'match-ball' mais os críticos preparan o terreo para unha segunda moción de censura O baixo número de migrantes presente no primeiro voo responde ás distintas apelacións aceptadas polos xulgados da illa, nas que as e os afectados chegaron a denunciar torturas e ameazaron con suicidarse se Londres lles obrigaba a marchar a Ruanda. Así e todo, a Xustiza resolveu a semana pasada ás denuncias de varios sindicatos e organizacións non gobernamentais, que solicitaran anular o acordo bilateral, sentenciando que "é importante para o interese público que Interior poida aplicar as decisións de control da inmigración". Sen recoñecer cantas persoas participaron no primeiro voo, a ministra de Asuntos Exteriores, Liz Truss, sostivo esta terza feira que, aínda que o avión fora case baleiro, a medida "vale o que custa", adiantando que até finais deste ano o número de solicitantes de asilo deportados será "importante", e facendo fincapé en que esta política é "completamente moral" pola súa incidencia no tráfico de migrantes. Tamén Johnson reiterou que non se deixarán "disuadir" ou "avergoñar" polas críticas, garantindo a continuidade do programa. Críticas A pesar dos escándalos no seo do Goberno británico, como a celebración de festas durante o feche da Covid, desde a chegada de Johnson ao cargo de primeiro ministro, ningunha das propostas do seu gabinete recibira unha cantidade de críticas tan importante e de tantos sectores como o acordo con Ruanda. "No nome de Deus, marcha": os escándalos acurralan Boris Johnson Por parte da Organización das Nacións Unidas, o Alto comisionado para os refuxiados, Filippo Grandi, arremeteu a segunda feira contra a medida, un "error" que pode sentar "precedentes catastróficos", e que definiu como "basicamente un traspaso de responsabilidades desde un país con estruturas a outro, Ruanda, que non as ten". Advertindo de que se esta práctica fica lexitimada outros Estados poderían optar pola mesma solución, Grandi cuestionou os argumentos británicos, salientando que aínda buscando evitar as duras viaxes a través da canle da Mancha, "esta é a maneira correcta de facelo e esta é a súa verdadeira motivación? Non o creo". Amais das críticas de organizacións non gobernamentais, sindicatos e forzas progresistas, nesta ocasión até o herdeiro do trono, o príncipe Carlos, marcou posición por medio dunha filtración publicada por The Times, na que cualificou a medida como "espantosa". Ese mesmo xornal tamén sacou á luz unha carta asinada por 26 bispos da igrexa anglicana con asento na Cámara dos Lores, entre eles os de Canterbury e York, considerados os máis influentes. Na misiva, aseguraron que esta política "debería avergoñarnos como nación". Kigali rexistra varias agresións aos dereitos humanos "Continuaron as violacións do dereito a un xuízo xusto, á liberdade de expresión e á privacidade, así como as desaparicións forzadas, as denuncias de tortura e un uso excesivo da forza" por parte das autoridades, conclúe o informe 2021/2022 de Amnistía Internacional sobre Ruanda. Ao tempo, debulla mortes de persoas en custodia da policía do país africano, así como a baixa taxa de resolución de crimes acontecidos no país. |
NOS_23135 | O semanario, que poderás atopar mañá nos quiosques xunto co Nós Diario, recolle tamén unha entrevista co prestixioso chef Javier Olleros, que vén de ser o primeiro galego en acadar a segunda estrela Michelín. Tamén amosa as chaves do proxecto "Ponte nas ondas", que chega aos 25 anos. | Tivo algún vínculo Pedro Barrié de la Maza coa represión franquista? É algo que podes descubrir no número de Sermos Galiza que sae mañá á rúa. O experto Manuel Monge analiza esa parte da historia na reportaxe "Pedro Barrié e a depuración do persoal do Banco Pastos". No seu texto, o coñecido activista pola memoria histórica fala do posíbel "secuestro" dunha biografía que o tería relacionado co réxime de Franco. Como no semanario hai propostas de contidos para todos os públicos e gustos, o xornalista Manuel Xestoso encárgase da entrevista "Javier Olleros. Compromiso coa terra", na que o cociñeiro galego fala da súa traxectoria e da segunda estrela Michelín, conseguida hai pouco tempo desde o seu local do Grove. Cunha imaxe asinada a Culler de Pau, Olleros conta os segredos que o fan ser o único chef galego en acadar un recoñecemento tan prestixioso. Ademais, da man de Tensi Xesteira faise un repaso aos 25 anos dun proxecto educativo transfronteirizo. Baixo o título "Ponte nas ondas. Un fío entre a Galiza e Portugal", a autora lembra como naceu esta iniciativa en 1995 impulsada por un grupo de docentes aos dous lados da raia para dar ás crianzas un día de radio compartida. Tamén a medio camiño entre os dous territorios quedan Mon Daporta, Xan Colazo e Adela Leiro (do Colectivo Xea) nun Andar e Ver que fai parada na serra do Xurés. Aínda que o roteiro terá que quedar para máis adiante para as e os camiñantes de municipios doutras zonas da Galiza, abren a posibilidade de incorporar á axenda futura o itinerario "Do encoro do Sales a Pitôes de Júnias". Como noutras semanas anteriores, non faltan as escolmas sobre as novidades os os clásicos na música e a literatura. Neste último caso os textos están escritos por Mario Regueira e Manuel Barreiro, mentres que do musical falan Olga Brañas e Mario Vilariño. Pola súa banda, Andrés Castro repasa algunhas propostas cinematográficas e Pepe Barro fornece a súa visión sobre o deseño. Neste número tamén se inclúe a perspectiva arquitectónica de Lázaro Armental. Para os que comezan o suplemento polos pasatempos, tampouco faltan á súa cita de cada sábado os enigmas ideados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Xa sabes que se queres ter acceso a todos estes contidos non tes máis que achegarte mañá á túa libraría ou quiosque, ou acceder á nosa loxa en liña, para mercar o Sermos Galiza que acompaña ao Nós Diario. Para que ningún sábado quede polo camiño o semanario, o mellor é que fagas a túa subscrición agora! |
NOS_29536 | Cultura repetirá o orzamento de 520.000 euros para o organismo que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. A RAG considera a cifra "insuficiente" mais agradece o xesto do goberno galego. | "Os problemas da RAG teñen presenza no pobo". Xosé Luís Méndez Ferrín fixo esta afirmación ao ver a morea de xornalistas que agardabamos o remate da reunión que mantivo co presidente da Xunta. Neste encontro, o primeiro deste ano entre ambas institucións, participaron ademais por parte do goberno galego Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Valentín García Gómez, secretario Xeral de Política Lingüística; por parte da RAG o seu secretario, Xosé Luís Axeitos, e o seu tesoureiro, Manuel González. O acordo final recupera o orzamento do ano pasado, 520.000 euros, lonxe dos 800.000 euros que pedía a RAG mais algo superior dos 287.865 euros que anunciou días atrás o executivo galego. "É insuficiente mais é de agradecer este xesto". Ferrín foi conciliador despois de que o conselleiro asegurara que esta cifra "é un punto de partida e aínda haberá máis reunións os vindeiros meses". En todo caso o presidente da RAG asegurou que non haberá axustes entre @s traballador@s . Para complementar os ingresos Ferrín apostou pola creación dunha "asociación protectora da RAG" que debería partir de persoas alleas ao organismo. A RAG precisaba 800 mil euros O acordo final recupera o orzamento do ano pasado, 520.000 euros, lonxe dos 800.000 euros que pedía a RAG mais algo superior dos 287.865 euros Ferrín, actual presidente da RAG, calcula que a Academia precisa ao redor de 800.000 euros para o seu bo funcionamento. Esta cifra ten en conta todas as actividades e o persoal funcionario que ten na actualidade esta entidade. A situación agravouse após que o goberno galego non compensase nos orzamentos do 2013 a redución da asignación nos Orzamentos Xerais do Estado. Segundo os orzamentos galegos a Consellería de Cultura concederá á RAG en 2013 a cantidade de 287.865 euros, uns 72.000 euros menos que o ano anterior. Reunións anteriores O ano pasado Xunta e RAG mantiveron varias reunións para tratar das dificultades económicas e dos recortes. No mes de abril coincidiron Feijóo e Ferrín días antes da celebración do Día das Letras galegas e daquela o xefe do executivo galego ofreceulle "a máxima colaboración" da Xunta para "o impulso á lingua e cultura galegas". No mes de decembro a reunión foi con Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o presidente da RAG fixo unha "rebaixa" na solicitude económica que precisaría a institución para o 2013. Daquela a contestación do conselleiro foi que faría "un esforzo" para que a máxima institución de defensa do idioma galego contara cun orzamento "digno" e mantivera a súa actividade. Nestas xuntanzas a Xunta nunca chegou a falar de números concretos. |
NOS_24964 | A banda As Efémeras, nacida no seo do colectivo Artelixo de Redondela, estreará as súas cantigas e composicións en dúas actuacións fechadas para o 2 de agosto e o 15 de agosto. O grupo amósase aberto ás contratacións para xirar por toda Galiza. | A de Alfonso Conde, máis coñecido en todo Redondela "e mundialmente" como 'Fon', é unha ansia pola actividade, pola vida e pola música que se sente mesmo a través das ondas telefónicas. Este novo rockeiro partilla "bolos" con Olga Nogueira (composicións, arranxos, acordeón e voz), Claudia Sánches (voces e percusión), Paqui Crespo (voces e percusión), Irene Campelo (voces e percusión), Pedro Pérez (composición, arranxos, guitarras e voz) e Berto Covelo (composición, voces e percusións). En cuestión duns días estrearán a súa música, a obra d'As Efémeras, que naceu ao abrigo do colectivo multicultural Artelixo. Avante Pouca Están a piques de estrearse no mundo da música. Como se coñeceron as integrantes?Nós pertencemos ao colectivo Artelixo, que comezou cunha protesta que se fixo nos anos 90 por un vertedoiro incontrolado que había en Redondela. Desde ese momento varias asociacións empezaron a montar o Artelixo. En que consistía?Eran propostas de esculturas feitas con refugallos que se expoñían polas rúas de Redondela. Nos 15 días que duraba facíanse máis actos pero deixouse. En 2012 recuperouse. Outro colectivo quixo volver facelo e chamaron algunha xente que estaba ao principio como eu, que xa son veterano. Desde 2015 xa o colleu o colectivo Artelixo. Mais tamén están vinculados á entidade Siña Paca...Montamos a asociación que se chama Siña Paca como un colectivo que naceu hai un par de anos porque viamos que aquí a cultura non tiña apoio. Non estabamos de acordo con como a estaban a levar desde o Concello e foi un pouco para facer presión e protestar por iso. Avante Media Dentro diso xorde a vertente musical?Vimos que algunhas tíñamos inquedanzas musicais e foi nacendo As Efémeras, que vén sendo un grupo musical. Quen son As Efémeras e que proxecto musical teñen?As Efémeras somos artistas e activistas culturais de Redondela comprometidas coa ecoloxía, a cultura e a fala do país. Este proxecto comezámolo en 2019 e pretendemos, desde a nosa sensibilidade ancorada no propio espírito universalista, mandar unha mensaxe de rural punk tabernario e pop rock de furancho desde Redondela para o mundo. Eses estilos escollidos son unha declaración de intencións para os concertos?Somos de palco pequeno, mais estamos sobradamente preparadas e preparados para o grande. O que ofrecemos é unha música sensíbel, con contido, moi festeira e de alegría vital para a pandemia e as demais circunstancias. Onde atopan a inspiración?Facemos unha música para pensar e danzar. Falamos do amor, a convivencia, as tradicións, a ecoloxía, o consumo, o feminismo... A nosa inspiración é poética e política. Tamén temos dous temas de Ana Romaní e Sesé Mateo. Avante Toda Cal e o seu papel na banda?Son unha máis. Compoño, toco a percusión e canto. En concreto, cantas persoas forman As Efémeras?Sete. Catro mulleres e tres homes. Temos dúas actuacións fechadas para o 2 de agosto e 15 de agosto para a presentación mundial en Redondela. Nós vimos cubrir un oco na música galega: música para a saúde en tempos de pandemia. Iamos estrearnos en abril pero fixemos un videoclip confinadas que se chama "Namorare" e está en Youtube. Teñen algunha referencia?Bebemos moito de Pucho Boedo, de Fuxan os ventos, de Siniestro Total, de Marful etcétera. Quen máis está no colectivo Siña Paca?Dentro hai un colectivo feminista, está a xente titiriteira, o colectivo republicano, está o Artelixo... Foi unha asociación "de colectivos". |
PRAZA_12035 | O IGVS pon en marcha a contratación da limpeza e mantemento da súa sede, distribuída en catro locais de tres barrios de Santiago | Un "valor estimado" de 964.258,08 euros ou, o que é o mesmo, ata 205 euros por metro cadrado. En tempos nos que o acceso á vivenda se converte nunha misión imposible para moitos cidadáns -especialmente para os 4.000 galegos que, segundo cálculos de Cáritas, viven na rúa- a Xunta vén de iniciar os trámites para contratar o servizo de limpeza e mantemento da sede central do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), o ente dependente da Consellería de Infraestruturas que ten encomendado "favorecer o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada". E faino a través dunha licitación de 482.129 euros máis 86.783 de IVE que, non obstante, chegan case ao millón de euros en previsión de que os dous anos que inicialmente durará o contrato se poidan prorrogar. As instalacións do IGVS distribúense entre catro lugares diferentes Unha ollada aos pregos de condicións deste contrato permite non só saber canto gastará a Xunta neste servizo, que será inicialmente contratado por dous anos, ata abril de 2014, senón tamén coñecer as características das instalacións e o seu equipamento. Como outros organismos dependentes da Administración autonómica, o IGVS non se atopa nun dos grandes complexos administrativos da Xunta, como San Caetano e nin sequera ten todas as súas instalacións no mesmo lugar. Así, os servizos centrais de Vivenda ocupan 4.400 metros cadrados das oficinas ubicadas nun centro comercial compostelán. Ademais, o Instituto dispón doutros tres locais na capital de Galicia: un almacén de 100 metros cadrados nunha rúa próxima e dous locais máis de 130 e 70 metros en dous barrios diferente da cidade que cumpren a función de arquivo e almacén. A empresa que logre a adxudicación do contrato terá que comezar por realizar un informe "sobre as eventuais anomalías e deficiencias observadas que poidan afectar ao cumprimento do contrato" e un "inventario de todas as instalacións". Unha vez elaborados estes documentos abordará un labor que vai dende a limpeza dos locais ata o mantemento dos servizos eléctricos e de calefacción, dos equipos de aire acondicionado, das instalacións contra incendios, dos sistemas de comunicación ou da carpintaría, entre outros. A variedade de tarefas fai que a empresa poida decidir subcontratar os labores que considere oportunos. O grao de responsabilidade que terá a compañía que asine o contrato con Vivenda chega ata os máis mínimos detalles. Así, por exemplo, encargarase ata de "manter os mastros" das bandeiras do edificio "en perfecto estado, así como dos mecanismos de amarre, izado e baixada". Ademais, o IGVG indica que "as bandeiras exteriores e interiores, dependendo do tipo de tecido, lavaranse e pasarase o ferro, ou limparanse en seco. A empresa adxudicataria indicará ao IGVS cando as bandeiras deban ser substituídas", detalla. No que atinxe ao persoal, o instituto dependente de Infraestruturas explica que, na área de mantemento, "a empresa adxudicataria queda obrigada" a subrogar a catro traballadores que se incorporaron ao servizo entre 1993 e 2011, cunha xornada de 40 horas semanais. Na área de limpeza do IGVS traballan actualmente cinco persoas 39 horas á semana. Todos os que continúen exercendo estas funcións deberán falar galego e castelán, sinala o documento. |
NOS_6483 | Reimpulsar o ritmo mobilizador da mocidade galega e agrandar a base xuvenil nacionalista, eis os complexos retos que encara Marta Gómez (Pontevedra, 1997). Esta xogadora de rugby graduada en Ciencias do Mar vén de ser elixida o pasado 11 de setembro nova secretaria xeral de Galiza Nova. Con ela conversamos sobre mocidade e soberanía. | —Propón recuperar o pulso mobilizador xuvenil, algo complexo, non? É certo que o BNG goza de boa saúde entre a mocidade e que nas eleccións de hai un ano volveu ser primeira forza entre a xente nova; mais, ese activismo de rúa mudou pola cultura do efémero, o virtual e as redes sociais. Hai oco para o activismo "presencial"?É certo que a forma de entender a militancia mudou. O reto é mobilizar a xuventude e visibilizar que a organización e a loita é o medio a seguir. Non abonda con pór algo nas redes. Temos que ter un discurso atractivo para a xente nova, un discurso de forza, que dea a entender que a mobilización popular é o camiño necesario. Aí temos que traballar moi duro e eu porei todas as miñas forzas niso. —Mais como pensa recuperar ese activismo de rúa?Hai que ir recuperando pouco a pouco a presencialidade e ir sumando xente nova ao nacionalismo. Agora xa se pode saír á rúa, que é o espazo máis útil de traballo, e comeza tamén o curso escolar e temos que conseguir chegar a toda a mocidade. Con paciencia, claro, porque a pandemia non rematou e hai limitacións ao contacto social. Mais conforme sigamos volvendo á normalidade temos que ir convencendo de que o activismo, participar, falar con outras persoas, estarmos activas no asociacionismo, no ensino e nos centros de traballo é o camiño. —Precisamente nos centros de ensino perdeuse moita mobilización respecto a décadas atrás, non?É certo, mais aspiramos a mudar iso. A XVI Asemblea Nacional de Galiza Nova segue marcando a organización Erguer Estudantes da Galiza como o noso referente no movemento estudantil e cónstame que están a facer un gran traballo para recuperar a mobilización no ensino. Estano a conseguir e nós apoiarémolos no seu traballo con toda a axuda que precisen, á parte de facermos as nosas propias campañas sobre mocidade tamén no ensino. A mobilización estudantil sempre existiu e aí segue, para mostra as compañeiras e compañeiros de Medicina, que coas súas protestas dos últimos días conseguiron que se lles garantise a realización de prácticas. —Na clausura da Asemblea Nacional de Galiza Nova Ana Pontón, como portavoz do BNG, animou a mocidade "a converterse no motor de cambio que Galiza precisa" e a impulsar a primeira Presidencia do Bloque na Xunta. Como o van facer?Temos un altofalante enorme agora mesmo que son as e os tres parlamentares do Bloque que tamén son membros de Galiza Nova. Na Cámara galega dan a visión da nosa organización xuvenil ao tempo que denuncian as problemáticas da mocidade e defenden propostas e alternativas. É xente nova, están no día a día da xuventude, coñecen as problemáticas que afectan a mocidade e as inxustizas que nos oprimen. Como a xente moza coñece os seus problemas de primeira man, o papel de Galiza Nova na fronte é socializar esas problemáticas e alternativas. E, por suposto, o papel de Galiza Nova é sumar mocidade ao BNG porque somos o presente e, sobre todo, somos futuro. Saímos da Asemblea Nacional cuns textos cos que traballar. Nas teses aprobadas analizamos as problemáticas da mocidade e situamos propostas e alternativas para solucionalas. Levarémolas ao Parlamento porque son boas para a mocidade. Sendo altofalante destas propostas e visualizando unha alternativa para a mocidade, confío en que a maioría do voto que o BNG tivo nas últimas eleccións entre a mocidade galega aumente para a próxima cita coas urnas. —Vostede é secretaria xeral ao recibir a súa lista 75% de voto na militancia. Porén, houbo outra candidatura, algo que non acontecía desde 2012 en Galiza Nova. Isca volveu formar parte de Galiza Nova en abril deste ano. Mais débese entender a presentación de dúas listas como unha falta de unión interna?Non. É certo que me daba algo de medo a presentación de dúas candidaturas porque podía dar unha imaxe de desunión. Porén, a sensación que tiven durante a Asemblea Nacional foi realmente de unidade e todas e todos saímos do plenario con vontade de traballar xuntas. Non hai división, que era o que me preocupaba. E estou segura de que a Dirección Nacional, que está conformada por militancia que se presentou en ambas as candidaturas, vai pór todo o que estea na súa man para sacar todo o traballo de Galiza Nova adiante. —En que se diferencia o seu proxecto da outra lista que concorreu?Elas prefiren ter voz na nova Dirección Nacional por medio dunha candidatura propia. consideran que Galiza Nova ten eivas e que entrando na Dirección Nacional por medio dunha lista propia é a mellor maneira de traballarmos conxuntamente para resolvelas. Coa paixón na ciencia, no mar e na defensa da ría A Marta Gómez nótanselle ben as ganas e a ilusión coas que afronta o reto de liderar Galiza Nova. Releva na Secretaría Xeral o moañés Paulo Ríos, deputado na Cámara galega. A pontevedresa milita nas mocidades do Bloque desde os 18 anos. Porén, leva desde moito antes participando de mobilizacións e protestas xuvenís. De feito, afirma que desde pequena está concienciada coa problemática ambiental que supón a presenza da pasteira de Ence na ría de Pontevedra. E isto, precisamente, foi o que a levou a estudar Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. Agora está a cursar un mestrado sobre a conservación dos produtos da pesca. Recoñece que a súa paixón está en "analizar a contaminación das augas e a súa influencia na produtividade das rías galegas e os mares". |
NOS_1915 | Centros sanitarios e hospitalarios, de formación —colexios, universidades ou gardarías—, salóns de peiteado, lavandarías, ximnasios e os medios de transporte —trens, avións, aeroportos, barcos...— quedarán excluídos da obrigatoriedade desta medida. | O Goberno español vén de aprobar o seu 'Plan de aforro e eficiencia enerxética' após exixir Bruxelas unha redución do gasto de enerxía, nomeadamente das fontes fósiles, para facer fronte á posíbel escaseza derivada dun hipotético corte do subministro por parte dun dos principais provedores da Unión Europea, Rusia. O alumeado dos escaparates terá que permanecer apagado a partir das 22 horas Porén, este paquete de medidas non se aplicará na totalidade dos edificios ou locais no que atinxe á limitación da temperatura do ar acondicionado, que non poderá baixar dos 27 graos no verán, e da calefacción, que non deberá superar os 19 graos no inverno. Así, centros sanitarios e hospitalarios, de formación —colexios, universidades ou gardarías—, salóns de peiteado, lavandarías, ximnasios e os medios de transporte —trens, avións, aeroportos, barcos...— quedarán excluídos da obrigatoriedade desta medida. Tamén quedan exentos aqueles centros onde sexan necesarias exencións polas especificidades do sector, así como no caso dos hoteis, as habitacións, que son de regulación privada. No resto do hotel —por exemplo, restaurantes, cafetarías, espazos comúns...— si se aplicaría. O Executivo estatal regulará o uso do aire acondicionado e da calefacción nas empresas Desta maneira, os límites de temperatura fixados aplicaranse ao interior dos estabelecementos habirábeis que estean acondicionados, situados nos edificios e locais destinados a uso administrativo —incluíndo plantas ou zonas de oficinas, vestíbulos xerais e zonas de uso público—, comercial —tendas, supermercados, grandes almacéns, centros comerciais e semellantes— e cultural —teatros, cinemas, auditorios, centros de congresos, salas de exposicións...—, estabelecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas, restauración —bares, restaurantes e cafetarías— e transporte de persoas —estacións e aeroportos—. A data de inicio de aplicación da medida será aos sete días naturais desde o mesmo día da publicación do real decreto-lei no BOE, é dicir, o próximo 9 de agosto, e ficará vixente até o 1 de novembro de 2023. Non se aplicará o apagado aos monumentos No que respecta a outra das medidas anunciadas, o apagado de iluminación de escaparates, o horario de apagado desde as 22 horas aplicarase exclusivamente á iluminación de escaparates e de edificios públicos que á devandita hora estean desocupados. Así, non se aplicará á iluminación ornamental de monumentos —agás se son edificios públicos que á devandita hora estean desocupados—. A data de inicio desta medida será tamén o próximo 9 de agosto e o límite para o seu cumprimento fíxase antes do próximo 30 de setembro. O Goberno español aprobará un plan de medidas "urxentes" para impulsar o aforro enerxético No que se refire á instalación de cartelaría, sinais e pantallas, os edificios aos que aplica a limitación de temperatura deberán informar, mediante carteis informativos ou o uso de pantallas, as medidas de aplicación que contribúen ao aforro enerxético relativas aos valores límites das temperaturas do ar, así como información sobre temperatura e humidade —deben dispor de termómetros visíbeis aos usuarios do edificio—, apertura de portas ou réximes de revisión e mantemento. Tamén poden informar doutras medidas que estean a adoptar voluntariamente e os carteis deberán ser visibles desde a entrada ou acceso dos edificios. A data de inicio da medida é ao mes desde a publicación da normativa no BOE, é dicir, o próximo 2 de setembro, e estará vixente, en principio, até o 1 de novembro 2023. A respecto da obriga de dispor dun sistema de fechamento de portas axeitado, aplicarase en edificios e locais con acceso desde a rúa, destinados aos mesmos usos que aos que se aplicaría o límite de temperatura. Nesta medida non se consideran exclusións, salvo que a lexislación de seguridade que aplique ao edificio ou local impida cumprir esta obriga. A data para adaptarse é antes do 30 de setembro e non ten data fin para o seu cumprimento. |
NOS_21826 | París e outras urbes galas amenceron onte de novo cubertas polo po que unha tormenta do Sáhara trouxo a esta beira do Mediterráneo. Hai 60 anos foi Francia quen levou varias probas nucleares a territorio alxerino –daquela unha colonia francesa–; agora, partículas radioactivas foron atopadas nesa area. | Durante os dous primeiros meses do ano, varias tormentas de area e po procedentes do deserto do Sáhara impactaron no sur e centro de Europa. Hoxe mesmo, o Centro de Prognóstico de Po que a Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM) ten en Barcelona para a rexión do Norte de África, Oriente Próximo e Europa prevé unha nova chegada deste tipo de nubes á Península Ibérica (o mapa de predición rexistra que ás 15 horas alcanzará o territorio galego). Non é un fenómeno sempre apreciábel, nin tampouco é tan estraño. Porén, a intensidade alcanzada a comezos de febreiro deixou imaxes inéditas en lugares como Suíza e os Alpes italianos, onde a coñecida como calixe seca tinguiu a neve de ocre. Onte volvéronse repetir escenas similares en varias cidades de Francia, incluída París, cos ceos alaranxados. A situación levou as autoridades a decretar unha alerta por contaminación que contempla a limitación do tráfico e da velocidade dos automóbiles. Airparif, a axencia encargada da calidade do aire na rexión parisiense, mantiña a cualificación de "mala" para hoxe a respecto das partículas inferiores a 2,5 µm. Radioisótopos de cesio Durante a tormenta de area que o pasado 6 de febreiro chegou a Francia e cubriu as rúas de po, a Asociación para o Control da Radioactividade no Oeste (ACRO), tomou mostras destas partículas e analizou no laboratorio a radioactividade artificial que podían conter mediante unha espectrometría gamma (nun detector GeHP), explican na súa web. "O resultado da análise é definitivo. O cesio-137 foi claramente identificado", afirman. Este é un isótopo radioactivo do cesio que se produce principalmente por causa da fisión nuclear durante unha explosión deste tipo. "Trátase dun radioelemento artificial que, polo tanto, non está presente de forma natural na area", sinalan, e atribúeno "ás probas nucleares da década de 1960 e a Chernobyl", aínda que consideran que a cantidade precipitada ─80.000 Bq por km2 de cesio-137─ é "moi baixa", chaman a atención de que sexa "observábel a grandes distancias 60 anos despois" e "lémbranos esta situación de contaminación radioactiva perenne no Sáhara da que Francia é responsábel". 17 bombas nucleares Porque seis décadas é o tempo transcorrido desde que Francia levou a cabo as primeiras probas nucleares no Sáhara de Alxeria. Na mañá do 13 de febreiro de 1960, probaba a primeira bomba, Gerboise Bleue, na zona de Tanezrouft, 30 millas ao sur do Centro Sahariano de Experimentación Militar de Reggane. Este artefacto tiña unha capacidade explosiva de 70 quilotóns, catro veces máis que Little Boy, a bomba lanzada polos EUA sobre Hiroshima. Durante sete anos, París realizou oficialmente un total de 17 probas nucleares na zona de Reggane e na cordilleira de Hoggar, nove destas a partir de 1962, tras a independencia alxerina de Francia, despois de 132 anos de colonización e logo dunha cruenta guerra anticolonial (1954-1962). Naquela altura, as autoridades galas aseguraron que as probas se desenvolveran en áreas deshabitadas. Porén, a realidade era outra. Oficialmente recoñécese que até unhas 20.000 persoas vivían na zona. Cifra que chegaría até as 150.000 sumando as poboacións próximas e as nómades. Os estudos realizados durante estes anos estiman que 42.000 persoas morreron como consecuencia das probas. Ademais, os militares alí destinados padecen unha taxa de cancro que duplica a media estatal. Os soldados galos foron incluídos na indemnización de 10 millóns de euros para todos os damnificados aprobada por París en 2009. A chegada de partículas radioactivas até Francia dá conta da dimensión daquelas bombas nucleares. Da persistencia da radioactividade no tempo e no espazo. ACRO, nacida en 1986 nos meses posteriores ao accidente de Chernobyl, facía notar na súa análise que o cesio-137 detectado tamén tiña que ver coa central nuclear. Segundo o mapeo realizado por un grupo de investigadores e publicado o ano pasado en Scientific Reports (editada por Nature) pódense atopar radioisótopos de cesio e de plutonio procedentes de Chernobyl no solo de gran parte de Europa central e occidental. París recoñece a "tortura e o asasinato" dun avogado nacionalista na guerra de Alxeria O avogado alxeriano Ali Boumendjel, activista pola liberdade na guerra de independencia contra Francia, foi "torturado e asasinado" polas forzas galas. É o recoñecemento realizado polo presidente Macron, "no nome de Francia", durante unha reunión mantida cos netos de Boumendjel, informou France 24. Até agora, a morte do letrado, o 23 de marzo de 1957, tras ser capturado na batalla de Alxer ─feito decisivo no conflito que foi inmortalizado polo director Gillo Pontecorvo no filme de 1966 La battaglia di Algeri (na imaxe)─ fora atribuída a un suicidio. Na campaña para as presidenciais de 2017, Macron dixera que a colonización de Alxeria fora un "crime contra a humanidade". Un ano despois recoñeceu que o Estado instigara a tortura. E en xaneiro prometeu a creación dunha "comisión da verdade". Porén, négase a unha desculpa oficial polos abusos da ocupación. |
NOS_2107 | "Desembarco de poesía galega no Porto". Así define Edicións Positivas o evento que organizou para este sábado 30 de marzo na Livraria Poetria da cidade portuguesa. Oito poetas do norte do Miño, algúns con libro do trinque, lerán os seus textos a partir das 19.00 horas. | Arrincando os marcos é o epígrafe da xornada. Porque, explica o editor Paco Macías nas redes sociais, "trátase de tentar arrincar algúns dos marcos que impiden que a poesía, a cultura, a vida, flúa en liberdade". Estreitar os lazos entre Galiza e Portugal fai parte, desde hai anos, das obsesións de Macías. O día comezará ás 15.30 horas coa "entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro" na Praza de Galiza. Desta volta as oito autoras que viaxan ao Porto publican ou publicaron con Positivas. Roi Vidal (Compostela, 1982) está a piques de sacar no selo de Macías o seu segundo libro de poemas. Xabier Xil Xardón (Xinzo de Limia, 1983) fixo o propio con Detéxtonos (2018). Paula Carballeira (Fene, 1972), hai quen escolle os camiños máis longos (2018). Raúl Gómez Pato (Ourense, 1966) é un clásico de Positivas, que xa lle publicou choiva, vapor e velocidade (1999), a casa deshabitada da familia Pena (2001), Tratado de Zooloxía para corazóns mancados (2010), verba quae supersunt (2003) ou a tradución da obra de Safo. Prepara un novo título. Igual que Eduardo Estévez (Bos Aires, 1969), que xa dera ao prelo da editora construcións (2008). Dous debutantes en Positivas, Quico Valeiras con O tempo das cireixas (2019) e Suso Díaz cunha obra aínda por saír, e mais Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), que xa o fixo con Vinte en escena (2012) e Ningún amante sabe conducir (2014), completan a proposta. |
NOS_41776 | Detidos os alcaldes de Ourense e Boqueixón e outras doce persoas. Realizáronse detencións simultáneas en Ourense, Lugo, Coruña, Compostela, Bueu e Boqueixón. Tamén se produciron arrestos en Madrid e Asturias. Tráfico de influencias, alzamento de bens e mesmo branqueo de capitais, os delitos que se lles podería imputar aos detidos. | O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, foi detido esta mañá, por orde do xulgado número 1 de Lugo , do cal é titular Pilar de Lara Cifuentes, a mesma xuíza que instruíu o denominado caso Carioca. Tamén se produciron os arrestos policiais de R.O., funcionario de alto rango do concello de Compostela, e do ex-presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil –e tamén ex-concelleiro socialista en Lugo--, Francisco Fernández Liñares, quen xa se vira envolto con anterioridade noutras causas xudiciais. Aínda non transcenderon as causas que motivarían esta operación xudicial que se desenvolveu cunha grande operación policial. Ademais habería dúas persoas detidas máis das cales polo momento se descoñece a súa identidade.Entre os detidos atópase tamén o popular Adolfo Gacio Vázquez, alcalde de Boqueixón. A detención do alcalde da cidade das burgas foi realizada por efectivos de vixianza aduaneira. Os presuntos delitos que se especula lle serán imputados ao rexedor serían tráfico de influencia e alzamento de bens. Fontes aduaneiras consultadas por Sermos Galiza sinalaron que dada a natureza do operativo se lle podería engadir tamén unha acusación relacionada co branqueo de capitais. Xunta de portavoces de urxencia e Isabel Pérez como alcaldesa en funcións Despois da detención do primeiro edil ourensán, a tenente de alcalde --a nacionalista Isabel Pérez-- exerce de alcaldesa en funcións e convocou unha reunión de urxencia da xunta de portavoces do concello de Ourense. Resultado desa reunión farase público unha posición unánime dos grupos municipais do PSOE, BNG, PP e Democracia Ourensana. A xunta de portavoces expresa "a súa confianza na persoa de Francisco Rodríguez despois da súa detención de cuxos motivos non foi aínda informado o concello". Nese sentido, os grupos municipais agardan que "a autoridade xudicial informe canto antes das causas que motivaron a detención do alcalde". Operación alén do Padornelo O operativo policial despregado baixo a dirección do xulgado de Lugo está a realizar detencións noutras partes do estado. En Madrid efectuaronse dúas e en Asturias unha. Polo momento contabilízase un total de 13 detencións das cales dez se produciron en territorio galego. Catro en Lugo, dúas en Ourense e unha en Compostela, Coruña, Boqueixón e Bueu respectivamente. REACCIÓNS Á OPERACIÓN POKEMON Pachi Vázquez confía na inocencia de Francisco Rodríguez O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galiza, Pachi Vázquez, expresou a súa "plena confianza na xustiza e na inocencia do rexedor" ao remate dun almorzo informativo en que participou en Compostela. Feijóo respecta a presunción de inocencia Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galiza e candidato popular, declinou realizar unha valoración definitiva ao "non dispor da información nesaria". Aliás, Feijóo expresou o seu respecto pola "presunción de inocencia" para deseguido criticar a actitude do PSOE noutros casos. "Non vou facer as declaracións que escoito de dirixentes do PSOE cando (casos como este) afectan a outros partidos" asegurou Feijóo. En cuestión a posíbel oportunidade electoral do operativo O feito de que esta operación se desenvolva en plena precampaña das eleccións galegas, e que esta teña lugar poucos días despois dun operativo semellante contra o independentismo, cunha importante cobertura informativa, que se saldou con catro persoas en prisión, está a dar pé a algúns receos sobre a posíbel oportunidade electoral destas actuacións. Nese sentido a portavoz do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón, dixo agardar que tras a detención do alcalde de Ourense "non haxa intereses máis alá dos xudiciais". López Orozco chama a confiar na xustiza O alcalde de Lugo, Jose Luís López Orozco, manifestou pola súa banda ter "confianza na xustiza", tras afirmar que non ten máis información que "a dos medios de comunicación". O presidente do PSdeG declarou estar tranquilo aínda que recoñecía estar pensando nos encausados e "nas súas familias". Compromiso por Galicia emprega a "Operación Pokemon" en campaña Xosé Manuel Pérez Bouza reclamou a dimisión inmediata de Francisco Rodríguez como alcalde da cidade de Ourense. O candidato de CxG aínda afirmando respectar a "presunción de inocencia" defendeu que a cidade "non merece un alcalde nesta situación" e argumentou que a gravidade dos cargos precisan da asunción de responsabilidades políticas. Pola contra, ningunha das forzas políticas con representación no poleno do concello de Ourense --PP, BNG e DO e máis o PSOE-- reclamaron a saída de Francisco Rodríguez. Compromiso por Galicia vai máis alá, e nun chío desde a súa conta oficial en Twitter, publica unha mensaxe en que emprega a "Operación Pokemon" como argumento de campaña electoral cara ao 21-O, onde equipara BNG, PSOE, PP e Mario Conde. |
PRAZA_20245 | Rajoy, pois, non ten escusa. Pode (claro que si) autorizar un referendo para coñecer o que quere Catalunya. Unha consulta que desexan entre o 70 e o 77% dos seus cidadáns, segundo moi diversas enquisas dos últimos tres anos. | A Comisión de Venecia, organismo do Consello de Europa que asesora nos procesos constitucionais ao devandito organismo supraestatal e aos seus Estados membros, respondeu ao pedimento de mediación do president Puigdemont verbo do eventual referendo catalán que só podería actuar no marco constitucional español. É dicir, que só será recoñecido polo Consello de Europa aquel referendo catalán que sexa compatíbel coa legalidade constitucional do Estado español O unionismo español interpretou desaqueladamente esta resposta como unha censura ao procès de autodeterminación catalán, cando é xustamente o oposto. O que quere dicir o alto organismo europeo é que Catalunya pode decidir, mais de acordo cos procedementos constitucionais españois. Cos procedementos, non cos contidos substanciais. A Comisión de Venecia afirma en realidade o dereito a decidir catalán, mais ao abeiro das regras constitucionais españois. Pois logo… é constitucional un referendo consultivo catalán? De acordo co artigo 92 da Constitución e co artigo 5 da Lei Orgánica 2/1980, que desenvolve este artigo da Carta Magna, parte da cidadanía (a única condición é que o ámbito sexa a provincia; poden votar só as catro provincias catalás) pode emitir o seu voto a respecto dunha pregunta enunciada pola Autoridade competente. Autoridade que é o Goberno do Estado, mais que ben pode delegar o exercicio da súa competencia na Generalitat de Catalunya, consonte co artigo 150.2 da mesma Constitución. Logo si é posíbel un referendo catalán sobre o seu futuro político, malia que teoricamente non sexa vencellante en termos xurídico-políticos. Mais, como di o constitucionalista Torres del Moral, cando o pobo fala non opina, senón que decide. A virtualidade do referendo catalán pode valer para pechar de vez o proceso independentista ou, pola contra, para abrir un proceso de reforma constitucional que recoñeza a ditame cidadá e execute a vontade do pobo de Catalunya. Rajoy, pois, non ten escusa. Pode (claro que si) autorizar un referendo para coñecer o que quere Catalunya. Unha consulta que desexan entre o 70 e o 77% dos seus cidadáns, segundo moi diversas enquisas dos últimos tres anos. O que non pode é teimar en que a Lei non lle deixa xogo. Porque o certo é que a Lei está para a xente e non a xente para a Lei. |
PRAZA_10989 | Os herdeiros do ditador contestan á demanda do Goberno central para a recuperación do Pazo negando a compra simulada e a "validez legal" da 'doazón' de 1938 e din que a actitude das administracións nunca lles fixo pensar que se cuestionase a súa posesión | Os herdeiros de Franco presentaron xa o escrito de contestación á demanda da Avogacía do Estado para a recuperación do Pazo de Meirás, tras o achado na Coruña dun documento clave que demostraría o acordo "fraudulento" e a compravenda "simulada" do inmoble tres anos despois de que fose cedido ao ditador, algo que negan no devandito documento. Os avogados da familia do xeneral fascista responden cun escrito que busca botar abaixo a tese do Goberno central. E tiran do argumento de que a iniciativa para a recuperación do inmoble puido terse realizado moito antes, xa mesmo en democracia, e de que chega cun atraso de varias décadas nas que "as administracións públicas efectuaron explícitos recoñecementos de que a propiedade correspondía a Franco e aos seus sucesores". A contestación á demanda nega a "fraude" e a compravenda "simulada" e tira do argumento da inacción e mesmo desleixo do Estado durante décadasFronte ao Estado, que defende que a súa devolución é unha antiga reivindicación cidadá que foi reforzada co achado de novas probas, a familia lémbralle que non fixo nada durante anos, permitindo que os herdeiros do ditador fixesen o que lles petou cunha propiedade que agora reclama de seu. A demanda do Estado foi presentada o pasado xullo e céntrase na tese xa desenvolvida en anteriores investigacións e no informe histórico-xurídico encargado pola Deputación da Coruña. Advirte que a transmisión do Pazo á familia Franco fíxose a través dun contrato simulado en 1941 para evitar que pasase a ser parte do patrimonio estatal e cando xa levaba tres anos sendo utilizado polo ditador, a quen lle fora doado en 1938. Xa que logo, as Torres foron vendidas dúas veces e a última delas a través dun acordo "fraudulento", cando o inmoble xa era residencia do xefe do Estado tras un acordo anterior. Os letrados dos Franco aseguran que a doazón plasmada nun pergamiño en 1938 foi "un acto simbólico" que "carece de validez legal"Os avogados Utrera-Molina e Gil Evangelista, do despacho JY Hernández-Canut, negan que a escritura de compravenda de 1941 fose "unha operación simulada e fraudulenta" e advirten de que a escritura formailizada en 1938 coa Junta Pro Pazo para a cesión "non produciu nin puido producir a transmisión da propiedade", xa que a vendedora, Manuela Esteban Collantes aínda non tramitara o título sucesorio. Os Franco aseguran que a doazón plasmada nun pergamiño en 1938 foi "un acto simbólico" que "carece de validez legal" ao non terse verificado en escritura pública por parte do seu lexítimo propietario". Os letrados argumentan que se decidiu "simplificar o proceso" e formalizar unha escritura de compravenda en 1941, "transmitindo directamente a propiedade a Francisco Franco", que era, din, o que todos os implicados "manifestaran expresamente desde un principio". Para os herdeiros, non hai simulación, "nin moito menos fraude", menos cando o propio xeneral fascista "instou á inscrición deste inmoble ao seu nome no Rexistro da Propiedade tras mercalo en escritura pública". Ademais, a demanda e diversas investigacións históricas insisten en que o Pazo foi mantido, reformado e sometido a cambios con fondos públicos, o que afondaría no seu carácter de residencia de xefe de Estado e non particular. Os avogados dos Franco, nun resumo da súa resposta á que tivo acceso Praza.gal, alegan que "por máis que o Estado xestionase e sufragase determinados gastos vinculados ao Pazo" derivados da súa condición de residencia do xefe de Estado e de "uso público", isto "non se estendeu a outras xestións e gastos vinculados a unha propiedade inmobiliaria, que foron asumidos e sufragados" polo ditador e que "se incorporaron ás declaracións do IRPF como propietario do inmoble". Así, indican que tributou polos rendementos da explotación, como no caso dos ingresos e gastos das explotacións agrícolas e gandeiras, e asumiu os tributos que gravaban a titularidade do inmoble. Por outra banda, o Goberno central defende tamén que Meirás é propiedade do Estado por usucapión, ao ser usado durante 40 anos como residencia oficial do xefe de Estado, lembrando que foi sede de consellos de ministros e actos oficiais. Xa que logo, sería un ben de dominio publico imprescritible e os herdeiros de Franco tampouco poderían ampararse en que foi deles desde a morte do ditador. Segundo a resposta dos avogados, non sería posible esta usucapión ao non cumprirse as condicións impostas polas leis de Patrimonio da época por, "entre outras cousas, a evidencia de que o inmoble está gravado coa correspondente contribución, que abonaba Francisco Franco" ou que "os produtos e rendementos do inmoble non se ingresaban no Tesouro Público, senón que se asumiron e foron declarados a Facenda" polo ditador. Os Franco danlle a volta ao argumento da usucapión advertindo que tras a morte do ditador ocuparon o Pazo de forma "inisterrompida e pacífica" durante 44 anosSegundo esta teoría, a adquisición do Pazo teríase efectuado como ben "patrimonial" e, polo tanto, puido ser e tería sido adquirido posteriormente por usucapión polos sucesores do ditador tras posuír as Torres desde 1975 e até agora "de forma pública, pacífica e ininterrompida". Alén disto, advirten os letrados en que, aínda supoñendo que o Estado adquirise o inmoble por "desafectación tácita" tras a morte de Franco e deixar de ter inxerencia estatal e ser residencia do xefe de Estado, é esta mesma desafectación tácita a que posibilitaría a adquisición por parte dos herdeiros ao posuílo de forma "ininterrompida e pacífica" durante os 44 anos seguintes. Doutra volta, os avogados espremendo o feito de que, en máis de catro décadas de democracia, ningún Goberno fixese nada para recuperar un ben que agora di que lle pertencía. "Atraso desleal"De feito, os Franco advirten dese "atraso desleal" no "exercicio dun pretendido dereito e destacan que se mantivo "un comportamento que razoablemente levaba a pensar que o cuestionamento da súa propiedade que agora se fai non era algo que xamais se fose formular". Como un dos "exemplos máis relevantes" desta postura, os letrados mesmo sinalan "a esixencia de obrigas á familia Franco na súa condición de propietarios do inmoble que comportou a declaración do Pazo como Ben de Interese Cultural no ano 2008, unha vez reconstruído pola daquela propietaria, a anterior Duquesa de Franco". Os Franco aseguran que o comportamento do Estado "levaba a pensar que o cuestionamento da propiedade non era algo que xamais se fose formular"En referencia á inacción do Estado durante anos, argumento do que tira a familia, destaca tamén a "compracencia e activa participación das administracións públicas en cantas consecuencias impositivas ou tributarias trouxo consigo a titularidade e sucesivas transmisións do Pazo de Meirás". Lembra que IBI, imposto de sucesións ou de patrimonio "foron puntualmente esixidos aos herdeiros de Franco como donos do Pazo de Meirás" e "puntualmente pagados por estes".Ademais, alega tamén o "absoluto desentendemento por parte do Estado desde 1975 dos gastos que supuxo a súa conservación e mantemento" e fai especial mención á rehabilitación tras o incendio de 1978. Os Franco solicitan na contestación á demanda, que consta de máis de 115 páxinas e achega abundante documentación, que esta sexa "integramente desestimada" e que a Administración sexa condenada ao pagamento das custas. |
NOS_8156 | O activista sahariano Hassanna Aalia e a presidenta de Sogaps, Maite Isla, tomaron o relevo do xexún que reclama a investigación do asasinato de Mohamed Lamin Haiadala. | Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui (Sogaps) e o activista sahariano Haasanna Aalia sumáronse esta segunda feira á greve de fame rotatoria de apoio a Takbar Haddi a nai do mozo asasinado na cadea de El Aaiún "após ser atacado por un grupo de colonos e torturado pola policía marroquina", denuncia Haddi. O xexún, de 24 horas, visa intensificar a campaña iniciada pola cidadá sahariana en Tenerife e que prolongou a súa folga de fame durante 36 días. Aliás, súmase ás accións desenvolvidas noutros puntos do Estado español. En declaracións aos medios recollidas por Europa Press, a presidenta de Sogaps, Maite Isla salientou a necesidade de "dar a coñecer" a situación que atinxe o pobo sahariano e a loita de Takbar Haddi para a que Isla e Aalia demandaron "xustiza". Hassanna Aalia denunciou, así mesmo, a "postura do Goberno de España" --potencia administradora aínda do Sáhara-- a quen sinalou como "responsábel do que está a acontecer". Mohamed Lamin Haidala, de 21 anos, foi asasinado na cadea de El Aaiún o 8 de febreiro. A súa nai reclama a recuperación do seu corpo (que non lle foi devolto) e exixe unha autopsia e investigación que esclarezan as razóns da súa morte. Á Praza do Obradoiro, onde decorre a protesta, achegáronse representantes políticos da capital galega como o alcalde compostelán, Martiño Noriega, e o concelleiro do BNG, Rubén Cela. Alí tamén se atopaban o delegado sahariano na Galiza, Habibulah Mohamed e Carlos Ruiz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional. Ao longo da mañá tamén se desprazaron @s paralmentares galeg@s Montse Prado e Daniel Rodas (BNG) e Xabier Ron (AGE). |
NOS_34671 | O PSOE convoca Congreso extraordinario para o 19 e 20 de xullo e Alfredo Rubalcaba non se presentará á reelección como secretario xeral. | Alfredo Pérez Rubalcaba é a primeira vítima das eleccións europeas deste domingo, onde o PSOE perdeu sete deputados e caeu até o 23% (15 menos que na cita de 2009). Uns pésimos resultados que levaron a Rubalcaba e a executiva socialista a cambiar o calendario interno que tiñan e no que se marcaba primarias para novembro. Mais a sangría de apoios electorais dos socialistas lévalles a variar a axenda: Haberá Congreso extraordinario do PSOE o 19 e 20 de xullo. E Rubalcaba non vai presentarse á reelección. Non dimite, mais tira a toalla e a partir de xullo xa non estará á fronte do partido. Iso si, Rubalcaba é partidario de que a nova executiva saínte dese Congreso manteña a convocatoria de primarias, e que estas sexan abertas á cidadanía. Mais a última palabra neste punto será dos novos responsábeis do PSOE, as persoas que saian do Congreso de xullo. Chacón comeza a súa campaña A ex-ministra Carme Chacón (que no último Congreso competiu con Rubalcaba pola secretaría xeral) xa comezou nas redes sociais a demandar do PSOE "máis abertura" á cidadanía e a pedir cambios desde a base no partido. Tamén nestas horas agromaron voces de dirixentes históricos socialistas pedindo a Rubalcaba que marchase, como foi o caso do ex-presidente extremeño Rodríguez Ibarra. |
PRAZA_15943 | Cayo Lara pediu á deputada galega que se unise aos de IU-UP para formar grupo propio. Alberto Garzón forzouno a rebaixar as peticións e retrucou acusándoo de "enorme irresponsabilidade": "Galegos e cataláns teñen que axudarnos, pero nunca a custa de romper as confluencias" | "Enorme irresponsabilidade". Así cualificaron algúns presentes no Consello Político Federal de IU e o propio Alberto Garzón o informe lido polo coordinador federal, Cayo Lara, que acusou a EU e a súa coordinadora nacional Yolanda Díaz de ter boa parte da responsabilidade de que a formación non teña grupo propio no Congreso. Presionou a deputada galega por En Marea para que, xunto cos dous de EUiA electos por En Comú Podem, se unisen aos de IU-Unidad Popular e formasen o devandito grupo de Izquierda Unida. Cayo Lara acusa a EU e EUiA de que IU non lograse grupo propio no Congreso ao integrarse nas confluencias xunto a Podemos A integración de EU na coalición En Marea segue a provocar tensións en IU. No Consello Federal -máximo órgano entre asembleas-, Cayo Lara tensou a corda coa federación galega e co partido irmán en Catalunya, Esquerra Unida i Alternativa. E fíxoo contra o criterio do seu principal referente político, Alberto Garzón, que advertiu que tanto EU como EUiA debían "axudar a IU, pero non a custa de rachar as confluencias galegas e catalás". Lara acusou a EU e EUiA de ser os culpables de que IU non teña grupo parlamentario no Congreso e lembrou que iso implica non recuperar os dous millóns de euros gastados no buzoneo e menos visibilidade e intervencións na Cámara e o agravamento da súa difícil situación económica. "Quero lembrar o acordado pola última Presidencia Federal: ante a posibilidade de poder conseguir grupo parlamentario propio cos dous escanos de IU-UP e o tres de EU e EUiA, requirir a ambas as dúas organizacións a que o faciliten", asegurou Lara no seu informe, malia que non se votou resolución ningunha nese sentido na reunión á que se refire, celebrada o 28 de xaneiro. E continuou: "O prazo para rexistrar a solicitude e que a mesa poida ver a proposta o vindeiro martes, acaba este sábado ás 14 horas. Até este momento e tras varias conversas coas organizacións de EU e EUiA e os deputados e deputadas seguimos sen obter as sinaturas". A proposta de Lara non foi finalmente aceptada logo de que Garzón o fixese recuar e limitar as súas reivindicacións Finalmente, a proposta non será debatida este martes porque non se presentou, ante a negativa de Yolanda Díaz e os dous deputados militantes de EUiA en En Comú Podem (Joan Mena e Fèlix Alonso) a integrarse nun grupo de IU e a que Lara finalmente recuou, forzado por Garzón, rebaixando o informe e limitando o texto a "pedir ás organizacións de Galicia e Catalunya que se esgoten as posibilidades para conformar grupo ata o último momento". Antes, a porta pechada, o primeiro en intervir foi Alberto Garzón, candidato á presidencia do Goberno e voceiro parlamentario. Segundo os asistentes, foi claro: "Creo que galegos e cataláns teñen que axudarnos, pero nunca xamais a custa de romper as confluencias e facerlle o xogo a Ciudadanos. Teñen que axudarnos por proxecto federal e porque moitos que votaron confluencias querían votarnos a nos tamén, pero nunca a costa de rachar as confluencias". "Galegos e cataláns teñen que axudarnos, pero nunca xamais a custa de romper as confluencias e facerlle o xogo a Ciudadanos", di Garzón Cayo Lara asegurou que se levara a cabo "unha semana intensa de conversas" e indicou que Ciudadanos mantiña "a súa oferta" de apoiar o grupo de IU se sumaba os tres deputados da formación nas confluencias, así como o PSOE. Pero a Mesa son nove votos, e PSOE e Ciudadanos suman catro, polo que necesitan so tres de PP ou os dous de Podemos, que se vería na situación de votar a ruptura das súas candidaturas galegas e catalás para satisfacer as necesidades de IU. Grave crise económica en IU A intervención de Lara, oposta ao defendido en público e en privado por Garzón, supón un pulso que pon a organización ao bordo da ruptura: os deputados de IU nas confluencias inscribíronse no grupo Podemos-En Comú-En Marea en virtude dos acordos subscritos para a candidatura, que establecían que se tentaría conseguir un grupo propio, cousa que vetaron PP, PSOE e Ciudadanos no Congreso. No caso de que iso non fose posible, cousa que ocorreu, decidiríase por maioría que facer: se ir ao mixto ou conformar un "grupo plurinacional" con Podemos, o que ao final sucedeu. Rubén Pérez lembrou que non hai deputados eleitos por IU en Galicia, senón "militantes de IU eleitos en candidaturas de confluencia" Rubén Pérez, secretario de organización de EU e concelleiro da Marea de Vigo, reaccionou en Twitter asegurando que non coñece "caso ningún de deputad@ eleit@ por IU en Galicia; si militantes de IU eleit@s en candidaturas de confluencia, e desta son as actas". Ademais, insistiu en que "seràn as candidaturas de confluencia as que decidan se dispoñen actas para axudar a referentes cos que comparten espazos de ruptura, non EU". Ademais, tamén se mostrou crítico coa posición de Cayo Lara e cre que "o lóxico sería pedir axuda ás confluencias e en base a algo tanxible, non a promesas chantaxistas da entente cordiale PSOE-C's". Con todo, Lara responsabiliza a Díaz, Mena e Alonso, que seguiron os acordos cos que concorreron ás eleccións, das consecuencias de non ter grupo propio e sitúaos á marxe da disciplina da organización: "Necesitamos ter un grupo parlamentario para representar plenamente o máis dun millón de persoas que apostaron polas candidaturas de IU-UP no conxunto do Estado e que apoiaron as coalicións electorais en Galicia e Catalunya ao sentirse tamén representados por candidatos das nosas organizacións nesas coalicións territoriais. Hai que ser conscientes que, sen grupo parlamentario, o plan de viabilidade endurécese de forma considerable e afectará o conxunto das federacións". IU presentou un plan para reducir nun 60% o seu persoal laboral Porque os responsables de finanzas de IU puxeron sobre a mesa un plan de axuste económico que inclúe o recorte de ao redor dun 60% do seu persoal laboral para poder facer fronte á delicada situación financeira na que se atopa a organización tras os malos resultados obtidos nas eleccións xerais do pasado 20 de decembro. O plan foi presentado ante o Consello Político Federal que a coalición celebra este sábado polo seu responsable de Finanzas, Lola Sánchez, o secretario de Organización, Adolfo Barrena, e o dirixente Antonio Cortés. Este programa de viabilidade económica inclúe o despedimento do 60% do seu persoal. Membros da coalición sinalan que IU ten actualmente 22 traballadores e 7 liberados e, tras o axuste, quedaría con 9 empregados e 5 liberados. As finanzas de EU sofren un duro golpe sen lograr ter grupo parlamentario propio no Congreso e que os seus dous deputados teñan que formar parte do Grupo Mixto. Unha das consecuencias é que a organización non recibirá subvencións polo denominado mailing electoral, no que investiu case dous millóns de euros para o 20D, ao redor do 70% do seu orzamento total de campaña. |
NOS_31912 | Entre as principais vertentes deste proxecto "integrador" e "transformador", destacan as artes escénicas e visuais, o cinema ou a música. | Os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño, o Forum Metropolitano da Coruña acollerá a undécima edición do Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo "romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional". Entre as principais vertentes deste proxecto "integrador" e "transformador", destacan as artes escénicas e visuais, o cinema ou a música como "instrumentos eficaces e esenciais para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersonais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos". O Liceo dá un paso adiante na integración das persoas con diversidade funcional O día 17, ás 20 horas e con entrada libre até completar capacidade, decorrerá a presentación do festival a cargo da actriz María Vázquez. Despois terán lugar dúas representacións teatrais: unha peza curta que conta coa colaboración do festival Escena Móbile de Sevilla e, a continuación, a obra "No confeso", dirixida polo actor Javier Colado e Alma García a partir do proceso de residencia de catro alumnos e alumnas na Ribeira Sacra e na Coruña. A primeira xornada chegará ao seu fin con Organik Dantxa e a obra de danza inclusiva 'Arnasa', ideada e dirixida por Natalia Monge. O día 18 o evento trasládase aos Xardíns de Méndez Núñez. Ás 11 dará comezo a Asemblea Diversa, unha mesa moderada por Manuel Aguilar na que se coñecerán os proxectos seleccionados por Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa. Ademais, Manuel Olveira falaranos sobre "Artes plásticas e visuais e inclusión", Eugene Van Erven sobre o Festival Internacional de Artes Comunitarias de Bélxica, Vicente Galaso sobre "Artes inclusivas na enfermidade mental" e Encarna Lago sobre a "Transformación social a través das artes nos museos". O desemprego nas persoas con diversidade funcional dobra o resto Na quenda de tarde, ás 17 horas, decorrerá á presentación de A Pequena Bauhaus, marca deseñada por crianzas e adolescentes. Posteriormente, ás 18 horas, a compañía de danza integrada do Colexio O Pelouro de Tui, Eudanza, representará a obra 'A danza do eu', dirixida por Laura Llauder. A segunda xornada finalizará a partir das 19 horas coa representación de 'Non me toques o segredo', de Experimentadanza, unha peza onde tres mulleres, Clara, Carlota e unha cadeira de rodas, descobren a existencia de lugares onde, se os tocas, rexorden emocións profundas que as aproximan cada vez máis ao tempo que as afastan dos nosos propios medos. O día 19, ás 17 horas, decorrerá na praza de Azcárraga a representación dunha peza curta gañadora do festival Escena Móbile de Sevilla. O peche do festival decorrerá a cargo do DJ francés Pascal Kleiman, músico que naceu sen brazos debido a unha malformación provocada por un medicamento que tomou a súa nai durante o embarazo. |
NOS_20799 | O barómetro do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) ratifica o amplo apoio a un referendo, máis do 73% das persoas enquisadas. A maioría é partidaria de convocar a consulta embora non haxa acordo co estado. | A independencia sería a opción gañadora de se realizar agora un referendo unilateral en Catalunya. Un 43% dos cataláns votaría esta opción por un 22% que se pronunciaría en contra e un 21% que optaría por se abster. Son os resultados do barómetro feito polo Centre d'Estudis d'Opinió (CEO), unha entidade da Generalitat de Catalunya, equivalente ao CIS español. Á pregunta de "Se agora se fixese un referendo para decidir a independencia de Catalunya, convocado e organizado pola Generalitat e sen acordo do goberno español, vostede que faría?", catro de cada 10 enquisados responderon cun si á independencia por dous que se posicionaron en contra desta opción. A respecto da convocatoria do referendo, os partidarios do mesmo achéganse ao 74% mentres que os contrarios non chegan ao 23%. Un dato de interese é que o 50,3% dos cataláns serían partidarios de que esa consulta independentistya se convocase mesmo sen que houbese acordo co estado. Un 23%, porén, apoiarñian o referendo só de haber acordo co goberno central. Entre os partidarios de facer o referendo mesmo sen que haxa acordo co estado están os votantes das forzas políticas independentistas mais tamén unha boa parte dos votantes de Catalunya Si Que es pot (CSQP). Segundo este barómetro, o 47% das persoas que votan esta opción tamén son partidarios de realizar a consulta aínda que non se acade un acordo co goberno central. Eleccións Na enquisa tamén se pregunta sobre as opcións políticas que votarían as persoas enquisadas de se realizar agora eleccións catalás. Junts pel Si (JxS) volvería ser a forza máis votada, con entre 58 e 60 escanos, menos que os que posúe agora (62). Ciudadanos manteríase como segunda forza, mais baixando a 20/21 deputados (ten 25) e Catalunya si que es Pot subiría até a terceira posición. O Barómetro outórgalle 18/19 parlamentares fronte aos 11 da actualidade. O PSC manteríase como agora, 16 escanos, o PP obtería 13 (agora, 11) e a CUP atinxiría 8 (10). A maioría absoluta está en 68 deputados, polo que a actual maioría independentista (JxS e CUP) pendería dun fío. |
PRAZA_15010 | Concéntranse na cidade departamental contra a lei hipotecaria e en solidariedade cos afectados | Unhas 300 persoas concentráronse este domingo na praza de Armas de Ferrol para elixir a paralización dos desafiuzamentos e en solidariedade cos afectados e os seus achegados. Veciños, dirixentes políticos e representantes de diversas entidades sociais acudiron a unha chamada feita a través das redes sociais e tan só uns días despois do tráxico suicidio dunha muller en Barakaldo pouco antes de que a botasen da casa. Os manifestantes piden ir máis aló que un pacto PP-PSOE e reclaman un acordo entre todos os partidos e as entidades sociais A plataforma pola Recuperación de Espazos Públicos, de Ferrolterra, foi unha das representadas nunha concentración e na que denunciaron que o pacto acadado por PP e PSOE para reformar a lei hipotecaria "é simple maquillaxe". Así, reclaman que se vaia máis aló e que o acordo inclúa a todas as forzas políticas e ás entidades sociais. Os asistentes á concentración reclamaron, de feito, a dación en pago, alugures sociais, unha renda de vivendas sociais e o dereito a un fogar digno. Representantes de PSdeG, Anova, EU, BNG ou Compromiso xuntáronse aos manifestantes. |
PRAZA_20320 | A obra de Pallasos en Rebeldía, sobre un texto de Carlos Labraña gañador do Premio Manuel María, estréase este mércores no CEIP de Lourido de Poio e xirará por colexios doutros 10 concellos. Este martes 20 de xuño celébrase o Día Internacional das Persoas Refuxiadas | Con motivo da celebración hoxe martes do Día Internacional das Persoas Refuxiadas, esta semana estréase a obra O Valo, realizada por Pallasos en Rebeldía e Culturactiva baixo a dirección de Iván Prado sobre un texto de Carlos Labraña gañador do Premio Manuel María. A peza poderá verse estes mércores 21 ás 11 horas no CEIP de Lourido de Poio. Nas vindeiras semanas a obra xirará por outros dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles Laxe, Redondela, San Sadurniño, Ames, A Guarda, Caldas, Ourense, Cabanas e A Coruña. Unha versión máis complexa técnica e escenograficamente será estreada no Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galicia, en agosto en Vilagarcía. A obra representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra (Sahara) e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles, personaxes encarnados por Fran Rei e Saleta Fernández. "Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade", destacan os responsables da peza. "Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela", explican. A forza e a dignidade desta nena refuxiada farán reflexionar ao público en contraste co soldado, cuxo corazón se debate entre a obediencia, que mesmo lle pode levar a matar en nome dunha patria, e a fraternidade que lle impulsa a romper todos os valos. Pallasos en Rebeldía quixo crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar o público infantil "a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras". E lembra que -como denunciou Amnistía Internacional- "a xente morre mentres os gobernos gastan miles de millóns en controlar as fronteiras". As cifras da vergonza para España Dende o 2014, 14 mil persoas morreron afogadas no Mediterráneo tentando chegar a Europa Este martes 20 de xuño celébrase o Día das persoas refuxiadas. Unha xornada axeitada para lembrar algunhas cifras que cobren de vergonza os países desenvolvidos. No mundo hai 65,6 millóns de desprazados internos e refuxiados (datos da ONU para o ano 2016), unha cantidade que se incrementa cada minuto noutras 20 persoas. Entre eles e elas hai 22,5 millóns de refuxiados e refuxiadas; dos que o 55% proceden de tres países: Siria (5,5 millóns), Afganistán (2,5 millóns) e Sudán do Sur (1,4 millóns). En canto aos desprazados e desprazados a lista está encabezada por Colombia (7,4 millóns), Siria (6,3 millóns) e Irak (3,6 millóns). Outras cifras son máis próximas e, en consecuencia, máis oprobiosas para España e para o conxunto da UE. Por exemplo, a das 14 mil persoas que dende o ano 2014 morreron afogadas no Mediterráneo tentando chegar a Europa, 1.800 no que levamos de 2017. A maior parte (o 85%) faleceron entre Libia e Italia, pero 331 morreron nas costas españolas, 15 delas por culpa de disparos de pelotas de goma e 4 golpeadas. O Estado español só acolleu algo máis de mil persoas das 17.337 que se comprometeu a recibir no prazo de dous anos Outra cifra para a vergonza é a de 17.337, o número de persoas refuxiadas que en 2015 España aceptou acoller, un compromiso que case dous anos despois non chegou sequera ao 10%. "Non se trata de xenerosidade, nin sequera de solidariedade; é xustiza. España debe responder á legalidade internacional. O Goberno debe cumprir dunha vez o compromiso que asumiu coa Unión Europea. O tempo esgótase e non vemos vontade ningunha para acoller ás 16.033 persoas que teñen que chegar antes do 26 de setembro. Inventar escusas e elaborar discursos enrevesados que eluden responsabilidades atenta directamente contra a dignidade das persoas refuxiadas -e mesmo contra a da poboación española-. Xa abonda", escribe este martes Francesc Mateu i Hosta, vicepresidente da Coordinadora de ONGDs. En 2015 España só concedeu o 0,4% dos visados por razóns familiares ofrecidos polos países da UE Este luns, ademais, Oxfam Intermón denunciou a través dun informe que o Goberno español "pon moitas trabas á agrupación familiar de refuxiados, unha das escasas vías seguras e legais para as persoas refuxiadas". A ONG explica que "do case millón de persoas que cruzaron o Mar Exeo en 2015 (derradeiro ano do que hai información), moitas fixeron esta perigosa viaxe para reunirse cos seus familiares", en concreto un 44% dos refuxiados sirios e un 20% dos e das procedentes de Afganistán. Porén, os gobernos europeos tan só concederon ese ano 78.772 visados por razóns familiares ás persoas chegadas a Grecia. E, o que é máis grave, o Goberno español apenas ofreceu 327 (o 0,4%). Oxfam lembra que a agrupación familiar "é unha vía segura e legal para refuxiados que podería evitar que moitas persoas, incluídos menores, xoguen a vida en perigosas viaxes acudindo a mafias e traficantes" e esixe desenvolver o Regulamento da Lei de Asilo (hoxe inexistente) e superar as súas actuais limitacións e eivas burocráticas (o proceso, mesmo nos poucos casos que vai adiante, pode tardar máis dun ano). |
NOS_10471 | Dirixido ao alumnado de educación secundaria, ven de ser convocada novena edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Un encontro para a mocidade que ten vontade de seguir os pasos de quenleva o nome do galardón. | Convocado pola Asociación de Antigos Alumnos do Instituto Monelos (A Coruña), por novena edición consecutiva ven de convocarse o Concurso de Fotografía Xurxo Lobato ao que poderá concorrer o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional da Galiza. Antes do 1 de abril terán que remitir por correo electrónico as fotografías en formato dixital, ben a cor ou ben en branco e negro e cun máximo de tres por participantes que deben remitir as imaxes cos seus títulos ao enderezo electrónico [email protected] cos datos persoais, nome e apelido, DI, idade, teléfono, endereo, curso e centro de estudo. Concederanse tres premios de 250, 150 e 100 € ademais de diploma e a organiación poderá difundir en exposicións ou edicións as fotografías seleccionadas e premiadas. |
NOS_2858 | Xustiza para Samuel, exixen nas redes colectivos sociais e amizades de Samuel Luiz, mozo de 24 anos asasinado na madrugada do sábado na Coruña. Faleceu a consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas. O colectivo Avante LGTB+ anuncia concetracións para a segunda feira e exixe que se esclareza se se tratou dun asasinato LGTBfóbico. | Rúas e prazas da Galiza albergarán na segunda feira 5 de xullo concentracións para denunciar o asasinato de Samuel Luiz, exixindo que se esclareza se se tratou dun asasinato LGBTfóbico como indican testemuñas e amizades da vítima. Desde Avante LGTBI+, convocante das mobilizacións de repulsa, xa teñen máis de 50 cocnentracións confirmadas en cidades e vilas galegas. Samuel Luiz, de tan só 24 anos, auxiliar de enfermaría e veciño de Meicende (Arteixo), morreu na madrugada deste sábado 3 de xullo na Coruña a consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas. O asasinato tivo lugar minutos despois das 3 horas da madrugada do sábado á altura do Hotel Riazor da cidade herculina. O rapaz foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde se confirmou a súa morte. Aínda non se informou de detencións. O caso, sobre o que a xuíza de instrución decretou o secreto de sumario, está a ser investigado pola Policía Nacional. Aínda que se espera que haxa máis concentracións, as convocadas até o de agora son este 5 de xullo ás 20 horas na praza de María Pita da Coruña, na praza 8 de Marzo de Compostela, diante do Museo MARCO en Vigo, diante do Concello da Estrada, diante do Concello de Ferrol, diante do Consistorio de Lugo, na Praza do Bispo Cesáreo de Ourense e na Praza de España de Pontevedra, diante tamén dos Consistorios de Allariz, Monterroso, Camariñas, Noia, Rebeira, Cambre, Foz, Monforte e Arteixo. En Lalín será na praza da Igrexa, en Vilalba diante da Casa da Cultura, en Bertamiráns na praza Maía, en Xinzo será na praza Pablo Casares e en Betanzos será detrás do palco da música. |
NOS_8650 | A cantidade de materiais vertidos na balsa de Vieiro supón 111.674 metros cúbicos. | Adega denuncia o que considera a "enésima irregularidade do proxecto mineiro de Touro": A balsa mineira de Vieiro "usouse durante anos como vertedoiro en "B". O colectivo indica que ni informe "Caracterización Hidroquímica del Lago de Vieiro", redactado polo grupo de enxeñaría de auga e de medio ambiente da UDC, así se constata. O documento, sinala Adega, determina que os sedimentos depositados na balsa mineira de Vieiro son o resultado de verteduras de materiais (entre eles "áridos procedentes da planta de asfalto") efectuadas pola empresa Explotaciones Gallegas S.L., propietaria do 80% da actual Cobre San Rafael S.L. "Esta empresa usou os terreos, e concretamente a corta mineira inundada de Vieiro, como vertedoiro". Para verificar se estas verteduras realizadas durante anos eran coñecidas e contaban cos preceptivos permisos por parte das administracións competentes. Adega solicita a Medio Ambiente que achegue información sobre as eventuais autorizacións concedidas entre 1986, data da finalización da actividade mineira e a actualidade, á empresa Explotaciones Gallegas S.L. ou a calquera outra, para depositar materiais no fondo da corta inundada de Vieiro. |
NOS_23365 | Solicitan que o voto por correo permita a "identificación e conformidade" das electoras en todo o proceso, así como que se "garanta a saúde" das persoas que exerzan o seu dereito ao sufraxio e das traballadoras. | O Bloque Nacionalista Galego (BNG) remitiu unha reclamación á Xunta Electoral esta quinta feira para que estabeleza os mecanismos necesario para asegurar que se realiza un proceso electoral "con todas as garantías democráticas" o vindeiro 12 de xullo no relativo ao voto por correo. Solicitan que o voto por correo permita a "identificación e conformidade" das electoras en todo o proceso, así como que se "garanta a saúde" das persoas que exerzan o seu dereito ao sufraxio e das traballadoras. No mesmo escrito, as nacionalistas demandan a organización dun protocolo "a fin de evitar o colapso nas oficinas de Correos, como ten acontecido en procesos electorais anteriores, garantido en todo momento a seguridade e medidas sanitarias estabelecidas polas autoridades competentes". "O obxectivo desta reclamación é moi claro: conseguir que o voto por correo teña as máximas garantías democráticas e sanitarias", manifesta a coordinadora da Executiva Nacional do BNG, Goretti Sanmartín, quen apunta que "por mor da pandemia", a empresa Correos prescindiu da sinatura á hora de recoller ou entregar calquera tipo de documentación. O protocolo de seguridade perante a COVID-19 así o dicta, para minimizar o contacto e o risco de contaxio. Porén, Sanmartín alega que "nun proceso electoral é necesario garantir a identidade da persoa que vota para que se faga respectando o principio básico de unha electora, un voto". As nacionalistas critican a "inseguridade xurídica" que provoca esta circunstancia, "que pode xerar graves problemas en canto ao desenvolvemento do proceso electoral", como explican no seu escrito dirixido á Xunta Electoral. Así mesmo, a formación liderada por Ana Pontón salienta que "moitas oficinas non están adaptadas a nova situación" actual co coronavirus e alertan de que "o previsíbel incremento do voto por correo" pode provocar o "colapso" das mesmas, ademais de facer máis necesario atender á seguridade desde un punto de vista sanitario. Ratificar as candidaturas Por outra banda, o Consello Nacional do BNG reuniráse este sábado para ratificar as candidaturas lideradas por Ana Pontón, que xa foran aprobadas pola militancia para concorrer aos comicios do 5 de abril, que ficaron adiados pola pandemia da COVID-19. En concreto, Olalla Rodil vai como cabeza de lista por Lugo; Noa Presas por Ourense; Luís Bará por Pontevedra, así como Xosé Luís Rivas e Montse Prado como números dous pola Coruña e Pontevedra. Na xuntanza tamén abordarán "as liñas forza da campaña" para o 12 de xullo "conseguir o cambio galego" nas urnas. A alternativa das nacionalistas vai ter entre os seus grandes eixos a saúde, o emprego digno e o benestar social. |
NOS_43333 | Piden a construción dun buque para a Armada Española (como reclamou o Parlamento) para ter ocupación até empezar as fragatas F-110 | Máis de 3.000 traballadores e traballadoras, entre persoal da empresa Navantia e das compañías auxiliares, manifestáronse esta quinta feira polas rúas de Ferrol para demandar carga de traballo. A marcha partiu desde a porta principal de estaleiro, decorreu polas avenidas Taxonera, Esteiro e Vigo, con parada ante o edificio administrativo da Xunta. "Reclamamos carga de traballo, ocupación até o ano 2022, xa que o proxecto das fragatas F-110 foise atrasando, fundamentalmente por motivos políticos, e a día de hoxe a comarca de Ferrol vai sufrir un incremento da taxa de paro que nos vai a levar ás porcentaxes de hai tres ou catro anos, que roldaban o 30%", expuxo o portavoz do comité de empresa Miguel Pol. Explicou que "sinxelamente" non vai haber "ningún barco até o ano 2022 e todos os profesionais que están nesta factoría", en alusión aos das auxiliares, "irán para a rúa". O comité de empresa trasladou que a súa petición se centra "na construción dun buque que teña a enxeñaría xa consolidada e que non haxa que facela, para poder iniciar o corte de chapa nuns meses". Isto, advirte, "evitaría non os desempregos que xa hai, con perto de 500 traballadores despedidos, pero si lograría a súa volta ao traballo en poucos meses". Ao seu xuízo, "podería ser un buque do tipo AOR como o que se está facendo", en alusión ás naves que se fabrican para a Armada de Australia, "ou algún tipo de buque no que o deseño estea consolidado". O Parlamento galego aprobou unha iniciativa do PP que contou co apoio de Común dá Esquerda, BNG e grupo mixto (e a abstención do PSOE) para que o Goberno central "dote Navantia-Ferrol de carga de traballo a través da construción dun novo buque loxístico (AOR) como o que está a ultimar para a Armada australiana". |
NOS_43351 | Esta sexta feira, 9 de abril, estréase nos cinemas unha das grandes comedias galegas, 'Cuñados'. En conversa con Nós Diario, o director, Toño López, e dous integrantes do elenco principal, María Vázquez e Federico Pérez Rey, debullan anécdotas dun filme que en que a comarca e a denominación de orixe do Ribeiro son tamén protagonistas. Estamos ante unha das primeiras producións en realizarse após o confinamento. | Unha comedia de criminais onde "os protagonistas non o son nin queren selo". Así define a súa primeira longametraxe Toño López, director de Cuñados, que se estrea nos cinemas esta sexta feira, 9 de abril. O filme conta as peripecias de Eduardo (Miguel De Lira) e Sabonis (Xosé A. Touriñán), que secuestran a Modesto (Federico Pérez Rey) para tentar arranxar os seus problemas de negocios. Ante a negativa de Alicia Zamora (Paku Graña), cuñada do retido, de pagar o seu rescate, Modesto urde un plan cos seus secuestradores para poder salvar a adega familiar. Baixo o abeiro da produtora Portocabo e con guión de Araceli Gonda, Toño López considera que é "un regalo que me convidaran a dirixir este proxecto", sinala en conversa telefónica con Nós Diario. O punto de partida do guión encaixaba moito "co que a min me gusta" e "o que me chamou a atención era que estes protagonistas, malia seren moi torpes para facer dano, eran xente moi boa". Seguindo a marca da casa da produtora, López explica que "queriamos que houbese un fondo realista nas personaxes, que o público puidese asociar alguén do seu día a día con elas". Durante a rodaxe, "como traballamos cun elenco tremendamente bo e con moita experiencia na comedia e na improvisación, as actrices e actores achegaban moitas ideas. En moitos casos a miña función era guialas cara ao enfoque xeral da película. Tendo en conta todas as cousas que se lles ocorrían, seleccionaba as ocorrencias que encaixaban co ton da historia que queriamos contar e rexeitaba aquelas que, malia seren divertidas, non coincidían, para que non fose unha pasta de diferentes comedias nunha, senón a comedia familiar criminal que é", conta López. Alén da dos tres protagonistas masculinos, existe unha trama secundaria de tres irmás que queren recuperar a adega do seu pai. María Vázquez, que interpreta 'Peque' no filme, explica a este xornal que "o bonito desta comedia é que as actrices non só somos a 'nai de' ou 'a irmá de', senón que os nosos conflitos teñen a súa propia identidade e temos un carácter definido". Desde o seu punto de vista, "isto fará que moitas mulleres se poidan sentir identificadas con temas como a maternidade e a conciliación". Ademais, tamén destaca o papel e a trama de Mela Casal, quen interpreta a avoa Aurelia. "Se xa resulta complicado ser muller a partir de certa idade, desde a madurez parece que non contan contigo xa para nada", apunta a actriz. Grazas á interpretación desta personaxe, Vázquez volveu conectar "coas miñas raíces, xa que a miña familia ten unha bodega en Belesar (Chantada) e traballar sobre este argumento da adega fixo que agora eu tamén queira recuperar este aspecto da miña vida. De feito, xa estivemos falando na familia para producir viño este ano", comenta a actriz. Unha das primeiras rodaxes na desescalada A filmación de Cuñados realizouse no verán de 2020, "fomos unha das primeiras producións no Estado español despois da parálise total, e aínda se estaban a implantar os primeiros protocolos", apunta o director. Malia estar planificada con catro semanas de rodaxe, a produtora tivo que rematar dous días antes "porque nese momento estábase a producir un aumento de contaxios nas comarcas onde tiñamos as nosas localizacións e andabamos con medo a que as autoridades nos cancelasen a produción e a non saber se a poderiamos continuar". Este medo e incerteza tamén o tiveron moi presente no elenco. En declaracións ao xornal, o actor Federico Pérez sinala que "cada día que comezabas a rodar pensabas se ao día seguinte se podería continuar". Ademais, contaron con algún "susto", pois "algunha compañeira tivo algún falso positivo ou existían sospeitas dalgún caso que, por sorte, non foi a máis, pero a tensión estaba aí", indica o actor. O cumprimento de protocolos, como medición de temperatura a diario ou probas cada semana, tamén derivou en algo bo. "Ao illarnos para a rodaxe fixo que se crease un contorno máis familiar e de comunidade entre as profesionais", apunta Toño López. Tal era o ambiente familiar que para a escolla das actrices que interpretan as fillas de Peque e Sabonis, Antía e Moraima, elixiron familiares do propio elenco, unha das fillas de Touriñán e a sobriña de De Lira. Isto tamén levou a que se adaptase o guión para unha delas. A máis pequena das personaxes, Moiraima, "estaba pensada para que fose unha bebé, mais como a propia crianza estaba a comezar a falar engadimos iso á historia, cun resultado moi divertido e especial", comenta o director. Nunha das escenas, que se pode ver no tráiler do filme, "a crianza espeta un 'Alabado!', unha broma da familia da nena que aprendeu da súa avoa e que, unha vez nolo contaron, pareceunos moi cómico engadilo na película", explica López. Filme con denominación de orixe galega A película está gravada nas comarcas do Ribeiro, Ourense e Allariz, e conta cunha perspectiva totalmente galega, "mais está pensada para que calquera persoa, incluso en Saraxevo, poida rir con esta comedia", indica o director. Ás referencias galegas clásicas da comida, como o polbo ou a empanada, suman as máis locais, como o Club Ourensán de Baloncesto, o traballo coa madeira, a tradición vinícola da comarca do Ribeiro e mesmo a banda sonora a cargo do histórico grupo Lamatumbá. Por todo isto a presentación da longametraxe realizouse o pasado día 5 de abril na cidade de Ourense. "Foi moi bonita e moi emotiva", indica Pérez Rey. "O público alí presente recibiuna moi ben e con moitos aplausos, supoño que por unha parte é un filme terapéutico, dos que, nestes tempos que corren, fan falla para desconectar e rir un pouco", apunta o actor. A crítica tamén concorda coa opinión do público, e por iso, "de 20 copias que pensamos lanzar para as salas, chegamos a 120 para todo o Estado español", indica o director. "Nos tempos que corren e na situación na que estamos, resulta moi bonito que saian tantas", opina Pérez Rey. Alén disto, "sabemos que nalgunhas salas de Madrid, Barcelona e Euskadi se van proxectar en versión orixinal, como nas estreas, que é algo tamén moi ilusionante", apunta Vázquez. Segundo o actor, "o mellor deste filme, a esencia, é que é unha comedia moi nosa. Galiza reflíctese en Cuñados sen tópicos nin estereotipos galegos, mais mostrando o que somos", conclúe. |
PRAZA_20107 | Denuncia que a entidade ignorou a súa obriga de informar dos procedementos que dende o 2012 se aplican para evitar as execucións hipotecarias | En 2012 o Goberno central aprobou un Código de Boas Prácticas para as entidades bancarias, co obxectivo de reducir o número de execucións hipotecarias, cando menos nos casos máis graves de desprotección social e precariedade económica. A adhesión dos bancos era meramente voluntaria, aínda que unha vez que aceptasen a regulación, esta si era de obrigado cumprimento por parte das entidades financeiras, que na súa gan maioría si se adheriron a ela. Os colectivos anti-desafiuzamentos veñen denunciando nos últimos anos casos nos que as entidades bancarias non informan os clientes que se atopan nas situacións contempladas polo decreto da posibilidade de acollerse aos mecanismos previstos O Código de Boas Prácticas só se aplicaba ás hipotecas sobre a vivenda habitual de familias con todos os membros no paro e sen outros ingresos, entre outras condicións. Nestes casos, se había prazos non satisfeitos o banco quedaba comprometido a ofrecerlle á persoa debedora un período de carencia de 5 anos, no que esta pagaría unha cota reducida, abonando unicamente intereses calculados sobre o Euribor máis 0,25%; o Código prevía a posibilidade de que se esta medida non era suficientente, a entidade permitise unha quita de parte da débeda, chegando mesmo á dación en pago, é dicir, a resolver a situación entregando a vivenda, sen arrastrar outras consecuencias. Porén, os colectivos anti-desafiuzamentos veñen denunciando nos últimos anos casos nos que as entidades bancarias non informan os clientes que se atopan nas situacións contempladas polo decreto da posibilidade de acollerse aos mecanismos previstos. En Ferrol este martes chegou ao xulgado a denuncia presentada por unha familia contra o BBVA, ao que acusan de ter iniciado o procedemento de execución hipotecaria sen propoñerlles, como estaba obrigado, estoutras solucións. No xuízo están presentes os avogados José María Erauskin e Maite Ortiz, do movemento antidesafiuzamentos de Guipúscoa, que salientan que "o BBVA non informou da existencia do Código de Boas Prácticas, con detalle das medidas que ofrece e os requisitos que esixe" e explican que dado que isto non constitúe por si só unha causa de oposición á execución, "vímonos obrigados a acudir a un procedemento declarativo ante o xulgado de instancia e solicitar do xuíz que declare que BBVA non cumpriu coa obrigación que se especifica no artigo 5.9 do Código de Boas Prácticas, que iso causou un dano importante ao noso defendido que agora se ve inmerso nun procedemento de execución hipotecaria no que non debía estar, de cumprir o Banco coa súa obriga". "Este procedemento é importante porque se gañamos ábrese unha porta para todos aqueles que foron ou están sendo executados directamente sen que a entidade lles informara da existencia do Código e as súas posibilidades" Erauskin e Ortiz destacan que "este procedemento é importante porque se gañamos ábrese unha porta para todos aqueles que foron ou están sendo executados directamente sen que a entidade lles informara da existencia do Código e as súas posibilidades, e iso con independencia de que, posteriormente, o executado non cumprise cos requisitos, pois unha cousa é a obriga de ofrecelo, e outra cousa é que se xunten os requisitos". Nos minutos previos á vista, Stop Desafiuzamentos, a Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca convocaron no exterior dos xulgados da cidade naval unha concentración de apoio á familia afectada. Estas mesmas entidades presentaron unha proposta de moción no Concello de Ferrol, para que se trate no pleno municipal deste 25 de maio. Demandan que o Concello "se implique na divulgación do Código de Boas Prácticas Bancarias e inste as entidades financeiras a cumprir a lei". "Os bancos estanse aproveitando da situación de vulnerabilidade das persoas e intentan apoderarse de todo o diñeiro do que podan dispoñer as familias e mesmo de fondos públicos que poidan conceder os concellos en forma de axudas de emerxencia" "Esta moratoria é de obrigatoria aplicación polos bancos para aquelas persoas que cumpran os requisitos de vulnerabilidade que normalmente son as mesmas que están acudindo aos servizos sociais dos concellos a solicitar a axuda pública. Os bancos estanse aproveitando da situación de vulnerabilidade das persoas e intentan apoderarse de todo o diñeiro do que podan dispoñer as familias e mesmo de fondos públicos que poidan conceder os concellos en forma de axudas de emerxencia, en lugar de informar por escrito ás familias vulnerábeis do seu dereito a solicitar unha moratoria do seu préstamo hipotecario", explican as entidades. |
NOS_42123 | O grupo de música tradicional Treixadura vén de dirixirse a Ciudadanos para que retire "de inmediato" o tema "Se chove" da súa propaganda electoral. | Se chove, deixa chovere / se orballa, deixa orballare / por máis que chova e vente / de ti non me hei de apartare... a célebre canción de Treixadura estaba a ser utilizada por Ciudadanos en Rianxo como parte da súa propaganda electoral. O grupo de música tradicional emitiu a través das redes sociais un comunicado en que afirma: "Decatámonos que o partido político Ciudadanos estaba a empregar o noso tema "Se chove" como sintonía da súa campaña electoral en Rianxo. Desde Treixadura queremos deixar claro que nin pediron nin demos permiso para o seu uso". Treixadura engaden, "non queremos que a nosa música, que é a da nosa xente e do noso pobo, se identifique con ningún partido". Xa se puxeron en contacto con Ciudadanos para que retire de inmediato "Se chove" da súa propaganda electoral. |
NOS_8734 | Só se pode acceder a ela días contados no ano e previa autorización militar. É praia privada da Escola naval de Marín. A fauna autóctona está practicamente desaparecida por mor dunha praga de visóns americanos e o seu patrimonio material, denuncian, está "arruinado". | A Illa de Tambo foi propiedade do Mosteiro de Poio até as desamortizacións de Mendizábal nas que pasou de maneira "indivisíbel" a mans do pobo de Combarro. Unha "longa historia de cacicadas", explica o fotógrafo e veciño de Marín Antonio Costa, en conversa con Sermos Galiza, levaríana a ser propiedade do político Montero Ríos, xunto con Francisco Arosa, alcalde de Poio e o notario pontevedrés, Valentín García Escudero. Posteriormente sería cedida por estes tres ao Ministerio de Defensa para a construción dunha prisión que nunca chegou a edificarse e, de novo a Montero Ríos quen a cedería finalmente á Armada, entidade que a controla "en réxime de usufructo" na actualidade. Tambo pasou de mans de Montero Ríos á Armada que a xestiona a día de hoxe através da Escola naval de Marín A xestión correspóndelle á Escola naval de Marín e apenas pode ser visitada, previa autorización, "un par de días ao ano", sinala Costa. Desde hai tres anos a Asociación Veciñal de Combarro organiza unha xornada de visita, Tambo, un mar de historias, con recitais poéticos e concertos, para "pór en valor" o patrimonio localizado na illa. Porén, ás dificultades que impón o exército para conceder a autorización a veciñanza advirte dos prexuízos causados por unha praga de visóns americanos que destruíron a fauna autóctona de Tambo. Visóns "Está inzada deles", di Antonio Costa após comprobar, asegura, que non fican apenas exemplares das especies que habitaban a illa. "Hai dous anos víramos exemplares mais desta volta foi escandaloso", sinala. "A fauna autóctona desapareceu, non hai nada, nen largatos". A praga de visóns rematou coa fauna autóctona da illa, inzada tamén de eucaliptos O visón americano chegou a Tambo da mesma maneira que a Cíes e a Ons, após as soltas levadas a cabo por grupos animalistas en granxas do Morrazo. Algúns exemplares conseguiron cruzar a nado até arribaren ás illas e, mentres en Cíes e Ons foron combatidos con pexas para evitar que se reproducisen, na Illa de Tambo ninguén fixo nada. O visón, para alén de ser unha epecie foránea, é carnívoro e moi agresivo polo que constitúe un perigo para a fauna autóctona. Desde a Asociación Veciñal sinalan que están a preparar un escrito que remitirán ao Ministerio de Defensa "para ver que medidas pensan tomar" non só a respeito do visón senón tamén do estado no que se atopa a propia illa. Patrimonio material En Tambo atópanse as ruinas do único lazareto --hospital onde se atendían enfermidades infecciosas como a lepra ou a tuberculose-- que non foi modificado na súa arquitectura orixinal de finais do século XIX. Aliás, hai dúas capelas e algúns restos de edificios empregados tradicionalmente pola veciñanza de Combarro e cultivaba a terra en Tambo mais que ficaron en desuso co traspaso da illa ao exército. Todo este patrimonio, sinala Antonio Costa, está "arruinado". Como tamén a propia terra, inzada de eucaliptos, "todo a monte", afirma Costa. A Escola naval quixo prohibir a visita da asociación por ter portado noutras edicións a bandeira galega coa estrela vermella Na edición da romaría deste ano a Asociación Veciñal propúxose convocar unha carreira popular como novidade, para iso era preciso rozar a pista perimetral de Tambo, unha tarefa que malia a vontade de realizar popularmente lles foi prohibida, como tamén portar "símbolos" após detectar as autoridades militares que en anteriores edicións "algunhas persoas levaron a bandeira galega coa estrela", unha razón que esgrimiu a Escola naval para tentar prohibir a organización da visita. Para que se usa Tambo? preguntamos. "Era a praia privada da escola", asegura, e todo apunta a que voltará a o ser. "Este ano volvimos ver persoas da escola naval na praia". Tambo converteuse nun fortín de verán para militares sitiado por visóns e o desleixo da administración co seu patrimonio. |
NOS_27131 | Será o 1 de xuño e ten como destino o cárcere de Teixeiro. Desde a anterior Marcha, dous presos independentistas ficaron en liberdade (Maria Osorio e Diego Santim) e o resto foron trasladados a prisións en territorio galego. | Vai ser unha Marcha às Cadeias novidosa a que se celebra o 1 de xuño: por primeira vez en todos estes anos – leva realizándose desde hai máis dunha década- non se percorrerán centos de quilómetros até prisións españolas para levar a solidariedade para con presos e presas independentistas galegas. " Depois de anos de dispersom, de trabalho, de quilómetros…, recebemos com grande alegría a realidade de que os presos independentistas atopam-se já em cadeias dentro do território galego", indican desde a plataforma Que Voltem, organizadora da marcha. Acadouse, pois, un dos obxectivos do movemento galego de solidariedade para con este colectivo de presos. Mais, lembran, fica traballo por facer: a rebaixa de grao penitenciario, a fin do réxime FIES, a revisión da condena ou a denuncia de irregularidades e abusos nos cárceres. O destino da XIII edición desta marcha, que se realiza baixo o lema Tempo de retornar, vai ser a prisión de Teixeiro, onde foron trasladados recentemente Roberto Fialhega 'Teto' e Eduardo Vigo 'Edu' após máis de oito anos de dispersión en diferentes prisións españolas. Raúl Agulheiro permanece preso en Villabona. Que Voltem! freta autobuses con saída en dúas columnas: norte e sur. Prégan ás persoas interesadas confirmar asistencia antes do 25 de maio. Columna sur: Ourense-Vigo-Pontevedra-Compostela-Teixeiro. Columna norte: Ferrol- Pontedeume-A Coruña-Teixeiro. |
NOS_13698 | Trump recorre aos tribunais cunha batería de demandas xudiciais. | Horas frenéticas en Estados Unidos, onde a estas alturas, un día despois das eleccións, aínda non se sabe quen vai ser o novo presidente. Se Trump sorriu primeiro, ao resistir mellor do que lle prognosticaban enquisas e sondaxes e lograr vantaxe en estados clave, agora semella que é a Biden a quen sorrí o reconto. A medida que o escrutinio avanza nos estados pendentes e do voto anticipado e por correo, o candidato do Partido Demócrata semella ter máis posibilidades de chegar á presidencia. A súa vitoria nas últimas horas en Michigan e Wisconsin, cos 26 votos electorais que iso representa, achegan ao veterano político á Casa Branca. A estas horas, 8 da mañá hora galega, Biden suma 253 representantes por 214 de Donald Trump. Para ser presidente hai que ter 270 e o reconto que aínda fica por diante semella que vai sorrir ao 'demócrata'. Mais Donald Trump non está disposto a deixar as cousas así, e tal e como anunciou iniciou unha serie de demandas xudiciais poñendo en dúbida o escrutinio en determinados sitios.Unha batalla legal que axita a pantasma da "fraude electoral". Pensilvania, Xeorxia, Nevada, Arizona ou Carolina do Norte son algúns dos estados onde o escrutinio aínda non finalizou. Todas as miradas se centran neles. En Arizona e Nevada leva vantaxe Biden, que se finalmente gaña lograría 17 representantes máis, o que lle permitiría acadar os 270 necesarios para ser presidente. |
NOS_4131 | A asociación ecoloxista Adega denuncia os efectos que o case medio século do encoro da Capela tivo no río Eume e culpa a empresa Endesa. Pide á Xunta que inicie o proceso de caducidade da concesión do encoro. | Como apunta, o baixo nivel das augas amosa lamas e refugallos mineiros "con alto potencial contaminante" deitados no vaso.Son, segundo advirte, os resultados "das verteduras da mina e dos arrastres e escorrentías arredor do enorme oco mineiro, hoxe convertido nunha balsa de máis de 800 hectáreas". A entidade pon de relevo que a baixada de caudal do encoro nas últimas semanas do verán sacou á luz "novos cadáveres ambientais" que deixa a mina e a central térmica das Pontes, xestionada durante anos por Endesa "coa comenencia" das Administracións. A este respecto, a plataforma ecoloxista apunta aos incumprimentos da Lei de Augas, de Pesca Fluvial ou dos caudais ecolóxicos ou a "cuestionábel xestión" dos refugallos mineiros, como é o uso dun río como vertedoiro en pleno Parque Natural", e volve exixir á Xunta que inicie o procedemento de caducidade da concesión franquista do encoro e libere o Eume "dun parasito que leva chuchándolle o sangue e contaminándoo por máis de medio século". Segundo lembra, desde a súa construción en 1960, un treito de 3,4 km do Eume permaneceu décadas case seco. Non foi até 2010 que, por intervención da Fiscalía a partir da denuncia de ecoloxistas e pescadores, Endesa viuse obrigada a presentar un proxecto para liberar o debido caudal ecolóxico. A empresa presentou en 2011 unha proposta que pretendía baleirar de lamas tóxicas o ateigado encoro para "modernizar" os desaugues de fondo do encoro e liberar caudal, pero que –denuncia Adega– guindaba os materiais acumulados no vaso polo Eume abaixo, usando o río como "balsa de decantación". A forte oposición ecoloxista contra este proxecto obrigou a empresa a reformulalo e abandonar a pretensión de verter as lamas augas abaixo. Após seis anos de trámites finalmente en 2017 a Xunta autorizou o proxecto de "modernización" dos desaugues de fondo mediante o dragado dos sedimentos e o seu depósito fóra da canle, se ben diversos colectivos ecoloxistas seguiron alertando dos riscos de recirculación das lamas e os efectos desta acción sobre o río. |
NOS_27632 | O barco trasladouse esta madrugada desde Curuxeiras ás instalacións do estaleiro público. | Após de 15 días encallado na costa de Ares, o 'Blue Star' xa está preparado para ser reparado. Na madrugada desta sexta feira, o buque foi trasladado desde a dársena de Curuxeiras a un dos diques de Navantia Ferrol. A manobra levouse a cabo coa axuda de tres remolcadores con base en Ferrol que tardaron algo máis de media hora en desprazalo pola ría de Ferrol. Agora, os traballadores de Navantia serán os encargados de poñer a punto o buque, que presenta danos no casco á altura da quilla, así como a máquina e o resto partes afectadas polo incendio rexistrado a noite que quedou á deriva e bateu nas rochas. |
NOS_23904 | A líder nacionalista di que as contas "debilitan" Galiza. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou esta sexta feira a Xunta de "pura propaganda" ao falar de "cifras récord en sanidade", para a continuación asegurar que "o que fan é conxelar" o investimento neste ámbito. En rolda de prensa, a líder da oposición sinalou que os presupostos da Xunta para 2023 en Atención Primaria, se se desconta o efecto da inflación, contarán con 321 millóns de euros menos que no ano 2009. "Non hai unha aposta por dotar de máis medios humanos a Atención Primaria nestes orzamentos, ao contrario", criticou Pontón. A continuación, e após volver criticar a rebaixa do imposto de Patrimonio porque "regala 34 millóns ás 7.700 familias con máis patrimonio da Galiza", Ana Pontón cualificou as contas do Executivo galego de "insolidarias, insolventes e propagandísticas". Ensino privado Nesta liña, asegurou que "o que si aumenta, en 4%, son os cartos que o Partido Popular destina é educación privada e á concertada, con 273 millóns de euros", explicou a líder da oposición. Pontón avanzou que o BNG presentará "unha alternativa" a uns orzamentos para o exercicio 2023 nos que, incidiu, "descontando a inflación, a sanidade e a educación públicas teñen menos recursos que en 2009". A portavoz da formación nacionalista reiterou que o BNG presentará unha emenda á totalidade, con propostas como un plan de choque de 200 millóns de euros para reforzar a Atención Primaria, "porque non son os presupostos que precisa Galiza nesta conxuntura de descontrol de prezos e, lonxe de fortalecer o país ante a crise, debilítano", concluíu. Efrén Castro en Sarria Ana Pontón desprazouse na tarde desta sexta feira a Sarria para arroupar o candidato do BNG á Alcaldía deste concello nas eleccións de maio, Efrén Castro, na súa presentación oficial. Castro concorreu por primeira vez como candidato nacionalista ao Concello de Sarria en 2015. |
NOS_15836 | 'Nós Diario' xa informara a comezos de febreiro de que o proxecto incumpriría a lexislación vixente. | Augas da Galiza vén de realizar un informe vinculante sobre o proxecto da central hidroeléctrica reversíbel no Valadouro, promovida polo grupo aragonés Atalaya Generación, que prevé erguer dous grandes encoros cunha potencia instalada de 936 megawatts (MW), converténdose así no complexo hidráulico máis grande da Galiza. Augas da Galiza admite 58 concesións extinguidas de centrais hidroeléctricas após as críticas de ecoloxistas Agora Augas da Galiza, con este novo documento, fecha definitivamente a porta a este proxecto argumentando diferentes "afeccións" ás concas dos ríos que serían "incompatíbeis" co Plan Hidrolóxico 2021-2027. Aliás, a construción de dúas balsas "suporían novos lementos qeu comprometen a continuidade fluvial destes cursos de auga, polo que as actuacións propostas non resultarían compatíbeis cos obxectivos de planificación hidrolóxica e coas disposicións normativas aprobadas en concordancia cos mesmos". Rexeitamento no Concello O alcalde do Valadouro, o socialista Edmundo Maseda, ficou só na cuarta feira, no pleno da corporación municipal, na votación do anteproxecto para a posíbel construción dunha central hidroeléctrica reversíbel no Xistral. Todos os grupos con representación, agás o PSOE, negáronse a apoiar o anteproxecto de construción da central baseándose en diferentes posturas, aínda que toda a oposición coincidiu na falta de transparencia e claridade do plan. Maseda voltou a tratar o tema nun pleno extraordinario e insistiu en que o Concello se pronunciará "cando o proxecto sexa definitivo". Por outra parte, a Plataforma de Veciñas e Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica Xistral declaraba sentirse "abandonada" pola Administración local, que non atendeu, ao seu ver, os prexuízos medioambientais do proxecto. Tamén criticara a "falta de transparencia" e convocara para a tarde de onte unha asemblea informativa. 'Nós Diario' xa o adiantara Cómpre lembrar que o pasado 12 de febreiro Nós Diario recollía nas súas páxinas os motivos polos que este proxecto incumpriría a lexislación vixente. Por que a mega central hidráulica do Valadouro incumpriría a lei? |
NOS_9956 | Este domingo 12 de marzo o auditorio de Narón acolle o terceiro Festival da Semente Trasancos, dedicado á Irmandade da Fala de Ferrol e con artistas da comarca. | O vindeiro domingo 12 de marzo a partir das 17:30 no auditorio de Narón dará comezo o terceiro Festival da Semente Trasancos onde artistas da comarca conmemorarán o centenario da Irmandade da Fala de Ferrol. Ademais, proxectarase unha curta sobre a lingua e sortearase unha pandeireta. O cantautor fenés Roger de Flor, o grupo infantil Quinindiole e a narradora de Mugardos Vero Rilo conducirán un festival que mesturará, unha vez máis, música con outras actividades: ademais das diferentes actuacións na que todas as persoas participan de maneira altruísta estrearase unha curta creada pola propia Semente Trasancos arredor do seu espazo e da comarca e sortearase unha pandeireta artesá feita en Neda. O obxectivo é promover a comarca a través de artistas con orixe en Ferrolterra, recuperar a memoria histórica lembrando que hai cen anos que se creara a Irmandade da Fala en Ferrol e que os beneficios recadados sirvan para financiar o proxecto do espazo de ensino galego da comarca que leva a funcionar en Narón xa hai dous anos. |
PRAZA_15008 | "Os políticos non están para axitar bandeiras, senón para pagar facturas", asegura o presidente da Xunta nun acto do PP no Centro Galego de Barcelona para apoiar a Alicia Sánchez-Camacho. | O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, irrompeu este domingo na campaña das eleccións catalás para criticar con dureza o presidente da Generalitat, Artur Mas, advertíndolle de que "axitando as bandeiras" non se resolven os problemas económicos nin se pagan as débedas. E fíxoo nun acto institucional do Centro Galego de Barcelona con motivo do seu 120º aniversario que acabou sendo convertido nun acto de campaña e ao que acudiu coa candidata popular, Alicia Sánchez-Camacho. Feijóo advirte a Mas de que "axitando bandeiras" non se resolven os problemas económicos nin se pagan as débedas Feijóo seguiu coa estratexia que ten marcada desde hai tempo para presumir de control de déficit e facturas pagadas fronte aos políticos que el considera irresponsables. Así, criticou que mentres os problemas persisten en Catalunya, "desaparecese a capacidade e a vontade para resolvelos de quen tivo a honra, o deber e a obrigación de gobernar a comunidade". Durante a campaña galega, o presidente da Xunta xa cargara contra Mas por dicir que mentres uns "pagaban" outros "pedían". "Os políticos non están para axitar bandeiras, senón para pagar facturas", insistiu o presidente galego, que subliñou que un político non é superior a ninguén nin ten a verdade absoluta. Así, Feijóo chegou a poñerse como exemplo de gobernante honesto que explica a verdade aos seus cidadáns e logo de revalidar a súa maioría absoluta. Feijóo púxose como exemplo por, segundo el, dicir a verdade aos galegos e non "culpar a Madrid" como Mas "Gustaríame ter dito que todos os problemas dos galegos viñan de fóra e que non tiñamos nada que facer porque os culpables estaban en Madrid", ironizou Feijóo, que advertiu de que quen debaten constantemente sobre o territorio son os que menos se preocupan pola xente que vive nel. Ao tempo, a líder do PP catalán animou os votantes a non deixarse intimidar "polo pensamento único", e a acudir ás urnas o 25 de novembro para impedir que se impoña o separatismo. "Non nos temos que deixar intimidar polo que nos quere impor outro pensamento único detrás dun Mesías", afirmou a candidata popular á Presidencia da Generalitat, que erixiu o PP como o garante de que se manteña a diversidade cultural e social en Cataluña. "Feijóo é o exempmlo de gobernante qeu non deu as cosstas aos problemas e que non aludiu a problemas externos", finalizou. |
PRAZA_1306 | O abandono das vellas costumes e a aposta polo cambio colleu a máis de un co pé cambiado, confiado quizais en que todo seguiría como ata agora. É especialmente singular o acontecido en Lalín onde, contra todo prognóstico, o partido popular perdeu a hexemonía que viña desfrutando dende hai máis de dúas décadas | "Se queres resultados distintos, non fagas sempre o mesmo". A frase de Albert Einstein cobra máis sentido, se cabe, despois do acontecido nas pasadas eleccións autonómicas e municipais que confirmaron o claro batacazo das forzas de dereita. Canso quizais de resultados decepcionantes, o electorado decidiu acudir á cita coas urnas seguindo o consello do xenial científico. Deste xeito, o abandono das vellas costumes e a aposta polo cambio colleu a máis de un co pé cambiado, confiado quizais en que todo seguiría como ata agora. É especialmente singular o acontecido en Lalín onde, contra todo prognóstico, o partido popular perdeu a hexemonía que viña desfrutando dende hai máis de dúas décadas. O certo é que, nun momento crítico para a o devir da nosa comunidade, o noso pobo demostrou unha enorme valentía e madurez democrática atrevéndose a romper cunha tendencia que parecía enquistada nesta parte do mapa. O abandono das vellas costumes e a aposta polo cambio colleu a máis de un co pé cambiado, confiado quizais en que todo seguiría como ata agora. É especialmente singular o acontecido en Lalín O discurso dos que se opuñan ó cambio refuxiábase con frecuencia no argumento da experiencia como elemento que outorga maior credibilidade ó goberno local. Comparto parcialmente este punto de vista, posto que é certo que en ocasións a experiencia proporciona á persoa maior desenvoltura na actividade que está a realizar e permítelle facerse con novos recursos que poden resultar de utilidade no exercicio da súa profesión. Porén, considero que no caso de Lalín esa mesma palabra, a experiencia, foi a que rematou por convencer ó electorado de que o cambio era preciso. Explícome. A experiencia, o transcurso dos anos, permitiulle ós lalinenses comprobar, entre outras cousas, como en repetidas ocasións as promesas se quedaron niso, en promesas; ou como os proxectos ambiciosos terminaron por resultar demasiado custosos e insostibles. E paralelamente a todo isto os cidadáns foron comprobando, lexislatura tras lexislatura, que as súas necesidades prioritarias (o emprego, a educación de calidade) estaban a ser descoidadas. Iso é o bo (o ou malo, segundo quen o mire) da experiencia, que permite observar con perspectiva o pasado e despexar o panorama. Por isto, sería ilóxico pensar que tantos anos de aprendizaxe, de decepcións e descontentos, non foran ter influencia algunha no cambio de parecer dos lalinenses. A experiencia, o transcurso dos anos, permitiulle ós lalinenses comprobar, entre outras cousas, como en repetidas ocasións as promesas se quedaron niso, en promesas; ou como os proxectos ambiciosos terminaron por resultar demasiado custosos e insostibles Por outra banda, semella que desta vez o demagóxico recurso do quedemos como estamos ou do contrario os novos partidos provocarán o caos non fixo mella entre os lalinenses, quen decidiron que xa ía sendo hora de tomar o timón dun barco que mostraba claros signos de atoparse á deriva. Quizais precisamente por isto, porque as fugas do barco eran demasiado evidentes como para ser tapadas con parches propios de campaña electoral, o noso pobo entendeu que era momento de cambiar de rumbo ou do contrario o afundimento sería inevitable. Por estes motivos considero que é de xustiza felicitar ós lalinenses, tantas veces acusados de permisivos e inmobilistas, xa que desta vez fixeron gala dunha madurez propia de democracias avanzadas. Esta lucidez permitiulles ser conscientes de que é preciso abrir portas e fiestras que renxen produto do óxido acumulado e que o discurso do medo, lonxe de atemorizalos, resúltalles inofensivo e incluso cómico porque xa está máis que gastado. Agardemos que, tal e como lembraba o famoso lema da RAE, os tempos que se aveciñan sirvan para limpar, fixar e dar o esplendor que o noso pobo se merece. |
NOS_15451 | O PP mantivo na rede un vídeo dun humorista en que se desexa a morte de Pedro Sánchez —no gag aparece un neno a ler unha carta aos Reis Magos. O escándalo foi tal nas redes que o partido de Casado borrou o tuit. O Goberno central vai levar o chío á fiscalía por ver se é constitutivo dun delito. | O vídeo é unha peza humorística, de pésimo gusto, en que un neno supostamente le ao seu pai a súa carta aos Reis Magos. "Queridos Reis Magos: a miña cantante preferida era Amy Winehouse, e leváchela. O meu actor favorito era Robin Williams e leváchelo. O meu humorista favorito era Chiquito da Calzada e tamén o levache. Só che escribo esta carta para che dicir que o meu presidente favorito é... Pedro Sánchez", reza a misiva aos magos de oriente no vídeo guionizado polo humorista Ignacio de la Puerta. O PP pediu desculpas por ter feito circular o vídeo através das súas redes sociais. Segundo fontes da Moncloa consultadas por Efe, a Fiscalía deberá estudar se o gag é constitutivo de delito e se é preciso instar accións xudiciais contra o seu autor e contra aqueles que lle deron difusión pública. |
NOS_51310 | As competicións de BTT adiadas pola pandemia da Covid-19 nas modalidades XCO e DHI retómanse esta fin de semana coa participación da selección galega. Na edición deste ano quince deportistas tentarán mellorar os podios que se conseguiron en 2019. As probas terán lugar en Valladolid e Otívar (Granada). | Este 2020 non está a ser fácil para o deporte e non hai disciplina que escape ás mudanzas dun calendario que cada vez ten menos días para situar todas as probas anuais. É o caso dos campionatos estatais das probas ciclistas XCO e DHI que tiñan que realizarse inicialmente no mes de xullo e que agora se xuntan nesta mesma fin de semana. Desta vez viaxarán un total de quince ciclistas coa selección galega que, nesta ocasión, terá que duplicarse para estar presente nas probas que acollerán Valladolid e Otívar (Granada). Obxectivo: mellorar o medalleiro do ano pasado Despois de lograr dúas medallas o pasado domingo nos estatais de Enduro, a selección buscará superar o medalleiro que acadou en 2019. Daquela a selección fíxérase con tres metais nos estatais de XCO. Un dos dous ouros que conseguiu chegara no Team Relay, a carreira de remudas por equipos que nesta ocasión non se disputará, ao igual que a especialidade do Eliminator. Na proba de descenso BTT-DHI a última referencia para a selección galega son as dúas medallas obtidas no 2019. XCO coa participación de Pablo Rodríguez O programa de competición para os especialistas no Cross Country Olímpico arrancará este sábado en Valladolid no circuíto do Cerro de las Contiendas. Pola mañá terán lugar as probas máster e ao mediodía (14.15 horas) entrarán en acción os sub23 masculinos con Iván Feixoo (Nesta) lucindo as cores galegas. Fecharán esta primeira xornada os xuniors, a partir das 15.50 horas, unha carreira na que a nosa selección aposta polo trío formado por Anxo Carril (Coruxo), Gabriel Conde (AD Avanza) e Miguel Rodríguez (Ponteareas). Os pratos fortes virán o domingo. Primeiro coas tres galegas, a elite Lara Lois (Extol MTB team) e as sub23 Andrea García (Maceda) e Irene Trabazo (XSM) que defenderán os intereses do combinado nacional a partir das 10.30 horas. Despois, pasado o mediodía, serán os elites masculinos con Alberto Pedreira (Bici Verde), Saúl López (Maceda) e Jorge Punzón (Cosmos) como integrantes do equipo galego. Nesta categoría un dos candidatos á vitoria é o ourensán Pablo Rodríguez (BH Templo). A proba de descenso cun desnivel medio de -18,4% En Otívar, Granada, terán lugar o domingo os títulos da proba de descenso BTT-DHI. A Federación Galega, nesta ocasión, desprazará deportistas que teñen como denominador común a súa xuventude. A nivel individual, o vigués Ángel Suárez (YT Mob) é a principal baza galega agora mesmo na categoría elite. Ademais participarán e Uxía Álvarez (Coruxo), o júnior Senén Bastos (AD Avanza) e os sub23 Marco Martínez (Corbelo), Víctor Mariño (Xbikes) e Alejandro Paz (Bicis Oliveira). Hoxe decorrerán os adestramentos oficiais e a competición comezará na xornada do domingo a partir das 10 horas coa quenda clasificatoria para decidir a orde de saída na final (12 horas). As e os participantes lanzaranse nunha baixada de 1.5 km de lonxitude, un percorrido técnico espectacular cun desnivel medio de -18,4%. |
NOS_41669 | A ministra Carolina Darias fixo o anuncio após unha reunión extraordinaria do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS). Desta forma atenden ás recomendacións da OMS e a Axencia Europea do Medicamento invitando a manter a inoculación do fármaco malia a posíbel ligazón con algúns episodios de trombose. | En menos dunha semana o Estado español volverá a pór en circulación as doses da vacina de AstraZeneca que gardou hai uns días debido á investigación aberta para estudar se un bo número de episodios de tromboses en pacientes inoculadas en toda Europa tiñan relación co remedio. Así o anunciou esta quinta feira a ministra de Sanidade, Carolina Darias, que aclarou que a decisión foi acordada por todos os territorios nun encontro do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) convocado de forma extraordinaria.Porén, as expertas e expertos en vacinas que aportan os seus coñecementos ao Goberno e a Comisión de Saúde Pública reuniranse durante esta ponte para examinar a posición do organismo regulador europeo e decidir se non se administra a vacina a algún colectivo concreto ante a aparición dos efectos secundarios. Así, o Consello volverá ter unha cita na segunda feira para dar o visto e prace oficial ao reinicio da campaña de vacinación, pois a AstraZeneca é a que se estaba administrando a máis xente. Darias aproveitou a comparecencia ante os medios para asegurar que tamén van consultar "con sociedades científicas e profesionais" o asunto dos grupos de poboación e as idades nas que poden aproveitarse as doses dispoñíbeis. A directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), María Jesús Lamas, engadiu que se estabeleceu que a ficha do medicamento engada as posíbeis tromboses en menores de 55 anos e mulleres na lista de indicacións. Aliás farase unha advertencia ás equipas sanitarias. Malia esta inclusión nos efectos adversos que poden decorrer, Sanidade vai seguir as indicacións da OMS e da Axencia Europea do Medicamento (EMA) sobre a necesidade de seguir vacinando porque son maiores os beneficios que os riscos. De feito, a EMA destacou esta tarde que a AstraZeneca é "segura e eficaz". |
NOS_50293 | A reunión da Mesa Docente do Estado destapou, segundo denuncia a CIG, as "mentiras" da Xunta sobre a contratación de persoal docente e revelou que se non se reforzan etapas como Infantil e Primaria para baixar ratios é por "falta de vontade". | A reunión da Mesa Docente do Estado, a primeira que ten lugar desde maio serviu esta segunda feira aos sindicatos do ensino para reclamar novos fondos e recursos para a educación galega e máis e mellor cobertura para as familias e o alumnado máis vulnerábeis e para o profesorado de risco na pandemia. Tamén, segundo advirte a CIG –o sindicato maioritario no ensino galego, presente na Mesa– para "desmontar as mentiras da Xunta a respecto dos reforzos docentes" e facer decaer os seus argumentos para xustificar as "decisións restritivas á hora de autorizar desdobres de aulas, a negativa a ampliar a contratación do profesorado e persoal non docente ou a insuficiencia das medidas de protección sanitaria". Nas últimas semanas, o Goberno galego anunciou a contratación de 847 docentes para Secundaria, precisos para afrontar os desdobres derivados da necesidade de ampliar o distanciamento nas aulas e, para iso, reducir o número de alumnos e alumnas. A eles, a Xunta sumaba 240 mestres de Infantil e Primaria, contratados para cumprir coas ratios máximas legais nesas etapas educativas, e que como alertaron as organizacións sindicais é unha medida que se realiza todos os anos e non un reforzo derivado da pandemia. Desta maneira, baixo a fórmula das "aulas burbulla" sen distanciamento e con 25 menores por aula, eludíanse os desdobres en Infantil e Primaria. Programas de reforzo Ademais, para este curso, a Xunta anunciou a contratación de 543 profesoras e profesores a media xornada para programas de reforzo educativo –Proa+ e ARCO–, para os que onte o novo conselleiro, Román Rodríguez, anunciou 410 novas contratacións. Como denuncia a CIG, todo este persoal "vendeuse" desde a Xunta como parte do "esforzo" que se está a facer para afrontar as condicións que impón a pandemia no sistema educativo. Porén, a información trasladada onte por parte do secretario técnico do Ministerio de Educación desarma, a ollos do sindicato, toda esta argumentación. "Estes contratos programa, que se veñen desenvolvendo desde o ano 2014, teñen unha finalidade clara que non ten nada a ver coa situación da pandemia, senón coa insuficiencia dos cadros de persoal para afrontar o fracaso escolar e dotar de máis docentes para os reforzos necesarios ao alumnado que así o precisa", detalla a central. Pero ademais, segundo se trasladou na xuntanza, os programas de reforzo e as súas contratacións "non poden computar dentro do fondo Covid", que destina a Galiza un total de 93 millóns para afrontar a nova situación sanitaria. "Eses 93 millóns, destinados a persoal docente e en cómputo de curso completo, darían para uns 2.325 contratos. As contas dan un déficit de contratación máis que evidente", fai notar o sindicato nacionalista, que apunta tamén que os convenios do Goberno español cos territorios para a adquisición de material informático –como o que anunciou a Xunta a semana pasada– e tampouco entran no Fondo Covid. "Quedaron ao descuberto todas as mentiras da Consellaría no seu 'artificio contábel' á hora de vender contratacións e ponse de manifesto que a Xunta non incrementou o persoal docente, nin autorizou os desdobres en Infantil, Primaria e Educación Especial porque non quixo", pon de relevo o sindicato. |
PRAZA_11835 | O endebedamento galego non é alleo á crise de débeda que afecta á supervivencia do euro. Os xuros levaron máis de 130 millóns de euros en nove meses | O financiamento das comunidades autónomas, ao igual que o que sucede no caso da Administración central, revelouse no último exercicio como un dos problemas que máis afogan a capacidade de acción dos gobernos. Amais da caída dos ingresos procedentes de taxas propias ou transferidas (impostos directos, indirectos, transferencias), os executivos autonómicos teñen que contar co encarecemento das condicións financeiras á hora de elaborar os orzamentos. A Xunta de Galicia, cun déficit reducido -en comparación con outras comunidades-, tivo que facer fronte a un gasto acumulado de máis de 131 millóns de euros en xuros pola débeda á que recorreu para financiar a súa actividade. O incremento do custe polos xuros da débeda é moi superior á media estatal, situada nun 57% En concreto, segundo os datos recompilados por Fedea, foron 131,135 os millóns que, entre xaneiro e setembro, se consumiron só no capítulo de gastos en xuros. Este montante total é un 122% superior ao contabilizado no mesmo tramo do ano anterior, dacordo cos cálculos do mesmo instituto económico. O incremento do custe polos xuros da débeda é moi superior á media estatal, situada nun 57%. Unha suba considerable, en todo caso, que a institución relaciona directamente tanto coa crise europea de débeda como co progresivo e constante incremento do endebedamento autonómico. Para o total do ano 2011, e segundo a presentación dos Orzamentos para 2012 elaborados pola Consellería de Facenda, o custe total por pasivos financeiros ascenderá a 416,5 millóns de euros. Para o presente ano, e sempre que se cumpran as estimacións do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, a Xunta adicará a este capítulo máis de 547 millóns de euros. Isto é, un 31,5% máis que o ano que vén de rematar (131,1 millóns máis). Esta suba contraponse coa caída xeneralizada nas partidas de gasto programadas polo Executivo galego. |
PRAZA_7971 | A decadencia da Monarquía reflite tamén a decadencia dun sistema político-institucional que xa é moito máis un problema ca unha solución e atópase absolutamente esgotado para estruturar a nosa convivencia cidadá. Velaí que unha abdicación poida ser vista por sectores do PP e do PSOE como unha medida de axuste lampedusiano que permitiría sobrevivir, no esencial, este modelo esgotado. | A alta probabilidade de que El Rei renuncie nos vindeiros meses está moi vencellada á depreciación pública da súa figura e ao desgaste da propia Institución, sometida aos furacáns Urdangarín, Botswana e Corinna. Mais o que non se adoita salientar na mesma medida é a evidente conexión entre o devalo da Monarquía e o dos alicerces esenciais do réxime da transición, entre eles a ocupación bipartidista do Poder, o modelo partitocrático de elites cada vez máis pequenas que dirixen burocracias cada vez máis grandes, o afastamento da política a respecto da cidadanía e máis a aposta por un capitalismo castizo de BOE, baseado máis nas prácticas de avantaxe nas empresas reguladas do IBEX 35 ca nas regras dunha economía eficiente e dunha libre concorrencia empresarial na que moitos din acreditar e poucos defenden . A decadencia da Monarquía reflicte tamén a decadencia dun sistema político-institucional Xa que logo, a decadencia da Monarquía reflicte tamén a decadencia dun sistema político-institucional que xa é moito máis un problema ca unha solución e atópase absolutamente esgotado para estruturar a nosa convivencia cidadá. Velaí que unha abdicación poida ser vista por sectores do PP e do PSOE como unha medida de axuste lampedusiano que permitiría sobrevivir, no esencial, este modelo esgotado. Semella que, monárquica ou republicana a saída, é obrigada unha fonda reestruturación do sistema xurídico-político Mais semella que, monárquica ou republicana a saída, é obrigada unha fonda reestruturación do sistema xurídico-político, nomeadamente no que atinxe aos valores de transparencia e renovación democrática, á viabilización do Estado de Benestar e ao recoñecemento e garantía da plurinacionalidade do Estado. Calquera outra saída non sería máis ca un remendo. A arrincadeira: Que Aurelia fique na súa casa O que a ninguén lle pode convir é o espectáculo dun desafiuzamento manu militari Aurelia ten na súa contra unha sentenza definitiva. Mais os acontecementos vividos nos últimos días e a propia inxustiza e inconveniencia social do seu desafiuzamento haberían facer reflexionar ás dúas partes en litixio para tentar un acordo que garanta por riba de todo o dereito á súa vivenda por parte de Aurelia Rey, ou polo menos o dereito a unha vivenda digna na súa contorna. O que a ninguén lle pode convir é o espectáculo dun desafiuzamento manu militari ou a adopción de medidas contra uns bombeiros que só cumpriron co seu deber de servidores públicos. |
NOS_53395 | Os maxistrados deixan aberta a posibilidade de que o Estado poida reclamar noutro preito a titularidade dos móbeis que considere Patrimonio Nacional asignados ao xefe de Estado. | A Sección Terceira Audiencia Provincial da Coruña revoga o depósito mobiliario a favor do Estado do Pazo de Meirás, é dicir, determina que a demanda da parcela catastral feita pola Administración non inclúe "mesas, vaixelas, alfombras ou cadros". Nunha resolución xudicial, estimou o recurso presentado pola familia Franco, que deberán ser "indemnizados" polos danos e prexuízos que lles puidera ocasionar esta situación. Nunha resolución xudicial, estimou o recurso presentado pola familia Franco, que deberán ser "indemnizados" polos danos e prexuízos que lles puidera ocasionar esta situación Desta forma, fica sen efecto o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña no que se ordenaba depositar a favor do Estado todos os móbeis e elementos accesorios do pazo de Meirás. Os maxistrados deixan aberta a posibilidade de que o Estado poida reclamar noutro preito a titularidade dos móbeis que considere Patrimonio Nacional asignados ao xefe de Estado. Ademais, no auto, o tribunal lembra que só as dúas estatuas do Mestre Mateo están catalogadas como Ben de Interese Cultural, á vez que sinala que a Lei de Patrimonio de Galiza "non establece ningunha perda de propiedade civil" por parte dos titulares deses bens polo feito de estar catalogados. O avogado dos Franco, Luís Felipe Utrera-Molina, trasladou a satisfacción para esta parte e a familia do ditador pola resolución: "Fíxose xustiza". Sada O Concello de Sada vén de demandar publicamente da Xunta que de modo "inmediato e urxente" acorde a incoación de expediente de modificación do Decreto 299/2008, de declaración BIC do Pazo, "aos efectos de incluír no seu Anexo a relación de bens móbeis que quedan asociados á categoría de sitio histórico". O Concello indica que ese acordo de incoación, unha vez publicado no DOG, "xa outorgaría automaticamente a ditos bens as debidas cautelas para evitar que os Franco podan exercitar o dereito de retirada que o desatinado Auto lles recoñece". Múltiples reaccións Ante esta resolución o BNG reclamou á Xunta, a través do deputado Luís Bará, que procure estabelecer por enriba da decisión xudicial a protección que ten o pazo como Ben de Interese Cultural (BIC). Así, podería evitar o traslado dos bens desde Meirás. Desde o punto de vista do Bloque, o auto da Audiencia Provincial coruñesa ten un "tufo franquista" que xa detectou noutros autos da mesma instancia e que "configuran unha auténtica xustiza ao revés". O BNG ve "absolutamente delirante" o auto xudicial que obriga a pagar á familia do ditador "Alúdese a unha incautación por parte do Estado, cando a realidade histórica di que moitos destes bens foron incautados e espoliados, literalmente roubados, pola familia Franco", remarcou Bará. Por iso, parécelles "absolutamente delirante que se estabelezca que deben ser indemnizados". Pola súa banda, o delegado do Goberno do Estado na Galiza, José Miñones, destacou que a sentenza "non entra na titularidade" dos bens mobles e accesorios, senón que se refire "ao procedemento levado a cabo" para que pasasen a mans públicas. Hai escasos momentos tamén transcendeu a visión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que declarou que queda por "dilucidar" se todos os elementos "están reclamados ou non". No entanto, non entrou a facer unha valoración máis en profundidade. A mesma liña foi seguida polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que considerou "prematuro poder facer unha valoración". En todo caso, afirmou que as esculturas de Abraham e Isaac non perden a consideración de BIC. Preguntadas pola situación, fontes da Abogacía do Estado comprometéronse a estudar "cales son as accións máis convenientes para evitar o expolio" de todos os bens contemplados no auto que transcendeu hoxe. |
NOS_53840 | A CIG estuda a posibilidade de presentar unha demanda contra Ricardo López Navarro por acoso e vulneración dos dereitos das traballadoras e traballadores. | O persoal do medio cento de empresas que prestan servizo no aeroporto Lavacolla-Rosalía de Castro volverán á folga esta sexta feira, na terceira das xornadas de paro coas que denuncian a precariedade laboral e a pretensión de AENA, xestora do aeródromo, de fechar a cantina de persoal. Antes, pretenden entrevistarse co delegado do Goberno, Javier Losada, a quen se dirixiron por carta esta segunda feira, e tamén co alcalde de Compostela, Sánchez Bugallo. E están pendentes de falar no pleno de Compostela, despois de que o BNG llo teña solicitado ao Goberno municipal. Mais con que non conseguiron reunirse foi con AENA. Despois de meses de conflito, a resposta da compañía ás súas demandas segue sendo o silencio. A maiores, as traballadoras e traballadores queixáronse da imposición duns servizos mínimos "abusivos" nas dúas primeiras xornadas de folga (os pasados días 13 e 20). A CIG xa presentou denuncia. E agora están valorando se presentar outra polo acontecido o día 20. "Sabemos que o 19, o día anterior á folga, a dirección do aeroporto reuniuse coas empresas para pedirlles que non fechasen e que denunciasen as accións dos piquetes. Pero os piquetes foron piquetes informativos. A folga volveu ser un éxito, malia que non se cancelaron voos porque os servizos mínimos son do 100%, mesmo na folga de Ryanair, que esixe o 100% ás tripulacións e o 100% tamén ás de reserva", apunta Pablo De Prado, portavoz do comité de folga. Pero a intervención non se limitou á reunión da véspera. "Houbo chamadas do director do aeroporto, Ricardo López Navarro, a empresas o mesmo día 20 para insistirlles. Consideramos iso acoso e unha vulneración do dereito á folga", di De Prado. Se non hai movementos por parte de AENA ou a participación de Losada ou Bugallo consegue impulsar unha mediación, o persoal volverá a folga esta sexta feira cun paro de madrugada até primeira hora da mañá. |
NOS_38231 | A Xunta mantivo como presidente do padroado do CGAC ao que fora presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, até que foi cesado finalmente no primeiro Consello deste mes de marzo. A Consellaría informara de que de Sousa presentara a dimisión hai quince meses mais só agora fai a súa substitución por Sofía Santos, até agora vicepresidenta. | Máis de quince meses tardou a Xunta en substituír o presidente do padroado do CGAC, Manuel Fernández de Sousa, aprobar o seu cesamento e poñer no seu lugar á que até agora era vicepresidenta Sofía Santos. No Padroado do CGAC estaban, alén do presidente que levou á ruína a Pescanova, os responsábeis das Caixas, Gayoso e Méndez. Segundo informara a Xunta hai xa un ano, o presidente de Pescanova tería presentado a súa demisión por carta a Xesús Vázquez o 12 de novembro de 2012 e os ex-presidentes das caixas, un mes despois. Tras a aprobación do Consello da Xunta do decreto de cesamento, dáse o visto bon na mesma xuntanza do 6 de marzo tamén á proposta da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación universitaria de nomear Sofía Santos Pérez para o posto de presidenta do padroado, ocupando o cargo de vicepresidente Luis Sirvent López. Coa ruína de Pescanova Doutora en Medicina e Cirurxía, adxunta de Otorrinolaringoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, profesora titular da Facultade de Medicina e directora do Departamento de Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía da Universidade de Santiago, a vinculación de Sofía Santos coa arte contemporánea vén a través do coleccionismo, aínda que a Consellaría informa de que tamén ten comisariado exposicións e presentado conferencias, en especial arredor da relación da arte coa medicina. Luís Sirvent é tamén coleccionista de arte e o seu nome tomou maior popularidade despois da exposición de máquinas de escribir que se desenvolveu na Cidade da Coruña. A Consellaría de Cultura quixo desvincular a demisión de Fernández de Sousa do estoupido do conflito de Pescanova e da data na que tería aproveitado a información para vender ás accións da empresa, porén tardou máis dun ano en facer efectivo o cesamento no Consello da Xunta. A composición do padroado continúa sen aparecer na páxina do CGAC e a Xunta só informa da proposta de Sofía Santos e Luís Sirvent a través da información na que se recolle o cesamento de De Sousa no Consello. |
NOS_54491 | Hai xa dez anos, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) dábase a coñecer cun concerto feito en colaboración con 111 ciclistas. Unha década despois, as cousas mudaron para a música clásica contemporánea en Galicia. Falamos co director do TAC, Diego García. | Na exposición Mirar o son, no Auditorio de Galicia, pode verse un vídeo do seu primeiro acto público, hai 10 anos. Máis de cen bicicletas no Obradoiro, en Santiago…Foi o noso primeiro acto como TAC, si. Queriamos facer unha performance musical na que puidese participar xente que non fosen músicos. Só precisabamos que tivesen unha bici, darlles catro pautas claras… e ao final apuntouse máis dos 111 que nós pediamos. Facer ese acto foi xa unha mostra do noso obxectivo, que é achegar a música contemporánea á xente, romper esa barreira, facer que se lle perda o medo. E que conseguiron que mudase nestes 10 anos, respecto a iso?Hoxe hai máis xente traballando pola música contemporánea, máis proxectos, máis ensembles, unhas xornadas de música contemporánea en Santiago… Non fomos nós sós, pero penso que iniciamos un movemento de abrir a música contemporánea á xente, que se foi deixando atrás a idea de que non era unha música para todo o mundo... Os Seráns do TAC, que facían na Cidade da Cultura, respondían a ese obxectivo. Xuntaban música, gastronomía e humor…Os Seráns eran un xeito de que a xente se xuntase para gozar da música contemporánea, introducida de modo lúdico por artistas que conectan ben co público coma Quico Cadaval, Cándido Pazó e Carlos Blanco. Tiñamos a sorte de ter relación coa xente do Grupo 9 e eles crearon tapas relacionadas co noso programa musical. Foi unha idea pioneira… Unha vez fixeron música con motos Harley Davidson. Bicis, motos… Como a Vertixe Sonora, introducen elementos que non identificamos en principio como instrumentos…A Vertixe tamén o fan, e con resultados excelentes, si. Utilizar elementos máis próximos ao día a día é mostrar que tamén están no día a día da música contemporánea. É unha obra de Dieter Schnebel. Fixémola nos Xardíns Méndez Núñez e foi outra maneira de mostrar o mesmo. Antes de que existise o TAC tiñamos concertos de moi pouco público, ás veces 4 ou 5 persoas. Despois, chegamos a ter unha vez no Museo do Pobo Galego 350 persoas... Iso antes sería impensábel. Facemos un traballo de crear público. O TAC está formado por músicos da Real Filharmonía e da Orquestra Sinfónica. Hai tamén, intercambio de público con estas orquestras?Tamén temos profesores dos Conservatorios. A Orquestra Sinfónica e a Real Filharmonía tamén están a facer esforzos por facer cousas diferentes para chegar á xente. E é algo natural: somos músicos e o que queremos é compartir a nosa paixón. O último concerto de celebración dos 10 anos, no Auditorio de Galicia, foi retransmitido por streaming. Está a volverse normal iso coa covid.Si, pero eu son algo escéptico. Penso que só pode ser un complemento, pero o que queremos nós realmente é levar a xente aos teatros. Algo no que traballan tamén bastante é na difusión de música de compositores galegos...Si, de feito o noso primeiro ciclo no CGAC foi de compositores galegos. É unha forma de facer cultura, de facer país. Facemos encargos a compositores galegos e cando traemos directores convidados de fóra tamén procuramos que inclúan algunha peza de compositores galegos. Tamén levaran un piano ao faro de Fisterra…Si, fora moi bonito tamén. Foi Satie Vexations, unha obra moi curta que hai que facer 480 veces seguidas. Percorremos as escolas de música para atopar pianistas -27 foron- para poder estar tocando esta peza 18 horas seguidas. Actuaron no Festival Via Stellae con Siniestro Total.O rock forma parte tamén das nosas vidas. Empezamos a pensar en Siniestro Total e, cando contactamos con Julián Hernández, soubemos que é un fanático da música contemporánea. O que fixemos, ademais, non foi un concerto de rock acompañado de orquestra, senón ao revés. Foi un éxito total. E nunca fixeron nada con músicos de jazz?Non directamente. Tivemos algún proxecto que non chegou a realizarse. Pero si fixemos por exemplo Music Circus de John Cage, para a que contamos coa colaboración de músicos de moitos estilos, entre eles algúns jazzistas. Era como un bazar no que a xente podía ir camiñando e parando onde quixese: había rock, jazz, contemporánea, poetas… Unha auténtica celebración da música. Tocaron bastante fóra. Na Semana da Música Relixiosa de Cuenca, por exemplo.E no Auditorio Nacional de Madrid e no Festival Internacional de Música e Danza de Granada, onde volveremos para facer as musicalizacións de George Crumb de poemas de Lorca. Tamén estivemos na Quincena Musical Donostiarra ou no Festival de Santander. Veñen de gañar o premio Martín Códax da música.Si, e xa o gañaramos no 2013, na primeira edición destes premios. Nese mesmo ano gañamos o Premio da Crítica Galega polos Seráns, que foron algo rompedor… |
NOS_54572 | Hoxe 4 de novembro hai cento corenta e cinco anos que naceu en 1868 en Valga Agustina Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero, a Belle Otéro. | Na contraportada da biografía (ensaio) que co título de Carolina Otero escribín e que se publicou no ano 2001 pola desaparecida Edicións A Nosa Terra, nunha fermosa colección que se chamaba "Mulleres" (e en que a nena que nacera en Valga, estaba acompañada tamén por Maruxa Mallo, María Casares, Mercedes Núñez entre outras), nesa contraportada hai un paratexto que di: "Cando en 1918 Carolina Otero, a Belle Otero, decide retirarse da vida artística, leva na súa cabeza a historia dunha nena de Valga que petaba nas portas pedindo un anaco de pan que levar á boca. Co tempo os seus pés bailaron a rabiar e chegaría a ser a grande estrela do Folies -Bergère parisino. Intelixente e atrevida, dama endiamantada do musicc-hall cun talento para a comedia, foi tamén das primeiras actrices de cine. Historias, paixóns e imaxes dunha muller galega mil veces amada." Aínda hoxe teimo e sigo gardando as pegadas que deixou por este mundo e que acho de cando en vez, son incapaz de explicarme como esa nena que petaba nas portas do século XIX para pedir pan, que realmente se chamaba Agustina, filla dunha muller pobre coñecida co nome de Carme a Gurumela, chegou a París e se converteu na Belle Otéro. Pensen que non é doado, unha aldea Valga, criada nunha casoupa, na pobreza, case sen saber escribir, tiña por forza que ser valente, con coraxe e sobre todo ser unha sobrevivente. Vai ser unha muller que se faga entender en ingles, alemán e domine o español e o francés, aínda no famoso libro autobiográfico da escritora francesa Colette, Mes apprentissages, (1936) lembra unha cea coa Belle Otero e o seu acento falando francés, en que Carolina non pode desfacerse dunha fonética que é galega. "Aínda hoxe son incapaz de explicarme como esa nena que petaba nas portas do século XIX para pedir pan, que se chamaba Agustina, filla de Carme a Gurumela, chegou a París e se converteu na Belle Otéro" Agustina Otero Iglesias, filla de Carme, de pai descoñecido, dicía cando xa se facía chamar Carolina, que nacera un 4 de novembro de 1868, foi bautizada en Valga o 20 de novembro dese mesmo ano. Foi a máis vella dos tres ou catro fillos de pais descoñecidos que tivo Carme. Algúns destes irmáns de Carolina aparecen na súa biografía protagonizando fermosas historias, un deles Adolfo, estará con ela anos máis tarde para vivir da súa celebridade e estudar pintura en París, alí namorarase de Adosinda, a criada, e con ela vai volver para Verín onde traballará como pintor nas célebres augas de Cabreiroá.... E xa me estou desviando.... Sóubose que esta celebridade que triunfaba en París era galega e de Valga cando Renato Ulloa escribe en Galicia Moderna un esbozo na sección "Mujerio" sobre Carolina Otero, el confirma despois de disques e díxomes que en Valga vive unha pobre muller que recibe diñeiro e roupas que lle manda a súa filla desde París, abraiado confirma que aquel rostro repetido en milleiros de fotografías que tamén chegaban a Pontevedra ao parladoiro de Jesus Muruais aberto nunha inmensa biblioteca que dotaba aos tertulianos de lecturas e imaxes galantes, confirma que aquel retrato que garda a nai é o da Belle Otero en París e no mundo, o de Agustina, na casiña de Valga. Ela seguirá sendo, e así figura aínda hoxe en moitos catálogos de exposicións, en moita bibliografía como nacida en Cádiz... e é que o descubrimento do Ulloa, non foi quen de atravesar os Pirineos como Agustina. Moitos foron entón os que andaron atrás da infancia de Carolina, tratando de descifrar o nome do pai, e moitos tamén houbo que quixeron ser o pai, de Carolina, da Belle, da pobre nena Agustina, ninguén. Desde o historiador e lingüista Ferro Couselo, pasando polo Hidalgo de Tor, por Pesquerias até o xornalista Borobó, trataron de desvelar quen fora o pai da muller para moitos máis fermosa do mundo... Cando é así a paternidade é importante. Borobó, falou de todos os posíbeis pais: un Silva Louro, outro un mozo cordeirán de Piñeira Laxes, finalmente conclúe que o pai vivía a cen metros da nai e que era "o guapo Francisco Barreiro Magariños". Persoalmente moléstanme moito estas rebuscas para saber de onde saíu a semente xa que da nai ninguén se acorda, mais facendo unha pequena brincadeira, o cura que a bautizou en Valga chamábase, Andrés Casimiro Senlle y Castro (así figura na partida de bautismo) e a miña amiga, Uxía, a cantante, de apelido Senlle, relata que a memoria familiar garda conta de que o pai de Carolina era parente, xa teñen un novo dato que pode facelos sorrir, pensando neses curiñas "de antes". "A denuncia que atopou no xulgado de Caldas de Reis, Celso Emilio Ferreiro dá conta dos feitos e dunha violación que segundo os médicos que fan o informe se consumara dunha forma tan brutal que "por decencia non se pode describir". Sóubose só polos papeis en 1946 o que andaba na boca do pobo, o do zapateiro, cando outros curiosos se achegaban por Valga. En 1946 publicouno o poeta Celso Emilio Ferreiro no semanario pontevedrés Ciudad, antes disto non se escribira. Carolina Otero botoulle terra á nena Agustina e á tremenda historia. Mais é preciso que se saiba xa que forma parte da reivindicación desta coraxe e desa valentía, dunha nena "soa" fronte ao mundo que pide pan para comer, anda ás piñas no monte, con dez anos, e é violada polo zapateiro Venancio Romero. Si, alí na Torroeira, onde logo puxeron un cruceiro da Santa Misión. A denuncia que atopou no xulgado de Caldas de Reis, Celso Emilio Ferreiro dá conta dos feitos e dunha violación que segundo os médicos que fan o informe se consumara dunha forma tan brutal que "por decencia non se pode describir". Grave, rotura da pelve e fendas que a deixan estéril. 1879 e do zapateiro nunca máis se soubo, a xustiza buscouno e no boletín das catro provincias e na Gaceta de Madrid publicáronse as oportunas requisitorias ordenando a captura do criminal. Dúas mulleres atopárana no camiño, levárana á casa medio morta e co medo de que lles quedase polo camiño, asinan despois a denuncia formulada pola nai da criatura que non sabe escribir.Logo foi atendida no Hospital Real en Compostela, sospeito que Carme, a nai, debeu chorar moito, víñalle a pena da nena que ela tamén fora, as dores da filla; debeu chorar baixiño, a modo, pola muller que era. Finalmente, encolleuse, coma nós, agarrando as pernas coas máns, e chorou co salaio doutra muller, con todas e por todas nós. Miseria dura, traballo duro e puta de todos sería, créanme, estou segura, a sorte desta nena que segundo a aldea tiña un xeito de bailar o carrasquiño que xa era pecado. Agustina morre nova ten dez anos e renace en Carolina Otero, unha ousadía, un atrevemento daquela nena que seica regresou soa unha tarde a Valga, que seica andou por Compostela e alí lle tiraron unha primeira foto, e gardaron para sempre o clixé, e de alí, de servir nalgunha casa.... Quen sabe, até o escritor Otero Pedrayo pon na boca do seu pai un relato en que lembra os tempos da moza en Compostela, até lle busca un primeiro amante, Eladio Vázquez Quiroga, da casa grande de Trives, fumador de pipa e voa "atronadora"... mais a min, as contas non me saen entre as datas. Afáganse a partir de agora a vida é a dunha vítima supervivente, e só vai ser esa que ela buscou, creou e inventou, e é difícil achar a pel de Carolina Otero debaixo da súa personaxe, Belle Otero, a muller máis fermosa do mundo, como dicían en París da Francia e no mundo que era mundo. "Afáganse a partir de agora a vida é a dunha vítima supervivente, e só vai ser esa que ela buscou, creou e inventou, e é difícil achar a pel de Carolina Otero debaixo da súa personaxe, Belle Otero, a muller máis fermosa do mundo, como dicían en París da Francia e no mundo que era mundo". En 1907 anuncia a Belle Otero as súas memorias, vaino contar todo dise, a noticia era falsa, un truco dos seus representantes artísticos para mantela na fama. En 1919 está traballando nelas e en 1926 co título de: Le roman de la Belle Otero. Sa vie intime. Ses amours. Ses succés en Editions Le Calame de París, xa andaban pola novena edición, memorias traducidas ao español, italiano, inglés e alemán. A vida que conta Carolina técese como unha novela na cal unha muller, con destino marabilloso, conta os acontecementos da súa axitada existencia, nun momento en que xa quere e pode vivir de lembranzas. Unha novela en que como se nos indica despois do título "a verdade supera en atractivos os desenfreos da imaxinación". Filla dunha xitana andaluza, Carmen, e dun oficial grego que se chama Carasson... Nace como todos os irmáns en Cádiz, ten unha irmá xemelga, despois de Cádiz a familia trasládase a un lugar de Galicia, Valga, alí o pai á asasinado e a nai casa co seu asasino, a nena entra nun internado raro como criada que levan dúas irmán vellas e solteiras, Pepita e Juanita, que a someten a duros traballos e castigos, de alí, foxe na compaña do que será o seu primeiro noivo, Paco. A historia parece delirante, mais lida a conciencia semella gardar atrás deses delirios moitas verdades, ocultas nas fotografías e na imaxe que ela creara, fiel a esta imaxe da fama que tivo, escribe a biografía da personaxe que inventou para o mundo: Belle Otero. Historias cheas de inxenuidade que a levan de Valga a Lisboa, onde vai debutar na zarzuela La gran vía, vai a Barcelona, Marsella e París, sitúa o remate da biografía na fin da Gran Guerra onde rememora as súas obras, salienta a historia dunha refuxiada en Biarritz, coas mans cortadas que teme pola sorte do seu neto de dous anos, ela conta que os leva á casa e adopta o neno. Non sabemos que crer, tampouco somos quen de imaxinar a inxenuidade das lectoras (as máis) da época, mais se o comparamos co público que hoxe prende a televisión e se prende dos programas de corazón ou copia os modelos das famosas e tamén famosos que desfilan por esas Lecturas voluntariamente ou collidos por sorpresa sempre aparente do fotógrafo agochado que vai tirar unha pasta polas fotos. En fin, todas as mentiras estaban máis que xustificadas, para esta personaxe que ela mesma cortou a súa medida. Como figura nesta novela é certo que coñeceu a todas as personalidades da época, é certo que ir na súa compaña (e isto ela non o escribe) era como levar unha xoia, moito máis valiosa que os diamantes e perlas que a vestían e que xa se encargara de facer saber para publicitar o seu poder e o poder de quen a acompañaba, xa que ela era tamén a muller máis cara do mundo e a súa compaña pagábase. Ela sabía como lle comentou a Colette que hai un momento en que todos os homes, incluso o máis avaro, abre a man, o momento en que se lle retorce o puño. Ela sabía iso e moi ben, sabía retorcer moito máis ca puños. "Ela sabía como lle comentou a Colette que hai un momento en que todos os homes, incluso o máis avaro, abre a man, o momento en que se lle retorce o puño". Polas páxinas pasean coa normalidade dun mundo e dunha atmosfera compartida actores, actrices, artistas, literatos, cortesás e reis. É verdade que daquela todo o que facía Carolina tamén era noticia, o seu nome enche as revistas da época, había que conquistar as portadas: os seus inmensos chapeus, foron medida e marcaron moitos costumes, as rivalidades con Cleo de Merode, con Liane de pougy, unha ascensión en globo, un accidente de auto. Pensen: quen podía posuír un auto daquela? só algún ricachón, moitas veces americano carente de títulos de nobreza que só podía posuír diñeiro. Ela mesma chegou ter un auto, aparece en decembro de 1903 nun mercedes que posúe á cabeza dun desfile de 200 mozas de ballet polas rúas de París até a Ópera para preparar a despedida do ano. As historias da Belle Otero, tantas mentiras repetidas crearon unha grande verdade até tal punto que se pode falar de dúas biografías paralelas, esta o que sería a súa biografía oficial, autobiografía, ese "todo" que Carolina quixo contar que provocou a redacción dalgunha outra biografía e múltiples artigos e moitos disques, que se coaron en traballos, algúns deles con pretensións serias e con rigor. Por outro está a "biografía" tecida nas outras biografías de quen prendado pola personaxe e polo que podía "vender" andaron atrás dela e da súa época tratando de deseñar un crebacabezas, achegando datas, actuacións, lugares, amantes, aproximarse a unha personaxe que se achaba sempre detrás desas montaxes publicitarias. Non é fácil facermos unha biografía seria, procurar na vida privada, non existe correspondencia de quen foi personaxe tamén de cine, famoso pola súa toilete, procurar na vida privada, digo, mais tamén na pública, datos que se inventaron e outros que se poden verificar, é un labor difícil. Noventa e seis anos de vida son moitos, moito é atravesar un século, partir dos coches tirados por cabalos, do mundo impresionista, atravesar a Belle Epoque e asistir ao trunfo da "minisaia" e esoitar aos Beatles cantando na radio. Carolina Otero, foi moi intelixente, deixou todo envurullado para tecer a súa inmortalidade. "As historias da Belle Otero, tantas mentiras repetidas crearon unha grande verdade até tal punto que se pode falar de dúas biografías paralelas" Entre os inventos de Carolina está o dun matrimonio, mentira practica e necesaria, que non dubida en publicar en 1975 Guido Artom como certa, crendo que con trece anos entrou acompañada do seu marido, un barítono italiano, e por iso llo permitiron no casino de Montecarlo. Na publicación da súa biografía en Alemaña achéganse fotos, "aos doce anos" é o pé dunha delas. A mentira xa tiña imaxe. Xitana andaluza, prototipo da Carme, que tamén cantará na ópera e non tan mal, pouco antes do seu retiro, alimentou tamén a imaxe dunha nena que se adiantaba á Lolita. En 1966, un ano despois da súa morte acontecida o 10 de abril de 1965 en Niza, no hotel Novelti onde vivía, publícase o libro autoría de Bernd Ruland sobre a Belle Otero, co título que en tradución española di: Bruxa do amor. A fascinante historia da máis cara muller do mundo. O autor di que coñeceu a Carolina Otero pouco antes da súa morte, insiste na súa imaxe de muller fatal, e basease na novela das súas propias memorias, o biógrafo fala de cando descobren o corpo morto da muller que vive naquel cuarto desde 1946, é o da condesa Gilelmo, coñecida no mundo enteiro como a Belle Otero, unha reliquia. O autor chámaa polo seu nome de casada, o nome do conde barítono italiano das súas memorias. Mentiras repetidas que se fan verdade! Ou iso cremos que son mentiras. Hai uns anos escribín unha obra de teatro que foi representada e estreada en Valga, pola compañía Arte Livre do Brasil e que fixo regresar a primeira actriz galega de cine, como nos descubriu Miguel Anxo Fernández, aos escenarios teatrais dalgún modo, o actor Roberto Cordovani, meteuse nesa personaxe, o título da obra que será publicada proximamente é: Belle Otero. O corpo que fala. Nesta obra afundinme engaiolada na Belle Otero, na biografía que C. Otero asinou e seguro que ditou, escrita desde ese corpo que se ollou para o gozo, por milleiros de homes envexa de moitas mulleres que arelaban un modo de vida que rachase cos roles submisos de xénero ao que estaban destinadas: solteiras pendentes da familia ou de deberes sociais, casadas presas dos maridos, da maternidade e tamén dos deberes sociais. Mulleres anxos do fogar, cándidas e submisas fronte ás diabólicas, criaturas con boca de medusa que engatusaban ao home, fóra do fogar, estes eran os parámetros que dividían o ben do mal. "Carolina estaba socialmente no lado do mal, no mesmo lado que as prostitutas, no das perversas, mais ela foi moi lista, xa que mandou e guiou a súa vida coa soidade, a mesma que xa acompañou a nena Agustina, antes de morrer e renacer en Carolina, para ser a Belle Otero" Carolina estaba socialmente no lado do mal, no mesmo lado que as prostitutas, no das perversas, mais ela foi moi lista, xa que mandou e guiou a súa vida coa soidade, a mesma que xa acompañou a nena Agustina, antes de morrer e renacer en Carolina, para ser a Belle Otero, a nosa Bela Otero, e transgredir nunha sociedade que abalaba con outras mulleres coma ela, e con mulleres-amazonas ás que coñeceu que cabalgaban libres. Carolina comezou facendo as Américas cando en 1890 vai rumbo no paquebote La Bourgogne a Nova York, para chegar, ela que non era ninguén, a porto e ser recibida por toda a prensa como a estrela máis famosa de Europa, unha boa operación de marketing, quizais a primeira grande operación de marketing, xa que esta muller ía crear unha empresa. Ernest Andre Jurgens, un xove empresario nacido en Chicago, foi quen descubriu este diamante nun cabaré en Marsella que se chamaba La Petite Poupée, levou a mociña sen pulir a París para darlle maneiras, cantos e xeitos, procurou os mellores mestres e converteuna nesa estrela que tiña que ser a rival de Carmencita, desde o Eden Musée de Nova York. Entón invéntanse na prensa historias sobre a nova artista chegada da vella Europa, nace o mito, da española e da súa paixón, antes do debut da estrela, que engailou á cidade, e tamén ás súas damas... Feiticeira á que non lle prexudicaron críticas terríbeis da súa primeira actuación: "Vimos cantar a Otero e oímola bailar". Logo todo chegou só como os días da vida, colares, perlas, teatros, xiras polo mundo, até Australia, que a levarían a ser unha das mulleres máis retratadas, e tamén a "serea dos suicidas" e entre eles o propio Jurgens. Xa se sabe que é a raíña das demi-mondaines e que as outras non poden competir coa súa beleza e co seu trunfo. Eu creo que Carolina Otero era unha muller sen medo, o medo morrera coa nena Agustina, atrevida e impulsiva, cunha impulsividade que cortaba o alento. Foi axiña a estrela do Folies-Bergère e sabía que tiña que estar en escena as vinte e catro horas do día, esa foi a razón do seu éxito. A Guerra dos Boers, a situación do Congo Belga propiedade de Leopoldo II, ( que si tivo unha vila en Ostende co nome de Carolina), o reinado de Guillerme II de Prusia, o asunto Dreyfuss, a abdicación do tsar de Rusia, a revolución rusa, a Grande Guerra, a Guerra Civil Española, o ascenso do nazismo, a II Guerra Mundial, son acontecementos que Carolina Otero coñeceu, polas súas relación de primeira man, como tamén sabía do que acontecía nos salóns nos que dalgún xeito agromaba o feminismo, ou aqueles por onde andou Proust ou mesmo o poeta Rilke en París. Mais de nada disto falou, non interesaba a un público das lecturas do corazón. Artista de varietés, cantou unha ópera, a súa vida está ligada ao nacemento do cine e ao ascenso do diñeiro no casino de Montecarlo, onde aínda hoxe é fundamental na súa historia. "Gastou e tirou cos cartos que gañou, dunha maneira ou doutra, alí na ruleta, mais non morreu na miseria como se adoita dicir" Gastou e tirou cos cartos que gañou, dunha maneira ou doutra, alí na ruleta, mais non morreu na miseria como se adoita dicir, e isto é algo que me incomoda... Pensen nunha imaxe, nesa imaxe dunha nena que peta nas portas no século XIX para pedir un anaco de pan que lle mate o ratiño da fame que lle roe no estómago, ela soa. Agora pensen na anciá que pasea soa en Niza, pola Promenade des Anglais, recolle unha raiola de sol, na cidade onde hai tanta primavera, cidade na que desexou morrer e mercou unha tumba no cemiterio de leste, fechada a perpetuidade, pensen nesta anciá, soa, que lle bota, o pan que pedía a nena Agustina, ás pombas, o pan que comparte e que xa non ten que pedir. Esta é a súa riqueza, ser dona absoluta da súa vida. Visitei a tumba de Carolina Otero en Niza, non foi difícil achala, segue sendo unha celebridade, alí unha pequena lousa, sinxela, cun nome: C. Otero. Hai flores de porcelana, e outras frescas, un prato con leite onde bebe un gato, isto seguro que lle gusta. Lévolle unhas azaleas que planto no anaco con terra que ten diante. Un remate humano, case anónimo, da muller que inventou unha personaxe literaria fascinante, e un corpo que so se ollou para o gozo, un corpo que nunca vían enteiro... |
NOS_5199 | A saída do Goberno de Malpica do concelleiro non adscrito (anteriormente de Ciudadanos) abre as portas a que o PP presente (co seu apoio) unha moción de censura contra o Goberno municipal do PSdeG e BNG. "Estou aberto a todo", di o edil que vén da abandonar o Executivo. | A ruptura do goberno local do Concello de Malpica de Bergantiños co abandono do concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo -electo por Ciudadanos en 2019 e agora líder de Alternativa dos Independentes de Malpica- abre a porta á posibilidade de que o PP presente unha moción de censura para desbancar da Alcaldía o socialista Walter Pardo, quen acusa ao dimisionario de perseguir "intereses persoais" coa súa saída do Executivo. O portavoz popular e ex rexedor, Alfredo Parga, admitiu, que "sondarán" a posibilidade de presentar unha moción de censura contra o actual alcalde, que sairía adiante no caso de que Cañizo apoie os edís do PP, xa que o seu voto serve de bisagra entre a suma dos concelleiros de PSOE (4) e BNG (2) e os seis que teñen os populares. O edil non adscrito e líder de Alternativa dos Independentes de Malpica, Alfredo Cañizo, confirmou esta quinta feira, 12 de agosto, a súa saída do executivo local. Un paso que di tomar tras meses de meditación e que atribúe á "parálise" do municipio e ao "ninguneo" que denuncia sentir por parte do rexedor, quen replica acusando Cañizo de perseguir "intereses persoais" e de querer "escapar das normativas dos procedementos administrativos legais". Nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019, o PP perdeu a maioría absoluta ao retroceder un edil e quedar en seis. O PSOE foi a segunda forza máis votada, con catro edís, mentres que o Bloque obtivo dous representantes e Cs un. O acordo entre socialistas, nacionalistas e Cañizo permitiu a conformación dun Goberno de coalición encabezado polo rexedor Walter Pardo (PSOE) e no que o edil electo por Cs asumiu as áreas de seguridade cidadá, tráfico, servizos, medio rural e turismo. De feito, o apoio de Cañizo ao acordo de Goberno entre PSOE e BNG supuxo a apertura dun expediente por parte da dirección do partido laranxa que terminou coa revogación da súa condición como militante da organización pola que se presentou á Alcaldía de Malpica no ano 2019. "No canto de ser un socio eu era tratado como un inimigo", asegurou o concelleiro non adscrito, que exculpa o BNG das "malas" relacións dentro do equipo de Goberno e centra as súas críticas no rexedor. Así, sostén que o alcalde "ordenaba" nas áreas que lle correspondían a el dentro do Executivo municipal, como a Policía Local; algo que cualifica de "despropósito" e que o levou a meditar "desde hai un ano e medio" a súa saída do Goberno. "Teño que facer o que me dita o corazón e a cabeza, e actuar polo benestar dos veciños de Malpica", incidiu Cañizo, que afirma manter conversacións con "directivos do PSOE" para "tentar endereitar o barco" dun municipio que, denuncia, "perdeu o rumbo" e está sumido "na inoperancia". Pola súa banda, o portavoz popular Eduardo Parga emprazou a coñecer en detalle os motivos da decisión de Cañizo "e o que pretende" coa súa saída do Goberno antes de pronunciarse sobre unha eventual moción de censura. "Aínda é cedo", apostilou. Con todo, Parga, alcalde de Malpica entre 2011 e 2019, recoñeceu que a súa formación quere "facer o necesario para dar estabilidade" ao concello bergantiñán, algo que, segundo denuncia, non se deu co Executivo de coalición entre socialistas, Bloque e o concelleiro non adscrito. "Se hai algún tipo de posibilidade, sondarase", recoñeceu Parga, que, tras reivindicar a condición do seu partido de forza máis votada nas últimas municipais, lembrou que, entón, Cañizo decantouse polo pacto con PSOE e BNG tras as eleccións da primavera de 2019, cando a súa posición, como ocorre agora, servía de chave para a gobernabilidade da corporación. Cañizo está aberto a todo "Estou aberto a todo", afirma, pola súa banda, o concelleiro non adscrito, que remarca que ao longo dos seus anos en política "sempre estivo aberto a dialogar con todo o mundo" e que continuará con esa filosofía tras a súa despedida do Goberno local, unha decisión da que sostén que non vai "dar marcha atrás". |
PRAZA_17009 | En Galicia habitan 91.33 persoas por quilómetro cadrado e en España 92.29, segundo o padrón continuo correspondente ao 1 de xaneiro de 2018. En 1900 a densidade galega case duplicaba á do conxunto do Estado. | Galicia foi historicamente un territorio moi poboado, cando menos ben máis poboado que o resto do Estado. Sen remontarnos a estudos anteriores (menos fiables), en 1857 contaba xa con 1.776.879 habitantes, o 11,49% do total estatal (España non chegaba a 16 millóns). Dende entón o peso da poboación galega foi descendendo, primeiro lentamente (en 1959 era aínda o 9,26% do total) e nas décadas seguintes con moita rapidez, ata chegar ao actual 5,74%. Mesmo así, Galicia sempre mantivera unha densidade de poboación máis elevada que a media do Estado Español. Ata agora. En Galicia habitan 91.33 persoas por quilómetro cadrado. E en España 92.29. É a primeira vez dende que hai datos exhaustivos de poboación que isto sucede Hai uns días Carlos Neira destacaba o feito na súa conta de twitter: "Datos oficiais de poboación de 2017: primeira vez na Historia desde que hai datos en que Galicia ten unha densidade de poboación inferior á media española. 5,84% do territorio e 5,82% da poboación". En efecto, os datos do padrón continuo publicados polo INE o pasado 24 de abril revelaron un novo descenso na poboación de Galicia, que rolda os 2,7 millóns (2.708.339 o 1 de xaneiro de 2017 e 2.700.970 o 1 de xaneiro de 2018), e unha leve recuperación no conxunto de España, que volve achegarse aos 47 millóns (46.698.569). En Galicia habitan, polo tanto, 91.33 persoas por quilómetro cadrado. E en España 92.29. É a primeira vez dende que hai datos exhaustivos de poboación que isto sucede e, por exemplo, aínda en 1981 a densidade de poboación en Galicia (93.12) era moi superior á que había en España (74.59). E as diferenzas eran moito maiores en décadas anteriores: a comezos do século XX, en 1900, a densidade era case o dobre nas catro provincias galegas (66.97 fronte a 36.79). E é que dende o ano 1981 mentres que Galicia mantivo inalterable a súa poboación, España a incrementou en case 10 millóns de habitantes. As proxeccións de poboación prevén que esta tendencia (cando menos no que respecta á regresión demográfica galega) continúe. |
NOS_37278 | O presidente da Xunta e candidato do PPdeG nas eleccións galegas apoia a vía de procurar o respaldo socialista para "completar" a súa maioría se esta por si propia non chega para gobernar. Descarta ser "xefe da oposición" en caso de saír derrotado o PP dos comicios. | Núñez Feijóo estaría disposto a procurar unha alianza co PSdeG en caso de, tras as eleccións galegas, precisar apoios para "completar" a maioría e poder gobernar. Así o recoñece nunha entrevista do presidente da Xunta e candidato do PPdeG nos comicios galegos con Europa Press. Após anos a criticar os 'bipartitos', Feijóo afirma que el "non está en contra dos bipartitos". O candidato do Partido Popular non quer contemplar un escenario diferente ao da maioría absoluta, mais en caso de non tela abre as portas a un apoio dos socialistas. Afirma que a unión de partidos "que perden" para "non deixar gobernar" o que gana non é algo bo, mais que, "se un gana e precisa doutro partido para conformar unha maioría, fágase".Engade, ademais, que se el perde as eleccións non vai gobernar. Mesmo indica que se as marés ganan as eleccións, "o lóxico é que o PP se absteña e facilite un goberno en Galiza". Na entrevista confesa que lle preocupa o que cualifica de "deriva do PSdeG" e, preguntado sobre se procuraría unha alianza cos socialistas para evitar un goberno das marés, afirmou que si. Di que é bo para as institucións que "os dous grandes partidos" falen entre si e afirma que "sería bo para Galiza" que se o PP necesitase "completar" a maioría poidese obtela do PSdeG. Deixar a política galega de perder Feijóo descarta na entrevista con EP ser "xefe da oposición" en caso de saír derrotado o PP dos comicios. O que abre as portas a que deixe a política galega, que non a política. Indica, asemade, que en caso de ganar manteríase no posto de presidente da Xunta até esgotar a lexislatura. O presidente di que está a ultimar a súa decisión sobre a data das eleccións galegas unha vez que Iñigo Urkullu anunciou esta sexta feira que as vascas ían ser o 25 de setembro. Tomará, afirma, a decisión "máis consecuente" e "máis responsábel". |
NOS_18037 | Queremos Galego lanza o manifesto 'O idioma é a vida' con motivo do 17 de maio. | A plataforma social Queremos Galego, convocante da manifestación que decorrerá no Día das Letras pola capital da Galiza, vén de lanzar o manifesto 'O idioma é a vida', o texto co que chaman a secundar a xornada de mobilización e que convidan a asinar telematicamente. O texto salienta que "todos os avances para a lingua galega, por mínimos que fosen, foron conquistas sociais e democráticas" e lembra a fundación das Irmandades da Fala co gallo do seu centenario ou o 50 aniversario da incorporación da lingua galega ao ensino universitario da man do profesor Ricardo Carvalho Calero. Queremos Galego lembra a fundación das Irmandades da Fala ou a incorporación da lingua galega ao ensino universitario como exemplos dos avances conseguidos socialmente "A aprobación da Lei de normalización lingüística en 1983, sucedérona outros avances, mesmo acordos aparentemente asumidos por todas as forzas políticas (paralizados ou vulnerados polos gobernos do Partido Popular), como o Plan xeral de normalización da lingua galega de 2004 ou recentemente a Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega que impulsou en xullo do 2015 a Mesa pola Normalización lingüística", sinala Queremos Galego, "todos estes pasos foron o resultado da acción da sociedade galega, case sempre en solitario, a favor da súa lingua". Así as cousas, lembran desde a plataforma social "nos últimos anos o goberno do Partido Popular na Xunta, que ten a obriga legal de promover e defender a lingua galega, foi o principal promotor do retroceso do noso idioma". A aprobación do decreto do plurilingüismo ou a recente sentenza do TSXG que rerroga parte da ordenanza de usos do galego aprobada no Concello de Lugo son exemplos, denuncian desde Queremos Galego dos "ataques" contra a lingua propia de Galiza. A manifestación sairá o 17 de maio desde a Alameda de Compostela Neste senso, acrecentan, "ademais de políticas activas que sitúen o galego en todos os espazos da vida cotiá onde está excluída, precisamos mudanzas lexislativas que garantan o dereito a vivir en galego e eviten a utilización do poder xudicial para negarnos o dereito e a liberdade de vivirmos sempre en galego". Pois, "O idioma é a vida, di o verso de Manuel María, poeta e activista da lingua, e como a vida dános a forza, o amor, a unidade que mostramos na manifestación de vida e vontade de vivirmos que é o 17 de maio", conclúen. |
NOS_6201 | A CIG presenta hoxe diante da Fiscalía unha denuncia contra a Xunta por prevaricación na contratación das brigadas de helicópteros para a extinción do lume. | A CIG presentará hoxe martes ás 11 horas nos xulgados de Fontiñas de Compostela unha denuncia por prevaricación contra a Xunta de Galiza por ter realizado a contratación sen previa publicación do concurso. A CIG-Administración defende que non se deu publicidade en ningún dos boletíns oficiais nos que se anuncian os concursos públicos polo que se trataría dun delito de carácter penal. Inaer desenvolvía desde hai anos as tarefas de xestión dos helicópteros pero a Xunta ampliou o contrato para asumiren tamén a contratación de persoal que a empresa, a súa vez, derivou en Natutecnia. Inaer leva anos á fronte do servizo de helicópteros pero por vez primeira ten adxudicado tamén a xestión das brigadas que traballan canda eles. Natutecnia foi, polo tanto, quen desenvolveu todo o proceso de selección de persoal dos case douscentos traballadores que precisa o servizo sen se ter presentado a concurso público algún. Até o de agora, o persoal dependía da empresa pública Seaga, polo que, ademáis de prevaricación, a CIG denunciou xa no mes de xuño a "privatización" do servizo. |
NOS_48771 | O persoal das subcontratas de R manifestouse diante da Xunta solicitando ao goberno galego a súa implicación perante o proceso de deslocalización de servizos impulsado por Euskaltel, empresa propietaria de R Cable, co que se pon en risco máis de mil empregos. | Ás portas de San Caetano concentráronse traballadoras e traballadores das subcontratas de R en loita contra a decisión de Eukaltel (propietaria de R Cable) de deslocalizar os servizos, unha decisión que pon en risco máis de mil postos de traballo. O cadro de persoal mobilizouse diante da Xunta de Galiza esixindo a apertura dunha mesa de negociación con todas as partes implicadas (empresa, contratas, representación social e administración) para abordar o futuro dos postos de traballo e a prestación dos servizos de R desde a Galiza. Unha xestión á que se comprometeu a secretaria xeral de Emprego na xuntanza que mantivo o pasado 1 de agosto coas organizacións sindicais. Miguel Gago, delegado de persoal en COMFICA (unha das contratas afectadas pola deslocalización) lembrou as millonarias subvencións públicas que R recibiu ao longo destes anos, esixindo que esta inversión reverta tamén no mantemento e a xeración de postos de traballo na nosa terra.No caso de COMFICA hai arredor de vinte traballadoras e traballadores afectados pola retirada dos contratos, segundo denunciou Gago, a pesar de que nun inicio a dirección negaba que fose haber despedimentos.Ante esa realidade, Gago anunciou que continuarán as mobilizacións "porque o plan de deslocalización de R non variou" e porque "non temos garantía de nada". Gago denunciou a existencia dun gravísimo problema de deslocalización de postos de traballo, que tanto a empresa principal como as auxiliares "se negan a recoñecer". A raíz das mobilizacións iniciadas polo cadro de persoal Gago sinala que o proceso de traslado "vaise adiando e aplicando aos poucos, nun intento de minimizar o impacto social e desactivar as protestas". Do mesmo xeito, desde o comité de Indra, Amalia Rey e Daniel Argüelles, sinalaban este 28 de agosto ante San Caetano que "nestes momentos quedan 35 traballadoras no servizo, xa que desde que R falou coa nosa empresa non se lle renovou o contrato a varias persoas eventuais". Ademais, sinalaron que xa se lle comunicou que haberá un máximo de oito indefinidas que poderían ser recolocadas noutros proxectos unha vez remate o contrato con R". |
NOS_2382 | O Xulgado de Primeira Instancia 1 da Coruña ordenou que as partes presenten os seus peritos e testemuñas na vista para dirimir a propiedade dos bens do pazo de Meirás, que se desenvolverá o 30 de xuño e 1 de xullo. | Ás 9.30 horas da mañá do 30 de xuño comeza no antigo edificio da Audiencia Provincial da Coruña a vista para determinar os bens que forman parte do pazo de Meirás, que se estenderá até o día seguinte, 1 de xullo, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. A letrada do Xulgado de Primeira Instancia 1 da Coruña ordenou na dilixencia, contra a que é posíbel presentar recurso, que se cite a testemuña e os peritos propostos pola familia do ditador Francisco Franco. Ao tempo, tamén se reclama ao Concello de Sada que presente o seu especialista e testemuñas, así como ás demais Administracións públicas implicadas no proceso xudicial. O xuízo oral, que fora fixado para o 22 de outubro de 2021, atrasouse primeiro a novembro, cando se marcou unha nova data para xaneiro de 2022. Este adiamento foi solicitado tanto pola Administración Xeral do Estado como pola Xunta da Galiza, ao non entrar no xulgado até o 4 de xaneiro o informe pericial da familia do ditador español. Até o de agora, dos bens catalogados o Estado xa reclamou 133, mentres que 55 forman parte do litixio. Ademais, a Xunta comunicou ao Goberno estatal que 49 bens máis terían que estar catalogados como Ben de Interese Cultural, solicitando ao Estado que os inclúa no proceso xudicial. Namentres, o Concello de Sada sostén que todos os bens desde a época de Emilia Pardo Bazán no pazo até a morte do ditador son de titularidade pública. |
NOS_36163 | Amnistía Internacional apresentou publicamente na terza 19 de novembro un informe en que esixe a liberdade dos presos independentistas Jordi Sànchez e Jordi Cuixart. | A entidade defensora dos dereitos humanos, que xa cualificara a senteza como desproporcionada, tamén solicita a anulación da condena por sedición. Esteban Beltrán, portavoz de AI no Estado español asegurou que emprenderán accións para conseguir a liberación dos Jordis, aínda que non adiantou en que consistirán. Haberá mesa de partidos O Govern de Catalunya anunciou esta terza feira, a través do conseller de Territori Damià Calvet, que a comezos do mes de decembro convocará a mesa de diálogo de partidos cataláns, que actualmente se atopa paralizada desde a primavera. Partido Popular e Ciudadanos xa anunciaron a súa ausencia da mesa, mentres que o PSC, por medio da súa portavoz Eva Granados, confirmou a súa presenza argumentando que sempre vai a onde se lle convoca, mais asegurou que non confía na utilidade da mesa para a resolución do conflito. |
PRAZA_10613 | Advirte nunha reclamación que só recibe uns 200.000 euros dos 700.000 que o canon eólico recada na localidade, acusa a Presidencia de non xustificar a retirada de fondos aos municipios e reclama que o 100% do tributo repercuta nas localidades afectadas polos aeroxeradores | Mazaricos ten instalados no seu territorio municipal máis de 120 aeroxeradores. Desde hai unha década, a Xunta aplica un canon eólico ás empresas propietarias dos muíños co que financia o Fondo de Compensación Ambiental (FCA), que intenta paliar nos concellos, como este da Costa da Morte, o impacto medioambiental, paisaxístico ou económico destas instalacións. Segundo os cálculos do actual goberno local, a suma total da cota tributaria de 2018 para os parques da súa localidade supera os 700.000 euros. No entanto, tras a publicación en decembro pasado da orde reguladora das subvencións derivadas deste FCA, o municipio recibe un máximo total de pouco máis de 200.000 euros. Mazaricos calcula que a cota tributaria do canon eólico no seu concello supón uns 700.000 euros pero tan só recibe uns 200.000 do Fondo de Compensación AmbientalAs queixas son habituais noutros concellos, pero Mazaricos decidiu ser o primeiro en levantar a voz ante unha situación que considera "inxusta" e pola que acaba de presentar unha reclamación á Xunta ao entender que a achega económica das empresas co canon "é importante" pero "non repercute directamente no municipio, como debería ser". "A batalla é coa Xunta, non coas compañías. Non pode ser que os seus impostos polos parques desta localidade supoñan máis de 700.000 euros e nós recibamos uns 200.000", explica o seu alcalde, Juan José Blanco (BNG), que lembra as dificultades económicas de lugares que, coma este, están penalizados polo envellecemento e teñen serias dificultades para levar a cabo obras fundamentais na zona. A reclamación vai contra a literalidade da normativa pero tamén coa aplicación que a Xunta fai dela, da que Mazaricos ten moitas dúbidas. Así o explica na petición que enviou á Consellería de Presidencia, da que dependen estas subvencións, e á que tivo acceso Praza.gal. Con cargo a este Fondo de Compensación Ambiental, Mazaricos recibe da Xunta 200.245,17 euros destinados a actuacións de roza e limpeza, un punto de auga municipal, recuperación ambiental da mina de Parxubeira, subministración para aula da natureza no Pino do Val e colectores para a recollida residuos. Moito menos do desexado e urxente, segundo o rexedor. O Concello presenta unha reclamación á Xunta ao considerar "insuficiente" a porcentaxe mínima do 50% que o Fondo achega aos municipios afectados polos eólicosSegundo explica o Concello na súa petición ao Goberno galego, a lei que crea o canon eólico e o FCA establece que os orzamentos anuais da Xunta poderán establecer criterios específicos de afectación deste Fondo "sempre e cando a súa aplicación non comprometa máis do 50% da dotación correspondente aos recursos anuais" e se vincule ao financiamento de actuacións para a protección do medio e o contorno natural, a súa conservación, reposición e restauración ou a investigación sobre enerxías renovables. Ademais, indica, unha vez aplicada esta porcentaxe destinarase "como mínimo" o 50% da contía dispoñible "ás entidades entidades cuxo termo municipal se atope dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas instalacións de conexión".O Concello de Mazaricos considera que "non só existe unha desviación de case un 43% do total da cota tributaria entre o importe máximo da subvención (200.245,17 euros) e os 350.375 euros a que ascendería o 50% da cuota tributaria (un total de 700.750), senón que "a porcentaxe mínima dun 50% destinada a entidades locais resulta a todas luces insuficiente", razón pola que di presentar a queixa ante a Xunta.Porque, tal e como lembra o municipio, dos 11 millóns previstos nos Orzamentos para o FCA, a Xunta reserva 3,3 para esas actuacións excepcionais previstas na Lei. Segundo a reclamación de Mazaricos, estas achegas deberían atender, en virtude da normativa, "a criterios xustificativos que acheguen unha motivación suficiente".No DOG, a Xunta tan só di que estes 3,3 millóns van destinados a "outras actuacións" do FCA e a consorcios provinciais e comarcais contra incendios. "Non achega criterio xustificativo ningún, como esixe a normativa habilitante, que fundamente" esta "reserva" de cartos, aclara o Concello de Mazaricos, que advirte da "conseguinte privación dos mesmos ás entidades locais directamente afectadas pola implantación do parque eólico ou da instalación conexa". Mazaricos acusa a Xunta de non ter ningún criterio xustificativo para retirar 3,3 millóns dos 11 previstos para os concellos e de non cumprir co obxectivo da lei de aproveitamento eólico"Non se obtén ningunha razón nin criterio xustificativo para que máis de 3 dos 11 millóns de euros se desvíen e non resulten finalmente asignados aos afectados directos", insiste na reclamación, que considera tamén que a Xunta "incumpre cos fins perseguidos pola lei" de 2009. Nela establécese que "serán principais beneficiarios do fondo os entes locais cuxo termo municipal se atope dentro da liña de delimitación poligonal dun prque eólico", así como os afectados polas súas instalacións de evacuación. "Consideramos que se, como efectivamente establece a Lei, deben ser os entes locais os principais beneficiarios do Fondo, este obxectivo desvirtúase cando se habilita legalmente a posibilidade de que ata o 50% del poida destinarse a actuacións que, se ben están presididas pola finalidade da protección do medio e do contorno natural, non garanten que con iso se poida minorar a citada "alteración ambiental" que a propia lei cualifica mesmo de auténtica "deseconomía" e frustra a pretensión de que, en efecto, sexan estes entes locais os principais beneficiarios do Fondo", engade.Desde a Consellería de Presidencia, que aínda non recibiu o escrito, aseguran que a queixa "será, por suposto, estudada", pero aclaran que o canon eólico "está a cumprir a finalidade delimitada polo artigo 9 da Lei que o regula". Respecto das críticas do rexedor de Mazaricos, din "respectalas" pero non "compartilas" porque, segundo lembra, a lei garante que un mínimo do 50% do FCA vai destinados aos concellos afectados polas instalacións. O Concello de Mazaricos require a "ampliación do mínimo reservado" aos municipios de xeito que "o 100% do FCA se dedique á reparación do impacto causado" e sexan estes entes locais "os destinatarios e beneficiarios íntegros del". Ademais, reclama que o investimento da porcentaxe non reservada ao Concello "se dedique a actuacións que garden impacto directo no termo municipal, interesando un axeitado saneamento e a instalación de depuradoras en todos os núcleos rurais do termo municipal, así como a mellora da rede de abastecemento das aldeas".Mazaricos pide á Xunta que se amplíe o mínimo reservado aos municipios e que o 100% do Fondo de Compensación Ambiental reverta nos municipios que sofren o impacto dos eólicosPorque o alcalde Blanco lembra tamén que, mesmo licitando unha obra por menos cartos dos previstos, esa diferenza ten que ser devolta tamén á Xunta. "Debemos ser solidarios, pero os demais tamén terán que ser solidarios con nós; somos un concello que sofre moito o impacto dos parques eólicos e temos graves problemas de saneamento e abastecemento e non temos capacidade económica para levar a cabo unhas obras que si poderíamos facer de mudar esta situación", explica. |
NOS_17568 | Insírese na EDUSI (Estratexia Urbana de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado], subvencionada con 5 millóns de euros polos Fondos Feder. | O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas (BNG), apresentou este sábado a estratexia "Habitat saudable" nun acto en que estivo acompañado polo rexedor de Pontevedra, o tamén nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, ben como tamén polo responsábel do proxecto, o arquitecto Luciano González Alfaya, e unha nutrida representación de asociacións e colectivos sociais de todo o concello. Que tenciona "Ponteareas. Habitat saudable"? Pois basicamente elaborar unha "verdadeira Estratexia de Planificación Urbana co horizonte fixado no ano 2030", segundo explica o concello de imprensa. Aliás, o deseño da devandita estratexia é conditio sine qua non para Ponteareas optar aos fondos FEDER da EDUSI. "Habitat saudable" identifica as debilidades e as fortalezas de Ponteareas e propón unha rota de futuro para minimizar aquelas e potenciar estas. Entre as primeiras sobrancea, indica o concello, "a deficiente estrutura da administración local; o deterioro da forma urbana pola falta de planificación urbanística, enerxética e de mobilidade; a escasa consideración da paisaxe (entendida como hábitat) e a precariedade da economía local". Canto ás fortalezas consígnanse as seguintes: "posición estratéxica na comarca, alta densidade de poboación, contorna medio-ambiental moi rica, segundo concello galego con maior poboación inferior a 20 anos...". Identificadas as eivas e as potencialidades, "Habitat Saudable" deseña 12 liñas de actuación que "van desde o desenvolvimento sostíbel á revitalización da economía pasando pola implantación de sistemas de aproveitamento de biomasa, a recuperación de zonas verdes, a inclusión activa e a loita contra a discriminación, a mellora da administración local através das TICs, a mellora da eficiencia enerxética e mobilidade sostíbel, a mellora do patrimonio e a contorna do río Tea, o apoio ao comercio e a mellora do casco vello". |
QUEPASA_924 | #8m: Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade. #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo. | Despois dos vistosos actos en Carnota e Vimianzo, parece que o sol estaba esperando á manifestación comarcal deste domingo 8 de marzo en Cee. Unha vila da Xunqueira que se refrenda como un dos fortes nexos de unión, que vincula o norte e o sur da comarca. Centos de mulleres uníronse na marcha viva, chea de forza e festa. O Manifesto "Sen coidados non hai vida", lido de xeito compartido polos 4 colectivos da comarca (Sonlilá, Buserana, Círculo Feminista e Curandeiras uníronse na organización facendo agromar a semente posta naquela Tertulia Violeta de novembro na radiONeria con QPC) deron conta da importancia de poñer en valor todas tarefas invisibles que fan todas as mulleres da nosa sociedade. "Machista, escoita, estamos en loita", "Feminismo para adiante, machismo para atrás", "tócannos a todas se tocan a unha" ou "Soa, borracha, quero chegar a casa"…en clave tamborileira, foron algunhas das premisas das coplas. Fotos de Paula Castiñeira Novas 8M #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo. #8M: Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade. As 'Zoquiñas vermellas' saíron do forno para quecer o 8M. "As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres". Un bus de Mulleres da Costa da Morte acodiu á manifestación en Verín previa ao 8M. |
NOS_52205 | O teatro galego precisa repensarse. E isto é o que, "Co 2030 no horizonte", está a facer o sector desde hoxe na Cidade da Cultura, no marco do I Congreso Galego de Teatro. O obxectivo é ambicioso: trazar as liñas dunha lei do teatro e dun plan estratéxico para a próxima década, desde un debate plural que conxuga, nas múltiples frontes abertas, "o académico co político", explica Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro. | O primeiro Congreso Galego de Teatro arrincou hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, nunha cita histórica que se marca un obxectivo abondo ambicioso: deseñar un plan estratéxico e unha lei do teatro para a próxima década. "Co 2030 no horizonte" xa dá conta do foco no futuro que atravesa a análise sectorial desde diferentes perspectivas, coa pluralidade como bandeira. Así acontecerá até o sábado, cunha gran cantidade de intervencións en forma de conferencias plenarias, comunicacións individuais ou mesas de traballo. Esta liña de acción bebe dunha necesidade que vén de lonxe, pois hai xa máis de 30 anos desde o Primeiro Encontro de Teatro Profesional en Ferrol, cun espírito de posta en común que se mantén neste simposio. "Intentamos e conseguimos implicar a todas as voces", celebra Imma António, presidenta da comisión organizadora e da Academia Galega de Teatro. Na era da pos crise O congreso deu comezo cunha conferencia plenaria de Cristina Domínguez, vice directora da Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD), na que introduciu xustamente a tópica do "Teatro galego proxectándose cara ao século XXI: os desafíos da pos crise". Se a disciplina comezaba a constituír unha "folla de ruta" a finais do pasado século, viu tronzado este sendeiro coa crise de 2009 e as dramáticas -con perdón- consecuencias nas artes escénicas, condicionada ao tempo polos profundos cambios sociais, políticos, demográficos, culturais e a transformación dixital, que "puxeron en evidencia a fraxilidade dun sistema teatral aínda en construción. Sen plans, orzamentos, nin políticas culturais que axuden á reconstrución e cohesión do sistema", comezaba Domínguez a súa intervención. Sumada á crise económica, da que o sector aínda non se tiña recuperado, chegan agora os fortes efectos da sanitaria a constatar, aínda máis, "a inestabilidade do construído até o momento". O debate e o diálogo ten vocación de erguer "estruturas con alicerces máis sólidos", explica António. O debate e o diálogo ten vocación de erguer "estruturas con alicerces máis sólidos", explica António O evento, previsto para marzo, tivo que ser adiado pola pandemia e afronta hoxe unha situación aínda máis precaria. Na práctica, as 300 persoas inscritas quedaron reducidas a menos da metade no presencial. Porén, António sinala que a adopción de streaming e fórmulas virtuais "abriu portas" para a participación doutros lugares que non terían a oportunidade doutro modo. No que atinxe aos contidos, nun primeiro momento comenta que se valorou refacelos para incluír a pandemia. Mais non foi preciso, pois as propias persoas participantes estaban a incorporala nas súas reflexións de maneira natural. "Se a situación era xa crítica, agora estamos nas últimas", di. Tantas frontes abertas Os desafíos do congreso recollen "moitas frontes abertas", mais houbo unha procura de "equilibrar o académico co político". Como funciona a distribución? Para que públicos? Atende o teatro ao rol que debe desenvolver na sociedade como servizo público ou dereito da cidadanía? "O principal é facermos preguntas, para comezar a atopar as respostas", sinala António. "O principal é facermos preguntas, para comezar a atopar as respostas", sinala António. E nelas entran tamén a identidade e a lingua, e o papel que xogan na actualidade. Ou o rol que está chamado a xogar o Centro Dramático Galego, que presentou hoxe no marco do congreso as liñas da súa programación futura. Sen esquecer tampouco o "diálogo cos poderes públicos, para lembrarlles a súa responsabilidade". Os resultados do informe Para todo isto, resultan absolutamente fundamentais os datos presentados onte como resultado dun completo informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura. Este documento emprega unha metodoloxía relacional innovadora na que entran en xogo as perspectivas de tres axentes, recollidas nunha investigación propia mediante enquisas a segmentos representativos de público, creadoras e xestoras. Nesta radiografía sen precedentes do sistema teatral galego apréciase, por exemplo, a contradición entre algunhas percepcións. Os programadores e os profesionais consideran que o teatro familiar é o xénero mais demandado, pero o público asegura que prefire o de adultos (o 70,6%). Outros desaxustes apareceren entre oferta e demanda: ao público gústalle o musical (23,7%), xénero moi pouco ofrecido e con poucos profesionais. O estudo tamén desvela que 51,5% dos espectadores aposta polas funcións en galego, preferencia máis elevada nos máis novos e nos espazos rurais O estudo tamén desvela que 51,5% dos espectadores aposta polas funcións en galego, preferencia máis elevada nos máis novos e nos espazos rurais. Aliás, 54,4% dos espazos escénicos analizados ofreceron en 2018 unha programación integramente en galego e só o 3,6% programaron menos da metade nesta lingua. No que atinxe á difusión, as redes sociais son a canle máis habitual, con Facebook á cabeza, seguida do "boca a boca". A metade da xente compra a súa entrada na mesma semana que vai ter lugar a función e o sistema de abonos é escasamente utilizado (só 6,5% das que podían fixeron uso del e só 14,7% dos teatros o ofrece). Perfil medio O perfil medio de público é o dunha muller de 42 anos, con estudos universitarios e ingresos medios mensuais superiores a 1.200 euros. Cada ano asiste a unha media de 6,7 funcións e gasta por volta de 84 euros. A figura que se encarga da programación adoita estar escasamente profesionalizada. É normalmente unha muller duns 49 anos, funcionaria ou persoal laboral, con baixo nivel de formación regrada na xestión cultural e que desenvolve tamén outras funcións. Máis da metade dos profesionais que se dedican ás artes escénicas son homes (52,4%) e contan cun amplo nivel de formación (73% ten titulación universitaria). A realidade laboral é moi precaria, 61,9% dos profesionais non acada o salario mínimo interprofesional e só 31,3% percibiu ingresos unicamente da súa actividade escénica. Percepcións diverxentes O informe constata tamén unha discrepancia sobre o que suporía unha redución dos prezos das entradas: 19,8% dos profesionais pensa que tería un efecto positivo fronte a 60,6% do público. Atoparemos outros datos curiosos, como que unha das principais preocupacións á hora de asistir ao teatro é termos sitio no aparcadoiro. Fóra do anecdótico, a pluralidade de perfís que atende o documento vólveo unha ferramenta especialmente útil, que de seguro dará pé a traballos futuros. Sen caer no pesimismo de datos desalentadores que se conxugan con outros positivos, António entende que o informe serve para "pór en perspectiva" e ter claros os "puntos fracos e fortes" do sector. Pois contra a manida frase de que o teatro "está en crise desde que naceu", destaca que é a súa unha manifestación artística das que se atopan máis ao pé da sociedade e se prega á evolución desta, sempre en cambio. Aliás, o teatro ten "certa vertente de revolición". Se cadra por iso, o teatro é hoxe máis necesario ca nunca. |
NOS_20924 | Despois de pasar por festivais como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, Cineuropa ou Márgenes o filme estará dispoñíbel en varias salas cidades e vilas como Madrid, Barcelona, A Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, A Estrada, Caldas de Reis e Marín. | A longametraxe Ons, dirixida por Alfonso Zarauza e protagonizada polo Antonio Durán 'Morris' e Melania Cruz, chega mañá ás pantallas. O filme estreouse o pasado novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. Estivo tamén o pasado mes por Cineuropa (Compostela), onde o director recibía o premio de honra dun festival co que estivo ligado desde a súa mocidade. "Viume medrar cinematograficamente", confesaba Zarauza nunha entrevista no semanario Sermos Galiza. Ons chega finalmente a 16 salas de cinema en 11 localidades. Na Galiza, estará dispoñíbel na Coruña (Marineda, Cantones, Yelmo Rosales); Vigo (Gran Vía, Yelmo Vigo); Lugo (Códex, As Termas); Santiago (Numax, As Cancelas); Ferrol (Dúplex); Pontevedra (Teatro Principal); Caldas de Reis (Avenida); Marín (Cine Seixo); A estrada (Multicines Central). Aliás, o filme estrearase en Madrid (Renoir) e Barcelona (Boliche). Após a primeira semana de pases, a longametraxe galega proxectarase tamén en Palma de Mallorca (Cine Ciutat) e Narón (Odeón Narón). A illa como protagonista Ons é un drama intimista con toques de misterio no que un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación, se traslada unha tempada á illa de Ons. Esta paisaxe, que tardou en entrar nese guión que asinan o director xunto a Jaione Camborda, vólvese unha protagonista indiscutíbel nun relato de atmosfera absorvente, con dirección de fotografía de Alberte Branco e un tratamento do son moi coidado, en cuxa banda sonora atoparemos temas de Chicharrón ou Leilía. Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). |
NOS_41660 | O Museo do Pobo Galego botou a andar unha campaña de captación de socios e socias co fin de reforzalo "como institución de toda a sociedade galega e como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo". O reto está en sumar 500 nov@s soci@s antes de fin de 2014. | "Na actual situación de crise social e económica, onde as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por unha visión da cultura como algo secundario, é preciso reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega", sinalan para convidar a se asociar á institución con sede en San Domingos de Bonaval, en Compostela. Buscan, desta maneira, incrementar a participación social no Museo, coas cotas que contribúen ao seu mantemento económico e tamén inserindo con maior forza na sociedade galega na procura dun incremento da súa "pluralidade, independencia e fortaleza". A Xunta Reitora xunto con representantes de socios e socias aprobaron iniciar esta nova campaña de captación que ten como reto conseguir un mínimo de 500 máis até final de ano "coa finalidade de dar a coñecer o labor que se leva a cabo no museo, fomentar a participación nas actividades do museo e conseguir novos fondos que permitan manter a institución". No cartel destácase que somos 1..429.316 galegas e 1.334.183 galegos cun Museo ao que apoiar. As cotas mínimas son unha mensual de 5 euros, trimestral de 10, semestral de 15 ou anual de 30. Ao ser institución de interese público, as cotas dedúcense na declaración do IRPF ou na do imposto de Sociedades. |
PRAZA_1719 | Xuíces que citan mal artigos normativos, administracións que atrasan a entrega de documentos e avogados que volven pedir papeis xa achegados son frecuentes nun proceso agora estancado á espera de que o seu segundo instrutor decida o seu futuro | Con máis de 25.000 folios repartidos en máis de medio cento tomos, o sumario da investigación xudicial sobre o accidente de Angrois é un compendio de todos os problemas cos que se pode topar unha instrución de tal envergadura. O sinistro atribúese oficialmente a un erro do maquinista, que non freou a tempo antes da curva na que descarrilou sen que existise ningún sistema de seguridade preparado para paliar o seu despiste. Pero a súa instrución xudicial está chea doutros moitos erros, demoras e despistes, potenciados polo cruzamento de centos de escritos e peticións entre xuíz, fiscal, seis peritos e decenas de avogados e procuradores de vítimas, Renfe, Adif e os seus respectivos seguros. Aos poucos días de producirse o accidente o xuíz instrutor, Luis Aláez, pediu aos colexios oficiais de enxeñeiros de Telecomunicacións, Camiños e Industriais que lle facilitasen posibles nomes de peritos dos que, ao azar, escolleu a tres aos que encargou que analizasen o sinistro. Estes expertos xa comezaran a planificar o seu traballo cando a Xunta tombou os seus nomeamentos argumentando que unha norma autonómica aprobada un ano antes obriga a priorizar, en calquera causa xudicial, que as peritaxes necesarias sexan realizadas por funcionarios da propia Administración para abaratar os custos. Así que o xuíz tivo que anular os nomeamentos de peritos que xa fixera e pedir o Goberno galego que buscara entre o seu persoal. Os dous funcionarios autonómicos finalmente elixidos, sen experiencia previa en materia ferroviaria, non comezaron a traballar ata medio ano despois do accidente. O maquinista segue sendo o único imputado despois de que cargos de Adif fosen imputados e exculpados por dúas veces á espera de que o novo xuíz decida a validez que dá ás peritaxes Os peritos tamén viron atrasado o seu traballo ante a negativa de varias empresas implicadas a facilitarlles a información que estes lles pedían ata que llela reclamou o propio xulgado. Igual que son varias as demoras debidas a que o xulgado non pediu correctamente algo a unha das partes, a que estas non o facilitaron axeitadamente ou a unha mestura de ambas as dúas circunstancias. Dous meses despois do accidente, Adif negouse inicialmente a identificar a todos os responsables de seguridade na liña Ourense-Santiago, como lle reclamaba o xuíz Luis Aláez. A empresa pública xestora das rede ferroviaria alegou que estaba pendente de resolverse un recurso que presentara ante a Audiencia contra a intención de Aláez de imputalos en canto soubese os seus nomes e que, de revelarse antes, se danaría a súa imaxe. Días despois, tras unha reprimenda pública da ministra, Adif identificou esas persoas. Logo a Audiencia levantaríalles a imputación. En decembro de 2013 o instrutor tamén reprochou a Adif que non lle contestase axeitadamente a unha petición de información que lle realizara un mes e medio antes. E en xaneiro de 2014 a empresa entregoulle un listado coas 324 viaxes realizadas na liña antes da súa posta en servizo comercial, pero nel non aparecían dúas viaxes, en ambos os dous sentidos, realizadas oito días antes da inauguración para mostrar a liña aos xornalistas. En febreiro de 2015 o xulgado apercibiu "de desobediencia" a Renfe por levar sete meses sen entregarlle outra documentación que lle reclamara xa en dúas ocasións Ese mesmo mes de xaneiro revelouse que un maquinista xefe de Renfe advertira aos seus superiores aos poucos días da inauguración da liña, un ano e medio antes do accidente, do risco dun sinistro como o que acabou acontecendo. Renfe admitiu que "dende os primeiros días do pasado mes de decembro, data na que se tivo coñecemento do asunto," o estaba a investigar a nivel interno. Cando o xuíz soubo que a cúpula de Renfe levaba un mes e medio sendo coñecedora desa información sen trasladarlla esixiu que o fixese antes de tres días xa que "tivo tempo máis que de sobra" tanto para elaborarlle un informe "como para achegar voluntariamente á causa a documentación da que dispón". En febreiro de 2014, Adif informou o xuíz de que non conservaba nos seus arquivos un documento de 1991 que o instrutor lle reclamaba. En marzo a Avogacía do Estado acusou a Aláez de pretender unha "inquisición xeral" do sistema ferroviario e recorreu contra unha petición de documentación que lle formulara o xuíz. Tivo que acabar entregándolla varios días despois. E en febreiro de 2015 o xulgado apercibiu "de desobediencia" a Renfe por levar sete meses sen entregarlle outra documentación que lle reclamara xa en dúas ocasións, en xuño e outubro do ano anterior. Renfe lamentou o atraso e atribuíuno tanto a un despiste seu como a que o xuíz e a vítima que reclamaba esa documentación non formularan claramente a súa petición. A gran demora Pero a gran demora na instrución da causa chegaría a mediados de 2014, cando o primeiro xuíz instrutor, Luis Aláez, pediu cambiar de xulgado por motivos persoais. Despediuse do cargo volvendo imputar 11 exdirectivos de Adif, cifra que logo ampliou a 12 ao recoñecer que se lle esquecera unha persoa. Todos se acolleron ao seu dereito a non declarar e o novo xuíz nomeado para facerse cargo da instrución, Andrés Lago, tomouse varias semanas para estudar o que para el era un caso novo que por entón acumulaba xa 40 tomos e mentres esperaba a que a Audiencia Provincial da Coruña volvese levantar, cinco meses despois de producirse, as segundas imputacións ordenadas polo seu antecesor. Logo o xuíz optou por esperar a que se pronunciasen os peritos antes de tomar ningunha decisión sobre o futuro da causa. Pero se os peritos finalizaron en apenas un par de meses os seus informes preliminares sobre o accidente, que entregaron na primavera de 2014, tardarían un ano máis en culminar as súas peritaxes definitivas, que non remataron ata xaneiro deste ano. E unha vez entregadas no xulgado, o novo instrutor non citou os tres peritos xudiciais para que ratificasen oralmente os seus informes ata catro meses despois, en xuño. Un dos peritos seleccionados pola Xunta acabou retractándose oralmente de cuestións que plasmara por escrito Nesa vista, un dos peritos seleccionados pola Xunta acabou retractándose oralmente de cuestións que plasmara por escrito. Previamente, outro dos peritos non designados polo xulgado, o da aseguradora de Renfe, holandés, tivo que pedir que se corrixisen diversas erratas no informe que xa entregara no xulgado. E moito antes, a reconstrución do accidente realizada polo equipo de infografía forense da Policía Científica incluía imaxes retardadas que non se correspondían temporalmente co ritmo dos sons e actividades rexistrados realmente pola caixa negra do tren. Os erros dos xuíces Os propios xuíces implicados na causa cometeron erros. No auto co que en outubro de 2013, tres meses despois do accidente, se levantaron as primeiras imputacións realizadas polo primeiro instrutor sobre cargos de Adif, a Audiencia Provincial da Coruña equivocouse ao citar un artigo concreto do Regulamento Xeral de Circulación ferroviaria (RGC). Ao argumentar que non era relevante penalmente a situación nas vías do cartel que establece onde remata a liña de alta velocidade e comeza a convencional, a Audiencia referiuse ao "artigo 230 do RGC que regula tales sinais". Non obstante, ese artigo do RGC refírese a outro sinal que nada ten que ver con esa cuestión. Malia que o erro sustentou unha das principais argumentacións da Audiencia, esta non o admitiu formalmente ata meses despois, cando levantou por segunda vez as imputacións ditadas polo xuíz instrutor, admitindo a equivocación previa pero despachándoa como unha cuestión menor. Xuíces que citan mal artigos normativos, administracións que atrasan a entrega de documentos e avogados que volven pedir papeis xa achegados son frecuentes nun proceso agora estancado á espera de que o seu segundo instrutor decida o seu futuro Catro meses despois dese erro da Audiencia, sería o propio xuíz Aláez o que, en febreiro de 2014, cometería o mesmo fallo, no seu caso confundíndose noutro auto na numeración de cinco artigos, o que corrixiría días despois. Ao tempo, a implicación na causa, pola súa magnitude, doutros xulgados tampouco facilitou as cousas. O instrutor tivo que reiterar ao Decanato dos xulgados de Madrid varias peticións para que se efectuasen dilixencias necesarias para que os seus forenses recoñecesen as lesións de numerosas vítimas da capital. Tamén son numerosas as demoras motivadas por cruces de escritos aclaratorios. Hai partes persoadas que reclamaron a outras documentos que xa foran achegados á causa meses antes. Unha das dúas asociacións de vítimas atribuíuse a representación procesual de varias persoas que logo advertiron o xulgado de que os seus avogados xa eran outros. E o xulgado leva meses pedíndolle á aseguradora de Renfe que indique a que vítima concreta van dirixidos multitude de ingresos non nominais que periodicamente realiza nunha conta xudicial de consignacións. Pero tamén á inversa houbo problemas, porque a aseguradora tamén reclamou ao xulgado un suposto ingreso en sentido contrario "dado que é evidente que se produciu un erro nalgún momento do proceso de devolución". Outro erro producido neses mesmos momentos e pronto emendado evidencia a honestidade doutras persoas Non son os únicos problemas que houbo na causa a conta dos cartos. Durante as horas posteriores ao accidente, ademais de problemas na coordinación dos servizos de emerxencias, tamén se produciron erros, descoidos ou roubos durante a atención e retirada dos mortos e feridos e das súas pertenzas das vías, xa que varias vítimas denunciaron ante a policía a desaparición de efectos persoais do interior das súas equipaxes pechadas. Pero outro erro producido neses mesmos momentos e pronto emendado evidencia a honestidade doutras persoas. Un mes despois do accidente, cando a irmá dunha ferida acudiu á policía a recoller os seus efectos persoais, encontrouse con que os axentes pretendían entregarlle máis diñeiro do que a viaxeira levaba consigo. "Obraba a cantidade de 1.050 €, presumiblemente pertencente a [nome da vítima]", di a acta policial, que engade que a persoa que acudiu a recoller o diñeiro informounos do seu erro: "Manifesta que a súa irmá só levaba a cantidade de 450 € (distribuídos en tres billetes de 50 € e 15 de 20 €), entregándoselle a devandita cantidade, sendo ingresado o diñeiro restante (600 €) na conta de consignación xudicial por descoñecerse a súa titularidade". |
NOS_3547 | Por uma muito ajustada margem -6 votos contra 5- o Tribunal Supremo brasileiro decidiu aplicar a Lula Da Silva -o líder da esquerda do maior país lusófono do planeta- a doutrina segundo a cal uma pessoa imputada pode ir a prisão sem ter na sua contra uma sentença firme e inapelável. A decisão deixa virtualmente Lula fora da carreira eleitoral, o qual é uma grave interferência na democracia brasileira, sendo que ele liderava com muita vantagem todos os inquéritos. | Em Janeiro passado Lula fora condenado a 11 anos de cadeia por um tribunal de segunda instância de Porto Alegre, que o achou culpável de corrupção por supostamente ter aceite um apartamento -um triplex em São Paulo- em troca de ter feito favores a uma empresa que realizou contratos com as administrações públicas. A sentença não era firme -isto é, podia ser objeto de apelação a tribunais superiores. O que decidia o Tribunal Supremo esta quarta feira é se aplicava uma recente doutrina segundo a qual se pode enviar a prisão uma pessoa embora a sua condena não ser definitiva, embora ter por tanto ainda intacta a presunção de inocência. Os advogados de Lula da Silva apresentaram ao tribunal uma petição de habeas corpus, em defesa dos seus direitos. O TS decidiu, por seis a cinco, rejeitar a apelação do líder esquerdista e ditar a sua prisão. O Supremo não decidiu num ambiente 'normal', mais sim baixo intensas pressões da direita brasileira -com manifestações nas ruas- e um gritante ruído de sables -com tuits de generais do Exército a ameaçarem com intervir se se alterar num determinado sentido a vida do país (isto é, se o tribunal falhar a favor de Lula). O ingresso de Lula na cadeia pode se vir a produzir nos próximos dias, mais ele ainda tem opções na recâmara para recuperar a liberdade. Trataria-se de apresentar um novo recurso perante o TS a alegar a inconstitucionalidade do encarceramento de condenados sem sentença firme. Desta volta, segundo alguns analistas, o veredicto do Supremo poderia ser favorável para o líder esquerdista. A clave volta a tê-la a magistrada Rosa Weber. Esta votou esta quinta feira contra o habeas corpus, mas tem-se pronunciado em contra da constitucionalidade duma norma que elimina as garantias nos procesos judiciários. Se votar a prol do previsível novo recurso de Lula, o resultado voltaria a ser 6-5, mais desta vez a favor do líder que encabeça todos os inquéritos para as presidenciais de Outubro. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.