ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_27768
Ourense-Poio e Noia-O Parrulo xogaranse os títulos.
Todo listo para que o Pavillón da Raña, en Marín, acolla o próximo Días das Letras Galegas, 17 de maio, as finalísimas masculina e feminina da edición número 30 da Copa Galiza de Fútbol Sala. Non obstante, desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFEG) aínda non confirmaron os horarios oficiais de ambos os encontros, pois estes dependen "da retransmisión por televisión". Na modalidade feminina enfrontaranse dous bos equipos como Poio Pescamar e Ourense Envialia, terceiro e oitavo clasificado respectivamente na máxima categoría a nivel estatal. Aínda así, a presenza do conxunto ourensán é sorprendente, pois apeou nas semifinais ao todopoderoso Pescados Rubén Burela. Tras un encontro de ida no que caeron derrotadas por 3-1, as xogadoras da Mariña non foron quen de remontar e asinaron táboas (3-3). No outro lado do cadro, o conxunto poiense eliminou ao Cidade das Burgas (1-2 na ida e 3-2 na volta), impedindo así o duelo fratricida entre dous conxuntos da cidade de Ourense. No referente aos homes, o Burela tampouco tivo sorte na súa misión de acceder á final, e o único equipo da Galiza na Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) non puido co campión da Segunda División e próximo membro da LNFS a partir da tempada 2022/23, Noia Portus Apostolo. Os de Marlon Velasco desfixéronse do seu verdugo do curso pasado tras equilibrar na volta o 5-3 da ida cun 3-1, pero o esforzo foi infrutuoso logo de ser peores na quenda de penaltis. O seu rival en Marín será O Parrulo Ferrol, que loitará novamente polo título de campión da Galiza tras atropelar O Carballiño sobre o parqué da Malata (9-0), o que unido á súa vitoria na ida (6-4) deixa o global cun indiscutíbel 15-4 favorábel aos da cidade departamental.
NOS_49360
Coa fin da primavera volta máis unha edición de 'Verán no Gaiás' cun cento de actividades programadas para todos os públicos, relacionadas coa música e a arte, ademais dunha chea de obradoiros de artesanía e astronomía e incluso acampadas.
A nova edición de 'Verán no Gaiás' arrinca esta sexta feira 21 de xuño , xusto cadrando coa fin da primavera, o comezo do verán e a conmemoración do Día da Música. Chega desta maneira da man da música do histórico grupo Os Resentidos e cunha programación que ao longo dos vindeiros meses acollerá distintos eventos culturais no entorno da Cidade da Cultura, en Santiago. Actuacións musicais, expresións artísticas e obradoiros de artesanía e astronomía volverán ao Gaiás. A maiores, esta edición ten novidades como a celebración de dous campamentos urbanos para as crianzas e adolescentes que xirarán ao redor das exposicións actuais do Museo Gaiás. Esta nova edición tamén chega cun 40% máis de actividades respecto ao pasado ano e a previsión da Consellaría de Cultura é superar as 50.000 persoas que participaron en 2018. Os vindeiros días 28, 29 e 30 de xuño actuarán máis de 500 instrumentistas de bandas de música de toda a Galiza no marco da segunda edición do 'Serán 02'. O ano pasado este evento xuntou unhas 7.000 persoas. En canto aos campamentos urbanos para nenas e nenos desenvolveranse desde o 8 ao 19 de xullo no Museo Centro Gaiás e estarán relacionados coas exposicións 'Pensar coas mans', 'Cestaría, cerámica e xoiaría da Galiza' e 'Valor e mestría. Galiza como fútbol'. Desde o 4 de xuño ao 18 de agosto, todos as quintas e sextas feiras e máis os sábados (e agás no Día da Patria Galega) haberá actuacións musicais de sete grupos galegos como Agoraphobia ou De Vacas, e trece internacionais como Cecilia Krull, Las Migas ou Kumia Boruka. Ademais, unha grande variedade de estilos mesturarase neste evento como a cumbia, o trap, hip hop ou pop. O 'Verán no Gaiás' tamén se caracteriza pro ofrecer actividades para toda a familia relacionadas coa natureza como a acampada 'Unha noite no Bosque' para coñecer os espazos verdes do Gaiás e tomar conciencia da importancia do patrimonio ambiental. 'Camiño ao Gaiás' e as 'Visitas Astronómicas' completarán esta oferta con roteiros para subir á Cidade da Cultura desde o centro histórico compostelán. 'Cidade Imaxinaria' será tamén un festival familiar relacionado con espectáculos de circo que se celebrará o vindeiro sábado 24 de agosto no recinto da Cidade da Cultura.
NOS_17898
A xuíza tacha de "sorprendente" a acusación e de "intempestiva" a detención do capitán do RC Deportivo, acusado pola Liga de delito de corrupción entre titulares.
O xulgado de instrución número 3 da Coruña acordou onte o sobresemento provisional e mais o arquivo da causa aberta contra o capitán do Real Club Deportivo, Álex Bergantiños, denunciado pola Liga tras facerse público unha mensaxe de son que enviou a un grupo privado. Bergantiños foi acusado da comisión dun delito de corrupción entre titulares. Da conversación mantida polo capitán co seu vestiario non se aprecia a existencia de delito algún, sentenciou a maxistrada "Da conversación mantida polo capitán co seu vestiario non se aprecia a existencia de delito algún", comeza a maxistrada no auto, contra o que cabe interpor recurso. E insiste en que o Centro Nacional Policial de Integridade no Deporte e Apostas (CENPIDA), cuxos axentes arrestaron a Bergantiños, non achegou ningún "elemento obxectivo ou serio de proba ou indicio de criminalidade" máis alá de dita conversa "en ton de confianza". A titular do xulgado herculino argumenta que a "idea criminal só resulta puníbel nos casos expresamente previstos na parte especial do Cógido Penal, o que non acontece no presente", aínda que "sorprendentemente" así o considere o CENPIDA. En relación a este corpo policial, a maxistrada engade que era coñecedor no momento da detención das "circunstancias extraordinarias" que arrodeaban o encontro entre o equipo branquiazul e o Fuenlabrada. En caso de "amañar" o partido, salienta a xuíza, o Deportivo "só conseguiría tres puntos que non o salvarían do descenso" e que sería o propio Fuenlabrada o único "favorecido" posto que era o único que, en principio, "se xogaba a posibilidade de xogar o playoff de ascenso". A xuíza apunta a unha "final vertixinosa no tempo de desconto, dificilmente previsíbel" A xuíza tamén descarta un "amaño" do partido para acadar un "lucro con apostas deportivas". "Tampouco tería ningún sentido, habida conta o resultado do partido, vencendo o Equipo da cidade herculina por dous goles a un, cunha final vertixinosa no tempo de desconto, dificilmente previsíbel". Detención "intempestiva" No auto, a maxistrada tamén se refire á detención de Bergantiños, que tacha de "intempestiva", "trasladando incluso efectivos policiais desde a capital para isto, sen practicar proba algunha a xogadores do outro equipo, por exemplo". A Liga conta a partir de onte con tres días para presentar un recurso de forma e subsidiario de apelación ou cinco para un recurso de forma directo.
NOS_20813
Catro mil operari@s das factorías de Ferrol e Fene e de industrias auxiliares protagonizan unha combativa xornada de mobilizacións en defensa de carga de traballo para o sector
"Que non nos veñan con contos nin a contar o que non é". Así resumían os representantes do comité de Navantia a mensaxe aos gobernos galego e español que transladaban os 4.000 obreir@s dos estaleiros de Ferrol e Fene que, máis unha vez, saíron á rúa para exixir carga de traballo para estas factorías. Foi unha mobilización, outra vez, multitudinaria, mais cunha combatividade maior, mostra de que os ánimos están ao límite entre o cadro de persoal. Mil despedimentos nestes meses mostran a intensidade da crise que atravesa este sector que, entre empregos directos e indirectos, move uns 17.000 postos. "O PP ten cartos para Bankia mais non para Navantia" As e os traballadores percorreron as principais arterias da cidade para exixir carga de traballo e denunciar que "o PP ten cartos para Bankia mais non para Navantia". A Policía Local fixo acto de presenza para regular o tráfico, colpasado en diversas zonas (avenidas de Esteiro e Vigo, por exemplo). Tamén houbo tensión fronte a edificios oficiais e oficinas de emprego, e anuncios de que volverán á rúa se non hai solucións. A vindeira cita é o 10 de xuño, nunha manifestación comarcal na defensa do sector naval. "Enganados" Desde a representación do cadro de persoal incídese na sensación de "engano" que senten @s operari@s. Desconfían da promesa de carga de traballo que a Xunta lles anunciou da man de Pemex. E exixen solucións. "Ou nos dan o dique flotante, para ter carga de traballo, ou nós imos darlle guerra", sinalaba un traballador de Navantia. "A xente está desbordada. Sabe que vai para o paro" "A xente está desbordada, sabe que vai para o paro e como non haxa unha decisión inmediata do Partido Popular, esta situación non terá remedio", alertaba Manel Grandal, da Sección Sindical da CIG en Navantia, ao remate da protesta. Neste sentido, o representante sindical subliñaba que no marco dunha gravísima crise, o sector naval da ría non pode agardar até finais de ano para saber se terá novos encargos. "Ademais, non vale falar dun buque militar, porque iso suporía esperar un par de anos para comezar os traballos. Ou os gobernos do PP deciden politicamente construír o dique ou senón aquí os traballadores e traballadoras das auxiliares se van á rúa no verán".
NOS_14693
O domingo será o último día no que "Lampíricos" verá a luz no espazo Zona C de Compostela. A nova proposta escénica-poética de Antón Lopo non deixa a ninguén impasíbel.
"Lampíricso" diríxese a públicos de pequena dimensión, en Compostela non máis de 17 persoas por día, para apreixar con máis intensidade a proposta do autor, que é ao tempo quen leva á escena todo o mundo que envolve a súa nova creación. Despois da estrea na galería "Dispara" da Estrada e o paso polo MARCO de Vigo, a citana Zona C significa un reencontro de Lopo coa cidade na que desenvolveu boa parte do seu proxecto creativo. Desta volta, luz, corpo, imaxe, poesía e música entran no xogo da arte total, a "dismodernidade" pola que aposta Lopo nunha creación de terror e acción. Os textos de "Lampírico"s nacen dunha estadía en Essaouira, apegados á experiencia do sufismo marroquí. Trátase, dunha "paisaxe de impulsos e sentimentos que atrapa o espectador-lector nunha acción implacable". Aí está Antón Lopo, en escena, coa poesía feita corpo e expresión, nunha proposta, en certa maneira, herdeira do anterior Prestidixitador, das novas formas de indagar deste "poeta disconforme, dismoderno", como el se define. Proposta híbrida a de Lopo, conxunción de linguaxes e xéneros, intervención a través da poesía que se expresa non só en palabras. "Estou aquí pola urxencia, eles están armados" comenta. E quen son eles? "Eles son os que teñen os fondos de futuro, os que estiveron especializando a especie na especulación, na violencia, os que disparan, os que saquean" comenta nun espectáculo no que o autor se mostra autónomo, independente e protagonista da súa propia aposta creativa.
NOS_52962
Vén esta fin de semana especialmente carregada de eventos. Hai ben onde elixir.
Nacidas Libres Ames Casa da Cultura de Bertamiráns Sexta feira 21.00h Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións, baixo dirección de Cristina Domínguez, con catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Proxección do documentario "Artistiña" San Sadurniño Casa da Cultura Sexta feira 21.30h "Artistiña" é un proxecto documentario que mostra o panorama artístico e cultural nun contexto de crise que tamén afecta as disciplinas creativas. Acto de entrega do I premio Agustín Fernández Paz Vilalba Auditorio Municipal Sábado 20.30h Xornada de música, literatura e plástica, na que María Reimóndez, gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, recollerá o seu premio. O acto será presentado por Carme Hermida, e contará con Xabier P. Docampo e Marica Campo, entre outras. Organiza o Instituto de Estudios Chairegos, Concello de Vilalba e Edicións Xerais. Vermú entre libros Pontevedra Libraría Paz Sábado 12.30h Acóllese a visita da poeta Tamara Andrés que conversará sobre o seu último libro, 'Corpo de Antiochia', co escritor e xornalista Marcus-Daniel Cabada. Concerto Expansivo por un Monte Vivo Carral Local A.C. Xente Nova de Tabeaio Sábado 22.30h Un evento simultáneo que continúa expandíndose para amosar solidariedade e indignación ante a vaga de lumes do pasado outubro e ante o problema dos incendios. "Prólogo", de Samarúas Camariñas Cabo Vilán Domingo Samarúas presenta "Prólogo", o seu primeiro traballo de estudio, un proxecto que nace de sons novos, do folk, da poesía e da exploración do ser. Universo Pontevedra Teatro Principal Domingo 12.00h Marcel Gross achéganos a un espectáculo de clown no que xoga con letras e obxectos, recomendado para crianzas a partir de 3 anos. Pequefilmes 2018 Santiago de Compostela Museo Centro Gaiás Sábado e domingo Unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros con máis de cen curtas para crianzas de diferentes idades. A olería de Niñodaguia Ribadavia Museo Etnolóxico Até 30 de xaneiro "A cerámica en Galiza: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico" é unha mostra itinerante da colección de Agustín Vázquez Ferreiro na que se expoñen trinta e dúas pezas do centro oleiro de Niñodaguia. A través desta exposición as persoas poderanse achegar ás formas tradicionais galegas deste centro cerámico, así como reivindicar a importancia do oficio.
PRAZA_19039
O Supremo ratifica que o Sergas non poderá usar a libre designación para elixir os xefes duns equipos en suspenso tras o rexeitamento dos profesionais aínda que desde CCOO advirten da intención do Ministerio en "retomalos".
Hai tan só unhas semanas, o Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación presentado por Sanidade contra a sentenza que anulaba o artigo do decreto de áreas de xestión clínica que permitía a libre designación de directores de área. Daba así a razón de novo aos sindicatos médicos O'Mega e Cesm, tal e como xa llela dera o TSXG en ditame de 2015, cando determinara en contra do artigo 10, que autorizaba a libre designación destes xefes de área. O Supremo veta de vez o nomeamento a dedo dos directores das áreas de xestión clínica O Supremo vetou así de vez a posibilidade de nomear a dedo estes responsables, pero o polémico decreto de xestión clínica saíu indemne no resto de puntos malia os varios intentos xudiciais que contra el levaron a cabo diferentes sindicatos. Ata catro recursos foran rexeitados, segundo a Xunta. Aquelas 21 unidades que o Sergas tiña previstas para o primeiro trimestre de 2014 quedaron en suspenso tras o forte rexeitamento por parte dos profesionais sanitarios, pero estiveron sempre latentes tras o decreto aprobado hai case catro anos, semellante ao que se aplica en Castilla y León. A intención era crear áreas de equipos profesionais sanitarios que poderían xestionar os seus propios orzamentos, que recibirían un extra no caso de aforrar e que mesmo poderían decidir sobre a contratación de persoal. Os sindicatos e colexios médicos vían no proxecto un claro intento de "privatización da sanidade pública" que poñía en risco a súa categoría de personal estatutario. Mesmo houbo unha folga xeral no sector e nada de sobou máis da iniciativa da Xunta. CCOO alerta que o Ministerio de Sanidade quere "retomar" a implantación das unidades de xestión clínica Agora, os temores entre os profesionais a que se retome este proxecto regresan. Fontes sindicais alertan das mensaxes lanzadas en público e en privado polo Sergas, mesmo a responsables nalgunha área sanitaria, e CCOO verbaliza ese temor. Así, alerta de que o Ministerio de Sanidade quere "retomar" a implantación destas áreas de unidades de xestión clínica da man das autonomías e advirte dunha nova "folga xeral" no caso de que iso se concrete. Para Comisións, a creación destas áreas de xesión "ten só unha finalidade: a privatización dos servizos sanitarios". "Para iso necesitan a fragmentación dos centros sanitarios, o illamento duns servizos doutros e a laboralización do persoal como paso previo privatización dos sectores máis rendibles da nosa sanidade", di o sindicato.
NOS_47552
O estaleiro vigués recibiu a subvención do Goberno español, que destinará integramente ao pagamento das débedas contraídas na construción do cruceiro de luxo de Ritz-Carlton.
O estaleiro vigués Hijos de J. Barreras comprometeuse a realizar "de inmediato" os pagamentos pendentes a provedores e industria auxiliar que participaron no proxecto do 'Evrima', o cruceiro contratado por Ritz-Carlton, estimados nuns 20 millóns de euros. Este pagamento farase efectivo despois de que a empresa, en pleno proceso de venta, teña no seu poder a subvención aprobada a principios de agosto polo Goberno español, cuxo importe non se concretou, pero que estaría por baixo dos 23 millóns de euros contemplados no Real Decreto. O estaleiro xa anunciou que "a totalidade" deses cartos destinarase ao pago da débeda cos provedores dese barco. Proceso de venda Mentres, Barreiras prosegue coa busca dun comprador. A consultora Kroll, que lidera a operación, estabeleceu contactos "sobre todo con estaleiros" e firmas vinculadas á construción naval, aínda que tamén trasladou o caderno de venda a empresas relacionadas coa eólica mariña. O próximo paso será que os investidores interesados remitan Barreras os 'manifestos de interese' e asinen as denominadas 'cartas de confidencialidade'. A partir de aí, as empresas que queiran facerse co estaleiro deberán presentar "ofertas indicativas" entre as que se fará unha selección "priorizando o plan industrial". Nunha fase posterior, abrirase o proceso de auditoría ('due diligence') entre candidaturas e as empresas deberán presentar xa "ofertas vinculantes". Fontes do estaleiro precisaron que, no caderno de venda "non se fixou ningún prezo" por Barreras. En todo caso, o sector dá por feito que esa cifra será simbólica, tendo en conta as cargas que pesan sobre a empresa (débedas, patrimonio negativo e litixios pendentes).
NOS_6989
Rehabilitación urbana: un obxectivo común? É a pregunta coa que abrimos o "Tema de Primeira" do Sermos Galiza 211, que chegará esta quinta feira aos quiosques e ás casas do país e que estará dispoñíbel, xunto co Caderno de Verán, na loxa.
O #Sermos211 abre cunha reportaxe arredor dos cascos históricos das cidades e vilas, un traballo de Xosé Fandiño que dá conta das principais problemáticas que se presentan á hora de encetar as tarefas de rehabilitación urbana. Na sección de "Opinión" publicamos os artigos de Sara Torreiro e Guillerme Vázquez e máis unha semana contamos co humor gráfico de Nacho Hortas e de Tokio. En "Social" afondamos no proxecto de vertedoiro de refugallos da construción que a empresa Reciclaje Ambiental Lesta S.L. pretende construír en Ordes. A respeito da política, centramos o foco no debate de investidura de Rajoy e na última hora do BNG. Aliás, dedicámoslle "Internacional" ao retorno de Sarkozy á política gala e ao xuízo político que sufriu Dilma Rousseff. A burbulla da economía especulativa ocupa as páxinas sobre economía, mentres que o "Fóra de Serie" abre cunha reportaxe sobre a pegada dos normandos na Galiza. Tamén publicamos unha nova entrega da columna sobre historia asinada por Uxío-Breogán Diéguez; a colaboración de Olaia Ledo sobre cinema; a crítica literaria de Mario Regueiro e a crítica de cinema de Andrés Castro; o relato finalista do concurso Construíndo Orgullo e a colaboración de Luís P. Castelo sobre as últimas novidades en relación ás redes sociais. Completan o semanario a sección "De memoria", dedicada desta vez ás "tres rosas vermellas do Candedo" e o selfie da actriz Isabel Risco. Aliás, o Sermos Galiza inclúe o derradeiro Caderno de Verán deste ano, que abre cunha reportaxe sobre unha das citas indispensábeis da temporada estival: a Feira Franca de Pontevedra.
NOS_2484
De tanto viaxar á dereita, Cs acabou por se internar no territorio de Vox. Rivera lanzou esta tarde un durísimo discurso contra Sánchez, ao que acusou de ter "un plano e unha banda para liquidar España". Inasequíbel ao desalento, Sánchez finxiu non ter escoitado o ataque e formulou a mesma petición que lle dirixiu a Casado: que a quinta feira se absteña para viabilizar a investidura.
Rivera facturou o discurso máis duro da primeira sesión de investidura, un remake da súa campaña de grosas descualificacións contra o líder do PSOE. "O que tería un coste insoportábel é que vostede execute o plan contra España sen oposición" , dixo para a seguir proclamar: "Aquí facemos un debate, pero no cuarto do lado están a negociar os indultos". "Quedounos claro, Sr. Rivera. E... en fin... entendín a mensaxe", respondeu Sánchez na súa quenda de réplica. E iso foi todo, a réplica máis curta da historia dos debates de investidura. Con ese xesto o candidato socialista escenificaba o ninguneo a Rivera, á quen non concedeu na práctica estatus de interlocutor ao constatar o que calquera observador da política estatal tiña meridianamente claro antes do debate: que non existía a menor hipótese de que Rivera se fose abster para viabilizar catro anos máis de Sánchez na Moncloa. Porén, Sánchez non dubidou en se dirixir a Rivera para lle pedir que facilitase a formación dun novo goberno socialista. "Un liberal e un centrista non bloquea España", dixo o candidato do PSOE, quen afeou a Cs o seu achegamento á ultradereita de Vox.
NOS_42659
"Se te empezas atopar mal, chama o teu médico e que el valore se precisas unha PCR. Mentres, permanece illado". Esa foi a resposta que recibiu unha persoa que notificou o seu positivo cun test de antíxenos no seu domicilio. Un caso activo non é considerado como tal até que non é ratificado cunha proba PCR.
"Nestes intres todos os nosos operadores están ocupados. Por favor, volva intentalo máis tarde". Esa é a resposta automática que moitas persoas sospeitosas de portaren a Covid-19 están a atopar cando contactan co número de teléfono 900 400 116, habilitado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para atender as cuestións referidas aos contaxios. Na pasada cuarta feira, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciaba a incorporación dun novo servizo a través deste teléfono, destinado a atender as persoas que obtiveron un resultado positivo cun test de antíxenos realizado nos seus respectivos domicilios, a fin de notificalo e que a rede de rastrexo do Sergas as citase para se someteren a unha proba PCR que ratifique o contaxio. O obxectivo desta medida, dixo, é "dispor dun sistema áxil de citación e evitar a saturación dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e os hospitais", para liberar de carga de traballo, fundamentalmente, as e os profesionais da Atención Primaria. Mais, debido ao exponencial incremento da transmisión vírica das últimas datas, a realidade está a ser distinta. Nós Diario tivo acceso a diferentes testemuños, coma o de Pablo e Samantha, residentes en Compostela. Ambos os dous, conviventes, deron positivo no test de antíxenos que fixeron na súa vivenda na sexta feira. Após comunicalo —logo de varios intentos— ao sistema de rastrexadores, a rapaza, que tiña un cadro sintomático agudo, foi remitida ao seu médico de cabeceira, quen, á súa vez, lle deu cita para unha PCR ese mesmo día. Pablo, en cambio, aínda agarda a chamada do Sergas malia ter comunicado a súa situación e os seus datos de contacto. "Se te empezas atopar mal, chama o teu médico e que el valore se precisas unha PCR. Mentres, permanece illado", dixéronlle finalmente, en contra do anunciado polo conselleiro. Cómpre lembrar que, na súa comparecencia da cuarta feira, o responsábel de Sanidade acusara a mocidade de "ocultar" os seus contactos estreitos, malia que agora o propio sistema semella non contar cos recursos suficientes para facer o propio. Segundo puido constatar este xornal, a Xunta non contabiliza un positivo como caso activo até que é confirmado cunha proba PCR, polo que as persoas que son illadas após notificar un contaxio por un test de antíxenos non entrarían no cómputo global de non seren chamadas polo Sergas para ratificalo. O BNG pide máis rastrexadores A este respecto, a deputada do BNG Montse Prado anunciou nesta sexta feira que o conselleiro deberá comparecer en sede parlamentaria —a petición da forza nacionalista— para explicar as medidas que está a adoptar a Xunta durante a quinta vaga. "É inaudito que sigamos sen suficientes rastrexadores e se derive esa función a unha Atención Primaria sobrecargada ou se tente suplir esa deficiencia coa autoxestión nos test de antíxenos por parte da cidadanía.16 meses de pandemia e atopámonos con que a Xunta aínda non conta cun sistema de rastrexo eficiente", dixo, sobre un sistema que funciona "de un modo caótico, errático e sen coordinación".
NOS_38486
A editorial traballou nesta ferramenta durante o confinamento. Conta con fraseoloxía e topónimos. O seu acceso é gratuíto.
A editorial Rinoceronte, especializada en publicar obras traducidas ao galego, vén de facer público o primeiro dicionario dixital castelán-galego. A ferramenta, que xa se pode consultar de maneira gratuíta na súa páxina web, conta con abondosa fraseoloxía e topónimos. O seu editor, Moisés Barcia, xa participou xunto a outros autores do Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán Século 21 publicado pola Editorial Galaxia en 2007. "Aínda non está completamente puído, pero aquí tendes o primeiro dicionario castelán-galego online, con sinónimos, fraseoloxía e topónimos, de acceso gratuíto para todo o mundo", aseguraba nas redes sociais. Explica que "era un material de uso interno da editorial, pero pareceunos oportuno compartilo con todos". Ferramenta participativa Ademais anima a participar nel. "Se tendes algunha suxestión sobre o seu funcionamento ou vedes algún erro, facédenolo saber". Na web da editorial explican que este proxecto naceu durante o confinamento e logo decidiron poñelo en aberto. "Queremos que sexa unha ferramenta viva, que tentaremos ampliar e mellorar na medida do posíbel". Editorial especializada en obras traducidas ao galego Rinoceronte naceu en Cangas do Morrazo en 2005 como primeira editorial especializada en importar para a lingua galega a literatura estranxeira recente. Ten no seu catálogo varias coleccións con obras traducidas ao galego desde o xaponés, o húngaro, o islandés, o inglés, o italiano ou o francés.
NOS_8981
Falamos con Manuel González Moreira, médico e un dos portavoces de SOS Sanidade Pública, sobre a manifestación nacional que este 4 de febrero decorre en Compostela.
- Había tempo que non se convocaba una gran manifestación a nivel nacional. Si que as houbera comarcais, locais… Era hora xa dunha nova resposta a nivel galego ao que está a pasar na sanidade? - Houbo mobilizacións e respostas nas diferentes áreas sanitarias perante feitos concretos da administración que afectaban esas áreas. Mais agora hai un feito novo, a proposta de modificación da Lei de Saúde, que obriga a dar unha resposta a nivel nacional porque vai máis alá das propias áreas afectadas coa súa supresión. Esta lei unha das cousas graves que fai é modificar a distribución territorial do Sergas e remata con catro áreas sanitarias actuais. "Cédese a empresas privadas a capacidade de decidir en cuestións sanitarias" - Esa supresión non afecta só ás propias áreas atinxidas, ten efecto en todo o territorio… - Nós defendemos que ten que haber máis áreas, non menos. As áreas sanitarias son a estrutura territorial cunhas características determinadas, tanto por criterios de poboación, vías de comunicación, acceso, recursos sanitarios. É dicir, é un entorno xeográfico que ten unhas características propias e desde aí é onde se teñen que reclamar os recursos necesarios para a poboación desa área. É o ámbito desde onde se planifican os recursos, onde se deciden as necesidades… Entón, que estas desaparezan supón deixar unha parte do noso territorio, fundamentalmente o rural, sen esa capacidade de planificar os seus recursos, algo que vai pasar a facerse a outro nivel, por exemplo provincial. Así, supírimese a área da Mariña e pasa a ser xestionada a nivel provincial por Lugo. É un sen sentido centralizar todo en Lugo, pérdese proximidade nas tomas de decisión e tamén se centraliza. - Que entendedes que pretende o goberno galego con esta Lei? - Esta lei dá unha resposta errada a un problema que existe e vai recortar recursos dispoñíbeis. Estamos nunha situación evidente de falla de profesionais, motivada por unha mala planificación do persoal. Falta persoal médico mais tamén de enfermería,. Durante anos estívose maltratando o persoal da lista de contratacións e este foise marchando. E tamén en médicos de familia e pediatría estívose a formar menos médicos dos que se precisan. Agora a Xunta atopa que ten menos recursos e aposta en centralizalos entendendo que así vai xestionalos mellor, pero o que fai é privar de recursos á periferia. A resposta acaída sería reforzar os hospitais comarcais, definir como áreas sanitarias aquelas zonas que teñen características para selo. E nós defendemos as actuais mais tamén que outras como Verín, Barbanza… terían que ser áreas sanitarias. E ademais planificar a formación dos profesionais. "Estanse perdendo os valores da propia sanidade pública: equidade no acceso, a universalidade, o carácter redistributivo…" - A Lei de Saúde contén varias "bombas de reloxaría", non só o das áreas sanitarias… - Cando nós criticamos a Lei de Saúde facemos unha emenda á totalidade da política sanitaria do PP. O que fai esta lei é consolidar normativamente toda esa política sanitaria. Esta lei non fala de saúde, para nada. Esta lei consolida un modelo centrado na asistencia sanitaria e é unha lei que vai supoñer máis cartos para as empresas privadas, algo que tamén procura a lei de garantías sanitarias que establece prazos máximos que, se non se cumpren, derívase o doente á privada e co gasto corremos todas e todos. Abrir esta porta cando ti estás desmontando recursos humanos e materiais, o que fas é garantirlle negocio á sanidade privada, facendo que cartos que tiñan que ir a potenciar esa resposta da sanidade pública van á privada. É unha lei que é unha bomba de reloxaría para a sanidade pública. "Deixan que se debilite progresivamente a atención primaria, xa que aí non hai negocio" - Este goberno presentou a colaboración público privada como unha receita de éxito para a sanidade galega. Cal entendedes que é o resultado desta fórmula? - Supuxo unha descapitalización, dedícanse moitos cartos a financiar esa colaboración, a pagar a empresas privadas. Todo iso pago con diñeiro público. Ou sexa, descapitalizamos o sistema público e hipotecámolo para o seu futuro. E por outra banda cedemos a empresas privadas a capacidade de decidir en cuestións sanitarias. Así, a empresa concesionaria do novo Hospital de Vigo ao final fixo un hospital máis pequeno e con menos recursos do previsto. Fixo un hospital non de acordo ás necesidades da poboación senón dos intereses da concesionaria - E como se pode reverter todo iso? - Revertelo depende dunha decisión política - Cal é o estado de saúde da sanidade galega? - Estamos nun claro momento de risco. Estanse perdendo os valores da propia sanidade pública: a equidade no acceso á sanidade pública desaparece con esta reforma; a universalidade, rematouse con ela e parece que ninguén cuestiona que a sanidade pública ten que ser universal. Rematouse co carácter redistributivo que tiña, financiada con impostos… Atopamos que a máis prexudicada é a atención primaria, como aí non está o negocio deixan que se debilítase progresivamente. De feito, en todas as áreas sanitarias vemos como a perda de recursos en atención primaria xera listas de agarda, dificultades… E iso implica que se sobrecarguen os hospitais. Ademais, a atención primaria debería ter recursos para facer prevención da saúde e de enfermidades, aí é onde hai que facer o énfase, para non ter logo que tratalas. Pero, claro, aí non está o negocio, o negocio está en tratar enfermidades.
NOS_27914
A riqueza por cabeza dos galegos caeu 4 puntos desde 2008.
Doce son os puntos que separa a renda per capita dun galego a respecto da media española. Son 20.321 euros fronte 23.200, case 3.000 euros anuais menos. A renda per cápita galega é, así, o 88% da española. Desde 2008, ano que se sitúa como de inicio da crise, cada galego perdeu de media perto de catro puntos na súa riqueza. Son datos macroeconómicos mais que son ben perceptíbeis no día a día: empobrecemento salarial, perda de capacidade económica... Galiza, que é o sexto territorio do Estado español canto a total de volume de PIB (perto de 56.000 millóns de euros en 2015), cae, porén, até o posto décimo-segundo se medimos a renda per cápita. Mais a fenda non a temos só co Estado español, estamos tamén por baixo da media da Unión Europea. Os dados de Eurostat, a Oficina de estatística comunitaria dados a coñecer a mediados do presente ano, indicaban que se a media de renda per cápita na UE é 100, Galiza fica no 83% desa riqueza, o que significa 17 puntos menos. Por comparar cos territorios da nosa contorna, Castela-León acada o 89%, Asturias o 84% e Cantabria o 86 por cento. Se a comparación facémola con Euskadi (122%), Madrid (128%) ou Catalunya (111%) a diferenza é abismal.
NOS_42115
Após drse a coñecer o caso da cidadá que estivo 3 horas na Comisaría de Vigo para poder presentar unha denuncia en galego.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, propón a formación lingüística dos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado destinados na Galiza co obxectivo de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía. Así mesmo, instou o Executivo a actualizar os programas e plataformas de tramitación de denuncias e formularios para que estean dispoñíbeis en calquera das linguas oficiais do Estado español e mesmo que os axentes destinados ofrezan esa posibilidade á cidadanía. Despois de coñecer o caso dunha cidadá na Comisaría da Policía Nacional en Vigo, a formación nacionalista presentou no Congreso unha proposta para que se respecten os dereitos lingüísticos da cidadanía galega e do resto de territorios que teñen unha lingua propia. Neste sentido, a formación nacionalista lembra que a lexislación vixente ampara a cidadanía en cuestións lingüísticas: do Estatuto de Autonomía da Galiza até a Carta Europea das Linguas asinada polo Estado español. O BNG solicitou ao Ministerio de Interior, do que dependen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que envíe as instrucións precisas para que as e os axentes destinados en territorios con varias linguas oficiais ofrezan a posibilidade de realizar os trámites que deban cursarse en dependencias policiais na lingua da súa elección. Así mesmo, o deputado do BNG instou a actualizar os programas e plataformas empregados para que "todos os trámites e formularios poidan estar dispoñíbeis en calquera das linguas oficiais", dando as instrucións necesarias aos mandos para promoveren o uso das linguas oficiais distintas do español.
NOS_21817
Apunta cara á falta de apoios e á inestabilidade do Goberno de Pedro Sánchez.
O líder de Podemos considerou verosímil adiantar as eleccións xerais antes das municipais de maio de 2019 após sinalar a dificultade do Goberno de manterse sen ter aprobados os Presupostos Xerais do Estado. Nunha entrevista en Catalunya Ràdio, Iglesias asegurou que "sería o máis sensato [refírese ao adianto electoral] dado que o Executivo de Pedro Sánchez non ten estabilidade e conta con menos deputados [84] dos que tivo nunca ningún Goberno". Por outra banda, o PSC, para superar a crise catalana, suxeriu recentemente a apertura dun proceso que conduza á reforma da Constitución Española, así coma a elaboración dun novo Estatuto de Cataluña. Iglesias afirmou na entrevista que "un novo Estatuto de Cataluña é unha pantalla superada". Estas declaracións son de especial relevancia dado que a formación morada é o principal apoio parlamentario do Goberno socialista.
PRAZA_2626
NÓS-Candidatura Galega celebrou este domingo un Encontro Nacional Aberto que serviu para presentar os seus candidatos e candidatas
NÓS-Candidatura Galega celebrou este domingo ao mediodía no Pazo de congresos e exposición de Santiago de Compostela un Encontro Nacional Aberto que serviu para presentar os seus candidatos e candidatas ás eleccións xerais do 20 de decembro. Reivindicouse como "a única opción política 100% galega, libre de supeditacións a forzas estatais, que non se pon límites na defensa de Galiza en Madrid a partir do 20D". O acto, conducido por Xosé Lois González, o Carrabouxo, e por Isabel Risco, número dous da candidatura pola Coruña, contou coa participación de representantes de distintos colectivos sociais que levaron a cabo mobilizacións en defensa dos seus dereitos, como os estafados polas preferentes, emigrantes retornados, plataformas en defensa dos servizos públicos, entre outros. Entre as máis de mil persoas asistentes, figuraban todas as persoas integrantes da candidatura e responsables políticos das forzas que a apoian: BNG, PG, Foga, CG e PCPG. No acto recoñeceuse o labor desenvolvido nos últimos anos polas deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Dávila e Rosana Pérez, e tamén por Francisco Rodríguez, tamén homenaxeado No acto, ademais, recoñeceuse o labor desenvolvido nos últimos anos polas deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Dávila e Rosana Pérez, e tamén por Francisco Rodríguez, tamén homenaxeado, grazas aos que "Galiza tivo voz en Madrid", segundo se destacou nas distintas intervencións. Neste senso, Olaia Fernández Dávila salientou que "o BNG foi a referencia no Congreso dos colectivos esmagados polas políticas do PP". De igual xeito, Rosana Pérez afirmou que "temos que ir a Madrid para defender o que o goberno galego non defende". As protagonistas foron as cabezas de lista por cada circunscrición provincial: Carlos Callón (A Coruña), Carme Adán (Pontevedra), Olalla Rodil (Lugo) e Noa Presas (Ourense), ademais doutras candidatos e candidatas, ao Congreso e ao Senado, que foron pasando polo escenario para intervir sucesivamente. "Como muller, moza e galega aspiro a vivir en Ourense, no interior. Como muller, moza e galega acredito nunha realidade distinta pola que loito cada día e estou aquí para defendela", destacou Noa Presas. "Imaxinade o pais no que queredes vivir, é Galiza! Sentide o orgullo de pertencer a esta terra", afirmou Olalla Rodil. Pola súa banda, Carlos Callón subliñou que "non imos consentir que acaben co noso idioma, que o traten como un residuo tóxico" e engadiu que "non podemos permanecer impasíbeis vendo como nos rouban o noso país. Temos que deixar de ser a última carta da baralla". Finalmente, Carme Adán sinalou que "o noso futuro témolo que conquistar coas nosas mans" e destacou que a candidatura ten "a forza de homes, mulleres que tiveron soños para desexar outra Galiza". "Contra o machismo que mata, NÓS, estatuto de vítima de feminicidio, contra a falta de crédito para familias e empresas, NÓS banca galega", explicou Adán citando parte das propostas programáticas. "Contra aqueles que non creen no país, NÓS, orgullo de país, NÓS-Candidatura Galega", concluíu.
NOS_14512
A escritora ordense vén de gañar o IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente cun poemario titulado 'Culpable', "unha proposta poética moi arriscada", segundo o xurado.
Logo de acadar a finais do ano pasado o Torrente Ballester de novela (o máis suculento dos premios en galego), Eli Ríos acaba de gañar o López Abente de poesía por unanimidade do xurado, un recoñecemento que significa moito para ela porque "é un poemario moi arriscado na forma" e "quere romper coas formalidades que hai hoxe na poesía". Eli Ríos: "Vai contra esa xente que publica versos nas cuncas, versos tipo Paulo Coelho, positivistas, que pretenden vendernos que a poesía é iso". É máis, explica Ríos, "pretende ser unha bomba explosiva para dinamitar o sistema poético". E dispara: "Vai contra esa xente que publica versos nas cuncas, versos tipo Paulo Coelho, positivistas, que pretenden vendernos que a poesía é iso. Tamén contra a xente que colle versos das mulleres e os fai propios como se fosen públicos, sen citar. Contra os que queren que a poesía sexa só academicista e dunha elite, contra aquela xente que fai análises de poéticas dos libros de muller como se fosen biografías". O xurado -formado polos poetas Miro Villar, Serxio Iglesias e polo secretario da Fundación López Abente, Suso Sambade,- definiu a obra como "unha lúcida reflexión metapoética que cuestiona a enunciación do eu lírico, mesmo avogando pola súa anulación, e tamén a propia linguaxe, a través dunha complexa estrutura de verso longo e con pegadas de rupturismo e experimentación contracultural e vangardista". E tamén engadiu que 'Culpable' "achega unha deconstrución do verso ao tempo que se ofrece unha hibridación de xéneros, no que a poesía se transmuta en narrativa, dramaturxia ou ensaio lírico". Eli Ríos (Londres, 1976) publica este setembro en Xerais 'Luns', a súa primeira novela para adultos que resultou gañadora do Premio Torrente Ballester na modalidade de galego. E o poemario gañador do López abente, que supón un montante económico de 2.000 euros, tamén será publicado pola mesma editorial nos vindeiros meses. Será o seu sexto poemario publicado, ademais de dúas obras de literatura infanto xuvenil, xunto cunha biografía para crianzas de María Victoria Moreno. Ten acadado case unha decena de premios literarios, como o Concello de Carral, o Lueiro Rei, o Illas Sisargas, o Modesto Figueiredo ou o Rosalía de Castro, entre outros.
PRAZA_15837
Merece a pena ir máis alá, adentrarse no contido do libro, descubrir o que os primeiros capítulos teñen que contarnos e finalmente tomar a decisión de seguir lendo ou abandonar a historia na procura dun relato máis entretido.
"Non me importan as rastas, pero limpias e sen piollos". Debín escoitar mal, pensei mentres remataba de almorzar ó tempo que cambiaba de canal agardando atopar algo máis interesante. Pero alí estaba outra vez, a frase repetíase de novo e lograba espertarme do letargo no que aínda me atopaba. Mirei o televisor e as miñas sospeitas confirmábanse: a señora Villalobos decidira agasallarnos unha vez máis cunha desas perlas que non deixan indiferente a ninguén. Desta vez sorprendeume o inxusto daquelas declaracións, cargadas de menosprezo hacia un diputado polo simple feito de levar un peinado pouco común. O certo é que resulta paradóxico escoitar falar de limpeza a unha diputada do Partido Popular, o mesmo que nos últimos anos acolleu nas súas filas a un considerable número de políticos que demostraron estar faltos da máis importante das limpezas, a ética (véxase por exemplo o caso Bárcenas, Camps, Rodrigo Rato...) Quizais a señora Villalobos é desas persoas con tendencia a ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio. É de xustiza admitir que todos, en maior ou menor medida, emitimos con frecuencia xuízos que co paso do tempo resultan ser erróneos. Esta circunstancia é difícilmente evitable porque contamos cun cerebro que realiza avaliacións case constantes do seu entorno e moitas desas valoracións son precipitadas e non se axustan á realidade. Pero en todo caso hai formas e formas de xestionar este tipo de xuízos que todos facemos. Mentres as persoas prudentes deciden aparcalos a un lado e intentan coñecer o que hai detrás desa apariencia física; outras como a señora Villalobos deciden elevar ese tipo de xuízos á categoría de dogmas, o que provoca que actúen cunha manifesta intolerancia. Cando a persoa cae na trampa do pensamiento prexuicioso, cando lle outorga un papel protagonista a este tipo de crenzas mediocres, corre o risco de perder parte da súa identidade. É coma se en lugar de pensar por si mesma se vise poseída por un compendio de clichés e crenzas que toman o control e acaban manexando a conduta da persoa coma se dunha marioneta se tratase. Quizais o mellor antídoto contra este tipo de pensamento sexa seguir o consello dese sabio dito que nos recomenda "Non xulgar un libro pola súa portada". Pode que a todos nos veña ben lembrar de cando en vez a mensaxe que esta cita nos transmite. Cantas persoas interesantes teremos deixado de coñecer por culpa das primeiras impresións ou deses estereotipos que etiquetan ás persoas coma se de mercancías se tratase. Un corte de pelo, a forma de vestir ou a lingua empregada para comunicarse non son máis que rasgos superficiais, elementos que configuran a "portada" do libro pero que en absoluto determinan o contido deste. Merece a pena ir máis alá, adentrarse no contido do libro, descubrir o que os primeiros capítulos teñen que contarnos e finalmente tomar a decisión de seguir lendo ou abandonar a historia na procura dun relato máis entretido.
NOS_46687
A oposición carga contra o Goberno galego e exixe a comparecencia de Feixoo no Parlamento, mentres o sector hostaleiro celebra a decisión mais teme un posíbel fechamento.
Non tardaron en chegar as primeiras reaccións ante a suspensión por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) da norma que obriga a presentar un certificado Covid para acceder a locais hostaleiros e de lecer nocturno dos concellos con maior incidencia do coronavirus. O avogado Xoán Antón Pérez-Lema asegura a Nós Diario que ante este "erro de enorme gravidade" do Goberno galego cumpriría exixir as persoas responsábeis a "responsabilidade patrimonial" polos "grandes prexuízos" xerados. "A Xunta debe responder ante todos os negocios do país polos danos causados. Non será doado cuantificalos, mais tampouco imposíbel. Como é posíbel que entrase en vigor esta norma, que conculca dereitos fundamentais, sen lla comunicar ao TSXG?", sostén, e sinala como culpábeis tanto a Consellaría de Sanidade —cuxo titular é Julio García Comesaña— como a Consellaría de Xustiza —Alfonso Rueda—, xa que desta última depende a Asesoría Xurídica do Goberno. Resposta da Xunta Pola súa banda, o Goberno galego anunciou a súa intención de pedir de forma inmediata, esta sexta feira 13 de agosto pola mañá, ao Tribunal Superior autorización para poder exixir o certificado Covid para acceder ao interior dos locais de hostalaría nos municipios que estean en niveis alto e máximo de restricións. Dará este paso tras analizar os autos do TSXG. A hostalaría ve positivo o anuncio, mais teme un posíbel fechamento Lois Lopes, da Plataforma Galega en Defensa da Hostalería, celebra que o anuncio "dá a razón" a parte do recurso presentado polo sector contra esta medida. "Recibimos o auto con alegría e quedamos con que a norma estivo vixente de forma ilegal durante tres semanas. Agardamos que o TSXG siga os pasos de Canarias ou Andalucía, onde xa se suprimiu esta exixencia, e cremos que pola actuación da Xunta cumpriría pedir responsabilidade patrimonial e mesmo política", afirma a este xornal. Aliás, Lopes apunta a unha posíbel "cuestión de mala fe" por parte do Executivo galego, ao ter remitido ao alto tribunal a orde publicada no Diario Oficial da Galiza (DOG) o 21 de xullo, que non recollía esta medida, e incluír a mesma na orde do día seguinte, sen chegar a enviala para a súa aprobación. Pola súa banda, Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, indica: "Agora hai dúas opcións, que nos obriguen a fechar ou seguir abertos co risco de que as e os clientes non queiran vir pola falta das garantías sanitarias que se lles ofrecían antes. O único que queremos é poder seguir traballando". Feixoo non tiña "dúbidas xurídicas" sobre a aplicación desta norma No cumio de presidentes decorrido en Salamanca o pasado 30 de xullo, o mandatario galego, Alberto Núñez Feixoo, defendera a aplicación desta obriga no conxunto do Estado, e afirmara non ter "ningunha dúbida xurídica" sobre a súa viabilidade a nivel legal. "Consultamos a Asesoría Xurídica e entendemos que a lei xeral de sanidade e a lei de pandemias galega posibilitan que adoptemos esta decisión sen un amparo xudicial previo", sentenciou, nunha recente entrevista concedida a Europa Press. Polo de agora, a Administración galega garda silencio e aínda non anunciou que pasos dará após coñecer estes autos xudiciais. Exixen a comparecencia do presidente na Cámara O deputado do BNG Ramón Fernández adiantou esta tarde que a súa formación demandará na Deputación Permanente do Parlamento galego a comparecencia do presidente da Xunta para que ofreza explicacións sobre esta "chapuza" que, dixo, "vén a dar a razón ás voces que denuncian que o Goberno segue na máis indignante improvisación, falta de sensibilidade e de empatía co sector". "A hostalaría precisa certezas e axudas, non pode ser que a Xunta cause máis estragos que o propio virus", concluíu. Noutra orde, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, expresou: "Os xuíces din que a Galiza ten un goberno chapuza que salta os dereitos fundamentais da cidadanía sen pedir autorización xudicial. Precisamos un goberno que non cree problemas, senón que os solucione".
NOS_33615
Brais Barcia, de Médicos do Mundo, participa esta cuarta feira en Compostela no acto 'Galiza solidaria coas persoas refuxiadas', organizada polo BNG. "Non acollelos é unha decisión simplemente política, que non procuren outras xustificacións", insiste.
O acto "Galiza solidaria coas persoas refuxiadas", que decorre esta cuarta feira ás 20:00 horas no café SCQ (rúa das Orfas, Compostela) contará coa participación da portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, do antimilitarista Xesús Domínguez e do secretario de Médicos do Mundo, Brais Barcia. Falamos con este último. O acordo da UE e Turquía está cada vez máis en entredito, con acusacións de escasa legalidade... Non é de estrañar. Dúbidas sobre este tratado, todas. E sobre o que acontece nos campos. Un exemplo; na documentación que se lles entregaba no campo de Moria (Lesbos) ás persoas que chegaban informábaselles de que tiña dereito a tradutor e avogado. Non os había. Así se actuaba. E as persoas voluntarias tentaban suplir iso, facendo de tradutores e de avogados. "Os poderes insisten en diferenciar entre sirios e non sirios, e iso unicamente para non recoñecer ningún dereito a estes segundos" Un tema a destacar é como se intenta diferenciar entre refuxiados sirios e refuxiados que non son de Siria, cando a guerra non afecta só a sirios, é algo que se estende por máis zonas. E faise a diferencia unicamente para non recoñecer ningún dereito aos que non son sirios. As persoas que procuraban refuxio non están só en Grecia, hainas tamén en máis territorios, como Serbia, onde lles colleu o feche das fronteiras. Que condicións están a padecer? Unha compañeira acaba de chegar de alí, do campo de Moria. Antes do 20 de marzo [data de sinatura do acordo entre UE e Turquía] había un punto de rexistro na entrada ao campo. A xente que chegaba inscribíase e recibía unha primeira atención. Alí atopas de todo, claro, desde xente que sufriu amputacións após cruzar Irán a pé até menores que chegan sós porque nalgún punto do camiño ficaron afastados das súas familias. MSF e Acnur xa non prestan axuda en campos... Os campos de refuxiados pasaron ser campos de detención, non é que non esteamos e que, por dicilo dalgunha maneira, botáronnos. Non só a ONGs senón tamén a moitos voluntarios que estaban "sen ataduras"... A xente neste país vai moi por diante das institucións. Desde voluntarios que, pola súa conta e risco marcharon para os campamentos a axudar, até colexios que se puxeron a organizar recollidas de alimentos con enorme éxito Pode a desesperación anegar os campos de refuxiados? Cando un bote chegaba a Lesbos, e as persoas ían rexistrarse ao campo, chegaban coa impresión de que en parte chegaran á meta, a Europa, pensaban que chegaban á solución. E iso malia que tiñan certa información sobre o que podía pasarlles, mais eles crían que estaban no comezo de que as cousas fosen a mellor. E era descorozonador velos cando se decataban que non era así. En Moria hai máis de 2 mil persoas presas, que chegaron após a entrada en vigor do acordo, entre elas, crianzas, o que é ilegal segundo o Dereito Internacional. Bon, a legalidade brilla pola súa ausencia en todo isto. Antes do acordo, os menores sen acompañamento eran levados a un campo distinto. Despois de dúas semanas alí, deixábanos marchar. Imaxínate a situación. Despois do acordo, empeorou todo. E como valorades o papel dos gobernos da UE? A compañeira que estaba nun dos campos dicía o desesperante que era non ter sequera mantas para cubrir esas persoas que viñan pedir refuxio. Iso dío todo. Miles de millóns para o acordo con Turquía, mais despois nada para medidamentos cos que curar unha simple gripe neses campamentos. O que hai que denunciar é que todo isto é unha decisión política. A Unión Europea non presentou nin un só dato económico que diga que é inviábel acoller estas persoas. Ese argumento insistente, cansino... de que non se pode, que é inviábel... non está contrastado por un só dato obxectivo, nin un presentaron. É unha decisión política que adoptan e xa está. Hai que lembrar que Canadá ou Australia acollen refuxiados e as súas economías non se afunden, verdade? E a a resposta social que se está a dar, como valorades esa actitude popular? A xente neste país vai moi por diante das institucións. Desde voluntarios que, pola súa conta e risco marcharon para os campamentos a axudar, até colexios que se puxeron a organizar recollidas de alimentos con enorme éxito. Esta resposta dá folgos, comprobamos que si, que outro mundo é posíbel. Na Galiza a xente estase a implicar moito, eu creo que máis que no resto do Estado? Por que? Pois non sabería dicir, quizás porque moita xente da que foi aló nun principio foi quen de trasladar o seu testemuño aquí. Pero o certo é que estamos alucinando coa resposta. Cando se dan estes estoupidos de solidariedade, algo importante é canalizalo, que non fique en nada cando pase o momento máis álxido. E é importante non perder de vista que a solución é política.
NOS_58546
Nuccio Ordine presenta A utilidade do inútil esta quinta feira ás 19:00 na Facultade de Filosofía de Compostela nun acto no que o autor estará acompañado do profesor de Historia da Educación, Antón Costa e do director de Kalandraka, Xosé Ballesteros. A seguir a entrevista reproducimos a entrevista publicada con el no semanario en papel nº155.
Especialista no Renacemento, ensaísta e profesor da Universidade de Calabria, Nuccio Ordine propón en A utilidade do inútil, un manifesto na defensa do saber e, en especial, dos coñecentos que, en principio, transitan á marxe do utiitarismo e a lóxica dos beneficios económicos. Reivindica, por iso, un ensino que contemple os saberes humanísticos que, ao seu ver, son garantía na loita contra a corrupción e pola democracia. Os manifestos son textos que nacen cun obxectivo. O seu é a defensa da filosofía e outros saberes humanísticos e científicos. Están nunha situación de perigo? Creo que estamos nunha situación de perigo. Cada vez máis, na nosa sociedade conta só o beneficio. Cando os gobernos elaboran os orzamentos, os recortes caen sobre cousas que consideran inútiles. E onde se recorta? Pois recórtase na escola, na universidade, na investigación científica, nas escavacións arqueolóxicas, nas bibliotecas, nos conservatorios e nos grandes arquivos de Estado. É dicir, en todas as cousas que non dan un beneficio económico inmediato. Cousas que, finalmente, se consideran inútiles. Por iso o manifesto é un berro de alarma, unha chamada á defensa. Temos que reaccionar e temos que intentar impedir que esta ideoloxía nefasta poida destruír estes saberes, considerados inútiles, como a literatura, a música, a filosofía, a arte... Todo o que significa cultura en xeral... A escola, a educación, a universidade. Porque son saberes dos que a humanidade ten necesidade. "O manifesto é un berro de alarma, unha chamada á defensa. Temos que reaccionar e intentar impedir que esta ideoloxía nefasta poida destruír estes saberes, considerados inútiles, como a literatura, a música, a filosofía, a arte..." Cal é entón a función hoxe, poñamos por caso, da filosofía? Nun mundo coma o noso, no que un mozo que ten que matricularse na universidade ou no instituto, a primeira cousa que che pregunta é "para que me vai servir o latín ou o grego"? Ou "para que me vai servir a literatura ou a filosofía"? Fronte a estas preguntas, un pode responder exactamente como faría Aristóteles: que estes saberes non serven para un obxectivo servil, senón que o obxectivo que teñen é facernos ser homes e mulleres libres, capaces de dicir non; homes e mulleres anticonformistas. Porque só o saber pode facilitarche unha conciencia crítica e, xa que logo, unha capacidade de poder afrontar as cousas do presente e propoñer novas solucións. Vostede é moi crítico coas reformas dos planos de estudo que cernan a presenza das humanidades. Como convencería a un goberno para que mude esa dirección no ensino? Teríamos que ver as alternativas que toman os países tecnoloxicamente máis avanzados. Pensemos en Corea do Sur, que nestes momentos está facendo un grande investimento nas ciencias humanas. Por que? Porque entenderon ben que o progreso científico e tecnolóxico está indisolublemente ligado a un aspecto importante do pensamento, que é a creatividade. Non é casualidade que nas universidades de Oxford e de Cambridge os licenciados atopen traballo sen problemas na City [de negocios] de Londres, onde se prefire a estes licenciados antes ca aqueles que saen das grandes escolas de Economía. O elemento creativo é un elemento fundamental e importante, por iso as materias humanísticas teñen que potenciarse. Como explicaba Einstein, o drama é que a escola e a universidade non deben formar soamente profesionais; deben formar sobre todo persoas libres, que teñan capacidade de raciocinio, que poidan pensar coa súa propia cabeza. O saber fainos mellores, afirma. Das universidades terían que saír persoas boas? Por desgraza, actualmente, as universidades e as escolas teñen unha consideración empresarial. Significa que hai un xerente, un presidente, un reitor, que deben conseguir cadrar as contas e, sobre todo, deben achegar unha serie de servizos para acadar o obxectivo que os clientes desta empresa perseguen. E quen son os clientes? Os estudantes. O deber da escola non é preparar individuos en serie, persoas que repitan coma papagaios as mesmas cousas, como parecen pretender as últimas reformas lexislativas. Nós, en cambio, o que temos é necesidade de crear indivuos líbres, heréticos, que se arreden da senda oficial. Outórgalle ao coñecemento a condición de resistencia fronte á corrupción. Interesa por iso a quen se aproveita do poder non o fomentar? Creo que a corrupción non se pode combater só coas leis. As leis axudan, pero a corrupción só se pode combater formando os mozos e as mozas na adopción dos grandes valores que manteñen viva a sociedade: a xustiza, a solidariedade humana, a tolerancia. Se só formamos mozos e mozas no culto ao diñeiro, é normal que logo, quen se atope nunha situación de poder, se aproveite deste poder para deixarse corromper. "Se só formamos mozos e mozas no culto ao diñeiro, é normal que logo, quen se atope nunha situación de poder, se aproveite deste poder para deixarse corromper". Se vemos o que está sucedendo hoxe, cando nos din que xa non hai diñeiro abondo para a educación, a cultura, o teatro... É unha gran mentira. O Tribunal de Contas italiano dinos que gastamos 60 mil millóns anuais en corrupción e 180 mil millóns en evasión fiscal. Bastaría simplemente con formar personas de ben para ter un dos países máis ricos do mundo. Nese sentido, os recortes na educación e na cultura atentan contra o propio concepto de democracia? Non hai dúbida. O discurso que pronunciou Victor Hugo na Asemblea Xeral francesa no século XIX é tremendamente actual. Di que, precisamente nos momentos de crise económica, e dos valores, e da moral, coma os que estamos vivindo nos nosos días, é cando os recursos para a escola e para a universidade teñen que redobrarse, non recortarse. Victor Hugo dános a entender que o crecemento cultural significa automaticamente crecemento cultural, e crecemento da civilización e da democracia, porque son cousas que van unidas, unha é consecuencia da outra. Nun mundo egoísta, no que cada un pensa en si mesmo e na súa propia familia exclusivamente, é normal que os vínculos de solidariedade e de democracia se perdan e se disolvan dentro do propio país. Que non se poida mercar outórgalle un poder revolucionario e resistente ao saber? Estou convencido de que si. Polo menos, por tres boas razóns: o saber é unha forma de resistencia ao utilitarismo. O milagre é que eu podo entrar na clase e podo ensinar o teorema de Pitágoras sen perdelo. Que significa isto? As leis do mercado son leis nas que sempre hai unha perda e un beneficio. Se vou mercar un coche, perdo o diñeiro e levo un coche.No saber, en cambio, non só se enriquece quen recibe, senón tamén quen dá. A segunda razón é que co diñeiro pódese mercar todo, agás o saber, o coñecemento. O saber esixe un esforzo persoal que ninguén pode facer no teu lugar. O diñeiro non compra o saber, por tanto, podemos dicir que o saber é unha forma de resistencia. O terceiro exemplo, que é o mais fermoso, ofrécenolo un premio Nobel: o dramaturgo irlandés George Bernard Shaw. Imaxinemos que dous mozos galegos saen da casa cada un cunha mazá. Chegan á escola, intercambian as mazás e volven pola tarde á casa cunha mazá. Mudemos agora de escenario. Imaxinemos dous mozos galegos que saen da casa cada un cunha idea. Chegan á escola, intercambian as ideas, e volven á casa pola tarde cada un con dúas ideas. Isto quere dicir que o saber non empobrece a ninguén, máis ben enriquece sempre a todos os actores do saber. A globalización está a levar non só ao imperio do "útil" senón tamén, no ámbito cultural, á primacía dunha cultura única que acaba tamén co saber? Dende logo. Moitos pensadores sentiron horror ante a perspectiva de ter un mundo monolingüe. Un mundo cunha soa relixión, un mundo cunha única cultura.Sería perigoso porque non existiría a dialéctica, nin a pluralidade, nin o intercambio, nin a discusión. En cambio, os grandes filósofos entenderon a diversidade de linguas e de culturas, de comidas, de vestiarios como unha riqueza; non como un obstáculo para o crecemento da humanidade. A entrevista con Nuccio Ordine saiu publicada no número 155 do semanario Sermos Galiza canda un adianto editorial do libro.
NOS_58558
É sexta feira. Coma cada semana, eis a crítica que nos achega Andrés Castro. Desta volta arredor do filme dirixido polo cineasta estadounidense, Spike Lee.
OLD BOY Ano: 2013 Duración: 104 min. Nacionalidade: Estados Unidos Director: Spike Lee Guión: Mark Protosevich Fotografía: Sean Bobbitt Música: Roque Baños Reparto: Josh Brolin, Sharlto Copley, Samuel L. Jackson, Elizabeth Olsen, Michael Imperioli, James Ransone, Lance Reddick, Pom Klementieff, Victoria Geil SINOPSETras unha mala noite de alcohol Joe Doucett (Josh Brolin) esperta nunha habitación da que non pode saír sen saber ónde se atopa nin por qué está retido. Permanece encerrado durante 20 longos anos nos que escribe cartas mentres exercita corpo e mente. Un día o liberan sen motivo aparente e comeza unha obsesiva busca por atopar aos responsables do seu cativerio. CRÍTICACando se estrea un remake non se pode evitar pensar na falla de ideas de Hollywood. E cando faise dunha película coreana de seguro que ven á mente a famosa adaptación de Martin Scorsese ("Infiltrados"), gañadora de varios Óscars, que adaptaba a súa vez outra película surcoreana de grande éxito ("Infernal Affairs"). Non hai que chegar a recorrer á comparación Scorsese–Spike Lee, xa que o director da orixinal "Oldboy", Park Chang-wook, ten a suficiente entidade e categoría no panorama internacional e tamén varios premios en Cannes, Sitges e outra morea de festivais ás súas costas. Aquel "Oldboy" de 2003, que á súa vez adaptaba un famoso manga, completaba unha peculiar triloxía sobre a vinganza (xunto con "Sympathy por Mr. Vengeance" e "Sympathy for Lady Vengeance"), e ao mesmo tempo convertía ao director surcoreano nunha entidade cinéfila propia a ter moi en conta. Despois veu "Son un cyborg" e, xa en Hollywood, "Stoker"; auténticas marabillas que rompen co modo narrativo establecido. Spike Lee ten feito tamén xoias coma "Summer of Sam" ou "A última noite", pero levaba un par de lustros enlamado en filmes para televisión e documentais, así que non hai que ser moi espelido para decatarse que con este remake de encargo pretendeu saír desa dinámica como medida de retorno á palestra do cinema. Unha boa historia apenas coñecida polo gran público non era a priori unha mala elección. Tamén rodeouse dun equipo técnico contrastado: guión de Mark Protosevich ("A cela" de Tarsem Singh), fotografía de Sean Bobbitt ("12 anos de escravitude") e música do murciano Roque Baños ("Cela 211"). Pero o conto non lle saíu coma pensaba. Salvando as distancias, pásalle algo parecido ao que lle pasou a Gus van Sant cando tratou de adaptar "Psicose" en 1998. E repito: salvando as distancias… De facto os remakes soen ser absolutamente innecesarios, pero hai algúns en concreto que se antollan arriscados de máis por creren que van superar o orixinal. Iso destapa certa presuntuosidade por parte de certos directores que deciden abordar empresas de tal calibre. Spike Lee veuse coa suficiente confianza, iso hónralle, pero non atinou coas formas. A súa reinterpretación da historia perde á sutileza e o gancho da orixinal e se achega máis ao thriller tipicamente americano. Fai unha exercicio de estilo deconstruído como se fora un grande chef, pero quédalle unha simple hamburguesa con patacas: delicatessen convertida en comida rápida. Ben é certo que haberá xente que non coñeza a película orixinal de Park Chang-wook. Neste suposto o filme pareceralles interesante, a pesar de certa dirección incriblemente torpe que a veces parece máis un anuncio de Google ou iPhone. Ten un final que sorprende e loxicamente a historia que conta é suficientemente boa como para entreter. En calquera caso a pretendida interpretación abafante de Josh Brolin, que fai dun home que pasa case 20 anos encerrado nunha habitación, non chega a transmitirse na pantalla. Samuel L. Jackson, de carceleiro, está de traca cunha pintiña máis para a súa peculiar galería de caracterizacións. E a Sharlto Copley ("Elysium") cáelle un papel de malo do ceo que rexeitou xente coma Christian Bale ou Clive Owen. Sae tamén a irmá das xemelgas Olsen que, xunto con Copley, son do máis destacado do filme, por destacar algo. Obra de culto convertida en aceptable thriller para padais pouco esixentes. Spike Lee cumpre expediente e tampouco se lle pode esixir máis. Pasou practicamente desapercibida pola carteleira, pero ben vale se serve para que alguén se interese polo "Oldboy" de Park Chang-wook (e de paso toda a súa filmografía). Iso si, as comparacións son odiosas.
NOS_35016
Esmagadora maioría a prol dunha Galiza soberana na sondaxe de Sermos sobre o status político que debe ter o país. 17 por cento estaría por unha Galiza con máis autogoberno dentro dun Estado español federal. A participación no inquérito foi alta, 1.908 persoas.
1.544 (80,9 por cento) emitiron o seu voto no inquérito de Sermos a prol dunha Galiza soberana, en tanto que 326 o fixeron en favor dun país con máis autogoberno no marco dun Estado español federal. A opción continuista, a de se manter Galiza dentro do actual Estado das Autonomías, apañou apenas 28 votos, 1,4 por cento. Manifestaron non teren unha opinión formada só 10 persoas, 0,5 por cento das que participaron na sondaxe. O inquérito tiña como orixe o debate tido no Sermos polo ex conselleiro e ex secretario xeral do PP Xesús Palmou e o ex parlamentar do BNG e presidente da Fundación Galiza Sempre Francisco Jorquera.
NOS_10999
Unha camiñada para achegarnos ao cume do monte da Vela, un dos puntos panorámicos máis destacados da Costa Ártabra, de enorme interese paisaxístico, xeolóxico, biolóxico e histórico.
O monte da Vela, tamén coñecido como Monte Faro ou Alto do Campelo, é o punto máis elevado da costa de Valdoviño, con case 250 m sobre o nivel do mar, ao que cae case en vertical. Un cabo rochoso que se estende entre a praia de Campelo e a punta Bieiteiro (Lavacerido), con cantís case inaccesíbeis nun tramo de litoral no que hai numerosos saíntes e illotes: Punta Campelo, o Centolo, Pena Branca, Punta Fontes, O Castelo... A parte alta do monte está cuberta por un mato de toxo mesto, pero ten camiños polos que se pode acceder aos puntos máis destacados. Paraxe: Costa Ártabra / Concello: Valdoviño / Percorrido: 7,5 km / Dificultade: Media Toda esta costa está protexida no LIC/ZEC "Costa Ártabra" e na ZEPA "Costa Ferrolterra-Valdoviño". Desde os cumes abránguense panorámicas de toda a contorna, de todos os saíntes da liña litoral, entre o cabo Prior e a punta Chirlateira, e da chaira interior, os vales de Meirás e de Valdoviño, que drenan os regos que desaugan na praia e na lagoa da Frouxeira. Unha parte do espazo dos cumes, e case a única pola que podemos movernos, está ocupada polos restos de antigas instalacións militares, das que se conservan diversas estruturas. Até comezos do ano 1940 este monte formou parte do sistema defensivo da costa e contaba cun dos canóns máis potentes da Península Ibérica. Hai dúas posibilidades de facer este roteiro: unha de 7,5 km, ida e volta, desde a praia do Río, de Meirás, por Lavacerido, desde onde un camiño de bastante pendente que vai gañando altura preto da beira do cantil, e pasando ao pé de diferentes plataformas nas que se asentaban as pezas de artillaría, enlaza logo co que sobe desde Montefaro; ou pola subida natural desde Montefaro, de 1 km menos e coa posibilidade de poder facelo en coche, aínda que a partir da metade, onde hai un alargo e a pista fai unha volta fechada á esquerda -que tamén é o punto no que enlaza o camiño que sobe da praia de Meirás-, debemos aparcar e deixalo porque de aí en diante os toxos, que medran en liberdade, a maiores de produciren un son pouco agradábel ao contacto coa carrozaría poden deixar máis dun sinal na pintura; e camiñando achegarnos á beira do cantil para ver a paisaxe desde arriba ou para baixar até as plataformas das pezas artilleiras, co que igualamos a distancia que se percorre indo por un ou por outro lado. Para facer a ruta a pé non hai problema porque o camiño, con bo firme, conserva amplitude suficiente para o paso de persoas ou bicicletas. A subida ao cume é un pouco máis estreita e menos regular, pero ándase con facilidade.
NOS_57953
O músico galego vén de ser seleccionado entre os 15 finalistas deste galardón, neste caso na categoría de disco do ano.
"Embruxo", o disco de músico de Catoira Alejandro Guillán -máis coñecido para o gran público como Baiuca-, vén de ser nomeado a mellor traballo discográfico do ano nos Premios Ruído 2021. A nova transcendeu na tarde desta terza feira, cando saíron as candidaturas á VII edición deste certame. "Embruxo", baixo o selo de Raso Estudio, é un dos 15 álbums seleccionados polo xurado. Así, Baiuca medirase ás propostas musicais de Alizzz; Califato 3/4; C. Tangana; Derby Motoreta's Burrito Kachimba e Kiko Veneno. Tamén terá que competir na mesma categoría con Kokoshca; Maika Makovski; María Arnal i Marcel Bagès; Morgan; Quique González; Rufus T. Firefly; Soleá Morente; Vetusta Morla e Zahara. A partir de agora comeza a fase de votación nos premios para elixir o mellor proxecto. A data límite é o 30 de decembro, mais Guillán xa pode presumir de ter colocado o seu segundo disco entre os mellor valorados pola crítica. En @binauralblog eligen "Embruxo" de @baiucamusic como uno de los mejores álbumes del 2021 a nivel global: "el productor consolida ese rol de mediador de lo tradicional que le ha venido dado con el tiempo, estableciendo puentes entre generaciones" 🙏 https://t.co/r4gKO2C7FX— raso. (@RasoEstudio) December 14, 2021 Por exemplo, @banauralblog destaca o papel do produtor para conectar o tradicional e o novidoso. Aliás, o público tamén respondeu coa compra de entradas para os concertos. E mesmo están xurdindo as participacións da equipa en foros creativos internacionais. En "Embruxo" hai unha convivencia da música tradicional galega coa electrónica. Ao longo dos temas, pódense atopar colaboracións con Rodrigo Cuevas, o grupo de pandereiteiras e cantareiras Lilaina, o flautista Cristian Silva e o percusionista Xosé Lois Romero.
NOS_33291
O Consello Galego de Colexios de Medicina sinala que deixar persoal en formación a cargo das tarefas sanitarias dos PAC sen supervisión vai en contra da lei, así como da seguridade do propio persoal en formación e dos pacientes.
O Consello Galego de Colexios de Medicina asegura que un Médico Interno Residente (MIR) no seu último ano de formación da especialidade de Medicina familiar e comunitaria non pode realizar gardas como médico asistencial nun Punto de Atención Continuada (PAC), tal e como expón a Xunta da Galiza. Perto de 1.500 persoas percorreron as rúas de Ponte Caldelas en defensa dos servizos sanitarios "Actualmente non estamos nun estado de alarma (que puidese xustificar a adopción medidas excepcionais en materia de recursos humanos). Por tanto, durante as gardas o MIR realizará labor asistencial directa nos PAC acreditados, pero coa supervisión presencial dos médicos adxuntos", sinalan. Alegan que en urxencias se atenden pacientes con todo tipo de patoloxías, o que obriga a que os médicos que desempeñan o seu labor asistencial "teñan non só os necesarios coñecementos, senón tamén capacidade para estabelecer prioridades e tomar decisións clínicas de forma inmediata". O Consello pon o foco no punto 4.4 das instrucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) sobre medidas urxentes e excepcionais dirixidas a garantir a dispoñibilidade de persoal sanitario nos Puntos de Atención Continuada que indica que durante os meses de xullo, agosto e setembro, os MIR R4 -de último ano- estarán a disposición para a realización de gardas dos PAC, se fose necesario. Dimite o xefe do servizo de Medicina Interna do CHUS pola sobrecarga asistencial No caso de que profesionais teñan que realizar unha saída por unha atención fóra da PAC, o MIR quedará no centro e avisarase a Central de coordinación de urxencias sanitarias da Galiza 061 para colaborar mentres o MIR queda só na PAC", xa que, como se apunta tamén no Plan, o residente deberá estar supervisado por outro facultativo. A este respecto aseguran que "deixar só ao MIR nun PAC vulnera claramente a Lei de Prevención de Riscos Laborais" por ausencia dunha avaliación dos riscos para a seguridade e saúde do persoal laboral. "Tampouco pode substituírse a supervisión presencial dun médico ao MIR pola colaboración telefónica do 061", puntualizan. "A normativa aplicábel sinala, claramente, que o residente ten dereito a coñecer aos facultativos presentes na unidade na que preste servizos para poder recorrer e consultar aos mesmos cando o considere necesario", detallan. En risco a formación do persoal residente Recalcan ademais que para exercer como facultativo en atención primaria no Sergas é "indispensáblel" posuír o título oficial de médico especialista en Medicina familiar e comunitaria, "e é evidente, que un MIR R4 aínda non o ten". O Consello apunta ademais o carácter formativo da relación entre o Sergas e o residente, "cuxa práctica laboral está suxeita a un programa definido de aprendizaxe e adquisición de competencias que, á súa vez, debe estar oportunamente supervisado ou tutelado". SOS Sanidade Pública presenta unha ILP para "revitalizar a Atención Primaria" "Esixir a un MIR realizar gardas como médico asistencial nun PAC, sen supervisión, supón expolo a unha eventual responsabilidade penal por devandito desempeño ante casos de mala praxe", apostilan. Por último, no comunicado deslizan a sorpresa de que á Administración galega non lle sorprenda que os MIR de Medicina de familia "ou se vaian após realizar a súa especialidade ou que renuncien a esta aínda sacando praza, a xulgar polo trato que a mesma ten cara a estes especialistas". "En resumo, incúmprense as bases do programa docente dos residentes pondo en perigo a súa formación, a calidade asistencial e a seguridade de profesionais e pacientes", conclúen.
NOS_15066
Afectad@s do Salnés levaban desde comezos de ano nun peche por quendas na Casa do Concello. "Vai ser unha Semana Santa quentiña", advirten desde as plataformas de estafad@s, "non imos dar tregua a quen nos rouba"
A primeira hora da mañá un grupo de axentes da Policía Local entraban na Cada do Concello de Sanxenxo para desaloxar aos cinco estafad@s polo calote das preferentes que iniciaban unha folga de fame. Desde comezos de ano, afectados polo calote fan quendas na Casa do Concello desta vila pontevedresa protagonizando un peche para demandar a devolución íntegra dos aforros. Até o de agora, o goberno local permitía esta protesta. Mais o PP semella optar agora pola vía dura, como demostra a aposta pola opción policial. José Manuel Vázquez, un dos desaloxados pola Policía e responsábel da Plataforma do Salnés, criticou duramente a actitude da alcaldesa de Sanxenxo, do PP, e solicitou o apoio da cidadanía "porque non só somos nós os prexudicados por este calote, senón todos. Eses eran cartos que se ían gastar no comercio,...". Vázquez xa anunciou que as mobilizacións e protestas van seguir e advirte que a xente "está moi,pero quemoi cabreada" Pleno convulso O desaloxo dos afectados prodúcese horas despois do tormentoso pleno municiapl de Sanxenxo, que finalizou coa alcaldesa, Catalina González, abandonando o Concello con protección policial. Sanxenxo, pois, é máis un concello a onde os e as estafadas polo calote están a transladar as súas protestas, socializando así o sofremento que viven milleiros de galeg@s. Na xornada de onte, os e as estafadas polas preferentes obrigaron a suspender cinco plenos municipais, entre eles o de Salvaterra, As Neves ou Gondomar.
NOS_28407
A xornada de folga convocada no ensino contra a Lei da Wertgoña baleirou os centros educativos e encheu as rúas baixo a palabra de orde de "o ensino é un dereito, non un privilexio"
Ao ministro Wert hanlle ranxer os ouvidos esta cuarta feira co clamor que percorreu Galiza contra o seu decreto, ao que a comunidade educativa considera "mercantilizador e españolista". A folga no ensino tivo un seguimento masivo, ao igual que as manifestacións que se realizaron en cidades e vilas de Galiza. Alumnos, persoal docente e familias uníronse para defenderen un ensino público, galego e de calidade. "O ensino é un dereito, non un privilexio" foi unha das palabras de orde máis coreadas, nunha mobilización que contou co apoio de sindicatos e forzas da oposición. Haberá ampliación.
NOS_6584
Adtlántida.tv está feita con software e contidos libres e parte da lóxica comunitaria da experimentación. Está activa unha campaña de crowdfunding para facer posíbel o proxecto
Adtlántida.tv (nome resultante do prefixo latín ad, en dirección a; e a illa lendaria da Atlántida) é un sistema de radiotelevisión libre para emitir en directo e consultar material de audio e vídeo. A súa rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles permite poder emitir e consultar material audiovisual en calquera momento e desde calquera lugar. E sempre empregando dispositivo libre. A interface estará dispoñíbel en galego, en español e en inglés. O proxecto conta co apoio da Universidade Libre de Andalucía. A interface estará dispoñíbel en galego, en español e en inglés Adtlántida.tv diferénciase doutros servizos (Vimeo, Ustream,...) en que só emprega ferramentas libres (Icecast en servidor Linux, apps para android,...) e na cominación nun mesmo servizo comunitario de live streaming e a demanda, para alén da liberdade de contidos, sen censura, e a ausencia de publicidade. Está activa unha campaña de crowdfunding para facer posíbel o proxecto, na que podes colaborar aquí
NOS_22008
As e os traballadores de Navantia e das empresas auxiliares volveron manifestarse esta quinta feira para exixir que se negocien novos contratos que garantan o mantemento dos postos.
A comarca de Ferrol, e máis concretamente o sector do naval, volveu lanzar esta quinta feira un berro desesperado exixindo carga de traballo para uns estaleiros que, do contrario, van acabar reducidos á mínima expresión. Coa comarca en horas baixas -máis aínda polos efectos da pandemia nun tecido hostaleiro e comercial que xa non vivía os mellores tempos da contorna sen necesidade de coronavirus-, operarias e operarios de Navantia Ferrol clamaron polo seu futuro. Após lembrar que a falta de contratos e actividade real levou á rúa a 1.047 traballadoras das compañías auxiliares nos últimos meses (sen contar as prexubilizacións anticipadas que se están a tramitar no seo da propia factoría), advertiron da necesidade de que cheguen a Ferrolterra proxectos como o do dique cuberto. O presidente do comité de empresa, Emilio García Juanatey, concretou que o adeus foi a empregadas e empregados de "compañías de aceiros, xa que para eles non hai ningún tipo de traballo e queda agora moi pouca xente de auxiliares, son persoal de probas, de electricidade e doutros cousas menores de pintura, pero a gran maioría delas están fóra". Neste contexto, e antes de emprender unha marcha de protesta polas rúas da cidade que rematou na praza de Armas, Juanatey comentou que a saída a rúa é unha acción reivindicativa "para demandar carga de traballo e par denunciar que no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) non aparecen consignados fondos para a materialización dunha obra que consideramos fundamental". Así, aludiu á "construción dun dique cuberto, unha ferramenta fundamental para futuros contratos", unha vella demanda que cada vez se pide con máis insistencia. O representante tamén reclamou, a nivel máis xeral, "un proxecto de futuro para a comarca, onde o estaleiro de Fene e fábrica de turbinas se unan para poder materializar proxectos de eólica mariña, porque non só o sector naval militar vai tirar disto". De feito, mesmo hai un atraso nun encargo de fragatas F-110 para a Armada Española.
NOS_46165
A Audiencia de Lugo confirma as penas pactadas para 12 acusados, entre elas as de ex-altos cargos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)
A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un total de 13 meses de prisión a Javier Rodríguez -da empresa Proitec-, o único acusado da 'Operación Campeón' que non chegou a un pacto coa Fiscalía. A resolución, feita pública polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), fixa para Javier Rodríguez unha pena de catro e nove meses de prisión como cómplice dun delito de fraude de subvencións tentado e outro de fraude de subvencións de fondos europeos consumado. Ademais, fixa o pagamento dunha multa de 2.572.000 euros. Para os demais acusados, a Audiencia recolle as condicións do seu acordo con Fiscalía. Entre eles, está o principal procesado da trama, o empresario lucense Jorge Dorribo, que aceptou cinco anos e 11 meses de prisión -fronte aos 19 anos que se lle pedían inicialmente- e ao que agora condénalle a Audiencia. Tamén o ex-deputado do PP Pablo Cobián, quen aceptou 8 meses de prisión por un delito de tráfico de influencias, a inhabilitación para cargo público durante dous anos e tres meses, así como unha multa de máis de 45.000 euros. Pola súa banda, para os ex-altos cargos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) Joaquín Varela e Carlos Silva imponse multas de máis de 2.000 euros para cada un e un ano de suspensión de emprego ou cargo público por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios.
NOS_57191
O Xulgado do contencioso número 2 de Pontevedra vén de anular a resolución do Concello de Mos mediante a cal a popular Nidia Arévalo obrigou a retirar unha pancarta reivindicativa dunhas instalacións propiedade da Comunidade de Montes de Tameiga.
A Xustiza volve dar a razón á Comunidade de Montes de Tameiga, que denuncia a campaña de "acoso e persecución" emprendida pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP) contra "todo veciño ou colectivo que exprese o seu rexeitamento contra a expropiación e recualificación do monte comunal de Tameiga para a construción dun macrocentro comercial". "Non é o primeiro intento de Nidia Arévalo de calar a veciñanza mediante denuncias ou sancións municipais facendo abuso do poder que lle confire o seu cargo", advirte a Comunidade de Montes nun comunicado de prensa. "Todas as veciñas e veciños que foron acusados por ela foron absoltos pola xustiza, que desestimou todas e cada unha das acusacións da alcaldesa", engade. Anteriormente, fora a Xunta Electoral de Tui quen desestimara as denuncias do Partido Popular, que perseguía que se retiraran as pancartas reivindicativas das casas particulares da veciñanza comuneira. Devolución da sanción Nesta ocasión, o Xulgado número 2 de Pontevedra considera que a actuación promovida pola alcaldesa vulnera o dereito de liberdade de expresión e ordena a devolución da sanción imposta polo Concello. "Nidia Arévalo intenta acalar os actos de protesta da veciñanza, facendo un uso arbitrario da súa autoridade como alcaldesa", engade a nota de prensa. A Comunidade de Montes denuncia o "despotismo" da alcaldesa para levar a cabo o que considera un "pelotazo urbanístico". "A xustiza está da nosa parte. Non van conseguir amedrentarnos, a veciñanza comuneira seguirá defendendo o monte comunal a pesar da campaña de acoso que sufrimos por parte da alcaldesa de Mos", conclúe o comunicado. Cidade do Celta Este revés xudicial para o Goberno local súmase ao do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, que estimou un recurso da citada comunidade de montes para a revisión de oficio da licenza outorgada en 2018 ao Real Club Celta de Vigo para construír os campos de adestramento na parroquia de Pereiras. Tamén declarara nula a licenza concedida en 2019 para a construción duns vestiarios e outras instalacións auxiliares nese mesmo complexo.
NOS_6903
As entidades convocantes desta protesta polo incremento da factura da electricidade son BNG, Bildu, ERC, CUP, Junts, Més per Mallorca e Menorca. Con esta acción queren denunciar o "impacto económico e social" que ten o encarecemento dun servizo básico como é a luz. "Desconecta as eléctricas" é o lema escollido para secundar a reivindicación desta sexta feira ás 22 horas.
Diversas organizacións políticas do campo soberanista da Galiza, Países Cataláns e Euskal Herria promoven a próxima sexta feira, 8 de outubro, entre as 22 horas e as 22.30 horas, un "apagón" eléctrico masivo e unha cazolada nas tres nacións. Fano diante do aumento da tarifa da luz e para denunciar o seu impacto económico e social. "Desconecta as eléctricas" é o lema escollido para a convocatoria desta acción simbólica, da que tomará parte o BNG, tal e como aprobou a súa Executiva Nacional. "Trátase de reivindicar avances cara á soberanía enerxética nas nosas nacións e, por tanto, para contar con instrumentos políticos propios que nos permitan intervir no mercado, sermos donos da nosa auga e do noso vento, e poder plantar cara ao oligopolio eléctrico", sinalan fontes da organización nacionalista, que reivindicou nos últimos anos unha tarifa eléctrica galega que recoñeza o rol da Galiza como país produtor e compense os custos sociais e ambientais da xeración de electricidade. Ademais do BNG, promoven a iniciativa as forzas políticas que asinaron a Declaración de Llotja de Mar, isto é, EH Bildu, ERC, Junts per Catalunya, a CUP, Més per Mallorca e Més per Menorca e prevese que, nos próximos días, se adhiran á convocatoria entidades sociais vinculadas co movemento soberanista. "Foron eles, os partidos que gobernaron o Estado español, o PSOE e o PP, o PP e o PSOE, quen privatizaron, venderon e desmantelaron as empresas públicas, desregulando o sistema e deixándoo en mans do 'mercado'. Mercado que eles mesmos controlan e manipulan desde os Consellos de Administración que ocupan non poucos ex presidentes e ex ministros e ex ministras de ambos os partidos. Todos compartindo un único obxectivo: enriquecerse á conta dun ben esencial como a enerxía", advirten as forzas políticas convocantes. Ante esta situación, consideran que desde a Galiza, os Países Cataláns e Euskal Herria é necesaria "unha fronte común contra o oligopolio das eléctricas e as súas ameazas, así como para denunciar a inacción do Goberno español á hora de afrontar a estafa eléctrica de maneira estrutural". "A nosa dependencia política do Estado español é unha rémora para protexer as nosas cidadanías dos abusos que cometen as empresas enerxéticas. Impídenos marcar prezos máximos, intervir e controlar desde o público, crear tarifas propias, regulacións propias e, por tanto, solucións propias", advirten os convocantes.
NOS_19185
O 'Silvosa' deu volta no porto malpicán esta madrugada
Na madrugada afundiu o pesqueiro 'O Silvosa' cando saía faenar do porto de Malpica. Catro homes compoñían a tripulación, un deles faleceu. É o patrón do pesqueiro, veciño de Malpica, José Ángel Sanjurjo, de 48 años. Os outros tres conseguiron ser rescatados. O naufraxio produciuse após bater o barco contra un muro do porto, segundo informa a TVG. É o segundo naufraxio en Galiza en menos de 24 horas. AMPLIACIÓN | O home que morreu era o patrón do barco, natural de Malpica. Así estaba o barco despois de colidir https://t.co/fOImIM0z5c pic.twitter.com/0DVV9mccI3— TVG (@TVGalicia) 20 de decembro de 2018
PRAZA_1898
Parece que non ocorre nada especial. Pero pasa. E moito. Falamos con Adriana Roffi, autora da montaxe 'Como si pasara un tren', unha das obras que pecharon a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Unha entrevista de Montse Dopico.
Parece que non ocorre nada especial. Pero pasa. E moito. O medo cede ante o afecto. A liberación ábrese paso como un acto de amor. Aínda que, ao primeiro, poida doer. Todo está medido. Equilibrado. Contado co mínimo. E funciona. Porque é verdade. Porque é a vida no escenario, diante de nós. Así é 'Como si pasara un tren', de Producciones Come y Calla, unha das obras que pecharon a última Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Unha montaxe de Adriana Roffi con texto de Lorena Romanín que continúa a súa xira polo Estado antes de partir para América. Que amosa a enorme potencia do sinxelo. Que se afasta do efectismo dramático, da bágoa fácil, do risco da caricatura, co acerto da dirección e co impecable traballo dos tres actores: María Morales, Marina Salas e Carlos Guerrero. Falamos con Adriana, aproveitando a súa volta a Madrid. A crise, o conflito como oportunidade para que as cousas muden, para avanzar. Diso falas cando presentas esta obra. Por que? Penso que a crise é para os artistas, e para as persoas en xeral, unha bendición da vida, no sentido en que os lugares cómodos, quentes, burgueses, levan a non preocuparte por nada, a instalarse nun lugar de confort. Nacín en Arxentina, aínda que son española. E vexo que hai algo que se xesta na crise, que leva a arte a poñerse noutro lugar. No caso concreto desta obra, o medo move todo e, en oposición ao mesmo, os afectos. O amor, os desexos… O amor move o mundo, transfórmanos, fainos avanzar a determinados lugares. E ademais sana: créoo profundamente e gústame crelo. Por moito que haxa dificultades, ou dor, como pasa na obra. O amor é transición: é algo que nos motiva, que nos move. Tamén hai medo na obra, mais para min o que a define é a humanidade. E a arte é iso. É contar iso: o que nos fai vulnerables, sensibles, errantes, coas nosas dificultades cotiás, cos nosos erros. Temos que deixarnos levar polo que vén, aínda que poida doer. É esa acción cara o amor que vemos na obra: a nai vai liberando o fillo como un acto de amor, aínda que lle produza medo, dor. Alguén escribiu que na obra parece que non pasa nada pero que pasa todo. Todo é sinxelo: a escenografía, a linguaxe, a historia… Foi decisión túa ou era algo que esixía o texto? "Eu só precisaba un sofá. E os actores responderon moi ben ao desafío. Foron moi xenerosos na súa entrega, na confianza que depositaron en min" Foi unha decisión persoal. A autora do texto, Lorena Romanín, montouno en Bos Aires con outra escenografía, doutra maneira, e é outra cousa moi diferente. En Bos Aires non se fala, por exemplo, do tren que vai a Sudamérica. Eu non sei onde me vai levar o camiño no que estou. Nunca sabes que vai pasar, nin hoxe mesmo ás cinco da tarde. Ninguén pode aseguralo. Pero si hai unha tendencia, que é contar só o imprescindible, e que sexa o público quen imaxine, que é moito máis rico que un gran despregue escenográfico. Eu só precisaba un sofá. E os actores responderon moi ben ao desafío. Foron moi xenerosos na súa entrega, na confianza que depositaron en min. No seu preguntar e no seu non preguntar e aceptar… como un acto de amor, coas súas dificultades e crises tamén. Cada vez que vexo a obra, conmóveme. E iso está moi ben. Para iso a fago. E como escolliches os actores? Os papeis non son fáciles. Poderían caer na caricatura e no tópico: a adolescente rebelde, a nai amargada, o neno retrasado… Pero todo está moi equilibrado. "Somos tamén un grupo accionado polo desexo, por un tren que vai avanzando e que nos enche de amor. E así é máis doada a vida…" A Marina Salas hai anos que a coñezo porque coincidimos en varios espectáculos. Ela sempre me dicía que quería traballar comigo. É unha moza moi nova, pero unha grande dama do teatro. Apareceu este texto e tíveno claro: tiña que ser ela. A María Morales tamén a coñecía, claro, porque lle vira moitas cousas e tiña un desexo moi grande de traballar con ela. Ela viu outra obra que montei, 'Las Hermanas Rivas', e gustoulle. Quedei con ela a través dunha amiga común. Ao principio díxome que o texto non a entusiasmaba moito, pero agora está encantada con el! A Carlos Guerrero non o coñecía, pero era alumno de María… Formamos, así, un grupo humano moi bo. Comezamos a traballar nunha sala pequena que xa non existe, La Trastienda. Despois estivemos no Teatro Lara e no Teatro Español. E así foi: somos tamén un grupo accionado polo desexo, por un tren que vai avanzando e que nos enche de amor. E así é máis doada a vida… Dicías antes que a obra conmove. É certo que produce empatía. Que entras e que é como se pasase no salón da túa casa. Na túa vida. É verdade. É o obxectivo? Sempre queres que haxa correspondencia entre a palabra e a acción. Que xa era o que quería Shakespeare. Salvando todas as distancias, claro! O que queres é facer un teatro que estea vivo, que atravese, que o público viaxe co espectáculo, co noso tren. Se está morta, a arte non serve. A partir diso pode entrar toda unha variedade de matices. Esta é a miña versión do tren. As outras son igual de válidas. Esta é a miña verdade. Estou comprometida con isto, con este tren, con este movemento. Non hai dúbida de que é teatro de texto, de actor. É o que queres facer habitualmente? "O importante do feito artístico é se está vivo e te atravesa" É o teatro que neste momento quero facer. Non teño grandes orzamentos tampouco: hai pouco que dirixo. E isto é o que podo e necesito contar. Tamén traballei en montaxes máis grandes, con outro código, que tamén me conmove. Traballei moito en musicais, por exemplo. E cando está ben contado tamén é marabilloso. O importante do feito artístico é se está vivo e te atravesa. Se é así, benvido é, sexa dunha maneira ou de outra. A nai é un pouco autoritaria, inflexible, porque vive con medo á perda. Pero tamén é sensible e ten máis capacidade de adaptación e se cadra máis forza do que ela pensa. A sobriña, tan esperta e intelixente, decátase de que ela tamén se equivoca… Podes falar dese contraste entre elas? En realidade iso é parte da dramaturxia, que é o elemento nuclear no feito teatral. Sen unha boa dramaturxia é moi difícil obter un bo resultado. É un bo texto: non é pretencioso, é sinxelo, humilde… mais moi potente. Os matices dos personaxes están na dramaturxia. Despois a persoa que dirixe pode lelo mellor ou peor, os actores poden interpretalo mellor ou peor… E nesta obra entenderon moi ben e comprometéronse moito na viaxe. E iso é o que fai que a obra nos atravese, nos mova. Tiven unha grande sorte de ter tan bos actores. Algunhas escenas poderían caer na sensiblería ou mesmo no ridículo se non estivesen ben medidas: cando o neno fala co pai, cando bailan, cando a el lle dá un ataque… Hai risco niso. Si, pero é que Carlos é un reloxio, Marina e María son dúas actrices moi entregadas… Se o actor non entende e non chega, pode pasar o que dis. E claro que houbo que pulir. Primeiro traballas co esqueleto e despois vas tallando, ata chegar aos retoques finais. Traballas partindo do groso e despois vas afinando. Mais neste caso, como dicía, os actores confiaron moito en min e teceron unha moi boa relación entre eles. Son intuitivos, intelixentes…
NOS_12973
A semana pasada remataba a primeira e única temporada de O final do Camiño, a maior produción audiovisual sobre a historia de Galiza. Chegou até dous millóns de espectadores en España e máis de 150.000 en Galiza, que viron na súa escena final [atención, spoiler] como Xelmírez coroaba un rei galego na catedral. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 237.
Vinte e cinco anos de autonomía despois, estreábase o pasado xaneiro o primeiro produto de ficción baseado na historia de Galiza. E facíase cunha produción de Voz Audiovisual, dirixido tamén ao público español, dado que os oito capítulos se emitiron de forma case simultánea en TVE e na TVG. Con moitos exteriores, escenas de batallas e os necesarios efectos dixitais para representar as cidades da época, só cun orzamento cumprido se podía abordar unha produción deste estilo. Pero a historia de Galiza só interesou aquí. Os dados de audiencia no Estado foron discretos: comezou nun 13% o primeiro capítulo e rematou cun cativo 7%. Porén, o reino de Galiza e a construción da catedral si que interesou no mercado interior: empezou cun 34,4% de share (sumando os dados de TVE e TVG) e rematou nun 26,9%. Iso si, con mellores dados para TVE, cunha media de 14,59%, que para a TVG, onde acadou case o 10%. E dúas posíbeis razóns a favor da primeira: a versión orixinal en español e o HD. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_768
A deputada de En Marea e coordenadora nacional de Esquerda Unida afirma, nunha entrevista no 'Galicia por Diante' (Radio Galega), que "o peor que se pode facer" é integrarse no grupo mixto. "Ninguén quere estar".
Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso español, confesou esta cuarta feira que lle dá "magoa que os galegos e galegas digan que estamos no grupo de Podemos". Díxoo durante a entrevista no programa 'Galicia por Diante', da Radio Galega, onde reiterou que "En Marea non estamos no grupo de Podemos", e engadindo que "a miña portavoz é Alexandra Fernández" e non Pablo Iglesias. A ubicación de En Marea foi un dos temas da entrevista, con Yolanda Díaz defendendo a presenza da coligazón galega no grupo 'confederal' e non no Mixto após que "PSOE, Cs e PP" lles "negasen" ter grupo propio. Ir ao grupo mixto "é un erro", dixo a deputada, "o peor que se pode facer, coñecendo a maquinaria do Congreso, é meterse no Grupo Mixto. Ninguén quere estar e ímolo ver: no grupo mixto a capacidade política que tes é intervir unha vez ao ano". "En Marea é a organización que máis se está visualizando" Preguntada polo xornalista e director do programa, Kiko Novoa, sobre se non tiña a sensación de que "se diluiu" a voz propia que "ía ter En Marea", Díaz mostrouse en desacordo ("non comparto en absoluto o que dis", díxolle) e defendeu que En Marea era a "organización que máis se está visualizando", afirmando que "gostaría saber que fai Rojo (deputada galega do PP) ou Cancela (congresista do PSOE por Galiza)". A tamén coordenadora nacional de Esquerda Unida sí que recoñeceu que había que "mellorar a comunicación e visualización" do grupo, unha liña xa exposta por outros acotores da coligazón entre Podemos, Anova e Esquerda Unida. "Nunca Galiza tivo este nivel de representación" Díaz defendeu que Galiza "nunca tivo o nivel de representación" que ten agora con En Marea, "nunca Galiza tivo ese papel", e anunciou unha serie de medidas e iniciativas que presentaran ou ían presentar: desde unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois a propostas para o naval ou o sector lácteo. Sobre o 'anexo' coas propostas de En Marea que non aparecían no documento de negociación de Podemos, a deputada explicou que nun primeiro momento "deslígase o marco xeral", para posteriormente "baixar ás propostas concretas" para Galiza. Peguntada polas declaracións de Beiras nas que falaba de falta de coordinación, dixo que descoñecía as declaracións, mais que a existencia de desaxustes ou diferenzas é lóxico cando "somos 3 organizacións e un elenco de mareas". "Somos segunda forza de Galiza e primeira en Catalunya" Repetir En Marea Partidaria de repetir a experiencia de En Marea, Yolanda Díaz sinalou que a xente "quere unidade" e que ela propia é partidaria de "incorporar máis actores" á coligazón. "Somos segunda forza de Galiza e primeira en Catalunya", concluiu.
PRAZA_16110
O PP, as mareas municipais e o BNG celebran actos coa vista posta nos comicios locais e o PSdeG pecha a súa renovación interna para centrar enerxías na carreira preelectoral Feijóo vese obrigado a frear o debate da súa sucesión e a fuga de votos a C's As mareas reivindícanse como "único espazo que pode disputar a hexemonía ao PP" O BNG activa a "estratexia electoral" municipal con especial atención ás cidades Caballero presenta un "novo PSdeG" que aspira a "retirar a Feijóo e a Baltar"
Feijóo vese obrigado a frear o debate da súa sucesión e a fuga de votos a C's As mareas reivindícanse como "único espazo que pode disputar a hexemonía ao PP" O BNG activa a "estratexia electoral" municipal con especial atención ás cidades Caballero presenta un "novo PSdeG" que aspira a "retirar a Feijóo e a Baltar" A tregua electoral marchou con 2017. Aínda que en 2018 non existirá en Galicia ningunha convocatoria electoral, a axitación política xeral motivada polo proceso soberanista e as eleccións en Catalunya e, sobre todo, o feito de que reste menos de ano e medio para as vindeiras eleccións municipais, provocou que as principais forzas políticas poñan xa en marcha as súas maquinarias internas. Este sábado foi boa mostra disto: o PP, as mareas municipais e o BNG celebraron actos coa vista posta abertamente nos comicios locais do derradeiro domingo de maio do ano que vén e o PSdeG desenvolveu un dos últimos procesos que pecha o seu percorrido congresual para, igualmente, centrar enerxías na carreira preelectoral. Feijóo vese obrigado a frear o debate da súa sucesión e a fuga de votos a Ciudadanos Feijóo, intervindo ante Xunta Directiva do PP galego / PPdeG Nos últimos días voces internas e externas ao PP volveron apuntar a posibilidade de que o presidente da Xunta abandone Galicia para ocupar un posto no Goberno de España ou na dirección estatal do seu partido como paso previo a ser remuda para Mariano Rajoy. A súa ausencia na Xunta Directiva na que Mariano Rajoy instou a "rearmar" a formación cara ás vindeiras citas electorais, a presenza ao día seguinte en diversos eventos e entrevistas en Madrid e o feito de que respondese abertamente ao ser preguntado pola súa propia sucesión -non prevé concorrer de novo ás eleccións galegas e substituílo será "máis fácil" que cando el reemprazou a Fraga, dixo-, xeraron un pequeno incendio político que el mesmo se esforzou en tentar sufocar este sábado noutra Xunta Directiva, a do PPdeG. O presidente da Xunta asegura que en Galicia non hai máis "renovación política" que a do PP No día en que se cumprían exactamente quince anos da súa toma de posesión como conselleiro de Fraga o actual presidente optou por se apoiar noutras dúas efemérides: o dúodécimo aniversario do Congreso que o elixiu presidente do partido e a lembranza do propio Fraga seis anos despois do seu falecemento. Con ese pano de fondo Feijóo dixo ter "máis ganas ca nunca de seguir construíndo a Galicia que queremos" e, cara ás municipais nas que o PPdeG aspira a corrixir o duro golpe de 2015, combinou os tradicionais ataques á esquerda -á que cualificou de "fracaso"- cun discurso menos habitual: o dirixido a frear unha forza política que en Galicia é residual, pero que compite no seu propio espazo: Ciudadanos. Despois de que varios inquéritos prognostiquen transvasamentos de votos da dereita dos de Rajoy cara aos de Albert Rivera, Feijóo advertiu de que en Galicia non hai máis "renovación política" que a do PPdeG. "Ciudadanos ten cero escanos en Galicia porque nos coñecemos todos" e porque "aquí quen fala alto e claro" e "quen defende a convivencia constitucional, de sempre, é o PP". "E Ciudadanos ten cero escanos -agregou- porque aquí non chamamos 'novo' a aqueles que foron pasando por distintos partidos ata conseguir que alguén os acepte dentro dese partido". Os sufraxios que vaian ou non a C's poden acabar sendo determinantes para o PPdeG especialmente nas cidades e nalgunhas vilas galegas. As mareas municipais reivindícanse como "único espazo que pode disputar a hexemonía ao PP" Os alcaldes de Val do Dubra, Teo, Ferrol e Santiago, ao inicio do encontro; e edís de Santiago, A Coruña e Teo nun dos encontros, moderado pola deputada Luca Chao "Horizonte 2019". As mareas municipais mantiveron este sábado en Santiago o seu segundo "encontro municipalista" coa intención declarada de "construír un novo modelo de país desde os concellos" e coa aposta por activar todas as súas estruturas cara á cita electoral do ano que vén. Compostela Aberta foi desta volta anfitrioa dun encontro no que o alcalde da capital galega, Martiño Noriega, reivindicou estas formacións como "o único espazo político que lle pode disputar a hexemonía ao PP". "Disputarlle os gobernos ao PP e non repartir leiriñas" entre partidos, di, "foi o que nos levou a gobernar" en 2015 "e é o carreiro polo que debemos continuar". Noriega: "Disputarlle os gobernos ao PP e non repartir leiriñas foi o que nos levou a gobernar" A cita deste sábado, di Noriega, tiña a intención de "tecer rede". Mesas de traballo e intercambio de experiencias e un espazo específico para definir a "a axenda de cambio", na que participaron representantes da Marea Atlántica, Son de Teo, Ourense en Común e a propia Compostela Aberta, pretenderon amosar, segundo o rexedor compostelán, que "as mareas naceron para cooperar" e impulsar "un modelo de país diferente" no que "construír en común" está por riba das "posicións de parte", resalta. "Somos un dende a diversidade e por este camiño estamos en disposición de ser alternativa ao PP en 2019", agregou Noriega, que no seu discurso de peche do encontro chamou a "manter a esperanza" que levou ao "triunfo" ás mareas en 2015 e facelo "sen pins de amrcas", porque "o espazo que disputa a hexemonía ao PP é o da unidade popular ou non é". Este encontro celebrouse mentres as diferentes mareas municipais desenvolven cadanseus procesos locais -a Marea Atlántica da Coruña, por exemplo, pecha o vindeiro día 27 a denominada Marea Viva, o proceso de renovación das súas teses políticas e organizativas. Do mesmo xeito, as eleccións municipais estarán tamén moi presentes na xuntanza do Consello das Mareas, o órgano interno de En Marea que se reúne este domingo en Santiago. O BNG activa a "estratexia electoral" municipal con especial atención ás cidades Ana Pontón, con Eva Vilaverde no Consello Nacional do BNG As cidades foron, coa única excepción de Pontevedra, esenciais no duro golpe sufrido polo BNG nas eleccións municipais de 2015. É por iso que o Consello Nacional do BNG activou este sábado a elaboración da "estratexia electoral" para os comicios locais do ano que ven coa vista posta especialmente nos espazos urbanos. Este traballo "inclúe a elaboración de programas, con propostas específicas para as grandes cidades" e tamén, sinalou a portavoz nacional, Ana Pontón, "poñer caras a esas propostas" con tempo dabondo. Pontón: "Hai que enterrar o derrotismo e construír un proxecto do país" que "deixe atrás a política casposa" do PP O Bloque, afirma Pontón, afrontará este proceso con "optimismo" e esgrimindo os seus gobernos municipais como o principal "aval" por seren "referentes de políticas de benestar, de calidade de vida, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social". "Os concellos do BNG -sinalou ante o máximo órgano da formación entre asembleas" levan anos demostrando que temos un proxecto ilusionante e transformador e conseguimos situarnos con referentes internacionais de cambio". Ese "bo facer" xunto cunha actitude "inconformista", augura, permitirá que desta volta a formación nacionalista saia "a por todas". "O máis importante" é, a xuízo de Pontón, que o BNG sexa quen de "reilusionar os galegos e galegas" para "deixar atrás a política casposa que esconde a unha Galiza orgullosa da súa identidade, moderna e conectada coas principais correntes de pensamento". "Hai que enterrar o derrotismo e construír un proxecto de país" no que "o debate que importa non é se Feijóo vai presentarse ou non", unha "trécola" do líder conservador para "facerse o importante" pero que agocha o que "importa", que é "frear a irrelevancia política á que nos conduce" o PP, resaltou. Caballero presenta un "novo PSdeG" que aspira a "retirar a Feijóo e a Baltar" Caballero, no Congreso do PSdeG de Ourense Os socialistas fixan entre os primeiros obxectivos para 2019 desbancar os Baltar da Deputación de Ourense O calendario municipal do PSdeG está aínda condicionado polo lanzamento do proceso cara a 2019 por parte da dirección federal do partido pero, sobre todo, pola necesidade de culminar antes a elección dos órganos municipais e locais, os cales foron renovados tras o Congreso Nacional galego que ratificou a dirección encabezada por Gonzalo Caballero. O novo secretario xeral aproveitou a presenza nunha destas últimas citas, o congreso provincial celebrado este sábado en Ourense, para presentar o partido como "un novo PSdeG", unha forza de "cambio" como a que representaron os ex-presidentes Laxe e Touriño, dixo, e que pode aspirar a "retirar a Feijóo" e, no caso ourensán, tamén a "Baltar". Tras a elección da nova dirección provincial da organización, con Rafael Rodríguez Villarino como secretario xeral, Caballero asegurou que a estrutura nacional do PSdeG estará tamén á disposición dos socialistas da provincia de Ourense, onde "o cambio é máis necesario que en ningún sitio, e tamén máis difícil". En calquera caso, advertiu, "esta provincia merece algo mellor". O reto, sinalou Rodríguez Villarino, non é outro que "obter por primeira vez" o goberno da Deputación Provincial.
NOS_14498
Embora anunciar esta posibilidade, non se pode acceder nesta páxina a ningún dos idiomas cooficiais no estado. A ter en conta no día en que o novo presidente de EUA recibe críticas por eliminar o castelán da web da Casa Branca.
Donald Trump eliminou a opción de español da páxina oficial da Casa Branca. Unha decisión que, para alén de suprimir a posibilidade de ler esa web oficial nunha lingua falada en Estados Unidos por máis de 40 millóns de persoas (a segunda máis falada, após o inglés), interprétase como un ataque do novo presidente dos Estados Unidos ao pluralismo cultural e lingüístico do país. Laios e críticas que tamén lle choveron desde o estado español, desde o goberno, desde institucións como a Real Academia Española, mais tamén de poderosos grupos de comunicación. Porén, a páxina oficial da Moncloa (equivalente no estado español, salvando as distancias, á Casa Branca en Estados Unidos) tampouco se poder ler nos idiomas que falan millóns de habitantes no estado español. Algo que lembran e denuncian desde A Mesa: "A opción de galego da páxina da Moncloa está eliminada. Só se traducen as palabras "goberno", "consello" e "hoxe. Igual acontece co euskera ou o catalán. Así pois, estas línguas fican só para nomear algúns apéndices da páxina, sen haber contido real nas mesmas. En Estados Unidos non hai un idioma que teña a declaración de ser o oficial, do país embora o inglés leva desenvolvendo ese papel desde o nacemento dos EUA. No estado español, galego, vasco e catalán teñen a declaración de cooficiais nos seus respectivos territorios.
PRAZA_15554
Non é de recibo é mesturar o pensamento racional coa fe máis obtusa, a non ser que se queira romper todo esquema tradicional para facernos caer na falta total de referentes poéticos, do que só se beneficiaría un fundamentalismo exacerbado sen nada verdadeiramente humano que ofrecer
Segundo Joseph Ratzinger, máxima figura da Igrexa Católica baixo o nome de Benedicto XVI, a imaxe que temos na memoria sobre o portal de Belén contén varios datos sen rigor histórico. Segundo este erudito non cabe dúbida da realidade histórica "do nacemento de Xesús e da virxindade de María", ao tempo que son invencións puras a presenza da mula e do boi, así como a funcionalidade da estrela que, segundo sempre escoitamos, guiou os Reis Magos até o lugar do evento: para o Papa actual era unha supernova, á que non se lle pode atribuír a vontade algunha salvo a de consumirse seguindo unha órbita froito do azar. Segundo Joseph Ratzinger, máxima figura da Igrexa Católica baixo o nome de Benedicto XVI, a imaxe que temos na memoria sobre o portal de Belén contén varios datos sen rigor histórico Ficamos atónitos ao ver a falta de sensibilidade poética que demostra alguén que sen dúbida debe coñecer o valor profundo da Tradición, aquel conxunto de códigos que serviron através de milenios para falar do humano e o divino, do ancestral misterio que supón a nosa presenza no mundo e o destino final a que habemos de someternos. Son milenios os que levamos reutilizando os símbolos que, estruturados en aparentemente sinxelas alegorías, nos serven para transmitirmos e xogarmos a comprender o misterio irresolúbel da existencia. Alegorías de carácter esotérico, moitas veces, que agachan significados ocultos para aqueles que non coñecemos o código por falta de estudo, de experiencia ou por distancia temporal. Símbolos que foron feitos por mentes sabias e corazóns puros para transmitir o coñecemento esencial nunha época dada, e teñen, como todos os estudosos da literatura esotérica saben, diferentes datas de caducidade. Se nos fixamos na alegoría do portal de Belén, con facilidade varios significados acoden a nós: O espírito é superior á materia, por iso Xesús nace na máis evidente pobreza, demostrando que a realeza auténtica non ten a ver coa proeminencia social. A Verdade é recoñecida polos corazóns puros, independentemente da súa condición social. Por iso adoran o Neno tanto os pastores canto os Monarcas. As cualidades divinas de Xesús implican o amor por toda a Creación. Deste modo, a mula e o boi, tantas veces entendidos como meros recursos para o traballo, aparecen personificados del tal modo que perciben o valor do recén nacido e deciden fornecer calor na súa vinda ao mundo. Estas bestas representan as forzas brutas da Nai Terra que renden preitesía ao coñecemento superior. E a estrela, prezadas amigas e amigos, non é menos relevante, pois ten un valor cosmolóxico que se perde na noite dos tempos. "O de abaixo como o de acima", dicían os antigos alquimistas, se lembramos un dos seus lemas esenciais, o que quer dicir que o que acontece na terra é reflexo do que acontece no ceu. Deste modo, que unha estrela dirixa os Reis até o lugar do evento que procuran, só pode significar que: a) no ceu estaba escrito que había de nacer o Elixido, o que remite para a aparición dunha Potencia da Época; b) que existían persoas que capaces de interpretar as formas celestiais como indicios dos acontecementos terrenais, facto que presupón unha escola ou método para adquirir tal coñecemento. O que resulta sorprendente é que o Papa poda renunciar tan rotundamente ao valor gnóstico da alegoría relixiosa e apelar a unha racionalidade tan inapropiada como incongruente En fin, cuestións como estas e moitas máis, provenientes da polisemia habitual que as mitoloxías de toda época comportan, son evidentemente aplicábeis á mitoloxía xudaico-cristiá. O que resulta sorprendente é que o Papa poda renunciar tan rotundamente ao valor gnóstico da alegoría relixiosa e apelar a unha racionalidade tan inapropiada como incongruente, se temos en conta que á par de mal vender a mula, matar o boi e apagar a estrela, pretende exhibir a pureza espiritual dunha nai lonxe precisamente de onde había de estar: no seu corazón. O que non é de recibo é mesturar o pensamento racional coa fe máis obtusa, a non ser que se queira romper todo esquema tradicional para facernos caer na falta total de referentes poéticos Moitos son os cristiáns de toda época, así como todos os musulmáns, que viron e ven na figura de Xesús un home iluminado co mérito de Buda, Mahoma ou Lao Tsé. Que entenderon que María era unha muller e Xosé un home, e por tanto o produto de ambos un ser que chegou ao mundo medio cegado, cagando os primeiros tóxicos e chuchando da teta materna un líquido tan milagroso como mundano. Mais iso non impide que desfrutemos da fermosa construción alegórica que o mito nos ofrece, cheo de elementos simbólicos habilmente combinados para mostraren a relevancia cosmolóxica dun nacemento, paradoxalmente, tan común. O que non é de recibo é mesturar o pensamento racional coa fe máis obtusa, a non ser que se queira romper todo esquema tradicional para facernos caer na falta total de referentes poéticos, do que só se beneficiaría un fundamentalismo exacerbado sen nada verdadeiramente humano que ofrecer.
PRAZA_12874
O voceiro do BNG na Cámara Baixa defenderá unha iniciativa para modificar a actual normativa de reestruturación do sistema bancario e conseguir así unha entidade para que "Galicia conte con financiamento para a súa economía produtiva"
A proposta de converter Novagalicia nun banco público chegará ao Congreso. O portavoz do BNG na Cámara Baixa, Francisco Jorquera, anunciou este sábado en Pontevedra que defenderá unha iniciativa para modificar a actual normativa de reestruturación do sistema bancario para permitir que NCG se converta nunha entidade pública. Segundo Jorquera, que defenderá a iniciativa neste mesmo mes de maio, este será o único modo de que Galicia conte con financiamento para a súa economía produtiva, as súas empresas e para evitar o "espolio" do aforro galego e asegurar así que este reverta no desenvolvemento do país. "Só así Galicia poderá contar con financiamento para a súa economía produtiva" O candidato á Xunta polo Bloque fixo este anuncio durante unhas xornadas sobre as propostas do BNG para o sistema financeiro nas que tamén participou, entre outros, o alcalde da localidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e o ecomista Xavier Vence, que participara hai tan só uns días na presentación da proposta de banca pública galega que fixera a formación nacionalista. Francisco Jorquera defendeu con rotunidade un cambio de modelo cuxa única alternativa pasa por unha banca pública "xestionada con criterios de país". "Chegamos a esta situación pola falta de tutela real e efectiva sobre o sector financeiro", resumiu o voceiro do BNG, que lembrou que o capital maioritario de NCG Banco é público ao estar intervido polo FROB. O Bloque propón aumentar o período desta participación do fondo estatal e consolidala no tempo. Para Jorquera, o principal problema para o España non é a débeda pública, "senón o altísimo endebedamento privado, da banca privada, que está a asfixiar a moitas empresas e dificulta a creación de emprego ao non poder acceder ao financiamento". Así, insistiu en que as alternativas á banca pública galega colocan o país entre "guatemala e guatepeor", xa que as opcións van dun fondo estranxeiro ou que se poxe a entidade para que a adquira un banco privado, que podería ser o Santander, tal e como adiantou o seu presidente, Emilio Botín.
NOS_25898
Considera que os argumentos esgrimidos por Beiras para defender tal opción son "utilitaristas".
"Concorrer na candidatura do IU supón o abandono dos principios e modelo organizativo dos que se dotou Anova-Irmandade Nacionalista e o que é máis grave afastarse do espazo nacionalista galego e deixalo en mans dunha interpretación fosilizada do mesmo". Así o sinala Carlos Méixome, comisionado de propostas programáticas da Permanente da Coordenadora de Anova, nunha carta enviada á militancia e á cal tivo acceso Sermos Galiza. Ao igual que aconteceu nos últimos días, onde militantes de Anova emitiron en conxunto ou de maneira individual as súas preferencias de cara ao referendo que a formación soberanista realizará este domingo, 23 de febreiro, tamén Méixome quixo partillar o seu posicionamento. Considera "utilitaristas" os argumentos de Beiras "Reproducir o modelo da Iniciativa catalá e Izquierda Unida estaría ben para que Esquerda Unida, ou o PSdG, cumprisen cos mínimos federalistas que predican mais non son suficientes para unha forza auto-organizada para loitar pola autodeterminación camiño da independencia", sinalou, en referencia á explicación ofrecida por Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, nun documento en que asegurou ter un acordo fechado cun cargo de IU a nível estatal que permitiría a Anova ter candidat@ cabeza de lista ás europeas e que, por tanto, contaría de maneira automática cunha ou un eurodeputad@. As razóns esgrimidas por Beiras foron cualificadas de "limitadas" na misiva redactada por Carlos Méixome, quen considerou, así mesmo, que o argumento de "ter un eurodeputado" é "utilitarista". Por tanto, o voto do comisionado irá para a proposta nº2 das sometidas a referendo, isto é, "que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas".
NOS_27060
A portavoz do BNG reclama a posta en liberdade inmediata dos membros encarcelados do Govern e tilda de inadmisíbel o "comportamento neofranquista" do PP
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou o goberno do PP de negarlle a Catalunya o dereito á súa libre determinación como pobo. Nunha conferencia de imprensa na sede nacional do Bloque, Pontón foi crítica cun estado que considera "débil" -por recorrer á forza por todo argumento- e "incapaz de aceptar e lexitimar a libre expresión de ideas democráticas". A xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela aceptaba no día de onte as peticións da Fiscalía e decretaba o ingreso en prisión do vicepresident da Generalitat, Oriol Junqueras, e de outros 7 consellers partícipes da DUI. Para Pontón, a decisión da maxistrada deixa en evidencia un estado onde "non funciona a separación de poderes" e onde "os órgaos xudiciais aparecen totalmente politizados". Os oito membros do Govern foron encarcerados baixo a acusación dun delito de rebelión que, segundo o propio código penal, só se produce cando se fai uso da violencia. En ningún caso as actividades de Junqueras e os 7 consellers encaixan coa descripció que atopamos no Código Penal deste delito, definido no artigo 472. "Existe unha ruptura [na decisión da xuíza] co que estabelece o código penal, privando de libertade a persoas que non foron xulgadas", explicou Pontón. A portavoz criticou en reiteradas ocasións o "camiño da represión" elexido polo goberno español, "ilexitimizando por primeira vez desde o franquismo un goberno elixido democráticamente polo pobo". Para Pontón, o goberno "nega a liberdade de participación política", o que obstaculiza aínda máis "o diálogo ante a maior crise democrática o estado español dos últimos 40 anos". "É un erro que ataca directamente as bases da democracia" e perante o cal "non valen as medias tintas, as demócratas debemos responder a este ataque nas rúas e nas institucións". Pontón insistiu tamén na gravidade dunha situación que está a abrir a billa ao aparecimento en escena de grupos fascistas que "actúan con total impunidade". Nese sentido, cualificou de "inadmisíbel" que forzas como o ultradireitista VOX pidan a ilegalización de organizacións políticas lexítimas como a CUP.
NOS_44215
En Balaídos segue a 'guerra das bufandas'. Seareir@s queixáronse nas redes sociais dos exhaustivos controis que esta fin de semana se realizaron no estadio celeste.
Cansos e fartos do que consideran unha "persecución" en Balaídos sobre a propia afección celeste, seareiros e peñas chamaran a, no inicio do encontro deste sábado entre o Celta contra a Real Sociedad, non cantar o himno nin erguer as bufandas. Un sinal de protesto contra os cacheos e controis aos afeccionados, unha política que tivo un dos seus puntos máis polémicos coa expulsión dun seareiro celtista por levar unha bufande de 'Celtarras'. Nas redes sociais abundaron os comentarios nos que se denunciaba que neste encontro volveu haber un celo excesivo no control aos seareiros. "Mandáronme estirar a bufanda (do Celta) e preguntáronme se era legal", di @MartaTizon. Nesa liña, outro afeccionado (@gonzalezjorge) afirma que os de seguridade preguntáronlle "se a bufanda é 100% legal". Hai comentarios mesmo de que se requisou a un celtista a bufanda dunha peña, "Comando 1987", sen lle dar ningunha explicación. O HT #senamiñabufanda foi usado para denunciar a situación que se vive en Balaídos. Mesmo afeccionados da Real Sociedad (@capitan_percebe) afirman que tiveron problemas para acceder a Balaídos con camisolas da equipa donostiarra.
NOS_57997
Nunha comparecencia en Carril advirten que van "seguir adiante" e piden a "restauración" da antiga mina e a súa contorna.
Unha representación dos diferentes colectivos e entidades que ao longo destes case tres anos se mobilizaron contra a reactivación do proxecto mineiro en Touro compareceron esta sexta feira en Carril, na Ría de Arousa, para valorar a decisión da Xunta, coñecida esta terza feira, de paralizar ese plan extractivo. "En primeiro lugar, queremos salientar a unidade de todos os sectores afectados, gandeiras e labregas, cooperativas agrarias, veciñas, confrarías de pescadores, agrupacións de produtores de mexillón, parquistas, mariscadoras, sindicatos, colectivos ecoloxistas e culturais e plataformas", manifestaron. "Unidade" e "mobilización" foron dúas palabras que, subliña este movemento, explican o por que desa decisión da Xunta. "A Xunta foi a gran valedora desta iniciativa" mineira, denuncian, e só a través da implicación, constancia e loita de todos estes sectores, apontan, puido paralizarse. . Insisten en que o proxecto estaba marcado pola "insostibilidade", e foi "o clamor popular o que provocou o desenlace". Un motor mobilizador ao que engaden "as recentes actuacións da fiscalía de medio ambiente" e os "posíbeis custes electorais á beira dunhas autonómicas". Lembran que os efectos da antiga mina levan presentes 30 anos e aí vai seguir a centrar os seus esforzos esta plataforma social. "Temos a firme decisión de seguir adiante fiscalizando e esixindo a restauración da antiga mina e a súa contorna", manifestan. "O noso papel seguirá activo e vixiante para seguir moi de perto os pasos de todas as empresas do entramado mineiro de Touro e O Pino, nas que aínda hai moitas responsabilidades que depurar e moito dano medioambiental que restaurar".
NOS_46786
Naceron en 1990 como grupo de gaitas e hoxe son algo máis. Cinco traballos discográficos e un directo que non se esquece fixeron desta formación unha das de máis sona no mundo da gaita. Actuarán na Festa da Peregrina xunto a "Cantigas e Agarimos" o 15 de agosto ás 22:30 horas.
Tedes cinco traballos discográficos. Sodes máis de directo que de estudo de gravación?A música de Treixadura, segundo di moita xente, gózase mellor en directo. Facemos unha música que en directo adquire máis forza. Nós pasámolo ben sempre. Son experiencias distintas. Gravar, como calquera proxecto de creación, é unha experiencia dura mais reconfortante. O directo é divertirse, unha festa, compartir co público a música... De onde sacades a "inspiración" musical?Un 80% da música que facemos é tradicional. Nós miramos cara aos gaiteiros vellos: Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros de Vilagarcía, esa xeración dos 60. Despois outra parte importante son os coros galegos e as bandas de música. Colaborades con Coros. Que significaron para a música tradicional?Cada disco foi dedicado aos gaiteiros, ás bandas de música e aos coros. O último é un traballo que remata un ciclo. Por iso a portada do disco é unha roda de muíño, foi onde empezamos e onde nos entrou a inspiración de facermos estes catro discos inspirados na copla popular. Gravamos cos coros unha suite de repaso tamén con banda de música. Hai uns meses organizouse unha campaña na rede pedindo actuacións para Treixadura. Tan mal está o tema?Está mal para tod@s. Foi algo que nos sorprendeu porque o ano pasado chegara o verán e non había concertos. Coincidiu con eleccións e estaba todo sen programar. Logo si, fixemos unha xira de inverno e este verán non nos podemos queixar. Non son as xiras de hai anos mais... O noso obxectivo é continuarmos a reivindicar a nosa música Levades 22 anos tocando. Queda algo por aprender na música tradicional?De aprender sempre. De continuarmos a reivindicar a nosa música, é o noso obxectivo. Tamén é achegar melodías para outros gaiteiros posto que o 20% da música que facemos é de composición propia. Crear alén de espallar. A nosa satisfacción é que pezas como a "Muiñeira de Santo Amaro" ou "Se chove" tamén as tocan outros gaiteiros nas romarías. E moita xente pensa que son populares... É o obxectivo, crear e que a roda siga durante séculos. Como será o concerto de Pontevedra?Para nós é un concerto que agardamos con impaciencia porque cumpriremos o soño de tocarmos en directo cun coro. Tivemos unha experiencia nas festas de Ourense coa Coral de Ruada e agora será con Cántigas e Agarimos. Vai ser un concerto especial para a xente que lle gusta esta música. Levaremos o coro e tamén baile. Vai a estar á altura das Festas da Peregrina. Para cando un novo disco?Pensamos sacar algo polo 25º aniversario do grupo. Algo idearemos.
NOS_42610
Piornedo acolle o 27 agosto da Festa da Pandeira, unha oportunidade única para se abraiar cun instrumento telúrico coma poucos.
Piornedo (Donís) acollerá a finais de agosto unha nova edición da Festa da Pandeira, un instrumento tradicional dos Ancares galegos e das zonas veciñas de León e Asturies. De maior tamaño que a pandeireta, é un instrumento "empregado durante séculos para acompañar o canto das mulleres", como sinalan desde a organización da Festa da Pandeira, que tradicionalmente corre a cargo de AC 'O Teixeiro' e o grupo 'Pola Vila'. O ano pasado déronse cita 15 tocadoras, todas mulleres: de Donís (Galiza) a Lumeiras (León), pasando por Degaña (Asturies), mulleres tocadoras que levan décadas coñecendo o segredo da pandeira. A XI edición desta festa decorrerá o 27 de agosto. Comezará ás 13:00 horas coa acollida das tocadoras, para dar paso ao xantar de convivio. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, terán lugar as actuacións e xa cara a noite, sobre as 20:00, será a quenda do baile no local da A.C. O Teixeiro ("podes bailar e tocar os teus instrumentos!"). Ao que porá o ramo unha chocolatada! De maior tamaño que a pandeireta, é un instrumento "empregado durante séculos para acompañar o canto das mulleres" No traballo Os instrumentos musicais na tradición galega as pandeiras defínense como "pandeiros redondos (duns 40-50 cm de diámetro e 8-12 cm de alto) que levan algunhas ferreñas inseridas no marco (…) consérvase aínda o uso destes instrumentos, intimamente ligado ao canto, sobre todo feminino, aínda que tamén os homes as empregaban". Na edición de 2015 a tocadora homenaxeada foi María González, de Trabau (Degaña, Asturias), nada en 1932. Entre os seus méritos cúntanse ter un disco editado xunto ca súa irmá Arcides, aparecer varias veces en televisión, protagonizar artigos de prensa, impartir cursos de pandeira e canto, ter realizado un bon número de recitais e conceder entrevistas a innumerables folcloristas interesados en recoller as súas habilidades tocando e cantando.
NOS_28956
O doutor en Dereito —e vogal de Dereito Ambiental de Adega— Fernando de Abel Vilela conversa con 'Nós Diario' após reunirse con membros da Comisión Europea, xunto a unha delegación de Adega e do BNG, para trasladar dúas denuncias por infraccións de normas comunitarias na tramitación de eólicos.
—Que conclusións extrae do encontro no que a Comisión Europea se comprometeu estudar as denuncias por posíbeis infraccións do Dereito comunitario na tramitación de parques eólicos?Foi un paso importante, tivemos a oportunidade de expor as denuncias e manter un diálogo coa Comisión. Foi un diálogo franco, temos o compromiso de que as estudarán a fondo e seguimos coa esperanza de que prosperen. —Vostede fixo fincapé en que a Xustiza probou eses incumprimentos con tres sentenzas, dúas delas ratificadas polo Supremo.Unha cousa é que se poidan formular lexitimamente dúbidas sobre se un Estado cumpre ou incumpre o que dispón o dereito comunitario, e outra, neste caso, que teñamos xa resolucións xudiciais que recoñecen que a Xunta da Galiza, na aplicación do dereito interno, incumpriu contido das directivas comunitarias. —Como afectarán ao desenvolvemento eólico da Galiza os obxectivos de Bruxelas para a seguridade enerxética acelerando a tramitación de proxectos de renovábeis?Estamos realmente nunha encrucillada, porque non se pode pór en dúbida que estamos a vivir unha crise enerxética derivada non só da guerra de Ucraína, senón tamén doutros factores, que fai preciso e conveniente avanzar cara ás enerxías renovábeis. Por iso pódese pór enriba da mesa a necesidade de simplificar tramitacións administrativas, de eliminar trabas, de axilizar os procedementos... Para que todo isto vaia adiante cando antes. Pero, por outra parte, iso ten que ser contrapesado coas garantías e os dereitos dos particulares, porque cando se estabelecen parques eólicos ou calquera instalación industrial, sobre todo as intensivas en uso de solo, inevitabelmente prexudica os intereses de terceiros, que van máis aló de ser o mero propietario dun predio, xa que moitas veces chegan mesmo a pór en risco o medio de vida de moita xente que vive, precisamente, dos ámbitos territoriais onde se van implantar. Por iso entendemos que, alén de que as propias directivas comunitarias recoñezan eses dereitos, teñen que ser debidamente salvagardados os intereses da cidadanía á hora de tramitar e estabelecer eses parques eólicos. As chaves das denuncias de Adega por "vulneración de normas comunitarias" cos eólicos que estudará a Comisión Europea —Como valora que boa parte dos parques eólicos tramitados pola Xunta reciban a denominación de 'interese autonómico'?Este tipo de cualificacións proveñen normalmente da aplicación dunha técnica lexislativa espuria que consiste en atribuír ao órgano de goberno, neste caso a Xunta, unha marxe de discrecionalidade total, que obviamente deriva en arbitrariedade, prohibida pola lei, para decidir cando lle convén que un proxecto sexa ou non de interese. Vemos aquí esa pugna que hai pola posíbel colocación de elementos dos parques eólicos fóra das áreas de desenvolvemento eólico, que ten que ser autorizada polo Consello da Xunta. Cando se trata de parques de tramitación autonómica parece ser que se autorizan todos; cando son os do Estado, non se autoriza ningún. A posición da cidadanía está nun nivel; a dos promotores eólicos, que normalmente son multinacionais, está noutro moi superior, e a lexislación e quen teñen que aplicala están concibidas para favorecer eses promotores eólicos. Fernando de Abel: "A cidadanía ten que preguntarse por que hai tanto interese en tramitar eólicos a través da Xunta" —Cales serán os seguintes pasos de Adega tras o traslado destas denuncias a Bruxelas?Seguiremos loitando na mesma liña, nestes momentos estamos a impugnar xurisdicionalmente a tramitación de tres proxectos eólicos que se están sometendo a autorización. E no futuro inmediato seguiremos facendo o mesmo, collendo supostos de autorizacións que vaian outorgando a Xunta ou o Goberno do Estado nas que detectemos posíbeis irregularidades como as que viñemos denunciar a Bruxelas e procedendo a impugnalos na Xustiza. Iso é algo que, por desgraza, só na teoría está ao alcance de calquera xa que ten uns custos, e para iso están as organizacións como Adega, concibida non para defender ningún interese particular senón para defender un interese xeral da cidadanía.
PRAZA_14670
Os socialistas resaltan que Peña Nieto se compromete a "continuar coas xestións" duns contratos que o candidato á reelección deu por feitos e coidan que é Feijóo quen "pon en perigo" os contratos. "Temos o máximo interese en que se concreten", agregan.
Ratificou o presidente electo de México os contratos de Navantia e Barreras para construír senllos buques hoteis? Segundo o PP e a Xunta, sen dúbida e para o candidato conservador á reelección na Presidencia da Xunta, "o de Pemex é un exemplo da capacidade dalgúns pero a verdade colocará ao PSOE no seu sitio: na oposición", proclamou o pasado luns durante un mitin. A visita do priísta Enrique Peña Nieto a Madrid para reunirse con Mariano Rajoy era vista polos populares como a oportunidade para disipar todas as dúbidas a respecto destas posibles contratacións, pero o dirixente centroamericano optou por unha resposta tan diplomática como a propia visita. Despois de asegurar a través dun comunicado que ve con bos ollos a operación chegou a España e comprometeuse a "continuar coas xestións" entre Pemex e os estaleiros galegos, sen aclarar, por exemplo, se a construción dos barcos ten aínda que pasar a peneira dunha licitación na que compiten outras empresas, como asegura a propia petroleira. Mentres que os conservadores xa esixen "desculpas" a socialistas e nacionalistas polo seu "odio" ao poñer en dúbida a palabra de Feijóo, dende a sede do PSdeG ven ratificadas as súas dúbidas. "Como partido que vai liderar o goberno de progreso a partir do 21 de outubro temos o máximo interese en que eses contratos se concreten", di o secretario de organización dos socialistas, Pablo García, que, non obstante, ve "acentuadas" as dúbidas tras as declaracións de Peña Nieto. "Se hai que continuar as xestións, que foi o que dixo, é que non hai contratos", porque "con xestións non se constrúen barcos". "Feijóo pídenos un auto de fe e, por desgraza, nestes tres anos e medio xa tivemos moitos": "todos se lembran dos 1.500 postos de traballo da planta de baterías de Mitsubishi" ou dos milleiros de empregos que ía crear "a fábrica de coches eléctricos en Ourense", que mesmo chegou "a recoller currículos". O PSdeG coida que é Feijóo "pon en perigo" os contratos ao dalos por feitos antes de tempo Nun sentido semellante exprésase a socialista ferrolá Beatriz Sestayo, candidata número tres pola Coruña, quen non dubida de que arredor dos contratos de Pemex se está a desenvolver toda unha "campaña mediática baseada en mentiras". Nas sucesivas campañas electorais que se desenvolveron dende o retorno do PP á Xunta, lembra, os populares prometeron "un centro de reparacións navais" para Ferrol que aínda non se puxo en marcha e un dique flotante que conta "con cero euros" nos Orzamentos do Estado para ser construído. Os anuncios sobre Pemex, di, só pretenden " desviar a atención" a respecto dos incumprimentos previos pero "o que existe é un acordo sometido a condicións suspensivas" para participar nun concurso público xunto "outras 21 empresas". "Esta é a realidade", enfatiza" a parlamentaria. Neste contexto Sestayo sae tamén ao paso das críticas de Feijóo ao PSdeG polos posibles prexuízos que as dúbidas sobre os contratos lles poidan causas aos estaleiros. "Dio Feijóo, que quere ganar as eleccións a costa de Pemex", dando por feitos os contratos cando aínda non o están, actitude que, afirma, é a que "pon en perigo a conclusión das xestións" xa que el mesmo "sabe que hai varias ofertas". Neste sentido, asegura, se o PSdeG chega á Xunta tras o 21-O apostará por "dicir a verdade" en relación a Pemex e "realizar as xestións con transparencia" para que poidan pecharse con éxito.
NOS_55053
As traballadoras do centro esixen, tras coñecerse estes casos positivos, a realización dun maior número de probas de coronavirus para coñecer o alcance da infección
Un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) noconcello de Sarria rexistrou 15 casos positivos por COVID-19. Así o confirmaron as fontes consultadas, que indicaron que nas últimas horas oito traballadoras e sete usuarios deste centro deron positivo por coronavirus. Respecto diso, o alcalde da localidade, o independente Claudio Garrido, confirmou a información e asegurou que "todas as persoas atópanse asintomáticas polo momento". O rexedor municipal comentou tamén que "desde a Xuntada Galiza, titular do centro, xa se están tomando as medidas oportunas para controlar o brote". As traballadoras do centro esixen, tras coñecerse estes casos positivos, a realización dun maior número de probas de coronavirus para coñecer o alcance da infección. Garrido afirmou que na xornada deste martes "producíronse labores de desinfección no CAPD", pero indicou que descoñece como está a situación no interior do centro.
NOS_39732
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, defendeu a falta de incremento nas partidas sanitarias explicando que en 2022 non vai haber "vacinódromos nin reforzos nas UCI".
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou esta mañá, durante unha visita ao recinto feiral de Silleda, a posible reapertura, pasado mediados de novembro, dos centros de vacinación masiva para administrar a terceira dose contra a covid a menores de 80 anos. O responsábel de Sanidade explicou que para esta data xa haberá bastantes menores de 80 anos que cumprisen os seis meses necesarios de cadencia entre doses, motivo polo que poden volver abrirse os centros masivos de vacinación. Polo de agora, dixo Comesaña, a inxección da terceira dose avanza nos maiores de 80 anos, que xa cumpriron eses seis meses, aos que se lles ofrecerá a partir desta segunda feira a posibilidade de recibir a vacina contra a gripe. Segundo as previsións de Sanidade a mediados ou finais de novembro, comezarán a administrar a dose de reforzo para a poboación de 70 a 79 anos, que accederá á vacinación fronte á gripe a partir do 25 de outubro. As palabras de García Comesaña entran en contradición coas do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, que defendeu a falta de incremento nas partidas sanitarias explicando que en 2022 non vai haber "vacinódromos nin reforzos nas UCI". As partidas para a consellería de Sanidade son -xunto con Mar, Facenda e Infraestruturas- as que menos crecen no proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2022. Cabe lembrar que as partidas para a consellería de Sanidade son -xunto con Mar, Facenda e Infraestruturas- as que menos crecen no proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2022. A Atención Primaria verá reducida a súa asignación para o ano que vén: 1.389 millóns fronte aos 1.391 de 2021. Se comparamos estas cifras coas dos últimos orzamentos do Goberno bipartito (PSdeG e BNG), hai doce anos, a redución é aínda maior: daquela asignáronselle á primaria 1.436 millóns de euros que, aplicando a suba do IPC na Galiza desde outubro de 2019 até setembro de 2021, equivalerían hoxe a 1.619 millóns de euros. A redución de partidas dedicadas á Atención Primaria vén sendo obxecto de numerosas críticas da oposición, dos sindicatos e dos colectivos de defensa da sanidade pública, que veñen alertando desde o comezo da pandemia do "estado de emerxencia" no que está inmersa. O pasado 1 de outubro, unha manifestación para exixir máis medios para a Atención Primaria reuniu a máis de 20.000 persoas en Vigo, e a Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o vindeiro 14 de novembro unha nova manifestación nacional en contra do "desmantelamento" e da "privatización" da Atención Primaria por parte da Xunta.
NOS_51467
Ana Rodríguez, Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Montse Rivera, Rosario Rodríguez e Patricia Segade conforman desde 1989 o grupo Leilía. Unha das apostas máis relevantes da música folk galega que leva trazando camiños entre a tradición e innovación. Despois dun longo período sen traballo discográfico, pero cunha incansábel presenza nos escenarios, este verán anuncian o seu novo disco coa xira Vidas Cantadas. 'Nós Diario' repasa a andaina de Leilía e mais o futuro con Ana Rodríguez.
—De onde sae o nome de Leilía?Cando decidimos formar o grupo, aló a finais dos anos 80, atopamos esta palabra nun vello dicionario, aplicada ao retrouso das cantigas populares. Gustounos e collémolo, pero o caso é que, tal e como o atopamos, non o volvemos ver referendado en ningunha fonte durante moitos anos. Agora mesmo a Academia vén de incluílo na súa guía de nomes galegos, facendo referencia ao noso grupo, así que volvemos velo recoñecido agora. —En que consiste Vidas Cantadas?É o noso novo espectáculo que recolle as vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos más de trinta anos xuntas. Tanto tempo permítenos dicir que levamos unhas 'Vidas Cantadas', como cantadas tamén eran as vidas das mulleres das aldeas que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebemos o zume da terra. Afrontamos este novo traballo como un elo máis da cadea que une as nosas orixes con cada unha das aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos. O espectáculo retoma vellas cancións do noso repertorio para facelas nosas de novo. E sendo as mesmas melodías teñen outro aire, igual ca nós, que sendo as mesmas mulleres xa temos o pouso co que Leilía nos envolveu durante tanto tempo. Desta forma, Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que enlazan orixe e fin: fechamos o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades…, e un sinfín de vivencias que nos fan sentir agradecidas e orgullosas do que Leilía significa para cada unha de nós e tamén para a música deste país. —Neste último proxecto hai un recoñecemento explícito ás vidas das mulleres das que aprenderon. Quen son?Nada do que somos sería posíbel sen as informantes, e sempre sentimos o máis sincero agradecemento cara a elas. Nese sentido, o recoñecemento ás mulleres das que bebemos sons e toques está implícito en cada un dos nosos traballos. A muller é referencia na transmisión, creación e conservación da tradición oral galega: non podemos pór nomes nin apelidos a todas as que se implicaron con nós ou que podemos atopar na nosa historia. As grazas son infindas a todas as mulleres que nos abriron as súas portas para compartir connosco parte da riqueza popular galega. Tratamos de amosar e honrar esa riqueza nos nosos discos e espectáculos. —Leilía leva máis de 30 anos en activo, que reflexión fan do seu papel na música galega?Leilía cambiou o panorama musical galego ao pór sobre o escenario a tradición. Os músicos, que antes buscaban inspiración en Irlanda e Escocia reorientaron a súa procura para atopar a seiva nas aldeas. Certo é que Milladoiro xa apostara por pór pandereteiras sobre o escenario e que outros artistas tamén as incorporaran puntualmente, pero somos nós as primeiras en defender un espectáculo íntegro de voz e pandeireta. Se botamos a vista atrás sentimos orgullo polo labor feito na recuperación e dignificación de tradición oral galega, pero tamén pola influencia que tivemos na expansión e recoñecemento desta, ao sacar do esquecemento parte do legado cultural deste país. —Pódense facer cousas novas nunha música que bebe da tradición?Por sorte o recoñecemento á tradición oral galega xa é un referente. Non só grupos folk se inspiran nesta fonte, tamén outros estilos como o pop, heavy… Crer nas nosas raíces dá azos para crear en distintos ámbitos da cultura: música, danzas, escena... —Onde podemos escoitar Vidas Cantadas? Este verán estamos de xira e xa temos algunhas datas confirmadas en agosto. Actuaremos en Monterrei (día 4), en Arnoia (o 6), na Estrada (o 14) e o 19 en La Laguna, perto de Tenerife. Ademais, o espectáculo antecede o noso novo disco, que chegará ao mercado antes de fin de ano.
NOS_6169
As edicións locais de La Voz de Galicia e El Progreso non publicaron o posicionamento da corporación municipal da Fonsagrada contra o proxecto mineiro que unha empresa canadense pretende explotar afectando dúas reservas da biosfera. O rexedor (PSdG) é taxativo: "con ouro ou sen el non imos permitir que nos expolien e o que lles dixen a eses medios é o mesmo que che estou a dicir a ti"
Hai un dito popular que sostén que cadaquen conta a feira segundo lle vai nela. Algo así debeu pasar coas declaracións do alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, que a imprensa publica respeito da licenza de investigación que a Xunta concedeu a outra empresa de capital estranxeiro, a canadense Goldquest, e que afectaría dúas reservas da biosfera. Dixo La Voz de Galicia que "os alcaldes ven positiva a toma de mostras mineiras na montaña" (xornal do 25 de abril e en referencia aos rexedores dos catro municipios afectados: Baleira, Baralla, Becerreá e A Fonsagrada) e acrecentou o mesmo periódico respecto de Fernández Queipo (PSdG) que "nunca é malo saber o que temos se hai ouro ou cobre... outra cousa é o que derive diso". Pola súa banda, El Progreso apremiou na súa publicación do 8 de maio a que o Concello se posicionase "e aclare se está a favor desta actividade de explotación, que os veciños rexeitan". Xa desde os comentarios da edición dixital se lle advirte ao diario lucense que non só o rexedor socialista, senón a corporación municipal ao completo (PPdG e BNG) "está claramente posicionado en contra dunha explotación aurífera". Non só iso, senón que tamén advirten de que a veciñanza dos catro municipios está a se organizar na plataforma ContraMINAcción. O PP local, tamén en contra Cal é entón a postura do alcalde? "Con ouro ou sen ouro, non imos permitir que ninguén nos veña expoliar o noso territorio. Non sei se queda o suficientemente claro..." En conversa con Sermos Galiza, Argelio Fernández sostén que nas declaracións realizadas á imprensa "dixen o mesmo que che estou a dicir a ti". Explica o socialista que no pleno celebrado esta cuarta feira quedou claro o 'non' rotundo de toda a corporación municipal, PP local incluído, a unha explotación mineira no lugar, que afectaría dúas reservas da biosfera. É a segunda ocasión en que a formación conservadora se posiciona nun concello en contra dun proxecto amparado pola Xunta. Pasou tamén en Xinzo da Limia, onde unha mina de feldespato ameaza unha superficie equivalente a 400 campos de fútbol. "Ficaremos totalmente atentos" "De momento o que está autorizado non son nin prospeccións, senón unha toma de 2.000 mostras en 396 cuadrículas mineiras e non foi necesaria ningunha licencia municipal", subliña Fernández Queipo para destacar que, de momento, todo o que está a acontecer na Fonsagrada e nos concellos limítrofes é responsabilidade da Xunta de Galiza. Porén, adianta xa que "ficaremos totalmente atentos. No momento en que haxa sondeos ou movementos de terras paralizarémolos e exixiremos que se soliciten os preceptivos permisos, estudando a maneira, dentro das nosas competencias, de llos denegar. De momento non temos nada que dicir porque non podemos dicir nada". O Concello da Fonsagrada non quere o proxecto de Goldquest, que pretende arrincar metais preciosos nun territorio que fai parte de dúas reservas da biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) e que está repartido entre os municipios citados. No concreto, a empresa busca ouro, prata, chumbo, cobre e cinc "a custo de catro cadelas que son catro empregos temporais e encima mal pagados. Levan o ouro e deixan territorios hipotecados". Non só iso. Argelio Fernández arremete contra o Plan sectorial de actividades extractivas que vén de aprobar a Xunta de Galiza e que abre de par en par as cancelas do noso monte, espazos protexidos incluídos, á patronal mineira: "non entendo como se poden aprobar leis que permitan que a terra da cal vivimos se volva inhóspita para a xente que a habita, obrigándoa incluso a se marchar dela". A solución que a subdirección xeral de Recursos mineiros deu as persoas afectadas pola mina de Xinzo foi clara: "mercade teras e ide vivir a outro lado".
NOS_34912
Recomenda aos comercios fechar ás seis.
O Concello de Xinzo de Limia recomenda os seus veciños e veciñas que adianten o toque de recoller ás oito da tarde e aos comercios que fechen ás seis, en solidariedade coa hostalaría e ante "a alarmante situación epidemiolóxica" do concello e da comarca. En declaracións a Europa Press, a alcaldesa, Elvira Lama, sinala que esta medida foi adoptada a modo de recomendación a través dun bando porque o consistorio carece de competencias para impola de forma obrigatoria. Confinada á espera do resultado dunha segunda proba PCR despois de ser contacto dun positivo en coronavirus, a rexedora informou que esta decisión será trasladada agora á Consellería de Sanidade, "á espera" de próximas medidas tanto por parte do Goberno galego como do español. Tampouco deu conta desta decisión ao seu partido, o PSdeG, segundo recoñece, xa que non tivo "nin tempo", e subliña que o que pretende é tentar frear o avance da pandemia e non ser pioneira. O bando está asinado polo tenente de alcalde e xa publicado, e Lama espera que sirva para "rachar a cadea de transmisión" aínda que sexa "pola vía da recomendación". De acordo cos seus números, en Xinzo hai 203 casos activos de Covid-19 "e subindo", mentres que son outros 143 na comarca, o que deixa o dato en 346 para unha poboación inferior aos 20.000 habitantes. "Unha taxa enorme que non se pode permitir", advirte, antes de recalcar que "está en xogo a saúde da xente".
NOS_41173
A Fundación Insua dos Poetas celebrou na mañá deste sábado 16 de xullo a súa tradicional Festa da Palabra. O acto, promovido pola entidade presidida polo poeta Luís González Tosar, serviu para homenaxear ao grupo Brais Pinto e premiar a diversas iniciativas culturais e personalidades galegas.
O parque da Esgueva, en Madarnás, no Carballiño acolleu esta maña un acto de homenaxe ao grupo Brais Pinto. Segundo sinalou o presidente da entidade a Nós Diario, Luís González Tosar, o colectivo "marcou unha ruptura desde Madrid co costumismo e o tradicionalismo da nosa literatura". González Tosar significou que "alí coincidían nove persoas galegas vinculadas a diversas áreas a maioría estudantes, pero tamén traballadores migrados. Encabezaron unha transformación literaria en conexión con outros autores como Rodríguez Mourullo ou Xohán Casal, que non fixeron parte formal do grupo pero que, dalgunha maneira, o anticiparon e dialogaron con eles". O responsábel do colectivo organizador destacou que "ao mesmo tempo conectaban coa xeración de preguerra a través de Otero Pedraio ou Ben-Cho-Sey. Quixemos reunir ás tres persoas de Brais Pinto que aínda viven, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo e Xosé Luís Méndez Ferrín para homenaxear esa revolución literaria e cultural, que tamén tiña unha dimensión política". Os membros de Brais Pinto O grupo Brais Pinto creado en 1958 por estudantes e traballadores galegos residentes en Madrid estivo formado polo escritor e dirixente nacionalista, Bautista Álvarez, polo artista plástico, Raimundo Patiño, polo escritor e fundador da UPG, Xosé Luís Méndez Ferrín, polo lingüista e profesor da USC, Ramón Lourenzo, polo poeta, Bernardino Graña, polo pedagogo e ensinante universitario, Herminio Barreiro, polo cineasta e poeta, Alexandre Cribeiro, polo xornalista e escritor, Xosé Fernández Ferreiro e polo intelectual e galeguista, Cesar Arias. Un dos cofundadores do colectivo, Bautista Álvarez, afirmou que "Brais Pinto é a expresión dunha xeración que quer continuar co legado do Partido Galeguista, hipotecado polos dirixentes de Galaxia, se ben a súa actividade quedou limitado ao campo cultural, onde destacou a posta marcha dunha colección de poesía, xénero literario que non cubría Galaxia". A práctica totalidade dos investigadores coinciden en destacar que grupo supón a contestación á inhibición imposta polo piñeirismo, a práctica política no campo do nacionalismo por parte dos sectores mozos, a reivindicación do corpo doutrinal de Castelao, nomeadamente da súa dimensión política e tamén a ponte entre a Galiza do exilio e do interior. Premio Ínsua dos Poetas O acto de hoxe da Fundación Insua dos Poetas, onde participou o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o secretario xeral de Cultura da Xunta da Galiza, Anxo Lorenzo serviu para facer entrega dos galardóns que outorga anualmente a entidade a diferentes persoas e manifestacións culturais galegas. O premio na categoría de investigación e promoción cultural, recaeu no arqueólogo, historiador, colaborador de Nós Diario e secretario da Academia de Belas Artes da Galiza Felipe-Senén López Gómez. No ámbito musical resultou galardoado, Bieito Romero, nas artes plásticas, Pilar Corredoira, no teatro o Festival de Teatro Galego "Celso Parada, na literatura, Ramón Caride Ogando, na cultura da emigración, o membro do grupo Nós de Arxentina, José María Vila Alén e na cultura rural, o programa da TVG "Cos pés na terra"
NOS_22376
Tras a aprobación da cámara baixa, o proceso de destitución chega ao Senado, que ten que aprobar por dous terzos os cargos contra Piñera para ratificar o final do seu mandato presidencial.
Ás 10.24 (hora chilena, ás 14.24 na Galiza) desta segunda feira, o deputado do Partido Socialista de Chile Jaime Naranjo comezou a súa intervención na Cámara de Deputadas e Deputados, situada en Valparaíso, na sesión para debater e votar a aprobación da acusación constitucional para destituír o presidente, Sebastián Piñera. A investigación en contra do xefe do Executivo andino nace da publicación dos Papeis de Pandora, que desvelaron como a empresa que desenvolvía mina Dominga -unha explotación de ferro e cobre próxima a unha Reserva Natural-, propiedade da familia de Piñera até 2010, foi vendida por medio dunha transacción nas Illas Virxes Británicas -un paraíso fiscal- a un amigo da infancia do actual presidente, Carlos Alberto Délano, por 152 millóns de dólares (arredor de 132 millóns de euros). Da xestión da compravenda encargouse unha empresa dos fillos de Piñera, que daquela xa levaba un ano do seu primeiro mandato presidencial. No contrato con Délano estabelecíase un pago de tres cotas, confirmou o Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación. O derradeiro pago, de 9,9 millóns de dólares, dependía de que non se creara unha zona de protección ambiental que obstaculizase a mina. Esta cuestión era responsabilidade directa do Goberno de Piñera, que, malia a presión dos grupos en defensa do medio ambiente para impulsar a protección do territorio, negouse a facelo, garantíndose deste xeito o pago da última cota. A intervención máis longa do hemiciclo Para a oposición chilena e os partidarios da destitución, o positivo por Covid-19 de Gabriel Boric, candidato da coalición Apruebo Dignidad (AD) nos comicios do vindeiro 21 de novembro, dificultaba chegar aos 78 votos que marcan a maioría absoluta. Por isto, o principal obxectivo de Naranjo era estender a súa intervención até que ás 12 da noite rematara a corentena do deputado Giorgio Jackson (AD), que tivera contacto con Boric na campaña electoral, polo que non chegaría até a 1 da mañá a Valparaíso. Naranjo estivo permanentemente vixiado polo oficialismo, disposto a forzar a votación se solicitaba un receso ou deixaba de falar, informou El Mercurio. Cando levaba sete horas de intervención, o deputado Jorge Sabag (Partido Demócrata Cristiano), advertía que non se sentía ben e acababa de facerse unha proba PCR -deu negativo-, polo que non saíra de Chillán. Despois da chamada da súa formación, Sabag dirixiuse cara a Valparaíso, onde tivo que esquivar a unha comisión de saúde que intentaba evitar que accedera á Cámara, apunta La Cuarta. Con Sabag e Jackson xa no seu asento, Naranjo rematou a súa intervención parlamentar tras 15 horas e 2 minutos, con apenas dúas pausas de 15 minutos decretadas pola Presidencia conservadora da Cámara. O avogado de Piñera, Jorge Gálvez, asumiu entón a defensa do mandatario, alongando até cinco horas a súa declaración, polo que a sesión non rematou até a mañá da terza feira. 22 horas após o comezo chegou a votación: 78 votos a favor da acusación constitucional, 67 en contra e tres abstencións envían ao Senado o proceso de destitución. O Senado decidirá o veredicto dos cargos ao presidente Agora é a quenda do Senado de Chile, que actuará como xurado. Para que Piñera sexa destituído a acusación ten que ser votada por 29 senadoras e senadores, cinco máis dos que ten a oposición, que está obrigada a procurar dentro do oficialismo o resto de apoios até os dous terzos. A diferencia do que acontece con outros cargos, despois da aprobación da Cámara á acusación constitucional o presidente poderá continuar exercendo as súas funcións, mais terá prohibido saír do país. O seguinte paso no proceso é a notificación a Ximena Rincón, presidenta do Senado, que terá de catro a seis días para fixar a data da audiencia, na que unha delegación da Cámara defenderá a acusación. Se finalmente dá luz verde, Piñera será destituído e inhabilitado para ocupar un cargo público cinco anos.
NOS_30222
Falamos con Henrique Monteagudo sobre o proxecto de xornal diario que Sermos prepara para 2019. O académico destacou a necesidade dun espazo no panorama mediático actual onde a cidadanía vexa reflectida a súa pluralidade e os seus intereses
"Precisamos dunha prensa independente, crítica e plural que dea voz a moitas persoas e colectivos que non teñen cabida nos medios de agora", explica Henrique Monteagudo, profesor na USC e académico numerario da RAG. O filólogo insistiu na importancia da independencia profesional do xornal, que non pode "estar vendido aos poderes económicos ou político". Ademais, vaticina que Sermos Diario Galego podería ser unha alternativa onde "a cidadanía vexa reflectida a nosa pluralidade e os nosos intereses". Alén diso, e en relación co seu ámbito de traballo, Monteagudo fai tamén referencia ás persoas empregadas na Administración pública, expostas a un constante maltrato laboral. "Por isto é necesario un medio que defenda a importancia do servizo público, e isto é aínda máis acusado no ensino", conclúe. Por último, o profesor agarda que Sermos Diario Galego poida acadar os apoios mínimos para levar cara diante o proxecto, do que xa espera que traballe cunha equipa ampla de profesionais comprometidos coa "prensa independente e cos movementos sociais".
NOS_22082
Os datos de xeración e consumo eléctrico dan conta das relacións de poder no interior do Estado. Mentres unhas áreas se especializan en produción de baixo valor engadido, outras céntranse na elaboración de mercadorías de alto valor. A actual lóxica do mercado eléctrico español explícase nesa variábel.
A Comunidade de Madrid dispón dunha superficie de 8.028 quilómetros cadrados pero non conta con ningún aeroxerador para a produción de electricidade de orixe eólica no seu territorio. A extensión de Madrid é superior en 77 quilómetros cadrados á circunscrición da Coruña, porén esta demarcación dispuña a mediados de 2019 de 68 parques eólicos. Outro tanto acontece en Ourense, cuxa superficie se sitúa en 7.237 quilómetros cadrados, declarando en marzo de 2019 un total de 11 parques noutros tantos lugares. O Concello de Muras, cunha extensión de 163 quilómetros cadrados, suma 15 parques eólicos e un total de 381 aeroxeradores. Galiza contaba a 31 de decembro de 2020 con 4.043 aeroxeradores na Galiza, unha potencia eólica instalada de 3.829 megawatts e unha capacidade de xeración para ese exercicio de 9.992.238 megawatt hora. Pola contra, a Comunidade de Madrid non producía ningún megawatt de orixe eólica, situándose o resto das producións enerxéticas nuns niveis moi baixos e véndose obrigada a importar en 2020 un total de 25.618.471 de megawatts hora para facer fronte ás súas necesidades de consumo eléctrico, que nese ano representaba 26.908.944 megawatts hora. Mentres Madrid presentaba un saldo claramente deficitario, a Galiza exportaba nesa anualidade 6.874.264 de megawatts hora, cuxo destino principal era a capital do Estado. Madrid é a única comunidade do Estado que non conta con ningunha instalación eólica e non xera electricidade procedente do vento. O primeiro territorio en número de aeroxeradores é Castela e León con 4.638, seguido da Galiza con 4.043, Castela-A Mancha con 3.115 e Aragón con 2.279, situándose nos postos de cola Baleares con 4, Estremadura con 15 e Cantabria con 39. Castela e León liderou, tamén, a produción de electricidade de orixe eólica en 2020 con 15.576.092 megawatts hora, a continuación colocouse a Galiza con 9.992.238 megawatts hora, Aragón con 7.314.346 megawatts hora e Castela-A Mancha con 7.161.191 megawatts hora. Mentres na Galiza se disparan os proxectos de novos parques eólicos, en Madrid non hai ningunha solicitude presentada en 2021 para pór en marcha instalacións deste tipo. A Galiza, sen vantaxes O profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Adrián Dios cuestiona os beneficios da especialización produtiva da Galiza na xeración eléctrica. "A Galiza ten unha matriz produtivista dentro da organización económica española, cunha posición subordinada, onde estamos encargados de producir electricidade para fornecer a Madrid, malia ser excedentarios", afirma Dios, quen sinala a Nós Diario que "tal e como funciona o sistema tarifario español para a Galiza non hai ningunha vantaxe de exportar electricidade". "Madrid non está para producir enerxía" A escasa produción de enerxía eléctrica e a ausencia de parques eólicos en Madrid non están ligadas ás características xeográficas ou condicións físicas dese territorio. Isto é resultado dun deseño político estatal, concretado nunha particular especialización produtiva e nunha determinada división do traballo. A este respecto, o integrante do colectivo Bidán Fernando Branco lembra a Nós Diario como "no ano 2004 houbo até sete proxectos de instalación de centrais eléctricas de ciclos combinados que usan gas natural e hoxe non ten ningún pola negativa dos políticos madrileños a non cargar co seu custo social e ambiental". Naquel momento, a presidenta madrileña Esperanza Aguirre argumentou en sede parlamentaria que "Madrid non está para producir enerxía".
NOS_49904
Euskadi votará o 5 de abril. Así o confirmou na segunda feira, 10 de febreiro, o lehendakari Iñigo Urkullu, quen opta a revalidar no cargo cun PNV empoderado após ser primeira forza de maneira continuada nas seis últimas votacións realizadas no País Vasco. A boa onda electoral para a formación jeltzale, o acordo co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez sob o compromiso de completar as transferencias e evitar coincidir cuns previsíbeis comicios cataláns en xuño son algunhas das claves deste adianto.
Xa é oficial. Euskadi escollerá o seu novo Parlamento o vindeiro 5 de abril, tal e como anunciou publicamente na segunda feira, 10 de febreiro, ás catro da tarde, o lehendakari Iñigo Urkullu, unha semana despois de estudar no seo do Executivo a posibilidade de adiantar os comicios. Desta maneira, o presidente que en 2012 recuperou o Goberno para o Partido Nacionalista Vasco, adianta medio ano as eleccións, pois as anteriores foran o 25 de setembro de 2016. O Boletín Oficial do País Vasco publica na terza feira, 11 de febreiro, o decreto de disolución do Parlamento e a convocatoria de comicios. "O clima electoral instalouse en Euskadi", esgrimiu Urkullu como principal razón que os levou a decidirse pola convocatoria. "Comprobamos que a dinámica iniciada no Parlamento vasco fará moi difícil avanzar na aprobación dos proxectos e proposicións de lei que se atopan en tramitación. Son 29 iniciativas e é improbábel que a gran maioría delas poidan ser aprobadas nos meses que restan de lexislatura", recoñeceu o presidente Urkullu. Outra das xustificacións que deu o lehendakari, e en base ao ambiente electoral que percebe no seo da Cámara, apóiase en querer "aforrar á sociedade vasca unha campaña electoral permanente ao longo dos próximos oito meses", reducíndoa desta maneira a uns sesenta días. Baixo esta tese, Iñigo Urkullu esgrimiu que "Euskadi gaña tempo para adoptar as decisións que permitan responder os retos estratéxicos de futuro que ten que abordar nos próximos anos". Aludindo á gobernabilide augurou que, desta maneira, antes do verán estará formado o novo Executivo vasco, o cal "permitirá poder aprobar as directrices económicas e orzamentarias de cara ao exercicio 2021". "Convocar agora as eleccións supón na práctica gañar medio ano", sentenciou Iñigo Urkullu. O PNV vén de gañar seis eleccións seguidas Nas últimas seis citas electorais o PNV ficou como forza máis votada. Desde que nos comicios xerais de 2016 Podemos quedara primeiro con 29,28% dos votos, superando en catro puntos o PNV, a formación jeltzale púxose de novo na cabeceira, gañando as eleccións vascas que tamén tiveron lugar en 2016, con 37,60% de apoio; nas xerais de abril de 2019, nas municipais, na votación ás Xuntas xerais e nas do Parlamento europeo de maior de 2019 e, por último, na repetición dos comicios ao Congreso e ao Senado do pasado 10 de novembro. O PNV está nunha boa situación electoral e vén ademais de reforzar o seu perfil de defensa do autogoberno O PNV está nunha boa situación electoral e vén ademais de reforzar o seu perfil de defensa do autogoberno e de chave para a gobernabilidade do Estado, posibilitando a investidura de Pedro Sánchez cos seus votos no Congreso español a cambio dun compromiso para completar a transferencia das competencias pendentes e que figuran no Estatuto de autonomía de Gernika. De non haber moitos cambios no comportamento electoral respecto a estes últimos comicios, após o 5 de abril podería reeditarse un Goberno entre o PNV e o PSE ou un Executivo soberanista de a formación jeltzale e EH Bildu chegaren a un acordo. Tendo en conta que actualmente o Partido Socialista é o socio de Goberno de Urkullu, e que conta con tres consellarías no Executivo vasco, semella que esta é a opción preferente para o PNV. Candidatas á Presidencia Urkullu disputará a lehendakaritxza con Idoia Mendia (PSE) e con Maddalen Iriarte, quen repite encabezando a candidatura de EH Bildu. Podemos ten previstas as súas primarias a finais deste mes, entre a ex deputada Rosa Martínez e a ex senadora Miren Gorrotxategi. No PP aínda non decidiron o futuro do seu actual líder en Euskadi, Alfonso Alonso. A dirección vasca apóiao mais na estatal aínda non se pronunciaron e procuran alguén con maior sintonía con Pablo Casado. Fica tamén pendente saber se Ciudadanos irá en coalición co PP. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_57948
O BOE publica este sábado a letra pequena dos recortes: persoas en situación de desemprego non poderán viaxar, sexa cal for o motivo ou o periodo temporal, e terán que asumir a totalidade da cotización á Seguridade Social mentres cobren; as axudas á emancipación caen un 30%; impóñense lindes na renda dos 426€; e elimínase o subsidio especial para maiores de 45 anos que esgotaren a prestación contributiva
Na letra pequena dos recortes anunciados polo Goberno español aparecen dúas medidas que castigan especialmente a poboación moza. Dunha banda a dereita retirará a prestación por desemprego a todas aquelas persoas que viaxen fóra do Estado, sexa cal for o motivo e a duración da saída. E doutra banda reduce nun 30% as axudas ao alugueiro que recibía a mocidade en virtude da Renda Básica de Emancipación. Así as cousas, segundo publica este sábado o BOE --Boletín Oficial do Estado--, o decreto de medidas antidéficit aprobado no Consello de Ministros desta sexta vén modificar a norma vixente, de novembro de 2006, que regulaba o programa de renda activa de inserción para desempregad@s con especiais necesidades económicas. Permitía aquel texto que as persoas en tal situación viaxasen a calquera estado da Unión Europea sen perderen o subsidio durante tres meses que eran prorrogábeis até os seis, baixo o único requisito de se inscribiren no lugar de destino como demandantes de emprego. As viaxes de até 15 días eran tamén posíbeis, previa autorización da oficina de emprego. O que se facía era interromper o cobro da prestación cando o motivo da viaxe era "traballar, buscar emprego ou realizar estudos que melloren a cualificación profesional", así como participar en accións de cooperación internacional. O subsidio deixaba de cobrarse se a persoa botaba 12 meses ou máis fóra do Estado. A segunda das medidas que castiga especialmente a mocidade é a redución do 30% da subvención á renda de emancipación. Após o recorte, a contía final da axuda será de 147 euros --fronte aos 210€ actuais--, e cobralos non será compatíbel con ningunha outra axuda fixada na normativa autonómica correspondente. Voltando ao desemprego, o Goberno español quitou adiante a proposta de eliminar o subsidio especial para persoas maiores de 45 anos que esgotaren a súa prestación contributiva. Modifícase o acceso á renda activa de inserción --RAI--, para vincular a súa recepción ao emprego, subsidiando máis unha vez os dereitos sociais ao emprego remunerado. Á RAI accedían todas aquelas persoas que botaban un ano no desemprego, e permitía o cobro de 426€ ao mes, até once pagas. O Fondo de Garantía Social --Fogasa-- reduce a cobertura tanto en salarios como en indemnizacións, garantindo aquela unicamente para cantidades que non superen o duplo do salario mínimo interprofesional, fronte ao triplo actual. E finalmente, até o de agora, cando unha persoa perdía o traballo cotizaba un 4,80% do que percibía --o 35% do total da prestación--, e asumíao o servizo público de emprego. O novo decreto di que sexa @ desempregad@ quen asuma o total do aporte á seguridade social.
NOS_30717
Arder (Positivas) é un libro cheo de forza e vitalidade que nos introduce nunha idea de plenitude.
Desde que Marga Tojo se dera a coñecer como poeta con Últimos bruídos (Positivas, 2016), conseguiu converterse nunha desas autoras que agardamos cunha certa ansia. Non só o seu segundo libro, Cara de velocidade (Kalandraka, 2018) foi unha sorpresa dentro da poesía para crianzas, senón que este Arder confirma unha longa sospeita: máis que volver sobre un estilo explotado, Marga Tojo é desas autoras que apostan por abrir incansabelmente vías novas polas que facer transitar a súa poética. O centro de Arder apunta máis ben á memoria do vivido, a experiencia do presente e ás súas intensidades Arder é, antes de máis, un libro cheo de forza e vitalidade que nos introduce nunha idea de plenitude que podemos relacionar, desde o primeiro poema, cun regreso á terra natal: Galiza / teño / un / stendhalazo / por ti. Unha idea, a da obnubilación pola beleza que describiu a síndrome de Stendhal, que acompaña todo o poemario e que, máis aló da relación puntual coa terra e coa pertenza, parece dirixirse tamén a esa sede de vitalidade que aparece nos seus versos. Con referencias ocasionais que nos poden lembrar levemente ao apocalíptico Últimos bruídos, como a definición dun mundo a piques de desmoronarse ou o papel da tecnoloxía nos afectos contemporáneos, o centro de Arder apunta máis ben á memoria do vivido, a experiencia do presente e ás súas intensidades. Cun protagonismo especial do corpo e os seus percorridos polas paixóns, a proposta principal parece falarnos dun carpe diem contemporáneo, onde o amor e o erotismo son tamén elementos de resistencia nun universo cercado pola fatalidade política: Ningunha utopía de autorregulación do capital / controla as posibilidades de quererse / así. É nesta fantasía do non dito onde se trama a defensa da esperanza A ollada da autora sobre o mundo é descarnada, pero é esa mestura de decepción e fatalidade a que nutre unha actitude decididamente vitalista. Pode servir como clave nesta lectura o poema "Pavimento", onde a crianza acredita na marabilla de que o paxaro ferido que salvou a noite anterior desapareceu tras recuperarse e botar a voar, mentres a nai sabe do verdadeiro final do seu corpo morto. É nesta fantasía do non dito onde se trama a defensa da esperanza, aínda que moitas veces non haxa como impedir que a crúa realidade tamén se filtre, dando forma tamén a un xeito de existir: Porque na cidade hai nenas que dormen na rúa / O silencio mediático é o ruído de fondo / A veciñanza non cae empúrrana / O silencio mediático é o ruído de fondo / As veciñas non morren, mátanas. Marga Tojo déixanos un berro de rabia e rebeldía, unha chamada pola vida como actitude de resistencia.
NOS_27271
Após a intervención de Alberto Núñez Feixoo na primeira sesión do debate de investidura no Parlamento galego, a líder do BNG, Ana Pontón, reprochou ao popular que "non recoñeza os erros da súa xestión" e instouno a "rectificar" a deixar de aplicar o "rodete" da maioría absoluta para que Galzia supere a crise.
"Non é un debate de investidura máis", recriminou a portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, logo de ouvir o discurso "continuísta" pronunciado por Alberto Núñez Feixoo, esta terza feira, 1 de setembro, durante a primeira sesión do debate de investidura no Parlamento galego. "É importante que a cuestión sanitaria e económica centren todo o traballo do Parlamento e o próximo Goberno ten que tomar nota desas cuestións", sinalou a nacionalista de cara a XI lexislatura galega que principia. "No BNG xa dixemos que non íamos poder saír desta situación coas políticas de sempre nin coa óptica dunha soa organización política. Por iso xa pedimos en marzo acordos de país", lembrou Pontón. "Son momentos moi duros con incerteza nos postos de traballo, nas escolas, nas residencias, na sanidade... e nós temos que achegar solucións. E para iso imos traballar", enunciou a líder do Bloque, ao tempo que enfatizou a "importancia" de que "o grupo que ostenta a responsabilidade de gobernar" non use a maioría "como un rodete", dixo en alusión ás lexislaturas anteriores do PP. Precisamente o BNG leva semanas pedindo a creación dunha mesa de reconstrución da Galiza, para afrontar entre partidos e expertos do ámbito científico e universitario os novos retos do país. En resposta a esta petición, Feixoo anunciou hoxe que a primeira medida do seu Executivo será a convocatoria dunha mesa de diálogo social. Pontón apuntou a ese respecto que a súa formación traballará para dar saída ás necesidades da Galiza. "O que demostrou Feixoo é que non está pensando na Galiza do futuro, con medidas reiteradas, sen recoñecer nin un só erro na xestión da crise e perdeu a oportunidade de desculparse", dixo en referencia ás "equivocacións que cometeu" na xestión da pandemia. "Feixoo tiña que ter dado respostas a por que Galiza ten a peor taxa de rastrexo de todo o Estado español, por que non se fixo ben o plano de rastrexo, por que Galiza non conta con potocolos claros ante a Covid-19, por que se fechou a Mariña e non outras áreas sanitarias" en situacións semellantes como zonas da Coruña ou Lugo onde a Xunta levou "semanas sen actuar, e por que non se traballou nunha volta segura ás aulas". Precisamente, a respecto do ensino, a nacionalista recriminou a actuación do Goberno de Feixoo por non ter reducido a ratio de alumnado por aula, non ter ampliado o cadro de profesorado e non ter dialogado coa comunidade educativa para "consensuar" un protocolo. O que preocupa a Feixoo é, segundo Pontón, "responsabilizar" outras Administracións "da súa falla de xestión". Para a nacionalista, o candidato a revalidar na Presidencia da Xunta "perdeu a oportunidade de desculparse polo abandono das institucións. Non cremos que as e os noso maiores se poidan reducir a unha media", aseverou en relación á afirmación de Feixoo de que Galiza está mellor situada que o Estado na incidencia do virus na terceira idade. "Case a metade das persoas falecidas na Galiza pola Covid-19" foron en residencias de maiores, engadiu Pontón, lamentando que a Xunta "non blindase" e actuase "preventivamente" nas residencias durante as últimas semanas. "É moi tarde para moitas persoas, pero o Goberno aínda está atempo de reaccionar", implorou a nacionalista. "Imos ter que loitar contra o virus da posverdade como forma de entender o Goberno, contra o virus da resignación o da falla de ambición de pais nas que está instalando Feixoo", augurou Pontón perante o comezo da XI lexislatura.
NOS_10803
A representación sindical asegura que o 100% do cadro de persoal da firma Veolia -que se ocupa de parte do mantemento da industria téxtil- está a secundar o paro. Unha das medidas de presión é a mobilización diante da sede da multinacional en Arteixo.
A totalidade do persoal de Veolia, empresa que realiza unha parte do mantemento de Inditex, secunda desde as 23 horas deste domingo unha folga indefinida para exixir a readmisión dun compañeiro despedido. Para dar maior visibilidade á súa loita, o persoal ten convocadas concentracións todos os días desta semana diante da sede de Inditex, no polígono de Sabón (Arteixo), coincidindo cos cambios de quenda. Na xornada de hoxe, as e os empregados dirixíronse ás portas da sede da empresa de Amancio Ortega con tendas de campaña e lonas para evidenciar a súa disposición e firmeza a manter a folga até que a empresa se aveña a negociar. Porén, ás 16.30 horas, a Policía Local ordenoulles desmontalas por non estaren autorizadas. A central da CIG-Industria afirmou que van estar vixiantes ante calquera intento de saltar a folga quer por parte de Veolia, quer de Inditex. Esta acción responde ao despedimento dun operario que levaba 12 anos traballando na empresa. Desde o sindicato aseguran que foi tan "inesperado e fulminante que nin sequera se lle permitiu acceder ás instalacións para poder recoller as súas pertenzas, que tivo que recuperar a través doutro traballador". Segundo Veolia, suspendéuselle o contrato porque a tarefa que facía vai ser xestionado por outra compañía. Pero, para a CIG "chama moito a atención que Veolia fale dunha mellora cando a nova empresa aínda non se fixo cargo do servizo e son o resto de traballadores de Veolia quen se teñen que ocupar de manter operativos os grupos electróxenos". Aliás, consideran que se fora certo habería posibilidade de recolocación, polo que exixen que se reincorpore ao cadro de persoal.
NOS_55869
O Sergas suma case tres meses de demora na publicación das listas de espera sanitarias, as primeiras afectadas polo coronavirus e a interrupción da actividade regular nos hospitais.
Ningún territorio do Estado publicou aínda os datos correspondentes ao primeiro semestre do ano sobre as listas de agarda, unhas cifras que indican os tempos de espera das doentes para cirurxías, probas diagnósticas e consultas de medicina especializada no sistema público de saúde. Cando se dean a coñecer, serán as primeiras afectadas pola pandemia da Covid-19, que durante a onda inicial de contaxios paralizou o funcionamento ordinario tanto dos servizos hospitalarios como da Atención Primaria. A Xunta acumula case tres meses de atraso na divulgación destas cifras, importantes para coñecer e explicar o funcionamento da asistencia sanitaria. En 2015, deixou de publicar os datos referidos ás demoras asistenciais nos hospitais da Galiza cada tres meses e pasou a informar das esperas sanitarias cada semestre, en xaneiro e en xullo. Así, os últimos datos oficiais son de primeiros de ano. A 31 de decembro de 2019, os tempos medios de espera eran de 41,5 para as primeiras consultas, de 65,5 para as probas diagnósticas e de 54,5 días para as intervencións cirúrxicas. A interrupción de servizos básicos durante máis de dous meses sumada á falta de información agoiran un incremento significativo das cifras en todas as especialidades, unha suba que desde o movemento SOS Sanidade Pública dan por segura á vista do estancamento, din, que aínda se dá en distintas áreas hospitalarias. A ralentí A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Galega vén de compartir un documento con todas as organizacións integrantes da organización para someter a debate unha serie de problemas "moi serios" que ten actualmente o sistema sanitario, independentemente da Covid-19. "Unha das principais dificultades é o atraso enorme na actividade dos centros hospitalarios", apunta Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade, en conversa con Nós Diario. "Moitas especialidades que non teñen nada que ver co coronavirus nin co seu tratamento están paralizadas ou traballan a ralentí. Estanse anulando citas para consulta, probas diagnósticas e cirurxías, e iso repercute directamente no aumento das listas de espera, xa que nin sequera as pacientes cando solicitan unha cita cun especialista por unha doenza nova obteñen unha data e unha hora concretas para seren atendidas". Nestes momentos o máis importante, ademais de garantir as medidas de protección fronte ao coronavirus, é activar o funcionamento do sistema sanitario. Neste sentido, defende a necesidade de que a poboación coñeza cal é a realidade das listas de agarda. "A Administración ten a obriga de informar de todo canto ten que ver coa saúde das persoas. Non pode ser que a xente non saiba cando vai ser atendida. Por iso cremos que é exixíbel que as listas de espera se fagan públicas dunha vez por todas. Ademais, se queremos que a cidadanía colabore, ten que ter información detallada de cal é a situación". Desde SOS Sanidade Pública salientan o dereito da poboación a saber e cualifican a tardanza na publicación das listas "como unha forma de ocultación da realidade". "Nestes momentos o máis importante, ademais de garantir as medidas de protección fronte ao coronavirus, é activar o funcionamento do sistema, porque a xente segue a ter os mesmos problemas de saúde e as mesmas complicacións das que morría antes". Malia o aumento da presión asistencial nalgúns servizos concretos, Martín mantén que agora mesmo "os hospitais non están colapsados, tampouco os quirófanos nin as UCI, e aínda así, persoas con doenzas graves encontran dificultades para seren atendidas, o que aumenta o risco de mortalidade por enfermidades que se poden previr e tratar". Falta de recursos Para a CIG-Saúde, detrás desta demora asistencial o que hai é unha falta de recursos. "O Sergas non está a por os medios suficientes" para poder asumir a actividade adiada máis as novas demandas das doentes. "Nós pedimos un plan de continxencia para os hospitais, sobre todo para recuperar no verán o labor que se deixou de facer durante o inicio da pandemia, mais entendemos que o que hai é unha parálise. Primeiro, da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e, en consecuencia, dos centros hospitalarios e de Atención Primaria", asevera a secretaria nacional, María Xosé Abuín, en declaracións a este medio. Preocúpanos especialmente o dato das persoas pluripatolóxicas que non teñen consultas presenciais e ven a súa saúde agravada pola paralización. Da falta de información sobre os tempos de espera deduce "uns datos que non favorecen e que non se poden maquillar", polo que exixe unha resposta capaz non só de "atender a programación urxente e todas as consultas prioritarias, como entendemos que se está a facer agora, senón o resto de patoloxías, especialmente as crónicas e as pendentes de diagnóstico", para non acabar de agravar a saúde da poboación, argumenta. "A Covid-19 chegou para quedar e hai que garantir a seguridade e a saúde tanto do colectivo profesional como da poboación" no seu conxunto e a todos os niveis, incide Abuín. Desde a Federación de Sanidade de CCOO, afirman que a ausencia de cifras que ilustren a demora na atención hospitalaria é preocupante. "Este silencio é froito dos tempos de espera escandalosos acumulados", asegura Emilia Lamas. "Preocúpanos especialmente o dato das persoas pluripatolóxicas que nestes momentos non teñen consultas presenciais e que ven a súa saúde agravada pola paralización". [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da quinta feira, día 24, nos quiosques ou na nube]
PRAZA_3737
Os datos do 112 desde que hai un mes se confirmou o primeiro caso na Península reflicten tamén que as incidencias relacionadas coas forzas de seguridade manteñen as mesmas cifras e co estado de alarma aumentaron lixeiramente as de Protección Civil
Os datos do 112 desde que hai un mes se confirmou o primeiro caso na Península reflicten tamén que as incidencias relacionadas coas forzas de seguridade manteñen as mesmas cifras e co estado de alarma aumentaron as de Protección Civil O 24 de febreiro confirmábase o primeiro caso de coronavirus na Península. Desde aquel momento, hai un mes, as estatísticas da central de emerxencias do 112 en Galicia, que xestiona a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), amosan un significativo aumento das incidencias relacionadas coa asistencia sanitaria e unha caída das relativas a accidentes e incidentes nas estradas. Ao tempo, os datos do 112 reflicten tamén que as incidencias relacionadas coas forzas de seguridade manteñen as mesmas cifras ao tempo que as de Protección Civil aumentaron tras a declaración do estado de alarma e especialmente na última semana.A efectos de computar as incidencias diarias, a Axega establece diferentes categorías, que agrupamos no seguinte gráfico a efectos de analizar a súa evolución no último mes: asistencia sanitaria, requirimento de forzas de seguridade, incidencias en estradas (agrupamos aquí accidentes en estrada e incidencias de circulación), operativos de Protección Civil (nos que sumamos tamén as reducidas cifras diarias de rescates e salvamentos), incidencias relacionadas con animais (sexan animais soltos ou alertas por presenza de velutina) e outras (sumamos a categoría maioritaria que a propia Axega cualifica como outras así como os avisos de verteduras ou as chamadas de información xeral).O gráfico presenta a peculiaridade dun número significativo de accidentes e incidentes en estradas arredor do día 2 de marzo, coincidindo co paso por Galicia da borrasca Karine. Superado ese feito, as cifras de incidencias relacionadas coas estradas vai caendo progresivamente, especialmente a partir do anuncio o venres 13 e posterior concreción o domingo 15 do estado de alarma e a súa restrición de movementos, que provocou unha caída do tráfico e o transporte a menos dunha quinta parte do habitual. Das preto de cen incidencias diarias relacionadas coas estradas en días normais, o pasado domingo rexistráronse apenas 10.Tanto a Xunta como os diversos servizos de emerxencias lembran que o 112 é un número para emerxencias, mentres que o número do coronavirus é o 900 400 116Canto ás incidencias relacionadas coa asistencia sanitaria, estas aumentan especialmente a partir da primeira semana de marzo, coincidindo coa confirmación o día 4 do primeiro caso de coronavirus en Galicia, a decisión da Xunta o día 3 de mudar o teléfono de información e atención polo coronavirus dun número de pago a outro gratuíto e a recomendación xeral de que se limitasen as consultas sanitarias presenciais e se potenciasen as telefónicas. Nos últimos días a tendencia de chamadas ao 112 por cuestións relacionadas con asistencias sanitarias parece ir diminuíndo. Nesa liña, tanto a Xunta como os diversos servizos de emerxencias lembran que o 112 é un número para emerxencias, mentres que o número do coronavirus é o agora gratuíto 900 400 116 e outro tipo de asistencia sanitaria pode ser ofrecida nos distintos números de que dispón o Sergas, que poden consultarse aquí.Os datos do 112 amosan tamén como as incidencias relacionadas coas forzas de seguridade se manteñen estables no último mes, mentres que desde a declaración do estado de alarma se produce un aumento nas incidencias relacionadas con actuacións dos dispositivos de Protección Civil, especialmente na última semana a medida que eses corpos asumiron máis labores novas relacionadas coa crise. Tamén se reduciron lixeiramente as incidencias relacionadas con animais soltos así como os avisos de niños de vespa velutina.
NOS_44551
A inflación non dá tregua. O seu impacto afecta toda a cadea económica, xerando un empobrecemento xeneralizado das maiorías sociais por diversas vías. As persoas aforradoras galegas viron reducido o valor efectivo dos seus depósitos en 8.706 millóns de euros durante a última anualidade.
Os últimos datos da inflación deixaron na Galiza unha suba interanual de 11%. A falla de confirmar as cifras definitivas para setembro, que no Estado deixaron unha suba de 9%, o país ven marcando no último ano un incremento dos prezos por riba da media estatal, situados en 10,5%, empuxado pola alza dos alimentos, da vivenda, do prezo da electricidade e dos combustíbeis. A este respecto, economistas consideran que a suba do Índice dos Prezos ao Consumo (IPC) está moi ligada ao importante medre dos beneficios empresariais, sinalando, neste sentido, un informe do gabinete de estudos de Comisións Obreiras (CCOO), que no primeiro trimestre do ano as ganancias das empresas significaron 83% da inflación. A alza dos prezos afecta ao poder adquisitivo por diversas vías. Así, a suba dos produtos básicos e da cesta da compra, cuxo incremento segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) sitúase no último ano en 15,2%, impacta directamente no consumo, mediante unha caída do mesmo e unha mudanza nos seus hábitos. Ao tempo, a fenda cada día maior entre a alza da inflación e o incremento dos salarios reduce de forma constante a capacidade de compra daquelas persoas cuxos ingresos dependen das rendas do traballo. A inflación na Eurozona bate récord mais é dous puntos menor que a galega Suba salarial Os salarios no sector privado revalorizáronse no primeiro semestre do ano en 5,7%, isto é 5,3% por baixo do IPC. Segundo recolle o Observatorio da Negociación Colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais, "o incremento salarial pactado nos convenios asinados e revisados na Galiza foi de 5,7%". Porén, nos convenios de ámbito estatal de aplicación no país "o incremento salarial pactado nestes convenios -media ponderada- foi de 1,89%", significándose unha importante diferenza entre uns e outros. Malia rexistrar Galiza a maior alza salarial do conxunto estatal -3,2 puntos por riba da media-, a perda de poder adquisitivo no que vai de ano sitúase por diante de 5%. As empregadas e os empregados públicos son outros dos perdedores nesta situación. A este respecto, o secretario nacional da CIG-Ensino, Xesús Bermello, apunta a unha perda de 33% do poder adquisitivo entre 2010 e 2024". Nesa dirección, significa que "neste ano vaise pactar que a suba retributiva sexa de 3,5%", o que implica "unha perda do poder adquisitivo de 5,5%, como mínimo en 2022". Na mesma liña, está previsto un incremento de 2,5% para 2023, que pode chegar a 3% se o IPC pasa de 6% e de 2% para 2024. Desvalorización do aforro O impacto da inflación no aforro é directo. A desvalorización deste como consecuencia da alza do IPC é moi grande, concretamente após alcanzar os depósitos máximos históricos nos últimos dous anos. Tanto é así que os aforros téñense incrementado na Galiza desde o primeiro trimestre de 2020 en 11.877 millóns de euros, isto é unha contía, practicamente equivalente, ao orzamento da Xunta de 2022. Neste caso, a súa incidencia afecta de forma moi especial aos pequenos e medianos aforradores, non proclives a optar por mecanismos de investimento, como acontece coas faccións de renda máis elevadas. A banca expatriou 31.469 millóns de aforro galego cara a outros territorios As últimas cifras fornecidas polo Banco de España, referidas ao primeiro semestre de 2022, sinalan que o total dos depósitos custodiados polas entidades de crédito con actividade na Galiza sitúase en 79.147 millóns de euros, a contía máis elevada de toda a serie histórica. Porén, rexistrándose no último ano unha inflación para o conxunto da Galiza de 11%, a capacidade adquisitiva real deses aforros fronte ao valor efectivo desa cantidade un ano antes é de 8.706 millóns de euros menos. Alza nas retribucións A incidencia desta variábel ten un grande alcance na Galiza, dado o tradicional papel do país como aforrador neto e a redución do gasto nas últimas anualidades, que ten incrementado de forma significada o volume dos depósitos. Neste sentido, o aumento da retribución dos depósitos a longo prazo que ofertan algunhas entidades de crédito é máis aparente que real, xa que o referido incremento fica anulado polos efectos da inflación. A lóxica dos salarios e as súas subas Galiza, Euskadi e Nafarroa rexistraron as subas salariais máis elevadas do Estado. Mentres a revalorización salarial no conxunto estatal ficou en 2,5%, na Galiza chegou a 5,7% e en Euskadi alcanzou 5%, após a sinatura dos convenios sectoriais do metal en Guipuzkoa e da construción en Bizkaia cunha alza de 6,5%, tras un duro conflito laboral e un forte proceso de mobilización social. Galiza é o segundo territorio do Estado con máis mobilización social. O propio Ministerio de Traballo sinala que, após Euskadi, o galego é o país onde se desenvolven máis xornadas de folga ao ano e dunha duración máis longa.
NOS_37384
Supón o duplo que hai catro anos. En perto de 32.000 familias ningún dos seus integrantes percebe ingresos.
En Galiza hai 89.200 fogares onde todos os seus membros están no paro. O que supón un 10,9% máis de fogares nesta situación que hai un ano. Uns datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que poden ser cualificados como máis que preocupantes. De feito, no terceiro trimestre de 2009, no noso país nesa situación (todos os membros en paro) había 44.500 fogares. Así pois, en apenas catro anos esa cifra case que se cuadriplicou. De feito, en Galiza hai agora 32.000 familias onde non hai ingresos de ningún tipo. Miseria e pobreza a aumentar a galope desde o inicio da crise. Desemprego Durante o terceiro trimestre de 2013 incrementouse o número de parad@s en Galiza en 13.100 persoas (un 5% máis) con respecto ao mesmo período de 2012. A poboación parada baixa unicamente un 3,9% (11.100 persoas) con respecto ao trimestre anterior.
PRAZA_6758
Participan unha aplicación para calcular rutas en transporte público, outra que facilita a audición a persoas con dificultades e un sistema de gravación automática para radios comunitarias. O traballo gañador do concurso coñecerase nun mes.
Hai uns meses Chuza! botou a andar o seu primeiro concurso de aplicacións de software libre, en colaboración co Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), e co obxectivo de contribuir tanto ao desenvolvemento da propia páxina de Chuza! como do tecido de aplicacións de Software Libre galegas. Pechado o prazo para a presentación de propostas, tres son os proxectos que competirán por ser a gañadora deste certame, que levará un premio de 250 euros. Iago Veloso Abalo presentou RadioCo, un sistema de gravación automática da emisión en directo dunha emisora de radio comunitaria. RadioCo naceu como un proxecto de fin de carreira do seu creador, e xa foi probado por CuacFM. O sistema grava e publica automaticamente os programas en formato podcast posibilitando a subscripción e a reprodución de audio directamente dende un navegador web. Damián Aragunde Pérez participa con Ok-Oh, unha ferramenta de axuda á audición mediante o uso de dispositivos móbiles, nomeadamente smartphones. As persoas que o utilicen deben conectar uns auriculares ou o sistema de mans libres aos seus aparellos. Por último, a proposta de Vreixo Luís González Caneda é OpenTripPlanner for Android, un aplicativo de cálculo de rutas en transporte público, a pé ou en bicicleta, a partir de bases de datos e mapas en formatos abertos, ofrecendo información sobre horarios de autobús e tren, ou da situación dos puntos de aluguer de bicicletas. Como se especificaba nas bases do certame, a temática é libre pero terase en conta "a mellor aplicación de software relativa a cultura galega e/ou a sociedade galega". Tamén se destacaba que as candidatas poderían ser unha aplicación independente ou unha mellora (parche) aplicada á web de Chuza. Tamén se valora o correcto emprego do paradigma de programación escollido, o emprego de patróns de deseño coherentes e xustificados, os mecanismos que fagan accesible a aplicación ou achega que se faga.
PRAZA_1694
Máis cedo ca tarde, o PSOE terá que decidir se quere partillar dun outro relato, axustado a unha idea plurinacional do Estado a unha socialdemocracia renovada e participativa, ou tenciona defender unha democracia de baixa calidade, que despreza os valores da participación cidadá e asume como dogma as estreitas lindes do austericidio.
PP e PSOE seica monopolizaron a representación política dende 1982, despois da desfeita da UCD. O chamado "sistema da transición" é, basicamente, a do bipartidismo dinástico, abeirado na lei D´Hondt e nunha retroalimentación que abrolla con descaro cando se lle cuestiona seriamente. Se no 1979 a UCD, Coalición Democrática (antecedentes principais do actual PP) e PSOE deron cabo á experiencia do goberno de coalición n'A Coruña de Domingos Merino, hoxendía voltamos á pinza amosada nos recentes Plenos de organización da mesma cidade e de Lugo. O mesmo Feijóo ven de declarar nunha entrevista que quere "un PSOE forte que lle diga non aos nacionalistas e a Podemos". En realidade, un dos principais motivos polos que o PSOE, neste contexto, é un problema e non unha solución está no seu carácter de franquicia institucional, que lle merca ao PP ideas como a blindaxe da priorización do pagamento da débeda a respecto do mantemento dos servizos públicos (reforma "express" do artigo 135 da Constitución en outubro do 2011) ou unha idea monolítica de España que tende á continua recentralización e á negación da plurinacionalidade do Estado. E, á vista da iconografía de Pedro Sánchez na súa recente Conferencia Política e da limitada visión territorial de Carme Chacón, semella que o problema ha continuar. Vivimos un tempo de fondas remudas institucionais, sociais e políticas. Xa que logo, máis cedo ca tarde, o PSOE terá que decidir se quere partillar dun outro relato, axustado a unha idea plurinacional do Estado a unha socialdemocracia renovada e participativa, ou tenciona defender unha democracia de baixa calidade, que despreza os valores da participación cidadá e asume como dogma as estreitas lindes do austericidio. A ARRINCADEIRA: MANUEL MARÍA, POETA CÍVICO. Ninguén pode negar o acerto da escolla este ano da Academia a respecto do protagonista do Día das Letras Galegas. Manuel María é o noso máis senlleiro poeta cívico dende Curros. Coherente coa súa ideoloxia, sempre foi persoa atenta e aberta, quen a sumar e tender pontes coas persoas que non pensaban coma ela. Ogallá o 2016, ademáis de conmemoralo- canda ás Irmandades da Fala que cumpren o seu Centenario-, afonde na cultura que preferiu tender pontes a excluir ninguén , como adoitaba facer Manuel María.
PRAZA_3969
O proxecto educativo adquiriu a denominada Casa das Moas, en Vidán, grazas a un empréstito concedido por Coop57. Nas vindeiras semanas porá en marcha unha iniciativa de crowdfunding para financiar os traballos de reforma do inmoble, que busca dar resposta "a ampla demanda que está a ter"
Semente Compostela vén de adquirir un novo local, de gran tamaño, que lle permitirá reunir as tres escolas que actualmente funcionan en SantiagoA asociación Semente Compostela vén de adquirir un novo local, de gran tamaño, que lle permitirá reunir as tres escolas que actualmente funcionan en Santiago. Trátase da denominada Casa das Moas, na zona de Vidán, que será mercada grazas a un empréstito concedido pola cooperativa de servizos financeiros Coop57. Hai unhas semanas o proxecto educativo iniciou a recolla de avais para a operación e en tan só 15 días acadou os 200 avais necesarios, superando o obxectivo inicial dos 285.000 euros. De feito, grazas ao apoio de familias e docentes acadáronse 356.200 en avais e un 90% das familias que na actualidade forman parte da Semente avalaron a operación.Nas vindeiras semanas, o colectivo lanzará unha campaña de crowdfunding para recadar os fondos necesarios para a reforma da futura Escola das MoasSemente Compostela subliña que "a adquisiçom do local de Moas permitirá fazer viável o projeto educativo das Escolas Semente de Compostela, garantindo um espaço suficiente e em contato com a natureza, num lugar accesível desde o centro da cidade em transporte público ou outras formas de transporte sustentáveis".O empréstito concedido permitirá sufragar a operación inmobiliaria (o custo do local, 242.000 euros, mais os gastos legais derivados e o proxecto arquitectónico para a sua reforma). Ademais, nas vindeiras semanas, o colectivo lanzará unha campaña de crowdfunding para recadar os fondos necesarios para a reforma da futura Escola das Moas."A ampla demanda que está a ter a escola fai prever que nos vindeiros cursos será preciso um aumento do espaço onde desenvolver as actividades lectivas", subliñanA Casa das Moas ten unha superficie total de 600 metros cadrados repartidos en tres andares, cunha finca forestal de 3.500 metros cadrados. Esas dimensións farán posible reunir nese espazo a todo o alumnado da Semente Compostela, que abrangue os niveis dos 2 aos 12 anos, explican dende o proxecto educativo. Na actualidade, as crianzas da Semente están repartidas en tres locais: dous deles dirixidos a alumnado do ciclo de infantil e un ao de ensino primario. Semente Compostela explica que "a ampla demanda que está a ter a escola fai prever que nos vindeiros cursos será preciso um aumento do espaço onde desenvolver as actividades lectivas, assim como as actividades extraescolares que a Semente oferta a todas as famílias de Compostela para facilitar a conciliaçom".
NOS_51038
A campaña de desobediencia civil de non pagar as peaxes en Catalunya que comezou hai uns meses chegou ao seu día máis combativo.
Desde a plataforma "Proupeatges" convocouse unha protesta masiva o 1 de maio ás 12 do mediodía en 14 peaxes. As reivindicacións queren denunciar o que denominan un imposto indirecto e a nula inversión estatal en Catalunya. Segundo a concesionaria das autoestradas Abertis, tivo un alto seguimento e xa se fala de que máis de 1.500 persoas rexeitaron pagar desde o comezo da protesta. Os sindicatos estatais CCOO e UGT non comparten as razóns que reivindican. Nun comunicado de CCOO das concesionarias Acesa - Aucat - Invicat critican as reivindicacións daquelas persoas que non queiran pagar as peaxes e solicitan "presenza de seguridade pública". Como razóns apuntan que a reivindicación contra o pago de máis impostos nas autoestradas é "unha campaña política".Por parte da UGT o secretario xeral da Sección Sindical UGT-Abertis autopistas de Catalunya pediu, neste caso por carta, que non se realice a protesta.Reacción da GeneralitatPerante as protestas, o goberno catalán xa anunciou que non enviaría os Mossos para poñer multas ou deter @s utentes de autoestradas que non queiran pagar as peaxes. A Generalitat convocou unha reunión para o día 14 de maio en que se trataría o tema das peaxes e a que, nun principio, asistirían as empresas concesionarias, partidos políticos, sindicatos, cámaras de comercio e entidades da sociedade civil. Ademais da páxina oficial do movemento cívico #novullpagar dous medios de comunicación fan un seguimento diario desta protesta en toda Catalunya. Pódense ver videos e as últimas noticias en vilaweb.cat e naciodigital.cat.
NOS_56237
Na Galiza dos últimos anos proliferan os festivais de cinema. O seu impacto cultural, social e mesmo económico é evidente. Pero, a dicir dos seus promotores, non abondo comprendido. Desta realidade partiron a ducia de certames que esta terza feira presentaron a coordinadora Proxecta.
"Desde hai 15 anos, máis ou menos, existe en Galiza unha xeografía de festivais cunha enorme repercusión", explica a Sermos Galiza o presidente de Proxecta e director do Play-Doc de Tui, Ángel Sánchez, "coa coordinadora de festivais queremos visibilizar o noso traballo e tamén servir de interlocutora coas administracións". Non é tanto, engade, que as institucións infravaloren os encontros cinematográficos como que "non entenden ben a dimensión do seu traballo". Sánchez insiste na "transversalidade" do seu labor: un festival esténdese alén dos días en que se celebra. "Xeramos espectadores críticos; estamos involucrados na formación con colexios e institutos; servimos de aglutinadores de fenómenos artísticos como o Novo Cinema Galego", di. Tamén hai cifras. Os 12 festivais fundadores da coordinadora aducen que a pegada económica da súa actividade excede o millón de euros. Recibiron 70.000 espectadores e espectadoras e contrataron uns 300 traballadores e traballadoras. Ademais do Play-Doc, na directiva de Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema sentan representantes da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, de Curtocircuíto, do Festival Internacional de Curtas de Bueu, do Chanfaina Lab de San Sadurniño, do Festival de Cans e do Cinema Crianza de Ames. "É outra peculiaridade dos festivais galegos", expón Ángel Sánchez, "a súa enorme diversidade, a súa gran riqueza, que contribúe ao seu impacto social e a estabelecer diálogo entre eles". En todo caso, nada máis darse a coñecer a iniciativa de coordinación, outros certames e mostras amosaron o seu interese: "Somos xa arredor dunha vintena". Segundo o seu cálculo, en Galiza hai 32 festivais. Proxecta xa mantivo unha xuntanza coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta e en breve tamén o farán coas deputacións da Coruña e Pontevedra. Entre os seus obxectivos tamén se acha a "necesidade de que as relacións coas administracións sexan máis fluídas, transparentes e igualitarias" e contribuír a "mellorar o seu funcionamento. Como temos que mellorar o noso, por suposto".
NOS_6579
A plataforma realiza "un chamamento ás forzas políticas galegas, tanto as que contan con presenza institucional coma as que aspiran a acadala nos próximos comicios, para poñer fin a unha etapa nefasta, sen dúbida a peor na Historia recente do idioma".
Prolingua, plataforma en defensa do galego, dirixiuse mediante unha nota pública a todas as formacións que se presentan ás próximas eleccións para que expliquen as súas propostas para o galego, xa que considera que "este ano electoral de 2015 debe ser o da decisión colectiva de mudar un rumbo catastrófico para o noso idioma, medio de comunicación habitual dunha boa parte do país e fundamento da cultura galega contemporánea". Así, realizou un "un chamamento ás forzas políticas galegas, tanto as que contan con presenza institucional coma as que aspiran a acadala nos próximos comicios, para poñer fin a unha etapa nefasta, sen dúbida a peor na Historia recente do idioma". Deste xeito, critican a algunhas institucións, nomeadamente a Xunta, da que din que "mentres afogan a lingua e a cultura cunha man visten a outra con luva branca, presiden cerimonias e invocan quen sabe que tipo perverso de galeguidade". "Afoga a lingua cunha man e coa outra preside cerimonias e invoca galeguidade", aseguran sobre a Xunta Prolingua solicítalles "ás direccións e ás militancias do conxunto dos partidos que debatan e expliquen con claridade cal é a súa proposta para un consenso nacional sobre o idioma e cales as medidas que urxe tomar". "É a hora de recuperar o consenso na dobre dirección de fortalecer os dereitos das persoas galegofalantes e garantir o dereito das castelanfalantes a aprenderen e valoraren o idioma propio de Galiza", afirma a Plataforma, que tamén afirma que "abonda de decorado folclórico e de rituais grandilocuentes: cómpre concreción, asunción de compromisos ante a cidadanía e mecanismos para que o recollido no programa vaia máis alá do ámbito do virtual. Se a galeguidade é un valor, tentar apropiarse dela para beneficiarse dos votos constitúe unha fraude contra o patrimonio común, fágao quen o faga". "A mellor forma de basear firmemente unha futura converxencia acerca do destino da lingua é situala nos programas ao nivel que a súa importancia merece; un nivel que asegure a súa transmisión e continuidade, que fomente as actitudes positivas e garanta o seu uso real en calquera situación", conclúe Prolingua nunha nota pública.
PRAZA_17968
A Xunta inicia a tramitación dunha nova Lei de Ordenación do Territorio, que como o resto de normas mudadas na última década presenta como un xeito de axilizar a tramitación de proxectos, o que para a oposición e colectivos ecoloxistas supón reducir controis
O Consello da Xunta vén de acordar, na súa reunión deste xoves, o inicio da tramitación dunha nova Lei de Ordenación do Territorio de Galicia. A anterior databa de 1995 e coa súa substitución os sucesivos gobernos encabezados por Alberto Núñez Feijóo dirán adeus á última gran herdanza normativa en materia territorial e urbanística da época de Manuel Fraga como presidente e Xosé Cuiña como o seu conselleiro de Política Territorial. A Xunta inicia a tramitación dunha nova Lei de Ordenación do Territorio, que como o resto de normas mudadas na última década presenta como un xeito de axilizar a tramitación de proxectos, o que para a oposición e colectivos ecoloxistas supón reducir controis Este xoves o propio Feijóo salientou o feito de que durante os seus nove anos de Goberno vén acometendo sucesivas modificacións de todo o ámbito normativo vinculado coa ordenación do territorio e do urbanismo. Á espera de que se coñeza o texto concreto do borrador da nova norma, Feijóo di que seguirá a liña de axilizar os trámites que atribúe a todas as medidas que adotpou ata o de agora. Oposición e colectivos ecoloxistas, pola contra, veñen coincidindo en que todos os cambios normativos reduciron os controis da administración. Xunto coa Lei de Ordenación do Territorio de 1995, a outra gran norma herdada da época de Cuiña era a Lei do Solo de 2002. Unha ou outra establecían á súa vez a necesidade de aprobación doutro tipo de figuras inferiores ou organismos de control que tamén están xa en vigor. As grandes modificacións no sector comezaron ben pronto pola Lei do Solo, retocada en numerosas ocasións tanto polo bipartito de PSdeG e BNG como polos gobernos de Feijóo nada máis volver o PP á Xunta, que acabaría aprobando en 2016 un novo texto legal. Aquela Lei do Solo de 2002 establecía a creación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), que puxo en marcha o bipartito, igual que a Lei de Ordenación do Territorio prevía o Instituto de Estudos do Territorio, que non comezou a andar ata os gobernos de Feijóo. Do mesmo xeito, a lei de 1995 xa establecía a necesidade de aprobar unhas Directrices de Ordenación do Territorio que, xunto co Plan de Ordenación do Litoral, comezou a tramitar o bipartito e aprobou Feijóo en 2011 malia a súa promesa de facelo en menos de seis meses tras a súa chegada á Xunta en 2009. O propio Feijóo salientou o feito de que durante os seus nove anos de Goberno vén acometendo sucesivas modificacións de todo o ámbito normativo vinculado coa ordenación do territorio e do urbanismo A nova Lei do Solo de 2016 estableceu á súa vez a figura do plan básico autonómico, unha serie de normas urbanísticas xerais a aplicar naqueles pequenos concellos que carecían de Plan de Urbanismo. Esta mesma semana a Xunta presentou o inicio do deseño deses plans básicos municipais que suporán a aplicación en cada concello dese plan básico autonómico. Antes desta nova figura, a normativa que rexía para eses municipios carentes de plan de urbanismo eran as denominadas normas subsidiarias provinciais que databan da década dos 80. Renovadas todas esas normas previas e creadas á fin as principais figuras e entidades nelas previstas, a Lei de Ordenación do Territorio de 1995 verá agora a súa fin ao longo de 2019, cando entre en vigor a nova, segundo as previsións da Xunta. Do contido da nova norma, un dos elementos que avanzou Feijóo este xoves é a supresión das figuras contempladas na anterior pero nunca utilizadas do plan de ordenación do medio físico e do pan de coordinación autonómico. Pola contra, seguirán existindo o plan territorial integrado (é a figura aplicable ao Plan de Ordenación do Litoral ou o plan dos camiños de Santiago), o plan sectorial (figura para a planificación a nivel autonómico dun conxunto actuacións similares como polígonos industriais, a xestión de residuos ou o saneamento das rías, por exemplo) e o proxecto sectorial, que na nova norma pasará a chamarse proxecto de interese autonómico (figura que regula a implantación dunha instalación concreta como un hospital, un parque eólico ou un polígono de vivendas).
PRAZA_13640
O blog de ciclismo Elos e Canelas abre un debate sobre as posibilidades de Bradley Wiggins de gañar o Tour. Os 100 quilómetros de contrarreloxo xogan ao seu favor, pero está por ver o seu comportamento costa arriba (e costa abaixo)
O blog de ciclismo Elos e Canelas abre un debate sobre as posibilidades de Bradley Wiggins de gañar o Tour. Os 100 quilómetros de contrarreloxo xogan ao seu favor, pero está por ver o seu comportamento costa arriba (e costa abaixo) Inauguramos unha serie de posts de debate no que por unha banda Carlos Selas e por outra Javier Fopeiro defenderán posturas encontradas. Nesta ocasión discutiremos sobre as posibilidades reais de Bradley Wiggins. Animámosvos a debater. O favorito número un para o Tour deste ano (Javier Fopeiro) Podería estar aproximadamente un segundo por quilómetro por diante do resto de favoritos, o que lle daría uns dous minutos de marxe para a montaña con respecto a homes como Evans ou Menchov Non son un incondicional de Wiggins, non me impresionan demasiado eses numeriños de adestrar para o calor nunha carpa de xardín nin me emociona a súa concepción do ciclismo en térmos puramente científicos… e sen embargo, non teño ningunha dúbida de que será o próximo gañador do Tour. O británico parece o único corredor cun plan claro para acadar a vitoria nesta edición tan estraña, tanto en percorrido como en participación: acumular tempo de vantaxe nos máis de 100km contrarreloxo e aproveitar a ausencia de grandes escaladores (Alberto Contador, Andy Schleck) para limitar as perdas na montaña. Persoalmente, penso que é indiscutible que Wiggins é o mellor contrarreloxista entre os favoritos a gañar o Tour. Os resultados deste ano invitan a pensar que podería estar aproximadamente un segundo por quilómetro por diante do resto de favoritos, o que lle daría uns dous minutos de marxe para a montaña con respecto a homes como Evans ou Menchov. A montaña do Tour non alcanza porcentaxes tan altas como no Giro ou a Vuelta, e os favoritos para a vitoria final no Tour son corredores "diesel" igual que Wiggins… Unha vez na montaña, tampouco vai ser doado meterlle tempo ao bo de Wiggo. O que lle fai dano ao británico son as altas porcentaxes e os demarraxes poderosos, pensade por exemplo nas etapas do Angliru ou Peña Cabarga na Volta a España do ano pasado. A montaña do Tour non alcanza porcentaxes tan altas como no Giro ou a Vuelta, e os favoritos para a vitoria final no Tour son corredores "diesel" igual que Wiggins… así que, por estraño que pareza, penso que para o británico será máis doado aguantar a Evans no Tourmalet que a Cobo en Peña Cabarga. ... Unha gran xogada de marketing de Sky (Carlos Selas) Si, vale, acepto que Wiggo ten opcións, pero de aí a ser considerado un favorito hai un mundo. Nesta edición do Tour hai varios corredores que demostraron bastante máis que Wiggins: Nibali, Menchov, Evans, Scarponi ou Valverde xa gañaron unha volta de tres semanas, e outros, como Frank Schleck ou Samuel Sánchez xa subiron ao caixón do Tour de France, e, malia a todo, hai moitos que consideran o británico o gran favorito. Morden o engado que lles pon Sky. É certo que é un percorrido ideal para el, pero tamén é apto para Menchov, Nibali, e, sobre todo, para Cadel Evans É certo que é un percorrido ideal para el, pero tamén é apto para Menchov, Nibali, e, sobre todo, para Cadel Evans. Estase vendo o australiano moito máis atento, sempre na parte dianteira do pelotón e asumindo o rol de auténtico favorito que ten, mentres que o inglés xa tivo problemas na cuarta etapa para entrar na cabeza, e non perdeu ningún segundo porque se viu cortado tras a caída que se produciu a pouco da meta. É certo que eses finais explosivos non lle van, pero algúns xa o vimos un pouco despistado. Disque é posible que non poida coa presión, pois non leva moi ben ser foco de atención. ... Le o post completo en Elos e Canelas
NOS_29513
A vindeira segunda feira, 26 de decembro, terá lugar en Vigo unha concentración contra o xuízo ao que Marrocos somete activistas saharauís cando se fan seis anos desde que as forzas de ocupación marroquís desmantelaron o campamento de protesto nas proximidades do Aaiún, no territorio ocupado.
Formacións políticas como En Marea, o BNG e EU; sindicatos como a CIG, CCOO e UGT e organizacións como a Fruga, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ou a Asociación de Inmigrantes de Galiza participarán a vindeira segunda feira, 26 de decembro, ás 11h diante do Marco, nunha concentración contra o xuízo que sentará activistas saharauís por instalar o campamento de Gdeim Izik no territorio ocupado. O protesto ten lugar cando se fan seis anos da represión ás persoas que instalaran e participaran no Campamento de Gdeim Izik, nas proximidades do Aaiún, capital do Sáhara Occidental. Resultado da forte opresión, centos de activistas resultaron feridos e mesmo se produciron mortes, como a do neno de 14 anos Elgarhi Nayem. 25 persoas xulgadas Marrocos respondeu ao campamento pacífico, co que os saharauís protestaban contra as violacións de dereitos humanos que sofren, coa detención arbitraria de 25 persoas. Dous anos após os feitos, foron xulgadas sen ningún tipo de garantías e condenadas a duras penas de prisión: nove a cadea perpetua, catro a 30 anos, sete a 25 anos, tres a 20 anos e dúas a dous anos. Estes 25 activistas continúan no cárcere e volverán ser xulgados na segunda feira polo Tribunal Civil de apelación en Rabat A presión social e a mobilización internacional provocou a anulación do xuízo. Porén, estes 25 activistas continúan no cárcere e volverán ser xulgados na segunda feira polo Tribunal Civil de apelación en Rabat. As entidades que apoian a concentración advirten de que Marrocos carece da lexitimidade e da competencia necesarias para actuar contra os activistas. E é que o país non ten xurisdición ningunha sobre o Sáhara Occidental, tal e como recollen resolucións internacionais e a propia ONU.
NOS_9815
A OMS non recomenda o uso dos comprimidos de ioduro de potasio de forma "preventiva", "agás se o recomendan as autoridades".
A escalada bélica en Ucraína fai soar de novo as alarmas ante un hipotético uso de armamento nuclear. Esta terza feira o Ministerio de Asuntos Sociais e Sanidade de Finlandia pediu á poboación menor de 40 anos que se abasteza de tabletas de ioduro de potasio como "medida preventiva" en caso de risco de radiación. Logo deste anuncio, as existencias deste produto esgotáronse cedo en todas as farmacias do país, se ben desde a Asociación Finlandesa de Farmacia afirmaron que volverán estar dispoñíbeis "nun futuro próximo". Porén, é necesario adquirir ioduro de potasio? O mesmo colectivo precisou que non existe unha "necesidade urxente" de facelo a pesar da recomendación do Goberno e instou a facer unha compra racional. A ameaza nuclear paira sobre Ucraína A Organización Mundial da Saúde (OMS) aconsella, nun hipotético escenario de ataque nuclear, inxerir estes comprimidos "antes ou durante a irradiación", xa que pode contribuír a "bloquear" o iodo radioactivo. Porén, a propia OMS matiza que o ioduro de potasio "non funciona como antídoto da exposición á radiación", senón que actúa "protexendo a tiroides no caso de que houber risco de exposición inerna a iodo radioactivo", algo que pode acontecer após un accidente ou ataque nuclear. "Non protexe contra outras substancias radioactivas que se poden emitir ao medio ambiente como resultado dun accidente nuclear; non protexe contra a radiación externa, é dicir, contra a radioactividade que se deposita no solo, as superficies ou os alimentos, e non evita que o iodo radioactivo entre no organismo, senón que impide que o capte a tiroides", explica a entidade. Non se debe inxerir ioduro de potasio de forma "preventiva" Tampouco recomenda a OMS tomar estas pílulas de forma preventiva, agás "cando o recomenden explicitamente as autoridades de saúde pública", como é este caso en Finlandia. Pasadas 24 horas da inxesta, o ioduro de potasio perderá o seu efecto protector por completo. As autoridades finlandesas advertiron tamén que nas farmacias non se dispensan actualmente este tipo de comprimidos para crianzas de tres anos ou menos, polo que os centros de saúde "deberán importalas e distribuílas". O seu consumo é tamén importante, pois, lembra a OMS, o risco de contraeren os nenos e nenas cancro de tiroides tras a exposición a iodo radioactivo é "superior" ao das persoas adultas, e os grupos de idade que máis risco corren son os máis novos. Aos neonatos débeselles administrar unha soa dose de ioduro de potasio, e tamén é recomendábel, "só cando o indiquen as autoridades", para as mulleres embarazadas.
NOS_4856
A gala dos premios Martin Códax xa ten data
A Asociación Músicas ao Vivo, organizadora dos Premios Martín Códax da Música, vén de anunciar a nova data para a celebración da súa gala anual, na que se coñecerán os proxectos premiados da sétima edición dos galardóns. Será o 21 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, sempre que as condicións sociosanitarias pola COVID-19 o permitan. Malia as dificultades provocadas pola pandemia, que obrigaron sobre todo a retocar o calendario, Manuel Alonso, xerente da rede, sinala a Nós Diario que fixeron un esforzo por conservar aqueles elementos que puideron. De tal maneira, mantiveron os prazos de inscrición ou de votación do xurado e das socias. O que si houbo que mudar foron as celebracións da festa de finalistas e da gala dos premios, prevista agora para outubro, pero coa vista posta no devir dos acontecementos. "Non podemos garantir que se celebre ao 100%", advirte Alonso, mais desde Músicas ao Vivo traballan procurando que sexa posíbel se as circunstancias o permiten. Os premios que se entregan son as Melómanas, esculturas realizadas por Víctor Lorenzo, igual que en anos anteriores, que caerán en mans dos proxectos escollidos nas 20 categorías e que xa son todo un elemento identitario dos Premios. Malia as dificultades, desde a organización salientan que a edición gozou de resultados positivos, co maior número de inscricións rexistradas na historia dos premios, cun total de 577 candidaturas, ou a concesión do Premio Honorífico a unha muller cunha destacábel traxectoria artística como é a cantautora María Manuela. Incertezas de cara aos bolos de verán e outono A incerteza domina o horizonte das profesionais do sector musical, como acontece co eido cultural en xeral. Fóra das aperturas de prazos para compor os calendarios da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da de Salas, ou do ciclo Galicia emerxe, están á agarda de saber que vai acontecer coa programación das Administracións públicas, que son un dos principais contratantes."Moitas redes están adiando para despois do verán, coa incerteza do que pode pasar se hai algún rebrote", explica Alonso. Doutra banda, tamén teñen a vista posta en como funciona o verán, que é a "tempada alta" para as músicas, grazas á que poden vivir o resto do ano.
NOS_54581
Belén Vázquez Gómez (Ourense, 1981) é psicóloga e matrona, profesión que exerce desde hai sete anos no Hospital de Verín. Esta quinta feira recolle o Premio de Psicoloxía Rafael Burgaleta que concede o Colexio de Psicoloxía de Madrid polo traballo 'Depresión no embarazo e perfil de risco: É só depresión?' que asina a canda a profesora da USC Carmen Míguez.
Saúde mental e maternidade. Non é doado asistir a un debate que faga coincidir estas dúas realidades. A diferenza doutros países, nin na Galiza nin en España existían estudos que abordaran o impacto da depresión durante o embarazo, así que cando iniciei a miña tese de doutoramento pareceume acaído sumarme á liña de investigación que xa viña desenvolvendo na USC a profesora Carmen Míguez, que me permitía, ademais, ligar as miñas dúas titulacións, como matrona e psicóloga. Durante seis anos fixemos seguimento de 569 mulleres da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, desde o inicio do embarazo até un ano despois do parto. Levamos a cabo varias avaliacións. A principal referida á depresión, mais tamén valoramos outros factores como a ansiedade, o estrés ou o apoio social destas mulleres ás que tamén preguntamos polo seu perfil sociodemográfico. Que concluíron? Un dos primeiros obxectivos era demostrar que a depresión prevalece durante o embarazo. E constatámolo. Segundo as nosas indagacións, un 20% das mulleres xestantes sofren depresión, unha doenza que se sitúa moi por diante doutras que si se teñen en conta, como é a proba do azucre que se fai para saber se teñen diabetes estacional, a hipertensión ou a preclampsia; patoloxías que levan ás mulleres á consultas de alto risco. En cambio, a depresión, máis prevalente e con consecuencias iguais ou máis graves a longo prazo, non se considera. Por que non se contempla a saúde mental nos coidados do embarazo e do posparto? É un reflexo da atención xeral á saúde mental no conxunto do Estado e da Galiza, que non se ten en conta. Séguense a privilexiar os coidados físicos. Neste ámbito particular, non se fai ningún tipo de cribado nin de proba, nin sequera se pregunta ás mulleres como están en ningunha fase da xestación. Dalgunha maneira a sanidade reduce o benestar da muller ao dun útero xestante. E iso supón unha dobre estigmatización. Por un lado, o estigma que implica a doenza mental e, por outro, o que leva aparellado a propia maternidade. Todo canto xira arredor do embarazo e da maternidade está moi idealizado. Entón, non cabe queixarse nin dicir que unha se atopa mal, que nada é tan bonito como se ve desde fóra. Séntense culpábeis. E cando por fin se animan a compartir o que lles pasa e se atreven a exteriorizalo, atópanse cun contorno próximo e mesmo profesional que tende a banalizar a súa situación: 'xa che pasará', 'son as hormonas'. E non se lle dá importancia. A isto hai que sumarlle que na consulta practicamente non se mira para elas: chegan, tómanlles a tensión, fanlles a ecografía e nada máis. Que debe mudar e que cambios se poden introducir xa atender a saúde mental das mulleres xestantes? De entrada, o ideal sería estabelecer protocolos como os que xa funcionan en Catalunya durante o seguimento do embarazo. Urxe incluír un capítulo de cribado da saúde mental para que todas as embarazas sexan valoradas polo menos unha vez cada trimestre. Isto permitiría observar calquera indicio de trastorno mental e derivar as pacientes ao especialista que sexa necesario. Ademais, faltan especialistas, formación e tempo. Maior formación en psicoloxía e tempo nas consultas. Son moi ríxidas. Faise o mesmo sempre nas mesmas semanas e non queda marxe para falar coas nais e escoitalas. Cales son os efectos dunha depresión non diagnosticada? Está demostrado que a maioría das depresións posparto veñen desde o embarazo, das que non se fala nin se detectan. Ese proceso vaise estendendo no tempo e ten consecuencias tanto para a nai como para as crianzas. As mulleres que sofren depresión no embarazo teñen mais risco de seguir con ela no puerperio. Teñen máis ansiedade e estrés. Os nenos é habitual que nazan de forma prematura e con baixo peso. E estase vendo noutros países que a longo prazo teñen máis risco de que sufrir depresión, ansiedade e outros trastornos psicolóxicos na adolescencia e na vida adulta. O 15 de outubro conmemorouse o Día Mundial do Duelo Perinatal, outra realidade agochada que mostra as carencias da atención mental arredor da maternidade. A perda dun fillo en calquera fase do embarazo é máis habitual do que parece e case sempre traumática. No momento en que espera a vida a nai atópase coa morte. E estamos pouco preparadas para acompañalas nese proceso. Cómpre pensar mais nas nais, en facilitarlles unha despedida, en vixiar onde van quedar ingresadas e en erradicar as trabas burocráticas que dificultan o duelo. O exemplo de Verín na saúde maternal Dous anos despois de que Sanidade avanzase o feche do paritorio de Verín pola falta de nacementos e a perda de "pericia e experiencia" das traballadoras, o servizo de xinecoloxía e obstetricia do hospital comarcal desenvolve o seu labor cunha confianza renovada. "Pasámolo moi mal pero valeunos para reforzarnos como equipo e, sobre todo, para gañar a confianza das usuarias. De feito foi grazas a elas que se logrou evitar o feche do paritorio". Neste tempo, puxeron en marcha varias iniciativas. "A que máis repercusión tivo foi a da educación maternal online, pioneira na Galiza. Permitiu que mulleres de todo o país nos coñecesen máis e moitas mesmo viñeran parir aquí". Están dispoñíbeis as 24 horas do día e buscan unha atención personalizada tanto no embarazo como no puerperio. "Queremos que conten cunha matrona de referencia sempre que o precisen".
PRAZA_8272
Os representantes dos traballadores e a CIG cualifican de "incompetentes" os dirixentes da emrpesa estatal, logo de que o presidente da SEPI anunciase a redución dos salarios do persoal.
Os comités de empresa e a CIG pediron este venres a dimisión dos responsables de Navantia por "incompetentes" logo de que o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, anunciase un plan de axuste que suporía reducións salariais do persoal. Nun comunicado, o comité que preside CCOO contesta así as afirmacións realizadas por Aguirre o pasado xoves no Congreso e nas que vinculaba a viabilidade de Navantia a esa redución de salarios. O comité rexeita a pretensión da compañía de reducir os salarios do cadro de persoal Os representantes sindicais entenden que estas declaracións e as realizadas nos últimos días polo presidente da empresa, José Manuel Revuelta, "tentan confundir o conxunto dos traballadores" e interprétanas como un "sinal" de que se está "no bo camiño, conseguindo a unidade sindical e o apoio da cidadanía". O comité responsabiliza da situación de Navantia á dirección e piden a súa dimisión. "Os culpables e os incompetentes son eles, polo tanto teñen que dimitir, xa que teñen a responsabilidade de conseguir carga de traballo para o conxunto de Navantia", sinala. Neste sentido, o comité asegura que os traballadores deron "mostras bastantes" da súa "responsabilidade, profesionalidade e esforzo para que o traballo se fixese en prazo e con calidade". Así que, como "primeira medida", o comité pide ao conxunto dos traballadores da empresa a súa "nula colaboración naquelas tarefas que non sexan estritamente as obrigas do convenio". Anuncia unha "unha reflexión" e propón "accións a nivel de grupo sen perder o obxectivo da carga de traballo" que se complementarán con distintas iniciativas en Ferrol. "Estas declaracións só poden unir aínda máis os traballadores" "Estas declaracións unicamente poden unir aínda máis os traballadores para conseguir os nosos obxectivos e afianzar as nosas conviccións", conclúe o comunicado. Para a próxima semana xa se anunciou unha nova acción de protesta, o mércores día 27. Segundo avanza o comité, realizarase unha "procesión" reivindicativa polas principais rúas de Ferrol. Tamén o sindicato CIG pediu a dimisión dos responsables de Navantia. Nun comunicado, en resposta á intervención realizada por Ramón Aguirre e as declaracións nunha entrevista de José Manuel Revuelta, aos que acusa de "incompetentes", afirma que pretenden "pór a opinión pública en contra dos traballadores de Navantia, do mesmo xeito que xa o fixeron antes cos empregados públicos". "Xa non estamos a falar da carga de traballo, da construción do dique flotante ou dos contratos de Pemex, estamos a falar dos salarios dos traballadores de Navantia. Non caiamos na trampa. O debate e a loita principal ten que seguir pola consecución da carga de traballo", sosteñen. A CIG remarca que mentres a unidade produtiva da ría de Ferrol tivo ocupación non se produciron perdas e se replica a Aguirre que desde o ano 2009 produciuse unha diminución do poder adquisitivo do convenio de case vinte puntos. "Se hai que facer axustes que se apliquen eles o conto", remárcase, porque "non se observou esa mesma diminución nos salarios do equipo de dirección", expoñen.
PRAZA_6853
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística segue a pular, xunto con outras institucións, pola utilización normal do idioma do país nos actos funerarios.
"Unha anomalía cultural, que se noutros períodos históricos tivo a rúa razón de ser por mor das inxerencias político-relixiosas" hoxe "semella un desleixo xeralizado que cómpre reconducir". Quen fala é Xosśe González Martínez, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística que, a través dun artigo publicado n'A Nova Peneira, explica os porqués do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, unha iniciativa que este colectivo desenvolve dende hai ben anos en solitario pero que, dende o pasado 2013, é asumido polos principais partidos políticos, sindicatos e outras institucións, así como polo propio Goberno galego. O obxectivo non é outro que a lingua galega sexa normal tamén nos últimos momentos da vida e nos actos que acompañan a morte. "O Día de Defuntos -explica González- debe ser unha data para homenaxear" as persoas queridas "con epitafios redactados no idioma no que se expresaron en vida; porque nel soñaron, namoraron, choraron, cantaron e contaron, arrolaron os seus fillos e netos e desenvolveron todas as actividades da vida cotiá". Ao seu xuízo, a "argallada de que identificar a lingua galega coa morte non é oportuna para acadarmos a normalización lingüística plena cae polo propio pé". Non en van, agrega, os cemiterios son "espazos moi queridos e respectados na nosa tradición cultural", polo que "cómpre que eses lugares dean conta do idioma no que falaron quen están soterrados neles". "A argallada de que identificar a lingua galega coa morte non é oportuna cae polo propio pé" Estas bases foron sobre as que naceu o devandito Día da Restauración da Memoria Lingüística, conmemorado o 23 de outubro pero que, por motivos obvios, estende os seus principios ata o 1 de novembro. E, en que se concretan? Para comezar, os concellos que o secundan asumen a proposta de colocar unha placa nos seus cemiterios "na memoria de todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu". Ademais, os organismos locais comprométense a "honrar a memoria dalgún defunto coa substitución da lápida en castelán por outra en galego" como "exemplo a imitar", así como a promover actos públicos de sinatura de "actas de vontade" na que se "especifique expresamente os desexos de que os actos fúnebres" de cada persoas se realicen en galego. Na liña da asociación, os colectivos que apoian esta iniciativa ven "incomprensible" que "as parroquias dos mortes non falen a mesma lingua que as dos vivos". As lápidas, así como os demais obxectos e eventos funerarios, non deben ser "expoñentes da renuncia" do pobo galego "ao seu idioma". Por iso, o obxectivo é invertir unha tendencia pol acal "só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e un 2% das notas necrolóxicas, redactadas no noso idioma". "Para explicar esta situación adóitase recorrer á ocorrencia de que neses momentos tristes ninguén está para reparar no problema da lingua, pero ese argumento carece de fundamento lóxico", agregan.
NOS_58594
A Dirección xeral de Traballo acusa a multinacional de non actuar "de boa fe" na negociación do ERE.
Alcoa cambia de marcha. A multinacional aponta agora a que está disposta á posibilidade de que as factorías da Coruña e Avilés sexan vendidas "ao mellor investidor". Para iso, esta empresa aceptaría ampliar o prazo de negociación do ERE. Así o anunciou a ministra de Industria, Reyes Maroto, no Congreso dos deputados. Esta mudanza de postura prodúcese após que a Dirección Xeral de Traballo estatal acusase a multinacional de non actuar "de boa fe" na negociación do expediente de regulación de emprego. A empresa pon como condición que os traballadores senten negociar. O cadro de traballadores mantén cautela antte a suposta mudanza de estratexia de Alcoa. O plantel di que non se fía da empresa, e que seguirán co seu calendario de mobilizacións até ter algunha comunicación oficial e por escrito da multinacional.
NOS_13331
O de Carla Carrón (Compostela, 2005) é un deses nomes que prometen deparar moitas alegrías á afección galega no futuro. Porén, neste caso a frase "o mañá é agora" torna nunha rotunda realidade que vai moito máis alá do tópico, pois esta nadadora de tan só 16 anos xa é toda unha campioa estatal absoluta.
Como foi o seu primeiro achegamento ao deporte da natación e cando tomou consciencia de que destacaba no mesmo? Eu cando era unha nena vivía nun edificio, pero un día mudámonos a unha casa que estaba xusto fronte á piscina, e como se daba a circunstancia de que era unha nena hiperactiva, a miña nai decidiu meterme nos cursos de natación que organizaban alí. Foi nese momento cando un adestrador do club reparou en min e me comentou de ir con eles, e así comezou todo. Nese momento tiña sete anos, pero non sería até os 11, sendo alevín, cando comecei a destacar. E cinco anos despois está na elite da súa disciplina. Nos pasados Campionatos de España de Inverno gañou dúas medallas de ouro, nos 400 e nos 800 metros, e quedou a só tres centésimas da mellor marca estatal na súa idade. Chegaba sabendo que era candidata ao título ou foi unha sorpresa até para vostede mesma? Neste campionato recoñezo que foi unha sorpresa, para nada pensaba que ía estar nos tempos que fixen. Foi distinto no anterior no que participei, que foi nas Canarias, porque xa coñecía as rivais. Porque nese último as súas adversarias eran, exclusivamente, mulleres da súa idade, a diferenza do torneo de Palma, onde se enfrontou con competidoras xa formadas. Como é competir sendo júnior con nadadoras de categoría absoluta? Neste deporte non é raro competir absolutas con júniors. O que si me impactou foi o que vivín na final, porque nunca nadara nunha absoluta na rúa central. Foi unha sensación xenial, verte aí, entre as mellores, sabendo que te está mirando todo o mundo... foi súper guai (ri). Non moito antes, en verán, non só se fixo co Campionato Galego, senón que pulverizou o récord da Galiza co seu rexistro de 4.19.21 nos 400 metros libre, que logo palidecería ante o 4.07.55 que asinou en Palma de Mallorca no Estatal de novembro. Como se consegue unha progresión tan impresionante en pouco máis de tres meses? Hai que ter en conta que de larga a curta é bastante máis doado baixar os tempos, pero levaba moitísimo sen competir en curta a estes niveis, entón tamén foi positivo recuperar esas sensacións. Que implican á hora de competir as diferenzas entre un e outro formato competitivo? En curta hai máis viraxes, o que fai que vaias máis rápido, así que normalmente as piscinas con menos distancia adoitan ser máis rápidas. Fóra dos campionatos, vostede é bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Como é o día a día na vida de Carla Carrón? Segundas, cuartas e sextas adestro tanto pola mañá como pola tarde, e polo medio teño clase. É dicir: tres horas de escola, adestramento, volta ás clases outras dúas horas, xantar e máis adestramento. Aínda que terceiras e quintas só temos adestramento pola tarde, así que facemos dúas horas máis de clase. É un pouco duro, pero levo aquí xa tres anos e todo é cuestión de acostumarse. Volvendo á piscina, vostede compite nos 200 metros, nos 400, nos 800... cal é a súa disciplina favorita? Pensa que non futuro se especializará nalgunha en concreto ou tratará de seguir sendo unha competidora polivalente? As miñas favoritas son o 200 e o 400, porque son as probas coas que levo nadando máis tempo, téñoas máis dominadas. De todos modos gustaríame seguir sendo polivalente, e mesmo nadar tamén nos 100 metros, algo que supoño que chegará no seu momento, cando sexa algo máis maior.
NOS_40908
A peonalización anunciada polo concello de Vigo dotará a zona vella da cidade dunha ampla praza pública no quilómetro cero da urbe, mais este proxecto non abrangue rúas históricas que tamén reclaman a súa conversión peonil. Ademais, a veciñanza estase a mobilizar contra a construción dun túnel que afectará unha rúa chea de valiosas edificacións modernistas.
A plataforma Vigo Histórico naceu o pasado mes de maio após a licitación dun proxecto de peonalización na Porta do Sol da cidade olívica, coa que o concello dotará a zona vella da urbe dunha grande praza pública. A pesar de que a peonalización desta praza é unha reclamación de longo percorrido, a veciñanza organizouse en Vigo Histórico para esixir unha peonalización que vaia alén do meramente estético e que non implique a construción dun túnel con pronunciadas rampas de acceso ao longo da rúa Elduayen, xa que atravesará valiosas edificacións arquitectónicas de carácter modernista de comezos do século XX. Nese sentido, o portavoz técnico desta agrupación, Francisco Martínez, sinala a Sermos Galiza a necesidade de que a peonalización se estenda ás rúas seguintes á Porta do Sol, é dicir, Elduayen e o Paseo de Alfonso co seu monumental mirador modernista sobre a ría. Estas rúas non só carecerán de peonalización fronte o desexo da veciñanza senón que ademais estarán atravesadas por pronunciadas rampas de acceso aos túnel que soportarán alto volume de tráfico rodado. "Ao non teren cimentación a maior parte dos edificios da zona, isto pode dar problemas e aparición de gretas", sinala Martínez quen resalta a preocupación da veciñanza sobre este tema. As rampas de entrada e de saída do túnel terán unhas dimensións de 70 metros de longo e 7 metros de profundidade nas rúas Policarpo Sanz e en Elduayen. "Queremos facer un Vigo Histórico completamente peonil", reclaman desde a agrupación, e engaden que perseguen "unha zona sostíbel e moderna pensada para as persoas e non para os coches". Sinalan ademais que para o tráfico si hai outras alternativas e que a administración local debe facilitar, promovendo o uso do transporte público, o uso de medios de mobilidade alternativa como bicicleta e patín, reordenando o tráfico e os sentidos de circulación e instalando parkings disuasorios conectados co centro mediante transporte público. As e os edís Marea de Vigo e BNG dan o seu apoio á reivindicación veciñal e esixen un modelo ordenado de urbanismo e de mobilidade e unha peonalización real na zona vella.
NOS_46940
12 de outubro: Mobilizacións en Latinoamérica.
Antigamente celebrado para conmemorar a chegada de Cristóbal Colón a América en 1492, o 12 de outubro ten unha connotación ben diferente desde hai anos. O Día da Hispanidade ou Día da Raza (denominación que se conserva en Colombia, Honduras e Uruguai) pasou a chamarse Día da Diversidade Cultural na Arxentina ou Día do Encontro dos Dous Mundos en Chile. No Ecuador en 2011, o entón presidente Rafael Correa declarouno Día da Interculturalidade e a Plurinacionalidade, co fin de deixar atrás o seu carácter colonial e salientar "a coexistencia das nacionalidades indíxenas". Neste sentido van as propostas noutros Estados latinoamericanos. Bolivia márcao desde hai varios anos como "Día da Resistencia Indíxena". O de onte serviu para reivindicar a wiphala, a bandeira que representa os pobos orixinarios e que o 24 de setembro foi "agraviada" durante un acto en Santa Cruz. A gran mobilización, denominada "Gran Wiphalazo" e con marchas en nove departamentos, que buscou reivindicar a unidade e consolidar a identidade cultural dos bolivianos, en palabras do presidente da Cámara de Deputados, Freddy Mamani. A mobilización tamén foi entendida como resposta ao paro xeral da segunda feira, convocado por sectores da oposición. Arce e outros representantes do MAS tiñan previsto participar dos actos de onte en Santa Cruz, en La Paz e en Cochabamba. Rebeldía desde Venezuela En Venezuela, o presidente Nicolás Maduro salientou esta terza feira en Twitter que o Día da Resistencia Indíxena se entende como un "grito de rebeldía dos nosos pobos orixinarios, que resistiron e batallaron para defender estas terras da invasión española". A semana pasada, Maduro considerou que España ten que pedir "perdón" aos pobos americanos polos "crimes" da conquista, despois de que o papa Francisco ou o presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, se expresasen nesta mesma liña nos últimos días. Sen Colón en México En México precisamente, a denominación é "Día da Nación Pluricultural". Hai un ano retirouse a estatua de Colón da praza da capital que leva o seu nome; no seu lugar instalarase a dunha muller indíxena, aínda que colectivos feministas colocaron a semana pasada outra en homenaxe "ás mulleres que loitan".
NOS_7352
Após anos de queixas e molestias, PP recoñece no Parlamento que proceden dunha empresa ubicada no Couso.
A veciñanza de Aguiño, en Ribeira, leva anos aturando cheiros e malos olores e preguntando ás administracións sobre os mesmos e a súa procedencia,. Un malestar e inquietude ao que se suman as verteduras e machas de apariencia aceitosa que tamén se dan nesa zona e que o sector do mar teme que prexudique os recursos marisqueiros existentes. Esta problemática chegou ao Parlamento da Galiza da man da deputada do Barbanza Rosana Pérez, do BNG; e da presentación dunha proposición non de lei para instar a Xunta a realizar as "investigacións necesarias" que determinen "a procedencia das verteduras" e poñer solucións ás mesmas. "Está administración preocupada polo que pasa alí?", preguntou a parlamentar nacionalista na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos da Camara galega. Lembrou Pérez as reiteradas queixas de veciños e confraría pola situación e manifestou que non lles constaba que houbese investigación algunha sobre eses cheiros e verteduras, mostrando a súa "sorpresa" se isto finalmente fose asi. A resposta polo partido que está no Goberno galego, PP, deuna Rubén Lorenzo, que sinalou que os concellos son os competentes no que atinxe a verteduras á rede municipal se ben a Administración galega, dixo, "traballa" en apoio aos concellos nesas competencias. Defendeu o deputado do PP a realización de mostraxes e analíticas e, ao falar dos cheiros, afirmou que "derivan do proceso industrial dunha das empresas localizadas na zona" do Couso, engadindo a continuación que a empresa "ten un compromiso para un proxecto dun millón de euros para instalar un sistema que reduza os cheiros". Na súa quenda de resposta Rosana Pérez mostrou a súa sorpresa. "Vostede sinalou unha empresa como responsábel", empresa "que leva anos instalada no Couso". Se esa firma é responsábel dos cheiros, como recoñece o PP, é que as "inspeccións das que fala que fai a Xunta" non funcionan. Embora non ser citada polo nome, fontes nacionalistas sinalaron que a empresa á que se refire o deputado popular é Conresa. A deputada do BNG preguntouse que foi o que pasou nestes anos para, sabendo o Goberno a orixe dos malos olores, non actuase. "Que se nos anuncie hoxe que a empresa vai facer un investimento dun millón de euros para reducir os cheiros, pois perfecto mais non nos parece normal que a Xunta non teña actuado nestes anos a pesar das denuncias de veciños, confrarías, grupos políticos... ".
NOS_14688
Segundo datos ofrecidos pola Alianza Atlántica, o gasto por habitante para sufragar os programas da organización sería de 3,16 euros no Estado español, fronte aos 1,24 euros dos EUA. Aliás, as contas de Defensa medraron 28% desde 2014.
A pasada semana, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, comprometeuse a incrementar até 2% do PIB o orzamento de Defensa "nos próximos anos", tal e como pedía a OTAN aos seus estados membro. De feito, en 2021, segundo datos ofrecidos pola organización militar, só dez dos 30 países que a conforman superaron este limiar: Croacia (2,79%), Estonia (2,28%), Francia (2,01%), Grecia (3,82%), Letonia (2,27%), Lituania (2,03%), Polonia (2,1%), Romanía (2,02%), Reino Unido (2,29%) e Estados Unidos (3,52%). A OTAN non ofrece a cifra exacta que aporta cada estado ao seu orzamento, mais si indica que porcentaxe corresponde a cada un deles. A OTAN aproba duplicar os batallóns que ten no leste europeo O Estado español fai a sétima maior achega (5,99%), só superado polos EUA (16,34%), Alemaña (16,344%), Reino Unido (11,28%), Francia (10,49%), Italia (8,78%) e Canadá (6,87%), polo que, tendo en conta que o orzamento anual da Alianza rolda os 2.500 millóns de euros, a contribución española ficaría perto dos 149,75 millóns de euros. Os EUA, pola súa parte, achegarían perto de 408,5 millóns de euros. Deste modo, o gasto por habitante no país norteamericano é de 1,24 euros; no Estado español, case o triplo: 3,16 euros por habitante. O orzamento do Estado español en Defensa para o exercicio 2022 rolda os 11.700 millóns de euros, unha contía 2.700 millóns superior á do ano anterior, se ben a OTAN afirma que o orzamento militar de España en 2021 superou os 12 millóns de euros —incluíndo outros programas de Exteriores—; isto é, pouco máis de 1%. Críticas dos 'socios' de Sánchez polo anuncio de incrementar o gasto en Defensa até 2% do PIB, como pide a OTAN O gasto en Defensa supón tres veces máis que o destinado ao financiamento do ingreso mínimo vital (IMV) e outros subsidios (4.436 millóns). Tamén son dez mil millóns de euros máis que a partida destinada a bolsas de estudos e de investigación. Aliás, son 4.000 millóns máis que os orzamentos de Sanidade e Educación xuntos, se ben cómpre lembrar a este respecto que se trata de dúas competencias transferidas ás comunidades autónomas. Os orzamentos do Ministerio de Defensa medraron 28% desde 2014, cando se destinaran 9.508 millóns de euros. Podería chamarte o Estado español a tomar as armas? Mais, á marxe destas cifras, organizacións antimilitaristas como Delás cifran en 21.707 millóns o gasto real, contabilizando as partidas doutros ministerios destinadas a cuestións de Defensa.
NOS_53441
Os Tristes versionan exitazos de onte e de hoxe en chave de humor
Os Tristes amenizan festas. Tamén fan bautizos, vodas e comuñóns. Eles son Federico Pérez e Marcos Pereiro e o seu repertorio está conformado por éxitos de onte e de hoxe "difíciles de mellorar" para "empeoralos". Tamén son trending topic con videoclips como "Galopín" ou "Non está mal". Co humor e a música como bandeira, conversamos disto e máis con Federico Pérez. Recollo unha pregunta lanzada por vostede nas redes: "Os Tristes. Cultura, entretemento ou están neste mundo porque ten que haber de todo?" Parece unha pregunta dun exame de oposición [ri]. É un vacile, que é como eu entendo a vida. Son un tipo que procuro rirme moito de min mesmo. É que ás veces é demasiada a transcendencia e o dramatismo que se lle dan ás cousas... ás veces deleitámonos moito nos dós. Sempre apelo nese sentido á nosa forma de ver a vida, ao humor co que nos enfrontamos ás cousas. Os galegos vemos a morte e as formas de vivir os dós doutra maneira, e non creo que iso sexa menosprezar as situacións da vida. É unha ferramenta que utilizamos para levalo mellor e é un pouco como naceron Os Tristes. Como comezou o grupo? Empezamos co tema dos Tristes hai uns anos, en programas de televisión, e démoslle vida exterior. Agora co confinamento temos máis tempo libre para pensar cousas e levalas a cabo. Collemos cancións que son difíciles de mellorar e empeorámolas, porque o que si temos é unha capacidade tremenda para empeorar cousas [ri]. E con éxitos de onte e de hoxe. Que hai das letras? A min é algo que sempre me gustou, inventar letras, porque para xente que non controlamos inglés o recurso é inventar. Marcos domina a parte técnica e sacamos estes videoclips. Comezamos cunha parodia dos típicos dúos musicais de teclado e voz, destes que se contratan na parroquia cando na comisión de festas non hai cartos para unha orquestra grande. Acabamos sendo parodia de nós mesmos porque agora facemos iso. E paréceme precioso. Repito que somos moi pallasos porque nos encanta facer humor. Comezamos a cantar, a facer sesións vermú, festas pola noite... mesturamos humor con cancións e tamén cantamos nós. Como vive a relación que existe entre música/humor? Son dúas das cousas que máis me enchen. Dos catros pés da miña mesa, eses son dous fundamentais, humor e música. Son dous dos eixes fundamentais da miña vida. A música para vivir, para relaxarme, encabronarme, durmir, como melómano. Marcos respira un pouco parecido, no humor e na música tamén. A verdade é que se nos presentou unha ecuación moi chula para despexar outra X. Con todos os meus respectos á xente que vive da música, que a estuda, que a ensaia a diario, porque teño moitos amigos entre eles. O propio Xabier Díaz escribía no comentario dun vídeo que Os Tristes eramos "intrusismo necesario", e fíxome moita coña, el é moi amigo. Intrusos porque non acabamos de ser músicos, mais dámoslle o noso punto de vista e iso é o máis chulo. Sobre todo porque a primeira función é a autodiversión. A nivel cultural, como está a vivir esta situación? A cultura xa sempre estivo -ou está- un pouco no arame. Sempre fomos equilibristas, buscando a forma de non caer e seguir manténdonos na corda. Hai unha frase que me gusta para explicar o que acontece neste país: "Cultura si, pero daquela maneira". A cultura é unha ferramenta para sermos máis libres, máis críticos, máis felices e menos manipulábeis. Mais iso tamén é co que xogan as institucións, que queren que a xente reflexione menos. Con isto que estamos vivindo a situación agrávase, imos a remolque de todo o que se fai -ou non- en Madrid, estamos á expectativa dos demais e non hai unha posición clara -ou si, para que non molestemos moito-. As subvencións son axudas da administración para case todos os sectores, desde a automoción. É importante que exita unha cobertura pública para que as cousas sexan accesíbeis. A cultura é unha forma de solidariedade, é transmitir contidos para que a xente se sinta mellor. A economía debería estar ao servizo das cousas que realmente deberan mover o mundo: a educación, a sanidade, a cultura.
NOS_8146
Activistas do mundo da cultura e ligad@s a colectivos sociais organizan en Teo un festival onde música e solidariedade se dan a man contra a dispersión d@s doce cidadá(n)s galeg@s que esperan xuízo ou cumpren condena a centos de quilómetros da Galiza. Do que se trata é de "socializar a súa situación" e, de paso, recadar fondos para axudar as familias e pular por movementos como Stop-desafiuzamentos e proxectos como a Galicola
Alburuxe: vocablo galego en desuso que significa ánimo, aptitude, disposición. "Alburuxe e solidariedade para os tempos fodidos que corren" e, de paso, xuntar algún diñeiro para colectivos sociais como Stop-desafiuzamentos, para proxectos vinculados ao consumo alternativo como Galicola e, principalmente, para colaborar coas familias d@s doce pres@s polític@s galeg@s, que esperan xuízo ou cumpren condena en centros penais ubidados fóra do país, a centos de quilómetros de distancia. Así as cousas, a dispersión obriga @s familiares de Santiago Vigo, Antom Santos, Roberto R. Fialhega 'Teto', María Osorio, Telmo Varela, Eduardo Vigo, José Manuel Sanchez Gorgas, Carlos Calvo, Xurxo R. Olveira, Júlio Saiáns, Diego Santín e Héctor Naya 'Koala' a percorreren cada ano a distancia equivalente a rodear 14 veces a Terra, e a desembolsaren pola volta de 75 mil euros se @s queren visitar. Como do que se trata é de ir de troula, haberá música, e haberá mestizaxe: tocarán as pandereiteiras Bouba, Fred Martins e Paulo Silva. A poeta e recoñecida activista compostelá Luz Fandinho recitará algúns dos seus textos, e nunha quenda de micro aberto, quen queira poderá tomar a palabra. "É un convivio humilde", explican na organización, onde agradecen a solidariedade con que se atoparon a pesar da premura con que se argallou o evento. "Vendemos bonos-entrada á esgalla --custan 3 euros-- e moita xente nin sequera poderá estar presente porque son datas complicadas", explican, para alén de que o emprazamento é a Casa común de Oza, en Teo, concello lindeiro con Compostela. As primeiras pezas das Bouba soarán a partir das oito do serán, e para o micro aberto hai xa palabras pedidas, de amizades d@s pres@s que queren partillar algunhas das cartas que intercambiaron con el@s.
PRAZA_6216
Unha central sindical de electricistas achega 6.000 euros á ARMH, o que permitiu xa recuperar os restos do antifascista galego Perfecto de Dios en Ávila e que permitirá comezar os traballos para exhumar os dun dos 'Pitacega' en Murias de Rao (Lugo).
Os fondos achegados por un sindicato noruegués están a facilitar a exhumación de varias vítimas da represión franquista, entre eles varios guerrilleiros galegos ou do Bierzo soterrados en fosas no país e en diversas zonas de Castela e León. A central sindical de electricistas Elogit fixo unha doazón de 6.000 euros á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que é a que se encarga deste traballo voluntario e desinteresado. Grazas ao apoio desta organización de Noruega, o pasado 19 de xullo puidéronse recuperar os restos do guerrilleiro galego Perfecto de Dios Fernández, tiroteado pola Garda Civil o 16 de maio de 1950 en Chaherrero (Ávila), coa guerra xa rematada. Os 6.000 euros achegados polo sindicato noruegués permitiron recuperar os restos do galego Perfecto de Dios e permitirán exhumar os dun dos 'Pitacega' Con eses cartos achegados polo sindicato noruegués, e ante a falta de axuda institucional, a ARMH exhumará nas vindeiras semanas en Murias de Rao, na provincia de Lugo, os restos de Salvador Voces Canóniga, coñecido como Pitacega, e irmán de Pedro Voces Canóniga, ambos os dous membros dunha familia de guerrilleiros. Así o confirma Carmen García-Rodeja, voluntaria da ARMH en Galicia, que agarda que os traballos comecen "entre agosto e setembro" e que aclara que os fondos chegados desde Noruega son froito da campaña levada a cabo pola Asociación para conseguir a axuda que non reciben das administracións públicas. "A central sindical considerou que era unha cuestión de dereitos humanos e animáronse a colaborar", explica a Praza Pública, segura de atopar o corpo de Pedro Voces, asasinado en 1948 logo de dez anos escapando do fascismo, e cuxo soterramento está "claramente identificado". Porque as vítimas do franquismo non son vítimas. Esa é a mensaxe que transmiten as institucións. Pechadas as outras portas, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) opta ás subvencións para as asociacións de vítimas do terrorismo e a Administración contéstalles que "non representan a ningunha vítima do terrorismo". Empresas funerarias meten o cazo nas escavacións en cemiterios municipais e envían facturas aos familiares de asasinados. Os concellos interpretan as exhumacións como "traballos arqueolóxicos" e piden miles de euros aos descendentes. O Estado nin está, nin se lle espera, na recuperación das vítimas da Guerra Civil e da represión franquista. As doazóns permiten pagar escavadoras, gasolina ou probas de identificación; o resto é sufragado polos propios voluntarios O verán é tempada alta para a procura de avós, tíos ou bisavós desaparecidos durante 70 anos, debido ao carácter voluntarista deste traballo, onde forenses, arqueólogos ou activistas achegan o seu traballo durante as vacacións. Todo o demais -escavadoras, gasolina, probas de identificación- págase con pequenas achegas de socios ou vía crowdfunding. No caso dos traballos en Murias de Rao, a ARMH agarda contar coa colaboración da Deputación ou das administracións locais para lograr abrir cunha pa mecánica unha zona que está cuberta actualmente con cemento. Pero unha achega inesperada arranxoulles a campaña de exhumacións deste ano, tal e como explica Marco González, vicepresidente da ARMH. 6.000 euros doados polo sindicato noruegués de electricistas Elogit que cubrirá os gastos de, polo menos, catro escavacións: a de Murias de Rao en Lugo, pero tamén a de Canseco en León, Alcalá del Valle en Cádiz e a que xa se realizou en Chaherrero (Ávila). Solidariedade sindical Nunca antes esta asociación memorialista recibira unha doazón estranxeira considerable, exceptuando os 400 euros do anecdótico caso do ofendido turista alemán hospedado no Parador de León. "Unha cantidade de catro cifras nunca a tivemos e menos dun sindicato" recalca González, aínda que lembra que algún sindicalista con cargo medio, a nivel particular, si doou. Nun encontro intersindical organizado pola Confederation Syndicat European Trade Union (ETUC), os noruegueses Elogit, que contan con 15.000 afiliados, mostraron a CCOO e UXT o seu interese pola historia do sindicalismo en España, de igual maneira que se preocuparon por coñecela noutros países. As organizacións sindicais españolas explicáronlles a represión contra socialistas e sindicalistas na retagarda. "Aos de Noruega chámalles a atención que sexa un movemento civil o que busque os desaparecidos" "Chámalles a atención -explica Marco González- que sexa un movemento civil de asociacións memorialistas o que busca os desaparecidos, moitos deles, por suposto, sindicalistas desde 1936 e até 1950". Unha delegación de máis de dúas ducias de persoas viaxaron de Oslo a Madrid para coñecer un grupo da ARMH e escoitar de primeira man como desenterra, palada a palada, a historia negra de España. Logo da charla e a proxección preguntaron como podían axudar. "Pois home, desde achegar coas vosas mans ao pico e a pa até o que queirades" lembra González que lles contestaron. Reprivatización histórica A asociación, con sede en Ponferrada, presentou ao sindicato nórdico un proxecto de entre tres e cinco pequenas exhumacións que poderían realizar nos próximos meses. Elogit comunicoulles que, tras votalo en asemblea, enviábanlles unha doazón de 50.000 coroas (6.000 euros). "Moito diñeiro para nós, serve para cubrir até probas de ADN" aclara González, que viu á súa asociación partir da nada, ser arroupada polos fondos do Ministerio de Presidencia tras a Lei de Memoria Histórica e volver de novo á nada actual. Carmen García-Rodeja, desde Galicia, explica a Praza que as achegas irán exclusivamente destinadas a estes traballos e aclara que os voluntarios levan a súa comida ás zonas e adoitan durmir en casas dos familiares dos represaliados. "Este ano non tivemos axuda de ningún tipo e presentámonos a todas as subvencións posibles, incluso as europeas, onde quedamos ben puntuados pero ás portas. O que temos foi grazas aos nosos socios, as achegas voluntarias e ás doazóns" aclara o vicepresidente da ARMH. O sindicato xa contactou con outras centrais para conseguir máis fondos para as exhumacións no Estado Ante esta situación de desamparo e esquecemento, Elogit está a porse en contacto con outros sindicatos noruegueses para conseguir máis fondos e proseguir os traballos de rescate do recente pasado violento español, o cal abre unha nova e sorprendente vía de financiamento para a recuperación memorialista.
NOS_9443
Ana Martínez (A Coruña, 1961) ábrenos as portas do seu obradoiro de ourivaría, ao final da Rúa dos Prateiros, en Betanzos. Tradición e modernidade comparten espazo nos expositores, onde atopamos desde a reprodución do rosetón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (s. XIII) ou do triforio da catedral de Santiago até brazaletes con forma de garfo ou unha pulseira con iluminación diminuta con leds. Ana Rosetón, como se coñece no mundo do oficio, é hoxe unha das ourives de maior prestixio da Galiza.
Podemos dicir que na Galiza es a ourive dos rosetóns, dado o teu traballo ao pasar a prata rosetóns do románico galego. Inspíranme todo tipo de raíces e sentimentos. Gústanme os monumentos, a arquitectura, e outro tipo de cousas que me lembran a infancia ou o sitio onde vivo. Iso é o que me move. E os rosetóns xurdiron nese tipo de busca de cousas para poder facer. Eu quería facer algo de Cambre cando vivía alí. O mesmo que teño o interior da Torre de Hércules, por ser de Monte Alto [A Coruña] ou as arañas, por vivir no campo. A Igrexa de Santa María de Cambre era o que máis me gustaba. Estudando a igrexa, vendo que parte facer, o rosetón era o que máis me atraía. E así comecei cos rosetóns, pola busca de facer algo distinto. Como é o proceso de creación dos rosetóns? Debo de ter trece rosetóns. Teño documentación de moitísimos, pero é un proceso moi laborioso, sobre todo facer o primeiro. Require de tempo e de cartos para poder estar ese tempo sen traballar e estar dedicada en exclusiva a iso. Empezas sacando a fotografía e estúdalo, despois fas o debuxo –eu con compás, escuadra e cartabón, porque me gusta debuxar así– e trato de resolver a parte arquitectónica para levalo ao metal. Fágoos todos fago con volume por detrás. Grávase con ácido, con buril, faise unha montaxe e aí é cando lle saco o molde. Pero aínda que lle saque molde e faga a peza en fundición, hai que abrir ocos, aínda ten o seu traballo. Os rosetóns son os elementos máis demandados da túa obra? Si, fíxenos porque me apetecía facelos, pero si. A xente séntese identificada, á marxe do relixioso. De feito, eu non son nada relixiosa. É por unha cuestión de identidade cultural, da cultura de aquí, e se vives na zona pois é a igrexa do sitio en que vives, aínda que non sexas crente. Ademais son case todos totalmente distintos e misteriosos, pois non temos informacións deles, non sabemos por que puxeron un elemento e non outro nin coñecemos a que fan referencia os debuxos que teñen... E dá o mesmo a idade, vexo que tanto ten que a persoa teña 18 anos que 70; séntense identificadas igual. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 253. á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_199
Temos que responsabilizarnos todas e todos, nós esforzarnos por ocupar espazos públicos e os compañeiros por facerse ás veces un pouco ao lado para que eses espazos estean dispoñibles, confiando en que temos moitísimo que achegar, e confiando de verdade.
Quen levamos tempo centradas na loita feminista, incorporarnos a unha ferramenta cidadá en sentido amplo, supón volver multiplicar a militancia, ou diversificala, xa que multiplicada xa a tiñamos, e iso é sempre complicado. Para algunhas, traballar nos feminismos e en organizacións e colectivos feministas non se trata de estar nun espazo de confort, pero si nun espazo diferente, onde hai determinados xeitos de facer, dinámicas non cuestionables despois de moito tempo. Cando saímos dala atopámonos de novo expostas, hai que marcar de novo determinados límites, hai que ser pedagóxicas cos compañeiros e compañeiras que non veñen de espazos non patriarcais e, sobre todo, temos que adaptar a nosa axenda de traballo a isto. Somos expertas, xa que o mais habitual é que, desde a nosa perspectiva, sempre tendamos a participar e diseminar as nosas ferramentas, metodoloxías e dinámicas en calquera espazo inclusivo no que cremos que se deben incorporar ou sentimos que debemos incorporarnos. Estamos nun momento que favorece o que chamamos Rebelión Democrática, un concepto que non podemos entender sen asumir a ruptura do patriarcado, ese gran aliado do capitalismo Estamos nun momento que favorece o que chamamos Rebelión Democrática, un concepto que non podemos entender sen asumir a ruptura do patriarcado, ese gran aliado do capitalismo. Para facer esa Rebelión Democrática algunhas das ferramentas parten do local, como xeito de transformar o global. Levamos anos practicando, con desobediencia e novos xeitos de organización, provocando eses movementos que nos liberen, con ferramentas mais ou menos exitosas, pero sempre de aprendizaxe e adquisición de experiencia e creación de músculo. Neste século xa houbo grandes logros de novos xeitos de mobilización social: acampamos na Coruña contra as Redes Negras, 15M, movementos polo dereito á vivenda e contra os despexos e logramos tamén a unión e creación de movementos feministas que contra obxectivos comúns, como a proposta de reforma da lei do aborto, aliadas en todo o estado, paralizamos a lei e derrocamos un ministro. Cremos pois que o momento é este, xorden estruturas a moitos niveis, algunhas arriscámonos e fixemos unha aposta por traballar en propostas municipalistas, quizais porque isto do "asalto ás institucións" nunca estivo na nosa axenda, pero parece que cando falamos das administracións locais, iso da Institución faise mais familiar, podemos acollernos a iso de que o Concello é noso, non sei se sentimos igual de doméstico un Parlamento, e non digo o de 'familiar' e 'doméstico' por casualidade. Saír dese falso espazo de confort que é a loita feminista e expoñernos, lévanos a pensar, a algunhas, que o mellor e ir adaptando a ferramenta desde o mais próximo, retomar de novo unha dobre militancia e comprobar se funciona Saír dese falso espazo de confort que é a loita feminista e expoñernos, lévanos a pensar, a algunhas, que o mellor e ir adaptando a ferramenta desde o máis próximo, retomar de novo unha dobre militancia e comprobar se funciona, porque eses grandes engrenaxes da Alta Política teñen xa parafusos deformados para adaptarse ao sistema no que están operando, viciado e levado por inercias alleas. Os tempos son pois chegados, e a aposta está feita, como laboratorio, ate onde se chegue mudando vimbios, mais hai vimbios que arrincar de raíz e iso internamente, nun espazo que se pretende horizontal, é ben complexo. Aínda partindo duns conceptos básicos asumidos, a posta en práctica sempre implica exercicios pedagóxicos que ás veces chocan coa radicalidade que supón non reproducir comportamentos e metodoloxías patriarcais. Tamén xorden múltiplas contradicións, incluso con ferramentas existentes ou innovadoras, cando se pretende fomentar a participación política das mulleres. Por usar un exemplo de actualidade, procesos como no que participo, a Marea Atlántica, e outros similares, como Ourense en Común, están agora decidindo que metodoloxías aplicar, entre outros, a un sistema de primarias abertas. Dispoñemos de mecanismos correctores para a elaboración de listas, e é de recibo aplicalos, pero que pasa cando miramos ao propio proceso e escoitamos as persoas que nel participan? No caso das mulleres, ás que se nos quere ofrecer espazo para acceder a postos, e somos nós quen, pola carga que levamos nas nosas costas, pola nosa educación e polo noso xeito de achegar e participar, sentimos que eses espazos non son espazos de seguridade. Será que o proceso non está maduro ao 100%? Iso xa o sabemos e o asumimos, e seguimos adiante, e esta é a miña opción, maduremos co proceso avanzando con el, asumamos o reto, pero iso si, cun compromiso colectivo de facer deses espazos espazos de seguridade para todas e todos, aínda que inicialmente non o sexan, teremos que traballar para acadar que isto mude. Aínda partindo duns conceptos básicos asumidos, a posta en práctica sempre implica exercicios pedagóxicos que ás veces chocan coa radicalidade que supón non reproducir comportamentos e metodoloxías patriarcais Estas cuestións non poden ser secundarias na axenda política destes procesos, non podemos priorizar a suposta urxencia e logo non retomar esas tarefas que a axenda externa nos obriga a pospoñer, non podemos pospoñer indefinidamente isto, porque volvemos entón aos parafusos deformados, que van facer que o mecanismo funciones baixo ese criterio desvirtuado. Moitas de nós fixemos a nosa aposta, non é un cheque en branco, pero é un compromiso no que somos nós mesmas quen temos que construír o proceso tal e como o desexamos, e polo tanto, do que somos responsables. Se falamos de novos xeitos de facer política temos que asumir que imos cometer erros, pero tamén que temos que buscar as ferramentas para corrixilos e, se non os hai ou os que hai non serven, crealos, porque o éxito dos movementos sociais estivo sempre moi ligado á súa capacidade creativa e de adaptarse aos cambios con axilidade. Loitamos contra quen ten mais medios para soster o que hai, pero con menos capacidade de reacción ante estratexias creativas e innovadoras e diso o feminismo sabe moito, un movemento que é capaz de avanzar no seu fortalecemento e que ademais é un dos que mais ten que adaptar a súa axenda polos ataques externos e permanentes que recibe. Temos que responsabilizarnos todas e todos, nós esforzarnos por ocupar espazos públicos e os compañeiros por facerse ás veces un pouco ao lado para que eses espazos estean dispoñibles Non vou chamar só á responsabilidade que temos as mulleres e as feministas sobre a evolución dos procesos, porque iso non é xusto, temos que responsabilizarnos todas e todos, nós esforzarnos por ocupar espazos públicos e os compañeiros por facerse ás veces un pouco ao lado para que eses espazos estean dispoñibles, confiando en que temos moitísimo que achegar, e confiando de verdade. Non podemos ser a cota feminina, non podemos ser as únicas que teñamos capacidade para resolver as cuestións de xénero que nos atopamos no camiño Non podemos ser a cota feminina, non podemos ser as únicas que teñamos capacidade para resolver as cuestións de xénero que nos atopamos no camiño. Podemos achegar a nosa visión igual que en calquera outro eido, pero non se pode descargar toda a responsabilidade da incorporación da perspectiva feminista en nós, porque se ben probablemente temos un maior coñecemento, este debe estenderse. Igual que todas e todos estamos aprendendo cousas novas en materia de contratacións, de estruturas municipais, de xestión de grupos, de marketing e comunicación política, tamén temos, todas e todos, que aprender a xestionar as relacións de poder entre xéneros, a avaliar o impacto da desigualdade nas políticas municipais etc. Nesas estamos compañeiras e compañeiros, non é doado, pero estámolo facendo e cada avance debe ser celebrado colectivamente e cada erro corrixido de igual modo, a reflexión por parcelas tamén a faremos, pero crear o común nos mestura e a suma nos multiplica.
NOS_21692
O evento vai ter lugar em Nova Iorque o vindouro 1 de dezembro.
Haddad recebeu o convite primeiro de Bernie Sanders, senador independente de tendência socialista eleito nos caucus do Partido Democrata. Mas a oferta para participar no lançamento, o vindouro 1 de dezembro, duma "coalição internacional progressista" foi reforçada por uma segunda carta, desta volta assinada por Varoufakis. A plataforma internacional tenciona ser uma resposta desde a esquerda à emergência no planeta de movimentos de extrema direita como os que levaram Jair Bolsonaro à presidência do Brasil. 'Como alguém com imenso respeito por suas lutas no Brasil, ficaria muito feliz e honrado em encontrá-lo', diz-lhe o economista grego ao cartaz do PT nas recentes eleições presidenciais. O convite chega depois de se conhecer a abertura duma frente judiciária contra Haddad, após um juiz ter aceite uma denúncia contra ele por corrupção passiva e lavagem de dinheiro
NOS_8593
Os feitos tiveron lugar na madrugada da pasada sexta feira, despois de que os integrantes de seguridade deste local negaran a entrada ao agredido.
Un rapaz, D. C., vén de denunciar que viviu unha presunta agresión cometida por dous axentes da Policía Nacional nas inmediacións dun local de ocio nocturno da Coruña. Os feitos tiveron lugar na madrugada da pasada sexta feira, despois de que os integrantes de seguridade deste local negaran a entrada ao agredido. Segundo el mesmo explica a Nós Diario, ía vestido cunha minisaia e unhas medias que lle romperan nunha caída previa. Dixéronlle que tiña que cambiarse para poder entrar. Vigo sae á rúa en repulsa a unha nova agresión homófoba Despois de ir mudar as medias e volver até o local, negáronlle a entrada aos dous. Nese momento, os dous rapaces chamaron a Policía Nacional para que se presentase no lugar e intermediase. Tal e como afirma, até o local desprazáronse catro axentes. "Comezaron a falar cos seguratas, sen facernos caso, a pesar de que chamáramos nós", relata. Comeza a agresión Nese momento, os policías pedíronlle á amiga do agredido que se identificase, algo que ela presuntamente fixo. Pouco despois, dous dos catro axentes decidiron deter esta rapaza e dirixírona cara aos coches nos que chegaran ao Palexco. Foi aí cando a vítima da agresión pediu aos dous axentes restantes que o levasen coa súa amiga, xa que el é de Asturias e non tiña onde quedar. Explica que acompañou os policías até o vehículo, e, no momento no que apoiou unha man no coche "porque estaba a ter un ataque de ansiedade", os axentes procederon a "golpealo coas súas porras, sen explicarlle o porqué". Denuncian dúas novas agresións tránsfobas en Compostela e Vigo "Despois diso, tiráronlle unha foto ao meu Documento de Identidade (DI) e deixáronme alí tirado, sen asistirme", lamenta D. C.. En canto a súa amiga, foi levada até o acuartelamento da Policía Nacional, acusada de non querer identificarse. Tanto ela como o agredido negan este extremo. A vítima da presunta agresión policial acudiu ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, onde o atenderon dos golpes que recibiu. Principalmente nas pernas, nas que presentaba diversos hematomas. Como acompañar unha vítima de agresión Denuncia por agresión policial A súa saída do hospital, o agredido desprazouse até o cuartel da Policía Nacional en Compostela para presentar unha denuncia pola agresión policial que recibira. "Agardo que todo se solucione e evitar que isto volva pasar, porque non é a primeira vez que ocorre na Coruña", conclúe o agredido.
NOS_7452
De acordo com um recente estudo conduzido por ativistas pela transparência, a indústria do setor financeiro gasta todos os anos mais de 120 milhões de euros e contrata mais de 1700 lobistas para influênciar as instituições Europeias
O relatório sobre "o poder de fogo do lobby financeiro" publicado no dia 9 de Abril pela Corporate Europe Observatory denuncia que mais de 700 grupos da indústria financeira estiveram ativos nas instituições Europeias em 2013. As conclusões do relatório vêm confirmar aquilo que toda gente sabia. O brutal crescimento da indústria dos lóbis nos recentes anos coincide com a crescente importância que as instituições Europeias tem na criação de legislação financeira. Desde que a crise financeira de 2008 obrigou os governos da União Europeia (UE) a injetarem cerca de 1.6 bilhões de euros para resgatar a banca, a UE criou legislação com o objetivo de apertar a regulação dos setores bancários, das seguradoras até às agências de rating. Eurodeputados ao serviço do setor financeiro Existe um número de eurodeputados na comissão que tem ligações diretas com o setor financeiro, como é o caso do eurodeputado alemão Burkhard Balz, do Partido Popular Europeu (PPE) - Grupo Parlamentar no Parlamento Europeu do PSD e do CDS/PP - que recebe mais de 10 mil euros por mês por funções no Commerzbank Ao falar na última reunião do mandato da Comissão dos Assuntos Económicos e Monetários no Parlamento Europeu, a presidente Sharon Bowles lembrou aos eurodeputados que desde 2009 aquela comissão foi responsável pela criação de 63 novas lei, maioria das quais incide diretamente na regulação do mercado financeiro. Reino Unido, no primeiro posto do podio con 140 lóbis O Reino Unido, que tem o maior setor de serviços financeiros na UE, detém mais de 140 lóbis, colocando-o no primeiro posto do pódio, seguido da Alemanha e da França. Resultado? A Comissão de Assuntos Económicos e Monetários do Parlamento Europeu tornou-se num ponto central para os lobistas atacarem e influenciarem. Muitos observadores sentem que a relação entre o poder político e os lobbies é estreita e demasiado familiar. No entanto, há um número crescente de responsáveis da UE, eurodeputados e assistentes parlamentares que passaram pela porta giratória do poder político eleito e do lóbi de interesses privados. Das 1.700 emendas que foram submetidas pelos eurodeputados sobre dos fundos de cobertura (hedge funds) e as sociedades de investimento, 900 emendas, ou seja 53% das emendas foram preparadas pelos grupos lobistas. Copiar e colar Este relatório também traz à luz provas de que vários deputados fazem um "copy & paste" das recomendações dos lobbies financeiros e apresentam como seu. O estudo argumenta que o "lóbi financeiro é um grande obstáculo a uma regulação eficaz" e acrescenta que "os falhanços nas reformas demonstram o enorme poder dos lobbies financeiros nas instituições europeias". Os grupos lobistas prepararam o 53% das emendas apresentadas pelas eurodeputados sobre os fundos de cobertura e as sociedades de investimento O porta-voz da Corporate Europe Observatory, Kenneth Haar, comentou que "a crise revelou a clara necessidade da existência de regras mais rigorosas sobre os mercados financeiros". "Contudo as reformas tem sido muito difíceis como estes relatório demonstra. O poder de fogo do lóbi financeiro para resistir a mudanças legislativas é evidente em todas as batalhas sobre a regulação financeira desde o colapso dos Lehman Brothers". Os grupos pela transparência propõem que as intuições europeias sejam mais exigentes com as suas próprias regras ao implementar um registo obrigatório de todos os lóbis. O registo de transparência da UE foi criada em 2008 e 2.800 lóbis já se registaram. Contudo este registo ainda é voluntário e não obriga aos lobistas a revelarem que comissões e que leis querem influenciar. O artigo originário este publicado aqui. Esta versão está tirada de Esquerda.net
NOS_20333
A concentración de traballadores e traballadoras de Povisano edificio administrativo da Xunta en Vigo foi desaloxada pola policía cando tentaban seren ouvidas pola delegada en Vigo, Bravo Bosch. Protestan pola aplicación da empresa do convenio provincial que suporá un descenso do 40% do salario ás máis de mil trescentas persoas do cadro laboral.
Como "desproporcionado operativo policial" cualificaron as persoas concentradas no edificio da Xunta en Vigo o control co que se lles esixiu identificacións para rematar desaloxando o peche por volta das 13.30. As protestas seguirán o xoves 8 ás 10.30 nunha mobilización que partirá da farola de Príncipe. As 1380 persoas que integran o cadro de persoal da empresa da saúde POVISA, veranse afectadas pola redución salarial dun 40% que a empresa sanitaria de Vigo ten previsto aplicar desde a próxima nómina. "Trátase dunha redución de condicións sen precedentes que afecta a todo o cadro de persoal. Povisa é unha empresa incluída na Lei de Sanidade Pública e un 80% dos cartos que recibe son de carácter público. Ademais, non ten perdas. No ano 2011 non houbo déficit e para o 2012 fálase de máis de dous millóns de beneficios. As medidas son completamente inxustificadas" comenta María Xesús Neira, secretaria da sección sindical da CIG en POVISA. Un terzo con 52% de redución A rebaixa salarial do 40% e de condicións laborais afecta a todas as categorías, sen embargo, unha parte do cadro de persoal sufrirán un descenso de ate un 52% xa que están afectadas previamente por unha redución de xornada. Trátase do 45% dos traballadores e traballadoras que padeceron unha política de recortes comezada hai pouco máis dun ano. A xornada reducira supuxo unha baixada salarial dun 12%. Povisa argumenta que ao non chegar a acordo nas negociacións do novo convenio pasa a aplicar automaticamente o provincial, razón pola que sen máis pasos intermedios, @s empregad@s pasan a sufrir de golpe unha extrema baixadas das condicións laborais. A empresa comunicou que o 24 de xullo entraría o convenio provincial polo que xa se vería afectada a nómina en curso mais o efecto será notable na súa totalidade na do próximo mes. A empresa afincada en Vigo contaba con convenio propio desde 1976. "Nós só pediamos que o convenio quedara como estaba, mesmo sen subida salarial até o 2015 mais queren que o convenio desapareza e por iso negouse ao acordo" explica Mª Xesús Neira. Povisa ampárase na posibilidade que se abriu na nova reforma laboral pola que despois dun ano sen acordo decaería o convenio e entraría o de ámbito superior, nestes caso o provincial. O comité de empresa vai denunciar xudicialmente a Povisa unha vez máis. Nos últimos tempos, gañaron tres sentenzas contra a empresa, unha por atrasos, outra pola xestión de quendas e a terceira polas xornadas reducidas. Esixirán tamén responsabilidades ao Sergas, á Consellaría de Sanidade e á Xunta, de quen Povisa recibe a maior parte do seu orzamento. "O Sergas paga todos os meses mesmo co incremento do IPC anual cando aos traballadores non nos subiron nada desde o 2010 e agora queren reducir de maneira drástica as nosas condicións laborais" denuncia Mª Xesús Neira ao tempo que destaca que se trata da primeira empresa que vai aplicar un convenio de ámbito inferior con efectos tan graves, sen razón obxectiva algunha. Xunto á redución salarial, a eliminación do convenio propio reduciría outros beneficios como os pluses por festivos e domingos ou por noites de Noiteboa e Fin de Ano, a incorporación inmediata nas excedencias, apoio económico para o estudo ou anticipos de nóminas cando se soliciten.
PRAZA_8355
A entidade pídelle á Xunta que aplique o "principio de cautela" ante o dano que podería provocar a explotación e lembra a resolución aprobada polo Parlamento europeo en 2010 que alerta dos perigos dos proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto.
A Plataforma Salvemos Cabana contra a minaría tóxica na Costa da Morte e Galicia anuncia que acudirá a instancias europeas ante a eventual autorización da mina de Corcoesto. A entidade pídelle á Xunta que aplique o "principio de cautela" ante o dano que podería provocar a explotación. Asegura que co fin "de salvagardar a saúde e seguridade das poboacións afectadas e a protección ambiental da zona", esgotará todas as vías posibles de actuación ante o que considera "un flagrante intento de impoñer por parte da administración galega un proxecto que pode carrexar graves consecuencias a medio e longo prazo para a Bisbarra de Bergantiños e a Costa da Morte". Asegura que co fin "de salvagardar a saúde e seguridade das poboacións afectadas e a protección ambiental da zona", esgotará todas as vías posibles de actuación Consideramos que a Xunta debería de asumir os conceptos expostos na Declaración de Berlín no 2000, que sinala que o emprego do emprego do cianuro de sodio en labores mineiras "non pode aceptarse polos seus danos irreversibles ao ecosistema" e que "non pode garantirse unha minaría do ouro segura". Este mesmo texto, indica, ademais, que non hai efectos positivos na extracción do ouro utilizando procesos de cianuración, pois o aumento temporal da taxa de emprego a curto prazo, é seguido "dunha permanente caída de calidade de vida comparada cos estándares previos". Tamén lembra a resolución do 5 de maio de 2010 aprobada polo Parlamento Europeo, que afirma que "nos últimos 25 anos rexistráronse máis de 30 accidentes importantes relacionados coa vertedura do cianuro" a nivel internacional, que os proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto con tecnoloxías a base de cianuro e en zonas densamente poboadas xeran "ameazas potenciais para a saúde humana e o medio", e que este tipo de minaría "crea pouco emprego e só por un período de entre oito e dezaseis anos" podendo provocar "enormes danos ecolóxicos" que non adoitan ser asumidos polas empresas explotadoras responsables, senón polos contribuíntes dos países afectados. A plataforma cualifica de "profunda irresponsabilidade" que, "coñecendo todos estes datos", o propio goberno galego estea "a dar ás á instalación de iniciativas de minaría de ouro a ceo aberto" A plataforma cualifica de "profunda irresponsabilidade" que, "coñecendo todos estes datos", o propio goberno galego estea "a dar ás á instalación de iniciativas de minaría de ouro a ceo aberto non só en Corcoesto, senón tamén concesionando grandes áreas para este tipo de proxectos nos concellos veciños de Zas e Santa Comba a empresas transnacionais que, tal como se demostrou no caso de Corcoesto, non achegan garantías financeiras suficientes que asuman de xeito integral o peor tipo de accidente que poida producirse".
NOS_39450
A Federación Española de Fútbol retira a obriga de pagar o aval de 400.000 euros ao club, que ameazaba con facelo desaparecer
Un susto dos grandes pero, afortunadamente, máis nada. A Federación Española de Fútbol exixía á Sociedade Deportiva Compostela o pago dun aval de 400.000 euros antes das 00:00 horas do vindeiro día 8. Un pago que tiña que facer para poder competir en Segunda B, categoría á que o club compostelán gañou o ascenso no campo de xogo. Esta petición da FEF axiña fixo que a preocupación e o malestar se estendesen non só por Santiago, senón polo fútbol galego, por non entender os motivos dunha decisión tan drástica. A Federación xustificaba a decisión en que había un pasado de débedas e impagos do club picheleiro. Mais eses feitos nada tiñan que ver coa directiva que leva dous anos e medio á fronte da SD Compostela. Este argumento, o de que a nova directiva nada tiña que ver cos feitos anteriores e que nestes anos a xestión económica fora exemplar, para retirar a petición do aval. O Compos xogará en Segunda B. E por méritos propios, conquistados no campo de xogo.
NOS_48796
O Consello da Cultura Galega inaugura esta terza feira en Nova York a exposición As benvidas, que documenta "a amarga alegría das chegadas" e faino a partir "dos arquivos familiares" dos migrantes en Estados Unidos.
A mostra, de pequeno formato, estará na sociedade neoiorquina La Nacional. The Spanish benevolent. Á súa apertura asistirá María Xosé Porteiro, da comisión executiva do Consello da Cultura, o cónsul español para asuntos culturais Juan José Herrera e mais os comisarios da exposición James D. Fernández e Luis Argeo. As benvidas é, dalgún xeito, o reverso doutra iniciativa da institución galega, Os adeuses, que, no Museo das Migracións de Ellis Island, recollía en 50 imaxes "os últimos momentos da emigración galega a través da ollada do fotógrafo Alberto Martí". Acaba de ser incluída na programación da Semana do Patrimonio Inmigrante do Concello de Nova York. As benvidas é froito dunha década de traballo de Fernández e Argeo "na dixitalización dos arquivos familiares dos descendentes en Estados Unidos". Fotografías, documentos persoais e materiais "contribúen a perfilar a mestura de sentimentos encontrados dos emigrantes no momento da chegada aos Estados Unidos". A exposición divídese en cinco partes: Non deixes de buscar ao tío Andrés que xa sabe que chegas, Lembra: o traballo e a economía, a maior lotería; Apoiádevos os uns aos outros, Non nos olvides e Volverás?