ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_18120 | Cómpre non esquecer que o Parlament leva desde 1989 afirmando que Cataluña é unha nación. A prudencia e o respecto máis elementais –por non falar do peso da longuísima traxectoria da nation building catalá– deberían obrigar o unionismo a admitir que Cataluña é, efectivamente, unha nación. | A deriva independentista do nacionalismo catalán, detectábel xa ao comezo do milenio, foi impulsada dun xeito decisivo polo Partido Popular. Durante o primeiro mandato do presidente Rodríguez Zapatero, e tras recoller catro millóns de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular anticatalanista, o PP interpuxo en 2006 un recurso de inconstitucionalidade contra o novo Estatut d'autonomia, unha norma que intentaba sortear a imposíbel reforma da lei fundamental mediante a instauración, pola porta traseira, dunha especie de federalismo asimétrico construído sobre a idea implícita dun ámbito de soberanía catalá. Catro anos despois, cando a crise económica xa amosaba a súa faciana máis brutal, un Tribunal Constitucional politizado e desprestixiado ditou unha sentenza nacionalista e xacobina que laminou o Estatut pactado entre os parlamentos catalán e español e votado en referendo, sen excesivo entusiasmo, pola cidadanía catalá. Un pacto estatutario, nota bene, que, malia a súa etioloxía pouco edificante, estivo vixente durante catro anos sen alterar o máis mínimo o funcionamento do Estado. No marco do que se deu en chamar estratexia da crispación, que tensara enormemente o país, todo, incluída unha extremada campaña populista contra Cataluña, lle valera ao PP para desgastar e deslexitimar o executivo. Até o día de hoxe, o PP nin propuxo un novo estatuto nin fixo exame de conciencia e propósito de emenda. De feito, se algo caracteriza o unionismo é precisamente o inmobilismo e a irresponsabilidade da súa nomenklatura. Obsérvese, por exemplo, como cede á tentación do agravio e da represión, mesmo ignorando groseiramente o principio de legalidade penal, como ilustra o caso dos políticos independentistas en prisión preventiva, investigados por rebelión polo Tribunal Supremo malia que os seus actos son moi dificilmente subsumíbeis no tipo do artigo 474 do Código penal. Entrementres, a demanda maioritaria da cidadanía catalá de celebrar un referendo sobre a relación entre Cataluña e España fica simplemente desatendida. O discurso anacrónico, intransixente e displicente do unionismo máis rancio exclúe de raíz calquera posibilidade de autocrítica. É practicamente inimaxinábel que un dirixente dun partido sistémico español, sobre todo do PP ou de Ciudadanos, analice con rigor os anos de políticas públicas recentralizadoras ou o problema da perda de calidade da nosa democracia. Pola contra, abondan as mostras de fachenda nacionalista ou, no mellor dos casos, de tancredismo arrogante. Por riba do sentido de Estado parece situarse sempre o interese electoral. Cómpre non esquecer, porén, que o Parlament leva desde 1989 afirmando que Cataluña é unha nación. A prudencia e o respecto máis elementais –por non falar do peso da longuísima traxectoria da nation building catalá– deberían obrigar o unionismo a admitir que Cataluña é, efectivamente, unha nación. O cal non implica que, xuridicamente, Cataluña sexa titular do dereito de autodeterminación. Porque non o é. Nin é unha colonia nin está ocupada ou gravemente oprimida. Polo tanto, a pretensión de separarse de España só sería lexítima desde unha perspectiva política. E precisamente desde esta perspectiva, a ese 48% do corpo electoral que opta pola independencia debería dárselle, nunha democracia, unha enorme importancia. Que é exactamente o que non fai o unionismo. Por que será? Publicidade |
NOS_27769 | A derrota pola mínima no referendo de independencia de 1995 levou a sociedade do Quebec a un proceso de progresivo desapego ás forzas soberanistas. A chegada de Yves-François Blanchet ao liderado do Bloc Québécois fixo mudar a tendencia, cun gran resultado en 2019 ratificado nas eleccións lexislativas desta semana. | Nas eleccións de 2008 facíase con 49 deputados. Tres anos despois, sumaba 4 e o seu histórico líder, Gilles Duceppe, presentaba a dimisión. Agora, tras unha década de travesía polo deserto, o soberanista Bloque Quebequés (BQ) volve levantar cabeza da man de Yves-François Blanchet: en 2019 fíxose con 32 escanos no Parlamento canadense e nas eleccións anticipadas da segunda feira subiu a 34. O Partido Liberal (PLC, social liberal) foi o gañador das lexislativas desenvolvidas na segunda feira, 20 de setembro; mais asemade o perdedor político foi o seu líder, Justin Trudeau. O tamén primeiro ministro convocou estes comicios de forma anticipada, dous anos despois dos últimos, co fin de asegurarse unha maioría ampla no Parlamento que lle permitise gobernar en solitario. Porén, con 158 escanos (3 máis que en 2019), os liberais ficaron lonxe da maioría de 170 na Cámara de 338 representantes. En segunda posición ficou o Partido Conservador, que logrou 119 (os mesmos que hai dous anos, de novo co maior número de votos). En terceira, o BQ, con 34 (2 máis que en 2019). En cuarta, o socialdemócrata Novo Partido Democrático (NPD, 25, por 24 de 2009). E na quinta, Os Verdes, que conserva os seus dous deputados. Desaparecen da Cámara os independentes. "Todo isto para isto", resumía Blanchet na noite da segunda feira (madrugada galega de onte) , segundo recolleu Radio-Canada. O resultado, que deixa un panorama parlamentario case idéntico ao que xa había, puxo no punto de mira a Trudeau. A oposición criticou desde o primeiro momento a decisión de adiantar as eleccións, desenvolvidas no medio da cuarta vaga da pandemia da Covid-19, salientando que acabaron sendo os máis caros na historia do país: 600 millóns de dólares canadenses (400 millóns de euros). Para o BQ, non obstante, serviron para afianzar a súa base electoral. Culmina unha década de remontada agonizante e sen recursos económicos despois de rozar a desaparición en 2011 varrido polo NPD. Mais o grande éxito do carismático Blanchet chegou xa en 2019, cando conseguiu colocar o BQ en segunda posición no Quebec. Entón, os seus 32 representantes no Parlamento canadense impediron lograr a maioría absoluta ao PLC, que nestes dous últimos anos viuse obrigado a negociar tanto cos nacionalistas como co NPD. Trudeau, alentado polas enquisas, buscou ceibarse dese 'lastre', mais tras un periplo electoral de 36 días ─unha das campañas máis curtas─ regresou ao punto de saída. "O que se viu esta noite é que millóns de canadenses elixiron un proxecto progresista", foi a análise do primeiro ministro. Inglés vs. francés A recuperación do voto quebequés por parte do BQ (socialdemócrata e ambientalista) susténtase en varios temas, coa confrontación con Ottawa como catalizador. "Bastou que o Canadá anglófono cualificase as leis do Quebec de 'racistas e xenófobas' para que a provincia e os seus votantes lembrasen o pouco que o resto do Canadá valora a nación quebequesa e a súa singularidade en Norteamérica", analizaba esta semana a publicación francesa LVSL. En efecto. Durante o terceiro debate entre candidatos, Blanchet e o BQ foron acusados de racistas e de marxinalizar os falantes de inglés, os alófonos (cuxa lingua materna non é nin o francés nin o inglés) e as minorías relixiosas. O Quebec é francófono, mais cada vez o é menos, especialmente na súa maior cidade, Montreal, , onde a presión do inglés e doutras linguas é cada vez maior. O francés é a primeira lingua para arredor de tres cuartos da poboación e é un dos elementos identitarios máis importantes para o pobo quebequés. A falta de interese en Ottawa para fomentalo e protexelo a nivel federal é un dos motivos que xeran máis desapego na cidadanía francófona. O BQ quere competencias lingüísticas completas para o Quebec. Tamén sobre inmigración, co fin de que a que chegue sexa francófona. Diversidade vs. laicismo É esta, a xestión da multiculturalidade e da convivencia na praza pública, a cuestión que máis controversia xera entre o nacionalismo quebequés e o centralismo canadense. O 16 de xuño de 2019, inspirándose nas lexislación francesa, a Asemblea Nacional do Quebec aprobou a Lei sobre laicidade do Estado ou "Lei 21", que prohibe o uso de símbolos relixiosos aos funcionarios e aos mestres da escola pública. Tanto o BQ, como o Partido Quebequés do primeiro ministro do país, François Legault, defenden a norma. Tamén, segundo as enquisas, arredor de dous terzos da poboación quebequesa. Porén, é fortemente contestada no Canadá anglófono xa que a consideran especialmente discriminatoria coa cidadanía de confesión musulmá. Nun país que en 1971, da man do ex primeiro ministro Pierre Eliott Trudeau ─pai de Justin─, se converteu no primeiro do mundo en aprobar unha lei de multiculturalismo. A independencia, un tema tabú na campaña Os temas identitario e ambiental centraron os discursos de campaña do Bloque Quebequés, tal e como se aprobou no congreso que a formación política organizou o pasado 22 de agosto de cara a estes comicios. Porén, no programa electoral non aparece ningunha referencia á "independencia". O obxectivo non era desvincularse do soberanismo, mais si evitar que ocupase un lugar preeminente nun momento en que ese sentimento tampouco o ocupa entre a poboación. "A época en que a política se decidía medindo a independencia con un independentómetro [dentro do partido], para min acabou por completo", explicou Blanchet a 'Le Journal de Montréal'. A derrota do 'Si' no referendo independentista de 1995 ─por tan só uns miles de votos─ derivou nun declive do soberanismo quebequés que tocou fondo en 2011. |
NOS_44015 | Néstor Rego denunciou a situación de "acoso inmobiliario" producida pola Sareb no barrio do Calvario, en Vigo. | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu esta terza feira en Vigo a cesión á Xunta dos inmóbeis que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) ten na Galiza. O obxectivo da formación nacionalista é crear con todos estes inmóbeis un parque público de vivendas. O BNG urxe a Xunta a parar o despexo dunha trintena de vivendas da Sareb Xunto co concelleiro nacionalista vigués, Xabier P. Igrexas, Rego denunciou a situación de "acoso inmobiliario" producida pola Sareb no barrio do Calvario, polo que propuxo a cesión de todos os bens inmóbeis da entidade para dar vivenda a todas aquelas persoas con necesidade. Para o deputado, é "inaceptábel" o acoso que se está producindo en Vigo. "Non pode ser que unha entidade pública como a Sareb cun parque de vivendas próximo ás 3.000 na Galiza, o manteña inmobilizado ou faga un uso inapropiado, coma se se tratase dunha entidade privada", criticou. Ceder a "totalidade" do patrimonio "O que ten que facer a Sareb é ceder a totalidade do seu patrimonio á Xunta, que é quen ten as competencias en materia de vivenda e é a que pode facer unha xestión adecuada para que a Galiza conte cun parque público de vivendas que alivie, no posíbel, a situación de demanda", concluíu o deputado nacionalista. O goberno de Feixoo deixou sen executar 100 millóns de euros para vivenda pública Na mesma liña se manifestou Igrexas, quen lamentou a situación que viven os veciños do barrio do Calvario, que se queixan de que a Sareb leva anos sen levar a cabo as reparacións necesarias nos seus edificios. O concelleiro criticou o aumento dos prezos do alugueiro na cidade, a pesar de que hai máis de 17.000 vivendas baleiras, que na súa maioría son propiedade de grandes multinacionais ou da propia Sareb, "que quere actuar como un fondo voitre a pesar de ser unha entidade do Goberno español". |
NOS_36105 | O poeta e dramaturgo vigués vén de gañar o IV Premio Manuel Lueiro Rey de poesía polo seu poemario 'Exhumación'. | O xurado, formado por Luís Cochón Touriño, Mercedes Queixas Zas e Armando Requeixo, e reunido na tarde do 29 de febreiro, elixiu por unanimidade o seu texto de entre os 44 traballos presentados e salientou "o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva". O certame segue a consolidar a súa andaina coa colaboración tanto do Concello de Fornelos de Montes, lugar natal do escritor que dá nome ao premio, coma da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe da mesma localidade e mais a editorial Edicións Xerais de Galicia, que se incorpora este ano como responsable da publicación do volume gañador, que se presentará publicamente o vindeiro 9 de abril en Fornelos. Marcos Abalde (Vigo, 1982) ten obtido numerosos premios, sobre todo no eido do teatro. En 2008 acadou o Josep Robrenyó coa obra experimental Canibalismo, galardón que concede a Associació d'Investigació i Experimentació Teatral de Catalunya. En 2011 obtivo a vixésima edición do Premio Álvaro Cunqueiro a textos teatrais, coa peza A cegueira e en 2012 o Marqués de Bradomín de textos dramáticos que outorga o Instituto da Xuventude con Xudite e o Premio da Bienal de Teatro Romaría Vikinga de Catoira, por A saga de Iacobsland. Os últimos galardóns foron en 2014 o Fiz Vergara Vilariño, por Oenach e en 2015 o Mome Varela Buxán, por Oito epitafios por Troia. |
NOS_8953 | Concentracións perante concellos e centros de traballo para rexeitar a actuación policial. Carles Puigdemont e Ada Colau encabezan o protesto na Praza de Sant Jaume. | Catalunya acolleu esta segunda feira centos de concentracións perante concellos e centros de traballo para rexeitar a violencia policial contra o referendo, unha represión que causou máis de 840 persoas feridas, varias delas de gravidade. Ás 12:00 horas, tal e como convocara a plataforma Táboa democrática, comezaron as concentracións, de 10 minutos de duración. A esa hora, miles de estudantes saían en manifestación en Barcelona. Este acto é o limiar para a xornada de greve xeral ou paro de país ao que Catalunya está convocada esta terza feira. Un protesto que conta co apoio de sindicatos, organizacións deportivas, colectivos sociais, entidades soberanistas, asociacións de pais e nais, etc... |
NOS_12945 | É a petición formulada ás mulleres empregadas baixo as súas ordes polo coordenador da empresa Segur-Ibérica, vinculada ao ministro español de Defensa e adxudicataria do servizo de seguridade privada no aeroporto de Santiago. A mandatos deste tipo súmanse outros como a de ficar 12h de pé sen poder ir ao baño (tampouco os traballadores homes) ou a discriminación por ser lesbiana. | Traballar 12h de pé sen posibilidade de abandonar o posto nin sequera para iren ao baño. Nin homes nin mulleres. E elas, tampouco cando están a menstruar. "Teño acabado quendas mollada até os nocellos e agora o pantalón do uniforme é gris escuro, mais antes era beige", describe con claridade Ofelia Lema, empregada da seguridade privada do aeroporto de Lavacolla, en Santiago, desde hai sete anos. Muller e lesbiana, foi con ela con quen se cebou o actual coordenador de servizo desde o primeiro día de traballo, cando el "non tiña tanto poder porque só era delegado sindical". Comentarios "misóxinos e homófobos" feitos en público caracterizan o comportamento actual de Manuel González Dosil, actualmente denunciado por catro traballador@s e imputado por acoso. "Tiven que sufrir a humillación de mexar por min" Delegado sindical eleito cando facía parte da CIG, foi expulso do sindicato. Cando a empresa adxudicataria do servizo mudou, pasando a concesión a mans de Eulen --cuxa xerencia está ocupada por Micaela Feijóo, irmá do presidente da Xunta--, González Dosil pasou a xefe de equipa. Explica Ofelia Lema que naquela altura lle correspondía un posto fixo por antigüidade "e deullo a outra persoa, que se sentiu presionada perante a discriminación cara a min e marchou do traballo". Para alén desta situación, Lema describe outras como que se lle negasen permisos para ir a aulas e aos exames cando era estudante ou que a coloque sempre no mesmo posto, no filtro de embarque, de pé entre 10 e 12 horas. Ás mulleres pediulles un 'calendario menstrual' para autorizar relevos que lles permitisen ir ao baño. Aos homes tal dereito fícalles vetado. "Eu tiven que sufrir a humillación de mexar por min porque me ameazou cunha sanción por abandono de servizo", conta Xosé Luís Castro. "Puta e zorra é o máis normal que nos chama" Di Castro que esta situación leva "anos" producíndose e que tanto a dirección da actual empresa concesionaria --Segur Ibérica-- como da anterior --Eulen-- e a propia Aena teñen coñecemento dos feitos. "Quero que poñas claramente que o xefe de seguridade é cómplice porque consinte", reclama. Explica que en 2010 todos os sindicatos con representación no comité de empresa asinaron un escrito en que reclamaban que se puxese fin "a estes abusos de poder". A día de hoxe hai unha querela pendente de se resolver. "Puta e zorra é o máis normal que nos chama", continua Ofelia Lema, que tivo que aturar que o seu xefe lle chamara "porca" porque lle baixou a regra 'fóra do calendario': "vai relevar a porca esa, que non para de sangrar", pediu o xefe de servizo a outra traballadora para que Lema puidera ir ao baño. Acrecenta que "teño varias compañeiras que intentaron suicidarse", que ela tivo que pedir a baixa por unha doenza nas costas causada por botar de pé tantas horas e que lle foi prohibido ausentarse do posto tamén nunha ocasión en que sufriu un accidente laboral. "Trillei un dedo e quitei o óso do sitio, pero tivo que a Garda Civil cubrir un atestado para que o 112 viñese por min e non me expedientasen por abandono do traballo; mareábame, non me tiña de pé e aínda así non me deixou ir ao médico", relata Lema. "Non vai foder contigo que é lesbiana" Alíás, a súa orientación sexual foi tamén motivo de conflito, ao proferir o coordenador comentarios a un compañeiro de traballo de Lema do tipo "non vai foder contigo que é lesbiana". Malia que recoñeceu o "acoso" que estaba a sufrir desde o primeiro día "non tiña maneira de demostrar nada". Comezou a facer as reclamacións por escrito, mediante correo-e ou mensaxes de móbil, e o coordenador Dosil "respondía sempre". E pouco a pouco "fomos falando uns con outros e vimos que nos facía a todos o mesmo". Aliás, "confiouse tanto que acabou mostrando esta actitude de abuso en público" polo que xuntaron probas e testemuñas para interpoñer a denuncia. A empresa de seguridade do ministro español de Defensa Na seguridade privada do aeroporto de Lavacolla, en Santiago, traballan 35 persoas. Por que só denuncian catro? "Porque hai moito medo e tamén hai quen quere vivir tranquilo" e bailarlle as augas ao coordenador de servizo, explica Xosé Luís Castro, actualmente delegado sindical da CIG no aeroporto compostelán. Con todo, outro empregado denunciara xa estes feitos e gañou: o xulgado de instrución resolveu que non había lugar a sancionalo por ir ao baño. Segur-Ibérica é adxudicataria desta concesión desde o 1 de xuño en virtude dun contrato por subrrogación do servizo que antes prestaba Eulen e que presta aínda nos outros dous aeroportos galegos: A Coruña e Vigo. No Consello de Administración de Segur-Ibérica estivo Pedro Morenés até que foi escollido para un cargo público: o ministerio español de Defensa. 'A violencia de xénero no traballo ten moitas caras' Tanto Ofelia Lema coma Xosé Luís Castro estiveron presentes esta sexta feira na presentación da campaña da CIG-Muller A violencia de xénero no traballo ten moitas caras. En rolda de imprensa, para alén dest@s traballador@s, tomou tamén a palabra Margarida Corral, responsábel desta federación da central nacionalista. Enfatizou que a campaña "non pretende colaborar con monográficos salva-conciencias senón denunciar todo un sistema que reproduce roles violentos". E para mostra, o exemplo que narraron Lema e Castro. "A violencia machista está cada vez máis agochada e a que se produce no ámbito laboral máis aínda", denunciou Margarida Corral. A renglón seguido queixouse dos incumprimentos no referido á creación de xulgados especializados amparándose na redución do número de denuncias, así como a "constante" redución nas partidas orzamentarias destinadas a facer cumprir a Lei galega contra a violencia de xénero ou ao traballo en prol da equidade. |
NOS_56718 | Un ano máis, o Día das Letras continúa a marcar os ritmos editoriais do país, e se cadra sexa este 2020, no que a Academia finalmente accedeu a sinalar a figura de Ricardo Carvalho Calero, cando vaiamos ser especialmente conscientes. | Porque non é o ferrolán un autor sobre o que se teña escrito pouco precisamente, pero si que veremos aparecer obras impensábeis noutros momentos. A abordaxe de Xerais, que comeza con este ensaio básico do tamén ferrolán Henrique Dacosta e unha peza máis orientada a crianzas asinada por Héctor Cajaraville, pode ser unha boa mostra. Carvalho Calero como figura a ser divulgada a unha enorme variedade de públicos e non como o símbolo dunha vella guerra con detalles só aptos para as persoas iniciadas. Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético | Henrique Dacosta | Xerais | 2020 | 120 páxinas |12,50 euros papel Esta Vida e obra dun ser polifacético ten nesa aparente sinxeleza unha das súas virtudes. Non se trata dun ensaio pensado para eruditos, senón para quen queira achegarse ao básico do percurso vital e da obra dun autor non tan coñecido como debera na nosa cultura. Iso non quere dicir que, mesmo para as persoas máis coñecedoras do tema, non vaia haber algunha pequena sorpresa, especialmente no aspecto máis humano do escritor e nas partes menos coñecidas da súa biografía. Henrique Dacosta artella o libro en ámbitos ben delimitados. Comeza coa vida de Carvalho Calero, unha historia que practicamente acompaña a do século, co cruel machadazo da Guerra Civil a tronzar unha expectativa vital e literaria do máis prometedora. Continúa cun repaso minucioso da súa obra en galego, con frecuentes citas e conseguindo unha interesante panorámica da súa concepción de cada xénero. A polémica, ou sería mellor dicir, as polémicas, acompañan dende hai anos o autor que protagoniza este título. Hai que recoñecer que a aposta de Henrique Dacosta non esquiva a máis antiga de todas elas, a cuestión normativa e o ostracismo ao que pretenderon confinalo nos últimos anos da súa vida aparecen de forma evidente. Non o fan, porén, algunhas lecturas que nos últimos anos cuestionaron as súas posturas, vitais e literarias, sobre o xénero feminino. Da mesma forma, é cuestionábel que na análise da obra dos nosos autores poidamos seguir obviando, como se nunca existise, aquela que foi escrita en castelán, e que no caso de Carvalho Calero, comprende un vector ben relevante da súa creación. A pesar destas pequenas eivas, non se pode pedir moito máis a un libro cun obxectivo tan concreto e que, nas súas pouco máis de cen páxinas, cumpre sobradamente coa misión de achegar o autor a todos os públicos. |
NOS_56979 | O persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo) decidiu onte en asemblea reiniciar a folga que suspenderon para facilitar as negociacións pola venda da planta. Esta vindeira segunda feira concentraránse diante das instalacións e avisan que haberá máis mobilizacións para presionar á empresa e ás Administracións. | Volve a folga á factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo. Así o decidiu onte ao mediodía a asemblea de traballadoras e traballadores reunida para dar resposta á actual situación de parálise da negociación entre a multinacional e o Goberno español para a venda das instalacións. Desde o comité de empresa entenden que o proceso de venda agora mesmo "está parado e roto" polo que volverán a impedir a entrada e saída de material da factoría. José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, lamentaba ao remate da xuntanza a falta de negociacións e de acordo "por Alcoa estar bloqueando esa venda e o Goberno español non dar as garantías que se necesitan". "Temos que seguir loitando, nin Alcoa quere vender nin o Goberno español quere comprar", explicaba a Nós Diario Xosé Paleo, delegado sindical da CIG na factoría. "A empresa quere coñecer o marco enerxético para ver se é viábel cando iso interesaríalle a quen compre en todo caso", afirma o sindicalista, "é a enésima escusa que pon", engade. Do papel do Goberno español Paleo lamenta que se "desdixera da oferta de triangulación no proceso asegurando que Europea non llo permitía". Paleo cre que estiveron "abocados á xustiza e que sexa o día 20 de outubro o Tribunal Supremo quen decida se a multinacional pode fechar a planta ou non". Folga activada e novas mobilizacións "Non nos quedou outro remedio que activar de novo a folga que tiñamos en suspenso a partir da segunda feira 27 de setembro", informa Paleo, "por unha cuestións de prazos e co apoio case unánime da asemblea". A primeira mobilización será diante mesmo da factoría ás 14 horas. A idea do comité de empresa é que "se saiba que Alcoa non ten motivos agora mesmo para fechar, hai empresas do sector que queren mercar". O delegado de UXT na factoría, Tino Arias, admite a Nós Diario que as traballadoras e os traballadores teñen "unha sensación rara" por non saber como rematará toda esta situación "nin cal será a saída". Agora mesmo, afirma, "non hai ningunha porta aberta e agardo que sexan desde o Goberno español e a Xunta tenten solucionalo". Este sindicalista desconfía que a multinacional "se feche en si mesma de novo coa folga e non queira negociar máis, tal e como aconteceu noutras ocasións". Alcoa aposta agora por Brasil Ao mesmo tempo que a multinacional ten paralizado o futuro da súa factoría na Mariña anunciou esta semana que pensa retomar a produción de 268 mil toneladas de aluminio nas instalacións que ten en São Luís, no estado do Maranhão en Brasil. Fontes da multinacional aseguraron que retomaban a actividade "de inmediato" coa intención de contar coa primeira fundición no segundo trimestre de 2022 e conseguir a máxima capacidade en 2023. O propio vice-presidente Executivo e CEO da Alcoa, John Slaven, aseguraba aos medios de comunicación brasileiros que a decisión está baseada "nunha análise que mostra que a fundición pode ser competitiva en todos os ciclos, aproveitando a refinaría no mesmo local e unha forte man de obra". |
NOS_40046 | A Illa caribeña forma parte dos Países Baixos a pesar de que no referendo de 1977 o 82% dos votantes apoiara a independencia. | O primeiro ministro de Aruba, Mike Eman, e varios membros do goberno autónomo da illa de Aruba, baixo soberanía do Reino dos Países Baixos, comezaron unha folga de fame en defensa do seu autogoberno fronte ás imposicións de Holanda. A decisión adoptouse após que o gobernador dos Países Baixos na illa bloquease, a petición de La Haya, a aprobación dos orzamentos deste territorio caribeño. Aruba, situada ao norte da costa de Venezuela, é un dos catro países (con Holanda, Curaçao, Sint Maarten) que conforman os Países Baixos. Teñen autonomía, mais hai competencias centralizadas, como Defensa, Asuntos Exteriores ou aprobación dos diferentes orzamentos. E este é, segundo Nationalia, a cuestión que está no albo da folga de fame en Aruba. Desde Holanda queren revisar as contas de Aruba pois considera que gastan máis do que ingresan. Desde o goberno autónomo entenden que isto é unha "inxerencia" e un ataque ao seu auto-goberno Apoio á independencia que non se aplicou Aruba foi descoberta e ocupada en 1499 por exploradores españois e adquirida polos Países Baixos en 1636. A illa separouse das Antillas Neerlandesas a 1 de xaneiro de 1986 e tornouse unha dependencia autónoma do Reino dos Países Baixos. En 1977 Aruba vai realizar unha consulta na que o 82 % dos votantes apoiaron a independencia. Mais esa decisión nunca foi implementada. |
NOS_16377 | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, intentou colocar unha persoa da súa confianza | O exalcalde da Coruña, Javier Losada, vai ser o novo delegado do goberno español en Galiza. Pedro Sánchez elixe o exrexedor coruñés embora que Gonzalo Caballero preferise para ese posto a unha persoa da súa confianza. O secretario xeral do PSdeG intentou até o último momento que a persoa designada por Sánchez como delegado do goberno fose outra. Nomes como o da expresidente do Parlamento galego, Dolores Villarino, ou o actual vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena, eran as propostas do líder do PSdeG. Mais o presidente español optou por Losada, persoa que nestes anos mostrou o seu apoio a Pedro Sánchez,tamén naqueles momentos máis duros e difíciles para o socialista. |
NOS_10839 | Manifestantes contra a cimeira capitalista do G7 portan os retratos do presidente Macron retirados de edificios públicos nos últimos meses. Ecoloxistas levan desde o mes de febreiro 'secuestrando' os retratos para denunciar a hipocrisía dun Macron que se alza como representante da loita contra o cambio climático. | Retratos de Macron retirados de edificios públicos desde o mes de febreiro reaparecen na mobilización que este domingo 25 de agosto recorre as rúas de Baiona contra a cimeira capitalista do G7 na cidade vasca de Biarritz (baixo administración do Estado francés). As manifestacións sucédense após a multitudinaria marcha do contracumio que reuniu 15.000 persoas desde Hendaia até Irun convocadas por G7EZ contra a cimeira capitalista na mañá do sábado 24. Seguíronlle pola tarde outras protestas que remataron con detencións e persoas feridas. A campaña 'Descolgando Macron' foi lanzada polos movementos Bizi e ANV- COP21 Este domingo, as rúas de Baiona acollen novas manifestacións, e nelas están a reaparecer os 128 retratos de Macron 'secuestrados'. O movemento ecoloxista e altermundista vasco Bizi está a mostrar as fotografías enmarcadas de Macron que foron retiradas dos concellos do Estado francés desde febreiro. A campaña 'Descolgando Macron' foi lanzada polos movementos Bizi e ANV- COP21, e con ela retiráronse un total de 128 cadros do presidente en múltiples concellos do Estado francés. O primeiro foi precisamente en Biarritz, e desde entón retiráronse 128, 12 deles en na Euskal Herria baixo administración francesa. Máis de 100 persoas foron interrogadas durante o decorrer desta campaña e varias activistas foron xulgadas por "roubo en grupo con engano". No outono celebraranse novos xuízos en varias localidades francesas. BAYONNE - Les portraits de Macron décrochés par @AnvCop21 sont dévoilés dans la rue pour dénoncer l'inaction climatique. #BiarritzG7 #g7 pic.twitter.com/r417zBDsQd— Clément Lanot (@ClementLanot) August 25, 2019 |
NOS_48237 | Anxo Louzao denuncia a "obstinación" da Consellaríaen manter estas probas embora o amplo rexeitamento da comunidade escolar. | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama as nais e pais para que non envíen as súas fillas e fillos a facer a reválida de 3º de Primaria, prevista para terza e cuarta feira, 30 e 31 de maio. O seu portavoz, Anxo Louzao, denunciou a "obstinación" da Consellaría en manter unhas probas embora " o clamor do profesorado, das familias e do propio alumnado contra a LOMCE e contra as probas que dela emanan". Louzao valorou moi positivamente que nas probas de 6º de Primaria e 4º da ESO, realizadas os pasados días 23 e 24 de maio, por volta do 80% do alumnado non participasen. Denunciou, ademais o intento da consellaría de manipular e "falsificar" a realidade, por ter afirmado que un 60% do alumnado si se presentara a facer estas reválidas, cando A Plataforma insta a Consellaría "que entre en razón" e que se inicie un proceso de diálogo para camiñar cara unha Lei Galega de Educación que atenda as necesidades reais do sistema educativo galego. Louzao valorou ademais como unha "irresponsabilidade" e un "dispendio" de cartos do erario público os gastos derivados de realizar as reválidas, máis cando non serven sequera para medir "aquilo para o que están pensadas". |
NOS_50936 | Unha profesora do Instituto de ensino secundario Enrique Muruais, na Pontenova, vén de denunciar nas súas redes sociais o apercibimento administrativo por impartir clase de matemáticas en galego. | Nunha mensaxe pendurada no seu muro de Facebook, a docente do Instituto de ensino secundario Enrique Muruais, na Pontenova, explicaba que "o 100% do alumnado é galego falante. A profesora tamén aprobou hai 28 anos unha oposición para ser docente na Galiza". A continuación, expón o seu método de funcionamento. "Cada inicio de curso comento na aula que en 2010 a Xunta sacou un decreto que me 'obriga' a impartir as clases en castelán", escribe, "falamos do sentido común e seguimos a entendernos de marabilla na nosa lingua". Mais á Consellaría de Educación non lle vale. "Esta semana a Administración contactou comigo para falarmos da miña desobediencia e lembrame que, na Galiza, as matemáticas non poden impartirse en galego, só en castelán ou en inglés!!!". |
NOS_22970 | O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, causou esta terza feira unha gran polémica após publicar no seu perfil de Facebook o seu rexeitamento a que o persoal da campaña de vacinación fronte á Covid-19 sexa recoñecido cunha das Medallas de Ouro. O malestar no sector sanitario foi tal que mesmo o Consello Xeral de Enfermaría reclamoulle que retirase as súas palabras. | Baixo a premisa de que "o futuro é dos intrépidos", o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO) vén de pórse en contra a boa parte da comunidade sanitaria despois de afear que unha das Medallas de Ouro recoñeza o traballo das persoas que forman parte do dispositivo da campaña de vacinación fronte á Covid-19.f O político asegurou que, ao seu ver, o recoñecemento "debería recaer en quen desenvolveu a vacina" dado que "pór unha vacina non require unha pericia particular". Fixo estas aseveracións a través do seu perfil na rede social Facebook despois de asistir, o domingo, á gala de entrega dos premios. "A medalla de Galicia debería ir para quen desenvolveu a vacina fronte á Covid-19 e en todo caso para os investigadores galegos que, con poucos medios, tentárono nos seus laboratorios", comentou o rexedor ourensán, que incidiu en que inocular o remedio "non é cirurxía". "Quen pon as vacinas non son voluntarios, é máis a maioría cobran horas extras", abundou, entendendo que as e os enfermeiros que "pican a agulla no brazo aos cidadáns" non merecen a medalla. "Mención especial si debería dispensarse aos voluntarios de Protección Civil que axudan loxísticamente e moitos non cobran nas vacinacións", reflexionou. Mais as súas afirmacións molestaron ao sector sanitario, especialmente ao colectivo de enfermaría. Piden a súa "inmediata dimisión" Quer o Consello Xeral de Enfermaría, quer o Colexio de Enfermaría de Ourense pediron esta terza feira que se retracte publicamente das súas palabras. O Consello Xeral recibiunas como "un lamentábel ataque ao colectivo" e mesmo reclamou a "inmediata dimisión" de Pérez Jácome. "Resulta intolerábel que unha persoa coa responsabilidade que ostenta Pérez Jácome no seu cargo se permita denigrar unha profesión que se xogou a vida na pandemia e vive absolutamente envorcada cos pacientes e que, ademais, o faga de forma pública e presumindo diso", reprochou o presidente da institución, Florentino Pérez Raia. A través dun comunicado, cualificou o discurso do político de "insulto ao colectivo que entrega a súa pel polos demais". "O labor da enfermaría non se centra unicamente no asistencial, para que unha vacina chegue ao seu brazo hai protocolos específicos, horas de formación, coñecementos de farmacoloxía e anatomía, todo para realizar a picada de forma correcta", resumiu.Pola súa banda, a presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, dixo "non comprenden esta saída de ton" nin que se "sume a menosprezar" o traballo das enfermeiras en redes sociais. |
PRAZA_8724 | Temos a xeración máis preparada e culta da historia deste país que se ve na obriga de buscar no estranxeiro o futuro que aquí se lle nega e a principal responsable da situación despacha o tema con esta frivolidade. Resulta preocupante comprobar en que mans está o noso destino colectivo. | Seis millóns de persoas están sen traballo en España. Son máis que a totalidade da poboación de Dinamarca ou Finlandia. Hai dous anos Mariano Rajoy, desde a oposición, bramaba contra Zapatero cando o número de parados chegou aos cinco millóns. Prometeu rematar coa crise, recuperar o emprego e mellorar o benestar. Fixo todo o contrario, mais non da ningunha explicación aos que foron enganados. Permanece agochado, en silencio, mentres aumenta o sufrimento e a incerteza para a inmensa maioría. A sangría continúa: desde a imposición da reforma laboral España perde un emprego por minuto. Nos tres primeiros meses deste ano cada día perdéronse 3.600 postos de traballo. A sangría continúa: desde a imposición da reforma laboral España perde un emprego por minuto. Nos tres primeiros meses deste ano cada día perdéronse 3.600 postos de traballo Moitas familias viven na desesperanza, afogadas pola falta de ingresos e pola ausencia dun horizonte alentador. Este goberno impón medidas de restrición (deseñadas e dirixidas polos especuladores financeiros internacionais) que só serven para producir máis malestar colectivo e afondar nas desigualdades sociais. En ano e medio retrocedemos na historia máis de tres décadas. A perda de dereitos laborais e protección social é tremenda. Os sindicatos solicítanlle a Rajoy unha reunión de emerxencia nacional para abordar o problema. El non se digna en responder. Pero hai persoas no PP que deixan ben clara a súa posición. A delegada do goberno en Cataluña, María de los Llanos de Luna, afirmou (o mesmo día en que se coñeceron as dramáticas cifras do paro): "Es importante que haya pijos y ricos, que son los que luego gastan y consumen". Os que deberían intentar a recuperación económica e protexer aos cidadáns contra o infortunio colectivo fan estas predicións nefastas sen que se lles borre o sorriso displicente dos beizos A taxa de desemprego supera o 27% e na mocidade chega ao 57% (máis aló da frustración e o desalento persoal, un país que non utiliza a enerxía e a formación dos máis novos está cegando o seu futuro). Este panorama desalentador debería ter unha resposta contundente por parte dos gobernantes. Mais ao día seguinte da publicación destes datos (venres 26 de abril, despois do Consello de Ministros) os responsables económicos anunciaron que a saída da crise vaise atrasar dous anos máis e que continuará a destrución de emprego. De Guindos e Montoro prolongan un ano máis a subida do IRPF e anuncian que haberá impostos especiais. Todo vai cada vez peor para a maioría pero o goberno do PP insiste en que esta é a política correcta. Os que deberían intentar a recuperación económica e protexer aos cidadáns contra o infortunio colectivo fan estas predicións nefastas sen que se lles borre o sorriso displicente dos beizos. Semella que non lles interesa mudar de política: mentres o medo e a angustia atenazan á poboación eles continúan coa redución de dereitos laborais, a diminución dos salarios e a restrición da protección social (tal como reclaman os representantes da patronal). A forma de actuar deste goberno representa un fraude político. O catedrático de Dereito Pérez Royo sinala que "la contradicción entre el programa electoral y la acción de gobierno es practicamente absoluta". O goberno recorre constantemente ao decreto lei, esquiva o control parlamentario, abusa da súa maioría absoluta e evita o control dos medios de comunicación ao non admitir preguntas nas roldas de prensa. "El ejercicio del poder está siendo un ejercicio fraudulento", conclúe o citado xurista. O catedrático de Dereito Pérez Royo sinala que "la contradicción entre el programa electoral y la acción de gobierno es practicamente absoluta" Mais con estas prácticas a xestión económica deste goberno é un absoluto fracaso. O economista Manuel Mera sinala que Rajoy puxo a redución do déficit público como obxectivo central: pechou o 2012 co 10.6%, o peor da Unión Europea. Pero ademais as políticas impostas están a provocar unha recesión económica que se está a converter nunha depresión. Por iso, conclúe, "si seguimos con el austericidio solo habrá más sufrimiento, más dolor, se destruirá más tejido productivo pero no habrá ninguna mejoría real en el déficil ni en la deuda pública". A facción política que ocupa o poder está a realizar unha actuación fraudulenta. As severas medidas impostas son todo o contrario do anunciado na campaña electoral. Falan de buscar a austeridade, cando o que provocan é un maior empobrecemento dos pobres e a laminación da clase media. En realidade a dereita nunca foi austera: é amante do luxo e ansía dispor de servos e criados. Norberto Bobbio escribiu que o criterio principal para distinguir a esquerda da dereita "es la diferente actitud que asumen los hombres que viven en sociedad frente al ideal de la igualdad". Rajoy xa o tiña claro de mozo: non admite a igualdade básica das persoas e a súa máxima aspiración é "desigualarse". Así o deixou escrito nun artigo publicado no Faro de Vigo en 1983. Temos a xeración máis preparada e culta da historia deste país que se ve na obriga de buscar no estranxeiro o futuro que aquí se lle nega e a principal responsable da situación despacha o tema con esta frivolidade. Resulta preocupante comprobar en que mans está o noso destino colectivo Agora pretenden enmascarar a súa actuación mediante xogos de palabras. Se non fose pola dor que provocan coas súas decisións serían desternillantes a maioría das comparecencias ministeriais. Rajoy cuestionou a hipótese do cambio climático baseándose nas opinión dun primo seu. Fátima Báñez pediu a intervención da Virxe do Rocío para saír da crise. Arias Cañete, ministro de Agricultura e Alimentación, aconsella comer os iogures caducados e recomenda a ducha fría para aforrar. Pero a incompetente ministra de Emprego foi máis alá: cualificou a emigración forzosa da mocidade como "movilidad exterior, porque hay quien busca oportunidades laborales y formativas". Temos a xeración máis preparada e culta da historia deste país que se ve na obriga de buscar no estranxeiro o futuro que aquí se lle nega e a principal responsable da situación despacha o tema con esta frivolidade. Resulta preocupante comprobar en que mans está o noso destino colectivo. |
PRAZA_16717 | Luís Villares agarda unha "resposta serea e meditada" de Quinteiro que pase pola súa dimisión tras o altercado coa policía "en coherencia" co "código ético" da formación Carmen Santos ve "unha caza de bruxas" contra Quinteiro e cre "unha tolería" someter a súa eventual renuncia a votación | Carmen Santos ve "unha caza de bruxas" contra Quinteiro e cre "unha tolería" someter a súa eventual renuncia a votación Unha votación entre a militancia. É a fórmula que a dirección de En Marea como partido instrumental contempla para determinar a súa postura definitiva e procurar dirimir o conflito interno sobre a deputada Paula Quinteiro tras reclamarlle a súa dimisión como consecuencia do altercado coa policía local de Santiago no que se viu implicada a noite do 17 de marzo. Así o anunciou este luns o voceiro da formación, Luís Villares, na súa primeira comparecencia pública ao respecto tras o incidente. Consultas coma esa, detallou, están previstas nas normas internas de En Marea para asuntos de especial relevancia e celebraríase se "nun período razoable" non existe unha "solución" para este conflito, a cal ao seu xuízo debería pasar pola dimisión de Quinteiro polo que considera un "uso indebido da condición de parlamentaria para un asunto privado" que "o noso código ético non permite". Despois de dúas semanas de "silencio" por "razóns de prudencia" Villares asegura confiar nunha "resposta serea e meditada" de Quinteiro que, en "coherencia cos valores que defendemos", pase pola súa renuncia ao escano. A "conduta" de Quinteiro, coida, "compromete" a un espazo político cuxos membros "renunciamos a calquera abuso de poder na nosa condición de parlamentarios". "Xeramos expectativas de cambio e de comportamento diferente", abonda Villares, e sería "inxusto facer cargar ao colectivo cunha responsabilidade individual". Luís Villares agarda unha "resposta serea e meditada" de Quinteiro que pase pola súa dimisión polo altercado coa policía "en coherencia" co "código ético" da formación A petición da dimisión de Quinteiro chegara xa dende a coordinadora de En Marea apenas catro días despois do suceso no que, segundo o atestado policial revelado por Europa Press e La Voz de Galicia, a deputada esgrimiu a credencial que a identifica como membro da Cámara para entorpecer a identificación dun home que a acompañaba, presuntamente implicado na rotura de varios espellos de vehículos estacionados nunha rúa do Ensanche compostelán. A deputada tamén membro de Podemos, pola súa banda, veu asegurando que só intervira para "mediar" no conflito, sen ánimo de atrancar o labor dos axentes. Con este pano de fondo o Consello das Mareas, máximo órgano da organización entre plenarios, uniuse despois á petición de dimisión aínda que sen o apoio do sector crítico, entre o que foi gañando peso a interpretación de que o altercado fora empregado para tentar alterar os equilibrios internos de En Marea, se ben Villares reitera que "non hai ningunha outra razón" para apostar pola dimisión que o propio altercado. Foi así como chegou o que ata este luns fora o último pronunciamento público sobre o caso, o escrito no que o grupo parlamentario acordou non pedir a dimisión de Quinteiro xunto á apertura dun expediente para que ela mesma detallase "todos os elementos que concorren no caso". A pasada semana a maioría do grupo rexeitara a petición de dimisión de Quinteiro formulada pola coordinadora e o Consello das Mareas O texto fora aprobado por maioría do grupo con dous votos en contra e unha abstención, a do propio Villares, ao termo dunha tensa e maratoniana xuntanza. Nel incluíase o que internamente foi lido como unha mostra da fenda entre o grupo parlamentario e parte da organización do partido instrumental: "con independencia" do resultado do expediente, indicaban, Quinteiro "debe seguir desenvolvendo as súas funcións como parlamentaria de En Marea, tal e como xa afirmou en anteriores ocasións o grupo parlamentario", concluía. Para Villares ese apoio á deputada é "comprensible" por mor dos "afectos" tecidos no seo do grupo tras dous anos de andaina, pero non debera determinar unha decisión na que, pide, debe primar a "madurez" política. Neste contexto e sen desbotar a devandita votación entre "as persoas inscritas", Villares agarda que este episodio non derive nunha ruptura do grupo ou da propia organización. "Pareceríame triste que por unha diferenza de interpretación do código ético se producise esa situación, é un escenario que non contemplo", afirma. |
NOS_2081 | Manterán diversos encontros e xuntanzas de traballo. | Unha delegación integrada por eurodeputados e eurodeputadas do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) na Eurocámara visitará Galiza do 19 ao 21 de setembro para respaldar o escano do BNG no Parlamento Europeo, iniciado pola eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, o pasado 5 de setembro. "Apoio aos sectores produtivos, avaliación da situación da cooperación transfronteiriza, e modelos de xestión dos Concellos gobernados polo BNG e emprego de fondos europeos" son algúns dos temas que se tratarán nas xornadas de traballo, segundo explica a eurodeputada. Así, a axenda comezará a segunda feira, cunha visita na Eurocidade Tomiño-Cerveira, onde terá lugar un encontro coa alcaldesa Sandra González e o Presidente da Cámara, Rui Teixeira. A xornada de traballo continuará cun encontro co BNG da Guarda, unha visita ao porto pesqueiro e a nave das redeiras. A terza feira, 20 de setembro, a xornada de traballo desenvolverase en Pontevedra, onde terá lugar a conferencia "Europa dos Pobos dende o local", que será inaugurada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e constará de diversos paneis explicativos e debate. En concreto, o primeiro deles, moderado pola eurodeputada Ana Miranda, tratará sobre as "Situacións transfronteirizas en Europa" e nel intervirán Jordi Solé, presidente do grupo da ALE no Parlamento Europeo, Lorena López Lacalle, presidenta do partido político da ALE e Lois Pérez Castrillo. Secretario Técnico da Asociación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT). O seguinte panel, -moderado pola concelleira do Bloque en Pontevedra e membro da Área Municipal da Executiva Nacional, Eva Vilaverde- centrarase nas "Experiencias de transformacións no local como exemplos de boas prácticas en Europa", e nel intervirá, Miguel Anxo Fernández Lores; Pierre Savelli, alcalde de Bastia (Corsica) e Cristina Cid, alcaldesa de Allariz. Finalmente as conclusións da conferencia serán expostas polo Secretario Xeral da ALE no Parlamento Europeo, Roccu Garoby e a eurodeputada Ana Miranda. 21 de outubro terá lugar unha recepción á delegación da ALE no Parlamento Galego a cargo da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón. Finalmente, pola tarde, farase un percorrido polo porto de Vigo para amosar á delegación da ALE a importancia económica da pesca e da construción naval. |
NOS_3947 | Por volta de 200 veciños, segundo a plataforma contra a mina, acudiron ao pleno extraordinario do Pino para rexeitar un proxecto que, denuncian, vai ter grave impacto económico, ambiental e social. | Hai uns días en Touro e esta cuarta feira no Pino. Os plenos extraordinarios convocados en ambos os dous concellos sobre o proxecto mineiro que pretende operar en terreo destes dous municipios foron unha demostración de oposición veciñal a esta iniciativa que pretende reabrir e ampliar as minas abandonadas dende 1986. Máis de 200 persoas, segundo cifra da Plataforma contra a mina, asistiron ao pleno extraordinario do Pino, onde deixaron claro o seu rexeitamento a un proxecto que supón graves ameazas e prexuízos sociais, económicos e ambientais. Para a Plataforma, no pleno evidenciouse a "falla de transparencia" do goberno local (PP), que se ben non recibiu oficialmente a este colectivo veciñal si que mantivo xuntanzas coa empresa que quer impulsar a explotación mineira. Ademais, indican, o alcalde anunciou no pleno que presentara unha serie de alegacións perante a Xunta. "Informe de alegacións municipais que nin oposición nin veciños coñecen". Nesta cuarta feira, Ana Pontón e Xosé L. Rivas (BNG) mantiveron unha xuntanza cunha representación de veciños opostos á mina. "Estamos ante un novo Corcoesto", salientou a portavoz nacional do BNG, quen anunciou unha batería de propostas no Parlamento para evitar a "depredación de miles de hectáreas agrarias e forestais". O proxecto A empresa Cobre San Rafael SL ten a concesión de explotación do xacemento San Rafael (O Pino e Touro) por 90 anos, até o 2068. Aproveitando o alto prezo que o cobre ten acadado dende 2007, debido en boa medida á forte demanda de materias primas dos xigantes asiáticos China e India, pretende reabrir e ampliar as minas de Touro, abandonadas dende 1986. Ao igual que acontece co seixo en Mesía, o capital para o proxecto lévanos até China, segundo sinalan desde Adega. Así, Atalaya Mining, a empresa chipriota que case monopoliza a explotación do cobre no Estado, e que pretende facerse co 100% de Cobre San Rafael SL -se a Xunta autoriza a explotación- está participada por Yanggu Xiangguang Copper Co. Ltd (case o 22%). O proxecto presentado, de 16 anos e medio de duración, afectará unha superficie de 689 hectáreas e amplía 4 explotacións xa iniciadas (Arinteiro, Vieiro, Bama e Brandelos), abrindo outras dúas (Arca e Monte das Minas). Haberá pois ao longo da vida da mina 6 cortas mineiras principais (e outras 4 satélites), 10 ocos en total, O sistema de extracción é a ceo aberto, e durante a vida útil sacarán 267 millóns de toneladas de materiais, dos cales 102 millóns serán de mineral de cobre para beneficiar unhas 356.464 toneladas de cobre metal. "A enxurrada de postos de traballo non agocha as importantes eivas ambientais", advirten os ambientalistas. A empresa ofrece tamén entre 400 e 500 postos de traballo fixos, "naturalmente sen garantía algunha de que os vaia criar. Porén, a "letra pequena" ou non tan pequena do proxecto aponta a serias eivas ambientais": |
NOS_4929 | En aberto contraste co que está a acontecer nas outras forzas da oposición na Galiza, o BNG transita placidamente cara ao plenario da súa XVI Asemblea Nacional, axendado para esta fin de semana na Coruña (Palexco). | O BNG vai saldar cunha candidatura de consenso o conclave desta fin de semana. Esta segunda feira, por volta das 19 horas, concluíu o prazo de apresentación de listas sen que se apresentase ningunha alternativa a que liderará Ana Pontón, candidata á reelección como portavoz nacional. O BNG atravesa unha situación inédita na súa recente historia, sen conflitos no horizonte e cunha entente moi maioritaria na base militante sobre os asuntos a debate (continuidade do proxecto frentista como estratexia para a liberación nacional e social combinada coa necesaria posta ao día da organización -novos Estatutos, novo rol para as persoas simpatizantes...). E, alén do máis, cunha lideranza, a de Ana Pontón, indiscutida dentro e con grande potencial extramuros da organización. En realidade, esta XVI Asemblea Nacional vén completar as tarefas xa apontadas na XV, a realizada en febreiro de 2016, a cita en que Ana Pontón asumiu a portavocía nacional da fronte. "Comezamos hai un ano un tempo novo e, ao longo destes meses, fixemos unha profunda reflexión sobre os erros e os acertos, sobre que fixemos ben e en que nos equivocamos, rectificamos e soubemos xerar unha corrente de simpatía", avalía Ana Pontón. Cal é o propósito desta XVI Asemblea Nacional? Segundo a portavoz nacional saínte e aspirante á reelección, o obxectivo do conclave é o relanzamento do BNG "como opción capaz de dar esperanza no futuro e cohesionar unha maioría social de cambio a favor da Galiza". 6 caras novas na Executiva A palabra chave nesta XVI Asemblea Nacional é relevo xeracional. Simbolízao a entrada de seis caras novas na Executiva -o órgao pasa de 15 a 19 integrantes-, que serán Olalla Rodil, Xavier Campos, Ana Miranda, Luís Bará, Eva Vilaverde e Susana Camba. A experiencia vana pór persoas con traxectoria na dirección como Xosé Luís Rivas Mini, Goretti Sanmartín, Noa Presas, Néstor Rego, Xosé Manuel Marcote, Carme da Silva, Olaia Ledo, Obdulia Diniz, Montse Prado, Rubén Cela, Bieito Lobeira, José Emílio Vicente e a propia Ana Pontón. A asemblea prevese masiva, sendo que se inscribiron para participar nela un total de 2.400 persoas (2.100 militantes e 300 simpatizantes). |
NOS_24653 | O músico, produtor e DJ ferrolán estará esta fin de semana en Ourense con motivo do ICC Week e aproveitamos a súa visita para que comparta con nós algo do seu coñecemento e do seu famoso instinto para captar as novas tendencias na industria musical, onde é un dos seus principais gurús. | - Dise que es un dos músicos que mellor entende a industria. Pero como comezaches na música?- Pois como un neno normal, escoitando moito, querendo facer eu mesmo música e intentando copiar dos que máis me gustaban. Traballaba moito a imitación de estilos. Dicía "vou facer unha canción de reggae" ou de pop, e cun secuenciador e un teclado dedicábame a sacar todo tipo de cancións. A música está máis forte que nunca - Publicaches dez discos en solitario, es produtor, DJ... En que papel te sintes máis cómodo? Supoño que facendo as túas propias cancións, non?- Non, eu creo que levo tanto tempo na música e manteño as ganas do primeiro día porque intento traballar moitas facetas, moitos estilos e, sobre todo, gústame ter un punto de vista da industria musical. Intento non ser obxectivo porque iso é imposible, pero gústame saber como se monta unha bateria, gústame ter sido batería, ter ido de xira como batería, ou de guitarrista. Ou estar de xira como artista, gústame pinchar, producir. Gústame crear unha compañía musical, traballar tamén a parte comercial, facer unha banda sonora dun filme. En todo o que me involucro gústame facelo a fondo para ver desde un punto de vista de 360 graos o que é a industria. Pero síntome cómodo traballando coa música, sexa con Bebe ou con Najwa, ou cando facemos os nosos propios proxectos, ou cando estou producindo con outros artistas, ou nesta entrevista, involucrando aos medios para explicarlles que a industria cambiou radicalmente, e que as marcas tamén se ilusionen con esta nova linguaxe; que os rapaces teñan gana de aprender no mundo da música... Ou a involucrarme tamén dentro dos sistemas educativos para que todo cambie un pouco. Síntome cómodo no que fago. A música vese, non se escoita. Non é coma antes. O sitio onde máis música se escoita, máis que a tele ou a radio, máis que no Spotify, é Youtube. Aí hai un cambio de paradigma importantísimo. - Como produtor es un dos máis desexados polos artistas. Que lles dás? Como é teu selo persoal que imprimes en cada disco que produces?- Algo moi importante para min é entender cal é o papel verdadeiro dun produtor. A min o que me gusta é entender o artista. Intento entender que é o que quere transmitir e eu intento ser o vehículo de conexión entre o artista e o público, facilitarlle as cousas ao artista para conseguir algo que se cadra el non pode. E logo achegar artisticamente cousas que poidan facer esas gravacións máis ricas. Gústame divertirme con eles, discutir moito, sacalos da súa zona de confort, sobre todo buscar un punto ambicioso de innovación. A música ten unha carga de innovación importantísima. O guitarrista cando de súpeto empeza a buscar nos pedais, até que atopa os pedais perfectos non para. E unha vez que o consegue sigue buscando máis. E ao final a procura ten que ser así. Cando os músicos clásicos atopaban un teito no seu xeito de compoñer ían buscar outras cousas. O inmovilismo é algo que eu intento non practicar como músico. E como produtor tamén lle intento transmitir aos artistas iso, que non fiquen estancados nun estilo, ou se algo triunfou moito, que busque cousas distintas. Eu creo que iso tamén é moi importante para o público, que necesita que na música acheguemos cousas diferentes. E iso creo que é unha materia pendente que temos. - Despois de dez discos en solitario volveches hai pouco con Najwa Nimri. Por que? É o teu complemento perfecto a nivel artístico?- Simplemente porque nos sentimos cómodos. Sentimos que encontramos cousas distintas, que temos unha personalidade moi marcada, somos un grupo que levamos moitos anos e que nos divertimos moito facendo electrónica. Ese é o punto no que nos movemos. Traballamos porque nos apetece. Agora Najwa está a facer un filme, eu noutros proxectos, e supoño que nos xuntaremos nuns días, falaremos, miraremos a ver se imos facer outro disco ou se, simplemente, imos xogar a facer música e sae algo. Ou non, non o sei. Temos moita confianza e non nos marcamos ningunha obriga de sacar un disco ou unha xira. A música non está feita para que sexa dominio de alguén. Está para que todo o mundo poida disfrutala. - O teu talento para atopar o teu sitio na industria é algo que todo o mundo salienta de ti. A crise parece que non che afectou moito, así que aproveitamos para preguntarche cara onde vai ir o mercado. Parecía que o dixital era a panacea pero tamén regresan con forza os vinilos...- Eu creo que a música está máis forte que nunca. Iso ten os seus pros e os seus contras. Hai moita xente que non sabe facer música que fai música, iso está moi ben, porque no momento en que entras, apaixóaste, sigues e traballas. Logo, hai outra liña, que é como as grandes compañías están a intentar salvar os seus orzamentos e os seus obxectivos, e intentando crear novos modelos de negocio. Eu o que teño moi claro é que a música consúmese dun xeito distinto. Hai unha frase que usa o meu socio e é que a música vese, non se escoita. Non é coma antes. O sitio onde máis música se escoita, máis que a tele ou a radio, máis que no Spotify, é Youtube. Aí hai un cambio de paradigma importantísimo. Eu creo que a industria tenlle medo a iso, metémoslle moita caña a Internet, e ao final non nos damos conta de que é unha ferramenta marabillosa para poder compartir, desenvolver e facer cousas distintas. E iso é a música. É facela para que a xente a escoite, a disfrute, a sorría, a baile. A música non está feita para que sexa dominio de alguén. Está para que todo o mundo poida disfrutala. Que é o que está a pasar? Que como cambiou o canal pois o que hai que facer é a ferramenta como tal. Eu moitas veces explico o símil cun garfo. Un garfo serve para pinchar a comida e levala á boca. Pero tamén pode servir para cravarllo a alguén no pescozo. Non imos poñer a parir os garfos porque llos poidas cravar a alguén, non? Coas ferramentas hai que saber traballar, e Internet é unha ferramenta incrible que a nós demostrounos nestes últimos sete anos que puidemos facer cancións colaborativas, experimentos, puidemos xogar a descubrir cousas, puidemos levar un programa de prime-time unha txalaparta, instrumentos tradicionais, unha sección de corda... A nós Internet veunos moi ben, gústanos e cremos que o futuro está aí. Cando hai seis anos algúns artistas dicían que é o noso inimigo...; eu creo que é unha marabillosa ferramenta para difundir, compartir, crear... A nós Internet veunos moi ben, gústanos e cremos que o futuro está aí. Cando hai seis anos algúns artistas dicían que é o noso inimigo...; eu creo que é unha marabillosa ferramenta para difundir, compartir, crear... - O problema de Internet para a industria é que aínda non se conseguiu un sistema para monetizar o consumo de música de forma clara. - É que aí está o erro. O que non podemos facer é pensar sempre en monetizar todo. Eu creo que é unha cuestión de educación. Para que a xente pague pola música ten que terlle cariño. Evidentemente eu son dos que pensa que hai que pagar pola música, porque ten un valor, pero eu creo que hai que facer un pouco máis como din os xesuítas, "entrar coa súa para saírte coa túa". Non podes impoñer porque si. Non podes sacar a todo o frente artístico español á televisión a dicir que estás a roubar, creo que hai que facer un proceso educativo onde nos colexios se ensine que a música é un vehículo que comunica, que a música enriquece. Que non só serve para facer cancións, que tamén estimula os nosos pequenos para que cando sexan maiores teñan máis capacidade para pensar dun xeito máis aberto. E utilizando todas estas ferramentas ao final créase algo que é cultura, e iso si que incide directametne sobre a implicación e o consumo da música. O que non se pode facer é dicir, eu aquí teño un chiringuito, non sei como lexislalo e aquí vou cobrar. Eu creo que hai que aproveitarse, subirse á onda e cando estás aí subido non tes control sobre o que vai facer a onda. ti podes, máis ou menos, facer unha serie de exercicios pero non podes dominala. Nós estamos subidos nunha onda que é o comportamento e o consumo da xente e en base a iso temos que crear sistemas. Este ano xa o dixital creo que facturou máis que o analóxico. Iso xa é un paso. Agora temos que tratar entre todos de conseguir que a música sexa un valor. E para iso témonos que implicar todos. E non é unha cuestión de leis, é unha cuestión de formatos. Non podes sacar a todo o frente artístico español á televisión a dicir que estás a roubar. O que non se pode facer é dicir "eu aquí teño un chiringuito, non sei como lexislalo e aquí vou cobrar" - Non sei que relación mantés con Galiza, pero quería preguntarche se segues o que pasa na música galega e hai algún artista que che interese. - Ultimamente intento traballar coa democratización da música, e a verdade é que teño unha cousa con Galiza, que aínda non podo contar, que sairá en breve. Teño moitas ganas de sacalo e de facer algo con Galiza porque vou moito por aí e ao final gústame andar por aí e descubrir o que hai. E, como digo sempre, o meu é intentar que todo o mundo o poida escoitar, que non sexa unha cousa só exclusiva para a xente que lle guste a música, senón que lle guste a todo o mundo. - Ti naciches en Ferrol, pero botaches pouco tempo aquí, nonsí?- Si, marchei aos dous anos. Son de familia militar, e tivemos que trasladarnos, pero manteño moito vencello, porque a miña avoa e a miña nai son galegas, botei desde os dous anos até os 18 pasando os veráns escolares de dous meses en Marín, en Aguete, na ría de Pontevedra. E agora a miña nai ten unha casa en Ferreira, no Valadouro, e vou bastante. É a miña terra, é inevitable, non só por ter nacido aquí, senón porque a miña familia é de aquí. Nota de Sermos: na versión orixinal desta entrevista apareceu por erro a forma incorrecta "inmovilismo", corrixida grazas a sermos advertidos da gralla por un amábel leitor. |
PRAZA_3070 | O Operador do Mercado Organizado de Gas na Península Ibérica rexistrou en 2018 as primeiras perdas da súa historia tras indemnizar con 724.000 ao seu ex-presidente, antigo deputado do PP da Coruña situado no posto polo Goberno de Rajoy. Na súa etapa, Competencia cuestionou os elevados gastos de persoal a compañía e obrigou a deixar fóra das partidas que pagan os consumidores as dietas dos conselleiros | O Operador do Mercado Organizado de Gas na Península Ibérica (Mibgas), empresa de capital privado que financian os consumidores a través da tarifa do gas, rexistrou no exercicio 2018 as primeiras perdas da súa historia tras indemnizar con 724.000 euros ao seu ex-presidente, Antonio Erias. Ex-número 1 e deputado no Congreso do PP na provincia da Coruña, Erias foi colocado polo Goberno do seu amigo Mariano Rajoy nesa sociedade no momento de crearse en xaneiro de 2015 e presidiuna até febreiro de 2019."Con data 14 de febreiro de 2019, o Consello de Administración aprobou a indemnización a realizar ao Presidente da Sociedade por un importe de 724.000 euros e o cesamento efectivo do Presidente", explica Mibgas nas súas últimas contas, recentemente depositadas no Rexistro Mercantil, e que reflicten uns números vermellos de 410.900 euros, fronte ao beneficio de 125.820 euros rexistrado un ano antes.Mibgas rexistrou en 2018 as primeiras perdas da súa historia tras indemnizar con 724.000 ao seu ex-presidente, antigo deputado do PP da Coruña situado nese posto polo Goberno de RajoyA entrada en perdas da empresa foi consecuencia do forte incremento dos seus gastos de persoal, que se dispararon un 47%, até 2,17 millóns, pola provisión que tivo que dotar no exercicio para facer fronte ao cesamento de Erias, cuxa saída, que adiantara eldiario.es, foi proposta polo consello de administración de Mibgas o 19 de decembro de 2018. Segundo Cinco Días, Erias pretendía levar unha indemnización aínda maior que o consello da empresa reduciu sensiblemente.Catedrático de Economía Aplicada pola Universidade da Coruña, Erias aterrou en Mibgas tras ocupar distintos cargos no PP durante tres lustros: foi concelleiro do Concello da Coruña (1999-2003), deputado provincial e vicepresidente primeiro da Deputación coruñesa (1999-2003) e durante tres lexislaturas, deputado no Congreso tras ser cabeza de lista pola mesma provincia nas eleccións xerais de 2004, 2008 e 2011. Próximo tamén ao falecido Manuel Fraga, na Cámara Baixa foi portavoz de Enerxía do PP desde 2008 ata que abandonou o seu escano a finais de 2014 para marchar a Mibgas.O soldo acumulado por Erias na súa etapa en Migbas supera os 2 millónsAlí esperábao unha retribución anual superior aos 400.000 euros brutos, que, sumada á indemnización que recibiu polo seu cesamento, eleva o seu soldo acumulado nesa etapa a preto de 2,4 millóns brutos. A súa xestión recibiu máis críticas que eloxios, incluíndo as do daquela ministro de Enerxía, Álvaro Nadal, que chegou a sinalar a Mibgas en xaneiro de 2017 como un dos responsables dun episodio de forte suba da luz en plena vaga de frío polo encarecemento do gas.Un coche de 62.000 eurosCompetencia cuestionou os elevados gastos de persoal de Mibgas e obrigou a deixar fóra das partidas que pagan os consumidores as dietas dos conselleirosUns meses despois, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) axustaría á baixa en 2,6 millóns a retribución de Mibgas nun duro informe que cuestionou os seus elevados gastos de persoal, cun custo medio por empregado "superior ao do resto de sociedades reguladas que realizan actividades análogas ou comparables" (REE, o operador do mercado eléctrico OMIE e Enagás).Daquela, Competencia obrigou a deixar fóra das partidas suxeitas a retribución regulada (a cargo do consumidor) as dietas dos conselleiros de Mibgas e as amortizacións derivadas dunha das primeiras decisións de Erias cando chegou á empresa: mercar un coche por uns 62.000 euros.Tras a saída de Erias, que foi substituído por Raúl Yunta, un directivo con longa experiencia no sector gasista e nos reguladores sectoriais, o Mercado Ibérico do Gas conta na actualidade con máis dun cento de axentes dados de alta e nel negociáronse entre xaneiro e novembro de 2019 un total de 51,8 TWh, case o dobre do rexistrado en todo 2018 (26,3 TWh).Tras a saída de Erias, as cifras de Mibgas melloraronDo mesmo xeito que o seu maior accionista, o Operador do Mercado Ibérico de Enerxía, Mibgas ten capital privado: os seus accionistas son Omel (33%), o seu equivalente portugués OMIP (10%), Enagás (13,3%), a lusa REN e compañías do sector eléctrico petroleiro, entre outras. Con todo, ao financiarse por conta dos usuarios (a través do recibo do gas) e estar os seus ingresos regulados, nela ten un papel determinante a Secretaría de Estado de Enerxía, que debe dar o visto e prace ao nomeamento do seu máximo responsable. |
NOS_53882 | O Consello de Ministras extraordinario deste domingo aprobou a paralización de todas aquelas actividades non consideradas esenciais, unha medida con repercusión directa en millóns de persoas no Estado. | 1) Que actividades están afectadas? Todas aquelas que non estean recollidas no anexo do BOE publicado na noite deste domingo e no que se fixan as 25 actividades consideradas 'esenciais' e que están excluídas desta paralización. A listaxe, porén, pode rexistrar modificacións de así o considerar pertinente e necesario o Ministerio de Sanidade ou outras autoridades competentes. Podes consultar as actividades esenciais aquí. 2) Cando entra en vigor? Nun primeiro momento a intención do Goberno español foi que fose de aplicación esta segunda feira. Porén, o Real Decreto aprobado polo Executivo estableceu finalmente unha moratoria durante esta segunda feira para que industrias afectadas pola paralización poidan facelo sen 'brusquedade'. Italia, por exemplo, deu un prazo de 48 horas ás empresas para que se adaptasen a esa paralización cando foi decretada polo seu Goberno. A fin deste fechamento da actividade non esecial estableceuse para o vindeiro 9 de abril, quinta feira. 3) A empresa pode dicirme hoxe que teño que ir traballar? Hoxe si, porque está en vigor a moratoria de 24 horas para que a empresa prepare esa paralización. Porén, o RD contén un artigo, o 4, que abre as portas a que a empresa tamén poida chamar a traballar outros días, dentro da denominada 'actividade mínima indispensábel' necesaria para mantemento, etc.. e que debería de ser como a dunha fin de semana ou festivo. 4) Van cobrar o salario íntegro as traballadoras afectadas polo feche? Si, a través dun "permiso retribuído recuperábel". As empresas deben de pagar a traballadores e traballadoras o seu salario con total normalidade, como se estivesen traballando. E deberá de pagarlle todos os conceptos retributivos", o que significa que alén do salario base ten que pagarlle tamén os complementos salariais. 5) Como se van recuperar as horas? O 'permiso retribuído recuperábel' implica precisamente iso, que as horas que non se traballan nestes días de paralización teñen que ser recuperadas pola empresa, se ben de forma "paulatina e espaciada no tempo" desde a fin do estado de alarma até 31 de decembro. A forma en como se recuperen debe de ser negociada entre empresa e representantes das e dos traballadores, que deben de acadar un acordo nun prazo de sete días. De non haber tal acordo, será a empresa quen comunique ao persoal a maneira en que se recuperarán esas horas. 6) Que pasa coas afectadas por un ERTE? Os ERTEs, expedientes de regulación temporal de emprego, solicitados, continúan. Ademais, e durante este período, as empresas poden seguir solicitando expedientes de reglación temporais. No caso dos ERTEs de redución de xornada, tanto a paralización como o permiso retribuído recuperábel, fíxanse sobre o tempo de traballo. 7) O teletraballo continúa? Yolanda Díaz, ministra de Traballo, xa anunciou na comparecencia posterior ao Consello de Ministras que o teletraballo non está afectado por estas medidas. Así pois, debe de seguir a facerse. 8) E se estou de baixa? O Goberno español establece que esta medida non afectará ás persoas que están de baixa por incapacidade temporal (IT), ou de permiso de maternidade e parternidade, |
PRAZA_13357 | O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno cehgou a superar en numerosas ocasións os límites legais | O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno chegou a superar en numerosas ocasións os límites legais. A este respecto ADEGA afirma que atendendo ao parque automobilístico galego e ao ráfico rodado, á industria existente, á extensión xeográfica do noso territorio, ao tamaño das cidades e á renta per capita e nível de vida, "en Galiza non nos corresponde unha contaminación por partículas tan alta". O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno chegou a superar en numerosas ocasións os límites legais Por exemplo, en Vigo e Ponteareas supéranse moitos días os valores límite diarios fixados pola lexislación (aínda que permite superalos durante 35 dias ao ano). Superaron os valores establecidos en 50 microgramos/m3 para partículas PM10: Vigo (32% dos días estudados) con catorce días; Ponteareas (22% dos días) con vinte días; dez días en A Coruña (12,5%); catro en Santiago (5%); tres en Ferrol (3,7% dos días); e tamén se superou na estación de fondo de O Saviñao correspondente a rede EMEP, aínda que mide en atmosfera teoricamente "limpa", algúns días os valores horarios están próximos ou por riba de 50 ug/m3. No que respecta as concentacións medias mensuais, Vigo con 47 ug/m3 en marzo e Ponteareas con 50 ug/m3 en xaneiro van ácabeza e superan o valor límite anual (40ug/m3). Todas as estacións de rexistro, excepto Ourense, Marín e Laza están lonxe dos valores recomendados pola OMS que ten en media anual 20 ug/m3. Á luz destes datos ADEGA afirma que "a situación require un esforzo da administración para no futuro inmediato diminuir de forma importante as concentracións horarias, diarias e mensuais, que neste pasado inverno de 2012 son considerábeis Á luz destes datos ADEGA afirma que "a situación require un esforzo da administración para no futuro inmediato diminuir de forma importante as concentracións horarias, diarias e mensuais, que neste pasado inverno de 2012 son considerábeis". A asociación ecoloxista lembra que as partículas grosas, PM10, ao inhalalas, poden depositarse nos condutos bronquiais e empeorar as patoloxías respiratorias. Pero as partículas máis finas chegan a deposítarse nos alvéolos e poden chegar ao torrente sanguíneo. Poden ter tamén efectos sobre o sistema cardiovascular e, xunto cos gases do tráfico, causar cancro, como acaba de considerar a OMS, en referencia ao diesel, cuxa perigosidade vén de ser elevada de posible carcinóxeno humano (grupo 2A) a carcinóxeno certo (grupo 1) equiparándoo deste xeito a outras substancias e elementos canceríxenos como amianto, o benceno ou as radiacións solares. |
PRAZA_15386 | O secretario de organización dos socialistas galegos asegura compartir "totalmente" a necesidade de renovación porque "é obvio que nos equivocamos en cousas" | "É obvio que hai cousas nas que nos equivocamos". A dirección do PSdeG toma tamén posición de cara ao proceso de reflexión interna que rematará nun congreso nacional extraordinario con data aínda por definir. Mentres os sectores críticos coa actual cúpula socialista comezan a organizárense e, ao tempo, xa comezan a xurdir os primeiros nomes como potenciais aspirantes á secretaría xeral -caso por exemplo do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro-, o secretario de organización do partido, Pablo García, asegura concordar con quen reclama renovación "de ideas e persoas" para o novo ciclo da formación. Despois de que, nunha entrevista na Cadena SER, o voceiro dos socialistas no Parlamento apelase a esa remuda no ideario e nos dirixentes, García asegura "compartir totalmente" esa visión dada a existencia de erros na etapa que agora se pecha. Partindo da base de que as únicas persoas que non se equivocan "son as que non fan nada", o número dous de Pachi Vázquez afirma que a actual dirección é consciente da necesidade de cambios, dado que Feijóo "perde votos" pero o PSdeG "non é quen de canalizar o descontento" que "existe" no país nin de mostrarse ante a cidadanía como "alternativa". García asegura concordar na necesidade de "cambios" e cre que "as ideas van asociadas ás persoas" Hai que "cambiar cousas" e "as ideas van asociadas ás persoas", admite García, nun contexto no que asegura que o proceso se realizará "sen présa, pero sen pausa", con "tranquilidade" e dende o convencemento de que "o partido é sabio" para tomar as decisións máis axeitadas. Neste sentido, e ante as voces que sitúan a Besteiro como posible aspirante ao liderado, o secretario de organización asegura ter o "máximo respecto" tanto cara ao tamén secretario xeral do PSdeG lugués como cara a calquera outro militante que dea un paso á fronte, porque "todos os afiliados son elixibles". Cincuenta días dende as eleccións Pablo García abordaba a situación interna do PSdeG a preguntas dos xornalistas nunha comparecencia de prensa na que o socialista realizou un balance dos primeiros cicuenta días transcorridos dende a segunda vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, máis dun mes no que o presidente, di, dedicou o tempo a "celebrar a vitoria do PP" e a estar "en Arxentina, no Brasil, en Madrid e en Barcelona" pero "deixándose ver bastante pouco por Galicia", onde non realizou "ningunha proposta" para abordar problemas como os "8.524 parados máis" que hai rexistrados dende o 21 de outubro. "Os problemas dos galegos son suficientemente graves" como para "nomear un goberno excepcional", coida o socialista, quen reprocha que Feijóo optase pola "continuidade pura e dura", co único cambio de prescindir de Javier Guerra en Industria para situar no seu lugar a "un amigo persoal" do presidente -en referencia a Francisco Conde- quen, di, ten o "listón moi baixo" para realizar a súa xestión. O líder popular, conclúe García, compuxo un goberno de escaso nivel para poder aplicarse o "refrán" de que "en el país de los ciegos, el tuerto es el rey", ironiza. |
PRAZA_15321 | O ministro de Educación bosquexou hai dous anos, no campus de verán da fundación de Aznar, as liñas mestras da reforma educativa que consideraba necesaria, incluíndo a recentralización de competencias | Calquera cousa menos sorprendente. O ministro de Educación, José Ignacio Wert, vénse revelando como un dos membros máis controvertidos do gabinete de Mariano Rajoy. Protagonista de episodios como a súa aposta por "españolizar" o alumnado catalán, Wert enche estes días de novo as páxinas dos xornais coa súa polémica reforma educativa, a lei coa que propón, entre outros aspectos, reducir as linguas cooficiais a un papel residual no ensino ou obrigar as autonomías bilingües a pagarlles colexios privados ás familias que rexeiten que os seus fillos e fillas estuden nun idioma diferente do español. Parte destes plans non son novos no pensamento do ministro. É o que cabe deducir dunha conferencia que impartiu en 2010 na Fundación FAES, daquela como máximo dirixente da consultoría Inspire. Baixo o título La sociedad española ante la agenda de reformas Wert debullou, convidado pola organización que preside José María Aznar, algúns dos cambios que el consideraba máis urxentes na lexislación do Estado, entre os que destacaba a educación, ámbito no que as mudanzas, dicía, non debían comezar por unha mellor xestión dos públicos senón, "antes que calquera cousa", polos "valores". Wert atribuía os defectos do sistema educativo público a un "fracaso político" polas leis vixentes, pero tameń polo que el considera unha "deriva democrática equivocada, que erosionou as bases do sistema e perverteu o seu funcionamento". Wert identificaba unha "deriva democrática equivocada" no sistema educativo Neste sentido, o actual ministro non dubidaba en afirmar que nas aulas existía xa daquela un "concepto abusivo e invasivo de comunidade escolar", baseada na "idea de co-goberno" por parte de "pais, alumnos, docentes e non docentes". "A comunidade educativa non pode ser unha comunidade democrática, porque o proceso educativo non é democrático", zanxaba. Dous anos despois, xa dende o Ministerio, aposta por sufragar ou non centros privados en función das preferencias lingüísticas de determinados pais e nais. Para Wert ese exceso de democracia derivara nun "deterioro primeiro da autoridade, despois dos estándares de esixencia e, finalmente, dos valores nucleares do proceso educativo", como "esforzo, mérito, recoñecemento" ou "excelencia". "A crise -abondaba- serviu para poñer de manifesto as verdadeiras consecuencias prácticas do fracaso educativo" e, por iso, instaba os seus a aplicarse a máxima do político estadounidense Rahm Emmanuel: "Non podemos deixar escapar unha crise tan boa". "Hai un claro refluxo das aspiracións participativas no beneficio da restitución da autoridade e da esixencia", aseguraba. Agora, no Goberno, aposta, por exemplo, por reducir o papel dos consellos escolares e incrementar o poder das direccións dos centros. O actual ministro expuxo na fundación de Aznar as súas teses sobre os "excesos na descentralización" Wert tampouco esquecía no seu relatorio outra das súas grandes teimas como ministro: as autonomías. Igual que consideraba demasiada a democracia existente nos colexios e institutos, describía tamén os "evidentes excesos na descentralización do sistema educativo", que, afirmaba, "xa produciron un impulso social cara a unha recuperación do papel do Estado". "Hai máis xente a favor de que o sistema educativo sexa xestionado dende o Estado que favorables á súa xestión autónomica", aseguraba. As súas intencións semellan intactas na nova lei no que atinxe ás linguas propias de Galicia, Euskadi e Catalunya. Non así no referido ás demais competencias autonómicas, cuxo recorte xa suaviza a causa das protestas de diversos dirixentes autonómicos do PP. |
NOS_19973 | Son 15 puntos máis que a media española. O proceso de concentración e centralización bancaria, responsábel. | A reestruturación bancaria, cun proceso de concentración e centralización de entidades financeiras, ten diversas consecuencias e efectos. Desde a desaparición en Galiza dun sistema bancario propio até o aumento da exclusión financeira, da man do feche de sucursais e oficinas bancarias. A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte, a exclusión financeira. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Unha situación que xa afecta a milleiros de galegas e galegos nun mundo onde sen conta bancaria, non existes. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco. Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión financeira aumentou en Galiza en 49%, 15 puntos por riba da media española, que é de 34%. Son datos dun estudo realizado por Joaquín Maudos, Catedrático de Análise Económica na Universitat de València. Un traballo no que cifra en 43 os concellos galegos onde non hai sucursais nin oficinas bancarias, unha situación na que se atopan máis de 61.000 galegos e galegas. Entre 2008 e 2018 en Galiza botaron o feche 936 oficinas bancarias, 37% do total das existentes. Unha política das entidades financeiras que deixa corenta concellos galegos sen ningunha oficina para atender os seus case vecinos e veciñas. En 81 municipios hai unha única entidade. Así pois, 40% dos concellos galegos teñen ninguna ou una oficina bancaria, o quesup´n que os e as clientes fican sen alternativa no seu propio municipio para ter outra forma de consumo ou actividade bancaria. |
PRAZA_1203 | O candidato de Democracia Orensana, Gonzalo Pérez Jácome, realizou estas insinuacións durante un debate electoral, molesto polo ruxe-ruxe que afirma que o PP xa negocia coa súa formación un pacto post-electoral. | "Que pasaría se dixera que é unha persoa que traballou cinco anos nunha barra americana como prostituta?". O candidato de Democracia Orensana, Gonzalo Pérez Jácome sorprendeu no debate electoral organizado este xoves por La Región con esta intervención dirixida á cabeza de lista do BNG, Susana García. Aparentemente Pérez Jácome estaba molesto coas declaracións de García, que o día anterior afirmara que "Jesús Vázquez e o Partido Popular xa pactan un posíbel goberno con Democracia Ourensana para despois do 24-M". Un ruxe-ruxe que de dende o comezo da campaña vai crecendo na campaña e que semella non gustar á formación, que en varias ocasións se negou a aclarar se, ante a ausencia de maiorías absolutas, apoiarían a algún outro candidato. "De non existir maiorías absolutas, deberíamos pactar con quen respectase o noso programa electoral" é a resposta máis repetida por DO, a quen as enquisas auguran un crecemento, podendo ser decisiva para a conformación de maiorías. Susana García pregunta a Jesús Vázquez "se estaría disposto a chegar ao goberno pactando con Democracia Ourensana, cun candidato que practica a violencia machista" No debate deste xoves Pérez Jácome lanzou esta pregunta sobre Susana García, despois de cualificala de "mosquita muerta" e "mala persoa". A intervención do candidato foi inmediatamente criticada pola aludida e por varias persoas dende o público e este venres o BNG publica un comunicado no que cualifica de "intolerables" este ataques machista. "Non é un insulto a Susana García candidata do BNG, é un insulto a todas a mulleres que estamos en política e ao conxunto das mulleres, e queremos facer un chamamento a toda a cidadanía de Ourense para que reflexione se unha persoa que exerce a violencia machista insultando as mulleres pode ter representación no Concello de Ourense", afirma a propia Susana García. "Alarmámonos cando hai un morte por violencia de xénero, pero a violencia de xénero empeza polos insultos, estamos fartas de que se nos insulte impunemente, non aceptamos unha machistada máis" García fixo un chamamento aos candidatos do PP e do PSOE para que "expresen a súa condena" ante estes insultos machistas e pregunta a Jesús Vázquez "se estaría disposto a chegar ao goberno pactando con Democracia Ourensana, cun candidato que practica a violencia machista". "Queremos pedirlle ás mulleres de Ourense, pero tamén aos homes, que non voten a unha persoa que nos insulta a todas. Non BNG non o imos permitir e seguiremos loitando pola igualdade", engadiu. A candidata fixo estas declaracións arroupada polas deputadas Tereixa Paz e Carme Adán, que se preguntou "que democracia é esta que se permite insultar ás mulleres". "Alarmámonos cando hai un morte por violencia de xénero, pero quero dicir que a violencia de xénero empeza polos insultos, estamos fartas de que se nos insulte impunemente, non aceptamos unha machistada máis", concluíu Adán. "Total rexeitamento" de Ourense en Común Tamén Ourense en Común manifestou o seu "total rexeitamento" ás palabras de Pérez Jácome De igual xeito, Ourense en Común manifestou o seu "total rexeitamento" ás palabras de Pérez Jácome, pois "dende Ourense en Común entendemos que a dialéctica política, como espazo de representación e pedagóxico para a sociedade, non pode dar acubillo á violencia verbal machista". "O debate para a toma de decisións nunha comunidade debe partir do respecto, as boas formas, a empatía, o entendemento e a procura do consenso escoitando sempre a pluralidade de opinións como exemplo dunha sociedade que tamén é plural. As agresións verbais, sexan do tipo que sexan, agochan o carácter autoritario dos seus emisores e atentan contra o principio democrático fundamental que debería rexer calquera organización política", engadiron. |
NOS_29958 | Comités e a Liga adhírense á convocatoria de Folga xeral convocada polas centrais sindicais para o vindeiro 14 de novembro e chaman o estudantado a secundar a xornada de loita no ensino. | Os Comités e a Liga estudantil galega, fixeron senllos chamamentos ao estudantado galego a prol da convocatoria dunha folga estudantil que coincida coa xornada de loita que terá lugar o vindeiro 14 de novembro. Após as mobilizacións dos pasados días 11 e 17 de outubro, en que o movemento estudantil galego congregou milleiros de estudantes nas rúas das principais vilas e cidades do país contra os recortes no ensino; ambas as dúas organizacións súmanse á convocatoria de folga xeral e "contra as agresións reiteradas da Xunta e o goberno central", aseguraba o responsábel nacional dos Comités, Daniel Candal. Aliás, na Liga consideraron que a realidade actual sitúa o estudantado perante unha "situación límite" e fronte a un "escenario próximo ao desastre". As dúas organizacións súmanse á convocatoria de folga "contra as agresións reiteradas da Xunta e o goberno central" Neste sentido, as organizacións estudantís nacionalistas sinalan que as "políticas neoliberais" desenvolvidas polos gobernos do Partido Popular están a supor unha "agresión sen precedentes contra as clases populares", asevera Candal. Pola súa banda, a Liga explicou que os recortes no eido universitario ou as sucesivas reformas laborais aprobadas polo goberno español sitúan o estudantado galego nun "momento histórico". Así as cousas, e após coñecérense as últimas taxas de desemprego que sitúan o número de moz@s parad@s perto d@s 25.000 na Galiza; os Comités e a Liga, fan un chamamento ao estudantado a se "rebelar" contra unha realidade, que din, "imposta" e a se implicar "nesta nova convocatoria de folga", na procura de atinxir máis unha xornada masiva "seguindo o exemplo das pasadas mobilizacións estudantís". Segundo a Liga estudantil, "o 14 de novembro terá que supor un paso decidido, real e firme en que as maiorías sociais digan non a seguir submetidas polos poderes económicos" pois entenden que "ningún goberno, por maioritario que sexa, ten un cheque en branco para lexislar contra a sociedade e ninguén, quitando os poderes económicos, se libra das políticas do Partido Popular" sentenciou o representante dos Comités, Daniel Candal. |
NOS_42526 | O vencemento das concesións abre a porta á xestión pública dos saltos, unha posibilidade que a Xunta desbota mais o Goberno español está disposto a explorar. | A Xunta da Galiza volveu fechar a porta á posibilidade de recuperar para o dominio público concesións de centrais hidroeléctricas que levan anos sacando avultados beneficios dos cursos fluviais do pais. Nesta ocasión non era por finalización do prazo concesional ou quebra da entidade concesionaria, como aconteceu o pasado mes de xaneiro cun aproveitamento no río Lérez ao seu paso polo concello de Pontevedra. Desta vez, o BNG pedía retirar a ITP-Ithaka ─dona de Xeal─ os encoros dos ríos Xallas e Grande por incumprir os pregos da concesión, que ligan a xeración enerxética das centrais ao mantemento do emprego nas plantas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría, algo que non está a acontecer. De feito, o comité de empresa de Xeal denuncia que a empresa propietaria dos antigos activos de Ferroatlántica na Costa da Morte está a empregar os altos prezos da enerxía para, por unha parte, xustificar a parada dos fornos e, por outra, sacar o máximo beneficio coa venda da electricidade que xeran os encoros e que ben chegaría para cubrir a demanda enerxética de ambas as factorías. Próximos vencementos Na Galiza existen na actualidade 166 aproveitamentos hidroeléctricos, 45 deles de grande hidráulica. O prazo máximo de explotación dos mesmos ascende por lei a 75 anos, polo que 16 centrais galegas, que representan 1.367 megawatts (MW) de potencia instalada sobre un total de 3.757 MW, cumprirán ese tempo en pouco máis dunha década. Segundo os datos do Inega, o das Cunchas, no concello de Lobios e propiedade de Naturgy, será o primeiro en vencer, en 2024. Após del, virán os de Pontenovo, de Iberdrola (2028) e Os Peares, de Naturgy (2030). O resto rematará as súas concesións na década dos 30. Entre eles están os de Santo Estevo e San Cristóbal, de Iberdrola, no 2032 e 2033, respectivamente; tamén no 2033, o de Castrelo, de Ferroatlántica; o de Prada (Endesa, 2034); Eume e San Sebastián (Endesa) no 2035, mesmo ano no que vence a do de San Pedro (Iberdrola); os de Santo Agostiño e Quereño (Endesa) un ano despois, no 2036, e os de Cornatel (Endesa) e Belesar ─o segundo máis grande da Galiza, con 310 MW─ en 2038. A estes vencementos hai que sumar os de ducias de minicentrais, algunhas delas con concesións que datan das primeiras décadas do século pasado. Empresa pública Desde o Goberno español, a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, suxeriu asumir a xestión destes encoros unha vez rematen as concesións co obxectivo de garantir a enerxía como servizo público e combater a pobreza enerxética. Sería a través dunha empresa pública, que sería a encargada de xestionar eses activos. A idea non é nova na Galiza, pois a CIG defendeu no Parlamento galego en 2019 unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) neste mesmo senso, que foi botada abaixo polo grupo do PP. Esta medida, xunto coa tarifa eléctrica galega que defende o BNG permitiría á cidadanía galega, e non ás empresas enerxéticas, segundo indican, beneficiarse da explotación dos recursos do país e pagar menos pola enerxía que usan. |
PRAZA_2204 | En Eu, asasino (Norma Editorial), a crónica dramática de Antonio Altarriba e os esbozos goyescos de Keko elevan o abxecto como depuración artística. Recensión de Alfredo Pardo | Baixo a premisa de "Matar non é un crime, matar é unha arte", a fragmentación expresiva de Eu, asasino (Norma Editorial), materialízase nas tres primeiras viñetas que engloba e penetra o puro desenvolvemento das imaxes sucesivas. A crónica dramática de Antonio Altarriba e os esbozos goyescos de Keko elevan o abxecto como depuración artística. O fío secreto da razón narrativa do rápido e brutal cómic, revaloriza a violencia natural do ser humano contra a violencia institucionalizada. A brusquidade asasina controlada nun carreiro de acontecementos no que as diferentes rutas converxen e parten. Ecos tamén do conflito vasco, rifas e envexas universitarias. A crónica dramática de Antonio Altarriba e os esbozos goyescos de Keko elevan o abxecto como depuración artística Xorde a estética do nihilismo degolando cun certeiro corte de bisturí a un anónimo transeúnte mentres se dirixe ao Círculo de Belas Artes de Madrid. O catedrático na Universidade do País Vasco e director da revista Trémula -sobre a dor na pintura occidental- Enrique Rodríguez Ramírez, clausurará o XII Congreso Internacional de Arte do Renacemento e do Barroco. A representación do corpo doente. O profesor quere "observar as reaccións que provoca a miña obra… o impromptu". Ao termo da conferencia o organizador Eduardo Marín sinálalle como o novo gurú e futuro ruptor da "ditadura de Carlos", que acompañado pola moza Carmen van cear. Varias son as regras de Enrique para as súas execucións: nin repetir nin matar a un coñecido, buscando a orixinalidade en cada intervención. Con mestría dispersa a centralización xeográfica dos seus magnicidios, aproveitando os desprazamentos a actos académicos. Extrae a arte do horror planificando os seus perfomances con pulcritude, aínda que se sincera que non mata moito: "un, dous crimes ao ano", con este de Madrid suman xa 34. Mentres limpa o bisturí na habitación do hotel, chama á porta Carmen, que lle regala unha rápida felación. Varias son as regras de Enrique para as súas execucións: nin repetir nin matar a un coñecido, buscando a orixinalidade en cada intervención A pasaxe descontinua da súa chegada a casa, é xélido. A súa muller Cristina traballa nunhas ilustracións de Brancaneves que lle parecen duras a Enrique. Ela quéixase da chegada da menopausa e a falta de fillos. Na cama de matrimonio ela le "Psicanálise dos contos de fadas" e Enrique Habeas Corpus, co que lembra o acto espontáneo e imaxinativo do seu primeiro asasinato. A estética da decadencia estaba plasmada na obra do mediocre pintor Gustavo Flores, engatusándoo co pretexto de realizar o seu tesina, dególao e cólgao polos pés. A fantasía ilustrada debuxa co fluído sangue sobre un branco lenzo do que chamaría Sangría Painting. Negro día no consello de departamento da Facultade de Letras, ao discutir sobre o apoio da liberación dos presos políticos vascos. Xa no seu despacho e co pé da súa alumna Edurne retozando os collóns do catedrático, convídalle ir ao seu piso a aplacar o furor sexual de ambos. De camiño indícalle que a tese irá encamiñada sobre o Body Art, a mutilación creativa. A visión dunha mazá vermella sobre o libro "As bágoas de Eros" convértese no coito interruptus do profesor e a alumna. Ao día seguinte Enrique diríxese á Universidade cando o Campus estremece cunha forte detonación. Unha bomba mata a Fernando Buesa, o que fixo esbozar mentalmente "a morte por desmembramento". Nas súas viaxes a París para colaborar na Exposición sobre o Víctor Hugo máis escuro, o escenógrafo Fabrice Fugain será o seu próximo mártir. Ao seu regreso a casa atópase cunha carta da súa muller reiterando a súa marcha xa que "non aguanto a túa frialdade e a distancia que se instalou entre nós". A reflexión das fábulas mortuorias lembra que hai anos nuns balnearios de Budapest convidado pola Universidade Eötvös Loránd "relanzábame o desafío do asasinato a curta distancia", chamouno Blood, Sweat & Tears porque houbo "moitas secrecións, pero ningunha sexual". Unha chamada de Rubén dille que cedo teñen que reunirse urxentemente, quedan no Museo. As rifas departamentais tocan ao soldo e a desindexación da revista e deixar de financiar ao Grupo de Investigación sobre Arte e Crueldade é o tema a tratar, sospeitando os seus compañeiros que hai un complot en Madrid do Comité Ético e Social informando negativamente as liñas de investigación: "din que Carlos Alarcón está..." Nunha reunión non se poñen de acordo nin en política vasca nin a do departamento. Le Enrique a carta do Ministerio de Cultura anulando a subvención á revista Trémula e tamén a do Bufete de Avogados Eguiagaray e Asociados sobre a separación con Cristina. Aluga un coche e vaise a París. En casa de Fabrice realiza un asasinato en exclusiva -non en serie- no baño narcisista do escenógrafo. A exposición cadavérica das pezas seccionadas son enviadas en paquetes a Matabosch -director do Teatro Real de Madrid-, Ópera de Sidney e as directoras do Teatro do Festival en Bayreuth. Poñendo o epígrafe: Quebracabezas-Murder. Coa introspección de que "o asasinato artístico goza dunha confortable impunidade", o profesor exhausto dorme placidamente na súa casa. Co branco amencer e tras a nevada os inspectores Sánchez Remiro e Quesada da Policía Nacional requírenlle para ir a comisaría e que aclare algúns asuntos. No interrogatorio ensínanlle un traballo seu: "Desmembramento e anulación da identidade nos desastres da guerra de Goya" e unha fotografía coincidente cun dos gravados nos que aparece o corpo de Carlos Alarcón desmembrado no Monte do Pardo. Retéñeno 24 horas no calabozo. O inspector Sánchez Remiro déixao en liberdade, Edurne Elorriaga acudiuse na comisaría por iniciativa propia para prestar declaración afirmando unha falsa coartada. Vaise á súa casa e se muda a ela a petición da alumna. Comunícase por Skype con Eduardo Marín que lle confirma as sospeitas na Universidade de se é o autor material dos feitos. Empeza as clases e desde o departamento notifícanlle cambios académicos por diminución de méritos. A ANECA nomea a Eduardo Marín como substituto de Alarcón, falando con el dille que non aproba que estea a vivir cunha alumna e que non conta co seu apoio mentres siga esa situación. Ela tamén pensa que matou a Alarcón, cae a noite e na cama lembra que a mediados dos noventa matou á que sería a súa única vítima muller. Foi en Valladolid, Consolo Gil García, bedel do Museo Nacional de Escultura, tras ocultar o corpo chamoulle á perfomance Non Body. Marcha a Salamanca a un tribunal de tese, ao chegar atópase con Abel e Omar dous amigos que fan performances, sae encabuxado. Ao día seguinte e paseando descobre a presentación de "A madrastra e as mazás" o libro da súa exmuller. Ao chegar ao piso atopa unha nota de Edurne indicando que deixa a tese e marcha para participar nas performances cos seus compañeiros. Regresa a casa e ao día seguinte diríxese ao XIII Congreso Internacional de Arte do Renacemento e do Barroco, onde clausura o acto Eduardo Marín. Ao terminar o seminario vai a cear a un Restaurante cos demais académicos onde recoñece grazas á arte os fundamentos absurdos da existencia, deixando perplexos aos comensais. Na solitaria e fragmentada marcha polos claroscuros calexóns Enrique continúa coa idea de non deixar de matar. Emerxen viñetas de vermello sangue, diluíndose con elas as fantasías e desexos reprimidos que el impón ao rito de "sempre por amor á arte". |
NOS_18936 | Raúl A.C foi detido a primeira hora da tarde na zona de Santa Clara-Espíritu Santo e aplicóuselle a Lei Anti-terrorista. Ministerio de Interior considérao o "presunto autor" do estoupido de Baralla. | Axentes da Garda Civil española detiveron a primeira hora desta tarde en Compostela a Raúl A.C, de 24 anos, sob a acusación de estar relacionado con Resistencia Galega. O Ministerio do Interior afirmou que fora detido "o presunto autor" do estoupido desta semana en Baralla. O departamento español cualifica a este veciño da capital de Galiza como un representante do sector 'radical' do independentismo galego e apunta que tiña antecedentes. Fontes do organismo anti-represivo Ceivar confirmaron a Sermos Galiza a detención, así como que foi o seu irmán quen deu aviso do arresto ao comprobar que Raúl non se presentara na casa malia quedar con el. Ao baixar ao portal para ver se viña de camiño, sempre segundo este relato, atopou un forte despregamento policial na zona (Espíritu Santo, no casco vello de Compostela) cunha ducia de vehículos do Instituto armado e cortes de rúas. Raúl A.C, veciño de Compostela mais natural da Mariña de Lugo, estaba implicado en diversos movementos sociais, solidarios e culturais Segundo testemuñas, os axentes procederon a rexistrar a vivenda do detido, após o cal procederon a abandonar a zona en torno ás seis levando Raúl A.C. Un grupo de persoas reuníronse no lugar para trasladar a súa solidaridade para co detido, veciño de Compostela mais natural da Mariña lucense. Fontes do movemento anti-represivo informaron de que a Raúl A.C se lle aplicou a Lei Anti-Terrorista e que foi trasladado a Madrid. Concentracións de solidariedade Ceivar convocou para esta sexta feira, ás 20:30, unha concentración de solidariedade con Raúl. Ás 20:30 horas na Praza de Cervantes (historicamente coñecida como Praza do Pan). E o sábado, 17:00 horas, en Burela, na Praza do Concello. As investigacións desenvólvense baixo a autoridade do Xulgado Central de Instrución, número 4, da Audiencia Nacional, que dirixe Fernando Andreu. A operación continúa aberta, segundo Interior. Antom Santos en isolamento Por outra parte, o preso independentista Antom Santos pasou esta sexta feira a réxime de aillamento, situación na que os dereitos xa de por si minguados que tiña na cadea por ser clasificado como FIES (de especial seguimento) son reducidos aínda máis. |
NOS_16885 | Ambas as dúas organizacións afirman que actuacións como a Lei de Seguridade Cidadá, Lei de Mutuas ou o TTIL son "un golpe á democracia" ao que cómpre dar resposta. | Delegacións do BNG e da CIG acordaron esta sexta feira impulsar unha axenda de mobilizacións como paso necesario para facer fronte ao paquete de medidas "involucionistas" que o PP está a protagonizar en campos como o social ou o económico. Así o acordaron após unha xuntanza en Santiago de Compostela. "Queremos chamar a atención sobre un paquete de medidas que supón unha involución de moito alcance nos dereitos sociais, cívicos e económicos da cidadanía", explicou o portavoz do BNG, Xavier Vence, que chamou á maioría social a secundar esta axenda mobilizadora para demostrarlle ao PP que "non está disposta a permitir unha regresión deste calibre". Os proxectos de Lei de Seguridade Cidadán, da Lei de Mutuas, a reforma fiscal ou o Tratado de libre comercio entre UE-EEUU, todos en plena tramitación parlamentar, conforman ese paquete normativo que, segundo a deputada Rosana Pérez, supón "un golpe á democracia" por parte do Goberno de Rajoy "Estado policial" Xavier Vence denunciou as consecuencias da futura Lei de Seguridade Cidadán que "é un paso de xigante para instaurar un estado policial". "Non podemos aceptar que a acción pacífica contra as medidas do PP sexan penalizadas", subliñou. As mobilizacións se iniciarán en novembro, co calendario que se negocie no seo da Alianza Social Galega, segundo explicou Xesús Seixo, secretario xeral da CIG. A Lei de Mutuas que propón o PP establece un "control perverso" da saúde laboral, dando a prerrogativa das altas e baixas dos traballadores e traballadoras a unhas entidades privadas. "Imos cara un réxime de privatización progresiva da saúde laboral, cara un réxime disciplinario que vulnera o dereito á saúde das persoas e nos devolve ao século XIX", denuncia Vence. BNG e CIG tamén rexeitan os termos do Tratado de Libre Comercio UE-EEUU que, denunciou Pérez, está rodeado dun "total escurantismo" informativo por parte do Goberno central. "Este tratado só interesa ás grandes corporacións europeas e norteamericanas, pero vai en contra dos sectores produtivos, dos servizos públicos e arrasa coa soberanía dos pobos", advertiu Vence. |
NOS_58271 | Proxeccións con escenas de contido sexista e machista nun curso da Policía en Jaca xeraron o malestar entre asistentes. Vídeos no interior. | Son tres vídeos proxectados nun curso do Corpo Nacional de Policía en Jaca para, en teoría, explicar como se fai unha reanimación cardio-pulmonar ou ben as técnicas de axuda en caso de se atragantar. Un cursiño de primeiros auxilios. Mais as imaxes e os vídeos eran de mulleres en roupa interior, en posturas claramente sexuais. Os feitos, que xeraron malestar e indignación entre asistentes ao curso, foron denunciados por Radio Huesca e recollidos por diversos medios españois. Antes das proxeccións os relatores avisaron aos e ás asistentes sobre as imaxes de "mulleres en roupa interior" que ían ver . Non mentían, Diso eran os vídeos. Nun deles, dúas mozas en bragas e suxeitadores protagonizaban vídeo con carácter sexista. |
NOS_46966 | Mireia Boya, que fai parte do Secretariado da CUP, móstrase en Compostela, onde participou nun acto de Mar de Lumes, "crítica cos sis acríticos" que ERC e PDEcaT darían ao PSOE na moción de censura. | A respecto de Catalunya, a actitude e posicionamento do PSOE de Pedro Sánchez non se diferencia do PP de Mariano Raxoi ou o Ciudadanos de Albert Rivera. Esa é a interpretación que fai a CUP e que expuxo Mireia Boya, que fai parte do seu Secretariado, e que está en Compostela para participar en dous actos (Compostela e Ferrol) organizados por Mar de Lumes. Para Boya, Pedro Sánchez "tamén é artigo 155", polo que "sacar a Raxoi por sacalo" para investir o socialista tampouco é, entende a CUP, garantía de nada. A exdeputada pola formación independentista tamén se mostrou crítica coa decisión de Quim Torra de renunciar a manter os consellers encarcerados (Josep Rull e Jordi Turull) e exiliados ( Lluís Puig e Toni Comín) e substituílos para ter un goberno efectivo. "É una capitulación", sostén a cupaire, que mantén que deste xeito é o goberno español o que decide ou non quen pode facer parte do Govern. E a respecto de que se acabe o 155, en vigor desde hai sete meses, amosouse desconfiada: "O 155 cambiará de nome mais seguirá existindo". Mireia Boya estará esta cuarta feira en Artábria, Ferrol, ás 20:30 horas, para ofrecer a harla "Unha república sen medo" e tratar o proceso independentista catalán. Defende a aposta na "resistencia cívil e pacífica" en Catalunya, na "mobilización" para continuar no proceso de "construír a república" en chave popular. |
NOS_43071 | O Goberno español ten previsto aprobar mañá en Consello de Ministras a extensión dos ERTE e das axudas ao colectivo de traballadoras autónomas até o 31 de maio. Entre as novidades destaca a simplificación administrativa, xa que as empresas non terán que solicitar nin tramitar un novo expediente ante a autoridade laboral. | O Consello de Ministras dará hoxe luz verde a unha nova prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) e da prestación por cesamento de actividade das traballadoras e traballadores autónomos até o 31 de maio, medidas que terán un custo próximo aos 7.000 millóns de euros, dos que 5.000 millóns corresponderán aos ERTE e uns 2.000 millóns á prestación de autónomos. O esquema de protección dos ERTE non vai sufrir variacións. Mantéñense as tres modalidades actuais, como son os destinados a sectores 'ultraprotexidos' e ás empresas vinculadas á súa cadea de valor; os de impedimento da actividade e os de limitacións, estes dous últimos pensados para as empresas afectadas polas diferentes medidas de restrición que adopten as Administracións para frear o avance do coronavirus, como poden ser as reducións de capacidade ou as limitacións de horarios. O que si, a nova prórroga (a anterior foi o 31 de xaneiro) traerá consigo unha simplificación dos trámites para estender este tipo de figuras no tempo, xa que non serán necesarias novas autorizacións administrativas. Así as empresas que sexan titulares dun ERTE por impedimento ou por limitación autorizado antes ou durante a vixencia desta norma, non terán que solicitar e tramitar un novo expediente ante a autoridade laboral para pasar dun a outro. Bastará con que remitan unha comunicación á autoridade laboral e á representación sindical. Tampouco será necesario que remitan unha nova solicitude colectiva de prestacións ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Sectores 'ultraprotexidos' Onde tamén hai modificacións é na listaxe de sectores 'ultraprotexidos', grazas a incorporación de criterios "máis xenerosos" por parte do Goberno estatal na súa selección. Así, na lista de 42 códigos de actividade (CNAE) entran novos sectores, como cámpings e aparcamentos de caravanas, alugueiro de medios de navegación, e actividades de mantemento físico, que elevan a protección a 50.000 traballadores que antes non estaban cubertos. Estas referencias entraron na lista ao recuperar menos de 70% da actividade entre abril e finais de decembro e presentar unha porcentaxe de persoas afiliadas cubertas por ERTE superior a 15%. Por contra, saen desta listaxe fabricación de alfombras, estirado en frío e fabricación de instrumentos musicais. Axudas para autónomos O Consello de Ministras tamén ten previsto aprobar mañá a prórroga das axudas vixentes para traballadoras e traballadores autónomos acordada coas súas asociacións (ATA, UPTA e Uatae), aínda que con algunhas modificacións. A protección a este colectivo seguirase articulando ao redor de catro axudas: a prestación por suspensión de actividade; a prestación compatíbel coa actividade cando haxa caída de ingresos; prestación extraordinaria para quen non poida acceder ás dúas axudas anteriores, e prestación para autónomos de tempada. A prestación compatíbel coa actividade flexibiliza nesta nova prórroga o requisito de ingresos. Así, poderana solicitar aquelas persoas que traballen por conta propia cuxa facturación no primeiro semestre de 2021 caia 50% (antes era 75%) fronte ao segundo semestre de 2019. Outra das novidades é que se suspende até o 31 de maio a subida progresiva dos tipos de continxencias profesionais e de cesamento (do 0,3%), previsto na Real Decreto-lei 28/2018. Rexeitamento da CIG Tanto o Goberno estatal como os sindicatos asinantes do acordo de extensión destas medidas, CCOO e UXT, celebraron a decisión polo impacto que ten no mercado laboral. Na Galiza, onde os ERTE afectan a 27.000 persoas traballadoras, o sindicato maioritario, a CIG, insiste, como xa fixera no seu día, en sinalar que a prórroga dos ERTE, sen derrogar antes os aspectos máis lesivos da reforma laboral, "é unha tortura insufríbel" para a clase traballadora, xa que supón profundar "no abuso patronal" nun contexto de crise que xera "as condicións perfectas" para que estes expedientes de regulación rematen en despedimentos. Neste senso, critican que na toma de decisións por parte das Administracións estea a primar a posta por "salvagardar a economía" no canto de facelo por salvagardar a saúde das persoas. |
NOS_35642 | O voceiro nacional do BNG entende que o presidente do PP galego quere cambiar a lei electoral no último minuto para manter a maioría absoluta | O Parlamento galego podería pasar d@s 75 deputad@s actuais a 60, un recorte que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, anunciou nunha entrevista no xornal La Voz de Galicia, onde sinalou que a adopción desta medida poderia ser inminente e enmarcouna no discurso da necesidade de reducir cargos e costes públicos por mor da crise. Mais detrás desta proposta, que non esconde un ton populista ao subirse á unha maré existente en certos sectores sobre a abundacia de polític@s, hai intereses e motivacións cun claro 'tufo electoral'. O voceiro nacional do BNG, Guillermo vén de enmarcar o anuncio de Feijóo nunha dupla vertente. Por un lado, no feito de que o presidente da Xunta fai este tipo de declaracións tentando "desviar a atención", posto que a súa xestión nestes anos "non ten balanzo que presentar". Mais o nacionalismo tamén advirte de que o que o PP procura con estas propostas de reforma electoral é "gañar as vindeiras eleccións cun pucheirazo", mediante unhas modificacións á medida do PP". Así, Guillerme Vázquez acusou o presidente do PP de tentar cambiar a lei eleitoral "no último minuto" para gañar as eleccións "cun penalti mal pitado". Gravidade O voceiro nacionalista tamén criticou "a ausencia clamorosa do goberno" e o "descontrol absoluto" do executivo ante unha situación que se agrava por momentos. O voceiro nacionalista tamén criticou "a ausencia clamorosa do goberno" e o "descontrol absoluto" do executivo ante unha situación que se agrava por momentos. En 6 meses o Goberno Rajoy conduciu ao Estado español a un "auténtico caos político, social e económico de magnitudes inenarrábeis. O barco está indo directamente e sen control a estrelarse contra os cons", enfatizou. "O Goberno Rajoy é un goberno noqueado. Dá a impresión de que Mariano Rajoy actúa como o capitán do Costa Concordia: é o primeiro que abandona o barco", dixo Guillerme, quen alertou que o Estado español avanza "a marchas forzadas" cara á intervención "eufemisticamente chamada rescate". |
PRAZA_14536 | O 67% do total de poboación que perdeu o seu emprego desde o comezo da crise en 2008 tiña menos de 30 anos. Un dato rotundo que está detrás do 52% de taxa de paro que soporta hoxe en día a mocidade española, a máis alta de Europa xunto á de Grecia. Un informe da Fundación Primeiro de Maio de CCOO alerta sobre os altos niveis de desemprego e precariedade xuvenil e rexeita o estereotipo dos nin-nin. | O 67% do total de poboación que perdeu o seu emprego desde o comezo da crise en 2008 tiña menos de 30 anos. Un dato rotundo que está detrás do 52% de taxa de paro que soporta hoxe en día a mocidade española, a máis alta de Europa xunto á de Grecia. Un informe da Fundación Primeiro de Maio de CCOO alerta sobre os altos niveis de desemprego e precariedade xuvenil e rexeita o estereotipo dos nin-nin. O informe constata a especial sensibilidade do desemprego xuvenil ás variacións do ciclo económico, especialmente durante a crise, máis que no caso da poboación traballadora adulta: entre 2008 e 2012 o emprego xuvenil rexistrou un descenso de 1,9 millóns de persoas, que representan o 67% do total de poboación que perdeu o seu traballo neste período. A consecuencia: Un "forte aumento" da taxa de desemprego entre as persoas novas, sobre todo no grupo de idade de entre 16 a 24 anos, cunha taxa de paro que chegou ao 52% en 2012. A consecuencia: Un "forte aumento" da taxa de desemprego entre as persoas novas, sobre todo no grupo de idade de entre 16 a 24 anos, cunha taxa de paro que chegou ao 52% en 2012 A Fundación sinala, no entanto, que a evolución do emprego entre as persoas novas de 25 a 29 anos (que pasaron dunha taxa de desemprego do 11,3% en 2008 ao 31,2% este ano) é quizais "máis relevante". "A razón é que este grupo manifesta en xeral pautas laborais máis próximas ás da poboación adulta, polo que un aumento de 20 puntos da súa taxa de desemprego en catro anos constitúe un feito realmente preocupante" subliñan. Precisamente, o lema elixido este ano para conmemorar a Xornada Mundial polo Traballo Decente, que se celebra en todo o mundo este domingo 7 de outubro, é Mocidade sen emprego, sociedade sen futuro. Aínda que a taxa de paro feminina segue sendo maior que a dos homes, a pesar da forte destrución de emprego masculino durante a crise, no caso da poboación nova a situación é diferente: a taxa de paro dos homes novos é maior (do 54% entre 16 e 24 anos, e do 32,9% entre 25 e 29 anos) que a das mulleres novas (do 49,8% entre 16 e 24 anos, e do 29,3% entre 25 e 29 anos). A diferenza débese fundamentalmente a dúas razóns: sectores produtivos e formación. Os homes novos concentráronse en sectores máis afectados pola crise, mentres que as mozas teñen máis presenza en segmentos que resistiu mellor á crise. Doutra banda, no mercado de traballo hai máis mulleres que homes con niveis altos, un segmento con menos descenso do emprego. "O que temos son mozos e mozas que nin poden estudar ou que xa están moi cualificados, nin poden traballar porque non atopan emprego, temos moitos mozos preparados que se teñen que ir fóra e bolsas de mozos excluídos cada vez máis grandes" A análise en detalle dos datos dispoñibles permite sinalar "que o presunto crecemento e amplitude dos mozos nin-nin nos últimos anos en España non ten un fundamento empírico sólido", asegura o informe, que sinala que, moi ao contrario, desde que comezou a crise en 2008 a porcentaxe de persoas novas que están inactivas pero estudan e fórmanse aumentou, unha tendencia que se estende entre homes e mulleres novas. A Fundación rexeita o cualificativo de nin-nin e di que estas visións da mocidade "tenden en boa medida a culpabilizalos pola súa situación" e contribúen "a ocultar a realidade laboral e social das persoas novas en España". "Os efectos son devastadores. Estase naturalizando unha situación que non deberiamos aceptar: que unha persoa non atope un traballo medianamente estable até os 30 ou 35 anos, e iso se o atopa", denuncia o presidente do Consello da Mocidade, Ricardo Ibarra, que rexeita con rotundidade o concepto de 'nin-nin', que non representa "nin un 1%" da mocidade. "O que temos son mozos e mozas que nin poden estudar ou que xa están moi cualificados, nin poden traballar porque non atopan emprego, temos moitos mozos preparados que se teñen que ir fóra, outro grupo con baixa cualificación e que a crise deixou no paro e bolsas de mozos excluídos cada vez máis grandes", di. "O noso Estado do Benestar non está orientado aos mozos. Os servizos sociais só dedican un 1,1% das súas actividades á mocidade e a política está orientada a colectivos de máis idade" "O noso Estado do Benestar non está orientado aos mozos. Os servizos sociais só dedican un 1,1% das súas actividades á mocidade e a política está orientada a colectivos de máis idade. Non se trata de que haxa unha guerra de idades, pero ante un mercado laboral tan difícil como o que temos e unha mocidade moi heteroxénea, hai que analizar como redefinir o estado do benestar e como redeseñar o mercado de traballo para permitir que os mozos poidan realizar os seus proxectos vitais", afirma Antonio López, catedrático de Traballo Social da UNED. López tamén crítica o adxectivo nin-nin, que considera unha forma de "estigmatizar" a unha mocidade moi heteroxénea mediante "estereotipos negativos que non son certos". Máis vulnerables Varios factores fixeron que o emprego dos mozos fose máis vulnerable aos vaivéns da economía. Un deles é a concentración do emprego xuvenil en actividades "significativamente afectadas pola crise", como a construción, a industria manufactureira e o comercio (que concentran o 66% dos empregos perdidos polas persoas novas no últimos catro anos e en actividades que requirían pouca cualificación). A alta temporalidade do emprego xuvenil. "Facilitou a incorporación ao mercado de traballo das persoas novas nas etapas de expansión económica, pero tamén determinou un maior grao de vulnerabilidade, debido a que o maior impacto da crise recaeu nos empregos temporais" O factor máis determinante foi, con todo, a precariedade laboral caracterizada pola alta temporalidade do emprego xuvenil. "Facilitou a incorporación ao mercado de traballo das persoas novas nas etapas de expansión económica, pero tamén determinou un maior grao de vulnerabilidade, debido a que o maior impacto da crise recaeu nos empregos temporais", subliñan. Con todo, o informe sinala outros factores que inflúen "de forma especialmente negativa" ao emprego xuvenil e favorecen a súa precariedade: a "importancia" de modalidades de traballo sen relación laboral, como as bolsas; a extensión dos chamados falsos autónomos (obrigados a darse de alta como tal para evitar o pago da Seguridade Social ás empresas); a economía mergullada; as peores condicións de traballo e os salarios baixos; o desaxuste entre a formación adquirida e o posto de traballo desempeñado ou o menor acceso a protección social, entre outros. O informe destaca ademais que a porcentaxe de mozos desempregados de longa duración (un ano ou máis en paro) "aumentou notablemente até situarse en valores superiores ao 40%". Para a Fundación, os datos "conforman un escenario realmente preocupante, xa que a prolongación do período de desemprego contribúe a aumentar significativamente o risco de pobreza e exclusión social". Descarga o informe completo (.pdf) |
NOS_2888 | Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é o autor de A 'Escuadra Negra'. O operativo das milicias fascistas na comarca de Sarria que mañá se distribúe de xeito conxunto co Diario Nós dentro do coleccionábel Os nomes de terror. Aproveitamos a ocasión para conversar con el sobre os vitimarios na comarca de Sarria | O operativo das milicias falanxistas na comarca de Sarria centra o seu traballo no coleccionábel de Nós Diario Os nomes do terror, como xorden, a que lóxica responden e cal foi o seu ámbito de actuación?. Comezando por isto último, hai que destacar que o seu ámbito de actuación excede aos concellos que conforman a comarca de Sarria, tendo unha presenza moi activa nas áreas veciñas da Ribeira Sacra, Lugo e Os Ancares. Así, por exemplo Navia de Suarna foi tomada por un grupo falanxistas de Sarria, que remataron por instalar durante varios meses un cuartel no castelo da localidade e desenvolveron diversas accións represivas na zona dos Áncares. Estes feitos deixaron pegada na memoria popular durante moitos anos, aínda na década dos setenta, os maiores recomendábanlle aos mozos sarriaos que en Navia de Suarna non dixeran que eran de Sarria, ou na comarca dos Ancares aínda hoxe recordan os crimes cometido polo popularmente coñecidos como grupo dos "sarrianos". Os executores da represión paralegal contra os demócratas nunca foron perseguidos polos seus crimes En relación, a primeira das cuestión hai que destacar que a existencia, o operativo, o funcionamento e mesmo os ilícitos das milicias fascistas foron impulsados, coñecidos e permitidos polas diversas instancias do réxime, moi particularmente polo aparato militar que tomou as decisións chaves na organización da represión e acompañounas até os niveis máis baixos. O franquismo animou e tolerou o uso da violencia por parte das milicias como instrumento necesario na súa loita política, permitindo as prácticas corruptas dos seus membros como aspecto substancial e naturalizado naquela formación social. Os executores da represión paralegal contra os demócratas nunca foron perseguidos polos seus crimes, impóndoselle castigos exclusivamente cando entran en conflito cos poderes do réxime. Está dicindo con isto que as motivacións de procedementos contra falanxistas como Julio López "O Garavito" ou posteriormente contra Manuel Castro Castro ou "Eirexalba" ou Manuel Díaz Gómez "O Chaquetón", que mesmo remataron coa súa execución non ten relación coa súa participación en accións represivas ou ilícitas?. É unha evidencia. Por exemplo, no caso Julio López "O Garavito", que coñécemos ben polas testemuñas directas dalgúns veciños e pola causa onde o condenan a morte non fica dúbida que os ilícitos cometidos a volta de 1936 e 1937 son recuperados en 1941 para fusilalo. A execución de Julio López non ten nada a ver co seu papel na persecución dos demócratas, senón con algunhas accións contra individuos sen significación política como Teodoro López ou Francisco Armesto, ou mesmo de dereitas, coma o párroco de Remesar, Manuel Pumar ou o cura de Castro de Rei de Lemos, Francisco Ochoa, asasinado en febreiro do 37 e en cuxa morte, segundo algunhas testemuñas, está implicado. A crueldade, a brutalidade ou a busca do lucro persoal, máis que as características persoais de Julio López, eran o patrón de conduta habitual dos grupos paramilitares que levaron adiante a represión. Actuaban na máis absoluta impunidade sabéndose apoiados por un réxime, que non só coñecía e animaba as súas actuacións, senón que as dirixía. Outro tanto acontecía con Manuel Castro "Eirexalba" ou Manuel Díaz "O Chaquetón" executados pola súa participación no asasinado dunha persoa poder real do réxime como era Manuel Saco Rivera. En relación con isto último, que nos pode contar sobre as razóns do asasinato de Manuel Saco Rivera, un asasinato que segue criando controversia, e as súas conexións coas altas instancias do réxime franquista? Manuel Saco Rivera era o home forte da dereita de Sarria. Membro dunha familia abastada que viña controlando a política local ao longo da restauración, deputado do Partido Agrario Español, peza chave na trama civil do golpe do Estado de xullo de 1936 en Galiza, secretario de Nicolás Franco no primeiro Goberno da ditadura, a súa influencia era decisiva na vida política local e na Falanxe en Galiza, a través do control que exercía sobre o xefe galego, Mario González Zaera. Os seus últimos tempos estiveron marcados pola relación con Nicolás Franco, irmán do ditador, antigo secretario xeral Partido Agrario Español, co que partillou responsabilidades políticas no primeiro goberno do franquismo e negocios no Portugal de Salazar, inicio da fortuna da familia Franco. A participación activa no aparello represivo legal ou paralegal operou como un ascensor social nos 40 da ditadura franquista Manuel Saco Rivera foi vítima dunha guerra de poder dentro do réxime. O contexto no que se produciu a morte de Saco Rivera e a posterior execución de Manuel Castro e Manuel Díaz, estivo definido por cinco factores ben definidos e entrecruzados. A caída en desgraza de Saco, persoa de confianza de Nicolás Franco, após o cese deste tras perder o pulso contra Serrano Suñer. A persecución dos "Hedillistas" por parte do réxime franquista provocou a detención de varios falanxistas deste sector en Lugo e o procesamento de Mario González Zaera. A loita pola dirección da Falanxe de Sarria entre a facción de nucleada arredor de Saco Rivera e González Zaera e a encabezada Manuel Díaz Gómez "O Chaquetón". O conflito xa clásico polo control da organización falanxista en Lugo, entre as xentes de José Viador e de Zaera, cuxo primeiro capítulo se viviu en Marzo de 1936, onde un e outro aspiraron á xefatura provincial da Falanxe. A investigación aberta a Saco Rivera puxo a descuberto os manexos económicos de Nicolás Franco en Portugal, certificando a desaparición de cantidades de diñeiro achegadas pola Falanxe de Sarria. Saca agora a colación o nome doutro sarriao chave nos primeiros anos do fascismo na Galiza, Mario González Zaera, xefe territorial da Falanxe o 18 de xullo de 1936, condenado á morte polo franquismo e posteriormente amnistiado, que significaría del? Mario González Zaera foi un instrumento político en mans dunha parte das elites de Sarria e moi particularmente de Manuel Saco Rivera. Sen o seu apoio e o de Manuel Hedilla non tería conseguido ser nomeado xefe da Falanxe de Lugo e posteriormente da Galiza, por iso a súa caída en desgraza dentro do réxime non se pode desligar da perda de poder destes dous dirixentes fascistas. Á marxe de que ficou testada a súa responsabilidade na organización do terror na comarca de Sarria e a súa relación con múltiples casos de corrupción o seu procesamento á volta de 1938 e a súa condena á morte estivo ligado a súa adscrición como "Hedillista" dentro da Falanxe e a persecución a que Franco somete a esta corrente. Ao final, Zaera foi amnistiado e rehabilitado polo réxime que o compensou con novas responsabilidades políticas en Madrid até que un novo caso de corrupción, ben entrada a década dos 50, o apartou do cargo. As causas abertas a Zaera son un compendio de todas as tipoloxías represivas propias do franquismo, destacando na súa vida privada e pública pola súa implicación en múltiples delitos económicos con anterioridade e posterioridade a 1936. Porén, o importante é que o franquismo nunca deixou abandonados aos seus verdugos Que quer dicir con isto? A participación activa no aparello represivo legal ou paralegal operou como un ascensor social nos 40 da ditadura franquista. Sen ir máis lonxe, significados membros das milicias fascistas ou da "Escuadra Negra de Sarria" exerceron de alcaldes e concelleiros en diversas localidades da comarca de Sarria, Ribeira Sacra ou Os Áncares até os anos finais da ditadura, asumindo posteriormente cargos de relevo en forzas políticas como a UCD e AP. Outros conseguiron empregos pola súa militancia nas diferentes administracións públicas e formaron como dirixentes e traballadores nas estruturas de poder do réxime, especialmente na organización sindical vertical e nas cámaras agrarias desde onde seguiron influíndo até datas ben recentes na vida política. Un exemplo paradigmático aconteceu cos cadros de persoal das policías locais das comarcas de Lugo, onde recadaron represores significados como "Cano" en Monforte, "O Lobo" en Mondoñedo, "O Eirexalba" en Sarria, "Bargueiras" en Lugo ou "Toñito das Monxas" en Ribadeo. O final dos represores asemellase a do réxime franquista, perpetuado nos seus eixos centrais pola constitución de 1978, texto pactado coa práctica totalidade do espectro partidario Estado e coa honrosa oposición do sector hexemónico do nacionalismo galego e dunha parte do vasco e catalán. |
NOS_16440 | Francisco Rodríguez é un activista do rosalianismo, cun entusiasmo que contaxia. Desde hai décadas leva divulgando a figura da única muller que, en todo o mundo, é a figura central dunha literatura. Con motivo do Día de Rosalía, rescatamos a entrevista realizada para o A FONDO "O retorno a Rosalía", publicado no semanario en papel Sermos Galiza do 20 de decembro e que, por motivos de espazo, non vira a luz de maneira íntegra. Rodriguez é o autor da Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (AS-PG, 1988), o primeiro grande estudo sobre a figura da escritora. | Como foi o teu novo encontro con Rosalía? Como era ese home novo que se encontrou coa súa obra? Eu o que fixen foi voltar de Albacete, onde estaba traballando xa como profesor de instituto, porque alí gañara a praza de profesor agregado. Cando tiven a oportunidade dun concurso de traslados, despois de todos os anos que era obrigatorio estar alí, xa collín e, das cinco prazas que había en Galiza, vin para Ourense. Mais é certo que Rosalía facía parte da bagaxe con que eu quería voltar ao país, reencontrándome con el, mais con maior coñecemento de causa e maior coñecemento da súa cultura e das personaxes fundamentais que axudaron a darlle vida. Unha delas era Rosalía, que para min era unha persoa moi opaca a teor dos datos con que eu podía contar, e das miñas leituras. De feito, lembro que dei unha conferencia no Día do Libro, en Albacete, que quedaron escandalizados, aínda que sen o diciren senón por detrás, porque non daban creto a certas cousas que eu comentei. Aquilo estaba motivado só por unha leitura superficial, mais eu era consciente de que a min me faltaban moitos datos de carácter extrínseco, da Historia de Galiza, do contexto en que Rosalía vivira, e moitos datos sobre quen era ela. Tamén sentía a incapacidade para comprender moitos textos que, se non eran os máis estereotipados ou os máis directos, non me resultaba tan fácil entendelos, alén de que xa había unha parte da obra que xa nin a consideraba, toda a obra en español. Entón, eu voltei tamén con esa teima. Nos primeiros anos, a verdade é que eu me convertín nun propagandista de Rosalía de Castro, con palestras. Eu empregaba sobre todo o recitado duns cantos poemas chaves. A verdade é que o impacto no público popular era moi grande. Eu, primeiro, dediqueime a iso. Conforme eu ía lendo, tamén lerlle aos demais. E pasei moitos anos así. "Nos primeiros anos, a verdade é que eu me convertín nun propagandista de Rosalía de Castro" E cando publicaches o primeiro estudo sobre ela? O primeiro produto, errático con certeza, e tamén moi condicionado pola crítica dominante, que era moi penosa, é un artiguiño que eu publiquei na revista Grial. É un artigo que non ten valor ningún. O único mérito que ten é que non di barbaridades contra Rosalía, mais o valor é moi escaso e, no fondo, estaba tamén moi influído polas pautas alonsomonterianas porque era o crítico, que fóra das órbitas estritamente galaxianas, estaba moi considerado polo público que era un leitor "normal". Ben, entón eu aí si que cheguei cada vez máis á conclusión de que había moitas cousas raras; raras por ignoradas, raras por manipuladas; raras por descoñecidas… E que había que dar unha explicación cabal, racional e enteira da figura de Rosalía de Castro. Mais iso era a partir dunha morea de prexuízos, estereotipos, que a señora e a súa obra padecían. Diso cada vez eu fun máis consciente. Que cousas eran as que chamaban máis a túa atención? Xa o primeiro que comecei a dubidar foi que esa señora fose unha inculta, como se dicía, ou unha labreguiña que acertou por casualidade. Iso si que foi un tópico que arrombei dunha maneira rápida. Mais de aí a saber a causalidade da obra rosaliana ou a entendela na súa xusta dimensión, pois ben, eu tiven que facer un esforzo moi grande, que comecei dun xeito sistemático e con empeño (de saír do limitado círculo de só ler e ler a obra en galego), a partir dos comezos dos 80. E como foi entón nesa década a túa achega a Rosalía? O artigo iniciario apareceu n'A Nosa Terra, que foi sintético e esquemático, mais xa daba a dimensión real do que era Rosalía, e eu tiña xa a convicción de que era así; polo menos a convicción racional de que se podía xustificar e argumentar moitas cousas das que eu pensaba. Ese artigo titulábase "Rosalía de Castro, cen anos de loita contra a hipocrisía burguesa". Foi aí cando comecei xa dunha maneira sistemática, para encarreirarme por esas hipóteses, e tamén en función do que ía vir, que era o ano 1985, o Congreso Rosaliano. Apurei todas as cousas para facer un primeiro achegamento xa cunha certa fundamentación seria para facer unha explicación contextual da obra de Rosalía e, tamén, unha explicación global da mesma, que non incluíse só a obra en galego senón tamén a obra en español. "Foi unha muller que quixo ser escritora como unha vocación consciente, para desenvolver esa vocación de forma profesionalizada, e isto quere dicir para poder vivir da escrita" É rechamante que non houbese esa visión conxunta da súa obra. Claro, había un paradoxo. Todo o mundo a dicir que era unha señora bilingüe; todo o mundo a dicir que como poeta era boa mais que, máis que boa, popular, e que o resto da obra non valía grande cousa… Entón eu o que fixen foi facer unha primeira aproximación a todo iso, ollando como un conxunto unitario, coheso, e que xa abocaba a ter en conta un dato esencial, que para min é un dato chave: Que a obra de Rosalía non se pode entender se non se comeza por unha cuestión, que é que foi unha muller que quixo ser escritora como unha vocación consciente, para desenvolver esa vocación de forma profesionalizada, e isto quere dicir para poder vivir da escrita. E iso é algo que explica xa moitos dos trazos iniciais desta rapaza, e da vida, e de moitas cuestións. Mais, claro, a pregunta do millón é como pode haber un país onde unha cousa tan clara permanece opaca como se en Galiza nunca puidese xurdir nada que tivese a intención de se inserir e se incrustar no ámbito da normalidade que o sistema económico ofrecía, ao menos como posibilidade, para a emancipación dunha muller das condicións sociolóxicas de Rosalía. E, despois, a partir de aquí, había unha segunda cuestión, que era como demostrar que a división entre obra literaria, preponderantemente poética en galego, e obra en prosa en español non respondía a unha división diglósica no senso tradicional, senón que dependía de factores que teñen a ver con iso mais que non son factores que determinan cualitativamente a elección, e menos o resultado. Rosalía ten un programa de creación cultural dentro do movemento nacionalista da Galiza do século XIX, un de cuxos representantes máximos era o seu marido. E, claro, a partir de aí o matrimonio Rosalía-Murguía, pois xa hai un amplo campo da realidade onde non só se xustifica senón que ten sentido. Despois, había que explicar que parte desa relación é afectivo-sexual e canto é compenetración de sensibilidades. Aí creo que hai que facer unha diferenza grande entre a Rosalía esperanzada e a Rosalía, a partir sobre todo dos anos 70 e con especial incidencia a partir do ano 1877 coa morte do neno nun accidente e despois da rapaza que xa nace morta, que é unha especie de síntoma simbólico de que, por esa vía, Rosalía tampouco tiña xa saída. Entón aí comeza a aparecer xa unha muller problemática no sentido real do termo, non no sentido metafísico, de angustiada non se sabe moi ben por que, angustiada por cousas que non teñen sentido ningún, como son o seu papá, porque era filla de crego, ou porque era filla sacrílega, ou por cousas que na vida de Rosalía foron máis ben tanxenciais. "En Rosalía o feminismo ten unhas febras moi claramente homoeróticas" Ademais, na túa tese incides na importancia do movemento feminista, mais tamén falas do desexo sexual. Creo que o mellor nese caso é analisar a obra. Antes de tentar dirimir a súa persoa abstraíndoa da obra. Mais, claro, se imos á obra, en Rosalía o feminismo ten unhas febras moi claramente homoeróticas. Iso é moi evidente nos poemas en galego e na obra en español. Despois, hai obras explícitas, que non se poden interpretar se non é con ese elemento como un elemento crucial. Especialmente, hai dúas: La hija del mar, que é unha novela de mulleres para mulleres, incluído o tema da identificación e da relación afectiva, e hai El caballero de las botas azules, que é unha novela simbólica sobre o problema da androxinia, tal e como se entendía no século XIX, como un símbolo da homosexualidade, o lesbianismo, o travestismo, o cross-gender, todo isto ao que a crítica actual recente feita por mulleres intelixentes que coñecen a obra de Rosalía, tipo Kathleen March ou Pilar García Negro, pois comezaron a desenvolver. E a cuestión da clase social? Hai un tema que aínda daría moito máis de si, que é o tema da fidalguía rural na Galiza. A clase dirixente que puido ser e non foi. Eu penso que Rosalía ten moitos riscos desa autovisión e desa autoestima, por iso ás veces resulta estraña. Rosalía ás veces dá a impresión de ser unha clasista, e non o é, mais o que si ten moi interiorizado é que se algunha xustificación ten a clase social a que ela pertenceu é na medida en que era xente culta, xente con dignidade e que, por tanto, cumpría algunha función, e que a ruína diso non foi un proceso evolutivo para mellor, senón que foi a substitución por unha clase social de mal gosto, máis antigalega aínda, obsesionada soamente polo diñeiro, desintegrada a respecto do país, españolizada, e moito máis ridícula e cursi, moito máis aparente. Aí é onde hai esa visión, esa tensión, entre o pasado ao que ela non quere voltar, e un futuro cara ao que é hipercrítica. Niso parécese moito a todos os grandes escritores rusos. Todos teñen esa discordancia no que ven como o que é o mundo burgués e o pasado que, en moitas cousas, é máis digno e noutras é opresivo. "Practicamente o poema "Galicia, non debes chamarte nunca española", da "Gaita gallega", é unha proxección poética dun fenómeno político" Todo isto ten, ademais, unha chave nacional... Un elemento definitorio de Rosalía é como captou tan ben o proceso de españolización que se aviciñaba e o que significaba o Estado español centralista. Practicamente o poema "Galicia, non debes chamarte nunca española", da "Gaita gallega", é unha proxección poética dun fenómeno político. E, claro, iso é moi difícil de facer ben, porque os poetas que normalmente teñen un espírito crítico político ou ideolóxico teñen moitas dificultades en como transformar as cousas a unha linguaxe que non sexa nin política nin ideolóxica. No caso de Rosalía faino á perfección. E, no entanto, é moi clara sobre cales son as consecuencias que se derivan de aí. Tamén é moi importante a súa defensa sen ambigüidades da súa condición nacional exclusivamente galega. Iso no século XIX ningún outro escritor o ten. Pondal tíñao como desiderato ideolóxico-psicolóxico, mais niso era totalmente contraditorio, como podía ser Lamas. Mais Rosalía non, Rosalía niso era moi consecuente. Foino ao principio, no medio, ao final… En todo o que se coñece dela non hai ningunha distorsión sobre iso. Como poeta eu penso que non hai ninguén que dese tan boa conta das contradicións e, no entanto, ese tema nunca entrou na contradición. Nunca. Por que houbo que agardar un século para desvendarmos Rosalía? Hai un entrevelado de varias causas. A primeira, e determinante, é o papel tan sumamente marxinal que ten a cultura galega dentro do propio país, de tal xeito que a visión que hai sobre ela, e sobre todo a que había, porque era cando aínda se ollaba tamén algo desde dentro e desde fóra, era unha visión que non podía nunca sobardar os limites de algo tolerado, permitido, acoplado ou funcional á cultura española. Por tanto, unha categoría provinciana da cultura española. Iso é o esencial no propio espazo intrínseco do campo cultural. Esa visión é moito máis grave cando se lle aplicou xusto a unha personaxe e a unha obra que teñen un valor fulcral na cuestión da restauración da cultura galega e no salto cualitativo que supuxo mesmo en comparanza cos países que nos rodean, de tal xeito que se unha literatura non se acopla ben ao esquema provinciano, como era a galega dos grandes clásicos, mais se estuda cos óculos con que se olla a literatura española e a francesa como centrais, o resultado é a incomprensión, no mellor dos casos, o disparate ou a acomodación. Entón, hai que rebaixala! "Teño a impresión de que Rosalía segue a ser agora unha escritora moi aludida mais, agás en minorías moi minoritarias, pouco lida" E despois está a cuestión claramente política, pois todo isto está reforzado porque á cultura galega, e en especial a Rosalía, houbo que lle botar a gadoupa para se apropiaren dela, a pesar de que en principio se recorreu máis a ver se éramos quen de eliminala. O puzzle agravouse porque, na evolución política do Estado español, houbo toda unha época onde si estiveron dispostos a botar man desas figuras para xustificar o españolismo e para xustificar a actuación de determinado tipo de partidos, cuberta nunha política cultural. Entón, cando había algún crítico español intelixente, había cousas que se intuían, mais eses mesmos críticos nunca quixeron ultrapasar ou romper a visión política da escritora. Un caso exemplar é Azorín. Outro caso exemplar de incomprensión e, ao mesmo tempo, de saber que se trata de algo moi importante é Luis Cernuda. Outro caso de valoración xusta como leitor, de se decatar que é algo moi importante, mais facer unha explicación psicolóxica de Rosalía que é un disparate total, é Unamuno. E a crítica desde dentro do país? Os de dentro, ao estaren tan absorbidos pola política, primeiro era moi difícil que se provocase no campo da crítica ou da historia literaria, alguén cun espírito suficientemente independente, como para ollar todo sen os prexuízos e contra a visión da cultura española. Entón, o máis que fixeron foi apropiarse coa imaxe sociolóxica máis dominante: a santiña, unha muller que quería moito a Galiza nun aspecto sentimental e folclórico… Iso francamente avanza moito nos primeiros anos do nacionalismo galego. A figura de Rosalía está aí dunha maneira moi importante mais hai un tufo que non son capaces de sobrepor; non foron rupturistas nese terreo, como Castelao si foi por exemplo no terreo da arte. Rosalía era así unha especie de pope en feminino de quen non se sabía demasiado e onde non había que entrar. É unha cousa un pouco estraña. Cando veu alguén nas condicións históricas, por sensibilidade, por coñecemento da vida, por erudición, que era un grande leitor, como Bouza Brey, o contexto histórico e social, e tamén os medos del, impediron moitas cuestións. Despois, en membros da Xeración Nós, si que hai elementos interesantes, como Otero Pedrayo, que non é nada rosaliano, mais si se decatou de quen era Rosalía; de quen era no sentido literario, do seu valor, e de que era unha novelista filosófica. Mais a leitura dos Cantares gallegos era moi difícil xa sacala dunha estereotipación. E a Follas novas nunca lle prestou atención ninguén porque é un libro excesivamente complicado, no sentido de moderno tematicamente, moi conflitivo. Onde hai eses libros conflitivos na literatura do século XIX? Eu non os coñezo. Coñezo escritores egóticos, escritores que no aspecto psicolóxico indidividual poden ser moi avanzados… mais que mesturen tan ben as cousas persoais coas cousas sociais, nunha especie de comedia humana que non é unha novela; no aspecto psicolóxico, ademais, das actitudes sociais, dos comportamentos… Nunha cultura normal iso tería acontecido antes. "Quen en España explicou En las orillas del Sar? Ninguén!" Para complicada, En las orillas del Sar... Claro! Quen en España explicou En las orillas del Sar? Ninguén! Eles pasan. Claro que, como leitores, algúns como Azorín se decataba dalgunha cousa, e Unamuno igual, mais o conxunto do libro éralles inaprensíbel. "Penso que se está a desfacer dunha maneira, ao meu modo de ver, derivada das circunstancias actuais, máis aparencial que real, máis como un novo tópico" Ves unha evolución na imaxe da escritora? A imaxe de Rosalía estivo alimentada moito tempo coa idea de que esta señora como mito está ben, mais deixémonos de brincadeiras, é unha nai de Galiza que chora, cos emigrantes, labreguiños máis ou menos dignificados e nada máis. E entón iso é o que se está a desfacer. Por desgraza, penso que se está a desfacer dunha maneira, ao meu modo de ver, derivada das circunstancias actuais, máis aparencial que real, máis como un novo tópico sen afondar en nada e, sobre todo, sen afundar. Teño a impresión de que Rosalía segue a ser agora unha escritora moi aludida mais, agás en minorías moi minoritarias, pouco lida. "Carvalho non estaba na mesma onda de autocontrol que Bouza Brey" Como lembras o acto de defensa da túa tese, 30 anos despois? Ben, pois o primeiro vénme á memoria aquela sala moi nobre da Facultade de Historia, chea de xente. Iso para min foi moi gratificante, porque era demostrar que había interese en saber, cando menos, que se defendía a respecto dunha persoa e dunha obra que tiñan unha difusión popular enorme e, por tanto, en certa maneira apoiar tamén a que era a primeira defensa dunha tese de doutoramento sobre Rosalía de Castro e ademais tamén desde unha óptica nacionalista. A xente que estaba alí era toda seguidora nese aspecto e, despois, había unha minoría que era tamén seguidora rosaliana, no senso de que consideraba que isto significaba un salto cualitativo, un adianto. Deixando á parte iso, que é o aspecto reconfortante, eu despois teño que sinalar con moito agradecemento a presenza alí de dúas persoas no tribunal. Unha foi Ricardo Carvalho Calero e outra a de Claude Henri Poullain. De Carvalho, a min chamoume a atención que, na leitura progresiva que foi facendo, e el coñecía o que eu escribía, nunca me indicou ningunha reticencia. Nunca dixo "isto é excesivo" ou "isto hai que demostralo mellor", o cal indica que Carvalho non estaba na mesma onda de autocontrol que Bouza Brey, mais que sabía máis cousas das que el estaba disposto a expresar por escrito ou que consideraba que se podía facer unha análise sobre a obra rosaliana á altura dos tempos, sobre todo a escrita en galego, sen necesidade de ultrapasar determinado tipo de limites, mais que, se outro os ultrapasaba e iso tiña coherencia e argumentación, el non só o ía tolerar, senón amparar. Claro, iso para min foi moi importante. A outra grande presenza foi a de Claude Henri Poullain. Eu non sei como se conformou ese tribunal, mais Claude Henri Poullain mantiña unha aposta claramente antitética a unha das ideas fundamentais da miña tese de doutoramento, que é que Rosalía é unha escritora filosófica. Aínda que eu tiña a alianza de Carvalho alí, non porque isto fose novidoso senón porque el en certa maneira xa defendeu iso, como el o facía, moito máis distanciado e se cadra cun pouco de requilorio. Mais Poullain tiña unha tese (que non tiña a ver co contido da obra de Rosalía senón máis ben coa estilística, co aspecto máis puramente convencional) onde dicía que non era unha escritora filosófica. Co cal, para alguén que o teña escrito, e ademais de maneira reincidente, non deixa de ser un motivo de pugna. Entón, a min admiroume a facilidade con que el recoñeceu en público que estaba equivocado. Porque iso, neses ambientes intelectuais, non é habitual nin frecuente. Depois, claro, todo gozo leva a súa penitencia, póndome xa en sentido cristián e de pecado. Houbo cousas xa que me deixaron unha pegada un pouco triste porque viñan de quen non esperabas. Hai algo que poidas concretar un pouco máis diso…? Eran cousas que non tiñan a ver cientificamente coa obra, porque alí non se expresou. Nese momento tentouse descualificar a que viña tanta asistencia de xente, que tampouco era para tanto... Cando non se falaba para nada desas cousas, agás anecdotarios. Foi un pouco triste, non? Porque sería diferente se se expresase a discrepancia de fondo, que realmente había. Mais a discrepancia de fondo se o presidente do tribunal é entusiasta, se "o estranxeiro" é entusiasta… pois era moi difícil de manter. Iso foi un pouco triste, porque indica a capacidade de corrosión e de absorción que teñen certas institucións en Galiza. Eu fun alumno da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela nos finais dos 90. Eu tivera contacto coa túa obra sendo estudante de secundaria e chamoume a atención que na Facultade non aparecía. Esa obra foi claramente boicoteada desde a propia institución. O problema é como se pode boicotear unha cousa sen deixar vela. Porque é diferente que eu lles mande ler ao alumnado unha obra ou parte dela, ou imos debater sobre os catro libros que hai que analisan a obra de Rosalía de Castro (aínda que, na obra en conxunto, non hai ningún excepto o meu), mais imos ir a iso: collamos o libro de Marina Mayoral, o de Alonso Montero, a Carvalho Calero… Pódese facer e, despois, mesmo ti tomares partido por un ou outro. O que non é normal é que unha institución boicotee e silencie a única tese de doutoramento sobre Rosalía, por moitos anos, que se fixo nesa institución. Iso nunha universidade normal, en calquera país normal, é imposíbel, porque a lóxica diso é que esa tese fose suspendida no tribunal respectivo. Se non o foi, e ademais foi cualificada coa máxima cualificación, esa institución o que ten que facer, en todo o caso, é debater sobre iso. Aquí non se fixo. Primeiro comezou unha descualificación pura e dura. Cando viron que iso, coa pasaxe do tempo, rechinaba un pouco, pasaron á seguinte fase, que é "imos escribir nós como se fósemos autores de determinados tipos de teses", mais adaptadas convenientemente, claro está, ao bon dicir e á boa aparencia. Esa é a segunda fase da Universidade de Santiago de Compostela. "Alonso Montero dixo auténticas barbaridades. Ah, mais segue a ser unha grande autoridade rosaliana e non ten nin que desculparse nin que xustificarse por nada" As cousas poden aquí mudar, que ninguén ten pasado… Olla, Alonso Montero dixo auténticas barbaridades. Ah, mais segue a ser unha grande autoridade rosaliana e non ten nin que desculparse nin que xustificarse por nada. Marina Mayoral agora xa non, mais ten dito cousas de xulgado de garda, mais segue a ser unha grande rosaliana... Despois, ao mesmo tempo, de maneira sórdida e calada, está a táctica de "este señor amortizámolo a través de nos apropiarmos de todas as cousas que dixo, atomizadas". Mais sobre todo hai unha que eles non soportan: que é clarificar a ideoloxía de Rosalía de Castro. Iso non o soportan. Entón, quen é Rosalía de Castro? Así, non se sabe. Sobre todo, está a atomización, a segmentación de todos os aspectos, de xeito que non hai unha figura clara. É un panexírico que, no fondo, se parece un pouco á versión inicial. A versión inicial é fantasmagórica, etérea. Agora parcialmente non é etérea, mais segue a ser unha especie de nebulosa, nebulosa que non hai que definir. Home, que se chegue a pór en dúbida que o matrimonio pasou auténticas calamidades, e especialmente ela, desde o ano 77… "Que Rosalía de Castro na casa da Matanza tivo que traballar a terra literalmente é unha cousa constatada" Calamidades económicas? Si, si. Económicas. E hai quen leva a contraria, quen di que eran derrochóns! Iso é de non respeitar nada… O libro de Barreiro sobre Murguía vai nesa liña. Cando a partir do ano 77 fica claro que nada de nada. Mesmo podían facer críticas brutais sobre a contratación de menores de idade para axudar nos traballos da casa na rúa da Senra. Mais é que, despois, que Rosalía de Castro na casa da Matanza tivo que traballar a terra literalmente é unha cousa constatada. Está nos cronistas da época, os que foron alí a vela. O de que tiveron que vender a biblioteca para poderen comer está desde Pondal até o alcalde de Padrón. É que está cheo de dados! Entón é que, de verdade, hai que ser dunha insolencia superior para tentar tapar iso e, como sexa, a crise do matrimonio. É que estes señores non hai por onde collelos. É o que fai Barreiro por exemplo. Ti imaxínate unhas persoas nesa situación económica con Murguía arrendando un piso en Santiago de Compostela e ela vivindo en Padrón. E a explicación que che dá é que estaba a escribir a Historia de Galicia… É que xa non teño palabras para todo isto. Aquí estamos nunha visión que é deplorábel mesmo pola falta de respeito polas informacións que as propias persoas da época forneceron, e polo desastre terríbel de angustia rosaliana que se expresa ademais a través da súa obra. Poderías desenvolver un pouco máis iso? Entre as causas do seu sentido de derrota total está a miseria física, física entendida nun sentido global. E tivo que irse de Lestrobe porque o curmán tampouco tiña capacidade para alimentala. Entón, se queren facer unha versión crítica desta xente, poden meterse con moitas cousas: como era esta fidalguía, a falta de sentido de previsión ou a incapacidade para se aburguesaren… O que queiran, mais o que din non ten sentido ningún. Que neguen despois os datos particulares, de persoas que a viron e din que estaba nun estado penoso. Estaba tamén o sentido de derrota que tiña ela como escritora, o contraste con Pardo Bazán, que é heavy mesmo do punto de vista simbólico… A min iso si que me descompón un pouco. E que iso só se compense cunha visión en clave poética, que é como se fai agora, cousas que parece que din mais non din… Tamén nesa fase se fala da relación de Rosalía co álcol… Si, iso está nos biógrafos, que eran ademais convencionais e tradicionais. Como o biógrafo de Neda, o que era bibliotecario, está aí. Despois, tampouco hai que ser moi listo para ver que Rosalía xoga moitas veces na obra cos problemas dos bébedos e a comprensión que hai que ter con iso como droga. A min o que me irrita un pouco é a incapacidade para asumir que unha sociedade como a galega pode producir fenómenos que non son miméticos, que non teñen nada para envexar aos de fóra, mais que poden ser tanto ou máis que os de fóra, inclusive nos trazos do sentido do mal, da frustración, do fracaso… Iso non é só para Walt Whitman ou Baudelaire! Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro… Xa no teu libro Estranxeira na súa patria lamentas un pouco ese título. Si, porque iso estaba moi condicionado por un academicismo, aínda que fose progre ou marxista, mais era academicismo, acoplado iso ás exixencias das academias… Iso por unha parte está ben, porque obriga un pouquiño a facer as cousas conforme a métodos que están recoñecidos ou que ti te tes que encapsular un pouquiño nunhas formas de facer, mais polo outro lado para a difusión e o espallamento non é unha cousa moi positiva. O mellor é manter unha posición ensaística para un público non normal con certa cultura, que poida ler, mais despois sustentar iso da mellor maneira posíbel nos dados. Comentaches aí que analizaches por vez primeira a obra de Rosalía, mais algo que para min foi sorprendente cando lin o libro foi o momento da súa morte. Relendo, vin dúas noticias que ti recolles na Análise. Dígoche eses dous fragmentos, a ver que che evocan. Un di: "Dios haya perdonado a la gran Rosalía". O outro: "Profeta que canta en sus versos la independencia" (sic). Eu primeiro teño que dicir que nin eu mesmo me atrevín a levar todos os textos que manexei a unhas conclusións que me parecerían lóxicas, mais non o fixen por medo a que lle parecesen a alguén hipérboles. É algo do que me arrepinto. Teño que dicilo así de claro. Ou que mesmo me impediu dicir cousas onde eu vía unha cuestión mais non me atrevín porque 50 críticos dicían a contraria. A morte de Rosalía é a de alguén que morre na miseria e con pouco recoñecemento público. Non porque sexa descoñecida, que era coñecida, sobre todo nalgunhas minorías, os ambientes da emigración… Mais é un coñecemento que non ten recoñecemento público, institucional. De feito, no enterro non chegan a 15 persoas, alí, no cemiterio de Iria. Despois, é sintomático como a enterran: primeiro, nun canto do cemiterio; segundo, espetándolle unha cruz de madeira, que aos dous meses e pico xa estaba arrincada… Quere dicir que alguén arrincou esa cruz de madeira porque consideraban que esa señora non merecía estar baixo o símbolo da cruz, que xa quere dicir moito tendo en conta o respeito reverencial que hai polos mortos. Despois, o de "Dios haya perdonado a la pobre Rosalía"… Eu en principio podía pensar que esa era unha frase estereotipada. Mais, claro, non é. Dise moi singularmente e dunha maneira enfática, de tal xeito que hai unha especie de resabio, sobre que se sabe algo mais que non se di. Igual que no da "indepedencia" de Galiza, que é normal, porque Rosalía era unha nacionalista. Rosalía pensaba que Galiza tiña que ser independente, espiritualmente, mentalmente… Todo iso ela pensábao, non tiña problema ningún. Cal é o drama desta xente? Que non se artella un movemento orgánico, social, con influencia. É tamén outra das causas do fracaso, de persoas que non tiñan proclividade á actuación política, que tiñan porén a idea clara dun punto cultural e psicolóxico, e que estaban abocadas a vivir nun país, nese aspecto, cada vez máis depresivo. A evolución non foi a mellor senón que, dun punto de vista da esperanza, foi a peor. Iso é o que explica tamén que os anos finais de Rosalía sexan peores que os iniciais. Porque nos iniciais ti ves un rexime político mao, que todos estamos contra el, mais ese rexime acaba desaparecendo e é substituído por unha cousa onde os cambios cualitativos son moi poucos e, ademais, volve outra vez o rexime que foi alá nunha versión -dun punto de vista das arelas rosalianas- moito peor, que é a Restauración. Nese momento o nacionalismo, como ideoloxía e como cultura, está moito máis atomizado, moito máis confundido e é moito máis problemático. Entón, claro, quen puxo iso da independencia sabíao perfectamente. Os escritores que falan da independencia no XIX fano no sentido que nós entendemos, outra cousa é que despois eles non fosen independentistas dun punto de vista da práctica política. O caso máis exemplar é Lamas Carvajal. Lamas Carvajal é independentista. É o momento da independencia de Italia, o momento de Bohemia, dos hungareses, mesmo da convulsión en Irlanda… É que comezamos aí con todo. Mais aquí houbo unha serie de factores que impediron iso, que foron unha emigración que non retornou nunca con proxectos para o país senón que voltou máis españolizada (que é o que distingue gravemente do caso irlandés), un país que as clases intermediarias se foron entregando na estrutura burocrática do Estado español, un país que non figuraba no contexto internacional fóra do que era a concepción de España e unha incapacidade moi forte a non saír do ámbito literario e cultural. Entón, claro, no ámbito cultural fomos vangarda, mais na medida en que iso non conectou co movemento agrario, que era o que podía realmente acabar sendo outra cousa, pois aí tivemos un dos fondos da cuestión. Ademais, a finais do XIX iso foi moi depresivo, e houbo un retroceso ideolóxico claro. De feito, na literatura é moi notorio. Iso é epigonal, folclorizante… Os tópicos non son de Rosalía, proveñen de aí, dese tipo de literatura que se fai na transición finisecular. E, claro, dentro diso, quen mantén o tipo? Pois dous escritores da etapa anterior, que son Curros e Pondal. No momento da morte, aínda que o país non tiña moita forza, si tiña bastante forza a emigración como para popularizar a Rosalía e facer diso un mito adecuado á situación. Entón foi cando resultou inevitábel facer moitas cousas máis. Se contases cun orzamento xeitoso para divulgar a obra de Rosalía, que farías? Hoxe o problema fundamental que habería sería conseguir que o que introduzas de Rosalía, haxa interese en percibilo, en recepcionalo, en escoitalo e velo. Entón eu o que teño claro é que unha das cousas moi importantes sería a música: musicar os textos de Rosalía nos rexistros máis variados. En Follas novas pódese facer o que se queira: jazz, blues, tangos… O que queiras. E que houbese un tipo de cantores capaces de se identificaren con iso sen seren vítimas dos estereotipos e dos tópicos. Segundo, penso que habería que pensar no audiovisual en todos os formatos, mais o problema sería tamén a cuestión inicial… [O A FONDO "O retorno a Rosalía" está dispoñíbel na loxa] |
NOS_1757 | O pasado 6 de outubro, o presidente do Goberno español anunciou un bono de 400 euros para fomentar o consumo de actividades e produtos culturais na mocidade. | Persoas beneficiarias Importe concedido Negocios que se poden adherir Produtos, servizos e actividades Compatíbel con outras axudas O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, anunciou esta quinta feira que que a partir deste domingo, 18 de xullo, as empresas e entidades que o desexen poderán solicitar a súa adhesión ao Bono Cultural, destinado á mocidade do Estado español para que poida acceder con maior facilidade ao sector da cultura. A Xunta renuncia a convocar unha nova edición dos 'bonos cultura' Segundo explicou Miñóns, o Bono Cultural destaca o "apoio decidido do Goberno español ao sector cultural" e o efecto que terá esta medida para a recuperación das empresas culturais tras o impacto da pandemia de coronavirus. Persoas beneficiarias No caso da Galiza, 23.000 mozos e mozas que cumpriran ou cumpran os 18 anos ao longo de 2022 poderán solicitar o Bono Cultura. Bonos culturais: cultura e consumo Tamén poderán solicitalo todos aqueles mozos e mozas que teñan a nacionalidade ou a residencia española, así como aqueles que sexan solicitantes de asilo. É o caso de, por exemplo a mocidade ucraína refuxiada no Estado español. Importe concedido Cada persoa beneficiaria do Bono Cultural recibirá unha contía de 400 euros, válidos para gastar nos doce meses seguintes ao momento no que se produza a concesión do mesmo. En total, o Ministerio de Cultura destinará 9 millóns de euros na Galiza para sufragar esta axuda. Negocios que se poden adherir As empresas e negocios que poderán solicitar a súa adhesión ao Bono Cultural a partir deste domingo son librarías, teatros, tendas de música, festivais, salas de cinema, museos e outras tendas ou recintos de carácter cultural. Produtos, servizos e actividades O Bono Cultural poderá ser empregado para todo tipo de produtos, servizos e actividades de carácter cultural, sempre e cando cumpran os requisitos recollidos na convocatoria da axuda. As feiras do libro voltan ás rúas da Galiza Poderase empregar para a compra de entradas e abonos a distintos espectáculos musicais, teatrais, literarios; bens culturais en soporte físico, como libros ou discos; e subscricións a diferentes publicacións ou servizos relacionados co sector cultural, entre outros. Compatíbel con outras axudas A concesión do Bono Cultural será compatíbel coa recepción de calquera outro tipo de subvención, ingreso ou axuda procedente das demais administracións públicas. |
NOS_1991 | Hai un gorentoso negocio en marcha na Galiza: recoller residuos inertes, tiralos en canteiras en desuso para despois tapalos, chamándolle a iso restauración ambiental. O favorábel balance, para o peto das empresas, do custo-beneficio desta operación, fai que máis de 200 canteiras na Galiza estean no seu albo. E o goberno de Feixoo é remiso a modificar a lei para impedir o que é un "calote ambiental". Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no semanario en papel Sermos Galiza número 348. | La monnezaa è ricchezza (a inmundicia é riqueza). A frase recollida polo escritor Roberto Saviano en Gomorra resume un dos negocios nos que se sustenta a camorra napolitana: o negocio dos residuos. Porque a recollida e xestión destes, dos residuos, é un problema, un negocio ou unha oportunidade. A proliferación de vertedoiros, moitos deles incontrolados, levou a que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sancionase o Estado español en dúas ocasións. No Estado, os 142 vertedoiros legais que operan no negocio do lixo gañaron en 2017, segundo colectivos e organizacións como Ecologistas en Acción, máis de 12.500 millóns de euros procedentes da xestión de 24 millóns de toneladas de lixo. En relación ao tratamento de residuos inertes nos últimos tempos na Galiza houbo movemento abondo. Que diversas empresas queiran aproveitar as arestas máis permisivas da lexislación para converter os ocos das canteiras en vertedoiros encubertos de miles de metros cúbicos de residuos mobilizou a veciñanza das zonas afectadas, ambientalistas e tecido social e político. Demandan da administración as mudanzas lexislativas precisas para que estas situacións non se dean. Os procesos de restauración ambiental de áreas onde houbo actividades extractivas son unha cousa. O negocio que se quer facer a conta de adquirir antigas canteiras e áreas mineiras para transformalas, pola porta de atrás, en vertedoiros "encubertos", outra. Sábeno ben os veciños e veciñas que se mobilizaron en lugares como Miramontes (Santiago) ou Casalonga (Teo), denunciando os efectos ambientais e sociais dun negocio gorentoso para o peto de empresas e compañías. O biólogo e veciño do concello de Teo Martiño Nercellas pon un exemplo: "En casos como Casalonga, a previsión de recheo con residuos inertes de construción é duns dez millóns de metros cadrados, cun prezo de xestión polo seu tratamento (valorizalo=depositalo) de máis de 50 millóns de euros durante todo o tempo que dure a operación de "restauración" da canteira. A adquisición da canteira e a concesión para a súa explotación terían custado menos dun millón de euros". [Podes ler a peza íntegra no número 348 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_9116 | Naturgy anuncia a fin da central de carbón ubicada en Cerceda, impulsada ao abeiro da mina que asolou As Encrobas e provocou a súa icónica revolta, polo industrial de toda unha comarca e unha das principais emisoras de gases de invernadoiro en Galicia. | 40 anos. Ese é a idade aproximada que cumprirá a central térmica de Meirama antes de que, no verán de 2020 como data límite, bote o fecho na parroquia do mesmo nome, en Cerceda, a uns 30 quilómetros do centro da Coruña. Case catro décadas despois de que arrancase oficialmente, naquel outubro de 1980, Naturgy anunciou o peche dunha instalación icónica por moitos motivos. A central térmica abandonará unha paisaxe que pouco ten que ver coa que existía cando o grupo empresarial propietario (daquela Fenosa, logo Unión Fenosa, máis tarde Gas Natural Fenosa e agora Naturgy) decidiu explotar un xacemento de lignito pardo no subsolo do val das Encrobas, parroquia de 1.500 habitantes pegada a Meirama, en 1975. Alí onde agora hai un gran lago artificial de máis de dous quilómetros de longo e outro de ancho había daquela varias aldeas, centos de casas e 400 familias co seu modo de vida. No medio houbo unha mina a ceo aberto da que se extraeu lignito ata que acabou de vez hai algo máis dunha década. Fenosa decidiu en 1975 explotar nas Encrobas un xacemento de lignito que alimentaría a central térmica durante décadas e logo dunha icónica mobilización dos veciños contra a expropiaciónFoi o ditador Franco, no último Consello de Ministros antes da súa morte, quen aprobou un expediente de expropiación forzosa polo que Fenosa, de non chegar a acordos de compravenda cos afectados, podía facerse cos terreos polo procedemento de urxencia.Logo de varias expropiacións, mentres a central empezaba a construírse, a mobilización veciñal medrou e foi sumando o apoio dunha sociedade, en plena Transición, que asistía abraiado a unha loita desigual. Ao berro de "a terra é nosa e non de Fenosa", as manifestacións acaban coa intervención das forzas de seguridade. Nun dos últimos intentos da compañía por acceder ás terras, con 80 gardas civís despregados, 200 veciños, moitos deles anciáns e mulleres, defendéronse co que tiñan -sachos, paus, galletas ou paraugas- e as fotografías tiradas por Xosé Castro, fotógrafo de La Voz de Galicia, fixeron o resto. O impacto mediático dunha imaxe icónica, a de labregas á fronte contra axentes con tricornio e capa, fixo recapacitar á eléctrica. Fenosa desiste do procedemento expropiatorio aberto e inicia as negociacións coas persoas afectadas para adquirirlles os seus terreos. A pelexa céntrase en conseguir as mellores condicións e evitar os continuos abusos e afectacións medioambientais. E continuou durante anos, mentres a mina ía medrando e a última casa das Encrobas desaparecía en 2004. Cun notable impacto positivo no laboral, a contaminación provocada pola central estivo sempre no punto de mira. Ao irse esgotando o xacemento de lignito que tiña ao pé, na mina que asolou As Encrobas, as instalacións reformáronse para utilizar como combustible hulla, que desde hai dez anos é toda de importación. Chega ao peirao da Coruña desde os Estados Unidos e desde o porto trasládase en tren a Meirama. Tras o proceso de produción enerxética, e cunha potencia instalada de 563 megavatios, a evacuación de gases prodúcese a través dunha chimenea enorme, visible desde boa parte da provincia, de 200 metros de altura e un diámetro de 18 metros na base e 11 na boca. O impacto positivo no laboral e no económico en Cerceda, que loce unha imaxe da central no seu escudo, contrasta coa súa elevada emisión de gases causantes de cambio climáticoEses gases son, tantas veces, o mellor xeolocalizador para un municipio, Cerceda, que deberá ir pensando se muda ou non o seu escudo, onde xunto a un carballo e un torques loce a central térmica, a que achega 800.000 euros tan só polo IBI cada ano. Pero tamén emisións contaminantes e pequenos restos da queima de carbón que adoitan manchar terreos e casas nunha vila que, a través de Sogama, xa recibe o lixo de media Galicia. Nos últimos cinco anos para os que hai datos oficiais (entre 2012 e 2016), tal e como detallaba Xosé Veiras, a suma das emisións das centrais de carbón de Meirama e As Pontes representou, de media anual, o 34% das emisións totais galegas de gases causantes de cambio climático.Por mor desta alta produción eléctrica con carbón, as emisións por habitante de gases de invernadoiro de Galicia, 10,3 toneladas, superan mesmo a media da UE, que é de 8,4 toneladas. Agora que a térmica de carbón de Meirama parece que porá fin á súa vida, Galicia deixará de emitir entre dous e tres millóns de toneladas anuais de CO2 causante de cambio climático. En 2017 saíron pola súa cheminea 2.380.000 toneladas de CO2, unha cantidade equivalente ao 42% das emisións de gases de invernadoiro de todo o sector do transporte en Galicia ao longo de 2015 (último ano con datos accesíbeis).O peche de Meirama suporá que Galicia deixe de emitir unha cantidade de CO2 equivalente ao 42% das emisións de gases de invernadoiro de todo o sector do transporteO país perderá, tamén, un polo industrial importante, lastrado pola falta de alternativas sostibles e menos contaminantes para o emprego e a comarca afectada. Ademais, o peche suporá unha diminución do 28% na capacidade galega de produción eléctrica con carbón nunhas instalacións con case 80 empregos directos e máis indirectos ou dependentes. A plataforma Galiza, un futuro sen carbón celebrou o anuncio de Naturgy de solicitar o peche antes do 30 de xuño de 2020 por ser "un importante avance na transición cara a un sistema enerxético 100% renovable, cada vez máis urxente perante a situación de emerxencia climática global". Con todo, di que "cómpre acompañar o peche de medidas xustas para as persoas traballadoras afectadas pola clausura dunha das industrias máis contaminantes da nosa terra". Segundo esta plataforma, a adaptación á nova normativa ambiental "non tería reducido en absoluto as emisións de CO2 causantes de cambio climático da central de Meirama", aínda que si tería eliminado "unha parte das súas cuantiosas emisións de gases e partículas tóxicas responsables de 55 mortes anuais prematuras". Os custos sanitarios provocados pola contaminación tóxica da central de Meirama estímanse en até 165 millóns de euros. |
PRAZA_13837 | Beiras suxire a creación dunha "fronte común" da esquerda e do nacionalismo da que non exclúe a BNG nin a IU. Bascuas aclara que CxG "chama por todos pero non espera por ninguén". As dúas novas formacións lanzan duras críticas contra a intención da Xunta de reducir o número de parlamentarios no seu 'debú' no Día da Patria. | Aposta pola unidade de acción ante unha "situación de emerxencia" e para conseguir "unha creba democrática do actual réxime". Así se manifestou este mércores o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, no acto organizado pola nova formación nacionalista, que fixo a súa estrea pública en Mazarelos ante arredor dun milleiro de persoas. Unha cantidade semellante foi a que acudiu case á mesma hora a Bonaval, onde Compromiso por Galicia (a unión de Acción Galega, Ecogaleguistas e Máis Galiza) levou a cabo os seus actos, onde o seu líder, Xosé Manuel Bascuas, avogou tamén pola "unidade", aínda que "sen esperar por ninguén", en clara referencia a Beiras. "O tempo esgótase, nós chamamos por todo o mundo, pero non esperamos por ninguén". Con estas palabras o portavoz de Compromiso por Galicia (CxG), Xoán Carlos Bascuas, deixou clara a intención desta nova formacion de seguir en solitario se o colectivo dirixido por Xosé Manuel Beiras non dá o paso de sumarse a eles. O discurso do líder da nova formación puxo punto e final ao acto organizado por CxG no parque de San Domingos de Bonaval da capital galega para celebrar o Día da Patria, un acto presidido pola bandeira autonómica e que axuntou varios centos de persoas. As referencias ás persoas que marcharon do BNG foron constantes no acto de CxG; no de Anova, houbo alusións sen citar o Bloque Ao longo das diferentes intervencións repetíronse ás referencias á "radicalidade democrática" e a "recuperar a política", así como as referencias ás persoas que marcharon do Bloque Nacionalista Galego. Bascuas definiunas como "herois e horoínas" que "podían vivir noutra casa pero na que non podían construír un fogar e decidiron marchar", e lembrou que "os costumes e as amizades poden facer que hoxe ollemos cara outras prazas". Na mesma liña interviu o alcalde de Maceda Xabier Oviedo, moi aplaudido ao afirmar que "non podiamos seguir defendendo os intereses dos nosos veciños baixo unha siglas nas que xa non criamos". "A xente está casa dos vellos partidos", asegurou Oviedo, e chamou a participar en CxG. Pérez Bouza definiu Compromiso como "a gran casa común do galeguismo"; Anova defínese como un "movemento cívico" para a "maioría social da nación" "Aspiramos a ser algún día o Partido Nacional de Galicia, o referente social maioritario da cidadanía galega", aseverou pola súa banda o ex-senador do BNG Pérez Bouza. O ourensán definiu Compromiso por Galicia como "a gran casa común do galeguismo, e xa temos os alicerces e a estrutura". Para o ex-senador, "non nos importa de onde vén a xente, senón a onde quere chegar", en referencia á variada procedencia dos afiliados de CxG. Neste sentido Bascuas asegurou na nova formación "converxen augas diferentes pero non distantes". Mentres, no acto de Anova, Beiras chamou a "botar" os actuais dirixentes da Xunta das institucións e insistiu nunha organización política "que só debe ser a ferramenta" dunha sociedade civil "participativa e organizada" e que ten que ser necesariamente "de longa duración". "Aínda que se gañasen as eleccións, dificilmente se podería darlle unha volta total ao forro sen unha creba democrática do réxime", insistiu o voceiro nacional, nun acto no que, entre o público, púidose ver o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, ou ao alcalde de Teo, Martiño Noriega. Así, Xosé Manuel Beiras suxeriu a creación "dunha fronte común de esquerdas" na que estivese representado "toda o espectro da esquerda e do nacionalistmo" entre o que incluíu "á esquerda estatal que recoñeza o dereito de autodeterminación do pobo galego", abrendo a porta á confluencia electoral con Esquerda Unida, e da que non vetou o BNG. De feito, e xa antes do seu discurso, o voceiro nacional de Anova sorprendeu chamando á unidade de acción e aclarado que o feito de que Anova optase por aparecer "co seu perfil" no Día da Patria non significaba que quixese "protagonizar nada", optando tamén por "confluír" co nacionalismo. "Exhorto as outras organizacións de esquerda a que se unan para facer accións conxuntas para acabar con este réxime" nunha época que supón "o remate dun ciclo histórico e político". Ademais, Beiras criticou con dureza a pretensión do PP de reducir o número de deputados na Cámara galega, que ve "unha manobra para a creación dun partido único" e "unha vulneración dos reximes democráticos", unha "situación de emerxencia" que requiriría máis aínda esa "fronte común". Así, "e no caso de que se queira aforrar", o voceiro de Anova apostou por acabar coa Lei D'Hont e pola "supresión da porcentaxe mínima do 5% para a obtención de escano" para optar por "unha proporcionalidade sinxela e directa dos votos". No entanto, Beiras, aínda que sen citalo, tamén lanzou críticas contra o BNG censurandoo a "aqueles que invocan a unidade pero para ter un pensamento único e amansarse". Ademais, fixo referencia a Amaiur, coalición da que, dixo, "cómpre aprender algunhas leccións". A unión de diversas e variadas forzas nacionalistas en Amaiur debe, segundo Beiras, ser tida en conta "por quen pretende monopolizar o nacionalismo negando a súa pluralidade". Beiras puxo como exemplo de unión a coalición formada en Euskadi por Amaiur Ademais, falou dun novo proxecto común que "ten que ser de e para a maioría social da nación", na que incluíu obreiros, mariñeiros, autónomos e pequenos empresarios, "un pobo con dereito a emanciparse se así o quere o pobo". O voceiro de Anova rematou o acto chamando de novo "á rebeldía cívica", lembrando que é "a hora da primeira República Galega" e entre berros de "Galiza ceibe, poder popular" e "independencia" tras o canto do himno galego. En Bonaval, CxG centrou na defensa do autogoberno todas as intervencións, así como as críticas ao reforzo das deputacións. Para Bascuas "é tan demoledor para o autogoberno pedir menos soberanía como demandar a República Galega", mentres que Pérez Bouza afirmou que "os límites de decisión de Galicia serán os que a cidadanía galega queira". Pola súa banda, a exconselleira de Vivenda do BNG Teresa Táboa non dubidou en cualificar a redución de deputados no Parlamento Galego como "un golpe de estado á democracia", e preguntoulle a Feijóo "se ten medo da democracia ou de Compromiso por Galicia". O canto do Himno puxo fin a un acto no que tamén se escoitaron referencias ao 15M ou ao "homicidio á clase media", en palabras de Bascuas, quen rematou pedindo "ver a historia de Galicia en positivo". O evento de Bonaval contou coa presenza de delegacións internacionais como Coalición Canaria, Iniciativa del Poble Valencià, Iniciativa per Catalunya ou a Fronte Polisaria, cuxos representantes tamén interviron no acto. Tamén se leu unha carta do secretario xeral de Eusko Alkartasuna, Pello Urizar, e se nomearon outras formacións como PNV, Sortu, Chunta Aragonesista ou Convergènica Democràtica de Catalunya (CDC). En Mazarelos houbo representación da esquerda abertzale, do Bloco de Esquerdas portugués, así como doutras formacións a nivel internacional. |
NOS_37816 | A Fundación Vicente Risco ven de outorgar o seu premio de ciencias sociais. O gañador deste ano é o ensaísta e colaborador de Nós Diario, David Rodríguez, cun traballo de investigación sobre Castelao. | David Rodríguez resultou gañador da XXVI edición do premio de Ciencias Socias da Fundación Vicente Risco. Rodríguez, autor do volume O canastro é o tornarratos, é unha das voces de máis relevo do ensaio galego actual. Precisamente, este traballo significou a consolidación dun autor que xa se tiña dado a coñecer en diversas obras colectivas e mediante o blog O funambulista coxo, cuxos traballos foron publicado en parte en 2012. A obra premiada pola Fundación Vicente Risco leva por título Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo en Castelao e nela achega novas perspectivas de análise sobre o pensamento do líder nacionalista. David Rodríguez sinala a Nós Diario que con este traballo pretende "descubrir o que había de cultura política republicana en Castelao". Neste caso, "o seu é un republicanismo antigo, non un republicanismo liberal, por iso pon o foco na comunidade, que precede ao individuo". Rodríguez ten presente na súa análise a formulación de Benjamin Cnostant. "Constant un liberal clásico, diferenciaba entre a liberdade dos modernos e liberdade dos antigos", afirma Rodríguez, quen destaca que na segunda "o colectivo se antepón ao individuo e todo é politizábel". O republicanismo de Castelao "Castelao rexeita a tradición republicana francesa e contrapona a unha tradición ibérica, que nesta caso é confederal", continúa Rodríguez, quen defende que "o pouso tradicionalista de Risco enchoupa o pensamento de Castelao". Os debates de Castelao teñen un importante carácter xeracional. Neste liña, Rodríguez apunta a analoxía entre as súas formulacións e dalgúns contemporáneos, "como acontece con Gramsci, no referido ao populismo ou ao nacional popular". Rodríguez observa en Castelao preocupacións semellantes "ás expresadas por Polanyi no seu volume A grande transformación ou as defendidas por Walter Benjamin sobre o carácter non lineal da idea de progreso", defendidas polas correntes mecanicistas do marxismo. "O pensamento de Castelao certifica que non hai quebra entre o Partido Galeguista e o nacionalismo de matriz marxista que xurde na década dos 60", certifica Rodríguez, quen cuestiona "a tese do piñeirismo que quere estabelecer unha incompatibilidade entre estas dúas correntes". |
PRAZA_20537 | O avogado de Andrés Cortabitarte, ex-director de Seguridade, quere que o instrutor lle pregunte á Axencia Ferroviaria Europea como se avaliaban os riscos noutros estados e se tamén tiña que facelo a empresa operadora do tren PSOE e o grupo de Unidos Podemos pactan a investigación política de Angrois | PSOE e o grupo de Unidos Podemos pactan a investigación política de Angrois O avogado de Andrés Cortabitarte, o ex-director de Seguridade na Circulación de Adif entre 2006 e 2013 imputado polo accidente de Angrois, vén de presentar no xulgado unha serie de preguntas que pide que se engadan ás que o xuíz instrutor decidiu facerlle sobre o sinistro á Axencia Ferroviaria Europea. O letrado quere que o organismo comunitario diga como se avaliaban os riscos noutros estados membros da UE e se tamén tiña que avalialos Renfe, como empresa empregadora do maquinista, tamén imputado polo seu despiste. O avogado de Andrés Cortabitarte, ex-director de Seguridade, quere que o instrutor lle pregunte á Axencia Ferroviaria Europea como se avaliaban os riscos noutros estados e se tamén tiña que facelo a empresa operadora do tren Hai tres semanas a Audiencia Provincial da Coruña ratificou a imputación de Cortabitarte, a quen Adif mantén nun cargo de libre designación, por ver nel "indicios dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente. Ao tempo, o xuíz instrutor do caso decidiu preguntar á Axencia Ferroviaria Europea se era obrigatoria ou non a análise de riscos que Adif, con Cortabitarte á súa fronte, non fixo nesa liña. Agora, o avogado de Cortabitarte vén de presentar un escrito no que solicita que se amplíen as preguntas que o xuíz fai á axencia europea para incluír nelas varias que considera necesarias para unha mellor defensa do seu cliente. O avogado pregunta, entre outras cousas, como eran as avaliacións de seguridade que realizaban outros estados membros da UE, se houbo dificultades por parte deses estados "para a comprensión e aplicación" dos sistemas de xestión da seguridade ditados pola UE ou se a "exportación" dun risco aos maquinistas, como fixo Adif no caso da liña Ourense-Santiago, "require a avaliación, control e aceptación por parte das empresas ferroviarias", en referencia a Renfe Operadora. No seu recurso infrutuoso contra a súa imputación, a defensa de Cortabitarte xa alegara que a responsabilidade de analizar o risco da curva de Angrois debía buscarse noutros departamentos No seu recurso infrutuoso contra a súa imputación, a defensa de Cortabitarte xa alegara que a responsabilidade de analizar o risco da curva de Angrois debía buscarse noutros departamentos, tanto por riba súa na Dirección de Ferrocarrís de Fomento como por baixo na consultora pública Ineco que avaliara a liña. Fronte a esa argumentación, a Audiencia da Coruña optou por manter a imputación de Cortabitarte, que está citado a comparecer novamente no xulgado o próximo día 27 deste mes de xullo, tras negarse a declarar o pasado mes de abril. |
NOS_37051 | O instituto armado desenvolveu unha operación na que resultaron detidas 16 persoas, entre elas unha ducia de avogad@s. Acúsaas de "integración en organización terrorista" e delitos contra a Facenda Pública. | Por volta das 7:00 da mañá a Garda Civil despregou un operativo en diversas localidades bascas en que resultaron detidas 14 persoas, entre elas 12 avogad@s e o senador de Bildu Iñaki Goioaga quen, no entanto, non foi apresado pola súa condición de aforado. Tamén, as avogadas de Inés del Río Amaia Izko e Ainhoa Baglietto que levaron a Estrasburgo a aplicación ilegal da 'doutrina Parot'. Segundo informa o diario dixital Naiz entre as persoas arrestadas atópanse, aliás, divers@s avogad@s que esta segunda feira (12 de xaneiro) se atopaban en Madrid como defensa no macroxuízo contra militantes da esquerda abertzale que ten lugar na Audiencia Nacional española. Entre as ordes de detención atópase a do senador de Bildu, Iñaki Goioaga quen non foi arrestado pola súa condición de aforado A operación da Garda Civil produciuse un día despois da multitudinaria manifestación decorrida en Bilbo a prol dos dereitos humanos e das persoas presas. Segundo recollen as axencias de noticias españolas as persoas arrestadas estarían acusadas de pertenza "a organización terrorista" e diversos delitos contra a Facenda pública. Algúns medios tamén apuntan cara á unha operación contra "a fronte de cárceres" nun operativo dirixido ao denominado polas autoridades xudiciais españolas como "contorna de ETA". Neste senso, desenvolvéronse senllos rexistros nas oficinas d@s avogad@s así como na sede do sindicato LAB, en Bilbo. Unha 'operación' anunciada A operación xa fora anunciada no mes de xuño polo ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz. Así o recollían en Gara. O diario basco sinalaba naquela altura que fontes do Ministerio aseguraran a xornalistas que estaban a preparar unha acción contra a solidariedade económica das persoas presas. Desde EH Bildu o parlamentar Julen Arzuaga tildou a operación como unha resposta "miserábel ás demandas de dereitos humanos e ansias de paz" do pobo basco. Tamén o deputado de Amaiur no Congreso español, Sabino Cuadra, asegurou en declaracións aos medios de comunicación é "unha resposta do goberno español á manifestación do sábado". "Un ataque" dixo, "á paz e a liberdade". #35akLibre A sala do penal da Audiencia Nacional española que xulgaba esta segunda feira a militantes da esquerda abertzale pola súa actividade política ficou finalmente suspenso após a detención de 3 avogadas que desenvolvían a defensa de 16 das persoas xulgadas. Todas as persoas encausadas ás que lles foi detida a defensa sinalaron ao tribunal que preferían manter "o seu avogado de confianza". |
PRAZA_3112 | A apertura 24 horas da hemodinámica de Lugo avivou hai un ano a demanda ourensá, que co pano de fondo do conflito de Verín será atendida dende o vindeiro febreiro, anuncia a Xunta | Hai algo máis de dez anos, a finais de xaneiro de 2009, o daquela presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, inauguraba a sala de hemodinámica do complexo hospitalario de Ourense (CHOU). Aquela nova infraestrutura para a atención urxente dos infartos e doutras doenzas coronarias respondía á histórica demanda de poñer fin aos máis de mil traslados anuais a Vigo para atender este tipo de episodios pero o seu horario convertíaa só nun primeiro paso. Abriu pouco despois, pero só en horario de oficina, de xeito que polas tardes e nas fins de semana, os traslados continuaban.A apertura 24 horas da hemodinámica de Lugo avivou hai un ano a demanda ourensá, que co pano de fondo do conflito de Verín será atendida dende o vindeiro febreiro, anuncia a XuntaA cuestión da hemodinámica ourensá rexurdiu con especial intensidade á calor das mobilizacións que durante anos se produciron apenas un cento de quilómetros ao norte, en Lugo, onde en febreiro de 2011 Alberto Núñez Feijóo prometeu que, coa inauguración do novo hospital Lucus Augusti, os doentes da provincia terían que deixar de ser trasladados á Coruña. A sala lucense de hemodinámica non abriu ata 2014, tamén cun horario de oficina que impediu tratar a tres de cada catro doentes que o precisaban. En febreiro de 2018 ambas salas, a lucense e a ourensá, pasaron a estar abertas ata as dez da noite e a comezos de 2019, tras oito anos de mobilización, chegaba Lugo unha apertura 24 horas que avivou a demanda ourensá. Esa apertura continuada no CHOU chegará agora, en febreiro de 2020, anuncia a Xunta.Pouco despois da fin do conflito lucense, o PP votaba no Parlamento contra apertura continua en Ourense entre acusacións de ignorancia contra PSdeG e BNGComo en Lugo, durante estes anos tanto Feijóo como as tres persoas á fronte da Consellería de Sanidade nos seus gobernos mantiveron que o límite horario da sala ourensá de hemodinámica se debía estritamente a criterios técnicos baseados no Rexistro Galego de Infarto Agudo de Miocardio (Regaliam). Deste xeito, poucos días despois da fin do conflito lucense, o PP votaba no Parlamento en contra de estender a medida a Ourense entre acusacións de ignorancia dirixidas a PSdeG e BNG. En setembro de 2019 chegaría a decisión sobre a apertura continua, agregara Sanidade entre aplausos do daquela alcalde ourensán, Jesús Vázquez, cuxo mandato se sometía ás urnas apenas tres meses despois.A Xunta organizou un encontro de Feijóo e Almuíña coa área de Cardioloxía do CHOU para dar a coñecer a decisión e evidencia que ata agora a atención a infartos en Ourense "ocupaba o 40% do horario"Pero en setembro de 2019 non houbo novidades. Hainas agora, en xaneiro de 2020, cunha precampaña galega xa lanzada e, no caso ourensán -e máis alá-, marcada irremediablemente polo conflito polo peche do paridoiro do hospital comarcal de Verín, no que a Xunta vén de recuar tras dous meses de mobilización cidadá permanente nos que a cúpula dirixida por Alberto Núñez Feijóo tivo enfronte non só á oposición galega e a diversos movementos sociais e veciñais, senón tamén ao PP na provincia de Ourense, que só secundou a posición presidencial no Parlamento. Igual que na cuestión da hemodinámica.Con este pano de fondo, este luns Feijóo e Almuíña convocaron á prensa no hospital de Ourense, onde anunciaron que manterían unha xuntanza cos "responsables de Cardioloxía" do complexo. Segundo o presidente, a decisión responde a que, unha vez "protocolizados dende 2018" os datos do devandito rexistro de infartos, "os profesionais nos propoñen, e nos vamos a anunciar, que este servizo de oito a vinte e dúas horas" pasará a ser "un servizo de 24 horas". Ata agora, evidencia, a atención a infartos en Ourense "ocupaba o 40% do horario". |
PRAZA_13136 | A teimosía do presidente ao reiterar que "dar de comer ou facer a cama a un paciente non é sanidade" irrita os grupos da oposición parlamentaria e os colectivos en defensa dos servizos sanitarios públicos | O presidente da Xunta volve incendiar o debate sanitario. Como xa fixera en decembro nunha entrevista na canle Intereconomía a pasada fin de semana Alberto Núñez Feijóo volveu deixar caer, desta volta dende as páxinas do diario ABC, o que, na súa opinión, sería un camiño para aforrar nos servizos públicos de saúde. Para o xefe do Goberno galego "dar de comer" aos pacientes ou "facerlles a cama" simplemente "non é sanidade", dado que estes servizos non son "o mesmo" que "operalo do corazón". A controvertida análise de Feijóo, sumada á súa notable experiencia na xestión sanitaria -foi secretario xeral do Sergas e presidente do Insalud- irritou notablemente a oposición parlamentaria e os grupos en defensa da sanidade pública nun rexeitamento que este luns resumía o voceiro parlamentario do PSdeG, Abel Losada, en cuxa opinión as afirmacións do líder conservador supoñen "unha estupidez inhumana". Feijóo, di Losada, "debe desculparse ante os pacientes que están ingresados nos hospitais galegos, moitos con enfermidades graves", en cuxos casos "pagar a cama" ou a alimentación "forma parte da asistencia sanitaria". Pero, á marxe das propias declaracións, o parlamentario socialista non ve casual a reiteración de certas análises. "Feijóo leva tempo preparando o terreo para un brutal negocio na sanidade pública galega, empezou co hospital de Vigo", asegura, lembrando ademais a participación na súa construción público-privada de empresas como "Acciona e Bankia". "Habería que preguntarlles como lles vai", ironiza, en referencia á nacionalización de Bankia malia á súa participación "en procesos de privatización que significan negocio e dividendos". Precisamente na diferenza de tratamento entre a entidade bancaria ata hai pouco dirixida por Rodrigo Rato e os servizos públicos fundamentais detense o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera. Para o nacionalista supón un verdadeiro "escándalo" que se "utilicen recursos de todos para socializar as perdas do sector financeiro, mentres os beneficios irán ao ámbito privado" e, ao tempo, Feijóo "diga que non se pode entender que é sanidade pública" prestar servizos como a alimentación nos hospitais. Jorquera dá tamén en concluír que o presidente "está preparando o terreo para novos recortes en servizos fundamentais" que van "castigar os cidadáns, en particular os máis febles da sociedade, os enfermos", con "novas formas de repagamento". "É inconcibible que un presidente diga semellante barbaridade", din dende a Asociación en Defensa da Sanidade Pública Fóra do ámbito estritamente político onde as verbas do xefe do Goberno galego causaron unha maior indignación foi no ámbito propiamente sanitario. "Tómannos por parvos", resume o voceiro da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, Manuel Martín, que en declaracións a Praza Pública considera "inconcibible, inaceptable e inasumible" que "un presidente diga semellante barbaridade". "Unha hospitalización é un conxunto de actividades para tratar a saúde con coidados de todo tipo" que "inclúen o encamamento, a prescrición de tratamentos", a aplicación de "goteiros con medicamentos" a realización de radiografías ou mesmo intervencións cirúrxicas. "Pero para todo iso loxicamente" o paciente "ten que ser alimentado de acordo coas características da súa enfermidade" e "haberá que lavalo, porque as condicións hixiénicas permiten manter a saúde", evidencia Martín. "Todo forma parte dos coidados hospitalarios", engade. Neste contexto dende a asociación advirten de que "estes individuos que nos gobernan están tentando cobrar as persoas en situación de maior necesidade, cando están enfermas", impoñendo co repagamento "impostos que gravan a enfermidade" e abrindo a porta a "delirantes situacións de desigualdade". "Pode xerar situacións nas que nunha cama estea un señor pudente que pode pagar a comida e, na do lado, unha persoa con pouca capacidade económica á que a súa familia lle leva unha friameira porque non ten recursos económicos". "É unha absoluta necidade dicir que a alimentación do paciente e a súa hixiente non forman parte dos coidados hospitalarios", máis aínda, di, facelo mentres "lle dan 20.000 millóns a unha empresa desvalixada" polos seus xestores, afirma, en referencia a Bankia. Xustificación dende o PP O PP chama a interpretar a Feijóo "no contexto do debate da sostibilidade do sistema sanitario" No medio da treboada de críticas o encargado de defender as declaracións do presidente foi o voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, que chama a "interpretar esas declaracións no contexto do debate da sostibilidade do sistema sanitario, que en Galicia e en España é público". "É o único país, xunto con Gran Bretaña e Dinamarca, que non ten ningún mecanismo de copagamento na asistencia", advirte. Partindo desta consideración inicial Puy coida que "nos servizos adxacentes" á asistencia sanitaria "o que se trata é de conseguir un bo servizo ao menor custo". "Todas as autoridades autonómicas están reflexionando sobre a sostibilidade do sistema" e "hai comunidades que xa teñen adoptado medidas que en galicia, grazas a unha boa xestión, non houbo que tomar", caso por exemplo do "cobramento por receitas ou o peche de hospitais". "Estamos xestionando ben sen copagamento, o cal non quere dicir que España no seu conxunto non teña que reflexionar sobre a sostibilidade do sistema sanitario", advirte, nun contexto no que "hai unha serie de servizos que se prestan no interior do hospital" e que xa "corren por parte do paciente", caso por exemplo de "ver a televisión" nos cuartos hospitalarios. |
NOS_26323 | O acto representaba o que consideran que podería ocorrerlle á comarca da Mariña se se fai efectivo o peche da planta de aluminio. | Os traballadores de Alcoa e veciños da Mariña 'choraron' a "morte" da planta de San Cibrao, en Cervo (Lugo). Para representalo, desenvolveron un velorio simbólico na noite deste sábado á porta do complexo industrial. Nunha contorna decorada con cruces brancas, empregados da factoría e veciñas da zona portaron cirios para participar nun 'enterro'. O acto representaba o que consideran que podería ocorrerlle á comarca da Mariña se se fai efectivo o peche da planta de aluminio. Unha acción na que participaron miles de persoas para arroupar aos traballadores da factoría días antes da celebración, o vindeiro día 3 de decembro, do xuízo polo Expediente de Regulación de Emprego que afectaría a máis de 500 traballadores. A concentración comezou ás 19.30 horas á entrada do complexo, onde ardeu unha barricada elaborada polos empregados. Posteriormente tamén prenderon lume a un monólito decorado cunha foto dos propios traballadores. |
NOS_26336 | Concentracións na tarde desta quinta feira en Compostela, Lugo e Vigo. | Desde Vigo, Compostela, Ourense, Ferrol ou da propia Coruña. Os centros sociais amosaron nestas horas a través das redes sociais a súa solidariedade co CSOA A Insumisa e o seu rexeitamento frontal ao que cualifican de "represión" no desaloxo deste espazo autoxestionario coruñés. "Solidariedade co CSO A Insumisa neste "día escuro" en que a Marea Atlántica desaloxou a hostias este proxecto autoxestionado, que encheu de vida e de compromiso político unhas naves abandonadas, abríndoas para toda a xente e restaurándoas a base de horas e horas de traballo desinteresado", escriben desde o entro social autoxestionado de Sar (Compostela). Tamén desde a capital galega, A Gentalha do Pichel mostrou a súa solidariedade coa Insumisa e denunciou o despexo. '10, 100, 1000 centros sociais', reivindicaron, no que é recuperar o lema que se estendeu na defensa do CSOA compostelán Escarnio e Maldicer cando o despexaron. Un lema que é partillado agora nas redes por diferentes centros sociais do país. Desde Artábria, en Ferrol, onde mostran a súa solidariedade contra a "brutal carga da Policía Municipal da Marea Atlántica" até A Revolta e Faísca ou A Quinta da Carminha en Vigo, pasando pola Galleira de Ourense, entre outros. Para esta tarde, 24 de maio, ai convocadas ás 20:00 concentracións de solidariedade coa Insumisa en Compostela (Praza 8 de marzo) Lugo (Ronda da Mauralla) e Vigo (Marco). Solidariedade co CSO A Insumisa neste "día escuro" en que a Marea Atlántica desaloxou a hostias este proxecto autoxestionado, que encheu de vida e de compromiso político unhas naves abandonadas, abríndoas para toda a xente e restaurándoas a base de horas… https://t.co/k0PYDNyVxm pic.twitter.com/e66yRiSGv2— CSA do Sar (@CSAdoSar) 23 de maio de 2018 Desde a @FArtabria toda a nossa solidariedade com as e os companheiros da Insumisa apos o despejo e a brutal carrega da polícia municipal da @mareatlantica 10, 100, 1.000 Centros Sociais!— Fundaçom Artábria (@FArtabria) 23 de maio de 2018 Hoje às 20h vemo-nos no Marco em solidariedade com o despejo do CSO A Insumisa. Porque os espaços liberados, som a conquista do povo.10, 100, 1000 Centros Sociais. pic.twitter.com/B2Zu69HEps— A Revolta do Berbês (@CSRevolta) 24 de maio de 2018 Solidarizamo-nos coa Insumisa!#10100100centrossociais pic.twitter.com/jm1bQvw61M— a gentalha do pichel (@CSPichel) 24 de maio de 2018 |
NOS_48822 | Caen os contaxios, baixa a presión hospitalarias e diminúen os casos activos ao tempo que avanza a campaña de vacinación co obxectivo de alcanzar 100% da poboación nova mais dos maiores que perderon a súa vez. | Os datos facilitados pola Consellaría de Sanidade confirman a tendencia á baixa da Covid na Galiza. O número de novos contaxios sitúase en 156, cando hai xusto un mes, o 7 de agosto, o número de novos positivos superaba o millar. Por áreas sanitarias, as cifras de contaxios melloran en todas salvo nas da Coruña, Vigo e Santiago, que rexistran lixeiros incrementos. Así, do total de novos casos declarados, 48 corresponden á Coruña, 35 a Santiago, 20 a Vigo, 25 a Lugo, 16 a Ourense, oito a Pontevedra e catro a Ferrol. O número de casos activos sitúase en 5.556, o que supón 292 casos menos que os notificados un día antes. Por áreas, o maior número de persoas enfermas está na da Coruña, con 1.400 casos (57 menos), seguida de Lugo, con 1.140 casos (81 menos); Santiago, con 1.020 (27 menos); Vigo, con 820 casos (38 menos); Ourense, con 557 (29 menos); Pontevedra, con 327 infeccións activas (31 menos), e Ferrol con 292 (29 menos). Presión hospitalaria Polo que respecta á presión hospitalaria, nas últimas horas descendeu o número de camas ocupadas nos hospitais galegos. Así, hai 144 doentes en unidades convencionais de hospitalización, nove menos que hai un día, e outros 46 en unidades de coidados críticos, dous menos: 13 na área da Coruña, oito na de Ourense, seis na área de Vigo, outros tantos na de Ferrol, cinco na área de Pontevedra, catro na de Lugo e outros tantos na de Santiago. Falecementos Desde o inicio da pandemia faleceron con Covid un total de 2.590 persoas. Os últimos decesos comunicados polo Sergas son os dunha muller de 83 anos que morreu no Hospital Vithas de Vigo, un home de 86 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ferrol, unha muller de 96 anos que estaba ingresada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, dous homes de 77 e 92 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña e un home de 91 anos de idade que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense. Vacinación Mentres, o Servizo Galego de saúde avanza na vacinación completa de persoas pendentes da segunda dose contra o coronavirus. Así, segundo o último balance facilitado por Sanidade, 78,2% da poboación total da Galiza (86% da pobaoción diana) xa está inmunizada fronte á Covid e 84,1% (92,5% da poboación diana) conta con polo menos unha dose. O Sergas vén de recibir perto de 95.000 novas doses que elevan o total a 4.336.979, das cales se administraron xa 4.177.971, é dicir, o 96,33%. Por grupos de idade, un total de 1.652.291 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada, o que supón 96,06%. No colectivo de 30 a 39 anos, vacináronse 263.798 pacientes, un 81,6%. Outros 191.659 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira inxección, o que representa o 83% da poboación diana. Entre os máis mozos, de menos de 19 anos, foron vacinados 164.937 persoas. Incidencia por grupo de idade Constitúen o grupo obxectivo na fase actual da campaña a canda todas as persoas que perderon a súa vez e buscan inmunidade fronte ao coronavirus. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, a poboación galega de entre 12 e 19 anos asume neste momento a maior incidencia da Covid con 487 casos por 100.000 habitantes seguida da de entre 20 e 29 anos con 412 casos. A menor incidencia por grupos de idade sitúase entre as persoas de 60 e 79 anos cunha media de 92 casos por 100.000 habitantes. |
NOS_54667 | Esta semana Isidro Rajo fálanos do novo dos suecos Amon Amarth, os vikingos máis sanguinarios. | Volven os suecos Amon Amarth, despois de 3 anos de silencio discográfico co que é o seu décimo traballo de estudo, Jomsviking, co que desmostran que seguen a ser unha das principais bandas de death metal melódico da actualidade. Jomsviking, é un traballo conceptual baseado nunha historia de amor e morte destes mercenarios viquingos. En palabras de Johan Hegg: "É unha historia moi simple, onde un mozo está namorado dunha rapaza, pero, desgraciadamente, ela está a ser casada. Accidentalmente mata un home cando isto ocorre e ten que fuxir. El xura ter vinganza e reconquistala. Non pode deixar de mirar ao pasado. Sente que foi inxustificado e que súa vida foi destruída. A historia do Jomsviking é o fondo, é o xeito que atopa para volver e clamar a súa vinganza. A forma na que a historia evoluciona non é unha historia feliz ... é unha traxedia, creo. Gusto dos finais tristes, porque son os que máis vos afectan. " É unha historia moi simple, onde un mozo está namorado dunha rapaza, pero, desgraciadamente, ela está a ser casada Estamos ante un dos traballos máis ambicioso da banda, que marcará un fito na súa traxectoria. Xa dende o cru e violento inicio do álbum con First Kill, onde narra o asasinato, introducímonos nunha atmosfera que nos fai vivir como se estiveramos presentes toda esta épica historia, no que cada canción parece asestar un golpe mortal ao corazón. Tanto a composición como a produción están coidadas dun xeito exquisito. Os cambios de tempo, as variacións nas intensidades, así como nun paso máis terreo melódico e nuns riffs que non paras de cantar dende a primeira escoita. Pode que haxa que diga que este disco é máis comercial, eu creo que se trata da evolución lóxica dunha banda que alcanzou a súa madurez, como demostran temas tran brutais como On A Sea Of Blood, Rise Your Horns ou Vengeance Is My Name. Cabe destacar A Dream That Cannot Be, onde contan coa colaboración de Doro Pesch, que fai unha interpretación vogal sobresaínte que encaixa perfectamente coa voz de Hegg. Tanto a composición como a produción están coidadas dun xeito exquisito Só podo engadir unha cousa máis deste disco: Mércao, non te vas arrepentir. E se tes a posibilidade de ir a un concerto desta xira que fan xunto a Testament e Grand Magus, non deixes de facelo. Non te arrepentirás. Video: Amon Amarth – First Kill Video: Amon Amarth – At Dawn's First Light LISTAXE DE TEMAS1. First Kill2. Wanderer3. On A Sea Of Blood4. One Against All5. Raise Your Horns6. The Way Of Vikings7. At Dawn's First Light8. One Thousand Burning Arrows9. Vengeance Is My Name10. A Dream That Cannot Be (con Doro)11. Back On Northern Shores AMON AMARTH NAS REDES WEB: http://www.amonamarth.com/ Facebook: https://www.facebook.com/officialamonamarthTwitter: @amonamarthband |
NOS_27703 | A situación epidemiolóxica na Mariña, onde os contaxios por coronavirus seguen aumentando por ducias, levou onte un grupo de profesionais sanitarios da comarca a trasladar á opinión pública a súa preocupación ante un escenario que, segundo estiman, excede o brote para ser xa unha transmisión comunitaria, que xustificaría a suspensión electoral nos concellos afectados, unha petición que se suma a dos alcaldes e alcaldesas de dez deses municipios. | Na súa comparecencia após o Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, remitíase onte ao criterio dos e das profesionais sanitarias como guía das accións do seu Goberno na xestión do brote da Mariña. "Son quen nos salvaron a vida durante o núcleo duro [da pandemia], o ataque masivo do virus. Creo moito máis en quen nos salva a vida que nalgúns partidos políticos que se presentan ás eleccions e que probabelmente non teñan como obxectivo salvar vidas, senón outros que non teñen nada que ver", sinalaba, para desacreditar as voces que, desde a oposición na campaña ou desde varios dos concellos confinados reclaman a suspensión da convocatoria electoral deste domingo polo risco de contaxio. Na Mariña, persoal sanitario de distintos servizos –médico, de enfermaría e técnico, tanto de Atención Primaria como hospitalaria– convocou onte os medios no hospital público da Mariña, en Burela, para trasladar a súa "preocupación" ante a situación sanitaria da Mariña e a xestión que se está a facer desde a Xunta, con "falta de transparencia" nos datos, delegación nos concellos da súa responsabilidade e protocolos "feitos á carta" para manter as eleccións. A Consellaría de Sanidade comunicaba onte 21 novos casos activos na comarca, se ben a cifra desconta do cómputo total as 15 persoas contaxiadas que recibiron a alta nas últimas horas –e que se suman ás 10 que o fixeron esta semana–, o que eleva a cifra a 36, até os 165 positivos. "Cremos, e é un sentir xeneralizado, que hai unha transmisión comunitaria. Non sabemos de que intensidade, pero o sistema sanitario é incapaz de conectar todos os casos, de trazar unha liña continua", advertiu nesa comparecencia Íñigo Melchor, facultativo do PAC de Viveiro. Como expuxo, as cifras que facilita a diario o Sergas, e que se empregan para decidir manter a convocatoria de eleccións, "non coinciden" coas que manexan as e os profesionais na Mariña, que son máis elevadas. "Eses datos non se poden empregar como argumentario para o tema das votacións porque non son reais", manifestou o sanitario, quen estimou que, dada a situación epidemiolóxica, "as eleccións deberían suspenderse". "Xa se fixo previamente. Cando –no mes de marzo–se fechou Galiza había bastantes menos casos en toda a poboación dos que hoxe hai só na Mariña. Cremos que se está mesturando unha situación de saúde cun interese por facer unha votación", indicou o portavoz. En efecto, cando o Goberno galego declarou a situación de emerxencia sanitaria, o 13 de marzo, contabilizábanse 90 casos positivos, que ascendían a 135 na xornada seguinte, na que entraron en vigor as restricións, e na que se produciu o primeiro falecemento por Covid-19 na Galiza. Segundo os datos facilitados onte polo Sergas aos alcaldes e alcaldesas dos 14 concellos que permanecen fechados, xa só Burela, o de maior incidencia do brote, concentra case aquela cifra, con 122, moi por enriba de Foz (15 positivos) ou Viveiro (11). Segundo estes datos, 8 dos 14 municipios levan tres días sen presentar novos contaxios. "Os criterios de maior transmisibilidade do virus están fixados internacionalmente: lugares fechados, con moitas persoas durante moito tempo. Danse os tres [na xornada electoral]", estimou onte doutor, quen alertou tamén dos primeiros contaxios, neste brote, de persoal sanitario na comarca, un dos sectores máis golpeados durante os meses máis graves da pandemia. "Sabemos que a nosa profesión é de risco e asumímolo, pero pedimos que se fagan ben as cousas", demandou Melchor. A este respecto, este grupo de profesionais tamén pon en cuestión a posibilidade de reabrir parte dos concellos confinados desde principios de semana para conter o foco, e censura a extensión das medidas preventivas aplicadas pola Xunta esta semana. "Non coñecemos ningún outro caso a nivel mundial de confinamento de cinco días [...] Desde o punto de vista médico non ten sentido reabrir os concellos", afirmou o seu portavoz, quen tamén aludiu a "contradicións" entre os protocolos sanitarios a aplicar na Mariña. [Podes ler o texto íntegro no Nós Diario que atoparás o 10 de xullo de 2020 nos quiosques e tamén na loxa.] |
NOS_44742 | A veciñanza colabora na extinción do fogo perto da zona habitada onde xa traballan, tamén, os equipos de extinción. | Un novo incendio forestal afecta o lugar de Madarnás, no concello de Cartelle, na comarca de Terra de Celanova, desde as 18.30 desta tarde. 🔥Declarado Incendio forestal en Madarnás #Cartelle Distrito XII MOVILIZADOS medios por tierra del SPIF 👨🚒👨🚒🚒🚒👮DTE Axentes Medioambientales.#Emergencias #Axega.— Emerxencias Ourense (@EmerxenciasOu) August 28, 2022 O lume está próximo ás casas, polo que numerosos veciños colaboran nos labores de extinción desde as primeiras lapas. Polo momento non hai información oficial sobre o alcance do lume. Viana do Bolo O incendio que se inciou sobre as 23 horas deste sábado en Viana do Bolo xa foi estabilizado, segundo informou a Consellaría de Medio Rural nas súas redes sociais. Extinguido o incendio que afectou o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e arrasou 625 hectáreas Tras comezar na parroquia de Grixoa, até o momento afectou unhas 102 hectáreas segundo as últimas estimacións. O último parte notificado polo departamento autonómico sinalaba que na zona traballaban un técnico, cinco axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e dúas pas. Porto do Son Por outra parte, o foco declarado na noite da pasada sexta feira na parroquia de Ribasieira, en Porto do Son, xa se deu por controlado. Nesta localidade do Barbanza as chamas consumiron 82 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Até o momento participaron nas tarefas de extinción un técnico, 19 axentes, 35 brigadas, 24 motobombas, catro pas, cinco avións e cinco helicópteros. |
NOS_12181 | O presidente Erdogan fala de "atentado terrorista" nunha mensaxe á nación. | *Información actualizada ás 9.30 horas desta segunda feira, 14 de novembro Unha explosión nunha rúa zona peonal e comercial moi concorrida no centro de Istambul, Turquía, deixa no mínimo seis mortos e medio cento de feridos, de acordo coas autoridades da cidade. "De acordo coas contas preliminares, catro persoas perderon a vida e 38 persoas ficaron feridas na explosión da rúa Istiklal", adiantou o gobernador de Istambul, Alí Yerlikaya, nun breve comunicado no Twitter, se ben pouco despois desde fontes do Goberno turco elevábase a cifra a seis falecidos e medio cento de feridos. #taksim #istiklal'deki bombanın patlama anı... pic.twitter.com/k9sLyGfWUQ— Haberden Habere (@HaberdenHabere_) November 13, 2022 Yerlikaya avanza que a explosión ocorreu ao redor das 16:20 horas locais, na rúa Istiklal. "Os nosos equipos da policía, saúde, bombeiros e a AFAD [equipo de xestión de desastres e emerxencias] xa foron enviadas para o lugar". A emisora estatal TRT e outros medios de comunicación social mostran a policía e ambulancias naquela rúa, en Istambul, no distrito de Beyoglu. A axencia estatal Anadolu dixo nun primeiro momento que a causa da explosión aínda non era coñecida, se ben o presidente Erdogan apunta a un "covarde atentado terrorista". "Ofrezo as miñas condolenciasás familias dos mortos e os meus desexos de recuperación aos feridos. O Estado atopará aos organizadores deste ataque terrorista", declarou o dirixente turco. "O pobo pode estar seguro de que se castigará aos agresores. Catro persoas morreron no lugar dos feitos e dous no hospital; hai seis mortos e 53 feridos segundo as últimas informacións", afirmou o mandatario. A cifra de persoas feridas, porén, elévase na actualidade a 81. Detención Na madrugada desta segunda feira as autoridades turcas informaron da detención dunha muller sospeitosa presuntamente de perpetrar o atentado que, segundo o ministro do Interior, Suleiman Soylu, "está vinculada ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK)". |
NOS_57022 | O campo de Santa Isabel acolleu na tarde do sábado o partido reivindicativo pola volta da selección oficial de fútbol. Fíxoo cun encontro amigábel organizado por Seareir@s Galeg@s, que logrou convocar futbolistas do combinado galego e do senegalés. | O campo de Santa Isabel acolleu o partido pola oficialidade da selección galega que, nesta ocasión, enfrontou o combinado galego co senegalés. Precisamente, este encontro tivo lugar coincidindo co décimo aniversario do retorno da Irmandiña aos campos de fútbol, o 29 de decembro de 2005 contra o Uruguai. O partido, moi igualado, rematou con vitoria para o combinado galego pola mínima (1-0). "O de menos foi o resultado", insisten os afeccionados e afeccionadas, que acudiron a Santa Isabel, amais de para gozar do fútbol, para reivindicar a volta da Irmandiña oficial aos terreos do xogo. Dez anos desde a volta da Irmandiña ao céspede Após o partido do Uruguai, que ateigou o estadio de San Lázaro grazas ao traballo da Consellaría de Cultura e Deportes, da que era responsábel o BNG, o combinado galego competiu contra o Ecuador, contra Camerún e contra o Irán. En 2009, coa volta do PP á Xunta de Galiza, desapareceu dos terreos de xogo a selección galega. O colectivo Siareir@s Galeg@s fíxolle fronte á Xunta de Galiza e desde entón organizou partidos entre futbolistas galegos e futbolistas doutros países. Deste xeito, no mesmo 2009, tras o desplante de Alberto Núñez Feijóo á Irmandiña, os Siareir@s convocaron Galiza contra o CD Paraguaio; en 2010, o partido foi contra Palestina; en 2011, contra o Sáhara; en 2012, contra o Kurdistán e en 2013, contra Occitania. A falta de apoios e a dificultade para atopar futbolistas provocaron que a plataforma de afeccionados e afeccionadas galegas non puidese organizar a cita, que si puido ser posíbel neste 2015. Na semana pasada, a TVG anunciou que a Federación Galega de Fútbol prepara a volta da Irmandiña aos terreos de xogo o ano que vén, aínda que se descoñecen os detalles das xestións ás que aludiu á canle pública. Ciincocentas persoas manifestáronse en Compostela Arredor de 500 persoas, segundo os datos da organización, manifestáronse as horas previas ao partido nas rúas de Compostela para reivindicar unha selección nacional oficial para Galiza. As persoas participantes, que corearon consignas como "unha nación, unha selección" ou "selección oficial xa", saíron pasadas as 18.25h da Alameda e chegaron pasadas as 19h ao campo de Santa Isabel, onde tivo lugar o partido. Após o encontro que enfrontou representantes de Galiza e do Senegal, os seareiros e seareiras gozarán dos concertos programados na Sala Malatesta como fin de festa desta xornada lúdico-reivindicativa. Actuarán Poetarras, Keltoi e Daikidarría. Imaxe dentro: GZcontrainfo |
NOS_1562 | Os actos de celebración do 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo, organizados pola A. C. Cultura do País, contaron cunha charla coloquio sobre "A participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O galeguismo" a cargo da historiadora Isabel Rodríguez. | Esta fin de semana celébrase o 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo na que se asinou o Manifesto nazonalista, o documento común do noso nacionalismo até a chegada dos golpistas e a posterior ditadura. Participaron un total de 63 persoas, a maior parte procedentes da Coruña, con representación de 67 sociedades agrarias, 5 centros culturais; e a adhesión de 5 federacións agrarias, 11 concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades. Fora no hotel Méndez Núñez os días 17 e 18 de novembro de 1918, ao amparo das Irmandades da Fala, e marcou o inicio do nacionalismo galego moderno. Actos en Lugo A Asociación Cultura do País organizou, por cuarto ano consecutivo, os actos de conmemoración do aniversario da Primeira Asemblea Nacionalista. Nesta ocasión a actividade centrouse na participación política das mulleres naqueles tempos, un aspecto ao que se adoita dar pouca relevancia. Consistiron cunha ofrenda floral diante do Hotel Méndez Núñez, sé da Asemblea Nacionalista, e unha charla charla-coloquio no Lar da Cultura do País, sobre "A participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O galeguismo" a cargo da historiadora Isabel Rodríguez Mate. "Tamén sabemos da existencia dun importante colectivo de mulleres santiaguesas, que en 1934 enviaron un telegrama asinado por María Xesús Otero de Gándara á Asemblea Constituínte da Unión de Mocidades Galeguistas". A participación da muller Na charla celebrada en Lugo, Isabel Rodríguez apuntou que na propia Asemblea non participou ningunha muller, mais no manifesto asinado recoñecíase no capítulo terceiro artigo segundo, "a igualdade de dereitos para a muller" e foi na II Asemblea de 1919 cando se recolle a "igualdade absoluta, política e civil, da muller co home". Sobre a presencia de mulleres no daquela Partido galeguista, Isabel Rodríguez lembra os datos aportados polo historiador J. G. Beramendi, e afirma que "a porcentaxe de mulleres afiliadas foi escaso en todo o período, representando aproximadamente, salvo algunhas excepcións, entre un 3 e un 15% do total". Unha das fontes onde atopamos referencias ás actividades das mulleres neste colectivo foi o xornal A Nosa Terra. "En 1933 creouse unha efémera sección titulada "O recanto da muller", na que se fixeron ouvir Carmen Lobeiras, Elvira Bao, María Santos ou Xaquina Trillo". A historiadora sinala que foi nesta publicación onde se divulgaron dous Manifestos de mulleres vinculadas ao Partido Galeguista de Ourense e ás súas Mocidades. "Tamén sabemos da existencia dun importante colectivo de mulleres santiaguesas, que en 1934 enviaron un telegrama asinado por María Xesús Otero de Gándara á Asemblea Constituínte da Unión de Mocidades Galeguistas". Para Isabel Rodríguez "o galeguismo deste período, malia ter perpetuado algúns dos roles tradicionais asignados aos xéneros, contribuíu a normalizar e a impulsar a presenza política das mulleres". Imaxes: Prensa da época facilitada por Isabel Rodríguez |
PRAZA_5516 | A día de hoxe, pensar unha sociedade sen violencia é imaxinar utopías. A esperanza nunha educación que mellore esta perspectiva obriga a repensar os centros educativos. Con esta perspectiva vén de celebrarse en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva. | Os conflitos que observamos a diario nos medios de comunicación fan que resulte difícil manter a ilusión no progreso humano. A día de hoxe, pensar unha sociedade sen violencia é imaxinar utopías. A esperanza nunha educación que mellore esta perspectiva obriga a repensar os centros educativos como lugares nos que convivir positivamente, nos que facer dos conflitos unha fonte constante de aprendizaxe para a paz.Con esta perspectiva vén de celebrarse en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, organizada polos IES Antón Fraguas (Santiago), Xulián Magariños (Negreira) e Fin do Camiño (Fisterra), co obxectivo, entre outros, de dar maior protagonismo ao alumnado na resolución dos conflitos que lles afectan. No encontro déuselle formación en educación en valores e prevención do acoso escolar a máis de 75 alumnas e alumnos mediadores participantes. Tamén se realizaron obradoiros para familias e profesorado, de cara a promover novas estratexias de xestión de conflitos que permitan desenvolver a empatía para entender a posición dos demais e buscar decisións máis xustas e de mutuo acordo.Outro dos obxectivos fundamentais do encontro, no que participou unha vintena de centros educativos, é crear unha rede para o intercambio de experiencias. As dificultades para formar o alumnado na mediación, cando o propio profesorado está a aprender como o facer, fixo imperiosa a necesidade de achegarse a centros que estivesen en proxectos semellantes. Paseniñamente, esa rede de centros estase a tecer. "A mediación é unha ferramenta moi útil para a adquisición da competencia social e cidadá"En poucos ámbitos coma neste pode apreciarse con tanta claridade o reto ao que se enfronta a educación no século XXI: complementar o tradicional "saber" polo máis empírico "saber facer". Así o considera Javier García, orientador do IES Fin do Camiño: "A mediación é unha ferramenta moi útil para a adquisición da competencia social e cidadá que todo o alumnado debe ter ao rematar a educación obrigatoria. Saber relacionarse, xestionar as propias emocións, a escoita activa, a empatía… é unha aprendizaxe que o alumnado que participa na mediación pode poñer en práctica. Son valores que se interiorizan, non que se memorizan". "Hai que conseguir que as rapazas e os rapaces formados se convirtan en dinamizadores da convivencia"Lola Sanz, orientadora no IES Antón Fraguas, fálanos das dificultades de consolidar este cambio de paradigma que substitúa a tradicional disciplina obtida á base de amoestacións, castigos, partes de incidencias, expedientes sancionadores… por unha implicación de alumnado e profesorado nunha convivencia positiva: "É cuestión de tempo que forme parte da vida cotiá do centro. É moi importante que o alumnado mediador non estea só pendente daquelas situacións nas que se solicite a mediación, porque hai anos nos que interveñen en poucos conflitos. Hai que conseguir que as rapazas e os rapaces formados se convirtan en dinamizadores da convivencia. Nestes momentos, no noso instituto, por exemplo, están analizando onde e por que o centro está sucio. Abordan o que está mal, por que cren que está mal, que propostas teñen para lle poñer remedio…Tamén organizan o mercado solidario, a campaña de Nadal, a votación para lle poñer nome ás aulas do centro.." "Nós axudamos a que se encontren e falen"Pero son as alumnas e alumnos, sen dúbida, quen máis aprecian a mediación como resolución aos conflictos entre o alumnado. Lucía, Noel e Diego, do IES Xulián Magariños de Negreira, resumen así a súa experiencia de varios anos como mediadores: "Axudamos a resolver os conflitos pacificamente, falando coas partes para que entre elas se respecten… Nós axudamos a que se encontren e falen, saben perfectamente que estamos na mesma situación ca eles, e que a alternativa é que che manden a xefatura cun parte… E o que aprendemos é algo que podemos utilizar no día a día. Os problemas téñense sempre, toda a vida". |
NOS_45304 | O festival decorrerá en Vilaxoán entre o 8 e o 12 de setembro. | A nova edición do festival Revenidas, chave no verán da Galiza, presentouse esta segunda feira en sociedade cun "cartel moi de Revenidas e moi poderoso". Entre as propostas musicais destacan Dakidarría, Guadi Galego, Tanxugueiras, Verto, Laura Lamontagne & Picoamperio, Los Chikos del Maíz, Boyanka Kostova ou Mounqup, entre outros. Malia ter que adaptarse á situación derivada da pandemia, a organización logrou tecer unha programación ampla na que haberá música, mais sen renunciar a algunhas das outras actividades que o converteron nunha cita esencial: os itinerarios e os showcooking. Na presentación desta cita, que decorrerá entre o día 8 e o día 12 en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), o director da mesma, Xoán Quintáns destacou que "volve coa intención de dar un pouco de pulo ao sector cultural, que é un dos máis afectados pola pandemia, e leva un ano sufrindo restricións e perdas de ingresos". Non se poderá contar coa tradicional sardiñada e o público non disporá de zona onde acampar, pero a adaptación á nova realidade desembocou en novas propostas para ter exactamente o mesmo poder de atracción. "O Revenidas soubo adaptarse pero mantendo a súa esencia. Representa eses bos valores para os que cremos que os festivais son unha boa plataforma para a difusión cultural, a lingua galega, a igualdade ou o coidado do medio ambiente", incidiu o director de Agadic, Jacobo Sutil. Na parte musical, segundo Quintáns, a programación vai ser "moi poderosa", pois tocará o mellor da música galega e algunha oferta de fóra. Ademais da música, Xurxo Souto guiará unha ruta por Vilaxoán, que rematará cun espectáculo de cociña mariñeira en directo. Novas propostas para non perder ningún detalle Tamén continúan os Concertos a Bordo, nos que ademais da músicas de grandes artistas galegas e galegos, haberá obradoiros de cultura mariñeira e visitas a bateas. Xa nos escenarios (Xacobeo 21-22, FestGalicia e Deleite) haberá proxección dos concertos con dúas grandes pantallas. Outras novidades serán a creación dun podcast sobre o evento e a emisión en plataformas como Spotify. A isto súmase a organización dun certame de ilustración no que estarán 15 artistas, un por cada grupo do cartel. As láminas sairán á poxa a través das redes sociais e os beneficios irán parar a causas solidarias. As entradas poderán adquirirse na web www.revenidas.com a 20 euros máis gastos. |
NOS_11376 | Declaran que un proxecto "que orixinariamente representaba unha gran oportunidade para mellorar este nivel asistencial", ematou sendo "un novo agravio do conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña, á profesión". | As organizacións colexiais de enfermaría das catro provincias galegas, xunto con AGEFEC (Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria), veñen de facer público un comunicado a respecto da implantación do sistema XIDE na Atención Primaria galega, no que anuncian que, ao longo das últimas semanas, lle manifestaron á consellaría de Sanidade e ao seu titular, D. Julio García Comesaña, a súa preocupación "tras detectar irregularidades na pilotaxe do sistema XIDE do Sergas para a Atención Primaria, con graves consecuencias para a profesión enfermeira" mais tamén, din, "para os nosos pacientes e a poboación galega en xeral". O sistema XIDE (Xestión Integral da Demanda en Equipo) é a nova proposta da consellería de Sanidade para a ordenación da demanda nos centros de Atención Primaria. Un proxecto que, segundo as entidades que asinan o comunicado "orixinariamente representaba unha gran oportunidade para mellorar este nivel asistencial, pero finalmente rematou sendo un novo agravio do conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña, á nosa profesión". Este proxecto tiña por meta ordenar a demanda e derivar así aos pacientes aos profesionais máis axeitados e nos tempos aconsellados. Deste xeito, tamén se dispoñía que o XIDE tivese dúas fases piloto antes da súa implantación, pero, di o comunicado, "finalmente só se fixo unha, levada a cabo nos centros de saúde de Culleredo (A Coruña) e Illas Canarias (Lugo)". As entidades asinantes acrecentan que "a cuestión se agrava cando observamos que estes dous centros se atopan en núcleos urbanos e non representan a heteroxeneidade da nosa Atención Primaria As entidades asinantes acrecentan que "a cuestión se agrava cando observamos que estes dous centros se atopan en núcleos urbanos e non representan a heteroxeneidade da nosa Atención Primaria; Ourense, por exemplo, conta con máis de trinta centros unitarios en contornas rurais cuxa realidade dista moito daquela que presentan os pilotados". Un dos principais obxectivos do XIDE era optimizar as competencias de cada profesional á hora de dar resposta ás demandas da poboación pero, segundo as persoas profesionais da enfermaría, "moitos dos problemas de consulta que as enfermeiras poden resolver como finalistas carecen de protocolos nos que se unifiquen os criterios de atención e derivación a outros profesional ou nivel asistencial, ante casos moi heteroxéneos". Nas reunións celebradas polo Consello Técnico de Atención Primaria no transcurso do desenvolvemento do plan as entidades asinantes trasladaron as súas inquedanzas e, segundo explican "mantivemos, como sempre temos feito, o noso ofrecemento para traballar de forma conxunta e tentar así atopar solucións acordes aos intereses de todas as partes antes de seguir adiante co XIDE. Lamentabelmente, a resposta que recibimos esta semana por parte da Consellaría e do seu titular foi implantar este defectuoso programa nos centros de saúde de As Pontes e Pontedeume, na área sanitaria de Ferrol". O comunicado remata dicindo que "os colexios profesionais e asociacións de enfermaría non podemos quedar calados ante esta irresponsabilidade, pois a nosa función é protexer ás enfermeiras e garantirlles unhas condicións de traballo dignas, como tamén o é defender sempre a seguridade de todos os cidadáns". Atención Primaria: 262 millóns por baixo da media de investimento no Estado e 976 médicos menos desde 2009 |
NOS_17571 | Na terza feira día 20 o presidente do Brasil, Michel Temer pronunciou o discurso de abertura da 71 Asemblea Xeral da ONU, mantendo a tradición segundo a cal o Brasil é responsábel da conferencia inaugural do evento. | A deferencia remonta aos primeiros anos da ONU, cando Oswaldo Aranha, daquela chefe da delegación brasileira, presidiu a primeira sesión especial da asemblea. Era o ano 1947 e nesa sesión foi aprobada a creación do Estado de Israel. Brasil votou a favor, o que levou a que diferentes entidades sionistas norteamericanas o propuxesen, a Aranha, para o premio nobel da Paz. Aranha voltou chefiar a delegación brasileira en 1957. En 2012 Dilma Roussef foi a primeira muller en abrir a Asemblea Xeral da ONU. Mais unha cousa é constante: desde 1947, cando chega o mes de setembro, a conferencia de abertura das sesións da Asemblea Xeral da ONU é en galego, galego do Brasil, certo, mais galego. Temer leva o impeachment á ONU Nesta terza feira Michel Temer defendeu perante a Asemblea Xeral da ONU a lexitimidade do proceso que levou ao impeachment de Dilma Roussef e dixo que no Brasil ninguén está inmune á acción da lei. Desde 1947, cando chega o mes de setembro, a conferencia de abertura das sesións da Asemblea Xeral da ONU é en galego, galego do Brasil, certo, mais galego. "O Brasil acaba de atravessar processo longo e complexo, regrado e conduzido pelo Congresso Nacional e pela Suprema Corte brasileira, que culminou em um impedimento. Tudo transcorreu dentro do mais absoluto respeito à ordem constitucional. Não há democracia sem Estado de direito - sem normas que se apliquem a todos, inclusive aos mais poderosos", dixo Temer, para concluír que o Brasil vive un proceso de depuración política que demostra a forza das súas institucións. "Temos um Judiciário independente, um Ministério Público atuante, e órgãos do Executivo e do Legislativo que cumprem seu dever. Não prevalecem vontades isoladas, mas a força das instituições, sob o olhar atento de uma sociedade plural e de uma imprensa inteiramente livre". Fanse necesarias mudanzas na ONU para que a entidade poda lidar co "deficit de ordem" que hai no mundo. A mención ao impedimento foi feita xa no fin do discurso. Antes Temer falou sobre as prioridades do país en política externa e das necesarias mudanzas na ONU para que a entidade poda lidar co "deficit de ordem" que hai no mundo. As críticas de Temer chegan nun momento en que Ban Ki-moon deixa o cargo e soa para o suceder o exprimeiro ministro de Portugal Antonio Guterres. Con el na Secretaría Xeral o galego soará dúas veces na ONU. E aquí na Galiza? Seguirá sendo considerada lingua estranxeira por parte do Goberno? |
NOS_27261 | Unha exposición con trinta artistas e unha semana dedicada ao debate arredor das artes plásticas que se desenvolverá de 20 a 23 de abril converte á Mariña en territorio artístico. A asociación A Pomba do Arco está detrás da iniciativa. | Máis de trinta artistas da Mariña expoñen a súa obra nun espazo único, na exposición no Cenima de Foz no que queda á vista á creatividade e o relevante grupo de artistas da comarca. No tempo no que a mostra continúa aberta en Foz, a Asociación A Pomba do Arco bota a andar entre os días 20 e 23 de abril o programa "Sentirmos a arte", unha serie de mesas de debate tamén con artistas como protagonistas nas que se avaliará o estado actual das distintas disciplinas artísticas. "Arquitectura de nós" é o título da primeira das xornadas que leva a Foz un dos principais nomes da arquitectura contemporánea que ten tamén a súa orixe na Mariña. Xosé Manuel Casabella analizará o estado actual da arquitectura galega por medio dunha charla seguida de coloquio. A terza feira a relación da creación artística e o ensino será motivo dun encontro con tres ensinantes, Pedro Cabarcos, Paz Quiroga e Xerardo López ademais da participación de dous alumnos do bacharelato de arte que achegarán a súa experiencia persoal. A arte que ven e a que está A arte do futuro e o futuro da arte será o centro da terceira das xornadas na que se darán cita os novos nomes da creación para relatar as súas inquedanzas e amosar as súas propostas artísticas. Lucía Vila, Martín Lestao, Cris Basanta e David Catá integrarán a mesa redonda que se titula no programa "A arte que ven". O encontro "Sentirmos a arte" chegará ao seu fin coa cuarta e derradeira charla na que, co título "Pensar a arte", convocarase a catro relevantes artistas da Mariña, Celso Dourado, Daniel Caxigueiro, Juanel Ponte e Xoán Manuel Guerreiro. O seu proceso creativo será o cerne desta mesa redonda que porá o ramo ás xornadas. As mesas redondas terán lugar tamén no Cenima de Foz, ás 20.30 horas, ofrecendo así a oportunidade de contemplar no mesmo edificio a mostra de obra de trinta dos principais artistas mariñás. |
PRAZA_15689 | Além do afastamento da percepçom social que comporta, o problema da opçom polo português tem, segundo eu vejo, dous efeitos prejudiciais. O primeiro é a agudizaçom do desdém ou menosprezo polo galego vivo que contamina amplas camadas da nossa sociedade | Crise, limitada, parcial, mas crise afinal é o conceito que melhor descreve a situaçom sobrevinda após da Assembleia da AGAL de 24 de outubro de 2015. O motivo do dissenso, para os desconhecedores das coordenadas em que se move a organizaçom, pode resumir-se na discrepância latente entre os partidários de seguir escrevendo "capitám" e "coraçom" por fidelidade à língua falada e à sua fonética a letra " ç"pode ser lida como a "z" castelhana para os nom praticantes do sesseio e os partidários de grafar "capitão" e "coração" como tributo à potência incomparável do português. Mais ominosas ainda som as inovaçons em conjugaçom verbal e outros postiços disfuncionais em galego que contribuem a afastar a língua da sociedade. A convivência das duas almas da AGAL viu-se abalada polo new deal impulsionado pola corrente promotora da nova directiva, finalmente eleita, em cujo programa se incluía a equiparaçom de ambas as grafias num programa denominado de aglutinaçom normativa que representa um desafio de facto à normativa desenvolvida pola AGAL desde a fundaçom em 1981 através da sua Comissom Lingüística, autêntico coraçom da Associaçom. O objectivo tenazmente perseguido pola AGAL desde a sua fundaçom, consistente na elaboraçom e desenvolvimento dum corpus lingüístico radicalmente independente do espanhol e plenamente congruente com a norma internacional do nosso idioma, fica assi desvalorizado e preterido em favor do prestigiado português como grande língua internacional indiscutível. Foi esta precisamente a escolha que deu nascimento à Academia Galega da Língua Portuguesa em 2008, a filha da AGAL que finalmente parece ter contagiado a sua matriz originária. Os usuários da normativa tradicional da AGAL pudemos observar com apreensom a imparável deriva em curso cara ao padrom ortográfico português, tanto nas suas publicaçons corporativas e editoriais como nas colaboraçons dos aderentes e amigos no portal corporativo PGL, num imparável processo de assimilaçom ao português que o uso da internet propicia e acelera. A intrusom do português é, com certeza, um factor altamente positivo no processo de depuraçom do galego e consequente libertaçom da iníqua subserviência ao espanhol em que se debate; sendo isto assi, qual é o problema? Além do afastamento da percepçom social que comporta, o problema da opçom polo português tem, segundo eu vejo, dous efeitos prejudiciais. O primeiro é a agudizaçom do desdém ou menosprezo polo galego vivo que contamina amplas camadas da nossa sociedade. O segundo é servir de coarctada eximente aos praticantes por inércia os conveniência da opçom oficialista, relevados agora do confronto com o movimento reintegracionista e absolvidos com generosidade dos estigmas de derrotismo e claudicaçom ante o espanhol. Afinal, o português é umha língua europeia mais; nada conflituosa na polémica normalizadora. Na primeira perspectiva, a migraçom para o português funciona como um "kit pronto a usar" que permite aos utentes desprenderem-se do incomodo de um idioma de escasso prestígio social e submetido à abrasiva capacidade de erosom do espanhol transmitido polos meios: rádio, cinema, livros, TV. O português concede-lhes um código de comunicaçom socialmente irreprochável, acessível, asséptico, com corrector ortográfico incorporado se tal é a preferência. Nom contaminado pola insuportável rusticidade do idioma que a família falava até há pouco. Sob a segunda perspectiva, o substituto português inflige um severo debilitamento à capacidade de interpelaçom da estratégia reabilitadora do galego do reintegracionismo diante dos segmentos mais activos da nossa sociedade: agentes culturais, docentes e escritores, usuários do standard oficial da Xunta com má consciência, que alguns há e mais que há-de haver. Um excelente subsídio em definitivo para a ansiedade que paira sobre os agentes mais sensíveis ao futuro do idioma. Português como kit e português como ansiolítico, duas boas maneiras de sobrevoar os infortúnios da língua neste mar em calma podre em que há tempo flutua. Nom é momento de discutir factos consumados como a discutível oportunidade da eliminaçom de algum grupo consonântico etimológico, mas sim de insistir em que a pretendida aglutinaçom normativa é umha volta mais de parafuso sobre a sólida estrutura etimológica da língua mediante o esbatimento propugnado das terminaçons em [-ám] (capitam, Morquintiám), [-om] (nom, ocasiom) e [ao] (irmao, limiao) para confluírem em [–ão]: capitão, não, irmão, Morquintião? O mestre Fernando Venâncio já dedicou um luminoso artigo ao invasivo ditongo nasalizado que solicita agora passaporte galego em O indesejado ditongo ão (Grial, 2011, número 192) de obrigada leitura para quem queira formar umha sólida opiniom ao respeito. As paixons irrefreáveis gostam de retóricas exaltadas. É por isso que o galego passa a ser denominado agora "português da Galiza" com gratuito sacrifício da sua secular identidade no miraculoso altar cosmopolita. Os partidários mais entusiastas do new deal gostam de argumentar ainda que o galego é ao português como o valenciano ao catalám. Pois será se tal afirmam nom obstante o facto comprovado de a Galiza nunca ter sido colonizada por Portugal nem os seus escolares educados em português. Umha cousa fica clara no processo em curso: a deriva cosmopolita será bem recebida polos administradores do idioma. O português, língua estrangeira, nom colide com a normativa oficial e supera os mais exigentes filtros sanitários instalados para blindar o galego de curso legal. Contodo, o programa originário de reabilitaçom e desespanholizaçom do galego vivo no espelho do português como língua teito em substitutiçom do espanhol da AGAL, continua felizmente o seu curso: aí estám os centros cívicos e as escolas Semente para confirmá-lo. Na Assembleia de 24 de outubro, apresentou-se apenas umha única candidatura, explicitamente favorável à tese da aglutinaçom normativa. O seu triunfo foi irreprochável e esmagador e a vitória, recebida com euforia pola concorrência. Nada que objectar à limpeza da vitória a nom ser as dúvidas sobre a sua aptidom para resgatar o galego do processo de deterioramento acelerado em que se debate. O caminho alternativo de alcançar a plena soberania lingüística da Galiza inscreve-se inevitavelmente num processo de construçom nacional, hoje ilusório. Mas nom impossível. Nom era a política, afinal, a arte do impossível? Catalunha pode servir hoje de exemplo da ténue e cambiante fronteira da im/possibilidade nos tempos da sociedade líquida pós crise. O new deal da AGAL provocou a imediata demissom de quatro membros da Comissom Lingüística: Carlos Garrido, Beatriz Peres, Maurício Castro e Paulo Valério; o primeiro, presidente da Comissom. O facto prova a severidade da ferida societária seja qual for a aritmética da Assembleia. Afinal, persiste o problema do resgate do galego e do quadro político que pode fazê-lo possível porque, obviamente, a prática da escrita em português, acho eu, nom que precise de qualquer tutela. Seja bem-vindo em todo o caso o flamante coração lusitano que late agora no movimento reintegracionista na medida em que contribua a esbater a servil dependência do espanhol que nos incapacita para pronunciar correctamente Rajói e Feijó mas nom Jordi Pujol e Oriol Jonqueras, como manda a TVE que nos tutela e educa. Analfabetos em galego, competentes em espanhol depois de 35 anos de autogoverno. Sobre a lusofonia há muito a falar. Das suas miragens já nos tem prevenido o filósofo Fernando Lourenço, mestre do pensamento português. O nosso contributo á constelaçom da cultura portuguesa nom vai depender afinal de qualquer fantasia imitativa; os Cancioneiros fôrom escritos a duas maos e assi queremos seguir contribuindo, com a nossa voz singular e irrenunciável. Quanto a mim, pretendo seguir mantendo por enquanto a dupla afiliaçom. O meu coraçom cívico e nacional está com Beatriz, a minha animosa e cara professora de português na EOI e o meu coração português nom gostaria de prescindir do Eduardo, meu prezado professor também na EOI e actual presidente da AGAL. Que a sorte acompanhe às duas congregaçons nas frentes de batalha que as ocupam: do Ortegal ao Minho, que é a nossa tarefa ineludível, e daí às longínquas fontes da eterna juventude dos países da nossa mesma fala. |
NOS_15277 | Somos o único territorio onde non chegamos 33 céntimos por litro. | O prezo do leite subiu na Galiza no mes de novembro até os 32,6 céntimos, o que supón medio céntimo máis que o mes anterior, segundo datos publicados polo Ministerio de Agricultura. Porén, as e os agricultores galegos seguen sendo os que menos cobran polo seu leite en todo o Estado, case un céntimo e medio por baixo da media española (34 céntimos). É o único territorio que non chega aos 33 céntimos. O seguinte prezo máis baixo está en Aragón, Baleares, Cantabria e Murcia, nestes catro casos en 33,1 céntimos. .Por outra banda, o número de explotacións con entregas na Galiza continúa caendo e sitúase en 7.186. Lembremos que fechamos 2018 con 7.549 produtores. |
NOS_15375 | A maratón feminina destes Xogos Olímpicos celebrouse en condicións climatolóxicas adversas. Aguilar rematou no posto 61 e Veiga no 98. | A proba máis dura dunha Olimpíada din que é a maratón, e teñen razón. A feminina desta edición en Londres reuniu a dúas galegas, Alessandra Aguilar (Lugo) e Vanessa Veiga (Gondomar) con historiais ben diferentes. Para a lucense son os seus segundos Xogos Olímpicos e para a de Gondomar era a súa primeira participación. A experiencia é importante nesta especialidade e así foi nesta ocasión en Londres cun tempo infernal, choiva e vento, e cun nivel moi alto nas atletas. África dominou a proba en todo momento e varias deportistas deste continente tiveron o control da carreira en canto quixeron. A gañadora ao final foi a etíope Tiki Gelana cun tempo de 2:23:07. A mellor galega foi Alessandra Aguilar, con 2:29:19 e un 61º posto, e Vanessa Veiga fixo un crono de 2:46:53 polo que quedou en 97º lugar. |
NOS_13443 | Fican fóra do Govern dirixentes que en privado manifestaran dúbidas sobre a viabilidade do referendo autodeterminista axendado para o 1-O. Os seus relevos son persoas da confianza directa de Puigdemont e Artur Mas, a corrente da antiga Convergència que está decidida a levar o referendo até o final. | Carles Puigdemont e Oriol Junqueras comparecían esta sexta feira nunha conferencia de imprensa para informar desta mudanza na aliñación do Govern. Os substituidos serán Neus Munté, Jordi Jané e Meritxell Serret, que serán reemprazados por Jordi Turull, Joaquim Forn e Clara Ponsatí. Unha das figuras máis destacadas nesta lista de nomes é a de Neus Munté, conselleira de Presidència e portavoz do Govern até o de agora, quen será substituida por Jordid Turull, presidente do grupo parlamentario Junts pel Sí. Puigdemont declaraba que non cesou ninguén senón que tras reunirse, un a un, con todos os conselleiros, tres decidiron dar un paso a un lado. Ao mesmo tempo, o presidente catalán, quixo destacar a súa honestidade e lealdade. |
NOS_56275 | A Xunta da Galiza volve excluír un ano máis 'Nós Diario' da liña de axudas destinadas a xornais impresos en formato papel. As achegas públicas que destina a Secretaría Xeral de Medios a este concepto para 2022 suman 1.255.000 euros. Entre os seus obxectivos, destaca "a normalización da lingua" e a defensa da cultura galega. | O Goberno galego vén de resolver a exclusión de Nós Diario da liña de axudas para xornais impresos en formato papel de 2022. A resolución, asinada o 3 de maio pola secretaria xeral de Medios en funcións, Mar Sánchez Sierra, acorda "denegar a axuda económica á empresa Sermos Galiza, S.A., para a publicación Nós Diario, por non tratarse dun xornal impreso e distribuído diariamente". A empresa editora de Nós Diario destaca que as bases reguladoras "non conteñen definición auténtica ningunha do que aos seus efectos deba entenderse como xornal diario", malia que si menciona que as publicacións "deberán estar incluídas no informe do Estudo Xeral de Medios elaborado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ou no informe da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD)". A OXD, entidade de recoñecida solvencia que audita Nós Diario en papel e dixital, define como diario "aquela publicación diaria impresa en papel que se edita, co mesmo título, formato e características peculiares e universalmente recoñecidas como tales, catro ou máis días por semana". Dado que Nós Diario está nas rúas cinco días á semana —de terza feira a sábado—, si cumpre con este requisito. A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa "Semella contraditorio que a Secretaría Xeral de Medios [...] recoñeza a autoridade da OXD para certificar a difusión da publicación Nós Diario [xa que toma como referencia estes datos para cuantificar a tiraxe do xornal] mais a descoñeza aos efectos de cualificar ou non como diario a citada publicación -que a OXD considera diario-, máxime cando a Secretaría Xeral non achega nin remite a ningunha outra definición ou cualificación alternativa", sostén Sermos Galiza, empresa editora de Nós Diario. Defensa da identidade A liña de axudas da que a Xunta exclúe Nós Diario ten como obxectivo "estabelecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade da Galiza, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura". As bases da convocatoria fixan como criterio para acceder ás axudas que os xornais en papel utilizarán o galego "como mínimo en 10% do total da súa información" e se comprometen a "manter ou incrementar progresivamente o uso do galego nas cabeceiras até o 31 de decembro do ano natural da correspondente convocatoria". Mar Sánchez, cesada como secretaria xeral de Medios Nós Diario é vetado por segundo ano consecutivo desta liña de axudas. A súa exclusión en 2021 motivou a presentación dun recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), actualmente en fase de tramitación. A Xunta da Galiza repartiu no pasado exercicio con cargo a esta convocatoria 1.255.000 euros. O grupo máis favorecido foi La Voz de Galicia, con 584.723,50 euros, situándose a continuación Prensa Ibérica, editor de Faro de Vigo e La Opinión, con 278.058,35 euros. O Grupo El Progreso recibiu polos seus dous xornais, El Progreso e Diario de Pontevedra, 211.741,18 euros e La Región sumou 152.624,94 euros, 119.177 pola súa cabeceira matriz e 33.447,81 polo diario vigués Atlántico. Por último, Editorial La Capital, editor, entre outros, de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol ou Diario de Arousa embolsouse 27.852,03 euros. Publicidade sen control A Xunta adxudica a maior parte da publicidade aos medios por procedementos non suxeitos á concorrencia competitiva. Un caso disto son os convenios de colaboración que subscriben cos propios medios de comunicación, sendo esta a vía pola que se lles achegan boa parte dos fondos ás empresas xornalísticas. Outra vía paralela de financiamento son os contratos coas axencias de publicidade. Neste caso tamén se descoñecen as cantidades exactas que recibe cada cabeceira. María Obelleiro: "O xornalismo en galego é posíbel a pesar da Xunta" A este respecto, a Lei 9/2007 de subvencións públicas, fixa unha prohibición expresa para conceder axudas sen convocatorias públicas. Porén mediante estas dúas vías o Goberno galego concedeu aos medios privados de prensa arredor de 20 millóns de euros en cada un dos dous últimos exercicios. Unha secretaria de Medios en retirada A decisión de excluír Nós Diario da liña de axudas á prensa escrita está adoptada por unha Secretaría Xeral de Medios dun Goberno en funcións. A maiores, a súa titular, Mar Sánchez Sierra, é un dos cargos políticos da Xunta que abandona o Executivo para acompañar Feixoo a Madrid. |
PRAZA_6655 | Nese previsíbel panorama político, é posíbel un goberno de coalición PP-PSOE porque non hai hoxe grandes diferenzas entre eles nos grandes temas e porque até agora coincidiron no seu posicionamento ante os graves problemas do Estado español. | Unha referencia histórica do socialismo español como Felipe González xa se pronunciou por un goberno de coalición PP-PSOE "si el país lo necesita". Miguel Arias Cañete, número un da lista do PP nas eleccións europeas, falaba tamén dunha posíbel coalición "si el interés general lo exige en el futuro". Nese previsíbel panorama político, é posíbel un goberno de coalición PP-PSOE porque non hai hoxe grandes diferenzas entre eles nos grandes temas e porque até agora coincidiron no seu posicionamento ante os graves problemas do Estado español Os resultados das eleccións europeas e os datos das enquisas indican que nin PSOE nin PP poderían gobernar en solitario e que non chega con sumar os votos de UPyD. Os votos dos partidos nacionalistas, de Podemos e IU poderían ser determinantes na configuración das novas maiorías para gobernar. Nese previsíbel panorama político, é posíbel un goberno de coalición PP-PSOE porque non hai hoxe grandes diferenzas entre eles nos grandes temas e porque até agora coincidiron no seu posicionamento ante os graves problemas do Estado español. Non é verdade que "PSOE e PP a mesma merda é", como se escoita nalgunha manifestación. Aínda máis, creo que difundir ese tipo de mensaxes non beneficia en nada a mobilización cívica para derrotar á dereita, mais tamén é verdade o que dicía Juan Carlos Monedero: "PP y PSOE no son la misma mierda, pero cagan parecido". A patronal está encantada con moitas das medidas que tomaron os gobernos do PP e PSOE e por iso apostan claramente por un sistema político sustentado no bipartidismo e na alternancia no goberno deses partidos. A colaboración do PP e PSOE para impedir que gobernen os nacionalistas ou un goberno de coalición de PSOE, nacionalistas e IU, non é nada novo A colaboración do PP e PSOE para impedir que gobernen os nacionalistas ou un goberno de coalición de PSOE, nacionalistas e IU, non é nada novo. UPN e PP teñen 23 deputados en Navarra (dun Parlamento de 50), pero desde Madrid impediron un Goberno presidido polo PSOE en coalición con nacionalistas e IU. En Pamplona goberna en minoría UPN-PP (13 concelleiras/os de 27) e tamén podería haber un goberno alternativo, con alcalde ou alcaldesa de Nafarroa Bai, pero o PSOE prefire que o alcalde sexa da dereita. Na Unión Europea PP e PSOE coinciden no 70% das leis que se votan no Parlamento Europeo. Os seus dirixentes practican a mesma política de "portas xiratorias" Na Unión Europea PP e PSOE coinciden no 70% das leis que se votan no Parlamento Europeo. Os seus dirixentes practican a mesma política de "portas xiratorias", é dicir, pasan a ocupar postos nas principais empresas do país, cuns ingresos escandalosos, despois de abandonar o goberno. Aznar fichaba como conselleiro de Endesa e Felipe González de Gas Natural-Fenosa. O ex–ministro do PSOE, Pedro Solbes, foi conselleiro de Enel (empresa italiana que ten o 92% de Endesa) até maio de 2014. A ex–ministra do PSOE, Elena Salgado, fichaba como conselleira de Chilectra, filial chilena de Endesa. Luis Atienza, ministro socialista de Agricultura até 1996 acabou como director de Red Eléctrica. Narcis Serra, vicepresidente do goberno de Felipe González, chegaba a presidir Caixa Catalunya. O ex–ministro do PP, Ángel Acebes, é membro da Comisión Executiva Delegada de Iberdrola. José María Michavila, ministro de Xustiza con Aznar, fichaba como conselleiro de Noatum (JP Morgan). Dirixentes do PP (as ex–ministras Isabel Tocino e Ana Palacio, e Antonio Hernández Mancha, que foi secretario xeral do PP) son membros do consello de administración de Enagas, compañía que xestiona o transporte de gas natural. Como van lexislar estes políticos do PP e PSOE en contra dos intereses desas empresas? Xuntos reforman o artigo 135 da Constitución, sen consultar á cidadanía, obedecendo os ditados de Merkel e da Troika Xuntos reforman o artigo 135 da Constitución, sen consultar á cidadanía, obedecendo os ditados de Merkel e da Troika. Estiveron de acordo no rescate da banca. Protagonizaron a privatización das principais empresas de titularidade pública. Os recortes sociais do Goberno de Zapatero continuaron co goberno de Rajoy. Coinciden, na práctica, na defensa dun estado confesional e despois de 37 anos de democracia, tanto PSOE como PP mantiveron as subvencións e os privilexios da igrexa católica. Están por fortalecer o Estado centralista e non defenden o dereito das nacións a decidir sobre o seu futuro. Teñen o mesmo discurso sobre o problema de Cataluña: non se pode permitir unha consulta para que a cidadanía poida votar en Cataluña. Néganse a cambiar o sistema electoral, que está deseñado para favorecer o bipartidismo e que prexudica ás minorías. O PSOE maniféstase, oficialmente, en contra dun goberno de coalición co PP porque está en período de lanzamento do seu novo líder. Xa veremos que pasa despois das eleccións xerais de novembro de 2015 Nin PSOE, nin PP tomaron medidas lexislativas en profundidade para acabar coa corrupción. Son partidos monárquicos, é dicir, consideran que o futuro do Estado español é unha monarquía e non apoian a celebración dun referendo para que o pobo decida sobre monarquía o república. Consideran a Lei de Amnistía como unha lei de punto final e nunca permitiron unha investigación xudicial sobre os crimes do franquismo. No concello de Vigo, PSOE e PP alíanse para impedir a execución dunha sentenza xudicial, que permitiría o derribo dunha cruz inaugurada por Franco. O PSOE maniféstase, oficialmente, en contra dun goberno de coalición co PP porque está en período de lanzamento do seu novo líder, Pedro Sánchez, e falar hoxe de acordos ou goberno de coalición hipotecaría a súa recuperación electoral. Xa veremos que pasa despois das eleccións xerais de novembro de 2015. |
NOS_35046 | Delegad@s da CIG e persoal concentráronse ás portas do organismo para defender a aplicación do convenio e o mantemento dos postos de traballo. | Esta quinta feira (19 de novembro) persoal do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar Social concentráronse perante o organismo público para facer entrega de 1.066 sinaturas en defensa dos seus postos de traballo. Da man da Confederación Sindical Galega (CIG) o cadro de persoal reivindica a aplicación do convenio "incluídas as retribucións" para pór fin á "discriminación" que atinxe estas traballadoras e traballadores en relación ao persoal da mesma categoría no resto da administración galega. "Para a CIG é imprescindíbel a súa homologación total co resto das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza", sinalan. Neste senso, sintetizan as súas reivindicacións nunha "táboa" na que exixen o mantemento de todos os postos, a aplicación "inmediata" do V Convenio laboral e tamén das "melloras laborais recollidas na Lei do Emprego, nomeadamente o sábado como día inhábil, a ampliación do permiso por parto ou adopción, a licenza por risco durante o embarazo ou a lactación e a licenza por asuntos propios". Denuncian a súa "discriminación" en relación co persoal da mesma categoría que traballa noutras áreas da administración Así mesmo, reclaman a "continuidade" das equipas de Inclusión Social, a "cobertura de maneira inmediata todas as baixas, permisos" e a "abertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións". Após entregaren as sinaturas conseguiron seren recibid@s polo novo xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, a quen lle arrincaron o compromiso de se reunir coa central sindical o 15 de decembro. De non pór solución ao conflito "nun prazo razoábel", advirten, darán continuidade a novas mobilizacións valorando mesmo a folga. |
NOS_45210 | Un estudo analiza a conformación do galego estándar a partir das diferentes variedades dialectais. | A crenza popular do galego normativo como un código inventado e distanciado da fala real das persoas é un dos falsos mitos que arrodean a nosa lingua, que sufriu un proceso normativizador bastante serodio en relación ás linguas próximas (español e portugués), que se fixaron a comezos da Idade Moderna. O investigador do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa vén de publicar un estudo na prestixiosa revista Languages que pretende mostrar como a variedade estándar contén as formas empregadas nas distintas variedades do galego dos anos 70. Considerando os tres bloques lingüísticos nos que tradicionalmente se dividen as variacións da lingua, os resultados mostran que as localidades cun galego máis semellante á variedade estándar están nas zonas de confluencia dos bloques central e occidental, aínda que tamén se atopan concellos con alto grao de parecido no interior norte do país. Concretamente, o concello da Lama (Pontevedra) é o lugar no que a fala se parece máis ao estándar, cun 82,09% de semellanza. Pola contra, as maiores diferenzas atopáronse na localidade leonesa de Pombriego, que só se asemella nun 34,29% ao galego normativo. Sousa sinala o "maior peso demográfico e de produción literaria do bloque occidental" para xustificar o fenómeno. Así mesmo, insiste en que, por termo medio, as porcentaxes de semellanza rondan o 75%, polo que hai unha proximidade evidente. As conclusións xorden dunha análise dialectométrica de 167 localidades da Galiza, Asturias, León e Zamora. Os datos empregados proceden do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), elaborado polo ILG a partir de datos do galego falado en áreas rurais a finais dos anos 70, cando aínda non existía unha variedade estándar, que foron tamén fonte para a elaboración da norma. Na maioría das linguas europeas, cuxo estándar leva séculos asentado, é habitual o estudo da influencia da normativa sobre os dialectos. Porén, no caso do galego, é posíbel estudar tamén o impacto das variedades na creación do estándar. Este debe entenderse como "composicional", concibido coma símbolo de identificación e vehículo de comunicación común na escrita e rexistros de maior formalidade, mais nunca para substituír as variantes que o conformaron. |
NOS_20548 | Tras os incendios ocorridos no Barbanza este verán, as comunidades de montes desta comarca pediron á Fiscalía que se investigue o dispositivo fornecido pola Xunta da Galiza o 4 de agosto para frear os lumes. Andrés Domingo Vila Noal, presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza, asegura que se cometeron numerosas neglixencias e demanda un maior compromiso. | — Por que piden á Fiscalía que investigue o dispositivo da Xunta nos incendios do Barbanza?Pedimos que se investigue a xestión dos lumes porque temos probas, pois vimos cos nosos ollos que non se tratou dun único incendio, senón de varios. Queremos que se depuren responsabilidades e que se sinalen as persoas culpábeis dun cúmulo de neglixencias que provocaron que todo o monte do Barbanza estea hoxe negro. Desde o primeiro momento non deixaron de cometer graves erros. Unha das neglixencias máis relevantes foi o atraso á hora de acudir á zona afectada. É fundamental actuar na primeira media hora dun incendio para poder atallar o lume, mais non chegaron a tempo. As comunidades de montes piden á Fiscalía que investigue o dispositivo da Xunta no incendio do Barbanza Outro dos erros que cometeron foi a mala colocación de contralumes, que toda a veciñanza sabemos que puxeron, pero os responsábeis mantéñeno en secreto. A lei exixe que os contralumes deben ser colocalos por unha persoa cualificada seguindo unhas pautas concretas, pero neste caso fixérono de calquera maneira sen ter en conta cuestións como o vento, que sopraba en contra. Un contralumes mal feito pode ser peor que o propio incendio. Ademais, cando eu mesmo me acheguei á zona na madrugada do 5 de agosto, non había ninguén alí intentando apagar o lume. Tiven que chamar o garda da nosa zona cando era outra persoa a que tería que estar ao cargo da situación. Ás oito da mañá estaba extinguido, mais volveu prender no mediodía. Cando as brigadas que se achegaron puideron apagalo, marcharon sen deixar ningunha persoa comprobando que non volvía arder. Foi unha neglixencia que ninguén quedara no lugar do incendio, sobre todo co vento que había. Antes de que marchasen da vila, o lume volvera medrar. Quizais estaban ocorrendo moitos incendios á vez e había poucos medios para cubrilos. Os incendios que permanecen activos na Galiza arrasaron xa 265 hectáreas — Quen son os responsábeis de que se cometeran estas neglixencias?En primeiro lugar, hai un garda, que todos na zona coñecemos, que xa foi trasladado por diferentes lugares porque ninguén o quere. Cando o lume chegou ao cámping de Ribeira o 5 de agosto, as persoas encargadas del preguntaron quen se ocuparía do cámping se chegaba o lume até alí. Este garda en cuestión, despois de asegurarlles que quedaban algunhas bombas e unha brigada, ao ver que o incendio se aproximaba á súa vivenda próxima ao lugar, trasladou os dispositivos até a súa casa deixando o cámping desprotexido. Son todos amigos e protéxense entre eles. Mentres que todos os medios van ás leiras dos ricos, para os pobres, pan duro. Mentres que todos os medios van ás leiras dos ricos, para os pobres, pan duro O director xeral de defensa do monte, Manuel Rodríguez, tamén é responsábel, pois sabe todo o que está a ocorrer e non actúa. Hai moita xente que está a traballar na extinción de lumes que non está formada, e iso non pode ser. Non sei até que punto o conselleiro de Medio Rural, José González, ten algunha responsabilidade ao respecto. O que é evidente é que están a intentar que todo quede tapado e silenciado. Nós xa puxemos a denuncia na Fiscalía pois, aínda que non creo que consigamos nada, non podemos calar. Alguén ten que facer algo. Non é nada novo que arda a Galiza, e resulta incríbel que non haxa un bo plan de prevención. — Cales son as demandas que sosteñen desde a Mancomunidade Serra do Barbanza?Queremos que falen con nós, e estanse a "escaquear". Tiñamos prevista unha reunión co conselleiro de Medio Rural agora en agosto, mais a estas alturas non creo que sexa posíbel, a ver se nos podemos reunir a comezos de setembro. Pedimos dúas cuestións claras: por unha parte, un compromiso para o futuro e, por outra parte, que se leve a cabo unha mellor política de xestión dos dispositivos de extinción de lumes. |
NOS_34987 | Un integrante do Movemento Ecoloxista da Limia foi denunciado polo Grupo Coren, que o acusa dunha intromisión ao honor por unhas declaracións nun programa de televisión. Este colectivo denuncia desde hai anos o impacto negativo da gandaría intensiva na comarca e a contaminación que provocou nas augas. | O 2 de marzo, Manuel García acudirá a un acto de conciliación nos xulgados de Xinzo da Limia Manuel. Na outra beira da mesa sentará o Grupo Coren, a cooperativa de cooperativas galegas da industria gandeira e agricultora. García é un dos activistas que impulsaron, en 1981 o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL). O pasado mes este ecoloxista recibiu a notificación dunha denuncia da cooperativa, que o acusa dunha "intromisión no dereito ao honor" e lle reclama un millón de euros en concepto de danos e prexuízos por unhas declaracións recollidas nunha emisión do programa "España directo" en setembro de 2019. A conciliación é o paso previo á celebración dun xuízo, na que se procura chegar a un acordo entre as partes. "Buscan que me retracte, mais sería unha traizón a quen loitamos por que se coñeza o impacto negativo que ten a gandaría intensiva na comarca da Limia", afirma García en conversa con Nós Diario. o ecoloxista apunta a que existen múltiples "evidencias científicas" que confirman a contaminación das augas da comarca. "O realmente grave deste asunto é que as Administracións competentes non fixeron nada para evitalo", lamenta. Concentración parcelaria O integrante do MEL recorda que na década dos 90 as súas integrantes viaxaron até Bruxelas para denunciar a concentración parcelaria impulsada polo Goberno do popular Xosé Manuel Fraga. Daquela creáronse as condicións para a instalación de empresas de gandaría intensiva na comarca. Até 400 explotacións acumula esta área, cuxo terreo non é capaz de asimilar os xurros procedentes da súa actividade. García explica que as activistas do MEL e doutras entidades teñen recibido anteriormente presións de empresarios. "Levamos anos denunciando a sobrecarga que sofre a Limia desde 2007", expón. Contaminación en datos A Sociedade Galega de Historia Natural fixo públicos en xaneiro de 2020 as analíticas realizadas pola Dirección Xeral de Saúde nos sistemas de abastecemento municipais da chaira da Limia. O colectivo ecoloxista analizou a presenza de nitratos, traza dunha posíbel contaminación polo emprego de fertilizantes agrícolas. Da documentación relativa aos anos 2017, 2018 e 2019 a sociedade percibiu un aumento sostido na concentración media de nitratos nun total de 24 puntos de abastecemento. 11 das datas de análise devolveron niveis "de alerta" de 30 miligramos por litro. Noutras 9 datas, as mostras amosaban unha concentración superior aos límites legais, estabelecido en 50 miligramos por litro. A propia SGHN, xunto máis de 50 colectivos ecoloxistas, apoiou na sexta feira a Manuel García nun comunicado. "Semella que unha empresa queira aplicar a Lei Mordaza para calar as nosas denuncia este activista que o 29 de febreiro recibiu o premio Osíxeno 2019 da man de Adega. |
NOS_25463 | A iniciativa leva as sinatura de BNG, ERC, Junts, EH- Bildu, CUP, Más País e Compromís.Entre as demandas, que a comisión indague quen se beneficiou das actividades "ilícitas ou ilegais" de Juan Carlos I, "especialmente" se un deles foi Felipe VI | Formacións independentistas e soberanistas do Congreso, canda Más País e Compromís, rexistraron unha nova solicitude para que a Cámara cre unha comisión de investigación sobre a trama vinculada ás presuntas "ilegalidades e irregularidades" cometidas por membros da casa real, en especial o rei emérito, e que sabía das mesmas o seu fillo Felipe VI e se se beneficiou delas. A iniciativa leva as sinatura de BNG, ERC, Junts, EH- Bildu, CUP, Más País e Compromís, mentres que o PNV declinou sumarse. Rexistrouse esta sexta feira, o mesmo día que Unidas Podemos anunciaba o propio cunha iniciativa similar. Estas formacións decidiron retomar a súa esixencia de que o Congreso investigue estes asuntos tras coñecerse que Juan Carlos I pagou 678.393 euros a Facenda para regularizar a súa situación co fisco. A presentación desta declaración por Juan Carlos I, catro meses despois da súa saída do Estado, está relacionada co presunto uso de tarxetas bancarias das que se beneficiaron tanto o emérito como algúns dos seus familiares. En concreto, as formacións queren que o Congreso investigue as presuntas irregularidades cometidas por membros da familia real, "así como dos seus cómplices"; a orixe e destino dos fondos e fluxos monetarios referidos nos rexistros de uso das chamadas 'tarxetas black' e as súas poíbeis influencias na política diplomática e comercial de España con Arabia Saudita. Así, especifican que se debe investigar sobre a "existencia de estruturas opacas, coa participación do ex xefe do Estado, para a adxudicación de contratos comerciais", sobre o pregunto "branqueo de capitais" por parte do rei emérito, se actuou como comisionista, quen coñecía as súas actividades, quen eran os seus cómplices "e as consecuencias e responsabilidades derivadas das mesmas". Tamén demandan que a comisión indague quen se beneficiou das actividades "ilícitas ou ilegais" de Juan Carlos I, "especialmente" se un deles foi Felipe VI, e se o actual xefe do Estado ou outros membros da casa do rei tiñan ou non coñecemento das investigacións actuais. |
PRAZA_16374 | Álvaro Santos, secretario xeral do PSdeG lucense, advirte de que "se o PP segue a ocultar os mortos por infarto" para evitar abrir as 24 horas a unidade de hemodinámica do hospital, o partido acudirá ao TSXG para obtelos: "rematou a paciencia" O relato en primeira persoa de ter un infarto en Lugo fóra de 'horas de oficina': "tiven sorte de aguantar a viaxe á Coruña" | O relato en primeira persoa de ter un infarto en Lugo fóra de 'horas de oficina': "tiven sorte de aguantar a viaxe á Coruña" Este 26 de febreiro fará sete anos dende que o presidente da Xunta inaugurou o novo hospital de Lugo. Naquel acto solemne Alberto Núñez Feijóo asegurou que a posta en marcha do Lucus Augusti permitiría que "os pacientes con doenzas do corazón ou de cancro que antes tiñan que desprazarse a Santiago ou á Coruña poderán ser atendidos no seu hospital público de Lugo ao longo deste ano". Esa referencia aos problemas cardíacos implicaba a apertura da unidade de hemodinámica, o servizo que atende a poboación afectada por infartos e que non abríría as súas portas no centro sanitario lucense ata o ano 2014, pero só en horario de oficina -de 8 da mañá a 3 da tarde, de luns a venres- malia ás demandas do persoal, da oposición parlamentaria e mais da Deputación e do Concello de Lugo. Unha das vías coas que a Consellería de Sanidade respondeu a estas reclamacións foi a posta en marcha do Rexistro Galego de Infarto (Regaliam). Deste mecanismo de control, sinalara a Xunta en 2015, dependería a apertura ou non da hemodinámica lucense durante todo o día. Na primavera de 2016 Sanidade ofreceu en rolda de prensa algúns dos primeiros datos do Regaliam, que acreditaban diferenzas de máis dunha hora e vinte na atención aos infartos en Lugo e no punto de Galicia no que eran atendidos con maior axilidade, Santiago. No entanto, a Consellería non publicou aquela información polo miúdo nin divulgou ningún balance máis malia que a oposición, e máis concretamente o PSdeG, pediu os datos formalmente en numerosas ocasións. É por iso que este martes a dirección socialista na provincia de Lugo lanzou un "ultimato": levará a Xunta aos tribunais se non facilita xa os datos. Álvaro Santos, secretario xeral do PP lucense, advirte de que "se o PP segue a ocultar os mortos por infarto" que evita facer públicos, o partido acudirá ao TSXG para obtelos: "rematou a paciencia" O Goberno, lembrou en rolda de prensa o secretario xeral do PSdeG lucense, Álvaro Santos, ten regulamentariamente un mes para achegar á oposición os documentos que lle pide e ese será o prazo que deixarán transcorrer. Se, cando transcorra, o Goberno do PP "segue a ocultar os mortos por infarto para non dotar a provincia de hemodinámica 24 horas", advirte, será o momento de formular un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia "a través do procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais". "Rematou a paciencia", evidencia Santos, quen lembra que o PSdeG reclamou ata en 14 ocasións estes datos mentres o PP "fixo caso omiso a todos os criterios científicos que avalan a necesidade de implantar esta prestación na provincia". "Por exemplo -cita- a Sociedade Española de Cardioloxía mantén que nunha área maior de 300.000 habitantes, como a provincia de Lugo, debe exitir unha unidade de críticos cardiolóxicos" operativa en todo momento. Paralelamente, lembra, os datos do INE acreditaron que "a mortalidade por infarto de miocardio en Lugo duplica a media estatal". "Imos facer un esforzo máis por conseguir que todos os lucenses saiban os datos reais de mortalidade, de tempo de atención e de morbilidade dos pacientes que sofren un infarto na nosa provincia" porque "non imos consentir que nos sigan enganando". "Algo deben ocultar -sinala Santos- cando non mostran os informes". Na contorna do hospital lucense considérase inminente o anuncio dunha ampliación parcial do horario da hemodinámica, un conflito que ameaza con volver ser un lastre electoral para o PP lucense Santos, que compareceu xunto á alcaldesa lucense, Lara Méndez, lamenta que as mobilizacións na rúa "ou os xulgados" teñan que ser as vías para lograr medidas para Lugo que deberan chegar "das institucións". Faino pouco despois de que o relato en primeira persoa dun home que tivo que ser trasladado á Coruña dende Lugo por sufrir un infarto un domingo pola tarde reavivase o debate público sobre a atención a estas doenzas na unidade de hemodinámica do HULA. A transcendencia pública deste testemuño produciuse mentres na contorna do PP lucense medra o temor a que os incumprimentos sanitarios volvan supor un lastre para os seus intereses nunhas novas eleccións municipais. Neste sentido, fontes consultadas por este diario apuntan que na contorna do HULA se considera inminente o anuncio dunha ampliación parcial do horario do servizo de hemodinámica durante as tardes, que sería anunciado como paso previo a unha futura apertura total. Sexa como for, o secretario xeral do PSdeG lucense advirte de que "tras sete anos de incumprimentos por parte do PP e de Feijóo", a "vía institucional e pacífica" chegou á súa fin e a decisión de acudir aos tribunais será firme se no vindeiro mes non chegan os datos reclamados. "E non descartamos calquera outra vía, porque non imos consentir que sigan enganando", afirma. |
NOS_30533 | A multinacional saca camisolas e gorros con textos do poeta do Courel. | Zara vén de lanzar unha pequena colección de roupa baseada nos caligramas do poeta Uxío Novoneyra. Camisolas e mesmo gorros con versos do poeta do Courel como "Din os soños ios paxaros....". |
NOS_12942 | Deolinda abre esta sexta feira un suxestivo menú de ofertas musicais nas festas por excelencia da capital da Galiza. | Sexta feira Compostela. Apóstolo 2016. 23.30 horas. Praza do Obradoiro. Deolinda. Sábado. Compostela. Apóstolo 2016. 21.30 horas. Praza da Quintana. Xornada de Folclore Galego, con Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia. O Grove. Náutico de San Vicente do Mar. Festival Ribeiro Son de Viño. Apertura de portas ás 13 h, catas de distintos viños e apartir das 14 horas, música, con Familia Caamagno, Atrás Tigre, Andoni Arcos, Cristina Alcalá, Aries, Thee Blind Crows, Triángulo de amor bizarro, Músculo. Domingo Compostela. Apóstolo 2016. 22 horas. Praza da Quintana. Concerto da banda municipal de música. Toda a fin de semana Exposición Rostros do País, de Xurxo Lobato, na Cidade da Cultura. Até Setembro. Redondela. Casa da Cultura. Exposición Mulleres en acción: violencia zero. Até o 31 de xullo. |
NOS_49461 | A Mesa do Congreso acordou non aceptar ningún dos dous grupos parlamentarios levantados para dividir o Grupo Mixto, nin o múltiple que foron presentados polos BNG, Junts, Más País e Compromís nin o de España Plural promovido por formacións de dereitas. Néstor Rego di que a decisión da Mesa "é política e non respecta un criterio esencial en democracia: que todas as forzas con representación teñan posibilidade de intervención". | A Mesa do Congreso acordou onte non aceptar ningún dos dous grupos parlamentarios levantados para dividir o Grupo Mixto, nin o múltiple que foron presentados polos BNG, Junts, Más País e Compromís nin o de España Plural promovido por formacións de dereitas. A Mesa concede ás 21 formacións do Grupo Mixto un prazo de 5 días hábiles para que busquen outras fórmulas que fagan operativo ese grupo. O deputado do BNG, Néstor Rego, sinalou que a decisión da Mesa "é política e non respecta un criterio esencial en democracia: que todas as forzas con representación teñan posibilidade de intervención" porque, asegura, o grupo cumpría cos requisitos de ter máis de 5 deputados e máis de 5% de votos. Néstor Rego salienta que o BNG contribuíu a impulsar o Grupo Múltiple para poder saír dun Grupo Mixto que non garantía un mínimo de capacidade de actuación nin visibilidade ao estar constituído por 11 forzas diferentes. O grupo, de carácter técnico, cumpría os requisitos e garantía que o BNG tivese máis posibilidade de intervención, en tempos, iniciativas ou presenza en comisións. A Mesa do Congreso rexeitou a formación dos dous grupos seguindo os criterios dos avogados, que nun informe que advertira de que ningún dos dous grupos cumpre estritamente os requisitos. O Regulamento establece que todos os partidos que posúan 15 ou máis escanos poden constituír un grupo parlamentario, requisito que cumpren PSOE, PP, Vox e Unidos Podemos e as súas confluencias. Hai un segundo xeito de establecer o seu propio grupo: superar os cinco deputados máis o 5% dos votos en todo o país, no caso de Ciudadanos, ou o 15% en todas as circunscricións nas que asiste, como é o caso de PNV, ERC e Bildu, que ten por primeira vez un grupo propio. Porén, o órgano de dirección da cámara segue os criterios dos avogados, que nun informe xa advertiran de o Grupo Múltiple, impulsado por Más País, Compromís, JxCat e o BNG, nin o de España Plural cumpren estritamente os requisitos. En opinión do BNG, a decisión da Mesa do Congreso non respecta o principio de que todas as forzas con representación teñan posibilidade real de actuación dentro do Congreso, pois ao cabo, representan máis de 1 millón de electores e electoras, no caso de BNG máis de 120.000 galegos e galegas que deben ver garantido o seu dereito de representación. "É por iso que o BNG continuará a buscar fórmulas que permitan maior capacidade de actuación e que non poidan ser cuestionadas pola Mesa", din as nacionalistas. A Mesa abriu un novo prazo até o venres día 20 para buscar reducir e facer operativo o Grupo Mixto. |
NOS_18971 | PP, PSOE e C's acadaron un acordo para se repartir a Mesa da Cámara baixa, mentres Podemos fica á marxe ao fixar como liña vermella para apoiar o candidato socialista á presidencia conformar 4 grupos parlamentares. Por vez primeira non haberá ningún representante nacionalista no órgao de goberno do Congreso. | PSOE, PP e Ciudadanos pactaron esta terza feira que o socialista Patxi López sexa o novo presidente do Congreso español. Os populares renuncian a presentar candidato. En virtude a este acordo, o PP terá tres postos na Mesa por 2 dos socialistas (1 deles, a presidencia), 2 de Cs e 2 de Podemos. Así pois, PP e Ciudadanos -isto é, a dereita- teñen maioría na nova mesa. Os socialistas tentaron que os populares cedesen 1 dos seus 3 postos ao PNV, mais sen éxito, polo cal por vez primeira non haberá representación nacionalista no órgao de goberno da cámara Podemos non acepta o acordo e insiste nos grupos parlamentares para En Marea, Compromís-Podem e En Comú Podem. Mais a constitución deses grupos semella máis afastada que nunca após este pacto. Alexandra Fernández: "Non contemplamos outro escenario que o da conformación dos catro grupos Podemos afástase das conversas após situar como liña vermella para calquera apoio ao PSOE o feito de que @s parlamentares da súa formación poidan facer parte de 4 grupos distintos que se corresponderían, para alén do do propio Iglesias, co das coligazóns de Poremos na Galiza, Catalunya e o País Valenciá. En comparecencia de imprensa, xunto coas portavocías de En Marea, En Comú Podem e Compromís-Podem, Iglesias condicionou calquera apoio --e mesmo a continuidade das negociacións-- ao PSOE co feito de que sexan autorizada a constitución de 4 grupos parlamentares. A este respeito, o secretario xeral de Podemos amosou vontade de diálogo e mesmo a posibilidade de renunciar a tempos de intervención e diñeiro á fin de que se constitúan os grupos, prometidos en campaña electoral. Desde En Marea, Alexandra Fernández asegurou que "non contemplamos outro escenario que o da conformación dos catro grupos. É o responsable". A voceira parlamentar de En Marea defendeu que a candidatura é "máis que a suma de partes" e que non obter grupo propio "sería unha fraude democrática" para "o 25% dos galegos e galegas" que apoiaron a coligazón. Fe de grallas: Este artigo foi corrixido por volta das 16h. Por erro atribuírase o apelido González á deputada de Pontevedra. O correcto é Fernández. Nota: Esta noticia foi actualizada ás 23.54 horas. |
PRAZA_3336 | Na mesa de traballo coordinada por Carme Adán, Pontón subliña o compromiso de "destinar o 1% do Orzamento da Xunta a recursos contra a violencia machista" e avanza que o BNG levará no seu programa "incluír o ensino infantil no sistema público educativo" e a gratuidade destas escolas | A portavoz nacional e candidata do BNG vén de reincorporarase á actividade pública por mor do adianto electoral e un dos seus primeiros actos no retorno foi, este sábado, a segunda mesa de Pensar Galiza, o proxecto do Bloque para "enriquecer" os contidos do seu programa do 5A con voces expertas de diversos sectores. A cita deste sábado estaba centrada na igualdade de xéneo e, nela Ana Pontón expresou o seu propósito político: "trasladar á acción do Goberno o clamor feminista do 8M".Na mesa de traballo coordinada por Carme Adán, Pontón subliñou o compromiso de "destinar o 1% do Orzamento da Xunta a recursos contra a violencia machista"Na mesa de traballo coordinada pola profesora Carme Adán, Pontón repasou algunhas das propostas do Bloque na materia durante a lexislatura, dende "destinar o 1% dos Orzamentos da Xunta a recursos contra a violencia machista" a "crear unha nova lei de igualdade". Estas, cre, son mostras dun "cambio en clave feminista, para situar as demandas das mulleres nun primeiro plano. E ese é o compromiso que adquirimos como BNG e que adquiro como candidata á Presidencia: ser a presidenta da igualdade".Neste sentido, a líder do Bloque advirte de que no programa da formación se incluirán tamén outras medidas que repercutirán de xeito positivo na igualdade entre mulleres e homes. É o caso, destaca, de "incluír o ensino infantil no sistema público educativo", toda vez que as escolas infantís dependen na actualidade da Consellería de Política Social malia ao anuncio, hai unha década, de transferilas a Educación. O Bloque, avanza Pontón, levará no seu programa "incluír o ensino infantil no sistema público educativo" e a gratuidade destas escolasEsta transferencia, asegura, implicará a súa gratuidade, na liña do implantado nalgúns concellos e aínda non estendido á Xunta, que comezará a implantar a gratuidade a partir do segundo fillo dende o vindeiro 1 de abril, catro días antes dos comicios. Esta medida "non abonda", cre Pontón, nun contexto no que as escolas infantís son recursos educativos e ao tempo, resalta, "recursos para a conciliación e a corresponsabilidade". No marco da sesión de Pensar Galiza, a profesora Carme Adán chamou a contrastar a "traxectoria do BNG de compromiso co feminismo" fronte ao "ermo en políticas feministas" do "tempo de Feijóo". A que fora secretaria xeral da Igualdade do Goberno de coalición de PSdeG e BNG e deputada do Bloque no Parlamento lamentou que nestes anos se "desfixese o avanzado", ao "non crear novos programas nin desenvolver a lei contra a violencia machista que temos en Galiza, que é moi avanzada e mesmo no Estado agora recollen propostas que xa están nesta norma"."Imos superar ás enquisas"O encontro do BNG sobre políticas de igualdade celebrábase escasas horas despois da publicación dunha enquisa de Metroscopia para El Confidencial que sitúa o PP dous escanos por riba da maioría absoluta, con 39 escanos, e o BNG como a forza de maior crecemento, recuperando a terceira praza e con ata 14 escanos, oito máis que na actualidade. Preguntada ao respecto, Pontón ve a tendencia indicada nesa sondaxe como mostra de que "o BNG é unha forza á alza" que "vai a por todas" o 5A, pero tamén se amosa "convencida de que imos superar todas as enquisas".O 5 de abril, cre Pontón, "imos celebrar un cambio político e tamén que teremos unha muller nacionalista do BNG na Presidencia", porque "esa é a garantía do cambio real". Esta afirmación, asegurou a preguntas da prensa, responde "ao que sinto na rúa, que o BNG está despuntando". Tamén ao feito de "vermos tan nervioso ao PP, atacando ao BNG porque saben que somos a garantía de que non continúe" o actual Goberno, pero "tamén, dun cambio real". |
NOS_51438 | Impulsada polas dioceses galegas, Popular TV foi das primeiras cadeas privadas en Galiza en iniciar as emisións. O peche implica o despedimento dunha vintena de profesionais | A Xunta de Accionistas de Popular TV Galicia decidíu, nunha reunión mantida o pasado 21 de xuño, suspender as emisións, segundo informou esta quinta feira a cadea nun comunicado. Pon así final o 31 de xullo a sete anos de traxectoria en Galiza, iniciada coa concesión da licenza polo goberno da Xunta presidido por Manuel Fraga, A xunta, formada polos bispos das e Dioceses galegas e que conta tamén cunha participación minoritaria do Grupo Cope, tomou esta decisión debido á "imposibilidade económica de manter o proxecto", segundo informan desde a axencia EFE. Popular TV resultou ser unha das dúas licenzas adxudicadas no ano 2005 e foi a primeira cadea privada de Galicia en iniciar as súas emisións o 9 de outubro do 2009, apunta o texto remitido á prensa. Popular TV Galicia deixará de emitir o seu sinal e os seus traballadores, un equipo formado por unha vintena de profesionais entre empregados e colaboradores, deixarán os seus postos o 31 de xullo |
PRAZA_12059 | Alex López, Juan Domínguez, Ález Bergantiños, Borja Oubiña... Na reestrea da selección galega, os técnicos tiñan complicado atopar xogadores se non era fóra da terra e rebuscando nunha morea de equipos. Hoxe, teriámolo moito máis doado. Temos unha boa colleita. | Contar ou non coa canteira non depende dunha soa cousa. Tampouco en Galicia, que ten a súa propia e curiosa idiosincrasia neste deporte. Inflúen as dificultades económicas, como influíron nos dous grandes do fútbol galego. O Celta, tras varias tempadas seguidas en Segunda, foi acumulando xogadores da casa. No Deportivo, que descendeu tras vinte anos na elite, comezan a agromar tamén os máis novos. E ningún decepciona. Pero non todo é así de fácil. Non sempre as camadas son boas e non sempre se pode apostar tan rotundamente por uns rapaces que están a demostrar que non teñen que nada que envexarlle a ninguén. Porque un adestrador non tira da canteira por tirar; podes desexar subir tres xogadores ao primeiro equipo, pero non todas as épocas cho permiten. Canto tardará o Barcelona en sacar un futbolista como Xavi Hernández? Chegado o momento, son os propios xogadores os que deben demostrar que merecen esa oportunidade. O deportivista Juan Domínguez é un exemplo de como facelo. Sorprendeume gratamente o seu rendemento. Entrou para substituír a un home experimentado e con quilómetros como Jesús Vázquez e non só aproveitou a ocasión, senón que lle deu un xiro ao xogo do seu equipo. O fútbol ofensivo dos de Oltra é outro desde que o canteirán está no campo. Ninguén contaba con el e colleu o temón e seica era débil pero demostra cada xornada que non o é. El e o celtista Álex López chegaron sen facer moito ruído, pero ambos os dous son claves nos seus equipos. O mediocentro celeste -procedente da canteira do Racing de Ferrol- achega empaque e calidade a un dobre pivote complementado coa experiencia do recuperado Borja Oubiña. Igual que a calidade de Juan é apoiada pola forza e recuperación de Álex Bergantiños, outro que puido con todas as adversidades. E son catro os galegos que asumen o mando no Deportivo e no Celta e outro máis, Iago Aspas, que vai confirmando aos poucos a explosión e calidade que comezou a amosar hai xa un par de anos. Na reestrea da selección galega, os técnicos tiñan complicado atopar xogadores se non era fóra da terra e rebuscando nunha morea de equipos. Hoxe, teriámolo moito máis doado. Temos unha boa colleita. |
PRAZA_10165 | Por que não há um desenvolvimento municipal de iniciativas práticas de alfabetização e ensino em galego internacional? | Compostela devia ser uma cidade onde a língua portuguesa florescesse como as margaridas do campo na primavera. Vejamos, o elenco enterrado no panteão real da Catedral de Santiago começa por um primo dos Condes de Portucale, continua com um tio político da rainha Teresa, um genro e um outro primo segundo do rei Afonso Henriques, mais uma irmã da Inês de Castro, coroada depois de morta. Esta relação de nobres galego-portugueses encerra-se com um toque internacionalista, uma rainha provençal. Perto da catedral, ainda hoje passeiam os viandantes pela Rua da Rainha, que era Isabel de Portugal. A Universidade compostelana foi a primeira em instituir a Cátedra de estudos galego-portugueses, dirigida pelo professor Carvalho. Desde 2007 a cidade virou sede da Academia Galega da Língua Portuguesa.Compostela tem sido nomeada capital da língua portuguesa junto a Brasília, Lisboa, Luanda, Maputo e hoje é membro observador da União de Capitais da Língua PortuguesaUltimamente e graças à ação do último governo, Compostela tem sido nomeada capital da língua portuguesa junto a Brasília, Lisboa, Luanda, Maputo e hoje é membro observador da União de Capitais da Língua Portuguesa, junto à Covilhã, Mértola, Nampula e Ponta Delgada. Pareceria justo que as propostas dos partidos políticos que se apresentam a governar na Câmara Municipal estivessem atravessadas por este conteúdo transversal lusófono que tantas pegadas deixa na cidade, verdade? Vejamos as respostas municipalistas em 2019 a esta demanda popular que desde 2014 foi convertida em lei.O primeiro é constatar, com mágoa, o retrocesso do grupo Compostela Aberta, que em 2015 incluía até quinze páginas destinadas ao desenvolvimento da Lei Paz-Andrade (1/2014) e para estas eleições não sai nomeada nem uma única vez. Lembremos que Compostela Aberta foi o grupo que governou nestes quatro anos e que o seu programa de 2015 significava, junto ao de Ourense en Común, um passo histórico na inclusão do reintegracionismo na ação de governo. Devido é acrescentar, ainda que não se apresenta em Compostela, que Ourense en Común ampliou as suas propostas lusófonas para a língua, como pode comprovar-se na sua página web. Compostela Aberta inclui, sim, no seu programa atual uma medida que já tínhamos visto no programa de Unidas Podemos para as eleições estatais do passado mês de abril: A criação de uma Casa da Lusofonia que, aliás, já existe e está formalmente registada no Estado espanhol. Como contraste, víamos no programa estatal de Unidas Podemos uma definição muito mais contundente de língua galega, onde não duvidaram em assumir a identidade linguística galego-portuguesa. Não é o mesmo trabalhar a língua desde a identidade do que desde um abstrato "instrumento útil e axeitado para vincularmos Galicia e España co mundo lusófono".O segundo partido é o BNG, que elaborou um programa geral para todas as localidades em que apresenta candidatura. Comprovamos que o BNG não inclui nem uma única vez a palavra "lusofonia", nem "binormativismo", nem qualquer outra consideração a respeito da forma da língua que defendem. Como vem sendo habitual, este partido apoia-se no carácter oficialista que a proposta isolacionista recebe da atual administração da Xunta que, como sabemos, leva lustros nas mãos do PP. Em resumo, que o BNG quer mais do mesmo para Compostela e propõe iniciativas inovadoras para que o mesmo continue igual.Depois está o partido chamado Compromiso por Galicia que também se apresenta às eleições municipais em Compostela. Na altura da redação deste artigo este grupo político não tinha qualquer programa municipal, nem geral, nem concreto, nem disponível na sua página web. Então, por casualidade, consultei o seu programa para as passadas estatais de abril e levei uma surpresa. Tenho que reconhecer que no seu dia não tinha sabido deste programa e por isso não o incluí no anterior artigo sobre as eleições estatais. Quero agora emendar a falta e reconhecer que este partido, na sua proposta para toda a Espanha, nomeava quatro vezes a Lusofonia, quatro vezes Portugal e duas vezes a CPLP, pedindo a inclusão da Comunidade Autónoma galega como membro de facto. O programa de CxG dedicava vários parágrafos e pontos ao desenvolvimento da língua galega focada na Lusofonia. Isso sim, como corresponde a uma formação de direita, as suas propostas eram orientadas a objetivos empresariais e de interesses capitalistas mais do que à procura de uma formação integral da cidadania galega como pessoas livres e lusófonas de nação.Há mais partidos que se apresentam às municipais compostelanas. Deles, o que dizer? Pois que, ou carecem de programa, como os autodenominados socialistas, ou carecem de interesse para a língua galega, como o trifachito. O que também não resolvem os partidos que sim se preocupam com a língua é o modo prático de enfrentar o conceito isolacionista imposto pela direita centralizadora, cujo objetivo para as línguas diferentes do castelhano está bem estabelecido no artigo 3 da Constituição de 1978. Perante isso é bom lembrar o trabalho do professorado que arrisca, dia após dia, a sua tranquilidade, prestígio e continuidade laboral no aprofundamento e ensino dos conteúdos lusófonos que permitem uma boa alfabetização em galego internacional.Dúzias de atividades artísticas anunciadas em português no conservatório induziram a uma abertura mental e cultural que deixavam pequenos os objetivosSempre lembrarei a transformação do ambiente no conservatório entre os anos 2012 e 2016 em que servi como coordenadora da Equipa de Dinamização da Língua Galega do centro. Nesse tempo quase um centenar de pessoas desde os 12 anos até adultas colaboraram voluntariamente com textos, poemas e composições musicais próprias escritas em Galego internacional, melhoraram o seu conhecimento dos países lusófonos, da música e literatura galegas e tocaram em espaços privilegiados como a igreja de Bonaval, a catedral ou o Museu de Arte Contemporânea. Dúzias de atividades artísticas anunciadas em português no conservatório induziram a uma abertura mental e cultural que, mais do que responder às minhas intenções, as desbordavam, deixavam pequenos os objetivos, viravam rudimentares os meios e cresciam em caminhos e iniciativas empoderadoras que escapavam a qualquer previsão.Não foi este um mérito da professora, mas do alunado, da direção do centro e da enorme força política da Escola, que detenta um grande poder de transformação da realidade desde os seus membros mais jovens, e a sua influência fulcral na criação de espaços de liberdade e cultura. O professorado valente, como a Valentina Formoso e muitos mais trabalhadores pela língua, entesouram um poder que a cada dia lhes é roubado, como nos roubaram o dinheiro das preferentes ou o Paço de Meirás. A política hipócrita que a Xunta assume como própria favorece as denúncias dos odiadores do galego, que são os impostores do castelhano. A mim tocou-me viver que a Xunta dê-se a razão ao coletivo extremista Galicia Bilingüe e lha tirasse à professora funcionária e competente em língua portuguesa, como determina a Lei Paz-Andrade. Mas, e o trabalho de todo o professorado que ao longo do último terço do s. XX e nas primeiras duas décadas de XXI rompeu o lombo por defender a nossa dignidade contra as leis injustas?Por que não há um desenvolvimento municipal de iniciativas práticas de alfabetização e ensino em galego internacional?Dizem que a política municipal é a mais chegada aos problemas da rua e da gente. Até quando os partidos políticos olharão para outro lado estes problemas concretos, populares, reais e próprios do nosso fazer diário? Por que é que desde as propostas municipais não se avança e mesmo se recua em projetos tão fundamentais como o da comunicação linguística? Por que não há um desenvolvimento municipal de iniciativas práticas de alfabetização e ensino em galego internacional? Por que não se potenciam e cumprem as leis justas? A este passo, não só os estremenhos, mas os chineses vão saber mais de Portugal e cultura portuguesa do que nós. Para responder estas perguntas deviam estar os programas políticos e o nosso voto devia servir para premiar as propostas mais inteligentes e construtivas. Pois aqui deixo, como no anterior artigo, os programas referidos e que cada quem tire as suas próprias conclusões.Compostela Aberta: https://compostelaaberta.org/wp-content/uploads/2019/05/programa-CA2019.r.pdfBNG: https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2019/04/10/Programa-marco-municipais-2019.pdfOurense en Común: http://ourenseencomun.gal/programa-de-goberno-2019-2023/#bencomun |
NOS_9568 | A ministra de Defensa do Estado español, Margarita Robles, compareceu esta cuarta feira no Congreso. Ante os reproches das forzas soberanistas pola espionaxe a varios dos seus líderes co programa israelita Pegasus deixou entrever que o Executivo español si exerceu esas prácticas. O BNG, ERC e a CUP exixiron a súa dimisión. Por outra parte, o Parlament catalán resolveu levar aos tribunais a espionaxe. | O caso Pegasus xerou esta cuarta feira varias preguntas no pleno do Congreso. Os indicios apuntan que o CNI realizou a espionaxe desde a época na que Mariano Raxoi era presidente do Executivo e que Pegasus -programa de espionaxe que Israel vendeu a España- tería sido adquirido en 2016. Pontón insta Sánchez a "non minimizar" a presunta espionaxe con 'Pegasus', que considera "un ataque á democracia" BNG, ERC e CUP incrementaron a súa presión sobre o Goberno e en especial sobre a ministra de Defensa, Margarita Robles. As tres formacións exixiron a dimisión da ministra, tamén responsábel do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), por xustificar esas escoitas durante a sesión de control ao Goberno español no Congreso. Sesión de Control Ante unha pregunta de Gabriel Rufián (ERC), o presidente español Pedro Sánchez afirmou que "transparencia é abrir un control interno no CNI". "Estamos dispostos a desclasificar papeis se o require a Xustiza", engadiu. Sánchez non respondeu á "única pregunta" que lle trasladou Rufián, se o Goberno ordenou espiar o independentismo. "Porque se o fixeron é terribelmente grave, mais se non o ordenaron é aínda máis terribelmente grave", expuxo. Robles, sobre a espionaxe de 'Pegasus': "É moi fácil acusar o CNI sen probas porque non pode defenderse" Aclarar a responsabilidade do Goberno actual foi o afán de Jon Iñarritu (EH Bildu), neste caso con interpelación ao ministro de Presidencia, Félix Bolaños, quen respondeu con evasivas. Iñarritu cualificou o caso Pegasus como "o maior escándalo político das últimas décadas", e agregou que o seu grupo non pretende "que este Goberno se vaia a pique e veña a ultradereita". Porén, recriminou, "están a tardar en tomar medidas contundentes e que isto non lle volva ocorrer a ninguén, porque é incompatíbel ser unha democracia e que se espíe a oposición". Sobre a intervención de Robles, o deputado do BNG, Néstor Rego, afirmou que as súas palabras son "gravísimas" e supoñen "admitir que o Estado español actúa de maneira ilegal" e que "o Estado español non é un estado democrático e de dereito". "Debe dimitir", apostilou. Miriam Nogueras (JxCat) interpelou a ministra de Defensa. "Vostedes non queren unha comisión de investigación porque esta é só a punta do iceberg. Xa saben cantas persoas máis foron espiadas?", interpelou Nogueras. Robles limitouse a dicir que non existen probas e que os "traballadores do CNI" merecen "respecto". "Teño que calar sobre o CNI porque cumpro a lei e teño o deber de secreto", dixo a ministra, que pospuxo calquera tipo de resposta até a comisión de Segredos. As cinco cuestións que descoñeces do 'Catalunyagate' Aitor Esteban (PNV) dixo non ver claro en que artigo legal se acubilla o Goberno español para non dar explicacións sobre este caso e engadiu que de existir habería que cambiar a lei. "Non se preocupe, imos ver se entre todos podemos conformar esa comisión e aí a directora do CNI explicaralle todo o que sexa necesario", díxolle Robles. Esteban apuntou que el xa participou na comisión de Segredos "e aí nunca se contou un secreto, nunca". "Vostede converteuse en mera aplaudidora do que fan as Forzas de Seguridade do Estado. Que foi daquela xuíza progresista que era vostede?", preguntou. "Na comisión de segredos non se vai solucionar nada. Aproben unha comisión de investigación e desclasifiquen os documentos", reclamou Esteban. "Controlan vostedes o CNI? Todo vale contra o independentismo?", preguntou Mireia Vehí (CUP). "Cando se trata de salvagardar as cloacas, sempre está o PSOE para iso", afirmou. Robles pasou neste momento ao ataque: "Xa que racha vostede as vestiduras, que ten que facer un Estado, un Goberno, cando alguén vulnera a Constitución, declara a independencia, corta as vías públicas, mantén relacións cun país que está a invadir Ucraína? A vostedes vénlles ben aquí aparecer como vítimas, pero nunca lles vimos defender os dereitos fundamentais de todos os cidadáns". O Parlament levará aos tribunais a espionaxe O Parlament de Catalunya acordou na cuarta feira levar aos tribunais a espionaxe con Pegasus. A iniciativa foi aprobada cos votos a favor de todos os grupos excepto Vox, Ciudadanos e PP. |
PRAZA_17824 | GALERÍA DE IMAXES | Centos de persoas manifestáronse o sábado para esixir que Pontevedra deixe de acoller a derradeira feira taurina de Galicia. A modificación da Lei de Protección Animal -que fai unha excepción coa tauromaquia- e a supresión do convenio do Concello cos propietarios da praza de touros, principais esixencias. A filla de María Victoria Moreno leu o manifesto | Galería de imaxes da manifestación Centos de persoas manifestáronse este sábado en Pontevedra para pedir que a cidade deixe de acoller a derradeira feira taurina de Galicia. A marcha, convocada por Touradas Fóra de Pontevedra, percorreu as rúas do centro, saíndo da Praza da Peregrina para regresar ao mesmo punto, onde Begoña Llácer Moreno -filla de María Victoria Moreno- leu o manifesto final. A mobilización presentaba dúas grandes demandas, a primeira dirixida á Xunta de Galicia, á que lle pide que prohiba as corridas de touros en Galicia -como fixeron Canarias, Cataluña ou Baleares- modificando a recente Lei de Protección Animal de Galicia, que inclúe unha excepción para permitir a crueldade cos touros nestes espectáculos. A segunda demanda tiña como destinatario o propio Concello de Pontevedra, a quen se lle pide que suprima o convenio que aínda mantén cos empresarios propietarios da Praza de Touros, que todos os anos reciben 35.000 euros polo alugueiro do recinto para o torneo medieval da Feira Franca. Na marcha destacou a participación representates da Marea de Pontevedra e de Podemos, ao igual que de Galiza Nova, ou de organizacións animalistas como Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fundación Franz Weber. Precisamente estas dúas entidades, xunto co voceiro da Marea de Pontevedra, Luís Rei, entregaron hai uns días no Concello 130.000 sinaturas recollidas online contra o convenio que aínda existe coa empresa que xestiona a praza de touros. De igual xeito, Podemos Pontevedra proponlle ao Concello de Pontevedra que busque outras localizacións alternativas na cidade para a celebración deste torneo medieval e que suprima o convenio, destacando que "é intolerable e inadmisible ter polas súas rúas publicidade das touradas e de maltrato dos touros". "O movemento antitaurino crece ano a ano na cidade e hai moitísima máis xente concienciada", destacaba hai uns días en entrevista con Praza unha das voceiras de Touradas Fóra de Pontevedra, Victoria Estévez. "Esperamos que dentro de pouco xa non se teña que falar de Pontevedra pola feira taurina", concluía. |
PRAZA_20981 | O incremento de hospitalización é o menor nun día dende mediados de mes pero os pacientes na UCI con test positivo da COVID son outro máximo da pandemia, con 193. Dous días da última semana rexistraron 22 mortes de persoas que contraeran a COVID-19 e o total chega a 1.688 mentres a incidencia segue marcando máximos da pandemia cada día, aínda que diminuíndo o seu ritmo de incremento | Apúntano os datos e coinciden diversas voces dende os centros sanitarios. Galicia albisca o pico da terceira vaga do coronavirus. A que comezou a inchar coa ponte da Constitución, na que fora presentada como "segunda desescalada", e rebentou de vez en canto comezaron a aflorar os contaxios das semanas do Nadal, Aninovo e Reis. Pero esas mesmas voces tamén coinciden noutro aspecto clave: igual que o incremento de contaxios e de casos detectados repercute nos hospitais cunha ou dúas semanas de demora, o mesmo vai suceder con este posible freo.O incremento de hospitalización é o menor nun día dende mediados de mes pero os pacientes na UCI con test positivo da COVID son outro máximo da pandemia, con 193O Servizo Galego de Saúde está baixo unha presión sen precedentes por mor da COVID-19 e son varios os hospitais galegos que admiten estar ao límite. Os datos deste 28 de xaneiro tren consigo o menor incremento na hospitalización total dende mediados de mes (1.279, +8), con 7 persoas menos en unidades de hospitalización ordinaria con test positivo. Pero tamén son 400 máis que unha semana antes e implica que a ocupación das UCI siga aumentando, con 5 persoas máis ata un total de 193. Todas estas cifras seguen por riba do pico de presión hospitalaria da primeira vaga.A presión é moi alta nos hospitais e ségueo sendo tamén no resto do sistema sanitario galego. Os positivos activos seguen aumentando, aínda que con menor intensidade por efecto das altas de persoas que se contaxiaran o comezo do período das festas. Así e todo, as 21.613 comunicadas este xoves supoñen outro novo récord, con máis de 20.300 con illamento domiciliario prescrito, o que implica máis esforzos para os centros de saúde no traballo de seguimento e rastrexo. [A pandemia rebenta as costuras da Atención Primaria entre a "frustración" do persoal]Dous días da última semana rexistraron 22 mortes de persoas que contraeran a COVID-19 e o total chega a 1.688Os hospitais perciben cun certo retardo as explosións de contaxios e o mesmo acontece coas cifras de mortalidade. O acontecido nas semanas do Nadal golpea con dureza nas cifras de mortalidade dende hai algo máis dunha semana. Sanidade incorpora este xoves a confirmación de ata 27 falecementos de persoas que contraeran a COVID-19. Nove deles son das últimas vinte e catro horas e os restantes, de días previos. En menos dunha semana, Galicia rexistrou dous días con máximos no número de persoas falecidas que contraeran o virus. O venres da semana pasada, día 22, morreron vinte e dúas persoas e o martes desta semana, día 26, outras vinte e dúas. Isto supón unha media de arredor de 16 mortes ao día na última semana. O total chega así a 1.688.Alén das cifras globais, estes falecementos traen consigo tamén outros aspectos salientables. A maior parte das persoas falecidas coa COVID-19 seguen sendo poboación de idade avanzada, se ben nos últimos días Sanidade confirmou tamén mortes de varias persoas de apenas 60 anos. Ademais, nos decesos notificados o peso das persoas anciás que viven en residencias tende a descender, mentres semella aumentar a proporción de persoas que morren tras infectárense noutros lugares.Os novos casos e algúns sinais de que o freo se aproximaMentres Galicia estrea o paquete de restricións xerais máis estrito dende o confinamento da primavera de 2020, o Sergas continúa computando máis de mil casos novos cada xornada. Nas últimas vinte e catro horas (entre as seis da tarde do martes e a mesma hora do mércores) foron 1.468; deles, 1.121 diagnósticos mediante PCR. Son xa máis de dúas semanas por riba dos mil casos detectados cada día (de seis a seis da tarde) e tamén en termos de días naturais (todos os días das últimas dúas semanas agás un). Con estas cifras, a media diaria de diagnósticos mediante PCR segue aumentando con arredor de 1.300. Mais sendo isto certo, non o é menos que, tal e como amosa o gráfico sobre estas liñas, ese valor medio decelera o seu incremento, cunha liña cada vez máis inclinada que tamén suxire unha relativa proximidade do pico.A incidencia a 14 días medra a menor ritmo, pero segue marcando máximos da pandemia cada díaEse relativo e aínda frouxo acougo trasládase tamén a algúns valores da incidencia acumulada a 14 días. Para o conxunto de Galicia, este indicador supera os 740 casos por cada cen mil habitantes malia á moderación no seu incremento. Sobre o mapa, os concellos con moi altas incidencias son aínda moi numerosos, con case 180 municipios con máis de 500 casos novos por cada cen mil habitantes en dúas semanas e arredor de 80 por riba dos mil mentres son só 15 os que non rexistraron ningún positivo novo nas últimas dúas semanas. [A expansión da COVID por Galicia rebaixou dende decembro de 100 a 16 os concellos libres de contaxios]Pero tamén nesa incidencia sobre o territorio se comezan a albiscar algúns sinais positivos, aínda escasos e leves. É o caso da incidencia acumulada nas sete principais cidades. A que viña trazando peor evolución dende despois da ponte da Constitución, Santiago, encadea dous días de descenso da súa incidencia acumulada por primeira vez dende Noiteboa e logra baixar dos 700 casos por cada cen mil habitantes. Ademais, Vigo semella transitar polo que podería ser o seu pico de incidencia e Ourense e A Coruña, as que seguen tendo incidencias máis disparadas, apuntan a unha moderación da súa evolución.Os indicadores de razón de taxas (as incidencias acumuladas a 7 e 14 días comparados cos dos mesmos días da semana precedente) camiñan tamén nesta mesma dirección. Dende mediados de mes, ambos indicadores apuntan a que as dúas incidencias moderan o seu crecemento para o conxunto de Galicia, o cal non quere dicir que aínda non aumenten. Isto non sucederá ata que ambas liñas crucen o limiar do 1, o cal non sucede en Galicia dende os primeiros días de decembro.Novo récord diario de probas PCR á espera dun descenso claro da positividadeMentres o sistema sanitario agarda que as restricións acabadas de inaugurar contribúan a acelerar e fortalecer estes primeiros sinais de relativa mellora, o número de probas PCR procesadas cada día segue en máximos da pandemia. Foron máis de 12.700 na última xornada e o último día completo con datos dispoñibles, o martes 26, converteuse no día con máis PCR procesadas ao chegar ás 12.998 [a serie completa de datos, nesta ligazón].A taxa media de positividade das probas PCR a 7 días segue estancada entre o 10% e o 11%Este alto número de probas PCR procesadas está intimamente relacionado coa realización de cribados masivos en diversos puntos do país, os cales inciden tamén nas taxas de positividade (porcentaxe de probas que dan positivo), toda vez que cantos máis test se realicen a persoas sen síntomas, máis posibilidades existen de que aumente o número de negativos. Neste contexto, a positividade media a sete días segue estancada entre o 10% e o 11% para o conxunto de Galicia, alternando lixeirísimas subas e baixadas nos últimos días. Así e todo, o relativo acougo en áreas con positividades moi altas convidan a pensar que, de seguir a tendencia, a vindeira semana este indicador si podería mellorar con algo máis de claridade. |
NOS_55438 | O copiloto accionou deliberadamente o descenso do avión e impediu o regreso á cabina do piloto, recoñece a Fiscalía francesa, que afirma que o copiloto estaba vivo até que o avión se estrelou. | O accidente do Airbus A320 de Germanwings puido ser un sinistro deliberado. Esa é a hipótese que nas últimas horas colleu forza entre os responsábeis da investigación, segundo apontan medios coma Le Monde ou New York Times, entre outros. Xa nun primeiro momento púxose esta opción sobre a mesa mais non se contemplou como prioritaria, algo que si está a acontecer nas últimas horas. O NYT desvelou que un dos pilotos abandonou a cabina e cando quixo regresar a ela non puido entrar. O feito de que a porta da cabina só se bloquee ou por dous erros ou de forma voluntaria desde dentro levou a investigación a barallar a hipótese de que alguén quixo que se estrelase. Algúns medios sinalan a posibilidade do suicicio do piloto da cabina. |
PRAZA_14770 | O presidente de Novagalicia Banco asegura que uns 10.000 clientes xa recuperaron os cartos e considera que os afectados da entidade galega "son os que fan máis ruído". Confirma que o FROB venderá a súa parte no Banco Gallego e que EVO tamén está en venda. | José María Castellano, presidente de Novagalicia Banco, presume de xestión no conflito das preferentes e asegura que a entidade galega foi a primeira en buscar unha solución ao problema. "A día de hoxe preto de 10.000 persoas recuperaron ou están a piques de recuperar os seus cartos mediante a arbitraxe", destacou, logo de aclarar que cando se emitiron aquelas particións el "non estaba alí" e tras advertir tamén de que dos 43.000 clientes que compraron preferentes "non todos son aforradores" "Non somos os que temos máis afectados, pero si os que fan maís ruído; as manifestacións polas preferentes están politizadas" "Non lles imos devolver os cartos aos investidores", insistiu Castellano, que asegurou que Novagalicia non é a entidade que ten máis clientes afectados polas participacións preferentes, pero si "os que fan máis ruído", logo de asegurar que "as manifestacións polas preferentes están politizadas". "Sabemos que os que se moven nestes termos, nin eles nin os seus famiiliares teñen preferentes", engadiu, logo de recoñecer que "posiblemente" eses produtos se comercializaron "mal" por parte das caixas. Castellano aplaude a vitoria do PP porque garante "estabilidade". "Se non gañase, estariamos preguntándonos quen e como formaría Goberno" Ademais, e ao tempo que falaba da "politización" das protestas contra a estafa das preferentes, o presidente de NCG Banco aplaudía a vitoria do PP por maioría absluta nas eleccións autonómicas do pasado domingo porque, ao seu entender, iso garante "a estabilidade" de Galicia. "Se non tivese gañado o PP, agora estariamos preguntándonos quen e como formará Goberno", manifestou nun almorzo informativo na APIE (Asociación de Periodistas de Información Económica). José María Castellano, acompañado de César González Bueno, conselleiro delegado, asegurou tamén que Novagalicia ten un proxecto viable que podería suscitar o interese de bancos españois e tamén estranxeiros. De feito, insistiu en que o negocio core do banco en Galicia, Asturias e León vai ben e que pode volver ser rendible. En canto ao futuro de NCG, o seu presidente xa fala da posibilidade de que sexa declarado banco ponte e recapitalizado antes de finais de ano para logo transferir os activos ao banco malo, recuperar rendibilidade nuns cantos anos e, probablemente, ser logo sacada a poxa. "Teremos probablemente un balance e un cadro de persoal máis reducido", admitiu, aínda que tamén abre a porta a que se manteña como entidade independente. O presidente de NCG Banco insiste en que haberá despidos "O proceso non ten por que ser de poxa, senón un que maximice a rendibilidade para devolver o diñeiro público", aclarou González Bueno, que destacou a importancia de que Galicia manteña unha entidade radicada no seu territorio. El e Castellano mostráronse seguros de que no futuro serán os investidores os que volvan privatizar NCG. Por outra banda, o conselleiro delegado informou de que EVO Bank "está en venda e suscitando interese", logo de aclarar que será o FROB quen se ocupe da venda de Banco Gallego. En contra das indemnizacións millonarias José María Castellano recoñeceu tamén que Novagalicia Banco atopouse con graves problemas de reputación debido ao conflito polas preferntes e ás elevadas indemnizacións dos ex directivos, agora investigadas na Audiencia Nacional. Para o presidente, o feito de que NCG precise 14.000 millóns de euros "demostra que a entidade non estaba ben nin nada que se lle parecese". "A situación de Caixa Galicia e Caixanova non diferían", chegou a dicir, logo de que Fernández Gayoso xustificase onte as elevadas indemnizacións dos directivos da entidade viguesa polo bo facer nela. As altas retribucións "non se xustifican", segundo Castellano. |
NOS_6195 | Ao foco declarado na residencia de Leiro, con 31 persoas contaxiadas, hai que sumarlle outro na residencia de atención á discapacidade Pai Menni de Betanzos, con 17 nocos casos. | Os centros da terceira idade da Galiza mais de atención á discapacidade alcanzaron xa os 600 casos activos por coronavirus. O avance da pandemia entre a comunidade residencial débese ao aumento dos contaxios relacionados fundamentalmente con dous focos. O primeiro na comarca do Ribeiro, na residencia Quercus de Leiro, e o segundo na residencia de atención á discapacidade Pai Menni de Betanzos. Así, xa son 360 as persoas maiores residentes afectadas pola Covid-19 nunha vintena de centros sociocomunitarios. Segundo o balance divulgado polas Consellarías de Sanidade e Política Social, en 24 horas detectáronse 36 novos positivos, a maioría, 25, na residencia de Leiro. Ademais, a residencia DomusVi de Carballo notificou outros sete positivos, mentres que os Apartamentos Tutelados de Arzúa informan dun caso, a San José de Arzúa de dous máis e os apartamentos San Bartolomeu de Xove doutro positivo entre as súas residentes. A residencia Paz e Ben de Tui, intervida esta semana pola Xunta, mantense como a máis afectada con 63 contaxios, seguida pola de Ribeira, con 59, e a DomusVi Vimianzo, con 46 usuarios positivos. Persoal afectado En canto ao colectivo de traballadores e traballadoras, a cifra de contaxios alcanza os 200, sete máis que o día anterior. Entre os casos novos diagnosticados nas últimas horas están os de seis profesionais da residencia Quercus de Leiro e cadanseu no centros Nosa Señora do Carme de Sarria, DomusVi Carballo e DomusVi Cangas. Segundo os datos de Sanidade o cadro de persoal máis afectado polo coronavirus é o da residencia Paz e Ben de Tui, con 25 infeccións activas, seguido do da Pastoriza, con 23, e do da DomusVi Vimianzo, con 22. Atención á diversidade Os centros de atención á discapacidade aumentaron en 17 os usuarios afectados pola Covid-19 tras o surto da residencia Pai Menni de Betanzos, que conta xa con 29 persoas infectadas. En total hai 30 usuarios positivos, os 29 da Pai Menni e un na residencia de Bóveda. O colectivo profesional destes espazos mantense sen cambio. Hai 11 afectados en cinco centros: sete na Pai Menni e cadanseu na residencia de Bergondo, no centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña, na residencia Casa Lamastelle de Oleiros e na DomusVi Bóveda. |
NOS_13190 | O falecido atopábase a cinco quilómetros do centro de saúde de Lalín, pero as dúas ambulancias da zona estaban en Santiago. | Un home de 74 anos de idade faleceu na noite desta segunda feira por complicacións nas patoloxías cardiorrespitarias que padecía. Fíxoo no Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Lalín, ao que foi trasladado por unha ambulancia desprazada desde Chantada, a 40 quilómetros de Catasós, a parroquia lalinense na que residía e á que tardou 36 minutos en chegar a dotación de Urxencias Sanitarias 061. Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Urxencias Sanitarias 061, a central de coordinación recibiu unha chamada ás 21,09 horas na que solicitaban medios para atender a un home na parroquia de Catasós, a 5 quilómetros do centro de saúde de Lalín. O paciente estaba afectado de "varias patoloxías" e presentaba un empeoramento da súa situación nas últimas semanas "de forma progresiva". No momento da chamada, que se produciu cando xa non estaba en funcionamento o vehículo de apoio do 061 para a zona, as dúas ambulancias que prestan servizo na comarca --unha con base en Lalín e a outra en Silleda-- atopábanse trasladando a pacientes ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), polo que a central das emerxencias mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico de Chantada por ser a máis próxima. A ambulancia chegou ao domicilio do falecido 36 minutos despois de recibir o aviso, como recoñece Urxencias Sanitarias 061, que apunta que, desde o momento da chamada, un médico coordinador especialista en urxencias atendeu ao paciente. O Sergas asegura que o paciente foi atendido por un equipo completo de médico e persoal de enfermaría na PAC de Lalín, que, na noite do luns, contaba cunha "dotación completa" de persoal, composta de dous médicos, dous enfermeiros e un traballador de servizos xerais. |
PRAZA_16371 | Este martes celébrase o Día Mundial da Xustiza Social. EAPN-Galicia e as entidades que a integran lanzan a camapaña Mentiras Pobreza para denunciar os estereotipos erróneos que existen ao redor de determinados colectivos e que contribúen a dificultar aínda máis as súas vidas | Este martes 20 de febreiro celébrase o Día Mundial da Xustiza Social, declarado por Nacións Unidas no 2007 para reclamar un desenvolvemento económico e unha globalización que garanta resultados equitativos para todos a través do emprego, a protección social, o diálogo social, e os principios e dereitos fundamentais no traballo. Coincidindo con esta data, EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza levou a cabo unha serie de actividades para alertar da "crecente evolución dos prexuízos, estereotipos e intolerancia e ata desprezo polas persoas en pobreza ou exclusión". A campaña Mentiras Pobreza busca visibilizar os estereotipos identificados e argumentar contra eles O pasado mes de outubro o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión, promovida por EAPN, un texto que salientaba que "as persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais. Ninguén é inútil nin culpable do seu sufrimento". Ademais, o Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva (e unha serie de dez obradoiros previos) identificaron "mentiras, estereotipos e prexuízos" que afectan a determinados colectivos. Con todos estes prexuízos conformouse un mural (Muro das Mentiras) que este martes foi presentado no Parlamento, onde permanecerá exposto. Ademais, os distintos obradoiros serviron para elaborar respostas a eses prexuízos, dando lugar a outro mural (Muro da Inclusión), que tamén se pode ver na cámara galega. En paralelo á este acto e para reforzar a súa repercusión mediática, EAPN Galicia e as súas entidades integrantes lanzaron nas redes sociais a campaña Mentiras Pobreza, para visibilizar os estereotipos identificados e argumentar contra eles. Así, fronte a "Están na rúa porque non teñen estudos", contraponse que "O 13% das persoas sen fogar ten estudos universitarios e O 63,9% rematou a educación secundaria". Ou fronte a "As persoas con discapacidade non poden vivir soas precisan axuda para todo", sinálase que "As persoas con discapacidade poden levar unha vida autónoma de acordo as súas capacidades. Todos temos fortalezas e debilidades". Ou fronte a "Por culpa dos estranxeiros, cústanos máis a sanidade", sublíñase que "Os estranxeiros residentes en España (12,17%) só son responsables do 5,6% da utilización dos Servizos Sociais, Sanidade e Educación e ademais a súa presenza permitiu atrasar a entrada en déficit deste sistema". "Non cuestionamos certas situacións cotiás xa que estas crenzas están tan asumidas como verdades no imaxinario común que non somos conscientes que insultan e atentan contra a dignidade das persoas" EAPN-Galicia destaca a importancia de coñocer e identificar estes prexuízos, pois "en moitas ocasións non cuestionamos certas situacións cotiás xa que estas crenzas están tan asumidas como verdades no imaxinario común que non somos conscientes que insultan e atentan contra a dignidade das persoas". A entidade salienta que os colectivos que máis sofren estes estereotipos son persoas con discapacidade, persoas xitanas, mulleres, persoas sen fogar e en situación de pobreza e inmigrantes ou persoas que profesan outras relixións e con culturas diferentes á maioritaria. E explica que "o perigo máis grande que encerra un estereotipo ou prexuízo é que a persoa á que se lle atribúe o asuma como verdade: neste punto prodúcese unha supresión da percepción de valía, das fortalezas da persoa e de infravaloración. En definitiva, a desconexión entre a persoa e a súa dignidade". "Queremos que te unas ti tamén e dende agora mesmo á loita contra a aporofobia e a intolerancia", destaca a entidade, chamando a "derrubar o muro das mentiras" ao redor da pobreza "O perigo máis grande que encerra un prexuízo é que a persoa á que se lle atribúe o asuma como verdade: neste punto prodúcese unha supresión da percepción de valía, das fortalezas da persoa" A propósito do Día Mundial da Saúde Mental 2016, FEAFES Galicia lanzou a campaña "Eu non teño prexuízos" para loitar contra os falsos mitos que existen arredor das persoas con problemas de saúde mental. Outras das entidades que forman parte da Rede Galega contra a Pobreza, como Ecos do Sur, tamén lanzaron este martes mensaxes e iniciativas para loitar contra os prexuízos e o discurso de odio. A entidade destaca que Internet é un espazo clave de difusión destas "mentiras" sobre a pobreza e, ao mesmo tempo, unha ferramenta para combatelas. Para iso, difunden unha Guía Práctica de Intervención online para Ciberactivistas. O ano pasado Edo Bazzaco (SOS Racisme) salientaba nesta entrevista que "ademais de responder directamente aos discursos de odio, hai que que conseguir que esta resposta chegue a públicos amplos, contrapoñer o relato de odio con discursos diferentes". |
NOS_27398 | A comarca é un dos puntos da Galiza máis contaminados "por mor da inxente cantidade de residuos xerados pola gandería industrial". | Greenpeace presentou hoxe o informe Coren contra Manuel. Un caso de SLAPP no agro galego no que denuncia as prácticas ás que o xigante cárnico recorre para silenciar ás persoas críticas co seu modelo de negocio e coa gandería industrial, "principal causante da grave e histórica contaminación que sofren os acuíferos da comarca da Limia". O caso máis visíbel destas prácticas, indica esta organización, é o da denuncia por danos e prexuízos que o propio Grupo Coren interpuxo en febreiro deste ano contra o activista ambiental Manuel García, pola que lle esixen un millón de euros por unhas declaracións nas que o agricultor denunciaba a contaminación do encoro das Conchas e sinalaba a Coren entre os responsábeis. Este tipo de demandas millonarias (SLAPP, polas súas siglas en inglés) son, denuncia, "unha forma de intimidación legal e acoso xudicial cada vez máis habitual, a través das cales as grandes corporacións tratan de silenciar a xornalistas ou activistas, especialmente en asuntos relacionados coa corrupción e malas prácticas empresariais, como a contaminación ambiental". O crecemento exponencial da conta de resultados do Grupo Coren está asociado á súa aposta pola gandería industrial e é parello coa degradación ambiental que padece a comarca da Limia onde, principalmente, desenvolve a súa actividade "Estamos diante dunhas empresas todopoderosas, que manexan moitos cartos e implican a moitas familias e resulta difícil denunciar as súas malas prácticas", declarou Manuel García, agricultor ecolóxico e membro do Movemento Ecoloxista da Limia. "Mais era necesario, porque estabamos a chegar a un punto de colapso total dos recursos hídricos da Limia". O Grupo Coren, informa Greenpeace, dedicado máis ca nada á produción en avicultura de carne e posta, porcino e vacún, é a primeira sociedade cooperativa española e a décima no sector das carnes no conxunto da Unión Europea. "O crecemento exponencial da conta de resultados do Grupo Coren está asociado á súa aposta pola gandería industrial e é parello coa degradación ambiental que padece a comarca da Limia onde, principalmente, desenvolve a súa actividade. Varios estudos científicos e os resultados oficiais do seguimento da calidade das augas na zona amosan que a contaminación das augas por nitratos, fósforo e outros compostos débese principalmente á inxente cantidade de residuos que orixina a gandería industrial e a absoluta falta de control da súa vertedura nos campos galegos", sinala Greenpeace. "Galiza é a única comunidade autónoma que até a data non designou ningunha Zona Vulnerábel aos Nitratos, tal como esixe a Directiva de Nitratos. A contaminación histórica da auga, o incumprimento de varias normativas, o modelo agroindustrial imperante na Limia e a mala xestión dos refugallos gandeiros é algo que vén sendo denunciado desde hai anos por colectivos como a Sociedade Galega de Historia Natural, o Movemento Ecoloxista dá Limia (MEL), ao que pertence Manuel García, e a plataforma veciñal Auga Limpa Xa!". A situación na comarca da Limia é xa insostíbel e esixe actuacións inmediatas por parte das autoridades competentes e unha transformación do modelo de produción do Grupo Coren, demanda esta organización. |
PRAZA_5214 | Ames Novo proporá no pleno deste xoves a restitución da memoria da corporación municipal republicana, que foi apartada do concello en agosto de 1936. Durante seis anos Oscar Lojo Batalla, de orixe agrarista, impulsou unha política de fomento do asociacionismo, obras públicas e creación de escolas | Ames Novo presentará unha moción no pleno deste xoves para demandar a restitución da memoria da corporación municipal republicana, que foi apartada do concello en agosto de 1936. En especial a do seu alcalde, Oscar Lojo Batalla. A moción propón unha serie de recoñecementos simbólicos para os 16 concelleiros elixidos nas eleccións de 1931 e que gobernaron o Concello durante seis anos, impulsando unha política de fomento do asociacionismo, obras públicas e creación de escolas, de progreso en definitiva, que foi cortada de raíz co triunfo da sublevación militar contra a República. A moción entende que "a actual corporación adquiriu unha débeda histórica coa corporación democrática lexitimamente elixida no ano 1931" e salienta que "pasados corenta anos desde que rematou a ditadura e retornou a democracia, aínda non se realizou ningún acto de desagravio para cos concelleiros daquela corporación lexítima". Subliña ademais que "aínda existen familiares dos concelleiros depostos, que conservan a memoria viva daqueles, e que cando estes desaparezan, desaparecerá con eles o seu legado". A proposta prevé que o Concello de Ames inicie o procedemento ante o Ministerio de Xustiza de cara á Declaración de reparación e recoñecemento persoal que se recolle no artigo 4 da Lei 52/2007 á que teñen dereito todos os membros da corporación deposta. Unha vez efectuados os trámites, o concello acordará en sesión plenaria a solicitude en firme da Declaración de reparación e recoñecemento persoal para estes membros, un pleno ao que o Concello convidará de maneira pública á veciñanza e, de maneira especial, aos familiares e descendentes dos devanditos concelleiros. Finalmente, de aprobarse a moción, o Concello colocará no exterior da casa consistorial "en lugar ben visible e respectuoso" unha placa na que se lembrará o nome dos concelleiros da corporación lexítima de 1936 como acto de desagravio. O goberno que trouxo "a luz" Oscar Lojo "volveu das Américas cunha certa fortuna" e posiblemente ese carácter de emigrante retornado moveu as súas ideas cara ao progresismo O 22 de xuño de 1931 constituíuse a primeira corporación municipal democrática de Ames, con 16 concelleiros electos, e dela saíu elixido alcalde por unanimidade Óscar Lojo Batalla. Os representantes agraristas gañaran con absoluta claridade as eleccións do 31 de maio, despois de que tivera que repetirse a primeira convocatoria, do 12 de abril, cando se rexistraron numerosas irregularidades. Estes homes non tiñan unha filiación ideolóxica clara, aínda que se manifestaban republicanos e progresistas, e presentábanse en oposición aos representantes garcipritistas, continuadores da política caciquil e turnista de Montero Ríos. De feito, na crónica que El Pueblo Gallego publicou tras as eleccións destacábase que "fue reñídisima la batalla que dieron los antiguos caciques por no perder el mangoneo, llegándose a presentar sus candidatos como republicanos cuando hace poco tiempo pertenecían a la monarquía". Oscar Lojo, conta Maximino Viaño, "volveu das Américas cunha certa fortuna" e posiblemente ese carácter de emigrante retornado moveu as súas ideas cara ao progresismo. Como destaca Bernardo Máiz, "os emigrantes retornados constituiron ou conformaron as directivas de numerosas sociedades agrarias, trouxeron novas ideas de progreso tanto técnico coma ideolóxico, fortemente anticlericais e antimonárquicos, convencidos das virtudes dos reximes políticos democráticos". O 1 de agosto de 1936 a autoridade militar de Santiago, Juan Sanmiguel del Río, cesou todos os concelleiros e constituíu unha comisión xestora composta por Ramón Veiga e o secretario do Concello, Luis Salqués Nos seus seis anos de goberno, esta corporación fomentou o asociacionismo, creou escolas e impulsou numerosas obras públicas, coma a apertura de novos camiños e arranxo dos que estaban en mal estado, e mesmo trouxo a luz pública por primeira vez ás rúas do concello, entre 1935 e 1936. Especialmente importante foi o seu esforzo no impulso da educación pública; así, creáronse escolas en Searez, Agrón, o Santo, Bertamiráns, Bugallido, Milladoiro, Tapia... De igual xeito, a corporación manifestou a súa "adhesión entusiasta" ao Estatuto de Galicia e nomearon o alcalde comisionado para asistir á Asamblea de Municipios que aprobou o proxecto no ano 1932, e tamén aprobou unha achega de 200 euros para a campaña do Estatuto. Porén, o 1 de agosto de 1936 a autoridade militar de Santiago, Juan Sanmiguel del Río, cesou todos os concelleiros e constituíu unha comisión xestora composta por Ramón Veiga e o secretario do Concello, Luis Salqués. O 28 de outubro constituíuse definitivamente unha nova corporación nomeada polo gobernador civil da provincia. Era o comezo da noite, da longa noite de pedra, que en Ames fora precedida da chegada da luz. |
NOS_39151 | O presidente dos EUA asina un documento sen forza de lei que poderá ser recorrido perante os tribunais. É máis que nada un aceno de quen, pese a perder a maioría no Congreso nas eleccións de medio mandato, pensa que aínda está en condicións de sobrevivir politicamente e de gañar a reelección en 2020. | A vitoria demócrata non foi tan contundente como se agardaba e Trump mantén a maioría no Senado. A estratexia do magnate pasa agora por reactivar o seu discurso máis agresivo contra a inmigración, aquel que mobiliza prioritariamente as bases republicanas. Trump ten, aliás, unha baza: a oposición azul -esa é a cor corporativa do partido de Obama- aínda non ten un referente, un líder, claro. Bernie Sanders? É unha posibilidade, mais o veterano socialista considera que o Partido Demócrata debe elixir a quen teña posibilidades reais de bater Trump. E iso pasaría talvez por apostar nun perfil algo máis morno con posibilidades reais de se impor en estados agora controlados polos republicanos. Neste contexto cobra todo o sentido que Trump asinase un documento anti-inmigración. Os seus asesores pensan que só coa boa marcha da economía -índices de paro descoñecidos desde finais da década dos 60- non abonda, tal e como tería mostrado o ascenso demócrata nas eleccións á cámara de representantes. O consello para o inquilino da Casa Branca é pois claro: hai que intensificar a ofensiva contra as e os estranxeiros. O documento asinado por Trump nega o dereito de asilo ás inmigrantes que se achan nos EUA sen documentos, unha populación que as últimas estimacións sitúan na contorna dos 11 millóns de persoas. A proclamación presidencial, que tería unha vixencia de 90 días, non ten rango de lei, co cal pode desencadear unha manchea de recursos xudiciais. A lexislación actual norteamericana non fai distingos entre a populación inmigrante legal e ilegal á hora de acoller o seu dereito a pedir o asilo. Calquera persoa que entre en territorio dos EUA sen papeis pasa inmediatamente a ser custodiada polo estado e ten dereito a presentar o seu caso perante os tribunais. A falta de meios nos xulgados fai que a instrución dos asuntos se demore por moito tempo, en ocasións durante anos. |
NOS_43817 | @s soberanistas alertan da "situación de indefensión" na que fica o noso País tras a intervención ao carecer de soberanía política, e cuestionan "a utilidade política" da Xunta | A organización da esquerda soberanista Causa Galiza denunciou a maquillaxe coa que o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, e o seu ministro de Economía, Luis de Guindos, untaron o rescate do sistema bancario cos 100.000 euros que chegaron ao Frob procedentes do Eurogrupo para repartir entre bancos e caixas, unha vez que remate a auditoría externa. "A intervención converte o Estado español nun protectorado, baleira aínda máis o Estatuto de Autonomía e dá paso a unha serie de negativas consecuencias que se irán degranando nas vindeiras semanas". Así as cousas, Causa Galiza cuestionou a veracidade do dato de que o 70% do sistema "está a salvo", ante a inxección de recursos en NovaGalicia Banco, Bankia, CatalunyaCaixa e Banco de Valencia. As posibilidades de "absorción externa e extinción definitiva" do sistema financeiro galego van en aumento. Aínda que Rajoy procurou minimizar calquera consecuencia do rescate, este suporá un incremento da débeda do Estado, a posíbel elevación do IVE ata o 23% seguindo o ronsel de Grecia ou Portugal, a ampliación da idade de xubilación, a profundización dos aspectos máis lesivos da reforma laboral para a clase traballadora galega, novos recortes nos servizos públicos e o control máis estreito da Troika --Comisión Europea, FMI e BM-- sobre os gastos do Estado español, e tamén da Galiza. Todo co pano de fondo da cesión de soberanía estatal e colocación do noso País "nunha situación de indefensión aínda máis acentuada que a actual", ao carecer de soberanía política. Galiza, que xa se estaba "sometida a procesos de desgaste" desde Madrid coa fixación de teitos de gasto e endebedamento e a invasión competencial, sofre con esta medida "un paso máis no seu baleiramento e profundiza a inutilidade da autonomía administrativa" como instrumento institucional para defender os intereses da maioría social galega. "A utilidade política da Xunta está hoxe máis en entredito que nunca", sinalou Causa Galiza. |
PRAZA_2483 | Unha maior audiencia televisiva para Iglesias ou Rivera non implica que vaian obter máis votos que Rajoy ou Sánchez, pero amosa tendencias e revela fiestras de oportunidade para as candidaturas que saiban aproveitar ese interese e exposición pública. | Esta semana Pablo Iglesias visitou El Hormiguero, sendo visto por 3.823.000 espectadores e espectadoras. O día anterior Pedro Sánchez fora entrevistado por Ana Blanco en TVE, acadando unha audiencia media de 2.063.000 persoas. Sete días antes, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, interesara a unha cantidade semellante, só lixeiramente superior (2.384.000). Unha cifra que contrastaba cos 5.214.000 espectadores que asistiran poucos días antes ao debate entre Albert Rivera e Pablo Iglesias en Salvados. Estas cifras -e outras que debullo a seguir- permiten tirar dúas conclusións. A primeira ten que ver co interese que espertan os novos partidos e os seus candidatos ou, en contraste, co escaso tirón dos líderes das dúas forzas que ata o 2011 monopolizaban a política española. Esta capacidade de atracción complementa e non necesariamente contradí as fotos fixas ofrecidas polas distintas sondaxes. Unha maior audiencia televisiva para Iglesias ou Rivera non implica que vaian obter máis votos que Rajoy ou Sánchez, como tampouco os datos que ofrecen as procuras en Google ou as mencións en twitter poden ser transformados directamente en indicadores electorais, pero todos eles amosan tendencias e revelan fiestras de oportunidade para as candidaturas que saiban aproveitar ese interese e exposición pública. Dito doutro xeito: unha maior audiencia televisiva non pode ser lida como un indicador electoral, pero pode ser ouro puro para as forzas políticas de cara ás eleccións do 20D, sobre todo tendo en conta a inédita fragmentación do voto, o incremento da súa volatilidade e as múltiples batallas electorais que cada forza libra á súa esquerda ou dereita e en distintos eixes políticos. Dito doutro xeito: Podemos e Ciudadanos teñen unha grande oportunidade se a saben aproveitar. E PP e PSOE poden ter un problema se o fan. A segunda conclusión ten que ver cos formatos televisivos, e as estratexias comunicativas das formacións políticas. En Internet e nas redes sociais as ferramentas de comunicación política mudan con rapidez e chegan cada vez a máis electores. Tamén na televisión, que segue a ter unha influencia decisiva á vista das audiencias millonarias e da capacidade de replicarse viralmente a posteriori, as ferramentas mudan e impóñense novos formatos e estratexias para difundir un contido. O infotainment é quen de superar, aínda que sexa en forma de simulacro, a relación distante que a política estableceu cos cidadáns. A prensa, dixital ou escrita, segue definindo as grandes mensaxes e estratexias, pero hai millóns de votantes que non len os xornais ou que fan unha lectura máis superficial e que se informan politicamente por outras vías. O sucedido nas últimas semanas, coas grandes diferenzas de audiencia entre as entrevistas de TVE cun formato tradicional (coa única adición da incorporación de preguntas -gravadas- de cidadáns), e os resultados moi superiores obtidos por Salvados ou El Hormiguero, non é unha excepción. Hai xa tempo que o paso de líderes políticos por estes programas lles reporta unha cota de interese superior ao dos formatos clásicos de entrevistas. Por poñer un exemplo, Pedro Sánchez tivo no seu paso por Salvados en decembro do pasado ano 2.687.000 espectadores, e interesou a 2.754.000 en El Hormiguero. De igual xeito, Pablo Iglesias chegou a máis xente grazas a El Hormiguero que na maior parte das entrevistas concedidas en formatos tradicionais. O que tamén queda claro, analizando as aparicións duns e doutros líderes políticos polos distintos espazos televisivos, é a diferente capacidade de atracción dos catro candidatos. Atrás quedou o tempo en que Pablo Iglesias era coñecido como Mister Share polo éxito que acompañaba cada unha das súas intervencións, pero as cifras máis recentes seguen amosando -malia o descenso que as sondaxes dos últimos meses indican para Podemos- o seu tirón, superior ao de Alberto Rivera e moi superior ao de Pedro Sánchez (Rajoy segue limitando moito a súa presenza na maior parte dos formatos). Se en El Hormiguero o líder de Podemos atraeu a 3,8 millóns, Rivera conseguiu 2,3 e 2,9 nas súas dúas aparicións, e Sánchez acadou os xa comentados 2,8. Iglesias superou tamén a Sánchez en El Intermedio, este pasado mes de setembro (2,8 millóns fronte a 2,5 millóns). E tamén o fixo en La Sexta Noche neste 2015 (1,5 e 2,1 millóns) fronte a Sánchez (1,2 millóns) e Rivera (1 millón). Datos semellantes atopamos en El Objetivo (3 millóns para Iglesias e 1,9 para Rivera) ou Viajando con Chester, onde tamén Iglesias superou a Rivera e Sánchez. Por último, resulta interesante mencionar outro formato moi distinto, dirixido ademais a un sector de audiencia máis específico que os restantes. O paso dos catro candidatos nos últimos meses polo Programa de Ana Rosa revelou tamén un maior interese polo líder de Podemos (21,7% de share ese día), que por Rajoy (20,9%), Rivera (20,3%) ou Sánchez (15,4%). Pola súa banda, nas entrevistas televisivas concedidas polo presidente do Goberno dende 2013, só nunha ocasión (xaneiro de 2015, en Telecinco), Rajoy superou os tres millóns de espectadores (3,6 millóns). No resto, as cifras son moi baixas, mesmo inferiores á acadada hai unhas semanas en TVE (2,4 millóns): 2,8 millóns (xaneiro de 2014, A3), 1,9 millóns (xullo de 2015, T5) e 2 millóns (outubro de 2015, A3). Os 4,3 millóns acadados por Pablo Iglesias en T5 en maio e mesmo os 3,1 millóns de Sánchez en febreiro na mesma canle, ou os 3 millóns de Rivera en abril, tamén en T5, introducen un motivo de preocupación para o Partido Popular, a pesar do seu actual dominio nas enquisas. A política xógase (tamén) nestas areas. Pode que a televisión non sexa o mellor espazo para o debate repousado, e moi probablemente o infotainment promove un achegamento simplificado (ou simplista) á actualidade. Pero antes de desprezar as vías que a cidadanía atopa para informarse e participar nos debates públicos, estaría ben que valorásemos a importancia destes espazos para esta socialización da política. |
NOS_38165 | Adega urxe ao Ministerio a "cumprir a súa propia moratoria" e non admitir a trámite máis proxectos até a aprobación definitiva do novo regulamento. | En xuño de 2021 o Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco) decretou unha moratoria aos novos proxectos de eólica mariña até a aprobación dun novo regulamento para este tipo de enerxías do mar, que pasa desde a Folla de ruta aprobada en decembro pasado até o —aínda pendente— plan de ordenación do espazo marítimo (POEM). A moratoria introduciuse na disposición adicional terceira do real decreto-lei 12/2021: "Desde a entrada en vigor deste real decreto-lei, e até a aprobación polo Goberno dun novo marco normativo para as instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial, non se admitirán novas solicitudes de reserva de zona de instalacións de xeración eólicas mariñas [...] Tampouco se admitirán novas solicitudes de autorización administrativa de instalacións de xeración eólica mariña [...]". Os intereses da eólica mariña baten cos da pesca: o parque Galwind afectaría 30 caladoiros Cando a medida entrou en vigor só Iberdrola se interesara por desenvolver este tipo de tecnoloxías de xeración enerxética en augas galegas, a través dos proxectos San Cibrao e San Brandán, cada un cunha potencia a instalar prevista de 490 megawatts (MW). Desde entón, porén, catro novas iniciativas eólicas iniciaron a fase de tramitación perante o Miteco: Nordés (1.200 MW), Galwind (1.000 MW), Celta I (495 MW) e Volanteiro (510 MW). Así, a potencia enerxética de eólica mariña que se proxecta na actualidade fronte ás costas da Galiza ascende a 4.185 MW, isto é, catro veces máis que antes de que se aprobase a moratoria. As augas galegas concentran até 46,4% da potencia total que se está a tramitar no Estado —pouco máis de 9.000 MW—. As augas galegas, albo da eólica mariña con case a metade dos MW tramitados polo Ministerio "As promotoras seguen a enviar á Administración os seus proxectos para, semella, ir 'adiantando trámites' en contra desta moratoria decretada en xuño de 2021, nun exercicio de filibusterismo eólico que conta coa comenencia administrativa", lamenta esta quinta feira a asociación ecoloxista Adega, que insta o Miteco a "cumprir a súa propia moratoria" e non admitir a trámite máis proxectos até a aprobación definitiva do novo regulamento. Deste modo, o Estado español, sinalan as ecoloxistas, "está a comprometer tempo e recursos públicos en tramitar os documentos de alcance destes proxectos, en troques de presentar xa unha planificación e aprobar as normas precisas para o desenvolvemento sustentábel do sector". En consecuencia, tanto Adega como outras organizacións participantes nesa Folla de ruta urxen ao Ministerio unha moratoria efectiva mentres non se aprobe o POEM, así como "un regulamento propio para a produción de electricidade no mar". A pesca, "non prioritaria": Unha ordenación marítima de costas á realidade galega Plataforma experimental A moratoria non afecta os proxectos de carácter experimental, como é o caso da plataforma de eólica mariña que o Consello da Xunta autorizou en setembro para instalar aeroxeradores cunha potencia de 30 MW a dez quilómetros da costa da Coruña. |
NOS_41717 | Unha sabotaxe a catro camións estacionados nunha gasolineira de Ribadeo resultou na vertedeura de máis de 4.000 litros de gasóleo a un regueiro, produto que chegou ás praias dos Castros e Augas Santas | Descoñecidos picaron as rodas dos catro camións e danaron as cisternas dos vehículos, estacionados na gasolineira da Devesa (Ribadeo), unha sabotaxe que resultou na vertedura de máis de tres mil litros de gasoil en augas das praias de Augas Santas (As Catedrais) e dos Castros, na Mariña lucense. A Xunta activou en fase de alerta o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental. O grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, persoal de Gardacostas e técnicos de Calidade e Avaliación Ambiental traballan na eliminación dos restos da vertedura. En coordenación, técnicos de Augas de Galicia e de Intecmar recollerán mostras entre hoxe e mañá para avaliar a incidencia da vertedura na calidade das augas e en recursos pesqueiros, principalmente no percebe e o oricio. Aliás, realizarase un estudo do chan contaminado para comprobar os danos. A empresa de transporte que sofreu a sabotaxe denunciou danos materiais que superan os 100.000 euros. |
NOS_17792 | A campaña electoral dos populares de cara as eleccións locais chegou a Viveiro. Nesta vila da Mariña, onde o PP leva fóra do Goberno desde 2003, desembarcou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quen defendeu que 'que Viveiro volva a ser azul'. | O Partido Popular leva en crise en Viveiro desde hai 20 anos. Á perda da Alcaldía en 2003, seguíronlle innumerábeis conflitos internos que chegan até hoxe. Precisamente, a necesidade de recuperar a unidade dentro da partido centrou a totalidade dos discursos no tradicional xantar de outono dos populares do occidente da Mariña. O xantar, que reuniu arredor de 100 persoas dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e Burela, contou coa presenza da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que trasladou aos presentes a importancia de ter "un partido forte e unido como o que hoxe vexo aquí", porque "iso é o que demanda a xente do noso partido e o motivo polo que depositan en nós a súa confianza nas eleccións". Prado defendeu a candidatura do actual voceiro local da formación, Óscar Rodríguez, de quen significou" a combinación de xuventude e experiencia". Precisamente, o liderado de Rodríguez é cuestionado por amplos sectores da formación, botándose en falla a presenza no acto de diversas referencias sociais da formación. A secretaria xeral dos populares galegos apostou porque "o próximo 28 de maio nos ides dar unha alegría enorme facendo que Viveiro volva a ser azul" porque "o PP é a única alternativa seria ao desgoberno socialista" A dirixente popular asegurou que "mentres a esquerda pretende monopolizar determinados sectores, nós somos un partido que representa a todo o mundo e por iso somos o partido que máis se parece a Galiza". 'Estar máis unidos que nunca para facer posíbel un gran cambio' O actual líder do PP na localidade, Oscar Rodríguez, reclamou ao seus "estar máis unidos que nunca para facer posíbel un gran cambio" e animou a afiliación a "traballar intensamente durante os próximos meses centrándonos única e exclusivamente en recuperar Viveiro". Rodríguez sinalou que "temos que frear a perda de servizos que está sufrindo Viveiro desde hai 20 anos" e reivindicou que "practicamente todo o que se fixo en Viveiro é resultado da herdanza recibida das dúas décadas de goberno do Partido Popular". O coordinador xeral dos populares lugueses e deputado no Parlamento da Galiza, José Manuel Balseiro defendeu a importancia de "ter un partido ben engraxado" porque "as eleccións só se gañan cando detrás do candidato hai un partido forte e unido". |
PRAZA_19391 | A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar, integrada en UPTA, critica a precariedade no sector e destaca que o 80% das actividades enonómicas iniciadas non chegan aos dous anos de vida. O 20% dos traballadores e traballadoras é autónomo/a | Para a entidade, os datos constatan "a precariedade profesional do traballo autónomo" e ratifican "que estamos a crear unha burbulla de emprendemento" A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (AGTAMAR), integrada en UPTA, vén de denunciar que os recentes datos de afiliación á Seguridade Social publicados polo Ministerio de Emprego constatan "a precariedade profesional do traballo autónomo" e ratifican "que estamos a crear unha burbulla de emprendemento". Esta burbulla, segundo a entidade, "está a causar graves problemas ás persoas que deciden iniciar unha actividade, das cales máis do 80% non supera os dous anos de vida" e afianza a situación de precariedade no sector. No 2016 foron 34.204 os autónomos e autónomas que se deron de alta en Galicia, mentres que houbo 35.813 baixas. Xa no 2015 houbera máis baixas (37.713) que altas (36.655), en contraste co que viña sucedendo nos anos anteriores. Segundo explica AGTAMAR, a maioría das altas, case o 80%, corresponden a actividades no sector servizos. Case un terzo das altas foron no comercio e o tanto por cento restante divídese entre a hostalaría, servizos profesionais e outro tipo de actividades profesionais complementarias e/ou derivadas dos devanditos sectores. De igual xeito, as baixas maioritariamente proceden dos mesmos sectores anteriormente mencionados, onde tamén se crearan as altas. "Polo tanto, podemos afirmar que o fenómeno que se produciu ao longo do ano 2016 está baseado nun cambio de titularidade nas relacións profesionais e non nun aumento neto de actividades económicas por conta propia", sinala a asociación. AGTAMAR reclama "un traballo autónomo de calidade e non de cantidade" AGTAMAR lembra que dos 950.747 galegos e galegas activas no mercado laboral, case o vinte por cento (19,77%) son traballadores e traballadoras autónomas e, en consecuencia, reclama "un traballo autónomo de calidade e non de cantidade". "As políticas que se adoptan desde o Goberno central e desde o Goberno autonómico para o fomento do autoemprego, concibido este como a creación de novas actividades económicas, non debería ser a única liña na que investir a maior parte dos recursos dos que dispón a Administración para o colectivo", sinalan. "Quedou xa constado que o éxito non radica en financiar unicamente a posta en marcha de novos negocios, senón en realizar investimentos para dar continuidade e consolidación aos xa existentes", engaden. "Quedou xa constado que o éxito non radica en financiar unicamente a posta en marcha de novos negocios, senón en realizar investimentos para dar continuidade e consolidación aos xa existentes" "Non podemos esquecer a situación que se producirá nos próximos anos, nos que máis do 30% das autónomas e autónomos galegos desaparecerán por motivos de xubilación, abríndose unha enorme oportunidade para establecer políticas de substitución xeracional que permitan que no último ano de vida do negocio, un emprendedor sen cualificar conte cun mentor profesional que lle garanta a substitución da actividade empresarial coas suficientes garantías de éxito", subliñan. |
PRAZA_8780 | David Bollier é un activista estadounidense, escritor e estratega en torno ao procomún. Goteo entrevístao con motivo da conferencia internacional que co-organiza este maio sobre as implicacións económicas dede modelo. | David Bollier é un activista estadounidense, escritor e estratega en torno ao procomún, membro do Commons Strategies Group, autor de obras como Viral Spiral: How the Commoners Built a Dixital Republic of Their Own, editor xunto a Silke Helfrich do volume recompilatorio The Wealth of the Commons e blogger desde bollier.org (onde recomendamos por exemplo o seu resumo Reflections from the European Deep Dive on the Commons). Desde Goteo entrevistámolo con motivo da conferencia internacional que co-organiza este maio ao redor das implicacións económicas do procomún (se non estás familiarizado aínda co termo, aquí unha boa definición desde ColaBoraBora, e aquí un test para saber se es procomuneiro/a e canto :) Enric Senabre: Desde comunidades dixitais de código aberto, até grupos rurais ou indíxenas preservando a súa terra e os seus usos, pasando por exemplos de patrimonios culturais en todo o mundo como son as linguas, unha vez que alguén comeza a pensar no procomún (en tanto que recursos que se manteñen en común, á marxe da propiedade privada) este parece estar en todas partes, baixo moitas formas. Até que punto compartes esa percepción? Ou os exemplos dixitais e presenciais de procomúns, a pesar de ricos e variados, son unha parte minoritaria da vida e a sociedade en comparación co Mercado e o Estado? David Bollier: Aínda que é posible achegarse á idea do procomún como bens comúns (é dicir, as cousas que compartimos) canto máis profundamente un penetra no procomún, especialmente como participante, máis obvio resulta que o procomún é como unha lente diferente para entender o mundo. Así como a cultura do mercado ten a súa propio orde implícita sobre como debemos relacionarnos coa natureza, cos obxectos e cos demais, do mesmo xeito o procomún implica unha forma diferente de percibir e de ser. Non se trata de transaccións impersonais, mediadas polos cartos e que se traducen no intercambio de bens para progresar materialmente en base só ao interese dun mesmo, ese paradigma básico do mercado. O procomún é máis un verbo que un substantivo. Trátase de compromisos sociais e negociacións en constante evolución para a xestión responsable dun recurso compartido. Polo tanto o procomún non é só o propio recurso, en tanto que artefacto ou algo físico, senón a comunidade e as súas prácticas, os valores e a cultura que se acordan para a xestión do recurso. Todo iso é sempre algo en proceso, unha dinámica en desenvolvemento. Non é só unha cousa. "O procomún é máis un verbo que un substantivo. Trátase de compromisos sociais e negociacións en constante evolución para a xestión responsable dun recurso compartido. Polo tanto o procomún non é só o propio recurso, en tanto que artefacto ou algo físico, senón a comunidade e as súas prácticas" O procomún pode ser un modelo ameazador para moitos axentes corporativos e gobernamentais, xa que propón un empoderamento das persoas e un papel diferente, máis activo para a xente que o simplemente consumir ou votar. Tamén suxire outro tipo de lexitimidade social e moral, e as diferentes formas de satisfacer as necesidades de cada un. Por tanto adoita darse unha tensión cultural entre a perspectiva do procomún e as nocións convencionais de "cidadáns que envían peticións ao Estado para que cambie". Aínda que hai inmensas diferenzas entre tipos de procomún (especialmente aqueles que teñen que ver cos recursos naturais e a información dixital) o paradigma social básico é o mesmo: "Como pode unha comunidade distinta protexer un recurso compartido no tempo e asegurar que o sistema siga sendo accesible e utilizable de modo xusto e equitativo?" "A pesar de que hai enormes diferenzas entre agricultores filipinos, hackers brasileiros, eruditos que publican en revistas de acceso aberto, e moitos outros, as tenazas da economía de Mercado están empezando a revelar que todas estas persoas teñen moito en común, como procomuneiros" Enric: A conferencia internacional The Economics of the Commons que terá lugar este maio en Berlín, da que es co-organizador xunto a diferentes expertos e institucións, ten a finalidade de explorar novas ideas, prácticas e alianzas ao redor do procomún. Xorde tras intensos talleres en diferentes rexións do mundo, xunto a moitas persoas involucradas no estudo e a experiencia directa na acción colectiva e a xestión colectiva de recursos. Aínda que a conferencia terá lugar en Alemaña, e Europa atópase agora nun proceso político e económico moi especial debido ás dinámicas depredadoras da economía de Mercado, como ves a evolución dos commoners ou procomuneiros e as súas comunidades de práctica en conxunto, desde unha perspectiva global? Cales son para ti as principais diferenzas entre procomúns poñéndose en práctica ou defendéndose en diferentes partes do mundo? David: A pesar de que hai enormes diferenzas entre agricultores filipinos, hackers brasileiros, comunidades de subsistencia africanas, eruditos que publican en revistas de acceso aberto, os xardineiros e agricultores dunha comunidade, e moitos outros, as tenazas da economía de Mercado están empezando a revelar que todas estas persoas teñen moito en común, como procomuneiros. Polo xeral, sofren a presión ou son vítimas dos mercados, e aí o seu patrimonio común está a se converter nunha poderosa fonte de autoabastecemento, de solidariedade e de identidade. Así que a xente está empezando a espertar e ver que as súas comunidades (que mesmo poden non recoñecer como un procomún) son formas alternativas de creación de valor, fóra do Mercado e o Goberno. Iso está a levar a unha nova conceptualización da política e a gobernanza, a un novo abano de posibilidades máis aló das dispoñibles a través do concepto de cidadanía tradicional (é dicir, a votación, a promoción de políticas, etc). Este cambio de perspectiva pódese ver na proliferación de movementos alternativos que se negan a traballar no sistema porque se dan conta de que o sistema é demasiado corrupto, ineficaz ou dominado por corporacións que queren lograr o que sexa custe o que custe. A primavera árabe, o movemento Occupy, os Indignados, Anonymous e moitos outros, son síntomas dunha profunda insatisfacción coa maquinaria económica e política neoliberal, a cal está a provocar enormes danos e incumprimentos de promesas. Á luz de todo isto, o gran reto para os procomuneiros de todo o mundo é descubrirse entre si e coordinar libremente o seu traballo aprendendo uns dos outros. Debemos empezar a formular unha visión máis desenvolvida, unha filosofía e un conxunto de propostas políticas, sen deixar de ter en conta, coidar, xestionar e mellorar cada procomún individualmente. No entanto, non vexo eses esforzos evolucionando cara a unha nova ideoloxía ou movemento centralizado, xa que o procomún baséase máis en prácticas sociais (participación, debate, negociación, experimentación, xestión auto-organizada) que nunhas formulacións intelectuais. Pero moitas variantes fractais do procomún necesitan (re)coñecerse e darse conta de que non están illadas. Este recoñecemento abre a porta a novos tipos de conversas e á cooperación transnacional, a pesar das diferenzas significativas entre procomuneiros que viven en diferentes lugares. Por exemplo, os agricultores dos países do Sur poden utilizar a linguaxe e a identidade do procomún para facer valer novos tipos de solidariedade cos habitantes dos países industrializados, que están tratando de relocalizar as súas economías e loitar para limitar o alcance do copyright e as patentes. Cada un funciona en diferentes circunstancias, pero cada un enfróntase tamén a batallas moi similares e podería converterse nunha forza poderosa ao reunirse. Pensa por exemplo cantas forzas comúns e baseadas no P2P ou redes entre iguais se uniron para loitar contra a ACTA. Un tipo de conversas e colaboracións políticas que están aínda nunha fase moi temperá. "O gran reto para os procomuneiros de todo o mundo é descubrirse entre si e coordinar libremente o seu traballo aprendendo uns dos outros" Enric: Para a conferencia terase especial coidado en evitar unha sectorialización da discusión en torno ao procomún, fomentando unha "narrativa xeral" coherente co concepto que está a nutrir o cambio social global e aplicándose a través de diferentes sectores. En que medida crees que as diferenzas entre as experiencias dixitais e offline do procomún, así como entre as persoas e as súas prácticas cotiás nese ámbito, poderían xerar unha discusión non construtiva ou mesmo friccións? David: Existen importantes diferenzas culturais entre os procomuneiros que traballan en espazos dixitais e os que están a traballar, por exemplo, a terra, a auga, os bosques ou a pesca. Pero creo que é no mellor interese de todos eles e elas, sen importar o seu dominio específico, o recoñecer que: (1) O procomún non debe ser absolutamente definido polo recurso xestionado, senón polos valores, as prácticas e a ética cultural de bens comúns máis xerais. (2) As liñas entre o procomún ecolóxico e procomún dixital confúndense tanto que non ten sentido separar os dous reinos. Todos os procomúns baséanse na colaboración social e no coñecemento compartido. Ás veces, este proceso implica a Internet, ás veces non. (3) Sen importar o seu procomún específico, as persoas que os integran teñen intereses comúns no desenvolvemento dunha visión do mundo alternativa para facer fronte ás patoloxías do capitalismo de mercado e validar algunhas alternativas construtivas, positivas (digamos que do sector procomún). A miña esperanza é que os procomuneiros poidan libremente recoñecer e aprender das súas diferenzas (que son as que nos fan humanos!), sen que esas diferenzas de volvan divisivas e destrutivas. Aínda hai unha chea de relacións persoais que deben desenvolverse, xunto con máis de aprendizaxe e reflexión. Espero que a conferencia en Berlín do 22 ao 24 de maio axude a avanzar neses obxectivos. "Aínda hai unha chea de relacións persoais que deben desenvolverse, xunto con máis de aprendizaxe e reflexión. Espero que a conferencia en Berlín do 22 ao 24 de maio axude a avanzar neses obxectivos" Enric: En relación a próximos pasos para a acción na expansión e reforzo do procomún, que modelos ves xurdindo ao redor como alternativa aos modelos económicos e de aprovisionamento actuais? E na política? Que transformacións neste senso cres que son máis relevantes para un novo tipo de sociedade? David: Creo que estamos nas primeiras etapas dun rico proceso de experimentación e innovación baseados no procomún, gran parte diso acelerado por Internet e pola nosa crecente conciencia de nós mesmos e do noso traballo como procomuneiros. Tamén estamos aprendendo unha chea ao (re)descubrir modelos moi antigos de xestión de procomúns que nin sequera foron considerados como tales, como sucede en comunidades indíxenas e tradicionais. As leccións que estamos a aprender van máis aló da identificación de novos modelos e realmente implican a aprendizaxe de novas formas de vivir un a súa propia vida e de ver o mundo. En calquera caso, novas ideas están a xurdir con máis rapidez cada día, e constantemente estanse compartindo e mellorando, a nivel mundial. Vós participastes no recente primeiro Wikisprint Iberoamericano, entre procomuneiros latinoamericanos e españois e proxectos P2P. Ese foi un grande exemplo da rápida creación de redes e o descubrimento mutuo, e tivo lugar ao redor dun conxunto altamente disperso de bens comúns dixitais. Creo que os novos sistemas de colaboración dixital e de crowdfunding constitúen unha enorme promesa, así como procomúnes eco-dixitais que combinan o uso de Internet coa agricultura e outros recursos naturais, ou nas cooperativas e modelos de consumo colaborativo, así como en novos modelos a través de plataformas dixitais que están a tentar incrustar "sistemas constitucionais" de gobernanza e normas dentro de si mesmos (leis algorítmicas, poderíase dicir, á maneira de Bitcoin). Iso reduce ao mínimo a necesidade de tomar como referencia as institucións tradicionais do Estado e o dereito convencional para recoñecer as preocupacións de cada individuo e facer cumprir as regras (xa estivemos alí antes e sabemos como termina a historia por ese camiño). "Creo que os novos sistemas de colaboración dixital e de crowdfunding constitúen unha enorme promesa, así como procomúns eco-dixitais que combinan o uso de Internet coa agricultura e outros recursos naturais, ou nas cooperativas e modelos de consumo colaborativo" Pero máis aló de calquera modelo en particular, o verdadeiro reto é idear maneiras mellores e máis fiables para que un procomún siga sendo un ben común. Isto é, cales son os novos e/ou mellores mecanismos sociais, tecnolóxicos e xurídicos para previr parcelamentos do que é común? A apropiación privada da nosa riqueza común para finalidades do Mercado segue sendo o reto máis importante para calquera novo modelo de intercambio e aprovisionamento. Calquera novo modelo non só debe estar baseado no común, debe activar procomúns reproducibles (capaces de replicarse mediante a prevención de parcelamentos destrutivos). Por exemplo, moitas plataformas abertas poden albergar actividades e bens do procomún, pero non necesariamente poden impedir a apropiación corporativa do que producen. Ese pode ser o próximo gran desafío para o movemento da apertura: deseñar sistemas eficaces de gobernanza para asegurar que en situacións así un procomún segue sendo un procomún. Afortunadamente, a medida que Internet e as redes dixitais se volven omnipresentes no planeta, cada vez ten máis sentido o imperativo de deseñar novos tipos de estruturas de xestión baseadas no procomún. Esa é sen dúbida a mellor maneira para que un grupo de persoas en torno ao procomún obteñan o maior valor das redes abertas (e non só nun sentido financeiro ou monetario). Aquí escribín algo máis respecto diso, por se alguén quere seguir profundando. |
Subsets and Splits