ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_44961 | A taxa supera o 19% entre os xóvenes de 18 a 34 anos cando en 2007 esta non chegaba ao 10 por cento. | A mocidade é un dos sectores especialmente golpeados pola crise, que bateu nun colectivo a través de látegos como a emigración (desde 2009 emigraron na Galiza 132.000 persoas entre 16 e 29 anos), a precariedade e temporalidade ou o empobrecemento. Unha realidade que reflicte o Instituto galego de Estatística na súa Enquisa estrutural a fogares, que publicou a finais de 2015. Unha radiografía que deixa dados para a preocupación, como é que a taxa de risco de pobreza entre as e os mozos galegos se duplicase durante a crise. En 2008 estaba por baixo do 10%, no 9,4%; mais o 2014 despediuse deixándoa por riba do 19 por cento, no 19,2. Temos, pois, que dous de cada dez galegos que teñen entre 18 e 34 anos están en risco de pobreza. O estudo do IGE aponta a que esa taxa é lixeiramente diferente entre os mozos que viven cos seus pais e aqueles que viven sós (20,8% e 19,2% respectivamente). A respeito destes últimos, os fogares compostos por persoas menores de 35 anos pasou de 99.000 en 2007 a menos de 70.000 en 2014, unha queda de 20.000 fogares 'mozos'. Máis unha pegada que reflicte o impacto da emigración. Precariedade Mais non só a alta taxa de emigración xuvenil é indicadora da crise que sofre a mocidade galega. Eis os dados sobre as persoas que teñen entre 18 e 34 anos e que, vivindo cos seus pais, teñen ingresos de menos de 200 euros mensuais: 30.186 persoas. Ou as 51.996 que teñen ingresos de menos de 600 euros. Gañando entre os 600 e os 1.000 euros son 42.000 os e as mozas que viven cos seus pais. Hai, segundo o IGE, 291.744 persoas mozas (entre 18 e 34 anos) que viven no fogar cos seus pais. Deles, 136.257 non teñen ningún ingreso (a comezos da crise eran 123.000, 13.000 menos). |
NOS_5751 | Entregue um novo relatório ao Governo português sobre as causas que podem estar associadas ao incêndio. | Num novo relatório entregue ao Governo, o Instituto Português do Mar e da Atmosfera (IPMA) afirma que "existe uma probabilidade baixa (mas não nula) da ocorrência de uma descarga nuvem-solo na proximidade do local de deflagração do incêndio". A trovoada seca chegou a ser apontada como possível responsável do incêndio em Pedrógão Grande, mas o IPMA vem agora afastar a teoria. Não caíram raios no local e à hora em que começou o fogo, vem dizer no relatorio o Instituto, cujo presidente, Jorge Miranda, respondeu em carta, ao Governo, que o relatorio tem procurado "ser tão completo quanto possível". O presidente da Liga de Bombeiros, Jaime Marta Soares, diz que havia duas teses principais para o início do fogo de Pedrógão Grande, que vitimou 64 pessoas, as causas naturais provocadas por um raio de trovoada e a mão criminosa. As causas naturais, segundo Soares, e depois do relatório do IPMA, parecem estar afastadas. Já a mão-criminosa como hipotética origem do sinistro, que o próprio Marta Soareas avançara, mantém-se na sua óptica válida, mas carece ainda de confirmação. A nova tese, a terceira, e que o presidente da Liga de Bombeiros quer que se investigue, aponta para uma anomalia técnica gerada pelos postos de média e alta tensão. |
NOS_20807 | O comité de persoas expertas que orienta á Consellaría de Sanidade recomendou tomar esta decisión após analizar a evolución da pandemia. É a medida máis dura que se toma na Galiza desde o confinamento da comarca da Mariña. | A Consellaría de Sanidade vén de anunciar a restrición da mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás debido a que as medidas tomadas con anterioridade para frenar o volume de contaxios non xurdiron efecto. Esta decisión é a máis limitadora que padece a poboación desde o confinamento da Mariña a principios de xullo. As medidas entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores ao xoves, segundo indica a Xunta nun comunicado. O comité clínico co que mantén reunións periódicas a Xunta recomendou impoñer esta medida prohibitiva despois de analizar a situación epidemiolóxica. Así mesmo, no encontro acordouse ampliar as limitacións das xuntanzas a persoas que convivan ao propioo municipio de Barbadás, ademais de aos concellos de Verín e o Barco de Valdeorras. Esta última medida de control será válida tamén noutras comarcas como a do Carballiño. O grupo clínico opina que convén reforzar a prevención co obxectivo "protexer, coa máxima intensidade posíbel, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona". A restrición da mobilidade implica que a cidadanía de ambos concellos non poderá desprazarse fóra de ningún deles "agás por motivos laborais, sanitarios ou educativos". Igualmente, dentro dos dous termos municipais pasarán a aplicarse medidas de nivel 3. É dicir, limitaranse máis as actividades, de tal maneira que a hostalaría non poderá servir no interior dos locais, nas terrazas só estarán permitidos os grupos de cinco persoas. No caso dos restaurantes, ese máximo será para o estabelecemento interior. Nivel 2 de seguridade En paralelo, a Xunta ordena a entrada no nivel dous aqueles municipios integrados nas comarcas do Carballiño, O Ribeiro, Allariz, Verín, O Barco de Valdeorras e a propia Ourense. Entre os cambios que implica esta fase de seguridade están a redución das capacidades dos negocios ao 50%, a prohibición de consumir nas barras dos locais de hostalaría, e a menor asistencia a bibliotecas, autoescolas e centros de ensino privado non regrado, entre outras cuestións. |
NOS_15823 | O máis que centenario deporte das dúas rodas ten unha modalidade na que a Galiza é potencia: o ciclocrós, tal e como veñen de referendar os corredores e corredoras do país no Estatal que se desenvolveu na localidade valenciana de Xátiva da man de nomes como Irene Trabajo, Iván Feijoo ou María Filgueiras. | Pode que o ciclocrós non sexa a disciplina máis popular entre o gran público na Galiza, pero como acontece co tríatlon, o país galego erixiuse en fonte inesgotábel dun talento que non cesa de deparar alegrías aos afeccionados e afeccionadas. Lonxe queda aquel ano 1970, cando da man dos desaparecidos Antonio Días Lema e o Club Ciclista Pontevedrés a Cidade do Lérez acolleu o primeiro Campionato de España da modalidade que se disputou fóra das fronteiras de Euskadi, ou ese 1974 no que o campión do mundo Albert Van Damme vestiu de curto no circuíto de Monte Porreiro co gallo do Gran Premio de San Sebastián. Agora, medio século máis tarde, a evolución do ciclocrós na Galiza alcanzou un punto no que xa non se fai necesario importar figuras, nin recorrer a talento con nome de estrela do cinema de acción, pois os Ricardo Buba, Laura Mira, Miguel Rodríguez, Iván Feijoo e compañía configuraron un dominio galego sobre as dúas rodas que -case- non admite nin comparación nin competencia. A súa última fazaña, ese novo "golpe de pedal" -como diría o campión do Tour de Francia e hoxe analista deportivo Perico Delgado- produciuse no Campionato de España que vén de disputarse na localidade valenciana de Xàtiva. Alí, nun circuíto moi rápido e seco, que en principio non era o máis favorábel ás súas condicións, o ciclocrós galego exhibiu a súa puxanza logrando en total unha decena de medallas en terras levantinas: catro ouros -o do conxunto da selección no Team Relay, o da cadete María Filgueiras, o de Marina González (Illas Cíes) en Máster-40 e o do júnior Ricardo Buba-; tres pratas -a da cadete Aroa Otero, a do veterano Máster-40 Andrés Calvete e a da júnior Laura Mira- e tres bronces, o do Máster-40 Moisés Leboso (Grupo Deportivo Diez), o do Sub-23 Miguel Rodríguez e o do elite Iván Feijoo defendendo as cores do seu novo equipo, o MMR, na súa estrea na categoría raíña masculina. Nesta última proba, o triplo campión estatal Sub-23 acusou nun principio ese salto, mais logo dun inicio complicado foi escalando posicións até asaltar a terceira praza a falta de tres voltas para o remate. No referente ás mulleres, a betanceira María Filgueiras, gañadora esta mesma tempada da Copa de España, certificou a súa condición de gran favorita nas cadetes dominando a carreira de principio a fin. Desde o mesmo momento do esprinte inicial púxose á fronte do pelotón e marchou en solitario até entrar na liña de meta con 20 segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada. A chave, tal e como recoñeceu xa co metal colgado do pescozo a novísima corredora, estivo na súa capacidade para "saír ben e manter o ritmo durante toda a carreira e, sobre todo, en evitar erros". Tamén logrou facerse co triunfo final unha competidora verinesa afincada en Vigo, Marina González, quen estivo flanqueada no podio por dúas ciclistas do nivel de Ruth Moll (Oviedo.es) e María Fernández (MTB Madrid). "Vai por ti, Guille". Os corredores dedican o triunfo ao malogrado seleccionador galego Hai tres anos, a última vez que se disputou a proba de 'Team Relay' no marco do Campionato de España de Ciclocrós, o seleccionador galego, Guillermo Sande, festexaba en Pontevedra a vitoria da Galiza. Neste 2022 a Irmandiña revalidou o seu título de remudas por equipos sobre o circuíto valenciano de Xàtiva, e os seus integrantes -o elite Samuel González, o cadete Tomás Pombo, a elite Irene Trabazo, o Máster-40 Andrés Calvete, o júnior Ricardo Buba e o sub23 Miguel Rodríguez- quixeron homenaxear o que fóra preparador galego durante un cuarto de século subindo ao podio cun cartel que rezaba "Guillermo Sande, sempre con nós". O máis veterano do grupo, Calvete, engadiu despois que as súas medallas de ouro eran "o mellor modo de honrar a memoria" dun home chave "nas vitorias das edicións anteriores". |
NOS_36544 | A apertura será gradual e afectará a máis de 3.400 traballadoras e traballadores das 7.400 do seu cadro de persoal. O feche da fábrica levou que se deixasen de producir 2.200 vehículos por día. | A factoría que PSA Citröen ten en Vigo volve á actividade este 11 de maio. O reinicio da actividade será gradual. Nun principio afectará a máis de 3.400 das 7.400 persoas empregadas na fábrica e desenvolverase en dúas fases que se iniciarán tras a continuación da actividade e despois do verán, respectivamente. A planta viguesa da multinacional da automoción volve tras sete semanas nas que a produción de vehículos permaneceu suspendida pola crise sanitaria da COVID-19. Estes días incorporaranse as empregadas e empregados da quenda matutina, mentres os demais grupos farano durante as próximas semanas. Esta situación débese ao expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) ordinario que se aplicará cando se reinicie a actividade co obxectivo de adaptar o nivel de produción á evolución dos mercados. Durante as vindeiras semanas procederase a reincorporar aos postos de traballo as quendas de mañá, tarde e noite, que se rotarán para permitir que se aplique o ERTE durante un período similar a todas as operarias e operarios afectados. A volta ao traballo tamén estará marcada pola diminución do nivel de produción, que se verá afectado pola redución da velocidade das liñas de montaxe acordada no marco do protocolo de medidas de seguridade que se implantará para evitar a propagación da COVID-19. O feche da fábrica levou que se deixasen de producir 2.200 vehículos por día. Plan de prevención que non convence a todos os sindicatos PSA Citröen conta cun plan de prevención que, aseguran, garante que se realizará un control de temperatura no acceso ás fábricas e recomenda que os desprazamentos se realicen de maneira individual. Ademais, a multinacional comprométese a subministración de máscaras e xel hidroalcohólico, así como a limpeza "frecuente" de ferramentas e outros útiles de traballo. Entre as recomendacións indican que se deberán manter as portas dos centros abertas para evitar o contacto cos pomos por parte do persoal e estabeleceranse marcas no chan para facilitar o mantemento da distancia de seguridade. Atrasarase unha hora a entrada das quendas e, de maneira adicional, o persoal deberá utilizar lentes e máscaras. Así mesmo, a empresa asegurou que se contará con equipos que verificarán a diario a aplicación das medidas e elementos de barreira no centro, ademais de pór en marcha accions correctivas se resulta necesario. PSA informa que este plan foi avalado polo sindicato independente e UXT e rexeitado por CCOO, CIG e CUT o pasado mes de abril. Ademais, os portavoces de UXT e CUT advertiron de que se controlará o seu cumprimento, mentres a CIG considerou insuficientes as medidas de seguridade estabelecidas e criticou a "falta de información" facilitada sobre o proceso de continuación dos traballos. |
NOS_33869 | Lembremos que o G20 emerxeu como "Cimeira de Presidentes" no medio da crise mundial capitalista de 2007/08, montada sobre unha estrutura global xestada dende 1999 entre responsábeis da política económica e financeira, a que estaba abocada entón a tratar os problemas do endebedamento económico dalgúns países. Bos Aires acollerá a cimeira do G20 entre 30 de novembro e 1 de decembro. | Esa é a razón primixenia da inclusión dende a orixe dos países latinoamericanos: Arxentina, Brasil e México. Non integran o G20 por seren parte dos países máis grandes pola súa produción ou actividade económica, senón por seren grandes debedores, onte e hoxe. De todos modos, o G20 como Cimeira Presidencial é o escenario da disputa da hexemonia mundial [a primeira potencia continúa a ser Estados Unidos] que xa non só se cinxe ao G7 (EEUU, Inglaterra, Alemaña, Francia, Italia, Xapón e Canadá) senón que agora tamén se estende aos emerxentes, especialmente a China, que en rigor é a potencia que hoxe concreta a pelexa pola primacía no sistema mundial. Non só dá conta diso a capacidade produtiva, de relacións comerciais e financeiras da China co mundo, senón as alianzas que Beijing desprega. Esta semana, China e a Unión Europea demandaron ante a OMC a EEUU polas restricións arancelarias á comercialización do aceiro. Ademais, hai que destacar a alianza da China con Rusia e máis aló, con Irán e outras potencias con capacidade de intervención no sistema mundial dende certas e relativas vantaxes na produción petroleira ou nas súas capacidades defensivas/ofensivas do punto de vista militar. Como podemos observar, os problemas son diversos no sistema mundial contemporáneo, expresados na disputa pola hexemonía, no ámbito económico, político, militar e mesmo cultural. O que está en xogo é quen dirixe os destinos do mundo. É un tema que afecta toda humanidade. EEUU decretou a guerra comercial a China e o xigante asiático responde á altura da agresión cunha iniciativa visando istalar a súa moeda na disputa global. A mundialización do iuan actúa contra a hexemonía do dólar no sistema monetario. O despregamento militar da China e os seus aliados contén as agresións imperialistas en diversos territorios ameazados dende Washington, sexan Siria, Venezuela ou calquera punto de interese estratéxico para EEUU. A mundialización do iuan actúa contra a hexemonía do dólar no sistema monetario Coa cimeira bonaerense do G20 en poucos días, dificilmente pode avanzarse en "resolver" estas contradicións do sistema mundial, e mesmo, está en dúbida calquera acordo global que supoña algunha declaración pública máis aló dos parámetros da linguaxe profesional e anódina da diplomacia internacional. Contra Cimeira dos NON e dos SI Sen prexuízo das tensións no poder mundial e a estratexia do goberno Macri, destacará a diversa presenza crítica durante a semana de acción contra o G20 e o FMI entre o 25 de novembro e o 1 de decembro; onde sobresaen as actividades das diferentes redes de movementos sociais, a Cimeira dos Pobos co seu fechamento formato "festival" nas portas do Congreso de Arxentina e a mobilización popular do 30 de decembro. A contramán do secretismo oficioso no G20, o movemento popular coincide nas consignas críticas ao G20 e ao FMI polo que representan as súas estratexias para o conxunto da sociedade popular, é dicir, todo aquilo que está máis aló do 1%, ou sendo xeneroso, do 20% de maiores ingresos, os que concentran o principal na apropiación do produto social do traballo. Sen asistencia financeira non pode sosterse a estratexia macrista para o funcionamento do capitalismo local, que favorece a fuga de capitais da clase dominante. A articulación diversa na mobilización arxentina ou noutras cidades do mundo expresan o NON a unha axenda que só favorece as grandes empresas transnacionais e que se evidencia nas demandas de reformas das pensións, da seguranza social e laborais. O central da axenda dos monopolios e do poder mundial apunta á quita de dereitos de traballadoras e traballadores para favorecer e recuperar capacidade de produción de ganancias e a súa acumulación para a maior dominación no ámbito global. O NON segue constituíndo o centro da articulación popular, aínda que no camiño aparecen algúns SI que precisan estenderse para se transformar en programa xeneralizado do imaxinario para unha sociedade alternativa á orde capitalista. Destaca nese plano dos SI a loita pola soberanía alimentaria, esencial en calquera proxecto emancipador que se propoña un proxecto alternativo. O primeiro desafío de calquera intento de liberación nacional e social debe resolver a condición de posibilidade para alimentar a poboación. Só dende alí pode sustentarse a longo prazo un proceso liberador. No mesmo camiño actúa a soberanía enerxética, xa que os hidrocarburos constitúen dende hai máis dun século o principal insumo da produción contemporánea. A dominación do petróleo, o gas, a enerxía é a base do conflito territorial hexemónico que hoxe despregan as potencias dominantes do sistema mundial. Por iso é fundamental recuperar o sentido da produción e o consumo enerxético para un proceso de independencia e liberación nacional e social. A soberanía financeira constitúe un terceiro elo na construción dos SI dos pobos. Superar a dependencia financeira e a lóxica subordinada que supón a integración ao sistema financeiro mundial cos organismos internacionais á cabeza do mesmo. O FMI e o Banco Mundial son parte dirixente dunha lóxica financeira e especulativa internacional que sustenta a dominación monopolista e transnacional no noso tempo. A dominación do petróleo, o gas, a enerxía é a base do conflito territorial hexemónico que hoxe despregan as potencias dominantes do sistema mundial Todo o dito supón ao mesmo tempo a loita polos dereitos á educación ou a saúde entre moitos, xa que a educación pública e de balde pode sustentar o alento á formación técnico profesional para a independencia tecno-científica para sustentar novos e alternativos modelos produtivos e de desenvolvemento. Nin falar da saúde pública gratuíta que asegure o gozo da maior expectativa de vida da poboación contemporánea, a contramán das tendencias privatizadoras subordinadas á lóxica da ganancia. É fundamental recuperar o sentido da produción e o consumo enerxético para un proceso de independencia e liberación nacional e social. Isto é o que se debate no G20 de Bos Aires entre o 30 de novembro e o 1 de decmebro, cunha axenda do poder atravesada polas tensións na disputa do poder mundial, o que se conxuga coa dinámica popular en confrontación contra o poder, máis aló das súas propias internas. A articulación popular, aínda con proxectos políticos ideolóxicos e culturais diferenciados, é a base para pasar dos NON compartidos aos SI en construción e a aprofundalos como resultado da experiencia de organización e loita do movemento popular. Co programa despregado nos días previos á Cimeira presidencial e no seu desenvolvemento xóganse dúas estratexias. Unha resulta do poder mundial, incerta e con variadas tensións. A outra xógase no campo das organizacións populares, confluíndo nos NON ao G20 e ao FMI, á axenda de liberalización, á dependencia, etc. A cuestión de fondo na axenda dos de abaixo pasa polos SI sinalados e loxicamente polo ensaio dunha mellor resposta táctica e estratéxica para o obxectivo de transformación social máis aló e en contra do capitalismo. |
PRAZA_5274 | A canteira, situada en Triacastela e paralizada, leva catro décadas sendo explotada sen autorización. Contraminacción denuncia que a empresa solicitou agora unha licenza municipal para retomar a actividade, que mesmo afecta a espazos da Rede Natura. | A canteira de pedra caliza que Cementos Cosmos explota en Triacastela leva un tempo paralizada ao non contar con licenza municipal, e por outras irregularidades. Recentemente algúns activistas detectaron sinais que demostraban o reinicio da actividade e agora a rede de colectivos contra minaría destrutiva ContraMINAcción vén de denunciar que a empresa estaría tentando legalizar a súa situación, a través da solicitude da necesaria licenza municipal da que carecen. Cementos Cosmos leva catro décadas explotando de forma ilegal esta mina a ceo aberto; agora vén de solicitar a licenza municipal ao abeiro da disposición transitoria 12ª da Lei do Solo feita no seu día para legalizar as canteiras ilegais, ademais dunha tentativa de saltar a avaliación ambiental dos impactos en virtude a outra disposición adicional do decreto 133/2008, o cal xa non está actualmente en vigor. "Desde un punto de vista administrativo a prepotencia da empresa é tal que nen sequera garda as formas" Para Contraminacción, "todo este procedemento é escandaloso, pois ademais das trapalladas e da búsqueda de fisuras na lexislación para legalizar unha auténtica barbaridade, desde un punto de vista administrativo a prepotencia da empresa é tal que nen sequera garda as formas, con omisión de documentación, falsidade na que se presenta, e tantas irregularidades que a simple admisión a trámite demostran o servilismo e colaboracionismo da administración coas mafias mineiras e a súa total falta de respeito aos veciños directamente afectados e aos direitos da cidadanía en xeral, ao medio ambiente, ao patrimonio, e como non, á legalidade". O Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia, aprobado a pasada semana polo Consello da Xunta, permite o mantemento e mesmo a ampliación de minas a ceo aberto xa existentes en zonas protexidas O colectivo alerta de que se pretende conceder licenza urbanística "de forma automática e sen ningunha avaliación ambiental" para unha concesión mineira que "podería borrar do mapa varias aldeas, incluíndo ducias de vivendas na súa demarcación e dando direitos de expropiación forzosa sobre elas e centos de hectáreas de territorio, principalmente terras agrícolas de primeira calidade". Engade que "a cousa aínda non fica aí, pois tamén destrúe fisicamente seis camiños que forman parte do dominio público obrigando aos seus usuarios da dar un rodeo de 12 quilómetros para comunicarse con lugares a menos de dous quilómetros, creando un buraco de quilómetros facendo de barreira insalvábel no territorio". Hai dous anos ADEGA alertaba de que a canteira ocupaba ilegalmente parte dun monte comunal, froito dun escuro acordo ao que o concello chegara coa empresa en 1971 A concesión mineira tamén afecta a Rede Natura, encontrándose no LIC Ancares-Courel, pero segundo Contraminacción "isto tentan salvalo definindo un perímetro mineiro que se retira da súa delimitación". En calquera caso, o Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia, aprobado a pasada semana polo Consello da Xunta, permite o mantemento e mesmo a ampliación de minas a ceo aberto xa existentes en zonas protexidas. Esta mina xa foi denunciada noutras ocasións. Hai dous anos ADEGA alertaba de que a canteira ocupaba ilegalmente parte dun monte comunal, froito dun escuro acordo ao que o concello chegara coa empresa en 1971. Daquela os montes comunais estaban baixo titularidade municipal. Porén, as entidades que denunciaban esta situación aseguran que a compra-venda é de dubidosa legalidade e nula lexitimidade, porque segundo o dereito galego sobre montes comunais, estes son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables. Alertouse en varias ocasións do prexuízo que a mina podía provocar na Cova Eirós, un dos maiores xacementos arqueolóxicos de Galicia De igual xeito, alertouse en varias ocasións do prexuízo que a mina podía provocar na Cova Eirós, un dos maiores xacementos arqueolóxicos de Galicia. Ademais da Cova de Eirós, na área están outras tres covas que aínda non foran estudadas e que poderían ser totalmente destruídas, no caso de que nalgún momento se aceptasen as pretensións da empresa de ampliar a súa explotación. En 2005 Cementos Cosmos solicitou unha reclasificación de recursos para poder estender a súa explotación, concedida en 2008. |
NOS_20528 | O mercado, con postos de produtos locais e ecolóxicos,palestras, actuacións, xantar, actividades, obradoiros... desenvolverase ao longo de todo este domingo en Ramil (Agolada) | Máis un ano, e van tres,o centro de educación ambiental Eira da Xoana organiza a súa terceira feira, unha cita na que se dan a man os produtos locais e a aposta polo consumo responsábel cunha manchea de actividades (culturais, de lecer, formativas, xogos..) E todo iso nun entorno privilexiado como é o do lugar de Ramil, no Concello da Agolada. Os postos (de alimentos locais e ecolóxicos, artesanía,...)presentes nesta feira abrirán a partir das dez da mañá. Haberá obradoiros (como un de elaboración artesanal de xabrón) ou palestras (sobre a minería). Non faltará a música (con Donos da Besta, as pandereteiras de Bouba,...) Aqueles que queiran xantar alí poderán facelo, pois a organización pon unha 'comida solidaria'. Tamén haberá o sorteo dun lote de produtos. |
NOS_29792 | Para bebés. Ese é o público do Festival das Nubes, "Núbebes", que a fins de mes pon a andar o Concello de Pontevedra, coordinado por Andrea Bayer. Música,a teatro e obradoiros para crianzas nun festival feito a súa medida. | A programación infantil de Pontevedra, con citas fixas como o Salón do Libro ou Domingos no Principal, acrecéntase agora con "Núbebes", o primeiro festival galego destinado ás crianzas máis cativas e tamén para todas as persoas que fagan de acompañantes. Teatro, contos, música, danza, acompañamento emocional ou obradoiros -tamén para profesionais- compoñen o programa que botará a andar a finais de mes. O Teatro Principal, Casazul e Casa das Campás son os escenarios deste encontro para o que todas as actividades son de balde. Como "Festival de artes escénicas para bebés e familia" defínese este "Núbebes" no que participarán, entre outros, Caramuxo Teatro, Celso Sanmartín, Marcelo Dobode e Mónica de Nut, Pavís Pavós, ETL Paspallás, Arte Estudo, Teatro Paraíso, Patricia Canabel, Boabab Teatro ou Golfiños e que dará comezo o próximo sábado día 21. "Contos Orais", con Celso Sanmartín, "Acompañamento emocional aos nenos/as" con Patricia Canabal ou "Desenvolvemento infantil e psicomotricidade" con Marta Lloves" son os tres obradoiros ofertados para os que compre anotarse previamente a través do correo [email protected]. |
NOS_23574 | As organizacións sindicais na mesa de negociación do convenio para a industria láctea abordan un calendario de mobilizacións ante o bloqueo da patronal. | O conflito do sector lácteo suma unha nova fronte. Ás queixas dos produtores polos baixos prezos que a industria paga polo leite que producen, engádese agora o conflito que manteñen os traballadores coa industria pola negociación do convenio colectivo, que ameaza con derivar en mobilizacións se non se chega a un acordo coa patronal nas próximas semanas. Segundo sinalan desde UXT, que invitou o resto de organizacións sindicais presentes na mesa de negociación a fixar un calendario de mobilizacións na industria láctea, o esforzo realizado polos traballadores e traballadoras da industria láctea durante a pandemia para abastecer á poboación debe verse reflectido nun novo convenio colectivo que mellore as condicións laborais e salariais das preto de 30.000 persoas que integran este colectivo. Porén, lamentan que a patronal do sector siga "sen estar polo labor" e manteña bloqueada a negociación a só tres semanas de rematar o ano. Folga de entregas Este anuncio prodúcese no mesmo día no que o colectivo de gandeiros de Agromuralla advirte do risco de que unha eventual folga de entregas de leite a partir do vindeiro día 15 para protestar polos baixos prezos do leite provocase problemas de desabastecemento. O presidente da asociación, José Luís Pérez, indicou sobre esa folga que "aínda falta por organizar todo", pero que a idea segue a ser a de non entregar leite á industria "porque o produto é noso e non nos están a pagar un prezo xusto", indicou o portavoz de Agromuralla. Pérez amosouse confiado de que a simple ameaza da folga a modo de ultimato ás industrias sirva para subir os prezos antes dese quince de decembro. De momento só unha empresa incrementou ese prezo nun céntimo, o que é "claramente insuficiente", lamentou. "O leite sáenos sobre 40 ó 41 céntimos e a previsión é que siga subindo o feito de producir, porque os subministradores de penso xa falan de aumentar en 30 euros a tonelada, o que suporá cinco céntimos máis por quilo de penso", afirmou o presidente de Agromuralla. En canto á entrega, calculou que se deixarán de fornecer "sobre 80 por cento da produción" que iría parar "á fosa de xurro", porque, apuntou, "non temos outra saída". |
NOS_2063 | En dúas décadas Espiral Maior fíxose co máis amplo catálogo de poesía da nosa historia literaria. O editor denuncia os "recortes brutais" por parte da Xunta aos fondos destinados á lectura pública. | Máis de trescentos títulos de poesía e cincocentos en xeral completan o fondo de Espiral Maior que comezou a súa andaina editorial hai agora vinte anos. Nacía cunha sorpresa literaria, a estrea poética da narradora e ensaísta Mª Xosé Queizán con Metáfora da metáfora. "Non foi un inicio accidental, marcaba o arrInque dunha editorial no que as voces de mulleres terían protagonismo. Nace no contexto de reivindicar voces poéticas" apunta Fernán Vello. O "Eu tamén navegar" de Xohana Torres viría pouco despois, na publicación do seu libro Tempo de ría."No momento no que moitas coleccións poéticas desaparecían, Espiral cría unha rede de poetas novos que coinciden con outros consagrados con nomes como Avilés de Taramancos ou Manuel María" sinala. Diante do seu propio catálogo, o poeta e editor considera que a poesía é un "dos tesouros estéticos que Galiza lle pode ofrecer ao mundo, dun valor inmenso". Xunto ás obras completas de figuras como Avilés de Taramancos ou Manuel María, o selo deu á luz as obras reunidas dun feixe de autores nos que se incluían nomes da xeración dos oitenta como Xosé María Álvarez Cáccamo, Vítor Vaqueiro, Xavier Seoane ou Manuel Rivas.Recortes na lectura públicaA editora cumpre as súas dúas décadas de existencia nun momento no que, ao seu ver, "o poder político está a desenvolver un programa de demolición da expresión cultural galega que ten base no idioma, sexa creación literaria, audiovisual ou teatral". Toma o concepto de Clastres para falar de "programa de etnocidio dunha realidade cultural cunha actitude bárbara. Estamos diante de sociópatas. Pódese esmagar a poesía sen sentimento do cadáver que se deixa". A gravidade dos feitos recomendarían, segundo Fernán Vello, unha denuncia diante da Unesco xa que "é o propio poder que emana do Estatuto o que actúa en contra do idioma e a cultura, unha contradición difícil de explicar". A venda de poesía baixa o 60% "Os recortes non baixan do 50% o que supón que unha boa parte das novidades editoriais non van estar ao dispor da lectura pública" o que supón tamén "un mazazo para o sector editorial, fronte ao silencio tamén da Asociación de Editores e a indignación de varias das empresas".A situación agrávase, para Fernán Vello, na edición de poesía pola baixada de vendas que, segundo ten computado, supón unha caída do 60%. |
PRAZA_20209 | A entidade pecha o luns cunha caída do 18% nas súas accións, a maior da semana, e tan só vale uns 1.400 millóns en Bolsa. A posibilidade do rescate é cada vez maior e En Marea propón a "nacionalización" dun grupo que ten case 700.000 clientes en Galicia | Entre a quebra, o rescate ou a compra por parte dun gran banco. Así se atopa na actualidade a última gran referencia que queda do finado sistema financeiro galego. Ao peche da sesión deste luns, as accións do Banco Popular Pastor cederon máis dun 18% (a maior caída do ano) e continuaban coa senda negativa dos últimos días no medio da incerteza sobre o seu futuro. Hai unha década, a matriz valía en Bolsa arredor de 20.000 millóns de euros e a tal hora está nos 1.400, logo de que absorbese a entidade galega hai seis anos tras pagar 1.362 millóns. As accións do Popular cederon máis dun 18% este luns, na maior caída do ano, e acumulan unha caída do 50% nunha semana As accións do Popular perderon perto do 50% do seu valor nas últimas catro sesións na Bolsa de Madrid e a súa capitalización bursátil situábase nos 2.700 millóns o pasado martes. Ás caídas do 6%, o 18% e o 17,4% consecutivamente úneselle a deste luns para continuar coa caída libre da última semana. No último ano, o descenso aproxímase ao 80%. Este martes, o seu presidente, Emilio Saracho -que accedeu ao cargo en substitución do galego Ángel Ron- e mais o seu conselleiro delegado, Ignacion Sánchez-Asiaín, manterán unha xuntanza co Banco Central Europeo (BCE) para analizar a situación e un futuro nada esperanzador que continúa mermando a confianza dos investidores. A entidade mantén silencio sobre o seu proceso de reestruturación pero as dúbidas e os ruxe-ruxes son cada vez maiores. O FROB europeo xa ten baixo vixilancia a entidade e Bruxelas podería activar un rescate As opcións parecían claras non hai tanto: unha ampliación de capital ou a compra por parte dunha das grandes entidades estatais (BBVA, Bankia ou Santander). Pero o comprador non se decide e a posibilidade dun rescate por parte de Bruxelas está a complicar as cousas. Ademais, o FROB europeo (o denominado Mecanismo Único de Resolución, MUR) ten xa baixo vixilancia a entidade e as posibilidades de que os cartos públicos acudan de novo a salvar unha entidade española son cada vez máis reais, segundo avanzou a axencia Reuters. Hai tan só dúas semanas, o ministro de Economía, Luis de Guindos, negaba que fose haber "unha inxección de capital pública" ao Popular, pero iso non desbota que haxa axudas a través de garantías estatais para cubrir posibles demandas de accionistas. A entidade, que hai seis anos absorbeu o Banco Pastor, tampouco se libra do risco de quebra. O Grupo Popular ten en Galicia case 700.000 clientes e unha cota de mercado do 18,6% Ao peche de 2016, o Grupo Popular tiña en Galicia unha cota de mercado do 18,6% e contaba con 691.500 clientes, dos que 123.300 eran pemes, autónomos e comercios. Logo da reestruturación que supuxo un ERE para uns 400 empregados en Galicia no último trimestre do ano pasado, a entidade decidiu reforzar a marca Pastor integrando á fin de vez os bancos, conservando tan só media ducia de oficinas do Popular e pasando case trinta á marca galega. Con máis de 230 oficinas e uns 1.200 traballadores, a situación do banco é especialmente preocupante en Galicia. O último ERE chegou, ademais, tan só catro anos despois de que a integración do antigo banco galego no Grupo Popular supuxese unhas 800 baixas en Galicia entre traslados a Madrid -pola desaparición dos servizos centrais da antiga entidade galega na Coruña- e prexubilacións En Marea propón a "nacionalización" Desde En Marea, o seu deputado Manuel Lago denunciou este luns a "falla de reacción" por parte da Xunta ante a "desaparición do Banco Pastor que está a piques de acontecer". "A venda da segunda entidade bancaria do país, con 250 anos de historia, só servirá para agravar a situación de oligopolio de concentración bancaria que levamos sufrindo en Galicia sobre todo nos últimos anos", dixo ademais de advertir dos 1.200 traballadores das oficinas galegas da entidade que ven perigar o seu emprego. Para o tamén economista, a compra do Popular por parte dos grandes bancos do Estado suporía duplicidade de oficinas e "despedimentos de centos" de persoas no país. Manuel Lago advirte dos futuros recortes no emprego e do "oligopolio de concentración bancaria" que suporía a venda do Pastor Alén disto, Manuel Lago cre que sería "inadmisible" o "proceso de oligopolio" que provocaría, xa que "o 90% do mercado bancario estaría ne mans de cinco entidades, ao tempo que se afondaría na exclusión de determinadas zonas coa perda oficinas nas localidades e vilas pequenas". Para En Marea, a solución sería a "nacionalización" do Banco Pastor para "poñelo para servizo público". "Esta entidade ten que ser directamente nacionalizada e quedar en mans do Estado, asumindo os accionistas as perdas do que ten acontecido", dixo. |
NOS_24509 | Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres. | acomorar.- Darlle unha ración de comida á parella de bois ou vacas entre laboura e laboura. Lugar de escoita.- O Courel. Fonte.- Dun vocabulario courelao. apoxar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Estimular as ubres dunha vaca cando se vai muxir para que dea leite. Lugar de escoita.- Carbeiral - Bardaos (San Sadurniño). Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira). despachar.- (Ademais de significados obvios rexistrados) Dar de comer e beber aos animais domésticos. Exemplo.- "Despois de almorzar, todos os días vai despachar o gado." Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa). Fonte.- Mario Ferreira. Palabras con memoria: linguaxe íntima escaldar.- (Ademais de significados xa rexistrados) [Referido aos niños dos paxaros] movelos ou tocalos de tal xeito que a paxara rexeite os ovos. Exemplo.- "Pero que andas escaldar os niños? Non ves logo que os paxaros abandonan os ovos?" Lugar de escoita.- O Morrazo. Fonte.- Salvador Castro Rúa. Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos. espandicar.- Estirar o lombo. Pode ser un animal femia co celo ou unha persoa coa fachenda. Exemplo.- "Mira que espandicado/a vai!" Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Cha). Fonte.- Antonio Eimil. inxela.- Vaca que non queda preñe. Lugar de escoita.- Arzúa (A Coruña). Fonte.- Andrés Lombardía Crespo. |
NOS_35707 | O ex-axente da CIA Edward Snowden, responsábel de desvelar a rede de espionaxe de EUA a millóns de cidadáns e a diferentes estados, pideu asilo político en Rusia. | Snowden, de 30 anos de idade,levaba máis dunha semana na área de tránsito do aeroporto de Sheremetievo de Moscú. Non posúe visado ruso nin pasaporte válido. "Se quer ficar aquí, haberá unha condición: debe por fin ao seu traballo de causar dano aos nososamigos americanos, por muyoi extrano que isto poda soar se o digo eu", afirmou Putin, mandatario ruso. Edward Snowden foi quen revelou como Estados Unidos tiña un 'big brother global' polo que espiaba a millóns e millóns de cidadáns, alén de gobernos doutros países. |
NOS_35525 | No segundo trimestre do ano, "o máis duro" segundo constatou o economista e ex presidente da Xunta Fernando González Laxe, a economía galega caeu 17,9%, menos que España (21,5%), pero máis que Europa (13%). | O Foro Económico de Galiza dá por feito que o país "vai acabar o ano mellor que España e entre as catro comunidades con menor caída", en palabras do seu director, Santiago Lago. O que non se atreve a predicir é se o escenario ao peche do 2020 será dunha caída máis próxima ao 8,5% ou ao 12,5%. "Non está nada escrito. Queda case un trimestre por diante", advirte Lago, quen avoga por realizar un "esforzo" e que o comportamento "colectivo" sexa responsábel co obxectivo de que a contracción do produto interior bruto (PIB) sexa menor a final do exercicio. No caso contrario, superar a crise pode ir "máis aló" dos anos 2022 e 2023, segundo alertou. Segundo trimestre No segundo trimestre do ano, "o máis duro" segundo constatou o economista e ex presidente da Xunta Fernando González Laxe, a economía galega caeu un 17,9%, menos que España (na contorna do 21,5%), pero máis que Europa (sobre un 13%). De acordo co último informe presentado polo Foro Económico de Galiza, que ten a Laxe como un dos seus autores, a poboación máis afectada polo desemprego ten entre 16 e 24 anos. A modo de resumo do estudo sobre o segundo trimestre, González Laxe resaltou que "Galiza é capaz de soportar mellor" as crises, pero -analizando a comparativa da recesión de 2008- cústalle " máis saír que ao conxunto da economía española", pois ten "maior dificultade de reaccionar". Por iso avogou pola adopción de "medidas de política económica" e "decisións responsábeis" tanto aos gobernantes municipais como aos autonómicos. Ao lado da oferta, os sectores máis afectados no período examinado foron comercio, transporte e hostalería; actividades artísticas e recreativas; industria manufactureira e actividades profesionais. Con todo, chamou a atención para os autores "o menor impacto do sector primario". Da parte da demanda, apreciaron unha "forte caída" da interna e un comportamento positivo das exportacións que está "a mobilizar" a economía, mediante a venda de produtos de alto valor económico "que permite que sexan a panca do desenvolvemento". Por "primeira vez" en anos as exportacións do sector automobilístico superan ás do téxtil. Portugal O documento presentado esta terza feira tamén aborda a "fenda" entre Galiza e o norte de Portugal en materia de investimento en I+D+i, un apartado que expuxo outro dos autores, José Francisco Armesto. En 15 dos 17 indicadores do índice rexional de innovación, indicou, o norte de Portugal presenta unha mellor posición relativa. Pola súa banda, Galiza figura entre como rexións innovadoras moderadas. |
NOS_4538 | Novo xiro de timón. Pasados dous meses do seu primeiro protocolo e con novo titular á fronte, a Consellaría de Educación vén de anunciar a contratación de profesorado para permitir o desdobramento nas aulas de secundaria, unha das principais reivindicacións da comunidade escolar que levaron á convocatoria de dúas folgas e repetidas protestas, a última das cales reclamou esta cuarta feira, 16 de setembro, un ensino presencial e seguro nas principais poboacións galegas. A medida, segundo afirma agora a Xunta, servirá para cumprir as medidas que demandan os centros para adaptarse ao contexto da Covid-19. | No mesmo día no que debía ter comezado o curso en Secundaria, Bacharelato e FP, o novo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou esta cuarta feira novidades de cara á volta ás aulas nestas etapas, que se producirá, se non hai nova orde, o vindeiro día 23. Após a reunión semanal do comité clínico que asesora o Sergas, Rodríguez avanzou a contratación e incorporación "inmediata" de 847 docentes de ensino secundario, dirixida a cumprir os desdobres de aulas e as medidas solicitadas polos centros de ensino para adaptarse á situación sanitaria e poder manter as distancias recollidas no protocolo da Xunta para a adaptación do curso escolar ao contexto da Covid-19, que desde o 31 de agosto estabelece para estas etapas –non en Infantil e Primaria– 1,5 metros, tal e como viña reclamando a comunidade escolar e despois de varios bandazos da Administración educativa galega. A xuntanza co comité clínico tamén serviu para incluír novas modificación ás instrucións remitidas aos centros educativos para incluír, segundo informou o conselleiro, a posibilidade de que os institutos poidan optar á formación semipresencial en Bacharelato ou reducir esa distancia interpersoal dentro da aula mediante a instalación de mamparas. Segundo puntualizou Rodríguez, estes recursos servirán para "dar solución a problemáticas específicas" e usaranse nos casos onde haxa problemas para realizar os desdobres; nese sentido, adiantou que a Xunta está preparando a dotación das separacións de protección para os casos concretos nos que sexan necesarias. Mamparas e docencia semipresencial O anuncio, que ademais de coincidir no tempo coa data oficial para o inicio do curso nas etapas superiores producíase o mesmo día en que o profesorado protagonizaba nunha vintena de localidades galegas concentracións contra a xestión da Xunta no proceso de volta ás aulas, convocada pola CIG, CCOO, STEG e CSIF e secundada polas dúas confederacións de ANPA de centros públicos –Anpas Galegas e Confapa– e as organizacións estudantís Erguer e Anega, corrixe as anteriores instrucións enviadas aos centros. Hai só unha semana, os equipos directivos recibiron por parte da Inspección Educativa a comunicación das últimas decisións adoptadas pola Consellaría, nas que se incidía no emprego de mamparas de separación como mecanismo para reducir a distancia estipulada de 1,5 metros e se avogaba pola docencia semipresencial no Bacharelato. Porén, e malia o último anuncio de contratación, sindicatos como a CIG denunciaron un "trato discriminatorio" na concesión deste profesorado aos distintos centros de ensino galegos para cubrir as necesidades de desdobre de aulas, que se comezou a comunicar nesta semana, e que coñecerá ao completo mañá, cando se faga pública a adxudicación definitiva do concurso de Secundaria, que chega tamén con máis dunha semana de atraso. "O problema agora é de desigualdade. Hai centros que teñen concedidos todos os desdobres que solicitaran e outros que non teñen nin a metade. A tónica xeral parece ser que naqueles centros onde os problemas de espazo levan á semipresencialidade, esa vai ser a solución. Pero hai outros nos que as direccións constataron a dispoñibilidade de espazo para evitar o ensino semipresencial onde tamén se lles impón", exemplifica Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, o sindicato maioritario no sector educativo. A organización sindical contabiliza unha ducia de institutos nos que, á vista de concesión de docentes que está a ser notificada, será preciso o uso de mamparas e perto dunha quincena que deberá optar pola modalidade semipresencial, polo que demanda da Xunta criterios uniformes na dotación do persoal docente e a primacía da educación presencial con distancias interpersoais de 1,5 metros en todos os niveis, reivindicación que sustentan a folga convocada para o día de volta ás aulas na Secundaria e o Bacharelato e en contra das políticas educativas de "custo cero". "Improvisación" "O que se está demostrando é unha improvisación total", censura a docente Alexandra Cabana, portavoz da plataforma Profesorado en Pé, quen alerta do "enorme estrés" que os repetidos cambios de criterio na Xunta para este inicio de curso está a supoñer para os equipos directivos encargados de adaptar os centros ás sucesivas directrices e tamén para o profesorado, incluído o que, a día de hoxe, aínda descoñece o seu destino. "Para a conciliación é tremendo", observa. Especialmente grave é, ao seu ver, o caso daqueles institutos que tiveron que realizar reformas para adaptar os seus espazos ao metro e medio de distanciamento, despois de ter deseñado en agosto un protocolo adaptado ás distancias, dun metro, que estipulaba a primeira planificación da Xunta, que foi remitida aos centros o 22 de xullo. "Hai centros nos que houbo que tirar tabiques dunha semana para outra, quitar armarios e buscar sitio onde fose para adaptarse ao protocolo. Despois volven cambiar a norma para primar as mamparas, con bibliotecas e salóns de actos xa reconvertidos. Estase tirando ao lixo o que se traballou no verán. E agora hai que facer os horarios, os protocolos de acollida para o novo profesorado... Imos contrarreloxo e a tensión é enome", lamenta, logo de saudar a "unidade" da comunidade escolar na defensa dunha volta ás aulas presencial e segura. A docente pon o foco no funcionamento da Educación Primaria e Infantil para facer previsión do que ocorrerá coa reincorporación do alumnado das etapas superiores. "Dubidamos de que a volta poida darse con garantías", aventura, á vista das "tensións" que se están a producir nos CEIP polas disfuncións do protocolo en cuestións como a sinalización ou a entrada e saída dos centros e polo aumento de casos positivos, sen que a aplicación EduCovid, posta en marcha pola Xunta para comunicar os contaxios, funcione aínda. Como denuncia, Educación aínda non realizou tampouco a formación do profesorado para a adaptación á unha eventual teledocencia e a que se realizou, de tipo sanitario, fíxose "sen poder facer uso da aplicación. Unha aula de Melide, en folga polas carencias en Primaria A reivindicación común dos sindicatos educativos para estender a ampliación do distanciamento nas aulas a todas as etapas e réximes educativos tería evitado a situación que vive o alumnado de terceiro de Primaria do CEIP número 1 de Melide, que leva desde principio de curso sen asistir ao centro en protesta polas deficiencias da súa aula, onde, segundo denuncian as familias, resulta imposíbel manter unha distancia segura. "Puxémonos en contacto coa Xefatura territorial, que polo de agora non nos contestou. O que reclamamos é un espazo maior e que nos devolvan a coidadora que retiraron, porque é un curso con 25 menores nos que hai cinco con patoloxías de risco", resume Fina Cea, unha das nais que desde o pasado día 14 mantén no centro protestas diarias para tratar de mellorar a situación deste alumnado. Como expón, a solución que se lles ofrece é trasladar as crianzas a unha aula de música, unha alternativa que sería válida de non ser porque o espazo tamén é empregado por outro alumnado, que se vería privado do uso da aula. "Para nós valería, pero deixa fóra o resto de escolares", razoa Cea. Na mañá desta cuarta feira, o deputado do BNG Xosé Luís Rivas 'Mini', visitou o centro para coñecer de primeira man a situación destas 25 familias e trasladar o apoio á súa petición de desdobre nesta aula e para a recuperación da coidadora, para o que anunciou unha iniciativa no Parlamento galego. "Esta é unha mostra máis da improvisación e os bandazos nun inicio de curso que o goberno do PP tivo seis meses para preparar e adoptar as medidas necesarias diante da situación de pandemia que estamos a vivir", criticou o deputado nacionalista. |
PRAZA_19430 | A xustiza condena o Concello a elaborar un catálogo da simboloxía fascista vixente para a súa retirada tras a batalla xudicial impulsada polo letrado Eduardo Ranz, ao que o municipio comunicou xa a mudanza dos nomes das avenidas Generalísimo e José Antonio, que serán de Lugo e da Cerca. | O BNG propón unha lei galega de memoria histórica O Concello de Meira retirará as denominacións franquistas de dúas das súas rúas logo de ser condenado pola xustiza. O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Lugo ordenoulle identificar os símbolos da ditadura aínda presentes na localidade para a súa posterior eliminación e cumprir así coa Lei da Memoria Histórica. Faino impulsado pola demanda que contra este municipio -e outros cinco en Galicia- presentara o avogado madrileño Eduardo Ranz, que leva tempo en batalla xudicial contra as localidades que en todo o Estado manteñen placas, monumentos ou simboloxía fascista. A sentenza contra Meira, agora firme, obriga a elaborar un catálogo de simboloxía franquista para proceder á súa eliminación A sentenza, ditada o pasado 10 de xaneiro, foi declarada firme hai agora quince días ao non presentarse recurso. Todo xurdiu antes, en xullo do ano pasado, cando o letrado enviou unha petición tanto ao Concello de Meira como aos de Lugo, O Porriño, Pontevedra, Beade e Ourense na que se solicitaba a "a redefinición de rúas de exaltación de guerra civil e ditadura" e a elaboración dun catálogo cos vestixios da ditadura. Eduardo Ranz baseábase nas denominacións franquistas de rúas destes concellos que aparecían na Dirección Xeral do Catastro, seguindo así a metodoloxía empregada en todas as súas demandas. Ante a falta de resposta de Meira, decidiu denunciar a administración local, que foi condenada a elaborar ese catálogo no prazo dun mes. No resto dos municipios galegos, a demanda non foi necesaria ante a documentación que tería demostrado a retirada da simboloxía ou as iniciativas para levalo a cabo. O Concello vénlle de notificar ao avogado o acordo plenario que impón o cambio de denominación das avenidas Generalísimo e José Antonio O avogado madrileño vén de recibir unha notificación do Concello de Meira, que lle remite a certificación do acordo plenario do pasado 13 de febreiro, onde se acorda o cambio de nomes da Avenida Generalísimo e a Avenida José Antonio "dando cumprimento" así ao ordenado na sentenza. Pasarán a chamarse Avenida de Lugo e Avenida da Cerca, respectivamente, novas denominacións do tramo urbano da estrada N-640 ao seu paso pola localidade lucense. Tal e como recoñece o alcalde socialista de Meira, Antonio de Dios, a demanda interposta polo letrado madrileño "reactivou" unha retirada do rueiro franquista que levaba paralizada anos, polo menos desde 2010. Daquela, o pleno aprobara a modificación, acordando os nomes dos irmáns Vallejo, pilos de ralis, e de Emilio Fernández, fundador da factoría de Vega de Oro. Pero nunca se executou a mudanza co posterior goberno municipal do PP. As vías urbanas da N-640 en Meira denominaranse agora avenida de Lugo e avenida da Cerca Así se lembrou no pleno do pasado 13 de febreiro, que aprobou este cambio baseándose nunha moción de meses antes presentada polo Bloque e cos votos a favor dos cinco concelleiros PSdeG e do único edil do BNG, e coa abstención dos tres representantes do PP. "Procederemos á retirada das placas axiña; xa estamos preparando as cartas para avisar aos veciños da mudanza, así como as modificacións en todos os organismos ou documentación que o requiran", explica o rexedor. Unha vía xudicial que se espalla polo Estado Sexa como for, tivo que ser a vía xudicial a que acabase por apurar a retirada de simboloxía franquista que non é nin moito menos completa en Galicia. No caso dos requirimentos de Eduardo Ranz, experto en dereitos humanos e memoria histórica, o criterio empregado "é xeral". "Procuramos denominacións como José Antonio, Generalísimo, 18 de xullo, Franco... Pero se empregásemos un criterio máis local, incluíndo líderes fascistas ou golpistas da zona ou gobernardores civís, os lugares afectados multiplicaríanse por cinco ou seis", aclara quen ocupou portadas non hai moito pola sentenza xudicial que obrigou mesmo a mudar o nome de varias localidades no Estado. "Non se cambiaron os nomes das rúas até que a sentenza foi firme, por moito que as declaracións ou boas vontades estivesen aí" A vaga desta vía xudicial chegara tamén a Galicia e xa hai case dous anos este mesmo avogado denunciara sete alcaldes e tres bispados por manter simboloxía franquista. Naqueles casos, tal e como explica, "as demandas foron arquivadas ao non prosperar a vía penal". Desta vez foi diferente, xa que, tal e como advertía Ranz, "a vía contencioso-administrativa si adoita prosperar ao dirixirse contra o concello ou o órgano colexiado". A sentenza de xuño de 2016 contra o municipio de Olmedo (Valladolid), o primeiro dos condenados a elaborar un catálogo e retirar a simboloxía fascista, "sentou un precedente" que está a impulsar numerosas retiradas de placas. Preguntado pola tardanza de moitos concellos en cumprir a lei, mesmo no caso de Meira, Eduardo Ranz é claro: "Eu cíngome ao procesal, que é o que obriga; non se cambiaron as rúas até que a sentenza foi firme, por moito que as declaracións ou as boas vontades xa estivesen aí". Ademais, lembra que a xurisprudencia aclara que o primeiro que se debe facer é publicar o catálogo dos vestixios franquistas e logo proceder á redefinición da "simboloxía de exaltación". "Se o Concello non cumpre o acordado, será xudicialmente executado", remata. |
NOS_21978 | Centenas de estivadores portugueses levam tres meses e meio de luta contra uma lei que supõe uma precarização do setor e aos operários terem que "trabalhar sem direitos, mal pagos e sem se poder queixar" | "Nos anos 60 existiam nos portos as chamadas casas de conto. O pessoal aparecia e os patrões iam lá escolher quantos estivadores queriam para esse dia", diz Vítor Dias, presidente do Sindicato dos Estivadores do Centro e Sul, referindo que a nova legislação que quer impor o governo português abre caminho ao retorno a uma situação semelhante em que pessoas "sem qualificações específicas" façam trabalho que sempre pertenceu aos estivadores. Uma liberalização e uma precarização em toda regra. "Hoje passam três meses e meio desde que iniciámos a nossa luta. Toda a família portuária está firme em não parar este protesto, porque não podemos aceitar uma lei que precariza este setor e não serve os interesses do país", afirmou Vítor Dias. Exigência da Troika A proposta de lei 99/XII tem como objetivo liberalizar e precarizar o trabalho portuário, sob o argumento de "redução dos custos no setor portuário". Insere-se numa ofensiva europeia contra os direitos dos trabalhadores portuários, protagonizada pela Comissão Europeia, e decorre da exigência do memorando da Troika, de revisão do quadro jurídico que rege o trabalho portuário. A Fectrans (Federação sindical de transportes e comunicações da CGTP) salienta que a normativa é "manifestamente anticonstitucional, quer por violar diversos preceitos constitucionais quer por afrontar a convenção 137 da OIT ratificada por Portugal". |
NOS_3545 | O arxentino Gonzalo Bobadilla, fan do Lugo grazas ao 'PC Fútbol', soña con viaxar ao Anxo Carro para ver un partido do Club Deportivo Lugo. | Ei, vostede. Si, si, vostede. Onde estaba tal día como hoxe en 1998? Se xa daquela era unha persoa fanática do deporte e na actualidade ten entre 30 e 40 anos, hai bastantes posibilidades de que estivese sentada diante da computadora xogando ao PC Fútbol 6.0. Devoradora de horas, destrutora de vocacións e provocadora de ataques de ira cando a infausta mensaxe Análisis en proceso se cronificaba na pantalla logo das sesións máis maratonianas, a saga de videoxogos de xestión deportiva de Dinamic Multimedia tocaba teito coa súa sexta entrega. Mais dirixir os destinos do Barcelona de Figo e Rivaldo ou do Madrid de Raúl, Roberto Carlos e compañía, non supoñía ningún reto para as usuarias máis avezadas. Para elas estaba feito o modo Promanager, no que a xogadora recibía ofertas de diferentes clubes da Segunda División B co obxectivo de levalos ao máis alto do mundo do fútbol. Así, quen subscribe estas liñas, colleulle un cariño entrañable ao humilde Plasencia estremeño, nun caso similar ao de Gonzalo Bobadilla co Club Deportivo Lugo. A diferenza é que a paixón de Gonzalo polo equipo galego non só traspasou as fronteiras do mundo virtual, trasladándose á vida real, senón tamén as políticas, xa que Gonzalo é un cidadán arxentino residente en Bos Aires sen ningunha vinculación persoal ou familiar con Galiza. "Case sempre escollía diferentes equipos -recoñece o seareiro- pero houbo algo que me pegou dentro cando escollín o Lugo. A partir dese momento comecei a seguilos, e xa de forma máis asidua desde a fichaxe dos arxentinos Melli Belfortti e Claudio Monti. Xa en 2013 abrín unha conta de Twitter (@cdlugoargen) desde a que sigo minuto a minuto o que pasa en Lugo. Incluso teño a camiseta", comenta con orgullo. Aos seus 33 anos, este afeccionado dos albivermellos cre que chegou o momento de facer realidade o seu soño de vivir a experiencia dun encontro ao vivo no Estadio Anxo Carro, pero a situación económica na Arxentina supón un obstáculo dificilmente superable: "O Goberno fixo efectivo un imposto que grava 30% extra as viaxes ao exterior e os pagos con tarxetas fora do país, así que é moi complicado", recoñece. Porén, facendo gala da dicotomía que as caracteriza, capaces ao mesmo tempo das aldraxes máis execrábeis e dos xestos máis nobres, as redes sociais estanse a mobilizar para que Gonzalo poida conseguilo, e varios afeccionados xa lle ofreceron a súa axuda, asesorándoo ou incluso comprometéndose a trasladalo a Lugo de balde desde o aeroporto de Madrid o día que chegue. "Recibín unhas mensaxes que me poñen moi feliz, teño moito que agradecer, especialmente á xente de Lugoslavia (@LGV11010), que sempre se interesan por min. Sería o máximo estar alí con todos. Xa prometín levar alfajores e dulce de leche", engade entre risos. É consciente de que "será difícil", mais non renuncia a facer realidade ese soño logo de tantos anos seguindo o equipo galego. Mais, que pasaría se o Lugo baixase a Segunda B? "O amor sería aínda máis grande, sen dúbida". |
NOS_33459 | Antigo primeiro ministro de Portugal e Alto Comissariado para os Refugiados, António Guterres superou esta quarta feira o penúltimo test do Conselho de Segurança de Nações Unidas. | Guterres obteve 13 votos favoráveis, duas abstenções e nenhum veto. Essa é a clave para ser nomeado secretário geral, não ser vetado por nenhum dos cinco membros permanentes (os EUA, Rússia, China, França e Reino Unido). A candidata alternativa a Guterres, a búlgara Kristalina Georgieva, apoiada pela Alemanha, ficou com 8 votos desfavoráveis. Esta era a sexta vez em que se submetia a candidatura de Guterres à votação do Conselho de Segurança, mais a primeira em que se soube o sentido do voto dos cinco membros permanentes. O atual primeiro ministro português, o também socialista António Costa, considerou um sucesso da diplomacia do seu país ver Guterres na cimeira de Nações Unidas. "Foi um grande trabalho da nossa diplomacia, um grande esforço que todos temos feito, todos os órgãos de soberania, todos os partidos", disse. A nomeação de Guterres confirmar-se-á esta quinta feira, pois a votação definitiva foi adiada a esse dia a pedimento da Rússia. |
NOS_53539 | Traballar no rural difundindo os seus atractivos sempre foi o soño de Remedios Martínez González. Logrouno como técnica de turismo no concello da Pobra de Trives cando decidiu deixar a cidade de Vigo para voltar ás orixes. Conseguiu cos anos coñecer cada recuncho desta fermosa comarca e valorar cada un dos seus espazos históricos que, asegura, non desmerecen os que podemos atopar noutros lugares do país. Participa de múltiples actividades socioculturais e traslada a través das redes sociais, ademais, o seu amor pola lingua galega. | Como é o seu traballo? Gústame atender o turista que entra pola porta, ensinarlle o encanto da zona onde vivo. Para min poder facelo é o máximo. Durante algún tempo tamén levei as redes sociais municipais. A miña visión fundamental é visibilizar Trives. Penso que estamos nun paraíso, mais é un paraíso descoñecido. Falta por explotar e, ademais, que moitos de nós creamos nel. Temos de todo: natureza, patrimonio, turismo cultural e tamén etnográfico. A xente que nos visita sorpréndese do que atopa. Non conta con que nun concello tan pequeno poidamos ter tantas posibilidades. Tamén segue a ser descoñecido pola xente de aquí, decátome nas actividades que facemos. O interior do rural galego, como é o caso de Trives, sabe "venderse"? Penso que si, aínda que estaría ben querernos máis e non só en Trives. A idea valería para toda a Galiza. No meu caso sempre tento atraer xente, participar en actividades socioculturais da vila. É unha maneira de saber vender. Hai que seguir aprendendo. Se cres que xa tes todo aprendido vas mal. Agora hai bastante xente nova apostando por quedarse aquí en proxectos moi interesantes na hostalaría, fornos, viñedos,... E para todos os casos é importante que soe o nome de Trives. Hai facilidades para que a mocidade quede a vivir no rural logo? Podo contar a miña propia experiencia. Eu cando rematei o Bacharelato en Trives tiven que marchar para seguir formándome. Unha vez fóra sabes que por estatística non volves. Entendo que quen estuda determinadas carreiras quere traballar nelas se pode, mais o conto é como volver. No meu caso cando tiven a oportunidade, non o dubidei, aínda que con medo. Levaba anos en Vigo e arrisquei. Non me arrepinto. Iso si, é moi difícil. O rural está moi abandonado, tírase pouco del. Calquera expectativa de traballo séguese a ver nas cidades. Por moito que che guste a túa vila, se non tes nada asegurado... Sempre digo que teño que ter un traballo. Na miña casa, igual que na cidade, teño calefacción, teléfono, luz... mais hai que pagala, non valería que lles enviase unha caixa de leitugas. Ten que haber un salario. Nese campo, queda moito por facer no rural. Ten que haber xente emprendedora mais tamén ten que haber apoios. Esas persoas que apostan polo rural teñen que sentirse arroupadas e guiadas para non perderse. A burocracia non o pon fácil. Ten participado en varias campañas en defensa do galego. Cre que a lingua goza de boa saúde nas Administracións? Para min, fraquea. É a miña lingua e gústame usala e a nivel da Administración penso que debería ser unha obriga usala. Calquera escrito, calquera notificación, debería facerse en galego. Non debería existir esa lagoa de que "igual non me entenden". Pasoume de facer un cartel e algún compañeiro comentar de que en castelán entenderían mellor. Paréceme absurdo. Eu creo que teño que facelo en galego. Na miña cabeza non entra esa dúbida, sáeme o galego. Cando atendo as persoas que visitan Trives fálolles primeiro en galego e nunca tiven problemas. Desde o turismo tamén se defende o idioma. Evolucionouse desde hai uns anos na sociedade e tamén na Administración local. Agora, penso que queda moito por andar. E non é tan difícil. Como anécdota lembro que nos meses de confinamento decidín publicar nas miñas redes sociais unhas fotografías xunto a un pequeno texto a modo de dietario. Tiveron moi boa acollida e resultou que me seguía e comentaba xente que non era galega nin vivía aquí, amizades de fóra que nunca preguntaron a razón de facelo en galego. |
PRAZA_298 | A ketamina é moi coñecida e barata, pero asegura que hai cinco ou seis substancias que se usan para producir amnesia nas vítimas e violalas. Pásalles o mesmo que a Otilia. Mais ela non estaba alertada como hoxe | A primeira novela galega, aínda que o manuscrito data de 20 anos antes, foi publicada no ano máis excelso das nosa letras no S XIX. Trátase de 1880, ano en que veu a luz Follas Novas, o poemario máis importante en galego, diría eu, de Rosalía de Castro; Aires da miña terra, onde Curros Enríquez recolle os seus mellores e máis radicais poemas, desde o punto de vista social e laico, tanto que lle valeron a denuncia do bispo de Ourense e a condena civil, coa perda do posto de traballo. Unha señorita da boa sociedade compostelá, Otilia de Sancti-Petri, narcotizada nun baile de disfraces e violada, queda embarazada sen ter conciencia do que sucedeu A novela non chega á categoría dos anteriormente citados, pero ten o valor de ser a primeira, e de ser unha obra diglósica, onde os personaxes da clase superior falan en castelán, e o campesiñado en galego. Refírome a Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares, lexicógrafo e coñecedor así mesmo da sociolingüística galega. Pero o que me trae hoxe a este folletón é o tema, un asunto que fora tratado por diversos escritores como Heinrich van Kleist, na Marquise D'O e Rousseau entre outros. Unha señorita da boa sociedade compostelá, Otilia de Sancti-Petri, narcotizada nun baile de disfraces e violada, queda embarazada sen ter conciencia do que sucedeu. A familia oculta o que sería unha deshonra. Durante unha viaxe a San Andrés de Teixido en compañía da criada, dá a luz unha nena na humilde casa dun parella labrega, que ao ver a criatura, din: que maxina!, de aí o seu nome. Maxina quedará ao coidado desa xente bondadosa que teñen un fillo de seu. Despois de coñecerse o autor da fechoría, e pai da nena, persoa de avoengo, a novela remata co casamento de Maxina co fillo do matrimonio labrego. Otilia que ía tamén contraer matrimonio, vira louca inesperadamente, cun final onde vence a tendencia irracional do romanticismo. Quen pensara que drogar ás mociñas para abusar sexualmente delas ía ser unha práctica moi utilizada no S XXI! Quen pensara que drogar ás mociñas para abusar sexualmente delas ía ser unha práctica moi utilizada no S XXI! O técnico de prevención de drogo-dependencia, Isorna, alerta de que os rapaces falan en primeiro lugar das drogas que se usan en violacións. A ketamina é moi coñecida e barata, pero asegura que hai cinco ou seis substancias que se usan para producir amnesia nas vítimas e violalas. Pásalles o mesmo que a Otilia. Mais ela non estaba alertada como hoxe: "Non deben beber do vaso de ninguén, di, nin consumir unha bebida que non saiban o que leva, nin deixar de controlar o vaso en todo momento." Que divertido tomar unha copa entre amigos!! Despois, o urxente é asistir a un centro médico e logo pór a denuncia. Porque hai drogas, por exemplo a burundanga, que nome!, que despois de 48 horas xa non queda ningún metabolito en sangue. O técnico asegura que é un tema ignorado polas institucións. Non convén que a poboación o saiba. Coma no S XIX! Noutros países hai anos que teñen promulgado leis. Queridas Otilias do S XXI, se a estas alturas da nosa historia misóxina aínda confiades, desculpade, pero non necesitades drogas para a amnesia. A vosa desmemoria é inconsciencia é total Queridas Otilias do S XXI, se a estas alturas da nosa historia misóxina aínda confiades, desculpade, pero non necesitades drogas para a amnesia. A vosa desmemoria é inconsciencia é total. Aconséllovos pasar por unha biblioteca se preferides o papel a internet. Se non, pasaredes á historia como a xeración adormecida. |
NOS_28494 | Así o anunciou o seu vice-presidente, o nacionalista Mario Outeiro, que instará ao Partido Popular a vindeira terza a apoiar a decisión coa que pretenden denunciar "esta estafa millonaria" | BNG e PSdeG acordaron requerir a NovaGalicia Banco que reintegre os seus aforros aos centos de persoas vítimas da estafa das participacións preferentes e subordinadas. Así, levarán ao pleno da Deputación --que terá lugar a vindeira terza feira (25 de xuño)-- unha iniciativa coa que instarán á entidade financeira a devolver integramente os aforros secuestrados ou, do contrario, a institución "procederá a cancelar os acordos vixentes" con NGB, afirmou Outeiro. Con esta medida, que xa foi levada a cabo no Concello de Pontevedra, nacionalistas e socialistas queren deixar claro que non son "cómplices dun Goberno como o de Mariano Rajoy que, a través do Ministerio de Economía, do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e dos reais decretos lei avalados pola maioría absoluta do Partido Popular no Congreso e o Senado, está a ser coautor desta estafa millonaria." Así, instarán ao grupo popular a se sumar á proposta que, asemade, instará á Xunta e ao Goberno español a derrogar o Real Decreto polo que se impón a quita e a manter aberto o procedemento de arbitraxe como vía para que @s estafad@s poidan recuperar o seu diñeiro xa que, asegurou o nacionalista "aínda están atrapados ao redor de 1.500 millóns de euros". |
NOS_11728 | A Comisión da ONU que investiga os delitos cometidos por Israel reclama que o caso sexa xulgado na Corte Internacional de Xustiza. | As leis humanitarias internacionais estabelecen que a ocupación dun territorio en tempos de guerra é unha situación temporal, porén, as políticas de anexión postas en marcha por Israel, que busca perpetuar a colonización de Palestina -incluída a capital, Xerusalén Oriental-, converte esta ocupación en ilegal en base ao dereito internacional, resolveu a Comisión Internacional de Investigación da Organización das Nacións Unidas (ONU), que emitiu o seu primeiro informe na madrugada da quinta á sexta feira. As políticas israelís inclúen "elementos" que implican crimes de guerra, como a transferencia permanente de poboación xudía aos territorios ocupados, polo que a ONU debería remitir o caso á Corte Internacional de Xustiza, reclamou Chris Sidote, un dos integrantes da Comisión. O informe debulla a expropiación de terras e recursos naturais palestinos, acompañados de políticas de zonificación para introducir os colonos israelís no territorio. En 2022, máis de 400 propiedades palestinas foron atacadas por eles, que actúan protexidos polo Exército israelí. Malia que nun comezo arguméntanse fins militares para estas confiscacións, acaban por converterse en asentamentos. Estas actuacións teñen un impacto directo nas condicións de vida das palestinas e palestinos, como a limitación no acceso a auga potábel. Ao tempo, o documento fai énfase nos "actos de violencia contra mulleres palestinas". Todo isto forma parte dunha estratexia "discriminatoria e restritiva" planificada e executada por Israel. A presidenta da Comisión, Navi Pillay, incidiu en que calquera anexión unilateral do territorio dun Estado por parte doutro é unha violación do dereito internacional, lembrando que Israel votou xunta 142 Estados en contra da anexión rusa de catro territorios ucraínos a semana pasada na ONU. A resposta das autoridades israelís -que se negaron a cooperar coa investigación e dificultaron o acceso ao terreo aos membros da Comisión- chegou da man do primeiro ministro Yair Lapid, que asegurou que o informe "foi escrito por antisemitas". Asemade, cualificouno como "parcial, falso e flagrantemente subxectivo". As conclusións da institución están avaladas por outros traballos de entidades como Amnistía Internacional, que documentaron traslados forzosos, detencións ilegais, torturas, homicidios ilexítimos e negación de dereitos e liberdades contra a poboación palestina. |
PRAZA_20992 | A xestión cultural percorreu a súa andaina até chegar á planificación de programas e actividades que axudaran na consecución de estratexias en política cultural. É dicir, xestionar tecnoloxías e administrar recursos para dar pulo ao desenvolvemento cultural individual e colectivo. Isto implica posuír unha visión ampla e estratéxica tanto do lugar como da sociedade na procura do desenvolvemento social e particular. | Hai xa moitos anos que as bibliotecas e os centros de documentación abandonaron aquela secular misión de almacenaxe e mero depósito de libros e documentos. Incluso, por fortuna, na actualidade a base erudita e de elite social que primaba sobre as bibliotecas desapareceu para dar paso a unhas instalacións abertas, concibidas por e para a sociedade. A democratización do Estado, por un lado, así como a irrupción das novas tecnoloxías da información e a chegada de Internet e a globalización, por outro, propiciaron unha nova sociedade sedenta de información e consumidora de cultura nunha medida tal que as actividades culturais convertéronse nunha industria máis do entretemento.A democratización do Estado e a irrupción das novas tecnoloxías da información e a chegada de Internet e a globalización propiciaron unha nova sociedade sedenta de información e consumidora de cultura nunha medida tal que as actividades culturais convertéronse nunha industria máis do entretementoSe atendemos a Declaración Universal da UNESCO de 2001, onde se define á cultura como o conxunto de feitos distintivos materiais, intelectuais e afectivos que dan forma a unha sociedade en base a un sistema de valores e crenzas, coincidiremos na afirmación de que o feito cultural representa, a través das súas diferentes manifestacións, a identidade colectiva dun pobo, materializada no seu patrimonio material e inmaterial. Ese patrimonio como desenvolvemento intelectual ou artístico non é máis que a civilización mesma.A necesidade de atopar as nosas raíces afianzando unha identidade colectiva que nos identifique cun grupo de convivencia é a razón que nos leva a crear, practicar, consumir e compartir cultura. Deste xeito, o acceso ás actividades culturais vén propiciado por profundas transformacións descentralizadoras que traballan contra a exclusividade dunhas elites intelectuais na propiedade e no acceso culturais. A expansión xeral da cultura a toda a sociedade representa unha ferramenta apta para a transformación dunha sociedade que persiga melloras individuais e colectivas.Así, moitas institucións entenderon como un feito prioritario achegar a cultura á sociedade, tentando converter o feito cultural nun ben ao alcance de toda a poboación, expandindo o seu acceso sen atrancos e abandonando a antiga idea que identificaba a cultura como un luxo reservado ás clases dominantes. Para acadar aquel fin (que ben podería denominarse 'democratización da cultura'), naceu un concepto que ven sendo manexado por colexios, institutos, universidades, museos, fundacións e, por suposto, bibliotecas: a xestión cultural. Mais, a pregunta salientábel podería ser: que entendemos por xestión cultural?Na década dos anos 80 do século pasado, coa democratización e a expansión do feito cultural, xurdiu a figura do "animador cultural", elemento aínda non profesional que actuaba como simple intermediario entre os produtores de cultura e os usuarios que demandaban actividades culturaisNa década dos anos 80 do século pasado, coa democratización e a expansión do feito cultural, xurdiu a figura do "animador cultural", elemento aínda non profesional que actuaba como simple intermediario entre os produtores de cultura (escritores, músicos, ilustradores, actores...) e os usuarios que demandaban actividades culturais. Como xestor, a súa figura foi evolucionando até alcanzar a profesionalidade. A súa misión foi, nun principio, avaliar as necesidades culturais dos cidadáns e atopar solucións satisfactorias para eles. Mais o camiño non se detivo aí.Deste xeito, a xestión cultural percorreu a súa andaina até chegar á planificación de programas e actividades que axudaran na consecución de estratexias en política cultural. É dicir, xestionar tecnoloxías e administrar recursos para dar pulo ao desenvolvemento cultural individual e colectivo. Isto implica posuír unha visión ampla e estratéxica tanto do lugar como da sociedade na procura do desenvolvemento social e particular.O feito de que as bibliotecas adoptaran como eixo prioritario do seu traballo a asunción da xestión cultural responde, en boa medida e como xa adiantamos anteriormente, á irrupción das novas tecnoloxías da información, creadoras de novos xeitos de producir, compartir e comunicar coñecemento. Esta afirmación está sustentada nas novas e diferentes demandas que os usuarios das bibliotecas requiren na actualidade; os visitantes das bibliotecas, cada vez máis, son actores principais e personaxes activos, unha actitude froito dos estímulos creativos que aquelas novas tecnoloxías lles proporcionan. En definitiva, unha nova posta en escena que transformou a cultura xeral facéndoa máis accesíbel e próxima á cidadanía.A xestión cultural percorreu a súa andaina até chegar á planificación de programas e actividades que axudaran na consecución de estratexias en política culturalEn canto ás bibliotecas universitarias, resulta obvio que dende hai moito tempo asumiron que, xunto ao apoio á docencia e a investigación e a carón da formación dos seus usuarios naturais (de acordo ao Espazo Europeo de Ensino Superior), resulta fundamental traballar como instrumento de transmisión e difusión cultural. Así, os centros bibliotecarios de ensino superior teñen tamén como obxectivo propiciar e fornecer o crecemento da cultura así como a súa expansión por todo o seu ámbito de actuación.Nun seguinte artigo trataremos da importancia e os obxectivos da xestión cultural nas bibliotecas universitarias. |
NOS_41838 | O galego José R. Gago, estudante de Medicina e emprendedor, é unha das cabezas pensantes detrás desta iniciativa que nas súas primeiras 48 horas de vida colleitou máis de 230 peticións. | "Decatámonos de que existe moita desconexión entre os centros hospitalarios e de saúde, que precisan provedores de material que non son quen de atopar no marco desta crise, coas iniciativas que tratan de fabricalo ou con outras empresas", explica o pontevedrés José R. Gago a Nós Diario, estudante de quinto ano de Medicina e impulsor de numerosas iniciativas; a última delas Cooperavirus. Este proxecto sen ánimo de lucro opera a través dunha base de datos. "A web funciona mediante formularios, un para solicitar axuda e outro para ofrecela, nós ordenamos os datos e poñemos en contacto oferta e demanda", resume Gago, quen explica que puxo a plataforma a disposición da Xunta e do Sergas. É unha solución durante o período de maior emerxencia, di Gago O coordinador de Cooperavirus valora que a súa duración será breve. O equipo detrás desta plataforma coñeceuse no Centro Internacional Santander Emprendemento, e a el súmanse máis persoas cada día. "Esta é unha solución durante o período de maior emerxencia, ando chegue o material encargado ao exterior e as axudas europeas, nunhas dúas semanas, isto chegará á súa fin", prevé. De mandís a impresoras O 15 de marzo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, solicitoulle a todas as persoas físicas ou xurídicas que posuísen subministros sanitarios, xa fosen máscaras, luvas ou gafas de protección, que os entregasen nas posteriores 48 horas. Porén, desde aquela puxéronse en marcha diferentes iniciativas como a da comunidade maker, que comezou a investigar en rede como fabricar viseiras empregando as impresoras en 3D das que dispoñen. Precisamente, un destes makers foi contactado por Cooperavirus co Hospital Montecelo de Pontevedra para imprimir pantallas de protección. "Sei que hai iniciativas, como Aire en Madrid, que está traballando para imprimir tamén respiradores", explica José R. Gago. Hai que comprender que a canle habitual das Administracións é o concurso público, engade este estudante Nos dous primeiros días de andaina Cooperavirus acumulou máis de 230 peticións de axuda. "Desde o meu punto de vista, as Administracións ou o Sergas estanse esforzando para adquirir o material, mais hai que comprender que a canle que empregan habitualmente cando precisan subministros é a do concurso público ao que se presentan varias empresas, non están afeitas a procurar provedores como o podemos facer nós", apunta este estudante de Medicina. En ocasións, as solucións que xorden na plataforma Cooperavirus son sorprendentes. Os mandís de plástico dunha empresa familiar enviados a un hospital en León para subtituír as batas desbotábeis ou os canóns de ozono empregados nunha bodega de Castela-A Mancha e destinados a un hospital da comunidade son só uns exemplos. |
NOS_6355 | Na última semana da campanha, a votação definitiva destas presidenciais é este domingo 28-O, a tendência do candidato do PT-PCdoB é ascendente, enquanto que o ultra Jair Bolsonaro está a perder apoios. Mesmo assim a vantagem de Bolsonaro é enorme, 12 pontos. O neo-fascista vai muito por diante nos estados mais populosos. No de São Paulo, por exemplo, alcançaria até 64 por cento do voto. Analistas vêm quase impossível que o petista consiga virar os resultados no sprint final. | A queda de Bolsonaro chega após o escândalo do financiamento fraudulento de campanhas em WhatsApp contra o candidato do PT. Segundo o último inquérito de Datafolha, Bolsonaro estaria em 56 por cento dos votos (três menos que no estudo anterior), enquanto que Fernando Haddad chegaria a 44 (três mais que no precedente). Destarte, a distância entre eles desce 6 pontos, mais mesmo assim está no patamar dos 12 pontos. Em 2015, Dilma Rousseff conseguiu virar os resultados na última semana, porém a sua desvantagem era apenas 4 pontos, não de 12. A indecisão está em 6 por cento. Mesmo que toda ela se inclinasse por Haddad o 28-O seria insuficiente para ganhar a eleição. O problema para Haddad é que ele provoca mais rejeição no eleitorado (52 por cento dizem que nunca votariam no petista, embora esse índice descesse dois pontos) do que o próprio Bolsonaro (44 por cento, três pontos mais que no inquérito anterior, afirmam que nunca lhe prestariam apoio). |
NOS_18998 | O líder opositor venezolano Juan Guaidó logrou entrar esta terza feira, 7 de xaneiro, na Asemblea Nacional e xurar o cargo de presidente da Asemblea Nacional dous días despois de que as forzas policiais lle impedisen a entrada. | Malia a resistencia física por segunda vez das forzas policiais, Juan Guaidó e os seus seguidores, membros do Parlamento, lograron entrar na Asemblea Nacional. O líder da Mesa da Unidade Democrática, coalición que conta coa maioría na Asemblea Nacional, xurou o cargo despois de ser elixido nunha sesión alternativa dous días antes na redacción do xornal El Nacional. Mentres, dentro da Asemblea, o opositor disidente e "tapado" do chavismo, Luis Parra, era tamén elixido presidente da Cámara. Unha acción que provocou o rexeitamento da comunidade internacional e que dá cheda a unha oposición que fora perdendo fol a medida que avanzaba 2019, a poucos meses dunhas eleccións lexislativas que se ventan moi igualadas. O chavismo aspira a recuperar a maioría na Asemblea Nacional. Para isto depositou as súas esperanzas nunha oposición moi fragmentada e dependente dos intereses económicos e militares dos EUA. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_57890 | 'Non te amola!' é o nome da publicación, que está previsto poder mercar a partir do mes de marzo. Será unha edición ilustrada por Luz Beloso. | A Editorial Galaxia publicará o libro inédito de Xela Arias, Non te amola!, o vindeiro mes de marzo. A edición está ilustrada por Luz Beloso, dentro da súa colección Libros para Compartir. No libro "imos atopar unha Xela Arias sorprendente, cunha forza narrativa sobrecolledora", asegura a editorial. Non te amola! conta cun conxunto de historias unidas por un fío sutil que "nos agasalla unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días". Luz Beloso é a responsábel de debuxar unha Xela nena que "axuda a entender como foi a súa infancia e os marabillosos acontecementos que, desde a súa ollada infantil, suceden e ela nos conta", sinalan desde a editorial. O texto vai destinado "aos máis pequenos", pero tamén a "todos os que queiran achegarse á descuberta dunha Arias que se centrou na poesía, mais que tamén quería escribir para a xente miúda para contarlles historias de como foi un tempo, o seu, desde o convencemento de que as grandes aventuras se viven en calquera época", describen. Primeiras palabras A editorial adianta as primeiras letras do libro: "Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro". Unhas palabras que "son unha clara declaración de intencións", destacan. Non te amola!, aseguran desde Galaxia, está "chamado a ser o acontecemento literario deste 2021, no que se dedica o Día das Letras Galegas a Xela Arias, coñecida como poeta pero non como narradora". A Editorial Galaxia publica o libro nunha das súas coleccións máis emblemáticas, en tapa dura, formato grande e a cor, cunha edición á altura do acontecemento que é a publicación dun inédito da escritora de Sarria. Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora de lingua galega. Ligada a Edicións Xerais de Galiza, é recoñecida polos seus poemarios Tigres coma cabalos ou Darío a diario. Este ano 2021 a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. |
NOS_25362 | Acúsano dun delito de prevaricación continuada pola contratación irregular en 2010 dun cento de familiares e amig@s. | José Luís Baltar sentará finalmente no banquiño dos acusados. O xulgado de instrución de Ourense vén de ordenar o procesamento do líder popular por suposto delito de prevaricación continuada nos procesos de contratación da Deputación provincial de Ourense durante os seus anos de mandato. Após as investigacións desenvolvidas o xuíz solicitou esta sexta feita ao Ministerio fiscal e ás acusacións particulares (PSdeG e Manos limpias) que formulen por escrito a súa acusación. Neste senso, o ex-baron do Partio Popular terá que enfrontar un xuízo oral. Tamén así, a Audiencia provincial fallou contra Baltar e continuará adiante coa querela e a investigación a respeito das irregularidades durante os seus anos de mandato á fin, dixo a Audiencia, de "esclarecer e investigar os feitos e os seus autores". Aliás, continúa o auto publicado esta sexta feira, para verificar se existen ou non responsabilidades penais nos contratos irregulares aprobados desde a Deputación. Así pois, o histórico líder popular será procesado por delito de prevaricación continuada debido á contratación de 115 persoas que, a dedo, foron colocadas na institución a cambio de tomaren parte ou apoiaren a candidatura do seu fillo no Congreso provincial do PP de Ourense de 2010. |
NOS_17345 | Festividades de inverno na provincia de Ourense é o título do ensaio co que Carlos Xabier Ares Pérez (Viana do Bolo, 1971) vén de se facer co premio Vicente Risco de ciencias sociais, outorgado pola Fundación Risco. | Subtitulado Máscaras, personaxes e rituais, a obra baséase, explica o xurado, "nun extenso traballo de campo, unha catalogación dos personaxes e figuras do entroido e das festas de inverno ourensás". "O traballo poderá ser moi interesante para un coñecemento das figuras que protagonizan estas festividades", engade o fallo. Carlos Xabier Ares Pérez publicara numerosos achegamentos ao entroido en xornais ou publicacións periódicas. Escribiu ademais varias contribucións á historia da súa localidade natal, Viana do Bolo, onde a máscara tradicional é o boteiro. O xurado da XXIII edición do premio Vicente Risco formárono Luzia Oca, da Universidade de Tas-os-Montes; António Carlos Gomes, do mesmo centro; Teresa Devesa, polo Concello de Allariz -sede da fundación-; Manuel Carrete, polo de Castro Caldeas; e con José María Eguileta, da fundación, como secretario. Nota: o investigador Carlos Xabier Ares Pérez. |
PRAZA_17398 | Duchaine era un gran defensor do uso de substancias dopantes para mellorar as calidades dos atletas. Tomar algunha daquelas porcalladas, admitía, podía xerar efectos secundarios estraños. "E aínda así, amamos estas substancias", remarcaba | Cóntenme a verdade. Pasean vostedes entre os andeis dunha libraría de vello e, de repente, atopan un volume cun título tan bizarro coma The Underground Steroid Handbook, algo así coma "manual subterráneo dos esteroides". Díganme que realmente non lle darían unha oportunidade. O autor, Dan Duchaine, foi durante anos un dos adestradores de culturistas máis famosos dos Estados Unidos, e un gran defensor do uso de substancias dopantes para mellorar as calidades dos atletas. Entre outras cousas, Duchaine avogaba polo uso da chamada hormona do crecemento humano, "o truco final que un atleta pode facer", e de todo tipo de atallos químicos coma os esteroides. Chamado o "gurú orixinal dos anabolizantes", estivo relacionado de cheo coa irrupción da dopaxe a gran escala no atletismo occidental. Nos oitenta, o atleta inglés David Jenkins atopou por casualidade o seu famoso manual underground. Chegoulle xusto nun momento de depresión, segundo conta Richard Moore, autor do gran libro The dirtiest race in history, sobre a dopaxe e o atletismo. Jenkins, que fora corredor olímpico de certo éxito, acababa de retirarse despois de obter nos Xogos de Moscú uns resultados miserables. Na altura, aparentemente, o bloque comunista estaba por riba do capitalista á hora de proporcionar extras químicos aos campións roxos. Tomar algunha daquelas porcalladas, admitía Duchaine, podía xerar efectos secundarios tan estraños coma que ao atleta lle medrasen os pés, as mans ou o bico. "E aínda así, amamos estas substancias", remarcaba En 1986 el e Duchaine fixéronse socios e comezaron a vender esteroides producidos en México en ximnasios da zona de California. Forráronse pero duroulles pouco, pois en apenas un par de anos Jenkins entraría en prisión por tráfico de substancias prohibidas. Non é que ocultasen que o adobo que vendían tiña os seus riscos. Tomar algunha daquelas porcalladas, admitía Duchaine, podía xerar efectos secundarios tan estraños coma que ao atleta lle medrasen os pés, as mans ou o bico. "E aínda así, amamos estas substancias", remarcaba. E tanto que as amaban. Unha das anécdotas máis rechamantes que conta Moore é que Duchaine tiña o gato máis cachas de Los Angeles. As calellas de Venice Beach parecíanlle moi perigosas para o micho, así que á súa dieta diaria engadíalle unha parte de Dianabol (un popular esteroide) que polo visto o facía invencible. El mesmo consumira as súas boas doses, para saber como funcionaba. Morreu aos corenta e tantos, vítima dun fallo hepático. Fagan contas. |
NOS_23680 | Un traballo de investigación do catedrático da USC Jorge Mira xunto co científico Luís F. Seoane, do Centro Nacional de Biotecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) suxire, en termos físicos, que o francés e o holandés en Bélxica non son mesturábeis. | Partindo da premisa de que o límite político e territorial de Bélxica é unha consecuencia directa da súa dinámica lingüística interna entre o uso do francés e o holandés, o catedrático da USC Jorge Mira xunto co científico Luís F. Seoane, do Centro Nacional de Biotecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), analizaron no artigo Are Dutch and French languages miscible?, publicado en The European Physical Journal Plus, como se foi producindo a evolución lingüística en Bruxelas a través do tempo. Centos de persoas marchan en Brest na defensa do bretón na escola Bruxelas non só alberga a capital do país, senón tamén a maioría das institucións da Unión Europea, a OTAN e outros axentes políticos. Este é o motivo polo que os físicos entenden que este traballo ten un interese extra como achega á comprensión da estabilidade do país como entidade política nun sentido máis amplo. Laboratorio social único Desta maneira, os investigadores botaron man dun sistema de ecuacións diferenciais ordinarias para estudar datos históricos de falantes en diferentes barrios da rexión de Bruxelas-capital, a única zona recoñecida oficialmente como bilingüe pola Constitución de Bélxica. Bélxica apúntase á festa da Euro "Bruxelas proporciona un laboratorio social único que amosa como se desenvolve o contacto dunha lingua romance e unha lingua xermánica", explican os científicos. A división lingüística podería extrapolarse á política, evidenciando se Bélxica constitúe un país estábel. Ao axustar os parámetros do modelo avaliaron se os dous idiomas poden coexistir a longo prazo, ou se un deles perderá peso co tempo. Os investigadores constataron unha tendencia xeral das dúas linguas a medrar segregadas, o que suxire, en termos físicos, que estes idiomas non son mesturábeis. |
PRAZA_18935 | Este 2022 é o ano do décimo aniversario da fin definitiva de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia nunha operación tras a que foron dados por perdidos 9.000 millóns de euros públicos. Mentres, hai máis dun ano que a comisión que no Parlamento segue tendo encomendado investigar o sucedido non move un só papel | Este 2022 é o ano do décimo aniversario da fin, a todos os efectos, da efémera e quebrada aventura da fusión das que foran grandes caixas de aforro galegas, Caixanova e Caixa Galicia. En febreiro daquel ano, o daquela ministro de Economía, Luis de Guindos, ratificaba que o Goberno do PP de Mariano Rajoy tiña a intención de vender "o antes posible" as entidades rescatadas, caso da naquela altura denominada Novagalicia Banco.Este 2022 é o ano do décimo aniversario da fin definitiva de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia nunha operación tras a que foron dados por perdidos 9.000 millóns de euros públicos"Punto e final", declararon daquela dende o banco que meses atrás fora rescatado definitivamente cunha inxección de case 2.500 millóns de euros do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB). Novagalicia Banco (marca comercial de NCG Banco S.A.) fora a entidade creada para asumir o negocio bancario de Novacaixagalicia. A caixa fusionada durara como tal apenas medio ano malia recibir o visto e prace do Banco de España para a súa creación e aínda que a Xunta apadriñara a operación como "solvente" esgrimindo un informe encargado por 1 millón de euros á consultora KPMG que presentou como "auditoría" que "avalaba" a fusión, malia non ser tal.Será tamén neste 2012 cando se fagan dez anos da inxección definitiva de cartos públicos á operación, máis de máis de 5.000 millóns procedentes do rescate bancario. En total, unha factura de case dez mil millóns de euros da que, segundo acreditou o Banco de España, uns 9.000 poden ser dados por perdidos. Os mil restantes, en contas redondas, foron os que achegou o venezolano Banesco para quedar coa entidade a finais de 2013 e transformala na actual Abanca, que en 2019 xa lograra sumar beneficios equivalentes ao triplo do que lle custra mercar NCG.Hai xa máis dun ano que a comisión de investigación que segue tendo encomendado no Parlamento pescudar na fusión fracasada non move un só papel. BNG e PSdeG dan por feito que o desinterese do PP impedirá avanzar ao respectoTodos estes aniversarios produciranse despois doutro: o pasado 14 de decembro de 2021 cumpriuse un ano dende que a comisión de investigación que segue tendo -formalmente- no Parlamento a encomenda de culminar as pescudas sobre aquela fracasada fusión realizou o seu último trámite. É a comisión que o PP accedeu a abrir por terceira vez tras as eleccións galegas de 2020, cando xa pasaran sete anos dende que fora creada por primeira vez. Cinco deles estivo completamente paralizada.O pasado verán de 2021, cando xa transcorrera un curso parlamentario completo sen que a comisión movese un só papel, os grupos da oposición xa amosaban escasa sorpresa por unha parálise que en ningún caso pode virar en movemento se a maioría absoluta do PP non o permite. Noa Presas, deputada do BNG na comisión, subliñaba que alén da "cosmética", os populares seguen sen "vontade de ir máis alá" porque "Núñez Feijóo foi directamente responsable do que acontece, avalando persoalmente a fusión". O Bloque, resaltaba, continuaba coa "clara vontade de chegar ata o final, caia quen caia". [A Xunta despachou en cinco páxinas o aval á fusión das caixas que agora envía ao Parlamento por orde xudicial]Para Pablo Arangüena, do PSdeG, a enésima paralización evidenciaba a "falla de interese do PP en que se saiba o que pasou". Pero tamén "forma parte dunha estratexia de paralización e entorpecemento das funcións do Parlamento", consideraba, "moi na liña da Xunta: facer que se fai, pero sen facer nada".Con este pano de fondo, o Parlamento disponse a retomar a vindeira semana a súa actividade coas primeiras xuntanzas da comisión que analizará a futura reforma do financiamento autonómico. Non hai perspectiva ningunha de retomar a comisión sobre unha fusión que, de cando en vez, rexorde en autos xudiciais ou en documentos que apenas logran eco. Caso pechado. |
NOS_25131 | Os tres expertos que compareceron perante o xuíz coinciden en que Adif non fixo a análise integral da liña Ourense-Santiago mais discepan sobre se esta era obrigatoria. | A curva da Grandeira, en Angrois, onde o 24 de xullo descarrilou un tren Alvia provocando a morte de 80 persoas, supuña un risco "intolerábel". Así o afirman os dous peritos da aseguradora de Renfe na súa comparecencia perante o xuíz Andrés Lago. Un risco, considera, que é incompatíbel coa normativa pois a posibilidade era que acontecese un accidente cada seis meses. Ambos os dous peritos (Frans Heijnen e James Robert Catmur) tamén sinalaron que Adif non fixera a análise integral da liña Ourense.Santiago, onde tivo lugar o tráxico sinistro. Algo no que tamén coincide un terceiro perito, o catedrático da Universidade de Cantabria Enrique Castillo Ron, se ben este último mantén que dita análise non era obrigatoria. Obrigatoriedade que para os dous peritos da aseguradora de Renfe si que existía. A postura de Castillo Ron é apoiada polo Avogado do Estado que representa Adif, administrador ferroviario. Tanto o avogado defensor do maquinista, única persoa imputada polo accidente, como as plataformas de defensa das vítimas, como Alvia o4155, consideran que con estas novas declaracións si que se pode seguir a investigar e ampliar as imputacións. Unha voceira das vítimas, Teresa Gómez, considera que o tstemuño dado polos peritos de Renfe vén ratificar o informe da Unión Europea que cuestionaba a seguridade na curva onde tivo lugar o sinistro ferroviario. |
PRAZA_8121 | O deputado nacionalista reclama "novas fórmulas" para colaborar con Anova ou Compromiso porque di estar convencido de que "os que marcharon do Bloque non van volver". | Carlos Aymerich volve deixar claro que non lle agrada "a viraxe" do BNG nos últimos tempos. O deputado nacionalista e líder do colectivo Abrente mostrouse este domingo en Radio Galicia-Cadena Ser disconforme coa liña política adoptada polo Bloque que, segundo el, "fai que retroceda a posicións de hai 30 anos". "Xavier Vence non é o noso candidato, pero si espero que sexa o voceiro nacional de todos" Logo de que o Consello Nacional aprobase por ampla maioría a proposta de nova executiva, que será liderada por Xavier Vence e aprobada na Asemblea Nacional do vindeiro domingo, Aymerich aclarou que o futuro portavoz nacional "non é o candidato de Abrente". "Non é o noso candidato, pero non sendo o noso candidato, si espero que sexa o voceiro nacional de todos", dixo, tras aclarar que "respectan" a decisión "maioritaria" da formación nacionalista. Aymerich insiste en que Abrente "quedará no BNG", pero "en segunda fila" Ademais, Carlos Aymerich volveu manifestar a súa disconformidade co "camiño" escollido polo Bloque de cara á vindeira Asemblea Nacional. "Cando hai diferenzas políticas, o lóxico é que non haxa unha candidatura conxunta", asegurou logo de que Abrente se autoexcluíse da lista única para a nova dirección, malia os esforzos do propio Xavier Vence por integrar o colectico na futura executiva. "Sabemos que a militancia non quere outra asemblea de confrontación e non presentaremos lista", engadiu. Aínda así, aclarou tamén que os membros de Abrente "quedarán no BNG", aínda que no lugar que lles "corresponde, en segunda fila". "Se logo hai un cambio para recuperar a unidade, estaremos alí", dixo, tras asegurar que "ao igual que os bancos non dan crédito", eles "tampouco". "Acreditamos nos feitos, non nas palabras", insistiu, logo de reiterar en que a corrente que el lidera "non abandonará" a fronte nacionalista. "Apostamos polo Bloque en momentos difíciles, pero se hai unha viraxe que, desde o noso punto de vista, fai que retroceda a posicións de hai trinta anos, eu creo que non se nos pode pedir que o compartamos", explicou Aymerich. "As nosas posicións e achegas non se quixeron incorporar e o papele que nos toca xogar agora é este; é democrático e quen defende esta liña ten dereito a levala adiante", insistiu o deputado no Parlamento, que explicou que o BNG decidiu "coller un camiño" que "se viu na manifestación do domingo pasado e nas declaracións públicas". O deputado nacionalista pide "novas fórmulas" para "un achegamento" a Anova e Compromiso Do mesmo xeito, Aymerich defende "un achegamento" a Anova e Compromiso por Galicia, pero "sobre todo a moita xente que quere unha alternativa real, nacionalista e de esquerdas ao PP". "Dóeme, pero o BNG xa non é a casa común do nacionalismo e non o é desde Amio", dixo, ao tempo que avogou por "novas fórmulas" de colaboración con outras forzas nacionalistas, xa que di estar convencido de que "os que marcharon do Bloque non van volver". Ao tempo, o propio Xavier Vence, futuro voceiro nacional do BNG, aseguraba en declaracións a Europa Press que o seu obxectivo será "cohesionar o nacionalismo", polo que porá "en marcha todos os contactos necesarios" para "reconstruír a unidade". |
NOS_33641 | O Consello escolar debaterá o 30 de xaneiro os novos currículos presentados polo Ministerio de Educación. Os novos programas académicos exaltan o "ideal de beleza colectivo" que representan as "supermodelos", afondan na importancia do flamenco como corrente musical e nos 'valores' emanados da Constitución española. | A Comisión Permanente do Consello escolar a celebrar o vindeiro 30 de xaneiro debaterá os currículos académicos a implantar tras a aprobación da LOMCE. O Ministerio de Educación español modifica así os contidos formativos para os adaptar a unha norma que conta co rexeitamento da comunidade educativa no seu conxunto e tamén coa das familias representadas nas Anpas. Estereotipos patriarcais Os currículos presentados polo executivo abranguen as materias de Primaria, ensino secundario e Bacharelato. Neste senso, Educación prevé aprobar mudanzas nos contidos académicos e introducir algunhas novidades. Entre elas, Educación propón para Fundamentos da Arte --unha materia correspondente ao currículo escolar do Bacharelato artístico-- o tratamento da "eclosión da moda como fenómeno de masas" e, nomeadamente, como "as supermodelos substitúen ás actrices no ideal de beleza colectivo". Tamén así, aborda como parte dos movementos artísticos das décadas dos 80 e 90 "o mundo dos complementos" e a figura dos deseñadores "como estrela mediática" sinalando entre os máis relevantes a Alexander Mc Queen, Valentino, Chanel (Lagerfeld), Dior (John Galliano), Armani, Versace, Kalvin Klein, Tomo Ford, Carolina Herrera. Porén, a cousa non fica aí. No mesmo bloque formativo o currículo afonda no mundo do "baile" da man de Michael Jackson, no "desfile de moda" como "espectáculo multimedia" ou no "islamismo radical" como causante da "destrución de imaxes relixiosas". A Constitución española Entre as novidades que introduce a LOMCE, o Ministerio achega o currículo escolar da materia Valores éticos en cuxos contidos o executivo introduce "os fundamentos da Constitución española" de 1978 na que o alumnado ha identificar "os valores éticos dos que parte". Aliás, indica Educación na proposta presentada, @s estudantes deberán adquirir ao longo do curso --entre outros coñecementos-- aprender a "mostrar respecto pola Constitución" a través dunha "leitura explicativa e comentada". Uns contidos que tamén aparecen recollidos na nova materia de Valores sociais que vén a substituír á Educación para a cidadanía aprobada polo Goberno socialista de José Luís Rodríguez Zapatero. A CIG-Ensino disponibiliza no seu portal web todos os currículos desglosados por materias. |
NOS_2876 | Colombia achégase de novo ás urnas, nunha segunda volta electoral para elixir a Presidencia. A media de todas as enquisas publicadas até o momento sinalan que o Pacto Histórico medra lenta pero constantemente alcanzando 47,3% de intención de voto, fronte a 49,8% da Liga, nun paulatino pero constante descenso. | Os resultados electorais da primeira volta das eleccións presidenciais colombianas deixan un panorama político aberto a respecto da segunda volta. A poboación terá que optar o domingo 19 de xuño entre as dúas coalicións electorais máis votadas: o Pacto Histórico (PH), aglutinador da variada e multiforme esquerda colombiana con Gustavo Petro e Francia Márquez como candidatos á Presidencia e Vicepresidencia, respectivamente; e a Liga de Gobernantes Anticorrupción, coa dupla Rodolfo Hernández e Marelen Castillo. Obter o mellor resultado na primeira volta non dá tranquilidade ao Pacto Histórico a respecto do resultado final, pois a suma dos votos das candidaturas progresistas (9.416.353 - 44,53%), é inferior á obtida polas conservadoras (11.336.008 - 53,61%). Desde a mesma noite do 29 de maio en que se produciu a primeira volta, asistimos a unha continua declaración de apoio a unha ou outra candidatura por parte de voceiros e persoas de referencia das candidaturas que quedaron eliminadas do proceso electoral. Os apoios públicos non son anecdóticos en Colombia, unha sociedade cunha tradición centenaria de caciquismo político presente aínda en extensas zonas do país. Podería pensarse que a Coalición Centro Esperanza (CCE), candidatura de centro esquerda que obtivo perto de 900.000 votos, pediría apoiar o Pacto Histórico. Mais non, a CCE deu liberdade aos seus votantes para elixir a papeleta que desexen, decisión sen dúbida moi condicionada pola manifesta e pública animadversión persoal entre o líder da citada coalición e Gustavo Petro. Finalmente, a maioría das e dos dirixentes pediu o apoio ao Pacto, habendo tamén quen se pronunciou a prol da Liga. Gustavo Petro supera 40% dos votos e disputará a segunda volta das presidenciais contra Rodolfo Hernández Ningunha das ofertas políticas que se van enfrontar na segunda volta poñen en cuestión o marco político-económico actuante en Colombia. Sendo certo que iso non está en debate, tamén é igualmente certo que as propostas das dúas candidaturas son absolutamente contrapostas; mentres o PH propón unha profunda transformación, a Liga non vai pór en risco ningunha das bases que sustentan as exorbitantes desigualdades económicas e socias que caracterizan a sociedade colombiana. Non sorprende entón o apoio explícito dado á Liga na mesma noite electoral pola totalidade das forzas da dereita. A maiores, o universo mediático brindou un apoio sen fisuras, os poderes económicos respiraron aliviados, a bolsa subiu varios enteiros e o peso revalorizouse. Con todo, figuras importantes da dereita partidaria que impulsaron con firmeza o acordo de paz asinado coas FARC, veñen expresando o seu apoio ao Pacto Histórico. Estes cruces de apoios e as tres semanas de campaña poden alterar substancialmente as previsións de partida baseadas nas cifras iniciais. Algo así empeza a manifestarse nas enquisas: facendo unha media de todas elas, o Pacto Histórico medra lenta pero constantemente alcanzando 47,3% de intención de voto, fronte a 49,8% da Liga, nun paulatino pero constante descenso. Morte do 'uribismo' Hai unanimidade en certificar a morte política do 'uribismo'. Durante os seus 16 anos no Goberno impulsou un neoliberalismo extremo que propiciou boas cifras macroeconómicas a beneficio dunha elite reducida e máis desigualdades económicas e sociais nun país que xa era extremadamente desigual. O outro polo de actuación uribista foi a guerra sen cuartel contra as FARC, paraugas que propiciou, permitiu e xustificou todo tipo de guerra sucia, masacres e asasinatos por parte da alianza de facto entre paramilitarismo, Exército e Policía. Sendo as opcións electorais en disputa partidarias de aplicar integramente o acordo de paz, é probábel un cambio na política de seguridade en todo o que ten a ver coa permisividade cos paramilitares, Exército e Policía. É de esperar, senón a desaparición inmediata, si unha diminución drástica nos asasinatos de líderes sociais. Non ocorrerá o mesmo coa política económica e social de quen gañe as eleccións, aspecto no que a diferencia entre os dous contendentes é abismal. Petro busca mobilizar o votante que se abstivo e Hernández os partidos de dereita No esforzo de querer borrar a opinión xeneralizada de ser o candidato uribista, idea reforzada polas reiteradas expresións de apoio recibidas e, de paso, intentar gañar votos da esquerda, Hernández fixo público unha especie de programa de Goberno titulado Vinte diferenzas que teño co uribismo. Ler o texto, unha serie de enunciados xenéricos sen concreción algunha, provoca un sorriso ante o evidente plaxio de moitas das medidas que tanto Petro como Márquez levan meses defendendo, argumentando e desenvolvendo. Xuízo pendente por corrupción En amplos sectores da poboación colombiana preocupa que poida ser presidente Hernández, o candidato pendente de xuízo por corrupción, captador de millóns de votos polo seu monotemático slogan anticorrupción; carente de propostas económicas e sociais agás "diminuír o tamaño do Estado"; que non participa en debates electorais pola súa "manifesta e probada incapacidade". De gañar as eleccións, estaríase en política económica e social ante un clásico do gatopardismo: mudar todo para que nada mude. *Moncho G. Boán é observador internacional nas eleccións de Colombia. |
PRAZA_10267 | Tempo despois do libro de relatos 'Galería de saldos', Diego Giráldez volve coa que é a súa primeira novela, 'Hotel para coleccionistas discretos' (Galaxia) | Tempo despois do libro de relatos 'Galería de saldos', Diego Giráldez volve coa que é a súa primeira novela, 'Hotel para coleccionistas discretos' (Galaxia). Que é, tamén, narrativa de crítica social. Cun punto delirante. Esperpéntico, di el, valleinclanesco. Un exercicio de retorcemento dunha realidade que resulta moi recoñecible. A da elite de poder que colecciona cousas, e nos colecciona a nós como obxectos. A que move os fíos con impunidade. Sen empatía. Sen alma. Falamos co autor.É unha novela na que son importantes os espazos. Transcorre nun lugar que podería ser calquera país, calquera cidade… Por que un hotel como non-lugar?A min pásame un pouco o mesmo que á protagonista. Cada vez que viaxo, sexa por traballo o por lecer, sinto os hoteis como un espazo profundísimo de nostalxia. Non quixen emprazar a novela, como dis, nun espazo concreto, identificable, e pareceume que un hotel nun lugar indefinido podía ser o lugar máis acaído para situar uns personaxes que senten a soidade que eu sinto nos hoteis. Tamén é verdade que isto é o único que ten a novela de autobiográfico."A reacción común do lectorado, polas mensaxes que me están chegando, é que se pregunta: e se isto estivese pasando de verdade?"O de desenfocar xeograficamente a novela tamén é parte da intención que tiña de facer algo que vaia levando ao delirante. E o que está pasando, a reacción común do lectorado, polas mensaxes que me están chegando, é que se pregunta: e se isto estivese pasando de verdade? Iso non era parte do meu propósito, que era máis ben xogar co esperpento, retorcer a realidade, partindo dela pero sen facer un plaxio dos informativos. Levar ao delirio unha realidade que sae nos telediarios e que parece que temos asumida.Cando falamos de 'Galería de saldos' comentamos que tiña algunha pegada cinematográfica. Neste libro é máis clara. Como en 'O anxo exterminador', xente de certa clase social amosa como é realmente…Esa é outra cousa que me están a comentar os lectores, si. Mesmo xente do cine que me manda mensaxes e me di iso, que é unha novela moi cinematográfica. Aí hai algo intencionado. A capa é unha especie de captura de Gran Hotel Budapest de Wes Anderson, que me influíu para escribir esta novela. Unha idea importante aquí é a nostalxia dos personaxes, que é algo común na elite do poder: aí non hai amizade. A xente do establishment ten unha vida solitaria…"Unha idea importante aquí é a nostalxia dos personaxes, que é algo común na elite do poder: aí non hai amizade"De Buñuel e 'O Anxo Exterminador' hai algo, e mesmo de Berlanga. O marqués de Leguineche, en 'A escopeta nacional', colecciona en botes pelo do pube das súas convidadas. Iso sae na novela e non o inventei eu… Tatán, o actor, comentoume que, pola forma de narrar, a novela o levaba a 'Play Time' de Jacques Tati… Todas esas cousas que me din os lectores danme satisfacción, e tamén pudor, claro, porque eu non pretende compararme con eses xenios do cine.Pero si é verdade que hai influencias do cine, como as que acabo de dicir, ou coma certa pegada das películas de catástrofes dos 70, coma 'O coloso en chamas', na súa maneira de presentar os personaxes pouco a pouco. No tratamento que eu fago dos personaxes hai algo de homenaxe a este tipo de cinema… Noutras cousas non foi algo intencionado, senón unha consecuencia do feito de que levo dentro o cine –máis que a literatura, nos últimos anos- e nalgún momento tiña que saír.O anterior era un libro de relatos e esta é unha novela curta con capítulos breves. Volve haber contención, procura da concisión… É unha novela coral cunha técnica narrativa sinxela, bastante liñal: primeiro altérnanse as voces dos personaxes, despois hai unha terceira persoa…É unha novela de 109 páxinas, con tres partes e 16 capítulos, polo que máis fragmentada non podía ir… Eu quería que fose unha novela moi frenética, que producise unha especie de taquicardia… Na primeira e na segunda parte falan os personaxes e na terceira hai un narrador omnisciente, si. E despois hai outra cousa, que é que penso que a narrativa curta é o meu xénero. Eu sería incapaz de estar dous anos traballando nunha historia, afinando a trama, dando forma aos personaxes… E sinto moito respecto por quen o fai, pero eu non podería. Tamén teño pouco tempo para escribir, e tamén iso explica que o resultado saia máis fragmentado."Penso que a narrativa curta é o meu xénero"Ao final é unha estrutura, a desta novela, como se fose unha sucesión de diapositivas, coma os chíos aos que estamos tan afeitos. O ritmo frenético da novela é o ritmo do mundo no que vivimos: o bombardeo informativo, as redes sociais… E eu quería que o lector vivise esa sensación, que quedase como noqueado. A novela pode lerse dun tirón, case sen pensar mentres se le, que é como lemos as noticias...Falando de noticias, a túa novela foi definida coma unha especie de distopía. Eu non o creo, penso que é máis ben realista, aínda que sexan personaxes de ficción e vaia camiñando, segundo dis ti, cara o delirio.É unha novela sobre un grupo de psicópatas: xente superficial que non ten ningunha preocupación máis que o seu pracer e manter a súa posición no sistema de favores no que viven. Esta novela é unha crítica ao establishment, á xente que ostenta o poder nun país. Un grupo pechado, inhabitable para a xente do común, á que somete á súa ditadura. O que me daba medo, realmente, con esta novela, era que se interpretase coma unha paranoia e nada máis. Cousa que non é."Os coleccionistas representan o poder financeiro, político e dos grandes grupos mediáticos. Os que moven os fíos e nos coleccionan"Porque só hai que pensar en cousas que pasaron como que un tipo vestido de cura mandado por xente do Ministerio de Interior entre na casa de Bárcenas para roubarlle documentación, que alguén coma o comisario Villarejo teña en xaque a todo un goberno, que morra en circunstancias raras xente vinculada ao caso Gürtel…O libro está claramente baseado na realidade. Os coleccionistas representan o poder financeiro, político e dos grandes grupos mediáticos. Os que moven os fíos e nos coleccionan. Como dixen antes, non quería facer un plaxio dos informativos, senón deformar a realidade, retorcela, pero sen deixar de falar dela. Os personaxes resultan, nese aspecto, completamente reais. O esperpento é unha maneira de retratar a realidade.Cando me preguntan como xorde a novela penso que non sabería precisalo porque xorde de moitas cousas, pero hai unha que foi especialmente importante, que é un comentario que fixo a psicóloga Teresa Gómez Limón, unha das vítimas do accidente do Alvia, que era deputada do PP. Unha vez pasada a traxedia, cando ela e outras vítimas comezan a pedir responsabilidades políticas polo que acontecera, atópanse con todos os obstáculos por parte do poder."Se pensas nas características da personalidade dun psicópata: xente manipuladora, sen capacidade de empatía, que non sente remordementos… Encaixa moi ben con banqueiros, empresarios e políticos corruptos coñecido"Ela mesma, que foi moi presionada para que calase, dixera que o lle pasase ao partido lle importaba unha merda, e que eran uns psicópatas. Influíume iso, e o que di sobre psicopatía un dos expertos no tema, Robert Hare, que creou un test para detectar a psicopatía. Se pensas nas características da personalidade dun psicópata: xente manipuladora, sen capacidade de empatía, que non sente remordementos… encaixa moi ben con banqueiros, empresarios e políticos corruptos coñecidos. Estamos mandados por unha panda de energúmenos psicópatas.Entendo o que dis, pero véxolle un problema, que é atribuír un trastorno mental a individuos que son, en realidade, malas persoas con moito poder, e non enfermos -agás unha pequena porcentaxe-. Na túa novela hai de todo: un traficante de órganos, un violador de nenos… E un violador de nenos non é un psicópata. Ao ler a túa novela pensaba no crime das nenas de Alcàsser. Ou nos crimes de mulleres pobres en México… En crimes que xente con moito poder pode permitirse, en todo o mundo.Eu fago unha comparación a partir do que di un experto, un psicólogo, e penso que algo diso hai. Penso, como dis ti, que persoas con moito poder poden chegar a facer cousas terribles. Pero tamén penso que tes que estar un pouco predisposto. Entendo que o poder pode cambiar os teus hábitos, pero non creo que o seu efecto sexa transformarte completamente ata o punto de facer cousas como desmantelar a sanidade pública para favorecer a catro amigos. Sen ningún tipo de empatía, de remorso."O que me preocupa é que chegamos a asumir como algo natural que haxa xente así"E o que me preocupa disto é que chegamos a asumir como algo natural que haxa xente así, que haxa unha panda de psicópatas energúmenos movendo os fíos. É desastroso. Como dicía antes, ademais, o lectorado da miña novela non queda coa idea de que son uns psicópatas. Queda co que a min me gustaría que quedase, que é a desconfianza. Non é unha novela para moralizar, senón para facer crítica social, pero a idea é esa.A protagonista, Amalia, comeza a sentir remorsos cando se ve enferma. Quere redimirse, e facer que os seus amigos coleccionistas sintan empatía e se volvan humanos. Mais hai algo interesante no que acontece despois: que é que vai máis alá do que ela planificara ou desexara. Porque pasa que a violencia que eles causaran, vólvese contra eles. Pero non pola acción de Amalia como personaxe vingador -iso sería case como un western ou unha novela de intriga policial-. A cousa é máis complicada.Si, ela ten unha enfermidade que lle fai reflexionar sobre o dano que causara. Pero estou de acordo co que dis: eu non quería facer unha novela negra nin un thriller político, porque ademais, entón, non sería eu. Custoume moito escribir esta novela, e quixen retorcela para que non fose predicible. Quería que o lector non soubese o que ía pasar, e por iso tamén os propios personaxes non saben o que vai pasar."Quería que o lector non soubese o que ía pasar, e por iso tamén os propios personaxes non saben o que vai pasar"Amalia pídelle ao seu amigo Andrés Caibo que lle axude, pero ela mesma non sabe o que vai pasar. Andrés di, nun momento, que el sabe o que ten que facer porque coñece as vidas dos coleccionistas. El sabía que, propoñéndolles coleccionar emocións, experimentar emocións que nunca sentiran, íanse degradar.Andrés sabe que un está sumido nunha fonda melancolía porque perdeu a muller que amaba, que outro lle fixera moito dano ao fillo, que outro buscaría a maneira de acabar co presidente… Andrés sabe que a maneira de acabar con eles é remexer nas súas vidas. Hai outra cousa importante na novela, que é o contraste entre os coleccionistas e a xente do común, representada pola quiosqueira, os mendigos, o recepcionista ou Lara, a filla de Amalia.En relación con iso, a novela ten un perigo que é o maniqueísmo: os de arriba son malos, os de abaixo bos. Pero a construción que fixeches dos personaxes minimízao. Amalia non é unha santa: fixo cousas tremendas. Ao mesmo tempo, é dunha familia de orixe humilde que fixera cartos cunha fábrica. Non é alguén criado xa para ollar a clase obreira desde a suposta superioridade e o desprezo, coma moita xente da elite do poder. Andrés é un personaxe que fai de termo intermedio entre a elite do poder e as clases populares. E está claro que estás a falar de clases sociais...Pois nunca deixan de sorprenderme as lecturas que fan os lectores da novela, e é moi interesante o que dis. Amalia é, si, unha muller que fixo cartos e que se converte en poderosa e multimillonaria. E é a soidade o que a leva a meterse nese mundo de energúmenos coleccionistas de cousas inútiles do que chega a ser líder. Andrés é un personaxe fortuíto, coma eses personaxes de Hitchcock que son xente normal que acaba metida sen querer nun embrollo tremendo.Andrés coñece a Amalia por casualidade e acepta, aínda que non lle gusta, acompañala no grupo de coleccionistas. Faino un pouco por soidade, porque ela é a súa única amiga, e un pouco tamén por sentirse algo importante. El non é un tipo poderoso, e Amalia agárrase a el tamén para non perder o vínculo coa xente do común. Mais si, non hai que nacer nun palacio para ser un poderoso sen alma. E Amalia faise máis poderosa facendo cousas como crear unha rede de venda de fillos de prostitutas a familias ben. Con ese tipo de comportamentos chega a ser a líder, nun mundo de homes.Non podemos spoilear, pero si quizais dicir que a cousa non acaba ben para os representantes do poder. Non sei se non será algo de trampa, para deixar o lector tranquilo. Porque na realidade os crimes do poder quedan, moitas veces, impunes. En todos os aspectos. Por que ese final? Dígoo un pouco polo vello debate sobre a novela negra: se deixa tranquilas as conciencias da sociedade, ou se lles fai cuestionarse cousas.Entendo o que dis, pero o final é tamén por unha necesidade persoal miña. Andrés queda alí un pouco como o Hannibal Lecter de 'O silencio dos cordeiros'. Eu non vou de escritor maldito nin moito menos, pero acabei moi canso e precisaba un final brusco que castigase os personaxes. É un final pechado -xa digo que o libro non vai ter segunda parte-, pero a xente, como xa dixemos antes, vai máis alá. Vai máis alá do delirio, do esperpento, e volve á realidade, a facerse preguntas. Por iso non creo que aconteza o que dis, que teña un efecto tranquilizador de conciencias. Tampouco dá respostas, pero quizais axuda a facerse preguntas."Eu non vou de escritor maldito nin moito menos, pero acabei moi canso e precisaba un final brusco que castigase os personaxes"Mais si, hai unha vinganza autor-personaxes. Precisaba castigalos despois dun proceso tremendo. Teño catro borradores desta novela. Tardei moito en escribir, en decidir, ata deixala en 100 páxinas. Son dos que pensan que escribir doe, como xa dixen máis veces. Tardo moitísimo en escribir cada parágrafo, volvo atrás continuamente, procuro un estilo concreto… É un proceso que tamén che dá moitas satisfaccións, claro, pero é duro. |
NOS_37199 | A canle recoñece que a súa "imitación" foi "desafortunada e inoportuna". | A directora de programas Orixinais de Radio Televisión Española (RTVE), Ana María Bordas, desculpouse polas "burlas" que realizaron os xuíces de Master Chef: Celebrity, Samantha Vallejo-Nájera, Jordi Cruz e Pepe Rodríguez, do idioma galego nunha das probas de exteriores do concurso culinario. "Creo que o uso da imitación do acento e da pronuncia do idioma galego foi desafortunada e inoportuna", expresou Bordas durante o programa RTVE: Responde, emitido no día de hoxe, e no que respondeu así ás críticas recibidas por este feito. Segundo asegurou, "unha das responsabilidades de RTVE é defender e protexer o uso correcto das linguas do Estado", polo que advirte de que desde a Corporación pública tómanse "moi en serio" esta responsabilidade. "Pido desculpas ás persoas que se sentiron ofendidas", indicou Bordas, que reitera que desde RTVE lamentan a comisión de erros. En calquera caso, deixou claro que o ambiente no que se produciron as imitacións era "distendido" e "en ningún momento pretendían ferir os sentimentos galegos ou burlarse da lingua". Tal e como engadiu, Master Chef pretende "entreter transmitindo valores positivos", evitando ao máximo as "polémicas". "Se Master Chef se desprazou a Galicia era para pór en valor a súa beleza, a súa gastronomía e a bondade das súas xentes e non para resultar aspectos negativos ou burlarse de ninguén". |
PRAZA_9892 | Tres investigadores e investigadoras do BDRI, con sede no Grove, advirten de que nos últimos 20 anos o número de animais desta especie que apareceron encallados aumentou un 18%. A pesca accidental provocou a metade das mortes de arroaces o pasado ano, lembra tamén CEMMA. | "As capturas accidentais e a sobrepesca poden levar á desaparición desta especie das nosas augas"A riqueza das augas galegas permite que no noso litoral habiten e se alimenten un gran número de especies mariñas, e entre elas numerosos cetáceos, dende as grandes baleas que estamos a ver nos últimos anos ata os máis habituais golfiños comúns e arroaces. Porén, todos eles están expostos a grandes ameazas, dende a crecente concentración de plásticos nos océanos ata os prexuízos provocados pola sobrepesca e as capturas accidentais nas redes dos barcos pesqueiros.Un estudo realizado por tres investigadores e investigadoras do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, publicado na revista Progress in Oceanography. alerta dos efectos negativos causados ás poboación de golfiño común (Delphinus delphis) en Galicia pola pesca de arrastre. A investigación de Bruno Díaz, Séverine Methion e Oriol Giralt salienta a necesidade "dunha adecuada xestión da pesca de arrastre para a supervivencia dos golfiños comúns no norte da Península Ibérica" xa que "as capturas accidentais e a sobrepesca poden levar á desaparición desta especie das nosas augas". Nos últimos 20 anos o número de golfiños encallados aumentou un 18%A investigación é produto dun total de 273 expedicións ao mar realizadas polos integrantes do BDRI ao longo de 4 anos, un tempo no que se avistaron case 5.000 golfiños. Achega información sobre os factores que condicionan a presenza e abundancia de golfiños en augas galegas e o seu nivel de interacción con diferentes actividades de pesca (arrastre, cerco e pesca de enmalle). Neste senso, o traballo alerta de que o golfiño común é "máis vulnerable" que outras especies á pesca de arrastre, e ás capturas accidentais, en gran medida porque este tipo de golfiño "interactúa" cos barcos pesqueiros en maior medida que outros animais. Propón "restrinxir" o uso de redes de arrastre en augas que non superen os 250 ou 300 metros de profundidade e limitar os arrastres nocturnosOs responsables do estudo conclúen que se non se leva a cabo unha "adecuada xestión pesqueira" a poboación de golfiños comúns en Galicia podería sufrir un "declive dramático", incrementando "o risco de extinción" desta especie. O traballo destaca que as capturas da pesca de arrastre galega se incrementaron un 16% na última década e que nos últimos 20 anos o número de golfiños encallados aumentou un 18%. Por este motivo, propón "restrinxir" o uso de redes de arrastre en augas que non superen os 250 ou 300 metros de profundidade e limitar os arrastres nocturnos.Non é a primeira vez que se alerta dos efectos prexudiciais que a pesca de arrastre ten sobre os mamíferos mariños e outros animais. Os informes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) advirten todos os anos do gran número de golfiños encallados na praias galegas ou mortos por outras causas. O pasado verán rescataron o seu golfiño número 3.000, alertando de que "a principal ameaza da especie segue sendo a morte por captura accidental en artes de pesca" e sinalando que un 43% dos golfiños comúns que aparecen varados e que aínda presentan un bo estado de conservación para poder valorar a posible interacción, presentan indicios de que a súa morte é compatible con esta actividade humana".A pesca accidental provocou a metade das mortes de arroaces en Galicia o pasado anoDe igual xeito, este mes de xaneiro CEMMA denunciou que a pesca accidental provocou a metade das mortes de arroaces en Galicia o pasado ano. A entidade concluía que "a poboación de arroaces en Galicia non está en risco polo momento, pero esta situación persistente de alta mortalidade, superando o número de exemplares que nacen, pode converterse nunha serie ameaza". |
NOS_5047 | O buque chegará o 3 de xuño á Marina do Parque das Nações de onde partirá o día 5 cara ao Mediterráneo. | Após a súa estadía no porto de Bueu o Marianne --un dos buques que compoñen a III Flotilla da Liberdade-- viaxa cara á Lisboa. Entre a súa tripulación atópase a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, a activista de Porto, Ana da Palma e o xornalista de La Marea, Eduardo Muriel. No seu interior porta unha carga simbólica de paneis solares e axuda médica destinada a rachar co bloqueo da Faixa de Gaza. En Lisboa, o Marianne, atracará na cuarta feira (3 de abril) na Marina do Parque das Nações onde será recibido por diversos grupos e colectivos de solidariedade coa loita do pobo palestiniano. Asemade, organizarán un debate no interior do propio pesqueiro. A viaxe tórnase chea de simbolismo após o quinto aniversario do ataque á I Flotilla no que o exército israelita asasinou a 10 activistas, os máis turcos. O 5 de xuño partirá desde Lisboa con dirección ao Mediterráneo para antes facer unha última parada en Motril (Andalucía) onde recollerán nova pasaxe rumo a Gaza. |
NOS_19461 | Unha delegación da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común mantivo unha serie de encontros durante a cuarta feira cos grupos parlamentarios da Cámara. | A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) criticou a negativa expresada polo grupo do Partido Popular (PP) no Parlamento galego a retirar a reforma lexislativa anunciada pola Xunta, que abre a porta a "privatizar" os montes veciñais. Unha delegación da organización mantivo unha serie de encontros durante a cuarta feira cos grupos parlamentarios da Cámara, aos que trasladaron a súa preocupación pola nova lei aprobada polo Executivo galego a pasada semana, que sairá a consulta pública nas vindeiras datas. A reforma actualizará un texto legal de 1989, e a Xunta xustificou esta modificación como un intento por combater o "abandono do rural e a infrautilización dos terreos forestais". A organización traballa na recollida de firmas para unha Iniciativa Lexislativa Popular ( ILP) que pretende apoiar esta figura de propiedade e considera que a norma exposta pola Xunta persegue "privatizar os montes en man común para entregarllos a terceiros, ou dito de maneira máis clara, para roubarlle os montes veciñais aos comuneiros, que é o seu único e lexítimo titular". Indignación dos comuneiros O presidente da organización, Xosé Pereira, trasladou que, no encontro cos populares, o grupo parlamentar confirmou que non modificará a proposta de reforma lexislativa "porque se trata dunha reforma impulsada polo Goberno galego e non polo propio PP". Os comuneiros lembran que o seu ILP foi anunciada tras unha concentración que tivo lugar ás portas do Parlamento galego en protesta polos cambios normativos incluídos na lei de acompañamento aos orzamentos que afectan os montes en man común. "Ante isto, e aplicando uns mínimos principios democráticos, parecería lóxico que o PP retirase a súa proposta e esperase a que se iniciase a tramitación de lei de montes veciñais proposta na ILP", resaltan os comuneiros, que agradecen o apoio manifestado polos grupos da oposición, BNG e PSdeG. "Un monte funcional" Após o encontro coa organización, a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, defendeu a necesidade de impulsar na Galiza "un novo modelo de monte funcional", que sexa "respectuoso" co medio ambiente e que estea axustado ás características do territorio. A dirixente da segunda formación do Parlamento galego expresou o seu apoio á ILP en defensa dos montes veciñais, unha figura de propiedade que ve "fundamental" para adoptar un "cambio de modelo" na ordenación forestal. Neste sentido, manifestou a súa oposición aos cambios normativos avanzados pola Xunta, que ve como "unha agresión" ao monte comunal porque está "destinada" a permitir a "privatización" destes espazos para profundar "nunha política de reforestación e eucaliptización en Galicia". |
NOS_44475 | Retiran produtos da marca dos lineais dun centros comercial de Santiago e piden aos consumidores que non mercan os seus produtos. "Destrúe o sector leiteiro", afirman. Vídeo no interior | Santiago colleu o relevo de Lugo como cidade elexida por gandeiros galegos para manter o seu boicote a multinacional gala Lactalis, primeira recolledora de Leite en Galiza. Convocados por Unións Agrarias, unha trintena de produtores citáronse nun Alcampo compostelán. Alí informaron os consumdiores dos motivos do seu protesto e convidáronlles a non mercar marcas da multinacional francesa, como son Puleva, RAM e President, así como queixos como El Ventero ou Gran Capitán. Os produtores accederon á superficie comercial, onde procederon a retirar dos lineais os produtores de Lactalis. Tamén puxeron colantes sobre outros, coa frase "Esta marca engánate e destrúe o sector lácteo. Non a merques". Estas mobilizacións responden a dous motivos. Por unha banda, denunciar o que consideran que é unha "apropiación indebida" por parte de Lactalis de 2 millóns de euros procedentes da distribución e que son para os produtores. Por outra, pedir a mellora dos contratos, que non reflicten nos prezos as melloras de cotizacións. Vídeo e imaxes de Campo Galego |
NOS_24590 | O avogado do fundador de Wikileaks afirmou que están á agarda do pronunciamento da Fiscalía sueca. | Julian Assange comprometeuse ser interrogado na Embaixada de Ecuador en Londres polo caso aberto contra el desde hai cinco anos por un delito de abuso sexual, informa Telesur. O avogado do fundador de Wikileaks recoñeceu que se enviou un escrito neste sentido ao fiscal superior. A Fiscalía pronunciouse hai uns días en contra de que o interrogatorio se fixese en Londres alegando que as leis suecas exixen que o interrogatorio sexa no país durante a investigación preliminar deste tipo de delitos. Malia iso, os avogados fan esta nova petición ante a posibilidade de que os delitos poidan prescribir neste ano. O fundador de WikiLeaks está refuxiado na embaixada de Ecuador desde xuño de 2012, coa fin de evitar a súa extradición a Suecia. |
NOS_55245 | Manuel Rivas, María Reimóndez ou Federico Pérez apoian o proxecto xornalístico. | Facianas moi recoñecíbeis no noso país sumáronse á campaña #porminnonvaiquedar. Unha iniciativa impulsada por Sermos Galiza que visa dar a coñecer o proxecto e animar a cidadanía a se subscribir ao semanario en papel. Co gallo do Culturgal, Sermos Galiza puxo en andamento máis unha campaña de comunicación encamiñada a difundir o semanario en papel. Após máis de dous anos na rede e nos quiosques o proxecto xornalístico rodeouse de persoas ben coñecidas no país que animan --coa súa imaxe-- a se subscribir ao semanario en papel. A iniciativa, que leva por lema #porminnonvaiquedar empraza a comunidade leitora a se sumar á Comunidade Sermos e alongar o número de persoas que compoñen e apostan neste proxecto xornalístico crítico e centrado en Galiza. Porén, non só persoas famosas apoiaron Sermos Galiza no Culturgal; tamén ducias de persoas de menor proxección pública que len Sermos Galiza habitualmente. Todas elas quixeron respaldar e promover o único semanario impreso en lingua galega. E é que só através do compromiso que supón a subscrición Sermos Galiza pode consolidarse e afortalar a súa introdución social.Eis máis unha razón para se comprometer cun proxecto xornalístico que "como as abellas", apuntou David Ribas deseñador da campaña, "é preciso para que Galiza exista". |
PRAZA_6967 | A Consellería de Traballo aprobou en agosto e setembro de 2009 dúas ampliacións de crédito que financiaron axudas a entidade ligadas á trama Zeta por cantidades que, segundo Feijóo, foron concedidas pola coalición de PSdeG e BNG. Os socialistas acusan o presidente de "mentir" e esíxenlle unha "desculpa pública". | Entre as diversas ideas forzas que a Xunta e o PP están a difundir a respecto da Operación Zeta dúas sobresaen sobre as demais: que foi o actual Goberno galego quen destapou a presunta fraude e que o bipartito de PSdeG e BNG lles adxudicou ás entidades de Gerardo Crespo máis fondos que os conservadores dende 2009. A primeira das afirmacións bate con datos incluídos no sumario, que constatan que a investigación comezou coa denuncia de dúas ex empregadas dunha das entidades da presunta rede, Caype, a finais de 2011. A segunda contrasta cunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia en xaneiro de 2010, na que figura que as axudas que, segundo o Goberno galego, foron asignadas polo bipartito cando estaba en funcións, tiveron financiamento grazas a dúas ampliacións de crédito aprobadas en agosto e setembro de 2009, cando o PP xa volvera á Xunta. Estes datos, así como outros cálculos feitos públicos hoxe, levan o PSdeG a acusar o presidente da Xunta de "mentir" e esixirlle unha "desculpa pública". As axudas que, segundo a versión oficial, foron responsabilidade exclusiva do bipartito, responden a unha orde da Consellería de Traballo de finais de 2008 para financiar plans integrados de emprego que viu a luz no DOG do 19 de xaneiro de 2009. Segundo afirmou Alberto Núñez Feijóo, o 30 de marzo dese mesmo ano, isto é, despois das eleccións que el mesmo gañou, o conselleiro socialista Ricardo Varela, xa en funcións, "deixou asinadas" as axudas. No entanto, na base de datos da Consellería figura unha baremación destes subsidios nas que as entidades de Crespo que concorrían ás mesmas, Fundefo e Asociación de Empresarios Discapacitados, fican fóra do reparto. O 28 de agosto Beatriz Mato, xa como conselleira de Traballo, asina unha primeira ampliación de crédito de 2 millóns de euros para esa orde de axudas por existir "outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins". O 30 de setembro Mato dita outra ampliación, desta volta de 2,4 millóns de euros, baseándose en que a situación económica requiría "accións urxentes e excepcionais" como o "ambicioso plan de choque contra a crise" que viña de arpobar a Xunta. "En desenvolvemento de dito plan" a Consellería "aposta por proporcionarlles aos traballadores e traballadoras programas" de formación e inserción e, por dispoñer de fondos, sumaba a nova cantidade para que as axudas chegasen "ao maior número de beneficiarios posibles". A Xunta asegura que a asignación a Fundefo e AED quedou feita polo bipartito Das axudas financiadas con cargo á ampliación de crédito do 28 de agosto resultou beneficiaria, entre outras, a entidade Fundefo, presidida por Crespo, cun importe de 325.600 euros. Entre as entidades que entraron no reparto sufragado coa ampliación do 30 de setembro está outra das entidades de Crespo, Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia), no seu caso con 304.000 euros. Estas cantidades son, precisamente, as que segundo a Xunta deixou asignadas o bipartito en funcións nunha decisión datada polo presidente no 30 de marzo de 2009. Esta data non figura nas resolucións publicadas no DOG nin no baremo previo. "Feijóo deulles en dous anos máis que o bipartito nunha lexislatura" Estas ampliacións de crédito son, para a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela -directora xeral de Relacións Laborais durante o bipartito-, unha das "mentiras" de Feijóo e Mato a respecto deste caso. "O bipartito, cando o Goberno entrou en funcións, non concedeu ningunha axuda a estas empresas", sinalou este venres en rolda de prensa, na que agregou ademais que as entidades de Crespo ficaran inicialmente "fóra" por "unha cuestión de puntuación. Crespo, subliña, logrou estas axudas grazas a "senllas ordes para engadir fondos" ditadas pola actual conselleira. "Ela -salienta- terá que explicar por que". Asemade, Cancela tamén afirma que é "falso" que o anterior Goberno "lles dese a estas empresas un 30% máis de cartos que o Goberno de Feijóo". Segundo a número dous dos socialistas o PP "utiliza as táboas" dun informe de Traballo "para afirmar que o bipartito lles concedeu ás empresas de Crespo 4,6 millóns e xustificar que lles deu un 30% máis de axudas que eles". Os datos recompilados polo PSdeG, di Cancela, indican que "a conselleira lle endosa ao bipartito 217.456 euros que en realidade foran adxudicados polo Goberno de Fraga". En 2009, mantén, "adxudícalle" á coalición de socialistas e nacionalistas "629.000 euros que foron adxudicados polo Goberno de Feijóo". O PSdeG acusa o Goberno de "endosarlle" ao bipartito axudas adxudicadas durante os mandatos de Fraga e Feijóo "Segundo os datos recollidos no DOG -abonda Cancela- o Goberno Feijóo deulles a estas empresas en pouco máis de dous anos case un millón de euros máis que o bipartito en toda a lexislatura", circunstancia que cre especialmente rechamante porque "as partidas para formación do bipartito chegaron ata a triplicar as do PP". "Ademais -asegura- déronlles a estas empresas medio millón de euros en decembro de 2011, despois de coñecer as denuncias de irregularidades". Os socialistas esixen unha desculpa pública do presidente e Rueda mantén que Feijóo "nunca mentiu" Estes cálculos levan os socialistas a "esixirlle o presidente unha desculpa pública e unha rectificación inmediata por mentir en sede parlamentaria e por manipular datos oficiais" para "confundir e tentar lavar a súa imaxe a base de titulares falsos". Entre esas "falsidades" Cancela inclúe tamén "que eles fosen os primeiros en denunciar as irregularidades" ou que o bipartito asignase as axudas "sen inspección nin control", algo "gravemente falso", asegura, toda vez que "non se deu nin un só curso que non estivese sometido a control por parte da Administración, con informes e seguimento de cada un dos cursos" e controis adicionais, mantén, aos do período de Fraga. "Non imos permitir que Feijóo e mato usen nun asunto de tal gravidade a única estratexia que coñecen, escudarse no bipartito", especialmente porque "estamos a falar dun posible financiamento irregular do PP e da relación directa do presidente da Xunta e dos seus altos cargos co presunto conseguidor da trama, Pachi Lucas, e o militante do PP Gerardo Crespo. "Queremos respostas serias", reclama, nun contexto no que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, retruca que Feijóo "nunca mentiu en sede Parlamentaria" e que os datos publicados polo actual Goberno "están nos acordos, nas actas e na documentación dos Consellos da Xunta". As "afirmacións" dos responsables populares na Cámara, asegura, son "axeitadas, correctas e verdadeiras". |
NOS_36534 | Estamos diante dunha cartografía que é fiel reflexo do proxecto político do rei Fernando e da raíña Sancha, onde Galiza ocupa un papel reitor e hexemónico no ámbito do espazo cristián peninsular. Elaborado por volta de 1047 e coñecido como o mapa da raíña Sancha e do rei Fernando, fai parte da escola dos beatos e foi elaborado con toda probabilidade nalgún mosteiro da área galega. | Recollido nunha edición dos Comentarios á Apocalipse do Beato de Liébana á volta de 1047, é coñecido como o mapa da raíña Sancha e do rei Fernando, en referencia aos monarcas que promoveron a cartografía como expresión do seu proxecto político. Conservado actualmente na Biblioteca Nacional de Madrid, é outra mostra da ampla produción bibliográfica dos rei galegos, impulsores, tamén en 1047, doutro mapa incorporado a unha copia das Etimoloxías de San Isidoro, cuxo orixinal se gardou durante séculos na catedral de Zaragoza e actualmente se conserva na Biblioteca do Mosteiro do Escorial, orientado á educación dos seus fillos e elaborado por un copista da área galega, como demostran as referencias eloxiosas ao rei Vermudo III, morto en combate contra as forzas navarro-castelás. O labor de mecenas cultural de Sancha ficou tamén testado no Libro das Horas de 1055, conservado na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, e no Libro dos Cánticos de 1059, atribuído durante moito tempo erroneamente á súa filla, a raíña Urraca, e que fai parte dos fondos da Biblioteca da Universidade de Salamanca. O mapa foi elaborado nalgún mosteiro leonés por un monxe denominado Facundo. Moi influído por algúns dos beatos anteriores, garda moitas semellanzas con outras cartografías da área galega, como o Beato de Magio, de Valcavado ou da Seu d'Urgell, seguindo o seu esquema estereotipado de simbolismo e o seu debuxo firme. Porén, diferénciase destes na súa gama de cores expresivas e no seu excelente estado de conservación. Integrante do terceiro estilo dos beatos, o románico, dubídase se foi realizado no mosteiro de San Xoán, posteriormente de San Isidoro, ou no de Sahagún, de onde pasaría á Basílica de León antes de rematar na Biblioteca Nacional de Madrid. A ausencia de calquera referencia a Castela ou León cuestiona o relato oficial dirixido a negar a existencia do reino galego A cartografía de Sancha e Fernando é a expresión do seu proxecto político, no que Galiza exercía un papel reitor no contexto do espazo cristián ibérico. O matrimonio entre Sancha e Fernando é o resultado dunha operación política dirixida a conseguir a paz entre os reinos de Navarra e de Galiza, coa que Fernando asume a hexemonía galega e actúa como rei consorte nesta área e Sancha opera como monarca, na súa condición de herdeira lexítima, como filla dos reis galegos Afonso e Elvira Menéndez e irmá do tamén rei Vermudo III, morto na batalla de Tamarón contra un exército navarro. Sancha I de Galiza, nada no 1013 e morta en 1067, caracterizouse pola súa gran cultura, apostando de xeito decidido na actividade artística, sen esquecer a súa acción gobernativa, sinalándose na promoción das relacións e contactos con Cluny. A súa xinea, fortemente influída pola nai, exerceu como galega, destacando, ademais dela, os seu fillos, os reis García I e Afonso VI. [Podes ler a información íntegra no número 355 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_52209 | Daniel Caxigueiro é un artista plástico multidisciplinar interesado especialmente pola instalación, que a miúdo mestura coa escultura, a fotografía ou a poesía. A súa obra, de marcado carácer crítico e periférico, reflexiona sobre a pegada do ser humano na Terra, a destrución da natureza e os conflitos bélicos, entre outros. Participa moi activamente nas Xornadas de Arte de Foz, que decorren desde a pasada segunda feira e que conclúen esta quinta 26A. | Natural de Mondoñedo, a súa estancia no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos fai que estabeleza unha relación especial con este material, que inclúe en boa parte da súa obra. Centrado no xénero da instalación escultórica desde 1990, Caxigueiro traballa desde hai seis anos nas Xornadas da Arte de Foz, coordinadas pola asociación cultural A Pomba do Arco. -Como xorden unhas xornadas sobre arte en Foz? -Aquí na Mariña sempre houbo un certo movemento artístico, probabelmente máis que noutras bisbarras do país. Máis que unha necesidade, é un encontro entre profesores e artistas. Decidimos comemorar o Día Internacional da Arte, que aínda non tiña lugar de forma oficial naquel momento e así foi así como xurdiu todo. Amais destas xornadas, asociacións como Tá en Artes está organizando exposicións de artistas da Mariña. Neste momento hai unha no Cenima [Centro de Interpretación da Mariña] de Foz que recolle unha boa representación do que se está a facer na zona, tanto de xente máis ou menos estabelecida como de artistas novos. A exposición encádrase na homenaxe que Tá en Artes está a dedicarlle ao artista Juan Puchades durante todo o ano a través de distintas actividades. Puchades foi profesor de boa parte dos que andamos por aquí, co cal é unha homenaxe ben merecida e pracenteira, na que coincide con moitos rapaces aos que lle deu clase. Pola nosa parte, desde Pomba do Arco tentamos dar visibilidade á xente da Mariña que vive aquí ou que está fora, e ao tempo traer xente interesante do panorama da plástica contemporánea galega. -Como responde a xente a esta iniciativa, que xa vai pola súa sexta edición? -Cada día esperta máis interese. O máis complicado é que haxa unha resposta da xente en lugares onde a plástica está un pouco esquecida desde o punto de vista institucional. No último ano houbo unha asistencia mínima de 30 persoas, e en xeral acuden entre 60 e 70 persoas. Non está nada mal para ser nun lugar afastado dos centros de creación. Son unhas xornadas pensadas para todo tipo de público e acompañadas de elementos visuais. Sempre hai proxeccións, tanto de vídeo como de imaxes, e intentamos que teñan presenza todas as disciplinas. Durante estes anos, tocamos fotografía, arquitectura, pintura, banda deseñada, investigación, crítica de arte, escultura… Un pouco de todo. -Cal é o papel do asociacionismo cultural fóra das cidades? -Suplir o que non están facendo as institucións, desgrazadamente. Nós non teriamos que estar cumprindo ese papel. A posibilidade de que a xente coñeza de primeira man artistas e creadores importantes, que poidan interaccionar con eles e facerlles preguntas de xeito directo, debía correr por parte das institucións. En todo caso, agora mesmo por sorte hai un espazo moi interesante aquí en Foz co Cenima, unha obra que se fixo hai uns anos e na que hai varias salas de exposición que poderían acoller perfectamente unha programación estábel, da que carecemos e que tamén reivindicamos. Xa non para Foz, senón pensando na Mariña, pois somos unha grande cidade. Do mesmo xeito que hai que trasladarse a Ribadeo ou Viveiro para ver teatro, o Cenima é o espazo axeitado para exposicións, máis non hai unha dotación mínima para ter unha programación interesante durante o ano nin para que haxa unha persoa que poida explicar e estabelecer unha relación normal entre o espectador e o que se está expoñendo. Incluso unha pequena biblioteca especializada ou obradoiros para pequenos, que tamén atraerían as nais e pais. Todo isto é dun custo mínimo e sería o necesario para que a xente acudira de xeito normal ao Cenima, pero non se está facendo e ás veces temos que loitar para que haxa unha iluminación mínima. O asociacionismo está facendo un papel que é responsabilidade das institucións. -Que potencialidade teñen as artes plásticas na educación? -A plástica na educación é algo xa non desexable, senón necesario. Non só no ensino, senón tamén no ámbito do cotiá. A base do turismo é a arte, incluso a nivel económico. Pero sobre todo desde o punto de vista vital, é unha necesidade tanto para o artista que se expresa como para o espectador. É, probablemente, o medio de comunicación máis íntimo que existe. -Entendes a arte sen responsabilidade? -É un tema onde hai grande discusión. Persoalmente, penso que é desexábel que a arte proporcione reflexión. Que sexa un xeito de axudar a entendernos nós e a entender a vida mellor. No meu caso, a denuncia está presente case sempre. -Hai moito da Mariña na túa obra? -Inflúenme as actuacións desastrosas do ser humano, tanto na Mariña como fóra. Penso no urbanismo salvaxe destes últimos anos, que se dá na Mariña pero tamén no resto do planeta. A codicia é o que manda e o resultado é o que é. Desde ese punto de vista, a Mariña axúdame a espelirme. Sen falar xa do aspecto relacionado co lume, cando ves un bosque de eucaliptos o único que ves é unha masa monocroma, e cando algunha vez se cortan, daste conta de que hai volume detrás: Ladeiras, auga… Amais diso, preocúpanme cousas que non teñen que ver coa Mariña e nin sequera co estado español, estou pensando agora mesmo nos refuxiados, nas guerras e nos conflitos que afortunadamente non sufrimos pero sobre os que é necesario reflexionar e chamar a atención sobre eles. -Como ves o panorama artístico na zona no que ten a ver con iniciativas e creadores? -Bastante rico e plural. Hai un pouquiño de xente que se adica a distintas disciplinas. Nestas xornadas hai dúas persoas que non son de aquí, Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes, e Soledad Penalta, escultora fantástica, pero hai outras dúas invitadas que si o son. Xaime Miranda, que falou esta segunda feira sobre Os videoclips no tempo dos videoclip, é un cineasta desta zona especializado en vídeos musicais. Miranda xa ten feito bastante aquí en Galiza e gañou o ano pasado no Festival de Cans o premio ao mellor clip por "Mi Re La", do grupo Oh! Ayatollah. Tamén Ernesto Torterolo, que xunto con Xiao Berlai presentarán esta quinta feira o proxecto Desconhecido, unha historia de desamor contada por Berlai e debuxada polo artista de banda deseñada Ernesto Torterolo. Na Mariña hai moita pintura, escultura e instalación, é un aspecto no que estamos moi vivos. Nota: a imaxe interior é unha obra de Caxigueiro. |
NOS_42713 | O equipo veterinario do Cemma confirmou a presenza no seu organismo de fibras procedentes de artes de pesca degradadas e dun tapón de botella. | O tiburón peregrino, coñecido en galego como 'momo', avistado o pasado sábado en dúas praias de Oleiros, e que posteriormente foi achado morto, faleceu por unha obstrución dixestiva xerada por diversos obxectos plásticos, tal e como determinaron os veterinarios da Cemma (Coordinadora de Estudo de Mamíferos Mariños) encargados das análises. Foron os bañistas os que alertaron o pasado sábado da presenza dunha quenlla de gran tamaño na Praia de Bastiagueiro, en Oleiros, polo que se fechou temporalmente ao público o acceso á auga até que se puido identificar como un 'momo', unha especie inofensiva. A presenza de obxectos estraños é habitual nos individuos desta especie, xa que, ao ser filtradores, calquera obxecto que haxa na columna de auga será inxerida coma se fose alimento As quenllas da Galiza: E as crías que visitan cada ano as nosas praias O animal chegou a varar en Bastiagueiro e, despois, na praia de Santa Cristina, pero puido ser reintroducido coa participación de socorristas, Protección Civil e voluntarios de Hábitat, baixo a coordinación de Cemma. Nese momento, comprobouse que medía máis de 4 metros, un tamaño pequeno para esta especie, dado que os 'momos' adultos miden uns oito metros. Habituais na Galiza Os expertos explicaron que a súa presenza na Galiza non é estraña, dado que anualmente hai entre dous e tres avisos, moitas veces dentro das rías e, sobre todo, na primavera. A última hora da tarde do sábado, a quenlla volveu varar e faleceu. Na análise interna realizado o domingo polo equipo veterinario da Cemma detectouse a presenza no seu organismo de distintos obxectos plásticos, desde fibras procedentes de artes de pesca degradadas a un tapón de botella. Cemma, 30 anos de estudo e coidado dos mamíferos mariños Algúns destes plásticos taponaban a válvula espiral, un órgano interno que facilita que se aumente a superficie de absorción no reducido tamaño intestinal das quenllas e raias. Esta oclusión foi identificada como causa do enfraquecemento e varamento da quenlla. "A presenza de obxectos estraños é habitual nos individuos desta especie, xa que, ao ser filtradores, calquera obxecto que haxa na columna de auga será inxerida coma se fose alimento", apunta a Cemma, o que os convirte en "vítimas da contaminación por plásticos" dos océanos. |
PRAZA_2332 | A Coruña e Santiago asinaron con outras seis cidades de todo o Estado o manifesto Polo Dereito á Mobilidade, no que apostan por potenciar o transporte público e o uso da bicicleta, ao tempo que se mellora a habitabilidade dos barrios. Pontevedra, premiada pola Rede Cidades que Camiñan | A Coruña e Compostela asinaron este venres en Barcelona o manifesto Polo Dereito á Mobilidade, un documento no que as dúas cidades, xunto co resto das urbes asinantes (Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia, Pamplona e Badalona), se comprometen a potenciar o transporte público e o uso da bicicleta e outros medios non contaminantes, coma os desprazamentos peonís. O texto foi o resultado do encontro mantido polos responsables de mobilidade das oito localidades, que ao igual que noutros ámbitos están a traballar en rede neste eido, buscando metodoloxías e liñas políticas comúns e compartindo experiencias e accións xa en marcha. "Consideramos que unha mobilidade xusta, sustentable e eficiente constitúe un dereito social de primeira orde, do mesmo xeito que o son a sanidade ou a educación", declaran. "A experiencia demóstranos que estes compromisos só se acadan se as institucións poñen recursos económicos e humanos ao servizo da transformación das cidades", engaden. E, neste senso, á vez que sitúan esta procura dun modelo de mobilidade diferente como unha das "máximas prioridades" dos seus gobernos, reclaman a mesma implicación ao resto das administracións, especialmente ao Estado central. O manifesto reclama "un modelo de mobilidade que sexa capaz de responder ás necesidades da maioría: eficaz, barato, socialmente inclusivo, que respecte a nosa saúde e a habitabilidade dos nosos barrios" O manifesto reclama "un modelo de mobilidade que sexa capaz de responder ás necesidades da maioría: eficaz, barato, socialmente inclusivo, que respecte a nosa saúde e a habitabilidade dos nosos barrios". Neste senso, o documento reivindica en primeiro lugar o dereito á cidade, denunciando que "a desproporción entre o espazo destinado ao coche e ás persoas é patente nas nosas cidades" e lembrando que "con todo, a maioría de desprazamentos non se realizan en automóbil privado, senón a pé e en transporte público". Isto constitúe "unha inequidade na repartición do espazo público, que é o espazo de todas e todos, independentemente da nosa condición social". "Necesitamos avanzar cara a unha cidade máis xusta, sustentable e eficiente, deseñada a escala humana", conclúe. Apostan por cidades inclusivas, saudables, sustentables, seguras e de proximidade A este respecto, reivindica cidades inclusivas, pois "poder moverse libremente polas nosas cidades non pode ser un problema de renda". "Unha cidade que promocione a elección dos modos de transporte non motorizados, os máis baratos, e que impulse unha tarificación social do transporte público, é unha cidade que afronta as desigualdades e que diminúe a fenda social", subliña. Ligado a todo o anterior, o texto aposta por cidades saudables, lembrando que moitas urbes "non cumpren cos compromisos legais en materia de emisións contaminantes nin de ruído, causadas en gran medida polo tráfico, o que se traduce en graves prexuízos para a saúde das persoas". Os asinantes comprométense a "reducir as emisións contaminantes e o ruído", como un dos eixos da súa acción de goberno. "Potenciar os desprazamentos non motorizados, a pé e en bicicleta, é a mellor maneira de diminuír a dependencia do petróleo do noso modelo de mobilidade" A mobilidade está ligada á saúde das persoas e tamén ao consumo enerxético, pois ao redor do 40% do consumo enerxético das cidades débese ao transporte. "Potenciar os desprazamentos non motorizados, a pé e en bicicleta, é a mellor maneira de diminuír a dependencia do petróleo do noso modelo de mobilidade", subliñan, engadindo que "non é posible alcanzar a soberanía enerxética das nosas cidades cun sistema onde o vehículo privado siga sendo predominante no uso do espazo público". Apostan igualmente por cidades seguras, reducindo o número de persoas mortas ou feridas en accidentes de tráfico e atropelos. "É necesario traballar de forma contundente para neutralizar esta praga, xerando máis espazos para que os nosos fillos, maiores e persoas con mobilidade reducida poidan facer uso do espazo público e desprazarse de forma autónoma en condicións de seguridade", din. As urbes asinantes comprométense coa cidade compacta e cun urbanismo de proximidade, "imprescindible para avanzar nunha mobilidade máis sustentable" Finalmente, rematan a súa proposta defendendo unha cidade da proximidade, como contrapunto á tendencia das últimas décadas, nas que "a expansión urbana contribuíu ao desenvolvemento de máis infraestruturas viarias" pero "non veu acompañado das necesarias infraestruturas de transporte público". As urbes asinantes comprométense coa cidade compacta e cun urbanismo de proximidade, "imprescindible para avanzar nunha mobilidade máis sustentable". "Non pode existir mobilidade sustentable onde hai urbanismo salvaxe", conclúen. Medidas para unhas cidades máis habitables Marea Atlántica e Compostela Aberta levaban xa nos seus programas distintas accións de fomento do transporte público, do uso da bicicleta ou de mellora da comunicación peonil. Na Coruña prevese levar a cabo, por exemplo, unha reordenación do mapa de rutas de autobús urbano, priorizando o seu paso e unha revisión das súas tarifas. Así mesmo, poranse en marcha roteiros prioritarios sinalizados para peón e bicicleta, un biciminuto e metrominuto, coma o Metrominuto que xa funciona en Pontevedra. Finalmente, implantarase unha rede de aparcadoiros disuasorios públicos e gratuitos conectados co transporte público urbano e interurbano. O edil de Mobilidade, Daniel Díaz Grandío, destacou este mesmo domingo que a intención do Concello é potenciar o transporte público "de cara a desconxestionar a cidade de vehículos". "Hai que cautivar o usuario de automóvil, que se dea conta de que o transporte urbano o adelanta, que funciona correctamente, que acurta tempos", sinalou. De igual xeito, en Compostela a intención é levar a cabo un completo Plan de mobilidade para acadar "un concello inclusivo e igualitario pensado para persoas de todas as idades, contemplando todos os medios de transporte, públicos e privados e a sua intermodalidade, unindo os diferentes medios de curto e longo percorrido". O obxectivo é crear máis zonas peonís e espazo público, reducindo o tráfico rodado na cidade, creando novas centralidades con dotación de espazo público, cultural e comercial en cada barrio e parroquia rural e trazando vias peonís ou ciclables que permitan conexións por espazos verdes. Así mesmo, buscarase mellorar o transporte público e promover o seu uso. Manifesto Polo Dereito á Mobilidade (.pdf) |
NOS_50085 | Após unha semana de incansábel traballo, en condicións precarias, os bombeiros forestais logran conter o avance das chamas en boa parte do país e as persoas evacuadas retornan ás súas casas. Porén, sucédense as críticas desde diferentes sectores da sociedade á xestión do Goberno galego desta vaga de lumes. | O fogo segue a avanzar sen control en lugares como O Courel e Valdeorras, se ben noutros puntos da xeografía galega as brigadas forestais lograron nas últimas horas controlar ou estabilizar os focos activos, que son trece, segundo os últimos datos facilitados na tarde desta sexta feira pola Consellaría do Medio Rural. A superficie afectada non medrou no último día no 'macroincendio' que xuntou catro focos diferentes en Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón —10.000 hectáreas, alén doutras 1.100 no fogo orixinado na parroquia de Seceda (Folgoso)—. Porén, debido a que os medios de extinción conseguiron afastar as chamas dos núcleos de vivendas —e agora avanzan lonxe das mesmas—, uns 200 veciños e veciñas dos municipios de Folgoso e Quiroga que foran desaloxadas por precaución puideron volver esta sexta feira ás súas casas, após desactivarse a 'situación 2'. Non correron a mesma sorte, por desgraza, as vivendas da aldea courelá de Vilar, devorada até os cimentos polas lapas. Canda elas ardeu o museo etnográfico de Vilar. O lume arrasa todas as vivendas do núcleo do Vilar, no Courel Precisamente esta sexta feira o Goberno publicou no Diario Oficial da Galiza (DOG) as bases da liña de axudas para a reparación de vivendas, que financiarán 100% dos danos mais terán un tope de 122.400 euros para as de uso habitual e de 61.200 para as segundas residencias. O outro grande incendio que aínda segue activo, o de Riodolas, en Carballeda de Valdeorras, calcinou até o momento 10.500 hectáreas, as mesmas das que informara na quinta feira Medio Rural. A veciñanza evacuada na comarca tamén puido voltar ao fogar. Pola contra, si avanzaron as chamas ao longo da última xornada no foco orixinado en Pradoalbar (Vilariño de Conso), con 300 hectáreas perdidas máis que na quinta feira —un total de 5.500—. Unha parte significativa do fogo —a Xunta non concreta a cifra— afecta o parque natural do Invernadoiro, de enorme riqueza ambiental. [VÍDEO] Así traballan as brigadas para evitar que o lume calcine por completo o parque natural do Invernadoiro Por outra parte, foron estabilizados os tres incendios rexistrados no concello de Oímbra, en concreto nas parroquias de Rabal —2.100 hectáreas—, Videferre —600— e San Cibrao —400—, así como o de Nocedo (Quiroga), que xa se lograra controlar, mais non estabilizar, na quinta feira, logo de arrasar unha quincena de hectáreas. Nunha situación estábel tamén ficaron os dous fogos de Cervantes, en Cereixedo —65 hectáreas— e O Castro —arredor de 0,5—. Finalmente, o outro incendio do municipio de Quiroga —en Outeiro, 250 hectáreas— e mais os de Antas de Ulla —Santa Mariña do Castro de Amarante, 40 hectáreas— e Palas de Rei —Ramil, 375— están baixo control. En total arderon xa unhas 31.000 hectáreas. Novas críticas á Xunta A xestión desta vaga de incendios por parte do Goberno de Alfonso Rueda volve ser obxecto de críticas. O sindicato FAC-USO Galiza sumouse esta sexta feira a CIG, CCOO ou Unións Agrarias e puxo o foco nas condicións laborais do persoal das brigadas forestais, con xornadas laborais de "até doce horas diarias", o que supón un incumprimento do convenio. Aliás, desde o sindicato sinalaron que, en ocasións, "só dous ou tres bombeiros, sen motobombas", teñen que enfrontarse ás chamas. "Por non ter cuberto as baixas e prazas vacantes", lamentaron, e fixeron énfase, alén dos recursos humanos, na "escaseza medios materiais". Brigadistas denuncian xornadas de máis de 12 horas diarias A presenza —só nos grandes fogos— de persoal da Unidade Militar de Emerxencias (UME) está a causar, a ollos de FAC-USO, "unha maior desorganización no operativo, pese á existencia dun posto de mando avanzado, cuxa xestión está resultando pésima". Aliás, a Organización Galega de Comunidades de Montes denunciou que a Xunta eliminou este ano a liña de axudas para previr fogos forestais. O "desleixo" nos montes e a falta de medios, advertiu, provocaron esta situación. E tamén desde a Fruga explicaron que son "múltiples e diversas" as causas dos incendios, alén de "novos factores" como o cambio climático. Nomeadamente, censurou o "abandono do rural" e mais a "aposta no monocultivo de especies de crecemento rápido". No plano político, a deputada do BNG por Valdeorras e portavoz de Medio Rural, María Albert, reclamou a "implicación" de todas as administracións e a declaración de zona catastrófica para os concellos afectados. O persoal das brigadas, dixo, está a traballar nunha situación "precaria" e "mesmo arriscando as súas vidas", polo que demandou un operativo de prevención e extinción "totalmente público e profesionalizado, operativo os 365 días do ano". Tamén a voceira de Medio Rural do PSdeG, Carmen Rodríguez, apuntou que os incendios da última semana evidenciaron a "gran debilidade" do operativo. Neste senso, urxiu a posta en marcha dun "plan de recuperación da actividade agrogandeira e forestal fronte ao despoboamento do rural galego". Rueda afirma que, "sen ningunha dúbida", a Galiza conta "co mellor servizo de extinción de España" O presidente Rueda, alleo ás críticas, asegurou que a Galiza conta, "sen ningunha dúbida", co "mellor servizo de extinción de España", algo que, ao seu xuízo, "volveu demostrarse" estes días. Os fogos, dixo, van "camiño de ser controlados completamente". A diversidade do monte galego, "na UCI" A asociación ecoloxista Arco Iris apuntou esta sexta feira que, con base nos cálculos de persoal edafólogo, até 768.000 toneladas de terra vexetal —"no mellor dos casos"— está en risco de erosión. O monte galego, "na UCI": 700.000 toneladas de terra vexetal están en risco de erosión Na mesma liña, desde Amigos da Terra proporcionaron un "protocolo de actuación" nuns montes que se atopan "na UCI", a fin de "non aumentar o dano". Así, avogan por non labrar o terreo, evitar a entrada de gando ou espallar lascas de madeira e palla de cereais. Tamén deu a voz de alarma a Asociación Galega de Apicultura (AGA), que dixo que por mor da superficie floral calcinada as colonias de abellas poderían "morrer de fame" ao perderen o alimento. |
NOS_28564 | A forma en que a Generalitat xeriu os atentados de Barcelona e Cambrils -coa rápida desarticulación da célula jihadista- non pasou desapercibida aos ollos da biblia do xornalismo conservador norteamericano, un meio de indubidábel influencia global. | A resposta aos ataques jihadistas de Barcelona e Cambrils espella a "capacidade" de Catalunya para "se gobernar". "A rexión secesionista demostrou a súa competencia semanas antes dun referendo que Madrid se ten comprometido a bloquear", afirma unha crónica do The Wall Street Journal en que se estabelece un elo entre os atentados e a consulta autodeterminista convocada polo Govern para o 1 de outubro. Catalunya estaría a axir xa na práctica como un Estado independente, argumenta este órgao da imprensa conservadora norteamericana de alcance global. The Wall Street Journal enfatiza o papel de Carles Puigdemont, presidente da Generalitat, de quen di que ten sido estes días "a figura pública dominante" e que ten dirixido a "resposta ao ataque" jihadista "ensombrecendo o papel do Estado". |
NOS_27486 | Barállase o 24 de xaneiro se finalmente decorren os comicios, aínda que non hai polo de agora ningunha data fixada, amais, mantéñense as conversas entre as partes para tratar de que a situación non derive nun novo conflito armado a grande escala. | Sobre o papel, Libia desenvolvería mañá unhas eleccións presidenciais que abrirían unha nova etapa de estabilidade nun país inmerso nunha deflagración civil desde a caída de Muammar Gaddafi hai unha década. Os comicios foron convocados froito dos acordos de marzo auspiciados pola Organización das Nacións Unidas (ONU) entre os gabinetes paralelos que convivían e combatían no país, o denominado Goberno de acordo nacional no oeste, e o da Cámara de Representantes no leste. Porén, a Alta Comisión Nacional Electoral de Libia (HNEC) ratificou onte nunha declaración pública o que nas últimas semanas se viña temendo, a suspensión das votacións á Presidencia pola "incapacidade de fixar o 24 de decembro como día da votación", iso si, "a pesar da súa total disposición técnica". A HNEC reitera que é o parlamento o que ten que pór sobre a mesa unha nova data nos vindeiros 30 días, polo que o 24 de xaneiro se está a converter na data máis citada no caso de que finalmente se efectúen os comicios. Nos últimos días producíronse distintos desacordos entre a comisión lexislativa que ten que supervisar as eleccións e a comisión electoral sobre que órgano tiña que formalizar a suspensión do proceso, informa Al Jazeera, polo que a HNEC decretou a pasada terza feira a disolución "das delegacións e comités electorais rexionais e locais". Enfrontamentos polas candidaturas A principal fonte de tensión entre as faccións e as milicias armadas que dominan ámbolos dous marcos lexislativos e que teñen que acordar aínda un marco común, é quen pode postularse á Presidencia, así como as atribucións coas que contará o futuro mandatario. O presidente da HNEC, Imad al Saye, explicou na cadea de televisión Al Ahrar que o motivo principal para atrasar os comicios é a "insuficiencia da lexislación electoral con respecto ao papel do Poder Xudicial nas apelacións e disputas electorais", despois de que os sucesivos litixios impediran até o de agora a publicación da listaxe definitiva de candidaturas. Os casos máis soados son os de Saif al-Islam e Khalifa Haftar, o primeiro é un dos fillos de Gaddafi, mentres que o segundo é o comandante da facción do Exército de Libia que sustentou o Goberno da Cámara de Representantes en Tobruk. Haftar dirixiu o falido ataque militar contra Trípoli en 2019, que deixou milleiros de mortos e destruíu parte da cidade. Aínda que nun primeiro intre a HNEC os excluíra do proceso, os tribunais avalaron a súa participación, polo que a comisión electoral sinala que isto "creou un estado de incerteza sobre se as decisións da HNEC eran acertadas", tanto nas presidenciais como nas parlamentares, previstas en febreiro de 2022, para as que tiveron que efectuar auditorías de 5.385 candidaturas. Pola súa banda, a Misión de Apoio da ONU no país africano fixo un chamamento ao diálogo e advertiu que "a mobilización de forzas afiliadas a diferentes grupos crea tensión e aumenta o risco de enfrontamentos que poderían converterse en conflitos", apuntou Farhan Haq, voceiro adxunto da Secretaría Xeral da institución. Afíns ao primeiro ministro interino despréganse en Trípoli Nas últimas horas, os medios libios apuntan a presenza de forzas armadas nas rúas de Trípoli, a capital, en apoio a Abdul Hamid Dbeibah, primeiro ministro do Goberno de unidade e candidato, perante o debate sobre a permanencia do Executivo interino tras a suspensión. A semana pasada, outros grupos armados despregáronse arredor dos edificios gobernamentais após a destitución dun alto funcionario militar. |
NOS_54872 | Hai un total de 10.532 persoas curadas na Galiza. | Nas últimas 24 horas non houbo ningún test positivo en COVID-19 na Galiza. Así, os casos activos de coronavirus mantéñense en 340, segundo traslada a Consellaría de Sanidade este domingo. A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, deses 340 doentes de COVID-19, 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 30 da de Compostela, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 336 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Entre os 340 casos que aínda permanecen activos hai 4 maiores que están nunha residencia e unha traballadora dun destes centros. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.532 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número total de PCR realizadas é de 165.608 en todo o país. Das 619 persoas falecidas, 274 son mortes ligadas ás residencias de maiores, nas que durante a xornada de onte non se rexistraron falecementos. En concreto, 132 persoas faleceron no centro xeriátrico no que estaban a residir e 142 fixérono en hospitais ou nas residencias integradas, segundo os datos da Consellaría. |
NOS_3820 | Rebeca Quintáns (Arzúa, 1964) é experta no rei emérito español. Hai máis de vinte anos publicou Un rei golpe a golpe, a primeira biografía non autorizada do monarca, que tivo que asinar co pseudónimo de Patricia Sverlo por seguridade. Reproducimos a entrevista que lle fan en Vilaweb. | -Parece que Juan Carlos I está na illa de Zaya Nurai, convidado pola familia real dos Emiratos Árabes. Praia privada, piscinas, xardíns ... -Imaxino que a súa vida alí é moi aburrida. Presiona con forza para volver porque non o van visitar. Por moito que sexa de ouro, está nunha gaiola e non pode saír. A prensa está alerta todo o día e está nunhas condicións que o incomodan. Estou contenta, por suposto [ri]. Confío en que non o deixarán volver, mais hai moita presión para que poida facelo. -Segundo El País, unha gran parte dos custos asociados a este exilio de ouro son sufragados polo contribuínte porque os seus traballadores cobran dos ministerios -Son. Non nos dirán os números mais hai unha parte que pagamos todos do noso propio peto. Debería pagalo el. Non sei que plans ten a Casa Real con estes xestos de transparencia que comezan a facer. Non sei se afectarán o tipo de cousas como saber canto nos custan, por exemplo, as vacacións dos que non son familia real directa, que en moitos casos tamén pagamos. -Dixeron que farían estes xestos por transparencia. -Non o dixeron publicamente, insinúano. O Goberno presiona para que intenten modernizar a monarquía con pequenos xestos de transparencia. Creo que serán moi insuficientes e que chegan tarde. Quero ver eu que parte da información nos abren, mais non resolverán a crise da monarquía. -Dixo que ninguén vai ver a Juan Carlos I. A relación coa familia, ou polo menos con Felipe VI, non mellorou. -Non o creo. Parece que as visitas que recibe son de Elena e ás veces de Cristina. Mais os seus grandes amigos do Ibex 35 tampouco o van ver. -Son os que lle fixeron empréstitos para regularizar parte da súa fortuna oculta. -Si, e tiveron moi próximos ao emérito en todos estes acordos de última hora. -Se a relación non é boa con Felipe VI, nin cos amigos do Ibex, nin co Goberno español, parece unha operación de Estado para marxinalo. -Absolutamente. Para mantelo afastado de Felipe VI. Felipe fai dúas cousas que poden parecer contraditorias. Afástase do seu pai e ao mesmo tempo achégase moito ao modelo que seguiu o seu pai toda a vida: sempre se desfixo de quen o molestaba, fose o seu pai ou o seu colaborador máis próximo cando deixou de ser útil. Ou apartounos ou deixounos ir ao cárcere por el. Felipe tamén o fai. Para beneficiarse el e manterse no trono, afástase do seu pai. Para salvarse, quere que o seu pai asuma toda a responsabilidade pola corrupción da Casa Real. Será difícil, mais é o que intenta. -Polo tanto, Juan Carlos I ten pouca posibilidade de volver. Que aliados ten? -Ten pouca xente ao seu redor, e esta xente diralle o que quere escoitar, porque estivo afeito a el toda a vida. Está obsesionado por facer o que lle peta e dálle ganas de volver canto antes. Custará convencelo e, se non volve, non será de boa gana. -Se puidese volver, que papel podería desempeñar? Dise que estaba previsto envialo ao palacio de Carlos V, en Granada, ou ao palacio do Pardo. -Falaron de buscar aloxamento lonxe da Zarzuela. Non creo que iso solucione nada. Sería un escándalo volver e faría perder moita autoridade a Felipe VI como xefe da casa borbónica. -Cre que a Felipe VI lle saíu ben mandar Juan Carlos I ao estranxeiro? O escándalo diminuíu. -O anuncio dos últimos casos e de que Filipe VI renunciou a parte da herdanza faise casualmente cando comezou o confinamento e o estado de alarma. As circunstancias axudaron a controlar isto. Mais houbo un grande malestar popular e custoulles contelo. Coa marcha de Juan Carlos I, atrasan todo un pouco, pero farase incontrolábel, porque non hai solución. -O final da monarquía española veo máis perto ou máis lonxe agora que hai un ano? -Sigo observándoo perto. Nunca se sabe cal será a faísca que fará que todo estoupe definitivamente. Se os casos seguen a aparecer ou acaba no banco dos acusados ... O futuro da casa real española é moi negro. Mais todo é un xogo de xadrez que se xoga lentamente. -Unha destas chispas tamén podería ser a denuncia de acoso que Corinna Larsen presentou contra Juan Carlos I ante a xustiza británica. -É un caso moi grave. A repercusión que tivo na prensa española foi escasa, pero é moi grave. A insistencia de Corinna ten que ver co feito de ter medo real a ser atacada. No caso de Bárbara Rey, sabemos que a petición da Casa Real de silenciar unha chantaxe, interveu o CSID. Tamén se presentou unha denuncia contra Manuel Prado y Colón de Carvajal, que interviu en primeira persoa por orde de Juan Carlos I. Corinna ten medo. Son ameazas reais e tamén hai que ter en conta que se fixeron cando Felipe VI estaba xa no trono. "En Suíza están a tirar da corda a toda velocidade" "En Suíza van a velocidade de cruceiro [nas causas contra o rei emérito]. Tiran das cordas e comparan as datas de entrada coas viaxes oficiais ou non oficiais de Juan Carlos I a Arabia Saudita ou aos Emiratos Árabes Unidos. En España está claro que non é o mesmo, mais ao final hai unha investigación xudicial que terá que seguir algunhas pautas", sinala convencida a xornalista de Arzúa. "Certamente non chegará tan lonxe como a investigación no estranxeiro, mais por moito que queiran controlala, hai algunhas leis que hai que cumprir e, se comezan a revisar o que se sabe de Juan Carlos I, sairá algo . Será entretido seguilo". Quintáns publicou en 2016 outro libro que ampliou as investigación sobre a traxectoria, do emérito: Juan Carlos I: unha biografía sen silencios. |
NOS_2879 | Pedro Mouriño Uzal (Compostela, 1974) é cónsul honorario de Rusia na Galiza e director executivo e primeiro accionista de IberAtlantic Global Corporation, a compañía galega escollida polo Fondo Soberano dependente do Goberno ruso para comercializar a vacina Sputnik V no Estado español e en Portugal. | A día de hoxe a vacina Sputnik V dispénsanse xa en máis de 50 Estados de todo o mundo, cando cre que o seu uso será unha realidade no conxunto da UE? A contestación non a teño eu, tena a Axencia Europea do Medicamento (EMA). En todo caso, o prazo estabelecido para a aprobación do uso da vacina Sputnik V na Unión Europea debe ser análogo ao empregado para as outras vacinas que están no mercado. No caso doutros fármacos contra o coronavirus autorizados pola vía de urxencia, como o de Pfizer, Moderna ou AstraZeneca, tardaron entre dous e tres meses, polo que todo fai pensar que ese será o tempo necesario para a aprobación da Sputnik V. Así e todo, hai unha gran diferenza co mes de xaneiro, xa que agora a nosa vacina está en máis de 50 países e con ela foron inmunizadas millóns de persoas sen problema ningún. O cambio de posición do Goberno alemán introduce novas posibilidades para a vacina en Europa. Como explica en termos xeoestratéxicos a disposición do Executivo de Merkel a abrir a porta á Sputnik V no seu territorio e no ámbito da UE? Os aspectos xeoestratéxicos están moi condicionados polas dinámicas locais. Alemaña vai realizar eleccións en setembro, a CDU, o partido no Goberno, ten problemas no seu liderado pola decisión de Merkel de non presentarse e os novos dirixentes da formación non teñen a proxección dos anteriores. Ademais, hai a percepción na sociedade dunha mala xestión da pandemia e a sensación de que sen a vacina non hai alternativa no plano sanitario e económico. Neste sentido, na poboación alemá sorprende que os ritmos de vacinación de Hungría ou Serbia, onde se emprega a Sputnik V, sexan catro ou cinco veces superiores ao do seu país. A maiores, non debemos esquecer que Alemaña leva metendo presión á Comisión Europea desde xaneiro para que axilice a autorización desta vacina e agora acabóuselle a paciencia. O Goberno alemán, con esta decisión, tenta adiantar o seu calendario de inoculación e trasladar á opinión pública que non pode agardar polos tempos dos burócratas de Bruxelas. Sputnik V, neste escenario, é unha solución boa e rápida. Nesta nova conxuntura, marcada tamén polos problemas coa vacina de AstraZeneca, cal é a posición do Goberno español en relación coa solicitude do seu grupo, IberAtlantic, e de Zendal, de producir a vacina na Galiza e coa subministración da mesma no Estado? Non o temos claro. O pasado 22 de febreiro dirixímoslle unha carta á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para expresar a nosa disposición a fabricar Sputnik V nos laboratorios de Zendal no Porriño e aínda non recibimos unha contestación. Por outra banda, estamos agardando por unha resposta do Executivo español a unha iniciativa do deputado do BNG, Néstor Rego, onde se lle pregunta polos seus plans en referencia ao uso da Sputnik V e da nosa proposta de producila na Galiza. En todo caso, a ministra de Sanidade ten afirmado que no suposto de que a EMA autorice o seu uso, será benvida. A día de hoxe, a súa posición non é clara pero en datas próximas deberá pronunciarse. Desde un punto de vista sanitario e racional, non hai motivo para non autorizala. Está en máis de 50 países, sen terse acreditado ningún efecto secundario e demostrando unha alta eficacia. Precisamos vacinas boas e sen efectos secundarios. Precisamos máis cantidade de vacinas. E adiantarse no calendario de vacinación é chave para a saúde e tamén para a reactivación económica. Cando falan de fabricar Sputnik V na Galiza, a que capacidade de produción se refiren, a que áreas xeográficas iría destinada e cal sería o seu impacto en termos sanitarios e económicos no país? Algúns dos aspectos que me pregunta son parte dos acordos de confidencialidade cos nosos socios e clientes. Direille que se trata dunha produción significativa, mais as cantidades e os mercados están por concretar. Por outra banda, este acordo situaría Zendal e a Galiza como un dos principais centros de produción de vacinas de Europa. O ideal sería que o acordo co Fondo Soberano ruso fose acompañado dunha transferencia de tecnoloxía, o que posibilitaría un pacto máis duradeiro. Pénsese que o Instituto Gamaleya é un centro de investigación punteiro en epidemioloxía e microbioloxía, que leva investigando os coronavirus desde 1953 e que, sen ir máis lonxe, en 2007, descubriu a única vacina que existe na actualidade para combater o ébola. Soubemos dos contactos da súa empresa con diversos gobernos autonómicos e da disposición de varios mandatarios a botar man de Sputnik V para combater a pandemia. Cal é a posición da Xunta da Galiza? Nós trasladamos á Xunta da Galiza distintas ofertas en relación coa Covid-19. Non só en relación coa vacina Sputnik V, senón tamén co antiviral Avifair, tamén desenvolvido polo Instituto Gamaleya, sen que manifestara ningún interese polos nosos produtos. Os tópicos sobre Galiza chegan á vacina O camiño de IberAtlantic Global Corporation e do grupo Zendal para producir a vacina Sputnik V na Galiza non está ser a doado. Así, Pedro Mouriño recoñece a Nós Diario as resistencias iniciais a este produto e sinala que "ás veces, algúns medios de comunicación reputados que nos chaman non poden entender que a produción e a distribución da vacina para o Estado español e para Portugal corra a cargo dun grupo empresarial galego". "Seguen existindo tópicos sobre a Galiza e algúns medios de comunicación e tamén algúns territorios teñen unha idea distorsionada arredor de nós, malia contar cunha clase empresarial moi dinámica e cun número de empresas pequenas, medianas e grandes moi preparadas para competir globalmente", conclúe Mouriño. |
PRAZA_6951 | A compra do tractor começou sendo "unha cuestión de prestixio mais que outra cousa, o que explica que se buscara a máquina máis potente e mais grande sin relación algunha coa superficie da terra a traballar" | 1. Campos de batalha "Mas o tractor fai duas cousas: remove a terra e expulsa-nos dela. Apenas há diferença entre o tractor e um tanque. Os dous empurram a gente, intimidam-na e magoam-na. Temos que pensar nisso". John Steinbeck, The Grapes of Wrath Esta primeira grande mecanizaçom do agro dos paises industrializados respondia a dous factores: a falta de mao de obra tras os massacres e, sobretodo, os interesses dum capitalismo industrial que tinha que continuar a producir como for e o que for "Como passar da Guerra à paz e como reconhecer as fábricas de armamento em produçom civil?", perguntavam-se as historiadoras da agromecânica Charlotte e Dominique Pascal. A resposta, após a primeira Grande Guerra, foi passar do campo de batalha ao campo tout court: isso que o permacultor Bill Mollison descreveu como a continuaçom da guerra contra a Terra. Esta primeira grande mecanizaçom do agro dos paises industrializados respondia a dous factores: a falta de mao de obra tras os massacres e, sobretodo, os interesses dum capitalismo industrial que tinha que continuar a producir como for e o que for. Com inusitada rapidez, onde antes se produziam gases e armas químicas, agora fabricam-se pesticidas e demais agrotóxicos; onde antes se construiam tanques de combate, agora montam-se tractores. Na França a Renault desenha em 1920 o seu tractor H.l. sobre a base do tanque de assalto FT. Um ano antes André Citröen, engenheiro dunha fábrica de obuses, ajuda na reconstruçom nacional com o tractor B2. Nos Estados Unidos a entrada de Henry Ford no sector precipita-se em 1917 com a participaçom norteamericana na guerra: seis mil Fordson F. son enviados para suplir os militarizados labregos na campinha inglesa. A retagarda agrária estava a viver a sua própria carreira armamentística. Com a segunda Guerra Mundial, um novo impulso: a Manufacture d'armes de Paris (MAP) adentra-se na mecanizaçom agrária com o MAP Diesel DR3. Também a Mercedes, que cria o Universal Motor Gerät. No Reino Unido triunfa David Brown, construtor de motores para a marinha británica; e em Áustria, destaca a marca Steyr, vinda, como tantas outras, da industria armamentística. Avonda ver os tractores da época para ver que pouco se diferenciavam dos seus pares bélicos. 2. Da terra ao espaço geométrico "Os tractores vinhérom polas estradas até chegar aos campos, igual que eirugas, como insectos, como a força incrível dos insectos. Raptárom sobre a terra, abrindo caminho, avançando polas suas pegadas, voltando passar sobre elas. Tractores Diesel que pareciam nom servir para nada enquanto estavam em repouso e tronavam ao moverem-se, para estabilizar-se depois dum ronroneio. Monstros de nariz chato que erguiam o pó revolvendo-o com o focino, recorriam a linha recta ao campo, atravessando-o, através dos valados e dos portons, caindo e saíndo dos barrancos sem modificar a direçom. Nom corriam sobre o chao, senom sobre a suas próprias pegadas, sem fazer caso dos outeiros, os barrancos, os regatos, os valados, nem as casas". O tractor, emblema da modernizaçom, inscreve-se desde o princípio na narrativa colonial e as suas oposiçons máquina /natureza, homem/mulher, ocidente/oriente, etc… A Holt Manufacturing Company revoluciona o mundo dos tractores em 1904 ao adoptar o motor Junior Road a umha traçom de tipo eiruga (caterpillar). A próxima revoluçom serán os preus pneus para tractores. Entretanto, un exército de tanques agrários moviliza-se sobre o terreno, modificando profundamente a paisagem. O campo qualitativo dos símbolos uniformiza-se sob umha maquinaria que produz o seu próprio espaço, geométrico e quantitativo. O arado de bois abre as veias da terra, o trator traça linhas com bisturí. Linhas rectas e perfeitas que nom se detenhem nem respeitam nada. A partir de agora, onde remata o caminho e começa o campo? Todo se torna transitável. Em 1914 a Citröen apresenta um tractor com sistema de traçom caterpillar desenhado polo pioneiro Adolphe Kégresse. Mas o Citröen Kégresse apenas é considerado um tractor, é mais bem o primeiro todoterreno, e volve tolos os gendarmes, desbordados com este veículo que se mete por toda a parte. O tractor, emblema da modernizaçom, inscreve-se desde o princípio na narrativa colonial e as suas oposiçons máquina /natureza, homem/mulher, ocidente/oriente, etc… Quando a partir da década de 50 as mulheres comecem a aparecer na publicidade, nom será como labregas, nem como pin-up automobilística. Há casos como o de Jósephine Baker montada num Map Diesel DR3 polo bois de Boulogne –o refinamento do tractor-, mas sobretodo abunda a publicidade com mulheres para darem imagem de comodidade e manejabilidade; é caso dos anuncios da Monoculteurs Starb, do Same 240, ou já na década de 60, dos Fiat. "Até umha mulher o poderia conducir", vem a ser a mensagem do fundo na linguagem machista habitual. Quanto ao atributo 'civilizador' do tractor sobre a selvagem natureza, este acentua-se quando se trata de tractores especialmente desenhados para os cultivos tropicais. Nos anuncios do Latil H14, por exemplo, ecoavam todos os tópicos da colonizaçom como dominio do selvagem. 3.Concentraçom parcelária "-Igual que umha maldita fantasma de cemitério. Estivem indo aos lugares nos que passárom cousas. Como, por exemplo, um sítio que há na nossa propriedade; cresce um arbusto numha fondeira. Ali foi onde me deitei com umha moça pola primeira vez. Eu, com quatorze anos, espernejando, dando tirons, resoplando igual que um gamo, tam doente como um macho cabrio. Assim que volvim àquele lugar, deitei-me no chao e sentim como se sucedesse de novo. Também está o sítio, tras do graneiro, onde um touro corneou o Pai. O seu sangue continua ali n aterra. Tem de estar porque nunca o lavou ninguém. E com a mao toquei essa terra da que o sangue do meu próprio pai forma parte. (…) Mas, que conseguírom quando o tractor botou a gente fora das terras? Que levárom por diante para asegurar a sua margen de befefício? Levárom o Pai morrendo sobre a terra, a Joe berrando ao começar a respirar, a mim mexendo-me como um macho cabrio, pola noite, baixo um arbusto. Que conseguírom? Deus sabe que a terra nom vale nada. Ninguém tivo umha boa colheita em anos. Mas esses filhos da puta, sentados nos seus escitórios, partírom em dous a gente pola sua margen de beneficios. Simplesmente cortárom-nos ao médio. Umha parte da gente é o lugar onde vive. Ninguém está completo, ali só na estrada, num camiom ateigado. Já nom están vivos. Esses filhos da puta matárom-nos". À sensaçom de desarraigo que sofre o camponês perante a concentraçom parcelária. Perder esse densíssimo marco de referências –a saturaçom microtoponímica é indicadora da sua importância- é ao labrego o que ao citadino a perda do álbum familiar de fotografias As consequências da conversom da terra em espaço abstrato fôrom abordadas por Manuel Mandianes no caso concreto da concentraçom parcelária da paróquia de Loureses. Os engenheiros e políticos qualificam os labregos de parvos por se oporem à concentraçom, mas estes tinham boas razons para oporem-se: "Queren destruí-los nosos patios, as fontes, van desvia-lo río. Queren facer algo completamente novo; ímonos perder na nova aldea que van facer. Loureses xa non será Loureses, teremos que comenzar todo outra vez. Ademais, desfarán tamén os valados dos patios, xa non haberá hortas". "O que non querían –explica Mandianes- era que foran destruídos os seus puntos de referencia, unha xeografía sagrada, a súa historia que se confundía coa terra, cos camiños, coas árbores e coas fontes". As autoridades políticas e os engenheiros, que entendem a terra como umha mercadoria abstracta, eran incapazes de compreender o arraigo da gente de Loureses, aos que qualificavam de "parvos". Mas a terra para o labrego nunca tem o valor de mercado, a terra é a genealogia espacializada da Casa: eis que por respeito aos velhos nom se poda vencer. Há que desconfiar do que vende as suas terras, diziam em Loureses, "se fai iso, pode facer calquera cousa; o que renega de Deus, renega máis fácilmente aínda dos seus santos". À sensaçom de desarraigo que sofre o camponês perante a concentraçom parcelária deve-se a que a biografia labrega noom se inscreve tanto na história quanto no espaço, na terra. Perder esse densíssimo marco de referências –a saturaçom microtoponímica é indicadora da sua importância- é ao labrego o que ao citadino a perda do álbum familiar de fotografias. Ainda, a transformaçom da "geografia sagrada" em quantitativa, introduze o espírito de cálculo que vai erodindo o sentimento do comunal. Em Loureses, como em tantas outras paróquias, a concentraçom parcelária coincidiu com a desapariçom dos trabalhos comunais: "Logo de chegaren as máquinas, xa non houbo trabalho en común, nin reunións; agora é moi raro xuntar a toda a aldea. Antes os homes xuntábanse bastante a miúdo". 4. O cavalo do demo Com estes textos Steinbeck situa-se nessa longa tradiçom norteamericana que, da democracia agrária jeffersoniana ao The Machine in the Garden de Leo Marx, pasando por H. D. Thoreau, propugna umha especial relaçom com a terra "As cousas ficárom vazias nos campos e por isso também a terra parecia estar vazia. Só estavam vivos os cabertiços de ferro galvanizado dos tractores, prateados e brilhantes; estavam vivos com metal, gasolina e óleo, os discos refulgentes dos arados. Os faros dos tractores relociam porque para um tractor nom existe nem o dia nem a noite e os discos removem a terra na escuridom e centelheavam à luz do dia. Quando um cavalo remata o seu trabalho e se retira ao graneiro, fica ali energia e vitalidade, fôlego e calor, e os cascos movem-se entre a palha, as mandíbulas cerram-se mastigando o feno e os ouvidos e os olhos estám vivos. No graneiro flota a calor da vida, a paixom e o aroma da vida. Mas quando o motor dum tractor se apaga, fica tam morto como o mineral do que está feito. A calor abandona-o igual que a calor da vida abandona um cadáver. Depois cerram-se as portas de ferro galvanizado e o condutor vai-se a casa, à cidade, que quiçá esteja a vinte milhas de distancia, e noom necessita volta rem semanas ou meses, porque o tractor está morto. E isto resulta fácil e eficaz. Tam fácil que o trabalho perde interesse, tam eficaz que a terra e trabalhar o campo deixam de produzir emoçom e desaparecem também a compreensom profunda e a relaçom do homem com a terra. Dentro do condutor do tractor medra o despreço que só é capaz de sentir um estranho que possui escassa compreensom e ao que nom une nengumha relaçom. Porque os nitratos nom som a terra, nem tampouco o som os fosfatos; e a longitude da fibra do algodom nom é a terra. O carvono nom é um homem, nem o som a sal, a água, o cálcio. Ele é todo isso, mas também muito mais, muito mais; e a terra é muito mais que o que revela a sua análise. O homem, que é mais que as suas reaçons químicas, caminhando sobre a terra, torcendo a relha do arado para esquivar umha pedra, soltando a esteva para deixar-se escorregar por umha rocha que sobressai, ajoelhando-se n aterra para almorçar; o homem que é algo mais do que os elementos que o componhem conhece a terra que é mais que umha análise de componentes. Mas o homem da máquina, conduzindo um tractor morto por um campo que nom conhece nem ama, só entende a química; e sente despreço pola terra e por si próprio. Quando as portas de ferro galvanizado se cerram ele vai-se à sua casa, e a sua casa nom é o campo". Com estes textos Steinbeck situa-se nessa longa tradiçom norteamericana que, da democracia agrária jeffersoniana ao The Machine in the Garden de Leo Marx, pasando por H. D. Thoreau, propugna umha especial relaçom com a terra, sostén material de toda umha moralidade. Algo disso havia na Galiza tradicional, mas umha diferença explica as diferentes perceçons da maquinizaçom do agro: nos EUA da crise o tractor era o monstro que expulsava os agricultores das suas terras embargadas, era o símbolo do despejo e o latifundio; na Galiza, no entanto, foi o presente envelenado da monetizaçom do mundo labrego e a sua perda de autonomia. O contexto da massificaçom do tractor é o dum franquismo engenheirista que ataca os últimos comunais, impom umha bancarizaçom forçada e cria umha hipertrofia do crédito à vez que obriga à passagem às monoculturas. Assim, já se pode dizer como Thoureau, que a colheita apenas está madura quando se converte em dinheiro. Nas suas conversas com as vizinhas da Ulfe, Julia Varela recolhe polo menos duas testemunhas –as de Josefina e Rosa- de cómo o tractor durante o franquismo encadeava as famílias a créditos e subvençons, à vez que originava conflitos entre as velhas solidariedades comunitárias. A compra do tractor começou sendo "unha cuestión de prestixio mais que outra cousa, o que explica que se buscara a máquina máis potente e mais grande sin relación algunha coa superficie da terra a traballar" O tractor na Galiza é um exemplo da utilizaçom dum elemento moderno nas lógicas tradicionais; como conta Sixirei Paredes a propósito de Xavestre (Traço), a compra do tractor começou sendo "unha cuestión de prestixio mais que outra cousa, o que explica que se buscara a máquina máis potente e mais grande sin relación algunha coa superficie da terra a traballar", entrando numha espécie de potlach que individou gravemente as famílias sem que nengumha ventagem produtiva o justificasse. O Estado, naturalmente, promoveu a compra individualizada –e individualizante-, em contra da tendencia agrarista a fazer um avanço tecnológico comunitarista. O resultado, apresentava-o com retranca Roberto Vidal Bolanho numa cena de Rastros: "XAN: Pareceravos incrible, pero agora mesmo temos máis cabalos de potencia por hectárea da labradío nós que os rusos ou que os americanos. IAGO: E iso que quere dicir? XAN: En calquera outra circunstancia, que teríamos unha agricultura altamente mecanizada. Pero no noso caso é un puto desastre. A maioría dos tractores están infrautilizados. É coma tirar os cartos". Nos seus apontamentos durante o franquismo, Vicente Risco recolhe umha impressom sobre a maquinizaçom: "Botando umha copa de aguardente no mostrador da tenda, onde cheira a azeite e a bacalhau, o paisano fala com delicia da biela da magneto, do palier… A palavra palier pronunciam-na com umha satisfaçom extraordinária: sabe-lhes a mel, sabe-lhes a resólio"; do que conclui Risco que "Há umha necessidade metafísica no facto de que o paisano tenha amor à máquina; presente que o emancipa da terra. Mas este pensamento jamais se cumpre por inteiro (…). De facto, tampouco é um pensamento que estivera aí sempre. Um maioral agrícola da colonizaçom da Terra Chá –começada em 1957- explicava-lhe assim a reaçom dos labregos galegos, mui diferente à dos cántabros, perante a maquinizaçom: "Ao princípio, quando vinham pedir os tractores para lavrar assustavam-se ao ver umha vertedeira levantar 30 ou 40 cms. de terra e diziam que na sua vida produziria nada, que onde pisava um tractor nom se colheitava nada. O desfazer esse mito custa os seus dias". Em Xavestre, "Os dous primeiros tractores chegaron no ano 1963, pertencían ao tipo Ebro-55 e causaron verdadeiro arrepío nas aldeas que os tiñan: Oa e A Iglesia". Polos mesmos anos chegaram a Paiosaco, na Laracha, onde receberam imediatamente o nome de "cavalos do demo". Como em praticamente todas as culturas agrárias, a fecundidade da terra relacionava-se com a fecundidade da mulher, sendo esta lógica sexual o trasfundo de muitos ritos e crenças agrárias que se fôrom esvaecendo Certamente, a terra galega estava envolta e protegida por mitos, mitos que impossibilitariam o atual envelenamento da terra tornada campo de batalha. Como em praticamente todas as culturas agrárias, a fecundidade da terra relacionava-se com a fecundidade da mulher, sendo esta lógica sexual o trasfundo de muitos ritos e crenças agrárias que se fôrom esvaecendo. Como nom se ia escandalizar um labrego perante a violaçom da vertedeira, se até entom concebera a aradura quase como umha cópula ritual? O jogo de "passar as mulheres polo arado" durante a sementeira do milho –que se fazia, por exemplo, em Casa Nova, Gomesende- representava umha cópula simbólica entre a mulher e o arado entendido como enorme pénis, embora nom tivesse na Galiza a solenidade religiosa que tem noutras culturas. Ao pénis do homem chamava-se-lhe também "relha", e o arado é umha recorrente metáfora do mesmo nas cançons erótico-festivas: Rapaza se vas arar a aquela leira do souto, prestareiche o meu arado a mailos bois por un pouco * Quen quixese ter amores téñaos cun home casado: sabe gobernar a vida e mais temperar o arado. * Rapaza se vas arar, prestareiche o meu arado; tenche gueifas e penedos, estache moi aparellado * Esta noite fun labrar e rompeum o aradoiro; fuxeume a muller da cama e fun atrás dela en coiro. Eis também a intimidade entre o capitalismo e o patriarcado. Eis que as mulheres só conduzam o tractor nas casas que nom tenhem homens Estudos de cosmovisons concretas, como o que fijo J. Rodríguez Campos nos Ancares, descobrem densas inter-relaçons entre a terra, a mulher e os seus cuidades: entre fevereiro e março a terra ancaresa está grávida, por isso nom se rega. Nela nascem os cucharos (cágados) e está cheia de limo, moco como o vaginal da purga da vaca. Di-se que está grávida porque a fecundou o sangue, a água que baixa da montanha. Às fontes que recebem essa água pura da montanha iam as mulheres que tinham dificuldades para emprenhar. Todo o ciclo agrário regia-se polo princípio feminino da Lua, que regulava o sangue da terra e o das mulheres. Mas se a terra de antes da mecanizaçom era umha mulher, a mulher nom poucas vezes era apresentada como terra. De todos os exemplos possíveis, quiçá nengum tam formoso como esta descriçom de Otero Pedraio no Entre a vendima e a castañeira: "… o seu amor e casamento foi con moza de fazulas e ollares como rexidos polas sazóns dos terreos: na boca recolleita cores de mañá e satisfeito ollar de luz de cabaceiro ben acugulado. A invernía e as raxeiras debruzábanse sobre dela como derriba da terra das searas. E no amor era obediente ó luar como os zumes vexetais. Só coa idea de saber ó seu home camiño da feira, tremía como se lle vira nas zocas as raíces ó aire e se lle foran enxoitar. Ela, escascando milho ou enfiando cebolas, íase sumindo e facendo ela tamén froito. O da Canella, ó apertala contra si experimentando a ledicia de abranguer o seu ben e ensoño feito amor e mulher, din que lle falaba: -¡Miña nabeiriña! ¡Miña terriña lenturenta!" Eis também a intimidade entre o capitalismo e o patriarcado. Eis que as mulheres só conduzam o tractor nas casas que nom tenhem homens. Na Terra Ancha, 12 de outubro de 2014 |
NOS_58176 | A xustiza española impuxo ao xornal vasco a débeda de Egin coa Seguridade Social, unha lousa de tres millóns de euros que ameazou a viabilidade do diario. | O diario Gara saldou a débeda de Egin coa Seguridade Social española, o último remanente da persecución política do Estado durante o século XX contra a esquerda abertzale. O director, Iñaki Soto, explicou que grazas ao apoio de miles de persoas, e sen ningún tipo de apoio institucional, saldáronse os tres millóns de euros que ameazaban a viabilidade do xornal. A xustiza española avalou a débeda de Egin no xornal, que foi pechado ilegalmente en 1998 polo xuíz Baltasar Garzón. Cun argumento de dubidosa legalidade, "a sucesión ideolóxica das empresas", os tribunais reclamaron reiteradamente eses cartos a Gara (creado en 1999). Para pagar a débeda, Gara realizou todo tipo de eventos, como un festival no Donosti Arena (2019) e unha poderosa campaña de subscrición, que serviu para conseguir máis de 10.000 novos subscritores "Pagar a débeda é desfacerse dunha lousa que leva vinte anos ameazando con esmagar este medio. Rematar esta fase dunha vez por todas supón superar a ameaza de peche do xornal por razóns políticas, no País Vasco, en Europa, 2021. […] Pero isto non alivia o sentimento de impotencia por esta inxustiza. Tampouco aclara os riscos dun medio como o noso", escribe Iñaki Soto. "Cunha crise estrutural no sector da prensa e no medio dunha pandemia mundial, entregar tres millóns en dous anos implica un ataque. Desta loita sae un grupo humano e un medio de comunicación vivo, pero gravemente ferido e castigado. Só se pode imaxinar o alivio e a impotencia de entregar o último prazo deste espolio. Se hai, de cousas que se poden facer con medio millón de euros, entón medio millón máis e máis ... E así ata tres millóns en dous anos. Unha salvaxada ", di Soto. Para pagar a débeda, Gara realizou todo tipo de eventos, como un festival no Donosti Arena (2019) e unha poderosa campaña de subscrición, que serviu para conseguir máis de 10.000 novos subscritores. E todo sen recibir o apoio de ningunha institución pública do País Vasco, para este xornal, que conta con 120 traballadoras e traballadores directos e 200 indirectos. "Fomos castigados indecentemente e inxustamente", conclúe Soto. |
NOS_35285 | Convocada en Compostela pola plataforma 'Por un monte galego con futuro', que integra máis dunha vintena de organizacións, colectivos e entidades. Demanda outro modelo forestal para Galiza, que aposte na multifuncionalidade do monte e contra a eucaliptización, que defenda a sustentabilidade e teña en conta a realidade da emerxencia climática. | O domingo 20 de outubro Compostela acollerá unha manifestación nacional que demandará un outro modelo forestal para o monte galego. Convocada pola plataforma 'Por un monte galego con futuro', a mobilización partirá ás 12:00 da Alameda para reclamar a "defensa" dunha xestión do monte "acorde coa actual emerxencia climática, o quencemento global e a perda de biodiversidade", en palabras de Paulo carril, secretario xeral da CIG, unha das organizacións que fai parte da Plataforma. Segundo explicou Belén Rodríguez, de Adega, a mobilización tamén vai reclamar a anulación da actual proposta de revisión do Plan Forestal de Galiza e a elaboración dun novo documento que parta de información actualizada sobre a situación do monte galego, contando cunha participación equilibrada de todos os axentes sociais e que siga, como principios reitores, "a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de uso, o fomento do arborado autóctono e unha moratoria do eucalipto, o mantemento dos servizos ecosistémicos, a non privatización dos montes veciñais, e a creación de emprego e a sustentabilidade económica e social". Lembra a Plataforma que 94% do noso territorio é superficie rural e "hoxe está baixo un risco potencial, visto cal é o deseño que para o monte galego ten o PP ou o goberno español do PSOE a través do Ministerio de Transición Enerxética". Unha visión, incide Carril, de "gran eucaliptal". A Plataforma cuestiona tanto a Estratexia Galega contra o Cambio Climático como o Plan Forestal que tramita a Xunta, por etender que non son acaídos. A plataforma constitúena: Amarelante S. Coop. Galega, Amigos da Terra, A Rente do Chan-PLADEVER, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Amigos e Amigas dos Bosques "O Ouriol do Anllóns", Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Frouma, Asociación Montes da Galiza – Montegal, Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Colectivo Agrocuir da Ulloa, Confederación Intersindical Galega (CIG), Comando Ghichas do Valmiñor, Federación Rural Galega (FRUGA), KunterbuntDesign, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego (SLG), Verdegaia. |
NOS_17378 | Considera que debe de estar "en pé de igualdade" con outras forzas que conseguiron representación no Congreso. | En plena polémica pola fórmula de debates electorais no Estado español, Luís Villares reivindicou en Vigo o dereito de En Marea a "poder participar nos debates en pé de igualdade con outras forzas políticas que tamén tiveron representación parlamentaria". O portavoz de En Marea engadiu que "non nos sentimos representados en ningunha das opcións que propuxo Pedro Sánchez", en referencia ás fórmulas de debate que se barallan para estes días nas televisión españolas. O portavoz de En Marea defende que esta candidatura é a única forza política "que fará que o PSOE emprenda políticas progresistas, de esquerdas e que miren a Galiza", engadindo que na última lexislatura "cando o PSOE non contou con En Marea os orzamentos foron lesivos para Galiza". Luís Villares e a candidata ao Congreso por Pontevedra, Iris Malvido, mantiveron en Vigo un encontro con pensionistas. Na xuntanza, a delegación de En Marea fixo un compromiso explícito de rebaixar a idade de xubilación aos 65 anos e eliminar os copagamentos farmacéuticos. Tamén demandou igualar as pensións ao salario mínimo e elevar este último ata os mil euros. |
PRAZA_12037 | Na súa tese de doutoramento, lida o pasado venes na Facultade de Xornalismo da USC, Denís Fernández Méndez afonda na historia do xornal progresista e galeguista, un proxecto que durou once meses entre 1988 e 1989. | O primeiro número do Diario de Galicia apareceu o 12 de marzo de 1988, completando un proxecto que fora tomando forma ao longo da década dos oitenta e que nacía cos apoios do sector galeguista do PSOE e dalgunhas persoas próximas a Esquerda Galega. Nacía nun Vigo e nunha Galicia emerxente e en transformación, cun extraordinario equipo de profesionais e un deseño innovador, obra de Pepe Barro, seguindo o ronsel do USA Today e doutras cabeceiras na onda dos novos xornais postelevisivos. Chegou a vender nove mil exemplares diarios. Pero nacía tamén con problemas internos, económicos e de coordinación, estruturas de impresión e distribución non adaptadas á dimensión do proxecto, e con certos apoios políticos e económicos (eran os anos do tripartito), pero que foron suficientes. Xa antes de nacer o seu director, Segundo Mariño, foi substituído por Xosé Antón Gaciño, que seis meses despois deu paso a Antonio Ojea. Camilo Pardo, catedrático de Economía, era o presidente do Consello de Administración. Denís Fernández Méndez analiza na súa tese de doutoramento, que recibiu un sobresaliente cum laude, a xestión xornalística e económica, o discurso e os motivos do peche do Diario de Galicia, unha experiencia de prensa diaria galeguista e de esquerdas no final dos anos oitenta que durou once meses. Como nace o proxecto? A finais dos setenta un grupo de xornalistas da asociación da prensa de Vigo comezan a idear o proxecto, como Antonio Ojea ou Segundo Mariño, e outros que despois se deron de baixa do asunto. Xa nos oitenta incorpórase un grupo de persoas ligadas ao PSOE de Vigo, da súa ala galeguista, como Miguel Barros, pero tamén a Esquerda Galega, coa idea de facer un diario progresista para facerlle a competencia ao Faro de Vigo, conservador. E finalmente entra un grupo de xornalistas da Coruña, como Manuel Rivas ou Xosé Antón Gaciño, que procedían do Ideal e que estiveran na revista Mancomún, Santi Romero, Suso Iglesias..., e que son, digamos, os cadros intermedios do xornal. E finalmente aparecen os socios capitalistas, que eran un grupo de editores e impresores. Ten problemas antes da mesma saída? Si, cando o proxecto se pon en marcha hai problemas internos entre a empresa e a redacción e un grupo de xornalistas dá un golpe de man e conseguen destituír ao director, Mariño, quedando Gaciño como responsable no nacemento do xornal, até setembro, en que é substituído por Antonio Ojea. O resultado, formalmente é bo, pero o xornal non é quen de vender o suficiente e os problemas económicos xorden moi rápido, pasando bastante tempo sen cobrar os xornalistas. O xornal xorde nese momento porque a Galicia dos oitenta era unha sociedade bastante dinámica, con moito movemento institucional, moitos partidos e numerosos cambios En que medida se ve influído polo contexto político, económico e social no que xorde? Ese xornal só podía saír desa forma nos anos oitenta, do mesmo xeito que o Xornal só podía saír durante o bipartito. O Diario sae o 12 de marzo de 1988 cando xa gobernaba o tripartito de PSOE, CG e PNG. O xornal xorde nese momento porque a Galicia dos oitenta era unha sociedade bastante dinámica, con moito movemento institucional, moitos partidos e numerosos cambios. Economicamente Galicia vive unha etapa de crecemento, despois da reconversión de comezos dos oitenta. Hai cambios tamén na estrutura de prensa, pois entra o Grupo Moll no Faro de Vigo, xorde o Atlántico Diario, era unha etapa de moito movemento antes da chegada de Fraga. O Diario era un xornal para toda Galicia editado en Vigo, o mesmo que o Xornal era un diario para toda Galicia editado na Coruña. Pode intepretarse isto como un erro? O Xornal naceu na Coruña e se cadra iso foi un erro. O Diario de Galicia faise en Vigo porque o proxecto xurdira no sur, e tiña un certo apoio institucional e económico na cidade. Pero era un xornal pensado para toda Galicia, e por iso tiña unha redacción forte en Santiago, outra na Coruña, e correspodentes nas outras catro cidades. Optaron por non facer información local porque consideraban que iso xa estaba cuberto por Voz, Faro e o resto de xornais locais, e apostaron por facer un xornal nacional. A sección que abría o Diario era 'Galicia', o que contrastaba moito co seu gran rival, que era o Faro. No mellor momento chegou a vender nove mil exemplares. Non era pouco, pero non foi suficiente Con todo, o Diario era un bo produto xornalítico, tanto nos seus contidos como a nivel estético... No mellor momento chegou a vender nove mil exemplares. Non era pouco, pero non foi suficiente. E en canto ao deseño, conta Pepe Barro, que cando chegaron os empresarios, fixérono co USA Today debaixo do brazo, que fascinaba nese momento no mundo da comunicación. Como era o uso que facía do galego? Ao redor do vinte ou do trinta por cento do xornal estaba en galego, non nas portadas, pero destacaba que todos os editoriais estaban escritos en galego, o mesmo que moita información económica deportiva ou política. Tiveron tamén moitos problemas coa distribución e coa rotativa Na túa análise, cales son os motivos do peche do diario? O departamento comercial era bastante pobre, non foron quen de conseguir moita publicidade. Houbo tamén erros de xestión e planificación, como o feito de contratar demasiada xente demasiados meses antes da saída do xornal. E tiveron tamén moitos problemas coa distribución e coa rotativa. A rotativa era boa, pero estaba pensada para revistas e non para xornais; só podía imprimir 16 páxinas á vez, polo que nunca se remataba a tempo. Ademais, parece que na redacción non había suficiente disciplina, o que tamén alongaba as horas do peche. Iso facía que ás veces chegase aos quioscos a media mañá ou ao final do mañá, polo que a xente optaba por mercar outros. Faltou apoio institucional? O tripartito deulle moito apoio ao xornal a través da publicidade, sobre todo a través das concellarías do PNG, Pesca e Presidencia. Tamén Laxe tentou facer algunha xestión para salvar o Diario. Outras das persoas que entrevistei queixáronse de que en realidade o tripartito a quen beneficiou foi a La Voz e ao resto de cabeceiras consolidadas, pero o apoio foi importante e seguramente a clave do peche estivo nos erros internos de xestión. Esa análise pódese estender aos outros proxectos de xornal galeguista e de esquerdas que existiron en Galicia nos últimos trinta anos, algúns efectivamente publicados e outros que nin sequera chegaron a ver a luz? O problema do Diario de Galicia está en que foi seguramente un proxecto demasiado grande, demasiado ambicioso para o público que nese momento había para el. Había un público obxectivo, pero non tanto como para soster un xornal desa dimensión. O problema é que ese público galeguista e de esquerdas é moi crítico e se non está conforme ao 100% cun proxecto, deixa de seguilo; ademais, ese espazo xa está ocupado por El País. No caso do Diario e nos proxectos semellantes que foron pechando, con todo, parece que en todos ou case todos houbo erros de proxecto ou de xestión, que foron máis importantes que as cuestións ideolóxicas. |
PRAZA_5226 | O Mundo é demasiado grande e complexo para ser gobernado por un Imperio, por moi poderoso que sexa. Xa pasou antes. | Dende a xa distante segunda metade do século XX —coas figuras emblemáticas de Fidel, o Che, Allende, ou o significado da derrota norteamericana no Vietnam e as loitas de liberación nacional africanas— non se tiñan producido avances significativos das forzas progresistas no mundo. Máis ben ao contrario. A desaparición da Unión Soviética, adecuado contrapeso para o equilibrio mundial ata finais dos oitenta, fixo que o Capital Financeiro cantase vitoria. Púxose de moda a Fin da Historia e o Pensamento Único onde a Democracia Liberal era o único sistema posíbel. As ideoloxías xa non eran necesarias, as guerras xa non tiñan sentido e unha Nova Orde baseada na Paz estaba esperando á Humanidade. Fermosas palabras que levaría o vento coa pronta intervención occidental en Iugoslavia e a repartición dos Balcáns —daquela a imposición a Serbia da autodeterminación de Kosovo non foi ningún problema— entre as voraces transnacionais, ademais de asegurar o control do narcotráfico mundial procedente de Afganistán. Occidente tampouco tivo ningún empacho en limpar o traseiro cos papeis mollados dos acordos con Gorvachov que "prometían" que a OTAN non avanzaría cara o leste. Dende a xa distante segunda metade do século XX —coas figuras de Fidel, o Che, Allende, ou o significado da derrota norteamericana no Vietnam e as loitas de liberación nacional africanas— non se tiñan producido avances significativos das forzas progresistas no mundo A crúa realidade era que pintaban bastos para a periferia do Sistema —colonias, países non aliñados e o mundo emerxente— e, naquela altura, o Imperio Americano logrou o estancamento, cando non a derrota, de moitos dos numerosos movementos progresistas que había no mundo mediante a intervención militar e o suborno, ademais do afogamento económico e financeiro de países rebeldes. Mais algúns resistiron. Neste contexto de exaltación capitalista comezaron os ataques —no propio centro do Sistema e na periferia próxima— contra as vellas conquistas dos traballadores que dende o s.XIX foron arrincando parcelas de poder ás clases dominantes e logrando unha maior distribución da riqueza e instalando o pensamento de "Estado do Benestar" dándolle dignidade e traballo a millóns de persoas en todo o mundo. Todo o conseguido ata a década dos noventa foise desmontando, coa chegada do novo milenio e a Globalización, acelerándose na época presente coma nunca se tiña producido despois da II Guerra Mundial. Todo o conseguido ata a década dos noventa foise desmontando, coa chegada do novo milenio e a Globalización, acelerándose na época presente coma nunca se tiña producido despois da II Guerra Mundial Ninguén ousaba meterse con Estados Unidos. China estaba demasiado enfrascada no seu desenvolvemento económico, Rusia dividida e desfeita economicamente e moitos outros países resituándose de acordo cos seus intereses para non incomodar ao Imperio. No Consello de Seguridade da ONU só exercía o veto USA, algúns —Rusia e China— como moito abstíñanse e na OEA facíase o que mandaba o poderoso veciño do Norte. Todo iso ía en correlación coa Fin da Historia e a supremacía do Imperio de Occidente. O Tío Sam estaba exultante. O Mundo é demasiado grande e complexo para ser gobernado por un Imperio, por moi poderoso que sexa. Xa pasou antes Mais o Mundo é demasiado grande e complexo para ser gobernado por un Imperio, por moi poderoso que sexa. Xa pasou antes. Nos últimos dez anos en América Latina logrouse construír un consenso baseado na soberanía e na independencia nacional coma nunca se tiña producido antes. Baixo o liderado de Hugo Chávez e Fidel púxose en marcha a ALBA en 2004. En 2008 iníciase o proceso para a constitución de UNASUR culminado en 2011. O ideario destas organizacións baséase na participación cidadá e a integración latinoamericana utilizando as políticas sociais e o diálogo político fronte ao intervencionismo. Alguén se acorda da soidade cubana fronte á permanente hostilidade do Norte? Non está aínda tan distante, sen embargo, a principios do mes de marzo deste ano logrouse algo insólito: que a OEA apoiase ao goberno bolivariano de Venezuela fronte ao golpismo da dereita deixando en minoría a Estados Unidos e Canadá que só tiveron o voto de Panamá. Os ianquis tiveron que escoitar por vez primeira nese organismo —que case sempre fixo o que eles lle mandaron— que a OEA amosase "a solidariedade e apoio ás institucións democráticas … da República Bolivariana de Venezuela e … o respecto ao principio de non intervención nos asuntos internos dos Estados". Algo insólito na historia desta institución e que aínda lle debe estar proendo a Obama. Na outra parte do mundo ocorre algo parecido. Rusia, á que se tivo que escoitar e facerlle caso no conflito sirio, volveu facer unha xogada mestra no caso ucraíno Na outra parte do mundo ocorre algo parecido. Rusia, á que se tivo que escoitar e facerlle caso no conflito sirio, volveu facer unha xogada mestra no caso ucraíno. Despois de comprobar como se facía táboa rasa do acordo entre os líderes do Maidán e o goberno lexítimo de Ucraína e se producía o asalto dos nazis ao poder co beneplácito de Estados Unidos e a UE decidiu actuar. A decisión rusa de amparar o dereito de autodeterminación de Crimea —antiga república autónoma de Rusia na época soviética cedida a Ucraína por Kruchev— foi a xusta resposta ao expansionismo da OTAN —sen disparar un tiro— e logrando un apoio esmagador no referendo de independencia. Quixeron poñer de xeonllos a Rusia e o que se encontrou o mundo foi o rexurdimento dunha nova Potencia con apoios de India, China, Irán ou mesmo Arxentina e a división da UE —disimulada cunhas sancións ridículas— cada vez máis impotente e confundida co seu seguidismo americano. O camiño a un mundo multipolar xa é imparábel e pode ser posíbel que a curto prazo o dólar e o euro lles saia un poderoso competidor —coma o yuan chino ou unha nova moeda de intercambio internacional apoiada polos países emerxentes É certo que nos bloques emerxentes non hai un denominador común en políticas económicas e sociais, mais si que existe na defensa contra o intervencionismo imperialista e a soberanía nacional. O camiño a un mundo multipolar xa é imparábel e pode ser posíbel que a curto prazo o dólar e o euro lles saia un poderoso competidor —coma o yuan chino ou unha nova moeda de intercambio internacional apoiada polos países emerxentes— que estaría en condicións de disputarlle a supremacía ás divisas occidentais o que podería levar a un cambio radical da morfoloxía económica e política do mundo actual a medio prazo. Por outra parte, moitos países dependentes verán que hai outras posibilidades que manterse baixo a éxida americana. Ademais, os eslavos europeos —significativos, diversos e pouco pro occidentais— están mirando a Rusia e iso pode facer variar moitas cousas. Se o de Siria foi un síntoma o de Crimea é a confirmación da existencia dun novo paradigma internacional en rápida evolución. Haberá golpes de efecto, ameazas e fogos de artificio, pero a nova orde é imparábel. |
NOS_50315 | Á lista de casos de violencia policial e racismo que se viven nos EUA sumouse a semana pasada a morte en Minneapolis dun cidadán negro baixo custodia policial logo de que un dos axentes mantivese o xeonllo sobre o pescozo del durante case nove minutos. A carraxe nestes sete días foi en aumento nas rúas e estendeuse por todo o país. | Onte viviuse nos Estados Unidos unha nova xornada de protestas pola morte hai unha semana do cidadán negro George Floyd a mans dun policía branco en Minneapolis (Minnesota). Protestas que se converteron en fortes enfrontamentos coa policía e en disturbios, incluídos saqueos de tendas e o uso excesivo da forza por parte dos axentes. Floyd morreu despois de ser arrestado pola Policía. O vídeo onde se pode ver un axente branco axeonllado durante varios minutos sobre o pescozo deste home de 46 anos, detido por unha suposta falsificación, fixo estalar as protestas. Na gravación Floyd trata de pedir axuda e berra en repetidas ocasións que non pode respirar, "I can't breathe", unha frase que se converteu en lema das protestas. Este é o último episodio dunha longa lista de incidentes que poñen de manifesto a tensión racial que persiste nos Estados Unidos, especialmente coa minoría negra, que supón case 40 millóns de habitantes (arredor de 12% da poboación do país). Non obstante, segundo unha recente investigación publicada na revista científica PNAS (Proceedings of the National Academy of Sciences), os homes negros teñen 2,5 veces máis posibilidades de morreren a mans da policía que os homes brancos non hispanos. Casos recorrentes Cada vez que un home negro é atacado ou morre a mans da Policía, volven á memoria do país os nomes de Eric Garner, Michael Brown, Tamir Rice, Walter Scott, Freddie Gray, Corey Jones, Alton Sterling ou Philando Castile. O caso máis significativo é o de Rodney King. En 1992, a cidade de Los Angeles viviu tres días de violencia, incendios e saqueos en que morreron 53 persoas e houbo centos de feridos. A causa foi a sentenza absolutoria dos catro axentes de policía que propinaron unha brutal malleira a King, un taxista, tras unha persecución mentres se encontraba en liberdade condicional. O incidente foi gravado por un vídeo afeccionado, nun tempo en que non había a tecnoloxía móbil actual, e deu a volta ao mundo. King sufriu numerosas fracturas, mais no seu caso, sobreviviu. O xurado, composto por dez brancos, un asiático e un hispano, absolveu os catro oficiais do cargo de asalto e desatou as protestas e a violencia extrema nas rúas da cidade. Outro dos casos que máis impacto causou nos últimos anos nos Estados Unidos por discriminación racial deuse en 1989, cando cinco adolescentes (catro negros e un latino), que nese momento tiñan entre 14 e 16 anos, foron sentenciados a prisión tras ser acusados de violar e golpear a unha muller en Central Park, na cidade de Nova York. Os rapaces foron encarcerados malia unha serie de graves irregularidades durante o proceso policial e xudicial. En 2002, cando algúns aínda permanecían na cadea, un home confesou ser o verdadeiro agresor e ficaron absoltos. Trump, refuxiado Na noite de onte, horario local, volvéronse repetir os disturbios nas principais cidades do país. En Washington, Filadelfia e Nova York volveu haber enfrontamentos coa policía malia que nas dúas primeiras cidades estaba decretado o toque de queda. Rexistráronse incendios, lanzamento de gases lacrimóxenos, estragos en edificios e ducias de detencións. Máis de 40 cidades impuxeron toques de queda. Atlantic City e Nova Jersey estendérono a toda esta semana, mentres que Cleveland e Ohio fixérono até hoxe. A Garda Nacional, un corpo de reservistas, despregouse en 15 Estados e na capital do país, Washington DC. Ademais, Donald Trump ─que se refuxiou no bunker da Casa Branca durante as protestas─ anuncio por Twitter o domingo que ten a intención de designar como organización terrorista o movemento antifascista Antifa, a quen acusa de liderar a violencia nas protestas. Na vindeira segunda feira, 8 de xuño, Derek Chauvin, o ex axente da Policía que mantivo o seu xeonllo sobre o pescozo de George Floyd durante oito minutos e 46 segundos, comparecerá diante do xulgado. Chauvin está acusado de asasinato en terceiro grao (un tipo de delito específico da lexislación de Minnesota que fai referencia a mortes "sen intención" por "actos eminentemente perigosos") e de homicidio imprudente en segundo grao. Protestas no Canadá e en Europa O grito de "Non podo respirar" púidose escoitar durante as últimas horas alén das fronteiras dos EUA. Por exemplo, en Londres, na fin de semana houbo dúas xornadas de manifestacións consecutivas contra a brutalidade e o racismo policiais. Tamén en Dinamarca ou Alemaña rexistráronse protestas. En Berlín, ducias de persoas reuníronse fronte á embaixada estadounidense e varios xogadores da liga alemá de fútbol mostraron camisetas en lembranza de George Floyd. En Toronto, Canadá, foron miles os cidadáns que saíron á rúa empuxados polas protestas no país veciño. Ademais de denunciar a morte de Floyd, tamén lembraron o falecemento de Regis Korchinski-Paquet, unha muller negra que faleceu ao caer desde o balcón da casa dela mentres estaba soa coa Policía. |
NOS_26042 | En 2019 púñase en marcha o micromecenado que levou á autoedición de 'Madialeva', relatos ilustrados nos que se lles dá voz ás mulleres do rural e que pon en imaxes historias que só viviran na oralidade. Reeditada por Aira, a obra non deixa de espertar boa receptividade e segue a romper os tabús do feminino. | Autoedición, reedición e ultimamente reimpresión de 'Madialeva', o éxito parece evidente. A acollida foi boa pero eu tiña moito, moito, moito medo. Aínda que sexa en modo cómico, calquera obra de ficción está baseada moitas veces no feito de coller cachos de realidade, trituralos e recompolos como se dun Frankstein se tratase, mais tamén hai anacos de realidade e tiña medo de que puidesen velos e malinterpretar algo... Tiven moito medo, foi o que máis temín pero non foi así. Si houbo alguén que dixo: "Tal cousa conteicha un día pero non era para contala", aínda que rapidamente se lle facía ver que era respecto a outra cousa, que era a idea o que quedara. Despreocupeinas e realmente quedaron contentas, sentíronse orgullosas e recoñecidas. Hai máis invisibilidade e necesidade de recoñecemento do que eu pensaba, porque mesmo o din con orgullo. E iso non o esperaba. A obra reflicte esas conversas que se dan entre mulleres na aira, na lareira. É ese o sitio privilexiado da conversa feminina? Onde se pode romper o tabú? As conversas cando están mediatizadas por eles cambian, porque elas adoptan un rol máis submiso, quizais, e fálase máis do tema que parece que lle importa máis ao home ou polo menos iso é o que parece, a conversa é máis superficial e tipicamente máis política pero elas teñen outra forma de ver as cousas, e o que a priori pode parecer que é lercheo, que tamén, por detrás del hai unha profundidade na entrada de determinados temas que moitas veces non fan se están eles. Elas alí relaxan e deixan que se fale con máis profundidade dalgunhas cuestinos, e eu noteino. Como foi o proceso, primeiro a conversa e logo elaborouse a ficción, foi a memoria...? Foron todos os temas conversados aínda que a historia final que eu debuxo e conto en Madialeva non fora exactamente esa, e foron temas que, se houbese homes, non se falarían por tabú ou porque eles son, en xeral, máis superficiais neses asuntos e elas si os falaban, aínda que non fose exactamente así. Eu tomaba notas porque había cousas que me chamaban a atención e había outras que xa escoitara moitas veces, sobre todo as que tiñan que ver coa política. Hai moito ficcionado pero tamén moito feito así para reproducir o carácter do que hai detrás. Nas ocasións nas que "minto", fágoo para contar máis verdade, porque elas son e representan a un grupo de mulleres con criterio, con moita forza e que, normalmente, censúranse ou limítanse porque cren que non teñen dereito a ocupar o mesmo espazo conversacional. Cando o que conto non é "verdade" fágoo para achegar mellor a verdade delas. E falando de verdades, vostede revela dúas, propias, no prólogo da obra ao referirse á endometriose, doenza da que se vén de conmemorar o día, e á esterilidade feminina. Hai aí un tabú? Hai tabú. A endometriose é unha enfermidade que como mínimo afecta a 12% de mulleres, unha porcentaxe que pode estar en 14%. Son moitas mulleres que están a padecer e non se fala delas nin hai unidades para atendernos. É até tal punto un tabú que vas ao Hospital Clínico en Compostela e explícanche que non se crea a unidade porque esa enfermidade non existe senón que é "unha histeria" das mulleres, e iso dicho un xefe de Xinecoloxía. Cando sae este tema, se hai homes presentes, percíbese unha mirada de "non me aborrezas coas túas ovariadas" e as mulleres tamén están incómodas porque todas temos o conflito de decidir ser nais ou non, cando... E ao final o tema non se pode falar explicitamente sen que sexa un pudor. Un día ocorreu, estando coa miña nai, que alguén me preguntou se non ía ter meniños e, cunha tranquilidade absoluta, díxenlle que non os ía ter porque son estéril. A persoa quedou muda e a miña nai pensou que o meu comportamento se podía considerar maleducado. Non se decataba de que o maleducado era a intromisión e que eu sexa sincera con respecto á miña enfermidade é un dereito que teño que ter... Estou farta de que sexa de mala educación contestar e non o sexa preguntar con descaro. Cales son os novos proxectos? Quería pórme a debuxar en maio, aínda non teño o guión rematado... Aprendín que isto é moi difícil, unha disciplina moi dura, case como facer unha película pero sen contar coa complicidade do actor. É feminina, unha reflexión sobre o momento no que parece que a sociedade che está a recordar que debes abandonar a xuventude, ti non queres pero tamén o corpo se che revela. Quero xogar coa xuventude, coa incomunicación e coa sociedade global tan idiota nalgunhas cousas... Trasladar a oralidade ás imaxes de ficción O día de Reis de 2020 Madialeva chegaba ao lugar do que saíu, Friol. Na escola, na que decorren boa parte das historias, levouse a cabo a presentación, diante da mestra "boa" das protagonistas, lucindo os seus 95 anos. Conta a autora que o seu maior temor era, precisamente, o recibimento da obra por parte das súas protagonistas. "Tiven moito medo a que se me malinterpretase, foi o que máis temín mais non foi así". "A miña nai é terribelmente literal, e aínda que non recreo ningunha cousa tal cal foi, como me contaron, ela tiña medo de que a interpretación de algo que me contara puidese facer dano a terceiros". Mais quiteilles ese temor, despreocupeinas e quedaron moi orgullosas, buscábanse e comentaban, mesmo, que tal cousa ou tal outra aínda puidera ser peor do que elas me contaron e de como eu o reproducín", lembra Ana Moreiras. |
NOS_25040 | Desde Galiza denuncian "irregularidades" nas eleccións | O presidente da Federación Galega de Piragüismo, o ex deportista olímpico José Alfredo Bea, denunciou que se cometeron ilegalidades "flagrantes" e "graves irregularidades" no proceso electoral para a elección de presidente á Real Federación Española (RFEP). José Alfredo Bea indicou nun comunicado que "non é certo" que a RFEP elaborase un calendario electoral adaptado á situación actual motivada polos confinamentos e a pandemia da Covid-19, tal e como afirmaron desde Madrid, xa que o calendario se elaborou "antes de coñecerse" tal posibilidade, e apuntou que "non é honesto usar a crise sanitaria como coartada". "Para constatar o atraso do proceso electoral abonda con comparalo co de 2016. Aquel ano comezou a prepararse o 22 de febreiro e este o 29 de xuño, é dicir, con máis de catro meses de atraso. Non é escusa a pandemia, xa que a obrigación de convocar eleccións era coñecida con anterioridade á crise sanitaria", sinala o presidente da Federación Galega de Piragüismo. Bea engade que "o 21 de xullo enviouse ao Consello Superior de Deportes (CSD) o Regulamento electoral e o calendario que prevía a convocatoria o 23 de setembro, unha proposta condenada ao fracaso, porque o CSD dispón dun prazo de tres meses para resolver, e mentres non o faga non pode iniciarse o proceso. Así pois, ao enviar o 21 de xullo un calendario que se iniciaría o 23 de setembro, a RFEP sabía que, con gran probabilidade, non podería cumprirse". A resposta do CSD co informe do Tribunal Arbitral do Deporte (TAD) chegou á RFEP o 5 de outubro, mais "a pesar de tratarse dun asunto da máxima urxencia, até o día 16 non se informou á Comisión Delegada, órgano encargado de aprobar o calendario". "Perdéronse outros dez días, non se sabe se por desidia ou por dolo. Iso si, á Comisión Delegada esixíuselle pronunciarse nun prazo de tres días que coincidía en fin de semana", lembrou. O presidente da Federación Galega subliñou que a Orde Ministerial que regula os procesos electorais das federacións deportivas contempla adaptar a normativa para afrontar "situacións excepcionais" se así o solicitan, pero "a RFEP non o fixo, como tampouco pediu que se acurten os prazos que permite a Orde. Así pois, non existe a vontade que se alega de adaptar o proceso á situación actual", destacou José Bea. "Opacidade" e "falta de transparencia" O ex padexeiro, cuarto nos Xogos de Sydney 2000 e subcampión do mundo en 2001, acusou os dirixentes da RFEP de actuar "con opacidade" e de "falta de transparencia" para limitar a capacidade de manobra dos membros da Comisión Delegada. "Ocultaron unha comunicación do CSD formulando obxeccións á proposta; levaron a cabo as reunións por correo electrónico, rexeitando a petición de videoconferencia; e presentaron os acordos xa redactados para que os membros se limitasen a votar si ou non, entre outras cousas", criticou. Ademais, denunciou que a RFEP non accedeu a fomentar a participación nas eleccións coa instalación de mesas electorais nas federacións autonómicas, e cualificou como "moi grave" a súa pretensión de levar a cabo os comicios cos censos de 2020 "porque estaría a incorrer nunha flagrante ilegalidade". Bea laiouse, tamén, de que puxeron en coñecemento do CSD e do TAD estes feitos, pero que non recibiron resposta ningunha. |
NOS_37271 | O cadro de persoal dos centros de día que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar tamén acusa a Xunta de aprobar os plans de actuación o día antes de reabrir e non formar ás substitutas e substitutos | O cadro de persoal dos centros de día pertencentes ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar denunciara hai unhas semanas que a Xunta obrigaba a abrir estas instalacións con falta de medios de protección e limpeza e traballadoras e traballadores substitutos. Nestes últimos días foron recuperando o funcionamento case todos os centros e as operarias lamentan que pasase o que previran. Algúns plans de acción aprobáronse un día antes da reapertura e tiveron que comprar elas o material. Din que non hai voces diverxentes e que todas operarias e operarios dos centros de día públicos da Galiza coinciden en criticar a actuación da Xunta e, concretamente, da Consellería de Política Social da que dependen. Amósanse cansas e enfadadas porque "moitos dos plans de acción" específicos pola Covid-19 se aprobaron polas áreas sanitarias "o día anterior a abrir". Maioría de substitucións"Tampouco atopamos material de hixiene e protección na maioría dos centros e tivemos que conseguilo polos nosos medios", critica o cadro de persoal, que nega a imaxe de normalidade que quixo dar o Goberno de Feixoo. Contan que nos lugares que recibiron envíos da Xunta, estes foron moi "insuficientes e ridículos". Abriuse con gran parte do persoal substituto que non tivo marxe de "coñecer o centro nin os usuarios, nin o plan de acción e prevención da Covid-19". Sempre segundo a súa versión, tampouco se adiantaron as tarefas de mantemento nas instalacións mentres estiveron fechadas ao público. Por iso non poden máis que destacar o labor e a "implicación humana" que tiveron elas nos días previos ás aperturas (que foron algo graduadas) poñendo plans de acción "polos propios medios" ante a tardanza da Consellaría de Política Social. |
NOS_6161 | A institución admitiu a trámite a protesta polo "incumprimento reiterado da lei de medios" por parte da corporación pública. | A plataforma de traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos agrupados baixo a CRTVG, Defende a Galega, vén de facer público que a Valedora do Pobo respondeu a unha queixa que presentaron polo episodio machista que decorreu nun programa do Land Rober, en horas de máxima audiencia. En concreto, a protesta aludía ao "tratamento da violencia machista" nun programa no que unha moza que asistía como público tivo que verse as caras coa súa ex parella. No mes de abril, que foi cando se deu o suceso, o movemento feminista galego tamén censurara a situación pola "violencia á que someteu unha muller ao favorecer que se encontrase cun ex compañeiro baixo a premisa de facer triunfar o amor". Malia que a rapaza insistiu en todo momento en que non tiña previsto volver con el, forzouse a situación de forma prolongada até que a muller explicou como fora a relación. Segundo explica agora Defende a Galega a través das súas redes sociais, a institución trasladou á CRTVG a recomendación de "contratar con empresas que teñan plans de igualdade". Mesmo lle suxeriu buscar distribuidoras de contido que dispoñan desas ferramentas "e/ou distintivos de excelencia na materia". En 15 días Por outra parte, a plataforma amosou a súa satisfacción porque a Valedora do Pobo admitira a trámite a súa queixa "polo incumprimento reiterado da Lei de Medios". Despois de moitas reivindicacións nos 'Venres Negros' e de diversas denuncias polas condicións laborais, agora Defende a Galega acadou o que considera un éxito. A campaña para captar a atención da Valedora foi intensa, pois numerosas empregadas e empregados se prestaron a saír nas redes sociais poñendo cara ao malestar coa compañía. Segundo destacan baixo cancelos como #SenMedoALoitar, despois destes anos de traballo a institución "dálle 15 días á CRTVG para que dea explicacións" por esa irregularidade. |
NOS_3206 | O Bloque demandou no Parlamento Galego apoio económico por parte da Xunta para as seleccións galegas de fútbol gaélico. Para o deputado nacionalista Luís Bará a proxección e o éxito internacional que as equipas galegas teñen, fai que estas actúen como "embaixadoras do noso país" e desexou os mellores resultados para as seleccións nacionais de fútbol gaélico, a feminina e a masculina, que participarán a partir do 28 de xullo nos campionatos mundiais deste deporte. | Co obxectivo de que a Xunta de Galiza apoie as seleccións deportivas galegas o grupo parlamentario do BNG apresentou unha serie de iniciativas encamiñadas a promovelas e a apoiar economicamente a súa participación en competicións internacionais. "Para o BNG as seleccións deportivas galegas son un símbolo da identidade nacional, da cohesión social, da autoestima e da capacidade da Galiza como pobo", afirmou Bará Demandaron tamén desde o Bloque que o goberno galego se implique en dar apoio ás seleccións nacionais masculina e feminina de fútbol gaélico, que están actualmente na elite mundial deste deporte. Ambas as seleccións nacionais, a feminina e a masculina, participarán en Waterford e Dublín nos GAA Word Games, os campionatos do mundo de fútbol gaélico e que se realizarán entre o 28 de xullo e o 1 de agosto. Así pois o Bloque Nacionalista Galego expresou o seu apoio aos combinados nacionais galegos e desexoulles "os mellores éxitos para que sigan sumando logros internacionais". Xa no anterior mundial, o éxito de ambas as dúas ficou patente, facéndose a selección feminina co primeiro posto e a masculina conseguindo o subcampionaro no europeo de fútbol gaélico de 2018 celebrado en Lorient, Bretaña. Bará lamentou que a pesar da "brillante traxectoria internacional das seleccións nacionais de fútbol gaélico, estas non contan co necesario apoio da Xunta" O deputado nacionalista Luís Bará lamentou que a pesar da "brillante traxectoria internacional das seleccións nacionais de fútbol gaélico, estas non contan co necesario apoio institucional do goberno da Xunta", o que as obriga, como explicou "a depender de patrocinios privados, de colaboracións de concellos e dunha campaña de recadación de achegas particulares. "Para o BNG as seleccións deportivas galegas son un símbolo da identidade nacional, da cohesión social, da autoestima e da capacidade da Galiza como pobo", afirmou Bará. A súa proxección e éxito internacional "fai que actúen como embaixadoras do noso país e trasladen ao mundo unha imaxe positiva do que somos e do noso inmenso potencial colectivo", salientou o deputado nacionalista e promotor destas iniciativas no Parlamento Galego. |
NOS_40692 | O pasado 10 de maio Hamas disparaba os primeiros morteiros sobre Xerusalén e outros territorios baixo soberanía israelí. Día sinalado no calendario sionista, a milicia ameazara con o facer ante a convocatoria dun desfile de ultradereitistas até a explanada de Al Aqsa. Aquela "Marcha das Bandeiras" farase na vindeira terza feira. | A pota a presión que estivera varios días ao lume do desaloxo de varias familias palestinas do barrio de Sheikh Jarrah estourou no Día de Xerusalén, data no calendario sionista que conmemora a captura da simbólica cidade en 1967. A celebración incluía a chamada "Marcha das Bandeiras", un desfile convocado pola ultradereita israelí que tiña previsto atravesar a Cidade Vella de Xerusalén até a explanada de Al Aqsa. Ante a previsión de que se producise unha perigosa batalla campal, tras os enfrontamentos no lugar entre fieis musulmáns e forzas de seguridade israelís, a Policía vetaba a última hora a entrada á explanada ─Monte do Templo, para os xudeus─ e, finalmente, os organizadores cancelaban por completo o desfile. Porén, pasadas as 18 horas, as sirenas antiaéreas comezaban a soar: Hamas, tal e como advertira, lanzaba os primeiros foguetes. A entrada días antes de axentes israelís á explanada de Al Aqsa e a esta mesquita ─terceiro lugar santo no Islam─ para reprimir as protestas polo desaloxo de Sheikh Jarrah foi leña ao lume do conflito; a convocatoria e o itinerario da Marcha das Bandeiras, gasolina de cero octanos. O Exército israelí respondeu ao lanzamento de morteiros por parte de Hamas e de Jihad Islámica bombardeando Gaza, causando en 11 días 248 mortes, incluídas as de 66 menores. O enfrontamento provocou, como efecto secundario, o descarrilamento das negociacións en Israel para un Goberno alternativo ao do primeiro ministro en funcións, Benjamin Netanyahu. Acordado un cesamento do fogo, Yair Lapid, líder do centrista Yesh Atid, lograba que o partido ultradereitista Yamina volvese á mesa de negociación. E o 30 de maio anunciábase un principio de acordo para liderar unha grande e heterodoxa coalición de partidos co fin de desbancar a Netanyahu. Domingo, Día D Un Netanyahu que nos últimos días ameazou con volver facer desbaratar ese acordo antes de que sexa votado no Parlamento israelí o vindeiro domingo. "Estamos a ser testemuñas da maior fraude electoral na historia do país; na miña opinión na historia de calquera democracia", afirmaba esta semana na liña do seu fiel aliado, o ex presidente dos EUA Donald Trump. Netanyahu centrou as acusacións na promesa rota por parte do líder de Yamina, Naftali Bennett, que garantira en campaña non ir da man de partidos de esquerda ou árabes. Agora, a poucas horas da votación na Knesset, o Consello Ministerial de Netanyahu deu luz verde a que a "Marcha das Bandeiras", a través da Cidade Vella da ocupada Xerusalén Leste, se poida desenvolver finalmente. Aprobación que levou a Hamas a ameazar coa posibilidade de consecuencias, segundo recolleu a TV árabe Al Jazeera. "O desfile terá lugar na vindeira terza feira nun formato a acordar entre a Policía e os organizadores da marcha", sinalou a oficina de Netanyahu nun comunicado. Activistas palestinos xa preparan unha contramarcha para ese día, segundo informou a TV israelí 12. Representantes políticos pediron á Policía a cancelación do desfile, argumentando que ten un interese político e que levará a máis violencia. Desde Yesh Atid sostiveron que o fin último é evitar o cambio de Goberno, recolleu o diario israelí The Jerusalem Post. Pola súa banda, Khalil Al Hayya, dirixente de Hamas, advertiu a Israel de "non permitir que a marcha se achegue a Xerusalén Leste e á explanada da mesquita de Al Aqsa". "Agardamos que a mensaxe estea clara e que a terza feira non se converta nun 10 de maio", engadiu. O fiscal xeral inhíbese no caso Sheikh Jarrah, suxerindo que non é un tema político e si legal O fiscal xeral de Israel informou ao Tribunal Supremo que non intervirá no caso de Sheikh Jarrah, onde catro familias palestinas neste barrio da ocupada Xerusalén Leste afrontan un inminente desaloxo en favor de organizacións de colonos israelís. As catro familias son parte das 28 que ven a súa permanencia alí ameazada. Avichai Mandelblit ─que conta co apoio do Goberno, segundo o diario israelí Haaretz─ afirmou que se inhibía ao tratarse dun "asunto legal". As familias de Sheikh Jarrah criticaron nun comunicado este argumento: pretende reducir o conflito a "unha disputa inmobiliaria", sosteñen. Pola contra, salientan que o dereito internacional os ampara. Baixo este, a ocupación israelí non ten xurisdición sobre eles. Ademais, o desprazamento de poboación é un crime de guerra, alegan. |
NOS_17388 | As sete candidaturas de 'Liberto' ficaron só con dous premios, os mesmos que levou 'O meu mundo non é deste reino'. Mónica García, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices da Galiza criticou a falta de compromiso da Xunta co sector na crise provocada pola pandemia. | Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. A tradicional gala tivera que ser cancelada por mor da pandemia e foi finalmente substituída por unha entrega a través da rede, retransmitida onte ás 20 horas. Mañá, Nós Diario debullará as chaves dun evento anómalo no que se encarnan as dificultades que atravesa o sector. Dos 16 espectáculos que aspiraban este ano ás 14 categorías, dez foron os escollidos pola organización, a cargo da Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG), co apoio da Xunta, a Deputación da Coruña e a Fundación AISGE. Bernarda (Malasombra) acaparou o maior número de galardóns, ao triunfar nas categorías de espectáculo, actriz secundaria (Celia González), texto orixinal e dirección, ambos os dous para Jose Prieto. Este último partilla o recoñecemento ex aquo con María Peinado, directora de O meu mundo non é deste reino (Teatro da Ramboia), quen tamén levou o galardón á adaptación-tradución. Así, esta obra fíxose con dous premios, os mesmos que Liberto (Rebordelos), que gañou nos apartados de actriz protagonista, para Rocío González, e música orixinal, de Lucía Aldao. Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos (Avento) conseguiu o premio á representación infantil. Pola súa banda, Idiota (Redrum Teatro) acadou o galardón ao mellor actor protagonista para Machi Salgado, mentres o de secundario foi para Josito Porto polo seu papel en MedidaxMedida (Producións Excénctricas e Festival Internacional Outono de Teatro). Neorretranca e posmorriña (Centro Dramático Galego) alzouse co de escenografía, que levou Marta Pazos e O empapelado amarelo (A Quinta do Cuadrante) o de iluminación, a cargo de Laura Iturralde. Despois das ondas (ButacaZero) conseguiu o María Casares de vestiario polo traballo de Carlos Pinilla e Vida de Cans (Talía Teatro) obtivo o de maquillaxe para Martina Cambeiro. Cuestionar os alicerces da normalidade A vicepresidenta da AAAG, Mónica García, encargouse de ler o habitual discurso, no que deitou algunhas reflexións sobre a actual situación: "Hoxe por hoxe, neste aquí e neste agora, estrañamos o que xa non temos: esa normalidade que sempre foi medio e obxecto para nós, as xentes do teatro, para cuestionarnos todo desde a escena". "Estrañamos o que xa non temos: esa normalidade que sempre foi medio e obxecto para nós, as xentes do teatro, para cuestionarnos todo desde a escena", dixo Mónica García Así, destacou que esa continúa a ser "a nosa vocación" e tamén "labor": "Xogar coas fronteiras, forzar os límites, transgredir coas concepcións, revisar os alicerces de todo aquilo que se nos di que é normal". Nas mudanzas, incluíu a do "significado das localidades baleiras [...], a capacidade dos recintos ou a apertura de portas", así como as relacións sobre as táboas e co público. Con todo, García insistiu na necesidade de "facer da cultura unha actividade segura para o público", algo que debe incluír tamén as traballadoras. Nese senso, a vicepresidenta denunciou a resposta da Administración galega ante a actual crise sanitaria, que as deixou "á intemperie" e "empurrounos ao baleiro sen máis rede que un Plan de reactivación que tachamos de insuficiente, de deficitario e mesmo de imprudente". Co foco na distribución, non se previu a aparición de surtos e as múltiplas cancelacións que está a vivir o sector, coas artes vivas como unha das principais afectadas. Flor Maceiras reivindica o teatro como "dereito da cidadanía" A actriz, directora e docente Flor Maceiras recibiu o Premio de Honra Marisa Soto, agradecendo o recoñecemento outorgado. Aproveitou ademais a ocasión para sinalar que "o teatro é un dereito da cidadanía, non un privilexio da xente que o facemos". "Para que a xente poida exercer os seus dereitos, ten que ter acceso e ten que haber unha Administración pública -local, galega, estatal- que se debe implicar no investimento", dixo Flor Maceiras Unha reivindicación coa que fixo fincapé na responsabilidade das institucións: "Para que a xente poida exercer os seus dereitos, ten que ter acceso e ten que haber unha Administración pública -local, galega, estatal- que se debe implicar no investimento". Maceiras quixo lembrar igualmente unha parte fundamental da estrutura teatral: a formación. "Este é un premio non tanto a min e si máis á xente que sempre estivo empeñada na formación teatral na Galiza", concluía a mestra. |
NOS_6786 | O festival organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre comezou onte a súa primeira xornada. | A máis da tradicional oferta cultural e musical ao longo do día, @s máis moz@s, desfrutaron da primeira vaga de concertos con Ataque Escampe, Banda Crebisnky, La Phaze e Zënzar. Até ben entrada a madrugada, milleiros de persoas desfrutaron da música galega e internacional no FestiGal, cun ambiente festeiro que comezaba a conmemorar o Día da Patria Galega. Desta volta, comezaron os galegos Ataque Escampe e a banda Crebinsky, definida polos seus membros coma "unha pequena orquestra popular". Ao son da mestura folk, jazz e rock, os Crebinsky axitaron ao público para daren paso á música máis electrónica dos franceses La Phaze; unha fusión de reggae e electro-rock. O cumio da noite chegou da man dos veteranos Zënzar que fixeron tremer o campus coa súa música. A banda encabezada por Xosé Bocixa, estivo acompañada de artistas galegos procedentes doutros grupos do país coma Ruxe Ruxe. O FestiGal continuará ao longo desta xornada cunha ampla oferta cultural ao longo do día e coas actuacións musicais, a partir das dez e media, dos grupos De outra margem, aCadaCanto, Sés e Terbutalina. |
PRAZA_8594 | Temos de anovar e inovar em transparência e em horizontalidade, demostrando também estes mecanismos serem operativos para oferecerem respostas imediatas aos graves problemas que hoje estamos a sofrer. Em minha opiniom, nom existe volta atrás. A consciência crítica deve ser exercida também nas encruzilhadas que se nos apresentem. Nom faz sentido nenhum a repetiçom do que se criticava a outros | Assumir-se ou nom, a irrupçom de AGE constituiu um verdadeiro terramoto político na Galiza porque mostrou o caminho para desterrar a precária maioria conservadora liderada atualmente por Paula Prado e Núñez Feijóo Nestes momentos, o entendimento da esquerda e do nacionalismo já é umha demanda da maioria social. Assumir-se ou nom, a irrupçom de AGE constituiu um verdadeiro terramoto político na Galiza porque mostrou o caminho para desterrar a precária maioria conservadora liderada atualmente por Paula Prado e Núñez Feijóo. A primeira, colega de aventura política com vários imputados por suposta corrupçom no concelho, hoje encontra-se em liberdade sob fiança. E o segundo, preso pelas fotos que todos pudemos olhar com indignaçom nos passados dias. A direita política está a sofrer um descrédito social crescente: nas suas próprias bases estám a se produzirem casos de afetados pelas preferentes e, por outro lado, também mudou o perfil de gente a se mobilizar para parar os despejos e a protestar em frente das entidades bancárias. Nom conseguiremos desterrar a direita deste país sem essa conversa permanente da esquerda com a sociedade, sem prejuízos e com a cabeça bem aberta Mais que nunca, os espaços de participaçom direta som necessários. O fim do relato da transiçom vem marcado pela demanda cidadá de aprofundar na democracia. Se as organizaçons da esquerda política nom o perceberem ou, se cometerem a imprudência de nom tomarem a sério este problema, correremos o risco de perdermos a oportunidade para sermos ese alto-falante das demandas concretas e de acompanharmos esse processo de empoderamento social. As alternativas programáticas a serem apresentadas devem partir dum diálogo permanente e prolongado com os movimentos sociais e as diferentes associaçons de afetados por produtos financeiros e pelos despejos. Nom conseguiremos desterrar a direita deste país sem essa conversa permanente da esquerda com a sociedade, sem prejuízos e com a cabeça bem aberta. A construçom desde abaixo nom pode ser um reclamo casual mas, ao contrário, tem de ser o instrumento central para garantir a soberania nas decisons de grande interesse político Nom podemos dar passos para trás, nem perdermo-nos em debates inservíveis e estreitos. Nom vamos ter muitas mais oportunidades se agora falharmos. Nestes momentos temos de aprofundar sistematicamente na territorializaçom. A construçom desde abaixo nom pode ser um reclamo casual mas, ao contrário, tem de ser o instrumento central para garantir a soberania nas decisons de grande interesse político, nom apenas a nível local e comarcal, mas, também, aquelas a nível nacional, ou que supuserem a formaçom de listas para datas eleitorais concretas. Instrumentos tais como as listas abertas, formadas por pessoas propostas nas assembleias locais e comarcais, ou as Conferências Setoriais que funcionem como dispositivos a garantirem que as linhas estratégicas dumha organizaçom possam ser debatidas e socializadas de maneira absolutamente democrática. Abrindo também as portas da forma-partido para aqueles movimentos e associaçons que têm coisas importantes que achegar-nos, e que por diferentes motivaçons e leituras concretas do seu papel dentro da nossa sociedade nom operam nos nossos parâmetros político-ideológicos. Talvez nom seja boa coisa ter pressa por construirmos a organizaçom - que também! -, mas por criarmos complicidades na hora de constituirmos espaços concretos de atuaçom que sejam o motor dum verdadeiro poder popular. Nenhum partido o fará e também nom umha mesa de partidos, mas, ao contrário, a soma de agentes políticos e sociais variados, de formas diferentes de perceber a pluralidade da esquerda política e social no nosso país. A consciência crítica deve ser exercida também nas encruzilhadas que se nos apresentem. Nom faz sentido nenhum a repetiçom do que se criticava a outros Temos de anovar e inovar em transparência e em horizontalidade, demostrando também estes mecanismos serem operativos para oferecerem respostas imediatas aos graves problemas que hoje estamos a sofrer. Em minha opiniom, nom existe volta atrás. A consciência crítica deve ser exercida também nas encruzilhadas que se nos apresentem. Nom faz sentido nenhum a repetiçom do que se criticava a outros. A sociedade demanda-o e outras alternativas nom têm a capacidade de nos entusiasmar. Nem conseguem mesmo chegar à nossa sociedade como algo limpo, aberto e verdadeiramente novo. Sem pensar que temos todas as soluçons, dispostos a aceitar os argumentos doutras companheiras. É aqui que penso de devemos caminhar. |
PRAZA_7795 | A análise de milleiros de galletas de fuel chegadas á costa galega amosa que proceden do petroleiro afundido no 2002 | "Afortunadamente, a rápida intervención das autoridades españolas afastando o barco das costas fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica", declarou en novembro de 2002 Miguel Arias Cañete, entón ministro de Agricultura de José María Aznar e hoxe tamén responsable de Medio Ambiente con Mariano Rajoy. Pero 10 anos despois do seu afundimento e en pleno xuízo aos presuntos culpables, o chapapote do Prestige segue chegando ás praias da Costa da Morte. Un grupo de investigadores rastrexou a orixe de miles de galletas de fuel aparecidas en dúas praias galegas ao longo de 2011 e a súa composición química mostra que saíron das tripas do petroleiro. As galletas, de entre 1 e 13 centímetros de diámetro, volveron ser detectadas en 2012, segundo explica a xeóloga Ana Bernabeu, responsable do estudo. O buque Prestige afundiu o 19 de novembro de 2002 a 130 millas da costa galega, provocando unha marea negra que afectou a 1.000 quilómetros de litoral. O Goberno encomendou entón á petroleira Repsol que selase as fugas con robots teledirixidos, pero a empresa non logrou taponar todas as fendas e o barco, afundido a 4.000 metros de profundidade, seguiu cuspindo entre 13 e 20 litros de cru ao día. "Calculamos que no últimos cinco anos o Prestige liberou unhas 36 toneladas de petróleo", explica Bernabeu, da Universidade de Vigo. O seu equipo monitorizou desde 2004 dúas das praias máis afectadas pola vertedura, Nemiña (Muxía) e O Rostro (Fisterra), na Coruña, pero agora suspendeu o proxecto por falta de financiamento. "Non podemos saber se o fuel procede dunha fuga recente do pecio ou se procede de zonas do fondo mariño nas que está enterrado", sinala Bernabeu. A análise dos científicos, publicado na revista especializada Journal of Hazardous Materials, mostra que algunhas galletas de chapapote están "moi biodegradadas", o que suxire que permaneceron no fondo mariño durante longo tempo e chegaron á praia pola acción das ondas. O equipo tivo que suspender o proxecto por falta de financiamento No verán de 2011, moitos bañistas nas praias de Nemiña e do Rostro confundiron estas bólas de fuel con pedras, ata que detectaron o seu intenso cheiro a hidrocarburos. Os propios científicos barallaron que se tratase dun sentinazo, unha vertedura ilegal procedente da limpeza en alta mar dos tanques dun buque. "O maior achegamento de hidrocarburos ao mar procede dos sentinazos", non das mareas negras como a do Prestige, subliña Bernabeu. Para descartar un sentinazo, os investigadores analizaron as galletas no laboratorio do químico do CSIC Joan Albaigés. O equipo suspendeu o proxecto por falta de financiamento As campañas levadas a cabo polo Instituto Español de Oceanografía tras o naufraxio revelaron a existencia de acumulacións de petróleo na plataforma continental, a zona submarina próxima á costa. En xaneiro de 2003, a concentración alcanzaba os 300 quilogramos por metro cadrado. En outubro de 2004, apenas chegaba ao medio quilogramo por metro cadrado. "Cremos, polo relato dos pescadores e os mergulladores, que seguen existindo zonas de acumulación e as galletas chegan ás praias pola ondada e as correntes", apunta Bernabeu. O efecto sobre o medio ambiente destas galletas, opina a xóloga, é pequeno, porque non é un volume grande. Agora si se parecen máis a aqueles "pequeños hilitos" con aspecto de plastilina aos que aludía Mariano Rajoy en 2002, antes de que o afundimento do Prestige provocase unha vertedura de máis de 64.000 toneladas de petróleo en alta mar. Rajoy era entón o coordinador da acción do Goberno de José María Aznar ante a crise. |
NOS_51067 | Un recorte de 356 euros menos anuais. | A prestación media por desemprego en Galiza no 2015 foi de 3.192 euros, unha cifra que supón un 10% menos que no exercicio anterior, 2014, cando era de 3.548 euros. Unha diferenza nun ano de 356 euros anuais menos para as persoas con dereito a esta prestación. A estes datos hai que engadir os perto de 100.000 persoas desempregadas que non perciben ningunha prestación, 99.111 persoas que non reciben ingreso algún por estar no paro, nin prestación contributiva nin axudas ou subsidios. A taxa de cobertura situábase en outubro no 53,3%, afastada en 5 puntos da media do Estado, onde é de 58,2. En Galiza son 93.934 as persoas rexistradas no desemprego que percebían unha prestación. Destas só 39.702 obtiñan prestación de carácter contributivo, é dicer, a que cobra polo que cotizou. A contía destas prestacións en Galiza é das máis baixas do Estado. En xullo, a contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario foi de 780,7 euros (802,3 no Estado). As contías medias das prestacións asistenciais (subsidios, renda activa de inserción e PAE), é de 426 euros. Ademais, comezamos o ano con 1 de cada 2 persoas no desemprego en Galiza enmarcada no que se denomina "paro de longa duración", é dicir, que leva más de 12 meses sen atopar traballo. O 53% das e dos parados galegos eran de longa duración, unha taxa por riba da media europea. |
NOS_21290 | O avogado afirma que o Goberno estatal podería ter retomado a busca desde o primeiro momento "se tivese vontade", comprometéndose co Canadá a sufragar os custos do operativo. Aliás, as familias sinalan que a ARVI pediu aos barcos que traballan na zona que prosigan a busca dos corpos agora que as condicións meteorolóxicas o permiten. | O avogado experto en dereito marítimo Miquel Roca vén de sinalar, nunha entrevista na Televisión da Galiza (TVG), que o Estado español podería ter solicitado ao Goberno do Canadá que reiniciase a busca asumindo os custos: "Podían dicir, 'tardaremos seis ou sete días en chegar á zona, comezade a busca cos vosos medios e logo pagamos os custos'". Se hai "vontade", asegura, hai "opcións múltiples e non unha soa" para procurar os corpos. No que atinxe á comisión de investigación que o Goberno estatal convocou a pasada semana, explica: "Ten un prazo máximo dun ano, mais a propia comisión dixo que é difícil prognosticar un período exacto para desenvolver a investigación. Con todo, o prazo máximo é dun ano e sería lóxico que o informe estivese preparado con anterioridade". Mentres non haxa unha resolución oficial, Roca avoga por "evitar as especulacións que tanto dano fan". De feito, a comisión iniciará as pescudas entrevistando os tres mariñeiros sobreviventes, que, lembra o avogado, "aínda están a pasar un momento terríbel e cómpre darlles un prazo". Mais a investigación xa comezou coa recompilación de todos os documentos achegados pola armadora, o Grupo Nores de Marín, que esta segunda feira apuntou a un "fallo no motor" mentres estaban despregadas as redes como posíbel causa do naufraxio. "É un drama. O dereito está para ofrecer reparación [ás vítimas], mais é triste que, cando se produce [un accidente], poñamos os medios que poñamos nunca chegaremos a reparar o terríbel dano causado", sentenciou. Reanúdase a busca Polos micrófonos da TVG tamén pasou Kevin González, fillo dun dos mariñeiros desaparecidos, que afirmou xa se reanudou o operativo de busca, segundo lle vén de confirmar ás familias a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI). Deste modo, os barcos de diferentes armadoras que traballan nas augas de Terranova onde afundiu o 'Vila de Pitanxo' "aproveitan estes momentos para seguir buscando", xa que as condicións meteorolóxicas agora son boas. A respecto da reunión que mantiveron co presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, sinalou: "Foi esperanzadora dentro do que cabe. Trasladounos a intención de ordenar aos barcos da zona que busquen". "Fixémoslle chegar as nosas peticións de que fale co Goberno canadense para que axude na medida do posíbel, e dixo que está a falar permanentemente co primeiro ministro [Justin Trudeau] e os ministros competentes, e concretou que imos ter unha reunión co director xeral da Mariña Mercante, que é a máxima autoridade competente", engadiu. |
PRAZA_181 | Os fluxos da poboación activa acreditan que en Galicia seguen a entrar no paro máis persoas das que saen e que deixan de ter traballo máis mulleres e homes que os que o conseguen. Segue a descender o número de persoas que traballan ou buscan traballo no país, o que reforza a tese da emigración. | A pasada semana o INE e mais o IGE debullaban os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao cuarto trimestre de 2014, unha morea de datos o suficientemente ampla como para tirar dela perspectivas positivas e negativas, segundo a cifra que se priorice. Así, por exemplo, dende o Goberno galego púxose o foco na baixada interanual do desemprego, cun descenso dunhas 17.000 persoas, mentres que dende a oposición e as organizacións sindicais se expresou preocupación por indicadores como o descenso da poboación ocupada, a que ten traballo. Este é o contexto no que neste luns chega unha análise máis pormenorizada dos grandes números, a que ofrecen os fluxos da poboación activa, unha estatística que deixa tras de si seis preocupantes números para o mercado laboral galego. 64.800 Son as persoas que entraron na ocupación, isto é, as que pasaron a formar parte da poboación que ten emprego, a cal estaba formada a finais do ano que vén de rematar por un chisco máis dun millón de homes e mulleres. Esta cifra implica unha variación interanual do 10,2%, a cal podería ser lida como positiva de maneira illada, pero que o é menos se se ten en conta a cifra inmediatamente seguinte. 78.200 Estas 78.200 persoas son as que fan que as 64.800 anteriores non sexan un resultado especialmente positivo. Trátase dos traballadores e traballadoras que saíron da ocupación, é dicir, que perderon o seu emprego durante o cuarto trimestre de 2014 e non atoparon outro. Son máis, en termos absolutos, que as que entraron á ocupación e, asemade, a súa variación interanual é do 15,5%, case cinco puntos máis que a das persoas que entraron á ocupación, o que acredita que Galicia, ao contrario que a media do Estado, seguiu destruíndo emprego no primeiro ano da suposta recuperación económica. 94.200 Entran no paro máis persoas das que saen e abandonan a ocupación máis persoas das que se incorporan a ela É o número de persoas que entraron en situación de desemprego durante o período analizado. Como é obvio, malia á baixada total a respecto do ano anterior, houbo persoal que pasou a engrosar o continxente do paro neses últimos catro meses, máis aínda tendo en conta o incremento galego de 30.100 persoas. Esas 94.200 entradas no paro supoñen un incremento do 7,7% con relación a 2013. 86.000 É a estimación de mulleres e homes que saíron do paro. Como no caso da ocupación, cómpre ler esta cifra ao carón da anterior para observar o seu carácter negativo. Saen do paro menos persoas das que entran e, ademais, o seu incremento interanual, do 2,9%, é sensiblemente inferior ao devandito 7,7% das novas paradas. 66.300 Os datos oficiais reforzan as teses que ven a emigración como principal responsable da perda de poboación activa Son as persoas que pasaron a formar parte da poboación activa galega, isto é, da poboación que traballa no país ou está en condicións de facelo e por iso busca un emprego en territorio galego. Este indicador aumentou un 2,3% a respecto do 2013, nun contexto no que a mingua da poboación activa é un dos síntomas máis preocupantes do panorama laboral de Galicia. 71.500 As mulleres e homes que saíron da poboación activa galega, que en conxunto caeu en máis de 19.000 persoas nos últimos doce meses. Son, evidentemente, máis persoas das que entraron e, ademais, o seu incremento porcentual, do 2,4%, é tamén lixeiramente superior. Segundo o PP o descenso da poboación activa débese ás xubilacións e ás persoas que xa non "declaran" que están buscando traballo, se ben os datos oficiais reforzan as teses que ven a emigración como principal responsable destes resultados. |
NOS_40728 | No mencer do quinto día do 'muro popular' que centos de ondarrutarras mantiveron en torno á súa veciña Urtza Alkorta, 38 furgonetas de antidisturbios irrumpiron na vila mariñeira para deter a esta moza, acusada de colaborar con ETA en base a unha autoinculpación, sostén Urtza, obtidas mediante tortura. Após 4 horas de operativo, a militante abertzale foi detida pola Ertzantza | Furgonetas, zodiacs polo río, material antidisturbio a mancheas... a vila mariñeira de Ondarru (Bizkaia) estivo nestas horas sitiada por un descomunal despregue da Ertzantza coa finalidade de deter a Urtza Alkorta, unha moza da vila que está desde hai cinco días protexida por centos e centos de veciñ@s deste porto pesqueiro. Urtza está condenada a 5 anos de prisión por colaborar con ETA. Unha sentencia baseada coa autoinculpación da moza como única proba. E ela, e diferentes colectivos de Euskal Herria, sinalan que esa autoinculpación foi froito das torturas ás que foi sometida. Foron cinco días nos que, mediante quendas, centos de veciños da vila estiveron protexendo as 24 horas do día a esta moza En días anteriores, a ertzantza 'tanteou' o terreo, achegándose atá a vila para se retirar de seguido ao comprobar como a xente se achegaba até a alameda da vila, onde permanece Urtza desde hai máis de 100 horas, para apoiala e impedir a súa detención. A serea da lonxa e 3 foguetes lanzados por un veciño son o sinal de alerta de que se achega a policía. A primeiras horas da mañá centos de persoas están a protexer a Urtza perante o imponente despregue da Ertzantza. O punto cero é a vella ponte de ferro de Ondarroa. No medio dela estaba Urtza. E a ponte, ateigada de veciñ@s de todas as idades. A policía autonómica xa avisou das consecuencias penais do que están a facer. Tras catro horas de operativo, os antidisturbios detiveron a esta moza. Información ao segundo en #resisturtza e en http://www.ustream.tv/channel/leaartibaietamutriku |
NOS_42981 | No conxunto do país hai até 7.674 crianzas sen profesional de pediatría asignado. | A nova xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, dixo este domingo nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia que a poboación galega "ten que entender que seguramente non poderá haber un pediatra en cada centro de saúde", unhas declaracións que provocaron malestar e numerosas reaccións nas redes sociais. Precisamente, cada vez son máis os municipios do país que denuncian a falta de pediatras nos seus ambulatorios. Nas últimas semanas Nós Diario ten informado destas carencias en multitude de centros sociosanitarios. A Plataforma Sanitaria da Mariña alertou o pasado 2 de outubro de que o ambulatorio de Burela contaba cunha única profesional médica para atender perto de 1.500 crianzas da zona, unha "sobrecarga de traballo", dicían, "que resulta insostíbel para unha soa persoa". O mesmo colectivo trasladou as queixas de familias de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, onde no momento da denuncia non había pediatra: "Non se están a facer as revisións periódicas dos neonatos nin tampouco noutras idades". Case 8.000 nenas e nenos galegos carecen de pediatra Aliás, profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) denunciaron o pasado setembro diante da Valedora do Pobo a "vulneración dos dereitos asistenciais de menores", debido a que, nos últimos meses, crianzas prematuras de menos de 30 semanas desta área sanitaria foron derivadas a Vigo para recibir asistencia médica. "A propia Xerencia admitiu renunciar á atención de prematuros menores de 30 semanas, que serán derivados a outro centro, mais isto supón que haberá pais que sufrirán ingresos dos seus fillos durante máis de dous meses desprazados fóra da provincia, cando en Ourense existe unha unidade dotada para atendelos pero cos seus pediatras desprazados a outro centro", sinalaban. O problema foi especialmente agudo durante o verán, cando, por mor das numerosas baixas por vacacións —e causas de diversa índole—, quedaron desertas prazas en concellos como Soutomaior. Alí, o centro de saúde de Arcade non tivo en xullo ningún pediatra por unha baixa non cuberta. Un problema crónico Segundo datos da Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria (AEPap), na Galiza hai até 7.674 crianzas sin profesional de pediatría asignado, o que supón, entre outras cuestións, que 14% das prazas estean ocupadas por médicos de familia e non por pediatras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), os centros de saúde galegos contaban en 2004 con 405 pediatras; en 2021, con 318. Así, 192 concellos carecen de servizo de Pediatría, reducíndose o número de profesionais desta especialidade en 22,5% desde 2009, con 40% dos profesionais superando 55 anos e con 25% por riba de 60 anos. A oposición critica López-Pardo A líder da oposición no Parlamento galego e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, saíu ao paso das declaracións de López-Pardo esta segunda feira cualificando de "impresentábel" que "queira normalizar que os nenos non teñan un pediatra e a continuación o que faga [o PP] sexa defender unha rebaixa fiscal para millonarios que vai retirar das arcas públicas". "Pregúntome se o PP de verdade pensa que os nenos non teñen dereito a ter un pediatra no seu centro de saúde", dixo, e avanzou que a súa formación pedirá a comparecencia "urxente" do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para dar conta da "auténtica barbaridade" que é, dixo, que haxa servizos de Urxencias na atención primaria "sen médicos". Tamén o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, considerou de "gravidade extrema" as palabras da xerente do Sergas sobre a falta de pediatras no país, ao mesmo tempo que denunciou o "panorama desolador" polos datos das listas de espera. "Esta realidade o que reflicte é que na Galiza as condicións laborais son peores", criticou, antes de censurar tamén que a xerente falase dun "plan de recuperación asistencial para pacientes crónicos que non visitaron o sistema nos últimos seis meses". "Pregúntome, como cidadán ordinario, en que cabeza cabe que un paciente crónico non asista en seis meses, como é posíbel", subliñou. |
NOS_2995 | A executiva do PSdeG acordou buscar pactos só coas forzas da esquerda para permitir gobernos "de progreso" e impedir que o PP goberne alí onde os votos non lle cheguen. Caballero apelou a Ciudadanos a non ser muleta de Baltar na Deputación. José A. Quiroga e Dolores Villarino liderarán as negociacións. | Só coas forzas do campo da esquerda está disposta a executiva do PSdeG a chegar a acordos para permitir "gobernos de progreso" e impedir que o PP teña alcaldías alí onde os votos non lle sexan suficientes. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou as forzas progresistas para "dar resposta ás demandas da cidadanía" que esta expresou nas urnas o desexo de contar con gobernos de "progreso" á fronte dos concellos de Galiza. Gonzalo Caballero, apelou as forzas progresistas para "dar resposta ás demandas da cidadanía" O órgano executivo do PSdeG analizou o PP como unha forza política que perde "a centralidade e a credibilidade en Galiza de poder representar a maioría", afirmou Caballero, quen asegurou estar preocupado polos acordos que Pablo Casado, coa aprobación de Feixoo, chegue coa ultradereita. José A. Quiroga e Dolores Villarino liderarán as conversas As persoas encargadas pola executiva do PSdeG para liderar as conversas sobre pactos serán o secretario de organización, José Antonio Quiroga, e a responsábel de política municipal e expresidenta do parlamento Dolores Villarino. Caballero sinalou que nas negociacións o PSdeG situará os intereses xerais "por riba" de calquera interese particular. Expulsar a Baltar da Deputación O PSdeG comprometeuse a traballar para posibilitar un goberno de progreso tanto na cidade como na deputación de Ourense En canto á perda da maioría absoluta de Baltar en Ourense e a posibilidade dun pacto a catro para expulsar o PP da institución provincial, Gonzalo Caballero fixo un chamamento a Albert Rivera para "abrir as xanelas" da Deputación de Ourense e non ser "o bastón de apoio do caciquismo". O PSdeG comprometeuse a traballar para posibilitar un goberno de progreso tanto na cidade como na deputación. Toca por tanto, segundo as palabras de Gonzalo Caballero, airear esa institución na que a política pola que foi inhabilitado Xosé Luís Baltar tivo continuidade na figura do seu fillo, Manuel Baltar. Persisten, dixo, "o mesmo modelo político clientelar, coas mesmas eivas e os mesmos vicios", polo que urxiu "alternancia". |
NOS_6598 | Robert Zoellick lamenta que se desperdiciara "unha oportunidade" para recuperar a confianza na eurozona | O rescate a España estivo "moi mal feito", en opinión de Robert Zoellick, presidente do Banco Mundial, que considera que ese paso tña que ter sido "unha oportunidade" para recuperar a confianza na Eurozona. Algo que, á vista da reacción dos mercados ao rescate a España, non se producíu. Zoellick, que participa no B-20, un foro de empresari@s que vai da man do G-20, entende que o procedemento de rescate non se fixo da forma acaída, de aí que "a xente" teña dúbidas tanto no que respecta á orixe e procedencia dos 100.000 millóns de euros destinados ao rescate, como a qué se supeditan ou subordinan eses cartos, ou ben cal vai ser o efecto de toda esta operación na débeda. Un conxunto de preguntas, considera o presidente do Banco Mundial, que se traduce en dúbidas nos mercados. Para Zoellick, xa que logo, ese resacte deberíase ter feito doutro xeito. Alén diso, o presidente do Banco Mundial tamén criticou que a prensa se mostrase moi crítica co rescate e as súas consecuencias. |
NOS_11549 | Competicións, tecnificacións e cursos de formación quedan adiados até novo aviso. | Trala prórroga do estado de alarma notificado o domingo 22 de marzo polo presidente do Goberno español, e ante a situación excepcional xerada pola crisis do coronavirus, a Federación Galega de Patinaxe (FGP) informa que todas as competicións, tecnificacións e probas de calquera modalidad deportiva dependentes desta Federación quedan suspendidas de forma indefinida até novo aviso, así como tamén os cursos de formación previstos nas próximas datas (técnicos I, II e III e xuíces). A FGP comunica que se manterá en contacto permanente coas autoridades sanitarias e deportivas da Galiza, así como coa Federación Española de Patinaxe, e prestará puntual e inmediata información de canta decisión adopte no relativo a esta situación extraordinaria. Patinaxe súmase, así pois, a outras disciplinas deportivas na Galiza que voron como a pandemia de Covid-19 alteraba o seu calendario competitivo e a súa programación. Atletismo, fútbol, baloncesto, entre outros, terán que agardar a que finalice o estado de alarma para recuperar a normalidade. |
NOS_52086 | A liberación da cidade de Deir-Ez-zor supuxo un importante éxito militar para Siria e un salto cualitativo na guerra. O retroceso de Daesh sobre o terreo, coloca as ribeiras do río Éufrates no centro do conflito. Ultrapasalas para recuperar o leste do país será o obxectivo das vindeiras semanas e meses. | Todos os actores presentes no escenario sirio ficaron sen dúbida sorprendido pola rapidez coa que o exército gobernamental, coa colaboración da aviación e da mariña rusas, foi quen de superar as defensas do autoproclamado Estado Islámico na cidade de Deir-Ez-zor. Hai que ter en consideración, que nesta urbe, a máis importante do leste de Siria, e cunha parte ocupada, concentráronse as tropas do Daesh que fuxiron de Mosul e doutras partes de Iraq. Falábase mesmo de que ía ser a capital do Califato, en substitución de Raqqa. Trátase dunha cidade estratéxica, no centro da zona petroleira máis importante de Siria, próxima á fronteira iraquí, e formando parte da franxa densamente poboada do río Éufrates Todo indica que o éxito da operación militar foi posíbel porque, despois de liberaren As Sukhnah, na estrada que une Palmira e Deir-Ez-zor, as forzas do Goberno cercaron e illaron nunha bolsa que está en proceso de eliminación, o importante e extenso feudo do Daesh ao leste de Salamiyah, impedindo unha incursión desde a retagarda cara o val do Éufrates. Asemade, logo de tantas derrotas, a moral do Daesh baixou moito (algo que está a xogar un papel central). No entanto, ademais do apoio exterior, o exército sirio fortaleceuse e gañou unha maior experiencia de combate. Tampouco se pode ignorar que a liberación de Deir-Ez-zor era urxente, xa que foi parcialmente ocupada e cercada desde o ano 2014. A maior parte ficou en mans do Goberno, albergando aínda hoxe uns 90.000 habitantes, e incluíndo o aeroporto. Este último ficou illado da cidade hai uns meses despois de fortes combates. [A íntegra desta análise de Manuel Mera aparece no Sermos Galiza 263, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais] |
NOS_18526 | A vila mariñá acollerá o 19 e 20 de abril a VI Xornada formativa de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local que nesta edición se centrará en "Os poderes que sustentan a violencia machista". A inscrición é gratuíta e xa está aberta | O Cine Teatro de Ribadeo acollerá o 19 e o 20 de abril a sexta edición das xornadas formativas de abordaxe da violencia de xénero. Nesta edición, como sinalaron a concelleira Mariluz Álvarez e a directora do CIM, Luisa González, o foco porase nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes (o económico, o xudicial, o político) a través do mercado laboral, das leis, dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual sistema patriarcal. "A violencia sexista segue a existir e cada vez son máis as complicacións que teñen as mulleres para poder denunciar. Hoxe en día se está a ver que existe un retroceso dun 10% con respecto a outros anos, cando segue a haber mulleres vítimas de violencia de xénero", sostén a concelleira de Igualdade. Nas ponencias e relatorios a debater no marco das xornadas analizaranse cuestións como as desiguladades no eido laboral, a reforma da xustiza penal a debate, o dereito ante a violencia machista contra as mulleres, avances e retrosesos; o control e poder das redes sociais e a novas formas de sexismo que se practican nas mesmas; o poder da sexualidade, unha manifestación da violencia de xénero oculta; e as novas formas de violencia contra as mulleres. Ademais de charlas haberá a proxección do spot da campaña Igualámonos. Trivial feminista Tamén se presentará o trivial feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade e a páxina web: www.noseaspresadelatalla.com da Federación de Mujeres Jóvenes. A xornada de abordaxe integral da violencia de xénero está destinada a profesionais que traballan a violencia de xénero en calquera das súas dimensións, mais tamén a calquera persoa interesada no tema. A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de abril pola mañá. A matrícula, que é gratuíta, poderá formalizarse persoalmente enviando a folla de inscrición debidamente cumprimentada por correo ordinario, por fax ao 982 120 888 ou por correo electrónico a [email protected]. |
NOS_2005 | "É a mostra de que a sociedade está viva e non se conforma co mundo, coa Galiza que se nos está a deixar" sinalan desde a fronte nacionalista | O BNG cualifica de "ilusionante e esperanzadora" a Iniciativa pola Soberanía e saúda moi positivamente "esta aposta cidadán que parte de diversos ámbitos como o cultural, o mundo do deporte, sindical, do asociacionismo, do activismo e da loita contra as inxustizas como a estafa das preferentes ou os desafiuzamentos". Para o BNG, a Iniciativa pola Soberanía é "a mostra de que a sociedade está viva e non se conforma co mundo, coa Galiza que se nos está a deixar, especialmente nun contexto como o actual de grave crise económica que está a demostrar que a perda de soberanía e a perda da capacidade de decidir por parte dos pobos, leva a un recrudecemento da crise económica e a un agravamento da probeza". |
PRAZA_3928 | Os farmacéuticos e farmacéuticas son un dos colectivos que teñen que facer fronte ao coronavirus de forma máis directa. En Galicia hai un total de 35 profesionais enfermos, dun total de 30 boticas. A campaña "non baixamos a garda" busca recoñecer o traballo deste colectivo | Os farmacéuticos e farmacéuticas son un dos colectivos que teñen que facer fronte ao coronavirus de forma máis directaOs farmacéuticos e farmacéuticas son un dos colectivos que teñen que facer fronte ao coronavirus de forma máis directa. As boticas continúan abertas, ofrecendo un servizo fundamental, e por elas pasan todos os días un gran número de persoas. As farmacias adoptaron importantes medidas de seguridade, que hai uns días detallaba en conversa con Praza.gal Nina Villasuso, farmacéutica en Mugardos e vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Mamparas de protección, entrada individual da clientela gardando en todo o momento unha distancia de seguridade e o uso de máscaras e luvas de protección son algunhas delas. Porén, no último mes foron moitos os e as traballadoras infectadas, case medio milleiro en toda España, segundo os datos que manexaba hai unha semana o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.Este xoves coñeceuse o falecemento dun farmacéutico da Coruña, infectado polo coronavirus hai díasEn Galicia eran un total de 35 os e as profesionais enfermos de coronavirus, correspondentes a 30 farmacias, o que obrigara a pechar un destes establecementos. Nina Villasuso subliñaba a importancia de tomar medidas de precaución, para "asegurar que as farmacias se poden manter abertas, sobre todo en lugares pequenos nos que só hai unha".Este xoves coñeceuse o falecemento dun farmacéutico da Coruña, infectado polo coronavirus hai días. O finado traballaba nun establecemento do barrio de Os Rosais no que outra das farmacéuticas está hospitalizada, sufrindo tamén o coronavirus. Trátase do primeiro traballador dunha farmacia galega que falece por mor do virus.A campaña #Nonbaixamosagarda quere enviar "unha dobre mensaxe", de ánimo á poboación e de recoñecemento ao colectivo de farmacéuticos e farmacéuticasO Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña iniciou hai dúas semanas a campaña #Nonbaixamosagarda, coa que quere enviar "unha dobre mensaxe". Por unha banda, "de ánimo para a poboación que chega á súa terceira semana de confinamento e que vive unha paralización total da vida laboral e social para atender a esta emerxencia sanitaria". Pero tamén unha mensaxe de apoio e recoñecemento ao colectivo de farmacéuticos e farmacéuticas. A propia mensaxe de "non baixamos a garda" refírese tamén a que "as farmacias seguen abertas para os medicamentos que sexan necesarios".Este luns, ademais, o Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos ofreceu ao Ministerio de Sanidade a distribución controlada de máscaras á poboación a través do cartón sanitario, sen marxe para as farmacias e ao prezo intervido que estableza o Goberno |
NOS_51905 | Entrevistas, análises e opinións para estes últimos días da campaña. Ademais, falamos do novo calote das prerentes, e conversamos con Marcos Calveiro ou David Couso, entre outros. Xa na nosa loxa. | Recta final na campaña do 20-D e neste semanario tratamos polo miúdo e desde diferentes pespectivas unha cita que se presenta como fulcral. 'O papel de Galiza no Estado en xogo neste 20-D' falamos como na nova repartición do poder territorial será chave a representación do país nas Cortes Xerais. En 'Que din os programas electorais?' debullamos os programas das diferentes formacións que se presentan a estes comicios para ver que propostas e achegas fan sobre cuestións como a economía, os servizos públicos, as liberdades civís ou o rol de Galiza nun contexto de reforma territorial. Non acaba aquí o noso tratamento desta cita coas urnas. Neste semanario hai tres entrevistas. Con David Bruzos, nº1 de En Marea por Ourense, Joaquín García, candidato do PP por Lugo, e Noa Presas, que encabeza a candidatura de Nós por Ourense. Máis de 1.500 persoas afectadas na Galiza. Máis de 40 millóns de euros. Un novo produto tóxico, os bonos subordinados e convertíbeis, deixa centos de pequenos aforristas do país sen os cartos que investiron, segundo denuncian, enganados polas entidades. Un tema que tratamos en 'A estafa das novas preferentes'. Tamén tratamos os motivos de que os gandeiros volvesen mobilizarse para reivindicar prezos xustos. Falamos con produtores e representantes de organizacións agrarias. 'O contrato homologado, inservíbel para o sector leiteiro galego'. Entrevista ao irmán de José Couso e a un veterano revolucionario venezuelano O 8 de abril de 2003, a vida da familia Couso, de orixe galega, mudou para sempre. José, cámara que naquela altura traballaba para Telecinco cubrindo a invasión de Iraq, morría nun bombardeo norteamericano contra un hotel no que todo o mundo sabía que se aloxaban xornalistas. Neste número entrevistamos David Couso, irmán de José, que denuncia que "a actitude da Fiscalía xeral do Estado e da Audiencia Nacional foi sempre de sumisión aos EUA". Amilcar Figueroa. Historiador, militante da esquerda revolucionaria venezuelana e ex-Presidente Alterno do Parlamento Latino-americano (2006-2010). Unha entrevista a dupla páxina na que confesa que "o protagonismo que asumiren consellos e comunas determinará a sorte da Revolución" en Venezuela. En Viaxes na Miña Terra percorremos co Colectivo Xea algúns dos pobos da fronteira galego-astur-leonesa preto dos cumes máis altos da Serra dos Ancares. Unha viaxe preciosa na que percorremos Piornedo, Balouta, Rao... Fontán e Calveiro Entrevistamos Marcos Calveiro. A pesar de declararse en seca creativa, Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) ten a gaveta chea de novelas. Na última delas, 'Fontán', que vén de publicar Galaxia logo de gañar o Premio de Narrativa Breve Repsol, rescata en forma de biografía novelada a vida dun dos personaxes máis interesantes e máis esquecidos da historia de Galiza. É Domingo Fontán, o matemático, o xeógrafo, o astrónomo, o político, o empresario. O autor da Carta Xeométrica de Galiza, máis coñecido como o "Mapa de Fontán", o primeiro mapa realizado con método científico no Estado español. O mapa que lle puxo rostro ao país. "Fontán é un personaxe épico, de western", dinos Calveiro. Todo isto, e moito máis, neste número 176 do Sermos Galiza, que xa podes adquirir na nosa loxa. |
NOS_54370 | O Celta empata na casa (3-3) contra o Girona nun partido vibrante no que tam´ñen se evidenciaron as feblezas dos celestes. | Seis goles –catro deles en apenas 16 minutos- nun partido vibrante, intenso e até toleirán en Balaídos. Un encontro do que o Celta non tirou máis rendemento que un punto, o mesmo que tirou o Girona. Defensas co queixo de cristal as de ambas dúas equipas nos primeiros compases do partido, o que explica o festín de goles. O Celta volveu amosar que lle custa rendabilizar os goles e os partidos e volveu deixar escapar puntos na recta final do encontro, como contra o Xetafe. A maiores, lesión de Hugo Mallo, un dos bastións da equipa galega. Parece que non hai xeito de encadear dúas vitorias consecutivas. O Celta tiña bola e posesión mais, pasada a treboada dos 4 goles, non daba atopado o gol. O Girona tiña oportunidades. Na segunda metade repregouse no seu campo mais sempre tivo a mira posta na portería célica. O gol de Was a 15 minutos do final adiantaba o Celta mais non garantía nada. Os vigueses optaron por recuar para protexer o resultado e o Girona aproveitou, atopando o seu terceiro gol e o empate. Ficha técnica Celta (3): Rubén, Hugo Mallo (Cabral, min.64), Sergi Gómez, Fontàs (Roncaglia, min.57), Jonny, Lobotka, Jozabed, Wass, Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.72), Maxi Gómez. Girona (3): Iraizoz, Bernardo, Mojica, Alcalá, Pons, Portu, Stuani (Kayode, min.68), Juanpe, Aleix García (Douglas, min.83), Maffeo y Borja García (Olunga, min.74). Goles: Sisto (1-0, min.8); Portu (1-1, min.10); Stuani (1-2, min.14); Maxi Gómez (2-2, min.16); Wass (3-2, min.76); Juanpe (3-3, min.85). Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Maxi Gómez, Emre Mor (Celta); Bernardo, Stuani, Juanpe, Pere Pons (Girona). Campo: Balaídos (16.126 espectadores). |
NOS_46846 | Unha de zombies que conta coa participación da produtora galega Vaca Films. | EXTINCTION(España, EEUU, Francia, Hungría 2015, 110 min.) Dirección: Miguel Ángel Vivas Guión: Alberto Marini e Miguel Ángel Vivas Fotografía: Josu Inchaustegui Música: Sergio Moure de Oteyza Elenco: Matthew Fox, Jeffrey Donovan, Quinn McColgan, Valeria Vereau, Clara Lago, Eduardo Fedriani, Matt Devere, Alex Hafner SINOPSEDous homes, unha nena e un can tratan de sobrevivir día a día nun mundo devastado por unha praga química que acabou por converter a media humanidade en criaturas sedentas de sangue. Semellan ser os derradeiros superviventes, mais un día decátanse de que non están sos... CRÍTICA Vaca Films participa nesta coprodución internacional dirixida por Miguel Ángel Vivas que, tras facer Secuestrados, quixo adaptar a novela de Juan de Dios Garduño (E pese a todo...) polas posibilidades cinematográficas que lle atopou a narrativa do escritor sevillano. Converte a novela, xunto a Alberto Marini, nun western postapocalíptico de zombis pero -case- sen zombis. O filme decorre nun mundo devastado pola glaciación após a Terceira Guerra Mundial O groso da trama céntrase arredor de Jack e Patrick, dous amigos que, por mor dunha muller, levan nove anos sen se falar. Nove anos nos que un vive a carón do outro, separados apenas por un valo de metal, nun mundo devastado pola glaciación após a Terceira Guerra Mundial que converteu a media humanidade en zombis, e a outra metade en comida... A carraxe entre eles é tan forte que nin sequera pensan en colaborar o un co outro a pesares de seren os derradeiros habitantes da Terra. Con todo, conviven en harmonía e cun pacto de non agresión que linda coa tolemia pero que, en caso de perigo, debería funcionar. Sobre todo para protexer a Lu, unha nena pequena que é o único vínculo en común e única razón para que continúen con esta particular convivencia. De súpeto as criaturas reaparecen, e reaparecen mutadas en monstros albinos resistentes ao frío que tratan de aniquilalos a toda costa... O interesante do filme non é precisamente esa parte de terror de xénero senón esa (non)convivencia entre estas tres personaxes. Matthew Fox (famoso pola serie Perdidos/Lost) e Jeffrey Donovan (o policía que manipulaba a Angelina Jolie en O troco) son os amigos que se odian. Tamén fai acto de presenza Clara Lago (Oito apelidos vascos) nun pequeno papel que non convén moito desvelar. A película curiosamente decae en cuanto comezan os ataques zombis: nulo suspense, zombis que non meten demasiado medo, moitos lugares comúns, efectos especiais irregulares (os efectos tradicionais a moi alto nivel pero a CGI algo pobre) e por riba unha cámara en "modo parkinson" que marea bastante. "Un bo ritmo e un par de escenas que fan pasar por alto ese cheiro a serie B" Con todo hai que recoñecerlle un bo ritmo e un par de escenas que fan pasar por alto ese cheiro a serie B. Iso si, quedo sen dúbida coa parte dramática entre Patrick, Jack e Lu (a de Clara Lago sobra) e máis coa banda sonora do coruñés Sergio Moure de Oteyza. Coméntase que os membros da Academia de Hollywood fixáronse nesta partitura de corte clásico así que, cando menos, conta con certas posibilidades dunha nomeación aos Óscar. Xa veremos... Xogando ao "suma e sigue", Extinction sería o resultado de: 28 días despois + 30 días de escuridade + O último home vivo + A néboa de Stephen King. Non aporta nada novo pero é unha interesante achega ao xénero que fixo que me picara a curiosidade pola novela de Garduño, que ademais acaba de publicar secuela baixo o título Cinzas... Fará o propio Vaca Films? E xa que estamos co tema zombi... para cando a esperada adaptación da saga Apocalipse Z de Manuel Loureiro? |
NOS_32547 | A Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña puxeron en marcha medidas para adaptar as aulas durante os días que dure a corentena decretada polo Goberno central. | "Diante das medidas adoptadas polos gobernos español e galego, faise preciso adaptar ás novas circunstancias a resolución de peche das instalacións da UDC adoptada o pasado 14 de marzo, a fin de protexer a saúde do persoal da UDC e de asegurar que o alumnado non perda o curso 2019-2020", informou o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, nun comunicado público no que debullou as medidas que se implantarán mentres dure o estado de emerxencia decretado polo Goberno central. E entre elas está garantir a formación non presencial. "Aínda sería precipitado promover medidas drásticas para salvar o curso académico, como pode ser a modificación do calendario académico. Seremos prudentes e iremos avaliando o escenario para, unha vez pasada a crise, atopar unha solución", apuntou noutro comunicado o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa. Nel recomenda ao profesorado a modificación das guías docentes para adaptalas ao tempo que duren as medidas de confinamento, A Universidade de Santiago de Compostela (USC) tamén asegurou a docencia telemática ao seu alumnado. "Por iso, pedímosvos que esteades pendentes do correo electrónico que tedes rexistrado na Universidade así como do Campus virtual", sinalou o reitor Antonio López nunha resolución. Carmen Legerén é alumna da USC. "O reitor enviounos correos electrónicos explicándonos as reunións que foron mantendo e como se van aplicar as medias, sen aclarar demasiado", explica a Nós Diario. "Despois, o noso coordinador do mestrado explicounos que se habilitarán aulas virtuais, outras docentes enviáronnos test preguntando polos horarios dos que dispoñemos, se preferiamos que nos enviasen apuntamentos, traballos grupais ou individuais e outras aínda non se pronunciaron, pero pouco a pouco estano facendo", di. Na súa comunicación co estudantado, o profesorado e o persoal investigador as tres universidades animan a cumprir coas recomendacións das autoridades sanitarias. E, se ben os centros ficarán pechados, nalgúns casos as investigadoras poderán acceder a recoller materiais extremando as medidas de precaución. |
NOS_22345 | Sermos Galiza sae máis unha semana á rúa. Neste número, cunha entrevista en profundidade ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. Mais tamén, falamos da quita imposta polo Partido Popular @s afectad@s polo calote das preferentes e do resgate a Chipre, un novo corralito. | Nas primeiras páxinas, unha extensa reportaxe achéganos ao drama das participacións preferentes e subordinadas nunha semana chave para @s afectad@s. Os gobernos da Xunta e de Madrid imporanlles ás vítimas deste fraude unha quita de até o 55% dos seus aforros. Un corralito efectivizado fronte a outro que procurou selo. Nas páxinas de internacional Sermos Galiza afonda na xogada levada a cabo pola Unión Europea en Chipre nunha operación xeoestratéxica rexeitada polo Parlamento chipriota. A crise aberta e as súas posíbeis solucións neste número 40. En política abordamos a ofensiva lanzada polo Partido Popular contra o modelo urbanístico de Pontevedra. O que @s populares catalogan de "obsoleto" é un proxecto de cidade sustentábel premiado internacionalmente que pula pola calidade de vida da veciñanza e a posta en valor da riqueza da contorna. Na sección de cultura falamos con Begoña Camaño sobre a súa última obra Morgana en Esmelle galardoada co premio Ánxel Casal á mellor obra de ficción do 2012. Aliás, as consecuencias do desmantelamento sanitario no rural, o repagamento dos comedores escolares e os froitos recollidos pola Asociación galega de fútbol gaélico enchen as 32 páxinas deste novo número do Sermos Galiza. |
PRAZA_1298 | ENTREVISTA Xosé Manuel Beiras considera un erro que Podemos queira ser o paraugas único que ampare unha candidatura de unidade popular de cara ás eleccións xerais | Con 79 anos, Xosé Manuel Beiras está disposto a seguir traballando polo cambio político que o 24M consignou en todo o Estado e particularmente en Galicia, onde as Mareas cultivaron un éxito electoral sen precedentes. O portavoz de Anova advirte dos riscos que comporta non entender este momento político e advirte que os partidos deben traballar como motor auxiliar e non como protagonistas. Beiras ten pendente unha conversa con Pablo Iglesias para convidalo a dialogar sobre acordos e alianzas máis aló das siglas de Podemos e coa mirada posta nas eleccións xerais. O veterano político galego recibe a eldiario.es no seu despacho do Parlamento de Galicia. Esperaba o resultado electoral do 24M? Non. Eu nunca son moi optimista antes dos resultados. Tampouco lle fago moito caso ás enquisas. Aínda que se palpaba e dicíanmo, non, eu non o esperaba porque a maquinaria do poder é moi potente. "Onde a emerxencia desa cidadanía era máis potente e onde houbo máis forzas integradas respectando eses criterios é onde as Mareas tiveron máis éxito. Iso corrobora que o motor está na cidadanía activa e hai que apoiar que eses motores continúen actuando" O fenómeno das Mareas en Galicia está a ser moi observado en todo o Estado. Como debe lerse o que ocorreu nas urnas? A implosión do 15M foi unha exemplificación da famosa frase de Marx sobre que a revolución é coma a vella toupa, que aflora de cando en vez pero sempre está aí. A incapacidade das cúpulas da maior parte dos partidos de esquerda para darse conta de que o motor dun cambio posible estaba na sociedade civil e na cidadanía máis activa exemplificouse no proceso cara ás europeas. Iso foi unha das causas que deu lugar a que todo o que viña de atrás fose o que alimentase o magma que aflorou electoralmente en Podemos. Se fose doutra maneira, Podemos existiría, tería a súa importancia, pero non sería o que foi. Xa desde o verán pasado percíbese que, de cara ás municipais, hai sectores da cidadanía que están decididos tamén a dar o salto para ser protagonistas na palestra política. Nós (Anova) apostamos desde o principio para apoiar as Mareas e convidamos as demais forzas políticas a integrarse no proceso das Mareas, pero non usurpándolle o protagonismo á cidadanía activa, senón contribuíndo. Alí onde a emerxencia desa cidadanía era máis potente e onde houbo máis forzas integradas respectando eses criterios é onde as Mareas tiveron máis éxito. A min paréceme que iso corrobora que o motor está na cidadanía activa e hai que apoiar que eses motores continúen actuando. Se Manuel Fraga levantase a cabeza? Collería un pau e partiríalle a cabeza a Núñez (Feijóo). Iso para empezar. En Madrid moitos miran a Feijóo como posible secretario xeral do PP ou como substitución de Rajoy. Aínda sen estes datos, que nas cúpulas do PP se pensase en Núñez para a substitución de Mariano Rajoy é todo un indicio do estado de decrepitude do réxime político e do Partido Popular. Se pensan en Núñez Feijóo é que descoñecen por completo quen é e que falta de nivel ten e sería perfecto porque demostraría que a Marca España está onde está. "Creo que non hai ningunha forza política que poida ser o galo do poleiro e que ademais non somos as forzas políticas as que debamos liderar o proceso ostensiblemente" Cal cre que debe ser o papel do PSOE despois do 24M? A clave está en que recuperen e asuman un proxecto socialdemócrata no sentido clásico. Segundo: Que asuman dunha maldita vez que non poden continuar sendo un dos dous partidos dinásticos. Non poden seguir xogando o papel de ser unha das dúas columnas que soportan o edificio da segunda restauración borbónica. E terceiro: que recuperen a tradición da corrente federalista do PSOE histórico. Pablo Iglesias parece considerar como propio o éxito de Manuela Carmena ou o de Ada Colau. Non o creo. Tiven unha conversa por teléfono con Pablo Iglesias cando a Marea Atlántica da Coruña deseñou un gran mitin onde se convidaba a falar a Pablo Iglesias e a min. Eu tiña decidido non participar presencialmente en actos das mareas das cidades e expliqueillo. Díxenlle que eu creo que está claro, desde as andaluzas, que de cara a unha quebra democrática ningunha das forzas políticas rupturistas por si mesma pode lograr iso e que é necesario falar, dialogar moito e establecer unha estratexia de acordos e alianzas. E que lle respondeu? Que estaba completamente de acordo e que despois do 24M teriamos que falar. Nese contexto, cre que Podemos debe evolucionar a fórmulas máis aló das súas propias siglas en clave de eleccións xerais? Eu sempre procuro non dicirlle a outras forzas políticas o que deben facer. Cando se me pregunta, digo como vexo as cousas. Creo que non hai ningunha forza política que poida ser o galo do poleiro e que ademais non somos as forzas políticas as que debamos liderar o proceso ostensiblemente. O que temos que facer é o que algúns fixemos coas Mareas ou o que fixeron militantes doutras formacións políticas nas Mareas. "Eses son os alicerces e nós contribuiremos para deseñar unha estratexia que permita o que podería ser a nivel de Galicia unha gran Marea" A miña posición baséase en dous postulados. O primeiro: as forzas políticas rupturistas temos que abrir un proceso de diálogo moi serio. Temos que facelo poñéndonos a disposición da cidadanía que foi a protagonista da derrota do PP, polo menos en Galicia. Nos tres concellos importantes de cidades onde o PP tiña maioría absoluta e a perdeu (Santiago, A Coruña e Ferrol), o protagonista desa derrota non fomos os partidos políticos, foi a xente coa colaboración dos partidos políticos que nos integramos aí. Eses son os alicerces e nós contribuiremos para deseñar unha estratexia que permita o que podería ser a nivel de Galicia unha gran Marea. Vai convidar a Pablo Iglesias a esa reflexión? Quedou en falar comigo. Non hai que precipitarse. Se Pablo non se pon en contacto comigo como dixo, chamareino. Xa tiven conversacións con Gerardo Pisarello ou con Quim Arrufat e están moi interesados en que nos vexamos. Xa empezan a celebrarse eses contactos e confío en que Pablo estea disposto a participar nesas conversas. En todo caso, el o que me dixo é que estaba de acordo. Con todo, o que está a emitir Podemos é que está disposto a aceptar a todo o mundo pero baixo o paraugas de Podemos, que é Podemos quen unifica. É un erro? Desde o meu punto de vista, si. Pero teño a miña hipótese de por que se fai. "Esa maioría social dos de abaixo non é un saco de area, senón que é unha diversidade que hai que articular. Para iso hai que ter un criterio dunha alianza de clases da esquerda social" Cal é? Despois de que Podemos apareza como alternativa electoral cun grande éxito pero cunha masa de votantes moi heteroxénea, que pasa? Por unha banda comezan cun discurso de non esquerda/dereita, senón os de arriba e os de abaixo. Mediaticamente paréceme moi lóxico, pero unha cousa é que sexa mediaticamente lóxico e outra é que esquezan que esa maioría social dos de abaixo non é un saco de area, senón que é unha diversidade que hai que articular. Para iso hai que ter un criterio dunha alianza de clases da esquerda social. Como tiveron moito éxito, lanzan a cousa de que "Podemos, Podemos, Podemos"; polo tanto, o discurso dunha formación que se considera hexemónica. A min paréceme que a pregunta que hai que facer é que se tanto cos comicios andaluces coma cos do 24 de maio se corrobora ou non que Podemos é hexemónico, e eu creo que non. Pero dá a impresión de que Podemos variou o seu discurso despois do 24M e volve reivindicarse como unha forza de esquerda, como parte dun cambio de esquerda. Iso demostra que non son de piñón fixo e que non son sectarios. E que, polo tanto, están a tomar nota do que está a ocorrer na dinámica social e sociopolítica. Se iso o aplican, o lóxico é que a reflexión conduza a un discurso inclusivo. E non inclusivo a base de meternos en Podemos, senón a base de que articulemos o que é diverso. "[Podemos] está a tomar nota do que ocorre na dinámica social e sociopolítica. Se o aplican, o lóxico é que a reflexión conduza a un discurso inclusivo. E non inclusivo a base de meternos en Podemos, senón a base de que articulemos o que é diverso" Podería mesmo discutirse a eventual candidatura de Pablo Iglesias ás xerais? Podería ocorrer, pero non é un tema que me preocupe nin me interese porque non me interesan os liderados. Que lle parece cando se di desde Podemos que non pretenden ser a UCI de ninguén? (en referencia a IU). A min paréceme desenfocar o espazo e a temática do debate que hai que dar. En que sentido? No sentido de que estamos no mesmo de sempre. Hai que entender que iso rematou. As mareas non só dinamitaron ao PP, que aínda non está morto en absoluto. As mareas fixeron totalmente obsoletas estas maneiras de enfocar, por parte das direccións dos partidos, a cuestión das dinámicas políticas dos acordos e de toda esta historia. Na última entrevista que lle fixemos vostede dixo que non se volvería a presentar. A miña posición é que o meu ciclo político está rematado e estou nun epílogo. "Eu o que non exclúo é que se resulta que se se considera que eu podo facer unha achega persoal análoga, por pór un exemplo, ao que fixo Martiño Noriega en Santiago, pero tendo en conta que eu teño a idade que teño, entón eu non me nego a reconsiderar iso" Pero estamos nun momento excepcional. Eu o que non exclúo é que se resulta que se se considera que eu podo facer unha achega persoal análoga, por pór un exemplo, ao que fixo Martiño Noriega en Santiago, pero tendo en conta que eu teño a idade que teño, entón eu non me nego a reconsiderar iso. Non me nego a iso, pero só nunha situación desas características eu reconsideraría a miña postura. O líder de Podemos en Galicia, Breogán Riobóo, xa dixo que non a unha gran Marea anticipando que Podemos se presentará ás autonómicas de 2016. Os dirixentes políticos non debemos dar por sentado aquilo sobre o que non temos a seguridade de que vaia a ser así. Eu vexo altamente improbable que á volta do verán Podemos manteña esa posición. Será Galicia o único territorio onde os de Pablo Iglesias non poidan configurar unha lista coas súas siglas? Seica a dirección de Podemos considera que o resultado e o éxito das Mareas en Compostela, A Coruña e Ferrol correspóndelles a eles. É patrimonio seu? Se non o é, que desde logo que non o é, que potencial ten en Galicia Podemos para facer iso que di? |
PRAZA_20986 | As persoas con contratos temporais, a tempo parcial, nomeadamente mulleres, de menor idade e sobre todo no sector servizos sufriron máis a perda dos seus postos de traballo, segundo amosan as cifras da EPA. Tamén o emprego industrial sufriu un importante golpe ao longo do ano 2020 en Galicia | No ano 2020 destruíronse 15.100 empregos en Galicia, segundo revelan os datos da Enquisa de Poboación Activa, coñecidas este xoves. Non semella unha gran diminución, tendo en conta a crise derivada da pandemia de Covid-19, aínda que cómpre ter en conta o impacto dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), aos que se acollen neste momento 34.000 persoas en Galicia, e que evitaron o incremento do número de persoas non ocupadas. Aquelas persoas empregadas en condicións máis precarias (con contratos temporais, a tempo parcial, nomeadamente de menor idade e sobre todo no sector servizos...) sufriron máis a perda dos seus postos de traballoPorén, neste escenario aparentemente sólido hai colectivos que se viron moito máis prexudicados. En esencia, aqueles grupos de traballadores e traballadoras nunha situación máis estable (persoas con contratos indefinidos, habitualmente de máis idade...) resistiron de momento o impacto da crise, en parte porque ata agora puideron beneficiarse dos ERTE presentados. En cambio, aqueles cidadáns e cidadás empregadas en condicións máis precarias (con contratos temporais, a tempo parcial, nomeadamente de menor idade e sobre todo no sector servizos...) si sufriron a perda dos seus postos de traballo.Os traballadores e traballadoras nunha situación máis estable (persoas con contratos indefinidos, habitualmente de máis idade...) resistiron de momento o impacto da crise, en parte porque ata agora puideron beneficiarse dos ERTE presentadosAsí, o numero de traballadores e traballadoras cun contrato indefinido medrou en Galicia ao longo do ano 2020, comparando os datos do derradeiro trimestre de 2019 e o derradeiro trimestre de 2020, pasando de 654 mil a 660 mil persoas. En cambio, o número de persoas que teñen un contrato temporal descendeu de forma moi importante (de 229 mil a 211 mil). O recorte no número de empregos temporais foi especialmente abrupto no segundo trimestre (marcado por un duro confinamento domiciliario e a paralización de moitas actividades económicas), e aínda que no segundo semestre do ano se recuperou algo, non chegou ao nivel co que rematara o 2019.O mesmo sucede ao falarmos dos empregos a xornada completa, que se mantiveron estables neste 2020 (pasaron de 943 mil a 940 mil), pero non así os traballos a xornada parcial, que caeron de 153 mil a 141 mil. A caída do segundo trimestre (que continuou no terceiro) no puido ser remontada do derradeiro trimestre do ano.A poboación máis nova foi a máis afectada pola destrución de emprego neste ano, precisamente por ser a que en maior medida conta con contratos temporais, a media xornada e no sector servizos. O número de persoas ocupadas en Galicia de menos de 25 anos pasou de 41 mil a 31 mil nos últimos doce meses. E tamén descendeu a cifra de persoas ocupadas entre 25 e 34 anos (de 189 mil a 173 mil) e de 35 a 44 anos (de 328 mil a 315 mil). En cambio, o número de traballadores e traballadoras de máis idade si medrou.O número de persoas de menos de 30 anos que figuran como 'inactivas' pasou de 163 mil a 178 milEsta evolución está influída en parte polo progresivo envellecemento da poboación galega, pero este factor explica só unha pequena parte destes cambios.Cómpre salientar que o número de persoas de menos de 30 anos que figuran como desempregadas en Galicia non medrou demasiado no último ano (pasou de 32.400 a 36.900). Pero si o fixo a cifra daqueles e aquelas que figuran como inactivas, é dicir, que non teñen un emprego e non o están a buscar de forma activa (pasou de 163 mil a 178 mil). Unha parte destes mozos e mozas regresaron aos estudos, ante as perspectivas negativas para a consecución dun emprego.As mulleres sufriron máis a destrución de emprego, pola maior temporalidade e a feminización dalgúns dos sectores máis afectadosPara a poboación máis nova o segundo trimestre do ano 2020 foi o máis negativo en termos de emprego, cunha destrución de case 45.000 postos de traballo entre os e as menores de 35 anos. O segundo semestre supuxo unha leve recuperación, especialmente entre o grupo entre 25 e 34 anos, pero claramente insuficiente para chegar aos niveis que se rexistraban o pasado ano nestas mesmas datas.Tamén as mulleres sufriron máis a destrución de emprego neste ano 2020, debido principalmente á maior taxa de temporalidade entre as traballadoras e á feminización e prercariedade dalgúns dos sectores máis afectados pola crise ligada á Covid-19. Mentres que entre os varón a porcentaxe de postos de traballo perdidos foi do 1%, entre as mulleres galegas foi case o dobre (1,81%).A industria galega perdeu nos últimos 12 meses un 5% de todos os empregos, uns 9.000 postos de traballoPor sectores económicos, o impacto foi moi diferente nuns e noutros no conxunto deste ano 2020. Así, en comparación cos datos de hai 12 meses, o sector primario gañou catro mil traballadores en Galicia (especialmente na pesca) e tamén o fixo moi levemente a construción. En cambio, tanto a industria como o sector servizos víronse moi afectados, perdendo 9.000 e 11.000 empregos respectivamente. A industria galega, que mantiña unha tendencia de recuperación dende o ano 2013, perdeu nos últimos 12 meses un 5% de todos os empregos.O sector servizos, amplamente maioritario en Galicia, é o que sufriu unha maior destrución de emprego en termos absolutos, aínda que non relativos (-1,41%). Trátase dun sector moi diverso e dentro del algúns colectivos aparecen como os máis afectados pola crise. Nos 'representantes, axentes comerciais e afíns' destruíronse 6.400 empregos (o 18% do total), no sector das empregadas domésticas uns 6.300 (o 23%) e entre os asalariados e asalariadas da hostalaría uns 6.100 (un 15%)Así, nos 'representantes, axentes comerciais e afíns' destruíronse 6.400 empregos (o 18% do total), no sector das empregadas domésticas uns 6.300 (o 23%), entre os asalariados e asalariadas da hostalaría (excluídos os propietarios e propietarias) uns 6.100 (un 15%), no colectivo de 'outro persoal de limpeza' uns 3.000 empregos (10%), entre os e as 'dependentes en tendas en grandes almacéns' uns 2.300 (un 5%), entre os e as empregadas administrativas con tarefas de atención ao público uns 2.800 (un 10%) e entre outros e outras empregadas administrativas uns 3.100 (un 15%). Todos estes colectivos suman ao redor de 30 mil postos de traballo perdidos.Dende hai meses a Enquisa de Poboación Activa inclúe información sobre o número de persoas que traballan dende os seus fogares, unha práctica de teletraballo que medrou durante o primeiro confinamento da pasada primavera e que algunha empresas mantiveron nos meses seguintes. Con todo, a EPA amosa que o número de traballadores e traballadoras que puideron acollerse a esta fórmula foi en realidade moi pequeno mesmo no segundo trimestre do ano e que nos meses seguintes aínda se reduciu moito máis.No segundo trimestre apenas 180 mil persoas 'teletraballaron' en Galicia, un 17%. No terceiro trimestre a cifra reduciuse ata os 139 mil traballadores e traballadoras e no terceiro baixou aínda máis ata os 129 mil (un 12%)Así, no segundo trimestre apenas 180 mil persoas 'teletraballaron' en Galicia, un 17%. No terceiro trimestre a cifra reduciuse ata os 139 mil traballadores e traballadoras e no terceiro baixou aínda máis ata os 129 mil (un 12%). A porcentaxe de persoas que puideron teletraballar é máis pequena entre as xeracións máis novas (13,8% no segundo trimestre, 10,4% no derradeiro trimestre) e en cambio medra entre os traballadores entre 35 e 55 anos (19% no segundo trimestre, 13,4% no cuarto trimestre), sendo máis reducida no grupo de empregados e empregadas de maior idade (16,3% no segundo trimestre, 9,57% no último trimestre). |
NOS_43727 | Malia que a peza fora recuperada hai moitos anos por un veciño de Carril, o certo é que a mantivo no seu poder até 2014 e non foi até agora cando a colaboración da Universidade de Vigo permitiu identificar o utensilio "con precisión". | Galiza escribe outro capítulo na súa historia grazas ao achado, e recente estudo, da que é a primeira ánfora da época romana detectada no país. Como curiosidade transcendeu que esta era empregada para "transportar viño africano", pois quedaron mostrar no seu interior. A peza foi localizada por un veciño de Carril hai décadas. Estaba na illa de Cortegada cando apareceu a peza pero a gardou até 2014, cando decidiu entregala ao Parque Nacional. Foi a partir de entón cando comezou o traballo para investigar máis sobre este obxecto, para o que se contou coa colaboración da Universidade de Vigo, que axudou a identificar "con precisión" a ánfora. Polo que confirmou a Consellaría de Medio Ambiente, a peza é de tipo Dressel 2-4, un dos que era máis común no Mediterráneo entre o século I antes de Cristo até o século I d.C. O elemento non está completo pero si conserva pescozo e boca. Segundo as e os expertos da Uvigo sábese que este anaco de historia foi fabricado nun taller oleiro de África, concretamente da zona norte. Se usaría, probablemente, "para transportar viño africano como demostra o interior resinado que aínda conserva". O importante deste achado é que representa a primeira ánfora deste tipo saída de África e localizada na Galiza. Aliás, reforza a idea de que Cortegada era un punto importante para o imperio romano e mesmo se fala dun naufraxio alí. "Cabe destacar que a identificación nestes casos adoita ser difícil, non tanto á hora de determinar a tipoloxía, senón máis ben o seu lugar de produción, dado que a pasta cerámica da que están feitas adoita ser moi modificada tras pasar séculos mergulladas no océano", explicaron as mesmas fontes. |
NOS_44085 | A Galiza rexistrou 4.703 denuncias por violencia de xénero en 2021, 1.375 menos que na anualidade anterior. A maioría, concretamente 81,8%, teñen a súa orixe en atestados policiais con denuncia das vítimas. Nesta dirección, o colectivo de mulleres entre 25 e 44 anos concentra 57,7% do total dos casos de violencia. | A Lei 1/2004 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, define a violencia de xénero como a manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, que se exercen sobre estas por parte de quen sexan ou teñan sido os seus cónxuxes, ou de quen están ou teñan estado ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia, e comprende todo acto e violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade. A lexislación estatal diferencia entre violencia de xénero e violencia doméstica, reservando esta segunda categoría para todo acto de violencia física ou psicolóxica exercida tanto por homes como por mulleres, sobre calquera persoa enumerada no artigo 173.2 do Código Penal, agás os casos específicos de violencia de xénero. Neste sentido, a Lei 1/2004 sitúa dentro desta última o delito de lesións, grave ou leve en función da necesidade de tratamento médico, o delito de malos tratos, aplicado sempre como consecuencia da agresión e o delito de ameazas. Denuncias por violencia de xénero no último ano As denuncias por violencia de xénero en 2021 caeron a 4.703. 125 foron presentadas directamente pola vítima; unha por familiares da vítima; 3.845 foron resultado de atestados policiais con denuncia da vítima; 98 foron resultado de atestados policiais con denuncia de familiares; 348 foron resultado de atestados policiais, con intervención directa policial; 213 foron consecuencia do recollido nos partes médicos de lesións e 73 foron formuladas polos servizos de asistencia das diferentes administracións. Nesta dirección, significáronse as denuncias presentadas como resultado de atestados policiais con denuncia da vítima, que representaron 81,8% do total. O informe do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) para 2021 sinala que a Galiza e Castela e León rexistraron a taxas máis baixas de vítimas de violencia de xénero do Estado, con 44,5 e 42,6 casos por cada 100.000 mulleres. Asemade, a media do Estado situouse en 66 casos por cada 100.000 mulleres e as Illes Balears colocouse á cabeza con 103 casos por cada 100.000 mulleres. ANÁLISE | Violencias misóxinas. Lesivas, perigosas e case invisíbeis, por Lola Ferreiro Os datos achegados pola Delegación de Goberno do Estado na Galiza para 2021 presentaron importantes modificacións en relación con 2020. Así, nese exercicio as denuncias presentadas situáronse en 6.078, 22,6% máis que este ano, marcando 7,4% menos que en 2019. A este respecto, en 2020, 78 foron presentadas directamente pola vítima; 20 por familiares da vítima; 4.811 foron resultado de atestados policiais con denuncia da vítima; 89 foron resultado de atestados policiais con denuncia de familiares; 647 foron resultado de atestados policiais, con intervención directa policial; 289 foron consecuencia do recollido nos partes médicos de lesións e 144 foron formuladas polos servizos de asistencia das diferentes administracións. O ano pasado ditáronse na Galiza 1.784 ordes de protección, 1.710 a instancia da vítima e 68 a proposta da Fiscalía. A este respecto, a Estatística de violencia doméstica e violencia de xénero, elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), indica que 1,6% das vítimas de violencia de xénero con ordes de protección ou medidas cautelares son persoas menores de 18 anos e 12,3% mulleres con idades comprendidas entre 18 e 24 anos. Ao tempo, 14% das vítimas de violencia de xénero son mulleres menores de 25 anos, 57,7% mulleres de entre 25 e 44 anos, 20,7 % mulleres entre 45 e 64 anos e 7,6% mulleres maiores de 64 anos. Asasinatos Unha muller faleceu en 2021 a consecuencia da violencia de xénero, tres menos que no ano anterior. Segundo a información fornecida polo Ministerio de Igualdade, "no conxunto do Estado o número de mulleres vítimas mortais por violencia de xénero ascendeu a 47, das que 25 son de nacionalidade española e 22 son mulleres estranxeiras". Neste sentido, a taxa de mulleres asasinadas por millón de mulleres de 14 e máis anos situouse na Galiza en 0,4, estando esta ratio en 1,1 no conxunto estatal. Violencia doméstica 195 varóns, 31 máis que no ano anterior, foron condenados por sentenza firme en instancias xudiciais en 2021 por violencia doméstica. Atendendo ao tipo de infraccións penais imputadas ao denunciado, na Galiza a maioría son de lesións, torturas e integridade moral e ameazas. |
NOS_27544 | O Colectivo Xea fala nesta ocasión do patrimonio natural e paisaxístico do país e da necesidade de protexelo. | Desta volta non imos falar dunha ruta ou lugar concreto. O país ofrécenos multitude de lugares que visitar: na costa, na montaña, pola beira dos incontábeis ríos e regatos, nas contornas de aldeas, vilas e cidades…; uns accesíbeis con vehículos e outros que precisan dunha boa camiñada; algúns moi de moda pola publicidade e as redes sociais e otros máis ou menos, discretamente, coñecidos, pero todos son sensíbeis e, moitas veces, o que os fai famosos causa a súa ruína: por exceso de presión ou por incapacidade material dos concellos que os acollen para levar a cabo a súa xestión. Logo, como cada verán, lemos e escoitamos as queixas de veciños e xestores dos espazos sobre o seu mal uso e/ou o abuso ao que se vén expostos (queixas que en moitas ocasións compartimos) e, en apoio a esas consideracións, queremos facer un chamado á reflexión e ao respecto, porque cando repetimos visita a calquera sitio sempre o atopamos diferente, un cambio que unhas veces, poucas, é para mellor e outras nas que o que máis destaca son os efectos negativos do paso do tempo e, en maior medida, da xente. Ir aos sitios non ten por que ser deixar pegadas do noso paso nin privar os demais da oportunidade de ver e gozar o mesmo que nós vimos e gozamos, polo que consideramos necesario engadir unha nova palabra ás que conforman o título da sección: andar e ver ...e respectar. Coñecer non ten por que ser posuír nin cambiar, é suficiente con ver, lembrar e, se acaso, constatar e/ou recoller unha imaxe do momento. Non é necesario nin respectuoso deixar constancia do noso paso -nin emborreando nin "decorando" nin transformando nada-, por iso, antes de imitar ou repetir xestos ou feitos que poden afectar aos lugares que visitemos, debemos recordar que non ten que converterse en tradición que a un "iluminado" se lle ocorrese un día escribir o seu nome, ou "redecorar" a natureza movendo as cousas do sitio; tampouco é unha tradición a realización de rituais se non se seguen as normas e as datas que a tradición sinala senón, máis ben, unha falta de respecto á tradición. Tampouco son respectuosos cos lugares nin coa contorna moitos dos traballos de acondicionamento que fan os concellos ou a Administración, con intervencións excesivas e introdución de elementos alleos, cando non perxudiciais como algunhas especies de vexetais invasoras. Os espazos só precisan sinais (mariolas, balizas ou marcas de pintura) que sirvan de guías seguras para as e os camiñantes e que eviten perdas e voltas innecesarias. Andar e ver e respectar non é pintar nin decorar nin trasladar nin levar nin deixar nada que non estivera antes. Andar e ver é coñecer e gozar. |
NOS_42213 | O escrito da plataforma de traballadoras e traballadores dos medios públicos da Galiza sinalan o quebrantamento da "obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa". | "Case dez anos despois da aprobación da Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, boa parte dos principios inspiradores da norma son incumpridos a diario pola CRTVG". É a primeira constatación que fai o colectivo Defende A Galega no capítulo de 'feitos', nun escrito dirixido á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño con data deste 10 de xuño, tras tres anos de denuncia pública visíbel a través da redes e dos Venres Negros. O colectivo de traballadoras e traballadores da CRTVG denuncian o incumprimento reiterado da Lei de medios de 2011 por parte da Dirección Xeral da Corporación, "especialmente aqueles que falan de preservar a obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa e de ser o reflexo do pluralismo ideolóxico, político, cultural e social da Galiza". Ademais, lembra, "carecemos dun estatuto profesional e dun consello de informativos", mentres que o director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo -escollido para o cargo en 2009-, "leva case doce anos exercendo esta responsabilidade de forma interina". #VenresNegro160CRTVG Coincidindo co Venres Negro 160, Defende A Galega xustifica a busca de amparo na Valeduría do Pobo "porque o dereito a recibir información veraz é un dereito fundamental" e "porque os medios públicos galegos teñen que selo". Unha vez máis denuncia o desmantelamento progresivo da Radio Galega e da Televisión de Galicia, "que comezou coa supresión das delegacións territoriais de Pontevedra, A Mariña e Ferrol hai unha década e que continúa hoxe en día coa eliminación das desconexións informativas locais, ignorando, polo tanto, moita da información que está máis preto dos galegos e das galegas". Mais tamén alude á lingua e ao uso "abusivo" do castelán tanto na radio como na televisión públicas con entrevistas íntegras neste idioma, como foi o caso, en decembro de 2020, da realizada ao ex alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez. Fundamentos Defende A Galega articula a súa queixa en varios capítulos que van desde o nomeamento da Dirección Xeral, o estatuto profesional e o consello de informativos até o incumprimento de normas básicas para promover a igualdade. En total, o colectivo desenvolve nove ideas fundamentais que destapan o quebrantamento da norma de 2011 e xustifican a demanda de amparo. Ademais dos xa nomeados, Defende A Galega refírese ao "control político, manipulación e falta de pluralismo ideolóxico". Unha instrumentalización partidista dos medios que describe con detalle a través de accións habituais, como relegar á parte final dos informativos noticias contrarias aos intereses da Xunta, do PPdeG ou do PP ou obviar noticias contrarias aos propios intereses -os medios públicos non informaron da concesión do Premio José Couso de Liberdade de Prensa a Defende A Galega en 2019-. "Só entre o inicio da pandemia e finais do mes de maio de 2020 -as eleccións ó Parlamento de Galicia foron en xullo-, os medios públicos transmitiron en directo unha trintena de comparecencias de Alberto Núñez Feixoo, multiplicándose nos informativos as declaracións do presidente da Xunta e do PPdeG, así como as dos conselleiros e as dos membros do partido. Durante ese mesmo período quedou reducida á mínima expresión a presenza dos partidos da oposición e de todos aqueles colectivos ou organizacións críticos", detallan as traballadoras da CRTVG no seu escrito, onde recollen outros acontecementos ben de ocultación ben de noticias que directamente "asumiron" a nota de prensa enviada pola Xunta. Liberdade de expresión e igualdade Defende A galega, pon o foco na supresión da información local, no camiño que está abrindo o castelán na CRTVG malia a creación de iniciativas tan gabadas como o Dígocho eu!, o esnaquizamento do Diario Cultural, o desmantelamento da televisión e da radio, agravado pola pandemia, sen apenas produción propia, sen persoal suficiente, suplindo as carencias de medios humanos e materiais con reemisións de programas e externalización de servizos. A plataforma de traballadoras e traballadores da CRTVG tamén sinala a ausencia de programación infantil, a falta de respecto á liberdade de expresión que atopan nos medios públicos e o xa mencionado incumprimento das normas básicas para promover a igualdade. Denuncian falta de control de comentarios machistas dos programas externos e un aumento preocupante de contidos sensacionalistas. |
NOS_55742 | A Plataforma Proxecto Cárcere da Coruña presenta hoxe un Plan de Viabilidade realizado a partir das propostas de uso e rehabilitación do edificio provintes de persoas e colectivos da cidade e o seu entorno. | Hai máis dun ano que unha serie de colectivos, reunidos nunha Plataforma Cidadá, decidiron traballar para recuperar o antigo cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria. O denominado 'Proxecto Cárcere' pensouse coma "unha ferramenta de articulación das necesidades e propostas da cidadanía da Coruña para o edificio do antigo cárcere da Torre, na actualidade en desuso", explican no seu blogue. Desde entón realizaron numerosas actividades (limpeza do recinto, actuacións musicais, teatro, exposicións,...) e prepararon un Plan de Viabilidade que hoxe presentarán á cidadanía. As diferentes propostas de rehabilitación e uso dos espazos apostan por manter o edificio coa súa estrutura orixinal, baseado en principios de "adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo", segundo apunta a Plataforma. O Cárcere vai ser, para este colectivo, "como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas, un centro sociocultural e da memoria a convivir con un albergue xuvenil, vivendas sociais, centro de interpretación da Torre...". O Cárcere vai ser "como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá" FinanciamentoO Plan de Viabilidade considera ao cárcere da Torre un "ecosistema" de xestión a medio e longo prazo cun "financiamento sostible e sustentábel, considerando diferentes fontes de ingresos. A Plataforma xa se puxo en contacto con varias administracións e solicitou ao concello da Coruña que teña en conta nos seus orzamentos este importante espazo da cidade.A Plataforma deixa aberta a porta á entrada de novas propostas e a negociacións que faciliten a recuperación do cárcere e o seu uso por parte da cidadanía coruñesa. A presentación terá lugar ás 20 horas no ximnasio do Colexio Curros Enriquez (Campo de Marte, s/n) acompañada dunha actividade lúdica-festiva no Campo de Marte que durará desde as 19 horas até a media noite. |
NOS_15519 | Após os resultados do 26 de maio que deixaron o PP sen ningunha alcaldía nas sete cidades galegas, a formación vén de dotarse dun novo órgano denominado 'Comité de cidades' para reforzar o partido nesas zonas. | As urnas do pasado 26 de maio depararon unha baixada acusada de apoios para o Partido Popular nas cidades galegas, deixándoo sen ningunha alcaldía nelas. Apenas mes e medio despois, o secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, anunciou nesta sexta feira 5 de xullo a creación dun novo órgano na estrutura do partido denominado "Comité das cidades". "Na Galiza hai cidades que non saben se van ter un goberno de coalición, un goberno en minoría ou en definitiva se van ter goberno, porque os partidos de esquerda non foron capaces de clarificar como van ser ou se van ser capaces de aprobar os orzamentos municipais para o próximo ano", sinalou Tellado. Este comité, que se constitúe na tarde desta sexta, fórmano as portavocías municipais do partido nas cidades Este comité, que se constitúe na tarde desta sexta, fórmano as portavocías municipais do partido nas cidades e ten coma obxectivo principal "demostrar en cada cidade" que o partido ten "un proxecto cohesionado e unido para defender os intereses" da "Galiza urbana", a pesar de carecer de ningunha alcaldía e de tan só participar no cogoberno de Ourense liderado por Gonzalo Pérez Jácome como rexedor de Democracia Ourensá grazas o pacto acadado co PP para perpetuar na presidencia da deputación ourensá o popular Xose Baltar. Tellado destacou a articulación dun goberno de coalición entre Democracia Ourensá e PP para "facer valer a maioría" A propósito deste pacto, Tellado destacou a articulación dun goberno de coalición entre Democracia Ourensá e PP para "facer valer a maioría" nunha corporación "paralizada durante dez anos por falta de maiorías plenarias". "Démoslle a Ourense o que non se lle deu a Jesús Vázquez cando foi alcalde: unha maioría", incidiu, para a continuación amosar a súa confianza en que a alianza entre Jácome e o PP "sexa frutífera" para ter "un goberno municipal operativo" que "oxalá houbese na maioría de cidades da Galiza". |
NOS_1253 | 125 novos ingresos en apenas sete días, facendo un total de 228. | Segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade, Galiza é o territorio do Estado que máis ingresos rexistrou nas UCI durante os últimos sete días. En concreto, 125 persoas foron trasladadas esta semana á unidade de críticos, facendo un total de 228. Deste modo, a presión sobre as UCI dos hospitais galegos segue a dispararse día tras día, superando folgadamente o pico máximo de ingresos do pasado mes de abril, 177. O especialista en Análises Clínicas Luis Vázquez alertaba esta semana de que a ocupación real das Unidades de Coidados Intensivos era de 76,6%. Deste modo, contabilízanse as 274 camas UCI que notificou Sanidade ao comezo da pandemia, mentres a cifra empregada pola Xunta contempla un total de 750 camas futuríbeis entre hospitais públicos, privados e prazas extrahospitalarias. No tocante ás hospitalizacións convencionais, na Galiza houbo estas últimas sete xornadas 875 ingresos, o aumento máis elevado do Estado após os notificados polo País Valencià (1.513) e Andalucía (1.318). Así mesmo, actualmente os hospitais galegos contan con 1.084 doentes internadas en planta. |
Subsets and Splits