ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_9178 | A plataforma de afectados polo sinistro e a eurodeputada Ana Miranda, que nestes anos actuaron da man en Bruxelas, congratúlanse da investigación aberta pola Comisión Europea sobre as deficiencias do sistema ferroviario español | A plataforma de afectados polo sinistro e a eurodeputada Ana Miranda, que nestes anos actuaron da man en Bruxelas, congratúlanse da investigación aberta pola Comisión Europea sobre as deficiencias do sistema ferroviario españolTras máis de cinco anos de xestións ante diversas institucións comunitarias nas que a plataforma de vítimas de Angrois, con afectados de todo o Estado, foi da man da eurodeputada do BNG Ana Miranda, este xoves uns e outra congratulábanse da decisión da Comisión Europea de abrir un procedemento de infracción contra España tras constatar que "os procesos de seguridade en dito país non cumpren os requisitos da lexislación da UE sobre seguridade ferroviaria". Tanto Miranda como o portavoz da plataforma, Jesús Domínguez, coincidían este xoves en preguntarse cal sería o nivel de incumprimento en 2013, cando ocorreu o accidente, da normativa comunitaria de seguridade de 2004 que a Comisión Europea considera que aínda non está cumprida por parte de España en 2019. "Se a UE di que España aínda non cumpre, moito máis incumpría daquela", din os dous con palabras semellantes.Domínguez, que nos máis de cinco anos que pasaron xa desde o sinistro está a recibir máis respostas e atención por parte das autoridades europeas que das españolas e galegas, considera "triste" que a seguridade ferroviaria en España teña que ser mellorada pola iniciativa das vítimas do seu maior accidente sufrido no sector nas últimas décadas, con 80 mortos, e non por iniciativa dos sucesivos gobernos de populares e socialistas. O portavoz das vítimas agarda que agora o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, os reciba novamente e lles ofreza algunha saída para que se poida realizar a nova investigación técnica do sinistro que vén reclamando a UE. Igualmente, o feito de que durante todos estes anos España non fose quen de cumprir a normativa europea sobre seguridade ferroviaria é para Domínguez outra proba da responsabilidade política "in vigilando" dos ex-ministros José Blanco e Ana Pastor.Pola súa banda, a eurodeputada Ana Miranda, que neste tempo actuou como representante de feito das vítimas ante diversas institucións europeas, cunha actuación directa mesmo na obtención de informes comunitarios para a causa xudicial do sinistro, espera que a decisión agora tomada pola Comisión Europea poida contribuír a que esa instrución penal volva ser reaberta, como xa o foi en 2016, e continúe estendendo responsabilidades por distintos departamentos gobernamentais. Hai un mes e medio o xuíz instrutor, co apoio posterior do fiscal, decidiu dar por rematada a instrución e propuxo levar a xuízo non só ao maquinista do tren Alvia por despistar e non frear a tempo antes da curva de Angrois senón tamén a un cargo de Adif por non dispoñer das medidas de seguridade necesarias para evitar o accidente. Agora Miranda considera que se a Comisión Europea constata que España no está a aplicar correctamente a normativa comunitaria de seguridade ferroviaria, as responabilidades penais poderían ir máis alá dese cargo de Adif. Comparecerá o 'número 2' de Fomento pero En Marea pide que o faga o ministroFomento anuncia que comparecerá no Congreso o 'número 2' do ministerio pero En Marea reclama que o faga o propio ministro ÁbalosTras coñecerse a apertura do procedemento de infracción por parte da Comisión Europea, este mesmo xoves o Ministerio de Fomento anunciou a próxima comparecencia no Congreso do secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Sáura, número 2 do ministro Ábalos. Porén, a deputada de En Marea Alexandra Fernández, especialmente activa na comisión de investigación sobre o sinistro aberta no Congreso, vén de reclamar que sexa o propio ministro o que compareza e considera que o anuncio comunitario "é moi grave, é un mazazo para o Estado español que debe facer as modificacións pertinentes". Tamén houbo reacción á decisión comunitaria por parte do grupo de En Marea no Parlamento de Galicia, onde o vicevoceiro Antón Sánchez, outro dos deputados que máis apoio vén amosando ás reclamacións das vítimas, volveu insistir na súa reclamación de que tamén a Cámara autonómica acolla unha comisión de investigación, á que se vén negando o PP de xeito reiterado.Feijóo, que durante os anos de goberno do PP en Madrid xustificaba os seus compañeiros de partido, di agora que a competencia ferroviaria é competencia do Estado e "alguén terá que responder" ante BruxelasPola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que durante os anos de goberno do PP en Madrid se esforzaba en xustificar os comportamentos dos seus compañeiros de partido, evitou este xoves pronunciarse sobre a cuestión, argumentou que "todo o que se refire a materia de seguridade ferroviaria é competencia exclusiva do Estado, e polo tanto corresponde ao Estado dar conta" e dixo que "alguén terá que responder" das deficiencias que detecte a Comisión Europea. |
NOS_5056 | A semana pasada estiven en Escocia e subín no tren de Harry Potter… Faise un silencio expectante porque o ton da frase non implica punto; nin punto e seguido nin a parte, senón avanzar cara unha historia extraordinaria, cara un efecto máxico, algo que xustifique unha sentencia dese tipo no medio dunha conversa que vai sobre o procés e máis Europa. | Case 48 horas despois do reconto electoral do 21D e á vista das primeiras reaccións, os sentimentos están enfrontados, entre quen pensa que si, que Europa vai pedirlle contas a Rajoy e quen non é tan optimista e pensa que o mesmo é mellor volver subir ao tren escocés a ver se algo de maxia obra a miragre. Sermos Galiza compartiu a xornada cun grupo de Eurodeputados e Eurodeputadas do Grupo ALE que viñeron a Catalunya de observadores internacionais para garantir o desenvolvemento da votación e do reconto. Non o fixeron en misión oficial, conste; a mítica frase en forma de chiste de Soraya Sáenz de Santamaría sobre as Diplocats, agora chamadas "Diplocats… en liquidació" impediu que o traballo desta delegación fora recoñecido formalmente. Entre os seus membros, está a Responsábel de Relacións Internacionais do BNG e próxima eurodeputada a partir de febreiro, Ana Miranda. Hai até uns transilvanos e uns tiroleses, que son entrevistados e entrevistadas por televisións suecas, corsas, chinesas, alemanas e até de Castela e León. O que acontece en Cataluña é histórico, aí non hai partido nin medio de comunicación que non coincida, é a fenda máis grande que se lle ten feito até o momento á sacrosanta Constitución do 78 e por iso o interese internacional. Bar Lugo Non hai tanta coincidencia, sen embargo, en asumir que non foron uns comicios nos que o cidadán votara en clave nin de patrias nin de bandeiras. O dono dun bar de barrio - "alta gama"- ironizaba o propio chaval- explícao dun xeito tan meridianamente evidente que até os eurodeputados/as que aínda quedan a tomar a última birra flipan coa lucidez. Con esa fala que comparten todos os camareros dese tipo de baretos, que ben poidera ser de Vallecas ou Carabanchel, espétanos: "Yo no soy independentista, yo soy un currante, y he aterrizado en Barcelona como podía haberlo hecho en Cádiz o en Murcia, pero estoy aquí y yo quiero trabajar y vivir en paz. Que dejen de tocarme los huevos y de robar en mi propia cara. Siempre lo mismo y siempre los mismos. Así que la cosita está muy clara: o cambio o más de lo mismo, es decir, puteo. No hay más, no hay término medio y si el cambio pasa por votar independentista pues se vota, yo es lo que he votado, no queda otra. No es que nos vayamos a ir o no de España, pero es que joder, lo que no puede ser es que Catalunyha sea el motor de Madrid (por Estado) y Rajoy esté ahí venga a griparnos, que no, que así no salimos adelante". O garito chámase Bar Lugo, alguén pregunta: "Eres gallego?" A lo que el responde: "No, no soy gallego pero soy la polla". Risas xeneralizadas e despois silencio camiño do taxi. Ninguén comparte pensamentos, pero seguro que todo o mundo está dándolle voltas á "filosofía de barra" mentres camiñamos por inercia, os ollos fixos nos teléfonos móviles cos chíos das primeiras reaccións, que van mudando da euforia dos gañadores –Indepes e Cs- ás primeiras mostras de que a situación se pode endurecer. As declaracións de Pablo Casado (PP), de feito, non agoiran unha aceptación moi democrática dos resultados. Composta pero sen mozo Ironías da vida ou de que "hai algo que non fixemos ben", bromea un dos asistentes da delegación, porque o hotel no que se aloxan os eurodeputados está na Plaza de Espanya e é o mesmo no que Arrimadas e Albert Rivera celebran a primeira victoria en votos e escanos dunha formación non catalanista que adianta pola dereita a PP e Convergencia xuntas. Votos que, maioritariamente, ademais, veñen dos cinturóns e barrios onde de seguro que hai moitos bares como o Bar Lugo. O tópico de que os obreiros/as votan á dereita cóase en Catalunya. O tópico e case a falta de respeto, a fórmula que tantas veces usou a vella política para non facer autocrítica en boca, agora, da política nova. Os Comúns, que non entenderon ou non quixeron entender de qué vai isto teiman dende Madrid máis ou menos no mesmo relato co que comezaron a campaña: equiparar DIU co artigo 155 e reprochar ao independentismo que Catalunya, un pobo de esquerdas, agora sexa de dereitas. Arrimadas levaba xa uns días que se vía, pola súa comunicación non verbal, que non as tiña todas consigo. Está contenta, exultante, incluso se lle escapa nun momento determinado do seu discurso un xesto coas mans que amosa como rabia, como: "si, joderos, non gobernarei pero o conseguimos". Pero, sen embargo, non luce ante todas as teles do mundo o vestido que elixiu para a xornada, un modelito branco cun simbolismo ben evidente, non en van as portadas do día da reflexión dos medios estatais nola presentaban como a novia de España. É certo que facía rasca, mais iso non lle impediu ao seu xefe, Albert Rivera, saír case en mangas de camisa e interrumpirlle o discurso cando no tempo case de desconto consiguen un deputado máis a costa do PP. Rivera non está escoitando a Arrimadas; non está vendo ao seu público, Rivera está xa no 2020 ou antes, incluso, imaxinando como lle senta o sillón presidencial. Foi un grande resultado, indiscutiblemente, pero unha victoria agri-doce, pois en Ciudadanos son conscientes de que vai ser moi difícil gobernar e de que o principal obxectivo, ademais, non se cumpriu: o independentismo non perde folgos. A propia candidata recoñece nunha entrevista xa pasada a resaca que preferiría outro sistema electoral, aínda que Cs perdera algún escano, se iso facía que o bloque dos soberanistas non reeditaran a maioría absoluta. O taxista de Albiol Tanto e así que nin siquera hai moita festa na Plaza de Espanya. O taxi que nos baixou até alí conduce mudo, o mesmo é que era o taxista de Albiol, o único, vistos os resultados do PP. PP e Ciudadanos quéixanse de sistema electoral, mais en Galiza, por exemplo, con ese número de votos, os populares serían extraparlamentares. Tres deputados a compartir espazo no grupo mixto cos 4 da CUP; xustiza poética, malia que a candidatura de Carlos Riela merecera mellor resultado. Claro que o mesmo pode ser tamén un bo exercicio para a dereita, para que comprobe que non teñen cornos e rabo, que non están todo o día co "monotema" e que teñen programa, propostas, iso si, propias da esquerda. Ah, e que se lavan! Vivir ou hospedarse nos arredores da Plaza de Espanya implica que se hai follón o máis probable é que no pegues ollo, non foi o caso, así que Ciudadanos debeu optar pola retirada logo dos cañonazos finais con confeti. Visto dende fóra, incluso co bo resultado tamén para os independentistas, a noite non era para moita celebración e menos pública. Nin Junts per Si nin ERC o fixeron. Así que, a verdade, os Dj, os cubatas e o desfase da ANC sobraban, facían sentir a un incómodo, resultaban até obscenos nun momento no que nin a maioría absoluta do bloque soberanista nin o feito de que sigan medrando en votos son garantía de nada. Nin vai rematar xa o conflicto nin os presos políticos van comer o turrón coas súas familias; é máis, o mesmo para a noite das uvas xa teñen compañía, vistas as novas imputacións feitas públicas -cadradas propias da división de poderes- o mesmo día da votación e o posterior. A pregunta era obvia, tanto entre a delegación de eurodeputados/as como entre a xente que se congregaba nos cuarteis xerais dos partidos para o reconto. É unha reacción ao resultado? Por iso todo o mundo é cauto nas euforias, porque o Estado ten mal perder. A saúde da democracia era o que estaba en xogo nos comicios; non respetar o resultado por parte do goberno e colaboracionistas é sinónimo de que os votos lexítimos da xente non foron quen de sanala e, por tanto, haberá que seguir loitando. Megaresultado en diferido As reaccións no plasma de Junts Per Cat e na Estación do Nord, onde se congregaban os de ERC, responderon, por tanto, a unha alegría cauta, nos marcados estilos que diferencian a unha e outra formación, iso si. MegaPuigdemont e os seus celebraron o triunfo sobre o 155 con autosatisfacción e un punto de soberbia, as cousas como son, aínda que teñan motivos para tela e, por suposto, cunha sobreexposición do candidato, incluso calado. Gañou o President, gañou o Govern lexítimo, gañei Eu, nin siquera o partido. Para que logo os todólogos das tertulias asimilen o voto do PdeCat á dereita. A ideación da campaña nos termos nos que se fixo tiña de feito ese obxectivo, atraer apoios á "lexitimadade democrática" non a un partido liberal que, de feito, pouco pintou durante os 15 días de actos electorais e todo apunta que pouco vai pintar. Era unha campaña arriscada, como publicou xa Sermos nunha crónica anterior, unha campaña que podía saír moi ben ou moi mal e, evidentemente, saíulles moi ben. A xente que agardaba a comparecencia de Marta Rovira na Estación do Nord ficaba sorprendida co feito de que, tal e como apuntaban todos os pronósticos, non fora ERC a forza que liderara o independentismo. Recuperou parte dos votos que foran parar á CUP cando decidiran ir en coalición cos ex convergentes e gañou outros, o que fai do seu resultado uns datos históricos, "magníficos" para a formación, comenta algún do seus líderes. Xogaron en inferioridade de condicións, ademais, con Junqueras na cadea e boa parte da candidatura nos primeiros días da campaña, así que teñen que estar contentos. E estano, asegúranche unha vez que xa se pode facer unha análise máis repousada dos datos; pero así, no inmediato, hai certa frustración. Incredulidade, incluso; contábase co crecemento de Ciudadanos pero non escoitarás a case ninguén que imaxinara que fora ser tanto. A saída dos xefes caldea o ambiente, sube os ánimos e desentumece un pouco os osos que se estaban a quedar conxelados coa espera nunha nave arquitectónicamente máis que fermosa pero na que parece que se concentraba toda a humidade xunta de Barcelona. Fronte á autoreafirmación de Puigdemont, o estilo de ERC, en boca de Marta Rovira, é o da satisfacción colectiva polo traballo ben feito e porque se fixo xustiza. A noite do 21D caeron moitos mitos sobre o independentismo e sobre o 1-O, pois a cidadanía, máis de dous millóns de persoas, malia estar enganada, malia escoitar que as empresas marchan, malia o medo que se lles inoculou en moi distintas variantes, votaron República. Marta Rovira, a verdadeira Cid Campeadora desta campaña, fala de que a República gañou ao 155, fala dunha República Social, é dicir, reitera que isto tamén vai de dereita e esquerda e o seu programa é nidiamente vermello. Fala, sorrí, arroupada polos compañeiros e compañeiras, con firmeza pero con humildade; con garra pero con xenerosidade, tanto é así que ten un cariño para os Comúns, para que rectifiquen e se sumen ao mandato maioritario dos cataláns: democracia. Tamén Carles Riela llo ten dito a Xavi Domenech: "de vós esperábamos máis, vós tiñades que estar tamén empurrando, é ou era o voso ADN". Hai unha mensaxe tamén clara para Rajoy, que non agresiva: Vai aceptar os resultados? E logo, o obvio: Retirada do 155, liberación dos presos e diálogo. O propio Rajoy tivo que recoñecer a lección de civismo que deu o pobo catalán, civismo pacífico como salientou a Marta, desmontando así outro mito, outro relato, outra postverdade ou como se lle queiran chamar ás formas de manipulación coas que algúns medios e certos políticos conseguiron que o resto do Estado odie a Catalunya e os cataláns pouco informados acaben votando CS ou Iceta, "porque temos medo". Uber e o marido de Arrimadas "Medo non, pero cando ves que subes ao taxi a tanta xente importante que che di que tivo que sacar os cartos do banco por se acaso, que vai levar as súas empresas fóra para que non lle multe a Unión Europea, cando pasa algo tan grave como o dos atentados e se olvida rápidamente e, sen embargo, pasa o do 1 de Outubro e semella que estoupa unha guerra…. Pois non sabes moi ben que facer". Quen fala é unha taxista colombiana que se salta a normativa de tráfico dun xeito bastante máis delictivo que os supostos grandes males feitos por Junqueras ou os Jordis. Leva máis de 30 anos en Barcelona e sempre votou "partidos de aquí" pero esta vez decidiuse por Iceta. Por un momento parece que fala do candidato de ERC, pero ao preguntarlle para saber se entendimos ben solta un: "nooo, noo, ese que se pudra en la cárcel". Dislle que non será para tanto e entón comeza a recuar, dase conta que lle faltan datos, que fala por falar e entón cambia o discurso e recoñece que a verdade é algo inxusto, porque os que rouban eses si que non están na cadea. O tema da corrupción teno claro, de aí que o de votar a Albiol, o suposto amigo dos taxistas durante toda a campaña, nin se lle acorde. É máis, optou por Iceta e non por un partido catalán porque ela xa pensa en clave estatal e na súa composición de lugar cre que un resultado bo do PSC fará que "por fin botemos ao Rajoy ese". E por que non a Arrimadas? "Porque eses son uns pijos. Din que até son nazis, iso será verdade?" Fas o que podes á hora de respostar pero xa ela mesma continúa soa e dache unha exclusiva: "ademais, o colectivo de taxis decidimos non votala, espero que cumplamos todos, porque aínda onte soubemos que o seu marido fichou por Uber, co dano que nos fai a nós esa empresa". Como a distancia é longa, pasamos por diante de distintos colexios electorais nos que se vía claramente movimento. Imos caladas, pero ela dase conta do que estás a mirar e retoma a conversa. "Nunca vin tanta participación e iso é bo. É que non entendo o seu país, cómo poden queixarse se logo non van a votar. No meu país non é así, e iso que non é como noutros países veciños que é obrigatorio; pero aquí vostedes deberían facelo obrigatorio tamén porque senón isto non ten sentido". Remata a carreira diante do colexio no que eu quedara coa delegación europea. Os eurodeputados/as aínda non están pero si unha rapaza loira que leva por capa unha bandeira Española, mentres coquetea cun apoderado de Ciudadanos que lle explica que vén dende Alicante. A taxista, que tamén se fixou na escena, mírame mentres me dá o cambio e me colle a man –customicei o lazo amarelo para transformalo nun OriolAnel-. Sorrí e pregúntame, entón, vostede pensa que fago ben votando a Iceta? A política resolve o político Iceta recoñeceu que non eran os resultados que agardaba, volveu vestir o traxe presidenciábel vs a estridencia e recoñeceu o obvio, concluiu algo para o que non facía falta pasar nin por uns comicios, nin por apreixamentos nin por postverdades: "Estes resultados teiman en que o político só se pode solucionar con política". O obvio demostra tamén, diga o que diga Arrimadas, que este é un problema entre Catalunya e o Estado, non entre cataláns, pero o Estado semella, alomenos nestes primeiros momentos, que non entendeu res. Ultimo, derradeiro ou o tren de Harry Potter En galego último non é sinónimo de derradeiro, por iso ninguén se atreve a pór a man no lume na despedida, nin os compeñeiros/as xornalistas nis os representantes dos distintos partidos que nos atenderon. O desexabel sería pechar esta serie de crónicas como a Derradeira, pero xa non depende de Sermos Galiza, nin siquera do mandato lexítimo do pobo catalán, depende da "política" e Espanya leva demasiados anos co ceño fruncido. Máis de dous millóns de cataláns tentan aprenderlles, unha vez máis, que é Temps de Revoltes: pacíficas, civícas e sorrintes. Sería bo, non só para Catalunya, que desta volta captaran a mensaxe. Iso ou marchar todos e todas co Roger (ERC) de novo a Escocia a agardar algún poder sobrenatural dese tren de Harry Potter que lles faiga caer da burra. Non queda outra :) |
NOS_13470 | O presidente da Xunta asistiu a un almorzo informativo na capital do Estado para presentar un acto do mandatario estremeño, José A. Monago. | Máis unha vez Núñez Feijóo en Madrid e non para exercer como presidente da Xunta senón como alto cargo do Partido Popular. Desta vez para presentar unha conferencia do mandatario extremeño, José Antonio Monagono Nova Economía Forum. "O pacto está no noso ADN e a exclusión, no dos outros", afirmou Feijóo. O presidente do PPdG asegurou que partilla co estremeño moitas ideas sobre que deben ser os partidos e a política e unha idea de España "desde dous territorios diferentes". "Gobernamos 2 comunidades dunha nación diversa que require adaptarse ao terreo, o que non entenden quen pretende manexalo como un laboratorio da Complutense ou desde unha central en Barcelona", en referencia a Podemos e a Ciudadanos. Feijóo declarou que o que se está a vivir no panorama político é a "disxuntiva" entre o discurso "amigos-inimigos" fronte ao da "rexeneración, reforma e reconstrución". |
NOS_22099 | Dúas informacións en exclusiva de Nós Diario foron citadas no debate da CRTVG entre as persoas candidatas nas eleccións do 12-X. | O debate a sete entre candidatos e candidatas ás eleccións do 12-X que se desenvolveu na CRTVG na noite desta segunda feira estivo repleto, como todo debate que se preze, de cifras, estatísticas, datos... e referencias por parte das e dos participantes a novas e informacións dos medios de comunicación. E aquí apareceu Nós Diario. E por dúas veces. A primeira, de man do candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, que leu un extracto da carta da directora de DomusVi San Lázaro que deu a coñecer en exclusiva este medio. A carta, enviada pola directora ás familias das persoas usuarias, e á que tivo acceso en exclusiva Nós Diario, sinalaba que a Consellaría de Sanidade tardou catro días en dar o visto e prace aos traslados de usuarias e usuarios contaxiados aos hospitais. Tamén aseguraba que o Goberno galego excluíu das derivacións a centros hospitalarios os grandes dependentes e sinala que non recibiron os tests PCR até o 3 de abril, "14 días despois do brote... sen palabras". Unha información que nos días seguintes foi recollida por diferentes medios e que tamén provocou reacción políticas, coas forzas da oposición demandando explicación ao Goberno galego. Mais non foi esta a única información publicada por Nós Diario que se citou no debate. A candidata do BNG, Ana Pontón, instou Núñez Feixoo a explicar "por que mirou para outro lado" perante as advertencias do Consello de Contas sobre as residencias, que destapara Nós Diario. Nesa reportaxe, mostrábase como a Xunta coñecía desde 2017 as graves deficiencias das residencias privadas. A falla de medios humanos e o incumprimento das condición contractuais nos centros de maiores eran coñecidos polo Goberno galego desde, cando menos, 2017. O Consello de Contas informou a Xunta de Galiza das graves eivas. Nas case tres horas de debate non foron poucas as referencias a temas que foron tratados e analizados en Nós Diario, desde todo o relativo a Pemex até a crise industrial da Galiza, pasando polo esfarelamento do sistema financeiro galego ou o movemento contra a censura e manipulación na CRTVG, entre outros. |
NOS_21050 | A mocidade do BNG únese nunha soa fronte común. | Galiza Nova e Isca! veñen de asinar na mañá desta terza feira a integración de Isca! no seo de Galiza Nova. As dúas organizacións declararon que a coincidencia nas súas análises sobre as problemáticas da mocidade foron claves á hora de acadar este acordo. Consideran que o presente político de Galiza amosa que "a mocidade do país vive desde a crise do 2008 un proceso de erosión social e económica que a actual crise sanitaria viu a agravar". Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova, referiuse "ás altas taxas de desemprego xuvenil, á emigración forzada ou ao desmantelamento paulatino de servizos públicos básicos, como o ensino, a saúde ou o transporte", aos que suma "o embate do Estado Español contra os dereitos e as liberdades políticas máis básicas". Pola súa banda Daniel Barral, de Isca! considera que "o panorama actual fai que sexa preciso unirmos forzas e facermos fronte común", pois, segundo considera "a mocidade nacionalista organizada debemos xogar a nosa parte". Defendeu a República Galega "como único futuro posíbel para a mocidade para alén de ser o "único" a través do cal "conducir todas as loitas", facendo fincapé na loita de clase, o feminismo, a loita LGBT, o antiimperialismo e "calquera outra loita contra a opresión ou discriminación". Na rolda de prensa sinalaron que coa sinatura deste acordo a mocidade que participa do BNG pasará a estar integrada nunha soa fronte común, consolidando Galiza Nova como a organización política referencial para a mocidade galega. |
NOS_33912 | A conmemoración desta data recoñece o papel que moitos homes e mulleres desenvolveron ao longo da historia na defensa da propiedade comunitaria, dos montes veciñais en man común desde hai xeracións. | Arredor de 80 persoas asistiron hoxe á celebración do primeiro Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal en Mazaricos. O evento comezou cunha xornada na Casa de Cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón, que lembra o asasinato do veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', a mans da Garda Civil en 1963 durante as mobilizacións a prol desta forma tradicional de propiedade. No acto estiveron presentes os seus fillos. Nos actos interveu o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco e os fillos do veciño de Eirón Xosé Esperante, 'Che de Pedro'. A conmemoración desta data recoñece o papel que moitos homes e mulleres desenvolveron ao longo da historia na defensa da propiedade comunitaria, dos montes veciñais en man común desde hai xeracións. Os actos foron organizados pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto Galego de Terras Comunitarias. Ao remate do acto plantáronse dous carballos como homenaxe. Reivindicacións O presidente da Orgaccmm, José Pereira, explicou a Nós Diario que será a primeira vez que se realice este acto "malia que xa se aprobara en 2014 na asemblea de Lugo". A iniciativa pretende "ter continuidade" e lembrar "a loita histórica da veciñanza comuneira que foi quen aguantou todas as vagas hostís e agresivas que levan 200 anos enriba nosa", sinala este comuneiro. |
NOS_18518 | A ocupación medra menos con respecto a períodos anteriores, advirten os sindicatos, preocupados pola temporalidade e precariedade. | O segundo trimestre do ano rematou na Galiza con 18.600 persoas ocupadas máis que no trimestre anterior e con 13.500 desempregadas menos, segundo os dados da EPA. "Trátase do peor dato de ocupación dos últimos anos, xa que esta medrara en 25.700 no mesmo período de 2018", indican desde a CIG. "O emprego que se crea é precario: hai 10.100 novos empregos temporais, mentres que o emprego indefinido estáncase", indica CCOO. A temporalidade que se estende no mercado laboral galego volve ficar en evidencia. O sindicato nacionalista indica a maior parte dos novos contratos tiveron carácter temporal, superando 90%, e foron asinados por homes (74,2%), "o que fai aumentar de novo a diferenza entre as taxas de paro masculina e feminina". Unha afirmación que ratifican desde Comisións cando sinalan que "só tres de cada dez empregos creados foron para mulleres". "A maioría do emprego creado foi entre os homes (74,2%), o que provoca que volva medrar a diferenza entre as taxas de paro masculina e feminina", indica a CIG. O medre da ocupación tamén mellorou a situación dalgúns fogares que contaban con todos os seus membros no paro. Con todo, lembra o sindicato nacionalista, rexístrase un número moi elevado de fogares (52.200) con algún membro activo no que todos están parados. |
PRAZA_3012 | Sánchez xurará o cargo o mércores, o xoves farano os ministros e o venres prevese o primeiro Consello | Sánchez xurará o cargo o mércores, o xoves farano os ministros e o venres prevese o primeiro ConselloChamamentos desde a dereita ao transfuguismo e mesmo á intervención das forzas armadas pairan este martes sobre o Congreso e os seus 350 deputados e deputadas, que este mediodía se reúnen novamente en pleno para, en segunda volta, votar de novo a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno central. Unha sesión que poderás seguir aquí mesmo desde as 12:00 horas:Sánchez será investido presidente se logra máis votos a favor que en contra, algo que xa conseguiu hai dous días por unha diferenza mínima, 166 fronte a 165,Sánchez será investido presidente este martes se, despois de non obter o domingo a maioría absoluta da Cámara (176 votos dos 350 posibles), logra desta volta máis votos a favor que en contra, algo que xa conseguiu hai dous días por unha diferenza mínima, 166 fronte a 165, con 18 abstencións de ERC e Bildu. Dará inicio así ao primeiro goberno de coalición, con Unidas Podemos, en catro décadas, algo habitual en toda Europa e mesmo en España tanto nas comunidades autónomas como nos concellos. Os executivos de coalición son habituais en Europa e en Galicia xa gobernaron a Xunta en dúas ocasións, en 1987 e 2005En Galicia a primeira experiencia dun goberno de coalición produciuse en 1987, tras a moción de censura contra o popular Gerardo Fernández Albor que levou á presidencia da Xunta ao socialista Fernando González Laxe co apoio do tránsfuga José Luis Barreiro Rivas e a súa Coalición Galega e do Partido Nacionalista Galego. E a coalición foi novamente a forma de goberno elixida en 2005 polo PSdeG e o BNG para facer presidente a Emilio Pérez Touriño. Coalicións que hoxe son a forma de goberno en 13 das 17 comunidades autónomas.Sánchez prevé que o venres se celebre xa o primeiro Consello de MinistrosEste martes os votos a favor e en contra que agarda recibir Sánchez poderían variar lixeiramente, pola banda do si pola asistencia ao pleno dunha deputada dos comúns cataláns que non o fixo o domingo por enfermidade, e pola do non pola posible abstención en segunda volta de deputados que hai dous días rexeitaron ao socialista, como a deputada de Coalición Canaria Ana Oramas que votou en contra malia que a súa formación decidira que debía absterse.Malia a posible variación dalgúns votos, o resultado sería a diferencia máis axustada entre sies e noes desde a restauración da democracia, só comparable coa investidura en 1996 de José María Aznar con 166 votos en contra. A partir da investidura deste martes, a previsión coa que traballa Sánchez é a de xurar e tomar posesión do cargo este mércores día 8, que os ministros e ministras o fagan o xoves 9 e que o venres 10 se celebre o primeiro Consello de Ministras. |
NOS_11200 | Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos, desfrutou durante un ano dos servizos dun auxiliar co que non asinou nengún contrato e que traballaba sen estar cuberto pola Seguridade Social -por espazo dunha hora diaria- na súa casa. | Desde 2013 a lei obriga o empregador a facer fronte á cotización social das persoas que traballan no lar familiar. Echenique non o fixo. "El pagaba os autónomos e chegou un momento en que deixou de o facer. Díxome que tiña problemas para chegar a fin de mes, que a cota era inasumíbel. Ten catro fillos e deille un tempo para regularizar a situación. E como non o fixo, rachei a relación", dixo Echenique a El Heraldo de Aragón, meio que deu a noticia. A explicación do número 3 de Podemos non se ten de pé porque, segundo a lei, sería el quen tería que asumir as cotas da Seguridade Social e non o traballador. Echenique responsabiliza desta situación a un sistema "que empurra moita xente humilde a participar na economía sumerxida", embora admite que, ao ser consciente de que o auxiliar non estaba coberto pola Seguridade Social, sabía "que non estaba facendo as cousas ben". |
NOS_52401 | Os progresos realizados no mundo en materia de igualdade entre mulleres e homes sufriron un importante retroceso por causa da crise sanitaria global. Tras un ano de pandemia, as mulleres volveron saír onte ás rúas para exixir mudanzas substanciais a nivel económico e laboral. E, tamén, que as deixen de asasinar. | A primeira liña de defensa na loita contra a Covid está conformada por mulleres, que son o grupo maioritario nos servizos de saúde (76%) e de coidados no mundo (86%). Porén, apenas están representadas no proceso de toma de decisións. Segundo un estudo de 2020, de 115 equipos de actuación a nivel nacional contra o coronavirus en 87 Estados do mundo, 85,2% estaban compostos principalmente por homes, en tanto que en 11,4% a maioría era mulleres, e en 3,5% eran paritarios. Esta foi unha das denuncias realizadas onte con motivo do Día Internacional da Muller, que levou por lema "Mulleres e liderado: Atinxindo un futuro igualitario nun mundo Covid-19", para salientar o inmenso esforzo realizado por elas para superar a crise sanitaria mundial, e que se marcou en todo o mundo con diferentes actos e manifestacións. O efecto do coronavirus tamén tivo un impacto significativo no traballo non remunerado de coidados e de atención dentro da casa: as mulleres pasan 62 horas por semana coidando das crianzas (en comparación ás 36 horas dos homes) e outras 23 horas por semana facendo labores do fogar (por 15 dos homes). Hai máis datos socioeconómicos que continúan a facer do 8 de marzo unha xornada necesaria. Segundo Nacións Unidas, case 60% das mulleres a nivel mundial traballan na economía informal, o que provoca que gañen menos, teñan menos posibilidades de aforrar e maior risco de caer na pobreza. Globalmente, as mulleres gañan 23% menos que os homes e a súa representación política esta infra-dimensionada: tan só ocupan 24% dos asentos parlamentarios. Ademais, unha de cada tres tivo algún tipo de experiencia de violencia física e sexual. Estas cifras non fixeron máis que empeorar durante a pandemia. No caso concreto da UE, segundo recolle un informe publicado pola Comisión, as desigualdades exarcerbáronse en case todas as áreas da vida, dando pasos atrás no camiño avanzado nos últimos anos. Así, por exemplo, en Francia houbo un incremento de 32% nos episodios de violencia machista dentro do fogar no inicio do confinamento; en Irlanda quintuplicouse o número de sentenzas; e en España as chamadas de emerxencia aumentaron en 18%. Actos desde o domingo En Europa o Día Internacional da Muller estivo marcado polas restricións pola pandemia, mais non impediu que se organizasen numerosos actos. Nalgúns lugares, como en Francia, adiantáronse xa o domingo, con miles de persoas concentradas en París, Lyon, Montpellier ou Marsella, e foi convocada unha folga feminina para onte, día que concentrou o groso de actos no mundo. Por exemplo, en Australia centos de traballadoras concentráronse ante os edificios gobernamentais en Sydney para condenar a violencia contra as mulleres e pedir igualdade nos centros de traballo. O Goberno acaba de lanzar unha campaña millonaria alentando a denunciar cando se é testemuña de faltas de respecto ás mulleres, no medio da polémica pola denuncia por violación o mes pasado de tres empregadas do primeiro ministro, Scott Morrison. Tamén na India, arredor de 20.000 mulleres uníronse onte aos labregos concentrados desde decembro ás aforas de Delhi en protesta polas novas leis que abren o mercado de produción agrícola aos inversores privados. As mulleres deron discursos e fixeron pequenas marchas. En Rusia, día festivo, celebrouse con desfiles. O 8 de marzo conmemórase nos antigos países da URSS desde 1917, cando as mulleres gañaron o dereito a votar (a data foi adoptada en 1967 polo movemento feminista, e en 1977 a ONU estabeleceuna como día oficial; aínda que o Día Internacional das Mulleres se celebraba nos EUA desde 1910 e en varios países europeos desde 1911). Do outro lado do Atlántico, en Latinoamérica, a xornada tamén se viviu con especial intensidade tras un ano de pandemia, cun legado de 118 millóns de mulleres na pobreza, un retroceso sen precedentes na taxa de ocupación e o aumento dos feminicidios. En Arxentina, Brasil, Chile, Ecuador, entre outros países, organizaron concentracións, con forte presenza policial nalgúns casos. En México, os edificios oficiais foron valados, e as feministas convertéronos en "muros da memoria", escribindo os nomes das mulleres asasinadas. 'Feminismo e autodeterminación', seminario sobre as barreiras ás mulleres en política A Alianza Libre Europea (ALE) organiza mañá un seminario virtual a través de Zoom para analizar os retos que afrontan diariamente as mulleres no mundo da política. "A participación lena e activa das mulleres en política é esencial en democracia", sinalan desde o partido político europeo que representa case medio cento de formacións nacionalistas progresistas da UE. O seminario, Feminismo e autodeterminación, comezará ás 18 horas (cómpre rexistrarse na web). Contará con Jule Goikoetxea, investigadora en Teoría Política; Jill Evans, ex eurodeputada do Plaid Cymru; Valentina Servera, da organización xuvenil da ALE; e Lorena López de Lacalle, presidenta da ALE. Cales son as barreiras das mulleres en política e as súas causas e como atinxir unha maior participación serán os temas centrais a tratar. |
NOS_38253 | O Goberno xustifica a medida nas "eivas" das súas forzas e gastará unha enorme cantidade de cartos en armamento e adestramento en medio dunha crise social de alta intensidade. | O Ministerio de Defensa xustifica a concesión dun crédito adicional de 900 millóns de euros debido ás "carencias" que, segundo asegura, existen tanto na preparación dos efectivos como no que afecta á seguridade destes, xa sexa nos Exércitos de Terra e do Aire como na Armada. Así se recolle na memoria do decreto aprobado a semana pasada polo Consello de Ministros para a concesión de créditos extraordinarios no orzamento de varios ministerios e segundo o cal -e a pesar da crise social e os recortes en servizos públicos- concédense máis de 900 millóns de euros extra para "atender ao pago de programas especiais de armamento así como para gastos de adestramento e alistamiento da forza conxunta". Necesidades Segundo esta memoria oficial, por exemplo, as "necesidades" do Exército do Aire consisten en combustíbel para a instrución, dietas pola participación do persoal en operacións ou exercicios de defensa aérea e multinacionais, ou reunións e cursos de simulador. Varios avións do exército participan en exhibicións aéreas que provocan enormes gastos, como ocorreu na Coruña hai dúas semanas. |
NOS_58408 | As diferentes candidaturas da AGV FRUGA acadaron un total de 5 vogais (1 nas Rías Baixas, 1 en Valdeorras, 2 en Monterrei e 1 da candidatura unitaria da Ribeira Sacra) nas eleccións aos Consellos Reguladores do Viño. Van, logo, iniciar contactos e conversas con outras organizacións de cara a propor nomes para as presidencias dos mesmos. | Desde a Asociación Galega de Viticultura (Federación Rural Galega) hai un criterio de apoiar consensos maioritarios nas distintas Denominacións de Orixe onde hai representación: nas Rías Baixas apóstase por unha continuidade no traballo feito ata agora, e pola estabilidade do sector, o que pasa tamén polo autocontrol das produccións; na Ribeira Sacra tamén se apoia a actual xestión, onde a AGV-FRUGA vai participar por primeira vez con presenza directa; na DO Valdeorras apoiará unha presidencia de continuidade coa dirección anterior, que significou a normalización das relacións entre seus integrantes e os grandes proxectos de promoción dos viños da comarca. En Monterrei a AGV-FRUGA quere artellar un consenso en favor da realización de cambios na xestión da DO para fortalecer os vencellos entre viticultores/as e adegueir@s coa imaxe da zona. E no Ribeiro, no que non hai representación da AGV, se espera tamén unha presidencia que apoie os cambios realizados recentemente polo Consello Regulador, como foi o cambio do regulamento que actualmente ten parado a Consellería de Medio Rural e do Mar. |
NOS_44561 | O BNG aprobou unha proposta de resolución, durante a súa XIV Asemblea Nacional, de rexeitamento da mina a ceo aberto en Corcoesto | A militancia do BNG reunida na capital da Galiza na decimocuarta asemblea nacional da fronte deu luz verde a unha proposta de resolución en contra da instalación dunha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesco, Cabana de Bergantiños. Na proposta ínstase a Xunta de Galiza a "non aprobar este proxecto". No texto denúnciase que nos atopamos ante un "megaproxecto mineiro que minimiza os custos de produción a base de tecnoloxías obsoletas e contaminantes", procurando así "maximizar os beneficios da multinacional mineira". Na proposta sinálase que o proxecto vai afectar a máis de 700 hectáreas "con cortas a ceo aberto, balsas e escombreiras, alén dos riscos de usar millóns de litros de cianuro", no que se cualifica dun proxecto "propio dunha época colonial". Aliás, sinálase que a disculpa de crear "uns poucos postos de traballo" durante un "curto período de tempo" non pode xustificar "a destrución total dun territorio". |
NOS_3630 | A viceportavoz do Grupo do BNG, Olalla Rodil, defendeu na tribuna parlamentaria as 40 propostas de resolución presentadas pola súa formación que, salvo sorpresa última, quedarán todas elas no caixón sen aprobar. Iniciativas, dixo, para "deixar atrás a resignación" nunha Galiza na que, advertiu "non falla o país; falla o traxe, o goberno". | No seu discurso na derradeira sesión do Debate sobre o estado da nación, Rodil fixo unha alegación a favor da mocidade, que "é futuro" pero que "sobre todo, é presente". Para iso, dixo, é preciso facer políticas que dean "oportunidades" á primeira xeración que ten "peores" perspectivas que os seus pais e nais e que teñen "que esconder" os títulos obtidos para lograr un traballo sen que pareza que teñen altas "expectativas" salariais. Rodil, que lembrou que ela mesma naceu en 1989 -despois do primeiro debate do estado da nación- e aproveitou para lamentar que en ningún dos actos que conmemoran 40 anos da autonomía no Parlamento participou ningún menor de 40 anos-, proclamou que a Covid abriu "unha nova era" e preguntouse se, nela, "van sacar tallada o mesmo puñado de empresas" ou as maiorías sociais. Após ironizar que "só faltaba" que 40 anos despois do inicio da autonomía non houbese na Galiza máis centros de saúde ou quilómetros de estrada que cando comezou a autonomía, insistiu en se realmente se está construíndo un país que ofreza máis oportunidades que hai unha década". Os mozos de entre 20 e 35 anos son "a xeración estafada" e, en lugar dun mundo que se "rende aos seus pés", como se lles prometeu, o que atopan é "unha fila do paro máis longa que a cola da 'Ruta' ou do Maycar en hora punta", afirmou aludindo a dous dos locais de lecer nocturno máis concorridos da noite estudantil compostelá. "O que falla non é o país, senón vostedes" Así, e seguindo a liña do discurso da súa portavoz nacional, Ana Pontón; Rodil insistiu en que os últimos 12 anos levaron a "un país que se fai máis pequeno: en poboación, en emprego, en industria, en innovación". Pero fronte a que se "faga crer que o país non dá máis de si", sinalou, o BNG afirma que hai que "romper co 'bussiness as usual', con novas ideas e ferramentas, e levantar o freo" ás políticas populares. "O que falla non é o país, senón vostedes", aseverou. Con mención especial e mostra de "agarimo" ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, empregou a súa "retranca" para comparar a situación da Galiza co que ocorre cando chove, momento en que aparecen os comentarios de "hai mal tempo". Así, e apelando a unha expresión popular en Alemaña, Olalla Rodil subliñou que "non hai mal tempo, o que hai é roupa inadecuada". "Non falla o país, o que falla é o traxe, o goberno, vostedes que, sendo rigorosos, gobernaron 34 dos 40 anos", aseverou a deputada nacionalista, quen fiou con que o actual marco político estatutario é "dous ou tres tallas máis pequenas do que necesita este país". Por iso, propuxo a apertura dun debate "sereno, democrático e con altura de miras" para abordar o status político da Galiza, pero que non conta co apoio da maioría parlamentaria. Corenta propostas do BNG O BNG propón 40 propostas para "deixar atrás a resignación, pondo a riqueza e o talento da Galiza ao servizo do país e as maiorías sociais e non nun puñado de multinacionais", na que Galiza teña "máis poder de decisión, sexa máis xusta socialmente e con máis oportunidades". As iniciativas rexistradas apostan por reclamar as competencias pendentes no Estatuto e as pactadas en acordos parlamentarios, un concerto económico, unha lei "clara, audaz e valente" para "pór fin ás portas xiratorias" e dar "máis participación cidadá" con consultas populares e unha nova lei de medios públicos para elixir a Dirección Xeral por concurso público. Os nacionalistas tamén rexistraron emendas para reforzar a atención primaria con 200 millóns de euros, un modelo de residencias "público" e unha rede de proximidade de coidados, así como gardarías gratis "si, pero públicas". Ademais, o Bloque recolle nas súas propostas dar garantías á interrupción voluntaria do embarazo en centros públicos (o 77% faise en clínicas privadas) e pedía un pronunciamento da Cámara para "rexeitar con claridade e rotundidade" o "discurso do odio da extrema dereita" que está "detrás das agresións que atentan contra a dignidade humana", incluíndo un "cordón sanitario" a pactar con estas forzas políticas. "Esa é a única violencia que existe neste país (agora), a machista, a racista e a homofóbica", remarcou. No ámbito económico, financiar o ámbito da ciencia co 1,5% do PIB como referencia, impulsar 50.000 postos de traballo en distintos ámbitos, incluídos de nova demanda do mercado laboral, que favorezan a incorporación de mulleres e novas, e un plan para o sector industrial para crecer ao 25% en 2030. |
NOS_55736 | Impulsor@s da iniciativa afirmaron que están a rexistrarse como partido político para concorrer aos comicios do mes de maio. VÍDEO NO INTERIOR. | Esta quinta feira (9 de outubro) a Praza do Obradoiro foi o emprazamento de máis unha presentación pública. Desta volta, a de 'Compostela aberta', unha iniciativa coa ollada posta nas eleccións municipais de 2015. Impulsada através dun manifesto pendurado na rede e baixo o paraugas das denominadas 'marés cidadás' este movemento político visa, segundo @s integrantes, dar o "recambio" que precisa o goberno local da cidade perante o "expolio, corrupción e ineficacia" que impera, din, na capital galega. Através da leitura do manifesto fundacional, 'Compostela aberta' presentouse aos medios de comunicación e á veciñanza compostelá se ben, xa leva desenvolvidas diversas asembleas ao longo das últimas semanas. O seu obxectivo é candidatarse aos comicios do vindeiro mes de maio e facerse co executivo municipal. Para iso, avanzaron que xa están a formalizar o seu rexistro como partido político e a artellar unhas xornadas que terán lugar o vindeiro mes de Novembro. Neste encontro, visan recompilar propostas para un futuro programa electoral e mesmo perfilar nomes para a candidatura. |
PRAZA_13682 | Pedro Puy asegura que o Grupo Parlamentario Popular traballa coa previsión de que o labor da Cámara se reinicie con normalidade no outono despois de que a presidenta do Parlamento admitise que Feijóo sopesa o anticipo electoral | Descoido ou globo sonda? O pasado domingo a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, internouse no debate que, dun xeito cada vez menos calado, percorre os corredores das principais institucións do país e que impregna este verán dun clima político moi semellante ao do estío de 2008. Cuestionada na Cadena SER pola data das próximas eleccións a segunda autoridade de Galicia considerou "unha parvada" non admitir que o presidente da Xunta está "pensando" no momento en que chamará a cidadanía ás urnas, non só pola proximidade do remate do mandato -esgótase en marzo- senón tamén porque, canto máis se achega a fin do ano, "formúlase a cuestión de se se fan ou non se fan Orzamentos". Vinte e catro horas despois o outro principal representante do PPdeG no Pazo do Hórreo, o voceiro Pedro Puy, tentou arrefriar o ruxerruxe que a presidenta alimentara. Puy tentou arrefriar os rumores de adianto que a presidenta do Parlamento alimentara vinte e catro horas antes "En absoluto", respondeu Puy ao ser cuestionado en torno á posibilidade de que o Parlamento xa non retome o seu traballo ordinario á volta do verán. O conservador xustifica a súa afirmación sinalando que a súa formación está "introducindo cuestións relevantes" na axenda política como a modificación de órganos consultivos, caso do Consello Económico e Social. Isto, di, non é máis ca unha mostra de que "estamos traballando na previsión do que é previsible, a celebración dun período de sesións no vindeiro outono", isto é, o desenvolvemento da actividade parlamentaria entre o 1 de outubro e o 31 de decembro. Puy procura tamén transmitir unha sensación de plena normalidade precisamente no ámbito orzamentario, ao que facía referencia Rojo. Neste caso, di, este é o momento de que a Consellería de Facenda inicie os traballos para elaborar as contas do vindeiro exercicio. Se ben é certo que o Goberno galego lle vén de de dar o sinal de saída á composición dos Orzamentos de 2013, coa publicación das instrucións a tal efecto no Diario Oficial de Galicia do pasado 8 de xuño, non o é menos que esta orde está datada a finais de maio e que responde a un trámite habitual que podería ficar paralizado se, finalmente, Feijóo decide adiantar a convocatoria electoral, potestade que lle corresponde unicamente a el e que, a priori, non utilizará ata, cando menos, despois do verán. Aínda que publicamente o presidente mantén que a cuestión do anticipo só lle interesa á oposición, no seu entorno admítese máis ou menos abertamente que o mes de agosto será o escenario temporal que Feijóo empregue para, como Emilio Pérez Touriño hai catro anos, decidir se esgota ou non a lexislatura. Unha convocatoria a comezos de setembro permitiría ir votar a finais de outubro En caso de decidise o anticipo, á volta do verán tería tempo dabondo para, por exemplo, fixar a data dos comicios contra finais de outubro, xa que a lei estipula que a convocatoria debe estar asinada cincuenta e cinco días antes das eleccións. Así, por exemplo, un decreto de convocatoria asinado a comezos de setembro permitiría ir votar o 28 de outubro e, deste xeito, o Parlamento xa non reiniciaría a súa actividade ordinaria á volta do mes de agosto. Neste escenario, de que depende a decisión? Oficialmente, como é de agardar, tanto dende o PP como dende o Goberno maniféstase que o único que terá en conta Feijóo para decidir son "os intereses de Galicia". Á marxe disto, entran en xogo factores internos e, sobre todo, externos, como o ritmo dos novos recortes do Goberno central ou a posibilidade de que o lehendakari, Patxi López, decida tamén adiantar as súas eleccións, que xa cadraron coas galegas en 2009. A posibilidade de abortar de facto o proceso de primarias no PSdeG ou de evitar que a posible nova alianza nacionalista remate de fraguar son outras das variables a ter en conta nunha chamada ás urnas que cada vez presenta máis síntomas como, por exemplo, a xira sudamericana prevista polo presidente para as vindeiras semanas, a proliferación de inauguracións na súa axenda oficial dende o comezo da primavera ou a celebración en Galicia, sen saír do mes de xullo, dunha conferencia intermunicipal do PP e do congreso estatal das Novas Xeracións do partido. |
NOS_6603 | Chotokoeu é unha banda asemblearia. Non só é un grupo musical, tamén son un colectivo con gana de axitar a cultura e promover festivais e outras accións. Veñen de sacar novo disco e iniciar unha xira por Europa. En Galiza estarán o 12 en Ourense, 19 en Compostela e 26 A Coruña | O seu novo traballo, 'Saír a voar', afonda na súa proposta: fusión, balkan-rock, drum&bass e moita festa. Falamos con Rubén, o seu baterista. - Presentades un segundo disco que fixestes con máis repouso. Que cambiou?- O disco anterior foi recompilar as cancións que viñamos facendo durante bastante tempo, porque o noso comezo foi na estrada, coemzamos a tocar e non paramos ata que pasados catro anos dixemos "hai que gravar". E este, aínda que os temas xa os tiñamos tocado en directo, non foi o mesmo, tivemos máis tempo para arranxalos, para preparalos ben. Hai máis cousas novas, non é tanto recompilatorio como o anterior, a presentación da nova etapa musical como do proxecto no que estamos agora mesmo. - Como definirías esa etapa?- Un pouco é un periodo de moitísima actividade. Digamos que temos que temos a máxima enerxía posible para poñer todo o que poida cada un dentro do proxecto para que saia para adiante, como di o título do disco, 'Saír a voar', coller o disco e moverse a onde sexa coa nosa música, coa nosa maneira de ser e intentar que a xente o coñeza. - Gravastes o disco en Pau (Francia), e seica foi unha festa. - Foi unha experiencia potente, ir tan lonxe tiña os seus pros e os seus contras, pero a idea era estar desconectado da vida de cada un e centrarse na gravación. - Compoñedes todos as cancións, non?- Si, é algo que intentamos mantelo, porque creo que enriquece moito. É bastante libre, a verdade, aquí non hai liderado, cando alguén trae algo intentamos que o traia xa ben traballado e que leve el o peso, pero un día é un, outro día é outro. Eu creo que iso enriquece porque se sempre é a mesma persoa pódense parecer moito as cancións, ademais temos gustos diferentes, e iso enriquécenos a todos. "O caso da Coruña é bastante sangrante, porque nin a xente nin os músicos teñen onde ir" - Cóntame iso de que vivides todos nunha aldea en Uxes. Non só facedes música alternativa, senón que tamén practicades unha vida alternativa. - Non todos, pero si a maioría, somos catro que estamos vivimos en dúas casas. Foi todo froito da casualidade, antes ensaiabamos nun local na Coruña que non era moi bo para crear, e sempre falabamos de buscar unha casa, e atopei unha en Uxes. Iso para o grupo supón unha vida máis tranquila, máis cómoda, máis natural para crear, para facer cancións, para organizarse, e mesmo para traballos de oficina. E ao final resulta que está vindo xente, amigos de amigos, e xa temos varias casas de xente amiga vivindo por aquí, é unha vila moi preto da cidade, e estamos repoboándoa e a xente do pobo encantada. Somos a orquestra do pobo. - Porque ademais de músicos considerádesvos activistas. Organizastes festivais...- Esa tamén é outra das inquedanzas que sempre tivemos. Apetecíanos organizar, producir e demais e comezamos con eventos, Noites de Luz, Caravana de Emeerxencias, o festival Vibra, o máis ambicioso, e a verdade é que o resultado foi moi bo. E nesas seguimos. Porque ademais cremos que hai escaseza de espazos, de eventos diferentes, no que o artista estea implicado e que non sexa simplemente un negocio. A raíz das nosas viaxes coñecemos outros grupos, outras culturas, e gústanos convidalos. E iso é unha oportunidade de facer intercambios. Fannos falta máis espazos que artistas, porque xente que faga cousas interesantes hai moita, o que pasa é que a veces non teñen oportunidade de ensinalo. O caso de Coruña é bastante sangrante, porque nin a xente nin os músicos teñen onde ir. E niso estamos, intentando darlle vida e voler a poñer a cultura e a música neste caso, onde se merece. - Vós apostastes desde o principio polo mercado internacional. Xa fixestes unhas cantas xiras por Europa...- Si, nunha asemblea decidimos entre todos que iamos apostar por isto o tempo que puidese durar, con traballos paralelos puntuais, quixemos volcarnos nisto. Unha das inquedanzas que tiñamos era coñecer xente, viaxar. E hoxe en día todos temos amigos por todo o mundo e empezaron a levarnos a cidades de Europa. En principio fomos sen pretensións, pero logo fomos de forma máis profesional. A primeira xira foi de 40 e pico días, unha tolería, estamos moi orgullosos pero agora xa o facemos mellor. Desde Inglaterra até Sicilia en furgoneta. Foi duro pero pagou a pena. E nesas seguimos, sementando. Para nós a música non ten fronteiras. Nese sentido estamos moi contentos. - Funcionades de forma asemblearia?- Si. - E un día decidistes que vos iades dedicar só a isto?Si, foi a finais de 2012. E despois cada ano foi a máis en canto a motivación e ganas e enerxía. Ver que se pode facer as cousas doutra maneira, cun proxecto desde abaixo, cooperativo, sen líderes, e ver que pode funcionar. E non é un caos, hai confianza, sabemos que é o mellor que fai cada un e aproveitámolo. E con esas premisas traballar en equipo. |
NOS_46988 | A taxa de positividade descende a 8%, logo do aumento a 9% de onte, cunha redución dos contaxios diarios a 1.025. Súmanse 30 falecementos rexistrados durante varios días aos datos de Sanidade. | As persoas hospitalizadas con Covid-19 na Galiza continúan na lixeira tendencia á baixa, con 28 menos, malia a suba en catro pacientes na UCI cun total de 251. Os casos activos tamén seguen reducíndose, situados nos 21.686, o que implica 713 menos ca onte, segundo os datos facilitados esta secta feira pola Consellaría de Sanidade As áreas de Vigo, A Coruña e Ferrol son as que rexistran un maior alivio da presión asistencial. A primeira ten un paciente máis con coronavirus na UCI (26 en total), mais descenden en 17, até 136, as perosas noutras unidades. Na Coruña e Cee baixan a 85 os pacientes con Covid en UCI (dous menos) e a 276 os doutras unidades (seis menos); e na de Ferrol os que están en críticos mantéñense en 25, mentres as persoas hospitalizadas notras unidades baixan a 165. A área de Pontevedra e O Salnés non muda os pacientes con Covid en UCI (27), e só ten un menos noutras unidades (112). Lugo, pola súa banda, sube nun paciente os ingresados en UCI, até 27, e baixa un noutras unidades, quedando en 64. En Ourense aumentan en tres os pacientes en UCI, cun total de 18, pero descencen a 154 os que permanecen noutras unidades (dou menos). En Santiago e Barbanza tamén soben, a 43 (un máis) e 131 (tres máis), respectivamente. Baixa levemente a positividade Os contaxios diarios descenden en máis dun centenar, até os 1.025, dos que 874 se confirmaron por PCR (fronte aos 091 da xornada previa). Os casos activos continúan descendendo, até 21.686, o que supón 713 menos. Esta xornada reducíronse en todas as áreas sanitarias. As persoas contaxiadas na Galiza suman 102.424. A taxa de positividade das PCR baixou 8%, logo da suba de 9% da xornada previa, polo que continúa por riba de 5%, o nivel que marca a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia. Esta situación non se dá na Galiza desde o día 24 de decembro. 30 novos falecementos A Consellaría de Sanidade informou de 30 pasamentos nas últimas horas, que se corresponde a varios días. De feito, dous deles foron rexistrados en xaneiro e nove das vítimas mortais estaban vencelladas con residencias, todas, segundo os datos oficias, con patoloxías previas. Isto suma un total de 1.910 persoas falecidas con Covi-19 na Galiza. |
NOS_13652 | O exercito israelí abordou hoxe ás 10:30 horas a embarcación con axuda humanitaria. A tripulación atópase nunha base militar até a súa repatriación. | Tripulantes do veleiro Estelle informaron esta mañá que se atopaban arodeados de barcos da armada israelí dispostos a abordar a embarcación. Segundo informan desde a propia embarcación o exército israelí interceptou ao veleiro en auguas internacionais "violando deste xeito a lexislación marítima internacional". Segundo fontes de Israel o barco está agora mesmo na base militar do porto de Ashbod e @s tripulantes retidos á espera da súa repatriación. Membros de Rumbo a Gaza están agora diante do Ministerio de Asuntos Exteriores á espera de máis información do acontecido. "A última comunicación co barco foi ás 10:15 horas e tod@s estaban ben coa mar en calma e as embarcacións que os seguian moi lonxe" comenta un responsábel de prensa da ONG, "logo, cando estaban a 38 millas de Gaza, a iso das 10:30 horas, informaron de que había cinco lanchas e un barco do exército de Israel que se dirixían a el@s con soldads armados e máscaras antigas cando se cortou a comunicación". O goberno de Israel pretende obrigar á tripulación do Estelle a asinar un documento autoinculpándose da "entrada ilegal" para poder ser repatriados en 72 horas. Segundo informou a embaixada española en Tel Aviv o goberno de Israel confirmoulles que o barco xa estaba na base militar do porto de Ashbod. Segundo a mesma fonte de Rumbo a Gaza o goberno de Israel pretende obrigar á tripulación do Estelle a asinar un documento autoinculpándose da "entrada ilegal" para poder ser repatriados en 72 horas. Ao peche desta información non se tiñan máis datos da situación d@s detid@s. |
NOS_25460 | En todo o mundo, a sociedade ten que se enfrontar a unha opresión estrutural, o patriarcado, que exerce a súa violencia contra as mulleres de moitos xeitos. Mentres que en occidente pode ser un machismo máis velado, noutros lugares a violencia está tan normalizada que as violacións, agresións e mesmo asasinatos de mulleres forman parte do día a día. Así é que en países tan distantes como Quenia e Siria chegouse a unha solución drástica: fundar aldeas só de mulleres. Ambas persisten grazas á vida comunitaria e á autosostibilidade. | As vilas de Umoia, en Quenia, e Iinwar, no Curdistán sirio, foron construídas por e para mulleres. Elas sostéñenas co seu traballo e apoio mutuo. A segunda baseouse na primeira, malia que os seus contextos son diferentes. A intención fundacional de ambas é dar as mulleres un espazo seguro onde vivir sen violencia nin opresións. Mais en Quenia esa violencia estrutural contra as mulleres está moi vinculada a motivos relixiosos mediante prácticas como a ablación ou os matrimonios forzados, así como a violacións por parte de soldados de brigadas internacionais. En Siria, moitas das habitantes son viúvas que perderon os seus maridos debido á guerra e que foxen da extrema violencia do Estado Islámico. Historicamente, no mundo, moitas mulleres foron apartadas das súas vilas durante o seu período por seren consideradas impuras. En moitas zonas rurais da India segue a pasar a día de hoxe. No entanto, nos casos de Umoia e Iinwar foron as mulleres quen por propia iniciativa decidiron excluírse para fuxir do machismo latente nas súas culturas. Umoia foi nomeada así pola palabra unidade en lingua suahili. Foi fundada en 1990 por Rebecca Lolosoli, unha muller do grupo étnico dos samburu, subtribu dos masai, e quince mulleres máis, todas superviventes de violacións do exército británico. Está situada no condado de Samburu, perto da cidade de Archers Post e a 380 quilómetros de Nairobi, capital do país. Lolosoli é a cabeza da tribo, malia que todas as mulleres teñen voz e voto nas decisións importantes. Conta cunha escola primaria, un centro cultural e unha zona de acampada para turistas. A súa situación perto dunha reserva nacional e o seu peculiar modo de vida matriarcal e comunitaria fan que se trate dun lugar de grande interese para turistas, polo que os seus ingresos proveñen de cobrarlles pola entrada -uns doce dólares- e das vendas de artesanía feita polas propias mulleres. Contan tamén cunha páxina web na que venden estas pezas. Ademais, todas as mulleres pagan uns impostos dun 10% das súas ganancias para manter a escola e outras necesidades de primeira man. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 338 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_16862 | Alberto Fernández é o novo presidente arxentino e Cristina Fernández, vice presidenta. Obtiveron 48% dos votos, 8 puntos por riba do actual mandatario. | Arxentina dixo adeus a Mauricio Macri, o presidente que nestes anos aplicou sen lle tremer a man duras políticas económicas e sociais que xeraron un enorme descontento popular. Alberto Fernández é o novo presidente de Arxentina e Cristina Fernández será a súa vice presidenta. Obtiveron máis de 48% dos votos, fronte ao actual xefe de Estado, que só gañou 40,4%. Unha derrota clara. Fernández admitiu que "chegarán os tempos difíciles", criticou a herdanza deixada por de Macri – ao que responsabilizou da grave crise económica - e prometeu que ía colaborar "con todos e todas" para que os arxentinos "deixasen de sufrir", reconstruíndo "o país das cinzas en que o deixaron" . O presidente electo dixo que o 10 de decembro de 2015 " instaláronse no goberno persoas que acreditan que hai un momento en que os ricos gañan tanto que comezan a derramar riqueza sobre os pobres mais non se dan conta de que o que acontece é que uns poucos ricos se enriquecen e millóns de arxentinos fican magoados, e esa páxina comeza a cambiar hoxe Mentres celebrou o triunfo, o presidente electo felicitou o presidente boliviano Evo Morales polo seu cuarto mandato e pediu a liberación de Lula da Silva, o ex presidente brasileiro. |
NOS_25016 | Cando hai administracións anestesiadas na burocracia entón bulen e desbordan por algures iniciativas populares que artellan a sociedade coa ansia de servir. Exemplos de asociacionismo nacido para poñer en valor a cultura galega, haber hainos e velaí a marea de iniciativas dos anos modernistas. Agora Felipe-Senén salienta o traballo da Rede de Patrimonio Cultural Galego. | Pese ao estado da cuestión poucos países hai que teñan tantos colectivos con estatutos e obxectivos arredor da salvagarda e difusión da cultura, grupos, corais, asociación de amigos... E agora, asumindo a importancia dos intercambios incentivados pola internáutica, ponse a proba a capacidade creativa e comunicativa. Cómpre interacción, poñer en escena o estado da cuestión: coñecer para querer e defender a singularidade na universalidade. Pois tamén somos o que transmitimos, o que facemos e o que desfacemos. E niso, dun rico patrimonio cultural, que vai desde o Paleolítico ao presente, Galiza ofrece de todo, recursos identitarios e polo tanto económicos, turísticos, que precisan xestionarse racionalmente, sen perder tempo enredándose en reunións para seguintes reunións. Modelos con problemáticas similares, pero resoltas, hainos no mundo inmediato e cómpre tomar nota, enxergalos, en Irlanda ou Provenza, mesmo en Portugal. O 3 de xuño deste 2017, no Museo do Pobo Galego e despois dun proceso de poucos meses de maduración aguilloado polo pulo da necesidade de ser e de unirse, sesenta e nove colectivos que vencellan homes e mulleres sensíbeis coa identidade nun mundo que se uniformiza, de xeito fundacional, poñen en marcha a Rede do Patrimonio Cultural de Galiza e con el as ansias de constancia e servizo á sociedade. [Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 257, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_48221 | O mecanismo para reducir os aportes ás empresas enerxéticas será reducir o dividendo de carbono que reciben polas hidroeléctricas e nucleares anteriores a 2005. Segundo o Goberno do Estado isto implicará unha baixada de entre o 4% e o 5% na factura eléctrica de consumo doméstico. | O Consello de Ministros que decorreu esta terza feira aprobou o comezo da tramitación dun anteproxecto de lei para reducir o dividendo de carbono que perciben as empresas que producen electricidade por medio de centrais nucleares ou hidroeléctricas anteriores a 2005, o que redundará no abaratamento de entre o 4% ou 5% da factura da luz do consumo doméstico, segundo indicou Teresa Ribera, vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. A proposta permitiría ao Goberno do Estado reter 1.000 millóns de euros que agora van directamente ás empresas eléctricas polas explotacións con tecnoloxías sen emisión de CO2 anteriores a 2005, e que reciben este dividendo polo pago dos dereitos de emisión que ten que obter calquera empresa que na súa produción lance este gas na atmosfera. Se ben en xaneiro de 2018 o prezo dos dereitos de emisión dunha tonelada de CO2 se situaba nos 4 euros, en abril de 2021 chegaba aos 48 euros, o que multiplicou os beneficios obtidos por estas empresas con base no dividendo de carbono que recibían. O aumento do custo destes dereitos tamén impulsa o prezo da electricidade no Estado, pois a referencia tómase en relación ao prezo máis alto de produción, que se corresponde coas enerxías non renovábeis. Na comparecencia posterior ao Consello de Ministros, Ribera apuntou que os beneficios da alza dos prezos dos dereitos de emisión teñen que repercutir no consumo doméstico e industrial, non só nas "contas de resultados das empresas". As compañías con máis explotacións desta época, e que polo tanto serán máis afectadas, son Iberdrola, Endesa e Naturgy, así como EDP España e Acciona en menor medida. Na xuntanza do Executivo estatal tamén se aprobou a remisión ao Congreso do proxecto de lei do Fondo Nacional para a Sostibilidade do Sistema Eléctrico, co que se procura sacar da tarifa eléctrica o custo das primas renovábeis máis antigas, que estimaron en 6.500 millóns de euros anuais, para repartilo entre todos os sectores enerxéticos. A previsión do Goberno do Estado é que en cinco anos o recibo da luz se reduza nun 15%. Ademais, incide en que o 10% dos ingresos xerados por estas medidas se dirixirá a custear parte da factura eléctrica das consumidoras e consumidores vulnerábeis severos en risco de exclusión social. O 90% irá a financiar o réxime retributivo específico das renovábeis, coxeración e residuos. No que atinxe ás mudanzas dos cargos e peaxes na factura eléctrica que entraron en vigor onte e que podería supor nalgúns casos un aumento do prezo de 36%, Ribera afirmou que o cambio está motivado porque non se aproveitaba eficientemente a produción eléctrica, e defendeu que hai tramos moi razoábeis para desenvolver as tarefas do fogar que implican o uso de electricidade "como de 8 a 10 da mañá", franxa que se sitúa no rango medio das novas tarifas. Préstamo á Seguridade Social Outro dos acordos do Consello de Ministros foi aprobar a concesión dun préstamo de 13.830 millóns de euros á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que xa estaba contemplado nos Orzamentos Xerais do Estado, anunciou a voceira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero. O obxectivo do préstamo é equilibrar as contas con respecto ao pago de pensións e de prestacións por incapacidade temporal, afirmou Montero, que destacou que a decisión vai na liña pretendida polo Executivo de facer sostíbel a Seguridade Social "a curto, medio e longo prazo". Situación sanitaria e uso da máscara Na rolda de prensa tamén se abordou a situación sanitaria. A este respecto, Montero declarou que esta semana alcanzaranse os dez millóns de persoas vacinadas, concluíndo que hai un "bo ritmo de vacinas, datos esperanzadores de recuperación do emprego e tamén moi boa perspectiva para que a chegada dos fondos europeos sexa unha realidade nos vindeiros meses". Respondendo as propostas dos últimos días para que a máscara deixe de ser obrigatorio no exterior, a voceira aclarou que mañá, na xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde, abordarán a cuestión, mais fixo énfase en que só "criterios especializados" van levar á modificación lexislativa dese aspecto. Mesa de diálogo bilateral Estado-Catalunya Montero non quixo pór data á mesa de diálogo bilateral Estado-Catalunya, mais rebaixou as expectativas sobre a reunión previa de Pedro Sánchez, presidente do Estado español, e Pere Aragonès, presidente de Catalunya, dándolle categoría de xuntanza normal que tamén vai manter con Isabel Ayuso, presidente de Madrid, con base nos resultados das eleccións catalás e na Comunidade de Madrid. Sen profundar na decisión sobre os indultos, Montero deu valor á procura da convivencia no Estado e apuntou que "o Goberno non quere que os problemas se enquisten". Asemade, a ministra de Facenda quixo facer fincapé en que "Puigdemont ten que ser xulgado", malia os autos dos tribunais europeos que negaron a extradición, ao tempo que xustificou a reforma do delito de sedición no Código Penal para homologalo cos países da Unión Europea. A súa redacción actual "é moi antiga", sinalou Montero, que explicou que xa non estaba en liña coa actualidade política "nin no século XX nin no XXI". |
PRAZA_5676 | O 016 non e un call center dende o que se nos informa das mellores ofertas ou prezos dun produto. É a única táboa de salvación á que moitas vítimas se poden aferrar e que pode supoñer a diferenza entre que unha vida se salve ou non. | A pasada foi unha fin de semana das que se pode decir perfecta: festas, bo tempo... Pola contra, todos estos factores, que propician as saídas oubeber un pouquiño de máis do habitual adoitan ser un caldo de cultivo ideal para que a violencia de xénero se incremente. E así o constatei cando o gomingo pola mañá unha muller, entre saloucos, me chamou para solicitar a nosa axuda. A sua parella agrediuna e ela, estranxeira, sen familia nin amigos a quen acudir e illada, algo que xa se ocupara de conseguir o seu agresor, seguindo,como e costume nestos suxeitos o manual do perfecto maltratador, estaba totalmente soa e sen saber qué facer nin a quen acudir. Non era a min á primeira que chamaba. Seguindo os consellos que nos dan nos medios cada vez que hai unha asasinada por violencia machista, contactou co 016, advertíndoos ademais de que estaba a chamar dende un móbil de tarxeta do que estaba a piques de esgotárselle o saldo (algo que de feito sucedeu cando estaba a falar comigo) e que non contaba con cartos para repoñelo. Pois ben, o único que foron quen de decirlle é que marchase á casa dunha amiga, malia que lles dixo unha e outra vez que non tiña esa posibilidade. Nin a asesoraron, indicándolle polo menos cales eran os primeiros pasos a seguir, nin moito menos a axudaron. O único que foron quen de decirlle é que marchase á casa dunha amiga, malia que lles dixo unha e outra vez que non tiña esa posibilidade Unha vez feitas as xestións mais prioritarias, é dicir, axudar esta muller, informala de que de debía presentar unha denuncia, cousa que fixo cando se lle indicou posteriormente ou conseguir que lle asignasen un avogado eu mesma me encarguei de chamar de novo ao 016 e comentar este lamentable suceso. Dende o primeiro momento díxenlle a persoa que colleu o teléfono que estaba a falar dende unha certa prudencia, xa que era consciente do estado de nerviosismo que presentan as vítimas neses momentos tan duros, pero que, por desgraza, algo me renxía e me facía darlle credibilidade ao que me contara, xa que non era a primeira vez que nos chegaban queixas neste sentido e que eu persoalmente tivera ocasión de comprobalo cando, antes de pertenecer a ningún tipo de colectivo, chamei para denunciar un caso de malos tratos máis que evidentes e a única resposta que obtiven foi que "si non era da familia da maltratada non podía facer nada", para, acto seguido, e sen mais explicaciósn, colgárme o teléfono. A muller que me atendeu díxome que o 016 e un servizo "meramente informativo" pero que de todos xeitos, ía facer que o que lle estaba a contar constase como unha reclamación e pediume disculpas unha e outra vez. A muller que me atendeu díxome que o 016 e un servizo "meramente informativo" pero que de todos xeitos, ía facer que o que lle estaba a contar constase como unha reclamación e pediume disculpas unha e outra vez. Todo eso está moi ben, pero as disculpas non salvan vidas. O 016 non e un call center dende o que se nos informa das mellores ofertas ou prezos dun produto. É a única táboa de salvación á que moitas vítimas se poden aferrar e que pode supoñer a diferenza entre que unha vida se salve ou non. Imos deixar de vender fume. Ímonos concienciar dunha vez de que as vítimas necesitan axuda real e de verdade, non márketing nin ilusións. E, por riba de todo, precisan que as traten con humanidade......Meréceno, non si? |
PRAZA_9685 | O persoal xudicial que ía executar o seu desaloxo foi quen atopou o seu cadáver. Na vivenda apareceu unha nota, supostamente escrita pola filla da falecida, en paradoiro descoñecido, que explica a dificíl situación económica que atravesaban e que dá pé a pensar que axudou a morrer á súa nai. | Unha muller de 71 anos de idade apareceu morta este luns na súa vivenda do barrio de Labañou, na Coruña. A falecida estaba a piques de ser desafiuzada por non pagar o alugueiro do inmoble e, de feito, foi a comitiva xudicial que ía executar o seu desaloxo quen atopou o seu cadáver. O persoal xudicial que ía executar o seu desaloxo foi quen atopou o seu cadáverA Policía atopou no domicilio unha nota, supostamente escrita pola filla da falecida, na que se explica a difícil situación económica pola que pasaban e que dá pé a pensar que axudou a morrer á súa nai. O persoal do xulgado chegou á vivenda a primeira hora da mañá deste luns. Despois de chamar á porta en varias ocasións, sen resposta, accedeu ao domicilio, atopando o corpo sen vida da muller.A Policía está a investigar o sucedido e asegura que non descarta "ningunha hipótese". Búscase, en primeiro lugar á filla da falecida, de 41 anos de idade, que nestes momentos se atopa desaparecida. Segundo a nota, a falecida levara a cabo no pasado algunha tentativa de suicidio por mor da súa mala situación económica. Tiña problemas de mobilidade, aínda que os veciños e veciñas do barrio adoitaban vela paseando na próxima Praza da Tolerancia, en compañía da súa filla e de dous cans. |
NOS_729 | Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, o voceiro parlamentar da formación conservadora rexeitou que Rocío Mosquera compareza para explicar o nomeamento do seu marido como xefe de servizo do Hospital Clínico de Santiago e di que quen "debe comparecer" é a directora de recursos humanos. | O PP responsabiliza a directora de recursos humanos do nomeamento a dedo de Manuel Bustamante, o home da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, como xefe de servizo do Hospital Clínico de Santiago. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza apreciou "desviación de poder" na adxudicación do Sergas e deixou sen efecto o nomeamento. Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, o voceiro parlamentar da formación conservadora, Pedro Puy, negou calquera enchufismo na escolla de Bustamante para o cargo e dixo que "a persoa adecuada" para render contas sobre o proceso polo cal foi escollido non é a responsábel última do Sergas, a propia conselleira Mosquera, senón a directora de recursos humanos. A Xunta ou, o que é o mesmo, o PP, solicitou a "comparecencia urxente" da técnica porque, segundo entende Puy, que a consellaría "loxicamente non interviñera" non supón "que non se teñan que dar explicacións". Explicacións que non corresponden á titular de Sanidade porque "cando hai un ascenso en xeral na Administración en que hai un parente a norma marca o deber de inhibición", acrecentou o voceiro d@s conservador@s no Parlamento. Unha adxudicación ilegal da xefatura de servizos do CHUS Segundo recolle a sentenza "a falta de motivación é clamorosa" no tocante á valoración do proxecto técnico. Para o xuíz "o baremo" empregado pola comisión de adxudicación é "altamente cuestionábel" porque, sinala, "encerra tres cheques en branco" correspondentes á calidade, contido e adecuación que "abren a porta á arbietrariedade". Aliás, o ditame emitido polo TSXG recalca o carácter público da adxudicación o que lle exixe, apunta, á comisión responsábel da adxudicación, "facer un esforzo serio, rigoroso, elocuente e claro" das razóns que avalan a puntuación emitida. En troca, acrecenta, a decisión adoptada "apartouse de pautas obxectivas e eludiu unha motivación clara, explícita e razoada" a respeito do proxecto técnico. Perante este feito, o tribunal exixe a convocatoria dun novo proceso desenvolvido por unha outra comisión. |
NOS_41970 | A serie de perfís dos e das principais cabezas de lista que concorren ás eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro, recala na controvertida candidata da formación de Albert Rivera. | Na carreira electoral rumo ao 25-S o cartel de Ciudadanos é o único cunha candidata accidental. Inesperada, cando menos. Cristina Losada (1954) é viguesa, mais a meirande parte da súa vida profesional e académica decorreu na capital do Estado. Retornou a Galiza en 1998. O seu nomeamento transcendeu na cidade olívica como o dunha perfecta descoñecida, a pesar de ser presidenta da asociación Vigueses por la Libertad, de escasísima actividade e incidencia. Un insólito caso de paracaidismo na propia terra. O seu nomeamento transcendeu na cidade olívica como o dunha perfecta descoñecida O seu compromiso político é moi anterior e alborexou na antítese dos seus actuais postulados. Nos 70 facía parte da trotskista Liga Comunista Revolucionaria. En 1972 chegou a ser detida pola policía franquista por mor da súa actividade política. A súa viaxe á dereita --vestida de centro-- non foi curta. Explicouna no libro titulado "Por que dejé de ser de izquierdas?", partillando autoría con Fedérico Jiménez Losantos, César Vidal, Pío Moa ou Juan Carlos Girauta. Unha mudanza que xustifica asegurándose decepcionada pola reacción da xente de esquerda da súa contorna diante do ataque terrorista contra as Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11S. Afastada da esquerda ideolóxica, o seu retorno ao xornalismo estivo moi ligado á súa nova orientación. Columnista de Libertad Digital, o medio de Jiménez Losantos, desde 2002 até o pasado 18 de agosto, colaborou na Cope, en Onda Cero e Es Radio. Foi tamén membro do Consello de Administración de Telemadrid. Nos 70 militou na Liga Comunista Revolucionaria, pero catro décadas despois abxura da súa militancia na esquerda A xornalista foi unha fichaxe en chave española. Carente de ningunha ligazón coas bases do partido en Galiza, atravesadas por grandes tensións e rupturas, foi directamente apadriñada pola dirección estatal de Ciudadanos, de cuxo núcleo é moi próxima –singularmente de Juan Carlos Girauta, portavoz do grupo parlamentar de C's no Congreso--. Designada desde Madrid Losada foi encomendada coa tarefa de introducir a marca laranxa no Parlamento galego. O propio Albert Rivera resumíao nun recente mitin en Vigo ao asegurar que o obxectivo de C's nos comicios galegos é o de tentar que "ningún pedazo de España" fique sen a opción "centrista" que din representar. Un cometido complexo á luz dos inquéritos que, de maneira reiterada, cuestionan que Ciudadanos atinxa representación no Pazo do Hórreo. A súa campaña ten un perfil moi xenérico, fuxindo de entrar no terreo do concreto, sen apenas definir propostas para Galiza e cun discurso que non sae do argumentario xeral de C's. Unha estratexia oposta á do Partido Popular cun deseño de campaña destinado a envolver de galeguidade a Feijóo, afastándoo das súas propias siglas. Losada foi a única aspirante á presidencia da Xunta que non se expresou en lingua galega no debate a 5 na TVG Profundamente antinacionalista, o bautismo de campaña de Losada no pasado debate a 5 na TVG saldouse cunha forte patinada. Foi a única candidata que non se expresou en lingua galega. Teima que mantén tamén na actividade de campaña, a diferenza doutros referentes laranxas no país, como Marta Rivera de la Cruz que malia a súas posicións galegófobas optan nalgunhas ocasións por empregar a lingua propia de Galiza. De Losada salientan a súa formación intelectual, a súa disciplina e precisión no traballo. A xornalista é tamén licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Complutense madrileña. Un trazo biográfico que, como Xoán Bascuas (CxG), tamén partilla cos principais referentes de Podemos. |
NOS_49823 | A proposta foi aprobada cunha ampla maioría e só contou co voto en contra de Vox. O Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, será o encargado de dirixir a investigación. | O Pleno do Congreso aprobou esta quinta feira a proposición non de lei de PSOE e PNV para abrir unha investigación sobre os abusos sexuais a menores no seo da Igrexa católica. A iniciativa foi aprobada co voto a favor de Unidas Podemos, ERC, EH Bildu, Ciudadanos, BNG, Junts, PDeCAT e finalmente tamén o PP, mentres VOX votou en contra e UPN abstívose. A proposta do PSOE e PNV é a apertura dunha investigación liderada polo Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, da man dunha comisión independente de persoas expertas, que será paritaria e incluirá distintas disciplinas, e na que tamén participarán vítimas de abusos e están convidados igualmente membros da propia Igrexa. O fiscal superior da Galiza anima as vítimas de abusos sexuais na Igrexa a os denunciaren Fronte a esta iniciativa, UP, ERC e Bildu presentaran outra proposta para que fose unha comisión parlamentaria a que investigase estes abusos, de maneira que se puidese escoitar ás vítimas no Congreso. Desde que o PSOE e o PNV presentaron a súa PNL, estas tres formacións tentaron negociar un acordo e esta quinta feira, antes da votación, anunciaron que mudaron do "non" ao "si" en aras dun "pre acordo" alcanzado polo PSOE que respecta as súas principais reivindicacións e asegura que haberá "luz e taquígrafos". "Hoxe para nós é un día importante na loita contra a impunidade porque finalmente haberá luz e taquígrafos, non haberá unha comisión opaca, haberá protagonismo do Congreso e non será un mero parche", explicou o presidente do grupo parlamentario de Unidas Podemos, Jaume Asens, en declaracións aos medios. Asens rexeitou dar detalles, alegando que aínda tiña que concretarse, mais se asegurou que as vítimas poderán comparecer no Congreso e que, na súa opinión, vaise crear unha auténtica "comisión da verdade". Tamén a deputada de EH Bildu Bel Pozueta celebrou que se vaia dar "resposta" ás vítimas que "están pedindo comparecer no Congreso", que poderán ser "escoitadas" e sentirse "reparadas" ao "facer pública as súas experiencias". As asociacións de vítimas comparecerán no Congreso Con todo, en conversación informal cos xornalistas tras o Pleno, a ex vicepresidenta do Goberno e deputada socialista, Carmen Calvo, aclarou que o que pactaron con UP é que poidan comparecer ante a Comisión de Xustiza do Congreso as e os portavoces das asociacións de vítimas, pero non persoas que sufrisen abusos a título individual, que si serán escoitadas no marco da investigación, se ben calquera grupo pode organizar un acto na Cámara para dar voz a quen considere oportuno. O arcebispo de Compostela di que a pederastia "non é unha cuestión da Igrexa, senón social" O PSOE e UP tamén acordaron, segundo Calvo, que as Cortes poidan dotar de fondos o Defensor do Pobo para sufragar o funcionamento da comisión, dado que esta institución depende do Congreso e o Senado. Pero a ex vicepresidenta negou que se poida falar de "comisión da verdade", incidindo en que "a verdade máis rigorosa será a que acaben ditando os tribunais perante sentenzas" e que o que se vai pór en marcha é estritamente o aprobado polo Congreso. A previsión é que esa comisión teña listas as súas conclusións a finais de ano, que serán elevadas á Cámara. Despois, xa en 2023 poderán comparecer ante a Comisión de Xustiza do Congreso as asociacións de vítimas que o desexen para expor que medidas, ao seu xuízo, deben impulsar os grupos, ou cales das que poñan sobre a mesa os expertos consideran máis urxentes. Calvo mostrou a súa satisfacción polo apoio que recibiu a iniciativa, especialmente polo feito de que contase finalmente co 'si' do PP, co que estivo falando "até o último minuto", a pesar de que presentou unha emanda que non foi aceptada. A ex vicepresidenta tamén cargou contra Vox polo seu voto en contra, exixíndolle explicacións polo que considera un "delirio". Previamente, desde o PNV, o seu portavoz, Aitor Esteban, mostrara a súa "estrañeza" polo feito de que o PSOE chegase a un pre acordo con outros grupos sen consultalo con eles, e rexeitou pronunciarse sobre o anunciado no seu momento por UP, ERC e Bildu, alegando que o descoñecía O PP pedía "investigar todos os abusos, non só os da Igrexa" A deputada do PP Macarena Montesinos dixo non poder entender, "logo de escoitar a quen propuxeron a iniciativa, que non teñan en conta" a súa proposta, é dicir, que se investigue a todas as vítimas de abusos. "E non hai actitude, para nós, máis desprezábel que cando as administracións públicas e os gobernos responsábeis gardan un cómplice e atronador silencio. Máis unha vez, queda en evidencia o dobre raseiro habitual da esquerda, que é o sectarismo", criticou. Desde Ciudadanos, a parlamentaria Sara Giménez anunciou que o seu grupo ía apoiar a iniciativa. "Supoño que a ninguén lle sorprenderá, posto que os liberais somos practicamente o único grupo desta Cámara que apoiamos sempre, e en todo caso, que se investigue, xulgue e condene calquera delito de abuso sexual, quer en centros de menores tutelados en Balears, València e Madrid quer na contorna da Iglesia", manifestou. A Igrexa española anuncia que se someterá a unha auditoría independente sobre os abusos sexuais Tamén o portavoz do BNG, Néstor Rego, avanzou o seu voto a favor da proposta, a pesar de recoñecer "a limitación da fórmula", porque "xa é hora de abrir a investigación cun impulso público dun problema que se vén ocultando durante décadas". Aliás, o deputado do PDeCAT Genís Boadella destacou que ao seu grupo lle parece "ben" encargar estes traballos ao Defensor do Pobo, cunha comisión independente de asesoramento, e que "se poña luz e taquígrafos nun informe coas debidas conclusións e as debidas recomendacións". Josep Pagès I Massó, deputado Junts per Catalunya, afirmou, pola súa parte, que hai que "ir a máximos" e que non entende "por que o Partido Socialista se empeña en pasar a pelota ao Defensor do Pobo cando é posíbel acordar a creación dunha auténtica comisión da verdade". |
NOS_39283 | Dedicamos o penúltimo Caderno de Verán a descubrir de primeira man e desde o rural a problemática estrutural dun monte ateigado xa non de minifundios, senón de microfundios. O suplemento recolle as seccións máis frescas do Sermos! | O Caderno de Verán está a piques de rematar. Tan só fica o número que sairá co Sermos Galiza 211, á venda nos quiosques a próxima quinta feira. Antes do parón deste suplemento até o verán que vén, imos debullar os contidos do penúltimo Caderno. A reportaxe principal, asinada pola avogada e autora do blog Á sombra do Penegache, Ana Mosquera, afonda nas razóns dos incendios no monte galego. Este testemuño desde o rural dá conta non só das causas conxunturais, senón da problemática estrutural da superficie forestal na Galiza. Ademais de facérmonos eco das citas principais da semana na axenda cultural, publicamos unha nova entrega da serie de relatos If you'd love me somebody, do escritor Miguel Mato Fondo. Tan só fica unha entrega para chegarmos ao final desta interesante historia. Aliás, a poeta Rosalía Fernández Rial achéganos un poema máis da súa sección "Lindes Alén", que se inspira nos murais do proxecto Derrubando muros con pintura, do Concello de Carballo. En "A comer e beber!" propoñemos a cervexa artesá Nós e un local de praia ao pé do areal de Espiñeira, en Mera (Oleiros) e en "Es de montaña ou de praia?" visitamos Malpica nunha ruta ateigada de sabor a mar. Fechamos este Caderno de Verán cunha imaxe de Xurxo Lobato, nesta ocasións Mans. Trátase dunha fotografía de finais do século XX dunha nai e dunha filla nunha corte de gando. [O Caderno de Verán está á venda xunto co Sermos Galiza 210 nos quiosques e na loxa] |
PRAZA_5628 | Tres anos despois das protestas que iniciaron o chamado movemento 15M, pedímoslles a analistas e activistas a súa opinión sobre o impacto causado na política e na sociedade, sobre os erros e acertos estratéxicos do proceso e sobre os logros acadados. | O 15 de maio de 2011 cidades de toda España acollen manifestacións masivas, formadas por milleiros de persoas, sobre todo mozos e mozas, que querían deixar patente a súa indignación pola situación do país, polo desemprego e a falta de oportunidades, pola rixidez e opacidade das estruturas democráticas que só conseguen afastar os cidadáns da toma de decisións e contra o turnismo bipartidista. Pedíase democracia real e un control da economía pola política e non á inversa. Convocadas a través das redes sociais por entidades como Democracia Real Xa ou Xuventude sen Futuro e sen o apoio explícito de partidos políticos ou sindicatos, o seu carácter masivo foi unha sorpresa para todos, comezando polos seus propios organizadores, e sobre todo para os grandes medios de comunicación, que ao día seguinte non recollían a nova nas súas portadas, precisamente porque non esperaban que alí fose haber unha noticia. Días máis tarde comezaron as primeiras ocupacións de prazas e espazos públicos, novas manifestacións, e o debate ao redor dun programa mínimo de reivindicacións. E moitos debates, sobre todo externos, sobre a conveniencia de que o 15M adoptase unha forma partidaria e se presentase ás eleccións. Os meses pasaron e as prazas baleiráronse, pero o 15M como movemento e como proceso seguiu en marcha, centrando boa parte do seu traballo na reivindicación do dereito á vivenda e na loita contra os abusos da banca, alimentando e fortalecendo numerosos movementos sociais, e realizando un labor didáctico nas maiorías sociais, camiñando cara á posta en dúbida das estruturas previas, e cara á xeración de procesos sociais alternativos. A medida que desaparecía como estrutura, crecía como transformación. De todo, de todos. Xa nada volveu ser igual que antes do 15 de maio de 2011. Víctor Sampedro destaca que "un suxeito político descoñecido hai tres anos logrou minar a lexitimidade do Réxime do 78 e politizar os afectados polos recortes e a crise" Que queda do 15M? Onde está? Que pouso deixou, que impacto tivo na política, nas organizacións sociais, nos hábitos de consumo ou na maneira de informarse e de relacionarse cos medios de comunicación? Para Raimundo Viejo Viñas, profesor na Universitat de Girona, o efecto máis importante do 15M foi a "repolitizaçom da vida, umha imparável produçom do comum no que segue a agromar a política de movimento", unha análise na que coinciden, con variantes, outros analistas, como Víctor Sampedro, profesor da Universidad Rey Juan Carlos, que destaca que "un suxeito político descoñecido hai tres anos logrou minar a lexitimidade do Réxime do 78 e politizar aos afectados polos recortes e a crise". De igual xeito, para David Rodríguez, "a mellor herdanza que deixou o foi iniciar o percorrido que vai do "non nos representan" (a denuncia do sistema político baseado nunha democracia representativa de moi baixa intensidade) ao "pan, traballo, dignidade" das Marchas da Dignidade do 22M de 2014 (a denuncia do sistema económico)". Antón Gómez Reino, Tone, destaca que o 15M non nace da nada, senón que é a consecuencia de anos de traballo nos movementos sociais Antón Gómez Reino, Tone, destaca que o 15M non nace da nada, senón que é a consecuencia de anos de traballo nos movementos sociais: "o 15M nom foi um gesto efímero, juvenil, incosistente. Apareceu dum fermento de anos de novas formas de organiçar-se, de anos de esquerdas institucionais apegadas ao poder establecido, e de anos de gente que, baixo umha nova cultura organiçativa, foi construindo novas expressons políticas que se materialiçarom no masivo gesto de desobediencia iniciado o 15 de maio de 2011". Pola súa banda, Fabio Gándara, que dende Democracia Real Xa foi un dos promotores das primeiras manifestacións, "o 15M contribuíu a fomentar a conciencia crítica dos cidadáns, a repolitizar moitas persoas tradicionalmente desconectadas da vida pública e a introducir novas cuestións na axenda política. Ademais, serviu de caldo de cultivo de multitude de novas iniciativas, propostas e plataformas". Tamén Rocío Fraga salienta a importancia da incorporación de xente nova aos movementos, ou da reincorporación doutros que participaran anteteriormente e foran defraudados. David Rodríguez cre que "o 15M supuxo tamén un incremento exponencial do descrédito, en capas sociais cada vez maiores, do turnismo bipartidista" A dez días das eleccións ao Parlamento europeo, na que se prevé un castigo (maior ou menor) a PP e PSOE, David Rodríguez cre que "o 15M supuxo tamén un incremento exponencial do descrédito, en capas sociais cada vez maiores, do turnismo bipartidista". No que respecta ás forzas políticas situadas na esquerda, para Antón Gómez Reino o 15M provocou un cambio, "pero em muitos casos um cambio ainda mui superficial", pois "em contraposiçom a antes do 15M, as esquerdas começarm a por no centro do discurso a democracia interna, a transparencia, a participaçom cidadá. Apuram as súas relaçons com movimentos sociais, buscam-se candidatos e candidatas máis apegados abaixo". Porén, destaca que "a maior parte dos aparatos da esquerda ainda nom asimilarom dous elementos fundamentais da arquitectura proposta polo 15m: a vontade de cooperaçom e a necesidade de construçom abaixo-arriba". En opinión de Lupe Ces, "o 15M fixo um ensaio de poder popular nas praças, indicou que o peso da maioria social em movimento pode lograr câmbios profundos. Foi umha escola de assemblearismo, de prática da horizontalidade, da democracia participativa". Para Héctor Tejón, "o 15M fixo que a política sairase da serie eleccións-decisión pra pasar a visibilizar o acontecemento político como transversal e continuo nas nosas vidas", unha opinión semellante á que amosa Raimundo Viejo, para quen o 15M influíu "num cámbio de actitude a respeito da própria política: de ser umha cousa alhea a ser umha dimensom das próprias vidas" e "amousou que a soluçom à crise nom tinha que discorrer políticamente polas canles institucionais do régime". Erros do 15M "Xulgábase toda actividade política polo mesmo raseiro, partidos, movementos..., e ese foi un grande erro, baixo o meu punto de vista", conclúe Rocío Fraga En canto aos posibles erros estratéxicos cometidos polo 15M, ou eivas, Rocío Fraga sinala "a falta de memoria respecto dos movementos" pois "non se quixo usar moito do coñecemento de de redes xa tecidas por algúns movementos por temor e desconfianza e tería sido un tandem magnífico". "Xulgábase toda actividade política polo mesmo raseiro, partidos, movementos..., e ese foi un grande erro, baixo o meu punto de vista", conclúe. Pola contra, Lupe Ces critica a "orfandade" en que "a maioria da esquerda organizada e o movimento sindical no seu conjunto" deixou o 15M. Pola súa banda, Víctor Sampedro lamenta "a falta de capacidade dos protagonistas e portavoces máis visibles do 15M de reivindicar todo o anterior, aparcar as diferenzas internas e estender o solo común de demandas e prácticas compartidas" e o "entender as dinámicas de mobilización social e de entrismo institucional como excluíntes e antagónicas". Mentres, David Rodríguez sinala como eivas o "adanismo" e a "crenza en que a acumulación de persoas nunha praza durante un tempo determinado pode conseguir mudanzas políticas de calado en algo tan sólido como é un Estado e un sistema económico". Raimundo Viejo critica "a reactivaçom, por demais inevitável, de algumhas velhas redes e práticas completamente inúteis e meramente oportunistas, coma os narcissismos excessivos dos notáveis ou a teima com traducir o acontecimento na métrica política do régime por meio de eleiçons". O futuro Lupe Ces conclúe que "o 15M está sementado em nós, polo tanto agroma nas novas expressons políticas, nos novos movimentos" Practicamente todos os entrevistados salientan a vixencia do 15M, e a súa vitalidade, transformada e misturada noutras estruturas e procesos. Para Antón Gómez Reino, "os movimentos, as formas e as demandas do 15M estám hoje vigentes no ADN das mobilizaçons. Pero o estám em contato e conflito com outras que, após anos voltarom as rúas, em muitos casos fazendo um caminho de volta as rúas desde o mundo institucional". Tamén Fabio Gándara cre que "os valores e principios do 15M están presentes en multitude de novas iniciativas que están a xurdir en todos os ámbitos da nosa sociedade, e que mesmo agora mesmo están a chegar xa ás institucións políticas da man de novas formacións que os están abrazando como propios". E Lupe Ces conclúe que "o 15M está sementado em nós, polo tanto agroma nas novas expressons políticas, nos novos movimentos". David Rodríguez ve o 15M transformado nas Marchas da Dignidade ou na acción da PAH, o mesmo que Héctor Tejón, que sinala que "a acción destituínte do "non nos representan" non chega por si mesma sen ser acompañada por un movemento de máximos que implique a partidos, institucións e sobre todo as comunidades atacadas pola caste gobernante". Para Raimundo Viejo, o 15M é "um jeito de vida, um fazer e vivir politizado, um permanente saber-se no desbordamento da multitude, na desobediência que institue o régime político do comum" Víctor Sampedro cre que o 15M nunca deixou de existir, foi impregnando e transfomrando a sociedade en ámbitos moi diversos, nun movemento que non se detén. Para Sampedro, "a mobilización social reflectirase en cambios institucionais e na vida cotiá: trátase de levar as prácticas emancipatorias que xurdiron hai tres anos nas prazas a todo ámbito de actuación, persoal e colectiva". O mesmo cre Raimundo Viejo Viñas: "o 15M nom é um movimento no senso de umha organizaçom política, um partido político ao que te podes afiliar, umha convocatória de manifestaçom à que se pode ir", senón que é "um jeito de vida, um fazer e vivir politizado, um permanente saber-se no desbordamento da multitude, na desobediência que institue o régime político do comum". |
NOS_34580 | O finalista copeiro de balonmán cambia de técnico. | Abel González será o adestrador do Mecalia Atlético Guardés na tempada 2022/23. O club miñoto aposta por unha solución da casa para ocupar a vacante que deixa José Ignacio Prades tras seis tempadas á fronte do club. O técnico asturiano, até o momento, era o segundo adestrador, ademais do coordinador da canteira, e agora asume a responsabilidade de dar un paso adiante para estar á fronte do equipo na que será a súa primeira experiencia como adestrador na máxima categoría. Non obstante, González xa tivo a oportunidade de probar esa sensación esta mesma tempada de forma interina, mentres Prades estivo de baixa por unha intervención renal. Nese período González dirixiu ao Guardés en dous partidos de notable dificultade, e en ambos logrou a vitoria. Co asturiano como técnico principal o Mecalia superou na Sangriña Aula Valladolid (30-26) e Elxe (25-21). Nado en San Xoán da Area en 1966, o novo técnico guardés xa estaba no club antes da chegada de Prades, formando parte do corpo técnico de Manu Etayo. Xa baixo as ordes do actual seleccionador estatal conquistou o título de Liga en 2017. Anteriormente militara en África Ceutí (2004/05), Lalín, Porriño, Chapela, Bueu e Novás, facendo logo da súa fichaxe polo Mecalia en 2012 unha paréntese de tres anos para exercer como coordinador no Viveiro e seleccionador galego cadete feminino, até que regresou á súa casa a comezos desta tempada. João Mesquita, renovado Xunto a Abel continuará João Mesquita. O preparador físico portugués deixou unha gran impresión no seu primeiro ano na Guarda a pesar da súa mocidade -en agosto cumprirá 24 anos-, desenvolvendo un traballo que se evidenciou nos momentos da tempada con maior esixencia física, como o mes de novembro do pasado 2021 ou a recente fase final da Copa da Raíña, na que as xogadoras do sur da Galiza alcanzaron a última rolda. O rendemento e a ética de traballo do preparador do Porto levou á directiva a ofrecerlle a renovación para seguir á fronte dunha área de vital importancia no balonmán de elite que compatibilizou co seu labor na división masculina do club. Xa que logo, a única incógnita que queda por despexar é o nome do segundo adestrador. Segundo informou o Guardés "tanto o club como o propio Abel" están "a traballar nese tema". "Un bo tramo do proceso está completo, e agardamos fechalo e poder anunciar quen é a persoa que acompañará o adestrador asturiano e o preparador físico portugués na aventura da tempada 2022/23 nos próximos días", engadiron fontes do conxunto galego. Abel González, agradecido O próximo ocupante do banco do Atlético Guardés manifestou "un agradecemento moi grande" pola oportunidade que se lle brinda, en especial "pola confianza de pensar que o vou facer ben". "Se non, non me proporían", apostilou cun sorriso. Consciente de que aínda quedan tres partidos para terminar esta tempada, e centrado en achegar o máximo posible a José Ignacio Prades e ao equipo para acabar da mellor maneira, Abel desfíxose en eloxios cara o seu predecesor: "Foi un luxo contar cun mestre como el todos estes anos, e é unha mágoa que os nosos camiños se separen, pero penso que algún día poderemos traballar xuntos de novo". |
NOS_9293 | Será que agora o Ocidente vai parar de rastejar pelos seus monarcas do petróleo? Os sauditas estão tentando rasgar o acordo nuclear iraniano? | As decapitações na Arábia Saudita - 47 ao todo, incluindo o erudito clérigo xiita Sheikh Nimr Baqr al-Nimr, com as devidas justificativas corânicas para as execuções - foram dignas do Estado Islâmico (EI). Talvez esse seja o ponto. Um extraordinário banho de sangue na terra da monarquia sunita de al-Saud - claramente destinado a enfurecer os iranianos e todo o mundo xiita - re-sectarizando um conflito religioso que o próprio EI já promove muito bem. O Sheikh Nimr não era apenas um sacerdote idoso. Ele passou anos como estudioso em Teerã e na Síria, foi um líder xiita reverenciado na província da Arábia Oriental e um homem que, embora não participasse de um partido político, lutou por eleições livres, e foi regularmente detido e torturado por se opor ao governo sunita Wahabi da Arábia Saudita. Sheikh Nimr disse que as palavras eram mais poderosas do que a violência. Já as autoridades sugeriram que não havia nada de séctario em torno deste banho de sangue, - uma vez que decapitaram tanto sunitas, como xiitas - retórica clássica do EI. Afinal, o EI corta cabeças de "apóstatas" sunitas, de soldados iraquianos e de sunitas sírios tão facilmente quanto abate xiitas. Sheikh Nimr teria recebido exatamente o mesmo tratamento do Estado Islâmico. Talvez apenas sem a paródia de julgamento pseudo-legal que o Sheikh Nimr recebeu dos sauditas e que a Anistia Internacional criticou. Mas os assassinatos representam muito mais do que apenas o ódio saudita por um clérigo que comemorou a morte do ex-ministro saudita - o pai de Mohamed bin Nayef, o príncipe Nayef Abdul-Aziz al-Saud - com votos de que ele fosse "devorado por vermes e sofresse os tormentos do inferno em seu túmulo ". A execução de Nimr tende a revigorar a rebelião Houthi no Iêmen, país que os sauditas invadiram e bombardearam este ano, em uma tentativa de destruir o poder xiita que ali subsistia. Ela enfureceu a maioria xiita em um Bahrein regido pelos sunitas. E clérigos do Irã já afirmaram que a decapitação causará a derrubada da família real saudita. Ela também apresentará ao Ocidente o que existe de mais embaraçoso entre os problemas do Oriente Médio: a contínua necessidade de se encolher e de rastejar pelos monarcas ricos e autocráticos do Golfo, ao mesmo tempo que expressa seu mal-estar diante da carnificina grotesca que os tribunais sauditas esbanjam frente aos inimigos do reino. Quando o EI decepou cabeças sunitas e xiitas em Raqqa - que incluiam o caso problemático de uma sacerdote xiita parecido com Sheikh Nimr - todos sabíamos que Dave Cameron compartilharia seu desgosto no Twitter perante tão repugnante ato. Mas Cameron, o mesmo homem que arreou a bandeira britânica quando morreu o último rei deste absurdo Estado Wahabi, certamente usará palavras evasivas para tratar destas execuções. No entanto, muitos sunitas da al-Qaeda também acabam de perder a cabeça - literalmente - para carrascos sauditas. A pergunta que será feita em Washington e nas capitais europeias é: os sauditas estão tentando rasgar o acordo nuclear iraniano ao forçar seus aliados ocidentais a apoiarem até mesmo essas últimas atrocidades? No mundo obtuso em que vivem - em que o jovem ministro da Defesa, que invadiu o Iêmen, não gosta do ministro do Interior - os sauditas ainda estão glorificando a coalizão "anti-terror" de 34 nações, em grande parte, sunitas que supostamente formam uma legião de muçulmanos em oposição ao "terror". As execuções foram certamente uma maneira inusitada de celebrar o ano novo - quase tão espetacular quanto a queima de fogos em Dubai, que incluiu um dos melhores hotéis do emirado. Para além das implicações políticas, no entanto, há também uma questão óbvia a ser colocada pelo próprio mundo árabe: será que os governantes do Reino de Saud enlouqueceram? Texto tirado de Carta Maior |
NOS_8151 | Os paros, que se viñan producindo desde o pasado decembro, serán agora todas as terzas e quintas feiras. | Os profesionais do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), en folga desde o pasado mes de decembro, amplían a dous os paros semanais, xa que á das terzas feiras sumaranse, desde o 10 de marzo, as quintas. Así o notificaron desde o comité de folga, no marco dunha nova xornada da folga indefinida que manteñen desde o 11 de xaneiro —e en decembro fixeron varias xornadas de paro— estes traballadores, cada terza feira, para exixir unha "organización axeitada e non arbitraria" no servizo. Deste modo, insisten en que reforzan a folga "ante a demanda previa á querela presentada" polo xefe de servizo, Carlos Santiago Martín. En relación ao seguimento da folga, apuntaron os convocantes que roldou esta terza 70%, e suspendéronse "tres de cada catro consultas programadas", en relación a 114 de 152. Co deste 22 de febreiro xa son doce días de paros os que levaron a cabo desde o pasado mes de decembro. Sobre a demanda presentada nun xulgado de Primeira instancia da capital galega polo xefe de servizo, por parte de Comisións Obreiras (CCOO) explicaron que se dirixe contra dez médicos que denunciaron a situación do servizo e acúsaos de "ciumes profesionais incomprensíbeis", ao tempo que exixe unha indemnización económica de 10.000 euros. En concreto, estes profesionais están citados no xulgado o vindeiro 11 de marzo con motivo da demanda previa á querela, no marco dun acto conciliación, apuntaron a Europa Press fontes sindicais. A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras mostrou a súa "incredulidade" por esta demanda e exíxelle ao Sergas "que actúe dunha vez". Ademais, sinalou que ve "insólito" que un xefe de servizo "queira amedrentar" cunha demanda xudicial á maior parte do persoal que dirixe. Para este sindicato, a " inacción do Sergas", ao seu xuízo, "permite esta situación, cun xefe de servizo nas súas funcións que presenta unha querela contra a maioría do persoal facultativo fixo do seu departamento". "É unha situación inédita na sanidade galega e insólita en calquera empresa", abunda. Sobre a situación deste xefe de servizo, por parte de CCOO criticaron que recentemente foi nomeado membro do Comité Clínico de Cirurxía Robótica, creado o pasado mes de decembro, e con competencias en toda a Galiza. "A designación fíxose a proposta do director xeral de Asistencia Sanitaria, signo inequívoco de apoio do Sergas a esta persoa, no canto de poñerse ao lado dos profesionais en folga", critican. |
PRAZA_125 | A Rede Europea pola Igualdade Lingüística presenta un informe sobre discriminacións lingüísticas no Estado que será analizado polas Nacións Unidas e no que se advirte do retroceso da lingua en diferentes ámbitos como a xustiza ou o ensino. Consulte o estudo no interior. | A discriminación do galego será analizada pola ONU este vindeiro mércores. A delegación de ELEN (European Language Equality Network) será quen achegue os datos sobre a precaria situación do galego na Revisión Periódica Universal das Nacións Unidas e onde o informe de dereitos humanos presentado polo Estado español será revisado polo Reino Unido, Serra Leoa e Macedonia. No devandito informe, a delegación de ELEN -da que forma parte A Mesa pola Normalización Lingüística e cuxo presidente, Marcos Maceira, estará presente- presentará un relato con casos concretos de discriminación lingüística nos territorios con idioma propio diferente do castelán no Estado. No caso do galego, incluiranse as demoras en operacións médicas por solicitar a autorización en lingua galega, as denegacións de bolsas predoutorais por presentar o título universitario en galego ou as ameazas en probas de oposicións por empregar o idioma propio. O informe inclúe casos de discriminación de galegofalantes na sanidade pública, no ensino ou en oposicións Todos eles, son casos xa denunciados por A Mesa entre 2012 e 2013, pero no informe incluiranse tamén referencias aos "retrocesos a respecto da oficialidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta" no ámbito do ensino, como o decreto do plurilingüismo que limita o uso da lingua propia nas escolas. Segundo A Mesa, estes casos que serán expostos ante a ONU "non son máis que unha parte da totalitade da discriminación que se producen realmente, xa que en moitas ocasións, as vítimas destes abusos ilegais non o denuncian, e a información tampouco chega ás entidades en defensa da lingua ou aos medios de comunicación". Nos tribunais, como destaca a entidade, "a situación é especialmente grave". Así, lembra que xa se denunciaron casos como a non aceptación dunha demanda en Vigo por estar feita en galego ou o dun xulgado catalán que retirou a custodia dunha filla ao pai, alegando que lle falaba en catalán para separala da nai. O informe conclúe que as autoridades do Estado "fomentan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos" O informe será presentado pola Rede Europea pola Igualdade Lingüística (ELEN), que se constituíu en 2011 para traballar na protección e promoción das nacións sen estado de Europa e as linguas en minorizadas e que representa 44 linguas en 21 Estados europeos. Nel, chégase á conclusión de que as autoridades españolas "fomentan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos" e detalla casos da discriminación sufrida por falantes de galego, catalán, éuscaro, aragonés ou asturiano. Ademais, advirte que a xudicatura, a policía, o sistema educativo e a sanidade pública son "permeables a actitudes non igualitarias que acaban traducíndose acotío en comportamentos abusivos e inapropiados". A ELEN conclúe no estudo que, logo da gran cantidade de probas detalladas en diferentes áreas, resulta claro que "a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está institucionalizada". A Rede tamén advirte da dificultade e hostilidade que a xustiza española supón para defender os dereitos dos falantes de linguas diferentes ao castelán e enumera unha serie de artigos de diferentes tratados internacionais das Nacións Unidas que "cando menos son violados frecuente e sistematicamente polas autoridades españolas", como o artigo 7 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, dous máis da Convención sobre os Dereitos do Neno ou o primeiro da Declaración sobre os Dereitos das Persoas Pertencentes a Minorías Nacionais ou Étnicas, Relixiosas ou Lingüísticas. Máis de quince artigos que serían incumpridos habitualmente. O estudo enumera máis de quince artigos de tratados da ONU que serían incumpridos no ámbito lingüístico en España A sesión da Revisión Periódica Universal da ONU celebrarase en Xenebra (Suíza) o vindeiro mércores a partir das nove da mañá e tratará sobre o cumprimento dos deberes do Estado en relación cos dereitos humanos, tamén cona lingua. Ademais da Mesa, a delegación de ELEN estará composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ACPV), , Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana). "A discriminación por razóns lingüísticas é un ataque aos dereitos humanos e son indicativos dunha visión de supremacismo lingüístico que se está a reforzar nos últimos tempos, e en Galiza promovida por un goberno que ademais ten a obriga legal de defender o galego", dixo este luns Marco Maceira, que cre que é "lamentábel que aínda se produzan situacións como as que se denunciarán perante a ONU e que sexan entidades como A Mesa quen actúen para estes casos sexan coñecidos pola comunidade internacional". O presidente da Mesa indicou tamén que ademais da denuncia internacional "cómpre unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega", á que chamou a participar tanto nos diferentes actos que a plataforma Queremos Galego. |
NOS_56099 | Preparan unha acusación conxunta por inxurias e calumnias contra Carmela Silva, ante as descualificacións da número dous municipal lanzadas contra os protestos veciñais. | A Asamblea Aberta de Coia acordou presentar a vindeira semana unha denuncia por inxurias e calumnias contra a tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva. Prepara un escrito conxunto ante as descualificacións da número dous municipal, que tachou de "nazis e violentos" as veciñas e veciños que participaron dos protestos contra a colocación dun barco nunha rotonda do barrio vigués. Perto dunha vintena de persoas sumáronse polo momento á denuncia. Silva lanzou esta polémica declaración o pasado 31 de marzo na rede social Twitter. Horas despois de facerse pública, e ante o aluvión de críticas, decidiu eliminala mensaxe da súa conta oficial. "É moi grave que unha tenente de alcalde fale neses termos dunha loita onde participa xente de todas as idades, animada por persoas do barrio que levan anos na defensa dos dereitos sociais. As nosas accións pacíficas e desobedientes foron respondidas primeiro con mentiras e logo con represión", declaran dende a Asamblea. As consecuencias da loita veciñal Non era a primeira vez que cargos do Concello cualificaban abertamente a veciñanza de Coia de "violenta". Durante os dous meses de loita, o grao de criminalización foi en aumento, denuncian dende a Asamblea. Tanto nas declaracións como nas actuacións policiais, que remataron con 230 axentes, entre antidisturbios e municipais, custodiando o buque Bernardo Alfageme até a rotonda de Coia. O goberno local mantén unha vixilancia policial permanente na rotonda dende hai catro meses malia estar instalado e inaugurado o Alfageme. Hoxe, coa obra rematada e inaugurada, o goberno local mantén unha vixilancia policial permanente sobre o Alfageme. Decenas de veciñas e veciños foron identificados, lesionados e sancionados durante os protestos. Un deles, Xurxo R., foi condenado xa a un ano de prisión; mentres que Diego L. agarda xuízo por similar acusación. Malia as consecuencias individuais, dende a Asamblea de Coia insisten nos motivos que impulsaron as mobilizacións: a falta de políticas sociais e a precaria situación dos servizos públicos municipais, que provocan atrasos continuos na tramitación das axudas. |
NOS_46784 | A vindeira segunda feira, 29 de maio, o Goberno de Lalín someterase a unha moción de confianza, ao non lograr aprobar os orzamentos de 2017 na sesión plenaria que tivo lugar a pasada cuarta feira. | O Goberno encabezado por Rafael Cuíña someterase a próxima segunda feira, 29 de maio, a unha moción de confianza ao non conseguir apoios suficientes para aprobar os orzamentos deste ano no pleno extraordinario que tivo lugar a pasada cuarta feira. E é que o concelleiro non adscrito que no seu día deixou o goberno, Juan José Cruz, sumou o seu ao voto contrario dos dez edís do PP. Desta maneira, os orzamentos de 2017 foron rexeitados polos 11 votos en contra da oposición fronte 10 a favor: cinco de Compromiso por Lalín, tres do PSOE, un do BNG e un da edila da Agrupación de Electores e Electoras Plataforma Aberta Cidadá (Apac). En declaracións á prensa, Cuíña deu por feito que a segunda feira se reproducirán as posturas do último pleno, polo que perderá esa moción de confianza. "Faremos ese paripé lamentábel conscientes de que o imos perder", sinalou o alcalde, que acusa os edís do PP e o edil "tránsfuga" de non leren os orzamentos, pois nin sequera presentaron emendas. Moción de censura O rexedor de Lalín instou o PP a renunciar a presentar unha moción de censura, pois "perderíana", toda vez que a lei antitransfuguismo impide que o concelleiro que abandonou o goberno poida votar. Así tamén o asegurou o edil do BNG, Francisco Vilariño, "a lei non lle permite votar para cambiar o goberno". "Que ninguén caia no erro de crer que o goberno vai caer, estamos falando dun paripé", salientou o nacionalista, que lamentou que se adíe a aprobación dos orzamentos. "Queren castigar o goberno e o que fan é castigar a veciñanza", concluíu. Os representantes do PSOE e da Apac pronunciáronse na mesma liña e censuraron a actitude do "tránsfuga". |
NOS_54820 | Voto por correo Eleccións Galiza 2020: cómo solicitalo e cal son os prazos para poder votar o próximo 5 de Abril nas eleccións ao Parlamento Galego | As eleccións ao Parlamento Galego do 5 de Abril están ao caer, pero se non estás ese día na Galiza, podes pedir o voto por correo para exercer o teu dereito. Consulta os prazos para solicitalo e envialo correctamente. Se non podes ir votar o vindeiro 5 de Abril, xa podes pedir o voto por correo. De feito, desde o pasado 11 de febreiro pódese pedir en calqueira oficina de Correos, tendo un prazo determinado para solicitalo e para enviar o voto. Abierto el plazo para solicitar el #VotoPorCorreo para las Elecciones al Parlamento Vasco y al Parlamento de Galicia. Tienes hasta el 26 de marzo para presentar la solicitud en cualquier oficina de Correos. https://t.co/5zmdSeDpPm pic.twitter.com/Q5a5PetZt8— Correos (@Correos) February 11, 2020 Os prazos para solicitalo poden variar dependendo de se resides no estranxeiro ou estás temporalmente nun país. Estes son os prazos para votar por correo tanto desde o Estado español como desde calqueira outro país. Entrevista a Alexandra Fernández: "Era o momento de dar un paso adiante e sumar co BNG" Se resides no territorio nacional Se o 5 de Abril estás noEstado español pero non na Galiza, o procedemento que hai que seguir para solicitar o voto é o seguinte: Pedir o voto Hai dúas maneiras de pedir o voto por correo, sempre contando con que o límite é o 26 de marzo. Facelo de maneira presencial en calqueira oficina de Correos. Facelo online a través deste enlace, imprimir a solicitude e presentala directamente en Correos Entrega da documentación O colexio electoral envía por correo certificado toda a documentación necesaria ás e aos electores que pedirán o voto. Este envío realizarase entre o 16 e o 29 de marzo. Envío do voto Desde que as e os electores reciben toda a documentación, existe un prazo cuxa data límite é o 1 de abril, para acudir a Correos a enviar o voto. As enquisas do PP non dan maioría a Feixoo nas próximas eleccións do 5A Se vives no estranxeiro Se resides actualmente no estranxeiro e queres solicitar o voto por correo para as eleccións galegas do 5A, terás que seguir os seguintes pasos: Estar inscrito no CERA Pedir o voto A través deste enlace do INE Por correo postal na oficina do Censo Electoral correspondente Entrega da documentación Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si. Envío do voto Remitindo o voto á Oficina Consular: Entre o 11 e o 31 de marzo Votando na urna da Oficina Consular: Entre o 1 e o 3 de abril CRTVG propón un debate a seis o 23 de marzo coa presenza de Ciudadanos e Vox Se estás temporalmente no estranxeiro Pedir o voto O voto se estás temporalmente no estranxeiro ten un prazo que vai dende o 11 de febreiro até o 7 de marzo. Nalgunha das oficinas Consulares A través do seguinte enlace do Ministerio de Exteriores Entrega da documentación Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si. Envío do voto Mediante correo certificado até o 1 de abril Radiografía das candidaturas, máis ou menos públicas, do 5-A Eleccións 2020 Parlamento da Galiza Sexa cal sexa a túa situación actual, se queres votar por correo nas próximas eleccións galegas poderás facelo desta forma. Se no caso contrario, non tes ningún impedimento para ir votar o próximo 5 de abril, poderás ir votar a túa mesa electoral correspondente. Para facilitar o coñecemento da mesa electoral que che corresponde, a Oficina do Censo Electoral enviará un cartón censal cos datos actualizados da inscrición no Censo electoral e da sección e mesa na que lle corresponde votar a cada persoa. |
PRAZA_13009 | Vitaminas para o galego estrea web no día das Letras, con vídeos nos que dende 17 lugares do mundo (de Irlanda a París pasando pola Patagonia ou Granada), 17 centros de ensino e 17 concellos galegos, distintas persoas len o manifesto da plataforma de medios de comunicación en galego. | "O galego non é un obstáculo para comunicar cun público consciente e amplo. Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común". É unha das ideas fundamentais sobre as que xira o Manifesto de Vitaminas para o Galego, a plataforma conformada por 29 medios de comunicación impresos, dixitais, radiofónicos e audiovisuais que empregan a lingua propia de Galicia. O Manifesto conclúe que "O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, tamén nos contextos urbanos, alí onde presenta máis febleza". O obxectivo é presentar 17 vídeos doutros tantos colexios e institutos, 17 vídeos procedentes de 17 concellos do país e 17 vídeos co manifesto lido en varios países e linguas Vitaminas presenta a súa nova web, na que dende hai días se veñen colgando vídeos, máis profesionais ou completamente caseiros, que dende distintos lugares do mundo, ou dende centros de ensino de Galicia, moitas persoas foron enviando cunha lectura do manifesto. O obxectivo é presentar 17 vídeos doutros tantos colexios e institutos, 17 vídeos procedentes de 17 concellos do país e 17 vídeos co manifesto lido en varios países e linguas. Este mércores 16 de maio entregouse en Carballo o o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, que recaeu nun texto de Carlos Callón, Fai teu o galego, un artigo que Praza publicará o 20 de maio. A entrega do premio fíxose no marco dunha presentación da campaña de Vitaminas para o Galego, que se completou cun concerto de Sés. Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade para chegar a públicos amplos e incidir neles cunha linguaxe clara e sinxela, convidando aos lectores a lectoras a utilizar a lingua galega e facéndolles ver que é sinxelo e só é necesario querer. Destaca a enerxía, positividade e entusiasmo do artigo, que presenta a lingua como unha oportunidade, e apela ao compromiso individual das persoas para falaren galego. O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…, da estudante ourensá Alba Cid Fernández, e recoméndalles aos medios colaboradores a súa publicación. O artigo cuestiona de maneira crítica o apropiamento da linguaxe e das palabras por parte do poder para cambiarlles o significado, para mudar o imaxinario da xente. E isto enmarcado cunha linguaxe inclusiva e cun imaxinario moderno. |
PRAZA_10791 | Nun mesmo día o TSXG revogou o veto do Goberno galego a que catro xefaturas de Medio Ambiente puidesen ser ocupadas por enxeñeiros de Camiños e tombou o intento de nomear a dedo directores de oficinas de emprego equiparándoas a centros de acollida | Nun mesmo día o TSXG revogou o veto do Goberno galego a que catro xefaturas de Medio Ambiente puidesen ser ocupadas por enxeñeiros de Camiños e tombou o intento de nomear a dedo directores de oficinas de emprego equiparándoas a centros de acollidaO pasado 3 de xullo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou, como avanzou este diario, o intento da Xunta de nomear a dedo directores de oficinas de emprego equiparándoas a centros de acollida. Pero ese mesmo día o mesmo tribunal, a mesma sala do Contencioso Administrativo e a mesma sección, a primeira, composta polos mesmos xuíces, emitía outra sentenza, á que agora tivo tamén acceso este medio, coa que anulou outro intento do Goberno galego de restrinxir o acceso a postos de responsabilidade, neste caso a catro xefaturas de sección da Consellería de Medio Ambiente. O 11 de maio de 2017 o Goberno galego, na súa reunión semanal, aprobou a Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería de Medio Ambiente, un listado no que restrinxía as titulacións coas que se podía acceder a varios empregos públicos. Dous anos despois, e tras un recurso do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula que catro de aqueles postos, xefaturas de sección nos catro casos, estivesen vetados aos seus colexiados.A nova sentenza critica que a Xunta non ofreceu "unha xustificación que exclúa toda arbitrariedade na súa decisión" de excluír os enxeñeiros de Camiños do acceso aos postos en cuestiónSegundo a sentenza do TSXG, o Goberno galego non xustificou os motivos polos que eses catro postos debían estar restrinxidos a determinadas titulacións coas que os relacionaba. Esa ausencia de xustificación, di o tribunal, "converte en irrazoable a reserva efectuada pola Administración nestes postos de traballo ás titulacións ás que se restrinxe, o que impide á súa vez entender xustificada a exclusión dos [enxeñeiros de Camiños] para acceder a eles". Así o establece a sentenza para tres xefaturas de sección de xestión ambiental e unha de avaliación ambiental. Pola contra, a sentenza rexeita a pretensión do Colexio de Camiños de que tamén se anulase o veto aos seus titulados noutros oito postos distintos. Neses outros casos o tribunal salienta que a Xunta si ofreceu suficientes xustificacións dos motivos polos que debían adscribirse a outras titulacións distintas, polo que a sentenza critica que nos catro postos agora anulados o Goberno galego non dese "maior explicación ao respecto, a diferenza dos datos, máis ou menos completos, que si se ofreceron respecto dos demais postos de traballo". Por iso, considera que nos catro postos en cuestión a Xunta non ofreceu "unha xustificación que exclúa toda arbitrariedade na súa decisión"."É claro que as oficinas de emprego e coordinación non se atopan en ningún de ditos grupos", dixo o mesmo día o TSXG noutra sentenza sobre a posibilidade de designar a dedo a dirección de determinados "centros con características singulares"Esta sentenza relativa aos catro postos restrinxidos de xeito ilegal pola Xunta na Consellería de Medio Ambiente foi emitida polo TSXG o mesmo día en que pronunciou outra anulando parcialmente outra Relación de Postos de Traballo (RPT), a da Consellería de Economía, aprobada polo Consello da Xunta o 5 de xullo de 2018, na que se establecía a libre designación para o nomeamento dos directores ou directoras das sete principais oficinas emprego de Galicia, situadas nas sete cidades. A Xunta xustificara esa discrecionalidade amparándose nunha norma que prevé ese tipo de nomeamento a dedo para responsables de residencias, internados, centros de investigación ou formación profesional ou centros de menores ou de atención a vítimas de violencia de xénero. Porén, o TSXG considerou que "é claro que as oficinas de emprego e coordinación non se atopan en ningún de ditos grupos".Na Xunta segue a haber máis de 300 xefaturas de servizo de libre designación malia que a lei prevía que fosen a excepciónA anulación parcial desas dúas RPT das consellerías de Medio Ambiente e Economía en dúas sentenzas distintas emitidas o mesmo día e nos dous casos por restrinxir o acceso a determinados postos de responsabilidade prodúcese mentres seguen a existir na Xunta máis de 300 xefaturas de servizo de libre designación malia que a lei prevía que fosen a excepción, e así o publicitou o propio Goberno galego. |
NOS_5523 | No monográfico desta semana tratamos a realidade da diversidade funcional na Galiza, un traballo coordinado por Adrián R. Bravo, que nos leva a coñecer o labor que realizan diversas entidades e colectivos no país. | Actuar e buscar a mellora na calidade de vida das persoas con diversidade funcional na Galiza é un dos obxectivos cos que xermolou o A Fondo que publicamos no Sermos Galiza 188. É este un monográfico coordinado polo técnico en Animación Sociolocultural Autismo Vigo Adrián R. Bravo. O caderno comeza co artigo Capacidade-estado transitorio da vida, unha peza que asina Esther Medraño González, do Centro de Atención Temprana Vínculo. A autora sinala que non deberiamos permitir que as persoas con diversidade funcional e as súas familias soñen con ser aceptadas e con formar parte da sociedade, pois ese é o seu dereito. En Autodeterminación e calidade de vida, María Teresa Lagos, psicopedagoga e a directora do C. Cangas da Asociación Juan XXIII, afirma que presentamos como actores secundarios os que deberían ser actores principais das súas vidas. Entende a autodeterminación como un proceso polo que as persoas vamos adquirindo as habilidades e desenvolvendo as actitudes que nos permiten ser protagonistas do que sucede nas nosas vidas. Neste número, Cristian López e Adrián R. Bravo entrevistan Eladio Fernández Pérez, que preside desde 2011 a Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga). Referencia no traballo con persoas con discapacidade intelectual, Eladio Fernández explica os retos da Federación e advirte de que os recortes están forzando as entidades a prestar un servizo precario. En O emprego… para que?, a preparadora laboral de ACEESCA Ana Rodríguez dá conta da importancia de que as persoas con diversidade funcional poidan desenvolver un traballo remunerado. Neste artigo expón exemplos de integración laboral e pide que traballo e discapacidade deixen de ser noticia e formen parte da realidade. A vida independente é o artigo que asina Rebeca Sevilla, a coordinadora da Rede de Vivendas con Apoio BATA. Recupera neste texto o testemuño dunha persoa adulta con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), que nos describe o seu día a día e a experiencia de compartir vivenda. En Envellecemento e futuro das persoas con discapacidade, Cipriano Luis Jiménez Casas, psiquiatra e psicanalista, escribe sobre as persoas con discapacidade envellecida e advirte de que na medida do posíbel deberían envellecer no seu medio, onde se atopen os seus vínculos. O autor desta peza é tamén director Xeral da Fundación Menela. Fechamos este A Fondo coa conclusión que nos achega Adrián R. Bravo, que chama a empoderarse para avanzar. [Este A Fondo xa está dispoñíbel, xunto ao Sermos Galiza 188, na loxa] |
PRAZA_20601 | Non desviemos a atención dunha cuestión que non é menor: unha muller foi acoitelada con asañamento en pleno día, no centro dunha cidade que estaba literalmente tomada pola policía, e moi preto, ademais, da comisaría. É que iso non merece ningún comentario? Non ten importancia? | Teño que confesar que antes de comezar a escribir este artigo precisei pensar moi detidamente o que ía dicir,e tamén, e dun xeito imperioso, respirar moi profundamente, nun intento de acadar unha calma que se resiste a chegar. Son consciente da mestura de sentimentos que bulen dentro de min, e non quixera que expresalos xerase algún malentendido, pero o que non podo é calar. Os meus principios, a miña indignación, non me permiten ignorar o que ameaza con estalar dun momento a outro. Alcorcón e Santiago de Compostela foron, nun só día, escenario do acoitelamento de dúas mulleres polas súas ex-parellas. O caso da primeira vítima pasou sen mágoa nin gloria. Uns poucos minutos e unhas escasas liñas foron toda a atención que se lle dedicou a unha muller, unha vítima mais da violencia machista mais brutal. O seu caso non daba para un titular deses que tanto chaman a atención. A violencia de xénero e as súas vítimas por si soas xa non venden. Son algo demasiado cotián, demasiado frecuente. Nada que interese mais alá do politicamente correcto, eieso con mesura, que tampouco hai que excederse e restarlle espazo e tempo a noticias de máis interese! O caso de Compostela, pola contra, está acaparando titulares, espazos nos informativos, nas redes sociais, pero máis que pola propia vítima, pola intervención dunha policía de paisano que casualmente pasaba pola zona e que impediu, coa súa actuación, que o suceso fose, e cito textualmente a algún medio de comunicación, "a maiores". Vese que vinte puñaladas tampouco son tantas!. Non desviemos a atención dunha cuestión que non é menor: unha muller foi acoitelada con asañamento en pleno día, no centro dunha cidade que estaba literalmente tomada pola policía, e moi preto, ademais, da comisaría. É que iso non merece ningún comentario? Non ten importancia? A muller agredida pasou a un segundo plano para deixarlle todo o protagonismo á policía, para a que xa se piden condecoracións e que se converteu na personaxe de moda. Que ninguén me interprete mal. Non se me escapa a importancia do seu acto, nin digo que non mereza que se destaque e mesmo que se premie. Pero que se supón que debería ter feito, xa non como policía, senón como ser humano que presencia tal atrocidade? Ignoralo, pasar de largo? E, por outra banda, non desviemos a atención dunha cuestión na que ninguén semella reparar e que non é, no meu xuizo, menor: unha muller foi acoitelada con asañamento en pleno día, no centro dunha cidade que estaba literalmente tomada pola policía, e moi preto, ademais, da comisaría. É que iso non merece ningún comentario? Non ten importancia?. E mentres dúas mulleres loitan por sobrevivir, cadaquén saca, unha vez mais, tallada da violencia de xénero, das súas vítimas. Algúns medios de comunicación, cos seus titulares e os seus relatos do acontecido mais ou menos tinguidos de amarelo. A Policía, parabenizando e enxalzando unha compañeira que, insisto, non digo que non o mereza, pero ignorando o fallo tan garrafal e con tan graves consecuencias dese case "blindado" despregamento de seguridade, polo que mesmo o delegado do goberno se parabeniza, dicindo que nos festexos do Apóstolo non se produciron incidentes, agás o apuñalamento dunha muller, pero que eso "non ten que ver cos festexos". Novamente a violencia de xénero, a súa brutalidade, se minimiza, se menospreza, en aras do sensacionalismo, do lavado de imaxe, da noticia fácil... Novamente a nós, mulleres, maltrátasenos. |
NOS_21705 | Carmen Santos é a secretaria xeral de Podemos Galicia e nesta entrevista fala con moita clareza, e crueza, sobre o confronto co errejonismo que está a marcar o tenso desenvolvimento do segundo congreso estatal do partido morado. Para Santos, Errejón e os Anticipalistas queren un "líder carente de poder político" suficiente para levar a termo o seu proxecto. E opina que a maioría das bases da organización na Galiza non está pola dupla militancia en Podemos e na Marea. | -Sinteticamente, cales son as propostas de Podemos para Todas para Vistalegre II? -A principal proposta é devolverlle o poder aos círculos e ás bases, para que volva un pouco o espírito fundacional e deixar un pouco este período eleitoral da máquina de gañar. Podemos ten de voltar a ser esa ferramenta de participación cidadá real. Temos que ser un reflexo da sociedade á que lle queremos poñer voz e que queremos que teña unha vida máis digna. Para iso é fundamental facerlle fronte aos nosos adversarios dunha maneira valente e coa loita tanto através de facer política na rúa como nas institucións, pero máis focalizado en estar coa xente. Temos tamén varias propostas referentes ao programa organizativo para matizar certas dinámicas dos órgaos e mesmo tamén a respeito do financiamento de Podemos. Nese sentido propomos que se destine o 75 por cento das doazóns que veñen dos salarios dos cargos institucionais para descentralizar o poder da organización através dos propios círculos e manternos así independentes dos bancos como até o de agora. Hai que darlle voz aos círculos, igual que ás bases de inscritas e inscritos, nos procesos de fusión ou non fusión con outras organizacións, coas confluencias. Que se consulte moito máis ás bases. Os órgaos non poden substituír o poder de decisión da xente. -Dirías que os círculos terían que ter máis protagonismo do que tiveron nesta etapa? -Si, porque ao final hai órgaos, consellos cidadáns que intentaron suplantar as decisións das bases. Por exemplo, na Galiza foi o que pasou. As bases votaran que querían unha candidatura en coligazón con En Marea, pero nunca diluídos, e ao final o Consello Cidadán fixo un posicionamento sempre en contra do documento político votado polas inscritas e os inscritos. -Conforme nos achegamos ao acto final de Vistalegre II [o conclave comeza esta sexta feira e o domingo vaise coñecer o resultado das votacións telemáticas] está a medrar a tensión, cunha enorme agresividade na confrontación. A que atribúes este exceso de ruído que se percibe? -Ben, hai persoas que tiñan unha estratexia de campaña moi definida. Hai unha proposta de Recuperar a Ilusión [candidatura errrejonista] e Podemos en Movimento [Anticapitalista] tramposa onde se di que se quere o secretario xeral, pero se quere un secretario xeral carente de poder político para liderar o partido, como se fose de cartón e que non tivese máis do que unha función de voceiría. Iso é enganar un pouco as inscritas e os inscritos, cando se está marcando esa liña estratexia de "nós queremos o secretario xeral, vota a nosa candidatura porque ao final imos decidir nós por el e por vós". Ao final había que falar con clareza para que a xente cando vote o saiba. Se tensiona cando se di a verdade. E nós estamos aquí para dicer a verdade". -Cres que desde o errejonismo se quer un líder maniatado? -Nós cremos que si. Non só eu persoalmente. Hai moita xente que o temos clarísimo. Non entendemos como se pode querer quitarlle o poder ao secretario xeral para darllo ao secretario político. É facer trampas no que se está xogando aquí. -Estás de acordo con que a liña de Iglesias a respeito do PSOE é moito máis agresiva do que a liña de Errejón? -Non é certo que sexa máis agresiva. É unha visión moito máis realista, dentro da realidade e da dureza na que están vivindo moitas cidadás e cidadáns. Hai moita frustración social e dela participan moitísimas persoas votantes do PSOE, que estaban de acordo con nós en que non querían un goberno do PP e que agora teñen Rajoy investido polos votos do partido socialista. A situación é dura, con moitísima xente que non chega a fin de mes ou non pode pagar o recibo da luz, e por iso temos que ser duros e contundentes. -A candidatura de Errejón desliza a idea de que Podemos para Todas non estades interesadas en gobernar... -Iso é absolutamente falso. As típicas ideas que se din cando non hai argumentos de peso de verdade e non se quere recoñecer que o que se quer ter é o control da organización e do aparato. Nós queremos gobernar porque sabemos que gobernando é a maneira de cambiar as cousas. O único que dicemos é que non somente pisando moqueta se cambian as cousas. Que se non houbera as mobilizacións das mareas brancas, das mareas verdes, e se non houbese unha sociedade civil totalmente envorcada en mostrar a repulsa coas medidas do PP co apoio do PSOE, pois non tería habido cambio político. Iso é o que defendemos para gobernar e para transformar este país. Porque gobernar para facer o mesmo non é o noso obxectivo. Nós viñemos aquí para cambiar este país, para que sexa máis xusto e mellor para a maioría social. -Que propostas tendes para descentralizar o funcionamento de Podemos? -Pois que a xente decida. Ou sexa, que as asembleas territoriais, as galegas e as municipais, podan realizar as súas propias consultas en base a documentos, en base a propostas, con perguntas claras, non perguntas de si ou non, senón perguntas claras onde a xente teña capacidade de debater e participar. Esa é a maior descentralización. Que a xente decida e decida sobre o futuro de Podemos. E, ademais, os que predican tanto a descentralización e a plurinacionalidade son os que máis interviñeron, o errejonismo foi o que máis intentou intervir, nas decisións dos territorios. Eu falo en primeira persoa. Pese ao que puidese parecer, houbo moito máis intervención por parte do errejonismo na estratexia de Galiza do que por parte da equipa de Iglesias e do propio Iglesias. -Se Errejón perde, cres que ten que continuar a ser o portavoz parlamentar? -Ese é un debate que teñen que dar no grupo parlamentar de Podemos. Igual que a min non me gusta que se metan nas decisións do noso grupo parlamentar de En Marea ou na executiva de Podemos Galicia, non vou opinar a respeito das decisións que teñan que falar no grupo parlamentar de Unidos Podemos. -A respeito da relación de Podemos con En Marea, a vosa candidatura é partidaria de que exista dupla militancia? -Nós o que teremos que ver é que o plantexamento político se vai facer desde o que é Podemos Galicia. Iso é algo que se ten que decidir aquí e téñeno que decidir as inscritas e os inscritos de Podemos Galicia. Nestes intres dentro das bases non se ve con bos ollos a dupla militancia. Ao mellor están inscritos [no censo de En Marea] para poder participar nos procesos como cidadás e cidadáns, mais non para ocupar cargos orgánicos en ambos espazos. Habería unha incompatibilidade. Poderían entrar en contradición as liñas estratéxicas. Imaxínate a hipótese dunha votación das inscritas e inscritos de Podemos, imaxínate que ti es un cargo orgánico de En Marea e, ao mesmo tempo de Podemos. Pois ben, se as bases de Podemos votan unha cousa e as de En Marea votan outra, como resolves o conflito de interese? Por iso, en principio estaríamos a favor de participar como inscritas e inscritos en ambos espazos, mais non a favor de ocupar cargos orgánicos porque en ocasións poderían entrar a contradicer a vontade das bases. |
NOS_43498 | O nome de Xurxo Chirro é un dos referentes no que se deu en chamar Novo Cinema Galego. Autor de Vikingland, premiada co Play Doc de Tui, o creador asinou un feixe de curtas de carácter experimental que evidencian unha nova maneira de facer cinema. Autor, crítico, difusor, dinamizador e activista do cinema, a Biblioteca Ánxel Casal de Compostela dedícanlle a súa obra un ciclo retrospectivo que comeza o xoves día 11. | -A Biblioteca Ánxel Casal vai dedicar un ciclo a súa produción audiovisual. Para min é unha honra que mo propuxesen. Actualmente vivo a 50 metros e case paso máis tempo na Casal que na miña casa. Está moi ben que ás veces as olladas recaian no máis próximo. -Non é moi novo para que lle fagan un ciclo retrospectivo? (ri) Boa pregunta!. O de "retrospectiva" foi so unha fórmula para encaixar a variedade do meu traballo. Gústame a idea de mostrar de onde procede Vikingland. Agora penso que xa non só fai falta produción e exhibición senón tamén algo de pedagoxía para explicar o porqué das cousas. Todo isto non se podería facer nunha sesión polo que deseñamos tres aproximacións ao meu traballo onde as distintas perspectivas vanse complementar. - Que sinais cre que identifica a súa creación audiovisual? O principal sinal que caracteriza a miña obra é que asumo as miñas limitacións. Moita xente pensa que para facer cinema é preciso de moitos cartos, unha morea de equipo e moita xente. E en realidade, este xeito de facer as cousas persiste dunha maneira case agónica. Cada vez máis, comézase a considerar a creación cinematográfica afastada de todas as rémoras dun modelo vello, xerarquizado e obsoleto. Agora o cambio é brutal! Calquera persoa pode chegar a facer unha película sen filmar, pode crear un filme na casa, co móbil e co computador. Todo isto dá unha intimidade á creación cinematográfica nunca vista antes. Porén, este ensimismamento non limita á hora de abordar cuestións interesantes e ambiciosas, senón todo o contrario, estimula a creatividade para poder contar aquilo que queres tendo en conta os recursos dos que dispós. "Calquera persoa pode chegar a facer unha película sen filmar, pode crear un filme na casa, co móbil e co computador". -Despois de iniciarse con curtas, Vikingland supuxo un salto na súa traxectoria, pola presenza en festivais internacionais e por ter gañado o Play Doc de Tui. Que significou ese traballo? As curtametraxes foron moi eficaces para ir aprendendo, tanto dos acertos como dos erros. Obviamente Vikingland é a miña película que tivo maior recoñecemento internacional mais englóbase organicamente na miña traxectoria. Hai que pensar que convivín con este proxecto desde o 2006 polo que a súa presenza nalgunha maneira estivo latente desde as orixes. E así ten algo de todo o que me interesa: o atoparse con refugallos de realidades como en Argazo, o interese polo "outro" como n´Os Señores do vento, a evidencia da memoria como en 36/75, aspectos da mirada como en 13 pozas, a potencialidade do documento en Cellular Movie, o mundo do mar en Á luzada… -Forma parte do que se deu en chamar Novo Cinema Galego, como valora esa nova xeración de cineastas? A pesar de todo o que está caendo estamos a vivir o mellor momento da Historia do Cinema Galego. Actualmente existe un corpus de creadores e de obras que argumentan suficientemente esa denominación. Estas tres palabras teñen algo de provocación mais penso que son válidas para darlle algo de visibilidade ao que está acontecer. Por desgraza esta etiqueta é máis efectiva fóra que dentro de Galicia. Cando fun por festivais internacionais moitos críticos e programadores facíanme preguntas sobre o que acontecía co cinema galego. Malia esta atención foránea en Galicia todo isto está a pasar desapercibido. O que noutros sitios serviría para "sacar peito" aquí é obviado. Isto pode ser debido á tradicional mala consideración que hai en Galicia do cinema como ferramenta cultural, mais hai que caer na conta de que, posiblemente, durante os últimos anos non houbo nada mellor que o Novo Cinema Galego para sacar lustre á Cultura Galega. -Canda esa faceta de creador, vostede é un dos principais promotores da difusión do cine galego na rede. Que posibilidade ofrece para a súa difusión? Nesta altura os campos xa non son tan estancos. A hipermeabilidade é algo propio do vello modelo de facer cinema. Agora os roles teñen que ser mais transversais. Os perfís deben ser máis indefinidos para axustarse aos novos tempos de incerteza. A cristalización deste gran momento na creación cinematográfica en Galicia foi debida a que moitos axentes apuntaron nunha mesma dirección. Se nun principio foi a administración (coas extintas axudas de talento), logo responderon os creadores, logo a crítica e logo os programadores. E para facer máis fácil a tan agardada chegada do público hai que insistir na divulgación, na visibilidade e na ensinanza. Os espazos para isto son moi reducidos polo que non queda outra que sacarlle todo o partido á rede. Probablemente esta actividade tería que ir da man da administración ou das institucións académicas mais estas case sempre se atopan a anos luz do presente. -A última xornada da retrospectiva non se dedicará a unha proxección senón á presentación do Proxecto Socheo. Como valora esa creación dun arquivo audiovisual sen apoio institucional? Proxecto Socheo xurdiu tralo accidentado pase de Vikingland na Guarda cando unhas mulleres comentáronme que tiñan gravacións de vídeo dos seus homes cando estaban embarcados. Preguntáronme se quería facer outra película e díxenlle que non ía poder ser, porén buscaría a maneira de pór en valor todo ese material. Ese é precisamente o espírito de Proxecto Socheo: a necesidade dunha comunidade en partillar e mostrar imaxes habitualmente relegadas mais que colocadas unhas ao lado das outras revelan de maneira elocuente uns potentes sinais de identidade. Malia a boa vontade e participación da xente témonos atopado con numerosos problemas debido á instrumentalización deste tipo de patrimonio. Socheo avoga pola creación dun arquivo da imaxe municipal mais a nosa actividade propiciou o efecto contrario: proxectos similares que acentúan a fragmentación. Socheo iniciou a dixitalización dos arquivos da antiga canle local de televisión mais tivo que desestimar ese monumental proceso pola incidencia de todo tipo de suspicacias. O concello considerounos como "pouco ambiciosos" e, polo tanto, non aptos para os "plans" culturais do pobo. O que máis incomoda desta situación é que a pesar dos nosos esforzos desinteresados haxa quen poña en dúbida a profesionalidade do grupo de xente que estamos implicados en Socheo. Todos estes obstáculos externos minan bastante a moral mais, sinceramente, nada pode co feito de ver e sentir a ilusión dos veciños cando orgullosos nos achegan as súas imaxes para compartir. |
PRAZA_10090 | Debido aos seus vínculos España debería liderar a posición europea. Europa carece de iniciativa nisto, non ten nervio, é subalterna, frouxa, e obedece tamén o proxecto golpista e invasor da extrema dereita americana. | En 2013 a oposición venezuelana perdeu as eleccións municipais, democraticamente. Entón a extrema dereita tomou a iniciativa e rompeu con Enrique Capriles, líder da MUD, a plataforma opositora. Leopoldo López chamoulle traidor, calculou que polos votos non se podía gañar, montou "La Salida" e anunciou que incendiaría as rúas de Caracas. "Ante el problema de la terrible crisis, atornillamos al gobierno con violencia". As guarimbas asasinaron 43 persoas e feriron 800. Os tribunais xulgaron a Leopoldo e condenárono a trece anos, que até hai uns días cumpría en arresto domiciliario, por razóns humanitarias.As guarimbas asasinaron 43 persoas e feriron 800. Os tribunais xulgaron a Leopoldo e condenárono a trece anosLeopoldo apareceu o 30 de abril subido a unha ponte con Juan Guaidó, dicindo ambos que estaban dando un golpe de estado. Fracasaron, o ministro de exteriores español declarou que non apoiaba golpes e entón Leopoldo refuxiouse na embaixada española, tamén para "atornillar".Uns meses antes o goberno español recoñecera a Guaidó como presidente encargado, con poucas gañas. Fixérao forzado pola presión enorme de EEUU. Foi unha imposición humillante. EEUU traballa moito así.Desde aquela o Estado español sitúase á marxe do dereito internacional e asume para Venezuela a estratexia de Trump, a da extrema dereita estadounidense. Moi irritados, é verdade; de feito tratan de desmarcarse, dicindo que Leopoldo molesta na embaixada e que o presidente estadounidense parece un cowboy, pero o malestar é unha cousa e a política real outra.Debido aos seus vínculos España debería liderar a posición europeaDebido aos seus vínculos España debería liderar a posición europea. Europa carece de iniciativa nisto, non ten nervio, é subalterna, frouxa, e obedece tamén o proxecto golpista e invasor da extrema dereita americana. Mais debería romper con ela e sumarse aos países que buscan unha solución pacífica e negociada, que son varios.Nos medios de comunicación apenas se volveu falar de Leopoldo desde o día que entrou na embaixada. Reina o silencio, tamén o estado venezuelano está calado. Así que algo se estará movendo e talvez sexa positivo. |
PRAZA_2076 | Núñez Feijoo asegurara que o convenio que o Goberno galego asinou con Defensa o pasado ano tiña como obxectivo a investigación "do potencial de avións non tripulados para uso civil". O Searcher MK II J, de fabricación israelí, foi empregado contra a poboación palestina, denuncia AGE. | "Materializaremos a colaboración co Ministerio de Economía e co Ministerio de Defensa para iniciar a recuperación do aeródromo das Rozas en Lugo, cun investimento de 10 millóns de euros e co obxectivo de que funcione como centro de investigación do potencial de avións non tripulados para uso civil e da súa utilidade en ámbitos como a detección de incendios, a vixilancia da contaminación ou a xestión eficiente do territorio". No debate sobre o estado da autonomía celebrado en outubro de 2014 Alberto Núñez Feijoo anunciou un investimento de 10 millóns de euros no aeródromo lugués de Rozas, ao abeiro do plan de diversificación industrial e de convenios cos ministerios de Economía e Defensa. O pasado 12 de setembro o aeródromo galego acolleu a primeira proba dun dron do Exército en territorio español Porén, o Goberno galego sempre se negou a recoñecer que as instalacións terían usos militares, sinalando unicamente obxectivos civís, coma os que enumerou o presidente da Xunta. AGE denunciou en varias ocasións esta situación, sinalando que os fondos servirían para o desenvolvemento en Rozas de avións non tripulados (drons) para o exército, convertendo este aeródromo nunha instalación militar. Cando o pasado 23 de decembro Feijoo asistiu á inauguración do Centro Mixto de investigación en avións non tripulados de Rozas teimou de novo en destacar unicamente os usos civís destas instalacións. O Goberno galego sempre se negou a recoñecer que as instalacións terían usos militares, sinalando unicamente obxectivos civís Este sábado 12 de setembro o aeródromo galego acolleu a primeira proba dun dron do Exército en territorio español (si se realizaran, por exemplo, en Afganistán, con máis dun milleiro de misións), como comunicou oficialmente o Ministerio de Defensa. Un Searcher MK II J do Exército de Terra efectuou un voo de proba durante hora e media, percorrendo unhas cinco millas, operado dende a estación de control ubicada en terra. Foi o primeiro dunha serie de voos, cuxo obxectivo é obter o certificado de aeronavegabilidade que se lles esixe a todas as aeronaves que operan dentro do espazo europeo. Para AGE, "a realidade unha vez máis confirma as denuncias realizadas" e "deixa en evidencia a falta de respecto do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao Parlamento e a todos os galegos e galegas, ao negar durante o Debate do estado da Autonomía o que hoxe é xa unha evidencia". Para o deputado Ramón Vázquez, "resulta vergoñento" que o presidente da Xunta "continuase enganando á cidadanía pese as probas documentais presentadas por AGE nas que representantes de AIRBUS DEFECE e da empresa de misiles MBDA da multinacional EADS recoñecen que o Dron Atlante, probado en Rozas, se trataba dun UAV con fins militares en proceso avanzado de dotación de armamento" Para AGE, "a realidade deixa en evidencia a falta de respecto do presidente da Xunta ao Parlamento de Galicia e a todos os galegos e galegas, ao negar durante o Debate do estado da Autonomía o que hoxe é xa unha evidencia" Vázquez cualificou ademais como "inadmisible" que se empreguen "60 millóns de euros de diñeiro público para beneficiar ás multinacionais do armamento, dentro de actuacións políticas enmarcadas no emprego das portas xiratorias, como é o caso do Ministro de Defensa, Pedro Morenés, antigo directivo da Empresa EADS de armamento, fabricante do Dron Atlante". AGE, que sinala que o Searcher MK II J, de fabricación israelí, foi empregado contra a poboación palestina, esixe do Goberno galego "que conte a verdade e aporte explicacións sobre os riscos que implican as probas con drones, tendo en conta que as bases de avións non tripulados son instalacións dun grande valor tecnolóxico, militar e estratéxico, o que as converte en destacados obxectivos militares e terroristas, implicando un risco mais que evidente para a cidadanía que se atope na súa contorna". |
NOS_40542 | A CIG protesta diante dos xulgados en denuncia polo proceso penal impulsado polo propietario da empresa Oh Vigo! | O xuízo previsto para os días 28, 29 e 30 de outubro contra o persoal da cafetaría do Hospital do Meixoeiro suspendeuse por enfermidade dunha das traballadoras acusadas. Segundo informan fontes da CIG, a vista retomarase os vindeiros 9, 10 e 11 de marzo de 2020. Estes días a CIG convocara concentracións diante dos xulgados de Vigo para denunciar o proceso penal contra 13 traballadoras e traballadores, a maior parte con afiliación á sindical nacionalista, da cafetaría do Meixoeiro. A acusación fala de coaccións, ameazas e danos e solicita penas de entre 10 meses e catro anos de prisión e multas que en total ascenden a 800.000 euros. A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, explica a Sermos Galiza que non entende a suspensión do xuízo. "Foi petición da propia acusación particular coa escusa da enfermidade dunha da traballadoras que non pode asistir por cuestións médicas", sinala a Sermos Galiza, "quixeron alongar este xuízo que está a causar grandes danos a moitas familias que viven a situación con moita ansiedade". Débedas do empresario O propietario da empresa, Javier Valverde, mantén importantes débedas con Facenda e co propio persoal que agora está acusado. Segundo fontes sindicais en 2015 a CIG denunciou que o propietario de Oh Vigo! debíalle ao hospital o canon de máis de 117.000 euros por impago dos recibos de xullo, agosto, setembro, outubro e novembro; a Facenda debíalle máis de 43.000 euros; e á Seguridade Social máis de 73.000 euros. A Facenda da Xunta debíalle tamén 6.000 euros, e aos provedores arredor de 71.000. Ademais, tiña que asumir o canon de cando se construíu a cafetaría, que ascende a máis de 750.000 euros. "Agora mesmo débelle ás traballadoras e traballadores entre 25.000 e 30.000 euros e ingrésalles 200 ou 300 euros por mes", apunta Transi Fernández, "e son os ingresos que achega polas máquinas expendedoras que seguen a funcionar". |
NOS_8979 | A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, sinalou que as eleccións catalás "van de democracia e futuro, de dignidade e de derrotar aos que cren que poden encarcerar ou exiliar a vontade dun pobo de ser libre". | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou este domingo o seu apoio a ERC nas eleccións do 14 de febreiro e pediu á cidadanía catalá dar unha "lección de dignidade" ao Estado e trasladar a Cataluña os bos resultados que obtivo a súa formación nos comicios galegos de xullo. En videoconferencia no acto central de campaña no Centre Cultural da Mercè de Xirona, defendeu que nas eleccións galegas se demostrou a ilusión da cidadanía dun cambio real e cre que "esa sonda tamén se vai a sentir con forza" o 14 de febreiro en Cataluña. 🎥[VÍDEO]@anaponton: "El #14F no son unas elecciones más. El 14F va de democracia, de futuro, de dignidad y de derrotar a los q creen que pueden encarcelar o exiliar la voluntad de un pueblo de ser libre. Una abraçada des de Galiza, tota la sort a @Esquerra_ERC" #AlCostatDeLaGent pic.twitter.com/6BIM5goYxW— Esquerra Republicana (@Esquerra_ERC) February 7, 2021 "O 14 de febreiro tedes que dar unha resposta contundente aos que tentan usar esta pandemia para torcer a nosa vontade. Non poden como se nada", reivindicou. Pontón sinalou que estas eleccións "van de democracia e futuro, de dignidade e de derrotar aos que cren que poden encarcerar ou exiliar a vontade dun pobo de ser libre". Unha oportunidade para "avanzar" Tamén sostivo que o centralismo é o principal problema no Estado e que o independentismo catalán, vasco e galego é a única oportunidade "para avanzar na democracia, a liberdade e en dereitos". No acto tamén participaron, entre outros, o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, e o candidato republicano á presidencia da Generalitat catalá e vicepresidente do Govern, Pere Aragonés. Así mesmo, estivo presente o líder de ERC, Oriol Junqueras, que se atopa en terceiro grao penal, o que lle permite participar en mitins que decorran durante a fin de semana. |
NOS_21881 | A asociación contra a violencia de xénero Si, Hai Saída recibe denuncias de vítimas que advirten da escasa axuda que lles proporcionou o teléfono de atención 016 durante pontes e feriados. A responsábel da asociación esíxelle á Xunta de Galiza mudanzas profundas no servizo. | Nunha conversa con Sermos Galiza, a portavoz da asociación contra a violencia de xénero Si, Hai Saída, Marta Rodríguez, dá conta da existencia de denuncias que lle chegan á entidade sobre as deficiencias do funcionamento do 016, o número de teléfono ao servizo das vítimas da violencia machista. A Xunta de Galiza informa de que froito dun acordo co Goberno central, as chamadas que se produzan ao 016 desde o ámbito territorial de Galiza derívanse automaticamente ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria precise "Non é a primeira vez que unha vítima chama en festivo ao 016 e o primeiro que lle din é que busque onde agocharse e que chame a Comisaría, pois desde alí ninguén pode axudala", sinala a responsábel da entidade, quen, despois de escoitar varias testemuñas sen conexión entre elas, decidiu chamar ela propia ao 016. "Chamei ao número e aínda continúo esperando pola explicación sobre o escaso servizo que prestan e alí ninguén se fai responsábel de nada", engade. "O 016 non pode ser un trámite burocrático nin un call centre" Marta Rodríguez, que tamén sufriu na súa pel a violencia machista, salienta que mesmo se dirixiu por escrito á Secretaría Xeral de Igualdade para coñecer o funcionamento do servizo "e a día de hoxe sigo sen resposta". O grave, afirma, é que o servizo do 016 "pode supoñer unha vida máis". "O 016 non pode ser un trámite burocrático, nin un call centre", critica. "Non necesito chamar o 016 para que o único que me digan é que vaia á comisaría da policía", expón a responsábel de Si, Hai Saída, "hai vidas en xogo e para moitas mulleres o 016 é a única ferramenta da que dispoñen, por iso me resulta especialmente grave o tipo de atención que presta e por iso me incomodan os anuncios da Xunta sobre o 016 na prensa cada vez que morre asasinada unha muller". A asociación Si, Hai Saída considera que o 016 debería activar protocolos de emerxencia para sacar as vítimas da situación de perigo que sofren Para Marta Rodríguez, o 016 debe servir para que, amais de fornecer a vítima da información necesaria, se active un protocolo de emerxencia para sacala do perigo real que padece de forma inmediata. "Cando unha usuaria nos chama á asociación para dicirnos que a están maltratando actuamos xa, porque somos conscientes de que pode estar en xogo unha vida", afirma. A responsábel de Si, Hai Saída pon de manifesto o estado psicolóxico en que se atopan as vítimas cando sofren violencia de xénero. "A situación agrávase aínda máis sabendo o sufrimento que pasan estas mulleres. Todas elas coinciden en describir o que senten como unha nebulosa na cabeza, son conscientes do que lles está a acontecer, pero non son quen de actuar, están bloquedas". "Cando unha sofre episodios de violencia de xénero está nunha situación de terror total e hai cousas que non pode facer e que poden facer por ti, de aí a importancia dun bo servizo do 016", sinala. "Uns minutos poden salvar unha vida… ou non", conclúe. |
NOS_23093 | Aliás, reclama ao Goberno español que incremente as penas contempladas no Código Penal actual para "agresións e resistencia á autoridade". Segundo defenden, gravar os castigos é a maneira acaía para "evitar os enfrontamentos". | O PP instou o Goberno español --é dicir, a si propio-- a mudar o Código Penal para punir máis aínda os delitos de agresións e resistencia perpetrados contra axentes da policía "para evitar enfrontamentos que na actualidade propician conflitos físicos e agresións de considerábel gravidade". Á formación conservadora non lle parecen suficientes os catro anos de prisión ou seis meses de multa que contempla o CP actualmente e defenden que unha lexislación máis dura "tería un efecto preventivo e disuasorio moi eficaz". Por esta causa, e desouvindo os informes do Consello de Europa en que se denuncia o "uso desproporcionado da forza" por parte da policía e se poñen en cuestión as intervencións dos antidisturbios, o PP levou ao Congreso a proposta de endurecer o CP a través dunha proposición non de lei rexistrada polo portavoz d@s conservador@s, Alfonso Alonso. Para alén desta demanda, exixen tamén que "todas" as actuacións realizadas pola policía conten con "amparo legal". |
NOS_50363 | Unha manifestación esta cuarta feira convocada pola CIG denuncia a situación de "asfixia" e "desfeita" no sector naval, a automoción e a sanidade pública. | A comarca de Vigo vive estes meses pendente da situación nos grandes estaleiros, da marcha de empresas cara o norte de Portugal e do futuro do centro médico Povisa. Motivos abondo para que a CIG de Vigo iniciara unha campaña co lema SOS Vigo: polo futuro industrial da comarca, emprego digno e servizos públicos que se visibilizará na rúa nunha manifestación esta cuarta feira 30 de outubro (Vía Norte, 20 horas). "Estamos vivindo unha desfeita industrial", asegura a Sermos Galiza o secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves. "O sector Naval, un dos piares da comarca, está a desaparecer polo mal facer do empresariado que aproveitou as axudas públicas para engordar as auxiliares das empresas matrices e logo asfixialas". Gonçalves advirte que "se deixou morrer a Vulcano e agora vai pasar o mesmo con Barreras e as súas auxiliares". Desde a CIG de Vigo denuncian tamén a continua marcha de empresas cara Portugal no sector do motor e que "non existan políticas proactivas nin por parte do Gobernos español nin por parte da Xunta de Galiza que ten todas as competencias para aplicar medidas". Por este motivo exixen "cambios reais" nunha comarca "cada vez máis centrada no sector servizos". O secretario comarcal da CIG de Vigo avisa que este é o inicio "dunha campaña máis longa que se non cambia a situación desembocará nunha folga xeral". O sector Naval nas últimas César Rodríguez, responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, explica a Sermos Galiza a situación "de emerxencia" que vive o sector. "Vulcano perdeuse e Barreras, o estaleiro principal do Estado español, ten unha parálise que causou a perda de 800 postos de traballo e unha situación agónica por parte da industria auxiliar que non cobra o que realizou". Agora hai unha grande inseguridade "polo proceso preconcursal e os prazos que ten". Advirte que esta situación "pode abocar á liquidación do propio estaleiro". "Se caen os dous estaleiros máis grandes desaparece o sector naval de Vigo". O responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo explica a Sermos Galiza que a carga de traballo destas empresas é a maior de toda a ría, a que conta cando se queren tratar datos reais "e non maquillados". |
NOS_8904 | Certa crítica cualifica a súa poesía de surrealista, mais Juan Carlos Mestre (Vilafranca do Bierzo, 1957) adoita matizar e explica que cada verso seu nace "da interiorización dunha experiencia vital". De atender ao poeta, diríase que a vida o levou á lingua galega. Neste idioma estréase con 200 gramos de patacas tristes (Espiral Maior, 2019). | "O poeta é un can que lle ladra a deus", escribe nun dos poemas, case unha autopoética, Ese son eu, que remata: "A que cheira a neve e o canto dos galos? Ao mesmo que sabe a música de Monteverdi. A nada e a medo". Eloxio de María é unha estremecida homenaxe ás asasinadas no 36, "mal ano o do 36". "Encomiados sexan os insatisfeitos, os inofensivos e os desesperados. Dignos de eloxio os que dixeron non no canto de xa veremos. Paz aos que abriron o libro da terra para que continuase nas estrelas a vida dos mortos". O libro, composto por máis de cen poemas en prosa, arrandea entre as dúas beiras do mandato vangardista: cómpre radicalidade estética, cómpre radicalidade política. O autor engade un humor nada cínico. Así foi desenvolvendo Mestre toda a súa obra poética, entre as máis celebradas da súa promoción e conformada por libros da envergadura de La tumba de Keats (1999), La casa roja (2008) -que lle valeu o Premio Nacional do Ministerio de Cultura-, La bicicleta del panadero (2012) ou Museo de la clase obrera (2018). Nunha recente conversa coa revista literaria Oculta Lit, Juan Carlos Mestre debruzábase sobre a súa teoría e práctica poéticas. Nela recoñecíase discípulo directo de Antonio Gamoneda e lembraba os catro poetas que lle abriron camiño á escrita: o propio Gamoneda, Ezra Pound, Saint-John Perse e Rainer Maria Rilke. "Escribo desde a máis clara das conciencias", dixo daquela. A que lle permite confeccionar versos coma estes: "Non facer nada é outra maneira de estar morto, pero vivo, coma vós, feridos da guerra que non terminou. Non nas cunetas, non nos armarios onde seguen colgados os chalecos do matrimonio, non no caixón onde se gardan as lentes de ver o que aínda non chegou". |
NOS_50804 | Ao tosteiro aguantaron até cantar o himno. Un sol atorrador non conseguiu vencer a militancia do BNG, máis entregada do que nunca na conmemoración do Día da Patria Galega. A praza da Quintana abarrotouse no primeiro 25 de xullo de Francisco Jorquera como candidato á Xunta. "A casa común dos nacionalistas", como definiu Jorquera o BNG, ten nas autonómicas o seu próximo reto. | O sol xa queimaba cando a manifestación saíu da Ferradura detrás da faixa portada pola executiva na que se lía "Rescata os teus dereitos. En Bloque, podemos!" . A lenda era a resposta da dirección da organización nacionalista á pregunta que pairaba no ambiente, mais cumpría agardar á Quintana, o simbólico espazo-medida que cada ano sente o pulso da política nacionalista para confirmar que o BNG enchía con máis vigorosidade que o pasado ano. Case ninguén abandoou a histórica praza até ter rematado o himno, e o enlousado de pedra non se deixou ver antes das dúas da tarde, cando a manifestación chegaba a súa fin. Arredor de 20.000, calcúlase, camiñaron da Ferradura á Quintana, a paso rápido, o imprimido para non abafar de máis nunha das xornadas de maior temperatura do que vai de verán. A valentía do BNG Moitos ollos miraban para a Quintana, e iso sabíase nunha maninfestación que varias persoas participantes definirían con dous adxectivos "histórica" e "emocionante". Con esa tensión emotiva comezou Francisco Jorquera o seu primeiro discurso do 25 de xullo, 34 anos despois de ter entrado por vez primeira na Quinana para saír "convertido nun militante nacionalista galego". Nunha "auténtica situación de emerxencia nacional", dixo Jorquera, "Galiza necesita da valentía do BNG". A referencia á organización puña inicio a un discurso apegado ao combate da crise, de denuncia da inxustiza social das políticas económicas do PP e defensa dunha alternativa de goberno nacionalista, insubmisa ao imperialismo e os oligopolios. "Detrás de cada recorte hai persoas que se incorporan ás colas do paro, hai persoas que teñen que acudir ao comedores sociais, hai mozos e mozas que teñen que emigrar. Detrás de cada recorte hai vellos que teñen que malvivir por non poder pagar os medicamentos" afirmou Jorquera para contrapor a "política valente" defendida polo BNG fronte á "covardía" de Feijóo. Demisión de Feijóo e convocatoria de eleccións foi o que o Guillerme Vázquez demandou na Quintana. O portavoz nacionalista falou dunha "involución política sen precedentes" e da "urxencia de frear en seco esta política inxusta, inmoral e inútil". "Ou nos plantamos fronte á UE, á especulación e estes gobernos ou haberá novos recortazos, máis pronto que tarde" anotou,despois de debullar os resultados dos seis meses de goberno de Rajoy: sumisión á UE, saqueo do pobo para cebar á Banca, recentralización e ataques aos dereitos e liberdades. Defensa da política Diante dos discursos que buscan "demonizar" a política, Jorquera apostou por defendela como "compromiso coa sociedade, como vontade de servir ao pobo galego. É o momento de participar en política", apuntou sinalando como reto as vindeiras eleccións autonómicas. Contra a centralización do poder e a concentración da riqueza, a aposta dun BNG no goberno conduciríase cara á insumisión cos recortes e a converter o goberno galego nun "dique fronte ás desigualdades, un dique fronte á inxustiza, un dique fronte á perda de democracia". As propostas nacionalistas pasan así, segundo destacou, pola soberanía fiscal e financieira, unha "soberanía real". "O PP, marea negra, chapapote tóxico, recorta dereitos, recorta liberdades usando como pretexto a crise" dixo Vázquez no seu discurso, arredor dunha involución que convidou a vencer con "rebelión, insubmisión, mobilización". Democracia, gobernos para o pobo, soberanía para Galiza e autogoberno real son os obxectivos dun BNG que defende o dereito de autodeterminación e rexeita o imperialismo, conceptos repetidos tanto por Guillerme Vázquez como por Francisco Jorquera. O BNG mostrábase así como unha organización sólida, con resistencia á embites duros como a propia calor do día, e un discurso apegado á defensa dos dereitos sociais e nacionais, da autodeterminación e a xustiza social sen por iso desbotar a súa condición de alternativa de goberno. "Somos máis ca eles" Como na convención nacional de San Lázaro, o BNG convidou a Carme, César, Isabel, Miguel, Manuela, Luciano e Pilar a subir ao palco, persoas que padecen a dura situación económica pero que teñen folgos para denunciala e tirar para adiante na defensa dos seus dereitos. "O seu empeño en destruirnos fai medrar a nosa loita" dixo Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, xusto antes de que subiran ao palco. "Galiza encabeza o ranquing estatal dos ERES" sinalou Isabel, afectada polo expediente de regulación de emprego de Mafeco. "Nós temos que loitar coas nosas forzas e somos máis ca eles" defendeu o comerciante de Compostela, César Lago, referíndose ao pequeno comercio que está a sofrer as ventaxas que o PP lle está a dar ás grandes superficie, comparanza que se podería aplicar á clase traballadora e ao capital, ás persoas que están a padecer os recortes e ás que se están a beneficiar da crise. A mestra Manuela Castaño afirmou que as persoas con emprego público veñen de perder un 26% de poder adquisitivo. "Cando nos atacan tamén o fan á sanidade e ao ensino público, os nosos dereitos sociais", anotou. "Adiante labregos, en Bloque podemos" berrou Pilar Vispo ao denunciar o peche de 25.000 explotacións leiteiras na Galiza. As persoas que se situaron á sombra do muro de San Paio máis que xuntas semellaban abrazadas. Fuxir da calor era tarefa inútil pero, xusto antes de comezar as intervencións a praza estaba a reventar, con milleiros que aguantaron con estoicidade un sol imposíbel e deron carta de seguro á lenda que inauguraba a manifestación: en Bloque podían encher a Quintana e aguantar sen desfalecer para mostrar a forza da organización. Remataba co himno a que un dos asistentes chamou "o miragre da Quintana", conseguir que a praza se mantivese ateigada ate o remate, cando as agullas do reloxo da Berenguela xa atravesaran as dúas da tarde e o sol petaba a pleno, cunha forza que só atura unha militancia sólida e entusiasmada. NOTA: A crónica de ambiente e o video da mobilización, premendo aquí |
NOS_33022 | Para que Sermos Galiza chegue á túa casa podes cubrir o boletín de subscrición nesta páxina, ir ao quiosco mercalo a partir do 17 de maio ou xogar ao Trivial coa AS-PG. | Das 15 horas do día 10 de maio á mesma hora do 17 realizarase o Campionato de Trivial "Sermos Galiza" promovido pola AS-PG, un torneo que ten como premio a subscrición ao noso semanario.As preguntas serán dun nível 1,é dicir, sen grandes dificultades, e terán dous temas obrigatorios, a Ciencia e cultura e Espectáculos. Os catro restantes serán á escolla da persoa que participe no campeonato.Os premios consistirán en subscricións ao Semanario Sermos Galiza. A persoa gañadora recibirá de xeito gratuito a publicación durante un ano, as que queden no segundo e terceiro postos terán unha subscrición de seis meses e as concursantes ata o número 10 poderán achegarse ao xornal durante tres meses. Con anterioridade, a AS-PG xa viña organizando campionatos de Trivial, xogo no que contan con máis de 7.000 preguntas e tamén máis de 7.000 usuarios rexistrados. |
NOS_15244 | Punto e final á antiga FP co envío ao Congreso da proposta para unha nova Formación Profesional, que incluirá entre o 25% e o 50% de tempo lectivo en prácticas con contratos remunerados, adiantou Pilar Alegría, ministra de Educación e FP. | O lexislativo debaterá o Proxecto de Lei Orgánica de Ordenación e Integración da Formación Profesional (FP) despois do acordo do Consello de Ministros desta terza feira, que decidiu aprobar o documento do Ministerio de Educación e FP, anunciou a titular da institución, Pilar Alegría. Esta proposta "vai mellorar a vida de moitas persoas e da sociedade no seu conxunto", afirmou a ministra, que incidiu en que achega "o modelo á realidade do tecido produtivo para que a FP sexa un modelo de éxito", en liña co sistema aplicado en Estados como Alemaña. Desde o Goberno estatal deféndese que se a norma vai adiante, permitirá "reducir as taxas de desemprego do país", facendo fincapé na mocidade, que sufre un 35% de desemprego, "conseguirémolo con este modelo", reiterou Alegría. Amais da "oportunidade a unha xeración dun emprego de calidade e digno", proseguiu, situando o obxectivo na formación permanente das traballadoras e traballadores, especialmente naqueles en activo e "que precisan actualizarse para manterse ou progresar" na súa ocupación actual. Neste sentido, apuntou que as persoas novas con estudos de FP teñen unha taxa de desemprego seis veces inferior ao resto dese grupo de idade. Novo modelo Para converter a FP "na primeira opción formativa por parte dos estudantes" e facer máis doado "que as empresas obteñan os perfís profesionais que demandan", Alegría transmitiu que un "sistema único" substituirá o dobre modelo de FP -un cun enfoque máis educativo e outro cara ao emprego-. "Toda a FP terá carácter dual", explicou a ministra, que garantiu un período de prácticas en empresas de entre o 25% e o 35% do tempo lectivo, que se pode incrementar até o 50% nas formacións intensivas, estas bolsas contarán "cun contrato remunerado", mantivo. Estes criterios estenderanse a todas as titulacións, nas que se ampliará a oferta en 25 novos cursos vencellados "á dixitalización e a internacionalización", centrados nos "sectores emerxentes". Os territorios terán liberdade para "introducir os complementos formativos que demande a súa propia realidade", detallou. Relación coa universidade Con este proxecto, aumentan "os vasos comunicantes" entre universidade e FP, considera a titular do Ministerio, que destacou o avance no que atinxe á acreditación da experiencia profesional das traballadoras e traballadores, calculando en 500.000 persoas o número de acreditacións no último ano, en contraste coas 300.000 que fixeran o mesmo proceso nos dez anos anteriores, co sistema previo. A planificación gobernamental estima que máis de tres millóns de persoas formalizarán os seus coñecementos até 2024, ao tempo que se crean 200.000 prazas novas para estudar FP. Máis de 5.000 millóns de euros O Anteproxecto aprobado polo Consello de Ministros conta cun orzamento de 5.474 millóns de euros, dos que 1.550 millóns de euros proceden dos fondos da Unión Europea, indicou Alegría. 49 millóns de euros de investimentos na Galiza A voceira do Executivo estatal e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, comunicou esta terza feira despois da reunión do Consello de Ministros que foran aprobados 49 millóns de euros de investimento na Galiza: 28,7 para unha variante da N-120 en Ourense, 13,9 para o mantemento de instalacións enerxéticas relacionadas coa alta velocidade, e 1,4 millóns para os traballos en dous cuarteis da Garda Civil. Fin ás novatadas Na sesión de hoxe tamén se acordou enviar a trámite parlamentar a Lei de convivencia universitaria, que resolve como falta grave as novatadas ou o plaxio de traballos de fin de Grao, Mestrado ou Doutoramento. Así como o acoso e o acoso sexual. As sancións van desde a expulsión do centro universitario de dous meses a tres anos, até a perda de dereitos de matrícula durante un curso ou semestre. |
NOS_9936 | O manifesto está apoiado, entre outros, por Rafael Pillado, Francisco Rodríguez, Méndez Ferrín, Peña Rey ou Elvira Souto. | Unha trintena de ex presos políticos galegos durante a ditadura franquista promoven promoven un manifesto para que se retire a Manuel Fraga Iribarne a distinción honorífica de Fillo Adoptivo do Concello da Coruña. Este título foi concedido pola corporación municipal coruñesa o 24 de decembro de 1968, en plena ditadura. "Despois de 50 anos, como persoas que sufrimos a represión franquista, queremos difundir unha biografía silenciadas de Fraga porque despois de 43 anos da morte do ditador Franco, asistimos a unha ofensiva das forzas da dereita e de ultradereita, todas con raíces franquistas, que poñen en perigo a democracia e as conquistas sociais", indican. Entre as persosas asinantes deste manifesto están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau... Manuel Monge, un dos promotores, afirma que "consideramos que como servidor do franquismo -así foi recoñecido polo propio Fraga- e como ministro dunha ditadura criminal, Manuel Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo adoptivo". |
NOS_16177 | Puntogal posibilita a través da súa web obter o DGI personalizado. A asociación destaca que quer "resaltar e visibilizar o orgullo de ser galego". | Puntogal lanza para este 25 de xullo o que cualifica como "un agasallo moi especial": a posibilidade de ter o Documento Galego de Identidade (DGI) na rede. Un billete personalizado que se poderá obter entrando en www.dominio.gal, para despois descargar e, se quixer, partillar nas redes sociais. A iniciativa, destaca a asociación, fai parte da campaña 'Celebremos a nosa identidade' coa que Puntogal festexa o Día da Patria. Como parte desta campaña, os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE) nos rexistradores acollidos á promoción. A rebaixa no prezo dos dominios estará vixente entre o 25 de xullo e o 7 de agosto nos seguintes rexistradores: 101Domain, Arsys, CdMon, Dinahosting, DonDominio, Host Europe e OVH. A asociación conclúe tamén nesta data o proceso de renovación das súas páxinas web. En www.asociación.gal pódese atopar dende agora información sobre a asociación que sustenta o dominio dende os seus inicios. Os usuarios poderán consultar a listaxe de entidades asociadas ou os dominios pioneiros. Dispón tamén dunha intranet para a comunicación coas entidades asociadas. O obxectivo é que a páxina sexa o novo punto de encontro para quen queira coñecer ou apoiar o proxecto. |
NOS_23438 | Constitúe unha filial enerxética para os seus proxectos de renovábeis. | Inditex creou unha filial enerxética para xestionar os seus proxectos de renovábeis baixo o nome de Inditex Renovables, con sede en Arteixo e presidida por Francisco Javier Losada, segundo publica o Boletín Oficial do rexistro Mercantil (Borme). A nova sociedade, que se crea cun capital de 3.000 euros e que comezou as súas operacións o pasado 16 de abril, ten como obxecto social a realización de toda clase de actividades, obras e servizos propios ou relacionados cos negocios de produción e comercialización de enerxía térmica ou eléctrica mediante instalacións que utilicen fontes de enerxía renovábeis. A publicación da creación desta nova filial prodúcese despois de que semana pasada o grupo fundado por Amancio Ortega presentase á Autoridade Portuaria da Coruña unha solicitude de concesión administrativa para desenvolver un proxecto de instalación de tres aeroxeradores na explanada de Levante do Porto Exterior da Coruña. Un proxecto cun investimento de 30 millóns de euros. O obxectivo é, afirmaba o grupo, que estes muíños eólicos xeren enerxía sostíbel para o autoconsumo colectivo das instalacións portuarias de Punta Langosteira e da sede de Inditex en Arteixo (oficinas, fábricas e centro de distribución).. En concreto, segundo esta proposta, recollida na solicitude de concesión que será estudada e tramitada no seu caso pola Autoridade Portuaria da Coruña nos próximos meses, Inditex asumiría o investimento total das instalacións, estimada en aproximadamente 30 millóns de euros, así como a súa xestión e mantemento posteriores, que serían desempeñados desde o punto de vista operativo por unha empresa especializada. Inditex resaltou que esta formulación para o autoconsumo enerxético colectivo é único no Estado español. O "autoabastecimiento enerxético sostíbel" supón un paso máis no compromiso establecido polo presidente de Inditex, Pablo Isla, cuxo obxectivo é a incorporación a todas as súas operacións da enerxía máis eficiente. Neste sentido, o grupo marcouse que ao peche do actual exercicio o 90% da enerxía consumida en todas as súas instalacións no mundo (sedes, loxística e tendas) proceda de fontes sostíbeis |
PRAZA_762 | Os titulares de explotacións agrogandeiras maiores de 60 anos xa son a maioría mentres que persoas menores de 40 á fronte de explotacións se reduciron case un 40% na última década. O país perdeu unha cuarta parte dos seus profesionais do agro dende 2003. | Galicia vai vella e un dos sectores tradicionalmente máis asociados á base produtiva do país, o agrogandeiro, é unha das mostras máis certeiras dun avellentamento ata agora imparable. En apenas unha década o número de explotacións do sector primario galego non deixou de minguar e, mentres, a idade das persoas que ostentan a súa titularidade non deixou de medrar, aínda que a un ritmo moito máis acelerado que o do decrecemento das propias unidades produtivas, ata o punto de que as explotacións encabezadas por persoas maiores de 60 anos xa son a maioría. Os datos estatísticos máis recentes, correspondentes ao ano 2013, indican que Galicia contaba nese ano cunhas 76.000 persoas titulares de explotacións agrarias, segundo datos do INE. Isto implica unha redución superior ao 10% ao número do ano 2007, considerado o do inicio da crise, e un 24% menos que en 2003. Así, é posible afirmar os datos na man que en apenas dez anos o agro galego quedou sen, practicamente, unha cuarta parte das persoas titulares de explotacións. Mentres isto sucedía tamén variaba notablemente a distribución por idades das persoas titulares deste minguante medio rural. O panorama actual indica que pouco máis de 3.600 titulares de explotacións son menores de 40 anos, algo menos de 27.000 están entre 40 e 60 anos e máis de 45.500 son profesionais que superan esa idade. Deste xeito, seis de cada dez titulares están xa por riba dos 60 anos. Mentres que na década analizada o número total de persoas titulares de explotacións se reduciu nun 24% as que teñen as de máis de 60 anos minguaron pouco máis dun 2%. Na outra banda, as as titulares menores de 40 anos pasaron de 10.500 en 2003 a pouco máis de 3.600 en 2013, o que implica unha desaparición de case sete de cada dez. As persoas titulares na franxa de idade entre os 40 e os 60 anos, pola súa banda, viron reducido o seu número en case un 40%. O número total de persoas titulares de explotacións reduciuse un 24% e as titulares maiores de 60 anos, un 2% As devanditas variacións no mapa agrario galego provoca, como é obvio, as titulares de maior idade pesen cada vez máis sobre o conxunto, debuxando un panorama cada vez máis incerto para o relevo xeracional e abonando o terreo para un abandono do rural cada vez máis acelerado. Mentres que en 2003 as as titulares de explotacións maiores de 60 anos non chegaban ao 50% agora son xa o 60% e as titulares de entre 40 e 60 anos descenderon case 10 puntos, do 43% ao 35%. Os titulares máis mozos, de menos de 40 anos xa apenas son 5 de cada cen. Estes son os números dun contexto no que as persoas mozas que dirixen explotacións agrogandeiras son practicamente unha anécdota, toda vez que no ano 2013 eran 130 das máis de 76.000 totais. Isto permite deducir unha escasa efectividade de programas públicos como as axudas para a incorporación da mocidade ao rural, concibidas pola Xunta como unha ferramenta para "favorecer o relevo xeracional de titulares de explotacións". As persoas mozas que encabezan explotacións son só 130 das máis de 76.000 rexistradas A mesma intención é, asemade, a manifestada dende as bancadas que sustentan ao goberno cando, periodicamente, dende a oposición se formulan iniciativas ao respecto. A máis recente é a lanzada dende o grupo da AGE, cuxo voceiro en materia rural, Antón Sánchez, propuxo hai escasos días a "contratación de 150 técnicos agrarios" para "impulsar a creación de emprego no rural". Esta, di, sería a antítese á aposta do Goberno galego, "caracterizada polo desmantelamento das oficinas agrarias coa amortización de 130 prazas, unha actuación que afunde aínda máis o noso campo", di. |
PRAZA_4298 | O virus non distingue organicamente entre os corpos, e establecerase nun organismo independentemente da súa condición, pero a exposición e o acceso aos tratamentos marcan a diferenza: cando entra en xogo o factor social aparece a desigualdade do virus. | Dende a crise social e sanitaria xerada polo COVID-19, comezou a repetirse como un mantra que o virus non distingue entre clases, xénero e outras variables sociais: o virus "nos iguala a todos". O propio Slavoj Žižek incide, aínda que con propósitos diferentes, nas palabras do viceministro de sanidade de Irán, Iraj Harirchi, na recompilación de Sopa de Wuhan: "Este virus é democrático e non distingue entre pobres e ricos" e que "todos estamos no mesmo barco". Se ben esta última frase pode ser interesante dende un punto de vista posibilista, que fomente os obxectivos comúns, non é completamente "certa": todos estamos no mesmo mar, atravesando a mesma borrasca. Pero algúns van en iate ou submarino, e outros en barco, con chalecos salvavidas ou están tentando manterse a flote.O virus non distingue organicamente entre os corpos, e establecerase nun organismo independentemente da súa condición, pero a exposición e o acceso aos tratamentos marcan a diferenza: cando entra en xogo o factor social aparece a desigualdade do virusO virus non distingue organicamente entre os corpos, e establecerase nun organismo independentemente da súa condición, pero a exposición e o acceso aos tratamentos marcan a diferenza: cando entra en xogo o factor social aparece a desigualdade do virus. O discurso hexemónico baseado nunha única liña científica, biolóxica e organicista, é perigoso porque non está facendo unha distinción relevante e tende a velar as mesmas condicións que inflúen nun desigual impacto. Este discurso é manifesto non só nos medios de comunicación, senón que tamén se reflicte no análise bibliométrico recente das publicacións científicas. Os factores sociais xeran as condicións de existencia que fan que as enfermidades non funcionen do mesmo xeito sobre os corpos porque, estes, non son soamente un ser orgánico que levamos connosco como obxecto. O noso corpo é a nosa biografía, as nosas condicións sociais, o xénero, o noso traballo, a nosa diversidade funcional; e todo isto, ten unha resonancia directa e indirecta na saúde. As crises sanitaria e social non se poden abordar por separado.Thomas McKeown, no seu libro As orixes das enfermidades humanas (Critique, Barcelona, 1990) explica que o descenso da mortalidade nos séculos XIX e XX produciuse antes da introdución dun tratamento médico eficaz; e que este descenso respondía, á mellora dos estándares de vida que levaban a unha menor exposición á enfermidade e, sobre todo, á mellora na alimentación. Richard Wilkinson e Michael Marmot, nun importante informe da Organización Mundial da Saúde, "Os determinantes sociais da saúde, os feitos probados", defenden e subliñan a necesidade de incorporar os factores sociais como determinantes na saúde das persoas, tanto na investigación como na intervención.Nun artigo publicado en La Nación hai uns días, sinalábase a importancia de disciplinas como a antropoloxía noutras epidemias. As aportacións da antropoloxía médica poderíanse dividir en varias ramas. Desde a antropoloxía das epidemias, por exemplo, se atende aos factores e axentes que inciden na produción de información, a súa circulación, competencia e interacción, incluíndo políticos, medios de comunicación, redes sociais, entre outras. Dende a experiencia da antropoloxía comprometida en epidemias (Ébola, Zika, H1N1, VIH), coñecemos como no terreo as antropólogas foron útiles tanto á hora de facilitar as intervencións sanitarias, canto a favorecer as decisións e a participación comunitariaEsta dinámica complexa, que non se nos escapa a ningún visto o esperpento nacional marcado polo populismo da ultradereita, os marcos e metáforas "bélicas" para describir a xestión sanitaria, ou a proliferación de embustes, impacta nas respostas condutuais e cognitivas dos cidadáns respecto da enfermidade, e polo tanto, na posibilidade de contaxio e risco. Os dous extremos das respostas virían marcados tanto pola sobre reacción como pola negación. Un exemplo atopámolo en Estados Unidos na relación entre a negación da enfermidade, e unha serie de variables como o consumo de prensa de dereitas e respaldo de noticias falsas. Dentro destas variables a máis significativa é votar á dereita. Outro exemplo, no Estado español, podémolo ver no activismo pandémico levado a cabo por diferentes políticos da oposición, institucións, ou diversas comunidades autónomas. Por iso necesitamos saber como determinadas fontes chegan a ter crédito na produción de coñecemento, e cales son os factores que obstaculizan que algunhas persoas non poidan ou non leven a cabo as condutas de protección.Pola outra banda, dende a experiencia da antropoloxía comprometida en epidemias (Ébola, Zika, H1N1, VIH), coñecemos como no terreo as antropólogas foron útiles tanto á hora de facilitar as intervencións sanitarias, canto a favorecer as decisións e a participación comunitaria. Este factor será decisivo nunha nova concepción da atención á saúde se queremos aprender algo. As antropólogas axudaron a crear sistemas máis eficaces de vixilancia e preparación epidemiolóxica, a partires do coñecemento local e tendo en conta as variables sociais e culturais que inflúen na percepción de risco, nos cambios de comportamento e na colaboración coas autoridades sanitarias. Por medio dunha sensibilidade e especificidade que contempla as relacións entre as desigualdades sociais e a economía política mundial, ou o papel dos grupos sociais á hora de atender ás enfermidades. Son especialistas nestes aspectos fundamentais que non se inclúen en determinados modelos de enfermidade como o hexemónico. En definitiva, estas son unhas poucas das cuestións dun modelo cultural de atención á saúde que deberan ser modificadas. A pobreza é un dos factores máis relevantes e determinantes para a saúde, e ser pobre está estreitamente ligado á calidade nutricional que temos. "É coñecido que un mal estado nutricional leva un maior risco de contraer infeccións"; tamén sabemos, segundo a OMS, que a COVID-19 causa graves infeccións nas vías respiratorias en humanos. Hai incluso algún estudo que comeza a falar da importancia nutricional especificamente con este virus, pero desde unha perspectiva microorgánica, que non aborda os contextos e as condicións de vida.Aínda que non podemos extraer conclusións de toda esta relación, polo menos podemos comezar a facernos preguntas ou xerar hipóteses: ¿son as persoas pobres, cunha alimentación deficiente, máis vulnerables á hora de contraer o virus ou vivilo de maneira máis aguda e grave? Pero cando as facemos e investigamos, deberiamos abrir un debate que vai máis aló do que é "orgánico" e individual, e non trate as crises de "saúde" e "socioeconómicas" por separado, senón que se poñan en diálogo; de non ser así, trivializamos e menosprezamos os determinantes sociais nos procesos de saúde /enfermidade / atención/ prevención.Se facemos unha listaxe das profesións que hoxe chamamos "heroínas" –nun desexo, se cadra necesario, para a idealización e o romanticismo do drama– como as caixeiras dos supermercados; moitas destas profesións que están en primeira liña arriscando as súas vidas e garantindo o sustento do sistema son economicamente precarias, invisibilizadas, pouco valoradas socialmente, non están protexidas e, ademais, dunha clase social determinada. E, certamente, moitas delas están feminizadas.Compre aprender esta lección, porque dende a última crise económica as enfermidades chamadas da desesperación, como o suicidio, pasaron a primeiro plano por mor das medidas de austeridade que gobernos como o español impuxeron sobre as poboaciónsOs corpos e as persoas non son vulnerables por si mesmos, facémolos vulnerables cun aparello (un sistema capitalista e neoliberal) que exerce unha violencia estrutural baseada nas desigualdades, como explica Bourgois. Estes corpos do "precariado" non so están máis expostos ao virus, senón que as súas condicións sociais probablemente farán que o virus se desenvolva dun xeito ou outro, e as causas non son meramente biolóxicas e orgánicas. Para dicilo claro, cando un suicidio acontece, a información que recibimos é a seguinte: causa de morte, suicidio. É importante aclarar que un suicido nunca é unha causa, é unha consecuencia. Nalgúns casos (poden ser interminables) pode ser debido á depresión, como consecuencia dunha situación social, de non ter traballo, ou estar sen fogar. As causas son, entón, a desigualdade; unha condición de existencia provocada por un sistema.Compre aprender esta lección, porque dende a última crise económica as enfermidades chamadas da desesperación, como o suicidio, pasaron a primeiro plano por mor das medidas de austeridade que gobernos como o español impuxeron sobre as poboacións. Tal e como nos sinala o mestre McKee, naqueles países onde o vínculo de suicidio e medidas de austeridade se rompe é porque eses gobernos decidiron darlle esperanza aos seus cidadáns, pero enténdase, non dunha maneira simbólica por medio de "coaches" (tan de moda nesta sociedade individualista e neoliberal), senón mediante políticas efectivas que garantiron as condicións materiais, como o emprego, ou previron que a xente se quedara sen fogar.Por iso, o virus non só ten "causas sociais" asociadas ás desigualdades, senón que as súas consecuencias tamén estarán vinculadas ás mesmas: os problemas de saúde mental que poidamos ter debido a unha taxa de paro sen precedentes, unha maior precariedade laboral das mulleres, enfermidades asociadas ao confinamento tanto físico como emocional, serán consecuencia da desigualdade coa que experimentamos o propio virus e as súas consecuencias.Se os maiores determinantes das enfermidades son sociais, da mesma maneira deben ser as respostasO virus non distingue entre corpos organicamente. Pero o virus distingue polas súas causas de infección e as consecuencias asociadas. Entón non. O virus, na práctica, non nos iguala. O feito de que Boris Johnson estivese infectado non nos iguala con el. Non é democrático e si distingue entre clases, xénero e outras variables sociais.Por iso, o problema debe ser abordado desde as ciencias sociais da saúde, desde unha antropoloxía médica e socioloxía da saúde que poida dar conta dos aspectos sinalados, e non só dende os laboratorios, a investigación biomédica e os tubos de proba. Con isto non estamos a restar a relevancia ou importancia do seu traballo, é fundamental, pero non pode ser o único. A premisa "todos somos iguais" vacila e precisa dunha análise específica e sensible, tal e como os test, pero neste caso dos factores sociais e culturais que están inmersos en calquera intervención e nunha pandemia.Tal e como recolle a fermosa frase sobre os determinantes sociais da saúde: se os maiores determinantes das enfermidades son sociais, da mesma maneira deben ser as respostas. |
NOS_58454 | O comité de empresa denuncia que se realizaron traslados "innecesarios" que mesmo poderían ser "irregulares". Afirman que houbo "improvisación" nas medidas que se tomaron. | O comité de empresa da planta das Pontes acusou á compañía de "prexudicar" ao cadro de persoal co seu plan para reiniciar a central térmica da localidade, para o que adquiriu recentemente carbón coa idea de reactivar o sistema. Esta terza feira mesmo anunciouse que o primeiro barco con este mineral atracará na tarde desta quinta feira, 28 de outubro, no porto exterior de Ferrol. Nun comunicado, os representantes sindicais censuran a "total improvisación e indiferenza" que, din, leva a cabo a compañía cara a "o seu maior activo, o persoal". "Saímos prexudicadas de novo as traballadoras e traballadores tanto da central térmica das Pontes como no porto de Ferrol", incide o comité. Critican que se executasen "unha chea" de traslados "innecesarios, cando non susceptíbeis de ser irregulares" que, sosteñen, provocaron "situacións dramáticas en familias da comarca chegando, nalgúns casos, a deixar a empresa". O comité carga contra a dirección por "improvisar" unha modificación do calendario de quenda para os dous meses nos que prevé retomar a actividade nas Pontes. Denuncian "malos tratos" Advirten que esta situación carrexará "consecuencias na conciliación laboral e familiar" de persoal de Operación, "que a multinacional non quere completar na quenda a pesar de que é imprescindíbel para dar cumprimento á normativa laboral e á lexislación vixente". Porén, tras subliñar o respaldo do comité de empresa aos proxectos presentados por Endesa como alternativas ao feche da térmica, denuncian os "malos tratos" que, ao seu xuízo, comete a empresa cos seus empregados e apela ás Administracións galega e española para que interveñan. |
NOS_56087 | A Corina Porro non lle afecta a crise mália ter rebaixado todos os soldos das persoas traballadoras no Consello Económico e Social que preside. O seu salario mantense íntegro nos 71.385 euros, o que provocou un grande debate na súa comparecencia no Parlamento. | A presidenta do CES falou da "austeridade" mais, de seguido, os tres grupos da oposición botáronlle en cara que ese concepto non pasaba polo seu salario. Corina Porro rebaixou o soldo de todo o cadro de persoal do consello a non ser o dela propria, que se mantén en 71.385, un dos máis altos da administración. Ademais, a presidenta conserva unha directora de gabinete á que lle asigna 28.599 euros como salario. Por poñer un exemplo da rebaixa do resto das e dos traballadores, o administrador da rede pasou de gañar 29.891 no pasado ano aos 28.033 que recibirá no presente. A presidenta do CES xustificou a rebaixa pola eliminación da paga extra. Corina Porro defendeu, porén, a fusión do organismo co Consello Galego de Relacións Laborais, proceso que se executará unha vez se tramite a lei que contempla a unificación das dúas entidades. O BNG, a través de Carme Adán, defendeu a existencia do CES "como organismo de participación da cidadanía que garante a democracia, á maneira dos que existen en toda Europa". Fajardo, de AGE, solicitou que o movemento 15 M tivera representación no CES. O salario da presidenta do CES é máis alto que o do presidente do Goberno galego. |
NOS_24483 | Será seis veces máis alto que o que se rexistraba hai un ano. | O prezo medio diario da electricidade no mercado maiorista volverá hoxe, 3 de outubro, a retomar a senda alcista tras as baixadas rexistradas na fin de semana, marcando así a segunda feira máis cara desde que hai rexistros. En concreto, o prezo subirá 67% respecto ao rexistrado o domingo, até os 186,46 euros o megavatio hora (MWh), segundo os datos do operador de mercado eléctrico designado (OMIE). Hai unha semana, en 174,68 euros/MWh, o que equivale unha suba de 6,7%. Mais conComparándoo con fai un ano, o prezo da electricidade multiplícase case por seis. O prezo máis alto desta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, cando alcanzará os 249 euros/MWh, mentres que o máis baixo se rexistrará entre as 2 e as 3 horas, cando cotizará a 141,59 euros/MWh. Tras o descenso do sábado e o domingo pola menor demanda, o prezo da electricidade volve subir logo de rexistrar na pasada sexta feira o nivel máis caro de sempre, cun prezo no mercado maiorista de 216,01 euros/MWh. Esta situación prodúcese en plena escalada do prezo de todas as materias primas vinculadas á enerxía en todo o mundo, como o gas, o petróleo e o carbón, o que dispara ao mesmo tempo os dereitos de CO2, tamén en máximos históricos. Neste contexto, o prezo da electricidade no mercado español xa marcara previamente os seus maiores prezos históricos tanto en xullo como en agosto, e setembro superou ambos os rexistros, até unha media de 156,14 euros. Medidas temporais O Goberno do Estado decretou varias medidas, como a redución do IVE ao 10%, a suspensión do imposto do 7% á xeración eléctrica, o desconto do imposto da electricidade ao 0,5% ou a contribución esperada de 2.600 millóns de euros por parte das eléctricas procedente dos denominados "beneficios caídos do ceo". Porén, o prezo da cotización que se publica cada día ─xa advertiu o Executivo─ seguirá en cotas elevadas e subindo, polo menos, até marzo de 2022, momento en que se prevé que estas medidas decaian. Mentres tanto, a factura debería seguir baixando de prezo a pesar do alza no mercado maiorista. |
QUEPASA_212 | Días de gran movemento arredor do conflito laboral de Ferroatlántica, despois de coñecerse que na fábrica de Cantabria si se reactivan todos os fornos. | Este venres 1 de marzo ponse en marcha o ERTE que a representación galega non asinou en Madrid. Non asinou, entre outras cousas, porque a CIG non considera legal que a mesa de negociaciación non se realizase en Centro de Traballo. E precisamente ese é un dos argumentos que esta mañá tres membros da CIG Costa da Morte (Alfonso Mouzo, Pedro Pérez e o secretario xeral Paulo Carril) xunto con dous representantes de Sabón, trasladaron á Inspección de Traballo. Os representantes trasladaron á Inspección toda a argumentación ante unha Inspección que ten que valorar se houbo algún tipo de irregularidade ou fraude. Terá que facer un informe o Ministerio de Traballo, que en todo caso, trala reforma laboral do PP, non será vinculante para impedir o ERTE. O que si que pode modificar certas cousas do ERTE, e si poderá abrir o procedemento xuducial que pode levar acabo a CIG. Quedarán xa en Madrid, pois este venres 1 de marzo o Comité reuniranse co Director Xeral de Industria do goberno estatal, trala negociación do PSdG de Cee. Unha Dirección Xeral que seguramente informarán de estar traballando no estatuto electrointensivo, que intentarán sacar antes das eleccions do 26 de abril. Nova concentración por unha Tarifa Eléctrica Este venres 1 de marzo continúa o calendario de mobilizacións da CIG (activo dende 2014) por unha "Tarifa Eléctrica Galega Xa para a industria electrointensiva, e en defensa do emprego". A cita, ás 12:00h diante da fábrica de Brens. Denuncia de Unión Cidadá Ao lío métese de cheo Unión Cidadá Galega. O grupo de Víctor Somoza vén de presentar un escrito de denuncia ante Augas de Galicia contra a empresa Ferroatlantica por entender que non está a cumprir os requisitos da concesión da explotación das centrais hidroeléctricas do Xallas. Somoza, toma un dos argumentos da negociación, e faise valer da sentenza de decembro de 2017 na que Augas de Galicia confirmaba a vinculación entre a explotación hidroeléctrica e a viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría, impedindo a venda das centrais, para denunciar que está tendo lugar "un fraude de lei, unha causa simulandi, é dicir, unha apariencia de cumprimento dos requisitos e condicións as que están obrigados pola transferencia da concesión, ausencia de boa fe contractual e demais requisitos legais que producen a presunta invalidez e nulidade da concesión". Por tanto, solicitan a "rescisión e rescate da concesión e se cree mediante os instrumentos xuridicos existentes unha entidade publica composta pola Xunta de Galicia e Concellos implicados para xestionar os recursos hidroelectricos e vinculados coas ferroaleacións e así volver a ter un funcionamento total de todos os fornos e as fábricas coas conseguintes recontratacións e ter o maior numero de traballadores nas fábricas de Cee e Dumbria e lograr a reinversión dos beneficios na comarca da Costa da Morte para reinduatrializala". Novas do co conflito #Ferroatlántica 26-02-19: "Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE". 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica. 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE. 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais. 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando. 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE. Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros. Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado. 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica. 05-02-19: "O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade": 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee. Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica. Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss. Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica: Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña. Xaneiro 19: "O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa". Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica. Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica. Xaneiro 19: "Fornos apagados, todos parados". Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica. Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica. Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social. Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica. Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección. Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica. Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco". Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables. Novembro 17: "A gran mentira" do Plan Industrial de Ferroatlántica: 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria. 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas |
NOS_42977 | Francis Franco Martínez-Bordiú, un dos netos do ditador, pretende vender a parte que lle corresponde por herdanza do Pazo de Meirás á súa propia empresa, Pristina S.L. A Xunta xa sinalou que non a comprará. | Presumibelmente co fin de impedir o resgate do Pazo de Meirás para o patrimonio público, Francis Franco, un dos netos do ditador, pretende vender a súa parte do inmoble á súa propia empresa, a sociedade Pristina S.L. Así o publicaba La Voz de Galicia, que informaba de que o neto de Franco enviou a documentación á Xunta en cumprimento da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza –que obriga a notificar calquera transmisión onerosa da propiedade dun Ben de Interese Cultural (BIC)–. Francis Franco posúe a sétima parte do pazo, que se atopa á venda nun portal inmobiliario cántabro por 8 millóns de euros. A Xunta disporía agora de tres meses para adquirir a parte do pazo de Meirás que lle corresponde ao neto maior do ditador. Porén, fontes da Consellaría de Cultura adiantaron a La Voz de Galicia que non exercerán o dereito de tanteo e retracto sobre o Pazo de Meirás. Falta de celeridade O anuncio da venda por parte de Francis Franco ten lugar no marco do debate para a recuperación do pazo para o patrimonio público. A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, que desde a súa área impulsou o resgate do inmoble a través da constitución dunha comisión de persoas expertas, empraza a Xunta e o Goberno central a actuar de maneira "urxente" e a iniciar o proceso xudicial encamiñado a recuperar a titularidade pública do pazo. Leva meses facéndoo. O informe xurídico encargado pola deputación recolle a necesidade de axilizar o procedemento, pois as persoas especialistas temían que se puidese producir unha operación como a que agora se anuncia. "Se Francisco Franco recorreu a unha operación ficticia de compra para que o Pazo de Meirás pasase á súa propiedade, agora o neto ten vontade de facer diante nosa unha operación parecida para perpetuar o espolio", afirma a nacionalista. Sanmartín, que a semana pasada se puxo en contacto co Goberno central para pedirlle que inclúa a recuperación do inmoble entre as súas prioridades, lamenta que o executivo de Raxoi "eludise toda responsabilidade" e que o de Sánchez tampouco actuase "coa rapidez requirida". Unha "manobra fraudulenta" Tamén se queixa da falta de celeridade o Goberno local de Sada, que cualifica a estratexia do neto de Franco de "manobra fraudulenta coa que pretende anticipar e evitar os efectos legais de prosperar a vía xudicial". Porén, o executivo advirte de que a pretensión do neto do ditador non dificultaría a reversión e incorporación do pazo ao patrimonio público se se estima a demanda que debe presentar "canto antes" o Estado. O Goberno de Sada afirma que, como BIC, o inmoble é indivisíbel, polo que o intento de venda "nin altera o réxime de protección nin supón a renuncia da Xunta a exercer accións no proceso xudicial que interpoña o Estado". |
PRAZA_8867 | O festival mantivo a afluencia nos concertos de noite e medrou o número de asistentes á programación de día. Manu Chao foi a estrela da segunda xornada. Galería de imaxes no interior. | O Festival Reperkusión pechou con éxito a súa decimoprimeira edición e consolida a súa aposta pola Cidade dos Muchachos, onde espera celebrar as próximas edicións. O festival mantivo a afluencia nos concertos de noite e medrou o número de asistentes á programación de día, cun público interxeracional e de procedencias moi diversas: xunto a unha nutrida presenza de persoas de Ourense e do resto de Galicia, destacou a cantidade de xente chegada do resto de España e doutros países como Francia, Portugal, Italia, Alemaña, Sudáfrica ou Costa Rica. A organización amósase "moi satisfeita" coa calidade artística do festival, desde os concertos de noite con Manu Chao e Fermin Muguruza, entre outros, ata as actuacións musicais e de circo e as actividades paralelas da programación de día. Tamén destacan "a importancia que tivo a implicación social para sacar adiante o Festival Reperkusión. O apoio dos muchachos bemposteños e das moitas persoas implicadas na recuperación do proxecto de Bemposta a foi imprescindible para o éxito desta edición". A organización só lamenta "a falta de sensibilidade do Concello de Ourense, que non amosou ningún interese en apoiar o festival en Bemposta. Só a resposta social permitiu sacar adiante un festival e un proxecto que o Concello non valora o suficiente" Neste sentido, a organización só lamenta "a falta de sensibilidade do Concello de Ourense, que non amosou ningún interese en apoiar o festival en Bemposta. Só a resposta social permitiu sacar adiante un festival e un proxecto que o Concello non valora o suficiente. Con cero euros de achega municipal e nun momento no que a Xunta de Galicia aínda non publicou as súas axudas a festivais, o Reperkusión conseguiu saír adiante sen ningún apoio económico das administracións". |
PRAZA_11491 | O ascenso e normalización da ideoloxía ultra no estado vai da man de propostas tales como o PIN Parental. A nosa proposta é dunha educación afectivo-sexual feminista, diversa e integral. Un piar fundamentar da educación en igualdade que debe estenderse dende os primeiros anos de vida ata a etapa universitaria. | O eslogan é claro: educación, prevención e liberdade de decisión. Un clásico do movemento feminista, hoxe reivindicado polas compañeiras chilenas que armadas dos seus panos verdes insisten na necesidade da educación sexual que garanta relacións informadas e libres. Pasa en Chile, e con menos épica pero igual necesidade, aquí, no noso país, onde o Partido Popular se encargou de eliminar do currículo educativo aquela famosa educación para a cidadanía na que se abordaban tamén este tipo de contidos.O ascenso e normalización da ideoloxía ultra no estado vai da man de propostas tales como o PIN ParentalPorén, para os que insisten en negar as violencias machistas non foi suficiente. O ascenso e normalización da ideoloxía ultra no estado vai da man de propostas tales como o PIN Parental. Un documento que os centros educativos deberían pedir ás familias para que autorizaran, ou non, charlas, talleres e actividades "con carga ideolóxica ou moral contraria ás súas conviccións". Proposta que trala negociación co Partido Popular en Andalucía quedou aprobada así: "permitindo que os pais poidan excluír aos seus fillos da formación non regrada por actividades complementarias ou extraescolares cando sexan contrarias ás súas conviccións". É dicir, as familias poderán vetar, se o desexan, a escasa formación en sexualidade ou calquera outro contido da que deron en chamar "ideoloxía de xénero". Pactos de goberno ao marxe, o mínimo que deberíamos esixirlle aos chamados constitucionalistas do Partido Popular é que coa igualdade non negocie, a igualdade non é nin opcional, nin negociable.Ao tempo que as agresións sexuais grupais aumentan, que as violencias machistas se dan en xente cada vez máis nova, se multiplican as agresións lgtbi e proliferan as enfermidades de transmisión sexual.Menos aínda coa lamentable situación da educación afectivo-sexual nas aulas. Quitando a vintena de centros escolares galegos nos que se desenvolven proxectos estables (dos case 1400 que hai en Galicia), no mellor dos casos o alumnado asiste a charlas esporádicas sobre prevención de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. No mellor dos casos, digo, porque non se trata de contidos curriculares senón de relatorios que os centros poden decidir, ou non, impartir. Enténdase ben, a día de hoxe non hai nada máis sistematizado para a educación sexual nos colexios que para, digamos, charlas que se poden impartir nos centros sobre a promoción da minaría. É a lóxica do libremercado, os colexios reciben unha oferta de coloquios e collen os que desexen.É isto ao tempo que as agresións sexuais grupais, as tristemente famosas manadas, aumentan, que as violencias machistas se dan en xente cada vez máis nova, se multiplican as agresións lgtbi e proliferan as enfermidades de transmisión sexual.Neste senso defender a incorporación da educación afectivo-sexual nas escolas supón tratar de garantila como un dereito que non dependa nin da vontade dos equipos directivos escolares, nin da orientación ideolóxica dos gobernos, nin do carácter público ou privado dos centros. Unha formación sexual e emocional que dote ás rapazas e rapaces das ferramentas necesarias para labrar relacións informadas, libres, saudables e equitativas. A nosa proposta é dunha educación afectivo-sexual feminista, diversa e integralUnha formación que axude a rachar cos estereotipos de xénero en virtude dos que as mulleres aprendemos dende cativas que o noso papel é o de agradar, e que o noso desexo estará sempre supeditado ao do varón que nos acompañe. Unha formación que entre nas aulas antes do que o faga o porno, para que os nenos aprendan tamén a empatía, a escoita, que só si e si e detecten os comportamentos propios da masculinidade dominante imposta. Un ensino que supere o heteronormativismo, respecte a diversidade, que diga que normalidade é unha invención e que non hai nada máis democrático que o respecto á todas as diferencias. Que poden ser quen queiran ser, e que poden e deber amar e desexar libremente.Así o recollemos onte no parlamento de Galicia onde conseguimos o apoio de todos os grupos. Un bo punto de partida para o ensino en igualdade galego e unha liña que debe guiar a futura lei de ensino no estadoA nosa proposta é dunha educación afectivo-sexual feminista, diversa e integral. Un piar fundamentar da educación en igualdade que debe estenderse dende os primeiros anos de vida ata a etapa universitaria. Traballar para unha sociedade igualitaria implica que as nenas e nenos aprendan sobre identidade e diversidade sexual, sobre consentimento e desexo, sobre anticonceptivos, sobre saúde, sobre relacións afectivo sexuais libres, igualitarias e afastadas das violencias machistas.Os beneficios son múltiples. De acordo cos datos da OMS, nos países cunha educación sexual regrada, a iniciación sexual é máis tardía, hai menos embarazos non desexados e menos enfermidades de transmisión sexual. É dicir, mellora as súas vidas e por ende, mellora toda a sociedade.O movemento feminista lévao dicindo décadas, educación sexual para decidir. Así o piden tamén as profesionais do ensino, profesionais da saúde, e cada ano, o movemento estudantil. Así o recollemos onte no parlamento de Galicia onde, finalmente, conseguimos o apoio de todos os grupos. Un bo punto de partida para o ensino en igualdade galego e unha liña que sen dúbidas debe guiar a futura lei de ensino no estado. |
NOS_38792 | Unha semana máis tarde de que o Celta baixara o pano da Primeira División chega a quenda do Club Deportivo Lugo, que conclúe a Liga ante o Málaga. No referente á terceira categoría, Deportivo e Rácing de Ferrol xa pensan nunha fase de ascenso que teñen garantida, caso contrario dun Celta B que debe defender o seu posto co Logroñés. | Como pasou dicindo durante meses certo animador deportivo barcelonés do Real Madrid que presenta un popular programa deportivo nocturno para representar a conta atrás da fichaxe de Kylian Mbappé polo conxunto branco: "Tic-tac, tic-tac". Os e as fans do fútbol galego prepáranse para o inelutábel final da tempada 2021/22, coa pesadume engadida de que, ao contrario do que debía acontecer, este verán non haberá Mundial para atenuar ese vicio de goles, paradas e caneos, pois os petrodólares qataries conseguiron que se dispute en inverno para fuxir das temperaturas de até 50 graos do emirato. Unha semana máis tarde de que o Celta de Vigo baixara o pano da Primeira División, este sábado é a quenda do Club Deportivo Lugo na categoría de prata. Nun choque ante o Málaga programado para as 18.15 horas no Ángel Carro, o partido adquire un matiz crepuscular, pois avecíñase un cambio de era no equipo albivermello. Deste modo, o público poderá despedirse de Rubén Albés, que xa fixo público que este será o seu derradeiro encontro á fronte do Lugo, así como dos tres capitáns, Pita, Seoane e Iriome. Mais non serán os únicos, pois varios xogadores de peso como Xavi Torres, Manu Barreiro, Carrillo ou Campabadal rematan contrato, e outros como David Mayoral, Diego Alende, Ricard Sánchez e Joselu chegaron á cidade da Muralla en calidade de cedidos e regresarán aos seus clubs de orixe o 30 de xuño. Un dos posíbeis protagonistas desa revolución cotiá do Club Deportivo Lugo -raro é o ano no que a súa cifra de altas e baixas non supera as 15 operacións-, Eduard Campabadal, recoñeceu en rolda de prensa que "aínda que a tempada foi moi boa", no final tanto el como os seus compañeiros padeceron "un certo desgaste logo de tres anos duros". Tras sinalar que o vestiario desexa facer un bo partido final "tanto pola afección como para despedir á xente que se va", non quixo incluírse na lista de despedidas, e afirmou que, "como sempre, cando remate a tempada será o momento de sentarse a falar do tema da continuidade", aínda que apostilou que xa houbo "acercamentos". O Celta B xoga cun ollo posto en Riazor Na terceira categoría do fútbol estatal, a Primeira RFEF, tamén remata o campionato, mais logo os catro clasificados para o play-off competirán polo ascenso cos seus homólogos do Grupo II. Deportivo da Coruña e Rácing de Ferrol xa teñen cadansúa praza garantida como segundo e terceiro, respectivamente, polo que afrontan esta derradeira xornada cunha tranquilidade inversamente proporcional á dun Celta B que podería completar o pleno galego no play-off. Para iso debe competir con outros catro equipos para os únicos dous postos que quedan por determinar. Agora mesmo, o filial celeste é cuarto con 60 puntos, un máis que Raio Maxadahonda e Unión Deportiva Logroñés, dous máis que Unionistas (58) e tres máis que o Real Unión de Irún (57). Con este escenario, mesmo un empate ou unha derrota poderían servirlle para pelexar por un ascenso que garantiría matematicamente se vence a unha Sociedade Deportiva Logroñés que non se xoga nada este sábado ás 18.30 horas. Ademais, está na man do Deportivo da Coruña facerlle un pequeno favor aos celestes, pois á mesma hora recibe en Riazor un dos seus rivais directos polo play-off, Unionistas de Salamanca, que quedaría automaticamente por detrás do Celta B no caso de caer derrotado ou asinar táboas contra a escuadra herculina. Por último, os Diaños Verdes do Rácing de Ferrol colisionan co Dux (sábado, 18.30) co corpo e a mente posta na primeira rolda do play-off, prevista o 4 de xuño. |
NOS_11712 | Piden á Subdelegación do Goberno que tome "urxentemente" as medidas necesarias para poñer fin ao que cualifica de "espolio". | Defensa do Común vén de denunciar que se continúan a retirar bens da Casa Cornide, unha práctica que o BNG da cidade tamén denunciou recentemente. A través dun escrito á Subdelegación do Goberno, este colectivo sinala que "oxe, 30 de decembro, con nocturnidade, apareceu na Casa Cornide unha nova furgoneta de aluguer con dous operarios". Unha práctica que para Defensa do Común é indicativo de que se están a retuirar bens deste inmóbel. "Para impedir a continuidade do espolio, e sendo manifesta a intención da familia do ditador de retirar obxectos da Casa Cornide antes da declaración do edificio como Ben de Interese Cultural, que está en marcha a iniciativa do concello da Coruña, solicitamos que se tomen urxentemente as medidas de vixilancia necesarias por parte da Garda Civil e da Policía, para impedir a continuidade do espolio", sinalan no escrito á Subdelegación Defensa do Común indica que está a traballar para conseguir que a Casa Cornide, "o mesmo que o pazo de Meiras, pasen ao patrimonio público; no caso da Casa Cornide para que se devolva ao patrimonio público da Coruña". Realizaron dúas Marchas Cívicas e o domingo, 27 de decembro, convocaron unha concentración, xuntamente coa Asociación Veciñal da Cidade Vella, como resposta ao intento da familia Franco de retirar bens da Casa Cornide o pasado 22 de decembro |
NOS_24097 | Diversos procesos transformadores fan de América Latina a vangarda na construción das alternativas ao neoliberalismo. Afondamos nas experiencias de Venezuela, Brasil, Ecuador, Bolivia, Uruguai... | O sistema capitalista está en crise e Europa abafada polo neoliberalismo e as institucións económicas internacionais. América Latina ten moito que dicernos ao respecto. As experiencias tiradas dalgúns países latinoamericanos dan boa conta das mudanzas nunha rexión que que padeceu séculos de colonización e deseños económicos e sociais promovidos desde o FMI, o Banco Mundial e a escola de Chicago. Duarte Correa, coordina este caderno que publicamos no número 45 do noso semanario. Unha ollada en profundidade sob as mudanzas desenvoldidas en América Latina da man de proxectos políticos vangardistas que lideran países como Venezuela, Ecuador, Brasil ou a Arxentina. Proxectos ben distintos, con acertos mais tamén erros, dos que se poden tirar importantes reflexións. Neste número, falamos sobre os procesos de integración rexional en América Latina con Valter Pomar, secretario executivo do Foro de Sao Paolo. O dirixente do PT no Brasil ten claro que para construír proxectos colectivos baseados nunha relación entre iguais cómpre "enfrontar o imperialismo". Aliás apunta cara á integración como "a única maneira de superar" os dous grandes entraves para a construción do socialismo na rexión, isto é "o baixo desenvolvemento das forzas produtivas" e "a inxerencia imperialista". Unha inxerencia externa encabezada polos EUA que aínda hoxe seguen a procurar submeter os Estados latinoamericanos a través de golpes "brandos" como os padecidos por Chávez en Venezuela, Manuel Zelaya en Honduras ou Rafael Correa en Ecuador. Con Roberto Mansilla, investigador do IGADI, afondamos nos retos da Venezuela bolivariana sen Chávez mais tamén dun dos seus proxectos máis cobizosos, a Alianza Bolivariana para os Pobos da nosa América (ALBA). Oito páxinas cun eixo condutor a defensa da soberanía dos pobos como alicerce para acadar as maiorías necesarias que permitan levar a cabo procesos de transformación económica e social. |
PRAZA_8832 | A Xunta autoriza que unha empresa canadense tome mostras en dúas reservas da biosfera á procura de cinc, cobre, ouro, prata e chumbo. O alcalde da Fonsagrada advirte de que todos os grupos políticos do concello se manterán "na defensa a ultranza do territorio". | Corcoesto, A Limia, Castrelo de Miño... e agora tamén, a montaña de Lugo, con dúas reservas da biosfera incluídas. Un dos territorios ambientalmente mellor conservados do vén de prender a alarma polo inicio da toma de mostras de subsolo á procura de minerais susceptibles de seren extraídos. Quen busca é Goldquest Ibérica, S.L., a filial en España dunha empresa canadense que cre posible atopar cinc, cobre, ouro, prata e chumbo neste entorno privilexiado. Esta toma de mostras realízase grazas a un permiso outorgado pola Xunta no verán de 2011 para explorar 68 cuadrículas mineiras que agora a empresa pide ampliar a 396 -unhas 12.000 hectáreas-, ampliación que saíu a información pública o pasado febreiro. No caso de que estas tomas de mostras derivasen nunha aposta por desenvolver unha explotación mineira esta non sería, en absoluto, unha mina máis. A práctica totalidade da zona na que Goldquest vai buscar minerais aféctalle ao territorio da Reserva da Biosfera do río Eo-Oscos-Burón e da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Ademais, aféctalle tamén ao Lugar de Interese Comunitario (LIC) Serra da Foncuberta, unha zona incluída da proposta de ampliación da Rede Natura que está tamén en plena tramitación. A práctica totalidade na zona na que Goldquest busca minerais aféctalle as reservas Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño Mentres determinados sectores políticos e mediáticos da zona procuran trazar un retrato no que a posibilidade dunha instalación mineira é agardada con esperanza xa se escoitan as primeiras voces que alertan dos notables riscos ambientais e, por extensión socioeconómicos. Así, dende a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) explican que, no caso da reserva Eo-Oscos-Burón unha mina podería afectar de maneira "directa" ao río Eo con "consecuencias" na canle fluvial "e tamén na desembocadura da ría de Ribadeo, incluída na propia reserva e tamén considerada "LIC e Zona Húmida de Importancia Internacional". No caso de Terras do Miño, as "afeccións directas" chegarían "a unha gran superficie da bacía alta do río Miño" e a "multitude de ríos e regatos" de menor dimensión. O Concello da Fonsagrada, contra o "expolio" Ao contrario do que acontece noutros casos, como por exemplo en Corcoesto, na montaña luguesa non todas as autoridades locais "aplauden" a posible chegada da multinacional mineira. Un dos concellos nos que reina maior desconfianza é na Fonsagrada, cuxo alcalde, Argelio Fernández (PSdeG), amosa múltiples receos, a comezar por que a Xunta "autorice 2.000 mostras, sobre 396 cuadrículas entre catro concellos" sen sequera "consultar" nin "comunicar formalmente" a quen "temos a responsabilidade de xestionar este territorio". "Estase formulando un mostreo que nós nin autorizamos" porque "non leva acompañada licenza municipal" que, advirte, será esixida "no caso de que haxa algún movemento de terras", como contempla a Lei do Solo, explica en conversa con Praza Pública. Argelio Fernández, alcalde da Fonsagrada: "Manterémonos na defensa a ultranza do noso territorio" Pero, alén destas explocacións iniciais, o rexedor fonsagradino advierte de que "todo o que coñecemos" a respecto de "explotacións de ouro" e semellantes implica "tropelías" realizadas por "empresas estranxeiras ás que nos seus países de orixe non se lles permite facer" o que si poden "en países onde a normativa é máis laxa", isto é, "levar o que temos no subsolo facendo unha desfeita monumental". "Nós -subliña- non entendemos que se poida autorizar a alguén para vir expoliar o noso solo" e, aínda por riba, "que o valor engadido" marche fóra, deixando "só un territorio moito peor do que temos". Neste contexto, e "respondendo polos tres grupos políticos" do consistorio (PSdeG, PP e BNG) -así, di, quedou acreditado no pleno municipal do pasado mércores- Argelio Fernández salienta que se Goldquest "atopa algo significativo" na zona o Concello da Fonsagrada se manterá "na defensa a ultranza do noso territorio, da nosa xente e da nosa maneira de vivir e entender esta terra", á que "ningúen nos veu nunca traer nada". "Se vén unha multinacional o que que pretende é levar o valor engadido e deixarnos a nós os problemas". Por este motivo pregúntase ademais cal é "a vontade da Xunta" de cara a unha eventual autorización dunha mina. "Nunca se preocuparon de traer nada importante para esta terra e só falta" que permitan "que os de fóra poidan levar a riqueza que, hipoteticamente, poidamos ter". Por iso, conclúe, a súa prioridade será a defensa dos valores ambientais da zona e das reservas da biosfera. Esa, advirte, é tamén a opinión "da inmensa maioría da xente da Fonsagrada, que non está interesada en que haxa nada que nos veña facer dano". |
NOS_46723 | O voceiro de economía do BNG, Carlos Aymerich, vén de exixir publicamente ao goberno da Xunta de Galiza que "impugne o decreto-lei", previsto polo executivo español, onde se fixa unha quita, como solución á fraude das preferentes. | No vindeiro Consello de ministr@s, que terá lugar esta sexta, o goberno de Mariano Rajoy, aprobará unha norma pola que se impón a quita para as persoas afectadas pola estafa das preferentes. Neste sentido, @s afectad@s pola venda deste produto financeiro de natureza fraudulenta, verían retribuído só parte do diñeiro investido e non antes de catro ou seis anos. Así mesmo, Aymerich denunciou as condicións recollidas no memorando do rescate, asinado polo goberno español o pasado mes de xullo, das cales di "son beneficiosas para os bancos", ao trocaren as preferentes por títulos a prezo de mercado, o que suporá unha importante perda de diñeiro para moitas das persoas afectadas. Segundo o nacionalista, "alguén que teña metidos 100.000 euros cobrará 40.000". Segundo o deputado nacionalista, isto supón "unha nova burla" para as persoas defraudadas, e instou á Xunta a impugnar a proposta do goberno español e a procuraren novas alternativas, que para o BNG pasan pola devolución íntegra do seu diñeiro @s aforrador@s. Carlos Aymerich, tamén criticou nas súas declaracións a arbitraxe promovida pola Xunta, o goberno español e a UE, pois entende que "os árbitros non son imparciais nin especializados". Así mesmo, asegurou que esta ferramenta só beneficiou á irmá de Núñez Feijóo, cuxa empresa recibiu un "contrato de 85.000 euros para atender telefonicamente @s estafad@s". |
NOS_5084 | Desde hai unhas semanas, nas carteleiras dos cinemas galegos hai un intruso. Chámase Dhogs. O seu director, Andrés Goteira, conta esta singular viaxe, das curtametraxes amadoras ás pantallas comerciais nunha entrevista publicada no número 298 de Sermos Galiza. | Como se involucraron actores e actrices de tanto relevo? Naquela época de ir armando o proxecto, de ir armando equipo, facendo o crowdfunding, de chamar polas subvencións da Deputación de Lugo ou de Agadic, buscabamos o reparto que eu imaxinaba. Fómolo conseguindo. Foi unha época bonita aquela de ir chamando por estes cracs. Ademais, Dhogs coincidiu cun intre en que intérpretes como Carlos Blanco ou Morris están dando un salto de repercusión. Si, todo isto de Fariña axudounos moito. Eles estaban moi a favor do filme e axudáronnos moito. Foi espectacular rodar con eles. Puxéronmo moi doado. Eu non dirixira actores nin actrices, e esta experiencia xeroume moitas ganas de volver rodar con eles. No filme ecoan numerosos xéneros: o thriller, a ciencia ficción, o western... Que achegan á linguaxe cinematográfica? Fun un pouco deixándome levar. Estaba escribindo o guión e non estaba pensando en xéneros. Pensaba o que a historia dá de si. Pero cando estás rodando, todo o imaxinario cinematográfico empeza a estoupar dentro do cerebro e saen referentes deste tipo, daquel outro. Pero non porque tivese na cabeza facer "un filme multixénero que pase por aquí e por alá" . Quería facer un filme multicapa e resulta que che pode saír pola ciencia ficción, polo western, polo surrealismo... Inflúen os referentes que tes. Pero dentro de que eu quería facer algo coherente. E a liña visual e sonora é coherente. E ademais quería arriscar o máximo, porque pensaba que ía ser o meu único filme. Cumprir o meu soño e pouco máis. Polo tanto, non lle tiña medo a ningún xénero. [Podes ler a entrevista íntegra no número 298 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_9397 | O número de novos positivos baixa en case un cento de persoas respecto das cifras deste sábado. Aínda así, a do domingo é a segunda cifra máis alta de toda a crise sanitaria. | Os positivos por COVID-19 detectados na Galiza na última xornada sitúanse nos 597, a segunda cifra máis alta de toda a crise sanitaria por detrás da deste sábado. A pesar do descenso en case todas as áreas sanitarias, a de Ourense e, en menor medida, a de Pontevedra anotaron lixeiros incrementos. Segundo a actualización da web da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco detectou en 24 horas un total de 94 infeccións por coronavirus, 11 máis que o día anterior. Así, aínda que encadea varios días nos que xa non é o epicentro da pandemia na Galiza, é a que máis aumentou este domingo. Pola súa banda, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés tamén subiu nunha as PCR positivas diarias, até o total de 53. Esta cifra tamén a sitúa entre as que menos contaxios novos contabilizou. No resto do territorio galego caeu a incidencia da pandemia, coa área de Vigo como epicentro, con 121 novas infeccións (4 menos que o sábado); seguida da Coruña-Cee, con 110 (-25); e de Santiago-Barbanza, con 103 (-15). Tamén descenderon os casos de COVID-19 diarios en Lugo-A Mariña-Monforte, a 64 (-20), e en Ferrol, a 52 (-38). En canto ás altas, nas últimas 24 horas se curaron 345 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 25.315. Ademais, até o momento faleceron 860 persoas con coronavirus na Comunidade galega, tras engadirse ao cómputo a última vítima notificada na tarde do sábado. Así, a cifra de casos activos ─persoas que aínda padecen a enfermidade─ está este domingo no total de 6.431, un ascenso de 261 nun día. A área sanitaria que máis pacientes concentra aínda é a de Ourense, con 1.299, pero é a única que descende, nunha vintena. Seguen a esta a de Vigo, con 1.186 pacientes (+89); A Coruña-Cee, con 1.122 (+65); Santiago-Barbanza, con 1.089 (+42); Lugo-A Mariña-Monforte, onde hai 651 casos activos (+35); Pontevedra-O Salnés, 639 (+17); e Ferrol, con 445 (+33). PCR realizadas Así mesmo, segundo os datos actualizados este domingo por Sanidade, até a data realizáronse na Galiza un total de 633.494 PCR, o que reflicte que en 24 horas se fixeron 8.490 probas, na contorna de días pasados. De todas elas, 7,2% arroxou un resultado positivo, unha cifra aínda por enriba do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde. Todas as áreas sanitarias salvo a de Pontevedra (2,4%) exceden este limiar, pero a de Ferrol segue como a que máis destaca, cunha positividade do 12,6%. Tras esta, están Ourense (11,4%), Lugo (9,6%), A Coruña (7,7%), Santiago (7,3%) e Vigo (6,6%). |
PRAZA_2651 | Velaí unha das grandes tarefas coas que se debera enfrontar o goberno español que saia das eleccións do 20 D: a loita firme e decidida contra a corrupción sistémica. | "Algo cheira a podre …… e non só en Dinamarca" Unha das mais claras mostras da crise sistémica que afecta ao réxime borbónico español é a extensión e a fondura no mesmo da corrupción. Unha corrupción que se estende dende a xefatura do estado ao sistema político partidario pasando por elementos claves daquel tales como sectores do exercito e da xudicatura. Unha corrupción que chegou moi fondo pois veuse favorecida polo modelo económico español das derradeiras décadas –as burbullas inmobiliaria e crediticia- que foi e segue sendo financiado e estimulado pola oligarquía financeira e inmobiliaria que dirixe e orienta a vida económica, política e mediática do estado español. Unha extensión é unha fondura tal que xustifican que sexa considerada como unha corrupción sistémica. Quedan hoxe moi poucas dúbidas, a pesar do silencio mediatico, de que a monarquía borbónica española navegou todos estes anos moi cómoda na corrupción e non so polo chamado "caso Noós" que atinxe a infanta Cristina e ao seu marido I. Urdangarín. Por unha parte resulta moi difícil de admitir que tanto o exmonarca Juan Carlos como o actual rei Felipe VI non coñeceran e, xa que logo, consentiran as ilegais e ilícitas operacións financeiras dos seus familiares. Pola outra hai dúbidas moi fundamentadas tanto sobre a orixe como sobre a formación da grande fortuna do exmonarca –fálase de mais de 1.800 millóns de euros-: dende escuros negocios coas corruptas e despóticas monarquías petroleiras ata comisións elevadas en diferentes intercambios comerciais internacionais son as fontes que se citan como orixe da fortuna da monarquía española que aparece así ligada a practicas claramente corruptas (PASCUAL SERRANO: "Dos escándalos sexuais ao caso Urdangarín"). Unha crenza moi estendida entre importantes e rigorosos medios de comunicación internacionais –Financial Times, Le Monde, The New York Times, The New Yorker, Der Spiegel, entre outros- que teñen publicado sobre elo abondosos informes que, por suposto, nunca apareceron en medios españois por razóns de sobras coñecidas (PASCUAL SERRANO……). Como nos informou o extenente Luís G. Segura –unha información que lle custou a súa carreira militar- no exercito español "a corrupción campa a súas anchas con total impunidade" (LUIS G. SEGURA: "Un paso ao fronte", "Código roxo"). Xustifica esta afirmación en feitos como que "aínda ninguén explicou por que nos cuarteis hai unha contabilidade B, por qué hai portas xiratorias entre a cúpula do Ministerio de Defensa e as empresas de armamentos, por que hai que soportar unha débeda de 40.000 millóns de euros en armamento inservible". Unha débeda orixinada en "facer avións que non voan, como o A400M que se estrelou en Sevilla, en submarinos que non flotan como o S80, carros de combate como os Leopard 2E que non caben nos avións de transporte". Unhas portas xiratorias que permiten que "o xefe do Estado Maior do Exercito de Terra, o xeneral Carlos Villar Turrau sexa fichado pola empresa Santa Barbara Sistemas, coa que pouco antes pechaba contratos. Que o Xefe do Estado Maior da Armada, o almirante xeral Sebastian Zaragoza Soto colgue o uniforme para converterse en asesor da empresa naval militar de Navantia" (LUIS G. SEGURA…..). A xustiza pola súa parte non ten sido a garantía que debera fronte a corrupción. "A xustiza española é compracente coa corrupción" (CARLOS J. VILLAREJO: El diario.es 27.03.2013, El Pais 16.01.2015). Aínda que as evidencias son numerosas baste con citar tres casos destacados desta compracencia: os casos de Emilio Botín, Cesar Alierta e Jordi Pujol. A Axencia Tributaria descubre (2007) un fraude fiscal de 80 millóns de euros cometido dende o Banco de Santander. Un fraude que queda impune pois o fiscal non exerce a acusación e non se pode celebrar o xuízo, "non se puideron practicalas probas, non puideron declarar os acusados, os testigos, os peritos… sen xuízo houbo absolución. O caso Botín é o caso mais paradigmático da submisión do poder xudicial co poder económico" (CARLOS J. VILLAREJO…). O caso Alierta –tamén chamado caso Tabacalera- foi moi parecido, terminou sen condena por que aínda que os feitos eran delictivos o suxeito non "podía ser condenado xa que transcorrera o prazo de prescrición contando a partir dunha determinada data. Tamén alí crearon unha doutrina ad hoc para que o señor Alierta saíra libre" (CARLOS J. VILLAREJO…). A Fiscalía Xeral do Estado vetou a investigación (1987) da fiscalía de Catalunya sobre os casos de corrupción do goberno da Generalitat presidida por J. Pujol e ligados a Banca Catalana. O motivo "era a blindaxe política que imperaba entón entre o PSOE e CiU, socios políticos no Congreso baixo o goberno de Felipe González" (CARLOS J. VILLAREJO…). Este caso remataría "nun Pleno da Audiencia Territorial no que se exculparía ao presidente da Generalitat por 33 votos contra 8" (CARLOS J. VILLAREJO…). Unha corrupción que atinxe aos principais partidos do arco parlamentario español e moi especialmente ao PP (Partido Popular) e a CDC (Converxencia Democrática de Catalunya) sen que o PSOE (Partido Socialista Obreiro Español) poda dicir que sexa alleo ao fenómeno. Caben poucos dúbidas sobre que o PP (Partido Popular) é, hoxe por hoxe, un dos partidos europeos mais ateigados na corrupción: a Operación Púnica, as tarxetas de Caja Madrid, os papeis de Bárcenas, a Gúrtel, con centos de directivos e dirixentes do PP implicados –o propio presidente M. Rajoy, exministros, presidentes de comunidades autónomas, de deputacións, gobernadores e alcaldes, deputados-, son evidencias dunha trama corrupta institucionalizada e estendida. O mesmo cabe dicir de CDC (Converxencia Democrática de Catalunya) imputada tamén en numerosas tramas de corrupción: o caso Millet-Palau da Musica, os casos Sumarroca, ITV, Adigsa, Pretoria, as contas en paraísos fiscais da familia Pujol-Ferrusola dan fe, ao igual que sucede co PP, dunha trama de corrupción institucionalizada e amplamente estendida. Aínda que en moito menor medida o PSOE tamén viuse envolto no seu día en casos relevantes de corrupción: asunto FILESA, caso Roldan.. Unha corrupción que non sería tan fonda e extensa sen a participación activa e a cobertura da oligarquía financeira e inmobiliaria que domina España. Unha participación que tivo o seu punto álxido na fase expansiva da economía española coa plena extensión das burbullas inmobiliaria e crediticia. As hemerotecas están cheas de casos de corrupción nos que aparecen involucrados conxuntamente dirixentes políticos con empresarios da construción e directivos bancarios. A sistemática maioritaria da corrupción: adxudicación irregulares de obras públicas, construcións sen licenza, recalificacións sospeitosas, pagos en negro, pagos e cobros de comisións multimillonarias, desvío de grandes sumas de diñeiro a paraísos fiscais, branqueo de diñeiro…. implica a participación coordinada de políticos, banqueiros e construtores a niveis local, autonómico e estatal. Velaí unha das grandes tarefas coas que se debera enfrontar o goberno español que saia das eleccións do 20 D: a loita firme e decidida contra a corrupción sistémica. Pero, non sexamos ilusos, iso non será posible si nese goberno están os partidos sistémicos que ben ampararon esa corrupción (PP, PSOE) ben se apoian –e se financian- nas grandes sociedades do IBEX 35 principal foco de corrupción e fraude en España (CIUDADANOS). |
NOS_40651 | O BCE sinalara que Popolare de Vicenza e Veneto Banca eran inviábeis ou estaban camiño de selo. O grupo bancario líder no mercado italiano, Intesa Sanpaolo, compra as dúas entidades por 1 euros e co estado anticipándolle 5.000 millóns. | O goberno italiano aprobou este domingo a "liquidación ordenada" de dúas entidades financeiras do Véneto, zona do norte do país, despois de que a xunta de resolución europea ordenase liquidar ambas as dúas entidades. O Banco central (BCE) xa sinalara que Popolare di Vicenza e Veneto Banca eran inviábeis ou estaban camiño de selo. O executivo italiano aprobou un decreto lei para liquidar estas dúas entidades. Como se fará? A través de Intesa Sanpaolo, grupo bancario que ten unha posición de liderato no mercado italiano. IS paga por estes dous bancos un euro e ficará só cos activos sans de ambos os dous, o que supón por volta de 20.000 millóns de euros en créditos. O resto, aqueles activos 'tóxicos', van para un banco malo. Mais a operación non finaliza aquí. O estado italiano financiará o resgate. O primeiro paso é un anticipo de case 5.000 millóns de euros como anticipo en caixa para Intesa. O Fondo de Garantía está disposto a chegar até os 17.000 millóns de euros para financiar este resgate. Unha operación que xa provocou as críticas da oposición. Algúns cálculos indican que a operación implicará o fechamento de 600 sucursais e afectará por volta de 4.000 empregos. |
NOS_38468 | Gómez Besteiro pecha a porta á proposta de Vence para xuntar forzas contra a reforma electoral que pretende o PP. Tamén opta por non falar das crises internas da súa formación. | O PSOE amósase en contra da intención do PP de aprobar unha reforma electoral para os comicios locais que premiaría á lista máis votada -concedéndolle a vitoria en contra das maiorías políticas expresadas polas urnas- porén, como sospeitan algunhas forzas de esquerda, podería ser a súa unha posición tímida, de oposición formal pero non real, posto que @s socialistas tamén poderían beneficiarse dunha reforma -cualificada como "pucheirazo" desde forzas como BNG ou AGE- que prima un bipartidismo en grave crise. O PSdeG non descarta abrir unha negociación co PP en cando teña un documento sobre a reforma Nesta liña, o secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou nesa liña ao declinar a invitación do BNG, formulada polo seu líder Xavier Vence, de formar unha fronte común de todas as organizacións contrarias á reforma. "Non iremos por aí, esperamos un documento do Goberno para abrir unha discusión", afirmou, mesmo abrindo a porta a un pacto co PP. A maiores, Besteiro negouse a tratar en público as numerosas liortas internas da súa formación, como a de Foz, onde dimitiron tod@s @s concelleir@s do PSOE |
NOS_36254 | Asegura que "Villarino é o peor político local que tivo" a cidade. | O Partido Popular de Ourense esixe agora ao socialista, Rafa Villarino, que entregue a súa acta de concelleiro para sentar a negociar a moción de censura cao fin de desaloxar Gonzalo Pérez Jácome da Alcaldía. A portavoz popular Flora Moure trasladou a disposición do seu partido de sentar a dialogar co Partido Socialista. "Reiteramos a nosa máxima disposición ao goberno de coalición que vimos ofrecendo desde outubro", aseverou. Porén, o PPdeG pon agora unha nova condición para dar ese paso, pois di que ten "dúbidas da honestidade" e "das sospeitosas verdadeiras intencións" que hai detrás do anuncio de Rafa Villarino de se asfatar da candidatura á Alcaldía e por iso piden que "se retire de verdade". "Non pode pór un monicreque, ceder ficticiamente o poder a unha persoa que el vai manexar por detrás ata que chegue un momento que a situación sexa máis propicia para que o volva á primeira liña da política provincial. Non imos permitir este engano á cidadanía de Ourense por tanto o que ten que facer é abandonar a coalición municipal", esgrimiu. Rafael Rodríguez Villarino, portavoz do PSOE no Concello de Ourense, anunciou esta segunda feira que estaba disposto a se "afastar" para permitir que fose adiante unha moción de censura contra o actual rexedor, Pérez Jácome. Jácome goberna a terceira cidade da Galiza con só 3 concelleiros grazas a que o PP se negaba a apoiar unha moción contra mentres Villarino fose o candidato a substituílo. O socialista opta por dar un paso ao lado e sitúa a bola no tellado do PP. O portavoz do PSOE enviou unha carta á sede provincial do PP para emprazarlo a que antes deste sábado, 24 de abril, responden se prestan o voto necesario para a moción de censura xa sen el á fronte. Manuel Baltar e Alberto Núñez Feixoo defenden posturas contrapostas respecto á moción de censura contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá). O presidente dos populares da Galiza e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, comentou hoxe mesmo que o PP local "está disposto a falar" de levar adiante a estratexia para apear ao rexedor do seu posto, que após a ruptura do pacto de Goberno o ano pasado e uns meses de enfrontamentos internos ten unha equipa de dous concelleiros. O portavoz do BNG no Concello, Luís Seara, instou esta terza feira os populares a deixar a súa rúbrica nesa moción "canto antes". Tamén nas redes lembraron que esta medida xa foi proposta polos nacionalistas en setembro sen que nada mudara. Con Ourense padecendo "meses de caos e parálise", o Bloque pide que se desbloquee a situación. "O Concello está absolutamente desmantelado", lamenta, advertindo de que xa non hai ningunha escusa que lle sirva ao Partido Popular. Reacción do secretario xeral do PSdeG Tamén hoxe o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, -que acudiu de visita a Ourense para apoiar a Villarino na súa decisión- advertiu de que se o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, e o presidente provincial, Manuel Baltar, non facilitan agora a moción de censura contra o alcalde Gonzalo Pérez Jácome "quedarán retratados como os grandes mentireiros da historia política da cidade". "Teñen que decidir se queren sacar a Ourense da parálise ou van seguir sendo responsábeis desta situación de esperpento", declarou o socialista, que dixo que a dinámica de pedir "cada día unha cousa" non pode continuar. |
NOS_46969 | Representantes do persoal das factorías en Cee e Dumbría piden ao conselleiro de Industria que "faga valer" as cláusulas concesionais para frear o ERTE. | A dirección de Ferroatlántica anunciou un expediente temporal de regulación de emprego para as súas factorías, unha medida coa que, sospeitan do cadro de persoal, o grupo pretenden ""eliminar" determinadas unidades produtivas entre as que estarían as galegas. Representantes do persoal das factorías de Cee e Dumbría e o secretario xeral da CIG, Paulo carril, mantiveron unha reunión co conselleiro de Industria, xuntanza na que demandaron a implicación do goberno galego na loita contra o ERTE e que a Xunta faga valer as cláusulas concesionais das centrais hidroeléctricas como garante da viabilidade do complexo industrial e do emprego. Nesta liña, piden ao executivo que abra un expediente informativo para comprobar o grao de cumprimento das cláusulas concesionais, tendo en conta o volume de emprego que xa está afectado pola decisión da empresa de pechar dos dous fornos (que están sen activade dende o 1 xaneiro) e o impacto que ten o traslado a outras plantas do Grupo da produción que até agora se facía en Brens. "A Xunta non pode consentir que Ferroatlántica faga o que lle pete, como ocorreu cando, nada máis coñecer a resolución inicial da administración negando a venda das centrais, a empresa, con total descaro, deixou sen efecto o tan cacarexado plan industrial e levou para fóra proxectos industriais que terían que ser desenvolvidos en Galiza", subliñan desde a representación social. |
NOS_20747 | A asociación, que este ano celebra o seu 40º aniversario, acordouno este sábado. Tamén se distinguiu como Mestras e Mestre da Memoria a Batuko Tabanka e a Emilio Españadero, respectivamente. | A escritora vasca Mariasun Landa (Errenteria, 1949), que desenvolveu a maior parte da súa produción literaria en éuscaro e no eido da literatura infantil e xuvenil, foi designada Escritora Galega Universal 2020 pola asemblea xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que este sábado se reuniu no Museo do Pobo Galego, en Compostela. A designación prodúcese "desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi", sinalaron desde a AELG. O premio será entregado o vindeiro 9 de maio, no marco da V Gala do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal da capital galega. Nas anteriores edicións, recibiron esta distinción as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó e María Teresa Horta. Mestras e Mestre da Memoria Ademais, a asemblea da AELG aceptou a proposta da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG de recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2020, respectivamente, a Batuko Tabanka e a Emilio Españadero. A proposta chegou previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa. A entrega das distincións terá lugar en Lugo no mes de maio durante a V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria e contará co apoio do Concello lucense. Tabuko Tabanka é un grupo formado por 12 mulleres nacidas en Cabo Verde, residentes na Galiza, a maioría en Burela (A Mariña Central). O grupo formouse a finais do pasado século nesta localidade. En 2009 gravaron o seu primeiro disco Djunta mô ("Xuntamos as mans"), editado pola produtora PAI Música, para o que contaron coa colaboración de Uxía, Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e Fernando Abreu. Emilio Españadero Paz, pola súa banda, e o director e presentador do programa radiofónico Lume na Palleira desde 1992 (na Radio Galega, desde 1996). Ademais é ex compoñente do colectivo de música tradicional O Son Da Terra e da banda de gaitas Os Rexumeiros, organizador das Noites Celtas na Coruña e membro do xurado en distintas edicións do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, entre outras ocupacións, 40º aniversario Ademais, a Presidencia da AELG informou dos actos previstos para a celebración, este ano, dos 40 anos da fundación da asociación. As actividades, que se desenvolverán no outono, inclúen un acto aberto ao público no Teatro Principal da cidade de Pontevedra, durante o que se proxectará un documental ─xa en proceso de elaboración─ no que se repasará a historia da entidade. Tamén, se expuxeron as liñas de traballo que desde a Presidencia se están a levar a cabo para que a lexislación contemple "as reformas necesarias para estabelecer a compatibilidade entre a actividade de creación artística e o cobro da xubilación". Tamén, "a potenciación do labor do Instituto Cervantes no espallamento da cultura e lingua galegas, sobre todo no ámbito da lusofonía" e, finalmente, "o impulso do ensino da lingua galega no Estado español". |
NOS_55400 | Queremos Galego chama a "Parar os ataques contra o galego", logo desta nova agresión contra a lingua do País | Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego denunciaron públicamente a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións pertinentes. Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, convoca a manifestación baixo o lema "Paremos os ataques contra o galego". Un lema que, segundo explicou Carlos Callón, o seu portavoz, é hoxe especialmente acaído "porque onte mesmo tivemos novos exemplos, mesmo sen precedentes, como o feito de que o concello de Santiago de Compostela tentase obstaculizar, en todo o que son competencias municipais, que esta mobilización se poida desenvolver". O concello de Santiago emitiu, a 48 horas da celebración dunha manifestación que se agarda que sexa multitudinaria, unha resolución denegando os permisos para colocar un palco e unha faixa informativa na Alameda, so pretexto de que coincidía coas festas da Ascensión. Denegaba tamén a posibilidade de ter amplificación para as intervencións no acto de feche. Isto último, xa sen indicar motivo algún. "Nos 26 anos de historia da Mesa nunca nos encontramos cunha resolución semellante, tan disparatada", afirmou Callón, quen asegurou que "é un ataque á liberdade de expresión, non só un ataque á liberdade de opción lingüística. Un ataque a que haxa na nosa sociedade diversidade de opinións". O portavoz da Plataforma explicou que, unha vez recibida a resolución municipal, que cualificou de "arbitraria e inxusta", presentouse perante os tribunais un recurso. A resolución xudicial recoñece o dereito a finalizar o acto co palco e coa megafonía e a pór unha faixa informativa, considerando que, do contrario, se producirían danos irreparábeis. "O que fan os tribunais é devolver a normalidade". Para Callón, o feito de o Concello agardar a que ficasen tan só 48 horas para a celebración da manifestación denota "a vontade de facer mal do goberno do Sr. Angel Currás, herdeiro, nas formas, do que foi o período de mandato de Conde Roa e, no fondo, no seu desprezo á lingua e cultura galega e ás normas de convivencia". Carlos Callón considerou tamén "disparatado" tratar de xustificar este intento de "coutar a liberdade de expresión" por mor das festas da Ascensión cando, lembrou, "nin é a primeira vez que coinciden, nin será a última". "A culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporaneo monolingüe en galego un 17 de maio", brincou. Por iso, fixo un chamamento a reaxir perante estes obstáculos antidemocráticos e a que "todos os que temos sensibilidade polo noso idioma, mesmo con independencia da lingua que utilicemos no noso dia a día, participemos mañá nesta mobilización social, para dicirmos alto e claro: Non no noso nome!; para dicirmos alto e claro: Hai que deter estes ataques contra o idioma que nos une, que nos identifica!" Carlos Callón: "Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión" Denunciou, ademais, os impedimentos –a través da Xunta de Galiza– para utilizar o galego con normalidade nos xulgados; a prohibición de que se poidan impartir determinadas materias en galego no ensino; que se estea a "varrer" o galego da educación infantil das nosas cidades e que se dilapiden cartos públicos, "máis de catro millóns de euros, segundo as estimacións máis baixas", tirando libros de texto só por estaren en galego. Valedor do Pobo A respecto da demisión de Benigno López, considerou que "non é casual que agardase á véspera do día das Letras Galegas, á véspera dunha manifestación na cal falariamos da súa incompetencia, dos seus ataques contra o noso idioma", para presentala. Neste sentido lembrou a mobilización convocada en Compostela, en apenas 24 horas, o 17 de decembro do pasado ano, por querer censurar un libro de texto que recoñecía o galego como lingua propia, e que reuniu 2.000 persoas pedindo a súa demisión. E lembrou tamén o reiterado incumprimento das súas funcións cando desde A Mesa pola Normalización Lingüística se lle tramitaban queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. "Non nolas xestionaba, non nolas tramitaba, de forma que cando emitía os seus informes anuais estaban realmente adulterados. 'Se han reducido las quejas por vulneración de derechos lingüísticos', dicía sen vergoña". Xunto a isto, manifestou o seu desexo de que a persoa que sexa nomeada Valedor do Pobo teña como insignia cumprir coas altas funcións encomendadas, recuperando así o prestixio da institución. |
NOS_18836 | O Ateneo Ferrolán vai a xuízo o día 17 de setembro por unha débeda promovida polo Concello de Ferrol que pode poñer en perigo o seu futuro. Convocan a vindeira segunda feira a partidos, sindicatos, organizacións culturais e sociais e particulares a unha xuntanza para salvar o Ateneo. | Unha demanda da Empresa Mudanza Felix por unha débeda de 39.000 euros é a que leva ao Ateneo Ferrolán a xuízo o vindeiro 17 de setembro. Segundo explican desde a dirección da entidade, débese á obra promovida polo Concello de Ferrol que obrigou a que desaloxaran as súas instalacións e tiveran que almacenar todo o seu patrimonio, biblioteca e hemeroteca incluídas. Malia esa circunstancia, o goberno municipal negouse a asumir o importe o que pon á entidade ferrolá nunha grave situación que pon en perigo a súa continuidade. Co lema "Salvemos o Ateneo Ferrolán", convocan a unha xuntanza a organizacións políticas, sindicais, culturais e sociais ademais de creadores e creadoras co fin de demandar o seu apoio de cara ás mobilizacións que van desenvolver co fin de esixir que o Concello asuma o pagamento da débeda que provén da obra municipal de rehabilitación do edificio. Poñen sobre a mesa tamén a posibilidade de botar a andar unha campaña conxunta do mundo da cultura co fin de "reivindicar a cultura libre e participativa e para denunciar o despilfarro do presuposto cultural polo Concello de Ferrol e a infrautilización das instalacións culturais municipais". A xuntanza está convocada para a segunda feira día 8 de setembro ás 20.30 horas no Salón de Actos do propio Ateneo. A sede do Ateneo atópase nun edificio do século XVIII no Barrio da Magdalena. Trátase dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol. |
NOS_31836 | O que aconteceu o 11 de xaneiro en Bilbo? Procuramos a resposta a esta pregunta nas páxinas de El País, El Mundo, La Razón, ABC e La Voz de Galicia. A cifra de asistencia á mobilización convocada polas principais forzas políticas e sindicais de Euskal Herría tirámola da Cadena Cope: 50.000 persoas. | "Foi a marcha pola paz... dos presos. Transcurriu co silencio... que alenta os asasinos". Enceta así a crónica que El Mundo comeza a narrar xa na capa para dar conta do que, segundo este xornal, aconteceu o sábado 11 de xaneiro nunha manifestación en Bilbo que cualifican de "unidireccional, estrondosa e sen resquicios de arrepentimento". A foto, para unha única persoa e co subtítulo 'Un mozo berra na marcha convocada por PNV e Sortu'. Unha mobilización "unidireccional, estrondosa e sen resquicios de arrepentimento" segundo El Mundo Mais o contributo do diario de Pedro J. Ramírez á mobilización en prol dunha saída ao conflito vasco non remata aí. A súa capa está partida pola metade. Á esquerda, unha imaxe da avogada Arantza Zulueta co titular "Estou aquí porque ETA me dixo que estivera. O día en que ETA me diga que colla unha pistola e mate, fareino". Á dereita, a marcha de Bilbo. Como relaciona El Mundo as dúas informacións? Colocando un cabezallo común que di así: 'Arantza Zulueta retrátase... e os nacionalistas mobilízanse no seu favor'. Nas páxinas interiores colocan a imaxe dun manifestante co pé de foto 'Con camisola de Herrira e tambor', quizais nunha tentativa de demostrar que, tal e como denunciou o Goberno español, a convocatoria do nacionalismo vasco fora feita pola organización Herrira, suspendida de actividade en outubro de 2013. No corpo da información descríbese o que foi a marcha para este xornal: "Centos de cartaces contra a dispersión dos reclusos de ETA, as pingas azuis repartidas por Tantaz Tanta, as bandeiras vermellas pola independencia e unha gran faixa coa palabra Askatasuna --Liberdade--". De ollarmos unicamente a capa do ABC, en Euskal Herría o sábado non aconteceu nada. Imaxe a toda páxina para a infanta Cristina e, á esquerda, un disimulado chamamento a consultar as páxinas de 'España' co texto "Alarde proetarra do PNV en Bilbo da man de Sortu". Dedican cinco páxinas a esta información. Procurámolas. Na primeira, nun destaque, tres fotos de detalle d@s manifestantes entituladas "O nacionalismo vasco, subordinado a ETA". O titular da información, na mesma liña: "O PNV lidera con Sortu a manifestación proetarra con berros pola 'amnistía'". Polo medio do texto aparecen en destaque frases coma "Etarras excarcerados como 'Carniceiro de Mondragón' --así se refiren a Jesús María Zabarte--exhibíronse tomando copas e acudiron á marcha con nenos". ""Etarras excarcerados como 'Carniceiro de Mondragón' exhibíronse tomando copas e acudiron á marcha con nenos", informa ABC Noutro destaque, imaxe da multitude que anegou Bilbo mais sen recoñecer en ningún momento que tal cousa aconteceu: o pé de foto só di que "Na marcha exhibíronse fotos de etarras e faixas". Debaixo da imaxe, o que pretende ser un pau para Ismael Moreno, o xuíz da Audiencia Nacional española que autorizou o protesto ao non achar indicio ningún para a prohibir, como pedira a fiscalía. Di o xornal de Bieito Rubido que "con independencia de quen a convocara, a manifestación respondía á estratexia de Herrira" e Moreno permitiuna "malia que a Garda Civil advertira de que era herdeira da anulada". Un artigo de 'Análise' describe o PNV como "tonto útil" e ao resto do nacionalismo vasco e os milleiros de manifestantes como "a súa comparsa". O resto da páxina, titulada 'Ofensiva proetarra: reaccións políticas' é para Arantza Quiroga, a presidenta do PP vasco. Co mesmo titular, 'Ofensiva proetarra', as dúas páxinas restantes son para a operación da Garda Civil en que prenderon varias persoas, entre elas avogad@s dos e das presas de ETA. A foto da capa de La Razón tamén é para o integrante da organización ETA Jesús María Zabarte, quen quedou en liberdade após cumprir a condena imposta e após Estrasburgo ilegalizar a aplicación retroactiva da doutrina Parot. Del destacan que levaba "un pano palestiniano" e que "estivo de viños con compañeiros". O titular da capa, co que introducen a información da manifestación de Bilbo, é este: "A festa do carniceiro". "A festa do carniceiro" que levaba "un pano palestiniano" e partillou "viños con compañeiros", describe La Razón A crónica do interior vai na liña de todo o sinalado até aquí. O titular, a sete columnas, describe unha marcha de 130.000 persoas polos dereitos humanos e unha solución para o conflito vasco como "A pinga que colma o vaso da vergoña". No interior a seis columnas publican os pasos a seguir para preparar "un canutillo" dos que se "introducen polo cú" para que "ETA, a través da Fronte de Cárceres, faga chegar mensaxes aos presos". Unha imaxe da multitude é a que leva El País á súa capa co titular "Máis de 100.000 vascos súmanse á marcha polos presos de ETA". Recoñece este diario que foi esta "unha das concentracións máis numerosas en Euskadi" e a foto do interior, a seis columnas, volve ser para a multitude. Noutra imaxe, de detalle, un home reclama o translado a Euskal Herría d@s pres@s vasc@s portando unha bandeira. "Todo un símbolo de protesta que rezumaba sesgo abertzale" para El País Na información, parágrafos coma este: "En realidade a marcha supuxo todo un símbolo de protesta cara á actitude do Goberno español, mailia que rezumaba o sesgo abertzale propio deste tipo de mobilizacións". E debaixo da información un artigo de 'Análise' entitulado "A Rajoy ábreselle unha nova fronte". Despezamento para as declaracións de Sortu e PNV. Por derradeiro, consultamos La Voz de Galicia. Na capa, a infanta Cristina, a "mala defensa" do Obradoiro... mais nin unha soa alusión á mobilización de Bilbo. Nada. No interior, algo máis de media páxina. Foto para a cabeceira da manifestación e de titular "Unhas cen mil persoas dan o seu apoio en Bilbo aos presos de ETA". Polo medio do texto critican a presenza do PNV nun acto canda Sortu, "sucesor de Batasuna" e no destaque as críticas de PSOE e PP ao PNV por "quebrar a unidade". Segundo a capa de La Voz, en Bilbo non pasou ren Circula polas redes sociais unha portada falsa de La Razón cunha imaxe da multitudinaria mobilización e o titular "Moitos vascos saen de 'pintxos' após un partido do Atletic". O repaso ás páxinas da imprensa española deixa unha sensación parecida do que foi, en realidade, unha maré humana pola konponbidea, a solución do conflito. |
NOS_48973 | O Festival Bal y Gay realízase na comarca da Mariña durante o mes de agosto. O seu fundador, Enrique Rodríguez Baixeras, explica en conversa con 'Nós Diario' que o obxectivo deste encontro é "achegar á xente a música clásica para que perdan o medo a un xénero que non fai falla entender, mais si sentir para poder desfrutar". | "Que a xente que nunca se achegou á música clásica poida desfrutala tanto como o fago eu". Este é o obxectivo que persegue o Festival Bal y Gay desde o ano 2014, cando o seu fundador, Enrique Rodríguez Baixeras, comeza a organizar unha serie de cursos con grandes clarinetistas como Vicente Alberola, clarinete primeiro da Mahler Chamber Orchestra, na parroquia de Nois, en Foz, na comarca da Mariña. Ante a boa acollida da veciñanza desta iniciativa, na terceira edición organizouse un certame clarinetístico onde os tres finalistas tocaron cadansúa interpretación do concerto para clarinete de W.A. Mozart. "O público encheu o local e desfrutou integramente de cada unha das execucións que, en total, durou tres horas", explica en conversa con Nós Diario o fundador do festival. Deste feito nace a idea de evolucionar o evento para darlle maior oferta de música clásica de calidade á Mariña. "Pouco a pouco fomos ampliando o programa e as artistas convidadas e a xente seguía acollendo os eventos con moi boa actitude", sinala Baixeras. Tal é así que durante o pasado ano ampliaron as súas localizacións por diversos concellos da comarca que nesta edición chega até os sete concellos: Foz, Ribadeo, Burela, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá e Cervo. Ante a falta de grandes auditorios na comarca e "querendo sacar a música destes lugares para poder darlle outro contexto", o Festival Bal y Gay realízase en espazos emblemáticos como a Basílica de San Martiño (Foz), a Catedral de Mondoñedo ou a Fábrica de Sargadelos (Cervo), mais tamén en prazas de pequenas vilas como Travada. "Son sitios marabillosos para escoitar un concerto", apunta Baixeras. Todo este traballo leva á creación da Fundación Xesús Bal y Gay -músico e intelectual lucense que formou parte da denominada Xeración do 27- para poder así realizar outras accións relacionadas coa achega da música clásica á sociedade, como é o programa Schubert no Camiño, levado a cabo a pasada fin de semana, ou diversos cursos socioeducativos desenvoltos nos colexios e institutos da comarca. "A nosa idea é achegar este tipo de música ás meniñas e meniños a través da montaxe dunha ópera co alumnado dos centros. Nós poremos a orquestra e a rapazada as súas voces para os coros e mais farán os seus propios traxes", explica o fundador do festival e tamén presidente da fundación, Enrique Rodríguez Baixeras. Grandes artistas internacionais A oitava edición do festival terá lugar entre os días 18 e 26 de agosto. "Aínda non sacamos as entradas a vender porque estamos pendentes das limitacións de capacidade que teremos que aplicar nos concertos, mais sairán e realizaranse, igual que fixemos o ano pasado", indica Rodríguez Baixeras. Nesta ocasión, os e as artistas convidadas son: o cuarteto de corda Seikilos; o pianista Javier Perianes; o guitarrista Pablo Sáinz Villegas; o cuarteto de corda Casals e a Orquestra Sinfónica da Galiza. Ademais, tamén contarán coa voz da cantaora María Toledo, quen interpretará "O amor bruxo", de Manuel de Falla, coa Orquestra de Cámara do propio festival e baixo a batuta de Jaume Santonja. Separado un pouco deste estilo máis clásico e querendo ampliar a oferta do seu festival, a organización tamén oferta unha serie de concertos "máis populares pero tamén relacionados coa música clásica". Para esta edición e como concerto "máis de jazz", contan con Puro Gershwin, un proxecto integrado pola cantante Sheila Blanco, o pianista Federico Lechner e o guitarrista veterano Chema Sáiz. Alén de todo isto, e xa cun enfoque máis familiar e didáctico, tamén forman parte do programa do festival o grupo de vento metal Hércules Brass e o ensemble vocal Cantoría. Ante tal calidade de artistas, Baixeras comenta que está "asustado do que estamos a facer. Traer estas artistas ao festival, e incluso repetindo como é o caso do Cuarteto Casals, é algo que fai moita ilusión, mais asusta". Orquestra propia Para o fundador, o concerto que máis ilusión lle provoca, "aínda que todos son espectaculares", é o que realiza cada ano a Orquestra de Cámara do festival. "Somos a organización quen chama as mellores rapazas e rapaces músicos que hai nas orquestras clásicas de todo o mundo para que veñan á comarca da Mariña a formar esta agrupación e así poder realizar un concerto especial", sinala Baixeras. Na pasada edición, esta formación "estaba integrada por profesionais de moitas nacionalidades, mais a metade eran de procedencia galega", destaca o presidente da fundación. |
NOS_47240 | Quico Cadaval, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Xabier P- Docampo ou Manuel Rivas son algúns dos nomes que se atopan no Fetival Atlántica de narración oral que terá lugar do 5 ao 16 de marzo en Compostela. | Os máis relevantes nomes da narración oral da Galiza con persoas convidadas de Inglaterra, Arxentina, Uruguay, Inglaterra ou Brasil. Así é o Festival Atlántica, un encontro que se desenvolverá en Compostela, Lugo e Oleiros do 5 ao 16 de marzo ao longo de toda a xornada, para todos os públicos e en diversos espazos da cidade. Contando contos somos potencia e iso queda á vista no predicamento que algúns dos nomes galegos convidados ao Festival Atlántica. Por teatros ou espazos nocturnos, a presenza de Quico Cadaval ou Cándido Pazó é garantía de público. Agora preséntanse en equipo, artellando un festival que xunta algúns dos máis destacados nomes da narración oral con outros de fóra mais xa coñecidos nos escenarios galegos. Canda as súas contadas, obradoiros, debates ou conferencias completan un programa que vai de mañá á noite, con actuacións para crianzas e tamén para adultos, contos máis acaídos á última sesión. "Canda as súas contadas, obradoiros, debates ou conferencias completan un programa" Será o escritor Manolo Rivas o que protagonice o día 5 de marzo en Compostela a xornada inaugural cunha conferencia, xusto no día no que José Campanari porá o primeiro conto sobre a mesa, despois de que Cándido Pazó puxera a previa o día 26 no Pub Atlántico da zona histórica da cidade, corazón do festival. Paula Carballeira, Soledad Felloza, Raquel Queizas, Avelino González, Tim Bowley ou Celso F. Sanmartín integran tamén no programa no que se inclúen sesións especiais como a de "Historias da Guerra Civil en Compostela" a través dunha visita guiada de Xurxo Ayán ou a función colectiva do 8 de marzo no Teatro Principal conmemorando o Día das Mulleres. "Un momento para saír e escoitar historias, porque nesta noite escura xa brillan as estrelas" convidan no adianto do programa, do que hai un primeiro bocexo xa na rede. Anuncian que van informar ao día a través da súa presenza nas redes sociais e xa teñen os abonos á venda. |
NOS_3903 | Ecoloxistas en Acción denuncian que Augas de Galicia impón unha sanción "irrisoria" á eléctrica malia "se demostrar o incumprimento sistemático do caudal ecolóxico no encoro de Ponte Inferno, no río Verdugo, e de que esta empresa fai "apropiación indebida dunha concesión caducada". | Ecoloxistas en Acción lamenta que o expediente sancionador que sinala que Augas de Galiza ditou contra Naturgy Wind, SL. polos incumprimentos do réxime de caudais ecolóxicos fixado para o Salto de Ponte Inferno fique en auga de castañas:,"Á hora de aplicar a sanción escudáronse nunha estimación infravalorada dos danos causados para fixar un importe irrisorio de 7.000 euros como pena". A organización ecoloxista denuncia a "arbitrariedade" da estimación dos danos causados pola "irresponsabilidade ecolóxica de Naturgy". Unha estimación que Augas de Galiza, afirman, non sustenta con ningún informe. Para Ecoloxistas en Acción o delito ecolóxico cometido por Naturgy no río Verdugo debe ser tipificado como infracción grave segundo o Regulamento do dominio público hidráulico. A organización ecoloxista argumenta que segundo o regulamento para a cuantificación do dano causado, débese valorar ter que restaurar a zona degradada pola exposición das marxes a unha seca forzada pola falla de caudal, considerando unha franxa de vexetación de ribeira afectada a 1 metro de cada lado, e a instalación de trampas de grava cada 350 metros. Ademais, apuntan que a perda de auga de 1,71 Hm3 e o estreitamento do leito puideron poñer en risco especies de flora e fauna asociada a niveis de auga superiores, debéndose estimar tamén o custe da recuperación das poboacións danadas e da restauración do río. Ecoloxistas en Acción lamenta o que cualifica como "febleza" da Xunta perante Naturgy A organización ambientalista lembra que ademais do sistemático incumprimento do caudal ecolóxico tanto líquido como sólido hai que ter en conta o agravante de que a empresa enerxética leva case tres anos "explotando ilicitamente o aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno cunha concesión caduca". Ecoloxistas en Acción solicita "sancións exemplares para acaba coas malas practicas do oligopolio hidroeléctric"o e no caso concreto do aproveitamento hidroélectrico piden que se cumpra a lei e que se declare extinta a concesión sen isto exima a Naturgy da execución das melloras impostas pola Administración e ratificadas polo órgano xudicial tales como a redución da altura da presa en 5 metros, implantación dun sistema que evite a introdución de peixes na canle de derivación, construción dun paso para peixes que funcione, e a falta de medidores de caudal no punto de toma e na entrada do paso para peixes, que impiden que se poida comprobar que o concesionario está respectando o caudal ecolóxico. Indican que a extinción da concesión e a restauración do río e os seus ecosistemas está apoiada polos Concellos de Soutomaior e de Ponte Caldelas, a Confraría de Pescadores de Arcade, e diversas asociacións e fundacións. Ademais, conclúen, no informe emitido polo Servizo de Planificación Hidrolóxica de Augas de Galiza, faise constar o mal estado da masa de auga, debido a que o aproveitamento modifica a dinámica fluvial do río e facilita a instalación de especies exóticas invasoras, propoñéndose unha serie de melloras que farían posible que a masa de auga pasase a unha situación de "moi bo estado". |
NOS_2717 | O autor de O Vampiro de Curitiba foi distinguido, por unanimidade do júri, com o Prémio Camões, o mais relevante da língua portuguesa. O misterioso escritor do Brasil é significado em especial pelos seus contos. | Instituído em 1988 pelos governos de Portugal e do Brasil, o Prémio Camões está considerado o mais prestigioso da língua portuguesa. Um júri composto por Alcir Pécora e Silviano Santiago do Brasil, Rosa Martelo e Abel Barros Baptista de Portugal, Ana Paula Tavares de Angola, João Paulo Borges Coelho de Moçambique reconheceram por unanimidade a obra de Dalton Trevisan nesta 24.ª edição do Prémio. O Anão e a Ninfeta publicado no passado ano, é o último título dum autor que tem na sua mais recente obra títulos como "Vozes do Retrato - Quinze Histórias de Mentiras e Verdades, O Maníaco do Olho Verde , Violetas e Pavões ou Desgracida entre outras. O passado ano o prémio distinguiu o poeta Manuel António Pina, o décimo primeiro dos portugueses em serem merecedores do galardão. Dalton Trevisan é o décimo brasileiro que recebe o Camões, uma vez que vultos da literatura brasileira como Jorge Amado, Rubem Fonseca ou Lygia Fagundes têm já o reconhecimento à sua carreira literária. Nascido em Curitiba em 1925, Trevisan é considerado um dos melhores contistas do Brasil e a sua figura aparece sempre rodeada dum ar de mistério já que o escritor rejeitou durante muito tempo aparecer em público. Sem conceder entrevistas, sem apenas imagens do seu rosto, assinando os livros com o nome de "D.Trevis", o autor mereceu ser chamado como O Vampiro de Curitiba, título de uma das suas mais conhecidas obras. |
NOS_35403 | A carga hospitalaria por mor do coronavirus avanza de forma desigual segundo os territorios mais rexistra unha leve baixada que segue a centrar nos coidados críticos toda a atención. Lugo é a cidade coa incidencia máis alta e a área que máis pacientes hospitalarios suma. | Os datos de evolución da Covid publicados esta quinta feira pola Consellaría de Sanidade reflicten a mellora progresiva da pandemia na Galiza. Malia que os novos contaxios volven situarse por riba dos 300, mantéñense moi por baixo da media de casos desta quinta onda. Hai un mes os informes diarios rexistraban, de media, máis dun millar de novos positivos. Hoxe, baixa de 400, cunha taxa de positividade que se achega cada vez máis á recomendación da OMS de 5% para garantir o control da transmisión do virus. Así, nas últimas horas, rexistráronse 334 novos contaxios por Covid na Galiza, fronte aos 329 notificados un día antes. Do total, 70 corresponden á área sanitaria da Coruña, 59 á de Lugo, 69 á de Santiago, 45 á de Vigo, 47 á de Ourense, 14 á de Ferrol e 30 á de Pontevedra. Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 7.522, casos positivos no conxunto do territorio. Descenden en todas as áreas excepto na de Lugo, onde a conta de casos activos se mantén estábel con 1.402 infeccións. A Coruña continúa á cabeza con 1.871 infeccións activas, seguida de Lugo e Vigo, que ten 1.250. Santiago suma 1.309 casos activos; Ourense, 679; Pontevedra, 504, e Ferrol, 507. Presión hospitalaria Con respecto á presión hospitalaria, os datos reflicten un alivio lixeiro pero progresivo. Hai dous pacientes menos con Covid nos hospitais galegos que o último día: 53 en unidades de críticos, un máis, e 153 en unidades convencionais, tres menos. Por áreas, a carga asistencial baixa en A Coruña, Vigo e Santiago; mantense en Ferrol e sobe nas de Lugo (+6), Pontevedra (+2) e Ourense (+1). Falecementos Desde o inicio da pandemia faleceron 2.574 persoas con Covid tras informar Sanidade de catro novos pasamentos, catro homes de entre 64 e 83 anos. |
NOS_14513 | Chega aos quiosques a derradeira entrega do coleccionábel "Tímpanos medievais da Galiza", de Nós Diario. Esta entrega, o número 32 da colección, dedicada a Compostela e á súa arquitectura románica. | Nós Diario comezaba 2021 ofrecendo ao público subscritor e lector un novo coleccionábel, "Tímpanos medievais da Galiza". Agora, 32 números despois da primeira entrega, féchase o ciclo coa arquitectura de Compostela como protagonista. "Conseguimos dar a coñecer un rico patrimonio, moitas veces descoñecido polo público, mesmo neste último fascículo", explicaba Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza e coordinador da colección. "Mesmo profesionais se sorprenden de que aparezan en Compostela tantos tímpanos, algúns descoñecidos entre a xente máis próxima a este tipo de estudos", contaba en relación ao derradeiro número da colección, cun volume que dobra os anteriores chegando ás oito páxinas. Na primeira entrega de "Tímpanos medievais da Galiza", a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurora Balseiro, explicaba que nos tímpanos se gardaba "unha mensaxe iconográfica do románico, cuxa finalidade era didáctica e proselitista", polo feito de que daquela poucas persoas sabían ler e escribir. Da mesma maneira, Xoán Costa explica que "sen renunciar á ciencia conseguimos a difusión da arte dunha maneira agradábel, para todos os sectores sociais e cun nivel de divulgación moi alto". "Ese era un dos nosos obxectivos de partida e foi conseguido" recalca, ao mesmo tempo que engade o logro que supón "por ao alcance de persoas non expertas, non formadas en arquitectura ou en arte, como se construíron todos estes edificios de modo fresco e ameno e tamén con todos os rigores que a ciencia esixe". O coordinador do coleccionábel abunda no seu aspecto didáctico ao mencionar que ao igual que os propios tímpanos "este programa arquitectónico era unha especie de catecismo para analfabetos e puña en pé de igualdade, sobre todo a través dos canzorros, a virtude e o pecado, no sentido de que aparecen representados os elementos máis grotescos e os símbolos relixiosos máis santos e máis cultos". "Conseguimos trasladar a idea de que todo este programa iconográfico, sobre todo a partir do século XII, tiña un fin concreto que era o de traballar ao servizo dunha idea de nación, de colectividade que desenvolveu un movemento artístico especialmente centrado no románico e na catedral de Santiago". Xoán Costa reivindica tamén a figura do arcebispo Diego Xelmírez e o seu labor en Compostela que " competiu directamente con Roma como capital da cristiandade e, nese sentido foi moi importante o seu papel, e logrou todos os seus obxectivos consagrando Compostela como centro de peregrinación". As novidades de marzo Durante a primeira quincena do vindeiro mes, Nós Diario incorpora unha nova colección, "Os primeiros xornais en galego: 1840-1912". Un total de 14 números, que parten d'O Seor Pedro, editado en 1840, de periodicidade diversa como era propio na época, e que chegan até A voz do país, xornal editado en Monforte de Lemos en 1912, pasando por O vello do Pico-Sagro, O galiciano ou o recoñecido O tío Marcos da Portela. Este último, en palabras de Xoán Costa, "o que se considera o xornal de referencia, que ten para o xornalismo o valor que Cantares gallegos ten para a literatura". A segunda quincena de marzo vai estar dedicada a conmemorar a "Semana da prensa na escola", para que se editará o Caderno InformarNós. |
PRAZA_7521 | Nesa diana dos gobernos do PP, á que apuntan cada vez que teñen ocasión, polo camiño e como consecuencia en parte do maltrato ao que someten aos empregad@s públicos, fixéronnos culpables a tod@s @s cidadáns. | Todo comezou como se de unha broma pesada se tratase, o rumor de que este ano Feijoo anunciara que nos baixarían de novo o salario, correu por toda a oficina como a pólvora. Despois de que durante o ano pasado víramos como unha compañeira cobraba menos por estar de baixa por unha grave enfermidade, d@s malabarismos que debido á eliminación da paga extra do Nadal fixeron moitas familias, das contas mentais para chegar sempre á conclusión de que cada día gañábamos menos e que "a vida estaba máis cara", a rabia, a indignación, e os mesmos comentarios repetíronse polos corredores durante toda a mañá "que inxustiza!" , por que sempre nos toca a nós? Culpables son tamén @ mestre destinado a aldeas que non sabía nin que existían; @ enfermeir@, que está nunha lista de contratación, que non colle o elevador non vaia ser que @ chamen para traballar de noite Fácil, porque para o PP "os malos desta película" non son nin os bancos que puxeron a débeda privada polo ceo, ni un sistema que sempre premia os que máis teñen e marxina os que menos. Os culpables son @ xuíz/a, avogad@ do Estado, inspector/a de Facenda, que en lugar de dedicarse a enladrillar o noso país, decidiron estudar unha carreira universitaria e preparar unhas duras oposicións para o que estiveron durante anos enclaustrad@s nos seus cuartos vendo unicamente a luz do flexo. Culpables son tamén @ mestre destinado a aldeas que non sabía nin que existían; @ enfermeir@, que está nunha lista de contratación, que non colle o elevador non vaia ser que @ chamen para traballar de noite; o persoal dos servizos contra incendios que en ocasións deixa a vida tentando protexer os nosos montes. E por suposto, a culpa tamén é do auxiliar administrativo do Estado, natural da provincia de Ourense e destinado en Madrid, que cun soldo de 1000 euros paga un aluguer mensual de 700 euros, e que soporta que alguén que gaña o dobre lle diga que "é un afortunad@". Pero nesa diana dos gobernos do PP, á que apuntan cada vez que teñen ocasión, polo camiño e como consecuencia en parte do maltrato ao que someten aos empregad@s públicos, fixéronnos culpables a tod@s @s cidadáns. Así, tamén será culpable o don@ da tenda de zapatos que ve como pasan os días sen vender nin un par, a perruqueira á que puxeron a media xornada porque rara vez entra alguén no establecemento pola semana, o bar no que antes se tomaba varias consumicións mentres se vía o fútbol e que agora só enche as súas mesas cando o partido é de pago… Sr. Feijoo: basta xa de culpabilizar os que unicamente son vítimas das súas políticas Sr. Feijoo: basta xa de culpabilizar os que unicamente son vítimas das súas políticas, é hora de poñer en práctica os seus propios consellos, así que deixe de queixarse dos demais e póñase dunha vez a traballar por e para @s galeg@s. |
NOS_4559 | O acto decorrerá no cemiterio de San Fiz de Asma, ao pé da tumba de 'O Piloto'e coa presenza de ex-membros da guerrilla que loitou contra o fascismo. | Ás 12:00 deste sábado, 15 de marzo, no cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada), ao pé da tumba de José Castro Veiga, 'O Piloto', guerrilleiro galego asasinado o 10 de marzo de 1965. É a data e lugar no que vai decorrer a homenaxe á guerrilla galega anti-franquista. Unha xornada na que haberá poesía, música, memoria e compromiso. O acto dará comezo ás 12:00, segundo indican @s organizadores, coa colocación dunha escultura de Luis Loureira "para firme lembranza do pasado e confianza alerta co futuro". Camilo de Dios (ex-membro da guerrilla antifranquista galega) será quen descubra a peza, xunto con Xosé Figueroa e Dositeo Moure. "Firme lembranza do pasado e confianza alerta co futuro" María Fariña, David Otero e Fernández Abella recitarán poemas. E Mini e Mero serán os encargados de poñer música a esta homenaxe. No acto tomarán a palabra diferentes persoas como Xesús Redondo Abuín (rianxeiro que por motivos políticos estivo preso en 11 cárceres franquistas) ou o historiador Uxío Diéguez, así como Carmen García-Rodeja, cun amplo traballo na memoria histórica; ou Xosé L. García. O ramo poñerao o presidente da Real Academia, Alonso Montero. Foto (do Concello do Vicedo): Guerrilleiros anti-franquistas galegos que participaron na fuxida da praia de Abrela (1945) á súa chegada a Francia. |
QUEPASA_468 | Con alegría e esperanza recolle esta ano a comunidade cultural da Costa da Morte a lista de nominados aos XVII Premios Mestre Mateo. Varios costeiros estarán na gala do sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, optando a algúns dos 25 premios que vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual. | Unha Gala que será dirixida por unha amiga da nosa bisbarra como é a versátil Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, e na que os grandes favoritos serán os creadores dos filmes A sombra da lei e Trote, as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos premios, acaparando 15 candidaturas cada unha. Tres persoas Fede Pérez, Isabel Blanco e Marta Doviro Entre os Nominados da Costa da Morte temos varias caras coñecidas destes premios como Fede Pérez, nominado á Mellor Interpretación Masculina de Reparto, polo seu papel en Trote, a longa de Frida Films e M-Films que vive dun xeito moi completo a vila do rural galego. O mazaricán competirá con Celso Bugallo (Trote), Denis Gómez (O sábor das Margaridas) e Ernesto Alterio (A sombra da lei). Tamén estará a corcubionesa Marta Doviro, nominada á Mellor Comunicado/a de Televisión no seu programa "Unha viaxe para contar". Loitarán polo galardón María Solar (Zig Zag), Roberto Vilar (Land Rober) ou Rodrigo Vázquez (Ti verás). Outra das costeiras nominadas é Isabel Blanco, desta volta dende detrás da pantalla, como Mellor Realización por "Pasaporte Galego". Tamén teremos presenza de Baíñas. Xabier Eirís (á dereita) ten varias nominacións: Mellor Dirección de Produción por Trote e Mellor Realización polo programa Imos Indo. A Costa da Morte tamén se louba da presenza da produtora vimiancesa María Arochena Romero, que participa en dúas categorías: Mellor Longrametraxe, por Memorias dun home en pixama; e Mellor Videoclip por "El astronauta que vio a Elvis", de Love of Lesbian. Tamén é un pouco nosa a nominación de Xosé A. Touriñán como mellor interpretación masculina no Land Rober (tamén nominado como Mellor Programa de TV), algo que xa non poderemos disfrutar máis. Competirá con grandes grandísimos como Antonio Durán "Morris" (Os Mariachi), Luis Tosar (A sombra da lei), e Toni Salgado (O sabor das margaridas). Dúas producións A rodaxe de A Nena Azul realizouse na Costa da Morte Ademais, en clave de procuón, destaca a presencia da curta "A Nena Azul", dirixida por Sandra Sánchez, que xa fixo unha completa ruta para ensinar o traballo polos centros de ensino da comarca. A curta de Reira Filmes en produción asociada con Píxel Films e Comunika rodado integramente na Costa da Morte, opta á Mellor Curta de imaxe Real. O outro proxecto senporsen costeiro que está na Gala será Dinosaurio, a web serie creada no marco do Carballo Interplay do ano pasado. Ademais, o programa Buscadores de Naufraxios da TVG, que tanto ten rodado este ano pola Costa da Morte, tamén está entre os finalistas ao Mellor Programa de TV. |
PRAZA_13735 | Pachi Vázquez e Francisco Jorquera censuran que o presidente da Xunta se "agoche" nun periplo no que detectan "electoralismo". Mentres, Feijóo continúa alternando a axenda económica cos encontros coa colectividade galega. Audio no interior. | "Unha fuxida". É o diagnóstico que o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, e o candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, coinciden en realizar sobre a viaxe de case unha semana de duración que está a levar ao presidente da Xunta por ata cinco países de Sudamérica. Os líderes socialista e nacionalista non ven casual que o periplo de Alberto Núñez Feijóo, que continúa en Arxentina tras comezar en Uruguai, coincidise co anuncio e aprobación do duro paquete de recortes do Goberno central. Trátase, en opinión de Vázquez, de "ir fuxindo" e "de paso, a ver se pilla un puñado de votos, que tampouco os vai pillar". Pachi Vázquez: "Por favor, que deixe de rirse dos galegos" En opinión do xefe de filas do PSdeG "non pode ser que neste momento" o titular do Goberno galego "estea desaparecido". "Sei que é moi duro", asevera, pero Feijóo "ten que dar a cara" ou, pola contra, "recoñecer que non quere estar en Galicia cando as rúas se están mobilizando". "Que recoñeza que non ten solucións para este país", abonda Vázquez, en cuxa opinión a xustificación oficial da viaxe equivale faltarlle ao "respecto" á cidadanía de Galicia. "Se ven a foto de hoxe -sinalou ante os xornalistas- xa di por onde van os tiros", sinala, en referencia á imaxe de Feijóo co presidente uruguaio, José Mújica, que acompaña esta información. "A foto paréceme patética", asegura o socialista, xa que, na súa opinión, responde a un encontro no que ao presidente uruguaio se lle dixo "fala un momentiño con estes", pero do que a Xunta tirou o titular de que "se establece un diálogo co Mercosur". "Por favor, que deixe de rirse dos galegos", reclama. Jorquera: "Que deixe de facer electoralismo en América con viaxes pagas con cartos públicos" A "asumir a súa responsabilidades e dar a cara" ista tamén Jorquera a Feijóo. A xuízo do nacionalista o papel do presidente debera ser o de "explicar como lle vai afectar á sociedade galega o recortazo imposto polo Goberno Rajoy", para o que debe "deixar de facer electoralismo en América con viaxes pagas con cartos públicos". No marco dun reparto informativo en Arteixo Jorquera considerou que Galicia "agarda aínda por explicacións" da Xunta tanto polos recortes como pola súa "vergoñenta" posición no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), no que mentres comunidades como Castilla y León ou Extremadura "tamén gobernadas polo PP, mantiveron unha posición digna", Galicia "deu luz verde a medidas tremendamente lesivas" ao votar favorablemente ao novo teito de déficit. Pero "Feijóo, en vez de dar explicacións, en vez de dar a cara, optou por fuxir e por embarcarse nunha viaxe de claros tintes preeleitorais, pagada con fondos públicos", censura. Mentres PSdeG e BNG reclaman explicacións Feijóo continúa a súa viaxe que, tras o encontro con Mújica, incluíu a sinatura dun convenio no Fogar Español de Montevideo e unha visita a instalacións industriais nas que se congratulou de que "tres barcazas" uruguaias vaian ser construídas por un estaleiro galego. Segundo a información subministrada pola Xunta -na caravana presidencial non viaxa ningún medio de comunicación galego- a viaxe contiúa este sábado e domingo na Arxentina onde, entre outros actos, Feijóo participará nun xantar no Centro Galicia de Bos Aires xunto a parte da "colectividade galega" da cidade. |
NOS_38580 | O Xulgado do Penal da cidade das Burgas ditaminou 2 anos de cárcere para dous deles por 'atentado á autoridade', e un ano para un terceiro. Exculpa os 7 do delito de 'desordes públicas' | Tres dos sete estudantes xulgados en febreiro deste ano pola greve do ensino do 2012 en Ourense foron condenados a penas de prisión. O Xulgado do Penal ourensá ditou unha sentenza pola que condena a 2 anos de cárcere a dous estudantes (A.G e J.S) por, sinala, atentado á autoridade. Tamén lles impón un mes de multa, a razón de seis euros diarios. O xuíz impón, ademais, un ano de prisión para un terceiro estudante, que recoñeceu durante a vista do xuízo agredir un axente, sinalan desde as axencias. Ningún deles entrará en prisión por non ter antecedentes. O Xuíz absolve os 7 estudantes do delito de desorde pública. Os outros catro estudantes ficaron libre de responsabilidade penal. A resolución non é firme e cabe recurso contra a mesma. Os feitos tiveron lugar o 11 de outubro de 2012 no marco da folga e das mobilizacións convocadas no ensino contra os recortes do goberno do PP e na defensa do ensino público. Diversas organizacións fixeron un chamamento a un Día Internacional de Loita estudantil. Na Galiza a xornada de protesta estaba convocada por Liga estudantil, Comités e Agir. No transcurso da xornada tiveron lugar diversos incidentes en cidades e vilas galegas, entre elas Ourense. |
NOS_25419 | O traballador, X.D.P, ficou en liberdade con cargos após declarar nos xulgados, a cuxas portas concentráronse centos de operarios do naval ferrolá | X.D.P, operario de Navantia-Ferrol, foi detidona súa propia casa a primeiras horas da mañá desta cuarta feira polas forzas de seguridade en relación coas protestas do naval que a semana pasada tombaron o pleno da cidade departamental. Nun primeiro momento, este traballador (que segundo diversas fontes é filiado á CIG) foi levado a Comisaría para ser trasladado despois ao Xulgado. Após declarar, tería quedado en liberdade con cargos, segundo fontes presenciais. O operario está acusa de atentado contra a autoridade Ás aforas do Xulgado concentráronse operarios do naval en solidariedade co seu compañeiro. Tamén estiveron representantes de formacións como o BNG. Unha vez en liberdade este operario de Navantia-Ferrol, centos de traballadores dirixíronse cara á Casa do Concello da cidade departamental. Pleno Por volta de 250 persoas, entre traballadores do Naval, veciños e membros de colectivos cidadáns, asistiron a quinta feira da semana pasada á Casa do Concello para exixir a demisión do goberno local. Vivíronse momentos de gran tensión e o pleno tivo que se suspender. Axentes da Policía Local e concentrad@s resultaron ferid@s Foto: @patri_hermida |
NOS_44450 | A anual Asemblea Xeral de Caixa Rural Galega decorreu no sábado 3 de xullo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes das Xuntas Preparatorias. Aprobaron as contas anuais de 2020, que acadaron un beneficio neto de 5,75 millóns de euros, co que xa levan sete anos consecutivos incrementando os resultados. | Caixa Rural Galega realizou a súa Asemblea Xeral anual no sábado 3 de xullo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes das Xuntas Preparatorias levadas a cabo durante estas últimas semanas nas localidades de Chantada, Ribadeo, Santiago de Compostela e Lugo marcadas, ao igual que no ano 2020, polas medidas de protección contra o Covid-19. O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das contas do exercicio 2020, das que destaca un beneficio neto que acadou os 5,75 millóns de euros, cifra que supera lixeiramente a do ano 2019 e que supón sete anos consecutivos con incremento de resultados tras a pasada crise financeira. As contas recollen uns activos que acadan case os 1.500 millóns de euros e que supoñen un crecemento de 23% respecto do ano anterior. Os depósitos de clientes supoñen case 1.280 millóns de euros e o investimento crediticio acada os 690 millóns de euros, o que supón para ambas as partidas crecementos de 18% e 24% respectivamente. A entidade sinala nun comunicado que fechou o exercicio cunha ratio de morosidade de 3,51% continuando a súa tendencia á baixa, en recuperación tras os anos máis difíciles da recente crise, e pese ás incertezas provocadas pola pandemia e o intenso retroceso do PIB no ano 2020. A ratio de solvencia acada 14,29% cumprindo, como en anos anteriores, os requirimentos do regulador. Tamén estaba na orde do día a elección de Vicepresidente pola baixa do anterior, Venancio Rocha, que deixou o Consello Reitor de modo voluntario tras máis de trinta anos de presenza no mesmo. Sempre vinculado ao mundo agrario e rural, Venancio Rocha ostentou cargos tan destacados como a presidencia da Cooperativa Os Irmandiños, a da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), ou a vicepresidencia do Consello Galego de Cooperativas, entre outros. Resultou elixido para o cargo Ángel Ramil Castelo, membro do Consello Reitor desde o ano 2002 e actual Secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida "San Simón da Costa". O Presidente, Manuel Varela, cualificou o exercicio 2020 como exitoso, acadando niveis de crecemento nunca antes vistos na entidade, pese ás dificultades da pandemia con retrocesos históricos do PIB e á persistencia de tipos negativos que dificultan a rendibilidade da actividade e cando aínda non se cicatrizaron as feridas da anterior crise. Con todo, manifestou a súa confianza en que a segunda metade de 2021 sexa a da volta á normalidade e que se poida deixar atrás o pesadelo da pandemia. O Presidente aproveitou, ademais, para agradecer expresamente o esforzo de todos os profesionais que forman o equipo humano de Caixa Rural Galega, tras un ano de enormes dificultades. Así, a entidade asegura que afronta o futuro "con optimismo por canto os niveis de crecemento veñen a corroborar que o modelo de banca cooperativa que esta propón, apoiándose nun equilibrio entre a dixitalización e a atención persoal da súa rede de oficinas, segue a ser unha proposta ben acollida entre os galegos e galega". |
NOS_10951 | Doce manifestacións decorreron noutras tantas cidades e vilas do país convocadas polo sindicalismo nacionalista neste Día internacional da clase traballadora. A denuncia dunha realidade "que Feijóo quer ocultar con propaganda e mentiras" foi un dos eixos das marchas. | Milleiros de persoas tomaron parte este 1 de Maio nas manifestacións convocadas pola CIG en cidades e vilas de Galiza. Un total de 12 mobilizacións, sendo a central a de Vigo, onde media hora antes do seu inicio (12:30) A Doblada xa estaba ateigada de xente. Nesta manifestación do sindicalismo nacionalista na cidade olívica houbo milleiros de persoas (máis de 20.000 segundo fontes da central) e dous rostros especiais: O histórico representante do movemento antiglobalización Jose Bové e o capitán do 25 de Abril, Durán Clemente. Sumáronse, como o resto, a unha marcha que decorreu baixo o lema 'Contra a explotación e a pobreza, fagámoslle fronte á UE. Organización, loita e soberania'. Vigo, unha multitude para dicir abonda xa á explotación Paro,emigración, pobreza.. as marchas foron unha denuncia e unha exixencia de solucións fronte as realidades do país que, sinalou Suso Seixo, secretario xeral da CIG, Feijóo se empeña en ocultar con mentiras. Seixo incidiu na necesidade de conquistar un novo modelo socioeconómico. "Hoxe máis ca nunca reafirmámonos na reivindicación e no compromiso por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario". Denunciou tamén o contexto de estrema dureza ao que se enfronta a clase obreira nun momento no que o capital está a aproveitar a súa propia crise e a situación de debilidade do movemento obreiro e das forzas de esquerda para afondar e fortalecer o actual modelo de capitalismo neoliberal. A Coruña: "defender o pobo contra o roubo de dereitos" Máis de 10.000 persoas asistiron á mobilización da CIG. O secretario comarcal, Xabier Filgueira, alertou do perigo de que a cidade e a comarca acaben sendo "un deserto industrial" por mor das políticas e deicións do PP. Sinalou na súa intervención que o que se está a vivir "é unha estafa social" na que se fai mester "defender o pobo" fronte un constante "roubo de dereitos". Na mobilización houbo unha emotiva lembranza a 'Paio', falecido recentemente, e que fora un dos impulsores do sindicalismo nacionalista e primeiro secretario comarcal da CIG. Ferrol, o naval como exemplo Na marcha da central nacionalista en Ferrol tomaron parte varios milleiros de persoas (algunhas fontes sindicais apuntaban a máis de 3.000, mais facíano como cálculo persoal). A difícil situación da comarca, a que maior desemprego ten do país", lembrou o co-voceiro comarcal Manuel Grandal, protagonizou a manifestación. Con especial atención para o naval. Un grupo de persoas, convocadas pola Marcha da Dignidade, rodearon a Casa do Concello de Ferrol, unha acción que pretenden manter o longo de toda esta xornada do 1º de Maio. Compostela, Ourense, Pontevedra e Lugo, polo Traballo digno na propia Terra A CIG tamén se mobilizou en Compostela (por volta de 2.000 persoas), Pontevedra, Lugo e Ourense. Marchas con participación de traballadores de empresas en loita. O secretario comarcal de Compostela, Anxo Noceda, defendeu o dereito a ter un traballo digno na propia Terra e criticou con dureza a Feijóo polo "desprezo" que amosa coas persoas en desemprego. Das Rías Baixas até as Rías Altas Mais as mobilizacións da central nacionalista neste 1º de Maio non se limitaron ás principais cidades. Vilagarcía de Arousa, Cervo, A Estrada e Ribeira foron escenario das respectivas manifestacións, nas que as problemáticas e necesidades das diferentes comarcas estiveron presentes. Fotos Vigo (portada e interior arriba): CIG Foto Ferrol (interior medio)l: Suso Pazos |
NOS_25752 | O rexedor socialista Abel Caballero anunciou que solicitará ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, máis datos sobre a incidencia da enfermidade no municipio vigués. O alcalde denunciou o "hermetismo e incapacidade de transparencia" da Administración galega. | Unha das bases para a contención da Covid-19 é a información detallada sobre a súa incidencia na poboación. Uns datos dos que dispón a Xunta da Galiza, mais dos que só unha parte chegan ao conxunto da cidadanía galega, carencia que vén sendo cuestionada por expertos, profesionais da sanidade ou representantes políticos. Tampouco as alcaldías dos 313 concellos do país reciben información en profundidade das autoridades sanitarias. Así o denunciou onte o rexedor de Vigo, o socialista Abel Caballero, que anunciou que a reclamará ao presidente galego, o popular Alberto Núñez Feixoo, nunha misiva. Caballero asegurou nunha rolda de prensa que o Executivo galego está a "ocultar" datos aos consistorios, que son a súa vez responsábeis de aplicar medidas de prevención e control da enfermidade. O rexedor lamentou que descoñeza o nivel de incidencia da Covid-19 nas diferentes áreas da cidade olívica. Unha información que noutras grandes urbes galegas, como a de Ourense, Lugo e mais A Coruña motivaron a aplicación de restricións selectivas por barrios e que foron accesíbeis aos medios a través dos autos xudiciais que as aprobaron. Falta de transparencia Para o rexedor socialista, a falta desta información dificulta o labor de control que recae sobre a policía local ou o servizo de Protección Civil. Ao fío disto, denunciou o "hermetismo e a incapacidade de transparencia" da Administración galega, engadindo que os datos dos que el mesmo dispón proceden do Ministerio de Sanidade. "Pero a Xunta nega a información ao Goberno da cidade máis importante da Galiza", insistiu. Caballero fixo fincapé en que en ningún momento cuestionou nin criticou as decisións do Executivo galego en materia sanitaria. Porén, neste caso viu preciso reclamarlle información en profundidade "para cooperar e actuar no ámbito das súas competencias". "Feixoo saberá o que fai, pero a responsabilidade é súa", argumentou, en relación á carta. |
NOS_48032 | Puigdemont afirma en TV3 que o Govern non vai obedecer a instrución do Tribunal Constitucional e que o referendo, suspendido pola instancia xudicial española, continúa avante. Esta madrugada, por volta da unha da mañá, o Parlament aprobou a Lei de Transitoriedade e fundacional da República catalá cos votos a favor de JxSí e a CUP, a oposición de Catalunya sí que es Pot e o abandono dos seus escanos á hora de votar de PP, PSC e Cs. | A Lei de Transitoriedade e fundacional da República catalá entrará en vigor só se o SI á independencia se impón no referendo de autodeterminación axendado pola Generalitat para o 1 de Outubro, consulta sobre a que desde esta quinta feira pesa unha orde de suspensión decretada polo Tribunal Constitucional. Onte, o presidente da Generalitat deixou claro, nunha entrevista en TV3, que o Govern non se sente vinculado por esta decisión do TC. No caso de que finalmente o NON vencese o SI no referendo, a Lei de Transitoriedade ficaría imediatamente anulada e, a seguir, o Govern disolvería o Parlament e convocaría novas eleccións á cámara catalá. O debate da Lei de Transitoriedade -norma que conxuntamente coa do Referendo constitúe o bloco legal da desconexión de Catalunya co Estado- estivo marcado pola tensión, unha especie de remake do ambiente vivido a pasada cuarta feira no Parlament. Por volta das 10 horas, as bancadas independentistas demandaron a alteración da orde do día para introducir a lei no debate. A oposición unionista atrapallou a discusión apelando aos recovecos máis recónditos do regulamentoco propósito evidente de entorpecer, e tornar máis lenta posíbel, a tramitación da norma. Esta comezou a ser formalmente debatida pasada a medianoite e aprobada por volta da unha da mañá. A votación final reproduciu as posicións da pasada cuarta feira cunha soa excepción: Catalunya sí que es Pot pasou da abstención á Lei do Referendo á oposición á Lei de Transitoriedade. Nese sentido, foi moi rechamante ver como desde as bancadas unionistas -PP, PSC e Cs- se aplaudía a intervención do portavoz da confluencia, Joan Coscubiela. O que argumentou Coscubiela, para xustificar o voto negativo de CSQEP, é que o bloco independentista, liquidaron en "48 negras horas" o "capital político" da institucións catalás, para alén de entregar ao PP "a bandeira da democracia". A resposta das bancadas soberanistas veu da man do parlamentar de JxSí Jordi Orobitg, quen acusou Coscubiela de "ter pasado do politburó a ser aplaudido pola direita máis reaccionaria de Europa". |
NOS_14525 | Unha análise da situación do comercio galego a través d@s protagonistas é o tema de portada. Entrevistas a Xoán Bascuas, Ramón Nicolás, Mohamed Safa e C Castiñeiras. Na crónica política falamos do goberno Feijóo baixo sospeita desde o primeiro minuto e explicamos a dura situación do sector turístico no noso país. | O Sermos Galiza número 28, preparadiño para que esta sexta o teñas no teu quiosque. Vén completiño. Na análise a fondo, botamos unha ollada ao comercio local na Galiza. Un sector fulcral sometido a unha crise sen precedentes. Neste Sermos tamén entrevistamos a Xoán Bascuas, de CxG: "É importante recuperar a etiqueta de galeguista". E na crónica política, un goberno autonómico baixo sospeita desde o primeiro minuto de partido. Falamos tamén da planificación e promoción da Xunta non recupera o mercado turístico galego e do escenario laboral da mocidade galega, condenada aos contratos lixo do actual mercado laboral. Contamos como a demanda de avogados de oficio se dispara pola crise económica e o caso de moitas mulleres de máis de 80 anos e soas: o perfil da tele-asistencia que Madrid non vai pagar. Falamos con Ramón Nicolás: "Celso Emilio cambiou de partidos, mais mantivo a lealadade ao nacionalismo" e explicamos como as leis do PP derivan de forma clara cara á "xenofobia institucional". En Internacional, falamos de como a oligarquía mediática bota un pulso ao goberno arxentino e entrevistamos a Mohamed Safa, representante da OLP na Galiza: "Agardamos que Hamas e Al-Fatah poidan reconducir un proxecto colectivo". En Cultura botamos unha chiscadeliña a Os da Ría, que veñen de publicar novo disco e en Viaxes na miña Terra gozamos do outono no Courel, unha estación que cobra todo o seu sentido nesta serra galega. Okapi achégase até o Apalpador, unha relación condenada ao éxito e entrevistamos a C Castiñeiras, funcionario de Pontevedra: "Que non haxa extras non é malo só para o funcionario, éo para toda a sociedade". |
NOS_20908 | Gayoso elude a súa responsabilidade e evita as preguntas do BNG na comparecencia hoxe na Comisión de Economía para informar sobre a situación financeira da Caixa galega | A comparecencia hoxe de Julio Fernández Gayoso, ex Copresidente de Novacaixagalicia, na Comisión de Economía para informar sobre a situación financeira da Caixa galega deixou moitas dúbidas sobre a súa funcionalidade. Algunhas formacións políticas solicitaron outro formato que evitase un sistema que logo non servise para nada. A primeira intervención de Gayoso causou indignación entre @s deputad@s despois de que asegurase que Caixanova era unha entidade "de absoluta solvencia". Presentouse no Congreso como director de Caixanova "xubilado desde o 2006" e afirmou que as súas funcións en Caixanova e en Novacaixagalicia eran de "carácter institucional ou representativa", sen poderes no consello. Unha vez escoitada a comparecencia do ex Copresidente de Novacaixagalicia, deputadas e deputados lanzaron unha batería de preguntas perante un Gayoso coa face desencaixada. Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso, criticouno duramente e reclamoulle que "respostase sobre a situación de Novacaixagalicia" e non a "expor a situación de Caixanova nos bos momentos e a súa obra social". Defendendo unha "Caixa galega", a deputada do BNG puntualizou que "sempre e cando contribúan ao desenvolvemento económico de Vigo e de Galiza". A deputada do BNG exixiu a Gayoso explicacións de porque "non houbo información a quen mercou preferentes" Salarios, preferentes e fusiónDavila lembroulle a Gayoso a cuestión dos exorbitantes salarios, indemnizacións e xubilacións dos directivos da entidade, sobre todo "nun momento de grave crise como o actual". Sobre as preferentes, exixiu a Gayoso explicacións de porque "non houbo información a quen mercou preferentes" por canto este é o escándalo máis grande desa entidade ao afectar a tantos aforradores e aforradoras do país. Un dos momentos máis tensos foi cando a nacionalista quixo saber sobre o informe que avaliaba a fusión de ambas Caixas. Na súa intervención, Davila non entendeu que, unha vez que ese informe fose favorábel despois da fusión, "a situación se tornase caótica". Para a nacionalista alguén mentiu en todo ese proceso, ou as Caixas ou a Xunta que foi quen avalou o informe positivo. Gayoso elude responsabilidadesApós as respostas do Ex Copresidente de Novacaixagalicia non convenceren, remitiuse ao Fiscal e á Audiencia Nacional no caso das preferentes e ao cobro de indemnizacións millonarias e xubilacións. "Non cobrei un euro nunca pola miña xubilación, nin hai seis anos nin despois", asegurou.Sobre o informe encargado pola Xunta a KPMG que aseguraba que a fusión era positiva, Gayoso dixo que "nunca" o tivo. Logo pasoulle a bóla ao consello da Caixa ao afirmar que "na miña caixa mandaba o consello, non eu". Rexeitou voltar a "abrir este tema" posto que, asegurou, "é un camiño que non leva a ningures". |
Subsets and Splits