ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_11310 | Durante as últimas semanas, a desidia e pouco sentido do presidente, no mellor dos casos, ou a súa propia estratexia e mala fe, no peor, ten abocado ao precipicio a una rexión enteira e nomeadamente a un pobo, o kurdo. | A golpe de esperpento, ao mundo non lle ten quedado outra que afacerse -mal que ben!- aos delirios do presidente estadounidense e, sobre todo, ás súas consecuencias. Case a diario, Donald Trump, el soíño, provoca inestabilidades varias, no interior e alén das fronteiras do seu país, crises diplomáticas, enfrontamentos directos ou por procuración, desata hostilidades, que ás veces ameazan guerra, eleva ou socava a quen lle toque, sen lóxica aparente, hipoteca o presente e as perspectivas do sistema capitalista, fai caer bolsas, ou todo o contrario, é suxeito activo de complots e conspiracións nas que se vale da súa posición para atacar a adversarios políticos… O planeta vive pendente dos cambios de humor do inquilino da Casa Branca, que semella non ter límite, cuxas ocorrencias terminan por disiparse ou, como é máis habitual, esquécense porque a última -que non a derradeira- é aínda moito máis ousada e altisonante que a precedente. E así seguimos, e seguiremos, alomenos a curto e medio prazo.A desidia e pouco sentido do presidente, no mellor dos casos, ou a súa propia estratexia e mala fe, no peor, ten abocado ao precipicio a una rexión enteira e nomeadamente a un pobo, o kurdoDurante as últimas semanas, a desidia e pouco sentido do presidente, no mellor dos casos, ou a súa propia estratexia e mala fe, no peor, ten abocado ao precipicio a una rexión enteira e nomeadamente a un pobo, o kurdo. Eternos damnificados, diseminados entre catro estados (Turquía, Siria, Irak e Irán), sempre sometidos aos intereses dos gobernantes do momento e ao devir da interminable sucesión de conflitos no Medio Oriente, Trump ven de ganarse por méritos propios un lugar destacado na historia da infamia contra os kurdos. Anunciando, a principios de outubro, a retirada das tropas norteamericanas no norte sirio, o magnate non fixo senón abrir unha grandísima porta para unha eneísima invasión turca. E para colmo, como o cinismo dos Estados Unidos semella non ter límites, a operación foi bautizada como "fonte de paz"! Só algúns días despois do grandilocuente anuncio, centos de civís foron masacrados, vítimas dos ataques aéreos e das exaccións cometidas por milicias vencelladas ao exército de Ankara. Unha ofensiva saudada polo groso de medios turcos que, a imaxe do conxunto da clase política otomá, fan gala dun fervor nacionalista a proba de bombas, e nunca mellor dito! Favorables á ofensiva en curso contra as Forzas Democráticas Sirias (FSD), mesmo non dubidan en aplaudir a execución sumaria de civís. "Tras unha operación da que se hai que felicitar, a secretaria xeral do Partido do Futuro da Siria, vencellado co terrorismo, xa non poderá facer máis mal", sinalaba exultante o diario islamo-nacionalista Yeni Safak, en clara alusión á execución da política kurda Hevrin Khalaf, despois de que o vehículo no que viaxaba fose localizado por milicias pro kurdas, que tamén acabaron coa vida do seu chofer. Un vídeo profusamente difundido a través de Internet amosa o coche da célebre vítima con numerosos impactos de bala, rodeado de homes armados e o corpo do condutor abatido no chan, mentres se escoitan o berros dunha voz feminina, atribuídos a Khalaf, aínda con vida no momento da gravación.As redes sociais están ateigadas de imaxes de execucións de civís e combatentes kurdos desarmadosNon é o único caso. As redes sociais están ateigadas de imaxes de execucións de civís e combatentes kurdos desarmados, o cal ten impelido ao goberno a tomar medidas para o control da difusión de determinado tipo de "accións". "A guerra ao servicio da unidade nacional e o nacionalismo ao servizo da guerra", titulaba a contracorrente o rotativo Arti Gercek, unha das raras cabeceiras turcas que se opoñen á intervención de Erdogan en Siria, iso si, tendo en conta que este soporte ten a súa sé en Berlín e a redacción está composta por xornalistas de esquerdas exiliados, e a miúdo pro kurdos. Certo, son moitas, e cualificadas, as voces que se teñen elevado para denunciar a ofensiva turca, aínda que sen impacto algún no devir tráxico de acontecementos. A falta de iniciativas valentes e expeditivas, diante da urxencia, aos kurdos non lles queda outra que resignarse e aliñarse co seu inimigo de onte, Bachar Al Assad, aquel malvado presidente que, da man de Vladimir Putin e coa inestimable colaboración de Trump, anda a facer méritos para ser novamente frecuentable. Atrás quedaron os incontestables sacrificios kurdos, que foron vangarda na loita contra o Estado IslámicoAtrás quedaron os incontestables sacrificios kurdos, que foron vangarda na loita contra o Estado Islámico e que herdaron milleiros de combatentes islamitas dos que Occidente nada quería saber pero dos que, a partires de agora, terá que empezar a inquietarse. Pensábase mesmo que esta era, precisamente, a única oportunidade kurda, a súa principal baza. "O ataque turco é un agasallo feito aos terroristas de Daech", enfatiza o xornal Xebat, con sé na cidade de Erbil, no Kurdistán iraquí. Outro portal de información kurdo, Rudaw, xustifica o acordo con Damasco para tentar evitar a masacre das poboacións civís, se ben considera a incapacidade dos exército de Al Assad para impedir que se leve a cabo unha limpeza étnica na zona, evocando os esforzos desenvolvidos por Turquía no pasado para paliar a dinámica demográfica a favor dos kurdos, xa fose a través da eliminación física, unha estratexia de terror a través de milicias financiadas por Ankara ou da implantación de poboacións turcas e árabes. Coa deserción de Estados Unidos, a Rusia de Vladimir Putin eríxese en principal potencia da rexión, en actor ineludible, de temible influenciaAmais dos intereses turcos, está en xogo o regreso triunfal de Al Assad, a unidade de Siria e mesmo o regreso dos refuxiados, que se contan por milleiros en precarios campamentos en Turquía, e que dos que Erdogan quixera desfacerse, enviándoos ao norte sirio. Doutra banda, coa deserción de Estados Unidos, a Rusia de Vladimir Putin eríxese en principal potencia da rexión, en actor ineludible, de temible influencia. Lóxicas seudo imperiais e nacionais aparte, se mire por onde se mire estamos ante un desastre humanitario a todas luces, de magnitude aínda impensada, provocado pola versatilidade de Trump a quen, sempre facendo gala desas "firmes" conviccións que o caracterizan, agora non se lle ocorre outra cousa máis que ameazas a Ankara con sancións, polo menos antes de gabar de novo ao presidente Erdogan e de sancionar un novo acordo bilateral. E mentres a prensa estadounidense se lamenta da inconsistencia e incongruencia do seu presidente, o pobo kurdo, novamente traizoado, agoniza diante da xeneral indiferenza. |
NOS_36570 | As asociacións Adaceco, Adace Lugo, Alento, Renacer e Sarela constatan un "deterioro global" nas dimensións física, psicolóxica e cognitiva das 1.100 persoas con dano cerebral ás que atenden en toda Galiza. | A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) solicitou á Xunta que "reconsidere e rectifique" o retraso na activación dos centros de día e ocupacionais para persoas con discapacidade, que segundo trasladou a semana pasada non abrirán até o 1 de setembro de 2020. As cinco asociacións que forman parte da federación ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela manifestaron na Consellaría de Política Social a necesidade de abrir estes centros perante a situación de "emerxencia terapéutica e social" na que se atopan as persoas e familias con dano cerebral adquirido "despois de 80 días sen actividades terapéuticas de rehabilitación e de inclusión". No seu escrito a Política Social constatan un "deterioro global" nas dimensións física, psicolóxica e cognitiva das 1.100 persoas con dano cerebral ás que en conxunto atenden en toda Galiza. Unha situación que, segundo sinalan, compromete "de maneira determinante a autonomía e a calidade de vida das persoas con dano cerebral, deteriorando a situación ou impedindo a recuperación de capacidades, é dicir, provocando unha maior dependencia". Así mesmo, salientan as repercusións que esta situación está a ter tamén para as familias, que desde a declaración do estado de alarma e a interrupción dos servizos de atención e rehabilitación o pasado 13 de marzo, encárganse de atender nos fogares ás persoas con dano cerebral, "cun custe físico e emocional altísimo". 65% das familias pide abrir Por outra banda, lémbranlle á consellaría que a través dos centros de atención diúrna terapéutica, servizos de rehabilitación ambulatoria, servizos de información, apoio e asesoramento a familias, e programas de respiro, ocio e inclusión social, así como de atención residencial. Ademais, apoian "a máis de 3.000 persoas familiares ou coidadoras" de persoas con dano cerebral. Conscientes de que non existe un "risco cero" para os contaxios por coronavirus, elaboraron un "plan de continxencia" para reabrir estes centros con todas as "garantías de seguridade" e propoñen á Xunta mecanismos para retomar a actividade adaptándose á nova realidade "como reclama o 65% das familias de persoas atendidas". |
NOS_52735 | Santiago Pedraz sinala que o fin da xustiza universal impide continuar adiante embora existiren "indicios racionais" de que os militares estadounidenses procesados "serían autores dos delitos sinalados" no caso. | O proceso xudicial aberto polo asasinato do cámara José Couso no marco da ocupación do Iraq en 2003 podería darse por concluído. Así o solicita o xuíz instrutor Santiago Pedraz quen vén de elevar á Sala do Penal da Adiencia Nacional española un auto no que propón o encerramento da causa. No texto remitido Pedraz sinala o fin da xustiza universal após a reforma lexislativa na materia e a sentenza do Tribunal Supremo en relación cos delitos cometidos polas autoridades chinesas no Tíbet e a cuxa investigación tamén se puxo fin. Neste senso, o maxistrado lamenta non poder continuar adiante malia existiren, sinala, "indicios racionais" de que os tres militares estadounidenses procesados polo asasinato de José Couso e o xornalista ucraíno, Taras Protsyiuk, no Hotel Palestina de Bagdag; "serían autores dos delitos" dos que se lles acusa. Pedraz asegura que só podería continuar coa causa "no difícil suposto de que os presuntos criminais se tivesen refuxiado en España". |
NOS_31029 | Na Galiza arderon xa máis de 19.000 hectáreas entre terreo forestal e núcleos rurais. | O dispositivo de evacuación da poboación da zona do Courel prosegue a esta hora da mañá. Segundo confirmaron fontes locais a Nós Diario, todas as parroquias do lugar, a excepción de Noceda, están a ser desaloxadas pola proximidade do lume ás vivendas. 30% da poboación de Folgoso do Courel, desaloxada Agora mesmo, só permanecen nas parroquias máis afectadas aquelas persoas que están a participar nos labores de voluntariado para intentar axudar os equipos de brigadistas desprazados pola Xunta, xa que estes están a dobrar quendas de traballo con recursos moi limitados. Neste sentido, as mesmas fontes trasladaron a Nós Diario o "enfado" dunha parte da veciñanza coa Unidade Militar de Emerxencia (UME), pola súa actuación. Critican a "descoordinación" e "inacción" dos seus efectivos, e contrapóñena coa "solidariedade" da veciñanza doutras comarcas, como o Salnés e o Barbanza, que estarían a achegarse para levar material e colaborar nas tarefas de control dos lumes. Sós ante o perigo: sindicatos advirten da "falta de medios" e os "abusos" que sofre o persoal de extinción de incendios Outro dos aspectos que destaca a veciñanza é que os soutos que rodean as parroquias, en moitos casos milenarios, están a actuar de devasas naturais contra as lapas, evitando que estas se propaguen a maior velocidade. Máis de 19.000 hectáreas calcinadas Ás 8 horas desta terza feira, a Consellaría de Medio Rural actualizou os datos de incendios activos e de hectáreas canceladas polas lapas. O balance da vaga de lumes: máis de 13.800 hectáreas calcinadas En total, máis de 19.000 hectáreas de terreo forestal e rural víronse afectadas polo lume desde que comezou a vaga de incendios a pasada quinta feira. Valdeorras e Courel seguen a ser as zonas máis afectadas, con 7.500 e 6.000 hectáreas ardidas respectivamente. O incendio no concello de Vilariño de Conso é o terceiro que suma máis de mil hectáreas no noso país. En concreto, a esta hora os rexistros de Medio Rural apuntan a 2.650 hectáreas queimadas. "Lumes no Courel Nunca Máis": Adega chama a concentrarse en apoio á veciñanza dos concellos afectados O resto de incendios activos suman unhas 4.000 hectáreas. Deles, os máis grandes agora mesmo son o de Oímbra, que chegou desde Portugal (350 hectáreas); e Cervantes, con dous focos de 100 e 65 hectáreas. |
NOS_18397 | The Teta's Van e A Compañía do ruído actuarán no campo da Infesta. | A Noite Irmandiña de Seixalbo, unha parroquia situada ao sur do concello de Ourense, celebra este 26 de maio a súa 4º edición. Na organización aseguran estar "con ganas e ampliando oferta", cousa que comprobamos botándolle un ollo ao cartaz. Desta volta e coa axuda da Federación ourensá de Chave preparan un campionato deste deporte para crianzas e maiores. Pensando nas primeiras tamén está a actuación de Cé Orquestra Pantasma, o coñecido como home orquestra. A parte didáctica vai consistir nunha conferencia de Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento galego, que falará sobre "A lingua que nos une", un relatorio sobre a situación actual do noso idioma.Cinco gruposA música comezará na praza do Cabido co dúo lucense CastroyMontes e despois, a partir das 22 horas, no campo da Infesta co grupo allaricense Tabú. As rúas de Seixalbo tamén serán as protagonistas da festa co grupo de Mos Turre's Band e continuará o concerto no campo da Infesta coas formacións The Teta's Van e A Compañía do ruído. Rematará a noite (ou comezará o día) unha sesión de DJ desde o Outeiro da Carballeira. |
NOS_34032 | Arredor de 240.000 traballadores e traballadaras da Galiza víronse afectadas nos últimos meses por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego. Após este primeiro golpe laboral, moitas empregadas seguen á espera de cobrar as axudas correspondentes, un atraso insoportábel para a súa economía. | Tres días despois de que a Galiza entrase na fase 1 do desconfinamento, a Consellaría de Economía confirmou por volta dos 36.200 Expedientes de Regulación temporal de Emprego (ERTE) no país. O número de traballadoras e traballadores afectados rozou os 240.000. Moitos, seguen pendentes de que se resolva o seu caso, e polo tanto á espera de cobrar unha axuda que o Goberno se comprometeu a pagar desde o primeiro día, por valor de 70% da base reguladora do seu contrato de traballo. Begoña Lago, empregada nunha tenda de roupa multimarca, quedou na casa desde a entrada en vigor do estado de alarma. "O 14 de marzo mandáronme para a casa despois de comunicarme que eu, ao igual que as miñas tres compañeiras, iamos a un ERTE. E funme coa idea de que o ía cobrar o 1 de abril. Chegou abril e non o cobrei, veu maio e tampouco, e agora en xuño sigo na mesma situación", comenta a Nós Diario. "E non pode ser que nos envíen para casa, que pasen tres meses e que sigamos sen cobrar", denuncia. O máis alarmante, para Begoña Lago é que, do seu traballo, dúas compañeiras xa recibiron o ingreso correspondente e outras dúas non, "cando as empregas preparan o ERTE en conxunto", polo que deduce "pouco normal" que o expediente se resolvese nuns casos e noutros non. Neste sentido, láiase de que o proceso, ademais de lento, é pouco claro para as afectadas. "É a terceira vez que lle entrego ao Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) unha documentación que xa lles remitira no inicio do procedemento, e o peor é que dan un número de teléfono para calquera aclaración no que é completamente imposíbel comunicar con ninguén". Indignación Begoña Lago considera moi inxuto que despois de traballar desde os 16 anos aos 55 que ten agora, teña estas dificultades para acceder a unha axuda que lle corresponde e cuxa falta a obrigou a botar man duns aforros que non vai ser capaz de volver xerar. "Eu teño a sorte de contar con esta reserva, e tamén co salario do meu marido, que non deixou de traballar, mais teño compañeiras solteiras, cunha crianza ao seu cargo, cun aluguer ao que atender, que suma tres meses de espera coma min. Temos que ir a Cáritas, ao banco de alimentos. Que necesidade temos?", pregunta indignada. Sen saber como nin cando se vai resolver o seu expediente, Begoña Lago segue sometida a un ERTE convencida de que ninguén pode sobrevivir sen traballar, porque as economías das familias, no mellor dos casos, viven ao día. Traballo precario e aforro Na casa de Bruno Teixeiro, o ingreso correspondente do ERTE chegou hai tres días despois de case tres meses de espera. Como deseñador gráfico autónomo, este tempo decidiu continuar malia a baixada da carga de traballo. A súa parella, traballadora dunha empresa de animación, viuse afectada por un expediente de regulación temporal de emprego que solucionou grazas á súa propia iniciativa. "Había un erro nos dados, e malia que o persoal funcionaro sabía desas deficiencias ninguén se puxo en contacto con ela, talvez polo volume de traballo que acumulan. O caso é que foi ela quen se moveu para que o SEPE finalizase a tramitación do seu expediente". Cunha crianza de cinco anos, e dependentes dos aforros de dous traballos "precarios" que non sempre chegan aos 1.000 euros mensuais, a familia de Bruno Teixeiro resistiu grazas a un ingreso derivado dun accidente fortuíto. "Foron arredor de 1.000 euros que recibimos por danos e prexuízos, que despois do malo nos axudaron a manternos sen necesidade de ter que pedir axuda á familia ou a calquera outra rede de apoio", destaca en conversa con este xornal. Despois de tres meses, "hai centos de persoas aínda pendentes de cobrar a súa prestación, advertiron nos últimos días representantes do Colexio Oficial de Xestores Administrativos da Galiza, quen instou a Administración a destinar recursos que aceleren "a resolución de procedementos e reclamaciones" para que esas contías poidan chegar canto antes á cidadanía, máis urxente que pór o empeño en detectar posíbeis infraccións nun momento "excepcional". As axudas chegan ao persoal de NH Hoteis Desde o 20 de marzo ao 4 de xuño. Foi o tempo que esperaron os perto de 90 traballadores do Grupo NH Hoteis na Galiza para cobrar as prestacións derivadas do expediente de regulación temporal de emprego ao que se viron sometidos. "O que nos trasladan é que a empresa se atrasou na entrega da documentación dos ERTE, que nalgúns casos incluían erros que demoraron máis aínda a súa tramitación", explica Leo da Cruz, asesor de hostalaría da CUT. "A empresa non quixo negociar axudas complementarias e houbo compañeiras que tiveron que botar man da familia para poder afrontar o pagamento da hipoteca ou doutras débedas; mesmo algunhas que se viron na necesidade de renegociar co banco os seus préstamos", relata o sindicalista. "Traballadoras con cargas víronse en apuros". |
QUEPASA_516 | O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada con maiorías absolutas. Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo. Xa vimos como está a cousa en Carnota, en Corcubión e en Vimianzo. Hoxe toca irmos ata Malpica | Bipartito ou tripartito en Malpica, con Cañizo, de novo como peza clave Alfredo Cañizo volve situarse como peza chave de goberno, despois de que o PP perdese a maioría absoluta. Un Cañizo que analizou con autocrítica os seus resultados despois de cambiar as siglas de AIM polas de Ciudadanos, pois é o peor resultado que colleita (pasou de 1050 das anteriores ás 323 destes comicios) dende que está en política. "Parece que teño unha estrela de todas maneiras, que agora me coloca como peza clave", apunta. Nese entido, Cañizo apunta que vai falar con todas as posibilidades, sendo o pacto PP-Cs (e repetindo o goberno de hai 8 anos PP-AIM) o máis probable, pero onde tamén dan os números para un posible Tripartito PSOE-BNG-Cs. "Por agora non teño nin idea, pero tomarei a mellor decisión para Malpica, por riba de min e de Ciudadanos", sinala o candidato laranxa. Dende o PP, o actual rexedor Eduardo Parga teno claro: "Imos falar con Cañizo, xa estivemos 4 anos no goberno, antes desta pasada maioría, e seguro que volveremos intentalo. Buscaremos a mellor alianza para o Concello de Malpica", explica Parga, confiado nas boas relacións entre ambos grupos tanto a nivel local como estatal. Outra das posibidades sería o tripartito formado por PSOE-BNG-Cs. Por parte socialista, Walter Pardo aínda ten que acostumarse a este lío da política (un home vinculado ao asociacionismo, pero con apenas 6 meses metidos na política), e tras días de vacacións, necesarios tras unha campaña tremendamente activa, aínda este martes se reunía coa súa lista para valorar os resultados. "Para nós foi moi positivo, para un grupo tan renovado, subimos máis de 700 votos (de 461 a 1188), pasamos de 1 a 4 concelleiro, e gañamos en 4 das 10 mesas, incluídas as 3 de Malpica, ademais da de Barizo. Conseguimos quitarlle a maioría absoluta ao PP que era o máis importante. Vese que a xente respondiu ao bo traballo e á importante renovación", valora. En todo caso, considera que "todo está no aire. Por agora non nos sentamos con ninguén, e nin sequera o formulamos entre nós. Se imos loitar pola alcaldía? Esa é a pregunta do millón, porque ademais non depende só de dous. Tocarase irse sentando con todos, e nese sentido estamos abertos a todo o mundo, e sobre todo a dialogar, que eu son dos que creo que o diálogo é a base da política, para chegar a acordos importantes para Malpica", apunta Walter. A outra pata deste hipotético tripartito é o BNG, outro dos grupos máis renovados que doblou os votos, e concelleiros, de 2015. Dani García Riegía valora os datos como "moi positivos ollando como empezamos hai apenas 2 meses, cando non había nada, despois de 4 anos de pouca actividade polo pasamento de Paco Souto". En todo caso, asegura que non teñen estudiado absolutamente nada a día de hoxe. "Nós non imos tomar a iniciativa, terá que ser o PP ou o PSOE, e non temos ningún tipo de chamada a día de hoxe. Se de aquí á fin de semana recibimos algunha proposta valorarémola na asemblea desta fin de semana", explica. En todo caso, e sen fixar liñas vermellas considera máis factible o pacto PP-Ciudadanos. Todas as novas das Eleccións Eleccións #Municipais19: O PP perde a maioría absoluta en Malpica, e Ciudadanos perfílase como a peza chave. O Pactómetro: Carnota. O Pactómetro: Corcubión. As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019 Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello. |
NOS_50188 | Abanca perde centos de clientas e clientes após iniciar o cobro de comisións en certas contas que até agora se beneficiaban do programa 'Cero comisións'. Entre as persoas afectadas, que xa se están a organizar para convocar en actos de protesta e recolleren sinaturas, hai tanto particulares como empresas, autónomas e outros colectivos. | O semestre comezou para moitas clientas e clientes de Abanca coa "sorpresa" do cobro de comisións polo mantemento das súas contas. Son 50 euros ao semestre (42 euros de comisión de mantemento e outros 8 de administración) que a entidade presidida por Juan Carlos Escotet cobra no caso de que non se cumpran determinados requisitos de vinculación, como a domiciliación de nómina ou pensión, o emprego da tarxeta de crédito ou o mantemento de determinado saldo medio, entre outros. Mais esta nova política de comisións tamén está a pasar factura ás empresas e ao conxunto de autónomos da Galiza, así como ás asociacións, comunidades veciñais, sociedades civís ou comunidades de bens, que en moitos dos casos teñen moi difícil cumprir co que lles pide o banco para non ter que pagar polas súas contas, aínda que algunhas delas poden negociar directamente co banco. A asociación de persoas consumidoras Acouga está a canalizar boa parte das reclamacións das particulares, mais, como apunta a Nós Diario o avogado Xoán Antón Pérez Lema, "neses casos teñen que acudir ás oficinas e tratar de negociar directamente co xestor", salvo que se trate de comunidades de propietarios, que se poderían considerar clientes e clientas particulares e, por tanto, estarían habilitadas para dirixir as súas reclamacións a través de organizacións como Acouga. En opinión do avogado, con este cambio de política Abanca está "errando o tiro", xa que no canto de aproveitar a forte base de persoas consumidoras que ten na Galiza, está a autoinfrinxirse un "dano reputacional" e a expor os seus "grandísimos" recursos humanos. "É unha mágoa que a dirección non teña isto claro. Confío en que sexan quen de rectificar", indica Pérez Lema. Sen nada a cambio Desde o Sindicato Labrego Galego consideran que Abanca está a empregar esa posición de dominio que ten no país para levar a cabo unhas prácticas de cobro "abusivas" e sen ofrecer "ningún servizo a cambio". Segundo explica a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, en declaracións a Nós Diario, trátase dun "secuestro" a moitas clientas e clientes que non teñen alternativa bancaria no seu territorio, "unha extorsión e un abuso" que, como denuncia, está a ter un "forte impacto social". Neste senso, Vilalba sinala que o cobro de comisións está afectando colectivos desfavorecidos, como pensionistas con baixas prestacións que están "indefensas" ante a actitude de Abanca que, como lembra, "beneficiouse no seu día dun millonario rescate bancario". Ademais, no sindicato falan de "exixencias á carta" para a clientela. Así, Vilalba apunta que hai persoas ás que lles pasan ao programa 'Cero comisións' cunha nómina domiciliada, un saldo medio de 500 euros e unha tarxeta co gasto fixado pola entidade, e outras ás que, coas mesmas condicións, exíxenlles a contratación dun seguro a maiores. Tamén critica que os criterios sexan por conta, e non por clientela. Así, pode darse o caso de que unha persoa teña dúas contas na entidade, unha para a operativa ordinaria e outra de aforro, cumpra os requisitos para beneficiarse do programa 'Cero comisións', é dicir, que teña unha alta vinculación coa entidade, e, aínda así, esta lle cobre polo mantemento da de aforro. Colectivos vulnerábeis Yolanda López, unha das afectadas e promotora dunha recollida de sinaturas na plataforma Change.org contra o cobro de comisións abusivas de Abanca, denuncia tamén casos de persoas que, após xirarlle as comisións, marcharon da entidade e esta "cobroulles a parte proporcional das comisións polos días do semestre que a mantiveron aberta", ou de persoas con minusvalía ás que, pese a estar amparadas pola Lei de protección ás persoas vulnerábeis, tamén lles cobraron polo simple feito de ter a conta aberta. Fontes da entidade consultadas por este medio sinalan que están a respectar os dereitos destes colectivos. Con todo, recoñecen que puido haber algún caso de persoas en paro, afectadas por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ou de grupos especialmente vulnerábeis aos que se lles cobrase por erro. Nese caso, recomendan presentar unha reclamacións para que lle sexan devoltos os cartos "inmediatamente". Máis de 115.000 sinaturas Yolanda López insta Abanca, a través da súa petición, a eliminar o cobro destas comisións. Segundo relata a este diario, tomou a decisión de xuntar apoios na rede, non só como usuaria afectada, senón coa intención "de que algo mude" no sistema. "Hai xente maior que non sabe defenderse e por iso lancei esta campaña, para resolver o meu problema, pero tamén para axudar a todo o mundo". Onte xa recollera máis de 115.000 apoios de clientas e non clientas de Abanca, feito que a aproxima ao seu obxectivo de reunir 150.000 sinaturas para presentalas ante a Xunta, Consumo, Comisión Nacional dos Mercados e Competencia (CNMC), o Banco de España "e quen faga falta". Tamén anima a que as afectadas pasen pola súa sucursal e presenten unha reclamación formal. |
NOS_1746 | O cineasta Lois Patiño estrea a súa segunda longametraxe na sección Forum da prestixiona mostra de cinema de Berlín. | O director Lois Patiño presenta a súa segunda longametraxe, Lúa Vermella, na 70 edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín (Berlinale), dentro da sección Forum. A mostra terá lugar de 20 de febreiro a 1 de marzo, na primeira visita do director e da produtora coruñesa Zeitun Films ao festival. Lúa Vermella será unhas das 28 estreas mundiais que inclúe o programa do Forum. Este ano a tradición será "de particular importancia", declaran desde a organización, pois a sección independente, a cargo do Instituto Arsenal de Cinema e Videoarte, celebra o 50 aniversario. Entre documental e ficción O tránsito cara á ficción de Patiño conserva o aroma documental, que mantén a constante indagación na paisaxe que caracteriza a obra do realizador. O argumento de Lúa Vermella trasládanos a unha vila costeira na que o tempo se detivo. As habitantes fican paralizadas, mentres a natureza e os animais continúan en movemento. O son cotián do fluír da vida crea a sensación de estar nun "limbo cheo de espectros". Tres mulleres (Ana González, Carmen Martínez e Pilar Rodríguez), capaces de transitar entre dimensións, chegan na procura do Rubio, un experimentado mergullador desaparecido. A segunda longametraxe de Patiño chega tras a celebrada opera prima Costa da Morte (2013), na que o director xa traballara con Zeitum, que neste caso une forzas coa produtora Amanita Studio. A rodaxe transcorreu entre a comarca de Lemos e a Costa da Morte. O filme, antes titulado Tempo Vertical, foi subvencionado pola Agadic. No 50 aniversario da sección Forum A Berlinale do 2020 vén marcada por novas caras no comité de selección do Forum, con Cristina Nord á cabeza. A reflexión sobre o propio medio fílmico conforma o fío da escolma. El tango del viudo y su espejo deformante, de Raúl Ruiz e Valeria Sarmiento, abrirá unha sección na que Patiño partillará espazo con directoras como Clarissa Thieme, Radu Jude ou Jonathan Perel. |
NOS_41894 | A resposta da RAG aos recortes orzamentarios de Madrid para o 2013 motivou un apoio unánime de entidades como o ILG, a CTNL, a AELG ou A Mesa. En Madrid, o BNG e o PSdeG-PSOE presentaron emendas á proposta do goberno de Rajoy. | A presentación dos Orzamentos Xerais do Estado do goberno de Rajoy para o 2013 en que figura que a Real Academia Galega recibirá só 340.000 euros, un 70% menos que o millón de euros que recibía no último ano do goberno do PSOE en Madrid, tivo onte a súa resposta oficial por parte da RAG e causou un gran malestar en numerosas entidades. As declaracións do seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, dunha "posíbel" desaparición da institución se esta quedaba sen fondos provocou unha reacción de apoio unánime á continuidade e unha defensa directa fronte a actitude de discriminación do goberno español. No Instituto da Lingua Galega (ILG) Antón Santamarina, asegurou que aínda que non teña ningún tipo de axudas a RAG continuará, viviu sen subvencións no franquismo e o que esta a pasar agora é unha crise que se superará algún día". Como membro tamén da RAG apunta que a institución deberá cancelar algún dos proxectos, "mais a actividade continuará". Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) "é inexplicábel a precariedade nun dos símbolos fundacionais do noso país, a RAG xustifica a existencia doutras institucións como a da propia Xunta". Para Sánchez Iglesias a RAG "debería ter un status aínda máis importante do que ten e o que vemos é que se lle castiga pola súa defensa do idioma e os seus últimos pronunciamentos". Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG: "é inexplicábel a precariedade nun dos símbolos fundacionais do noso país" O presidente da Coordinadora de Traballador@s de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, pensa que a hipotética desaparición da RAG "é algo tremendo e inimaxinábel posto que unha lingua quede sen Academia é como se un país quede sen estrutura de estado, non ten sentido". Na CTNL apoian as reivindicacións da RAG. Para Nel Vidal "a diminución dun 70% vai ser un sen sentido e máis se o comparamos co que reciben outras academias". Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización lingüística, cre que "as institucións galegas teñen que recibir diñeiro público" e reitera o total apoio desde A Mesa ás reivindicacións da RAG". Callón vai máis alá e opina que "non está ben que a reivindicación sexa só de carácter económico, a RAG pode facer moito máis, como fixo no caso do decreto, e ter unha postura máis activa en temas como o galego na xustiza, nos medios de comunicación, na educación, na administración,...". Os orzamentos da RAG no Senado Agora mesmo, despois do seu paso polo Congreso d@s Deputad@s, a proposta do goberno español esta no Senado. Nese primeiro trámite o BNG presentou unha emenda para que a RAG recibise o mesmo orzamento que o ano anterior, 658.066 euros. "O PP non fixo nada ao respecto", asegurou a deputada nacionalista Olaia Fernández Dávila, "entendemos que debería contar, como mínimo, co mesmo orzamento do ano anterior e nós insistiremos neste sentido aínda que sabemos que a responsabilidade é do PP". Para a deputada do BNG "se o goberno español reduce é porque o PP se nega a apoiar a nosa institución e será o responsábel do que lle pase". Fernández Dávila ten moi claro que "esta redución forma parte da política que ten o PP coas nosas institucións lingüísticas e históricas: non manda fondos, por un lado, e diminúe a capacidade de actuación da RAG, por outro". Olaia F. Dávila, BNG: "esta redución forma parte da política que ten o PP coas nosas institucións lingüísticas e históricas" Pola súa banda, o PSdeG-PSOE presentou unha emenda que, segundo o deputado socialista Guillermo Meijón, "é de mínimos". A proposta socialista era de 500.000 euros para a RAG e tamén foi rexeitada. Para Meijón "hai unha coherencia total entre Rajoy e Feijóo en realizaren políticas en contra do galego". Ao respecto do paso polo Senado deste tema asegura que "todo apunta que non haberá incrementos, pola práctica do día a día só aceptan emendas do seu propio grupo". |
NOS_42938 | O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal realizaron unha visita xunto con representantes de Salvemos Cabana esta mañá aos terreos onde esta prevista a instalación do parque eólico de Mouriños en Cabana de Bergantiños. | A Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais presentada polo PP é "un compendio de medidas que buscan dar máis privilexios ás grandes empresas de determinados sectores estratéxicos, e minar as posibilidades da cidadanía para facerlles fronte reducindo a participación pública e as garantías ambientais", dixo esta mañá en Cabana o viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez. Sánchez, acompañado polo tamén parlamentario de En Marea Francisco Casal e membros do colectivo Salvemos Cabana, visitou a zona onde está prevista a instalación do parque eólico de Mouriños –un dos que ADEGA vén denunciando ante o risco de que estraguen as últimas serras virxes da Costa da Morte–. Os deputados de En Marea sinalaron que o Goberno da Xunta prima este tipo de instalación a través da normativa beneficiando ás empresas eléctricas. En concreto, Sánchez e Casal chamaron a atención sobre o feito de que a lei en trámite parlamentar declara "de especial interese" os proxectos de produción de enerxía eléctrica "que se desenvolvan no marco de poxas", reducindo "á metade" os prazos das autorizacións. Na práctica, esta primacía, indica En Marea, fará que saían adiante este tipo de aproveitamentos en detrimento de outros para o monte, o sector turístico ou a preservación dos valores ambientais. Segundo sinalou Antón Sánchez, trátase "dun escandaloso outorgamento de privilexios para as empresas eléctricas que sexan adxudicatarias do sistema de poxas que desenvolvan proxectos de parques eólicos, plantas de biomasa, de queima de residuos, ou de coxeración, que terán o camiño expedito para levalos a cabo de xeito rápido pasando por riba dos dereitos das persoas propietarias do terreo, e por riba do dereito deste país a integrar outros usos no seu territorio e a conservar os seus valores ambientais e paisaxísticos". O viceportavoz de En Marea lamentou que non se atenda á xente para a que "a prioridade é conservar o Castelo de Borneiro e o seu entorno como un patrimonio único e non colocar alí uns muíños porque sexa o mellor lugar para darlle negocio a Gas Natural-Fenosa". |
NOS_45861 | En plena campaña de denuncia da manipulación nos meios públicos -#VenresNegroTVG-, os apresentadores do Telexornal segunda edición da TVG Alfonso Hermida e Tati Moyano comunicaron á dirección do ente público galego que renuncian a continuar á fronte deste espazo na próxima temporada. | A intención dos xornalistas é continuar diante das cámaras no que fica de temporada, aínda que tampouco cabe desbotar que sexan relevados antes. O ambiente na CRTVG está neste momento marcado polas intensas mobilizacións que boa parte do persoal está a realizar -baixo o lema de xenérico de #VenresNegro, en paralelo ás que se levan a cabo na TVE- para denunciar as presións que se exercen desde o goberno galego para moldear a liña editorial dos meios públicos. Hermida non é a primeira vez que apresenta a súa demisión. Xa o fixo en 2012, cando abandonou a edición e apresentación do TX2. Considerado como un dos profisionais máis cualificados da casa, desapareceu da primeira liña da pantalla da TVG durante anos, até o seu retorno en outubro de 2017, xa só como apresentador, ao TX2. Agora volta a renunciar, para facer patente a súa discrepancia coa "liña informativa" da CRTVG. Nos últimos días a tensión entre directivos e xornalistas da TVG alcanzou a súa máxima expresión cando aqueles presionaron para que informacións como a condena ao PP pola Gürtel fosen despachadas de forma telegráfica nos telexornais da televisión pública galega. Nota: a lingua desta peza foi emendada após recibirmos un amábel comentario dun leitor. |
PRAZA_5492 | A taxa de protección en Galicia sitúase no 35,4%, máis de vinte puntos menos que a taxa de cobertura, que só inclúe os parados rexistrados e non se basea na EPA. Vinte mil persoas viven soas en Galicia e non teñen ningún ingreso. | Pouco máis de 105.000 dos case 300.000 parados que hai en Galicia, segundo os últimos datos da EPA, perciben prestacións por desemprego. A taxa de protección dos desempregados galegos sitúase así no 35,4% no primeiro trimestre deste ano, o que supón punto e medio menos que no mesmo período de 2012. Así se pode comprobar no estudo da Fundación 1º de Maio elaborado por Enrique Negueruela, membro do Consello de Emprego, Economía Social e Relacións Laborais deste centro de estudos, e que debulla as cifras para determinar a protección real da cidadanía sen traballo e que contrapón á denominada taxa de cobertura, que basea a súa porcentaxe só nos parados rexistrados nas oficinas de emprego, pero non na devandita EPA nin en todas as persoas sen emprego. Máis de 190.000 parados galegos non perciben prestación ningunha De ter en conta os datos oficiais, a taxa de cobertura en Galicia sitúase na actualidade no 58,7%, polo que arredor duns 129.000 desempregados non terían ningún tipo de prestación. Non obstante, e segundo este preciso estudo dirixido polo que fora asesor da Consellería de Traballo da Xunta durante o goberno bipartito, a realidade é aínda moito peor. Son máis de 190.000 os parados galegos que non perciben prestación ningunha (191.797), o 35,4% do total, unha taxa aínda inferior á media estatal (32,5%) pero superior á de varias comunidades autónomas. A taxa de cobertura, aínda que ten en conta a todos os que cobran algunha prestación, só inclúe os demandantes parados rexistrados e os eventuais do subsidio agrario, que non figuran no cómputo de paro rexistrado. A taxa de protección baséase na EPA e en todos os cidadáns sen emprego, estean contabilizados nas oficinas ou non. Tan só tres de cada dez mulleres desempregadas cobran algunha prestación E a situación é cada vez peor. A cada trimestre que pasa, a protección dos parados abrangue menos xente en Galicia. Especialmente precario é o caso das mulleres desempregadas, xa que tan só o 29,5% delas cobra algunha prestación, máis dun punto inferior á porcentaxe de hai un ano. Xa que logo, menos de tres de cada dez mulleres paradas galegas gozan de protección malia estar sen traballo. No caso dos homes, a taxa de protección elévase ao 40,4%. Entre a mocidade, como no caso do paro, a situación tamén empeora. Tan só o 18,2% dos desempregados galegos menores de 30 anos percibe algún tipo de prestación. Menos de dous de cada dez persoas sen traballo. Neste caso, a ausencia de protección afecta practicamente por igual a homes (17,4%) e mulleres (19,1%). Ademais, entre os parados entre 45 e 64 anos, tan só a metade está a cobrar algunha prestación. Case 20.000 galegos viven sós e sen percibir ningún tipo de ingreso Os preocupantes datos sobre a protección dos parados galegos únense aos propios que achega a EPA e que foron difundidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Segundo as cifras, o número de fogares galegos con todos os seus membros en paro incrementouse un 5,8% no primeiro trimestre do ano con respecto aos tres meses anteriores, alcanzando así un total de 101.500. Ademais, en 34.300 deles non entra carto ningún, mentres que hai 19.400 persoas en Galicia que viven soas e que non perciben ningún tipo de ingreso. Taxa de protección Galicia Estado Total 35,4% 32,5% Mulleres 29,5% 27,2% Homes 40,4% 37,4% |
NOS_35210 | Máis unha mala noticia para a demografía. O Instituto Galego de Estatística (IGE) informa esta sexta feira que os nacementos caeron un 12,21% no primeiro trimestre do ano na Galiza. | Os nacementos descenderon un 12,21% no primeiro trimestre do ano na Galiza, até 3.380, segundo os datos que publica esta sexta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE). É unha diminución catro veces superior á que rexistraron as defuncións na Galiza, que, con 8.937 mortes, anótanse unha baixada do 3,07%. Desta maneira, o saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) é negativo en 5.557 persoas no primeiro trimestre deste ano 2021. Os matrimonios incrementáronse un 11,58%, até 1.108 Pola súa banda, os matrimonios incrementáronse un 11,58%, até 1.108, deles 24 entre persoas do mesmo sexo, de acordo con esta estatística. En canto ao sexo, naceron 1.728 homes e 1.652 mulleres, mentres que as mortes correspondéronse con 4.591 homes e 4.346 mulleres. 2020, o peor saldo vexetativo Por outra banda, a Galiza tivo un saldo vexetativo negativo en 2020 de 17.561 mortes máis que nacementos, a peor cifra desde que hai rexistros (1975), segundo os datos que publicou en xullo o IGE. Esta situación explícase polo incremento dun 5% nos falecementos nun ano marcado pola pandemia. En total, contabilizáronse 32.822 mortes, tamén o peor dato histórico. |
NOS_15173 | Unha caixa de puros con cartos dentro, un dicionario de galego ou un disco de Terbutalina. Son algúns dos agasallos que o presidente do goberno español recibiu na súa chegada a Ribadumia de mans do BNG. | O BNG de Ribadumia preparou, para recibir ao presidente do goberno Mariano Rajoy, unha cesta con produtos co fin de facerlle máis cómoda e agradábel a súa estancia". Alusivos aos diversos escándalos que salferen a política do PP, a cesta "nacionalista" posibelmente non contribúa a que se realicen os desexos que manifestan no seu descanso vacacional na casa rural que o presidente ten alugada en Ribadumia. Coñecida a súa afección aos cigarros, que foron tamén protagonistas do caso Bárcenas ao se descubrir que en caixas de puros recibía o presidente os cartos da caixa B, o BNG inclúe na cesta un novo paquete con sobres no interior "para que non bote nada de menos na súa estancia en Ribadumia". O BNG inclúe tamén un dicionario de galego para que se poda entender "cos indíxenas do lugar e mesmo comezar a dicir algunhas palabras na lingua do país que o viu nacer". Unha parra con mildeu para que saiba que non todo o verde son brotes mais un listado de nomes rusos co fin de que comprobe que "Vladimir é nome ruso, mais "Dimitir" non o é" son outros dos produtos que os nacionalistas introduciron no paquete promocional. Completase cun libro de citas co fin de proporcionarlle frases favoritas para ler nos seus discursos mais o disco "Brancodilatador" de Terbutalina, "boa mostra da actual música galega, e que contén a canción "R.A.J.O.Y.", para que poida escoitar música en galego e comprobar de primeira man como el mesmo forma parte dos contidos temáticos deste grupo". Canda eles, aconséllanlle escoitar a Noite Fechada, grupo de Ribadumia, que tamén lle adicou unha canción no seu repertorio. |
PRAZA_6697 | "Queremos formación, non manipulación", reclaman ante varios centros hospitalarios, nos que pediron máis adestramentos e a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e da ministra Ana Mato. | Persoal sanitario e sindicatos do sector da sanidade volvéronse concentrar hoxe ante varios centros hospitalarios de Galicia en solidariedade con Teresa Romero, a auxiliar infectada polo virus do ébola en Madrid, e para denunciar a "mala xestión" levada a cabo tanto polo Goberno central como pola Xunta de Galicia. Persoal de varios centros hospitalarios denunciaron a mala xestión da crise do ébola en Galicia e no Estado Ante as portas do Chuac na Coruña, no Arquitecto Marcide de Ferrol, no Hospital Clínico de Santiago, ante o Meixoeiro en Vigo, pero tamén en Monforte, Burela, Lugo, Ourense, Vilagarcía ou Verín, persoal sanitario saíu á rúa con carteis nos que se pedía "respecto e formación", dúas palabras que definen as exixencias dun sector que denuncia a improvisación por parte das autoridades, así como as críticas que responsables públicos, como o conselleiro de Sanidade de Madrid, verteron sobre a propia enferma para explicar o primeiro caso de ébola en Europa. "Todos somos Teresa", aseguraron. "Queremos formación, non manipulación", reclamaron os concentrados Pprotocolo Popular = Privatizar e recortar, podíase ler nalgúns carteis que criticaron tamén a política de axustes e recortes masivos que están a levar a cabo os executivos centrais e autonómico cunha sanidade pública cada vez máis en precario. "Queremos formación, non manipulación", reclamaron tamén sanitarios que solicitaron a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pero tamén da ministra Ana Mato. Denuncian diverxencias entre os dous protocolos facilitados e que Galicia só dispoña dunha ambulancia especializada Os sindicatos denuncian que os dous protocolos facilitados polo momento son diferentes en puntos tan importantes como o momento da retirada do traxe de protección, polo que piden tamén máis adestramentos. Ademais, advirten de que en Galicia só haberá unha ambulancia especializada en traslados de pacientes con ébola e que o traxe tan só se pode usar durante dúas horas, polo que sería imposible completar unha viaxe até Vigo, onde se ubica o centro de referencia no país, de contabilizar tamén o tempo necesario para poñer e quitar o uniforme. Por outra banda, o director do Instituto de Salud Carlos III e membro do comité especial para a xestión da enfermidade polo virus do ébola, Antonio Andreu, recoñeceu que o equipo médico que trata a Teresa Romero están "esperanzado dentro da prudencia" ao respecto dunha posible evolución favorable da paciente, aínda que lembrou que "en medicina, facer afirmación preditivias é tremandamente arriscado". |
PRAZA_10016 | Para matar o rato están moi ben os seus equipiños, mais para competir é moi recomendábel que, entre todos, armen unha selección. E, aínda así, xa veremos. Os outros tamén saben xogar. | "Ya los fieros enemigos se alejaron, / no resuena el ruido de sus botas, / nos pasaron por encima y nos ganaron, / nos dejaron en derrota. / Perdimos, perdimos, perdimos otra vez". (Ya el sol asomaba en el poniente, Les Luthiers)Querido sobriño: Cando aí son as once da noite, acá, en Buenos Aires, aínda son as seis da tarde. Que lle imos facer, estas cousas pasan. A culpa é do fuso horario. O domingo pasado, a esa hora, ás seis da tarde, acendín o televisor e pilleinos falando das eleccións españolas. Estaba na pantalla un tal Abascal. Revolvéuseme tanto o estómago que mesmo tiven ansia de vomitar. E vomitei. Ao regresar do váter deixei caer o corpo moído no sofá, mentres me imbuía unha tristura aceda, a medida que ía cheirando como ficara a cousa. Mal, moi mal! Aínda así, pensei: «É culpa do outono. A caída da folla, tantas árbores espidas fan que se me derrube a alma. Hai que aguantar un mes, cando afresquen os días hame de pasar». Ás veces, só ás veces, todo muda nun santiamén. Por arte de virle virloque, a escape notei que se me erguía o ánimo. Foi xustiño despois de escoitar os líderes dos partidos nacionalistas galegos. Que fenómenos! Axiña puiden verificar como aquel rigor tan rigoroso e a súa sublime capacidade de análise superaban en anos luz a incongruencia dos outros catorce pailáns que non facían máis ca gabarse por ter conseguido representación nas Cortes. Os nosos son xente modesta: «O campo estaba embarrado, mais nós xogamos limpamente, ho! No noso marcador hai un cero redondo, incólume, impertérrito. Iso é irrelevante, nós trunfamos. Antonte andabamos cara a atrás, mais agora só corremos cara a adiante e, dentro de un mes, campións. E se as cousas non pintan ben, non pasa nada. Avanzamos! Cantabria consigue un e ascende de provincia a rexión, Valencia tamén está aí, Canarias ten dous, Euskadi tenos todos e Catalunya non para. Mais iso é totalmente insignificante. Os fenómenos somos nós. Como na medalla do amor: «Hoy más que ayer, pero menos que mañana». Viva San Valentín, coño! Ah! Se os ves por aí, estimado sobriño, primeiro felicítaos da miña parte e despois dilles que, para matar o rato están moi ben os seus equipiños, mais para competir é moi recomendábel que, entre todos, armen unha selección. E, aínda así, xa veremos. Os outros tamén saben xogar.Unha aperta grande. Lisardo Quintas Teixeira. |
NOS_26740 | A "lei de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada" do PP confirma o retroceso dos dereitos das mulleres ao prohibir e penalizar o aborto excepto nos supostos de violación e grave perigo para a vida da muller. O ministro Ruíz Gallardón presentou o anteproxecto aprobado no Consello de Ministros. | Só en dous supostos se contempla que o aborto non sexa delito: o perigo para a vida da muller e a violación. O PP non quere deixar en mans das mulleres o que chamou un "conflito de dereitos" e esa é a razón para que aprobara o anteproxecto da que chama "lei de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada". A malformación deixa de ser suposto para o aborto dunha lei regresiva que recorta os dereitos das mulleres. En varias ocasións, o ministro Ruíz Gallardón referiuse a que o aborto non pode estar nas "mans das mulleres". Como "conflito de dereitos" explicou a necesidade dunha reforma lexislativa que retrotrae os dereitos das mulleres sobre os seus corpos a 1985 convertendo de novo o aborto en delito salvo en dous supostos, o perigo para a vida da muller e a violación. A malformación non será contemplada como suposto para o aborto na nova lei do PP. A "lei orgánica de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada" que pasou hoxe sexta feira o trámite do Consello de Ministros substituirá á lei de prazos aprobada polo goberno de Rodríguez Zapatero. O ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón defendeu a necesidade dunha nova lexislación sobre o que chamou o "sempre grave conflito do aborto" para recuperar "o equilibrio dos dereitos dos nasciturus e da muller" ademais de resolver o que chamou situacións de "inseguridade e inquietude na sociedade en xeral". O "ben xurídico" que é a vida do "concibido e non nacido" é o que o PP se lanza a defender coa nova lei xa que, segundo destacou Gallardón, "o Estado está obrigado a protexer, non só mediante a obriga de que non se interrompa na formación senón de defendelo legalmente". Dous supostos coa muller como vítima A lei recolle, segundo informou o ministro, dous supostos que non penalizarían o aborto. O primeiro sería a existencia de grave perigo para a muller embarazada e o segundo o caso de que a concepción fora consecuencia dun "delito ou atentado contra a súa integridade". "O que non cabe neste dereito é facer depender o valor da vida do nasciturus da vontade da muller embarazada", afirmou, en contra da filosofía da lei de prazos que, para o ministro, "deixaba a capacidade de decisión" ás mulleres. "A novidade máis interesante é que a muller é sempre vítima", dixo, nos dous casos nos que o aborto non está considerado delito pola nova lei. Para iso, o texto lexislativo contempla tamén un estrito protocolo de probas médicas e exames que xustifiquen que o aborto entra nun dos dous supostos, rigor que argumenta polas garantías xurídicas e tamén do persoal sanitario. No caso do delito terá que haber denuncia previa e realizarse nas doce primeiras semanas de xestación. O risco para a saúde da muller deberá ser certificado por dous médicos de distinto centro. Nos supostos de saúde as condicións son elevados con informes e probas médicas á muller e ao feto. Menores, acompañadas Para menores de 18 anos, a lei contempla novamente a obriga de acompañamentos dos país á hora de tomar "unha decisión tan dramática", dixo o ministro. A lei regula tamén a obxección de conciencia do persoal sanitario de maneira que calquera médico poderá absterse de practicar abortos no seu desenvolvemento profesional. Contempla tamén a prohibición de propaganda que anime ao aborto. Segundo o ministro, trátase dunha "aposta clara e decidida pola protección dos máis débiles, dos máis vulnerábeis, dos concibidos e non nacidos, desde o recoñecemento e garantía dos dereitos das mulleres". O ministro explicou os cambios que suporá a nova lei mais remitiu aos medios de comunicación a un acto convocado hoxe no ministerio no que especialistas que participaron na elaboración do texto lexislativo debullarán polo miúdo os seus contidos. Recupera o novo texto, segundo Gallardón, "o equilibrio marcado pola doutrina do Tribunal Constitucional, recollido na lei do 85 e roto no ano 2010". O movemento feminista ten convocadas hoxe concentracións en cidades e vilas ás 19 horas contra o recorte de dereitos das mulleres promovidos polo PP. |
PRAZA_10810 | A plataforma veciñal Auga limpa xa! e entidades como a SGHN esixen unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros. Nos últimos tres anos a concentración de nitratos aumentou un 39% e en moitos lugares a auga xa non é potable | A plataforma vén reclamando unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros Nos últimos tres anos a concentración de nitratos nas masas de auga subterráneas da chaira da Limia aumentou un 39%. O nivel máximo permitido pola Unión Europea sitúase nos 50 miligramos de nitratos por litro, un límite que se supera con frecuencia en moitos puntos da comarca, convertendo a auga en non potable e provocando tamén que o baño non sexa aconsellable en lugares coma o Encoro das Conchas, con elevados niveis de nitróxeno, fósforo e cianobacterias.O problema está nos residuos gandeiros -xurros e esterco- xerados polo gran número de granxas de produción intensiva de animais existentes na comarca. Na Limia hai ao redor de 400 macro granxas, cunha produción de 75.000 UGM (unidade gandeira maior) que supón unha carga de residuos equivalente á que provocarían 1.400.000 habitantes. Os xurros, ademais, déitanse en moitos casos sen control por montes e leiras, provocando unha contaminación crecente que afecta tamén ás comarcas de Monterrei, Celanova e a Baixa Limia.Hai uns meses naceu a plataforma veciñal Auga limpa xa!, formada por cidadáns de diversos sectores, entre eles agricultores e gandeiros en extensivo. A plataforma vén reclamando unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións que xa están en funcionamento, co obxectivo de garantir unha correcta calidade da auga nestas comarcas. A entidade defende "unha gandaría vinculada á terra produtiva e aos coidados do territorio, baseada en criterios de sostibilidade para xerar alto valor engadido e ter prezos xustos para as produtoras e produtores destas comarcas". A pasada semana un grupo de cen veciños obrigou a marchar de Xinzo aos integrantes da Plataforma, que instalaran unha mesa informativa"Queremos permanecer nun territorio saudable e traballamos por un rural vivo, rico e con futuro. A gran industria cárnica non se pode enriquecer a costa dos que, literal, cheiramos e bebemos a súa merda", engaden, subliñando que "en moitos concellos desta comarca, especialmente no de Xinzo, case ninguén se atreve a beber auga da billa, nin para cociñar, e menos dos pozos, a inmensa maioría superan os 50 miligramos de nitratos, que é o límite permitido pola Unión Europea".A pasada semana a plataforma instalou unha mesa de información na feira de Xinzo de Limia para informar sobre a contaminación das augas polos residuos da industria cárnica e recoller sinaturas pedindo unha correcta xestión e a prohibición da apertura de novas macrogranxas. Porén, nun momento dado un grupo de cen persoas achegáronse a eles "con insultos, ameazas e coaccións, acurralándonos contra a parede a cobadazos e obrigándonos a recoller todo e a marchar", sinala a entidade."Non é compatible un modelo de produción industrial contaminante que só enriquece á industria, a uns poucos, cunha comarca con futuro para todas e todos""Soamente somos veciñas e veciños das comarcas da Limia, Baixa Limia e Celanova preocupadas pola nosa saúde e pola das nosas fillas e fillos que temos dereito a expresarnos e informar", sinala a plataforma, que acusa á Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) de "alentar" a protesta .Dende a Plataforma lembran que non están en contra da actividade gandeira e tampouco das granxas, senón que simplemente reclaman unha xestión axeitada dos seus residuos que asegure a dispoñibilidade de auga potable. Neste senso, demandan "uns prezos xustos para a produción cárnica e que os custos da obrigada xestión dos xurros sexan cubertos como custos de produción". "O que non é compatible é un modelo de produción industrial contaminante que só enriquece á industria, a uns poucos, cunha comarca con futuro para todas e todos", conclúen.O Estado Español ten aberto un expediente europeo por falta de control sobre os restos de fertilizantes e residuos animais que se filtran ata as masas de auga subterráneaUnha comarca contaminadaDende hai unha década entidades como a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) veñen denunciando a contaminación nas augas da comarca da Limia, provocada pola actividade das macrogranxas, que dependen en gran parte de COREN. Nos últimos dez anos a SGHN dirixiu un total de 33 escritos á Consellería de Medio Ambiente, a algúns concellos e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil alertando desta situación e esixindo a adopción de medidas.Os datos oficiais reflicten esta contaminación crecente e certificando quen en moitos puntos é habitual que se superen os límites máximos fixados pola OMS e a Unión Europea. De feito o Estado Español ten aberto un expediente europeo por falta de control sobre os restos de fertilizantes e residuos animais que se filtran ata as masas de auga subterránea. En consecuencia, o mes pasado un informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica incluíu o Encoro das Conchas e catro puntos subterráneos de Xinzo de Limia, Trasmiras e Sandiás no listado de "augas continentais afectadas pola contaminación, ou en risco de estalo, pola achega de nitratos de orixe agraria". O listado do ministerio debe servir para que as comunidades autónomas apliquen un plan ás zonas sinaladas e reduzan o uso de nitratos, mellorando a xestión dos residuos.A SGHN denuncia que en ningún momento se tiveron en conta "os efectos sinérxicos e acumulativos da concentración de industrias gandeiras na chaira limiá"A SGHN denuncia que en ningún momento se tiveron en conta "os efectos sinérxicos e acumulativos da concentración de industrias gandeiras na chaira limiá, área moi sensible dende os puntos de vista hidrolóxico, botánico e faunístico" e que non houbo unha "avaliación ambiental de conxunto".Hai uns meses, nunha carta aberta dirixida a Alberto Núñez Feijóo, a SGHN afirmou que "o modelo agrogandeiro de COREN non é o único posible" e subliñou que "temos dereito a unha Limia limpa e ao acceso a auga potable". "Para iso, é imprescindible que as granxas cumpran a normativa legal da que vostede, como Presidente da Xunta de Galicia, debera ser o máximo garante na nosa terra" engadía a carta. |
NOS_4395 | En Castela e León o PP, cunha abstención medida, acaba de permitir que se aprobase unha iniciativa a prol da constitución dunha comisión de investigación sobre a traxedia de Angrois. Na Galiza, en troca, o partido de Feijóo continúa a bloquear a conformación dun órgao no Pazo do Hórreo que pesquise as responsabilidades políticas do sinistro. O BNG -por boca de Ana Pontón- demandou esta quinta feira a PP e PSOE que levanten o seu veto á comisión. | Continúan pendentes de depuración as responsabilidades políticas decorrentes da maior catástrofe terrestre producida na historia moderna da Galiza, con 80 mortos e 144 feridos. Nen PP nen PSdeG-PSOE apoian no Parlamento galego a constitución dunha comisión de investigación que pesquise até que ponto decisións adoptadas no ámbito político tiveron a ver co estarrrecedor balanzo de vítimas da traxedia. Na mesma semana en que a plataforma de vítimas pediu ao xuíz que impute a tres cargos do ADIF -até o momento as persoas acusadas son o maquinista e o director de seguranza do ente encarregado de administrar os camiños de ferro no Estado-, o BNG voltou a demandar que se constitúa na Galiza unha comisión de investigación parlamentar. Vaino facer formalmente por quinta vez, anunciouno esta quinta feira Ana Pontón, a portavoz nacional da formación nacionalista. O BNG move ficha após se coñecer que no Parlamento de Castela e León o PP -coa súa abstención- e o PSOE -co voto favorábel- permitiron a aprobación dunha iniciativa de Podemos a prol da conformación dun órgao parlamentar que faga pesquisas para estabelecer as responsabilidades políticas da traxedia. "Alegrámonos que haxa un Parlamento que pida a creación dunha comisión, pero desde o BNG parécenos vergoñento que no país onde se produciu o accidente, onde todos e todas nos solidarizamos coas vítimas, á hora da verdade se lle pechen as portas as súas reclamacións", denunciou Pontón. A líder do BNG dirixiuse especialmente a Feijóo, a quen instou a que levante o veto que bloquea na práctica a constitución da comisión. Pídelle que se non vota favorabelmente a iniciativa faga cando menos o que fixeron os seus correlixionarios en Castela e León e se absteña, o que daría luz verde ás pesquisas. |
NOS_25400 | Durante o pleno celebrado esta sexta feira saíron á palestra as leas entre o PP e o resto de partidos pola presencia de Miguel Caride, destituído como vicepresidente segundo pero aínda cun asento na institución. O ex de Democracia Ourensá votou a favor dunha moción dos socialistas polo que Baltar preguntou se ían aceptar "o seu voto" após criticalo "pola súa condición política". | Por unanimidade. O pleno da Deputación ourensá aprobou hoxe unha moción para apoiar ao xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, ao que Sanidade abriu un expediente para a súa inhabilitación -ou, segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, un proceso por unha denuncia- e que participou activamente nas protestas para evitar que fechara o paridoiro do municipio. Este tema foi debatido en trámite de Urxencia e no texto se exixe á Xunta e ao Sergas o arquivo "inmediato" dese expediente, "sempre no suposto de que a causa do mesmo fose o seu posicionamento polo fechamento temporal do paridoiro". Mais este non foi o único tema a tratar. Tamén saíu adiante con todos os votos unha proposta do BNG para que se separen a unidade de lactantes e preescolares do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU). Desta forma, entenden, haberá unha mellor atención das e dos pacientes. Porén, tamén houbo mocións que ficaron no camiño. Foi o caso dunha iniciativa para promover axudas directas e de maneira inmediata que axuden á hostalaría a paliar a situación de crise derivada das medidas pola pandemia. Miguel Caride no centro da polémica Así mesmo, tampouco tivo apoios suficientes unha idea do PSOE para recuperar a Atención Primaria no ámbito do incremento de persoal. Esta medida contou co apoio de Miguel Caride, ex de Democracia Ourensá e ex edil do Concello de Ourense con Gonzalo Pérez Jácome como alcalde e recentemente cesado como vicepresidente da Deputación segundo pola súa condición de tránsfuga. Neste sentido, o presidente de organismo, Manuel Baltar preguntou aos socialistas se despois do que levaban criticado a Caride agora ían "aceptar o seu voto". "Atallo de indignidade" Precisamente en relación coa presenza de Caride e Democracia Ourensá, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou ao Partido Popular de elixir "un atallo de indignidade" co partido de Jácome para "manter a Deputación". "Hai acontecementos que amosan que hai unha enorme descomposición política na cidade e tamén no Goberno da Deputación, onde o propio presidente tivo que cesar ao vicepresidente dos tránsfugas porque había certas decisións legais que lle advertían da irregularidade de facer pactos con tránsfugas", subliñou. Ademais, instou a Feixoo a "desatascar" a situación política na cidade de Ourense, a terceira en poboación da Galiza. |
NOS_12788 | O equipo miñoto xogoulle de igual a igual ao vixente campión da Liga. O Mecalia Atlético Guardés a piques estivo de dar a sorpresa na súa visita a Donostia. | O Mecalia Atlético Guardés sucumbiu na pista do Súper Amase Bera Bera por 27-23. O equipo miñoto mantivo unha forte presión ao vixente campión de Liga durante moitos minutos, especialmente os dunha primeira metade, gobernada en case todo momento polo conxunto visitante. O Guardés e o O Porriño buscarán esta xornada a vitoria fóra da casa Na segunda, o colectivo da Guarda viu como o empuxe donostiarra acababa coa súa resistencia e certificaba unha derrota que lle mantén sen puntos a domicilio mais da que se poden extraer moitas ideas positivas para o futuro, especialmente na defensa. A proposta de Abel González foi quen de deixar en só dez goles ao descanso á forza anotadora de Bera Bera. O Guardés saíu a por todas na pista local O inicio do partido foi fulgurante, cun Guardés que atacaba a toda velocidade dirixido por Pauli Fernández e de Patrícia Lima, cun parcial de 1-5 no primeiros cinco minutos. A partir de aí, o encontro estabilizouse cara un ritmo máis sostíbel. Pasaban os minutos e os goles caían aos poucos en ambas as portarías mais as vantaxes, ao redor de 2-3 goles, mantíñanse a favor do Mecalia. Foi un acelerón local no último minuto o que igualou o choque. Laura Hernández, desde os sete metros, e Maitane Etxeberria, sobre a bucina, igualaron a dez tantos o parcial. Mais cun rival de semellante entidade diante, en calquera momento pode chegar a ruptura. Tres goles consecutivos do Bera Bera puxérono por diante por vez primeira e obrigaron a Abel González a pedir tempo morto. A partir do minuto 45 o choque abriuse debido ao cansazo. Marianne Fernandes, inédita no primeiro tempo grazas ao traballo da defensa guardesa, foise aos sete tantos. Seis fixo Gavilán desde o pivote. O Guardés notaba a falta de oxíxeno mais negábase a ceder. Grazas a un tanto de Sancha e ás paradas de Míriam Sempere entrou ao últimos dez minutos cun gol abaixo e o marcador en 22-21. O Guardés visita Elx agardando outra vitoria Mais foi nese intre que se notaron as posibilidades que ten o Bera Bera no equipo, até o punto que se permitiu o luxo de deixar a Paula Arcos, MVP da pasada Liga nas filas do Guardés, un cuarto de hora no banco. Esa enerxía, e tamén o enorme rendemento de Alice Fernandez na portería local, marcaron as diferenzas ao final. Mais, aínda que o equipo miñoto non puido rascar puntos -segue sen facelo a domicilio-, atopou algo mesmo máis valioso para o futuro: un camiño para seguir. Xogando así pode ter moito máis que gañar que perder. |
PRAZA_18950 | Case 8.200 dos 32.600 casos rexistrados polo Sergas nos últimos sete días son positivos de autotest mentres os achados mediante probas do propio sistema sanitario descenden con claridade. As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 seguen aumentando, pero de xeito contido, e roldan as 500. Mentres, o total de casos activos supera os 70.000, incrementando a presión en puntos do sistema como a Atención Primaria | Nos últimos sete días, o Sergas rexistrou 32.606 casos novos da COVID-19. Pero nese período -das 00:00 do día 4 ás seis da tarde do día 10-, os casos detectados mediante probas diagnósticas de infección activa (PDIA) realizadas polo propio Servizo Galego de Saúde foron 24.474.Case 8.200 dos 32.600 casos rexistrados polo Sergas nos últimos sete días son positivos de autotest mentres os achados mediante probas do propio sistema sanitario descenden con claridadeSegundo confirmou a Consellería de Sanidade a preguntas de Praza.gal, esa fenda entre ambas cifras débese a que, en aplicación dos protocolos vixentes dende finais de decembro, o Sergas xa dá como válidos a todos os efectos os positivos detectados mediante test feitos na casa -os autotest de antíxeno- sen necesidade de confirmación posterior mediante PCR realizada por persoal sanitario.Como amosa o gráfico baixo estas liñas, ata agora os casos detectados mediante PDIA do Sergas e a cifra total de cada día era practicamente idéntica, con escasas oscilacións que tiñan a súa orixe noutro tipo de probas -moi escasas- ou mesmo en pequenos desaxustes no cómputo. Pero, dende o pasado día 4, os datos comezan a reflectir unha entrada de autotest que pasa a ser especialmente significativa dende o día 7. En total, 8.133 positivos incorporados ao sistema nunha semana, unha cuarta parte do total.Como amosa o gráfico sobre estas liñas, se os datos de incidencia da COVID-19 tivesen só en conta os test procesados polo propio Sergas, estes levarían xa unha semana en claro descenso. Pola contra, a suma dos auto test mantén os números nunha relativa estabilidade en cotas inéditas no que vai de pandemia, nas que seguen sendo habituais os días con máis de 3.000 ou 4.000 casos novos. Deste xeito, xa é posible afirmar que os datos xa reflicten unha realidade diferente a respecto do coronavirus, tal e como anticipaban as mudanzas nos protocolos. Cando menos unha cuarta parte dos positivos son xa produto dos devanditos autotest, sen supervisión sanitaria en canto á súa realización, pero tamén maioritariamente -segundo o agardado por Sanidade- procedentes de persoas asintomáticas ou con síntomas escasos ou leves.MAPA INTERACTIVO | A Xunta recupera os puntos de test voluntarios da COVID en 32 instalaciónsA entrada en xogo dos autotest é tamén clave para entender a viraxe da liña da incidencia acumulada máis inmediata, os casos novos por cada cen mil habitantes rexistrados nos últimos sete días. Tras emprender unha clara baixada dende o día 4, retomou a senda ascendente e sitúase agora arredor dos 1.202 casos novos por cada cen mil habitantes. Mentres, a 14 días este indicador xa rolda os 2.400. Non obstante, o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, subliñaba a pasada semana que as autoridades sanitarias tenden cada vez máis a relativizar este indicador por mor da ampla cobertura da vacinación e pola alta cantidade de casos asintomáticos.Nesa mesma análise, o titular de Sanidade sinalaba que agardaban aínda varios días ou semanas de incremento no número de persoas con test positivo que requirisen asistencia hospitalaria, cifras que en todo caso -agardaban- quedarían moi por baixo das de hai un ano, cando a incidencia acumulada era menos dun terzo da actual. Ás seis da tarde do pasado luns eran 510 as persoas coa COVID que ocupaban camas nos hospitais galegos, 137 máis que unha semana antes. Mentres, a ocupación das UCI segue en torno ao medio cento de pacientes coa COVID, na liña das últimas semanas.As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 seguen aumentando, pero de xeito contido, e roldan as 500. Mentres, o total de casos activos supera os 70.000, incrementando a presión en puntos do sistema como a Atención PrimariaNo que atinxe á mortalidade, o Sergas rexistra nos últimos sete días con datos completos unha media duns 6 falecementos de persoas coa COVID por xornada e o total sitúase xa nas 2.827. É un indicador xa claramente superior ao do pasado verán, pero moi por baixo da vaga posterior ao Nadal 2020-21, cando Galicia chegou a superar unha media diaria dunhas 25 mortes.Neste contexto, a carga asistencial ligada á pandemia aumenta nos hospitais, pero dun xeito relativamente contido e moi afastado do que acontece noutros elos do sistema como a Atención Primaria. Non en van, os casos activos -engrosados tamén polos positivos mediante autotest- superaron xa por primeira vez os 70.000, coa conseguinte presión en mecanismos como a xestión de baixas laborais ou de aparición de posibles síntomas en persoas diagnosticadas que teñen prescrito o illamento. |
PRAZA_17428 | O presidente da Xunta amosa a súa ignorancia sobre a reclamación de que se cree o consello de informativos previsto na lei de 2011. "As cuestións da TVG debe contestalas a TVG", engade, deixando en evidencia o silencio da compañía Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo A cúpula da TVG retruca con desconcerto á dimisión dos presentadores do Telexornal | Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo na TVG A cúpula da TVG retruca con desconcerto á dimisión dos presentadores do Telexornal "Eu non dirixo a televisión galega". Así respondeu este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado en varias ocasións polas protestas reiteradas dos traballadores contra a manipulación e o control informativo dos medios públicos e que veñen de desembocar na dimisión dos presentadores do Telexornal Serán. Unha das principais peticións do persoal é a creación, como está contemplada na lei de 2011 sobre os medios públicos galegos, dun consello de informativos que vele pola independencia e obxectividade da información. Porén, Feijóo desentendeuse do incumprimento da lei que el mesmo impulsou e remitiu todas as explicacións sobre a cuestión á dirección da CRTVG, que non as ofrece. O presidente amosa a súa ignorancia sobre a reclamación de que se cree o consello de informativos previsto na lei de 2011 A Feijóo preguntóuselle este xoves se está preocupado pola imaxe que está a transmitir a CRTVG polas reiteradas protestas do seu persoal reclamando a creación do consello de informativos. "Eu non teño competencias", dixo Feijóo, desentendéndose desa lei aprobada hai case sete anos. En varias ocasións o presidente fixo ver que non sabía nada do consello de informativos e optou por referirse ao consello de administración, o órgano de dirección que controla o PP, e ao seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, cuxo nomeamento insistiu en que foi consensuado en 2009, antes da aprobación da lei de 2011, co daquela líder do PSdeG, Pachi Vázquez, algo que este negou. "As cuestións da TVG debe contestalas a TVG", di Feijóo, deixando en evidencia o silencio da compañía O presidente tamén dixo que el non ten "nin idea" de que presentadores son "ratificados ou cambiados" pola dirección dos medios públicos. Segundo o presidente, "as cuestións da TVG debe contestalas a TVG", cuxa dirección, dixo, a el non o "consulta". Porén, a dirección dos medios públicos de información non sempre responde ás preguntas que lle formulan outros medios de información, como vén de ocorrer coa recente polémica sobre a dimisión dos presentadores do Telexornal, na que este e outros medios tiveron que recorrer a outras fontes para poder publicar a versión da compañía. A Feijóo preguntóuselle se considera que un medio público debe responder ás preguntas que lle formulan outros medios pero a súa resposta non foi clara: "Supoño que si", dixo, para engadir que a dirección da empresa pública xa comparece no Parlamento de Galicia para dar explicacións da súa actuación. Sobre as preguntas xornalísticas, a súa resposta limitouse a que "entre xornalistas anda o xogo". Director xeral por tempo indefinido Feijóo chegou a esixir "desculpas" á oposición por instalo a cumprir a lei da CRTVG dous anos despois de modificala para manter o actual director xeral por tempo indefinido no seu cargo Esta non é a primeira ocasión na que o presidente da Xunta se desliga do cumprimento da lei da CRTVG aprobada en 2011. Así, por exemplo, en abril de 2017 deu en esixir "desculpas" ao PSdeG por lle esixir o cumprimento íntegro da normativa en aspectos como a creación do consello de informativos. Meses despois, en xuño do mesmo ano, a Xunta opúxose por primeira vez en 20 anos a que a oposición impulsase unha lei no Parlamento para rexeitar, tamén por esta vía, fixar legalmente un calendario para despresgar por completo a norma dos medios públicos. Pouco máis tarde, en setembro, os votos do PP evitaron de vez poñer prazos ao cumprimento da norma. Todos estes atrancos producíronse nun contexto no que o incumprimento da lei dende seis meses despois da súa entrada en vigor non impediu que os populares xa a modificasen unha vez. Fixérono a través da lei de acompañamento dos Orzamentos Xerais de 2016 cunha reforma que, na práctica, supuxo manter por tempo indefinido no seu cargo ao actual director xeral da compañía, evitando así que sexa substituído por unha persoa avalada por cando menos dous terzos do Parlamento -50 escanos- ou, de non lograrse, por un mínimo de tres quintos -45-, o que en todo caso obriga a que sexa apoiado por algún grupo máis que o propio PP. |
NOS_51317 | Centos de docentes reclaman seguridade para garantir a presencialidade e a saúde de toda a comunidade educativa o vindeiro curso. | Representantes das organizacións sindicais do ensino, de Anpas, profesorado, alumnado concentráronse diante da Consellaría de Educación para reclamar outro protocolo de Covid para o curso que principia o 10 de setembro e mostrar, máis unha vez, o seu rexeitamento ao proposto pola Xunta. Nunha acción conxunta e unitaria que se desenvolveu cunha cazolada e un acto simbólico no que fumigaron o documento presentado pola Consellaría de Educación, púxose de manifesto o rexeitamento da comunidade educativa ás instrucións da administración. Os principais motivos desta rexeite pasan pola ausencia de medidas efectivas que minimicen os contaxios, mantendo as abultadas ratios existentes, reducindo a distancia de seguridade a un metro (fóra dos grupos estábeis que son inviábeis), sen seguir ningunha das recomendacións sanitarias de organismos como a OMS ou do que establece o Ministerio de Sanidade e negando a posibilidade de incrementar o persoal docente e non docente para facer fronte a todas as medidas organizativas, de gardas, quendas de vixilancia e limpeza que establece o protocolo. CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, e outras organizacións (CCOO, UXT, Anpe, STEG) alertaron que non se prevé ningún plan de actuación específico cando exista un caso positivo, de illamento do grupo ou centro, e que as medidas que se propoñen nese sentido son moi laxas. "Igualmente non hai un plan establecido para ter que recorrer á teledocencia, malia que houbo tempo de prepararse para esa eventualidade, e que esta cuestión, xunto co perigo que corren servizos complementarios como o comedor ou o transporte escolar poden redundar nas desigualdades sociais e educativas entre o alumnado", indican desde a central nacionalista. Próximas mobilizacións A semana que vén terá lugar de novo outra concentración diante de San Caetano (o día 28) e os sindicatos xa avanzaron que se non hai ningún movemento que indique que a Consellaría está disposta a negociar outro protocolo "o curso en setembro empezará con conflito e mobilizacións". |
NOS_43547 | Comezan os autores desta obra falando de dar, por fin, a terceira dimensión ao que para moitas persoas é un simple retrato nas paredes, a maior parte das veces deseñado coa técnica do stencil. Moncho Reboiras nunca foi esquecido desde o seu asasinato nas rúas de Ferrol en 1975, pero é ben probábel que a súa memoria, de recordo convulso e problemático, fose simplificada en exceso. A historia dun revolucionario armado caído nunha cidade obreira serviu para alimentar interpretacións inxustas, a maior gloria do relato da modélica Transición que estaba ás portas. | Neste sentido, un dos elementos máis meritorios desta obra é o de reconstruír esa perspectiva, dar o contexto necesario á resistencia armada ante o franquismo fuxindo do maniqueísmo no que se resolve hoxe en día, ao tempo que se dan detalles sobre o asasinato polas costas dun militante que non chega a disparar. A historia de Reboiras é, principalmente, unha historia colectiva, e esta é a aposta dun volume coma este: máis de cincuenta voces de persoas que o trataron e participaron con el dos principais eventos políticos da súa vida. Militantes antifascistas que despois tiveron traxectorias persoais moi diversas, pero que participaron, en distintas formas, daquela tentativa de construír unha Galiza mellor que se tramou ao redor da Unión do Povo Galego. Unha historia de sacrificio que merece ser contada e que, máis aló das discrepancias pasadas e presentes, é algo que nos pertence como pobo. O principal problema do libro aparece, porén, no dobre fío desta mesma natureza coral. A proposta fracasa á hora de darnos esa tridimensionalidade prometida para a figura que recoñecemos nas paredes. Máis aló das fotografías familiares e dos datos menos coñecidos, Reboiras segue sendo un eco na voz doutros militantes. Un compañeiro do que se gaba o seu compromiso e seriedade pero do que moitas veces os autores non saben dar conta precisa nin reconstruír a súa traxectoria concreta máis aló da anécdota ocasional. A historia que constrúen confórmase co superficial e, moitas máis veces das recomendábeis, cun contexto histórico sobradamente coñecido. Reboiras confúndese co mito e sobre este cae un pouco máis de luz, pero seguimos sen atopar á persoa que hai detrás. É probábel que sexa esta a visión coa que nos teñamos que conformar, ao cabo falamos dunha persoa morta na flor da mocidade, pero desta peza agardabamos algo máis que as voces do recordo e a sombra do stencil na parede. |
NOS_10059 | Camaño xa ocupara este posto até 2009, no que foi substituído por Ricardo Castro. O V Congreso da Central Unitaria de Traballadores decorreu en Compostela sob o lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'. | Manolo Camaño Fandiño foi eleito polo V Congreso da CUT como novo secretario xeral do sindicato, substituíndo así a Ricardo Castro, que ocupara ese cargo desde 2009. Camaño xa fora secretario xeral da Central Unitaria de Traballadores desde a súa fundación, a finais dos 90, até o IV Congreso, realizado en 2009. O plenario do Congreso reafirmouse no "carácter combativo da CUT", sindicato que traballa "na dirección da liberación de clase e nacional". O Congreso decorreu en Santiago de Compostela co lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'. A nova Executiva da Central Unitaria está formada por sete persoas: Churum Romero, Xan Carlos Enríquez, Ana Olveira, Maruchi Álvarez, Pancho Niño e Alberte Lema e do novo Secretario Xeral: Manolo Camaño Fandiño. "A nosa vontade" A CUT afirmou "a nosa vontade de seguir practicando, no contexto da actual crise económica do Capital, un sindicalismo de clase, nacional, antipatriarcal, asemblear e combativo, ceibe de subvencións e servilismos coa Patronal". |
NOS_37843 | O Consello de Contas detectara que o goberno de Núñez Feijóo desprazara no seu primeiro ano no poder, 2009, uns 80 millóns de euros de gastos do Sergas | As auditorías do Consello de Contas non dan tregua a Núñez Feijóo. Tras o informe que advertía que a Xunta desprazou irregularmente 411 millóns en facturas de 2010 a 2011 para rexistrar así menos déficit; agora volve sair a luz unha nova auditoría. Nesta apúntase que xa en 2009, primeiro ano de goberno do PP de Feijóo, o executivo optara por distorsionar as contas orzamentarias ao mover pola volta de 80 millóns de euros a 2010. Esta auditoría foi aprobada sen que desde a Xunta de Galiza se fixese ningunha alegación aos respecto. Xa que logo, deu o visto e prace ao resultado do informe do Consello de Contas. Práctica habitual de Fraga e Feijóo Este organismo fiscalizador ten sinalado nos seus informes e documentos que o desprazamento irregular de gastos dun exercicio a outro foi moeda común durante os anos de mandato de Manuel Fraga. Tras unha paréntese no bipartito, a chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta volveu converter en común esta medida contábel coa que se van trampeando as contas, traspasando facturas e gastos dun exercicio a outro. Isto, como denunciou a oposición en varias ocasións, xera unha bola de neve. A semana pasada, o informe do Consello de Contas de Galiza en que se desvela que a Xunta trasladou irregularmente facturas por valor de 411 millóns de euros do exercicio 2010 a 2011 foi respondido por Feijóo con que era unha práctica habitual e non irregular. Mais grazas a esta 'camuflaxe' descuberta agora pola auditoría do Consello, a Xunta presentou en 2010 un déficit do 2,37%. O teito fixado polo goberno central para as comunidades autónomas era do 2,4. Esta desviación irregular de máis de 400 millóns permitiu a Feijóo cumprir co limite imposto desde Madrid para alén de ser empregada por Feijóo, presumir de cumpridor. Críticas Daquela, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, consideraba que os resultados da auditoría do Consello son máis que preocupantes. Dunha banda, mostran que Núñez Feijóo "vive na mentira permanente" tanto á hora de cadrar as contas "como en temas como o eólico ou Pemex". Doutra, prosigue Guillerme Vázquez, "temos que preguntarnos canto máis hai que seguir derivando para cadrar o déficit e esa famosa solvencia" |
NOS_1069 | Os novos contaxios de Covid-19 volven aumentar tras varios días en descenso até os 2.299, que supoñen 647 máis que no inicio desta semana. | Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta terza feira, con rexistros até as 18 horas da segunda, baixan a 42 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI na Galiza (-2) e descenden a 611 as ingresadas noutras unidades convencionais (-8), mentres que 35.452 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 701 hospitalizacións. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete —A Coruña-Cee, Vigo, Compostela-O Barbanza, Ourense-Verín-O Barco e Ferrol—, mentres que aumenta nas de Pontevedra-O Salnés e Lugo-A Mariña-Monforte. No caso da de Pontevedra aumentan a seis os pacientes Covid en UCI (+1) e a 101 os ingresados noutras unidades (+12); mentres que na de Lugo, aínda que descenden a tres o críticos (-1), soben a 61 os hospitalizados noutras unidades (+3). Pola súa parte, en Vigo mantéñense oito pacientes ingresados en UCI e descenden a 74 os ingresados noutras unidades (-4); e en Ourense caen a cinco o críticos (-1) e a 106 os hospitalizados noutras unidades (-6). Na Coruña baixan a 12 os pacientes Covid en UCI (-1) e a 156 os ingresados noutras unidades(-4), e en Compostela seguen sete en críticos e descenden a 77 os hospitalizados noutras unidades (-6). Tamén na área de Ferrol continúa un paciente ingresado pola Covid-19 en UCI e caen a 36 os hospitalizados noutras unidades (-3). Casos en descenso Os casos activos de Covid manteñen a tendencia descendente nesta sexta vaga e baixan a 36.105, que representan 2.535 menos que na xornada anterior, ao haber máis altas (4.822) que contaxios (2.299), ao que se engaden 13 falecementos. A pasada terza feira había 51.561 infeccións activas. De novo, os casos activos redúcense nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-777), seguida da da Coruña (-532), Compostela (-515), Pontevedra (-257), Lugo (-227), Ourense (-191) e Ferrol (-67). Así, con máis casos activos sitúase a área da Coruña, con 7.952, seguida de Vigo, con 7.872; Compostela, con 6.307; Pontevedra, con 4.063; Ourense, con 3.844; Lugo, con 3.817, e Ferrol, con 1.843. Segundo o último informe actualizado esta segunda feira polo Ministerio de Sanidade, 14 de febreiro, a incidencia acumulada a 14 días no país descende a 1.870, mentres que a media estatal fica en 1.244. Medran os novos contaxios Polo seu lado, os novos contaxios aumentan a 2.299, que implican 647 máis que os 1.652 cos que se iniciou esta semana, após varios días en descenso. Hai unha semana detectáranse 4.043. Na xornada pasada realizáronse outras 3.686 PCR que elevan a 3.644.291 as probas feitas desde o inicio da pandemia e 4.044 test de antíxenos, que suman 1.482.027 no conxunto do país, o que constitúe 7.730 entre ambas, 1.788 máis que as feitas o día anterior. A taxa de positividade —número de PCR positivas por cada cen realizadas— descende a 12,6%, tras comezar esta semana en 14,3%, polo que segue por riba do limiar de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Persoas falecidas e curadas As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden na Galiza a 3.051, após notificar Sanidade esta terza feira outras 13 vítimas, todas elas con patoloxías previas. Fronte a iso, curáronse da Covid-19 desde o inicio desta pandemia 436.603 persoas, tras recibir o alta 4.822 na última xornada en todo o país. |
NOS_11361 | O BNG lanza na Coruña a súa campaña nacional contra a reforma do aborto e polo dereito da muller a decidir por si propia sobre a súa maternidade e o seu corpo. @s nacionalistas acusan a Partido Popular de querer volver situar ás mulleres nunha situación de dependencia. | O Centro de Especialidades do Ventorrillo, na Coruña, foi o lugar elexido polo BNG para presentar o inicio da campaña nacional contra a reforma "involucionista" da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón. O lugar non é causal, pois o Centro de orientación familiar (COF) do Ventorrillo evidenciou a intención da Xunta de desmantelar os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres ao non renovar a praza de xinecoloxía. 'En defensa dos dereitos das mulleres. Aborto libre e gratuíto' é a palabra de orde baixo a que o BNG desenvolverá unha campaña por todoa Galiza "coa que se pretende informar e concienciar ao conxunto da sociedade para que saiba o que representa esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor que fai trinta anos", explicou a responsable de Acción Feminista da Executiva nacional, Saleta Chao. "Esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor que fai trinta anos" A campaña "terá un pé na rúa e outro nas institucións", pois o Bloque está a presentar iniciativas nos concellos, no Parlamento galego e no Congreso español e, ademais, sumarase a todas as iniciativas promovidas por colectivos e movementos socias, como as da Plataforma galega polo dereito do aborto. Feijóo a vender a imaxe de 'progre' Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, quixo destacar o compromiso da fronte nacionalista para que esta lei "retrograda e innecesaria" non saía adiante ."A continuidade do embarazo é unha decisión que compete exclusivamente ás mulleres e non podemos aceptar unha lei que coarta ese dereito". "Non podemos aceptar que Feijóo queira erixirse en 'progre' facendo críticas de cara a galería mentres, desde a súa chegada á Xunta, aplica unha batería de medidas que impide ás mulleres exercer este dereito" Vence subliñou que ese dereito ten que poder exercerse con garantías sanitarias e denunciou o cinismo do presidente da Xunta coas súas falsas críticas á proposta de Gallardón. "Debe garantirse nas mellores condicións sanitarias, polo tanto na sanidade pública, e non podemos aceptar que Feijóo queira erixirse en progre facendo críticas de cara a galería mentres, desde a súa chegada á Xunta, aplica unha batería de medidas que impide ás mulleres exercer este dereito poñendo trabas a aplicación do aborto na sanidade pública". "Unha sociedade do século XXI non pode retroceder ao século do XIX, nun dereito que as mulleres tardaron moito en conquistar", concluíu. "Delirio lexislativo" A portavoz parlamentar en Igualdade e Servizos Sociais, Carme Adán, cualificou de "delirio lexislativo" a reforma de Gallardón, e acusou ao PP de procurar con esta lei, "volver ás mulleres a unha situación de dependencia dos médicos, dos psicólogos e dos xuíces para defender o seu dereito a unha maternidade libremente escollida". Adán puxo o foco nos recortes que está levando a cabo Feijóo "en planificación familiar, en prazas de xinecoloxía, en servizos de atención a saúde sexual e reprodutiva das mulleres", nun exercicio de "cinismo" do presidente galego. "As mulleres somos moi responsables e non necesitamos estar tutorizadas para decidir sobre se queremos ser nais", recalcou. |
PRAZA_1114 | Un documental relata os acontecementos históricos que precederon a aprobación da normativa en vigor en 1982 e explica a transcendencia que no proceso de normativización do idioma tivo o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Pode ver o vídeo no interior. | Por que o galego ten a normativa que ten? Cal foi a transcendencia de Filgueira Valverde nese proceso de normativización do idioma? Esas son as dúas cuestións que o documental da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e dirixido por Ozo Perozo intenta responder neste documental de media hora de duración e destinado fundamentalmente ao ensino secundario. O documental analiza o proceso normativizador do galego e a transcendencia de Filgueira Valverde nelDecreto Filgueira relata os acontecementos que precederon a aprobación da normativa en vigor en 1982 e fai tamén un repaso histórico da normativización da lingua galega. Lembra, ademais, como as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (ILG-RAG) "nem foram as primeiras normas oficiais, nem contárom com o apoio de importantes setores da cultura galega, que debatia intensamente sobre qual havia de ser a orientaçom ortográfica do galego desde o início dos anos 70", tal e como explica o equipo da fita. Así, o documental repasa os diferentes posicionamentos lingüísticos e as formulacións normativas que cada un deles xerou desde que en 1970 Carvalho Calero sacara as primeiras Normas Ortográficas do Idioma Galega da Real Academia Galega e que forn asumidas como proias polo mundo de Galaxia. E explica tamén as discusións, debates e mesmo negociacións entre duas propostas "dissidentes que acabariam por tornar-se irreconciliáveis": a autonomista, aglutinada arredor do Instituto da Lingua Galega (ILG) e a reintegraconista, que se foi nucleando arredor do propio Carvalho Calero, que a cada paso asumía posturas máis lusistas. É un intento por facer comprensible o debate, sobre todo para aqueles que o descoñecen e para o alumnado de Secundaria, de aí que incúa vídeos de animación e entrevistas que contextualizan os feitos. Ademais, na web do documental inclúese tamén unha guía para o profesorado. Filgueira oficializou coa súa sinatura a normativa que relegaba as vellas normas de Carvalho Calero e a súa posición reintegracionistaExplica tamén como comezados os anos 80, a Xunta oficializaba uhas normas que pretendían o consenso e que partían dunha orientación converxente co portugués. Carvalho Calero presidía aquela Comisión de Lingüística da Xunta, pero en 1982 unhas novas normas que viraban a orientación anterior relegaban as do vello catedrático. Foi Filgueira Valverde quen oficializou esta nova normativa coa súa sinatura. O autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras fora membro da anterior Comisión de Lingüística da Xunta. A reviravolta deu lugar a un dos lustros de maior polémica e tensión este debate normativo. "Na AGAL vimos o nomeamento de Filgueira como unha oportunidade de explicar as normas e estratexias co galego""A idea xurdiu do nomeamento de Filgueira para o Día das Letras. Desde a AGAL vímolo como unha oportunidade para explicar o que son as normas e as estratexias co galego sobre todo; e o documental está encadrado na liña de intentar facer preguntas e pensar por que seguimos esta estratexia, que non ten por que ser a única", explica Miguel R. Penas, presidente da AGAL e un dos guionistas. As dúas pólas do debate contaron con defensores de enorme importancia intelectual, pero o documental destaca o "imprescindível" da figura de Filgueira Valverde chegados os 80. Supuxo a continuidade do modelo cultural xerado durante o franquismo e acabou por dar nome a un decreto clave para explicar a orientación que logo seguiu o idioma galego até estes días. Unha figura que algún dos protagonistas do documental definen como "home do sistema" ou "home do réxime", pero ao que tamén destacan como un dos estudosos que permite "saber da tradición e cultura galega nestes días". Foi, en definitiva, a vitoria da postura que defendía un galego independente do portugués, con ortografía castelá e baseado no traballo dialectolóxico do ILG fronte aos lusistas que pretendían restaurar a proposta do galeguismo anterior á guerra civil e que se aglutinara arredor da figura de Carvalho Calero. Unha confrontación histórica que é explicada nun documental no que interveñen historiadores e figuras clave naqueles feitos, entre eles Elvira Souto, Franciso Fernández Rei, Francisco Rodríguez, María Xosé Queizán ou Uxío-Breogán Diéguez. Miguel R. Penas aclara que a AGAL intenta tamén así "mostrar" a súa proposta e "contar a historia" do reintegracionismo, "non desde a perspectiva de que temos a razón, pero si desmontando preconceptos e imaxes construídas ao redor do noso discurso e que teñen certas intencións como desprestixiar o discurso". "O debate haino desde o século XIX e había unha dinámica, liderada por Carvalho Calero, que se desmontou en dous anos a partir do 80... A estratexia era outra, pero rachou", remata. |
NOS_35553 | PSC, ICV-EUiA e Ciutadans xa celebraron o mitin de peche de campaña. CiU, CUP, PP, ERC e SI farano este serán. | Despois de quince días intensos de campaña electoral, hoxe celébranse os últimos actos de cara ás eleccións ao Parlamento catalán do 25 N. Algúns partidos políticos decidiron adiantar o mitín de peche, é o caso de do PSC, ICV-EiU e Ciutadans. @s socialistas tiveron en Barcelona ao secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, que propuxo "avanzar para seguir xuntos, sen romper nin retroceder". Apoiou a idea do candidato, Pere Navarro, de transformar ao Estado español "en federal". Diante de mási de 8.000 persoas Navarro chamou ao voto dos contrarios á independencia. ICV-EUiA celebrou tamén en Barcelona o seu mitín de peche ao que asistiron unhas 800 persoas. O candidato, Joan Herrera, sintetizou na Syriza grega "un exemplo para a alternativa de esquerdas que queremos liderar en Catalunya, que pare os recortes e se enfronteaos poderosos". No acto participou o líder de Syriza, Alexis Tsipras, que alertou que "o pobo catalàn ten todo o dereito a decidir, mais ten que saber que algunhas forzas políticas xogan a este xogo para agachar a súa cara neoliberal". Albert Rivera, candidato por Ciutadans, asegurou onte no acto de peche en Barcelona, que o activo máis grande da súa formación é "a confianza". Diante de 800 persoas asegurou que o seu partido ten que ilusionar desde "un proxecto común dunha España de libres e iguais". CiU, CUP, PP, ERC e SI Artur Mas terá hoxe o seu peche de campaña en Barcelona. Onte, nun mitín en tarragona, asegurou que "a maior parte da xente dixo basta e desconectou emocionalmente do que significa o Estado español perque pensaban que os estados eran para axudar á xente e non para afundila". Sobre as graves acusacións publicadas os últimos días polo xornal El Mundo dixo que "a brutalidade dalgúns ataques será, com é agora, directamente proporcional ao que nos xogamos". ERC tamén estivo onte tamén en Tarragona celebrando o seu penúltimo mitin. Oriol Junqueras sinalou no seu discurso que "as mellores épocas da nosa historia son aquelas nas que miramos máis lonxe més lluny". Para o lider independentista é importante "mirar a Europa e ao mundo". Para aquel@s que pensan que Mas ten que guiar o proceso cara a independencia afirmou que "o mellor é votar Esquerra Republicana, perque se o futuro goberno vai en serio, nós seremos os seus socios máis fiables". O seu peche de campaña será en Girona. Alfons López Tena, candidato de SI, sinalou no mitin de onte que a independencia "é única opción para sobrevivir como pobo" que ten Catalunya. O acto de fin de campaña será este serán en Barcelona e participarán, ademais de López Tena, os candidatos número dous e tres pola circunsscrición de Barcelona, Uriel Bertran e Núria Cadenes. A CUP-AE sinalou que traballará por "impulsar a ocupación no sector público, o establecemento dun salario social e o fomento da economia cooperativa, chaves para repartir o traballo e a riqueza". David Fernàndez, candidato por Barcelona, dixo que esta formación aposta por "reducir a xornada laboral" posto que "o paro que padecena s clases populares coincide coas xornadas maratonianas que teñen moitos traballadores e treballadoras que aínda teñen traballo". Hoxe celebrarán o acto de peche de campaña en Barcelona. A candidata do PPC, Alícia Sánchez-Camacho, dixo que o seu partido non quere un Parlamento "nin identitario, nin soberanista". A candidata afirmou que "o vindeiro domingo cada voto que non vaia ao Partido Popular, vai ser un voto que CiU empregará para romper co resto de España e de Europa". O peche de campaña do PPC vai ser en Cerdanyola del Vallès. |
NOS_5699 | Catedrático de Análise Xeográfica da USC advirte das consecuencias do que non dubida de cualificar como "a sangría demográfica galega". Os datos do INE indican que só en 2015 tiveron que abandonar Galiza perto de 25.000 persoas. "Iso ten consecuencias a corto e longo prazo" | A Estatística de migracións que vén de publicar o INE indica que o ano pasado marcharon de Galiza perto de 25.000 persoas, 10.000 ao estranxeiro e case 15.000 a outros territorios do Estado. Desde 2009, un total de 202.052 galegos tiveron que coller as maletas. - Perto de 25.000 persoas tiveron que abandonar Galiza en 2015. Unha cifra para nada pequena que se vén sumar a outras cifras tampouco para nada pequenas dos anos anteriores. -O primeiro que confesan esas cifras é que, contrariamente ao que se nos está a dicir, a crise non acabou. Non rematou nun aspecto tan importante como é o do emprego, por moito que haxa datos macroeconómicos que aponten a mellorías na economía. Nun mercado cada vez máis globalizado a xente moza vai atopar fóra o que non encontra aquí, en Galiza. E levamos anos así, con esta sangría demográfica. Aquí o emprego que se crea é pouco, precario, pouco cualificado... Galiza non pode así ofrecer unha estratexia de vida para a xente moza que, perante este escenario, opta por marchar. Eu mesmo estou por crer que hai un interese político do poder en todo isto, en ficar cun país aventellado e sen mocidade. Non se entende que esteamos a expulsar xente nova, cualificada, e que non haxa nin unhas mínimas medidas para intentar reverter iso. Galiza carece de política demográfica e iso é un fracaso. AXunta non están a facer nada, hai unha deixadez de responsabilidades tremenda - Esta emigración continuada e masiva vai pasar factura tanto a curto como a longo prazo. Cal serían as rincipais consecuencias? Unha xa a estamos a notar, o avellentamento demográfico. Temos un país cunha porcentaxe moi elevada de maiores de 65 anos. Non vai ser difícil cambiar esa tendencia, teriamos que ter fluxos importantes de inmigración e iso non é o caso nin agora nin se prevé que en breve. Unha poboación moi vella implica, entre outras cuestións, un gasto importante. Tampouco podemos esquecer que estamos a facer investimentos importantes en educar e preparar unha mocidade que despois expulsamos para que vaian traballar a outras economías, desprendémonos de man de obra cualificada en cuxa formación investimos e ficamos cunha economía cada vez máis precarizada. - Mais reverter a situación non será algo doado. Que sería o primeiro a facer para trazar as liñas que permitan dar a volta a esta tendencia? Eu creo que deberiamos ter moi clara unha política decidida de emprego e demográfica. E isto implica unha política na que as administración teñen que implicarse, ten que haber gasto público: en políticas activas de emprego, en actuacións concretas e decididas naquelas comarcas demográficamente en peor situación. Porque neste país o que está a acontecer é grave, é un desastre. Nomeadamente no interior, a Galiza interior está a ser a gran perdedora, co despobomento, avellentada... - Feijóo insiste en tirarlle ferro á situación. Afirma que o saldo migratorio é positivo para Galiza ou que o importante, máis que frear a emigración, é ter máis fillos Non están a facer nada, hai unha deixadez de responsabilidades tremenda. Aquí o único que lles importou foi a austeridade, cadrar as contas aínda que iso supoña que o país se desangra. Como se pode relativizar a importancia da constante perda de poboación que sofremos? Como se pode minimizar a emigración? Imaxe: Amizade cerveira |
PRAZA_1347 | ENTREVISTA David Bouza e Mabel González involucráronse no activimismo contra os desafiuzamentos por motivos diferentes pero cun mesmo obxectivo: lograr vivir nun territorio libre de desafiuzamentos. Falamos con eles do seu labor e das súas esperanzas e alertas ante os cambios políticos. | David Bouza, ten 25 anos e licenciouse en Administración e Dirección de Empresas. Traballa nunha asesoría. Mabel González é desempregada da hostalería ten 36 anos e nai dun neno menor de idade. Foi desafiuzada por partida dobre co seu fillo menor, e maltratada pola ex-parella, que non lle pasaba a pensión alimenticia correspondente. Ambos son activistas contra os desafiuzamentos en Santiago. Involucráronse no activismo por motivos diferentes, pero cun mesmo obxectivo: que a capital do país sexa un territorio libre de desafiuzamentos. Ela fala menos, pero explica con toda crueza en que consiste esta realidade tan brutal e inxusta, vivida en carne propia. Din estar lixeiramente esperanzados co novo tempo político. Pero alerta. Cómo e cando foi a vosa entrada no activismo social? David- Stop Desafiuzamentos nace na cidade de Compostela a raíz do 15-M, pero eu persoalmente comecei no activismo xa da man do movemento estudantil universitario. Desde o 15-M decidimos comezar con isto posto que viamos que existía a necesidade, aínda que non se falara moito da problemática aquí. Nin nos medios, nin en ningún lugar. Decidimos comezar para expresar que si que existía, situala na axenda e opoñerse a esta realidade tan dura. Levounos varios meses, e foron difíciles os comezos. Ademais de denunciar a problemática, dedicámonos a colaborar e axudar. Mabel- A raíz da miña experiencia persoal decidín involucrarme. Por min, polo meu fillo, e polos demais. Ademais da denuncia ¿desenvolvedes outras liñas de traballo? David- Si, aínda que por falta de especialización non era tanto esa idea ao comezo. Ao final, pola necesidade, tamén facemos esa labor de apoio xurídico, etc. Os servizos sociais non cumpren coa función que corresponde e os avogados ás veces non poden asesorar ben, en boas condicións. Foi por unha obriga. Agora xa colabora máis xente, de forma totalmente gratuita. "Os servizos sociais non cumpren coa función que corresponde e os avogados ás veces non poden asesorar ben, en boas condicións" Cómo é a relación coas forzas políticas da cidade? David- En xeral é distante, aínda que agora co novo tempo político que se abriu estamos comezando a medir e ver. Temos pendente una rolda de contactos con todos. Obviamente a relación co PP é nula, pero esperemos que agora mude a situación coa nova corporación entrante. Desexamos que, cando menos, a relación que exista sexa en termos de comunicación fluída. Tampouco queremos valorar ata que vaiamos vendo. Co BNG si tivemos mais contacto neste tempo pois algún militante si que veu a colaborar e negociamos algunhas propostas para elevar aos plenos. Mais, en xeral, hai certa distancia. E con outras forzas sindicais ou plataformas e movementos sectoriais doutro tipo? David- Si, hai relación con outras plataformas e movementos sociais, coma o sindicalismo ou o ecoloxismo. Temos contacto por canto que parte da xente que participa nisto participa tamén noutras loitas civís. Canta xente hai desafiuzada en Compostela? David- Non temos datos claros, e manexamos os do Poder Xudicial. Ese é un problema. A nos preocúpanos que só chegamos a unha minoría de casos e quixéramos que alá onde non podemos chegar nós si poidan chegar os servizos sociais. Non sabemos a que porcentaxe deles chegamos, mais os datos vanse actualizando constantemente: en Galiza son uns 200 desafiuzamentos ao mes, aproximadamente. E hai unha porcentaxe non menor de afectados en Santiago de Compostela. E hai que ter en conta que das cifras que dan, aquí son moito mais altas, tanto en execucións hipotecarias como en despexos de aluguer. A maioría deles prodúcense de forma silenciosa, accedendo as familias a marchar, sen máis. Incluso temos constancia dalgún que non foi silencioso, onde tivo que ir a policía, pero ao que non puidemos acudir por non ter coñecemento antes . Iso é un problema frustrante. Temos unha capacidade limitada e moitos dos que nos chegan son polo "boca a boca", aínda que facemos campaña para darnos a coñecer e que acudan a nós. Ao non ter financiamento é tamén máis complicado. Pero, resumindo, a situación é o suficientemente grave para actuar xa. Mantedes relación con outras estruturas do país? David- Si, e celebramos xuntanzas mensuais. Cada plataforma, a de cada lugar, é independente. Alí poñemos liñas de traballo en común e intercambiamos experiencias e información. Mais actúase en forma de colaboración, mais que de coordinación. A nivel do Estado español tamén hai contacto a través de canles telemáticas, pero estas si que son só a nivel informativo e non tanto de traballo. Cales son as perspectivas que tedes co novo goberno entrante en Compostela? "Non podemos facernos ilusións de ningún tipo nin relaxarnos pero, obviamente, temos depositadas certas esperanzas en que muden cousas; cando menos, esperamos que os novos sexan máis transparentes" David- Consideramos que non podemos facernos ilusións de ningún tipo nin relaxarnos pero, obviamente, temos depositadas certas esperanzas en que muden cousas. Cando menos esperamos que sexa a comunicación fluída e os novos sexan máis transparentes. Antes non podíamos propoñer nada, nin ningún protocolo nin ningunha recomendación. Non se nos escoitaba e facían coma se non existiramos. O diálogo era nulo totalmente. Por exemplo: propuxemos que sempre, antes dun desafiuzamento, debería haber un estudo de Servizos Sociais para evitar calquera situación de risco, e que non quedase na rúa ninguén sen que ninguén se entere. Esiximos transparencia á hora de obter datos para saber cantas familias están realmente nesa situación ou tamén en canto a vivendas dispoñibles que poidan estar sendo empregadas noutros usos. Queremos información, e que sexan transparentes. Queremos colaboración. Haberá que estar atentos, e proporemos liñas de actuación. A nivel do Estado: Credes que se abre unha porta ao cambio político? David- Nos somos sempre moi escépticos, a base de levar decepcións. Pero dentro diso, desde que comezamos até hoxe, as reivindicacións pasaron de semellar utópicas (como a moratoria) a ser de sentido común e ocupar un papel central no conxunto da reivindicación social. É moi grave o que aconteceu e acontece. Están os dereitos humanos en xogo. O mesmo discurso que mantemos hoxe hai catro anos era, supostamente, irrealizable. Hoxe hai mais conciencia. Entón temos esperanza en que, pouco a pouco e coa presión social, acabe producíndose o cambio político necesario para que nunca máis aconteza o que aquí aconteceu. Os desafiuzamentos e a realidade dos sen-teito forman parte de circunstancias e realidade diferentes que deben abordarse de xeito distinto? Por exemplo, o que acontece en Compostela coas persoas que dormen na dársena de Xoán XXIII? David- Alí viven entre 20 e 30 persoas. A actuación que tivo o Concello aí non ten calificativo posible: por dar "mala imaxe ao turismo" botou ás persoas e puxo unhas macetas. Non lles importaba a xente. Para nós todo forma parte de algo que hai que atallar de xeito global. A problemática da vivenda englóbase en algo moito máis amplo e que ten que ver co desemprego, coa precariedade laboral, a falta de axudas e a pobreza e miseria en xeral… todo está relacionado. Cando deixas de pagar a hipoteca é por estar nunha situación limite. A problemática da vivenda forma parte de toda unha situación na que interveñen moitas causas: fillos, cargas familiares, a veces situacións de violencia familiar derivadas tamén da falta de ingresos, depresións… "Sendo muller , desempregada, maltratada e cun fillo menor miraban para outro lado. Iso fai que o teu ánimo acabe polo chan. Es invisible" Mabel- No meu caso particular todo comezou fai 5 anos: separeime por violencia de xénero. A parella deixa de pagar a hipoteca e a pensión. Non existía Stop Desafiuzamentos. A situación que se xerou levounos a sufrir un lanzamento en toda regra, con todo o que iso supón: irse co neno a un piso de aluguer sen ter outra alternativa, nin traballo estable. Comecei a traballar moitas horas limpando noutras casas, e vinme de novo nunha situación insostible e desafiuzada. Non era vida durmir os dous nunha cama de 1,35, e todo nun piso dunha soa habitación, con todo empaquetado en caixas. No Concello sabían perfectamente moitas cousas, e os problemas cos recibos: ata que cortaron a luz. Se non é por Stop Desafiuzamentos, que foron a falar á desesperada… á tarde xa me puxeron auga e luz. Sendo muller , desempregada, maltratada e cun fillo menor miraban para outro lado. Iso fai que o teu ánimo acabe polo chan. Es invisible. A todo isto hai que sumar episodios de abuso bancario, etc… David- Sempre nos vimos saturados pola cantidade de casos que tivemos. Sempre foron situacións límite na que había que actuar a contra-tempo. En Santiago pecharon o albergue. Nos pensamos que un concello ten que ter alternativa habitacional para todas as persoas e debe dispor dos medios necesarios para una vivenda e condicións de vida digna: auga, luz… debera ser obriga das institucións e administracións comprometerse a cubrir esas carencias tan básicas. Nos propoñemos medidas de custo cero, que só requiren de vontade, para os 100 primeiros días de goberno: coma a in-embargabilidade da RISGA. Non se respecta e os propios Concellos cometen unha ilegalidade aí. É tan sinxelo como escoitar e ter vontade de atallar un gravísimo problema social. Mabel- E non estarían facéndonos ningún favor. Os nosos dereitos son innegociables! |
NOS_13238 | Os sindicatos convocan o paro ante a situación crítica deste sector e a ameaza de devolución do tax-lease. A protesta afecta a sete factorías galegas | CIG, ELA, CAT. CCOO e UGT convocaron para o vindeiro 20 de xuño unha folga xeral nos estaleiros privados, un sector que na Galiza, principalmente na Ría de Vigo, é fulcral. A convocatoria faise perante a "crítica situación" que atravesa este ramo produtivo e pola "inertidume" sobre a resolución do tax-lease. Estas centrais tamén convocaron concentracións nos centros de traballo. A xornada de paro afectará aos estaleiros galegos de Factorías Naval de Marín, Metalship, Armon, H.J Barreras, CNP Freire, F. Cardama, F. Vulcano e Valiña. Os sindicatos convocantes demandan ao Goberno de España que afronte urxentemente a "crítica" situación pola que está atravesando osector naval privado. Piden ao Executivo que resolva de forma inmediata e favorábel o expediente incoado pola Comisión Europea (CE) sobre o mecanismo fiscal que operou en España entre 2002 e2011. Tamén demandan que se defenda o principio de confianza lexítima e seguridade xurídica ante a CE e que se demostre que esas supostas axudas achegadas ao sector non deberían ser obxecto de devolución. . |
NOS_43337 | Para Guerra, os gobernos de Pinochet (1973-1990) en Chile e Maduro en Venezuela son ditaduras horríbeis, dixo, mais a que acabou pola forza das armas co goberno do socialista Allende tería tido unha eficacia no terreno económico da que carecería o executivo bolivariano. Con este discurso Alfonso Guerra, en tempos líder da suposta ala esquerda do PSOE, coloca o listón da ocorrencia reaccionaria moi alto até para Vox. | "Entre a ditadura de Pinochet, horríbel, e a ditadura de Maduro, horríbel, hai unha dfierenza: que nun sitio a economía non caeu e noutro si ten caído. Non querer ver esa diferenza é pór unha venda porque son amigos dun ou amigos doutro", dixo esta segunda feira o ex vicesecretario xeral e ex vicepresidente do goberno español, Alfonso Guerra, nunha entrevista na SER. "Venezuela está a sofrer unha ditadura, alén de todo incompetente, porque todo o mundo sabe que as ditaduras liquidan a liberdade dos pboos, mais, no mínimo, teñen eficacia no terreno económico", dixo. A ditadura de Pinochet, unha das máis sanguinarias na historia recente de América Latina, asasinou máis de 3.000 persoas para estabelecer un goberno neoliberal que seguiu fielmente os ditados da chamada Escola de Chicago, coa posta en marcha de medidas privatizadoras que deterioraron severamente e as condicións de vida das clases populares. En liña directa cos postulados de Trump e do golpista Guaidó, Guerra fai votos por que os militares acaben retirando o seu apoio a Maduro. "No momento en que os militares se quiten de en medio da barra de Maduro, iso cae, seguro", dixo. |
NOS_54085 | A fronte nacionalista celebrará o encontro os próximos 25 e 26 de marzo na Coruña, unha cita da que quere saír "renovado e fortalecido" e consolidar "o tempo novo" iniciado coa recuperación do apoio social e electoral das pasadas eleccións galegas. | O Consello Nacional do BNG aprobou por ampla maioría as teses políticas e os novos estatutos cos que a formación concorrerá á súa XVI Asemblea Nacional, que terá lugar na Coruña os próximos 25 e 26 de marzo e que coincidirá co 35 aniversario da fundación da fronte na mesma cidade. Unha cita da que o Bloque quere saír "renovado e fortalecido" para ser "a casa común do nacionalismo galego" e de consolidar "o tempo novo" iniciado coa recuperación do apoio social e electoral das pasadas eleccións galegas. "Son as teses políticas máis traballadas, participativas e debatidas da historia do BNG", sinalou durante a reunión do máximo órgano entre asembleas o secretario de Comunicación, Rubén Cela. Unha Asemblea Nacional que aspira a actualizar os principios políticos da fronte por primeira vez desde a súa fundación, segundo destaca a formación en nota de prensa. Con ela concluirá o denominado Proceso Adiante no que participaron 1.800 persoas (600 delas non militantes) ao longo de todo o país. "Son as teses políticas máis traballadas, participativas e debatidas da historia do BNG", sinala o secretario de Comunicación, Rubén Cela. "Sabemos que queda moito traballo por facer, mais tamén pensamos que estamos no bo camiño, despois de que moitos galegos e galegas volveron mirar para o BNG como un proxecto político serio, solvente e rigoroso para construír unha Galiza con futuro desde nós e para nós, e cunha forza que ten a cabeza e o corazón neste país", salientou Cela, que explicou que o BNG pasará a definirse como "movemento socio-político" alén dunha organización partidaria, entre outras novidades recollidas nas teses políticas. Avanzar cara a soberanía do país, reforzar o papel de Galiza Nova e dar maior protagonismo as e os simpatizantes son os puntos centrais da nova folla de ruta dos nacionalistas. Entre os obxectivos da formación a medio prazo, recollidos na denominada Estratexia Avanza Galiza 2017-2020, están acadar un concerto económico para unha autonomía fiscal e financeira plena, banca e facenda galegas, un poder xudicial propio e competencias exclusivas en infraestruturas como a AP-9, portos ou aeroportos. "Trátase da carta de dereitos e deberes máis avanzada de todo o Estado en materia de transparencia e participación, de recoñecemento da pluralidade interna e información total á militancia". O proceso inclúe tamén a aprobación duns estatutos que reforzan o papel das bases, especialmente da mocidade. "Trátase da carta de dereitos e deberes máis avanzada de todo o Estado en materia de transparencia e participación, de recoñecemento da pluralidade interna e información total á militancia", dixo o secretario de Comunicación do BNG a respecto dos novos textos. Nese sentido, contemplan unha Comisión de Garantías cuxas competencias "transcenda o de ser arbitro de conflitos para velar polo cumprimento dos acordos da Asemblea Nacional", a continuidade das asembleas abertas, coa posta en marcha dunha Rede de Concellos Nacionalistas, e o relanzamento da Fundación Galiza Sempre como centro de estudos, análise e formación nacionalista. |
NOS_26888 | A ofensiva dos aparatos do Estado contra o referendo de autodeterminación xa está en marcha. A Fiscalía Xeral do Estado acaba de anunciar que, alén de denunciar os membros da Mesa do Parlament que deron luz verde á tramitación da Lei do Referendo, vaise querelar tamén contra o Govern en pleno -contra todos e cada un dos seus integrantes- por teren asinado o decreto de convocatoria do referendo. | Poucas horas demoraron os aparatos do Estado en despregar accións concretas destinadas a punir as e os dirixentes do soberanismo catalán por ter aprobado esta cuarta feira no Parlament primeiro a Lei do Referendo e segundo o decreto de convocatoria da consulta autodeterminista. A primeira noticia veu do Tribunal Constitucional. Por volta das 12 horas sóubose que o órgao xurisdicional rexeitaba a recusación realizada contra todos e cada un dos seus maxistrados por parte de Carme Forcadell, presidenta do Parlament, quen os consideraba parciais pola súa militancia anti-soberanista. Forcadell argumentaba no seu escrito de recusación que os maxistrados teñen tornado o TC nun apéndice do poder executivo español. Os xuristas recusados xulgaron eles propios a súa recusación e, loxicamente, acabárona rexeitando co argumento de que era excesivamente "xenérica" e non achegaba argumentos suficientes sobre os que fundar a súa falta de idoneidade para abordar os eventuais recursos do Estado contra as normas que regulan o referendo. A seguir esta decisión, o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, anunciou que se ía querelar contra o Govern en pleno por asinar o decreto de convocatoria do referendo, ao tempo que explicitou a súa vontade de investigar calquera acción que a Generalitat poña en marcha para materializar a realización do referendo (esta noite pasada, efectivos da Garda Civil rexistaron os vehículos das e dos traballadores dunha imprensa da que se sospeitaba que puidese estar editando o censo a utilizar na consulta). A Fiscalía xa tiña anunciado esta cuarta feira unha querela contra os 4 parlamentares soberanistas (de JxSí) e o deputado de Catalunya sí que es Pot Joan Josep Nuet que, como integrantes da Mesa da cámara, viabilizaron co seu voto a tramitación da Lei do Referendo. |
NOS_47818 | Malia sinalar que seguirá coas conversas coa oposición, xa lles lanzou un órdago: "deben acatar os resultados das urnas". Segundo o mandatario galego, após a maioría eleitoral que conqueriu o 21 de outubro, a reforma da Cámara "vén tendo unha condición similar á dun referendo" | O PPdG está disposto a recortar o número de escanos que actualmente ten o Parlamento galego aínda que as outras tres forzas da oposición estean en contra. Recoñeceuno esta quinta feira o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de imprensa posterior ao Consello da Xunta, onde argumentou que a formación conservadora "ten a obriga de cumprir os seus compromisos eleitorais" e rebaixar a cifra de deputad@s até aquela impar máis baixa das permitidas polo Estatuto galego "é unha promesa eleitoral". Após a vitoria nas urnas o 21 de outubro que lle deu a maioría absoluta na Cámara malia ter recibido unicamente un de cada catro votos a favor de todos os emitidos, Feijóo considera que todas as medidas que colocou no seu programa "veñen tendo unha condición similar á dun referendo" e "todos os demócratas teñen a obriga de prestar atención ao que os cidadáns demandan". A proposta coa que o PPdG concorreu aos comicios contemplaba tamén, por achegar máis un exemplo, a vía da arbitraxe para as máis de 80.000 persoas estafadas polas participacións preferentes de Novagalicia Banco. Porén, non parece que vaia saír para adiante pois, polo de agora, unicamente se habilitou para dous de cada dez casos e hai 60.000 familias agardando por unha solución. Con todo, e malia que na xuntanza realizada esta mesma quinta feira cos grupos de AGE e PSdG ambos os dous se mostraron en conta da redución de escanos --o BNG xa rexeitou manter un encontro con Pedro Puy e fixo unha proposta para confrontar a do PPdG, Feijóo insistiu en que "intentaremos facelo co apoio dos outros grupos" mais deixou caer que "deben acatar os resultados das urnas". Cobrar o IBI á Igrexa "non lle interesa a ninguén" A enquisa do Centro de investigacións sociolóxicas (CIS) vén de revelar que unicamente o 16% da poboación galega aproba as políticas que o PPdG e o seu presidente Feijóo, desenvolveron na lexistatura anterior e que marcaron a folla de ruta para a actual. "Todos os políticos estamos submetidos a valoración constantemente e acepto, e de bo agrado, o resultado", explicou o mandatario galego nun primeiro momento. Con todo, acrecentou: "coincido cos enquisados en que a prioridade é o paro". Á mesma enquisa recorreu para quitarlle importancia á demanda debatida a cuarta feira na comisión de Economía a proposta de AGE para que a Igrexa católica pague o IBI: "é un asunto bastante antigo que se formula periodicamente mais, segundo o CIS, tamén é un asunto que non lle interesa a ninguén". A renglón seguido concluíu sinalando que "hai un marco, un concordato [co Vaticano] e un acordo" para deixar a pelota no tellado dos municipios e "que fagan o que consideren oportuno". A "medida histórica" de fusionar concellos: aprobada a unión de Oza e Cesures O Consello da Xunta aprobou o decreto que autoriza a fusión dos concellos de Oza e Cesures, ambos os dous gobernados polo PPdG e onde os grupos municipais de BNG e PSdG manifestaron o seu rexeitamento. Por tanto, a unión saíu adiante co apoio dos executivos locais, da deputación da Coruña (presidida por Diego Calvo, do PPdG) e da Xunta de Galiza, tamén en mans do mesmo partido. Malia isto, Feijóo insistíu en salientar que "non foi, en ningún caso, unha decisión partidista". O presidente do Goberno galego elevou a medida á categoría de "histórica" e chamou a máis concellos a se fusionaren "voluntariamente" para colocar o País "á cabeza dunha reforma necesaria da administración local" porque, segundo el considera, "o número de municipios en España é excesivo". Sobre a polémica xerada perante a decisión de fusionar Oza e Cesuras sinalou Feijóo que "non facer nada é o único que nunca xera problemas" e remachou: "aquí levabamos 40 anos sen facer nada. Ou ao contrario, facendo segregación de concellos". |
PRAZA_9643 | Este venres e sábado a zona de Irmandiños encherase de concertos, obradoiros e mesas redondas que buscan "crear conciencia da falta de presenza de mulleres nos festivais, concertos, exposicións, teatros e, en definitiva, na escena pública" | Vigo acolle esta fin de semana a segunda edición do festival punk e feminista Nas Verzas. Máis duras cós cañotos das verduras, organizado polo colectivo de mulleres artistas 85C e que se desenvolverá na zona de Irmandiños. Ademais dos concertos e pinchadas (en sala e na rúa) haberá un mercadiño, obradoiros e un faladoiro, que afondarán na relación entre o rural galego e a escena máis underground do garaxe e do punk."O noso lema fai lembranza ás nosas avoas. Elas que sufriron a opresión máis crúa e que, aínda así, convertéronse nas nosas referentes de empoderamento"Dende o colectivo explican que "o noso lema fai lembranza ás nosas avoas, esas bravas que loitan cada día na súa casa, no campo, coa súa familia… Elas que sufriron a opresión máis crúa e que, aínda así, convertéronse nas nosas referentes de empoderamento. Son o 'underground' da esfera familiar, coas que a maioría medramos e aprendemos a loitar".Cheap Lipstick e Serpiente actuarán o venres na Sala Doppler a partir das 22.30 horas e Decibélicas o sábado na Sala Kominsky, tamén a partir das 22.30 horas. Unha vez rematados os concertos cada sala acollerá cadansúa sesión Dj para rematar a noite. O venres pola tarde actuarán na rúa Seilaesencia, e o sábado será a quenda de Lakenobaila."O obxectivo fundamental é crear conciencia da falta de presenza de mulleres nos festivais, concertos, exposicións, teatros e, en definitiva, na escena pública"Ademais, o sábado pola tarde celebrarase unha mesa redonda coas bandas do festival máis unha banda invitada, Heroínas, referentes da cultura punk rock de Galicia, na que se debaterá sobre a figura da muller dentro do punk A asociación feminista 85C salienta que non ten ánimo de lucro e que todo o diñeiro conseguido no festival se reinvestirá "no seu labor de promoción e visibilización de mulleres artistas". "O obxectivo fundamental é crear conciencia da falta de presenza de mulleres nos festivais, concertos, exposicións, teatros e, en definitiva, na escena pública", destacan. |
NOS_42305 | Aos baixos ingresos súmase altas taxas de temporalidade e situacións de precariedade | Unha das constantes que se repiten en calquera estudo ou informe laboral sobre a mocidade é a dos baixos salarios. Así, os últimos datos ao respecto indican que as persoas menores de 25 anos perciben de media ao ano un salario de 12.270,40 euros, fronte aos 24.395,98 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 12.125,58 euros e da lugar a unha fenda salarial do 49,7%. As persoas de entre 25 e 34 anos cobran ao ano de media 19.563,03 euros, 4.832,95 euros menos que o conxunto das idades, unha brecha de 19,8%. Aumento En Galiza, cos datos do tramo de 25 a 34 anos, a fenda é do 20,7%. As persoas menores de 25 a 34 anos perciben de media ao ano un salario de 17.580,05 euros, fronte aos 22.177,40 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 4.597,35 euros e da lugar a unha fenda salarial do 20,7%. A isto engádese que a poboación ocupada entre 16 e 29 anos diminuíu en 119.723 persoas de 2008 a 2019. Se en 2008 a Galiza contaba con 241.599 persoas empregadas nesa franxa de idade, á volta de 2019 non superaba as 118.336, desaparecendo o 53,9% dos postos de traballo no grupo de 16 a 24 anos e o 46,8% no sector de 25 a 29. A mocidade representaba en 2008 o 20,4% da poboación ocupada, situándose en 2019 en 11,3%, caendo a taxa de actividade xuvenil en 10,5 puntos. Pola contra, o grupo de 30 a 64 anos recuperaba en 2018 a taxa de emprego existente en 2008 e en 2019 conseguía incrementala. O Informe sobre a empregabilidade da mocidade na Galiza, presentado polo Consello Económico Social (CES), analizou o peor comportamento do emprego na mocidade durante a coñecida como gran recesión. Así, recolleu que "mentres o número de persoas asalariadas de 30 ou máis anos apenas variou de 2008 a 2011, neste curto período prescindiuse de unha de cada tres persoas traballadoras asalariadas de 16 a 29 anos. Xa en 2019, con relación a 2008, o emprego asalariado de máis idade aumentou un 7,9%, mentres que o máis novo caeu nun 51,6% para o colectivo de 16 a 24 anos e o 45,3% para o de 25 a 29 anos". Os datos de ocupación -os referidos a quen ten un traballo remunerado- de 2020 volveron pór de manifesto que a mocidade foi o colectivo máis golpeado pola crise detonada pola pandemia. O número de ocupados caeu en 2020 en 10,8 %, debido a unha variación negativa de 12,4% no grupo de 16 e 24 anos e de 10 % no de 25 a 29, pasando a representar o 10,3% dos traballadores ocupados entre 16 a 64 anos, a metade de 2008. |
NOS_58522 | "Multiplicar a festa por mil". Eis unha das intencións de 'Caravana de emerxencias, o festival autoxestionado que o 4 de abril se presentará na Capitol (Compostela). Skarallaos, Chotokoeu e Skarnivals son os grupos responsábeis dunha iniciativa novidosa: a entrada será de balde, e os asistentes escollerán o prezo á saída. | Imaxinación, autoxestión, música e festa. Catro elementos sobre os que conformar unha iniciativa das de festa rachada, a Caravana de emerxencias. A experiencia póñena en marcha tres dos grupos galegos dos que teñen gañas de facer música (e moito máis): Skarallaos, Chotokoeu e The Skarnivals. A iniciativa tomará forma o 4 de abril na compostelá Sala Capitol, e será presentada por Swingdigentes. É un festival autoxestionado e organizado polos propios grupos participantes que propón unha orixinal fórmula de pago. O acceso será de balde, e será na saída cando as e os asistentes paguen o que consideren oportuno polas actuacións. Unha aposta valente e na que se confía no público como unha parte activa e indispensábel para manter o tecido cultural, nesta caso musical, na Galiza. |
NOS_32850 | As obras cos títulos A culpa, de María Solar, Cicuta para dous, de Rocío Leira, e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, resultaron gañadoras do XXXIX Premio Xerais de Novela, o XIV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXVII Premio Merlín de Literatura Infantil. | María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias son os gañadores dos Premios Xerais, dotados de 10.000 euros cada un. Así, o xurado da XXXIX edición do Premio Xerais de Novela no que concorrían 40 obras e que estaba formado por Carolina Sertal (xornalista), Mónica Cores (profesora e bookstagramer), Sara Carballa (coordinadora do club de lectura Daquelas que len), Begoña Varela Bárcena (libreira), Pepe Pintado (científico do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, elixiu A culpa, da xornalista e coordinadora de Cultura da CRTVG María Solar, como vencedora. "A culpa é un xogo de espellos entre dúas amigas e socias indisolúbeis, unha relación que comeza cunha clara manifestación de apoderamento persoal e feminino para se ir convertendo nunha submisión tóxica agoniante cun final perturbador onde a culpa se converte nun personaxe omnipresente", explica a editorial Xerais nun comunicado de prensa. "Estamos ante unha novela de intriga que mantén até o último alento a necesidade de descubrir cada un dos elementos agochados nesa poza intermareal en que se mergullan as persoas lectoras para poder desentramar e comprender con lucidez a historia que se conta", indica a editorial, que se fai eco das palabras do xurado, "en canto ao estilo, a autora consegue unha narración moi equilibrada e áxil. Ao longo de toda a novela dosifícanse e infíltranse perfectamente as pasaxes intimistas e reflexivas que esixen unha lectura máis pausada co ritmo trepidante e os diálogos fluídos para os momentos de acción e suspense". Premio Jules Verne Por outra parte, o xurado da XIV edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, declarou gañadora por unanimidade Cicuta para dous de Rocío Leira. Un xurado que estaba formado por Gabri Fuentes (xornalista), Araceli Collado Díaz (bookstagramer), Adrián Gómez Ramos (escritor), Manuel Moledo (biólogo e escritor), María Asunción Carballo Rodríguez (profesora e coordinadora de biblioteca) e Ramón Domínguez Veiga (secretario do xurado), en representación de Xerais. Nesta categoría, informa a editorial, concorrían 23 obras, das que formaba parte Cicuta para dous, da que o xurado valorou "a forza do argumento, a orixinalidade, o manexo da lingua e, sobre todo, o carisma dos personaxes" dunha novela que consideraron "redonda". Asimesmo, recomendaron a publicación da obra presentada baixo o título "O xogo da Casandra". Rocío Leira é licenciada en Matemáticas pola USC e na actualidade dirixe un centro de formación para estudantes universitarios en Compostela. Entre os numerosos premios que ten no seu haber destacan o Díaz Jácome de Poesía para Novos Creadores, o Xaime Illa Couto de Relato e Poesía, o Avelina Valadares de poesía ou o Premio de Novela Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo. Foi ademais dúas veces finalista do Premio Jules Verne, que convoca Xerais. Premio Merlín Por último, o xurado da XXXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, formado por Iván Davila (actor e narrador oral), Chus Gómez Dorrego (xornalista), Tamara Lema (mestra e autora de material educativo), María Montes (ilustradora), Elisa Nieves Barreiro (bookstagramer) e Anaír Rodríguez (secretaria do xurado), en representación de Xerais, acordou por unanimidade declarar gañadora Unha nova dimensión, escrita por Anxo Iglesias, de entre os 24 orixinais presentados. Xerais explica que a novela escollida é "un orixinal compendio poético baseado na liberdade creativa e nos xogos coa linguaxe". "Nas súas páxinas desprégase un amplo abano de composicións (romances, abecegramas, xitanxáforas, ladaíñas, haikus, pictopoemas, cancións…), así como recursos de todo tipo: semánticos, fonéticos, rítmicos ou visuais, cunha meditada escolla de tamaños e cores de letra, e unha coidada disposición das palabras no espazo para gañar en expresividade". "Ler Unha nova dimensión é asistir a un festival de creatividade; é un estímulo para a imaxinación", engade a editorial. Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. É membro fundador da Asociación Espazo Lectura e foi coordinador do Club de Lectura Lendo contigo desde 2008 até 2015. Os libros gañadores dos tres premios chegarán ás librarías no mes de novembro deste mesmo ano, coincidindo co acto de entrega dos galardóns. |
NOS_28632 | A Garda Civil investiga un veciño da localidade como presunto autor do ataque a unha estrutura catalogada como ben de interese cultural arqueolóxico. | Unha patrulla do Seprona, entidade de protección do medio ambiente dependente da Garda Civil, está a investigar desde esta cuarta feira un home, veciño de Trazo, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio histórico en Benza (Trazo). Está acusado de derrubar con maquinaria pesada a fortificación do castro de Lestrobe, datado na Idade de Ferro e recollido no inventario de bens da Consellaría de Cultura. Trátase dunha construción datada da Idade de Ferro e protexida pola Consellaría de Cultura Os feitos foron denunciados por veciños da zona por mor dunhas obras que se estaban a realizar nuns terreos en man común que están afectados por un proceso de concentración parcelaria na parroquia tracesa de Benza. Axentes do Seprona desprazáronse ao lugar para certificar que parte da defensa do castro de Lestrobe está parcialmente derrubado pola acción dunhas máquinas que, ademais, modificaron a orografía do terreo co obxectivo de construír unha pista. A Fiscalía abre dilixencias contra a Deputación de Ourense e a Xunta por causar danos no mosteiro de San Pedro de Rocas Está catalogado tamén como ben de interese cultural arqueolóxico, polo que goza dunha figura de protección integral e en ningún caso podía ser modificado. |
NOS_49996 | Se non apresentou escusas por ter avalado cunha coartada falsa —a existencia de armas de destrución masiva— a ilegal guerra do Iraque mal se podía agardar que o fose facer co financiamento irregular do seu partido. Fiel a si propio, e ás veces á beira da auto-parodia, Aznar negouno todo na súa comparencia no Congreso. Por negar até negou o que negro sobre branco aparece na sentenza xudicial sobre a Gürtel. | Non é nen equívoca nen ambigua a sentenza da Audiencia Nacional sobre a Gürtel. Atinxe, aliás, directamente o período de Aznar como chefe do partido hexemónico na dereita española. Os xuízes consideran probada a existencia no PP dunha "estrutura financeira e contábel paralela á oficial existente no mínimo desde 1989". Máis, pétreo como unha parede de frontón, Aznar optou por negar a maior desde o primeiro minuto da súa comparecencia. Veu dicir que o seu partido se financiou de acordo coa legalidade, coas cotas da afiliación e coas doazóns dos particulares. "Das mil e pico páxinas da sentenza non hai nin unha soa proba da caixa B", dixo o ex presidente. A argumentación de Aznar foi invariabelmente a de que a sentenza sobre a Gürtel se limita a condenar o PP como partícipe a título lucrativo en asuntos de corrupción que atinxían dous concellos de Madrid por unha cuantía conxunta inferior aos 200 mil euros. Entrou ao corpo a corpo nomeadamente con Gabriel Rufián (ERC) e Pablo Iglesias (Podemos), mais tamén con Rafael Simancas (PSOE). No turno de perguntas do portavoz do grupo parlamentar socialista até chegou a negar a súa participación como impulsor —xunto con George W. Bush e Tony Blair— da xenocida agresión ao Iraque: "España non participou na guerra de Iraque, non se tiraron bombas españolas porque non mandou soldados", dixo. E non contente con iso, contra-atacou cunha alusión á venda de armas a Arabia Saudí: "Vostés venden bombas, perdón, proxectís", ironizou. A Rufián atacouno como era de agardar pola cuestión catalá —chamouno repetidamente "golpista"— en tanto que a Iglesias lle imputou dirixir un partido que tería sido financiado por Venezuela e Irán. En definitiva, Aznar —coreado polos seus parlamentares, adictos á nova liña casadista— limitouse a ser el propio no Congreso, sen importarlle o máis mínimo que o seu discurso non se correspondese en absoluto nen coa sentenza da Gürtel nen coas investigacións da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. |
NOS_21312 | Nunha entrevista concedida a Cadena Ser a conselleira de Facenda asegura que unha reforma fiscal só permitiría ingresar 5 millóns de euros, cantidade que entende insuficiente para xustificar a suba de impostos ás rendas superiores a 100.000 euros. | O executivo galego négase de maneira rotunda a incrementar os impostos para as rendas máis altas. Así o manifestaba a conselleira de Facenda na súa intervención parlamentar para debullar os Orzamentos 2013 e, de novo, Elena Muñoz reiterouno esta fin de semana nunha entrevista concedida á Cadena Ser. Muñoz asegura que unha reforma fiscal "tería un impacto moi pequeno" Segundo a conselleira, incrementar os impostos ás faixas de renda máis altas (superiores a 100.000 euros) como pide a oposición, "tería un impacto moi pequeno" e non aumentarían os ingresos públicos. Muñoz, indicou que o número de persoas que en Galiza superan ese nivel de renda implicaría ás arcas públicas ingresar "cinco millóns de euros", porén, a conselleira entende que estes ingresos non xustificarían a suba impositiva. Neste senso, Elena Muñoz, xa manifestara na súa comparecencia parlamentar a pasada cuarta feira, que a Xunta de Galiza non estaba disposta a aumentar o gravame sobre os tramos de renda máis alta malia ter argüído os recortes orzamentarios á falta de ingresos da administración pública. Pola súa banda, os grupos da oposición --que criticaron con dureza o anteproxecto presentado polo goberno galego e denunciaron que os recortes se centrasen, máis unha vez nos servizos públicos, propuxeron nas súas interpelacións a necesidade de se aprobar unha reforma fiscal en beneficio dun pagamento de impostos máis equitativo. A oposición demanda incrementar os impostos ás rendas máis altas en aras dunha fiscalidade máis equitativa En troca, no executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo, insisten en que a súa proposta é a duns orzamentos "sociais" que "blindan Galiza perante o rescate", garantindo, asegurou nas súas declaracións Elena Muñoz, "as prestacións de servizos básicos". Aliás, a conselleira de Facenda recuncou na idea forza que está a marcar o discurso do goberno galego e acrecentou que as contas públicas que pretende aprobar a Xunta de Galiza "procuran asentar as bases do crecemento", cuestión que di, comezará a se notar o vindeiro ano. |
NOS_48463 | Na 19ª edición do festival Treme a Terra de Pontedeume, que ten lugar o sábado 8 de decembro, o protagonismo musical será de carácter internacional. Canda o punk celta dos galegos Bastards On Parade estará o "punk rock escandaloso" dos suecos The Baboon Show. | O Treme a Terra, cuxa sede é o aparcadoiro do instituto Fragas do Eume, dedica o seu encontro deste ano "á loita dos estaleiros da ría de Ferrol e as súas heroicas resistentes, que non eran pobres obreiras". "A imaxe de submisión e inactividade da sociedade galega é un mito que se foi construíndo ao longo dos anos", indican desde a organización, "pero nada máis lonxe da realidade". O festival lembrará cun caderno "os acontecementos máis salientábeis desa etapa da historia galega": paros, folgas, conflitos, o estourido de 1972, o papel das mulleres nas loitas. "Sodes semente revolucionaria", conclúen. Ademais de Bastards On Parade e The Baboon Show, actuarán Bule, grupo eumés de "melodías divertidas" pop rock e mais Tanxugueiras, "auténtica homenaxe á música tradicional galega". Tamén haberá espazo e tempo para as pequenas e pequenos, coa intervención de Pakolas. Organiza o Colectivo Terra co apoio da Deputación da Coruña e mais do Concello de Pontedeume. |
PRAZA_16384 | Feijóo prometera na inauguración do hospital lucense a apertura do servizo de hemodinámica antes da fin de 2011. O servizo inaugurouse en 2014 con atención en 'horario de oficina' e agora abrirá ata as dez da noite, medida que tamén se implantará en Ourense VÍDEO | Feijóo promete a posta en marcha de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA antes da fin 2011 | VÍDEO | Feijóo promete a posta en marcha de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA antes da fin 2011 O PSdeG liga o novo horario da hemodinámica á "proximidade dunha cita electoral" e reitera a esixencia de abrila as 24 horas O vindeiro luns, 26 de febreiro, fará exactamente sete anos dende que Alberto Núñez Feijóo inaugurou o Hospital Lucus Augusti, o centro que substituíu na capital lucense a asistencia que prestaba o deteriorado complexo hospitalario Xeral-Calde. Naquel acto solemne o presidente da Xunta formulou unha promesa moi concreta: "Os pacientes con doenzas do corazón ou de cancro que antes tiñan que desprazarse a Santiago ou á Coruña poderán ser atendidos no seu hospital público de Lugo ao longo deste ano", isto é, de 2011. Aquela promesa aglutinaba os principais servizos pendentes do hospital lucense: radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica. Os dous primeiros chegaron ao HULA en marzo e agosto de 2016 e no caso da hemodinámica, o servizo que atende as persoas que sofren un infarto, está aberto dende comezos de 2014, aínda que só en 'horario de oficina', de 8 a 3 e de luns a venres. Sete anos despois esa restrición está a piques de mudar, aínda que só parcialmente. Feijóo prometera na inauguración do hospital a apertura do servizo de hemodinámica antes da fin de 2011 Segundo puido saber Praza.gal de fontes sanitarias, no hospital de Lugo está a ultimarse a inminente ampliación do horario da unidade de hemodinámica, aínda que sen chegar polo momento á apertura 24 horas que viñeron reclamando durante os últimos sete anos plataformas veciñais, organizacións sanitarias, partidos políticos da oposición galega e as principais institucións lucenses, Concello e Deputación. As fontes consultadas por este diario indican que esa ampliación, que cadraría practicamente de xeito exacto co sétimo aniversario da inauguración do HULA, traerá consigo que esta unidade preste servizo ata as 22 horas de cada día e despois peche ata a mañá seguinte. Nese período nocturno os pacientes infartados que o precisasen terían que seguir sendo trasladados a outros hospitais -o máis frecuente é que sexan enviados á Coruña-. As mesmas fontes indican que dende o hospital se está a trazar ademais un cronograma que implicaría, nunha seguinte fase sen determinar, implantar a reclamadísima apertura continuada. O servizo inaugurouse en 2014 con atención en 'horario de oficina' e agora abrirá ata as dez da noite Esta mudanza chega despois non só de sete anos de mobilizacións practicamente continuas, senón tamén despois de que, durante os mesmos anos, o Goberno galego e o PPdeG defendesen que o modelo de apertura en 'horario de oficina' atendía de xeito adecuado as necesidades da unidade de hemodinámica do HULA á que chegan doentes non só da cidade de Lugo, senón de toda a provincia. Neste sentido, a Consellería de Sanidade condicionou durante os últimos anos calquera cambio no modelo aos resultados tirados do Rexistro Galego de Infarto (Regaliam), unha base de datos dependente do Sergas creada a comezos de 2015, pouco despois de que os datos do INE acreditasen que a mortalidade por infarto na provincia de Lugo duplicaba a media estatal. Esta mesma semana o PSdeG lucense esixía formalmente a través do Parlamento por décimo cuarta vez coñecer os datos completos do Regaliam baixo a advertencia de que, se Sanidade non atendía desta volta a petición, esixirían os documentos a través dos tribunais. A única información ao respecto feita pública polo Sergas ata o momento, na primavera de 2016, acreditaba que as diferenzas no tempo de atención aos infartos de miocardio en Lugo superaban a hora e vinte a respecto do punto de Galicia no que esta doenza é atendida con máis axilidade, a cidade de Santiago. Sanidade confirma que a ampliación do horario é inminente e atinxirá tamén á sala de hemodinámica de Ourense O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, confirmou este mércores no Parlamento a devandita ampliación do horario da sala de hemodinámica lucense ata as dez da noite e avanzou ademais que a mesma medida será adoptada en Ourense. Almuiña asegurou ademais, en resposta a unha pregunta do PP, que os datos acumulados no Regaliam tras 25 meses de funcionamento son "moi positivos". Este diario consultara á Consellería de Sanidade sobre os detalles da decisión, así como a respecto da súa intención por divulgar os datos completos do rexistro e o departamento autonómico remitiuse este mércores á intervención parlamentaria do conselleiro. A inminente ampliación parcial do horario de apertura do servizo de hemodinámica no Lucus Augusti anúnciase poucas semanas despois de que, como informou Praza.gal, a reclamación pública sobre este servizo fose reavivada pola carta aberta dun paciente que tivo que ser trasladado á Coruña ao sufrir un infarto un domingo ás sete da tarde. Neste sentido, a Federación Veciñal e outras entidades da cidade xa avanzaran a súa intención de emprender novas mobilizacións para esixiren a apertura continuada. Chega ademais nun momento no que as carencias sanitarias de Lugo se presentan, xunto á cuestión das infraestruturas pendentes, como un dos principais lastres electorais para o PP na cidade e na provincia, fixadas na estratexia electoral dos populares como prioritarias, toda vez que levan lonxe do poder municipal dende 1999 e a súa eventual recuperación sería clave para poderen optar ao seu outro gran albo, a Deputación provincial, que non gobernan dende 2007 coa excepción dun poucos meses en 2015. |
PRAZA_17545 | A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública culpa da situación aos "recortes de persoal" efectuados polo Sergas, así como á "precariedade e falta de recursos", que leva a unha "fuxida de profesionais" O verán empeora o déficit de pediatras en Galicia | De Vigo á Coruña, da Costa da Morte á Terra de Trives. O escaso número de pediatras cos que conta o SERGAS está a provocar problemas en centros de saúde de todo o país, que se ven máis agravados coa chegada do verán e os períodos vacacionais deste colectivo de profesionais. A Consellería de Sanidade, que alega que non dispón de substitutos e substitutas para cubrir os postos que quedan sen profesionais, decidiu agrupar o servizo de pediatría en centros de saúde de referencia, o que leva por exemplo a que este verán en toda a provincia de Pontevedra haxa unicamente 23 centros de saúde nos que se prestará asistencia pediátrica. O SERGAS decidiu agrupar os servizos de pediatría nuns centros de saúde determinados Isto provoca que se dean situacións nos que catro concellos só contan cun único centro de saúde de referencia cun médico ou médica infantil (Cambados, Meis, A Illa e Ribadumia; Caldas, Cuntis, Moraña e Portas; ou Ponteareas, As Neves, Mondariz e Covelo). O SERGAS sinala que no caso de que as familias teñan problemas para desprazarse a os novos centros de saúde asignados, "os pacientes sempre poderán optar por seren atendidos no seu centro de saúde habitual polo seu médico de familia", perdendo así o seu dereito a recibir unha atención pediátrica especializada. Un exemplo da situación no rural: A Pobra de Trives Obviamente, a situación é máis negativa nas zonas rurais e, polo tanto, nas provincias orientais, onde hai comarcas nas que as familias que queiran levar os seus nenos e nenas ao pediatra terán que percorrer grandes distancias, tendo en conta ademais que as estradas ou os servizos públicos de transporte entes estas localidades non sempre son os mellores. Entre os centros de saúde que viron suprimido o seu servizo de Pediatría está o da Pobra de Trives; os seus usuarios e usuarias deberán trasladarse agora aos centros de saúde de Maceda (55 quilómetros, 52 minutos en coche) ou da Rúa (26 quilómetros, 31 minutos). Os usuarios e usuarias do Centro de Saúde da Pobra de Trives deberán trasladarse agora a Maceda (55 quilómetros, 52 minutos en coche) ou A Rúa (26 quilómetros, 31 minutos) O deputado de En Marea David Rodríguez vén de presentar unha pregunta parlamentaria na que insta a Xunta a dar marcha atrás na decisión de suprimir o servizo de pediatría en Trives. Rodríguez lembra que entre A Pobra de Trives e Maceda non hai ningunha conexión de autobús e que entre A Pobra de Trives e A Rúa hai tan só un bus cada día, con saída ás 6:40 da mañá da Pobra de Trives e con volta ás 18:30 da tarde. O parlamentario de En Marea pregunta: "Cando o Presidente da Xunta de Galicia nos falaba no seu debate de investidura da lexislatura do rural... referíase realmente a isto? A supresión dos servizos básicos?". De Vigo á Coruña Nas cidades hai máis servizos pero tamén son moitos máis os nenos e nenas afectadas polas supresións e polas agrupacións de centros. Na Coruña o centro de saúde de Labañou atópase actualmente sen servizo de pediatría, e tamén os usuarios e usuarias de Novo Mesoiro deberán trasladarse a outros centros. De igual xeito, outros centros como os de Os Rosales e Os Mallos só atenderán pola mañá nos meses de xullo e agosto. Dende o SERGAS sinálase que o que se intenta é "conciliar o dereito ás vacacións dos profesionais coa atención pediátrica e de primar calidade e accesibilidade fronte a proximidade". En Vigo 3.380 nenos e nenas deberán trasladarse a outros centros de saúde para recibir atención pediátrica; e outras 10.194 verán limitada a súa asistencia ao horario de mañá En Vigo a situación é aínda máis grave, pois o verán ven empeorar as eivas estruturais que dende hai anos presenta esta área sanitaria. En total, 3.380 nenos e nenas deberán trasladarse a outros centros de saúde para recibir atención pediátrica; e outros e outras 10.194 verán limitada a súa asistencia ao horario de mañá. Os usuarios e usuarias afectadas suman o 35% dos e das menores de 15 anos residentes na cidade. Máis de mil nenos e nenas de catro parroquias (Coruxo, Saiáns, Oia e Comesaña) quedaron xa o mes pasado sen pediatra no Centro de Saúde de Coruxo, e deben trasladarse ao de Navia. A Asociación de Veciños de Coruxo lembra que "a área sur de Vigo é unha zona de carácter periférico e semi-rural que conta con conexións de transporte público máis limitadas ca no centro da cidade. Por isto, o traslado do servizo ao Centro de Saúde de Navia implica grandes dificultades". Os recortes afectan tamén ao Centro de Saúde de Bembrive (403 menores de 15 anos), que queda sen servizo durante o verán. E tamén aos centros de Rosalía de Castro e Beiramar (4.498 nenos e nenas), Navia (3.340), Coia (4.343) e Lavadores (1.922), que só ofrecerán asistencia polas mañás. Os recortes en persoal, culpables da situación A Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) culpa da situación aos "recortes de persoal" efectuados polo Sergas "coa escusa da crise", así como á "precariedade e falta de recursos", que leva a unha "fuxida de profesionais". Nun comunicado, a entidade estima en 40 as prazas a crear para paliar a situación, que "se agravará a curto prazo pola xubilación de 80 profesionais que teñen máis de 60 anos", case unha cuarta parte do total existente na actualidade (340). E denuncia "a ausencia de planificación dunha administración só interesada en desmantelar e privatizar o sistema", explicando que leva 10 anos completar a formación en Pediatría. A AGDSP destaca que se necesitan de forma inmediata 40 pediatras para cubrir as actuais necesidades e denuncia "a ausencia de planificación dunha administración só interesada en desmantelar e privatizar o sistema" De igual xeito, o sindicato CESM alerta de que "a falta de pediatras de Atención Primaria no Sergas está a provocar que máis do 50% dos facultativos padeza a Síndrome de Burnout, pola tensión e a ansiedade que lles produce a sobrecarga de traballo". E sinala que a falta de pediatras "impide cubrir xubilacións, baixas e vacacións, obrigando aos médicos a ter que facer prolongacións de xornada e intersubstitucións, asumindo a axenda do compañeiro que falte". Recentemente, o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia sinalou o déficit de pediatras como "o problema más complexo en todo o país". E, de igual xeito, a presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), Amparo Rodríguez Lombardía, denunciou que "non temos practicamente xente para cubrir substitucións" e que ao redor dun "13% das prazas de pediatra están ocupadas por médicos de familia". "Estas trabas asistenciais na atención pediátrica, xunto coa ausencia de axudas familiares ou a precariedade laboral explican unha parte da caída dramática da natalidade en Galicia" A AGDSP esixe reverter os recortes orzamentarios (especialmente no capítulo de persoal), un Plan de Mellora da Atención Primaria "que recupere o prestixio perdido e a faga atractiva para o persoal de pediatría" e rematar "coa precariedade dos postos de traballo nos Centros de Saúde". "O SERGAS, a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia non queren á poboación infantil nin ás súas familias", conclúe a entidade que subliña que "estas trabas asistenciais na atención pediátrica, xunto coa ausencia de axudas familiares ou a precariedade laboral explican unha parte da caída dramática da natalidade en Galicia". |
PRAZA_7335 | Así o afirma un estudo elaborado polo colectivo Utopía Contagiosa, co apoio doutras entidades como Ecologistas en Acción ou Espazo Aberto Antimilitar de Vigo. | Os Orzamentos Xerais do Estado para 2015 destinan 23.373,93 millóns de euros a gasto militar, pero tan só unha cuarta parte deses fondos (5.767,77 millóns) son xestionados directamente polo Ministerio de Defensa, mentres que as tres cuartas partes restantes repártese entre outros departamentos. Así o asegura un informe elaborado polo colectivo Utopía Contagiosa co apoio doutras entidades, como Ecologistas en Acción, Grupo Antimilitarista Tortuga de Elche, Espazo Aberto Antimilitar de Vigo, Colectivo Antimilitarista Mambrú, La Enredadera de Radio Topo de Zaragoza e Canarias por la Paz. Analizando deste xeito todas as partidas, o gasto militar do Estado español elévase até o 5,3% do total dos orzamentos e ao 2,2 % do PIB, 502 euros por habitante. O informe engade que a cifra final podería ser maior, tendo en conta que nos últimos anos o Ministerio de Defensa adoita gastar moito máis do que ten oramentado, a través de investimentos extraordinarios e créditos. O pasado ano, por exemplo, como denunciaba un informe do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delàs, gastáronse 1.838 millóns de euros de máis, e 2.763 de máis en 2012. Estes fondos dedícanse principalmente a paga os chamados Programas Especiais de Armamento e tamén as misións militares no exterior. O gasto militar distribúese entre 12 dos 13 ministerios existentes (só se salva o de Xustiza) e destaca o seu peso no Ministerio de Presidencia, onde o gasto do CNI representa o 55% do seu orzamento, ou no de Interior, onde a Garda Civil absorbe o 35% do seu gasto. Destaca tamén o gasto militar dependente do Ministerio de Indutria (máis de 600 millóns de euros), dedicado principalmente a "Apoio á innovación tecnolóxica do sector de Defensa". Sorprenden tamén pola súa importancia outras partidas, coma a dedicada a "Potenciar a participación e defensa dos intereses de España nos Organismos Internacionais de Seguridade", que recibirá 170 millóns de euros en 2015. Finalmente, unha parte moi importante do gasto militar atópase en seccións do orzamento non asignadas a ningún ministerio: 8.722,19 dedicados a pagar a débeda militar No seu informe, Utopía Contagiosa fai fincapé na nacesidade de considerar gasto militar todas as partidas que teñan estes fins, e non unicamente as contas do Ministerio de Defensa. De feito, destaca que no estudo seguiu os mesmos criterios empregados pola OTAN para medir os gastos militares dos países que conforman a organización. Subliña, a este respecto, que no informe non analizou os orzamentos das comunidades autónomas, que inclúen "partidas que ou ben transfiren fondos a estruturas militares ou da Garda Civil, ou ben subvencionan industrias militares radicadas no seu territorio", polo que a suma final do gasto militar español podería ser superior ao indicado. O colectivo lembra, igualmente, outros beneficios fiscais e económicos (coma a exención do pagamento do IBI) do que gozan as instalacións e institucións militares. Nos últimos anos chamou moito a atención, igualmente, o crecemento experimentado polo gasto en investigación militar, que en 2014 creceu un 40% con respecto a 2013. Este crecemento, unido ao estancamento ou mesmo diminución no apoio público á I+D+i vén debuxar un panorama no que a investigación militar cada vez ten un peso maior na investigación que se fai en España. Así, o investimento en investigación militar foi en 2014 o 8,26% do total da I+D española, mentres en 2013 representaba só o 6,13%. O informe péchase lembrando que este gasto militar mantense nun contexto de fortes recortes sociais e destaca algunhas equivalecias de gasto, comparando por exemplo que o custe dun tanque Leopard é o mesmo que o de dous colexio, que 14 mísiles Tomahawk equivalen a un hospital. Ou que cos cartos que o Estado gasta en manter un soldado en Afganistán podería pagar o soldo de 14 mestres de secundaria. Ou que os cartos gastados nas operacións dun avión de combate en Libia poderían pagarlles os soldo a 684 profesionais sanitarios. Descarga aquí o estudo completo (.pdf) |
NOS_43919 | Sanidade non prevé abordar na xuntanza de hoxe avances en medidas de Semana Santa: "A idea é revisar soamente a situación epidemiolóxica dos concellos" | O comité clínico que asesora á Consellería de Sanidade na pandemia da Covid-19 reunirase na tarde desta terza feira para "unicamente" estudar a evolución epidemiolóxica por concellos e, no seu caso, realizar algún "axuste" do nivel de restricións. "Nada máis que iso", asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios antes da presentación en Compostela dun proxecto sorbe hábitos de vida saudábeis. "Por suposto que tamén estudaremos a evolución dos datos destes días e, se houbese algunha cousa crítica, tomaremos decisións. Pero a idea é revisar soamente a situación epidemiolóxica dos distintos concellos", abordou, desbotando así que se vaia a avanzar nas medidas de cara á Semana Santa. O comité clínico reunirase hoxe e, como vén sendo habitual, pola noite a Consellería informará os cambios acordados nos municipios. Ademais, Sanidade prevé convocar para esta cuarta feira unha rolda de prensa na que explicará máis pormenorizadamente os temas abordados. Na última reunión do comité clínico, a semana pasada, acordouse ampliar o horario de apertura da hostalaría até as 21:00 horas -entrou en vigor a sexta- e relaxar as restricións de aforamento nestes locais. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade tamén foi preguntado hoxe sobre a incidencia das variantes do coronavirus na Galiza. Así, Comesaña confirmou que a porcentaxe de presenza da cepa británica está en niveis "moi semellantes" no tres hospitais galegos que fan a secuenciación "masiva" do virus: A Coruña, Santiago e Vigo. "En principio, a variante británica xa estaba na ecuación cando tomamos as medidas e somos conscientes de que é predominante na maior parte de hospitais galegos", resolveu. |
NOS_29364 | O 30% do alumnado galego de mestrado realiza os estudos fóra da Galiza, o que representa dous puntos máis que a media española. Esta situación dáse tamén en 13,4% das estudantes galegas que cursan un grao. | O 13,4% dos alumnos e alumnas galegas de grao realiza os seus estudos fóra da Galiza, unha porcentaxe que se duplica (29,1%) cando falamos das estudantes de mestrado, case unha de cada tres. Mentres no primeiro caso a mobilidade fica por baixo da media española (14%), no que respecta a mestrados estamos por riba: a española é de 26,7%, dous puntos menos que na Galiza. Así o constata un informe da Fundación BBVA e do Instituto valenciano de investigacións económicas (IVIE) Pola contra, tan só 5% dos e das estudantes dos graos na Galiza proceden doutros territorios do Estado español, unha porcentaxe que en canto a mestrado é de 9,8%. Comparando as cifras de 'expulsión' e 'atracción' - seguindo a terminoloxía do estudo-, o saldo galego é negativo: marchan moitas máis estudantes das que recibimos. De feito, e no conxunto do Estado, hai só tres territorios con saldo positivo: Madrid, Catalunya e Valencia. Madrid, por exemplo, é o grande 'succionador': 40% do total de estudantes de grao desprazados fano cara a Madrid, así como o 28% das de mestrado. Ademais, en Madrid 51% do alumnado español de posgrao procede doutras comunidades. |
PRAZA_5739 | O outorgamento da Medalla Castelao á ata agora eurodeputada e filla do ex presidente da Xunta Carmen Fraga reabre a polémica sobre os criterios para a concesión deste galardón, que destacadados persoeiros da cultura galega comparten con Méndez, Gayoso, Míchel Salgado ou Manuela López Besteiro. | Que teñen en común Ricardo Carvalho Calero con Eulogio Gómez Franqueira? Que pode unir a Ánxel Fole, Valentín Paz Andrade ou Isidro Parga Pondal con José Manuel Castelao Bragaña, Jose Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso? E a María Casares con Manuel Jove ou Manuela López Besteiro? Todas estas persoas tan evidentemente dispares teñen, cando menos, un trazo en común: todas elas forman parte da nómina de 213 homes -a maioría- e mulleres que recibiron a Medalla Castelao, a segunda distinción máis importante das outorgadas pola Xunta de Galicia, dende que o Goberno galego as creou a través dun decreto no ano 1984. No trixésimo aniversario da súa creación unirase a esa lista a filla do ex presidente da Xunta e ata agora eurodeputada Carmen Fraga. Os criterios para a concesión do galardón que leva o nome do político e artista de Rianxo son tan amplos que a súa concreción depende, en boa medida, do sentido común ou intereses do Goberno de quenda. Non en van, o seu obxectivo é "distinguir aqueles galegso e galegas autores dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana". Nesta liña, durante os primeiros anos colgaron a Medalla representantes do ámbito da cultura e do galeguismo como Antón Fraguas, Xaquín Lorenzo, Francisco Fernández del Riego, Manuel Beiras ou Bibiano Fernández Osorio-Tafall, entre outros. A chegada de Manuel Fraga á Xunta disparou, como aconteceu coas Medallas de Galicia, o número de persoas e entidades distinguidas en cada edición e tamén os ámbitos profesionais, políticos e culturais dos que procedían. Neses anos recibiron a Medalla Castelao persoas que, anos despois, amosaron publicamente actitudes ou decisións que pouco teñen que ver co "recoñecemento" do pobo galego, tales como os comentarios machistas de Castelao Bragaña ou as xestións de Méndez e Gayoso á fronte das extintas caixas de aforro galegas. En 2012 a Xunta de Feijóo xa lle dera a medalla á ex conselleira e antiga candidata do PP en Lugo Manuela López Besteiro Tras o retorno do PP ao poder o gabinete de Alberto Núñez Feijóo outorgou este galardón con criterios moi dispares, transitando dende o mundo do fútbol, premiando a Arsenio Iglesias pero obviando que foi seleccionador galego, ata as artes, con Carlos Núñez e The Chieftains, ou a política, coa ex conselleira e ex candidata do PP en Lugo Manuela López Besteiro. Unha argumentación semellante á de López Besteiro é a empregada desta volta polo Executivo para distinguir a Carmen Fraga. "Estivo tres lexislaturas no Parlamento Europeo e querémosllo agradecer", xustifica o presidente Segundo anunciou Feijóo ao remate do Consello da Xunta celebrado este mércores "os dezaoito anos de servizo dende o Parlamento Europeo a Galicia e ao conxunto de España" que, di, desenvolveu a filla do presidente fundador do PP "ben merecen esta distinción". "É a galega que máis tempo estivo de eurodeputada, non hai galegos que presenten esta folla de servizos", di, nun contexto no que destaca que "gran parte do seu labor profesional" foi encamiñado "a favor dos intereses da pesca en Galicia", aínda que ela mesma salientase que na Eurocámara non se dedicou a defender "la pesca de su pueblo" e malia que, cando menos na última lexislatura, non formulase unha soa iniciativa centrada especificamente no territorio ou os intereses galegos. "Estivo tres lexislaturas no Parlamento Europeo e agora llo queremos agradecer de forma especial con esta distinción", abonda Feijóo. |
PRAZA_20386 | "A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros", din os sindicatos. A patronal cre que a "pasividade" do Goberno ante o conflito "pode responder a un interese por deixar morrer as pequenas empresas do sector" | Primeiro contacto pola vía do peche e en ausencia da conselleira. Galicia viviu este mércores a cuarta xornada de folga de autobuses, de novo cun paro practicamente total -as empresas admiten que a mobilización foi "masiva, superior ao 80%- e un día máis sen xuntanzas formais do Goberno galego co sector. Neste clima de éxito mobilizador e parálise negociadora a principal novidade cheogu pola banda sindical, que decidiu dar "un paso adiante" con peches simbólicos de piquetes informativos en sedes da Xunta na Coruña, Santiago e Pontevedra, chegando no caso compostelán a existir unha conversa directa co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro. "A conselleira só fala a través da prensa, pero non dá a cara ante os traballadores", resumía nas oficinas de Mobilidade Inácio Pavón, da CIG. Mentres a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reiteraba a postura gobernamental nunha entrevista na TVG o piquete acudiu á Xunta cunha premisa, explica Pavón: "ou nos ven polas boas ou polas malas", xa que se algo está claro para "todas as partes" é que "existe un abismo a partir do 5 de agosto" e por iso, reitera, é necesario que o Executivo convoque a todas as partes á mesma mesa e ceda na súa teima de negociar só por separado. A xuntanza co director xeral, "breve e forzada", non serviu para "avanzar nada" na solución do conflito, lamentan as organizacións sindicais. Maestro limitouse a "manter os postulados que vén defendendo a Consellería" e a asumir o compromiso de transmitirlle á propia Ethel Vázquez a reclamación de encontros a tres bandas. Así e todo, a conselleira reitera que esa posibilidade é tan "inviable" como a retirada do plan de transporte que defende o seu departamento. Ese encontro tripartito "xa se tivo" e só serviu para evidenciar, asegura, que os "intereses" de patronal e sindicatos son "contraditorios", mantén. Posible endurecemento das protestas "A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros", din os sindicatos Ante as mostras de que a Xunta non ten intención de "mover a súa posición", en verbas do voceiro de CC.OO. na área do transporte, Marcos Pérez, as centrais sindicais non desbotan incrementaer a intensidade das mobilizacións. "As protestas de hoxe son un toque de atención; por moito que se negue a abrir canles de diálogo, a folga non vai ir a menos", advirte Xesús Pastoriza, responsable de transportes da FGAMT-CIG. "A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros" e por iso, avanza, CIG, UGT e CC.OO. preparan xa unha nova xuntanza para "avaliar as catro xornadas de folga" que xa transcorreron e, antes do inicio dos paros da vindeira semana, "estudar novas accións mobilizadoras". "A pasividade da Xunta pode responder a un interese por deixar morrer as pequenas empresas do sector", afirma a patronal Mentres paira sobre o sector a posibilidade dunha folga indefinida, as tres federacións de empresas que representan o groso do sector, Anetra, Fegabús e Transgacar -a cuarta, Fegatravi, diríxea un ex-subdirector de Transporte da propia Xunta- lamentan que o "conflito estea a endurecerse sen que a Xunta reaccione". "Esta pasividade da Administración -din nun comunicado- pode responder a un interese específico por deixar morrer a rede de pequenas empresas do sector galego" co "obxectivo final de favorecer a algunha firma multinacional das que dominan a actividade" dos autobuses en todo o Estado. "A esta crenza contribúe a sucesión das mensaxes que se lanzan dende a Consellería para defender o plan contra todo e contra todos" e que "van mudando ou desaparecendo segundo se destapa a súa disparidade coa realidade". As federacións empresariais, aseguran, están "dispostas a colaborar", pero para iso a Xunta ten que volver dialogar e abandonar a "operación de imaxe que iniciou a conselleira coa comparecencia conxunta co seu homólogo de Castela e León, pretendendo asimilar modelos de transporte integrado distintos e residuais doutras comunidades co que se pretende implantar en Galicia" e igualar "realidades sociais moi diferentes". |
QUEPASA_861 | Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción. | Vén de constatar o BNG de Cee un segredo a voces: que o Concello de Cee, como algún outro da bisbarra, incumpre a Lei de Protección Animal posta en marcha o pasado 2018. Unha lei que obriga aos concellos a recoller os animais domésticos vagabundos e extraviados que deambulen polo seu termo municipal e albergaranos en centros de recollida. Mentres moitos concellos xa traballan coa empresa XEA Xestión Ética do Abandono, Cee segue facéndoo por libre, sen atender as queixas de veciños e sen darlle valor ao traballo incansable de iniciativas como Salvacadelos. Denuncia o BNG que dende o Concello mesmo se ten "levado aos cans que aparecen abandonados a concellos limítrofes, para unha vez alí dar o aviso correspondente, xa que neles si se actúa". Dende o BNG critican tamén que non haia ningún traballo, como si hai en Fisterra, co control sanitario das colonias de gatos. "Non hai un control sobre eles, anda libres e non hai se recollen nen se controlan e /ou esterilizan." Propoñen ademais medidas para ir eliminando os problemas das defecacións dos cans polas rúas do pobo, e propoñen habilitar no recheo unha zona pechada onde os cans poida facer as súas necesidades, como a existente en Muxía, con dispensadores de bosas de recollida de excrementos e carteis de concienciación e multas, como anunciadas en 2016 pero nunca executadas multas. Comarcalización Dende o BNG pensan na Mancomunidade de Fisterra como unha entidade ideal para facer fronte a este problema común dos concellos da volta, sendo os máis afectados ademais os que pasan polo Camiño. Pensan ademais que Cee como o sitio ideal para centralizar o servizo, x"a que dispoñemos de terreos aptos e edificacións que facilmente se poderían reconverter nun centro de recollida, como o antigo matadeiro de Toba. A comarcalización de servizos pasa por ser a única alternativa para poder atender as necesidades da veciñanza dunha maneira sostible, e é moita hora de ir dando pasos firmes". |
NOS_38558 | O festival organizado pola asociación de locais Cidade Vella acollerá nesta a súa edición número 16 artistas de Xapón, Mozambique, Arxentina, México, Brasil, Suecia ou Surinam, alén de artistas galegos. | Case 50 espectáculos da man de máis de 35 bandas e artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella de Santiago nun dos festivais musicais de rúa con máis tradición do país, o Feio a Man. O festival organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella empeza este 1 de agosto estenderase até o 21 deste mes. Unha cita que oermitirá gozar de diferentes e diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional... e tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré. Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes. Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias. Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, apóstase en promover a escena local. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros. Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam. |
NOS_54520 | A diferenza dos apelidos, que non son elixíbeis, o nome si é: alguén escolle o noso nome e con el estaremos identificados toda a vida, e máis alá dela. Hai persoas que se chamen Galiza? | As motivacións á hora de elixir nome para unha persoa son moi variadas. As razóns de por que un se chama Florencio e outra se chama Margarida escapan habitualmente a un alleo ao ámbito familiar ou amical máis próximo. Mais ao longo da historia dous factores teñen permanecido invariábeis: a tradición familiar e a proxección pública de certas persoas. A diferenza dos apelidos, que non son elixíbeis, o nome si é, alguén escolle o noso nome e con el estaremos identificados toda a vida. Nun artigo anterior titulado Apelidarse Galiza, apelidarse España viamos un pouco por enriba a distribución destes apelidos no estado. Mais polo mundo adiante a presenza de Galiza como apelido é moi numerosa, tanto na Europa continental como na América. E nas illas Filipinas. A diferenza dos apelidos, que non son elixíbeis, o nome si é: alguén escolle o noso nome e con el estaremos identificados toda a vida No Brasil son numerosos os apelidos Galiza. A modo de exemplo, Manoel Galiza Vieira De Carvalho, nado a comezos do século XIX no Brasil, bautisma en 1856 unha filla, de nome Salvina na igrexa de Nossa Senhora da Conceição de Campina Grande, Paraíba. No mesmo lugar achamos a partida de casamento de Felippe São-Tiago De Galiza e de Elena Felisbella Cavalcante De Oliveira un 13 de Novembro 1886 sendo el fillo de Manoel Felippe São-Tiago De Galiza e de Francisca Leopoldina De Galiza. O 23 de xaneiro de 1889, na igrexa de Nossa Senhora de Nazaré, Cachoeiras do Campo-Minas Gerais, Rodrigo Peixoto De Magalhães e Bazilia De São-Thiago De Galiza bautisman un neno de nome José Galiza Magalhães. Galiza polo mundo adiante Mais non só no Brasil. Arxentina, Venezuela, México, Perú ... ofrecen nos seus libros de bautismo numerosos exemplos de apelido Galiza. Tamén nos rexistros de inmigración de Estados Unidos abunda o apelido Galiza. En Hawaii hai unha importante presenza. En Lafayette, Indiana, vive unha familia de apelido Galiza Galicia e non é infrecuente a combinación Galiza Galiza, como no caso dunha persoa que se chama Corazón Galiza Galiza Procedente de Manila, a bordo do Korea Maru, chega a Honolulu un pasaxeiro de nome Cirisco Galiza, en 23 de marzo de 1923, aínda que vivía en EEUU desde 1896. Procedentes das illas Filipinas hai un grupo de persoas que, por volta de 1908, se "naturalizan" americanos. Un deles, Pelagio Galiza Daguio aparece como fillo dunha muller, sen máis datos, chamada Galiza. Galiza foi logo non só apelido, mais tamén nome de pía. E hoxe viven entre nós, na Galiza, persoas que levan o nome do País. Cabe pois preguntarse: hai persoas que se chamen Galiza? E persoas que se chamen España? Para averiguar isto acudimos de novo ao INE e comprobamos que no Estado a resposta é afirmativa para o caso de España (un total de 25 persoas levarían ese nome) mais é negativo para o caso Galiza. De novo ninguén en España se chama Galiza, segundo o INE, ou se se chaman así son menos de cinco. Hai persoas que se chaman Soria (26), Granada (56), mesmo Macedonia (37), Italia (31), Arxentina (2818) e por suposto aquelas que soportan todo un continente: África (11697), América (1685), Asia (682). Galiza como nome de pía Galiza foi logo non só apelido, mais tamén nome de pía. E hoxe viven entre nós, na Galiza, persoas que levan o nome do País. Mais vamos por partes. É este o único caso en que Galiza aparece como nome de varón O día 2 de xullo de 1665, en St. Peter Mancroft, Norwich, Norfolk, England, foi bautismada unha nena, filla de Edmond Ladlow e de Elizabeth Ladlow á que lle puxeron o nome de Galiza. Anos antes, por aquelas terras, estivera de embaixador Diego Sarmiento de Acuña, o que escribía, "non hai xardíns nin florestas en Inglaterra como os carballos e castiñeiros de Gondomar". Quen sabe se a súa influencia levou o nome da Galiza ás pías de bautismo de Inglaterra!!! Moitos anos despois, nacido en 1852 en Helston, Cornwall, England encontramos a Galiza Williams, fillo de Grace Williams. É este o único caso en que Galiza aparece como nome de varón. Se saltamos para América, en 1867 encontramos no Quebec a Galiza Giguére, de 4 anos de idade e nacionalidade francesa, filla de Xavier Giguéré e Marcéline Giguéré e tamén, vivindo en Three Rivers, Massachusetts en novembro de 1900, está Galiza Apolonia William, nacida en Rusia. Mais ninguén entre nós, hoxe, leva o nome desta parte do mundo chamada Galiza?. Alguén hai. Encontrei o seu nome no BOP de Pontevedra do mércores 21 de abril de 2011. É unha persoa chamada MARIA GALIZA. Curiosamente, cando revisei o santoral para ver que día teríamos de felicitar aquelas persoas que se chaman Galiza non achei resultados. A ver se vai ser que o INE e o santoral son a mesma cousa. |
PRAZA_18762 | Tras dous anos vetada polo Goberno de Rajoy mediante unha interpretación forzada da Constitución, a lei do traspaso comeza a tramitarse no Congreso co aval dunha ampla maioría e coa única oposición de Ciudadanos, que se abstivo. A mención ao eventual rescate da autoestrada será o principal punto de discrepancia na tramitación da norma | Despois de máis dunha década de idas, vidas e mudanzas de posicións e tras dous anos co Goberno de Rajoy a vetar a súa tramitación mediante unha interpretación forzada do artigo 134.6 da Constitución, a transferencia das competencias da AP-9 a Galicia está xa formalmente en marcha. Faino tras a luz verde por ampla maioría do Congreso dos Deputados á toma en consideración da primeira das tres leis aprobadas polo Parlamento galego para reclamar ese traspaso.Tras dous anos vetada polo Goberno de Rajoy mediante unha interpretación forzada da Constitución, a lei do traspaso comezou a tramitarse no Congreso co aval dunha ampla maioríaSó o grupo de Ciudadanos se amosou contrario unha lei que foi defendida dende a tribuna do Congreso por unha delegación do Parlamento galego conformada por PP, En Marea e PSdeG por seren as tres forzas con máis representación na Cámara galega. O BNG, autor inicial do texto a debate, veu amosando a súa contrariedade por non poder participar na defensa do texto e a súa portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou no propio Congreso que o debate chegaría a producirse "se non fose polo Bloque", se ben considerou que o inicio do traspaso é, de seu, "un día grande para Galiza".En Marea e PSdeG lembran o bloqueo "reiterado" do Goberno de Rajoy á lei e o representante do PPdeG advirte de que apoia o traspaso dende a "lealdade a España"O bloqueo "reiterado" á lei por parte do Goberno de Rajoy foi lembrado dende a tribuna da Cámara Baixa polos dous representantes da oposición na delegación galega. "O seu bloqueo foi un auténtico desprezo ao Parlamento de Galicia e unha demostración da súa escasa calidade democrática", subliñou Antón Sánchez no nome de En Marea. "Xa deberíamos estar discutindo os prazos ou como como se xestiona a AP-9 dende a Xunta", agregou o socialista Luis Álvarez. Ambos concordaron, non obstante, en que "achegar o poder de decisión pode mellorar a xestión" da infraestrutura e na necesidade de que o traspaso sexa rápido.Tamén Ciudadanos lembrou o cambio de postura do PP, pero para considerar que apoiar o traspaso sería tanto como "agasallar graciosamente unha infraestrutura" mentres "paga o Estado". Ao tempo, o seu voceiro, Fernando Navarro, sustentou a súa negativa ao traspaso afirmando que a AP-9 "conecta con outro país", en referencia a Portugal. Esta afirmación non se corresponde coa realidade, xa que Galicia e Portugal conectan pola A-55, que á súa vez está ligada á AP-9. Finalmente, o grupo de Rivera optou pola abstención.Ciudadanos, que se abstivo, argumenta a súa negativa en que a AP-9 conecta con Portugal, o cal non é certoO representante do PP galego, Martín Fernández Prado, optou por -alén dos eloxios ao presidente da Xunta-, centrar a súa intervención na "lealdade a España" do Goberno galego e na "viabilidade legal e técnica" dunha transferencia que, asegura, non será empregada para "reafirmar ningún sentimento identitario", senón para ofrecer unha xestión "máis próxima aos usuarios". Reclamou ademais que o Goberno de España active xa a comisión mixta de transferencias para negociar os termos do que sería o primeiro traspaso de competencias a Galicia dende 2008.Emendas á mención ao rescateAínda que tras o cambio de postura do PP o acordo en torno ao traspaso é practicamente total entre os grupos do Congreso coa excepción de Ciudadanos, no trámite parlamentario da lei galega que agora se inicia si chegarán as diverxencias. Será a respecto dunha das súas disposicións, que inclúe unha mención ao xeito de proceder no caso dun hipotético rescate da concesión da autoestrada, o mesmo que o Goberno de Rajoy cifrou en máis de 4.000 millóns de euros baseándose en cálculos erróneos. Neste sentido dende o PSOE o seu deputado Guillermo Meijón lembra que nas dúas versións posteriores da lei, aprobadas por unanimidade en Galicia para tentar esquivar os vetos do Goberno de Rajoy, xa desaparecera esa mención a un eventual rescate. "Non sería de recibo ignorar" eses textos, coida Meijón, que "agarda que o acordo e o consenso imperen" para chegar a un "modelo xusto e equilibrado".O PSOE anticipa emendas para eliminar da lei a mención ao eventual rescate e En Marea avanza que na tramitación manterá a defensa do "rescate e xestión pública"Cabe agardar que tamén o PP secunde estas emendas, que o representante de En Marea, Antón Sánchez, rexeitou anticipadamente dende a tribuna, onde reclamou que "non se mutile a posibilidade" de "decidir" en Galicia "a reversión, rescate e xestión pública" da AP-9. Nun sentido semellante Antón Gómez-Reino, no nome de En Marea no Congreso, anticipou que a formación integrada no grupo de Unidos Podemos defenderá na tramitación da lei atender a "demanda unánime de Galicia, un país que esixe xestionar por si mesmo e de forma completamente pública a súa principal vía de comunicación" terrestre.Neste sentido, nos corredores do Congreso tras se reunir con PNV, ERC, PDeCAT, Compromís e EH-Bildu para "recabar o seu apoio" á lei galega, a líder do BNG pediu "celeridade na tramitación", pero tamén que "se respecte a literalidade da lei, que prevé tanto a transferencia como a posibilidade de que sexa rescatada para o público". "Que ningún grupo altere o que foi un acordo unánime da Cámara galega", resumiu Ana Pontón.No caso de que, con ou sen emendas, a lei culmine a súa tramitación, este sería un paso transcendental pero non o definitivo. Tras a súa aprobación o Goberno central e a Xunta terán que sentar na Comisión Mixta de Transferencias para concretar os detalles económicos e técnicos do cambio de titularidade. O texto orixinal da lei fixa un prazo máximo de seis meses para que o traspaso sexa efectivo dende a súa entrada en vigor. |
NOS_32240 | O dispositivo céntrase na última zona na que José Manuel Penas foi visto antes de afundir. | Os servizos de emerxencia retomaron ás 9.15 horas desta segunda feira os labores de busca no río Lérez de José Manuel Penas, o piragüista desaparecido a pasada sexta feira mentres adestraba na cidade de Pontevedra. Buscan un piragüista desaparecido mentres adestraba no río Lérez, ao seu paso por Pontevedra Tal e como relatou o particular que deu a voz de alarma, Penas atopábase no medio do río cando de súpeto afundiu. Nun primeiro momento conseguiu saír á superficie, pero rematou por desaparecer e ser arrastrado pola corrente. No momento do accidente, o piragüista atopábase na zona do río Lérez entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo. Esta é a zona na que os servizos de emerxencia centran os seus esforzos, mais o radio de busca está a ser ampliado co obxectivo de localizalo. Segundo fontes consultadas por Europa Press, prevese que os labores de busca para esta segunda feira sexan complicados, xa que as condicións meteorolóxicas fan que a auga do río baixe con bastante turbidez. Experimentado piragüista Segundo transcendeu o propio día da desaparición, Jose Manuel Penas é irmán da ex palista olímpica Ana Penas. O piragüista gardaba vínculos co Club Naval de Pontevedra e varios medios locais sinalaron que contaba con experiencia neste treito do Lérez. Precisamente, algúns dos seus integrantes foron os primeiros en estabelecer un dispositivo de busca mentres non chegaban ao lugar os servizos de emerxencia. Polo de agora só se puido recuperar a canoa do desaparecido, que se atopaba parcialmente afundida. Nas tarefas de busca participan, ademais dos bombeiros e a Policía Local de Pontevedra, integrantes do equipo de buzos do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e Salvamento Marítimo. |
NOS_8077 | Aumenta o gromo do Lugo e xorde no Celta. | O gromo de coronavirus no Club Deportivo Lugo continúa aumentando. Logo de tocar teito no primeiro equipo, onde alcanzou a cifra de 27 persoas afectadas entre futbolistas, preparadores e auxiliares, un novo cribado destapou que o conxunto filial tamén está afectado. Concretamente son cinco persoas -tres xogadores e dous membros do cadro técnico- as positivas en Covid-19, polo que o maior gromo de fútbol aínda continúa fóra de control. Mais non é a albivermella a única entidade que está sendo golpeada pola pandemia. O último club galego en padecer os seus efectos foi o Real Club Celta de Vigo, que menos dunha semana despois da disputa do seu último encontro neste 2021 -e a dez días vista do seu regreso competitivo- ve como os casos positivos comezan a multiplicarse entre o seu cadro de xogadores. Segundo avanzou a Televisión da Galiza (TVG), son catro os futbolistas diagnosticados: o defensa colombiano Jeison Murillo; os centrocampistas Fran Beltrán e Brais Méndez -quen xa padecera a Covid-19 no ano 2020- e o dianteiro Manuel Agudo Nolito. Todos eles terán que estar mínimo 10 días confinados, polo que son baixa practicamente segura para xogar contra o Betis o 2 de xaneiro. O Estremadura, fóra da Primeira RFEF A terceira categoría do fútbol estatal, a Primeira RFEF, botou a andar o pasado mes de agosto con 20 equipos -entre eles Deportivo da Coruña, Celta B e Rácing de Ferrol-, pero finalizará con 19. O Estremadura Unión Deportiva, logo de moitos meses de crise e mesmo de non disputar un partido o 14 de novembro -precisamente ante o Dépor- como medida de presión por parte de xogadores, corpo técnico e traballadores para solucionar os problemas de falta de pagamentos, desaparece. O administrador concursal do club confirmou na xornada desta quinta feira que solicitará á xuíza responsábel do concurso de acredores que liquide o club debido a que este resulta "inviábel" economicamente. Así, as súas elevadas débedas levarán ao Xulgado do Mercantil de Badaxoz a determinar que o actual Estremadura UD siga os pasos do xa desaparecido Club de Fútbol Estremadura, escuadra predecesora da actual e que se disolveu polas mesmas causas no 2010. |
NOS_2832 | Xurxo Souto e a obra Vigocoruñenta fechan hoxe a colección Relatan... Nós. O escritor e músico achega, en conversa con Nós Diario, unha visión contemporánea das cidades de Vigo e A Coruña xunto á súa relación co mar. | No seu relato hai un encontro entre a cultura do mar e o rock. Que teñen en común?Son dúas expresións da cultura popular. Os barcos están cheos de música. Poderiamos facer documentais sobre as tripulacións nas que están enrolados moitos rapaces que fan Rock'n Roll. Lembro un grupo que se chamaba Os Centolos, que tiña problemas para ensaiar precisamente por ter que adecuar os horarios dos ensaios cos horarios da marea. Hai unha relación moi profunda. Temos un referente que é Tonhito de Poi, que ten un pasado como traballador do mar. Xurxo Souto celebra os 20 anos de literatura en Lugo Os bares tamén son punto de encontro nas dúas grandes cidades galegas.No relato quero dicir que os bares da Coruña son os mesmos que os de Vigo. Levamos décadas de distanciamento, de tópico, de odio profundo entre A Coruña e Vigo. No relato pretendo demostrar que son a mesma cidade e é polo mar. Son dúas cidades de familias traballadoras que foron das aldeas á beira do mar para buscar o seu sustento. Demóstrase nas baiucas, nos bares. O Chicote da Coruña é cuspidiño ao Xerriño en Vigo. Para min é fundamental desmontar esa cosmovisión localista de odio interesado polas elites locais entre A Coruña e Vigo, demostrando que somos a mesma cidade, a cidade do mar. É a mensaxe central deste relato. A Coruña e Vigo é a chave, é a subversión. Que futuro teñen eses lugares coa chegada da nova hostalaría? Estou convencido de que, aínda que aparentemente estes bares están desaparecendo, triunfarán sempre. Son os que ofrecen alta hostalaría. Estes bares puntuais de fornica e deseño non poden cos que conviven varias xeracións de persoas. Alén da propia hostalaría, está a música e serán os que se manteñan sempre. Citei o Chicote mais está o mítico pub Nós, na ribeira do Berbés, dedicado a este xornal. Son os lugares que triunfan e seguirán triunfando sempre, son o auténtico referente de futuro. Os demais pasarán. Xurxo Souto presenta 'Pangalaica' na Coruña Falta dar máis importancia ao mar, por exemplo, no ensino? Para o conxunto das institucións galegas, incluída a Educación, o mar non existe. É o gran paradoxo. Este país naceu do mar, no mar ten que ter o seu futuro. O mar non se pode levar cando a Citröen ou Inditex poden deslocalizalas cando queiran, mais ninguén nos fala do mar, nin no ensino nin nos medios de comunicación. A razón, probabelmente, é que vivimos nun Estado que ten a súa capital, Madrid, máis lonxe do mar que a do resto de Estados europeos. Mesmo Viena, en Austria, capital dun Estado interior, está máis perto do mar que Madrid. O discurso que sempre recibimos é que somos periferia, mais nós somos o centro do mar. O día que poñamos en valor, vía investimento económico, esa realidade e que A Coruña e Vigo son a mesma cidade, este país avanzará en riqueza e en posibilidades de desenvolvemento económico. É a chave de todo. O que pasa é que estamos nunha conxuntura na que nos tratan como un país marxinal cando somos centro. Como se podería mudar ese distanciamento co mar? En Rotherdam, Holanda, os peiraos miden 80 quilómetros. E, desde os ollos do mar, Vigo e A Coruña son exactamente o mesmo. Que máis lle dá a un mercante repór gasoil na Coruña que en Vigo? Diante diso está o paradoxo do localismo e de que os portos dependan do Estado español, non da Xunta da Galiza. A xente do interior sabe o que pasa en Nova York e non o que pasa a cen quilómetros da súa casa. Faltan aspiracións e discurso en todos os partidos políticos. Na Xunta debería de haber unha Vicepresidencia do Mar. Se nos educan como terrícolas parece que o mar non existe, cando é o único futuro. As mulleres do mar deberían ser as heroínas da nosa cultura e facer series sobre elas como grandes cultivadoras da excelencia en chave ecolóxica. Daquela habería traspaso xeracional. Son un modelo a seguir. Por iso a protagonista do meu relato é unha muller. |
NOS_30479 | A mobilización decorreu en Outeiro de Rei, perante Logística Alimentaria. Os gandeiros meditan estender este tipo de protestos. | Gandeiros e os seus tractores concentráronse esta cuarta feira perante Logística Alimentaria, en Outeiro de Rei, unha acción coa que protestaban e denunciaban tanto os baixos prezos como tentaban controlar a posíbel entrada de leite foráneo a través de camións cisterna. Esta mobilización prodúcese após a concentración convocada a semana pasada pola Plataforma en defensa do sector lácteo perante a sede administrativa da Xunta de Galiza. Aí acordouse ampliar os protestos ás industrias, incidindo na denuncia das importacións de leite foráneo. Segundo recolle Campo Galego, a industria de Outeiro de Rei tamén se está a distinguir polos baixos prezos que abona ós gandeiros, arredor dos 22-23 céntimos de media, segundo as estimacións da Plataforma. |
NOS_56006 | No caso da detección dun contaxio nunha aula, tan só as nenas e os nenos vacinados poderán continuar coa aprendizaxe presencial. | A volta á escola en Francia está prevista para o vindeiro 2 de setembro e todo o alumnado deberá regresar ás aulas para asegurar "o éxito e o benestar de todos os estudantes", anunciou o ministro francés de Educación, Jean-Michel Blanquer, nun avance dos protocolos anticovid para o próximo curso. Entre as novidades está que no caso da detección dun contaxio nunha aula, tan só as raparigas e rapaces vacinados poderán continuar coa aprendizaxe presencial. Aqueles que non o estean deberán seguir as clases desde a casa durante sete días. Este é o caso para o alumnado de secundaria. En primaria, onde as crianzas aínda son moi novas para estar vacinadas, toda a clase deberá permanecer unha semana nas casa. En Francia, os menores de entre 12 e 17 anos pódense vacinar desde mediados de xullo e coa nova lei aprobada polo Parlamento poderán recibir a inxección coa autorización de tan só un dos dous proxenitores, ou ningún se teñen 16 ou 17 anos. O Goberno prevé instalar entre 6.000 e 7.000 centros de vacinación cerca ou dentro dos centros escolares para facilitar as inoculacións. Porén, a data de 25 de xullo, tan só 24% dos menores de entre 12 e 17 anos estaban vacinados, segundo os datos recollidos por France Info. Controversia Aínda que polo momento o certificado de vacinación ─que entrará en vigor entre o 7 e o 9 agosto para regular a entrada en lugares públicos─ non será obrigatorio nas escolas, Blanquer insistiu en que a inoculación contra a Covid-19 é "indispensábel". O controvertido certificado debe aínda ser validado polo Consello de Estado, a máis alta instancia xudicial gala. |
NOS_13092 | "O cabalo de Alberte Merlo", relato que asina Álvaro Cunqueiro n'Os outros feirantes, foi vertido para o audiovisual por tres estudantes de bacharelato: Aarón Vilariño, Artur Vázquez e Alejandro G. Pita. Recollendo a premisa do texto, elaboran con humor unha versión propia, que conclúe nunha chamada ao binormativismo como resposta de cordialidade no ano Carvalho. | "Ola. Son Alberte Merlo, natural da parroquia de Tal e desde hai aproximadamente dous anos teño un cabalo que fala alemán", preséntase o protagonista, que comparece lendo un exemplar de Nós Diario. As amantes da obra de Álvaro Cunqueiro recoñecerán axiña esta premisa, se ben estas palabras xa anticipan a variación. Trátase d'O cabalo de Alberte Merlo, unha curtametraxe baseada no relato homónimo de Cunqueiro. Vén de ver a luz esta orixinal adaptación que sitúa o texto na actualidade, empregando un estilo documental no que tres personaxes —Alberte Merlo, o amigo mestre de Muros e o cabalo— contan á cámara a súa versión dos feitos. O vídeo naceu como "un proxecto de clase para a materia de galego", explica Aarón Vilariño, responsábel desta curtametraxe "sen pretensións" xunto aos seus compañeiros Artur Vázquez e Alejandro G. Pita. Con 18 anos, os tres son alumnos de 2º de bacharelato no IES Pontepedriña de Compostela. Leron para as aulas de galego Os outros feirantes, de Cunqueiro, e animáronos "a adaptar un dos contos como traballo optativo", explica. O de Merlo era o que máis lle convencía a Vilariño, que llo propuxo aos seus amigos, en parte seducido polas posibilidades estéticas do cabalo, nunha reinterpretación sen dúbida filtrada pola popular serie cómica de animación para adultas BoJack Horseman. Todo polo 'gag' E o humor é precisamente o motor da curtametraxe. Todo foi polo gag: "parecíanos fantástico que o cabalo falase alemán e, ao aprender galego, cando fai esa confesión aterradora, sexa que é reintegracionista". A partir de aí, teñen lugar unha serie de situacións cómicas nas que o animal desenvolve o seu recentemente adquirido argumentario: "A solução para a conservação da lingua é o reintegrado". "Parecíanos moi acaído, especialmente tratándose do ano Carvalho Calero", conta Vilariño Como xa adiviñarían as lectoras de Cunqueiro, é no punto lingüístico onde o audiovisual se afasta do relato orixinal do autor mindoniense, introducindo o "surrealismo" dunha serie de escenas que tratan de maneira cómica o conflito entre as dúas normas do galego. "Parecíanos moi acaído, especialmente tratándose do ano Carvalho Calero", conta Vilariño. A partir de aí, os tres estudantes traballaron as ideas soltas para elaborar unha historia amena, fiada na estrutura do relato clásico de Cunqueiro. Mensaxe conciliadora para o ano Carvalho Calero Co humor como bandeira, xa advirten ao comezo da curtametraxe que non pretenden resultar ofensivos: "nada debe ser tomado máis en serio do que é: a tolemia de tres rapaces estudantes de bacharelato", algo no que o propio Vilariño insiste. De facto, en última instancia, o seu traballo manda unha mensaxe de entendemento e cordialidade entre as distintas opcións lingüísticas, que chega coa mediación do mestre a prol do binormativismo. Ese traballo "sen grandes pretensións" fica a disposición de todas as persoas a través de Youtube, aínda que non descartan "presentalo a concursos", comenta Vilariño. O audiovisual é a paixón que este mozo quere estudar, sexa na Universidade de Santiago de Compostela ou, se conseguise a bolsa e a aceptación, na Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Catalunya, unha das máis prestixiosas do Estado. Xa actualmente compatibiliza a realización de audiovisuais de distinta índole, como os videoclips que ten elaborado para grupos como Os Novos, Barbitúricos e Ruxe Ruxe. O seu compañeiro Pita aínda non ten claro que quere facer, pero o que lle atrae principalmente é o eido da historia. Vázquez, pola súa banda, está optando entre Telecomunicacións, Enxeñaría Informática ou Matemáticas, disciplinas nas que destaca, pois vén de gañar a olimpíada de física a nivel galego e en breve competirá no marco estatal. No proxecto aprenderon e, o máis importante, "pasámolo moi ben facéndoo", afirma Vilariño. Outras adaptacións A prosa áxil de Cunqueiro, engarzada nese universo de realismo máxico galego, xa foi adaptada con anterioridade en varias propostas televisivas e cinematográficas. Os outros feirantes, compendio de relatos que recolle a historia de Alberte Merlo, deu orixe tamén á primeira serie de ficción feita na Galiza —con seis capítulos mais un piloto—, dirixida baixo o mesmo título por Antón Dobao e Xosé Cermeño en 1989. Os outros feirantes, compendio de relatos que recolle a historia de Alberte Merlo, deu orixe tamén á primeira serie de ficción feita na Galiza Dobao levaría tamén á gran pantalla outra das obras emblemáticas do escritor e xornalista mindoniense, Si o vello Sinbad volvese ás illas... Estreada en 2011, a longametraxe xira arredor das historias que Sinbad (Xosé Manuel Olveira Pico) conta das súas viaxes pasadas, reais ou ficticias, aos compañeiros de dominó na taberna. Este filme de imaxe real ten tamén apoio de secuencias de animación. Para alén destas, o relato "El Caballero" de Cunqueiro serviu de base para a proposta experimental de Carla Andrade en Sibila, centrada na figura da muller, no marco do Chanfaina Lab. Noutra dinámica fóra da adaptación, o propio escritor aparecía na serie para web Conversas con Cunqueiro, na que Óscar Cruz fala coa súa estatua. |
NOS_57430 | O semanario de Nós Diario afonda na situación do sector da castaña na Galiza e na traxectoria do veterinario catalán Juan Rof Codina. | Como cada sábado, Nós Diario trae entre as súas páxinas un novo número do semanario Sermos Galiza. Desta volta, a poeta e ensaísta María do Cebreiro conversa con Montse González sobre Maternidades virtuosas (Galaxia), co que gañou o premio Ramón Piñeiro. "Foi unha escrita moi determinada pola crianza. Escribía en anacos pequenos pero había moito dentro que abrollou. Tiña o tempo que tiña e sabía que era ou nese momento ou nunca. Así que foi como un estoupido", sinala nesta conversa que se publica o sábado. Razas autóctonas galegas O semanario abre cunha reportaxe do xornalista Antón Escuredo con motivo do ano Rof Codina, impulsado pola Real Academia Galega da Ciencia (RAGC). A institución decidiu homenaxear desta maneira a figura do veterinario catalán que fixo da Galiza o seu fogar e loitou por mellorar a sanidade e a produtividade do sector gandeiro galego. Na súa reportaxe, Antón Escuredo salienta que Juan Rof Codina, como "divulgador entusiasta, foi un firme defensor das razas autóctonas que el mesmo traballou a partir da mellora xenética. O seu legado continúa vivo a través dunha fundación e un hospital que levan o seu nome". Castañas, un futuro incerto? A segunda reportaxe deste Sermos asínaa a xornalista Mar Álvarez, que analiza como decorreu a campaña de castañas deste ano, como lle afectou a seca que sufriu o país durante os meses de verán e cales son as opcións de futuro para un sector cun presente inzado de problemas, mais cun porvir prometedor. Do magosto máis tradicional até as alternativas máis innovadoras para consumir as castañas, a autora da reportaxe conversa con representantes do sector para coñecer de primeira man cales son as súas expectativas a curto e medio prazo. Música, arte e lecer O apartado musical corre a conta de Belém Tajes, que trae as últimas novidades, a comezar por O mundo está derrotado, de Familia Caamagno, mentres César Morán asina o artigo titulado O tio Guilhermo, sobre as linhas musicais da família mindoniense. Como vén sendo habitual, o experto en cinema Andrés Castro analiza os filmes máis destacados, entre eles Queixo de cabra e té con sal, de Byambasuren Davaa, mentres Manuel Xestoso tráenos na sección de Escena o artigo O fútbol é así. Noutra orde, Tensi Xesteira analiza na sección de Libros a obra Alternativas ao poder corporativo, de Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate (13 Editora), así como outras novidades literarias, mentres Susana Sanches Aríns fala de Pardalita, de Joana Estrela (Planeta Tangerina). Aliás, o colectivo Xea lévanos a facer un percorrido pola praia de Vilarrube. Por último, as dúas páxinas de pasatempos corren a conta de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. *Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros! |
PRAZA_13485 | Eduardo Maroño resolve en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, a dúbida de cal dos dous superheroes con capa foi o primeiro, ao fío dunhas declaracións do actual presidente da RAG nunha entrevista. | Eduardo Maroño resolve en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, a dúbida de cal dos dous superheroes con capa foi o primeiro, ao fío dunhas declaracións do actual presidente da RAG nunha entrevista. Sotelo Blanco publicaba en 1989 un extenso libro de conversas con Xosé Luís Méndez Ferrín a cargo de Xoán Manuel Casado e Xosé Manuel Salgado. Nel, o actual presidente da RAG lembraba a súa infancia no Ourense de mediados dos anos 40 e unhas primeiras lecturas nas que non faltaban os tebeos. Referíndose á súa afección infantil polo cinema, Méndez Ferrín menciona tamén as películas do Capitán Marvel: "E desa época data a escenificación en cine do cómic do Capitán Marvel, o antepasado e anterior a Superman. Superman é un plaxio do Capitán Marvel Referíndose á súa afección infantil polo cinema, Méndez Ferrín menciona tamén as películas do Capitán Marvel: "E desa época data a escenificación en cine do cómic do Capitán Marvel, o antepasado e anterior a Superman. Superman é un plaxio do Capitán Marvel. O Capitán Marvel, que entón se dicía Marabillas, distínguese de Superman en que non quita a roupa, senón que di "Shazam!" e voa, pero leva capa e leva todo". O certo é que a relación entre Superman e o Capitán Marvel non é a que sinala o autor de Arraianos senón máis ben a contraria, tal e como se ten divulgado recorrentemente nos últimos anos. Sabemos que Méndez Ferrín non pretendía ser estrito coa súa afirmación senón deixar constancia dunha percepción persoal, malia o cal, por despexar calquera dúbida, expoñeremos brevemente cal foi a realidade dos feitos tal e como hoxe os coñecemos. Como é sabido, a primeira aparición de Superman ten lugar en 1938, no número 1 da serie Action Comics Como é sabido, a primeira aparición de Superman ten lugar en 1938, no número 1 da serie Action Comics. Naqueles anos a industria do tebeo norteamericano estaba a experimentar un crecemento espectacular, con cifras de vendas que en cabeceiras determinadas podía superar o millón de exemplares, sendo habitual que as compañías emerxentes, tentando ventar as preferencias dos lectores, copiaran sen complexos os éxitos dos seus competidores. A vertixinosa popularidade acadada polo superhome que imaxinaran Jerry Siegel e Joe Shuster animou á editorial Fawcett a crear un personaxe semellante, o Capitán Marvel, que Bill Parker e C.C. Beck presentarían no número 2 de Whiz Comics en 1940. Algo deberon de facer ben cando a popularidade da copia chegaría a superar a do orixinal, dando lugar a unha serie de cabeceiras derivadas, seriais radiofónicos e televisivos (con toda probabilidade estes últimos son as "películas" que menciona Méndez Ferrín), e cunhas vendas que á altura de 1944 chegaban aos (pásmense) 14 millóns de exemplares. ... Le o resto da entrada en Qadriños |
NOS_6416 | En concreto, 2.650 axentes da Garda Civil e da Policía Nacional realizarán 1.715 controis durante esta ponte do 19 de marzo. O dispositivo especial iniciouse coa entrada en vigor das novas medidas acordadas pola Xunta. | Segundo detallou o delegado do Goberno na Galiza Javier Losada, os dispositivos especiais deseñados para o cumprimento das normas impostas pola Xunta comezaron a funcionar unha vez analizadas as novas restricións, en vigor desde a pasada medianoite. "Non estamos para baixar a garda. Debemos cumprir as normas, debemos ter responsabilidade e debemos evitar volver atrás", salientou o delegado do Goberno. Son, en total, 2.650 os axentes da Policía Nacional e a Garda Civil os encargados deste control. Unha parte, aclarou, céntrase nos accesos a Galiza, xa que está prohibida tanto a entrada como a saída do territorio salvo causa xustificada. Apoio á hostalaría Para o apoio á hostalería e garantir o cumprimento das restricións, outra parte do dispositivo centrarase neste sector, con labores de control e vixilancia continua nos diferentes estabelecementos. "Buscamos protexer aos hostaleiros e á actividade da hostalería á vez que se protexe aos usuarios", engadiu. Por último, outra das áreas de interese para os 1.715 dispositivos despregados entre hoxe e o domingo por todo o país son as zonas de segundas residencias, costeiras e turísticas, que contan cun reforzo de presenza policial. Porén, Javier Losada fixo un chamamento á cidadanía: "Que se movan o menos posíbel esta ponte e tamén na Semana Santa", concluíu. |
NOS_18573 | Aumentan a 56 os pacientes hospitalizados por este coronavirus. | Galiza atinxe os 1.367 casos activos de Covid-19, que supoñen 82 máis que a xornada pasada, tras rexistrarse 122 novos contaxios, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 56 -tres máis-. Segundo os datos publicados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horasdesta segunda, aumentan a 10 as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galiza -unha máis- e a 46 as hospitalizadas noutras unidades -dúas máis-, mentres que 1.311 atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña-Cee e Vigo e alíviase na de Ourense, mentres que se mantén sen cambios nas outras catro. Os casos activos encadean 16 xornadas consecutivas en ascenso e sitúanse en 1.367, ao haber máis contaxios (122), que altas (38), ao que se engaden dous falecementos. Con respecto ao mesmo día da semana anterior -9 de novembro- hai 569 infeccións máis que as 798 rexistradas naquela xornada. Os casos activos encadean 16 xornadas consecutivas en ascenso As infeccións activas ascenden en cinco do sete áreas sanitarias galegas, coa Vigo á cabeza (+30), seguida da de Ourense (+27), Lugo (+10), Santiago e Barbanza (+10) e Pontevedra e O Salnés (+8); mentres que descenden na de Ferrol (-3) e non varían na da Coruña e Cee. Os novos contaxios seguen desdea pasada cuarta feira por riba do cento en Galiza, con 122 esta terza feira, que supoñen 14 menos que os 136 cos que comezou esta semana. A cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o11 de outubro, cando houbo 14. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende ao 2,43%, despois de comezar a semana co 3,93%. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia aumentan a 2.658, tras notificar esta segunda feira a Consellaría de Sanidade dous novos óbitos.Un deles, o falecemento no seu domicilio dunha muller de 58 anos diagnosticada con Covid-19 na área de Ferrol que carecía de patoloxías previas. Ademais, este luns tamén transcendeu o falecemento doutra muller de 85 anos, rexistrado o pasado domingo en Ourense, que tiña patoloxías previas e atopábase ingresada no CHUO. Mentres, 180.633 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, que representan 38 máis que as rexistradas até o día anterior. |
NOS_39442 | "Defender Galiza" é a esencia do BNG, afirmou Ana Pontón na homenaxe da súa formación a Castelao. A nacionalista cualificou de "vergoña" a suba histórica da luz en plena onda de frío. "Vergoña para as eléctricas que volven comportarse con usura pero tamén para os Gobernos que llo permiten e, como temos as mans libres, seguimos reclamando unha tarifa eléctrica galega". Ademais, reclama 12.600 millóns de euros para a recuperación e a xestión desde a Galiza dos fondos europeos. | De "vergoña" cualificou a líder da oposición e portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, "a suba histórica da luz en plena onda de frío" que "impide ás familias e ás empresas beneficiarse de ser produtores netos de electricidade". "Vergoña para as eléctricas que volven comportarse con usura pero tamén para os Gobernos que llo permiten e, como temos as mans libres, seguimos reclamando unha tarifa eléctrica galega" Así se pronunciou Ana Pontón na homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que realizou o BNG este domingo, 10 de xaneiro, no Pantón de Galego Ilustres, en Santiago de Compostela. Na súa intervención, a nacionalista aseverou que "o Bloque é a única forza que pon os intereses da Galiza por diante" fronte ao "sucursalismo" das forzas estatais que se moven entre a "confrontación estéril" do PP e o "servilismo inútil" do PSdeG. "Quero aproveitar este acto de honra a Castelao para recalcar cal é a esencia do BNG: defender Galiza. Unha declaración de principios que quero expresamente recalcar neste momento en que o país precisa recibir un trato xusto e porque estamos neste escenario de crise o BNG é o muro de contención contra a discriminación e o agravio que recibe do Goberno do Estado, antes co PP e agora co PSOE", declarou a líder nacionalista. "O BNG existe para construír un país vivo, forte e con futuro" e para defender a sociedade galega "cunha lealdade que nin é discutíbel nin é negociábel", recalcou Pontón, "a diferenza das forzas estatais "que fan o que lles mandan desde Madrid, que din unha cousa e a contraria en función de quen sente na Moncloa. Nin confrontación estéril a favor de Pablo Casado, nin servilismo inútil a favor de Pedro Sánchez. O que Galiza precisa máis que nunca, e máis BNG traballando a favor do país, un BNG cos mans libres para seguir facendo o que sempre fixo: defender o que é xusto para os galegos e as galegas, con coherencia, rigor e firmeza", destacou. Pontón botou man de exemplos para ratificar o papel do nacionalismo galego na defensa dos intereses do país, como no caso da frota pesqueira ante o Brexit, do sector industrial con Alcoa á cabeza ou a favor da rebaixa das peaxes da AP-9. "O BNG é a forza da frota pesqueira galega, novamente traizoada polo Goberno do Estado nas negociacións do Brexit; a forza das traballadoras e traballadores de Alcoa que nunca os vai vender nin marear con escusas, a das e dos investigadores dun país con capacidade e recursos para ser líder en innovación e talento, é a forza que, goberne quen goberne en Madrid, sempre di o mesmo: basta de estafa, basta de agravio", explicou. E tamén é "a forza que defende pór fin ao espolio e usar os recursos do país en beneficio do país". A anual homenaxe que o BNG rende a Castelao con motivo do seu pasamento (7 de xaneiro de 1950) e que supón o inicio do curso político para o Bloque, estivo marcada pola pandemia, empezando porque se realizou en Bonaval, Santiago, e non como é tradición, en Rianxo, vila natal do nacionalista. Este ten que ser o ano en que reforcemos a sanidade pública e poñamos en marcha un novo modelo de coidado das persoas maiores, dixo Pontón "Este non vai ser un ano máis tras a ferida aberta pola Covid-19", alegou a portavoz nacional, "ten que ser o ano en que reforcemos a sanidade pública e poñamos en marcha un novo modelo de coidado das persoas maiores, e ten que ser o ano da reactivación económica. Por iso, a prioridade do BNG é conseguir superar esta crise, saír do pozo canto antes e nese obxectivo non escatimaremos esforzos, con propostas en positivo". "Galiza precisa até o último euro", argumentou, "para reforzar os servizos públicos, empezando pola Atención Primaria e por desenvolver un sistema de residencias de xestión pública que garanta o dereito a unha vellez digna". No inmediato, e dada a preocupante evolución dos datos da pandemia, -con rexistros máximos de contaxios-, Pontón pide ao Goberno de Feixoo "que por unha vez supere a improvisación e que se anticipe con máis rastrexos e con cribados masivos en todas as cidades, porque o que está en xogo é a vida das persoas". 12.600 millóns de euros para a recuperación No ámbito económico considera chave para a reactivación conseguir un reparto xusto e a xestión directa dos fondos europeos -cun mínimo de 12.600 millóns de euros-, e un concerto económico que permita a Galiza ter a chave dos seus cartos. "Porque sempre que Madrid decide por nós, saímos perdendo", alegou. Entre as prioridades, para Pontón está rescatar os sectores máis afectados pola crise, pórr en marcha unha economía verde baseada na ciencia e na investigación e modernizar os sectores produtivos tradicionais. "Tócanos vivir un deses momentos que marcan a historia e neste momento difícil, de moita vulnerabilidade social, o noso amor a Galiza obríganos a traballar con perspectiva e con altura de miras, co obxectivo de construír unha Galiza economicamente viva e socialmente xusta, un país que poña as persoas no centro e que decida por si mesmo para garantir o seu futuro e o do seu pobo", indicou a líder nacionalista. "Galiza é unha viaxe que facemos xuntos e xuntas, todos os galegos e as galegas, e nesa viaxe queda a obra e a vida dun galego exemplar, Castelao", concluíu, "o Castelao nacionalista, o artista universal, o político que loitou por dar a Galiza o status que lle corresponde como nación no mundo, o Castelao que hoxe estaría orgulloso da reacción do pobo galego ante a maior crise vivida en tempos de paz". |
NOS_31257 | A Xunta da Galiza recoñece abertamente que non ten solución para garantir a continuidade de industrias como Ence. A Consellaría de Economía, con competencias na materia, foi incapaz de canalizar investimentos cara ás empresas, pese a que o Igape deixou sen executar 34% dos seus fondos. | A Xunta ten a competencia exclusiva no fomento e planificación da actividade económica na Galiza. Porén, o país está inmerso nunha crise industrial na que o Executivo galego, e máis concretamente a Consellaría de Economía, Empresa e Innovación, é incapaz de atopar solucións para as empresas en dificultades, o que pon en xogo a continuidade de centos de postos de traballo. Até o de agora, esa falla de resolución quedara patente en casos como os das empresas do aluminio Alcoa e Alu Ibérica; na continuidade de estaleiros como Vulcano ou Barreras; conserveiras como Thenaisie Provoté, ou de fábricas de pas eólicas como a que Siemens-Gamesa tiña nas Somozas. Pero, até o de agora, a Xunta non recoñecera a súa propia inoperancia. Foi esta mesma semana cando o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apuntou á incapacidade do Executivo galego para atopar unha solución á continuidade de Ence en Pontevedra. "Nós non temos a solución", afirmou Rueda sobre este asunto, no que pide ao Goberno estatal que leve á próxima reunión da mesa de traballo sobre o futuro de Ence, convocada para o vindeiro 10 de setembro, unha alternativa "para que o traballo siga na comarca de Pontevedra". Diferentes tratamentos Segundo deslizou Rueda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, trasladou aos traballadores que Ence ten que permanecer no emprazamento actual, pese a que a prórroga da concesión outorgada en 2016 polo Goberno de Mariano Raxoi está xa anulada pola Xustiza. Non hai outra saída, e se a hai, a Xunta non sabe cal é. O celo do Executivo galego por manter Ence a toda costa en Pontevedra, argumentando o que suporía a súa marcha para o emprego na comarca, contrasta co papel desenvolto noutros conflitos laborais, como a marcha de Siemens-Gamesa das Somozas ou, actualmente, a difícil situación pola que atravesa o estaleiro público Barreras, a conserveira Thenaisie Provoté ou a fábrica de aluminio de Alu Ibérica na Coruña, con centos de empregos industriais en risco de desaparecer. Ao igual que sucede con Ence, a Consellaría de Economía que dirixe Francisco Conde escúdase nalgúns destes casos no Goberno estatal para non xogar un papel activo na resolución dos conflitos industriais, a pesar de que as súas competencias lle permiten intervir empresas ou mesmo axudalas a través da concesión de préstamos participativos por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Noutros, directamente, di que agardará a que o problema estea encamiñado cara a unha solución antes de pór os cartos, unha estratexia arriscada que deixa en mans de terceiros a continuidade de empresas estratéxicas. O capital risco é un dos piares da política de apoio á empresa por parte da Administración galega, unha actividade que se canaliza a través de Xesgalicia, entidade participada ao 100% polo Igape. Un Igape en horas baixas Xesgalicia xestiona varios fondos de capital risco, agora reducidos a tres ─Galicia Compite FICC, Galicia Innova FICC, e Galicia Iniciativas Emprendedoras FICC─, mentres que un cuarto, denominado Adiante 2000 FCR, orientado ao apoio de empresas necesitadas de respaldo financeiro e de xestión, se atopa en fase de liquidación. Xunto a eles está Sodiga, unha sociedade xa veterana que facilita investimentos a empresas cunha recoñecida solvencia profesional e un alto potencial de crecemento. Segundo recolle o Informe da Economía Galega 2020 de Afundación, a pesar de que esta última sociedade tiña prevista a entrada no capital social de dúas empresas e a concesión de dous préstamos, "non se realizou ningún novo investimento, nin en capital nin en préstamos, por parte desta sociedade. O investimento total dos outros tres fondos xestionados por Xesgalicia situouse nos 5,87 millóns de euros, dos que 2,6 millóns corresponderon a préstamos participativos en empresas. A maior parte (2,3 millóns) foron parar á construtora Arias Infraestruturas, unha das maiores adxudicatarias de obra pública na Galiza, e a Inoxidables de Rábade, pertencente á multinacional Irestal Group. O balanzo do propio Igape non é moito mellor, xa que, como constata Afundación, non aproveitou o seu orzamento, que en 2020 ascendía a 126,7 millóns de euros. Deixou sen executar algo máis da terceira parte, pois o importe total das axudas concedidas foi de 83,6 millóns de euros. Para este 2021, o orzamento duplícase (262,3 millóns), co que a Xunta dispón de máis marxe de manobra. Aposta nos fondos de investimento privados O Igape deu o pasado ano un xiro radical á súa estratexia coa entrada no capital social de tres fondos privados de capital risco: K Fund, Kibo e Alma Mundi. Con esta inxección de cartos públicos en fondos privados, o departamento de promoción económica da Xunta da Galiza, segundo explica, busca dar resposta ás necesidades de empresas de base tecnolóxica. Cun investimento estimado de 10 millóns de euros nos próximos anos, o Igape aspira a mobilizar 30 millóns de euros en proxectos tecnolóxicos e de investimento. Porén, a achega a estes fondos ─a través de Galicia Innova FICC─ é moi desigual. Así, en 2020, o fondo Alma Mundi Fund II levou a maior parte do capital (3,3 millóns de euros), unha cantidade que contrasta cos escasos 90 euros inxectados no capital de Kibo Ventures Iberian Fund III, ou os 200.000 que levou K Fund II. |
NOS_3248 | O crego de Xestoso oficiará unha misa na defensa do territorio e a prol do traballo dos colectivos sociais e ecoloxistas. | A plataforma veciñal Monfero di Non celebra esta cuarta feira a segunda edición da romaría reivindicativa de San Lourenzo contra os 'macroeólicos' nas aldeas galegas. O evento, inaugurado o pasado ano, decorrerá a carón do mosteiro de Monfero e contará cunha misa de campaña oficiada polo crego da parroquia de Xestoso (Monfero), Luís Rodríguez Patiño, que xa ten apoiado publicamente as reivindicacións sociais de "afastar estes parques das aldeas e dos núcleos de poboación". Após a misa haberá unha sesión vermú con música en directo de DJ Fresco, e xa pola tarde, contra as 16.30 horas, producirase un encontro con diferentes plataformas e movementos sociais desta e doutras comarcas do país. Misa e romaría en Monfero contra o "pecado ecolóxico" do actual plan eólico Posteriormente decorrerá un roteiro guiado polas inmediacións do mosteiro e actuacións musicais a conta de Fauna e Flora. A xornada rematará counha lectura nocturna simbólica do tarot, arredor das 23 horas, para "tentar descifrar cal é o futuro destas plataformas e que direccións deberán seguir no seu traballo de loita en contra dos polígonos macroeólicos nas aldeas". Desde Monfero di Non subliñan que defenden "un sistema de enerxías renovábeis baseado no autoconsumo e a creación de comunidades enerxéticas" e, en definitiva, "un modelo no que a enerxía se produza a carón de onde vai ser consumida". A plataforma naceu en xuño de 2021 após coñecer a veciñanza o proxecto eólico Pena do Corvo, promovido por Iberdrola ás portas das Fragas do Eume. A "febre eólica" chega ás Fragas do Eume Alegacións contra o parque eólico Legre Por outra parte, a asociación A-Legre organizou este domingo unha reunión aberta na que se recolleron sinaturas para presentar alegacións contra o parque eólico que lle dá nome, Legre, e a liña de alta tensión Gato-Mesón. No encontro reiterouse a importancia "de facer ver ás empresas promotoras a cantidade de veciños que se opoñen a estes proxectos pola súa magnitude, cantidade, proximidade ás vivendas e efectos adversos dos muíños e das liñas de alta tensión para o rural, que, ademais, non suporán ningunha vantaxe socioeconómica". |
NOS_37851 | Após cinco meses de presidencia de Jair Bolsonaro, as interrogantes e as contradicións do goberno brasileiro non deixan de medrar. Tampouco o fan as súas tensións internas. Paralelamente, a oposición e a esquerda teñen decidido reaccionar a través da mobilización social: avecíñanse uns meses quentes nas rúas do xigante suramericano. Eis un extracto da análise publicada no número 348 do semanario Sermos Galiza en papel. | Van alá cinco meses desde o acceso á presidencia do Brasil de Jair Bolsonaro, e se desde o primeiro minuto observabamos o chamado "fenómeno Bolsonaro" como algo moi estraño que cualificabamos como un neofascismo, hoxe as interrogantes aumentan e as contradicións que aparecen cada día dan a entender que estamos diante de algo moito máis feble do que aparentaba. E non temos posibilidade de valorar aínda a súa acción de goberno, dado que se exceptuamos determinadas decisións e xestos en política internacional, pouco máis deron estes meses. Hai, si, moitas declaracións, proxectos e posicionamentos ideolóxicos reaccionarios, divulgados a golpe de redes sociais e grandes titulares. Si podemos constatar unha mudanza moi importante na actitude da oposición, que tras meses de parálise semella tomar a iniciativa, saíndo á rúa e organizando multitude de mobilizacións contrarias ás propostas gobernamentais, mobilizacións que en participación están por riba das de 2015 e 2016, cando protestaban contra o goberno de Dilma Rousseff e foron un elemento moi importante na xustificación do impeachment (golpe de estado institucional) que a derrocou o 31 de agosto de 2016. Isto supón ademais un cambio importante de tendencia, despois de anos en que as rúas estaban ocupadas case exclusivamente por unha dereita que adoptou e empregou de xeito moi intelixente unha estratexia mobilizadora considerada patrimonio das organizacións políticas, sociais e sindicais da esquerda. O 15 de maio houbo unha mobilización nacional en defensa da educación con grandes manifestacións en máis de 200 municipios de todo o país; para o vindeiro 14 de xuño hai prevista unha folga xeral convocada polas dez centrais sindicais brasileiras en contra da proposta de modificar as condicións de xubilación. E hoxe hai prevista unha nova mobilización en defensa do ensino. Todos os ataques que, desde antes mesmo de tomar posesión, lanzou contra a educación Bolsonaro tiñan un claro contido ideolóxico, acusando o profesorado de fomentar o comunismo entre os estudantes, chamándoos a denunciar aos primeiros; propoñendo a eliminación das referencias á ditadura de 1964 nos libros para considerala unha acción necesaria para salvar o país; propoñendo a eliminación da Filosofía e da Socioloxía dos plans de estudos; defendendo que aos nenos e nenas hai que lles ensinar "respecto, disciplina, amor á patria, lectura, escrita e facer contas", e o anuncio de recortes dun 30% no financiamento das universidades. Todo iso uniu a toda a comunidade educativa. De saír adiante, a proposta de reforma da xubilación suporía a desaparición da posibilidade de xubilarse para a inmensa maioría dos brasileiros e brasileiras. [Podes ler a peza íntegra no número 348 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_46384 | Máis de 30.000 persoas manifestáronse en Nantes contra a división de Breizh. Colectivos e plataformas acordan impulsan referendos municipais sobre a reunificación do país e por máis autogoberno. | "Xa abonda. Somos bretóns, non parvos". Esta era unha das ducias de lendas que se podían ler nas numerosas faixas que esta fin de semana percorreron Nantes durante unha masiva manifestación (13.000 asistentes segundo a policía, 35.000 para a organización) contra a división deste país. A marcha, convocada por diferentes colectivos, entre eles Breizh=44, tiña como demanda pedir a reunificación dos catro departamentos que actualmente conforman a rexión de Bretaña co de Loira Atlántico (rexión de Pays de Loire). Unha reclamación desde hai décadas dos e das bretoas, que lembran que estes cinco departamentos son os que históricamente compoñen Breizh, e que a súa disgregación en varias 'rexións' responde a unha decisión de París por diluír o seu país. A manifestación exixía, inciden os e as convocantes, 'respecto' para o país bretón e o seu dereito a decidir. Diferentes colectivos e plataformas anunciaron durante esta multitudinaria marcha que se vai activar unha vaga de consultas e referendos populares en diferentes concellos de Breizh para que os e as cidadás opinen sobre a reunificación. A iniciativa sumou a independentistas bretóns, nacionalistas e tamén a membros da esquerda anti-capitalista francesa, así como a plataformas ambientalistas ou polos dereitos sociais. Dibab-Décidez la Bretagne toma o leme nesta iniciativa, que nace, afirman impulsor@s, "sen medo ao que diga París". "Que o pobo fale" Segundo o recoñecido activista bretón Yann Choucq, a reunificación é a pedra chave sobre a que recuperar a soberanía do pobo bretón e poder facer unha outra política claramente de esquerdas. Así o manifesto nunha entrevista en Nationalia, na que xa deixaba entrever hai unhas semanas a importancia de impulsar as consultas populares sobre a reunificación. O movemento pola reunificación quer impulsar dinámicas de base e populares sen agardar polas institucións, por entender que nun Estado tan centralizado coma o francés esas institucións están ao servizo da 'grandeur' francesa e non do pobo bretón. |
PRAZA_20514 | A compañía abrirá nunha vella fontanería de Santiago unha nova sala que estará en funcionamento un máximo de tres meses e lanza unha campaña de Verkami na procura de apoio | No ano 2010, Matarile Teatro decidiu botar o peche tras case 25 anos de actividade escénica. Ana Vallés e Baltasar Patiño despedíanse así dunha compañía fundada en 1986 e que, ao longo dos anos, funcionou como unha factoría de creación cuxas ramificacións artísticas abranguían proxectos como a desaparecida Sala Galán ou a posta en marcha do Festival En pé de Pedra. Mais o adeus de Matarile non resultou definitivo e converteríase nun deica logo que se alongou durante tres anos. "Matarile decidiu pechar durante tres anos. Puideron ser dous, puideron ser cinco. Finalmente, mantívose parada tres ano. Foi un tempo de reinvención e cando regresamos, en 2013, iniciamos unha nova etapa da que estamos moi satisfeitos. Unha etapa na que nos reinventamos e reinventamos os procesos de creación para estar máis preto do espectador. Nesta etapa buscamos non só compartir o espazo co espectador, senón estar verdadeiramente con el. Agora xa non imaxinamos unha montaxe na que non poidamos estar a metro e medio do espectador", sinala Baltasar Patiño. A compañía abrirá nunha vella fontanería de Santiago unha nova sala que estará en funcionamento un máximo de tres meses e lanza unha campaña de Verkami na procura de apoio Con esa concepción, Matarile retomou a súa actividade en 2013 con Staying Alive, espectáculo que encerraba no seu título unha declaración de intencións. A montaxe ideouse, preparouse e estreouse no Auditorio da Universidade de Santiago, unha sala de grandes dimensións e carente de uso no medio do Campus Sur. "Os espazos hai que pisalos, hai que pisalos para poder comprendelos. Nós estivemos alí, entendemos o espazo e ese lugar impregnou o espectáculo. O espazo estaba presente durante toda a xira. Cando fomos a Romanía ou a Brasil con Staying alive, acompañounos aquel lugar", explica Patiño, antes de reflexionar sobre todos os lugares que fican no abandono nas cidades que habitamos. "É incomprensible ter espazos así de abandonados. No Auditorio da USC poderíanse facer perfectamente dúas salas marabillosas. E hai moitos lugares en Santiago, como en todas as cidades, que están abandonados e son lugares que, realmente, lles pertencen á xente", sentenza Patiño antes de sinalar outros exemplos na xeografía compostelá, centrándose principalmente naqueles de tradición industrial: a vella planta de Koipe ao carón da estación do tren, os almacéns de telefónica ou a antiga Ferretería Otero na Rúa Gomez-Ulla que, finalmente, ten un proxecto gastronómico para o seu futuro. Catro anos despois dese regreso e de iniciar unha nova etapa de reinvención no que lle ofreceron aos espectadores montaxes como El cuello de la jirafa ou Antes de la Metralla, o camiño de Matarile Teatro cruzou cun deses espazos tan abandonados coma perdidos no tempo. Na rúa García Blanco, moi próximo a Numax ou á Sala Capitol, resistía alí, baixo o esquecemento, unha antiga fontanería. "Referímonos ao lugar como unha fontanería, mais non era exactamente iso. Era unha especia de taller/almacén inmobiliario, de construción, con maquinaria antiga. E entre as diversas actividades que facían, tamén estaba a fontanería", explica Patiño sobre un negocio que naceu fai 117 anos e que pechou moito antes de que comezase a medrar a burbulla da construción. "En certo xeito, era unha inmobiliaria retro", apunta. Matarile regresa á concepción de Staying Alive na medida en que precisan un espazo moi determinado para idealo e ensaialo. Así, Matarile crúzase con esta vella fontanaría que se reconvertirá na futura saLa Montiel. Nese lugar Matarile atopou unha nova oportunidade para a confluencia de dous elementos esenciais para esta nova etapa da compañía. Por unha banda, a proximidade co espectador. Pola outra, a relevancia dos espazos e todas as súas pegadas. "O noso seguinte espectáculo, Circo de Pulgas, é un espectáculo importante para a compañía. Imos reunir un elenco moi potente con ex-matariles como son Celeste González, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Mónica García e tamén algún reenganche novo como Óscar Codesido. É un reencontro do núcleo duro da compañía", adianta Patiño sobre unha montaxe que, dalgún xeito, regresa á concepción de Staying Alive na medida en que precisan un espazo moi determinado para idealo e ensaialo. Así, Matarile crúzase con esta vella fontanaría que se reconvertirá na futura saLa Montiel. Da Galán a La Montiel "La Montiel nace para acoller os ensaios de Matarile". Esa é a explicación urxente, o breve resumo que deita Patiño. E resulta tan breve coma inexacto. Porque saLa Monitel non será unicamente un espazo para os ensaios, senón que recollerá unha programación dinámica e servirá de punto de encontro creativo na cidade. É dicir, Matarile planifica ensaiar o seu novo espectáculo nesta contorna especial e, para iso, a fontanería deberá someterse a unha estruturación e un acondicionamento. En certo xeito, esas reformas son a mecha para La Montiel. Despois virá todo o demais: a sala aberta ao público, a programación, o encontro artístico. "Ensaiaremos alí, pero concibímolo como unha prolongación, entendendo La Montiel como un concepto moi aberto, plural. Non será unicamente un recurso onde diferentes compañías e proxectos estean para seren distribuídos ou potenciados. A idea vai máis alá", detalla Patiño para se referir á filosofía dun proxecto que nace xa con data de caducidade. Porque na mente da compañía non está a consolidación e moito menos o longo percorrido. "Dende que esta idea xurdiu, que comezou a nacer fai xa dez meses, sempre a formulamos cun principio de non continuidade, durará tres meses e desaparecerá. Falamos dun espazo de Im-permanencia", explica Patiño, antes de engadir que a saLa Montiel nace "coa poética da conta atrás". Dureza visual "Se a Galán era moi de punta en branco, en La Montiel apostamos pola dureza visual" En La Montiel, Matarile verterá a súa longa experiencia no mundo da programación e a xestión cultural. Unha traxectoria que estivo definida en grande medida polo seu traballo á fronte da desaparecida Sala Galán, espazo referencial para as artes escénicas entre 1993 e 2007. Non obstante, as diferenzas entre o antigo espazo e este novo lugar serán claras dende a propia formulación. "É certo que hai unha experiencia acumulada importante, tanto das cousas que se fixeron ben como as que se fixeron mal. Falar da Galán é falar dun espazo que, poñan como se poña quen se poña, foi fundamental para abrir a danza e o teatro contemporánea en Galicia. Pero esa é outra historia, os conceptos agora son ben diferentes. Se a Galán era unha maquinaria de loxística técnica, La Montiel será de austeridade total. Preténdese que sexa un espazo diferente, que ademais de temporal, implique a eliminación das distancia, será un lugar de luz común entre o público e o artista", resume Patiño. Deste xeito, a compañía realizará unha mínima intervención sobre o local. Limitaranse á limpeza, ao condicionamento, á colocación dun chan de madeira e á instalación dunha rede de trescentas bombillas polo teito, creando así a luz compartida sobre as cabezas dos artistas e os espectadores. A vella maquinaría ficará no local, como vestixio da singularidade orixinal deste baixo comercial. E volven as diferenzas coa Galán. "Se a Galán era moi de punta en branco, en La Montiel apostamos pola dureza visual", sentencia Patiño antes de recoñecer que se trata "dun espazo complicado, difícil de artellar". Esa dureza visual impregnará os 180 metros cadrados cos que contará La Montiel. Desa superficie, a futura sala im-permanente contará con 135 metros cadrados destinados ao espazo escénico totalmente modificable, cunha capacidade autolimitada a cincuenta visitantes pola actividade. A súa flexibilidade permitirá dedicar un espazo escénico de nove por quince metros. Ademais, o lugar contará con diferentes espazos independentes, dous deles destinados a camerino e almacén. O terceiro será ocupado por Ediciones Invasoras, selo de literatura dramática que brinda o seu apoio a este proxecto. Ademais, as tres vellas máquinas de ferro fundido que se conservan a día de hoxe permanecerán na entrada da sala para a súa exhibición. Campaña de Verkami Dos 9.000 euros que andan a procurar, nunha semana acadaron o 21% da cantidade solicitada Matarile busca a través dunha campaña de Verkami apoio financeiro para desenvolver a saLa Montiel e, de momento, a recepción do público acompaña a iniciativa. Dos 9.000 euros que andan a procurar, nunha semana acadaron o 21% da cantidade solicitada. Os fondos, tal e como se recolle na propia campaña, destinaranse ao pagamento de mes e medio do alugueiro do espazo, así como o seu acondicionamento e limpeza. Eses cartos tamén se destinarán para o contrato do seguro civil, a contratación do enganche eléctrico ou a creación do rótulo. Mais Matarile non deixará en mans do Verkami o conxunto da inversión, xa que farán achegas importantes para levala ao cabo. Así, pagarán mes e medio do alugueiro, o tempo que estarán ensaiando Circo de pulgas na vella fontanería. Tamén achegarán os materiais técnicos de iluminación e son, o traballo de coordinación cos artistas participantes, a comunicación, o deseño gráfico e o mantemento da web ou os traballos de acondicionamento e saneamento do espazo. Esas son as intencións en canto o financiamento, mais en Matarile teñen claro que independentemente de que a campaña de Verkami funcione ou non, La Montiel será unha realidade. Programación Na actualidade, Matarile está a encarar os traballos de acondicionamento do lugar, mais tamén a elaboración da programación que se ofrecerá no espazo entre o inicio da actividade (prevista para setembro) e o seu peche, que podería variar segundo a súa acollida. A primeira data de despedida que se baralla é o 7 de novembro, pero Matarile podería alongar a experiencia un mes máis. Dependerá da resposta do público e o interese suscitado. Neses meses de vida, La Montiel ofrecerá unha serie de espectáculos e iniciativas que, de momento, a compañía non quere adiantar até tela máis definida. De momento, marcan as liñas mestras nas que están a traballar. "O primeiro que hai que ter claro é que queremos que sexa un lugar dinámico, non imos programar de forma habitual, non vai ser unha programación na que repetiremos o mesmo espectáculo venres, sábado e domingo. Nese sentido será aberta e coa posibilidade de que se alguén quere realizar unha actividade, un evento ou facer un ensaio, tamén estará aberta continuamente a propostas. Por outra banda, tamén temos claro que queremos programar traballos interesantes que, por unha serie de razóns, non se distribúen polos circuítos. Traballos que consideramos que hai que ver, que teñen un interese escénico importante e que lle teñen que chegar ao público", explica Patiño. "A Escola de Arte Dramática (ESAD) fai un traballo, hai unha serie de profesores para ensinarlle ao alumnado outras formas de facer e hai alumnos que están a responder. Eses espectáculos teñen que verse. O teatro debe asumilo dalgunha maneira", di Patiño Neste punto, Matarile ten a súa atención posta ás novas xeracións que están a xurdir no panorama teatral galego a través da Escola de Arte Dramática (ESAD). "Agora mesmo, estase a producir algo que nunca antes se deu en Galicia: o teatro que ven. É a primeira vez que acontece algo así. Pensemos que até agora, o teatro en Galicia foi xurdindo primeiro polo teatro alternativo galego, despois apareceu o Centro Dramático Galego e máis tarde as Salas que como a Galán ou a Nasa crearon públicos. Agora está a ESAD, este é un cambio importante. A ESAD fai un traballo, hai unha serie de profesores para ensinarlle ao alumnado outras formas de facer e hai alumnos que están a responder. Eses espectáculos teñen que verse. O teatro debe asumilo dalgunha maneira. Os programadores teñen que abrirlles espazos a esta xente. Son o recambio", remata Patiño. Estes son os principais trazos dun espazo im-permanente que a volta de verán ofrecerá novas posibilidades escénicas no centro de Santiago. Matarile, deste xeito, regresará ao mundo da programación. Polo menos, durante un meses. Ou non. "La Montiel aparecerá e desaparecerá en Santiago; é un proxecto que non estará vinculado por sempre a un espazo", explica Patiño, antes de deixar unha pregunta no aire. "Aparecerá e desaparezá en Santiago, si... Pero por que non poderá aparecer noutro lugar? Talvez o ano seguinte en Vigo. Quizais, dentro de dous en Madrid". |
PRAZA_18823 | Traballadores das plantas en Galicia e Asturias conflúen nunha marcha e reclaman á multinacional que amplíe o período de consultas do ERE e ao Executivo que actúe xa. "Non imos permitir que se deixe caer isto como se está a deixar caer" | Varias marchas e unha manifestación conxunta clamaron este mércores de novo contra o peche das plantas de Alcoa na Coruña e en Avilés. Arredor de 3.000 persoas concentráronse na Praza do Concello da Veiga (Vegadeo, en Asturias) en apoio de persoal das factorías ameazadas, apoiando a esixencia dos traballadores á multinacional de que amplíe o período de consultas do ERE, que conclúe o vindeiro 27 de decembro, e a reclamación ao Goberno central para que actúe xa e dea unha solución a medio prazo á política enerxética das empresas electrointensivas.Persoal das plantas galegas e asturiana de Alcoa uníronse nunha mobilización contra o peche das factorías da Coruña e AvilésPersoal de ambas plantas levaron a cabo antes unha marcha pola industria do aluminio. Operarios das factorías da Coruña e San Cibrao, que se uniron á mobilización en apoio dos seus compañeiros, partiron ás 10 da mañá de Ribadeo. Ao tempo, traballadores de Avilés camiñaron desde Castropol para unirse todos en Vegadeo ao mediodía. Antes, xuntáronse na ponte nunha emotiva confluencia de camisolas amarelas e laranxas contra o peche. Todos eles, ademais, secundaron unha folga cun seguimento do 100%., segundo os sindicatos. "Queremos mandar unha mensaxe clara ao Goberno porque non imos permitir que isto se deixe caer como se está deixando caer", dixo Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, que pediu ao Executivo central que fose "implacable" e tome "medidas concretas para salvagardar a industria". "Queremos mandar unha mensaxe clara ao Goberno porque non imos permitir que isto se deixe caer como se está deixando caer""En dous meses o Goberno fixo nada para achegar solucións, e a poxa complicou aínda máis a situación, co que pedimos ao Goberno que interveña xa, porque co estatuto que queren aprobar, nós non podemos esperar seis meses, necesitamos intervención xa", engadiu o vicepresidente do comité de empresa de Avilés, Daniel Cuartas.En canto á solución do conflito coa empresa, os representantes dos traballadores esperan que este xoves na reunión de consultas do ERE en Madrid se chegue a un entendemento. "Esixiremos que o período de consultas se amplíe quince días, senón recruaremos as protestas, porque se a empresa non acepta podería empezar o 27 de decembro a despedir a traballadores, e non o imos a permitir, porque seguiremos loitando", rematou Cuartas.Os comités pedirán que se amplíe o período de consultas do ERE en quince días. "Senón, recruaremos as protestas", din Ademais, a CIG esixiulle ao Goberno central a modificación do decreto 20/2018 e a "convocatoria" inmediata dunha nova poxa para "garantir solucións á industria electrointensiva".Ás mobilizacións acudiron, entre outros cargos políticos, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o de Vegadeo, César Álvarez e a alcaldesa de Tapia de Casariego, Ana Vigón. Tamén o deputado do BNG no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas, Mini. Por outra banda, a Xunta anunciou que trasladará un documeto ao Goberno central para lle reclamar, entre outras medidas, que adopte unha redución das peaxes vinculadas ao transporte da enerxía e que aplique mecanismos de compensación de CO2 ás empresas electrointensivas.Así o avanzou este mércores o conselleiro de Economía, Francisco Conde, logo dunha xuntanza dunhas dúas horas con representantes de empresas dese ámbito en Galicia, entre ellas Alcoa, Ferroatlántica, Ence ou Megasa. |
NOS_57213 | As profesionais da xestión cultural, preocupadas fronte á incerteza | O dioivo de cancelacións de eventos e peches de espazos públicos como consecuencia das medidas de prevención da COVID-19 afectan radicalmente ao sector cultural, que se sente asolado pola incerteza e a falta de información. A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de emitir un comunicado no que sinala que todo isto está provocando grandes perdas económicas no seu eido. Neste senso, fan fincapé en que as Industrias Culturais e Creativas son un fragmento estratéxico que supón arredor de 2,4% do Produto Interior Bruto a nivel estatal, achegando o 3,8% do emprego en 2018. As suspensións de eventos non afectan unicamente a artistas, senón a todas as empresas e persoas relacionadas co sector, desde produción e deseño até montaxes de escenarios. Ademais, como lembra a xestora cultural Belén Bermejo, trátase dun eido no que se traballa sempre con moita previsión e coa vista posta constantemente no futuro, unha anticipación que se ve condicionada pola incerteza de canto tempo durará esta situación, dificultando enormemente o traballo. "Hai moitas cousas que simplemente non se poden adiar: pasou o día pasou a romaría", explica Bermejo. Por outra banda, cómpre lembrar a precariedade que caracteriza o emprego nun ámbito económico no que boa parte do traballo é autónomo ou de pequenas empresas, que se ven totalmente desprotexidas ante as perdas que a suspensión de actividades vai provocar. Como sinala Pilar Portela, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, a profesión divídese fundamentalmente entre emprego público -que está a traballar coas institucións fechas-, e iniciativa privada, a que de seguro se verá moi afectada. En canto aos autónomos, "traballan por bolos e non van cobrar", afirma. Por todos estes condicionantes trátase dun sector especialmente fráxil e "moi sensíbel á crise", denuncia Portela, no que as consecuencias se van notar con intensidade. Unidade fronte á incerteza Por iso, a súa intención pasa por consensuar medidas e partidas de apoio específico que permitan minimizar os danos. Bermejo observa en especial a necesidade de información: "Precisamos aclarar certas dúbidas que a todas nos pasan pola cabeza, para ter claro como nos afecta". Hai que prever como lles pode afectar e facer presión en colectivo, pois "outros eidos terán máis forza". Nesta mesma liña, Portela sinala que desde a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural están xa a promover o contacto con outras asociacións profesionais para elaborar un comunicado conxunto, consensuando as principais peticións ao respecto. Neste senso, pretenden dirixirse á Xunta da Galiza para exixir aquelas medidas nas que teña competencia ou para solicitar o seu apoio de cara a facer presión a nivel estatal. As medidas reclamadas son principalmente paliativas, como se ten valorado a nivel estatal para sectores como o turismo, transporte ou hostelaría. Bermejo apunta ademais a observar o que se está a facer noutros lugares de Europa, así como á creación dun fondo de emerxencia ou de mesas de diálogo que permitan a adopción de decisións consensuadas para as representantes de cada sector. |
NOS_32422 | O colectivo asegura que o confinamento da poboación non tivo repercusións no comportamento da fauna salvaxe e negan que a actividade cinexética sexa a solución para o control da mesma. Acusan a Xunta e mais ao sector de difundir un discurso de "medo" respecto a determinadas especies coma o xabaril. | Na Galiza, tras a declaración da emerxencia sanitaria pola Xunta en marzo suspendéronse os mercados de alimentos tradicionais e acoutouse o desprazamento ás hortas de autoconsumo a 500 metros. Ao tempo, as normas relativas á caza sufriron diversas modificacións desde a prohibición total até a aprobación dunha serie de excepcións criticadas por colectivos ecoloxistas. Unha orde do 21 de marzo levantou parcialmente o veto á actividade cinexética, permitindo certas accións como "medida de control" previa autorización das xefaturas territoriais da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ditas excepcións están ligadas a danos á agricultura, aos accidentes de tráfico reiterados nun punto concreto e ligados á colisións con animais ou ao control de determinadas enfermidades. E a un papel, o de controladores da biodiversidade, defendido polo sector cinexético. Esta decisión foi denunciada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, Adega, que asegura que a poboación do xabaril, a principal especie afectada polas excepcións, "non está descontrolada", senón carente dun plan de xestión. Adega nega que a poboación de xabaril estea "descontrolada" Desde Adega afirman que a corentena non tivo efectos perceptíbeis sobre outras especies fauna salvaxe. E engaden que vídeos que circulan polas redes sociais amosando individuos de especies salvaxes en urbes ou vilas dan testemuña dun feito puntual. "É unha irresponsabilidade concluír por eles que existe unha situación de cambios de comportamento na fauna derivados do confinamento", din. O colectivo ecoloxista denuncia á Xunta da Galiza e mais ao sector da caza de difundir un "discurso de medo" e "odio" respecto a certas especies da fauna salvaxe. "Desmentimos que a caza e a pesca axuden a controlar a biodiversidade", argumentan, apostando en troques por unha xestión avalada "por criterios científicos". O colectivo reclama unha xestión da fauna avalada por criterios científicos Desde Adega reclaman a elaboración dese plan específico para o porco bravo e de xeito independente do sector da caza. "Esta por si soa non vai mitigar, nin agora nin nunca, os danos nas colleitas ou os accidentes de tráfico", resolven as súas integrantes. "Por fortuna, non vivimos nun entorno ambiental 'esterilizado' e libre de animais, contando Galiza cunha rica biodiversidade de fauna e flora, que deberíamos valorar como un ben de extraordinario valor e de extraordinaria riqueza", valoran as integrantes do colectivo ecoloxista. |
NOS_9687 | Curas e clérigos que participaron directamente na represión. Esa é a memoria que resgatamos esta sexta feira. | Foi un cura de pistola ao cinto. Estaba feito da mesma madeira dun Xosé Toubes, párroco de San Pedro de Mezonzo, fundador do Ideal Gallego e terrorista naquela Coruña de 1936, dun Manuel Doval ou Xosé Gago Tarrío, os dous no Salnés e tamén en Euskadi, para volver da fronte co bastón de mando do alcalde asasinado de Urrieta ou dun Ramón Mosteiro Ferro, o arcipreste de Ordes, a chuzar contra os progresistas da localidade para facer efectiva a condena de morte. Era de igual feitura do que un Padre Nieto, aquel frade ruín, a meter terror e a pedir mortos no campo de concentración da illa de San Simón, do que un Luciano de Uriarte, daquela caste de misioneiros do Sagrado Corazón que remataron de capeláns castrenses, do que un López Galuá en Ribadeo, a sinalar obxectivos ás escadras fascistas, do que un cura de Cangas, a anotar os obreiros das obras da casa do pobo para facer listas negras, do que un cura de Beluso, de Zas, Cerdedo, Culleredo, Seixalbo e así ate non rematar. Chamábase Emilio Álvarez Martínez pero todos o coñecían por "Reisiño". Á volta de 1914, debido aos bos oficios de Vales Failde diante da Casa Real, os mesmos que fixeron a Lago González arcebispo de Compostela e a Eixo Garai arcebispo de Madrid, foi nomeado predicador da Capela Real e posteriormente capelán de honra de Afonso XIII. Saíu de Madrid de 1920 co alcume de "Reisiño", pola súa proximidade ao monarca, e cunha ampla listaxe de relacións privilexiadas para continuar unha brillante carreira eclesiástica, iniciada no seminario de Tui, seguida no seminario central de Santiago de Compostela e prologada na parroquia de Santiago o Maior de onde marchou á Corte, con só trinta e tres anos. E volveu a Vigo, para dirixir a recentemente fundada parroquia de San Francisco, e foi un non parar, presidente e impulsor da Asociación da Vista Antoniana, xefe da beneficencia municipal, profesor de relixión e moral no instituto da cidade e párroco titular de San paio de Ventosela. Á altura de 1932, impulsou a creación da asociación Martín Codax, fogar e refuxio de todo o Vigo reaccionario que chegou a agrupar a máis de catrocentos asociados, diríamos hoxe think tank daquela dereita viguesa españolista e monárquica, que promoveu obras teatrais de Pemán e Pemartín, dramaturgos de cabeceira da España de orde e colaboradores habituais de Acción Española, auténtico organizador colectivo da opinión reaccionaria no período republicano. Martín Codax foi a casa berce da extrema dereita da cidade, o punto de encontro da Renovación Española, organización liderada por Calvo Sotelo que merecería a homenaxe do colectivo, e de Falanxe Española, sinalándose entre os seus primeiros dirixentes, directivos do colectivo como Xosé Vázquez Fernández, Xavier Vázquez Ozores, Emilio Torrado Rivas ou Eduardo Canitrot Robles. Ao fin, foi a forza de choque da contrarevolución no Vigo republicano, organizando grupos violentos para combater coa forza ás reivindicacións obreiras, as demandas nacionais é as forzas políticas populares. E foi cazador de xentes de ben a partir de xullo de 1936. Aquelas agrupacións paramilitares pensadas na Martín Codax, coas mans manchadas de sangue de demócratas vigueses desde 1935, non tardaron en poñerse á tarefa que a nova situación esixía. Alí estaba "Reisiño", como sinalaron diversas publicacións sobre o terror fascista en Galiza publicadas no exilio: "Personaxe importantísimo do falanxismo en Vigo é un crego moi coñecido, monseñor Emilio Álvarez, alias "O Reisiño", xefe de Falanxe, daqueles que deciden sobre a vida e a morte dos cidadáns vigueses. …é un tipo cativo, enxoito de movementos lixeiros e dunha crueldade feroz. Home sen ningún escrupulo moral, entregado a todos os vicios e aberracións, preside unha agrupación da mocidade intitulada Martín Codax, en que formou un cadro de declamación que serve unicamente para os seus manexos a prol do fascismo e das súas preferencias persoais" [texto tirado de Galicia mártir. Episodios del terror blanco en las provincias gallegas (Hernán Quijano, pseudónimo que se atribúe a Luís Seoane]. E chamábase "O Reisiño", morreu en Vigo o 27 de abril de 1954, sufrindo, laiando e delirando coas súas vítimas, coma todos. |
NOS_14785 | O presidente da formación, Albert Rivera, xustifica a súa postura por non partillar "as formas" e afirma que lle importan "bastante pouco os ósos de Franco" | Nunha entrevista en Onda Cero, Albert Rivera, revelaba que o seu grupo non apoiará no Congreso dos Deputados a convalidación do decreto lei que elaborará o Goberno para blindar a exhumación dos restos do ditador. O presidente de Ciudadanos sostén que lle importan "bastante pouco os ósos de Franco" e incide no problema de forma, ao dubidar que a fórmula lexislativa sexa "xuridicamente xustificábel" por non ter "carácter urxente". "Podo avanzar que co feito de propolo por decreto lei, non imos apoiar esa convalidación porque non son as formas, nin a prioridade, nin o que nós fariamos se estivésemos a gobernar", explicou Rivera. Segundo o político catalán, o decreto lei é un "instrumento excepcional para cuestións urxentes, e isto despois de 40 anos non se pode designar como urxente". A falta de que inicie o período de sesións da cámara en setembro, Rivera aínda non concretou se a formación política optará por absterse ou por votar en contra. Porén, agarda poder analizar e debater o contido da proposta, que previsibelmente verá a luz após o Consello de Ministros desta sexta feira. Un cemiterio unitario para republicanos e franquistas Durante a entrevista, que tivo lugar na mañá desta cuarta feira, o deputado laranxa comentou que non partilla "a falta de consenso e de previsión", en relación a que o Goberno estaría a levar adiante a medida "sen contar coa maioría do arco parlamentario". Nas súas declaracións, o líder de Ciudadanos instou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a sentar a falar "e facelo en serio, ten que facelo con criterios técnicos e buscando a reconciliación". Dentro das súas propostas destaca un cemiterio nacional onde membros dos bandos opostos compartan espazo. Ao mesmo tempo que se apunta a debater medidas para todo o conxunto do Valle los Caídos, Rivera afirma que "hai un certo intento de volver a esas batallas fraticidas de roxos e azuis, de enfrontamento e división, que son as que lle gustan ao bipartidismo". |
NOS_4186 | Icann, a autoridade que supervisa o sistema de enderezos de rede, vai aprobar un bo lote de novas extensións, entre as que se atopa .gal. A asociación Puntogal tratará de que o dominio estea dispoñíbel na rede cara final do presente ano | Icann (siglas en inglés da Corporación de internet para a asignación de nomes e números), a organización responsábel de asignar os enderezos do protocolo IP, fará realidade en breve o dominio .gal, no marco da aprobación dun novo pacote con centos de extensións, entre as que figura a reivindicada por Galiza. A consecución da extensión galega, lembran desde a axencia EFE, que deu esta nova, pon o ramo a un longo proceso iniciado vai para cinco anos e que está a revolucionar os rexistros de webs de empresas, organizacións e territorios. Para ser aprobado un dominio, este ten que pasar por un longo e complexo proceso de validación. Se ben a aprobación de .gal será efectiva nas vindeiras semanas, non estará operativa até comezos do ano que vén. Segundo informa esta mesma axencia, entre as extensións que se aprobarán en breve figuran, alén de .gal, a de .eus, .berlin..madrid ou .bank. Puntogal A conquista do .gal e a visibilización de Galiza nas redes con dominio propio é frito, en grande mérito, do traballo desenvolvido pola asociación Puntogal. Esta asociación defínese como "uha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo". Nun comunicado, Puntogal sinala que a ICANN "vén de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal por parte da ICANN, outras candidaturas ou membros da comunidade da Internet. Grazas ao apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista. Aliás, tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na ICANN expresan dúbidas. Neste sentido, o .gal logrou o respaldo das administracións locais, autonómicas e estatais". O .gal está respaldado por máis de 13.700 persoas e 110 institucións de todo o país; entre elas figuran os organismos máis relevantas da cultura galega (Real Academia, Consello da Cultura), as tres universidades, ducias de asociacións culturais de base, vinte asociacións de emigrantes baseadas en Europa e America, empresas tecnolóxicas, medios de comunicación, etc. Afirman, asemade, que "o .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en internet as páxinas escritas en galego e que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. A proposta, tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados. É a que defende Asociación PuntoGal co apoio das entidades que a integran e de todas aquelas persoas e organizacións que seguen sumándose día a día no apoio a esta iniciativa" |
PRAZA_13007 | Se un se distancia o suficiente do ansioso espírito de salvación que circula ás veces por determinados ambientes culturais da esquerda anti-sistémica e extra-parlamentaria e observa, ademais, con detenimento, a irracional urxencia electoralista que se respira no sistema de partidos, onde imperan as ideoloxías soft dos catch-all parties, coa súa máxica oferta electoral para tódolos gustos, é difícil non chegar á conclusión de que hai algo que os seres humanos aínda non aprendemos a xestionar ben, e ese algo é, falando claro, o poder: non sabemos xestionar o poder. Non sabemos ofrecerlle resistencia interior ás consecuencias da súa concentración e exercicio. | Que o desexo de emancipación pode devir tan totalitario coma o nihilismo político máis extremo é unha experiencia colectiva que xa forma parte da mala conciencia de Europa. Se un se distancia o suficiente do ansioso espírito de salvación que circula ás veces por determinados ambientes culturais da esquerda anti-sistémica e extra-parlamentaria e observa, ademais, con detenimento, a irracional urxencia electoralista que se respira no sistema de partidos, onde imperan as ideoloxías soft dos catch-all parties, coa súa máxica oferta electoral para tódolos gustos, é difícil non chegar á conclusión de que hai algo que os seres humanos aínda non aprendemos a xestionar ben, e ese algo é, falando claro, o poder: non sabemos xestionar o poder. Non sabemos ofrecerlle resistencia interior ás consecuencias da súa concentración e exercicio. O aplauso colectivo que reporta, así como unha boa retribución económica, son motivos suficientes para facerlle perder o siso a este mamífero bípedo que vimos sendo. Hai algo que os seres humanos aínda non aprendemos a xestionar ben, e ese algo é, falando claro, o poder: non sabemos xestionar o poder Recordo que cando cursaba 4 de carreira como alumno Erasmus na facultade do Minho, na cidade de Braga, tiven que acudir a tres facultades distintas para cursar unha materia que a miña profesora de socioloxía do conflicto consideraba acaída para min : socioloxía do poder. Alí, en Braga, a materia de filosofía política cursábase na facultade de dereito, e a materia de Etnografía, nacionalismo e estado, impartida por profesores da facultade de antropoloxía, así como socioloxía do poder, a secas, cursábanse na facultade de ciencias sociais. A transversalidade académica era evidente. Falar de poder, para min, é investigar e descubrir as múltiples expresións que acompañan á práctica secular da dominación É ilustrativo, e ademais, creo, arriquecedor, caer na conta da interdisciplinariedade dende a que se pode reflexionar sobre o fenómeno do poder: A mirada etnográfica, a fotografica, a política, a xurídica, a antropolóxica, a etolóxica, a filosófica, a xeo-política… e mesmo a mirada da crítica literaria menos centrada no texto en sí mesmo e máis preocupada polo fenómeno postcolonial. Esta interdisciplinariedade, así como a obsesión case paranoica pola cuestión do poder, a día de hoxe, non debería resultarnos obsesiva nin estraña, tendo en conta a complexidade desta barbarie civilizada na que nos encontramos e a épica dificultade para atopar unha alternativa aos bárbaros que a xestionan; o fenómeno do poder, na súa expresión iconográfica, narrativa e estructural, aféctanos a todos, e non pode ter outra relevancia que non sexa colectiva, comunitaria, isto é: social, cultural e política ao mesmo tempo. Falar de poder, para min, é investigar e descubrir as múltiples expresións que acompañan á práctica secular da dominación. As iconografías, as narrativas e as estructuras de poder multiplícanse á mesma velocidade coa que se multiplican os suxeitos subalternos que sufren con visceralidade a súa violencia. Todos, a día de hoxe, formamos parte dalgunha minoría excluída e dalgunha maioría excluínte,ou viceversa. Todos somos insiders e outsiders. Todos estamos dentro e fora do sistema. Todos somos ex-céntricos e convencionais. Vangardistas e clasicistas. Revolucionarios e conservadores. Nesa tensión –e nesa contradicción interna- vivimos, precisamente, aqueles que temos que facer malabarismos para non ceder a dous tipos de loucura: a vontade de emancipación sen freo ético na súa pretensión… e a vontade de orde sen compaixón pola dor, as exclusións e as torturas que ésta causa e invisibiliza. Ámbalas dúas, levadas ao extremo, non teñen outro medio para imporse que a práctica -quer legalista-institucional, quer clandestina- da violencia e a negación da humanidade dooutro, e ámbalas dúas deben ser denunciadas. Todos, a día de hoxe, formamos parte dalgunha minoría excluída e dalgunha maioría excluínte,ou viceversa. Todos somos insiders e outsiders. Todos estamos dentro e fora do sistema As ciencias sociais, en occidente, comezaron a destilarse coa inxenua pretensión de divorciarse de pleno da filosofía, ao mesmo tempo que serviron de instrumento lexitimador do proceso de construcción dos estados-nación europeos que Hegel consideraba "o cumio da racionalidade e a liberdade humana" –sic-. A filosofía, por suposto, tamén ten a súa historia negra, e non debería sorprendernos que John Stuart Mill, tan demócrata e liberal en Inglaterra, negase a capacidade –e por extensión, o dereito- do pobo indio para gobernarse a sí mesmo e mantivese silencio sobre a dominación colonial de Inglaterra. Tampouco debería sorprendernos a anexión de Heidegger ao fascismo, nin a vontade de platón de desterrar da súa xeométrica República ideal aos poetas, nin a boa nómina de escritores e intelectuais da península –Vicente Risco, Unamuno, mesmo Ortega e Gasset...- que, con máis e menos intensidade e por motivos diferentes, empatizaron afectivamente co fascismo, nin a ausencia de mulleres filósofas no canon occidental que aprenden os rapaces nas escolas, así como a ausencia de filosofía e pensamento nado en contextos non-occidentais no mesmo canon. Todo esto, por suposto, a estas alturas, xa non debería sorprendernos. Así pois, ata qué punto e con qué dereito ousamos presumir de espíritu democrático e integrador nas nosas mal chamadas sociedades abertas, tendo en conta que seguimos mantendo contidos pedagóxicos claramente fechados en contextos xeográficos de convivencia pluricultural? Ata qué punto somos capaces de respetar e integrar as singularidades sen diluílas en universalismos abstractos que deveñan excluíntes? Ata qué punto e con qué dereito ousamos presumir de espíritu democrático e integrador nas nosas mal chamadas sociedades abertas, tendo en conta que seguimos mantendo contidos pedagóxicos claramente fechados en contextos xeográficos de convivencia pluricultural? As ciencias sociais aínda cargan consigo mesmas esa mala conciencia de seren utilizadas coma instrumento de xustificación da dominación, e aínda sobardan un chisco de vaidade ao pretenderse totalmente libres da reflexión filosófica, mais quizais xa vaia sendo hora de reclamar algo de honestidade recíproca e recoñecer que: 1-O social non pode reflexionarse e investigarse por sí mesmo sen proxectar imaxinario filosófico previo. Pensar en serio e dende as cousas mesmas, desvelando o que éstas teñen de apariencia, é un acto de resistencia e desobediencia reflexiva, intelixente, ao pensamento único. Ter sentido do humor, por suposto, non está reñido con esta seriedade, pois o humor é, abofé, un asunto moi serio, e a seriedade, por suposto, ten moito de humorística. Non hai mellor proba disto que os primeiras ilustracions satíricas dos humoristas gráficos ingleses. 2-As ciencias sociais, pretendéndose plenamente autónomas e auto-referenciais, teñen serias posibilidades de convertirse en enxeñería social ao servizo do reforzamento, teórico e práctico, da dominación. As ciencias sociais, pretendéndose plenamente autónomas e auto-referenciais, teñen serias posibilidades de convertirse en enxeñería social ao servizo do reforzamento, teórico e práctico, da dominación 3-A filosofía que queira evadirse totalmente do social, reclamando plena autonomía e auto-referencialidade con respecto ás ciencias sociais, ten serias posibilidades, tamén, de convertirse en mera logorrea intrascendente no baleiro. Mero consolo existencial para o cal, por certo, xa existe a relixión -para sensibilidades máis confesionais- ou as artes -para sensibilidades máis mundanas-. Para aumentar o gozo de existir, entender e sentir o latexo do mundo que nos arrodea, non podemos abrazar sempre poéticas e músicas armónicas, con principio, no e desenlace determinado. Os nosos sentidos teñen que estar tamén preparados para a disonancia, a contradicción, o contraste, a incertidume e, por suposto, a continxencia : a insignificante, insoportábel e humana continxencia que somos. O mundo que vivimos é brutal e inhumano, non enganemos, xa que logo, ás novas xeracions, coa promesa de músicas e armonías eternas. |
NOS_14596 | Os campamentos do Tindouf acollen o XV Congreso da formación política os días 8 e 9 de xullo. | Esta sexta feira (8 de xullo) comeza en Dajla, nos campamentos de persoas refuxiadas do Tindouf, o XV Congreso do Frente Polisario. Un cónclave marcado pola elección da persoa que liderará a formación política após o pasamento do que foi o seu secretario xeral desde 1976, Mohamed Abdelaziz, e tamén presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). O encontro decorrerá baixo o lema Mohamed Abdelaziz. Forza, Determinación e Vontade para impoñer a Independencia e a Soberanía e del farán parte representantes de numerosas organizacións políticas de todo o mundo, entre elas, representantes da Galiza como a coordenadora da Área de Internacional do BNG, Montse Prado, ou a presidenta do colectivo Solidariedade galega co pobo saharauí (Sogaps), Maite Isla. A morte de Abdelaziz e o propio Congreso do Frente Polisario prodúcense nun marco de tensión entre o Sáhara e Marrocos após a expulsión por parte do reino alauita do persoal da Operación Minurso despregada polas Nacións Unidas. Neste senso, malia o acordo adoptado polo Consello de Seguridade da ONU que mantén durante un ano máis a súa operación especial para a convocatoria do referendo de autodeterminación aprobado en 1990, Marrocos continúa a manter a súa ocupación ilegal e non se albisca unha mudanza a curto prazo. |
NOS_2379 | "Non é un sector estratéxico, é un sector que se está estragando", dixo Miguel de Lira ao recoller o premio ao mellor actor por "Somos xente honrada", un dos seis galardóns que convertería o filme dirixido por Alejandro Marzoa no triunfador da noite dos Mestre Mateo. A reivindicación dun cambio de rumbo nas políticas para o audiovisual tamén se impuxo na gala. | "Levaime", pediu finalmente a actriz Isabel Risco que non daba parado no seu reivindicativo discurso, un dos momentos máis ovacionados da noite co auditorio do Palexco en pé. Recollía o premio á mellor actriz de reparto por "Era Visto" e aproveitou para, nunha enérxica intervención, soltar algunhas das frases máis aplaudidas da gala. A que se consideraba unha Scarlett Johansson "pero en caldeirada", pensou por un momento mandar fundir o busto do Mestre Mateo que lle entregaba para "quen en Navantia haxa traballo". "Producimos a esgalla e somos pobres e iso non ten xeito", dixo a actriz que demandou "máis produción audiovisual galega, feita aquí, na nosa lingua. Non lle restamos ao mundo senón que lle sumamos a hostia!". Aínda tivo tempo de facer un alegato pola sanidade e saúde pública e a noite íalle dar unha nova oportunidade ao volveu subir canda o equipo de "Era Visto" a recoller o premio á mellor serie, momento que aproveitou para anunciar que ía a Londres a acompañar unha amiga "facer unha ilegalidade". Risco conseguiu converterse en "trending topic" na rede twitter despois da súa intervención. "Non lle restamos ao mundo senón que lle sumamos a hostia!" dixo unha "trending topic" Isabel Risco Rexeitar un premio Desde o Prestige, a da noite do sábado foi a gala máis reivindicativa das artes escénicas. Foron moitas as ocasións nas que se reclamou atención para un sector que atravesa unha difícil situación desde o escenario do Palexco da Coruña. Non se lembraba tampouco o rexeitamento dun premio como aconteceu nesta XII gala dos Mestre Mateo. Fíxoo María Liaño, que, sen asistir á gala, mandou un texto no que anunciaba que non collería o premio á mellor dirección de produción. "Os que merecen o premio son os traballadores do audiovisual galego que tentan manterse en condicións difíciles", dicía o comunicado. "A horadez presúmese, non se premia. A corrupción presúmese, non se castiga", dixo Miguel de Lira ao recoller un dos premios da triunfadora da noite, a película "Somos xente honrada" que se faría cons premios á mellor longametraxe para Vaca Films e El Terrat, dirección para Alejandro Marzoa, mellor guión para Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa ,interpretación masculina de reparto para Ricardo de Barreiro e maquillaxe e perruquería para Susana Veira e Erea Pérez. "Se algo temos para exportar é talento e o talento non se pode recortar", dixo de Lira noutra das frases memorábeis da gala. Contra o IVE que está a mermar o sector e por unha lei de mecenado que non chega pronunciouse o presidente da Academia do Audiovisual, Antonio Mourelos no inicio dun discurso no que lembraría aos "compañeiros e compañeiras que seguen sen cobrar o pouco traballo que lle ofrecen" e lanzaría, desde unha TVG que retransmitía a gala en directo, a esixencia duns medios públicos, honestos e profesionais. Encargaríase tamén Mourelos de entregar o premio de honra da Academia a Manolo González, a quen se lle recoñecía, de maneira especial, o seu papel como fundador e primeiro director da Escola de Imaxe e Son da Coruña e as súas "políticas audaces" desde a Axencia Galega do Audiovisual. "Construamos sobre os alicerces dos que nos precederon", dixo González, en alusión ao desmantelamento das iniciativas que logo se desmantelaron ao tempo que recoñeceu unha "incríbel xeración" de directores que "falan de ti a ti" co resto do mundo, liña que o premiado apoiara desde as innovadoras axudas ao talento. Ademais da homenaxe a Manolo González, a noite do audiovisual lembrou a Xosé Manuel Olveira, Pico, que fora presidente da Academia e o 25 aniversario do momento inaugural do cinema galego no que se estrearon as longametraxes, Sempre Xonxa, Urxa e Continental. "Se algo temos para exportar é talento e o talento non se pode recortar", defendeu Miguel de Lira Máis frases para a antoloxía da noite virían de Mónica Ares ao recoller o premio por "Galegos polo mundo" e desexar que a "a esperanza e non o medo sexan a base do desenvolvemento", da equipa de Zigzag ao reivindicar pasar á primeira canle porque a cultura interesa ou de Xosé Ramón Gayoso cando abrazou o premio ao mellor comunicador e dedicoullo "ás persoas que non están nesta profesión porque están no paro". "Necesitamos outro ritmo, a revolución non se fai así. Non podemos aguantar este estado de ánimo", sentenciou Anxo Pintos, en nome de Berrogüetto, ao facerse co premio Mestre Mateo á música orixinal por "Inevitábel. O grupo vén de anunciar a súa disolución por "desánimo". Premios Mestre Mateo 2014 Somos xente honradaLongametraxe, para Vaca Films e El TerratDirección, para Alejandro MarzoaGuión, para Miguel Ángel Blanca e Alejandro MarzoaInterpretación masculina protagonista, para Miguel de LiraInterpretación masculina de reparto, para Ricardo de BarreiroMaquillaxe e perruquería, para Susana Veira e Erea Pérez EncalladosPelícula para TV, para ZircoZineDirección de fotografía, para Alberto Díaz "Bertitxi"Montaxe, para Adrián Pino SalgaduraVestiario,para María Gil e Sonia SeguraSon, para David Machado, Dani Zacarías e Enric TriviñoDirección de arte, para Marta Villar Era Visto!Serie TV,para Producións Zopilote para TVGInterpretación feminina de reparto, para Isabel Risco Todos os SantosInterpretación feminina protagonista, para Isabel BlancoDirección de produción, para María Liaño, que renunciou ao premio Costa da Morte. Mellor Documental, para Zeitun Films Luar. Comunicador de TV, para José Ramón Gayoso Bonigno ZigZag Diario. Programa TV, de TVG Entre pipas. Serie Web, de Cassinello Arias Rizzi 3-1=0. Curtametraxe de imaxe real, de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films Aqua, de Algarabía Animación. Curtometraxe de animación Estrella Galicia Feliz 2013, de Algarabía Animación. Anuncio publicitario Canto de Sirena, de Piti Sanz, Mellor Videoclip Inevitable. Música orixinal, para Berrogüeto Galegos no mundo. Realización, para Mónica Ares, Toño López e Isabel Caamaño |
NOS_13537 | O conselleiro García Comesaña asegurou sobre o peche perimetral que non o desbota, "mais tampouco diría que imos facelo". | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cualificou de "estábel" a situación na Galiza en relación ao "decrecemento das infeccións" por Covid-19, aínda que admitiu preocupación pola repercusión na incidencia de casos que poida ter o Nadal. "Preocúpanos que todo este esforzo póidase ver malgastado se no Nadal volvemos ás aglomeracións", dixo ao ser preguntado polas imaxes que se puideron ver nalgunhas cidades no Estado español esta fin de semana. Nunha comparecencia ante os medios, coincidindo coa súa visita á asociación Comité Antisida da Coruña (Casco), e a preguntas dos xornalistas, asegurou que están a traballar nesta cuestión, barallando "todas as posibilidades", para garantir que "todo o que se conseguiu con ese esforzo importante da cidadanía, non se perda". Mentres, sobre a situación en xeral na Galiza, admitiu que non é "fácil" describila no seu conxunto por ser o panorama "moi diverso" en función dunhas zonas ou outras. Con todo, remarcou que hai "unha situación estábel no decrecemento das infeccións", pero alertou que isto pode "reverter". "Os contaxios non saen gratis, unha porcentaxe deles acaba ingresado en planta e en UCI", lembrou. En particular, destacou o comportamento nas áreas perimetrais de Santiago e Ourense, cunha evolución "moi boa, estábel no tempo". No caso da Coruña, dixo que se está "aproximando", aínda que admitiu que non vai "todo o rápido" que lles gustaría. Mentres, dixo que están "máis pendentes" da situación en Lugo, Ferrol, Vigo e Pontevedra. Desta última, expuxo que "por fin se empezou a notar ese decrecemento". En xeral, considerou que a situación nas distintas áreas sanitarias é "aceptábel". Así, apuntou que en porcentaxe de ocupación de camas UCI e de hospitalización é "bastante mellor que no peor momento do pico da primavera". "Un 57% por baixo do noso pico máximo en camas de UCI e un valor parecido na hospitalización", resumiu. Peche da Galiza E, aínda que destacou sobre todo a diminución dos pacientes ingresados na UCI, recalcou que hai que velo "cada día", algo ao que tamén se referiu ao ser cuestionado se haberá peche perimetral da Galiza na ponte de decembro. "Non hai nada pechado", engadiu remitíndose ao comité clínico desta terza feira e o da sexta. Así, asegurou que non o desbota, "pero tampouco diría que imos facelo". "Está riba da mesa", sinalou Comesaña, quen engadiu que tamén o están outras "posibilidades". Á pregunta de se este peche perimetral de Galiza podería estar asociado ao levantamento do mesmo nas cidades, dixo que "non necesariamente". Sobre a situación nelas, recalcou que non desbotan "que puidese haber algún tipo de relaxación de restricións" naquelas con "moi boa evolución". No entanto, remitiuse ás decisións do comité clínico, do que asegurou que a súa prioridade é a "situación sanitaria", ao ser preguntado polas demandas do sector da hostalaría para unha desescalada. "Valoramos a súa opinión, pero o criterio fundamental é clínico", insistiu. Requirido de novo para concretar se a desescalada podería empezar esta sexta feira ou despois da ponte, o conselleiro incidiu en que "depende da situación epidemiolóxica" e lembrou que, para unha decisión así, non se ten en conta só "o dato puntual dun día". "Hai que ver esa tendencia que valores leva, a situación das áreas sanitarias, os datos dos pacientes ingresados en UCI e en hospitalización e a valoración que fan as xefaturas territoriais". |
NOS_10616 | Desde o COF da Coruña denuncian que "é falso que se cumpran os protocolos internacionais" na Galiza. | Todo continúa igual a respeito dos abortos que se practican no segundo trimestre de embarazo e non só na Coruña senón "no Sergas". Así o asegurou en declaracións recollidas por Radio Coruña o director do Centro de Orientación Familiar (COF). Xosé Anxo Vidal sinala que "o protocolo do Sergas non coincide cos protocolos internacionais aínda que o diga o señor Núñez, Feijóo para os amigos", dixo con retranca. "É falso, é mentira que se cumpran os protocolos internacionais". Xosé Anxo Vidal, director do COF da Coruña: "É falso, é mentira que se cumpran os protocolos internacionais" Así o constatan tamén desde a Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña da que fan parte tamén traballadoras do propio COF. Neste senso, Cristina Bajo, integrante do colectivo, sinalou en conversa con Sermos Galiza, que continúan a estudar as accións que adoptarán para que a Fiscalía non dea carpetazo á denuncia presentada desde o Defensor do Paciente após ser arquivada. Á saída da última xuntanza que mantivo a Plataforma Bajo asegurou que, en troca do que dixo no seu pronunciamento a Fiscalía, "a denuncia ten percorrido" e debe ser tomada en consideración. Así pois, embora apoirán aquelas mulleres que de maneira individual desexen denunciar o seu caso, "como colectivo" tamén insistirán polo que solicitarán manter unha xuntanza co Ministerio Público na que darán conta da situación que atinxe as mulleres que abortan no segundo trimentre de xestación no Materno da Coruña, mais tamén noutros hospitais do país como o Arquitecto Marcide de Ferrol ou aquelas outras que son derivadas a clínicas madrileñas coas que o Sergas ten asinado un convenio. A Plataforma polo dereito ao aborto solicitará unha xuntanza coa Fiscalía A este respeito Cristina Bajo sinala que "é máis barato" contratar profesionais que atendan as mulleres na rede pública que deslocalas a Madrid. Asemade, advirten desde a Plataforma, só se están a cubrir os gastos de combustíbel como denunciou na reportaxe publicada no semanario en papel unha das mulleres atendidas nestas clínicas privadas, a mariñá Aurora González. Destarte, o colectivo feminista mais tamén voces como o director da área de Xinecoloxía e Ostetricia do Hospital de Ourense (CHUOU), José Luís Doval, reclaman a abertura de dúas unidades de referencia no país para garantir que se desenvolvan os abortos coas debidas garantías tamén a partir do segundo trimestre de xestación. |
NOS_41721 | O prazo de matrícula para estas probas de libre acceso abre esta segunda feira. | A Consellaría do Mar abre esta segunda feira o prazo de matrícula para os exames comúns de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. O prazo de matriculación ficará aberto até o 14 de marzo e as probas, de carácter teórico e práctico, realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Para mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 25 de abril nos tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre no caso das titulacións de patrón local de pesca —sección máquinas—, o próximo 26 de abril, e no caso das de patrón local de pesca —sección ponte e común—, co exame o 27 de abril. Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente —sección máquinas— serán o 28 e 29 de abril e as de patrón costeiro polivalente —sección ponte— terán lugar o 2 e o 3 de maio. As persoas interesadas en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do Diario Oficial da Galiza (DOG) e cumprir as condicións de acceso estabelecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude, así como os requisitos para concorrer, está dispoñíbel na Guía de Procedementos e Servizos da Administración galega. As solicitudes deberán presentarse, preferibelmente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta da Galiza. Con todo, a Consellaría especifica que opcionalmente tamén poderán tramitarse de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen as e os aspirantes. Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición farase pública a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellaría e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de dez días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias. |
PRAZA_13170 | Case 1.400 familias foron expulsadas das súas casas no que vai de ano no país, tal e como denuncian CCOO, UGT e a Rede Galega contra a Pobreza, que presentaron a campaña para recoller sinaturas a prol da dación en pago. Desde o inicio da crise, os desafiuzamentos multiplicáronse por tres na comunidade autónoma, que suma xa 6.000 en algo máis de catro anos. | Máis desafiuzamentos, máis xente expulsada das súas casas e máis dramas. O número de desafiuzamentos en Galicia ascendeu a 1.370 no que vai deste ano 2012, fronte ás 2.000 rexistradas en total en todo o ano pasado. Así o aseguraron CCOO, UGT e a Rede Galega contra a Pobreza, que advirten de que a cifra deste exercicio "superará amplamente" á do pasado. Os números son fríos, pero ás veces poden expresar tamén perfectamente as penurias. Segundo estes datos, tirados dos obtidos a través do Consello Xeral do Poder Xudicial, indican que en Galicia, de media, prodúcense nove desafiuzamentos cada día desde que empezou o ano. O número de desafiuzamentos en 2012 superará "ampliamente" aos de 2011 Debido a todo isto, os dous sindicatos e a Rede Galega contra a Pobreza presentaron este mércores a súa campaña co obxectivo de recoller sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso para reclamar que se regule a dación en pago, que se paralicen os desafiuzamentos e que se promova o aluguer social. Precisan 500.000 sinaturas e a campaña chega agora a Galicia logo de que xa comezase en Cataluña, Castela e León ou Asturias. O prazo de recollida durará até outubro e a colaboración pode chegar a través de formularios, pero tamén por Internet. A secretaria de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade de UGT Galicia, Carmen Brea, destacou que os máis de 2.000 desafiuzamentos do ano pasado supoñen unha media en Galicia de cinco cada día. O aumento desde 2007 é do 185% na cifra (desde 701 a 2.003), é dicir, supón multiplicar case por tres os desafiuzamentos desde que comezou a crise económica. En total, 6.000 desafiuzamentos en Galicia desde entón. "A recomendación do Goberno aos bancos de aplicar a dación en pago non funciona; só é publicidade" Así, Brea defendeu que a intención da ILP é lograr que se modifique a lei e que a fórmula "preferente" para familias que ven deteriorada a súa situación económica e non poden facer fronte ao pago da hipoteca da súa vivenda habitual sexa a dación en pago. Do mesmo xeito, queren tamén que se freen os desafiuzamentos en casos nos que o impago non se produza por vontade do hipotecado, así como establecer o aluguer social. "Igual que o Goberno se apresurou a rescatar as entidades financeiras que se dea a mesma présa e modifique unha lexislación inxusta", reclamou Brea. Adela Poisa, secretaria de Política Social e Igualdade de CCOO-Galicia, reclamou un cambio normativo, xa que as execucións hipotecarias están a "imposibilitar" a defensa dos afectados. A solución semella fácil e así a propoñen os sindicatos. Piden que se mobilice o parque de vivendas que está en mans dos bancos, moitas delas porque a entidade queda con ellas por impago, e que se dediquen ao aluguer social. "Así gran parte do problema estaría resolto". Pola súa banda, o presidente da Rede Galega contra a Pobreza, David Silva, subliñou que os desafiuzamentos afectan fundamentalmente aos parados de longa duración e aos colectivos "máis vulnerables", como as familias monoparentais ou os inmigrantes. Ademais, aclarou que 12 millóns de persoas, 650.000 delas en Galicia, están en risco de pobreza en España e que os indicadores aumentan "ano a ano", do mesmo xeito que destaca "a desigualdade" entre ricos e pobres que, nan comunidade autónoma, "está a ser cada vez maior". En canto á proposta do Goberno para que os bancos acepten a dación en pago nalgún caso, a Rede cre que "non funciona" porque "os bancos non atenden os cidadáns". "O Goberno implantou o socialismo para o capital", criticou, en alusión aos rescates á banca con fondos públicos. Segundo os sindicatos, a solución dada polo Executivo "só é unha recomendación", pero "non soluciona os problemas". "É totalmente publicitario", remata. |
NOS_38554 | No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Montse Dopico entrevista Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado). Tamén poderás aprender máis sobre cogomelos e gastronomía nesta época do ano en que o monte é unha explosión de fungos. Nós, a revista que trouxo ares novos á Galiza abre este novo número do semanario, un artigo en que Xoán Costa achega varias chaves sobre a publicación que celebra o centenario da revista Nós (e que sairá co xornal o 30 de outubro) e que afonda tamén na participación de Carvalho Calero nela. | Lucía Aldao e María Lado veñen de sacar Ninguén morreu de ler poesía (Xerais), a primeira antoloxía do proxecto que as une desde hai xa quince anos, Aldaolado. Poemas, cancións e historias que foron levando polos recitais cos que percorren o país, demostrando -unha vez máis- que nin a poesía en directo ten por que ser aburrida nin que dedicarse á escrita sexa imposíbel na Galiza. Nesta entrevista fan balance do que levan de andaina. Quedan coa diversión e co humor que, de cando en vez, pode axudar a ter unha perspectiva crítica da realidade. —A idea de sacar un libro foi proposta de Xerais? —María: Era unha idea nosa que eu lle propuxen a Fran Alonso. Xa pensaramos había tempo en facer un libro Aldaolado, pero tampouco nos convencía a idea de baixar do escenario e pornos a vender o noso propio libro…Aldao: A iniciativa foi máis cousa de María. Como é sabido, eu teño máis alerxia e medo a publicar… —Coñecéronse nun recital. Lucía tiña 17 anos e María fora con Yolanda Castaño… María: Fora un recital na Fundación Seoane. Un insigne poeta dos 90 chegara moi tarde e deixara o coche parado no medio da rúa cun papel que poñía: "estou estragado, o meu dono volve en cinco minutos". Pareceunos unha xenialidade… Lucía: Eu fora a aquel recital, de Letras de Cal, para ver as caras da xente que lera ou estudara. E tiven por primeira vez a sensación de: "mira, esta movida pode ser divertida". María: É que nese momento a xente tiña moito costume de contar batalliñas sobre os poemas nos recitais. Ás veces a explicación sobre o poema era máis longa que o propio poema. Foi a primeira vez que vin que, se había algo de chiste, a xente quedaba contigo. E foi o que acabamos facendo como Aldaolado. O que contamos é algo tanxencial ao poema, algo relacionado: unha imaxe, unha sensación… —Así naceu o humor de Aldaolado? Lucía: Cando empecei a facer recitais xa contaba parvadas ao empezar, pero facíao para perder o medo. Non era unha estratexia. Era unha maneira de conectar cos ouvintes. Despois xa vin que o facía máis xente… María: Si, logo vimos que é un recurso común na narración oral, por exemplo. Pero nós comezamos a facelo de maneira máis intuitiva. Lucía: Como ademais os nosos textos son serios, o humor é un modo de quitar ferro. Cando eu tiña 17 anos, o humor era tamén unha maneira de mostrar que era unha persoa divertida e con saúde mental pese ao dramatismo dos meus textos. —Hai unha laranxa que marca a súa historia de amizade… Lucía: Sendo Yolanda Castaño secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, fixéronse cousas tan interesantes como un encontro de músicos e poetas. Isto fora un congreso de poetas novos que fixeran en Mondoñedo. A min xa me dixera Yolanda que eu ía como poeta e como comisión de festas… Lembra que podes ler todos estes contidos no Sermos Galiza que acompaña todos sábados Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques, na tenda ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón. |
NOS_19140 | Cidade de conto, a terceira edición de Sete Falares converte Pontevedra na capital das historias. En prazas, rúas, debaixo a terra ou no quiosco de música, os relatos orais inundarán a cidade do Lérez os días 6, 7 e 8 de xuño. | Durante os días 6, 7 e 8 de xuño Pontevedra converterase na capital das historias coa terceira edición do encontro internacional de contadores de historias que organiza Pavís Pavós xunto con Concello de Pontevedra. En distintos espazos da cidade, desde o quiosco de música até debaixo da terra, en rúas e prazas, en teatros ou edificios singulares, o programa de Sete Falares traerá desde distintos puntos do mundo algúns dos nomes máis relevantes da historia oral para que deixen os seus contos na cidade. Cunha programación dirixida maiormente ao público adulto, con espectáculos nas noites, o encontro non esquece o ámbito infantil, a principal dedicación dos organizadores Pavís Pavós que iniciarán a sexta feira o programa ás 18 horas con "Historias da tía Valisneria" no Pazo de Mugartegui. Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez, os integrantes de Pavís Pavós, abrirán as xornadas dirixíndose ao público familiar para inaugurar a xeira de tres días de contares. De Uruguai a Guiné No Teatro Principal, o programa de adultos comezará ás 20.30 horas coa uruguaia-galega Soledad Felloza, gañadora este ano do concurso de narración oral "Cociña de Contos. Europa á carta" xunto con Àngelo Torres, natural da Guiné, criado en São Tomé e Príncipe e residente en Portugal.Mais a primeira xornada prolongarase até entrada a noite, co espectáculo de narración oral que protagonizarán ás 23 horas no Teatro Principal a lisboeta Ana Sofía Paiva, contadora e membro do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa e da Cooperativa Memoria Imaterial e o actor e monologuista galego Avelino González. Pablísimo e as súas historias rebibirán ao público infantil o sábado 7 na Casa das Campás cos seus contos con monicreques, teas, instrumentos... e demais elementos cos que constrúe as súas historias mesturando o relato, o teatro, a animación á lectura ou a pantonima. Ás 12.30 tamén na Casa das Campás, Soledad Felloza recibirá o premio "Cociña de Contos. Europa á carta" para, ás 17.30 continuar o programa no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, o museo baixo terra, coa intervención de Ana Sofía Paiva. Tamén por barco Nunha xornada case sen descanso, ás 19.30 Àngelo Torres achegará as súas historias á Casa da Luz, na Praza da Verdura. Quen queira coñecer a cidade a través do conto pode anotarse á "Ruta de Historias por Pontevedra", o paseo por lugares emblemáticos ou curiosos con paradas para escoitar historias que se iniciará ás 22 horas e terá catro saídas de 60 persoas, unha cada vinte minutos, ás 22, ás 22,20, ás 22,40 e ás 23h dende a Casa das Campás. Ana Sofía Paiva, Ângelo Torres, Soledad Felloza e Avelino contarán en cada un dos lugares escollidos. A última xornada, o domingo, iniciarase ás 11 da mañá coa saída en barco desde o Peirao das Corvaceiras para participar nun dos pratos fortes de Sete Falares, os "Contos no meio do mar". Avelino e as súas historias serán as protagonistas da travesía. O domingo continuará de conto ás 18.30 no CITA con Soledad Felloza para pechar o programa ás 20.30 a gran gala de clausura, a coñecida como "Rolda de Narradores" na que todos os contadores intervirán no Teatro Principal xunto coa música de Davide Nogueira (clarinete) e Antón Castro (zanfona). |
NOS_28766 | A presenza de novas variantes do coronavirus na Galiza revela a necesidade dun estudo sistemático dos casos positivos para coñecer o alcance destas mutacións. Expertos en análises clínicas confirman existencia de transmisión comunitaria e advirten a importancia de avanzar na secuenciación xenómica das mostras positivas para dispoñer dunha mellor trazabilidade dos casos. | No prazo de un ou dous meses, a variante británica do coronavirus, a B.1.1.7, podería ser a predominate na Galiza. Esa é a hipótese coa que traballa a Consellaría de Sanidade, segundo avanzou a pasada cuarta feira o seu titular, Julio García Comesaña. Galiza aspira a alcanzar unha secuenciación de 2% dos casos positivos semanais Os últimos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública indican que na Galiza hai 14 casos confirmados da cepa británica e un da variante surafricana, nun paciente que viaxou a ese país. "Trataríase dun caso importado que non xerou outros secundarios, é dicir, que non infectou con esta cepa a outras persoas", confirman a Nós Diario fontes de Sanidade. Todos foron identificados mediante secuenciación xenómica, "un procedemento lento, que analiza até 30.000 parámetros e consume moito tempo", aclarou o conselleiro, polo que xustifica a demora no resultado doutros 200 casos sospeitosos que se están a ser estudados. Detección aleatoria "A dificultade é que os sistemas de diagnóstico que temos, as PCR, salvo algunha excepción moi concreta, non detectan as variantes, só positivos ou negativos", informou García Comesaña, quen sinalou que Galiza conta só con dous equipos, de todos cantos procesan PCR a diario, capaces de recoñecer a presenza da variante británica, polo que só neses casos é posíbel obter "unha estimación máis precisa de cantos casos provocados por esa cepa hai nas mostras analizadas". Con todo, cómpre un estudo detallado do ADN para confirmar as mutacións do virus, de forma que só a secuenciación das mostras permite identificar as variantes da clásica, ben a británica, a surafricana (B.1.351) ou brasileira (B.1.1.28.1), explica a este xornal Tomás Camacho, xefe de Servizo de Análise Clínica de VithasLab, unha investigación que se realiza sempre con posterioridade, non no mesmo momento en que se obtén un resultado positivo, e até o momento de forma aleatoria. "Non podemos esperar a procesar todas as mostras antes de tomar decisións", defendeu o conselleiro de Sanidade. Desde o seu departamento precisan que a estas alturas "realízase a secuenciación das mostras en que se sospeita a presenza dunha variante de interese para a saúde pública, pero non de forma sistemática". O obxectivo, engaden, é alcanzar unha secuenciación de 2% dos casos semanais e a partir de aí ir aumentar esta capacidade de forma progresiva. Algunhas variante lograron expandirse porque teñen vantaxe en relación á súa capacidade de transmisión. Neste sentido, Julio García Comesaña explicou que o seu departamento está traballando en colaboración co Ministerio de Sanidade e a Unión Europea "nun proxecto de monitorización de variantes baseado na secuenciación masiva" de acordo co protocolo estatal para a 'Integración da secuenciación xenómica na vixilancia do SARS-CoV-2'. "A taxa de secuenciación actual no é suficiente para identificar a progresión das variantes ou detectar outras novas" recolle o texto, o que levou aos Estados membros da UE a recomendar "secuenciar, polo menos, 5%, e preferibelmente 10% dos resultados positivos por coronavirus." Miles de variantes "O problema é que a secuenciación é lenta e complexa", comenta a Nós Diario África González, catedrática de Inmunoloxía e investigadora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo. "Creo que habería que incorporar métodos rápidos para detectar as variantes, así como intensificar a súa busca", co fin de coñecer a súa capacidade de transmisión e o seu impacto na evolución da pandemia. "Hai miles de variantes, con algunha mutación ou cambio con respecto á primeira cepa, e algunhas lograron expandirse porque teñen vantaxe en relación á súa capacidade de transmisión". Das variantes agora coñecidas, "as que máis preocupan son a surafricana e a brasileira xa que teñen bastantes mutacións e isto fai que diminúa a resposta inmunitaria, tanto das persoas que pasaron a infección como das persoas vacinadas, polo que habería que estar ao tanto de posíbeis reinfeccións", sinala González, se ben, engade, "é pouco probábel que se perda por completo a inmunidade". Epidemioloxía xenómica No último mes, o laboratorio VithasLab, centro de referencia para unha vintena de clínicas privadas do Estado, con sede en Vigo, identificou a variante británica en 16% dos casos positivos detectados. "Primeiro mediante PCR, a través dun equipo que nos alerta dunha variante distinta á clásica. Mais só a través da secuenciación xenómica é posíbel confirmar o apelido desa cepa", recoñece Tomás Camacho, información complementaria e fundamental "para iniciar o que se denomina epidemioloxia xenómica, que nos permite coñecer a trazabilidade dos contactos". Neste sentido destaca a transmisión comunitaria da cepa británica, xa consolidada na Galiza desde os primeiros contaxios, o risco de importar a cepa brasileira e a forza dos "eventos supercontaxiadores" como auténticos propagadores do coronavirus. "Na primeira vaga foron chave". Coincide coas conclusións dun estudo da USC que mantén os supercontaxiadores como "motor" da crise sanitaria actual e orixe de grandes focos, máis aló de cal sexa a cepa predominante, conclúe. |
NOS_3257 | O Tribunal Constitucional obriga a colocar no consistorio vasco de Mungia a bandeira do Estado central, decisión que a edil considera que vulnera o seu "dereito á liberdade ideolóxica". | A alcaldesa do municipio vasco de Mungia, Izaskun Uriagereka, e a concelleira de Cultura, Miren Begoña Bilbao, ambas do Partido Nacionalista Vasco, decidiron dimitir para non executar a sentenza do Tribunal Constitucional que ratificou que o Concello da localidade biscaíña debe colocar a bandeira española na fachada da casa consistorial. As dúas edís, que fixeron efectiva a súa renuncia formalmente no pleno extraordinario do venres, decidiron abandonar o cargo por "conciencia", despois de que o Constitucional rexeitara o recurso de amparo, no que alegaban o seu "dereito á liberdade ideolóxica" e "obxección de conciencia" para non colocar o símbolo rojigualda |
NOS_34972 | O Goberno ourensán quere mediar no conflito para achar unha "solución satisfactoria". | O sector do metal ourensán continúa a folga indefinida que comezou a semana pasada en diferentes puntos da provincia ao non lograr un acordo coa patronal para rubricar o convenio do persoal. As xornadas de folga chegaron esta segunda feira até O Carballiño, onde traballadores e representantes sindicais realizaron unha concentración na praza Maior, ante o Consistorio, para reclamar unha reunión co rexedor, Francisco Fumega. Con pancartas, chifres, 'vuvuzelas', megáfonos e consignas como "IPC real para o metal", as persoas manifestantes ocuparon a praza Maior durante parte da mañá, antes de que o rexedor do Carballiño accedese á reunión para coñecer desde dentro a situación que atravesa o sector, e achegar posturas que poñan fin ao paro indefinido. Precisamente no Carballiño atópase unha das empresas punteiras no sector, Gri Towers, onde os piquetes se citaron diariamente desde o primeiro día de folga. Folga do metal: a CIG denuncia agresións a dous sindicalistas por parte de "elementos da patronal" Mentres isto ocorría no Carballiño, na cidade de Ourense o tenente de alcalde, Armando Ojea, dialogou nas instalacións da Confederación Empresarial de Ourense co seu secretario xeral, Jaime Pereira, e a asesora xurídica, María de Miguel, para interesarse polas actuais circunstancias da folga. Durante a reunión, os representantes empresariais expuxeron a súa visión e posición do conflito e o tenente de alcalde comunicoulles a "vontade" do Goberno municipal de prestar axuda, para "contribuír no posíbel" ao desbloqueo da cidade. Algo ao que xa se comprometera o rexedor, Gonzalo Pérez Xácome, a pasada sexta feira, logo de manter unha reunión improvisada con representantes das tres centrais sindicais que convocaron o paro: CIG-Industria, Comisións Obreiras e UXT. Ojea asegurou que o Goberno local é "consciente da problemática" derivada da folga e da "dificultade dunha solución satisfactoria", mais asegurou que mantén o contacto tanto con representantes sindicais como con representantes do sector empresarial, reiterando a disposición de mediar. |
NOS_46233 | Fronte á opinión xeral, Ferrolterra, coma o resto da Galiza, ten unha grande riqueza histórico cultural. Acontece que está desaproveitada e sen pór en valor. Aínda así, moito deste patrimonio, embora carecer da necesaria protección e coidado, logra manterse en pé. | Ferrolterra conta cun pasado prerromano moi importante, onde nos podemos atopar con mámoas, castros ou calquera outro xoia arqueolóxica. Porén, non ten a necesaria sinalización informativa, co cal non se pode interpretar con xeito o que estamos vendo diante. Deste xeito é como esta bisbarra ten unhas insculturas pétreas [gravados en pedras en monumentos megalíticos] que moita xente descoñece, como aquelas que refere a revista eumesa Cátedra nun artigo aparecido en xuño do 1999 (nº 6), a saber: Pena Branca, entre os concellos de Monfero e Vilarmaior; Pena dos Mosqueiros en Gunxel (concello da Capela); Os Corregosos en Vilar de Mouros (A Capela) onde poderemos ver tamén Pena do Demo e Pena das Capas; Penas da Aira das Mallas (tamén na Capela) e por último a Pena do Gato situada no Couto do Gato no lugar de Ombre (Pontedeume). Mais sen profundar moito neste pasado prerromano pasamos a outra época que tamén ten moita importancia en Ferrolterra e que deixou moitas pegadas como foi a época medieval, a Galiza dos Trastámara, que recuperou a Gallaecia Sueva despois do intento de incursión musulmá. Esta recuperación da Gallaecia Sueva coloca o nome da Galiza como o reino cristián da península, mentres que no resto da península estaba o reino islámico. Esta época, que durou até a chegada dos Reis Católicos, deixou un patrimonio curioso e de grande importancia que na súa maioría tampouco está sendo tratado coa importancia que ten. Porque coñecer o noso patrimonio, coñecer a nosa historia é darnos valor como país, cunha historia e unha cultura próprias. É coñecernos a nos mesmos, quen somos. Na bisbarra ferrolá hai mosteiros, castelos, torreóns, igrexas, vilas medievais, restos de murallas medievais, pontes medievais, muíños...etc. Un grande número de vestixios culturais que enraízan coa historia da Galiza e á que non se lles está a dar o valor que realmente entrañan. É ben irmos desterrando a idea xeneralizada de que a comarca, e a cidade de Ferrol concretamente, só existe dende a Ilustración. O que, porén, reflicte o patrimonio histórico-artístico é que hai máis historia por debaixo do que xa temos por sabido, do que só se recoñece. Alén do máis, o patrimonio cultural, como sabemos, non só nos fala da historia, senón que tamén pode constituír unha fonte de riqueza económica coa creación de roteiros, vieiros, museos, e as necesarias obras de rehabilitación de edificios e monumentos que teñen problemas para se manteren en pé. O problema meirande para avanzarmos na protección deste patrimonio, e no seu coñecimento, radica en que en boa parte está en mans da Igrexa, que non fai nada por o conservar, e do Ministerio de Defensa, que tampouco. Como exemplos deste patrimonio histórico-cultural medieval temos: Mosteiros: San Martiño de Xuvia, Caaveiro (A Capela), Santa Catarina de Montefaro (Ares), Monfero... Castelos: Narahio, Moeche, Andrade (Pontedeume), Casón (Ortigueira)... Igrexas do Románico: Santa Olaia de Lures (Ares), San Miguel de Breamo (Pontedeume)... Igrexas do Gótico: Ermida da Mercé de Chanteiro (Ares)... Pontes romanas e medievais: consérvanse, só no concello de As Pontes, oito pontes destas épocas. A vila de Neda ten un valor histórico moi relevante, embora aínda non se dispor dunha información suficiente. Con todo sabemos que nela (no seu consistorio) se conserva un dos escudos do antigo reino de Galiza. É ben irmos desterrando a idea xeneralizada de que a comarca, e a cidade de Ferrol concretamente, só existe dende a Ilustración Hai tres casos nesta enumeración que si se están a manter e si están a pór en valor: o Mosteiro de Caaveiro, que pertence á Deputación da Coruña, e que está situado nunha paraxe única como son as Fragas do Eume, un parque Natural, ben como tamén a Igrexa de Santa Catarina de Montefaro ou o Torreón dos Andrade en Pontedeume. Mais hai tamén que recordar o grande espolio que sofreu Ferrolterra sobre o seu patrimonio cultural, como se pode aprezar ao visitar varios museo arqueolóxicos como o Castelo de San Antón (A Coruña) -onde vemos a grande cruz sobre o porco bravo (símbolo do Andrade)-, o Museo de Pontevedra -alí está oo "Tesouro de Bedoya" (prerrománico) que foi descuberto en Ferrol (entre A Graña e Doniños)- ou o Museo das Mariñas de Betanzos -onde podemos desfrutar da contemplación do disco de lousa que se atopou na parroquia de Covas (Ferrol) onde hai unha inscrición, que se cre poida ser a primeira vez, que aparece o nome de Trasancos. Deste xeito a creación dun museo arqueolóxico na bisbarra sería de moito interese para coñecer a historia deste territorio e dala a coñecer ao resto do país. Recollo unha verbas interesantes que dan a pensar o que está a ocorrer co noso patrimonio do artigo de Cátedra, xa nomeado antes, feito por J.J. Sobrino Ceballos e J.F. Correa Arias que di: "Para rematarmos, cómpre unha pequena reflexión sobre as institucións e persoas que estarían comprometidas no estudio e defensa do patrimonio histórico e cultural da nosa terra, no sentido de que, entrementres se adican moitos cartos e esforzos aclarexar realidades históricas ben coñecidas xa, o patrimonio arqueolóxico estase a perder polo abandono ó que está sometido. Neste sentido este trabalo non é máis ca un gran de area nun extenso deserto aínda sen investigar, incluso na comarca do Eume; porque sabemos que hai outros moitos xacementos arqueolóxicos, uns que non citamos porque están a ser investigados por outras persoas e outros aínda sen estudiar, e mesmo sen descubrir, con evidente risco de desapareceren para sempre." Nota: Na fotografía que vai inserida no meio do texto aparece a Torreón dos Andrade en Pontedeume |
NOS_47160 | Cecilia, xogadora do Poio Pescamar, marcou catro dos seis goles galegos. | Após anos de ausencia volveu a selección absoluta de futsal feminino a xogar un partido. Foi en Santa Isabel, Santiago de Compostela, fronte a Catalunya. Galiza non deu oportunidade e impúxose por un contundente 6 a 1, con catro goles de Cecilia, a xogadora do Poio Pescamar. Nas bancadas, perto de mil persoas, segundo a organización, que non pararon de animar á irmandiña feminina de futsal. Entre a afección, a 'batucada feminista', poñendo música e reivindicación ao encontro. Após a interpretación dos himnos galegos e catalán, comezou o partido. Apenas se levaban 10 minutos e Galiza xa vencía por dous a u, ambos os dous tantos galegos co selo de Cecilia e o catalán de Villa. Con este resultado se chegou ao descanso. Na segunda parte Galiza seguiu a apostar no xogo ofensivo. Dominaba o encontro e Catalunya atopaba fronte á súa competitividade a fortaleza defensiva das irmandiñas. Finalmente, 6-2 para a selección galega, unha vitoria clara e contundente para rubricar o mellor retorno posíbel. Ficha Galiza: Silvia Aguete, Beatriz Seijas, Iria Saeta, Marta, Cecilia –cinco inicial- Lara, Charo, Sonia Pacios, Andrea, Lucía, Yenni e Ana. Cataluña: Noe, Burgui, Carri, Berta, Estefa -cinco inicial- Bet, Roig, Riera, Cris, Celia, Villa e Utri. Goles: 1-0 Cecilia (3'); 2-0 Cecilia (9'); 2-1 Villa (8'); 3-1 Marta (22'); 4-1 Cecilia (31'); 5-1 Cecilia (34'); 5-2 Marta (37'); 6-2 Villa, en propia porta (39`). Árbitros: Raquel Manteiga Rodríguez e Álvaro Cid Bragado, con Carreira Romero de terceiro árbitro e Patricia Doval na mesa. Pavillón: Santa Isabel, en Compostela Algo máis de mil espectadores. |
NOS_55507 | A CIG promoveu marchas para exixir "a garantía no acceso e un prezo xusto da enerxía eléctrica" nunha vintena de vilas galegas. Na concentración decorrida en Compostela, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou a intervención pública no sector eléctrico ante a suba continua do prezo da luz. | Centos de persoas saíron hoxe ás rúas de concellos como Vigo, A Estrada, Carballo, Lugo, Foz, Ourense ou O Porriño, entre outros, para protestar pola suba do prezo da luz, que afecta quer economías familiares, quer gastos industriais. Co lema "Pola garantía no acceso e un prezo xusto da enerxía eléctrica, recuperación das centrais hidroeléctricas e Tarifa Eléctrica Galega", a cidadanía reivindicou que se garanta o acceso de todas as persoas a este servizo así como un "prezo xusto". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que estivo presente na concentración de Compostela resaltou que este acto reivindicativo xurdiu "ante a escalada imparábel do aumento do prezo da luz, ante a impunidade coa que actúan as eléctricas e ante o nulo papel que tanto o goberno galego como o español están a ter para frear a suba da factura e garantir con políticas públicas o acceso á electricidade polo conxunto do pobo en condicións asumíbeis". Carril considerou "especialmente lamentábel e desprezábel" o papel do PP e da Xunta, pois fan políticas a favor das eléctricas que "explotan os nosos ríos". Tamén criticou a súa suposta " permanente oposición a que en Galiza poidamos dar solucións como as que desde a CIG temos defendido e levado ao Parlamento Galego". Moi crítico coa "colonización enerxética" dos proxectos eólicos, o responsábel asegurou que "existen mecanismos legais" para garantir prezos xustos "se hai vontade política". A mesma manifestación contou coa participación do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que remarcou que "se a enerxía é un ben público, debe estar ao servizo do desenvolvemento social e económico". O nacionalista tamén reclamou que se interveña "no sector eléctrico ante a suba continua do prezo da luz". "Entendemos que é xusto que un país produtor e excedentario de enerxía, que xa pagou e continúa a pagar as consecuencias sociais e ambientais desa produción, teña algunha compensación, que supoña un beneficio para a Galiza" subliñou. Unha opción alternativa A organización que convocou as protestas, a CIG, fixo público un plan de oito puntos que considera necesario para garantir ese custe adaptado á realidade. Entre outras cuestión, demandou que se recoñeza a enerxía como un dereito fundamental e que reverta nas Administracións a xestión das centrais hidroeléctricas, algo que polo momento a Xunta rexeitou no caso das concesións de encoros que caducan. Por outra banda, o sindicato reclama a modificación transitoria dos impostos e o estabelecemento da Tarifa Eléctrica Galega, unha demanda que comparte con grupos como o BNG que subliñan que a Galiza é "un país produtor excedentario". |
NOS_2529 | Volta a Rebusca de Outono, o festival de música galega en Manzaneda, con Cuchufellos, Zurrumalla, Os Tres Trebóns, Labregos do Tempo dos Sputniks, Poetarras, Ruxe-Ruxe e un longo etcétera | Sexta feira Unhas poucas picadelas A Coruña Teatro Rosalía Castro 20.30h Espectáculo de Teatro de Ningures sobre a violencia machista. A peza non narra unha historia concreta, senón historias reais e anónimas. A Rebusca de Outono Manzaneda Nave do Toural Até 19.11.2016 O festival de música galega conta nesta nova edición con actuacións musicais de grupos como Cuchufellos (concerto de despedida), Zurrumalla, Os Tres Trebóns, Labregos do Tempo dos Sputniks, Chuches Amil, Poetarras e Ruxe-Ruxe, entre outros. Festival Nun Local Vigo Casco Vello Até o 20.11.2016 Varios locais Unha nova plataforma para as artes en Vigo! 50 locais, 150 artistas e cada local un escenario, iniciativa que pretende crear unha plataforma para divulgar as artes e artistas locais. Sábado Xornada de igualdade para a mocidade Pontevedra Pazo da Cultura 09.30h O encontro versará sobre a formación en igualdade de oportunidades, da coordinación dos recursos e experiencias existentes, cunha especial atención ás actividades de lecer e tempo libre como espazo educativo da mocidade. A xornada incluirá charlas e unha mesa redonda na que se presentarán iniciativas para promover unha escola de igualdade para a mocidade. V Festa da Pisa da Castaña Ourense Parada de Sil 11.00h Recreación da pisa da castaña, o proceso tradicional de preparación das castañas secas. Tamén terán unha feira de produtos locais (como bica, queixo, marmeladas, viño...), e xantar popular da Castaña. Caxade en concerto no Magosto do Gaiás Santiago de Compostela Gaiás 20h Xornada de música e castañas para toda a familia. Con degustación de tapas e posterior concerto de Caxade presentando o seu segundo e último traballo E isto é o amor. Domingo XVIII Festa do Viño Novo Salvaterra de Miño Arantei 11.00h Evento gastronómico onde os asistentes poderán degustar os viños da nova colleita dos produtores da comarca, de balde ao mercar unha xerra ou cunca. Ademais, na súa oferta gastronómica contan con polbo, orellas, callos, empanada, lamprea... entre outros manxares. A festa estará amenizada por grupos de música como O Freixo ou a charanga SGHAE. Davide Salvado Cangas SalaSon 20.30h Presentación do último disco, Lobos. No directo, Davide Salvado estará acompañado dos músicos Santi Cribeiro (acordeón), Pablo Dalama (saxo e frautas) e Carlos Freire (percusión). O rueiro das liortas Carballedo Salón de Actos do Concello 18.00h A compañía Elefante Elegante achega para todos os públicos esta mestura de comedia da arte e teatro popular ateigada d |
NOS_27020 | Ravel conta no seu catálogo cunha pequena peza,"Chanson espagnole",que é, en realidade, unha adaptación da canción Adios, meu homiño, adios, que Marcial del Adalid recollera nos seus Cantares viejos y nuevos de Galicia. | "Un compositor que non exhibe influencias debería cambiar de profesión". O compositor polaco Alexandre Tansman lembraba que foi Maurice Ravel quen pronunciou esta frase, quizais recoñecendo que a orixinalidade absoluta é unha quimera. Como estas influencias acaban exercendo a súa potestade nas obras propias xa é unha cuestión máis complicada: desde o plaxio directo á homenaxe, desde o influxo inconsciente ao desexo de continuar e perfeccionar o camiño aberto por outros. Ravel, nado en Ziburu, en Iparralde, de nai vasca e vascoparlante (o pintor de Bermeo Jose Mari Uzelai tratouno en París e falaba con el en euskera), coñecía sen dúbida a riqueza e a problemática das linguas sen Estado Ravel conta no seu catálogo cunha pequena peza cuxo título confunde un pouco: a "Chanson espagnole", primeiro número dos Quattre Chants Populaires cos que participou, en 1907, nun concurso organizado pola Casa do Lied de Moscova. A peza é, en realidade, unha adaptación da canción Adios, meu homiño, adios, que Marcial del Adalid recollera nos seus Cantares viejos y nuevos de Galicia. Ravel mantivo o orixinal galego como alternativa á tradución francesa: nado en Ziburu, en Iparralde, de nai vasca e vascoparlante (o pintor de Bermeo Jose Mari Uzelai tratouno en París e falaba con el en euskera), coñecía sen dúbida a riqueza e a problemática das linguas sen Estado. A propósito da filiación vasca do compositor do célebre Bolero, a literatura especializada tende a desdebuxar as súas orixes, considerándoa unha anécdota sen maior transcendencia na súa carreira musical, malia que algúns especialistas atoparon fortes influencias da música tradicional vasca en obras como o Trío para piano, violín e violonchelo. Sobre todo, non se fala nunca do seu proxecto inacabado Zazpiak Bat -que abandonou cando, ao comezo da Primeira Guerra Mundial se enrolou como chofer de camión- e que toma o seu título dun lema creado na segunda metade do século XIX que reclamaba a unión política dos sete territorios vascos (Zazpiak Bat significa literalmente "As sete en unha"). Se cadra, relacionar o sentido de pertenza de Ravel a unha nación sen Estado coa elección da cántiga recollida por Marcial del Adalid sería ir demasiado lonxe. Mais si que resulta moi ilustrativo do espírito da época o feito de que Adalid poida ser incluído sen titubeos na nómina dos compositores nacionalistas, como explica a compositora e musicóloga Margarita Viso cando declara, a propósito da súa Marcha Triunfal "Galicia", que se trata "non do traballo dun investigador da música tradicional, senón do traballo dun compositor nacionalista, que utiliza eses motivos á súa maneira desenvolvéndoos e harmonizándoos como lle parece máis oportuno". Quizais como fai o propio Ravel coa música do seu país natal. E que dicir desoutra carambola do destino que marca que a segunda estrofa da chanson sexa a que di que "Castille prends nos garçons / Pour faire triompher sa cause. / S'en vont aussi doux que roses, / Reviennent durs comme chardons". Que é unha tradución bastante singular, mais acaída do orixinal: "Castellanos de Castilla, / Tratade ben os gallegos: / Cando van, van como rosas, / Cando ven, ven como negros". Que diría Rosalía desa versión: Pour faire triompher sa cause? |
PRAZA_19152 | A plataforma entregoulle ao Concello un documento no que detalla suxestións sobre os usos, forma xurídica e e xestión do espazo. Este xoves colectivos sociais da cidade participarán nunha visita guiada ao edificio. | Proxecto Cárcere entregoulle este martes ao Goberno local da Coruña a súa proposta de usos para a antiga prisión provincial que poida servir de modelo para a súa xestión, trala cesión do edificio por parte do Ministerio do Interior, unha vella reivindicación da cidade. O documento, no que a plataforma viña traballando nas últimas semanas (e que é froito dun traballo de varios anos), inclúe unha proposta de rehabilitación, de usos e contidos para o espazo, unha suxestión de forma de xestión e dun marco de relación co Concello, así coma un deseño para o modelo de financiamento e forma xurídica do cárcere. Igualmente, na xuntanza que a entidade mantivo coa Concellería de Rexeneración Urbana e Participación, entregoulle unha versión actualizada do Plan de Viabilidade que Proxecto Cárcere redactara hai xa tempo e que serve de base á súa proposta. Este xoves o Concello organiza unha visita guiada ao cárcere, na que participarán integrantes de diferentes colectivos sociais e veciñais, comezando polo propio Proxecto Cárcere, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e a Asociación de Veciños de Monte Alto. O mal estado no que se atopan algúns espazos do edificio impide que, de momento, se poida permitir o acceso libre á cidadanía. O Concello prevé que o edificio entre en uso "de forma gradual" ao longo deste ano 2017, comezando no final do primeiro trimestre habilitando os primeiros espazos, coma o patio ou as dependencias da entrada, que poderían acoller actividades culturais -proxeccións, representacións escénicas, exposicións- así coma acoller propostas da cidadanía. A plataforma ofrécese como "facilitadora" dun "proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía achegando os seus coñecementos, experiencia e filosofía" No documento presentado por Proxecto Cárcere, a plataforma ofrécese como "facilitadora" dun "proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía achegando os seus coñecementos, experiencia e filosofía" co obxectivo de "abrir un espazo de participación para as cidadás e cidadáns interesadas nun uso público e en comunidade do cárcere", creando "modelos de xestión participativa onde as cidadás e cidadáns sean as e os protagonistas e que podan ser aplicados dentro e fora do cárcere". A proposta pode resumirse na creación "dun centro sociocomunitario, da memoria e dos dereitos humanos, de xestión e participación cidadá onde se poidan desenvolver actividades sociais, culturais e artísticas e onde se respecte e recupera a memoria das vítimas e do edificio". Pide priorizar "proxectos e iniciativas que encontrasen dificultades en participar nos espazos convencionais por razóns económicas, por ser grupos ou persoas individuais nos inicios da súa actividade artística, social, deportiva ou aquelas actividades que teñan que ver coa memoria e a reparación do sufrimento das vítimas". No documento aparecen propostas concretas, que xa foron presentadas por algún dos colectivos ou persoas integrantes da plataforma. Por exemplo, hortas urbanas, un Viveiro de Artistas, unha Oficina de estudo da cidade en man común ou unha Escola de Participación Cidadá con temáticas que poderían incluír a economía social, modelos alternativos de financiamento e xestión, oficios tradicionais, ecoloxía, mediación, feminismo, reciclaxe, consumo, bioconstrución, ou o software libre. Un dos puntos centrais da proposta é a constitución dun Espazo da Memoria e Dereitos Humanos, sinalando o obxectivo de crear "un espazo permanente de reflexión e proxecto de futuro sobre os dereitos humanos utilizando a memoria histórica como base". "Non se procura crear un museo estático e afastado da vida contemporánea senón que sea un ente vivo conectado coa actualidade social e política, como unha escola permanente e en continuo diálogo do pasado, presente e futuro coa memoria. Tomando como exemplos outros centros de Arxentina, Chile, Francia, Alemaña ou Bosnia", destácase. Tamén sinala a posibilidade de utilizar un espazo no cárcere "como sede da futura Oficina Municipal de Atención ás Vítimas". "Non se procura crear un museo estático e afastado da vida contemporánea senón que sea un ente vivo conectado coa actualidade social e política, como unha escola permanente e en continuo diálogo do pasado, presente e futuro coa memoria" No que respecta á xestión, saliéntase a necesidade (pero tamén a oportunidade) de deseñar un modelo novo de autoxestión nun marco de colaboración coas institucións, neste caso co Concello da Coruña. "Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere", destacan, engadindo que "a propia xestión do espazo é parte do proceso en que a teoría, a práctica, a experimentación e por tanto o erro son os piares da aprendizaxe colectiva e da particularidade e excepcionalidade desta proposta". Propoñen que "unha vez establecidos os criterios de uso do espazo, a intervención do Concello no día a día do proxecto fose mínima para permitir que o grupo activo do Cárcere puidera desenvolver a súa actividade con tranquilidade, eficacia e autonomía". Salientan a necesidade (pero tamén a oportunidade) de deseñar un modelo novo de autoxestión nun marco de colaboración coas institucións En canto ao proceso de rehabilitación, Proxecto Cárcere propón que sexa "participativo, aberto e adaptable, de baixo custo", que siga "principios de sustentabilidade", respecte a estrutura orixinal do inmoble e manteña un "compromiso coa economía local e social". Descarga aquí a proposta de Proxecto Cárcere (.pdf) Descarga aquí o Plan de Viabilidade proposto (.pdf) |
PRAZA_11153 | Os arrieiros, que som almocreves em Portugal desde o século XII, é ofício velho, apto para anda-caminhos tentados de misantropia ou quiçá de espírito empreendedor e bom tino com contas e bestas. | Y prendido a la magia de los caminos,El arriero va, el arriero va.Atahualpa YupanquiO cantar do arrieiro tem algo que contagia o ouvinte de saudades de caminho solitário, quer seja da imensa pampa de Atahualpa quer dos esvaecidos caminhos da Galiza tradicional. "Quem canta o seu mal espanta", sabia já dom Quixote, perito em caminhos solitários. A aura da melodia e a letra dos cantos galegos de arrieiro chegou intacta até a nós graças aos nossos grandes cancioneiros modernos, o de Casto Sampedro e Folgar1 e o de Bal y Gay2. Os velhos caminhos que traguiam e levavam gentes e abastecimentos de origem longínqua constituíam o sistema circulatório do Antigo Reino tardo-barroco que evoca o mapa de Tomás López (1784)3 e submete a conta e razom a memorável Descripción económica del Reyno de Galicia (1804) de Lucas Labrada. A província de Ourense, aponta Labrada na secçom dedicada aos caminhos, expedia cada ano 3.200 milhares de arrobas de vinho, quer dizer, por volta dos 50.000 litros, mormente destinados a Santiago (7.000 vizinhos), Betanços (4.000) e A Corunha (3.000), permanentemente afligidas de sedes peremptórias. O professor Fernández Cortizo, ilustra-nos sobre a geografia económica do arrieiro4. A comarca da Terra de Montes, entre as províncias de Pontevedra e Ourense, presidida polo mosteiro de Acibeiro, desempenhava um papel fulcral como nodo de conexom entre o Ribeiro de Avia, Compostela e as Rias. Em Compostela, o estamento eclesiástico, o Hospital e a buliçosa vizinhança picheleira fôron desde sempre leais devotos de ceras e vinhos do ribeiro. Apreendemos no professor que os traficantes de cera da Terra de Montes contavam em 1792 com mais de 50 indivíduos implicados, segundo consta no Cadastro de Ensenada. Tanto santo e tanta festa de guardar tiravam do negócio como bem saberia Francisco Rodríguez Arijom, honrado negociante cereiro compostelano e avó de dom Olímpio, eminente banqueiro da cidade.Os arrieiros, que som almocreves em Portugal desde o século XII, é ofício velho, apto para anda-caminhos tentados de misantropia ou quiçá de espírito empreendedor e bom tino com contas e bestas.Os arrieiros, que som almocreves em Portugal desde o século XII, é ofício velho, apto para anda-caminhos tentados de misantropia ou quiçá de espírito empreendedor e bom tino com contas e bestas.Ofício solitário, o arrieiro nunca deixou de cantar para ocupar a mente na sua lenta geografia de caminhos e pousadas. Canto extrovertido e circunspecto que tem no alalá o seu formato perfeito, banda sonora do vagabundeio solitário para escorrentar as horas. Dom Casto Sampedro acolhe na secçom dedicadas aos cantos de arrieiro no Ribeiro a estrofe de todos conhecida: "O cantar do arrieiro / é-che um cantar mui baixinho/ cantam-no em Rivadávia / ouve-se no Carvalhinho" e o grande Alan Lomax grava-o em 1952, em Luintra e Hio. Cantar mil vezes repetido por toda a nossa geografia musical em múltiplas vozes, das mais clássicas às mais populares, todas elas impregnadas desse ar suspenso de salmodia solitária.Na laboriosa vadiagem de ponto a ponto de descanso nom pode faltar a lembrança do lazer e o esperado descanso: «Arrieiros de Moranha / vam polo Paranho arriba / Mocinhas de Vilapouca / tende-lhe a carne cozida». Carne cozida, carne rixada de Forcarei, carne ao caldeiro, vianda sonhada do caminhante servida por mocinhas espilidas de taverna certa no meio do caminho. Três som as Vilapoucas galegas, além da portuguesa, perto, por sinal, da fronteira galega no seu estremo oriental.Mas, antes do lazer, está a sede de água do caminho para homens e animais. A miragem da água degorada que fijo nascer o milagre. Corria o ano 1778 quando um piedoso arrieiro de nome Sebastiám de Castro, nascido em 1725 e vizinho do lugar da Roça Velha, freguesia de Amil, determinou cavar umha mina de água para ele e a sua récua itinerante. Tam abundante e providencial brotou que até deu para mover um moinho, um tesouro. Louvada seja Nossa Senhora que atendeu com tanta magnanimidade a ressequida prece. A piedade exemplar do senhor Sebastiám e a sagaz iniciativa do muito zeloso abade de Sam Mamede de Amil, dom Pedro Velai, levantárom o venerado santuário de Nossa Senhora dos Milagres de Amil, nascido como bem se vê de umha história digna da Flos Sanctorum de Jacobo de la Vorágine.Cançons de arrieiros, milagres de gente errante, ofícios e tempos que já ninguém relembra perdidos sem remédio como as diligentes mocinhas das tavernas de antano.1 Casto Sampedro e Folgar (1943): Cancioneiro Musical de Galicia, Museu de Ponte Vedra, dous tomos.2 Bal y Gay, Jesús; Martínez Torner, Eduardo: Cancionero Gallego, Fundación Pedro Barrié de la Maza.3 Mapa do Reino de Galicia de Tomás López (1784) https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d9/Mapa_geográfico_del_Reyno_de_Galicia_1784.jpg4 Camilo J. Fernández Cortizo (2008): "Arrieros y traficantes en la Galicia rural de la época moderna", Revista Obradoiro de Historia Moderna, 17, pp. 331-358. Disponível na Rede. http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/459/463 |
PRAZA_7907 | A ameaza de desaloxo continúa sobre Aurelia Rey e Stop Desahucios pide que a anciá de 85 anos "poida valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa". | "A orde de desafiuzamento non está parada e non marcharemos de aquí ata que se deteña". Héctor Tejón, un dos voceiros de Stop Desahucios na Coruña, advertiu de que seguirán mobilizándose diante da casa de Aurelia Rey, a anciá de 85 anos ameazada cun lanzamento polo atraso no pago do aluguer e que xa foi paralizado en dúas ocasións pola presión cidadá. Este mércores, máis dun cento de persoas volveron concentrarse ante o portal da súa vivenda, á espera de que as negociacións de Xunta, Concello da Coruña e a familia denunciante dean o seu froito. No entanto, e ante o rexeitamento dos propietarios a deter a orde de desaloxo que pesa sobre a muller, Stop Desahucios insiste en que "sen paralización definitiva da orde de desafiuzamento non haberá negociación de ningún tipo". O avogado da anciá segue á espera dunha nova proposta de aluguer social para Aurelia Rey Polo momento, non hai demasiados avances. Antonio Vázquez, avogado de Aurelia Rey, asegurou que a oferta de dúas vivendas en aluguer social do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) -que a anciá rexeitou ao estar ás aforas da cidade- non é firme, tras aclarar tamén que as negociacións coa familia denunciante están en punto morto e que esperan unha resposta da Administración tras a petición da muller de 85 anos de que os pisos ofertados non se afasten do centro da Coruña, onde leva máis de 30 anos facendo a súa vida. "Se teño que marchar, que sexa por aquí, no centro", insistiu este mércores a afectada, que rexeitou dúas vivendas en Novo Mesoiro e Eirías, a varios quilómetros da súa actual casa. Stop Desafiuzamentos pide a implicación "da cidadanína coruñesa" para manter as concentracións diante da casa da muller "Non hai novidades", engadiu o seu letrado. As conversas que mantén o avogado e activistas de Stop Desafiuzamentos cos propietarios para deter a orde de desaloxo e poder así "negociar con calma e garantías" tampouco deron os seus froitos. Por iso, as persoas concentradas ante a súa vivenda piden a implicación da cidadanía coruñesa para manter "as gardas" diante do edificio situado no número 9 da rúa Padre Feijoo. "Ninguén sobra; que toda a cidadanía se levante e non teña medo por pedir pola súa dignidade", pediu Héctor Tejón. "De aquí non nos imos mover, imos estar todos xuntos", asegurou, tras lembrar que o único documento oficial que segue vixente é a orde de desafiuzamento. Por todo iso, Stop Desahucios asegurou despois nun comunicado que Aurelia "debe poder valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa". "Polo tanto, aínda que grazas ao enorme apoio social que presenta este caso, tanto o Instituto de Vivenda e Solo como os Servizos Sociais da Coruña fixeron propostas, consideramos que para que se poida dar unha negociación, esta ten que ser digna e en igualdade de condicións para ámbalas dúas partes. Sen paralización definitiva da orde de desafiuzamento non haberá negociación de ningún tipo", aseguran. Ademais, critican "os comentarios despectivos que se fixeron nas últimas horas sobre a saúde mental de Aurelia" e din ser "conscientes de que se trata dunha estratexia ca que tratan de desprestixiala". Desde a Xunta, a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, insiste en que o Goberno galego traballa "desde o minuto un para que Aurelia Teña unha vivenda digna e unha vida digna", aínda qeu aclarou que as sentenzas están para cumprilas. Durante a mañá deste mércores, varios cargos públicos volveron concentrarse xunto á casa de Aurelia Rey para mostrarlle o seu apoio. Os voceiros de BNG e EU no Concello, Xosé Manuel Carril e César Santiso, volveron a acompañar os manifestantes nunha rúa á que tamén se achegou Antón Sánchez, deputado de AGE no Parlamento, ou Mar Barcón, portavoz do PSdeG no consistorio coruñés. Aurelia Rey leva máis de trinta anos vivindo na súa casa. Paga 165 euros de aluguer grazas a un contrato de renda antiga, pero isto supón máis dun terzo da súa pensión de 375 euros. O atraso en dous pagos -un deles no ano 1999 e outro en marzo de 2011- foron suficientes para que os donos do inmoble reclamasen o desaloxo desta anciá, malia que non mantén débeda ningunha cos caseiros e logo de denunciar continuas presións por parte da familia propietaria do piso para provocar a súa marcha da vivenda. A última oferta implicaba o aprazamento do desaloxo dous meses co único obxectivo de convencer a afectada para que abandonase o seu fogar. AGE pide Medalla ao Mérito da Protección Civil para os bombeiros Alternativa Galega de Esquerda vén de pedir a Medalla ao Mérito da Protección Civil para os bombeiros que se negaron a participar no desafiuzamento de Aurelia Rey. O grupo de AGE quere que o Parlamento de Galicia recoñeza o "exercicio de dignidade e solidariedade" dos bombeiros da Coruña. "Hai razóns fundadas para celebrar o comportamento libre, crítico e empreñado de solidariedade dos bombeiros", asegura a viceportavoz Yolanda Díaz na exposición de motivos da proposición non de lei rexistrada na Cámara. Por iso,o grupo parlamentario de Alternativa quere que o Parlamento de Galicia "inste a Xunta a conceder aos bombeiros da Coruña que salvagardaron, ao se negar a participar no seu desafiuzamento, o dereito de cidadanía social dunha cidadá coruñesa a Medalla ao Mérito da Protección Civil". |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.