ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_21611 | O sindicato solicitou xuntanzas cos grupos parlamentares para coñecer as súas emendas á iniciativa. | A CIG solicitou xuntanzas con todos os grupos con representación no Parlamento de Galiza para coñecer o sentido das emendas presentadas á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola tarifa eléctrica galega. Agás o PP todos atenderon a solicitude da central sindical. As reunións terán lugar esta cuarta feira. A iniciativa foi sometida a debate no Parlamento de Galiza en xaneiro de 2016. Chegou á Cámara co apoio de máis de 18.000 sinaturas, máis de 50 concellos –entre eles os de seis das sete grandes cidades- e tres deputación: Pontevedra, Lugo e A Coruña. A cámara apoiou por unanimidade a ILP. Porén, sinala o sindicato, a partir dese momento foi paralizada intencionadamente e sen xustificación algunha. Paulo Carril, secretario xeral do sindicato, Embora contar cun informe xurídico previo favorábel, o grupo parlamentario do PP solicitou dous novos informes xurídicos ao corpo de letrados do Parlamento. Que consideraron a ILP correcta e axustada á lexislación. O último, "transcorridos dous anos desde que se iniciara o proceso de recollida de sinaturas, en maio deste mesmo ano, argüíndo que era unha cuestión moi técnica e solicitando a comparecencia de diferentes persoas do sector eléctrico". A CIG lembra que compareceron 10 persoas que defenderon posicións diferentes. O portavoz do PP considerouna inconstitucional, chegando a denominala tarifa "separatista". Asegurou mesmo que carecemos de competencias para adoptar medidas para afrontar a pobreza enerxética. Esta é, a preocupación da CIG. "Que se intente desbotar unha ILP considerada correcta e axustada á lexislación polos servizos xurídicos da cámara pero "inconstitucional" para un PP embarcado nun proceso obsesivo de recentralización do Estado e de usurpación da soberanía do Parlamento de Galiza". Para o secretario xeral da CIG, Paulo Cartil, "é inadmisíbel que nos digan unha e outra vez que non temos capacidade de decisión política sobre os nosos recursos. |
PRAZA_618 | Xurxo Borrazás redactou e será o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, durante a gala dos María Casares. | "Aquí somos civilizados e as autoridades non prohiben a festa, 'sempre que sexa sá', nin a protesta, 'con tal que sexa construtiva' (...) Da mesma maneira non se persegue o teatro, só se adurmece ninguneando as iniciativas ou menosprezando as compañías, racaneando o acceso ás salas, arrombándoo nas programacións culturais, desecando os orzamentos para a formación e o teatro público, subindo impostos para que o prezo actúe de barreira, renunciando á promoción". O escritor Xurxo Borrazás redactou o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e será o encargado de lelo o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, durante a gala dos Premios María Casares. "Ao teatro non hai que cortarlle os pés senón darlle patadiñas nas canelas e regalarlle ás de chumbo para que non voe" -destaca o autor no texto- "obrigar a que cada representación se convirta nunha epopea de actores e actrices que ao tempo deben ser directores, produtores, representantes, iluminadores, músicos, transportistas, maquilladores, escenógrafos, xastres, cobradores... e por suposto ter un traballo aparte que os manteña". "O obxectivo último é impedir que o espectáculo se normalice e poida converterse en medio de vida digno, atraente e non desilusionante para quen se apaixone por el", engade. "Ao teatro non hai que cortarlle os pés senón darlle patadiñas nas canelas e regalarlle ás de chumbo para que non voe" A gala de entrega dos María Casares, os premios do teatro galego organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) son o escenario escollido para a lectura deste texto, encargado todos os anos a un autor ou autora do país, e que complementa ao manifesto global que cada ano se fai público no Día Mundial do Teatro, 27 de marzo, e que neste 2015 será obra do polaco Krzysztof Warlikowski. Nos últimos tempos os encargados de elaborar o manifesto galego foron, por exemplo, xornalistas como Camilo Franco, historiadores como Ramón Villares –presidente do Consello da Cultura Galega- ou escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín -ex presidente da Real Academia Galega- ou Cesáreo Sánchez -presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)-. "O obxectivo último é impedir que o espectáculo se normalice e poida converterse en medio de vida digno, atraente e non desilusionante para quen se apaixone por el" Desta volta, o elixido pola AAAG foi Xurxo Borrazás, narrador, ensaísta e tradutor, que destaca que "o teatro significa o berce da literatura. Dende o teatro clásico, a escena recolle todas as emocións posibles e retrata o seu propio tempo", salientando ademais a "vinculación moi forte tanto a nivel persoal como estético" que ten con esta arte. Ademais do ton reivindicativo que domina o texto ante as dificultades e atrancos que viven a escena e os e as súas profesionais, Borrazás tamén subliña a importancia fulcral do teatro na propia existencia e crecemento dos seres humanos, e no seu día a día: "Ser... basicamente, é ser outro. Desde cativos xogamos a ser trastes e a ser quen non somos, e no marco dese xogo xogamos outros xogos dramatizados, teatro dentro do teatro, coma se non houbese límites". "A mesma medicina aplícanllela á literatura, aos medios, mesmo á música... se é en galego, porque a nai de todos os obxectivos é conter a lingua galega como emblema da nosa cultura" Borrazás tamén critica no manifesto os ataques recibidos pola lingua galega e pola produción cultural na nosa lingua: "A mesma medicina aplícanllela á literatura, aos medios, mesmo á música... se é en galego, porque a nai de todos os obxectivos é conter a lingua galega como emblema da nosa cultura". "Non teñen nada contra o polbo á feira, a praia da Lanzada, o Pórtico da Gloria, o albariño de Cambados ou a romaría da Franqueira. Son os primeiros en chorar cando escoitan unha gaita. O que non aturan é a diferenza da lingua", engade. "E aínda así no teatro seguimos adiante, escachamos coa risa e fervemos cada vez que se descorre o pano e o público aplaude", conclúe. Descarga aquí o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro (.pdf) |
NOS_3454 | Malia á obriga que estabelece o novo artigo da Lei orgánica do poder xudicial, aprobado polo Goberno español pola vía da urxencia e sen consultas previas e que limita o principio de xustiza universal, o maxistrado apela á IV Convención de Xenebra e di que si é competente para seguir co procesamento. | Apelando á IV Convención de Xenebra, que sinala a obrigatoriedade de perseguir os delitos cometidos contra persoas ou bens protexidos en caso de conflito armado, o xuíz instrutor da Audiencia Nacional española Santiago Pedraz negouse a arquivar o caso aberto polo asasinato do cámara galego José Couso durante a invasión do Iraque polas tropas dos EUA. Malia a limitación do principio de xustiza universal imposta polo Goberno español pola vía da urxencia e sen consultas, Santiago Pedraz considera nun auto feito público esta segunda feira que o devandito convenio internacional o ampara e o torna competente para continuar co precesamento aberto contra @s militares norteamerican@s responsábeis do ataque perpetrado o 8 de abril de 2013 cun carro de combate contra o Hotel Palestina, onde se refuxiaba a imprensa. Arquivadas as outras 11 causas Así as cousas, os seis xuíces instrutores da Audiencia Nacional española ían pechar esta segunda feira a ducia de causas que tiñan abertas en aplicación do principio da xustiza universal, entre elas aquela que investiga o asasinato de José Couso polas tropas estadounidenses que en 2003 perpetraron a invasión do Iraq. Fano após a publicación, no Boletín Oficial do Estado --BOE-- as limitacións a esta norma contempladas no artigo 23 da Lei orgánica do poder xudicial, recentemente modificada. Ismael Moreno, Javier Gómez Bermúdez, Fernando Andreu, Pablo Ruz, Eloy Velasco e o propio Pedraz ían ditar de oficio os arquivos de cada unha das causas, sen que as partes personadas teñan que tramitar solicitude. Á última hora, Pedraz negouse ao entender que aplicar a norma española --a reforma-- implicaría "admitir a posibilidade de que unha norma interna modifique ou derrogue unha disposición dun tratado ou convenio internacional vixente, e iso fica proscrito". O maxistrado pediu a extradición do tenente coronel Philip de Camp, do capitán Philip Wolford e do sarxento Thomas Gibson, para alén de pedir que fose interrogada a sarxento Adrienne Kinne en calidade de testemuña. "Inmoralidade" e "atentado contra a democracia" A limitación do principio de xustiza universal até case anulalo emprendida polo Goberno español pola vía da urxencia e sen consultas non gostou á familia Couso. "É unha inmoralidade e un atentado contra a democracia", sinalou Javier Couso, irmán do cámara asasinado, en relación a un texto que limita de maneira grave a investigación de crimes que violan o dereito internacional e que, segundo o informe remitido ao Executivo de Mariano Rajoy por doce organizacións non gobernamentais --Amnistía Internacional entre elas-- "viola tratados internacionais fundamentais" e fará do Estado español "un paraíso da impunidade". A reforma do artigo 23 da LOPX estabelece que a xudicatura española será só competente cando o procedemento se dirixa contra cidadanía de 'nacionalidade española' ou que resida habitualmente no Estado ou que se atope de maneira temporal no Estado e a súa extradición sexa denegada. Impídese desta maneira continuar co procedemento aberto contra @s militares estadounidenses imputad@s polo asasinato de Couso por parte do xuíz Eloy Velasco, ao seren cidadanía dos EUA e residiren aló. Ao Constitucional e a Estrasburgo A familia Couso advirte de que levará a limitación da xustiza universal perante o Tribunal Constitucional e perante o Tribunal de Estrasburgo "se é necesario". David Couso, tamén irmán do xornalista asasinado no Iraq, rexeita que a súa sexa unha loita individual. Defende, por contra, que o novo articulado aprobado polo Executivo español deixa desprotexid@s tod@s @s profesionais dos medios de comunicación que se atopen desprazad@s a territorios en conflito. "Déixanos polo chan", sinalou Javier Couso en referencia ao lugar en que Mariano Rajoy e a súa lei colocan as vítimas. O irmán do cámara de Telecinco asasinado o 8 de abril no Hotel Palestina conclúe de maneira taxativa: "fixeron un claro favor á impunidade para defender xenocidas, torturadores, asasinos". |
PRAZA_21036 | Nos primeiros anos do séc. XXI, a nova AstraZeneca, ante as malas perspectivas, trata de desfacerse das súas instalacións fabrís en España, co que as fábricas porriñesas corren risco de peche. Finalmente, son adquiridas polo grupo galego Biofabri. | A polémica entre a UE e británica AstraZeneca pola súa vacina contra a covid-19 está acrecentando a mala fama das empresas farmacéuticas no continente europeo, e acadando –por méritos propios- os niveis de impopularidade que xa teñen en EE.UU., onde son as segundas empresas mais odiadas despois das tabaqueiras.A actual AstraZeneca é o resultado de sucesivos procesos de fusión e reestruturación. En 1926 nacería o conglomerado Imperial Chemical Industries (ICI) que se estendería polos cinco continentes, incluída EspañaA actual AstraZeneca, quinta no top mundial de vendas, é o resultado de sucesivos procesos de fusión e reestruturación. Pouca xente coñece nisto o papel de Alfred Nobel, o inventor da dinamita, que en 1870 fundou Nobel Industries, para á fabricación de explosivos; a filial escocesa da firma acometeu en 1926 -dando resposta á formación do cartel alemán IG Farben- unha fusión con outras empresas británicas: British Dyestuffs Corporation, United Alkali Co. e Brunner, Mond & Co., co que nacería o conglomerado Imperial Chemical Industries (ICI) que se estendería polos cinco continentes, incluída España.En 1993 ICI, escindiuse en dúas partes: Zeneca (un nome inventado por unha axencia de marcas, que cobrou 50.000 libras) dedicada ao sector farmacéutico e agroquímico, e ICI, centrada na química industrial. Son anos de forte expansión da empresa, con fármacos superventas de investigación propia, que levarían en 1999 a adquirir a empresa sueca Astra AB, converténdose en AstraZeneca. Pero as vacas gordas non duran sempre, e en torno a 2010 as perspectivas eran malas pola falta de novidades terapéuticas de importancia; de feito, recibiron unha oferta de compra do xigante estadounidense Pfizer, rexeitada coa axuda –segundo se di- do goberno británico. Nese momento enfocou a súa investigación aos antitumorais, que lle permite encauzar os seus resultados.A principio de 2020, o prestixioso Instituto Jenner da universidade de Oxford, en colaboración con Vaccitech, unha spin-out, consegue preparar unha vacina contra o SARS-Cov-2. Usa para isto a sua tecnoloxía de vector viral, con adenovirus de chimpancé (por certo, similar á rusa Sputnik V do Instituto Gamaleya moscovita). Pero, carentes de músculo financeiro e capacidade para desenvolver a vacina a nivel internacional, ofertan a AstraZeneca unirse para logralo. O premio gordo da lotería para AstraZeneca, que carecía de experiencia e actividade nesta área. AstraZeneca en GaliciaNos primeiros anos do séc. XXI, a nova AstraZeneca, ante as malas perspectivas, trata de desfacerse das súas instalacións fabrís en España, co que as fábricas porriñesas corren risco de peche. Finalmente, son adquiridas polo grupo galego BiofabriEn 1940 fundábase no Porriño unha fábrica do grupo Zeltia, constituída o ano anterior polos irmáns Fernández López, para a fabricación de produtos farmacéuticos, veterinarios e agroquímicos. Nos anos 50 Zeltia e a filial española de ICI comezan a colaborar, e en 1964 crean ao 50% dúas empresas: Zeltia Agraria (despois denominada ICI-Zeltia), dedicada aos agroquímicos, e ICI-Farma, dedicada ao sector farmacéutico. Nesta última fabricaríanse especialidades farmacéuticas moi coñecidas, como o popular Hibitane(R), un antiséptico bucofarínxeo envasado nun práctico tubo de aluminio que algúns aínda recordan.En España ICI-Farma tiña dous centros de fabricación: un pequeno en Parets del Vallés (Barcelona), e o do Porriño, moito máis grande cuns 200 empregados. Iso si, coa sede social en Madrid, o consabido centralismo mercantil. En 1990, ICI-Farma compra a Zeltia a súa participación nas fábricas do Porriño, nas que a parte galega era xa só meramente accionarial. Ese ingreso de fondos en Zeltia coincide co pelotazo millonario de Mario Conde e Juan Abelló, que venden á italiana Montedison a fábrica de Antibióticos SA de León, na que tiña parte Zeltia. Con esas 2 entradas económicas Zeltia funda PharmaMar, dedicada á busca de antitumorais de orixe mariña; pero esta é outra historia.Biofabri na actualidade está xa a fabricar a vacina do laboratorio estadounidense Novavax e é o socio industrial das dúas vacinas españolas do CSICXa nos primeiros anos do séc. XXI, a nova AstraZeneca, ante as malas perspectivas relatadas, trata de desfacerse das súas instalacións fabrís en España, co que as fábricas porriñesas corren risco de peche. Finalmente, son adquiridas polo grupo galego Biofabri, nacido en 2008 e dedicado a vacinas veterinarias, pero con perspectivas a medio prazo de sacar unha vacina contra a tuberculose humana, unha eiva importante pola falta de eficacia da actual vacina BCG, que data de 1921.Sobre o futuro de Biofabri, moi prometedor, falaremos noutra ocasión. En todo caso, e volvendo ás vacinas anti-covid19, apuntemos que Biofabri na actualidade está xa a fabricar a vacina do laboratorio estadounidense Novavax e é o socio industrial das 2 vacinas españolas do CSIC. |
PRAZA_13419 | A coordinadora de loitas denuncia a actuación da empresa na construción dunha central hidroeléctrica en Guatemala, que conta co rexeitamento das comunidades indíxenas e pide a paralización do proxecto. | A Coordinadora de Loitas da Comarca da Coruña denuncia a actuación da empresa Hidralia Energía na construción dunha central hidroeléctrica en Guatemala, que conta co rexeitamento das comunidades indíxenas e pide a paralización do proxecto. Os seus voceiros afirman que "non podemos consentir a situación creada polas practicas inescrupulosa desta empresa con sede na nosa cidade" e por ese motivo chaman á cidadanía a facer patente o seu rexeitamento. O pasado 1 de maio foi asasinado en Santa Cruz Barillas, unha pequena e illada vila de Guatemala, Andrés Francisco Miguel, un líder indíxena oposto ao proxecto de construción da central. Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, pero nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila. Hai uns días foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica. Dende a empresa, aseguran que o proxecto é legal e busca "fornecer de enerxía eléctrica barata a Guatemala", cunha instalación que ademais é "pequena e non xerará prexuízos na zona", pois non inclúe asolagamentos nin desprazamentos de poboación. Din que a oposición á central non é unánime e ademais culpan das críticas á desinformación e a que moita xente cre que o obxectivo das obras é a prospección mineira. Ademais, cren que existen "outras empresas" fomentando as protestas. En canto ao asasinato do líder indíxena, aseguran que os dous supostos responsables non son traballadores da empresa, senón dunha subcontrata. Dende a empresa asegúrase que a oposición á central non é unánime e ademais culpan das críticas á desinformación e a que moita xente cre que o obxectivo das obras é a prospección mineira A concentración está convocada para este martes ás oito da tarde, fronte ás oficinas de Hídralia Energía (Avenida do Exército, 10). En función do seu éxito, a Coordinadora e outros colectivos que apoian a protesta organizarán novas mobilizacións, para as que xa están en contacto con entidades de Guatemala. |
PRAZA_13216 | A empresa galega lanza Shuriken Training, que sucede a Trap Ball Edición Billar, dispoñible para Android, PC e nos vindeiros meses tamén en Xbox 360. | A empresa galega lanza Shuriken Training, que sucede a Trap Ball Edición Billar, dispoñible para Android, PC e nos vindeiros meses tamén en Xbox 360. O xogo xa se pode descargar de balde en Google Play A particularidade de Shuriken Training é que os movementos se realizan movendo o propio móbil ou tablet, para localizar os inimigos -ninjas- e poder lanzarlles unha estrela, que se activa deslizando o dedo pola pantalla. Hai cen niveis distintos, en varios escenarios, que permiten recuperar vidas rompendo xarróns, e nos que ademais de evitar ser atacado polos ninjas, hai que intentar non danar as geishas. Axouxeregames.com é un estudio de creación de videoxogos aberto recentemente e impulsado por Adrián Rodríguez e Antonio Gundín. |
NOS_20 | Farruco Graña (Carballo, 1966), tamén profesor e concelleiro de Cultura de Ribadeo, vén de publicar 'Badaladas de Anllóns', un conxunto de relatos nos que afonda nos cambios que afrontou este país nos dous últimos séculos e como foi mantendo os seus sinais de identidade. Ese é o gran reto do pasado e tamén do futuro, que el afronta de xeito optimista "pero realista, sempre co espírito construtivo de non deixarse levar polo derrotismo". | - Vés de publicar o teu terceiro libro, 'Badaladas de Anllóns' (Edicións Embora), no que volves á túa terra natal para contar novas historias. - Volvo á comarca de Bergantiños, onde o seu referente principal é Carballo, o concello onde nacín, aínda que a trama e os distintos relatos que conforman o libro fan referenza tanto a parroquias do concello de Carballo como da Laracha ou Ponteceso. E fai un salto cara á Mariña luguesa a raíz dunha peza musical de Rogelio Loureda que é 'Campanas de Anllóns'. - Hai algún fío que una os relatos ademais do Anllóns? - O fío fundamental é o río Anllóns, as xentes do río, as campás do senfín de igrexas que van coroando todas as parroquias en torno ás cales se van desenvolvente o curso dos distintos afluentes que conforman o río. Ese é o fío fundamental, pero cada unha das historias ten entidade por si mesma, pero si que é certo que todas elas foron xurdindo segundo fun tendo ocorrencia de cada unha das historias, e acaban compartindo un certo ar de familia que poderiamos sintetizar no reto que foi para as nosas xentes dos dous últimos séculos ir afrontando os cambios que se lle presentaban, cambios derivados da transformación dunha sociedade netamente rural de finais do século XIX a unha sociedade cada vez máis urbana, ben sexa na cidade mesma ou nas vilas de referenza, pero tamén chegan eses cambios ás nosas aldeas. Nese sentido, o reto que supón afrontar eses cambios sen perder sinais de identidade dalgunha maneira van dando sentido aos distintos relatos. Os relatos parten, o primeiro deles, 'O talismán', do século XVI, que é un pouco a excepción, até os nosos días. Pero a maioría están ambientados no século XIX e XX, e tamén ten unha mirada singular ao mundo da emigración, sobre todo á europea. Procurei buscar o lado positivo ante a miseria e a pobreza que asolaba as vidas de moitas das nosas xentes, buscar o reto da aventura. Nese sentido, o fío condutor é o reto da aparición da transformación da nosa sociedade, cada vez máis urbana e tamén como conservar os sinais de identidade, porque ás veces ese ar de urbanidade, de nos deixamos levar polos tempos, pode acabar desembocando en abandonar as nosas raíces, e iso nunca. E iso dalgunha maneira procuro representalo nas diferentes vivencias que teñen as persoas que dan vida a estas historias. Eu procuro non adoptar actitude negativa cara o novo, procuro convertelo nun reto para facernos valer diante dese reto - O proceso do que falas está a supoñer unha perda de identidade clara, non? - Eu procuro non adoptar actitude negativa cara o novo, procuro convertelo nun reto para facernos valer diante dese reto. As transformacións non son evitables, están aí e impóñensenos e a mellor maneira de sobrevivir é aceptalas e controlarmos nós ese proceso. A peza fundamental de todas esas transformacións é que nós sexamos donos do noso futuro facéndoo noso. No momento de empezar a promocionar 'As badaladas de Anllóns' cando me chamaban dos distintos medios, no curso dunha entrevista lembrei o uso das novas tecnoloxías, como está presente na mocidade, e preguntei como se dicía 'tuit', e os rapaces non sabían, e no galego temos a expresión "chío", eu lembrábame da expresión "non deas un chío, se non, cobras". Fíxate que exemplo máis fermoso de como manter o noso sen que por iso a tecnoloxía nos impoña -neste caso- anglicismos. Pódese combinar, porque pensar que nos podemos pechar en nós mesmos e negar o que pasa ao noso arredor non me parece o camiño. Hai que aceptar o reto e buscar como estar aí presente, e iso vémolo diariamente, vemos como os rapaces e rapazas fan rap en galego, como queren facer rock... e iso é o que dalgunha maneira procuro amosar nos distintos relatos que conforman as 'Badaladas'. Iso si, non son relatos pensados en clave de xente nova de hoxe en día. Nesta ocasión, para non perder eu o fío coa Galiza que viviron os meus pais. Hai historias de antes da República, nos anos da Guerra, vivencias de persecucións, e nos anos do 'desarrollismo'. Pero sempre tendo ese reto como tal, facéndolle fronte e non negándoo, que é absurdo, senón facéndoo noso e dominando nós o cambio e non que nos domine el de forma cega converténdonos en apéndices, en meros átomos, en meros números. "Ese ar de urbanidade, de nos deixamos levar polos tempos, pode acabar desembocando en abandonar as nosas raíces" - Como vai o resultado do partido?- Este partido non remata, o partido segue e vai depender da vontade que teñamos de facernos valer. Cando máis nos deixemos levar en plan "todo o que veña de fóra está ben" máis diluidos quedaremos. E se nos empeñamos en non querer asumir eses retos porque non vai con nós, claro, perderemos a ocasión de demostrarnos tal cal somos nos novos soportes. Un aspecto importante é ter o control do proceso e ser protagonistas do proceso e estar, non fuxir. É difícil, é complexo, e corremos un risco, pero máis risco é pecharnos en nós mesmos. Hai que estar e facerse valer. E recollerase semente. - A túa novela anterior ambientáchela en Ribadeo. - Si, 'O soño de Xoán', que hai xa dous anos que saíu, é de ambientación histórica, aínda que o tema que trataba é moi de actualidade porque a actitude da censura, neste caso da Inquisición, perseguindo ideas distintas, era unha evocación do espírito da revolución científica, dos aires modernos que traían as ideas de Copérnico, Kepler, Galileo... que se podería trasladar a actualmente. Decidina ambientar aquí porque naquel momento atopeime lendo moita historia local de Ribadeo e a verdade é que había un filón importante aí para poder desenvolver temas de carácter universal, porque a persecución das ideas é unha constante na historia da humanidade e simplemente pois o que fixen foi acoplar o tema da revolución científica ao local. Claro que moitas veces é máis tentador pensar nunha gran novela que evoque estas ideas ubicándoa en Amsterdam ou en Londres, pero eu tiña ganas de traelo ao local. Se somos quen de imaxinarnos o espírito de revolución científica no XVII, tamén poderemos ser quen de vivir procesos de transformación nas nosas propias localidades. Temos que converternos no centro do noso mundo e facernos con el. "Pensar que nos podemos pechar en nós mesmos e negar o que pasa ao noso arredor non me parece o camiño" - Como veñen as historias a ti? - Escoitando moito. Moitas destas historias son froito dun traballo de campo que fixen no primeiro ano de carreira en Santiago. Eu fixen Filosofía e Ciencias da Educación e tiñamos unha materia que era Antropoloxía Cultural que nos daba Marcial Gondar. E parte dela tiñamos que superala facendo traballo de campo e eu fíxena nunha aldea de interior. Foron moitísimas horas de conversa falando con moita xente da parroquia de Montemaior do concello da Laracha, de onde é meu pai. E iso xa deixou unha impronta considerable, eu era consciente de que aí tiña un tesouro e que máis tarde ou máis cedo había de derivar nalgúns escritos. Despois durante bastante tempo tiven aparcada a miña afección a escribir por razóns persoais e unha vez que retomei esta actividade, e a orixe de moitas historis está nesas gravacións. E logo xa desde moi pequeno gustábame preguntarlle ás miñas avoas, aos veciños... Era moi curioso, e as ideas valas modulando, recreando, transformando e despois tamén les, e xurdiron un feixe de historias que están aí nos distintos relatos. A destrución foi importante e reconstruír todos eses lazos e lograr reconducir a actividade cultural está costando. Iso si, tamén espertou moito a imaxinación. - Levas escribindo desde a universidade, e agora compaxinas a escrita coa docencia e co teu labor político, tamén no terreo da xestión cultural. Como ves o sistema literario galego desde todas esas perspectivas? - O sistema literario galego salta á vista que está atravesando anos difíciles. De feito, no libro eu falo de que estes son tempos similares aos dunha guerra. Non hai mortes tan evidentes, nin edificios derrubados, pero no plano inmaterial hai moitísimos lazos, moitísima actividade que desapareceu e parece que pasou por aquí a apisonadora dunha guerra e, posteriormente, a consecuente represión do bando vencedor. Cal é o vencedor nesta ocasión? É o sálvese quen poida e quen non, que se apañe, a insolidariedade... Nese sentido a destrución foi importante e reconstruír todos eses lazos e lograr reconducir a actividade cultural está costando. Iso si, tamén espertou moito a imaxinación, non tanto no plano literario, senón no mundo do espectáculo, en maneiras de facer, en como os grupos musicais se van reestruturando e se foron combinando entre si para facer máis asequible a súa oferta. A xente non quedou parada, moveuse, pero foron anos duros. Eu no labor institucional como concelleiro de Cultura só levo dous anos, pero anteriormente na asociación Francisco Lanza de Ribadeo, decatatábaste de que era era moi difícil. Mesmo aínda que haxa vontade política, os recursos minguaron moito, e o do libro é unha situación difícil. Eu non quero ser pesimista e quero mirar para adiante e achegar o meu minúsculo grao de area, pero hai que potenciar o libro galego e a nivel comarcal e local temos un papel importante que cumprir porque se non, pintan bastos. Pero quero ser optimista, iso si, co traballo de todos os días, non optimista de sentar e agardar a que pase o temporal. Non, movéndonos, facendo cousas e aventurándonos. |
NOS_18005 | Voltamos á cita cos quiosques e puntos de venda habituais cun número completiño no cal, entre outros temas, falamos dun Feijóo acurralado nas súas propias contradicións, entrevistamos a Teresa Barro e achegámonos aos tabeiróns que andan á caza de Pescanova. Dispoñíbel tamén na nosa loxa | Máis un número de Sermos Galiza, o 49, vai estar a partir desta sexta na rúa. Aínda quente de recén forneado, neste semanario metémoslle o dente ás grandes fortunas de Galiza, que manteñen privilexios e favoritismos sen verse afectadas nin o máis mínimo pola crise. Na Galiza están tres das seis persoas máis ricas do Estado. Tamén analizamos como Núñez Feijóo ca na arañeira tecida por el propio ao manter declaracións contraditorias sobre a súa relación con Marcial Dorado. O presidente, acurralado nas súas propias versións, tenta difamar á oposición. "Hai un bo caldo de cultivo para que construamos esa flor da Alianza Libre Europea", afirma Ana Miranda na entrevista que lle fixemos para este número do Sermos Galiza. Miranda afronta a recta final no cargo de eurodeputada do BNG. Auga e a sabedoría do natural. Unha reportaxe sobre os mananciais de auga e a riqueza deste elemento é outra das achegas que podes atopar neste semanario,así como outro sobre naturopatía. Tamén nos mergullamos na realidade que se agocha tras a publicidade da Xunta de reducir o absentismo laboral na administración, ou como Pescanova esperta o interese de tabeiróns e competidores que 'ulen sangue' e desexan facerse con activos da pesqueira. 'Amada liberdade' Entrevistamos a Teresa Barros,que regresa de Lancaster para apresentar 'Amada Liberdade', as memorias do que fora o seu compañeiro, Pérez-Barreiro. "Ramón Piñeiro non só era anti-comunista e anti-nacionalista, tamén era anti-feminista". Non faltan as seccións de opinión, espía nos quiosques, crítica literaria e de cinema, Okapi no Courel, ou Andar a Terra (que nos leva ás Brañas de Golpellás)... E na contraportada, falamos con Mai Ínsua, psicóloga e 'tuppersexeira'. |
NOS_46017 | O prezo do aluguer non deixa de subir na Galiza. Só nos últimos cinco anos incrementou en 22,18%, liderando en 2022 as alzas no conxunto do Estado. Os datos recentemente achegados polo INE sinalan que as familias galegas destinan 30,59% do seu salario a facer fronte ao custo do aluguer. | O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos os datos da Enquisa de Orzamentos Familiares referidos a 2021. O documento, elaborado após 24.000 entrevistas no conxunto do Estado permite coñecer o gasto en consumo dos fogares de residentes así como a distribución do mesmo entre as diferentes faixas de consumo. Neste sentido, a súa información é considerada como imprescindíbel para as estimacións sobre o gasto en consumo dos fogares da Contabilidade Nacional e para a actualización de ponderacións do Índice de Prezos ao Consumo (IPC). O custo do aluguer achégase ás cifras dos anos da burbulla inmobiliaria A Enquisa de Orzamentos Familiares sinala que as galegas e galegos destinan 30,59% do seu salario ao pagamento do aluguer da vivenda. Nesta liña, o esforzo das familias galegas é inferior á das mallorquinas, andaluzas, madrileñas, catalás, valencianas ou vascas pero superior á das asturianas, rioxanas, navarras, castelás e leonesas, castelás-manchegas ou aragonesas. Asemade, nos últimos cincos anos a presión do aluguer sobre o conxunto dos ingresos medra de xeito exponencial na Galiza, moi influído polo aumento das denominadas vivendas de uso turístico. A porcentaxe do salario destinado a sufragar o aluguer vaise achegando ás cifras dos anos da burbulla inmobiliaria. Por exemplo, o Instituto Galego de Estatística (IGE) recolle que en 2003 dedicábase a este concepto 31,6% dos salarios, en 2004, 32,7% e en 2005, 35,4%. Porén, preocupa máis o seu aumento nos últimos anos, pasando de 25,9% en 2018 ou 25,8% de 2019 a 30,59% da actualidade, que representa un salto de practicamente cinco puntos porcentuais neste período de tempo. Un novo piso turístico cada cinco horas Alza do arrendamento e perda de poder adquisitivo A presión do custo do aluguer sobre os salarios está asociada á alza do arredamento e á perda do poder adquisitivo das traballadoras e traballadores. Sen ir máis lonxe, o Observatorio da Vivenda da Galiza, órgano dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda certifica que, entre xullo de 2017 e xullo de 2022, o prezo do aluguer incrementou no país 22,18%. As cifras achegadas pola Xunta atópanse na liña doutros estudos independentes. Así, o portal inmobiliario Idealista fixo público no mes de xuño un informe onde sinala que o prezo do aluguer das vivendas medrou no país 4,1% no último trimestre deste ano, até alcanzar 7,8 euros/m2. Asemade, na taxa interanual, tomando como referencia o mesmo período de 2021, a suba alcanza 4,8%, representado ese rexistro o máis elevado desde xuño de 2008, no inicio da crise económica. As vivendas de Santiago poderán ser turísticas no verán se son alugadas de forma estábel o resto do ano Subas históricas do prezo da vivenda en propiedade O prezo da vivenda en propiedade na Galiza está tamén rexistrando alzas históricas nos tres últimos anos. A este respecto, o Índice de Prezos da Vivenda (IPV), publicado polo INE, rexistra, para o segundo trimestre deste ano, unha suba no país de 2,3 puntos respecto ao trimestre anterior. A maiores, estas cifras anotáronse tras un comportamento similar en 2021, sinalando o Consello Xeral do Notariado que a Galiza foi o territorio do Estado español no que máis creceu o prezo de compravenda da vivenda en relación co ano anterior, marcando unha suba de 19,5%. O aumento do parque de vivendas turísticas está tirando para arriba dos prezos do aluguer. Mentres se reducen progresivamente os inmóbeis destinados ao aluguer residencial, na Galiza rexístranse 12.695 vivendas de uso turístico, 4.981 das cales emprázanse nas comarcas do noroeste, 1.673 en Lugo e A Mariña, 5.370 no suroeste e 671 na área de Ourense. Así, as vivendas de uso turístico incrementáronse desde a súa entrada en funcionamento en outubro de 2019 en 285%. 330.000 inmóbeis baleiros A alza do prezo do aluguer contrasta co elevado número de inmóbeis baleiros no país. A este respecto, a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) sinala que a Galiza suma 330.000 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas rexistradas, o que significa 20,6% do parque total e cinco puntos por riba da media estatal. A cifra máis elevada de vivendas desocupadas concéntrase nos núcleos de poboación de menos de 20.000 habitantes, coa área da Coruña acumulando 125.000 vivendas baleiras, a de Pontevedra, 85.000; a de Ourense 65.000, e a de Lugo, 55.000. O Estado é titular de 1.756 vivendas baleiras listas para habitar na Galiza Aliás, 2.735 dos 330.000 inmóbeis baleiros existentes na Galiza son de titularidade estatal. Concretamente o seu propietario é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), localizándose a parte máis significada en Vigo e A Coruña. A vivenda protexida A porcentaxe de vivenda pública en aluguer no Estado é de 24% mentres que na Galiza esta porcentaxe cae por baixo do 4%. Así pois, a taxa de vivenda de protección destinada a aluguer a nivel estatal é seis veces maior que na Galiza, construíndose no país só 1,5 das mesmas. Feixoo construíu desde 2010 a metade de vivendas protexidas que o bipartito |
NOS_41624 | Ante o colapso da sanidade na capital española. | O Goberno español xa ten preparados tres comboios medicalizados para poder transportar pacientes de coronavirus de Madrid a outros territorios do Estado e "poranse en marcha" no momento en que "se requira", afirmou onte o ministro de Transportes, Jose Luis Ábalos. Sobre esta cuestión tamén se pronunciou onte o titular de Sanidade no Executivo español, Salvador Illa, quen salientou que as autoridades sanitarias teñen preparados dispositivos de traslado de pacientes en UCI desde comunidades autónomas saturadas a outras que teñan as súas unidades de coidados intensivos máis despexadas. Porén, Illa puntualizou que os traslados "de momento non fan falla" e sinalou que á hora de realizalos, estudarase en cada caso se o movemento pode prexudicar a situación do paciente. Segundo informou onte tamén a operadora ferroviaria Renfe, trataríanse de tres comboios de alta velocidade (AVE) da serie 730, fabricados pola empresa Talgo, con capacidade para 18 pacientes cada un deles. Este tipo de tren foi elixido porque se trata dun comboio híbrido, polo que ten capacidade para circular tanto polas vías de alta velocidade como por calquera outro tipo de camiños de ferro, e desprázase tanto con tracción eléctrica como con diésel. Para a medicalización destes comboios, Renfe asegurou estar en contacto coas autoridades sanitarias, que son as que determinan as necesidades e as dotacións que debe ter o transporte, sinalou a operadora. Polo momento, a compañía quitou os asentos para que se poidan colocar as camas nos trens. A compañía Talgo salientou, pola súa banda, que os comboios medicalizados son de piso baixo, sen escaleiras nas portas de acceso e con todo chan situado á mesma altura, "o que facilitará e axilizará o traslado de pacientes en camas". Segundo Renfe, nos trens viaxará o persoal sanitario que as autoridades determinen, así como mecánicos da propia operadora ferroviaria e as maquinistas. Os vehículos desinfectaranse despois de cada traxecto. Desde Renfe indicaron que se habilitarían máis trens para o transporte de pacientes en caso de ser necesario. O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, non desbotou acoller pacientes doutras comunidades no Sergas se o Goberno español o solicita. |
NOS_9727 | O libro Orellas de Bolboreta publicado pola editorial galega Kalandraka é un dos 49 títulos que o alcalde de Venecia eliminou de garderías e escolas de educación infantil por estar na listaxe do programa "Ler sen estereotipos" do anterior goberno municipal. Unha campaña na rede conseguiu 30.000 apoios en tres días e fixo que o ministro de Educación, Davide Faraone, desautorizara o alcalde. | Orellas de Bolboreta, a historia de Mara, unha nena que foi educada na igualdade e a autoestima, é un dos 49 títulos que o novo alcalde de Venecia, Luigi Brugnaro decidiu retirar da programación de garderías e escolas municipais de Educación Infantil. O libro, escrito pola asturiana Luisa Aguilar e con ilustracións de André Neves, formaba parte do programa "Ler sen estereotipos" impulsado polo anterior goberno local da cidade italiana. Unha campaña promovida na plataforma Change.org sumou en tres días máis de 30.000 apoios e fixo que o propio Ministro de Educación, Davide Faraone, desautorizara ao alcalde. Segundo informa a editorial, a decisión do alcalde de Venecia provocou grande polémica en Italia, en especial, polo mundo que se move arredor do ensino e a literatura infantile xuvenil. Como iniciativa de protesta botouse a andar unha campaña na plataforma Change.org coa que se xuntaron apoios para reclamar ao goberno central que terciara no asunto e que se dirixira directamente ás escolas infantís para desautorizar ao rexedor municipal, o que finalmente se conseguiu. Kalandraka súmase á campaña A editorial Kalandraka sumouse e ás críticas do mundo do libro e a docencia ademais de organizacións pro dereitos humanos que se promoveron tanto en Galiza e como en Italia e denunciar a censura por parte do goberno municipal de Venecia. Na polémica interviu tamén a concelleira de Dereitos Civís e Loita contra a Discriminación no anterior mandato, Camilla Seibezzi, para defender que os libros do programa "Ler sen estereotipos" seleccionáronse "coidadosamente" por parte dun equipo de especialistas en psicoloxía e pedagoxía. A editorial Kalandraka parabenizouse da resolución final da polémica, e agradeceu o "apoio e a solidariedade" de todas as persoas que se posicionaron contra a censura. A obra publicada por Kalandraka, a editorial con sede central en Pontevedra, fora seleccionada para o Plan Nacional de Lectura en Portugal e finalista en Italia do Premio Nacional Cittá di Bella. Como acontece con outros títulos do fondo da editorial, Orellas de Bolboreta foi publicado por Kalandraka en portugués, galego, castelán, éuscaro, catalán, inglés e italiano. |
NOS_57198 | Sanidade realizará unha PCR a catro contactos relacionados co brote do Fuenlabrada pero que non están vinculados co club. | O presidente do CF Fuenlabrada, Jonathan Praena, defendeu que o seu club cumpriu co protocolo sanitario da Liga e que non cometeu ningunha "neglixencia" ao viaxar á Coruña embora se coñecer posteriormente que contaban con seis positivos por coronavirus. Ademais, nunha rolda de prensa telemática desde o hotel Finisterre da Coruña no que está confinado xunto ao resto da expedición, Praena asegurou que a degelación "seguramente" non tivese contacto "con ningún galego", aínda que a Consellería de Sanidade comunicou esta cuarta feira que realizará unha PCR a catro contactos relacionados co brote que non están vinculados co club. "Á xente da Coruña non lles pasamos absolutamente nada, seguramente nin nos cruzaramos con ningún galego. Creo que nós si estamos a ter a empatía para non contaxiar a ninguén", proseguiu o dirixente, que tamén cargou contra a alcaldesa da cidade, Inés Rey, á que pediu que deixe "de buscar máis protagonismo, centrarse no que ten que se centrar e non entrar nun tema que creo que non é nin da súa competencia". "Viaxamos porque fixemos catro test previos e os tres primeiros deran negativo. O cuarto faise por precaución e suponse que debía de ser negativo, e grazas a que se fixo démonos conta de que tiñamos seis positivos. Non me meto en que se se debía xogar, pero se se xogase estariamos a falar de algo peor", afirmou. Praena recalcou que o club nunca viaxou "cometendo unha neglixencia" pola existencia de tres casos durante a fin de semana. "Considérase brote, pero debe haber trazabilidade epidemiolóxica e, neste caso, non a hai, polo que non hai que poñela en coñecemento", advertiu, apuntando que os afectados foron "asintomáticos até hoxe que empezaron con febre e dor de cabeza". "Quero deixar claro que non se puxo en risco a ningunha persoa do club, en todo momento cúmprese absolutamente con todo. A información sempre estivo en coñecemento da Liga e os servizos médicos. Estamos a traballar para analizar o motivo, se foi un ou dous focos", agregou Praena. O presidente do ' Fuenla' asegurou que teñen "o coñecemento" que ningún dos positivos "nin se reuniron nin fixeron ceas nin se foron de festa". "Son mentiras que non lle veñen ben ao tema", queixouse, detallando que non comunicaron os seus tres positivos iniciais á Comunidade de Madrid porque se limitaron a cumprir "estritamente o protocolo" ". O presidente botou en falta algo de empatía co seu club de parte do resto. "O primeiro que faría o Fuenlabrada é dar apoio e preguntar polos seis contaxiados, que son os esquecidos desta película. O deportivo importa, pero primeiro son as persoas, e logo cada un deberá defender os seus intereses", opinou. Praena, sen citar nomes, pero dirixíndose ao Deportivo, tirou de ironía por "tanta indignación e preocupación" pola forma de actuar do club madrileño. "Que se preocupen máis das 3.000 persoas que había nos arredores sen máscara nin distancia social", avisou. |
NOS_17623 | Foi unha expresión xornalística do movemento rexionalista. Situado na mesma liña doutras publicacións como O Tío Marcos d'A Portela ou O Galiciano, fundouse en Ferrol en 1885 e só se conserva do mesmo un número escrito na súa totalidade en galego. Sendo escasa a información que chegou até hoxe do periódico, os seus contidos dan conta dunha orientación ideolóxica na dirección da corrente social protonacionalista da que fixo parte, destacando pola súa defensa da Galiza e o seu compromiso coa lingua e a cultura. Malia tratarse dun xornal de carácter efémero e de menos medios, a súa propia existencia informa do compromiso por un país diferente dun sector da opinión ferrolá. | Quen somos? A que vimos? ¿Quén somos? Gallegos escuros mais cheos de boa fe e de amor patrio; probes, mais dinos fillos da terra que á forza de dar pra España a sabencia, puxanza e fértuna dos nosos avós, groria sin termo, estimanza sin enxempro, quedou desbaída, gunizante, atopando como paga de tanta nobreza, de lealtá tanta, bulra, desprezo, irrisió.... Somos gallegos que, fartos do vela malfadada sorte do chan onde nacimos, crémos que chegou a hora de erguela testa, alta, moi alta, pra pór fin á un hoxe tan pequeno, á unha vida tan de ananos; pra facer tremar o país dende Orlegal hastra Finisterre, dende o Eo hastra o Miño, despertando ós nosos hirmáns pra un novo dia de luz e de consolo; pra que sacodida polos ventos dos vales e das montañas aquela groriosa bandeira na que os nosos pais escribiron Deus Fratesque Gallaici poida saber Galicia quén e cántos son seus fillos, quén esquece as súas obligaciós, quén renega do sangue que leva nas súas venas.Malia o churumico que chora cal frouxa muller e non sabe traballar como home rebusto; malia os traicioneiros que dempois de chegar enriba mui enriba, pondo por escaleira da súa cobiza as bagoas e sufrimentos da nai que os pareu, négana logo, cal Pedro a Cristo, vendena sen temor por un anaco, como Xudas vendeu ó Salvadore. Mais benia ós bos fillos que sinten tal fachenda por Galicia, que si non foran gallegos, cobizarían selo; ises fillos que loitarán decote sen deterse naide nin por naide pois que eles serán os vingadores de tanta fel bibida, de tanto pranto vertido. Somos un, dous, tres; mañá seremos tres mil, trinta mil; trasmaña, o pobo gallego enteiro, rexenerado, libre da cadea dos escravos pola virtú do santo amor da patria. ¿A qué vímos? A qué hemos de vir¡. ¿Quén non se indina, si ten alma, da bulra, do innobre menosprezo que os mesmos fillos de Galicia botan sobre da fala dos seus pais, sobre deste lenguaxe que os beizos das suas nais hachaban as máis tenras esprisiós pra arrulalos no verce?. Non ten á menos o valenciano istruido falar na súa lengua cos seus paisás na boa sociedá; nin o andaluz nin o catalán deixan de ter en muito a fala rexión onde cada un naceu. Solamente os fillos de Galicia, facéndose repitición de probes ditos, recollendo sambenito do menosprezo co que os demais queren marcalos, teñen vergonza da lengua que falaron de picariños, e xúsganse moi lidos, enfeixando enriba do lenguaxe a inominia que botaron os extraños no chan gallego. Hai entre os pobos e as suas lenguas unha tan comprida relación que a mala ou boa fada duns cobre os outros. Fala desprezada, pobo abaifado; lenguaxe enalterido, nación puxante e forte. Vimos, pois, pequenos como somos, a falar na lengua máis doce e tenra de cantas deixou como as súas fillas a morta lengua latina, para estudiala e deprendelos seus merecimentos, pra que connosco a deprendan e conozan cantos gallegos non escondon a cara. Eisí levaremos un grao de area pro traballo xigante da rexeneración de Galicia. ¿Non é cecais -diz o Sr. Saco- esa lengua de tan nobre oríxe como calquera das suas hirmás tan fermosa e fleisible como a pirmeira, doce e onomatópica cal ningunha? Non queremos sementar inimiga antre as porvincias, afondando no abiso que nos sopara das outras; pro cando nestas se adivirte unha inclinación deica o cultivo da lengua e literatura porvinciás, polo convencimento instintivo de que é a millor maneira de remover, sin perda a unidá nacional, o espirtu da porvincia e estreitalos ñudos de hirmandá entre os que dun mesmo xeito falan, vergonza será que sosmente as poboaciós gallegas néguense a camiñar por tal rúa, aparecendo diante d' as outras sin idioma, sin literatura e sin groria. «Dádeme o meu fillo, Condes, dádeme o meu fillo!»—choraba Alfonso VI, dempois da loita de Uclés, na que morrera o seu fillo Sancho; e Galicia, repitindo aqules doridos acentos diz seus fillos: Dádeme a miña fala, gallego, dademe a miña fala¡. Que fixéchedes dela? [Artigo da redacción do xornal publicado no número 1 de 10 de maio de 1885] Rousalía Castro de Murguía Aquela rula amorosiña, aquel rolsiñol distes vales, aquela reina da nosa fala, na que tantas vágoas de alegria soupo arrincar dos corazons gallegos; aquela maestra dos tenros cantares háchase magoada, fondamente dorida. ¡Nosa señora das Angustias a console, san Antón bendito nola garde pra groria do chao gallego! Ai, non! Dios non chamará inda pra sí á quen coma ela ten que cumprilo seu apostolado, a minsión de facernos amalo chao no que nacimos. Non; Rousalia non pode, non debe fuxir de nos, mentras que non vexa o sol da xusticia brilar sobre os picoutos das nosas montañas; non pode, non debe fuxir de nos, pois á Dios pidíndollo están os pobos gallegos. Védela…Alí está no seu leito cal dorida pomba que se pousou pra sempre, e os filliños xunto de sí... Quezais ós seus ollos veñen tenras vagoas que escaldan as suas meixelas, e o seu pensamento recordos doutro tempo, alaios doutras músecas, soidades e melanconías!. ¡Ela que ten nas súas canturías,—que arrecenden ós pinares e tomillos das nosas montañas, ás froles destes xardins, coma as estrofas de Osián,- balsamiño pro peito magoado pola pena, fresco orballo pros beizos mazados e secos que solberon o repouso da vixilia da frábie ou da chouza, cancións cheas de valentes notas pra cantala libertá da pátria!... ¡Que as oracións que ruben ó ceo dende os lares pátreos, misturadas cas vágoas e sospiros dos corazóns, cheguen ó trono do Altísimo, e sían abondo pra conter unha vida que se vai, un aleuto que se acaba! [Artigo publicado no número 1 de 10 de maio de 1885] A prensa gallega Falan os preódicos?. Fanse os xordos. Chilan pidindo xustiza?. Leria, leria; e namentres, nin os homes oien estas queixas saídas da ialma, nin Dios tinde sobre de Galicia unha mau amorosa. ¿Qué lle hemos de facer? . Si a prensa da rexión perde o tempo ¿terá que calarse, ou deberá de botar por outro camiño? Crémos que o segundo. Predical a unidá no pobo, e estar rifados us preódicos e outros; doerse da endeferencia do país, dos abusos dos que teñen a tixela polo rabo, e queimar incenso por Xan ou por Antón; asañarse polos alcumes e bulras dos extraños, e poñerse alcumes á retesía; berrar cando está a boca valeira, e calar se a henchen.,...; pórse como as regateiras na praza por si fuches tí ou fun eu; vendela vergonza por un codelo.... non é, non, a millor maneira de chegar onde debe chegala prensa gallega. Galicia ten dereito á dicir: «Honrádeme na casa que eu vos honrarei na praza; e ¿quén de nos pode tirala pirmeira pedra? Prensa gallega, ti, que ó fin e ó cabo, es a soia voz do país; ti pra quen xamais foi pesado xungo polo amor da patria; tí, que es cecais a mais probe de España, pro tamén a mais dina, no nome da terra, da nai que vos criou; pola groria dos seus fillos, que son nosos hirmás; pola lembranza dos seus doores, das súas vagoas de fel, xuntémonos, siamos un corpo con un soilo querer, ergámonos enriba das cousas pequenas; e fortes, como agora froxos, digamos ó país: "Abonda de chorar, Galicia, chegou a hora de facer, que cheos hastra os ollos estamos de falar ó vento". Hastra o presente de nos fixeron os gobernos cera e pabio; de eiquí diante saberemos far de tal xeito, que non esquezan aqueles de que conocémolos nosos dereitos, e que si sabemos pidilos ca lengua, tamén saberemos collelos cos feitos. "Deus fratesque galaici dixeron os nosos avós: sexa esa nosa siñal, o úneco credo que resoe por vales e montañas. Solamente eisi seremos fortes, solamente eisi teremos forza abondo pra facer tremar á cantos se estreban á firirnos. ¡Malia quén pense outro xeito¡. Leve o demo á quen renegue da nai que o pareu! ¡Que inda llo sono escorrenten os pantasmas! ¡Que inda a fraca estadea llos dentes faga bater botándolle frío na alma, neve no corazón! [Artigo publicado no número 1 de 10 de maio de 1885] Xosé Montero Arostegui Fillo do Ferrol foi iste home distinguido: nacéu o cinco de Marzo de 1817, e finou o dez de Agosto de 1882, ós sesenta e cinco anos, entregados, dende que se fixo home, no servicio do país e no cultivo d' as letras. Dempóis dos primeiros estudios, aprendéu o latín e as humanidades. Cando se dispoñía pra visitala as aulas, as disgracias que viñeron pola sua casa, non lle permitiron salisfacelos seus deseios, pro non lle estrobaron de se familiarizar cos dereitos civil e adeministrativo, ós que dodicou moilas vixilias. Ises conocimentos levárono a secretaría do Auntamento, con váreos empregos, hastra que no ano de cincoenta e catro tratóu de probala sorte no comercio. Formouse naquil entón unba compañía na que tivo parte non pequena, póndoos á testa da mesma; mais os apretos monetarios do cincoenta e sete poñeron á sociedá no caso de facer contas, e Montero saiu dela si co peto valeiro, cas maus moi limpas. Das suas aficiós polas letras deixóu mostras en cantos papés pubricáronse no Ferrol, nalgús de Galicia e nos libros que escribéu. Recordo seu queda no Dicionario Geográfico, Estadístico, Hisóorico de Espafia, de Madoz, á quen na páxina 67 do libro VIII, chama: nuestro amigo é ilustrado colaborador D. José M. Montero Aróstegui. No ano de cincoenta e nove o Municipio dista vila quixo que Montero puñera á contribución as suas dotes pra ver de ordenalo archivo vello, e o noso paisano soupo facer tempo pra tal traballo, sin deixar por eso da mau a Hístoria y Descripción de la Ciudad y Deparlamento del Ferrol que no mesmo ano do cincoenta e nove levou á Madril para dala á emprenta. A Acadomia da Hestoria topóu nese libro méritos abondo pra lle recompensar co nombramento de Académico correspondente, por acordo do trece de Abril do 1860. Tan boas prendas valéronlle o favor raro de ser adimitido no Corpo Adeministrativo da Armada, na clas de oficial primeiro, no dito ano de sesenta. Neste Corpo chegóu dempóis de moitos servicios, e gañando emprego tras de emprego, hastra o de Intendente, o último pau da escada, como si dixéramos. Sobre dos libros xa falados, debernos de facer de mentes os que se chaman: Deberes y facultades de todos los funcionarios de la Administración de Marina, aprobada polo Goberno en loita con outras, e siñalada pra ser estudiada nas Acadernias da clas; Armas de Galicia; Origen, fundación y vida de todos los Cuerpos e Institutos de la Marina Española; e Cuadros de Historia Universal das tres últimas, ningunha chegou á pubricarse. Dispoñía Montero unha segunda salida da sua Historia del Ferrol, moi aumentada e aínda máis composta, cando a morte segóu tales pensamentos, dando achego á unha vida tan traballada como virtuosa. [Artigo publicado no número 1 de 10 de maio de 1885] Unha revista fiel ao nome O 10 de maio de 1885 saíu á rúa en Ferrol Galicia. Cencias, literatura, artes, concibida como unha revista monolingüe en galego, na liña doutras publicacións que viñan promovendo os rexionalistas noutros puntos da Galiza e onde destacou polo seu éxito O Tío Marcos d'A Portela. A súa existencia, a diferenza da súa homóloga ourensá, foi efémera e de feito só hai constancia da edición dun único número, editado na imprenta do diario El Correo Gallego. Os propios datos que coñecemos da revista impídennos dar coa identidade dos impulsores e redactores. A publicación non recolleu a identidade do director, a maioría das colaboracións foron asinadas con pseudónimos, porén non sería complicado identificar entre os seus impulsores os membros do comité ferrolán da Asociación Rexionalista Galega, cuxa fundación e constitución para eses anos foi documentada polo historiador Justo Beramendi. Os únicos traballos asinados polos verdadeiros autores de Galicia. Cencias, literatura, artes son tres poemas elaborados por Francisco Añón, Juan Saco Arce e Andrés Muruais, xa mortos naquela altura. Añón foi un escritor que fixo parte da xeración de Antolín Faraldo e participou da revolución de 1846; Saco Arce foi lingüista e autor da primeira gramática galega; e Andrés Muruais, comprometido republicano federal finado con só 31 anos. O único número conservado da publicación deixounos mostras do seu inequívoco compromiso político coa corrente social protonacionalista. Así, nun artigo de presentación titulado "Quen somos? A que vimos?" afirman "Quen somos. Galegos escuros máis cheos de boa fe e de amor patrio… Somos galegos que fartos de ver a malfadada sorte do chan onde nacemos, cremos que chegou a hora de erguela testa, alta, moi alta, para pór fin a un hoxe tan pequeno a unha vida tan de ananos; para facer tremer o país desde Ortegal até Fisterra, desde o Eo até o Miño, espertando os nosos irmáns para un novo día de luz e consolo". A publicación non revelou a identidade do director e a maioría das colaboracións foron asinadas con pseudónimo A defensa da lingua estivo na xenética da revista. Nesta liña sinalan: "Hai entre os pobos e as súas linguas unha tan cumprida relación que a mala ou boa fada duns cobre aos outros. Fala desprezada, pobo abafado; linguaxe enaltecido, nación puxante e forte. Vimos, pois, pequenos como somos, a falar na lingua mais doce e tenra de cantas deixou como súas fillas a morta lingua latina, para estudala e deprender os seus merecementos, para que connosco a deprendan e coñezan cantos de galegos non esconden a cara. Así levaremos un grao de area para o traballo xigante da rexeneración da Galiza". Galicia. Cencias, literatura, artes foi fiel ao seu nome. A carón de artigos de intención máis política ou cultural, como o dedicado a Rosalía de Castro, existiu unha vontade clara de divulgación científica, que introduce na mesma un trazo de orixinalidade e distingue esta publicación ferrolá doutras revistas da época escritas en galego. Neste sentido, destacamos unha peza sobre os cometas, na que se explican as súas causas naturais e onde se rexeitan certas supersticións asociadas con eles, ou o anuncio da inauguración dunha futura sección dedicada a tratar da mellora dos labores agrícolas. |
NOS_24394 | A tensión política manda no Brasil nas horas a previas a apertura dos colexios electorais. Mentres as sondaxes dan maioría ao anterior presidente, Lula da Silva, o nerviosismo apodérase dos seguidores do seu rival, Jair Bolsonaro | A poucas horas do comezo da segunda volta das eleccións presidenciais en Brasil, unha deputada do Partido Liberal, Carla Zambelli, formación pola que se presenta a reelección Jair Bolsonaro, perseguiu a un home polas rúas de Sao Paulo mentres lle apuntaba cunha pistola. Os analistas políticos brasileiros explican estes feitos como unha mostra da tensión que vive o país. Segundo sinalou o xornal O Globo, os feitos ocorreron despois de que a deputada escoitase a un grupo de persoas corear o nome de Lula ao saír dun restaurante. Os vídeos recollidos pola prensa do Brasil amosan como a deputada reacciona fronte a unha persoa que di "mañá Lula". Neste momento, Zambelli bótase a perseguir ao simpatizante de Lula até un bar próximo, onde lle orde que se tire ao chan. A deputada negou esta versión, sinalando nas súas redes sociais, que foi atacada por un home negro, a quen denunciou á policía. A respecto da persecución, indicou que só quixo reter ao home até a chegada dos axentes ao lugar. Zambelli está autorizada a levar un arma pola súa condición de deputada federal, con todo, o Tribunal Electoral Superior de Brasil prohibe aos civís e á policía fóra de servizo levar armas a menos de 100 metros dunha mesa electoral durante o día antes das eleccións. Violencia O incidente Zambelli non é un caso illado nun proceso electoral condicionado por unha violencia descoñecida, que exemplifica a fenda social aberta en Brasil. Precisamente, nas últimas semanas téñense denunciado diversas agresións desde a candidatura de Lula. As sondaxes de última hora apuntan a un vitoria de Lula, marcando algúns estudos sete puntos de diferenza con Bolsonaro. Porén, desde a esquerda non rematan de fiarse á vista do fracaso das enquisas na primeira volta. A este respecto, a totalidade dos analistas apuntan a un resultado moi axustado. A vitoria de Lula nos comicios de hoxe, non lle garantiría unha lexislatura doada. Neste sentido, na cámara lexislativa tería que enfrontar a unha maioría próxima a Bolsonaro, tal é como resultou da primeira volta das eleccións. |
NOS_10992 | Xavier Vence acode á xuntanza da formación irlandesa, a primeira vez que un líder do BNG é convidado a un evento así, onde a histórica forza que lidera Gerry Adamas rexeitou pactar coa dereita na Irlanda independente. | Comezou o Congreso do Sinn Féin, (o Ard Fheis 2015) en Derry, a cidade máis republicana do Ulster, onde a forza política que lidera Gerry Adams marcarase como obxectivo acceder ao Goberno da Irlanda independizada, para así camiñar cara a reunificación nacional. Ao Congreso acudirá o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, no que é a primeira vez que un líder do Bloque acode a este evento. O Sinn Féin focaliza este Congreso na procura da reunificación, obxectivo histórico que consideran factíbel nestes intres, xa que ao seu Goberno de coalición na Irlanda ocupada polo Reino Unido poderíase sumar o do territorio independizado, no que desde 2008 está a subir nas enquisas, onde pasou de quinta a segunda forza e espera alcanzar o poder en 2016, o que unido aos folgos que contaxiou o proceso escocés de autodeterminación concede grandes opcións a unha posibilidade de reunificación política da illa. Porén, a forza republicana ten máis prioridades, como loitar contra a austeridade. Pois iso, aprobou na súa primeira xornada non pactar na República coas forzas da dereita -Finn Gael e Fianna Fail- sendo o Partido Laborista o único socio posíbel, e sempre como acompañante dun Sinn Féin co que o BNG, segundo afirmou Vence, comparte "a aposta pola soberanía dos pobos". |
NOS_34114 | A greve pode volver activarse en case de novos bloqueos e incumprimentos, advirten. | As asembleas de traballadores e traballadoras do sector das ambulancias de Galiza deron en asemblea o visto bo ao preacordo acadado na madrugada segunda a terza feira. Máis de 80%do persoal apoiou este acordo, que tivo o rexeitamento de 14,9% e 4,2% abstivéronse. Os sindicatos CIG, UXT e CCOO indican que coa aprobación deste preacordo "fica suspendido o inicio da greve indefinida a expensas de como se desenvolva a seguinte parte da negociación do convenio colectivo". Con todo, advirten de que "en calquera momento a greve pode ser activada no caso de novos bloqueos" por parte dos empresarios do sector. Segundo informa o comité de greve, o preacordo recolle unha parte económica que contempla un incremento salarial mínimo de 22% para o petríodo de vixencia do convenio (contando subas anuais, a terceira paga extra e o cobro de todos os conceptos nas vacacións). Outras cuestións que se contemplan no preacordo son que nas vacacións incluirase a media de todas as percepcións do ano anterior, desde 2019 e con efecto retroactivo. As subas calcularanse a partir do salario do condutor e aplicarase a mesma suba en todas as categorías. |
NOS_45505 | Leite Noso presentou en sociedade a Deleite A2A2, un novo produto creado a partir de recuperar a beta-caseína orixinal A2 e prescindindo da A1, habitual no leite actual e relacionada con molestias dixestivas. Comercializarase en todo o Estado español e as súas granxas cobrarán un suplemento. | A sociedade de gandeiros galegos Leite Noso, impulsora da marca Deleite, presentou esta sexta feira en Compostela un novo produto que, segundo afirman, "revolucionará" o mercado. Trátase dun leite que contén de maneira exclusiva proteínas con beta-caseína A2 e evita as que teñan A1, habituais no leite convencional, por estaren relacionadas coas molestias dixestivas dunha parte da poboación. Pedro González, director executivo da empresa, explicou que os estudos clínicos comprobaron que "ao redor dun 34% da poboación do Estado español aseguran que teñen molestias co leite e só hai un 5% que é intolerante en realidade". Esa diferenza sería a que causaría a beta-caseína A1 e un dos factores polos que durante estes anos unha parte da poboación decidiu mudar os seus hábitos cara a outros produtos como os leites vexetais, malia teren un prezo moito maior. "Buscamos volver ao leite orixinario anterior á mutación xenética que hai 8.000 anos causou a aparición da A1 e recuperar toda esa xente que deixou de consumir leite", resumiu. Outro factor positivo da A2 é o seu efecto a nivel inmunolóxico, ao reducir os marcadores inflamatorios intestinais e diminuír a presenza do aminoácido BCM-7, que pode ter efectos adversos na saúde, e aumenta a produción natural do antioxidante glutatión. Alén diso, o leite A2 contén niveis de lactosa comparábeis ao leite estándar. Porén, segundo explicaron desde Leite Noso sinalando estudos clínicos, parte dos problemas de intolerancia que se asocian normalmente á lactosa, un azucre presente no leite, débense en realidade á proteína A1 polo que a A2 con lactosa mellora algúns dos síntomas. Cinco anos de traballo en silencio nas explotacións O proceso para chegar a conseguir leite exclusivo con A2 non foi doado. González sinalou que levan desde que se fundou Leite Noso, en maio de 2016, traballando neste proxecto e seleccionando nas diferentes explotacións da sociedade, vendendo aquelas que tiñan a beta-caseína A1, para facelo realidade. "Coa chegada da pandemia complicouse, mais conseguimos superar todos os atrancos, mesmo o de manter en segredo tanto tempo este proxecto", indicou o xerente da empresa. Jesús González, da explotación máis importante da empresa, relata que o primeiro paso foi realizar analíticas a todos os animais e separar as que só tiñan A2. "Fixemos un lote e enviámolo sen que tivera contacto coas de A1, muxímolas apartadas", conta este gandeiro. Polo de agora as granxas grandes son as máis adiantadas neste proceso con porcentaxes importantes de vacas con esta característica. En todo caso contan con tanques diferenciados para que as que aínda non se mudaron non interfiran na produción. Para certificalo, pasan periodicamente unha auditoría. Aumentar mercado mellorando o produto O leite A2 comezouse a producir e a elaborar hai máis de 15 anos en Nova Zelanda e desde ese país estendeuse aos Estados Unidos de América, China ou Australia. A proposta de Deleite será a primeira que se realice no Estado español. A nivel europeo hai algún exemplo de pequena comercialización en Holanda mais a marca galega será pioneira en apostar pola súa presenza nos lineais dos máis importantes supermercados ademais de seguir contando cos pequenos estabelecementos de proximidade. Polo de agora manterán a produción en 80 millóns de litros de leite que envasan nas instalacións de Lactogal, en Pontedeume, agardando ver a resposta que ten nas e nos consumidores. En todo caso, aseguran que o abastecemento no mercado galego está asegurado. Prezos xustos para gandeiras e gandeiros "Fomos os primeiros en facer contratos estábeis de un ano", lembrou o xerente de Leite Noso, "e en abril de 2020 cando se incorporaron as explotacións máis importantes das comarcas da Coruña e Lugo, ampliámolo a tres anos con prezos xustos", engadiu. Nesta mesma liña González asegurou que as granxas que lle entreguen a Deleite leite A2 asinaron nos últimos meses contratos a un prezo diferencial, por riba do que se paga polo leite convencional en cinco céntimos. A intención é beneficiar o traballo das explotacións que participan na marca impulsada polos propios gandeiros e gandeiras. Neste sentido, nos puntos de venda Deleite situarase na liña de prezos das marcas premium aínda que cunha oferta de lanzamento nas primeiras semanas. "Mudamos todo, a partir de agora mesmo desaparece Deleite como leite convencional e pasa a ser todo A2", concretou González, "competirá co resto de leites nos mesmos lineais por considerar que non é especial, mais pensamos que o futuro está neste produto". Iso si, asegura que manterán o compromiso coa lingua e a cultura galegas polo que toda a rotulación, aínda que se distribúa fóra da Galiza, continuará a ser en galego. |
PRAZA_8291 | O IGADI publica un novo informe, centrado nesta ocasión en analizar as recentes intervencións militares da UE en Libia (2011) e Malí (2013), así como os seus intereses xeopolíticos na súa periferia mediterránea e oriental. | O IGADI publica un novo informe, centrado nesta ocasión en analizar as recentes intervencións militares da UE en Libia (2011) e Malí (2013), así como os seus intereses xeopolíticos na súa periferia mediterránea e oriental. A pesar de imperar unha política de austeridade financeira, o apoio da Unión Europea (UE) ás intervencións militares en Libia (2011) e Malí (2013), o seu cada vez maior respaldo oficial ao Consello Opositor Sirio, entidade sumida nunha guerra interna contra o réxime de Bashar al Asad con propostas como a efectuada recentemente por Francia e Gran Bretaña de subministrar armamento aos opositores, así como as sancións e presións contra o programa nuclear iraniano, son aspectos que evidencian unha relativamente inesperada deriva de carácter belicista por parte do principal organismo europeo de integración, unha realidade que contrasta e cuestiona severamente a atribución do Premio Nobel da Paz en 2012 e, sobre todo, unha traxectoria ata agora modestamente compensada cunha política que igualmente apostaba pola cultura de paz, a prevención de conflitos, o diálogo e a reconstrución. Concibido nas súas orixes como un organismo de integración baseado nos principios da convivencia pacífica e de respecto polos dereitos humanos, a recente orientación da UE á hora de apoiar estas intervencións militares na súa periferia mediterránea e africana semella certificar unha notoria supeditación aos intereses estratéxicos de algúns países membro (Francia) así como aos intereses atlantistas asociados á OTAN. Este aspecto revela, ao mesmo tempo, a escasa autonomía dunha Política Europea e de Seguridade Común (PESC), incapaz de artellar unha posición independente e alternativa para a resolución destas crises e conflitos. Desde 2011, a Unión Europea (UE) ven manifestando un inédito proceso de intervencionismo político e militar en crises e conflitos suscitados na súa periferia mediterránea oriental, magrebí e do Sahel africano Así e todo, compre salientar que a UE, considerada en termos absolutos a segunda potencia militar a nivel mundial, aglutinando a case dous millóns de efectivos militares e cun orzamento de defensa anual calculado en US$ 250.000 millóns, experimenta na actualidade un notorio proceso de diminución do seu gasto militar, estimado nun 20% durante a última década. En 2012, a única excepción europea desta diminución do gasto militar global (aínda que centrado oficialmente en gastos burocráticos) foi precisamente Francia, país que liderou a recente intervención militar en Malí e que conta con intereses enerxéticos en Libia e xeopolíticos no conflito sirio. Libia e Malí: cara unha UE militarista? Desde 2011, a Unión Europea (UE) ven manifestando un inédito proceso de intervencionismo político e militar en crises e conflitos suscitados na súa periferia mediterránea oriental, magrebí e do Sahel africano, aspectos que cuestionan notoriamente a tradicional esencia "pacifista" deste organismo, a súa recente designación como Premio Nobel da Paz (2012) e, incluso, a imaxe de polarización interna derivada da intervención militar de Washington en Iraq (2003). A UE manifestou un decidido apoio á intervención militar en Libia a partir de marzo de 2011 A pesar do contexto de crise económica e austeridade financeira, o momento actual semella evidenciar unha (re) concreción de intereses de carácter atlantista entre a UE e EUA. Baixo o amparo da resolución 1973 da ONU, que estipulaba exclusivamente un embargo de armamentos e a apertura dun espazo aéreo de apoio ás milicias do Consello Nacional Libio, a UE manifestou un decidido apoio á intervención militar en Libia a partir de marzo de 2011, neste caso baixo o liderado militar de Gran Bretaña e Francia, os cales actuaron cunha absoluta converxencia de intereses con Washington e a OTAN. Outros países membros da UE que apoiaron esta intervención en Libia foron España, Italia, Bélxica, Grecia, Países Baixos, Suecia e Dinamarca. Se ben a misión da OTAN e da ONU en Libia finalizou oficialmente en outubro de 2011, a mesma deu curso a unha incipiente tutela de carácter político e militar no marco da Libia post-Gadafi, sen que isto certifique unha completa transición política cara a democracia nin moito menos unha estabilidade global nese país e nunha rexión convulsionada polos cambios políticos emanados da Primavera árabe. A pesar da celebración de eleccións lexislativas e presidenciais durante o primeiro semestre de 2012, a Libia post-Gadafi resulta se cabe un escenario sumamente inestable e volátil, sumida nas rivalidades entre clans territoriais e milicias armadas, atenazadas e inducidas polos intereses das multinacionais enerxéticas por controlar os codiciados recursos petroleiros e gasíferos do país. A inestabilidade libia exerce unha repercusión rexional indubidable, principalmente entre os seus veciños magrebís e do Sahel, particularmente no caso de Malí, a través da proliferación dun mercado de armamentos fora de control A inestabilidade libia exerce unha repercusión rexional indubidable, principalmente entre os seus veciños magrebís e do Sahel, particularmente no caso de Malí, a través da proliferación dun mercado de armamentos fora de control e da constante mobilización de combatentes islamitas, algúns deles incluso remanentes de grupos armados que loitaron a favor do réxime de Gadafi durante a guerra de 2011. Deste modo, a inestable posguerra libia expándese dalgunha forma ao conflito interno que vive Malí, escenario que revela igualmente a incapacidade da UE, da ONU e da OTAN por conformar un marco de estabilidade rexional. Impulsada pola intervención militar francesa de xaneiro de 2013, a UE inseriuse decididamente na crise interna de Malí, país azoutado pola proliferación de grupos armados irregulares e principalmente polo control de milicias yihadistas no norte dese país. Proseguindo coa política do seu antecesor Nicolás Sarkozy durante a guerra en Libia, o actual presidente francés François Hollande centra a súa atención en estabilizar un Sahel sumido nos riscos derivados dun eventual Estado fracasado como Malí. Baixo o impulso de París e co apoio de 5.000 efectivos militares da Comunidade Económica de Estados de África Occidental (CEDAO), a UE despregou a EU Training Mission en Malí (EUTM), con 250 instrutores militares e 300 soldados de apoio, coa velada intención de evitar que o Sahel se converta nun eventual territorio de proliferación de milicias yihadistas de carácter salafista, con capacidade para actuar dentro da periferia magrebí europea, como foi o caso de Alxeria en xaneiro pasado. Catherine Ashton concibiu a crise de Malí como unha especie de punta de lanza orientada a consolidar a noción da Europa da Defensa Por tanto, a EUTM supón unha peza sumamente estratéxica para a Política Europea de Seguridade Común (PESC). Amparada pola resolución 2085 do Consello de Seguridade da ONU, a Comisión Europea destinou 50 millóns de euros para a misión de Malí, ampliando o radio de actuación da PESC a nivel global, contando 29 misións civís e militares desde 2002, 14 delas en países africanos (especialmente do Corno de África), nove en Europa (principalmente os Balcáns), catro no mundo árabe (Iraq, Palestina, Libia) e dous en Asia (Afganistán e Indonesia). Este radio de actuación da PESC ven igualmente determinado pola creación en 2010 do Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE), dirixido pola británica Catherine Ashton, e que concibiu actualmente á crise de Malí como unha especie de punta de lanza orientada a consolidar a noción da Europa da Defensa. Siria e Irán na recámara Alén das intervencións en Libia e Malí, resulta palpable unha cada vez maior intervención política e de apoio loxístico da UE aos rebeldes enrolados no Consello de Oposición Sirio, coa velada intención de acabar co réxime de Bashar al Asad en Damasco. Desde que comezou o conflito sirio en febreiro de 2011, a UE apoiou a aplicación de sancións contra o réxime de Bashar, pero evitando ao mesmo tempo comprometerse directamente nunha intervención militar similar á de Libia. Alén das intervencións en Libia e Malí, resulta palpable unha cada vez maior intervención política e de apoio loxístico da UE aos rebeldes enrolados no Consello de Oposición Sirio Non obstante, nas últimas semanas, Bruxelas comeza a intensificar as presións contra Siria. A mediados de febreiro, o Consello de Ministros de Exteriores da UE renovou por tres meses as sancións contra Damasco, aínda que recentemente non aprobou o levantamento do embargo de armas a favor dos rebeldes. Paralelamente, a UE concedeu un orzamento de 420 millóns de euros para axudar aos aproximadamente 800.000 refuxiados sirios nos países veciños así como aos case dous millóns de desprazados internos. A mediados de marzo, a reunión en Istambul do Consello Opositor Sirio orientada a propiciar unha Siria post-Bashar contou co total aval da UE, facendo así causa común cos intereses doutros países implicados no apoio aos rebeldes, como Qatar, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Turquía e EUA. Neste sentido, países membros da UE que contan con intereses xeopolíticos en Siria, tales como Francia (ex metrópole colonial siria) e Gran Bretaña, propiciaron con anterioridade o seu apoio loxístico aos rebeldes sirios. O epicentro sirio responde a un cálculo de carácter xeopolítico para a UE en Oriente Próximo, que corre paralelo aos intereses de Washington O epicentro sirio responde a un cálculo de carácter xeopolítico para a UE en Oriente Próximo, que corre paralelo aos intereses de Washington. Por tanto, implicarse cada vez máis no cometido de acabar co réxime de Bashar apoiando unha transición política en Siria, supón abrir unha serie de escenarios múltiples para os intereses europeos. Estes poderían resumirse en propiciar un goberno tutelado en Damasco, similar ao goberno iraquí post-Saddam, e que evite a cooperación siria con movementos islamitas como o libanés Hizbulá e o palestino Hamas, os cales observan ao réxime de Bashar como un importante interlocutor. Unha posición mais decidida da UE en Siria pretendería evitar unha maior implicación de Irán e Rusia como sostén do réxime de Bashar e que Teherán e Moscova gañen posicións xeopolíticas dentro do novo escenario que se abre en Oriente Próximo Paralelamente, unha posición mais decidida da UE en Siria pretendería evitar unha maior implicación de Irán e Rusia como sostén do réxime de Bashar e que Teherán e Moscova gañen posicións xeopolíticas dentro do novo escenario que se abre en Oriente Próximo coa post-Primavera árabe. Como se sabe, Teherán, Moscova, China e, con menor incidencia, Venezuela, son os actores exteriores que con maior forza seguen a apoiar ao réxime de Bashar. A conxunción destes intereses europeos cos de EUA e, tanxencial e indirectamente con Israel, implican outro escenario de actuación, Irán, en particular por afianzar as sancións que Teherán recibe da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA) e da ONU, debido ao avance do seu programa nuclear. Neste sentido, a UE non semella ter a capacidade (ou vontade) para propiciar unha vía alternativa de negociación con Teherán que permita intensificar unha medida de presión contra os xa coñecidos e eventuais preparativos militares preventivos de Israel e EUA contra Irán. Sen rastro da PESC A PESC manifesta actualmente un escaso impacto no escenario internacional, basicamente supeditada aos intereses da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) Creada en 2002 con Javier Solana como Alto Representante, co cometido de servir como baluarte da política exterior e de defensa da UE, a PESC manifesta actualmente un escaso impacto no escenario internacional, basicamente supeditada aos intereses da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Así, tanto a PESC como o SEAE actualmente a cargo da Alta Representante Catherine Ashton, a penas locen con capacidade autónoma de actuación en crises de carácter global, como foron as intervencións da OTAN e da ONU en Afganistán (2001) e do eixe atlantista liderado por Washington en Iraq (2003). A participación da PESC limitouse dende entón como apoio dos procesos de transición post-Talibán en Afganistán e post-Saddam en Iraq, moi supeditada ás decisións da OTAN e da ONU, así como dos intereses específicos de países membros da UE, como Gran Bretaña, Francia ou Alemaña. Noutros ámbitos, a PESC tivo particular incidencia en escenarios de menor intensidade global (posguerras balcánicas, Myanmar, Gaza, Congo, etc.), pero a súa operatividade segue a reproducir a polarización de visións e intereses existentes dentro da UE. Unha diversidade que restrinxe a súa normal funcionalidade e capacidade de influencia, igualmente determinada polo contexto de crise económica e de austeridade financeira, que limita o orzamento comunitario en materia de defensa e política exterior. Podes descargar aquí o IGADI Paper Nº 103 (.pdf) |
NOS_54424 | O alcalde, o nacionalista, Federico Gutiérrez, considera inhumano que o PP penalice a aquelas persoas que están enfermas de cancro e afirma: "o Concello cubrira a totalidade dos veciños independentemente da renda posto que a sanidade é universal". | O Alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa (BNG), anunciou que o pleno deste concello lucense acordou instar ao presidente da Xunta a que paralice a entrada en vigor do repagamento farmacéutico para tratamentos de dispensación hospitalaria. Asemade, e na mesma liña, acordouse demandar do Goberno do Estado español a derrogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatoriedade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución. "Agardamos que a presión social obrigue o PP a dar marcha atrás" afirmou Estoa, posto que "a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas". Nesta liña, o rexedor nacionalista non dubida en sinalar que "estamos diante dun goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos". O alcalde de Riotorto reafirma que os veciños deste concello non terán que pagar as medicacións dalgunhas doenzas como o cancro de mama ou de ril, os tumores cerebrais ou a leucemia. "Cubriremos a totalidade dos veciños independentemente da renda posto que a sanidade é universal", indica. |
NOS_22837 | Datos do estudo de mobilidade realizado polo Ministerio de Transportes a través dos datos de teléfonos móbiles e 'big data'. | Por volta de 1,5 millóns de galegos e galegas non se desprazan máis alá de 500 metros das súas casas durante o estado de alarma, segundo datos do estudo de mobilidade realizado polo Ministerio de Transportes a través de datos de teléfonos móbiles e ' big data". Porén, hai diferenzas entre os días da semana, xa que esa cifra ascende a 1,7 millóns os domingos, o día en que existe menos mobilidade, mais cae as segundas feiras - ficou en 1,3 millóns o 16 Abril--. Con respecto ao resto da poboación que percorre distancias máis longas, entre 100.000 e 150.000 persoas realizan unha saída de máis de 500 metros cada día das súas casas. Ademais, segundo o día, entre 330.000 e 450.000 persoas realizan dúas viaxes de máis de 500 metros. Mentres tanto, as que realizan máis de dúas viaxes de 500 metros varían considerabelmente segundo o día, xa que a segunda feira 16 de marzo había 865.000, mentres que o domingo de Pascua quedaron arredor de 550.000. Ao analizar a mobilidade durante o estado de alarma en comparación con antes do confinamento, na Galiza a caída está por riba de 70% nos días festivos e fins de semana, e por riba do 60% nos días laborábeis. |
PRAZA_11836 | No primeiro trimestre do ano 2006 a banca incrementou en case un 27% a concesión de créditos a empresas e familias de Galicia. Coa desaparición case efectiva das caixas e a crise de solvencia das entidades ampútase, en moitos casos, o acceso ao crédito para parte da cidadanía galega | A débeda total de España supera o 360% do Produto Interior Bruto (PIB). Coa entrada do euro e a masificación dos fluxos de capital procedentes do exterior, administracións, empresas e familias elevaron o seu nivel de endebedamento de maneira dramática. McKinsey Global Institute apunta a que a converxencia española no conxunto da Unión favoreceu a redución dos tipos de xuro en ata un 40%. Foi nese momento cando o crédito empezou a ser barato. Aí, xunto coa lei do solo de 1998, empezou a medrar a burbulla inmobiliaria. A economía apalancouse. A día de hoxe, e segundo a base estatística do Banco de España, a débeda dos fogares de todo o Estado supera os 800.000 millóns de euros. Non obstante, a taxa de morosidade das familias é considerablemente inferior á de, por exemplo, empresas inmobiliarias, con ata catorce puntos porcentuais de diferencia. No caso de Galicia, e dacordo cos datos de Novagalicia Banco (entidade dominante), a morosidade na comunidade é de apenas un 2%. A media estatal está no 7,51%. Son as empresas privadas non financeiras, predominantemente as vinculadas coa construción, as que acumulan máis débeda. En total suman un pasivo superior ao 134% do PIB español. O dobre que a débeda da administración central. O dobre que a das sociedades financeiras. A única vez que a banca reduciu o crédito aos galegos foi durante a recesión de 1993 Esta situación, sumada á saúde dos balances financeiros, á falta de confianza entre os propios bancos e ás incertezas do futuro da eurozona están a provocar unha potente caída no crédito a conceder a pemes ou particulares en Galicia. Se se atende aos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), antes da entrada do euro o crédito concedido a empresas e familias aumentaba cada ano a un ritmo de entorno ao 10% interanual. O punto de inflexión chegou no primeiro trimestre de 2006 cando os empréstitos aceptados víronse incrementados en case un 27% interanual. Un ano máis tarde, no primeiro trimestre de 2007, a cantidade de créditos concedidos medrou en máis de 10.000 millóns de euros respecto do mesmo mes do ano anterior. Peche da billa Froito dun padecemento que se fixo colectivo, a rede empresarial e de particulares de Galicia viu recortado o crédito por primeira vez no terceiro trimestre de 2010. Un mes antes, por certo, da constitución de Novacaixagalicia como caixa única galega tras a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Foi a primeira vez en toda a serie histórica dispoñible (desde 1988) que sucede isto na comunidade galega de xeito consecutivo. Só no último tramo de 1993, última recesión da economía española, houbo unha caída do crédito concedido aos galegos en comparación interanual. Entre xuño e setembro de 2010 o crédito concedido polas institucións de crédito aos sectores residentes caeu en máis de 500 millóns respecto do mesmo periodo do ano anterior. Os últimos datos dispoñibles, do terceiro trimestre de 2011, poñen de manifesto que o acceso ao crédito sufriu unha restricción sen precedentes na historia de Galicia. Ata 6.400 millóns menos que o terceiro tramo de 2010. |
PRAZA_195 | ENTREVISTA Falamos coa viguesa Ana Sánchez, candidata á Secretaría Xeral de Podemos Galicia, encabezando a lista de Podemos Cambiar Galicia. | O pasado 22 de xaneiro presentouse a candidatura de Podemos Cambiar Galicia ao Consello Cidadán de Podemos na comunidade, encabezada pola viguesa Ana Sánchez Diz, candidata a ocupar a Secretaría Xeral da formación en Galicia, con quen falamos. Unha candidatura, defenden, "participativa, transparente e plural" que reclama maior poder de decisión para os círculos. A de Ana Sánchez é a terceira das entrevistas publicadas en Praza cos catro candidatos e candidatas á Secretaría Xeral de Podemos en Galicia, que se completarán este mércores coa entrevista a Xaime Castaño, non inserido en ningunha lista. Entrevista con Breogán Rioboo (Claro que Podemos Galicia): "Levamos seis anos de recortes en Galicia, dunha política contra a maioría. Iso é o que hai que cambiar" Entrevista con Susana Fernández Blanco (Galicia Pode): "Somos a base, somos pequenas persoas facendo pequenas cousas para levar a cabo grandes cambios" Por que decidides conformar unha candidatura? Cales son as liñas principais que defendedes? Presentámonos porque queríamos construír un proxecto participativo, aberto e plural para Podemos Galicia. A clave é a participación; a candidatura xorde nunha das últimas xuntanzas de Podemos Rías Baixas, onde se decidiu convocar a todos os círculos de Galicia a unha asemblea na Estrada. A partir de aí ao redor de 100 persoas decidimos comezar a traballar na candidatura. Polo tanto, o primeiro que fixemos foi consensuar o proxecto, e a partir de aí comezamos a conformar a lista, con criterios de representación sectorial e xeográfica. "Unha das diferenzas pode ser a nosa aposta por devolverlles o poder aos círculos, a través da creación de dous órganos con este fin" Que diferenzas cres que hai entre a vosa e as outras candidaturas? Unha das difenrenzas pode ser a nosa aposta por devolverlles o poder aos círculos, a través da creación de dous órganos con este fin. Outra diferenza pode estar en que temos en conta a idiosincrasia territorial galega e na nosa candidatura, ademais de estar representados sectores concretos, tamén están representadas as distintas bisbarras a través de persoas que traballan nos círculos das súas localidade. Como valorades o sucedido en Ferrol e a solución adoptada pola Comisión de Garantías? O que aconteceu en Ferrol preocúpanos moito, pero por sorte os mecanismos de control da limpeza electoral de Podemos funcionan. Unímonos ás compañeiras e compañeiros de Ferrol que reclaman máis información sobre o que sucedeu. E esperamos que unha vez que se complete o proceso autonómico se poida continuar co proceso local en Ferrol e que se saiba todo o acontecido, porque Ferrol non pode seguir nese limbo. "Estamos a vivir unha oportunidade única para devolverlle o poder á cidadanía e o primeiro paso son os concellos. Aínda que cada proceso de confluencia é diferente e independente, en principio todos eles poden acabar sendo válidos" Que posición defendende que debe ter Podemos ante as eleccións municipais e unha posibles confluencia con candidaturas cidadás xa en marcha? Cales son as liñas vermellas? Estamos a vivir unha oportunidade única para devolverlle o poder á cidadanía e o primeiro paso para devolverlle este poder son os concellos. Aínda que cada proceso de confluencia é diferente e independente, en principio todos eles poden acabar sendo válidos. Non sería lóxico que Podemos non vise o seu ADN reflectido neles. Nestes momentos de emerxencia social temos que ter unha altura de miras suficiente, pero nós non imos ser a táboa de salvación de ninguén. A sociedade reclama uns métodos de participación e un ADN para estes procesos, reclama que sexan abertos, que non sexan unha sopa de siglas e polo tanto reclama coalicións electorais con procesos de primarias abertos e cunha elaboración colectiva dos programas electorais. Son liñas vermellas sobre as que non imos ceder. En todo caso, todo isto aínda está en proceso, haberá que ver se a fórmula que se segue é a confluencia con estas plataformas ou a elaboración de agrupacións de electores, que tamén é unha posibilidade. Preocúpavos que unha das candidaturas -a de Claro que Podemos Galicia- teña unha vinculación coa dirección estatal da formación e algún dos seus líderes máis coñecidos? Non estamos preocupadas, todo o contrario, estamos contentas de que haxa máis alternativas e de que así as galegas e os galegos poidan decidir cal é o seu proxecto. Supoño que estar asociados ao nome de Pablo Iglesias pode levar a que unha candidatura se coñeza máis, pero o máis importante é que haxa alternativas. Como valorades a situación política, económica e social de Galicia e a xestión realizada por Alberto Núñez Feijoo á fronte da Xunta? Cualificamos a situación como nefasta, porque non se pode definir doutro xeito a política que está levando a cabo o PP en Galicia. Galicia foi ademais o banco de ensaio das políticas máis antisociais, coma os recortes en protección social, a destrución de emprego, a privatización da sanidade e do ensino ou o abandono de sectores produtivos. Como recibides as críticas que algúns sectores do nacionalismo galego lanzan a Podemos, acusando á formación dunha falta de galeguismo? Estamos centrados e centradas en buscar solucións aos problemas básicos da cidadanía, nesta situación de emerxencia social que afecta ás necesidades básicas da xente. Neste senso, outras cuestións poden estar pasando a un plano secundario. Pero iso non impide que pensemos que nun futuro non lonxano as galegas e os galegos terán que decidir sobre o seu futuro político e sobre a relación que queiran ter ou non ter co Estado Español. "O Goberno de Núñez Feijoo, apoiado por un lobby lingüístico que non nos representa, está a relegar o galego a un papel secundario. Está a crear un problema lingüístico onde non o había" Como valorades a actual situación da lingua galega e a política lingüística da Xunta nos últimos seis anos? A política lingüística da Xunta é un suicidio, o galego está a sufrir un dos maiores ataques da súa historia. A lingua é a identidade do noso pobo e non podemos deixar que desapareza. O Goberno de Núñez Feijoo, apoiado por un lobby lingüístico que non nos representa, está a relegar o galego a un papel secundario no ensino, na cultura e nos medios de comunicación. Está a crear un problema lingüístico onde non o había. En Podemos convivimos galegofalantes e castelanfalante e estamos todas e todos convencidos de que hai que defender o galego destes ataques, porque unha lingua é un instrumento de comunicación e non pode ser usado como instrumento de enfrontamento. Nesta situación de emerxencia que estamos a vivir a xente demanda cuestións de necesidades básicas, de supervivencia, pero iso non significa que non defendamos a lingua. "A xente quere recuperar as súas vidas, a súa soberanía, e dicirlle adeus a este monstro que é a austeridade" Que efectos pode ter a vitoria acadada este domingo por Syriza nas eleccións gregas? A xente quere recuperar as súas vidas, a súa soberanía, e dicirlle adeus a este monstro que é a austeridade. Onte gañou o pobo grego, pero gañou tamén a esperanza, a esperanza de que os pobos do sur recuperen a súa liberdade e recuperen o sorriso. E moi pronto tocaralle a España. Syriza e Podemos van abrir a porta a unha Europa máis plural e democrática. |
NOS_40083 | Acorda coa súa afiliación a reincorporación á actividade. | Comisións Obreiras (CCOO) informa a través dun comunicado que dá por rematada unha etapa no conflito da xustiza e que acordou coa súa afiliación a reincorporación ao traballo, confirmando que deixa de formar parte do comité de greve. Así o anunciaron na mañá desta sexta feira o secretario xeral de CCOO de Galiza, Ramón Sarmiento, o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC-CCOO), José Manuel Ramos e Tino Novoa máis Raquel Estévez, representantes do sindicato no sector. A partir de agora, indica o sindicato, os esforzos de CCOO estarán centrados en recompor a unidade dos traballadores e das traballadoras "e iso só se conseguirá coa volta ao traballo diario", apuntou Ramón Sarmiento. O sindicato avoga por reconducir a situación nunha mesa de negociación. Para CCOO, a greve "conseguiu o seu obxectivo", que era mellorar de xeito «substancial» as condicións de traballo do persoal da administración de Xustiza de Galiza. Comisións propón que, "tan pronto se peche o conflito na vertente laboral", se constitúa unha mesa de concertación co conxunto de axentes sociais para levar a cabo un pacto pola Xustiza en Galiza |
NOS_19361 | Rescate do guión inédito de Eloy Lozano | Era un tempo de reconstrución. A ditadura franquista agoniaba entre as súas propias contradicións e a acción das forzas democráticas aínda clandestinas. A cultura galega, perseguida durante décadas, iniciaba a súa demorada e non exenta de dificultades saída á luz. Por primeira vez desde os tímidos intentos da etapa republicana falábase en voz alta sobre a necesidade dun cinema galego, dun cinema na Galiza, dun cinema en galego. Foi á calor destes debates, decote artellados arredor da Semana de Cinema de Ourense, que naceu o primeiro e fanado intento de levar A Esmorga ás pantallas. O daquela cineasta amador Eloy Lozano (Ourense, 1953-Compostela, 2009), autor da mítica versión en 35 mm de Retorno a Tagen Ata (1974), foi o impulsor. Á súa man pertence o guión sobre a novela de Eduardo Blanco Amor, redactado entre 1975 e 1976 e cuxa única copia coñecida se atopa na biblioteca persoal do avogado e membro do consello de administración de Nós Diario Nemésio Barxa. Vén de rescatala para un artigo da revista acdémica Quintana o investigador Iván Villarmea. "Sempre me interesou a figura de Lozano", explica Villarmea a este xornal, "apaixonábame o seu papel na recuperación d'O carro e o home (1940) [o filme documental de Antonio Román e Xaquín Lorenzo]. En todas partes se mencionaba da existencia do seu guión d'A Esmorga, pero non aparecía por ningures". Unha referencia casual levouno a contactar con Barxa, que conserva o mecanocristo. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_8535 | O Partido Comunista da República Galega (PCRG) está a presentar a súa proposta á sociedade nestas semanas. O membro do Comité Central da formación, Ramón Lareu, explica a Nós Diario os eixos centrais da alternativa e as propostas de actuación a curto prazo. | Veñen de comezar unha xeira de presentación da súa organización en diversas localidades galegas, sobre que bases se articula o seu partido e cales son os seus obxectivos? Trátase dun proxecto partidario comunista, polo tanto, a base do proxecto érguese sobre a certeza da división da sociedade en clases. Este é o combate que vertebra as nosas vidas de xeito consciente ou inconsciente, e os partidos comunistas son o intento dun segmento da clase traballadora de enfrontar este embate de maneira certeira. O noso obxectivo principal é derrubar as diferenzas que posibilitan a existencia de diferentes partidos comunistas. Noutras palabras, o noso obxectivo principal é destrozar a acción fragmentada da nosa clase, sermos capaces de enfrontar o futuro cru que nos ven enriba mediante unha única ferramenta de clase, ese é o obxecto principal desta aposta. E se nos fixamos en todos os procesos históricos; os nomes, logos ou slogans só encarnan vontades pasaxeiras, e isto vertebra a nosa construción partidaria, a sapiencia que estamos de paso, que o noso partido é o partido comunista que precisamos neste momento e que nunca vai ser suficiente por si só de gañar a loita de clases. A nosa aposta inmediata pasa pola unidade todos comunistas galegos nun só partido. Un partido de clase, combativo, non dogmático e con moral de vitoria. Que non aspire a competir no mercadeo político, a xestionar o existente, nin a substituír a outras marcas; que aspire a toma do poder político mediante a revolución proletaria para construír a república socialista galega Sinalaba nun artigo de prensa que as eleccións galegas significaron a apertura dun novo ciclo político no país, cales son as súas características e en que se diferenza do anterior? Entendemos que vivimos unha recomposición de réxime, onde a esperanza dunha saída "reformista" á crise material que padece a nosa clase se dilúe, e con ela a expresión político-institucional que a representaba en Galiza. O mapa electoral do noso país volve á estabilidade previa á crise con tres forzas comprometidas coa disciplina do réxime que fan o reparto de poder simbólico da autonomía. A práctica totalidade da esquerda institucional da Galiza e do conxunto do Estado imperialista español está absolutamente coaptada polo réxime. Cómpre estudar a realidade socioeconómica galega, a composición de clases da nosa nación e a súa posición na división internacional do traballo. Cremos que Galiza é unha nación, que, inda que na periferia do mesmo, forma parte do centro imperialista mundial, que é unha sociedade capitalista, urbana e que non ten pendente ningunha revolución burguesa nin democrática. A nosa tarefa é aglutinar aos elementos mais avanzados, lúcidos, conscientes e combativos do proletariado, arredor do cerebro colectivo que nós chamamos partido comunista para avanzar na destrución do Estado burgués que nos oprime mediante a independencia nacional e a revolución socialista. "A práctica totalidade da esquerda institucional da Galiza e do conxunto do Estado español está absolutamente coaptada polo réxime" Estamos nun momento marcado na esfera internacional por un conflito armado entre Rusia e Ucraína, que análise fan sobre o mesmo? Primeiro de todo cremos que debemos rexeitar terminoloxía importada da historiografía bélica burguesa, como "xeopolítica" ou "realpolitik", que suxiren unha sorte de volatilidade e subxectividade nas posición ao respecto dos conflitos internacionais. Os conflitos bélicos internacionais responden á forma que adopta a contradición capital traballo na división internacional deste último. O imperialismo mundial está formado polo bloque occidental de Estados Unidos e Unión Europea e máis polo seu grupo terrorista, a OTAN, o sionismo mundial materializado no Estado criminal de Israel e os seus estados sátrapas satélites coma Arabia Saudita e Marrocos. O bloque imperialista ante á crise do capitalismo e a súa necesidade de acumulación e expansión busca a desestabilización do eixo de resistencia formado por Siria, Palestina, Haezbollah e o Irán, o bloque antiimperialista latinoamericano capitaneado pola heroica Cuba e o mundo multipolar implantado pola fortaleza política, militar e económica de Rusia e de China, apoio económico, diplomático e militar dos anteriores. O conflito en Ucraína comezou co golpe de Estado fascista financiado e patrocinado polo imperialismo para implantar un goberno agresivo e hostil a Rusia nas súa fronteira. O réxime xenocida e criminal ucraíno leva, desde entón, oito anos perpetrando unha política abertamente fascista, coa incorporación ao Estado e aos seus corpos represivos de todos os grupos nazis e ultrareaccionarios do país, practicando persecución política e física ao movemento obreiro, limpeza étnica e rusofobia. A posición do noso partido é clara: apoiamos a autodeterminación das repúblicas populares do Donbass, a condición nacional rusa de Crimea, a desnazificacióin total e efectiva de Ucraína e a disolución do organismo criminal chamado OTAN. O desnorte e claudicación da inmensísima maioría da esquerda europea non se debe a ningún tipo de ¨subxectivismo xeopolítico¨, débese a que a súa condición eminentemente pequeno burguesa lévaos a estar comprometidos e disciplinados cos seus estados burgueses imperialistas. Nós estamos coa posición dos comunistas rusos e ucraínos e coa resistencia antiimperialista mundial. Volvendo a Galiza, como analizan o actual momento económico e social e que alternativas formulan ao respecto? O momento é de crise, é moi evidente que desde 2008, a acumulación de capital no noso país non tivo ningún momento de saúde, non houbo ningún momento de "reconstrución" desa crise, senón que houbo unha longa depresión que entronca con outra crise (que non é a do covid-19). Vivimos tempos de crise, tempos nos que o capital esta imposibilitado a reproducirse, polo tanto, de ofrecer a reprodución da forza de traballo, é dicir, vivimos a imposibilidade agravada do capital de asalariar a clase traballadora. E isto conduce a un escenario de empobrecemento crecente da nosa clase, coa conseguinte agudización da loita de clases. Conscientes disto e xunto coa resposta a anterior pregunta, a nosa clase pode producir dúas respostas ante este recrudecemento do seu futuro. Por un lado, asustarse ante un futuro incerto e prestarse a un programa interclasista, onde o malo é un foráneo do este. Polo outro lado, culpar acertadamente das súas condicións de vida a clase parasitaria que ten enfronte. E nesa dualidade política que nos abre o futuro, os comunistas si temos unha gran responsabilidade. Trazaremos un programa de confrontación de clase, unha aposta política acertada na sinalización e culpabilización da outra clase, unha fronte avanzada que non erre de inimigo. A partir do cal, vemos indispensable a formulación dun programa socialista de construción económica do país. O capital estase a desindustrializar, a nosa aposta socialista debe vertebrar o territorio e a clase nunha serie de ramas de produción nas que poidamos suxeitarnos e competir a nivel internacional baixo unha dirección socialista nunha república galega. "Fomos testemuñas, durante o ultimo ciclo político, da degradación, asimilación e putrefacción moral á que o electoralismo feroz pode someter á militancia de esquerdas, e incluso a autodenominados comunistas" As eleccións municipais do vindeiro ano significan a apertura dun novo ciclo electoral na Galiza, que ten pensado facer o seu partido nas mesmas e nas próximas eleccións estatais? Os comunistas sabemos que ningún cambio substancial virá dado pola participación nas elección burguesas, e menos nun Estado do centro imperialista que inda encima ten unhas estruturas anquilosadas que non foron depuradas da ditadura terrorista do fascismo. Alén disto moitos de nós fomos testemuñas en primeira persoa, durante o ultimo ciclo político, da degradación, asimilación e putrefacción moral á que o electoralismo feroz pode someter á militancia política e social das esquerdas, e incluso a autodenominados comunistas. Porén non descartamos ningún ámbito de actuación de forma categórica, e somos conscientes das oportunidades axitativas, propagandísticas e aglutinantes que poden ter os procesos electorais, sendo o caso das elección municipais onde historicamente mais interveu o movemento revolucionario galego e onde quedan exemplos de dignidade política e posición avanzada dentro das institucións, que observamos, contemplamos e valoramos. Chegado o momento analizaremos caso por caso os contextos e posibilidades que ofrece cada espazo de intervención, tamén no electoral, e tomaremos a posición que máis beneficiosa sexa para o avance da nosa liña política e da consciencia da nosa clase. |
NOS_42502 | Non subiu a conta de metais galegos nos Xogos de Toquio neste 5 de agosto, pero por un pelo. Por menos aínda. Antía Jácome e Carlos Arévalo quedaron a apenas dúas décimas do podio, nun resultado que se traduce en senllos diplomas olímpicos que aumentan o peso dun deporte que non para de dar alegrías. | Que son dúas décimas de segundo? Unha medida de tempo tan pequena que non é suficiente para ler as escasas liñas que van de texto, pero ao mesmo tempo tan grande que pode deixar a dúas deportistas galegas sen a máis que merecida recompensa do podio. Porque con só 21 anos, Antía Jácome, logo de sufrir para meterse na final vía repesca, rematou en quinta posición a proba do C1 200 metros, a tan só 0,192 ínfimos segundos da ucraína Liudmyla Luzan. Con todo, a deportista pontevedresa recoñeceu que tería "asinado" ese resultado hai non tanto tempo, e xa pensa en estar presente nos Xogos de París 2024. A mesma sorte correu o betanceiro Carlos Arévalo no K1 200, pois completou o percorrido en 35,391 segundos, polos 35,202 do británico Liam Heath. A fortuna para Arévalo é que, a diferenza do que acontece con Jácome, non terá que agardar até dentro de tres anos para resarcirse, pois xa na madrugada desta sexta feira, 6 de agosto, disputa as clasificacións do K4 500 masculino, no que compite acompañado do tamén galego Rodrigo Germade, o catalán Saúl Craviotto -que finalizou en sétimo lugar no K1 200, dous postos por detrás de Arévalo- e o balear Marcus Walz. A quen lle queda tamén unha bala na recamara é ao porteiro cangués de balonmán Rodrigo Corrales, que se ve abocado a disputar o partido pola medalla de bronce logo de perder nas semifinais ante Dinamarca (23-27), nun encontro no que partiu desde o banco dos suplentes. Xornada máxica para as amantes do atletismo O feito de que non quede ningún atleta do país en activo en Toquio non é óbice para gozar da modalidade estrela dos Xogos Olímpicos, e máis nunha xornada como a desta sexta feira, na que se desenvolverán multitude de finais a uns horarios moi adecuados para a afección galega. Entre as probas máis atractivas están os 20 quilómetros marcha femininos (9.30 horas), a final dos 5.000 masculinos (14 horas) ou o sempre competido 1.500 feminino (14.35 horas). |
NOS_8448 | "Así é como sobrevivimos, intentando sacar cartos de debaixo das pedras para poder investigar", asegura a microbióloga a Nós Diario. | "Estánlle a cortar as ás aos científicos". A microbióloga Astrid Pérez conta a Nós Diario como as fundacións privadas que xestionan a investigación sanitaria para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) limitaron o acceso das investigadoras e investigadores galegos ao programa Miguel Servet, que era ao que ela aspiraba presentarse. Despois de ler a tese en 2012, Astrid Pérez conseguiu un contrato posdoutoral da Xunta. "O programa que implantou Feixoo cando eliminou o plan de investigación galego Incite que creou o bipartito, e que impulsaba significativamente a carreira científica galega", explica. Pasou dous anos investigando nos EUA e á volta incorporouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde continuou co seu proxecto de investigación e, ao mesmo tempo, impartiu clase na facultade de Medicina e Bioloxía. Estamos moi acostumados a isto. Pero outra cousa é o maltrato sistemático por parte das institucións Este currículo non foi suficiente para conseguir unha das 20 prazas ofertadas pola Xunta para continuar na modalidade B do programa de investigación, que lle concederan tres anos atrás. Foi entón cando lle chegou a resposta a un proxecto que presentara, para o que lle daban 100.000 euros para desenvolver en dous anos. "Pero estaba sen contrato e sen institución", conta a investigadora. Finalmente, logrou entrar de novo na equipa de Germán Bou, xefe do servizo de microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), no Instituto de Investigación Biomédica da cidade. Ao ano seguinte acadou un Juan de la Cierva-incorporación. Con todo, a duración destes contratos "non é suficiente" para levar a cabo a maioría dos proxectos científicos. "Así é como sobrevivimos, intentando sacar cartos de debaixo das pedras para poder investigar", afirma. Estabilizar ás investigadoras Este contrato remataba en decembro de 2019, polo que intentou competir para entrar no programa Miguel Servet na convocatoria 2020. Nesta, como novidade, incluíase unha cláusula de compromiso de estabilización por parte das institucións para os investigadores recoñecidos con este programa. "Os científicos traballamos para acadar máis méritos e seguir presentándonos a axudas e proxectos. É o único modo para subsistir na ciencia neste país", asevera. A súa sorpresa chegou cando as fundacións biomédicas da Coruña, Compostela e Vigo decidiron "unilateralmente", e co pretexto "de manter o nivel de excelencia", limitar o acceso a este programa Miguel Servet impoñendo unha puntuación de corte moi elevada. "Iso da excelencia só apareceu cando viron o da cláusula de estabilización futura, cheira ao chamusco", advirte. "É inxusto que a institución para a que traballo me avalíe segundo criterios que non favorecen ao investigador. As nosas propostas xa son avaliadas por expertos que basean as decisións en criterios científicos. O que están a facer aquí as fundacións é limitar que cheguemos a presentarnos e están deixando fóra a investigadores que poderían ter acadado esta axuda", explica Astrid Pérez, que indica que na Galiza só se poden presentar a través destas fundacións privadas. Iso da excelencia só apareceu cando viron o da cláusula de estabilización futura "Non é que impoñan unha nota de corte sen avisar, senón que desde que soubemos que se abría o prazo para presentarnos, pasaban os días e non tiñamos nin idea do que estaba a pasar. Non nos entraba na cabeza o feito de non poder presentarnos. Está claro que o problema veu por incluír a cláusula para estabilizar os contratos". Finalmente, das doce axudas que poderían ser adxudicadas ás fundacións galegas, estas só presentaron menos da metade de candidatos. "Estamos moi acostumados a isto. Escoitamos moitas veces o de 'sabiades onde vos metiades'. Pero outra cousa é o maltrato sistemático por parte das institucións. A xestión privada estanos a perxudicar en moitos aspectos; se se nutren de cartos públicos o normal é que teñan unha xestión pública", apunta Pérez. "Que non xoguen co noso futuro" Isto pasou noutras fundacións hospitalarias de xestión privada no Estado e as investigadoras e investigadores querían unirse para denunciar a situación, mais a crise do coronavirus paralizou todo. "Sobre todo, queremos pedir que non xoguen co noso futuro", destaca a galega. "Son parches, sempre parches. Agora mesmo estou traballando de balde, porque se unha investigadora posdoutoral, coma min, para durante un ano queda fóra do sistema. É o que hai... Ou ben, pides para marchar a Alemaña ou os EUA, onde nos valoran e nos tratan como verdadeiros profesionais", lamenta. Ao non poder presentarse este ano ao programa Miguel Servet, Astrid Pérez terá que agardar, no mellor dos casos, até 2022 para optar a un contrato de cinco anos como investigadora. "Agora non me libra ninguén doutro ano de incertidume, porque aínda que me poida presentar na seguinte convocatoria xa é para 2022", conta, mentres pensa que a outra opción é marchar da Galiza.Con todo, unha vía de esperanza abriuse para ela recentemente, pois a empresa farmacéutica que antes da COVID-19 quería financiar un dos seus proxectos, volve estar interesada e podería voltar ao laboratorio a finais de ano. Iso si, para outro proxecto concreto e con fondos privados. |
NOS_34943 | O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) fallou finalmente a favor de LaLiga tras arquivar a petición do xuíz instrutor da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) en relación ao Deportivo-Fuenlabrada do pasado 20 de xullo, que propoñía o descenso dos madrileños pola súa viaxe á Coruña. | Na resolución, á que tivo acceso Europa Press, o TAD declara que "a competencia para coñecer os feitos consistentes na actuación do CF Fuenlabrada no seu desprazamento á Coruña -conforme ao protocolo de volta á competición do 15 de maio de 2020- corresponde á liga Nacional de Fútbol Profesional", e non á RFEF, reza o escrito. Por tanto, o Fuenlabrada continuará xogando na liga SmartBank, a Segunda División española, porque o protocolo estabelecido -como consecuencia da pandemia da Covid-19- antes de retomar a competición "constitúe a norma especial fronte ás xerais tipificadas nos artigos 68 e 74 do Código Disciplinario da RFEF". "O conflito de competencias exposto debe resolverse a favor de LaLiga, ao ser esta a competente en virtude do artigo 69 dos seus Estatutos Sociais para exercer a potestade disciplinaria respecto de presuntos incumprimentos de acordos validamente adoptados polos seus órganos internos", engade o TAD. Contra a resolución, que é "definitiva en vía administrativa", cabe a posibilidade de que se interpoña recurso no prazo de dous meses, e a RFEF só poderá arquivar o caso. O Deportivo da Coruña, que pedira o descenso do Fuenlabrada por "pór en risco a saúde pública" por viaxar con membros da delegación contaxiados coa Covid-19, aínda podería recorrer á xustiza ordinaria. Esta decisión do TAD chega unhas horas antes da reunión que manterán hoxe LaLiga e a RFEF, co Consello Superior de Deportes (CSD), como mediador para atopar unha solución ao número de equipos que compoñerán a competición e ao sorteo do calendario. Tras esta resolución ratifícase que serán 22 en Segunda e o Fuenlabrada estará entre eles. |
NOS_47277 | O galardón concedido polo Ministerio de Educación español premia a "coherente traxectoria" da compañía. | Esta cuarta feira (26 de Novembro) Chávere foi galardoado co 'Premio Nacional de Teatro' concedido polo Ministerio de Educación español. Así o vén de comunicar o xurado que salientou a "coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes de teatro documento e na transgresión de xéneros". Así mesmo, destacan a conexión das súas obras coa "realidade social e económica" galega e mesmo internacional, como reflicten Citizen, Eurozone ou Ultranoite no País dos Ananos. Neste senso, o xurado subliña "o achegamento" que desenvolveu Chévere "do teatro a distintos colectivos sociais e ao ámbito pedagóxico" pulando pola "participación cidadá". A compañía leva 25 anos facendo teatro da man de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron e Manuel Cortés. |
NOS_42002 | O dispositivo actual consta, entre outros, de integrantes da Garda Civil e axentes forestais do Goberno galego desde terra, con máis dun centenar de vehículos. | Os medios aéreos continúan sen poder saír a buscar a avioneta contra incendios desaparecida esta cuarta feira entre Ourense, León e Zamora, debido á "moi mala" visibilidade na zona provocada pola choiva e a néboa. A baixa visibilidade por mor do clima dificulta os labores de busca da avioneta desaparecida en Zamora O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, desprazado até o posto de mando situado na Gudiña, lamentou que, por agora, sen este apoio aéreo e só por terra, é "moi difícil" dar co paradoiro da aeronave. En declaracións aos medios desde este punto, Rodríguez confirmou que se trata dun piloto dunha empresa que traballaba contratada pola Xunta na campaña contra os incendios deste ano. No momento da súa desaparición, efectuaba un "voo rutineiro" para volver á súa base. Estas son as condicións laborais das brigadas forestais: "Benvidos a 2022, a escravitude existe" O dispositivo actual consta, entre outros, de integrantes da Garda Civil e axentes forestais do Goberno galego desde terra, con máis dun centenar de vehículos: "Está practicamente toda a quenda de garda de Ourense aquí, e parte de Lugo". Por agora, tal e como confirmou Rodríguez, a busca prosegue nos municipios da Gudiña, A Mezquita e Riós, así como na comarca zamorana de Sanabria e o norte de Portugal. Condicións meteorolóxicas adversas "É moi difícil e hai pouca visibilidade. Podes pasar á beira do avión e non velo", admitiu o director xeral, quen tamén advertiu que se trata dunha "zona moi ampla e non hai moitas pistas, máis alá das que se publicaron na prensa". Medio Rural culpa os concellos da falla de brigadas antiincendios Xa pola mañá, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, explicou en declaracións á Radio Galega que a baixa visibilidade na zona polas inclemencias meteorolóxicas dificultan os traballos de busca polo ar. O último contacto coa aeronave tívose ás 12.30 horas de onte, na zona do Piornedo, á altura de Castrelo do Val. A compañía puxo en coñecemento das autoridades o incidente de forma inmediata e activouse o operativo, coordinado pola Garda Civil e no que participa o helicóptero da Benemérita, axentes ambientais e dúas brigadas de incendios da Xunta. A avioneta, un monopraza Thrush 710P con matrícula EC-MXL, achábase realizando un voo de traslado desde as 11.35 horas da cuarta feira entre a base de Doade (Sober) e a de Córdoba, segundo informou a compañía á que pertence. A preocupación máxima é localizar o piloto e atender os seus familiares. |
NOS_26939 | Unha polémica medida anunciada polo Goberno de Kosovo en relación aos documentos de identidade da poboación serbia na rexión agrava a crise con Belgrado. | A tensión medra nos Balcáns nas últimas horas, logo de avanzaren as autoridades de Kosovo a súa intención de aplicar, a partir deste 1 de agosto, unha polémica medida que xa fora anunciada o pasado ano en resposta a outra moi semellante aplicada por Serbia á poboación kosovar que visite o país: a substitución dos documentos de identidade serbios por outros emitidos por Pristina, e o mesmo acontecería coas matrículas dos vehículos. A loita identitaria tamén se libra na matrícula: Interior, obrigado a revogar multas por colar o 'GZ' por riba do 'E' O presidente de Serbia, Aleksandar Vučić, dirixiuse á cidadanía este domingo e afirmou que o Exército kosovar está a preparar "un ataque" contra a poboación serbia que vive nas localidades do norte. "Nós buscaremos a paz por todas as vías, mais xa podo aseguralo de inmediato: non haberá rendición e vencerá Serbia. Se intentan comezar a perseguir os serbios, intimidalos ou matalos, Serbia gañará", advertiu. Aliás, habitantes serbios do norte de Kosovo cortou o paso en dous postos fronteirizos que comunican o territorio con Serbia, a modo de protesta pola nova normativa. Pristina recúa, mais só até setembro O primeiro ministro kosovar, Albin Kurti, anunciou finalmente na madrugada desta segunda feira que o seu Executivo posporá a entrada en vigor destas medidas até o vindeiro 1 de setembro. A OTAN, preparada Mais o ambiente continúa caldeado na rexión e non se descarta ningún escenario a estas alturas. Así, a Forza da OTAN para Kosovo (KFOR) avanzou a última hora do domingo que está "preparada para intervir" no caso de perigar a esyabilidade no norte de Kosovo. A KFOR é a forza armada da OTAN en Kosovo. (Foto: Lynn Greyling) "A KFOR tomará as medidas necesarias para manter unha contorna segura en Kosovo en todo momento, de acordo coas resolucións da ONU", apuntou a organización militar nun comunicado, alertando tamén de que tomará "as medidas que sexan precisas" ante unha "situación crítica para a paz e a seguridade" nos Balcáns. 23 anos dos bombardeos da OTAN sobre Serbia: "Hoxe vemos o terríbel e ilegal daquel ataque" |
NOS_51638 | No día internacional contra a homofobia e a transfobia o Parlamento Europeo editou un video coa mensaxe de que aínda queda moito por mellorar. | O 17 de maio o Parlamento Europeu lembra o día contra a homofobia e a discriminación. A día de hoxe aínda hai moitos países tan distantes como a Rusia, Arábia Saudita, Uganda e Xamaica que consideran a homosexualidade un crime. |
NOS_24450 | A Xunta queda soa na súa aposta por centrar na figura de Emilia Pardo Bazán o uso futuro do pazo de Meirás, ocupado até esta semana pola familia Franco e devolto a mans públicas pola Xustiza. No seu proxecto, a memoria do acontecido durante a ditadura e das súas vítimas queda ensombrecida en favor da escritora, dando as costas ao resto de administracións, institucións e colectivos que reclaman facer da antiga residencia do ditador un espazo de restauración da memoria democrática no que tamén haxa espazo para a autora que deu forma e sentido ás Torres sadenses | Un "xardín da liberdade", localizado nos exteriores do pazo de Meirás, concentra o peso que a Xunta quere outorgar á recuperación da memoria histórica nos futuros usos do conxunto patrimonial. A proposta deuna a coñecer onte o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, un día despois da entrega da posesión, durante 82 anos en mans da familia Franco, ao Estado español. Nela defínese a futura zona verde como "espazo para a memoria e a reflexión sobre a ditadura, o papel das mulleres durante este período histórico e na democracia, que sirva como recordo e reparación das persoas represaliadas e perseguidas polo totalitarismo e a intolerancia". Mais o espírito dese plan de usos xa o viña anticipando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, nos últimos días e semanas, na pretensión de facer do pazo "un faro de igualdade" centrado da figura de quen foi a súa impulsora, Emilia Pardo Bazán, para que volva ser "aquilo que nunca debeu deixar de ser", aínda que "sen esquecer en ningún momento a súa historia como residencia dun ditador". Esa atención aos usos que durante case 40 anos deu o xeneral golpista ás Torres de Meirás, residencia de verán da súa familia que chegou acoller consellos ministeriais e recepcións oficiais, insírese, nas bases do plan de usos da Xunta, no plan museístico, dirixido a "valorizar o patrimonio" e dar a coñecer a historia do pazo. "O antes, o durante e o despois", explicitaba onte o conselleiro, quen centraba esta liña de acción na reivindicación da figura da autora, "muller adiantada ao seu tempo e pioneira do feminismo". "Non queremos que sexa o pazo de Franco, senón o pazo de Emilia Pardo Bazán, da concordia, da cultura e da democracia", reitera a Xunta, que sinala na súa web a intención de recuperar "o sentido orixinal do inmóbel deturpado polo franquismo" para facer do lugar "un espazo que resalte a importancia da muller na creación intelectual e nomeadamente o legado de Emilia Pardo Bazán, explicando ao mesmo tempo a historia completa do pazo, incluída toda a etapa e o proceso polo que se converteu en residencia estival do ditador". Os usos proxectados pola Administración galega, como centro de creación artística e cultural, con residencias literarias para autoras, e como lugar de emprendemento e investigación centrado na igualdade, camiñan nese sentido. O enfoque do Goberno galego, que hoxe reclama a transmisión a Galiza da titularidade do pazo desde o Estado aínda cando o partido que o sustenta –o PP– postergou até 2018 o apoio a reclamar a súa titularidade pública, dista do que formulan o resto de administracións e organizacións sociais implicadas no proceso de recuperación do conxunto patrimonial de Meirás para o público. Todas elas concordan á hora de entender que a memoria democrática e a dignificación das vítimas da ditadura franquista deben ter un peso primordial no futuro das históricas edificacións. Así o anticipaban en novembro –no aniversario da morte do "caudillo"– as entidades que conforman a Xunta Pro Devolución do Pazo, entre as que se atopa, xunto coa Deputación da Coruña, os concellos de Sada e A Coruña ou a Universidade e a Real Academia Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, ao reivindicar a conversión do lugar nun centro para a recuperación da memoria histórica e de homenaxe ás vítimas do franquismo. Este é un estrato do tema que publicamos hoxe. Se queres saber máis atoparás o contido completo no Nós Diario que agarda no quiosque ou na tenda online. Para futuros despistes, é mellor que te subscribas xa! |
NOS_31944 | O presidente de honra da Mesa, Carlos Callón, participa no programa 'Esta manhã' da TVi para exemplificar as ligazóns entre galego e portugués . Vídeo no interior. | Carlos Callón leva xa uns anos en Portugal, onde dá aulas e é un dos grandes embaixadores do galego. O presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) foi convidado ao programa 'Esta manhã' da TVi. Alí, o barbanzán deu unha pequena e amena aula maxistral sobre as ligazóns entre galego e portugués con catro simples exemplos: os de 4 palabras de uso cotiá no galego mais que en Portugal, ou polo menos en amplas zonas de Portugal, non son coñecidas. Como se dun concurso de adiviñar se tratase, Callón foi dicindo unha tras outra diferentes palabras: larpeiro, año, axiña, enxebre… mentres os presentadores tentaban determinar que significaban. Unha das presentadoras, que era de Braga, no norte de Portugal, foi a que máis se achegaba. O propio Callón apuntou que amigos seus portugueses do norte de Portugal recoñeceron que algunhas desas palabras si que lle soaban de ouvirllas "aos vellos". 🔴 DIRECTO | Carlos Callón (@carloscallon), presidente de honra da Mesa, no programa #EstaManhã da @tvi. Falando do fermoso e rico vocabulario que compartimos dunha e outra beira do río Miño. https://t.co/nQm2AZLG19— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) May 26, 2021 |
NOS_37036 | A Anpa do instituto viveirense valora iniciar accións para exixir unha solución aos problemas do centro perante a escaseza de profesorado e a inexistencia de dirección. | As aulas continuan "mais con atrancos", asegura Mari Carmen, nai dunha alumna do IES Vilar Ponte. Porén, acrecenta, "hai un grupo de 2º de Bacharelato que non tivo Lingua Castelá até o de agora". E iso que o alumnado se está a preparar para as probas de acceso á universidade. Logo da demisión en bloque da equipa directiva pola escaseza de profesorado e de rexeitaren desde a Xunta de Galiza incrementar o número de docentes --correspóndenlles 43 segundo o cupo fixado-- a Anpa asegura que se "están rindo de nós". Mari Carmen non agocha o seu anoxo perante a situación que atinxe o centro desde o mes de setembro. "Non sabemos nada, ninguén nos di nada", explica. "Estamos á espera de ver se a nova directora resolve algo". E é que Educación desouviu as demandas de familias e profesorado e nomeou unha outra persoa á que encomenda a re-estruturación dos horarios, aulas e gardas para os adaptaren @s 42 docentes cos que contará o instituto para o curso 2014-2015. "Non sabemos nada, ninguén nos di nada. Estamos á espera de ver se a nova directora resolve algo" Educación nomea unha directora que foi rexeitada polo Consello Escolar noutra ocasión "De antemán esta directora xa non nos gusta", afirma, pois é a mesma persoa que con anterioridade "propuxo ser directora" e foi rexeitada desde a comisión de seguimento ao creren que "non for competente". "Que a poñan agora, non o entendemos", salienta Mari Carmen, quen denuncia a actitude da xefatura territorial de Educación por non acudir ao centro para ver a situación real perante a escaseza de persoal. "Claro que con 42 profesores o colexio pode funcionar", di, "se quitamos a biblioteca, os laboratorios e os re-agrupamentos, claro que funciona, mais non funciona ben". "Claro que con 42 profesores o colexio pode funcionar", di Mari Carmen, "se quitamos a biblioteca, os laboratorios e os re-agrupamentos, claro que funciona, mais non funciona ben" Desde Educación rexeitan que o cupo de profesoras e profesores supere @s 42 actuais e instou a nova directora a refacer quendas, horarios e gardas para se adaptaren á nova situación. "Nen sequera aceptaron a proposta que fixo a dirección cesada cando propuxeron que se cubrise a praza cun profesor de galego con opción de castelán". En troca diso, explica Mari Carmen, "dixéronnos que teriamos 42 profesores, nen un máis nen un menos". Un centro de ensino que funciona O IES Vilar Ponte conta "desde hai 3 ou 4 anos" cun maior número de estudantes matriculad@s "e hai xente con problemas que despois do esforzo feito neste tempo consegue o título da ESO cando antes quedaba en 1º ou 2º curso", subliña. "Sempre estiven moi contenta mais, que vai pasar agora?", pregúntase. Para Mari Carmen non hai máis explicación que a vontade de "tirar todo abaixo", pois di, "en vez de arranxar están desarreglando". "Coido que non queren que o cole funcione", sentencia. Na xuntanza que mantiveron @s representantes da Anpa esta quinta feira (2 outubro) acordaron agardar até que a nova equipa directiva sexa eleita oficialmente e presente a súa proposta de programación para valorala. No entanto, advirten, "como a cousa continúe igual ou empeore tomaremos medidas". Unha das accións que están a valorar é, neste senso, fechárense nas instalacións do centro ou deixar de mandar as crianzas á escola. Porén, Mari Carmen non se amosa moi favorábel, inicialmente pois asegura que "os que máis perden son os rapaces". |
PRAZA_18759 | ENTREVISTA | Lucía Aldao publica, da man de Apiario, o seu primeiro poemario individual en papel | Hai amor, desamor, identidade e metapoesía en Todo isto antes era a noite (Apiario), o primeiro libro de Lucía Aldao. A metade de Aldaolado e tantos outros proxectos de poesía ao vivo que levan xa uns cantos aniños percorrendo o país decidiuse a deixar de ser unha poeta "inédita". Aínda que xa di ela que nunca se sentira menos por non ter obra individual publicada. En Todo isto antes era a noite, formulado coma un percorrido por locais e rúas da Coruña -ou de calquera outra cidade-, hai escuridade. Mais tamén moita luz. A que abrolla, quizais, da asunción da celebración da vida e da dor como parte dunha mesma realidade, dunha mesma aprendizaxe emocional. Amor e desamor. Alegrías e hostias. Conversamos coa autora nesta entrevista, que foi realizada en dous tempos: unha conversa telefónica á que seguiu un cuestionario que ela respondeu por correo electrónico.Como e por que te decidiches deixar de ser unha poeta "inédita"?"Nunca me sentín menos poeta polo feito de non ter obra individual publicada"Á pregunta do millón pode dárselle unha única resposta curta, que é "porque nunca antes quixera", pero imaxino que merece que afonde máis nas razóns que explican por que agora si e antes non. Primeiro debo dicir que nunca me sentín menos poeta polo feito de non ter obra individual publicada, pero si que é certo que botei moitos anos pasándoo un pouco mal cada vez que saía o tema. Saturábame a insistencia benintencionada das persoas que reclamaban un libro e estanqueime totalmente nunha postura que escondía unha inseguridade adolescente: se te xulgas constantemente a ti mesma co que fas, o último que queres é telo por escrito.Pero é incrible o ben que poden convivir a covardía e a valentía nun mesmo piso, vaia, porque o que si tiven sempre foi a firme decisión de vivir da palabra e, como o ía conseguindo, pois foise adiando iso que se supoñía que me ía dar o carné definitivo de poeta. Nos últimos anos a madurez fixo o seu labor e por fin callou en min un argumento que me permitiu sentirme moi cómoda nesa calidade de inédita: eu son unha poeta oral e traballo na poesía escénica."Estanqueime totalmente nunha postura que escondía unha inseguridade adolescente: se te xulgas constantemente a ti mesma co que fas, o último que queres é telo por escrito"Así, o tema de publicar comezaba a perder ferro. E foi nos últimos meses cando, por vez primeira, sentín que era necesario xuntar os textos coas lectoras e cos lectores nunha intimidade que só pode dar o libro, que é un formato que adoro como consumidora de poesía. Despois xurdiu a oportunidade de executar este plan baixo o selo da editorial Apiario, cousa que me fixo sentir decidida e afortunada. E voilà!Podes explicar o título do libro -por empezar por algún lado-. De onde xorde?Custoume moito atopar un título para o libro de marras. Teño unha listaxe enorme dos que se me ían ocorrendo e celebro telos compartido coas amigas e coas editoras para que mos quitasen da cabeza. Estaba bastante claro que a "noite" tiña que estar aí, porque era pano de fondo indiscutible dos textos, pero non saía nada decente. Botei semanas e semanas buscando un título que finalmente non atopei: regaláronmo nun restaurante de Castro Ribeiras de Lea."Estaba bastante claro que a 'noite' tiña que estar aí, porque era pano de fondo indiscutible dos textos"Foi nunha comida despois dun recital de Aldaolado no centro de ensino do lugar. Alí estaba o querido amigo poeta Xabier Cordal, ó que fixen coñecedor da miña desesperación co tema do título nada máis vernos. Nun momento da conversa, falando xa doutras cousas, Xabier dixo: un sabe que é vello cando di moitas veces "todo isto antes era campo". Eu abrín moito os ollos e souben que o título estaba na modificación dese dito que Xabier tardou un segundo en pronunciar: todo isto antes era noite. Aí o tes.O libro divídese en dúas partes, e cada parte noutras tres máis pequenas. Podes explicar esa estrutura e o sentido que ten? Que ten que ver coa idea de ruta?Efectivamente hai dous bloques evidentes separados pola imaxe dun bico amplificado a base de zoom. Dun lado están os poemas de temática eminentemente amorosa e do outro están os que ademais transitan por outros asuntos como a identidade ou a metapoesía. Como xa dixen, a noite está sempre aí, nomeada explicitamente ou en ducias de termos que van da man do que a noite é: a intimidade, as sombras, o sexo, as festas..."Proponse unha estrutura a xeito de ruta nocturna, un paseo con seis paradas amparadas por uns títulos con relación directa coas temáticas, máis ou menos evidentes, dos textos que conteñen"Polo tanto proponse unha estrutura a xeito de ruta nocturna, un paseo con seis paradas amparadas por uns títulos con relación directa coas temáticas, máis ou menos evidentes, dos textos que conteñen. Así Velvet garda os textos máis ásperos, Chroma contén o amor noutras intensidades ou en Estacada cóllese o poema como lugar de refuxio, por exemplo.Ademais eses seis lugares existen ou existiron na realidade, dato totalmente irrelevante para a lectura do poemario, si, pero a min gustoume que así fose porque supuxo un xeito de xustificar con honestidade esa estrutura. Se se pode dicir que os poemas "acontecen" nalgures, os deste libro aconteceron neses e noutros garitos, rúas e prazas. Por exemplo na Rúa Independencia, nome que abre o segundo bloque do libro, estaba situado o Bar de Juan, que foi o maior espazo de liberdade que tiven a sorte de pisar na miña vida.Como foi o proceso de preparación do libro? (Escolla de poemas…). Parte deles xa os recitaras en público…Non lle vin moito sentido a publicar un primeiro libro individual que contivese a obra completa porque non se trataba diso. Nin sequera houbo moita peneira ata chegar ós dezaoito textos que aparecen finalmente. Esa escolla contén algúns dos poemas que máis recitei nos últimos anos nos espectáculos de poesía que fago con María Lado. Vin lóxico que foran eses, e non outros, porque este libro é descaradamente para a xente que durante tanto tempo me pediu que publicase alegando que era necesario un reencontro cos poemas desde a lectura, non desde a escoita. E tiñan razón e así fixen."A escolla contén algúns dos poemas que máis recitei nos últimos anos nos espectáculos de poesía que fago con María Lado"No medio hai unhas páxinas que recollen, como falabamos antes, unha foto dun bico… Que significan? E a portada e contraportada?Desde Apiario encargóuselle o deseño do libro a X Carlos Hidalgo, de Numax. O resultado é ese fermoso e fino traballo de composición que se ve na portada e na contraportada e que responde á interpretación visual da lectura do deseñador. Para min o colaxe sempre foi unha técnica moi próxima á poesía, así que nesa peza de cerámica primitiva xunto a esa persoa cos ollos pechados e o mar na fronte, ou nesa outra que fuma placidamente sobre a orde e o caos que son as caixas cheas de papeis, non podo evitar ver máis que outro poema onde se emprega a imaxe e non a palabra."A enorme profesionalidade coa que traballa a editorial Apiario pasa por non dar a coñecer a portada do libro ás autoras e autores ata que este se atopa na imprenta"A enorme profesionalidade coa que traballa a editorial Apiario pasa por non dar a coñecer a portada do libro ás autoras e autores ata que este se atopa na imprenta, así que a confianza ten que estra aí, e está, e pode derivar, coma neste caso, nunha sensación que mestura o respecto e a admiración polo obxecto resultante e unha interesante distancia que fai que unha observe, con sorpresa, como o fillo biolóxico non se lle parece a ninguén da familia, pero aínda así é guapo a rabiar. Respecto ás fotos centrais do bico só lamento que aparezan tan escuras, porque non pode parecerme máis atinada esa idea que delas se desprende de observar ata a obsesión o que nos parece fermoso.Indo ao contido, parece que a primeira parte ten máis que ver co amor -e o desamor-. Vai cambiando de ton nas tres partes, mais pareceume que ten un sentido xeral de quitar ferro. Tanto ao desamor como ao amor -do que comentas que é mellor que non vos volva imbéciles-. Por que?Entendo esa lectura que fas, o que dis de quitar ferro a certos sentimentos dos que tantas veces se fala e escrebe cun deleite que pode resultar falso por excesivamente intenso. Eu, que son bastante intensita, fago todo o posible por non caer nese tipo de discurso que di que o amor nos vai salvar a vida e o desamor nola vai fastidiar. Resúltame máis interesante e divertido enfocar as relacións (as que temos con outras persoas e con nós mesmas) desde puntos de vista menos evidentes, e iso é algo que quero pensar que está neses poemas, dun xeito descarnado en Velvet, marcando unha certa distancia en Backstage ou salientando outro tipo de matices en Chroma."Fago todo o posible por non caer nese tipo de discurso que di que o amor nos vai salvar a vida e o desamor nola vai fastidiar"O corpo tamén está moi presente, desde a primeira parte. Algo lóxico, porque fala de amor mais, como muda a presenza do corpo da primeira á segunda parte?Sinxelo. Na primeira parte o corpo sobre todo é alleo, son eses corpos cos que se establecen diferentes relacións. Na segunda predominan os textos onde o corpo é o propio e opérase sobre el.A segunda parte está máis relacionada con dous temas: a propia poesía -e a palabra- e a identidade. Na parte metapoética, Aldao fala consigo mesma, é consciente de si mesma coma poeta, e di "un poema é un poema/ ou aquí non pintamos nada". Cal é a relación de Lucía Aldao coa Lucía Aldao poeta neste poemario?A ver... é obvio que escribo sobre min, que parto de experiencias propias á hora de crear un poema, porque o persoal é a materia prima coa que me sinto máis cómoda traballando ó comprobar que é o que me une ás demais e ós demais. Hai aí unha clara vontade de comunicación, de nomear. É algo que tamén busco como lectora, observar o xeito que ten alguén de estar no mundo."É algo que tamén busco como lectora, observar o xeito que ten alguén de estar no mundo"Sorpréndeme a miúdo que se me dea por escribir. Explícome: eu sinto a necesidade de expresar algo, e vai ti saber por que, resulta que o fago a través da escrita poética, daquela non podo evitar ser consciente deste feito e recoller, incluso explicitamente, que a persoa que está aí comunicándose son eu escribindo, eu escribindo nun determinado formato que ten unhas regras ás que decido adaptarme para que o resultado se pareza o máximo posible ó que eu considero que é un poema."Pero non quero marchar de aquí./ Non é o poema menos vida polo feito de ser obra./ Non ten por que soportar un argumento./ Non quero nin podo marchar". Podes explicar estes versos, en relación co anterior?Gústame que a poesía sexa un espazo de autenticidade. É o que busco como poeta e como lectora. Ese é o meu rollo, a vertente que me interesa. Entón o poema debe ser vida ó mesmo tempo que é obra.Canto á identidade, que "non veu para quedar nin marchou para marchar", dá a impresión de dicir, o poemario, que temos identidades múltiples (non necesariamente cinguidas ao lugar no que nacemos) e dinámicas. É un pouco a idea?Pois si, esa é a idea tal cal. Non necesariamente cinguidas ó lugar nin ó corpo en que nacemos.Canto ao estilo, o que pensaba é que ten bastante da espontaneidade -e o humor- de Aldaolado. Tantos anos xuntas, algo debe influír no poemario… É así?Mmmmm... non sei. Creo que escribín así toda a vida, incluso nos típicos textos cortaveas da adolescencia tamén había ocos para certos toques de humor, aínda que fose só no xeito de presentalos nos recitais. Polo tanto esa intención de quitarlle ferro á poesía existiu antes de Aldaolado e executouse ata o extremo nos espectáculos que facemos. Os poemas non son en absoluto humorísticos, pero si que é certo que a sorna aparece practicamente como unha figura estilística máis. Pode que sexa produto do ben que o paso cando escrebo, cóaseme o chistiño case sen querer porque o humor é útil e necesario tamén na poesía, claro.Pode soar tópico -e seguramente o é- mais eu vexo, neste poemario, moito de celebración. Da vida -e máis canto máis nos achegamos ao final-. Que contrasta coa presenza da noite, a escuridade… Como se relacionan nel esas dúas dimensións: luz -celebración da vida- e escuridade? Ou igual é que a vida tamén se pode celebrar na escuridade.Que guai que fixeras unha lectura tan optimista! A noite no libro é o lugar onde ocorren as cousas, e na súa escuridade conviven celebracións e padecementos. Igual ese xeito de asumir que ámbalas dúas cousas forman parte da vida e da aprendizaxe sentimental é o máis luminoso do poemario.Ao mesmo tempo, é fácil relacionar o poemario con proxectos anteriores de poesía ao vivo: os espectáculos poéticos de Aldaolado ou recitais con máis xente coma A hostia en verso... Quero dicir, que a desacralización da poesía da que tanto se falou xa nos 90 (e antes, que o de levar poesía aos bares xa se inventara antes), levou tamén dalgunha maneira a estes proxectos, e destes a este poemario...Todas somos resultado mellorado ou empeorado do que nos precede, e creo que a liña que debuxa a poesía galega nos últimos anos é unha frecha ascendente que xa parte dun nivel de calidade potente que cada xeración enriquece coas súas achegas. De poucas cousas do noso país se pode falar así de ben, creo eu."A liña que debuxa a poesía galega nos últimos anos é unha frecha ascendente que xa parte dun nivel de calidade potente que cada xeración enriquece coas súas achegas""Sácame de poeta./ Ponme un piso", di un dos poemas. Mais, en realidade, penso que ti, María, Yolanda Castaño e moi pouca xente máis sodes das poucas poetas que non precisarían que lles puxesen un piso (nin unha praza de funcionarias), porque sodes quen ata de vivir do que facedes. Como se consegue iso? Ademais de sendo grandes clientas das gasolineiras...Si, a verdade é que somos moi poucas as que vivimos profesionalmente da poesía. Pode que nos nomearas a todas no teu enunciado. Igual é máis certo dicir que vivimos da palabra, porque facemos cousas moi variadas pero todas elas relacionadas directísimamente coa ela. Como se consegue? Pois currando tanto que ás veces fantasías con que te quiten de poeta e che poñan un piso, pero vese que non somos de camiños fáciles. É un traballo fermoso, con moitas cousas boas e outras tantas terribles. A loita está case á orde do día e iso é tremendamente esgotador."É rara a semana que non nos chegan propostas que nos obrigan a argumentar sobre a dignificación do noso oficio"Compensa porque ves avances, batallas gañadas á idea que ten moita xente na cabeza sobre como debe desenvolver o seu traballo unha autora ou un autor, pero as carencias do noso sistema literario fanse aínda máis evidentes canto máis insistes en profesionalizarte. É rara a semana que non nos chegan propostas que nos obrigan a argumentar sobre a dignificación do noso oficio. Traballamos en cultura, que é o contrario da ignorancia e polo tanto ten a súa importancia.Pateamos semanalmente o país de arriba a abaixo ofrecendo, entre outras cousas, recitais de poesía nos centros de ensino porque, sabes que? Nós mesmas somos produto de ter visto nos nosos institutos a artistas que espertaron algo en nós e que desenvolvían o seu traballo na nosa lingua. Hai moita inversión en gasolina, así é, pero vexamos a parte chula de todo isto: unha porcentaxe importante dos libros que asinei o outro día no Culturgal mercounos xente moi noviña. Sen dúbida, iso é o que máis me alegrou da aventura de publicar, ver á rapazada marchar cun libro de poesía en galego baixo o brazo. |
NOS_12387 | En Jacinto, o director compostelán non só depura estilo senón que acada o recoñecemento de público e crítica, nada menos que no Festival de Sitges, co Premio do Público na Sección Panorama, e no Festival de Austin, co do Xurado. | Algo está cambiando no audiovisual galego. Facía non moito que o galego semellaba reservado, case en exclusiva, para filmes do Novo Cinema Galego, minorías "cultas" ou circuítos festivaleiros. Apenas se facía cinema de xénero en galego. Moitas veces, por mor da imposición das produtoras que, por medo ou descoñecemento, non paraban de repetir aquilo de que "o galego é un hándicap para as vendas fóra da Galiza". Primeiro A esmorga de Ignacio Vilar abrindo camiño; logo O que arde de Oliver Laxe tocando os ceos; e despois Cuñados de Toño López facendo unha comedia libre de complexos, foron tres dos piares chave para ir normalizando o galego dentro da industria global. Jacinto / Javi Camino / Galiza / 2021/ 95 min. Javi Camino, da man da produtora Vizuals Lab., súmase á corrente con Jacinto, a súa segunda longa de terror máis dunha década despois de Maldito Bastardo!, peli trash moi amateur cun desatado Juanillo Esteban (A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos) como protagonista. En Jacinto, o director compostelán non só depura estilo senón que acada o recoñecemento de público e crítica, nada menos que no Festival de Sitges, co Premio do Público na Sección Panorama, e no Festival de Austin, co do Xurado. Jacinto é un neno atrapado no corpo dun home. É o parvo da vila, A Cruz de Mallou. Vive na casa da aldea cos seus pais, ten un porco chamado Martiño como mascota e pasa xogando cun coche abandonado no bosque ou profanando tumbas. É un grande afeccionado a películas de terror antigas, –moita atención aí porque son un esmendrelle–, pelis en VHS que lle proporciona seu irmán. Coa chegada de dúas heavys á vila, Jacinto presente o mal e comeza facerlles a vida imposíbel. Pedro Brandariz deslígase da súa vis cómica para interpretar esta mestura de Joselito (A milagre de P.Tinto), Charly (A comunidade), Sloth (Os Goonoies) e Azarías (Os santos inocentes). Cando coñecemos os pais, interpretados por Miro Magariños e Pilar Miguélez, entendemos un pouco o estado mental de Jacinto, mais cando aparece seu irmán, Juanma Buiturón, entendémolo un chisco máis. Fantásticos todos. Tamén destaca o debut como actriz de Ánxela Baltar, cantante e guitarrista do grupo Bala. O malsán ambiente de Dhogs mesturado coa Matanza de Texas nunha volta de parafuso ao xénero evitando caer na típica sucesión de asasinatos sen sentido. Camino opta por un slasher diúrno, con xeitos de crónica negra, no que prima o desenvolvemento psicolóxico de personaxes conseguindo grandes interpretacións e un resultado final coherente e sorprendente. |
NOS_47486 | Os coruñeses visitan Sabadell con novos futbolistas a disposición de Vázquez namentres que o equipo que dirixe Quique Setién precisa a primeira vitoria da tempada. | A terceira xornada da Segunda división estatal ten forma de reválida para Deportivo e Lugo logo de sufriren ambos senllas derrotas na anterior, os coruñeses en casa ante o Córdoba (0-1) por culpa dun único erro en defensa mentres que os lugueses caeron ante o filial do Barça fóra de casa (2-1) a pesar do bo encontro disputado. O Lugo -que quere acadar a súa primeira vitoria- recibe no Anxo Carro ao Jaén, que ascendeu o curso pasado desde a Segunda B e que aínda non sumou ningún punto, polo que semella un encontro propicio para os galegos. Nos lugueses xa poderá xogar a súa última fichaxe, o dianteiro Juanjo, que procede do Cádiz. A cita é o domingo ás seis da tarde. Unha hora antes saltará ao campo o Dépor en Sabadell, onde ao igual que o coruñés o conxunto local comezou o curso moi forte pero levou unha decepción na segunda xornada, ao perder en Ponferrada con claridade. O adestrador deportivista poderá contar para este choque con Fabricio, Luisinho e Borja Bastón, as tres últimas incorporacións dun equipo que precisa agresividade e máis gol, tal e como se comprobou nas dúas últimas derrotas que sufriu en Riazor ante Córdoba e Real Madrid, neste último caso nun amigábel. |
NOS_50663 | Parafraseando o "Make America great again" de Trump, o primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, recibe hoxe, 1 de abril, en Budapest o seu homólogo polaco, Mateusz Morawiecki, e o líder da Liga italiana, Matteo Salvini, co fin de construír unha dereita na UE para "os que non queren inmigrantes, nin a tolemia LGTBI". | "Traballo, prosperidade, seguridade, identidade, familia, educación, defensa, migración, política exterior, cooperación sanitaria" e, en resumo, "as vidas reais da nosa cidadanía". Estes todos son os temas, segundo Matteo Salvini, que pretenden abordar tres dos principais líderes da extrema dereita na UE este 1 de abril nunha xuntanza. Budapest será o escenario da reunión trilateral entre o italiano, líder da Liga, e os primeiros ministros de Polonia e de Hungría, Mateusz Morawiecki e Viktor Orbán, respectivamente. Segundo se pode ler no comunicado de prensa emitido polo Goberno anfitrión, o obxectivo último é negociar unha "alianza política a nivel europeo". Orbán e Salvini ─lembra o comunicado─ xa mantiveron unha xuntanza virtual a comezos de marzo sobre diversos temas, como as políticas sobre familia. Agora, "porase o foco en crear unha alianza a nivel europeo entre o partido de Goberno en Hungría, Fidesz, a Liga de Italia e o partido PiS [Lei e Xustiza, nas siglas en polaco] de Polonia". Nunha entrevista concedida á axencia oficial de noticias húngara, MTI, Salvini manifestou que o seu soño é unir os dous grupos da extrema dereita na Eurocámara, Identidade e Democracia (ID) e Conservadores e Reformistas (ECR, polas siglas en inglés en que é coñecido) para formar o segundo grupo político máis grande en Bruxelas, que ─parafraseando o "Make America Great Again" de Trump─ "faría que Europa volvese ser grande, regresando aos seus valores orixinais". Nin inmigrantes nin gais O Parlamento Europeo está conformado por sete grupos políticos, mais un mixto de "non inscritos" (NI). Por orde de representación son: o Partido Popular Europeo (conservadores, 187), Socialistas & Demócratas (socialdemócratas, 147), Renovar Europa (liberais, 98), ID (extrema dereita, 76), Os Verdes/Alianza Libre Europea (ecoloxistas e nacionalistas de esquerda, 67), ECR (extrema dereita, 61), A Esquerda (eurocomunistas, 38) e NI (desde comunistas a nacionalistas de dereita, 29). A web da Cámara mantén esta clasificación. Non recolle aínda a saída do Fidesz húngaro do Partido Popular Europeo (PPE) anunciada a comezos de marzo. Os seus 11 representantes foron recalar no grupo mixto. Polo tanto, o PPE baixa a 176 representantes, e a suma de toda a extrema dereita ─ID, ECR e os 11 eurodeputados de Fidesz─ colocaría este novo grupo segundo, con 148 membros, un por riba do S&D. A decisión de Orbán de abandonar o PPE chegou inmediatamente despois da votación interna que abría a porta á expulsión de Fidesz polo seu controvertido historial. O primeiro ministro húngaro declarou na altura: "Temos que construír unha dereita europea democrática que acolla os que non queren inmigrantes, os que non queren multiculturalismo, os que non descenderon á tolemia LGTBI, os que defenden as tradicións cristiás de Europa, os que respectan a soberanía das nacións, e os que ven as súas nacións non como parte do pasado, senón como parte do seu futuro". E Salvini, máis comedido ante os medios, sinalou esta semana que "Europa será diferente despois da Covid-19, e teremos a oportunidade de repensar a identidade de Europa", recolleu Magyar Nemzet (diario conservador, próximo a Fidesz). A UE "debe atopar a súa alma", engadiu, sinalando que "non pode ser simplemente un supermercado ou un centro de negocios". "Novos valores e novos obxectivos" serán os que recolla a folla conclusións da xuntanza que, de acordo coas declaracións de Morawiecki recollidas pola canle polaca TVN24 (crítica co Goberno), farán fincapé en "cuestións políticas" e de "organización". O Goberno polaco teima no seu obxectivo de sacar o país da Convención de Istambul O Parlamento polaco debate a norma "Si á Familia, Non ao Xénero", que busca sacar o país da Convención do Consello de Europa sobre a prevención da violencia contra as mulleres (Convención de Istambul). Impulsará no seu lugar unha "convención internacional sobre os dereitos da familia" tradicional. Tras ser rexeitada pola Cámara baixa, foi enviada a revisión nas últimas horas a varias comisións parlamentarias. Ademais, a Comisión Europea anunciou na cuarta feira, 31 de marzo, que levará a Polonia ante o Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) para protexer a independencia xudicial e do estado de dereito no país. Alí pedirá medidas cautelares para suspender a lei sobre o Poder Xudicial. A reforma desta norma, impulsada hai un ano, inclúe medidas disciplinares contra os maxistrados que acudan ao TXUE para expor cuestións prexudiciais sobre normas polacas. |
NOS_48740 | Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade perderon medio milleiro de habitantes desde que se fusionaron —en 2013 e 2016 respectivamente— da man do Goberno de Feixoo. | A Xunta elaborará unha enquisa para coñecer a opinión das e dos galegos sobre os procesos de fusión de municipios, unha sondaxe á que a Administración destinará un total de 72.600 euros. A enquisa será elaborada a partir da vindeira semana, segundo informou a Xunta tras a reunión mantida esta sexta feira pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, con persoal da Fundación Juana de Vega e as tres universidades galegas. Nun comunicado, o Goberno galego sinala que a sondaxe pretende "coñecer a opinión da poboación sobre o tamaño actual dos concellos, o seu interese sobre as fusións e outros procesos de redimensionamento municipal, así como a súa percepción sobre as consecuencias da remodelación da planta municipal". A Xunta cre que cómpre "racionalizar" o mapa local actual e reserva unha partida de 1,5 millóns de euros para tal fin Ademais, o proxecto tamén prevé realizar entrevistas a representantes políticos e persoas expertas para abordar "a expertos sobre as diferentes alternativas coas que racionalizar o mapa local actual". A Xunta sinala que a colaboración coa Fundación Juana de Vega "ten como principal obxectivo abrir un debate sobre a necesidade de actualizar o mapa político-administrativo da Galiza, así como avaliar se a planta municipal é eficiente". O Executivo galego expresa a súa vontade de continuar impulsando fusións de concellos, para o que reserva unha partida de 1,5 millóns de euros nos orzamentos de 2021. Na última década foron catro os municipios que se fusionaron: Cerdedo-Cotobade (2016) e Oza-Cesuras (2013). Cómpre lembrar que ambos os dous novos concellos perderon máis de 500 habitantes desde entón. |
NOS_48989 | Após o asasinato de Sara Fernández na terza feira, o movemento feminista galego tomou as rúas de 5 cidades para amosar a súa repulsa a este novo asasinato. | Foi unha concentración de denuncia, de rexeitamento, mais tamén de alerta. Un chamamento de atención á cidadanía, ás institucións públicas, os gobernos e os colectivos e organizacións políticas e sociais para poren o foco sobre a violencia exercida contra as mulleres. Vigo, Ferrolterra, Coruña, Compostela e Ourense acolleron senllas concentracións a partir das 20h desta quinta feira como parte do protocolo de acción que durante moito tempo vén despregando o movemento feminista galego perante os feminicidios. Tomar as rúas para condenar máis un asasinato, o de Sara Fernández en Pazos de Borbén, mais tamén o de Verónica Frías en Málaga. Os dous últimos nomes que se suman á longa listaxe de mulleres asasinadas nestes 7 meses de 2014. Só en Galiza, seis. "Non estamos todas, faltan as mortas", corearon as manifestantes en rúas e prazas. Unha consigna que se repite en cada concentración. Con cartaces e faixas que lembraron o poder social contra a violencia, o machismo e a desigualdade, distintas organizacións feministas lanzaron un berro unánime para actuar e tomar as medidas necesarias que impidan continuar a sumar máis mulleres asasinadas. |
NOS_52438 | Yamine Bennet, ex colono e partidario de anexionar Cisxordania, apunta a novo primeiro ministro. O Goberno que se vai constituír, afirmou, é "un pouco máis de dereitas que o actual", de Netanyahu. | Os líderes do movemento ultradereitista Yamina e o partido de centro Yeish Atid, Naftali Bennett e Yair Lapid, atinxiron un principio de acordo para liderar unha gran coalición de partidos que, de se concretar a maioría parlamentar virtual que ostentan, significaría a saída do poder do primeiro ministro israelí Binyamin Netanyahu. Nun comunicado emitido tras unha breve reunión o domingo, Yamina informou do apoio aos esforzos de Naftali Bennett para constituír un novo Executivo "e evitar as quintas eleccións" a través dun pacto con Yair Lapid, que agora ten o mandato de formar un goberno. Nunha intervervención pública este domingo, Bennet rexeitou que o que se vai constituír sexa un Goberno de esquerda e de feito afirmou que é "un pouco máis de dereitas que o actual". "Só hai que mirar a lista de ministros", indicou. Así, recoñeceu as "concesións" da esquerda ao facer primeiro ministro ao propio Bennett, antigo presidente do Consello de Colonos e facer ministro de Xustiza a Gideon Saar, líder de Nova Esperanza. Ademais, Bennett advertiu de que "non entregaremos territorios (...) nin vacilaremos" á hora de tomar decisións militares cando sexa necesario. "Hai 2.000 anos perdemos un Estado xudeu aquí polos odios internos. Iso non ocorrerá outra vez. Non ante os meus ollos", subliñou. Bennet sería primeiro ministro nun mandato partillado no que el tería o posto na primeira metade Bennet sería primeiro ministro nun mandato partillado no que el tería o posto na primeira metade. Ex colono e partidario da anexión de Cisxordania (algo que nin Netanyahu verbalizaba en público), é un dos representantes desa parte da sociedade israelí partidaria de pao e máis pao para os palestinos e sen nada de cenoria. Mais para que este pacto saia adiante necesitaría tamén a abstención de no mínimo 2 formacións palestinas con representación no parlamento israelí. Agárdase que para se abster, demanden dos asinantes do pacto compromisos de que haberá cambios na política de agresión contra os palestinos. Netanyahu xa cargou contra o pacto, que cualificou como "o timo do século". |
NOS_18844 | Mulleres integrantes de entidades e organizacións feministas, sindicatos e partidos políticos esixen explicacións e responsabilidades á Xunta polo asasinato de Isabel Fuentes en Ourense, que "se podería ter evitado", afirman. | O movemento feminista galego, no que se atopan mulleres integrantes de asociacións, organizacións, sindicatos e partidos políticos, ten organizada para esta cuarta feira unha acción de protesta ás portas da Consellería de Benestar, coincidindo coa convocatoria dunha reunión de traballo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero. O obxectivo desta iniciativa, sinalan as convocantes, "non é outro que o de esixir explicacións e responsabilidades á Xunta polo asasinato machista o pasado 8 de maio de María Isabel Fuentes nun hospital de Ourense a mans do seu marido"; un asasinato, denuncian, que, segundo estas mulleres, podería terse evitado. "É preciso identificar os erros nas medidas e protocolos de protección ou cáles non se adoptaron para protexer a María Isabel", destacaron integrantes deste colectivo feminista. As mulleres estarán ás portas da Consellería ás 11.30 horas para facer público o seu rexeitamento ás políticas que se están a desenvolver polo Goberno do Partido Popular "en materia de violencia de xénero, marcadas polos recortes e na redución de medios para combater esta lacra". Así mesmo, pedirán a comparecencia extraordinaria e urxente no Parlamento do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para que dea explicacións do que aconteceu en Ourense, ao tempo que reclaman que se depuren responsabilidades e se fagan as correccións necesarias para que estes feitos non acontezan de novo. |
NOS_2100 | O 'Petardazo' da noite deste sábado inaugura o ciclo carnavalesco galego, antesala do domingo fareleiro no 'polígono' festivo ourensán | Din que Galiza ten un "triángulo máxico" do Entroido formado por Verín, Laza e Xinzo de Limia. Porén, segundo o xornalista e autor de tres ensaios sobre o carnaval galego, Federico Cocho, a figura xeométrica que mais lle acae a esta tradición do noso país sería a do "polígono", con múltiples vértices que se espallan por toda a xeografía galega. Esta fin de semana, Xinzo de Limia arranca o seu entroido, un dos máis longos de todo o país. Comezará a noite deste sábado co 'Petardazo', que dará paso ao domingo fareleiro, onde toda a vila será cazada coas mans na masa nesta particular batalla de fariña. A farelada terá lugar na praza Maior, onde é costume que os mais novos emporcallen a xente, sobre todo raparigas, con fariña, borralla, betume ou mesmo ferruxe dos potes. "Esta tradición existe en mais sitios da xeografía galega, e mesmo sobrevive como tradición común a outras celebracións do rural europeo", explica Cocho. Esta fin de semana, Xinzo de Limia arranca o seu entroido, un dos máis longos de todo o país A festa da risa, da burla, o mundo ao revés chega a Galiza. Logo do domingo fareleiro, o Entroido seguirá a estender as súas galas no domingo oleiro, no xoves de compadres, no domingo corredoiro, no xoves de comadres… Todo un abano de datas que chegará á súa fin no domingo de piñata. "É unha festa contedora doutros grandes mitos mais vellos, non vinculados directamente ao entroido mais no que foron caendo como manifestacións de rituais anteriores, seguramente ligados ao cambio de ano", resume o xornalista. Unha festa dinámica que sobrevive o paso do tempo Exorcizar a vida colectiva. Facerlle pagar ao veciño pola discusións do verán pasado, satirizar unha relación sentimental clandestina ou simplemente facer burla dalgunha amiga. "Era unha sorte de terapia colectiva, saían á luz certas cousas veniais ou mesmo graves, e iso é algo que a sociedade de agora non admite", indica Cocho. "Do mesmo xeito que hoxe xa non se admite unha festa que pase polo sufrimento dun animal ou con contidos machistas, a menos que este estea altamente ritualizado e ambos xéneros acepten o xogo", engade. Exorcizar a vida colectiva. Facerlle pagar ao veciño pola discusións do verán pasado, satirizar unha relación sentimental clandestina ou simplemente facer burla dalgunha amiga... Nas últimas décadas, a festa sofreu unha mudanza significativa seguindo a propia evolución da sociedade. Isto, lonxe de facela desaparecer, amosou o seu carácter dinámico e flexíbel para adaptarse ás novas condicións materiais. "O entroido pervive aínda como unha festa explosiva, de invasión das rúas, na que toda crítica vale, e isto a pesar dos avanzos tecnolóxicos, que permiten a sátira calquera día do ano", comenta. A institucionalización da celebración, que puido provocar certa "perda da espontaneidade", axudou por outra banda a revitalizar a tradición. Así, lugares como Viana do Bolo ou Vilariño de Conso reconvirte esta festa nun símbolo de identidade local, protexéndoa. "En Xinzo, por exemplo, hai unha comisión de entroido popular, aberta, na que o Concello está detrás como garantía de aspectos mais técnicos", puntualiza Cocho. |
NOS_22706 | O documental "Vikingland" de Xurxo Chirro resultou gañador do premio da crítica do Festival Internacional de Cine Lima Independente. | O Festival de Cine Lima Independente pechou a súa edición cun palmarés no que aparece a película galega "Vikingland", de Xurxo Chirro. O filme foi recoñecido co premio da crítica internacional nun certame no que o máximo galardón foi para a arxentina "P3ND3JO5" de Raúl Perrone. O traballo experimental de Xurxo Chirro construído a partir das cintas gravadas na travesía dun ferry por un mariñeiro que mercara unha videocámara ten xa no seu haber un amplo percorrido por festivais tanto do país como internacionais. Especial suceso tivo no Play Doc e no Festival Márgenes nos que se fixo co premio ao mellor filme. O caderno de bitácora audiovisual que atopou no arquivo persoal do mariñeiro achéganos á vida na mar na travesía que vai da illa danesa de Romo á alemana de Sylt. Vikingland de Xurxo Chirro foi tamén seleccionada por un dos críticos da prestixiosa Cahiers Du Cinema como unha das dez mellores películas O filme fora tamén seleccionado entre 3000 películas para o prestixioso festival de Marsella-o máis importante do mundo para documentais- no que se estreou diante de directores de festivais, programadores e críticos. Desde Marsella, o filme de Chirro ten pasado por unha ducia de festivais de todo mundo, de Chequia a Arxentina, de Brasil a Inglaterra. |
NOS_56615 | O salto do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feixoo, á xefatura estatal do PP depende dos resultados das eleccións catalás e dos erros de Pablo Casado | O salto de Nuñez Feixoo á xefatura estatal do PP depende dos resultados das eleccións catalás e dos erros de Pablo Casado. Un mal resultado dos populares nos comicios do 14 de febreiro, incluso ficando por diante de Vox debilita o liderado de Pablo Casado e favorece as posibilidades do presidente galego de saltar a Madrid. Ao tempo, a xestión de Casado é contestada tanto por algúns dirixentes territoriais con poder institucional como por grupos sociais máis comprometidos coa alternativa da dereita, particularmente, polo poder económico. As enquisas das eleccións catalás favorecen as aspiracións de Núñez Feixoo de substituír a Pablo Casado á fronte do Partido Popular. O mesmo día en que o mandatario galego entrou en campaña a carón do candidato dos populares á presidencia da Generalitat, Alejandro Fernández, diversas sondaxes colocaron á súa formación á cola da representación parlamentaria. Sen ir máis lonxe, o estudo de opinión de Sociométrica para El Español, o dixital de Pedro J. Ramírez, actualmente comprometido coa liña de Pablo Casado, situou o PP por detrás de Vox e outorgou a Junts per Catalunya a condición de candidatura máis votada. Os erros de Casado dan folgos a mudanzas na dirección do PP. Neste sentido, o voto negativo do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados ao decreto que regula a xestión dos fondos procedentes do programa Next Generation provocou un enorme malestar na patronal e agrandou a fenda co actual núcleo dirixente do PP. Así as cousas, os dirixentes da CEOE e os directivos das compañías do IBEX non agochan as súas críticas con Casado e contrapón a súa actitude á de Ayuso e Feixoo, máis dóciles ás demandadas polo poder económico. A prensa da dereita faise eco da debilidade de Casado e non dubida en propor Feixoo como alternativa. Así, xornais madrileños moi próximos ao PP, como El Mundo ou La Razón, sinalan na súa edición do pasado domingo que Casado xoga o seu liderado en Catalunya, significando o periódico dirixido por Paco Marhuenda que o resultado que as enquisas lle outorgan a Vox abondaría para desestabilizar internamente a Casado. Pola súa banda, algúns xornalistas de referencia dos principais medios galegos levan semanas criticando abertamente o papel de Casado e defendendo a alternativa de Feixoo. O presidente galego sabe que está diante da última oportunidade para conseguir a súa desexada candidatura á presidencia do Goberno do Estado e xoga duro. Neste sentido, a súa axenda dos últimos días, reuníndose con Pedro Sánchez nun momento en que este ten cortadas as súas relacións con Casado, intensificando a súa presenza nos medios estatais ou participando na campaña catalá, cun acto onte onde primaron as mensaxes en chave interna apuntan nesa dirección. O círculo de Pablo Casado non ten dúbidas das intencións de Feixoo. Porén, dirixentes próximos ao presidente estatal do PP sinalan a Nós Diario que as posibilidades de Feixoo a curto prazo son escasas porque Casado ten decidido continuar á fronte do partido independente dos resultados das eleccións catalás e aspira a manterse ao fronte do mesmo após o congreso do vindeiro ano. Na mesma liña, lembran que se "Aguirre non deu articulado unha alternativa a Raxoi controlando Madrid, máis complicado o ten Feixoo". |
NOS_45734 | Máis alá da familia e das amizades, a psicoloxía ofrece apoio ás mulleres diagnosticadas con cancro de mama para asimilar as consecuencias da enfermidade. A Asociación Española Contra o Cancro, que ofrece este servizo, pide prestar tamén atención ás necesidades materiais que abrollan con esta doenza. | Detrás dos coidados dunha persoa enferma de cancro case sempre está a man dunha muller. Unha parella, unha filla, unha nora. Por iso, cando a unha muller lle diagnostican esta doenza o sentimento de responsabilidade sobre as crianzas, a parella ou as persoas maiores ao seu cargo dificultan que externalice a súa dor, o seu medo e as súas inquedanzas. E o apoio psicolóxico cobra aínda máis importancia. As mulleres que atendo explícanme que senten presión para non amosar a súa debilidade, di Marcos Calvo "As mulleres que atendo explícanme que senten presión para non amosar a súa debilidade, cando facelo é moi san. E non obstante sorrín, aparentan estar alegres a pesar de que están a vivir algo moi duro", explica o psicológo Marcos Calvo, profesional da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na súa sede da Coruña. Calvo conversa con este medio sobre a súa experiencia con mulleres diagnosticadas con cancro de mama. "Máis da metade presentan malestar psicolóxico moderado ou alto", indica. Nalgúns casos, o centro hospitalario ofrece o servizo de apoio psicolóxio, noutros entran en escena entidades sen ánimo de lucro como a AECC. Esta conta, entre outros, cun programa gratuíto enfocado ao "primeiro impacto" da doenza na vida das mulleres. "Esa parte inicial é moi delicada. Existe a sensación de que algo malo medra dentro do corpo, muda a percepción da enfermidade e os tempos de agarda polo tratamento son moi duros", explica Calvo. Uns tempos que no caso das probas para unha diagnose se viron incrementados nos pasados meses por mor da pandemia. "Coas consecuencias para a saúde mental que isto leva consigo. Houbo moitas persoas que se sentiron vulnerábeis e desprotexidas", di o psicólogo. Houbo moitas persoas que se sentiron vulnerábeis e desprotexidas na pandemia, di o psicólogo Nas sesións trabállase non só para dixerir a diagnose, senón tamén para rachar a barreira da da sobreprotección, animando as pacientes a partillar a súa dor ou incerteza coas persoas queridas. "E que estas tamén poidan compartir o que senten, moitas veces non o fan por temor a cargar máis a persoa enferma", puntualiza Calvo. Outros momentos chave de apoio a nivel de saúde mental son o momento do tratamento, especialmente cando este é máis agresivo e de longa duración, e as semanas posteriores a finalizalo. "Até entón o foco está posto na supervivencia, despois moitos sentimentos aboian e prodúcese un baixón. Inflúen tamén as secuelas polo tratamento, o corpo está feble e non se pode volver á rutina da maneira que se querería", engade o psicólogo. O impacto material Nalgúns casos, esta volta á rutina nin tan sequera se produce. "Hai quen non chega a recuperar o emprego que tiña antes da enfermidade, e a nivel económico o cancro pode afondar na probreza ou chegar a provocala", di este profesional. Nesa face menos obvia das consecuencias do cancro de mama afondou a AECC na súa campaña este ano polo Día Internacional do Cancro de Mama, o 19 de outubro. A nivel económico o cancro pode afondar na probreza ou chegar a provocala, advirte Calvo Nese senso, Calvo incide en que a enfermidade leva consigo uns gastos máis alá dos do propio tratamento. "De transporte, da contratación dunha profesional para a limpeza do fogar ou o coidado de crianzas e maiores ou en farmacia ou parafarmacia que cómpre ter en conta", afirma. |
PRAZA_624 | O traballador do Acuario coruñés, clave na investigación da presunta trama corrupta, sufriu "acoso" e "acurralamento laboral" por "ter colaborado coa Xustiza", segundo De Lara, que denunciou tamén a súa detención "anómala" e o "asañamento periodístico" para "prexudicalo". | O tenente de alcalde do Concello da Coruña tentou impedir que se certificase o acoso laboral á testemuña protexida da operación Pokémon. Os avogados do número dous do goberno local presentaron un recurso de apelación contra unha providencia de xaneiro coa que intentaban que non se levase a cabo a dilixencia pericial de recoñecemento médico-forense para determinar se a devandita testemuña sufrira unha situación de mobbing ou acoso laboral. Flores recorreu para intentar que se incluísen antecedentes médicos da testemuña que 'anulasen' o acoso laboral sufrido Os avogados da testemuña pediron a impugnación e nulidade do recurso de apelación presentado por Julio Flores ao entender que o intento dos seus avogados de que se inclúa tamén o historial clínico da testemuña non ten sentido, segundo as dilixencias previas ás que tivo acceso Praza. Interpretan que é unha manobra para intentar anular as posibles probas do acoso laboral sufrido baseándose só no feito de que a testemuña xa padecera anteriormente baixa laboral, o que suporía entender que estes antecedentes implican que o traballador non pode sufrir unha situación de mobbing. A xuíza que leva o caso Pokémon, Pilar de Lara, aclara que se admitiu indebidamente o recurso de Julio Flores e dá de prazo aos avogados de Flores para que interpoñan outro recurso de reforma no prazo de tres días e "insten ao que ao seu dereito conveña sobre unha posible nulidade da povidencia" impulsada polos representantes do tenente de alcalde da Coruña. En todo caso, a maxistrada xa aclarara nun auto de case 50 páxinas do pasado 9 de xaneiro que lle outorgou a este traballador, cuxo testemuño é "esencial" na presunta trama corrupta, a condición de testemuña protexida para frear o "acoso" que vén sufrindo por, asegura, colaborar coa Xustiza. De Lara aclarou que o traballador xa sufrira "acoso" e "acurralamento laboral" por ter colaborado coa Xustiza Xa no outono de 2012, dúas semanas despois do estourido da Pokémon, este traballador do Acuario da Coruña dirixiuse á Policía Nacional para "denunciar as irregularidades" que detectara nas contratacións do organismo, dependente do Concello coruñés. No entanto, non lle "recolleron a oportuna denuncia" nin "se puxo en coñecemento" do xulgado de Lugo que instrúe o caso, segundo advertiu De Lara. Aquel infrutuoso achegamento á Policía foi só o primeiro episodio dos avatares sufridos polo traballador, quen se viu obrigado a coller a baixa no seu posto de traballo en febreiro do pasado ano pola "situación de acurralamento laboral que viña sufindo por causa de opoñerse a prácticas que consideraba ilícitas". "Non cabe dúbida", di a xuíza no auto, a cuxo contido tivo acceso Praza, "de que a situación de acoso laboral" está en "íntima relación" coa súa denuncia de prácticas irregulares no Concello coruñés e "vinculada á trama urdida polo Grupo Véndex para, en connivencia con diversos funcionarios públicos e autoridades políticas da Coruña, conseguir a adxudicación" de contratos do Acuario. "Segundo obra na causa", quen agora é testemuña protexida "parecía ser unha importante traba" para os supostos líderes da trama. Unha detención estraña e polémica O traballador "opúxose ás pretensións de ilícita adxudicación do concurso do mantemento biolóxico" do Acuario a unha filial de Véndex, tras o que "foi obxecto dunha campaña de persecución e acoso" e de "represalias" dos seus "superiores xerárquicos" que continuaron mesmo tras a súa baixa, cando "apareceron forzados varios amarios do seu despacho" no propio Acuario. Ese incidente motivou que De Lara enviase a Policía Nacional ao despacho para investigar un posible delito de "obstrucción á Xustiza". Pero, "estrañamente", xa estivera alí "interferindo na investigación" a Policía Local, "dependente directamente do alcalde e, máis concretamente, do tenente de alcalde", Julio Flores, "imputado na causa, entre outras cousas", lembra a xuíza, polas "manipulacións presuntamente urdidas" xunto ao responsable de Véndex en Galicia, José María Tutor, para "tratar de beneficiar a empresa" con contratos do propio Acuario. O traballador "sufriu persecución, acoso e represalias" e o seu despacho foi manipulado pola policía local da Coruña O máis grave viría máis tarde. O suceso que levou o traballador a solicitar a protección xudicial foi a detención que sufriu en Ferrol a finais de outubro, cando, tras baixar do autobús nunha parada equivocada, lle pediu a unha condutora se o podía achegar ao seu destino. Dende o corpo policial ferrolán detalláronse o que a xuíza define como un "cúmulo de infortunios", tales como o suposto "fallo do sistema de gravación de chamadas" que impide coñecer as verbas da condutora que informou da presenza del na vía pública ou a "perda do parte de asistencia médica" da que foi obxecto tras ser detido, toda vez que, malia ter un brazo escaiolado e unha perna lesionada, foi esposado. As "notables e flagrantes diverxencias" nas sucesivas "narracións" policiais súmanse, segundo a xuíza, ao "dato relevante" de que "o actual xefe da Policía Local de Ferrol (...) fose ata 2013 inspector principal da Coruña baixo o mando do tenente de alcalde, Julio Flores", e que ademais este mando policial "figura nas listas de Véndex como receptor de agasallos". A testemuña sufriu unha detención "con cúmulo de infortunios" por parte da policía local de Ferrol, baixo o mando dun antigo inspector na Coruña A todo isto súmase, asemade, a "filtración" da detención dende Ferrol ao xornal La Voz de Galicia, cuxa exposición dos feitos leva a De Lara a "entender que existe unha especie de conxura para prexudicar a testemuña, publicando información inveraz para desprestixialo publicamente e desacreditar tanto o seu testemuño como o resultado da instrución, aproveitando casualmente ou non", o "lamentable incidente" da detención. De Lara denunciou a "información falaz" de 'La Voz' e o "asañamento periodístico" e "conxura" para "prexudicar a testemuña" No último auto, no que se implica ao alcalde Carlos Negreira no que a xuíza denomina a "axencia de colocación" de "enchufes" do Concello, a maxistrada advirte das "conexións" dos correos intercambiados entre o delegado de La Voz na Coruña con Julio Flores e o "episodio" da "detención en circunstancias certamente anómalas" da testemuña por parte da Policía local de Ferrol. E alerta do "denunciado ensañamento periodístico producido coa difusión de información falaz por La Voz de Galicia", cuxo delegado na Coruña, "sería a persoa que tería conseguido que se lle filtrara o atestado policial levado da Policía Nacional de Ferrol" sobre a devandita detención, ademais de ter "encomendado ao seu subordinado a redacción do artigo sobre o acontecido". A testemuña clave fora posta en liberdade sen figurar no Libro de Detidos e os axentes implicados empregaran a conta oficial de Twitter da Policía local de Ferrol para colgar material supostamente requisado ao traballador do Acuario con frases pouco afortunadas. |
NOS_16407 | A elección d@s internautas levará á emblemática Cidade dos Muchachos a Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán, nesta nova edición do festival ourensán presidida por Fermín Muguruza e a Manu Chao | Cun cartaz encabezado polos xa incondicionais artistas dos encontros musicais na Galiza, Fermín Muguruza e Manu Chao, o Festival Reperkusión aterrará, por vez segunda, os días 10, 11 e 12 de maio, na emblemática Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense.Esta cita musical que tivera os seus albores once anos atrás na vila ourensá de Allariz, incorporará na súa programación, de entre as 39 propostas que acudiron á convocatoria, aos grupos Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán, grazas aos máis de 1.200 votos cos que @s internautas abalaron os conxuntos a través da rede social Facebook. Entre as distintas candidaturas que foron presentadas entre o 21 de febreiro e o 10 de marzo, houbo espazo para achegas tan orixinais coma o circo, o clown, espectáculos de malabares e humor, teatro, danza ou o ioga da risa. Canto a música, amais das candidaturas galegas que conformaron a grande maioría, participaron aspirantes chegados dende Euskadi, Asturias, Barcelona, Madrid, Castela ou as Illas Canarias, entre @s que houbo espazo para un amplo repertorio de xéneros. O folk, o punk, o rock, a rumba, o reggae, a fusión ou a música balcánica deron testemuña da inmensa variedade de ritmos e influenzas que ferven e se mesturan no seo da Península Ibérica. No entanto, o folk dos ourensáns Guezos, o "punkizaxe" dos tamén galegos Skarallaos, os ritmos xamaicanos e as verbas reivindicativas en lingua asturiana de La Tarrancha e os acordes festivos nados na cidade de Barcelona de mans de Rimbarán, conformaron finalmente as heteroxéneas escollas do público dun festival que se está a consagrar coma un dos máis concorridos do país. Embora a vindeira semana se confirmarán as derradeiras actuacións, xa está claro que o prato forte do venres será servido polo grande de Euskal Herría, Fermín Muguruza quen, despois de seis anos fóra da escena, volve ás táboas para conmemorar máis de tres décadas de carreira musical ao longo das cales creou escola con bandas inesquecíbeis coma Kortatu ou Negu Gorriak. A sexta feira contará tamén coa presenza de Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, "música balcánica, urbana e bastarda". Canto o sábado, o cabeza de cartaz será o músico de orixe galego e francés Manu Chao, mais tamén resoará no escenario a Banda Fura Fura que, arrexuntando a recoñecidos cantantes e músicos do rock galego, rescatará inmortais himnos coma os do cantautor portugués Zeca Afonso. Aliás, os ucranianos Haydamaky traerán a Bemposta o mestizase de rock, ska e punk que xa se converteu nun referente da escena alternativa do seu país. O humor tamén terá cabida nesta derradeira xeira grazas ao monologuista Quequé, coñecido polas súas actuacións en programas españois coma o Clube da Comedia.Para pechar as xornadas do venres e o sábado, nas madrugadas resoará a música electrónica de mans dos dj's Supertumbaduo e Hadri Hache. |
NOS_12961 | Un axente de Policía acúsaos de desacato. Di dun deles, veciño do Rosal, que lle chamou "gorila" no marco dun protesto convocado por plataformas de afectad@s na cidade tudense | Por volta de 300 persoas, de plataformas de estafad@s polas preferentes procedentes de diferentes comarcas de Galiza, concentráronse na Praza da Inmaculada de Tui. A finalidade, apoiar e solidarizarse con Xulio Vicente, un compañeiro que ía ser xulgado por unha falta de desacato á autoridade. Este preferentista, veciño do Rosal, foi denunciado por un policía por chamarlle "gorila" no marco dun dos protestos convocados por colectivos de estafad@s en Tui. Tamén ía ser xulgado Juan Fernández (en tratamento psiquiátrico, apontan desde as plataformas), tamén denunciado pola Policía Local. Para estes colectivos, as demandas e denuncias son unha víamáis de intentar conseguir que deixen as reivindicacións. Unha dinámica da que responsabilizan ao Partido Popular. |
PRAZA_12661 | En tempo de caos sistémico, e ante a falta dunha estratexia e dun discurso mellor na esquerda (e, sobre todo, viable) semella que, malia as súas limitacións, a idea de reformismo forte e a de soberanía son un primeiro chanzo no que comezar a imaxinar un mundo libre do xugo neoliberal e da súa ditadura dos mercados. Sabendo xa de antemán que nin un nin o outro son a panacea compre ir andando o camiño paso a paso. | Pois cada día semella máis evidente que aquilo do caos sistémico do que tanto levan escrito Inmanuel Wallerstein e Giovani Arrighi (e que Xosé Manuel Beiras popularizou entre nós) non ía desencamiñado. Aínda que eles falaban do caos macro que provoca a crise de hexemonía da potencia americana nun momento no que novas hexemonías están a conformarse pero aínda se atopan nunha fase inmatura, este caos sistémico macro parece ter tamén as súa réplicas noutros niveis micro. Así, da serie de despropósitos que está a protagonizar a monarquía española (o caos non estriba tanto na existencia deses despropósitos como no feito de que saibamos deles), ás voltas coa idoneidade do sistema autonómico como vertebrador territorial de España, pasando polo directo cuestionamento da continuidade do Estado do benestar que se creara a través da financiarización da economía española para lexitimar a "reforma pactada", fálanos de que outro relato, o da Transición da ditadura franquista á democracia liberal, está tamén a vivir o seu momento caótico á espera de que unha nova narración, naturalmente apoiada en feitos, recoloque ou cree ex novo as maltreitas estadas que suxeitan o edificio hispano todo. A nivel galego, tamén o nacionalismo está a padecer a onda expansiva do caos sistémico. A sensación de que cómpren novas teorías e novas prácticas para unha realidade escorregadiza cuxos presupostos e alicerces semellan esboroarse ao noso arredor está a provocar un sismo particular no que existe de cidadanía organizada neste noso país. Ese 'gaullismo de esquerdas' non sería outra cousa que a posta en práctica de certas ideas da socialdemocracia (capitalismo regulado, redistribución, nacionalización, sentido da soberanía forte) unido a unha certa recuperación do concepto "pobo" No nivel macro a esperanza das clases subalternas semella depositarse niso que Jorge Vestrynge gusta de chamar gaullismo de esquerdas (afortunadamente, polo de agora ese gaullismo de esquerdas non asumiu os prantexamentos cripto-xenófobos de Vestrynge) e que non sería outra cousa que a posta en práctica de certas ideas da socialdemocracia (capitalismo regulado, redistribución, nacionalización, sentido da soberanía forte) unido a unha certa recuperación do concepto "pobo" (entendido ao xeito do "Populismo" de Ernesto Laclau, como o significante baleiro que encarna ao conxunto de demandas democráticas dos de abaixo) e que estaría a ter en Latinoamérica o seu foco de difusión e, na Francia do Front de Gauche, a súa emulación para o marco europeo. A recente nacionalización da petroleira YPF a cargo do goberno arxentino, un exemplo palmario deste gaullismo de esquerdas, está a provocar no Estado español dous comportamentos en apariencia encontrados: o dos que reaccionan mediante o patrioteirismo primario denunciando a agresión arxentina aos intereses españois e o dos que, sabedores de que os intereses dos cidadáns nada teñen que ver cos dunha multinacional como Repsol, ven o xesto arxentino con envexa e como a proba esperanzada de que o concepto de soberanía aínda florece nalgún lugar (aclarar que esta visión non pertence unicamente aos que se senten nacionais das nacións sen estado senón tamén a moitos dos que se senten nacionais españois). As dúas reaccións teñen como común denominador considerar á nación como o principal espazo político. Como contrapartida, o xesto do goberno Kirchner dános tamén un valioso indicio dos límites contra os que poden bater, no futuro, as políticas socialdemócratas no mundo globalizado e multipolar. A loita polo control de recursos enerxéticos escasos e o repregramento en lóxicas puramente nacionais é o embrión dun mundo que, malia poder albergar en certas rexións políticas máis redistributivas que as do neoliberalismo (o cal non é difícil), pode desembocar nunha guerra total (quente ou fría) de grandes zonas económicas contra outras. É este, en última instancia, o verdadeiro talón de Aquiles da estratexia socialdemócrata: non ser unha alternativa global nin no que ten que ver coa dependencia de recursos enerxéticos finitos nin no que ten que ver coa redistribución económica a escala mundial nin, por suposto, no que ten que ver cun mundo rexido polo militarismo no que a inmunidade real só se adquire mediante a posesión de armas nucleares. É probable que IU procure, apoiándose na potente narración republicana, desenvolver a versión hispana do gaullismo de esquerdas populista En canto ao Estado español, e ante o abandono polo PSOE do espazo socialdemócrata, é probable que IU procure, apoiándose na potente narración republicana, desenvolver a versión hispana do gaullismo de esquerdas populista. Un renacer da idea de pobo español enfrontado ao capital sen patria que se poderá reforzar puntualmente coa emerxencia do españolismo centralista de UPyD (o Barómetro de abril feito por Metroscopia para El País mostraba un desgaste do bipartidismo e unha suba tanto de IU como de UPyD); se ben UPyD, máis cedo que tarde, terá que abandonar a súa ambigüidade en materia socioeconómica (menos crible con apoios como o dado á Lei de estabilidade orzamentaria do PP) o cal é probable que mine bastante a súa credibilidade en tanto que partido nacionalista e o confine ao que é: un partido personalista nacido da xenreira ás nacións periféricas. No que toca ao novo nacionalismo galego que se tenta articular arredor do chamado Novo Proxecto Común semella que a influencia desta corrente neo-gaullista de esquerdas, ou, se se prefire, de socialdemocracia soberanista, será fonda No que toca ao novo nacionalismo galego que se tenta articular arredor do chamado Novo Proxecto Común semella que a influencia desta corrente neo-gaullista de esquerdas, ou, se se prefire, de socialdemocracia soberanista, será fonda. En primeiro lugar porque, ao se tratar dun movemento político que reivindica o dereito a gobernarse por si propio dun pobo sen estado, ten xa moi andado, no seu nacionalismo e/ou galeguismo, a referencia populista presente neses outros proxectos que triunfaron ou que están a xurdir con forza noutras latitudes. En segundo lugar, se, como parece, o NPC está chamado a aglutinar un abano amplo de sensibilidades que van do centro esquerda aos movementos sociais alternativos (bastante semellante ao Front de Gauche, por certo) é máis que probable que sexa arredor de políticas reivindicadoras dun reformismo forte e da defensa do territorio que se atope o espazo de intersección entre un conxunto de proxectos cuxas propostas maximalistas teñen pouco que ver. A realidade xa se encargará de abrir novas posibilidades e novas rotas que poidan crear a nova esquerda do mundo globalizado, o novo internacionalismo dunha esquerda abocada, por máis que mire para outro lado, a pensar o planeta coma un todo Así, en tempo de caos sistémico, e ante a falta dunha estratexia e dun discurso mellor na esquerda (e, sobre todo, viable) semella que, malia as súas limitacións, a idea de reformismo forte e a de soberanía son un primeiro chanzo no que comezar a imaxinar un mundo libre do xugo neoliberal e da súa ditadura dos mercados. Sabendo xa de antemán que nin un nin o outro son a panacea compre ir andando o camiño paso a paso. O carácter dialéctico da realidade e a nosa propia consciencia de que estamos a apostar por un camiño tremendamente continxente xa se encargarán de abrir novas posibilidades e novas rotas que poidan crear a nova esquerda do mundo globalizado, o novo internacionalismo dunha esquerda abocada, por máis que mire para outro lado, a pensar o planeta coma un todo. |
NOS_45134 | O proxecto 'Memoria dun século' busca "traballar o relato colectivo de lugar" a través dos saberes e vivencias das persoas maiores. | 'Memoria dun século' é o proxecto impulsado polo Concello de Cabanas a través do cal busca fomentar que as persoas participantes "exerciten e reelaboren as súas memorias persoais ao tempo que traballan e articulan o relato colectivo de lugar". Ao longo desta semana decorrerán senllas xuntanzas coa veciñanza das parroquias de Cabanas, Laraxe e Salto, a fin de compartiren os seus coñecementos das súas vivencias e saberes, logo de que en edicións anteriores do proxecto fixesen o propio as e os habitantes de Soaserra, Regoela, Porto e Irís. As mulleres xogan un papel "fundamental" para escribir o relato do municipio do último século "Esta nova edición de 'Memoria dun século', na que se traballarán as tres parroquias que faltaban do programa, completaremos o mapa da historia oral de Cabanas, escribindo o relato do noso concello durante os últimos cen anos", sinalou a concelleira de Igualdade, Paula González. As mulleres, dixo, "xogan un papel fundamental na Galiza e na Cabanas do último século", polo que a través deste programa tentarase "que perdure a historia viva das diferentes parroquias do concello". Cabanas, do Eume ao rego do Castro O proxecto, de feito, conta cunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade por tratarse dunha iniciativa que fai énfase na "posta en valor das vidas e saberes das mulleres", subliñan desde o Concello, "contribuíndo así ao seu apoderamento e visibilidade das súas achegas á historia de cada parroquia". Logo da recollida de información e a análise dos documentos que acheguen as persoas participantes durante as diferentes sesións —fotografías, documentación, textos, etc.—, elaboraranse tres publicacións, unha por cada parroquia, para "visibilizar as voces que adoitan pasar desapercibidas na historiografía oficial". |
NOS_52919 | Segundo as cifras achegadas pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria nesta cuarta feira, 25 de marzo, presentáronse 17.763 ERTE, case 4.000 máis que o día anterior. As persoas afectadas aumentaron en case 25.000 en 24 horas. | As traballadoras e traballadores afectados por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na Galiza a consecuencia da crise do coronavirus alcanzaron nesta cuarta feira, 25 de marzo, os 95.511. Segundo as cifras achegadas pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria, presentáronse 17.763 ERTE, case 4.000 máis que o día anterior. As persoas afectadas aumentaron en case 25.000 en 24 horas. A nivel nacional, son 510, con 9.627 persoas afectadas. A Xunta ofrece datos por demarcacións provinciais. As comarcas do país que se encadrarían na división correspondente á Coruña rexistran 6.929 ERTE, con 32.007 traballadores afectados. As encadradas en Pontevedra, 5.775 expedientes e 37.403 empregados. Nas comarcas correspondentes ás divisións de Lugo e de Ourense, as menos industrializadas do país, houbo 2.316 ERTE e 7.844 persoas afectadas, na primeira; e 2.212 expedientes e 8.630 persoas afectadas, na segunda. A estas cifras súmanse 21 ERTE a nivel estatal que tamén tiveron a súa afectación na Galiza, aínda que a Xunta non ten cifras de traballadoras e traballadores neste caso. |
NOS_21928 | Ferrol acolleu na tarde da segunda feira, 12 de agosto, o acto político máis numeroso dos que se convocaron para homenaxear Moncho Reboiras cando se fan 44 anos do seu asasinato. A Unión do Povo Galego (UPG) organizou a xornada "non como un acto de nostalxia, senón de xustiza e de fondo sentido político", en palabras do secretario xeral deste partido, Néstor Rego. | "A memoria non fala só do pasado. Fala fundamentalmente de como enfrontamos o presente e, sobre todo, de como concibimos o futuro". Así explicaba Néstor Rego, secretario xeral da UPG, a vixencia dos actos de homenaxe que este partido desenvolveu ao longo da segunda feira, cando se fixeron 44 anos do asasinato de Moncho Reboiras. "Alén dun acto de recoñecemento necesario, queremos traer a primeiro plano a vixencia dun proxecto político que loita pola liberdade da nosa patria e por construír unha nación soberana e unha sociedade diferente, xusta, democrática, igualitaria e libre", afirmou Rego desde o Cantón ferrolán. "Render tributo a Reboiras é exaltar o espírito de rebeldía fronte á opresión e a inxustiza, valorizar o compromiso militante, tomar exemplo da entrega xenerosa á causa da liberdade do noso pobo", engadía o secretario xeral da UPG, que lembrou o papel "crucial" de Reboiras na creación dun sindicalismo de clase nacionalista. "Estaría hoxe orgulloso de ver como a CIG é a primeira central sindical do noso país na rúa e tamén nas urnas" e "estaría orgulloso de comprobar como o BNG non claudicou nin se deixou engaiolar por cantos de serea que terían levado á desaparición práctica do nacionalismo político na Galiza". No seu discurso, Rego insistiu na autoorganización como pedra angular do nacionalismo galego, "a autorganización foi, é e será sempre a única garantía de podermos decidir, de maneira libre, en función dos propios intereses como nación". "Onde hai organizacións políticas e sociais propias, onde está o nacionalismo, está a Galiza e están presentes os seus intereses", afirmou o secretario xeral da UPG. Fronte á autoorganización situou "o vello e o novo sucursalismo da dereita ou da chamada esquerda española", dos que, dixo, "tiveron idéntico comportamento". Así, lamentou a ausencia da Galiza no debate político do Estado no proceso de investidura, e amosouse crítico cos últimos orzamentos, "os peores para a Galiza en 17 anos, coa conivencia de Unidas-Podemos". A continuación, Rego criticou o "bipartidismo que sustenta o réxime constitucional español", tanto o Goberno de Feixoo, do PP, a quen acusou de "como bon colonizado, ser obediente executor de políticas que prexudican gravemente os nosos intereses", como o de Sánchez, do PSOE, que "desatende os problemas e necesidades da Galiza". A "nova política" Rego debuxou, a continuación, unha radiografía da "nova política" en relación a Galiza, coa que desenvolveu, salientou, "un papel negativo", especialmente "polo que supuxo de engano e fraude política" e polo "reforzamento da españolización e enfraquecemento dunha dinámica política propiamente galega". Neste sentido, puxo de manifesto que "a nova versión da esquerda española" foi quen de conseguir "un importante apoio electoral, mermando o do nacionalismo". A "retórica anti-sistema non casaba coa práctica política", denunciou o secretario xeral da UPG, quen se referiu á "falta de consistencia política, ideolóxica e organizativa" deses sectores. "Fronte a iso, foi a firmeza política e ideolóxica, a perseveranza nos principios e no criterio de autoorganización e a capacidade organizativa e mobilizadora o que fixo que o nacionalismo fose capaz de reconquistar terreo e hoxe se ache nun proceso claro de recuperación de apoios", apuntou. A chave para o avance situouna en evidenciar que a dependencia política "é un mal negocio para o pobo galego" e que o modelo autonómico "non serve para dar solución aos nosos problemas". Apelou a defender a soberanía nacional e o proceso de autodeterminación nacional con "intelixencia e pedagoxía política, mais tamén con firmeza e con decisión". "O tempo veu constatar que as nosas análises eran e continúan a ser acertadas. Ou hai autoorganización ou hai sucursalismo, que só reforza a españolización da Galiza. E o traballo realizado con coherencia e confianza no noso povo acaba por dar resultados", subliñou Rego, que chamou a fomentar "o orgullo e a autoestima colectiva, creando conciencia social e nacional e mantendo sempre os elementos centrais do proxecto político do nacionalismo galego". Reboiras como "referente absoluto" Tamén tomou a palabra Paulo Ríos, secretario xeral da Unión da Mocidade Galega, que reivindicou Reboiras como "un referente absoluto" e como "a definición de militante nuns tempos nos que vivimos a desaparición paulatina desta figura e nuns tempos tamén nos que o capital foi quen de tronzar o colectivo e reducilo ao individualismo". Ríos sinalou que "o futuro da construción da conciencia nacional e de clase pasa por xerar espazos e ferramentas onde a mocidade galega poida construír alternativas ao que ofrece o capital". Ademais, interveu Mercedes Tobío, responsábel comarcal do BNG, quen tirou de metáfora sanitaria para diagnosticar e tratar os problemas que padece Ferrolterra e que son compartidos con toda Galiza. Denunciou a deslocalización de empresas, "que se permite legal e politicamente"; os "modelos empresariais non vinculados ao país e ás súas necesidades reais" e "o saqueo dos nosos recursos" e cargou contra "o equipo médico da Xunta e do Goberno central" pola "receita que nos dan unha e outra vez". "Non se acredita na soberanía da enferma", lamentou Tobío, que prescribiu "autoorganización". Sinalou que é "o único camiño para a viabilidade de Galiza como suxeito político". Presentación do filme sobre Reboiras Antes das intervencións políticas, tomou a palabra Alberte Mera, director do filme Moncho Reboiras. Acción e corazón, producido pola Fundación Terra e Tempo, para presentar o proxecto e para lle agradecer á UPG "o interese polo filme, que chega 44 anos após o asasinato de Reboiras, o que indica que non vivimos nun país normal". "O mellor contributo que podemos facer para dar a coñecer a súa figura e afondar na súa vida é este audiovisual, que vai reconstruír a súa traxectoria con máis de 15 entrevistas de persoas que o coñeceron de primeira man, con material de arquivo, con documentación que se está a recompilar durante estas semanas e a través da ficción, coa que recrearemos momentos chave da súa vida". Finalizou animando as persoas congregadas no Cantón a se sumaren á campaña de micromecenado, que supera nestes momentos os 9.000 euros. |
PRAZA_12250 | O aumento impositivo afecta a preto de 775.000 persoas en Galicia, segundo un cálculo de José Féliz Sanz e Desiderio Romero desglosado por Praza. Na comunidade a recadación resultado desta suba de taxas aumentará nuns 230 millóns de euros | Suba de taxas directas, incremento das pensións, recorte do salario dos banqueiros... Foron algunhas das medidas que tomou Mariano Rajoy nada máis acceder á Moncloa. Decisións que, a priori, non encaixan nun modelo político liberal e fondamente conservador. Plans "de urxencia" para as arcas públicas acometidos pola vía do ingreso (máis taxas) e gasto (recortes). Malia á presión que existe sobre a administración española para incrementar o IVE, taxa indirecta por excelencia, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, insiste en que non se levará a cabo. O IVE español é un dos máis baixos do Estado. Sarkozy, en plena campaña electoral, decidiu subilo. A perda media de renda dispoñible para as 775.000 persoas afectadas será de 295,78 euros ao ano Pero Rajoy si subiu o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), que se aplica sobre as rendas do traballo, non do capital. É unha taxa progresiva, que fluctúa en función do salario de cada persoa. Dun total estimado de 19.316.115 declaracións que se presentarán na Administración tributaria en 2012, 13.117.451 de declaracións perderán renda disponible como consecuencia da reforma da taxa, segundo o estudo de José Féliz Sanz e Desiderio Romero para Funcas. Pero, amais dos datos estatais, Praza vén de recoller os números que afectan aos galegos. A suba en Galicia O incremento do IRPF afectará a 774.904 galegos, mentres que outras 455.566 persoas non se verán afectadas pola medida. Este é o cálculo de Sanz e Romero feito en base á estimación do Executivo usando como referencia o número previsible de declaracións a realizar sobre o exercicio 2012. Como consecuencia da reforma da lei do IRPF, a perda media de renda dispoñible para esas case 775.000 persoas será de 295,78 euros ao ano. Este dato está no nivel baixo da táboa por comunidades, resultado da renda media bruta dispoñible dos traballadores galegos (máis baixa). O impacto recadatorio da reforma do IRPF en Galicia será de preto de 230 millóns de euros Os datos fan referencia, cómpre lembralo, ao tramo estatal do IRPF. Alberto Núñez Feijóo anunciara, nos seus primeiros días de mandato como presidente da Xunta, que ía baixar o tramo autonómico desta taxa. Esa medida non se produciu. O impacto recadatorio da reforma do IRPF en Galicia será de preto de 230 millóns de euros. No conxunto do Estado calcúlase que as arcas públicas ingresarán máis de 5.087 millóns de euros. Madrid, Cataluña e Andalucía son, por esta orde, as comunidades que máis aportarán ás arcas do Estado coa suba do IRPF para os seus traballadores. Impacto da reforma do IRPF en Galicia Gañadores Perdedores Indiferentes Total Número Ganancia media Número Perda media Número Variación recadatoria Galicia 8 42,51 774.904 -295,78 455.566 -229.202.672 |
NOS_46944 | A fiscalía ofreceulle á sindicalista e activista trans un xuízo rápido e unha rebaixa dun terzo na petición de pena polo delito que lle atribúe, falsidade de documentos públicos continuada. Bugalho rexeita "calquera condena". O CP fala de entre 3 meses e 6 anos de prisión, e a fiscalía non concretou aínda canto tempo reclama | Un xuízo rápido e unha rebaixa dun terzo nunha petición de pena que non está concretada. É a oferta que a fiscalía puxo riba da mesa para Laura Bugalho no decorrer dunha vista oral que se prolongou durante case tres horas e na cal a acusación non se presentou. A xuiza repasou coa sindicalista a documentación recabada no caso "para comprobar se era ou non da miña autoría". Este proceso inzado de sombras culminará cun xuízo que se agarda aínda para maio. Así as cousas, Bugalho estaba chamada a declarar canda outras oito persoas, todas inmigrantes, esta cuarta feira nos xulgados de Fontiñas e perante a xuíza Ana López-Suevos, encargada da instrución. O Ministerio Fiscal acusa á activista de falsificación continuada de documentos públicos durante o seu traballo no departamento de Migracións do sindicato CIG. Por falsificar documentos están tamén imputad@s @s oito inmigrantes. Cómpre sinalar que López-Suevos se ocupa tamén da bautizada como 'operación Peregrino', na cal até 57 obreiros inmigrantes denunciaron seren vítimas dunha mafia que operaba na comarca de Compostela e no Barbanza e que implicaría pola volta de 30 empresas. Catro empresarios ligados ao metal e ao agro foron detidos naquela altura, en 2009, canda Messaoud El-Omari --responsábel do Centro de Información para Traballadores Inmigrantes de CC.OO.-- e Hadaoui Kayrou. Os dous últimos foron acusados de asociación ilícita, introdución ilegal de man de obra estranxeira e fraude. A sindicalista Bugalho denunciou esta mafia en novembro de 2008 e foi unha das persoas que acompañou os traballadores inmigrantes até as dependencias da escuadra policial da Coruña, pois todos refusaron denunciar en Compostela ao alertar da "complicidade" entre un cargo local e a mafia de inmigración. No seu testimonio, El-Omari sinalou que o comisario Manuel Fernández Nogueira era, efectivamente, "un amigo dentro". A fiscalía exixe reabrir o caso e non se presenta para a proba que solicitouApós finalizar a fase de instrución, a xuiza pechou a causa contra Laura Bugalho. Con todo, a fiscalía presentou un recurso e acusa á sindicalista de falsificar documentos públicos para axudar a persoas inmigrantes a regularizar a súa situación. O Código Penal dispón unha pena que se abanea entre os 3 meses e os 6 anos para este delito, e a fiscalía non concretou aínda canto tempo de condena reclamaría para Bugalho. Malia esa falta de concreción, a oferta que colocou riba da mesa pasa por rebaixala nun terzo. "Se despois me piden seis anos entraría en prisión, porque coa rebaixa quedaría en catro anos", explicou a sindicalista ás portas dos xulgados composteláns. Queixouse da "broma macabra" de que @ fiscal fale agora da posibilidade dun xuízo rápido após catro anos mergullada neste proceso "de persecución" que chega "após a denuncia continuada de casos de explotación", e informou de que rexeitou o acordo coa parte acusadora a cambio de se declarar culpábel "porque non vou aceptar condena ningunha, nin dun ano, nin dun mes, ningunha. Son inocente".Como acusación tamén anunciara que se presentaría a propia policía española, mantendo que o delito cometido por Bugalho era de trata de seres humanos e polo que reclamarían unha pena de prisión de entre tres e oito anos de cadea. Finalmente non se personou na causa. A sindicalista leva 21 anos traballando man a man con este colectivo, tanto desde os despachos da CIG como desde a súa actividade en colectivos como o Foro Galego de Inmigración ou TransGaliza. Di ela que un dos anos de maior actividade foi o 2002, após o 'corralito' na Arxentina. Datos de 2008 sinalan que a militante tería acompañado pola volta de 700 persoas ante o Negociado de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno español na Coruña. Campaña de autoinculpacións As mostras de solidariedade con Laura Bugalho chegaron desde todos os puntos do Estado español en virtude da campaña internacional Todas somos Laura, posta en marcha en Euskal Herria co apoio da Rede Transfeminista. A campaña en prol do sobreseimento da causa e a libre absolución da sindicalista continua agora coa recollida de sinaturas autoinculpatorias que se presentarán nos xulgados correspondentes nas vindeiras semanas e de maneira simultánea. A campaña está en marcha en Galiza, Euskal Herria, Aragón, Madrid, Portugal e en países de América Latina como Uruguay. "A xuiza non necesita recibir unha onda de autoinculpacións, mais a fiscalía parece que si, para entender que todas as loitas van da man e que o campo é todo noso", espetou Bugalho ás portas do xulgado. Centos de berros pola absolución Á mesma hora en que a activista transfeminista entraba a declarar, centos de persoas concentrábanse ás portas dos xulgados para lle transmitiren o seu apoio. Tamén polas redes sociais circularon as mostras de apoio baixo o hastag #estamoscomLaura. Así as cousas, a militante do Foro Galego de Inmigración Mónica Alzate deu lectura a un comunicado en que o colectivo recoñece o traballo en prol do colectivo inmigrante desenvolvido por Laura Bugalho, "contribuíndo á integración de moitas persoas", traballo polo cal solicitaron "de forma urxente a desestimación e arquivo da causa". Rexeitaron a "persecución policial" da cal son obxecto "actividades que fan parte do noso traballo cotián" como facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigamento, e recalcaron a "obriga" de "adoptar mecanismos" para superar "o exceso e a complexidade" da documentación que se lles exixe ás persoas inmigrantes. A leitura do comunicado culminou con aplausos e os berros coreados durante toda a mañá: Moitas Lauras precisa este País, Defender inmigrantes non é delito, Na Galiza ninguén é estranxeira ou Galega ou estranxeira, a mesma clase obreira. "Todo o apoio e ánimo para Laura Bugalho. Culpábel de que?" foi o chío que colocou na súa conta de Twitter esta cuarta feira o voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez e que veu sumarse aos folgos transladados desde outras formacións políticas. Mediante comunicado de imprensa, o deputado de AGE Xabier Ron sinalou que "cando a situación é límite é preciso poñer por diante doutras consideracións a defensa dos dereitos humanos, tal e como o fixo a compañeira Laura". Na concentración de apoio houbo tamén representantes da asociación ferrolá Fuco Buxán e da compostelá Asamblea Aberta, do observatorio polos dereitos e as liberdades Esculca, das organizacións políticas Causa Galiza, Candidatura do Povo e Nós-UP ou das centrais sindicais CIG e CUT. Por comunicado de imprensa chegou tamén a solidariedade da esquerda abertzale. |
PRAZA_535 | A presidenta do Comité de Empresa e dúas persoas máis iniciarán a protesta este martes. A CIG fai responsable a Núñez Feijoo dos 13 despedimentos e lembra que o hospital botou máis de 70 persoas nos últimos anos, a pesar de recibir 75 millóns anuais da Xunta. | A presidenta do Comité de Persoal de Povisa, María Xesús Neira, e dous membros máis deste órgano iniciarán este martes unha folga de fame en protesta polos 13 despedimentos aprobados pola dirección do hospital privado. Estes despedimentos únense, ademais, aos realizados pola empresa nos últimos anos, nos que o número total de traballadores e traballadoras pasou de 1.457 en 2006, co 100% deste cadro de persoal a xornada completa, ata os 1.390 de 2014, co 45% con xornada reducida. María Xesús Neira denuncia que os traballadores e traballadoras de Povisa desenvolven o seu labor "cunha precariedade cada vez maior" e lembra que a Lei da Sanidade Pública e o concerto co Sergas establecen que Povisa debe ter "os mesmos estándares de calidade e iguais ratios de persoal, en definitiva, que os pacientes e usuarios deben de ter as mesmas condicións e atención que no Sergas, algo que non se dá porque están a reducir o persoal de xeito considerábel". Puxo como exemplo que "no hospital Xeral, con case o mesmo número de camas, na quenda de noite traballan 16 celadores/as, mentres que tras os despidos en Povisa haberá só tres". María Xosé Abuín (CIG) denuncia "a hipocrisía de Feijóo" por "financiar" unha empresa como Povisa coa escusa da prestación sanitaria, para que esta "se lucre con cartos públicos e despida os traballadores e traballadoras" CIG-Saúde responsabilizou da situación ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. A secretaria nacional do sindicato, María Xosé Abuín, denunciou a pasada semana "a hipocrisía de Feijóo" por "financiar" unha empresa como Povisa coa escusa da prestación sanitaria, para que esta "se lucre con cartos públicos e despida os traballadores e traballadoras". Abuín demandou así mesmo que se faga público o destino deses cartos, uns 75 millóns de euros anuais, segundo o máis recente convenio, e esixoulle á Consellaría de Sanidade "que obriguen a Povisa á inmediata readmisión de todo o persoal despedido". CIG-Saúde considera que a administración sanitaria está a facer un "abandono das súas funcións" e denunciou a súa "complicidade" pola "lamentábel situación" que se esta a vivir no centro sanitario. "O que está a facer co beneplácito do PP é incrementar a súa cota de beneficios a custo de despedir traballadores/as e diminuír en consecuencia, a calidade da prestación sanitaria", engadiu. Abuín tamén cre que Povisa desistiu de presentar o ERE que anunciara "porque se non, tería que presentar as súas contas e iso poría de manifesto o seus suculentos beneficios". |
NOS_20872 | A aposta desta edición é unha programación variada e coas últimas novidades musicais e editoriais do panorama galego. | O Festigal deste ano traerá a Compostela a Ataque Escampe, Banda Crebinsky, La Phaze e Zënzar na terza feira 24 de xullo e a De Outra Margem, aCadaCanto, Sés e Terbutalina, a cuarta feira 25 de xullo. Unha aposta decidida pola música do país desde as bandas máis "históricas", como Zënzar e os seus 23 anos de concertos integramente en galego, a proxectos novos que teñen xa unha grande aceptación, como Sés e aCadaCanto. A aportación de fóra virá pola banda francesa La Phaze en xira de presentación do novo album "Psalms & Revolution".Presentación de librosCo programa aínda por confirmar na súa totalidade, no Festigal haberá unha importante presenza de novidades editoriais. Na Galería central presentaránse o primeiro día os libros "18 (Dezaoito vozes nunha antoloxía poética galego-portuguesa)" con Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría, e Rosanegra (Rosa Martínez Vilas), "A rota do sol" de Camilo Nogueira Román e "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" de Ramón Nicolás. Para o 25 de xullo está prevista a presentación de "Cartografías do derrubo" de Carme Adán, "Queer-mos un mundo novo" de Teresa Moure, "Para unha crítica do españolismo" de Camilo Nogueira e "Como falar e escribir en galego con corrección" de Carlos Callón. Como noutras edicións no Campus Sur da USC haberá os dous días unha galería artesanal, exposición e venda de artesanía galega, tendas, zona de xantar, bar e postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada. |
NOS_54231 | Para incentivar a creación de contido en galego na plataforma de Youtube, os servizos de normalización lingüística de diferentes Administracións crearon a iniciativa Youtubeiras. En conversa con 'Nós Diario' a coordinadora do proxecto destaca o aumento de creadoras galegas ao longo dos cinco anos do certame. Mario Brión, Helena López e María Rúa comentan co xornal en que se basean as súas canles en galego e como é a situación do sector. "Aínda quedan moitos nichos por explotar", destaca Brión. | A raíz dunha conversa nun descanso dun curso da Universidade da Coruña no concello de Carballo entre técnicas de diversos concellos fálase sobre como fomentar o galego na rede e aí nace a iniciativa Youtubeiras, que premia as creadoras de contidos en galego na plataforma Youtube. Este proxecto colaborativo nace no ano 2017 e actualmente forman parte del os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña."Hai algúns que xa non están e outros que non poden formar parte porque non teñen este servizo, que é un requisito indispensábel para poder formar parte de iniciativa", indica a coordinadora de Youtubeiras e responsábel do servizo de normalización lingüística dos concellos da Baña e Negreira, Carme Pereiro, en conversa con Nós Diario. Naquela primeira edición de 2017 rexistráronse un total de 202 vídeos participantes que aumentaron até os 536, pertencentes a 113 creadoras diferentes, no certame de 2020. "Este é un crecemento moi importante e podemos dicir que esta comunidade de creadoras aumentou grazas a que o proxecto influíu neste feito", sinala Pereiro. Segundo os datos sacados da participación das creadoras no certame, a organización de Youtubeiras destaca a mocidade existente, o 45% son persoas nadas na década dos noventa e o 18%, a partir do ano 2000, "mais tamén temos participantes moi cativos e xa entrados na vellez". Sobre a súa procedencia territorial, "malia que cidades como Santiago, A Coruña ou Vigo contan cun número considerábel de participantes, o 40% das creadoras e creadores que participaron o ano pasado procedían de concellos con menos de 10.000 habitantes", destaca a coordinadora de Youtubeiras. Máis Administracións para fomentar a lingua Este aumento de participación ao longo dos anos fixo que tamén o concurso evolucionase. Na edición de 2020 incrementouse a dotación económica nos premios e reestruturáronse as categorías nas que participar. Para este ano, a organización cambia un requirimento importante: xa non aceptan vídeos soltos, as participantes terán que presentarse cunha canle que posúa un mínimo de cinco vídeos publicados no último ano. "Despois de cinco anos, hai unha comunidade que produce vídeos e mantén canles que publican con periodicidade. Cómpre premiar e fomentar esa continuidade", resalta Pereiro. Para o futuro, a coordinadora agarda que, ademais de continuar rexistrando un maior número de participantes para aumentar así o uso do galego, tamén "haxa un maior nivel de competencia lingüística, capacidade comunicativa e calidade técnica". "Todo isto sen esquecer que agardamos que máis administracións se impliquen neste proxecto xa que unha das nosas responsabilidades é fomentar a lingua", explica Carme Pereiro. Apoiando as novas creadores Gañador do premio youtubeiro do ano 2020, "moi merecido", sinala Pereiro, Mario Brión conta con máis de 5.000 subscritoras e subscritores na súa canle de Youtube "Olaxonmario". Compañeiras creadoras destacan de Brión, "ademais de ser un referente, o apoio desde o minuto un ás novas creadoras, compartindo desde as súas redes contidos doutra xente e animando á creación en galego". Abriu a súa canle en 2018, "vía que á xente lle interesaba a miña opinión sobre as cousas e animeime a creala", conta Brión en conversa con Nós Diario. Os contidos que "funcionan mellor no meu espazo son as reaccións, sobre todo aos anuncios comerciais de Gadis", mais sobre todo "aqueles que son espontáneos e con humor, que é algo que sempre funciona". A unidade e compañeirismo que existe na comunidade de creadoras galegas apréciase nas diversas colaboracións que existen nas canles. Brión conta con un vídeo no que realiza ASMR (responde ás siglas Resposta Sensorial Meridiana Autónoma e consiste na gravación de sons que provoquen sensacións de calidez e relaxación) con Helena Lópéz, coñecida pola súa canle "Cousas RarismASMR". López gañou en 2020 o premio pioneiro por utilizar en todos os seus vídeos esta técnica. Conta con máis de 600 subscritoras na súa canle e admite que "fago contido cando me apetece, teño bastantes ideas gardadas na cabeza, polo que o guión non o preparo moito e prefiro que sexa algo natural". María Rúa, gañadora do premio canle de 2020 polo seu espazo "Pradorua", sinala, en conversa con Nós Diario, que o guión é algo que se prepara moito "e que me leva máis tempo facelo que a gravación en si", xa que realiza unha investigación e documentación previa para cada un dos seus vídeos. "Para a elección dos temas ou se me ocorren da nada ou baséoos en cousas do meu día a día, que me interesen, xa sexa da universidade ou que vexa nas novas", explica. Máis contidos en galegoMalia que as creadoras sinalan que existe pouco contido en galego, destacan o crecemento nos últimos anos da utilización da lingua nas redes. "Antes a xente apoiaba as creadoras por realizar contido en galego for cal for e segue a ser así, pero penso que estamos nun momento no que xa se busca algo máis que iso; é dicir, o público quere algo máis que contido que se pode facer en castelán en galego, quere algo específico", resalta Brión. Esta mellora vén aminorada polo feito de que noutras plataformas como Tik Tok "non se rexistra o galego como idioma ou que á hora de colocar na rede o teu contido, os algoritmos dos buscadores non recollen o galego do mesmo modo que o fan co castelán", conclúen. |
NOS_13810 | Baixo o lema 'Feminismo para transformar a vida', terá lugar o vindeiro 20 de novembro. | A Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres fixo o ano pasado o seu 20 aniversario. Xa con 21 anos de vida, busca celebrar o tempo adicado a construír "un feminismo de base, anticapitalista, antirracista e antiimperialista na Galiza". Ao longo destes anos, declaran, "contribuímos para a construción dun feminismo galego centrado no país, forte, con capacidade de incidencia social e con voz de seu no mundo en pé de igualdade co resto de pobos" .Por iso, a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres organizará o próximo 20 de novembro un Encontro Nacional na Estrada, para "rearmarse, redefinir as prioridades e os espazos de loita, reforzar unha reivindicación radical da transformación social e construír redes de traballo sólidas". O Encontro Nacional convocado para novembro, baixo o lema "Feminismo para transformar a vida" permitirá "pór en común coas nosas compañeiras aqueles eixos de traballo que nos ocupan no día a día alén das datas de reivindicación histórica O colectivo reivindica a súa contribución á "construción dun percurso histórico cheo de reivindicacións e conquistas sociais que hoxe continúan e seguen medrando. Impulsamos e participamos da mobilización das mulleres ante a catástrofe do Prestige, o nacemento dun protocolo nacional de resposta ante os feminicidios que comezou coa mobilización de apenas catro ou cinco localidades e que hoxe consegue mobilizar a medio cento, a reivindicación da transformación das políticas públicas en materia de igualdade, a demanda dunha Lei de igualdade avanzada que finalmente se acadou na Galiza e hoxe continúa estando moi por diante da lei estatal, a lei de interrupción do embarazo… e a recente victoria de impedir o peche do paritorio de Verín que demos en alianza coas compañeiras da sanidade pública e as veciñas da comarca… son tantas as loitas que temos dado…". A Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres organizou na Galiza o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial e dous Encontros Europeos recibindo a mulleres dos cinco continentes para o debate e a reflexión feminista. "Acompañamos tamén as cinco accións internacionais da Marcha Mundial das Mulleres (2000, 2005, 2010, 2015 e 2020) dando presenza a Galiza e ao feminismo galego nestes eventos mundiais e levando a nosa voz e as das nosas compañeiras a todos os rincóns do planeta", declaran nun comunicado. O Encontro Nacional convocado para novembro, baixo o lema "Feminismo para transformar a vida" permitirá "pór en común coas nosas compañeiras aqueles eixos de traballo que nos ocupan no día a día alén das datas de reivindicación histórica. Resituar os debates no País e nas consecuencias que para as mulleres traballadoras galegas ten o patriarcado capitalista, racista e colonial e cales son os retos e as ideas que podemos pór en común para afrontalos", así como " rearmarse, redefinir as prioridades e os espazos de loita, reforzar unha reivindicación radical da transformación social e construír redes de traballo sólidas que nos permitan intervir no día a día en chave feminista e anticapitalista". |
NOS_50709 | A compañía ofrece estender por 3 anos os contratos con auxiliares e substituír un forno se se acepta o cesamento temporal de produción. | A representación sindical dos traballadores de Alcoa e directivos da multinacional norteamericana mantiveron onte un encontro en Compostela para tratar de achegar posturas na procura dunhas solución que garanta a continuidade da factoría de San Cibrao (Cervo) e dos empregos a ela asociados. A reunión tivo lugar onte na sede do Consello Económico e Social (CES) en Compostela. Iniciouse as 10 da mañá e rematou ben entrada a tarde, após un receso para comer. A xuntanza seguirá hoxe. Fontes da negociación recoñeceron a Nós Diario que as posturas estaban aínda "moi distantes", pero que estaban a avanzar noutros aspectos, como no dos investimentos, á vista de que non había achegamentos no fundamental, a liña vermella que marcan ambas as partes: parar oun non parar as cubas. "As propostas están bastante recortadas con respecto ao que nós pedimos", apuntaban estas mesmas fontes sobre os investimentos pendentes, "mais aí si que hai marxe de negociación . É máis difícil de negociar no outro punto", recoñecían en alusión á parada das cubas que propón a multinacional norteamericana a cambio de non facer despedimentos até 2026. Piden calma ao persoal O desta segunda feira é o segundo encontro entre comité e empresa, após o do pasado día 16 de decembro en León, e parece que non vai ser o último. Tras esa xuntanza, o presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan (CCOO), xa advertira ao persoal que "teña calma" porque as negociacións non son "de hoxe para mañá", e menos após dezaoito meses "de tiras e afrouxas". "Estamos moi distantes, moi lonxe. Quédanos moito por negociar para chegar a un acordo, se é que o hai", apuntaba o representante dos traballadores e das traballadoras de San Cibrao. Zan aseguraba entón que había investimentos pendentes nas plantas moi importantes "que non se están a tocar" e que esperaban poder abordar na reunión de onte, mais a proposta da empresa non pareceu seducirlles. Agora, os delegados do comité darán conta ao persoal do avance das negociacións nunha asemblea extraordinaria nos próximos días. Na procura dunha saída En Alcoa todas as persoas agardan que o conflito se poida reconducir para lograr unha solución que dea viabilidade á factoría "para moitos anos", tanto para o persoal da principal como para o das auxiliares. Así o recoñecía antes de entrar na xuntanza de onte o portavoz da CIG no comité de empresa, Xosé Paleo, que amosaba a súa "esperanza de que a intención que di Alcoa" de negociar "sexa real" e "non se limite a dicir isto é o que hai". A este respecto, Paleo avisaba Alcoa que "impoñer a súa postura non é chegar a acordo", senón que esa posibilidade de pacto "significa ceder polas dúas partes". Porén, insistía en que as "liñas vermellas" están en que non se paren as cubas e que se garanta o emprego das auxiliares. Tamén indicaba que "as Administracións teñen que implicarse", pois "até o de agora non se implicaron absolutamente nada", denunciaba Paleo. |
NOS_7867 | Un borrador elaborado polos ministerios de Traballo e Sanidade abriría as portas a que as mutuas tramiten altas e baixas sen aprobación d@ médic@. | As baixas médicas por incapacidade temporal (IT) van camiño da privatización pura e dura. Esa é, polo menos, a intención do goberno español, que ten un borrador elaborado polos ministerios de Emprego e Sanidade no que se abrirían as portas a esa posibilidade. As mutuas serían as que terían todo o control e poder de decisión sobre as baixas médicas. Aliás, coa reforma, as mutuas tamén poderían xestionar as baixas por enfermidades comúns, e non só por aquelas derivadas de continxencias laborais Segundo Economía Digital, este borrador de real decreto daría poder ás mutuas para tramitar a alta médica sen necesidade de contar co consentemento do médico de cabeceira, se ben este asumiría toda a responsabilidade Estas compañías privadas darían a alta da persoa enferma cando así o considerar. E o médico ou facultativo do sistema público tería catro días para se pronunciar ao respecto. De non facelo, farase efectiva a alta. Aliás, coa reforma, as mutuas tamén poderían xestionar as baixas por enfermidades comúns, e non só por aquelas derivadas de continxencias laborais. |
NOS_45226 | Máis que consolidado como escultor, sobre todo traballando con cerámica, a súa obra podemos atopala nas máis prestixiosas coleccións de arte galegas, como CGAC, Abanca ou Unión Fenosa. Agora Caxigueiro (Daniel Río, Mondoñedo, 1955) incorpora tamén as linguaxes da fotografía e da poesía á súa actividade artística, que podemos disfrutar mesmo na capa do libro 'Os nomes do terror'. Ou visitando en Foz 'Espazo Caritel', unha iniciativa na que combina arte contemporánea e xardinaría. | - Caxigueiro é máis coñecido polo teu traballo no ámbito da cerámica, pero empezaches a traballar tamén a fotografía artística. Por que decidiches ampliar o teu traballo a esta disciplina? - Eu coa cerámica levo traballando desde o comezo, é coa materia coa que me criei. Son de Mondoñedo e hai un centro de cerámica popular e sempre tiven unha relación moi natural con ela. O feito de ampliar á fotografía non foi nada programado, foi unha evolución bastante espontánea, no sentido de que podo explicarme con máis facilidade e facer propostas con menos tempo. Así que empecei a botar man da fotografía, porque a cerámica ten un proceso longo. Pero a medida que vas investigando vas atopando aspectos cos que non contabas e que fan que te intereses máis. E iso aconteceu. Á fotografía agora mesmo dedícolle practicamente o mesmo tempo que á cerámica e a escultura. - Es o autor da capa do libro de Sermos 'Os nomes do terror'. Como chegas a esta imaxe? - A problemática social está desde sempre presente no meu traballo. Con esta imaxe intento representar a morte da inocencia. A relación coa represión fascista está moi presente desde sempre nos artistas plásticos, basta lembrar a Castelao, Díaz Valiño, Arturo Souto... e nunca deixou de preocupar a unha boa parte de nós. Neste caso, utilizo unha linguaxe metafórica, pero creo que bastante clara. - En que proxectos estás a traballar actualmente no ámbito da cerámica? - Agora mesmo estou a traballar en dous temas moi diferentes. Un é un libro onde a fotografía e a poesía van da man. E o outro é unha serie de esculturas, a maioría realizadas en cerámica, que son o froito de imaxes fotográficas, que vou intentar realizar desde o punto de vista tridimensional. É xusto o contrario do que fago habitualmente. Son imaxes fotográficas, moitas proceden da natureza, e intentarei pasalas a linguaxe escultórica. - No proxecto de fotografía e poesía os textos son teus? - Son, e tamén é algo que nestes últimos anos está bastante presente, mesmo a nivel público. - Tamén fas instalacións e obras efémeras. Algún proxecto actual nesta liña? - Este proxecto escultórico supoño que finalmente acabará derivando cara a instalación, porque é a disciplina coa que máis gozo. E o normal é que cando preparo unha exposición individual, independentemente de que parta da escultura ou da fotografía, o normal é que acabe chegando ás lindes da instalación, porque me permite xogar dun xeito especial cos espazos. No meu traballo, o máis normal é que estas propostas acaben relacionándose coa instalación de xeito moi claro. Á fotografía agora mesmo dedícolle practicamente o mesmo tempo que á cerámica e a escultura. - Hai algunha expo na que poidamos ver o teu traballo proximamente? - Participei nunha mostra en Vigo onde distintos artistas plásticos dialogan coa obra de Laxeiro, non sei se aínda está aberta [pechou o 15 de xullo]. Á parte diso, no Espazo Caritel sempre hai unha exposición retrospectiva do meu traballo. Dígoo por se alguén se achega á Mariña e ten interese, aquí sempre hai unha selección de obras desde comezos dos 90 até agora. - Cóntanos como é este obradoiro teu chamado Espazo Caritel no que combinas arte e xardinaría en San Martiño de Mondoñedo (Foz), a carón da basílica románica. - Está directamente relacionado coa arte contemporánea e coa natureza. Trata de vincular estes dous aspectos. Por unha banda hai unha sala de exposicións onde está esta exposición retrospectiva do meu traballo, e por outra banda hai un xardín duns case 4.000 metros, con flora autóctona xunto con árbores e plantas procedentes de todos os continentes. Normalmente fago unha visita guiada por estes dous espazos. O xardín tamén acolle obras escultóricas, que están distribuídas entre árbores e plantas. A instalación é a disciplina coa que máis gozo - Soa envexable. - Si, é un esforzo moi grande, sobre todo tendo en conta que aquí estamos dúas persoas levando todo isto adiante. - Non tedes ningún apoio público? - Non, é unha proposta independente, bastante voluntariosa, e o único que hai é unha pequena entrada co obxectivo de manter isto en pé, porque o mantemento dun xardín ten un custo elevado. Pero en principio non hai ningún tipo de axuda pública. É o normal nestes tempos. - Unha parte importante da túa obra plástica reflicte o teu compromiso social como acontece coas túas instalacións sobre o Prestige, a guerra ou mesmo a lingua. Esa posición crítica como inflúe na túa actividade artística? - Digamos que de xeito persoal é o que realmente sinto, co cal para min non é ningún tipo de esforzo nin postureo. Toda a vida o fixen así. A problemática social sempre estivo moi presente na miña obra, desde o mesmo comezo. Isto pode resultar problemático coas institucións, por exemplo, porque estar perto do poder sempre axuda a ter máis visibilidade, pero tampouco é algo moi diferente do que lle pasa a moita outra xente en moitos outros oficios. |
NOS_48454 | O filólogo e ex-rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva, foi elixido novo director da Real Academia Española, sucedendo a José Manuel Blecua. Na equipa de dirección entra tamén o profesor Guillermo Rojo. | Natural de Vilalba, onde naceu en 1950, Darío Villanueva substituirá a José Manuel Blecua á fronte da Real Academia Española, cargo que asume co 80% do apoio na votación, 28 de 35. Trátase da segunda vez que o que fora reitor da Universidade de Santiago opta ao posto, que nas anteriores eleccións gañou Blecua. Darío Villanueva foi reitor da Universidade de Santiago de 1994 a 2002, na que na actualidade é catedrático de Teoría de la Literatura e Literatura Comparada da Facultade de Filoloxía da que tamén foi decano. Villanueva foi tamén membro da Fundación Cela até 2005. Forma parte da RAE desde o 2008 e convértese no trixésimo director na historia da institución. O seu discurso de entrada titulouse El Quijote antes del cinema. Canda el, leva na dirección a outro profesor da Facultade de Filoloxía de Santiago, Guillerme Rojo. Dous galegos están así no máximo órgano dunha institución que é símbolo do imperialismo lingüístico do español e á que se lle ten reclamado, entre outras cousas, a corrección de definicións racistas aínda presentes no seu diccionario. Entre os obxectivos do novo director está o sanear a situación financeira da institución e, para iso, ten entre outras propostas incrementar os ingresos a través dunha sociedade de xestión de servizos ademais de patrocinios privados e redución de salarios e cadro de persoal a través de baixas voluntarias. |
NOS_52779 | A familia Martínez-Bordiu Franco anuncia medidas xudiciais contra o Estado español. | Os netos de Francisco Franco presentaron unha demanda contra o Estado español no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) pola decisión do Goberno de exhumar o ditador do Val dos Caídos e enterralo no cemiterio Mingorrubio de El Pardo, en Madrid. A demanda foi presentada pola familia Martínez-Bordiu Franco e está asinada polo avogado Luis Felipe Utrera-Molina, de JY Hernández Canut Abogados, informa esta oficina. A familia de Franco entende que os acordos do Consello de Ministros de febreiro e marzo de 2019 que aprobaron a exhumación da basílica do Val dos Caídos e o enterro no cemiterio de El Pardo e as resolucións dos tribunais supremos e constitucionais que as confirmaron violan a Convención Europea de Dereitos Humanos. En concreto, alega que se vulnerou o dereito á vida privada e familiar, a prohibición da discriminación e o dereito a un proceso equitativo. Os demandantes cren que a exhumación dos restos mortais de Franco levouse a cabo en base a unha lei que non cumpre os requisitos de xeneralidade e claridade esixidos polo dito acordo europeo. |
QUEPASA_258 | En Marea e BNG piden a intervención da Xunta | Hai pouco máis de 2 anos que a Xunta prohibía a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas, precisamente por estar vinculadas ás fábricas de Brens e Dumbría. Hai pouco máis dun ano a Xunta descartaba un ERE en Ferroatlántica. Dúas situacións que veñen de volta estes días, despois de que empresa presentase onte o Expediente de Regulación Temporal de Emprego para os vindeiros 2 anos. Se ben a situación dos traballadores de Ferroatlántica aínda está por determinar, unha vez que non se sabe canto afectará nas fábricas costeiras, os movementos están sendo continuos. Esta mañá de mércores 6 de xaneiro terán unha reunión para estudar a súa posición, despois das firmes declaracións de onte do responsable da CIG, que será a voz dos traballadores nas reunións coa empresa en Madrid. En todo caso os traballadores teñen varios apoios. O alcalde de Cee, que xa amosou no seu día o seu compromiso, vai reunir este xoves aos alcaldes da comarca. Ademais, os grupos parlamentarios de BNG e En Marea veñen de amosar a súa indignación ante a decisión da empresa. O BNG advirte que "non hai xustificación económica para o ERE" A deputada do BNG, Noa Presas condenou onte o ERE lembrando ademais que "a concesión das empresas hidroeléctricas do Xallas está suxeita a permanencia do emprego e actividade produtiva". Presas rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para reclamar "unidade de acción" contra o ERE e pide a Núñez Feixóo que deixe "a estratexia do avestruz e non agoche a cabeza. Feixóo", afirma a deputada do BNG, "debe obrigar a Ferroatlántica a retirar o ERE porque de non ser así, reclamamos que sexa retirada a concesión. Feixóo debe dicirlle a Villar Mir que Galiza non vai permitir ningunha nova chantaxe" e lembrou que hai máis dun ano foi paralizada a "venda especulativa" das centrais do Xallas. Así, a deputada defenderá no Parlamento un acordo por resolución para amosar a solidariedade do Parlamento cos traballadores e preguntará ao goberno "se ten previsto rescindir as concesións de explotación do Xallas, no caso de seguir Ferroatlántica adiante co seu expediente de regulación de emprego nos centros de produción de Cee-Dumbría e Sabón". En Marea lembra tamén a concesión hidroeléctrica O deputado de En Marea Francisco Casal destaca que "este ERTE supón un incumprimento da concesión dada pola Xunta, que se fixo precisamente para garantir a viabilidade das factorías de Cee e Dumbría". "Ante esta situación, a Xunta de Galicia ten que intervir para exixir a Ferroatlántica que cumpra coas condicións da concesión e garantice a viabilidade das tres factorías en Cee, Dumbría e Sabón", reivindica o deputado Francisco Casal, que considera imprescindible "unha auditoría dos beneficios extraídos da explotación das centrais hidroeléctricas e a exixencia de que se invistan prioritariamente no desenvolvemento e mellora da competitividade das factorías galegas de Ferroatlántica en vez de dedicarllos a outros negócios da empresa". Segundo o deputado Francisco Casal,o complexo Cee-Dumbría-Centrais Hidráulicas xerou en 2018 uns ingresos de entre 35 e 40 Millóns de euros. "A baixada de prezos do Ferromanganeso e silicomanganeso, tampouco é unha causa suficiente, xa que a empresa o segue a producir trasladando esta producción as suas factorías en Francia e en Noruega adquiridas cos beneficios obtidos cos rendimentos das centrais hidráulicas da Costa da Morte", denuncia e engade que "é intolerable que os rendementos das centrais no canto de garantir a viabilidade das factorías de Cee e Dumbría fagan xusto o contrario coa permisividade da Xunta de Galicia". Máis novas do conflito #Ferroatlántica 05-02-19: "O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade": 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee. Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica. Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss. Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica: Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña. Xaneiro 19: "O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa". Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica. Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica. Xaneiro 19: "Fornos apagados, todos parados". Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica. Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica. Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social. Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica. Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección. Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica. Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco". Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables. Novembro 17: "A gran mentira" do Plan Industrial de Ferroatlántica: 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria. 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas |
NOS_58468 | Nove mortes por coronavirus en centros hospitalarios e outra nunha residencia elevan a cifra de defuncións na Galiza a 439. Hai 1.507 altas, 3,5% máis que na sexta feira, e 6.147 contaxios activos no país, segundo os datos deste sábado 18 de abril. | Os falecementos rexistrados por coronavirus na Galiza até o de agora son 439, ao sumárense nove novos falecementos producidos nas últimas horas en centros hospitalarios e que non se recollían na cifra inicial comunicada na mañá deste sábado 18 de abril por Sanidade, que cifraba as mortes en 430, xa que os datos que fornece o Sergas baséanse nas cifras do día anterior. Esa cifra só computaba un novo falecemento, o acontecido onte na residencia de Santa Teresa de Jornet, na Coruña. Desta maneira, en 24 horas Galiza sofre 10 defuncións por coronavirus. As nove persoas falecidas en hospitais son: unha muller de 89 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); un home de 65 anos e unha muller de 78, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); unha muller de 67 anos en Povisa, en Vigo; un home de 95 anos e outro de 86, así como dúas mulleres de 84 e 85, que estaba os catro no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); e unha muller de 90 anos no Hospital de Verín, sen patoloxías previas. Após a actualización de datos, o número de mortes rexistradas en hospitais elévase a 343: 103 na área sanitaria da Coruña, 68 na área de Vigo, 65 na área sanitaria de Ourense, 51 mortes na área sanitaria de Santiago, 21 na área de Ferrol, 22 na área de Lugo e 13 na área sanitaria de Pontevedra Do total de pacientes positivos, que actualmente son 6.147, un total de 115 permanecen na Unidade de Curados Intensivos (UCI), 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no domicilio. Dos casos postivos, 1.012 son usuarias de residencias e 424 traballadoras e traballadores destes centros. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 1.507 altas de pacientes, 3,5% máis que nos datos da sexta feira. Sanidade tamén indica que o número de probas PCR realizadas na Galiza é de 60.258. Residencias Desde que empezou a pandemia, rexistráronse 96 falecementos por coronavirus en residencias. Morreron 20 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, santiago; 18 no DomusVi de Cangas, 18 na residencia A nosa Señora da Esperanza, en Ourense; 10 na DomusVi do Barreiro, en Vigo; e tres na residencia Moledo, tamén en Vigo. 7 mortes rexistráronse na residencia do Portádego, na Coruña, un no Fogar Bellolar e na residencia de Castro Caldelas, 3 foron en Remanso Claudina-Somoza, na Coruña; 3 na DomusVi Matogrande da Coruña, un na Santa Teresa de Jornet , tamén na cidade da Coruña; un na Zapateira de Culleredo, outra en San Carlos de Celanova, dúas mortes aconteceron na residencia Divino Mestre de Ourense, outras dúas na residencia San Pedro de Crecente, dúas na das Fragas de Pontedeume, unha na residencia de Bande, outra na de Foz e outra na nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras. O Estado español supera as 20.000 mortes O Estado español rexistrou un total de 20.043 mortes por coronavirus tras sumar 565 falecementos nas últimas 24 horas, segundo os datos publicados este sábado polo Ministerio de Sanidade. Os positivos confirmados ascenden a un total de 191.726, o que supón 4.499 contaxiados máis con respecto ás cifras de onte. Ademais, xa se curaron 74.662 persoas. 154.694 mortes no mundo Segundo os datos publicados polo Centro de Ciencia e Enxeñaría de Sistemas da Universidade estadounidense Johns Hopkins, que monitorea as estatísticas a nivel internacional, no mundo rexistráronse 154,694 falecementos por coronavirus. Nos Estados Unidos de América é onde maior número de contaxios positivos hai (702.164), seguidos a moita distancia, do Estado español (191.726) e de Italia (172.434) e Francia (149.130). |
NOS_36929 | Suprimirá máis de 60 aulas en Primaria, Infantil e centros rurais agrupados. CIG-Ensino fala de "política de desmantelamento do ensino público". | Chega o verán e con el as altas temperaturas, vacacións, as festas populares e os anuncios da Consellería de Educación de que vai fechar colexios, suprimir aulas e acabar con postos de emprego. O verán deste 2017 non ía ser unha excepción. Esta cuarta feira, 26 de xullo, Educación recoñece que fechará de cara ao vindeiro curso 5 escolas unitarias, mais de 60 unidades e suprime un cento de postos de traballo (a engadir aos 31 provocados polos recentes peches e traslados de ensinanzas). CIG-Ensino afirma que as cifras de feche de aulas e de redución de postos de traballo non se vén para nada compensadas polo escasos incrementos de postos de traballo que tamén se inclúen na orde, que actualiza os cadros de persoal dos colexios galegos. Así créanse un total de 30 unidades que implican 57 novos postos de traballo. O sindicato lembra que nestes seis anos a Consellaría de Educación leva suprimidas 64 escolas e 437 unidades. "Todo isto mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados ao ensino privado". Para o sindicato é concluínte que o actual goberno galego segue adiante coa política de "desmantelamento do ensino público, antepoñendo os criterios economicistas á calidade da educación". |
NOS_21471 | Cada novo banco público debe estudarse con tino pois supón unha imposición: sente vostede aquí. A elección do modelo axeitado e a súa posición estratéxica basean o seu éxito. Un banco é un elemento de relación que amplía as posibilidades da rúa. En demasiadas ocasións é usado como un adorno depositado en espazos desagradábeis, onde non moleste. Semellan bancos-pantasma para non sentar, como o céspede-óptico para non pisar | Un banco ou uns bancos provocan o descanso e o encontro, ameazan os tempos de produción e consumo que estimula o gran corredor urbano cada vez máis preto de se converter nun centro comercial máis. Para coñecer a dose de descanso público-privado á intemperie abonda con pensar en se pasamos máis tempo sentados nos bancos ou nas terrazas que ocupan as mellores localizacións. Esixir a instalación dun banco ou denunciar a súa desaparición sinalaría a súa relevancia. A súa presenza e condicións ou a súa ausencia é unha cuestión política e social, ademais de técnica. O descanso non só se precisa durante o lecer ou entre a xornada laboral, é necesario acotío para as persoas coidadas e coidadoras ou maiores. Avergoña atopar bancos imposíbeis, elementos sen respaldo como apoio urxente, tristes e preventivas cadeiras individuais ou miserábeis mecanismos aporofóbicos. O banco útil é aquel ao que voltamos, ao que convidamos e facemos cada vez máis noso. Ás características esixíbeis do asento como a calidez, a comodidade, a resistencia e a versatilidade, podemos engadirlle ademais que permita múltiples e inesperadas apropiacións onde comer, durmir, conversar, teclear etc. Máximo potencial de uso co mínimo material. Non existen nunca malos usos e se cadra aínda menos cando o deseño é bo. A falta dun catálogo urbano, cada nova corporación, compite en imposíbel orixinalidade ou absurda marca e impón os seus gustos, convertendo as rúas en depósitos de malos deseños. Elixir un banco e situalo non é ningunha broma. A diversidade é desexábel só a cambio de que a calidade sexa equivalente, xa que os modelos con garantías son escasos. Ser conscientes diso levou hai anos a Barcelona a fixar varios deseños propios case insuperábeis. Garantir o éxito é repetir o indiscutíbel, como cos bancos simples ou de dobre orientación de listóns ou os eficaces de tres táboas. Sobre a súa localización, ademais de responder á orientación ou vistas existen outros motivos evidentes como: a sombra matizada e defensa do arborado, ofrecer un lugar de encontro ou un gran solarium, preservar o punto de mellor perspectiva; ou máis íntimos: ver sen ser vistos, estar a cuberto, sitios de vertixe ou lugares secretos e escondidos xamais inaugurábeis. Por outra banda, por que ancoralos e non observar no seu movemento que vaian atopando o seu sitio? Ir máis aló da súa colocación sería converter os bancos do Proxecto do Descanso Urbano en elementos que ordenan e definen os espazos sen privilexios de barrio: entre plantacións, en esquinas estratéxicas, en parladoiro, en bordos urbanos, contra muros ou contencións etc. Unha planificada frota dos mellores bancos para todas as idades, usos e tempos onde poder sentar a descansar e esperar, porque sempre pasa algo. |
PRAZA_16866 | Esta fin de semana Compostela acollerá unha completa programación para conmemorar a importancia histórica deste xantar que uniu a estudantes e obreiros 162 anos despois da súa celebración. Unha mesa redonda, un desfiile teatral, roteiros, foliadas, recitais, unha feira do libro e, por suposto, un xantar popular. | O 2 de marzo de 1856 Conxo (hoxe barrio compostelán, daquela aínda concello independente) acolleu o hoxe coñecido como Banquete de Conxo, no que un grupo de estudantes (daquela procedentes na súa maioría das clases acomodadas) lle serviron a comida a artesáns, compartindo pan e mesa cos integrantes da clase traballadora. Esta confraternización funcionaba como símbolo e espertou o rexeitamento e a preocupación entre as autoridades e os sectores máis poderosos da sociedade compostelá da época. Organizado entre outros por Luís Rodríguez Seoane, no xantar participaron Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal. E os tres leron un discurso (un brinde) ao seu remate. "O Banquete de Conxo ten un gran significado histórico, está relacionado cos banquetes da revolución francesa de 1848, que é a primeira revolución liderada polas clases traballadoras. Hai que entender que nese momento os partidos políticos eran ilegais e tamén o eran os seus actos. Así que o que facían as agrupacións era utilizar actos de convocatoria masiva e lanzar alí discursos, sobre todo en funerais e en banquetes", destacaba hai uns meses o investigador Xurxo Martínez González, que atopou o pasado ano o brinde de Rodríguez Seoane, ata entón desaparecido. "No lo dudéis, del pueblo defensores/ El porvenir se encierra en vuestras manos/ Atrás! nobleza, títulos y honores/ Y oiga el mundo una voz, la voz de hermanos" é unha das estrofas daquel brinde con tanto contido político. "Iso é o que se tenta reproducir en Conxo: unha unión de clases sociais, entre artesáns -que é unha clase en transformación cara ao proletariado- e o estudantado cunha conciencia ao redor das ideas do Partido Demócrata. Cando se atopan todos estes factores é como cando se achega unha chispa a unha caixa de pólvora", subliñaba Martínez. Esta fin de semana Compostela acollerá unha completa programación para conmemorar a importancia histórica do Banquete de Conxo, 162 anos despois da súa celebración. Xa o pasado sábado un paseo histórico-teatral a cargo de Os Quinquilláns, con acompañamento musical de Luís Caruncho, devolveu Santiago por unhas horas ao século XIX. Este sábado 21 e domingo 22, ademais da celebración dun Mercado do Libro e da Artesanía e dunhas Xornadas Gastronómicas en numerosos establecementos da cidade, haberá mesas redondas, recitais poéticos, concertos e foliadas, visitas teatralizadas e roteiros. E, por suposto, un xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños, o domingo ás 15 horas na Carballeira de Conxo, recreando o Banquete orixinario. Recoméndase asistir ao xantar popular traendo os alimentos e bebidas da casa. Unha mesa redonda o sábado, un desfile teatral dende o centro de Santiago ata Conxo o domingo e, por suposto, un xantar popular, entre as actividades programadas O Banquete de Conxo foi un evento "simbólico e significativo para Santiago e para Galicia dende o punto de vista literario e político", destacou o alcalde compostelán Martiño Noriega na presentación das actividades. O sábado ás 17 horas no CSC de Conxo a mesa redonda Que foi o Banquete, que é Conxo, conducida por Marcos Lorenzo, afondará nestes elementos a través das intervencións de Xurxo Martínez ("A importancia histórica do Banquete"), Juan José Lema ("Rememorando o Concello de Conxo"), Encarna Otero ("O Conxo que vivimos: últimas décadas até hoxe") e Mercedes Franqueira ("Os desafíos de Conxo: de hoxe en diante"). Así mesmo Os Quinquilláns, acompañados doutros colectivos, realizarán o domingo ás 11 horas un desfile teatral desde o centro de Santiago ata Conxo, baixo o título de "Alá van estudantes e artesáns". Ás 12.45 Marisa Álvarez lerá o Pregón da Festa do Banquete diante do CSC de Conxo. Ás 13 horas o desfile teatral continuará ata a Carballeira. Ademais, o sábado ás 12 horas e o domingo ás 18.30 o editor Henrique Alvarellos realizará unha visita guiada "ao bosque do Banquete", o espazo natural no que tivo lugar o evento histórico, e que foi xa debullado no libro Os últimos carballos do Banquete de Conxo, unha obra que identifica e describe o lugar no que se realizou o xantar. Neste vídeo Alvarellos convida a participar nos actos de conmemoración. O escritor, xornalista e editor Henrique Alvarellos (@QAlvarellos) é un dos autores do libro 'Os últimos carballos de Conxo" e veciño do barrio dende hai uns anos. Hoxe convida a celebrar a #festadobanquete nesta paraxe única de #Compostela que albergou o #banquetedeconxo. pic.twitter.com/wCTaw9tXtr — Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) 17 de abril de 2018 Programa do Banquete de Conxo 2018 (.pdf) |
NOS_20873 | O Grupo Riesgo reconduce parte da organización de Alu Ibérica e muda algúns cargos, como o de dirección de recursos humanos. | A empresa Alu Ibérica, antiga Alcoa na Coruña, anunciou que está "a reorganizar equipos" na súa planta galega e en Avilés coa intención de reforzar o seu compromiso coa "continuidade" de ambas. Por este motivo decidiu nomear onte novo director de Recursos Humanos. Segundo asegura nun comunicado, a compañía amosa a súa intención de que se convertan en "referencia a nivel europeo na produción de aluminio verde circular". Neste sentido, fontes da directiva da compañía aseguran que están a ofrecer formación ao seu persoal en "novas técnicas de traballo" para avanzar na "reformulación" das tarefas a realizar nas fábricas e tamén que están a proceder á contratación de novas directivas e directivos para a empresa. Anuncios en tempos de críticas do comité No comunicado, remitido aos medios de comunicación, infórmase da incorporación de Francisco Jesús de Francisco Corbella como director de Recursos Humanos na Coruña e Avilés. A compañía detalla que ten "profundos coñecementos" en prevención de riscos laborais e unha "experiencia" en xestión de persoal de case dúas décadas. Este nomeamento anunciado por Alu Ibérica supón, segundo as mesmas fontes da compañía, "un paso máis no proxecto de reconstrución das plantas" e mostran o avance, aseguran, "para alcanzar a etapa de evolución que anunciamos desde que aterramos na Galiza e Asturies". Estes cambios mostran unha seria preocupación por parte da empresa da imaxe que está a dar a empresa nos últimos meses após varias denuncias realizadas polos sindicatos a través do comité e que obrigaron o Grupo Riesgo, xestor na actualidade das plantas, a pagar as súas débedas coa Seguridade Social. |
NOS_16220 | Un eurodeputado dos Verdes pregunta na Comisión polo financiamento de actividades en que se promoven "o sangue e morte de animais como forma de ocio" | O curso de caza que a Sociedad Deportiva de Caza y Pesca organizou en Fornelos de Montes --Pontevedra-- "dirixido especialmente a menores de idade" chegou ao Parlamento Europeo. O eurodeputado verde Raül Romeva i Rueda preguntou á Comisión se destinara fondos estruturais a algunha organización dedicada á caza, á súa promoción ou impulso, alén de preocuparse pola opinión que lle merece ao órgano a realización destas actividades dirixidas a persoas menores de idade. O político alemán acompañou a súa pregunta da denuncia de dos destes cursos: o de Fornelos e outro en España. "Camuflados como actividades na natureza, contemplan conferencias e aulas prácticas no que supón un adoutrinamento nunha actividade para a que non teñen madurez dabondo nin idade legal para participar". A Lei de Caza non permite que se practique esta actividade até os 16 anos. Con todo, cómpre sinalar aquí que esta normativa sufriu unha modificación a comezos do 2012, cando o daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presentou o Anteproxecto en que se rebaixa aos 14 anos a idade mínima requirida para obter unha licenza co obxectivo de "garantir o relevo xeracional". O curso de Fornelos realizouse xa en 2011 e a segunda edición será este verán, prestando as súas instalacións un centro social. No cartaz promocional aparece a imaxe dun neno "en plena natureza, amosando unha situación completamente afastada do que supón a caza: sangue e morte de animais como forma de ocio", sinalou Romeva i Rueda. Respecto da outra iniciativa, unha 'campaña educativa' para promover a caza nos centros escolares organizada en Castilla y León, o eurodeputado alemán contrapuxo o dato de que en 2011 o orzamento dedicado a Educación Ambiental alí "ficou reducido a cero euros", para alén de que a actividade da caza "é reprobábel" e xera un impacto ambiental "evidente" a través da contaminación que causa a munición. |
PRAZA_2638 | Os vindeiros meses definirán a envergadura dos apoios políticos e sociais das propostas que están alimentando unha boa parte do debate político actual. | Cando se cumpren 40 anos daquel 20 de novembro de 1975 caben varias alternativas para celebrar esa redonda cifra conmemorativa. Poden realizarse novas achegas ao catálogo de análises históricas do período que naceu coa sublevación militar encabezada por Franco no ano 1936. Caben, tamén, relatos singulares que combinen as experiencias persoais coas inevitábeis referenciais ao cadro político-social vixente na España franquista. A miña particular traxectoria vital colócame, obviamente, na segunda das opcións sinaladas. Formei parte dunha desas organizacións que naceron nos últimos anos do franquismo e que representaron a vontade militante dun sector da mocidade que desexaba o remate da ditadura e o cambio radical das relacións económicas e sociais vixente no Estado español nos anos 60 e 70 do pasado século. Inspirados na resaca do Maio de 1968 e de moitas outras loitas liberadoras que percorrían o mundo, pretendiamos facer a revolución sen ter un coñecemento suficientemente contrastado a respecto do corpo social a quen nos dirixiamos para conseguir a súa complicidade activa. A morte de Franco marcou un punto de inflexión. Alimentou a enerxía para conseguir unha boa parte do que tiña motivado o compromiso militante adoptado previamente. Porén, abriu a porta ao choque traumático entre os plans construídos na loita clandestina e a realidade dun panorama social que ficou retratado nas eleccións xerais de xuño de 1977 e confirmado nos comicios de 1979.As cousas non eran como pensabamos. Os esforzos entregados e a represión padecida non tiveron as contrapartidas soñadas. O desencanto pasou a formar parte dos sinais de identidade do universo humano que tiña participado na primeira liña da confrontación co réxime da ditadura. A resaca da frustración deu paso a un proceso no que era necesario combinar un esforzo analítico dotado de maior realismo co mantemento dun espírito crítico capaz de sustentar unha vontade de transformación radical da sociedade que nos tocaba vivir. O golpismo militar exhibido o 23 de febreiro de 1981 e o espectacular triunfo electoral do PSOE no outono de 1982 supuxeron un final da transición posfranquista pouco apto para aquelas persoas que desexabamos instaurar un sistema democrático de moita maior calidade. A chegada de Felipe González á Moncloa marcaba definitivamente os limites do cambio iniciado no ano 1976 e certificaba, ademais, o forte desprazamento sufrido por todas as opcións que, habitando no campo da esquerda, non compartiamos o pensamento e a práctica dominantes no Partido Socialista. O paso do tempo permitiu construír unha explicación acaída do éxito da chamada transición política española (e, xa que logo, do fracaso da creba democrática invocada nos idearios da oposición antifranquista). A chave foi a concorrencia de dous factores decisivos:as importantes renuncias programáticas asumidas polos dirixentes do PCE e do PSOE e a inexistencia dunha forza social capaz de manter a perspectiva rupturista e neutralizar as alternativas pactistas de Carrillo e González. O medo a unha repetición da dinámica de confrontación vivida entre 1936 e 1939 facilitou o pacto entre UCD, PCE e Partido Socialista e propiciou o consenso básico cristalizado na Constitución de 1978. Cando hoxe se fala de levar adiante unha segunda transición resulta evidente a grande indeterminación que se agacha debaixo de semellante proposición. Para quen fomos derrotados hai agora 40 anos, cambiar o esqueleto constitucional ten un significado substancialmente diferente ao que propón, por exemplo, Albert Rivera. Os vindeiros meses definirán a envergadura dos apoios políticos e sociais das propostas que están alimentando unha boa parte do debate político actual. |
PRAZA_7049 | Un xulgado de Santiago está a piques de rematar a instrución da presunta trama de contratos irregulares para a restauración de bens eclesiásticos que sentará no banco dos acusados a funcionarios, cregos e empresarios. O caso estourou definitivamente coa denuncia da veciñanza de Paraños (Covelo) pola entrega da casa reitoral da parroquia ao presunto líder da rede, un antigo traballador da Consellería de Cultura. | "Un follón que armaron cuatro de estos que no van nunca a misa". Quen fala é José Sobrino, antigo párroco de Paraños, no Concello de Covelo. O seu interlocutor é José Manuel Pichel, arquitecto do Xacobeo. A conversa telefónica prodúcese a finais do verán de 2009 e está sendo gravada polos axentes que investigan a Operación Retablo, a trama de presunta corrupción supostamente liderada por Carlos Gómez-Gil, o restaurador que, como funcionario da Consellería de Cultura, repartía traballos de restauración de bens eclesiásticos entre empresas afíns a cambio de mordidas en metálico e especie, di a investigación. Entre as prebendas obtidas por Gómez-Gil, segundo recolle a instrución do caso, estivo a venda "en condicións moi vantaxosas" da casa reitoral de Paraños por 60.000 euros, unha operación "polos servizos prestados" á Igrexa que a veciñanza da parroquia levou en 2009 ao xulgado e que fixo estourar definitivamente o caso, instruído polo xulgado de instrución número 3 de Santiago e polo que está a piques de sentar no banco dos acusados unha ducia de persoas entre as que se atopan funcionarios, empresarios e cregos. A asociación veciñal de Paraños decidiu acudir á Xustiza despois de que, a comezos de 2009, se decatasen de que a reitoral da parroquia, a mesma que estiveran coidando e mantendo cos seus propios cartos durante décadas, estaba á venda en internet por case 700.000 euros. Iso sucedía tras varios anos nos que a casa viñera sendo empregada como segunda vivenda por Gómez-Gil. O párroco, explican a Praza Pública fontes da acusación particular, exercida pola asociación, alegaba ante os veciños que se lle permitía por ser un alto funcionario da Xunta, ocultándolles que poucos meses antes, a finais de 2008, formalizara nunha notaría de Vigo a venda da vivenda e da súa parcela duns 4.500 metros cadrados polos devanditos 60.000 euros, que o suposto líder da trama só comezou a pagar cando a investigación xa estaba en marcha. A rede adxudicaba restauracións de bens eclesiásticos a empresas afíns a cambio de 'mordidas', segundo a investigación Antes de poñer o asunto nas mans da Fiscalía, explican as mesmas fontes, a veciñanza expuxo a súa indignación ante quen daquela era bispo de Tui-Vigo, José Diéguez, imputado no caso xunto ao párroco, os funcionarios e os empresarios. Diéguez, aseguran, mantivo que o formalizado polo párroco non fora unha venda, senón un alugueiro. Así e todo, esta versión desmontouse a pouco tempo e a diocese tudense pasou a alegar que a venda se formalizara a un prezo tan baixo porque a vivenda se atopaba en situación de ruína. No entanto, neses anos Gómez-Gil gozara de diversos arranxos "ornamentais" e de lecer na casa, tales como a construción dun porche e dunha piscina ou a plantación de céspede que correran a cargo, din os investigadores, das empresas ás que beneficiaba con adxudicacións dende a Xunta. A veciñanza denunciou o caso tras detectar que o presunto líder da tama puxera á venda por 700.000 euros a reitoral da parroquia, que supostamente lle mercara ao bispado por 60.000 Lonxe da versión do párroco, explican os representantes legais da veciñanza, as persoas mais "doídas" por este suceso eran, precisamente, as "máis relixiosas" da zona: as irmás Sara e Leonisa, a señora Argentina e, sobre todo, María Ferreira, a anciá que en 2009 estaba a piques de facer 80 anos e que era a principal responsable de atender a reitoral dende que, a mediados dos 90, deixara de ser a vivenda dos cregos. A coñecida por todos como Maruja era a principal testemuña de que a casa estaba perfectamente "habitable" e que a ruína alegada polo bispado era un "engano". Por iso pouco antes de falecer por mor do cancro que lle diagnosticaran solicitou declarar no xulgado onde, explica o letrado da veciñanza, "refutou por completo o que argumentara o bispo". Dende os tempos de Fraga A suposta venda da reitoral de Paraños foi, segundo este amplo sumario, a "dádiva" máis rechamante recibida polo presunto líder dunha trama que se remonta a finais do mandato do Goberno Fraga, no ano 2003, e que chegou a mover máis de 2 millóns de euros en contratos públicos. Segundo a Fiscalía Gómez-Gil impuxo "unha práctica de imposición de proxectos de restauración a determinadas empresas", ás que "asesoraba" sobre as condicións que terían que ofertar para seren contratadas dende a Consellería de Cultura ou dende o Xacobeo, onde actuaba de "común acordo" con el o arquitecto José Manuel Pichel, quen tamén, di o Ministerio Público, recibía cartos e contrapartidas en especie, caso por exemplo dunha "vaca de valor incerto", pero en todo caso "superior aos 1.000 euros". A Xunta do bipartito comezou a investigar o caso en 2007 e levouno á Fiscalía O incremento do patrimonio por vías presuntamente ilícitas permitiulle a Gómez-Gil, di a Fiscalía, levar un "nivel de vida moi superior ao que procedería dos ingresos na súa calidade de funcionario". Ese aumento patrimonial e as denuncias das empresas que eran sistematicamente excluídas dos traballos de restauración levaron a Xunta do bipartito a abrir unha investigación en 2007 e a poñer o caso en coñecemento da propia Fiscalía. Gómez-Gil, que chegou a atribuír a investigación a unha manobra do BNG por ser el "de fuera y no hablar gallego", foi afastado da contratación pública e actualmente traballa nun museo de Cartagena (Murcia), pero Pichel, cuxa presunta implicación foi detectada a través das escoitas telefónicas, aínda seguiu xestionando fondos públicos ata finais de 2009, xa con gabinete de Alberto Núñez Feijóo no poder. A comezos de 2010 o xulgado dirixiuse ao Goberno para pedir información sobre varias das obras investigadas e o departamento de Cultura, daquela dirixido por Roberto Varela, retiroulle a Pichel as súas funcións. Apoio político á veciñanza, que teme pola casa As partes agardan que no ano 2015 chegue finalmente o xuízo deste caso, no que a Xunta tamén actúa como acusación. Ante este proceso a Fiscalía acusa nove persoas, entre elas Gómez-Gil, Pichel, o párroco e o ecónomo do bispado, Benito Estévez, se ben reclama que se arquiven os cargos contra o ex bispo de Tui-Vigo. A veciñanza, pola contra, ve o antigo bispo implicado nun delito de suborno, toda vez que, din, as conversas telefónicas intervidas por orde xudicial acreditan que o bispado, o párroco e Gómez-Gil "acordaron" ofrecer ante a Policía e ante os veciños as mesmas "escusas" para xustificar a teórica venda da reitoral: que esta se atopaba en ruínas, toda vez que "non podían dicir que o prezo irrisorio era polos servizos prestados", indica o escrito de acusación, no que ademais se indica que o feito de que Gómez-Gil achegase 10.000 euros como suposto primeiro pagamento pola casa non foi máis que un intento de "disimular o suborno". A veciñanza solicita que a Comunidade de Montes poida asumir o coidado da reitoral ata a fin do proceso Neste contexto a asociación veciñal e a súa batalla legal, que conta co apoio de toda a corporación municipal de Covelo -senllas mocións de PP e BNG saíron adiante por unanimidade o pasado maio-, tenta que todas as persoas que propón imputar cheguen a ser xulgadas e, ademais, solicita varias medidas cautelares para garantir a conservación da reitoral, que en 2010 volveu ser propiedade da Igrexa tras alegar o bispado, en plena investigación, que Gómez-Gil non pagara o acordado. As autoridades eclesiásticas manteñen a casa "abandonada" e o pasado inverno mesmo foi "ocupada", explican, polo que o maís acaído sería que a Comunidade de Montes de Paraños se puidese facer cargo dela para "mantela en bo estado de conservación". "Deste xeito -alegan- preservaríase" a reitoral ata que que o xuízo, que se celebrará con xurado popular, determine cal será o seu futuro. |
NOS_19405 | Un seminario na Coruña analiza os retos que ten Galiza á hora de artellar unha economía baseada na proximidade. | Onte clausurouse na Coruña o primeiro seminario de economía de proximidade, que acolleu durante dous días numerosas persoas expertas que analizaron, entre outras cuestións, os retos que ten a Galiza por diante nesta materia. O lugar de realización do seminario foi a sede galega da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), na Fundación Luis Seoane. Alí reuníronse na primeira xornada o profesor da Universidade de París e presidente da European Regional Science Association (ERSA), André Torre; o comisionado do Concello de Barcelona para a política alimentaria e a economía social, Álvaro Porro; a profesora da Universidade da Coruña (UDC) Matilde Massó, ou o economista e director do seminario Marcelino Fernández Mallo, entre outros. Foi este último quen, na súa intervención, abordou a realidade da Galiza e as posibilidades que a economía de proximidade ofrece fronte a grandes desafíos como o cambio climático ou os conflitos territoriais. Segundo destacou Mallo, a Galiza atópase "nunha situación híbrida" no sector alimentario, pois presenta unha "posición sólida" nos produtos de orixe animal, mais unha "debilidade alarmante" nos de orixe vexetal. Neste senso, evidenciou que, mentres no Estado español a superficie dedicada a cultivos vinculados á alimentación humana ocupa 25,5% do territorio, na Galiza esa porcentaxe queda nun "minúsculo" 3,9%, ou que a superficie agraria útil sexa 24%, por 48% da media estatal. Ante esta realidade, o economista avoga por artellar "unha estratexia integral que mobilice a terra, promova os cultivos agrarios nos que o país amosa una extrema deficiencia e proxecte novas iniciativas na industria alimentaria". Sinais de alerta Segundo advertiu Fernández Mallo, existen moitos factores externos como o risco vírico, o cambio climático ou os conflitos territoriais que están a provocar unha ruptura na cadea de abastecementos e a falla de subministración de produtos importantes que deben ser vistas como sinais de alerta sobre "escenarios futuros" nos que a Galiza parte, segundo relata, cun déficit en bens de primeira necesidade. Mais as vantaxes da economía de proximidade non se limitan ao abastecemento de bens, senón que pode axudar a reducir as emisións de CO2 e contribuír ao desenvolvemento local. Así, en materia enerxética, Mallo aposta por "pequenas unidades de xeración descentralizada" por medio de paneis solares ou sistemas de produción comunitaria, fronte a "grandes instalacións hostís co medio ambiente". Nesta liña, Fernández Mallo urxe as Administracións "a tomar cartas no asunto" para reverter esta realidade e preparar o país ante as ameazas que poidan pór en risco a súa soberanía en diferentes eidos. Como recoñeceu nunhas recentes declaracións a este medio, "na Galiza fanse cousas. Están os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), a Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o centro agrario de Mabegondo (Abegondo), pero isto non é suficiente", advirte o economista. |
PRAZA_13283 | María Xosé Porteiro achega as súas ideas sobre a relación entre ecoloxismo e feminismo ao cumio Rio +20 e reflexiona sobre "a coincidencia desta crise coa alarma espertada en moitas conciencias polo cambio climático e pola necesidade doutras formas de producir e utilizar enerxía". | "O nivel de conciencia que se estaba a acadar arredor do cambio climático e do ecoloxismo foi freado brutalmente por unha crise que se nos inocula que non se nos acaba de explicar; temos un medo atroz e a escala de valores e de preocupacións muda; o que antes era inminente agora aparece afastado. Ante unha ameaza créase outra maior, como o desemprego, a falta de traballo". Quen así reflexiona é María Xosé Porteiro, xornalista, escritora e membro do Consello Consultor do Instituto Galego de Análise Documental. A súa reflexión xorde da súa achega ao Encontro Latino Americano de Mulheres,Terra, um planeta mulher, celebrado en Brasilia nesta semana e na que a galega colaborou a través dun vídeo enviado a unha das mesas de debate, centrada na sustentabilidade e as relacións de xénero. "O que antes era inminente, agora aparece afastado; créase unha ameaza maior como o desemprego" Como previa ao importante cumio Rio+20, unha conferencia das Nacións Unidas sobre o desenvolvemento sostible que se celebrará o 13 de xuño, María Xosé Porteiro contribuíu a un debate que pretende achegar propostas de resolución que se incluirán na Carta Brasilia e que, á súa vez, engadirá ao debate global "unha mirada de xénero tan necesaria". A xornalista e escritora galega resume nun documento (Dez por ques e unha conclusión) as súas achegas no que ella considera a relación entre ecoloxismo e feminismo, "dúas visións da humanidade que non sempre van da man e que non sempre se atopan, senón que se desencontran". Así, Porteiro incide na necesidade do "diálogo" e na interrelación entre esas diferentes visións, sobre todo entre estas dúas que, tal e como explica a Praza, son para ela "os dous movementos máis transformadores dos séculos XIX e XX, porque son os que máis preocupan aos sistemas capitalistas e neoliberais, porque afectan o modo no que se entenden a relación de consumo e dos mercados". "O feminismo e o ecoloxismo son os dous movementos máis transformadores dos séculos XIX e XX, os que máis preocupan ao capitalismo" "O feminismo cambia totalmente o sistema que funcionou até hai 50 anos, acabando cun reparto de roles preestablecidos e achegando unha visión diferente á convencional", aclara Porteiro, que engade que o ecoloxismo preocupa tamén ao capitalismo porque "para salvar o planeta hai que cambiar a forma de producir e de consumir e ir cara a unha orde socioeconómica e política totalmente diferente; unha nova orde para que haxa mañá". É por iso polo que María Xosé Porteiro achega o seu punto de vista sobre a integración destes dous movementos, unha integración "que aínda ten moito que andar en Galicia e en España". Ademais, repara tamén na curiosa coincidencia de que "toda esta crise última coincida coa alarma espertada en moitas conciencias pola ameaza do cambio climático e pola necesidade doutras forma, non só de producir enerxía, senón de utilizala". "O que antes era inminente, agora afástasenos", engade Porteiro, que pide na súas conclusións da achega ao debate "empezar de novo". "Na situación actual, iso pode significar renacer", asegura a xornalista e escritora galega, que cre que estamos "volvendo ao punto de partido para reinventarnos como habitantes do planeta terra e para ser parte dunha patria común con alma, alento e intelixencia incluínte por todas as mulleres de todos os territorios, etnias e culturas". "A Terra será Matria ou non será; é o momento de agruparnos todos; esta podería ser a loita final", remata. |
PRAZA_3201 | As administracións públicas temos a responsabilidade de favorecer a convivencia harmónica e a resolución pacífica de conflitos, de aí que moitos concellos esteamos a apoiar ás escolas na conmemoración do Día da Paz | Solta de pombas, lectura de mensaxes, murais, cancións... Incontables actividades sucédense cada 30 de xaneiro nos centros educativos de Galicia e do mundo para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Como é sabido, a data desta celebración coincide coa do asasinato en 1948 do líder pacifista Mahatma Gandhi en Nova Delhi (India). O Día da Paz foi lanzado no Estado español en 1964 polo inspector de educación mallorquino Llorenç Vidal, quen o describiu coma "unha semente de non violencia e paz depositada na mente e no corazón subconsciente dos educandos e, a través deles, na sociedade". Trátase dunha iniciativa pioneira de Educación para a Paz, en época de ditadura, á que se foron sumando cada vez máis escolas e máis países, ata o punto de que en 1993 foi recoñecido e recomendado pola Unesco.As administracións públicas temos a responsabilidade de favorecer a convivencia harmónica e a resolución pacífica de conflitos, de aí que moitos concellos esteamos a apoiar ás escolas na conmemoración do Día da Paz. Así o facemos en Poio, socio ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colaborando con centros de educación infantil, primaria e secundaria nun amplo programa de actividades para "inventar a vacina da paz".Aproveitando que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 2020 Ano Internacional da Enfermería e a Parteira, e que o CEIP Isadora Riestra é unha Escola Asociada da Unesco que este ano está a traballar sobre Isabel Zendal, decidimos vincular ás accións do 30 de xaneiro á figura desta enfermeira coruñesa que en 1803 formou parte nunha expedición esencial para acabar co azoute da varíola nas colonias españolas de América e das Filipinas. Ela foi a única muller que participou nesta histórica xesta, asistindo aos 21 nenos recollidos en casas de expósitos que portaron a vacina nos seus propios corpos.A día de hoxe moitas doenzas están erradicadas grazas á prevención, pero na actualidade persisten outro tipo de enfermidades, como as que provoca a carencia dunha vida pacífica. Por iso o alumnado do Concello de Poio ten a misión de atopar a vacina da paz, para o que deberá buscar un nome, especificar os compoñentes, as doses... Todos eses antídotos irán metidos nun cofre que viaxará polo mundo a bordo dun barco pesqueiro para facelos chegar a todos os recunchos. Ademais, a rapazada prepara pancartas, poemas, coreografías, etc. que compartirán nun gran acto con toda a comunidade educativa. Trátase dun novidoso xeito de traballar arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible impulsados por Nacións Unidas e asumidos tamén como folla de ruta polo Fondo Galego. Concretamente, incídese no número 3, que promove a saúde e o benestar, e no número 16, que avoga pola paz, a xustiza e as institucións sólidas. Deste xeito, o ODS 16 vai moito máis alá de evitar as guerras, e establece que o acceso á xustiza ha de ser universal e que as institucións deben ser responsables, polo que resulta necesario acabar coa corrupción existente no poder xudicial e a policía de moitos países. Ademais, cómpre pór fin á violencia, o tráfico de armas e a delincuencia organizada. Así mesmo, as nenas e nenos teñen dereito a seren rexistrados ao nacer e débense protexer as liberdades fundamentais de todas as persoas.Son metas moi ambiciosas, pero todas e todos podemos contribuír á creación dunha sociedade pacífica e inclusiva, na que non teñan cabida as agresións nin a discriminación. O Día Escolar da Non Violencia e a Paz pode ser unha boa data para facer visible esa pequena achega. |
NOS_29876 | Centos de persoas participaron na asemblea aberta convocada polo BNG en Compostela no marco do proceso 'Construíndo futuro'. | Perto de 200 persoas ateigaron na quinta feira (18 de setembro) a Aula 4 da Facultade de Filosofía. A asemblea aberta convocada pola comarca do BNG de Compostela xuntou numerosas voces para debater sobre o actual estado de cousas, as mudanzas que se están a producir no terreo político, electoral, económico e social mais tamén, arredor dos cambios que han de producirse no seo das organizacións políticas para recuperar a credibilidade e o apoio social. Por volta das 20.15 horas e cun bocadiño de retraso comezaba a asemblea aberta. Riba da mesa non había orde do día ou un plan de traballo senón, a vontade de partillar ideas, confrontar pareceres e escoitar a todas aquelas persoas que quixesen achegar a súa perspectiva a respeito dos cambios que se están a producir. Moitas foron as voces que se ergueron para valorar o traballo desenvolvido polo BNG ao longo dos últimos anos, mais tamén, outras tantas para retrucarlle á organización frontista non ter sido capaz de abranguer e canalizar o descontento social xerado após o estourido da crise económica. Algunhas das intervencións reclamaron mudanzas no seo da fronte nacionalista e unha maior "escoita activa" e "participativa" que rache coa rixidez que, sob o seu ponto de vista, foron adoptando as súas estruturas ao longo dos seus 34 anos de existencia. Algunhas das intervencións reclamaron mudanzas no seo da fronte nacionalista e unha maior "escoita activa" A crítica construtiva mesturouse co recoñecemento pola convocatoria do proceso 'Construíndo futuro' que o BNG lanzou co obxectivo de pór en común coa cidadanía as análises e diagnoses da actual situación política. Un feito que estivo marcado pola inminencia das eleccións municipais e o xurdimento de novas propostas electorais como as denominadas Mareas. Algunhas das persoas que tomaron a palabra propuxeron ao Bloque sumarse a estes proxectos mais do intercambio de opinións saíu reforzada a aposta na concorrencia dunha candidatura nacionalista á que @s asistentes chamaron a se sumar a todas aquelas persoas e forzas políticas que teñan no cerne da súa acción política afortalar e reforzar o proxecto nacionalista. No seo do debate, unha idea que percorreu a sala, "este é un punto de partida, non o final". Unha idea que reflicte a vontade d@s nacionalistas por dar continuidade a estes encontros abertos cos que recompilar opinións diversas --dentro e fóra da súa militancia-- para encarar o futuro máis inmediato, mais tamén, a longo prazo. |
NOS_5760 | Oriol Junqueras será o candidato de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) ás eleccións xerais. Ademais, na mañá desta quinta feira era confirmado candidato da Alianza Libre Europea -onde se integra a coligazón de BNG, ERC e EH Bildu-. | ERC elixiu Oriol Junqueras -xa confirmado cabeza de cartel ás eleccións europeas- como número 1 ás eleccións xerais. Así, o anunciou na tarde desta quinta feira Marta Vilalta, portavoz da formación política, quen expresou que Junqueras recunca como candidato porque "é a mellor maneira de denunciar a situación de retroceso da democracia e de represión á que nos levou o Estado español". Gabriel Rufián acompañará na candidatura ás Cortes Xerais do Estado o ex president da Generalitat, que está a ser xulgado por rebelión no Tribunal Supremo. A excepcionalidade do momento obriga a tomar a decisión, explicou Vilalta, "queremos combater a represión. Por iso, desde ERC decidimos que cada vez que haxa eleccións e mentres continúe esta situación, presentaremos como candidato o president (de ERC) Oriol Junqueras". A candidatura do preso político prodúcese após o adeus de Joan Tardá do Congreso. Junqueras xa fora desde a cadea candidato á presidencia da Generalitat. Hoxe mesmo a Alianza Libre Europea elixía Junqueras como aspirante á Comisión Europea. |
NOS_4514 | Os Premios da Crítica de Galicia 2019 contan con oito modalidades e entregaranse o vindeiro 9 de novembro en Vigo co obxectivo de recoñecer labores individuais e colectivos que achegan novas propostas nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación na Galiza. | A Asociación Premios da Crítica de Galicia convoca unha nova edición deste galardón cuxa finalidade é facer público o recoñecemento de labores individuais e colectivos no marco da cultura galega que cada ano achegan propostas de importancia aos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación na Galiza. Pódense presentar á convocatoria todas aquelas obras premiábeis en cada modalidade, a cargo das súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras antes do 27 de setembro de 2019. Ademais, cada persoa integrante dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto das e dos membros. A finalidade é facer público o recoñecemento de labores individuais e colectivos no marco da cultura galega As propostas que se desexen apresentar deberán dirixirse ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo [email protected] Na modalidade de Creación literaria a secretaría ocúpaa María López Sández, en Investigación Jorge Mira Pérez, en Iniciativas Culturais e Científicas Alba Nogueira López, na modalidade de Música Ernesto Sánchez Pombo, en Artes Plásticas Xavier Limia de Gardón, en Artes Escénicas Paula Cabaleiro Comesaña, en Cine e Artes Audiovisuais Mariana Fernández Carballal, e en Cultura Gastronómica Inma López Silva. Na modalidade de creación literaria considéranse premiábeis todas aquelas obras de narrativa, poesía, ensaio e textos dramáticos, incluíndo a creación literaria infantil e xuvenil, editadas en lingua galega entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. En Investigación pódense apresentar obras resultado dunha investigación contrastada e rigorosa ou desenvolvementos e fitos tecnolóxicos. O xurado valorará a vinculación do obxecto da investigación coa Galiza. Na modalidade de música poderán concorrer traballos de composición, interpretación e compilación musical editados en formato de partituras, discos ou comunicados publicamente en Internet entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, así como as composicións e obras musicais estreadas nese período e os labores interpretativos nos que concorran características que lles confiran unha recoñecida proxección ao longo do mesmo período. Así mesmo, considéranse premiábeis todas aquelas persoas que, tendo unha traxectoria iniciada con anterioridade, ofrecesen dentro ou fóra da Galiza un fito destacado na música durante o ano 2018. Na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas son premiábeis feitos ou labores que, emprendidos por persoas, asociacións, empresas, entidades ou institucións, destacasen na defensa, pulo ou espallamento da cultura e da ciencia galegas e que, podendo ser consecuencia dunha traxectoria iniciada con anterioridade, permanecesen vixentes durante o ano 2018. Nas Artes Plásticas poderanse apresentar traballos de pintura, escultura, ilustración, fotografía, arquitectura e deseño que fosen realizados, presentados en exposicións ou comunicados publicamente de forma presencial ou virtual entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Do mesmo xeito que na modalidade anterior, serán premiábeis persoas que, tendo unha traxectoria iniciada con anterioridade, ofrecesen dentro ou fóra da Galiza un fito destacado no eido das artes plásticas e visuais durante o ano 2018. Nas Artes Escénicas considéranse premiábeis nesta modalidade todos aqueles traballos de teatro, danza, maxia e circo, estreados de forma presencial ou virtual entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Así mesmo, tamén entrarán a concurso todas aquelas artistas do eido das artes escénicas que, tendo unha traxectoria iniciada con anterioridade, ofrecesen dentro ou fóra da Galiza un fito destacado durante o ano 2018. Na modalidade de Cine e Artes Audiovisuais son premiábeis traballos de cine, vídeo, televisión, videocreación e outras expresións das artes audiovisuais, estreados ou comunicados publicamente de forma presencial ou virtual entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Do mesmo xeito, tamén se poderán apresentar todas aquelas artistas do eido do cine e artes audiovisuais que, tendo unha traxectoria iniciada con anterioridade, ofrecesen dentro ou fóra da Galiza un fito destacado durante o ano 2018. A modalidade de Cultura Gastronómica premiará aquelas iniciativas de cultura gastronómica desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018 e as persoas e entidades do eido da cultura gastronómica que ofrecesen dentro ou fóra da Galiza un fito destacado durante o ano 2018. |
NOS_31005 | A suba parcial das pensións nin soluciona nin garante o sistema público, denuncian desde a CIG. | Pensionistas e persoas xubiladas mobilizáronse en cidades e vilas galega, convocadas pola CIG, para exixir a derrogación das reformas, que as mínimas se igualen o SMI e revalorización co IPC. Xunto a isto denunciaron que a suba aprobada nos orzamentos do pasado mes de xuño "non soluciona nada" e exixiron, entre outras cuestións, que as pensións mínimas sexan iguais a 60% do salario medio, ademais de fixar por lei a súa revalorización co IPC. De por parte, o sindicato nacionalista a través do seu representante institucional no INSS, vén de demandarlle ao secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, a derrogación da reforma das pensións para non perder definitivamente o dereito á xubilación parcial aos 61 anos. A reforma de 2011 aprobada polo Goberno de Zapatero co apoio de UGT, CCOO e a patronal, supuxo a eliminación do dereito á xubilación parcial aos 61 anos, fixando un período transitorio que remata o próximo 31 de decembro |
NOS_867 | As marcas deseñadas por Isaac Díaz Pardo (1920-2012) para as súas empresas, laboratorios e seminarios, son do mellor que fixo no deseño gráfico. | Teño para min que os símbolos de identidade corporativa, as marcas deseñadas por Isaac Díaz Pardo (1920-2012) para as súas empresas, laboratorios e seminarios, son do mellor que fixo no deseño gráfico. Mesmo así non sei ben se aclaran ou embazan o labirinto tecido por el mesmo arredor de si, nunha complexa participación dunhas sociedades nas outras, unha ensarillada na que ao fin todas son –eran– o mesmo Isaac Díaz Pardo, un e trino. Na época na que Isaac deseña este símbolo aínda existía a identificación das antas coa cultura celta, de aí que un castro, o Castro de Samoedo, lugar onde se estabelece a empresa, poida ser grafado cunha anta Constato nun folleto aquí reproducido que en 1967 tiña xa deseñadas as tres primeiras marcas e algunha delas, como a do Laboratorio de Formas, foi aplicada por el mesmo a outras extensións da súa constelación como o Museo Carlos Maside e ás Ediciós (sic) do Castro, como tamén a do Seminario de Sargadelos serviu nalgún momento para a Escola Libre de Cerámica ou para o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Creo que tanto polos temas nos que sustenta a súa conceptualización, como na súa resolución gráfica de ponderado branco e negro, acada certamente a excelencia do xénero. Cerámicas do Castro. Empresa creada en 1949, o símbolo aparece xa nas primeiras pezas da fábrica, véxase o xarrón reproducido arriba, que mostra un rudimentario escudiño coa sintética anta, un trilito, tal como a pintaba o seu pai, Camilo Díaz Baliño, por exemplo, nas emblemáticas capas dos libros LAR. Enténdase que na época na que Isaac deseña este símbolo aínda existía a identificación das antas coa cultura celta, de aí que un castro, o Castro de Samoedo, lugar onde se estabelece a empresa, poida ser grafado cunha anta. Foi redeseñado para darlle máis mancha, harmonizándoo coas novas marcas do grupo. Laboratorio de Formas. Creado en 1963, na Arxentina, entre Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane como o think tank do grupo. As formas da marca parecen inspiradas na planta dun castro como o de Samoedo, debuxado por Florentino López Cuevillas xa en 1925, e no típico botixo de Buño, que Seoane utilizara xa en 1964 nun cartel coma tema 'céltico' en Buenos Aires. É sen dúbida o símbolo máis popular de Isaac, imitado, copiado e reproducido mesmo en xoias comerciais, por entender que é unha forma tradicional 'celta' da Galiza. Sargadelos. Empresa creada na Arxentina en 1964, comeza a funcionar en 1970 na Galiza, no lugar de Sargadelos. Isaac deseña un símbolo basado na marca da primeira época das Reales Fábricas de Sargadelos e tamén nos símbolos solares da Cultura Castrexa. Seminario de Sargadelos. Empresa creada en 1972 como entidade reitora do grupo de empresas. A espiral, que xa utilizaba como símbolo de identidade a Unión do Povo Galego, cando menos desde 1963, é incorporada por Isaac como símbolo con raíces nos petróglifos da Idade do Bronce e nas formas xeradas polos tornos dos oleiros. Laboratorio de Industria e Comunicación. Entidade creada para un edificio con máis de 6.000 m², levantado no Castro de Samoedo en 1972. Isaac utiliza aquí directamente os seis roeis do escudo dos Castro. |
NOS_24087 | "Seoane. O creador na súa tinta", de Carlos Taboada e Enrique Mauricio, chega a Compostela da man da Asociación Cultural O Galo a próxima cuarta feira, 26 de xuño, cunha presentación e posterior roteiro. | A A.C. O Galo presentará a próxima cuarta feira, día 26, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, Compostela) o libro Seoane. O creador na súa tinta, primeira parte da banda deseñada de Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Será ás 19 horas e media hora após comezará un roteiro polas rúas da cidade para coñecer os principais lugares onde o célebre pintor desenvolveu a súa vida como estudante de Dereito da USC. O libro dá conta dos primeiros anos da vida do polifacético creador e a partir de textos do propio Seoane e de persoas próximas a el, dá vida e fai memoria da súa etapa de estudante en Compostela, das súas influencias, experiencias, primeiros traballos e pensamento até o seu exilio na Arxentina após o golpe de Estado de 1936. Tomarán a palabra no acto os propios autores, que en 2008 crearon o colectivo "Polo Correo do Vento", especializado en actividades para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística. |
NOS_45909 | O pleno da Deputación da Coruña vén de aprobar unha iniciativa para demandar á Xunta a creación dun observatorio desta problemática. Ademais, solicita a redacción dunha Lei do Xogo para paliar as condutas dependentes decorridas, entre outras cuestións, pola proliferación dos negocios de apostas. | O pleno da Deputación coruñesa sacou adiante esta sexta feira unha moción para exixir á Xunta da Galiza que artelle un observatorio da ludopatía na mocidade, nun momento no que as cifras van en aumento como se pode comprobar por algunhas denuncias recollidas neste diario. A iniciativa, impulsada polo Goberno da institución -formado polo PsdeG e BNG-, obtivo o apoio de todos os grupos que tamén consideran precisa a elaboración dunha Lei do Xogo da Galiza "no menor espazo de tempo posíbel". Segundo o texto, esta norma debería recoller "todas as accións necesarias para a prevención das condutas aditivas asociadas ao xogo e as apostas e que regule o acceso a este de mozos e mozas". Con esta mensaxe e aludindo ao problema e á necesidade dunha "ferramenta esencial para pórlle freo" á situación actual amosan unha preocupación real polas consecuencias derivadas dos novos negocios, tanto dixitais como a pé de rúa. De feito, a Deputación prepara un programa "piloto de prevención en colaboración con Agalure, a entidade de referencia neste ámbito". A idea é chegar aos centros educativos para que estes se sumen e haxa unha acción conxunta para paliar o problema. Por outra banda, as e os deputados tamén aprobaron de forma unánime unha moción contra o fechamento do centro de operacións da Coruña que prepara a eléctrica Naturgy. |
PRAZA_15146 | Grandes empresas sanitarias como Capio e Ribeira Saúde ensanchan o seu mercado ao privatizarse a xestión de hospitais públicos de onde provén a maioría dos seus ingresos | A privatización da asistencia sanitaria abre unha vía de negocio, de ingresos, para as empresas ás que as administracións terminan por ceder a xestión sanitaria. A recente decisión da Comunidade de Madrid de sacar a concurso seis hospitais da rexión -que agora funcionan baixo dirección da consellería- pon riba da mesa unha torta que pode alcanzar os 400 millóns de euros anuais. A presidenta de Castilla-La Mancha, Dolores de Cospedal, tamén anunciou un proceso similar para catro centros da súa comunidade. A recente decisión da Comunidade de Madrid de sacar a concurso seis hospitais da rexión -que agora funcionan baixo dirección da consellería- pon riba da mesa unha torta que pode alcanzar os 400 millóns de euros anuais A quen se lle abre o mercado con esta decisión política? O maior operador privado de centros sanitarios públicos é a xa famosa Capio Sanidade. Esta compañía pertence a un fondo de investimento: CVC Partners, que desembolsou en marzo de de 2011 uns 900 millóns de euros para facerse coa compañía. CVC, loxicamente, dedícase a gañar cartos para os seus investidores: "Dende 1996 multiplicamos por 2,7 o retorno das cantidades investidas", explican. Entre os seus investidores están "os líderes mundiais en fondos de pensións e investimento". O resto do accionariado é máis opaco xa que a empresa non accede a ofrecer unha relación pormenorizada. O único nome contrastado é o de Teresa Echániz Salgado, Subdirectora de Investigación e irmá do conselleiro de Sanidade de Castela-A Mancha José Ignacio Echániz. 75% de ingresos públicos O 75% dos seus ingresos proveñen da sanidade pública "administrada polos gobernos rexionais cos que Capio ten contratos a longo prazo" De onde obtén Capio Sanidade os seus beneficios? Pois segundo a análise ofrecida por CVC, o 75% dos seus ingresos proveñen da sanidade pública "administrada polos gobernos rexionais cos que Capio ten contratos a longo prazo", reseña. O negocio suma uns ingresos de 551 millóns de euros e un beneficio de 112 en 2010, cifra que ofrece CVC para ilustrar a magnitude da súa adquisición. Entón xestionaba directamente os hospitais de Valdemoro (Madrid) e A Fundación Jiménez Díaz (Madrid) ademais dos ambulatorios desa área sanitaria da capital (uns 400.000 veciños da capital). A iso hai que engadirlle os hospitais que conseguiu desde entón: na Comunidade de Madrid os da cidade de Móstoles (71,4 millóns en 2012 e 106 para 2013) e Collado Villalba (aínda por estrear). En Catalunya, recibiu en 2011, das arcas públicas, 43,9 millóns polos servizos sanitarios do hospital do Sagrat Cor (o que máis lle facturou á Generalitat) e 16,99 millóns, un 12,68% máis que en 2010 polo Hospital Xeral de Catalunya, segundo os datos do Executivo catalán. Outras empresas O outro gran operador privado da sanidade pública é Ribeira Saúde (propiedade de Bankia e SabadellCAM) quen obtivo 36 millóns de beneficios en 2011. Xestiona catro departamentos sanitarios da Comunidade Valenciana e outros catro hospitais. A semana pasada vendeu a súa parte do hospital madrileño de Torrejón de Ardoz (e o control sanitario) ademais do de Manises (Valencia) a Sanitas por 77 millóns de euros. Sanitas pasou así a ser o terceiro gran operador en España. Ribeira Saúde dixo que reforzaba "a súa posición financeira". |
NOS_16905 | A asemblea convocada pola Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA) decidiu na noite de onte o amarre indefinido da frota polo reparto inxusto de cotas e polo inmobilismo das distintas Administracións, que provocan unha situación de grave crise no sector. | A Asociación de Armadores do Cerco realizaron onte unha asemblea en Portosín na que decidiron por maioría o amarre indefinido da frota do cerco, unha situación que, tal e como advirten os armadores, vén provocado polo "inxusto reparto de cotas que fai que os buques destas asociación (que representa o 80% dos buques do cerco) estean sen posibilidade de pesca, mentres que o resto da frota pode continuar faenando". Os armadores tamén cargan contra o "inmobilismo" e a "continua ineficacia" das Administracións diante das demandas do sector, expresadas en reunións e en numerosas concentracións. Apuntan tamén ao recorte sufrido nos Totais Admisíbeis de Captura (CAP) para as especie obxectivo. Este recorte, denuncian, "levou ao peche prematuro das pescarías nas zonas VIIIc e Ixa, sen contrastar co sector a grande abundancia destas especies nas nosas augas". ACERGA, que reivindica un reparto xusto e equitativo, advirte da "imposibilidade" de garantir a "viabilidade económica" dos buques e dos traballadores, de aí que emprace o sector a secundar o amarre. Iniciativa do BNG no Congreso Esta sexta feira, o BNG daba conta nun comunicado da presentación dunha iniciativa na que insta a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, a outorgar máis cotas de xurelo ou anchoa á frota dol cerco galego, que até finais de ano non ten que pescar. Na iniciativa, a parlamentar Olaia Fernández Davila advírtelle a Tejerina que "ao sector non lle queda máis remedio que reiniciar un proceso de mobilizacións e manifestacións en demanda de traballo pesqueiro". "O cerco tivo que estar en permanente loita para conseguir irrisorias e insuficientes cotas de pesca, sorteando os caladoiros que ían pechando e tratando de non sucumbir no seu empeño por seguer a exercer a pesca", engade a parlamentar nacionalista. |
NOS_24398 | Serán o 8, 9 e 10 de outubro, a dúas bandas entre Feijóo, Jorquera e Pachi Vázquez. Durarán 60 minutos e estruturaranse en tres bloques temáticos: economía e emprego, benestar e autogoberno. | Despois de dúas xuntanzas sen consenso, as direccións de campaña de PP, BNG e PSOE chegaron a un acordo na reunión desta mañá. Haberá debates electorais. Concretamente tres, a dúas bandas, nos que se cruzarán os tres aspirantes á Presidencia da Xunta de Galiza. O luns 8 de outubro terá lugar o primeiro, entre Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez. O día seguinte será a quenda para o debate entre Vázquez e Francisco Jorquera. O día 10 celebrarase o terceiro e derradeiro, no que se medirán Feijóo e Jorquera. Os debates que se celebrarán na televisión de Galiza terán unha duración de 60 minutos. O tempo distribuirase en tres bloques temáticos, economía e emprego, benestar e autogoberno. Ao inicio cada candidato terá dous minutos para unha intervención de apertura e ao remate contarán cun minuto para formular cadansúa conclusión. Sen debates desde 1993Transcorreron case 20 anos desde que se tivo lugar o primeiro e derradeiro debate electoral na historia da autonomía. Foi en 1993 entre Manuel Fraga e o socialista Antolín Sánchez Presedo. O BNG anunciou esta semana o propósito de obrigar por lei a que se celebren. |
PRAZA_4297 | Volve Iván García Campos, o autor de 'O imposible de desatar', coa novela 'O viaxeiro perfecto' (Galaxia). A historia dun home que o fai todo por última vez. Que viaxa, e non para evadirse, senón para reencontrarse coas persoas que quixo. E para ser, por fin, de todo, el mesmo. Acompáñao Marco, un home máis novo que coñece por casualidade. E que encarna o afecto, os coidados. Por pura empatía. | Volve Iván García Campos, o autor de 'O imposible de desatar', coa novela 'O viaxeiro perfecto' (Galaxia). A historia dun home que o fai todo por última vez. Que viaxa, e non para evadirse, senón para reencontrarse coas persoas que quixo. E para ser, por fin, de todo, el mesmo. Acompáñao Marco, un home máis novo que coñece por casualidade. E que encarna o afecto, os coidados. Por pura empatía. Dise nalgún momento na novela que o viaxeiro perfecto é o que nunca chega ao seu destino. Nun libro que é, en parte, novela de viaxes. Por que ese título?En realidade todas as historias son historias de viaxes. Espaciais, temporais, vitais,… mesmo a palabra "metáfora" connota "viaxe, transporte". Así que, vida, viaxe e literatura son practicamente o mesmo. Non hai ningunha orixinalidade nisto, porque tampouco o buscaba. Non era o obxectivo neste caso. Na literatura, a orixinalidade, por veces, pode non significar nada se non está cargada de sentido. A cuestión é que no libro, como eu coido que debería pasar na vida, priorízase o traxecto sobre a chegada. O feito de darlle valor non ao lugar de onde vés ou o lugar cara a onde vas, senón ao propio camiño. "Xustamente, o maior defecto da vida é que sempre está inacabada, que algo dela sempre se apraza"O viaxeiro perfecto non só é aquel que viaxa sen ignorar que viaxa, senón aquel que comprende que moverse é máis nobre que a quietude. O estático está condenado a dexenerar e a derrubarse; en troques, o móbil, pode chegar a durar sempre. Xustamente, o maior defecto da vida é que sempre está inacabada, que algo dela sempre se apraza. Por outra banda, o viaxeiro perfecto tamén pode ser o propio lector sentado no sofá, metido de cheo na aventura da lectura. E mesmo o propio escritor, coa súa angueira de artista e a súa incesante pelexa co imposible. Que cada un escolla, ou mesmo que engada. A verdade, eu podería dicir unha cousa ou outra dependendo do día que me pregunten.Os dous protagonistas, Mario e Raimundo Martín, coñécense por casualidade. En realidade, a novela é como unha viaxe pola vida de Raimundo. Mario podería ser, quizais, máis o motor da historia, porque da súa actitude, da súa empatía, parte todo. Pero del sabemos, como lectores, moito menos. Por que? Polo que dicía antes; na vida todo é contraditorio e non definitivo. A xente sae e entra das nosas vidas sen necesidade de saber de onde veñen nin onde acaban. Podemos compartir moitos anos cunha persoa, un compañeiro de traballo, un coñecido, unha parella, e non chegamos a saber todo deles. Sempre quedan zonas en sombra. O coñecemento dunha persoa sempre se vai dando de a poucos, nunha conversa tomando un café non o sabes xa todo. Iso non pasa nunca así. "En realidade, nunca sabemos o verdadeiro significado das cousas que acontecen mentres vivimos, entre outras cousas porque todo está moi fragmentado"En realidade, nunca sabemos o verdadeiro significado das cousas que acontecen mentres vivimos, entre outras cousas porque todo está moi fragmentado. Por outra banda, chegado un momento, esas mesmas persoas das que falabamos antes, desaparecen das nosas vidas e deixamos de saber delas. Ata que moitos anos despois nos decatamos de que son ou fixeron tal ou cal cousa. Ou mellor, non nos decatamos nunca. Por iso entendo que a novela ten que semellar ilimitada e desordenada e azarosa, porque o mundo que intenta relatar o é, marxe, claro, de ofrecer a sensación de certo orde interno. Raimundo ten un pasado relacionado con diferentes pobos indíxenas. A presenza deste tema no libro parece reflectir unha preocupación túa, que inclúe o que pode acontecer cando, con boas intencións, os occidentais se achegan a algúns pobos indíxenas. Non hai nela, tamén, un certo risco de idealizar a "pureza" cultural do Outro?A novela, coido eu, que non trata de ennobrecer nin idealizar a "pureza" cultural do Outro en ningún momento. Polo menos non conscientemente, ou mesmo non creo que apareza así expresado. Ese tópico do bo salvaxe, que se non me trabuco comeza con Cristovo Colón e os descubridores e humanistas da época, e continúa posteriormente na Ilustración con Locke e nomeadamente Rousseau e máis tarde con Montaigne e xa na modernidade con Margaret Mead, por exemplo, é un tema practicamente superado da antropoloxía. Nin tan sequera me interesa. O que si se suxire no libro, dito dun xeito sinxelo, é que ningunha cultura está lexitimada para entorpecer a marcha nin o ritmo das demais, nin para modificar os seus valores, nin crenzas. E isto se insinúa sen dicir o nome de Estados Unidos en ningún momento... Raimundo atópase nunha situación extrema. E non deixa de reflexionar sobre o que é importante na vida, que é en realidade, poderiamos dicir, o tema de fondo desta novela. Se o anterior libro teu subliñaba a nosa falta de control sobre a vida ou o noso coñecemento limitado da realidade, este quizais sinale algo que Reimundo di ao principio: que as cousas máis importantes están ocultas na simplicidade e na familiaridade. Era un pouco a idea?Si. Complicámolo todo para tratar de comprender a vida e ao final ese coñecemento, que en todo caso sempre é parcial, áchase na sinxela capacidade para capear as derivas e no esforzo que realizamos decote para termos unha ledicia honesta. En todo caso, o importante é sempre manter a curiosidade. "Complicámolo todo para tratar de comprender a vida e ao final ese coñecemento, que en todo caso sempre é parcial, áchase na sinxela capacidade para capear as derivas"A viaxe de Raimundo ten, de feito, moito de reencontro, e de despedida, coas persoas que amou. E neses reencontros aflora a incomunicación ou conflitos non resoltos de noutrora, que é outro dos temas -contextualizado tamén na familia- que estaban nos teus libros anteriores. Por que Raimundo precisa eses reencontros? Por que esa comunicación que el precisa se tornou, en varios dos casos, imposible?O personaxe de Raimundo é un personaxe que fai cousas por última vez. Podemos dicir que todo canto fai é a última vez que o vai facer, entre elas o reencontro con persoas que quedaron moi atrás no tempo e que deixou de ver, na maioría dos casos, non en circunstancias precisamente apracibles. Entendo que nestes casos é lícito querer resolver todo aquilo que quedou no aire. "O silencio ten iso: un poder de comunicación magnífico. Por veces, é o que dá sentido as palabras"De aí que as conversas sexan as típicas conversas imprecisas que procuran salvar os obstáculos do tempo, das discrepancias... esas conversas coa palabra na punta da lingua, do que se quere dicir, pero non se di. Dos silencios previos a o outros silencios. A contención para non ferir ou para non ferir de máis. O silencio ten iso: un poder de comunicación magnífico. Por veces, é o que dá sentido as palabras.En relación con iso, di Raimundo nun momento que nos mentimos a nós mesmos, dicíndonos que somos máis importantes ou valorados do que somos. E parece que é parte do seu propio conflito. É así? Por que?Iso que di Raimundo fai referencia á relación tan especial que temos todos con nós mesmos. Coa nosa cabeza, a través da voz interior. Xeralmente, a través dela, necesitamos xustificar a nosa vida e a propia voz interior inventa razóns para facelo. Así que é un comentario xeral, aplicable a todos e, por suposto, tamén a el. Levámolo todos de serie.O libro divídese en varias partes e cada capítulo vai encabezado por unha data. Pasa con este libro o mesmo que co anterior respecto a 'O imposible de desatar': simplificaches a estrutura. E seguiches afondando no que che interesa: os personaxes, o seu retrato psicolóxico… En que se diferencia, ao respecto, este libro dos dous anteriores?Efectivamente, nesta novela as datas son moito máis significativas. Son consciente, de todos os xeitos, que nos libros encabezados por datas, os lectores chega un momento que xa non as len, e iso pode significar un problema, porque poden ter a sensación de que as cousas pasan moi rápido, cando en realidade non é así, mesmo poden pasar meses dun acontecemento a outro. Pero en fin. En xeral, eu diría que a diferencia fundamental desta novela con 'O imposible de desatar' e co libro de relatos 'Cuestións vitais secretas' é que esta é máis accesible. Nas outras todo parte de varios retos técnicos e múltiples ideas. Nesta, busquei simplificar todo. Conscientemente, as ideas limítanse a dous ou tres que se manteñen durante toda a narración. Digo conscientemente porque logo hai moito que depende de cada lector. Da súa recreación. Os retos tamén son mínimos; por unha banda, substentar toda a historia só a través da viaxe e a conversa, imos só coñecendo a narración a medida que avanzamos, coma unha experiencia real; e logo, facer que en toda a novela non se saiba nunca o que pensan os personaxes; só sabemos o que están a facer ou dicir. Raimundo tivo, pódese dicir, unha vida pouco convencional, con experiencia en moi distintos contextos… Tan pouco convencional que ás veces non parece verosímil (aínda que si o é o seu retrato psicolóxico). Pódese deducir que foi decidido. Pero hai unha contradición nel: nunca se atrevera a vestirse como quería. Por que? De que maneira lle pesa, malia todo, o medo? E a culpa ou a inseguridade?Non todo o que conta Raimundo é algo que viviu, moitas das cousas son, poden ser, cousas que sabe e conta. Así que non necesariamente estivo en todos eses lugares e culturas, non se di sempre na novela, pero xa digo, non estivo: ás máis das veces simplemente fala de cousas que coñece sen telas experimentado; grazas ao seu traballo ten, ademais de experiencias, coñecementos... lembremos que falamos dun personaxe de moitos anos, case oitenta... A respecto do medo a vestirse dun xeito determinado... digamos que durante toda a vida estamos obrigados, queirámolo ou non, a seguir certas regras na vida do día a día. Esas obrigas chegan a nós case sen decatarnos. Asumímolas e lévannos a xogar determinados papeis na vida; os estoicos posteriores ao helenismo dicían que os papeis que temos que representar no drama da vida xa están asignados, que a única responsabilidade que temos é a de desempeñar ben ou mal ese papel. Pois ben, mentres desempeñamos eses papeis temos que xogar aos xogos das aparencias, ata que chegamos á vellez. "A vellez é o momento no que xa non se trata de ser alguén ou representar ningún papel. Xa podes ser quen es sen estar pendente de nada"Tal e como eu a vexo, aínda a distancia, a moita distancia, a vellez pode ser algo que agudice o sentimento da vida. Non ten por que ser un mal en absoluto, como adoito se representa. Cos cartos abondos e unha boa saúde pode ser formidable. Por que pode ser formidable? Pois ben, porque para empezar xa non queda máis que a vellez, esa sensación de que un xa chegou. Probablemente non sexa un sentimento de triunfo, pero despois de atravesar todos os males da vida e o mundo, guerras, virus, paro, desgrazas... un xa chegou. E é o momento no que xa non se trata de ser alguén ou representar ningún papel. Xa podes ser quen es sen estar pendente de nada. Nin da sensación de ridículo. E iso é o que lle acontece a Raimundo. Que por fin se decide a facer o que lle reina,... e punto, que podería retrucar el.Francia ten moita importancia na novela porque está moi ligada á biografía de Raimundo. Hai algunhas reflexións interesantes, por exemplo, sobre o maio do 68… Mais ás veces -por certas descricións moi detalladas, por exemplo, e quizais ás veces un pouquiño detalladas demais- parece que se quixo facer a París tamén protagonista. Como unha homenaxe á cidade. Era parte da túa intención, ou responde simplemente ás necesidades da historia?Agora que o dis, en 'O imposible de desatar', entre todos os personaxes, a casa é un personaxe máis, e ademais moi importante. Isto foi feito intencionadamente. Pero en 'O viaxeiro perfect'o, aínda que podía quedar moi estupendo dicir que si, que procuraba facer unha homenaxe ao país dos Dereitos Humanos (o 14 de xullo, por certo, é o meu aniversario, así que coincidiría ben) o país dos mil queixos, da baguette, da moda, do glamour e do champaña... pois non, son simplemente necesidades do guión, que se di. Non hai ningunha intencionalidade. Ademais, coido para min que o champaña está moi sobrevalorado.Mario é, como comentabamos, un personaxe que podería estar máis desenvolvido. Como o son, por exemplo, as ex mulleres de Raimundo, que quedan moi en segundo plano. Entendo que non era o obxectivo da novela mais, por que non equilibrar máis as personaxes nese sentido? (Podería facela máis rica, porque hai personaxes ben interesantes). Sería unha opción, pero iso levaría a unha novela de 200 páxinas a ter 400, a desfocalizar a idea orixinal e a perder todo o sentido inicial coa que naceu a narración. Prefiro as narracións concentradas que longas. Teñen máis intensidade. Na cuarta parte (e aquí é un dos puntos onde as datas son importantes) aparece outro personaxe, a señora Valeria, que tamén é significativo porque nos leva a explicar cun só exemplo a tarefa oculta que leva Mario. En realidade, tamén podería repetir moitas máis veces ese exemplo con personaxes distintos, pero non me interesa nada sumar páxinas se non van a aportar nada máis significativo. Se todo vai quedar en palla. "Eu rexeito a linguaxe con pretensións de brillantez porque teño o convencemento de que iso equivale a facer trampas coas palabras"É unha cuestión de gustos, aínda que tamén de principios. É como coa linguaxe. Eu rexeito a linguaxe con pretensións de brillantez porque teño o convencemento de que iso equivale a facer trampas coas palabras. Non entendo o equilibrio e o desequilibrio dos personaxes no número de páxinas que teñen dentro da novela. E ademais, como seguro queda aludido do dito anteriormente, busco os desequilibrios nas proporcións adrede. Non só entre personaxes, senón de moitos outros tipos. En realidade, todo se encadra no feito de que eu entendo que cando un escribe algo, en realidade o escribe para contar outra cousa. Que unha narración conta sempre dúas historias e que a máis importante é xusto a que se está suxerindo, non a que queda escrita, senón a construída co non dito. Para min ese é o obxectivo da literatura tal e como eu a entendo. Contar unha historia particular ou persoal ou ficticia, cun inicio, trama e final, así sen máis, non ten moito sentido para min. Non porque sexa doado, senón porque estariamos falando dunha literatura anecdótica. Eu confío moito na capacidade intuitiva do lector.Non publicas con demasiada frecuencia, supoño que porque non sentes necesidade diso. Cres que ás veces se tende a publicar demais, seguindo as esixencias do mercado?Pois non che podo dicir. Si que creo que no sistema literario galego se escriben todos os anos cousas moi lúcidas e brillantes, pero que curiosamente, o sistema galego tómase o luxo de non poñerlles o foco enriba e acaban por pasaren desapercibidas ás máis, a costa de poñerlles a luz a novelas máis... como podo dicir... máis de masas... máis comerciais... e ao final sempre temos o mesmo menú para comer... "No sistema literario galego escríbense todos os anos cousas moi lúcidas e brillantes pero, curiosamente, o sistema galego tómase o luxo de non poñerlles o foco enriba"No persoal, sempre me tomo un longo tempo de espera ata que chega o principio doutra idea, en realidade moitas ideas. Aparece na miña cabeza unha imaxe que anoto, unha, dúas, tres ideas, e ata que teño case todo na cabeza, non empezo. É un proceso lento, pero non teño ningunha présa. Hai que sentirse inspirado, ter boas sensacións, unha boa atmosfera mental, un bo estado de ánimo... ata que xurde algo, xeralmente unha miudeza, na que xa sabes que chegou o momento de poñerse a escribir. Son moitas cousas. E logo que eu escribo moi lento. Vou practicamente de liña en liña e non paso á seguinte se non casa todo, mesmo a nivel de ritmo, de compás.... en fin, unha paranoia... pracenteira... |
NOS_18619 | A compañía Teatro da Ramboia foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. O proxecto presentado pola compañía —formada por María Peinado, Fran Lareu, Anxo García e Germán Gundín— toma como base un texto de Manuel María O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú, unha parodia sobre a ditadura franquista. | A obra gañadora obtivo un premio de 2.000 euros por parte da Fundación Manuel María e o compromiso pola parte dos concellos e deputacións colaboradoras de que a obra se inclúa na súa programación teatral. Por tanto, vaise representar nun total de 23 concellos, un número que moi poucos espectáculos alcanzan no noso país. Falamos do proxecto cunha das componentes da compañía gañadora, María Peinado. -Como foi o proceso de presentarvos ao certame? -Foi un proceso longo. A Fundación Manuel María fixo unha comunicación ás compañías de teatro e a partir de aí tomamos a decisión de querer presentarnos a esta primeira edición moi rápido porque tiñamos moitas ganas de traballar cun texto da dramaturxia galega. Era unha oportunidade que nos apetecía moito. Pero despois tivemos que elixir o texto que íamos traballar, que finalmente foi Farsa de Bululú, e despois elaborar todo o proxecto e imaxinar como vai ser o espectáculo, a posta en escena. -Por que Farsa de Bululú? -A verdade é que foi unha decisión moi sinxela. Conectamos de seguida co texto. Parécenos que segue a ser unha obra moi necesaria hoxe en día, un texto que ao final é unha parodia da ditadura franquista e que, nos tempos que corren, tal e como está o panorama político e social, parecíanos que era moi necesario volver a achegar un texto así ao público galego. É unha obra que serve para reflexionar sobre aquel tempo pasado e entender que é o que está a acontecer agora mesmo. -A partir de agora, cales son os próximos pasos? -Quédanos moito traballo para poñer o proxecto en marcha e facelo realidade. É un espectáculo que está baseado no teatro popular e nas formas propias do teatro de marionetas. Entón, agora xa estamos meténdonos no deseño dos propios monicreques e no deseño do teatrillo. Tamén agora meterémonos de cheo na montaxe: empezar a traballar sobre o texto e cos actores. |
NOS_9894 | 160 votos valéronlle a Cuba para voltar ao Consello de Dereitos Humanos da ONU durante o período de 2017 a 2019. A Asemblea elixía a sexta feira, a través de sufraxio directo e secreto, 14 países para ingresar ou se manteren no órgano. | Cuba formará parte, durante outros tres anos, do Consello de Dereitos Humanos da ONU, após o país ser elixido por 160 votos nunha asemblea que tivo lugar na sexta feira. O embaixador da illa na ONU, Rodolfo Reyes, viu nesta reeleción "un recoñecemento á súa obra e labor [de Cuba] neste tema [os dereitos humanos]". Tamén salientou que a votación recoñece o papel, o compromiso, a dignidade e o liderado do país caribeño en materia de dereitos humanos e citou accións promovidas a favor dos dereitos económicos, sociais e culturais dos pobos, así como o dereito ao desenvolvemento e á paz. A Asemblea elixiu, mediante sufraxio directo e secreto, un total de 14 países para ingresar ou se manteren no Consello durante o período que comprende do ano 2017 ao 2019. Cuba, que recibiu 160 votos, e o Brasil conseguiron os escanos en disputa por América Latina e o Caribe, e deixaron sen opcións Guatemala. Pola outra banda, a Asemblea Xeral, con 191 votos de 193 membros, volveu reclamar o levantamento do bloqueo estadounidense á illa. A votación pola fin do cerco de Washington non contou con ningún voto en contra, tan só coas inéditas abstencións dos EUA e de Israel. |
NOS_45744 | O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou a nova orde do Goberno galego relativa ao tratamento de cadáveres de persoas que faleceron a causa do coronavirus, que introduce novos límites para os seus velorios e comitivas de despedida, a fin de evitar ao máximo as posibilidades de contaxio. | As novas medidas, que limitan aínda máis a actividade de vela de persoas finadas sexa cal for a causa do falecemento, chegan unhas horas despois de que a Garda Civil se vise obrigada a desaloxar un tanatorio en Camariñas pola presenza dunha muller isolada por dar positivo na proba de coronavirus, e que acudira a despedir a súa nai. Malia seguir permitíndose os velorios –en estabelecementos públicos, privados e no domicilio–, queda prohibido que asistan persoas que presenten síntomas respiratorios de calquera clase e esíxese lavar as mans con auga e xabón, ou con solución desinfectante antes de acceder ás instalacións funerarias, así como despois de usar o libro de pésame e os baños. A orde limita a confluencia a oito persoas por sala de vela, respectando "inescusabelmente" unha distancia mínima de dous metros entre cada asistente. As medidas proscriben tamén a manifestación de condolencias a través de apertas, bicos ou collendo as mans. Para as titulares dos tanatorios, a orde pauta que deberán poñer ao dispor das persoas usuarias solución alcohólica desinfectante ou hidroxel, así como auga, xabón e toallas dun só uso nos aseos públicos das instalacións. Ademais, segundo queda fixado, as normas deberán ser exhibidas "nun lugar ben visíbel" en todas as dependencias do estabelecemento funerario para coñecemento público, e será responsabilidade da titular "garantir o seu cumprimento en todo momento". En canto ás cerimonias de culto relixioso ou cerimonias civís fúnebres, estas serán aprazadas, mentres que as comitivas fúnebres para inhumacións ou despedidas de incineración quedarán reducidas, en atención ás novas normas da Xunta, a 20 persoas. Tamén no caso das comitivas, as persoas asistentes gardarán a distancia de dous metros e evitaran saúdos ou manifestacións afectuosas que impliquen contacto entre participantes, todo iso "sen menoscabo das recomendacións e restricións estabelecidas con carácter xeral". |
NOS_51199 | O Festival referente do noso teatro segue, na súa vixésimo oitava edición, aportando novos aires sen esquecer a súa memoria. Estreas internacionais, como a obra 'A puerta cerrada' da compañía Timbre 4 e a reputada Théâtre du Soleil, e unha merecida homenaxe a Francisco Pillado, agardan por nós na MIT de Ribadavia entre o 20 e o 28 de xullo. | Un ano máis a MIT de Ribadavia sorprende. Sen o orzamento doutras edicións, non entrou na financiación de Agadic, mantén unha programación que podemos considerar de luxo polas estreas internacionais, a representación galega e as actividades paralelas que revelan novos aspectos do mundo da dramaturxia. Quico Cadaval será o encargado abrir como pregoeiro un programa cargadiño de novidades. Entre as obras a salientar está El Príncipe Feliz, da Companyia de Comediants La Baldufa, que obtivo o Premio á mellor adaptación teatral 2012 da Feira de FETEN de Xixón por esta reinvención do conto de Wilde. Outra estrea que sorprenderá vai ser a dirixida por Lidia Rodríguez coa compañía Teatro en el Aire e que leva por título Bailando tus huesos, unha experiencia en pequeno formato que invita a gozar da vida. Por último a grande coprodución franco arxentina entre as compañías Timbre 4 e Théâtre du Soleil que levarán a Ribadavia a súa A puerta cerrada, sobre textos de Jean Paul Sartre seguro que non deixaran indiferente ao público. Xornada sobre crítica e teatroA Asociación de Escritores en Lingua galega (AELG) organizará, dentro da programación do festival, unha xornada sobre o mundo da crítica e o teatro. Para Inma López, responsábel da Sección de Crítica da AELG, "non é contraditorio que coexistan escritor@s e critic@s na mesma asociación", algo que dan a entender nas actividades que realizaron na súa curta vida: primeiro unha xornada sobre a crítica literaria en xeral, logo sobre a temática infantil e agora esta que levan a cabo en Ribadavia sobre o teatro.A xornada do día 26 de xullo comezará ás 10 horas coa apertura a cargo de Roberto Pascual, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Inma López Silva. O primeiro dos temas a debate será "O gran ausente da crítica: teatro para a infancia e a mocidade" no que participarán Montse Pena Presas (Investigadora USC), Paula Carballeira (Escritora, actriz) e Gonzalo Guerreiro (Elefante Elegante), coa moderación de Ana Blanca Roig (Profesora USC). Logo falarase de "Teatro e literatura dramática ante a crítica" e intervirán Dolores Vilavedra (Profesora USC), Santiago Cortegoso (Actor, director e dramaturgo) e Francisco Pillado (Editor), coa moderación de Roi Vidal Ponte (Director de escena). A última das temáticas é a de "A crítica teatral nos medios de comunicación" coa intervención de Mónica Caamaño (Plataforma das Artes Escénicas), as xornalistas Comba Campoy, Ana Romaní, Camilo Franco e Manuel Xestoso. A moderación corresponderá a Inma López.Na clausura da xornada entregarase o Premio de Honra Abrente a Francisco Pillado Mayor.Francisco Pillado, Premio de Honra AbrenteOs premios de Honra Abrente xurdiron hai anos para recoñecer o traballo no mundo do teatro nos seus máis variados campos: realización, promoción, difusión... Desde aquel que se dedicou a Roberto Vidal Bolaño no ano 2000 moitas persoas, compañías e entidades que en moitas ocasións non teñen outro recoñecemento público. No homenaxeado este ano, Francisco Pillado, recoñécese a súa traxectoria xeral, e en particular aquela que procurou potenciar o teatro galego, segundo sinala a acta do premio, "a través de proxectos fundacionais como o Dicionario do teatro galego (1671-1985), a Antoloxía do Teatro Galego ou os Cadernos da Escola Dramática Galega". Tamén lembra o seu activismo cultural, a súa achega ao mundo da tradución e a súa solidariedade para co mundo da investigación teatral pola cesión da súa biblioteca á Universidade da Coruña. Por último recoñécese o se traballo desde a directiva da AELG e a editorial Laiovento a través da colección de teatro Arlequín. "Recibín por carta a notifcación do premio e sentín unha enorme emoción", admite Francisco Pillado. Para o editor é "un recoñecemento a toda a miña xeración, cando o teatro era un medio de loitar contra o franquismo". Daquela, asegura, "o teatro e o púlpito eran as únicas tribunas ideolóxicas que había", conta. Cando fixo teatro en O Facho con Manuel Lourenzo "contabamos que había só Castelao e Cunqueiro polo que aínda recibimos algunha chamada de atención". Logo dedicouse ao mundo editorial mais nunca deixou de apoiar as artes dramáticas. "En Laiovento apoiamos sempre a publicación de textos teatrais", asegura.Programa XXVIII MIT Ribadavia20 de xullo 23:00 horas: Teatro do Vilar, Fóra de si. Auditorio do Castelo. Apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia.21 de xullo 20:00 horas: Inauguración oficial da MIT 2012. Salón de actos Concello de Ribadavia.20:30 horas: Pregón da 28ª edición a cargo de Quico Cadaval. 23:00 horas: Timbre 4 e Théâtre du Soleil, A puerta cerrada (Arxentina e Francia). Auditorio do Castelo 00:30 horas: Drago Bianco e Cantiere Ikrea, ZOTT il fuoco che cammina (Italia). Espazo Ruadavia: Praza Maior.22 de xullo12:30 horas: Resolución do 7º Premio Abrente de textos teatrais. Salón de actos da Casa do Concello. 20:30 horas: Teatro en el Aire, Bailando tus huesos (España-México). Igrexa da Madalena 23:00 horas: Teatro do Chapitô, Cão que morre não ladra (Portugal). Auditorio do Castelo23 de xullo20:30 horas: Teatro en el Aire, Bailando tus huesos (España-México). Igrexa da Madalena 21:00 horas: Teatro de Marionetas do Porto, Feedback (Portugal). Espazo Ruadavia: Praza Maior 23:00 horas: Compañía Nacional de Teatro Clásico e Nao d'amores, Farsas y églogas (España). Auditorio do Castelo. 24 de xullo20:30 horas: Teatro en el Aire, Bailando tus huesos (España-México). Igrexa da Madalena.12:00 e 20:00 horas: Xirriquiteula, Xirafas (Catalunya). Espazo Ruadavia, Itinerante.23:00 horas: Mefisto Teatro, Donde hay agravios no hay celos (Cuba). Auditorio do Castelo 25 de xullo20:00 horas: Viravolta Títeres, Cantares de cego (Galiza). Santo André21:00 horas: La Baldufa, El príncipe feliz (Catalunya). Casa da Cultura23:00 horas: P.T. Excéntricas, Oeste solitario (Galiza). Auditorio do Castelo 26 de xullo10:00 horas: Xornada Teatro e Crítica, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Salón de actos da Casa do Concello. Acto de entrega do Premio de Honra Abrente 2012 e clausura.19:30 horas: Presentación do número 71 da Revista Galega de Teatro. Café La Huella del Gato. 12:00 horas: Théâtre du Sursaut, Post-scriptum (Bélxica). San Cristovo. 21:00 horas: no Espazo Ruadavia: Praza Maior. 23:00 horas: Elefante elegante, In (Galiza). Auditorio do Castelo 27 de xullo12:00 e 21:30 horas: Truck theater, Sololeo (España). Espazo Ruadavia: Adro de Santo Domingo20:00 horas: Caramuxo Teatro, Historia dunha semente (Galiza). Sampaio21:00 horas: ESAD Galicia, A tempestade (Galiza). Casa da Cultura23:00 horas: Les Anachroniques, Crónicas do Sochantre (Francia). Auditorio do Castelo 28 de xullo12:00 e 21:30 horas: Truck theater, Sololeo (España). Espazo Ruadavia: Adro de Santo Domingo20:00 horas: Os Quinquilláns, Arrieiros (Galiza). Francelos23:00 horas: T de Teatre, Delicadas (Catalunya). Auditorio do Castelo |
NOS_1693 | A quinta feira 26 de Janeiro foi aprovado o documento para aperfeiçoar o Acordo Ortográfico de 1990 por 18 votos contra cinco, no plenário de sócios efectivos da Academia. | A Academia de Ciências de Lisboa (ACL) aprovou a quinta feira 26 de Janeiro o documento Sugestões para o aperfeiçoamento do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa por 18 votos contra 5. O documento foi elaborado pelo Instituto de Lexicografia da Academia, sob a direcção da lexicógrafa Ana Salgado. No entanto, não tem nenhum efeito vinculante, mas reforça a posição do presidente da ACL, Artur Anselmo, para levar por diante a sua tentativa de abrir um processo de revisão do Acordo Ortográfico de 1990 (A O90). Num comunicado enviado pela Academia à agência Lusa, sublinha-se que o documento, que só deverá ser divulgado na sexta-feira, "tem carácter meramente indicativo e facultativo". A Academia explica que este estudo "deve ser encarado com um ponto de partida para uma nova fase" e sublinha que "o interesse da opinião pública" em torno do Acordo Ortográfico e "a esperança de melhora" na sua aplicação "são indícios claros de manifesta utilidade deste trabalho académico". Ademais, esclarece que "dá inteira liberdade aos académicos de seguirem, ou não, o AO90", ao mesmo que salienta que na discussão desta quinta-feira "foi notória a diversidade de opiniões e, por isso, a aprovação da proposta deve ser percebida como um voto de confiança no presidente para representar a Academia na sua próxima audição, na Assembleia da República ". Por outra parte, Anselmo insistiu na necessidade de reconduzir o debate ao plano científico. O conflito do Acordo Ortográfico São várias as entidades e associação que não são afins à revisão do AO90. "Pela correspondência que recebo, tenho a sensação de que a Sociedade Portuguesa de Autores, o Pen Clube, a Associação Portuguesa de Escritores, todos estes representantes da escrita em Portugal estão a reagir. E contam-se pelos dedos os escritores que aceitam o chamado acordo ortográfico", afirmou Anselmo em declarações ao jornal português Público o passado dezembro. |
NOS_10167 | Considera que poderían ser ilegais ao non estar supervisados por unha empresa externa. | Manuel Nogueira, membro crítico da Comisión de Garantías, presentou unha denuncia nun xulgado de Ourense por entender que puido haber presuntas irregularidades durante o proceso de primarias de En Marea No escrito de denuncia, ao que tivo acceso Europa Press, Nogueira sinala que había unha empresa, Openkratio, contratada para ser auditora independiente nesas primarias. Porén, finalmente, esa empresa anunciou que non ía desenvolver esas funcións pois non tivo tempo a coñecer o novo sistema de votación. Nogueira reclama que se "depuren responsabilidades" dado que ten "constancia de que non existe contratación" desa entidade auditora e que, por tanto, "o proceso ao non estar supervisado por unha empresa externa é ilegal ao ir en contra dos acordos plenarios (de En Marea)" e, ademais, pode constituír "un delito e ir contra a lei de partidos políticos". |
PRAZA_6169 | O blog Diario de Palestina cóntanos a historia de Mohammad Qureiqai, un neno de 13 anos que vive en Gaza e que pasa o tempo a pintar. "Como moitas outras crianzas palestinas, hoxe é noticia, mais non pola súa morte, senón pola súa vida" | O blog Diario de Palestina cóntanos a historia de Mohammad Qureiqai, un neno de 13 anos que vive en Gaza e que pasa o tempo a pintar. "Como moitas outras crianzas palestinas, hoxe é noticia, mais non pola súa morte, senón pola súa vida" Mohammad Qureiqai ten 13 anos e vive cos seus pais, máis catro irmáns e tres irmás, en Gaza. Como moitas outras crianzas palestinas, hoxe é noticia, mais non pola súa morte, senón pola súa vida. E é que en Palestina, os nenos e as nenas viven; e cando viven xogan e se divirten, e teñen afeccións diferentes, que comparten e gozan, e ás veces até causan admiración. Ese é o caso de Mohammad Qureiqai, quen amais de crecer e divertirse, informa; porque coas súas pinturas amosa á xente de Gaza o que as súas mans ven a través dos seus ollos. E dende a Faixa, cunha mirada grande, moi grande, e un sorriso aberto, moi aberto, Mohammad cóntalle ao mundo que en Palestina tamén hai nenos que xogan, que rin ou que choran; nenos que van á escola e estudan moito e outros que van e non fan nada, porque non lles gusta o colexio. Hai tamén nenos que van á praia, como esa nena de Mahmud Darwix que ten unha familia, e a familia unha casa, e a casa dúas fiestras e unha porta; e no mar, un acoirazado divírtese cazando os que camiñan pola praia: catro, cinco, sete… que caen sobre a area. E a nena sálvase por pouco, grazas a unha man de néboa, unha man non divina que a axuda. E berra: "Pai! Pai, érguete, regresemos: o mar non é coma nós". E o pai non responde. E hai sangue sobre as palmeiras, sangue nas nubes, e berra na noite deserta. E non hai eco no eco, e o berro eterno convértese en noticia veloz que deixa de ser noticia cando os avións regresan para bombardear unha casa. Unha casa con dúas ventás e unha porta. Unha porta que é como a de todas as outras casas palestinas: nunca se pecha, mais sempre está pechada, porque igual que moitos outros, Mohammad non pode saír de Gaza para amosarlle ao mundo que en Palestina hai nenos que xogan, que rin… e, coma el, pintan e contan historias. Mohammad pinta dende que ten cinco anos. Comezou cun caderno e un lapis, e o asombro do seu irmán maior, Malek, quen lle pediu que repetise os primeiros traballos, para así comprobar que eran realmente del. Dende aquela, Malek axúdalle e aporta ideas; ideas que son historias, historias que son Palestina, Gaza, a familia, nenos que xogan e rin… Historias que vive ou coas que soña, e que logo reflicte co pincel; como as que trata de describir nestes días nos que, cando hai calma, vai ao mercado, observa as casas bombardeadas, a xente aflixida, e logo pinta e escribe: "Ismael, xoga comigo!", conta que berra un neno no funeral dun seu irmán. Amais, escribe: Tes uns minutos libres? Imaxina que vivías na casa que construíras dende cero durante moito tempo. Naceras nesa casa, criáraste nesa casa. Tes lembranzas, doces e tristes, que abranguen cada unha desas esquinas que queres, sen importar que doces ou pesarosas foran. Na mesma casa, vives cos teus nenos, a túa muller, o teu pai, a túa nai, os teus irmáns e as túas irmás. Un total de 20 persoas baixo o mesmo teito. Tentamos contribuír ao aumento da poboación! De súpeto recibes unha chamada anónima pedíndoche que saias desa mesma casa en só 10 minutos! Por que? Porque esa casa vaise destruír ou bombardear! Pecha os ollos e imaxina que farías? Non llo digo aos gazatís que viviron esa experiencia, dígocho a ti! Si, a ti! Ti, que non vives en Gaza. Pensa en nós, gazatís, como seres humanos. Pecha os ollos e trata de imaxinar que farías de recibires a mesma chamada. A onde irías? Onde irían os teus nenos? Estades todos desprazados, sen refuxio nin teito. Trata de pensar no que levarías contigo en 10 minutos. Que collerías: Carnés? Pasaportes? Documentos persoais? Cartos? Roupa? Os teus nenos? Só tes 10 minutos; 10 minutos para amorear a túa vida nun monte e fuxir do lugar que unha vez chamaches "casa", porque vanse bombardear os rebeldes nun abrir e pechar de ollos. De verdade pensas que esta persoa e toda esa xente esquecerán ou perdoarán ou pensarán na paz? Unha vez máis… Pecha os ollos: imaxina, pensa e dinos entón que é o que viches mentres tiñas os ollos pechados. E mentres Palestina se afoga nunha historia que fala dun morto e outro morto e outro, os palestinos vivos, tamén sen nome, seguen a vivir. E as súas crianzas continúan a rir e a soñar e a xogar, como Mohammad, que xoga cos seus pinceis a ser Picasso, unha das súas iconas, debuxando guernicas entre mortos que dan vida. E mentres haxa luz e haxa vida, Mohammad Qureiqai, o Picasiño de Gaza, seguirá mostrándolle á súa xente as cores de esperanza das súas pinturas, para que aqueles que viven lonxe e só ven Palestina a través dos seus mortos, vexan que en Palestina tamén hai vida. |
NOS_2294 | O deputado andaluz non terá rival nas primarias e agora queda por ver se alcanza acordos para os comicios xerais, con Podemos cada vez máis lonxe e a incógnita de Anova en Galiza. | O secretario de Converxencia e Proceso Constituínte de Izquierda Unida (IU), Alberto Garzón, será o cabeza de lista da formación federalista nas próximas eleccións xerais sen necesidade de someterse a primarias ante a imposibilidad do seu rival, Nicolás García Pedrajas, de sumar o número de avais requirido. A candidatura de Garzón pasará agora ao Consello Político Federal para a súa ratificación, que previsiblemente será o sábado 21 de febreiro. Posteriormente queda por solucionarse a posibilidade de que Izquierda Unida sexa capaz de alcanzar unha alianza con outras forzas para os comicios estatais. Con Podemos cada vez parece máis difícil -en caso de finalmente concretarse Garzón non sería candidato en favor de Pablo Iglesias- namentres que está por ver que farán outras formacións, como Compromís, Chunta, Equo e, en Galiza, Anova, aliada de Esquerda Unida dentro de AGE, coalición que podería manter nas xerais, onde tamén poderían optar pola confluencia con nacionalistas ou buscar un acordo con Podemos. |
PRAZA_13401 | Os gobernantes da dereita quéixanse da falta de cultura, mais non a desexan porque conduce á democracia e esta á igualdade entre os cidadáns. Eles desexan educación, si señores, mais só aquela que conduce os desafiuzados a saudaren tirando humildemente a boina perante as grandes señoras no paseo do Cantón. | Resulta xa un tópico urticante escoitar que a xuventude non ten educación. Acampan onde queren, cruzan os pasos de peóns con ollar esguellado e desafiante como se as condutoras fosen unha cadela encirrada, cospen en toda a parte e baixan os pantalóns até que fica ao ar a súa sincera opinión sobre esta sociedade. Son peixes que naceron á beira da poza do desemprego, cando as poucas oportunidades da xeración anterior escorregaron definitivamente polo burato. Dicía o Xavier Seoane hai uns anos que xa non podía animar a estudar os rapaces no 2000 como facía connosco nos anos 80, cando nos aseguraba que estudando habiamos de lograr un traballo digno. A falta de civismo que se demostra no desrespecto polos bens públicos, así como a mala educación que xorde contra veciños e compatriotas non é froito destes anos, senón de moito máis atrás Os rapaces semellan embrutecidos, mais a boa educación ten a ver moito coa cultura dos cidadáns. A falta de civismo que se demostra no desrespecto polos bens públicos, así como a mala educación que xorde contra veciños e compatriotas non é froito destes anos, senón de moito máis atrás. De facto, entre algúns deses traxados e banalmente educados señores de zapato fino figuran os grandes ladróns da actualidade. Son en xeral membros dunha xeración crecida á sombra da ditadura franquista, réxime que forneceu os ingredientes necesarios para educar na maior falta de humanismo os que habían de ser gobernantes e empresarios no futuro. Nesa época os intelectuais, os artistas e os profesores de valor foron asasinados, condenados ao exilio ou obrigados a calar para sempre, e do mesmo modo ficou destruído o incalculábel traballo de culturización que as asociacións populares viñan sostendo desde principios do século XX, cando os ateneos o outras organizacións operarias fomentaban a alfabetización xeneralizada, o naturismo, o feminismo, o deporte, o vexetarianismo... Toda aquela semente de modernidade democrática foi arrasada nun novo tempo protagonizado polos peores exemplos dos militares, dos sacerdotes e dos caciques que, entre outros méritos de guerra, dedicaron os maiores esforzos a aniquilar os recursos culturais, para alén dos humanos. Como non podía ser doutro modo, deixaron unha fonda pegada nos seus pupilos e conseguiron entrar na pseudodemocracia española "deixando todo atado e ben atado", tanto no material canto no simbólico. Así as cousas, porque criados os principais axentes nese caldo antidemocrático, aínda non foi permitido o progreso real da democracia en España. Nos corazóns dos que sempre mandaron nunca prendeu unha utopía semellante. "O lugar que deixa a cultura pasa a ser ocupado pola barbarie" No contexto actual, en que a insatisfacción pola falsa democracia fica esquecida perante a volta das actitudes máis autoritarias, as palabras pronunciadas polo mestre –de oficio e de arte– Xabier P. Docampo na Illa de San Simón resultan especialmente oportunas: "O lugar que deixa a cultura pasa a ser ocupado pola barbarie". Os gobernantes da dereita quéixanse da falta de cultura, mais non a desexan porque conduce á democracia e esta á igualdade entre os cidadáns. Eles desexan educación, si señores, mais só aquela que conduce os desafiuzados a saudaren tirando humildemente a boina perante as grandes señoras no paseo do Cantón. Nota: o título escoiteillo ao amigo Quico Cadaval, e creo lembrar que provén dalgún traballo dos Mofa e Befa. |
NOS_16066 | Adriana Calcanhotto é unha das figuras máis senlleiras do Brasil contemporáneo, protagonista dun universo profundamente persoal onde o influxo de mestres da tropicália como Caetano Veloso, Gilberto Gil, Tom Zé e Os Mutantes se funde coa devoción cara a figuras modernistas, como o poeta e dramaturgo Oswald de Andrade ou a pintora Tarsila do Amaral. | E é que para alén de intérprete e compositora, Calcanhotto é ilustradora. Actualmente conxuga a súa faceta na música -tamén para crianzas, baixo o alcume de Adriana Partimpim- coa docencia na Universidade de Coímbra. Co impedimento de voltar para esta cidade, ficou no Río de Janeiro co reloxo artístico desbordado. Só / Adriana Calcanhotto / 2020 / Nove pezas / 8 euros Só, canções da quarentena é un traballo ideado, composto, rexistrado e lanzado durante a corentena, desde puntas tan dispares do planeta como Rio, São Paulo, Belém, Salvador, Orlando e Tokio. Neste senso, o álbum acusa unha urxencia que contrasta co anterior LP de Calcanhotto, Margem, que vía a luz en 2019 após unha década de elaboración e sete anos de silencio distante dos estudios. Este, pola contra, foi pensado, producido, gravado e mesturado en 43 días, entre o 27 de marzo e o 8 de maio -a ficha mesmo trae a hora e o día en que cada canción foi escrita! Concibido desde ese momento no que o mundo ficaba parado, o disco semella manter tamén suspendido o tempo e o espazo nunha sorte de fotografía fixa que retrata con honestidade unha diversidade de intress e estados de ánimo, coas que a audiencia facilmente se vai sentir identificada. "A musa / nao se medusa / contra o caos / fais música", recita Calcanhotto nun silencio roto polo son dos insectos. A continuación comeza "Ninguém na Rua", título abondo explicativo, na liña da música popular brasileira (MPB ) que caracteriza o máis amplo da traxectoria da artista, mais amparada en batida funk que extrae do violão. O beat sintetizado con cadencias jazzísticas de "Era só" érguese tamén en "Eu Vi Você Sambar" sobre a guitarrada paraense, mentres "O Que Temos" oscila entre o trip hop e un certo afoxé, ou "Sol Quadrado" estabelece unha samba-repente en menos de dous minutos. Se cadra un dos máis destacábeis é a reversión brincallona de "Bunda Lê Lê", tema co "funk da corentena" de Dennis DJ, en contraste coa lírica profundamente poética de "Corre o Munda", homenaxe á denominación orixinal do río Mondego, que corta a estrañada Coimbra. O sentido complétase pola propia colocación en cronolóxica de composición das nove faixas. Xunto ao álbum lanzouse tamén unha versión audiovisual nun plano seguencia de media hora, con todas as pezas rexistradas no cuarto da artista. |
PRAZA_8830 | BNG, Fundación Galiza Sempre e a Alianza Libre Europea organizan este sábado en Compostela unha xornada sobre "A defensa do territorio" coa participación de numerosos expertos e representantes de colectivos sociais. | BNG, Fundación Galiza Sempre e a Alianza Libre Europea organizan este sábado en Compostela unha xornada sobre A defensa do territorio coa participación de numerosos expertos e representantes de colectivos sociais. Os debates desenvolveranse no Centro de Estudos Avanzados da USC situado no Parque de Vista Alegre, na rúa Salvadas. O programa, que se desenvolverá ao longo de todo o día, organízase en tres eixos: terra, mar e xente. A eurodeputada Ana Miranda, Xesús Veiga (presidente da Fundación Galiza Sempre) e Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, abrirán a xornada, que se pechará coa proxección do filme Trashed, producido por Jeremy Irons, e que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario. As xornadas abordarán as alternativas ao modelo de incineración de Sogama en materia de xestión de residuos, e neste senso contarán coa participación do director do proxecto Zero Waste Europa, Joan Marc Simons, e do concelleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa, Iñaki Errazkin, como principais ponentes. Programa 10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega. Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega. Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños). 11.30-12.30: Desenvolvimento rural, política forestal, transxénicos Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA). Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA). 12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego. Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009. Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental. Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental. Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. 15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais. Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo. Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo. Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo. Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre. Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra. 16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza. Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG. Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña. Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza. Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa. Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa. |
NOS_37103 | O 13 de novembro fanse 15 anos desde que encetara a catástrofe do Prestige. O 13 de novembro de 2002 era o primeiro de seis días que rematarían co afundimento do buque o 19 de novembro dese mesmo ano. O ano en que Galiza sufría a maior catástrofe medio ambiental da súa historia. Con motivo do 15 aniversario, Sermos Galiza afonda no número 271 na falta de competencias en seguridade marítima. Eis un extracto. | Ás 15.10 do 13 de novembro de 2002 foi o punto de partida dos días agónicos que precederon o afundimento do Prestige. Nese momento, un forte estrondo deu paso ao escoramento do buque, do que comezaba a saír fuel. Apenas cinco minutos após, solicitábase a axuda dos servizos de resgate. O barco atopábase a unhas 28 millas do cabo Fisterra. A próxima segunda feira, 13 de novembro, comeza o 15 aniversario do desastre do Prestige, un desastre cuxo punto álxido chegou o 19 de novembro de 2002, cando o petroleiro afundiu e provocou a maior catástrofe ecolóxica na historia da Galiza e, con ela, unha inmensa mobilización social e política que desembocou na plataforma Nunca Máis. Quince anos, pois, das declaracións do hoxe presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, que por entón ocupaba a Portavocía do Goberno central, en que dicía: "salen unos pequeños hilitos, hay cuatro, en concreto, los que se han visto, regueros solidificados, con aspecto de plastilina en estiramiento vertical". Dez días após de comezaren a saír as 67 mil toneladas de fuel tinguiron de negro a costa galega e afectaron as portuguesas e francesas, Rajoy sinalaba que "no es en ningún caso una marea negra, se trata solo de manchas muy localizadas". Palabras que evidenciaban unha xestión pésima desde Madrid, con decisións erróneas e explicacións esperpénticas por parte dos responsábeis do Partido Popular, a comezar pola decisión adoptada polo Ministerio de Fomento, dirixido entón por Francisco Álvarez Cascos, de afastar o buque o máis posíbel da costa, "que lo lleven al quinto pino!", ordenara o ministro. O buque descagara perto de 6 mil toneladas ao achegarse á costa, mais botou moita máis cantidade cando, após as ordes do Goberno central, foi afastado da costa para rachar en dous a 260 quilómetros de Galiza. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 271, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.