ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_45211 | Na votación houbo 72 votos en contra e 64 a favor da última proposta da xerencia. | As Urxencias do CHUS manterán a folga, unha greve que levan protagonizando desde hai semanas na demanda de máis persoal e medios para este servizo do complexo hospitalario compostelán. No voto en urna que se realizou esta terza feira houbo 72 votos en contra e 64 a favor da última proposta da xerencia sanitaria compostelá. A participación foi de 67% do persoal. Para o comité de greve, o último documento presentado pola xerencia (con 11 enfermeiras, 11 auxiliares e dous médicos máis) era un avance con respecto á anterior exposta en decembro, mais non cobrían as súas reivindicacións. |
NOS_21322 | 6.820 millóns irán a rehabilitación de vivenda e rexeneración urbano, con axudas para a rehabilitación e melloras da eficiencia enerxética de até 100% da vivenda, incluíndo a instalación de paneis solares. | "Nos vindeiros seis anos, o Estado vai emprender 102 reformas e 110 inversións", proclamou Pedro Sánchez despois do Consello de Ministros que se desenvolveu esta terza feira, 13 de abril. Estes investimentos van sumar 70.000 millóns de euros de gasto público. Entre eles, Sánchez detallou 20 investimentos principais que se desenvolverán até 2024 como parte do Plan de Recuperación, a partida a que se adicará máis orzamento é a de mobilidade sostíbel, que suma 13.200 millóns de euros para desenvolver todo o vencellado co vehículo eléctrico como electrificar as vías públicas ou ampliar a rede de puntos de recarga. 6.820 millóns de euros irán a rehabilitación de vivenda e rexeneración urbá, con axudas que cubrirán até 100% do custo de facer máis eficientes desde a perspectiva enerxética o parque de vivendas, incluíndo a instalación de paneis solares. A modernización da Administración Pública recibirá 4.315 millóns de euros, 4.060 millóns irán a dixitalizar as Pemes, 3.780 millóns para política industrial e estratexia económica circular, 3.400 millóns para o sector turístico e 3.380 millóns para o desenvolvemento da ciencia e a innovación. Este programa foi cualificado por Sánchez como "o maior plan de modernización do Estado nos últimos 37 anos", e explicou que prevén un crecemento adicional do PIB en dous puntos a partir de 2021 que implique a creación de 800.000 novos postos de traballo. Os obxectivos deste plan son modernizar o tecido produtivo, aumentar a produtividade, impulsar a capacidade de creación de emprego, reducir as fendas sociais de xénero ampliadas pola crise e impulsar unha economía verde, detallou Sanchéz. Tamén explicou que o plan terá que pasar pola Comisión Europa, que formou parte das discusións que levaron a esta proposta que Sánchez sinalou como participativa. Fin do estado de alarma Diante das peticións nos últimos días procedentes de diversos territorios para adiar o final do estado de alarma o presidente do Estado aclarou que non teñen intención de facelo, e resolveu que "temos suficientes ferramentas xurídicas para abordar a pandemia", Sánchez mantivo que o marco legal no que van traballar os territorios "vai ser o Consello Interterritorial de Saúde co filtro dos tribunais de xustiza". |
PRAZA_15982 | Varias administracións desenvolven campañas para concienciar a cidadanía da importancia de non perpetuar estereotipos e roles de xénero nos xoguetes, principais mecanismos de aprendizaxe e socialización na infancia | Vai rematando o Nadal e veñen aí os Reis Magos. Malia as múltiples campañas -de administracións públicas ou non- para poñerlle fin ás diferenzas e os tópicos sexistas, os anuncios e moitas das compras nestas datas manteñen estereotipos que separan nenos e nenas en ámbitos e prácticas sociais distintas. O sexismo na publicidade, pero tamén na elección final dos agasallos, mantense a pesar de todo. Os expertos levan tempo advertindo de que xa non afecta só aos xoguetes tradicionais, senón que tamén aos vídeoxogos, que se adoitan separar para rapazas e rapaces segundo os seus argumentos. Mentres, as bonecas, as cociñas ou os carros de bebé seguen dirixidos ás cativas; e os coches, os xogos de guerra ou os deportes cínguense aos cativos. O sexismo na publicidade, pero tamén na elección dos agasallos, mantense a pesar das campañas pola igualdade Ante isto, cada ano son máis as administracións que difunden campañas que animan a cidadanía a mercar xoguetes non sexistas ou a colaborar coas múltiples recollidas para os máis necesitados con agasallos que fuxan destes estereotipos. Cada vez con máis recursos, municipios e outras institucións implícanse con anuncios ou vídeos fomentando a igualdade, tamén nestas datas. Neste ano, destacan algunhas como a da Deputación de Pontevedra ou a dos concellos de Lugo e Santiago, entre outras. Se non xoga non é un xogo. #RegalaIgualdade. Ese foi o lema escollido pola institución provincial, que por terceira vez desenvolve unha campaña pola igualdade á hora de agasallar e que apostou desta vez por un vídeo difundido por varias canles. "Desde que nacemos, ás mulleres edúcannos en que somos distintas e que facemos outras cousas distintas ás que fan os homes", destaca Carmela Silva, presidenta provincial, que cre "fundamental educar desde o berce as nenas e aos nenos en igualdade. "Desde que nacemos, ás mulleres edúcannos en que somos distintas e que facemos cousas distintas ás dos homes", di Carmela Silva O vídeo mostra alcaldesas, enfermeiros, canteiras, auxiliares de voo, bombeiras, modistos, arquitectas, bailaríns, informáticas, coidadores ou mulleres astronautas, co obxectivo de "amosar que o único que marca a diferenza é algo que non existe en realidade, que é só froito dos prexuízos, e que poden ser o que elas e eles queiran ser, sexan mulleres ou sexan homes". No caso de Santiago, o lema escollido polo Concello foi A igualdade tamén se fai xogando e a campaña inclúe un decálogo de recomendacións para as familias. Na presentación dela, Marta Lois destacou que os xoguetes "non son só unha fonte de diversión, senón tamén o principal mecanismo de aprendizaxe e socialización durante a infancia". Por iso, incidiu na importancia de realizar regalos que "fomenten a igualdade durante a infancia e que promovan o uso de xogos e xoguetes que fomenten a igualdade entre nenas e nenos". 'A igualdade tamén se fai xogando' é o lema do Concello de Santiago, que inclúe na campaña un decálogo de recomendacións Ademais, a administración local repara en que a separación que se fai á hora de regalar "non é aleatoria, senón que responde a unha estrita asignación de roles de xénero". Así, mentres que os xoguetes dos nenos "están orientados a actividades como a condución, a construción, a práctica deportiva e á competición, os xoguetes de nenas relaciónanse principalmente co coidado de bebés, limpeza do fogar, bailar, cantar ou deseñar". Desde o Concello destacan que a diferenciación dos xogos en función do sexo "ten unha grande influencia na reprodución dos roles tradicionais de xénero", por exemplo, no feito de que as mulleres "se encarguen fundamentalmente dos coidados e do traballo doméstico e que os homes se orienten de maneira case exclusiva ao mercado de traballo". "Por iso é tan importante agasallar sen ter en conta estes roles impostos de xénero para non seguir perpetuando o mantemento das desigualdades entre mulleres e homes", din. "É importante agasallar sen ter en conta osroles impostos de xénero para non seguir perpetuando as desigualdades entre mulleres e homes" De xeito semellante se manifesta o Concello de Lugo. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recomendou esta mesma semana á veciñanza que "agasalle libros e xoguetes non sexistas". E fíxoo aproveitando a proximidade da chegada dos Reis Magos e ao abeiro da campaña de sensibilización posta en marcha pola Casa da Muller a mediados do pasado mes de decembro e que xa se fixera o ano pasado. A finalidade é concienciar ás familias e promover a iguladade e o non sexismo dende idades temperás. O Concello de Lugo destaca a importancia da literatura infantil por ter "un potencial educativo que a converte en ferramenta de socialización de primeira orde" En Nadal, agasalla libros e xoguetes non sexistas, di o lema. Neste caso, o Concello de Lugo destaca a literatura infantil por ter "un potencial educativo que a converte en ferramenta de socialización de primeira orde, na que se van interiorizando os valores e actitudes de cada persoa". De aí que, tal e como destaca Abelleira, "de querer construír unha sociedade máis igualitaria, a lectura infantil e xuventil ten que ser un instrumento que axude a rachar coas ideas estereotipadas que existen na actualidade sobre as mulleres e homes e que amose unha visión do mundo baseada na igualdade, no respecto e na liberdade". En canto aos xoguetes, a iniciativa inclúe dez claves para "a compra responsable e non sexista": que poidan xogar nenas e nenos indistintamente, que evite a transformación de estereotipos sexistas e non fomente a violencia, que facilite poder xogar cos demais e as relacións entre iguais, que non favoreza a rivalidade, que potencie as relacións cooperativas, que poida xogar calquera nena e non só quen teña habilidades moi específicas, que esperte o desexo de xogar, que desenvolva a imaxinación e a creatividade, que estimule a súa curiosidade e que potencie a capacidade de pensar. |
NOS_55630 | A campaña realizada no xacemento de Armeá en xullo chega o seu fin. Durante o pasado mes un grupo de 20 de arqueólogos continuaron a traballar como cada verán neste xacemento do concello de Allariz. Entre os descubrimentos destaca a domus norte deste enclave arqueolóxico que data do s.IV a.C. ao II d.C. e do que se estima que só se descubriu pouco máis do 5%. | O Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geeat), do campus de Ourense da Universidade de Vigo, foi o encargado de levar a cabo as actuacións. O director da campaña, Adolfo Fernández, explica que se trata dun xacemento moi pouco escavado polo que se tivo que proceder con tento para recadar todos os datos arqueolóxicos. O xacemento data do s.IV a.C. ao II d.C. Entre os 20 arqueólogos participou alumnado universitario en prácticas. Quitar capas de terra, limpar e fotografar os obxectos eran parte das tarefas dos arqueólogos. "Despois de fotografar, procedíamos a súa extracción e a catalogar e estudar as pezas atopadas", explica Daniel Gil, membro do grupo de traballo. A maioría das pezas atopadas son fragmentos de cerámica cos que posteriormente se tenta reconstruír o obxecto orixinal. Ao remate da campaña, estas pezas pasarán a formar parte dos arquivos de museos e da Universidade de Vigo aínda que, na súa maioría, non serán expostas ao público. Ademais, esta campaña serviu para facer sondaxes de posíbeis novas zonas de investigación. |
NOS_9977 | Guillerme Vázquez elevou a temperatura dun ateigado palacio de congresos onde se celebra a Asemblea Nacional do BNG co seu último discurso como portavoz nacional. Guillerme mostrou ante máis de 2.000 militantes o seu orgullo de facer parte dunha organización que en momentos "máis que difíciles" segue a manter o apoio de 150.000 galeg@s | Guillerme deu o seu derradeiro discurso como portavoz nacional do BNG , ante máis de 2.000 militantes, un cargo que, dixo, "foi un orgullo" deter. Guillerme Vazquez, que arrancou aplausos dos asistentes en máis dunha ocasión co seu discurso, mostrou o seu "orgullo" por como o BNG resistiu unha embestida que "desde dentro e desde fóra" tentou "facer saltar polos aires esta organización". E fracasaron, sentenciou o aínda portavoz nacional. "Mil veces caeremos e mil veces nos ergueremos. Non conseguirán derrotar ao BNG" Guillerme volveu empregar a palabra "orgullo" para referirse ao que sente por "compartir militancia con vós, que vos partides a cara por este pobo sen pedir nada a cambio" e enfatizou que "non hai ningunha razón para nos sentirmos vencidos" e afirmou: "Mil veces caeremos e mil veces nos ergueremos. Non conseguirán derrotar ao BNG". Os abandonos "non foron un proceso honesto" Tamén se refireu aos acontecementos destes últimos meses co abandono do BNG de sectores organizados. Guillerme afirmou que "creo que é lexítimo abandonar o BNG, pero non foi un proceso honesto". Aliás, remarcou que as escisións foron consecuencia de "diferenzas ideolóxicas que agora son ben visíbeis". Neste sentido, destacou a importancia da militancia do BNG como un ha base nacionalista que ten clara que Galiza tend ereitos nacionais, aliás da defensa de liberdades ne da xustiza social. Castelao e Bóvoda Nun discurso no que non faltaron senllos alegatos a Castelao e Bóveda, Guillerme defendeu a soberanía e capacidade de decidir do pobo galego. Insistíu na necesidade dunha ferramenta como o BNG para "denunciar e comabtir as nefastas consecuencias que para Galiza ten a dependencia" e crticou "este goberno de ladróns, corruptos, e por riba, españolistas". |
PRAZA_3004 | Um prólogo do professor para NIMBOS, o grande poemário de Díaz Castro, foi ocultado por estar em galego reintegrado | Começa o ano no que se adica a Carvalho Calero o Día das Letras Galegas. Carvalho tivo uma estreita relação co poeta chairego José María Díaz Castro. Narrador, ensaísta, poeta e um dos máis grandes estudosos do nosso idioma, foi o autor dum valioso e extenso prólogo de NIMBOS, casi ignorado por estar redigido em galego reintegrado. É hora de facerlhe justiça.Um prólogo do professor para NIMBOS, o grande poemário de Díaz Castro, foi ocultado por estar em galego reintegradoHá umas semanas a Associação Socio-Cultural Lareira de sonhos e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica venhem de recuperar o texto do prólogo escrito polo professor Ricardo Carvalho Calero para a segunda edição de NIMBOS, do poeta vilarego, e publicado em 1981 pola Editora Nacional en uma edição bilíngue em galego-espanhol duma coleção dirigida polo também galego González Garcés. A editorial, hoje desaparecida, e coa curiosidade dessa edição com um prólogo em galego reintegrado, foi quem de editar o poemário com 2000 ejemolares mentras se impedía editar com esse prólogo em Galiza. Esse prefácio foi recuperado em 1985 por AGAL, Asociaçom Galega da Língua, numa recompilacão de artigos do professor num livro titulado Letras Galegas. O texto não foi reeditado em ninguma das edições posteriores, nin de Galaxia nin de La Voz de Galicia em 2002 ou nas variadas edições de 2014 polas Letras Galegas adicadas a Díaz Castro. Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos, tem acompanhado a Díaz Castro a conhecer em a Carvalho Calero en 1986 num apartamento que este tinha em Lugo e a súa amizade foi medrando com vários encontros posteriores, fundamentalmente em Compostela, onde o visitaba no despacho que mantinha da antiga facultade de filología em Mazarelos para dar longos passeios polo casco histórico de Sant-Iago. Alfonso é por sorte uma impagável, testemunha viva dessa relação e também do boicot ás teses do professor Carvalho Cálero que de seguro nos aportará grandes conhecementos neste ano.Carvalho Calero representa a máis da súa transcendência literária, um importante referente na evolução futura do nosso idioma e para nós, diazcastrianos, um dos principais conhecedores da poesía do poeta do VilarinhoEste prólogo supón um auténtico tratado arredor da poesía de Díaz Castro á que Carvalho denomina "a poesía total" e que para Carvalho tinha tanto valor que mesmo era o poemário de cabeceira e nunca faltava na súa mesinha de noite. O valioso prólogo pode descargarse gratuitamente da Biblioteca Virtual de Galicia Digital ou deste enlace.Carvalho Calero representa a máis da súa transcendência literária, um importante referente na evolução futura do nosso idioma e para nós, diazcastrianos, um dos principais conhecedores da poesía do poeta do Vilarinho como também um grande admirador de Díaz Castro, admiração que era mútua e mesmo sen ser o poeta dos Vilares reintegracionista, foi un firme defenssor do trabalho de Carvalho Calero como demostra esse único prólogo do seu NIMBOS. O 2020 é, polo tanto, um ano de celebração e reivindicação especial também na Terra Chá, e principalmente em Guitiriz, sempre da mão do nosso Alfonso Blanco e Xosé María Díaz Castro que nos tenhem aportado tanto, desta volta com outro dos grandes das nossas letras, don Ricardo Carvalho Calero, máis vivo que nunca na defensa, consolidacão e crescimento do nosso idioma e do nosso país. |
NOS_7376 | Unha iniciativa do BNG pretende crear un plan de axudas para plantar "carballos, castiñeiros, sobreiras e froiteiras", segundo explicou a concelleira Goretti Sanmartín Rei, e a corta de eucaliptos "próximos a vivendas, redes viarias e ríos, ademais de impusar unha moratoria até 2030 para evitar novas plantacións e a declaración do Eucaliptus nitens como especie invasora". | Ao tempo que se reunía o Consello Forestal de Galiza na Xunta, o BNG presentaba unha moción en Santiago de Compostela que se debaterá no Pleno desta quinta 21 de decembro para pórlle freo á "eucaliptización" que padece Compostela, como tantos outros concellos galegos que contaron con "plantacións descontroladas e caóticas de eucaliptos no tardofranquismo, nas décadas 60 e 70 do século XX, que produciron unha alteración alarmante da paisaxe, unha mudanza dos usos tradicionais do monte e un monocultivo intensivo", explicou Sanmartín. Destacou o papel que noutrora tivo Compostela como "referente en políticas ambientais e de defensa do territorio", para agora procurar o apoio da Corporación e impulsar unha moratoria á expansión do eucalipto e desenvolver un plan de axudas e de asesoramento para substituír eucaliptos por especies arbóreas frondosas caducifolias e froiteiras, "como xa fixeron outros concellos galegos", sinalou. Noutro punto da iniciativa, o BNG reclama medidas fiscais para incentivar a plantación de especias autóctonas e o aproveitamento multifuncional do monte, ademais de demandar que se apliquen as medidas de prevención de incendios que estabelece a normativa galega para a eliminación de eucaliptos, piñeiros e mimosas nas marxes de seguranza de vivendas, autovías, estradas, vías férreas e ríos. A resposta da Alianza Rural Galega no Consello Forestal Logo da xuntanza do Consello Forestal de Galiza, Xosé Alfredo Pereira, da Alianza Rural Galega, cuestionou a falta de participación dos sectores sociais na redacción do plan elaborado pola Xunta e, nese sentido, afirmou que "pode ser legal, pero non é democrático". Na Alianza Rural Galega reclaman un consenso coa implicación "da xente que vive, traballa e xestiona o ámbito rural", explicou Pereira. Aliás, destacou que para as comunidades de montes este plan da Xunta é "totalmente negativo" porque continúa a apostar na produción de madeira sen alto valor engadido destinada a cultivos enerxéticos, o que incrementa a degradación ambiental e o empobrecemento rural. Este colectivo considera tamén que a Xunta segue sen apostar en loitar contra os lumes forestais cunha dimensión pública "de cara a eliminar a industria do lume". Ademais, denuncia, pretenden entregarlles ás empresas forestais, mediante os chamados contratos de xestión pública, as terras comunitarias de balde, aplicando as falsas e inxustas débedas dos consorcios e convenios". A Xunta tampouco prevé neste documento unha alternativa á forestación ilegal de terras agrarias, "pois non contén pautas e criterios para repor a legalidade e recuperar o terreo agrícola usurpado". Destacan que a política forestal do PP vai afondar "na degradación dos solos e na destrución da capacidade de retención dos recursos hídricos que ten o monte", ademais de configurar un horizonte en que os incendios forestais continuarán a ser un dos problemas ambientais máis importantes de Galiza, "unha creba severa do potencial económico do sector, un grave risco para as persoas e os ecosistemas e unha fonte eterna de gasto público". Na Alianza Rural Galega están representadas CIG, Adega, Fruga, Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría, Comité en Defensa do Monte Galego, Federación Ecoloxista Galega, Ovica, SOS Coello de Monte e Unitega. |
NOS_34714 | O Monte do Gozo, en Compostela, acollerá do 18 ao 20 de xuño a terceira edición de O Son do Camiño, festival organizado pola Xunta de Galiza. Nesta ocasión, todos os cabezas de cartel son homes e a lingua galega fica reducida a tan só tres artistas. | Máis un ano, o festival O Son do Camiño, que organiza a Xunta de Galiza entre 18 e o 20 de xuño, aposta en músicas e músicos de fóra da Galiza no seu cartel "máis ecléctico", no que os cabezas son todo homes. A música en galego terá presenza con Guadi Galego, Budiño e Boyanka Kostova. Ademais, no Monte do Gozo soarán, entre outros, Liam Gallagher, The Chemical Brothers, Jason Derulo, The National, Bad Bunny ou Daddy Yankee. Tamén Editors, Foals, DJ Snake, Armin Van Buuren, Timmy Trumpet, Natos e Waor. Tamén Xoel López, Furious Monkey House, Triángulo de Amor Bizarro, Presumido, Escuchando Elefantes, Cora Velasco, The Killer Barbies, Sen Senra, Carolina Durante, Kase.O, Miss Cafeína, Tigre y Diamante, Les Castizos ou Lola Índigo. A organización informou en rolda de prensa esta sexta feira do incremento do aforo, cuxos abonos, a un prezo de 59 euros, poranse á venda a próxima terza feira, día 10, ás 14 horas. Destacou que acudirán ao Monte do Gozo músicas que foron cabezas de cartel en festivais internacionais como Coachella e LollaPalooza e que suman até 12 premios Grammy. Ademais, pon de manifesto que o 88% dos artistas chega a esta cita presentando os seus novos traballos, o que fai de O Son do Camiño un evento "ligado ao panorama musical máis actual". Outra das novidades, alén da ampliación do aforo das 97.000 prazas ás 120.000, é un recinto de aloxamento xestionado por Carrís Hoteis. Incorporarase, ademais, un novo escenario, até tres, e unha área de restauración e cámping con capacidade para 4.000 persoas. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, defendeu que O Son do Camiño, "é algo máis que un festival", xa que "engarza con valores do camiño como lugar de encontro e lugar de convivencia para todos os públicos". A sombra da sospeita de irregularidades xa paira sobre este festival desde a presentación da súa primeira edición. O PSdeG presentou unha iniciativa no Parlamento galego para esixir á Xunta explicacións pola concesión "a dedo" do contrato de 3 millóns de euros para organizar o festival. Os socialistas acusan a Xunta dun "basto subterfuxio para vestir de legalidade o que son prácticas escuras" para, di, "garantir a exclusividade das empresas". |
PRAZA_1241 | Na Marea converxeron nacionalistas e non nacionalistas e toda caste de sensibilidades progresistas. O electorado que quería unha fonda remuda do goberno local soubo velo e votalo. Acadar a unidade dende a pluralidade ten agasallo. | A Marea Atlántica gañou as eleccións locais n'A Coruña, obtendo 10 concelleiros, fronte ao alcalde Negreira (PP) que retivo outros 10 cuns poucos menos votos. Os socialistas obtiveron 6 e o BNG 1. Ninguén máis obtivo representación. Cal é a clave para lermos este resultado? De onde saíron estes milleiros de votos que empoleiraron Xulio Ferreiro a unha segura alcaldía? Sen dúbida en xerar un amplo espazo de confluencia. Porque fronte moitos proxectos que se dicían- e non o eran- semellantes, a Marea Atlántica naceu dun pulo cívico, cun núcleo de arrincada importante de independentes vencellados a unha cosmovisión progresista, galega e coruñesa. Mentres que os seis partidos que apoiaron o encontro, dende Compromiso por Galicia até Podemos ou Equo, pasando polos partidos do espazo AGE, souberon cederlle o protagonismo aos candidatos e á fórmula de unidade. Unidade que o electorado soubo recoñecer e apoiar. Na Marea converxeron nacionalistas e non nacionalistas e toda caste de sensibilidades progresistas. O electorado que quería unha fonda remuda do goberno local soubo velo e votalo. Acadar a unidade dende a pluralidade ten agasallo. Mais Coruña é de vello un espazo bo para esta caste de proxectos, que recoñecen Coruña e Galicia como proxectos cívicos de todos. Que prefiren a eficiencia da mestizaxe aos purismos estériles. Exemplos témolos a esgalla, na longa historia coruñesa. Nos anos 20 do século pasado os galeguistas defenderon fronte a Risco na Irmandade Nazonalista o pacto cos progresistas e republicanos e Peña Novo foi concelleiro. Castelao e Bóveda atoparon na Marineda un apoio sobranceiro ao seu proxecto de gañaren o autogoberno dende a asociación coa Izquierda Republicana e despois coa Fronte Popular. A CNT da II República era n'A Coruña un espazo pacífico de encontro, lonxe do radicalismo da FAI. E, no 1979, as eleccións deixaron unha escena ben semellante á de agora. Pactouse un goberno plural e Merino foi o primeiro alcalde galeguista e progresista da cidade dende a II República. Ese espírito plural e amplo, tan propio da galeguidade coruñesa, foi a clave do éxito da Marea Atlántica. O resto, aínda, está por escribir e depende do bo criterio e sentido común dos gañadores das eleccións coruñesas. |
NOS_30329 | O 26 de febreiro unha manifestación percorrerá Compostela para denunciar, entre outras cuestións, as máis de 30 imputacións que Fiscalía e Policía Nacional sosteñen contra diferentes persoas polo "simple feito de darlle contido ao seu dereito á folga" | CUT e CNT veñen de anunciar a convocatoria dunha mobilización social para o vindeiro 26 de febreiro, ás 20 horas, dende a compostelá Praza Vigo, "contra a persecución á que se ve sometido o sindicalismo alternativo e as diferentes agresións promovidas no ámbito laboral que derivan nunha precarización das vidas de toda a clase traballadora". Esta manifestación que percorrerá as rúas baixo a lenda "malia a represión, malia a precariedade, a nosa forza é imparábel!" aséntase, segundo Mari Fidalgo, da CUT, na "necesidade de advertir, utilizando a pértega da solidariedade, que non nos han calar e de que existe un tecido de activistas vivo que xa non ten medo". Convocatoria aberta Para Martim Paradelo, da CNT, "diante das máis de 30 imputacións que Fiscalía e Policía Nacional sosteñen contra diferentes persoas polo simple feito de darlle contido ao seu dereito á folga, de exerceren como folguistas, responderemos como fixemos sempre, dende un principio firme de unidade sindical e social, chamando á acción conxunta e solidaria a todo o tecido asociativo da cidade", polo que recordaba que "esta convocatoria segue viva, está aberta a todos os sectores populares, aos que chamamos á rebelión activa". As dúas centrais sindicais consideraron unha responsabilidade "centrar a mirada nos paraqués da represión, e no feito de que esta é algo moito máis amplo, que afecta a amplos sectores populares, especialmente hoxe ás mulleres, ás migrantes e ás desafiuzadas e require polo tanto unha resposta en positivo, dun pobo que non ten medo", continuaba a sindicalista Mari Fidalgo. "Autodefensa operaria" "Dicir que a nosa forza é imparábel é dicir o que viñemos destacando ata o de agora pola vía dos feitos, que existe un descontento e unhas dinámicas da sociedade que se está a expresar a través da combatividade sindical, da opción por outras formas de autodefensa, da aposta por un sindicalismo que quere máis do que nunca transformar a realidade, sen medias tintas, sen renuncias", concluía Martím Paradelo. |
PRAZA_20583 | Mentres estas dinámicas segan presentes no universo político galego mais crítico co poder, o PP de Alberto Núñez Feijoo non terá motivos adicionais de preocupación. Non detectarán sinais de perigo nese tranquilo balneario no que fican instalados dende hai tempo | O 25 de Xullo do ano 2015 foi unha data especial. Tivo lugar unha celebración do Día da Patria diferente do que tiña acontecido nas últimas décadas. Unha comisión plural conformada por persoas relevantes da cultura e da sociedade galegas realizou unha convocatoria unitaria que -agás o PSdeG-foi secundada pola totalidade das forzas nacionalistas e de esquerdas. Semellante feito extraordinario foi posíbel pola conxuntura específica que se vivía naqueles meses -comezo dun novo ciclo electoral coa aparición de novos actores no escenario- e, tamén, pola decisión xenerosa adoptada polo BNG renunciando á tradicional demostración da súa hexemonía mobilizadora nesa data. Ao remate do acto unitario na Quintana, Xurxo Souto emprazou a todas as persoas presentes a repetir a experiencia no ano 2016. Lamentabelmente, tal chamamento ficou no terreo dos desexos que non se ven cumpridos co paso do tempo. Agora, vintecatro meses despois, o 25 de Xullo segue instalado na "normalidade" anterior ao 2015: non existe unha convocatoria unitaria entre aquelas organizacións que non aceitan o actual status de Galiza no sistema político estatal. Mentres estas dinámicas segan presentes no universo político galego mais crítico co poder, o PP de Alberto Núñez Feijoo non terá motivos adicionais de preocupación. Non detectarán sinais de perigo nese tranquilo balneario no que fican instalados dende hai tempo No tempo transcorrido dende as eleccións ao Parlamento galego celebradas en setembro do ano pasado pode constatarse o elevado nivel de acordo rexistrado entre En Marea e BNG na formulación das súas propostas na Cámara do Hórreo. Ante a grande maioría dos problemas mais urxentes xurdidos no seo da sociedade galega (desemprego, pobreza, AP9, Ferroatlántica, Angrois...) a coincidencia é indiscutíbel. Obviamente existen posicionamentos diverxentes sobre a identidade constitutiva de cada formación. Mais iso tamén ocorría hai dous anos e daquela non foi un atranco definitivo na celebración dunha manifestación unitaria. O mais preocupante é que, agora, nin sequera houbo iniciativas tendentes a sondear a posibilidade dunha convocatoria converxente. Deuse por inevitábel unha multiplicidade de actos que seguramente resultan incomprensíbeis para a maioría das persoas que apoiaron nas urnas a esas forzas políticas. Obviamente, non está en cuestión a lexitimidade ou o dereito de cada quen para tomar as decisións que considere pertinentes. O que está enriba da mesa é a oportunidade dunha acción común protagonizada polas opcións que non forman parte da lóxica bipartidista coñecida (PP-PSOE). Mentres estas dinámicas segan presentes no universo político galego mais crítico co poder, o PP de Alberto Núñez Feijoo non terá motivos adicionais de preocupación. Non detectarán sinais de perigo nese tranquilo balneario no que fican instalados dende hai tempo. |
NOS_1369 | Hai un aumento nos ingresos que proceden dos impostos directos fronte a unha baixada dos indirectos. | O Estado aumentou nun 2,6 por cento a recadación que obtén en Galiza a través de impostos. Os dados achegados esta terza feira polo Instituto Galego de estatística indican que en 2012 o Estado español obtivo no noso país 5.683,2 millóns de euros, o que supón un incremento de 146 millóns a respecto do exercicio anterior, 2011. A maior parte da recadación procede dos impostos directos (3.639,5 millóns de euros), mentres que os indirectos representan 2.043 millóns, un 1,8% menos que en 2011. Nos impostos directos houbo aumentos na recadación polo imposto de sociedades e no imposto sobre a renda dos non residentes. Nos indirectos hai unha baixada na recadación por IVE, mais aumentou a categoría de impostos especiais, así como o de taxas e outros ingresos. Coñecer Porén, estas non son as únicas vías de recadación do Estado. Para deitar luz sobre este aspecto, tense demandado a creación dunha comisión sobre ingresos e financiamento autonómico. A petición máis recente, en setembro, fíxoa o BNG a través dunha proposición non de lei para constituír unha comisión de estudo sobre os ingresos e financiamento autonómico. O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, explicou daquela que segundo o informe de estratexia financeira fiscal da Xunta, as achegas ao sistema de financiamento no ano 2015 son 6.112 millóns de euros, 1.327 millóns menos que no 2008 e 1.223 menos que no 2007. "Segundo os nosos cálculos, afirmou, co novo modelo Galiza leva perdidos 8.574 millóns de euros, o equivalente ao orzamento da Xunta nun exercicio". |
NOS_27039 | Este 25 de xullo podería ser o primeiro na historia de Galiza no que a manifestación que percorre anualmente as rúas de Compostela o faga sen siglas partidarias, cando menos na faixa de cabeceira. | Esa é a opción que están a valorar as organizacións tradicionalmente convocantes. Desde o BNG até a esquerda independentista pasando por Anova, Cerna e Compromiso por Galicia que nos últimos anos convocaron senllos actos políticos con motivo do Día da Patria Galega. Como se concretizaría esta convocatoria? As direccións políticas do Bloque (Consello Nacional) e Anova (Coordenadora Nacional) vinculan a súa materialización a que se dean unhas "circunstancias" propicias para "un formato diferente" que situaría o pobo por diante das organizacións políticas. Falamos con Bieito Lobeira (BNG) e Manoel Santos (Anova) sobre a posibilidade de se producir esta convocatoria unitaria e que pensan da leitura que se está a facer desde distintos sectores, nomeadamente a imprensa, que visa vincular un 25 de xullo sen siglas cunha hipotética candidatura nacional galega nas eleccións de outono ás Cortes españolas. Toda a información sobre este asunto tela no número 152 do semanario en papel. Xa á venda nos puntos habituais e na nosa loxa. |
PRAZA_20399 | A plataforma presenta este venres a demanda, apoiada por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG, despois de que o CHUO pasase de contar con catro especialistas a ter tan só un, o que provoca continuos atrasos nas intervencións e traslados a Vigo. | "Non quero ir á sanidade privada, pero non vou deixar que a miña filla empeore". En abril Marcos Argiz, pai dunha nena de catro anos que levaba cinco meses agardando para ser operada no Hospital de Ourense (CHUO) dunha hernia inguinal bilateral, denunciaba en Praza a situación que se vivía no servizo de cirurxía pediátrica do centro. O CHUO, que en 2009 contaba con catro especialistas, pasou a ter dous e, dende hai uns meses, tan só un, o que provoca continuos atrasos nas intervencións e traslados a Vigo. O CHUO, que en 2009 contaba con catro especialistas, pasou a ter dous e, dende hai uns meses, tan só un, o que provoca continuos atrasos nas intervencións e traslados a Vigo A Plataforma SOS Sanidade Pública presentou este venres unha denuncia ante a Fiscalía pola degradación do servizo, unha demanda na que conta co apoio de En Marea, PSdeG-PSOE e BNG, escenificado esta semana nun acto no que participaron as deputadas no Parlamento galego Eva Solla, Noela Blanco e Noa Presas. Así mesmo, solicitará o apoio da Valedora do Pobo, que nos últimos anos xa denunciou a falta de cobertura na atención pediátrica. "No seu momento esta Plataforma denunciou o peche da atención cirúrxica pediátrica fora do horario de mañáns, realizamos unha forte campaña de denuncias e queixas tanto no Parlamento Galego como ao Valedor do Pobo, que emitiu un informe negativo sobre esta medida tomada pola anterior xerente do EOXI de Ourense Dª Eloina Nuñez. Dende a Oficina do Valedor quedaran en facer un seguimento da situación pero non voltamos a ter novas do mesmo", explican. A entidade acusa o Goberno galego de levar a cabo nos últimos oito anos unha acción continuada de "acoso e derrubo" do servizo de Cirurxía Pediátrica, unha "decisión fría e calculada" para desmantelalo. "Parece que o plan da Consellería de Sanidade é seguir a tratarnos como periferia sanitaria", din. A plataforma denuncia que a situación actual, na que só está dispoñible un cirurxián impide en moitos momentos a realización de intervencións para as que son necesarios dous profesionais no quirófano e provoca que algúns nenos e nenas tarden seis meses ou máis en ser atendidos ou deban repetir probas preoperatorias "ao caducar a súa fiabilidade", indica Anxo Pérez Carballo. Outros teñen que ser trasladados a Vigo para poder ser operados, iniciando alí de novo "toda a roda de diagnóstico e probas". "Parece que o plan da Consellería de Sanidade é seguir a tratarnos como periferia sanitaria", denuncian A lista de espera supera os 130 nenos e nenas. No ano 2013 creouse a denominada Area de servizo compartido de cirurxia pediátrica da zona sur, coa idea de que os nenos con patoloxías non complicadas (fimose, hernias, quistes, uñas, varicocele…) fosen intervidos en Ourense. "A realidade é que non son intervidos en Ourense, e pasan a engrosar a lista de espera de Vigo, onde se estima arredor de 1000 nenos e nenas en espera", explica a Plataforma. "A situación constitúe unha clara discriminación para os cidadáns de Ourense e para os nenos dunha das provincias máis envellecidas e cun índice de natalidade que, no caso de non ser corrixido, conduciranos á implosión social", critica Marcos Argiz. "Curiosa forma de protexer e atender ese ben en vías de extinción que son os nosos nenos por parte dunha administración que fai propaganda diaria da súa suposta preocupación polas patoloxías terminais da nosa esmorecente demografía", engade. EnMarea, PSdeG-PSOE e BNG piden que a Xunta garanta a actividade asistencial e cirúrxica as 24 horas do día e os sete días da semana, evitando así as derivacións masivas de menores centos de quilómetros En Marea e BNG sumáronse á esixencia da plataforma SOS Sanidade Pública para restablecer o servizo de cirurxía pediátrica 24 horas no CHUO. Así mesmo, o PSdeG-PSOE rexistrou unha moción urxente no pleno da Deputación de Ourense, para o seu debate este venres. A moción reclama que o ente provincial inste a Xunta a adoptar de maneira urxente as medidas necesarias para recuperar na súa plenitude o servizo, "garantindo a actividade asistencial e cirúrxica as 24 horas do día e os sete días da semana, evitando así as derivacións masivas de menores centos de quilómetros, traslados que poñen en risco a súa saúde". Uns traslados a Vigo que son aínda máis gravosos para as persoas que se desprazan dende Valdeorras ou Trives, por exemplo. "Este grave problema debe obter unha resposta contundente, xa que o Goberno galego está a xogar coa saúde dos nenos e nenas", sinalan os socialistas. |
NOS_47186 | Tamén se reducen os casos activos, a 2.977. | Os pacientes ingresados pola Covid-19 caeron por baixo dos 200, até os 190, 19 menos que a xornada anterior, mentres que o novos contaxios descenderon a 121, unha trintena menos que no inicio desta semana, a primeiraapós decaer o estado de alarma o domingo. Pola súa banda, os casos activos seguen coa tendencia descendente e caen a 2.977. Segundo os datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda feira, os pacientes Covid ingresados en UCI descenden a 43, tres menos, e os que permanecen noutras unidades redúcense a 147, que implican 16 menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo, Ourense, Ferrol e Lugo; mantense na de Santiago e Barbanza; e incrementa lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés. En canto aos casos activos encadean cinco xornadas consecutivas en descenso e sitúanse en 2.977, que implican 7 menos que o día pasado, ao haber de novo máis altas (128) que contaxios (121). Por áreas sanitarias, as infeccións activas redúcense nas da Coruña e Cee (-19), Ourense (-7) e Pontevedra e O Salnés (-1); soben nas de Santiago e Barbanza (+16) e Lugo (+4) e mantéñense nas de Vigo e Ferrol. Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba seguen a tendencia descendente do inicio desta semana e baixan a 121 tras principiar con 152, que supoñen 31 menos. Do total de novos positivos, 103 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 30 na área de Santiago e Barbanza; 21, na de Pontevedra e O Salnés; 15, na da Coruña e Cee; 14, na de Vigo; 12, na de Lugo; oito, na de Ourense; e tres, na de Ferrol. En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- caeu a un 1,39% após repuntar até 2,3% no inicio desta semana. Por iso, mantense por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Desde o inicio da pandemia faleceron 2.394 persoas diagnosticadas con Covid-19, sen cambios con respecto a hai dúas xornadas ao non notificar novos óbitos a Consellería de Sanidade por segundo día consecutivo. |
NOS_4025 | O portavoz de En Marea chama a reflectir "con prudencia" sobre a hipótese dun incendio similar ao de Pedrógão Grande viñer a ocorrer na Galiza. | O portavoz do grupo parlamentar de En Marea, Luís Villares, ofereceu "a colaboración leal" da confluencia ao goberno galego para revisar a normativa en materia de prevención e seguranza contra os incendios. "Cando ollamos para o país veciño vemos que temos unha similitude na forma de masa forestal, estrutura poboacional, na rede de comunicación viaria que afecta sobre todo o interior do noso país, ao que se suma. a situación de abandono do rural que provoca que o que antes eran espazos ordenados e aproveitados se convertesen en masa de combustíbel", dixo en conferencia de imprensa o líder da confluencia, quen compareceu canda o viceportavoz do grupo parlamentar, Antón Sánchez, e o concelleiro de Curtis por Asembleas Abertas, Xosé Manuel Tomé. O monocultivo de eucalipto tamén emparenta Galiza con Portugal, nomeadamente co norte, enfatizou Villares, quen chamou a revisar a Lei de Montes de 2012 quer do ponto de vista da recuperación dos perímetros de seguranza (proibición de plantar perto das casas) quer no que atinxe á reconsideración da luz verde á recualificación dos usos dos terrenos que fosen pasto das chamas. O portavoz de En Marea dedicou o groso da súa comparecencia a realizar un oferecimento de colaboración co goberno galego en materia de loita contra os incendios. En dous níveis. O primeiro, o plano lexislativo, visando a mudanza das normas e decretos. O segundo, o plano operativo, emprestando apoio ao goberno desde os concellos. "Estamos na entrada do verán e temos que chegar ben preparados, todos os medios son poucos. Falamos dun problema de seguranza das persoas e En Marea ofrece a súa colaboración leal na mellora das condicións da protección da nosa poboación", concluíu Villares. |
NOS_26937 | Entradas gratuitas en museos e descontos dun 50% no teatro son algunhas das ofertas que o goberno portugués aprobou para que as persoas en paro conserven os seus hábitos culturais | A entrada en museos e monumentos xestionados polo goberno do Estado será de balde para as persoas que estén en paro en Portugal. A Secretaría de Estado da Cultura vén de aprobar tamén importantes descontos para o acceso a teatros de carácter público. O goberno portugués escolleu o Día do Teatro para botar andar esta medida que ten como fin que as persoas que se atoparen en situación de desemprego poidan conservar os seus hábitos culturais. Unha persoa no paro poderá asistir a unha representación no Teatro Nacional de Lisboa por seis euros mentres que no São João do Porto verá reducido o importe do billete no seu 50%. |
NOS_12450 | Ritz Carlton confirma o acordo con PMI, filial de Pemex, e o grupo Albacora para facerse co control do estaleiro Hijos de J. Barreras e ofrece a García Costas sumarse ao acordo. | Xa é oficial. A compañía Ritz-Carlton ven de confirmar o acordo acadado con PMI, filial da petroleira mexicana Pemex e accionista maioritario, e o grupo Albacora para facerse co control do estaleiro vigués Hijos de J.Barreras. O que non aclara e se se fai coas súas participacións (51% e 24,5% respectivamente) a través dunha compravenda ou dunha inxección de capital que serviría para cubrir o sobrecusto do cruceiro que está a construír no estaleiro. A través dun comunicado, Ritz-Carlton destacou que a operación «resolve a actual situación de Hijos de J. Barreras e permite que recomece o futuro do estaleiro» e deixa a porta aberta a que se sumen a el «os que até o momento non decidisen participar nesta solución», en clara alusión ao ex presidente e accionista Xosé García Costas, para quen a compañía deixa «a porta aberta para facelo no futuro». Ritz-Carlton controlará máis de 75% do estaleiro vigués a través da súa filial Cruise Yatch Upper Holdco Limited. A empresa prevé renovar todo o equipo directivo «incluídos os administradores», aos que se lles encargará «asegurar a finalización do Evrima», o seu cruceiro de luxo, pero tampouco aclaran que solución lle darán aos contratos de Havila e Grupo Armas. |
NOS_54950 | O viño que afunde as raíces na tradición do coidado das cepas e da elaboración. | Case a medio camiño entre Verín e Chaves, regada polo río Támega e abrazada pola raia con Portugal, está o lugar de Mandín. Unha Raia trazada noutra hora por outros "señores" pero que non impide que Mandín se mire aos ollos, face a face, coa veciñanza de Lamadarcos, Vilarelho da Raia e de Vilarinho da Raia. Hai cousas que á mesma terra, e a quen a traballa coas súas mans e rega co seu suor, se lle escapan. E cruzando o corazón do lugar de Mandín un regueiro que, baixando desde a ladeira oeste da Serra das Penas Ceibes, vai na procura do río Támega. Un regueiro que coa sonoridade do seu nome xa nos sinala a paixón das terras que rega: Regueiro das Videiras. Son terras cheas de tranquilidade e natureza, aínda que a autoestrada A-75, buscando dar unha saída ás terras do outro lado da raia para a meseta da península e o resto da Europa, lle meteu unha fenda ao longo do seu corpo. Terras sobre solos de xistos e un microclima de influenza atlántico-mediterránea. E chantado aquí, cos pés na terra, atopamos a Xico de Mandín, Francisco Pérez Diéguez, neto de viticultores e, coma tantas outras crianzas na Galiza, cos pais na emigración. El estivo en Suíza un ano e na Alemaña outro, pero en 1997 púxose a elaborar viño nestas terras e abriu unha taberna en Mandín: "A taberna do Xico". Elaboraba viño para servir nela, o "viño de toda a vida" pero que agora se deu en chamar "viño de mesa". Facía uns 3.000 litros. A taberna xa non está. Pero para Xico o traballo no viñedo e co viño segue. Nove anos despois, en 2006, empezou a elaboración do seu viño ao amparo da Denominación de Orixe (DO) de Monterrei. As súas marcas comerciais son: Couto Mixto Branco, Couto Mixto Tinto e tamén Arou. Cun vaso do seu viño na man partillamos con el. Desfrutamos do seu viño, desfrutamos da narrativa dos seus recordos e as súas reflexións vitais. Da terra, do cambio social Xico de Mandín lembra como "a paisaxe agrícola mudou desde os anos 60 até a actualidade dun xeito bestial, non había arames, as cepas eran en vaso, había moito cultivado, agora hai moito menos, e antes os que cultivaban eran labregos, agora son empresarios. Mudou a paisaxe e mudou o propietario". Tamén recorda como "grazas á viticultura se fixeron moitas carreiras, os agricultores podían estudar aos fillos e fillas. Unha ola de viño valía 1.000 pesetas". "Quero tornar atrás", exclama, "a cando andaba co meu avó, coa mula, labrando. A min chamábame a raíz, o sentimento e o cheiro da terra, e deime conta que non é preciso transformarte para poder vivir dela. Eu cando me propuxen vivir da terra, firmei un contrato con ela, un contrato para sempre, onde eu a traballaría persoalmente, coidaríaa e respectaríaa. Ela dánolo todo, se nós a tratamos ben. Eu volvo ao do meu avó: que tiña moito tempo, que vivía diso, que suaba pero comía diso. Eu estou totalmente ligado á Terra. O ciclo completo do viño pasa polas miñas mans: son eu quen planto as cepas, quen pisa a viña a diario, quen coida e mima a cepa, quen fai a colleita, quen elabora o seu viño, quen fai a venda... É un concepto distinto ao habitual hoxe en día". Xico de Mandín considérase a si mesmo un labrego que fai viño Xico de Mandín considérase a si mesmo un labrego que fai viño. "Teño case catro hectáreas de viñedo e a produción está suxeita ao ano, á climatoloxía, e incluso á esixencia do viticultor, eu non lle exixo produción ás miñas cepas". Para este neto de viticultores "os que traballan as viñas deberían ser tamén os transformadores, non vender a uva ás adegas, porque así conseguiríase un viño singular, único e diferente". Nese sentido, sinala que na súa aldea, Mandín, "podería haber catro adegas coma a miña, poderían vivir disto e, en cambio, hai terra abandonada e xente emigrada", lamenta. "En Monterrei, como noutras zonas, simplificouse moito a viticultura, había unha riqueza de castes inmensa, e concentrárona en catro castes. Eu penso que ese é un problema moi grande, roubáronnos o coñecemento, a propiedade e a cultura". Do viño Sobre o viño repara en que o "Couto Mixto é un viño singular que se consegue pola maneira diferente de traballar as viñas, e cunha maneira tamén diferente de elaboralo: a orixe, o lugar do viño, sen enólogo, sen fermentos químicos, só cos fermentos propios das uvas e dos que viven empapando as paredes das adegas". "Só entendo a viticultura como un modo de desfrute, eu síntome moi a gusto traballando as viñas, atópome ben coas cepas e coa terra, cando vou á viña non estou traballando, estou desfrutando. Eu non manipulo a terra, eu acaríñoa. Como di Paco Rego, os franceses venden o viño por terroir e son burgueses, eu onte e antonte plantei 500 cepas, coas miñas mans, isto é o terroir". Couto Mixto é un viño singular que se consegue pola maneira diferente de traballar as viñas O Couto Mixto, explica, "é un viño variábel, depende do ano, da terra, da climatoloxía... No viño falan as castes, o chan e o tempo, iso ten que ir expresado no viño, na intensidade que pode dar..." Castes da terra As catro hectáreas de viñedos que traballa están repartidas en tres parcelas, e nelas atopamos as castes que dan corpo aos viños Couto Mixto, castes propias da terra que agroman aquí todo o seu potencial: Verdello, Treixadura, Dona Branca, Mencía, Araúxa, Caíño da Terra (Zamarrica), Caíño Longo, Bastardo, Sousón e Brancellao. Saboreamos viño, saboreamos a conversa e percibimos a especial atención á terra, á cepa e ao viño que lles dá o Xico. Con técnicas de cultivo respectuosas co medio, que recuperan métodos tradicionais e coa mínima manipulación humana e tecnolóxica. Resultado: viños que son puro reflexo da uva e o solo onde afunden as súas raíces. Podemos loalos en base a falar de acidez en boca, untuosidade, aromas retronasais, etc. Mais quedámonos cunha descrición: "Viños honestos, froito da tradición e a naturalidade. Cun trago sincero que non coñece fronteiras". |
NOS_9311 | A editorial Hércules inaugura a colección Púrpura, que abre con Mulleres e Poder, de Mary Beard, e Os homes explícanme cousas, de Rebecca Solnit. A editora Laura Rodríguez Herrera explica a Sermos Galiza as claves deste proxecto. | A editorial Hércules bota a andar a colección Púrpura, un proxecto que se propón traducir ao galego textos de referencia dos feminismos actuais. A iniciativa xurdiu do xeito máis natural. "Achegueime aos libros como lectora", conta a editora da colección, Laura Rodríguez Herrera. Ante o auxe da temática feminista presente no noso día a día, escolleu optar por autoras de prestixio, recoñecidas pola crítica e o público, cuxas obras poderiamos considerar clásicos contemporáneos. Mulleres e Poder, de Mary Beard, e Os homes explícanme cousas, de Rebecca Solnit abren a liña. "Achegueime aos libros como lectora", conta a editora da colección, Laura Rodríguez Herrera O primeiro, de 2017, está traducido por María Alonso Seisdedos e trae á nosa literatura as reflexións da erudita británica do mundo clásico, cun manifesto revolucionario que explora o papel das mulleres no poder desde Medusa até Merkel. Beard intérnase nos fundamentos culturais da misoxinia, considerando a voz pública das mulleres, as nosas asuncións culturais sobre a relación do xénero co poder e como as mulleres que o ostentan se resisten a seren encadradas en esquemas masculinos. A segunda obra, publicada en 2014 e traída ao galego por María Fe González Fernández, reúne ensaios nos que Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. Desta obra estendeuse o fenómeno bautizado como "mansplaining". Referentes contemporáneos Rodríguez argumenta que sería "unha mágoa que o noso sistema literario non tivese traducidas obras desta categoría" Como mostran ambos títulos, a colección céntrase en textos actuais, cos dereitos de autoría vixentes, que foron levadas a preto de 20 linguas. Rodríguez argumenta que sería "unha mágoa que o noso sistema literario non tivese traducidas obras desta categoría". Ademais, considera que "este tipo de ensaios son útiles, pois permiten que cada persoa tire unha conclusión e dan claves que axudan a comprender moitas cousas que están a acontecer na actualidade". De momento, os dous libros foron traducidos desde o inglés, porén, o futuro da colección pasa por expandir o ratio a outras linguas. Así o revela Rodríguez, que xa ten en mente próximos títulos, aínda que prefire non precipitarse a compartilos connosco. "Cando un tema se volve trending topic", advirte Rodríguez, "pode presentar dúas caras". Por unha banda é positivo, porque lle dá a visibilididade que reclama, mais ten medo de que, neste senso, a colección se perciba como "unha estratexia comercial". Nada máis lonxe das súas intencións. Como conclúe Solnit, nos movementos sociais hai momentos de avance e retroceso. Se estamos nunha onda, cómpre aproveitar para aprender. Sen dúbida, Púrpura pode axudar nese traballo colectivo de mudar a sociedade. |
NOS_8267 | Esgotado na maior parte de quiosques e librarías da Galiza mais aínda fiquen exemplares. Aproveitade esta oportunidade única! O facsímile do número 139-144 da revista "Nós", de 100 páxinas, entrégase co último número do ano de Nós Diario e recupera o número que non puido ser distribuído en 1936 como consecuencia do golpe de Estado. | A edición do xornal Nós Diario desta sexta feira 31 de decembro, o último número do ano, esgotouse na maior parte de quiosques galegos. Co exemplar habitual entregábase, de balde, o facsímile do número 139-144 da revista "Nós", de 100 páxinas, que non tivo posibilidade de distribuírse no seu día como consecuencia do golpe de Estado de xullo de 1936. Nós Diario conseguiu realizar unha edición facsímile con un dos dous exemplares que se conservan na actualidade e que sobreviviron á queima dos fascistas. Cen páxinas que son parte da historia da Galiza. Ademais, con este número, tamén se conseguía o suplemento Sermos Galiza cunha entrevista ao grupo Tanxugueiras e unha reportaxe sobre os museos galegos do xoguete. Esgotado e con números reservados "Esgoteinos a primeira hora, mesmo houbo clientes que levaron dous exemplares", explica a Nós Diario desde o quiosque Lolita de Vigo e o seu responsábel Alfredo. Tampouco quedaban xornais ás 11 horas na libraría Milfollas de Ponteareas. "Xa os tiña reservados dias antes e aínda quero pedir dez máis que me encargaron", aseguraba a súa propietaria, Teresa. A mesma situación viviuse no quiosque da praza de San Nicolás, na Coruña. "Chamaron varios clientes estes días para reservar exemplares polo que xa estaban vendidos antes de abrir ao público", relataba a súa responsábel, María Teresa. Os colaboradores O número 139-144 é un dos máis voluminosos da revista Nós. O mesmo correspóndese cos meses de xullo a decembro de 1935 e nel colaboran algunhas das sinaturas habituais da publicación canda novos valores. Así, atopamos traballos de Serafín Ferro, de Augusto Casas, de Xosé Outeiro Espasandín, de Fermín Bouza-Brei, de Camilo Díaz Baliño, de Aquilino Iglesia Alvariño, de Modesto López Teixeiro, de Gonzalo López Abente, de Francisco Fernández del Riego, de Luís Manteiga, de Ricardo Frade, de Ramón Otero Pedraio, de Xosé Lois Parente, de Leandro Carré Alvarellos, de Álvaro das Casas, de Vicente Risco, de Vítor Casas, de Xosé María Álvarez Blázquez, de Salvador García Bodaño e de Ramón Vilar Ponte. O exemplar é un boa mostra da represión que padeceron as xentes de Nós após o golpe de Estado de 18 de xullo de 1936. Unha parte dos colaboradores, como Vítor Casas, Camilo Díaz Baliño e Modesto López Teixeiro foron asasinados polos fascistas. Serafín Ferro e Xosé Outeiro Espasandín víronse obrigados a exiliarse. Outros sofreron diversas tipoloxías represivas como Francisco Fernández del Riego, Ramón Otero Pedraio, Xosé María Álvarez Blázquez e Ramón Vilar Ponte. Neste sentido, estamos diante doutra iniciativa cultural fanada polo golpe de estado. Non sei de mellor plan pra rematar o ano 😌@NosDiario pic.twitter.com/w78kv9ir9y— A beouvella🛰 (@beouvella) December 31, 2021 Chulada de @NosDiario finalizando o ano co facsimil do derradeiro número de "Nós" 😍👌🏻 pic.twitter.com/IKEu9Dwem3— o Alexandre Espinosa (@AlexEspinosaGZ) December 31, 2021 Deu traballo atopalo, porque está esgotado, pero felizmente conseguín o meu especial do @NosDiario Marabilla 😍 pic.twitter.com/EaO3DSstCj— LobitoBlues 🇵🇹🔻💙🛰️ (@BluesLobito) December 31, 2021 xa teño, xa temos o @NosDiario e tamén o "derradeiro número da Revista Nós", unha verdadeira xoia🥰🥰🥰obrigado eternamente pic.twitter.com/FIHU3PWXef— Fernando Varela (@XFVarelaP) December 31, 2021 Unha carreiriña por Castrelos, un café e @NosDiario . Un bo xeito de rematar o ano. pic.twitter.com/oTMH7a5jVq— Xabier Garaloces (@XabierGaraloces) December 31, 2021 |
NOS_13070 | A reforma da Lei de vivenda prometida polo Goberno do Estado segue durmindo nun caixón mentres distintos Estados da Unión Europea poñen en práctica políticas cun alto grao de intervención pública que permiten á súa cidadanía acceder á vivenda. | A comezos da XIV lexislatura no Estado en decembro de 2019, un dos compromisos que levou Pedro Sánchez a recibir o apoio para recuncar como presidente do Executivo español foi o de acometer unha reforma da Lei de vivenda que garantise o acceso de toda a poboación. Nos Orzamentos Xerais do Estado, aprobados a finais de 2020, o PSOE acordou con Unidas Podemos levar en menos de tres meses unha proposta ao Consello de Ministros para entrar na regulación do alugueiro. Pasado este prazo o proxecto segue gardado nun caixón do Ministerio de Transportes e Axenda Urbana dirixido por José Luis Ábalos, que ten as competencias estatais en vivenda. Ao longo deste debate, tanto o Partido Popular como organizacións patronais como o Círculo de Empresarios esgrimiron a ineficacia da regulación do mercado da vivenda. Só a posibilidade de que se estabeleza "é un motivo de preocupación para persoas sensatas", defendía hai uns meses Juan María Nin, presidente da Comisión de Economía e Unión Europea do Círculo, engadindo que "a traxectoria histórica é nefasta e a experiencia noutros países da Unión Europea amosa as consecuencias negativas". Tamén o Fondo Monetario Internacional cuestionou a regulación do prezo do alugueiro por ineficaz, a pesar de que nun informe publicado hai poucos días definía como un motivo de inquietude que no Estado o 60% das persoas do sector máis baixo de ingresos que alugan teñen que dedicar máis do 40% dos seu ingresos a pagar o alugueiro. En Europa, só Reino Unido e Finlandia superan esa cifra. No Estado español, as únicas propostas normativas que se levaron á práctica neste sentido viñeron de Catalunya: un decreto lei en 2019 sobre alugueiro social, que foi anulado polo Tribunal Constitucional despois de ser recorrido polo PP, e un decreto de outubro de 2020 no que marcan un tope aos prezos do alugueiro en zonas de gran tensión inmobiliaria, tamén recorrido polo PP e que segundo expertos é probábel que sexa anulado do mesmo modo. Desde o ano 2010, o prezo da vivenda na Unión Europea aumentou un 28,6%, os alugueiros, un 14,9. Esta subida, xunto coa crise económica que comezou en 2008, levou a varios Estados a intensificar as súas políticas de vivenda para limitar as consecuencias sociais. Protección universal Na capital de Austria, Viena, o Concello informa de que máis do 60% dos seus 1,9 millóns de habitantes vive en casas de renda social. A principal inmobiliaria é a compañía pública Wiener Wohnen, que conta con 225.000 pisos na cidade. 200.000 vivendas máis reciben axudas públicas. O prezo destas apenas supera os 500 euros mensuais, ou 5 euros por metro cadrado, mentres que o Produto Interior Bruto (PIB) per cápita de Austria é 16.000 euros superior ao do Estado español. Como sinala un informe do Parlamento Europeo, o 59% de todo o mercado de alugueiro austríaco é social. Isto supón que o 23% do mercado inmobiliario do país corresponde a vivenda social. Só en dous estados máis da Unión Europea máis do 20% das vivendas están integradas no sector público ou regulada por un alugueiro social. Un deles é Dinamarca, o outro, os Países Baixos, onde a aposta por garantir de forma universal o acceso á vivenda social levou a que arredor do 35% do mercado de vivenda estea controlado polo Estado. No mercado de alugueiro, o Estado domina o 75% da oferta. Regulación de prezos Maila que o Estado belga controla unha cuarta parte do mercado de alugueiro, a súa política de control céntrase en suavizar o impacto do aumento no prezo ao aplicar unha lexislación que obriga a que os prezos teñan que estar ligados ao custo da vida. Ademais, os contratos pódense estender até 9 anos, cunha normativa que ofrece garantías a inquilinas e inquilinos. Diante dunha situación na que as persoas alugadas non poden asumir o pago da vivenda ou aparecen discrepancias coa persoa que arrenda, o caso trasládase a servizos sociais. A experiencia de Berlín En 2015 o Goberno federal alemán, dirixido pola conservadora Angela Merkel, introduciu a Mietpreisbremse -freo de alugueiros-, que limita a subida nos prezos dos alugueiros a un 10% con respecto ao custo dos índices locais. Esta medida non evitou que en zonas de gran presión inmobiliaria como Berlín os prezos seguiran escalando até aumentar un 20% nos últimos anos. O que levou a que o Goberno da cidade-estado formado polos socialdemócratas do SPD, Die Linke (A Esquerda) e os Verdes impulsaran desde novembro de 2020 a conxelación do prezo do alugueiro nun millón e medio de vivendas ao nivel de xuño de 2019, obrigando as inmobiliarias a aplicar directamente a redución xa no pago de decembro. Poucos meses despois, en abril, o Tribunal Constitucional alemán anulou a norma ao considerar que era "incompatíbel coa Constitución", cuestionando que o Goberno berlinés non ten atribucións neses campo, polo que as persoas alugadas terán que devolver ás inmobiliarias a diferenza da redución destes meses. A contestación social a esta decisión impeleu as seis inmobiliarias públicas e a algúns propietarios privados a ter que renunciar ao cobro dese importe, ademais, estanse a recoller sinaturas para solicitar un referendo no que se vote se expropiar 240.000 vivendas que pertencen ás grandes inmobiliarias privadas. "Este ano rematan moitos dos alugueiros antigos de 30 e 40 anos", explica Noelia Rodríguez (30), que leva cinco anos na capital alemá procedente de Cualedro. Este factor, xunto coa estratexia das "grandes inmobiliarias privadas de ofertar de modo escalado os pisos para manter a subida de prezos", levou a cidade-estado a optar por esa medida. No seu caso vive nun apartamento de pouco menos de 80 metros cadrados compartido con outra persoa na zona do río Rin. A conxelación de prezos permitiulles reducir case 300 euros no pago do alugueiro e nos servizos que trae incluídos, de 1.040 euros a 757. "Para nós supón unha mellora significativa", sinala Rodríguez. Ben que unha das principais críticas á norma é que reduciu o mercado de pisos, Rodríguez asegura que "o mercado para alugueiro, se non medrou, segue a ser o mesmo".Noutra parte da cidade, en Prenzlauer Berg, residen Ana Barreras (35) e Alejandro Durán (41), ambos os dous de Ferrol, e suman 7 anos en Berlín. Barreras e Durán narran como, nos últimos anos, "os prezos incrementáronse moito máis que os salarios", convertendo a procura dun piso asumíbel nunha lotaría. "Fileiras de centos de persoas desde a rúa", contan, "cun camiño xa marcado para ver o piso en poucos segundos e entregar alí un cartafol con currículos, certificados bancarios, presentación... e, se hai sorte, chámante". O seu piso é de 1900 e conta con 58 metros cadrados. De pagar 767 euros pasaron a 615 coa conxelación dos alugueiros. As dúas amósanse favorábeis á lexislación para controlar o prezo pois, ao final, trátase de medidas "para que poidas vivir mellor", salientan. As políticas integrais, máis rendíbeis A falta dunha política de vivenda activa provoca disfuncións no acceso á vivenda da poboación, sinala un informe do departamento de Economía e Ciencias Políticas do Parlamento Europeo. A isto hai que engadir a dificultade de pensar medidas sen contar con datos actualizados ou series históricas sobre o mesmo concepto. No caso do Estado español, o Instituto Nacional de Estatística, fixo público que no censo de 2021 non se recollería o número de vivendas baleiras, que no último censo, o de 2011, foi de 3,4 millóns. Precisamente nesta categoría o Estado español está a cabeza da Unión Europea, cuns datos que só se poden equiparar ao dalgunhas rexións turísticas do sur do continente europeo. Outro dos elementos nos que inciden é o nivel de propiedade, só cinco estados da UE se sitúan arredor do 90% de persoas residindo nunha vivenda en propiedade: Romanía, Hungría, Eslovaquia, Lituania e Croacia. Mais a media da UE queda no 70%, o que implica que 134 millóns de persoas no club comunitario viven de alugueiro. No documento do órgano lexislativo da UE aválase a planificación do sector e apúntase como os Estados que protexen o alugueiro só por medio de axudas teñen que investir máis para manter o mesmo nivel de protección social no acceso á vivenda que aqueles que aplican unha política integral, incluíndo inmobiliarias públicas e vivenda social asequíbel. 100% barra apilada Infogram |
NOS_27668 | Estados Unidos considera que son trabas para o libre comercio e o acordo que se negocia entre EUA e Unión Europea afectaría estas identificacións que recoñecen e protexen produtos galegos como o viño, queixos, o mexillón ou o pemento. | Estados Unidos non gosta das denominacións de orixe. Considera que son trabas e impedimentos ao libre comercio e que non deben ter papel algún no mercado competitivo e globalizado. Unha denominación de orixe (DO) implica que o produto só pode ser producido nasquelas áreas tradicionalmente asociadas ao mesmo. Ao igual que as indicacións xeográficas (IG), están recoñecidas no acordo de 1994 de dereitos de propiedade relacionados co comercio (Adpic). Mais Estados Unidos non os recoñece oficialmente. E esa posición é a que quer plasmar o TTIP, o acordo transatlántico que negocian con grandes doses de secretismo EUA e UE. Unha posición que podería liquidar mesmo as DOP (denominación de orixe protexida) que concede a Unión Europea e que goza, por exemplo, o mexillón de Galiza. Un sector que representa por volta de dez mil empregos directos. Bruxelas quer salvar da queima un reducido número de DOP. Mais semella que nin así. Os lobbies estadounidenses, como volveron denunciar recentemente diferentes colectivos e ONGs, néganse a esa petición comunitaria de que, polo menos, algúns produtos con DOP poidan manter ese selo. Non son poucos os que dan por feito de que de se aprobar o TTIP, este poría na picota as perto de trinta denominacións de orixe de Galiza. Selos de calidade e recoñecemento que no noso país amparan desde o viño (Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras) até o queixo (Tetilla, Arzúa, San Simón da Costa ou Cebreiro), pasando por legumes, mel, augardentes, pataca ou pementos. Produtos que xeran ducias de miles de postos de traballo directos, indirectos e inducidos. O TTIP poría fin as denominacións e o seu amparo e poderíase atopar un, como teñen denunciado colectivos, ""na súa tenda queixo de Arzúa producido en Wisconsin, viño do Ribeiro de California,...". Concellos na defensa do seu tecido económico Este impacto negativo e prexudicial do TTIP está a ser advertido por algúns concellos galegos, conscientes das repercusións do acordo na súa economía local. Así, Rianxo aprobou recentemente se declarar concello contrario ao TTIP alegando que este acordo supón que "sectores chave da economía local de Rianxo como é a produción mexilloeira serían afectados coa supresión de controis ás importacións, o que supón se cabe aínda máis facilidades aos produtos foráneos que terían as portas abertas competindo en desigualdade". |
NOS_3776 | As organizacións de dereitos humanos cren que abre a porta a máis abusos. | Indonesia, arquipélago do sueste asiático, anexionou oficialmente en 1969 Papúa Occidental. Fíxoo tras un referendo en que só votaron 1.025 persoas seleccionadas e supervisadas polo Exército indonesio. Papúa Occidental comparte a illa de Nova Guinea ─ao norte de Australia, de quen se independizou en 1975─ co Estado libre e soberano de Papúa Nova Guinea. Previamente, Papúa Occidental era unha colonia dos Países Baixos como o resto das "Indias Orientais". No proceso de descolonización, baixo o auspicio da ONU, a recentemente proclamada República de Indonesia reclamou o territorio, producíndose un enfrontamento entre neerlandeses, indonesios e a poboación orixinaria da illa. Finalmente acordouse o referendo que, obviamente, os aborixes non recoñecen. Desde entón, o pobo papú reclama unha consulta en condicións, como as realizadas na maioría das colonias das potencias europeas na altura. Desde entón, o Goberno indonesio aplica unha política de forte represión, documentada por diferentes organizacións de dereitos humanos, con torturas e execucións extraxudiciais de militantes independentistas civís. E nas últimas horas, Indonesia designou formalmente os separatistas como "terroristas". A guerra entre Exército e guerrillas foi constante nestas décadas, mais os enfrontamentos mortais entre os rebeldes e as forzas do Goberno intensificáronse nos últimos anos. Na pasada terza feira, as autoridades indonesias informaron da morte de nove guerrilleiros independentistas e dun axente da Policía nunha serie de enfrontamentos en Papúa. Porén, o Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental (ELNP), brazo armado do movemento arredista, negou ter ningunha baixa. O incidente produciuse despois de o presidente indonesio, Joko Widodo, ordenar unha serie de accións logo do asasinato dun xeneral responsábel da espionaxe en Papúa, que reivindicou o ELNP. 21 días sen cargos A nova etiqueta permitirá a Iacarta "accións rápidas e decisivas" contra a insurxencia, segundo recolle o decreto presentado polo ministro do Interior indonesio, Mahfud MD. Permitirá que se produzan "graves violacións dos dereitos humanos", segundo sinalou a organización indonesia de dereitos humanos Instituto Setara en declaracións a AFP. Tamén Human Rights Watch (HRW) criticou a decisión, sinalando que "abre a porta á posibilidade de máis abusos", recolleu Reuters. E Amnistía Internacional apuntou que a designación podería levar a restrinxir dereitos de asociación e de expresión. A lei antiterrorista de Indonesia permite ás autoridades a detención durante 21 días ─sen presentar cargos─ de sospeitosos de planear ou cometer "actos terroristas. "Terrorismo é calquera acción que usa a violencia ou a ameaza de violencia para crear unha atmosfera de terror ou estender o medo e que pode causar vítimas masivas ou destrución", sostivo o ministro Mahfud MD. En tanto que Sebby Sembom, portavoz do ELNP ─que conta entre as súas vítimas tamén con civís─, rexeitou a denominación e afirmou: "O mundo sabe que loitamos pola liberdade". Papúa é rica en minerais. A explotación de ouro e de cobre que ten na illa a mineira estadounidense Freeport é a principal fonte recadación tributaria indonesia. O Goberno no exilio mira cara á China tras o abandono occidental O pasado 1 de decembro, o Movemento Unido de Liberación de Papúa Occidental ─que agrupa os principais partidos independentistas desde 2014─ proclamou o Goberno no exilio co fin de lograr un referendo e acabar co que chaman o "xenocidio silencioso". O seu presidente interino é Benny Wenda, que vive en Londres e esta semana emitiu un comunicado criticando as accións de Iacarta e as palabras do presidente do Parlamento indonesio, Bambang Soesatyo. Este pediu ao Goberno "destruílos primeiro. Xa discutiremos os dereitos humanos despois". Wenda, nunha recente entrevista en The Epoch Times, solicitou axuda á China despois de décadas de falta de apoio por parte de Occidente. Australia, por exemplo, apoia a reclamación indonesia, cuxo corpo policial antiterrorista ─que actúa en Papúa─ adestra. |
NOS_52021 | A India converteuse nas dúas últimas semanas no novo epicentro da Covid no mundo. Varios actos multitudinarios puxéronlle en bandexa ao novo coronavirus saltar de persoa en persoa. Máis alá da dramática situación de colapso sanitario, preocupa o avance dunha nova variante, que conta cunha dupla mutación. | 319.435. Esa é a cifra de novos contaxiados pola Covid-19 na India nas últimas 24 horas, segundo os datos recompilados pola web Worldometer. En contexto: os seguintes na lista son os Estados Unidos (47.456), Turquía (37.312) e o Brasil (29.669). Nos últimos días, o país do sueste asiático desbancou o suramericano do segundo posto da lista de casos acumulados (17,6 millóns); continúa a liderar o norteamericano (32,9 millóns), aínda que cunha tendencia á baixa. Tamén por número de mortes, a India é o país do mundo onde máis persoas faleceron nas últimas 24 horas como consecuencia da enfermidade que provoca o SARS-CoV-2. En concreto foron 2.764. Séguena o Brasil (1.279), o Irán (496) e os EUA (455). No total acumulado, vai camiño de superar a México na terceira posición, que seguen a encabezar os EUA e o Brasil. Obviamente, o número de habitantes no segundo país máis poboado do mundo (1,4 millóns, no camiño a superar á China nos próximos anos; por 333.000 dos EUA ou 214.000 do Brasil) é tamén un dato a ter en conta para contextualizar as cifras de mortes e de contaxiados na India. Porén, o que preocupa entre as persoas expertas é a tendencia: a rápida capacidade de transmisión do virus, actualmente descontrolado e que fixo colapsar os servizos de saúde. En definitiva, o temor inicial manifestado pola OMS cando en marzo de 2020 declarou a pandemia. Súplicas no Twitter A día de hoxe non hai camas nin osíxeno para todos os pacientes. A isto hai que sumar as mortes non relacionadas coa Covid sucedidas pola incapacidade de obter atención médica. Os hospitais, segundo recollen axencias internacionais e medios locais, vense na obriga de denegar a admisión de pacientes, que vagan polos centros de saúde suplicando auxilio. As redes sociais (Twitter e Facebook, entre outras) convertéronse en plataformas para a infinidade de rogos a título persoal dos numerosos afectados. Tamén, como ferramenta de crítica á xestión das diferentes administracións, até o punto de que o Goberno indio exixiu a Twitter a retirada de varias entradas amparándose na lei de Tecnoloxía e Información, aprobada en 2000 para protexer a "soberanía e a integridade da India". Twitter accedeu. Ademais, The Times of India informaba onte de que os cadáveres se acumulaban en colas de 20 horas agardando por un proceso de cremación ininterrompido, que levou á instalación de piras improvisadas en parques de Delhi, Estado que alberga Nova Delhi, a capital da India. Esta megacidade de arredor de 20 millóns de habitantes permanece baixo un severo confinamento desde o 19 abril. A capital financeira, Bombai (12,5 millóns), e outros territorios tamén estabeleceron restricións. E foi onte que comezou a chegar ao país axuda enviada polos EUA ou polo Reino Unido ─históricos socios─; tamén pola UE, que activou esta semana o Protocolo de Protección Civil para facilitar medicamentos e osíxeno aos hospitais indios. Ao mesmo tempo, son varios os Gobernos que estabeleceron restricións ás viaxes coa India. Kumbh Mela e eleccións Mais, que levou o país a acumular en poucos días máis dun millón de contaxios coa Covid-19, logo de hai poucas semanas rexistrar menos e menos casos diarios? Os eventos masivos durante as campañas electorais dos comicios de principios de abril en varios Estados e as concentracións con motivo de varias festividades relixiosas no marco do Kumbh Mela terían moito a ver en que desde o 15 de abril se rexistren máis de 200.000 casos diarios. Na India é predominante a variante do novo coronavirus que foi primeiramente identificada no Reino Unido e que probou ser até 60% máis contaxiosa que a inicial. Porén, preocupa a expansión da variante B.1.617, rexistrada precisamente por vez primeira no Estado indio de Maarastra en outubro de 2020. Preocupa na India e no resto do mundo. A espiña mutante Esta "variante india" ten unha dupla mutación: unha similar á observada nas "brasileira" e "surafricana" e unha segunda que tamén se deu na "californiana". Estas dúas mutacións danse na espícula, a parte con forma de agulla ou de espiña, que o virus usa como chave para acceder ás células humanas. As actuais vacinas, tanto as baseadas na tecnoloxía de ARN mensaxeiro (Pfizer/BioNTech e Moderna) como as que usan un adenovirus como vector viral (Janssen, AstraZeneca, Sputnik V) activan o sistema inmunolóxico para identificar a espícula e atacar o virus en caso de infección. Mais se a espícula do coronavirus muta de maneira considerábel, as vacinas poderían non identificala e seren inútiles. |
PRAZA_18399 | Rechamo á conciencia da cidadanía culta ourensá | Rechamo á conciencia da cidadanía culta ourensá Ano tras ano asumimos en solitario o compromiso de ir pondo os alicerces preparatorios do tecido sociocultural e da opinión pública cara a celebración en 2020 do Centenario de Nós Hai agora nove anos, co gallo da conmemoración do 90 aniversario da revista Nós, o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense a proposta da Comisión pro Centenario de Nós 2020 publicaron senllas declaracións institucionalizando na cidade de Ourense a data do 30 de outubro como "Día de Nós, a nación-cultura galega". Na case unha década transcurrida ata agora, os membros da "Asociación proCentenario de Nós…" (ApCNós2020) crémolo e fixemos propias as promesas e as esperanzas organizando sucesivas programacións con mentes de manter viva a conmemoración do "Día de Nós" na cidade como evento de referencia. Así, ano tras ano asumimos en solitario o compromiso de ir pondo os alicerces preparatorios do tecido sociocultural e da opinión pública (intelectuais, partidos políticos, colexios profisionais, centros de ensino, asociacións civís, sindicatos, etc) cara a celebración en 2020 do Centenario de Nós coa participación social, o esplendor crítico, o proveito paidético e a difusión internacional que o evento esixe. Foi Nós a revista que máis e mellor logrou prestixiar o Galeguismo nazonalista de preguerra co formento do ideario humanista, científico e universalista Se cadra, para os desinformados non sobexará lembrar que a revista Nós non foi só unha revista literaria de mérito, ou unha publicación erudita para autoconsumo dun fato de especialistas: foi a primeira enciclopedia cultural escrita en idioma galego da nosa historia. E unha plataforma de creación interxeracional emblemática para os propios contemporáneos por reflectiren as súas páxinas a modernidade do pensamento e da prosa galega como nunca dantes. Próbao o feito que nos seus escasos 13 anos de vida participaron nela preto de 200 autores de todas ideoloxías políticas e dun amplo abano profisional, con artigos nunha miríada de asuntos e temas que nimbaron Galiza como nación política e cultural madurecida. Teimando no vello afán de convertela -como Antoíño Faraldo demandara no seu rechamo a prol da "Grande Obra"- dunha colonia excéntrica de Madrid no centro motor de si mesma. "Célula de universalidade". Foron os "nosianos" quen acuñaron o concepto de Galiza "Nación-cultura" de Occidente, rubricada pola Sociedade das Nacións, condición que a faculta para devir suxeito político pleno, de así o afirmar a vontade da maioría dos seus habitantes Tampouco conviña menosprezar que foi Nós a revista que máis e mellor logrou prestixiar o Galeguismo nazonalista de preguerra co formento do ideario humanista, científico e universalista. Ideario que nutriu o proceso e inspirou a masa crítica da que abrollou o Partido Galeguista en 1931 e o propio Estatuto de Autonomía de Galicia, refrendado en xuño de 1936: proceso do que dimanaron, a través dos pactos da Transición de 1978, os dereitos históricos que fan arestora de Galicia "unha nacionalidade" recoñecida na Carta Magna española que lle outorga o desempeño dunha Autonomía política de seu dentro do Reino de España. E non é xusto invisibilizar, en fin, que foron os "nosianos" quen acuñaron o concepto de Galiza "Nación-cultura" de Occidente, rubricada pola Sociedade das Nacións, condición que a faculta para devir suxeito político pleno, de así o afirmar a vontade da maioría dos seus habitantes. Con todo, alén de todas estas consideracións historicistas, culturais e políticas, o certo é que arestora, dado o escaso éxito na resposta social e o mínimo interese amosado polas institucións locais no acompañamento dos actos, a efemérides do "Día de Nós" está a esmorecer. Sen que ninguén nin ren pareza sentilo na cidade nin, alén dalgúns amigos xornalistas dos medios locais, a bote en falla... Instamos máis unha vez aos ourensáns e ourensás a abriren a consciencia á tradición cultural que atesoura a cidade e facérense responsabeis activos do seu legado cívico por medio do seguinte rechamo Daquela, nós que a vimos nacer, convitos da verdade do adaxio que asevera que quen fai o que pode fai o que debe, co gallo deste "Día de Nós 2018" sen programación de actos oficiais nin extraoficiais, instamos máis unha vez aos ourensáns e ourensás a abriren a consciencia á tradición cultural que atesoura a cidade e facérense responsabeis activos do seu legado cívico por medio do seguinte rechamo: a afirmar a primoxenitura histórica de Ourense non só na edición da revista Nós en 1920 senón tamén na modernización/ vertebración cultural de Galiza levada a cabo, xunto co "Movemento das Irmandades da Fala", pola intelectualidade da que chamamos "Longa Época Nós" (1920-1976) encabezada polo insigne Grupo ourensán (Risco, Otero, Losada, Noguerol, Cuevillas…); a constituír a non-nata "Comisión Ourensá Procentenario de Nós" sen máis dilación en xaneiro de 2019, a fin de se integrar formalmente con voz e voto propios na organización gubernamental posta en marcha hai uns meses para esa efemérides pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia; e a instar ás institucións locais (Concello de Ourense, Deputación de Ourense, delegación do Goberno de Ourense…), xestoras dos recursos públicos, a provisión dun orzamento específico en 2019 para levar a cabo unha programación ampla e diversa das Vísporas do Centenario de Nós, destinada ao lecer e ao cultivo dos ourensáns e as ourensás nas excelencias do seu patrimonio. "Ourense non ten mar, non ten aeroporto, non ten petróleo.... pero tennos a nós". A ver logo se é verdade Ben sabemos que contra o que profetizara o vello Eduardo Pondal, "os tempos non son chegados", vaiche boa! Pro temos ben aprendido a custa de privacións e escarmentos aquilo que nos ensinou o mestre Risco, xenial director da revista Nós: "Ourense non ten mar, non ten aeroporto, non ten petróleo.... pero tennos a nós". A ver logo se é verdade. Publicidade |
PRAZA_18109 | O Tribunal Superior anula os servizos mínimos ditados para o 8M en tres departamentos da Administración e a CRTVG como resposta aos recursos da CIG e CC.OO. e conclúe que o Goberno galego pretendeu "privar de repercusión" a mobilización, como xa fixera noutras folgas HEMEROTECA | O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia HEMEROTECA | Condena á TVG por vulnerar o dereito á folga na mobilización feminista do 8M | HEMEROTECA | O feminismo fai historia nun 8M masivo en GaliciaHEMEROTECA | Condena á TVG por vulnerar o dereito á folga na mobilización feminista do 8M A Xunta vulnerou o dereito á folga na xornada de mobilización feminista do pasado 8 de marzo. Fïxoo cun decreto de servizos mínimos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera froito dun "comportamento malicioso" do Goberno galego que lle merece un "rotundo rexeitamento" e que atrancou o exercicio deste dereito fundamental en, cando menos, tres departamentos da Administración autonómica e mais na Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), onde a obstaculización da mesma folga xa dera lugar a outra condena no mesmo tribunal o pasado abril.A Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CC.OO) formularan cadanseus recursos aos servizos mínimos fixados pola Xunta para o 8M. Fixérano o 7 de marzo, apenas vinte e catro horas antes da propia folga, porque foi ese día cando a Xunta publicou oficialmente uns servizos mínimos que tiña redactados dende case unha semana antes. Ese propio xogo cos prazos é tamén motivo de reproche para o tribunal.A sentenza conclúe que o Goberno galego "abusou da súa posición como autoridade" e "restrinxiu inxustificadamente os prazos" publicando os servizos mínimos o día previo á folgaSegundo consta na sentenza ditada o pasado 19 de setembro, á que tivo acceso Praza.gal, a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG considera que a Xunta incorreu nun "abuso da súa posición como autoridade gobernativa". Ao publicar o decreto o día anterior á folga "restrinxiu inxustificadamente o prazo" de impugnación aos sindicatos e mesmo prexudicou ao propio Tribunal, subliña, xa que "tal premura impediu un exame en profundidade de todos os servizos" afectados polos servizos mínimos. O Goberno galego obviou "principios" que deben presidir a súa actuación, como a "eficacia" e a "boa fe".Alén desa premura, o TSXG analiza de xeito acumulado os recursos formulados polos sindicatos e admite "a maior parte dos argumentos" de CIG e CC.OO. para anular os servizos mínimos decretados. Se ben non comparte que a Xunta transgredise o dereito á folga no seus Rexistros, no transporte escolar e nalgúns departamentos do Sergas como a inspección sanitaria, cre que si o fixo no resto de áreas recorridas polas centrais sindicais: Presidencia da Xunta, o centro de emerxencias do 112, o Parque das Illas Atlánticas e a CRTVG.O tribunal admite "a maior parte dos argumentos" da CIG e CC.OO. e anula os servizos mínimos impostos na Presidencia, no 112, no Parque das Illas Atlánticas e na CRTVGNo caso da Presidencia o Tribunal ve "desproporcionado e inxustificado" que a Xunta fixase como servizo mínimo a presenza as 24 horas do día de folga dun porteiro maior, máis que un domingo, e no 112 considera tamén contrario ao dereito á folga que impuxese a presenza do 100% do cadro de persoal que se ocupa de recibir as chamadas na central de emerxencias, o cal si ve correcto no posto de coordinación e soporte técnico. No Parque das Illas Atlánticas a sentenza non cre xustificado que se inclúa nos servizos mínimos a presenza dun guía -ten unha función "turística", alegaron os sindicatos- co argumento de que deben estar cubertas eventuais situacións de emerxencia.No referido á CRTVG a sentenza conclúe que "non resulta admisible" que "nun día de folga" que "no seu conxunto abrangue as 24 horas" -CIG e CC.OO. convocaron paros parciais pero outros sindicatos como a CUT, folga xeral toda a xornada, lembra o ditame-, a Administración "pretenda emitir os programas informativos de forma íntegra no seu horario habitual". A Sala coida que "por tras dos servizos mínimos" fixados para a Televisión de Galicia e a Radio Galega "agochábase a vontade de privar de repercusión apreciable á folga" e facéndoo "empregando uns medios de comunicación" que non poden ser considerados como "servizos esenciais". A "actitude" da Xunta non pode ser considerada como "lícita", abonda a sentenza.O TSXG sentencia que cos servizos mínimos impostos na CRTVG a Xunta "agochaba a vontade de privar de repercusión apreciable á folga"Por todo isto o Tribunal anula o decreto de servizos mínimos nos devanditos departamentos e impón ao Goberno galego o pagamento das costas xudiciais do proceso "sen fixar un límite cuantitativo". Faino para deixar claro o seu "rotundo rexeitamento do comportamento malicioso da Administración ao actuar cun retraso inxustificado á hora de publicar o decreto de fixación dos servizos mínimos" e polo seu "comportamento tamén malicioso á hora de fixar os servizos mínimos nalgúns ámbitos da actividade administrativa", xa que isto supuxo "incorrer" nas "mesmas vulneracións" do dereito á folga que a propia Xunta cometer "en anteriores convocatorias de folga", dando lugar a múltiplas sentenzas xudiciais anteriores, lembra. "Vulneraban o dereito fundamental á folga"A CIG lembra que xa advertira de que os servizos mínimos eran "máximos, abusivos e esaxerados"Unha vez coñecida a sentenza a CIG amosou a súa satisfacción a través da secretaria das Mulleres do sindicato, Margarida Corral, quen lembra que a central sindical xa advertira de que estes servizos mínimos eran "máximos, abusivos e esaxerados", mais aínda tendo en conta que "cando se presentou a convocatoria de folga fíxose un chamamento a unha folga de mulleres, polo que non tiña sentido fixar uns servizos mínimos abusivos, máis aínda cando os traballadores non estaban chamados a secundala".Así, o sindicato ve "inaceptábel", por exemplo, que a Xunta "pretendese" que a CRTVG "mantivese a programación habitual durante os paros no canto de limitarse a informar sobre a incidencia da folga e as mobilizacións que se desenvolveron no decurso da xornada" e ve "impresentábel" que a Xunta "agardase ao último día para publicar o decreto". O propio tribunal, subliña, "rexeita este comportamento da Administración". |
NOS_43272 | É debuxante de bandas deseñadas, ilustrador e director de cinema. É na sétima arte onde máis destaca Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), que ten no seu haber máis de cen premios, entre eles tres Goya por Psiconautas (mellor película de animación en 2017), Decorado (á mellor curta de animación en 2017) e Birdboy (á mellor curta de animación en 2012). Entrevistámolo no Sermos Galiza 239. Eis un extracto. | Galiza foi unha potencia a nivel animación na década do 2000, que necesita o sector para poder chegar a aquel nivel de produción? A cousa agora está "pelada". As producións coincidiron coa bonanza económica, onde parecía que se podían levantar proxectos con moitos cartos. Estamos nun momento malo. Iso para comezar. Segundo, non hai ningunha escola pública forte de animación, excepto algún curso ou mestrado privado. Falta iso, unha escola potente de animación e máis investimento no cine e na animación. A animación é unha arte, pero é unha industria moi potente. Fóra do Estado español, cando vou a festivais importantes, os produtos de animación teñen a súa zona de mercado, de compra e venda de dereitos... Pensa que a animación infantil, a familiar, as series de Cartoon Network, Clan TV... todo iso move moito diñeiro, moito merchandising. E logo está o cine independente, de autor, o stop motion, as curtas independentes... Dentro da linguaxe da animación hai unha morea de técnicas e de posibilidades narrativas e económicas. É un campo a explorar e aquí ás produtoras non se lles poñen as cousas doadas para facer cine. É grave que se teñan que financiar proxectos só con diñeiro público, e hai pouco diñeiro público. Que falla? Falla que non haxa exencións fiscais a empresas privadas para que invistan en cine, como hai noutros países ou noutros territorios do Estado español, como poden ser as Canarias ou o País Vasco. A Administración debería dar exencións fiscais a empresas privadas para que invistan en proxectos de cine, non que se intente facer todo con diñeiro público. As cousas ocorren se se axuda a que ocorran. Falan moito de que o cine ten moita subvención, e é mentira, é completamente falso. O Estado español, ao final, pode dar 40 millóns en axudas ao cine, mentres en Francia son 700 e en Italia 400. Estamos nunha situación moi mala. Neste contexto, son necesarias axudas para que entre capital privado no cine, porque ao final isto é unha arte pero tamén é unha industria que dá moitos postos de traballo. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 239, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_22759 | Desde hoxe máis de 1.700 vilas e cidades europeas, entre elas varias galegas, conmemoran a Semana da Mobilidade, unha cita que busca reivindicar conexións máis sostíbeis, saudábeis e seguras, pero tamén dar a coñecer as experiencias de quen xa aposta por unha mobilidade alternativa en vilas e cidades, mais en áreas interurbanas. | A bicicleta converteuse co paso dos anos nun medio de transporte máis en moitos territorios, habitual nos desprazamento diarios á escola ou ao traballo. Noutros, a bici e os seus carrís, comezan a ser máis visíbeis, pero aínda testemuñais, insignia dunha mobilidade alternativa que non acaba de callar e que require dunha planificación transversal do tránsito para facelo máis respectuoso e menos dependente dos vehículos, cuxas infraestruturas acaparan entre o 60 e 0 70% do espazo público. A mellora da mobilidade urbana e interurbana na Galiza está estancada Vicente Otero é membro da plataforma ConBici e usa a bicicleta a diario. Faino na contorna da capital da Galiza, mais tamén aló onde viaxa e onde observa unha implantación máis ambiciosa. Defende a existencia de carrís bici sobre todo pensando no público menos avezado que teme dar a primeira pedalada entre o tráfico rodado, mais avoga pola intergración deste medio na contorna, "favorecendo primeiro os peóns, despois os transportes brandos -colectivos e máis sostíbeis- e por último o vehículo privado. Alternativas eficientes A mellora da mobilidade urbana e interurbana na Galiza está estancada, apunta. "Non melloran as liñas de autobuses nin de tren. Non temos ferrocarril de proximidade. Ademais, a Covid favoreceu que a xente escapase do transporte público, que aínda se está a recuperar, e en canto á bici, poucas cidades están a apostar por ela cando hai alternativas eficientes como os carrís alternativos ou os contracarrís, con normas específicas para as bicletas". O transporte supón neste momento de emerxencia climática 40% das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera Apunta unha implantación deficiente. "Hai infraestruturas pero non sempre están conectadas entre si nin co tráfico en xeral. Non están ben deseñadas e nin son seguras". Tampouco o son as viaxes interurbanas, "con beirarrúas cada vez máis estreitas en favor da calzada e obstáculos que obrigan a entrar no carril con velocidades de 80 ou 90 km/h". Aprobada a nova 'Lei Ciclista': así se punirán agora os delitos de seguridade vial O transporte supón neste momento de emerxencia climática 40% das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, segundo destaca a voceira de mobilidade de Adega, Adela Figaroa. "Desa porcentaxe, 90% é responsabilidade dos transportes por estrada", precisa, polo que chama a reducir o tráfico e a promover solucións alternartivas que garantan a autonomía das persoas e da Galiza. Artellar unha mobilidade sostíbel e segura, sinala a ecoloxista, exixe tamén pensar no rural. "Se vives nunha aldea precisas un coche". De todos os transportes interurbanos o menos contaminante é o tren, que compite sen acabar de impoñerse coa mobilidade por estrada, onde observa "moitos intereses creados". "As vías de ferrocarril na Galiza non están ben explotadas nin coordinadas, polo tanto, non garanten unha boa comunicación interurbana en todos os sentidos". Pon como exemplo a falta de conexión entre Lugo e Santiago ao tempo que censura o afán "centralizador" das comunicacións cara a meseta cando "Madrid está lonxe de todo". Adela Figueroa reclama para a Galiza "a competencia dos camiños de ferro" para asegurar mellores conexións internas e promover a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, unha medida que permitiría combinar o aproveitamento económico coa redución das emisións de CO2 ao diminuír a dependencia do vehículo privado. Inauguran un novo treito da maior Vía Verde da Galiza, con 24 quilómetros, e proxectan que teña 36 Ante todo, peóns Destro das cidades Vicente Otero bota en falta inciativas decisivas. "Non se buscan solucións de tipo metrolixeiro para as cidades máis grandes como Vigo e A Coruña nin se desenvolven políticas de transporte público individual ou colectivo mil. Tampouco se favorece os péons, que é o que somos ante todo". Neste sentido Figueroa apunta o caso de Pontevedra e de agora de Lugo, que está a reducir o tráfico a conta de facer peonil moitos espazos da cidade. "Unha mobilidade activa e intelixente tamén depende do modelo urbanístico que se promova, da fórmula escollida para habitar as cidades, que agora mesmo son as grandes alteradoras do clima". As da Galiza aínda son "asumíbeis", di, pero tamén teñen que avanzar e reducir a súa pegada ecolóxica. |
NOS_57940 | Unha iniciativa en Verkami propón achegas individuais e colectivas até acadar os 12 mil euros para a gravación en estudos do concerto. | O pasado 10 de maio Compostela celebrou o 40 aniversario da estrea mundial do "Grândola" de José "Zeca" Afonso cun concerto no Burgo das nacións. Foi o espectáculo "Terra da Fraternidade" no que participaron artistas como Quico Cadaval, Uxía, Carlos Blanco, Ugía, Fred Martíns, Trópico de grelos ou Bocixa. Ante o éxito tanto en cantidade como en calidade do evento agora unha iniciativa quere recoller achegas económicas a través da rede Verkami coa intención de inmortalizar todo o acontecido coa gravación dun disco nos Estudos A Ponte e nos estudos Amil co mesmo nome: Terra da Fraternidade.A organización lembra que mália o cheo do acto o o evento foi deficitario, dado os altos custes do aluguer do espazo ao concello de Compostela (máis de 3000 euros), Servinova (400 euros e 1,5 euros por cliente), e a Sgae (un 10% da taquilla). Hai máis información do proxecto nesta web. |
NOS_37578 | A Real Academia Galega anuncia a presentación de manuscritos autógrafos con versos descoñecidos de Rosalía de Castro, poemas e fragmentos poéticos. O acto de presentación pública desenvolverase esta quinta feira na sede da rúa Tabernas, coa presenza do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero e o da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. | A Academia Galega convoca a través dun comunicado ao acto de presentación de textos poéticos inéditos de Rosalía de Castro que terá lugar esta quinta feira. Segundo adianta na nota, trátase de manuscritos autógrafos con versos descoñecidos, poemas e fragmentos inéditos. "Botan nova luz sobre os inicios da súa carreira literaria en galego e- dun xeito especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa obra en castelán", destacan. Ademais dos presidentes da Academia Galega e a Fundación Rosalía, participarán no acto o secretario da RAG, Henrique Monteagudo máis a investigadora e profesora da Universidade de Barcelona, Mª Xosé Lama. Para a Academia a incorporación destes textos ao corpus rosalián "pon un brillante ramo ás conmemoracións do ano do sesquicentenario de Cantares Gallegos e que sen dúbida será de grande interese tanto para os investigadores e investigadoras da obra rosaliana coma para a xeneralidade do público galego". No ano das conmemoración, Sermos Galiza publicou un texto descoñecido da autora, recuperado polo investigador Francisco Rodríguez. |
NOS_47116 | Non foi casualidade que Cantares gallegos se editase en Vigo. A cidade era un punto de referencia do liberalismo e da recuperación e dignificación da cultura galega. O seu ambiente intelectual e político propiciou que nos talleres da imprenta de Juan Compañel se imprimise o volume que marca o inicio do Rexurdimento literario. Malia o curto período que Rosalía morou na urbe olívica, a edición deste libro e a rede de relacións tecida arredor dos círculos liberais vigueses fai desta cidade unha parada ineludíbel no itinerario rosaliano. | A mediados do século XIX Vigo é unha cidade en plena transformación: créanse novos fondeadoiros, mellóranse as estradas que comunican coa meseta, estabelécense servizos periódicos marítimos coa Habana, Bos Aires e Porto Rico e ábrense fábricas de salgado e de derivados de produtos do mar. E, como non podía ser doutra forma, as novas ideas eclosionan na cidade. Vigo sitúase na vangarda da loita dos liberais contra o absolutismo durante o trienio constitucional (1820-1823), na sublevación encabezada por Espartero contra a raíña María Cristina e na posterior caída do rexente, en 1943. E en 1846, unha columna de 800 soldados alistados na cidade parte cara a Santiago en apoio do pronunciamento encabezado por Solís que daría lugar á constitución da Xunta Superior de Goberno da Galiza, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e con Antolín Faraldo como secretario, os dous figuras senlleiras do provincialismo, comprometidos co "engrandecemento do antigo reino de Galiza" convertido nunha "colonia da corte". Con esas credenciais, Vigo transfórmase pouco a pouco nunha cidade na que as ideas liberais e o incipiente nacionalismo galego -rexionalismo, na forma que tomaba daquela- se refuxiaban en tertulias, cafés e reboticas e nas casas dalgúns representantes dunha burguesía que osmaba os ventos que viñan doutras revolucións en Europa: o dereito ao voto, a liberdade de prensa, a separación de poderes, os dereitos das nacións... eran os obxectivos que os pobos procuraban nun pulso, moitas veces cruento, co absolutismo. Un instrumento desa pugna era o periódico La Oliva, no que as ideas liberais e as dos rexionalistas se daban a man. Fundado en 1856, foi o primeiro en homenaxear os Mártires de Carral, publicou ao pouco de saír á rúa o brinde de Eduardo Pondal no Banquete de Conxo e contou con Murguía como colaborador habitual e director literario: desde as súas páxinas, o home de Rosalía daba a coñecer a obra de autores como o propio Pondal, Alfredo Brañas ou Aureliano Aguirre, e creaba unha biblioteca literaria na que se publicaban títulos como El Buho Gallego, do conde de Lemos ou as cartas do conde de Gondomar. A novidade das ideas difundidas por La Oliva foi considerada tan subversiva que pouco máis dun ano despois da súa saída á rúa, en abril de 1857, foi fechado por orde gobernamental. Mais os progresistas vigueses non cederon e comezaron a publicar El Miño, co mesmo equipo de redacción, os mesmos colaboradores e a mesma liña editorial, e cun lema por subtítulo que rezaba "Todo por Galicia. Todo para Galicia". A imprenta de Compañel e o inicio do Rexurdimento Ambos periódicos imprimíanse nos talleres de Juan Compañel, un compostelán de familia de impresores que se educou no Santiago da revolución provincialista, e que tras o feche do negocio familiar -tiñan imprentas en Compostela e Ourense- tivo o seu propio obradoiro en Madrid, onde probabelmente entrou no círculo dos galegos alí instalados, entre os que estaban Antolín Faraldo, Nicomedes Pastor Díaz e, sobre todo, os irmáns Alejandro e Eduardo Chao, fillos de José María Chao, cuxa farmacia no que actualmente é a praza da Constitución de Vigo se convertera nun centro de conspiración política, polo que, tras a caída do réxime liberal, foi encarcerado até 1829. Probabelmente, os irmáns Chao protexeron a Compañel e introducírono nos círculos literarios progresistas madrileños, nos que Eduardo era coñecido como líder político do republicanismo de esquerdas e participante da editorial Gaspar y Roig, onde dirixía coleccións como a Biblioteca del Hombre Libre. Anos despois, fundaría a revista La Ilustración Gallega e Asturiana. Alejandro Chao foi un dos fundadores de La Oliva, xunto co seu cuñado José Ramón Fernández Domínguez, "Carballo", primeiro propietario da imprenta situada no número 14 da rúa Real (que se corresponde co actual número 21, segundo corroborou o investigador Xurxo Martínez). Cara a 1855, Juan Compañel xa estaba en Vigo facéndose cargo daquela imprenta. Compañel publica en 1856 os primeiros poemas do mozo Manuel Murguía, o volume Nena d' as soledades, así como as súas primeiras novelas, Desde el cielo e Mi madre Antonia. En 1858, Juan Compañel edita e publica El Álbum de El Miño, onde se inclúe un traballo de Rosalía titulado "Lieders". E, despois do casamento de Murguía e Rosalía, en 1859, publicará tamén a primeira novela de Rosalía, La hija del mar, xunto cun libriño, La primera luz, que Murguía concibiu para uso das escolas e que é o primeiro libro de texto do que temos noticia que pretendía levar o feito diferencial da Galiza ao ensino. O libro está dedicado a Alexandra, primeira filla da parella: "E ti, miña filla, chegada onte a este val de bágoas, ti es en quen penso ao escribir este libro, aprende, filla da miña alma, a amar a esta Galicia infortunada onde naceron os teus pais e onde viches a túa primeira luz". É neste contexto de colaboración literaria e política no que temos que encadrar a estancia de Rosalía e Murguía en Vigo, onde viviron uns meses na propia casa de Compañel, situada tamén na rúa Real. Sabemos pouco daquela estancia de Rosalía e Murguía en Vigo, mais non é difícil supoñer que o contacto cos círculos liberais vigueses, o alento que procuraba o debate de ideas propiciado naquel ambiente e a atmosfera de camaredería vivida polas amizades perseguidas polo absolutismo foi un estímulo para os proxectos que habían de chegar axiña: o 17 de maio de 1863, saía do taller de Compañel Cantares gallegos, a obra que iniciaba o Rexurdimento literario galego e que fixaba o ideario de Rosalía de Castro, asumido como un programa nacional por todo o galeguismo desde aquela data até o de agora. Toda esta urdime de relacións entre o liberalismo político, a reivindicación nacional e a vangarda literaria da época explica que Vigo fose un punto de referencia esencial para a política e a cultura galegas e que Cantares gallegos vise a luz nunha imprenta da cidade. A homenaxe que desde 1963 se rende á cultura o Día das Letras Galegas é algo máis que unha efeméride literaria: evoca tamén os sacrificios dunha loita política e de emancipación cuxos piares puxéronse nesta altura. Epílogo en Cuba Despois de moitas peripecias, tanto Alejandro Chao como Juan Compañel remataron na emigración en Cuba. O primeiro fundou unha potente empresa cultural, La Propaganda Literaria, que en 1880 sería a encargada de editar Follas novas, cando Rosalía non podía atopar un editor na Galiza que quixese facerse cago da empresa. Máis unha vez, foron aqueles círculos progresistas e nacionalistas os que tiveron que saír ao rescate da empresa de dignificación da cultura e a lingua galega. Pero esa xa é outra historia. Ou a mesma. |
NOS_10800 | Escocia logrou volver nesta Eurocopa a un gran torneo por primeira vez en 23 anos, mais a pesar da xesta de empatar en Wembley ante Inglaterra chegan á derradeira xornada da primeira fase obrigados a outra fazaña para avanzar de rolda: vencer aos actuais subcampións do mundo, a Croacia de Luca Modric. | A Eurocopa 2021 alcanza o seu décimo segundo día consecutivo de fútbol cun par de encontros que determinarán cales son os dous -ou tres- equipos do Grupo D que logren avanzar aos oitavos de final do torneo. Previstos ambos para as 21 horas da noite, a pesar de que o República Checa-Inglaterra pareza máis atractivo sobre o papel, o feito de que un empate beneficie a ambos fai que o interese recaia maioritariamente no Croacia-Escocia, ao que tanto balcánicos como celtas chegan coa obriga de gañar se non queren quedar eliminados prematuramente. Igualados a un único punto no fondo do grupo, outro empate sentenciaríaos, pois con toda seguridade o que rematase por diante por contar cun mellor golaverage non estaría entre os catro mellores terceiros que accederán aos oitavos de final. Na nación celta son ben conscientes desta situación, e a prensa leva días facendo un chamamento para que o seleccionador Steve Clarke formule o partido dun modo máis ofensivo que ante a República Checa e Inglaterra, todo co obxectivo de que anoten o seu primeiro gol no torneo, que podería bastar para conseguir o obxectivo se son quen de manter a portería a cero, como fixeron ante a selección inglesa no Clásico. A pesar de que os precedentes históricos son favorábeis -tres vitorias e dous empates escoceses nos cinco enfrontamentos previos-, Clarke perde para este transcendental compromiso o talento do xogador do Chelsea Billy Gilmour, positivo en Covid-19. Goleada holandesa e vital triunfo austríaco Holanda volveu gañar con comodidade, nesta ocasión á xa eliminada Macedonia do Norte (3-0) no derradeiro partido da maior lenda na súa escasa historia internacional, Goran Pandev. Por outra banda, Austria ascendeu até o segundo posto do Grupo C e garantiu a súa clasificación para os oitavos de final da Eurocopa 2021 logo de imporse á Ucraína de Andrii Shevchenko cun único tanto, anotado no minuto 21 polo centrocampista Christoph Baumgartner. |
NOS_7506 | A riqueza histórica e patrimonial da Galiza esta fóra de toda dúbida, até o punto de que aínda a día de hoxe continúan a descubrirse restos do noso pasado. En Negreira, o profesor Manuel Gago -en colaboración coa Asociación Cultural Afonso Eanes- protagonizou unha expedición que serviu para comprobar a existencia dunha mámoa sen catalogar por Patrimonio e "totalmente esquecida" até o de agora. | A principios do pasado mes de xuño, o polifacético Manuel Gago -escritor, xornalista, profesor e, entre outras cousas, membro do colectivo de investigación Roman Army, que estuda a presenza do exército romano no noroeste peninsular- atopábase indagando sobre un campamento romano nas proximidades do territorio do concello de Negreira a través de novos métodos dixitais cando algo chamou a súa atención. Reparou en que nos arredores da vila de Negreira, nada máis cruzar a ponte do Barcala, había unha mámoa "espectacular". "E, non sei por que, pero tiven a impresión de que non estaba catalogada. Comprobeino e, efectivamente, a documentación da Xunta non recollía ese túmulo megalítico de grandes dimensións, a pesar de estar tan preto do casco urbano de Negreira e practicamente o lado de onde está o antigo Camiño de Santiago", explica Manuel Gago a Nós Diario. "A mámoa -amplía Gago-, situada a carón do camiño antigo, parecía indicarnos que antes do actual camiño, se cadra nas primeiras décadas do século XX, había outro ancestral. Durante miles de anos, o río parecía ter pasado polo mesmo lugar, hoxe esquecido". Por iso, decidiuse a contactar con Xosé Amancio Liñares Giraut, historiador e profesor no instituto de Negreira, membro da asociación cultural Afonso Eanes e gran coñecedor da xeografía e a historia da zona, incluídas as "narrativas orais" existentes sobre este espazo. Liñares Giraut lembrou que, no seu libro de 1988 Xulián Magariños Negreira, un home da época Nós (1904-1934) recollía un texto do escritor e avogado galeguista no que transcribía unha historia inédita de tradición oral, "escrita nos finais da década de 1920 ou primeiros anos de 1930". Era a lenda da aldea de Concheiros, que a principios do século XX era unha humilde localidade de só "tres ou catro casas" próxima á estrada. Nese lugar cometeuse un crime que acabaría coa aldea: "Unha muller e mais o seu amante mataran o marido e soterrárano baixo a eira. Aínda que se sospeitaba deles, non había probas. Até que un día o amante, bébedo, pasou por riba do enterramento do asasinado e pisou forte por riba del, berrando 'Non rexurdiches máis!'. Os berros foron escoitados por un camiñante que foi dar aviso ás autoridades. Ao escavaren na eira, puideron confirmar o crime, confiscaron os bens e a aldea, abatida pola lenda negra, rematou por desaparecer". Equipo de investigación sobre o terreo Con estes datos, a pasada terza feira 30 de xuño, Manuel Gago e distintos membros da Asociación Cultural Afonso Eanes protagonizaron unha expedición sobre o terreo, para visitar a zona e ver cos seus propios ollos as estruturas que lles indicaba o modelo dixital. "E velaí estaba a mámoa da Agra da Chanceira -revela Manuel Gago no seu blog-, cunhas notábeis dimensións e presentando un gran cono de violación, pero aínda así cunha importante parte da coiraza aparentemente intacta. O experto engade que "cando sobes desde o río Barcala, o túmulo aparécese de maneira espectacular sobre o camiño", e baralla a idea de que esta mámoa "marcase o paso sobre o río Barcala, que logo xustificou a construción do castro de Vilachán e mesmo da fortaleza medieval anterior ao Pazo do Cotón", pois Negreira era "un nó de comunicacións no mundo antigo e medieval". Loxicamente, o equipo achegouse até o lugar indicado na cartografía como "Concheiros", atopando alí unha serie de antigas estruturas que, como recoñece Gago a Nós Diario, "non se pode confirmar que correspondan de todo con esa aldea". Para o profesor da Universidade de Santiago resulta "evidente" que alí había "restos dun antigo esforzo humano a través dunha pequena aldea desaparecida". "É a aldea dos Concheiros? Aínda que a cartografía a sitúa alí, a tradición oral recollida por Magariños -e tamén por Xosé Antonio Romarís, un activista cultural senior que o acompañou e el e ao resto do equipo da Asociación Cultural Afonso Eanes na expedición- fala doutro espazo a carón da estrada, máis ao norte, onde tamén se aprecian numerosos socalcos e que pode ser tamén un bo candidato na aldea", apunta. Cuestionado por se pode haber moitos máis restos arqueolóxicos sen catalogar como este ao longo e ancho do país, Manuel Gago responde rotundo: "Moitísimos, especialmente mámoas, que só se descobren cando se limpa a vexetación que as tapa, polo motivo que sexa". Precisamente a conservación desta mámoa do Agro da Chanceira podería estar en perigo se a Xunta da Galiza non axiliza os trámites para a súa catalogación por parte do departamento de Patrimonio, pois atópase no medio dunha explotación forestal e, como revela Manuel Gago, "se se producise unha tala, a mámoa sufriría unha agresión bastante importante". |
NOS_27695 | A CEG apoia a reforma laboral e segue na liña deseñada pola CEOE e os sindicatos UXT e CCOO. | A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) apoiou publicamente nun comunicado a convalidación da reforma laboral do Partido Socialista (PSOE) e de Unidas Podemos (UP). A patronal galega asegura que a nova lei "dá estabilidade" ao mercado laboral e "traballa por reducir a temporalidade". As palabras da CEG contradín completamente a posición da Confederación Intersindical Galega (CIG), cuxo secretario xeral, Paulo Carril, explicou a Nós Diario que esta reforma laboral "mantén intactas as partes máis lesivas e a totalidade da reforma de 2012 do PP e de 2010 do PSOE, que foran motivos de folga xeral". A postura da patronal galega segue así a liña da CEOE e dos sindicatos estatais, a Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Comisións Obreiras (CCOO). Para a CEG, a nova reforma laboral "aporta certezas de cara ao exterior e favorece a confianza no país". Outro dos puntos que destaca a patronal para apoiar a proposta da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, é que cumpre cos ditames da Unión Europea. Unha reforma "inexistente" Na CIG, a visión sobre a reforma laboral é diametralmente oposta. Paulo Carril aseverou que "non hai nin derrogación das reformas laborais nin recuperación de dereitos". Ademais de avanzar na consolidación das partes máis lesivas da reforma laboral de 2012, o principal sindicato galego mantén que, no contexto da Galiza, a nova lei "reforza os instrumentos dos marcos estatais fronte ao marco galego na negociación colectiva e noutros ámbitos". O secretario xeral da CIG lamentou que a reforma laboral de PSOE e UP ·chega nun momento no que estamos en permanente proceso da crise social e industrial". |
NOS_2270 | A lei permite acelerar estes procedementos administrativos "por circunstancias excepcionais a persoas en situación administrativa irregular". | O Goberno do Estado español, que hai uns días estudaba a posibilidade de conceder a residencia en España aos dous homes orixinarios de Senegal que intentaron socorrer Samuel Luiz despois da malleira mortal, comunicou que finalmente a situación destas dúas persoas estará regularizada. Desde o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións confirmaron a Europa Press que vén de outorgar quer a residencia, quer o permiso de traballo aos dous senegaleses que actuaron na madrugada do pasado 3 de xullo para intentar salvar Samuel Luiz, que foi asasinado na Coruña por un grupo de persoas. Foron as amizades da vítima as que revelaron a súa existencia ao buscalos para agradecerlles que intentaran parar a malleira mortal -cuxa autoría e móbil seguen a ser investigados malia que varios presuntos culpábeis están detidos- e sóubose de que a súa situación administrativa na Galiza era irregular. Agora fontes de Migracións aclaran que optaron por esta vía de actuación porque o regulamento recolle disposicións que permiten conceder as autorizacións "por circunstancias excepcionais a persoas en situación administrativa irregular". O secretario de Estado de Migracións, Jesús Javier Perea, xa anunciara hai unha semana a intención de resolver a burocracia "nun prazo moi breve". "Queremos destacar que en situacións deste tipo nas que se producen comportamentos de humanidade evidentes e de compromiso cívico que van máis aló, case poñendo o perigo a vida propia, é un acto de xustiza recoñecer que estas persoas tiveron un comportamento humano digno de ser recoñecido con algo tan sinxelo como é a documentación da súa situación administrativa que lles permita traballar en España", apuntou Perea en declaracións a un programa radiofónico. Á marxe desta nova, as investigacións ao respecto do crime, das e dos posíbeis culpábeis e da motivación continúan abertas. |
NOS_55058 | Cadrando co 76 aniversario do levantamento fascista do 36, na Alameda de Compostela queren traer ao presente ás dúas mulleres retratadas na estatua de cores rechamantes. Foron torturadas por non quereren informar do paradoiro de dous irmáns anarquistas fuxidos. Reclaman que unha placa conte a súa historia de resistencia | Contan que saían ao paseo polas rúas do casco vello ás dúas da tarde --chamábanlles 'as dúas en punto'--, vestidas con cores moi rechamantes. Toda unha provocación naqueles anos, tratándose sobre todo de dúas mulleres. A súa vida fala de represión e loita. Eran doce @s fill@s do zapaterio da rúa Espírito Santo, tres deles militantes da CNT. Un foi paseado. Os outros dous fuxiron e ficaron agochados varios anos, até que deron con eles e os encarceraron. A elas torturáronas. Querían información sobre os irmáns varóns. Para alén da violencia coa que foron tratadas pola Policía Social, sufriron en carne propia a violencia dunha veciñanza que lles deu as costas, boicoteando o taller de costura que rexentaban porque non querían ser sinalad@s como colaborador@s. Rexeitaron sempre as esmolas, mais o apoio do pobo chegáballes en forma de alimentos e coa colecta de 250.000 pesetas xuntadas para buscarlles aloxamento cando unha treboada lles derrubou o teito da casa. Nos '60 era ese o valor dun piso novo. Até aquí un pequeno resumo da verdadeira historia das Marías, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño, dúas mulleres con nome propio na intra-historia compostelá. Soportaron a represión da ditadura e e a violencia social. O seu vestir e a súa maquillaxe desafiaron o gris daqueles tempos. Cadrando co 18 de xullo, cando se fan 76 anos do levantamento militar fascista de 1936, a cooperativa As Dúas e a libraría feminista Lilith organizan para a cuarta que vén unha mullerenaxe para lembrar ás dúas irmás diante da estatua que lles ergueron na Alameda compostelá, alén de reivindicar a colocación dunha placa que as despoxe dunha vez da etiqueta de tolas e conte a súa historia de resistencia. O ano pasado, cadrando co 75 aniversario do levantamento do fascismo, foron as asociacións O Galo e Ateneo de Santiago as que recordaron a Coralia e Maruxa cunha homenaxe de poesía e flores. Desta volta, o feminismo quere traer ao presente a memoria destas dúas mulleres cun acto en que tamén haberá flores --convidan a quen asista a levar unha flor lila ou vermella-- e unha sorpresa en forma de música. |
NOS_17907 | A iniciativa, que se enmarca nunha campaña máis ampla, pedirá responsabilidades polo feminicidio de Ourense. | 'Paremos o feminicidio'. Este é o lema da campaña que foi presentada esta terza feira en Ourense polo movemento feminista ourensán. O obxectivo, explican, "visibilizar a desprotección sufrida por Isabel Fuentes", a muller asasinada no hospital público da cidade das Burgas o 8 de maio, mais tamén a que atinxe a "todas as mulleres" en situación de violencia machista perante "a falta de implicación e compromiso das políticas públicas e institucións". O feito de que existisen indicios de que Fuentes fora ingresada no CHUOU após unha agresión anterior, din, podería constituír unha "neglixencia do poder xudicial" ao ter "negado protección a unha muller que foi finalmente asasinada perante a pasividade das autoridades". Denuncia xudicial Neste senso, avanzaron a constitución dun "grupo de traballo legal para a redacción dunha reclamación administrativa para pedir responsabilidades" logo de que, denuncian, non foran aplicados os protocolos nen mecanismos de prevención que poderían ter evitado o feminicidio. Esta reclamación, sinalan, será presentada por volta da primeira quincena de xuño. A campaña procurará adhesións ás reclamacións administrativas e denuncia xudicial através da rede e na rúa Mais non quedarán aí. Destarte anunciaron que presentarán unha denuncia xudicial contra o Estado español "pola indefensión das mulleres fronte aos agresores" e "a pasividade das institucións". Tanto a reclamación como a denuncia estarán acompañadas pola recollida de adhesións que lanzaron através do portal web feminismo.info/feminicidio. De maneira paralela encetan unha campaña de queixas perante o Consello Xeral do Poder Xudicial através dos distintos tribunais do país nos que presentarán, de maneira simultánea, queixas polo asasinato de Isabel Fuentes e reclamarán medidas de protección para todas as mulleres en situación de violencia. Aliás, remitirán unha reclamación ao Valedor do Pobo para o que tamén desenvolverán unha campaña de recollida de adhesións. A campaña, impulsada en Ourense, fica aberta á incorporación de movementos e colectivos feministas de toda Galiza. Cumpre lembrar que esta cuarta feira terán lugar concentracións simultáneas perante os xulgados das cidades en rexeitamento dos asasinatos machistas e a indefensión das mulleres en situación de violencia. |
NOS_53887 | Os índices das bibliotecas galegas atópanse por baixo da media estatal en practicamente todos os parámetros. E 78 concellos carecen dese servizo. Estas son as principais conclusións que a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza extrae das últimas estatísticas publicadas polo Ministerio de Cultura, correspondentes ao ano 2017. | En Galiza hai 249 bibliotecas -unha menos que en 2016- públicas que funcionan en 336 puntos de atención, dez menos que en 2016. Só no número de documentos por habitante está o país por riba da media estatal: 2,15 fronte a 1,91, "dato que non necesariamente ten que ser bo xa que necesita dunha avaliación da colección". Adquiríronse 67,37 documentos por habitante, mentres no Estado foron 77,5. Realizáronse 1,75 visitas por habitante ás bibliotecas; a media estatal é de 2,25. Dos habitantes de Galiza, o 32,38% son socios dalgunha biblioteca pública. No Estado, o 36%. Tamén o préstamo de documentos por habitante é máis reducido en Galiza ca a media estatal: 0,82 contra 1. As actividades en bibliotecas foron 2,53 por cada mil habitantes. No Estado, 5,16. O gasto corrente destinado a bibliotecas en Galiza foi de 8,56 euros por habitante, e no Estado de 10.10 euros. Finalmente en Galiza hai un bibliotecario ou bibliotecaria por cada 4.819 habitantes e no Estado por cada 4.308. A asociación de profesionais do ramo salienta, porén, algunhas medidas da Administración autónoma "que contribúen a mellorar eses datos" sen as que "os datos serían aínda peores". Menciona as axudas a adquisición de fondos bibliográficos, o apoio á realización de actividades de animación á lectura como Ler Conta Moito ou o interese na mellora das ferramentas de xestión. Mais o balanzo é pesimista e denuncia a "redución das partidas orzamentarias e a falta de control das políticas e accións dos concellos" na materia. Ao tempo bota en falta maior cooperación entre administracións". Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza, cuxo acrónimo é Bamad Galicia, foi fundada en 1982. |
NOS_2830 | O equipo de Kubus ten que estar a todo meter nesta fin de semana en que se pode decidir o ascenso de Celta e Deportivo a primeira. Nace unha revista de fútbol galego, para vivir o presente e coñecer a historia do deporte máis popular. | Como directores da revista Kubus, primeira de fútbol en galego, figuran Rubén González e Javi Paz. mais con eles na nómina aparece unha manchea de persoas que se ocupan das colaboracións. O proxecto é modesto mais os seus textos evidencian entusiasmo polo deporte e a enerxía da mocidade. Contra o que nos teñen afeito as revistas deportivas, en Kubus non atoparemos só información das competicións futbolísticas. Historia, crónica e retrato de personaxes nesta nova publlicación . A saída é modesta mais o proxecto ambicioso. "Seguindo unha liña similar á marcada por Antonín (Proxecto Panenka), "So Foot" no país galo, "Un Caño" en Arxentina, "11 Feunde" en Alemaña, Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e adubar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto" comentan no seu inicio. |
NOS_5477 | A Fiscalía acusa os tres mozos de participaren en "graves altercados" o 24 de xullo de 2011, véspera do Día da Patria. A organización xuvenil independentista Briga convocou para este 8 de novembro unha concentración nos xulgados de Compostela, onde van ser procesados estes tres militantes. | O 8 de novembro comeza nos xulgados de Compostela máis un xuizo contra militantes do independentismo. Nesta ocasión trátase de Simom, Brandam e Raúl, tres mozos que forman parte de Briga, organización xuvenil independentista, e para os que a fiscalía solicita en conxunto 17 anos de prisión. Unha petición que responde a que a procuradoría considéraos responsábeis de "graves altercados" vencellados á Jornada de Luita que Briga desenvolveu o 24 de xullo de 2011, na véspera do Día da Patria. O propio 8 de novembro, ás 9:30 horas, terá lugar ante os xulgados unha concentración de apoio aos acusados e de denuncia dun "xuízo político". As penas solicitadas pola fiscalía fan referencia aos delitos de "desordes públicas, danos e atentado á autoridade" dos que responsabiliza os tres mozos. Nun comunicado, Briga sinala quea organización é, "na figura destes companheiros, vítima dumha duríssima perseguiçom policial amparada pola procuradoria de Compostela", para alén de afirmar que o que vai acontecer o día 8 nos xulgados de Compostela é "um julgamento político em que o que está em causa é o seu compromisso. O objetivo: acovardar a juventude nesta sinistra maré de miséria com que Espanha se abate sobre as nossas costas". |
NOS_53571 | Francia e Alemaña ven en perigo a súa produción eléctrica. | Arredor da metade do territorio da Unión Europea (UE) ten activado o aviso por seca, revela o Centro Conxunto de Investigación da Comisión Europea. Desde Bruxelas (Bélxica), o Executivo da UE deixaba claro que esta seca podería ser "a peor da historia" da rexión. Os efectos vanse espallando de país en país, alimentados polas reiteradas ondas de calor do verán e por unha falta de chuvia que non remitirá até ben entrado o outono, predí o centro de investigación. Esta mesma institución xa alertara hai anos do impacto do aumento da temperatura por mor da mudanza climática nestas situacións. En Romanía, as labregas e labregos denuncian a práctica desaparición dos seus cultivos de xirasol e millo; en Francia, as leiras con xirasol e lavanda son as máis afectadas, e en Italia, o Goberno decretou o estado de emerxencia en cinco rexións pola peor seca do río Po nas últimas sete décadas. O val do Po produce aproximadamente 40% dos alimentos de Italia, especialmente trigo, arroz e tomates. Serafín González (SGHN): "Coa calor os solos liberan CO2 adicional á atmosfera" A isto súmase o aumento dos prezos. "Non podo determinar as perdas económicas só pola seca porque, por exemplo, o prezo dos fertilizantes pasou de 40 a 120 euros por quintal", sinala Elisa Moretto, produtora de arroz, a medios internacionais. Riscos para a subministración eléctrica No caso francés, 62 dos 93 departamentos están en alerta vermella por falta de auga, afectando a gandaría amais da agricultura. Non obstante, tamén está pondo en risco a subministración eléctrica no país, pois a alta temperatura dos ríos está facendo cada vez máis difícil manter en funcionamento as centrais nucleares, que producen máis do 60% da electricidade e precisan desta auga para refrixerar os reactores. Hai menos dun mes unha onda de calor xa obrigou as autoridades de París, Berlín, Estocolmo, Helsinki e Berna a apagar ou reducir a capacidade de produción dalgunha destas instalacións. No que atinxe a Alemaña, o río Rin está na maioría dos puntos de mostra a un nivel inferior ao 50% do caudal medio nesta época. O Rin é a ruta fluvial máis utilizada da Unión Europea, a falta de auga levou a fechar a circulación en moitos puntos, obrigando a utilizar barcas máis pequenas ou mobilizar o transporte por estrada, que é máis caro. A liña da costa galega retrocederá tres metros e a auga doce reducirase en 14% Amais, está freando a súa estratexia de incrementar a produción de electricidade nas centrais térmicas para substituír a baixada de subministración do gas natural ruso, ao estar situadas boa parte delas nas ribeiras do Rin, vía pola que reciben o carbón. Malia que outros países polos que pasa o río tamén se viron afectados, como Suíza, o maior prexudicado está a ser Países Baixos, onde vai dar ao mar. Alí, o Executivo resolveu declarar o 3 de agosto unha "escaseza de auga de facto", o que delega nunha comisión nacional a xestión da auga. Ademais da navegación comercial, a falta de auga no curso pon en risco a estabilidade dos diques nas zonas de turbeiras e xera problemas na distribución de auga, na que está a entrar auga mariña. A meirande parte destes Estados tamén impuxo medidas de racionamento do uso de auga para enfrontar a crise. Damián Insua, investigador e meteorólogo: "No futuro aumentarán as secas, tamén as agrícolas" En España os encoros están no nivel máis baixo en 27 anos Os últimos datos ofrecidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico sitúan os encoros no Estado español no 39,2% da súa capacidade, a cifra máis baixa a esta altura do ano desde 1995, e un 17% menos que en 2021. Estes datos agudizan a aparición e intensidade dos incendios e a desertificación dalgúns territorios, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) estima que un 75% do Estado ten risco severo de padecela. Precisamente neses lugares, localizados no centro e sur da península, é onde os encoros rexistran cifras máis preocupantes, coa bacía hidrográfica do Guadiana, do Guadalquivir, e a de Guadalete-Barbate por baixo do 30% da súa capacidade total, mentres que a conca do Segura, a mediterránea andaluza, a do Texo ou a do Douro non superan o 50%. |
NOS_39549 | A Deputación da Coruña promove unha serie de actividades, presenciais e nas redes, co obxecto de poñer en valor a obra e a traxectoria de Antolín Faraldo no ano do bicentenario do seu nacemento. | Segue a ser un mito fundacional da nación galega, o primeiro que impugnou o modelo de Estado unitario imposto polos liberais españois. O 2 de setembro cumpriranse os douscentos anos do nacemento de Antolín Faraldo, o autor do célebre chamamento da Xunta Superior de Goberno da Galiza, publicado o 17 de abril de 1846 -"Galiza arrastrando até aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai a levantarse da súa humillación e abatemento". Del dicía Benito Vicetto que "segundo o señor Faraldo, a rexeneración galaica non podería conseguirse senón pola súa emancipación e ao berro de 'non queremos ser máis que galegos', que lanzou no periódico compostelán El Porvenir". Para celebrar e lembrar esta figura, non tan ben coñecida como merecería, Betanzos, a súa vila natal, xa está a organizar numerosos actos que poñen en valor en valor a súa obra. Antolín Faraldo, o protonacionalismo A Deputación da Coruña impulsa un "ano Faraldo"que contará cun programa -que se desenvolverá, sobre todo en Betanzos- destinado a dar a coñecer a súa impronta no contexto histórico e político no que participou, moi especialmente na revolución galega de 1846 -que concluíu co fusilamento de Solís e de once dos seus oficiais, hoxe coñecidos como os mártires de Carral. As actividades tratarán tamén de celebrar e visibilizar a súa traxectoria xornalística e as temáticas que tratou nos seus artigos. Faraldo destacou como xornalista e fundou, en 1845, El Porvenir, un semanario no que plasmou o seu modelo político para a Galiza, liberal e rexionalista. Así, os días 26, 27 e 28 de agosto diversos espazos culturais de Betanzos acollerán os xogos florais dedicados ao escritor e xornalista que, ademais de actuacións literario-musicais para todo tipo de públicos, terán un enfoque participativo a través dun slam poético para menores de 35 anos e un concurso xornalístico. Esta programación na cidade do Mandeo desenvolverase en colaboración con artistas, creadores e creadoras locais como Pesquedellas, Factoría Nini e Death and Glory. Ademais destes xogos florais, tamén se está a traballar -desde á área provincial de Normalización Lingüística, que xestiona a deputada María Muíño- na elaboración de pequenos audiovisuais que abordarán e revisitarán temáticas que o propio Faraldo tratou nos seus artigos xornalísticos e que continúan de actualidade: a liberdade de opinión e de imprenta, o suicidio, o feminismo, a mellora das comunicacións internas na Galiza, e a organización territorial do Estado. 1846: A revolución que continua Querida liberdade Neste sentido, cómpre lembrar, que xa desde comezos de ano se están a levar a cabo presentacións do libro Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento da autoría de Xurxo Martínez e editado pola editorial Alvarellos co apoio da Deputación da Coruña. O volume aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de quen Manuel Murguía definiu como «el primero y el mejor», Antolín Faraldo, a voz de toda unha xeración, a alma da revolución de 1846, unha figura case mítica no imaxinario galego e que hoxe aínda segue a ser un gran descoñecido. Querida Liberdade contén, por unha parte, un amplo estudo introdutorio, a cargo de Xurxo Martínez González, que nos mergulla na época do protagonista época tan apaixonada. Tras este, unha completa antoloxía con corenta e cinco artigos de Antolín Faraldo. Faraldo, autor dunha "Constitución Galega" e secretario da Xunta Antolín Faraldo amparou e aproveitou a rebelión militar progresista do dous de abril de 1846 na Galiza, contra o goberno conservador de Narváez, para promover un poder civil propio do país, arrastrando tras de si centos de estudantes e axudando a instaurar unha Xunta Superior de Goberno Provisional de Galiza, da que foi Secretario con apenas 23 anos. A prensa española daquela altura cualificou, con certo desprezo, as medidas tomadas pola Xunta como "Constitución Gallega". |
NOS_57519 | O día despois do 25S, o sector crítico non deixou pasar a oportunidade de exixir a cabeza do candidato á presidencia da Xunta. Foi a ex deputada Carmen Gallego quen asumiu a tarefa de demandar a Leicega que non asuma a portavocía do grupo parlamentar. O novo Parlamento galego vaise constituír o 21 de outubro. | Gallego aliñouse con Méndez Romeu nas primarias que elexeron Leiceaga como número 1 da candidatura do PSdeG. Fai parte do sector que na Galiza lidera Abel Caballero e no Estado Susana Díaz, contrario quer ao grupo que controla a xestora galega do partido quer a Pedro Sánchez como secretario xeral. En declaracións á SER Galiza, Gallego verbalizou esta segunda feira a tese que van defender os críticos nos próximos días, a de que o candidato Leiceaga non pode ser "a cara" do futuro grupo parlamentar, após ceder 4 escanos a respeito de 2012 e ser rebasado en votos pola candidatura de En Marea. Ás declaracións críticas tamén se sumou Abel Caballero, o alcalde de Vigo que en plena campaña afirmou literalmente que Leicega non era o seu candidato. "Se nos dixo que se ía conseguir a presidencia da Xunta (...) alguén ten que dar explicacións [sobre os resultados]", afirmou Caballero, quen tampouco pode ensinar uns bons números na súa cidade, onde o PSdeG foi amplamente superado quer polo PP quer por En Marea. Pedro Sánchez: "O candidato Feijóo fíxoo ben na campaña eleitoral" De quen si recebeu apoios Leiceaga foi da presidenta da comisión xestora, Pilar Cancela, quen esta segunda feira afirmou en conferencia de imprensa: "Quero facer un recoñecimento a Xoaquín Fernández Leiceaga, que fixo un moi bon traballo con seriedade e coherencia, agora toca reflexionar con responsabilidade e estar preparados en próximas citas eleitorais", Mentres, na conferencia de imprensa que ofereceu en Madrid para anunciar a convocatoria dun congreso, Pedro Sánchez referiuse case de esguello aos resultados das galegas. Xustificou o retroceso do seu partido co argumento de que nestas eleccións concorría unha nova marca no campo da esquerda, en alusión a En Marea, e sorprendentemente admitiu que "o candidato Feijóo fíxoo ben na campaña eleitoral". |
NOS_6606 | Yoseba MP (Joseba Muruzábal) aumenta a súa colección de murais en toda a Galiza, un país no que xa ten unha exposición masiva. | A súa pegada é xa visíbel por toda a Galiza. E máis que vai ser. O muralista Yoseba MP (Joseba Muruzábal)rematou hai escasos días o mural dunha das súperheroinas da terra –as "súperavoas"– en Quiroga e nuns días retomará o traballo en Vigo. En Compostela, Muxía, Carballo, Arcade, Ordes, Navia de Suarna, Ponteceso, Sigüeiro, As Pontes, Baio ou Cambre, en moitos casos ao pé da estrada, agardan as musas deste pintor, que xa viña traballando a mesma temática en cadro até que se atreveu a facer o primeiro gran formato nunha edición do festival Desordes Creativas. Pronto chegaron as chamadas dos concellos buscando homenaxear as súas veciñas. E o artista encantado "polo que representa". "Toda señora con mandil é unha súperavoa", destaca. Malia que non é difícil facer unha interpretación certeira para o público, explica que o que quere deixar nas paredes é "a forza da muller rural galega". "Eu teño a teoría da forza minifundista: estas mulleres mesturaron o traballo na horta co da casa nunha dínamo que non ten freo", reflexiona. De feito, cando o chaman para pintar en distintas localidades do Estado traballa con outra serie, a dos xoguetes, porque non cree que fóra do país se chegue a entender ben a oda ás avoas da aldea. Procura contar a idiosincrasia das protagonistas, pasa varios días con elas para coñecer a súa vida e logo é cando chega o baile de pintura, pinceis, brochas e cor. "Agardo poder pintalas até que morra a última porque non vai haber outra xeración que entenda a vida como a entenderon estas mulleres de preguerra, guerra e posguerra", anuncia Yoseba MP. |
NOS_51048 | O equipo galego de Lugo leva dúas vitorias ao inicio desta tempada e é o líder en capturas de balón. | O Río Breogán comezou esta tempada con dúas vitorias, unha na cancha do UCAM Murcia (70-84) e outra na visita do Carplus Fuenlabrada (78-70). Este bo inicio só se repetiu en Lugo noutras tres ocasións: nas campañas 1990-1991, 2001-2002 e 2021-2022. Unha tripla de Bamforth dá ao Breogán unha nova Copa Galiza de baloncesto No caso da tempada pasada, após ese inicio tivo catro derrotas en cinco partidos e se ollamos aínda máis atrás, na 1990-1991, foron cinco as derrotas consecutivas posteriores. Haberá que agardar aos seguintes rivais, Joventut de Badalona, como visitante, e Gran Canaria xunto con Surne Bilbo Basket, como locais, para rachar coas experiencias anteriores. As estatísticas até agora sitúan ao equipo de Lugo como líder en capturas (41,5) e capturas ofensivas (15), ademais de ser cuarto en capturas defensivas (26,5). Na súa zona tamén colleita bos resultados. Dos seus 70 erros en tiros até agora, 30 veces (42,8%) quedaron co rebote en ataque para una segunda oportunidade, chegando case a ter nos casos do UCAM Murcia (19 a 14) como diante do Carplus Fuenlabrada (21 a 16) tantas capturas ofensivas como defensivas do seu rival. Segundo equipo que menos puntos encaixa O equipo de Mrsic é o segundo que menos puntos encaixou até o momento (140), só por detrás dos 137 do Lenovo Tenerife. Os seus dous rivais até a data conseguiron realizarlle a mesma cantidade de puntos: 70. Curiosamente, o equipo galego é, tamén, o conxunto que máis canastras de dous puntos sumou neste inicio de competición, 22 por encontro. O Breogán presentarase esta semana diante da súa afección en Lugo Esquecido o soño europeo no seu momento ao caer en Belgrado (Serbia) na previa da Liga de Campións diante diante do FMP Meridian, sentoulle ben ao do Breogán centrase na competición estatal. |
NOS_13837 | A banca pública está de volta en Europa. Mentres as entidades privadas non viven os seus mellores momentos malia as liñas de liquidez masivas e a baixo interese do Banco Central Europeo, a banca pública aparece como a solución neste momento nunha boa parte daqueles Estados europeos máis desenvolvidos. | Kreditanstalt für Wiederaufbau (Banco de Crédito para Reconstrución), popularmente coñecido pola súas siglas KfW, é o banco máis solvente do sistema financeiro europeo. A entidade, propiedade do Goberno federal alemán, fundada en 1948 para xestionar os recursos procedentes do Plan Marshall, dispuña en 2019 duns activos de 556.424 millóns de euros, dun cadro de persoal de 6.700 persoas e de 6,75% do total dos depósitos bancarios da cidadanía alemá. O KfW significouse pola súa resposta ás dúas últimas crises. Se en 2008 destacou pola súa aposta no crédito nun momento de ausencia de liquidez no mercado, na crise actual canalizou a totalidade das axudas públicas que, por unha contía de un billón de euros, puxo en marcha o Executivo alemán. O seu plan de negocios está dirixido cara ao apoio ás pequenas e medianas empresas de nova creación, á construción de vivendas en réxime de alugueiro e ao financiamento a proxectos económicos considerados estratéxicos. O Zürcher Kantonalbank, cuxas siglas son ZKB, é o segundo banco máis solvente de Europa. A entidade goza da máxima cualificación das axencias de cualificación Stándar&Poor´s, Fitch e Moody´s, conta cuns activos totais de 172.671 millóns de euros, 107 oficinas e 2.000 traballadores e traballadoras, estando considerada como a organización financeira líder na área metropolitana de Zürich. O banco, fundado en 1870, é propiedade do Goberno do cantón de Zürich. KfW e ZKB non son unha excepción. Segundos os datos fornecidos por Global Finance para 2019, as 10 entidades de crédito máis solventes de Europa son de titularidade pública, situándose tras KfW e ZKB, o holandés BNG Bank, o alemán Landwirtschaftliche, o alemán L-Bank, o holandés NRB Bank, o noruego Komunalbanken, o alemán NRW Bank, o sueco Swedish Export e o luxemburgués BCEE. Ao tempo, Global Finance, a publicación de referencia para temas bancarios, destaca que as referidas entidades signifícanse por unhas prácticas non abusivas coa súa clientela e unha presenza chave nas pequenas e medianas empresas. A realidade da banca pública e plural é desigual en Europa. Así, dentro desta categoría englobamos as axencias estatais de investimentos, as entidades nacionalizadas durante a Gran Recesión e os operadores bancarios impulsados polas diversas Administracións. A realidade da banca pública e plural é desigual en Europa. Así, dentro desta categoría englobamos as axencias estatais de investimentos, as entidades nacionalizadas durante a Gran Recesión e os operadores bancarios impulsados polas diversas Administracións. Ao tempo, a súa presenza muda en función do nivel de desenvolvemento e do alcance do Estado do Benestar nas diferentes áreas continentais, logrando unha maior penetración nos denominados Estados centrais, e de modo moi particular en Alemaña, Francia e Países Baixos. Así, por exemplo, a Asociación Europea de Bancos Públicos agrupa máis de 30 entidades financeiras cun balance global de 3,5 billóns de euros, unha cota de mercado de 15% e un cadro de persoal de 190.000 persoas. Os estatutos da asociación fixan como obxectivos "o apoio á economía social e ao desenvolvemento sostíbel" e "o financiamento á vivenda social, ao sistema sanitario, á educación e ás infraestruturas públicas". A ausencia dun sistema financeiro público é outra das anomalías do Estado español no contexto europeo. A súa ausencia resulta particularmente grave en situacións de emerxencia económica, tal como observamos ao longo da Gran Recesión, sinalando a este respecto un recente estudo da Unión Xeral de Traballadores (UXT), que "España está en desvantaxe con outros países da UE para enfrontar a reconstrución social e económica após a crise da Covid-19, pois carece dunha banca pública, de titularidade pública e con vocación de servizo público". |
NOS_7749 | O goberno español retrasa a tramitación lexislativa da nova lei até xuño para evitar o desgaste de cara ás europeas. Entrementres, unha vintena de militantes do BNG fixeron entrega no Rexistro da Xunta dunha caixa dirixida ao presidente galego coa que denunciaron a agresión que supón para as mulleres a re-penalización do aborto. | Madrid adiará a tramitación lexislativa da Lei para os dereitos do concibido e da muller grávida até xuño. Así o anunciaron fontes de Génova que recolle o diario basco, Naiz. Entre as razóns que motivaron a decisión d@s populares sitúanse as fortes críticas que espertou a reforma promovida polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. Voces contrarias á proposta mesmo no seo do Partido Popular ás que se sumou recentemente o Parlamento europeo. Neste senso e fronte a inminencia das eleccións europeas --que terán lugar no mes de maio-- o Partido Popular decidiu ralentizar a entrada do anteproxecto nas Cortes. Embora argüíren "cuestións técnicas" ao retraso, o certo é que o rexeitamento da medida amosado nas rúas e nas intitucións --onde o PP ficaría só na súa aprobación-- está no cerne do retraso. Un pano negro e un rosario contra a imposición da maternidade Porén, organizacións políticas e movementos sociais continúan adiante co calendario de mobilizacións e campañas encamiñadas a sensibilizaren a poboación da importante agresión que suporía para os dereitos das mulleres, a aprobación da reforma do aborto. A última delas, esta segunda feira na capial de Galiza onde unha vintena de militantes do Bloque enviaron ao presidente da Xunta unha caixa baixo o lema "As mulleres decidimos". A acción, enmarcada na campaña da organización frontista en defensa do dereito ao aborto, visa denunciar a involución que suporá a reforma presentada polo goberno do Estado español e demanda ao líder do PPdeG "liberdade de voto" para @s deputad@s galeg@s no Congreso. Coa caixa que contiña un pano negro e un rosario foi entregada unha carta pola deputada do Bloque, Ana Pontón, @s militantes do BNG quixeron denunciar a carga ideolóxica do anteproxecto de lei para os dereitos do concibido e da muller grávida, unha norma que retrotrae a lexislación "máis de 30 anos" e impón a maternidade ás mulleres que non poderán decidir sobre os seus corpos, denunciaron ás portas do Rexistro da Xunta unha vintena de manifestantes. Faixas nos concellos contra a re-penalización do aborto Baixo o lema "As mulleres decidimos", desde o BNG reivindica o "aborto libre e gratuíto" como parte dos "dereitos das mulleres" a decidiren sobre o seu corpo. Unha campaña que levou á organización frontista a pendurar da fachada de concellos como Poio e Pontevedra faixas que amosan o rexeitamento da reforma da lei do aborto e defenden o dereito a decidir das mulleres. Unha forma de amosar o apoio municipal á que tamén se sumou o concello de Teo. |
QUEPASA_84 | Queda moita tempada por diante e con todo por decidir nas categorías do Fútbol da costa, pero como o cine español xa entregou os seus premios, eu dende aquí quero facer unha pequena homenaxe e antes da super gala do Fútbol da Costa deste ano, que se podería comparar cos Óscars de Hollywood, fago esta entrega simbólica duns humildes Goya do que vai de campeonato no fútbol costeiro. | Mellores efectos especiais Sen dubida para o Cabana, o equipo que máis goles marca da Costa, os seus afeccionados disfrutan con partidos históricos coma as vitorias por 8-0 As Baleas, 9-1 o Camelle, 8-4 o Castriz e ata en outros 3 encontros como Castrelo, Nantón e novamente As Baleas marcaron 5 goles. Con Iván Mato en plan estelar e con gañas de volver poñer o seu equipo na Liga da Costa. Mellor Vestiario Para ese equipo que vai de blaugrana, que tira da canteira e do bo xogo combinativo, a Esteirana, con esforzo, paciencia e confianza están a conseguir sair da zona de descenso da 1ª Autonómica, despois de demostrar o ano pasado todo o seu potencial na Liga da Costa. Mellor Fotografía En esta categoría todos son gañadores os que dende fóra do verde nos sacan esas imaxes para poder disfrutar no presente e recodar no futuro, e que os xogadores se vexan un pouco máis profesionais, pero quero destacar a Ra Bello a que cada xornada acompaña a UD Cerqueda para dar visibilidad con fotos e vídeos dos goles o Facebook do clube. Mellor Actor de Reparto Aquí había duas modalidades, ou premiar ao defensa máis expulsado ou a quen logra que pase eso. Daquela decantame por premiar a un colexiado con carácter, con personalidade e que reparte tarxetas con criterio sin darlle importancia se son locais ou visitantes, Bruno Méndez un dos mellores árbitros da costa. Mellor Dirección Adrián Lema o adestrador do Muxía, foi capaz de compaxinar veteranía con xuventude. Na tempada pasada foi o equipo revelación e agora xa chegou a consagración e candidato para pelear unha praza de ascenso. Mellor Actriz Para o equipo femenino ED Os Miúdos cunha estelar Bárbara Caamaño que en 16 partidos leva a frioleira cifra de 30 goles anotados que coloca o seu equipo na 3ª plaza clasificatoria. Mellor Actor Martín MC cun promedio de gol por partido en primeira rexional, 20 xogados e 20 goles, fai que o Baio se olvide do sufrimento da tempada pasada e poida sorrir tranquilo este curso mirando incluso a pelear por lograr un ascenso a preferente. Mellor Película A emoción dun derbi, onde se sentiu nas bancadas alegría, tristeza, drama e suspense, falamos do partido Buño - Cerqueda (5-5), o descanso os locais gañaban 3-0 pero no minuto 86 o resultado era 4-5 pero non acabaría así, no 88 facían o definitivo empate, para que as dúas afeccións finalmente marcharan con sabor amargo o verse por momentos cun partido xa gañado. |
NOS_13655 | O turismo convértese nun factor de risco na expansión da pandemia no continente. Europa está de novo nunha fase de máxima alerta sanitaria. A OMS acaba de advertir da crítica situación no continente e demanda aos Executivos europeos extremar as medidas de seguridade. Portugal é o último Estado en aprobar propostas de contención dunha pandemia que non dá tregua. | O turismo e a variante Delta do coronavirus volven colocar Europa en estado de alarma. Segundo un comunicado emitido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) nesta cuarta feira, "na última semana rexistrouse un incremento medio dos casos de 10%" no continente. Ao tempo, a entidade deu por feito que "no próximo mes de agosto o 90% dos casos novos corresponderanse coa variante que tivo orixe na India", polo que chamou "á disciplina social da poboación", ao tratarse dunha mutación do virus varias veces máis contaxiosa que a orixinal. O responsábel da OMS para Europa, Hans Kluge, asumiu que "haberá unha nova onda na rexión europea" e responsabilizou do aumento dos casos "ao crecemento dos contactos, ás viaxes e ao fin das restricións sociais". "Malia os esforzos considerábeis dos Estados europeos, millóns de persoas aínda non estarán vacinadas en agosto", sinalou Kluge, quen advertiu do risco dese mes "un período de vacacións e no que haberá aínda menos restricións". Na mesma liña, expresou as súas dúbidas sobre as medidas dos Gobernos para tentar salvar a tempada turística e os seus riscos na saúde da poboación. As consecuencias do turismo déixanse notar no aumento de casos. A este respecto, preocupa na Organización Mundial da Saúde os contaxios asociados á Eurocopa de fútbol que se está realizando en diversas sedes ao longo de todo o continente. Así, as autoridades sanitarias escocesas identificaron case 2.000 positivos entre as persoas que asistiron a algúns dos encontros da súa selección nacional, até o punto que o servizo público de saúde escocés sinalou que "entre 11 e 28 de xuño, 1.991 dos cidadáns escoceses que deron positivo acudiron a un ou varios partidos nos estadios de Hampden Park, en Glasgow, ou de Wembley, en Londres" O efecto da Eurocopa O debate sobre a conveniencia do evento ten saltado á palestra política, unha vez coñecida a decisión da UEFA de facer as semifinais e a final da competición en Londres. Neste sentido, o vicepresidente da Comisión Europea, Margaritis Schinas expresou as súas "dúbidas" sobre esta localización, estimando que os organizadores deberían "analizar con coidado" unha decisión que "pode traer graves consecuencias". Nunha liña semellante, o primeiro ministro italiano, Mario Draghi, manifestou a semana pasada que "agardo que a final non teña lugar nun país onde os contaxios están a medrar rapidamente", en relación con Inglaterra, que marcou nos últimos días rexistros de 20.000 novos positivos por día. Os Estados máis expostos ao turismo estanse vendo obrigados a tomar decisións para enfrontar a situación. Malia a súa negativa inicial a adoptar restricións polas presións dos grandes grupos económicos, Portugal vén de acordar nesta quinta feira novas medidas de confinamento, o que representa unha importante marcha atrás en relación coa táctica deseñada. Así, en 45 concellos, onde residen catro millóns de portugueses, está prohibido circular na rúa a partir das 11 da noite, impedíndose as saídas e as entradas na área metropolitana de Lisboa desde as tres da tarde da quinta feira até as seis da madrugada da segunda feira. As restricións teñen chegado á hostalaría e ao comercio en diversas zonas de Portugal. Neste sentido, nos 45 concellos sometidos a limitacións, os comercios e restaurantes deben permanecer fechados desde as tres e media da tarde as fins de semanas e días festivos, permitíndose a apertura con capacidade limitada o resto dos días até as 10 da noite. Ao tempo, na área metropolitana de Porto tense dado marcha atrás ás medidas de desconfinamento, asumíndose desde a patronal portuguesa a posibilidade de enfrontar un "verán perdido como o do ano anterior". |
NOS_56806 | Medio cento de cabaleiros, ataviados con camisetas e carteis de protesta, percorreron o traxecto entre Cereo e Corcoesto, pasando por Baralláns, o lugar onde planean instalar a balsa de resíduos de lixiviación. | Novo acto de protesta das e dos veciños de Cereo, Valenza e Corcoesto contra a mina de ouro. Esta última reivindicación é unha mostra máis do rexeitamento da poboación ao proxecto da empresa canadense Edgewater. Temen a destrución de ata 700 hectáreas dos seus montes, ademais das consecuencias tóxicas da mina a ceo aberto. Medio cento de cabaleiros, ataviados con camisetas e carteis de protesta, percorreron o traxecto entre Cereo e Corcoesto, pasando por Baralláns, o lugar onde planean instalar a balsa de residuos de lixiviación. Máis de dúas horas de ruta a cabalo que remataron cunha xuntanza de todas e todos os veciños das parroquias que se verían afectadas pola mina. A organizadora de esta e outras manifestacións, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergatiños, asegura que o seu obxectivo é sensibilizar dos múltiples efectos negativos que tería o proxecto mineiro na calidade de vida da poboación. Tamén unha reivindicación da súa terra, da súa paisaxe e riqueza natural. Recordan que perderían a agua da que se abastecen de xeito gratuíto as parroquias, como recoñeceu a propia Edgewater no proxecto que presentou á Xunta. |
PRAZA_7219 | Alberto Ramos recolle o premio García Barros por Máscaras Rotas para Sebastian Nell. Unha entrevista de Montse Dopico. | Un actor británico diagnosticado de alzheimer, Sebastian Nell, concédelle a derradeira entrevista á xefa de cultura do The Guardian, Rebecca Graham. Repasa con ela a súa exitosa traxectoria teatral en Gran Bretaña e cinematográfica en Hollywood. Mais tamén as súas miserias, persoais e profesionais. A outra cara do glamour. Nunha conversa tensa, difícil, viva, chispeante, que Rebecca transcribe para os lectores tras a morte do entrevistado. E que os desvela aos dous. Coas súas feblezas. As súas carautas. Así é 'Máscaras rotas para Sebastian Nell' (Galaxia), a novela coa que Alberto Ramos gañou o premio García Barros, entregado este venres 12 de decembro no Teatro Principal da Estrada. O libro é, basicamente, unha entrevista. Deformación profesional? Veu antes a idea da entrevista que o propio personaxe, Sabastian Nell. A idea era xogar coa forma, coa estrutura, e pareceume interesante mesturar técnicas xornalísticas: a entradiña reportaxeada na que presento os personaxes e a situación e despois a entrevista, que ten tamén moito de teatro... O personaxe ía ser, en principio, un fotógrafo de longa carreira que comezase na Transición, que ía rexeitar un Premio Nacional… Pero ao final decanteime por cambiar, por viaxar ao ámbito inglés, porque teño unha querencia especial co teatro e Inglaterra é o país de maior tradición teatral, no que as artes escénicas gozan da maior respectabilidade… Niso, hai un forte contraste co que pode suceder aquí. Porque aquí o teatro non é igual de respectado? O valor que se lle dá aquí ao teatro e á cultura en xeral, non ten que ver co que se lle dá en Inglaterra nin noutros moitos países. Que un actor británico diga, como fixo Derek Jacobi, que se cadra as obras de Shakespeare non eran del, é algo que sae nos medios e que ten unha repercusión social. Aquí non lle importaría a case ninguén. Claro que no libro falo do bo que pode vir de Inglaterra, mais tamén do malo, que non é pouco. A novela ten bastante, de feito, de retrato do poder cultural (que tamén existe) e das súas miserias (vetos, egos, envexas, influencias..). Que non parecen estar só para facer máis atraente o conflito ou para darlle emoción á historia… Claro que hai un poder cultural, ademais do económico ou do político. Está claro quen o ten e como o usa. Mais que estiveran presentes na novela certas conspiracións do mundo do teatro tamén era unha parte importante da trama, necesaria para retratar os personaxes. Sebastian Nell retrátase polas súas palabras e a xornalista que o entrevista, Rebecca Graham, máis polo que pasa. Sebastian Nell é unha xoia: machista, homófobo, clasista, está cheo de soberbia… Diso que chaman antiheroe, polo menos. "Sebastian Nell non deixa de ser unha persoa soa, triste e miserable, que chegou a estar como está polas decisións que tomou na vida" Pode ser un antiheroe, si. Mais o seu gran defecto é que é extremadamente humano, de forma superlativa. Aos seus defectos, elevados á máxima potencia, tamén o foi levando a súa evolución vital. Acaba por ser o retrato do declive, un histrión, unha parodia. Non quero dicir que o personaxe sexa só iso, parodia, mais si creo que canto máis tempo pasa máis nos convertemos en parodia de nós mesmos. Sebastian Nell non deixa de ser unha persoa soa, triste e miserable, que chegou a estar como está polas decisións que tomou na vida, guiado por instintos humanos como a ambición, a soberbia, a prepotencia. Tamén polas cousas que lle acontecen nesta vida e que ninguén pode controlar. Sebastian proclama a súa fe na liberdade. Mais non é nada libre. Non, porque nunca está satisfeito con nada, o cal tamén é moi humano. Pasa no teatro, na arte en xeral, no xornalismo… Estivo toda a vida protexéndose con máscaras, desde neno. Vén dunha familia pobre e odia a pobreza porque a considera debilidade. Entón só pode odiarse a si mesmo e busca a maneira de reiventarse. De aí vén a súa soberbia, o seu elitismo… que non son máis que unha maneira de camuflar a súa miseria persoal. A súa nai decidiu que non quería seguir adiante e matouse, malia ter dous fillos. Aí está o tema do suicidio: se é suposto egoísmo ou se non. Non penso que sexa egoísmo... Se cadra tamén pode ser unha máxima expresión de liberdade… A nai atreveuse a facer o que el non é quen de facer, por outra banda. Porque, como diciamos, el nunca foi un ser libre. A súa liberdade está cercenada pola súa enfermidade, mais tamén pola frustración, a súa propia forma de ser… e a soberbia baixo a que enmascara a súa debilidade. É un triste, mais eu creo que ao final acabas colléndolle algo de cariño. Ou non? Eu non. Nin un chisco? Vaia... Non, a verdade. Aínda que si acabas entendendo por que é como é. Mais en realidade son dous personaxes. E hai unha inversión de roles. O que parecía atacado pasa a atacar... Os dous teñen as súas máscaras. Quen aparenta de entrada ser un miserable éo, pero non tanto, e quen aparentaba portar toda a carga moral tamén se ve que non é tanto como parecía. Os dous camuflan as súas inseguridades e frustracións baixo as máscaras. Por iso son tan humanos… aínda que dicir isto pode soar tópico, mais non por iso deixa de ser verdade. Tamén pode ser inxenuo pensar que hai coma "a cara verdadeira" tras as representacións. A vida tamén é teatro. Aínda que non queiramos mentir. As máscaras tamén son parte da verdade, claro. E todos actuamos, temos caras diferentes, distintas máscaras que adaptamos a cada situación, dun xeito camaleónico. É parte da construción da nosa personalidade, das relacións sociais… Mais neste libro hai dúas personaxes antagónicas que se odian e que se agochan baixo as máscaras. Máis do que adoitamos facer calquera. Foi difícil para Alberto Ramos poñerse na pel dun admirador de Margaret Thatcher? Nalgunhas das cousas que di Sebastian ecoa o discurso do profesor Miguel Bastos... "É só un exercicio argumentativo mais si, algunhas cousas que di Sebastian saen das clases de Bastos" É só un exercicio argumentativo mais si, algunhas cousas que di Sebastian saen das clases de Bastos. A política para Sebastian Nell é unha máscara máis. É un anarcoliberal, que mesmo discute algunhas posicións de Margaret Thatcher por non consideralas liberais. Sebastian non podía ser un morno socialdemócrata nin un artista comunista tópico. Eu quería un personaxe provocador, gracioso no seu cinismo, que puidese tocar un pouco a moral a bastantes lectores. Rebecca Graham dinos que o que estamos a ler é a entrevista que lle fixo a Sebastian, tal como quedou gravada, sen intervencións posteriores. Mais nalgunhas partes é difícil de crer. Moitos datos, un discurso moi elaborado… Se cadra é unha trampa de Rebecca Graham e non miña! Mais si que é certo que a maior parte do texto podería ser unha entrevista non editada. Por iso as frases inacabadas, as idas e voltas, as historias que non rematan… Creo que se mantén a frescura do diálogo. Mais nalgunhas partes concretas, como na que se fala de política, hai unha maior intervención, porque era necesario para que fose lexible. Foi unha escrita feita máis ben a impulsos: unha pregunta, unha resposta… Non tiña unha estruturación previa. É o xogo de ir, volver, cambiar, romper, repetir, volver atrás… Hai outros personaxes moi importantes. Como o escritor Benjamin Long, que se parece a el en obsesivo. E tampouco é libre. Mais a diferenza con Sebastian é que non ten maldade. Mais quen se cadra é máis parecido a el é o máis parecido a un amigo que ten, Herbert Murphy. Con Benjamin Long non deixa de ter unha relación marcada polo interese. Quen si é libre, e forte, é ela. Rebecca xa advirte de que dorme ben polas noites, malia certas acusacións de Sebastian Nell, que non sabemos se son certas. Ela non se sente cercada polo seu pasado. Mais non sabemos se esa carauta moral que leva é certa. Eu creo que algo culpable é. Mais referíame a Julia Marchant, a compañeira de Nell. Ah, vale. Julia é libre, si. Fai o que quere e asume as consecuencias. Si que hai un contraste entre Sebastian e ela, nese sentido. Son dúas actitudes vitais diferentes. Nell ten a palabrería da liberdade, mais non é quen de vivila. Nell é un fracasado, malia ter éxito profesional. O fracaso estaba bastante presente nas novelas túas anteriores. En 'Todos os días' había algo diso. Pero ao revés, se cadra. Sebastian é un fracasado con éxito. Un perdedor, supoño. Tamén hai fracaso no protagonista de 'Todos os días': perdeu o emprego, está sumido na depresión, desorientado… Pero son moi diferentes. Sebastian Nell ten éxito profesional mais, se non o tivese, estaría igual de frustrado co mundo. Porque é un perdedor de nacemento. Sofre dunha abulia crónica, nada o satisfai, nada lle parece suficiente para el. Hai tamén moito actor secundario, -coma Nell en moitas das súas películas-. Uns inventados e outros reais. Non sei que pensarían se lesen a túa novela… Agardo que Derek Jacobi non a lea… Iso ten que ver co meu gusto polos actores secundarios. Hai personaxes que son persoas reais, que sei eu... Ian Mckellen, Laurence Olivier, Sydney Pollack... Si, mais están adulterados en función da ficción. Precisaba un transfundo verosímil para construír o personaxe. Por iso todo ese animalario… Se Sebastian Nell é un actor importante dos 60 en Inglaterra, tiña que ter relación con moitos outros actores da súa xeración. Consultei os programas do National Theatre, a sección de cultura de The Guardian da época... Resultaba imprescindible xogar coa realidade, literaturalizar estas persoas... No libro hai un rigor e unha documentación, pero todo ao servizo da narración. Consultei os programas do National Theatre, a sección de cultura de The Guardian da época... Resultaba imprescindible xogar coa realidade Por outra parte, Sebastian fala moito tamén do Hollywood que el coñeceu, da frustración que lle quedou por non ter formado parte desa época dos setenta na que Hollywood, para o infarto dos estudios, entra por outras vías creativas, vive unha sorte de revolución que non dura e queda diluída cando todo volve ao rego... Toda esa parte da historia de Hollywood, que debuxa moi claramente Peter Biskind nun libro traducido e publicado en castelán como 'Moteros tranquilos, toros salvajes', está na novela... Moito do que se conta nese libro está en Sebastian Nell. De historia tamén falas cando contas os bombardeos de Londres na II Guerra Mundial, ou como diciamos antes a época do thatcherismo. Tamén ten algo, o libro, nese sentido, de retrato dunha xeración. Malia que a Thatcher xa non estea. Margaret Thatcher está morta? Todo o que estamos a vivir vén de aí. En España xa foi entrando con Felipe González.... Inglaterra foi o laboratorio perfecto, un cabalo de troia para o modelo europeo do estado de benestar, que fora aceptado simplemente como un tapón contra o sistema soviético. Margaret Thatcher non morreu, esa non morre. Está moi viva en San Caetano, nos ministerios, nos concellos… e dependerá de nós darlle un enterro digno,... mellor indigno, o antes posible. "Margaret Thatcher está morta? Todo o que estamos a vivir vén de aí" Algo te metiches tamén na crítica teatral… de obras que non viches. Como foi? É parte do xogo. Son obras que existiron pero non así como as conto porque, claro, Sebastian non existe. Mais tampouco me meto na crítica. Sebastian critica moito o que fai Jacobi porque é o seu rival e para el todo o que fai está mal. Rebecca critica o que fai Nell porque considera que pode facelo mellor. Por iso Sebastian a odia, porque non admite a crítica. Nell non é que faga crítica. O que pasa é que odia as persoas que el considera que se interpoñen no seu camiño. O que si hai na novela, tamén, é crítica do xornalismo. Se cadra autocrítica. Dise que o xornalista non debe ser protagonista, que é como un actor secundario que quixera ser actor principal, que o xornalismo cultural é publicidade… No xornalismo cultural hai moitos intereses creados. Vese claro en determinados suplementos culturais, de determinados periódicos, por exemplo, que son como un compendio de ofertas de libros de determinados editores afíns ou que forman parte do mesmo grupo que o propio xornal... A nivel galego, é diferente porque... claro, é que tampouco hai unha industria cultural como tal, non hai pasta, iso é un invento, non se moven os cartos que se moven noutros países... Pero ese concepto de promoción funciona de xeito moi semellante, pero camuflado quizais cun aquel de suposta militancia, por dicilo dalgunha maneira. É unha lingua minorizada, unha situación complexa para o sistema cultural e iso lévamos a non ser honestos e a darlle espazo a cousas que se cadra non o merecen. Ou que merecen outro tipo de tratamento. E máis crítica. O resultado vén sendo o mesmo, arrédase un punto de vista crítico e aceptamos un grao de promoción. Por iso coido que pode faltar autocrítica na crítica e no xornalismo. Que é un pouco o que lle pasa a Sebastian Nell. Quere ser o centro de todo. E concibe desde aí as relacións sociais. Tamén as familiares, que entende como un contrato. Hai algo de crítica á familia como institución, nese sentido? Sebastian concibe as relacións familiares e persoais como relacións mercantís. É a forma que ten de protexerse da súa falta de empatía e dos seus temores. Reduce todo a un ámbito económico, porque o entende e así séntese seguro. Todo iso vén porque o que lle pesa a el é a súa experiencia familiar. A súa non era unha familia, en realidade, porque está rota desde o principio, e el garda moito rancor. O que lle queda é o irmán pequeno, que ás veces é como o irmán maior, porque el coida de Nell. Mais, en xeral, Nell ten problemas á hora de relacionarse cos demais, está só. E resúltalle máis fácil entender as relacións levándoas ao terreo da economía. Mais non, non tiña intención de cuestionar de forma explícita a familia como institución. Outra das reflexións que fai, en relación con iso, é a que ten que ver co poder e o dominio. El di que en calquera relación humana hai unha parte que domina e unha dominada. E iso ten moito que ver coa súa propia relación con Rebecca Graham: os papeis van mudando… "Nas relacións persoais está presente o poder, como en todo. Creo que é inevitable" Nas relacións persoais está presente o poder, como en todo. Creo que é inevitable. Mais é un dominio que vai flutuando, que muda coa situación. Todos temos momentos de maior vulnerabilidade, de precisar máis coidados… Mais o problema é cando iso non flutúa, cando eses roles non se intercambian e entón hai unha persoa que realmente vive sometida a outra. O outro, ese intercambio, eses altos e baixos, son algo natural. Todos somos algo bipolares, como Sebastian. Todos precisamos ás veces máis da xente e outras veces a xente precisa máis de nós. E a Sebastian as relacións sociais sempre lle fixeron dano. Tal como o estamos a poñer parece todo moi dramático. Pero no libro tamén hai bastante humor. E moita tensión. Na primeira versión, que quedou finalista nos Xerais, había máis personaxes secundarios e iso dificultaba a lectura. Agora é máis fluído. Pero se non mudei case nada! Coido que é igual de fluído ou non fluído, se cadra o lerías ti doutro xeito... Sobre o humor; Sebastian é deslinguado, cínico, mordaz, velenoso… e iso faino gracioso ás veces, si. Claro que tería máis coña se o trouxésemos a noso contexto e en vez de ser un actor británico, fose un escritor galego e en vez de menosprezar a Derek Jacobi ou a Laurence Olivier, fixérao con xente da cultura deste país, con este, estoutro e ese de aló... Iso si, non me pidas agora nomes (Ri). A iso non te atreviches… Non, cousas da miña natureza covarde e se cadra porque non hai tanto sentido do humor neste país como debería. (Ri). Mais tamén me interesaba moito o tema da trama co glamour do teatro inglés e do cine de Hollywood. Os claroscuros dos espectáculo, os xoguetes rotos do éxito… e a vida que pode ser unha merda para todos. O autor tamén ri de si mesmo. Como cando se di que a escena é demasiado peliculeira, romántica ou pretenciosa. "Esta conversa ten todo para ser unha novela", din, "ambición, enfermidade, soidade, adición, morte, dor, intriga familiar, infancia atormentada, guerra". Algo de parodia do autor hai tamén, si. Son chiscadelas ao lector. Todo é parte do xogo. Case non falamos de Rebecca. Moi boa non é, tampouco. Rebecca perfílase menos, é como unha personaxe secundaria respecto a el, porque é a transmisora das palabras del. Mais si se vai retratando ao longo do libro. Non hai, por exemplo, unha gran discusión entre eles por motivo das ideas políticas contrapostas. Porque se trata de darlle forma ao personaxe del. O personaxe dela perfílase de forma indirecta. Aínda que, xa o digo nas presentacións do libro: este libro é a mellor entrevista que fixen, o cal non deixa de ser triste profesionalmente para min porque é totalmente inventada. E despois, Rebecca pode que faga algunhas preguntas salvaxes que os xornalistas non nos atrevemos a facer. Non ten escrúpulos. Tamén é honesta e di desde o primeiro momento que odia a Sebastian, que renuncia a calquera intento de obxectividade. El ten algunha intención de contar a verdade? Rebecca non se fía nada do que el di. Pódese entender que el está todo o tempo actuando, e é verdade que actúa, mais eu creo que tamén se desvela, que non pode estar todo o tempo actuando. Desvélase cando fala do sobriño, por exemplo. El odia o sobriño porque o avergoña, mais encárgase del porque o considera unha obriga. Sebastian mantén as máscaras case todo o tempo, mais tamén nos di a verdade ás veces. Tamén está o xogo de Rebecca. Nun momento dinos que nos está a contar algo que é a única parte do off de record que está disposta a saltar. Entón, é verdade? É mentira? Gardou cousas? Canto hai de verdade? Non o sabemos. |
NOS_53626 | Foi a escollida, por diante do Chanfaina'Lab e a Rede Cultural da Deputación de Cultura | Case cinco décadas de historia, unha referencia dentro e fóra de Galiza e, ademais, desde hai uns anos, axitando con novos aires o legado da autora galega por excelencia. A Casa de Rosalía (Padrón) é a gañadora do premio do público de Culturgal 2018. Obtivo 444 votos fronte ás candidaturas de Chanfaina'Lab (341 votos) e Rede Cultural da Deputación da Coruña (403). Case 1.200 persoas participaron na votación online. O domingo 2 de decembro celebrarémolo co acto de entrega na Feira, ás 18:45 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Na Casa da Matanza, a autora viviu os seus últimos anos e é unha realidade como museo desde 1972 cando se inaugurou con Agustín Sixto Seco como presidente do padroado, Andrés Fernández-Albalat como arquitecto e Xosé Filgueira Valverde como primeiro director. Nas seguintes décadas habilítanse sala de xuntas, almacéns, servizos públicos, auditorio e arquivo. En 1999, o Centro de Estudos Rosalianos. Tamén se adquiren ao longo do tempo outras propiedades, como a vivenda para a encargada da Casa-Museo. Desde 1971 ata o ano do seu pasamento, 1998, a actriz Maruxa Villanueva foi coidadora da Casa de Rosalía na Matanza, ademais dunha excepcional especialista no mundo rosaliano. Emigrante en Arxentina desde os 20 anos, onde foi cantante de éxito e actriz. A Casa de Rosalía, xestionada pola fundación que preside na actualidade Anxo Angueira, mantén unha actividade constante. Como di o presidente da Casa de Rosalía -e tamén poeta- "poucos países do mundo teñen como "escritor nacional" a unha muller". |
NOS_46865 | A primeira será esta sexta feira, día 12, ás 12:00 horas. Convocan o persoal sanitario a se concentrar diante dos centros hospitalarios vestido de negro ou cunha lazada negra. | Desde este 12 de xullo os días doce de cada mes o colectivo Enfermeiras eventuais en loita realizará mobilizacións para denunciar a súa situación de precariedade e visibilizar as súas reivindicacións. #12meses12loitas é o nome que lle dan a esta iniciativa, que se porá en andamento esta sexta feira. "Reunirémonos diante dos diferentes hospitais galegos e centros de saúde con camisolas negras ou ben coa roupa de traballo e un lazo negro". O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria galega, publicou recentemente o Manifesto pola fin da Precariedade na Enfermaría Galega, un documento no cal arremeten contra a falta de garantías e a precariedade laboral á que se ven sometidas. No texto, faise alusión ás trabas existentes para conciliar o traballo coa vida familiar e social, a imposibilidade de coller vacacións ou permisos laborais, ás ameazas de penalizacións nas listas de contratacións e a continua mobilidade dos servizos. Unhas condicións que perduran desde hai doce anos e que na actualidade, tal como aseguran, sofren dez mil enfermeiras. Desde o colectivo consideran que a actuación da Administración non é a máis adecuada. Alegan que esta ten "escravizadas e sen dereitos" miles de profesionais cualificadas que non contan con contratos estábeis e ás que poden recorrer "a calquera hora do día", dado que "se non, non comen". |
NOS_43678 | A voceira nacional do BNG diríxese á militancia nunha carta na que pide traballar para "convencer". | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, diríxise este sábado á militancia a través dunha carta na que lles pide traballar de forma "unida" e "colectiva" para impulsar o proxecto da formación nacionalista. Lanza esta mensaxe na xornada en que o Consello Nacional, máximo órgano de decisión entre asembleas, se constitúe formalmente e fecha o proceso da XVII asemblea. Na misiva, Pontón advirte do "nerviosismo" do PP ante as "enquisas" que sitúan ao BNG como unha formación "á alza", polo que chama a traballar "convencendo" con explicacións e "seducindo" coa mensaxe para "disputar a hexemonía" ao PP nas eleccións de 2024. Na carta, a portavoz nacional lembra que o Bloque conseguiu no período 2016-2021 "primeiro, resistir; despois, actualizar o proxecto nacionalista, e finalmente, facer avanzar o BNG e convertelo na alternativa política e de goberno" na Galiza. "Por iso nesta asemblea tocaba debater a liña de traballo nos próximos anos e preparar o BNG para conseguir o principal reto que temos por diante: liderar un cambio político transformador e presidir a Xunta da Galiza en 2024". Na mensaxe enviada á militancia, Ana Pontón sinala que a formación "necesitará tamén ampliar o BNG, ser máis sumando na defensa dun futuro mellor para a Galiza". "E precisaremos intelixencia, responsabilidade e unidade, unha acción colectiva que se desenvolva nos marcos que reforcen socialmente as posicións do BNG", apunta. "O PP está nervioso" Pontón sostén na carta que o Partido Popular "está nervioso". "Preocúpanlle os datos das enquisas que, unha após outra, confirman a tendencia á alza do BNG. Tamén a nosa fortaleza na mocidade, nas cidades ou -fronte á súa debilidade- o noso moi importante avance en apoios e votos nos ámbitos urbanos". "Pero sobre todo, preocúpalle ter enfronte un BNG ambicioso, incómodo, ao que atacan desesperadamente porque pomos en evidencia a súa constante traizón aos intereses da sociedade galega. Un BNG que, ademais, non cae na trampa de moverse nos marcos e na caricatura que a eles lles interesa", constata. A portavoz nacional afirma que o BNG está "centrado" nos problemas dos galegos e galegas e pide un esforzo á militancia, á vez que lle traslada que a formación "quere disputarlle ao PP a hexemonía social, cultural e política". Así, avisa de que "a política non vai unicamente de ter razón": "Vai de conseguir que a túa sociedade cha dea". Por iso, na misiva sinala que é preciso que cada integrante do BNG teña presente a tarefa de "gañar convencendo, seducir explicando, falar e trasladar as propostas sorrindo". "Convencidos de que avanzamos cando estamos centrados no noso: defender o noso país, o seu futuro e unha vida mellor para todas as persoas que vivimos nel". |
NOS_11765 | O curso académico 2022-2023 dá comezo esta quinta feira con mobilizacións nos centros educativos do país e diante da sede da Consellaría de Educación en Compostela, unhas protestas contra os recortes anunciadas pola CIG e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Nesta terza, os sindicatos CCOO e ANPE denunciaron as "deficiencias e recortes" do sistema educativo galego que "promove" a Consellaría de Educación". | Os sindicatos Comisións Obreiras-Ensino e ANPE analizaron nesta terza feira en senllas roldas de prensa as "diversas" problemáticas do inicio de curso na Galiza, que dá comezo esta quinta feira, e para o que denunciaron os "recortes" no profesorado e a falta de currículos definitivos, xa que ven "mesmo ilegal" facer programacións en base a borradores. CCOO cifrou en 105 o "recorte" de efectivos para este curso académico realizado pola Consellaría de Educación. O responsábel de CCOO-Ensino, José Manuel Fuentes, fixo referencia a que para "unha mellor atención educativa máis individualizada do alumnado", débense aplicar medidas como a redución de cocientes ou a "volta" ás 18 horas lectivas en Secundaria e 21 horas no corpo de docentes. En particular, Fuentes explicou que a petición da redución de cocientes "é unha demanda moi antiga" e que durante a pandemia "se puido comprobar que é unha medida claramente moi efectiva de atención ao alumno". Outra das críticas por parte do sindicato CCOO fai referencia ao período de adaptación do alumnado de Educación Infantil, que este ano é "voluntaria". Así, indicou que esta é unha "ferramenta psicolóxica e pedagóxica que axuda as crianzas a iniciarse nos centros", polo que facilitaron aos claustros un modelo de escrito "desaprobando" esta medida. O curso iniciará con mobilizacións nos centros de ensino ante a redución de docentes Polo seu lado, o sindicato ANPE fixo referencia ao protocolo Covid e lembrou que "desaparecen as restricións", pero que "non se indica como actuar, por exemplo, no transporte escolar", no cal, entenden, se debe traballar da "mesma forma" que no transporte público. ANPE tamén criticou a Lei Orgánica que Modifica a LOE (a acual Lomloe) xa que obriga a mudar libros de texto, algo que, segundo o sindicato, non é preciso, sinalando que "gran parte do profesorado quería manter os libros antigos e adaptalos segundo as necesidades". Protestas hoxe no ensino A Plataforma galega en defensa do ensino público convocou para esta cuarta feira concentracións nos centros educativos ás 11.30 horas para que alumnado e profesorado "rexeiten" os recortes. Aliás, realizarán unha concentración á mesma hora fronte á Consellaría de Educación, no edificio administrativo da Xunta de Galiza en Santiago. Folga nos centros da Galiña Azul A Confederación Nacional do Traballo (CNT) iniciou esta semana un primeiro período de folga en centros de día, servizos de coidado a persoas maiores e escolas infantís Galiña Azul, que se estenderá até o día 16, para reclamar á Xunta "medidas contra a temporalidade e melloras nas condicións laborais". A folga do persoal da Galiña Azul marca o inicio do curso A CNT explicou nun comunicado que "o único que actualmente pode parar esta folga" é a toma de terminadas medidas, como a "garantía dunha convocatoria única e específica" de "oposición non eliminatoria" para o persoal". |
PRAZA_16223 | O instrutor investiga estoutros dous cargos ao considerar que os delitos que atribúe ao principal imputado, xefe de seguridade no momento dos feitos, "poden ser extensivos" ao seus inmediatos subordinados. HEMEROTECA | Así inculpou ao maquinista ante o xuíz o cargo de Adif imputado por homicios en Angrois | HEMEROTECA | Así inculpou ao maquinista ante o xuíz o cargo de Adif imputado por homicios en Angrois A avaliación dos riscos da curva das vías do tren no barrio compostelán de Angrois onde o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas centra cada vez máis a investigación xudicial sobre o acontecido. O xuíz instrutor da causa, Andrés Lago Louro, vén de emitir un auto con data de 1 de febreiro no que cita a declarar en calidade de investigados -antiga imputación- a dous cargos máis do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), a empresa pública estatal cuxo xefe de seguridade no momento do accidente, Andrés Cortabitarte, era xa ata o momento o principal imputado. No mesmo auto o instrutor resolve, ademais, poñer á disposición de Renfe o tren sinistrado. Segundo indica o auto, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, a propia imputación de Cortabitarte é un dos motivos que levan a Lago Louro a investigar tamén a estoutros dous cargos, por seren os seus subordinados inmediatos. Así, sinala, "resulta pertinente e útil recibir declaración" de Fernando Rebón na súa calidade de xerente da Área de Seguridade na Circulación de Adif para o Noroeste de España e o mesmo sucede con José Antonio García, xefe de inspección desta mesma xerencia. "É indubidable -argumenta o xuíz- que o seu testemuño resulta moi necesario" para, precisamente, poder aclarar "algúns dos defectos" na "xestión da seguridade e riscos inherentes á liña" que "xustificaron a imputación do señor Cortabitarte" por homicidios imprudentes e lesións. "É indubidable", que Cortabitarte "tivo que contar coa colaboración" do xerente e do xefe de inspección, os seus subordinados, para desenvolver a actividade vinculada á liña do accidente. Este é o motivo para os imputar, toda vez que "non é descartable que boa parte dos reproches que xustificaron a imputación" do antigo xefe de seguridade de Adif "poidan ser extensivos aos seus colaboradores". Tanto Rebón como García xa foran imputados polo anterior xuíz instrutor do caso, Luis Aláez, pero a Audiencia Provincial da Coruña deixara sen efecto as imputacións no ano 2013. O xuíz investiga estoutros dous cargos ao considerar que os delitos que atribúe ao principal imputado, xefe de seguridade no momento dos feitos, "poden ser extensivos" ao seus inmediatos subordinados Trátase, polo tanto, de dilucidar ata que punto Adif avaliou internamente os riscos da curva da Grandeira, toda vez que no marco do procedemento xa ficou demostrado que non existiu avaliación independente deste punto do trazado. Segundo ratificaron ante o propio xuíz varios técnicos de INECO, a empresa pública especializada nesta avaliación de riscos, a compañía recibiu de Adif o encargo de avaliar a liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago, pero rematar o seu traballo uns metros antes do lugar do sinistro. Neste sentido, o xuíz pide a ambas empresas que acheguen á causa os contratos "entre ambas entidades" para esta liña "con especificación dos tramos que comprenden". No mesmo auto Lago Louro tamén cita, pero como testemuñas, ao director de Operacións e Enxeñaría e mais ao xefente de Seguridade de Renfe no momento dos feitos e a representantes de empresas que participaron na construción e posta en marcha da liña. Adicionalmente, admite a declaración de peritos solicitados por Adif e mais polo avogado do maquinista. Devolución do tren a Renfe Os restos do Alvia permanecían nas instalacións dunha empresa de guindastres na Escravitude (Padrón) Esta mesma resolución xudicial responde a unha das peticións pendentes de Renfe no procedemento, a devolución do tren sinistrado, cuxos restos permanecen almacenados nas instalacións dunha empresa de guindastres na Escravitude (Padrón). A compañía pública solicita dispoñer do Alvia accidentado para "darlle o destino que os técnicos estimen conveniente en función do seu estado" e o xuíz estima que agora é posible facelo, toda vez que "existe contancia fehaciente do estado en que se atopaba o tren na data do accidente" a través de abondosas fotografías e vídeos, ademais de por medio de "abondosas" probas periciais. Aínda que a representación legal do maquinista reclamaba que o tren continuase baixo custodia ata que a Axencia Ferroviaria Europea, moi crítica con Fomento, responda ás preguntas sobre o caso formuladas polo xulgado, o xuíz considera que "calquera que sexa a contestación" esta entidade, "en ningún caso sería necesario preservar tales restos". Ademais, agrega, dado que xa transcorreron máis de catro anos dende o descarrilamento, nos que permaneceu á intemperie nas devanditas instalacións, non sería posible garantir que o estado de todas as súas partes sexa na actualidade exactamente o mesmo. |
PRAZA_12693 | A "desfeita industrial" transforma a estrutura produtiva de Galicia, onde o sector servizos xa supón o 68% do emprego e na que nos últimos catro anos se perderon 45.700 postos de traballo na industria, que conta co mesmo número de operarios que en 1997. | "Galicia sufriu unha auténtica desfeita industrial". Esa é unha das principais conclusións do informe A crise do emprego, unha análise da EPA en Galicia, presentado por CCOO e elaborado polo economista Manuel Lago. O informe conclúe con numerosos datos que a grave crise económica está provocando no país "un intenso proceso de transformación sectorial da estrutura produtiva" da comunidade, logo de que "levara por diante todo o emprego industrial que se creou en Galicia durante a fase expansiva da economía". "Galicia está 'terciarizándose', pero o emprego industrial é o máis difícil de recuperar" Xa que logo, Galicia, que xa deixou de ser hai tempo un país baseado no sector primario, asiste agora a un enorme impulso ao "proceso de terciarización da súa actividade", algo habitual e case lóxico noutras zonas de Europa hai ben anos, pero que chega á autonomía con atraso e co grave risco que supón destruír tantos postos de traballos no sector industrial de vez e en plena crise. "É o emprego máis difícil de recuperar, nalgúns casos imposible", advirte Lago. Galicia tiña en 1997 o mesmo número de empregados na industria que agora mesmo Unha ollada ás cifras traslada aos datos a crueza da realidade económica. Nos últimos catro anos perdéronse en Galicia 45.700 empregos industriais, o 21% dos que había en 2007, o que provocou "un retroceso de case trece anos". En 2010 había o mesmo número de empregos no sector que en 1997. Ou o que é o mesmo: a crise xa levou por diante todo o emprego industrial que se creou en Galicia durante a mellor época económica e en plena expansión. En termos globais, sen cinxirnos só á industria, máis da metade de todo o emprego creado pola economía galega na fase de crecemento económico máis intensa da historia recente foi destruído en poucos meses. De 1994 a 2007 o número de empregados aumentou en 250.000 persoas; dende o terceiro trimestre de 2008 até o final de 2011, destruíronse xa 141.000 postos de traballo netos. A crise é, como destaca Manuel Lago no informe, "de construción e industrial", pero cébase especialmente co último sector. Tomando como referencia 2007, estes dous sectores sofren o 90% da destrución do emprego en Galicia. Por ámbitos, na madeira perdeuse o 47% do volume de traballadores, o téxtil o 26%, o naval o 25% e a automoción o 23%. En definitiva, das dez ramas industriais máis importantes en Galicia, nove sofren unha destrución de emprego moi intensa e só unha, a industria da alimentación, dá mantido o nivel de ocupación. Destrución de postos de traballo na industria en Galicia (Fonte: Seguridade Social. Decembro de cada ano) Actividade 2011 2007 Diferenza Alimentación e bebidas 26.897 27.527 –630 Metalurxia 20.093 26.691 –6.598 Industria do automóbil 14.520 17.854 –4.234 Téxtil confección 12.595 17.129 –2.243 Outros produtos minerais non metálicos 9.144 13.936 –4.792 Madeira e cortiza 9.191 13.481 –4.290 Construción naval 6.648 8.891 –2.243 Químicas 6.735 8.399 –1.664 Mobles 4.173 5.866 –1.693 Extracción de minerais 2.864 4.521 –1.657 Xa que logo, Galicia ve como mentres en 2005 os servizos achegaban o 59% do emprego en Galicia, a porcentaxe chegou ata o 63% en 2008 e pechou o 2011 en 68%. E non porque o sector servizos xerase emprego, senón pola elevado nivel de despidos que se dou na industria. As causas son evidentes, como resume Manuel Lago, que ve como a industria foi duramente afectada pola deslocalización, pola maduración dalgúns ciclos pero, sobre todo, pola falta de financiamento desde as entidades bancarias, o que "afecta de maneira moito máis grave ao sector". No entanto, tampouco lle quita culpas "á falta, xa non de plan industrial, senón de ideas na Xunta de Galicia". "As empresas xa saben que non poden contar coa Administración", recoñece. A opinión de Manuel Lago sobre as perspectivas futuras, como a de moitos outros economistas, é clara. "A política de axustes e recortes provocada pola denominada consolidación fiscal implica menos gasto e menos investimento público e o resultado non é máis que a caída da demanda interna e, polo tanto, un menor crecemento e máis problemas de emprego", asegura, advertindo dun aumento do paro nos vindeiros meses. |
NOS_29162 | Unha enquisa publicada polo portal inmobiliario Idealista apunta a unha tendencia ascendente nos prezos de cara aos vindeiros meses. | As axencias inmobiliarias estiman para 2022 unha suba dos prezos da vivenda, tanto en compravenda como en réxime de aluguer, e unha tendencia de recuperación do sector, alén dun mantemento estábel das operacións, segundo os datos da Enquisa de Sensibilidade Inmobiliaria (ESI) elaborada polo portal Idealista. Os índices da ESI sitúanse por riba da media rexistrada antes da pandemia. As inmobiliarias consultadas para esta enquisa manifestan maiores expectativas no aumento dos prezos da vivenda, aínda que ao mesmo tempo observan unha certa retardación, tanto na compravenda como no aluguer, tras as repuntas de 2021. O Índice de Confianza en Aluguer de ESI fica no primeiro trimestre de 2022 nos 58,7 puntos, cinco décimas máis que no trimestre anterior. Esa cifra supón, aliás, un punto porcentual máis que no mesmo período de 2020, antes da pandemia, e case 12 puntos máis que no primeiro trimestre de 2021. E o Índice de Confianza en Venda posiciónase nos 61,2 puntos para o primeiro trimestre do ano. Neste caso, sitúase case 12 puntos máis que hai un ano e até sete puntos máis que en 2020. Suba de prezos nos vindeiros meses Con base neste informe, 88% das inmobiliarias sostén que os prezos de venda ou as rendas do aluguer encareceranse nos vindeiros meses nas súas zonas de traballo. Só 12% estima unha baixada nos prezos. No caso concreto do aluguer, as rendas aumentarán ou se manterán, segundo 85% das respostas, mentres que para 15% das imobiliarias enquisadas os alugueiros axustaranse á oferta e a demanda. No que atinxe ao fechamento de operacións, 45% afirma que venderá máis casas e 39% di que manterá a mesma actividade que o trimestre anterior. As expectativas son menos favorábeis para un 14% que respondeu que venderá menos vivendas. As previsións tamén son positivas no caso do aluguer. Así, 38% das axencias espera alugar máis pisos no próximo trimestre, fronte a 36% que prevé manter o mesmo número de operacións. Un 16% afirma que reducirá a súa actividade de arrendamentos. Aínda que as inmobiliarias manteñen perspectivas semellantes en canto aos prezos, a súa opinión varía no relativo á captación de vivendas. Un 52% confía en captar máis vivendas para a súa venda fronte a outro 12% que estima que a súa captación caerá no arranque de 2022. A mesma situación dáse no caso do aluguer. Mentres 41% das inmobiliarias prevé máis actividade para o comezo de 2022, un 17% afirma que a súa previsión é menos captación de pisos para arrendamento. |
NOS_37026 | Considera que hai condicións de seguridade "acaídas". | A Xunta Electoral Central ( XEC) rexeitou suspender as eleccións galegas do domingo na comarca da Mariña porque entende que, malia o brote de coronavirus, as medidas adoptadas garanten "condicións acaídas" para realizar a votación. Tanto Marea Galeguista como Galicia En Común recorreran ante a XEC a decisión da Xunta Electoral de Galiza avalando o proceso electoral a pesar da pandemia, pero na súa resolución, acordada esta quinta feira e á que tivo acceso Europa Press, o máximo organismo electoral considera que "nestes precisos momentos debe entenderse que as medidas adoptadas pola Administración garanten unhas condicións adecuadas de circulación para poder acudir a votar, coa condición de segmentos reducidos de poboación, por motivos sanitarios suficientemente xustificados". Neste sentido, e avalando a decisión da Xunta Electoral galega, a XEC conclúe que "a autoridade sanitaria estableceu unhas condicións acaídas para garantir o dereito á saúde dos votantes, así como o das diferentes persoas que interveñen ao longo do proceso electoral". En canto á petición de habilitar de forma urxente o voto por correo de forma extraordinaria, a Xunta Electoral considera que na Mariña "non concorren as mesmas circunstancias que permitirían aplicar as medidas de voto por correo que foron arbitradas polo Tribunal Supremo (Sala Terceira) no seu Auto do 8 de novembro de 2019", cando se permitiu votar por correo aos policías españois que estaban despregados en Cataluña sen poder volver ao seu domicilio. O acordo da XEC é firme en vía administrativa e contra o mesmo só cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo no prazo de dous meses desde a súa notificación, conforme ao disposto na Lei de Xurisdición Contencioso-Administrativa. |
NOS_25742 | O espazo vai acoller equipamentos e instalacións deportivas. | En marzo de 2009 Viana do Castelo convertíase na primeira cidade anti-touradas de Portugal. A maioría socialista da Câmara Municipal decidiu non permitir a realización de ningún 'espectáculo' de tauromaquia no espazo público ou privado do concello. Iso supuxo, na práctica, 'desactivar' a Praza de Touros da localidade portuguesa, que daaquela tiña 60 anos de historia. Estes días esa praza de touros de Viana do Castelo está a ser demolida e vai ser transformada nun equipamento deportivo. O proxecto de reconversión prevé a demolición parcial da praza, situada perto do río Lima. Recentemente, o alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, dixera, que sta actuación fará que "a praza da morte se transforme na praza da vida".A futura "Praza Viana", así se designará, será entregado á xestión da Escola Deportiva de Viana ( EDV), para apoio á súa actividade, que comprende diversas modalidades de competición. |
NOS_30291 | Éde sobre coñecida a presenza galega nun dos discos máis icónicos dun dos grandes nomes do jazz como é Miles Davies. En Sketches of Spain (1960) atoparemos o son do afiador. Foi grazas ao etnomusicólogo Alan Lomax, que recollera aquela peza nas súas viaxes pola nosa terra, que logo inspiraron "The Pan Piper" (Alborada de Vigo). | Este é o ronsel que segue, mais desde o interior e cunha pegada moito máis galega, o tamén saxofonista Richi Casás no seu disco Fuliada na Vila, editado por aCentral Folque en formato libro-CD. Fuliada na vila / Richi Casás / aCentral Folque / 2020 / Dez pezas / 20 euros Porén, no seu caso, o traballo co arquivo da coautora suíza do Cancioneiro Popular Galego, Dorothé Schubarth, depositado no Consello da Cultura Galega, agochaba un vínculo moito máis persoal: dúas das persoas que tocan e cantan son a súa avoa Rosa e mais a súa tía Adolfina. Algúns dos cortes recollen xustamente estes orixinais tirados na Vila da Igrexa (Cerceda) nos anos 80, condecéndolle ao traballo unha textura moi singular no que o eco da tradición se reelabora e nada cara á superficie do presente insuflado por outras melodías diferentes, que van desde o mundo jazzístico aos ritmos latinos. Neste senso, se cadra unha das achegas máis interesantes atopámola na "Muiñeira Floreada", que recolle desde o comezo o son da veciñanza ligado ás pandeiretas que abren o tema, para logo introducir un baixo octavado cun toque case funk sobre os que se vai erguendo a base dun tema que concilia o timbre máis tradicional dos ventos coas medidas voces -e algún aturuxo! E na pausa, só co amparo da percusión, escoitamos como as familiares do compositor explican a relación de antano coa música perfectamente integrada na realidade cotiá: "Ías ao río e ías cantando, ías coller a roupa, e ías cantando". Esta mesma estratexia de uso do arquivo retómaa o corte que fecha o álbum, no que ouvimos o canto ligado ao ruído da auga, acompañamento natural desa forma de entendela vencellada ao traballo e a todas as facetas da vida que se atopa en extinción, senón desaparecida. A instrumentación consegue, ao longo do disco, empregar a sinerxía das pandeiretas como un elemento máis da banda, perfectamente inserido, como demostran pezas tal que a "Jota 104w". Destaca deste modo o meditado equilibrio tímbrico de todas as fontes, cada unha no lugar que lle corresponde, así como a sinxeleza espida coa que se acompañan as voces nalgunhas das faixas, por exemplo "Nadal 47c", que vai medrando até incorporar outras melodías paralelas que arrolan o canto con moito tino. Esta síntese tradúcese como intención visualmente desde a propia capa, coa pandeireta como símbolo da tradición autóctona tinguida por ese kind of blue que concilia as linguaxes da herdanza milenaria cos retrousos do latexo eléctrico. |
NOS_3833 | C@urel Vivo impulsa unha xornada de erradicación de mimosas, unha especia exótica invasora introducida no século XIX, e sinala que é unha das ameazas máis importantes para a biodiversidade do Courel. | O 5 de febreiro, a formación municipal C@ural Vivo organiza unha xornada de eliminación de mimosas "aberta a todo aquel que desexe colaborar" na erradicación da especie invasora, cuxa terminoloxía científica é Acacia dealbata. Malia que a organización levou ao pleno do Concello de Folgoso do Courel esta situación en 2018, a proposta de actuación foi finalmente rexeitada, nunha Administración dominada polo Partido Popular, que conta coa maioría absoluta. Por iso, "cansos de agardar e vendo que do Concello non íamos esperar gran cousa", aprobaron na súa última asemblea impulsar unha "unha xornada para erradicar mimosas de propietarios que estean de acordo". Para participar na actividade, hai que anotarse por medio dun formulario na páxina web da forza courelá. A erradicación das mimosas desenvolverase, amais de nos terreos nos que a propietaria ou propietario a consintan, seguindo "as indicacións que nos marca a Xunta da Galiza no permiso". "No Courel xa hai matas de Mimosas que se non paran a tempo colonizarán ladeiras enteiras", denuncian, relatando que a introdución de especies exóticas invasoras é unha das ameazas máis importante para a biodiversidade do Courel, e unha das "principais causas de extinción de especies autóctonas". Segundo o resultado da xornada, C@urel Vivo abre a porta a facer outras xornadas en zonas diferentes do Courel. A mimosa é unha especie vexetal invasora que se introduciu no Estado español a principios do século XIX e que entrou na Galiza o século pasado coa chegada do camiño de ferro e como elemento ornamental. Florece mellor en climas de verán longos e calorosos e a súa tolerancia máxima ao frío impide a súa proliferación en zonas de temperaturas inferiores aos 0°C. |
NOS_34166 | O Foro Económico de Galicia pide reaccións políticas diante da tendencia de moderación do crecemento na economía galega e as súas consecuencias no mercado laboral. | O ritmo de crecemento da economía galega moderouse durante o primeiro semestre do ano, medrando a distancia cos indicadores macroenómicos e de emprego a nivel estatal, segundo o diagnóstico do Foro Económico de Galicia. Será a Galiza golpeada por unha nova crise económica? "Nun contexto de elevado grao de incerteza e o mantemento de tensións inflacionistas a economía galega modera o seu crecemento no segundo trimestre do ano, que se sitúa en 4,4%, sete décimas menos que nos trimestres anteriores. Un crecemento impulsado, en gran medida pola demanda externa". Esta é unha das primeiras conclusións do Informe de Conxuntura Socioeconómica do Foro Económico de Galicia, presentado esta quinta feira. Esta moderación do crecemento, estimada tamén para o conxunto da UE-27 e da zona euro, contrasta cun maior dinamismo da economía do Estado español, de 6,8%, salienta o documento. O informe revela que a economía galega, que previsibelmente alcanzará os niveis previos á crise da Covid antes de que conclúa o ano, crece mais a menor velocidade, o que provoca que aumente a distancia cunha economía estatal que medra 2,4 puntos porcentuais por riba. Descenden por debaixo dos 1.500 os casos Covid activos na Galiza Esta desaceleración trasládase, segundo o 'think tank', ao mercado laboral galego, onde tamén se observa unha "contracción", cunha variación interanual positiva de 3% na ocupación, por baixo do volume de crecemento da economía. Como se desprende do documento, os datos de creación de emprego na Galiza débense ao sector servizos, xa que tres de cada catro persoas traballan nalgunha das súas ramas. Outro dos aspectos destacados polo Foro é a diferenza de comportamento do mercado laboral galego co do Estado, con fendas "de entre 4 e 5 puntos" en indicadores como a taxa de actividade ou a de ocupación. A economía portuguesa dispárase e medra o dobre que a galega "O desemprego segue a afectar en maior medida á poboación feminina que á masculina, sendo as persoas menores de 25 anos, estranxeiras e con estudos primarios os colectivos máis afectados", destacou tamén o Foro Económico de Galicia. |
NOS_15984 | Entre 2010 e 2020 construíronse na Galiza 5.597 vivendas protexidas, 52,8% menos que nos catro anos do Goberno de coalición PSdeG-BNG. Aliás, no país só tres de cada mil vivendas gozan do réxime de protección, fronte a unha de cada dez no conxunto da Unión Europea. | A construción de vivendas de promoción pública (VPP) atópase en mínimos históricos na Galiza. O pasado 4 de decembro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, gabábase nun acto público en Vigo de impulsar "o maior proxecto de vivenda nova [protexida] de todo o noroeste do Estado", a través da construción de até 1.600 fogares a partir de 2022. Mais os datos, polo de agora, evidencian xustamente o contrario. Segundo as cifras máis recentes achegadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2010 e 2020 a construción de vivendas destas características baixou 86,2%, pasando de 2.261 ás 313 do ano da pandemia. Este pronunciado descenso non se debe, porén, aos efectos na economía da crise sociosanitaria, xa que en 2018 e 2019 unicamente se construíran oito e catro VPP respectivamente. Aliás, se ben a caída na edificación de vivendas protexidas foi semellante a nivel estatal na última década —85,03%—, hai outro indicador que amosa o pouco peso que teñen os edificios de protección oficial: das 53.364 vivendas construídas na Galiza entre 2010 e 2020, só unha de cada dez —10,5%—gozaba do réxime de protección. No conxunto do Estado foron o dobre que en territorio galego neste período —22,5%—. A vivenda protexida perde terreo A situación é especialmente significativa no último lustro, xa que a vivenda libre —a excepción de 2020— mantivo unha tendencia alcista ao tempo que se estancaba a construción de VPP. Entre 2016 e 2020, as vivendas protexidas supuxeron 4,6% do total —9,9% a nivel estatal—. En total, desde que Núñez Feixoo tomou o control do Goberno galego, erguéronse no país 5.597 VPP, a metade que as construídas en apenas catro anos, entre 2006 e 2009, polo Goberno bipartito —un total de 11.602, 8,9% do total durante ese período—. Máis aló dos anos en que a coalición PSdeG-BNG gobernou a Galiza, en toda a primeira década do presente século —incluíndo o último Executivo liderado por Manuel Fraga— construíronse 27.906 VPP, isto é, 9% das vivendas totais. Nas derradeiras contas que aprobou Fraga, en 2005, o orzamento dedicado á construción de vivenda protexida ascendeu a 35,6 millóns de euros, unha cifra que experimentou un constante ascenso até 2009, cando alcanzou o seu pico cun investimento de arredor de 52 millóns de euros. En total, o Goberno de coalición destinou 177,81 millóns a esta partida, isto é, unha media de 44,45 millóns anuais.Desde que o Partido Popular retornou ao poder hai doce anos, investíronse 159,31 millóns de euros para construír vivendas en réxime de protección, o que supón un gasto de perto de 13,27 millóns por ano. De feito, na década de 1990 —cando o IGE comezou estudar estes parámetros— tamén se construíron máis vivendas protexidas que no mandato de Núñez Feixoo, tanto proporcionalmente como en números totais: 28.188 —19,9%—. Así as cousas, no que vai de 2021 rematáronse 60 novas vivendas en réxime de protección oficial —5,1% do total—. Feixoo investirá uns 87 millóns de euros anuais até 2025 en políticas de vivenda, 54% menos que o Goberno bipartito A comezos de 2021 o Goberno galego presentou as liñas estratéxicas do Pacto social pola vivenda 2021-2025, un documento que prevé investir no vindeiro lustro un total de 433 millóns de euros para políticas públicas en materia de vivenda —non só para construír novas VPP, senón que inclúe medidas para facilitar o acceso ás mesmas a través da compra ou dun alugueiro social—. Sería un gasto de perto de 87 millóns anuais, por baixo do investimento medio do Goberno bipartito —187,17 millóns de euros por ano— e do último Executivo de Fraga —114,4 millóns—. Cómpre salientar, así mesmo, as dificultades para acceder a unha vivenda protexida. Segundo un estudo presentado pola promotora inmobiliaria Adeas Homes, na Galiza a complexidade é de 7,2 puntos sobre dez, o mesmo dato que o conxunto do Estado e só superado por Balears —7,8—, Catalunya —7,6—, Andalucía —7,5— e Canarias —7,3—. Tamén pon o foco nesta realidade a Rede Galega contra a Pobreza, que a través da súa campaña 'Emerxencia Vivenda' evidencia que a Galiza ten un dos parques de vivenda social máis cativos do Estado: só tres de cada mil vivendas —0,32%— gozan do réxime de protección, fronte a 0,96% da media estatal. No conxunto da Unión Europea, salientan, as VPP representan 9,3% das vivendas totais. O prezo do ladrillo dispárase A falta de solucións habitacionais é máis palpábel, se callar, tendo en conta que o prezo medio da vivenda estaba ao feche do primeiro semestre do presente ano, segundo o IGE, en 175.274,8 euros. Desde 2009, incrementouse en 27%, e mantén un progresivo e incesante ascenso desde 2013. O crecemento foi especialmente acusado en 2021, xa que, segundo as cifras que vén de facer públicas o Instituto Nacional de Estatística (INE), no terceiro trimestre o prezo aumentou 5,8% en comparanza co mesmo período do ano anterior, situando a Galiza como un dos territorios do Estado cunha maior variación interanual. No que vai de ano materializáronse 16.190 contratos de compravenda, dos cales 618 se corresponderon con vivendas en réxime de protección oficial —3,8%—. Humidades, mal illamento e outras deficiencias Resultan especialmente salientábeis á hora de analizar a necesidade de incrementar o parque de vivendas protexidas, aliás, as múltiples eivas que presentan boa parte das vivendas galegas —independentemente de se son libres ou protexidas—. En concreto, unha de cada cinco persoas —22,2%— afirma padecer humidades, mentres unha de cada sete —14,2%— denuncia "deficiencias de illamento térmico ou acústico" e 8,8% alega "falta de espazo". Así mesmo, 13,9% das persoas enquisadas lamentou o "deficiente acceso a internet" desde cadanseus fogares. As deficiencias estruturais están, segundo esta estatística, estreitamente vencelladas aos limiares de renda. Así, cuestións como as humidades ou os problemas de illamento son máis comúns nas vivendas que habitan persoas con menos de 1.000 euros mensuais de ingresos. 799 execucións hipotecarias no que vai de ano Segundo as cifras que vén de compartir o Instituto Nacional de Estatística (INE), no terceiro trimestre de 2021 producíronse na Galiza 241 execucións hipotecarias, o que deixa un total de 799 desde o pasado xaneiro. En comparanza co trimestre anterior supón unha caída de 13%; de 64%, se contrapomos os datos cos do mesmo período de 2020. Das 241 execucións realizadas no último trimestre, máis da metade —157— eran vivendas. |
NOS_55566 | CIG-Autonómica denuncia falta de información e instrucións precisas por parte de Medio Rural | Instalar nos montes galegos un sistema de vidiovixilancia que permita detectar decontado calquer conato de incendio. Esa foi a 'medida estrela' que a Xunta anunciou hai meses para combater o lume. Un sistema, aseguraban desde a Xunta, que a través de corenta cámaras de última tecnoloxía cubriría 48% do monte galego. "Estamos ante unha nova utilización de fondos públicos en abondosas cantidades sen sequera facer a mínima preparación interna na Consellaría para recibir estes 'avances' Porén, CIG-Administración alerta da "improvisación" coa que a Consellaría de Medio Rural está a incorporar ao dispositivo de incendios as novas cámaras de vídeovixilancia, que se están a establecer de xeito non homoxéneo nos diferentes distritos, afirman, e sen informar ao persoal que probablemente será o responsábel do seu manexo e sen achegar instrucións escritas e definidas. "Estamos ante unha nova utilización de fondos públicos en abondosas cantidades sen sequera facer a mínima preparación interna na Consellaría para recibir estes 'avances' Tal e como recollen os pregos de condicións técnicas da contratación destes dispositivos, explica a central, deberían darse cursos de nivel teórico e práctico para un correcto manexo destes aparellos, "cousa que a día de hoxe non aconteceu", denuncian desde este sindicato. Hai que lembrar que as cámaras foron adquiridas dentro do programa da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galiza, cofinanciado polos fondos europeos do Feader, e dentro do programa marco de accións do programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020. A este respecto, o sector de Autonómica da CIG reclama tamén a recuperación da figura da vixilancia móbil recollida no convenio, e a reapertura de todos os puntos de vixilancia fixa que recolle o Pladiga, así como que estes puntos de vixilancia estean abertos as 24 horas. |
NOS_34894 | O servizo de asesoramento xurídico en liña recibiu en todo o ano 46 consultas, 45 delas feitas por mulleres | Os delitos contra a liberdade e a intimidade sexual aumentaron 22,63% na Galiza durante o ano 2021, pasando de 547 en 2020 a 707 o ano pasado. Estes datos foron proporcionados onte pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lourenzá, que compareceu para informar dos datos de 2021 relativos á violencia de xénero que cualificou de "realmente preocupantes". Segundo trasladou Lorenzana, as denuncias por violencia de xénero no país aumentaron 2,97% o ano pasado, até as 6.259. Pola contra, as medidas de protección ditadas polos xulgados baixaron 5,92%, pasando de 1.131 en 2020 ás 1.064 de 2021 Así mesmo, o pasado ano houbo unha vítima mortal na Galiza, o caso de Mónica Marcos, de 52 anos, asasinada na cidade da Coruña. "A punta do iceberg" En todo caso, a conselleira destacou que, a pesar de se tratar do máis dramático, os asasinatos de xénero son "só a punta do iceberg" da violencia de xénero, e lembrou que, "detrás de cada un destes datos", hai mulleres e nenos que "están a sufrir". En canto ao teléfono de atención á muller, Lourenzá apuntou que se recibiron 3.180 chamadas, 4,68% menos que o ano anterior. A información máis solicitada, case na metade dos casos, foi "a atención psicolóxica, seguida da información de recursos económicos". Tamén, o servizo de asesoramento xurídico en liña recibiu en todo o ano 46 consultas, 45 delas feitas por mulleres, sobre todo sobre asistencia xurídica gratuíta, e os Centros de Información á Muller tiveron 1.180 consultas específicas por violencia de xénero. A postura de Feixoo Preguntada acerca da posición do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, en relación á recente polémica sobre a súa postura con respecto da violencia de xénero e da violencia intrafamiliar, a conselleira de Emprego e Igualdade afirmou que o líder do Goberno galego "non ten nada que demostrar con respecto a isto". "O Goberno, o presidente e o PP temos claro que é a violencia de xénero, a violencia machista, e loitamos contra ela", apuntou a conselleira, que vinculou esta situación ao "foco mediático" que se pon sobre "cada palabra de Núñez Feixoo", finalizou a conselleira. |
PRAZA_10535 | As expectativas incumpridas, a aceptación da realidade e, malia todo, a esperanza. Sen chegar á inxenuidade. Así podería condensarse, en poucas palabras, o contido de 'Un peixe no parqué', (Xerais), a segunda obra de narrativa de Ramón Vilar Landeira, que é a un tempo novela e libro de relatos | As expectativas incumpridas, a aceptación da realidade e, malia todo, a esperanza. Sen chegar á inxenuidade. Así podería condensarse, en poucas palabras, o contido de 'Un peixe no parqué', (Xerais), a segunda obra de narrativa de Ramón Vilar Landeira. Que é a un tempo novela e libro de relatos. Mais iso é o de menos, nun feixe de historias apegadas á vida cotiá da clase traballadora actual, é dicir, da -inmensa- maioría social. A que perdeu, no escenario post-"crise", ao asumir a precariedade -ese eufemismo da explotación e da pobreza, en distintos graos- como algo normal.Fala o limiar do libro dun escritor frustrado que non apagou de todo unha faísca, polo que esta volveu prender…Non é propiamente un limiar: é parte do libro. É un xogo cun hipotético autor, que non teño por que ser eu, que serve de preámbulo do que vai atopar no libro quen o lea: unha sucesión de pequenos fracasos e esperanzas, porque sempre hai unha loita por mellorar, con todas as adversidades que poidan xurdir.Non é nin novela nin libro de relatos propiamente. Nin é algo relevante a mestura, en realidade. Non é, por suposto, a primeira vez que se fai isto, mais tampouco é o máis habitual... Iso é parte do xogo: xente próxima sempre me escoitaba dicir que para min era imposible facer unha novela, facían chanzas polo pequeno tamaño do que escribo… Cando empecei con este libro, na miña cabeza era unha novela, pero no proceso decateime de que era un libro de relatos… Mais si, para min non é importante se é novela ou libro de relatos, aínda que si haberá xente á que lle pareza relevante. Hai xente que considera que un libro de relatos é un quero e non podo facer unha novela… Non sei. Eu penso que pode ser unha novela frustrada, ou un libro de relatos, ou simplemente literatura."Eu penso que pode ser unha novela frustrada, ou un libro de relatos, ou simplemente literatura"Varios relatos falan sobre a morte. Desde o primeiro, sobre os familiares que falecen en maio, ata un dos últimos, sobre o home que sabe que van matalo nuns minutos. A consciencia da morte como parte da vida, e a súa aceptación, están moi presentes no libro. E o paso do tempo, en relación con isto.O libro acaba de saír e hai poucas entrevistas, chegáronme comentarios de pouca xente… Mais si, o que dis é un tema para min central no libro, que case ninguén destaca. Non é un ensaio, non é a morte como leit motiv tampouco, pero si hai unha consciencia da fuga do tempo, que vai irremediablemente ligada á morte. Supoño que ten que ver con que ata certo punto maduramos, cumprimos anos, polo camiño vai quedando xente á que queremos, e iso vai conformándote como persoa."A consciencia da morte non é normalmente igual aos 20 que aos 40 e pico anos: sabes que está aí, si, e que é parte da vida"Quero dicir que a consciencia da morte non é normalmente igual aos 20 que aos 40 e pico anos: sabes que está aí, si, e que é parte da vida. E iso tamén axuda a centrarse, a saber cales son as túas prioridades, e a tentar vivir a vida da mellor maneira posible. E despois hai outra cuestión, que é que eu crieime na aldea, e pode haber aí unha diferenza cultural en canto ao xeito de entender a morte. A aldea de hoxe tampouco é a aldea de hai 40 anos, mais había unha asunción máis natural da morte, formaba máis parte do día a día. Agora hai máis temor á morte porque se afasta á xente da morte: xa non hai velorios na casa…"Combinada coa esperanza, a desmemoria colectiva é un combustible para sobrevivir", di o narrador nun dos relatos. Que quere dicir?A memoria é necesaria, pero no día a día tamén hai que practicar un pouco de desmemoria para que non se volva insufrible. Quero dicir que, para poder atender aos problemas e á vida cotiá, tamén hai que facer un pouco de desmemoria, porque non podes vivir permanentemente encabronado co mundo. A desmemoria é necesaria a título particular. A título colectivo xa non o creo."A memoria é necesaria, pero no día a día tamén hai que practicar un pouco de desmemoria para que non se volva insufrible"Falabamos antes da aldea. No libro tamén se nota iso: a pegada da experiencia de alguén que vive e viviu entre a aldea e vilas coma Ordes. Algo da miña experiencia persoal ten que haber, claro. O narrador fala de espazos que a min me resultan próximos. Eu nacín nunha aldea, marchei con 13 ou 14 anos vivir á Coruña, despois vivín en Santiago, e logo, por motivos de traballo, en Arzúa, Lalín, Ordes…En distintos sitios, coma moita xente que practica a migración interna. O que lle pasou a moita xente da miña xeración foi que, claro, cando queres volver a esa aldea que tes idealizada, xa non é só que non exista: é que ti tamén cambiaches, igual que cambiou a realidade social, ecomómica e cultural da aldea. Entón, buscar o sentido de pertenza xa non é doado en ningún sitio."Cando queres volver a esa aldea que tes idealizada, xa non é só que non exista: é que ti tamén cambiaches"Non é que pasase moito tempo entre este libro e o anterior, 'Os televisores estrábicos'. Pero supoño que este é un libro no que, si, pode percibirse maior madurez -e dígoo precisamente porque pasou pouco tempo, non porque non sexa o normal madurar co paso do tempo-. Falaba antes de que ata agora chegáronme poucas opinións sobre o libro, pero as que teño son variadas. Moita xente compárao co primeiro libro, e este parécelles se cadra máis intimista, outros opinan que ten máis humor… En canto ao que dis da madurez, eu penso que pode ser, e que en calquera caso si que é verdade que o proceso foi máis pausado. Non é que este libro me dese menos traballo, pero xa non tiña a ansia que tiven co outro. Este tomeino con máis calma, con máis distancia, e supoño que iso algo pode notarse. Tamén porque ao anterior agora véxolle fallos que non quixen repetir…Pode parecer, en certos aspectos, un retrato xeracional. Mais ao avanzar podemos decatarnos de que seguramente non: fala de expectativas incumpridas, de frustracións, que poden acontecer aos 40, aos 60 ou aos 80.Estou de acordo. Para nada quixen facer un retrato xeracional. O libro fala de cousas que a calquera poden acontecerlle a calquera idade: de expectativas, si, que non se cumpren, de frustracións, de esperanzas… Tamén porque, se cadra, non temos que tomar tan serio a vida e todo o que nos acontece. Temos que ter esperanza e tentar mellorar, pero tampouco crer o discurso que queren meternos de que querer é poder. Porque é unha gran mentira que todo se pode. Ás veces non se pode, e hai que asumir que ás veces o que queremos non é posible, no canto de pasar a vida agoniados competindo, que é a onde queren levarnos. Os nosos proxectos non teñen por que saír ben."É unha gran mentira que todo se pode. Ás veces non se pode, e hai que asumir que ás veces o que queremos non é posible, no canto de pasar a vida agoniados competindo"Na entrevista sobre o libro anterior comentabamos que eran relatos sobre a clase traballadora. No escenario que pinta este libro, xa quedou moi claro que o mito da clase media era un conto.Cando eu estudaba en Santiago, a mediados dos 90, chamábame a atención que houbese xente que lle chamase "Área Gañán" a Área Central. Dicían iso porque era xente que viña de Ordes, de Negreira… Era unha forma de clasismo, de desprezo, que me resultaba moi curiosa: xente que pensaba que tiña un nivel cultural -e económico- superior. Unha expresión máis do autoodio, do desprezo de nós mesmos, supoño. Pois hai si, un clasismo, que vén creado desde arriba e que é útil para crear unha sociedade na que todo o mundo viva centrado en competir e en tentar marcar a diferencia cos demais. Mais a xente que vive en verdade acomodada, a salvo da queima que pode darse en calquera momento, é moi pouca, si.Hai uns cantos personaxes no libro que representan o que agora chamamos "vellas" -e peores- masculinidades. E non son caricaturas: son recoñecibles. Non creo que sexa casualidade. Non é casualidade, claro. O que acontece é que hai cousas que hai 20 anos ou aplaudiamos ou polo menos tolerabamos que hoxe, afortunadamente, xa non se consideran aceptables. Porque se produciu un cambio social forte, e para as persoas que se atopaban do lado privilexiado, o máis cómodo, non é nada fácil cambiar."Queiramos ou non, fomos educados nunha sociedade machista e, aínda que tentamos cambiar, non nos resulta fácil"Pero iso pásanos a todos. A miña avoa, que naceu no 1906, rifáballe a miña nai cando miña nai me mandaba facer a cama. Queiramos ou non, fomos educados nunha sociedade machista e, aínda que tentamos cambiar, non nos resulta fácil. E despois tamén hai quen reacciona de maneira moi negativa ante ese cambio social. Mais o máis difícil é cambiarse a un mesmo no día a día, porque inconscientemente tendes a volver ás dinámicas machistas. Actuar doutra maneira no día a día, na casa, é realmente moi complicado.O tempo no que se sitúa o libro -falabamos antes diso- é o de despois da "crise". Cos resultados do efecto disciplinador da mesma sobre a maioría social. Supoño que temos tendencia a pensar que vivimos tempos históricos cruciais e únicos, e a nós tocounos vivir unha crise brutal, pero no escenario post-crise de agora as cousas quedaron como era esperable. Conseguiron, ou conseguimos, que asumíramos que o futuro é o que hai agora. O que marca o escenario post-crise é, para min, un cambio sobre todo mental. Asumimos, como sociedade, o discurso de que a xente vivía por enriba das súas posibilidades, que hai que afacerse a gañar menos traballando máis horas…"Hai que lembrar que antes da crise a había moita xente traballando 10 horas por 700 euros, así que tampouco se pode dicir que viñeramos dunha etapa precisamente dourada"Aínda que hai que lembrar -e isto lembro que xa o falaramos na entrevista anterior- que antes da crise a había moita xente traballando 10 horas por 700 euros, así que tampouco se pode dicir que viñeramos dunha etapa precisamente dourada. O que houbo despois da "crise" foi que se pasou a rebarbadora para o 90%, quedando aínda máis claro que a clase media non era precisamente a maioritaria. É algo, ademais, apreciable en calquera lugar: hai menos xente en xera, nos comercios, nas cafeterías… pero se vas a determinados lugares máis privilexiados, non parece que lles vaia mal aos restaurantes e ás tendas máis caros.É curioso, si, o pouco tempo que pasou entre a crítica dos salarios "mileuristas" -nos 90- e a actual normalización dos discursos de aceptación dos salarios de 600 ou 700 euros -é o que hai…-. Un fenómeno conectado ademais coa práctica social, crecentemente estendida de complementar os salarios míseros dos fillos cunha asignación mensual para que poidan permitirse "traballar no seu".A axuda das familias non é algo de agora. Antes estaba a paga dos avós que se investía en mercar un coche para o neto, por exemplo. Mais si é verdade que agora estamos a chegar ao extremo de que se considere normal subvencionar o traballo dos fillos -quen poida facelo porque, quen pode darlle todos os meses ao fillo 600, ou 700, ou 900 euros para complementar o seu salario e que poida, por exemplo, seguir vivindo en Madrid? Moi pouca xente-. É demencial: a clase media doutrora destina os seus aforros á supervivencia duns fillos moi formados academicamente, pero en permanente risco de exclusión social. O resultado está á vista: se a túa familia se atopa nunha situación privilexiada, vas ter moitas máis posibilidades de poder facer determinados traballos."A clase media doutrora destina os seus aforros á supervivencia duns fillos moi formados academicamente, pero en permanente risco de exclusión social"Os relatos están relacionados, e ao ir avanzando enténdense as relacións. A estrutura non é lineal de todo: a historia de Lucho, por exemplo, aparece cara ao final, pero aconteceu antes. Si, non era necesaria unha orde cronolóxica. Son, iso si, historiais situadas na actualidade. Hai unha familia que pode considerarse a protagonista, que fai como de fío condutor, e arredor da que se van desenvolvendo as outras historias, algunhas cunha relación máis directa e outras cun vínculo máis indirecto con esta familia.Outro detalle é que pode haber certa pegada do fantástico. Si, iso tamén estaba en 'Os televisores estrábicos'. Un realismo con certas pingueiras do non normal. Non nun sentido do paranormal, senón dos aspectos da realidade que nos resultan inexplicables, que se nos escapan. Por iso, si, pódese dicir que hai toques que poden entenderse como fantásticos. Porque a vida tamén é casualidades e circunstancias que ás veces nos sorprenden ou mesmo nos deixan aterrorizados. A vida é caos tamén.Tamén hai humor, como che dixo máis xente. Non é para escachar coa risa, mais si para polo menos sorrir. É que entendo o humor como un lubricante para vivir. Como algo necesario para facer as cousas máis levadeiras e para non tomarnos tan en serio a nós mesmos. En xeral, estou máis satisfeito do resultado deste libro ca do anterior. Ademais, a min si que me importa o que diga a xente do libro. Non é que me vaia afectar moitísimo, pero si que me gustaría que á xente lle guste, que sempre nos gusta que o que facemos se aprecie e, claro, que nos queiran. Penso, ademais, que o ton deste libro é menos pesimista ca o do anterior e para iso o humor é fundamental . |
NOS_692 | O incendio que comezou esta sexta feira ao mediodía na parroquia de Santigoso, no concello do Barco de Valdeorras, afecta xa a unha superficie de máis de 800 hectáreas, segundo datos da Xunta, polo que xa é cualificado de Grande Incendio Forestal (GIF). Foi necesario evacuar @s veciñ@s das aldeas de Raxoá e Millarouso. | O lume obrigou a desaloxar varios núcleos de poboación e provocou que sete persoas precisasen atención sanitaria por inhalación de fume. O alcalde do Barco, facendo unha valoración dos danos para a axencia EFE, sinala que foi afectado boa parte do punto limpo: ardeu a planta de compostaxe, maquinaria e varios colectores. Na aldea de Millarouso quedaron calcinadas dúas casas e queimouse boa parte do tendido eléctrico, o que provocou unha caída da liña. As altas temperaturas de onte na provincia de Ourense e o vento axudaron a propagar un incendio que xa acadou cinco casas e obrigou a desaloxar en Raxoá e Millarouso. Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 8 axentes forestais, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME), segundo datos da Xunta. NOTA: Podes ler máis sobre as causas dos incendios forestais no número 10 de Sermos Galiza, nos quiosques desde esta sexta. |
NOS_57037 | Entrevistamos a escritora no 'Caderno de verán'. | Unha escritora pode coller vacacións durante o verán? Non fago un parón completo, mais no verán hai menos cousas de todos os tipos, e tamén escribo de maneira menos constante que no inverno. E durante o tempo libre que ten, que lle gusta facer? Nada raro. Ler, ir ao cine, pasear, estar con xente en terrazas. Tamén me gusta moito non facer nada. Non ter que facer nada pode ser un luxo. Gústalle o verán? Que actividades adoita realizar durante a época estival? Antes era unha persoa de outono-inverno, agora gústame moito o verán: pór un vestido e unhas sandalias, meter un libro na mochila e pasar o día fóra sen ter conta das horas. Ademais da praia, ten planeado facer algunha viaxe nestas vacacións? Gustaríame poder facer algunha viaxe en coche, pero recoñezo que teño moitas reservas e non estou segura de que sexa prudente aínda. No que respecta á Galiza, hai algún lugar onde lle guste especialmente pasar o verán? No verán gústanme as praias do Morrazo en particular, e o sur da Galiza e o Norte de Portugal como lugares de fuxida rápida, para improvisar unha fin de semana. Parece que a situación debida á pandemia mellora, con todo, continúan as restricións da Covid-19 a influír no seu verán ou a cambiar os seus plans dalgunha maneira? O que cambiou é o feito de non poder facer moitos plans, e que calquera cousa estea sempre no aire. Di que lle gusta ler durante as vacacións, podería recomendar unha lectura ou tamén algún grupo de música para descubrir este verán? Paréceme que o verán pode ser o tempo para volver a libros e películas que nos gustan. Por exemplo, para ver outra vez Viaggio in Italia, ou para ler de novo O sol do verán, de Carlos Casares. Recomendo tamén o disco de Caamaño&Ameixeiras, Aire, que é fabuloso. |
NOS_13197 | "A elección presidencial non está concluída", afirmou esta segunda feira Christopher Suprun, compromisario republicano do Estado de Texas. Nos EUA é un colexio eleitoral, e non a cidadanía directamente, o que elexe a persoa que ocupa a presidencia. | Neste momento, en que se están a recontar votos en Michigan e Wisconsin por petición da candidata verde Jill Stein, Donald Trump dispón dunha sólida maioría absoluta no colexio eleitoral: 306 compromisarias e compromisarios republicanos face 232 delegas e delegados demócratas. Mais ser republicano non é sinónimo de ser partidario de Trump. Nomeadamente no Estado de Texas. Art Sisneros, compromisario eleito nese Estado, foi o primeiro en erguer a voz contra a elección do magnate como presidente. Demitiu do seu cargo porque, segundo dixo, nen podía votar Trump (por motivos de conciencia) nen podía incumprir a promesa que fixera de apoiar no colexio eleitoral o candidato do seu partido. Agora Christopher Suprun vai alén de Sisneros e anuncia que si votará, o que ocorre é que non votará Trump. Significa isto que o seu voto irá para Clinton? Pois tampouco. A súa aposta será o gobernador de Ohio, John Kasich, un republicano moderado que nalgún momento tamén aspirou a ser candidato. Suprun, membro do corpo de bombeiros que en 2011 prestou servizos nas torres xémeas de Nova Iorque durante o 11S e actualmente profisional da medicina alternativa, afirma que non votará Trump porque non o considera cualificado para ocupar o cargo. Hai distintas interpretacións sobre se realmente os membros do Colexio Eleitoral teñen liberdade de voto Isto é interesante, porque o que indica é que os compromisarios son libres de votar a quen lles pareza ben como presidente e que non estarían atados a ningunha sorte de mandato imperativo. Esta cuestión, porén, está lonxe de ser pacífica do ponto de vista xurídico e hai distintas interpretacións sobre se realmente as e os compromisarios teñen liberdade de voto. En todo caso, non parece que Suprun vaia liderar ningunha rebelión nas bancadas republicanas do Colexio Eleitoral. Trump dispón dun sólido colchón. Ora, se o exemplo cundise e outros 36 delegadas e delegados emulasen o compromisario de Texas, abriríase unha crise institucional sen precedentes nos EUA. Se ningún candidato alcanza os 270 votos do Colexio Eleitoral, a decisión sobre quen pasaría a ser presidente a tomaría a Cámara de Representantes, un órgao con maioría republicana. O día en que o Colexio Eleitoral se reunirá para nomear presidente é o 17 de decembro. Mentres tanto, unha campaña en Change.Org reuniu xa 4,5 millóns de asinaturas para demandar o Colexio Eleitoral que nomee presidenta a Hillary Clinton, co argumento de que gañou no voto popular (obtivo 2,5 millóns de votos máis que Trump no conxunto dos EUA). Nunca unha petición destas características alcanzou tanto apoio cidadán como esta. |
PRAZA_454 | A tempestade (10), Perplexo (9) e Ultranoite no País dos Ananos (7) suman o maior número de finalistas nuns galardóns que se entregarán o 26 de marzo na Coruña. Redrum, Caramuxo e Tanxarina optarán ao primeiro María Casares ao mellor espectáculo infantil. | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) anunciou este xoves os nomes dos finalistas aos XIX Premios María Casares, uns galardóns que se entregarán o vindeiro 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os nomeados déronse a coñecer nunha presentación que se celebrou esta mañá na sede do Consello da Cultura Galega. A tempestade, de Voadora, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalista, ao obter un total de 10 candidaturas. Perplexo, de ilMaquinario Teatro, aspira a 9 galardóns. A terceira gran favorita é Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere, que opta a sete premios. Estas tres montaxes disputaranse os galardóns ao mellor espectáculo e á mellor dirección. Fran Lareu e Fernando González (Perplexo) e Machi Salgado (O Feo) competirán polo premio ao mellor actor protagonista. Melania Cruz e Laura Míguez (Perplexo), Elina Luaces (Meu Ben), Luisa Merelas (Longa viaxe cara á noite) e Sheyla Fariña (Roedores) optarán ao premio á mellor actriz. Roedores, de Redrum Teatro; As fabas máxicas, de Caramuxo Teatro; e A Casa do Avó, de Tanxarina, son as tres obras finalistas ao galardón ao mellor espectáculo infantil A gran novidade da edición 2015 dos María Casares é que por primeira vez se outorgará un galardón ao mellor espectáculo infantil. Roedores, de Redrum Teatro; As fabas máxicas, de Caramuxo Teatro; e A Casa do Avó, de Tanxarina, son as tres obras finalistas. Kassa, de Elefante Elegante, consegue tres nomeacións, ao igual que As fillas bravas, de Chévere. Pola súa banda, Pequenas Certezas, de Sarabela Teatro; Pan! Pan!, de A Panadaría; Meu ben, de Eme2; e Roedores, de Redrum Teatro, acadaron dúas nomeacións. Finalmente, Ra, Ra, Ra, de Abrapalabra Creacións Escénicas; Demolición, de Talía Teatro; Bobas&Galegas, de Producións Teatrais Excéntricas, Longa viaxe cara á noite, do Centro Dramático Galego; O Feo, de CatroCadeiras, As fabas Máxicas, de Caramuxo Teatro, e A Casa do Avó, de Tanxarina aspiran a un galardón. Un total de 43 montaxes e 370 profesionais participaron no proceso neste 2015, cifras moi superiores ao do curso anterior Durante a presentación, ademais, destacáronse as cifras que se rexistraron ao longo do proceso de inscrición aos premios, xa que un total de 43 montaxes e 370 profesionais participaron no proceso neste 2015, cifras moi superiores ao do curso anterior onde só 26 montaxes e 240 profesionais presentaron as súas candidaturas, unhas cifras que para a AAAG amosan "que malia o panorama de crise, o sector teatral galego segue a traballar para o público e a realizar un traballo de calidade". Ademais, fíxose fincapé na proxección exterior que está a conseguir o teatro galego pola súa calidade. Mostra diso é a repercusión máis alá do noso país que están a ter as compañías con maior número de nomeacións nestes María Casares. Neste senso, subliñouse o Premio Nacional de Teatro outorgado a Chévere en 2014, as xiras de Voadora fóra de Galicia (e o seu vínculo especial co público luso) e ilMaquinaria, que malia ser unha compañía de recente formación constituída por valores novos do noso teatro, está a visitar teatros de fóra de Galicia e, como se deu a coñecer hai poucos días, visitará en marzo Dferia, mostra de teatro de Donostia, entre outras actuacións que ten previstas en Euskadi. |
NOS_43057 | A coordinadora estatal contra a exclusión social Baladre e a oficina dos dereitos sociais de Coia presentan o libro Repartindo a nosa riqueza. Sosteñen que a medida, un salario social de 878€ para cada persoa a quince anos vista, "non é ningún cataclismo" tomando en conta que en menos de tres anos houbo inxeccións millonarias de diñeiro público para rescatar os bancos. Desempregad@s, pres@s, sen teito, persoas con diversidade funcional e mulleres en situación de violencia machista, serían os cinco colectivos prioritarios | Galiza, 2012. En até 24 mil fogares non entra ningún tipo de ingreso, 400 mil galeg@s viven por debaixo do limiar da pobreza, a banca bota da casa 50 persoas ao día executando desafiuzamentos entrementres só en Vigo hai 20 mil inmóbeis baleiros. O sindicato de técnic@s do ministerio de Facenda, Gestha, di que as grandes empresas tributan só o 9% dos seus beneficios, fronte a un mínimo do 15% exixido para a clase traballadora. Acrecenta que o PIB somerxido no país —26,3%— e no estado —23,3%— duplica a media europea —13%—, e reducilo en 10 puntos aumentaría os ingresos en case 3 mil millóns cada ano. Diante deste panorama, só 5 mil persoas cobran a Risga, a renda básica de inserción. "A xente está farta de que lle digan que non hai diñeiro" di Diego Lores, da Oficina de dereitos sociais do barrio vigués de Coia. Esta entidade, xunto coa coordinadora estatal de loita contra a exclusión social Baladre, presentou esta sexta feira o informe sobre a viabilidade de implementar na Galiza a Rbis, Renda básica das iguais, a paga que percibirían todas as persoas polo feito de naceren e co obxectivo de cubriren as súas necesidades básicas. A contía, o 50% da renda per capita, ascendería a día de hoxe até os 878 euros. Non é a única medida, mais é unha medida viábelNa conferencia de imprensa en que se presentou o estudo, tanto Lores como Manolo Bayona e María Fidalgo, membr@s de Baladre, insistiron en dúas conclusións taxativas. Dunha banda, que a renda básica é "máis unha medida" para pór en cuestión o sistema capitalista, rachalo e erguer outro "onde o máis importante sexa a vida das persoas". Doutra, que a aplicación desta achega na Galiza "é viábel, tanto política como economicamente". Nesta liña, perante unha das críticas máis manidas que se lle fixeron a esta medida, que ao cobraren este salario social as persoas deixarían de procurar emprego, unicamente o 10% da poboación recoñeceu que procedería desta maneira. O estudo, que arrincou hai catro anos, preséntase agora nunha realidade "que facilita a acollida, após a campaña dos grandes medios de comunicación e do propio goberno" na liña de publicitar a austeridade como eufemismo dos recortes en dereitos sociais. Que o debate agrome nas rúas, non nos parlamentos"Esta non é unha iniciativa para levar aos parlamentos, senón para debater desde a base, para inocular un virus que incite á destrución deste sistema", atallou María Fidalgo, explicando que a implantación da renda non sería xeneralizado. No informe póñense prazos, e sinálanse cinco colectivos prioritarios: persoas no desemprego, mulleres en situación de violencia machista, pres@s, sen teito e aquelas que conviven coa diversidade funcional. Fidalgo subliñou que a medida alentará o debate ao redor de como frear "o terrorismo financeiro que se ceba especialmente coas mulleres", pois "un número importante" de desafiuzad@s son mulleres que encabezan unha familia monoparental, que teñen ao cargo persoas dependentes ou crianzas e que foron maltratadas polos seus homes. Colocou riba da mesa o recorte de 200 millóns na dependencia, que se vén sumar ao xa anunciado en abril e que "perpetúa o rol de coidadoras e a división sexual do traballo". Recortar onde hai: exército, grandes fortunas, IgrexaAsí as cousas, o libro leva por título Repartindo a nosa riqueza e que conta coa colaboración de recoñecidas economistas como a guipuscoana Miren Etxezarreta e o seu compañeiro, o ourensán José Iglesias Fernández, quen non puido asistir á presentación por problemas de saúde, mais que foi un dos introdutores do debate sobre a renda básica na Galiza. No documento estabelécense tres ámbitos de 'recadación' do diñeiro para pagar esta renda: aumentar a fiscalidade gravando as grandes fortunas; reunificar as prestacións --desemprego, risga-- nunha soa, a Rbis; e reasignar o investimento que o goberno español deriva para o exército ou a Igrexa. Acrecentan que cómpre debater tamén sobre a necesidade do AVE e a utilidade das deputacións ou de obras "faraónicas" como a Cidade da Cultura. Tomando en conta que en menos de tres anos se destinaron varios millóns de cartos públicos para saldaren débedas privadas, pular pola renda básica a quince anos vista "non é ningún cataclismo". |
NOS_42308 | Após os avances do Pacto de Toledo para a reforma das pensións, a Asociación de Traballadores e Traballadoras Autónomas (ATA) propón unha serie de medidas encamiñadas a adecuar aos ingresos reais do colectivo as súas cotizacións, o que podería supor mesmo un aumento da recadación. | A Asociación de Traballadores e Traballadoras Autónomas (ATA) vén de presentar unha serie de medidas encamiñadas a adecuar as bases de cotización aos ingresos reais, tal e como recomenda o Pacto de Toledo. Segundo o presidente estatal de ATA, Lorenzo Amor, "seguindo estas recomendacións e aplicando estas propostas poderíanse mellorar as cotizacións e aumentar a recadación sen necesidade de subir a cotización a moitas autónomas que estes momentos teñen unha situación económica de asfixia". As medidas propostas serían: 1. Adecuación voluntaria da base de cotización para as persoas maiores de 48 anos A primeira das medidas consistiría en permitir que os traballadores e traballadoras autónomas maiores de 48 anos poidan adecuar de forma voluntaria a súa cotización aos seus ingresos, mesmo cotizando por unha base superior aos 2.077 euros/mes que se lles permite actualmente. Como explica a Nós Diario o responsábel de ATA Galiza, Rafael Granados, a proposta beneficiaría preto de cen mil persoas na Galiza, onde a idade media deste colectivo é "bastante alta". Con todo, apunta que vai dirixida unicamente a aquelas que cotizan por estimación directa. 2. Posibilidade de deducir como gasto a cota no caso das autónomas societarias Propón que as persoas autónomas societarias poidan deducir como gasto de empresa, do mesmo modo que fan coas cotizacións do persoal que teñen ao seu cargo, a súa cotización á Seguridade Social. Desde ATA aseguran que 60% deste colectivo estaría disposto a elevar a súa cotización mensual se a dedución fose posíbel, o que levaría a aumentar a recadación. A Seguridade Social non facilita o dato exacto do número de autónomos societarios nas súas estatísticas, mais Granados calcula que na Galiza poderían ser "entre 55.000 e 60.000" as persoas que chegarían a beneficiarse desta medida. 3. Aportacións á marxe da cota ordinaria Desde ATA tamén reclaman que se poidan permitir achegas ao longo do ano, independentemente da cota mensual que paga cada autónomo, que permitan mellorar a súa contributividade e as súas prestacións. Estas achegas extraordinarias poderíanse facer no momento en que o traballador ou a traballadora autónoma teña liquidez ou disposición financeira. "Un dos grandes problemas á hora de cotizar polos ingresos reais é que son estimacións derivadas da declaración do ano anterior", explica Granados. "Con esta medida, se a estimación se vise superada a finais de ano cos datos reais, presentaríamos unha declaración voluntaria para equiparalos", indica. 4. Modificación da base até seis veces no exercicio Na actualidade, o colectivo de traballadores e traballadoras por conta propia poden variar a base de cotización catro veces no exercicio. ATA propón elevar esta cifra até as seis. É un trámite sinxelo. Basta con notificar a modificación á Seguridade Social cun mes de antelación. A medida está pensada para aqueles negocios de alta temporalidade, con períodos onde a súa facturación pode verse incrementada ou reducida de modo moi notábel, por exemplo nas campañas de verán ou de Nadal no sector comercio. "Para non ter que facer esa achega voluntaria ou para evitar que se incrementase de maneira brusca ao ano seguinte, o que faríamos, en función dos ingresos que estamos a ter nesas épocas, sería subir a base de cotización, e baixala ou mantela nos meses de menos facturación", sinala o responsábel de ATA Galiza. 5. Redución con ingresos netos por baixo do SMI A derradeira das medidas iría encamiñada a reducir a cotización ás traballadoras autónomas cuxos rendementos netos no último ano estean por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (950 euros mensuais). ATA suxire reducir 50% a cota mínima para aqueles traballadores e traballadoras autónomas cuxos rendementos netos non cheguen ao SMI, e 75% da cota mínima para aquelas cuxos rendementos netos non cheguen a 50% do SMI. Burbulla de afiliacións Por outra banda, Rafael Granados sinala que os datos do ministro Escrivá sobre emprego no colectivo "son ficticios". "Estamos nunha burbulla. A prestación por cese de actividade fai que as autónomas que o están a pasar mal ou que economicamente non lles é viábel abrir o seu negocio seguen dados de alta, polo que as baixas están paralizadas", argumenta o responsábel de ATA Galiza, quen apunta que as afiliacións son menos da metade das que adoitan ser normalmente Son datos que non falan da realidade da rúa, senón da necesidade deste colectivo para facer fronte aos seus gastos de manter a actividade mesmo con perdas. "Se fechan esa vía non teñen outra fonte de ingresos", advirte. Denuncia que as axudas "estanse a quedar cortas", e a situación pode ser peor a partir do 31 de xaneiro, cando remata o prazo das prestacións por cese, que esixe ampliar para adecualo cando menos ao novo decreto de estado de alarma, que vence o 9 de maio. |
PRAZA_7343 | Tras varios anos de dura crise económica e desacougo no 2014 xermolaron, en diversos ámbitos, esperanzas que poden ser unha boa equipaxe para comezar o 2015. O que máis nos gustaría é que a listaxe (si, é unha desas listaxes de fin de ano) non estea completa. | O remate dun ano e o comezo doutro é un momento propicio para facer balance e tamén, moi especialmente dende que internet forma parte das nosas vidas, para elaborar listaxes de eventos pasados e de acontecementos que están por vir. Tras varios anos de dura crise económica e desacougo no 2014 xermolaron, en diversos ámbitos, esperanzas que poden ser unha boa equipaxe para comezar o 2015. Velaquí algunhas delas. O que máis nos gustaría é que a listaxe (si, é unha desas listaxes de fin de ano) non estea completa.1. Roberto Rivas Rivas, cos seus compañeiros antes de ser xulgado / M. PEREIRAEn novembro de 2014, a xustiza rexeitou o seu recurso e condenou o bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia a pagar 600 euros de multa. Trátase de Roberto Rivas, que segundo a xuíza "produciu unha alteración da orde pública" ao negarse a colaborar no desaloxo dunha anciá na Coruña. Aquela imaxe deu a volta ao mundo e este home -e activista social- volveu saltar ás portadas desta vez por un ditame que moitos consideraron inxusto. Chamou á rebeldía, asegurou que o volvería facer e aclarou que "o que incita á violencia son os desafiuzamentos". Nunha campaña de solidariedade, Stop Desafiuzamentos acadou xa miles de euros para pagar a súa sanción e a doutros compañeiros multados por participar en accións semellantes. O bombeiro Roberto Rivas negouse a colaborar nun desafiuzamento e converteuse nun rostro da esperanzaO 29 de novembro, na marcha que encheu o Obradoiro, Roberto Rivas foi o encargado de ler o comunicado. Tan só dous días antes, o Concello da Coruña consumaba o desaloxo dunha familia en Elviña logo dunha forte e activa resistencia cidadá. Unha muller, seu fillo e dous netos foron expulsados da súa vivenda para poder equipar unha urbanización de 2.000 vivendas e cun enorme despregamento policial desde primeiras horas da mañá. Tres persoas subiron ao tellado do inmoble para intentar evitar unha derruba que se acabou producindo pola tarde. Entre eles estaba tamén Roberto -ou Ío, que é como todo o mundo o coñece- que puido comprobar como os seus compañeiros do parque de bombeiros se negaban a colaborar nos labores de desafiuzamento ante a chamada da policía local. El, e moitos máis, son o rostro da esperanza.2. A ciencia galega ten futuro, a pesar de todo Mobilización de persoal investigador / PRAZA PÚBLICASe non son bos tempos para a lírica, tampouco parecen selo para a ciencia. Recortes orzamentarios que manteñen o investimento galego en I+D+i moi lonxe da media española e a anos luz dos obxectivos fixados pola UE ou ducias ou centos de investigadores e profesionais galegos e galegas que deben marchar fóra para desenvolver as súas carreiras son unha realidade que os gobernos galego e español semellan ignorar. Porén, neste contexto tan negativo, grupos de investigación e profesionais galegos continúan abríndose paso e sobresaíndo nas súas áreas de traballo. Nun contexto negativo grupos de investigación e profesionais do país continúan sobresaíndo nas súas áreas de traballoTamén dende a base, dende os e as máis pequenas, que se achegan á ciencia dende moi novos e novas, en experiencias nas que os seus mestres e mestras demostran un gran mérito. Aí están os logros acadados polo CPI dos Dices, en Rois, cuxo alumnado foi recoñecido internacionalmente en certames coma o YouTube Space Lab ou o Volare Space Robotics Competition. Aí están tamén as experiencias de Galiciencia ou Igaciencia, nas que as rapazas adquiren un papel cada vez máis protagonista que pode rematar nun futuro próximo coa actual fenda de xénero na ciencia, na informática e na investigación.3. O persoal dos servizos públicos Tratamentos de quimioterapia nun hospital público galego / SERGASOs recortes e a austeridade teñen afectado a todos os sectores da poboación de novo neste ano 2014. Os servizos públicos foron dos máis golpeados unha vez máis e alí xurdiron os seus traballadores para denunciar a situación, reivindicar os seus dereitos e os da cidadanía e rexeitar unha política que está a minguar o Estado do Benestar. Na sanidade, por exemplo, a última polémica chegou coa luz verde da Xunta a completar a norma que permite o traspaso de pacientes do Sergas á privada ou o tenso debate que deu o visto e prace á versión recortada da iniciativa lexislativa popular que pretendía a instalación no HULA dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear, prometidos por Feijóo en 2011. A contestación dos profesionais sanitarios foi importante, como antes polas unidades de xestión clínica, a perda de camas hospitalarias, a redución do persoal, o aumento das listas de espera, as privatizacións ou os copagos. En definitiva, contra "o desmantelamento da sanidade pública" que debullou nun completo informe SOS Sanidade Pública.No ensino, tamén os docentes e estudantes loitaron contra os recortes, a privatización, o recorte nas axudas a libros de texto, as subvencións a colexios que segregan por sexo ou a ameaza da Lomce. Denunciaron do mesmo xeito o desmantelamento da escola pública con importantes manifestacións e mobilizacións constantes que chegaron a ser conxuntas entre pais e nais, alumnos e profesorado.4. A cidadanía Papeletas nun colexio electoral de Compostela / MERIXOO 2015 é ano duplamente electoral. O 24 de maio a cidadanía está chamada a renovar a composición dos concellos e, previsiblemente en novembro, acontecerá o propio coas Cortes Xerais. Tras as efervescentes eleccións europeas do 2014 os comicios do ano que comeza preséntase como unha oportunidade de observar a tradución na política institucional dos efectos da crise económica, das medidas que se adoptaron para xestionala e das alternativas formuladas dende as diferentes forzas políticas. O 2015 é ano duplamente electoralA irrupción das mareas cidadás, a evolución de Podemos, o futuro das formacións que forman AGE ou a capacidade de repoñerse e recuperar vigor do PSdeG e do BNG organizado son algunhas das cuestións para as que se procurarán respostas nestas citas coas urnas. O futuro e os liderados do PP en Galicia e Madrid ante previsibles malos resultados figuran tamén no apartado de interrogantes por despexar.5. As pequenas vitorias Veciñanza contra as obras do parque compostelán de Galeras, finalmente suspendidas / MERIXOTras seis meses de loita o pasado agosto a veciñanza do barrio compostelán de Galeras lograba que o Concello, tras estrear o seu terceiro alcalde do mandato, recuase na súa intención de permitir que, aproveitando a construción dunha rotonda, se impuxese o acceso a un aparcadoiro privado por riba dun parque público. Aínda que pequena, a loita de Galeras foi especialmente simbólica, toda vez que combinou a defensa do espazo público e do medio ambiente fronte ás pretensións "privatizadoras" dun consistorio que leva dende 2012 no centro das olladas por mor dos casos de presunta corrupción. Loitas como a de Galeras continúan en Sarria, Vigo ou LugoNa liña do acontecido en Galeras, na propia capital galega o consistorio impulsa xa novos plans polémicos mentres noutras cidades e vias as loitas veciñais tamén avanzan. É o caso de Sarria, na defensa do seu río, ou barrio de Coia, en Vigo, onde diversos colectivos sociais, dende a esquerda política a grupos de base cristiá, tentan impedir que o Concello destine fondos públicos a plantar o barco Bernardo Alfageme nunha rotonda. En Coia agardan que a loita remate en vitoria e algo semellante acontece en Lugo, onde veciños e veciñas advirten de que seguirá a mobilización ata que o seu hospital teña instalados e funcionando, como prometeu a Xunta, servizos d hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear.6. Chévere e outras vitorias da cultura galega Membros de Chévere na presentación de Eurozone / ALBERTO RAMOSHai pouco máis dun mes Chévere fíxose co Premio Nacional de Teatro 2014, que entrega o Ministerio de Cultura. Un recoñecemento "non só para Chévere", senón "para as artes escénicas galegas", como destacaba Patricia Lorenzo. Unhas artes escénicas e unha cultura galega, en xeral, que non andan sobradas de alegrías nos últimos anos. Porén, hai alegrías, hai vitorias, e hai unha cultura galega viva máis aló de crises e outros obstáculos.Unha boa mostra foi a recente celebración do Culturgal, que bateu marcas de asistencia e que demostrou a forza e o intersese da produción cultural en cultura galega. Ou tamén a consolidación dos Premios Martín Códax da Música, que celebraron a súa segunda edición e entregaron os seus galardóns hai dúas semanas en Pontevedra. Ou, igualmente, o recoñecemento ao proxecto de Ponte nas Ondas!, embarcado de novo na campaña que persegue que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa recoñecido pola UNESCO.7. Os éxitos do cinema galego Escena d'A EsmorgaEste 2014 é un ano especial para o cinema galego. Aos recoñecementos aos que nos últimos anos nos viñeron afacendo novos autores como Xurxo Chirro, Eloy Enciso, Óliver Laxe ou Lois Patiño, uniuse nos últimos meses o histórico éxito comercial de A Esmorga ou a pegada de filmes coma Os Fenómenos. E, ademais, coincidindo coa conmemoración do 25 aniversario da triple estrea de Urxa, Sempre Xonxa e Continental. Esperemos que o vieiro aberto, tamén na relación co público, se cadra unha das materias pendentes, continúe no 2015 con novos proxecto, novos filmes, coa boa saúde de festivais coma Cans, Curtocircuíto, Ourense, S8 ou Cineuropa e tamén no "sector" (sic) das curtametraxes. 8. A banda deseñada do país A conta atrás, de Carlos Portela e Sergi San JuliánA banda deseñada galega está de moda. Se no pasado xa podiamos gabarnos de proxectos coma Polaqia e o seu Barsowia, do recoñecemento de Miguelanxo Prado e David Rubín ou de eventos coma Viñetas desde o Atlántico ou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, neste 2014 temos renovados motivos para sentir orgullo. O propio Rubín coa súa Aurora West e Emma Ríos con Bella Muerte figuran nas listas dos mellores cómics españois do ano. Ademais, Emma Ríos e José Domingo foron candidatos aos Premios Eisner, os Óscar da banda deseñada, que se entregaron en xullo na ComicCon de San Diego.Ademais, chegan boas novas dende Ourense, onde semella que as Xornadas comezan a recuperar o pulo perdido nos últimos anos, e tamén dende o complicado espazo das publicacións periódicas, onde temos a novidade de O Botafumeiro. demostrando -como destacaba Henrique Torreiro- que "A BD galega segue en alza, e o que se albisca no horizonte é aínda máis prometedor".9. O triunfo das mulleres fronte á contrarreforma Mobilización a prol do dereito ao aborto / GZ CONTRAINFOO pasado 23 de setembro os anos de intensa loita política e cidadá encabezada polo movemento feminista daban un novo froito. O Goberno central daba en renunciar á súa contrarreforma da lei do aborto e un dos seus principais valedores, o ministro Alberto Ruiz-Gallardón, presentaba a súa dimisión converténdose, deste xeito, na vítima política da teimosía do seu partido e da súa propia. O movemento feminista continúa alerta despois de que o Goberno de España decidise recuar coa contrarreformaA retirada do proxecto lexislativo non supuxo, nin moito menos, que o movemento feminista baixase a garda. Tras multitudinarias protestas tanto en Galicia como no resto do Estado e despois de proxectos que xa son un símbolo, como El tren de la libertad, a alerta continúa para vixiar a correcta aplicación da lei vixente e tamén para tentar frear a aposta gobernamental de reformala pola porta de atrás.10. O medre do cooperativismo Encontro de cooperativas en Vigo / COOPERLANDNos últimos anos viñéronse consolidando en Galicia formas distintas de producir e de comerciar, unha distinta forma de entender a economía e os cartos. Prácticas cooperativas, iniciativas de economía social, propostas de banca ética e de produción sustentable e respectuosa co medio e co planeta. É un cambio de paradigma que avanza paseniño, que en ocasións se impón por necesidade (a crise económica forzou a moitas persoas a buscar outras saídas e outras respostas diferentes ás anteriormente empregadas) pero que non ten marcha atrás."As prácticas cooperativas cidadás xeran benestar social", destacaban as organizadoras do II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás, que en outono reuniu en Vigo experiencias deste tipo chegadas dende toda Europa. O cooperativismo gaña peso no eido cultural (tamén a través de fermosos proxectos coma este), na moda e na produción téxtil, nas producións do campo e na ganadaría (que crecen no medio da crise) e mesmo na produción e consumo de electricidade ou na telefonía.11. Pedro Nimo, Verónica Boquete, Javier Gómez Noya... Boquete, nun partido co TyresöSilenciados moitas veces polos deportes maioritarios -ou polos maioritarios que practican os homes- foron varios os galegos que destacaron neste 2014 e que continúan a ser a esperanza para o deporte do país neste 2015 que chega. O ferrolán Javier Gómez Noya completou unha espléndida tempada sendo condecorado co Premio Nacional do Deporte. Era o recoñecemento a un triatleta único, fillo de emigrantes e que se proclamou tetracampión mundial da súa disciplina nun espectacular e emotivo sprint final. Sumaba un título máis a un espléndido palmarés que chegou a completar cun campionato mundial de medio iron man. Malia sufriren o silenciamento deportistas do país lograron grandes éxitos e manteñen traxectorias prometedorasAlgo parecido lle ocorreu a Pedro Nimo, atleta que se proclamou campión de España de maratón, unindo outra medalla a un palmarés tamén único. Pero este ano non só foi protagonista polos seus méritos deportivos, senón por decidir renunciar ás axudas públicas e deixar de representar a España e a Galicia. Foi a súa forma de rebelarse contra o sistema e a dar un paso nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada", tal e como explicaba en Praza. Converteuse no deportista "indignado". Outra reivindicativa é Verónica Boquete, a futbolista que leva anos denunciando o machismo no deporte rei e que desde hai semanas implicouse nunha batalla contra as intencións da FIFA de que o Mundial feminino de dispute en herba artificial. Esa Copa do Mundo da que será protagonista coa selección española por primeira vez na historia en 2015 logo doutro ano espléndido na que foi elixida entre as dez mellores xogadoras do mundo e onde alcanzou a final da Liga de Campións co Tyresö sueco. Vero, Pedro e Javi. Tres exemplos entre moitos máis e menos coñecidos.12. A realidade.gal Lanzamento do .gal, o pasado maio / CONCHI PAZO 2015 será o primeiro ano completo no que existan sitios web co dominio galego. O pasado 16 de maio a Asociación Puntogal culminaba o lanzamento que se remontaba ao ano 2006. O 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, comezaron a funcionar os primeiros dominios, entre eles Praza.gal, e durante o outono superáronse as diferentes fases de rexistro ata ser, por fin, un dominio máis de internet.Durante o acto de lanzamento, celebrado nun cativo salón sen fiestras da Cidade da Cultura, o presidente de Puntogal, Manuel González, lembrou o "apoio decidido do Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño" para iniciar unha andaina que o actual Executivo seguiu apoiando economicamente ata completar todos os requisitos que esixía a ICANN, o organismo internacional que xestiona os dominios. "Cada vez que un usuario abra un enderezo .gal saberá que existe un país que se chama Galicia", asegurou. Ao seu xuízo, este éxito ben podería supoñer unha inxección de autoestima para o país e un estímulo para a "cohesión social e a conciencia de pertenza a unha comunidade".13. A paralización da mina de Corcoesto Mobilización contra a mina de Corcoesto / SALVEMOS CABANAEn marzo deste 2014, a Dirección Xeral de Minas comunicaba a paralización definitiva do proxecto mineiro de Corcoesto case medio ano despois do anuncio da suspensión por parte da Xunta de Galicia e logo de meses de enorme mobilización cidadá. Viñase así a confirmar unha vitoria da loita social e popular que, non obstante, mantívose alerta. Porque o Goberno galego, malia ese veto á mina a ceo aberto, confirmou a vixencia da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e a multinacional canadense Edgewater advertiu do seu acordo cun socio para retomar a inciativa. Pero os movementos ecoloxistas e sociais seguiron firmes e denunciaron ante o Valedor a situación. O alto comisionado reafirmou a invalidez da DIA e puxo aínda máis atrancos a unha empresa que mantén a teima, aínda que cada vez con menos esperanzas, ao igual que Cementos Cosmos, cuxos danos sobre importantes espazos e sobre a Cova Eirós están a poñer en alerta tamén a unha cidadanía que volve protexer o que cre seu.14. A loita obreira que non cesa Acción reivindicativa 'Carga de dignidade' en Ferrol / SUSETEO naval nunca se rendeu. E 2014 volveu ser un ano de mobilizacións malia os pequenos encargos que agromaron nos últimos meses para os estaleiros da ría de Ferrol. Poucos para a alarmante situación dun sector que se ve obrigado a mobilizarse na rúa a cada pouco. Unha das últimas veces, cunha cadea humana que uniu a ponte das Pías. O naval non se rendeFoi só unha das importantes loitas obreiras e de traballadores que se deron en Galicia nestes últimos doce meses e que, por desgraza, seguirán sendo necesarias neste ano que entra. Neste último mes de 2014, os protagonistas foron os traballadores de Alcoa que saíron á rúa, mobilizáronse e reivindicaron os seus postos de traballo ata que a multinacional do aluminio deu marcha atrás co peche da factoría da Coruña e cuns despidos que afectaban uns 400 operarios de forma directa. E só un alivio para unha pelexa que promete continuar para conseguir unha tarifa eléctrica axeitada, máis aínda nun país como Galicia, excedentario na produción pero que paga como o que máis e ve como as súas fábricas teñen enriba a ameaza -ou chantaxe- das grandes compañías.15. Os medios en galego Nun panorama complexo e tras anos de sucesivas malas novas o 2015 comeza cun bo número de medios de comunicación a traballar con normalidade en lingua galega. Iniciativas como a Asociación de Medios en Galego agrupan cabeceiras que, con orientacións diversas, apostan por configurar un espazo de comunicación propio. Os proxectos son múltiples e, ademais de na aposta polo idioma, coinciden en que o seu desenvolvemento, asentamento e independencia informativa dependen, en boa medida, do compromiso do público. Por iso, entre as esperanzas para o ano vindeiro, está o alargamento do apoio da comunidade a Praza Pública. Anímaste? Cal é a túa esperanza para 2015? Apetéceche contárnola? |
NOS_42505 | Unha camisola branca con raias negras e unha estrela de seis puntas no parte superior esquerda que vende Inditex xera abraio e malestar en Israel e non só. | Os medios hebreos están estes días a debater sobre a última liña de moda de Zara, a importante multinacional do téxtil con sede en Arteixo. Un debate no que o abraio, o malestar e a carraxe se funden nunha pregunta que fai Haaretz: "En que estaban a pensar?" Nese diario israelita informan que a marca de Inditex ofrece na súa web para Israel unha camisola 'sheriff' que ten reminiscencias aos uniformes que lles obrigaban levar aos xudeus nos campos de concentración nazis. "Se ben a versión Zara ostenta eaias horizontais no canto de verticais, a camisa leva unha gran estrela de seis puntas na parte superior esquerda, no lugar exacto onde os nazis forzaron os xudeus a usar a estrela de David". Haaretz lembra que en 2012 a empresa de moda danesa Wood Wood pediu desculpas por unha camiseta que caracteriza un detalle que se asemellaba á estrela de David que obrigaban a usar aos xudeus durante o Holocausto. Inditex xa se desculpou e negou que a prenda se inspirase no uniforme imposto aos prisioneiros, afirmando que a orixe da camisola estaba nos 'sheriffs' do oeste americano. A compañía optou, aliás, por retirar a prenda. |
NOS_49699 | Adega desenvolverá máis un ano o programa de roteiros dedicado a "descubrir lugares máxicos" que terá lugar entre os días 11 de novembro e 23 de xuño por distintos puntos do país. | A Asociación de ecoloxistas da Galiza (Adega) en Lugo vén de presentar o seu programa de roteiros para o curso 2012-2013. A través destes, a organización ecoloxista procura amosar ás persoas participantes "diferentes elementos naturais e paisaxísticos que forman parte, non só do espazo físico, senón do imaxinario popular", para o que escolleron distintos puntos da xeografía galega que están marcados por unha lenda ou tradición oral. Neste sentido, o programa 'A Galiza encantada' --que vai xa pola súa segunda edición-- pretende recuperar "o legado das crenzas e costumes dos nosos devanceiros" ao tempo que empregalo como un instrumento didáctico co que aprender "a convivir coa natureza e a respectar o territorio no que vivimos", aseguran desde Adega. Así pois, os roteiros procurarán durante os vindeiros oito meses "a Porta do Alén en Guitiriz, da trabe d'ouro no Incio, dos encantamentos do Sil en Doade, do Santo Grial no Cebreiro, dos tesouros de Feranzos na Mariña e dos misterios de Santa Mariña de Augas Santas en Allariz e do Pico Sacro en Compostela". Podes consultar as datas e hora de saída no propio programa. |
NOS_51272 | O día a día do terror machista, o desabastecemento da vacina da meninxite B ou a solidariedade galega que soborda fronteiras son algúns dos temas tratados neste número. Á venda xa na nosa loxa. | 'Desarmadas perante a violencia machista'. Este é o título do Tema da Semana. Na cidade de Vigo foron asasinadas 4 mulleres en 2 meses –máis da metade da cifra total na Galiza no que vai de ano. Olalla Fernández Davila e Rosana Pérez foron as deputadas do BNG no Congreso nesta lexislatura que vén de poñer o ramo. Falamos con elas do balanzo destes catro anos. "Ninguén fala de Galiza se non somos nós", afirman. A papeleta de Nós Candidatura Galega levará un só logo, o propio, mais si conterá o nome dos partidos que integran a coligazón, segundo puido saber Sermos Galiza. Irán en orde alfabética: BNG, Coalición Galega, Fronte Obreira Galega, Partido Comunista do Pobo Galego e Partido Galeguista. Falamos disto neste número no artigo 'Nós defende un proceso constituínte desde a Galiza orientado "á plena soberanía". 'Meninxite B, vacinar en tempos de alarma social'. Boa parte das farmacias galegas teñen lista de agarda para dispensar un medicamento que, polo seu prezo, pode considerarse un artigo de luxo. A metade das doses solicitadas desta vacina en todo o Estado proceden de Galiza, embora estar perante a incidencia máis baixa da enfermidade no noso país desde hai décadas. Enerxía, recurso público A demanda da enerxía como un recurso público, xestionado en base aos dereitos e necesidades das persoas , chega ao Parlamento para o seu debate. Faino a través dunha ILP da CIG apoiada por 18.000 sinaturas, con medidas concretas e desfacendo tópicos . Abordamos este tema en 'Tarifa eléctrica galega: o principio da fin do apagón sobre os nosos recursos'. En 'Solidariedade galega que soborda fronteiras' achegámonos a Ana González, a oftalmóloga ferrolá que vén de rematar no Togo unha campaña para solucionar os problemas de visión de decenas de persoas sen recursos. Na sección de Internacional falamos de Portugal e Catalunya, dous países que están nom albo da actualidade, o primeiro polo goberno de coligazón de esquerda e o segundo pola declaración independentista do Parlament. En Laboral contamos, entre outras cuestións, como a UE recuou finalmente e excluiu as redes do 'xeito' da prohibición En 'Viaxes na Miña Terra' o colectivo Xea proponnos unha xornada para gozar do outono na Ribeira Sacra do Miño camiñando polos concellos de Chantada e o Saviñao, co río polo medio, por entre as viñas colgadas das paredes do canón e soutos fraguizos e carballeiras que se desenvolven só nos poucos sitios onde o releve e a falta de exposición ao sol non permiten o aproveitamento agrícola. Én 'De Belesar a Belesar, e volta'. Falamos con 'Brothers in Band', a mellor banda tributo aos Dire Straits'."Nós somos intérpretes, actores musiciais, estamos xogando -tanto o público coma nós- a que estamos nun concerto de Dire Straits", dinnos. Darío Xoán Cabana e Illa Couto No centenario de Xaime Illa Couto entrevistamos o seu biógrafo, Xosé Luis Pastoriza, co que falamos da vida e obra dunha persoa a través da que se pode seguir a evolución de Galiza naquelas décadas. Neste Sermos 171 tamén vai a cita coa sección 'Lugo é letras'. É a quenda do escritor Darío Xohán Cabana, apresentado polo músico Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, que pasou por Fuxan os Ventos e A Quenlla. Na contra-capa, falamos dun roteiro polas pegadas das baleas na Galiza. Unha experiencia única que decorre baixo o nome 'Pastoreando baleas: o oficio que nunca existiu'. |
NOS_50262 | Eleva a 38 os casos diagnosticados no Estado español. | O Ministerio de Sanidade eleva a 38 os casos de Zika diagnosticados no Estado español. Entre eles, os de cinco embarazadas, unha delas en Galiza. Na web do Ministerio informan que todos os casos confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Salud Carlos III corresponden a persoas que viaxaron aos países afectados no continente americano. Dos 38 casos confirmados, 9 están en Cataluña, 13 en Madrid, 6 en Castela e León, 2 en Aragón, 2 en Asturias, 1 en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Navarra, A Rioxa e Galiza. O Ministerio afirma que está sometendo a vixilancia todos estes casos en colaboración coas respectivas Comunidades Autónomas. |
PRAZA_7675 | A comisión de desfiuzamentos do Concello, cogobernado por PSdeG e BNG, propón eximir a entidade financeira de pagar o imposto de bens inmobles se evita desaloxar das súas vivendas as persoas que non as poidan pagar | Un trato para evitar que queden máis persoas na rúa. O Goberno municipal de Culleredo (PSdeG-BNG) vén de asumir a proposta da súa comisión municipal de desafiuzamentos para concederlle a Novagalicia Banco certos beneficios tributarios se a entidade herdeira das antigas caixas de aforro garante que non se produzan máis desaloxos de persoas e familias que non poidan facerlles fronte aos seus préstamos hipotecarios. Nomeadamente, a proposta que Novagalicia ten sobre a mesa é ficar exenta do pagamento do imposto de bens inmobles (IBI). Tras unha xuntanza desta comisión, presidida pola tenente de alcalde do municipio, a nacionalista Raquel Jabares, o Concello concretou que lle perdoará o IBI ao banco "se muda as hipotecas contraídas por persoas que non poden facerlles fronte" por "alugueres sociais", converténdose ademais a entidade en propietaria da vivenda "ao aceptar a dación en pagamento". A proposta xa a coñece de primeira man o banco, toda vez que a comisión xa "mantivo unha reunión con varios responsábeis territoriais" para "suscitarlles a necesidade de mellorar as condicións dos veciños do municipio". O Concello reclámalle ademais ao banco a eliminación de comisións e o aprazamento de recibos para persoas en situación de desemprego Xunto con membros da asociación de persoas usuarias da banca (ADICAE) Jabares deu conta tamén doutras propostas que o banco podería asumir, tales como "a eliminación das comisións de mantemento das contas para os usuarios que perciban a Renda de Inserción Social" ou pensións non contributivas ou a "taxa de tres euros que a entidade financeira cobra por solicitar os movementos bancarios dos últimos seis meses". Esa documentación debe poderse obter de balde porque "se require para tramitar as axudas para persoas en situación de urxencial social", especifica. Neste paquete de iniciativas que o goberno cullerdense lle pon sobre a mesa a Novagalicia Banco figura, ademais, que a entidade "aprace os recibos das persoas que perciben subsidios de desemprego". Así evitaríanse que a veciñanza que é perceptora deste tipo de axudas teña problemas cos seus gastos domésticos máis habituais, toda vez "que os recibos adoitan chegar antes que os ingresos do INEM", que non se fan efectivos ata o entorno do día 10 de cada mes. |
QUEPASA_170 | O PP conta 8 milóns para a Costa da Morte nos Orzamentos da Xunta 2020 | Presentou esta fin de semana o presidente da Xunta os Orzamentos 2020. Ao longo da semana teremos valoración dos partidos da oposición, pero polo de pronto xa coñecemos a visión do PP comarcal. A necesaria Variante de Carballo é, sen dúbida, o proxecto estrella duns orzamentos, que tamén contabilizan como gran fito as míseras bonificacións nocturnas da autoestrada A Coruña- Carballo. Certo é que a Xunta xa se comprometera en xuño coa Variante carballesa, pero que se manifesten no papel é importante. Importante pero non definitivo, porque levamos anos lendo os proxectos de continuación do Corredor (xa non Autovía) e sen embargo seguimos esperando, pois parece que este ano nin aparece… O PP comarcal contabiliza case 8 millóns de euros dos orzamentos do 2020 para comarcas de Bergantiños e de Costa da Morte. Entre eles destacan as obras no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (non contabiliza os datos concretos máis alá de dar unha partida de 880.000 euros para 6 hospitais da provincia); así como varias partidas para a xestión destes servizos nas infraestruturas hidráulicas en distintos concello da Costa da Morte como Camariñas ou a Laxe. En Carballo tamén se afrontará un Plan de Inundacións en Carballo, necesario para liquidar os problemas sufridos polas forte choivas caídas na localidade nos últimos anos. Son partidas máis pequenas as que levan a ampliación do polígono de Bértoa (100.000 euros); o Plan de prevención de danos causados polos incendios, mantemento de infraestruturas ou control de pragas en Vimianzo (900.000€); ou o proxecto de desenvolvemento e a adaptación da agricultura e a selvicultura de Coristanco (143.000€). A Variante e o Dragado de Laxe As dúas obras importantes para a comarca son a construción da variante de Carballo (250.000 euros este ano e un total de 12 millóns nos próximos 3 exercicios), e o dragado do Porto de Laxe (1.400.000 euros). Dúas obras que a comarca leva solicitando non anos, décadas. |
PRAZA_978 | O número de ciclistas mortos nas estradas españolas creceu ata os 79 en 2014, segundo a Asociación Ciclistas Galegos, que esixen o cumprimento das normas de circulación por parte dos condutores | Este luns pola mañá Aída Valiño, campiona de España de triatlón, foi atropelada en Salcedo (Pontevedra) cando circulaba en bicicleta, sufrindo policontusións, un traumatismo na cabeza e rotura da clavícula. Por tratarse dunha deportista de certa sona e por ser, ademais, o segundo atropelo que sofre en poucos meses (en xuño foi golpeda por unha furgoneta en Oia, xunto con outros oito ciclistas, un accidente que a tivo dez meses afastada das competicións) o seu caso veu poñer o foco nas últimas horas sobre os perigos e a falta de seguridade de sofren os e as cicloturistas galegas nas estradas. A Asociación Ciclistas Galegos (ASCIGA) mantén actualizado un macabro contador que no 2014 chegou ata as 79 vítimas mortais, unha cifra que só recolle os accidentes publicados nos medios de comunicación e que -salientan- aínda se eleva máis na realidade. De feito, mentres que o contador ASCIGA chegou en 2013 a 59 falecidos, a cifra proporcionada pola DXT foi de 69. Nas vindeiras semanas coñeceremos os datos oficiais correspondentes a 2014. Mentres que o número total de persoas mortas nas estradas españolas se foi reducindo rapidamente nos últimos anos, non o fixo da mesma maneira a cifra de ciclistas falecidos e falecidas. Se en 2006 morreron un total de 4.491 persoas, entre elas 75 en bicicleta, en 2013 houbo 1.302 vítimas e 69 foron ciclistas. O 5,3% de todos os mortos e mortas nas estradas son ciclistas, unha proporción que se duplicou na última década. Outros indicadores, coma o número de feridos e feridas leves e graves, reflicten tamén a situación de inseguridade que todos os días deben enfrontar os e as cicloturistas nas estradas. En 2013 houbo 646 ciclistas feridos e feridas graves (o 8% do total) e 4.779 feridos e feridas leves (o 4,56% do total). O 5,3% de todos os mortos e mortas nas estradas son ciclistas, unha proporción que se duplicou na última década ASCIGA realiza campañas periódicas, coma a Non máis bágoas levada a cabo o pasado mes de novembro, que demandan da administración medidas lexislativas e actuacións para incrementar a seguridade dos milleiros de ciclistas que todos os días circulan polas estradas galegas. Tamén buscan unha maior concienciación dos condutores, para que circulen respectando os dereitos dos outros usuarios e usuarias das vías, comezando por cumprir a norma dos 1,5 metros de marxe para adiantar. E, igualmente, lembran outros aspectos da normativa de circulación, que decote parecen ser esquecidas, coma que os automóbiles si poden traspasar a liña continua para adiantar un ciclista, ou que os e as ciclistas poden circular en paralelo, en grupos de dous. ASCIGA: "A lexislación é mellorable, pero onde atopamos maior problema é no cumprimento das normas e no respecto pola vida dos usuarios máis febles das vías" Así mesmo, esta e outras entidades, fan fincapé na necesidade de que os e as condutoras que incumpran estas normas, poñendo en perigo os e as ciclistas sexan perseguidos e penalizados. Lembran, a este respecto, casos coma o sucedido o pasado ano en Lleida, onde un automobilista que atropelou catro ciclistas, matando dous deles, foi unicamente multado con mil euros e coa retirada do carné de conducir durante tres anos, ao considerar a xuíza que o feito non era constitutivo de delito senón só de "falta leve". De feito, en entrevista con Praza os responsables de ASCIGA sinalaban hai uns meses que "a lexislación é mellorable, pero onde atopamos maior problema é no cumprimento das normas e no respecto pola vida dos usuarios máis febles das vías". Hai dúas semanas un manifesto sinalou en Pontevedra que "o colectivo ciclista non quere nin debe aceptar a normalización dos perigos que nos atopa nas estradas" Hai tan só dúas semanas a propia cidade de Pontevedra acolleu unha homenaxe, organizada polo colectivo Masa Crítica Pontevedra, a asociación Pedaladas e os concellos de Pontevedra e Marín, a Manuel Mesías Barros e Cristóbal Hermida, falecidos en dous accidentes (un en 2013 e outro o pasado mes de xaneiro) na vía PO-11 que une as dúas localidades. Nese acto leuse un manifesto que destacaba que "o colectivo ciclista non quere nin debe aceptar a normalización dos perigos que nos atopa nas estradas", esixindo "o estrito cumprimento das obrigas que lle corresponden á administración, a debida persecución dos infractores das normas da DXT e a necesaria concienciación da sociedade no respecto a tódolos usuarios da vía". "Non é aceptable que a nosa vida se poña en perigo por facer uso dun vehículo sostible, ecolóxico e saudable", engadía, para concluír: "Xa vai sendo hora de que as nosas parellas, fillos, familia e amigos, non nos despidan ao saír da casa cun: ten coidado; senón cun: pásao ben". |
NOS_3993 | Con voces que, como a CIG, chaman a aprazar o concurso de oposicións docentes que a Xunta mantén para xuño malia o confinamento, sindicatos, axentes sociais e partidos concordan en reclamar á Consellaría unha decisión firme e urxente que acabe coa incerteza das persoas opositoras. | Se existe un posicionamento unánime en relación ao concurso de oposicións de educación que a Xunta mantén, polo momento, para o vindeiro mes de xuño, é a necesidade de acabar coa "incerteza" que padecen as persoas aspirantes. A opinión, compartida por sindicatos, partidos da oposición e persoas opositoras, vese con claridade desde os centros de preparación dos exames onde, á falta de información suman as dificultades do confinamento, tanto polos obstáculos de combinar teletraballo, obrigas familiares e estudo en situación de estrés como polas carencias técnicas para manter o estudo. "O que é común a todo o noso alumnado é a necesidade de saber algo xa, para poder organizarse", corrobora o responsábel administrativo de Nós Oposicións, Alberto López Muñiz. Xa a semana pasada, os principais sindicatos remitían á conselleira un escrito para exixir a convocatoria da mesa sectorial de ensino para reclamar unha interlocución que, critican, é inexistente. A CIG, unha das asinantes, exixía xa entón que a Xunta, como Administración responsábel, postergase a 2021 a convocatoria, opinión maioritaria tamén na enquisa realizada por UXT que, con máis de 9.000 respostas, recolle 92% de voces favorábeis a adiar a data, entre candidatas "libres", que nunca traballaron para a Administración galega, profesorado interino ou substituto e funcionariado de carreira, afectado por poder participar como tribunal. Onte, un día despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reafirmara a intención de continuar co procedemento previsto salvo por imposibilidade sanitaria –apartándose así do resto de territorios pero alongando unha vez máis a decisión final, logo de que a conselleira de Educación, Carmen Pomar, fixara inicialmente o 11 de abril como data límite para chegar a unha resolución, agora vinculada ao mantemento do estado de alarma máis alá do 26– o resto de partidos demandaron "claridade" e a urxente convocatoria da mesa sectorial, na que consensuar con sindicatos e axentes sociais un novo calendario ante un aprazamento que se ve como inevitábel. "A situación é un disparate, pola incerteza e polas versións contraditorias da Xunta, que demostra unha xestión nefasta ante uns prazos que xa non dan", advirte Alberte Fernández, opositor a Xeografía e Historia, que resume a voz das moitas aspirantes que levan todo o ano preparando a proba e que ven "electoralismo puro" no atraso do anuncio da suspensión. "Deberían confirmar algo xa, e dado que non se pode ratificar que se poidan realizar, terá que ser que non. A Xunta ten que decidir, porque moita xente está gastando tempo e recursos", engade Lucas de Fontenla, profesor substituto que opta a unha praza de Lingua Galega e Literatura, e quen advirte do "aumento de competencia" que suporía que Galiza fose o único territorio en manter a convocatoria en xuño. Ese "efecto chamada" e o vencemento dos prazos formais son tamén algúns dos argumentos do manifesto do colectivo "Opositoras Galegas", que pide o aprazamento ante a imposibilidade de "garantir a seguridade e equidade nun proceso de oposición destas características". |
NOS_11191 | Visitar o Pórtico da Gloria custa, desde inicio deste ano, 12 euros. Por primeira vez na historia da Catedral de Santiago, acceder a esta xoia do románico será de pago. | A propia catedral anunciouno hai unhas semanas. Unha vez rematadas as tarefas de restauración en xuño do pasado ano, financiadas pola Fundación Barrié, e logo duns meses de "programa de invitacións a profesionais, asociacións e colectivos en que participaron arredor de 2.500 persoas", o Pórtico xa só se poderá contemplar previa retirada e pagamento de entrada. "A Fundación Catedral de Santiago deseñou un novo sistema de visitas ao Pórtico da Gloria", expón na páxina web, e este fará parte "do programa de percorridos temáticos do Museo Catedral de Santiago, de xeito que o acceso se realizará polo Pazo de Xelmírez, en grupos dun máiximo de 25 persoas e guiados por persoal do museo". A basílica afirma que o cobro de entrada "persegue o autosostemento [sic] do programa, da súa xestión e persoal, así como do mantemento e conservación do Pórtico da Gloria". Segundo engade a fundación nunha nota de prensa, a empresa "encargada de xestionar os procesos de ticketing do Museo Catedral e do Pórtico da Gloria" é produto dun "concurso". Ao longo dos vindeiros meses, o Pórtico da Gloria permancerá separado por unha estrutura auxiliar das naves da catedral, "por cuestións de conservación e das obras que se levarán a cabo no interior da catedral". |
NOS_28691 | Baronesa, da brasileira Juliana Antunes, e La vendedora de fósforos, do arxentino Alejo Moguillansky, veñen de se facer cos principais galardóns da 22 edición do festival de cinema de Ourense, o de mellor filme da competición Óperas Primas e o de mellor filme da competición Iberoamericana, respectivamente. | "A directora trata con forza e unha mirada sensible a intimidade e a sexualidade feminina", expón o xurado do certame sobre Baronesa, "e crea un relato valente e vital sobre os espazos de resistencia e perseverancia das mulleres". A obra de Antunes tamén gañou o premio do xurado do Cineclube Padre Feijoo, que salientou a "delicadeza, sensibilidade e repsecto" con que filma "a vida das mulleres nunha favela". A arxentina La vendedora de fósforos é unha vía "para pensar o real a través da ficción". Adscrita a esa zona do cinema contemporáneo en que as barreiras xenéricas se eslúen, o xurado sinalou "a habilidade para construír un relato combinado materiais diversos sen perder impulso" de Alejo Moguillansky. O estadounidense Chris Gude foi distinguido co premio Carlos Velo á mellor dirección pola fita Mariana. O outro premio do festival dirixido por Fran Gayo outorgouno o xurado universitario, e foi para Vermelho Russo, do brasileiro Charly Braun por "unha viaxe cara á madurez na que a ficción e a non ficción, o persoal e o artístico, se retroalimentan". La noche polar, da arxentina Florencia Romano, e 69 minutes of 86 days, do noruegués Egil Haskjold Larsen recibiron mencións especiais na competición Iberoamericana e na de Óperas Primas. O xurado da sección competitiva Iberoamericana formárono os cineastas Elena Martín, Xacio Baño e Ramiro Ledo -tamén responsábel de Cinema Numax. O da sección Óperas Primas, a xornalista Blanca Martínez e os programadores Xosé Ramón Rivas e Meghan Monsour. Os filmes premiados proxectaranse este sábado nos Cines Ourense Pontevella e o domingo no Cineclube Padre Feijóo. |
NOS_56708 | As firmas de análise sitúan o prezo obxectivo dos títulos de Greenalia entre os 18 e os 21,3 euros, fronte aos 17,5 que ofrecen García e Castellano polas accións que aínda non controlan | Os principais accionistas de Greenalia, Manuel García, que controla 81,2% do capital a través de Smarttia, e José María Castellano, con 5,2% por medio de Alazady España, anunciaron a comezos desta semana unha opa de exclusión para facerse con 13 ,59% dos títulos da compañía que non controlan e que cotizan no BME Growth. A operación, que aínda ten que ser comunicada aos accionistas, está supeditada ao visto bo da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que deberá determinar se o prezo ofrecido ─17,5 euros por título─ é xusto. Núñez Feixoo sobre Beatriz Mato e Greenalia: "Eu respondo da miña conduta" Para iso, toma como referencia o prezo de cotización medio durante o semestre previo á OPA. Nese tempo, o valor das accións da compañía mantívose relativamente estábel, a pesar de que o resto de firmas de renovábeis que cotizan nos mercados españois experimentaron fortes subas nas súas cotizacións, e lonxe dos 21,3 euros que marcou en xaneiro de 2021. Por baixo prezo obxectivo Os donos de Greenalia toman esta decisión nun momento chave para a empresa, con moitos proxectos pendentes de concretar que poderían elevar notabelmente a súa capacidade de xeración eléctrica, e ás portas de dar o salto ao mercado continuo, o que daría un pulo significativo á súa cotización. Greenalia anuncia un preacordo con Alcoa para fornecer electricidade á factoría de San Cibrao De feito, as firmas de análise que seguían o valor atribúen a compañía galega de renovábeis un prezo obxectivo superior ao que ofrecen Manuel García e José María Castellano. En concreto, Santander sitúa o prezo obxectivo de Greenalia nos 18,5 euros por acción. O Sabadell ascende até os 20,8 euros, mentres que Gaesco atribúelle na súa última análise un valor de 23,4 euros por título. Incluso Morningstar publicou onte ─após o anuncio da OPA─ a súa análise, con data 5 de maio, no que fixa o prezo obxectivo nos 18,03 euros. |
NOS_44305 | O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, cualifica de "positivos" os datos da enquisa do IGE e fala da Galiza como "modelo de convivencia" entre linguas. | O goberno galego está satisfeito cos resultados da enquisa do IGE sobre uso do galego nos fogares. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, compareceu esta sexta feira para valorar as conclusión dese estudo e cualificounos de "positivos". "Hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos", cando se realizou o último estudo, afirmou. Rodríguez destacou o incremento de máis de dous puntos dos pais e nais que lles falan o galego aos seus fillos e fillas e indicou que seguimosa ser o territorio que "asegura uns maiores índices de coñecemento" da lingua propia cooficial. "As cifras amosan que estamos ante un escenario sociolingüístico positivo, que reflicte un modelo de convivencia no uso das linguas", afirmou. A Xunta asegura que "por primeira vez desde que en 2013 se publicara o módulo do IGE relativo á lingua", medra "lixeiramente" a porcentaxe de persoas galegofalantes, entendendo por tales as que falan só o galego e máis galego ca castelán. |
QUEPASA_134 | Caión acollerá unha xornada de cultura urbana | Presentou este venres o Concello da Laracha o seu novo programa "A Laracha Activa". Un programa que busca poñer en valor o patrimonio natural en clave turística, pero ao mesmo tempo fomentar os hábitos de vida saudables entre a veciñanza. Así, o principal atractivo é o desenvolvemento e sinalización de sete rutas para realizar a pé ou en bicicleta de montaña, que poderán realizarse de forma autoguiada a través da aplicación para smartphones Wikiloc. Os sete itinerarios propostos son os seguintes: Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. 12,3 km e dificultade media. Con inicio na Praza do Concello e fin na praza Eduardo Vila Fano de Caión, percórrense antigos camiños de peregrinación ata o santuario dos Milagres. Circular BTT A Laracha-Soandres-A Laracha. Trátase da ruta deseñada polo Club Ciclista Laracha en Dúas Rodas e sinalizada de xeito permanente polo Concello. É circular, parte da Praza do Concello e ao longo de 40,3 km percorre os arredores do río Anllóns, o miradoiro de San Marta, o mosteiro de Soandres e o Museo dos Muíños de Golmar. É de dificultade alta, cun desnivel de 983 metros. Ruta 360º Á Laracha. Con 17,9 km e dificultade media, esta ruta circular con principio e fin na Praza do Concello discorre polas parroquias de Torás, Vilaño, Golmar, Soutullo, Coiro e Soandres, e ten o seu punto máis alto a metade de percorrido no miradoiro de Santa Marta, desde o que se obtén unha espectacular vista panorámica. O vibrar do río Anllóns. 12,7 km e dificultade media. Inicio e fin na praza Olonne Sur Mer da Laracha. Permite coñecer recursos de valor etnográfico e arqueolóxico, xa que toparemos cos muíños do Formigueiro e As Fervenzas e chegaremos ata o Castro de Montes Claros. Ruta da muiñeira a ritmo do río Acheiro. 4,3 km e dificultade baixa. Inicio e fin no Museo dos Muíños de Golmar, discorre xunto ao Acheiro e ao longo do percorrido poderanse contemplar freixas e varios restos de muíños. As pegadas do Bradoso. Ruta circular de 7,1 km e dificultade media con inicio e fin na escola unitaria de Cumiáns. Percorre un sector do río onde se concentran nove muíños de auga, destacando tamén a variedade de especies de flora de bosque de ribeira. O sentir de Soandres. 15,9 km e dificultade baixa, con inicio e fin no mosteiro de San Pedro de Soandres. Pasarase pola ladeira do coto de Pedrouzo, onde nace o río Anllóns, e ao longo do percorrido coñecerase a riqueza arqueolóxica da zona, onde se sitúan elementos como o dolmen Forno Dos Mouros, a pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño. sO alcalde lembrou que todas estas rutas xa se realizaron nos últimos anos a través de programas municipais con gran éxito de participación. Cultura urbana en Caión No marco do programa de actividades en torno ás Festas dos Milagres, o Concello programou en Caión o día 10 de setembro unha xornada de cultura urbana a cargo da entidade Vella Escola e dirixida a mozos a partir de 13 anos de idade. A zona verde situada nas inmediacións do acceso principal á praia das Salseiras será a que acolle esta singular xornada que comezará ás 17:00 horas con tres obradoiros de breakdance, freestyle football e beatbox que se levarán a cabo de forma simultánea por espazo de dúas horas. Cómpre inscribirse en alaracha.gal. A continuación, desde as 20:30 horas, terá lugar o espectáculo Ópera Break´s, no que se mestura nunha única función diferentes disciplinas artísticas como a ópera cantada en directo coa voz de Esperanza Mara, o breakdance, o beatbox e un Dj. Neste caso a asistencia está aberta a todos os públicos. |
NOS_26319 | Suso Bello, unha das voces da Compañía do Ruído, fálanos do novo traballo discográfico da banda de Ribeira que leva por nome "Pensares galegos". Temas clásicos e novos coa mesma forza de sempre. | O grupo ribeirense A Compañía do ruído presenta "Pensares galegos", o seu novo traballo discográfico, no acto central da Festa da Chuvia 2013. Faino dun xeito orixinal, a bordo dun catamarán e en boa compañía. O ruído non vai faltar. Para abrir boca fala para Sermos Galiza Suso Bello, unha das súas voces. Hai moito que pensar en Galiza? Pensamos moito en Galiza. Os pesares non son o mesmo que os pensares. Cun vasiño de viño alívianse os pensares mais os pesares non se alivian con viño. Aliviaranse con accións, con reacción, dándolle volta aos asuntos e ás formas e maneiras de vivir. Atopar unha que nos sexa agradábel e viábel para todos. Zënzar e Diplomáticos que representan para vos? Representan a música en Galiza. Eu agora teño 38 anos e con 14 e empecei nun grupo todos escoitábamos aos Diplomáticos e mesmo a coincidir nos escenarios. As deste traballo foron colaboracións que se nos pediron para homenaxes a eses grupos que nos gustaban. Representaron e representan como referentes o desenvolvemento en Galiza da música en galego e da música en Galiza. O resto de cancións? Son cancións da Compañíado Ruído. Segue a súa liña punkarra aínda que mesturado cunha rumba e unha bossa nova. Os ritmos empregámolos para contar unha historia. A historia pídenos se vai como un tango, máis punkarra ou máis muiñeira. Mais a historia vén sendo a mesmo: escarnio e maldecir, que o amigo e o amado xa o temos ao lado. Falamos das cousas actuais, aínda que algunhas se escribiron hai 20 anos. Pretendemos buscar impulso e forza. Fodidos estamos, fastidiados estamos, o poder sempre é o puto poder e nós temos que entendernos ben entre nós. É o fío da Compañía: a unión e a forza. "Os ritmos empregámolos para contar unha historia. A historia pídenos se vai como un tango, máis punkarra ou máis muiñeira" Temas agora hai de abondo, como para facer varios discos... Si. A día de hoxe os artistas están fastidiados e xa hai quen di de pasar de ser reivindicativo e escribir sobre as flores, (risos)... o mundo está para facer moitas cancións. Xa que non se fa moitas cousas boas no mundo polo menos que haxa cancións bonitas. Apuntádevos ao Escrache mais ao voso estilo, non? Nós de conselleiros non nos enteramos moito, como dixo o outro "Dios salve ao conselleiro"... E é case mellor (risos). Nós procuramos facer a nosa unión. A que dicía Xenreira: "Viva a nosa unión". Nos directos da Compañía sempre potenciamos, ademais dos nosos temas, versións de grupos galegos como Na Barraka e algún tema moi clásico. Tamén de Xenreira aquel que fala de que facer para vivir sen morrer. Tratamos de defender o noso, que somos todos nós. E agora presentación na Festa da Chuvia... Sempre gostamos de facer os concertos arrodeados de xente, algunhas veces para tocar e directo ou como vai ser neste caso con moitos amigos. Alugamos un barco no Grobe para levar a 150 persoas durante 7 horas pola Ría de Arousa. Unha ría que non só é para botar lixo e quitar peixe, queremos levarlle alegría. Trouxemos á Magnifique Band que son compañeiros de hai moitos anos, a Cé Orquestra Pantasma, a Leo e Arremecajoná, a grupos da zona e outros que fan performance. Vai ser algo especial ou pensades repetir experiencia noutros lugares? É algo especial que ogallá se puidera facer en todas as rías. Contactos hai e gostarimos de facelo en Fisterra ou nunha dorna de porto en porto. Coido que sería unha maneira bonita de defender as nosas cousas. |
PRAZA_20997 | Deem-lhe umha vista de olhos á Lei de 2014, nada falta nela; desde a mesma Exposiçom de motivos pode ser lida como umha simples glosa à Transitória quinta do Projecto de Lei de 1981 de Camilo Nogueira abortada trinta e três anos atrás | Há documentos que merecem ser resgatados da desmemória. A Proposición de Lei de normalización Lingüística de Galiza, apresentada por Camilo Nogueira no Parlamento Galego na data inaugural de 21-XII-1981 é um delesI) - 1981-2021: quarenta aniversário do primeiro Parlamento Galego. Há documentos que merecem ser resgatados da desmemória. A Proposición de Lei de normalización Lingüística de Galiza, apresentada por Camilo Nogueira no Parlamento Galego na data inaugural de 21-XII-1981 é um deles, tanto polo seu carácter precursor como polo facto de ter servido de antecedente à Lei de Normalización Lingüística de 1983, conhecida como Decreto Filgueira, ainda em vigor.A distáncia entre ambos textos legislativos, porém, é a vai de umha proposta de planificaçom linguística integradora e ambiciosa a umha norma minimalista, acomodada ao inveterado conservadorismo provinciano que acabará tutelando quatro ingloriosas décadas de política normalizadora. Quatro décadas de ritualidade artificiosa no uso político da língua, de divórcio impune com o mundo da comunicaçom e da empresa, de colapso no mecanismo de transmissom geracional da língua.Convidamos o leitor interessado a baixar ao seu escritório antes de mais nada o pdf da Proposiçom, que encabeça este artigo comemorativo.A distáncia entre ambos textos legislativos, porém, é a vai de umha proposta de planificaçom linguística integradora e ambiciosa a umha norma minimalista, acomodada ao inveterado conservadorismo provinciano que acabará tutelando quatro ingloriosas décadas de política normalizadora II) - 1981-1985: Primeira legislatura do Parlamento Galego, polarizaçom linguística e contexto político. Doze de dezembro de 1981, o Parlamento Galego estreia a sua primeira legislatura na Sala de Honra do Palácio de Gelmírez. Nesse mesmo ano, cristalizava também o dissenso irremediável sobre a orientaçom da política normalizadora que vai enfrentar o Instituto da Língua Galega (1971), defensor de umha normalizaçom de tendência coloquial e dialectológica com a AGAL, nascida em 1981 sob a presidência de Xavier Alcalá (1981-1982), que propugnava um enfoque alternativo, ancorado na história do idioma e o seu desenvolvimento em estreito diálogo com o português. Constantino García González, fundador do ILG, protagonizará a estratégia populista e dialectal, Ricardo Carvalho Calero o enfoque histórico e evolutivo conhecido como reintegracionismo. O primeiro esgrime o Atlas Linguístico Galego (1974-1977) como opus magnum da tese dialectal e ahistórica; o segundo, o valor irrenunciável do corpus medieval galego — mais de 12.500 documentos e nove milhons de palavras redigidas entre os séculos XII e XVI — e, sobre todo, o inescusável diálogo com o português como ingrediente essencial do processo normalizador.Autonomia e língua formavam um binómio inseparável na primeira legislatura galega, com a normalizaçom linguística como tarefa inescusável. As circunstáncias políticas do momento distavam porém de ser propícias. O dia 29 de janeiro de 1981 demitia Adolfo Suárez e o 23 de fevereiro assistíamos a um golpe de Estado de incerto resultado e inegáveis cumplicidades nos círculos do poder. No 30 de junho desse mesmo ano, a UCD e o PSOE — a centralidade do poder naquele momento — aprovavam no Congresso a LOAPA, umha lei arquitectada para desactivar o Título VIII da Constituiçom e hibernar o processo autonómico, depois de ambos partidos terem tentado encirrar os agravos cantonalistas contra as singularidades nacionais reconhecidas na Constituiçom.Foi naquele cenário agoirento onde Camilo apresentava o seu Projecto de Lei, concebido para reactivar o uso incondicionado do galego depois da longuíssima invernia de quarenta anosA atmosfera tóxica do 23-F pairava sobre a Galiza. Na fatídica noite do golpe, os companheiros do partido em que eu militava na altura, Esquerda Galega, decidiram encerrar-se nas sedes dos Concelhos onde alcançáramos representaçom como mensagem de firmeza cívica ante umha cidadania inerme. Quarenta anos depois daqueles acontecimentos nom é fácil transmitir a ominosa atmosfera do momento. Circulava naqueles dias umha lista delirante de 500 cidadaos objectivo1 de depuraçom patriótica sumária caso de o golpe triunfar. A trama negra do golpismo tinha contas pendentes e agentes activos em Galiza. Recomendo a leitura da listagem como exercício útil para compreender o nível de coragem cívica requerida naqueles tempos para o exercício da actividade política.Foi naquele cenário agoirento onde Camilo apresentava o seu Projecto de Lei, concebido para reactivar o uso incondicionado do galego depois da longuíssima invernia de quarenta anos. O deputado nom era um neófito na política e já tinha sofrido perda de trabalho e tortura policial na revolta viguesa de 1972. O partido por ele liderado, Esquerda Galega, reunia na altura umha animosa equipa de sindicalistas e profissionais empenhados em promover umha Galiza democrática, moderna e desinibida, depurada de hipóteses messiánicas e acorde com os tempos. Contamos afortunadamente com o documento descritivo daquele ambicioso empenho, o Programa de governo e reivindicativo. Agora Galicia2; quase trezentas páginas de texto que admiram ainda pola amplitude do propósito e o rigor analítico. Optimismo da vontade para dotar de contido um Estatuto confiado à direita tardo franquista.A composiçom do primeiro Parlamento autonómico evidencia a dificuldade da tarefaA composiçom do primeiro Parlamento autonómico evidencia a dificuldade da tarefa. Dos 71 eleitos que configuravam o hemiciclo, 26 obedeciam o fraguismo sem desbravar, da primeira fornada, e 22 deputados mais ao cauteloso oportunismo adventício dos adscritos à UCD. Na esquerda formavam 16 deputados de um PSdeG de aluviom, colorido com um discreto suplemento galeguista aderido ao calor da oportunidade eleitoral junto com os 5 deputados do Grupo Misto, procedentes três deles do BNPG, coligado na ocasiom com o PSG, mais o deputado de Esquerda Galega e outro mais do Partido Comunista de Galícia.O início da legislatura ia ver-se desluzido com a despossessom da sua condiçom de deputados de Bautista Álvarez (Presidente da UPG), Lois Dieguez (UPG) e Claudio López Garrido (PSG), confirmada em seguida com a sua expulsom da Cámara em 23 de novembro de 19823. O motivo invocado foi a negativa dos deputados a acatarem retroactivamente a Constituiçom de 1978 por vindicar, num prurido extemporâneo, umhas quiméricas Bases Constitucionais redigidas em 1977 como alternativa ao Estatuto de Autonomia em vigor. A voz e o voto de Camilo Nogueira alçárom-se contra a extrema sançom mas, o BNPG viu-se condenado à marginalidade extraparlamentar durante um quadriénio decisivo que acabará desembocando na sua refundaçom como BNG em 1982. Acompassar os relatos fundacionais às exigências do tempo histórico, constatamos, é um preceito inexorável da tarefa política. A Proposiçom de Lei de Camilo Nogueira desafiava abertamente o cauteloso regionalismo linguístico que inspirava a facçom galeguista de Realidade Galega incrustada nas filas do PSdeG III) - Da Proposiçom de Lei de 21/XII/1981 à Lei de Normalización Lingüística de 15/VI/1983. A Proposiçom de Lei de Camilo Nogueira desafiava abertamente o cauteloso regionalismo linguístico que inspirava a facçom galeguista de Realidade Galega incrustada nas filas do PSdeG; umha improvisada plataforma eleitoral capitaneada por Ramón Piñeiro, com Carlos Casares no papel de delfim e com Alfredo Conde e Benjamin Casal de tripulaçom ocasional. Piñeiro e Casares, convém sublinhá-lo, eram membros da RAG desde 1967 e 1978 respectivamente, com Domingo Garcia Sabell na presidência da instituiçom desde 1977. Realidade Galega operava de facto como ponta de lança da óptica normalizadora da RAG, completada em seguida com a incorporaçom de Constantino Garcia à RAG em 1982. A perspectiva linguística que inspirava o grupo era congruente com o populismo dialectológico e solipsista defendido por Constantino Garcia e executado polo ILG desde a sua fundaçom em 1971. O contido programático da Proposiçom de Lei 21-XII-1981 ia ser submetido a um radical processo de devaluaçom na sua tramitaçom parlamentar para acabar ressurgindo como Lei de Normalización Lingüística4 3/1983, de 15 de Junho vigente até hoje. A manifesta vontade restritiva do texto resultante reflecte claramente a vontade do legislador de adaptar o texto aos limites estabelecidos na LOAPA original, antes de a lei ser revisada polo Tribunal Constitucional — Lei 12/1983, de 14 de Outubro — para derrogar os seus artigos mais lesivos a denúncia da Generalitat e do Governo Basco5. De pouco valeu a timorata cautela com que foi redigida a Lei de Normalización Lingüística de 1983; umha sentença posterior do Tribunal Constitucional — 84/1986 de 26 de Junho — obrigou a eliminar ainda a obriga de conhecer o idioma próprio, qualificaçom esta que, nom obstante, subsistiria na lei como exemplo de incongruência ou talvez de má consciência do Tribunal Constitucional. Afinal resultou que os galegos íamos ter reconhecida por lei a posse de um idioma próprio, desprovido porém da correspondente obriga de apreendê-lo. Para completar a história, é inevitável lembrar que a sentença degradante do Tribunal Constitucional fora ditada a requerimento de dom Domingo Garcia Sabell, Delegado do Governo em Galiza, Presidente da RAG e impulsor de Realidade Galega. A voz de Camilo Nogueira volveu alçar-se6 para denunciar a tropelia e exigir a imediata demissom do indecoroso mestre-de-cerimónias da agressom institucional à cultura galega.É inevitável lembrar que a sentença degradante do Tribunal Constitucional fora ditada a requerimento de dom Domingo Garcia Sabell, Delegado do Governo em Galiza e Presidente da RAG. A voz de Camilo Nogueira volveu alçar-se para denunciar a tropelia e exigir a imediata demissom do indecoroso mestre-de-cerimónias da agressom institucional à cultura galega IV) - A Proposiçom de Camilo Nogueira, breve esquema introdutório. A Proposiçom abre com umha ponderada Exposiçom de Motivos concebida para enquadrar o galego no seu contexto histórico e social: o uso milenário, a pertença á poderosa linhagem galaico-luso-brasileira, o florescimento pretérito e hodierno esmorecimento dialectal, a ameaça de extinçom; arrematada com o corolário da tarefa pendente: reconduzir o idioma estagnado e estigmatizado à sua plena funcionalidade social.Segue, logo após, um Título Limiar destinado a fundamentar as exigências que comporta o facto de o galego ser a língua própria da Galiza, e seis Títulos articulados em 38 artigos, dedicados, o primeiro, [T1] a formular os direitos linguísticos da cidadania, o segundo, [T2] a desenvolver o ámbito de uso oficial e administrativo — Capítulo 1 — e a delimitar o seu uso no ámbito público — Capítulo 2 — o terceiro, [T3], a regular o ámbito de usos no ensino, o quarto, [T4] ao uso do galego nos meios de comunicaçom social, o quinto, [T5] ao impulso institucional requerido para o objectivo normalizador e, finalmente, o sexto, [T6] dedicado a esboçar a política linguística a desenvolver nas comunidades de emigrantes.Remata a Proposiçom com cinco Disposiçons Transitórias das quais merece especial atençom a quinta e última, dedicada especificamente ao problema da normativizaçom do idioma, na qual se defende explicitamente a necessidade de promover umha norma culta e diferenciada, digna da condiçom nacional do idioma galego e da sua condiçom de membro nato do romance peninsular ocidental projectada no complexo linguístico galaico-luso-brasileiro. Esta quinta disposiçom final recupera o princípio de receptividade social, enunciado por Carvalho Calero como cláusula cautelar necessária para acompanhar um processo normalizador rigoroso e dinâmico orientado a reconciliar o galego com a sua família de pertença e destino.Deem-lhe umha vista de olhos á Lei de 2014, nada falta nela; desde a mesma Exposiçom de motivos pode ser lida como umha simples glosa à Transitória quinta do Projecto de Lei de 1981 de Camilo Nogueira abortada trinta e três anos atrás V) - Ponto e seguido. Anos depois, instalado no Grupo dos Verdes - Aliança Livre Europeia do Parlamento Europeu — 1999 a 2004 — Camilo Nogueira iria servir-se dos serviços de traduçom de português da Cámara para projectar naquele foro supranacional a irrenunciável dimensom internacional do galego teimosamente negada no país.Teremos que aguardar até 2014 para ver promulgada a Lei 1/2014, do 24 de março, para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia7, um serôdio trasacordo parlamentar dirigido a subverter o insensato modelo solipsista de um idioma sem passado nem futuro condenado à esterilidade. Deem-lhe umha vista de olhos á Lei de 2014, nada falta nela; desde a mesma Exposiçom de motivos pode ser lida como umha simples glosa à Transitória quinta do Projecto de Lei de 1981 de Camilo Nogueira abortada trinta e três anos atrás.A esperança no futuro do idioma, veículo da nossa identidade diferenciada, reside agora nas novas geraçons, na rede digital, na firme teimosia dos falantes convictos e no associativismo cultural como baluarte consciente frente ao desleixo social. Há já tempo que as redes sociais praticam, sem passar por aduana, os vínculos com a lusofonia que a Lei 1/2014 vem confirmar. As raízes da Lei assentam, escusado recordá-lo, na Iniciativa Legislativa Popular que sob o nome de Valentim Paz Andrade, chegava à Cámara galega em 2012, avalizada por 17.000 assinaturas. Um clamor contra o desleixo institucional.Um galego em código aberto, partilhando aulas com o português desde o ensino primário, consciente do seu glorioso passado e da sua dimensom internacional; velai a perspectiva de futuro que ninguém tem direito a estragar depois de tantos anos de autismo sistémicoAgora, em 2021, quarenta anos passados daquele ano inaugural de 1981, a batalha acirrada polo controlo da processo normalizador parece ter deixado passo a um resignado panorama de vítimas sem vencedor. Incapaz de aprontar remédios para atalhar a aguda crise em que se debate um idioma coloquial e desvalorizado, o obstinado controlo glotopolítico da RAG-ILG persiste apenas como mecanismo auto-referencial, mero artefacto de cooptaçom de afins.Um galego em código aberto, partilhando aulas com o português desde o ensino primário, consciente do seu glorioso passado e da sua dimensom internacional; velai a perspectiva de futuro que ninguém tem direito a estragar depois de tantos anos de autismo sistémico que a lei 1/2014 visa agora reverter. Notas1 https://www.nosdiario.gal/media/nosdiario/files/2016/02/22/listaxe-persoas-no-albo-dos-golpistas-do-23f.pdf2 Agora Galicia, programa de goberno e reivindicativo, Esquerda Galega, Obradoiro de Artes Gráficas Galicia, S.A. 278 páginas. Vigo, 28 setembro 19813 https://twitter.com/i/status/9336820402806169604 http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei3_1983.pdf5 https://es.wikipedia.org/wiki/Ley_Orgánica_de_Armonización_del_Proceso_Autonómico6 https://elpais.com/diario/1986/06/28/espana/520293608_850215.html7 LEI 1/2014, do 24 de março, para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140408/AnuncioC3B0-310314-0001_gl.html |
NOS_28740 | A xuíza considera probado que Antolín Alcántara (CIG) e Ramón Sarmiento (CCOO) "invadiron" a estación marítima. | O xulgado do Penal número 2 de Vigo vén de condenar a 9 meses de cárece o representante da CIG, Antolín Alcántara, e a seis a Ramón Sarmiento, de CCOO, ao consideralos responsábeis dun delito de desordes públicas no decorrer da folga do metal de xuño do 2009. A maxistrada impón un castigo maior a Alcántara por entender que 'invadiu' as oficinas de control marítimo, suceso que califica de "moi grave". A xuíza non tivo en conta a versión dos acusados,que sinalaban que se refuxiaron na Estación Marítima a resultas dunha carga policial. Neste sentido, cómpre lembrar que no xuízo Alcántara defendeu que o plan inicial era ocupar o centro comercial de A Laxe para chamar a atención das e dos turistas que ían desembarcar do cruceiro Independence of The Sea. Mais non contaban con que a policía española cortase a manifestación. Segundo o sindicalista, ouvíronse disparos e pelotas de goma, e fuxiron cara á estación para se refuxiaren. Este non é o único proceso xudicial que ten pendente o dirixente da CIG, xa que aínda permanece aberto outro procedemento penal contra el, neste caso pola ocupación do edificio da Xunta durante a folga do metal de 2007. Por estes feitos tamén está imputado, xunto a Antolín Alcántara, o daquela responsábel do naval do sindicato, Víctor García. Alcántara: " É moi grave que se condene a penas de prisión dous dirixentes sindicais por entrar nun edificio público fuxindo dunha carga policial" Declaracións de Alcántara Ao coñecer a sentenza, Alcántara, secretario de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG declarou: "En parte estou satisfeito porque agardaba unha pena maior tendo en conta a crecente criminalización do movemento obreiro; de todos os xeitos, é moi grave que se condene a penas de prisión dous dirixentes sindicais por entrar nun edificio público fuxindo dunha carga policial. O peor de todo é que no caso de que se sume a pena ao xuízo que teño pendente suporía o meu ingreso na cadea. Estas actuacións penais contra o movemento obreiro teñen moita máis gravidade nun contexto onde se están a cometer delitos económicos e financeiros case a diario, sen que ningún dos responsábeis se teña que sentar no banco dos acusados. Está claro que neste sistema os ricos non van á cadea porque, como di o proverbio, 'as serpes só pican os descalzos". |
NOS_9173 | A Fiscalía pedía 200.000 euros de fianza para el e 100.000 para o tamén condenado Diego Torres. | Urdangarín seguirá libre sen fianza. A única medida que terá que cumprir será presentarse unha vez ao mes nos xulgados de Xenebra, onde reside. Tamén fica en liberdade provisional Diego Torres, a quen se lle retira o pasaporte. O Fiscal do Caso Nóos solicitara prisión eludíbel baixo fianza de 200.000 euros para Iñaki Urdangarin. O marido da infanta Cristina terá que pagar esta cantidade para non ingresar no cárcere de forma inmediata. O fiscal tamén pediu prisión eludíbel con fianza para Diego Torres. A Fiscalía baseou a petición en base á gravidade do delito e ao risco de fuga. A Avogacía de Balears adheriuse á peticion da fiscalía e a do Estado solicitou medidas reais, como embargo e retención de ingresos para Diego Torres. A Audiencia Provincial de Palma impuxo a semana pasada a Cristina Borbón unha multa de 265.000 euros e condenou Iñaki Urdangarín a seis anos e tres meses de prisión. A irmá do chefe do Estado español nen sequera fora acusada pola Fiscalía -que pedía até 19,5 anos para Urdangarín-, senón por Manos Limpias. A sentenza, adoptada por unanimidade polas súas tres ponentes, condenou Urdangarín pola comisión de múltipes delitos: prevaricación, malversación, fraude, tráfico de influencia e dous delitos contra a Facenda Pública. Impóñenlle unha multa de 512.000 euros. |
NOS_33676 | Os movementos mundiais Fridays For Future e Extinction Rebellion (XR) de acción non violenta contra o cambio climático que naceron en Europa entre 2018 e 2019 tamén teñen presenza na Galiza. Ambos participarán nas xornadas de Marzo Medioambiental 2021 da Universidade da Coruña que rematarán o día 19 de marzo, coincidindo co Día Global de Acción polo Clima. Eme Bañón Goiriz é unha activista galega que participa en ambos. | Cal é a idea básica de ambos movementos? Tentamos chegar a toda a poboación e loitar por ese cambio real, saudábel para todas as persoas e para o planeta. Atopar a saída entre todas. Estamos camiño dun pozo e temos que salvarnos das consecuencias do cambio climático. Como explicades o cambio climático na Galiza? Aquí notamos tamén as consecuencias do cambio climático. Podemos mencionar o Amazonas ou o Sáhara e parecernos que son lugares que están moi lonxe. A nivel galego xa estamos sentindo o impacto dos incendios nos bosques, temos máis horas de calor, temos pequenas secas aínda que sexa a nivel puntual. Os fenómenos metereolóxicos que estamos vivindo hoxe en día aumentan en intensidade en relación aos que había antes. Hai máis cicloxéneses, máis días sen chuvias que favorecen os incendios. Non é algo do sur do Estado español, estámolo vivindo na Galiza. Que parte da responsabilidade de non facer algo máis polo clima teñen as Administracións? Hai unha responsabilidade colectiva e nese colectivo están as administracións. Non están fóra do colectivo. Son as que promulgan as leis para asegurar o noso benestar e polo tanto son as que teñen que tomar medidas legalmente vinculantes para xerar un cambio. Ademais teñen que axudar á poboación a saber en que situación estamos. Dicir a verdade e non empregar os medios de comunicación para manipular. Eliminar a idea de que non hai solución. Podemos e debemos mudalo. Mais a responsabilidade é colectiva e temos que decatarnos que a nosa forma de vivir non é sostíbel. E que parte a sociedade? Moita. Mais non queremos focalizar a culpa, sabemos o sistema no que vivimos. Temos un exemplo na mobilidade coa posibilidade de empregar o transporte público e decatámonos logo de que hai problemas de horarios nos trens ou nos coches de liña. Sabemos que deberíamos facer un consumo sostíbel dos alimentos. Moitas facemos un esforzo para mercar produtos locais ou a granel. Sentímonos ben mais sabemos que é moito máis doado ir ao supermercado, por vivir afogado polo traballo ou vivir en zonas sen outra posibilidade, e mercar algo que fai miles de quilómetros. Sabemos que é complicado tomar esas medidas. Estariades dispostas á desobediencia civil como noutros países? A nosa primeira intención é realizar charlas para que a xente participe. Moitas veces queixámonos mais non actuamos. Desde a desobediencia civil directa non violenta, na que non empregamos as mesmas ferramentas que utiliza o sistema que emprega a imposición. Queremos empregar actos públicos masivos como se fixeron no Reino Unido e provocar cambios. Aquí, na Galiza, tamén estamos por ese tipo de accións nas rúas que visibilizan a problemática. Somos conscientes que na situación actual de pandemia da Covid-19 houbo unha desmobilización xeral. Aínda así fomos quen de realizar pequenas accións como a que fixemos perto na Alameda de Compostela ou outra en Vigo cunha cadea humana até o edificio dun xornal da cidade. O cambio global realízase con moitos cambios locais. Falamos dun cambio global como de algo que ten que pasar en todas as cidades e vilas. En todas temos que coidarnos máis entre nós e o planeta. Non nos vale de nada se aquí facemos ben as cousas a nivel alimentario e en Castela-A Mancha instalan unha macrogranxa de leite que despois chegará aquí. |
NOS_9373 | Diversas concentracións en comarcas de Galiza, convocadas pola CIG nunha xornada de loita nacional, denunciaron as consecuencias das políticas do PP para a mocidade e o país: Desemprego, emigración e precariedade | Máis de 70 moz@s galeg@s emigraron ao día en 2012. O desemprego medrou nun 123% entre os menores de 25 anos desde que a crise comezou a ensinar as gadoupas. Unha media salarial para as e os xóvenes de entre 18 e 25 anos de 7.511 euros. Tal escenario mereceu esta cuarta feira unha resposta mediante concentracións convocadas pola CIG en diferentes cidades e comarcas do país a través dunha xornada de loita nacional. Nas mobilizacións, nas que estiveron presentes deputad@s do BNG como Ana Pontón en Compostela, sinalouse que esta realidade ten responsábeis: os gobernos do PP. Un informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da central sindical. alerta da gravidade da situación: dos 166.800 empregos destruídos nestes catro anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Malia ser a xeración máis formada da historia de Galiza, desde a CIG denuncian que os e as mozas galegas "non atopan traballo, polo que se ven na obriga de emigrar". Tal é así, que en 2012, 25.472 mozos e mozas de entre 20 e 34 anos abandonaron Galiza, 2.122 ao mes, preto de 70 cada día. A peor A mocidade é tamén a máis prexudicada tanto en rebaixa de salarios que se sitúan, no ano 2011, nunha media de 7.511 euros entre os 18 e os 25 anos e nos 15.000 euros entre os 26 e os 35 anos. Segundo o informe da CIG, desde que no ano 2008 comezou a destrución de emprego, e ata o terceiro trimestre de 2012 perdéronse en Galiza 166.800 postos de traballo segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA). Isto afectou a practicamente todos os grupos de idade, pero é a xente nova a máis prexudicada, xa que dos 166.800, 149.100 tiñan menos de 35 anos, o 89,4% do total |
NOS_16568 | Un gol marca Iago Aspas dálle un punto aos celestes, que ao longo do encontro foron correxindo un mal inicio. | Puntuar en Mestalla non é pouca cousa. É un campo sempre difícil para o visitante, independentemente do estado de saúde futbolística do seu inquilino. O Celta logrou aí resgatar un punto esta cuarta feira ao empatar co Valencia (1-1) nun encontro no que foron estes os que dominaron e mandaron. O Celta, que comezou mal, foi mellorando ao longo do encontro. A formulación ultradefensiva de Antonio Mohamed (cinco defensas, tres medios) non fixo de muralla fronte aos valencianistas senón que agarrotou os celtistas e convidou aos 'ches' a abalanzarse sobre a área celeste. Aos 24 minutos, o gol de Batshuayi.O valencia aminorou a súa ofensiva e o Celta xcomezou tímidamente a intentar elaborar fútbol. Após o descanso, con Pione Sisto por Okay, o Celta empezou a ser o Celta. Iso si, o Valencia continuaba a ameazar e tivo dúas ocasións (Rodrigo e o excéltico Wass) para marcar. Mais foi o Celta quen o fixo, a 9 minutos do final. Gran centro de Juncá e xenial cabezada en prancha de Iago Aspas. Cinco goles leva xa o de Moaña. Ficha Valencia CF (1): Neto, Piccini, Garay, Murillo, Gayá, Soler, Wass, Coquelin (Kondogbia, min.70), Guedes, (Cheryshev, min.77), Batshuayi (Gameiro, min.80) e Rodrígo RC Celta (1): Sergio, Hugo Mallo (Dennis, min.70), Roncaglia, Cabral, Araujo, Juncà, Beltrán, Lobotka, Okay (Sisto, min.46), Iago Aspas (Junior, min.85) e Maxi Gómez Goles: 1-0, min.25 Batshuayi; 1-1, min.82: Iago Aspas Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amoestou Iago Aspas, Hugo Mallo, Beltrán, Batshuayi Campo: Mestalla |
NOS_13804 | Unha nova festa do boi arrinca o sábado 15 de xuño e estenderase durante oito días cunha chea de actividades que converten Allariz en referencia cultural e festiva en toda a Galiza. Até o domingo 23 sucederanse carreiras, ruadas, concertos, xantares populares e recreacións teatrais no marco desta festa declarada de Interese Turístico Galego e que conta cun forte arraigo veciñal. | 'Aí vén o boi' de Allariz. Unha nova edición da festa do boi chega ao concello alaricán, arrincando o sábado 15 de xuño e estendéndose até o día 23 cunha programación diaria de actividades que fan desta vila o epicentro da cultura e a festa galega. Carreiras, ruadas, concertos, xantares populares e recreacións teatrais celebraranse sen parón no marco deste evento declarado de Interese Turístico Galego. O sábado 15 de xuño arrinca a programación coa chegada dos bois a San Salvador, a celebración do xantar campestre, a recreación do teatro do boi e as ruadas amenizadas coa música de grupos como os Festicultores Troup. O domingo 16 inaugúrase o mercado medieval e recréase a orixe da festa coa procesión do Xan de Arzúa. Posteriormente é a quenda para o inicio das carreiras do boi. E desde aí, estas carreiras e diversas actividades non paran de celebrarse todos os días da semana até culminar na tardiña do domingo 23 de xuño coa maratón do boi e a despedida do Xan de Arzúa co seu traslado até a Casa do Boi na compaña da charanga O Equipo B. En declaracións da alcaldesa de Allariz a Sermos Galiza, Cristina Cid (BNG), o máis grande da festa do boi é o seu arraigo entre a veciñanza e a súa participación; de feito sinala que nesta edición hai máis de 600 persoas colaborando na organización e na intendencia, sen contar ao persoal municipal que tamén participa na montaxe. Cid pon en valor ademais todo o traballo realizado pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, que é a organizadora da festa. Para a alcaldesa nacionalista "o boi é Allariz" e ten moito que ver coas ansias de futuro da poboación da vila, pois tanto a recuperación da festa como o cambio de goberno que levou o BNG á alcaldía e con el, o inicio da transformación de Allariz, foron case ao mesmo tempo. As orixes Conta a historia que alá polo século XIV vivía no barrio de Santo Estevo de Allariz, nos extramuros, unha poboación xudía, artífice dun potente dinamismo económico mais fortemente acosada polas autoridades cristiás residentes dentro da cidade amurallada. No ano 1317 Xan de Arzúa subiu a lombos dun boi e xunto os seus criados e cargado de sacos con formigas encabezou a procesión do Corpus Cando chegaba a festividade do Corpus, a procesión do Santísimo saía da zona amurallada para achegarse ao convento, momento que aproveitaba a comunidade xudía para vingarse da oficialidade cristiá berrando e lanzando insultos ao paso da procesión. Xan de Arzúa, un fidalgo alaricán moi relixioso quixo pór fin a esta situación, e na procesión celebrada no ano 1317 subiu a lombos dun boi e xunto os seus criados e cargado de sacos con formigas encabezou a procesión do Corpus. Cando os xudeus apareceron para boicotear o acto relixioso, Xan de Arzúa espantounos a base de cornadas e chuvia de formigas. Hai versións que relatan a visita dun cabaleiro forasteiro tamén chamado Xan de Arzúa que ao visitar Allariz desafiou a prohibición da vila que ditaba que as persoas que chegaban de fóra non podían cruzar a vila montadas a cabalo. Cando o obrigaron a baixar do seu corcel, Xan de Arzúa subiu de inmediato a un boi e cruzou Allariz. Todas as versións sobre a orixe da festa coinciden en que Xan deixou unha manda de bois en na vila para que a veciñanza puidese imitar a súa acción todos os anos. Así, o Xan de Arzúa é o alcume que as veciñas e veciños dan o boneco de palla que en cada edición da festa penduran do balcón da casa consistorial. Desde aquel fito histórico todos os anos saíu o boi coincidindo co Corpus até a súa suspensión en 1936 pola guerra. Posteriormente a tradición foi esmorecendo até perderse definitivamente a finais dos anos 60. Coa chegada do BNG ao goberno após a revolta veciñal de 1989 a festa foi impulsada en todos os seus planos En 1983, un grupo de mozas e mozos de Allariz decidiron recuperar a festa e desde aquelas o boi volveu correr por Allariz. Coa chegada do BNG ao goberno con Anxo Quintana após a revolta veciñal de 1989, a festa foi impulsada en todos os seus planos e a participación foi en ascenso, gañando en popularidade e proxección pública até estender a súa duración a dez días e ser declarada de Interese Turístico Galego. O boi alén da festa "Allariz é boi" di a alcaldesa Cristina Cid. Razón non lle falta, pois alén da festa, este mamífero é elemento fulcral dunha iniciativa pioneira do concello desde que hai seis anos se decidiu apostar na súa crianza. O boi está pois a xerar emprego no concello, produce carne de calidade e mantén a superficie forestal limpa para evitar incendios. A idea comezou en 2013, e desde entón críanse bois en distintas parroquias de Allariz durante cinco anos e abastecen a hostalaría local, axudando a fortalecer unha economía circular. Agora mesmo contan con catro explotacións e 56 bois, e o obxectivo a medio prazo sinala Cristina Cid que está na exportación de boi de Allariz. Os resultados máis visíbeis desta iniciativa que desde a Alcaldía se sinalan son o emprego directo xerado nestas explotacións, os postos de traballo que se crean a maiores ligados ao sector primario, a recuperación de superficies forestais e o medre da actividade hostaleira ligada a este sector. "Decidimos poñer no mercado produtos que teñen unha calidade importante e valor engadido" sinala Cristina Cid Allariz, marca de calidade tamén en carne de boi O concello conta cun regulamento onde se especifica todo o relacionado coa crianza do boi e a comercialización co obxectivo de garantir que o que se vende é boi de Allariz. "Decidimos poñer no mercado produtos que teñen unha calidade importante e valor engadido, por iso no seu día decantámonos polo queixo de ovella curado, xa que non o había daquelas na Galiza" sinala Cristina Cid e engade que agora co boi tamén están comercializando a marca de calidade de Allariz. |
NOS_32627 | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría aproveita as datas de verán para fechar centros e recortar unidades e postos de traballo no ensino público. | Malia que a Xunta defende que o próximo curso haberá 130 aulas máis de Infantil e Primaria que antes da pandemia, a CIG denuncia que, segundo a orde publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) da modificación do catálogo de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería, a administración autonómica "pecha un total de 59 unidades". O departamento que dirixe Román Rodríguez asegura que o curso que comeza en setembro contará cun total de 7.581 aulas de Infantil e Primaria en funcionamento, o que supón, asevera, "130 aulas máis que as 7.451 do curso 2019/20". En canto ao número de alumnos, segundo os datos trasladados pola Xunta, no curso 2019 había en Galicia 137.275 alumnos en Infantil e Primaria, mentres que para o próximo curso hai matriculados 128.081, 9.184 menos. Con esta distribución de unidades e a dotación de "todo o profesorado necesario para atendelas", a Consellería considera que "se dá resposta ás necesidades dos escolares matriculados no sistema público" en Infantil e Primaria. Os Gobernos do PP fecharon o 13% dos centros da rede de ensino pública Porén, a CIG denunciou que, en base aos datos recollidos no DOG desta sexta feira, a Consellería "suprime 33 unidades en Educación Infantil e 26 en Educación Primaria". A central sindical critica que, con estas 59 unidades menos, hai "case 100 docentes menos no sistema educativo galego nos niveis de Infantil e Primaria". Para a CIG, isto demostra que a Consellería "segue adiante coa política de desmantelamento da educación pública" e que "antepón criterios economicistas á calidade da educación". Así mesmo, censurou que o "desmantelamento" incide especialmente na atención ás necesidades educativas específicas que, na súa opinión, "vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das ratios e a imposibilidade de realizar desdobres". O sindicato nacionalista considera que a Consellería "volve perder unha oportunidade para comezar cunha baixada das ratios" que permitiría ao profesorado "aumentar a calidade da educación" e asegura que continuarán pedindo á Xunta que "aproveite a baixada de poboación en idade escolar para rebaixar as ratios e reducir o horario lectivo do profesorado" e "non como unha posibilidade de aforrar diñeiro". Chaman á folga ao persoal da Galiña Azul, centros de día e residencias xestionadas pola Xunta |
NOS_22409 | Carles Puigdemont pide a medicación internacional no conflito. | O Alto comisionado da ONU polos Dereitos Humanos, Zeid Ra'ad Al Hussein, pide unha investigación independente e imparcial sobre os actos de violencia policial do domingo en Catalunya após de recoñecer estar moi "perturbado" pola violencia en Catalunya este domingo "Estou moi perturbado pola violencia en Catalunya. Con centos de persoas feridas, insto as autoridades españolas a que se aseguren unha investigación rigorosa, independente e imparcial sobre todos os actos de violencia", dixo Zeid a través dun comunicado. "As respostas da policía deben ser sempre proporcionadas e necesarias", engadiu o máximo responsábel de dereitos humanos da ONU. Puigdemont De por parte, o president da Generalitat, Carles Puigdemont, realizou un chamamento a unha mediación internacional para abordar o conflito após o sucedido este domingo. O Govern realizou unha reunión extraordinaria esta segunda feira. "Non deixaremos de insistir no que xa é un clamor. Este momento pide mediación. Temos que estar dispostos e se aparecen actores sería unha responsabilidade non aproveitalo", dixo. O president admitiu que hai tempo que se lles fixo chegar a dispoñibilidade neste sentido desde diferentes partes, e que estas ofertas reiteráronse nas últimas horas. Insistiu, como o domingo, en que a Unión Europea non pode continuar a mirar cara a outro lado, e advertiu que Bruxelas tería que apadriñar estas xestións de mediación. |
PRAZA_4425 | A viguesa ten unha ampla experiencia tanto en equipos masculinos como femininos. Así, dirixiu durante sete tempadas o Bueu Atlético na Primeira Nacional masculina. O Teucro pontevedrés milita na segunda categoría do balonmán estatal | A serie norueguesa Heimebane, emitida nos últimos dous anos, retrata a loita dunha adestradora que rompe esquemas e barreiras cando é élixida para dirixir un equipo da primeira división masculina. Segue sen ser habitual que mullleres adestren equipos deportivos nas máximas categorías, pero algunhas profesionais están a rachar eses teitos.Irene Vilaboa vén de ser confirmada, de forma oficial, na adestradora da S.D. Teucro, o equipo pontevedrés da División de Honor Prata Masculino. A viguesa convértese así na primeira muller que dirixe un equipo masculino nalgunha das dúas categorías principais do balonmán español. E, de feito, é a primeira muller adestradora en nun equipo masculino nunha das dúas primeiras categorías entre os principais deportes colectivos do Estado.Vilaboa ten unha ampla experiencia tanto en equipos masculinos como femininos. Así, dirixiu durante sete tempadas o Bueu Atlético na Primeira Nacional masculinaVilaboa ten unha ampla experiencia tanto en equipos masculinos como femininos. Así, dirixiu durante sete tempadas o Bueu Atlético na Primeira Nacional masculina e, igualmente, adestrou o Balonmano Porriño na División de Honor Feminina e o Atlético Guardés na Primeira Nacional feminina. En todos estes clubes destacou pola súa aposta pola canteira e a formación de xogadores e xogadoras novas.Así mesmo, formou parte do corpo técnico da Federación Española, adestrando a Selección Júnior Femenina durante 10 tempadas, acadando unha medalla de prata no Europeo de Turquía e un 4º posto no Mundial de Seúl. E, ademais, foi durante dous anos seleccionadora absoltua feminina da Federación Galega. A nova adestradora estará acompañada da súa irmá Rosa, coa que compartiu banco durante varias tempadas e que o pasado ano traballaba xa como segunda adestradora do Teucro, ás ordes de Luis Montes.O Teucro é o vicedecano do balonmán español, fundado en 1945 e na súa longa traxectoria alternou a súa presenza na máxima categoría con anos na segunda categoría. Dende 1989 militou 18 tempadas na Liga Asobal, na que acadou nos anos 90 os seus merandes éxitos, sendo 4º na liga 1994-95 e clasificándose para as competicións europeas. Na tempada 2018-19 descendeu de novo á División de Honor Prata na que xoga na actualidade. Na tempada 2019-20 o equipo finalizou na 13ª posición. |
PRAZA_8422 | O Valedor do Pobo asegura que as fotografías do presidente co narcotraficante carecen de "interese xornalístico" e Pachi Vázquez augura que sairán á luz máis imaxes | É o mentor político do presidente da Xunta. Con el á fronte da Consellería de Sanidade Alberto Núñez Feijóo converteuse no número dous do departamento. E con el deu o salto ás altas esferas do Goberno de José María Aznar, primeiro como presidente do Insalud e despois como máximo responsable de Correos. José Manuel Romay Beccaría, actual presidente do Consello de Estado, foi considerado tamén alma mater do PP do birrete, denominación que adoitaba recibir o sector dos conservadores galegos máis escorado ás cidades e a Madrid e contraposto ao da boina, de perfil máis asentado en Galicia. Con toda esta bagaxe Romay reapareceu este sábado fugazmente na escena política galega para asistir a un acto das Novas Xeracións do seu partido na Cidade da Cultura e tamén para defender a Feijóo no medio da intensa treboada política provocada polas súas fotos co narcotraficante Marcial Dorado. Tomadas cando Feijóo era o seu home de confianza en Sanidade, as fotografías "disgustaron" ao veterano dirixente conservador pero non por que denoten conduta irregular ningunha, senón porque "aí non hai boa intención". Romay "non" cre que o titular da Xunta deba dimitir, porque está "seguro de que non fixo nada nunca que estivese contra a lei". Máis aínda, coida que "poucos políticos teñen o nivel de compromiso ético" do que fora o seu protexido". Romay di estar "disgustado" porque as fotos non teñen "boa intención" e gaba o "compromiso ético" do presidente "Temos un gran presidente", asegura, e ao ser cuestionado pola posibilidade de que Dorado se beneficiase de contratos coa Xunta nos tempos en que el era conselleiro e Feijóo, secretario xeral, Romay Beccaría mantén que "non hai nada diso", por iso Feijóo está "tranquilo" e "coa conciencia tranquila". Iso quere dicir, polo tanto, que o ex conselleiro e ex ministro tampouco sabía quen era Marcial Dorado na época en que foron tomadas as controvertidas instantáneas? "Eu non o coñecía", mantén, malia dirixir o departamento sanitario da Xunta nunha das épocas máis duras no que ao impacto da droga en Galicia se refire. Todo o mundo sabía quen era, repuxéronlle os xornalistas. "Como tanta xente que coñeces na vida", sentenzou Romay. Sen "interese xornalístico", segundo o Valedor Xunto a Romay, este sábado aínda se sumou un actor máis á polémica, o Valedor do Pobo en funcións, Julio José Fernández. Preguntado pola prensa pola difusión das fotos nos medios e nas redes sociais antes da inauguración dun foro organizado pola institución, o alto comisionado parlamentario amosouse convencido de que, "a día de hoxe, non había interese xornalístico" para a "difusión" das imaxes de Feijóo con Dorado "dende o punto de vista dos dereitos fundamentais", xa que a "esixencia do dereito fundamental á propia imaxe" precisa "consentimento das persoas que saen" nas fotos, agás que "o personaxe sexa público e a natureza da fotos, por razóns de interese xeral ou xornalístico, aconselle a súa difusión". Fernández coida que "non se deben establecer censuras adicionais" aos medios de comunicación Así e todo, e malia considerar que non deberan ser difundidas, Fernández desmárcase das propostas chegadas dende o sector máis duro do PP, como o representado polo presidente rexional de Madrid, Ignacio González, quen o pasado venres apostaba por impoñer a censura previa nos medios de comunicación para evitar que fotografías como estas vexan a luz. "A regulación xa existe", evidencia do Valedor, quen tamén lembra que os "límites" para a difusión da inf ormación non son outros que "os dereitos fundamentais" a "intimidade" e a "honra". "Se hai un desfase actuarán os xuíces", pero "non se deben establecer censuras adicionais que non existen a día de hoxe", conclúe. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.