ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_50031
Critica que o texto deixe fóra medidas contra a precariedade no sector e outras cuestións que provocaron o conflito.
UGT e CCOO asinaron a última hora desta segunda feira 10 de xullo un acordo coa Consellaría de Infraestruturas no que CIG critica que se eliminen as dúas medidas contra a precariedade que permitirían avanzar na mellora das condicións laborais dos traballadores do sector do transporte.. "Este acordo deixa fóra precisamente as cuestións que provocaron o conflito", indica a central nacionalista. Suprimiuse a obrigatoriedade de que a persoa acompañante fora contratada pola empresa de transportes e a prohibición de ETTs, ambas cuestións que estaban comprometidas xa nas xuntanzas anteriores, afirma a CIG. Xesús Pastoriza, responsábel do sector de Transporte da FGAMT-CIG, e como así aclarou na xuntanza coa administración, indicou que "calquera acordo coa Xunta tiña que ir parello a un acordo coa patronal para darlle unha solución global ao conflito". Ao tempo, lamenta que asinando o acordo, "o que tiñamos avanzado, CCOO e UGT tirárono pola borda ao asinar". Engade que "a decisión adoptada por CCOO e UGT debilita a capacidade de presión da folga porque romperon a unidade sindical nas cuestións que nos levaron ao paro".
NOS_30860
Oriol Vives, recente fichaxe do club coruñés, será un dos compoñentes do combinado de hoquei sobre patíns que disputará un torneo internacional co lema "Catalans want to vote" (Os cataláns queren votar).
Baixo o habitual escándalo mediático en Madrid, a selección catalá de hoquei a patíns -que no seu día chegou a ser oficial, até que foi vetada polo Goberno español- disputará esta fin de semana un torneo en San Sadurní de Noia en conmemoración do terceiro centenario da derrota en Barcelona a mans de tropas borbónicas, en 1714, data chave para o catalanismo. O que provocou a polémica -residual na propia Cataluña- é a decisión da federación propia, que leva anos reivindicando a súa oficialidade, de lucir nas camisetas o lema "Catalans want to vote" (Os cataláns queren votar) en apoio do referendo de autodeterminación convocado para o 9 de novembro. O combinado catalán chegou a ser oficial, até que foi vetado polo Goberno de Madrid O combinado catalán xogará contra o equipo local e as seleccións de Franza e Suíza e nas súas ringleiras estará un xogador do Liceo da Coruña, recentemente fichado do Igualada. Trátase do atacante Oriol Vives, barcelonés saído da canteira do Voltregá e que asinou un contrato por dous anos. "Para min é unha grande oportunidade fichar polo Liceo", declarou hai un días o xogador.
NOS_11110
O movemento cultural galego. 1961-1976 é o título co que a revista Terra e Tempo repasa o activismo cultural durante a longa noite de pedra franquista. Trinta e dúas autoras escriben sobre 25 asociacións culturais nun volume que se presentará en Compostela a vindeira cuarta feira, 17 de setembro, ás oito e media do serán.
O acto será no Espazo Enocultural Vide, vide!, organizado pola asociación cultural O Galo, e contará coa presenza de catro persoas no seu día membros daquelas agrupacións e que achegaron textos ao monográfico. Trátase de Pilar Allegue, de Amigos da Cultura de Pontevedra e do Club de Amigos da Unesco en Madrid; André Fernández Places, do Eixo de Compostela; Henrique Harguindey, do Facho da Coruña; e mais Xesús Sanxuás, do Galo de Santiago. Coordinará a presidenta actual do Galo, María Antonia Pérez. "Queríamos publicar esta información para que a memoria das asociacións culturais non ficara arrombada nos faiados das casas, entre papeis vellos que xa nin se remexen", explica a Fundación Terra e Tempo, responsábel da publicación. Mostras de teatro, ciclos de cinema, unha rede editorial, a revalorización da música tradicional foron algúns dos resultados daquel movemento co que "un sector da mocidade rachou unha dinámica cultural paternalista e desgaleguizadora". O Terra e Tempo número 180 é unha das contribucións máis completas á radiografía do asociacionismocultural na Galiza durante a ditadura.
PRAZA_3985
O Movemento Galego de Saúde Mental fai un chamamento a reforzar os servizos públicos e a superar a "precariedade" que sofre a atención sanitaria, que deberá dar resposta aos efectos da crise económica provocada pola pandemia. Falamos coa súa voceira, Rosa Cerqueiro.
A atención á saúde mental adoita ser unha das grandes esquecidas no sistema sanitario, pero neste ámbito déixanse notar especialmente os efectos de situacións de crise coma a que estamos a vivir e que probablemente se pode prolongar no tempo. A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental alertou de que "a situación de moitas persoas con problemas de saúde mental agrávase pola prolongación no tempo do confinamento"A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) alertou este martes de que "a situación de moitas persoas con problemas de saúde mental agrávase pola prolongación no tempo do confinamento", lembrando que "o colectivo de saúde mental presenta unha alta vulnerabilidade fronte a situacións de crise, incerteza e alarma social, polo que é preciso extremar e adaptar os métodos de seguimento e atención". De igual xeito, o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) subliñaba hai uns días que "o confinamento non axuda á estabilidade da persoa con problemas psiquiátricos previos, e a capacidade de acompañamento e sostén da familia, ou rede de apoio formal, vese moi reducida". Por ese motivo o MGSM chamaba a atención sobre o feito de que se está a producir unha diminución na demanda de atención en saúde mental, interpretando que isto se debe a que moitas persoas non están a acudir aos centros sanitario por medo ao contaxio ou para liberar de traballo aos profesionais sanitarios para que poidan atender ás urxencias.O MGSM chama a atención sobre o feito de que se está a producir unha diminución na demanda de atención en saúde mental por medo ao contaxio ou para liberar de traballo aos profesionais sanitarios"Na previsión de que a situación de emerxencia se alongue nas próximas semanas, ha de realizarse un esforzo de comunicación e traballo proactivo para que as persoas que precisen poñerse en contacto cos servizos de saúde mental non o deixen de facer por medo ou descoñecemento, e así asegurar a continuidade asistencial, especialmente nos casos crónicos ou de maior gravidade, e que non se sintan desprotexidos nun momento tan excepcional como o actual", sinalaba a entidade.O MGSM facía igualmente un chamamento a que "ninguén quede no camiño" e a "defender os servizos públicos", agora máis que nunca, alertando de que "esta crise sanitaria pasará nos seus efectos máis devastadores na saúde e deixará de ser noticia minuto a minuto". Falamos coa súa voceira, Rosa Cerqueiro.Pregúntoche primeiro pola situación que se está a vivir nos centros sanitario. Nos primeiros días trala declaración do Estado de Alarma denunciábades a falta de organización, de elementos de protección para os profesionais e de plans de continxencia. Mellorou a situación?A situación vai mellorando. Os propios equipos profesionais organizáronse e foron creando estruturas para sacar adiante os problemas que podía haber. A situación é nova e require de cambios e dun traballo extra tanto nas plantas de hospitalización, nas unidades de residenciais e tamén nos equipos que atendemos de maneira ambulatoria."A resposta que está tendo a xente ao confinamento sorpréndenos para ben, cunha actitude xeral da poboación de 'imos tirando'"Os equipos de saúde mental estamos dispoñibles para facer a atención ordinaria, coas adaptacións necesarias, porque case todas as consultas son telefónicas, e tamén para un tipo de atención máis concreta, relacionada coa actual situación de pandemia, tanto a persoas que sofren algún trastorno, as súas familias ou tamén a outro persoal sanitario.O confinamento está a ter consecuencias negativas para a saúde mental da poboación, sobre todo para as persoas que xa tiñan diagnosticada algunha enfermidade ou trastorno?En xeral, a resposta que está tendo a xente ao confinamento sorpréndenos para ben, cunha actitude xeral da poboación de 'imos tirando', unha frase que resume ben a situación. Iso si, hai que mirar caso a caso. Quen o pode levar peor? As persoas que viven soas, as persoas con trastornos mentais graves que están acudindo menos aos centros asistenciais, as persoas maiores que teñen menos acceso ás formas de comunicación online, e tamén as mulleres ou nenos que viven situacións de maltrato e están confinadas co seu maltratador.Alertastes, ademais, de que moitas persoas que poden estar tendo algún problema non están acudindo aos centros sanitarios. Que consecuencias pode ter isto?"Estamos nunha situación excepcional, todos facendo un enorme esforzo de contención, e como estamos concienciados de que isto é o que debemos facer, iso permítenos levar as cousas con certa estabilidade"Non estamos notando un aumento brusco da demanda. Pero isto é natural: estamos como conxelados. Estamos nunha situación excepcional, todos facendo un enorme esforzo de contención, e como estamos concienciados de que isto é o que debemos facer, iso permítenos levar as cousas con certa estabilidade. Isto non quere dicir que non teñamos reaccións emocionais congruentes con esta situación: un estado de ánimo un pouquiño máis baixo, máis nerviosismo por momentos, problemas para conciliar o sono... Todo isto non debemos confundilo coa presenza dun trastorno mental.O que nos preocupa é que hai unha diminución no número de demandas habituais nos equipos de saúde mental, na asistencia a urxencias ou nos ingresos hospitalarios. Outros servizos médicos, como cardioloxía ou neuroloxía, deron o sinal de alarma: persoas que non acoden aos centros sanitarios por medo ao contaxio ou por un sentido de responsabilidade de non recargar o sistema. O problema é que isto é perigoso, porque pode empeorar condicións físicas e psicolóxicas que xa estaban aí. Hai unha redución da demanda, pero non é real.Cando remate o confinamento pode medrar de forma importante esa demanda de atención en saúde mental, tamén como consecuencia dos efectos económicos da pandemia?"Estamos nun período de conxelamento e cando se normalice a situación esa demanda vai volver e vai volver incrementada"Estamos nun período de conxelamento e cando se normalice a situación esa demanda vai volver e vai volver incrementada. Toda a demanda que non houbo nestas semanas vai ir aos centros sanitarios cando se levante o confinamento. E algunhas van estar empeoradas por non ter sido tratadas antes e por non intervir a tempo.Nas persoas que xa tiñan problemas de saúde mental previos pode haber un repunte. Tamén pode haber problemas en persoas con patoloxías físicas crónicas, que son poboación de risco, e que polo tanto están máis preocupadas que outros colectivos. Igualmente podemos detectar máis problemas en persoas con maior vulnerabilidade económica e con condicións laborais precarias, que van ver empeorada a súa situación por mor dos efectos económicos da pandemia. Non sabemos como se vai a comportar o COVID a medio prazo, pero si coñecemos, por desgracia, pola experiencia que vivimos durante a crise económica da última década, como isto pode afectar á saúde mental da poboación.Na crise económica da última década o MGSM xa alertou dos efectos psicosociais da situación de pobreza e de desemprego. Podemos vivir un fenómeno semellante nos vindeiros anos? Que medidas preventivas se necesitaría aplicar?"Ogallá teñamos aprendido algo da experiencia previa pero a realidade é que esta nova crise nos colle aos servizos de saúde mental nunha situación de precariedade, algo que levamos máis de dez anos denunciando e que non mudou"Ogallá teñamos aprendido algo da experiencia previa pero a realidade é que esta nova crise nos colle aos servizos de saúde mental nunha situación de precariedade, algo que levamos máis de dez anos denunciando e que non mudou. Temos os recursos que temos e non melloraron. Necesítanse dúas cousas: un reforzo na atención primaria e un reforzo en saúde mental.Hai que ter en conta que moitas veces as persoas que teñen máis necesidades son as que menos acoden aos servizos sanitarios. Con esas persoas teríamos que facer un esforzo maior para chegar a elas. Sería importante igualmente reforzar os servizos sociais de base dos concellos e outras administracións, para manter ese sistema unha vez que finalice esta fase aguda. Son os que están máis preto das familias e das persoas que necesitan esta atención, e son quen pode ter o radar máis axeitado para detectar esas necesidades.A saúde mental ten que ser máis accesible. Temos un recurso, existe, pero nestes momentos é moi inaccesible para moitas persoas polas listas de espera -que son de meses-, pola distancia que hai entre consultas sucesivas. Temos que conseguir que estas persoas accedan a ese recurso cando o necesiten, non despois. Necesítanse medidas de organización e reforzo, porque facer máis con menos é imposible. Tanto nesta fase aguda como sobre todo despois, que vai ser o gran desafío.
PRAZA_9423
En canto pase o 28 de abril, as Cortes do Estado deberían retomar o debate territorial, adiado dende hai tempo e endemoñado polos partidos sistémicos, por mor do Procès catalán. Obviamente, nesa inaprazábel discusión non pode ser convidada de pedra a administración local.
"E o Marcelino non dí nada, está coma aparvado. Hai un silencio. E no silencio coma un arrastre, coma unha fouce que pasa segando" (Fins do mundo, Bernardino Graña).En canto pase o 28 de abril, as Cortes do Estado deberían retomar o debate territorial, adiado dende hai tempo e endemoñado polos partidos sistémicos, por mor do Procès catalán. Obviamente, nesa inaprazábel discusión non pode ser convidada de pedra a administración local. E o Parlamento galego, se quixera tomar en serio ese recente acordo de reclamar novas transferencias, xa tarda en pór na lista a competencia no ámbito local, para poder reordenar integramente as súas estruturas político-administrativas e repensar o elenco competencial dos municipios galegos.Mais, como todo isto é cousa de tartarugas e estas camiñan devagar, transitoriamente hai que darse présa en que os concellos poidan exercer acaidamente as competencias que actualmente figuran nas leis, para que a veciñanza sexa quen de exercer o dereito a gozar duns servizos básicos de calidade. Para iso cumpriría que recuperasen o mínimo grao de autonomía, que lle foi lapidado pola administración do Estado coa conivencia, no noso caso, da Xunta de Galicia.O artigo 135 da Constitución, que PSOE e PP nos empurraron aquel fatídico 26 de setembro de 2011, valeulle aos gobernos do Estado para minguar aínda máis a cativa capacidade de manobra que tiñan os concellos, ninguneando aqueloutro precepto do mesmo texto constitucional –o artigo 140– que, alomenos teoricamente, recoñecía a autonomía municipal. E, de paso, o tándem PP-PSOE trocou en papel mollado os artigos 2 e 4 da Carta Europea de Autonomía Local, ratificada polo goberno español no ano 1988. A Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, filla bastarda do citado artigo 135, converteu definitivamente aos concellos en entes menores de idade, someténdoos á patria potestade da elite funcionarial do Ministerio de Hacienda (Estado) e da Consejería de Hacienda (Comunidade Autónoma), ao tempo que se ía consagrando un revirado principio neoliberal –o do autofinanciamento dos servizos básicos– creado expresamente para minguarlle calidade e desposuílos do seu carácter universal, a fin abrirlle a porta carral –coa inestimábel axuda das deputacións– ao negocio da empresa privada. Ah! O meu tío Lisardo opina que, como o PP e PSOE o levan no sangue e amais téñenlle un medo infernal a C´s e Vox, deberían ser os partidos "periféricos" os encargados de esixirlle ao novo goberno que dote aos concellos, cando menos, dunha autonomía semellante á que tiñan antes do 2011. (Continuará).
NOS_16082
O líder da formación laranxa, Albert Rivera, asegurou durante un mitin en Vigo que o seu partido aspira a ser "a voz no Parlamento galego" para vixiar aqueles "que queren seguir facendo o que lles dá a gana".
Ciudadanos continuou este domingo a súa campaña en Vigo cun acto electoral no que participou o seu líder estatal, Albert Rivera, xunto coa candidata da formación laranxa á Xunta, Cristina Losada. Un mitin no que Rivera deixou clara a intención do seu partido para este 25 de setembro. "Cantos máis votos teña Ciudadanos, máis controlado estará o goberno galego, xa que con Ciudadanos ese control e esa esixencia converteranse en medidas que melloren a vida dos galegos". O líder de Ciudadanos volveu a abrir a porta a un futuro acordo con Alberto Núñez Feijóo, nun eventual escenario onde os votos da formación laranxa sexan imprescindibles para a formación de goberno. Porén, deixou unha mensaxe ao candidato á reelección. "Rajoy e Feijóo queren a maioría absoluta para que ninguén lles controle e ninguén lles esixa reformas e rexeneración", sinalou Rivera. Na mesma liña, a cabeza de lista de Ciudadanos en Galiza, Cristina Losada, apostou por "un modelo que axude a ter unhas institucións limpas e transparentes" á vez que criticou "a conversión por parte do PP das institucións de todos en chiringuitos políticos". Losada asegurou que Ciudadanos "pode impulsar reformas que permitan vivir mellor" en Galiza e comprometeuse a traballar para que "todos os galegos teñan os mesmos dereitos e os mesmos servizos públicos de calidade".
PRAZA_16385
O PPdeG descualifica a convocatoria entre mencións a Cuba, Venezuela, Afganistán ou Corea e un argumentario distribuído pola dirección estatal da formación atribúelle a intención de querer quebrar o "modelo de sociedade occidental" 12 gráficos que explican os motivos da folga feminista do 8 de marzo
12 gráficos que explican os motivos da folga feminista do 8 de marzo Unha folga "ideolóxica" que persegue "atacar o capitalismo" e, en última instancia, "romper o noso modelo de sociedade occidental". Son algúns dos trazos cos que o PP deu en definir este mércores a xornada de folga convocada polos movementos feministas para o vindeiro 8 de marzo e apoiada polos sindicatos de clase con diferentes convocatorias, dende mobilizacións parciais -CIG, CC.OO. e UGT- ata un paro total de vinte e catro horas -CUT, SLG e CNT-. Nunha mesma xornada a convocatoria feminista do 8M foi desdeñada polas direccións galega e estatal dos conservadores, un monolitismo contra a mobilización que apenas tivo unha nota discordante, un declaración institucional a prol da folga que os populares din ter previsto apoiar na Deputación de Ourense e que anima o persoal da institución a secundala. A primeira toma de posición pública ao respecto chegou, no caso galego, durante a sesión de control ao presidente da Xunta. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou a Alberto Núñez Feijóo se el mesmo e o seu Goberno apoian ou non a folga como xornada na que denunciar aspectos como a "carreira de obstáculos" que moitas mulleres seguen a padecer no mundo laboral, tamén no emprego público, a fenda salarial ou o acoso. "Non queremos ser o máis grande de Galicia, queremos que nos paguen o mesmo salario cando realizamos o mesmo traballo", exemplificou a líder do Bloque parafraseando a controvertida campaña da Xunta no último día contra a violencia de xénero. Feijóo insta a ter en conta que "nunca houbo tantas políticas de conciliación laboral" como co seu goberno e advirte de que "as únicas cousas que están peor" están no BNG A resposta do presidente, alén de evidenciar que é "ilegal, ante postos de traballo iguais", que homes e mulleres reciban "retribucións distintas", pasou por defender as políticas da Xunta do PP en materia de igualdade e rexeitar, como acusou Pontón, que no seo dos conservadores perviva un argumentario "neomachista". En Galicia existe unha fenda salarial do 14% atendendo aos datos máis recentes de Eurostat, admitiu Feijóo, se ben instou a fixarse que noutros puntos de Europa esta diferenza é superior e a ter en conta que "nunca houbo tantas políticas de conciliación laboral" en Galicia "como neste momento". Quen "despreza" a "fenda social e laboral das mulleres" é Pontón, acusou, e "as únicas cousas que están peor neste momento é o seu grupo, o BNG". Ruptura do "modelo de sociedade occidental" O PPdeG descualificou a convocatoria entre mencións a Cuba, Venezuela, Afganistán ou Corea Feijóo culminou a súa intervención manifestando que "respecta" a convocatoria do 8M como o fai con calquera dereito "constitucional", "xa sexa unha folga, un paro, un acto cultural, unha protesta ou unha concentración". Así e todo, pouco despois no propio pleno o PPdeG aclararía aínda máis a súa postura sobre a folga. Fíxoo a través da súa vicevoceira, Paula Prado, como resposta a unha proposición formulada polo BNG para procurar que o Parlamento apoiase formalmente a folga. "Nós non a apoiamos -esgrimiu Prado- porque "o manifesto que dá orixe a esta folga mestura cuestións ideolóxicas que non son as máis axeitadas para defender o feminismo", tales como "quebrantar os privilexios dunha sociedade patriarcal" ou cuestionar o "capitalismo" e o "neoliberalismo salvaxe". O argumentario distribuído pola dirección estatal dos populares desdeña a convocatoria por "elitista e insolidaria" "Semella -acrecentou- que o obxectivo é defender o feminismo atacando o capitalismo", censurou, e "obviando a limitación de dereitos en moitos países como Cuba, Venezuela, Corea del Sur, Afganistán ou a República Popular China" nos que se "discrimina ás mulleres". Por todo isto e tendo en conta, ademais, que para o PP a folga do 8 de marzo procura tamén "enfrontar" homes e mulleres, a formación non a apoiará e dedicará a xornada a "facer propostas en positivo". O discurso de Prado concorda co argumentario que, como desvelou a Cadena SER, o PP distribuíu entre os seus cargos para rexeitaren esta folga. Ese documento interno alude tamén a unha suposta aposta polo "enfrontamento entre mulleres e homes", descualifica a convocatoria por "elitista e insolidaria" e afirma que procura "romper o noso modelo de sociedade occidental" entre acusacións de "frivolidade" o argumentario insire tamén críticas ao PSOE e a gobernos autonómicos dos socialistas como a Junta de Andalucía, aspecto que no caso galego tanto Feijóo como Prado substituíron por críticas ao Executivo de coalición de PSdeG e BNG que gobernou a Xunta entre 2005 e 2009. A estas liñas argumentais internas sumáronse tamén este mércores outras voces como as da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, en cuxa opinión a folga das mulleres o vindeiro 8 de marzo debera ser "á xaponesa", traballando máis que nun día habitual para demostraren a súa valía, dixo.
NOS_2616
O BNG leva ao Parlamento unha pregunta oral dirixida á secretaria xeral de Igualdade a respeito de lemas como 'Antes muerta que sencilla'. Namentres, A Mesa quéixase ao Valedor do Pobo e ameaza con denunciar o alcalde, Carlos Negreira, se non retira da publicidade o topónimo ilegal 'La Coruña'.
O Concello da Coruña volve estar no albo da oposición política e de organizacións en defensa da lingua polos seus ataques ao galego e, desta volta, á equidade de xénero. O goberno local financia con 180.000 euros a segunda edición do evento de moda 'Coruña Wapa', que se publicita con muppis e valos de publicidade con lemas sexistas como "Antes muerta que sencilla" ou "La belleza está en el interior del vestidor", escritos en español e asinados coa forma ilegal do topónimo: "Ayuntamiento de La Coruña". Ao Parlamento por "sexismo"... Perante esta campaña, o grupo municipal do BNG presentou unha denuncia formal perante a secretaria xeral de Igualdade exixindo a retirada das publicidades, cualificadas pola edila Avia Beira de "inadmisíveis" por fomentaren "a imaxe dunha muller obxecto e submisa". Aliás, a formación frontista anunciou tamén que presentará no Parlamento galego unha pregunta oral dirixida á propia secretaria xeral, Susana López Abella. "Terá que explicar" o que vai facer a Xunta con esta campaña, sinalou o grupo parlamentar do Bloque, aseverando que tamén na Cámara galega reclamarán a súa retirada a través desta pregunta oral que formulará a deputada Carme Adán. ...e ao Valedor do Pobo pola "esforzada" exclusión do galego Pola súa banda, A Mesa centra as súas demandas na discriminación do galego incorre, máis unha vez, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira. Neste sentido, a asociación que preside Carlos Callón advirte de que presentará unha demanda contra o rexedor se non retira o topónimo ilegal 'La Coruña' dos soportes publicitarios. Polo de agora denunciaron perante o Valedor do Pobo. Entende Callón que "non é nada inocente" nen a "esforzada" exclusión do galego nen a "pensada desobediencia" ás sentenzas xudiciais emitidas por instancias como o Tribunal Superior de Xustiza ou o Tribunal Supremo, así como aos propios acordos municipais que sinalan que a forma 'La Coruña' non é legal. Aliás, esta campaña publicitaria está a vulnerar a lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local da Galiza, cuxo artigo 7 estabelece que "todos os actos de carácter público que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega". Un topónimo ilegal, non a forma "en castelán" En declaracións realizadas en setembro de 2009 a unha emisora de radio privada, o daquela delegado provincial da Xunta e hoxe presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, expresou o seu "apoio incondicional" a Negreira en defensa da forma deturpada 'La Coruña', sinalando que "nunca estará só na batalla do topónimo". Aliás, subliñou que a postura de Feijóo a este respeito "está clara: dixo que estaba disposto a restaurar o topónimo en castelán se se producía un acordo maioritario da corporación municipal coruñesa". Acrecentou Diego Calvo que "é moita a xente que di La Coruña na súa vida diaria e non pasa nada porque, sinceramente, coido que é algo que a xente da rúa xa ten moi superadas. O importante é entenderse e non empregar a forma en galego ou en castelán para marcar a diferencia entre unhas persoas e outras".
NOS_27470
A integración do Pastor no Popular e a súa posterior absorción polo Santander, sumada á fusión das antigas caixas de aforros galegas, fixo que máis da metade da oferta financeira da Galiza estea en mans de dúas entidades. A entrada de Abanca no baile de fusións daría aínda máis forza ao oligopolio financeiro no país.
A fusión de Bankia e Caixabank vaise traducir inevitabelmente en novos fechamentos de oficinas e axustes nos cadros de persoal de ambas as entidades. De feito, no último ano, tanto Bankia como Caixabank reduciron as súas redes comerciais en máis dun cento de oficinas e están a executar os plans de saída pactados coas súas traballadoras e traballadores. Segundo as estimacións de Barclays, a integración suporá o fechamento de 1.440 oficinas no Estado español, unha medida que permitirá á entidade resultante incrementar 18% o seu beneficio en 2022 e un potencial aforro de custos de 500 millóns de euros ao ano. Esta cifra representa máis dun terzo da rede de Bankia (2.267 oficinas) o que, extrapolado á Galiza, onde conta con medio cento de sucursais, suporía o fechamento de máis dunha ducia de oficinas, o que agravaría aínda máis a concentración bancaria no país, onde cinco entidades (Abanca, Santander, Caixabank, BBVA e Sabadell) teñen máis de 90% da rede comercial bancaria. Máis exclusión financeira Como destaca o profesor e economista Albino Prada nun recente artigo, o índice de Herfindhal (que mide a concentración dun mercado) para o sector bancario español achegaríase con esta nova fusión ao limiar de "preocupante", mais na Galiza xa acada esta categoría após as operacións corporativas dos últimos anos, que reduciron máis de 40% a rede de oficinas no país e aumentaron 50% a exclusión financeira da poboación. Como recoñece a Nós Diario, "loxicamente esa fusión non mellora en nada a situación de escasa competencia e exclusión financeira para as persoas consumidoras, e como contribuíntes duplica o noso risco moral de ter que financiar a eventual quebra dun novo axente sistémico". Para mellorar a competencia, reducir o risco sistémico e evitar que o acceso aos servizos financeiros quede tan concentrado, Prada cre que deberíase estudar a introdución de axentes públicos, mesmo traballar en sistemas públicos de carácter local, e artellar as ferramentas para posibilitalos. Na mesma liña, o profesor da Universidade de Compostela (USC) Gonzalo Rodríguez sinala que "hai moitas fórmulas" para escapar desta tendencia á concentración, na que as persoas quedan desprotexidas e asumindo un enorme risco social. Na súa opinión deberíase tender cara a un modelo máis especializado, cun Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que actúe realmente como unha entidade pública de crédito que canalice o investimento cara ás pequenas e medianas empresas, que precisan de "máis apoio e máis interese". Límite ao desenvolvemento Como explica Rodríguez a este xornal, a concentración e a redución da oferta de servizos financeiros limita as políticas de desenvolvemento do país. Neste senso, lembra que algún dos referentes industriais da Galiza actual, como a cooperativa Coren, "foron posíbeis grazas a bancos de escala media" (Caixa Ourense neste caso). Tamén incide no feito de que detrás destas entidades estaba o tecido produtivo das principais cidades galegas, os comerciantes na Coruña (Caixa de Aforros da Coruña e Lugo) e o naval en Vigo (Caixavigo). Hoxe, todas esas caixas forman parte de Abanca, a principal entidade por volume de negocio da Galiza, que trata de gañar tamaño para evitar ser engulida por un dos xigantes estatais, como xa lle pasou a outras entidades galegas como o Banco Galego (Sabadell) ou o Pastor (Santander), coas consecuencias que iso tería para a economía galega. Acceso aos servizos As principais consecuencias dos procesos de integración son o fechamento de oficinas, os axustes dos cadros de persoal e, de cara á clientela, a redución da oferta de servizos, o que se traduce en máis dificultades á hora de acceder a empréstitos ou contratar produtos como depósitos, seguros ou plans de pensións. No caso da Galiza, o fechamento de oficinas supuxo un aumento da exclusión financeira en moitos núcleos do rural, agravada polas dificultades da clientela para acceder aos servizos de banca dixital, ben por descoñecemento ou por falta de infraestruturas. Neste senso, a revolución dixital, que está detrás do fechamento dalgunhas delas, pode ser tamén unha solución. Cada vez son máis as empresas fintech que ofrecen alternativas aos bancos tradicionais. Tamén hai cooperativas de crédito e outras experiencias de tipo colaborativo. E aínda sobrevive unha caixa de aforros galega, a Caixa Rural, que como apunta Rodríguez, "estará agradecida de que se esquezan dela para as fusións".
NOS_19045
As tres universidades galegas representadas nas organizacións Comités, Liga Estudantil e Iesga exixiron a demisión do titular español de Educación. Acto seguido, erguéronse dos asentos para non seren cómplices dos recortes. Quéixanse de que as propostas estaban fechadas "para que o estudantado as lexitimase", para alén de que o Consejo de Estudantes "non conta ca máis mínima lexitimidade"
@s representantes das tres universidades galegas que toman parte do Consejo de Estudiantes del Estado (CEUE), plantaron cara ao ministro de Educación, Ignacio Wert, e, após exixiren a súa demisión, abandonaron a sala de reunións. Os Comités, a Liga Estudantil Galega e Iesga, organizacións que toman parte do CEUE --órgano consultivo do ministerio de Educación español, en representación do estudantado universitario galego, saíron da sala pouco despois de dar comezo a sesión como mostra da súa "oposición frontal aos brutais recortes en educación que está levando a cabo o goberno do Estado". Iago Varela, representante dos Comités, asegurou que as organizacións estudantís galegas foran convocadas á xuntanza "só con 10 días de adianto" e tildou o pleno de "pantomima" pois o seu único obxectivo "era que o estudantado lexitimase a política de recortes" que vén desenvolvendo o goberno de Rajoy dende o comezo da lexislatura. "O decreto das taxas e a redución orzamentaria en ensino xa estaban aprobados", polo que as delegacións galegas en representación das universidades do país, decidiron amosar o seu rexeitamento á actitude do ministro e do goberno español, abandonando a sala de reunións pouco despois de comezar a xuntanza. A postura de "oposición frontal" partillárona, ademais de Varela, Adrián Dios --Liga Estudantil-- e Amelia Fraga --Iesga--. Segundo un comunicado que asinan as tres organizacións estudantís, a convocatoria chegou con seis meses de atraso respecto do disposto no regulamento do organismo --pasaron máis de 9 meses desde o último--, as decisións "xa estaban tomadas" e as medidas teñen "unha clara compoñente ideolóxica". Para alén destas consideracións, a Liga remarca que o CEUE "non conta ca máis mínima lexitimidade" como órganos de representación estudantil. O presidente é Wert, e o primeiro vicepresidente máis outr@s 5 integrantes "son postos a dedo, polo que de facto son sete postos no Consejo". As universidades privadas teñen a mesma representación. Xunto coas organizacións estudantís galegas saíron da sala @s representantes da Universidade Oviedo e das universidades andaluzas agás a de Córdoba. Segundo os Comités, o ministro afirmou que ía "haber máis reformas" inda que ese punto se tratou logo da saída d@s galeg@s, polo que non puideron saber os detalles das mesmas.
NOS_33056
Demo Editora presenta a segunda parte dunha serie de aventuras creada por Víctor Boullón e ambientada na Compostela do século XII.
Segundo volume desta serie do xénero de aventuras creada por Víctor Boullón e ambientada na Compostela do século XII. O primeiro número desta colección, Cidade sen alma, publicouno Demo Editorial en 2016 e tivo unha moi boa acollida entre o público infantil e xuvenil, tan orfo dunha oferta axeitada de banda deseñada no noso idioma. Aleida II. Cruzada / Victor Boullón / Demo Editorial / 2020 / 60 páxinas / 14 euros Na primeira parte a nosa heroína vivía unha serie de aventuras na cidade de Compostela, onde chegara co seu pai, un canteiro que viña a traballar na construción da Catedral co Mestre Mateo. Nesta segunda aventura Aleida emprende unha viaxe épica para recuperar as reliquias perdidas do Apóstolo, un periplo que a levará até Navarra e Mesina e na que irá acompañada polos seus amigos, León —o pai—, Casto –o asistente do Arcebispo de Santiago–, Lucas –a man dereita do pai–, Telmo e Crispo. A obra faise máis coral, aínda que evidentemente Aleida ten un peso específico moi importante na trama, e aumenta a nómina de persoeiros históricos da primeira entrega, desta volta Sancho VI, a súa filla Berenguela –outra muller de armas tomar– e o Rei inglés Ricardo Corazón de León. Aleida medrou nestes anos e o personaxe evolucionou a unha muller aventureira e moito máis asentada no liderado. Co personaxe tamén evolucionou o traballo de Boullón que non perde esa frescura que sorprendeu hai cinco anos e mantén certas reminiscencias que o aproximan a BD francobelga; nótanse as influencias de Uderzo no debuxo e nalgún momento mesmo podemos detectar trazas da escola de Marcinelle, mais o estilo de Boullón vaise concretando a un xeito propio, diferenciado e dinámico, nótase que o autor domina mellor os escenarios cunhas ambientacións e fondos máis traballados e un mellor tratamento da cor. Víctor Boullón dá continuación con este segundo traballo a esta divertida colección dirixida a un público infantil e xuvenil, de entre oito e catorce anos, e protagonizada por unha intrépida rapaza. Aquí non faltan a intriga nin a acción e a mestura entre feitos históricos e ficción servirá como vehículo que alimente a curiosidade dos novos lectores, transportados ao pasado polo lapis de Boullón. Moito se agradece, por certo, a afouteza da personaxe e o afastamento dos estereotipos das princesas Disney. Por último, agradecer o esforzo das responsábeis desta edición, Demo editorial e Librería Komic, e a aposta polo talento do país.
NOS_12746
Está organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros e a xornada reune navegación,cultura e lecer
Os Patexeiros foi creada tras a recuperación dunha embarcación no 2008 por parte dun grupo de amigos para asistir ao Festival Marítimo de Brest (Bretaña) e que ten como un dos seus principais símbolos a recuperación do último barco patexeiro, A Balbina, aínda en proceso, e a creación dunha competición de embarcacións tradicionais, a Copa Balbina. E pouco a pouco, con humildade e esforzo, van facendo o traballo Este sábado organzian en Sada un Encontro de Embarcacións Tradicionais.Unha xornada na que haberá navegacíon, claro (unha saída a navegar por unha ruta de Sada, Miño, Perbes, Lorbé e volta a Sada). Mais tamén vai haber música, gastronomía, exposicións...Unha cita na que están conviodadas diferentes organizacións e agrupacións que traballan no eido da cultura marítima e fluvial.
NOS_13714
Nin o Galiñeiro nin o Courel. O PP rexeita protexer os montes do Courel e o Galiñeiro e rexeita sendas iniciativas parlamentares encamiñadas a que estas serras sexan Parque Natural. Bota abaixo que o Galiñeiro forme parte do parque natural do Aloia a menos dunha semana da masiva camiñada que o reclamou en Vigo
O PP rexeita en comisión parlamentaria incluír a serra do Galiñeiro no parque natural do Aloia, como demandaron centos de persoas o pasado domingo na camiñada que atravesou os espazos sobre os que pesa a ameaza dun parque eólico. A proposta foi apresentada polo BNG, a través da deputada Carme Adán, quen reclamou ao goberrno galego protección para a serra e a anulación da autorización do parque eólico. "É incríbel que os populares alegaran para rexeitar a nosa proposta que esta serra non cumpre os requisitos para incluila no parque natural cando é o macizo máis emblemático do sur de Galiza" dixo Adán. Tamén botou por terra o PP a proposta de Alternativa Galega de Esquerda, que contou co apoio de todos os grupos da oposición, de crear o Parque Natural do Courel. O deputado David Fernández Calviño defende que o Courel "presenta unha das diversidades xeolóxicas e biolóxicas das máis importantes de Europa, concentrada nun pequeno espazo. É necesario protexelo".O PP só apoiou o punto no que se insta á Xunta a elaborar un plan de valorización económica do Courel. O grupo popular votou en contra, sen embargo, á elaboración do plan de ordenamento de recursos naturais e máis a creación do parque natural foron rexeitados,
NOS_18387
Xornalista e promotor musical, foi produtor de obras chaves da música galega, como 'Fonte do Araño' de Emilio Cao ou NHU.
Faleceu aos 76 anos de idade o produtor, comentarista e xornalista musical Nonito Pereira Revuelta, coruñés da colleita de 1943 e unha persoa sen a que non se pode entender momentos chaves da música galega. Foi impulsor do festival 'Noroteste Pop Rock', da Coruña, e como responsábel do 'PLaya Club' fixo que por alí desfilasen nomes da talla de Barracudas ou Fleshtones, entre outros. Foi responsábel do primeiro programa de Jazz feito na Galiza, en 1967, en Radio Juventud, que despois ampliaría a diversos estilos. Foi creador do selo discográfico 'Abrente' e como produtor é responsábel dalgunhas das obras chaves da música galega. Aí está, por exemplo, o 'Fonte de Araño' (1977), de Emilio Cao, toda unha revolución. Ou o disco 'Milladoiro', de Rodrigo Romaní e Antón Seoane e que sería o primeiro paso do que é un dos grandes nomes do folk galego: Milladoiro. Produciu tamén grupos como NHU, banda de rock underground que a finais dos 70 apostou polo galego. Pereira recibiría en 1978 o premio 'Record World' como produtor, un dos máis importantes do sector.
NOS_8652
Foi unha figura chave do século XX. Nelson Rolihlaia Mandela simbolizou o combate por todos os medios contra o racismo, a desigualdade e o colonialismo. Naceu hai practicamente 100 anos -o 18 de xullo- en Sudáfrica e morreu en 2013. Presidente do seu país entre 1994 e 1998 -o tramo máis controvertido da súa vida-, Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade recolle, en forma de novela, a súa axitada existencia.
Editada por Faktoría K -o selo de Kalandraka dedicado á literatura para adultos-, a biografía é do profesor Antonio Lozano (Tánxer, 1956). Da versión galega encargouse o crítico e novelista Ramón Nicolás. "Todo aquilo que se conta sobre Nelson Mandela é estritamente conforme ao que foi a súa vida e a súa obra política", di a Nota aclaratoria, "mais tamén algo de novela e, xa que logo, aparecen varios personaxes de ficción a través dos que nos chega a historia". Desde a editorial indican que o libro "conta fielmente como foi a súa vida e como desenvolveu a súa obra política. Tamén narra os momentos máis importantes de Mandela na súa loita contra a segregación racial". A obra está enfocada a "lectores e lectoras xuvenís e adultos" e inclúe dous anexos, un sobre os textos do personaxe Walter "para o museo de Qunu sobre os momentos maís importantes de Mandela na súa loita contra a segregación racial". Outro, con frases célebres do líder. "Deixade que campe a liberdade. O sol nunca iluminou un logro humano máis glorioso", di unha desas sentenzas. Outra: "Os países colonizias nunca desenvolveron realmente África. As pequenas infraestruturas que crearon estaban sempre dirixidas ao colonizador, nunca á poboación autóctona". Desde 2010 e a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 18 de xullo de cada ano é o Día Internacional de Nelson Mandela. Zweig, Twain, Esopo A historia de Mandela non será a única novidade de Faktoría K. O selo prepara ademais edicións en galego de Unha historia detectivesca de dobre canón, de Mark Twain e tradución de Antía Veres Gesto, e do portentoso Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig en versión de Laureano Araújo . Ademais, Kalandraka publicará un volume de Fábulas de Esopo adaptadas por Xosé Ballesteros -director da editorial- e con ilustracións de Dani Padrón, e mais Unha historia, con texto e debuxos de Marianna Coppo, traducida por Ballesteros.
NOS_45495
Múltiples escándalos e inxerencias inzan os seus tres meses no cargo.
Manuel Moix demitiu esta quinta feira como fiscal anti-corrupción. A nova de que era propietario de 25 por cento dunha sociedade nun paraíso fiscal como Panamá foi a pinga que obrigou Moix a tirar a toalla e deixar o cargo. O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, destacou que nesta cuestión "non existiu ningún tipo de ilegalidade ni irregularidade, nin sequera incompatibilidade" por ser titular de accións dunha sociedade patrimonial. O até agora titular da Fiscalía Anticorrupción xa estaba en entredito por outras cuestións. Nunha conversa gravada durante as investigacións do Caso Lezo, Eduardo Zaplana e Ignacio González estaban desexosos de que Moix fose nomeado fiscal anticorrupción. Tamén se acusou Moix de querer frear presuntamente as pesquisas desta trama de corrupción do goberno do PP de Madrid na Canle Isabel II. Tanto o ministro Catalá como o presidente Rajoy apoiaron Moix nun primeiro momento. Mais as últimas novas situárono nunha situación máis que difícil e o goberno retiroulle o apoio.
PRAZA_6044
O Parlamento acolleu os actos de conmemoración do 70 aniversario da publicación en Bos Aires do Sempre en Galiza. Para o presidente da Xunta "facelo refén da Galicia de onte ou dunha única parte da Galicia de hoxe é non entender a liberdade pola que el tanto loitou"
O 10 de marzo de 1944 saía do prelo en Bos Aires o volume Sempre en Galiza, publicado polo Centro Ourensán baixo o selo da súa casa editorial, As Burgas. Uns meses máis tarde, o 2 de xullo, a obra era presentada publicamente, no marco do banquete de homenaxe a Castelao nos salóns do céntrico hotel Prince George's Hall da cidade bonaerense ao que acudiron, segundo as crónicas da época, máis de dous mil comensais. Ao longo deste ano 2014 distintos actos están celebrando o 70 aniversario da publicación da obra, coma por exemplo o organizado o pasado 30 de maio na capital arxentina polo Centro Galego de Bos Aires, o Instituto Argentino de Cultura Galega e a Real Academia Galega. Ou o que este venres pola mañá tivo lugar no Salón dos Reis do Parlamento galego, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Castelao. Alí, nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, representantes de distintos ámbitos da sociedade galega (Víctor Freixanes, Inma López Silva, Marcial Gondar, Siro López, Xesús Palmou ou Margarita Ledo) leron pasaxes do Sempre en Galiza, ao tempo que destacaron os valores da obra e do seu auto. O acto pechouse coa intervención de Núñez Feijoo. O presidente da Xunta destacou que a obra "destila o devezo dunha Galicia culta e formada, consciente do valor do seu patrimonio e das súas capacidades; conectada a Europa, con voz propia no mundo e dotada dos medios para decidir" O presidente da Xunta destacou que a obra "destila o devezo dunha Galicia culta e formada, consciente do valor do seu patrimonio e das súas capacidades; conectada a Europa, con voz propia no mundo e dotada dos medios para decidir, en liberdade, os termos do seu presente e do seu futuro". Núñez Feijoo destacou que os pensamentos de Castelao "continúan vixentes nos nosos días", pero engadiu que "sería pouco útil achegarse coa actitude propia dunha análise estática, tanto como cinguirse ao interpretalos á súa mera literalidade, ignorando por completo as circunstancias as que foron escritos". Feijoo concluíu que "Sempre en Galiza é un regalo que Castelao nos fixo tamén a todos os galegos" e que nese senso "facelo refén da Galicia de onte ou dunha única parte da Galicia de hoxe é non entender a liberdade pola que el tanto loitou". Feijoo fixo fincapé en que o país conta "con servizos públicos universais" ou que "ten tres universidades públicas que fornecen a sociedade de masa crítica e de talento para o progreso" Núñez Feijoo destacou que Galicia, "un país novo", foi construído en gran parte "coa argamasa do seu ideario" e destacou que "emprega con normalidade e lle dá sitio en todos os ámbitos da vida pública e privada ao seu idioma propio, recoñecido como lingua oficial ao carón do castelán". Tamén subliñou que "somos hoxe en día a Galicia democrática que desbota os fanatismos, que elixe o seu propio Parlamento, e que debate aquí o modo de xestionar asuntos que lle atinxen directamente". Tamén fixo fincapé en que o país conta "con servizos públicos universais" ou que "ten tres universidades públicas que fornecen a sociedade de masa crítica e de talento para o progreso". O presidente da Xunta concluíu que os "enormes desafíos" que Galicia ten por diante "seguen a facer imprescindible o poder mobilizador do galeguismo construtivo de Castelao", destacando que "é un país mellor grazas aos que, como Castelao, fixeron callar a idea de que podía selo". "Un libro que marcou o pensamento de sucesivas xeracións galegas" "Sen este texto, seriamos máis pobres intelectualmente e menos dignos politicamente", concluíu No acto tamén interveu Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, que destacou que "hoxe recordamos un libro que marcou o pensamento de sucesivas xeracións galegas e un autor que foi un símbolo para os seus coetáneos e para a posteridade". Villares tamén salientou, en referencia á homenaxe que hai 70 anos recibira Castelao que "aquel banquete merece ser recordado porque aquela xente quixo facer un acto de afirmación no ideal político que representaba o primeiro dos exiliados galegos nunha cidade chea de emigrados". Segundo o presidente do CCG, co libro "recordamos un autor que se volveu xa en vida un guieiro e que despois da súa morte sería convertido nun símbolo para os seus coetáneos e para a posteridade, algo ben difícil nunha Terra moi dada a ter ollada de mordomo respecto dos seus líderes". Para Villares, Castelao "tivo a coraxe de escribir un libro que ao mesmo tempo é un relato das experiencias políticas do autor, un ensaio que anovaba decisivamente a Teoría do nazonalismo galego de Vicente Risco, e un longo catálogo de propostas para o porvir inmediato e, mesmo, de utopías galegas". "Sen este texto, seriamos máis pobres intelectualmente e menos dignos politicamente", concluíu. CCG, Galaxia e USC elaboraron unha app que contén o Sempre en Galiza completo e numerosos contidos adicionais Desde este venres, ademais, os sitios webs do Consello da Cultura Galega poñen a disposición dos usuarios unha aplicación para dispositivos móbiles (Apple e Google Android) que consiste na edición dixital aumentada do texto. O Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia, coa colaboración do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela, elaboraron unha app que contén o Sempre en Galiza completo e numerosos contidos adicionais, como os estudos sobre o proceso de creación e documentación da obra, materiais adicionais, biografías de Castelao, fotogalerías, vídeos, etc.
NOS_35910
Segundo o diario El Mundo, no contrato asinado polo xerente socialista, Xoán Cornide, este asegura terse reunido coa falsa xornalista cuxa remuneración se situaba en perto de 3000 euros por artigo. O xerente do PSOE, moi próximo a José Blanco, xa se atopaba inmerso nun caso de corrupción en 2011.
Após a publicación do escándalo dos sobresoldos en negro cobrados pola cúpula do Partido Popular durante dúas décadas; o diario español El Mundo facía público a pasada semana un outro caso de corrupción, desta volta no seo do PSOE. Neste senso, o director da Fundación Ideas, Carlos Mulas, tería inventado unha columnista denominada Amy Martin a través da cal chegou a facturar perto de 50.000 euros entre 2010 e 2011. Esta segunda feira, El Mundo asegura na súa capa que o xerente socialista, Xoán Cornide --tamén responsábel da xerencia do partido-- asinara o contrato con Martin e aseguraba terse reunido con ela. No entanto, após coñecerse o escándalo, a dona do presidente de Ideas afirmaba nun comunicado que ela propia era a columnista polo que esa suposta persoa non existiría. Segundo o diario español, Cornide tería incorrido en delitos de "falsedade documental mercantil" ao achegaren mesmo un número de identidade da suposta xornalista e escritora. O xerente do PSOE, Xoán Cornide, estivo implicado nun caso de suposta corrupción en 2011 O documento contractual --ao que tivo acceso El Mundo-- recolle unha remuneración "estratosférica" por "artigos de análise e opinión sobre cuestións globais de interese" que posteriormente eran pendurados no portal web da Fundación. Así pois, a xornalista tería percibido perto de 3000 euros por un artigo intitulado Clinton vs a ONU, isto é, arredor de 0,16 céntimos/caracter. No entanto, a contía aumentaba se esta auto-traducía os seus propios textos polo que cobraba 0,10 céntimos máis. Segundo apunta El Mundo, o xa ex-director de Ideas, tería percibido sobresoldos a través da creación desta outra identidade. Remuneracións que viñan a se sumar aos 5000 euros pensuais que cobraba como dirixente da Fundación socialista. O 'caso Cornide' de 2011Xoán Cornide, oriondo de Ferrol, xa estivo inmerso noutro caso de corrupción o pasado ano 2011. Naquela altura, o xerente do PSOE --home de confianza do ex-ministro e deputado español José Blanco, tería participado nun escándalo de corrupción en Ferrol a través da construtora Extraco. O caso --tamén feito público por El Mundo-- salfería ao propio Blanco quen --daquela ministro de Fomento-- tería empregado un tratamento de favor cara ao seu compañeiro de filas adxudicándolle obras públicas de grande relevacia económica como o tramo do AVE Lalín Ourense.
NOS_17542
A xornada reivindicativa realizada esta cuarta feira pola Plataforma 'Monfero Di Non' contou cunha reunión de varios colectivos que decidiron activar mobilizacións nos vindeiros meses.
A Plataforma Monfero Di Non reuniu durante toda esta cuarta feira ducias de persoas nunha xornada reivindicativa contra os macroparques eólicos. Desde mediodía e até a medianoite celebrouse na contorna do Mosteiro de Monfero a segunda edición da romaría de San Lourenzo. A plataforma organizadora, Monfero Di Non, reuniu tamén no lugar varias plataformas que anunciaron que preparan mobilizacións "antes das vindeiras eleccións municipais", segundo fontes consultadas por Nós Diario. Organizan unha romaría en Monfero contra os 'macroeólicos' A xornada, malia momentos de choiva, contou cunha misa "antieólicos" oficiada polo párroco de Xestoso, Luís Rodríguez Patiño. Pola tarde tiveron lugar varias actuacións musicais e un roteiro guiado polas inmediacións do mosteiro. No mesmo lugar reuníronse varios colectivos da comarca e movementos sociais da Coruña e Ferrol que finalizaron á medianoite cunha lectura "simbólica do tarot" para tentar descifrar o seu futuro e as súas estratexias futuras en contra dos macroparques eólicos. Desde Monfero Di Non lembran que defenden "un sistema de enerxías renovábeis baseado no autoconsumo e na creación de comunidades enerxéticas, un modelo no que a enerxía se produza ao carón de onde vai ser consumida". Carballo alega contra un proxecto de alta tensión O Concello de Carballo presentou esta cuarta feira alegacións contra o proxecto dunha liña de alta tensión de 66 quilowatts destinada a evacuar a enerxía xerada polos parques eólicos Monteagudo e Pedra Queimada polo seu impacto ambiental. O cura de Xestoso (Monfero) acusa os bispos españois: "Nunca obraron ben, eran cómplices e colaboradores dos sacerdotes pederastas" Denuncia nun comunicado a "afectación paisaxística" que suporía o proxecto, que prevé a construción dunha liña de case 14 quilómetros polos municipios de Arteixo, A Laracha e Carballo, concello no cal habería un tramo baixo terra de 46 metros e outro aéreo de case dous quilómetros. Así mesmo, advirte que o trazado afecta a zonas de "sensibilidade ambiental máxima" e que se atopa "moi próxima a outras xa existentes". Alén diso, piden que se avalíe "a posíbel afección sobre os acuíferos da zona e os impactos dos cruzamentos da liña de alta tensión cos ríos existentes no trazado". Por último, o Concello asegura que o proxecto "incumpre" a Lei galega de prevención e defensa contra os incendios forestais, cunha proposta de distancia duns dous metros para a xestión da biomasa, mentres que a lei obriga a xestionala nunha franxa de cinco metros.
NOS_19348
Filme de xénero e exercicio de estilo técnico notábel, cunha lección de como encadear planos secuencia e facer un emprego do plano subxectivo (vemos polos ollos do protagonista). Todo iso está en Maniac, a escolla desta fin de semana do noso crítico Andrés Castro.
MANIACAno: 2012Duración: 90 min.Nacionalidade: FranciaDirector: Franck KhalfounGuión: Alexandre Aja e Grégory LavasseurFotografía: Maxime AlexandreMúsica: Robin CoudertReparto: Elijah Wood, Nora Arnezeder, America Olivo, Morgane Slemp, Loane Balaban, Genevieve Alexandra SINOPSEFrank (Elijah Wood) ten unha tenda de manequíns. Un día coñece a Anna (Nora Arnezeder), unha fotógrafa que lle solicita axuda para unha exposición e pronto fan amizade. Pero Frank agocha un escuro e perturbador segredo co que terá que lidar para que non esperten os seus desexos máis profundos. CRÍTICAChega con dous anos de retraso (presentouse na premiere do Festival de Cannes do 2012) este slasher francés protagonizado por Elijah Wood e producido (e guionizado) por Alexandre Aja e Grégory Lavasseur, un dos tándem máis prometedores dos últimos tempos. Alternando entre dirección e produción ambos están dando un novo impulso ao xénero ("Alta tensión", "Os outeiros teñen ollos" ou "Reflexos"). Nesta ocasión deixan a dirección a outro compatriota Franck Khalfoun, co que xa colaboraran en "Parking 2", que a pesar do nome non era unha segunda parte de nada. "Maniac" é un remake daquela película de culto homónima de 1980 dirixida por William Lustig. Segue habendo sangue, vísceras e asasinatos violentos, pero nesta ocasión a dirección prima por riba de todo. Khalfoun fai unha película onde nos poñemos literalmente nos ollos do asasino. Toda a película está feita en plano subxectivo, é dicir, o que vemos é directamente o que está a ver o asasino. A cámara sitúase á altura dos seus ollos. As personaxes (e vítimas) falan directamente á cámara, e por tanto ao espectador, facéndoo partícipe dunha especie de xogo macabro non apto para mentes sensibles. Ben, toda a película non é completamente en plano subxectivo: nas fantasías, soños e un par de secuencias onde parece saír en éxtase tras asasinar, a cámara sae dos ollos e vese a Elijah Wood de corpo enteiro. Tamén xoga cos reflexos nos cristais, espellos, coitelos e demais para mostralo. De feito desde o primeiro momento xa sabemos quen é o asasino a través dun retrovisor e déixao ben claro cun título xigante en vermello que pon o título do filme, pero a cuestión no é ocultar o seu rostro ou descubrir quen é o asasino. Preténdese máis ben transmitir ao espectador as paranoias dun maníaco mestura entre Norman Bates e Hannibal Lecter. A medida que avanza, o filme vai tornándose nun máis difícil aínda de xiros e cámara en man Que o tolo sexa o bo de Frodo, é unha mera circunstancia que logra, se cabe, facelo algo máis inquietante. Xunto a Elijah Wood, a actriz francesa Nora Arnezeder ("O que o día debe á noite", "Angélique"), que fai da fotógrafa da que se namora o maníaco. Cumpre o rol de moza que sabemos que non vai acabar pasándoo moi ben... A pesar de desenrolarse na época actual hai en "Maniac" unha estética oitenteira potenciada pola música de sintetizadores, en plan cutre, de Robin Coudert ("Populaire", "Rock the Casbah"), músico francés de pop/rock máis coñecido coma Rob e por ser o produtor musical da adolescente Alizeé. Pega ben co filme e de paso faille homenaxe ao filme de Lustig no que se basea. Pero o que realmente chamará a atención, e polo que pasará á historia este filme, é pola elección de facer toda a película co recurso do plano subxectivo, e por riba acadar facelo interesante. É certamente curioso como Khalfoun resolve certos planos secuencia. A medida que avanza o filme vai tornándose nun máis difícil aínda de xiros e cámara en man, pero sen chegar a saturar, alternando recursos de espellos ou ensoñacións. Unha dirección máis que notable apoiada nunha excelente fotografía de Maxime Alexandre (habitual do binomio Aja–Lavasseur) e nuns efectos especiais realistas que por momentos homenaxean a George A. Romero e que poden revolver o estómago a algún espectador impresionable. Faltaba na carteleira unha boa película de xénero que inquietara ao espectador ata revolverse na butaca. "Maniac" conségueo...
NOS_44646
Talabarte, o trío formado por Quim Farinha, violín; Pedro Pascual, acordeón diatónico, e Kin García, contrabaixo, acaba de publicar o seu segundo traballo, 'Fake', que vén en formato libro-disco con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide.
- Na web dicides "cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Cal é a relación entre esas historias e a música de 'Fake'?- Quim Farinha: Pensamos nas historias que queríamos contar e paralelamente fixemos as músicas. Nalgúns casos si que están inspiradas nas historias e noutros relacionámola, por exemplo, co título. Mais sempre hai algo suxerente na música que te leva á historia. Sempre existe esa conexión. En cada tema poderíamos mirar con lupa e atopar sempre conexión. -Este disco preséntase nun formato moi coidado, nun libro con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide. E en inglés. Entendo que é para vós unha prioridade saír fóra, máis aínda despois de participar no pasado Womex, non?- Pedro Pascual: Por suposto. Aquí somos un público potencial de 2 millóns e medio de persoas. É absurdo pensar só na Galiza. - Q.F: Non quixemos desbotar a posibilidade de que este libro fose lido no extranxeiro, por iso quixemos poñelo en inglés. Se o poñemos só en galego estamos limitando a venda do produto a Galiza. - Kin García: Ademais Talabarte é un grupo que funciona moi ben fóra. Decatámonos de que certos clixés que aquí son dubitativos cando imos a fóra convértense nunha verdadeira esencia do grupo. Kin García: "Talabarte é un grupo que funciona moi ben fóra. Decatámonos de que certos clixés que aquí son dubitativos cando imos a fóra convértense nunha verdadeira esencia do grupo". - Compílanse ritmos como mazurcas, milongas, polskas, muiñeiras, etc. Até algunhas cancións teñen ese nome por título. Que pretendedes conseguir con esta mestura?- P.P: Non é nada premeditado. A galega é a música que mamamos desde sempre, mais temos moita influencia de ritmos europeos. Tamén hai unha certa inspiración americana. Somos un grupo desde Galiza para o exterior. Bebemos de aquí, mais queremos que a nosa música se escoite fóra e nós tamén escoitamos moita música de fóra. - K.G: Talabarte realmente é iso. Unha música atemporal que non se nutre de nada, senón que facemos a música que nos gusta. - No primeiro disco comentábades que había bastante improvisación. Neste caso tamén?- Q.F: Seguimos sendo Talabarte. Ás veces hai xente que che comenta que a música é igual. Nós somos os mesmos músicos e tocamos os mesmos instrumentos. Con todo, sempre hai evolución entre o anterior e este. Mais é a música que facemos. - P.P: É importante destacar que facemos música sen ningún condicionante nin presión. - Q.F: Aínda que tardemos tamén se compensa co resultado, xa que é un disco de 72 minutos. Pedro Pascual: "Tentando escoitar desde fóra vexo este disco máis descriptivo que o outro. Ten que ver coa música descriptiva que ás veces nos lembra á música de bandas sonoras e outras veces a músicas do século XX, como pode ser o impresionismo". - En canto ao proceso creativo, afirmades que hai evolución entre o primeiro disco e 'Fake'? Cal é a principal mudanza como creadores?- P.P: Tentando escoitar desde fóra vexo este disco máis descriptivo que o outro. Ten que ver coa música descriptiva que ás veces nos lembra á música de bandas sonoras e outras veces a músicas do século XX, como pode ser o impresionismo. A nivel pictórico é o as cores do disco son distintas ao outro. A nivel musical seguimos sendo os mesmos e seguimos facendo temas longos. Para establecer unha viaxe en calquera discurso artístico convén que haxa unha presentación, clímax e unha resolución. Entón necesitamos tempo para plasmar todo iso. Por outra banda, tamén nos coñecemos máis neste disco. - Q.F: Tamén hai que ter en conta a evolución individual de cada un. Temos máis experiencia. - En varias das pezas aparecen entre parénteses unha aclaracións moi curiosas. Como é o caso de Sísamo Road: "traditional from Sísamo, Bergantiños, as learned from Adelaida Varela". Contádenos a historia que hai detrás. - P.P: É un paso dobre dun sitio de aquí que se chama Sísamo e que canta unha señora. Sempre facemos alusión ás señoras porque sobre todo eran elas as que transmitían este repertorio. Nun ensaio xurdiu o xogo de palabras da serie infantil Sesame Street. Estábamos pensando en poñer Sísamo Street. Ao final fixemos a relación entre esa música, o fake de Paul McCarthey e o tema 'Abbey Road'. Quixemos xuntas esas ideas e quedou así. Pedro Pascual: "O artista perde o interese pola súa obra cando está rematada". - O título é o último que chega?- P.P: Normalmente si. O proceso é moi longo e o título xeralmente aparece máis cara ao final. Neste caso tamén tivemos en conta os textos e títulos de Meixide. Relacionamos iso coa música e os títulos van encaixando. - Decidistes facer a presentación de 'Fake' na Fundación Eugenio Granell. Por que? - Q.F: É unha especie de meca do surrealismo aquí na Galiza. Gústamos moito o surrealismo. De feito, o disco ten unha compoñente de surrealismo bastante grande. -P.P: Reivindicamos o movemento surrealista na Galiza. Para as presentacións, que de feito estámolas preparando agora, sempre escollemos sitios que teñan unha enerxía especial e momentaneamente convertímolos en auditorios. -Tedes datas para as presentacións?-Q.F: Imos facelas despois de Nadal. Estamos pechando os concertos que nos quedan. Kin García: "O obxectivo da música é emocionar o público e que nós nos emocionemos con ela. Que iso sexa un vínculo común para todo o mundo. Se fose por gañar cartos dedicaríamonos a outra cousa". - Dos 12 temas que conforman 'Fake' con cal vos identificades máis?- P.P: O artista perde o interese pola súa obra cando está rematada. - K.G: Eu non escoitei máis o disco. Prefiro esquecer todas as partes da música. Pásame iso con todas as músicas que fago. Así despois cando a escoite de novo sorpréndome. O obxectivo da música é emocionar ao público e que nós nos emocionemos con ela. Que iso sexa un vínculo común para todo o mundo. Se fose por gañar cartos dedicaríamonos a outra cousa. - Q.F: Perdes tanta enerxía no proceso de creación que chega un momento que xa te esqueces. Despois o que interesa é o retorno da xente.
PRAZA_17020
Cómpre desmontarmos a estrutura androcéntrica –da cal forma parte a cultura da violación– que aterroriza as mulleres, degrada os homes, empequenece a sociedade e dinamita a confianza na xustiza e na democracia, e cómpre implementarmos un modelo afectivo e sexual igualitario. Os homes deben implicarse na construción dunha nova masculinidade desvinculada do privilexio, incluído o sexual.
1. A pedra de escándalo. A sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Navarra, do 20 de marzo de 2018 (publicada o 26 de abril), que xulga uns actos cometidos por un grupo de cinco homes coñecido como la manada, suscitou unha indignada resposta cidadá (e tamén algunhas reaccións políticas imprudentes, oportunistas e populistas) que tivo un amplo eco mediático. 2. Os feitos. A sentenza considera probado que os homes introduciron sen violencia unha muller de dezaoito anos nun reducido habitáculo a través dun portal. Debido á súa profunda alteración emocional, a muller quedou bloqueada e non puido reaccionar –adoptando, en consecuencia, unha actitude de sometemento e pasividade– cando os cinco homes que a tiñan rodeada e oprimida, máis fortes e maiores ca ela, a espiron e realizaron con ela prácticas sexuais por vía oral, vaxinal e anal. 3. A falta de consentimento. A sentenza afirma que os cinco homes abusaron da súa superioridade manifesta, de maneira que as prácticas sexuais tiveron lugar sen a aquiescencia da muller, que ficou rendida á vontade dos homes e foi utilizada como un mero obxecto. En efecto, adoitamos pensar que ante unha agresión só cabe fuxir ou loitar, pero o que acontece moi a miúdo (probabelmente a maior parte das veces) é que a vítima fica paralizada por mor do pánico. Pode ser pois un grave erro de apreciación confundir esta petrificación intuitiva co consentimento. A sentenza non comete este erro. 4. Unha sentenza meditada. E incorrecta. Da sentenza dedúcese unha auténtica preocupación da maioría do tribunal por describir fielmente os feitos e por valoralos con fundamento legal e xurisprudencial. Os xuíces estudaron este difícil caso durante meses e con moito tino, e ditaron unha sentenza razoada. Unha sentenza que impón unha pena severa para un delito grave. Unha sentenza, porén, incorrecta. En efecto, a maioría do tribunal cualifica os feitos xulgados de abuso sexual (artigo 181 do Código penal) porque non aprecia a concorrencia dos medios que integran o concepto normativo da agresión sexual (artigo 178): a violencia (forza física) ou a intimidación (constrinximento psicolóxico). 5. Un grave erro xudicial. O detallado relato dos feitos probados non dá lugar á conclusión de que houbo intimidación e, polo tanto, unha agresión sexual. Porén, é dificilmente imaxinábel que, no contexto tan ben descrito na sentenza, unha muller acurralada por cinco homes nun espazo illado non se sinta obxectivamente intimidada, non se sinta, dun xeito implícito pero claro e suficiente, ameazada cun mal grave. A sentenza é incoherente e ilóxica porque narra perfectamente unha agresión (unha violación, de feito, é dicir: unha agresión sexual agravada) pero castiga un abuso. É, polo tanto, inxusta. 6. A perspectiva machista. Por que é unha sentenza inxusta se houbo un xuízo xusto, respectuoso coas garantías procesuais? Non é porque a maioría do tribunal desconfiase da vítima –foi mesmo empática con ela–, senón porque, inserta na nosa tradición xudicial patriarcal, non soubo meterse na pel da muller agredida, non enfocou os feitos desde o marco conceptual da perspectiva de xénero, que capta a experiencia da violencia sexual desde un ángulo que os homes descoñecen. 7. As tres leccións aprendidas. Esta sentenza ofrécenos a oportunidade de reflexionar racional, cautelosa e construtivamente sobre: (a) A formación dos operadores xurídicos en materia de xénero. Os xuíces, por exemplo, non poden abordar os delitos contra as mulleres con estereotipos sexistas. O sexismo é inxusto. (b) A reforma do Código penal. Poden estudarse basicamente dúas opcións: unha diferenciación mellor entre o abuso e a agresión, para que un tocamento non poida subsumirse no mesmo tipo que os feitos descritos nesta sentenza; ou ben un único tipo de agresión sexual con circunstancias agravantes. En todo caso, parece chegado o momento de descartar a esixencia de violencia ou intimidación para que o sexo non consentido sexa considerado unha agresión. (c) A valoración colectiva do machismo como ingrediente tóxico da nosa cultura. Cómpre desmontarmos a estrutura androcéntrica –da cal forma parte a cultura da violación– que aterroriza as mulleres, degrada os homes, empequenece a sociedade e dinamita a confianza na xustiza e na democracia, e cómpre implementarmos un modelo afectivo e sexual igualitario. Os homes deben implicarse na construción dunha nova masculinidade desvinculada do privilexio, incluído o sexual. Publicidade
NOS_25652
"A deterioración nas condicións de vida desde 2020, cunha pandemia, unha guerra cos seus efectos sobre a economía e unha inflación elevadísima, fainos prever a posibilidade de que os niveis de sufrimento medren notabelmente na poboación", advirten desde o Colexio de Psicoloxía da Galiza.
O Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza (COPG) vén de exixir que se dea cumprimento aos compromisos incluídos no Plan de Prevención de Suicidio, aprobado pola Xunta en 2017 e do que, lamenta a institución, "a día de hoxe non se coñece a execución, con medidas sen desenvolver cinco anos despois". Con motivo do próximo Día Mundial para a Prevención do Suicidio, este sábado, lembran que para atallar este "grave problema de saúde pública" son necesarias "políticas públicas que dispoñan dos recursos precisos". Apuntan tamén, na liña do expresado nesta mesma sexta feira polo Movemento Galego pola Saúde Mental, que os últimos datos dispoñíbeis son de 2020, "xa que non se dispón de estudos e informes máis recentes nin pormenorizados máis aló dos datos sobre mortalidade que publica o Imelga (Instituto de Medicina Legal da Galiza)". Así, recollen que o país presentaba en 2020 unha taxa de 13,11 suicidios por cada 100.000 habitantes, case o dobre da media estatal (7,79), tornando deste modo no segundo territorio cunha proporción máis elevada, só por detrás de Asturias. "Está aumentando a frecuencia e a gravidade das condutas autodestrutivas" Posíbel repunta dos suicidios "A deterioración nas condicións de vida desde 2020, cunha pandemia, unha guerra cos seus efectos sobre a economía e unha inflación elevadísima, fainos prever a posibilidade de que os niveis de sufrimento medren notabelmente na poboación", advirten no comunicado, no que urxen a "preparar o sistema sanitario e social para protexer os máis vulnerábeis". Só en 2020, insisten, faleceron por suicidio 207 persoas na Galiza, "case unha cada día". Segundo estima a Organización Mundial da Saúde (OMS), por cada suicidio consumado hai 20 intentos, o que implicaría que a ideación autolítica estaría presente nunhas 6.000 persoas na Galiza. Así as cousas, desde o COPG solicitan unha "aposta decidida" pola prevención, o que incluiría dar cumprimento ao que se recolle no Plan de Prevención do Suicidio, así como cuestións como a investigación epidemiolóxica sobre a conduta suicida e a rendición de informes sobre o desenvolvemento de cada unha das 37 medidas recollidas no documento. Rosa Cerqueiro: "Se o contexto é de tensión social, de non saír da situación, hai un aumento no risco" de suicidio Insisten a este respecto que a atención psicolóxica en Atención Primaria, "cunha mínima implantación na Galiza", é unha das medidas eficaces para a prevención da conduta suicida, "polo que é imprescindíbel reforzar a presenza de psicólogos nos distintos contextos para realizar esa abordaxe preventiva e asistencial, non só na sanidade, senón tamén na educación e nos servizos sociais comunitarios dos concellos". Unidades de prevención Pola súa parte, a Xunta informou tamén nun comunicado de que o país contará en 2022 con unidades de atención a persoas en risco de suicidio en todas as áreas sanitarias. Así, coa creación de cinco novas unidades, a Administración galega prevé que este ano todas as áreas conten con este tipo de atención especializada, segundo o previsto no Plan de Saúde Mental da Galiza 2020-2024. Aprobado "por práctica unanimidade" o Plan de Acción Estatal de Saúde Mental 2022-2024 Cada unha delas conta cun equipo específico de profesionais composto por persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermaría especialista en saúde mental. Estes profesionais forman parte dos 120 que se incorporaron aos servizos de saúde mental desde a posta en marcha do mencionado plan: 34 psicólogos, 37 psiquiatras, 26 enfermeiros especialistas e 12 traballadores sociais, entre outros. Nesta liña, e con vistas a garantir a cobertura de prazas nestas novas unidades de atención, o Goberno enviará unha lei ao Parlamento que permita cubrir cada posto por concurso de méritos, "garantindo que ningunha destas prazas quede vacante". No escrito, a Xunta lembra tamén que apoia diferentes entidades sociais para a realización de programas sociosanitarios no ámbito da prevención do suicidio. No que atinxe á intervención sociocomunitaria, o Sergas impulsa unha serie de programas en cooperación coas entidades sociais a través dunha liña de axudas. En 2021, a Xunta destinou 64.580 euros a cinco programas dos que se beneficiaron 935 persoas, das que 461 eran mulleres e 474 homes. En 2022 incrementouse a partida até os 100.000 euros, financiando oito programas dos que se benefician 1.725 persoas, das que 771 son mulleres e 954 homes.
NOS_39700
Xavier Vence e Guillerme Vázquez solicitan que a Xunta "poña fin á comedia política que comezou coas caixas e facilite o crédito ao tecido produtivo".
"A economía deste país non pode esperar máis, necesita medidas para pórlle fin a este proceso de destrución", afirmou Xavier Vence, economista e membro do Consello Nacional do BNG, que acompañado do voceiro nacional da formación, Guillerme Vázquez, presentou unha serie de achegas co obxectivo de que "Galiza se dote dunha banca pública que se converta nunha ferramenta de crédito para reactivar a economía produtiva". Guillerme lembrou que "incluso dentro do capitalismo" existen países onde a banca pública ten un importante peso, uníndose así á argumentación de Vence: "Todos os estados emerxentes fornecéronse cun músculo financeiro público, como ocorre en Brasil e outras nacións de América do Sur. Pero tamén en Noruega, en Austria ou incluso en Alemaña dáse esa circunstancia. A nivel local ou de landers existe unha rede de tamaño mediano na que reside boa parte do financiamento das pequenas empresas. En contra da idea neoliberal instalada a partir dos anos noventa, a banca pública é unha realidade existente". Vence explicou as fórmulas que o BNG considera acaidas para que Galiza poida contar cunha banca afastada do modelo privado. A máis viábel pasaría por "converter o 92% de Novacaixa Banco que agora pertence ao FROB nunha participación pública permanente transferida á Xunta". Outra opción sería a creación dunha nova banca por parte do goberno galego, que só necesitaría 18 millóns de euros para botar a andar se ben, como é lóxico, tería que sumar despois una importante captación de aforro. Como terceira posibilidade, o Bloque lembra que tamén se podería renunciar ao proxecto de Novagalicia Banco e reconstruír unha caixa con control público a partir da "infravaloración" de 180 millóns de euros que aínda conserva NovaCaixaGalicia. Pola súa parte, cun perfil máis político, Guillerme Vázquez, afirmou que a existencia dunha banca pública "demostra que existen alternativas ao pensamento único do capital financeiro". "Queremos apostar polo tecido produtivo e o autogoberno de Galiza, ten que rematar a comedia que se iniciou coas caixas de aforro galegas vendidas a prezo de saldo como xa anunciara o BNG que ía a pasar. Estamos ante un fracaso de Feijóo, que ademais segue sen dar explicacións e escapa da comisión de investigación parlamentaria que solicitamos". O voceiro do Bloque tamén falou da nova onda de recortes e apostou por unha "reforma fiscal para que dunha vez paguen máis os que máis teñen".
PRAZA_15991
Um possível corolário é o de Espanha contar com umha base material apta para avançar no federalismo mesmo na sua versom assimétrica. Outro é o valor de conjugar o máximo nível competencial com a preservaçom dos mecanismos de coesom, como a caixa única das pensons ou a cobertura das contingências laborais.
O conflito catalám (em aberto contraste, vale a pena apontar, com a patente satisfaçom do governo basco), sumado à iminente revisom da normativa de financiamento das CC.AA de regime comum e à hipotética actualizaçom do texto constitucional, convidam a examinar o grau de federalizaçom do estado espanhol e o seu nível de coesom territorial. Medir a magnitude do federalismo implícito no sistema autonómico e a paridade económica interterritorial pode servir de preámbulo ao debate, sempre latente, da heterogeneidade constitutiva do Estado espanhol. Medir a magnitude do federalismo implícito no sistema autonómico e a paridade económica interterritorial pode servir de preámbulo ao debate, sempre latente, da heterogeneidade constitutiva do Estado espanhol A distinçom significativa do artigo 2 do texto constitucional entre nacionalidades e regions inclina a umha leitura assimétrica e mesmo plurinacional do texto, que o PSOE pretende impulsionar sem excessivo entusiasmo e escassas expectativas. Um sistema federal de teor assimétrico tem, aliás, antecedentes certos no sistema de concerto do País Basco e Navarra, alicerçados numha alegada legitimidade que remonta à terceira guerra carlista. Carlismo e plurinacionalidade, ominoso par. A provável opçom imobilista contribuiria a agudizar a sensaçom de fim de ciclo e a reactivar o dissenso e a instabilidade latente. Avaliar o cenário autonómico nas duas dimensons complementárias de descentralizaçom e equidade interterritorial pode ser umha boa maneira de testar a madureza alcançada polo sistema e a conveniência de afrontar o repto da obsolescência constitucional. Nesta situaçom, surpreende a aparente indiferença da esquerda transformadora ante o repto; o futuro, conviria lembrar, dirime-se no presente e a mudança estrutural na conjuntura. Avancemos já a conclusom da análise de situaçom: em perspectiva internacional, o sistema autonómico espanhol goza dum alto grau de descentralizaçom e de notável paridade económica. Vaiamos aos papéis. Recorreremos a um recente informe resumo do federalismo fiscal no mundo publicado pola OECD1. Umha imagem, extraída do mencionado informe, permite-nos situar com precisom o caso espanhol. No eixo horizontal do gráfico lemos a percentagem de gasto público descentralizado e no vertical a percentagem de arrecadaçom fiscal descentralizada. Observamos de entrada que a descentralizaçom do gasto supera sempre à do ingresso, motivo polo qual a totalidade dos países analisados figuram por debaixo da diagonal. O grau de federalismo será tanto maior quanto mais á direita (maior descentralizaçom do gasto) e mais próximo da linha diagonal (maior descentralizaçom no ingresso) se situe o país. Nom obstante a notável centralizaçom do ingresso público, Espanha figura como país inequivocamente federal quanto à descentralizaçom do gasto Nom obstante a notável centralizaçom do ingresso público, Espanha figura como país inequivocamente federal quanto à descentralizaçom do gasto. Em gasto descentralizado, Espanha (ESP), (40 - 50%), equipara-se razoavelmente com os Estados Unidos (USA), Suécia (SWE), Alemanha (DEU), Finlándia (FIN) e México (MEX) embora se mantenha por debaixo de Dinamarca (DNK) e Canadá (CAN) (60-70%) e, naturalmente, da Suiça (CHE), (50-60%). Mesmo sublinhando o insatisfatório nível de descentralizaçom na arrecadaçom fiscal, a sua magnitude –medida em distáncia à diagonal — fica por riba de imensa maioria dos Estados superando a países como Dinamarca (DNK), fortemente descentralizada em gasto público. Procedamos a testar agora a equidade territorial segundo dados de Eurostat para 2014 medida em PIB por habitante em termos de capacidade aquisitiva. Observemos o grau de paridade económica das CC.AA em relaçom com as unidades territoriais de outros países europeus, concretamente Gram Bretanha, França, Itália e Portugal. Para medir o nível económico de cada país adoptamos o valor da média do produto por habitante em termos de poder aquisitivo do conjunto dos seus territórios. Para calibrar a dispersom do bem-estar arredor deste valor médio faremos uso de dous indicadores: A) o coeficiente de variaçom, CV, que mede a dispersom dos valores arredor da média2 e B) a relaçom entre o produto por habitante da comunidade mais rica e a mais pobre. O país será tanto mais igualitário quanto mais se aproxime CV a 0 e a relaçom entre a comunidade mais rica e a mais pobre se aproxime à unidade. Ordenamos os dados num quadro resumo, ordenado do país mais modesto (Portugal: média = 75% da UE) ao mais opulento (Alemanha: média = 120%); constatamos que Portugal é o país mais igualitário (CV = 0,18: r = 1,58) e a Gram Bretanha o que menos (CV = 0,73: r = 8,53). Portugal é o país mais coeso e Itália o mais desigual, fora do caso británico. A desigualdade interterritorial em Espanha pode ser qualificada de moderada em termos comparativos Portugal exibe, com efeito, um diferencial de bem-estar na Área Metropolitana de Lisboa (103) superior num 58% à da Região Norte (65); em Espanha, Madrid (123) supera num 98% a Extremadura (62) e na França, Paris (176) supera no 123% a Picardia (79). Na Itália, a relaçom extrema alcança o 141% entre a Província Autónoma de Bolzano, no Alto Adígio, (147) e Sicília ou a Campánia (61); na Gram-Bretanha a brecha relativa entre o West London, onde reside o distrito financeiro (580) e Gales Oeste (68) alcança a desorbitada diferença de 753% e em Alemanha o 148% entre Hamburgo (206) e Mecklemburgo Pomeránia Occidental (83). Portugal é o país mais coeso e Itália o mais desigual, fora do caso británico. A desigualdade interterritorial em Espanha pode ser qualificada de moderada em termos comparativos. (PIB/hb) em paridade adquisitiva: UE=100 Portugal Espanha França Itália Gram Bretanha Alemanha Média 74,86 86,26 92,59 95,05 108,93 119,61 Relaçom entre as Comunidades extremas 1,58 1,86 2,23 2,41 8,53 2,48 Coeficiente de variaçom 0,18 0,22 0,21 0,27 0,73 0,23 Um possível corolário é o de Espanha contar com umha base material apta para avançar no federalismo mesmo na sua versom assimétrica É bom educar a percepçom nas diferenças relativas, por quanto contribui a relativizar o habitual subjectivismo na apreciaçom das dificuldades próprias e as bondades alheias. Mesmo se nos comparamos com Baviera, o land mais extenso e rico do opulento Estado federal alemám, convém nom esquecer que o land é feudo inexpugnável da Uniom Social Cristiana da Baviera (CSU) desde 1947, facto que suscitava a inveja do Fraga Iribarne que sonhava na Administraçom Única; hoje seria tachada de perigosa quimera independentista. O horizonte político encolheu radicalmente com a crise, e com ela as aspiraçons da Junta da Galiza limitadas agora ás de um aplicado contável em procura do reconhecimento do Chefe da Serviço. Outro é o valor de conjugar o máximo nível competencial com a preservaçom dos mecanismos de coesom, como a caixa única das pensons ou a cobertura das contingências laborais Um possível corolário é o de Espanha contar com umha base material apta para avançar no federalismo mesmo na sua versom assimétrica. Outro é o valor de conjugar o máximo nível competencial com a preservaçom dos mecanismos de coesom, como a caixa única das pensons ou a cobertura das contingências laborais. Optar pola soberania a custo da solidariedade social é esquecer a malha de interdependências e a sua capacidade de vingança. O pacto federal possível impom a transacçom entre o direito à diferença e o direito à igualdade, tanto em Espanha como na Uniom. A DUI catalã, como o Brexit británico, som caminhos fechados, sequelas dumha crise sistémica irresoluta que acabou convocando multidons ao refúgio no santuário auto-referencial. NOTAS 1- Fiscal Federalism 2016, Making Decentralization work, OECD. 2- Tecnicamente é o resultado de dividir a desviaçom standard, que mede o grau de dispersom, pola média que é o valor central. O valor CV = 0 dará-se no caso de coincidirem todos os dados com o valor da média.
NOS_57080
A fin do verán contaxia sempre a outros eidos os ritmos que impoñen o regreso ás aulas e ao traballo e o mundo editorial non é unha excepción. Nunhas datas que moita xente entende como o verdadeiro inicio do ano, as editoriais galegas preparan as súas propostas nun contexto marcado aínda polo peso da pandemia e tamén polo recente escándalo das axudas á tradución. Repasamos algúns dos libros que acaban de chegar ás librarías e uns cantos dos que están a piques de facelo.
A aparición dalgúns premios reputados e o regreso de voces emblemáticas marcan o ritmo dunhas novidades de outono que, se por unha parte parecen apetitosas, deixan entrever moi pouco risco á hora de incorporar voces ou propostas novas. Xerais reedita este setembro Os comedores de patacas, un dos primeiros libros de Manuel Rivas, do que prepara tamén unha obra breve de corte memorialístico titulada A nena lectora, unha homenaxe ás traballadoras da fábrica de tabaco da Coruña que non verá a luz até novembro. O regreso de Diego Ameixeiras con O cervo e a sombra e o de Ledicia Costas na colección de adultos con Golpes de luz completan as bazas fortes da editora neste ámbito. Propostas sobre seguro, de autores e autoras cunha ampla base de persoas lectoras e rotundos éxitos precedentes que se van atopar nas librarías cos gañadores de premios como o Lueiro Rey de novela. Antonio Piñeiro publica coa banda deste certame Trávelin, unha nova novela de trasfondo compostelán, neste caso ambientada nos anos oitenta. Tamén a novela finalista do pasado Premio Xerais, Deixádenos remar de Ana Cabaleiro, está xa en circulación. Menos variada, pero seguindo un pouco as mesmas liñas, se presenta a campaña en Galaxia. Algúns contos completos de Domingo Villar promete amosarnos unha faceta diferente dun dos autores con maior éxito comercial dos últimos anos, abordando o xénero do relato curto ilustrado, moi lonxe da liña das novelas policiais coas que ten destacado. Trátase dun volume vistoso, con linogravados de Carlos Baonza cos que o autor pretende dialogar como dialogan os amigos nun encontro informal. Unha novidade á que habería que sumar a non tan habitual publicación dun guión cinematográfico, o do filme Aura 1964 de Ignacio Vilar, sen dúbida outra maneira de prolongar o éxito do director levándoo ao ámbito dos libros. É unha estratexia que non é a primeira vez que vemos, e podemos lembrar a oferta de hai uns anos que regalaba a novela de Blanco Amor co DVD d'A esmorga. Ideas de comercialización interesantes que deberían reforzar mutuamente os distintos ámbitos da cultura galega, por máis que caiba preguntarse se o lectorado medio, que mal le teatro, estará disposto a facelo cun guión de cine. Programadas para outubro, estarían a novela gañadora do Premio Torrente Ballester, Pazo de inverno de Xosé Ricardo Losada, e a peza narrativa de Alberto Avendaño Maasai, ilustrada por Xosé Freixanes. O contexto pandémico aínda parece notarse, aínda que tamén tivo consecuencias relativamente inesperadas. Segundo contan desde algunhas editoras e librarías, o longo confinamento reavivou o gusto pola lectura entre o público adulto, producindo unha lixeira recuperación no sector. A redescoberta dos libros como forma de ocio e afección sería, con todo, modesta, e algo así percibimos tamén nestas datas, con campañas que se moven na prudencia e nas que atopamos poucos nomes novos e poucas propostas diferentes que non veñan apoiadas por un premio. Dinámicas que, mesmo contando con pezas de interese, parecen máis orientadas a conservar un público que a continuar gañándoo. Volver á escola e volver á lectura Se ten algún sentido falar de "curso" literario é pola súa relación co inicio do curso escolar. A educación infantil e xuvenil continúa a ser un dos sectores cunha forte relación co tecido editorial galego, que durante anos fixo da edición dos libros de texto unha das chaves dos seu negocio. Aínda que nos nosos días esa faceta xa perdeu a centralidade que tivo no seu día, o público novo segue a ser un dos máis agradecidos coa literatura galega. Pode que non sempre por decisión propia e pode que non sempre da forma máis acertada, pero polo menos dunha maneira que non pode ser ignorada nos programas editoriais. O outono literario non esquece, por tanto, as lecturas das persoas máis novas. Xerais lanza estas semanas A cidade do átomo de Iria Misa, premio Agustín Fernández Paz pola igualdade e ambientado nun escenario tan atractivo como as ruínas de Chernobyl. Novidades de voces consagradas e debutantes encóntrase xa nas librarías. Unha nova narración para crianzas de Ramón Caride, As músicas viaxeiras, comparte colección con As cicatrices do caranguexo, a primeira novela de Irene Alonso Gasalla, cun tema difícil e necesario que aborda de forma lúdica unha enfermidade como o cancro. Para outubro, Marcos Calveiro continúa con Todos fomos a historia xuvenil de policías e desaparicións que iniciou anos atrás. A editorial Galaxia, pola súa parte, comeza setembro cun novo libro xuvenil do seu editor Francisco Castro. O cemiterio de barcos ten, como as últimas obras do seu autor, un lanzamento simultáneo nas catro linguas do estado e preséntanos unha historia de verán cun contido de fondo que aborda a problemática da violencia machista. Unha mención á parte merecen as obras que continúan series precedentes. É o caso dos Minimortos de Ledicia Costas, a colección de Xerais que terá este outono unha nova entrega con O día dos Mortos. Xerais prepara tamén unha nova colección de banda deseñada para os máis pequenos, que inician Ramón D. Veiga e Iván R. con Miñoca e coello. Aira Editorial tamén vai continuar en breve coa segunda parte de As Abraiantes aventuras de Mariña, neste caso con Bulleira, un cómic para público a partir de 12 anos ambientado nunha Galiza distópica e con referencias á Vía da Prata. Trátase dun proxecto patrocinado polo programa O Teu Xacobeo. Co público máis miúdo en mente, atopamos as propostas de Kalandraka, unha das casas que máis ten apostado por esta vía, con lanzamentos simultáneos en varias linguas do Estado e sen perder de vista o público galego. Álbums moi coidados e divertidos desde o título como Chofer de Sandías (Antonio Rubio e Emilio Uberuafa) ou Ratos na escola (Oli e Natalia Colombo) atópanse xa nas librarías. A editora prepara para outubro a continuación da serie "Do berce á lúa", de Antonio Rubio e do ilustrador galego Óscar Villán, unha colección cun ritmo de lectura que convida a cantar ou entoar o seu contido e que está orientada ao público máis miúdo. O convulso outono da tradución Setembro comezaba co escándalo das axudas á tradución, unha nova de Nós Diario que nos fixo saber tamén que tres editoras galegas estaban a traducir The Secret Garden de Frances Hodgson Burnett. A primeira desas traducións, asinada por Carlos Freire, figura xa no catálogo de Aira Editorial, e é unha boa oportunidade de descubrir cal era o engado dun libro tan demandado. Sospeitamos que, como aconteceu outras veces no mundo da tradución galega, teña algo que ver a adaptación cinematográfica da obra estreada o pasado ano. Sexa, como sexa, e quitando algúns proxectos concretos, os criterios de tradución ao galego parecen seguir sen ter unha dirección clara e manteñen a tendencia a encher un catálogo cos máis nomes posíbeis. Nomes que a maior parte das veces non teñen continuidade e deixan orfo o seu público. Non é o caso de Rinoceronte Editora, máis fiel que a media, e que volve a Caitlin Moran co seu último libro Como ser famosa ao tempo que prepara un clásico como Queres facer o favor de calar, por favor? de Raymond Carver. A colección Vétera da editora, pola súa parte, aposta polos clásicos de Rabelais Pantagruel e Gargantúa en tradución de Henrique Hardinguey. De clásicos tamén se ocupa Galaxia, que ten na cociña unha obra referencial como Jacques o fatalista de Diderot, levado ao galego por Darío Xohán Cabana e, continuando o titánico labor do Ulysses, o Dublineses de Joyce en tradución de María Alonso Seisdedos. Faktoría K, o selo de Kalandraka para a tradución, ofreceunos durante o verán un catálogo con nomes como os de Aldous Huxley, o finlandés Olli Jalonen e a Irene Solá co popular Eu canto e a montaña baila. A Faktoría continuará os próximos meses a combinación de clásicos contemporáneos como Patrick Süskind con nomes un tanto exóticos, como o maltés-canadiano Sean Virgo. Noutros ámbitos, Kalandraka tamén ten previsto que apareza Selva, da catalá Marina Gibert, gañadora do Premio Compostela de ámbito ilustrado. Os Bechopoemas de Leire Bilbao, un clásico inmediato da poesía infantil, terán tamén unha segunda parte adaptada ao galego por Isaac Xubín. Ao tempo, a editora prepara a última entrega da triloxía O lobo de area de Åsa Lind. Tamén co público máis novo na mente, Sushi Books traballa na versión galega de A bruxa novata de Mary Norton, outro libro fortemente relacionado co mundo cinematográfico, pero que pode apostar a atraer público entre as persoas máis novas. Outro proxecto dedicado integramente á tradución á lingua galega é Hugin e Munin. A editora, fortemente baseada no modelo de subscrición, négase a adiantar nada do que prepara para outubro. "A sorpresa é parte do noso proxecto, só podo dicir que serán dous clásicos contemporáneos e que hai un Nóbel inglés involucrado nas vindeiras traducións", conta o seu director, Alejandro Tobar, ao tempo que se alegra de non ter apostado de máis na dinámicas das axudas públicas. "O 90% do noso catálogo sufragámolo nós en función do mercado, asumindo riscos". Parece que a corrupción e a arbitrariedade tocan só de esguello algúns proxectos, aínda que o escándalo continúe ecoando no mundo cultural. Outro tipo de sorpresas son as que nos garda Alvarellos, que programa unha obra tan inesperada como Poética musical, a colección de conferencias do compositor Ígor Stravinski, traducida e anotada polo músico e investigador Javier Ares Yebra. Un outono que promete ser unha enxurrada de diversidade e oferta en canto a novas publicacións, por máis que continuemos a notar moitas inercias e inseguridades que o mundo editorial galego faría ben en ir deixando atrás. Poesía A poesía fuxiu sempre das programacións estacionais, pero os proxectos que a tomaron como centro tamén volven traballar. Chan da Pólvora prepara o libro homenaxe Je vous salue, Fran Cortegoso de Pablo Fidalgo, alén de novidades de autoras asociadas ao performativo como Nuria Vil e O Leo. Apiario, pola súa parte, lanzará Ave do paraíso, de Lorena Conde, premio Filomena Dato. Edicións Positivas ultima tamén venecia abandonada, o novo proxecto de Eduardo Estévez. Aira editorial volve ao xénero con 21, subtitulado 'Vinte e un poetas do século XXI', a antoloxía da máis nova poesía galega. En canto ás traducións, Chan da Pólvora programa acompañar o lanzamento mundial de Winter Recipes from the Collective da Nobel Louise Glück, traducida por Samuel Solleiro. Rinoceronte volve tamén á poesía con Lume Branco, escolma e tradución de Lara Dopazo da italiana Antonia Pozzi, xa nas librarías.
NOS_24504
As autoridades sanitarias salientan que hai que evitar que contaminen por se estiveron en contacto co coronavirus e que deben ir sempre a colectores do lixo que non se empreguen para reciclar.
O uso de máscaras non é obrigatorio en todos os espazos, mais si moi recomendábel. Pero, que facer coa máscara de protección cando xa esgotou a súa vida últil? Estes elementos, así como as luvas que son necesarias en ocasións moi concretas, teñen que desbotarse de maneira que non contaminen por se entraron en contacto co coronavirus. Por iso, as autoridades advirten de que non se poderán reciclar e eliminaranse nos contedores do lixo xeral [contedores de cor gris ou verde (non o de vidro)]. Así o especifica a Consellaría de Sanidade, que incide en que as bolsas deberán ser resistentes para previr as rachadelas. O procedemento, segudo traslada o Ministerio de Sanidade, é sinxelo: as máscaras e luvas irán nunha bolsa de plástico que terá que poder fecharse ben para, a continuación, introducila noutra bolsa que é a que irá ao colector do lixo. Sempre hai que desfacerse destes equipos de protección individual en contedores que non se reciclan, neste sentido, desde o Ministerio apuntan que non se poden empregar aqueles específicos para os residuos orgánicos que despois se empregan para facer compostaxe. No momento de sacar tanto as máscaras como as luvas hai que hixienizar as mans con solucións hidroalcohólicas ou realizar un lavado de mans completo.
NOS_11795
Volve o retrouso de Todo é ETA. Se todo é ETA, Zapatero tamén. Así o considera Vox. O partido da ultradereita interpuxo, esta quinta feira na Audiencia Nacional, unha querela criminal contra José Luis Rodríguez Zapatero, ex presidente do Goberno (2004-2011), pola comisión de tres supostos ilícitos penais: colaboración con banda terrorista, revelación de secretos e omisión de perseguir delitos.
A base argumental sobre a que cimenta Vox a súa querela son as actas incautadas a ETA, documentos en que esta organización consigna que desde o goberno español, durante a etapa de Zapatero, se alertou a comandos armados de que estaban no albo de operacións policiais no sur de Francia. O propósito das alertas tería sido evitar o colapso das negociacións en curso entre os representantes do Estado e a dirección de ETA. Vox outorgaríalle presunción de veracidade ás actas escritas pola organización armada. É a primeira vez na historia do presente réxime político que se presenta unha querela contra un ex presidente por suposta colaboración con ETA. Non a presenta calquera, senón un grupo parlamentar composto por 24 deputadas, unha forza política imprescindíbel para a formación de maiorías de dereita nos concellos e nos parlamentos autonómicos. Alén de se querelar contra Zapatero, Vox anuncia tamén que, ao igual que EH Bildu, aínda que por distintos motivos, non vai tomar parte no acto de homenaxe ás vítimas de ETA que se realiza no Congreso. A ollos da ultra-dereita este evento ten como obxectivo branquear o proceso de negociación entre o Goberno Zapatero e ETA.
PRAZA_20323
No servizo da Xunta non se convoca ningunha oferta pública de emprego dende o ano 2003. Os sindicatos denuncian que o Goberno galego incumpriu a promesa realizada o pasado mes de setembro, cando anunciou que o 20% das prazas deste ano serían para o SPDCIF.
Un dos factores que axudan a un mellor desempeño no traballo é a estabilidade e unhas axeitadas condicións laborais. E isto cobra se cadra aínda máis importancia nun servizo tan relevante para a sociedade coma o de prevención e loita contra os incendios forestais. Un servizo público no que o seu cadro de persoal está moi lonxe de contar coa tranquilidade e seguridade que axude ao seu complicado labor. Representantes de CIG e CSIF exixiron este martes a "inmediata convocatoria" da Oferta Pública de Emprego como persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPDCIF). O obxectivo é loitar contra a temporalidade que afecta ao 40% dos traballadores e traballadoras deste servizo público no que, subliñaron, non se convoca ningunha OPE desde o ano 2003. O obxectivo é loitar contra a temporalidade que afecta ao 40% dos traballadores e traballadoras deste servizo público no que, subliñaron, non se convoca ningunha OPE desde o ano 2003 O representante da CIG, Raúl Vázquez, afirma que o pasado mes de setembro as organizacións sindicais chegaron a un acordo coa Xunta segundo o que o 20% das prazas de emprego público que se ofertasen nos seguintes catro anos serían para o SPDCIF. Un compromiso que, denuncia, foi incumprido polo Goberno galego, pois das prazas convocadas para este ano ningunha é para o SPDCIF. Vázquez cualifica a actuación do Executivo de "grave incumprimento" e salienta a "situación tremendamente inxusta" que padecen as traballadoras e traballadores deste servizo público. Entre todo o persoal que o conforma, só 800 traballadores e traballadoras teñen contrato os doce meses do ano (e moitos deles tamén son interinos); 600 traballan 9 meses e un total de 436, só durante 3 meses. O representante da CIG lembrou, ademais, que hai sentenzas ditadas que determinan que eses contratos temporais de só tres meses non se axustan á legalidade. Por todas estas razóns, CIG e CSIF reclaman a execución da oferta de emprego público como laborais das prazas correspondentes á OPE de 2016 das categorías profesionais do SPDCIF e o cumprimento do acordo asinado a finais do pasado ano. Os dous sindicatos convocaron unha asemblea este mércores en Silleda (Casa da Cultura, 17 horas) Vázquez engadiu que "a posíbel anulación da OPE 2016 comportaría un risco eminente para todo o persoal laboral temporal do SPDCIF, xa que conlevaría a un proceso de funcionarización que a maiores de escuro xeraría moitísima ansiedade entre os e as profesionais do servizo contra incendios, poñendo en grave risco a eficacia deste servizo de emerxencia". Os dous sindicatos convocaron unha asemblea este mércores en Silleda (Casa da Cultura, 17 horas) para debater e informar os traballadores e traballadoras sobre os "inconvenientes ou complicacións" que suporía convocar as prazas da OPE como persoal funcionario. Esta asemblea servirá tamén para decidir as accións a levar a cabo na defensa dos diferentes procesos como persoal laboral.
NOS_7286
A Xustiza considera "inadmisíbel" que a Seguridade Social pague "produtividade" por dar altas médicas a traballador@s. Dúas sentenzas, válidas para todo o Estado, estiman as demandas da CIG
A Secretaría de Estado da Seguridade Social aprobara que no plus de produtividade pasábase a computar o número de altas médicas para o seu cálculo. O que se traducía en que "cantas máis altas se concederan [...] máis diñeiro se cobraría". Dúas sentenzas, de aplicación en todo o Estado, estiman as demandas da CIG A CIG deu a coñecer dúas sentenzas polas que se anulan parte dos obxectivos de produtividade d@s Inspectore@s médic@s do Iinstituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e dos médicos de Sanidade Mariña do Instituto Social da Mariña (ISM). As sentenzas poñen de manifesto, sinala a central nacionalista, que a seguridade social estaba a utilizar "medios fraudulentos para limitar a duración das baixas e estender a vixencia dos recoñecementos médicos dos traballadores embarcados, poñendo así en risco a súa saúde". A sentenza referida ao INSS ten especial relevancia, porque abrangue ao conxunto de traballadores/as de todo o Estado. Fraude de lei e perigo de saúde dos traballadores O avogado da asesoría xurídica nacional da CIG, Héctor López de Castro, explica que estas dúas sentenzas son importantes polo que significan en si pero, sobre todo, polo que revelan. "Estamos nun momento no que hai un dogma segundo o que o estado debe reducir o seu déficit, debe ingresar máis e debe gastar menos. Con estas dúas sentenzas ponse de manifesto unha forma de reducir o gasto, pero ademais de facelo mal, porque se fai en fraude de lei, faise pondo en perigo a saúde laboral dos traballadores"
PRAZA_18965
Cinco días despois de rematar a exposición pública do novo regulamento de Costas que o Goberno de España divulgou hai dous meses o presidente da Xunta pídelle "que nos concrete exactamente que é o que quere facer"
Cinco días despois de rematar a exposición pública do novo regulamento de Costas que o Goberno de España divulgou hai dous meses o presidente da Xunta pídelle "que nos concrete exactamente que é o que quere facer"O pasado ano quedou aprobada, coa abstención do PP, a lei de cambio climático que entre outras moitas cousas foi aproveitada para aclara unha ambigüidade introducida polo Goberno de Mariano Rajoy na lei de costas. A nova lei deixou claro que as concesións privadas de terreos públicos no litoral non poden durar máis de 75 anos e que nese cómputo deben estar tamén as posibles prórrogas das concesións orixinais, cuestión que os populares deixaran no aire. O que non se fixo foi, como pretendía inicialmente o PSOE, que esa medida fose retroactiva e invalidase tamén ás prórrogas por riba dos 75 anos xa outorgadas previamente á aprobación da lei hai un ano. Isto é, se unha empresa obtivo antes da lei do pasado ano unha prórroga que fai que a súa concesión total supere os 75 anos, ese dereito se lle mantén. Pero a nova lei deixa claro que a partir da súa entrada en vigor iso non pode volver a pasar. E nesa liña o Ministerio para a Transición Ecolóxica está a elaborar un novo regulamento de Costas que fixa o procedemento para a petición de novas prórrogas e ratifica, como xa facía a lei que agora desenvolve, que as que se pidan agora sumadas ás previas e á concesión inicial non poderán superar os 75 anos.O texto articulado do novo regulamento de Costas [aquí o PDF] foi sometido a exposición pública polo ministerio o pasado 17 de novembro e durante mes e medio, ata este 7 de xaneiro. Pero cinco días despois, este mércores 12, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou ao Goberno central "que nos acredite e nos concrete exactamente que é o que quere facer".Fíxoo nunha visita a instalacións da conserveira Calvo en Carballo na que criticou que "hai unha espada de Damocles no sector que nos preocupa de forma especial, que é a posibilidade de que ningunha concesión de Costas dure máis de 75 anos". Feijóo presentou así como unha "posibilidade" algo aprobado por lei hai un ano. E engadiu que esa limitación a 75 anos "intentouse coa lei de cambio climático e fomos quen de modificar nas Cortes xerais esa limitación e agora parece ser que se volve intentar no regulamento da lei de costas".O pasado xuño a Comisión Europea lembrou ao PP que as concesións no litoral non son ilimitadas e a súa duración "pode non estar aberta á renovación automática, a fin de garantir a igualdade de trato" e "promover a competencia leal". Feijóo quixo así asimilar o intento frustado do PSOE de afectar de xeito retroactivo ás concesións e prórrogas xa outorgadas -tombado grazas a unha emenda de Ciudadanos e coa abstención do PP na votación xeral da lei- coa nova ratificación no regulamento de Costas a efectos das novas peticións que se formulen a partir de agora de que xa non se poden solicitar novas prórrogas que superen o límite legal de 75 anos. Nesa liña, o pasado xuño a Comisión Europea lembrou ao PP que as concesións no litoral non son ilimitadas e a súa duración "pode non estar aberta á renovación automática, a fin de garantir a igualdade de trato" e "promover a competencia leal".Por outra banda, aínda que o debate político sobre a cuestión vén centrándose na idea dos 75 anos, esa cifra máxima aplícase só a determinadas actuacións. A "proxectos de restauración e conservación de ecosistemas mariños ou costeiros, obras encamiñadas a garantir o uso público e a integridade do domino público marítimo-terrestre e cultivos mariños". Mentres, fíxase un máximo de "30 anos para o resto de actividades e instalacións". A amplitude do termo "cultivos mariños" e a súa extensión ou non ás fábricas de envasado de conservas preséntase como outro posible motivo de conflito en Galicia cun sector tradicionalmente asentado na beira do mar e que nos últimos anos comeza a trasladarse terra adentro.
NOS_31109
'Fame', o primeiro disco da Orquestra Jazz de Galicia foi o absoluto gañador dos Premios Opinión de Música de Raíz, que tamén recoñeceu na categoría de mellor artista aos seus dous promotores, Pedro Lamas e Roberto Somoza.
A Orquestra Jazz de Galicia acadou os dous principais premios en xogo: o de mellor disco para 'Fame' e o de mellor artista para os seus directores Pedro Lamas e Roberto Somoza. Alén destes, os galardóns coordinados polo xornalista musical Óscar Losada recoñeceron na categoría de mellor canción o tema 'Libre para voar', do disco 'Alegría' do brasilego Sérgio Tannus, interpretado por Sonia Lebedynski. É a primeira vez que gaña unha canción dun disco infantil. E, por último, o berciano Amancio Prada foi recoñecido na categoría Andaina Senlleira por toda a súa carreira. Orquestra Jazz de Galicia Dirixida por Roberto Somoza e Pedro Lamas, a Orquestra de Jazz de Galicia é un proxecto único e novidoso que proxecta a música tradicional galega en confluencia co jazz, o folk, a música clásica e as músicas improvisadas contemporáneas. Entre os músicos que a compoñen están Abe Rábade, Germán Díaz, Pablo Castaño, Ton Risco ou Xosé Lois Romero. Este proxecto conta coa participación de preto de medio cento de músicos vencellados aos proxectos máis importantes da escena musical contemporánea galega, e conta coa colaboración de artistas galegos -como Xabier Díaz, Quique Peón ou Guadi Galego- e da Península Ibérica como o é o caso de Carmen París, Aleix Tobías (Coetus) ou Kepa Junkera, entre outros. Todas son melodías tradicionais Todas as músicas son melodías tradicionais de Galiza arranxadas por Pedro Lamas e orquestradas por Roberto Somoza. "Fame" está composto por dez arranxos sobre diferentes melodías tradicionais e recollas de campo que reflicten a profundidade da música propia de Galicia. Entre elas, o toque de chifre que no ano 1952 inmortalizou o neoiorquino Alan Lomax nunha aldea de Ourense, e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans no mundialmente coñecido traballo "Sketches of Spain" co título "The Pan Piper".
PRAZA_8236
A administración concursal asegura que o club é viable, pero só "cun cambio radical na xestión" que implicaría a súa saída. O presidente do Deportivo defende o seu traballo, critica os administradores e cre que "só o actual consello" pode "salvar esta situación".
O Deportivo aínda é viable, pero só se Lendoiro e o seu consello de administración deixan de rexer o club. Nesta frase poderíase resumir o demoledor informe que os responsables da administración concursal da entidade, Francisco Prada e Julio Fernández, presentaron ante o Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña. Demoledor para os seus dirixentes e a súa xestión, pero non así para a afección que o sustenta. Malia todo, o máximo dirixente segue botando balóns fóra, ademais de abrir unha guerra aberta cos administradores. "Se alguén pode salvar esta situación é o actual consello", di, tras cualificar con "polo menos un notable" a súa xestión. "A valoración non pode ser máis que positiva", chegou a dicir. O administrador defende a viabilidade do club se cambia a xestión e grazas á súa gran masa social Para os administradores, o Deportivo é viable grazas, en boa parte, a unha masa social fiel e entregada que supera os 20.000 socios que amosan o apoio ao "seu" Deportivo e que o teñen convertido nun "símbolo de identidade". Tamén "ten viabilidade", segundo o informe, por ter "un amplo soporte territorial non limitado á Coruña, axeitadas infraestruturas e acreditada experiencia na atención a eventos deportivos propios do fútbol", así como unhas "instalacións idóneas" e unha marca "coñecida e recoñecida". Para Lendoiro, iso é "grazas ao traballo feito" polo actual consello nos últimos anos e asegura que os factores que a administración destaca para defender o futuro da entidade foron conseguidos pola súa xestión e polo "grande investimento" realizado. "O club é clara e totalmente viable", insistiu. "Cando nós chegamos, había 5.000 socios", engadiu este martes en rolda de prensa. Os administradores acusan a Lendoiro dunha "xestión allea á realidade" e dunha fuxida "cara adiante" Pero no informe hai poucas flores. En xeral, paus e reprimendas cara ao presidente da entidade, Augusto César Lendoiro, e ao seu consello, ao que recriminan no ter solicitado o concurso de acredores hai anos, cando tamén o fixeron tantos outros clubs de elite que agora respiran máis saneados e aliviados. "As verdadeiras causas da insolvencia están no feito de ter mantido un modo de xestión allea á realidade, asumindo gastos e investimentos por contías absolutamente afastadas das posibilidades económicas da sociedade", din os administradores nun documento que apaña todos os datos económicos recollidos e reclamados polos acredores desde hai semanas. Lendoiro cifrara a débeda en 98,7 millóns, 34 deles a Facenda, á que acusou de afogar o club e que tamén é recriminada no informe por ter permitido a situación até estes días. Pero o devandito informe asegura que o club galego debe 156 millóns, 94 deles á Axencia Tributaria e 36 máis a Novagalicia e Banco Gallego. O presidente do club segue sen estar de acordo cos datos do informe e asegura que hai 60 millóns sen imputar a prol do Deportivo. Segundo dixo, hai ata cen diferenzas entre os datos dos 250 acredores que achegan os administradores. Lendoiro defende a súa xestión e critica a valoración feita polos administradores concursais "A orixe da insolvencia está en que o patrimonio esgotouse ao ser os gastos superiores aos ingresos, seguindo o ritmo como se as as débedas non houbese que pagalas ou os compromisos puidesen esquecerse nunha estratexia de fuxida cara adiante", asegura tamén o documento, que censura que Lendoiro "culpase a Axencia Tributaria ou os demais acredores", porque "constitúe un sarcasmo tras o que pretende evitar o recoñecemento do fracaso dunha política empresarial temeraria e errada", insiste. Ante as duras críticas pola súa xestión, Lendoiro defendeuse. "Quen valora o rendemento deportivo? Quen sabe de fútbol? Estes señores, non", chegou a responder, insistindo unha e outra vez que "un club de fútbol non é unha empresa calquera". "Non se pode valorar a tempo pasado", aclarou. O informe insiste en que "a viabilidade só será posible de producirse un cambio radical na maneira de concibir e executar tanto a estratexia como a xestión da entidade". Para logralo, pide que o club "transmita credibilidade e confianza en que, agora si, se van cumprir os compromisos" e que "limite as actividades ao que sexa posible levar a cabo cos recursos verdadeiramente dispoñibles", así como que se implante "unha política xeral de máxima austeridade". Pero Lendoiro defendeu os "250 postos de traballo" que hai no grupo de empresas do Deportivo e asegurou que non ía permitir que "houbese nin un despido". "Cometemos moitos erros, pero tamén acertamos moito", engadiu, sen aclarar que pasaría se o xuíz accede a retiralo da xestión da entidade. Lendoiro podería ter que devolver parte do seu salario, ademais de ser inhabilitado O que non aclara o informe é se esta viabilidade que lle ve ao club sería posible en Segunda División. O que si parece claro é que non será Lendoiro o que estea á fronte do club, ben sexa en Primeira ou non. Se o Xulgado estima a petición dos administradores, a inhabilitación é o camiño máis probable que lle agarda ao presidente dun club ao que tamén se lle lembra que a súa retribución desde hai máis de dez anos -o 1% do orzamento da entidade- é improcedente, ao non ter inscrito o Deportivo no Rexistro a variación dos estatutos que a permitían. Lendoiro debería reintegrar parte do seu salario se a Xustiza acepta os argumentos da administración, pero a súa resposta volveu ser sorprendente, ao asegurar que este mesmo martes -13 anos despois- se presentara a modificación no Rexistro. "A efectos societarios, non hai dúbida ningunha", dixo. Ademais, queixouse de que se prestase tanto tempo no informe á retribución dos dirixentes do club e defendeu a honestidade da directiva. "Aquí ninguén levou un peso nin fixo negocios estraños; ninguén ousa dicir iso", rematou.
PRAZA_11198
Neste momento están activos en Galicia 3.532 casos e en máis da metade (2.078) a Policía detectou algún tipo de "risco", polo que procede a realizar algunha modalidade de vixilancia da actividade do agresor. No 2018 aumentaron un 17% as agresións sexuais, abusos e demais delitos contra a liberdade sexual.
No ano 2007 púxose en marcha o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén) co obxectivo de levar a cabo un labor preventivo, realizando predicións de risco e emitindo avisos, alertas e alarmas cando se detecte algunha incidencia que poida poñer en perigo a integridade das vítimas (mulleres maltratadas e os seu fillos e fillas). Neste momento están activos en Galicia 3.532 casos e en máis da metade (2.078) a Policía detectou algún tipo de "risco", polo que procede a realizar algunha modalidade de vixilancia da situación e da actividade do agresor. Neste momento están activos en Galicia 3.532 casos e en máis da metade (2.078) a Policía detectou algún tipo de "risco"Hai, ademais, outros 1.454 casos nos que non se aprecia risco; para as mulleres nesta situación establécense unhas determinadas "medidas de seguimento", revisándose cada tres meses o nivel de risco.O número de casos activos non deixou de aumentar en Galicia nos últimos anos, pasando dos 2.934 de 2015 ata os 3.532 do 2018, un incremento de case o 15% en tres anos, segundo os últimos datos do anuario do Ministerio do Interior, feito público nos últimos días. No último ano medrou sobre todo a cantidade de casos nos que a Policía aprecia algún tipo de risco (de 1.665 a 2.078), un aumento do 25% en tan só un ano. No 2013 estes casos de risco eran tan só 895, menos da metade que os actuais. Na súa maioría o nivel de risco asignado é o inferior ("baixo"), pero hai 395 situacións de risco "medio" e 12 de risco "alto".Nos últimos once anos houbo en Galicia outros 26.240 casos de homes que tamén foron postos en vixilancia tras formalizarse unha denuncia por violencia de xénero pero que neste momento se atopan "inactivos", e polo tanto non se realiza ningún tipo de vixilancia.Esta semana o Concello de Ourense anunciou en primeira instancia a súa intención de retirarse do sistema de protección ás vítimas da violencia machista, xustificando esta actuación por carecer de "recursos suficientes para atender este servizo con dignidade". Porén, apenas unhas horas máis tarde o alcalde Gonzalo Pérez Jácome abriu a porta a recuar e a reconsiderar esta medida e culpou a xefa da Policía Local da decisión que el mesmo anunciara.O anuario do Ministerio do Interior recolle tamén información sobre o número de delitos contra a liberdade sexual cometidos en Galicia ao longo do ano 2018, que creceron un 17% no último ano e que acumulan o seu quinto ano de ascenso. Foron 536, fronte aos 459 de 2017, e moi por riba dos 340 do ano 2013.Os delitos contra a liberdade sexual cometidos en Galicia ao longo do ano 2018 creceron un 17% e acumulan o seu quinto ano de ascensoOs delitos contra a liberdade sexual inclúen non só as violacións, agresións sexuais e abusos sexuais, cometidos de forma maioritaria por homes e sufridos de forma maioritaria por mulleres, senón tamén outro tipo de comportamentos delitivos, como corrupción de menores ou pornografía de menores, aínda que o número total de casos nestes apartados é reducido. En 2017, no conxunto de delitos, o 96% dos agresores foron homes, fronte a un 4% de mulleres. O 84% das vítimas son mulleres, fronte a un 16% de varóns (o 70% das vítimas masculinas eran menores de idade).Por concellos, as cidades nas que se produciron máis agresións sexuais con penetración foron Vigo (cun aumento de 4 a 9), A Coruña (de 2 a 5), Pontevedra (de 0 a 4), Ourense (de 3 a 4), Compostela (a cifra mantívose en 4), Lugo (de 1 a 3) e Carballo (de 0 a 3). A estatística amosa polo tanto un incremento xeneralizado das violacións na Galicia urbana, cando menos daqueles feitos que foron postos en coñecemento da Policía.
NOS_681
Esta entidade remarcou que a "militarización da fronteira sur" representa "un feito inédito" en relación ao tratamento da migración no Estado.
O Foro Galego de Inmigración cualifica de "ilegais" as devolucións en quente que se realizaron en Ceuta e criticou o despregamento de militares na cidade autónoma, onde accederon miles de persoas de forma irregular nos últimos días. Nun comunicado, esta entidade remarcou que a "militarización da fronteira sur" representa "un feito inédito" en relación ao tratamento da migración no Estado español e rexeitou o " gravísimo xiro dado polo Goberno español" coa "utilización do Exército para estas actuacións". Neste sentido, puxo o foco en que diferentes pronunciamentos do Tribunal Supremo, o Tribunal Constitucional e a Unión Europea (UE) "consideran ilegal a realización das chamadas devolucións en quente", que denunciou que o Executivo estatal "realiza de forma impune". Así as cousas, o Foro Galego de Inmigración incidiu na necesidade de que se cumpran a lexislación e os procedementos neste ámbito e advertiu de que nas praias de Ceuta "non hai intérpretes, avogados ou organizacións" para que "as persoas que chegan poida acollerse, por exemplo, ao dereito de asilo ou de protección internacional". Ademais, resaltou que as fronteiras de Marrocos permanecen pechadas debido á pandemia da Covid-19, polo que "desde hai meses non é posible ese movemento habitual de miles de persoas marroquís que diariamente acoden a Ceuta a traballar e regresan pola noite". "Esas miles de persoas responden en boa medida a estes movementos habituais nesta cidade fronteiriza. "Non se trata de invasión algunha", defendeu en relación á presenza de cidadáns de Marrocos en Ceuta. Así mesmo, a entidade incidiu en que "esta realidade migratoria habitual" non debe xustificar "discursos e interpretacións racistas por parte de grupos políticos e sociais". "Non permitamos ese discurso de odio que algúns tratan de lanzar", pediu.
NOS_10335
Análise dos viños Silius ferro e The Boy from the Bridge
Novo branco de Ana e de Javier, ideal para compartir en calquera momento e para acompañar os nosos entrantes e primeiros pratos. Un godello sinxelo, fresco e afroitado, primario. Con vocación de beber fácil e sen complicacións.Pero non confundamos. Os viños de Atrium Vitis proceden de viñas propias con coidados e elaboracións artesanais. Viticultura respectuosa co medio e enoloxía pouco intervencionista. Viños auténticos e vocación de máxima calidade nun proxecto que reinventa unha valiosa tradición familiar. Branco do Sil de produción limitada. Silius ferro | 2018 | Quiroga |Atrium Vitis | 13 euros A Raña é unha finca de solo granítico, cepas de 70 anos e orientación sur en Diomondi, na ribeira sacra do Miño. Unha boa viña da que saíron en distintas anadas moi bos viños de diferentes produtores. Con boa lonxevidade, boa evolución co paso do tempo. Este Neno da Ponte vai en inglés por estar fóra da denominación de orixe e non pode compartir nome común da colección de Roberto Regal. Por que? Porque mestura variedades tintas e brancas. Un tinto atípico. Máis fresco e fino. Impresionante! En barrica de carballo francés e con raspón. 650 botellas. The Boy from the Bridge A Raña | 2017 | O Saviñao | Roberto Regal | 22 euros
NOS_58293
Iniciamos a colaboração com a revista galega on line Palavra Comum -um projeto aberto à lusofonia impulsionado por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres- com a publicação de uma entrevista ao poeta português residente na cidade da Corunha Tiago Alves Costa.
Mecanismo de Emergência é o novo livro de poemas de Tiago Alves Costa, poeta português residente na cidade da Corunha, publicado por Através Editora. Desde a Palavra Comum agradecemos ao autor as facilidades concedidas para a reprodução de vários poemas desta obra, assim como a entrevista realizada, que reproduzimos a continuação. -Que é para ti a poesia/literatura? -Um empregado das horas. Uma criança da qual desconhecemos a altura. Um velho sem nome. Dois pés amantes. Uma posição de vida: esperar. Um território da alma. Terão-nos barrado o acesso à alma? Um estado de ânsia. Uma descomposição da irrealidade trágica que vivemos. Texto-Movimento. Uma perturbação. Imigrar, para dentro de nós. Romper com a ditadura da língua. Um último reduto de liberdade? Uma luta contra a crueldade do tempo. Correr para trás. Exercício: deixar andar. Presságio. Actividade práctica do silêncio. Estacionar à sombra. Um homem que morre muito enquanto lava o seu carro ao domingo (um carro velho, muito velho). Uma cartografia do eu (nós?). Inscreve no vivo um princípio de bondade. Dá razão ao poeta!Mas tudo isto que conto pode estar errado. Deve estar errado. Essa é uma das grandes virtudes da poesia. Talvez não se devam explicar tanto as coisas. -Como praticas, no teu caso, o processo de criação artística? -Como um atleta (e os atletas estão tão na moda): trabalhando diariamente o músculo. E o músculo: ler, escrever, escrever, ler, escrever e voltar a repetir de novo todo este processo até que o corpo se esgote. O problema que aqui se põe está na vida, que sedutora, hipnótica, inebriante, nos vem sempre pedir: vem! Pedindo que nos juntemos à celebração. E aí está o grande drama do poeta, a necessidade de viver por entre redenção do texto-vida…. -Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a literatura e outras artes (plásticas, música, audiovisual, fotografia, etc.)? E entre Arte(s) e Vida? -Uma relação inteira e absoluta. Eu busco incessantemente essa relação. Junto-me aos meus companheiros e companheiras de outras artes. Procuro saber como trabalham, que processos criativos utilizam, o que os inquieta. Escrever é muito difícil. Talvez busque um território onde seja livre, das palavras, tentando que elas parem de exercer a sua autoridade sobre mim. O cinema é para mim uma das grandes paixões, encontro ali um território catártico, a poesia, a palavra, em todo o seu esplendor. -Quais são os teus referentes criativos (desde qualquer ponto de vista)? -Sou influenciado por centenas de autores (de variadíssimos pontos de vista). Mas como afirmava Tarkovski: sem o desejo de imitar nenhum, já que o grande objectivo de qualquer arte é encontrar um meio de expressão individual. -Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação literária hoje? -Os caminhos são hoje amplos. Ambíguos, também. Fazem-se coisas muito boas, curiosamente, é o artista quem continua a ser o fiel representante da verdade do mundo. Não o político que fala no telejornal das 20 h. A Internet é um grande meio, senão o mais utilizado, para comunicar-se arte. No entanto acho que o momento é de urgência. É necessário voltar a pensar em outros métodos, quem sabe. A Internet aumenta a velocidade. A criação pelo contrário precisa de outro ritmo, de tempo e vida para madurar. A vida cultural só se desenvolve quando existe uma atenção profunda e contemplativa. E a atenção profunda tem vindo a ser suplantada por uma exacerbada hiperatividade. Para se acompanhar o frenético ritmo do avanço necessitamos dispersar o foco de atenção. E esse é hoje um grave problema que se começa a notar sobretudo nas crianças de tenra idade. A Internet aumenta a velocidade. A criação pelo contrário precisa de outro ritmo, de tempo e vida para madurar Considero, no entanto, apesar do momento trágico-cómico que vivemos, ser este o momento para se produzirem grandes obras. Este é um tempo redentor, sairemos dele transfigurados. Tenho a certeza. -Que perspectiva tens sobre a cultura galega e sua vinculação com a Lusofonia? Que achas das relações existentes e para onde consideras que se devem/podem dirigir? -Eu tenho a melhor perspectiva da cultura galega, pois vivo-a intensamente. O facto de viver na Galiza permitiu-me conhecer de forma medular a sua cultura. E quão fecunda ela é… Tenho aqui muitas referências culturais que me inspiram, contemporâneas e não só. Desde o cinema, a pintura, a música, as artes plásticas, claro, a poesia, a alma-mater desta terra. Um português, sobretudo do norte como eu sou, tem uma inquestionável natureza galego-portuguesa A relação com a lusofonia é urgente, necessária, diria: imperativa. E este é o ponto de vista de um português: Portugal, e os restantes países lusófonos, têm que se integrar com a Galiza. Têm que se unir esforços para provocar esta relação, seja institucional ou de carácter independente. Quem não se quer integrar com o seu berço histórico-linguístico? Não sei se algum português já pensou nisto: Portugal é um bocado estendido da Galiza. A geografia da antiga Galécia ia até às margens do Mondego. Um português, sobretudo do norte como eu sou, tem uma inquestionável natureza galego-portuguesa. A etnografia, a paisagem, a amizade, a língua, tudo une a terra galega à sua irmã, a portuguesa. Vão-se desenvolvendo projectos culturais que querem projectar e dimensionar este vinculo, é o caso, por exemplo, entre muitos outros, da "Cultura que une". Eu próprio, ainda que de uma forma mais modesta, tenho tentando desenvolver esta união. O ano passado, por exemplo, juntamente com a Associação José Afonso, organizamos o 25 de Abril na cidade da Corunha, no Espazo de Colisións Artísticas, onde juntamos alguns poetas da Galiza e Portugal. E sempre que posso, tento levar artistas galegos ao outro lado da fronteira imaginária. Penso ser uma obrigação minha. Não poderia viver entre estas duas metades absolutas de mim mesmo sem reagir. -Que projectos tens e quais gostarias chegar a desenvolver? Fala-nos, mais em concreto, do teu novo livro, Mecanismo de Emergência, publicado por Através, editora galega… -Os meus projectos continuam a passar pela escrita. Esse é o meu grande projecto. O mecanismo, é de emergência. Penso que se exprime nele a vida que não se fala, um território secreto e insatisfeito de seres-palavra, estóicos pés-sombra, solitários viandantes de chão sem nome; trágico o tempo que lhes tocou viver? Mas isto sou eu a pensar. Espero que o leitor, soberano e sensível, não pense, obviamente, o mesmo que eu.Quanto à Através Editora, considero ser a festa, a celebração, que no meu intimo culmina a minha relação já de sete anos com a Galiza. Andava-a a namorar há algum tempo, a Através, e não sei bem como, ela aceitou-me. Corajosa, respondeu-me: Bem-vindo à nave! Tenho a certeza que vai ser uma viagem fascinante.
NOS_29456
O tribunal entende que o pagamento con fondos públicos da defensa dun concelleiro imputado na Pokémon non vulnera o ordenamento xurídico.
A Audiencia provincial da Coruña fallou esta quinta feira (26 de marzo) a favor d@s 7 edís de Compostela que foran condenad@s en primeira instancia por un delito de prevaricación. Segundo a sección sexta do tribunal --onde fora recorrida a sentenza previa-- "non cabe apreciar que a decisión axuizada constitúa a flagrante e inequívoca vulneración do ordenamento xurídico", polo que @s absolve. Un fallo sobre o que non cabe recurso. De acordo coa nota de imprensa remitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza "o tenor literal do acordo" adoptado pola equipa de goberno e mediante a cal se pagou con diñeiro público a defensa do daquela concelleiro de Deportes, Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon; "poderá ser pouco claro, tecnicamente deficiente ou contraditorio coa precisión exixíbel" mais non tería sido contrario a dereito. O Xulgado de instrución nº1 de Compostela condenou no seu momento --e en primeira instancia-- a 9 anos de inhabilitación a José Luis García Bello, María Pardo Valdés, María Castelao, Francisco Javier Noya, Cecilia Sierra, María Amelia González Brandariz e Juan de la Fuente, presentes na xunta de goberno do 30 de maio de 2013, cando se adoptou o acordo. Porén, esta quinta feira a Audiencia revoga a decisión e absolve @s 7 edís. O voceiro do PP, Miguel Tellado, instou a "desculparse" a quen "quixeron medrar ensuxando o nome doutras formacións" As sete persoas condenada e agora absoltas demitiran das súas responsabilidades públicas e solicitaran a baixa do Partido Popular. Este feito provocara tamén a demisión do daquela alcalde, Ángel Currás e a incorporación do actual rexedor, Agustín Hernández. O voceiro do Partido Popular, Miguel Tellado, preguntouse após coñecer o fallo da Audiencia provincial "quen reparará a honorabilidade" das persoas absoltas e mesmo instou a "desculparse" a "os que quixeron usar os xulgados para hostigar a determinados cargos do PP". Tellado bateu tamén contra "partidos políticos" que, di, "quixeron medrar ensuxando o nome doutras formacións".
PRAZA_16030
Semella máis ben que se está a aplicar un Dereito Penal do inimigo, propio dun estado de excepción non declarado. E a aplicación do concepto de inimigo no Dereito interno sempre foi o xerme da destrución autoritaria do Estado
Unha corte de apelación do Tribunal Supremo (TS) constituída para resolver o recurso de O. Junqueras contra a prisión preventiva acordada polo maxistrado instrutor do mesmo Tribunal, P. Llarena, rexeitou o recurso do líder catalán, por considerar que existía risco fundado de reiteración delitiva, malia o compromiso de respecto á legalidade expresado polo preso político. Porén, o verdadeiramente grave desta resolución xudicial son as súas conclusións constituíndo corpo doutrinal dende as desaqueladas teses da Fiscalía Xeral do Estado e do maxistrado Llarena a respecto da aplicación do delito de rebelión aos líderes do procès, nunha interpretación dos feitos e aplicación dos tipos penais mais propia dunha sentenza definitiva ca do limitado coñecemento propio dunha resolución cautelar e provisional. O artigo 472.5 do Código Penal (CP) castiga como rebeldes aos que declaren a independencia dunha parte do territorio do Estado alzándose de xeito público e violento. Mais até de agora constitúe feito non controvertido, mesmo internacionalmente, o carácter esencialmente non violento do procès. Os propios maxistrados do TS recoñecen que non consta que Junqueras participase en feitos violentos nin dese ordes directas para desenvolver ea caste de accións. Pero para a corte de apelación do TS a violencia existe dende o intre no que Junqueras, como vicepresidente catalán, debeu pensar que o desenvolvemento do procès podería causar reaccións de violencia lexítima por parte do Estado. Para o TS a pacífica ocupación dos colexios electorais constituíu a causa das violentas actuacións policiais do 1-O que, xa que logo, serían tamén da responsabilidade de Junqueras e integrarían ese elemento de violencia que esixe o devandito artigo do CP para que exista o delito de rebelión. Velaí a revirada aplicación da Lei que fai o TS, impropia dun Dereito Penal dos cidadáns, o único posíbel nos Estados democráticos. Semella máis ben que se está a aplicar un Dereito Penal do inimigo, propio dun estado de excepción non declarado. E a aplicación do concepto de inimigo no Dereito interno sempre foi o xerme da destrución autoritaria do Estado, segundo o profesor Raúl Zaffaroni. Como ven de escribir o constitucionalista J. Pérez Royo "esto no puede acabar bien nunca".
NOS_47239
A Confederación de Anpas galegas sinala que na web da Consellería de Educación as probas de galego aparecen no apartado de 'lingua estranxeira'.
Recólleo a web da Confederación de Anpas galegas. Na páxina da rede da Consellería de Educación e Cultura apareceu unha convocatoria para as probas de obtención dos certificados de lingua galega niveis 1,2, 3, 4 para 2014. Un anuncio normal. Se non fose porque a etiqueta e apartado no que estaba incluído era o de 'Lingua estranxeira'. A Confederación di que a persoa que o detectou púxose en contacto coa Xunta para pedir explicacións. "Curiosamente, non lle contestaron", mais pouco despois desaparecera esa clasificación. A Confederación de Anpas Galegas, parafraseando os versos de Rosalía de Castro en Cantares Gallegos – obra coa que a nosa gran escritora nacional ergueu unha bandeira na defensa do noso idioma e que aínda está en vigor- reitera que nas cuestións do idioma, tamén no ensino, non quere "ser estranxeira na súa Patria"
NOS_48137
A Francisco Martínez Leira "Pancho" e Camilo de Dios Fernández, "in memoriam". Sempre volvemos renacersempre xurdimos outra veztras mil derrotas.(Xosé Luís Rivas, Mini). Por decretos de setembro de 1936 e xaneiro de 1937, os sublevados ilegalizaron partidos políticos, sindicatos e sociedades que "por acción u omisión" tiveran relación coa Fronte Popular, impondo no seu lugar un réxime totalitario de partido e sindicato únicos. Nesas circunstancias represivas (asasinato, execución, cárcere, depuración, sanción, apartamento, exilio) que afectaron a dirixentes, afiliados e simpatizantes das entidades proscritas, só puideron sobrevivir organizacións afeitas á clandestinidade, compactas e con militantes moi disciplinados. Na "dinámica de represión-reconstrución-represión-reconstrución" (Santidrián, 2002) rexurdía unha e outra vez o Partido Comunista, único sostén político da guerrilla e único real adversario interior do réxime franquista.
"As organizacións políticas, e especialmente o PC, non crearon a guerrilla, senón que transformaron aos homes que estaban no monte". (H. Heine, 1980). Centos de persoas sobrevivirán á represión desatada na Galiza en xullo de 1936, agachadas en sotos e faiados, perseguidas polos montes,... Eses fuxidos (anarquistas, socialistas, comunistas, galeguistas, unha maioría de sinxelos republicanos), mantiñan unha unidade necesaria para mellor resistir, e foron quen de ir creando complexas estruturas resistentes, solidarias, mal armadas e apartidistas. Alén de declaracións, non houbo participación orgánica do Partido Galeguista na loita armada e mesmo condena, mais si "galeguistas que optaron pola acción, non só nomes sonoros (Velo, Valenzuela...) senón galeguistas das catro orelas de Galiza que serviron á resistencia antifranquista mesmo coa vida" (Máiz, 1988). Sobre a CNT, anotan Pereira/Fernández (2006) que "militantes procedentes do anarquismo foron captados, ben para o activismo da UNE, ben para a guerrilla" e como, fracasado "o proxecto de crear unha guerrilla libertaria para compensar a hexemonía comunista" (Fernández, 2009), militantes libertarios integráronse nas estruturas armadas controladas polo PC. Segundo Heine (1976) "Hubo miembros del PSOE en la guerrilla gallega y tuvieron incluso un papel principal en zonas de Lugo y zonas fronterizas con León, pero lo hicieron casi en oposición directa a la política oficial de sus dirigentes", estes, no exilio, enguedellados en liortas. A guerrilla e, polo tanto o PC, dispuña de grandes complicidades populares, unha mesta rede de enlaces, estafetas, puntos de apoio, casas seguras, bases e tobos Durante a guerra 1936-1939 e rematada esta, desaparecidas traumaticamente as estruturas dos partidos e sindicatos democráticos e nunha forzosa clandestinidade, só o Partido Comunista (PC) (con algo máis de 3.000 afiliados na Galiza na primavera de 1936) foi quen de manter unha mínima capacidade para agrupar os seus militantes, camaradas illados, outros nos cárceres (Celanova), nos campos de traballo forzoso (Silleda), nos montes, algunhas células nas áreas urbanas e fábricas... con nula ou mínima relación orgánica, sempre perigosa. En 1941 o PCE (con dirección en Francia, América e a URSS) enviou a Galiza cadros políticos para reorganizar o Partido, mais estes caeron en poucos meses, coa desfeita do comité rexional que deran organizado e consecuencias mortais. Os antifranquistas galegos, sabedores da vitoria rusa sobre os alemáns en Stalingrado (novembro de 1942) e fiando nunha intervención aliada, "Despois de Hitler, Franco", que nunca se produciu, foron sendo atraídos cara a Unión Nacional Española (UNE), fundada no exilio en 1942 e controlada polo PCE, que en 1943 e 1944 enviaba delegados (Chema Urquiola, José Cerveró, Victor García Estanillo -este vítima anos máis tarde dunha absurda depuración interna- "para a reorganización do Partido, estabelecer as bases da súa incidencia na oposición armada" (Santidrián, 2002). Con moitos esforzos e fracasos, entre abril e outubro de 1944 deron constituído comités provinciais -moi afectados pola acción policial- e un comité rexional do PCE que rexía e enlazaba grupos. As primeiras estruturas guerrilleiras Como sabemos, nos anos da guerra os "escapados" crearan na Mariña de Lugo-Ortegal-Ferrolterra-Eume as primeiras estruturas resistentes, agrupados no "Grupo Tchapaief" e na guerrilla do Eume. A cabalo entre León e Galiza para 1942 armaran a unitaria "Federación de Guerrillas León-Galicia", enlazaron co PCE en 1943, adheríndose á UNE. No norte do país, a proposta do fuxido Marcelino Rodríguez Fernández "Marrofer", o comité provincial do PC de Lugo contaba en 1944 cunha "Comisión Provincial de Guerrillas" que irradiaba até Ferrolterra: "A principios de xuño de 1945 en Regüela (Cabanas) 19 homes adhírense á Federación Nacional de Guerrillas e á Comisión Provincial de Guerrillas de Lugo, nomeando como responsábeis militares a Evaristo Eive, Amador Barcia e Jesús López Ardao" (Heine, 2012). Precisamente, a causa militar 263/1945 (Ferrol) recolle que en agosto de 1945 a Garda Civil atopou nun tobo de Sillobre (Fene) armamento e un carné con data de xaneiro de 1945 a nome de Jesús López Ardao como cabo da Federación Nacional de Guerrillas, e a sentenza da Causa 75/1946 (Ferrol) contra a dirección e militantes do comité lugués-ferrolán do PC - 79 persoas, das que dúas foron executadas- destacaron a existencia de "Una organización del Partido Comunista gallego que con la denominación de Unión Nacional estaba funcionando en la clandestinidad (...) Se valían como fuerza de choque de lo que pomposamente titulaban con el nombre de guerrillas o fuerzas guerrilleras", das que anotan formaban parte "Marrofer" e outros, xulgados en rebeldía. Como vemos, avanzaba a confusión PC-UNE, a identificación PC-guerrilla e xermolaba a futura IVª Agrupación guerrilleira. É de subliñar que a guerrilla (e polo tanto o PC) dispuña de grandes complicidades populares: unha mesta rede de enlaces, estafetas, puntos de apoio, casas seguras, bases, tobos... No paso de 1945 a 1946 desde Madrid, Francia, Cuba, Arxentina ou Rusia chegaron á Galiza moi caracterizados "cadros" para reestruturar o Partido, facer medrar a loita armada e formar os militantes Nese tempo e até finais da década os comunistas gozaban na Francia liberada do respecto gañado coa moi senlleira participación dos maquisards españois na resistencia antinazi, encadrados en 1944 na Agrupación de Guerrilleros Españoles controlada polo PCE, que en 1945 trasladaba da URSS a Francia o seu Buró Político, unha estrutura orgánica piramidal que seguía ortodoxamente o que ordenaban dende Moscú, "Bajo la sabia dirección de Dolores Ibarruri y de nuestros grandes dirigentes" (Nuestra Bandera, xaneiro de 1945). Dentro dese Comité Central funcionaban a Comisión do Interior (Carrillo) e a do Movemento Guerrilleiro (Lister), mais as tantas veces frustradas conexións cara ao interior e a ortodoxia, provocaban erros, diferentes percepcións e depuracións tristes e mortais. No programa político publicado en Toulouse en abril de 1945 ademais de recoñecer a "personalidade nacional dos pobos de Cataluña, País Vasco y Galiza" (compromiso, como as consignas de "Galicia Ceibe" e de "Viva a República" reiteradas nas publicacións en Galiza do PC e da guerrilla), confirmaron a necesidade dunha guerra xeral contra Franco, na que a loita armada era a mellor ferramenta. "Ha llegado la hora de la ofensiva general" (El Guerrillero. nº 1. 25-XII-1946) Yo tengo el orgullo de ser un marxistay estar afiliado con los comunistas donde nos juramos por la propia vida terminar con Franco y con su cuadrilla¡Vivan las guerrillas!(Camilo de Díos, Sandiás, 2016) No paso de 1945 a 1946 desde Madrid, Francia, Cuba, Arxentina, Rusia,... chegaron a Galiza moi caracterizados "cadros" para reestruturar o Partido Comunista, facer medrar a loita armada e formar os militantes. Estabelecida a dirección na Coruña, José Gómez Gayoso "Juan" "López" era secretario do comité galego do PC e Antonio Seoane Sánchez "Julian" "Jorge" o xefe da resistencia armada. Arribaran tamén os que elaboraban a propaganda, reorganizaban os comités provinciais e locais do Partido, enlazaban partido-guerrillas; entre eles é de anotar o mugardés Manuel Fernández Souto "coronel Benito", que combatera como guerrilleiro detrás das liñas alemás na fronte rusa. O 'Ejército Guerrillero de Galicia' Inspirándose en sistemas probados nas Brigadas Mixtas do exército republicano cando a guerra 1936-1939, na Federación galaico-leonesa e no "maquis" francés, na primavera de 1946 naceu o que os responsábeis políticos denominaron "Ejército Guerrillero de Galicia" (EGG), constituído por Agrupacións divididas en Destacamentos. Cada unha desas unidades, xerarquizadas, tiña un xefe militar e outro político, denominado comisario en lembranza aos do exército revolucionario ruso e do republicano español, cargo que ostentara Gómez Gayoso, Sevil e outros responsábeis do PC que viñeron a Galiza. Afirmando os vencellos co Partido, a IVª Agrupación adoptou o nome de Pasionaria, e se algúns Destacamentos eran coñecidos co nome de caídos na loita (Cortizas, Eibe-Carbón, Manuel Bello...), outros co de caracterizados membros do Partido (Santiago Álvarez, Lister, Santiago Carrillo...). Subliña a consideración da guerrilla como un exército o inicio dunha carta que Manuel Ponte, xefe da IVª Agrupación, escribiu en maio do 1946 ao comandante Chacón Barcala, asinante dunha requisitoria contra el: "Despojándome por un instante de la investidura militar que me ha otorgado nuestro glorioso Movimiento de Resistencia (...)". Procurando sumar ao PC-EGG a resistencia que xa existía, deron atraído grupos e persoas do norte de Coruña, Lugo, Ourense e da Federación sudoriental, "abrindo zona" noutros lugares, mais houbo quen non aceptou a nova situación mantendo a súa autonomía, como máis caracterizados Luís Trigo "O Gardarríos" e Ramón Varela "O Curuxás". Sendo pioneira e principal a IVª Agrupación, PC-EGG controlaron dende ela a IIIª (norte e leste de Lugo), enviaron un responsábel político e outro militar para activar a IIª Agrupación ourensá e en 1947 crearon a Vª no norte de Pontevedra. O Partido procuraba afiliación nos centros laborais, destacábel na Fábrica de Armas de Coruña, en empresas viguesas e no Arsenal de Ferrol (onde en xuño de 1946 houbo un plante laboral), marchando á guerrilla quen podía fuxir das redadas policiais, pois a estratexia principal do PC en Galiza era a loita armada: "Nuestro lenguaje es el de las armas, mantenemos intangible nuestro juramento de luchar hasta la victoria por la República y las libertades de Galicia" (El Guerrillero, nº 1, 1946). Por tal motivo, desde abril de 1946 medrou espectacularmente o número de accións político-militares da guerrilla e se non acae aquí a relación, si reproducir a fachenda polo labor propio: "El EGG, dirigido y orientado por el Partido, daba golpes muy duros al franquismo y el Partido se desarrollaba tambien. Mundo Obrero y El Guerrillero llegaban al pueblo", (Informe, 1948), máis eses vencellos PC-ECG, que chegaron ser absolutos, resultaron desacertados: "Introducíase a tendencia a realizar accións, algunhas delas espectaculares, determinadas por unha motivación puramente política no canto de político-militar. Isto é, tomábanse medidas ou persistíase en seguir unha táctica determinada, anque as condicións locais non fosen propicias para as mesmas, porque o esixía así a liña política" (Heine,1980). Progresaba a osmose Partido-guerrilla nas visitas da dirección política aos do monte. Seoane achegábase cada mes ou mes e medio ao territorio da IVª Agrupación, e Gayoso en dúas ocasións (xuño de 1947 e de 1948), nestes casos con presenza de delegados das outras Agrupacións e dos comités do Partido. Na xuntanza na Fraga do Eume, en xuño de 1948, Gayoso chamou a "Organizar Comités en pueblos y aldeas, penetrar en todas las organizaciones legales del régimen. El mejor guerrillero sería el que supiese organizar mejor a el pueblo para la lucha contra el régimen franquista y no el que matara a más guardias civiles" (Informe, 1951). Seguindo indicacións do Partido en Francia, Gayoso nesa ocasión insistiu na necesidade de formación política, programou ir preparando bases seguras no monte para o traslado a elas da dirección do Partido e dispuxo a procura de armas automáticas en Francia.
NOS_27541
"Dísenos que non achegamos datos concretos e nós non estamos de acordo", critica Xosé Bernárdez Solla, voceiro da asociación Vellez Digna, quen argumenta que as familiares non teñen a capacidade de levaren a cabo "investigacións".
"Somos conscientes de que estes procesos poden durar anos, tamén da posibilidade de elevar as nosas denuncias a instancias superiores. Acudiremos a Bruxelas se fose preciso". Quen así fala é Xosé Bernárdez Solla, presidente da asociación de Cangas Vellez Digna e secretario da Federación REDE, que agrupa residentes, familiares e persoal dos centros de maiores. Desde a declaración do estado de alarma, os brotes da COVID-19 en residencias levaron a este colectivo a interpoñer cinco denuncias dirixidas á Fiscalía Superior da Galiza por unha presunta mala xestión. As dúas primeiras foron presentadas o 13 de marzo na sede da Garda Civil en Cangas, municipio no que a empresa DomusVi xestiona a residencia con máis contaxios por coronavirus da Galiza. Onte as enfermas ascendían a 87, segundo datos da Consellaría de Política Social. O Xulgado de Instrución deste concello decretou o 21 de abril o sobresemento das demandas presentadas naquela altura debido á falta de "indicios suficientes da perpetración de delito". Nelas, REDE denunciaba a través de Bernárdez Solla os centros de maiores xestionados por DomusVi e con contaxios, por unha banda, e as restantes residencias con presenza de coronavirus pola outra. "Dísenos que non achegamos datos concretos e nós non estamos de acordo", razoa Bernárdez Solla en conversa con este medio. Entre elas, destaca a falta de persoal previo á pandemia, agravada pola baixa das profesionais contaxiadas. O secretario da Federación REDE tamén apunta á falta de material de protección necesario. "A xuíza argumenta que esta problemática se estende a centros hospitalarios e doutro tipo. É certo, mais a carencia de persoal non é escusábel", engade. Cuestionado pola concreción de ambas as dúas eivas, Bernárdez Solla apunta a que as familiares "non somos quen de realizar esa investigación". "Non podemos entrar nun centro e comprobar cantas noites se careceu dos profesionais necesarios", expón. "Consideramos que hai indicios suficientes para abrir unha investigación, mais se non os queren ver nada podemos facer", conclúe o secretario de REDE. As restantes denuncias O 13 de abril, o secretario de REDE interpuxo outras tres. "Son unha ampliación daquelas outras", especifica Bernárdez Solla. Unha dirixida aos centros de maiores con brotes da COVID-19 e outra focalizada nos xestionados pola empresa DomusVi e a súa directora xeral, Josefina Fernández. Outras catro denuncias presentadas por familiares de residentes foron arquivadas. Ademais de Cangas, ficaron sobresidas as demandas contra dous centros da área sanitaria de Ourense e DomusVi Chantada. Así mesmo, foron arquivadas as dilixencias penais abertas contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e os conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e Política Social, Fabiola García, despois de que o familiar dunha residente cursase unha denuncia. Nestes casos alegouse tamén a falta de concreción dos datos achegados ou ausencia de feitos de carácter delitivo. Residentes e persoal suman 1.077 contaxios activos As asociacións de familiares de residentes non son único colectivo que reclama atender a situación dos centros. Unha denuncia de carácter xenérico, presentada polo Defensor do Paciente, motivou que a Fiscalía Superior e as territoriais realicen un seguimento dos datos relacionados coas residencias para detectar posíbeis problemas. Segundo o informe de Política Social, contabilizábanse un total de 777 usuarias contaxiadas pola COVID-19, ademais de 296 traballadoras, 1.073 casos en total. Os datos, correspondentes á última hora do domingo, dan conta dun lixeiro aumento das doentes na fin de semana. A maiores, rexistráronse 9 altas de residentes curadas. Tras a morte dunha usuaria o domingo, o número de falecementos entre residentes ascende a 244, case 46% do total rexistrados na Galiza.
NOS_56112
O galego reivindica a súa condición de piloto con diversidade funcional
Circuit Ricardo Tormo, Cheste, Valencia. As persoas que seguen a carreira arquean a cella con interese ante o desempeño do piloto dunha humilde Benelli 302R de 35 cabalos, que rodeado de monstruosas Kawasakis e Yamahas de 600 e 1.000 centímetros cúbicos que na recta principal alcanzan puntas de velocidade que superan a súa en até 120 quilómetros por hora, trata de compensar esa abismal diferenza arriscando ao máximo en cada curva, mesmo a vida se fose necesario. Non ten medo, non. Iso perdeuno hai moitos anos, no transcurso dunha infancia durísima marcada polo acoso escolar que padeceu desde os cinco até os 16 anos e que, lonxe de limitarse a ser esa "cousa de nenos" coa que até hai ben pouco se trataban de xustificar esas criminais condutas, sufriu tamén da man de adultos, como un adestrador que chegou a pedirlle aos seus compañeiros de equipo que non o avisasen cando había partido para que non xogase. E todo por ser diferente. Porque o monfortino Alberto Fernández é unha persoa con diversidade funcional: "Teño problemas de mobilidade no lado dereito do meu corpo, son coxo e da man só movo ben dous dedos, o polgar e o índice". Afortunadamente, Alberto descubriu no garaxe do seu tío unha vella minimoto de cross que se convertería no seu refuxio, unha zona segura, un santuario no que, como el mesmo di, "en canto subes es igual que o resto". Hoxe loita desde o deporte do motociclismo pola dignidade das persoas con diversidade funcional, que son "diferentes, pero non peores", así como contra vellos conceptos como os de minusvalía e discapacidade, "porque tanto 'minus' como 'dis' son prefixos que significan menos ou negación, e cando xa se etiqueta unha persoa como inferior na propia linguaxe só polo feito existir e ser diferente, acaba por crer que o é". Un soño feito realidade 2020, pandemias á parte, foi un ano inesquecíbel para Alberto Fernández, pois foi quen de facer realidade o seu soño de debutar nunha competición, para o que tivo que afrontar unha serie de obstáculos que por momentos pareceron insuperábeis. O máis importante foi o da epilepsia "descontrolada", que comezou a afectarlle con só 22 anos e que o obrigou a deixar de lado a súa gran paixón por cuestións de seguridade. Pasou moito tempo afastado de calquera tipo de vehículo, pero un bo día esas crises epilépticas remitiron até desaparecer, e logo de 18 meses sen padecelas tomou a determinación de volver subir a unha moto. E non a unha calquera, senón a esa Benelli 302R, "a miña nena", como el a chama, que adquiriu en xaneiro pasado e da que se namorou despois de ver "o fantástico paso por curva que tiña". Viu o potencial que agochaba e decidiu adaptar esa moto "de calle" -como se di no mundiño- para competir nos circuítos de carreiras, para o que contou "coa axuda inestimábel de Padín, que ten o taller Dezaracing en Sanxenxo, e de Alberto, que leva o bar Biker's en Compostela". Co seu apoio e o da fundación Pilotos Capacitados conseguiu estar o 13 de setembro no Ricardo Tormo de Cheste para participar na Handy-Esbk, o punto de partida dunha, con toda seguridade, longa carreira deportiva para Alberto Fernández. O apoio de empresas patrocinadoras, chave para que Alberto poida correr no ano 2021 A súa participación na carreira Handy-Esbk de Cheste foi só o comezo para Alberto Fernández: "Isto acaba de empezar". Non obstante, para que a súa historia de superación poida seguir medrando o piloto galego necesita todo o apoio posíbel, e iso no mundo do motor significa cartos en forma de patrocinios, que irán destinados a pagar melloras na moto, viaxes... Por iso lembra que calquera empresa que queira axudalo pode localizalo no seu perfil público de Facebook.
NOS_3195
Argumenta a solicitude na "necesidade" de desaloxar o PP da Xunta e de fortalecer o "suxeito nacional".
A organización independentista Causa Galiza solicita a través dun comunicado o voto para o BNG nas elección galegas do 12 de xullo. Un voto que piden, explican, para evitar que a "extrema dereita" do PP continúe á fronte da Xunta ao tempo que "agudizan"as contradicións que apuntan que hai no nacionalismo para avanzar cara ao independentismo. Para CG una nova vitoria do PP de Núñez Feixoo é " o pior cenário imaginável para a Galiza". O actual presidente galego é, para a organización inpdependenista, "a aposta do Estado" para estas eleccións, que pasa por "perpetuar intacto o status quo atual e adiar quaisquer condiçons que facilitem a emergência da Galiza como terceiro sujeito político em liça com o Estado español". Explican que 3 son as causas nas que fundamentan a súa petición de voto para o BNG: a "necesidade" de rematar co Goberno do PP na Xunta, a abertura de "opçons para políticas reformistas que fortalezam o sujeito nacional" e, por último, agudizar no seo dos sectores nacionalistas a opción independentista. " A nossa prioridade é construir um projeto político e umha estratégia independentistas que apostem num processo de ruptura democrática nacional com Espanha", lembran.
NOS_47490
Mañá, domingo 19 de xuño, Compostela acolle unhas xornadas de debate convocadas pola Plataforma galega contra a Otan. O analista en política internacional, colaborador de Nós Diario e autor "Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo", Alberte Blanco Casal, é un dos relatores deste encontro. Nesta conversa reflexiona sobre o papel da Otan na actual conxuntura.
Cal é a axenda e os temas chave a debate da cimeira da OTAN que se celebra a vindeira semana en Madrid? Formalmente, a cimeira de Madrid, convocada hai un ano, ía traballar no novo concepto estratéxico da OTAN. É dicir, pasar da confrontación con países de segunda ou terceira categoría, países non pares, en terminoloxía OTAN, ás ameazas e competencia entre as grandes potencias, como na Guerra Fría do pasado século. Neste novo marco, os países obxecto do novo concepto estratéxico pasan a ser Rusia e China, como resulta obvio. Realmente, a cimeira de Madrid estaba pensada para tratar o axuste da estrutura occidental de seguridade ás peculiaridades da rexión do Indo-Pacífico, co ascenso chinés, a través dunha fórmula de colaboración OTAN-AUKUS por ser de grande interese para Estados Unidos e o mundo anglo-norteamericano. A eficacia revolucionaria das novas armas rusas, o poderío económico-militar chinés e o declive neoliberal estaban na base orixinal deste cumio. Sen dúbida, os aspectos anteriores afectan profundamente a hexemonía occidental modificando o (vixente) concepto estratéxico de Lisboa, aprobado en 2010. Non obstante, a Guerra do Leste alterou definitivamente o programa estabelecido, agudizando os problemas internos da Alianza, a pesar de que se queira dar unha imaxe de unidade, e incluso de euforia, coa posíbel, veremos se se consolida, entrada de Finlandia e Suecia. Os diferentes intereses entre, por exemplo, Turquía e Estados Unidos son evidentes. Pero tamén hai diferenzas notábeis con países como Francia, Alemaña, Croacia ou Hungría, por falar dos casos máis evidentes. Unha das cuestións que a bo seguro tocarán os mandatarios reunidos en Madrid é o conflito de Ucraína, que responsabilidade ten a OTAN no mesmo? Este conflito é, sen ningún xénero de dúbida, un enfrontamento entre Rusia e a OTAN a través do que se coñece como unha guerra subsidiaria, onde Ucraína é un chibo expiatorio pero non inocente. A OTAN, principalmente Estados Unidos e o Reino Unido, levan intervindo en Ucraína desde a disolución da URSS en 1991, igual que ocorreu no resto do antigo bloque socialista. Instruíron aos elementos corruptos da nomenklatura, os novos oligarcas, na privatización das empresas públicas e no regalo a empresas occidentais, destruíndo a base económica socialista convertendo Ucraína, unha das repúblicas máis desenvolvidas e ricas da Unión Soviética, nunha ruína económica e no país máis atrasado e corrupto de Europa. Coa consolidación do grupo de Vladimir Putin no Kremlin, Estados Unidos decatouse de que non ía poder manipular a Rusia como nos tempos de Boris Eltsin e decidiron a operación do Maidán. O politólogo Brzezinski prognosticara o papel estratéxico de Ucraína para Occidente como arma contra Rusia. Esa teoría levárona á práctica en 2013 cunha campaña de intoxicación e mobilización cidadá utilizando elementos extremistas neonazis para executar provocacións e altercados. Todo acabou en 2014 cun golpe de estado en Kíiv destituíndo ao presidente electo Yanukóvich. A intervención da OTAN no conflito quedou patente co apoio directo de Vitoria Nuland, subsecretaria de Estado de Obama, aos sectores golpistas, declarando nunhas conversas privadas o decidido apoio de EUA, a través de asesores e cunha axuda encuberta de máis de 5 mil millóns de dólares, que serviron para subornar a distintos sectores, ONGs e personalidades ucraínas, incluído o exército, co obxecto de asegurar o resultado do golpe. Nuland censurou a falta de colaboración da Unión Europea empregando un sonoro insulto que se fixo moi famoso -Fuck the EU- deixando en evidencia daquela os distintos intereses entre Europa e Estados Unidos. Despois diso, e coa guerra do Donbass creándolle problemas ao novo Goberno, a OTAN armou, adestrou e asesorou ao exército ucraíno, ademais de promover aos elementos máis fanáticos dos destacamentos neonazis, como Pravy Sektor, Svoboda, Azov, para o seu control efectivo. Prevendo un conflito longo no Donbass a OTAN instou ao Goberno ucraíno á construción dunha potente fortificación militar na liña da fronte capaz de resistir grandes combates. De forma simultánea, Estados Unidos influíu na dilatación da aplicación dos diferentes acordos de paz, coñecidos como Acordos de Minsk, avalados pola ONU, ao tempo que se incrementaban as provocacións. Estas ían dende as actividades encubertas nos laboratorios de guerra biolóxica controlados polo Pentágono, os ataques dos extremistas á minoría rusa até as operacións militares directas co obxecto de provocar un enfrontamento con Rusia, que foi o que finalmente ocorreu en febreiro deste ano. Rusia coñecía a deriva dos acontecementos e preparou a resposta adecuada se non era posíbel facer cumprir os acordos de Minsk, e nesas estamos. Analizaba no seu libro "Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo" que o mundo estaba diante dun novo paradigma como consecuencia da crise do librecambismo clásico, que papel vai xogar a OTAN neste novo escenario? Eu sinalaba, en esencia, tres posíbeis saídas a esta crise do sistema neoliberal. Continuar nas mesmas condicións que até agora con leves modificacións; a saída civilizada, mediante un poscapitalismo de cooperación, ou a barbarie global. Coa situación actual, coa guerra do Leste en plena evolución, pode parecer que o mundo se inclinou por esta última saída. Pero a realidade é enormemente complexa e as saídas teóricas que eu manexaba hai case dous anos hai que matizalas moito, sobre todo porque xa non é posíbel funcionar no mundo ao ditado do imperialismo occidental e hai variábeis inesperadas, como o actual conflito ucraíno, que vai xogar un papel determinante na conformación xeopolítica do próximo futuro. Ucraína xogou un papel fundamental nesta estratexia e o desenlace coa invasión rusa explica de forma moi clara que ese conflito larvado desde 2014 no Donbass estaba deseñado para arruinar a colaboración mutuamente vantaxosa entre Rusia e a UE, a través de Alemaña, exemplificada no gasoduto Nord Stream II, unha arteria enerxética enormemente vantaxosa para os europeos. Finalmente, foi paralizado polo novo Goberno alemán por orde de Estados Unidos coa xustificación da invasión rusa. Ese era o obxectivo principal do alargamento do conflito do Donbass. Estragar a cooperación entre Rusia e a UE que Estados Unidos vía como unha ameaza ao seu liderado occidental en plena crise e estancamento do sistema neoliberal. En definitiva, a OTAN é o instrumento para garantir a inestabilidade no continente europeo e neutralizar calquera posíbel entendemento no inmediato futuro. A curto prazo será así, pero esa situación non pode durar. É anti-natural e, dunha maneira ou doutra, será imposíbel de aturar se non hai cambios substanciais nos ámbitos social, económico e xeopolítico. A súa palestra na contracimeira galega contra a OTAN que se celebra mañá, domingo 19, sobre a unipolaridade e a multipolaridade no mundo actual, como ve o estado da correlación de forzas entre os dous bloques actualmente en confronto? A correlación está variando, como é lóxico nun conflito en plena evolución. Pero os cambios están á vista de todo o mundo. En Latinoamérica, a situación camiña cara á unha maior independencia respecto de Estados Unidos a pesar dos bloqueos económicos, de quintacolumnistas, ameazas, golpes de estado e asasinatos de líderes sociais. A posición de López Obrador, presidente de México, practicando unha aberta crítica anti-neoliberal, é paradigmática dos novos aires que osixenan ese continente, revolucionario por excelencia. O mesmo sucede, con diferentes matices, en África ou Asia, onde a posición de China, en estreita alianza con Rusia, é vital para entender por onde van ir os novos cambios. En definitiva penso que, de forma inevitábel, o mundo camiña cara á unha formulación multipolar onde as relacións cooperativas e anti-hexemónicas serán maioritarias, aínda que a evolución non será lineal nin fácil para as nacións anti-imperialistas e para a consolidación do novo modelo.
PRAZA_17292
O presidente galego salienta que Rajoy marcha "invicto", obviando as derrotas de 2004 e 2008 e evidenciando ao tempo as súas tres propias maiorías absolutas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non é só o único posible aspirante á sucesión de Mariano Rajoy á fronte do PP cuxo nome están a defender en público, dando a cara, outros cargos do partido, como fixo a nivel estatal o ex-ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo, ou a nivel galego o portavoz parlamentario Pedro Puy. Dos catro principais nomes que están sobre a mesa (Feijóo, a ex-vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría, a secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, ou a presidenta do Congreso, Ana Pastor), el é o que conta cun historial de vitorias electorais persoais máis significativo, coas súas tres maiorías absolutas consecutivas en Galicia. Estes días el mesmo está a poñelo en evidencia de xeito implícito. O presidente galego salienta que Rajoy marcha "invicto", obviando as derrotas de 2004 e 2008 e evidenciando ao tempo as súas tres propias maiorías absolutas O pasado xoves, poucas horas antes de que se certificase o triunfo da moción de censura de Pedro Sánchez contra Mariano Rajoy, Feijóo, tentando criticar ao socialista, dixo en rolda de prensa que "ser presidente de España é incompatible con perder dúas veces consecutivas as eleccións". Porén, ese feito, que se corresponde cos resultados de Sánchez nas xerais de decembro de 2015 e xuño de 2016, tamén é aplicable aos resultados de Rajoy nas xerais de 2004 e 2008. Puido ser un lapsus de Feijóo, pero este martes el mesmo volveu salientar, ás portas da rúa Génova e tras o anuncio de dimisión de Rajoy, que o agora saínte líder popular vaise "sen perder, invicto, algo que lamentablemente sabemos que non está de moda, porque se pode estar no goberno despois de perder as eleccións". Esa valoración, novamente, non é aplicable á traxectoria de Rajoy e as súas derrotas en 2004 e 2008. Pero ao tempo Feijóo estaba a poñer o foco nas posibilidades de pactos entre partidos que ofrecen as democracias parlamentarias como a española en caso de que ninguén obteña maioría absoluta. A experiencia electoral de Feijóo só conta con maiorías absolutas, resultados moi distintos aos das outras tres posibles aspirantes que máis están a soar Fronte a esa posibilidade de pactos, a súa propia experiencia electoral só conta con maiorías absolutas. É moi distinto, pola contra, o historial electoral das outras tres posibles aspirantes que máis están a soar. Ana Pastor e Soraya Sáenz de Santamaría nunca foron elas as principais candidatas senón que figuraron en listas lideradas por outros, mentres que Dolores de Cospedal, nas súas experiencias como candidata á presidencia de Castela-A Mancha, perdeu en 2007, obtivo maioría absoluta en 2011 e foi desbancada en 2015 por un pacto de PSOE e Podemos ao non conseguir reeditar a maioría absoluta. Fronte a eses resultados dispares, Feijóo leva anos gabando a "estabilidade" que as súas propias maiorías absolutas estarían a dar a Galicia fronte a outras administracións. Así o fixo, entre outros momentos, na súa última toma de posesión como presidente da Xunta, en novembro de 2016. Daquela, con Mariano Rajoy presente, Feijóo volveu presentar a Galicia como "modelo de estabilidade para España". Pola súa banda, na súa intervención Rajoy eloxiara a "moderación, empeño reformista, determinación, sensibilidade social e estabilidade" de Feijóo, engadindo que, como galego que é el mesmo, "ser presidente da Xunta para un galego é algo moi grande". Este mércores Feijóo poderá seguir deixando pistas sobre o seu futuro no Parlamento de Galicia, nunha sesión de control por parte da oposición centrada por En Marea, PSdeG e BNG no caso Gürtel Á espera de que anuncie a súa decisión ao respecto da sucesión de Rajoy, cada declaración de Feijóo está a ser analizada en detalle. Este martes, á súa saída da sede do PP en Madrid, Feijóo, ademais de cualificar a Rajoy como "invicto" evidenciando as súas propias vitorias, limitouse a gabar a "grandeza e lealdade" de Rajoy, algo que considerou "atípico na democracia española". Este mércores Feijóo poderá seguir deixando pistas sobre o seu futuro no Parlamento de Galicia, nunha sesión de control por parte da oposición centrada por En Marea, PSdeG e BNG no caso Gürtel, que hai dúas semanas, ao coñecerse a sentenza, Feijóo reduciu a que Bárcenas "non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP". Unha semana despois, xusto antes de concretarse a moción de censura, Feijóo pedía aos seus "compostura" e salientaba que "con independencia do poder o importante é a coherencia política".
NOS_24915
Portugal prepárase para conmemorar 48 aniversario da revolución de 25 de abril. As principais localidades portuguesas acollen hoxe mobilizacións e actos en lembranza do fito que devolveu a liberdade, rachou co fascismo e deu ao país unha democracia avanzada.
25 de abril é unha data gravada a ferro na memoria dos demócratas. Se os italianos lembran a caída do réxime fascista de Mussolini en 1945, portugueses, e tamén, galegos conmemoran o trunfo do movemento político e militar que puxo fin á ditadura máis antiga de Europa e abrigou posibilidades dun cambio real na Galiza e o Estado español. Unha vez máis, as maiores cidades, como as aldeas mais pequenas, de todo Portugal volveron a encherse con demócratas para conmemorar abril. Será en Lisboa, do Marques de Pombal até os Restauradores, onde se desenvolva o acto principal. Outro tanto, acontecerá en Porto, da rúa do Heroísmo à avenida dos Aliados, que acollerá unha das maiores marchas, organizados polas comisións promotoras das Conmemoracións Populares de 25 de abril. Movemento popular Os concellos e o movemento asociativo están igualmente mobilizados para conmemorar o aniversario da revolución dos cravos, cun conxunto de iniciativas culturais, deportivas, sociais e tamén alusivas á paz. Só na noite de 24 para 25 de Abril decorren concertos emblemáticos no Sobral de Monte, Agraço, Seixal, Sesimbra, Setúbal ou Grándola. A memoria da resistencia está moi presente nos actos deste anos. Así, a terza feira, 26 de abril, a Unión de Resistentes Antifascistas Portugueses (URAP) de Braga vai homenaxear os 140 antifascistas, nacidos, residentes ou estranxeiros, que naquel concello foran presos polas policías políticas durante o período da ditadura (1926-1974), coa colocación de 48 cravos, número que sinala os 48 anos de vivencia democrática. A Fundación José Saramago prepara un programa especial para celebrar 25 de abril. Nos dias 23 e 30 de abril serán realizadas visitas guiadas pelo Roteiro Levantados do Chan, en Lisboa, formado por espazos asociados ao levantamento de 1974 e a loita contra o fascismo. O ascenso do fascismo O medre electoral das alternativas de extrema dereita centra boa parte do debate político en Portugal. Nesta dirección, determinadas forzas políticas están a cuestionar o carácter do movemento de abril, a dirección do modelo constitucional portugués e o sentido dos sucesos de hai 48 anos. A deputada do Bloco de Esquerdas, Joana Mortagua, tense significado neste debate. Así, nun artigo publicado no Jornal I na quinta feira sinala que "a nosa democracia, foi construída para servir outros obxectivos: a descolonizaçión, a liberdade política, os dereitos humanos, económicos, sociais e culturais, a distribución da riqueza e a socialización da propiedade" Mortagua destaca que "a nosa democracia fíxose sabendo o prezo de catro décadas dunha política económica feita polas e para as elites; precedeuse de folgas e de loitas operarias históricas. A nosa democracia ollou para dentro e para fora e escolleu como camiño o socialismo, e así acreditaba quen saíu á rúa para organizar os barrios, os campos e as fábricas". Galiza no Portugal de abril A revolución portuguesa de 25 abril de 1974 marcou a ducias de xeracións de galegos e abriu novas expectativas para aqueles compatriotas que loitaban contra a dictadura. A caída dunha ditadura tan lonxeva abrigou posibilidades entre os sectores da opinión democrática dun cambio semellante no Estado español e permitiu fixar unha retagarda segura ás forzas antifranquistas galegas. O Portugal de abril acolleu unha chea de actos da oposición democrática galega. Así, en abril de 1975 presentouse publicamente en Porto a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG), unha organización de masas de carácter nacionalista, cuxa formulación ideolóxica e organizativa foi a base do actual BNG. O acto, organizado polo núcleo portugués da UPG, reforzado tras a chegada do exilio francés de Carme Graña contou coa participación de Xosé Vilas Nogueira, que actuou como voceiro da nova formación. A Facultade de Letras de Porto serviu de marco para celebración das Xornadas da Cultura Galega, coordinadas pola propia Margarita Ledo entre 19 e 22 de xuño de 1975 e celebradas baixo o lema de "Por unha cultura científica, galega e popular". O encontro xuntou a intelectuais portugueses amigos da Galiza como Rodrigues Lapa, Prado Coelho ou Anibal Almeida e a referencias públicas do nacionalismo como Ramón López Suevos, Xosé Vilas Nogueira ou Camilo Nogueira Román. A carón das palestras programouse unha exposición do libro galego e diversos concertos a cargo membros do Movemento Popular da Canción Galega.
NOS_22943
A primeira longametraxe de Jaione Camborda inaugura a vindeira edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra, que terá lugar de 10 a 15 de decembro. Para alén desta proxección, a cineasta participa activamente noutras actividades do proxecto, co que está implicada desde hai anos.
A cuarta edición do festival pontevedrés Novos Cinemas, programado de 10 a 15 de decembro, acollerá no seu acto inaugural a proxección de Arima, a primeira longametraxe de Jaione Camborda, da que xa ofreceu un adianto na pasada edición, dentro da sección Encontros. O filme que presenta estrearase ademais no Festival de Cinema de Sevilla, o vindeiro domingo 10 de novembro. A cineasta, ligada a Novos Cinemas dende o nacemento do evento, lidera na actualidade a formación "Habitar un rostro / O xesto dun encontro", organizada en colaboración coa Universidade de Vigo, na que explora "a idea de relato na súa acepción máis ampla". Arima narra a historia de catro mulleres e unha nena, cuxa vida cotiá se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose pola vila como un ser fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida as mulleres. Arima é un filme no que as cousas se albiscan a través da néboa, no espazo do intuído, mais que non pode verse con claridade. A directora escolle un territorio no que se difuminan as fronteiras entre o real e o imaxinado, o pesadelo e o soño, o medo e o desexo. Tamén o concepto de identidade, o pasado, o presente ou o futuro. Todo esvaece no bretemoso celuloide. Jaione Camborda (Donostia, 1983) estudou nas Escolas de Cinema de Praga de Múnich antes de se trasladar a Galiza e fundar Esnatu Zinema, produtora coa que desenvolve diversas pezas experimentais en celuloide. Partindo dun enfoque etnográfico, a súa obra reflexiona sobre a relación do ser humano co animal, sobre a violencia e sobre o atavismo. Ademais, ten colaborado como guionista e directora de arte en numerosos filmes nos últimos anos, como Os fenómenos (2014), Las altas presiones (2015) ou Tempo vertical (2017).
PRAZA_6558
O presidente da Xunta advirte do seu "desacordo e malestar" coa decisión "unilateral" da empresa estatal de trasladar parte da produción do buque de Pemex aos estaleiros de Cádiz.
Feijóo carga contra Navantia e únese ás críticas do seu partido e doutros membros do Goberno galego contra a decisión da empresa estatal de trasladar parte da construción do flotel de Pemex encargado ao estaleiro de Ferrol ao de Puerto Real en Cádiz. Nun acto en Vigo, onde visitou o cruceiro máis grande do mundo atracado no peirao, o presidente da Xunta advertiu que xa manifestou o seu "desacordo e malestar" á compañía pola súa decisión "unilateral" que, di, non está "en condicións de admitir". Feijóo di que non está "en condicións de admitir" esta decisión "unilateral" de Navantia O xefe do Executivo galego recoñeceu que se enterou do anuncio que Navantia fixo aos traballadores polos medios de comunicación. "Navantia volveuse equivocar gravemente", asegurou, tras lembarlle que en Ferrol "a carga de traballo é manifestamente insuficiente" e que "toda Galicia sabe que o barco foi unha xestión do Goberno galego co mexicano no que o Goberno central nos axudou". "Non sería tan importante se todos tivesemos unha carga de traballo razoable, pero Ferrol non ten a suficiente como para poder desprenderse nin tan sequera do 2% que supoñen as pezas trasladadas do flotel", insistiu Feijóo, tras instar a dirección de Navantia a "explicarse agora ante o pobo galego". "Ferrol non ten a suficiente carga de traballo como para poder desprenderse nin tan sequera do 2%", di o presidente da Xunta Ao tempo, o comité de empresa de Navantia na ría de Ferrol teme máis traslados de carga de traballo a outros estaleiros e acusou o Goberno e á dirección da compañía de provocar enfrontamentos localistas. Segundo lles manifestou aos traballadores, a intención da firma estatal é desviar oito dos 86 bloques da embarcación ao estaleiro de Puerto Real, malia que o Goberno galego vendeu esta operación como unha das solucións para paliar a falta de carga de traballo en Ferrolterra. Os repartos da carga de traballo entre os diferentes estaleiros de Navantia no Estado é algo habitual, pero os sindicatos critican que chegue cando a maioría dos traballadores están afectados por baixa actividade e, sobre todo, despois de que a Xunta de Galicia presumise dun contrato que dixo apadriñar e conseguir grazas aos seus acordos de colaboración co Goberno de México. Foi o pasado mes de maio cando o corte de chapa do flotel daba inicio a un encargo que debía dar traballo a entre 300 e 400 operarios durante uns 29 meses nos que se completarán máis dun millón de horas de traballo. Son moitos menos dos "3.000 empregos para os próximos dous anos" que Feijóo prometera naquel preacordo con Pemex de setembro de 2012 e tamén menos dos 1.300 empregos directos cos que conta o estaleiro. Ademais, a incidencia desta construción sobre as auxiliares, nas que se despediron unhas 4.000 persoas nos últimos anos, será moi pequena.
NOS_29436
Os feitos relaciónanse coa gravación dun lipdub hai un ano. O letrado relaciona o interese da fiscalía da Audiencia Nacional en espertar agora este procedemento co peche "inminente" de tres sumarios contra cinco independentistas e o recente escrito de acusación contra outr@s catro en que se mantén o delito de 'pertenza a banda armada'
Tres d@s catro independentistas cuxa imputación por 'enaltecemento do terrorismo' interesou a fiscalía da Audiencia Nacional española após saíren bailando nun lipdub coas fotos d@s pres@s galeg@s prestaron declaración esta segunda feira no xulgado nº3 de Ourense. A cuarta imputada comparecerá nos xulgados de Ribeira nos vindeiros días. Todo o que conten pasará a mans do titular do xulgado central nº4 da Audiencia Nacional, Fernando Andreu quen, previo informe da fiscalía, decidirá se os feitos son constitutivos de delito. O avogado d@s moz@s, Alejandro Cortizas, vinculou a causa con "movementos puramente políticos " e relacionouna co peche "inminente" doutros tres sumarios que recollerán as peticións de pena para Júlio Saiáns nun deles; Xurxo R. Olveira e Héctor Naia 'Koala' noutro; e Carlos Calvo, Xurxo R. Olveira e Diego Santín nun terceiro. O auto de acusación redactado contra Antom Santos, María Osorio, Roberto R. Fialhega 'Teto' e Eduardo Vigo, de 64 anos en total e nel mantense por vez primeira a acusación de 'pertenza a banda armada', que non pasara nunca da fase de instrución. Un procedemento que responde a "movementos puramente políticos" Ao fío, Cortizas informou de que a apertura de distintas causas, como esta por 'enaltecemento' ou aqueloutra en que o compostelán Júlio Saiáns fica imputado como 'xefe de finanzas', responde á tentativa de "ir sentando as bases para despois montar unha banda armada nun momento". Así as cousas, os feitos que, ao entender da fiscalía, merecen a cualificación de delito correspóndense coa gravación dun lipdub en Xinzo da Limia o 31 de marzo de 2012, cadrando co 7º aniversario do centro social Aguilhoar. "Tiveron o procedemento adormecido para espertalo cando mellor lles conviu. A xente que sae no video colleu algunha das pezas que facían parte da decoración do local" sen máis intención que a de reivindicar a lingua e a cultura do País, recordando ao mesmo tempo @s independentistas presas. Por tanto, o letrado subliñou que "nada do que lles queren imputar existe" e recalcou que "non teño nin idea do que poderá decretar" Fernando Andreu porque no procedemento aberto contra @s catro veciñ@s de Xinzo (R.L., L.L., M.B. e J.M.A) "hai un substracto xurídico, mais son movementos puramente políticos".
NOS_4251
Nin presas e presos políticos nin exiliadas e exiliados. A Xunta Electoral de Barcelona atende unha denuncia de Ciudadanos e prohíbelle expresamente á TV3 e aos resto dos medios públicos cataláns empregar expresións como "presos políticos" ou "exilio".
A Xunta Electoral de Barcelona entende que aludir a "presos políticos" ou a "exilio" vulnera a "neutralidade informativa". De aí que prohibise empregar esas expresións aos medios públicos cataláns logo de recibir unha denuncia de Ciudadanos. Na súa resolución, a Xunta Electoral considera que "os medios de titularidade pública deben absterse de levar a cabo prácticas informativas que se aparten inxustificadamente da legalidade vixente". Amais das referencias citadas, tamén prohibe empregar "xuízo da represión". En novembro de 2017, a Xunta Electoral prohibiu a TV3 referirse a Carles Puigdemont e aos consellers no exilio como "Goberno no exilio" por considerar que esa expresión vulneraba o principio de neutralidade informativa.
NOS_37644
Gerry Adams anunciou no congreso do Sinn Féin que en 2018 deixaría a presidencia do partido republicano, posto que ocupa desde 1983. Os nomes que máis soan para cubrir a primeira liña son de muller: a vicepresidenta do SF, Mary Lou McDonalds, e a líder da formación en Irlanda do Norte, Michelle O'Neill.
Gerry Adams deixará en 2018 a presidencia do Sinn Féin, posto que ocupa desde 1983. Chegou ao cargo nunha Irlanda do Norte en pleno conflito armado entre o IRA, e paramilitares unionistas e estado británico e vai deixalo cun SF a piques de ser primeira forza nos seis condados nun escenario onde hai anos que desapareceu a violencia armada. O 'León de Belfast' (tomándolle prestado o alcume a Van Morrison) anunciou a pasada fin de semana no Ardfheis (congreso) dos republicanos a súa marcha. "Dirixir significa saber cando chegou o momento do cambio. O momento chegou", dixo un Gerry Adams emocionado na clausura do congreso que decorreu en Dublín. O veterano político, de 69 anos de idade, dá un paso atrás e a pregunta agora é quen ocupará a primeira liña do republicanismo irlandés. En marzo pasado falecía Martin McGuinness, outro dos líderes históricos e de peso entre os republicanos, curtido na loita contra a ocupación británica nos 70 e 80 e que foi un dos principais negociadores do proceso de paz dos 90. Os referentes dos últimos 30 anos, logo, van desaparecendo. Republicanismo Con Adams encamiñándose cara á saída do escenario político, os principais referentes do actual Sinn Féin son mulleres, tanto no sur da fronteira fixada polos británicos, a República de Irlanda; como no norte, Irlanda do Norte. Nos seis condados baixo administración de Londres o Sinn Féin é segunda forza e a moi pouco de ser a primeira, a piques de superar o unionista DUP. Michelle O´ Neill (1977) é a líder dos republicanos en Irlanda do Norte, a portavoz do Sinn Féin na asemblea do Ulster e a rapaza que colleu o relevo de McGuiness cando este deu un paso atrás por mor da súa grave enfermidade. O`Neill ten unha ampla experiencia política, tanto desde o activismo na rúa, onde se implicou desde ben nova, como na vertente institucional: foi ministra de Agricultura (2011-16) e de Saúde (2016-17) no goberno norilandés. Provén dunha familia de cerna republicana do condado de Tyrone. O seu pai, membro do IRA, pasou varios anos en prisión. O seu curmán, Tony Doris, foi un dos 3 militantes do IRA asasinados en 1988 en Xibraltar polos corpos especiais británicos, SAS. Outro seu curmán, Gareth, tamén fixo parte do Exército Republicano Irlandés, cumprindo condena por esta militancia. Os seus adversarios destacan dela a súa capacidade de traballo e de escoita. Recoñecen que é unha das figuras chaves do republicanismo irlandés do presente e que máis o será co paso do tempo. Mary Lou MacDonald (Dublín, 1969) é a persoa que moitos sinalan, tanto dentro como fóra do republicanismo, como substituta natural de Gerry Adams. Actualmente é a vicepresidenta do Sinn Féin e, desde 2011, deputada e portavoz da formación no Parlamento da República de Irlanda. Con anterioridade foi eurodeputada. Comezou a militar en política de moza, no Fianna Fáil, o partido conservador creado por Éamon de Valera en 1926 como escisión do Sinn Féin. Deixou esta militancia en 1998 para, posteriormente, adherirase ao republicanismo e á esquerda que representa o SF. Ten asumido importantes responsabilidades internas no partido republicano e é unha das persoas de peso do seu Ard Chomhairle (Executiva). "O Sinn Féin non é un culto, estamos listos para gobernar para o pobo", manifestou para se referir á vontade do partido de cambiar a política irlandesa. Non oculta que gostaría de ser a primeira presidenta republicana da República de Irlanda. Actualmente o SF é a terceira forza, cun 14% dos votos. As seguintes eleccións serían en 2021. Catro anos para conseguir a Taoiseach, o posto de presidente, cuxo primeiri icupante fora aquel 'Eamon de Valera, fundador do partido onde McDonald comezara a súa andaina política.
NOS_54052
Nesta bisbarra, os abusos de toda caste tiveron na delación un soporte necesario que, a maiores, contribuíu a alcanzar outro obxectivo dos franquistas: desartellar mediante a desconfianza unha sociedade na que as diferenzas políticas non impedían o acontecer comunitario. A memoria popular retivo arquetipos de "especialistas" na delación e con maior intensidade canto máis visíbeis se facían na súa función de fisgar e controlar a vida diaria.
Os delatores En primeira instancia, transcendeu a figura de tres mulleres, Ramona Gutiérrez, de Soutelo; Carmen Díaz, de Cerdedo; Paulina Bugallo, de Outeiro-Quireza. As tres, de posición económica acomodada, eran propietarias de estabelecementos públicos (estanco-taberna, ferraxaría, taberna-tenda, respectivamente) onde podían exercer con facilidade aquel cometido; no caso de Paulina, o seu local mesmo serviu de "checa" para latrocinios, malleiras e cortes de pelo a veciñas, nos que ela mesma participaba ataviada, ás veces, coa farda masculina de falanxista. As dúas primeiras, mulleres de intenso activismo relixioso, estaban emparentadas entre si e cos Gutiérrez e Ballesteros cerdedenses e souteláns; segundo fontes orais, exerceron supostamente tanto de delatoras como de instigadoras dos atropelos dos milicianos da FE, de modo que a lembranza popular do seu papel perpetuouse no tempo. Así, en 1949 a Garda Civil de Soutelo incautou os guerrilleiros que pasaron polas armas ao falanxista José Couceiro e á súa dona, unha relación de presuntos represores locais na que figuraba Ramona co seguinte apuntamento: "hizo tanto daño con la lengua como su hijo con la pistola". Ao cabo, denunciar por calquera motivo foi propio das delatoras, que contribuíron a unha extensa socialización do castigo: así, un veciño de Figueiroa foi sinalado pola fundadora da Sección Femenina cerdedense, Carolina Bugallo, por zafar dun peditorio. Como resultado, o delegado gobernativo impúxolle unha multa de 250 pts.; para pagala, debeu vender dúas vacas. Pola súa banda, Paulina mesmo denunciou unha veciña do Outeiro porque o seu carro apenas rozara o vehículo co que os facciosos facían as súas correrías. Noutro ámbito, en Cerdedo houbo un feixe de cidadáns "de orden", todos eles patriarcais cabezas de familia noutrora partidarios de RE, que exerceron como testemuñas de cargo contra veciños sometidos a Consejos de Guerra ou Expedientes de Depuración. Os nomes de Ramón Cortizo, Perfecto Sieiro, Aurelio Varela ou Gervasio Bugallo, entre outros, aparecen nos sumarios; neles, acusaron xente coa que tiñan trato cotiá de militar nas esquerdas e participar na resistencia contra o golpe, con nefastas consecuencias para os afectados. Porén, neste concello a pirámide delatora, cimentada nos preceptivos certificados de conduta solicitados a cregos, alcaldes e Garda Civil, estivo representada polo párroco da vila Ventura Pérez e polo garda Maceiras, destacados pola virulencia dos seus partes que determinaron tanto as conclusións dos fiscais ou instrutores dos expedientes, como as duras resolucións aplicadas. En Soutelo, o activismo delator do crego Picón tamén foi notorio, pois no albor de agosto acusou Alfredo Iglesias de masón, da clausura da igrexa de Santa Mariña de Presqueiras e de propagar o comunismo no municipio. Porén, o talante acusador dalgúns cregos non se limitou á emisión de informes para os sumarios xudiciais, senón que fixeron directamente as acusacións aos delegados gobernativos: está documentada a paranoica denuncia duns 80 veciños e veciñas de Castro por parte do párroco Jesús Rodríguez Anllo que, mesmo, non tivo reparo en incluír na listaxe datada o 29 de maio de 1938 ao cabo da Garda Civil Avelino Sánchez e a persoeiros da dereita cerdedense, tal que o ex alcalde Caramés ou o médico Perfecto Lois. Se queres continuar coa historia, só tes que mercar Nós Diario mañá. Estará dispoñíbel nos quiosques ou librerías pero tamén na nosa loxa online. Xa estás farta ou farto de ter que ir todos os días a correr para que non se esgote o xornal? Subscríbete dunha vez! Podes facelo á versión en papel ou á versión para a súa lectura na nube.
PRAZA_10013
Do 3 ao 5 de maio o barrio compostelán de Conxo celebra os días grandes da segunda Festa do Banquete, que lembra o histórico encontro con representacións teatrais, música, poesía e desgustacións gastronómicas
En marzo de 1856 Conxo era un concello lindeiro con Santiago. Tiña entre as súas fillas ilustres á poeta Rosalía de Castro e estaba destinado a acoller un dos grandes avances da segunda metade do século XX en Galicia: o ferrocarril. Naquel tempo, o 2 de marzo, estudantes -maioritariamente, de 'boas familias'- compartiron mesa xantar con obreiros composteláns. O Banquete de Conxo tornou nun símbolo de confraternidade que desacougou as autoridades e clases dirixentes de Santiago.A confraternidade de estudantes e obreiros que compartiron o Banquete de Conxo en 1856 desacougou as clases dirixentes da época"Que escándalo!", resume máis de século medio despois o que semella ser un crego para chamar, retranqueiramente, a participar da Festa do Banquete, o evento que dende 2018 ten vocación de lembrar cada ano o espírito do Conxo de finais do século XIX e os seus chamados de "orde e fraternidade". Os brindes de Luís Rodríguez Seoane, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal e o significado histórico daquel acto de irmandade, celebrado aínda entre ecos da falida revolución da década anterior, son homenaxeados con aire de festa. Tras o éxito da primeira edición o programa da segunda xeira da Festa do Banquete xa está en marcha dende mediados de abril con diferentes actividades para preparar os días grandes, do 3 ao 5 de maio. De novo o seu epicentro é a contorna na que se celebrou o banquete orixinal que, lembra a edil compostelá de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, foi recuperada recentemente. Alí loce ademais dende hai semanas un mural de Pancho Lapeña e Antón Pascual que, formado por máis de 8.000 pezas, lembra os participantes no banquete e permite "intuír a presenza da propia Rosalía, que se rumorea que tamén participou".A programación tamén se estendeu, non obstante, por outros puntos da cidade. Tanto no que atinxe aos eventos culturais como á gastronomía, como coas degustacións de pratos preparados con cabra.Do 3 ao 5 de maio celébranse os días grandes da segunda Festa do Banquete, que lembra o histórico encontro en Conxo con representacións teatrais, música, poesía e desgustacións gastronómicasOs actos centrais da segunda Festa do Banquete comezan o venres, 3 de maio, coa vista posta na rapazada. A representación d'O pequeno banquete por parte de alumnado do CEIP compostelán Quiroga Palacios e do colexio Pepe Xan Baña de Santa Comba, na carballeira de Conxo, dará paso a un programa que inclúe unha xincana xuvenil e, xa contra a tarde e o serán do propio venres, cantos de taberna por bares do barrio de Conxo.O sábado comezará cun roteiro botánico polo bosque do banquete guiado polo botánico Martín Souto e o editor Henrique Alvarellos. Pola tarde unha mesa redonda sobre a historia do movemento veciñal compostelán dará paso a un concerto de corais e, contra o serán, á festa da poesía con Alba María, Berta Dávila, Os tres Pés, Oriana Méndez, Flow do Toxo e Carlos Meixide na praza Aurelio Aguirre.A festa continúa durante todo o domingo cun desfile teatral dende a praza do Toural, o pregón, o concerto de Caxade na carbaleira de Conxo e un dos momentos centrais, a recreación teatral do Banquete a cargo d'Os Quinquilláns. O xantar e a romaría popular na carballeira, unha foliada e a despedida con discursos de veciñanza de Santa Marta e da Choupana, Pontepedriña, Castiñeiriño e Conxo despedirá a festa do banquete ata 2020.
NOS_11623
A presión sobre o mercado de alugueiros non deixou de crecer desde 2013. Malia non gozar de gran predicamento na Galiza, ao igual que noutros países do sur de Europa, o arrendamento converteuse nunha opción preferente para moitas familia, sobre todo a partir da crise de 2008. Desde entón, o aumento da demanda e a proliferación das vivendas de uso turístico minguou a oferta e propiciou unha suba dos prezos que en cidades como A Coruña, Vigo e Santiago superou 20% en catro anos.
A primeira lei estatal da vivenda recibiu esta semana o aval do Consello de Ministros para iniciar a súa tramitación parlamentaria polo procedemento de urxencia e gozar de validez a partir do segundo semestre de 2022. É a data estimada polo Goberno estatal para a súa entrada en vigor, un requisito indispensábel para comezar a vertebrar, dixo o presidente Pedro Sánchez, "o quinto piar do estado de benestar". A norma busca consolidar o dereito a vivenda á vista das dificultades de acceso crecentes, cun parque residencial minguado pola falta de oferta e habitación social, polo incremento de pisos turísticos e vivenda baleira, polo abandono e infrautilización dun número importante de construcións e polo aumento progresivo do importe medio dos alugueiros. Con todo, a vivenda é competencia autonómica e na Galiza existe unha lei, de 2012, que xa regula o acceso, o réxime, a calidade e a protección das persoas propietarias e inquilinas. Neste sentido, as medidas que recolle o anteproxecto aprobado polo Goberno para rebaixar a presión sobre o prezo da vivenda, nomeadamente nas grandes urbes, onde os alugueiros son inasumíbeis mesmo para unha persoa traballadora, cun bo salario, se non é compartindo casa, dependerá dos territorios. Un problema global O da vivenda é un problema global compartido por cidades de todo o mundo con características moi parecidas, salienta a nós diario o arquitecto urbanista Iago Lestegás Tizón. Mais non todo o debate pode xirar arredor do que acontece nas grandes cidades: Madrid, Berlín, Barcelona, Nova York... "Galiza é un territorio periférico sen grandes cidades e os problemas que debe afrontar son lixeiramente diferentes" polo que chama a contextualizar no propio territorio calquera discusión sobre vivenda. A Galiza, di, conta cun sistema urbano homoxéneo e cidades pequenas que, malia todo, non son alleas á caída da oferta e ao incremento "inxustificado" dos alugueiros nun país de propietarios, onde máis de 80% das vivendas principais están habitadas polos seus donos. Segundo datos do informe O alugueiro residencial na Galiza, elaborado polo Observatorio da Vivenda da Galiza, o mercado do alugueiro sitúase nun 19,2%, por baixo da media estatal e europea, de 22,2 e 30% respectivamente. O arrendamento é un réxime de tenza de características eminentemente urbanas, sinala o estudo promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Nos concellos ata 20.000 habitantes, onde vive case a metade da poboación galega, asináronse tan só 25,7% dos contratos en 2017. Conclúe, ademais, que a vivenda en alugueiro no país "non presenta unha porcentaxe demasiado elevada, 11%, pero a tendencia é ascendente". Nas sete cidades esta porcentaxe sobe até roldar 15-20%. Por xunto, case 60 % das vivendas en alugueiro está nas cidades principais, de máis de 50.000 habitantes. A Coruña é a que dispón de máis vivendas en alugueiro e dun mercado máis dinámico. É tamén a que conta con maior número de contratos, seguida de Vigo e Santiago de Compostela. Con respecto á antigüidade do parque residencial en arrendamento, case a metade das vivendas, 45,2%, construíuse entre os anos 50 e 80 do século pasado e 41,3%, após o ano 2000. A maioría sitúase en edificios plurifamiliares, ten menos de 46 m² e goza dunha categoría construtiva intermedia. Gasto e prezo dos alugueiros Segundo a enquisa estrutural de fogares de 2016, a porcentaxe de familias para as que o alugueiro supoñía unha carga pesada era de 70,6% fronte 62,3% de 2010. Desde 2013 a tendencia é a que aumenten os fogares con gasto en alugueiro e tamén o gasto medio que lle dedican. Xa naquela altura, unha cuarta parte dos fogares en réxime de arrendamento destinaban máis de 30% dos seus ingresos ao pagamento da súa vivenda principal. De acordo cos datos recollidos polo IGVS o importe medio do alugueiro na Galiza subiu entre 2014 e agosto de 2021 dos 364,5 euros até os 444,6. Dos 19.843 contratos asinados nos primeiros oitos meses deste ano, case 60% rexistráronse nas sete cidades, onde o prezo ascende até os 493 euros fronte os 306 que se pagan de media en concellos de menos de 5.000 habitantes, que só subscribiron 717 contratos até agosto. Entre 2014 e 2020 o prezo dos alugueiros na Coruña subiu de 426 a 530 euros, un 24,4% Se atendemos ao prezo dos alugueiros nas cidades principais da Galiza, de acordo co importe medio das fianzas dos contratos de alugueiro, entre 2014 e 2020 o prezo dos alugueiros na Coruña subiu de 426 a 530 euros. En Vigo disparouse de 426 a 520. En Santiago aumentou de 390 euros a 468. O prezo medio en Pontevedra elevouse de 399 a 485 euros. En Ourense o incremento foi de 60 euros ao pasar de 354 a 414 euros. En Lugo tamén subiu o importe medio dos alugueiros, de 333 euros en 2016 a 388 en 2020. E ascendeu tamén en Ferrol, de 322 euros a 360. O incremento supera 20% nas cidades máis poboadas, con maior demanda e menos oferta polo incremento progresivo dos arrendamentos turísticos. Unha suba "inxustificada", recalca Iago Lestegás, allea á suba dos salarios e da inflación, que se vale da necesidade da xente "de vivir nalgún sitio". "Cómpre un uso máis eficiente da vivenda existente" Tras a crise de 2008 a presión inmobiliaria trasladouse do mercado da compravenda ao mercado de arrendamento. Esta mudanza, explica o arquitecto urbanista Iago Lestegás Tizón a Nós Diario, non foi exclusiva da Galiza. "Ao desaparecer o crédito hipotecario a capacidade de compra esvaécese e comezan os apertos para o alugueiro, sobre todo urbano". A demanda aumenta, crecen os prezos e, nalgunhas cidades e barrios concretos, prolifera o alugueiro turístico, "que ven reducir a oferta de arrendamento residencial e contribúe á suba dos importes". Con todo, diferenza o impacto que ten na Galiza este fenómeno do que alcanza noutras cidades do mundo, polo que as solucións "non teñen que ser necesariamente as mesmas". "Fálase seguido de construír máis vivenda social, de ampliar o stock residencial, e pode ter sentido en urbes de éxito con grandes crecementos demográficos. Pero non é o noso caso", afirma. Non pode ser que nas cidades galegas haxa as porcentaxes que hai de vivenda desocupada e que se siga construíndo A partir de 2009, coincidindo co crise económica e a chegada de Núñez Feixoo ao Goberno da Xunta, a construción de vivenda pública na Galiza comeza a caer até desaparecer, sinala o arquitecto. De acordo co censo de vivendas de 2011, pendente de se actualizar en 2021, habería unhas 300.000 casas baleiras no país, 18,6%, ás que habería que sumar unhas 250.000 máis, segundas vivendas. Neste sentido, Lestegás Tizón chama a axustar o debate sobre a vivenda na Galiza á realidade demográfica do país mais tamén á propia realidade residencial. "Temos unha parte moi significativa da vivenda construída infrautilizada que require, antes de nada, un uso máis eficiente". "Non pode ser que nas cidades galegas haxa as porcentaxes que hai de vivenda desocupada e que se siga construíndo", advirte, sobre todo cando os centros históricos están abandonados ou dedicados ao uso turístico. Vivenda social O experto en vivenda e urbanismo non desbota a idea da habitación social, "pero non necesariamente de nova construción". Lestegás avoga pola ampliación do parque residencial de titularidade pública en alugueiro. "A diferenza doutros países case non existe, e polo tanto a Administración Pública non ten unha ferramenta útil para influír sobre o mercado". Tendo en conta as características do stock residencial da Galiza, o arquitecto defende o reforzo da vivenda pública mediante "estratexias de rehabilitación para o seu uso social, mediante pisos tutelados ou cooperativas de cesión de uso". Iago Lestegás Tizón apela á "imaxinación" para fuxir da construción de vivenda nova, "na periferia, lonxe de todo, en urbanizacións afastadas que incrementan a artificialización do solo, a pegada urbana e a dependencia do transporte privado porque o público adoita ser deficiente. Hai que facilitar o acceso á vivenda sen producir vivenda nova, sobre todo onde xa a hai". E este reto, conclúe, exixe unha visión integral que teña en conta as políticas públicas, a economía, arquitectura e os dereitos das persoas a vivir en barrios cada vez mellores. Control de prezos Sobre o control de rendas que agora introduce a lei estatal, di o experto, é unha medida que existe e que vén funcionando desde hai tempo noutras cidades. "O que hai que ter é vontade para facelo". E aquí, di, contamos cunha traba estrutural importante. "O alugueiro é moi minoritario. Nunha sociedade de propietarios o máis fácil é identificarse cos seus intereses" e aceptar un relato que adoita antepor o dereito á propiedade privada por riba da función pública. Pola contra, engade, calquera debate sobre o control de rendas ten menos visos de alcanzar consenso. Máis é unha necesaria para non deixar un ben de primeira necesidade só en mans do mercado.
NOS_732
O escritor Agustín Fernández Paz, o autor máis lido e traducido da nosa literatura, é o autor do manifesto da manifestación que Queremos Galego convoca o día 17 de maio en Compostela.
As palabras de Agustín Fernández Paz porán o ramo á gran mobilización que se agarda o día 17 de maio en Compostela. O escritor ten na súa traxectoria un amplo labor na dinamización e normalización lingüística, nomeadamente no ensino mais tamén noutros ámbitos de actuación. Escritor monolingüe en galego desde os seus inicios, o seu prestixioso nome agroma en multitude de iniciativas e campañas encamiñadas á normalización da nosa lingua. No manifesto que elaborou para este 17 de maio, Agustín toma o título dunha frase con que Otero Pedrayo quixo definir o labor de Ánxel Casal e María Miramontes. En "Voares de esperanza" Agustín Fernández Paz recoñécese nesa herdanza e defende unha lingua "que naceu hai máis de mil anos neste país e é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración". Para leres o manifesto completo "Voares de esperanza" podes premer aquí.
NOS_11620
Hoxe nace Irmandade TV, unha televisión na rede que procura informar e analizar a realidade desde parámetros soberanistas e de esquerda
Hoxe nace Irmandade TV, unha televisión na rede que procura informar e analizar a realidade desde parámetros soberanistas e de esquerda. O programa 'O Debate' será o que de o pistoletazo de saída, ás 21:30 horas, a este proxecto, que ve a luz após meses de traballo, compromiso e ilusión. Conducido por Aurélio Lopes, esta primeira emisión de 'O Debate' vai afondar no expolio do aforro galego. A quebra das caixas, o calote das preferentes... van ser analizadas e debulladas por distintos convidadados. Democratizar a información 'O Debate' nace para se adentrar naquelas cuestións ou temas de importancia para o país, achegando diferentes perspectivas e miradas para tentar ofrecer unha visión de conxunto en benefocio dan espectadora. O obxectivo de 'O Debate' é democratizar a información e utilizar as redes sociais para que o telespectador participe activamente e sexa así parte do proxecto. Irmandade TV nace, aliás, coa vocación de incorporar á súa grella novos contidos e formatos: musicais, culturais, de cociña... Explorando tamén a parcería con outros colectivos e proxectos. Para o programa de 'O Debate', Irmandade TV conta coa colaboración en parcería de gzvideos.info
PRAZA_7274
Teño a convicción de que este grupo que agora ocupa o poder -que durante a campaña electoral prometeu ata a saciedade non tocar a sanidade, a educación nin as pensións- xa tiña estas leis elaboradas cando chegou á Moncloa
Hai unha estratexia global, deseñada e impulsada desde os grandes centros de poder e de elaboración de argumentario ideolóxico neoliberal (FMI, BCE, etc) que promove o adelgazamento do Estado Hai unha estratexia global, deseñada e impulsada desde os grandes centros de poder e de elaboración de argumentario ideolóxico neoliberal (FMI, BCE, etc) que promove o adelgazamento do Estado, a redución dos mecanismos de protección social, a desregulación laboral e a supresión do Estado de benestar. As estratexias e os elementos utilizados a tal fin son distintos segundo a situación de cada país. En España as forzas económicas atoparon o aliado perfecto no Partido Popular, ganador das eleccións xerais en 2011. Desde os gobernos autonómicos, onde viña gobernando desde anos atrás, xa impulsara masivamente as privatizacións e externalizacións de servizos, para aportar espazos de negocio a empresas afins. Pero, coa chegada ao poder no goberno de España, iniciou un febril traballo lexislativo para camiñar rapidamente no sentido indicado. A través de Reais Decretos Leis (RDL), furtando así o debate parlamentario, impoñen normas que desmontan o andamiaxe construído desde a Transición. En Sanidade, a través deste método que burla a democracia, aprobaron o Real Decreto Lei 16/2012, que elimina a atención sanitaria universal e recupera a figura do asegurado, exclúe da cobertura sanitaria a miles e miles de persoas, impón copagos e subtrae do financiamento público máis de catrocentos fármacos. Catro meses despois da súa toma de posesión, o goberno de Rajoy aprobou esta norma (que seguramente xa tiñan preparada antes de ocupar o poder). Teño a convicción de que este grupo que agora ocupa o poder -que durante a campaña electoral prometeu ata a saciedade non tocar a sanidade, a educación nin as pensións- xa tiña estas leis elaboradas cando chegou á Moncloa Recordemos a cronoloxía. O PP gañou as eleccións en novembro de 2011. O goberno tomou posesión ao mes seguinte. A Reforma Laboral (RDL 3/2012), que deixa aos traballadores no desamparo, é publicada no BOE a principios de febreiro de 2012. ("¡Que se fodan! ¡Que se fodan!", gritaba Andrea Fabra -filla do presidiario Carlos Fabra-, cando Rajoy anunciaba no Parlamento recortes nas prestacións por desemprego). O RDL 16/2012 publicouno o goberno, eludindo o debate parlamentario, no mes de abril (con todo cinismo no propio título a lei preséntase como orientada a garantir a sustentabilidade da Sanidade pública, cando en realidade é unha bomba na liña de flotación do sistema). Teño a convicción de que este grupo que agora ocupa o poder -que durante a campaña electoral prometeu ata a saciedade non tocar a sanidade, a educación nin as pensións- xa tiña estas leis elaboradas cando chegou á Moncloa. A Reforma Laboral, a Lomce, e esta lei que desmonta a Sanidade pública: todos estes textos xa estaban escritos cando prometían o contrario. Non foi a crise a culpable, nin a "herdanza recibida" que tanto pregoan: tiñan un plan establecido, había unha "axenda oculta", unha estratexia de ocupación do poder para baleiralo desde dentro en beneficio dos seus aliados. E execútano sen compaixón, sen valorar o dano ocasionado, sen doerse co sufrimento de tanta xente que ve a súa vida desprotexida, sen esperanzas e sen apoio público ante o desamparo. Burlaron todas as normas do xogo e o país non llo poderá perdoar, nin sequera os seus propios votantes Coa escusa da crise están executando unha expropiación de dereitos básicos consolidados, logo de realizar unha auténtica fraude democrática: alcanzaron o poder prometendo xusto o contrario do que tiñan planeado impoñer. Burlaron todas as normas do xogo e o país non llo poderá perdoar, nin sequera os seus propios votantes.
NOS_43268
O sistema inmune revelouse como un escenariuo chave na loita contra a Covid. Anticorpos e memoria inmunitaria traballan da man para protexernos fronte a enfermidade grave, a hospitalización e a morte. A través das vacinas e da infección natural, esporeada polo avance de Ómicron. Que pegada deixan e como funcionan?
As persoas que se contaxian de Covid despois de recibir a pauta completa da vacina adquiren unha 'superinmunidade'. Unha inmunización híbrida, que segundo a Sociedade Española de Inmunoloxía é unha inmunidade mellor. Esta evidencia está na base do cambio de criterio que o Goberno do Estado anunciou esta terza feira. Despois de rebaixar a catro semanas o tempo de espera das persoas vacinadas que veñen de pasar a infección para recibir a dose de reforzo pendente, as autoridades sanitarias acordaron adiar a terceira dose até os cinco meses. Esta mudanza afecta ás persoas menores de 65 anos, pero esténdese tamén á poboación menor de idade, xa que as crianzas menores de 11 anos que tamén se contaxiaran e aínda non recibiran ningunha vacina, tan só terán que levar unha picada. A decisión conta coa aprobación da comunidade experta en inmunoloxía, moi crítica con algunhas decisións dos gobernos polo que se refire á estratexia de vacinación. "Tanto a Sociedade Española de Inmunoloxía como a EMA e a OMS levan tempo dicindo que non é necesario nin sostíbel para poboación xeral seguir administrando vacinas cada poucos meses", explica a Nós Diario a profesora e catedrática de Inmunoloxía África González. "Hai que priorizar as persoas máis vulnerábeis, xa que a vacina no prevén os contaxios de Ómicron".Desde logo, engade, non parecen necesarias doses de recordo nin en crianzas nin en xente moza, "xa que a infección adoita ser bastante leve". A cuarta dose Un estudo preliminar en Israel apunta que a cuarta dose, inoculada xa nese país, é insuficiente para frear o contaxio de Ómicron. A estratexia de repetición non demostra o resultado esperado, e o que nos indica é que "estes reforzos deben centrarse naquelas persoas ás que van beneficiar", sinala González. "Os datos de Israel indican que a vacinación reiterada coa mesma vacina, incluso coa mesma dose, segue sen protexer do contaxio. É o momento de pensar en vacinas multivariante, de maior duración", alenta.Mentres non chegan, a estratexia debe centrarse en quen aínda non recibiu ningunha dose e tamén nas "persoas maiores, inmunocomprometidas, inmunodeficientes, con síndrome de Down". Pola contra, aclara, nunha persoa adulta con dúas doses e que vén de pasar a infección non urxe unha terceira. "Depende da súa idade, pero se é nova e sa, como xa tivo tres exposicións ao virus, non sería necesaria. En calquera caso, desde a infección deben transcorrer varios meses, entre cinco e seis, para deixar descansar o sistema inmunitario". Polo que se refire ás crianzas de entre 5 e 11 anos, África González lembra que adoitan ter unha enfermidade moi leve, "polo que se xa pasaron a infección, a vacinación non parece necesaria. Evitaría a enfermidade grave, pero non os contaxios". Sobreestimulación do sistema inmune "O sistema inmunitario funciona como un exército con moitos soldados". Se se activa de forma frecuente, sen dar tempo a que repouse, o único que se consegue é que estean cansos. "Exhaustos", precisa González. "O máis importante é deixar intervalos de tempo entre unha dose e outra ou tras superar unha infección" e permitir así que este preparado. O mellor exemplo, apunta, está no calendario vacinal das crianzas acabadas de nacer. "Adminístranselles aos dous, catro e 11 meses. Déixanse pasar sete desde a segunda á terceira dose. Estudos previos indican que unha demora de seis meses era o idóneo, xa que se seguía mantendo memoria durante ese tempo". Superinmunidade A finais do ano pasado un estudo desenvolvido por un grupo de científicos nos Estados Unidos concluíu que o contaxio, malia a protección do fármaco, é posíbel debido á perda de anticorpos, e confirmou que a infección natural xera unha resposta inmunitaria complementaria, máis robusta á hora de neutralizar o virus. A canda as vacinas, ofrece unha 'superinmunidade'. Segundo explica a este xornal a investigadora do CINBIO, vacina e infección natural "activan tanto a inmunidade celular como humoral, o que ocorre é que a vacina só ten unha proteína, a S, e por tanto a resposta é máis restritiva". O virus ten máis proteínas, "polo que a infección pode activar inmunidade fronte a varias proteínas á vez (S, N, etc.)", destaca África González. Onde se libra a batalla contra a Covid, afirman os expertos en inmunoloxía, é no sistema inmunitario. Aí, as células B e as células T traballan da man. As primeiras son as encargadas de xerar anticorpos neutralizantes fronte ao coronavirus. "Disminúen co tempo, pero non así a inmunidade celular T nin las células de memoria". Perdemos anticorpos pero non inmunidade Ao perder os anticorpos podemos contaxiarnos, asevera África González, "pero en cuestión de tres ou catro días, esa memoria ponse en marcha e xeramos anticorpos de novo ao tempo que as células T eliminan as células infectadas. A infección resólvese en poucos días". A memoria das células T protexe da enfermidade grave fronte a todas as variantes que comezan a circular. "Recoñecen as estruturas internas do virus que non cambian ademais da proteína S. E é posíbel que o sigan facendo con novas variantes". Tardan un pouco máis en actuar, pero son as que axudan a resolver a infección, a controlar a doenza grave e a previr secuelas e morte. As vacinas do futuro "Necesitamos vacinas efectivas para variantes diferentes que protexan dos contaxios e fagan perdurar a inmunidade". A OMS xa se expresou neste sentido. Cómpren novos fármacos que interrompan unha administración reiterada das primeiras vacinas contra a Covid. Unha solicitude á que as persoas expertas en inmunoloxía engaden a oportunidade de incorporar estudos de inmunidade. "Pode estudarse a inmunidade celular e humoral", di África González, especialmente no caso dos grupos máis vulnerábeis da poboación co obxectivo de "personalizar" e adaptar a vacinación "ao momento idóneo de acordo co tratamento que estea tomando para que sexa máis eficaz". A inmunoloxía reclama o seu espazo E aínda máis, inciden na creación dun centro estatal de inmunoloxía, "non só para a Covid", tamén de cara ao diagnóstico, seguimento, prevención e terapia doutras patoloxías. "Estamos reclamando este centro así como ser interlocutores na comisión de vacinas do Ministerio, onde, paradoxalmente, a inmunoloxía non está representada", conclúe África González.
NOS_32924
As dúas socias detrás da marca SalsaGaucha, Noelia B. Rodríguez e Lora González, traballan para manter o éxito da marca orixinal e lanzar unha nova en paralelo. Para as dúas enseñas, a que se fixo famosa a través de Fernando Simón e Boro.tm, teñen previsto sacar novos produtos ao mercado en setembro
Fixéronse coñecidas porque Fernando Simón, director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias, puxo unha máscara súa. Como lle chegou?Mandámoslla, como o fixemos con máis xente. Intentamos facer un pouco de publicidade a través de xente coa que tes certa empatía. Quen está detrás da marca Salsa Gaucha?Somos dúas rapazas: Noelia B. Rodríguez e Lora González. Eu comecei coa marca pero cando vin que había traballo falei coa miña amiga e montamos unha sociedade. Como se reparte o traballo dunha marca que está a ser tendencia nas redes?Co tema da Covid-19 quedei no paro e comecei facendo máscaras para a xente que as precisaba pero enseguida vin que tiñan moita aceptación e facíanme encargos concretos que levaban moito tempo. Iso non é necesidade e pensei na idea, polo que contactei con Noelia. Ela fixo fotografía, estudou márketing e agora está con Administración de Empresas, e para min era mellor dedicarme á costura e ao bordado. Levan pouco tempo...Non, foi vernos sen traballo e tirar por isto. É o que nos gusta e non tiñamos nada que perder. A fama chegou coas máscaras pero hai outros produtos na colección?A verdade é que formulamos dúas liñas moi diferentes. Ao final o das máscaras é o de menos, si que facemos, e moitas, pero hai máis traballo que aínda non se viu detrás. Imos sacar unha liña de roupa con varias pezas e complementos para setembro. Cal é a outra liña de traballo da que falaba?Temos outra marca que se chama Boro.tm na que aínda non sacamos a roupa. Gústanos moito a patronaxe sinxela, as liñas que ten a roupa oriental e estamos a traballar tamén niso para facer unha pequena marca de slow fashion con materiais moi coidados. É un proxecto persoal que nos gustaría que saíse adiante. Deseñan e crean no rural, fan reivindicación del?Facemos toda a reivindicación. Queremos reivindicar a nosa cultura, pero non o típico, senón a do día a día, ao que lle chaman feísmo nós chamámoslle 'guapismo galego'. En Madrid non se entende un somier nunha finca, unha carreta...
NOS_13543
Pese a que a economía galega vai fechar o ano en negativo como consecuencia da crise derivada da Covid-19, moitas das empresas galegas que cotizan en bolsa lograron salvar o ano e mesmo aumentar a súa capitalización.
2020 vai ser un ano recordado por unha pandemia global que deixa milleiros de vítimas en todo o mundo e unha profunda crise económica da que a xente agarda comezar a recuperarse no ano que entra. Para as empresas cotizadas galegas foi bastante desigual, moi bo para as que viron na pandemia unha oportunidade, e non tanto para outras máis dependentes da evolución da actividade económica, como é o caso de Inditex, principal valor galego. A firma fundada por Amancio Ortega, a falta da xornada desta quinta feira, perdeu no ano 16,36% do seu valor en bolsa como consecuencia da caída das vendas, que foi mitigada polo auxe do comercio en liña. Os títulos da firma téxtil fecharon hoxe a 26,39 euros, cunha capitalización de 82.248 millóns de euros. As da firma de moda non foron as únicas accións galegas que perderon valor en 2020. Destacan as caídas de 32,63% de Euroespes, a empresa con menor capitalización (4,13 millóns de euros), a de IFFE Futura, cunha desvalorización de 8,11% no último mes, ou a de Pescanova, que representan os minoritarios de Nova Pescanova e que fechan o ano case igual que empezaron, cunha redución de 1.48%. As grandes triunfadoras No extremo contrario están empresas como Netex, PharmaMar e Greenalia. A firma tecnolóxica vencellada á educación apuntouse unha revalorización de 170% grazas en parte á necesidade de procurar solucións para garantir a formación en tempos de confinamento. Da crise tamén sacou tallada PharmaMar, a empresa capitaneada por José María Fernández de Sousa, que ten en Sandra Ortega unha das súas principais accionistas, fecha o ano cunha revalorización de 75,77%, após perder boa parte do gañado nos últimos meses. Os títulos, que chegaron a 148 euros, fechan 2020 arredor dos 73 euros. A que remata preto de máximos é Greenalia. A firma de renovábeis fecha o ano cun crecemento de 73,5%, coa acción en 17,35, fronte aos 18,40 que logrou nas últimas semanas. Fechan a lista Altia, empresa consultora tecnolóxica liderada por Tino Fernández, cun 7,35% de revalorización, e a distribuidora de telefonía Commcenter (+22%).
PRAZA_13145
Non se trata de realizar unha aposta mesiánica pola rede senón de situar, a partires dunha análise razoada e obxectiva, a comunicación 2.0 como un dos piares da estratexia comunicativa e política da "nova forza". De non ser así corre o risco de armar un proxecto novo e ben interesante no marco do mapa político galego, con vimbios vellos que se vaian desfacendo polos camiños.
A presentación a pasada semana das bases programáticas da "nova forza" constitúe un paso máis no proceso de construción do que até entón se coñecía como "novo proxecto común" e no que, polo de agora, se integran Acción Galega, Máis Galiza e a formación Ecogaleguistas-Espazo Ecosocialista. Os textos, que se poden atopar no blogue Compromiso por Galicia, están sendo difundidos para que sexan "coñecidos pola cidadanía" e máis para que esta poda debatelos e aporte "as suxestións que estime convenientes sobre eles". É na rede onde se evidencian, dende a óptica da comunicación política deste tempo, unha serie de eivas que poden botar por terra unha parte das boas intencións contidas no decálogo de bases políticas da "nova forza" A "nova forza" está apostando por unha dobre vía para estabelecer o contacto coa poboación e máis para levar a cabo a discusión dos documentos presentados en consonancia co compromiso de impulsar a "participación cidadá na vida pública e na actividade política". Por unha banda realizan asembleas abertas, que reforzan a proximidade do proxecto e que van en consonancia coa expansión deste tipo de xuntanzas a partires da irrupción do movemento 15M; pola outra a través dun espazo común na rede que vai alén dos sites propios de cada unha das formacións integrantes deste novo proxecto e no que se convida ao envío de achegas ou suxestións. É na rede onde se evidencian, dende a óptica da comunicación política deste tempo, unha serie de eivas que poden botar por terra unha parte das boas intencións contidas no decálogo de bases políticas da "nova forza". Antoni Gutiérrez-Rubi, autor de La política vigilada. La comunicación política en la era de wikileaks, afirma que a nova política está dando o salto dende as sedes dos partidos ás redes onde se leva a cabo a mobilización máis rendíbel e eficaz grazas á facilidade de comunicación que ofrece este espazo e a que nel é onde se atopan tanto simpatizantes coma militantes, o que facilita o contacto con estes. A nova política está dando o salto dende as sedes dos partidos ás redes, onde se leva a cabo a mobilización máis rendíbel e eficaz grazas á facilidade de comunicación que ofrece este espazo e a que nel é onde se atopan tanto simpatizantes coma militantes En Galicia, segundo datos de maio deste ano do OSIMGA (Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia), o 53,3% dos fogares teñen acceso contratado a internet (sen contar o número de teléfonos intelixentes que posibilitan o acceso móbil á rede), unha cifra que vai en aumento dende 2007, e o emprego das redes sociais alcanzou en 2010 o 88% dos internautas, un 11% máis cá no ano anterior. Malia a necesidade que existe de superar as fendas dixitais entre o rural e o urbano así como a fenda dixital de xénero (maior emprego de internet entre os homes cá entre as mulleres), o noso país supera a media estatal e europea na interacción da cidadanía coa administración pública a través da internet o que evidencia a boa saúde da rede en Galicia. Se a "nova forza" quere representar de veras "un novo xeito de entender o traballo político" ten que situar dende o comezo a comunicación 2.0 como eixe para erguer este proxecto e explotar ao máximo as posibilidades que ofrece esta. Se a "nova forza" quere representar de veras "un novo xeito de entender o traballo político" ten que situar dende o comezo a comunicación 2.0 como eixe para erguer este proxecto e explotar ao máximo as posibilidades que ofrece esta Os documentos de base preséntanse nun blogue que, polo de agora, non permite participación ningunha da cidadanía máis aló dunha chamada a enviar achegas aos textos a través dun enderezo de correo electrónico. Como tampouco existe referencia da "nova forza" nas redes sociais máis aló dun grupo restrinxido en Facebook que se revela como pouco operativo para fomentar a conversa e o intercambio de ideas. Un mapa interactivo con información arredor das asembleas comarcais que se levan a cabo e resumos das mesmas abertos á participación daquelas persoas que queiran realizar as súas achegas a través de foros ben estruturados por eixes temáticos; imaxes ou vídeos das asembleas e dos actos que leve a cabo a "nova forza" (porque unha imaxe aínda continúa valendo máis cá un feixe de palabras); activación e mantemento das redes sociais como instrumento de intercambio de información, escoita e conversa coa cidadanía asumindo ou rebatindo as súas propostas; ou integración na web da posibilidade de realizar a subscrición para o envío de argumentarios, axenda de actividades ou información segmentada segundo as preferencias ou intereses da persoa que a solicita… Non se trata de realizar unha aposta mesiánica pola rede senón de situar, a partires dunha análise razoada e obxectiva, a comunicación 2.0 como un dos piares da estratexia comunicativa e política da "nova forza" Son tan só algunhas, hai moitas máis, das ferramentas que nos proporciona internet e que axudan ao fomento da participación de mulleres e homes na actividade política máis aló do exercicio do voto cada catro anos. Todas elas van nunha mesma dirección e teñen un mesmo obxectivo: contar coa cidadanía á hora de erguer e desenvolver os proxectos políticos e que esta se sinta escoitada. Non se trata de realizar unha aposta mesiánica pola rede senón de situar, a partires dunha análise razoada e obxectiva, a comunicación 2.0 como un dos piares da estratexia comunicativa e política da "nova forza". De non ser así corre o risco de armar un proxecto novo e ben interesante no marco do mapa político galego, con vimbios vellos que se vaian desfacendo polos camiños.
NOS_3142
A protesta que tiñan convocada para este domingo, cando se cumpren oito días da súa folga indefinida, converteuse nun acto de "recoñecemento e condolencias" polo accidente dun hidroavión que participaba onte nos labores de extinción do incendio de Lobios e que provocou a morte dun dos tripulantes e feridas ao outro.
Os técnicos de incendios forestais converteron a protesta que tiñan convocada para este domingo, cando se cumpren oito días da súa folga indefinida, nun acto de "recoñecemento e condolencias" polo accidente dun hidroavión que participaba este sábado nos labores de extinción do incendio de Lobios e que provocou a morte dun dos tripulantes e feridas ao outro. Un dos representantes destes traballadores, Xabier Bruna, da CIG, explicou que a concentración de hoxe -unha protesta que vai cambiando de escenario por diferentes territorios da Galiza e que este domingo se desenvolveu en Lugo- foi silenciosa debido ao accidente. Dado que aínda non tiveron contactos coa Consellaría do Medio Rural para negociar unha saída ao conflito, Xabier Bruna manifestou que seguirán coa folga e coas protestas. Estes días, nos que se suceden incendios forestais, constátase que se "recrúan" as condicións de traballo dos membros do dispositivo de extinción, integrado por case 6.000 persoas en Galicia, ás que os técnicos de incendios coordinan, indicou. Cando se dan situacións como esta, con varios lumes grandes activos e cun accidente cun falecido e un ferido, "hai que lembrar que hai un equipo humano detrás dos labores para parar esta secuela", destacou Bruna en declaracións a Europa Press. Ademais, pediu retomar o contacto coas persoas responsábeis de Medio Rural para buscar unha solución ao seu conflito. "Esperemos que a reticencia de non chamar sexa porque non está conformado aínda o Goberno", indicou, en alusión a que, tras as eleccións do 12 de xullo, o actual equipo da Xunta está en funcións. En calquera caso, Bruna defendeu que o dispositivo de extinción de incendios "ten que funcionar con independencia de se o Goberno está constituído ou non". Desde a negociación dos servizos mínimos para a folga, que superan o 90% e garanten o funcionamento do servizo, non volveron a ter contacto coa Xunta, explicou. Aumento do persoal Xabier Bruna manifestou que levan 27 meses intentando atopar unha solución e que o que reclaman "entronca coas cuestións de seguridade" e cun aumento de persoal para facer fronte á carga de traballo que teñen mais estabelecer un operativo "máis profesionalizado". Este persoal técnico, que son arredor de 120, encárgase de coordinar os medios de extinción e tamén de tarefas de xestión forestal, explicou. O 15% do territorio galego, ao redor dunhas 300.000 hectáreas, que son "algo menos" das que ocupa a provincia de Pontevedra, xestiónanse a través de contratos da Administración, que non é propietaria, pero administra os terreos.
NOS_44638
Ana Pontón recolleu a preocupación da veciñanza de Ons e criticou que se estea tratando mellor ás persoas que veñen de visita que ás veciñas e veciños que historicamente habitaron a illa e que "fixeron posíbel que Ons exista".
Veciñanza da Illa de Ons afectada pola decisión da Xunta de restrinxir o acceso á illa mediante un cupo de entrada reuniuse esta mañá en Bueu coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. No transcurso da xuntanza Pontón comprometeuse coas persoas afectadas a levar ao Parlamento unha proposición non de lei para darlles voz e procurar unha solución á "discriminación" que está a supoñer a restrición da Xunta para entrar na illa. Ademais, o BNG anunciou que tamén instará a cámara galega a crear unha comisión mixta con representación da Xunta, veciñanza e concello co obxectivo de abordar un acordo sobre as demandas dos veciños e veciñas. Trátase dunha media "arbitraria", denunciou a líder nacionalista Na xuntanza, en que tamén participaron o alcalde nacionalista de Bueu, Félix Juncal, e o deputado Luís Bará, Pontón afirmou que a Xunta de Galiza está a provocar "un problema" ao limitar o dereito de acceso aos veciños e veciñas, persoas, explicou, que teñen alí as súas casas e unha importante parte da súa vida. Trátase dunha media "arbitraria", denunciou a líder nacionalista, quen lembrou que Ons conta cunha grande riqueza tamén en patrimonio inmaterial e vivo "que a Xunta está a atacar coa súa decisión". "A Xunta debe entrar en razón e dar unha solución rápida que pasa por facer unha declaración do valor da veciñanza e o recoñecemento do acceso en liberdade á illa das persoas que historicamente viven alí", reclamou Pontón Pontón recolleu a preocupación da veciñanza e preguntou como é posíbel que se estea tratando mellor ás persoas que veñen de visita que aos que fixeron posíbel que Ons exista. "A Xunta debe entrar en razón e dar unha solución rápida" que pasa por facer unha declaración do valor da veciñanza e o recoñecemento do acceso en liberdade á illa das persoas que historicamente viven alí e o seu dereito á propiedade. Por outra parte, a líder nacionalista reclamou un plan de xestión, en colaboración co concello e veciñanza para ordenar este espazo natural. "Ons é algo máis que un anaco de terra no mar", afirmou Pontón, quen engadiu sobre a illa que se contén "cultura, historia, etnografía e lazos familiares". A líder nacionalista reclamou un plan de xestión, en colaboración co concello e veciñanza para ordenar este espazo natural "Se a Xunta non atende as demandas dos veciños e veciñas da illa, e se non muda a súa decisión, o concello retirará o seu apoio á Declaración de Patrimonio da Humanidade a Ons apresentada por esa institución", asegurou Juncal, defendendo que "non se pode entender un espazo sen ter en conta a súa humanidade". Juncal tamén criticou o desleixo da Xunta co concello de Bueu a quen acusou de pretender manter "un control total sobre Ons" coa coartada de estabelecer un carné á veciñanza para entrar en Ons, a marxe do cupo de visitantes, medida que non conta co apoio da cidadanía nin da corporación municipal.
NOS_36356
É o festival máis longo e e con máis actividades de todas as celebracións do Día das Letras. E conta na súa 35ª edición, como nas anteriores, cun cartel amplo e ambicioso.
O festival que se celebra na aldea do Couto en Ponteceso e que organiza a Fundación Pondal comezará o domingo 14 de maio e rematará o 21 do mesmo mes, e acollerá as máis destacadas manifestacións culturais na nosa lingua nun ano no que celebran o centenario do pasamento do poeta bergantiñán. A nivel musical, o cartel revela a presenza de bandas como Luar na Lubre, Ses, Guadi Galego, De Vacas, Uxía e Joao Afonso, ademais de Mini e Mero. O humor tamén xogará un papel importante, coa presenza -desta volta por separado- do debuxante Luís Davila e de Carlos Blanco, alén de Marcos Pereiro. A literatura tamén terá o seu espazo, con recitais e coa presenza de autores e autoras como Fina Casalderrey, e achegamento a temas como o Rexurdimento, a paisaxe pondaliana ou o 'Cousas' de Castelao o. Tamén se entregarán os premios 'Os Bos e Xenerosos', e haberá múltiples actividades escénicas e mesmo científicas.
NOS_45065
O autor presentará en tres universidades brasileiras 'O libro negro da lingua galega' e falará de "como foi, e como continúa a ser, a represión por razón de lingua no lugar do mundo onde naceu o galego-portugués".
O autor Carlos Callón viaxará proximamente ao Brasil para participar dun ciclo de conferencias no que abordará a historia da represión do galego, no marco da presentación da súa obra máis recente, O libro negro da lingua galega. A primeira delas decorrerá na vindeira segunda feira, 22 de agosto, na Universidade Federal da Bahia, nun evento que presentará o profesor Márcio Coelho Muniz, especialista na literatura medieval galego-portuguesa. Dous días despois, na cuarta feira, acudirá á Universidade do Estado do Rio de Janeiro para falar tamén, como punto de partida, de "como foi, e como continúa a ser, a represión por razón de lingua no lugar do mundo onde naceu o galego-portugués". Introducirá o relatorio a escritora e investigadora Thayane Gaspar. E o día seguinte Callón desprazarase até a Universidade Federal Fluminense de Niterói, nun acto presentado polo profesor e pesquisador Xoán Carlos Lagares. Un cilicio durante medio día por cada palabra en galego que "escapase" no seminario Estes actos no Brasil dan inicio a unha xira de presentacións deste volume a través de diferentes lugares de Europa e da América. O seu propósito, dixo, é "axudar a dar a coñecer internacionalmente que o galego existe, que ten unha historia e que a día de hoxe non contamos coa igualdade de dereitos necesaria para garantir o noso mañá". "A causa do galego fai parte da loita por un planeta diverso e con futuro", precisou Callón en referencia a un libro que percorre a historia do silenciamento do idioma propio do país desde finais do século XV até finais do XX. Durante o mes de xullo O libro negro da lingua galega percorreu múltiples puntos da xeografía galega e está a ter unha "excelente acollida", apuntou o autor. Así, perto de 1.400 persoas participaron dos actos de lanzamento na Galiza, que incluíron tamén dous roteiros en Compostela e Pontevedra para "seguir as pegadas da represión idiomática nas rúas destas cidades".
PRAZA_8489
Houbo precipitacións en 160 dos últimos 192 días, e con cantidades un 50% superiores ás doutros anos. No que levamos de 2013 o litoral coruñés rexistra o dobre de chuvia do habitual. Falamos co meteorólogo Carlos Balseiro, que confirma que a vindeira semana "chegará a primavera".
Este ano está chovendo moito en Galicia. Nin sequera é preciso acudir aos datos de precipitacións: é unha impresión que temos todos e todas. Durante todo o outono e o inverno caeu moita auga e durante moitos días, ademais. Pero en realidade choveu máis que outros anos? En que zonas de Galicia choveu máis? E por que se deu esta situación este ano? Falamos co meteorólogo Carlos Balseiro, que nos debulla todos estes datos e ofrece algúns titulares que refliten con claridade a situación: dende o 1 de outubro houbo precipitacións en 160 dos 192 días, sobre todo no litoral coruñés, que no que levamos de 2013 rexistra o dobre de chuvia do habitual noutros anos. Preguntámoslle algunhas dúbidas e sobre todo se esta situación de vai manter ou se nas vindeiras semanas comezaremos a ver algo o sol e a sentir algo de caloriña. E Balseiro, que o mes que vén lanzará a web www.4gotas.com, dános boas novas: confírmanos que a vindeira semana "chegará a primavera". "Desde que comezou o ano, o normal sería que chovese uns 300 l/m2 na Coruña ou Ferrol, pero recolléronse uns 750" Como foron estes 100 primeiros días do ano en canto ao tempo? Non hai que ir aos números para saber que foron moi chuviosos. Pero é que indo a eles, aínda levas máis sorpresa. Falando de días nos que non choveu nada, temos que en Lugo só ocorreu en 13 días no que vai de ano, en Santiago 19, en Coruña ou Ferrol, 21 e nas Rías Baixas 24. A provincia de Ourense é a que menos afectada se viu pola chuvia. Aínda así, dos 100 primeiros días en Ourense choveu 68. Poderíase dicir (agás en Ourense) que en cada semana choveu 6 días. Desde que comezou o ano, o normal sería que chovese uns 300 l/m2 na Coruña ou Ferrol, pero recolléronse uns 750. Como referencia, na Coruña o normal é que chova uns 1.000 l/m2 en todo o ano, e xa levamos eses 750 en só 100 días. "O máis destacable, en xeral, é o número de días nos que choveu algo" Daquela, choveu moito ou choveu moitos días? As dúas cousas. O máis destacable, en xeral, é o número de días nos que choveu algo. Aínda que iso si, a cantidade de chuvia tamén foi superior á habitual. Se imos un pouco máis atrás, ata o outono, dos 192 días que van desde o 1 de outubro até hoxe, en Santiago ou en Lugo choveu case 160, mentres que nas Rías Baixas o fixo durante 150 días. É dicir, levamos con eses 6 días de chuvia á semana, en promedio, dende que comezou o outono. E canto ás cantidades, podemos dicir que en xeral choveu un 50% máis do normal en toda Galicia, agás no litoral coruñés onde as cantidades recollidas foron máis do dobre do normal. "O motivo para termos tantos días de chuvias nestes meses é o desprazamento do anticiclón dos Azores cara o sur" Por que se está a notar máis no litoral coruñés? O motivo para termos tantos días de chuvias nestes meses é o desprazamento do anticiclón dos Azores cara o sur. No canto de estar sobre o arquipélago portugués, este centro de altas presións situouse á altura das Illas Canarias, permitindo que as borrascas descendan moito máis do normal e provoquen moitos días de chuvia. En xeral non foron borrascas moi potentes, por iso é máis destacable a falta de luz que estamos a ter, con moitos días grises con algo de chuvia, que as cantidades globais recollidas. Ademais, moitas desas borrascas situáronse no Cantábrico provocando máis ventos do Noroeste do habitual. Con estes ventos, o litoral entre Fisterra e Bares vese máis afectado pola chuvia que cando temos ventos do suroeste, que é a situación máis típica no inverno galego. Foi entón nese litoral onde máis choveu? Non, é onde máis choveu en comparación co que é normal alí, pero onde máis cantidade de chuvia se recolleu foi, loxicamente, nos sitios máis habituais de chuvia. É dicir, no oeste da Coruña e na provincia de Pontevedra. Na Costa da Morte, ou máis ben no interior deste litoral, no Barbanza, Santiago, Rías Baixas e sobre todo no interior da comarca de Pontevedra e en Tabeirós-Terras de Montes é onde máis auga caeu nestes meses. Nesas zonas nos últimos 6 meses houbo puntos que recolleron uns 2.500 l/m2, algo máis do que adoita chover en todo un ano. Como comparación, para ver o que isto significa, nun ano normal en Ourense chove a terceira parte, uns 800 l/m2 "En febreiro de 2012 en Santiago só choveu dous días e en total recolléronse 4 l/m2. Pois ben, no marzo que vén de rematar choveu 27 días cun total de 350 l/m2" Un gran contraste co inverno pasado, non si? A verdade é que si. O inverno pasado a nosa queixa era o pouco que chovía, e estábamos preocupados pola seca. Lembramos que en febreiro de 2012 en Santiago só choveu 2 días e en total recolléronse 4 l/m2. Pois ben, no marzo que vén de rematar choveu 27 días cun total de 350 l/m2. Como vemos, nada que ver un ano co outro. "A vindeira semana chegará a primavera. Xa esta fin de semana teremos un adianto. Cun sábado solleiro" Chegará a primavera a partir da fin de semana? Esa é a boa nova que xa podemos confirmar, podémonos ir despedindo desta invernía. A vindeira semana chegará a primavera. Xa esta fin de semana teremos un adianto. Cun sábado solleiro. Só con nubes no litoral oeste ata mediodía. Semella que entre a tardiña do domingo e mediodía do luns algo choverá, máis ben pouco e polo oeste, pero a partir da tarde do luns veremos moito sol cun ceo azul e ademais notaremos unha suba importante nos termómetros. No final da vindeira semana, a calor pode chegar a provocar que haxa tormentas nas tardes no interior, pero pouco importantes en xeral. É dicir, un tempo máis propio desta época, e non invernal como foi o día de onte, por exemplo. Como se presenta a primavera? Pódese facer algunha previsión? Neste caso temos que dicir o de sempre. Os prognósticos a tan longo prazo (meses) continúan a ser pouco fiables. Así que, polo momento, gocemos do sol e das temperaturas agradables dos vindeiros días.
PRAZA_15711
Malia non ter sangue, correntes ou tradición do que se entende tradicionalmente por nacionalista, a regra básica que se apoia é que se verdadeiramente o pobo decide, o pobo é maduro, o pobo é sabio e sabe cara onde quere ir, onde está o problema en nos preguntar?
As aparicións marianas teñen ocorrido nos sitios máis variados. Na rúa máis transitada dunha vila no medio da tarde, ou como diría un vello alugador meu, nunha eira do pobo máis terremoto [sic]. Pois ben… a min hoxe aparecéuseme a Virxe da autodeterminación entre pantalla e pantalla do facebook. E a inesperada aparición tiraba de min para buscar no Google pola maldita palabra: autodeterminación. A verdade é que ao igual que as visións de nosa señora, o vocábulo está bastante pasado de moda xa. Igual agora dicimos "capacidade de decidir", "dar a voz ao pobo", etc., e o caso é que hai xa uns anos que non a escoito tal e como era antes: "autodeterminación". Este asunto que caeu sobre min na tarde de hoxe parece ser o pico estrela nas etapas de montaña da negociación que se abre trala importantísima noite electoral do 20 de decembro. Principalmente entre dous axentes destacadísimos do novo panorama político: Podemos e as súas coalicións, especialmente En Marea e En Comú Podem, e o tradicional pero noutrora rachador PSOE/PSdG. Si, todos fomos mozos. Non pasaran aínda 24 horas e xa saíran Corcueras, Leguinas, García-Pages ou Fernández Varas a acender as lámpadas vermellas advertindo da catástrofe. E os que faltan por vir. Alomenos, a estes vémolos. Son máis preocupantes os que comandan as luces a distancia. Pero ben sabe a xente do mar que por moi vermellas que se vexan as luces, nun barco as verdes igual están a catro dedos de distancia. O caso é que pode ser que o barco dea a volta ou simplemente que os que van en cuberta o vexan dende babor ou estribor. Mais tanto para unha cousa como para a outra, é preciso saír do inmovilismo e virar o temón, ou dar uns pasiños para cambiar de perspectiva. É certo que os cambios e mesmo o inmovilismo deben ser razoados e non deberse a un "porque si", ou un "porque sempre foi deste xeito". O primeiro razoamento que tiro é o do buraco negro histórico que fixo desaparecer a proposta do tan admirado e modernizador XIII Congreso que o PSOE celebrou en Suresnes. Daquel encontro fálase moito do abandono do discurso marxista, pero non tanto doutra importante resolución que tamén se tomara: "La definitiva solución del problema de las nacionalidades que integran el Estado español pasa indefectiblemente por el reconocimiento del derecho de autodeterminación de las mismas, que comporta la facultad de que cada nacionalidad pueda determinar libremente las relaciones que va a mantener con el resto de pueblos que integran el Estado español" Pois ben, chegados a 2015, creo que é bo momento para que os membros dirixentes e resto de militancia do PSOE debatan entre eles a vixencia ou non da súa propia resolución, e logo que expliquen ao resto dos cidadáns a quen piden o voto o resultado final motivado do seu debate. O segundo razoamento que propoño é unha básica regra de tres. Os días de votación moito se enche a boca dos representantes políticos de elocuentes tics do tipo "O pobo é sabio", "O pobo é o que ten a palabra", "A democracia exprésase nas urnas"... Pero isto só ten valor se as papeletas que metemos nos caixóns transparentes teñen únicamente os seus nomes ou os das súas organizacións políticas. Verdadeiramente, hai medo na clase política a que o que metemos na urna sexa un papel marcado cun Si ou Non, cun Máis exército ou Menos exército, cun Claro que contigo ou un Mellor cada un polo seu lado. Moita da política tradicional e algunha da nova ten tendencia por non permitir que o pobo ao que di representar non elixa máis que os que logo os representarán en absolutamente tódalas decisións. Xa eles se ocupan de definir absolutamente tódalas vías, camiños e destinos sen cruzamento ningún. Eles conforman o presente, o futuro e o horizonte. E para soportalos, contan tamén con grandísimos pensadores en numerosos medios de comunicación. "Creadores de opinión" como lle oín definir ao seu propio clan de tertulianos a un dos grandes próceres, hoxe en horas baixas, do pensamento esquerdoso un día calquera na Cadena Ser. Un querido amigo en Podemos axudoume un día a abrir un pouco máis os ollos. Falando doutras lerias "O problema é que eu non son nacionalista". Pois ben, malia non ter sangue, correntes ou tradición do que se entende tradicionalmente por nacionalista, a regra básica que se apoia é que se verdadeiramente o pobo decide, o pobo é maduro, o pobo é sabio e sabe cara onde quere ir, onde está o problema en nos preguntar? O terceiro e último punto que quixera expor é unha ferramenta dialéctica para o PSOE e outros no caso de que trala guerra interna que se albisca decidan dar un paso adiante (ou de volta a Suresnes, segundo se mire). Estou seguro de que teñen mentes privilexiadas dabondo para elaborar un convincente discurso explicando o importantísimo paso que teñen a obriga de dar devolvendo o poder de decisión á xente pero se lles faltan ideas sempre poden acudir a estratexias políticas actuais: a un concepto sempre lle podemos cambiar de nome por outro novo, inmaculado e con sonoridade. É algo moi visto na nosa historia recente para cando unha idea ten malas, perigosas, ou vellas connotacións: crecemento negativo, mobilidade exterior, cesamento temporal da convivencia, desaceleración económica ou mesmo disfunción eréctil. Se autodeterminación parece unha palabra antiga, trasnoitada e perigosa, ou mesmo se non se quere utilizar porque canta moito o cambio de rumbo e non o queremos explicitar tan de golpe, sempre podemos botar man de termos máis asépticos como "autodefinición", "libre conformación do estado", etc. Incluso chegar a retorcer a linguaxe como "Aseguramiento de la unidad nacional por medio de la decisión popular". Non sería moito máis contradictorio que o obxectivo buscado baixo o título de "Galicia bilingüe".
NOS_40721
O sindicato CIG critica as "farragosas" medidas artelladas polo Goberno español para compensar o cese da actividade.
As medidas económicas anunciadas a pasada terza feira polo Goberno español non deixan de ser "tímidas modificacións ou ampliacións da cobertura necesaria nun momento de emerxencia e de desprotección de amplos sectores da sociedade e da clase traballadora". Así o ve o sindicato CIG, para o que os mecanismos de protección previstos neste decreto son, "farragosos, escasos e dunha burocracia que dificulta e mesmo impide a protección real das persoas máis vulnerábeis". Un dos aspectos que máis chama a atención ao secretario xeral da CIG, Paulo Carril, é o cambio do uso dos cartos das cotizacións da seguridade social destinados a formación para prestacións sociais e de desemprego, unha modificiación que considera "moi grave" e que se podería ter evitado pola "vía impositiva ás grandes fortunas, ás grandes empresas ou a través da intervención pública de sectores estratéxicos da economía hoxe en mans privadas (a banca, as grandes eléctricas…)". Carril incidiu na situación das empregadas do fogar que, como denunciou, "xa cobran uns salarios miserentos" e ás que agora se lles fala dunha renda cativa como compensación á paralización da súa actividade. Como tampouco pode ser, para o secretario xeral da CIG, "que se fale dunha contía que é menor ao subsidio, para aquelas persoas despedidas que non teñen desemprego, cando o normal sería que se se prohibe o despedimento, fosen incorporadas aos ERTE e á posibilidade de ter as mesmas condicións que outras traballadoras". Permiso retribuído Para Carril, de terse aplicado, como propuxo a CIG desde o primeiro día, un permiso retribuído para cumprir un deber inescusábel e creado un fondo público de compensación para as empresas, a solución sería máis xusta para a maioría social e evitaríase o actual caos. Fronte a isto, sinala, o Goberno español vai aprobando decretos sucesivos nos que se van corrixindo a si mesmos, polo que "ao final, estamos falando dunha sucesión de parches, cando o que precisamos son medidas máis globais e con alternativas máis amplas para o conxunto da clase traballadora". A isto engade que, fronte á presión das grandes empresas para manter a actividade "cando é máis que dubidoso que sexan servizos esenciais", a vida das persoas e a emerxencia sanitaria deberían ser "a prioridade".
PRAZA_11853
A decisión da USC de despedir a 17 investigadores do programa Parga Pondal, alén das consecuencias persoais que tivo para os afectados, puxo de relevo as dificultades que nos últimos tempos sofre a I+D+i no noso país, por mor dos recortes no financiamento e o desinterese oficial. A investigación e o coñecemento teñen que emigrar?
"Somos tipos de corenta anos, con familias, con fillos. Somos investigadores e investigadoras que renunciamos a unha carreira no estranxeiro por regresar a Galicia, con apego a ela, baixo un compromiso de estabilidade, esquivando o noso penoso modelo de exportación de cerebros. Será dificil reciclarnos, somos profesionais que levamos quince anos desentramando películas de óso, a orixe da materia ou examinando átomos; a pouca industria que hai na comunidade contratará a alguén recén saído da facultade sen experiencia, non a tipos coma nós". Cun sorriso e ollos tristes falan Pedro Vázquez Verdes, Ezequiel Álvarez Castro e Pablo Vázquez Regueiro, tres dos dezasete investigadores Parga Pondal da USC que quedaron sen traballo o pasado 28 de decembro. Séntense enganados e están convencidos de que o seu cesamento é só o inicio dun rotundo declive da investigación no conxunto do Estado. A Relación de Postos de Traballo (RPT) que se anunciará a finais de mes será clave. Cun currículo de nivel formativo máximo, tese de doutoramento, una media de cinco anos de estadía en centros de investigación foráneos e un salario mensual de entre 1300 e 1400 euros esperaban acceder no 2012 a un contrato dos recoñecidos na Universidade segundo a LOU, profesor contratado-doutor ou profesor titular de universidade. "Os que xestionan esta crise están a errar –aseguran-. En cada un de nós lévanse investidos 800.000 euros con cartos públicos pagados cos impostos de todos os galegos; o futuro da nosa investigación é o único modo de devolverllos á sociedade. Ese era o obxectivo". Case 3.000 persoas os apoiaron a través da plataforma en liña Actuable e o luns, tras a decisión "histórica" do Consello de Goberno da USC –demandada por despedimento improcedente- de admitir os recursos expostos, aceptouse seguir negociando o futuro dos investigadores. Relatan con medido optimismo que dentro da universidade hai moita xente que os apoia, "porque producimos artigos, captamos fondos, somos novos –nos vindeiros anos haberá unhas 50 xubilacións por curso- e capaces de formar novos investigadores". A Relación de Postos de Traballo (RPT) que se anunciará a finais de mes será clave. Balóns fóra Consultada por este xornal, a Xunta –que xa se comprometeu a pagar os tres anos do programa de consolidación de investigadores Manuel Colmeiro, reducido a 15 prazas no 2011- asegura que o seu obxectivo é e será "traballar para captar e reter o talento investigador" e que os despedimentos foron responsabilidade da USC, que ten competencia exclusiva. E alegan como proba que os Parga Pondal das outras universidades contiúan. Pola súa banda, a Universidade de Santiago de Compostela lembra que até hai ben pouco era a única que estabilizaba e dispuña de programa de captación de talento –Galicia é, de feito, das poucas comunidades que conta con este recurso- "pero a paralización da masa salarial, o aumento de cobros se sexenios e trienios do noso persoal, e o decreto extraordinario do novo goberno, que impide crear prazas, obrigan a tomar algunha determinación". A impresión dos Parga Pondal é que se pretende modificar a política de estabilización e que o seu, supón o primeiro paso. Mario Bunge, filósofo: "Se os gobernos seguen a descoidar a investigación básica e lle seguen a dar prioridade ao armamento e á conquista territorial, a ciencia acabará e con ela a técnica" O I+D que se anunciou hai anos como auténtica garantía de futuro, -máis nunha sociedade de industrialización tardía-, segue sen funcionar correctamente. Porque como innovar e desenvolver sen unha investigación básica e cunha histórica desconexión entre universidade e industria? A Xunta volve incidir na innovación a través dunha nova Axencia Galega e en que universidades e mundo empresarial traballen da man, nun enésimo intento. Cando anunciou o Plan de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, o conselleiro Javier Guerra matizaba o apoio á investigación básica co argumento de que non ten sentido "que dediquemos unha cantidade importante de recursos á investigación se non teñen un retorno para o sistema e a economía". A realidade é que as universidades representan a práctica totalidade da investigación básica en Galicia e que, sen ela, resulta impostíbel innovar. Tamén no conxunto do Estado español o sector privado supón menos dun 20%. Outra saída é o CSIC, pero na comunidade está pouco representado.
NOS_16316
"A vida dos animais salvaxes non é fácil", abre as súas páxinas Viaxeiros, o álbum ilustrado en que o biólogo Xulio Gutiérrez e o debuxante Nicolás Fernández investigan para divulgar "as especies que viaxan para sobrevivir". Volume de gran formato, con detallistas debuxos e información contrastada, "reúne a experiencia migratoria" do lemming e da tartaruga boba, do salmón e das bolboretas monarcas.
Publicado por Kalandraka, o libro, enmarcado na colección Animais extrordinarios da que fai o sexto título, trata dunha ducia de especies. Por caso, do carrán ártico, paxaro semellante á gaivota pero "máis pequeno e esvelto", que percorre o eixe vertical do planeta á procura de calor. "Cando chega ao océano Antártico non se detén. Pasará os meses do verán austral recorrendo incansable os mares que rodean a Antártida", explica Xulio Gutiérrez (Vigo, 1958), profesor e biólogo encargado dos textos de Viaxeiros. "Este libro permite acompañar os animais que por terra mar e aire realizan as viaxes máis longas e arriscadas", expón a editorial, "uns milleiros de quilómetros, outros traxectos curtos expoñéndose a toda clase de perigos e vicisitudes". Comparado co carrán ártico, que voa de polo a polo, a do salmón río arriba é unha peripecia máis curta pero con non menos obstáculos. "Coa árbore da vida como punto de partida", engade Kalandraka, "esta obra científica presenta un esquema dos principais grupos do reino animal para se centrar nos protagonistas, a súa localización no mundo, o seu hábitat, as súas habilidades físicas, curiosidades e o seu nivel de conservación". Viaxeiros está recomendado para lectoras e lectores a partir de sete anos.
NOS_19239
O Huesca é, despois do Celta, o equipo da Liga con máis xogadores galegos: Pablo Insua, Pedro Mosquera, David Ferreiro e Juan Carlos Real (A Coruña, 1991), un 'trotamundos' do fútbol que desde 2019 contribúe a que o conxunto aragonés viva o seu mellor momento na historia, a pesar de que hoxe ocupan a última posición na táboa.
Vostede, Pedro Mosquera, Pablo Insua, David Ferreiro... que se xuntase tanto galego na Sociedade Deportiva Huesca foi cousa da fortuna ou, quizais, débese a que desde Galiza sae un perfil de xogador que posúe unhas determinadas características que agradan na secretaría técnica do Huesca? O certo é que penso que é cousa da casualidade, porque se nos analizas ben os catro somos perfís de futbolistas moi diferentes, e como este mundo do fútbol dá moitas voltas, pois coincidimos todos aquí. Dentro do vestiario nótase ese peso que teñen os galegos alí? Fan vostedes 'piña', como se adoita dicir normalmente sobre os brasileiros ou os arxentinos? Si que resulta especial que nos xuntásemos tanto galego, e tres da Coruña precisamente, pero non, non nos xuntamos tanto como fan os estranxeiros, que si que están máis unidos entre eles. Compartimos un vestiario moi amplo e á hora de facer equipo, formar un bloque, non procede xuntarnos só entre nós. De feito, precisamente por ser galegos levámonos ben con todos, sen necesidade de facer esa 'piña', como si que fan os arxentinos, por exemplo. Isto mesmo que resalta vostede, o feito de ser un bloque moi unido, é algo que se ve desde fóra e que xa transmitía o Huesca cando estaba na Segunda División o ano pasado. Si. Xa despois do descenso, á hora de planificar as cousas fixéronse pensando no medio e longo prazo, e logo do ascenso consolidáronse varios futbolistas que viñan de longo. A existencia desa continuidade é a que leva a que as ideas estean asentadas e a que os novos xogadores se adapten rápido, por ser un proceso que se desenvolve de modo natural. Con todas as limitacións que impón a situación de pandemia na que nos atopamos, fóra do terreo de xogo quedan os membros da colonia galega do Huesca para facer cousas xuntos? Comer, xogar á videoconsola...? Pois non moito. Non por ser ou non galegos, que se coincidimos, pois ben, pero cada un ten unha vida, familias, parellas... Lévome ben con todo o mundo, e teño moi boa relación con todos eles: comentamos cousas regularmente entre nós sobre o que pasa na Galiza, no Dépor... Por exemplo, ao principio de chegar aquí si que facía máis cousas xuntas con Pablo Insua, pero ímonos facendo maiores e temos outras obrigas [ri]. Con 29 anos xa militou en multitude de equipos, até o punto de que pode ser considerado un deses 'trotamundos do fútbol'. Non obstante, dá a impresión de estar asentado na Sociedade Deportiva Huesca. É xa o equipo da súa vida? Si que é verdade que, sen contar o Deportivo, nunca estiven no mesmo equipo dúas tempadas completas, o máximo ano e medio até chegar aquí. Xa que logo, iso era un pouco o que buscaba: asentarme, sentirme valorado a todos os niveis, esa era a miña intención. Levo moitos anos pelexando por chegar a xogar en Primeira Divisón, e é o que estou conseguindo aquí. Quero axudar a que este clube siga facendo historia. Como di, agora está asentado, pero hai poucos anos viviu un lado amargo e escuro do fútbol profesional, que é ser un futbolista sen equipo. Como foi ese momento de verse no paro? Foi uns dos meus momentos máis duros como profesional. Ti podes estar lesionado, descender... pero estar sen equipo é o peor que lle pode pasar a un profesional no seu traballo. Colleume, no meu caso, con 24 anos , unha idade perigosa, porque non tes ese percorrido, esa experiencia para saber como tomalo, pois aínda es novo e dubidas moito sobre ti mesmo. Vinme no medio do que move o fútbol, intereses entre clubes, representantes... cuestións que nese momento se me escapaban, e ao final o gran prexudicado é o xogador. Paseino moi mal. Van caendo as semanas, os meses, e nada... menos mal que puiden adestrar co Rácing de Ferrol, o que foi unha axuda tremenda, e estoulles moi agradecido. Pero a medida que pasaba o tempo sentín que iso non ía acabar así, que tiña moito que demostrar e que, con traballo e sacrificio, podería mostrar que aínda era quen de pelexar polos soños que tiña desde pequeno. Finalmente, tras catro meses sen equipo, tiven que asumir que en España ía ser complicado atopar un, e entón saíu a opción do CFR Cluj e tomei a decisión de marchar a Rumanía, porque o tempo ía pasando e nada. Observado con perspectiva, vexo que foi o acertado, malia que no seu momento foi un risco. Pero se non arriscas non medras e non gañas.
NOS_1953
Un vídeo -disponíbel no interior- mostra como esta terza feira 2 axentes dispararon a queimarroupa a Kajieme Powell, o segundo afro-americano morto a tiros pola policía en St Louis, Missouri, nos últimos días.
O vídeo, gravado por unha testemuña dos feitos e disponibilizado pola policía de St Louis, non deixa lugar a dúbidas: os axentes podían ter reducido a Kajieme Powell, de 25 anos, sen disparar a matar. Os axentes alegan que o mozo afro-americano portaba un coitelo e o vídeo permite ver que, con efeito, levaba un obxecto na man. Testemuñas afirman que os policías poderían ter disparado contra as pernas do rapaz ou ben ter utilizado o Taser, un arma de electrochoque para imobilizar a quen recebe o seu impacto. A versión da policía é que recebeu a chamada dunha tenda da zona en que se lle indicaba que acababa de ser obxecto dun roubo -apenas uns refrescos e uns donuts- por parte dun mozo que ía armado. Os axentes personáronse decontado. Estacionaron o carro. Localizaron o mozo. Chamaron por el. Este achegouse. Pedíronlle que puxese o coitelo no chan. Non o fixo. Tampouco é que lle desen moito tempo para reaxir. 15 segundos após chegar os policías ao lugar dos feitos, abriron fogo contra Powell. 12 disparos. Todos a matar. O policía chefe de St Louis admitiu que os seus axentes están a traballar baixo moita tensión e anunciou pesquisas para esclarecer as dúas mortes, a de Powell e a de Michael Brown, o mozo de 18 anos cuxo asasinato -6 balazos a un rapaz desarmado- foi o detonante da vaga de confrontos nas rúas entre os afro-americanos de Ferguson e as forzas policiais e mesmo militares (foi mobilizada a Guarda Nacional do Estado) norteamericanas.
NOS_46501
Nós Diario logra chegar a unha usuaria da residencia que DomusVi xestiona no Barreiro, en Vigo, para coñecer a través do seu testemuño directo como é a vida nun dos centros de maiores que máis sufriron os efectos do coronavirus durante a primeira vaga. Foi entón cando faleceron 47 residentes, segundo as contas dos familiares. Denuncia que a comida é insuficiente, ao igual que a limpeza, e problemas na xestión do centro. Publicamos un extracto da reportaxe.
Chamámola Esperanza. É un nome suposto. Queremos garantir o anonimato desta usuaria da residencia que DomusVi, o xigante do sector, xestiona no Barreiro, en Vigo. A súa cabeza está lúcida e a súa voz, dinos, fala por outras moitas compañeiras e compañeiros. O día antes de contactarmos, a través do teléfono, con ela, pasou fame. "Ti concibes que fagan a comida, que a sirvan a unha mesa, despois a outra e que se acabe? Serven dúas mesas do comedor xeral e xa non hai máis comida. Quedou todo o mundo sen comer", relata a usuaria, que paga ao redor de 2.000 euros ao mes por vivir neste centro residencial de 150 prazas. Dicíame hoxe unha señora: Non pasara nunca tanta fame como a que paso aquí, e foi buscar un bocadillo á cafetaría" Á cantidade insuficiente súmase a falta de calidade das comidas e ceas. Nos últimos días servíronlles pasteis de verduras, "un noxo". Descríbeo como unha masa de follado cunha "chafallada de verduras refogadas que se desfán". "As xudías non hai deus que as trague. Son redondas, mais quedan, como as patacas, a medio cocer e nin soben nin baixan, fican na gorxa", salienta noutro exemplo. Dura tamén está a carne, "como unha pedra". "Á parte da bazofia que nos dan, aquí pasamos fame. Dicíame hoxe unha señora: Non pasara nunca tanta fame como a que paso aquí, e foi buscar un bocadillo á cafetaría". Sinala que no comedor non atenden a restrición de alimentos nin as singularidades que marca o médico. Se unha persoa usuaria non pode comer hortalizas ou legumes, non lle dan unha opción alternativa. "Non é a primeira vez que serven algo que che senta como un tiro e, como é obvio, non queres pasar a tarde devolvendo e tomando Almax, preguntas se poden servirche outra cousa e responden que van ir á cociña para ver se se pode facer algo, para que non fiques sen comer. Prométenche un lombo e nada. Quedas sen xantar", denuncia. "Se algunha de nós protesta contéstannos que en fronte temos restaurantes, que vaiamos comer alí", revela Esperanza. "A comida é espantosa, pregúntalle a quen queiras", emprázanos. "E mira que hai pescada conxelada, desa que cortan en toros e que non é moi cara. Sabe ben. Podes sacala do conxelador na véspera, bótaslle limón e case non se distingue da fresca, mais aquí usan filetes de pescada e sácanos media hora antes do xantar. Chégannos cortados en anacos", explica. "Unha señora brincaba o outro día: eu aos meus gatos dáballes o peixe así, machucado. Isto é un noxo. Como se atreven a servirnos un prato así?", pregúntase. "Se algunha de nós protesta contéstannos que en fronte temos restaurantes, que vaiamos comer alí", revela Esperanza. Quen gaña no Barreiro, advirte, é a cafetaría, a onde as persoas usuarias acoden para facerse cun bocadillo. Mais non son de balde, "dous euros ou dous euros e medio, e ao final do mes nótase". As familias, nas visitas, polo protocolo de actuación fronte á Covid-19, non lles poden levar "nin un quilo de pexegos". Non hai a quen protestar Non hai a quen protestarlle, "levo sen ver a directora desde hai, cando menos, dous meses; as asistentas sociais tampouco están; na fin de semana o médico non traballa... Aquí non hai quen mande. Non hai quen chame a atención". Tampouco sabe a quen dirixir un escrito, "podes falar coa directora mil veces e nada, non fai caso de nada". "Aí atrás preguntáballe eu a unha compañeira: Estarei ben da cabeza ou serán eles os que o fan mal? Respondeume: Ti estás ben. É isto o que non ten nin dereito nin revés", apunta. "Os domingos non hai ninguén ao mando ao que pedirlle nada", lamenta A falta de xestión é tal que "calquera día líanse a puñadas no comedor, onde sempre hai discusións". "Os domingos non hai ninguén ao mando ao que pedirlle nada", lamenta, "se a min non me dá a gana de baixar a cear un sábado ou un domingo, non baixo. Cadaquén fai o que quere. É un cristo".Non é a primeira vez que Esperanza e as súas compañeiras e compañeiros de planta almorzan -sinala que o almorzo é a única comida que "paga a pena"- pasadas as 11 horas. "Tan tarde xúntansenos as pastillas do almorzo coas do xantar. É un jaleo horroroso". Pensa que é debido á falta de persoal, "hai pouca xente, nas vacacións apenas repuxeron a ninguén". Até catro horas no chan A falta de atención ás caídas ten a ver tamén coa falta de persoal. Esperanza narra o caso dunha compañeira que caeu cando foi ao baño de madrugada e pasou catro horas no chan, cun golpe na cabeza. Foi trasladada ás urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e déronlle puntos. "Estivo aquí un matrimonio que acabou marchando porque caeron un par de veces... e, claro, cae unha persoa e hai pouco persoal. O que non leve o punteiro e non lle chegue ao timbre, ten que agardar que a escoiten pedir auxilio; podes estar até catro horas soa no chan", narra. O que non leve o punteiro e non lle chegue ao timbre, ten que agardar que a escoiten pedir auxilio; podes estar até catro horas soa no chan Cadeas españolas de televisión emitiron nos últimos días imaxes de usuarios da residencia de Lliria (Valencia), tamén de DomusVi, no chan. Paulino Campos, portavoz da Federación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia (REDE), afirma que o que aconteceu en Lliria é habitual. A súa nai tamén estivo no chan, desatendida no Barreiro após unha caída no seu cuarto, de 15 horas a 18 horas. "Descubriuna unha amiga visitante, a única que botou de menos a súa ausencia aquela tarde", narra, en conversa con Nós Diario. A nai tiña medicado un hipnótico, Distraneurine, "dos que se abusan en xeriátricos e unidades de psiquiatría para aplacar, distraer, durmir o paciente inquedo ou ansioso, e que produce somnolencia". "Nese estado miña nai caeu no chan cando trataba de deitarse, dominada polos medicamentos, e así estivo as tres horas combatendo coas patas de ferro da cama, e non foi quen de incorporarse, nin houbo ninguén que a auxiliase porque nese andar non había persoal entre horas", denuncia. O mesmo lle aconteceu ao pai do tesoureiro da Asfareba, Familiares e Usuarios de Residencias e Xeriátricos de DomusVi O Barreiro. Pasou 6 horas, durante a noite, tirado nas baldosas, "de 4 da madrugada ás 10 da mañá, que o recolleu unha muller da limpeza". Tampouco o botaron de menos esa mañá no almorzo, "cando é o primeiro en vestirse ás 8 da mañá como un reloxo de precisión cada día". Ese día, ás 8 da mañá, estaba tirado no chan baixo o peso dun colchón ríxido que lle viu enriba ao regresar á cama despois de ir ao baño. As mozas traballan como burras e non lles pagan ben Campos explica que na quenda de 22 horas a 8 horas, en todas as residencias galegas hai tres traballadoras como máximo, cando non só 2, para as 150 usuarias, de aí que sexan frecuentes estes accidentes, que "non son comunicados ás familias salvo cando conclúen co accidentado (ou maltratado) en urxencias co cranio ou a cadeira fracturados", expresa. "Chamámolo, entre nós, 'maltrato institucionalizado': malas prácticas, neglixencias (graves) que se reproducen pola forza do costume, até ficaren 'institucionalizados'", di. As usuarias son conscientes da carga de traballo das auxiliares: "Traballan como burras e non lles pagan ben", advirte Esperanza, que explica que unha mesma persoa "ten que espertar os usuarios de toda unha planta, dúchaos, vísteos, fai as camas e frega os cuartos... así acaban tan esgotadas". "Para 60 persoas, unha soa moza non dá feito", abunda Esperanza, "a directora aféitase para arriba". [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario do 10 de setembro de 2020, á venda nos quiosques e desde esta noite na loxa. Se queres subscribirte, faino nesta ligazón]
NOS_9148
O documental "A pegada dos avós" resultou gañador do VIII Encontro Hispanoramericano de Cine e Vídeo Independente-Voces contra o Silencio de México. O filme de Xosé Abad foi escollido entre 521 películas presentadas e 194 seleccionadas.
O Festival Voces contra o Silencio que se celebrou en México do 29 de marzo ao 5 de abril escolleu como filme gañador dos 521 presentados o traballo do galego Xosé Abad, "A pegada dos avós", un documental que se achega á recuperación da memoria histórica desde un grupo de adolescentes que buscan, 75 anos despois, achegarse á verdadeira historia de aqueles homes e mulleres que foron vítimas do golpe militar de 1936. A descuberta non vai ser fácil xa que o silencio ocultou boa parte do sufrimento e a realidade duns feitos que cambiará a percepción da historia do grupo de adolescentes. As biografías de José Villaverde e Amada García serán o motivo da súa investigación para coñecer o relato da historia que non atopan nos libros de texto. Buscarán tamén voces que contribúan a coñecer os feitos como o escritor Manuel Rivas, o xuíz Baltasar Garzón, o presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Fernando Souto e o historiador Emilio Grandío. "A pegada dos avós" é unha das nominadas aos Premios Mestre Mateo na modalidade de mellor documental. Promoción do documental Segundo o membro do xurado Adolfo Gumucio, "Voces contra o silencio", máis que un festival é "un proxecto de defensa e promoción do cine documental, non só porque ese especializa neste xénero maltratado polos distribuidores e polos que financian a produción, senón porque en cada edición logrou ampliar o seu radio de acción a través dun centenar de espazos de exhibición". Gumucio explica tamén que non tiveron dificultades á hora de escoller "A pegada dos avós" como gañadora ademais de facer unha mención especial a un filme de Canal Barrial 3 de Chile e outro de Luisa Riley de México. O documental de Xosé Abad está producido por EAF Producións da que tamén naceron os documentais "O Segredo da Frouxeira", "Isaac", arredor da figura de Isaac Díaz Pardo, "Asháninkas, en defensa de su territorio" ou "Monte Alén, Paraíso Salvado".
NOS_21178
O 10 de abril de 2015 publicaba neste diario dixital o artigo A xustiza non é inocente, e lembraba que "o aparato xudicial forma parte da superestrutura e está ao servizo das clases dominantes". Os últimos acontecementos –podemos falar de semana negra para a credibilidade da xustiza– confirman esta tese e estou moi identificado con Pepe Mújica, ex-presidente de Uruguai, cando dicía "Quiero saber la verdad, pero en la justicia no creo un carajo".
Non existe a chamada independencia do poder xudicial e cada día é máis evidente que é o propio goberno quen move os fíos para que as leis, a composición dos órganos de goberno da Xustiza, dos propios tribunais, e as sentenzas, sexan favorábeis aos seus intereses, en definitiva, o sometemento do poder xudicial ao poder executivo. Son moitas as voces que falan xa dunha democracia de moi baixa calidade. Así, na véspera da celebración do Foro Económico Mundial de Davos, Intermón-Oxfam denunciaba en xaneiro de 2014 que estamos ante un secuestro da democracia en beneficio das elites económicas, e facía pública unha sondaxe: oito de cada dez persoas consultadas no Estado español opinaban que as leis están deseñadas para favorecer os ricos. O xuíz Castro facía unha petición de até oito anos de prisión para a infanta Cristina como "cooperadora necesaria" dos delitos de Iñaki Urdangarín no auto de apertura de xuízo oral en decembro de 2014. Cristina participaba nas empresas de Urdangarín, era vocal do Instituto Nóos e propietaria do 50% de Aizoon, que entre 2004 e 2005 recibiu 748.000 euros de Nóos, beneficiándose das actuacións ilegais da trama; aparecía en 2003 como titular da conta de constitución de Aizoon e foi a súa secretaria até o 30 de xuño de 2011; asinaba as contas que se presentaban no rexistro mercantil; cargaba os seus gastos persoais a nome de Aizoon; o seu nome aparecía nos folletos do Instituto Nóos, como "gancho", e participou en eventos onde se concedían subvencións a entidades investigadas. Tiña coñecemento da contratación fraudulenta do servizo doméstico da súa residencia familiar a nome de Aizoon. Cristina e Urdangarín elaboraron facturas falsas para enganar a Facenda. Rexistraron na cámara da propiedade de Barcelona un contrato (asinado polos dous) de aluguer da súa casa de Pedralbes, como oficina de Aizoon, tamén da súa propiedade, é dicir, defraudaron a Facenda porque aparecían ao mesmo tempo como arrendadores e arrendatarios. E Cristina non sabía nada. Para o xornalista Ignacio Escolar, "Cristina de Borbón estaba allí, era cómplice y coartada, escudo y arma de su marido. Sin ella no habría habido negocio, con ella se gastó el botín". O xuíz Castro resumía así a súa actuación no segundo auto de imputación: "Consintió, participó y se benefició de los delitos de Nóos". Con estes antecedentes, a Audiencia de Palma de Mallorca acaba de considerar inocente a Cristina na sentenza feita pública o pasado 17 de febreiro; é absolta e deberá pagar 265.088 euros, pero como xa depositara 587.413 euros, resulta que vai ingresar 322.325 euros. No xuízo Cristina contestou 189 veces "no lo sé", 58 "lo desconozco", 7 "no me consta" e 59 "no lo recuerdo". O tribunal debeu considerar convincentes estas respostas, é dicir, que Cristina non sabía nada, e a infanta marchou libre para casa despois de que durante meses e durante o propio xuízo a Fiscalía non actuase como tal, senón como un avogado máis da defensa. Quedaba claro que era unha cuestión de Estado e que o aparato xudicial non podía permitir unha condena da irmá do rei e moito menos o seu ingreso en prisión porque iso suporía un deterioro, aínda maior, da imaxe da monarquía borbónica. Lembremos que o rei Juan Carlos non só estaba informado dos negocios de Cristina e Urdangarín, senón que, coordinado con eles, realizou numerosas xestións para favorecer os negocios da trama corrupta. O mesmo Urdangarín referíase ao rei como o "xefe". Era unha cuestión de Estado e o aparato xudicial non podía permitir unha condena da irmá do rei e moito menos o seu ingreso en prisión A Fiscalía Anticorrupción pedía para Urdangarín o 9 de decembro de 2014 unha pena de 19 anos e seis meses de prisión e o xuíz Castro solicitaba, daquela, unha fianza de case 15 millóns de euros. A sentenza da Audiencia de Palma de Mallorca reduce a pena a seis anos e tres meses de prisión e unha multa de 512.000 euros, despois dun saqueo de 6 millóns de euros das arcas públicas de Valencia e Baleares; Diego Torres é condenado a oito anos e seis meses de prisión e Jaume Matas a tres anos e oito meses. Eran absoltos todos os integrantes da chamada "rama valenciana" do caso, que estaban acusados de malversación de caudais públicos. Coñecida a sentenza, falouse, nun principio, de que Urdangarín ingresaría inmediatamente no cárcere; despois de que podía non ingresar, pero que tería que pagar unha fianza e que non podería abandonar España… Finalmente, non ingresará en prisión, non pagará fianza e poderá residir en Suíza. Esta situación de liberdade pode prolongarse máis dun ano, até que o Tribunal Supremo resolva sobre os recursos. Ramón Jaúregui valoraba esta sentenza en nome do PSOE, cualificaba o xuízo como exemplar e sinalaba que o poder xudicial aplica a ley "sin ningún tipo de distinción por la condición de las personas". E concluía: "En España el Estado de derecho funciona muy bien, con separación de poderes y con independencia". Valoración moi coincidente coa do PP e Ciudadanos. Como contraste, José Antonio Martín Pallín, ex fiscal e maxistrado emérito do Tribunal Supremo, resumía moi ben a situación: "En España hay una corrupción generalizada a la que las instituciones legales y judiciales no saben hacerle frente con una mínima eficacia jurídica y entereza ética, ciudadana y democrática". Por outra parte, son sorprendentes os nomeamentos do PP. En 2013 era elixido Francisco Pérez de los Cobos como presidente do Tribunal Constitucional, que figuraba como afiliado do PP entre 2008 e 2011, na información aportada pola Axencia Tributaria. Manuel Núñez Pérez entraba no Tribunal de Contas en 2001 e foi o seu Presidente de 2007 a 2012. Como ía supervisar a contabilidade do PP, unha das funcións do citado tribunal, se durante anos, sendo deputado dese partido, formou parte dunha clandestina comisión de obras do PP, que tiña como tarefa a elaboración de informes sobre as contratacións de obras públicas polo goberno central, autonómicos e locais, controlados polo PP, para que as adxudicacións recaesen nas empresas "amigas" que entregaban doazóns? Noutras ocasións o goberno consegue cambiar o destino de xuíces como cando o PP tiña cinco causas pendentes da trama Gürtel e, casualmente, aterraba Fernando de Rosa –ocupara diversos cargos políticos na Generalitat valenciá– como presidente da Audiencia Provincial de Valencia. Esta elección foi denunciada por Xuíces para a Democracia porque consideraban que dos cinco candidatos era o que tiña peor currículo. Como ía supervisar desde o Tribunal de Contas a contabilidade do PP, unha das funcións do citado tribunal, se durante anos, sendo deputado dese partido, formou parte dunha clandestina comisión de obras do PP? Pero, sen dúbida, a actuación máis escandalosa é a designación de José Manuel Masa como novo Fiscal Xeral do Estado. Entre outras actuacións, emitiu un voto particular para que o xuíz Garzón fose inhabilitado por investigar os crimes do franquismo, contra a opinión dos outros seis xuíces da sala. Inicia unha profunda remodelación dos fiscais e aproveita a ocasión para remover a aqueles que máis se distinguiron na loita contra a corrupción, como o de Murcia. Manuel Moix é nomeado como novo Fiscal Xefe Anticorrupción, un posto clave cando o PP ten pendentes numerosos xuízos por corrupción. Curiosamente, dos sete candidatos, era o único que non tiña experiencia nesta especialidade. Ten tamén unha importante folla de servizos para favorecer ao PP: impulsou a acusación contra o xuíz Elpidio Silva cando este decidiu meter en prisión a Miguel Blesa. Perseguiu a diario.es e outro medios que investigaron as tarxetas Black de Bankia. Negouse a acusar a Esperanza Aguirre dun delito de desobediencia cando fuxiu da policía de mobilidade de Madrid. Fixo todo o posíbel para arquivar o caso dos espías pagados pola Comunidade de Madrid con diñeiro público. Manuel López Bernal, fiscal superior de Murcia, denunciaba na cadena SER "intimidaciones y desprotección en su lucha contra la corrupción". Tamén denunciaba que no que vai de ano entraron dúas veces na casa do fiscal anticorrupción de Murcia para levar "información sensible en la lucha contra la corrupción". Levaron o ordenador, pero non o diñeiro, nin obxectos de valor. Tamén entraron na casa dun subinspector de Facenda. Rouban as probas de casos de corrupción que afectan ao PP e non se investiga nada, como tampouco se investiga á chamada "policía política", que se dedica a extorsionar e inventar en Cataluña falsas probas contra políticos nacionalistas. López Bernal considera a situación moi grave porque "no puede ser que los perseguidos seamos los fiscales antes que los corruptos". Este fiscal tamén declaraba que está convencido de que os indicios contra Pedro Antonio Sánchez, presidente de Murcia, no caso Auditorio, son contundentes. Hai unha persecución contra os xuíces que molestan e o Consello Xeral do Poder Xudicial investigou durante máis dun ano ao maxistrado Manuel Ruiz de Lara, que é portavoz da Plataforma Cívica pola Independencia Xudicial, que levou á xustiza europea o cobro de cláusulas bancarias abusivas. É tan grande o control do PP, que o Gran Wyoming escribía o artigo "También la justicia: lo tienen todo". Efectivamente, controlan todo o relacionado cos nomeamentos das máis altas institucións do Estado, xuíces, fiscais, Tribunal de Contas, etc. No xuízo das chamadas tarxetas Black de Bankia, Rodrigo Rato, ex–ministro de Facenda co PP e vicepresidente do Goberno, é condenado a catro anos de prisión e Miguel Blesa, presidente de Caja Madrid e despois de Bankia de 1997 a 2009, a seis anos. Os dous, acusados de apropiación indebida, terán que pagar unha indemnización de 111.600 euros. Pouca cousa se temos en conta que o desfalco polo uso desas tarxetas foi de 15,5 millóns d euros entre 2003 e 2012, e que o Estado tivo que rescatar Bankia con 23.500 millóns de euros, que pagamos entre todas e todos. A Ficalía xa adiantou que, de momento, non ingresarán en prisión. O rapero mallorquín de 23 anos Josep Miquel Arenas, coñecido como Valtonyc, é condenado a tres anos e seis meses de cárcere e unha indemnización 3.000 eruos polos delitos de calumnias e inxurias graves contra a Coroa, enaltecemento do terrorismo e humillación das vítimas. Nunha das cancións sobre o rei Juan Carlos dicía: "El rey Borbón y sus movidas, no sé si estaba cazando o de putas". Coñecidas as sentenzas de Cristina, Urdangarín, Rato, Blesa e compañía, Valtonyc declaraba: "Sólo los pobres van a la cárcel". Prégase a máxima difusión desta verdade.
NOS_48447
O paso das borrascas 'Elsa' e 'Fabien' volveron castigar a miles se familias sen luz. Ademais da chuvia e da forza do vento, expertas sinalan a falta de mantemento da rede de distribución eléctrica.
O inverno chegou a Galiza da man de Fabien, unha borrasca que desde primeira hora da mañá do pasado sábado, 21 de decembro, deixou refachos de vento de até 140 km/h en boa parte do territorio e de máis de 180 km/h na Mariña. Os rexistros foron aumentando co paso das horas, e canda eles, as incidencias, que ao cabo do día mantiñan máis de 60.000 fogares sen luz. O vento foi o principal responsábel dos cortes na subministración, que chegaron afectar 78.000 fogares en todo o territorio segundo a contas facilitadas por Naturgy, grupo propietario de Unión Fenosa Distribución (UFD), filial que aínda conserva o seu nome orixinal e que se gaba de ser o maior distribuidor de electricidade da Galiza. Na actualidade, dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 concellos, a través dunha rede de case 60.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión, 80% aéreas, cuxa conservación afecta aos cortes recorrentes durante os temporais. Unión fenosa Distribución conta cunha rede de case 60.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión, 80% aéreas. O impacto que causou no territorio galego o paso consecutivo de Elsa e Fabien con rachas de vento superiores aos 100 km/h non sorprende a expertos como Xosé Manuel Golpe, consultor en enerxía da Fundación axencia enerxética da Coruña. "Era bastante previsíbel", apunta en conversa con Sermos Galiza, "sobre todo se se coñece o estado da rede de distribución máis próxima ao cidadán que é a baixa e media tensión. O mantemento é nulo, polo tanto, calquera incidencia relacionada coa chuvia ou co vento tradúcese en avaría". Galiza, unha potencia enerxética abandonada Golpe cuestiona o desleixamento de Naturgy á hora de garantir aos seus clientes unha calidade óptima do servizo eléctrico. "Galiza representa un dos seus mercados principais, xa que conta co monopolio do territorio por detrás dos pequenos produtores hidroeléctricos", asociados baixo a denominación de Produtores e Distribuidores da Enerxía de Galiza; "máis de Begasa, en realidade, de Repsol Distribución, que se encarga de darlle subministración á zona da Mariña, de Lugo cidade e da súa contorna. O experto en enerxía diferencia entre os criterios técnicos e o mantemento da rede que controla Begasa "potente e bastante ben conservada", da que supervisa UFD, cuxas exixencias, di, "son máis laxas aínda que respectan a normativa". Sobre todo, sinala, "a rede de Unión Fenosa Distribución adoece dun bo mantemento. En moitas ocasións, sobre todo en zonas do rural, aquelas liñas con menor número de abonados, o mantemento sempre queda para o final e o investimento é menor". Xosé Manuel Golpe destaca que a distribuidora non renova os apoios nin o cableado tan a miúdo como debería, nin corta as ramas que poden poñer en risco o servizo "debaixo das liñas ou nas proximidades". con todo, incide, "o inimigo natural na Galiza é o eucalipto. Pola súa altura, pola súa flexibilidade e polas características da súa cortiza exterior, provoca moitas incidencias ao impactar contras liñas ou simplemente rozar os condutores. Abonda con rozar os 80 km/h". 80% da rede de distribución galega montouse con cartos públicos a partir de varios programas impulsados desde a Xunta de Galiza. A orografía, a dispersión e a accesibilidade son os argumentos habituais da compañía eléctrica cando se trata de xustificar as avarías e a tardanza das reparacións. "O seu discurso non mudou en 30 anos", critica Golpe, quen lembra que "80% da rede de distribución galega montouse con cartos públicos a partir de varios programas impulsados desde a Xunta de Galiza: plan de electrificación rural, plan de mellora de electrificación rural, liñas de investimento anuais para limpeza e mantemento". O investimento foi moi elevado, afirma, un aforro para as distribuidoras que pagamos todas e que non leva aparellado un servizo de calidade, igual, cando menos, ao capital destinado. A versión do experto corrobórana membros das brigadas que seguen facéndolles fronte aos problemas de subministración derivados do temporal, despois de catro días. O mantemento é deficitario. Boa parte do seu tempo vaise en reparar avarías, manteñen. "As marxes de 12 metros nas liñas de alta e media tensión non sempre son suficientes para evitar danos e moitos propietarios non nos deixan acceder para realizar traballos de tala e poda selectiva cando non houbo expropiación nin hai convenio". Ademais, explican, o investimento que a empresa podería dedicar ao soterramento de boa parte do tendido aéreo que cumpre as condicións, non dá chegado. Aí está a clave, coinciden, nunha xestión ordenada baseada no mantemento e na renovación da rede de distribución, que non se dá. Moitos propietarios non nos deixan acceder para realizar traballos de tala e poda selectiva cando non houbo expropiación nin hai convenio. Porque a orografía é coñecida, as dificultades de acceso tamén, e o impacto do vento, previsíbel. A responsabilidade é das eléctricas, mais da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Xunta, con capacidade para actuar de facto en caso de neglixencia. De momento non se anunciou apertura de ningún expediente , e desde Naturgy defenden unha xestión eficiente: da masa forestal nos corredores eléctricos, ao longo de todo o ano, mediante imaxes satélites; e puntual en datas de avarías, coma estas, con máis de 600 persoas mobilizadas, máis de 170 vehículos, 130 grupos electróxenos e dous helicópteros destinados ás zonas montañosas do interior. Usuarias denuncian falta de atención Ás molestias de non ter luz na casa durante máis dunha noite, os apagamentos rexistrados ao longo da pasada fin de semana por mor do impacto do vento deixa outras evidencias, ademais dunha imaxe desoladora, sobre todo da Galiza rural, despoboada e envellecida, sumida nunha escuridade absoluta. Entre esas certezas, o servizo de atención deficiente da compañía con maior número de usuarias no país. Ás denuncias puntuais de persoas que non lograron poñerse en contacto co servizo de atención ao cliente de Naturgy, e que critican que as dirixisen a un número de pagamento para poder dar aviso dunha avaría, súmanse as das administracións locais, como a de Cambre, que denuncia "unha falta de atencióncontinuada durante 24 horas". Tempo de interrupción A maiores, Fabien deixa á vista outro dos valores que mellor definen a calidade eléctrica, o TIEPI, o tempo de interrupción equivalente da potencia instalada (máis de 11.000 Mw). En 2016 era de 74 minutos por cada residente na Galiza. En 2018 baixou até os 46 minutos, un tempo que se reparte de forma desigual entre os habitantes do rural e os das cidades, asegura a comunidade experta. "A configuración da rede no medio máis urbano é moi diferente da que se pode ver zas zonas rurais, onde os índices de TIEPI son significativamente máis altos", apunta Xosé Manuel Golpe, cunha diferenza que pode ser de até 20 puntos segundo os últimos informes publicados polo Instituto Galego de Enerxía (INEGA).Galiza é unha potencia eléctrica, con capacidade para xerar (10% do total do Estado), transformar e exportar enerxía (até un tercio do total) que non impide unha gran demora no tempo de reacción.
NOS_32314
CIG, CCOO e UGT convocan unha xornada de folga de 24h para denunciaren a "estafa social" que están a practicar as empresas de recollida do lixo da comarca, a desaparición do convenio colectivo e as consecuencias da reforma laboral.
O sector do lixo da comarca da Coruña volve convocar máis unha xornada de loita. Após o éxito recollido o pasado 26 de agosto, os comités de empresa e delegad@s da CIG, CCOO e UGT en Albada, Cespa-A Coruña, Cespa-As Mariñas, Sogama e a planta de Lousame convocan unha greve de 24 horas o vindeiro 5 de outubro. As centrais sindicais convocan 24 horas de parón para denunciar "a estafa social" que están a practicar as empresas relacionadas co sector do lixo mais tamén chaman a participar para defender o dereito d@s traballador@s do sector ao convenio colectivo. No entanto, advirten os sindicatos, este será un chanzo máis no conflito que continuará con máis folgas e mobilizacións perante a negativa da empresa a negociar. Contra a estafa social na reciclaxe e polos dereitos d@s traballador@s Desde o comezo do conflito na planta da Albada, aseguran os sindicatos, a empresa continúa adiante co seu plan de recortes e rexeita iniciar un proceso de negociación c@s traballador@s. Até o punto, denuncian de presentar un Expediente de regulación (ERTE) que reflite "a mala fe e a nula vontade da empresa" impondo unha medida que emprega, din, como "chantaxe". Neste senso, convidan á cidadanía a se sumar á mobilización que percorrerá as rúas da cidade herculina a partir das 12.00 pois "están sendo vítimas", din, "dunha estafa social" ao pagaren unha recliclaxe que non se fai. Asemade, desde as centrais sindicais critican con dureza a actitude do Concello da Coruña ao pretender, salientar, manterse á marxe do conflito embora saiban que Albada " incumpre de xeito sistemático as condicións da concesión dende o ano 2001".
PRAZA_6442
Este sábado celebrará encontros abertos con militantes e non militantes en Teo e Betanzos, cuxas conclusións servirán de base a unha asemblea deliberativa previa á súa segunda asemblea nacional. O BNG celebrou un acto público en Compostela polo dereito a decidir.
Anova celebra este sábado as súas dúas primeiras xeiras, xornadas abertas de debate nas que poden participar militantes e non militantes, e que buscan precisamente fomentar o debate no seo da formación e coa sociedade civil activa, procurando "espazos de confluencia entre a esquerda social e a esquerda política". A primeira, correspondente á comara de Compostela, terá lugar en Teo, na Casa Común dos Tilos, de 11 a 14 horas. Pola tarde, celebrarase outra en Betanzos, no Liceo, entre as 17.30 e as 20 horas, abranguendo as comarcas da Coruña, Ferrol e Bergantiños. Para Noriega, as xeiras teñen a virtude de estaren "desvencelladas da tensión propia da adopción de acordos, son un espazo no que non tes que ir pelexar por unha tese política ou unha emenda" As xeiras organízanse en catro bloques temáticos: "Que principios político-organizativos comúns defendemos?", "Esquerda e nacionalismo. Porque movemos os marcos?", "Municipais. Frontes amplas cara a creba democrática?" e "Como debullamos a relación movementos/partidos?". Nas vindeiras semanas celebraranse novos encontros, que xa están programados en Ourense e Pontevedra. O obxectivo é que as conclusións que se tiren de cada unha destas xuntanzas sirvan de base para a asemblea deliberativa que Anova celebrará dúas semanas antes da súa segunda Asemblea Nacional (que terá lugar os días 11 e 12 de outubro). Para Martiño Noriega, coordinador da formación, as xeiras teñen a virtude de estaren "desvencelladas da tensión propia da adopción de acordos, son un espazo no que non tes que ir pelexar por unha tese política ou unha emenda". Deste xeito, para Noriega, facilítase "o debate coa militancia e coa cidadanía activa" e recoñece que este xeito de traballar toma como referencia en boa medida o traballo realizado polas trobades populars das CUP. "A idea de Anova é volcarse neses procesos de acumulación cidadá, sen ánimo de tutela e si con ánimo de achega" As xeiras desenvolveranse en paralelo cos demais procesos, máis clásicos, que conforman a Asemblea Nacional de Anova, e nos que a militancia da formación debate e vota propostas e definicións políticas e organizativas. Tamén discorren en paralelo co traballo que, con metodoloxías semellantes, se comeza a facer nas mareas e outros procesos de conformación de candidaturas populares para as eleccións municipais do vindeiro ano. Noriega destaca que "a idea de Anova é volcarse neses procesos de acumulación cidadá, sen ánimo de tutela e si con ánimo de achega" e lembra que a Coordinadora Nacional da formación aprobou a pasada fin de semana un novo documento no que apoia a construción destas candidaturas e aposta pola sua "confluencia" para "dar a batalla polas Deputacións, administración notoriamente reforzada tras a reforma local".
NOS_41652
O Festival Internacional de Lusofonía reunirá a Guadi Galego, Paulo Flores, Celina da Piedade, Manecas Costa e a Kátya Teixeira o vindeiro 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Na segunda feira presentouse o programa da décimoterceira edición do Festival Internacional de Lusofonía 'Cantos na Maré'. Este ano hai un oco baleiro. Fran Pérez é un referente da música galega. Un artista paradigmático. 'Cantos na Maré' lembra a súa figura con Manecas Costa, que gravou con el en 2009 o disco 'Aló Irmão'. Tamén contarán coa presenza de Paulo Flores, unha das principais referencias da música de Angola e defensor do estilo musical Semba; Katya Teixeira, que chega do outro lado do océano cunha ampla baraxe de saberes e sonoridades do Brasil; Celina da Piedade desde o Alentejo e Guadi Galego, que virá cargada con novas músicas procedentes do seu recén estreado álbum 'O mundo está parado' e sostendo aínda o Premio Martín Códax da Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo 'Lúas de outubro e agosto'. As e os artistas estarán acompañados por unha banda dirixida por Paulo Borges, director musical, coa presenza tamén no escenario de Uxía,directora artística. Ademais, haberá unha ou un último convidado sorpresa que irán desvelando os próximos días. Durante a presentación, que tivo lugar esta mañá, o director de AGADIC fixo fincapé na importancia do festival desde a entrada en vigor da 'Lei Paz Andrade' e afirmou que a figura de Narf "ben pode ser o símbolo de 'Cantos de Maré' por canto toda a súa carreira tivo de xenerosidade musical e de alento positivo a través da crenza firme na música como lugar común, feliz e posible, por riba dos territorios". Por outra banda, Vítor Belho asegurou que esta vai ser "unha edición das máis espectaculares e marca o fin dun ciclo que dará pé a un novo proxecto que vai abrir novos camiños para a internacionalización dos nosos artistas e tamén das actividades vinculadas á música que empregará a cidade de Pontevedra como escenario e no que a cidadanía terá un papel moi importante". Actividades complementarias 'Cantos na Maré' tamén ofrece diversas actividades, entre as que destacan un curso de canto alentexano a cargo de Celina da Piedade, un encontro de Kátya Teixeira con escolares e unha conversa musical con Manecas costa e amig*s na Casa das Crechas o día 12 de xaneiro.
NOS_1789
Marín e Patiño crean dúas historias independentes e con estilos moi diferentes, ambas son relatos de ciencia ficción e ambas falan de temas moi actuais na Galiza daquel momento –tamén deste.
No ano 1975 Xaquín Marín e Reimundo Patiño, artistas polifacéticos que tamén traballaban no grafismo e na pintura, publicaron esta senlleira obra que sería fundacional da banda deseñada galega moderna: 2 viaxes. O álbum, editado na segunda etapa editorial de Brais Pinto, propón precisamente dúas historias, unha de cada autor, que son esas viaxes do título. A primeira é asinada por Xaquín Marín e titulada O longo camiño de volta dende as estrelas. A segunda é a que debuxa Reimundo Patiño co titulo A saga de torna no tempo. 2 Viaxes / Xaquín Marín e Reimundo Patiño / Editorial Elvira / 2022 / 128 páxs. / 27 euros Marín e Patiño crean dúas historias independentes e con estilos moi diferentes, ambas son relatos de ciencia ficción e ambas falan de temas moi actuais na Galiza daquel momento –tamén deste– que situadas en mundos imaxinarios e distópicos son un xeito de criticar a ditadura esmorecente sen ser demasiado explícitos. Marín escolle un estilo moi claro, con composicións audaces, cunha rotulación moi personal que usaría durante toda a súa obra e que explora con intelixencia os camiños narrativos, gráficos e compositivos da novena arte. Esta historia asinada por Marín é unha sucesión de viñetas icónicas e dun simbolismo brutal como por exemplo a páxina na que aparece o Capitán Zelta. Reimundo ten un estilo máis barroco, que enche cada curruncho da páxina nunha celebración do horror vacui, moi influído polo underground norteamericano, un estilo no que aparece, sen dúbida a enerxía telúrica da súa pintura. A BD galega nacía revolucionaria, vangardista, pictórica e comprometida coa nosa cultura e coa reivindicación da liberdade. Medio século despois, as editoriais Elvira e Fosfatina recuperan e reeditan esta xoia da nosa cultura nunha edición moi respectuosa coa orixinal e de alta calidade que toda persoa que goce da banda deseñada debería coñecer, é, se ten posibilidade, mercar. Xaquín Marín volve á orixe en Fene
NOS_28394
Fiz Vergara Vilariño (1953-1997) foi un deses poetas que constrúen un mundo propio. E fano cos materiais que teñen máis a man, no seu caso a terra da Lóuzara Xabreira, a soidade existencial, o berro afogado. Non abundan, pero ás veces deveñen emblemas. Outras non e a desmemoria aprópiase da súa obra. Parece o caso de Vergara Vilariño, cuxa poesía rescata agora a antoloxía Non deixes que a tardiña me sorprenda.
Publicada por Galaxia baixo coidado do profesor e filólogo Yago Rodríguez Yáñez, a obra percorre os sete libros do autor de Nos eidos da bremanza, todos fóra de catálogo na actualidade. Cento vinte e dous poemas, un estudo introdutorio e 303 páxinas devolven ás librarías "un poeta por descubrir". Así o define o editor en conversa con Sermos Galiza, quen atribúe maiormente esta circunstancia á resistencia do escritor a frecuentar "círculos literarios ao uso". Fiz Vergara Vilariño nacera ao pé do río Lóuzara, na parroquia de Santalla, Concello de Samos. Aínda que fixo estudos de bacharelato en Sarria, Madrid e Lugo, onde contactou con poetas da súa xeración como Xavier Rodríguez Barrio ou Xulio López Valcárcel, pasou a vida na casa familiar. "Este, o poeta máis exquisito, o poeta máis íntimo, cunha biblioteca extraordinaria, illado polas neveradas", relata Rodríguez Yáñez, "tivo ademais problemas de comunicación debido á enfermidade física. Por veces non era quen de articular palabra". Unha distonía muscular, causada por unha caída cando neno, que condicionou tamén a súa escrita. "A terra foinos sempre / ingrata e cativa, / i engulíunos a espranza con fame de lobo e caimán", dicía nun poema do seu traballo chave, Orfo de ti en terra dentro (1976). "É o libro en que por primeira vez se entende a personalidade do poeta", explica o antólogo. Antes publicara Pra vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973), que a crítica encadra na historicamente deostada escola social realista, e fixera parte do polémico, polas mesmas razóns, volume colectivo Os novísimos da poesía galega (1973) de María Victoria Moreno. Pero en 1976 todo mudou. Foi o ano de Con pólvora e magnolias e o célebre cambio de rumbo da poesía galega. "Publicáronse libros tan importantes como Mesteres, de Arcadio López Casanova, ou Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, pero nunca se cita Orfo de ti en terra adentro", sinala, "coa súa linguaxe inesquecíbel, o louzarín da Lóuzara Xabreira, a soidade, toda unha cosmogonía". E un existencialismo que tamén adquire, sobre todo na segunda parte, trazos colectivos: "¡triste color da Espranza / a enfeitar a tomba dunha patria / en desamparo!". Mais é xustamente a vizosidade léxica de Vergara Vilariño, e a súa concreción local, unha das características que máis salienta Rodríguez Yáñez. "O seu uso da lingua parte da sinxeleza e convértese en transcendente. Nunca é impostado. É un poeta ao tempo clásico e innovador", opina. E con grande habelencia para o metro medido, especialmente o soneto. "Eu ficarei leixado na negrura / agradando tristeiro como a espiga / agarda a chuvia maina que a madura", afirma no poema III de Nos eidos da bremanza. A traxectoria do poeta, de quen o seu editor menciona ademais Poeta muiñeiro á deriva (1982) e o raro optimismo de Pastora de sorrisos (1993) entre as obras que del prefire, debeulle moito "ao impulso e case ao mecenado de Xesús Alonso Montero". E a tres poetas dos que se nutriu como autor: Manuel María, Ramón Cabanillas -de quen estudou a súa estadía en Samos- e Antón Tovar. Con este último comparte ademais seriedade e delicadeza, unha contundente oposición á existencia tal e como era, certa esperanza desesperada, o seu "sufrimento absoluto". "Respecto da súa obra existe certo desleixo académico. Outros autores de menor calidade teñen máis relevo. Pero ás veces poetas esquecidos agochan un tesouro. En realidade é un dos grandes clásicos da literatura galega", conclúe finalmente Yago Rodríguez. Nota: cuberta da antoloxía de Fiz Vergra Vilariño publicada por Galaxia e imaxe do Val de Lóuzara, en Samos.
PRAZA_17556
Sanxenxo recibe durante o verán unha poboación equivalente ao seu número de residentes permanentes; nesta estación tamén se disparan as entradas en O Grove, Nigrán, Baiona e Foz. Mentres, Ames, Oleiros, Narón, Teo e Cambre son as localidades dende as que se desprazan un maior número de persoas cara a outros lugares.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica por primeira vez este venres a Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (con datos de 2016), cuxo obxectivo é cuantificar a poboación que soportan os concellos en cada trimestre do ano, analizando os fluxos de entrada e saída que se producen por motivos laborais, de estudos, de saúde e tamén por cuestións de ocio e turismo. Observando o conxunto do ano, Santiago, A Coruña e Sanxenxo son os concellos que reciben máis poboación flotante, seguidos das outras cinco cidades (Vigo, Pontevedra, Ourense, Ferrol e Lugo) e tamén de O Grove, O Porriño e San Cibrao Observando o conxunto do ano, Santiago, A Coruña e Sanxenxo son os concellos que reciben máis poboación flotante, seguidos das outras cinco cidades (Vigo, Pontevedra, Ourense, Ferrol e Lugo) e tamén de O Grove, O Porriño e San Cibrao. Porén, hai grandes diferenzas no verán, cando gañan importancia os desprazamentos de residentes estacionais cara a Sanxenxo, O Grove, Nigrán, Baiona e Foz, que mesmo superan a poboación flotante de urbes como Ourense, Lugo e Ferrol. Tamén resulta interesante que, mentres no primeiro, segundo e cuarto trimestres a maioría de concellos teñen un saldo poboacional negativo, no terceiro trimestre esta situación invértese, pasando a ter un saldo poboacional positivo. Compostela recibe cada trimestre ao redor de 10 mil estudantes que proceden doutros concellos, unha cifra que baixa ata os 4 mil na Coruña e aos 2 mil en Vigo As compoñentes cunha maior contribución ao saldo poboacional son as correspondentes aos desprazamentos por motivos de estudos e traballo, destacando a compoñente dos estudos en Santiago de Compostela e a compoñente do traballo na Coruña e Vigo. Así, por exemplo, Compostela recibe cada trimestre ao redor de 10 mil estudantes que proceden doutros concellos, unha cifra que baixa ata os 4 mil na Coruña e aos 2 mil en Vigo. Motivos laborais levan á Coruña de forma permanente a unhas 7 mil persoas, fronte ás 5 mil de Compostela e de Vigo. Tamén resulta interesante coñecer a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello durante a noite (carga de poboación que pernoita) e durante o día (carga de poboación diúrna), xa que poden existir diferenzas importantes entre noite e día. Neste sentido, destaca o diferente comportamento entre noite e día que amosa o concello de Vigo, xa que en 2016, excepto no cuarto trimestre, presenta un saldo poboacional negativo pola noite (poboación de entrada menor que a poboación de saída) e positivo polo día (poboación de entrada maior que a poboación de saída). Os concellos que perden máis poboación de forma estacional ou flotante, atopamos que son Ames, Oleiros, Cambre, Narón, Teo, Redondela ou Culleredo Se miramos os concellos que perden máis poboación de forma estacional ou flotante, atopamos que son Ames, Oleiros, Cambre, Narón, Teo, Redondela ou Culleredo, cuxos residentes se dirixen a traballar, estudar ou na procura de servizos médicos ou de ocio a Compostela, A Coruña, Vigo ou Ferrol. Se falamos en termos relativos, valorando a poboación flotante en función do número de residentes permanentes dos concellos, cómpre salientar os casos de Carballeda de Valdeorras e San Cibrao das Viñas, debido á entrada de traballadores, e Mondariz-Balneario, debido á entrada de turistas, incrementando as tres localidades entre un 20% e un 30% a súa poboación de setembro a xuño. No verán é Sanxenxo o concello que recibe máis habitantes temporais, 14.983 a tempo completo durante o conxunto do terceiro trimestre, unha cifra moi próxima ao seu número de residentes permanentes (17.045). En Mondariz-Balneario (+59%), O Grove (+45%), Barreiros (+36%) ou San Xoán de Río (+34%) tamén se incrementa notablemente a carga de poboación durante o verán. E, por suposto, en certos momentos do verán, nomeadamente o mes de agosto, estas cifras son moi superiores. Sanxenxo, O Grove, Nigrán, Foz, Baiona, pero tamén Oia, Portomarín, Barreiros, Ribadeo, Ribeira, Cangas ou Viveiro incrementan notablemente a súa poboación no verán Sanxenxo, O Grove, Nigrán, Foz, Baiona, pero tamén Barreiros, Ribadeo, Ribeira, Cangas ou Viveiro incrementan notablemente a súa poboación no verán. O impacto do turismo tamén é importante en determinados concellos do Camiño de Santiago Francés (Portomarón, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Palas de Rei e O Pino) e no concello de Oia, con porcentaxes superiores ao 10%.
NOS_52135
O grupo nacionalista apoiará o cambio de goberno en Ferrol pero considera que existe "indeterminación en asuntos importante" para sumarse ao pacto.
Ferrol en Común (FeC) e PSOE chegaron a un pacto durante a cuarta reunión para conformar unha coligazón de goberno. O BNG desmarcouse do acordo por "discrepancias de calado" no programa de mínimos, polo que apoiará o cambio de goberno en Ferrol pero non formará parte do mesmo. O grupo nacionalista asegura que "non poden obviar" as diferenzas e apunta á "indeterminación en asuntos importantes" do programa. O acordo recolle os compromisos de FeC e PSOE para a próxima lexislatura, que arranca o 13 de xuño, e que se concretarán nas próximas reunións. O grupo nacionalista asegura que "non poden obviar" as diferenzas e apunta á "indeterminación en asuntos importantes" do programa. O BNG non estará presente na seguinte xuntanza, prevista para este luns, segundo recolle Europa Press. Os nacionalistas trasladarán a resolución a unha asemblea que tomará a última decisión. FeC e PSOE gobernarían en minoría con 11 concelleiros e concelleiras, o mesmo número de edís que o PP, que compartiría oposición co BNG (2) e Ciudadanos (1). A coligazón manifestou que a entrada dos nacionalistas sería "esencial" no futuro goberno mais consideran "respetable" -se finalmente manteñen a decisión- porque serán unha "oposición leal e construtiva". Jorge Suárez, candidato de Ferrol en Común, será o novo alcalde, en substitución do popular José Manuel Rey Varela. A candidatura popular e os socialistas lanzarán un comunicado conxunto para explicar o acordo.
PRAZA_9286
Ademais, a serie O sabor das margaridas suma 8 opcións de premio, a longametraxe Contou Rosalía 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas 4 cada unha. Os galardóns entregaranse o sábado 2 de marzo na Coruña
A sombra da lei, de Dani de la Torre, e Trote, de Xacio Baño serán as grandes protagonistas da gala de entrega da XVII edición dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o vindeiro 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña. Ambos os dous filmes suman un total de 15 candidaturas, entre elas as de mellor película, dirección e guión. A moita distancia aparecen outras producións, como a serie O sabor das margaridas, que suma oito opcións de premio, o telefilme Contou Rosalía con sete, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con catro cada unha.Ambos os dous filmes suman un total de 15 candidaturas, entre elas as de mellor película, dirección e guiónA pasada fin de semana A sombra da lei fíxose con tres Premios Goya, dos seis galardóns aos que optaba. Nesta ocasión pelexará por ser a mellor película galega do ano coa primeira longametraxe de Xacio Baño, co que falamos hai uns meses nesta entrevista.As candidaturas dos galardóns que entrega a Academia Galega do Audiovisual anunciáronse este xoves nun acto conducido por Nieves Rodríguez e Adrián Díaz no Centro Ágora da Coruña. A listaxe completa de finalistas pódese consultar nesta ligazón. A cerimonia de entrega será dirixida pola guionista, actriz e directora Sonia Méndez.Os premios entregaranse o vindeiro 2 de marzo na CoruñaAdemais de A sombra da lei e Trote, tamén optan tamén ao premio á mellor longametraxe Memorias dun home en pixama e Contou Rosalía. Na categoría de mellor documental as candidatas son Idénticas, O caso Diana Quer 500 días, Tódalas mulleres que coñezo e Versogramas. Mentres, A nena azul, Beautiful boy, Limbo e Mouras son as finalistas na categoría de mellor curtametraxe de imaxe real. E Fin de la cita, Luscofusco, Peixes e Soy una tumba na de mellor curtametraxe de animación.Buscadores de naufraxios, Land Rober Tunai Show, Malo será! e Zig Zag Fin de semana compiten polo premio ao mellor programa de TV, mentres que O sabor das margaridas, Os Mariachi, Serramoura e Viradeira optarán ao de mellor serie de TV.As cousas do choio (Román Castaño Frieiro), Dinosaurio, a serie (Carballo Interplay Producións), Hai vida en Bran? (Ángela Andrada) e Sorrisos transformadores (Islandia Producións), son finalistas na categoría de mellor Webserie. Finalmente, Ahora o nunca (Pegatina feat Macaco), El astronauta que vio a Elvis (Love of Lesbian), Eu non sei porqué (Boyanka Kostova) e La gran ola (Delafé) son finalistas no apartado de mellor videoclip.Guión e interpretaciónA serie O sabor das margaridas suma oito opcións de premio, a longametraxe Contou Rosalía sete, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas catro cada unhaEn canto ás categorías profesonais, compiten polo mellor guión Angel de la Cruz, Diana López Varela e Paco Roca (Memorias dun Home en Pixama), Ghaleb Jaber, Raquel Arias e Eligio Montero (O Sabor das Margaridas), Patxi Amezcua (A Sombra da Lei), Xacio Baño e Diego Ameixeiras (Trote).Nos apartados de interpretación, a actriz Rosa Álvarez (Sea Bests), María Vázquez (Trote), Melania Cruz (Contou Rosalía) e Michelle Jenner (A sombra da lei) compite polo premio á mellor interpretación feminina protagonista. Pola súa banda, enfróntanse na categoría de mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris" (Os Mariachi), Luis Tosar (A sombra da lei), Toni Salgado (O sabor das margaridas) e Xosé A. Touriñán (Land Rober Tunai Show).Optan ao premio á mellor interpretación feminina de reparto Adriana Torrebejano (A sombra da lei), Beatriz Serén (Pazo de Familia), Melania Cruz e Tamara Canosa (ambas por Trote); mentres que na categoría de mellor interpretación masculina de reparto compiten Celso Bugallo (Trote), Denis Gómez (O sabor das margaridas), Ernesto Alterio (A sombra da lei) e Fede Pérez (Trote).
NOS_49619
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) é o libro que lle acaba de valer a María Xesús Lama o Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura. Publicado en 2017 por Galaxia, é a primeira parte dun ambicioso proxecto biográfico sobre a poeta de Follas Novas.
O galardón, dotado con 20.000 euros, coñeceuse na mañá desta quinta feira, 8 de novembro. Segundo o xurado, a obra de Lama (Lugo, 1964) "contribúe a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro, ancorada nunha visión romántica e chorosa, amosando unha escritura lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social". María Xesús Lama traballa como profesora de literatura galega na Universidade de Barcelona. Autora tamén de investigacións sobre o celtismo e a materia de Bretaña, con Cantos de independencia e liberdade iniciou a escritura dunha das máis completas achegas á vida e á obra de Rosalía de Castro. Lama é a segunda galega distinguida nesta edición dos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura. O de Xornalismo Cultural recaeu en Ana Romaní, poeta e ex directora do Diario Cultural da Radio Galega.
PRAZA_443
O novo conselleiro de Cultura e Educación insta a non "mesturar" a achega á produtora do vídeo coa política cultural. O tabloide británico 'Daily Mail' faise eco da polémica e destaca que no clip figuran escasas imaxes de Galicia pero "unha morea de rapazas".
O contrato para financiar a produción dun vídeo de Enrique Iglesias con 302.500 euros non entra dentro do ámbito da política cultural. Quen sospeitase que a polémica achega da Xunta á produtora Universal Music Spain tiña pouco que ver coa cultura obtivo este mércores a confirmación ás súas sospeitas a través do novo conselleiro do ramo, Román Rodríguez, a quen o Goberno galego enviou ao Parlamento para responder a pregunta do BNG sobre o que a súa deputada Ana Pontón considera un "desbalde". Aínda que quen paga é a Axencia Turismo de Galicia foi o titular de Cultura e Educación quen tivo que facer fronte á controversia e, sen chegar a defender o investimento nesta montaxe musical, instou a oposición a agardar polo "retorno" turístico do pagamento antes de criticalo. Dado o "panorama" de "recortes" e "axudas raquíticas" á industria cultural galega, sinalou Pontón, o Bloque comparte a "indignación de milleiros de persoas ao ver como a Xunta lle dá a dedo ao señor Erique Iglesias máis de 300.000 euros de todos os galegos". Eses, di, son os "euros que non hai para apoiar a cultura galega" pero que "se lle poden conceder graciosamente" á produtora do cantante "por un vídeo que é un auténtico escándalo dende o punto de vista do seu sexismo", ademais de ser unha das achegas publicitarias "máis fortes" do Goberno, toda vez que, calcula, as aparicións de Galicia na montaxe veñen saír a uns "6.000 euros por segundo". "Unha cousa é a promoción turística e outra, a dinamización cultural", evidencia o novo conselleiro de Cultura ante as acusacións de "desbalde" que lanza o BNG "Vexo que veu o vídeo", ironizou o conselleiro, o cal "xa é algo positivo" porque o gasto da Xunta "logrou algo moi difícil". Alén da chanza, Rodríguez evita responder se "considera lóxico" realizar esta achega mentres se recortan as axudas culturais, toda vez que, di, Pontón "tenta mesturar de xeito interesado dúas cuestións diferentes", porque "unha cousa é a promoción turística de Galicia e outra, o apoio ao sector cultural; unha cousa é usar un vídeo dun artista internacional como vehículo de comunicación" e outra, "a dinamización da nosa industria e valores culturais". "Venga, que siga la fiesta", parafraseou ironicamente a canción en cuestión a deputada do BNG. A xuízo de Pontón a contratación "non responde a ningún tipo de promoción turística", senón "á presión dunha persoa que ten intereses particulares e que recibe cartos públicos a costa de tomarnos o pelo". "Alegrámonos de que vise o vídeo", reiterou o conselleiro, convencido de que "o vai ver moita xente" e de que a propia "crítica" opositora vai "contribuír á difusión e promoción turística" do país. "Agarden a ver se é positivo ou non para a promoción turística de Galicia", reclama. O Daily Mail retrata o vídeo, cunha "morea de rapazas" DISFRUTEN DE #GALICIA TANTO COMO NOSOTROS GRABANDO EL VIDEO #NOCHEYDEDÍA NO SE PIERDAN EL ESTRENO ESTE VIERNES @xunta pic.twitter.com/AkhsLtbbBF — Enrique Iglesias (@enrique305) February 24, 2015 Mentres a propia Xunta difunde a mensaxe na que os perfís de Enrique Iglesias nas redes sociais anuncian a "estrea" do vídeo -xa foi publicado fugazmente a pasada fin de semana e despois foi retirado- os seus ecos xa chegan a espazos internacionais dedicados ao turismo pero non para eloxiar a beleza de Galicia, senón para glosar a polémica polo gasto. É o que acontece, por exemplo, no portal de novas en inglés sobre o Estado español The Local, que informa nunha nova da "indignación" que está a xerar o "pagamento" do "Goberno rexional galego". O tabloide británico destaca que o vídeo amosa unha 'rave' nun "mosteiro non identificado" A noticia deste portal foi recollida a súa vez polo tabloide Daily Mail. O diario sensacionalista británico indica tamén que existe controversia polo pagamento, especialmente porque a achega económica estaba destinada a "promover o turismo a Galicia" pero na montaxe final se "inclúen só 45 segundos" de imaxes con paisaxes galegas ao carón "dunha morea de rapazas" que participan, entre outras escenas, nunha "rave" que se desenvolve nun "mosteiro non identificado".
NOS_23263
En 58% dos casos denomínanse directamente "cotas", mentres 27% dos centros falan de "achegas" e 15% din que se orientan cara a "actividades complementarias".
A nova Lei de educación (Lomloe) prohíbe a cobranza de cotas ás familias con carácter obrigatorio —ou baixo a premisa de excluír o alumno ou alumna de certas actividades— nos centros privados concertados. Porén, a sétima edición do Estudo de Cotas e Prezos de Colexios Concertados, elaborado pola Asociación de Colexios Privados Independentes (Cicae) e a Confederación de Pais e Nais da Escola Pública (Ceapa) demostra que moitas escolas incumpren este apartado do texto lexislativo. Así, no presente curso académico só 30% dos colexios concertados da Galiza informan de cotas voluntarias, mentres 62% obrigan os pais e nais a abonalas e o 8% restante exclúe o estudante de determinadas actividades ou servizos se non se paga. Dentro destes importes solicitados ás familias, en 58% dos casos preséntanse directamente a modo de "cotas", mentres 27% dos centros optan por denominalos "achegas" e 15% din que se orientan cara a "actividades complementarias". Nas escolas con concerto da Galiza, a cota media demandada ás familias é de 37,84 euros mensuais, con contías que oscilan desde os 10 euros até os 144, se ben no estudo recóllese que os centros As Acacias e Montecastelo —con vínculos co Opus Dei e que segregan o alumnado por sexo— desbotaron dar información, mais en anos anteriores informaron de cotas de 225 euros por mes. E precisamente esa "falta de transparencia" tamén se pon de manifesto neste informe, que cifra as facilidades para obter información en 53% no caso galego. Após coñecer estes datos, a ministra de Educación, Pilar Alegría, instou esta quinta feira os gobernos territoriais a "actuar" nestes casos a través dos servizos de inspección, dado que a cobranza obrigatoria contravén o marco legal vixente. "A lei é unha lei orgánica moi clara e recolle que todas as familias teñen dereito a unha educación gratuíta, e se isto non é así, as comunidades autónomas teñen que actuar", dixo, en declaracións aos medios. O orzamento do ensino concertado creceu 22% durante os gobernos do PP Na Galiza hai actualmente 227 colexios con réxime de concerto coa Administración, dos cales a metade contan cun marco carácter relixioso e, dentro deste grupo, cinco manteñen vínculos estreitos co Opus Dei e segregan o alumnado por sexo.
PRAZA_19528
O presidente da Xunta fai balance dos 100 primeiros días de goberno e insiste na "estabilidade" como principal valor fronte aos que "non gobernan" e insta o PPdeG a non esperar ao "desgaste" dos seus rivais.
Feijóo lánzase á precampaña das municipais. Se non o fixera xa. A máis de dous anos para os vindeiros comicios locais, o presidente da Xunta centra o seu obxectivo en que o PP recupere a alcaldía das cidades e pide ás súas bases que non agarden a que "se desgasten" os gobernos de aqueles que, segundo dixo, "non gobernan". E insiste en "consolidar a confianza" electoral da que goza a súa formación. "Ninguén pode ter a confianza dun pobo que non se respecta e insulta", di Feijóo en referencia á oposición Nunha xunta directiva do PPdeG para avaliar os cen primeiros días de goberno na Xunta, Feijóo apostou por levar "un proxecto ilusionante" ás cidades para recuperar as alcaldías perdidas en 2015 e instou a "estar cara a cara coa xente para saber o que reclaman, sen necesidade de intermediarios". O líder dos populares galegos insistiu nun "incesante diálogo" coa cidadanía. "Ninguén pode ter a confianza dun pobo que non se respecta e insulta", dixo en alusión á oposición. Para Feijóo, o PP goberna para "todos", algo que cre que non fan o resto de partidos. Entre as súas críticas ao BNG ou En Marea, cargou tamén con dureza contra o PSdeG, do que cre que a súa xente está "abochornada". O presidente da Xunta volveu basear na "estabilidade" -"que os galegos saben que terán ata 2020", dixo- o principal valor da súa formación e Executivo fronte a outros gobernos e recoñeceu o "revés electoral" das municipais de 2015. "Non lle botamos a culpa a ninguén e non nos dividimos, unímonos", engadiu. Feijóo gabou os membros do PP por pedir "desculpas de inmediato" cando "cometen erros", en alusión ao alcalde de Noia Feijóo, fronte a esta "unión" denunciou a "soberbia" dos que "falan por falar" e que son "incapaces" de corrixir esta actitude. Ademais, puxo como contrapunto aos membros do PP que piden "desculpas de inmediato" cando "cometen erros", nunha frase que podería aludir ás declaracións machistas do alcalde de Noia, Santiago Freire, co gallo dos actos do Día da Muller Traballadora. Alén disto, rexeitou os alcaldes que "pensan que facer política é estar ben posicionado no Twitter en o Facebook" e contrapuxo esa política coa do PPdeG de "facer falando". O líder do PPdeG instou a "consolidar a confianza" no seu partido de cara ás eleccións municipais de 2019. Na mesma liña, o presidente provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, asegurou que Feijóo "fixo máis en cen días por A Coruña, Santiago e Ferrol que os seus alcaldes en dous anos". Ademais, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, cualificou de "magnífico" o labor de Feijóo e foi máis aló. "Mírannos desde Europa con envexa", dixo en alusión a Galicia e España.
NOS_581
A delegación, da que fai parte Ana Pontón, reunirase esta quinta feira na Comisión Europea coa directora de Mercados de carbono en Europa e internacionais, Beatriz Yordi.
Unha delegación encabezada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e integrada por representantes de CIG Industria e reunirase esta quinta feira na Comisión Europea coa directora de Mercados de carbono en Europa e internacionais, Beatriz Yordi. O obxectivo do encontró, explican as nacionalistas, radica en reclamar o dereito de Galiza a estar incluída no "Green and Fair New Deal" da UE, os plans de transición enerxética xusta, por mor da "grave situación" que atravesa o sector industrial galego. "Non podemos permitir o peche de Endesa sen garantir unha alternativa de futuro, en termos económicos e de postos de traballo", subliña a portavoz nacionalista, en referencia aos 700 empregos directos que dependen da factoría. O BNG lembra que ten reclamado "en numerosas ocasión" que se establezan as modificacións legais pertinentes para que Galiza se beneficie das axudas a descarbonización, co obxectivo de que poida entrar no plan de acción urxente para países con centrais que usan o carbón e están ameazadas por peches, de forma que teña o mesmo tratamento que Asturias, Aragón ou Castela-León. Así, a delegación quere informar tamén "da situación de exclusión de Galiza nos plans de transición xusta, tanto estatal como autonómica". "É evidente que Galiza ten que estar incluída nos plans de transición enerxética xusta da Unión Europea e necesita medidas que teñan como prioridade manter a actividade económica do país e os postos de traballo", subliña a portavoz nacional, en referencia á aprobación do estatuto das electrointensivas e á tarifa eléctrica galega.
PRAZA_21053
Unha muller volve á casa que o seu pai ausente, distante, construíra como refuxio dunha vida que non era a que quería. Ao regresar, enfróntase co dique de indiferenza que ela mesma erguera para protexerse da dor do abandono. Así é O estado intermedio (Galaxia), a nova novela de Rexina Vega.
Unha muller volve á casa que o seu pai ausente, distante, construíra como refuxio dunha vida que non era a que quería. Ao regresar, enfróntase co dique de indiferenza que ela mesma erguera para protexerse da dor do abandono. Mentres, o pai, xa morto, revisa a súa propia vida nun estado de tránsito cara ao máis alá. A partir do proceso que ambos viven, pódense albiscar as transformacións dunha sociedade, a española, durante a Transición. O xeito en que os fillos precisaron matar os pais e nais. Afastarse do seu silencio. Así é O estado intermedio (Galaxia), a nova novela de Rexina Vega. O libro colle o título da idea do estado transitorio que segue á morte do budismo. E a partir da mesma érguese boa parte da estrutura da novela. Por que?A idea de profundar neses 49 días despois do deceso tomeina dunha noveliña de Antoine Volodine Bardo or not bardo. Cando xa estaba metida en fariña vin tamén unha película de Gaspar Noé Enter the void que trata o mesmo tema. Alén diso, xusto comecei a escribir logo dun período, poderíamos dicir que espiritual, e que en realidade estaba provocado pola crise da madurez e a menopausa, unha sacudida vital da que non hai aínda rexistros abondos, e que me levou a pescudar intensamente no budismo. Cadraba tamén no tempo a miña lectura, febril, da obra de John Berger, que ten unha dimensión que rescata a comunicación entre os vivos e os mortos. Con todo iso abriuse para min unha porta, a morte interésame desde sempre, creo que tiro máis ao Tánatos có Eros. Que pasa cando morremos?Unha filla volve á casa do pai para vendela e poder afastarse así do pai que non foi, que rexeita. É un tema moi presente na literatura, e máis aínda, penso, na literatura galega dos últimos anos: a volta a algún lugar da infancia para arranxar contas pendentes. Por que pode estar tan presente no noso contexto? "Eu, coma xa moita xente en Galicia, son filla dunha cultura urbana que mantén fortes vínculos co rural, un rural máis amable, desactivado, exótico e ao tempo presente nas capas profundas da identidade"Este é un dos grandes temas, está claro, aquí e na literatura universal. A relación co pai, co nai é un subxénero en si mesmo. Eu creo que este tema ten máis presenza agora pola auxe da autoficción. Poucas cousas máis importantes nos pasan na vida que enterrar un proxenitor!! Agora, pode que teñas razón, e que nese axuste de contas que significa o punto final dunha relación sempre agónica, inclúase no noso caso o desexo tamén de matar o mundo ao que eles pertencen. De todos xeitos, no meu caso, a cultura labrega, o mundo rural non é visto como un problema, é visto como unha paisaxe. Eu, coma xa moita xente en Galicia, son filla dunha cultura urbana que mantén fortes vínculos co rural, un rural máis amable, desactivado, exótico e ao tempo presente nas capas profundas da identidade. Interesábame pescudar aí."A xeración da Transición matou doutro xeito o pai e a nai, dun xeito moito máis frontal que ningunha das anteriores e posteriores"Ao pai amolábao a vida que tiña. Molestáballe a muller, os fillos, o traballo. Tiña unha vida que non escollera, como era -e é- habitual. Refúxiase nas tabernas, nos compañeiros, nalgún momento na política. O pai é un personaxe típico do seu tempo: home frustrado, pai e marido egoísta. Por que é así? Dalgún xeito quixeches retratar un xeito de ser obreiro e pai dunha época?Outro dos meus intereses ao escribir O estado intermedio é trazar a educación sentimental dunha xeración, dos pais e das nais, de todos. Quería comprender á xeración que protagonizou a Transición, e que é singular en moitos aspectos. Son fillos do franquismo de primeira hora, algo que equivale a dicir que foron educados nun mundo ficticio no que non había pasado. Eles medran aí nese baleiro, nese silenciamento e nas historias fantasiosas do réxime que debuxaba unha guía moi clara e nidia de actuación. Na mocidade esa xeración, en masa, rompe con aqueles cánones tan tan claros, a Transición é un movemento dunha extraordinaria violencia dentro das cabezas.Esa xeración matou doutro xeito o pai e a nai, dun xeito moito máis frontal que ningunha das anteriores e posteriores. Abriron camiños de liberdade no persoal, pero tiñan unha cadea dentro, reaccionaban contra os valores nos que foran educados e nos que se construíran, pero nunca os esqueceron. Ese modelo de home, que non é exactamente un obreiro, senón un desclasado cheo de contradicións é o que quería reproducir. Curiosamente, pensei moito en Carlos Casares, tamén fillo de mestre e educado no seminario. Salvada a enorme distancia co protagonista do meu libro, creo que esa figura tamén representa á perfección o claroescuro dunha xeración de homes.Na primeira parte do libro coñecemos a filla, que fala en primeira persoa. Presenta a figura do seu pai falecido. O tempo que non tivo para ela, pero que si tivo por exemplo para estar con varias mulleres. El é, para ela, un Narciso que lle fixo tragar a ela o seu Edipo. Por que decidiches situar en parte aí o conflito? Interesábame analizar o home que vive en todas nós. Se observas, o normal é que os autores homes maten ao pai nas súas novelas, e as autoras fagan o propio coa nai. Non é tan habitual que unha muller poña o foco na construción da súa subxectividade a través da figura masculina. Porén eu creo que ese é un camiño necesario. A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto, que ao tempo é a nosa prisión. As cousas son máis complexas, menos claras. Probablemente a figura do pai, e non a da nai sexa máis determinante nas nosas futuras relacións heterosexuais."Interesábame analizar o home que vive en todas nós. Se observas, o normal é que os autores homes maten ao pai nas súas novelas, e as autoras fagan o propio coa nai"Hai varias citas ao longo do texto sobre a relación dos vivos cos mortos. Que é outro tema ben clásico da literatura galega. Pero este enfoque que ti lle dás non é nada habitual (segundo as crenzas budistas). Por que facelo así?A nosa tradición de convivencia co "trasmundo" incide sempre no aspecto do temor, é o medo o que se expresa. Falta, para min, un sentido que busque unha maior transcendencia, unha especie de "verdade". Iso atópase con moita claridade no budismo, unha relixión que nos fai ver que morte e vida son dous estados complementarios. Aprender a morrer, morrer ben, importa. Nun mundo como o noso, de capitalismo avanzado, no que a morte está varrida, no que funcionamos con ese oco, unha enorme elipse que nos enferma, atopar unha vía para poder pensar esta experiencia crucial paréceme necesario.Unha vida completa pode ser aquela que remate nunha identificación tan completa co non eu que non haxa un eu para morrer, esa é a vía budista que ilumina, penso. Alén do Libro Tibetano dos mortos, a miña novela estrutúrase tamén con "Doce teses sobre a economía dos mortos" de John Berger, que reclama a necesidade de preservar a idea mesma de comunidade indo ao encontro cos nosos defuntos."A nosa tradición de convivencia co "trasmundo" incide sempre no aspecto do temor, é o medo o que se expresa. Falta, para min, un sentido que busque unha maior transcendencia, unha especie de "verdade"Na segunda parte vamos coñecendo a que foi a vida do pai, polo relato que a filla fai dela, e polo que acontece nas pantallas da estación Terminus. Aquí xoga un papel importante a personaxe de Stella: a muller americana de clase alta, de mediana idade, disposta a darse e a comprar pracer no país salvaxe e subdesenvolvido que é, para ela, a España dos 50-60. Por que retratar a España daquel tempo, en parte, desde a perspectiva desta muller?Como me dixo, non sei se de coña, a dramaturga Avelina Pérez, todas quereríamos ser Stella, unha muller libre que vai de excursión polo mundo. A España dos 50 e dos 60 era unha postal pintoresca, un país asalvaxado, e ao tempo relativamente seguro, que debía posuír un enorme exotismo para as sociedades máis desenvolvidas. Esa é a época de Ava Gardner en Madrid (claro trasunto de Stella), e de moitos famosos de Hollywood que se fascinan cos touros e o flamenco. Vimos de aí, ese é o noso pasado recente. Quixen contemplalo desde dúas perspectivas, desde a miseria do pozo do tío Raimundo e o glamour da coctelería do Chicote. Dáme a impresión de que nos anos cincuenta e sesenta Madrid era absolutamente o centro, o resto, provincia triste.O libro contén ou pode conter algunha reflexión sobre a familia como institución opresora, e máis nunha sociedade como a franquista. A familia sempre é o berce da barbarie? Pregúntase a filla. Era parte da túa intención? A todos nos marca a relación cun pai e cunha nai aos que temos que matar e aos que temos que querer. A familia, ese espazo privado, é un territorio cheo de ambivalencias. Sempre hai feridas, porque os pais non son deus, porque os pais facemos dano, consciente ou inconscientemente. A mirada que deitan os nosos proxenitores sobre nós, a súa sombra é algo que temos que buscar desfacer ao longo de toda a nosa vida. Dámoslle tanta importancia que é imposible que non nos fira. Pode que existan familias máis felices ca outras, pero en todas hai unha carga de infelicidade e frustración.A filla lembra os anos 70, o espertar do movemento obreiro e, en xeral, da oposición antifranquista. E para o pai fora, por fin, algo que o transcendía: a ilusión da revolución, a embriaguez da clandestinidade. Unha xeración de homes -porque eran movementos moi masculinizados- que sentían a necesidade de matar os pais, o seu silencio, no que a nai tamén fora tamén educada. Estas reflexións da filla son, polo menos en parte, reflexións túas?Como dixen máis arriba, si, esta é a miña visión sobre a xeración dos criados no franquismo, dacabalo entre a Xeración silenciosa e os Baby Boomers. É unha reflexión sobre un momento crucial da nosa historia recente, a Transición, que eles protagonizaron. Creo que o achegamento a esta época ten aínda moito interese para comprendermos as trabes mestras que explican o noso presente."Pode que existan familias máis felices ca outras, pero en todas hai unha carga de infelicidade e frustración" En relación co anterior, a filla reflexiona tamén sobre o mandato do sexo banal do que se adoitou chamar "destape". Unha exhibición de corpos femininos nunha sociedade que, seguramente, non fixera transición mental ningunha respecto das relacións de xénero. En que sentido este libro reflexiona, tamén, sobre iso, sobre esa falta de transformación das relacións de xénero nas últimas décadas do franquismo? A mocidade daquel tempo rompeu moitos tabús, supoño que se crían pioneiros absolutos, pero ao tempo a sociedade, as forzas vivas, continuaban a ser profundamente franquistas. É un mundo esquizofrénico o dos anos 70. Intentan conxugar modos antitéticos de estar no mundo. Como vivir unha sexualidade libre nun país profundamente católico? Entre o gozo e a culpa, todo en termos bestiais, porque todo chegou dun xeito abrupto. Esta claro que nesta apertura as vítimas principais foron as mulleres. Que foi de Nadiuska, por exemplo, que era omnipresente cando eu era unha nena? Se indagas polas percorridos das estrelas do destape atoparás un regueiro de xoguetes rotos. En realidade, o destape foi unha indecencia.O pai é para ela un baleiro ao que tratou de afacerse. A nai ensináralle a odialo, e el tamén se afastara. Ela construíra un muro, un dique de indiferenza para protexerse desa dor, desa ferida. E en realidade toda a novela é o relato de como ela tenta xestionar esa ferida, enfrontarse a ela. Mais nin ela parece consegue saír do abandono, nin o pai liberarse. Por que?Toda ferida deixa cicatrices, non se pode esquecer. Con todo, eu creo que a novela busca comprender e, polo tanto, liberarse. O que se busca é unha asunción do pasado, xa non desde unha posición de vítima, senón desde unha posición de igual. O final é, en realidade, un abrazo.Está todo escrito con capítulos curtiños e, por veces, bastantes líricos. Por algún motivo especial? Como foi o proceso de escrita?Esta é unha novela cun moito de experimentación formal. Decidín unha chea de trabas, de constricións formais que fixeron que a historia se dixese así. Está estruturada en dúas partes marcadas por outras obras (as teses de Berger e o Libro Tibetano) e ten un límite temporal, unha noite no que a filla recolle as pertenzas na casa do morto. Alén diso, a lingua coa que traballo está mutilada, chea de lipogramas, homogramas e listas. Todo está medido e calibrado."Esta é unha novela cun moito de experimentación formal"Preguntábame, ao lelo, que pasaría se lle tiveses dado á volta aos personaxes. Se a nai -conservadora, de clase media-alta- fose a ausente -a perdida, a activista- en vez de a frustrada na casa. Nese sentido, parece moito máis interesante o personaxe de Stella ca o da nai, sendo seguramente moito máis realista o da nai. Mais, en que sentido podemos establecer un contraste entre Stella e a nai? (A nai está totalmente atrapada no que se agardaba dela, nos roles de nai e esposa…)Creo que non ten moito sentido establecer un contraste entre eses dous modelos de mulller. A nai é simplemente unha subalterna, un produto dunha determinada sociedade, Stella é un ser extraordinario, exótico, unha anomalía.Vés de ser nomeada Cunqueiriana de Honor. Que significa para ti? Considéraste, realmente, cunqueirana? Sempre que reivindico, nas presentacións e nas entrevistas, a pegada cunqueiriana nas miñas novelas, adoitan indicarme que non, que o que eu fago é moi diferente. Porén en todas as catro novelas que levo publicadas está Cunqueiro, a súa voz, en citas encriptadas. Alén diso, tanto Ninguén dorme, que, en realidade é un exercicio de intertextualidade, como en O estado Intermedio, onde ademáis da dimensión fantástica, hai un xogo coa linguaxe, está o que eu aprendín en Cunqueiro, o laborioso artificio, a obsesión pola palabra.Cales seguen a ser os aspectos máis descoñecidos da obra de Cunqueiro?Por unha banda hai que desfacer moitas simplificacións na súa imaxe como escritor, liberalo, da fantasía do celtismo ou do peso etnográfico, que, en realidade son aspectos absolutamente menores na súa obra. A Cunqueiro cómpre reivindicalo na súa faceta radicalmente experimental, tamén cumpriría promocionalo como valor seguro do canon occidental. Por outra, aínda hai obra que analizar, as súas traducións sobre autores inexistentes, por exemplo, que publicou durante anos nas páxinas culturais do Faro de Vigo, indican que hai toda unha obra poética oculta. Tamén sería interesante profundar na dimensión ibérica do seu percorrido. Un escritor galego con profundas conexións co mundo intelectual madrileño e catalán.
NOS_24228
Pablo B. relata a Sermos Galiza a agresión que sufriu nas rúas de Pontevedra, que Galiza Nova cualifica de 'fascista'.
-Como foi a agresión? -Eu ía para casa pola zona vella de Pontevedra e levaba a sudadeira aberta. Víaseme a camisola que puña 'Galiza' [por debaixo do nome do país aparecía a bandeira galega coa estrela vermella]. Baixaban cinco rapaces e eu escoitábaos gritar, pero como non sabía o que estaban a dicir, pasei deles. Pero de súpeto botáronse a correr cara a min berrando que isto era España e que non podía levar esa camiseta. Entón empezaron a darme patadas e se non é pola xente que pasou por aí nese momento eu non sei que sería de min. Eu non paraba de pensar 'se caio ao chan, vanme dar unha malleira que igual non a conto'. Logo a xente que pasaba por aí metéronse no medio e os rapaces marcharon. A verdade é que eu non os coñecía de nada, só sei que tiñan uns 20 ou 25 anos. -Tiveches antes algún problema deste tipo? Ou coñeces a alguén que o tivese? -Nunca, é a primeira vez que me pasa. E non vin ningunha situación así nunca, pero faloume un amigo meu que agora vive en Vigo, pero resulta que hai uns meses estaba aquí en Pontevedra e tamén o agrediron. Comentáronme igual doutro rapaz que hai uns anos tamén aquí lle deran unha paliza por ser galeguista. -Pensas que estas agresións teñen algo que ver coa emerxencia de forzas políticas de ultra-dereita como Vox? -Se che digo a verdade, non o penso. Penso que sempre houbo fascismo. O que si que creo é que están amparados polo Estado. Por exemplo, se fose eu o que agredise unha persoa fascista ou de dereitas sairía en todos os xornais e dirían que fun a por eles pola súa ideoloxía. Pero ao ser ao revés, eles sempre están amparados pola lei. Vas á policía e vale, denúncialos, pero non van a por eles. E en Pontevedra saben quen son, saben as cousas que fan. Por exemplo, puxemos un mural de Galiza Nova aquí en Pontevedra e pintáronolo enteiro. Eu penso que estas cousas empurran un pouco que agora comece outra vez a emerxer o fascismo, por partidos coma o de Vox, pero o fascismo sempre o houbo e nunca vai deixar de existir.
PRAZA_11554
Os populares amplían de 4 a 6 anos o prazo para que as compañías inicien obras sen ter que avaliar de novo o seu impacto, e fano cun procedemento cuxa legalidade avalía o Constitucional tras denuncialo o PSdeG
Os populares amplían de 4 a 6 anos o prazo para que as compañías inicien obras sen ter que avaliar de novo o seu impacto, e fano cun procedemento cuxa legalidade avalía o Constitucional tras denuncialo o PSdeGComo case cada ano desde que Feijóo é presidente, a Xunta presentou ao Parlamento xunto cos orzamentos para 2020 unha lei de acompañamento -que require menos debate e trámites que as leis ordinarias- coa que desta volta quere modificar outras 30 normas previas que nada teñen que ver coas contas públicas. Pero unha vez que esa lei de acompañamento xa iniciara a súa tramitación parlamentaria o PP presentou unha emenda coa que agora quere modificar unha lei distinta ás 30 que xa quería corrixir antes, a Lei 1/1995 de protección ambiental de Galicia. Un procedemento, o de emendar algo que non se tocaba no texto orixinal da lei de acompañamento, sobre cuxa constitucionalidade está pendente de pronunciarse o Tribunal Constitucional tras unha denuncia formulada o pasado ano polo PSdeG. Un mecanismo ao que o os populares recorren novamente para reducir desta volta, entre outras cuestións, o control ambiental de grandes proxectos empresariais. A lei establecía ata agora que as declaracións de impacto ambiental aprobadas pola Xunta para permitir grandes proxectos empresariais no territorio caducaban se aos catro anos de outorgarse non comezaran aínda as obras, o que obrigaría a realizar unha nova avaliación ambiental do proxecto en cuestión. A lei de acompañamento para o próximo ano presentada pola Xunta ao Parlamento modificaba outras 30 leis de todo tipo, pero non esa.O PP quere que a emenda teña carácter retroactivo e beneficie tamén ás empresas que obtivesen permiso ambiental desde 2014, que aínda poderían comezar as súas obras sen ter que tramitar unha nova declaración ambientalAgora os populares emendan a lei de acompañamento para cambiar tamén esa lei de 1995 e establecer que "a declaración de impacto ambiental do proxecto ou actividade perderá a súa vixencia e cesará na produción dos efectos que lle son propios se, unha vez publicada no DOG, non se comezase a execución do proxecto ou actividade no prazo de seis anos", dous máis do previsto ata agora, o que reduce o control ambiental sobre posibles novos impactos deses proxectos sobrevidos co tempo. O PP quere ademais que esta emenda teña carácter retroactivo e contempla que esa ampliación do prazo de catro a seis anos afecte tamén aos permisos outorgados desde 2014 que aínda estivesen vixentes sen iniciarse as obras. E o mesmo propón para as declaracións ambientais das concentracións parcelarias, emendando igualmente agora a lei de 2015 que as regula e que tampouco era tocada no texto orixinal da lei de acompañamento.Os socialistas critican que o procedemento elixido polos populares limita a igualdade do resto de deputados que xa non poden emendar as emendas do PPO procedemento para modificar esas dúas leis de 1995 e 2015 a través de emendas á lei de acompañamento que non corrixen o texto orixinal desa lei de acompañamento senón directamente as normas anteriores foi xa empregado polo PP o pasado ano e denunciado polo PSdeG ante o Tribunal Constitucional cun recurso de amparo, que aínda non resolveu sobre a cuestión.Tras coñecer as autoemendas do PP deste ano, o grupo socialista xa rexistrou un escrito no Parlamento reclamando que non sexas tramitadas nin esas correccións dos populares nin outras emendas que propón o grupo Común da Esquerda a outras leis tampouco citadas orixinalmente na lei de acompañamento. "De ser admitidas suporía levar a cabo verdadeiras iniciativas lexislativas novas que, por se presentaren no trámite de emendas, impediría que os demais grupos parlamentarios puidesen exercer a súa facultade e dereito de exame e presentación de emendas. Así, son introducidas modificacións en leis que nin tan sequera formaban parte do proxecto de lei remitido" á Cámara, critican os socialistas. Isto é, a imposibilidade do resto de grupos de emendar esas emendas vulneraría, ao entender dos socialistas, o dereito constitucional de todo cargo público a exercer o posto en condicións de igualdade.O grupo Común da Esquerda critica que "o PP emprega a Lei de Acompañamento para coar pola porta de atrás modificacións transcendentes que poderían provocar rexeitamento social"Contra o proceder do PP tamén se pronunciou este xoves o grupo Común da Esquerda, cuxo portavoz, Antón Sánchez, criticou que "unha vez máis, o PP emprega a Lei de Acompañamento para coar pola porta de atrás modificacións lexislativas transcendentes que poderían provocar rexeitamento social, para así obviar o debate público". Neste caso, salienta Sánchez, "o que pretende o PP é favorecer as mineiras, as eléctricas e a outras empresas que queren explotar o noso territorio sen ter en consideración a preservación dos valores medioambientais".Mentres recorre a este tipo de procedementos para modificar no que vai de lexislatura, xa sexa a través das leis de acompañamento propostas pola Xunta ou das emendas formuladas polo PP a esas leis, agora xa máis de 60 normas previas, o Goberno galego só foi quen de impulsar 15 leis ordinarias.
PRAZA_13114
O escritor e o ilustrador traballan dende hai meses nun proxecto cuxas primeiras follas publica Praza en exclusiva. Trátase dunha historia de suspense que contará con 48 páxinas e que os creadores pretenden ter rematada o próximo ano
Diego Ameixeiras lánzase á banda deseñada. O escritor leva meses traballando co ilustrador Juan Carlos Abraldes para publicar o próximo ano unha novela gráfica tinguida de suspense e intriga. "Xa fixera guións para películas, para series e para documentais. Faltábame a novela gráfica", admite o propio Ameixeiras. Polo momento, a súa futura obra non conta cun título definitivo, mais si ten un guión pechado e as súas primeiras páxinas -que Praza adianta en exclusiva- xa son unha realidade. A súa futura obra non conta cun título definitivo, mais si ten un guión pechado e as súas primeiras páxinas -que Praza adianta en exclusiva- xa son unha realidade O argumento, con claros trazos de suspense e de novela negra, céntrase na monótona vida de Andrés Ribao, un garda xurado ao que acaban de botar dunha empresa de seguridade. A súa vida, baleira e asolagada polo desleixo, cambia radicalmente cando coñece unha rapaza que se transforma no obxecto da súa obsesión. "Ribao é unha personaxe escura, con problemas co alcol e unha vida grisalla. Carga cun certo fracaso persoal. E nesas coñece unha muller e, despois dun encontro sexual, queda obsesionado con ela", explica Ameixeiras. Como calquera obsesión -e como en calquera novela negra-, o caletre de Ridao non deixa de dar reviravoltas e súa esborrallada vida comeza a mudar de vez a base de estraños acontecementos. O primeiro deles é a visita de dous enigmáticos policías que están a buscar a moza, o reiterado obxecto do seu desexo, por un delito que descoñece. "Quere descubrir o misterio e, sobre todo, ter un segundo encontro coa rapaza", explica Ameixeiras. E até aí se pode ler. O resto, a intriga e o misterio, están a coller forma nas mans do ilustrador Abraldes e haberá que agardar a que a finalice as 48 do cómic para descubrir cal foi o crime desa sorte de femme fatale ideada por Ameixeiras para atormentar a Andrés Ribao. Non é a primeira vez que colaboran xuntos, xa que o debuxante foi o encargado de ilustrar a última obra de Ameixeiras: Historias de Oregón Con ese argumento, Diego Ameixeiras estrearase na banda deseñada da man de Abraldes. Non é a primeira vez que colaboran xuntos, xa que o debuxante foi o encargado de ilustrar a última obra de Ameixeiras: Historias de Oregón, publicada por Xerais e galardoada co Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Nese libro está orixe do futuro cómic. "Despois de facer as ilustracións desa novela, púxenme en contacto con Diego para lle propoñer realizar algún cómic xuntos. Gustárame a súa forma de crear a historia e a idea de realizar unha obra de xénero negro atraíame moito", admite Abraldes. A novela que non foi Diego Ameixeiras aceptou o convite do ilustrador. "El fixérame a proposta no verán do ano pasado, pouco despois de gañar o premio. Dixéralle que eu tiña unha historia por aí coa que podíamos probar", explica o escritor. Esa historia estaba a medio escribir, había un feixe de páxinas con apuntamentos para facer unha novela que non daba agromado. "Tiña a historia parada. Tiña os personaxes, pero non daba atopado o seu sitio. O argumento estaba aí e, cando me fixo a proposta Abraldes, pensei que se podía facer unha novela gráfica. Tiñamos o argumento, a trama", explica un Ameixeiras que ao pouco xa estaba transformando o escrito para darlle corpo de guión. "O guión ten o nivel dunha boa película de Hollywood de xénero negro. O seu argumento conta cun bo arranque, un intrigante nó e un sorprendente desenlace" "O guión ten o nivel dunha boa película de Hollywood de xénero negro. O seu argumento conta cun bo arranque, un intrigante nó e un sorprendente desenlace", explica Abraldes, quen ao ler o texto xa comezou a idear o tratamento estético e o trazo cos que plasmaría a historia. "A min gústame moito o estilo de creadores clásicos como Milton Caniff, Alex Toth, Jordi Bernet... Autores que empregan enérxicas manchas de pincel para obter o volume nas súas creacións", explica o ilustrador, quen adianta que o cómic será en branco e negro. A novela gráfica estará rematada o próximo ano e para aquela agardan xa ter claro cal será o selo que o publique Abraldes leva meses traballando nas formas e intercambiando correos e suxestións con Ameixeiras. "Ten suficiente liberdade. Eu pódolle facer suxestións, pero el é o ilustrador, o cómic vai ser como el o vexa", explica Ameixeiras. Ningún dos dous pensa polo momento no proceso editorial, o primeiro é rematalo e por iso Abraldes, que traballa nunha produtora de cine e videoxogos a tempo completo, está a roubarlle horas ao seu tempo libre para realizar as 48 páxinas coas que contará este libro. A novela gráfica estará rematada o próximo ano e para aquela agardan xa ter claro cal será o selo que o publique. Iso si, teñen unha cousa clara ao respecto: o idioma de publicación orixinal. "Interésanos publicalo antes en Galicia, posto que nós somos galegos e o guión concibiuse orixinalmente en galego", sinala Abraldes.
NOS_41695
Inacio e Iván son xa vellos coñecidos da BD galega por seren responsábeis da serie de catro libros biográficos do noso Castelao que Demo Editorial ten publicado até o momento. Polo primeiro dos libros desta serie, Titoán, gañaron o Premio Castelao de BD da Deputación da Coruña en 2011. Desta volta asinan este, As pombas de Carboeiro, que traslada ás viñetas unha obra de teatro do propio Inacio.
A temática e mesmo o estilo toman camiños diferentes do que xa coñecemos destes dous autores que neste libro dan un paso máis no dominio da narrativa e na conxunción de gráfica e guión. A historia que nos contan sucede en 1809. As tropas francesas chegan a Carboeiro e atopan alí preso –por afrancesado– a un frade, libérano e convídano a cear con eles. Os mandos queren confiscar as pombas do mosteiro para alimentar os soldados e o frade intentará convencelos de non facelo usando as cartas do tarot de Marsella para contarlles unha historia na que mestura a fábula medieval, os contos, as lendas e as cantigas de amigo. As pombas de Carboeiro / Inacio Vilariño e Iván Suárez / Demo Editorial / 2020 / 64 páxs. / 18€ O libro ten, loxicamente, dúas partes diferenciadas. A primeira é o que sucede no mosteiro onde están o frade e os franceses e a segunda é a fábula que este lles conta, a lenda do amor de Cervela, correo de El-Rei Fernando II, e Octavia de Lobarzán e da fantástica orixe das pombas do mosteiro. Se a primeira segue a liña gráfica que xa coñecemos de Iván, na segunda, sae do seu estilo e cambia a un ben colorido, que lembra os códices, cun debuxo menos realista, máis naif. As dúas historias van entretecéndose unha na outra e impulsan a narración do libro que ten un bo ritmo. Esta obra tamén ten outra peculiaridade, ten banda sonora. Benxa Otero compuxo as pezas que interpreta a Banda de Lalín e que veñen nun CD co libro, ademais na web de Demo Editorial pódese descargar de balde unha versión narrada. Como é evidente a experiencia de lectura é totalmente distinta se a acompañamos das pasaxes musicais que Otero creou, enriquecendo e aportando novos matices e experiencias. O esforzo desta pequena editorial está sendo inmenso, non só publicando a un bo ritmo, mesmo neste ano pandémico, senón sempre transitando os novos camiños e vías transmedia, explorando as posibilidades que ofrece a interacción entre soportes físicos e dixitais, cousa que xa probaran hai uns anos co Destino Herguss de Manel Cráneo.
QUEPASA_586
Camariñas, as súas xentes, costumes e paisaxes son o centro polo que bascula esta historia na que unha canción é o seu fío conductor. A estrea da campaña promocional será este domingo na Casa da Pedra de Camariñas.
"Eu son Camariñas" é a historia ficticia de catro mozos camariñáns que forman parte dun grupo de música folk nunha gran cidade. O conxunto musical vive un momento de estancamento debido á falta de creatividade e os seus integrantes son conscientes delo. Pero todo volve a fluir cando unha das protagonistas da historia, xa de volta na súa casa, comeza a crear unha canción coa axuda inesperada dun utensilio propio de Camariñas: a almofada dunha palilleira. Terra e música únense así en "Eu son Camariñas", un novidoso programa promocional do Concello de Camariñas co propósito de poñer en valor a maior parte das características que definen ao concello camariñán. Promocionaranse a través deste programa as paisaxes e recunchos máis fermosos de todo o municipio así como a súa riqueza inmaterial e cultural pero, sobre todo, fomentarase mostrar a verdadeira faceta das xentes de Camariñas: tradición, cultura, empresas, sectores produtivos, asociacións e artesanía, emprendemento… "O programa ten como cometido final o de reforzar na xuventude o orgullo de formar parte deste concello así como tamén de mellorar a imaxe de Camariñas hacia o exterior e, con elo, promover a volta dos camariñáns espallados polo mundo a esta terra chea de oportunidades", apuntan desde a organización. Para isto foron deseñadas varias actuacións básicas, entre as que destacar a creación dun video de promoción do programa "Eu son Camariñas, a páxina web www.eusoncamarinas.es na que se publicará o video e o programa; o blog/xornal da propia web no que se divulgará o día a día de "Eu Son Camariñas" así como as redes sociais do programa en Instagram, Facebook e Twitter. "Queremos facer algo que perdure na memoria de todos os camariñáns durante un tempo, máis alá de vídeos promocionais efímeros", apunta Diego Alonso, un dos creadores do proxecto. Preestrea do videoclip Despois de cinco meses de traballos será na tarde deste domingo 7 de abril, a partires das 18:00 horas, cando se celebre a preestrea do video-clip que constitúe o groso do programa "Eu Son Camariñas". A este acto de presentación creado polo Concello de Camariñas, poderán asistir en primicia as 50 primeiras persoas que rechéen correctamente o seguinte formulario de inscripción. Nesta xornada de estrea, que se celebrará na Casa de Pedra de Camariñas, estarán presentes os creadores do video musical e os seus protagonistas, unha representación dos colectivos participantes no traballo así como unha comitiva composta por un selecto grupo de creadores audiovisuais que non quixeron perderse o evento. Así mesmo tamén estarán presentes os membros da corporación municipal coa súa alcaldesa Sandra Ínsua á cabeza, que presidirá o acto. A estrea oficial do programa "Eu son Camariñas" será realizada na Mostra do Encaixe de Camariñas e a ogarnización tamén ten previsto presentar este traballo nas escolas.
NOS_33433
Carlos García, responsábel de crear a conta en Twitter, @twitter_en_galego, abre agora unha páxina web cos pasos a seguir para axudar a que teñamos esta rede social na nosa lingua.
Hai uns dias publicamos que Twitter podía pechar o acceso a traducir a súa versión en galego por falta de interese na tradución. Numerosas persoas interesáronse, daquela, polos pasos a seguir para axudar a que se remate canto antes mellor. Para facilitar o acceso da maior cantidade de voluntari@s posíbeis, carlos García ven de abrir unha nova páxina web cos pasos a seguir e como se pode manexar un, dentro do Centro de Tradución do Twitter. Dentro da web tamén se pode observar e seguir as campañas que se fixeron o longo deste ano e medio, e os logros acadados. "Hai unha lapela sobre a cronoloxía da iniciativa, onde se deixa clara a súa base popular, sen intervencións por parte das institucións e o protagonismo que quería e o parecer aínda queren seguir tendo por parte do PP, sobre este logro na rede", apunta Carlos García. O promotor desta iniciativa asegura que "hai moi poucos medios de comunicación que explican verdadeiramente o que lles conto, pódese ver cando un busca algo sobre o Twitter en galego e só se atopan noticias sobre a Xunta ou a campaña de sinaturas de Change.org, que apoiou a iniciativa promovida pola Xunta". "Hai unha lapela sobre a cronoloxía da iniciativa, onde se deixa clara a súa base popular, sen intervencións por parte das institucións" En galego se hai tradutor@sA tradución da ferramenta de Twitter é impresindíbel para que teñamos esta rede social en galego. Como explica Carlos García "se @translator de Twitter non identifica que se esta a traballar na plataforma non se remata a tradución". Este foi o motivo polo que este studante de Políticas da USC creou agora esta páxina web.
NOS_10067
Os xefes de Estado e de Goberno da UE reúnense esta quinta feira en Bruxelas cos ambos os dous temas sobre a mesa.
O presidente de Polonia, Andrzej Duda, adiantou hoxe que se chegara a un preacordo a respecto do bloqueo previo sobre os orzamentos comunitarios e o fondo de recuperación posCovid, un total de 1,8 billóns de euros. Fíxoo nunha conferencia de prensa conxunta co seu homólogo da República Checa, Milos Zeman, horas antes da reunión do Consello Europeo. "O traballo e as negociacións continúan. Este acordo é o resultado dos grandes esforzos realizados pola banda polaca e húngara, mais tamén pola presidencia alemá [de quenda da UE até fin de ano]", manifestou. Ambos os dous países decidiron bloquear a aprobación do paquete orzamentario debido ao mecanismo introducido de vincular os fondos co respecto da liberdade de prensa ou da independencia xudicial como parte do estado de dereito e dos valores comunitarios. Segundo varios medios europeos, o binomio de bloqueo conseguiu nas negociacións con Berlín que se reafirmase que a aplicación deste mecanismo se faría de forma obxectiva e ecuánime a todos os Estados membros. A axencia Reuters, citando membros do Goberno de Polonia, tamén recolle que se estabelecerá unha cláusula que obrigue a unha decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea antes da posíbel toma de decisións punitivas. O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, xa avanzara na terza feira que había unha probabilidade alta de acordo despois dunha xuntanza co seu homólogo polaco, Mateusz Morawiecki, e o líder do partido deste último, Jaroslaw Kaczynski, escribiu onte pola tarde no Facebook que "marchaba para Bruxelas". "As reunións esta noite, o Día D mañá", engadiu. Cea polo Brexit Outro asunto sobre a mesa é a negociación da futura relación bilateral entre o Reino Unido e a UE así remate, o 31 de decembro, o período de transición non prorrogábel. O primeiro ministro británico, Boris Johnson, advertiu onte de que ningún xefe de Goberno do seu país debería "aceptar" os términos ofrecidos até agora por Bruxelas. O negociador comunitario, Michel Barnier, xa avisou de que ve máis probábel que non se logre o acordo en 2020. Johnson fixo as declaracións antes de se reunir pola noite coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, nunha cea en Bruxelas. Sinalou as normas de competencia xusta que quere aplicar a UE e o conflito no acceso ás augas pesqueiras británicas como os principais escollos para o acordo.
PRAZA_17144
Neste mes de maio que andamos ten lugar, un ano máis, unha efeméride que inexplicabelmente pasa desapercibida no noso país: a gran fuxida de presos do penal de San Cristóbal - ocorrida o 22 de maio de 1938 -, un lugar de infausto recordo para centos de galegos que foron parar alí dende cárceres e campos de concentración como San Simón, Camposancos, A Coruña, Pontevedra...
Unha efeméride que pasa desapercibida no noso país: a gran fuxida de presos do penal de San Cristóbal, un lugar de infausto recordo para centos de galegos que foron parar alí dende cárceres e campos de concentración como San Simón, Camposancos, A Coruña, Pontevedra... Para Anxo Doval Neste mes de maio que andamos ten lugar, un ano máis, unha efeméride que inexplicabelmente pasa desapercibida no noso país: a gran fuxida de presos do penal de San Cristóbal - ocorrida o 22 de maio de 1938 -, un lugar de infausto recordo para centos de galegos que foron parar alí dende cárceres e campos de concentración como San Simón, Camposancos, A Coruña, Pontevedra... Unha evasión que tivo lugar apenas un ano antes de rematar a Guerra Civil, coa República ofrecendo unha última e desesperada resistencia ante o imparábel avance franquista, e cando faltaban dous meses para o inicio da decisiva batalla do Ebro. O penal de San Cristóbal está situado a escasos dez quilómetros de Pamplona, no cumio do monte Ezkaba, nun lugar de difícil acceso e relativamente illado. Alí, unhas antigas instalacións militares - escavadas na roca entre 1877 e 1919 e reconvertidas en cárcere dende 1934, tras o levantamento revolucionario de outubro - foron o escenario dun panorama carcerario caracterizado por unha dureza extraordinaria. A miseria, a fame, a falta de hixiene, o trato inhumano e cruel dos militares e funcionarios encargados de vixiar o penal e un número de presos moito máis elevado do que o lugar podería soportar, foron os seus tráxicos sinais de identidade. O penal de San Cristóbal está situado a escasos dez quilómetros de Pamplona, no cumio do monte Ezkaba, nun lugar de difícil acceso e relativamente illado Por suposto, entre aqueles presos houbo moitos galegos. Dos case cinco mil condenados que pasaron por San Cristóbal entre 1936 e 1945, 654 proviñan de Galiza. De feito, o primeiro continxente galego chegou ao forte o 14 de decembro de 1936. Eran nove persoas procedentes de Lugo, xulgadas en consellos de guerra e condenadas a reclusión perpetua por defender o réxime legal e constitucional republicano. O domingo 22 de maio de 1938, a noitiña, un grupo de presos liderados polo comunista Leopoldo Picó comezou a desenvolver un plan de evasión que xa estaba estudado con anterioridade. Pouco a pouco foron reducindo aos gardas e abrindo as portas do forte. Naquel momento malvivían alí 2487 presos. Non todos optaron pola saída e moitos permaneceron aterrados dentro das instalacións do penal. Outros, 795, decidiron evadirse coa intención de alcanzar a fronteira francesa, distante uns cincuenta quilómetros daquel inferno. Mais, como fuxir naquelas condicións, esfameados, con pésimo calzado, sen luz e sen saber certamente cara onde correr? A pronta chegada de forzas procedentes de Pamplona acelerou a traxedia. Daqueles 795 fuxidos só tres alcanzaron Francia. 585 foron capturados, a maioría ao día seguinte, perdidos no monte ou nas aldeas próximas e levados outra vez cara o penal. O último detido foi apresado o 14 de agosto: chamábase Amador Rodríguez Solla e era natural de Salceda de Caselas. Outros 207 presos foron asasinados con frialdade no momento de ser detidos e soterrados no monte como se de animais se tratara. Aínda hoxe permanecen 22 sen identificar. Os 14 organizadores da fuxida foron xulgados en Pamplona en agosto de 1938 e fusilados. Entre os evadidos case douscentos tiñan orixe galega e 54 morreron na tentativa. Outros, como José Antúnez, do Grove, Benito Pastoriza, de Bueu, ou Antonio Sarceda, de Becerreá, faleceron no interior do forte vítimas de enfermidades Entre os evadidos case douscentos tiñan orixe galega e 54 morreron na tentativa. Outros, como José Antúnez, do Grove, Benito Pastoriza, de Bueu, ou Antonio Sarceda, de Becerreá, faleceron no interior do forte vítimas de enfermidades. Todos eles arribaron a Pamplona con condenas firmes en consellos de guerra e case todos foron condenados a reclusión perpetua acusados de rebelión militar. En realidade, aqueles homes defenderon a legalidade republicana e foron xulgados e condenados polos únicos rebeldes nesta historia: os militares golpistas. Non houbo entre eles líderes políticos nin intelectuais nin artistas. Eran xente do común: labregos, mariñeiros, canteiros, albaneis. Moitos militaban na CNT Que ninguén busque entre os nomes daqueles galegos presos a persoas relevantes ou especialmente significadas. Non houbo entre eles líderes políticos nin intelectuais nin artistas. Eran xente do común: labregos, mariñeiros, canteiros, albaneis. Moitos militaban na CNT. E malia unha mesa redonda celebrada en Compostela a principios de marzo de 2015 baixo o título Que aflore o soterrado, coa participación de destacados historiadores e especialistas na materia como Lourenzo Fernández Prieto, Eliseo Fernández, Andrés Domínguez, José Novás, Antonio Míguez e Xosé Ramón Pousa, na que foi tratada a cuestión polo miúdo, a día de hoxe descoñecemos os nomes daqueles galegos que aínda permanecen sen unha homenaxe que dignifique a súa memoria. Galegos inocentes que merecen un recoñecemento público xa. Publicidade
NOS_32712
O deputado nacionalista criticou que as medidas anunciadas polo Executivo estatal sexan de carácter conxuntural e temporal, e non "estruturais e permanentes".
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, interveu esta cuarta feira na tribuna da Cámara baixa para valorar as medidas anunciadas polo presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, na primeira xornada do debate do Estado de Política xeral. O BNG lamenta a "ausencia de compromisos coa Galiza" O representante da formación nacionalista en Madrid comezou a súa intervención precisando que "chaman a este debate do Estado da Nación. A miña nación é a Galiza, e seguiremos a traballar para que máis cedo que tarde o estado da nosa nación non se decida aquí, senón que o poidamos decidir os propios galegos e galegas". Neste sentido, Rego volveu lamentar que "a Galiza estivo ausente da intervención" de Sánchez no día de onte, "a pesar de que hoxe soubemos que temos 11,1% de inflación" e "pese á crise industrial que padecemos". A inflación na Galiza, en dobres díxitos: alcanzou 11,1% en xuño "Esa ausencia semella estar en consonancia coa desatención do seu Goberno cos problemas do noso país, como se ve en orzamentos inxustamente baixos, con 67% de execución en 2021, ou o desinterese por cumprir a totalidade dos acordos de investidura, especialmente en materia de infraestruturas e servizos ferroviarios", engadiu. Medidas anunciadas Rego subliñou que, se ben unha das "medidas estrela" anunciadas polo presidente do Executivo estatal foi a bonificación de 100% dos abonos ferroviarios de proximidade e media distancia, "0 galegos e galegas van beneficiarse no caso do tren de proximidade, porque na Galiza non existe ese servizo". O deputado do BNG afirmou que, no caso da media distancia en concreto, e no resto das medidas anunciadas en xeral, deben ser permanentes e "non só estenderse até o 31 de decembro". Sánchez anuncia un imposto "excepcional" aos beneficios da banca "Está ben que a presión social os levase a adoptar medidas que o Bloque leva tempo anunciando, como impostos ás eléctricas e á banca", afirmou Rego, para despois matizar que "vostedes (o Goberno español) seguen a falar de impostos temporais e sobre os beneficios extraordinarios. E nós preguntámonos, que entenden vostedes por extraordinarios?". Segundo o deputado, os precedentes "non ofrecen moita confianza porque a súa credibilidade nesta materia está claramente en interdito". A Galiza, prioritaria "Adoptan novamente medidas conxunturais no canto de estruturais", lamentou Rego, quen afirmou que o BNG seguirá a manter unha postura crítica co actual Goberno, porque, se ben "non propiciaremos o auxe da dereita e a extrema dereita, é a nosa obriga denunciar os incumprimentos do PSOE e de Unidas Podemos", xa que "a nosa prioridade é a Galiza e as clases populares galegas". Néstor Rego: "O Goberno de coalición non mellorou de forma significativa o trato á Galiza" "O BNG reclámalle que cumpra coa Galiza", asegurou o nacionalista galego, para despois enumerar algúns deses compromisos: "proxectos para reverter a grave crise industrial, garantir a produción en sectores como a pesca ou a gandaría, recuperar as demoras en infraestruturas e servizos ferroviarios, rescatar a AP-9, dar unha solución á A-6, retorno da poboación migrada, frear o 'boom' eólico ou respecto da lingua galega" entre outras. Finalmente, o deputado popular mostrouse moi crítico coas últimas medidas adoptadas polo Goberno español, e expuxo a Pedro Sánchez que "adoptando medidas da dereita non se vai gañar á dereita. Nós imos gañar ao PP na Galiza, e se vostedes queren facer o mesmo con Feixoo, impoña un xiro a favor das maiorías sociais, as clases populares e os pobos".