ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_18196
A Asemblea Aberta de Ourense convocou unha concentración o sábado día 23 de xuño ás 12:30h no exterior de Expourense en protesta pola homenaxe ao ex-presidente da Deputación.
"Consideremos que o uso do nome da nosa provincia, da terra de todos os ourensáns para homenaxear a este político é unha ofensa para todos os emigrantes, parados, traballadores precarios e xentes de ben vítimas do nepotismo co que administrou os cartos públicos durante os seus máis de vinte anos de mandato", sinala a Asemblea Aberta de Ourense nunha nota de prensa. Este colectivo asegura que "a simple consulta de calquer indicador de desenvolvemento no ámbito económico, demográfico ou laboral desta provincia nos últimos anos impiden o noso recoñecemento polo seu traballo". O acto de desagravio será no mesmo lugar en que ten a homenaxe Baltar A Asemblea Aberta de Ourense denuncia que "o dano causado á dignidade de exercer un cargo público e á institución que gobernou durante este período" é a razón pola que convocaron a participar nun acto de desagravio contra a autodenominada "Homenaxe de Ourense a Baltar" este sábado día 23 de xuño ás 12:30h no exterior de Expourense. Nese lugar é onde teñen previsto agasallar a José Luís Baltar cun xantar presentado por Xosé Manuel Piñeiro e no que confirmaron a súa presenza 3.500 persoas.
NOS_29098
Esculca vén de advertir da morte dun preso do cárcere de Teixeiro por problemas hepáticos, após non recibir o tratamento para a hepatite C. A Fiscalía denunciou o Sergas.
Un preso do cárcere de Teixeiro, con iniciais J.V.P., faleceu a semana pasada debidos aos problemas hepáticos que padecía. Segundo alerta Esculca, o interno non recibira tratamento para a hepatite C que sufría. A Fiscalía presentou unha denuncia contra o Sergas por responsabilidades penais derivadas de non facilitar medicamentos a persoas enfermas que acaban falecendo. Estímase que na Galiza hai máis de 850 reclusos e reclusas con hepatite C, o 20% do total. É dicir, unha de cada cinco persoas ingresadas nos penais do país sofren esta doenza. Segundo a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, os presos e as presas non están a ter acceso aos fármacos de nova xeración por un contencioso entre o Sergas e o Ministerio do Interior sobre cal das dúas institucións deben facerse cargo do seu custo. O TSXG resolveu o conflito cunha sentenza que empraza o Sergas a facerse cargo do tratamento Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), de 20 de maio de 2015, resolveu o conflito en relación cun interno ao que lle foi suspendido o tratamento. Segundo a máxima instancia xudicial galega, o Sergas debe facerse cargo do mesmo ao non poder prevalecer o interese económico sobre o dereito á atención sanitaria. A plataforma estima que só arredor dunha decena de reclusos e reclusas están a ser tratadas desta doenza. Porén, a entidade advirte da dificultade de acceder aos datos reais debido á falta de transparencia coa que actúan Institucións Penitenciarias e o Ministerio do Interior.
NOS_17251
A bandeira da Bretaña ondeará a partir desta quinta feira, 17 de decembro, por primeira vez no Concello, noutro paso cara á reunificación do territorio nacional.
Esta quinta feira é un día histórico na Bretaña. Desde as 11 horas, a bandeira nacional, a Gwenn ha Du, ondeará na Casa do Concello de Nantes (Naoned, en bretón), un simbólico paso máis cara á arelada reunificación do país. A cidade dos Duques da Bretaña é capital de Loire-Atlantique, departamento dentro da rexión do País do Loira e separado dos outro catro que actualmente conforman a rexión administrativa francesa da Bretaña. A nación histórica (Breizh, en bretón, que se divide en nove territorios ou broioù) tamén inclúe Loire-Atlantique. A separación remóntase á época da ocupación nazi. Desde entón, e especialmente a partir da década de 1970 coas primeiras manifestacións cidadás, a reunificación dos cinco departamentos ─e a reclamación de maior autonomía e mesmo a independencia─ é un asunto capital para o nacionalismo bretón. O tema regresou nos últimos meses á mesa do debate político. En febreiro o presidente do Consello Rexional da Bretaña, o socialista Loïg Chesnais-Girard, presentaba unha emenda para reservar 100.000 euros do orzamento co fin de organizar un referendo sobre o reagrupamento dos cinco departamentos baixo unha única entidade administrativa. E a comezos de xullo Chesnais-Girard recibiu o informe elaborado polo grupo de traballo encargado de elaborar unhas pautas de colaboración "dentro da perspectiva dunha reunificación". Entre estas figuran a necesidade de convocar unha consulta popular, mais tamén aumentar a presenza da marca Bretaña en Loire-Atlantique. O apoio máis importante, non obstante, chegou do outro lado da fronteira. Tras a súa reelección o verán pasado como alcaldesa de Nantes, a tamén socialista Johanna Rolland designou por vez primeira un asistente para "temas bretóns", cargo que ocupa Florian Le Teuff, militante do movemento pola reunificación. Rolland recibiu a axuda da Unión Democrática Bretoa (UDB, nacionalista socialdemócrata) nas eleccións municipais deste ano. A creación desta figura e mais a colocación da Gwenn ha Du no Concello foron condicións para o seu apoio. Foi na xuntanza que mantiveron en outubro Rolland, Le Teuff e varias asociacións co fin de acordar "accións para a promoción da lingua e da cultura bretoas", segundo informou en Twitter a alcaldesa, que se decidiu que a bandeira ondease fronte á Casa do Concello a partir da primeira quincena de decembro. O izado finalmente será mañá e faise coincidir, explicou Johanna Rolland nas redes sociais, "co 50º aniversario, tan simbólico, do primeiro concerto de Tri Yann", grupo de folk bretón, orixinario de Nantes e o máis lonxevo da Bretaña. "Símbolo cívico" A asociación A la Bretonne!, nacida este ano para pular pola reunificación, felicitou a alcaldesa nun comunicado e salientou que a bandeira bretoa é un "símbolo cívico" que transmite unha "imaxe positiva, amigábel, festiva e de apertura ao mundo". Pierre-Emmanuel Marais, deputado da UDB, sinalou que un terzo dos concellos do Loire-Atlantique "xa enarboran esta bandeira". Ademais, salientou a predisposición de Rolland ao debate da reunificación. "O noso programa prevé que se leve a cabo un debate no Concello para solicitar ao Estado un referendo sobre este tema", lembrou. A UDB presentouse ás eleccións rexionais de 2015 canda o Movemento Bretaña e Progreso (MBP) na coalición Oui la Bretagne (Breizh evel just). O nacionalismo bretón traballa para aglutinar o voto baixo un mesmo paraugas nos próximos comicios rexionais e departamentais convocados para marzo de 2021.
PRAZA_862
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acollee a denuncia presentada pola Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe contra a xestión do lixo por parte de Sogama e o Goberno galego.
O Parlamento Europeo vén de admitir a denuncia contra a política de residuos da Xunta. A presidenta da Comisión de Peticións da Eurocámara, Cecilia Wikström, comunicóullelo xa aos grupos da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, que foron informados desta admisión a trámite da denuncia contra o Goberno galego e Sogama por incumprir a lexislación comunitaria de residuos. Logo de que en maio de 2013 o PP en solitario rexeitara debater a ILP pola reciclaxe e contra a incineración, a práctica totalidade do ecoloxismo galego acudiu a Europa para "denunciar a política de residuos da Xunta-Sogama" e solicitando ademáis á Comisión Europea que "abra unha investigación pola situación do tratamento de residuos en Galiza". A denuncia solicita que se abra unha investigación en Europa polo tratamento dos residuos en Galicia "Trátase dun importante chanzo na loita por termos unha saúde e un ambiente máis limpos", di a plataforma, que lembra que "a incineración e o vertido que practica Sogama, coa beizón da Xunta e o seu Plano de Residuos, alén de incumprir tres Directivas europeas (de Vertido, de Envases e Marco de residuos), coloca a Galiza á cola da reciclaxe en Europa e está a supoñer unha enorme lousa económica para moitos concellos. As organizacións integradas na plataforma solicitan na denuncia ao Parlamento Europeo que avalíe negativamente o vixente Plano de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia "por non ser conforme á xerarquía de residuos. ao principio do poluidor-pagador e á promoción de medidas de prevención e preparación para reutilización e a reciclaxe". Ademais, reclama tamén que cualifique as instalacións de Sogama "como instalacións de eliminación e non de valorización", tendo en conta que a eficiencia enerxética está no rango de 0,25 a 0,32, polo tanto moi inferior ao valor mínimo de 0,6 establecido pola Directiva 2008/98/CE. O ecoloxismo galego reclama que se cualifique Sogama como instalación "de eliminación e non de valorización" Ao tempo, solicita á Eurocámara que "rexeite unha nova planta incineradora e a notificación de que no ámbito de Galiza o cumprimento dos obxectivos de xestión da normativa europea requiren incrementar a prevención, a reutilización e a reciclaxe e reducir a incineración e o vertido" e que "rexeite calquera financiamento de medidas, actuacións ou instalacións relativas á xestión de residuos que non se correspondan estritamente aos obxectivos de prevención e preparación para a reutilización e a reciclaxe". A plataforma pide "medidas sancionadoras" para a Xunta polas actuacións en materia de residuos nos últimos anos Por último, solicita que adopte "medidas sancionadoras" para a Xunta polas actuacións en materia de residuos nos últimos anos e que serían "contrarias aos obxectivos establecidos" en catro directivas europeas, así como polo uso de fondos comunitarios para financiar a eliminación de residuos. Do mesmo xeito, pide que se lle esixa ao Goberno galego "revisar o modelo centralizado de xestión dos residuos" en Galicia, habida conta da "ineficiencia dos programas de recollida selectiva no ámbito Sogama", en particular do programa de recollida de residuos de envases, que presenta unha moi baixa eficiencia (7,4% de recuperación en 2011) e un moi elevado custo económico e consumo enerxético (de máis de 132 kg de gasóleo por t de residuos de envase recuperados, só na recollida e transporte). A Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe está integrada por: Adega; Amigos da Terra; Federación Ecoloxista Galega (cos grupos Adega, Adeno, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verboxido, Verdegaia e Xevale); Sociedade Galega de Historia Natural; Verdegaia; Organización Galega de Comunidades de Montes veciñais en Man Común; Partido da Terra; Esquerda Unida; Sindicato Labrego Galego; EQUO Galicia; Colectivo Cidadán Anacos da Cidade; Acción Verde Galicia
QUEPASA_291
Ter sempre a disposición un vehículo é moi importante para os quefaceres diarios. Debido a iso, ter en bo estado a carrocería ou actualizar o coche cada certa cantidade de tempo, tamén é algo que o usuario debe ter en conta sempre á hora de circular. A tecnoloxía avanza e os cánones de seguridade se actualizan, por iso, a continuación traemos unha serie de aspectos que debes ter en conta de cara á túa próxima adquisición
Os mellores vehículos de ocasión en Galicia Con máis de 24 anos de experiencia, o Grupo Breogán é unha empresa que se dedica á compra e venda de vehículos en Galicia. No seu sitio web grupobreogan.com/vehiculos-de-ocasion, podes atopar os mellores coches usados, taxados ao mellor prezo de venda do mercado, estes atópanse totalmente revisados e o seu excelente funcionamento está garantido. Agora ter o teu próximo vehículo de segunda man nun estado impecable xa é unha realidade. Por tan só 7.600€ podes adquirir, por exemplo, un Seat León 1.6 Style de 105 CV, un coche de tres portas ideal para moverse a diario pola cidade. Tamén podes adquirir un espectacular Toyota CHR Advanced por un prezo de 19.900€. Esta vehículo de cinco portas, modelo 2016, é unha opción versátil ideal para viaxar pola estrada e gozar en familia. Con este concesionario online, agora comprar por internet é rápido e sinxelo, polo que obter o teu próximo vehículo está a só un clic. O vehículo que revolucionou o mercado O espectacular vehículo Mazda 3 2020 de sétima xeración lanzouse ao mercado para levar a marca ao seguinte nivel. Este coche comparte a tecnoloxía e seguridade do Mazda CX-8, ademais conta cun prezo único para axudar aos usuarios a obter un nestes momentos de pandemia por coronavirus. O coche vén en varios modelos, entre os que destaca a súa versión deportiva. Estamos ante un coche sumamente cómodo e agradable de conducir. Cun motor 1.8 turbodiésel de 116 CV de potencia, e tanto con cambio automático como manual, o Mazda 3 2020 é unha máquina que destila potencia e agresividade. Por outra banda, no interior vén cunha interfaz multimedia e cunha pantalla táctil compatible con Apple CarPlay e Android. Ademais, o vehículo foi deseñado tendo en conta a linguaxe de cóbado, polo que estamos falando dunha máquina cunha tecnoloxía moi avanzada. Como se pode apreciar en mazdamiennam.com, o espazo do Mazda 3 é moi detallista e conta cunha disposición dos mandos que podería definirse como clásica. En relación ao motor, este Mazda 3 ten opción de motorización de 1.5L e de 2.0, polo que as opcións para elixir e o seu equipamiento son variadas. A marca xaponesa lanzouse ao mercado en dez versións, sendo cinco deportivas e cinco sedán, polo que hai tantas alternativas como gustos dos usuarios. Pero si falamos da condución do Mazda 3 2020, estamos ante un coche que responde á perfección co volante e que está fabricado para adaptarse a todo tipo de público. Os mellores electroventiladores para o teu coche Para manter a temperatura do motor do teu automóbil debes contar cun electroventilador que funcione correctamente. Para comprar un electroventilador online pódelo atopar aquí, no mellor espazo dixital dedicado á venda de repostos para o teu vehículo. Moitos descoñecen que existe un mercado paralelo de repostos onde é posible comprar as pezas que poidan facer falta para o teu vehículo a un prezo moi competitivo. Estes recambios proceden de coches dos mellores fabricantes e son compatibles con todas as marcas do mercado, polo que a súa calidade está garantida. No caso do electroventilador, trátase dun accesorio que axuda ao sistema de refrigeración do motor, sendo a súa función a de baixar a temperatura do líquido refrixerante cando o necesita. A finalidade do electroventilador é que o motor traballe dunha forma eficiente e non se sobrequente o mesmo, motivo polo que resulta imperativo proceder con esta compra.
PRAZA_6012
O Movemento Galego da Saúde Mental celebrou unha xornada de debate con profesionais, expertos legais, sindicatos, afectados e familiares. Alertaron dos prexuízos causados polos recortes, pola perda de dereitos laborais e pola reforma do Código Penal.
A calidade asistencial no ámbito da saúde mental está en risco en Galicia, nomeadamente por mor dos recortes decididos nos últimos anos polo Goberno, polas redución dos dereitos laborais dos profesionais sanitarios, e tamén polo anteproxectos de lei de reforma do Código Penal. É a principal conclusión da xornada de debate que o pasado sábado celebrou en Compostela o Movemento Galego da Saúde Mental e na que participaron ao redor de 200 persoas, entre profesionais, expertos legais, sindicatos, afectados e familiares, baixo o lema "Unidos para defender o dereito a un futuro con saúde". Convocouse a todo o sector a organizar diferentes actos reivindicativos de cara ao 10 de outubro, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental Nas cinco mesas de debate temáticas que ocuparon as sesións de mañá e tarde sinaláronse "as graves consecuencias" que a actual situación está provocando para as persoas con enfermidade mental e as súas familias, que reclamaron un papel máis activo na asistencia. Así mesmo, subliñouse "a falta de planificación na reforma dos hospitais psiquiátricos" e denunciouse "que se están a seguir criterios económicos e non clínicos desde a Administración". As consecuencias na sociedade deste deterioro na calidade asistencial provocado pola diminución de recursos, destaca o Movemento nas súas conclusións, "son graves e visibles e ocupan primeiras planas dos xornais". O MGSM establece "un vínculo evidente entre a suba das cifras de suicidio" en Galicia e o contexto económico, "agravadas aínda máis pola falta de medidas sanitarias e sociais que podan paliar situacións de estrema desesperanza e necesidade". Finalmente, convocouse a todo o sector a organizar diferentes actos reivindicativos de cara ao 10 de outubro, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. Na Xornada denunciouse a volta ao concepto de "perigosidade social", o que implica que "recae sobre os profesionais médicos e da xustiza a responsabilidade de decidir quen é ou non perigoso", explican dende o Movemento Na xornada debatéronse tamén as consecuencias do anteproxecto de lei de reforma do Código Penal, considerado "un grave retroceso lexislativo" que afecta especialmente ás persoas con enfermidade mental, ao propoñer a eliminación das faltas e a volta ao concepto de "perigosidade social", o que implica que "recae sobre os profesionais médicos e da xustiza a responsabilidade de decidir quen é ou non perigoso", explican dende o Movemento. Ademais, denunciouse que co cambio lexislativo estaríase a vulnerar a esencia das penas privativas de liberdade, que debera ser a reinserción social e rehabilitación, substituíndo estes principios polos de segregación do diferente. Os profesionais non só non atopan nesta reforma resposta aos baleiros legais cos que se atopaban ata o momento (os da contención física) senón que se declaran "aínda máis desprotexidos". Tamén se tratou a polémica reforma da estrutura do sistema de atención á saúde mental en Galicia, que debe implicar o peche dos vellos hospitais psiquiátricos e a inserción dos e das pacientes nos centros convencionais de atención sanitaria. Os profesionais denuncian que esta reforma "foi feita sen planificación nin obxectivos", situando como exemplo o caso do centro compostelán de Conxo. Os propios profesionais de Conxo destacaron que non teñen coñecemento da existencia dun plan para o hospital psiquiátrico, e que ao progresivo peche de camas non seguiu unha implementación de recursos comunitarios, senón que os pacientes foron trasladados a outros dispositivos residenciais, na maior parte dos casos concertados con empresas privadas, e con menor calidade asistencial. Segundo os traballadores do centro, para os usuarios que quedan no hospital non existen programas definidos, nin liñas de actuación nin directrices, máis alá do esforzo e do traballo de cada profesional individual. Os usuarios reivindicaron un papel máis activo tanto das persoas con enfermidade mental como dos seus familiares na asistencia. En moitas zonas, indicaron, non existen alternativas residenciais ou ocupacionais que non pasen polas asociacións de familiares, amosando de novo o abandono por parte da Administración. Os propios profesionais de Conxo destacaron que non teñen coñecemento da existencia dun plan para o hospital psiquiátrico, e que ao progresivo peche de camas non seguiu unha implementación de recursos comunitarios Profesionais de áreas como Psicoxeriatría e Saúde Mental Infanto-xuvenil subliñaron nas súas intervencións que nos seus ámbitos sofren os mesmos problemas "debido ao abandono institucional", xa que se atopan "desbordados e non recoñecidos, con equipos infradotados e sen planificación". Neste senso, Madó Domínguez, psiquiatra infantil, profesora de Psiquiatría da USC, que foi presidenta da Asociación Galega de Saúde Mental, salienta que "a nosa área nunca tivo moitos recursos, e na actualidade seguimos cos instrumentos e servizos que tiñamos hai moitos anos: temos unidades ambulatorias e unha unidade de hospitalización para toda Galicia". A pesar destas dificultades, Domínguez salienta "o grande éxito" que significa o feito de reunirse todos os actores do ámbito da saúde mental "nun momento no que parecía que non pasaba nada". "Posiblemente nalgunha época baixamos moito a garda, pero agora o importante é que continuemos por este camiño, organizados", conclúe. "Este investimento en tempo, en profesionais, parece que é caro a curto prazo, pero a longo prazo constitúe un aforro evidente" Madó Domínguez destacou a importancia de manter e reforzar a estrutura profesional do servizo: "este investimento en tempo, en profesionais, parece que é caro a curto prazo, pero a longo prazo constitúe un aforro evidente. É de grande utilidade que existan os fármacos que hoxe temos. Pero iso non quere dicir que se poidan descoidar aspectos da terapéutica, que requiren fundamentalmente tempo por parte dos profesionais".
NOS_27166
O ministro de Asuntos Exteriores do Reino Unido, William Hague, dixo a BBC: "Experimentamos outros métodos. Os métodos diplomáticos. Mais fallaron até o de agora". O presidente sirio Bashar al-Assad dixo ao xornal ruso Izvestia: "O fracaso agarda aos EUA se lanzan un ataque, como en todas as guerras previas que ten desencadeado, desde Vietnam até os nosos días".
Washington e Londres preparan unha acción militar e están a valorar seriamente promovela sen a autorización do consello de seguranza de Nacións Unidas. A luz verde dese organismo é imposíbel, dado o poder de veto que ten sobre el Moscova. O goberno Putin alertou hoxe sobre as "gravísimas consecuencias" que decorrerían dunha intervención occidental no país árabe. Informa The Guardian que Amman, a capital de Xordania, está a piques de acoller unha cimeira militar dos aliados,en que tomarían parte por parte norteamericana o chefe do estado maior da Defensa, Martin Dempsey, e o seu homólogo británico, Nick Houghton. Norteamericanos e británicos non conceden ningún valor a que Siria permita agora o acceso de inspectores da ONU a zona supostamente afectada por un ataque con armas químicas. AMPARO LEGAL Nas súas declaracións á BBC, Hague esforzouse en enfatizar que a acción militar tería amparo legal, se ben non citou nengunha disposición que a lexitime. "É posíbel tomar accións basedas na necesidade de axuda humanitaria. É posíbel facer iso baixo diferentes escenarios. Mais calquera cousa que propoñamos facer – a forte resposta da que temos falado, sexa esta cal for- estará suxeita a consultas legais, estará en consoancia coa lei internacional", dixo o chanceler británico. Mentres, o presidente sirio voltou a negar a autoría do ataque con armas químicas. En declaracións a Izvestia, dixo: "Usaría algún Estado armas químicas ou outras armas de destrución masivas nunha zona na que están concentradas as súas propias forzas? Iso irái contra a lóxica máis elemental". Bashar al-Assad advertiu aos EUA que calquer agresión a Siria está condenada á derrota. "O fracaso agarda aos Estados Unidos, como en todas as guerras que ten desencadeado, desde Vietnam até os nosos días".
NOS_3970
O equipo herculino de Viaxes Amarelle viaxará até Gran Canaria para xogar contra un rival directo cun historial deportivo semellante.
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, afronta o segundo desprazamento da tempada, e farao nunha viaxe longa para visitar o Gran Canaria Teldeportivo (hoxe ás 19 horas). As das illas son rivais directas e recentemente ascendidas, igual que a escuadra laranxa. Viaxes Amarelle e Poio loitarán pola Copa galega infantil feminina de fútbol sala O conxunto herculino estivo traballando durante esta semana sabendo que os puntos poden dirixir as seguintes xornadas da competición. O equipo galego vai recuperando xogadoras, aínda que seguen sendo baixa para esta xornada Ronsel Canteiro e Carlita. O técnico viveirense do Amarelle convocou para esta viaxe as porteiras Leti Vermello e Nerea Ramallo, así como as xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Khrystyna Stepanenko, Marta Hermo, Daryna Tkachenko e Laura Rivas. O encontro será emitido a través de streaming por unha plataforma propia da Real Federación Española de Fútbol. Traxectorias semellantes no fútbol sala feminino O rival tivo unha traxectoria semellante á do equipo coruñés. Ascendeu esta tempada á elite do futsal feminino, tras un paso rápido pola segunda categoría estatal a pasada campaña, da mesma maneira que fixeron tamén as herculinas. O conxunto das Palmas volveu á elite do fútbol sala feminino tras unha gran campaña na Segunda RFEF Futsal Feminina na que foron líderes do seu grupo con gran solvencia. Xa na nova tempada na Primeira RFEF Futsal Feminina, e malia ceder unha derrota na primeira xornada fronte ao vixente campión de liga, no seguinte partido conseguiron unha importante vitoria por 0-2 en casa do equipo madrileño do Móstoles FSF. Cidade das Burgas e Viaxes Amarelle queren volver á elite Ambos os dous equipos coincidiron tamén na tempada 2020-2021 na Primeira RFEF Futsal Feminino e nos encontros que ambos os dous equipos disputaron nesa tempada, a vitoria sempre caeu ao lado herculino, aínda que sempre con partidos moi disputados. Porén, segundo fontes do club, as xogadoras laranxas sairán á cancha dispostas a voltar cun resultado positivo. Diante terán un equipo que demostrou, nas dúas primeiras xornadas, unha gran solidez defensiva e unha boa actuación da súa porteira baixo paus.
NOS_32106
Inaugúranse esta semana, na Cidade da Cultura e no Museo do Pobo Galego, as dúas primeiras mostras que conmemorarán o centenario do nacemento de Granell. Serán en total seis exposicións as que abrirán as portas este verán para homenaxear ao creador surrealista.
Nesta semana inaugúranse as primeiras das seis exposicións que ao longo do ano celebrarán o centenario do nacemento de quen foi o maior expoñente galego do surrealismo. Dende hoxe mesmo pode visitarse a exposición "O encontro na poética de Eugenio Granell", na Cidade da Cultura, e na cuarta feira abrirá as portas a mostra que, no Museo do Pobo Galego, nos achegará á colección étnica do artista. Serán en total seis as instalacións que, en diferentes centros culturais de Compostela, renderán tributo a Granell. Expostos por primeira vez A exposición situada no Arquivo de Galicia, no Gaiás, reúne un total de 114 pezas do artista datadas entre os anos 40 até a súa morte, e entre as que podemos encontrar debuxos, óleos, gouaches, construcións, obxectos e fotografías. Entre elas, exhibiranse pezas de especial valor, como o caderno de debuxos realizados no 39, xa no exilio francés, e tamén obxectos persoais nunca antes amosados en público, como o cinceiro con forma de caveira atopado en Madrid, no oco dunha bomba da Guerra Civil. A mostra xira ao redor da idea de encontro. O encontro como momento no que o creador ha de enfrontarse coa obra e tamén o encontro con eses elementos que nun determinado momento actúan como detonante do acto creativo. Tamén o encontro coa política, co conflito e coa traxedia, e coa perda, que transpira na obra "La elegía por Andrés Nin", sobre o horror do 36. Ou a converxencia, que a mostra tamén recolle, con persoeiros, como André Bretón ou Marcel Duchamp, que marcarían a súa vida e o seu discurso artístico.A colección etnográfica de GranellO Museo do Pobo Galego acollerá, deste esta cuarta feira, o máis representativo da colección étnica de Granell. O artista compartía, ao igual que outros compañeiros surrealistas, unha percepción do obxecto similar ao das culturas étnicas, que lle atribúen a máscaras, esculturas e outros obxectos un espírito propio que mesmo é quen de transformar a quen o porta.A finais de xuño, o Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, estreará a terceira das mostras a el dedicadas, "O surrealismo hoxe". Ganduxará un percorrido cronolóxico pola súa traxectoria artística, con eixo na súa faceta de pintor, que reunirá ademais pezas doutros artistas que hoxe en día manteñen acesa a chama creadora do surrealismo.En xullo, abrirán as portas as outras tres exposicións previstas para a conmemoración do centenario. Na sede de NovaCaixaGalicia, e dende o 5 de xullo, poderemos achegarnos á produción de Granell hoxe en día en mans de distintas coleccións institucionais galegas. O día 13, o CGAC presenta a obra cinematográfica de Granell, a parte da súa produción máis descoñecida. E xa a partir do día 19, e no Auditorio de Galicia, será revisitada a etapa do artista en Centroamérica. A exposición amosará, a través da produción artística de Granell en República Dominicana, Guatemala e Puerto Rico entre os anos 40 e o 56, a súa fascinación polas culturas ancentrais do trópico.
NOS_56969
A cita terá lugar este ano do 18 ao 22 de abril en Pontevedra. Manterá a organización en tres quendas de actividades diarias.
A Aula Castelao de Filosofía presentou onte a programación da XXXVIII edición da Semana Galega de Filosofía, 'Filosofía e Contrahexemonías'. O presidente, Alexandre Cendón, sinalou que o cartel contén "como sempre unha obra de Castelao", neste caso "unha ilustración de Galiza Mártir" por representar "a loita contra a hexemonía vixente en aquel momento". Mañás: 'Pensar as contrahexemonías' O relatorio de apertura do 18 correrá a cargo de Atilio Borón que falará da actual guerra en Ucraína. A intervención do día 19 será a do fundador de Podemos, Carlos Fernández, que centrará o seu relatorio "na defensa do legado da ilustración". Para o día 20 está previsto o relatorio de Abraham Rubín sobre "o pensamento e que liñas se forxan no mundo occidental". As últimas xornadas serán para Óscar Horta e "a moral animalista" e para Raquel Cardeira que falará "do traballo e o capitalismo". Tardes: 'A Galiza e as Contrahexemonías' As tardes comezarán o días 18 con Pepe Cabido, que propón vías para "transitar da masculinidade hexemónica a unha masculinidade diferente, disidente ao sistema patriarcal". Continuarán o día 19 con Anxo Quintela que falará das dinámicas laborais na práctica xornalística. O día 21, Montse Fajardo abordará a "necesidade de ruptura do silencio hexemónico que nega o dereito á propia historia" e fechará as tardes o día 22 Tiffany López, reflexionando sobre o ensino "como ferramenta fundamental de autocoñecemento persoal". O día 20 será en formato mesa redonda con integrantes de movementos sociais que debaterán sobre "Formas de organización e praxe contrahexemónica" Noites: 'Perspectivas Contrahexemónicas'. Os relatorios das noites comezarán a primeira xornada con Jule Goikoetxea que propón que "non hai discurso universal e neutro". O segundo día Olga García falará da defensa da escola como servizo público. O terceiro, Ricardo Antúnez, disertará sobre pandemia e mercado de traballo. O penúltimo día intervirá Najat El Hachmi, que defende o Feminismo inclusivo, e rematará a Semana Victoria Sendón creadora da Fundación Matria.
NOS_26624
A conmemoración tiña que ser, por obriga, a través das ondas. Tres horas de radio ao vivo festexarán os 20 anos de Ponte... nas ondas!, un proxecto de comunicación, cultura e encontro de Galiza e Portugal.
Abríase a ponte entre Salvaterra de Miño e Monção e, ao tempo, unha ducia de centros educativos das dúas beiras do río desenvolvían unha xornada de radio interescolar á que puxeron de nome "Ponte... nas ondas!". Marzo de 1995 chegaba ao seu fin e inauguraba unha iniciativa á que lle quedaba un futuro próspero, con multitude de proxectos de encontros persoais, de defensa do patrimonio común, de dinamización escolar e de confianza nunha cultura con tradición que podía entusiasmar ás novas xeracións de rapaces e rapazas da Galiza e Portugal. O río Miño pasou de ser fronteira a ser ponte dun encontro do que se cumpren agora dúas décadas. Esta sexta feira, 27 de marzo, "Ponte... nas ondas!" rememorará aquela data fundacional e celebrará vinte anos dunha historia da que queda pegada en moreas de propostas e proxectos e tamén na memoria dos milleiros de persoas que participaron da iniciativa en todos estes anos. A Casa da Cultura de Salvaterra do Miño, o mesmo escenario daquel primeiro encontro, acollerá unha xornada especial na que se descubrirá unha placa conmemorativa e se desenvolverá un programa de radio especial con participantes e persoas colaboradoras da experiencia en todos estes anos de historia. Tres horas de radio e homenaxe Serán tres horas de radio, de 16:00 a 19:00, nos que de novo se volva sobre aqueles obxectivos iniciais, o primeiro deles, establecer a comunicación entre mozas e mozos do Norte de Portugal e Galiza que está no xermolo daquela asociación de ensinantes de ambas beiras do río que botaron a andar a iniciativa. Varias publicacións, a presentación da candidatura diante da Unesco -que agora retoman- e o recente premio Ondas do pasado ano son algúns dos fitos desta historia que recoñece un pasado común coa mirada posta no futuro. Entre eles, a edición do disco Meniños Cantores, hai dez anos, e a elaboración dun videoclip sobre a ponte máis antiga entre Galiza e Portugal que une Valença e Tui no que participaron máis de 500 mozos e mozos converteuse no himno de Ponte... nas ondas!, aquel "Máis perto" que compuxeron Uxía e Segundo Garándoo. Cinco anos despois, o congreso "Pontes de Cultura, Pontes de Futuro", suporía outro dos momentos centrais dunha historia que viviu o pasado ano un novo episodio, a conmemoración da 20ª edición da xornada radiofónica desde o auditorio central da Universidade de Vigo. Daquela conseguiron implicar máis de 60 centros educativos e máis de 15 estudios de radio locais e escolares. Vídeo "Os amores que o Minho separa" realizado polos alumnos do CEIP Leirado (Salvaterra) e da Escola Preparatoria de Monçao:
NOS_3879
O Concello inicia o expediente de finalización de contrato e suspensión da Feira Taurina. Un paso que supón o cumprimento dun dos compromisos electorais da Marea.
A Coruña dá un paso histórico e prepara o camiño para poñer fin ás touradas. O goberno local iniciou o expediente de finalización de contrato e suspensión da Feira Taurina, un evento no albo de non poucas críticas desde hai anos. O Concello coruñés entende que hai razóns de interese público que xustifican a candelación da feira, como evitar o maltrato animal. Mais tamén hai motivos económicos, como apuntou o propio alcalde, Xulio Ferreiro, que sinalou que as toruadas levaban tempo sen ser rentábeis para a cidade e que compensa máis pagar a indemnización por rescindir o contrato coa adxudicataria. A intención primeira do executivo é chegar a un acordo coa empresa sobre a indemnización económica que recibirá a empresa. Ferreiro calcula que serán uns 10.000 euros, dos 60.000 que supuña para o Concello. A Feira taurina estaba prevista para os días 1 e 2 de agosto, no marco das Festas de María Pita. Deputacións contra as touradas Desde Galiza mellor sen touradas (GMST) lembraron o acordo asinado por PSdeG e BNG para a gobernabilidade das deputacións provinciais inclúe un apartado específico onde se se comprometen ambos dous partidos a non subsidiar espectáculos tauromáquicos. "Na práctica isto suporá a eliminación das inxentes transferencias que a Deputación de Pontevedra fixo para mercar entradas, e regalalas posteriormente, por exemplo, pero tamén para colocar publicidade no coso de San Roque, entre outros soportes económicos". Así @s abolicionistas galegos subliñan que a decisión do Concello da Coruña de rescindir o último ano de concesión que lle restaba á empresa promotora das touradas, e que suporía un desembolso de 100.000€ entre a cesión e adaptación gratuita das instalacións municipais, "pode servir para abrir o debate sobre a posibilidade de iniciar unha Iniciativa Lexislativa Popular, para a que se precisaría un mínimo de 15.000 sinaturas e que trasladaría a abolición ao campo parlamentar". O Pazo do Hórreo xa tivo que falar de touradas en dúas ocasións na actual lexislatura. Primeiro cunha Proposición de Lei promovida polo BNG e que foi rexeitada cos únicos votos do Partido Popular, no ano 2013 e que supuxo a primeira proposta destas características na historia da cámara galega. Dous anos máis tarde deputadas de AGE voltaban promover o debate, cun idéntico resultado na votación de toma en consideración.
NOS_41563
A alcaldesa de Barcelona mantén unha posición de ambigüidade calculada: por un lado, afirma que ten "plena disposición" a facilitar que o referendo se fará; por outra, indica que non vai pór en perigo nen a institución nen as e os funcionarios municipais, apercibidos polo Tribunal Constitucional para non tomaren parte na consulta.
Ada Colau continúa a ser unha das pezas chave do 1-O. Barcelona é central na política catalá e o que vaian facer os comúns desde o goberno local pode acabar desequilibrando a partida que libran neste momento o bloco soberanista e o Estado español. A dirección de Catalunya en Comú non foi quen de tomar unha decisión sobre o sentido de voto no referendo e desprazou a responsabilidade ás bases, que se pronunciarán esta semana a meio dunha consulta telemática a realizar entre a terza e a cuarta feira. Está previsto que o resultado se coñeza o 15S. En todo caso, os comúns continúan a negar á consulta o carácter de referendo e reférense a ela -mesmo no texto da pergunta ás súas bases- como unha mobilización. Colau si que recoñece a autoridade do TC sobre Catalunya, a diferenza du bloco soberanista que nega toda lexitimidade á instancia xudicial española e pon a Lei do Referendo por diante Esta segunda feira, após a oferenda ao monumento de Rafael Casanova, Ada Colau atendeu os meios e deixou unha mensaxe ambivalante. Disposición a participar no referendo, si, mais petición de garantías para non seren punidos nen concello nen funcionarios por parte do Tribunal Constitucional. Isto último é especialmente relevante, pois Colau si que recoñece a autoridade do TC sobre Catalunya, a diferenza du bloco soberanista que nega toda lexitimidade á instancia xudicial española e pon a Lei do Referendo por diante. Colau dixo que "irá falando" coa Generalitat para ver "de que xeito se pode facilitar que todo o mudo se poda expresar con liberdade" o 1-O. O referente dos comúns censurou, aliás, a intervención da Garda Civil na redacción de El Vallenc -considerouna "vergoñenta"- e chamou a Rajoy a que "non se agache tras xuíces e fiscais" e a que, no canto das respostas represivas, opte por "escoitar o pobo de Catalunya".
NOS_49130
A UDC celebra o 25 aniversario da súa creación nun momento complicado polos recortes, que fixeron baixar o número de alumnos a niveis dos anos 90. Con todo, a institución xa está máis que consolidada.
"A Universidade da Coruña foi quen máis fixo pola igualdade de oportunidades e polo acceso á educación superior nestes 25 anos". Con esta reivindicación do propio traballo defende o reitor da UDC o labor desenvolvido pola institución no últimos cuarto de século, efeméride que agora celebra con distintos actos, que foron desde os máis solemnes até o máis festivos, como o concerto que Os Diplomáticos de Monte Alto ofreceron o pasado xoves na Facultade de Socioloxía, pero que tamén abranguen outros eventos como a Semana do Deporte, a Xornada sobre Linguas que terá lugar a finais deste novembro ou antes unha xuntanza de Observatorios Universitarios de Emprego ou o Foro Xuventude en Movemento. Está máis que consolidada a UDC após dúas décadas e media que fixeron realidade o que moitos analistas consideran a decisión de máis longo alcance de todas as que tomou a Xunta de Galiza que durante media lexislatura (1987-1989) estivo presidida en tripartito polo socialista Fernando González Laxe, que puxo fin ao monopolio compostelán ao crear tamén as universidades da Coruña e Vigo, un feito de gran alcance local, que cambiou certos modos sociais pero que Armesto defende agora que a crise volveu poñelo en dúbida: "Non hai demasiadas universidades públicas, pero hai que pensar en clave de sistema e seguir traballando na cooperación e na colaboración entre as entidades". A descentralización universitaria fixo crecer ao alumnado e provocou certo cambio en determinados costumes A descentralización fixo que de 60.000 alumn@s, Galiza pasase a case o dobre en poucos anos. Pasaron xa anos desde iso. Agora a situación é complicada, marcada pola aplicación da protestada Lei Boloña, as protestas da comunidade universitaria e os recortes. Para alén dos problemas económicos a todos os niveis, que tamén afectan ao acceso ao ensino superior. A propia Universidade da Coruña ten agora un 25 por cento de alumn@s menos que a finais da década dos noventa. Pero, en todo caso, son uns 15.000 na actualidade na Coruña e uns 3.000 en Ferrol. "O balance destes 25 anos é moi positivo", sinalou o reitor, que no acto que abría o curso -con Núñez Feijóo ao seu carón- reafirmou o "compromiso coa universidade como servizo público insubstituíbel como factor de xustiza social". Vai para 25 anos.
NOS_35577
Acordo de última hora e de madrugada en Bruxelas entre a UE e Chipre. Os depósitos de menos de 100.000 euros ficarán indemnes, grazas á presión popular e ao voto contrario do Parlamento de Nicosia ás condicións do resgate. O acordado onte supón que o resgate a Chipre -10.000 millóns de euros- será financiado basicamente polos depósitos superiores aos 100 mil euros. Na práctica, o que se resgatan son os bancos chipriotas e quen asumirá a parte do león da factura será o capital ruso investido na illa mediterránea.
A quinta parte dos depósitos bancarios en Chipre, arredor de 20.000 millóns de euros, son de orixe rusa. Boa parte deles proceden de redes mafiosas, tamén da oligarquía que se fixo multimillonaria coa privatización das empresas públicas da antiga URSS. O acordo entre Bruxelas e Nicosia representa un duro golpe para os intereses rusos. En realidade, será o diñeiro da mafia e da oligarquía rusa o que pague a parte do león das débedas dos bancos chipriotas cos prestamistas internacionais, basicamente bancos alemás e franceses. Unha transferencia de renda de Rusia cara aos Estados centrais da UE. Fontes próximas ao Goberno de Moscova mesmo anunciaron accións, que non concretizaron, de retaliación contra Bruxelas, ou sexa, de vinganza. Moscova vai procurar formas de punir a Unión Europea "Moscova vai procurar formas de punir a Unión Europea. Hai un grande número de empresas alemás a operar na Rusia. Pode acontecer que lles conxelen os bens, ou que estes sexan taxados", afirmou nese sentido Alekxander Nekrassov, ex conselleiro do Goberno ruso en declaracións a The Guardian. Ficarán isentos do pagamento dunha quita (da confiscación dos aforros) a inmensa maioría dos depositantes, aqueles que teñen menos de 100.000 euros nos bancos chipriotas. Isto é produto sen dúbida da intensa reacción popular contra o resgate. Tan intensa que levou mesmo ao Parlamento de Chipre a votar contra as condicións acordadas en primeira instancia polo Executivo da Illa mediterránea con Bruxelas. Votaron en contra até os deputados da maioría gobernamental. De acordo coas condicións que trascenderon do convenio acadado onte entre Bruxelas e Nicosia, Chipre vese obrigado a liquidar o seu segundo maior banco, o Laiki, e a reestruturar o Banco de Chipre. "O futuro será duro para a poboación chipriota", asegurou Oli Rehn. Pola contra o presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, asegurou ao rematar as negociacións que con condicións tan duras chegou a pensar que o obxectivo era facelo dimitir.
NOS_45570
Detectaron este elemento no IES Pedro Floriani, o CEIP de Cedeira e a EEI de Cesantes.
A Federación de Anpas de Redondela denunciou esta quinta feira, a través dun comunicado, o "estado de descomposición e erosión" que presenta o amianto visíbel dentro das instalacións do IES Pedro Floriani, o CEIP de Cedeira e a EEI de Cesantes. Estes tres centros de ensino, afirman no escrito, "están cheos de amianto". "No caso do IES Floriani e o CEIP de Cedeira puidemos comprobar que está en moi mal estado, pois desde que se construíron a principios da década dos 80, o amianto xa ten superado a súa vida útil, polo que é friábel; é dicir, que está descompoñéndose", sinalan. As vítimas do amianto na Galiza urxen a creación do fondo estatal de compensación Esta cuestión xa lla trasladaron á Consellaría de Educación en reiteradas ocasións, sen que o Goberno galego tomase medidas para solucionalo. "Xa son varios anos advertíndoo", afirman. A última vez foi no consello escolar municipal decorrido o pasado 29 de marzo, unha reunión na que, aseguran, o alumnado informou Inspección da presenza de amianto. As Anpas aluden ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) no que atinxe ao amianto —pide a súa supresión— e mais os seus efectos, xa que é considerada unha substancia canceríxena especialmente perigosa: "Un cancro asociado exclusivamente ao amianto ten unha mortalidade de 100%". Porén, a pesar do "grave risco" que supón a exposición ao amianto para o estudantado, a Federación expón: "Nin o xefe territorial en Pontevedra da Consellaría, nin a subdirectora xeral de Construcións e Mantemento, nin o secretario xeral técnico, nin finalmente o conselleiro [Román Rodríguez], teñen tomado, que saibamos, decisións para eliminalo definitivamente". O amianto obriga a Renfe a retirar 17 vagóns do Intercity Galiza-Euskadi "Ao contrario que a Consellaría, os equipos directivos do IES Pedro Floriani, CEIP de Cedeira e EEI de Cesantes están a traballar, e fan todo o que poden, para erradicar o amianto, pero non teñen os medios necesarios. Non está nas súas mans resolvelo completamente", lamentan. Por iso, instan Educación á "retirada inmediata", durante o paro de verán, "de todo o amianto dos centros educativos de Redondela". Aliás, fan un chamado a todas as Anpas do país "para que estuden e denuncien a presenza de amianto" en cadanseu centro. Tamén piden ao profesorado que se negue a impartir aulas "neste ambiente insalubre" e aos sindicatos e formacións políticas para "exixir responsabilidades" e "cortar de raíz" o problema.
NOS_49011
O uso da máscara durante os exames será voluntario nesta edición.
Ás 10 horas de onte comezou na Galiza a Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU), na cal participan un total de 12.661 alumnas e alumnos galegos nos sete campus, localizados nas grandes cidades, das tres universidades do país. A proba de Historia de España inaugurou esta edición de 2022 dos exames, aos que están anotados este ano 300 estudantes menos do que na pasada edición, marcada pola pandemia. A deste ano supón a primeira edición postpandemia da proba e para o seu decorrer, decidiuse deixar á elección do alumnado o uso da máscara. Aliás, tamén poderán levar, de forma voluntaria, xel desinfectante, panos de usar e tirar e bebida, que debe ser auga ou refresco en botellas transparentes sen etiquetar. Para alén diso, muda a configuración na distribución nas aulas, con só un asento de separación entre estudantes, o que permitiu reducir o número de espazos nos cales se desenvolven os exames. De todos os modos, a principal novidade desta edición da ABAU é a posibilidade de presentarse á proba con até unha materia suspensa no segundo curso de bacharelato. En caso de alumnado illado por coronavirus de forma voluntaria, se o estudante puider acreditalo medicamente, poderá aprazar as probas ao mes de xullo. Por outra parte, se o estudante mostra síntomas de Covid-19 durante a proba, será levado a unha sala onde estará acompañado por un representante do seu centro de estudos, ambos os dous con máscara cirúrxica e distancia interpersoal de seguridade. Alumnado con necesidades especiais Os estudantes con necesidades especiais ou con diversidade funcional poderán realizar os seus exames na comisión delegada no Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra ou nos centros asignados en cada campus. Este alumnado deberá solicitar ante a Comisión Interuniversitaria da Galiza (CIUG) realizar as probas con adaptacións concretas como axudas técnicas, lectura fácil ou acudir cun acompañante. "Un muro no acceso á educación" O sindicato estudantil Erguer, estudantes da Galiza, pronunciouse acerca da convocatoria á ABAU. "Máis de 12.000 estudantes realizan estes días unhas probas que determinarán o seu futuro e non imos ficar caladas ante un modelo elitista, deshumanizador e antipedagóxico que é un muro no acceso á educación", sentenciaron.
PRAZA_19423
Máis que preocuparse de baixar os impostos –que non arranxarían os problemas fiscais de Galiza- ben faría o presidente da Xunta de Galiza en traballar por un sistema fiscal mais xusto e equilibrado
"O presidente da Xunta de Galiza defende que as comunidades, como a galega, que son solventes poidan baixar os impostos …, defendo que as comunidades que somos solventes poidamos baixar os impostos" (EL PROGRESO 18 de xaneiro do 2017). Non hai goberno galego ou español que se prece que, algunha vez, non prometera baixar os impostos. De dereitas e de esquerdas. Aí están as hemerotecas para confirmalo. O último, polo de agora, foi o actual goberno da Xunta de Galiza e por boca do seu presidente -Alberte N. Feijoo- quen defende que a Xunta de Galicia (PP) pode baixar os impostos dada a súa situación de solvencia financeira. Algo que, por certo, como demostramos nun artigo anterior é falso. Algo que pon en evidencia como o presidente da Xunta de Galicia, e os seus asesores, parecen ignorar un dos conceptos mais importantes da macroeconomia, a noción da falacia de composición: "o que pode ser certo para os individuos probablemente non o sexa para a sociedade tomada no seu conxunto". Pero por se non foran suficientes as evidencias sobre o continuo incumplimento, por parte dos gobernantes españois e galegos, de este tipo de promesas –moi especialmente cando se trata do Partido Popular (PP): basta con lembrar que na súa primeira lexislatura o goberno de Mariano Rajoy, en contra do prometido na campaña electoral, rematou con moitas mais subidas que baixadas de impostos. Subidas que afectarían a todos os impostos (IRPF, IVA, Sociedades, Impostos especiais...). Ademais, cando algunha vez teñen lugar as prometidas rebaixas estas poden producir efectos contrarios aos prometidos polos gobernantes: a electoralista baixada de impostos, aprobada polo goberno do Partido Popular (PP) en visperas das eleccións xerais de decembro 2015, ademais de traer como consecuencia que non se cumprisen os obxectivos do déficit, supuxo que os cidadáns de rendas baixas non se viran beneficiados de tal rebaixa ao tempo que se cargaba aos cidadáns de rendas medias as rebaixas aplicadas ás grandes fortunas saíndo así, unha vez mais, como grande prexudicada a progresividade fiscal. Desviación aquela do déficit que, por certo, o goberno español de torno (PP) achacou as Comunidades Autónomas e a Seguridade Social en contra de todas as evidencias. Pero vexamos que fundamento fiscal podería xustificar unha baixada de impostos en Galiza tal como a defendida por A. Núñez Feijoo. E para iso que mellor que acudir ao análise das contas públicas nas dúas derradeiras lexislaturas co Partido Popular ao fronte da Xunta de Galicia. Como temos explicado noutros artigos, sendo de sobras coñecido por outra parte, a resposta da Xunta de Galicia (PP) presidida por A. Núñez Feijoo a crise financeira foi, en liña co goberno central de torno (PSOE, PP), un duro axuste fiscal (un -10% do gasto non financeiro equivalente a mais de 1.000 millóns de euros) que se centrou maiormente nas operacións de capital (investimentos e transferencias). Tal axuste –eufemisticamente chamado consolidación fiscal-, unido ao que pola súa parte aplicou o goberno central (PSOE, PP) converteron a crise financeira galega, e española, nunha grande recesión con unha moi forte caída da produción e o emprego. Dada a estrutura do sistema fiscal español (70% dos ingresos fiscais proceden das rendas do traballo quen soportan o 81% do IRPF) a recesión provocou tamén unha forte caída dos ingresos fiscais –que sería maior grazas aos xa citados desvaríos fiscais do señor Montoro-, un déficit permanente e o conseguinte crecemento exponencial da débeda pública. Un gasto –pasivos financeiros- que se dispara en Galiza un 200%, a pesares do recorte no gasto non financeiro. Resulta evidente, xa que logo, que unha baixada de impostos, como a prometida por A. Núñez Feijoo, traería de novo como consecuencia un incremento do déficit e da débeda pública disparando así os crecentes gastos financeiros. Algo, por outra parte, perfectamente evitable dada a estrutura actual do sistema fiscal español. España, e con ela Galiza, é un caso de libro de cómo os problemas fiscais derivan da estrutura do sistema fiscal e moi especialmente do sistema tributario no apartado dos ingresos. Hai que empezar por dicir, unha vez mais, que en contra do que argumentan os neoliberais non é verdade que en España (e, xa que logo, en Galiza) se pague moito en impostos. Algo que confirma a baixa presión fiscal: 34,6% do PIB fronte ao 40% de media europea e o 41,4% na zona euro. Esta evidencia supón que con unha presión fiscal equivalente a media da eurozona se poderían recadar anualmente en Galiza 3.700 millóns de euros mais. Cómpre tamén saber que Galiza é unha das comunidades europeas con maior índice de fraude fiscal pois o peso da economía somerxida está hoxe avaliado nun 24% -23% en España- que supoñen 11 puntos mais que a media na Unión Europea -13%-. Isto quere dicir que se Galiza tivera un nivel de fraude fiscal a par da media na Unión Europea a facenda pública podería ter recadado anualmente en Galiza 6.000 millóns de euros a maiores. Unha fraude fiscal que lastra a recadación e que ten a súa orixe, en Galiza, maiormente (70%) nas grandes fortunas e no narcotráfico entre os que, como é ben sabido, Alberte N. Feijoo e os dirixentes do PP teñen numerosos amigos. Estas cifras, confirmadas polos expertos, subliñan de forma contundente que os problemas fiscais en Galiza, como en España, non están nos, supostamente, elevados gastos públicos senón nos cativos ingresos fiscais. Por todo iso máis que preocuparse de baixar os impostos –que non arranxarían os problemas fiscais de Galiza- ben faría o presidente da Xunta de Galiza en traballar por un sistema fiscal mais xusto e equilibrado. Un sistema fiscal que a par que combate a fraude procura a xustiza, a igualdade e a progresividade fiscal tal como establece a propia Constitución Española (Art. 31). Un sistema fiscal tal reduciría ao mínimo os actuais problemas de déficit e débeda públicos ao tempo que non faría necesarios recortes no gasto público permitindo, por caso, financiar un estado de benestar a altura das necesidades dos galegos e impulsar políticas de emprego que evitarán que os mozos e mozas galegos/as teñan que emigrar "pra ver de ganalo". Voces autorizadas sinalan que un grande pacto fiscal permitiría aumentar de xeito inmediato un 33% a recadación fiscal o que en Galiza equivalería aproximadamente a 2.700 millóns de euros adicionais. Cantidade que, por caso, a Xunta de Galiza deixa de ingresar anualmente por falta dunha auténtica política fiscal autóctona. Unha cantidade que ben empregada –servizos públicos de benestar, políticas de emprego e infraestruturas básicas- tería inmediatos efectos económicos positivos xa que axudaría a recuperar a demanda, incrementar os ingresos públicos e, xa que logo, ir reducindo a débeda pública.
PRAZA_1167
A lei electoral restrinxe a marxe de manobra das forzas políticas para pactar os novos gobernos municipais, que terán que constituírse o vindeiro 13 de xuño.
Infografía: Así se constitúen as corporacións municipais Os axustados escenarios debuxados polas enquisas preelectorais -cuxa publicación está prohibida dende o pasado luns- dispararon nas últimas semanas as cábalas sobre o xeito en que se configurarán os vindeiros gobernos municipais en xeral e, moi especialmente, nas sete grandes cidades e nalgunhas vilas de Galicia. Neste contexto non faltan as análises que auguran longas e duras negociacións entre partidos, xa sexa por que o PP busque o apoio de Ciudadanos ou porque as forzas da esquerda tarden en concordar. Estas conversas poderán ser todo o complexas que consideren quen forme parte delas pero, en ningún caso, excesivamente longas. Como norma xeral as forzas políticas dispoñen de vinte días, nin un máis, para pactalo todo. As disposicións establecidas pola lei electoral para as eleccións municipais impiden o mantemento de longos períodos negociadores e, tamén, a reiteración de votacións para elixir alcalde ou alcaldesa. Os grupos políticos nin sequera dispoñen de marxe de manobra para fixar a data de constitución das novas corporacións municipais. Ben ao contrario, a LOREX deixa claro que, tras as eleccións do 24 de maio, os novos concellos teñen que botar a andar "o vixésimo día posterior ás celebración das eleccións", isto é, o 13 de xuño. No caso de que algún grupo "presentarse recurso contencioso-electoral" contra os resultados -impugnando o reconto dunha mesa electoral, por exemplo-, a constitución atrasaríase ao "cadraséximo día posterior ás eleccións", é dicir, ao 3 de xullo. As novas corporacións constitúense o vindeiro 13 de xuño Así as cousas, en condicións normais o 13 de xuño os novos concelleiros e concelleiras terán que acudir ás súas respectivas casas consistoriais, onde se constituirá a Mesa de Idade, formada polos edís de maior e menor idade da corporación e polo secretario ou secretaria municipal. Esta Mesa é a encargada de comprobar que as persoas que acudiron son, efectivamente, quen saíron elixidas nas eleccións e declara constituída a corporación se están presentes máis da metade dos edís. Se isto non sucedese, agardaríase dous días, ata o luns 5, e proclamaríase igualmente a constitución. Se a elección non se produce por maioría absoluta será alcalde ou alcaldesa a persoa que encabezase a lista máis votada nas eleccións Unha vez constituída a corporación chega o momento de elixir quen a preside, a alcaldesa ou alcalde. Segundo a lei poden optar ao posto "todos os concelleiros que encabecen as súas correspondentes listas". Así, se un acordo entre grupos implicase elixir alcalde ou alcaldesa a alguén que non encabezase a candidatura da súa formación, teríase que producir previamente un corremento de lista. O resultado desta votación ten que ser, forzosamente, unha maioría absoluta para poder nomear novo rexedor ou rexedora. Polo tanto, non cabe a posibilidade de facilitar unha investidura optando pola abstención. E, que acontece se ninguén obtén esa maioría? Que "será proclamado alcalde o concelleiro que encabece a lista que obtivese maior número de votos populares", isto é, da lista máis votada. Se dúas candidaturas recibiron exactamente os mesmos votos ese empate "resolverase por sorteo".
NOS_7234
O conxunto coruñés visita o sábado ao Granada co plantel sen pechar namentres que os vigueses reciben ao Xetafe, na primeira xornada dunha nova Liga.
Comeza unha nova Liga, cos dous grandes de fútbol galego outra vez na máxima categoría, despois de que o Dépor tivese que pasar un ano en Segunda mentres os celestes obtiñan a permanencia sen ningún problema da man de Luis Enrique. Regresa o fútbol e volverá o derbi galego, aínda que a tempada comeza cuns partidos de atractivo algo menor. Comeza este sábado o Dépor, que visita ao Granada. Sen o heroe do ascenso, Fernando Vázquez, no banco, após ser despedido entre grande polémica pola directiva de Tino Fernández, que apostou por Víctor Fernández, que non asinou unha boa pretempada e que chega a terras andaluzas entre dúbidas, co equipo sen pechar á espera de incorporacións. O domingo será a quenda do Celta, que arrinca en casa, contra o Xetafe. Tamén é na dirección técnica onde está a gran novidade do conxunto vigués, que tras a marcha de Luis Enrique ao Barça apostou por un clásico da casa, Toto Berizzo, que di sentirse "ansioso" ante un reto, que, ao igual que no caso branquiazul, pasa por manter a categoría. Sen pecharse a nada.
NOS_12666
O colectivo encetou unha campaña para alertar das "agresións" que padecen as persoas migrantes na Galiza e no estado. Ducias de organizacións e persoas a título individual xa se sumaron á campaña.
Félix reside actualmente na Coruña e desde hai 11 anos no Estado español. En situación de irregularidade administrativa sobrevive xunto coa súa compañeira e as crianzas de amb@s vendendo panos de papel nos semáforos. Ao mes paga 340 euros de aluguer máis os gastos. Após verse na obriga de saír da cidade froito das identificacións policiais e mudarse ás aforas, asegura non saber se poderá continuar adiante pois "as persoas sen papeis, na Coruña, non teñen dereitos". Na mesma situación atópase Peter. Ao igual que Félix, reside na cidade herculina onde unha ordenanza municipal persegue @s migrantes que venden na rúa, @s que multa por decomiso de mercadoría. "Eu teño case oito multas", explica Peter, que ascenden a 60 euros cada unha. "Non teño cartos para pagar o piso nen para comer, non sei de onde sacarei o diñeiro para pagar as multas", salienta. Alertan da perda de dereitos sociais e da persecución policial Estes son algúns dos testemuños recollidos polo Foro galego de inmigración con motivo da campaña SOS Dereitos das persoas migrantes en grave perigo. Unha acción que pretende sensibilizar a sociedade das consecuencias que están a ter para este colectivo algunhas das mudanzas lexislativas aprobadas ao longo dos últimos anos sob o argumento da crise. Desde o Foro galego de inmigración advirten --nun documento base ao que xa se adheriron ducias de organizacións, colectivos sociais e persoas a título individual-- das "agresións silenciosas e silenciadas" que padecen as persoas migrantes. E chaman a se mobilizar polos dereitos de tod@s esta cuarta feira ás 11.00h diante da Subdelegación do goberno (A Coruña). Unha concentración a cuarta feira na Coruña exixirá que as administracións garantan os dereitos das persoas migrantes No texto difundido pola equipa coordenadora da campaña SOS dereitos das persoas migrantes salienta algunhas das principais agresións padecidas por este colectivo. Entre elas a "exclusión sanitaria" daquelas que se atopan en situación irregular e que fican sen un dos "dereitos máis básicos" en termos, din, "constitucionais" e "humanos". E é que após a reforma aprobada polo Ministerio español de sanidade as persoas sen papeis non terán acceso á prestación sanitaria agás en casos de urxencia, ficando, pois, sen tarxeta nen asistencia. Asemade, continúa o documento base, o Foro Galego de Inmigración alerta da "multiplicación das redadas racistas". Unha práctica "denunciada e recoñecida polos propios sindicatos policiais" que se manifestan no noso país en forma de "identificacións selectivas en espazos públicos" como prazas, estacións de tren e autobús ou mesmo centros de saúde. Así mesmo, cidades como A Coruña e Lugo aprobaron ordenanzas municipais polas que se persegue e sanciona a venda ambulante. Medidas que atinxen especialmente as persoas migrantes que como Félix ou Peter non teñen outra forma de se buscar a vida. Tamén así, o Foro galego de inmigración denuncia na súa campaña os "casos de explotación laboral do colectivo de traballador@s migrantes" e, no concreto, "no ámbito do emprego doméstico". Unha realidade que vén a se sumar aos "recurtes orzamentarios nos servizos sociais e a desaparición práctica dos programas e recursos adicados polas administracións" a este colectivo.
NOS_6848
Presenta un currículum académico e persoal inhabitual entre quen nesta e outras eleccións optaron a chegar a Ajuria Enea. Carece de experiencia na política institucional e partidaria, aínda que sempre estivo comprometida con Euskal Herria e as loitas pola liberdade e a xustiza. Defínese como unha persoa política como deben selo todas as de esquerda. [Vídeo da entrevista realizada por Naiz.info]
Candidata a lehendakari. Laura Mintegi confesa que era «impoíbel» de imaxinar até hai uns meses. Pero, ademais, o de candidata a lehendakari non é só o título que lle outorga a coalición á que representa, senón que existe a posibilidade de que chegue a gobernar. Mintegi é a maior dos candidatos e a que mellor curriculum académico ten. É concienciuda e severa consigo mesma. Sorrí con naturalidade e é extremadamente cariñosa, educada e amábel. Unha aparencia que algúns políticos e xornalistas non parecen perdoarlle, pois sempre se empeñan en reseñar que hai un pasado de lobo baixo a súa pel. Dino quen nunca a coñeceron até fai catro días. Está sendo fácil traballar como cabeza de cartel de catro forzas diferentes? Adoito dicir que «o proxecto fainos». [EH Bildu] Non é unha suma de siglas, senón un proxecto común que se pon por encima dos intereses partidarios. É moi enriquecedor porque cada formación ten uns acentos distintos, pero que son complementarios. Creo que nos é máis doado chegar a capas amplas da poboación, porque estamos dando unha mensaxe moi plural, ofrecendo un modelo de país. Cales serán os primeiros pasos de EH Bildu se gana? Buscar acordos, non só para cuestións puntuais, senón para construír un país que ten que finiquitar primeiro este ciclo de violencia que está sen acabar e, segundo, ten que crear unha nova sociedade onde se respecte a opinión dos outros e se busquen puntos de confluencia. Creo sinceramente que somos a única garantía de poder conseguir unha convivencia despois dun proceso de violencia. Vostede desvelou a existencia dun pacto entre PNV e PSE que estes negaron... Non importa nada o que digan nin os programas, o que lles preocupa [a PNV e PSE ] é ocupar poder para facer o que viñeron facendo sempre Negárono coa boca pequena porque saben que o teñen. Isto é grave por dous motivos. Facer un acordo sen saber que forza vai ser a que solicite a confianza da poboación é unha falta de respecto á cidadanía e unha burla á democracia. Doutra banda, é grave porque están dicindo que teñen un mesmo modelo para gobernar xuntos. Non importa nada o que digan nin os programas, o que lles preocupa é ocupar poder para facer o que viñeron facendo sempre. Teñen probas do que di? Si, pero vou ser discreta e non vou dar nomes. Hai que recortar? Hai que recortar en cuestións que non teñen utilidade social e que non son prioritarias nunha situación de crise. Temos medidas a curto e longo prazo. Todo o noso programa está infestado de medidas transicionais: somos conscientes do tipo de sociedade ao que queremos chegar, pero tamén da situación actual da que partimos. Non podemos implantar unha serie de medidas agora, cando non temos competencias. Hai medidas que se poden tomar xa, como a moratoria de grandes infraestruturas e o recorte de privilexios. Que privilexios? Privilexios son, por exemplo, os soldos de parlamentarios e cargos públicos, que son desorbitados. Xa anunciamos que pediremos reducilos, como fixo Bildu cando chegou aos concellos. E, por certo, atopouse coa oposición e o impedimento doutras forzas políticas. Nalgúns casos foi imposíbel reducilos. Tamén expomos a retirada de dietas non xustificadas dos parlamentarios. As dietas, contra factura. Por exemplo, os parlamentarios non cobraban paro pero tampouco cotizan. Propomos que sexamos como o resto de traballadores públicos. E hai outros recortes que hai que facer a longo prazo, que supón avanzar cara á independencia, como son os que afectan ao Cupo. O pago do Cupo é máis que todo o orzamento da Deputación de Gipuzkoa e ese diñeiro o estamos metendo nun buraco negro Estamos pagando 813 millóns de euros ao ano ao Estado, que en gran parte van ao exército, á Garda Civil, á Casa Real, e que son os capítulos que menos recortes están sufrindo. E parte dese Cupo vai tamén ao pago da débeda ilexítima que está impedindo a creación de emprego. O Goberno de Rajoy está expondo recortes para pagar o rescate dos bancos alemáns. O pago do Cupo é máis que todo o orzamento da Deputación de Gipuzkoa e ese diñeiro o estamos metendo nun buraco negro, para pagar unha débeda impagábel, en lugar de poder investilo aquí. Como lle van a dicir a Madrid que non lle van a pagar o Cupo? O Cupo é un dos capítulos que hai que negociar con Madrid. Pero quizais, nalgún momento dado, teremos que expor unha posición de desobediencia civil ou de pase foral, algo que en absoluto descartamos. É que o Estado español tomou a opción política de pagar a débeda en lugar de facer fronte a outras necesidades, e para iso até cambiaron a Constitución, e todos os presidentes de comunidades, incluído o lehendakari, o aceptaron recentemente para as súas autonomías. Ou saímos desa dinámica ou non imos conseguir nunca reducir os niveis de paro. E non nos podemos fiar de que temos datos mellores que outras comunidades, porque estamos avanzando rapidamente no empeoramento. Se non conseguimos frear o paro e se non conseguimos que a riqueza que xeremos quede aquí, estamos nunha dinámica de naufraxio. Escoitándoa diríase que en canto cheguen ao Parlamento van expor unha declaración de independencia... Se estivese na miña man faríao. Pero todos os procesos teñen a súa propia evolución e teñen as súas fases. E a min impórtame máis facelo ben que axiña. En que fase estamos agora? Na de chegar a acordos co resto das forzas e de pór sobre a mesa un dereito [autodeterminación] que está recoñecido pola Declaración de Dereitos da ONU que o Estado español asinou e que os estados democráticos exercen. O estamos a ver. Queremos solicitar apoios nesta liña, non só porque sexamos independentistas, senón polas razóns económicas que acabo de citar. Cúmprese un ano desde o anuncio de ETA de pór fin á loita armada. Que reflexión fai no persoal e no político? No persoal, como moitas outras persoas do país, compartín unha sensación de alegría moderada. Coñecemos unha alegría de euforia uns anos antes e como vimos que aquilo non saíu adiante, todos quixemos conternos, como quen se namora pero pon prevencións a ese sentimento por medo ao fracaso. Fomos tomando confianza e seguimos coa alegría e a ilusión. Pero somos persoas maduras e vemos as dificultades. Levará máis ou menos tempo, pero isto vai terminar nunha situación de convivencia e de paz Tocáronnos os dous Estados máis reaccionarios, xacobinos e retrógrados de todo Europa. Pero tamén sabemos que isto non ten marcha atrás. Levará máis ou menos tempo, pero isto vai terminar nunha situación de convivencia e de paz. Agora, un tema tan sensíbel como o das vítimas e os presos ten dificultades. O tema dos presos está compartido por toda a sociedade. Na manifestación de xaneiro vin votantes de todos os partidos, salvo do PP e de UPyD. O Goberno español equivócase se cre que pode seguir apertando a chave neste asunto para esmagar á esquerda abertzale, porque está ferindo a sensibilidade do conxunto da sociedade vasca. E que lles di Laura Mintegi aos presos? Que estamos con elas, que estamos con eles. E o saben. Que non os esquecemos. Ás veces, co aparato de campaña, dá a impresión de que estamos a outra cousa, pero non. Estamos a iso, estamos á crise económica e estamos á construción dunha sociedade vasca libre e xusta. Que utilidade poden ter as eleccións neste proceso? O feito de que esteamos nas institucións non nos vai a sacar da rúa Van dar unha visión clara de cal é a fotografía deste país e que as sensibilidades soberanistas e de esquerdas non son marxinais, senón que están na centralidade. Por unha banda vai haber unha maioría nacionalista e tamén unha maioría de esquerda, e EH Bildu é soberanista e de esquerda e vai estar presente en todas as maiorías. O Estado español vai ter que tomar nota de que EH Bildu, esa forza que tratou de ningunear, está na centralidade de todas as maiorías. Nós temos moi claro que o tema da paz e o da crise económica son prioritarios. E non imos a parar até que consigamos un país en convivencia. Imos pór toda a carne no asador neste asunto. Vainos a ter día a día no Parlamento e na rúa, e quizais no Goberno, con estes temas de xeito permanente. Que tomen nota. O feito de que esteamos nas institucións non nos vai a sacar da rúa. Temos unha forza enorme.
NOS_2809
O ministro do Interior, Juan Antonio Zoido, vén de comunicar que a Mesa extraordinaria da ameaza terrorista, reunida este sábado en Madrid, acordou por unanimidade manter o nivel 4 (sobre 5) de alerta. Asegurou que, aínda así, reforzarán dispositivos.
O Estado español continuará no nivel 4 (sobre 5) de alerta terrorista após o duplo atentado que tivo lugar en Catalunya na quinta feira e na madrugada da sexta feira. Así o advertiu o titular do Ministerio do Interior, Juan Antonio Zoido, se ben, asegurou que reforzarán dispositivos policiais en zonas de afluencia masiva, como as turísticas. O conseller de Interior da Generalitat, Joaquim Forn, puxera de manifesto a sexta feira pola noite que o Govern catalán consideraba que non estaría xustificado aumentar o nivel de alerta a 5, un nivel que suporía a presenza do exército español nas rúas. Tampouco lle parecía razoábel a militarización aos Mossos, que na tarde da sexta feira informaron das últimas novidades a respeito do operativo policial. O nivel 4 de alerta estabeleceuse en xuño de 2015 en todo o Estado español após os ataques jihadistas de Francia, Túnez, Kuwait e Somalia e reforzárase após os atentados de París. Elevalo a 5 suporía recorrer ao exército español e á posibilidade de restricións no espazo aéreo, segundo a información do Ministerio do Interior. No caso de elevar a alerta a máximo risco, o Goberno español podería recorrer a, cando menos, 5 mil militares de reacción rápida.
NOS_34304
A decisión foi amparada polo Tribunal de Xustiza da UE, que decretou que a normativa española que exclúe das prestacións por desemprego ás empregadas de fogar é contraria ao dereito da Unión.
O xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Vigo vén de ditar sentenza no caso da empregada de fogar que reclamou poder cobrar a prestación por desemprego, e que foi avalada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), e declarou o dereito desta muller a cotizar, como empregada de fogar, pola continxencia de desemprego. O maxistrado aplicou a doutrina do TXUE que, nunha sentenza do pasado 24 de febreiro, estabeleceu que a normativa española que exclúe das prestacións por desemprego ás empregadas de fogar é contraria ao dereito da Unión. Así, tras expor unha cuestión prexudicial ante o TXUE para que se pronunciase sobre ese asunto, o titular do xulgado contencioso-administrativo 2 declarou, nunha sentenza pioneira, o dereito dunha muller para cotizar, como empregada de fogar, pola continxencia de desemprego. As traballadoras do fogar urxen dereitos laborais plenos ante situacións de auténtica "escravitude moderna" Desta forma, estimou parcialmente o recurso interposto pola afectada fronte á Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), á que condenou "a estar e pasar por tal declaración, o que supón remover sen demora os obstáculos que impidan ou dificulten ese dereito". O xuíz explica no seu fallo —contra o que non cabe recurso ordinario— que a imposibilidade da recorrente de ser beneficiaria da prestación por desemprego, no caso de que sobreveña esa continxencia, deriva da ausencia de previsión para a súa cotización. Ademais, destaca que os datos estatísticos achegados no seu día pola recorrente reflicten "que a especialidade do réxime laboral de empregadas de fogar comprendía mulleres en porcentaxes próximas a 100 % das persoas afiliadas". Por iso, subliña que esa "realidade numérica" supón "un desequilibrio relevante, que sitúa as traballadoras en desvantaxe considerábel a respecto do colectivo profesional masculino". Por outra parte, o maxistrado deixa constancia na resolución do "paradoxo" de que a Tesouraría pretendese "xustificar a carencia da acción protectora en materia de desemprego neste réxime especial no obxectivo de conservación dos niveis de emprego neste ámbito". En consecuencia, o maxistrado indica que debe ser posíbel "lograr ambas as finalidades"; é dicir, por unha parte, "a determinación legal dunha acción protectora que non se limite á garantía de continxencias como as enfermidades profesionais e o accidente laboral, senón que cubra a eventualidade frecuente e perniciosa na súa afectación económica para a traballadora, que é o desemprego", e, por outro, lograr "o mantemento e aínda aumento do emprego regular no sector, con total belixerancia a respecto das relacións laborais opacas". Na sentenza, tamén aborda "os efectos colaterais negativos" que derivan para a traballadora da existencia da limitación contida no artigo 251 da Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS), pois advirte de que "non se cinguen á ausencia da prestación por desemprego, senón que se estenden a outros que derivan do seu esgotamento ou que se supeditan a atoparse a traballadora nesa situación, asimilada á alta". O 98% das persoas empregadas do traballo do fogar son mulleres Así, "para que a traballadora poida ter acceso a determinadas axudas sociais orientadas a colectivos de desempregados, sería preciso que esgotase a prestación por desemprego, de modo que por non percibila nunca, estarán fechadas esoutras portas de protección social". "Como vemos, o desamparo social xerado pola carencia da acción protectora transcende á simple imposibilidade de percibir a prestación por desemprego e proxecta os seus efectos económicos desfavorábeis sobre a traballadora, profundando na desigualdade de trato a respecto doutros traballadores", recalcou o xuíz de Vigo. Con todo, a estimación da demanda é parcial, xa que o xuíz non admite a pretensión da recorrente de ter o dereito a cotización para cubrir o desemprego con carácter retroactivo, é dicir, desde a presentación da demanda, o 8 de novembro de 2019. O fallo indica que o dereito-deber de cotizar por esta continxencia "terá plena efectividade cando a lei o desenvolva, disciplinando o seu contido, sen que esta circunstancia supoña que a efectividade deste pronunciamento sexa meramente programática, xa que a estimación da demanda supón o acollemento dunha pretensión condenatoria da TXSS, por tanto, susceptíbel de execución forzosa no caso de que non se produza o seu cumprimento voluntario".
NOS_37820
Os docentes do centro público asinaron un comunicado no que denuncian a falta de persoal e as deficiencias educativas que isto provoca.
O profesorado do centro de ensino público IES Virxe do Mar, de Noia, emitiu un comunicado este 27 de xullo para mostrar publicamente o seu "profundo malestar, a súa indignación e o seu total desacordo" co recorte na cota de docentes asignada pola Consellaría de Educación no curso 2022/23. Máis recortes no ensino público. Comunicado do IES Virxe do Mar de Noia. pic.twitter.com/Md9xVnNY8q— O Román (@romanlandin) July 28, 2022 Os mestres e mestras deste instituto lamentan que "a perda progresiva do profesorado experimentada nos últimos cursos escolares", e en concreto de docentes especialistas nunha materia, repercutiu na aprendizaxe "de calidade" que o centro leva anos intentando impartir. Critican que desde o curso 2016/17 viron reducida en 7 profesionais a cota de docentes asignado polo Goberno galego. Destes, 3 pérdenos con respecto ao curso escolar do pasado, por xubilacións "que non se van cubrir". 7% das prazas de profesorado sen cubrir "Con máis responsabilidades asignadas, menos docentes dispoñíbeis e máis alumnado matriculado, todos podemos entender que a atención ás crianzas vaise ver reducida", denuncian no comunicado. Un mesmo mestre para Bioloxía e Educación Física Entre as situacións ás que se enfronta agora mesmo o profesorado do IES Virxe do Mar, subliñan que o profesorado que imparte Bioloxía está obrigado a dar clases tamén de Educación Física e Educación Plástica. Esta última tamén ten que ser impartida polos docentes de Matemáticas. Os traballadores públicos galegos perderon 17,49% do seu poder adquisitivo desde 2010 Outra das consecuencias da falta de mestres e mestras é que "non se poden ofertar varias materias optativas" das ofertadas en primeira instancia, polo que o alumnado debe escoller outras que moitas veces non teñen que ver "cos estudos superiores que teñen pensado estudar". "Este claustro aposta firmemente pola calidade e polo éxito educativo do alumnado. Paradoxalmente é a nosa propia Consellaría, que supostamente potencia o éxito educativo, a que está a ocasionar os atrancos que producen unha deriva negativa que non estamos dispostos a asumir posto que prexudican o alumnado, especialmente o máis vulnerábel", aseguran os docentes no seu escrito. O profesorado da pública, "farto" dos "desprezos" da Consellaría Neste sentido, os profesores e profesoras asinantes do comunicado afirman que "manterán unha actitude de resposta activa de mobilización colectiva en defensa dos intereses do noso alumnado", e deixan claro que tomarán "as medidas oportunas se a Consellaría non rectifica a decisión de reducir o número de docentes asignados ao noso centro".
PRAZA_7451
ANABAD-Galicia denuncia que as contas da Xunta de Galicia "supoñen a asfixia dos centros". O recorte da partida para adquisición de fondos bibliográficos é dun 57%, que os bibliotecarios cualifican de "dramático" e que lles "impíde cumprir a súa función principal de atención aos usuarios"
Son poucas as partidas orzamentarias que se libran das tesoiradas do Goberno da Xunta. E dende logo a Cultura é un dos ámbitos peor tratados, con descensos que roldan o 30%. E dentro das partidas da consellaría, Arquivos e Bibliotecas son dos peor tratados, con partidas que descenden case un 40% con respecto ás contas de 2012, que xa incluían grandes recortes con respecto aos anos anteriores. A partida para adquisición de fondos bibliográficos cae un 57%, o que os bibliotecarios cualifican de "dramático" ANABAD-Galicia denuncia que as contas da Xunta de Galicia "supoñen a asfixia dos centros". E salientan especialmente o recorte da partida para adquisición de fondos bibliográficos, que cae un 57%, o que os bibliotecarios cualifican de "dramático" e que lles "impíde cumprir a súa función principal de atención aos usuarios". Esta partida pasa de 1.5 millóns de euros a 650.000. En canto aos arquivos, critican que "seguen sen abordarse os problemas crónicos de falta de espazo que lle impiden aos centros cumprir as súas funcións, ao non poder recibir transferencias". E poñen como exemplo o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, que "nin sequera engadindo a nave existente no Polígono do Tambre, ten espazo de depósito suficiente para pode cumprir co seu cometido". Os profesionais de arquivos e bibliotecas reclámanlle á Xunta de Galicia "que cese xa o desmantelamento pola vía dos feitos que determina esta continuidade na mingua orzamentaria" Por este motivo os profesionais de arquivos e bibliotecas reclámanlle á Xunta de Galicia "que cese xa o desmantelamento pola vía dos feitos que determina esta continuidade na mingua orzamentaria". Hai uns meses ANABAD-Galicia, a asociación que agrupa os profesionais de bibliotecas, arquivos e museos, elevou a súa protesta polo peche da biblioteca municipal de Agolada, pola incapacidade do Concello para afrontar o seu custe. ANABAD leva meses analizando e denunciando os sucesivos recortes de fondos para o funcionamentos das bibliotecas municipais, e lembra que non se deben entender como cun gasto, senón coma un "investimento", valorándoas non con criterios económicos, senón con criterios sociais.
PRAZA_9278
Por unha sanidade pública, equitativa, universal, gratuíta, de calidade, feminista, inclusiva, en cada lugar do noso territorio, eu manifestareime o 10 de febreiro en Compostela
Pola nena que ten dificultades para recibir atención pediátrica nun país que "aposta polo rural". Pola anciá que precisa atención domiciliaria. Por quen precisaba coidados paliativos cando a súa médica estaba desbordada. Contra a saturación das urxencias. Pola centralidade da Primaria. Contra as que fan da necesidade negocioPolo que non tivo cita en primaria e está nunha padiola de urxencias. Por quen agarda por unha intervención. Polas `'Médicas Precarias', os PACs, o persoal de urxencias, das ambulancias, os xefes de Vigo e cada profesional que loita polo seu exercicio de dignidade. Contra a saturación das urxencias. Pola centralidade da Primaria. Contra as que fan da necesidade negocio. Por quen enferma de explotación. Pola atención con recursos ás persoas hospitalizadas. Por paliar socialmente as consecuencias da perda de saúde. Pola equidade nun territorio con fondas desigualdades. Pola atención no rural. Pola saúde das mulleres. Por unha sanidade con lentes lilás. Contra os contratos lixo. Polas que marcharon. Polas que xa non volverán. Pola dignidade de todas as profesionais. Pola conciliaciónPolas afectadas por enfermidades invisibles e a súa travesía do deserto buscando solucións. Pola pediatría para as nenas e nenos dos lugares máis afastados das cidades. Pola accesibilidade universal. Polos dereitos civís e as garantías de trato digno. Pola Saúde Mental. Pola atención psicolóxica. Polo coidado das diversidades. Polo manexo de adiccións con recursos públicos. Polo diálogo da administración coas asociacións de persoas enfermas. Polo respecto á autonomía das persoas. Para loitar contra a exclusión. Pola atención á vulnerabilidade. Pola Morte Digna. Polos dereitos sexuais e reprodutivos. Por un parto humanizado. Contra a medicalización da vida. Para combater a desigualdade. Por recursos contra os danos das violencias machistas. Por unha sanidade pública, equitativa, universal, gratuíta, de calidade, feminista, inclusiva, en cada lugar do noso territorio, eu manifestareime o 10 de febreiro en CompostelaPor berrar alto e claro que non aturamos que xestionen mal un patrimonio valioso. Contra os contratos lixo. Polas que marcharon. Polas que xa non volverán. Pola dignidade de todas as profesionais. Pola conciliación. Pola nosa saúde. Para evitar que os cartos de tod@s rematen no peto das multinacionais. Para denunciar intereses espúreos a costa do común. Contra as esperas indignas.Por unha sanidade pública, equitativa, universal, gratuíta, de calidade, feminista, inclusiva, en cada lugar do noso territorio, eu manifestareime o 10 de febreiro en Compostela.
NOS_5271
Tomaran parte, o pasado 2 de Xullo en Compostela, nunha concentración en solidariedade c@s catro pres@s independentistas xulgad@s pola Audiencia Nacional baixo a acusación de pertenza a "banda armada"
Eloy Velasco, xuíz da Audiencia Nacional española, imputou esta terza feira a catro cidadáns galegos por suposto delito de "enaltecemento do terrorismo". A decisión do instrutor é produto dunha querela presentada polo Ministerio fiscal en que se denuncia a participación dos mozos nun acto reivindicativo no que "portaban fotografías" de Eduardo Vigo, Roberto R. Fialhega, Antom Santos e María Osório, @s catro independentistas acusad@s de "pertenza a banda armada". A concentración, segundo recollen as axencias de noticias, desenvolveuse na capital galega o pasado 2 de xullo, coincidindo co decorrer do xuízo no tribunal español. B.M.R, R.MR, J.L.L, e X.R.S deberán prestar declaración perante a Audiencia Nacional española o vindeiro mes de setembro.
NOS_40681
A CIG convoca mobilizacións en Ferrol, Vigo e Compostela en defensa do dereito ao traballo. CC.OO-UGT-USTG tamén sairán ás rúas na defensa da negociación colectiva. Pola súa banda a CUT centrará nun acto en Vigo a conmemoración do Día da Clase Obreira Galega.
Con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega a Confederación Intersindical Galega convoca ás traballadoras e traballadores a secundar as mobilizacións e concentracións que terán lugar por todo o país baixo o lema: Emprego na Galiza. A central sindical nacionalista conmemorar este ano o asasinato en 1972 de Amador e Daniel --a mans da policia-- lembrando que "en 2014 vivimos outra ditadura: a dun réxime ateigado de corrupción que goberna a favor dos máis ricos, dos bancos e das grandes empresas". Así pois chaman á clase traballadora a reinvidicar no seu día o dereito ao traballo digno. Neste senso, lembran a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG e que levará ao Parlamento galego 100 propostas concretas para o "crecemento económico e a xeración de emprego". "En 2014 vivimos outra ditadura: a dun réxime ateigado de corrupción que goberna a favor dos máis ricos", din desde a CIG na súa convocatoria O acto central do sindicato nacionalista terá lugar, coma todos os anos, en Ferrol, onde foron asasinados os dous obreiros --alá polo 1972-- no decorrer das fortes mobilizacións a prol dun convenio colectivo xusto. A xornada de mobilización comezará cunha asemblea de delegados/as (ás 10:30 horas) e continuará ás 12:30 horas, coa tradicional ofrenda floral aos pés da estatua na memoria de Amador Rei e Daniel Niebla, "vítimas mortais da brutal represión fascista que acompañou a loita daqueles semanas", lembran desde a CIG. Reivindicacións, aseguran, "que cobran especial relevancia no actual contexto no que todas as políticas aplicadas van encamiñadas a provocar unha caída dos salarios e acelerar o empobrecemento das clases populares" e do que a comarca de Ferrolterra é un exemplo ben descritivo. Porén, a central sindical tamén convoca manifestacións en Compostela e Vigo, ás que se sumarán outras comarcas e localidades do país con concentracións de delagad@s que de maneira simbólica reclamarán o dereito d@s traballador@s a un posto de traballo digno. Horarios e lugares das manifestacións Ferrol, ás 20:00 horas dende os locais da central sindical. Ás 12:30 horas realizarase a ofrenda floral no monumento 10 de Marzo. Vigo, ás 19:30 horas dende Vía Norte. Compostela, ás 20:00 horas dende a Praza Roxa. CC.OO-UGT-USTG, pola negociación colectiva Pola súa banda, CC.OO, UGT e USTG tamén sairán á rúa en Ferrol cunha manifestación nacional ás 19.30h. Os tres sindicatos centrarrán as súas reivindicacións con motivo do 10 de marzo na loita a prol do convenio colectivo baixo o lema, Contra a exclusión e a probreza: crecemento e emprego. Salvemos a negociación colectiva! Os actos de conmemoración do Día da Clase Obreira Galega iniciáronse cunha homenaxe institucional ás 11.30h tamén face a escultura que lembra aos dous obreiros asasinados que proseguerán ao longo da xornada con concentracións en todas as cidades do país. A CUT centrará a data nun acto en Vigo Tamén desde a CUT focan a atención do 10 de marzo nos recortes e as políticas anti-sociais implementadas polos gobernos da dereita. Neste senso, denuncian no manifesto de convocatoria, a crise "está a servir de escusa ao capital para lograr desmontar todo o logrado durante anos de loita obreira" polo que chaman ás organizacións políticas, sindicais e colectivos sociais a se "unir" nas distintas loitas "cun mesmo obxectivo: derrubar o sistema capitalista". Desde a central sindical chaman a cidadanía a participar no acto que organizan en Vigo con motivo do Día da Clase Obreira Galega. Terá lugar no Calvario ás 20.00h.
PRAZA_7203
Que unha persoa menor de 35 anos, cos escasos recursos, poda dispoñer dun alugueiro por menos de 110 €/mes é toda unha declaración de principios, que non ven con bos ollos os especuladores da cidade. E como é política, como é ideoloxía, o PP aplica a súa: permitir o negocio a conta de apropiarse do que era de todos para uns poucos.
O territorio é expresión política. E o urbanismo é una das ferramentas para esa expresión. Esta é a idea que pretende presidir as palabras que aquí ledes. A preocupación por como ordenar o espazo é consubstancial aos primeiros asentamentos humanos e sempre reflectiu territorialmente a estratificación social dunha comunidade. A pouco que se coñeza o desenvolvemento das diferentes civilizacións, poderá comprobarse a ligazón dos lugares centrais e dos máis elevados ás máis altas capas da sociedade, mentres que as periferias foron as reservas para as xentes máis humildes, até o punto de que o termo arrabaldeiro rematou por converterse en insulto. A chegada da revolución industrial e o desenvolvemento do capitalismo elevou este principio ao punto de que o novo sistema económico aséntao definitivamente. Xurde o urbanismo que lle vén dar a razón a Marx: o centro é para o poder económico e político e as aforas para as persoas expulsadas por ese sistema. É neste contexto no que se chega ao desenvolvemento das vivendas protexidas, sobre todo cos movementos migratorios desde o campo á cidade, man de obra barata con escasos recursos para acceder a unha casa de seu. E eses desenvolvementos urbanísticos crean trama urbana, fan cidade, medrando nas periferias. E cando estas periferias pasan a ser cidade mesma, corpo propio do espazo dos que teñen, ese lugar pasa a dispoñer de habitantes co nivel económico e o status social "axeitado" e xurde así un novo gueto no que se concentran os que teñen menos. O territorio é expresión política. E o urbanismo é una das ferramentas para esa expresión Para facer visible esta idea, tómese como exemplo a propia Santiago de Compostela. A actual Praza Roxa, o outro centro neurálxico da cidade, era arrabalde; eran os Agros de Ramírez. Alí foi onde o se construíron "as casas baratas" (a denominación xa o di todo), un dos primeiros asentamentos de vivenda protexida. Desde alí até a Carreira do Conde non había practicamente vivendas. E quen vive agora alí? A que segmento social se adscriben os que alí habitan? Onde está situada a "Milla Dourada" do "boom" da construción de Santiago? Onde se localiza un dos prezos do metro cadrado máis caro da cidade? E sirva tamén como imaxe gráfica, aínda que quizás, dun menor impacto, o grupo de vivendas de Quiroga Palacios, da Pontepedriña, separada da cidade pola vella circunvalación que hoxe se chama Avenida de Lugo e a Rúa do Hórreo. Quen vivirá dentro dunhas décadas en Vite, A Almáciga ou Fontiñas? As construcións máis recentes deste tipo na capital do país fixéronse en Ponte Pereda ou Volta do Castro. Outra vez, periferia. Que unha persoa menor de 35 anos, cos escasos recursos, poda dispoñer dun alugueiro por menos de 110 €/mes é toda unha declaración de principios, que non ven con bos ollos os especuladores da cidade A política de vivenda protexida non debe ser entendida simplemente como un xeito de facilitar un teito a quen ten dificultades para poder acceder a el. É moito máis que iso. É política social. E, xa que logo, tamén implica integración social. Desenvolver vivenda protexida nos centros das cidades implica rachar coa idea clasista de distribución do espazo urbano. É materializar co urbanismo o principio de igualdade. Velaí que as vivendas protexidas en réxime de aluguer para xente moza en plena Avenida de Xoán XXIII é construír algo revolucionario con ladrillos. Só que, no canto de arrebolalos, púñanse uns en riba doutros e contribuían a resolver un problema. É ideoloxía. É un proposta chea de política. Que unha persoa menor de 35 anos, cos escasos recursos, poda dispoñer dun alugueiro por menos de 110 €/mes é toda unha declaración de principios, que non ven con bos ollos os especuladores da cidade. Que xente moza poda vivir a 400 metros da Catedral, contribuíndo a rexuvenecer un casco antigo, tradicionalmente avellentado e de constante perda de poboación, tamén é a expresión dunha vontade política. Vontade política á que eu teño o orgullo de poder dicir que contribuín. Como é política, como é ideoloxía, o PP aplica a súa: permitir o negocio a conta de apropiarse do que era de todos E como é política, como é ideoloxía, o PP aplica a súa: permitir o negocio a conta de apropiarse do que era de todos para uns poucos. O intervencionismo dos que non queren a intervención dos poderes públicos: se a teñen que facer, que sexa para favorecer aos ricos ou aos amigos. Unha parcela de titularidade pública pasa a ser pasto da vivenda libre e a protexida vai para Lamas de Abade. Unha outra declaración de principios. E, o mellor de todo, promovida polo Alcalde da cidade. Porque comparte o mesmo concepto de cidade que Conde Roa ou Currás. Porque son PP. San Agostiño non é tan santo. Aínda que o pareza.
QUEPASA_921
Carballo, Coristanco e A Laracha probocan un aumento na taxa de incidencia ata superar os 100 novos casos por cada 100.000 habitantes
Con Coristanco en nivel de restrición alta (a hostalería non se pode abrir o interiro) e Carballo, Carnota e A Laracha en nivel medio, afronta dende este luns esta nova fase da pandemia a Costa da Morte. Unha fase na que a taxa de incidencia acumulada comarcal xa supera os 105 casos por cada 100.000 habitantes, tendo nos 9 concellos un total de 139 casos, o doble que hai 20 días. Preocupan os concellos de Carballo, Coristanco e A Laracha, con incidencias de entre 150 e 2050 casos. No lado bo, son 6 os concellos que non sumaron ningún novo caso nos últimos 14 días: Corcubión, Muxía, Fisterra, Mazaricos, Zas e Camariñas. Aumento nos Centros de Ensino Os datos nos Centros de Ensino segue aumentando. En apenas 10 días (do 20 de abril ao 1 de maio) a incidencia multiplicouse por 4, pasando de 9 casos en 6 centros, a 37 casos en 15 centros.Por exemplo, o IES Parga Pondal sumou en poucos días 10 novos casos, de aí que o Sergas, (ademais dos cribados no IES da Laracha, e cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo), realice outro cribado este luns, mediante PCR no IES Isidro Parga Pondal de Carballo. Serán 700 alumn@s do centro de 1º, 2º e 4º de ESO, 1º e 2º de Bachillerato, 1° e 2° superior de informática, así como al profesorado de estos cursos os que fagan a proba no mesmo centro. Concello Centro TotalPositivos AulasPechadas A LARACHA CEIP Caión 7 0 A LARACHA IES Agra Leborís 3 0 A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0 CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0 CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 10 0 CARBALLO CEIP Fogar 1 0 CARNOTA IES Lamas de Castelo 2 1 CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 4 0 CEE IES Agra de Raíces 1 0 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0 CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0 MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0 SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0 VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0 TOTAL 15 37 1 Vacinación Ademais, o Sergas informa que durante esta fin de semana o Hospital Virxe da Xunqueira administrou máis de 1.100 vacinas de Pfizer. No centro hospitalario hai 2 ingresados con covid. Máis novas sobre o covid 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións. 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións. 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca. 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo. 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos. 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca. 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca. 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións. 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose . 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00. 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte. 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa. 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros
NOS_38258
As dúbidas pairan sobre as causas do naufraxio do pesqueiro Vila de Pintanxo. As declaracións prestadas por un dos superviventes da traxedia, Samuel Kwesi Koufie, introducen novas interrogantes a respecto da versión ofrecida pola armadora e polo patrón da embarcación, Eduardo Padín. As familias dos mariñeiros falecidos e desaparecidos piden chegar até o final nas pesquisas.
A investigación do afundimento do Vila de Pitanxo deu un xiro tras o testemuño de Samuel Kwesi Koufie, un dos tres superviventes do naufraxio, canda o patrón, Enrique Padín e o sobriño deste, Eduardo Rial Padín. Samuel Kwesi mudou diante das autoridades galegas a versión ofrecida no Canada. Segundo adiantaron en exclusiva o dixital madrileño El Debate e o xornal La Voz de Galicia, as primeiras declaracións de Kwesi foron resultado das presións sobre o mariñeiro de nacionalidade ganesa por parte da casa armadora e do patrón da embarcación. El Debate sinala que Kwesi, nunha declaración prestada o pasado 25 de febreiro, acusou o capitán "de grandes neglixencias no momento de naufraxio" e sostivo que os mariñeiros "pediron a berros" ao patrón un arriado de cables que podería estabilizar o buque e evitar o naufraxio. Asegura que Juan Enrique Padín "nin deu sinal de abandono do buque nin ordenou á tripulación que se colocase os traxes de supervivencia". De feito, só Enrique Padín e o seu sobriño, Eduardo Rial Padín, dispuñan de traxe de supervivencia no momento de ser rescatados, carecendo do mesmo o resto dos mariñeiros A versión ofrecida por El Debate da testemuña Kwesi relata que antes do naufraxio, os mariñeiros "empezan a pedir ao capitán o arriado dos cables, é dicir, que active o mecanismo de seguridade que permite soltar a rede de maneira inmediata. Deste modo, confían en que o buque poida recuperar a estabilidade. Empezan a temer pola súa vida, e esíxeno a berros, pero non se produce tal arriado. Esa orde non chega. Mentres, o barco vaise escorando cada vez máis debido a que a auga non para de entrar" "Agradecemento a Samuel" As familias dos falecidos e desaparecidos do Vila de Pitanxo destacan a Nós Diario "o agradecemento a Samuel". A este respecto, danlle "total credibilidade ao seu testemuño" e recoñecen posuír "datos por outras fontes que certifican determinados aspectos da súa declaración". Un deles refírese ás condicións meteorolóxicas no momento do naufraxio, "cun mar que non estaba en condicións para faenar", até o punto de que "os barcos máis próximos situados a 20 ou 30 millas do lugar do sinistro estaban nese momento sen traballar, malia atoparse nunha zona menos perigosa". Kevin González, fillo dun dos desaparecidos, afirma a Nós Diario que na embarcación había varios mariñeiros doentes de coronavirus. Neste sentido, indica que ten coñecemento da existencia de varias persoas enfermas e apunta que varias das vítimas do Vila de Pitanxo remitiron aos seus familiares diversas mensaxes onde alertaban da situación sanitaria no pesqueiro. Asemade lembra, que a "unha muller non se lle permitiu abrir o cadaleito para ver o seu marido por estar este contaxiado co coronavirus".
PRAZA_16601
O Goberno galego ten dous anos para rematar o expediente de protección cultural do xardín histórico de Betanzos
A Consellería de Cultura vén de publicar este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio do procedemento para a declaración do parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de xardín histórico. O Goberno galego abre agora un período de información pública dun mes, pero terá ata dous anos para rematar o expediente. E será daquela cando comprometa, ou non, cartos autonómicos para a restauración do recinto. O Goberno galego ten dous anos para rematar o expediente de protección cultural do xardín histórico de Betanzos A histórica reclamación de maiores figuras de protección e de traballos de recuperación do parque do Pasatempo colleu un novo pulo hai un ano, cando as choivas provocaron novos desperfectos nun recinto cun desigual estado de conservación. Foi nese momento cando a Deputación da Coruña ofreceu contribuír cun 45% dos fondos necesarios para restaurar o recinto, estimados nuns 1,3 millóns de euros, se a Xunta contribuía con outro tanto e o Concello de Betanzos co 10% restante. Porén, o Goberno galego evitou comprometer cartos argumentando que o primeiro paso debía ser a súa protección como Ben de Interese Cultural. Porén, o proceso para acadar esa declaración iníciao aínda agora, un ano despois, coa indefinición de cando se rematará e, polo tanto, de cando poderá iniciarse a súa rehabilitación. O parte do Pasatempo foi impulsado polos irmáns García Naveira, en particular por Juan María, que comezou a adquirir os terreos en 1883 para iniciar a construción dez anos despois. En 1914 a maior parte do parque estaba xa construída, pero seguiuse ampliando e modificando ata 1933. A Xunta considera o parque "exemplo significativo de xardíns de titularidade e promoción privados dedicados ao uso público e non asociados ao uso residencial" Segundo indica a Xunta na resolución pola que incoa o expediente para declarar BIC o parque, este " é, cando menos, unha obra singular no contexto da creación artística galega de finais do século XIX e principios do XX, que recolle diversos aspectos da longa tradición da xardinaría europea, pero constitúe un testemuño único e excepcional, pola actitude ecléctica desenvolvida e por apartarse da tradición local dos pazos galegos e da propia arquitectura indiana". "Non hai exemplos significativos de xardíns de titularidade e promoción privados dedicados ao uso público e non asociados ao uso residencial", engade o texto, polo que cualifica o Pasatempo como "unha obra senlleira pola súa singularidade e fráxil polo abandono e as agresións a que estivo sometido, o que o converte nun ben vulnerable que require de maneira urxente afondar na súa protección e adecuada xestión". A Consellería de Cultura considera que "esta obra posúe un interese científico e técnico, ao constituír un dos primeiros exemplos de institucións con vocación científica que podemos atopar en Galicia e onde por primeira vez se amosan certos avances técnicos que van caracterizar o século XX".
PRAZA_20188
A Jesús, a Teresa, e a boa parte dos seus compañeiros non hai que explicarlles para que serve a UE. Nin argumentarlles que é útil. Nin preguntarlles cal queren que sexa o seu futuro. Eles sábeno.
Para cando Jesús e Teresa interviron en Bruxelas ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en España xa foran expulsados varias veces do Congreso dos Deputados, do Senado e do Parlamento de Galicia. Na Eurocámara, pola contra, a Jesús e Teresa deixóuselles mesmo proxectar un documental coas súas reivindicacións. Jesús e Teresa foron atendidos pola Comisaria Europea de Transportes, Violeta Bulc, ás poucas horas de solicitarllo. Fixérono logo de que unha ministra española lles dese plantón a unha reunión longamente planificada e de que o presidente do Goberno obviase durante meses a petición que lle fixeron de manter un encontro con el. Jesús e Teresa reuníronse con diversos responsables da Axencia Ferroviaria Europea (European Railway Agency-ERA), cos que manteñen unha fluída relación por correo electrónico. Algo tan simple como que eles escríbenlles preguntando diversas cuestións e estes contéstanlles ao pouco tempo. En España, Jesús e Teresa escribiron a dous organismos estatais equivalentes sen obter respostas. Jesús e Teresa non son políticos nin empresarios. El é informático e ela psicóloga e pasaron por todo isto porque o 24 de xullo de 2013 estaban no sitio equivocado. Eran viaxeiros do tren de alta velocidade que descarrilou á entrada de Santiago de Compostela, na curva de Angrois, deixando 80 mortos e 144 feridos, o maior sinistro ferroviario en Europa no que vai de século, porque se desconectara o sistema de seguridade que podía evitar o despiste que sufriu o maquinista. Jesús e Teresa son só as caras visibles das vítimas do accidente, varios centos ou milleiros de persoas entre afectados directos, familiares e amigos, todos eles coñecedores, porque o están a vivir, de que a Unión Europea ten para eles respostas que o seu Estado non é quen de darlles, en moitas ocasións non por que non saiba, senón porque non quere. Bruxelas dalles respostas e respecto, moito máis respecto. En España, o Ministerio de Fomento realizou unha investigación técnica do sinistro que a Axencia Ferroviaria Europea considera falta de independencia e incorrecta por centrar a súa análise exclusivamente no erro humano do maquinista e non nas diversas eivas de seguridade que presentaba a liña ferroviaria. Esa crítica directa da axencia europea ao Goberno español é vista por Jesús e Teresa como fundamental para que a instrución xudicial do accidente avanzase e se comezasen a investigar as responsabilidades non só do maquinista senón tamén dos diversos anacos en que se foi deseñando o sistema ferroviario español. Pero a Axencia Ferroviaria Europea non quedaría aí. Uns meses máis tarde non se limitaría a tombar a credibilidade da investigación técnica española senón que os expertos comunitarios entrarían de cheo na instrución xudicial ao aclararlle ao xuíz que a normativa europea obrigaba a realizar unha serie de comprobacións de seguridade no AVE sinistrado que as autoridades españolas viñan argumentando que non eran legalmente precisas. Dixérono ao tempo que se ofrecían a comparecer na causa xudicial para explicalo, fronte ás múltiples trabas postas á instrución penal por parte das autoridades e técnicos españois. Os dous principais partidos políticos de España, no goberno cando se inaugurou o AVE e cando descarrilou, sumáronse a esas trabas á investigación e rexeitaron calquera proposta de nova análise técnica ou política do sinistro. Fronte á súa actitude, representantes de todo tipo de correntes ideolóxicas presentes na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo escoitaron de primeira man as peticións de Jesús e Teresa e reclamaron á Comisión Europea que impulse esa investigación técnica independente do sinistro que o Goberno de España, co apoio do principal partido da oposición, se nega a realizar. Con estes comportamentos contrapostos das institucións, a Jesús, a Teresa, e a boa parte dos seus compañeiros non hai que explicarlles para que serve a UE. Nin argumentarlles que é útil. Nin preguntarlles cal queren que sexa o seu futuro. Eles sábeno. *Artigo publicado por Praza Pública en colaboración co Eixo Atlántico dentro dunha serie de achegas sobre o futuro da Unión Europea e a utilidade das súas institucións distribuídas nun libro por varios medios de comunicación galegos.
NOS_31406
Pedro Mouriño é bo coñecedor da situación política, económica e social rusa. Empresario galego cunha importante actividade comercial nos países do antigo espazo soviético, ocupa desde hai máis dun ano o consulado honorario de Rusia na Galiza. Hoxe achega a súa perspectiva sobre a situación nese país.
—Na súa calidade de empresario con negocios en Rusia, como está a afectar a situación en Ucraína ás relacións comerciais entre a Galiza e Rusia? As relacións comerciais entre empresas galegas e rusas son importantes, e está claro que poderían ter consecuencias. En primeiro lugar, afecta a Inditex, que ten precisamente en Rusia o seu mellor mercado internacional, onde conta con varios centenares de tendas e perto de 10.000 empregados. O contexto complica a situación empresarial do xigante galego do téxtil en Rusia, debido a que xa afecta á súa cotización en bolsa. Podería afectar tamén á subministración de gas, xa que a Galiza é a porta de entrada do gas ruso á península ibérica. A través da regasificadora de Reganosa, en Ferrol, prodúcese a descarga máis importante de gas natural procedente da planta do Ártico ruso. Se esta subministración decaese, tamén se reducirían significativamente os ingresos da Autoridade Portuaria de Ferrol, e este feito afectaría negativamente a todo o ecosistema de empresas provedoras do porto. Tamén ao comercio bilateral entre Rusia e a Galiza. Un bo número de empresas galegas exportan ao mercado ruso. Estamos a falar de moitas empresas auxiliares do sector naval ou do sector pesqueiro. Por último, danse outras incidencias derivadas do intento de substituír o gas natural ruso polo estadounidense. Hoxe [por onte] mesmo informáronme dunha empresa de transporte de Santiago que renovou a súa frota de camións para utilizar o gas natural como combustíbel. Debido ao incremento do custo do gas e á incapacidade de repercutilo aos seus clientes, a empresa entrou en concurso de acredores. —Ademais da súa faceta empresarial, vostede tamén é cónsul honorario de Rusia na Galiza. Que valoración fai da situación que se vive hoxe en Ucraína e da crise aberta entre Rusia e os Estados Unidos? A situación non é en absoluto nova. O conflito que hoxe coñecemos comeza a finais de 2013 logo dunha fortísima crise económica en Ucraína na que o presidente electo, Viktor Yanukovich, foi destituído ilexitimamente por un golpe de Estado no que Estados Unidos e a Unión Europea meten presión cunha promesa irrealizábel a curto e medio prazo como é estudar a incorporación de Ucraína na UE. Pero as intención non eran esas, senón afastar o país da estreita colaboración estratéxica con Rusia, da que sempre gozou Ucraína. A esa promesa, a poboación ucraína, fortemente identificada con Rusia, rebelouse, especialmente nos territorios da península de Crimea e da rexión do Donbass, no leste de Ucraína. Estados Unidos contraatacou aos referendos deses territorios con sancións internacionais ilegais e ilexítimas. Polo tanto, a miña valoración é que existe unha evidente interferencia dos Estados Unidos e da OTAN con obxecto de desgastar a Federación Rusa utilizando a escusa ucraína. — Como explica a decisión do Goberno estadounidense de enviar máis de 3.000 soldados ao leste de Europa? A política americana do medo é tratar de afastar outros problemas. O gran fracaso que foi Afganistán para os Estados Unidos trata de ser agora compensado cun despregue que permita máis horas de propaganda e medo. Estados Unidos ten máis de 200.000 efectivos despregados por máis de 180 países. É mais, o 39% do gasto militar mundial corresponde a Estados Unidos, fronte a 2,67% que gasta Rusia. Pregúntome que pensaría Estados Unidos se Rusia despregase máis de 3.000 soldados en México ou no Canadá. —Neste contexto, cal é a súa análise sobre a posición da Unión Europea de apoio á estratexia de Estados Unidos e da OTAN? Dentro de Europa existen posturas moi contrarias ao conflito. Grandes países europeos como Francia, Alemaña ou Italia entenden que Rusia é un socio de primeira orde en todas as esferas posíbeis, como a financeira, industrial ou a enerxética. Polo e tanto, son conscientes de que todo conflito con Rusia debilita Europa no seu conxunto. A quen menos beneficia o conflito é xustamente a Europa enteira. —Un dos Estados da UE cunha posición máis belixerante en relación con Rusia é o español, a que pensa que responde? Permítame vostede absterme de facer comentarios á política interna do Estado por un respecto institucional. Hai uns días o embaixador de Rusia xa valorou as accións do Goberno, polo cal remítome a esas declaracións. Estados Unidos no leste de Europa Escoitando as palabras de Pedro Mouriño, sorprenden as informacións do Executivo estadounidense a respecto dunha inminente intervención rusa en Ucraína. O cónsul honorario de Rusia considera que obedecen "ao interese dos Estados Unidos por desgastar a Rusia". "O seu recente fracaso en Afganistán, as súas propias crises políticas cun presidente, Biden, moi cuestionado no seu país, e o interese en activar un medo infundado e incerto a que Rusia poida utilizar o gas como arma política para substituír o ruso polo gas americano" son, di Mouriño, cuestións chave na situación. "Todo o demais é política do medo. Como mostra diso foron as publicacións na axencia Bloomberg dun suposto informe de "servizos secretos" que amosaban o plan ruso para intervir en Ucraína. Logo a axencia tivo que recoñecer que a información publicada era falsa. Todo isto lembra ao episodio das armas de destrución masiva de Iraq", afirma.
NOS_10045
Cando alguén dubide de que a Galiza, se lle desen a oportunidade, podería chegar a competir con éxito en calquera modalidade deportiva, débese aducir sempre o exemplo do fútbol gaélico, no que a selección galega leva xogando en pé de igualdade con Irlanda, Francia ou Arxentina desde hai xa máis dunha década.
A pesar de que existe un vello proverbio galego que di "no setembro, colleita e non sementes", nesta ocasión "refrán vello" non é "Evanxeo pequeno", pois nese mes do ano 2010, e máis concretamente na cidade da Coruña, plantouse o inzo do que medraría a primeira selección galega oficial e internacional. Moi pouco antes, Wenceslao 'Wences' García atopábase pasando unhas vacacións na capital de Irlanda, Dublín, cando decidiu acudir a un espectáculo co que non estaba familiarizado: un partido de fútbol gaélico que se disputou nun escenario de excepción, Croke Park. Con capacidade para 60.000 persoas, fóra da vella Éire é máis coñecido polo dramático acontecemento que tivo lugar no seu interior no ano 1920, o 'Bloody Sunday' ou Domingo Sanguento, no que en plena Guerra de Independencia de Irlanda os británicos irromperon minutos antes de que comezase un encontro de gaélico ante 10.000 espectadores entre Tipperary e Dublín, ferindo 65 persoas e asasinando 14, sen distinguir entre homes, mulleres nenos ou mesmo os propios xogadores, entre os que morreu Michel Hogan, que hoxe dá nome a unha das bancadas de Croke Park. 1.000 crianzas, 1.000 novas esperanzas para o fútbol gaélico Fascinado polo espectáculo ao que asistira, e como se dun predicador se tratase, tras comprobar que na Galiza non tiña implantación algunha Wenceslao importou a boa nova do fútbol gaélico, dándoa a coñecer a través de carteis instalados en tabernas celtas e outros lugares estratéxicos, así como, por suposto, da internet e das incipientes redes sociais, que alá polo 2010 xa eran máis que populares. O traballo consumou no nacemento do club Fillos de Breogán, que comezou os seus adestramentos xa no mes de outubro de 2010 e no que foron parte fundamental as achegas de tres xogadores irlandeses: Peter, Declan e Gerry. Tras superar todo tipo de obstáculos, incluídos os administrativos da Xunta de Feixoo, que puxo varios atrancos á hora da legalización da actividade nos seus primeiros pasos, en febreiro de 2011 disputaban o seu primeiro partido, un amigábel ante os Madrid Harps. Porque, si, por aquel entón no conxunto do Estado español só había equipos de gaélico na capital, en Marbella (Costa Gaels), Iruña (Naohm Fermín), Sevilla (Eiré Og), Valencia (Sant Vincent) e Barcelona (Gaels). Alba Rodríguez: "O fútbol gaélico engancha. É dinámico, divertido e fácil de xogar" Eses primeiros meses foron "moi complicados", como recoñece o voceiro do equipo, Martín Fernández, pois "ao non haber máis equipos galegos, tiñamos que realizar un gran esforzo persoal e económico, que implicaba adestrar todo o ano para disputar só catro partidos e viaxar até cidades moi afastadas onde nos enfrontabamos con xente, maioritariamente, irlandesa nativa, polo que os resultados non nos eran favorábeis". Afortunadamente, perseveraron e o deporte foi medrando na Galiza, incorporándose as mulleres xa en xuño de 2011 e nacendo a selección nacional en xullo de 2012. Que é o gaélico? Porén, antes de afondar na súa creación cabe facerse unha pregunta que aínda hai xente que non é quen de responder: "Que é o gaélico?". Pois é un deporte que se xoga en equipos de 15 xogadoras -no noso país son 11-, nun campo rectangular de céspede, con porterías en forma de H a ambos os lados e no que o obxectivo principal é anotar o maior número de puntos, marcando goles -3 puntos- ou lanzando o balón por enriba do traveseiro -1 punto-. Para conseguilos, os xogadores ou xogadoras avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo co pé e pasándoo -golpeando o balón coa man- entre compañeiros de equipo. Pere Tobaruela: "O deporte reflicte a nosa sociedade. Vivimos nun capitalismo furibundo no que non hai grises" Desde fóra, e aínda que posúe características únicas como o 'solo' ou o 'crouch lift', resulta evidente que comparte características con outros deportes, e polo feito de xogarse coas mans e cos pés pode chegar a parecer unha mestura entre fútbol e rugby. Precisamente con esta última disciplina ten en común o coñecido como "terceiro tempo", que consiste nunha reunión entre os integrantes de ambos os equipos despois do partido para compartir risos e cervexas, con independencia do que acontecese dentro do terreo de xogo. A selección galega, oficial e gañadora Pode que o campo do Cadaval de Narón non tivera nin a capacidade, nin o pasado ou, por que non dicilo, o glamour de Croke Park, pero para a Galiza ten unha relevancia histórica incontestábel, pois o 20 de xullo de 2012 alí se disputou o primeiro partido da selección galega de gaélico, obtendo unha vitoria ante Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17). Alexandre Sanmartin, 'Jano', quen posteriormente se faría cargo da selección, viviu en primeira persoa aquel momento, e lembra o esforzo que fixo por materializalo o tridente conformado polos Fillos de Breogán, o colectivo Siareiros Galegos e a Fundación Artabria, así como "a malleira que se meteron os bretóns, que após voar de Nantes a Porto tiveron que conducir varias horas até Narón". Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña (I)" Non tardaría en chegar o desquite, pois un ano despois, e no marco do escenario inigualábel do Festival Intercéltico de Lorient, a Galiza xogaba o seu primeiro partido como visitante o 11 de agosto de 2013 no Stade de Kerolay, caendo derrotada por 3-12 (21) a 1-8 (11). Xa en decembro do 2013 a Asociación Galega de Fútbol Gaélico tornaba no organismo regulador oficial do fútbol gaélico na Galicia, logo da súa aprobación oficial na Convención Europea dos Deportes Gaélicos, o cal a dotaba de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano mundial, a Gaelic Athletic Asociation (GAA). Non obstante, e como explica o propio Jano, a oficialidade da selección galega "non é algo que outorgue un papel ou unha declaración solemne, senón que na Gaelic Athletic Asociation simplemente dan por feito que somos un país máis, con total naturalidade e sen estrañar a ninguén". Iso confirmouse co convite para participar nos Xogos Mundiais de Abu Dabi de 2015, apenas uns meses máis tarde do debut da selección galega feminina. No emirato o nivel dos combinados galegos foi excepcional, rematando os homes como subcampións tras caer ante a Arxentina na prórroga da final por 0-4 (4) a 1-4 (7), mentres que as mulleres finalizaron terceiras após perder na semifinal ante Oriente Medio e logo imporse a Sudáfrica, confirmando así a evolución e a popularidade da disciplina. Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña, entre o desleixo e a ilusión (II)" Ante o éxito do torneo, as seleccións galegas de gaélico repetiron nos Xogos Mundiais de 2016, esta vez disputados na Irlanda, onde Galiza volveu brillar cun terceiro posto masculino –campionato do torneo Plate incluído- e un quinto posto feminino, con triunfo no torneo Shield. Xa en 2017 chegou outro fito, coa retransmisión por parte da Televisión da Galiza (TVG) do primeiro partido de gaélico fóra de terras irlandesas, aperitivo do primeiro título galego, conseguido pola selección feminina nos Eurogames de Lorient en 2018, nos que a masculina concluíu na segunda posición. Convertida xa en potencia por méritos propios, en 2019 produciuse o regreso a Irlanda para a terceira edición dos Xogos Mundiais, nos que os homes caeron pola mínima (16-14) nos oitavos de final ante Francia. Máis sorte tiveron as mulleres, pois alcanzaron a rolda de semifinais, na que perderon fonte ás estadounidenses de New York GAA, mais coa satisfacción de teren alcanzado o terceiro posto.
NOS_34647
Percorrendo os camiños da internet topei con Sónia Sultuane. O encontro non foi casual. Precedíao a leitura dunha recensón de Xosé Lois García sobre o libro No colo da Lua.
De Sónia Sultane (1971) di Xosé Lois García "que irrompe na poesía mozambicana dunha maneira torrencial no que respecta á innovación estilística e, tamén, a unha incursión soberana no que fai a un rexistro que se alonxa de poéticas anteriores" E poucas máis referencias achei de relación con Galiza dunha unha muller que, ademais da poesía está a anovar as artes plásticas africanas. A non ser, claro, que un seu poema aparece no proxecto, Aló Irmao! o álbum publicado por Narf e por Manecas Costa, onde podemos escoitar o poema Palavras As palavras que te dousão o que sou ,são o que sinto,e como me sinto,essas são as minhas palavras: EU. Nunha entrevista para o programa Nós, da RTP2, na que é presentada como "muçulmana e poetisa" ao tempo que autora de literatura erótica e as posíbeis contradicións que puderen existir entre ser muller musulmana e autora destes textos. "não é porque eu sou muçulmana que eu deixo de ter sentimentos" di nun momento da entrevista. "não é por as mulheres serem muçulmanas que deixam de ter essa parte erótica nelas" Cristina Pereira fíxolle unha entrevista para o número 50 da revista África 21. Publicamos un fragmento no que fala da lingua e do concepto de lusofonía "O que é que as tuas palavras acham do acordo ortográfico? Acho que devemos dar liberdade a todos para se expressarem da forma que quiserem, inclusive as próprias palavras. Penso que cada um de nós sempre se entendeu da forma que escreveu e que leu. As palavras são os nossos sentimentos. Ainda me sinto muito confortável como estou. É como as mensagens no telemóvel, com o texto muito cortado. É um outro sentir, porque os jovens revêem-se naquele tipo de linguagem, identificam-se com aquele sentir. Eu identifico-me com o meu sentir, não quero roubar às palavras o valor que eu lhes dou. Para mim as palavras têm um poder muito grande. É como se estivéssemos a escrever com erros. Parece que estamos ali a roubar qualquer coisa ao poder, à força que as palavras têm. Achas que a lusofonia é uma realidade ou uma fantasia política? No meio artístico, penso que não é uma fantasia. Tem sido benéfico, tem aberto portas a muitos artistas. Têm se feito coisas muito interessantes a nível dos países. A nível político, parece-me que é um faz de conta. É para justificar alguns gabinetes, algumas coisas. Parece-me que, artisticamente, há muito mais empenho para que esse projecto se mantenha vivo e unido. Fora disso, não sei bem. Do ponto de vista cultural, é uma forma de identidade, de aproximação? Sim. A língua é algo mágico. Estás numa sala com 200 pessoas e basta estar uma que fale a mesma língua que tu, para te juntares logo àquela pessoa. Os teus sentimentos, a tua expressão, fluem mais facilmente. Depois há outra coisa: nós de expressão portuguesa gostamos muito de falar com os gestos, de tocar e agarrar. Temos a linguagem corporal muito mais forte e intensa do que outros países. Mas penso que esse projecto [da lusofonia] só é bonito e só tem o devido valor se cada um de nós conseguir manter a sua identidade. A entrevista completa pode lerse en Buala.org
PRAZA_18755
A xestación subrogada, o mesmo que a prostitución, é un sistema dirixido polo poder real para lucrarse coa explotación das mulleres máis sensibles
Amañece Madrid cunha pantalla rosa iluminando a todo gas a praza de Callao. O texto reza: Nosotras parimos, nosotras decidimos. É 28 de novembro, só tres días despois do día internacional pola erradicación da violencia machista. Seis mil cartaces anegan a cidade. Unha web exhibe 200 vídeos con testemuños de mulleres que se suman á campaña "eu xestaría de forma voluntaria" e intervencións de xestantes que contan a súa experiencia.Jesús Vázquez, o presentador, afirmaba días antes nunha entrevista que "Os estados patriarcais non son ninguén para dicirlle a unha muller se pode ou non alugar o seu ventre".En ambos casos estas afirmacións, de confusa aparencia feminista, encamíñanse a prol da "xestación subrogada", presentándoa como un dereito. Quen emiten as mensaxes son a Asociación de familias pola xestación subrogada - cuxo voceiro é un tal Hugo Albornoz -, e un famoso que vén de "ser pai" mediante este método.Permítanme as comiñas e as cursivas, porque aquí nada é o que semella.A xestación subrogada, o mesmo que a prostitución, é un sistema dirixido polo poder real para lucrarse coa explotación das mulleres máis sensiblesA xestación subrogada, o mesmo que a prostitución, é un sistema dirixido polo poder real para lucrarse coa explotación das mulleres máis sensibles. Máis nada. Unha actividade económica, computada no PIB dos estados, que move millóns de euros e é, en si mesma, brutal violencia machista.A pouco que naveguemos pola rede descubriremos como funciona a maquinaria dos "ventres de alugueiro". Atoparemos catálogos de mulleres coas súas características físicas, embarazos e partos previos, informes médicos. Comprobaremos que son mulleres da Europa do leste, da India... habitantes de lugares empobrecidos nos que elas son as últimas da cadea alimenticia. Saberemos do horror das granxas de mulleres. Coñeceremos as garantías que se ofertan ás persoas que mercan: devolución do aboado ou do produto de non estaren conformes co resultado, abortos selectivos para eliminar fetos en casos de embarazos múltiples ou posibles doenzas do futuro bebé, cesáreas obrigatorias para garantir a data de parto desexada, reclusión forzosa das xestantes. A realidade desta violencia está a un clic dos nosos ollos.Porén, o patriarcado ten unha inmensa capacidade para voltear o discurso das oprimidas, baleiralo, reformulalo e poñelo ao seu favor. O emprego como slogan e como argumento dun dos lemas máis senlleiros e recoñecibles do feminismo, o do dereito a decidir sobre os nosos corpos, dá bo exemplo disto: o patriarcado transformou a liberación sexual na idea das mulleres libres obxecto do desexo patriarcal que xustifica a submisión e cousificación e achega cifras multimillonarias ao negocio do porno. A incorporación ao mercado do traballo forneceuno de estratexias para empobrecer as familias. Grazas á autonomía reprodutiva fixo de nós un target para as industrias médica e farmacéutica, medicalizou os nosos corpos, arrebatounos a maternidade pracenteira e colocounos en posicións imposibles no eido laboral.Esta estratexia, a da apropiación indebida das nosas palabras, da nosa mensaxe, é perigosa, daniña, letalEsta estratexia, a da apropiación indebida das nosas palabras, da nosa mensaxe, é perigosa, daniña, letal. Non queda outra que vindicar a nosa palabra, mais tamén aprender do inimigo e aplicar para nós a súa táctica. Reformulemos o seu discurso, deámoslle a volta, traiámolo para o noso terreo. No feminismo hai precedentes: a palabra queer, que inglés significa "desviado/a" e se empregaba decote para referirse a persoas homosexuais, agora denomina a aquelas que non se identifican co modelo cisheteropatriarcal. Agora é un termo empoderado e empoderante. Así que podemos e sabemos facelo.Porque si: as mulleres somos quen para dicir aos estados como deben lexislar sobre os nosos corpos, sobre os nosos dereitos. Porque non somos mercadoría. Nós decidimos.
NOS_54160
O RC Celta emitiu este sábado un comunicado en que se amosa moi crítico coa arbitraxe do colexiado asturiano González Fuertes no partido contra o Xetafe, que os vigueses perderon 2-3.
"A mellor Liga do mundo non se pode permitir arbitraxes como o que sufriu hoxe o RC Celta en Xetafe". Así comeza o comunicado enviado polo RC Celta a respecto da actuación dirixida polo colexiado asturiano González Fuertes. O clube advirte de que "non alcanzou os mínimos esixíbeis nunha competición menor e moito menos nunha Liga do prestixio da española". O Celta chama á reflexión sobre a importancia de que todos os elementos en xogo nunha competición como a liga de fútbol se sitúen nuns estándares mínimos. "En definitiva, é lamentábel que na mellor liga do mundo, un árbitro ofreza o ínfimo nivel que mostrou o que dirixiu o Xetafe-RC Celta", acrecenta o clube, que pide, "simplemente, respecto". "O RC Celta pide, simplemente, respecto. O mesmo respecto que este club sempre mostrou pola liga e polo estamento arbitral, pero o que sucedeu hoxe non é comprensíbel nin aceptábel, non se pode permitir", conclúe o comunicado. O partido fronte ao Xetafe estivo ateigado de polémica: un discutido penalti a favor dos locais, a expulsión do celeste Maxi Gómez e un gol anulado a Hugo Mallo. Aos dous minutos, o Celta adiantábase no marcador cun testarazo de Araujo após unha falta sacada por Brais Méndez. O resto da primeira parte transcorreu coa igualdade entre ambos os equipos como protagonista até que pouco antes do descanso o árbitro asturiano sinalaba un dubidoso penalti a favor do Xetafe que transformou Mata e expulsaba Maxi Gómez por dupla amarela. No tempo de compensación, Hugo Mallo anotaba o segundo tanto celeste, que era anulado por un cuestionado fóra de xogo. A segunda parte estivo condicionada polas polémicas acaecidas nos primeiros 45 minutos e o equipo madrileño logrou adiantarse no marcador grazas a un gol de Jorge Molina. Os celestes trataron de poñer táboas no marcador pero non tivo fortuna. Mata, de novo, anotaba o derradeiro tanto dos locais. Xetafe CF: David Soria; Damián, Cabrera, Djené, Olivera; Samu Sáiz (Portillo, min 70), Maksimovic, Arambarri (Flamini, min 61), Foulquier; Jorge Molina e Mata (Ángel, min 82). RC Celta: Rubén; Hugo Mallo (Kevin, min 55), Araujo, Hoedt, Costas, Juncà (Sisto, min 82); Fran Beltrán, Jozabed; Brais Méndez, Maxi Gómez e Boufal (Aspas, min 65). Goles: 0-1, Araujo, min 2; 1-1, Mata, min 39; Molina, min 62; 3-1, Mata, min 81. Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Mata, Flamini, Olivera (Xetafe CF) e Maxi Gomez (expulsado por dupla amarela no min 38), Costas (RC Celta).
NOS_49377
Os colectivos integrantes inciden na necesidade de "apostar nunha cidade sostíbel", ao tempo que acusan o Goberno local de adoptar "políticas urbanísticas contrarias" aos obxectivos climáticos.
Con motivo da celebración esta sexta feira, día 23, da xornada de Acción Global polo Clima, convocada por Fridays for Future-Mocidade polo Clima, diferentes colectivos veciñais e ecoloxistas en Vigo converxen para dar paso á plataforma Vigo polo Clima. "O pleno municipal aprobou hai xusto tres anos unha declaración de emerxencia climática impulsada polas mobilizacións masivas de setembro de 2019, pero a día de hoxe o Concello non adoptou ningunha das medidas comprometidas para facer fronte a esta situación", lamentan, a través dun comunicado. Cales pensa a mocidade galega que son os principais problemas climáticos? Así, entidades como a Asociación de Afectados polo Vial de Beade (Avibe), Ecoloxistas en Acción, Verdegaia, Vigo Ciclábel, Bembrive en Pé, Greenpeace ou Amigos da Terra inciden na necesidade de "apostar nunha cidade sostíbel". Entre outras cuestións, reclaman máis —e máis amplas— zonas verdes na cidade e "pacificar" o tráfico co obxectivo de "pór a vida no centro". "E para iso é imprescindíbel actuar desde os barrios e as parroquias, atendendo as necesidades do rural vigués, o noso pulmón verde", precisan. Ao mesmo tempo, acusan o Goberno local de ter adoptado neste tempo "políticas urbanísticas contrarias" a estas metas, como a eliminación de masa arbórea do casco urbano, a degradación do litoral "coa urbanización para ricos de Cabo Estai", a construción do vial de Beade ou o túnel da porta do Sol, nun espazo "que debería formar parte da futura zona de baixas emisións". Un estudo constata a mala calidade do aire e os altos niveis de contaminación acústica na cidade de Vigo "Ante o desleixo das administracións, ten que ser a cidadanía autoorganizada a que loite por combater as causas do cambio climático, á vez que presiona para conseguir medidas efectivas", subliñan desde os colectivos que integran a plataforma. A asemblea constituínte de Vigo polo Clima decorrerá esta sexta feira contra as 19.45 horas na porta do Sol, previa presentación en público, na Aula D-Escola de Deseño, da Guía municipalista da activista climática, cun obradoiro sobre "como facer fronte á emerxencia climática desde o local" a partir da experiencia da entidade Barrios polo Clima de Córdoba.
NOS_3009
O president da Generalitat catalá, Quim Torra, anunciou este sábado o seu novo Govern, con dúas novidades principais: a restitución de Josep Rull, Jordi Turull, Lluis Puig e Toni Comín –presos e exiliados– e a fichaxe de Ernest Maragall para levar a carteira de Exteriores.
Malia as ameazas do Goberno español, o Executivo da Generalitat contará con persoas que se atopan na cadea ou no exilio. Desta maneira, Quim Torra restituirá nos seus cargos Josep Rull, Jordi Turull, Lluis Puig e Toni Comín. Jordi Turull, actualmente encarcerado, continuará á fronte da Consellaría de Presidencia mentres a xustiza española non o impida. Josep Rull, na cadea, volve ser o conseller de Territorio e Sostenibilidade. Tamén recunca no posto Lluis Puig como conseller de Cultura (desde que en xullo tomou o relevo de Santi Vila). Puig atópase exiliado en Bruxelas e en principio a xustiza española non pode inhabilitalo. O Departamento de Saúde volve ser oficialmente encabezado por Antoni Comín, exiliado en Bruxelas. Foi un dos impulsores do acceso universal á saúde, unha reforma tombada polo Tribunal Constitucional. O vicepresidente e conselleiro de Economía e Facenda será Pere Aragonés, en substitución de Oriol Junqueras. Até o de agora ocupaba a Secretaría de Economía en funcións e é adxunto á presidencia de ERC desde o mes de marzo. Aragonés, nado en 1982, comezou nas xuventudes de Esquerra e chegou a ocupar a portavocía nacional en 2003. En 2006 era elixido parlamentar, cargo que ostentou até que entrou no Govern de Carles Puigdemont. Elsa Artadi y Vila ocupará a Consellaría de Empresa e Coñecemento e será a portavoz do Govern. Trátase do cargo que ostentara até agosto de 2017 Jordi Baiget e, posteriormente, Santi Vila. É membro de Junts per Catalunya e man dereita de Puigdemont. Unha das novidades represéntaa a figura de Ernest Maragall á fronte da carteira de Acción Exterior, posto que ocupaba Raül Romeva, un dos presos políticos do Govern de Puigdemont. Maragall é un dos fundadores do PSC, partido co que foi conseller de Educación desde 2006 a 2010. Afiliouse recentemente á ERC, con quen xa se presentara como independente no Parlament de Catalunya e no Parlament europeo. Miquel Buch y Moya volve á primeira liña política após a súa experiencia á fronte da Asociación Catalana de Municipios (ACM); como deputado de Junts pel Si e como alcalde de Premià de Mar. Membro do PDECat, será o conseller do Interior, figura chave no proces soberanista. Josep Bargalló, figura do primeiro tripartito catalán, será quen colla a carteira de Educación. Ocupou este cargo dous meses no Goberno de Pasqual Maragall, até que substituíu a Jospe Lluis Carod Rovira como conseller primeiro. Ester Capella y Farré será a encargada de Xusticia. A avogada é na actualidade deputada de ERC no Congreso español. Substituirá Carles Mundó, que decidiu abandonar a política de primeira liña tras as eleccións do 21 de decembro. Chakir El Homrani Lesfar ocupará o cargo de conseller de Traballo, Asuntos Sociais e Familias en substitución de Dolors Bassa, encarcerada. É deputado no parlament desde 2015 con Junts pel Si. Milita en ERC desde 2004. Jordi Puigneró y Ferrer será o conseller de Políticas Dixitais e Administración Pública. Fora director xeral de Telecomunicacións e Sociedade da Información de 2013 a 2016, ano a partir do cal ocupou a Secretaría de Telecomunicacións, Ciberseguridade e Sociedade dixital. Teresa Jordà i Roura responsabilizarase de Agricultura, Gandaría, Pesca e Alimentación. É deputada de ERC no Congreso español desde 2011 e substituirá Meritxell Serret, exiliada en Bruselas, á fronte da consellaría.
NOS_24303
Os organizadores chaman a recuperar a senyera como "un símbolo de todos os cataláns" e demostrar que existe "unha maioría silenciada a prol da unidade de España". Chegaron 180 autobuses e centos de persoas en tren procedentes do resto do Estado. Os manifestantes berran proclamas pola unidade de España e contra o Govern, como "Puigdemont á prisión", "Trapero a la Modelo" ou "A por ellos".
A manifestación unionista, convocada por Societat Civil Catalana este domingo en Barcelona, concentrou decenas de miles de persoas a prol da unidade do Estado español baixo o lema "Prou! Recuperem el seny" (Abonda! Recuperemos o sentidiño). A marcha parte da praza Urquinaona con destino a Estació de França, onde o escritor Mario Vargas Llosa e o ex-presidente do Parlamento Europeo Josep Borrel serán os encargados de dar lectura o manifesto. Minutos antes do comezo, ás 12 horas, centos camiñaban xa polas rúas con bandeiras españolas e catalás, mentres que outros se concentraban como mostra de apoio nas portas do cuartel da Garda Civil. Os organizadores chamaron a recuperar a senyera como "un símbolo de todos os cataláns" e demostrar coa marcha que existe "unha maioría silenciada a favor da unidade de España". Desde Societat Civil Catalana informaron da chegada de 180 autobuses a Barcelona e de centos de persoas en tren procedentes do resto do Estado. Segunda a Guardia Urbana, participaron 350.000 personas. Os manifestantes berraron proclamas pola unidade de España e contra o Govern, como "Puigdemont á prisión", "Trapero a la Modelo" ou "A por ellos", segundo informa o diario ElNacional.cat. Algúns portan simboloxía franquista ou fan o saúdo fascista. Axentes dos Mossos d'Esquadra foron increpados. Participan nela numerosos representantes políticos de PP e Ciudadanos, na cabeceira da manifestación. O presidente dos populares cataláns, Xavier García Albiol, sinalou a marcha como "histórica" e dixo que "demostra que Puigdemont e Junqueras non poden falar en nome de toda Catalunya". O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, chamou a eleccións asegurando que "os cataláns deben votar nas urnas de verdade, e se non as poñen os golpistas debe facelo o Goberno". Pola súa banda, o secretario de Organización do PSC, Salvador Roca, participou para reclamar "sensatez, respecto ao Estado de dereito e, sobre todo, diálogo", malia que o seu partido decidiu non acudir como organización.
NOS_29834
O persoal das case medio cento de empresas que desenvolven a súa actividade no aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, prepárase para unha folga que será histórica se Aena non accede a escoitar ás demandas das traballadoras e traballadores. Será 13, 20 e 27 deste mes.
Será histórica porque suporía a primeira vez que todas as empresas dun aeroporto do Estado se unen para facer folga. "Será unha folga xeral no aeroporto eses tres días, o 13, o 20 e o 27", di Pablo De Prado, representante do comité de empresa en Aena. Pablo é coordinador de programación na compañía que xestiona o aeródromo, a primeira operadora do mundo en número de pasaxeiros. O conflito en Lavacolla-Rosalía de Castro empezou pola cantina que utilizan traballadoras e traballadores, un espazo aparte da cafetería para as viaxeiras e os viaxeiros. O pasado 15 de marzo, recibiron no comité de Aena a notificación de que se ía eliminar o servizo, que os prezos para o persoal de Aena se mantería igual na cafetería, mais non para o do resto de empresas. A dirección do aeroporto di que é orde de Madrid, e a representación sindical responde que a cantina non supón ningún custe adicional. A primeira protesta foi o 17 de marzo diante dos mostradores de facturación da nova terminal. Durante os meses seguintes producíronse dúas concentracións máis na terminal e dúas manifestacións no recinto do aeroporto. A última protesta foi en maio. Á volta do verán, as traballadoras anunciaron esta semana que retomarán as medidas de presión cunha folga. Será histórica porque suporía a primeira vez que todas as empresas dun aeroporto do Estado se unen para facer folga O aeroporto de Lavacolla podería alcanzar este ano os 3 millóns de usuarios. No 2007 superou por primeira vez os 2 millóns, no 2011 estivo preto dos 2,5. Ese ano inaugurouse a nova terminal con 28 mostradores e 10 portas de embarque. No 2016 a cifra de viaxeiros superou por fin os 2,5 millóns anuais. A nova terminal está deseñada para xestionar 3,5 millóns de viaxes, 30 operacións por hora ás 24 horas do día, 45.000 operacións anuais. Mais en Lavacolla as empregadas e empregados do case medio cento de empresas que prestan os diferentes servizos -compañías aéreas, mantemento, alugueiro de coches, limpeza, seguridade...-, a maioría deles, viven instalados na precariedade, denuncian os sindicatos, con carga de traballo en aumento e salarios e dotación de persoal á baixa. E agora, a cantina. A cantina foi o detonador. "Non é xusto que outros compañeiros teñan que utilizar o mesmo servizo que utiliza o público, con prezos máis altos cos que tiñan até hoxe", sinala De Prado. No aparcadoiro tamén hai diferencias. Os de Aena e os de Enaire -a parte de Aena que se ocupa do control aéreo- gozan da gratuidade do servizo; o resto deben pagar entre 20 e 25 euros por día. "Se agora quedan tamén sen cantina, o gasto subiría moito, porque tampouco teñen a opción de saír e buscar un menú barato: abandonar o recinto durante a xornada considerase abandono do posto de traballo". Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario En Lavacolla, o segundo aeroporto do norte, por detrás de Sondika en Bilbao, en tránsito de viaxeiros, e que concentra o 60% do tráfico anual en Galiza, os sindicatos quéixanse da cantina mais o malestar vén de atrás. "Cando dixemos nunha asemblea que hai xente cobrando 500 euros, algúns botaban as mans á cabeza", di De Prado, "mesmo hai quen traballa para dúas compañías diferentes, en horarios distintos, por horas, para completar un salario digno. Eses téñense que mudar de roupa no aparcadoiro. Quito a da compañía tal e poño a desta outra... Aí se cambian, no coche". O conflito no aeroporto de Compostela decorre paralelo ao que están a vivir en Asturias –"alí esperaron a que lles pecharan a cantina para mobilizar á xente" – e ás folgas destes meses en Barcelona e do persoal de Ryanair. Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario, din os sindicatos. Os sindicatos mantiveron o conflito nunha intensidade baixa. Montaron unha coordinadora dos distintos comité de empresa e lograron do Parlamento galego unha proposición non de lei en apoio das súas reivindicacións. Nunha das marchas simularon un 'pic-nic' diante da terminal; noutra, un enterro. Agora están a organizar unha folga con paros de 6 horas (de 4:30 a 10:30) para tres días. "Haberá cancelacións, seguro, e atrasos nos voos", advirte De Prado. Cada empresa fixará os seus propios servizos mínimos. O habitual noutras convocatorias foi que non se presten servizos de limpeza nin de cafetería. "Teremos unhas 30 saídas a diario e outras tantas chegadas. Iso só nos voos regulares; despois están os privados, as avionetas, os aerotaxis... Loxicamente os Canadair, os avións contra incendios, seguirán operando. Veremos que servizos mínimos fixan, mais o normal que haxa cancelacións". Os plans para a cantina remataron coa paciencia das traballadoras e traballadores. Cinco meses máis tarde, Aena segue sen sentarse a negociar. "É como xogar un partido de frontón ti só". As reivindicacións foron aumentando. Primeira, que a cantina siga igual. Segunda, que as empresas contraten persoal para facer fronte ao incremento da carga de traballo. Terceira, aparcadoiro gratuíto para empregadas e empregados. Cuarta, recuperar o servizo de enfermaría. Quinta, máis persoal no horario nocturno. "Todo vén desde a privatización de Aena, empezaron reducindo un pouco o servizo nocturno e as horas da enfermaría, logo outro pouco, logo máis, e así até que a xente rebenta por unha cousa que parece menor, a cantina, pero que fai parte de todo iso", conclúe De Prado.
NOS_3135
Xosé Castro, autor dunha das reportaxes fotográficas máis lembradas da historia recente deste país, volverá este domingo ás Encrobas para fotografar a marcha conmemorativa que celebra os 40 anos dunha revolta que logrou frear (en parte) os excesos dos estertores do franquismo e do seu brazo empresarial, representado naquel momento por unha mina de lignito propiedade de Fenosa e do Banco Pastor.
A proposta deste domingo é sinxela e ben simbólica: lembrar a loita daqueles anos levando paraugas escuro e ferramentas do campo. A Marcha da Memoria xuntarase no campo de fútbol das Encrobas (estrada Mesón do Bento, Cerceda) ás 11.30 horas. O fotógrafo Xosé Castro 'Pepucho', autor das imaxes das Encrobas que percorreron o mundo, inmortalizará o acto de lembranza. Logo realizarase unha ruta preto de Pau Rañón, o lugar dos enfrontamentos do 15 de febreiro onde houbo feridos e detidos, que marcou un punto de inflexión nas negociacións coa empresa eléctrica e que espertou o apoio de boa parte da sociedade da época, tamén a nivel internacional. - Daquela vostede tiña 33 anos e foi testemuña privilexiada da revolta E o domingo vai facer de novo a foto da marcha conmemorativa. Que significa para vostede?- Para min é un orgullo que me chamen e que monten todo o tinglado para que eu poida facer unha foto. Estou orgulloso de que me chamase o pobo a través de Bocixa para dicirme que ía estar todo preparado para que eu repita a foto. Eu encantado de volver a facer esa foto, creo que é un orgullo para a miña carreira de fotoxornalista. A xente estaba cansa de que fixeran deles un pandeiro. Era chegar e encher. A xente cansou e resultou que as Encrobas foi un punto de referenza para que a xente dixera "ata aquí chegamos". - As súas fotos de hai 40 anos tiveron unha repercusión excepcional, tamén a nivel internacional. - Chegaron a todas partes do mundo. Foi unha reportaxe que tivo moito éxito e que tivo moito que ver para que Fenosa se volvera atrás na expropiación da maneira que a quería facer. - Para quen fixo as fotos?- Para a Voz de Galicia. Eu traballaba en Foto Blanco, que era o fotógrafo da Voz, e chegaron a todos os medios de España, e tamén a nivel internacional. - Como ve aqueles acontecementos 40 anos despois? Porque era unha loita contra a mina pero tamén contra o réxime. - Foi unha loita contra todo. A xente estaba cansa de que fixeran deles un pandeiro. Era chegar e encher. A xente cansou e resultou que as Encrobas foi un punto de referenza para que a xente dixera "ata aquí chegamos". As expropiacións antes facíanse así, á boa de Deus, para adiante e fóra. - Seica aínda se di que nesa zona ser das Encrobas é un orgullo. É así?- Iso din os de alí, pero eu son da Coruña. O que está claro é que foron pioneiros na loita para que polo menos as empresas e o Estado tivera conciencia de que non se podían facer as cousas así para ben dos ricos, nunha palabra. Foron pioneiros na loita para que polo menos as empresas e o Estado tivera conciencia de que non se podían facer as cousas así para ben dos ricos. - Cre que as novas xeracións teñen conciencia da importancia que tivo aquela loita?- Creo que non teñen conciencia ningunha. Ese é o problema gordo. Parece que todo o que se fixo atrás hoxe non vale. Pero grazas a aqueles tempos e a esa xente, que puxo por diante a loita, os de agora teñen o que teñen. Ás veces para ben e ás veces para mal, pero vaia. A vida é así, tirar sempre para adiante. Pero o das Encrobas marcou o sentido de ser galegos. - Que lle di aos seus netos -se os ten- sobre aquela época?- Xa teño bisnetos. Eu explícolle todo aquilo, das mulleres principalmente. As mulleres tiveron alí toda a iniciativa. O plantexamento foi delas, elas puxéronse diante e foron as que loitaron por aquelas terras. Estaban apoiadas, é certo, por homes, maridos e fillos que había alí. Pero a loita principal foi das mulleres. - E, sen embargo, a figura máis coñecida é Moncho Valcarce.- Home, o cura das Encrobas influiu unha barbaridade. El púxose á fronte de todo aquilo, co apoio dos sindicatos daqueles tempos. E logo pagou as consecuencias daquela loita. - Alí popularizouse aquilo de "A terra é nosa e non de Fenosa". - Si, si. Tanto alí como na manifestación da Coruña, onde tamén houbo moitos paos. Daquel tempo xa non queda nada, todo pasou a mans doutra xente de fóra de Galiza e aquí fomos quedando sen nada. Non hai nada. Non hai Caixa Galicia nin Caixa Vigo, non hai nada. - Hoxe xa non existe nin Fenosa nin o Banco Pastor, as empresas que estaban detrás da mina de lignito. - En Galiza xa pouco queda. Daquel tempo xa non queda nada, todo pasou a mans doutra xente de fóra de Galiza e aquí fomos quedando sen nada. Non hai nada. Non hai Caixa Galicia nin Caixa Vigo, non hai nada. O último que tiñamos que era Pescanova, mira ti onde quedou. - Cales son as loitas de hoxe en día nas que hoxe se volvería implicar?- Eu implicaríame en todas as loitas posibles. Ten en conta que eu son un xubilado, co que me subiron a min non me chega para pagar o aumento da luz dun mes. Soamente con iso xa abonda. E á miña muller fixéronlle un TAC para o que estivo agardando nove meses, e agora ten que agardar outro tanto para que lle digan o resultado. Que non nos conten os contos eses de que todo vai ben. Non digo que a culpa non sexa nosa, pero esas son as loitas que hai que dar hoxe. O primeiro, botar a moita xente que leva anos e anos no poder. Vós tiñades que seguir a nosa loita dos anos 70. Ben, que tampouco o fixemos todo ben. Pero é unha loita na que a mocidade debería pensar. E todos os meus netos viven fóra de Galiza, por desgraza. - Cantos anos traballou de reporteiro gráfico?- Empecei como axudante en Fotos Blanco con 14 anos. E nos anos 60 empecei a facer fotos para a Voz e no 85 entrei na plantilla da Voz até que me xubilei. Estiven traballando para a Voz todo o meu tempo como fotógrafo. Fixen a rúa 50 anos, collín todo o desenvolvemento e a transformación do país completamente. - Cales foron as fotos que vostede máis lembra?- Lembro moitas. Eu fixen todo o accidente de Alvedro, o incendio do Pazo de Meirás, cunha foto famosa da Garda Civil sacando un cadro de Franco. Teño unha longa carreira fotográfica que está recoñecida creo que até internacionalmente. Tamén famoso penalti de Djukic... foron moitos anos de traballo nos que percorrín medio mundo. Fun finalista tres veces de Photo Press. Tiven unha carreira longa que quedou aí para a historia de Galiza principalmente. Teño unha fotografía exclusiva de Kissinger no Grove, cando a xuntanza de Bilderberg, que chamou a atención e tamén deu a volta ao mundo. Conseguín localizalo comendo marisco no Grove. Fixen a rúa 50 anos, collín todo o desenvolvemento e a transformación do país completamente. E facía fotos en xeral, tanto andaba co Deportivo por toda Europa como montado nas dúas veces que fomos á foxa atómica, no Xurelo. Fun con Greenpeace embarcado. No Xurelo fomos trece homes, cinco mariñeiros e o resto xornalistas para dar conta do que pasaba. Fomos os pioneiros para evitar que se botaran os residuos radiactivos a 400 millas de Galiza. Teño un pouco de historia, si.
PRAZA_5624
Ao fío do asasinato de Isabel Carrasco algunhas voces recuncaron na esixencias de regulacións específicas para controlar as mensaxes difundidas a través das redes sociais. Falamos cos avogados expertos en dereito de Internet David Maeztu e Javier de la Cueva, que rexeitan a idea.
O asasinato de Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León, segue ocupando as portadas dos medios, non só pola investigación que se segue sobre as presuntas autoras do mesmo, senón pola polémica xerada polas propostas lanzadas dende distintas instancias para que se aproben e se apliquen regulacións específicas para controlar os contidos difundidos polas redes sociais e que poidan ser constitutivos de delito. Ás poucas horas do asasinato de Carrasco, no medio dese enxame de voces que son Twitter ou Facebook, algunhas mensaxes empregaron o humor negro para tratar o tema, ou empregaron a morte desta dirixente política para referirse a outros líderes. Non era a primeira vez nin será a derradeira, pero desta vez algunha destas mensaxes tiveron consecuencias inmediatas. Sobre todo en Galicia, onde dúas concelleiras socialistas, Beatriz Martínez (Meis) e Susana Camiño (Vilagarcía), foron forzadas polo seu partido a dimitir despois de ter escrito, "Quien siembra vientos, recoge tempestades" no caso de Camiño, e "Cuando las barbas de tu vecino veas cortar... pon las tuyas a remojar... tiembla Louzán q la gente anda muy desesperada y los sinverguenzas q se enriquecen con dinero publico terminan pagando... parece esto Sinaloa" no de Martínez. Ambas as dúas pediron desculpas, pero Beatriz Martínez sinalou a súa estrañeza pola polémica provocada polas súas palabras: "foi un simple comentario tonto. Comentarios deste tipo hai 300 millóns en Facebook", afirmou en Faro de Vigo. "Estou alucinando. Isto parece Corea do Norte. Paréceme que mesmo vai en contra da liberdade de expresión", engadiu. O Ministerio do Interior anunciou que a policía estaba "rastrexando" as redes sociais na procura de mensaxes referidas ao asasinato de Carrasco que poderían implicar delitos de inxurias Ao mesmo tempo, o Ministerio do Interior anunciaba que a policía estaba "rastrexando" as redes sociais na procura de mensaxes referidas ao asasinato de Carrasco que poderían implicar delitos de inxurias e o ministro Fernández Díaz apuntaba a necesidade de "axeitar o ordenamento xurídico" para perseguir os internautas. E, ademais, o deputado do PSOE José Martínez Olmos, portavoz do seu partido no Congreso en temas de Sanidade, pedía publicamente "regular" as redes sociais "porque non todo vale", unha regulación "que inclúa dende un observatorio, un código de conduta, até os motivos para actuar e a maneira de facelo dende os poderes públicos para castigar aquelas condutas que xa o están cando doutros medios se trata. Deixando de lado a consideración das redes sociais como medio de comunicación ou como simple espazo público de expresión (poderíase argumentar que as conversas que as poboan non deberían ter unha consideración distinta ás que se escoitan nun bar ou pola rúa), é realmente necesario que exista unha regulación específica para elas, ou todo o que nelas se comparte está xa suxeito ao control da lei? Os expertos en dereito de Internet amósanse sorprendidos polas peticións de novas normas para unhas mensaxes ás que xa se está aplicando o Código Penal. Outros internautas ían máis aló e alertaban sobre a oportunidade desta polémica, que chega en plena tramitación do Código Penal ou da Lei de Seguridade Cidadá, para a que se estaría creando un clima axeitado para o seu endurecemento O avogado David Bravo, por exemplo, escribía en Twitter "Tras salir de un juicio por injurias en Twitter me entero de que proponen regularlo. Regulado ya está, lo que se propone es controlarlo". Pola súa banda, David Maeztu sinalaba "con regular las redes sociales, habida cuenta de que ya están reguladas, quieren decir que sólo se pueda escribir lo que ellos quieran". E o tamén avogado Javier de la Cueva ironizaba sobre outras regulacións específicas que se poderían pedir para "os teléfonos" ou "as conversas de bar". "Ya hay regulación en las redes sociales: se llama Código Penal", escribía tamén a Revista Mongolia, e o propio Maeztu lembraba estes días unha análise que fixera hai xa tempo sobre os 13 delitos que todo tuiteiro debe coñecer, dende as inxurias ás ameazas, pasando polas calumnias ou os ataques á Coroa, todos aplicables a calquera contido difundido a través das redes sociais e que, de feito, xa están aplicando con dureza, como se comprobou na recente Operación Araña. Outros internautas ían máis aló e alertaban sobre a oportunidade desta polémica, que chega en plena tramitación do Código Penal ou da Lei de Seguridade Cidadá, para a que se estaría creando un clima axeitado para o seu endurecemento. Cómpre lembrar que na reforma do Código Penal propúxose unha nova redacción para o artigo 559, que pasaría a impor penas de prisión de tres meses a un ano a quen, "a través de calquera medio", difundan mensaxes que "inciten á comisión dalgún dos delictos de alteración da orden pública". Dende distintos ámbitos alértase de que esta nova redacción podería levar á persecución daquelas persoas que difundisen a convocatoria dun acto ou manifestación no que, finalmente, se producisen actos de violencia. David Maeztu: "O réxime sancionador está bastante ben definido para as condutas realmente graves e non creo que dende o punto de vista da definición das condutas deba chegarse a unha regulación máis específica" Falamos con David Maeztu, que lembra que "xa está en tramitación un Código Penal e en estudo unha reforma da Lei de Enxuizamento Criminal (Código Procesal Penal), así que en teoría é un bo momento para tramitar reformas" e salienta que "o certo é que o réxime sancionador está bastante ben definido para as condutas realmente graves e non creo que dende o punto de vista da definición das condutas deba chegarse a unha regulación máis específica". De igual xeito, Javier de la Cueva é máis crítico aínda, e nin sequera considera "serias" as propostas e cre que se tratan dunha cortina de fume: "máis ben parecen sondaxes de opinión enviados dende certos cargos políticos. É mellor que esteamos todos preocupados e falando da regulación das redes sociais que falando do paro, do asasinato dun membro dun partido por outro membro do mesmo partido, ou do financiamento ilegal do partido do goberno". Javier de la Cueva: "É mellor que esteamos todos preocupados e falando da regulación das redes sociais que falando do paro, do asasinato dun membro dun partido por outro membro do mesmo partido, ou do financiamento ilegal do partido do goberno" Ambos os dous rexeitan tamén a proposta lanzada polo deputado socialista Martínez Olmos para a creación dun "Observatorio" e dun "Código de Conduta" para as redes sociais. "Pareceríame unha idiotez" -di De la Cueva- "Primeiro terían que poñer un Observatorio ou un Código de Conduta no Diario de Sesións das Cortes". De igual xeito, Maeztu di que "non lle vexo ningún sentido, é como facer un observatorio para ver o que di a xente nos bares; e un código de conduta non vincula porque non se pode obrigar a ninguén a aceptalo, e ademais xa temos lexislación que penaliza os danos a terceiros". En relación con estas propostas de regulación dos contidos, De la Cueva opina que "estase actuando cunha sistematicidade propia de totalitarios que non admiten crítica ningunha ao seu traballo. Son actitudes despóticas". De igual xeito, Maeztu cre que "estase sendo demasiado tremendista con ese ánimo exemplarizante e ás veces resulta demasiado impostado. Pode ser que non se entende o medio ou simplemente que se quere chamar a atención para poñer de manifesto que non todo vale". Porén, tamén engade que "hai tamén unha idea de moitos usuarios de que internet non ten lei, e non é así. Hai regras que hai que respectar". Que delitos se poden perseguir e de que xeito Polo feito de ser un medio de difusión pública de contidos, os delictos que se cometan nas redes sociais teñen unha caracterización diferente Outro asunto que xerou polémica estes días foi o anuncio do Ministerio do Interior de que dera a orde de rastrexar as redes sociais na procura de mensaxes delituosas. Os expertos, como Isabel Elbal nunha análise publicada en El Diario, sinalan que para investigar o delito de inxurias e de calumnias con publicidade necesítase que o ofendido ou o seu representante legal presente previamente unha querela; é dicir, non é lícito investigar de oficio este tipo de condutas, consideradas como un delito privado. David Maeztu engade unha excepción, non aplicable neste caso, e referida "só á ofensa se dirixa contra funcionario público, autoridade ou axente sobre feitos relativos ao seu cargo". De igual xeito, Elbal lembra que no ordenamento xurídico español está prohibida a investigación prospectiva, "consistente en ir de cazaría ou pescar, a ver que se atopa, sen concretar o feito criminal que se pretende atopar" e considera que se trata dunha "reminiscencia do pasado franquista, supostamente superado, pois nese réxime ditatorial perseguíase a perigosidade social". Si serían perseguibles de oficio as ameazas, pero David Maeztu lembra que "en xeneral será moi difícil condenar por ameazas, posto que a xurisprudencia esixe que sexan realmente cribles e serias. Aínda que é lóxico que se investigue para determinar se se cumpren os requisitos ou non". As redes sociais, como medio de comunicación social, están reguladas como é obvio polo Código Penal, e precisamente polo feito de ser un medio de difusión pública de contidos os delitos que alí se cometan teñen unha caracterización diferente. Ás veces máis graves, como no caso das calumnias e inxurias "con publicidade", para as que as penas previstas (até 24 meses na calumnias e até 14 meses nas inxurias) duplican as que se aplicarían se a mesma calumnia ou inxuria se pronuncia nun ámbito privado, de viva voz. É tamén o caso do enaltecemento do terrorismo ou do delito de Ultraxes a España (artigo 543 do Código Penal), "ofensas a España ou ás súas Comunidades Autónomas" que se se realizan "con publicidade", poden ser penadas até con 12 meses. Pero ás veces, o feito de que unha acción ilícita se realice a través das redes sociais matiza e limita o seu dano e pena. É o caso das ameazas (perseguida con penas de até cinco anos), pero nas que os xuíces están interpretando que no caso de que se fagan a través das redes sociais, por unha persoa que non ten relación directa coa vítima e que pode vivir a centos de quilómetros, non teñen a mesma consideración que unha ameaza directa, próxima xeograficamente ou realizada por unha persoa que pode incidir realmente na vida do ameazado. "Se se considera que un usuario cometeu un delito, a policía debe enviarlle unha petición a Twitter ou Facebook, para que lle comunique a súa identidade real, e non están obrigados a facelo, mentres non haxa unha orde xudicial" De igual maneira, á hora de actuar contra un usuario, hai que ter en conta que a policía debe dirixirse en primeiro lugar cunha orde xudicial á empresa poveedora de servizos para que identifique esa persoa. O artigo 212 do Código Penal establece que nos delitos de inxurias e calumnias feitos con publicidade, " será responsable civil a persoa física ou xurídica propietaria do medio informativo a través do cal se propagou a calumnia e a inxuria". É dicir, se se considera que un usuario cometeu un delito, a policía debe enviarlle unha petición a Twitter ou Facebook, por exemplo, para que lle comunique a súa identidade real, e non están obrigados a facelo, mentres non haxa unha orde xudicial, e non pode habela se non se trata de delitos graves (con penas de máis de cinco anos). Isabel Elbal explica que "habería que sentar no banco dos acusados a Twitter para que responda civilmente polos presuntos delitos pescados nesta prospectiva investigación e non cremos que o ministro do Interior teña esa intención, polo menos non de cara a facer o ridículo a nivel internacional". "O habitual para localizar o responsable do contido é renunciar aos procedementos xudiciais e empregar enxeñaría social, é dicir, investigar o que esa persoa publica no seu perfil para chegar até ela" David Maeztu lembra neste senso que "é posible chegar até unha dirección IP, pero non identificar o titular dese IP. Iso resérvase para os delitos graves e tras a anulación da Directiva de Conservación de Datos polo TJUE é complicado considerar que se admitise polos tribunais unha ampliación dos supostos para delitos menores en internet". Con estas dificultades, engaden os expertos, o habitual para localizar o responsable do contido é renunciar aos procedementos xudiciais e empregar enxeñaría social, é dicir, investigar o que esa persoa publica no seu perfil para chegar até ela. Ao igual que sucede con outras situacións ligadas aos novos medios de comunicación social e persoal, as autoridades enfróntanse decote a problemas novos con armas vellas, doutro tempo, e non axeitadas para este novo contexto, como perseguindo moscas a canonazos. Outras veces, semella que Internet é só a excusa, o chibo expiatorio. As redes como perigo, como ameaza, funcionan como argumento para crear un determinado clima social. "Un feito luctuoso, cuxa etioloxía é de carácter eminentemente privado, non pode nin debe servir de escusa para un recorte de liberdades impropio do que debería ser un Estado democrático e de Dereito", conclúe Isabel Elbal.
PRAZA_321
ENTREVISTA O viveirense Víctor Sampedro, catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política na Universidad Rey Juan Carlos, presenta este mércores e xoves en Compostela, Ourense e Marín o seu libro O cuarto poder en rede (Abooks)
"A revolución poñerate no asento do condutor", cantaba en 1971 Gil Scott-Heron nesa marabilla titulada The Revolution Will Not Be Televised, convertida inmediatamente nun símbolo para o black power e moitos outros movementos. Diso vai O cuarto poder en rede, o libro de Víctor Sampedro (Viveiro, 1966) editado primeiro por Icaria e agora, en galego, por Abooks. Fálanos de cidadáns e multitudes conectadas e empoderadas e das mutacións que esa nova realidade, que tanto está cambiando a sociedade e a política, tamén provoca na comunicación e no xornalismo. Ou o que é o mesmo, no exercicio do poder e no control dos poderes. Sampedro presenta o libro este mércores en Compostela e Ourense e o xoves farao en Marín. As citas de hoxe, pola mañá na Facultade de Xornalismo da USC e pola tarde en Ourense nun acto organizado por movementos sociais da cidade, falan moi claramente de a quen quere interpelar este libro. Tamén a cita do xoves, organizada por Queremos Galego Marín e que servirá para presentar o Observatorio dos Medios Galegos, que vén de ser creado por un colectivo de cidadáns "preocupados pola veracidade da información en Galicia". "O xornalismo debe refundarse como ben común, con código aberto e libre. O resultado será un fluxo de contrapoder mancomunado e colaborativo, mantido por moitos actores, non todos xornalistas", declárase no libro. No fondo, é o xornalismo de toda a vida, ao servizo da transparencia e da comunidade á que serve, non ao servizo do lucro económico ou ao ditado do poder. O xornalismo entendido como unha plataforma de publicacións da sociedade civil, dunha cidadanía de alta intensidade, que se asuma e exerza como suxeito político e comunicativo e que deste xeito asegure un exercicio real da democracia. "O xornalista ten que comprender que hoxe en día traballa con suxeitos comunicativos de pleno dereito. Poden rexistrar a realidade, poden intervir no debate público, poden desmentir as axendas oficiais, poden revertelas e convertelas en axendas sociais. Isto sempre foi así na democracia, en teoría: calquera podía coller a palabra e falar na esfera pública, pero agora é unha realidade. Isto, trasladado ao ámbito das multitudes, quere dicir que as multitudes se poden autoconvocar, automobilizar, crear axendas propias para exercer a fiscalización, a sanción política e asegurar o rendemento de contas do poder", di Víctor Sampedro, que na obra fai un percorrido por feitos e personaxes que marcaron a historia recente do xornalismo e da política a nivel planetario: Wikileaks, Assange, Manning, Snowden ou Falciani e o SwissLeaks. Sampedro explica que "dende hai un tempo -Wikileaks demostrouno en 2010- existen públicos moi empoderados, públicos en rede e con ferramentas e arquitecturas comunicativas propias. Wikileaks crea unha plataforma non censurable e non rastrexable de megafiltracións. Para levar a cabo estas megafiltracións, xa non precisas ser un insider, un dos que está no cumio do poder controlando a información, senón simplemente un traballador cognitivo, como foi Falciani, un traballador do capitalismo cognitivo". "Cada un de nós deberíamos ser considerados un nodo dunha redacción expandida, na que os xornalistas profesionais crean un fluxo de contrapoder mancomunado cos actores da sociedade civil e os cidadáns máis empoderados comunicativamente" Que papel ocupa o xornalista profesional e as redaccións dos medios de comunicación neste proceso? "O xornalista é fundamental, é máis importante ca nunca", di Sampedro. "Cada un de nós deberíamos ser considerados un nodo dunha redacción expandida, na que os xornalistas profesionais crean un fluxo de contrapoder mancomunado cos actores da sociedade civil e os cidadáns máis empoderados comunicativamente. Isto non é un risco para os xornalistas, senón unha vantaxe; é unha oportunidade de colaboración constante coa sociedade. Non é unha ameaza para o xornalismo, senón unha oportunidade e unha demanda inxente de novos perfís profesionais, adaptados á comunicación e ao sistema informativo do século XXI", explica. "En lugar de renunciar aos xornalistas deberíamos recoñecelos, convertelos en imprescindibles. Necesítanos quen teñen menos recursos para se facer oír e non se poden impoñer pola forza" Apela á responsabilidade dos xornalistas coa súa profesión: "non pode ser que sexan Falciani, Manning, Snowden ou Assange os que paguen as culpas. Tería que ser a obriga dunha profesión que di traballar por unha esfera pública democrática, por deitar luz alí onde non chega". "É unha volta ás orixes do xornalismo, nas que o medio de comunicación estaba inserido nunha comunidade á que servía. Tiña unha responsabilidade" -engade- "No caso Falciani é interesante analizar o papel do ICIJ, unha coalición internacional de xornalistas, imprescindible para investigar este asunto, cun carácter igualmente transfronteirizo que supera as capacidades dos estados nacionais, e que fai un labor de investigación a partir da megafiltración, como antes fixeran co LuxLeaks". "En lugar de renunciar aos xornalistas deberíamos recoñecelos, convertelos en imprescindibles. Necesítanos quen teñen menos recursos para se facer oír e non se poden impoñer pola forza", conclúe. Un xornalismo que morre, outro que nace A revelación da Lista Falciani foi portada en xornais de referencia de todo o planeta, como Le Monde, The Guardian ou La Repubblica, que mesmo colaboraron na investigación, pero na maior parte das cabeceiras tradicionais españolas quedou relegada a un lugar moi secundario, moi inferior ao dedicado á posible irregularidade ou evasión fiscal de Monedero. Unha escolla que deixou ao descuberto as debilidades e posicionamentos destas cabeceiras. "Estes días estamos vendo dous xornalismos: un que está morrendo, que depende das fontes oficiais, que non é contrapoder senón que é correa de transmisión das axendas do poder" "Estes días estamos vendo dous xornalismos: un que nace, e outro que está morrendo, que depende das fontes oficiais, que non é contrapoder senón que é correa de transmisión das axendas do poder, que non é un can vixilante do poder, senón que é un can faldeiro. Vémolo nas filtracións de Montoro contra un candidato, para destruílo, confundindo o que son as actividades privadas co desenvolvemento dun cargo público. O caso Monedero non é para nada comparable ao caso Bárcenas, pero faise equivalente no momento en que lle convén ao poder. A única solución do réxime do 78 é aniquilar simbolicamente a quen o cuestiona, e sobre todo a quen o cuestiona sen ter pedido permiso. Este xornalismo non está defendendo en absoluto os intereses da cidadanía, porque está protexendo a opacidade do poder e está espindo os cidadáns que o desafían. Hai un xornalismo vello que aínda segue por inercias persoais e profesionais, cun modelo obsoleto de negocio, que perdeu completamente a orientación de servizo público, que está unicamente concibido como lucro máximo no tempo mínimo, sen compromiso co desenvolvemento social", di. "O vello aínda ten moita forza, moita inercia de cartos e de presións institucionais. E o novo aínda non botou raíces sólidas, porque a xente está a confundir información libre con información gratis" Fronte a ese xornalismo vello, Sampedro identifica un xornalismo novo, novos medios e novas prácticas, aínda en construción e, nalgúns casos, crecendo cunha certa precariedade económica: "Estamos nun momento de cambio e ás veces o vello non deixa ver o novo. O vello aínda ten moita forza, moita inercia de cartos e de presións institucionais. E o novo aínda non botou raíces sólidas, porque a xente está a confundir información libre con información gratis, e iso é un erro descomunal. A información é un ben carísimo porque precisamente garante o exercicio do resto das liberdades que temos. Se nós non lles pagamos aos nosos xornalistas, vainos mercar o poder". "A información sempre foi e é un bencomún, que agora circula polas redes. Iso non quere dicir que non se poida privatizar, poñer un límite económico para o seu consumo, de xeito que os xornalistas poidan ter un salario e un salario digno, imprescindible se se quere asegurar a súa competencia e a súa lealdade coa audiencia", engade. Nalgún momento, nas últimas décadas, rachou o pacto que existía entre os xornalistas e os cidadáns. Creceu de forma máis que xustificada a desconfianza cara aos medios, e agora resulta difícil volver recuperala. "O pacto da información é o pacto da veracidade: ti confías en que os datos que eu che dou son veraces, que podes vixiar con eles o teu entorno e tomar decisións persoais e colectivas. Todo iso foi reemprazado polas relacións públicas e a propaganda. É un xornalismo de fontes oficiais, de mensaxes e axendas prefabricadas que dan a impresión dunha gobernanza que non é tal", di. Como canta en Pull Up The People M.I.A., tamén citada no libro, "You don't like the people, they don't like you. Then they go and set it off with a big boom" ("non che gusta a xente, a eles non lles gustas ti. Daquela eles deciden activarse cun gran boom"). "O pacto da información é o pacto da veracidade. Todo iso foi reemprazado polas relacións públicas e a propaganda" "O pacto estase recuperando con moitas iniciativas comunicativas novas, que se constrúen con microdoazóns, que hoxe en día equivalen ás vellas subscricións, e que son o xesto máis claro de confianza. Antes de saber o que ides escribir en Praza Pública, unhas persoas que confian en vós, que saben do voso compromiso cunha comunidade, cuns principios e cunha defensa dos dereitos da cidadanía, pagan por anticipado", engade. "Ese é o camiño. Hai que traballar con coalicións de actores pequenos e autónomos, que actuando dun xeito descentralizado, conflúan", remata. Unha revolución en marcha "O xornalismo ten que madurecer e aprender un novo código. Ten que volver ser un modelo de negocio unicamente sustentable, sen ánimo de lucro" "E nisto, apareceu Wikileaks", así comeza o libro. Hai menos de cinco anos daquilo, pero todo o sucedido anteriormente semella pertencer a outra época. Dende entón apareceron plataformas de filtracións como Filtra.la e os cidadáns reclamaron o seu lugar no asento do condutor, na política e tamén na comunicación, lembrando que non son menores de idade, que teñen recursos propios -máis ou menos elaborados ou convencionais- para a comprensión da realidade e a construción de novos relatos. Vivimos un tempo acelerado. Como lembra Sampedro: "Só levamos 20 anos de protocolos de Internet. A imprenta tardou douscentos anos en producir o primeiro xornal. Non existen as dietas ou os cursos de idiomas con resultados inmediatos, e o xornalismo ten que madurecer e aprender un novo código. Ten que volver ser un modelo de negocio unicamente sustentable, sen ánimo de lucro". "Hoxe nós somos transparentes para o poder e o poder é opaco para nós. O único xeito de reverter este desequilibrio é aplicar a máxima de Wikileaks, que é publicidade para o poderoso e privacidade para o gobernado" Sampedro amósase convencido de que "na base destes cambios hai unha cuestión xeracional e cultural: o código aberto está prendendo na poboación e vai ser difícil pechalo. O 15M é o movemento, a revolta en rede, máis persistente no tempo e máis transversal das que teñen acontecido en calquera país do mundo". Cambia o xornalismo porque hai unhas novas ferramentas e tecnoloxías que o facilitan, pero tamén porque a sociedade no seu conxunto está cambiando. "Hai unha demanda non satisfeita de verdade, de portavoces comprometidos coa comunidade que din que queren representar. Hai unha demanda de transparencia real, máis aló das actuais apelacións banais. Na actualidade nós somos transparentes para o poder e o poder é opaco para nós. O único xeito de reverter este desequilibrio é aplicar a máxima de Wikileaks, que é publicidade para o poderoso e privacidade para o gobernado", di Sampedro. No prólogo do libro Manuel Rivas destaca que "veño de ler O cuarto poder en rede e cambioume a vista. Ese é o primeiro efecto dun libro perigoso. Hai libros boiños, que che deixan estante, é dicir, no Estado de cousas existente antes de lelos. Mais logo están os libros bos. Eses, non perdoan, os diaños. Eses fanche abanear". A xornalista e deputada islandesa Birgitta Jonsdottir comparou Wikileaks cun buque rompexeos. De igual xeito, Sampedro di que Assange, Manning ou Snowden rozaron o camiño "e agora tócanos percorrelo, aínda que estea inzado de espectros". Merca aquí o libro
NOS_39768
O deputado do PSdeG Juan Díaz Villoslada, novo nesta lexislatura no Pazo do Hórreo, baralla concorrer ás primarias do seu partido na Galiza. Competiría con Gonzalo Caballero, quen xa anunciou a súa candidatura. Sermos soubo que Leiceaga, portavoz parlamentar, tamén estuda candidatarse.
Segundo as fontes consultadas por Sermos, Villoslada sería a opción preferida por Pilar Cancela, a presidenta da xestora, e polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Villoslada, ex xerente da Universidade da Coruña, é un dos referentes do PSdG que se posicionaron con maior clareza do lado de Pedro Sánchez cando este foi forzado a demitir no célebre comité federal de Outubro de 2016. Naquel momento, e nun post no seu FB, cualificou a derruba de Sánchez de "golpe de man orquestrado por poderes para que o PSOE non se manteña ou recupere posicións autenticamente progresistas e moi seguramente entregue o goberno ao PP. Sinto raiba, impotencia e tristeza polo que estamos a viver no partido". Congruente con esta posición, Villoslada respaldou a campaña de Sánchez no seu asalto-retorno á secretaría xeral, coroado con éxito ao se impor por unha marxe superior á agardada a Susana Díaz. A vitoria da corrente sanchista foi aínda máis clara na Galiza do que no promedio estatal. Neste momento, quen xa ten manifestado con clareza que si estará na carreira é o economista vigués Gonzalo Caballero, defensor tamén da candidatura de Sánchez e que conta co crédito de, nas primarias, ter derrotado as posicións do mesmísimo Abel Caballero na cidade olívica. Ficaría, en principio, unha eventual terceira opción, a do portavoz parlamentar Xoaquín Fernández Leiceaga, quen tamén está a estudar a hipótese de se apresentar.
NOS_43443
"Cal é canción dos afogados / que nunca chega á superficie? // Queres ver o mar arder?", canta Seso Durán (Marín, 1969) na Canción dos afogados. Rock clasicista de ecos americanos, máis concretamente estadounidenses, fai parte do seu primeiro disco, Son da Memoria (2017). Agora publica o vídeo cunha versión en directo gravada en Mos.
O concerto foi o pasado maio na Sala Rebullón. A banda copuxérona o propio Durán na guitarra acústica e voz, Charlie Bautista na eléctrica, Antonio López nos teclados, Franc Gorriz na batería, Javier Rabanal no baixo, Miguel Tenorio na percusión e Sabela Cereijo e Sandra Lima aos coros. Son da memoria está dedicado ao 36 e a represión. En Canción dos afogados, explica o propio Durán na súa páxina web, "conecta pasado e presente: os fondeados durante o terror franquista, os afogados na actual crise de refuxiados no Mediterráneo, con occidente como espectador pusilánime en ambos casos". "Imos pagalo caro, / ti tamén, aínda que penses que non", avisa no retrouso.
NOS_32282
Malia non contar co aval das Nacións Unidas, a Moncloa considera proporcionado o ataque dos EUA, o Reino Unido e Francia contra siria.
O Goberno español vén de emitir un comunicado en que considera a acción dos EUA, o Reino Unido e Francia contra Siria "proporcionada". "Preferimos sempre a acción concertada internacional ás accións unilaterais. Cando estas suceden, deben ser proporcionadas, como foi o caso nesta ocasión", afirma a Moncloa. "Só un proceso político de transición, como se recolleu nas resolucións do Consello de Seguridade, pode traer a paz definitiva a Siria. É un proceso que debe estar encabezado polas nacións unidas", continúa o comunicado, que non fai alusión ningunha ao feito de que a ofensiva tripartita non contou co aval da ONU. O Goberno español lembra que o ataque con armas químicas "é un crime contra a humanidade". "Usar armas químicas é unha cuestión (…) dunha gravidade extrema", salienta a respeito do suposto ataque químico que se tería producido o pasado sábado, 7 de abril, e que non puido ser demostrado. A Organización para a Prohibición de Armas Químicas encetaba este 14 de abril sobre o terreo a investigación do presunto ataque químico Precisamente, a Organización para a Prohibición de Armas Químicas encetaba este 14 de abril sobre o terreo a investigación do presunto ataque químico que lle serviu de pretexto aos EUA, o Reino Unido e Francia para lanzar a ofensiva contra o Goberno de Al Assad. Rusia di que o ataque químico "é unha nova posta en escena" Sobre este suposto ataque con armas químicas pronunciouse Rusia a través do seu embaixador nas Nacións Unidas, Vasili Nebenzia, quen puxo de manifesto perante o Consello de Seguridade da ONU que nos centros hospitalarios de Duma non hai pacientes con síntomas de intoxicación nin hai probas que evidencien o uso de sarín ou cloro. O ministro de Exteriores de Rusia, Serguéi Lavrov, sinalou ao respeito que Moscova ten "dados irrefutábeis" de que o presunto ataque químico "é unha nova posta en escena e nela participaron os servizos secretos dun dos Estados que se desvive por estar na vangarda da campaña rusófoba".
NOS_44296
Pensións, novos recortes, aumento da xornada laboral... As condicións que se están a negociar para o rescate do Estado español serían un salto considerábel na destrución dos dereitos laborais e sociais
O Financial Times vén de informar das negociacións que están a manter a Comisión Europea e o Estado español para fixar as condicións principais que debería de cumprir de cara a recibir un novo programa de rescate. Hai unhas semanas, medios estadounidenses xa apuntaron que Bruxelas tiña clara unha listaxe de tarefas que o estado debería asumir para recibir o rescate. Todo iso entrementres o goberno de Rajoy xogaba a dicir que non habería máis condicións, posto que os deberes feitos até o de agora convencían UE e mercados. Mesmo o presidente español deixaba caer que non había présa por solicitar ese rescate. Pois ben, o ministro de Economía, Luis de Guindos, está nestes días en xuntanzas e reunións con membros da Comisión Europea. Citas en que, segundo a prensa estranxeira, as indicacións son claras: as medidas deben de comezar a se aplicar antes mesmo da solicitude formal de rescate, para así dar seguridade e tranquilidade a acreedores e mercados internacionais. En liñas xerais, os obxectivos serían garantir que o Estado español cumpra cos obxectivos de déficit e cos obxectivos orzamentarios marcados desde Bruxelas. Letra pequena E en que se concretarían eses obxectivos? Aí as interpretacións son variábeis. Mais non poucos sinalan que o Estado español acabará percorrendo o mesmo camiño que xa se lle marcou a Grecia ou a Portugal. E que non haberá liña vermella. Mesmo a axencia Reuters informaba esta sexta que no executivo español xa se asume que vai haber que tocar as pensións e acelerar o proceso de retrasar a idade de xubilación a 67 anos, entre outras. Alén de novos recortes (sanidade e educación, dous eidos que poderían ser de novo albo preferente das tesoiras) e axustes con impacto directo nas maiorías sociais, tamén hai quen apunta que a medio prazo comezaría a tratarse a ampliación da xornada laboral á par que o desmantelamento da negociación colectiva abriría as portas a unha redución de salarios no sector privado de entre o 20 e o 25% de media. Bruxelas dicta, De Guindos escribe Mais o que está a acontecer nos corredores de Bruxelas non sería tanto unha negociación entre iguais como máis ben un ditado de condicións por parte da troika das cales De Guindos toma nota. Hai quen sinala que non hai motivo para pensar que o trato vaia ser moi diferente do que mercados e institucións financeiras e políticas europeas deron a Grecia ou Portugal. E cando? Canto a ese rescate, desde o Financial Times dáse case por feito que será inminente. O goberno central é partidario de agardar a que pasen as eleccións vascas e galegas. Mais semella que iso, a xestión dos tempos, tampouco os manexa Rajoy.
NOS_25646
O mantemento dos postos de traballo, prioridade
Santiago acolleu esta segunda feira unha reunión dos representantes sindicais da cntral nacionalista CIG noe Popular-Pastor e de Banco Santander, así como de Universal Support (centro de chamadas para o Popular) para debater e coordinar a actuación a desenvolver durante o proceso de integración. O mantemento dos postos de traballo, pedir unha solución para os accionistas do Popular –boa parte dos traballadores adquiriron accións da entidade- e a conservación da marca Pastor son algunhas das prioridades. A duplicidade de oficinas en máis dun cento de concellos galegos entre Santander e Popular-Pastor leva a temer a que se opte por unificar sucursais e recortar postos de traballo, tal e como se fixo en anteriores procesos similares
NOS_1480
O XIX Simposio sobre o libro e a lectura que organiza a Asociación Galega de Editores reúne representantes das editoriais galegas e destacadas figuras da investigación e da docencia coa finalidade de percorrer os últimos cen anos de edición do libro galego.
"Os editores non adoitamos facer autoanálise, mais este ano a efeméride obrigaba a facer este balance". Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editores, refírese así, en conversa con Nós Diario, á celebración dos "100 anos de edición moderna na Galiza", o lema baixo o que se celebra, na xornada de hoxe, o XIX Simposio sobre o libro e a lectura que organiza a entidade que preside. O encontro reúne representantes das editoriais galegas e destacadas figuras da investigación e da docencia coa finalidade de percorrer eses cen anos de edición: desde os selos pioneiros Nós, Lar e Céltiga até a edición dixital, pasando polas multiples experiencias do exilio. "Obviamente, a edición galega ten máis de cen anos", matiza Alvarellos. "Non podemos esquecer o labor de xente como Compañel en Vigo, Martínez Salazar na Coruña, Soto Freire en Lugo... e terán o seu espazo no simposio. Pero si que comezou hai cen anos a idea do que hoxe consideramos edición moderna: a que busca mercados, planifica estratexias para chegar ao público, seducir a través dos formatos... Iso naceu entre os anos 1921 e 1924, da man de Xaime Quintanilla en Ferrol e de Ánxel Casal e Leandro Carré en Santiago, e deu lugar a unha potentísima industria que morrería, literalmente, no 36, a raíz do golpe de Estado". A edición galega sempre estivo da parte da edición de cultura Non obstante, xa a principios da década de 1940, póñense en marcha, en América -grazas ao labor intensísimo de persoas como Castelao ou Luís Seoane-, numerosos proxectos editoriais cunha actividade "enorme e heroica" que mantiveron aceso o facho da edición galega. "Hai dous tipos de edición: a de cultura e a de mercado. E a edición galega sempre estivo da parte da edición de cultura. Isto pode verse, sobre todo, naqueles proxectos creados no exilio que tiñan unha rendibilidade económica moi escasa mais cun valor cultural enorme: non hai máis que ver o caso da editorial Losada, que se creou naqueles anos e que se mantén como un referente da edición de calidade". Alvarellos sinala dous momentos, "dúas idades de ouro", neste periplo. Os primeiros anos da II República, até o Bienio Negro, e os anos finais da ditadura franquista e o comezo da democracia, con experiencias como a Editorial Castrelos de Xosé María Álvarez Bláquez. "Son momentos de eclosión nos que se gañou moitísimo público, nos que se logrou que houbese unha masa crítica que estivese ao outro lado da canle, co conseguinte éxito comercial". A situación actual da edición vén caracterizada pola revolución dixital na que estamos inmersos desde hai dúas décadas. Existe o perigo da igualación do gusto que traen consigo as grandes plataformas de distribución, "mais tamén existe unha reacción na que moita xente procura librarías especializadas e editoras con contidos diferentes e deseños coidados, e iso estase vendo na Galiza e noutros moitos sitios. Outra cousa son os impactos que recibe o público, especialmente a xente nova, e os novos medios de acceder aos contidos culturais. É máis difícil seducir no medio de toda a oferta existente e esa é agora a nosa batalla". En todo caso, Alvarellos advirte dos riscos que corre a edición en galego. "Agora temos unha industria editorial moi asentada con máis de medio cento de empresas profesionais que editan contidos dunha enorme calidade. Mais carecemos de políticas activas de impulso á lectura e dun centro que nos permita exportar a nosa literatura ao exterior. A situación da lingua ten un músculo moi débil, e precisa un apoio político do que, polo de agora, carecemos". O sector editorial acusa de desleixo á Xunta polas axudas á tradución O periplo da edición galega na última centuria O simposio contará con relatorios de Encarna Otero, Xurxo Martínez, Miguel Toval, X. M. Dasilva, Charo Portela, Manuel Bragado, Laura R. Herrera, e Francisco Castro, que debullarán as principais etapas da edición galega da última centuria. O encontro fecharase coa conferencia de Xesús Alonso Montero "Un libro clandestino sobre o franquismo e a represión en Galicia: Galicia Hoy (Ruedo Ibérico, París, Buenos Aires, 1966), deseñado e coordinado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane". Defensa da edición
NOS_5549
Serán futbolistas do B os que disputan os amigábeis concertados polo Dépor en Portugal, sendo que os da primeira equipa non recibiron garantías de cobrar o 100% do que se lles debe.
Máxima incerteza no día D, cando xa fican menos de 10 horas para sabermos se o Deportivo manterá a categoría ou será descendido administrativamente á Segunda B por impago aos seus futbolistas. O plantel anunciou onte que, no caso de non receberen garantías de cobro, non viaxarían a Portugal para disputar dous choques amigábeis de pretempada. As garantías non chegaron e os futbolistas actuaron en consecuencia, co cal o clube branquiazul enviou a Portugal a xogadores da segunda equipa. A proposta de convenio de acreedores non conta co respaldo do plantel ao considerar que parte dos seus haberes (os anteriores ao momento en que o clube entrou en concurso) son débeda e, portanto, deben estar suxeitos a unha quita. Unha mingua dos salarios impagados que se situaría no 33 por cento.
PRAZA_17676
Ou Santamaría ou Casado, señor, pero ir canda un e aparentar que se vai canda os dous, amais de inverosímil tamén lle é imposíbel.
"Os actos de decisión estámolos exercendo en tódolos eidos da vida: no cotidiano, no xogo, na arte e, por fin, na moral e na política." (Diario sin datas, Antón Tovar). O señor dos Peares pretendía que esqueceramos aquela preciosa foto en tecnicolor con Marcial Dorado fotografándose con Cospedal, pero, por desgraza, velóuselle o carrete. Entón deixouse querer por outro, e apareceu nun retrato co herdeiro de Aznar –e presunto trampón– Pablo Cadado, para que puidésemos contemplar, con absoluta nitidez, esa tonalidade gris escura, que sempre acaba pondo en evidencia o auténtico rostro de seres tan singulares e exquisitos como o noso presidente. Na foto vese un Feijoo gozoso e pletórico, deixándose cortexar por ese Casado, a piques de contraer matrimonio, iso si, en segundas nupcias, para darlle celos á ex-vicepresidenta, porque sabe ben que foi ela quen lle meteu o medo no corpo, cando pretendía inscribirse na competición pola xefatura maior do PP. Pero, por esa diabólica foto con Casado, ou por aquilo de "dime con quién andas y te diré quién eres", e non por arte de virle virloque, o noso presidente xa forma parte dunha camarilla, orientada e domeada por José María Aznar, quen amais de ser quen parece, tamén é o principal paladín da versión rancia e arcaica do nacionalismo español, que non precisa ser dobrada para entendela correctamente. Ou Santamaría ou Casado, señor, pero ir canda un e aparentar que se vai canda os dous, amais de inverosímil tamén lle é imposíbel. E aí segue don Alberto, insinuándolle aos compromisarios galaicos –agás aos Baltar, que son algo indóciles– que voten contra Santamaría, como xa acontecera na primeira volta, consumando así a operación "galego coma ti", consistente en acurrunchar aos populares galegos no bando máis casposo do partido, embarcándoos canda un curioso aspirante que, á parte de rancio, padece unha grave doenza nas costas, por mor do peso dunha mochila chea de diplomas e títulos de sospeitosa autenticidade. Ah! O meu tío Lisardo coida que todos somos o que comemos –e Feijoo, tamén–. Por iso, talvez debería haber en algures un endocrinólogo que saiba algo de cociña, disposto a explicarlle ao dos Peares que, quen engulipe algunha dose de aznarismo, aínda que sexa a través dun sucedáneo, non debería pretender que o seu alento lle cheire a margaridas. En fin, ou Santamaría ou Casado, señor, pero ir canda un e aparentar que se vai canda os dous, amais de inverosímil tamén lle é imposíbel. Publicidade
NOS_37880
Podemos avanza cara á confluencia coa formación catalá nas eleccións ao Parlament mentres bate con dureza contra a organización de Alberto Garzón.
"Continúa vivindo no teu pesimismo existencial. Cócete no teu mollo cheo de estrelas vermellas e de cousas, main non te achegues, porque sodes precisamente vós os responsábeis de que neste país [o Estado español] non mude nada", así se pronunciaba Pablo Iglesias na entrevista publicada simultaneamente nos diarios Critic e Publico.es en relación ao que el propio define como "o típico esquerdista tristón, aburrido, amargado..., a lucidez do pesimismo". Os dardos de Iglesias diríxense contra Izquierda Unida, aínda que non só. O líder de Podemos diríxese nunha conversa cargada de descualificacións e un ton acedo, ás formacións da esquerda das que di, son "uns cenizos" e aos que acusa de teren sido "incapaces" en 25 anos "de facer nada". "Deixádeme en paz", "queremos gañar". "Non quero que dirixentes políticos de Izquierda Unida, e eu traballei para eles, que son incapaces de ler a situación política do país, se acheguen a nós. Seguide na vosa organización". Na conversa con Sergio Picazo e María de Delás, Iglesias fecha a porta a calquera confluencia con Izquierda Unida de cara ás eleccións ás Cortes españolas en outono. Un portazo que se produciu a mesma tarde en que o dirixente de Podemos se reuniu con Alberto Garzón (IU). A "fronte popular non funciona electoralmente" "Ningunha. Cero. Fin da cita. Cero", afirma taxativamente en relación ás posibilidades de chegaren a un acordo previo ás eleccións con IU. "Unha fronte de esquerdas, a fronte popular", explica, "é xenial para certas ensoñacións dalgunhas persoas de esquerdas, mais electoralmente non funciona". Iglesias defende para a Galiza a fórmula "Podemos-outra cousa", o que suporía a entrada no seu grupo parlamentar e supeditarse á dirección española "En Catalunya eu sí vería a posibilidade de que "Podem" tivese despois un trazo e logo dese trazo aparecese outra cousa, que puidese agrupar a outros sectores tanto da sociedade civil como a outros actores políticos. Eu iso non o vería mal. O mesmo no País Valenciá, con Compromís. O mesmo na Galiza con sectores que teñan a ver coas mareas e con AGE. Se a eles lles interesa. Se non lles interesa e entenden que queren ter unha representación propia e independente de calquera formación estatal, pois é unha cousa perfectamente lexítima", sinala en relación a territorios como Galiza, Catalunya ou o País Valenciá. Neste senso, Iglesias xa se reuniu con ICV para abordar o proceso electoral cara ás parlamentares catalás. Do encontro coa dirección d@s ecosocialistas, embora non teren alcanzado un acordo, asegurou que avanzan "nunha liña moi interesante". Pola súa banda, Joan Herrera (ICV) sinalou o "feeling" que se respiraba entre ambas as dúas formacións. "Partillamos diagnose", acrecentou. "É un momento histórico para o sul da Europa e para "facer un cambio en Catalunya e en España".
NOS_13944
Pola xestión que realizaron na crise sanitaria provocada polo coronavirus.
Así o confirmaron fontes da Fiscalía, despois de que o mesmo órgano a nivel estatal remitise os datos actualizados a día 5 de maio sobre os procedementos de investigación que se están levando a cabo nestes centros. O mesmo informe explica que ademais de seis dilixencias penais abertas, mantéñense activas as dilixencias pre procesais polas que a Fiscalía controla a xestión das residencias en toda Galiza en relación coa crise sanitaria. Neste sentido, Fiscalía explicou que a día de hoxe hai 10 dilixencias civís abertas e seis arquivadas. A través dos órganos provinciais e de área realízase o seguimento destes centros de maiores. Dilixencias Das seis dilixencias penais que leva a Fiscalía de Ourense contra as residencias de maiores nesta provincia, catro delas están relacionadas coa xestión do coronavirus. Desde a semana pasada incorporouse unha denuncia contra a residencia da Nosa Señora de la Esperanza ás dilixencias que xa estaban abertas contra este centro residencial. Pola súa banda, a Fiscalía da Coruña tramita dous procedementos de dilixencias penais na súa provincia contra residencias, abertos por mor dunha denuncia dun particular por "presuntas irregularidades" nun centro concreto e outra denuncia doutra persona particular. Ademais, outras dúas seguen activas na Fiscalía de Santiago, pero abríronse como consecuencia de dúas denuncias de varias persoas particulares que aseguran o incumprimento de protocolos na xestión da COVID-19, pero non en relación aos centros residenciais. A Fiscalía Superior tamén explicou que a día de hoxe todas as dilixencias penais da súa competencia están arquivadas despois de que se pechasen as abertas.
NOS_58093
Durante toda a quinta feira, ucraínos, rusos e estadounidenses lanzaron diferentes versións sobre o ocorrido no Mar Negro co buque 'Moskva', que finalmente rematou por afundir cando estaba a ser remolcado, segundo o Ministerio de Defensa ruso.
O Ministerio de Defensa de Rusia confirmou na última hora desta quinta feira o afundimento do buque 'Moskva', o máis importante da frota rusa na zona do Mar Negro. Xa na mañá da quinta feira, o exército ucraíno anunciou que bombardeara un navío con bandeira rusa que se atopaba próximo a Sebastopol, con misiles 'Neptune'. Aínda que nun primeiro momento, as informacións, chegadas do bando ucraíno, apuntaban que o 'Moskva' resultara afundido debido ao ataque dos ucraínos, o Goberno ruso negou isto, aínda que si recoñeceu o ataque, e explicou que a tripulación fora evacuada por precaución a outras embarcacións da frota rusa no mar Negro. Pouco despois, o portavoz do Departamento de Defensa dos Estados Unidos, John Kirby, confirmou a versión rusa, e detallou que o navío podía chegar ao porto de Sebastopol para intentar ser arranxado. Incendio e afundimento Segundo detalla o Ministerio de Defensa ruso, pouco despois de producirse as primeiras detonacións, orixinouse un incendio que afectou os instrumentos de manexo do navío. Isto obrigou a que o 'Moskva' tivese que ser remolcado por outro buque, que o intentou aportar en Sebastopol. Porén, e segundo a versión rusa, "durante o remolque do cruceiro ao porto de destino, o barco perdeu a súa estabilidade debido aos danos no casco recibidos durante o incendio pola detonación de municións. En condicións de mar tormentoso, o barco afundiu".
PRAZA_3027
No 2019 o número total de vítimas reduciuse de 104 a 90, pero a cifra de falecementos entre estes "colectivos vulnerables" aumentou ata aos 36. O número de peóns que morreron nas estradas galegas pasou de 14 a 20 no último ano
O 2019 foi un ano positivo para a sinistralidade viaria en Galicia. O número de mortes nas estradas (90) foi o segundo máis baixo en toda a serie histórica, só mellorado polas 76 do ano 2017. Así mesmo, 2019 supuxo o regreso á tendencia descendente que se vén producindo nas últimas décadas e que fora interrrompida no 2018. A cifra de mortes está moi lonxe da que se rexistraba, por exemplo, no ano 2000, cando 380 persoas morreron nas estradas galegas.No 2019 catro de cada dez persoas falecidas nas vías interurbanas foron peóns, ciclistas ou motoristasPor provincias, A Coruña tivo 41 persoas falecidas; 24 en Pontevedra; 17 en Lugo; e 8 en Ourense. A maior parte das vítimas producíronse en vías convencionais, con 79, fronte ás 6 de autoestradas e ás 5 de autovías. O accidente mortal tipo en Galicia é unha colisión (40%) ou unha saída de vía (37%) nunha estrada convencional (88%) protagonizada por un turismo (52%) de entre 10 e 24 anos de antigüidade (58%) conducido por un home maior de 65 anos (27%) que sofre unha distracción (25%) ou velocidade non adecuada (18%).Aumentou de 14 a 20 o número de peóns que morreron nas estradas galegasPorén, nas cifras que este mércores deu a coñecer a Delegación do Goberno hai algúns datos que non poden ser celebrados. Sobre todo os relativos a algunhas vítimas determinadas, como peóns, ciclistas ou motoristas, os denominados "colectivos vulnerables", pois apenas contan con elementos de protección ante o impacto provocado por algún vehículo.Das 90 vítimas mortais rexistradas no 2019 nas vías interurbanas, catro de cada dez corresponderon a algún destes grupos, un total de 36 mortes. Medraron especialmente os peóns falecidos por mor de atropelos, pasando de 14 a 20 no último ano.Entre os obxectivos da DXT está o fomento dos desprazamentos a pé e en bicicleta, acompañado dunha maior protección destes colectivosNos últimos anos estase a producir unha constante diminución do número de vítimas mortais entre os e as condutoras e pasaxeiros/as de automóbiles. Porén, as cifras relativas a outros colectivos, como peóns ou ciclistas non están a seguir esa tendencia, polo que cada vez representan unha proporción maior entre os falecidos e feridos totais. De igual xeito, tamén están a aumentar a fecuencia e a mortalidade en Galicia dos atropelos e accidentes nas vías urbanas. Nas vías urbanas, dos 565 accidentes con vítimas que houbera en Galicia en 2011, pasouse a 1.770 en 2017.Apóstase pola "pacificación do tráfico" mediante a extensión das zonas peonís e zonas 30, aumentar a visibilidade dos peóns e revisar as travesías e accesos a poboaciónsA Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 da Dirección Xeral de Tráfico, que está a piques de rematar e ser relevada por unha novo documento de obxectivos, puxo entre os seus focos o fomento dos desprazamentos a pé e en bicicleta, acompañado dunha maior protección destes colectivos e "a incorporación do peón como usuario activo con dereitos e obrigas".Entre as medidas propostas estaba "a elaboración de recomendacións técnicas sobre o deseño seguro na zona urbana e estradas locais para a mobilidade dos ciclistas e fomentar a construción de carrís bici segregados". E, igualmente, "a pacificación do tráfico mediante a extensión das zonas peonís, zonas 30 e zonas de encontro". Tamén a promoción da visibilidade dos peóns nos seus desprazamentos na estrada e a revisión das travesías e accesos a poboacións "para adecuar a velocidade ás esixencias da seguridade viaria".
NOS_45531
Na mañá do 1 de agosto deu comezo a campaña de recollida de fondos a través da rede para facer realidade o primeiro filme sobre a vida de Moncho Reboiras, a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. O obxectivo da campaña que inicia a Fundación Terra e Tempo está nos 20 mil e a película estrearase en 2020, con motivo do 45 aniversario do asasinato daquel mozo de conviccións nacionalistas.
No horizonte, os 20.000 euros necesarios para poder facer realidade a que será a primeira película sobre a vida de Moncho Reboiras, baixo o título Reboiras. Acción e corazón. Para logralo, a Fundación Terra e Tempo iniciou na mañá do 1 de agosto unha campaña de micromecenado que se estenderá ao longo deste mes. Todas as persoas que desexen colaborar na produción da longametraxe documental -que suporá un retrato fiel da vida de Reboiras desde a vertente humana e política- poden facelo a través desta páxina web de doazóns, que permite desgravar entre un 30 e un 75% do importe doado. Modalidades Todas as persoas que colaboren no micromecenado serán consideradas partícipes do audiovisual e serán nomeadas como tal nos créditos. Alén disto, recibirán información puntual sobre os avances dos traballos. Poderán facerse doazóns de 10, 20, 50, 200 e 500 euros. En función da cantidade achegada, as persoas doantes recibirán distintos obsequios. Quen doe 10 euros será mencionado nos créditos do filme; quen doe 20, recibirá en soporte físico o filme e a reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos. Quen se decante por 50 euros, recibirá, alén do anterior, as obras escollidas de Bautista Álvarez en tres volumes e o documentario Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo. Quen opte pola opción de 200 euros, alén do anterior, será recompensado cunha serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, marzo de 2014, 50x70 cm. Serie limitada. E quen doe 500 euros, a maiores do anterior, poderá asistir a unha sesión de rodaxe para dúas persoas. Vida e pensamento A memoria de Reboiras, que se converteu moi cedo en destacado membro da Unión do Povo Galego (UPG), daquela como partido na clandestinidade, construirase a través da gravación e recompilación de diversos materiais: con máis de quince testemuños de persoas que o coñeceron persoalmente e partillaron con el vida persoal e ou política; coa recreación de momentos clave na súa vida como a fuxida do 12 de agosto ou os últimos momentos no portal; con materiais de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación para a realización do guión e cos espazos que Reboiras habitou, nos que se realizarán parte das entrevistas e inspirarán os escenarios dos fragmentos reconstruídos. A Fundación Terra e Tempo pon de manifesto que atopa necesario realizar esta peza "para dar a coñecer un anaco da nosa historia recente". "Un exercicio de xornalismo, investigación e creación cinematográfica que facilita o acceso cidadán a arquivos históricos e impulsa a investigación do noso pasado e presente". O público potencial, informa a fundación, é a sociedade galega en xeral, especialmente aquelas persoas con inquedanzas sociais e históricas. O equipo Guión e dirección: Alberte Mera Produción executiva: Roberto Vilameá. Presidente da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas Dirección de fotografía: José Aragunde Dirección de produción: Xosé Lois Ledo Coordinación de produción: Irene Pin Son e posprodución de audio: Marcos Paino Edición: Marco Outeiro e Alberte Mera Etalonaxe: Numax Deseño gráfico: Patricia Cid Deseño web: Daniel Chaves Ilustración: Pablo Prado Comunicación: Paula Cermeño Asesores históricos: Uxío Breogán Diéguez e Xoán Carlos Garrido. Produce: Fundación Terra e Tempo Colabora: NÓS Produtora Cinematográfica Galega
NOS_51379
O BNG do Concello de Ramirás denunciou que membros do Partido Popular, empregaron un autobús non institucional para trasladar as persoas idosas da Residencia do Mosteiro até o colexio electoral. No que vai de xornada séguense a repetir as denuncias por todo o país, todas elas por incidencias desenvolvidas por parte do PP.
O grupo municipal do BNG de Ramirás, denunciou perante a Garda Civil xudicial ao Partido Popular por empregar un autobús pagado polo partido para trasladar as persoas da Residencia do Mosteiro até o colexio electoral. Dúas das persoas --militantes do PP-- que se encargaban de acompañar @s idos@s no transporte, tiveron que declarar xunto co tenente de alcalde --da mesma formación política e familiar dunha das acompañantes--. O grupo nacionalista informou á presidencia da mesa electoral que farían constar en acta a incidencia ao remate da votación. No que vai de xornada, sucédense numerosas denuncias por todo o país, todas elas referidas ao comportamento de militantes e simpatizantes do Partido Popular. Entre elas, a Xunta electoral de Ourense decidiu derivar no xulgado de garda da cidade, unha denuncia presentada contra as monxas de Rairo que ao parecer, estaban a carrexar @ idos@s.
PRAZA_9696
O espazo de coworking rural Sende, na Serra do Xurés, lanza unha campaña para para alertar sobre o despoboamento do rural, a desaparición das funcións tradicionais do monte e o efecto que isto ten sobre a extensión do lume.
"Llamacabras. A APP que limpa o monte". Llamacabras é a app que prevé os incendios en Galicia. Ti disnos cantas hectáreas queres limpar e enviámosche as cabras, mentres ti quedas na casa tranquilo, sen medo a que vaia arder todo". Podería ser unha app real pero é (de momento) só unha campaña publicitaria lanzada polo espazo de coworking rural Sende, situado no concello de Lobeira, en plena Serra do Xurés para alertar sobre o despoboamento do rural, a desaparición das funcións tradicionais do monte e o efecto que isto ten sobre a extensión do lume."Unha das razóns polas que Galicia e Portugal non ardían tanto é porque as aldeas estaban poboadas e cada casa tiña os seus animais, que limpaban o monte"Hai uns días ardeu o monte de Senderiz, en pleno parque natural do Xurés. Foron unhas 25 hectáreas de monte raso, nunha zona que de forma habitual se ve afectada polos incendios forestais. Este novo incendio animou os responsables de Sende a montar esta web "para chamar a atención sobre a dificultade de manter o monte limpo". "Gústanos moito a tecnoloxía e temos sorte de que Galicia teña os seus hidroavións e helicópteros para loitar contra o lume. Pero algunha vez temos que buscar no pasado e usar as solucións de toda a vida, neste caso: as cabras", din."Unha das razóns polas que Galicia e Portugal non ardían tanto é porque as aldeas estaban poboadas e cada casa tiña os seus animais, que limpaban o monte. Hoxe vive pouca xente no rural e os animais desapareceron", explican.O pastoreo como solución"A gandería desapareceu -eses milleiros de ovellas e cabras que procesaban o gran crecemento da biomasa-. E as novas fábricas de celulosa crearon a necesidade de empregar o eucalipto".Son moitas as voces que nos últimos anos veñen alertando do prexuízo causado polo despoboamento do rural e, en concreto, sobre o efecto directo que entre a desaparición das actividades tradicionais de corta, roza e pastoreo de gando e o lume. "Parece que só se está a falar dun problema forestal cando a realidade é que é un problema do rural, é dicir, é un problema da gandería, da agricultura, da ordenación do territorio, da conservación da biodiversidade, do mantemento do ciclo da auga, etc.", dicía nesta entrevista Xavier Vázquez Pumariño, que alertaba de que nas últimas décadas "a gandería desapareceu -eses milleiros de ovellas e cabras que procesaban o gran crecemento da biomasa-. E as novas fábricas de celulosa crearon a necesidade de empregar o eucalipto".Tamén no Parlamento galego as forzas da oposición reclamaron despois da vaga de lumes do outono de 2017 o fomento da gandería de calidade como medio para "frear o proceso de eucaliptización actual e rebaixar polo tanto o risco de incendios". De igual xeito, varias comunidades de montes están a poñer en marcha novos (ou vellos, segundo se mire) aproveitamentos do monte para o pastoreo ou a gandaría en extensivo como unha forma de xerar ingresos económicos e, ao mesmo tempo, mantelo limpo.
PRAZA_5158
O Goberno galego respóndelle ao BNG que é "alleo ás relacións laborais" dunha empresa de seguridade contratada por Educación que recortou o salario do seu persoal. Mentres, Rueda mantén que o Executivo xa aplica cláusulas sociais na súa política de contratación.
O pasado xoves o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo que dirixir a reunión semanal do Consello do Goberno galego en ausencia do presidente, que regresaba da súa viaxe por Centroamérica. Na quenda de preguntas posterior a esta xuntanza Rueda foi cuestionado a respecto das cláusulas sociais que a Deputación de Lugo anunciara vinte e catro horas antes para todos os seus contratos e que implican, por exemplo, que a institución prescindirá dos contratistas que lle apliquen recortes laborais ao seu persoal. Rueda respondeu que o presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro "fai o contrario no seu partido -inmerso nun ERE dende antes da súa chegada á secretaría xeral-" e que mentres, a Xunta, está "facendo medidas deste tipo" con normas como a lei de racionalización. Pero, isto é exactamente así? Apenas dúas semanas antes deste episodio a Xunta respondía a unha pregunta escrita formulada polo BNG a respecto do conflito laboral existente nunha das empresas que xestiona os servizos de seguridade da biblioteca da Xunta en Lugo, do Museo do Castro de Viladonga e da Cidade da Cultura, todos eles dependentes da Consellería de Educación. "Unha vez adxudicado o servizo esta empresa asinou un convenio colectivo que modifica e reduce substancialmente as condicións económicas e laborais" do persoal, explicaban os deputados Cosme Pombo e Tereixa Paz. Isto implica, sinalaban os nacionalistas, unha "modificación substancial das condicións salariais e laborais" e, por extensión, un "incumprimento do dereito de subrogación e das condicións establecidas" nos pregos de condicións do concurso polo que obtiveron o servizo. A mesma empresa que na Deputación de Lugo Dáse a casualidade que Alcor é, precisamente, a empresa que, dalgún xeito, serviu como xermolo para a nova normativa de contratación da Deputación de Lugo. Igual que nas instalacións dependentes da Xunta o pasado febreiro tamén se dispuxo a aproveitar a reforma laboral para rebaixarlle o salario aos seus traballadores do Museo Provincial e mais do Pazo dos Deportes da capital lucense, recorte que derivou na rescisión do contrato por parte do goberno provincial que preside o PSdeG en coalición co BNG. Neste contexto o Bloque preguntáballe á Xunta se era "consciente" da tesoirada salarial e se prevía tomar medidas ao respecto. A Consellería responde que é "allea ás relacións laborais que se establecen entre as empresas adxudicatarias" e o seu persoal A resposta chegáballe a Pombo e Paz o 12 de marzo e nela o departamento que dirixe Jesús Vázquez sinala que, "polo que respecta aos conflitos laborais que poidan existir", a Xunta é "plentamente consciente e entende que as cuestións relativas aos mesmos deben presentarse e resolverse no marco legal adecuado do dereito laboral e na xurisdicción de orde social". A administración, neste caso autonómica, sinala, é "de todo allea ás relacións laborais que se establecen entre as empresas adxudicatarias dos seus contratos, licitados coa aplicación da lexislación de contratos do sector público, e o persoal propio ou subcontratado das mesmas". "Con independencia de que se faga un habitual e constante seguimento do cumprimento da lexislación vixente en materia laboral", continúa a resposta, as obrigas non son do Goberno, senón da empresa. Así as cousas, vén dicir a Xunta, é Alcor quen debe preocuparse polo "cumprimento da normativa laboral, da Seguridade Social e de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo que se atope vixente en cada momento". "Nós estámolo facendo", respondeu Rueda ao ser preguntado polas cláusulas sociais. "Benvidas sexan" estas cláusulas, "sempre que se apliquen con coherencia", engadiu.
NOS_17122
A crise económica en Turquía provocada pola caída da moeda profúndase cada día máis, entre mobilizacións e críticas á particular política económica do mandatario.
Milleiros de persoas saíron este domingo en Ancara (capital turca) e Istambul a protestar pola política económica do presidente Recep Tayyip Erdoğan, cando a lira turca perde o 50% do seu valor fronte ao dólar e ao euro con respecto ao comezo de 2021, e a volatilidade económica obriga a que os prezos cambien cada día. Produtos específicos como os tomates e o aceite de xirasol incrementaron o seu custe un 75% e 138% respectivamente. "Até é imposíbel cociñar un prato principal para unha familia con estes prezos", explicou Sevim Yildirim á BBC nun mercado de froitas. Aínda que a taxa de inflación oficial alcanza o 21%, o Instituto Estatístico Turco revela que o aumento de prezos para os produtores foi do 54,6%, denuncia a oposición, que apunta que a inflación real é cando menos o dobre da recoñecida. Por unha banda, a inestabilidade política que acompaña a situación está xerada polo autoritarismo da xestión de Erdoğan, multiplicado co intento de golpe de Estado en 2016 e a súa posterior resposta. Ademais, esta inestabilidade pasou á economía ao conxelarse as relacións con socios como os Estados Unidos despois dos desacordos coa súa estratexia en Siria de patrocinar os esforzos dos kurdos por consolidar un protoestado. Todo isto provocou que ese capital financeiro permanecera lonxe de Turquía, abrindo o paso ao motivo central da crise: a pouco ortodoxa política económica defendida polo presidente. Contra as taxas de interese As taxas de interese son "un mal que fai aos ricos máis ricos e aos pobres máis pobres", defende Erdoğan con insistencia, procurando impulsar un crecemento económico baseado nas exportacións e no sector da construción, para o cal reitera a necesidade de que este nivel se manteña baixo. Porén, o economista Mustafa Sönmez salienta que "en todos os países desenvoltos e en desenvolvemento que enfrontan o problema da inflación, os bancos centrais subiron os tipos de interese para arrefriar as súas respectivas economías". Isto non evitou que en menos de tres meses as taxas de interese pasaran do 19% ao 15%, con sinais de que esta semana o Banco Central turco podería reducir un 1% máis os tipos, segundo informa Reuters. A presión de Erdoğan para pór en práctica esta política económica levouse por diante a tres presidentes do Banco Central en dous anos. Os primeiros días de decembro presentou a súa dimisión o ministro de Finanzas, Lütfi Elvan, após tomar posesión hai un ano, por negarse a seguir as directrices. Nureddin Nebati, o novo titular, é moi próximo a Erdoğan, mais non ten estudos en economía. Amais da rebaixa das taxas de interese, a institución financeira está impulsando a venda de futuros sobre a lira, "é dicir, garante ao comprador un cambio definido nunha data máis tardía, asumindo as posíbeis perdas", explica Sönmez, que adianta que os mercados financeiros non están especialmente interesados. Certas estimacións calculan que a taxa de depósitos de cidadás e cidadáns turcos nos bancos en moeda estranxeira supera o 60%, tras comezar a moeda o ano a 7,4 liras por dólar e rozar esta segunda feira as 15 liras por dólar. Suba do salario mínimo Para calmar as protestas e a insatisfacción crecente da poboación, o Goberno turco avalía unha suba do salario mínimo de 2.825 liras a entre 3.500 e 4.000 liras, despois de que, ao cambio, pasara de case 383 dólares en xaneiro a 206 agora. Con todo, o analista Barış Demir advirte que aínda co suposto aumento, os salarios mínimos seguirán sendo 100 dólares máis baixos que a comezos de 2021. En todo caso, axencias de clasificación de crédito como Standard & Poor's reduciron a cualificación da débeda turca a negativa, espertando un dos maiores temores de Erdoğan e o Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP), un colapso económico a grande escala. Impacto político As folgas e as ocupacións de fábricas convertéronse na tónica nestes últimos meses, nos que se espallaron as mobilizacións para denunciar o empeoramento nas condicións sociais do país. A deterioración socieconómica vén da man da redución dos apoios cos que conta o AKP, de feito, nunha enquisa de NAR Research colócase ao Partido Republicano do Pobo nun empate técnico co AKP, algo que non acontecera desde a súa chegada ao poder en 2003, e que impulsa as reclamacións de eleccións.
PRAZA_3827
A unidade policial adscrita á Xunta valora nuns 5 millóns de euros a mercadoría presuntamente roubada na nave compostelá, pertencente a unha empresa de material sanitario en concurso de acredores, e sospeita que foi vendida en Portugal
"Preto de dous millóns de máscaras sanitarias" e "outro material sanitario" nunha nave da empresa Oxidoc no compostelán polígono industrial do Tambre. En total, mercadoría valorada nuns 5 millóns de euros. É o roubo que a unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta (UPA) -a coñecida como policía autonómica- atribúe en plena crise do coronavirus a "un empresario" santiagués, cuxa identidade non transcendeu polo momento -o diario El Correo Gallego identifícao como o propietario dunha empresa inmobiliaria da capital galega- e que quedou en liberdade tras prestar declaración ante o xuíz, que o acusa de roubo con forza.Segundo a información adiantada por Radio Galicia-Cadena SER e confirmada este luns pola Vicepresidencia do Goberno, da que depende a UPA, a operación policial comezou "tras recibir o aviso" de que nesta nave, pertencente a esta compañía "dedicada á venda de material sanitario" en concurso de acredores, "podería haber unha gran cantidade de máscaras do modelo FFP2" -cun filtro de protección-, así como "luvas cirúrxicas, pantalóns, uniformes sanitarios, botiquíns e alcol". Estas empresas, en virtude do estado de alarma pola pandemia, están obrigadas a comunicar ás autoridades as súas existencias deste material.A UPA valora nuns 5 millóns de euros a mercadoría presuntamente roubada na nave compostelá, pertencente a unha empresa de material sanitario en concurso de acredoresSempre atendendo á información fornecida pola UPA, tras este aviso os axentes accederon á nave previa autorización da administración concursal da empresa -dependente dun xulgado de Palma de Mallorca- e alí "comprobaron que a mercadoría fora substraída". Concretamente, faltaban uns dous millóns de máscaras -"só quedaban unhas 1.000 unidades", especifican- e todo o resto do material, valorado no seu conxunto "nuns 5 millóns de euros". Toda a mercadoría, aseguran, "fora extraída das súas caixas e plásticos protectores" para "ocultar a súa procedencia".Sospeitas de venda en PortugalNos primeiros datos da operación divulgados por Vicepresidencia sinálase que as pescudas da UPA conclúen que "o roubo se produciu cando a pandemia" da covid-19 "xa estaba presente en varios países e era considerada un problema de saúde pública". Daquela, "os autores do roubo eran plenamente consciente de que era un material moi necesario na loita contra a enfermidade e que xa comezaban a escasear no mercado". Tal é así, abondan, que materiais "que non están tan solicitados" si os "deixaron" na nave, como o caso das botas de protección.Os axentes conclúen que "o roubo se produciu cando a pandemia xa estaba presente en varios países e era considerada un problema de saúde pública"Unha vez comprobado que se producira o roubo, detallan, o "exame de indicios", de cámaras de seguridade do recinto e a recompilación de testemuños, "toda a investigación apuntou a un empresario da cidade que fora visto ao redor da nave" e que "mantivera supostamente unha xuntanza con cidadáns portugueses" que, asegura a UPA, tamén chegara a "acceder ao interior" das instalacións. Por todo isto, a investigación manexa a "hipótese de que, tras roubar o material, foi vendido a unha empresa afincada en Portugal.O empresario detido xa pasou a disposición xudicial mentres continúan as pescudas. Esa declaración ante a Xustiza produciuse o pasado sábado no xulgado de instrución número 1 de Santiago -en funcións de garda-, segundo confirman fontes xudiciais, e tras ela quedou investigado -antiga imputación- por un delito de roubo con forza. Trátase, avanzan, de "dar co resto de autores e coas persoas que presuntamente recibiron o material en Portugal", investigación para a que xa foi solicitada a colaboración das forzas de seguridade portuguesas, confirman. Prevese que a propia Xunta ofreza máis datos do acontecido este mesmo luns, toda vez que foi organizada unha visita do vicepresidente, Alfonso Rueda, á nave onde aconteceu o presunto roubo.
NOS_2456
Na mesma reunión en que se comunicou a supresión do 'Diario Cultural', a dirección da RG tería informado ao Comité Intercentros da CRTVG da intención de eliminar as desconexións informativas locais.
A sección sindical da CIG afirmaba esta terza feira, através do seu twitter, de que a dirección da Radio Galega tería comunicado ás e aos traballadores da compañía que na nova temporada -a partir de setembro- desaparecerían da programación as desconexións informativas locais. A CID acusa a dirección de se amparar na coartada da "dixitalización" para "consumar un novo atentado á programación de servizo público da RG". A intención da cúpula directiva sería a de "asegurar o control dos contidos locais", a un ano das eleccións municipais. Esta cuarta feira, o Comité Intercentros da CRTVG irá ter unha xuntanza para decidir as accións a emprender perante estes recortes na programación da RG.
NOS_18078
A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, vén de condenar a destitución do presidente Fernando Lugo, acontecida a pasada sexta 22 de xuño.
Para o BNG o ocorrido no Paraguay constitúe un golpe de estado e unha violación da "vontade popular expresada nas eleccións de 2008"; ao mesmo tempo que o consideran un golpe máis aos "procesos de transformación e cambio social" iniciados en Latinoamérica, de igual xeito que acontecera en Honduras co presidente Manuel Zelaya. Así mesmo, o BNG considera que, tras a destitución de Lugo se atopan "os mesmos sectores sociais que, co apoio do imperialismo norteamericano" apoiaron á oligarquía latifundista durante a ditadura de Alfredo Stroessner. Lembremos, que Fernando Lugo foi destituído das súas funcións como presidente do Paraguay, logo dun xuízo político desenvolvido polo Senado e baixo un proceso de impeachment, sen as debidas garantías procesais, segundo a maior parte da comunidade latinoamericana.
NOS_52349
Ana Seixas e Xosé Chorén afrontarán varias semanas de campaña. Seixas lidera a lista de En Marea ao Congreso pola Coruña, para que "Galiza deixe de ser a grande esquecida". Chorén, alcaldábel de Lugo Novo, quere "dar solucións aos problemas de Lugo e impulsar o concello".
Sermos Galiza conversa con Ana Seixas e Xosé Chorén sobre o que se xogan Galiza e Lugo nas convocatorias electorais das vindeiras semanas. Seixas, que leva participando no movemento das mareas municipalistas desde a formación de Ames Novo, lidera agora a candidatura de En Marea ao Congreso pola circunscrición da Coruña, cos obxectivos prioritarios de facer unha política "cidadanista" e de defender os intereses de Galiza "sen subordinacións". Chorén conta con experiencia e coñecemento na política municipal. Foi concelleiro do BNG en Lugo durante oito anos e volta á primeira liña política como alcaldábel da cidade amurallada pola candidatura de Lugo Novo. Este proxecto de ámbito local, apoiado por En Marea, busca "solucionar os problemas do concello" desde unha plataforma que "só se debe á veciñanza de Lugo". En Marea concorre ás eleccións xerais e, en diversas localidades, tamén ás municipais. Mais desta volta preséntase sen os socios anteriores. Ana, en que se diferencia En Marea de En Común-Unidas Podemos? Ana Seixas: En Marea segue sendo o proxecto que sempre foi desde a súa constitución en 2016. Saímos cun mandato claro da asemblea de Vigo de facer unha política cidadanista, transversal e plural, que defendese os intereses de Galiza e desde Galiza. En Marea é un proxecto de adscrición individual e de carácter nacional, sen subordinacións e sen tutelas, para que Galiza non sexa a grande esquecida do Estado, e para iso fai falla que Galiza teña voz e capacidade de decisión. Non hai ningún outro proxecto nestas eleccións xerais en Galiza que reúna todas estas características. Xosé, vostede encabeza a candidatura de Lugo Novo á alcaldía. Cal considera que é a problemática principal de Lugo? Xosé Chorén: Lugo ten moitas problemáticas, pero podería salientar a consideración inferior coa que se trata a Lugo como capital de provincia, en relación ás outras tres cidades. Iso vese nas carencias en comunicacións internas de Lugo co resto de Galiza, como cara a fóra. O concello ten falta de referencialidade cara ás administracións autonómica e estatal, e hai grande febleza no seu goberno municipal. "Non temos máis ataduras que a veciñanza de Lugo", salienta Chorén O goberno da cidade non foi quen de esixir a consideración que Lugo merece, como por exemplo acontece co corredor atlántico e o transporte de mercadorías. Vemos, neste caso, que A Coruña vai mover as súas mercadorías a través do corredor, pasando por Compostela, Ourense e volvendo a Monforte para ir cara a León. Óbviase en todo momento que Lugo fica no medio entre Coruña e Monforte. A maiores, continuamos sen conexión ferroviaria a Compostela, o que nos quita posibilidades que si teñen as outras cidades, e segue sen desenvolverse a autovía Lugo-Santiago. Lugo vive eternamente en promesas en campaña electoral. A última que nos fixeron é unha estación intermodal, na que non hai trens! Nas anteriores municipais Lugo Novo competiu nas urnas con ACE-Esquerda Unida. Vostedes contan co apoio de En Marea, e volven presentarse sen chegar a acordo co espazo impulsado por Podemos-IU-Anova. Cal é a principal diferencia entre ambas formacións? XC: A principal diferenza atópase en que Lugo Novo é unha forza de ámbito local e que se soporta sobre unha plataforma de ámbito veciñal. Por tanto, non temos máis ataduras que a veciñanza de Lugo, e isto permítenos poñer enriba da mesa todas as eivas históricas no plano das comunicacións, nos investimentos, na vivenda, nos servizos sociais ou no transporte. Lugo require un esforzo importante en medidas e xestión, que son as grandes eivas da cidade. Quen queira sumarse a Lugo Novo ten a benvida, pero non imos cambiar esta xénese nosa. Ana, na creación das mareas municipais, vostede sumouse á formación Ames Novo. Despois desta lexislatura, como valora a veciñanza a súa formación? AS: Ames Novo foi a primeira marea municipalista. Constituíuse en 2012 e a boa percepción da veciñanza cara a este proxecto quedou referendada en 2015, cando nos presentamos por vez primeira e obtivemos catro representantes no concello. Penso ademais, que o noso labor para defender os intereses da veciñanza ten grande acollida e, aínda que non formamos parte do goberno, marcamos as liñas de actuación claves para que o concello avanzase. De feito, logramos desenvolver uns orzamentos con cuestións centrais para a veciñanza como a educación ou a defensa do medio, poñendo de relevo o que pedía a cidadanía, apoiando a súa participación e a democracia, que é unha das nosas bases. Xosé, como cualificaría a acción de Lugo Novo nesta lexislatura cun PSOE en minoría? XC: Fíxose un traballo inxente. De feito, presentáronse 113 iniciativas no pleno, das que se aprobaron 112. O problema veu despois, debido á mala xestión do PSOE, pois non foi capaz de levalas á practica. A veciñanza comparte esa mesma valoración? XC: Si, de feito nas xuntanzas que temos coa veciñanza en relación a cuestións concretas, que é cando máis se visualiza a opinión da xente, adóitase recoñecer o esforzo feito. Si é certo que, ás veces, non se percibe todo o traballo que hai detrás. Por exemplo, pese a sermos quen promoveu que os sistemas de depuración na zona rural se fixeran con filtros verdes, moita xente pensa que foi un traballo do goberno do PSOE. Debemos mellorar na comunicación. Cal é a proposta principal de Lugo Novo para a cidade? XC: Formulamos esta precampaña sobre tres piares fundamentais. Primeiro, as persoas; segundo, a xestión municipal; e terceiro, a marca Lugo. É fundamental pór en valor a marca Lugo, cunha serie de referencias que temos neste momento, como é sermos base loxística do noroeste de Galiza e incluso de Asturias. Pedimos o mesmo trato que ao resto de cidades. En canto á xestión municipal, é principal resolver o conflito latente desde hai máis de dez anos na estrutura do cadro municipal, pois estamos nun colapso e debemos solucionalo para dar os mellores servizos á veciñanza. "É fundamental pór en valor a marca Lugo", afirma Chorén A ubicación de Lugo nun espazo estratéxico ten que permitir xerar emprego, que a mocidade non teña que marchar, que poidamos seguir poñendo en valor as 1.900 explotacións do rural do concello e o campus universitario. Ana, declarouse na súa presentación ás primarias de En Marea como "mareante convencida, defensora da radicalidade democrática, o feminismo e o cidadanismo". Que supoñen estes principios? En relación a eles, cal é a primeira medida que defenderá no Congreso? AS: Nesa liña de cidadanismo, a primeira medida será para ampliar os dereitos e liberdades das persoas. En canto ao feminismo, para min é todo. Non hai avanzo posíbel cando se está desaproveitando a potencialidade da metade da poboación. As mulleres levamos moito tempo loitando por unha igualdade real, e isto vai ser central na lexislación que comeza. "O feminismo é unha forma de entender o mundo, de relacionarse e está no ADN de En Marea", sinala Seixas O feminismo é unha forma de entender o mundo, de relacionarse e está no ADN de En Marea. Esa permeabilidade de En Marea de estar en contacto directo coa xente fainos saber cales son as necesidades reais da poboación e fainos poñelas no primeiro plano á hora de lexislar. Como licenciada en Ciencias Políticas, ten traballado en investigacións sobre comportamento electoral na Galiza. Que perspectivas augura para En Marea? AS: Penso que o electorado vai parabenizar o traballo que leva facendo En Marea, pois a xente confía nunha organización coherente como é a nosa. E é que puxemos por riba de todo os principios de radicalidade democrática, participación e ética. En Marea nunca se afastou dese camiño nin da defensa dos intereses das galegas e galegos. De feito, cando vimos que o que se estaba facendo ía contra o desenvolvemento da nosa xente e do noso país, non dubidamos en dicir que non. Así foi como fixemos ante uns orzamentos xerais do Estado que podían ter melloras sociais, pero que non eran galegos. "A transferencia da AP9 é unha das primeiras medidas que volveremos levar ao Congreso", anuncia Seixas Galiza precisa investimentos e poñela no mapa dentro do Estado. Apostamos por un estado onde ningún territorio sexa agraviado. Esta semana vimos como o goberno do PSOE aprobaba transferencias a Euskadi, mentres a Galiza lle negan a transferencia da AP9, que é unha das primeiras medidas que volveremos levar ao Congreso. Outro agravio vímolo cando o goberno central condonou a débeda do porto de Valencia e non o fixo coa do porto da Coruña. En Marea aposta firmemente polo país, que é unha aposta firme por mellorar a vida das persoas.
NOS_5208
Os centros fechados na Galiza son seis, dous máis ca onte.
A día de hoxe hai 2.242 casos de coronavirus entre alumnado e docentes nos centros educativos e escolas infantís da Galiza. Son 156 casos máis ca onte. Tamén aumenta o númerod e aulas fechadas, que é de 92 cando esta terza feira eran 44, o que significa que nun día hai 48 aulas máis que tiveron que ser clausuradas polo virus. O número de centros fechados tamén subiu nestas 24 horas e pasou de 4 a 6, dous máis. Aquí podes consultar centro a centro a situación da Covid en todas as áreas sanitarias da Galiza. As áreas sanitarias con máis casos de coronavirus no ensino son as da Coruña e Vigo. Na primeira hai 576 contaxiados e 19 aulas fechadas mentres que na viguesa as cifras son 452 e 25, respectivamente. Ademais, nesta hai tamén un centro fechado 388 casos de Covid-19 e 14 aulas fechadas son os dados de hoxe na área de Santiago, e na de Ferrol son 150 e 10. Na área de Lugo hai 1 colexio fechado, 4 aulas clausuradas e 185 casos de coronavirus; na de Ourense esas cifras son de 267 casos deste virus, 11 aulas e 2 centros clausurados. Por último, na de Pontevedra son 2 os centros fechados e 9 as aulas. O número de persoas con Covid, entre alumnos e docentes, é de 224.
PRAZA_16183
O TC adoptou unha decisión parcial e política, no canto de xurídica. Veñen malos tempos para o Estado de Dereito.
Puigdemont foi elixido deputado o 21-D e, xa que logo, pode legalmente ser candidato a presidir a Generalitat. O presidente do Parlament nomeouno atendendo a que os tres grupos soberanistas xuntan a maioría absoluta ( 70 sobre 135 deputados) e manifestaron a súa disposición para elixilo. Os partidos unionistas non asumiron o resultado electoral e apoian ao Goberno Rajoy na súa obsesión por evitar a investidura de Puigdemont. E velaí o despropósito de presentar un recurso de inconstitucionalidade contra os actos da Presidencia do Parlament nomeándoo candidato e convocando para o martes 30 o pleno para o debate de investidura. Buscábase, a medio dunha fraude de lei, o efecto suspensivo que teñen todos os recursos do Goberno do Estado contra leis e disposicións autonómicas. Mais o Consello de Estado, máximo órgano xurídico-consultivo do Goberno central, ditaminou por unanimidade a improcedencia legal deste recurso. A tese central deste ditame é que non se pode recorrer o que aínda non sucedeu, doutrina establecida polo propio Tribunal Constitucional (TC) cando rexeitou o recurso do Goberno Aznar contra a aprobación polo Parlamento vasco da reforma do Estatuto coñecida como "Plan Ibarretxe". Os letrados do TC e o maxistrado relator concordaron co Consello de Estado na inadmisibilidade do recurso. Mais razóns políticas e non xurídicas levaron ao Pleno do TC a descoñecer a súa propia doutrina, adiar a decisión sobre a admisión a trámite e adoptar sen escoitar ao Parlament medidas cautelarísimas que ninguen pediu polas que se prohibe o voto delegado dos deputados exiliados e o debate en ausencia física de Puigdemont que poderá comparecer só se lle autoriza para o efecto polo maxistrado instrutor do Tribunal Supremo. O TC adoptou unha decisión parcial e política, no canto de xurídica. A prestixiosa axencia Eurointelligence nos fala do paradoxo de destruir a Constitución para salvala. O profesor Carlos Amoedo (UDC) fala de "decisionismo schmittiano" pondo o foco na aprobación polo TC de medidas propias dun estado de excepción non declarado. E o avogado catalán Andreu Van der Eyden propón con evidente retranca que "quiten xa o Dereito Constitucional dos plans de estudo e así imos todos ao bar". Concordo co profesor Amoedo. Veñen malos tempos para o Estado de Dereito. Publicidade <a data-cke-saved-href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; target=&#39;_blank&#39;><img data-cke-saved-src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; border=&#39;0&#39; alt=&#39;&#39; /></a>
NOS_45576
O xestor cultural, editor e escritor Antón Mascato (O Grove,1957) acaba de dar ao prelo o seu agardado traballo arredor do período republicano, a represión franquista e a resistencia á ditadura no Grove. Atila no Grove, publicado por Edicións Positivas, recolle unha investigación de décadas sobre un tempo na chave na historia da localidade do Salnés.
Por fin a historia da II República e da represión franquista no Grove de Antón Mascato. Mais por que os anos iniciais da ditadura de Primo de Rivera como punto de partida?. Como sabedes toda obra destas características ten que ter marcos de inicio e remate. No caso do Grove hai dúas familias que ocuparon a vida pública durante a primeira metade do século XX, os Otero e os Álvarez; foron todo no poder local, alcaldes, fiscais, xuíces, secretarios de xulgado e do concello, deputados... eles son o paradigma da confrontación política e persoal. Uns empezan sendo os tradicionais caciques enfrontados aos dirixentes agraristas, pero como O Grove é un "sitio distinto" os líderes agrarios pasan precisamente na ditadura de Miguel Primo de Rivera ás fileiras de Renovación Española e rematan sendo, cívicos e falanxistas, e os caciques rematarán sendo republicanos e líderes da Fronte Popular. Esta transmutación foi explicada por un cronista local, Saturnino Mejuto, como "cando o anxo vira demo, o demo faise anxo". No fondo, coma sempre, a loita de poder e dos intereses económicos directos, de clase. E logo está a patronal conserveira enfrontada aos sindicatos dos traballadores do mar e das traballadoras da conserva, asociadas nun sindicato de oficios varios no que conviviron anarquistas, socialistas, comunistas, republicanos e nacionalistas. Unha patronal cruel e vingativa que se aliñou co falanxismo e coa garda cívica, que ao cabo serán os principais responsábeis do vitimario. Os lideres agrarios do Grove remataron sendo cívicos e falanxistas Podía contarnos aqueles fitos máis destacados da etapa republicana e o primeiro franquismo n´O Grove que recolle no seu libro? Máis que os fitos destacados da represión n´O Grove, na miña opinión o singular, o diferente, do caso desta pequena vila mariñeira da Ría de Arousa que en 1936 andaba polos sete mil habitantes é a enorme implicación social nos diferentes partidos, asociacións, sindicatos e alternativas que se deron na época. Por dicilo graficamente, os afiliados ao Partido Galeguista(PG) en 1936 son trinta homes e varias mulleres, pero mulleres que non figuran na afiliación do PG por seren compañeiras, fillas ou irmás deste o daquel militante, son mozas porque participan activamente das actividades galeguistas, sen teren un papel secundario, complementario ou decorativo. E se esa era a afiliación n´O Grove, en Cambados malia a intensa luz que proxectaba Ramón Cabanillas non había militancia do PG, e en Vilagarcía, non chegaban á ducia. Por iso en 1936, cando a sublevación militar o alcalde d´O Grove é un dirixente do Partido Galeguista, Xacobe Barral, unha figura mal entendida e pouco estudada a quen historiadores como Carlos Fernández dan por morto nas súas publicacións referidas ao 36. A mediados década dos oitenta leveino comigo á presentación do especial Castelao-Bóveda de A Nosa Terra que se fixo no antigo Teatro García Barbón de Vigo e botoume unha reprimenda pola lea que o BNG montou en Santiago,cando a traída dos restos de Castelao, "sen que iso signifique que eu este de acordo co que fixeron estes da Xunta", dicíame el que nunca claudicou da súa militancia e crenza fondamente nacionalista. As mulleres xogaron un papel chave na loita do Partido Galeguista Quero dicir con todo isto que O Grove é un lugar diferente, o anarquismo tiña moita forza entre os traballadores do mar, o Partido Comunista xa tiña células activas nos primeiros anos de 1930, os socialistas tiñan unhas mocidades moi activas, e había un republicanismo forte en evolución continua, que rematou confluíndo en Esquerda Republicana. Todo ese fervello social e político explica que a deriva da violencia fascista se manifeste cunha virulencia pavorosa, vinte e cinco asasinados arredor de 1936, centos de detidos, encarcerados, torturados, fusilados, fugas masivas por mar, exiliados... e casos extraordinarios que se diferencian doutras vilas como que se asasine a militantes republicanos na rúa a plena luz do día, á vista da xente, ou que do "paseo" que lle dan a catro mozos, un deles quede vivo cun balazo de fusil que lle atravesa a cabeza e que dado por morto sexa coidado e protexido por unha muller até que conseguen derivalo a un hospital no que, con el inconsciente, acordase un pacto de silencio de por vida sabedor a familia da vítima que poden volver a buscalo porque evidentemente coñece ao asasino dos seus compañeiros e ao falanxista que lle disparou a el. Imaxinádevos o que é convivir na túa vila co criminal que matou aos teus compañeiros e que te matou tamén a ti. Nunca falou do que pasara, nin mencionou cantos ou quen foran os gardas e falanxistas da saca, pero semanas antes do seu falecemento, nos primeiros anos de 1980 sentiu a necesidade de contalo por escrito, nunca antes se fixera público este documento, a familia confioumo e por iso puiden facer o relato do que acontecera naquela madrugada do 29 de agosto de 1936. Nesa liña de singularidades tamén non parece posible que en maio de 1948 maten a un dirixente do Partido Galeguista local, nun café cheo de xente e despois de baixar o machete da luz. Ou que os que se dedicaban á saca de mozos das súas casas, perdan unha das listas, conservada durante décadas no segredo dunha das familias e que por ela podamos saber quen era o responsables de sinalar a quen había que asasinar, letra ben recoñecible por certo, "grande, redonda e ampulosa" e que sometida a peritaxe caligráfica achega información do violento asasino. É un dos investigadores que nunca tivo medo a poñerlle o nome aos verdugos, que casos destacarías como os máis paradigmáticos da súa localidade? Hai que partir dun punto, non hai un só caso de crime que tivera o seu axuizamento, a xustiza non existía en 1936 era todo impunidade, pero si hai atestados, declaracións, actas e causas nas que aparecen nomes dos responsábeis e nalgúns casos tamén son evidentes, os métodos violentos que empregaron. Se lemos o que pasa, por exemplo, do dirixente sindical Perfecto Allo, ao que denuncian e deteñen no seu agocho dous anos despois do comezo da guerra e no canto de levalo a un cuartel para facer declaracións o levan ao monte de Solobeira, na Arousa, e lle pegan un tiro na sen e vemos con atención as declaracións do sarxento da garda civil que manda o piquete non podemos crer a versión oficial que fala de que aplicación da lei de fugas que nunca existiu. O tiro foi certeiro e a menos de vinte centímetros de distancia. Ou se lemos o certificado de defunción de Francisco García Moldes no que se fala de "morte violenta a consecuencia de arma de fogo" xa podemos intuír que para nada se tratou dun accidente que se produce exactamente nos vinte segundos nos que faltou a luz. A patronal conserveira acabou aliñada co falanxismo e coa garda cívica, que executaron a represión De calquera maneira entre non ter medo a evitar os nomes dos verdugos e ser irresponsábel botándote ás pozas hai un longo camiño no que o que se di ten que estar ben documentado, incluídas as acusacións, as presuncións e as intuicións, como fixo por certo o rigoroso Dionisio Pereira e o seu caso do que saíu ben pero que noutro xulgado a lectura podería ser diferente e verse nunha lea insufrible. Pero si, hai que ser valentes e cando se cre que a razón e o coñecemento avalan as túas afirmacións non debes auto censurarte, pasaron oitenta anos xa non viven as vítimas nin os criminais. No caso do Grove, como o xa referido en Cerdedo con Dionisio Pereiro, tamén houbo unha familia que acudiu ao xulgado para denunciar o trato que se lle daba nas investigacións a presuntos represores. Con ese antecedente non ten medo a que volvan repetirse as denuncias agora contra vostede? O único medo que teño é a que algunhas fillas e fillos, netas e netos de represores teñan constancia documentada de que o seu pai ou avó foi responsábel da morte de seres humanos por revanchismo político, económico ou persoal, e que iso lles provoque dor.Teño medo de ser o causante desa dolorosa circunstancia que nalgún caso nin sequera intuían, porque se trata de persoas civilizadas, que son amigas e veciños, que veñen agora a teren coñecemento das brutalidades dos seus antepasados. Cando o neto dun deles me preguntou polo seu avó, díxenlle se cría estar preparado para saber, e como dixo que si, conteille cal fora a resposta que me deu cando lle preguntei ao seu avó se matara xente nos anos posteriores a 1936, "xente non, nós a quen matabamos eran ás bestas, aos que non merecían vivir". Entendo a dor de quen se ten que enfrontar a iso, pero tamén creo que é saudable enfrontarse á propia dor. O que non entendo é a quen dende a súa militancia reaccionaria, pretende manter silenciadas as atrocidades cometidas polo seu pai, ou polo seu avó, apelando á honra de quen non o tivo en vida. O que non podo entender é a quen cre que non hai dereito a investigar, saber e divulgar o resultado dese coñecemento amparándose na honorabilidade dos seus e esquecendo a dor profunda das familias desfeitas.Impunidade dobre, antes e agora? Seguramente nas súas casas non se falaba do que acontecera, pero nas casas das vítimas e dos veciños de ben, en case todas si se falaba do que pasara, porque a maioría temos familiares represaliados, violentados. Do caso que mencionades, e non quero eludir a pregunta, dicirvos que a denuncia desta familia d´O Grove contra Fabièn Garrido, o fillo do dirixente comunista Ramón Garrido Vidal, foi tramitada por un xuíz que non escoitou á outra parte daquela residente en París, e que deu orde de retirar unha web que estaba en dominio francés onde o xulgado de Cambados non ten competencias, paréceme que ningunha desas dúas circunstancias soportan calquera raciocinio. A web foi retirada polo denunciado, que continuou facendo a mesma divulgación da memoria do seu pai por outras vías, polo que nada conseguiron os demandantes. A información obxecto da denuncia está noutras webs e mesmo en libros publicados, accesible todo o tempo e sen que fose denunciada. Na miña opinión o que conseguen este tipo de denuncias é que a campaña de solidariedade que xeran faga o efecto de altofalante, promovendo e divulgando ese coñecemento que pretenden afogar. Respecto absoluto polas familias que podan sentir dor ao teren coñecemento e total indiferenza polas que intentan que non se coñeza a historia porque teñen moito que agochar. Sinceramente non teño medo por posibles denuncias porque todo o afirmado ten un soporte documental, e se trata de asuntos públicos, de maneira ningunha persoais ou privados. Remata o volume analizando os capítulos da resistencia á ditadura, xa ben entrada a década dos corenta, que significaría dese período? Procuro ao analizar este período do primeiro franquismo, o da década de 1940, demostrar que cando menos n´O Grove o falanxismo que gobernará no concello ata 1975, non laminou completamente a vida política local, que era tal o fervello das ansias republicanas anteriores que non rematou esa vida militante e de compromiso despois da sublevación militar, a represión foi brutal pero non acadou o obxectivo do exterminio da contestación. En 1948 deteñen a nove veciños militantes do Partido Comunista, tortúranos e encarcéranos; asasinan nos montes de Frades a un veciño que é dos derradeiros guerrilleiros da IV Agrupación, Henrique Ferreirós. E tamén matan a García Moldes que, con Manuel Lueiro e outros rescataran unha asociación cultural para continuaren facendo axitación, a finais de marzo de 1948 repoñen a obra teatral O Señor Feudal, un peza contra as ditaduras, cun enorme éxito de público e varias reposicións, e na primeira semana de maio acaban coa vida do primeiro e ameazan gravemente ao segundo, ambos estaban activos na vida política clandestina. A violencia fascista deixou vinte e cinco mortos e centos de represaliados Pero estas tres accións represivas son demasiado para unha vila pequena, empobrecida e que vén padecendo unha continua sangría humana, non volve haber vida política até finais dos anos cincuenta e primeiros sesenta. E lembrar que nas primeiras eleccións municipais posteriores á morte de Franco un tripartito formado polo Partido Comunista, Partido Socialista Obreiro Español e o Bloque Nacional–Popular Galego impiden que a dereita continúe no poder local, aquelas eran as brasas das lumieiras do pasado.
NOS_45726
A delegación, da que fai parte Ana Pontón, advertirá en Bruxelas da exclusión de Galiza nos proxectos estatais e autonómicos.
Unha delegación encabezada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e integrada por representantes de CIG Industria e reunirase esta quinta feira na Comisión Europea coa directora de Mercados de carbono en Europa e internacionais, Beatriz Yordi. O obxectivo do encontró, explican as nacionalistas, radica en reclamar o dereito de Galiza a estar incluída no "Green and Fair New Deal" da UE, os plans de transición enerxética xusta, por mor da "grave situación" que atravesa o sector industrial galego. "Non podemos permitir o peche de Endesa sen garantir unha alternativa de futuro, en termos económicos e de postos de traballo", subliña a portavoz nacionalista, en referencia aos 700 empregos directos que dependen da factoría. O BNG lembra que ten reclamado "en numerosas ocasión" que se establezan as modificacións legais pertinentes para que Galiza se beneficie das axudas a descarbonización, co obxectivo de que poida entrar no plan de acción urxente para países con centrais que usan o carbón e están ameazadas por peches, de forma que teña o mesmo tratamento que Asturias, Aragón ou Castela-León. Así, a delegación quere informar tamén "da situación de exclusión de Galiza nos plans de transición xusta, tanto estatal como autonómica". "É evidente que Galiza ten que estar incluída nos plans de transición enerxética xusta da Unión Europea e necesita medidas que teñan como prioridade manter a actividade económica do país e os postos de traballo", subliña a portavoz nacional, en referencia á aprobación do estatuto das electrointensivas e á tarifa eléctrica galega.
NOS_58253
As centrais enerxéticas galegas foron as primeiras en pagar as consecuencias do parón da industria no país. Agora tócalles aos portos da Coruña e Ferrol, que ven como co fechamento das térmicas e a crise das plantas de aluminio perden boa parte dos seus tráficos e unha das súas principais fontes de ingresos.
Galiza está sumida nunha profunda crise industrial que nalgúns sectores non parece ter fácil saída. O futuro de empresas como Alcoa, Xeal (antiga Ferroatlántica) ou Alu Ibérica pende dun fío. A súa elevada factura eléctrica e a falla de incentivos condicionan a súa viabilidade, da que non só dependen os milleiros de persoas que traballan nestas empresas ou nas auxiliares, senón tamén as comarcas nas que se asentan. Pero os danos colaterais dun hipotético cese da actividade nestas factorías chegaría tamén a outras empresas. De feito, os datos de produción industrial de 2019 xa anticiparon os efectos que a caída da actividade das electrointensivas podería ter no sector enerxético. O pasado ano, a produción de electricidade descendeu 20% motivada pola baixa operatividade das centrais térmicas, unha, a de Meirama (Cerceda), xa fechada e a outra, a das Pontes, con data de caducidade, mais tamén pola caída de consumo de 9%, motivada en parte polo parón destas industrias, que teñen na enerxía un dos seus principais custos. Este descenso provocou que as vendas do sector enerxético rexistrasen os datos máis baixos do último lustro, cunha facturación de 1.490 millóns de euros, 19,3% menos que o ano anterior, e representando só 5% do negocio industrial do país. Afección aos portos Precisamente, o fechamento da térmica de Meirama deixa o porto da Coruña sen un dos seus principais tráficos, xa que as descargas de carbón con destino á central representaban arredor de 8% da súa actividade, con movementos de máis dun millón de toneladas ao ano. Porén, nos últimos tempos este tráfico quedou reducido a nada, o que xa se fixo notar nas contas do ente portuario coruñés de 2019, nas que declarou un beneficio neto de 1,05 millóns de euros, fronte aos 2,2 millóns do ano anterior. No porto da Coruña tamén viron como descendeu o tráfico de alúmina para a planta de Alu Ibérica, que conta cun peirao propio no porto exterior. Se en 2018 foron 116.000 as toneladas movidas, en 2019 tan só pasaron polas súas instalacións 8.000 toneladas. A perda destes tráficos leva aparellado un descenso na facturación que podería achegarse ao millón e medio de euros, ao que habería que sumar os empregos perdidos en labores de estiba ou no transporte do mineral do porto á central. Tamén está por ver que pasa coa 'medusa', o almacén construído por Naturgy no porto interior hai máis dunha década para eliminar as emisións provocadas pola descarga de mineral a ceo aberto. Alcoa e Ferrol Pero se o da Coruña se ve afectado, o porto de Ferrol non está moito mellor. Hai unhas semanas celebraba a posta en marcha dunha nova liña regular de contedores, un tráfico que crece ano tras ano, mais que segue a ser modesto en comparación con outros. En 2018, dos 13,7 millóns de toneladas movidas nos peiraos da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, 10 millóns (73%) correspondían a tráficos de carbón, bauxita e alúmina. Co carbón fóra da terna, a bauxita e a alúmina son as principais mercadorías que pasan polas instalacións portuarias. No primeiro trimestre do ano movéronse 1,2 millóns de toneladas da primeira e 332.596 toneladas da segunda. De prosperaren os plans da multinacional norteamericana Alcoa e de fechar a planta de aluminio primario de San Cibrao (Cervo), a bauxita deixaría de figurar na lista de mercadorías transportadas dos portos galegos. Desde as autoridades portuarias da Coruña e Ferrol, onde tamén están a notar a desaparición de tráficos como o de cruceiristas, afirman estar na procura de novos operadores que suplan a marcha de firmas como Naturgy, Endesa, Alcoa ou Alu Ibérica, aínda que será complicado que logren mover volumes semellantes aos que adoitaban a transportarse anos atrás. O que deixa en evidencia unha vez máis esta realidade é a falla dunha política industrial por parte da Xunta que mire non só polos intereses das empresas, senón de todo o tecido industrial e produtivo da Galiza.
NOS_42261
A empresa vai poder decidir se estas especialidades se prestan na sanidade pública ou se se privatizan e desde a CIG xa alertan das consecuencias que isto pode ter para as e os doentes e para a propia calidade asistencial.
Un "Anuncio de Licitación e Adxudicación da Comunidade Autónoma de Galiza" publicado no BOE recolle a convocatoria para a contratación dunha empresa para ter poder de decisión fulcral en necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe (radioloxía), intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia no sistema sanitario galego A CIG-Saúde explica que este contrato implica que a partir da adxudicación a empresa privada decidirá que maquinas e aparatos de alta tecnoloxía se comprarán no Sergas para as prestacións sanitarias das especialidades anteriormente relacionadas. "A empresa privada terá a capacidade absoluta para decidir se as dotacións dos medios tecnolóxicos actuais son renovados ou non ou, pola contra, se o SERGAS prescinde de comprar novas resonancias magnéticas, novos aceleradores para o tratamento co cancro, ou simplemente se estes aparatos se dan de baixa e esta actividade se contrata con un centro privado", sinala a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín. A peor A central nacionalista afirma que este modelo está copiado do implantado no seu momento no servizo de saúde das Illes Balears. "Un sistema sanitario que desde que chegou o PP perdeu prestación e calidade a pasos axigantados", segundo a CIG-Saúde, e no que ademais, "como a empresa adxudicataria só sabía de maquinas, tivo que subcontratar a outra empresa para a xestión integrada dos recursos".
PRAZA_10761
A poeta é a protagonista do Día das Galegas nas Letras, que se celebra este xoves en Vigo impulsada pola plataforma de crítica literaria 'A Sega'.
Nos anos 2014 e 2015 estivo entre as candidatas ao Día das Letras Galegas, pero non foi a escollida. Este vindeiro xoves día 15 Xela Arias será homenaxeada no Día das Galegas nas Letras, a celebración que dende o ano 2014 recoñece as achegas á cultura galega de autoras como Dorothé Schubarth, María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro ou Marica Campo. A plataforma de crítica A Sega impulsa un ano máis esta festa das letras, que nesta ocasión terá lugar no Parque do Castro de Vigo, na pista de educación vial do lugar. As actividades comezarán ás 12 horas cun roteiro pola vida de Xela Arias guiado por Susana Aríns. A seguir lerase o manifesto desta edición do Día das Galegas nas Letras, que dará paso a unha sesión vermú amenizada por 'Dúas gamberras e un micro'.Tralo xantar popular, sucederanse os recitais poéticos e actuacións musicais a cargo de Arancha Nogueira e Sanny, Cristal Méndez Queizán, Pandereteiras de Verducido, Alba María e Queco, Silvia Penas e Laura LaMontagne e Mai.Xela Arias (Sarria, 1962) finou en Vigo no ano 2003. A pesar da curta idade na que se produciu o seu falecemento, deixou poemarios da importancia de 'Tigres coma cabalos', 'Denuncia do equilibrio', 'Intempériome' e 'Darío a diario', recollidos o pasado ano no volume 'Poesía reunida' (Xerais), editado por Chus Nogueira. "Oxalá esta 'Poesía reunida' contribúa ao recoñecemento e, sobre todo, á difusión da súa obra con independencia de que un día sexa a figura homenaxeada das nosas Letras", sinalaba Nogueira no momento da publicación. "Xela Arias constituíu un modelo para novas escritoras e escritores", subliña Chus NogueiraNogueira incidía tamén en que "Xela Arias constituíu un modelo para novas escritoras e escritores", subliñando o peso crecente que a súa figura e obras ten nas novas xeracións. A homenaxe deste xoves unirase a outras que foi recibindo, entre as que destaca a impulsada pola Asociación Galega de Editores, a Asociación de Tradutores Galegos e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, así coma a publicación do libro colectivo 'Xela Arias, quedas en nós', coordinado polo pai da poeta, Valentín Arias.Arias foi tamén moi recoñecida como tradutora, recibindo varios premios de tradución: o da Sociedade da Língua Portuguesa, o Ramón Cabanillas e o Plácido Castro. Así mesmo, en 2018 a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias, que recoñece o seu labor neste campo."Xela é, foi e será, unha desas voces poderosas, xenuínas e indiscutíbeis da mellor poesía galega dos últimos trinta anos", di Rosa EnríquezNos últimos meses A Sega fixo un convite aberto para que quen o desexase enviase un vídeo, dun minuto como máximo, recitando algún dos poemas de Xela Arias "para (re)descubrila e (re)coñecela". Foron varias as autoras que o fixeron e na web da plataforma de crítica poden verse as achegas de Eli Ríos, Vanessa Glemsel, Víctor Pérez, Emma Fernández Nogueira, Arancha Nogueira, Emma Pedreira, Beatriz Maceda ou Mónica do Piñeiro.Tamén Rosa Enríquez fixo un achegamento á súa figura, destacando que "Xela é, foi e será, unha desas voces poderosas, xenuínas e indiscutíbeis da mellor poesía galega dos últimos trinta anos". "Con esta capacidade de se deixar envolver polo descoñecido e aceptar perderse, Xela conseguiu a excelencia expresiva para denunciar o equilibrio, a orde social que esmaga a xente cada día. Fíxoo co mellor da frescura dunha adolescente e do coñecemento adulto de quen se atreve reflexionar por si mesma, sen obviar o instinto, a intuición e certa inxenuidade", sinala Enríquez.
NOS_48902
Discotecas, salas de festa e bares de copas non abrirán ao público co fin de frear o avance da Covid-19. O Goberno galego deixa en mans de Política social os acordos sobre probas PCR, réxime de visitas e saídas nos centros sociosanitarios.
Esta medianoite entran en vigor as medidas pactadas a pasada sexta feira polo Ministerio de Sanidade coas comunidades autónomas co fin de atallar a evolución da pandemia de coronavirus. Así o recolle a orde publicada este sábado no Diario Oficial da Galiza, onde se detallan as actuacións acordadas polas Administracións e se actualizan algunhas das medidas xa aplicadas polo Goberno galego, que afectan especialmente ao lecer nocturno e aos locais de restauración. Tabaco Como xa aprobaran Galiza e Canarias, queda prohibido fumar na vía pública ou ao aire libre sempre que non se poida garantir unha distancia de seguridade de dous metros. Esta medida de prevención afecta tamén ás terrazas e non só ao consumo de tabaco, senón tamén a "calquera dispositivo de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas" ou similares. Hostalaría O consumo nos locais de hostalaría poderá realizarse tanto na barra como na mesa, respectando sempre a distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Ademais, a ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas será de dez persoas, e a mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas. En todos os casos deberá asegurarse a distancia mínima de seguridade interpersoal entre as mesas. Horarios Os establecementos de hostalaría e de restauración non poderán admitir clientes a partir da medianoite e estarán obrigados a fechar "non máis tarde da unha da madrugada". Ocio nocturno Os locais de lecer nocturno -discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e de concertos- permanecerán fechados. Segundo o escrito trasladado polo Ministerio á Xunta, este tipo de establecementos constitúen actualmente a orixe dos focos epidémicos con maior número de casos asociados e tamén de "gran parte da transmisión comunitaria". Reunións privadas O Goberno galego recomenda limitar os encontros sociais a un máximo de dez persoas e a restrinxir esas esas reunións privadas fóra do grupo de convivencia estábel. En caso de xuntanza con persoas alleas a ese grupo habitual, aconsella o uso de máscara. Centros sociosanitarios A orde da Xunta estabelece que será a Consellaría de Política Social a que determine as medidas específicas que deberán adoptarse nos centros sociosanitarios respecto das probas PCR, o réxime de visitas e saídas para responder á situación de risco derivada do incremento de casos positivos por coronavirus. Segundo trasladou a pasada sexta feira o ministro Salvador Illa, o acordo coas comunidades autónomas recolle a realización de PCR a todos os novos ingresos 72 horas antes da súa entrada así como a todos os empregados que regresen de permiso ou de vacacións, ou comecen a traballar por primeira vez. As visitas aos residentes, avanzou, estarán limitadas a unha soa persoa unha hora máximo ao día, a non ser que se atope en situación grave e se tema pola súa vida.
NOS_47306
Pilar Palomero estrea un fime ambientado nos tempos da Expo de Sevilla e nas Olimpíadas de Barcelona e premiado en Málaga, Donostia e nos Goya.
Nomeada na Berlinale, premiada en San Sebastián, no Festival de Málaga e, agora, nos Goya, acadando catro 'cabezóns': Mellor Filme, Dirección Novel, Guión Orixinal e Fotografía (Daniela Cajías). Un debut moi prometedor para Pilar Palomero (Zaragoza, 1980) que tirou de lembranzas persoais para construír esta historia, un pouco na liña do que fixo Carla Simón con Estiu 1993, mais, en troques de ter 6 anos, a protagonista ten 11. As nenas / Pilar Palomero / EUA / 2020 / 97 min. As nenas está ambientada en 1992, ano das Olimpíadas de Barcelona e da Expo de Sevilla. Celia (Andrea Fandós) vive coa súa nai (Natalia de Molina) e estuda nun colexio de monxas. Ten poucas amizades, é obediente e chea de inseguridades propias da súa idade. Unha nena chegada de Barcelona, chamada Brisa (Zoe Arnao), convértese na súa compañeira de pupitre, pero tamén na catalizadora do seu paso á adolescencia. Porén a súa nai non está preparada para que a súa pequena pegue un cambio de rumbo tan radical. Un filme cunha catarse final que conecta directamente co inicio facendo que, por suposto, sexa un filme máis redondo, pero ademais, unha intelixente decisión narrativa para explicar ese paso de nena ao período de adolescencia rebelde. Fotografía de aspecto 4:3, como as televisións da época, á fin de axustarse á década pero tamén para centrarnos na opresión que sente no seu ambiente. Coa aparición da súa compañeira catalá, Celia comeza a dubidar de todo: da relixión, dos adultos, da súa incipiente sexualidade e tamén da súa nai. Antes nunca decidira por si mesma... pero comeza a tomar as súas propias decisións e asumir as consecuencias. O clímax exterioriza todo o que tiña dentro. Destaca a interpretación de Andrea Fandós e a brillante dirección da cineasta aragonesa, que consegue unha asombrosa naturalidade interpretativa de todas as nenas, malia colocarlles a cámara a poucos centímetros das facianas. Un notábel exercicio cinematográfico a ritmo de Los niños del Brasil ou Héroes del Silencio sobre unha época non tan recente, antesala do auxe tecnolóxico, onde todas eramos aínda un pouco máis inocentes, en todos os sentidos: non había Internet así que había que recorrer á Interviú ou ao Canal+ (aínda que fose codificado) para intentar entender mellor os sinais hormonais, os teléfonos eran fixos, botaban os Fruitis, as clases eran a base de ditados, xogábase no recreo, gravábanse cintas de casete e as aspiradoras da fin de semana cedo pola mañá eran un aviso para que "non o volvésemos facer". Todo iso, e moito máis, está no filme de Palomero.
NOS_7363
A organización segue con atención a evolución das 4 variantes máis destacadas que detectou en Europa.
A Organización Muncial da Saúde (OMS) asegurou que todas as vacinas aprobadas até a data son eficaces contra "todas as variantes" do coronavirus. Con todo, o director rexional desta entidade para Europa, Hans Henri Kluge, instou a manter a "prudencia", nunha rolda de prensa sobre a evolución da pandemia, e argumentou que se trata dunha "ameaza persistente" e con "novas incertezas". "As vacinas poden ser a luz ao final do túnel, mais non podemos cegarnos por esa luz", asegurou. A OMS segue con atención a evolución das 4 variantes máis destacadas que detectou en Europa, e que denomina "de interese" ou "preocupantes". A dominante na rexión é a detectada en primeiro lugar en Gran Bretaña, mais a India rexistrouse xa en 26 dos 53 países que compoñen a rexión europea da OMS. A mutación india, por exemplo, propagouse "en moitos casos" debido a viaxes internacionais, aínda que xa se detectou tamén transmisión comunitaria. Kluge indicou respecto diso que se deben evitar as viaxes internacionais non esenciais e mostrouse escéptico ante a posibilidade dos 'pasaportes de vacinación' (fronte ao certificado de vacinación que rexistra a todos os inmunizados), aínda que recoñeceu que o turismo é unha vía de ingresos vital para algunhas rexións. A responsábel de Emerxencias da OMS en Europa, Catherine Smallwood, advertiu de que nun momento de "alta transmisión" como o actual -malia o descenso rexional da incidencia- e coa "ameaza" dunha nova variante preocupante é preciso ser "extremadamente coidadosos" e reflexionar sobre calquera decisión de desescalada.
NOS_14035
O xogador do Celta lembra a súa experiencia coa camiseta da Galiza fronte a Venezuela en Riazor: "Pareceume precioso".
Iago Aspas foi o convidado do programa 'Hoxe con Manquiña' que emite a TVG e que presenta o actor Manuel Manquiña. O xogador do Celta fixo un repaso pola súa traxectoria futbolística, desde os seus inicios no Alondras até hoxe e reivindicou a selección galega. "Gustaríame que volvese", confesou o de Moaña, que engadiu que o seu debut coa camisola da Galiza contra Venezuela "pareceume precioso". Aquel partido foi o seu estreo coa absoluta pois, como el propio lembrou no programa, xa xogara na selección galega en categorías inferiores. Houbo tempo tamén para falar do Deportivo, que esta semana xógase o seu ascenso a Primeira División. "Sempre dixen que eu quero que o Dépor estea con nós en Primeira, polo moito que representa para o fútbol galego e polo impacto económico positivo", manifestou Aspas, engadindo que así volvería haber oportunidade de gozar de 'O Noso Derbi'. O celtista, iso si, sobre un posíbel futuro no que o seu fillo quixese xogar no equipo coruñés mostrouse claro: "Iríamos os dous traballar á batea". O de Moaña cre que aínda lle quedan por diante varios anos de fútbol ao máximo nivel "e até que me retire, intentarei conseguilo [un título] co Celta". Tamén manifestou que cando se retire como futbolista gostaría de continuar ligado a este deporte, "quer como adestrador quer como director deportivo". Lembrou que "a chamada da selección española é un premio ao traballo diario que fas co teu equipo". Tamén confesou a Manquiña que Berizzo goi para el o mellor adestrador que tivo
PRAZA_4964
O CGPJ vén de facer públicos os datos actualizados do Informe sobre a estrutura da carrera xudicial, que amosan que as mulleres representan xa o 51% de todos os xuíces en activo no Estado, e o 54,1% en Galicia. Porén, na Audiencia Nacional ou no Tribunal Supremo os homes seguen sendo clara maioría.
As mulleres son maioría entre os xuíces en España, representando máis do 51% dos 5.219 maxistrados en activo. O pasado ano produciuse por vez primeira esta circunstancia histórica, cando as xuízas representaban o 50,1% do total, e nos datos actualizados a 1 de xaneiro de 2014 esta tendencia consolídase. E semella que o seguirá facendo, se atendemos aos datos de novos ingresos nos últimos anos (o 63% dos novos xuíces son mulleres) e á composición das facultades de Dereito. Son os datos que presenta o Informe sobre a estrutura da carrera xudicial, presentado este venres polo Consejo General del Poder Judicial. As mulleres son máis, e sobre todo entre as xeracións máis novas de xuíces. Entre aqueles que teñen menos de 30 anos as mulleres representan o 63%, nos que teñen entre 31 e 40 son o 66%, e nos que teñen entre 41 e 50 chegan ao 57,5%. Porén, por riba desa idade os homes seguen sendo maioría, representando o 60% nos que contan entre 51 e 60 e o 85% entre os que superan esa idade. Nalgunhas instancias os homes seguen dominando amplamente. É o caso do Tribunal Supremo (88,3%) ou na Audiencia Nacional (64,1%), pero tamén as Audiencias Provinciais (66,1%) Ademais, mentres as xuízas son maioritarias na meirande parte dos órganos e tribunais: no Xulgado do Penal (59%), no Xulgado do Social (53%), no Xulgado de Menores (58,2%), no Xulgado de Primeira Instancia (59,4%), no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución (65,1%), no Xulgado de Instrución (55,4%) ou no Xulgado de Violencia sobre a Muller (66,7%), entre outros, noutras instancias os homes seguen dominando amplamente. É o caso do Tribunal Supremo (88,3%) ou na Audiencia Nacional (64,1%), pero tamén as Audiencias Provinciais (66,1%) ou os tribunais superiores de xustiza de cada comunidade autónoma (66,4%). Estas diferenzas están tamén ligadas a unha fenda xeracional, pois se na maior parte dos ámbitos a media de idade dos maxistrados está por baixo do cincuenta anos, en órganos coma a Audiencia Nacional (57,1 anos), os tribunais superiores (54,7) ou os tribunais provinciais (55,7) superan por moito esa media. En Galicia a maioría de mulleres é aínda máis clara, superando o 54% do total e con porcentaxes que superan o 60% entre os maxistrados de menos de 50 anos. Aínda así, os homes seguen sendo máis no TSXG (31 fronte a 11 mulleres) e nas audiencias provinciais (35 fronte a 19), O informe tamén achega o dato de que o 100% dos maxistrados que pediron excedencia voluntaria para coidar dun fillo ou filla son mulleres, e tamén o 100% dos que solicitaron esa excedencia para coidar un familiar. En cambio, nas excedencias por interese particular dúas de cada tres peticións corresponderon a homes. Descarga aquí o informe completo (.pdf)
NOS_52574
O ex ministro de Interior con Mariano Raxoi, Jorge Fernández Díaz, declarará como imputado na Audiencia Nacional no caso 'Kitchen', no que se investiga o desvío de fondos públicos para espiar Luis Bárcenas para roubarlle documentos, obstruír a xustiza e protexer as siglas do partido.
O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castellón acordou na sexta feira, 18 de setembro, citar como imputado, a solicitude da Fiscalía Anticorrupción, o ex ministro de Interior no Goberno de Mariano Raxoi, Jorge Fernández Díaz, no marco da denominada peza 'Kitchen' do caso 'Tándem', no que se investiga o papel da alta Administración do Estado e, en concreto do Ministerio de Interior, para costear con fondos públicos reservados a espionaxe ao ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, co obxectivo roubarlle documentos e así obstruír a investigación xudicial e protexer o Partido Popular. A pesar da solicitude da Fiscalía, polo momento o maxistrado non citou a antiga secretaria xeral do PP e ex ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, nin ao seu marido, o empresario Ignacio López del Hierro. O xuíz entende que antes de resolver sobre a citación solicitada por Anticorrupción respecto de Cospedal e Hierro imponse, á vista do avance da investigación, citar de novo Francisco Martínez, ex secretario de Estado de Seguridade con Fernández Díaz. Martínez non quixo declarar na súa primeira citación mais manifestou agora a súa vontade de comparecer en presenza xudicial. De feito, o ex secretario rexeita as interpretacións que o colocan como líder intelectual da operación de espionaxe a Bárcenas e afirma que el soubo da trama por Fernández Díaz. O maxistrado cita ademais como testemuñas o ex director de Comunicación de Interior, Juan José Esteban, e outras tres persoas: o sacerdote Silverio Nieto, o ex director de gabinete de Francisco Martínez, Jorge Sanchís, e Icíar Castro Álvarez. A Fiscalía solicitou a imputación de Fernández Díaz e Cospedal por presuntos delitos de prevaricación, descubrimento e revelación de segredos e malversación de fondos públicos. Esta operación policial encuberta púxose en marcha entre 2013 e 2014 coa participación do ex comisario José Manuel Villarejo.
NOS_35342
Ana Pontón afirma que "as grandes cidades do Estado reciben 500 euros por habitante, mentres que as galegas só 250 euros". Chama a unha alianza para reverter este sistema de financiamento.
Os concellos de Galiza son claramente discriminados no reparto do financiamento local, o que prexudica directamente a veciñanza e fai obrigado tecer un compromiso que poña fin a este sistema. Eis a denuncia feita polo BNG por boca da súa portavoz nacional, Ana Pontón, que afirma que "esta non é unha situación normal, é unha grave discriminación que sofre o noso país". "Imos levar a todos os concellos e a todas as cidades unha moción para unha alianza na defensa dun financiamento xusto" Cada concello galego recibe 50 euros menos por habitante do que a media estatal, indican desde o BNG, para o financiamento de servizos municipais, "o que significa que os municipios galegos perderon 136 millóns de euros só en 2016, e 1.512 millóns de euros desde a entrada en vigor do actual sistema en 2004". As cidades do país saen especialmente prexudicadas, explica Ana Pontón, cunha media de 252,7 euros por habitante neste exercicio fronte aos 499,63 euros de media das grandes cidades do estado que superan os 500.000habitantes, -Barcelona, Madrid, Málaga, Sevilla, Valencia e Zaragoza-. "Non entendemos por que un veciño ou unha veciña de Lugo, da Coruña de Pontevedra ten que ter a metade de recursos para financiar os seus servizos que un veciño ou veciña de Madrid, Barcelona ou Málaga",afirmou na comparecencia tras o encontro cos responsábeis municipais do BNG nas grandes cidades galegas, e co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. "Prioridade" Ana Pontón considera que debe ser unha "prioridade" acabar con este finaciamento para conseguir outro que sexa máis equitativo e máis xusto para con Galiza. "Imos levar a todos os concellos e a todas as cidades unha moción para unha alianza na defensa dun financiamento xusto e acabemos co réxime de privilexio que teñen as grandes cidades do Estado" . "Entendemos que é importante que os e as electoras teñan claro que votan, e imos presentarnos coas siglas do BNG sumando a outras persoas e forzas políticas que confluíron con Nós-Candidatura Galega" Candidatura de unidade En relación a fórmula de concorrencia electoral, Pontón lembrou que o BNG propón unha candidatura de unidade de todos os nacionalistas contra o "desastre" que, afirma, deixan as políticas do Partido Popular. "Pensamos que esa é a alternativa que suma para superar os problemas que ten Galiza", respondeu a preguntas dos medios. A portavoz nacional confirmou que o BNG iría a unhas novas xerais coa súa marca electoral na papeleta de voto,. "Entendemos que é importante que os e as electoras teñan claro que votan, e imos presentarnos coas siglas do Bloque Nacionalista Galego sumando a outras persoas e forzas políticas que confluíron con NÓS-Candidatura Galega e seguir traballando con elas nesa unidade en defensa de Galiza".
NOS_35100
Pasadas as 17h comezaba en Cee o primeiro dos protestos convocados polo Comité de Empresa de Ferroatlántica, que organizou a concentración coincidindo co día da toma de posesión de Feijóo como presidente da Xunta. Segundo a organización, participaron arredor de 3.000 persoas.
O rexeitamento á segregación e á venda especulativa foi o fío condutor da concentración convocada polo Comité de Empresa de Ferroatlántica en Cee, que congregou centos de persoas. O actor Toño Casais leu un manifesto en que se denunciaron os "privilexios e dereitos" aos que tivo acceso a empresa. "Sen os nosos encoros e ríos, as centrais non xerarían activos hidráulicos", lembrou, entre aplausos das persoas que asistiron á chamada do Comité de Empresa. Aliás, o manifesto serviu para explicar que a segregación de actividades representaría o feche de fábricas, "unha industria destas características onde nos últimos 25 anos non se investiu en melloras non é competitiva". Tamén se expuxo que a venda suporía "un incremento dos custos enerxéticos" que serían "insoportábeis para a viabilidade". O Comité de Empresa amosouse seguro de que "as cousas poden cambiar", máxima nunha comarca que "non quere resignarse". Amais de denunciar "o espolio dos recursos", que suporá "o desartellamento político e social da contorna", o Comité de Empresa salientou que a actividade económica nas centrais "debe contribuír ao dinamismo e benestar da comarca". Para isto, apelou ao papel que debe desenvolver a Xunta de Galiza. A ollada posta na Xunta No manifesto emprazouse o Goberno galego a analizar "todas as vías legais para impedir a segregación e para pór en marcha medidas efectivas", de maneira que se "salde a débeda" coa comarca. "Do contrario, sería o Goberno o único responsábel da fin dun século de actividade industrial, do feche dos negocios e da ruína na bisbarra", expresou o actor. "Non queremos xogar á ruleta rusa cos nosos postos de traballo e co futuro dos nosos fillos", engadiu. A empresa aceptou a titularidade das concesións hidráulicas a condición de que "non se poderán segregar de Ferroatlántica as actividades de ferroaliaxes e de produción eléctrica polas centrais" A "pasividade" da Xunta foi fortemente criticada polos traballadores, que consideran que o Goberno galego é quen ten a responsabilidade de "parar esta venda especulativa por parte dunha empresa que reuniu moitas axudas públicas que a fixeron viábel". Unha empresa, apuntaron, que "aceptou a titularidade das concesións hidráulicas a condición de que "non se poderán segregar de Ferroatlántica as actividades de ferroaliaxes e de produción eléctrica polas centrais". Neste sentido, o Comité de Empresa urxe a Xunta a "salvagardar o interese comarcal, se for necesario, recuperando o control público das concesións". De Ferroatlántica dependen 400 postos de traballo directo e as centrais representan un dos motores de creación de emprego na bisbarra. De feito, segundo os dados do Comité de Empresa, supoñen entre un 15 e un 25% do PIB en Cee, Dumbría, Fisterra, Muxía e Corcubión. [Esta noticia foi editada arredor das 22h após ter coñecemento, a través da organización, do número aproximado de persoas participantes]
NOS_3075
O campo de concentración de Lavacolla foi un dos máis duros da ditadura franquista. Após diversas iniciativas do movemento da memoria para recuperar, o seu pasado o BNG formula diversas iniciativas no Congreso dos Deputados para reparar ás vítimas.
O campo de concentración de Lavacolla respondeu ao obxectivo de converter o aeródromo de Santiago de Compostela, aberto ao tráfico en 1935, nun aeroporto continental. Xa á finais de setembro de 1936 o comandante militar da cidade ordena o inicio de obras de mellora da infraestrutura, botando man das "prestacións voluntarias", sendo probábel, que ao longo de 1937 comezase o traballo escravo no aeroporto. Sexa como for, as condicións laborais no campo eran moi duras, con xornadas de doce horas, organizados en dúas quendas, testemuñando o preso Pedro Gómez que "tiñamos que cavar ou cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra, e había que levalos por unha vía para ir achaiando terra". "O home máis desalmado que coñecín" Pedro Gómez, non dubidou en afirmar en relación a Lavacolla, que "alí cometéronse as canalladas máis grandes, aquilo mandábao un comandante de enxeñeiros, o home máis desalmado que coñecín", sinalando Víctor Santidrán, un dos grandes estudosos do campo, que os prisioneiros eran castigados sendo fechados nun hórreo de cantería de grandes dimensións, onde os detidos, só contaban, ás agochadas coas axudas dos nenos. O número de presos políticos que pasaron pola Lavacolla entre 1939 e 1945 superaron os 7.000. Nunhas instalacións absolutamente colapsadas para acoller a unha cifra tan elevada de detidos, segundo as cifras oficiais nalgún momento chegaron a superar as sete mil persoas, os reclusos foron sometidos a unha condicións de vida de particular dureza. Aterecidos de frío, en palabras dos prisioneiros que deixaron testemuña da súa estadía, polo estado do local, carentes da roupa básica, até o punto de sinalar o gobernador militar de Lugo nun informe de 1942, que "o vestiario dos presos está bastante deteriorado pero moi particularmente a deficiencia consiste no estado lamentábel do calzado" e afirmándose nun documento da Inspección de campos que "a maioría dos detidos acudían descalzos a traballar". O BNG reclama agora a recuperación do campo de concentración e a reparación das vítimas confinadas no mesmo para erguer o aeroporto compostelán, actualmente denominado Rosalía de Castro. Néstor Rego Neste sentido, o deputado do BNG, Néstor Rego, reclama cumprir coa lei de memoria histórica e sacar á luz o pasado das instalacións, dando a coñecer o traballo forzado de persoas presas da ditadura franquista, "a comezar, tal e como reclamaban distintas organizacións, pola colocación inmediata dunha placa conmemorativa en lembranza dos presos políticos que participaron na construción da infraestrutura". "Por outra banda, as asociacións memorialistas tamén solicitaban a colocación dunha placa conmemorativa en recoñecemento da memoria histórica e en lembranza dos presos políticos que participaron a construción do aeroporto" lembra o deputado nacionalista. "O Goberno debería dar exemplo e dar cumprimento á legalidade vixente e atender as peticións recibidas para incorporar toda a historia sobre a construción das instalacións" reclama Rego. A voceira do BNG na corporación compostelá, Goretti Sanmartín, lembrou que en novembro de 2021 xa instou o alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo a realizar as xestións necesarias para a instalación da placa en lembranza de presos políticos participaron na construción do aeroporto de Lavacolla, unha proposta que xa fora demandada noutra iniciativa en marzo de 2017, no anterior mandato municipal.
NOS_16175
A versión oficial de Renfe é que, após receber un correo electrónico de alerta do seu chefe de máquinas en Ourense, treinou os maquinistas para lidaren cunha curva como a de A Grandeira. Mais só o fixo cos de media distancia, non así con Francisco Garzón, o condutor do Alvia sinistrado, que é maquinista de longa distancia.
O chefe de máquinas en Ourense e o seu superior xerárquico tomaron a decisión de formar os maquinistas de media distancia dentro do limitado abano das súas competencias e perante o nulo caso que lles fixeron os altos cargos de Renfe de Madrid, que se inhibiron ao receber un correo electrónico en que se alertaba sobre as deficiencias de seguranza (inexistencia de sinais de risco) no tramo en que se produciu a traxedia de Angrois, saldada con 79 vítimas mortais. Os maquinistas manifestan a súa irritación por Renfe cargar as responsabilidades na persoa que deu a alerta no canto de pescudar por que non foi tida en conta Mas esa decisión -de acordo coas súas competencias non podían tomar outra, non estaban facultados para instruíren os maquinistas de longa distancia- deixaba fóra a Francisco Garzón, o condutor do Alvia, e até agora único imputado no caso polo xuíz Luis Aláez. Único imputado non pola vontade do maxistrado, senón pola decisión da Audiencia Provincial da Coruña que no pasado mes de Novembro levantou a acusación que pesaba sobre 5 técnicos de seguranza de Adif. Os Alvia, sen ERTMS Así as cousas, ninguén mellorou a formación técnica de Garzón para manexar unha situación de risco como a que se presenta en A Grandeira. Ninguén tampouco fixo nada para subsanar a carencia de medidas de seguranza. A día de hoxe, os Alvia continúan a operar nesta liña Santiago-Ourense nas mesmas condicións que hai 6 meses, o día en que se produciu o sinistro, isto é, sen levaren o sistema de freado ERTMS operativo a bordo. De por parte, os maquinistas de Renfe teñen xa manifestado a súa irritación por que a empresa tencione agora cargar as responsabilidades sobre o chefe de máquinas que deu a alerta [acúsano de non ter elevado a súa advertencia perante o órgao apropriado] no canto de pescudar por que o aviso non foi tido en conta.
NOS_9577
O I Campionato de Improvisación Teatral Galego, que arrincou o pasado 11 de maio, rotará por distintos garitos do casco vello cada sábado. A final resolverase o 15 de xuño no Teatro Principal
A improvisación teatral xa ten o seu espazo e o seu público, após 2 anos de éxitos no bar compostelán O Camalea. Esta forma de facer teatro no arame, pura intuición, é todo un espectáculo e, alén do mais, agora vai ter a súa propia competición, o I Campionato de Improvisación Teatral Galego cuxo organizador e presentador, en conversa con Sermos Galiza, afirma que ten sido un reto "xuntar as distintas compañías de improvisación" do país para lles dar "visibilidade". As compañías protagonistas son a compostelá The Momentos, a coruñesa Los Duguis e a viguesa Improperio. Tras arrincar o pasado 11 de maio no Camalea, o campionato vaise desenvolver os sábados até o 15 de xuño. Cada compañía achega unha parella de actores e actrices a esta liga de improvisación. Os cuartos de final vanse disputar nos locais do casco histórico Garigolo, Ultramarinos e O Ateneo 30. As semifinais terán como palco o bar Zona 0 e a grande final resolverase no Teatro Principal "para o proxecto se abrir a un público que non adoita acudir aos bares para ver este tipo de espectáculos", explica Antón Coucheiro. Nestes encontros, coñecidos como 'catchs', a participación do público tórnase fundamental para dirixir as interpretacións. Atopamos os seus antecedentes no Chicago e no Toronto dos anos '50, mais a improvisación comezouse a misturar coas lóxicas da competición nos 70', cando estes xogos incorporaron regras importadas do hockey sobre xeo. "A inter-actuación é total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante", explica o humorista e cómico Antón Coucheiro. Malia todo, é complicado explicar as súas dinámicas regras. "Para o entender, hai que ir a velo", conclúe o seu presentador. Programa 11 MAIO.BAR CAMALEA 22:30 horasLos Hijos de Marisol VS. Las FrikiManga(Alfonso Medina y Dani Blanco //// Noemí Miranda y Marta Iglesias) 18 MAIO CAFÉ-BAR GARIGOLO 22:30 horasMcCarras VS. Curas Matrix(Miguel A. Canalejo y Omar Ferrín /// Aitor Garuz y Olalla Tesouro) 25 MAIO. ULTRAMARINOS 22:30 horasLas Catequistas VS. Viajeros del Tiempo(Marita Martínez y Lucía Veiga /// Arturo Cobas y Akira Valero) 30 MAIO. O ATENEO TRINTA 22:30 horasLos Agentes Secretos VS. Los Loosers(Sandra Varela y Antonio Delgado /// (Grupo aínda sen confirmar) 1 XUÑO ZONA C 21:00 horasPrimeira Semifinal 8 XUÑO ZONA C 21:00 horasSegunda Semifinal 15 XUÑO TEATRO PRINCIPAL 21.00 horasFinalísima ImproChampios League Prezos e entradas Os prezos son de 4 euros nos locais das eliminatorias, 6 euros nas semifinais na Zona C e 8 euros a final no Teatro Principal. Haberá un bono total, os 7 espectáculos por 25 euros, e un bono para as semifinais e final 15 euros. As entradas das roldas eliminatorias mercaranse en cada un dos locais ese propio día. As entradas para a as Semifinais, a Final e os bonos poderanse mercar na Regadeira de Adela, na Zona C, no Teatro Principal ou nos locais das eliminatorias o propio día das actuacións.
NOS_56568
Neste 4 de maio Nós Diario inicia un novo coleccionábel sob o título Aí vén o maio!. María Pilar García Negro, escritora e profesora honoraria da UDC, é a autora do primeiro fascículo centrado en Cantares Gallegos. Falamos con ela sobre a este título e o contexto en que o libro ve a luz.
Cantares gallegos é a obra fundacional da literatura galega contemporánea. Obviamente non nace do nada... Os denominados séculos escuros (que cada vez o son menos, por novos achados que dan fe da permanencia dun fío de galego como lingua escrita) coñecen a súa ruptura co uso propositado do galego desde os primeiros anos do século XIX: literatura histórica, utilitaria, poética…, en verso e en prosa. Son as primeiras tentativas de emerxencia da lingua na letra escrita e publicada, ao calor dun despertar da conciencia patriótica que, no ecuador do século (1846; 1856) contará con fitos significativos que adquiren grande valor simbólico (Mártires de Carral; Banquete de Conxo). Con todo, a norma e o paradigma son os do español. Rosalía de Castro practica unha fusión extraordinaria: reivindicación patriótica-uso da lingua galega ao servizo dun libro unitario-elaboración dunha literatura culta, que beneficia toda a riqueza e especificidade da literatura popular, celebrándoa mais reintepretándoa para liberala do corsé etnográfico, e elevala, co máis depurado estilo, á altura dunha cultura viva e merecente de ser coñecida e respeitada, sen deixar de marcar sempre a súa pegada autorial, como muller e galega consciente das necesidades e problemas da súa nación. Cais son os precedentes? Os antecedentes máis importantes son: Proezas de Galicia (1810), de Xosé Fernández Neira; a publicación do Álbum de la Caridad (1862) derivada dos Xogos Florais da cidade da Coruña do ano anterior (colección onde ela figura con seis poemas, cinco dos cais pasarán a Cantares…); a fundamental obra de Xoán Manuel Pintos A gaita gallega (1853) e, desde logo, poemas de Francisco Añón, Alberto Camino ou a estrea de Eduardo Pondal: "A campana de Anllóns" (1858). Como xa indiquei, a virtude do xenio rosaliano é quen de converter estes primeiros ensaios e tentativas en obra feita e dereita: independente, non complementar da literatura española. A quen se dirixe a obra e con que pretensións? Loxicamente, a quen podía lela, en primeiro lugar, visto o elevadísimo analfabetismo reinante, isto é, ao público letrado galego para o animar ao coñecemento e defensa do seu país; ao público español, como antídoto firme contra a galegofobia. A partir da 2ª edición (1872), circulou como un maná sobre todo entre galegos emigrados en Madrid e en Ultramar. Chegan a circular copias ou recitados, segundo lembra Murguía, dando poemas por anónimos populares, tal era a mestría en captar a práctica social, psicolóxica e cultural do seu povo. Onde radica a orixinalidade de Cantares Gallegos? Nunha fórmula maxistral: o talento estético, a vontade rehabilitadora, a valentía expresiva, a excelencia poética e musical..., posto todo isto ao servizo do retrato do presente do povo galego, da maioría social en toda a extensión da súa vida: a lingua; o erotismo; a alegría e a beleza das festas; a autonomía feminina; a emigración; a filosofía popular; a denuncia do maltrato e da explotación en Castilla e en España... É de certo o máis importante documento histórico, para alén da súa calidade literaria, do seu tempo, con ruptura ou novidade incluída: o uso do verso para xéneros diversos; o claro protagonismo feminino; e a grande innovación de ousar retratar o agresor, o ofensor. Semellante actitude supón unha especie de credo, de oración laica, que afirma a existencia do povo galego e o seu dereito a ter futuro e vida no interior do país. Podemos afirmar que estamos perante unha obra que trata un heroi colectivo mais cunha protagonista individual? É que a "condutora" individual, a "meniña morena", a rapaza popular, xustamente vai cumprimentar un mandato da comunidade. Ela é a que abre e cerra esta ópera en que vai comparecer unha polifónica, unha coralidade de voces diversas, con inclusión da propria voz autorial directa, como parte formante do povo, non como simples transmisora. Por iso, a obra é épico-lírica e forma un poliedro tan rico e variado de personaxes, situacións e condutas. Tamén se soe considerar que Cantares, o prólogo, inicia o ensaio moderno en galego … Non, realmente gran parte da crítica rosaliana ignorou ou ignora o valor do prólogo, cando el non é que sexa conveniente senón que é imprescindíbel para a cabal comprensión do libro todo. En primeiro lugar, está en galego, o que demostra a validade do mesmo para a prosa discursiva e reforza a unicidade da obra. En segundo lugar, elabora e desenvolve con total intelixencia un sumario da obra poética, acompañado da explicación da súa intención e da súa finalidade, así como de algo fundamental: os feitos deben preceder ao ditame dos "sabios". Debe haber obra sen agardar polo permiso de gramáticos ou de "expertos" (inexistentes, por outra parte na altura; de facto, a primeira gramática galega merecente de tal nome, de Saco e Arce, é de 1868) que autorizasen a composición dun volume íntegro en galego. Para haber botánica, antes debe haber flora… Carvalho Calero, xa en 1963, define este prólogo como "o máis antergo ensaio de prosa galega feito por Rosalía". Francisco Rodríguez, en se referindo a este texto e mais ao que prologa Follas novas (1880), fala claramente de ensaios de decisiva importancia na interpretación da obra rosaliana. Catherine Davies ou Kathleen March tamén lles conceden a importancia debida. Nun dos meus libros sobre a escritora, enveredei por este camiño para analisar o máis amplamente posíbel estes dous paratextos, situándoos no seu tempo, contexto e contidos, demostrando a súa condición plena de ensaios, e, no caso do que abre Cantares…, para subliñar un duplo nacemento: o dun xénero literario e mais o da conciencia de xénero. Ambas inauguracións (literaria e feminista) danse a man, neste ano auroral (1863) da nosa historia contemporánea. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos.
NOS_14247
Adega responde os dados de Ence e afirma que os lumes dun ano medio afectaron 1,42% de eucaliptais; 1,24% de piñeirais e 0,40% das carballeiras e bosques de frondosas galegas.
Non é a primeira vez que Ence defende publicamente que o eucalipto non tenr elación algunha cos incendios forestais, mesmo que é "mellor alternativa para combater o abandono e os incendios forestais". Porén, desta vez fíxoo após o debate aberto a raíz do lume en Pedrógão e a eucaliptización do país luso e a través de páxinas enteiras de publicidade nos medios. E cun titular ('Datos, non opinións'), que supuña un desprezo para cos argumentos mantidos ens entido contrario e que vinculan esta especie cos lumes forestais. Adega ven de retrucar agora a ese discurso da pasteira. 'Datos, non manipulacións', indica a asociación para a seguir afirmar que a incidencia do lume nos eucaliptais é máis do triplo que nas frondosas autóctonas. Unha aseveración que basean nos dados de informes e documentos oficiais do Ministerio, coma o Informe sobre a incidencia dos lumes forestais no estado no período 2001-2011 ou o 'IV Inventario forestal estatal (IV IFN)'. A entidade afirma que os resultados de analizar e cruzar todos eses dados amosan que os lumes dun ano medio, "tomando como referencia o inventario forestal de 2009", afectaron 1,42% de eucaliptais; 1,24% de piñeirais e 0,40% das carballeiras e bosques de frondosas galegas. "Ou sexa que o tipo de árbore que arde en maior proporción é o eucalipto, seguido do piñeiro e por último, as carballeiras e frondosas autóctonas son as menos afectadas polos lumes". Mesmo, prosegue Adega, se pode cuantificar esta incidencia dos lumes por especies e comparalas entre si: "O eucalipto arde 1,14 veces máis que o piñeiro e 3,55 veces máis que o carballo e demais frondosas; e polo que atinxe o piñeiro, os lumes aféctano cunha frecuencia 3,1 veces maior que ás frondosas autóctonas".
NOS_22130
Amancio Ortega, fundador de Inditex, convírtese no primeiro accionista de Enagás, igualando a porcentaxe que ten SEPI.
Amancio Ortega, fundador de Inditex, acaba de desembarcar no sector gasista, pero a elixida non é a galega Reganosa, senón a súa principal rival, Enagás. A operación, que supuxo un desembolso de 281,63 millóns de euros, canalizouse a través de Partler 2006, unha das filiais de Pontegadea, a patrimonial da familia Ortega. Segundo informou a compañía presidida por Antonio Llardén, Amancio Ortega subscribiu na colocación privada máis da metade dos 500 millóns de euros de aumento de capital realizado pola gasista para financiar a compra da estadounidense Tallgrass. Na operación, o fundador de Inditex adxudicouse 13,09 millóns de novas accións, representativas de 5% do capital da compañía. Iguala así a participación do até agora máximo accionista, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que ten outro 5%.
NOS_39578
Na Suite compostelana de Mompou, os temas do folclore catalán aos que acudiu tantas veces, son substituídos aquí por temas inspirados na música tradicional galega.
Sesenta anos atrás, en 1962, o compositor catalán Frederic Mompou acudía, xunto co seu amigo o guitarrista Andrés Segovia, aos Cursos Universitarios e Internacionais Música en Compostela, creados catro anos antes, en 1958, por iniciativa deste último. A Suite compostelana permite observar todas as características da música de Mompou -versatilidade tímbrica, achegamento poético á execución, depuración estilística...-, mais engadíndolle a estes elementos a incorporación de xiros modais procedentes da música popular que revelan unha extraordinaria sensibilidade ante as particularidades das identidades dos pobos. Mompou, que se formara entre a Barcelona modernista e o París das vangardas -era de nai francesa-, comezara a súa carreira influenciado pola música de Ravel, de Erik Satie e do "grupo dos seis" (Georges Auric, Louis Durey, Arthur Honegger, Darius Milhaud, Francis Poulenc e Germaine Tailleferre), e participaba activamente nun intento de desmitificar o clima wagneriano dominante en boa parte de Europa, restándolle transcendencia á creación musical coa fin de achegala á vida. O compositor foi quen de combinar esta influencia vangardista coa do folclore do seu país, ao que acudiu con frecuencia en busca de temas e harmonías que lle dan á súa obra un perfil incuestionabelmente catalán. Malia todo, el sempre rexeitou ese "catalanismo", seguramente ante a posibilidade de ser tratado como un compositor folclórico. "Non é que a miña música sexa catalá, senón que se trata dunha música vivida aquí, concibida aquí", declaraba con frecuencia. Mompou era un home retraído e pouco dado á vida social -afirmaba que lle gustaba a soidade, "pero a que se pode atopar nas grandes cidades"- e os estudosos relacionan esta particularidade do seu carácter co seu intento de "desmaterializar a música", de conseguir a maior simplicidade posíbel na forma, buscando a maior exactitude e prescindindo de todo ornamento. Poucos anos antes de que Mompou acudise a Compostela, o seu gran amigo o editor e poeta Josep Janés falecera, o que supuxo un duro golpe emocional para el. Os seus biógrafos coinciden en sinalar que iniciaría entón un proceso de substitución afectiva que o achegaría ao seu alumnado desde o seu papel de docente. Se cadra, foi esta a causa da súa presenza nos cursos internacionais. Mais en todo caso, a experiencia en Santiago deu lugar a unha obra que, por moitas razóns, constitúe unha excepción na súa traxectoria: a Suite compostelana. A primeira singularidade reside no instrumento para a que está escrita: trátase dunha obra para guitarra -está dedicada ao seu compañeiro nas xornadas, Andrés Segovia-, cando practicamente a totalidade da súa obra está escrita para piano. A segunda, e máis interesante para nós, é que os temas do folclore catalán aos que acudiu tantas veces, son substituídos aquí por temas inspirados na música tradicional galega. A Suite compostelana permite observar todas as características da música de Mompou -versatilidade tímbrica, achegamento poético á execución, depuración estilística...-, mais engadíndolle a estes elementos a incorporación de xiros modais procedentes da música popular que revelan unha extraordinaria sensibilidade ante as particularidades das identidades dos pobos, reflectidas aquí nas súas expresións musicais. A simbiose entre o popular e a súa propia linguaxe vangardista non fai máis que confirmar que só unha creación ben alicerzada nas orixes pode transcender o ámbito do local. Se cadra, sería excesivo concederlle o título de compositor "galego" a Mompou, mais parece unha obriga de cortesía facerlle un oco na atención do público e dos programadores de concertos.
PRAZA_7412
Podemos reescrever a história quanto quigermos, afinal a questom segue sendo: vai ser capaz o nacionalismo galego de oferecer qualquer soluçom, nom já para o país que seria muito pedir, mas para a sua própria supervivência e reconhecimento social ou prefere imolar-se na pira das suas escuras teogonias? Dizia Keynes que os homes prácticos, que se crêem libres de toda influencia intelectual, som geralmente esclavos de algum filósofo -economista- morto. Julguem vocês o caso dos que subordinam a praxe derivada da compreensom da realidade a gloriosas ortodoxias pretéritas.
Estoutro dia passou-me o meu irmao que vive em Vigo um artigo de Ferrín publicado no Faro na sua série No fondo dos espelhos acerca do grande arquitecto brasileiro recentemente falecido Oscar Niemeyer. Como era de esperar, Ferrín exalta as insignes virtudes do grande criador: o seu génio arquitectónico e o seu comunismo. Cabem opinons sobre a tese de as convicçons dos artistas -políticas neste caso- serem elemento essencial para a plena compreensom da sua obra. Niemeyer, comunista, stalinista e ateu declarado, vai ser lembrado para sempre como o grande arquitecto que foi, quanto às suas opinions políticas estám submetidas já ao inevitável juízo histórico. A estética tem o seu discurso, a ciência histórica o deu. Picasso e Shostakhovitch som dous grandes artistas do século XX que, ademais, eram comunistas. Ferrín nom se explica a presença de umha catedral católica no meio da cidade da cidade sonhada do futuro que abriría -abrirá?- o final da história prognosticada polo Marx mais romántico Nada cabe objectar à interpretaçom de Brasília como cidade futurista de umha sociedade emancipada do domínio capitalista. A invençom da cidade guarda códigos políticos e ideais sociais e estéticos, tal acontece no ideal renascentista florentino ou no Berlim ilustrado e helenizante de Schinkel que podemos admirar hoje na Avenida Unter den Linden e na Ilha dos Museus. Contodo, convém nom esquecer de todo que o projecto de Brasília foi resultado da estreita colaboraçom com o urbanista Lúcio Costa e o paisagista Robert Burle Marx; ambos excelentes. Cooperaçom que em nada diminui os espléndidos monumentos do Congresso Nacional, a ponte Juscelino Kubitschek, o Palácio da Alvorada ou a Catedral de Brasília de Niemeyer. A catedral, aqui vem o problema. Ferrín nom se explica a presença de umha catedral católica no meio da cidade da cidade sonhada do futuro que abriría -abrirá?- o final da história prognosticada polo Marx mais romántico. O único que abordou com rigor o problema do internacionalismo dentro das aspiraçons nacionais foi António Gramsci O argumento explicativo da flagrante debilidade de Niemeyer estaria na força das circunstáncias temperada pola astúcia comunista. Stalin -comunista sem mácula para quem assi o quiger ver- pode servir de exemplo. Conta Ferrín a habilidade do grande líder quando se viu obrigado a utilizar os serviços e espaços sagrados da Igreja Ortodoxa como achega conveniente à tarefa de ganhar a Grande Guerra Pátria, curiosa denominaçom, por certo, para um mestre de filosofia marxista. O único que abordou com rigor o problema do internacionalismo dentro das aspiraçons nacionais foi António Gramsci. Nom amedrontou tam incómoda colusom ao montanhês do Kremlim com bigodes de cascuda como ousou descrevê-lo o grande poeta Madelstam em memorável poema de 1933 que acabará valendo-lhe desterro perpétuo e morte no gulag siberiano. O engenheiro de almas fijo bordar, segundo Ferrín nos informa, fouces e martelos nos panos e ornamentos que vestem o esplendor bizantino das igrejas russas. Nom me digam que nom é um caso típico de restricçom mental, essa subtileza que associamos ao jesuitismo. De acusaçons de formalismo algo sabia Shostakhovitch e talvez chegaria a saber Niemeyer se tiver a acorrência de desenhar umha cidade futurista para a URSS; necessidade que Stalin nunca experimentou Talvez nom esteja de mais assinalar de passada o mau gosto constitutivo do tal montanhês do Kremlim. Lembro ainda os lambidinhos retratos com que o líder gostava imortalizar-se que podem contemplar-se na Galeria Tretiakov que custódia a arte moderna do Museu moscovita do mesmo nome. Comentava Vázquez Montalbán -um marxista que nunca deixou estacionada a cabeça na porta do Comité Central- no seu estupendo guía de Moscóvia: "La Academia de las Artes de la URSS estaba convencida todavía a finales de los años setenta que la superación del llamado formalismo significaba la superación de la influencia de la ideología burguesa en el arte". Las academias y los maridos siempre son los últimos en enterarse". Perfeito. De acusaçons de formalismo algo sabia Shostakhovitch e talvez chegaria a saber Niemeyer se tiver a acorrência de desenhar umha cidade futurista para a URSS; necessidade que Stalin nunca experimentou. Bom, no politeísmo pós moderno todo vale sempre que evitemos a agressom física. Mesmo o culto ao socialismo real de Stalin como simples versom actualizada do projecto internacionalista de Lenin. A terceira internacional fundada por este em 1919 foi dissolvida por Stalin em 1943 em obsequioso presente a Churchill e Roosevelt. No mesmo ano, um novo hino nacional substituiu para sempre À Internacional e a pátria russa de Pedro e Catarina a Grande prevaleceu definitivamente sobre o proletariado. Minúcias que no merecem resenha nos devocionários. Evocava o eminente intelectual e professor italiano Lucio Colletti -que acabou abandonando o PCI no seu XX Congresso pola insuficiência da crítica a Stalin- no ensaio A questom de Stalin o inequívoco tom de ladainha religiosa que impregna o discurso proferido polo líder ante o cadáver de Lenin: "...juramos-te camarada Lenin...juramos-te camarada Lenin...". Stalin, comenta Colletti, apresenta-se ante o Partido como vicário do Deus defunto na terra e testamenteiro único nom obstante ter sido o único dirigente bolchevique que jamais estivo em Europa nem leu outra língua que a própria. Por rematar com o assunto de igrejas e comunistas, queremos lembrar umha maravilhosa, a de Álvaro Siza em Marco de Canavezes. Desculpem a referência a Portugal, espaço bem amado polos reintegracionistas -como saberám- mas incómodo a mais nom poder para o nacionalismo autista. Se a catedral de Niemeyer é umha incômoda nódoa na glória materialista e revolucionária de Niemeyer o movimento reintegracionista é um autêntico pesadelo. Precisamos com urgência um psicanalista argentino. Lemos no artigo do Faro de 29 de dezembro: "Brasil...volve a suscitar os entusiasmos de moitos galegos desafiuzados para sempre de Europa e dun Portugal caduco que errenega de nós tapando os ollos co manteu da ignorancia. Nunca tan tristes, por non dicir ridículos, me pareceron os reintegracionistas e os europeistas de Galicia". No último número de A Trabe de Ouro insire Ferrín um interessante diálogo entre Lampetusa -umha das ninfas irmás de Faeton polo que pudem averiguar- e Sponsor, um discreto discípulo da ninfa filosófica no ofício de absorto discípulo. O estimulante artigo do Faro nom é umha arroutada circunstancial do nosso prezado criador de ficçons. No último número de A Trabe de Ouro, a excelente revista de pensamento crítico dirigida por ele mesmo, insire Ferrín um interessante diálogo entre Lampetusa -umha das ninfas irmás de Faeton polo que pudem averiguar- e Sponsor, um discreto discípulo da ninfa filosófica no ofício de absorto discípulo. O texto procede da intervençom de Ferrín na XXIX semana de Filosofia de Ponte Vedra (2012). A conversa entre Lampetusa e Sponsor decorre no Chao da Parafita, nos altos de Ponte Vedra em homenagem explícito ao padre Sarmiento. Lampetusa, convertida em sentenciosa Zaratustra nacionalista é um transunto auto irónico do próprio Ferrín que muito agradece o leitor; Sponsor pode ser qualquer aprendiz da sabedoria oracular da mestra. A conversa tem como fondo a grandeza das rias e as desventuras da pátria. O agente das desventuras é, como já adivinham, Ramón Piñeiro e sua a córte de conspiradores enfrentados às forças da emancipaçom nacional e social. Uns e outros listados por nome para futura memória. O conflito que daquela se dirimia era, como sabemos, a confrontaçom de dous impérios que pretendiam arrogar-se a liberdade um (E.U.A.) e a igualdade e a fraternidade o outro (U.R.S.S.). No meio a reconstruçom do nacionalismo galego em plena ditadura. A U.R.S.S. foi derrotada finalmente com grave prejuízo para a esquerda de todo o mundo. Estámos vivindo agora mesmo as suas consequências na insolente ofensiva do capital financeiro contra os direitos cidadaos e a democracia. Quanto ao nacionalismo, bom, igual que no caso de Asterix no seu burgo galo nascei a UPG em 1964 para içar a bandeira do comunismo patriótico, substituída agora com toda garantia pola FPG que é a actual UPG, como tem a bem informar-nos Ferrín. A lógica binária e o relato conspirativo som férteis ferramentas para explicar desventuras mas nom deixam de ter inconvenientes. Por exemplo, deixar fôra de quadro figuras secundárias como Carvalho Calero, Guerra da Cal, Dieste, Seoane e, se me apuram, o proprio Paz Andrade O pequeno escolho de como um discreto intelectual galeguista e os seus coligados fôrom capazes de perpetrar tamanho estropício no nacionalismo que se converteu em definitiva hecatombe fica sem explicaçom; lamentamo-lo. A lógica binária e o relato conspirativo som férteis ferramentas para explicar desventuras mas nom deixam de ter inconvenientes. Por exemplo, deixar fôra de quadro figuras secundárias como Carvalho Calero, Guerra da Cal, Dieste, Seoane e, se me apuram, o proprio Paz Andrade, recentemente resgatado para o panteom patriótico, decissom que celebro. O Plano Marshall e a Secretaria de Estado norte-americana conseguírim frustrar qualquer intento de expansom soviética. O PCI e os viçosos marxismos europeus como o británico e o italiano, os resistentes comunistas de todos os países, sofrérom as consequências. Eles som Europa também e raiz perene de qualquer autêntico europeísmo. Podemos reescrever a história quanto quigermos, afinal a questom segue sendo: vai ser capaz o nacionalismo galego de oferecer qualquer soluçom, nom já para o país que seria muito pedir, mas para a sua própria supervivência e reconhecimento social ou prefere imolar-se na pira das suas escuras teogonias? Dizia Keynes que os homes prácticos, que se crêem libres de toda influencia intelectual, som geralmente esclavos de algum filósofo -economista- morto. Julguem vocês o caso dos que subordinam a praxe derivada da compreensom da realidade a gloriosas ortodoxias pretéritas. Vai ser capaz o nacionalismo galego de oferecer qualquer soluçom, nom já para o país que seria muito pedir, mas para a sua própria supervivência e reconhecimento social ou prefere imolar-se na pira das suas escuras teogonias? A situaçom de Europa é péssima, a distribuiçom selectiva de bilhetes de identidade nacionalista e de boa conduta no correcto uso do idioma comum, práctica habitual. É por isso polo que me sento tam a gosto no europeísmo, no nacionalismo crítico e no reintegracionismo. Tristeza, ridiculez?: simple projecçons de olhada alhéia. E ademais, como bem dizia o Zeca, "tenho mais de mil amigos".
NOS_33508
Após máis de catro horas de reunión, non houbo acordo entre Iniciativa pola Unión e o Foro Político para configurar unha única candidatura galega ás eleccións xerais. Malia estaren convidados, nin EU nin Podemos asistiron á xuntanza.
A reunión convocada para hoxe ás 11h no restaurante Paz Nogueira de Compostela finalizou contra ás 15.15h sen ningún acordo. Segundo puido saber Sermos Galiza, o acordo estaba condicionado a que IpU asumira, sen modificación nin matización ningunha, os sete puntos constitutivos do Foro Político. Neste contexto, os principais motivos polos que non se chegou a un acordo teñen a ver coas garantías para constituír un grupo parlamentar soberano -desde o punto de vista de IpU non existen esas garantías- e que o acordo do Foro Político implicaría asumir que a candidatura resultante se presentase como tal ás eleccións galegas, algo inasumíbel para o BNG, xa que a formación frontista defende que nos comicios galegos ao Parlamento do Hórreo o nacionalismo ten que concorrer como tal, cun proxecto inequivocamente soberanista. Na xuntanza, que tivo lugar froito da conversa entre Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, e Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova, participaron, amais da plataforma convocante, IpU, BNG, Anova, FOGA, Cerna, PCPG, Equo, Compromiso por Galicia, Partido Galeguista e o Foro Político. Non participou representante ningún de EU nin de Podemos, malia seren convidados. Falamos con representantes das forzas e colectivos convidados a esta reunión. "Mini": "Quedou moi claro, e é de louvar, que ambos os dous proxectos son lexítimos e que, de momento, teñen que discorrer por separado Xosé Luís Rivas, "Mini" (IpU): "É unha mágoa, pero realmente hai dous proxectos moi diferenciados" En declaracións a Sermos Galiza, Xosé Luís Rivas, "Mini", membro da Coordinadora de IpU, afirma que "é unha mágoa non chegar a un acordo, pero realmente hai dous proxectos moi diferenciados que de momento non conseguen entenderse". "Quedou moi claro, e é de louvar, que ambos os dous proxectos son lexítimos e que, de momento, teñen que discorrer por separado. Posibelmente, poderiamos chegar a unha confluencia, mais o tempo e escaso e as veces que nos xuntamos para falar foron poucas. Era necesario moito máis diálogo, confluencia e repouso", engade. Costas: "As cousas non se moveron de onde estaban" Quique Costas (Foro): "Hai dous proxectos en marcha e son diferentes" Quique Costas, representante do Foro e do Encontro cidadán por unha Marea Galega, apunta que "as cousas non se moveron de onde estaban: hai dous proxectos en marcha e son diferentes. Constatouse isto, basicamente", afirmou, en conversa con Sermos Galiza. Bieito Lobeira (BNG): "Evidenciouse que existen alternativas políticas diferentes e que se van expresar a nivel electoral tamén de forma diferente" En declaracións a Sermos Galiza, Bieito Lobeira, secretario de Organización do BNG, salienta que a reunión "foi moi clarificadora en canto ao que defendeu cadaquén". "Evidenciouse que existen alternativas políticas diferentes e que se van expresar a nivel electoral tamén de forma diferente", apuntou, "hai quen pensa que a alianza coa esquerda española ten un carácter estratéxico e isto concrétase no feito de considerar o grupo parlamentar propio como unha peza importante ou non". Lobeira: Galiza non pode ser apéndice dunha estratexia española e nós non seremos un graneiro de votos ao servizo de ninguén de fóra Sobre o grupo parlamentar propio, Lobeira defendeu que os galegos e galegas "temos dereito a posuírmos un instrumento político e soberano, non dependente de alternativas españolas". Galiza non pode ser apéndice dunha estratexia española e nós non seremos un graneiro de votos ao servizo de ninguén de fóra. "Ter ou non grupo parlamentar propio é un debate político que ten a ver co feito de acreditarmos en poder os galegos e galegas construír coas nosas mans e, lamentabelmente, hai quen non o ve así", salienta. "Un grupo parlamentar ten dereitos e outra fórmula non", engade. Ademais, sobre a reunión, subliñou que "participou todo o mundo que quixo estar, mesmo as formacións que no seu día foran expresamente vetadas". "Quen non estivo foi porque non quixo ou porque non lle interesará a candidatura galega", sinalou, en alusión a EU e a Podemos. Xavier Vence expresou nas redes sociais o seu parecer após a reunión, "máis non se pode: nin mesmo ofrecendo poñer a cero para a candidatura de unidade e grupo soberano. Os que non querían seguen sen querer. Forza IpU". Bascuas: "Falta vontade política" Bascuas (Compromiso): "Antepuxéronse proxectos políticos á proposta de país" En conversa con Sermos Galiza, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, sinala que o feito de que non se chegara a un acordo "é unha demostración clara de que falta vontade política". "Isto débese a que se antepuxeron proxectos políticos á proposta do país", lamenta Bascuas, quen se amosa respectuoso ao sinalar que "é moi lexítimo". "Nós, desde Compromiso por Galicia, intentámolo", asegura. Salienta que "se de aquí ao día 6 contemplamos unha pequena opción, tentaremos exprimila ao máximo". Compromiso por Galicia decidiu o sábado pasado apostar de forma proactiva na unidade até o último momento. En caso de non ser posíbel esa unidade, a Convención Nacional desta formación acordou non concorrer ás eleccións xerais e avogar en darlle ao conxunto de militantes a liberdade para apoiar, a título individual, calquera das candidaturas. Cerna: "Se ademais, Anova xa conseguiu traer Podemos e IU- como anunciou alí- a asumiren unha candidatura galega soberana, cal é o problema?" Cerna di que o fracaso é evitábel Cerna, pola súa banda, emitiu un comunicado no que asegura que o "fracaso" aínda é "evitábel". Sinala, ademais, que as persoas presentes na reunión "coincidiron", entre outras cuestións, "na necesidade dunha candidatura que faga posíbel un grupo parlamentar galego sobre a base dunha coligazón feita en Galiza con personalidade xurídica propia" e "en que o grupo parlamentar que se logre defenda os dereitos nacionais de Galiza". Tamén habería coincidencia, segundo Cerna, na "base cidadá" da candidatura e nas primarias para a elección de candidatos e candidatas. No comunicado, Cerna pregúntase, "se ademais, Anova xa conseguiu traer Podemos e IU- como anunciou alí- a asumiren unha candidatura galega soberana, cal é o problema?". "Desde Cerna chamamos as diferentes partes a seren consecuentes coas súas palabras e acordar xa unha coligazón sobre as coincidencias e que as pequenas discrepancias, incluíndo as listas electorais, as decida o corpo cidadá de adherentes polo sistema de unha persoa un voto", engade. EU admite ter como prioridade política o pre acordo con Anova e Podemos Consultado por Sermos Galiza acerca da non presenza de EU na reunión desta mañá, Rubén Pérez, secretario de Organización desta formación, afirma que EU non participou "por axenda". "Xa estamos nun proceso con Anova e Podemos e estamos traballando nesa órbita", salienta. Rubén Pérez: "A nosa prioridade é consolidar o pre acordo con Anova e Podemos" "Recibimos moitos convites cruzados esta semana e tivemos reunión da Executiva, polo que non podiamos asistir ao encontro", asegura Rubén Pérez, quen fai fincapé en que "a tan só seis días de que conclúa o prazo legal para a presentación das coligazóns, a nosa prioridade é consolidar o pre acordo con Anova e Podemos". Podemos, pola súa parte, eludiu ofrecer declaracións ao respecto.
NOS_24700
O candidato de Compromiso por Galicia na coligación con PNV e CiU ás europeas incidiu nunha entrevista na Radio Galega no europeísmo da súa formación e na necesidade de "democratizar a democracia".
O candidato de Compromiso por Galicia (CxG) á cita europea do 25 de maio, eleccións nas que CxG acode en coligación con PNV e CiU, entre outros; foi entrevistado esta terza feira no programa 'Galicia por Diante' da Radio Galega. Paulo Carlos cualificou a Compromiso como "profundamente europeísta", avogando pola "mellora e reforma" da Unión Europea mais incidindo en que "é o espazo para nos reivindicar como nación". "Europa é un espazo necesario", apostillou. Paulo Carlos dixo que tanto a PP como a PSOE lles interesa unha campaña de "perfil baixo", algo contra o que combate CxG: "Ofrecemos un proxecto novo: dignificar o auto-goberno, defender servizos públicos de calidade, democratizar a democracia". Enmarcou a importancia de CxG en que "é unha nova forma de entender a política". Alianzas A respecto da alianza con PNV e CiU, afirmou:"Somos socialdemócratas. PNV e CiU non, certo, pero iso non impide chegar a acordos que sexan bos para Galiza". Iso si, para Paulo Carlos o pacto con esas formacións representa "unha translación das correntes ideolóxicas que deron lugar o estado de benestar: a democracia cristiá (PNV), o liberalismo progresista (CiU) e a socialdemocracia (Compromiso)". "Queremos que a cidadanía volva crer na política. En CxG defendemos un proxecto e nas municipais teremos o gran exame", dixo. "Sabemos que queren PP e PSOE, pero non sabemos cal é o proxecto de AGE e BNG. Falan de romper, si, pero pouco máis".
NOS_19019
Máis achas á fogueira da tensión entre os EUA e Corea do Norte. O portavoz do Partido Republicano no Congreso norteamericano Paul Ryan dixo esta cuarta feira en Londres que a opción militar está sobre a mesa. Pyongyang replica desde os seus órgaos de imprensa e advirte aos EUA: "Non vos metades con nós".
O órgao oficial do Partido do Traballo da República Democrática de Corea do Norte, o Rodong Sinmun, alerta os EUA de que Pyongyang está en condicións de lanzar un "super-poderoso ataque preventivo", ao tempo que advirte a Washington: "Non vos metades con nós". Os órgaos de imprensa do Estado norcoreano afirman que o Exército ás ordes de Kim Jong-un dispón neste momento de míseis inter-continentais con capacidade para dar no albo en solo norteamericano. En troca, analistas dos EUA consideran, segundo informa Reuters, que Pyongyang aínda carece desa tecnoloxía -tería problemas neste momento para miniaturizar as oxivas nucleares, un técnica imprescindíbel á hora de as colocar nos proxectís- embora admiten que as e os enxeñeiros norcoreanos están a realizar progresos. En todo caso, a retórica pre-bélica é a tónica estes días. Nese sentido foi singularmente agresivo o home de Trump no Congreso, Paul Ryan, quen afirmou que a vía militar debe facer parte do leque de medidas de presión a utilizar para disuadir Corea do Norte de proseguir co seu programa nuclear. "Permitir a este dictador [por Kim Jong-un] ter ese tipo de poder [nuclear] non é algo que as nacións civilizadas poden permitir que suceda", dixo Ryan, dirixente dunha nación civilizada que acaba de facer estoupar en Afganistán a bomba non nuclear máis devastadora da historia.
PRAZA_13466
Os socialistas instan a que o Parlamento tente frear o novo copagamento farmacéutico e a suba das taxas universitarias pola mesma vía que defendeu o catálogo de medicamentos e a Lei de Caixas. Pachi Vázquez promete que se a súa formación chega á Xunta, impedirá "que os pensionistas paguen os medicamentos"
"O presidente que formulaba recursos permanentemente contra o anterior Goberno agora é o presidente dócil que sucumbe aos intereses do seu partido". A apenas unha semana de que entre en vigor o Real Decreto Lei que establece o novo copagamento de medicamentos para pensionistas os socialistas galegos lánzanse á última vía posible para frealo en Galicia. Nunha operación máis política que práctica, dada a maioría absoluta do PP, o seu secretario xeral, Pachi Vázquez, tentou este venres explotar a veta das contradicións gobernamentais reclamando formalmente a posta en práctica dunha "medida excepcional". "Despois de instar por todos os medios ao Goberno de Galicia e ao seu presidente" a que "asuma a responsabilidade defender os enfermos", pero tamén "os estudantes" afectados pola suba das taxas universitarias, Vázquez reclama que sexa o propio Parlamento quen tente frear o recorte pola vía do recurso de inconstitucionalidade. Os socialistas argumentan que os reais decretos baten co Estatuto de Autonomía e coa Constitución A reclamación do líder socialista é, esencialmente, que a Cámara faga o que xa fixo en dúas ocasións no que vai de lexislatura. Aínda con José Luis Rodríguez Zapatero na Moncloa o lexislativo galego impulsou senllos recursos para defender a Lei de Caixas e a Lei do Catálogo de Medicamentos do veto do Estado. Vázquez toma esa referencia, e tamén a doutros gobernos autonómicos como o do vasco Patxi López, para esixir que en Galicia os pensionistas non teñan que pasar por caixa cada vez que acodan á farmacia dende o día 1 de xullo. Os argumentos legais esgrimidos polo PSdeG na súa proposta son esencialmente dous. As normas promulgadas dende os ministerios de Sanidade e Educación "invaden competencias propias" de Galicia e baten "con principios básicos como os de igualdade e universalidade dos servizos educativos e sanitarios" ou, o que é o mesmo, coa Constitución. O artigo 31 do Estatuto, que lle atribúe competencias educativas á Xunta ou o artigo 33, que fai o propio coas sanitarias, son para os socialistas algunhas das normas quebrantadas. Ademais, din, o gabinete de Mariano Rajoy está a pasar por riba da lei estatal "de cohesión e calidade do sistema nacional de saúde", aprobada en 2003, e mesmo vulnerou a Carta Magna española nas súas formas: "nas súas tramitacións non se acreditan as circunstancias de extraordinaria necesidade que xustifiquen a utilización da figura do decreto lei", aseguran. Primeira promesa electoral "Se o PSdeG ten a responsabilidade de gobernar, volveremos a unha situación na que os pensionistas non paguen os medicamentos" Por todo isto forzarán a Mesa do Parlamento a posicionarse sobre un posible acordo que "facultaría a presidenta" da Cámara "e os servizos xurídicos" da institución para interpoñer o devandito recurso, o que para Pachi Vázquez é sinónimo de defender "dereitos elementais" dos "máis fables". "Catalunya faino, Euskadi faino e Andalucía faino", di Vázquez. "Só Galicia antepón os intereses do PP aos dos galegos" e por iso "apelamos xa non ao Goberno nin ao seu presidente" senón " á soberanía popular reflectida no Parlamento" para "situarse ao carón dos máis febles". Neste contexto Pachi Vázquez lanza tamén a que é a primeira promesa electoral do PSdeG de cara ás vindeiras autonómicas. "Se dentro duns meses, cando se resolvan as eleccións, o PSdeG ten a responsabilidade de gobernar este país, unha das primeiras medidas que tomaremos será volver a unha situación na que os pensionistas galegos non paguen os medicamentos". "É posible, porque non é un custo importante", asegura. Pero, de onde sairían os 50 millóns de euros que deixaría de recadar a Xunta con esa medida? "Se o Goberno galego adoptase a decisión de impoñerlle un imposto á banca semellante ao de Estremadura, Andalucía e Canarias, ingresaríamos máis que o que se lles vai cobrar aos pensionistas". A diferenza, di, é que "a este Goberno trémelle a man" para impoñer esa taxa, "pero non para impoñerlles o copagamento aos enfermos".
NOS_54552
A Plataforma galega polo dereito ao aborto chama a se mobilizar este domingo (9 de marzo) contra a reforma da lei do aborto que "nos privará do noso dereito a decidir" mais contra "todas as políticas que están a pervertir os nosos dereitos sexuais e reprodutivos".
As organizacións feministas, políticas, sociais e persoas que a título individual toman parte da Plataforma galega polo dereito ao aborto lanzan un chamado á sociedade galega a participar de maneira "masiva" na manifestación nacional que sairá mañá domingo 9 de marzo da estación de tren de Compostela "contra a reforma da lei do aborto". Pilar Estévez, integrante da Plataforma galega polo dereito ao aborto lembrou que a campaña deste ano "está centrada na contrarreforma do PP" se ben, acrecentou, visa respostar "todas as políticas que están a pervertir os nosos dereitos sexuais e reprodutivos". Neste senso, desde a Plataforma social lembran que o anteproxecto de lei de reforma anunciado por Gallardón vén a se sumar a "outras moitas cousas que hoxe en día" acontecen na "sanidade pública como os gabinetes psicolóxicos, o fechamento dos Centros de Orientación Familiar (COF), a venda da pílula post-coital que agora hai que pagala...". Segundo a portavoz da Plataforma "a muller está completamente tutelada e, sobre todo, submetida ás políticas restritivas do PP" polo que a manifestación nacional convocada para este domingo día 9 de marzo visa dar unha resposta "contundente" ao que, explican, está a situar os dereitos das mulleres "á altura da mal chamada Transición española" a respeito "do marco lexislativo". "Un exemplo de violencia institucional" Pois, para o movento feminista fica claro que de se aprobar o anteproxecto de lei deseñado polo ministro de Xustiza español "non chegariamos nen ao marco de 1985, por certo, absolutamente restritivo cos nosos dereitos" senón que, pola contra, insisten, "estamos a nos xogar o dereito das mulleres a adoptar libremente unha decisión sobre o noso corpo, estamos sendo totalmente manipuladas e menosprezadas" no que, denuncian, é "un exemplo de violencia institucional supor que as mulleres non temos capacidade para decidirmos sobre os nosos propios corpos". Asi é que, a mobilización que sairá ás 12.00h da estación de tren, reclamará o dereito das mulleres, din, a "sermos autónomas e libres". "Estamos a nos xogar o dereito das mulleres a adoptar libremente unha decisión sobre o noso corpo" Asemade, lembran que após a manifestación coa que queren encher a Praza da Quintana, terá lugar a leitura do manifesto asinado por todas as organizacións que integran a plataforma e unha serie de actuacións musicais por conta de cantadoras que quixeron sumarse a "esta acción de protesta" como Ses, Mercedes Peón, Uxía Senlle e As Boubas. O BNG desprega unha faixa polo "aborto libre e gratuíto" Ás reivindicacións da Plataforma sumouse o Bloque Nacionalista Galego nun acto simbólico desenvolvido na Praza do Obradoiro coincidindo co Día Internacional das Mulleres. A organización frontista despregou face a Catedral de Santiago unha inmensa faixa na que se podía ler: 'En defensa dos dereitos das mulleres, aborto libre e gratuíto". "É un proxecto involucionista, retrógrado e cavernícola" Rodeada de numeros@s representantes institucionais da fronte nacionalista e encabezada polo seu portavoz nacional, Xavier Vence, desde o Bloque defenderon que "todo o ano" sexan "días de reivindicación dos dereitos das mulleres" máis, recalcaron, "cando están a ser agredidos polas políticas da dereita". O líder da organización frontista lembrou a "exclusión laboral" á que os gobernos do Partido Popular están a condenar as mulleres "masacrando os seus dereitos" senón tamén, subliñou Vence "recortando os servizos públicos" co obxecto de "volver as mulleres ao fogar". @s nacionalistas, que apoiarán a manifestación do 9 de marzo, lanzaron un chamamento ao "conxunto da sociedade" a tomar parte da mobilización para "rexeitar este proxecto de lei involucionista, retrógrado e cavernícola que tenta devolver as mulleres ás catacumbas dunha sociedade na que é considerada un ser menor de idade".
NOS_31656
Xunto co director, Ignacio Vilar, Carlos Asorey é finalista dos Premios Goya polo guión adaptado de A Esmorga. Guionista e escritor, Asorey explícanos o proceso de levar ao cinema a novela de Blanco Amor.
-Que supón a nominación para unha película que, polo de agora, só foi estreada nas pantallas galegas? Unha sorpresa, unha gran alegría e case diría que unha pequena milagre. Ignacio e eu tiñamos certas esperanzas de que se recoñecera o traballo mais eu non confiaba en que quedara finalista unha película que non se viu nin en Barcelona nin en Madrid. A repercusión que tivo na Galiza foi fundamental. Ser finalista foi inesperado e, a verdade, xa en si mesmo un importante recoñecemento. -Pradolongo, Vilamor e agora A Esmorga. O seu nome aparece nas tres películas de Ignacio Vilar, case unha parella de feito do cine, non é? Xa me gustaría ser parella de feito! Temos liberdade de acción e iso significa que nos entendemos moi ben, desde o principio. Para a súa primeira película con actores novos, Pradolongo buscoume a min como guionista porque sabía que a miña orixe galega tamén me ía permitir entender ese mundo. O resultado foi moi bo e, a partir de aí, repetimos. O meu papel é mais o de escritor e o del, o de director. Eu lánzome á escrita e el ten máis as claves visuais e a verdade é e cadramos moi ben, traballamos moi a gusto. Vivo en Madrid e o meu traballo en cine e televisión desenvólvese en castelán mais Ignacio soluciona iso coa calidade da súa lingua. Ás veces trasládome para ver onde quere rodar. Todas as súas películas están relacionadas cun lugar e a min gústame coñecelos. "Que unha película que non se vira nos cines de Barcelona ou Madrid chegue a finalista é xa unha sorpresa" -Nese traballo a catro mans, quen impón os seus criterios? O labor do guionista é adaptarse ao director. Forma un equipo completo, ao final o que a xente ve é a película e non o guión e este é o que se ten que adaptar. De todas maneiras, a clave está en adaptarse sen ceder de todo, en equilibrar o final. O director transmíteme o que quere poñer, a música, as cores, os olores, os espazos... e todo ten que estar moi equilibrado. Son eu o que, de todas maneiras, o que máis teño que teclear e aportar literariamente. Aí o director déixame máis terreo. -Vostede, que tamén é novelista, como se enfronta á adaptación dunha obra como A Esmorga que é xa un clásico na nosa literatura? A obra de Blanco Amor é moi cinematográfica. En certa maneira facilita as cousas, porque nos dá argumentos, mais compre pasalo a un medio distinto que é o cine. Partimos dunha obra mestra e temos que facer algo que estea á altura para non escoitar aquilo de "co bo que é o libro que mal quedou a película". Cando se adapta unha novela hai que seleccionar o que vai e o que queda fóra e tamén a forma que se lle dá. Tomar decisións. A obra de Blanco Amor é complexa e había que tomar decisións de como contala, como serían as escenas, como se traslada o pensamento dos personaxes... e elixir unha estrutura final. -A Esmorga é o que chaman unha película de actores e algún deles dicía que fora moi dura, con escenas moi longas... A verdade é que no traballo non penso nos actores senón nos personaxes, como son, como funcionan e como senten. O traballo con actores é máis de Ignacio e con el temos falado do mal que o pasaban mesmo fisicamente porque é unha película de inverno, de moito frío... Cando os actores din que os personaxes son difíciles están encantados, é o mellor que lles pode pasar. Á historia démoslle ritmo cinematográfico mais si é certo que hai escenas longas, case como varias películas dentro dunha. Os papeis son complicados mais os actores saíron con nota. -Como foi o traballo directamente coa novela, cantas veces tivo que lela? Lin a edición en galego e a castelán, a tradución de Blanco Amor. Logo subliñei moito. O que fago normalmente é documentarme ben. Por exemplo, para a serie sobre Adolfo Suárez lin 22 libros arredor del. Lin as dúas versións e logo fun facendo marcas e seleccionando o que ía obrigatoriamente. -A súa traxectoria desenvólvese no mundo do cine e televisión españois, vive en Madrid... unha película con tan forte presenza da identidade galega como A Esmorga vai interesar, por exemplo, nos cines madrileños? Fíxenme esa pregunta desde o inicio. Ignacio dicíame que esta obra é obrigatoria no ensino mais a miña filla mándanlle ler unha novela americana... ao final os sentimentos, os personaxes e as historias boas calan en Todas partes. Todo o mundo entende os sentimentos básicos e as historias directas e simples no bo sentido. Cando vin o bo acollemento que estaba a ter en Galiza dubidaba de si en Madrid podería ter repercusión. Agora penso que pode gustar e cada vez máis. Os académicos tiveron que votala, aí non hai trampa nin cartón. Tiveron que sentir que o éxito en Galiza era tal que algo pasaba, a película máis vista do momento e iso despertoulles curiosidade. A Academia crea unha plataforma en internet para que se podan ver as películas mais a maioría preferimos velas en salas de cine, na rede pouca xente o fai mais estar de finalista demostra que a curiosidade picou. Os comentarios que me están a chegar de académicos amigos é que lle gustou. Entenden o drama interior dos personaxes. A Esmorga pode interesar fóra de Galiza como gusta unha película que se fai en Xapón, un mundo distinto ou unha norvietnamita. Os mundos son distintos pero podes achegarte aos seus dramas. "A Esmorga pode interesar fóra de Galiza como interesa unha película norvietnamita ou xaponesa" -Vostede é guionista de series de éxito como Cuéntame ou Suárez. Son traballos moi distintos? En cine teño dez películas estreadas e eu diría que cada un dos traballos é distinto, con formas de traballar diferentes. Sempre hai que empezar desde cero. É máis, diría que cada capítulo dunha serie é tamén distinto, hai que volver a emocionar ao espectador. A Esmorga foi para min unha satisfacción especial que me meteu nun lugar concreto, como fai sempre Ignacio Vilar. Gocei con este traballo, paseino ben. Nese tempo, a concentración é tal que non podes pensar noutra cousa. -Os seus apelidos son Asorey Brey que o emparentan, entre outros nomes coñecidos, co escultor Asorey, Bouza Brey ou Rajoy Brey... Tamén con María Brey, curmá da miña nai, unha personaxe de primeira que foi secretaria de Azaña e encargouse de salvar patrimonio cultural na guerra. A súa colección de libros, documentos e gravados que logo cedeu á Real Academia era un legado de moita relevancia. O meu avó era o fotógrafo Pedro Brey. Descubrín as súas fotos na casa familiar e logo se lle fixo unha exposición producida polo CGAI. O meu avó e o de Mariano Rajoy eran irmaos.
NOS_4404
O guitarrista Samuel Diz presentará o 27 de outubro o seu disco 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca', nun espectáculo en diálogo cun dos maiores coñecedores da figura do poeta, o hispanista Ian Gibson.
Coincidindo co centenario da primeira viaxe de Federico García Lorca a Galiza, Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro 27 de outubro, un espectáculo singular para afondar na figura do escritor e na súa vinculación con esta terra, que terá lugar ás 20:30 horas no Salón Teatro, organizado pola Xunta de Galicia. Música, palabra e pensamento centrarán un concerto especial no que o guitarrista Samuel Diz presentará o seu traballo discográfico 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca', en diálogo cun dos maiores coñecedores da vida e da obra do poeta, o hispanista Ian Gibson. O xermolo deste espectáculo conmemorativo atópase nas impresións que Lorca anotou no seu caderno durante o seu periplo formativo en Galiza –nunha viaxe organizada polo seu profesor Martín Domínguez Berrueta para que os seus alumnos coñecesen o patrimonio do norte de España– e que despois se publicaron no que foi o primeiro libro do poeta, 'Impresiones y paisajes', título que lle dá nome ao traballo discográfico que se presentará no concerto conmemorativo. Esa viaxe de estudos en 1916 foi para Lorca unha descuberta inicial da paisaxe de Galiza, da obra de Rosalía de Castro, á que despois seguiría a construción dunha fonda amizade con escritores e intelectuais galegos como Blanco Amor, Dieste, Guerra da Cal, e músicos como Bal y Gay. Samuel Diz propón para este concerto conmemorativo da primeira viaxe de Lorca a Galiza unha escolma de pezas do seu novo traballo discográfico, no que recupera a música dalgúns dos principais protagonistas da Xeración do 27. No espectáculo, que será de entrada gratuíta até completar a capacidade, o guitarrista de Tui tamén se acompañará da voz da compostelá asentada en Madrid Carolina Alba, locutora de Radio 3, que será a encargada de declamar unha escolma de textos xornalísticos e de fragmentos da obra lorquiana.
NOS_19965
Nós Diario achega esta quinta feira ás lectoras e lectores o relato Angelito, da autoría de Francisco Castro. O escritor vigués e director da Editorial Galaxia participa con este texto da colección de relatos Relatan... Nós, que acompañará este xornal no mes de xuño para celebrar os dez anos de Sermos Galiza SA, empresa editora deste xornal. Castro afonda en Angelito no tema que máis lle preocupa nestes momentos: o ascenso da ultradereita. Esta cuestión tamén é un dos argumentos da súa primeira obra de ensaio, Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado (Galaxia, 2022).
Que lle pareceu a iniciativa de convidar a escritoras e escritores para que expliquen temas actuais desde un punto de vista literario?Pareceume unha grandísima iniciativa. Hai que celebrar os dez anos dun milagre como é a existencia dun vehículo de comunicación única e exclusivamente en lingua galega durante todo este tempo. Xuntar, como é este caso, un grupo de autoras e autores para celebralo desde a ficción é unha gran nova. Que papel deben xogar os medios de comunicación na difusión da literatura actual?Creo que deben xogar un papel fundamental. Non serve de nada que as escritoras e os escritores escribamos libros fantásticos e marabillosos se os medios de comunicación despois non nos dedican espazo para que poidan chegar á xente. A súa participación, polo tanto, é crucial. Gusta do formato do relato para contar historias?Para min é un dos xéneros máis agradecidos para un escritor e tamén un dos máis difíciles de levar a cabo. Sobre todo para os que somos novelistas e nos gusta ter páxinas infinitas para contar algo. O relato é un formato agradábel de ler, agradábel de escribir e gustaríame que o meu relato conseguise aquilo que dicía Cortázar de que, unha vez que rematas a lectura, xa non es o mesmo. Francisco Castro aborda a obra de Gurriarán na UDC No relato que publica Nós Diario aborda o ascenso da ultradereita. Xa ten tratado anteriormente.Si, agora mesmo o ascenso da ultradereita é o tema que máis me angustia. Sobre todo a impunidade absoluta coa que se está impondo un relato fascista na sociedade que fai que cada vez, e con máis naturalidade, este tipo de propostas ocupen máis espazo nas institucións. O nivel de retroceso que se albisca aí realmente tenme moi preocupado. Por iso creo que tamén desde a literatura temos que contribuír a amosarlle á sociedade os posíbeis perigos de darlle opcións políticas a esas tendencias. En xeral, as escritoras e os escritores, intelectuais e académicos así como toda a xente da cultura está excesivamente calada diante do ascenso fascista. Daquela considera que a sociedade precisa desa implicación da intelectualidade galega para visibilizar ese e outros problemas?Por suposto. Como explico no meu primeiro ensaio e último libro Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado, creo que, en xeral, a intelectualidade galega está moi calada fronte á ultradereita. Sei que pode ser polémico que diga isto mais quero insistir que, en xeral, as escritoras e os escritores, intelectuais e académicos así como toda a xente da cultura está excesivamente calada diante do ascenso fascista. Cada un e cada unha saberá como se quere posicionar. Francisco Castro: "Vivimos nunha sociedade machista e patriarcal, hai que dicilo con total claridade" Cal é a razón dese silencio?Creo que cada un terá que responder no seu momento sobre cal é a razón dese silencio. Ao igual que nós estamos preguntando agora á xente que foi moza durante o franquismo se estaban daquela pelexando polo cambio político ou se estaban tranquilamente na súa casa rañando a barriga, creo que nuns anos preguntaranlle a moita xente da cultura galega que estaban facendo cando a ultradereita subía. Eu, desde logo, sei que responderei que estiven pelexando contra eles. Cada un que responda dos seus actos.
PRAZA_14191
As tres terminais galegas perderon case 120.000 pasaxeiros nos meses estivais a respecto do mesmo período de 2012
A materia dos aeroportos é unha das que lle quedan "suspensas" na lexislatura que remata. O presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, realizaba o pasado luns un fugaz exame de conciencia para admitir, nun almorzo informativo, que os seus plans para coordinar e facer medrar o minifundio aéreo nin sequera comezaron a concretarse nestes tres anos. A "Galicia global" e o "destino único" morreron, como tantos outros plans, na caldeirada do localismo aderezada por diversas convocatorias electorais. Coa nova terminal de Compostela inaugurada hai menos dun ano séguese a investir en ampliar e mellorar as da Coruña e Vigo. Pero ningunha destas operacións serviu para incrementar e nin sequera para manter un dos indicadores esenciais, o do número de viaxeiros, ata o punto de que o verán que remata se está a revelar como un notable fracaso en Lavacolla, Alvedro e Peinador. Tomando como referencia o período comprendido entre os meses de xuño e agosto as estatísticas oficiais de Aena Aeropuertos non deixan lugar a dúbidas. Os tres aeroportos caen e fano a un ritmo semellante, dando lugar a que, en termos globais, aterrasen ou despegasen en Galicia case 120.000 persoas menos que no mesmo período de 2011. É, concretamente, unha caída de 119.403 pasaxeiros que evidencia o picazo da política aeroportuaria na temporada alta por excelencia, deixando os 1.291.270 viaxeiros e viaxeiras de hai un ano en 1.171.867. Se ben en termos interanuais os tres aeroportos caen e o fan de forma notable a evolución entre os devanditos meses de verán é diferente en función do aeroporto. Así, Santiago rematou xuño movendo 199.401 persoas e culminou agosto con 245.564, un incremento que non impide, así e todo, que no mes vacacional por excelencia deixe polo camiño un 8% a respecto do ano anterior. Fronte ao caso compostelán, en Vigo o ascenso foi máis tímido, pasando de 82.331 en xuño a 88.115 en agosto. Pola contra, A Coruña tivo en xullo o seu mellor mes do verán; comezou con 78.310 pasaxeiros en xuño, chegou aos 85.015 en xullo e caeu ata os 77.871 en agosto, un 10,2% menos que doce meses antes. Só no mes de xullo o Sá Carneiro do Porto moveu máis de 600.000 persoas Se estas cifras son preocupantes en si mesmas sono aínda máis ao seren comparadas co que é o máis inmediato competidor dos tres aeroportos galegos, o Sá Carneiro do Porto. Mentres que A Coruña, Santiago e Vigo suman en tres meses de verán algo máis dun millón de viaxeiros tan só no mes de xullo -último dato dispoñible- Aeroportos de Portugal cuantificou que voaron na terminal portuense un total de 636.578 persoas, un 1,6% máis que no mesmo mes do ano anterior.
NOS_7422
Os cesamentos das últimas semanas no Executivo galego apuntan ao proceso de renovación no Partido Popular.
O proceso de sucesión de Alberto Núñez Feixoo segue condicionando os movementos no interior da Xunta da Galiza. Se os nomeamentos nos primeiros niveis do Goberno serviron para deixar claro que Alfonso Rueda non conta co apoio do presidente galego para relevalo, as saídas nas esferas secundarias da administración adiantan a emerxencia dunha nova xeración destinada a dirixir o Partido Popular na Galiza nos próximos anos. Porén, os aspirantes a liderar os populares galegos tras a marcha de Feixoo continúan atrincheirados no grupo parlamentario ou nos aparatos provinciais do formación, agardando a entrar no Goberno na reestruturación prevista para segunda metade da lexislatura. Os cesamentos das últimas semanas no Executivo galego veñen confirmar o proceso de renovación no Partido Popular. Malia que as saídas do Gabinete de pesos pesados dos departamentos de Política Social, Educación e Sanidade e, sobre todo, dos delegados territoriais xa apuntaban nesa dirección, a caída do director xeral de Minas e Enerxía, Ángel Bernardo Tahoces, e do director xeral de Defensa do Monte, Tomas Fernández Couto fechan calquera tipo de dúbida ao respecto. "Hai ceses e ceses", sinala a Nós Diario un dirixente do PP que pide gardar o seu anonimato, mentres salienta que Tahoces e Fernández Couto "non son calquera dentro do Goberno". Tahoces é todo un veterano na Administración galega, cun peso relativo na organización do partido. Natural do Bierzo e nado nunha familia moi próxima a Manuel Fraga, ocupou desde a segunda metade da década dos 90 responsabilidades en diversas consellarías, asumindo a presidencia do PP en Compostela e significándose como un dos deputados máis activos na oposición ao Goberno bipartito. O retorno dos populares á Xunta da Galiza en 2009 implica a volta de Tahoces a cargos gobernamentais, cunha polémica xestión no ámbito da enerxía e da minaría que o leva a enfrontarse con colectivos sociais e veciñais e mesmo a ser imputado polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Fernández-Couto presenta un perfil semellante. Apadriñado por Romay-Beccaría, ocúpase da prevención dos incendios desde 1996, coa excepción dos tres últimos anos do bipartito, resistindo presións de diversas frontes e mesmo a imputación por prevaricación. Os 20 anos de Fernández-Couto na Consellaría de Medio Rural están cheos de sombras, cuestionándose desde o Consello de Contas os gastos desorbitados e fóra de control do seu departamento e criticándose desde unha parte da patronal madeireira a súa falla de transparencia. Segundo indican a Nós Diario persoas próximas a Fernández-Couto, "Tomás séntese abandonado por Feixoo" e culpa o círculo do presidente da súa saída da Xunta. As fontes do PP consultadas por Nós Diario descartan que as destitucións de Tahoces e de Fernández-Couto teñan relación con irregularidades nas súas xestións ou cun temor á acción da xustiza. A este respecto, afirman que os cambios á fronte das responsabilidades de prevención de incendios e de minaría e enerxía non van significar ningunha mudanza nas políticas que se desenvolveron até o de agora e salientan a continuidade nas liñas de actuación das direccións xerais.