ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_43599
O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Javier Gutiérrez co Premio Pedigree 2015. Os Chimpíns de Prata recaerán no veciño de Cans Juan Maceira e no director Alfonso Zarauza.
Pouco despois de ter recibido o Goya pola súa interpretación en La isla mínima, o actor Javier Gutiérrez recibira o premio Pedigree, o maior recoñecemento do Festival de Cans. Na nova edición do encontro do audiovisual na aldea de Porriño, o carpinteiro Juan Maceira e o director Alfonso Zarauza -incondicional do certame- recollerán os Chimpíns de Prata. De Javier Gutiérrez o Festival de Cans recoñece toda a súa traxectoria, desde os inicios en Ferrol até a súa colaboración cos novos proxectos do audiovisual pasando polos seus traballos para televisión, teatro ou cine. De maneira especial, a organización do Festival quere recoñecer a súa participación en curtametraxes e o apoio aos novos creadores como o caso da curta Tupper de Ángel Manzano que se proxectou na pasada edición do certame. Gutiérrez recibira xa o premio de Cans como actor en 2010, e agora o certame dirixido por Alfonso Pato gábase de ter sido un dos primeiros en recoñecer o valor do actor. Destácase tamén pola súa disposición a colaborar en proxectos relacionados coa inclusión social. Nesta edición, como aconteceu na pasada con María Bouzas, Gutiérrez deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas no desenvolvemento do festival, do 20 ao 23 de maio, como anteriormente fixeron Luís Tosar, Celso Bugallo, Mabel Rivera, Antón Reixa, Chete Lera, Xavier Villaverde, Ernesto Chao, María Pujalte, Antonio Durán "Morris" e Manuel Manquiña. O Chimpín de Prata "Premio Pepe Puime" recaerá desta volta no veciño e carpinteiro xubilado Juan Maceira -coñecido como "Juan do Peso"- e no director Alfonso Zarauza. A Maceira agradéceselle de maneira especial a súa participación no apartado "Cans Proxecta" no que demostrou o seu bo facer no oficio canda arquitectos e alumnado. Pola súa parte, de Alfonso Zarauza destácase que escollera Cans para presentar os seus tres filmes, La noche que dejó de llover, Encallados e Os Fenómenos ademais do seu papel na difusión do festival
NOS_3156
A cultura convidada á 20ª edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra non é reducíbel ás fronteiras estatais. Porque máis que unha cultura, son moitas unidas por unha lingua común: a denominada lusofonía. "Lingua irmá do noso idiomas, cómpre cruzar pontes e atravesar océanos", afirma a organización do encontro, que inicia esta sexta feira 20 días de programación.
Ese mundo de 250 millóns de persoas servirá "para amosar ás crianzas que co galego se pode percorrer o mundo e comunicarse". Autoras e ilustradoras de Portugal, Brasil e Angola así o certificarán. A escritora e tradutora brasileira Marina Colasanti encabezará a delegación brasileira. Acompañarana ilustradores como André Neves e Roger Mello. Na mediación lectora asistirá Volei Canonica; na narración oral Benita Prieto; na poesía Henrique Rodrigues. A presenza galego brasileira non será menor: o guitarrista Sérgio Tannus, o editor Wladimir Vaz ou, no ámbito da gastronomía, Amélia Andrade. Do sur do Miño viaxarán a Pontevedra a editora Mafalda Milhões; as ilustradoras Ana Biscaia, Ana Seixas, Eva Vieira, Margarida Botelho e Cátia Vidas; os escritores Pedro Messeder, Ana Pessoa e Bru Junça; as medidaoras de lectura Ana Margarida Ramos; ou a compañía de teatro Andante. João Afonso será encargado da achega musical. O poeta e tradutor Zetho Cunha Gonçalves disertará sobre a súa poesía e a tradición oral do seu país, Angola. "Sen dúbida a presenza desta delegación da lusofonía", di a organización do Salón do Libro, "será toda unha revolución na nosa cidade, con ese propósito foi lanzado o convite. Sejam todas e todos muito bem-vindos!". A programación completa das 20 xornadas pode consultarse nesta ligazón.
NOS_9821
Milleiros de moz@s secundaron a mobilización que na cidade olívica convocou o Sindicato de Estudantes o mesmo día en que a Lei de Wert chegou ao Senado, onde recibirá o visto e prace esta quinta feira. A manifestación saldouse con seis persoas detidas.
"É un crío! Deixádeo en paz!", "Animais! Que sodes uns animais de merda!", "A pistola faivos valentes?", "É un neno!". Son algúns dos berros que @s manifestantes proferiron en contra dos antidisturbios na mobilización convocada esta cuarta feira en Vigo polo Sindicato de Estudantes en contra da LOMCE, que recibirá na quinta día 21 o visto e prace do Senado. O vídeo, gravado cun teléfono móbil que a propia policía tirou ao chan dun golpe propinado coa porra, difundiuse a fume de carozo nas redes sociais. "A acción dos antidisturbios foi totalmente desproporcionada", denunciou Alberto Fernández, responsábel do Sindicato de Estudantes en Vigo, en conversa con Sermos Galiza. A organización estudantil subliña o carácter "completamente pacífico" das manifestacións do ensino en xeral e desta en particular até que @s moz@s chegaron á altura da Gran Vía. Foi alí onde,segundo o Sindicato, por volta de 20 persoas coa cara cuberta "causaron desperfectos" como a queima de colectores do lixo, dixo Fernández, enfatizando que "eran individuos alleos á convocatoria" a quen responsabilizan do acontecido: "foron eles os que provocaron as cargas policiais". Malia rexeitar as maneiras con que estas persoas irrumpiron no protesto, "facéndolle o xogo ao PP ao provocaren danos", o Sindicato de Estudantes --que fai parte da Plataforma galega en defensa do ensino público-- amosou a súa repulsa a respeito da acción da policía española, que non dubidou en disparar bólas de futbolín e bólas de goma contra os corpos d@s estudantes. "Ao final da manifestación tamén houbo máis cargas", informou Alberto Fernández, rexeitando que foran integrantes da súa organización @s que deron aviso á policía para que emprendese accións contra esas 20 persoas que din "alleas" ao colectivo estudantil. Para alén das seis detencións, tamén se practicaron identificacións "de maneira arbitraria" e sancións económicas. Segundo contou Fernández, a presenza de efectivos dos antidisturbios antes de encetar a mobilización era xa "numerosísima" en comparación con convocatorias estudantís anteriores. As cargas practicadas en Vigo esta cuarta feira son, ao entender de Fernández, máis unha mostra das políticas do PP para "acernar os dereitos democráticos".
NOS_12455
21 artistas exporán as súas obras na cidade.
A edición número 25 do Salón Internacional do Cómic 'Viñetas desde o Atlántico' decorrerá na Coruña do 8 ao 14 de agosto con máis de 20 debuxantes invitados. Coincidindo co vixésimo quinto aniversario, Correos emitiu un selo ilustrado co cartel oficial desta edición, realizado polo director do festival, Miguelanxo Prado. 'Viñetas' de resiliencia na Coruña "A edición deste ano pretende ser un resumo do que foron estes 25 anos cun proxecto moi claro e moi definido", explicou Prado no acto de presentación da programación do 'Viñetas desde o Atlántico deste ano', no que estivo acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rei; o presidente da Sociedade Filatélica da cidade, José Luis Rei; e o director da Oficina de Correos da Coruña, Francisco Javier Varela Castro. A Coruña acollerá 21 debuxantes para expor as súas obras na cidade. Entre os nomes dos convidados e convidadas atópanse as novelistas gráficas galegas Alicia Jaraba e Emma Ríos, e "referentes do manga español" como Fidel de Tovar e Dani Bermúdez. "Unha mestura de artistas noveis e talentos consolidados nunha aposta polo pasado, o presente e o futuro da arte do cómic", sinalou Miguelanxo Prado. Un xute de carrabouxos no Viñetas desde o Atlántico Ás exposicións situadas no Quiosco Alfonso, Palexco, Sala de Exposicións do Pazo de María Pita ou o Aquarium Finisterrae, que acollerán as mostras dos e das artistas, sumarase a Torre de Hércules. O monumento será escenario dunha exposición cos carteis das 25 edicións de 'Viñetas desde o Atlántico' coa que o público poderá repasar a historia do tradicional evento "nunha edición que pretende ser o resumo de todos estos anos, recollendo a esencia e filosofía nunha mostra única en España". Novidades da mostra Aliás, na sala de exposicións Salvador de Madariaga levarase a cabo a mostra 'Nós seis' de Julia Lago, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada. Arancha Estévez: "Casares ten un punto que non é común na historia doutros exiliados, que é o triunfo" Xunto a ela estará a exposición 'María Casares. En tres actos', aberta ao público a pasada semana e que recolle unha mostra do cómic homónimo editado polo Concello sobre a vida da actriz, "nunha aposta do Goberno de Inés Rei pola banda deseñada para a divulgación da figura da artista no marco do Ano Internacional María Casares". Como novidade nesta 25 edición estrearase unha nova figura, a de Esther, personaxe deseñada por Purita Campos, que pasará a formar parte do elenco que percorre as rúas para animar os máis pequenos a coñecer as 'Viñetas'. Xesús Fraga, Margarita Ledo e Viñetas desde o Atlántico, entre os premios da Crítica da Galiza 2021 Batman, Spiderman, Astérix e Obélix ou Pitufina terán unha compañeira máis a partir deste ano, "recuperando unha das figuras do cómic máis recoñecidas".
PRAZA_2237
Manolo González presenta en Curtocircuíto a súa 'Carta branca', escolma da historia do cinema galego que amosa a procura, por parte da nosa cinematografía, do seu propio ollar fronte ao "modelo da arte provincial"
Seguir o "modelo da arte provincial romana" ou construír unha cinematografía cunha mirada propia? Nesa disxuntiva atopábase non hai moito, segundo Manolo González, o cinema do país. Mais, con movementos como o Novo Cinema Galego, foise decantando pola segunda opción. Polo tipo de filmes "que, como espectador, me levan máis alá. Que me fan mellor persoa. Que me fan medrar, madurar, pensar. Que me proporcionan unha experiencia orixinal e única". Ese é o cinema que máis lle interesa. E reflexo desa inquietude é a escolma de curtametraxes galegas que fixo para Curtocircuíto, e que este festival vai proxectar en dúas quendas, o mércores 7 e o xoves 8 a partir das 20:00 horas en Numax, na sección Carta branca. Poucas persoas acadan o nivel de coñecemento que Manolo González ten do audiovisual do país. A organización de Curtocircuíto quixo, por iso e por todo o que ten feito por apoiar os creadores -el foi quen lanzou, por exemplo, as axudas de talento, sendo director da hai tempo desmantelada Axencia Audiovisual Galega-, convidalo a programar unha parte do festival. Tratábase de realizar un percorrido persoal pola historia do cinema galego. E escolleu pezas especialmente relevantes "polo que significan e significaron". Curtas que poden encaixar en dúas tendencias distintas. "Dunha banda, o cinema concibido para que todo o mundo comprenda, cun director e unha montaxe invisibles. Da outra, filmes cunha marca máis autoral, de estilismo. A partir de aí, atopamos distintas visións de Galicia", explica o propio González. Perspectivas que comezan, en Carta branca, por un "clásico" que non ten nada de tal, senón de "vangardista", cun "relato subordinado á idea": o Galicia de Carlos Velo. Máis clásico, mais no sentido narrativo, é a seguinte curta da listaxe: O carro e o home, de Antonio Román, unha aposta máis "etnográfica" que dá paso a outras dúas curtas ben coñecidas: O pai de Migueliño de Miguel Castelo e Mamasunción de Chano Piñeiro, dous filmes que contribuíron moito, no seu momento, a levar o nome do cinema de Galicia fóra dela. Ségueos xusto despois, en Carta branca 1, Galicia caníbal. Segundo lembra González, "a vangarda. Os 80. Un tempo no que a videocreación galega falaba en pé de igualdade co resto da que se estaba a facer en Europa". E 'O resplandor da morte' de Milagros Bará, "a primeira muller cineasta de Galicia". Xa dos 90 é outro "clásico" da historia do noso cinema nada convencional na súa forma: Coruña imposible. "Que é a Escola de Imaxe e Son da Coruña. Un filme máis estilizado, unha pirueta mental. Tamén unha mostra dunha xeración perdida, porque a industria do seu tempo non entendeu que algo estaba a pasar", apunta. Os 80 foron un tempo no que a videocreación galega falaba en pé de igualdade co que se estaba a facer en Europa A Carta branca 2 continúa avanzando no tempo. Comeza co 1977 de Peque Varela, unha peza que recolleu 15 premios internacionais e participou en prestixiosos festivais como Sundance. Que representa "a identidade sexual, persoal. E unha mirada moi fresca, moi contemporánea". Despois de Peque está Xurxo Chirro con Os señores do vento. "Puiden escoller outra cousa de Xurxo, pero quixen esta. É unha peza feita sen pretensións, feita co que o autor tiña diante. Un tipo de cinema moi espontáneo, moi directo". Outro dos nomes máis coñecidos do Novo Cinema Galego, Óliver Laxe, ségueo máis tarde con París #1, unha "magna obra, cunha visión moi contemporánea". E logo outras mostras do mesmo: Pantasmas#1 de Ángel Santos e a moi premiada Ser e voltar de Xacio Baño. Un percorrido que conduce á actualidade, ao "Novo Cinema Galego, que como pasou nos 80 mira á cara de igual a igual aos mellores creadores do resto do mundo, mal que lle pese aos planificadores da ortodoxia. Porque foron quen de facer un cine cunha mirada propia, e non imitador de modelos preexistentes", sinala González. Pezas "sen unha estrutura clásica, que non entenden a curta como instrumento para amosar, por exemplo, que sabes narrar unha historia, senón que queren ser exercicios de reflexión cinematográfica". O Novo Cinema Galego foi quen de facer un cinema propio, sen imitar modelos preexistentes E nese senda sitúanse, tamén, os filmes que puideron verse xa en Curtocircuíto na sección Planeta GZ. Comentábase no debate posterior á segunda quenda que o cinema galego estaba a recuperar o celuloide. Nun diálogo froitífero coa idea de proceso. Co matérico. Coa marca do autor, que é tamén do que falaba González. Como en Rorschach#1. Puntos de autoridade, a nova curta de Marcos Nine, nada non como filme, senón como instalación, segundo contou el mesmo. Unha obra abstracta coa educación como punto de partida, feita a acuarela, que cuestiona o sentido dos exames tal como están concibidos. Ou en Proba de axilidade, de Jaione Camborda, que agromou no Chanfaina Lab. A materialidade. A danza da imaxe co outro. O home e o animal. A sensorialidade. Na segunda parte de Planeta GZ proxectáronse tamén Historia cerebro, de Borja Santomé ou O descubrimento de Américo de Miguel Mariño. A primeira é, segundo indicou o seu autor, atmosfera. Os impulsos primarios. O encontro entre cinema e pintura. "Interesábame a tensión. Non a identidade", asegurou. A segunda é a procura do cineasta, do autor, a partir da fascinación que produce a imaxe. A conexión entre dous creadores cunha sensibilidade similar que non se coñecen. Outra das obras que puideron verse é Volontè, de Marcos Flórez, Helena Girón, Rafa Mallo, Roberto Mallo, Miguel Prado, Lucas Vázquez e Lucía Vilela. O retrato dun grupo de improvisación sonora. Mais Planeta GZ comezara, na primeira quenda, con outra peza matérica como Preludio, de David Filalgo. As lembranzas da guerra dun home. O trazo. O lápiz e o papel. Ou a luz e a memoria íntima de Sol mihi semper lucet de Álvaro Fernández-Pulpeiro. O amencer e o anoitecer. A pureza da paisaxe. A estética do plano. Ou o nexo inesperado entre Galicia e Xapón de Hyohakusha, camiñante sen, de Xisela Franco e Anxela Caramés, montada con filmes antigos en Super 8 e, nese sentido, con puntos de confluencia con O descubrimento de Américo, do mesmo xeito que Hyohakusha, Sol mihi semper lucet e Proba de axilidade poden atoparse na delicadeza. No poético. Na evocación. Varias das pezas atópanse na delicadeza. No poético. Na evocación Cunha narrativa máis clásica, mais cun potencial de impacto non menor, sitúase Unary, de Luís Avilés. A soidade dunha persoa que volve á que fora a súa casa despois de pasar anos no cárcere. A opresión que volve onde non se espera. Outro retrato que puido verse en Planeta GZ é Cruz Piñón, de Xisela Franco. A artista labrega que atopou en internet "outro mundo" que lle fixo ollar o seu dun modo distinto. E hai máis cinema galego en Curtocircuíto. Helena Girón e Samuel M. Delgado presentan na selección oficial, na sección Explora, Sen Deus nin Santa María, que utiliza vellas gravacións de audio. E Lois Patiño estrea Noite sen distancia, o sábado 10 na sesión das 23:30 horas no Teatro Principal. A memoria da paisaxe. E o contrabando. E con eles, a volta ao estilismo que dicía Manolo González. E ao cinema que desafía o espectador.
NOS_21715
Moitos dos cardeais que escollerán ao Papa na Capela Sixtina son moi activos nas redes sociais e teñen conta propia en Twitter. A Santa Sé prohibe por vez primeira o seu uso durante o Conclave das redes sociais.
A Igrexa católica tenta manter a tradición da fumeira branca como sinal para dar a coñecer que conta cun novo Papa. Os tempos mudan e os seus membros non son alleos ás novas tecnoloxías, mesmo a comunicarse a través das redes sociais. Sería posíbel saber antes por este medio quen será o sucesor de Bento XVI?. Nove dos cento quince protagonistas que agora están a decidir o futuro ocupante no cargo máis importante desta relixión teñen conta en Twitter e algúns de maneira moi activa até horas antes de entrar no Conclave. A Santa Sé, sabedora desta situación, prohibiu por vez primeira na historia, calquera comunicación exterior a realizar por computadoras, telefonía móbil, tabletas ou calquera outro medio con conexión a internet. A normativa vaticana é unha mensaxe directa para que ningún dos asistentes teña a tentación de dar a noticia que en horas dará a volta ao mundo. Nove twitteiros O xuramento de inicio neste Conclave realizouno ás 17:14 h o arcebispo de Barcelona, Lluís Martínez Sistach (@sistachcardenal), un dos máis activos con conta en Twitter que escribe os 140 caracteres en catalán e castelán. Outro europeo con tivo conta nesta rede social é un dos que sonan como máis probábeis candidatos, o arcebispo e Milán Angelo Scola (@angeloscola). O italiano abriu en 2009 un perfil e realizou 1189 chíos mais agora xa non está operativa. Da mesma nacionalidade é o Cardenal Gianfranco Ravasi (@CardRavasi) que conta con 44.439 seguidor@s. Os estadounidenses son os máis activos en Twitter. Teñen conta o arcebispo de Boston, Sean O'Malley (@CardinalSean) e o arcebispo de Nova York, Timothy Dolan (@CardinalDolan). Na América do Sur podemos seguir ao arcebispo de Bogotá, Rubén Salazar Gómez (@cardenalruben) e o de Sao Paulo, Odilo Scherer (@DomOdiloScherer). O único cardenal con conta en Twitter de África é o sudafricano arcebispo de Durban (Sudáfrica) Wilfrid Fox Napier (@CardinalNapier).
NOS_49294
Volven os rapaces e rapazas do IES de Vila de Cruces con máis iniciativas a prol da lingua. Agora queren que nos modernicemos, é dicir, que poñamos boina. Os hipsters xa están 'out'.
O Proxecto Boina de Ouro é unha actividade creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. "O lema, "Modernízate, pon boina", quere mostrar a intención de renovar a imaxe tradicional da boina e promovela como accesorio de vangarda estética. Os "hipsters" están pasados de moda, chegou o tempo dos "boiners", apuntan desde o Clube. O propósito desta iniciativa é poñer de moda este accesorio tradicional galego e promover o uso da nosa lingua nas redes sociais, identificando o noso idioma coas últimas tendencias, a vangarda e o mundo da moda e da fotografía. O obxectivo é crear espazos de relación en galego, vinculando o noso idioma aos espazos sociais da xente nova. Outro obxectivo é promover valores de igualdade e un proceso de reflexión para a educación non sexista, criticando as dinámicas que cousifican as mulleres no mundo da moda. Ademais, o Clube quere promover o humor como ferramenta necesaria nos procesos educativos, así como a relación do ámbito educativo con outros ámbitos sociais. Para isto estase a facer un concurso de fotografía que consta de dúas categorías: Premio BOINA DE OURO, no que se terá en conta a calidade, orixinalidade, creatividade e o valor sociocultural da fotografía. E premio BOINA DA SIMPATÍA que ten como obxectivo a participación das redes sociais con fotografías realizadas espontáneamente; con teléfonos, selfies, de grupo... Para impulsar a imaxe da boina con humor e simpatía. No xurado, a parte de alumnado e profesorado do IES Marco do Camballón, participarán Elena Ferro, a zoqueira de Merza, representando ao mundo da moda, e a tenda de fotografia Bernabé. Haberá un único premio por categoría que consistirá nunha boina bordada para a ocasión. O prazo do concurso: a tempada outono-inverno.
NOS_41945
Moscova corta o subministro de gas a Finlandia pola negativa a pagar en rublos. Aliás, o batallón Azov anuncia a súa rendición en Mariúpol e di que abandonará a cidade.
O ministro de Defensa de Rusia, Sergei Shoigu, avanzou esta sexta feira a apertura dunha ducia de bases militares no oeste do país por mor do "aumento da tensión" após coñecer a intención de Finlandia e Suecia de se integrar na OTAN. Neste senso, apuntou que estas doce "unidades" e "subunidades" serán creadas "antes do remate de 2022", e precisou que recibirán "máis de 2.000 armas modernas e equipamento militar", segundo recolleu a axencia rusa Interfax. Rusia expulsa 27 diplomáticos españois Rusia, dixo Shoigu, está a levar a cabo "as contramedidas axeitadas", e asegurou que nos últimos oito anos "multiplicouse por 15" a presenza de bombarderos estadounidenses "sobrevoando Europa". "A principal característica das manobras é o traslado dunha división completa desde os Estados Unidos ao continente europeo, así como o despregamento dun grupo de tropas en tres direccións estratéxicas: Ártico, Oeste e Suroeste", manifestou. A OTAN recibe a "histórica" solicitude de adhesión de Suecia e Finlandia Corte do gas a Finlandia Por outra parte, a empresa rusa Gazprom vén de notificar que cortará este sábado o subministro de gas cara a Finlandia, ante a negativa deste país a pagar en rublos. Arredor de 90% do gas finlandés procede de Rusia; porén, Helsinki matiza que o gas só representa 5% do consumo enerxético total do país. O batallón Azov abandona Mariúpol O rexemento Azov, a organización paramilitar de extrema dereita que combate en apoio ás Forzas Armadas de Ucraína, renunciou esta sexta feira a continuar na defensa de Mariúpol. O Goberno ucraíno rexeita novas negociacións de cesamento do fogo Deste modo, anunciou a rendición das tropas que aínda quedaban na acería de Azovstal. A este respecto, o ministro ruso afirmou que o seu Exército "rescatou" 177 civís e "capturou 1.908 nacionalistas que depuxeron as armas".
NOS_26484
O Goberno galego exímese de toda responsabilidade e culpa o Executivo estatal da falta de persoal na Atención Primaria, unha especialidade na que deciden quedar menos da metade dos residentes MIR.
A Xunta da Galiza vén de iniciar a tramitación da normativa que estenderá a provisión por concurso de méritos ás vacantes de "difícil cobertura" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en prazas para Atención Primaria, hospitais comarcais e saúde mental. O Executivo publicou esta segunda feira no Portal de Transparencia e Goberno Aberto o denominado 'Anteproxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Sergas'. Tal e como explicou o Goberno galego nun comunicado, a tramitación desta norma realízase con "carácter de urxencia", habilitando un prazo de sete días hábiles para a presentación de suxestións. A idea é apurar o trámite desta normativa para resolver "cando antes" as necesidades organizativas actuais e "garantir a continuidade asistencial e a calidade" dos servizos sanitarios. Sos Sanidade lanza unha ILP en defensa da Atención Primaria "A necesidade de dotar de máis recursos humanos e cubrir prazas vacantes en zonas de difícil cobertura da Galiza motivou que a Xunta impulsase esta medida lexislativa, coa que pretende paliar en parte o déficit de médicos e profesionais sanitarios, unha situación que afecta todas as comunidades autónomas nestes momentos mentres continúa o incumprimento dos compromisos da reforma da lexislación estatal", apuntou no comunicado. Esta nova lei pretende ampliar a convocatoria máis aló da Primaria, que xa en 2022 cubriu máis de cen postos desta forma, estendéndose tamén ás especialidades máis difíciles de cubrir en hospitais comarcais —como traumatoloxía, radioloxía ou internistas— e en saúde mental. As persoas elixidas terán que ficar un mínimo de dous anos no posto adxudicado. Residentes MIR nos centros de saúde Outra das medidas anunciadas pola Consellaría de Sanidade para paliar este déficit, do que se exime de toda responsabilidade e culpa o Goberno estatal, non estivo exenta de polémica: permitir que residentes MIR de cuarto ano de residencia fagan gardas nos centros de saúde "acompañados por un médico de Urxencias", se ben o conselleiro, Julio García Comesaña, deixou a porta aberta a que cando teña que saír o médico o residente decida "acompañalo ou quedar no centro". Sanidade nega "crise" na área de Pontevedra e O Salnés malia cesar o xerente pola presión dos sindicatos Sobre esta cuestión, o Consello Galego de Colexios de Medicina sinalou recentemente que deixar persoal en formación a cargo das tarefas sanitarias dos PAC sen supervisión vai en contra da lei, así como da seguridade do propio persoal residente e dos pacientes. Fuga de talentos Aliás, cómpre lembrar que, de 78 residentes das sete áreas sanitarias que remataron o MIR, só 29 elixiron no último período ficar no centro de saúde, algo que a ollos dos colectivos de médicos e na defensa da sanidade pública evidencia a "fuga" por mor das "malas condicións" que se dan na Atención Primaria.
NOS_5032
O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín entregará o X Premio Roberto Vidal Bolaño das Redes Escarlatas ás persoas que manteñen o blog "De volta para Loureda". O acto terá lugar o sábado 15 na Facultade de Filosofía de Santiago ás 12 horas.
Será o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín o encargado de entregar o X Premio Roberto Vidal Bolaño que recaeu nas persoas que manteñen o blog, "De volta para Loureda", unha bitácora creada en apoio do preso independentista Carlos Calvo e na que teñen colaborado unha grande pluralidade de sinaturas. O acto terá lugar ás 12 da mañá no Salón de Graos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, na Praza de Mazarelos. O xurado valorou que o blog "De volta para Loureda" reflexiona "sobre os presos nacionalistas galegos cuxa situación é contraria ás garantías ás que todos/as humanos/as teñen dereito". O premio consiste nun cadro do pintor Xoán Pardiñas e no acto, alén do propio Ferrín, participarán outros membros das Redes Escarlata como Anxo Angueira e Francisco Fernández Rei. Estará introducido polo decano da Facultade de Filosofía, Rafael Martínez Castro e presentado por Charo Lopes. Contarán tamén coa intervención de O Leo e María do Cebreiro e confirmaron a asistencia a viúva e o fillo de Roberto Vidal Bolaño, Belén Quintáns e Roi Vidal.
NOS_43581
Susana Sánchez Arins (Vila García de Arousa, 1974) é autora dum dos mas celebrados romances sobre os verdugos, Seique.Achega-nos em Os nomes do terror de Nós Diario unha investigação sobre o protagonista da obra, Manuel García Sampayo e a sua participação no processo repressivo.
Que queres dizer quando afirmas que "Manuel García Sampayo é exemplo de como a família, em quanto instituição, é a primeira célula de controlo e repressão no sistema franquista"? Pois exatamente isso. A família um dos piares dos regimes fascistas, (família, deus, pátria). Reproduz no doméstico a estrutura do estado, com um patriarca que acusa, julga, premia e condena. Em muitas ocasiões, como no da minha família, não é preciso que intervenha a autoridade civil ou militar, porque já o senhor da casa se encarrega de tomar as medidas que sejam precisas. É especial o controlo sobre mulheres e sobre qualquer desvio da norma que se dê. Numa situação como a da pós-guerra, de pobreza sobrevida, ser expulsa da família era um risco que muitas não podiam correr, por simples supervivência. Quando falas de que "O tio Manuel era falangista, dos maus, e nisso a família diferenciava-o do tio Ramón (García Sampayo), que era falangista dos bons". Como se explica essa diferenciação e em que se fundamenta. Até que ponto o "falangista bom" não legitima um fascismo que em si não será malo nem bom, mas que dependeria do uso que se fizera del? A justificação familiar é clara: ao tio Manuel se lhe apõem mortes (assassinatos) e torturas. Ao tio Ramóm não. Mas é justificação familiar, não minha. Na minha obra questiono essa diferenciação. Há um trecho, que pessoalmente adoro, em que levo a comparação com o regime escravagista, onde havia grandes proprietários que não maltratavam a sua servidume. Dão a ver que não é mau o sistema mas os elementos que abusam dele e do seu poder. E a realidade não é essa. O tio Ramom ajudou alguma gente. Mas a outra não. E essa arbitrariedade, o não saber se vás ser beneficiário ou prejudicado, faz parte do sistema de terror imposto trás o golpe. As pessoas ignoravam se iam ser atacadas por um ou salvadas por outro. Um precisava do outro para manter a sua autoridade. Como impactou a exumação da fossa comum de Curro (Barro) e como influiu na tua pesquisa no esclarecimentos da autoria dessas mortes? Para mim foi o germe da pesquisa, tal o impacto. Uma vez conhecidas as histórias de Ramón Barreiro e Castor Cordal não podia deixar de pensar no lugar privilegiado que as terras dos meus bisavôs, Portaris, ocupavam no seu via crucis de morte. Fazia-se-me inconcebível que o tio Manuel, que governava já daquela a casa, não tivesse nada que ver, quando menos, no traslado de Cambados ao Curro, sendo como era falangista reconhecido. Decidi que essas eram as mortes que a família lhe apunha. E em paralelo a isso chegou a mim a responsabilidade cívica de partilhar o que encontrasse nas pesquisas para oferecer aos familiares das vítimas, no mínimo, a verdade. Não ficava tranqüila conhecendo um nome e mantendo-o em silêncio. O relato literário permitiu - che contar cousas que não permite o ensaio histórico?. Como vês as diferentes linguajes Acho que a estrutura narrativa permite dar entrada a emoções e reflexões que ficariam fora de um ensaio histórico. Acho que a voz narrativa, neste caso a da geração das netas, coloca uma distância emocional necessária para construir um discurso respeitoso com as vítimas ao tempo que introduz a reflexão sobre a transmissão da memória da guerra e como isso marcou as famílias. Eu achava de menos, noutras narrativas sobre o golpe e a repressão, dar espaço ao silêncios, aos tabus, às reviravoltas na construção da memória para manter a respeitabilidade das famílias e ocultar feitos indignos. Contar desde dentro complementa a visão ensaística, que é um contar desde fora, também essencial. A análise individualizada explica processos repetidos noutros casos que permitem aclarar unha pauta geral. Este é o caso da expulsão da falange que é muito comum a outros múltiples "paseadores". Como se concretizou neste caso? Não tenho muitos dados: após o assassinato de Daniel Varela Muñiz o tio Manuel é expulso da Falange. Mas nos documentos que eu pude consultar no Arquivo Histórico Provincial de Ponte Vedra não se conservam papeis com data tão achegada ao golpe, e aparece, por contra, depurado positivamente em 1945. Para mim, o fato de ser alcaide de Riba-d'Úmia no ano 1940 é bom indicador de que essas expulsões da Falange eram aparentes e que os passeadores eram elementos essenciais no sistema de terror. Outro caso de análise que se pode tirar conclusão a nível geral é ao que te referes de "a igreja aponta, os cívicos disparam"?. E no Salnés não temos também o caso de que a igreja também dispara? No caso do assassinato de Manuel Varela Muñiz, a família deste denunciou a implicação direta do padre de Besomanho. Seique foram pedir as admonições para o casamento e já lhes indicou não serem necessárias pois não havia chegar vivo a esse dia. Houve dois padres em Vila Garcia que presumiam de carregar com a espada e a cruz: o padre Chantada e o padre José Gago, que era o pároco da minha família. Eu tenho uma leve lembrança deste último pois temos acompanhado ao meu pai a visitá-lo quando crianças. O meu pai fora acólito dele quando meninho e tinha-lhe grande respeito, desconhecedor como era da sua faciana fascista. E este José Gago também se instalou na história familiar como amigo e cúmplice do tio Manuel. A mim impactou-me saber que este padre ordenou enterrar um passeado sob a lousa de entrada ao adro da igreja de Ceia, para que toda a freguesia o pisasse quando fosse a missa. Impressionou-me que uma crueldade tal se desse num espaço para mim familiar, doméstico, pois a esse adro ia eu nas visitas aos avôs. Acho que era essa uma das forças da repressão fascista: apresentar a violência nos espaços de vida quotidiana. O estudo concreto permite avaliar até que ponto a participação na repressão foi rendíbel. Como o vês neste caso? No caso da minha família deu-se um algo de justiça poética. O tio Manuel ficou, de maneiras ainda pouco claras, mas acho que utilizando os seus poderes e contactos, com boa parte das terras dos meus bisavôs. Boas terras. Entre outras, roubou à minha avó a sua parte. E claro, a minha avó achantou, que a ver quem se arrepunha a alguém como esse senhor. Mas passado o tempo foi enganado, junto com um dos seus companheiros de quadrilha cívica, por um cargo fascista de Ponte Vedra (de quem ainda não pude confirmar a identidade) que os convenceu para avalizar um negócio que não saiu. Desta maneira perdeu toda a propriedade familiar, para risos contidos de parte da parentela. Acho que não deixava de ser um monifate do regime, um tonto útil de quem se aproveitaram quando quiseram e desbotaram quando deixou de ser necessário. Analisa uma dimensão difícil de quantificar e visibilizar que é a repressão das mulheres coa sua dimensão específica. Como vês estas dificuldades por tirar luz destes casos? Há um problema básico: o silêncio já irremediável sobre esse tipo de repressão. As agressões sexuais não foram habitualmente verbalizadas. Estende-se sobre elas o tabu e mesmo um sentido respeito pela dignidade das vítimas. Não contar por não marcá-las mais. Conto com uma gravação de uma senhora de Meis, Mercedes Abal, que quando narra as agressões a uma vizinha, Manuela Abal "A Facheira", só acerta a pronunciar a frase "ai, o que lhe fizeram!" repetidamente. A nós só nos fica essa pista. E agora é tarde. Quem podia contar morreu. Só podemos intuir, deduzir, supor. Saber o que aconteceu em verdade já não é possível. Mas conhecendo o uso das agressões sexuais como arma de guerra noutros conflitos bélicos, não é difícil imaginar que terão feito com esta e outras mulheres.
NOS_42476
A vítima, de 42 anos e natural de Villabona (Gipuzkoa), foi asasinada na localidade cacereña de Arroyo de la Luz, onde vivía coas súas fillas e o seu marido, presunto autor do crime. Con ela, son xa 36 as vítimas por violencia machista no que vai de ano no estado español.
M.S.T. residía dende hai quince anos na localidade en que se materializou o feminicidio co seu cónxuxe, natural de Arroyo de la Luz, e as súas fillas, ambas menores de idade. O marido da vítima e presunto asasino atópase actualmente detido pola Garda Civil nun hospital. Os feitos tiveron lugar a pasada quinta feira 24 de agosto por volta das 7 da mañá tras unha discusión no domicilio familiar, segundo informan axencias. A vítima faleceu a causa de feridas de arma branca e o agresor foi trasladado ao Hospital San Pedro de Alcántara, en Cáceres. Ao parecer non existían denuncias previas de maltrato. Esta sexta feira está convocada unha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial. O concello cacereño decretou ademais dous días de luto e suspendeu os actos previstos para hoxe con motivo da festa da Tenca. O sábado 26 de agosto, aproveitando un evento institucional terá lugar un acto en repulsa do crime, informou a alcaldesa, a socialista Isabel Morán.
NOS_44805
Un día despois de Nacións Unidas votar a prol da abertura dunha investigación a Tel Aviv por crimes de guerra, chega a resposta israelita. O Exército sionista bombardeou unha escola refuxio da ONU en Gaza. 15 mortos.
Israel continúa a mostrar a súa absoluta falta de respeito pola legalidade internacional en xeral e polas resolucións de Nacións Unidas en particular. Lonxe de mostrar a menor inquietude pola decisión da ONU de investigar se perpetrou crimes de guerra en Gaza, os canóns israelitas continuaron a cuspir lume. E desta volta con recado á organización liderada por Ban Ki Moon incluído. A UNRWA é unha axencia de Nacións Unidas que asiste aos centos de miles de refuxiados palestinianos. Unha súa escola serve de acubillo para os desprazados en Beit Hanun, no norte de Gaza. Ese foi un dos obxectivos militares de Israel esta quinta feira. Portavoces da UNRWA afirmaron en twitter que, ao advertiren actividade bélica perto da escola, esta organización facilitou ao Exército israelita as coordenadas exactas da localización do refuxio, para evitar ser albo dos ataques militares. Aliás, tamén estabeleceron negociacións cos uniformados sionistas para que permitisen a saída ordenada de civís. Ao detectar a actividade bélica perto, a UNRWA facilitara ao Exército israelita as coordenadas exactas da ubicación da escola para evitar ser albo do ataque Non houbo forma. Israel tiña tomado a decisión de mostrar o seu desprezo a Nacións Unidas e actuou en consecuencia. O bombardeo saldouse cun balanzo estarrecedor: 15 palestinianos asasinados, varias crianzas entre eles, e 200 persoas feridas. Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU, informou de que entre os mortos se acha persoal de Nacións Unidas. Nas súas declaracións, Ban Ki Moon abstívose de atribuír a responsabilidade do ataque a Israel e afirmou que as circunstancias en que se produciu o bombardeamento da escola non puideron ser aínda esclarecidas. A versión israelita Fontes israelitas insinuaron, en declaracións a Al Jazeera, que a escola foi destruída por un foguete lanzado polas milicias palestinianas, un proxectil defectuoso que non completou a traxectoria prevista e que tería impactado na escola. Nengunha das fontes consultadas por Al Jazeera dan credibilidade á versión do Exército hebreo. Non é a primeira vez que Israel bombardea escolas-refuxio de Nacións Unidas e tamén é certo que a ONU ten advertido a Hamas que non utilice as súas instalacións como agocho do arsenal das súas milicias armadas.
PRAZA_4886
Este 19 de febreiro, centenario do nacemento de Díaz Castro, proxectouse en Guitiriz o documental O Instante Eterno, dirixido por Xosé Antón Cascudo, que nas vindeiras semanas impartirá o seminario Díaz Castro: transferencias poéticas e visuais
Este 19 de febreiro, centenario do nacemento de Díaz Castro, proxectouse en Guitiriz o documental O instante eterno, dirixido por Xosé Antón Cascudo, que nas vindeiras semanas impartirá o seminario Díaz Castro: transferencias poéticas e visuais. O filme indaga nalgunha das constantes poéticas de Díaz Castro a través de entrevistas con persoas vinculadas a esta figura, tanto amigos como especialistas na súa obra. Ademais, afonda na xenealoxía emocional de Nimbos a través de dous elementos fundamentais: a lingua e a paisaxe da infancia. A partir deste sábado, as tres sesión das que consta o seminario (22 de febreiro, 1 de marzo e 8 de marzo) que Cascudo dirixirá en Guitiriz, realizarán unha radiografía social, política e demográfica do tempo do poeta, incidindo nos cambios experimentados na súa contorna, na paisaxe, na lingua e nos costumes, amosando como Nimbos é "o espello da historia sentimental da Galicia do século XX" e como esa obra, cincuenta anos despois da súa publicación, "segue tendo vixencia e proxecta a súa luz sobre o século XXI". Que imos descubrir sobre Diaz Castro neste ano? Que descubriches ti? Neste 2014 imos descubrir a un poeta, Díaz Castro, que traballou incansable, en silencio, durante toda a súa vida. Un poeta que fixo da discreción un arte e que exercía a escritura como unha necesidade espiritual, por iso Nimbos veu a luz pola insistencia de persoas como Fernández del Riego ou Ramón Piñeiro. Díaz Castro desconfiaba de que eses poemas non tivesen a suficiente calidade para ser publicados. Xa que Nimbos existe, descubriremos nos seus poemas a luz que anuncia no seu título. Descubriremos unha obra que sintetiza os grandes temas que atinxen ao ser humano e aos que toca desde diferentes prismas, desde o existencial, desde o relixioso ou o social. "Imos descubrir a un poeta que coida do mesmo xeito o elemento máis nimio da súa contorna como o máis transcendental, que usa a fala popular do seu microcosmos natal como dialoga sen complexos cos grandes poetas universais" Imos descubrir un poeta que coida do mesmo xeito o elemento máis nimio da súa contorna como o máis transcendental, que usa a fala popular do seu microcosmos natal como dialoga sen complexos cos grandes poetas universais. A idea que latexa na súa poesía é que calquera cousa, por pequena que sexa, está inzada de segredos. Eu coñecía Nimbos desde a infancia polos vínculos de proximidade que me unían ao poeta pero desde que comecei a investigar a fondo a súa obra cada día me parece máis rica, cada lectura me ofrece matices novos; é unha fonte inesgotable de coñecemento. Como comezas a traballar no proxecto de O Instante Eterno? Comecei a traballar en O instante eterno no 2011 despois dunha conversa con Alfonso Blanco, presidente da Asociación Cultural Xermolos e gran amigo do poeta. Daquela ía cumprirse medio século da publicación de Nimbos e pensamos que era necesario realizar algún tipo de traballo co obxectivo de divulgar a figura e a obra de Díaz Castro. Pareceunos que o campo audiovisual era ideal para a súa difusión, e así, a grandes trazos, foi como xurdiu este proxecto, xa coa mirada posta na celebración do centenario do seu nacemento. "Cando empezou a rodaxe aquela xente que o coñecera reaccionou con enorme ledicia, mesmo axudáronme a completar a documentación sobre o poeta" Como foi a reacción dos veciños de Guitiriz e Os Vilares ante o documental? En Guitiriz Díaz Castro é coñecido sobre todo polos nenos, que o estudan na escola, e polos vellos, que foron os que o trataron e gardan a lembranza del. Cando empezou a rodaxe aquela xente que o coñecera reaccionou con enorme ledicia, mesmo axudáronme a completar a documentación sobre o poeta. Pero na maior parte dos casos a reacción foi de escepticismo, entendo que polo feito de non coñecer á persoa nin a súa obra. Logo, cando a RAG designou a Díaz Castro como autor para as Letras Galegas, foi medrando o interese sobre o poeta, e de xeito paralelo sobre O instante eterno. Agora existe unha verdadeira paixón sobre a súa figura, tanto é así que se converteu en tema de conversación nas rúas e nas tabernas, e a xente visita a aldea e outros lugares emblemáticos do poeta. Parece que ese recoñecemento que non tivo en vida o vai ter agora despois de morto. En que medida podemos facer unha historia do século XX en Galicia a través de Díaz Castro? Ao ler con atención Nimbos podemos ir reconstruíndo a nosa historia. Díaz Castro nace nunha casa de labradores e aquela infancia pasada na aldea do Vilariño marcará para sempre a súa poesía. O poeta retrata nos seus versos a realidade que percibe, as carencias materiais, o traballo de sol a sol dunha sociedade afeita aos sacrificios, pero nunca se percibe un ápice de infelicidade xa que aquel mundo estaba desprovisto desa obsesión por cousas superficiais que tanto nos atormenta na actualidade. É un retrato do ser humano fronte á vida, na austeridade máis esencial. "Nunca se percibe un ápice de infelicidade xa que aquel mundo estaba desprovisto desa obsesión por cousas superficiais que tanto nos atormenta na actualidade" Díaz Castro non só canta o agro galego senón que capta sen edulcorar unha das grandes eivas do seu tempo (tamén do noso), a emigración. O autor de Nimbos considérase a moita honra un poeta labrego, e non hai que esquecer que foron as clases populares, os labradores e os mariñeiros, os que sostiveron a nosa cultura e a lingua. Neste sentido tamén é de xustiza recoñecerlle que a pesar de ser un políglota que dominaba máis dunha ducia de idiomas nunca deixou de falar, pensar e sentir en galego. Que imaxes poden definir a Díaz Castro? A imaxe que define a poesía de Díaz Castro, é a que el vía pola mañá ao levantarse e abrir as contras da súa fiestra. Nun primeiro plano unha paisaxe profundamente humanizada, as leiras e as chousas de onde a súa familia obtiña o sustento para sobrevivir. O pano de fondo desde esa fiestra era a Serra de Montouto, unha paisaxe inhóspita, ateigada de penedos. A pesar de que esta paisaxe mudou moito desde aquela, aínda existe unha vinculación íntima entre os versos de Díaz Castro e esa natureza dura e silenciosa que rodea a súa aldea. "O Vilariño é unha metáfora da devastación do rural galego, de todo o que a modernidade mal entendida foi fagocitando ao seu paso, algo do que todos, en maior o menor medida somos cómplices" Supoño que a paisaxe da Terra Cha e Guitiriz é fundamental nel e na súa obra, non si? Para min a paisaxe era un dos elementos claves ao botar a andar o proxecto. Dediqueime a filmar sen présa os camiños que transitou o poeta, os ríos, as árbores, o paso das estacións, os traballos do agro, todo aquilo que el foi transformando en materia poética. Finalmente atopeime con ducias de horas de imaxes e decidín primar a vertente moral do plano antes que ceder á mera contemplación estética do mesmo. Pareceume interesante amosar os cambios acaecidos nesa paisaxe da infancia, por exemplo no parque eólico que invade agora a Serra de Montouto e sobre todo na aldea do Vilariño, hai cen anos unha das máis prósperas da parroquia dos Vilares, hoxe en día abandonada. O Vilariño é unha metáfora da devastación do rural galego, de todo o que a modernidade mal entendida foi fagocitando ao seu paso, algo do que todos, en maior o menor medida somos cómplices. "A idea principal sobre a que gravita o seminario é amosar a transferencia entre o poético e o visual, partindo de Nimbos, xogando cos seus versos pero tamén coa peripecia vital do autor" Que obxectivos ten o seminario que dirixes a partir deste sábado? O seminario que terá lugar os tres próximos sábados en Guitiriz ten como obxectivo afondar na figura de Díaz Castro desde a perspectiva do documental O instante eterno. A través dunha ollada retrospectiva irei reconstruíndo o proceso de realización do filme, desde o xerme da idea até a montaxe definitiva. Traballarei con diferentes materiais como fragmentos de entrevistas que a pesar do seu interese non chegaron a incluírse no documental xa que non encaixaban no discurso trazado. Por suposto terá presenza a poesía de Díaz Castro, interésame mostrar ao poeta mozo, comparándoo con algúns dos seus colegas de seminario e trazar un itinerario a través dalgunhas das súas lecturas poéticas foráneas para descubrir o xeito en que estas conformaron o seu estilo de madurez, patente en Nimbos. Con todo, a idea principal sobre a que gravita o seminario é amosar a transferencia entre o poético e o visual, partindo de Nimbos, xogando cos seus versos pero tamén coa peripecia vital do autor e con outros elementos xa especificamente cinematográficos como a música, a montaxe, as fotografías ou as imaxes de arquivo.
PRAZA_19381
O comité de empresa asume que a compañía conversa co Goberno sobre as súas intencións de desfacerse das hidroeléctricas, logo de abordar a Feijóo á saída do Parlamento. Preocupados pola "ambigüidade" e falta de contundencia do Executivo, manteñen as mobilizacións.
A ambigüidade coa que Feijóo respondeu este mércores no pleno do Parlamento ás preguntas sobre Ferroatlántica deita máis dúbidas sobre o futuro das fábricas da Costa da Morte. A venda das centrais hidroeléctricas -desexada, pactada e anunciada polo presidente da empresa- é a única alternativa que manexa a compañía, pero é tamén a opción que rexeitan totalmente os traballadores, convencidos de que a desagregación do negocio de ferroaliaxe destas centrais provocará o peche das factorías onde traballan directamente case 300 persoas. Tras o debate na Cámara, representantes do cadro de persoal que asistían á sesión toparon co xefe do Executivo galego á saída. Abordárono e, malia que recoñecen que quedaron "algo máis tranquilos", saben que os plans do grupo Villar Mir son claros e contundentes, xusto o que o Goberno nin o presidente son polo momento. Os traballadores de Ferroatlántica abordaron a Feijóo á saída do Parlamento, preocupados pola súa "ambigüidade" "Saímos do Parlamento moi preocupados ante a ambigüidade amosada por Feijóo; logo atopámolo, mostrouse máis aberto e tranquilizounos un pouco máis", recoñece Alfonso Mouzo, voceiro do comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. Antes, no pleno, o presidente da Xunta dixo non saber nada oficial sobre a segregación da actividade da empresa pero ao tempo recoñeceu as intencións, que son un segredo a voces, e non só non pechou a porta a un cambio no status actual da concesión senón que se abriu a "analizar" o proxecto no caso de que se presente, aínda que salvagardando "a lei, o emprego e o interese público". A Xunta nega proposta de Ferroatlántica para vender as centrais pero só lle falta facelo de maneira oficial Desde Ferroatlántica apóstase por vender todos os seus activos hidroeléctricos na Península Ibérica, incluíndo os encoros dos ríos Grande e Xallas, que considera "non estratéxicos". E advirte do "perigo" que corren as fábricas de Cee e Dumbría se a Xunta non permite ao grupo vender as centrais, ademais de asegurar que non se poderían acometer os investimentos previstos nas devanditas fábricas de non conseguir eses 100 millóns de euros que achegarían as vendas. Feijóo insiste en que a empresa nada lle transmitiu á Xunta. De xeito oficial. "Conversas claro que hai pero non se presentou papel ningún", aclaran desde o comité, que entende que é iso polo que "o presidente é reticente a falar". Con todo, tampouco conseguen unha declaración "contundente" do Goberno galego garantindo que non haberá venda. Sexa como for, a decisión non tardará moito. "Non se dilatará demasiado e é cuestión de semanas; a finais de abril debería haber unha solución, dunha ou doutra maneira", di Mouzo, que aclara que os traballadores non van aceptar ningunha proposta que implique a venda das centrais. "Estaremos a favor dun plan industrial pero que non supoña vendelas porque esa é a única garantía que temos de traballo, o resto é papel mollado", explica quen aclara que as concesións foron ligadas á actividade das fábricas "por 75 anos". "Non temos mellor garantía que esa", insiste. "A única garantía de traballo é que non se vendan as centrais; o resto é papel mollado", insiste o comité de empresa Mentres, continúan coas mobilizacións -este venres haberá outra concentración- ademais de con xuntanzas con Ferroatlántica para determinar os servizos mínimos da folga que se desenvolverá o vindeiro 10 de marzo. No seu encontro informal, Feijóo comprometeuse a axilizar a reunión que o comité solicitou xa tres veces co conselleiro de Industria para facer "fronte común contra as pretensións da empresa".
NOS_29227
A Troika acordou desbloquear este novo tramo en dúas fases coas que o país heleno pagará parte da débeda ao BCE e outros gastos.
O Eurogrupo acordou na madrugada de hoxe (25 de maio) conceder o terceiro resgate a Grecia. En total 10.300 millóns de euros que se inxectarán en dous tramos, 7.500 millóns a comezos de xuño e o resto despois. O diñeiro será achegado polas economías do euro e tamén polo FMI após alcanzaren un acordo as institucións que compoñen a Troika (BCE+Comisión+FMI). Estes fondos serán destinados ao pagamento da débeda contraída cos anteriores resgates, dirixirase polo tanto ao BCE, e tamén a enfrontar outros gastos durante o verán. Os primeiros 7.500 millóns de euros dirixiranse a pagar ao BCE e outros vencementos inmediatos Con visos a contentar os acredores e garantir a chegada de novos fondos, o Parlamento grego aprobou recentemente un novo pacote de medidas económicas que incrementarán os impostos indirectos, acelerará os procesos de privatización e mesmo fixará mecanismos automáticos para reaxustar os orzamentos se non se cumpre o obxectivo de défice fixado pola UE. Porén, malia as reformas levadas a cabo polo goberno de Syriza e a implementación das políticas neoliberais exixidas pola UE e a Troika, o Fondo Monetario Internacional (FMI) non agocha as súas dúbidas a respeito das garantías de devolución do diñeiro emprestado polo que até o último momento mesmo rexeitou facer parte del se non se aliviaban as condicións impostas, o que tensionou Alemaña. Sen a participación do FMI o goberno de Merkel non vía posíbel sacar adiante o novo resgate mais rexeitou tamén flexibilizar as condicións exixidas a Grecia. Finalmente o acordo pasa por sumar o FMI ao novo préstamo e por reducir a ratio de débeda a respeito do PIB ao 120% fronte ao actual 175%. Aliás, tamén acordaron "suavizar o perfil dos vencementos". Ora ben, ficou descartada a posibilidade de aplicar unha quita, isto é, perdoar parte da débeda contraída.
NOS_18689
A Irmandade Manuel María conmemora o vindeiro 8 de agosto 15 anos do pasamento de Manuel María. Farao cunha xornada con epicentro en Outeiro de Rei, lugar natal do poeta en 1929, e título Memoria da Chaira Enteira.
Os actos comezarán cun xantar no restaurante Río Ladra, en Outeiro de Rei. Seguirán ás cinco da tarde cun recital poético musical en Penas de Rodas, lugar de referencia para Manuel María en que impresionantes rochas decoran a paisaxe da Terra Cha. Ás seis, a comitiva levará unha rosa ao cemiterio de Outeiro de Rei. Alí tamén se lerán e versos e comunicados de adhesión. A benvida será co canto da Irmandade: O Carro, letra de Manuel María e versión de Mero Iglesias. Media hora despois, a organización entregará as súas distincións: a Navalla de Manuel María. Este ano hai dous homenaxeados. O primeiro, Xosé Estévez, que, presentado polo escritor Paco Martín, recibirá o galardón da man de Branca Rodríguez. O segundo, a xeito póstumo, Xabier Puente Docampo. A loanza correrá a cargo de Mero Iglesias. O "bocado comunal e grolo", máis poesía e máis música, porán o ramo ao décimo quinto cabodano do autor de Morrendo a cada intre (1952).
NOS_6395
"A xente xa non ten medo do coronavirus. Están a pasar fame, perderon todo e algunhas cidades aínda están inundadas", explicou o responsábel dunha ONG guatemalteca de apoio aos inmigrantes.
A inminente organización de novas 'caravanas' migratorias desde Honduras ameaza con novas tensións en Centroamérica, México e, en última instancia, nos EUA, a menos de mes e medio de Joe Biden entrar na Casa Branca coa promesa de reverter á campaña represiva do presidente saínte, Donald Trump. As redes sociais volven servir de canle de comunicación para que os inmigrantes que queren chegar aos EUA partan xuntos desde un único punto, en concreto desde a cidade hondureña de San Pedro Sula. O primeiro destes grupos partirá nos próximos días e xa hai previsto outro a mediados de xaneiro. O coordinador da ONG Red Jesuita con Migrantes de Guatemala, José Luís González, advertiu en declaracións a Bloomberg de que "haberá caravanas e nas próximas semanas aumentarán", entre outra razóns porque á espiral da crise que afecta a Centroamérica sumáronse neste último mes dous furacáns consecutivos. "A xente xa non ten medo do coronavirus. Están a pasar fame, perderon todo e algunhas cidades aínda están inundadas", explicou. Fronte común Os Gobernos de Honduras, O Salvador, Guatemala, México, Panamá, Belice e Costa Rica reuníronse na terza feira co obxectivo de coordinar medidas. Case un millón de centroamericanos víronse obrigados a abandonar o fogar por mor da violencia e da persecución, instalándose en países veciños. Para a gran maioría, o punto final é EUA. "Cando hai un cambio no Goberno dos EUA ou México, as caravanas comézanse a mover porque están a probar as augas para ver como responden as autoridades", explica González. Ademais, nesta ocasión Joe Biden prometeu abolir gran parte das políticas migratorias de Donald Trump, entre estas a detención prolongada e a separación de familias.
PRAZA_2726
Está acusada, xunto co ex rexedor de Carnota, José Domingo Oreiro, dun presunto delito de prevaricación pola contratación fraudulenta dunha traballadora no Concello cando ocupaba a Tenencia de Alcaldía
A Sala do Penal do TSXG confirmou este mércores o auto de procesamento contra Soledad Piñeiro, deputada do PP no Parlamento galego, desestimando os recursos de apelación presentados por ela e por José Domingo Oreiro, ex alcalde de Carnota. Piñeiro e Oreiro están acusados dun presunto delito de prevaricación pola contratación irregular dunha traballadora no propio Concello de Carnota, cando eran tenente de alcalde e alcalde, respectivamente, en 2007. Poucas horas despois Piñeiro comunicou a súa renuncia á súa acta de deputada na cámara galega. Para o TSXG, "o contrato inicial, as súas prórrogas e as modificacións no seu contido, tiveron lugar sen seguir o procedemento administrativo correspondente" Todo partiu dunha denuncia realizada polo actual alcalde carnotán, Ramón Noceda (BNG), pola contratación dunha muller como administrativa de apoio á alcaldía, unha contratación realizada, segundo o Fiscal, saltando "os preceptos legais de publicidade, libre competencia e obxetividade". O propio Secretario municipal negou que ao Concello chegaran currículos doutros candidatos, como defendían os acusados. E, segundo o BNG, a alcaldía asinou posteriormente "prórrogas no seu contrato, cambios de posto e categoría, subidas de soldo, transformárona en indefinida e e lle aumentaron o soldo a uns 3.000 € brutos ao mes, todo iso sen mediar máis procedemento que sucesivos decretos de alcaldía asinados indistintamente por José Oreiro ou Marisol Piñeiro". O auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinala a este respecto que "o contrato inicial, as súas prórrogas e as modificacións no seu contido, tiveron lugar sen seguir o procedemento administrativo correspondente, non houbo por conseguinte nin oferta pública, publicidade dalgún tipo, ou suxeición en canto á elección da persoa indicada aos parámetros de mérito e capacidade". E sobre a participación de Soledad Piñeiro nos feitos, o tribunal sostén -como xa fixera o xuíz instrutor- que "é indiferente que no contrato de traballo inicialmente subscrito a Sra. Piñeiro aparecese o Sr. Oreiro como representante do Concello pois foi ela mesma quen asumiu esa posición, derivada da imposibilidade que pesaba sobre o Alcalde por un problema de saúde". Engade que "a posición da Sra. Piñeiro non se limitou a asinar aquilo que simplemente se lle presentou. Existen indicios bastantes que mostran que a súa participación foi de todo punto activa nesa contratación carente de calquera procedemento administrativo de mínima consideración". Soledad Piñeiro manifestou a "convicción" da súa inocencia Soledad Piñeiro manifestou a "convicción" da súa inocencia, engadindo que se trata dun asunto "de marcado carácter administrativo" no que a súa intervención foi "meramente circunstancial". Este tema leva anos pairando sobre a política galega (pola condición de deputada de Soledad Piñeiro) e, sobre todo, sobre a política local en Carnota. De feito, só un mes antes das últimas eleccións municipais o BNG levou ao pleno carnotán unha moción para que o Concello exercese a acusación particular no proceso, por ser precisamente o maior prexudicado pola actuación e o presunto delito e para "reclamarlles as responsabilidades económicas que correspondesen". Porén, PSOE e PP uniron os seus votos para evitalo. O Bloque acusou daquela aos dous partidos (pero especialmente aos socialistas) de estar preparando un acordo para facerse coa alcaldía tralas eleccións. En calquera caso, o BNG obtivo maioría absoluta o 24 de maio, evitando calquera posibilidade de pacto na súa contra.
NOS_45079
Uxía Casal (Compostela, 1957) foi escollida a semana pasada como autora recoñecida este ano no VIII Día das Galegas nas Letras, que desde 2014 organiza a plataforma de crítica literaria 'A Sega'. A escritora, cunha visión crítica, repasa a súa traxectoria na literatura que reivindicaba o entretemento como obxectivo, nunha época na que "todo tiña que ser excelso, sisudo, serio e transcendental". E, por se fose pouco, nun mundo de "machirulos".
Como recibiu este recoñecemento por parte de A Sega? Nos días previos foron dando unha serie de pistas nas redes. Non sospeitaba nada? Moi sorprendida, porque a min non me saía nada. Polo que entendín, publicábano de tal maneira que eu non o puidese velo. O colectivo homenaxea con isto a súa traxectoria. Cando comezou a escribir? Eu recórdome desde nena facendo contos e historias. Porén, tomeino máis en serio cando estaba rematando Xeografía e Historia, foi por iso que me metín despois en Filoloxía. Quería aprender técnicas para facelo como eu considero que se debe facer: o mellor dentro das posibilidades de cadaquén. Xa comecei desde aquela, o que pasa é que tardei moito en publicar. Esa demora foi por propia vontade ou por outras razóns? A medias. As editoriais nos anos 90, sendo eu unha descoñecida, ademais muller... Pena, penita, pena, que queres que che diga. Era moi difícil entrar no circuíto, e como eu non tiña amizades nin quería ir por esa vía, e como o machirulismo estaba moi á orde do día... Custoume. Na súa obra cultiva, de diversas maneira, iso que se dá en chamar literatura de xénero, que naquela altura tampouco estaba especialmente ben vista. Por que era así? Ao mellor non gusta o que digo, pero é a percepción que eu teño. Sabes o que é comezar a casa polo tellado? Cando se empezou a publicar en galego, queríase un pouco iso: a gran literatura. Todo tiña que ser excelso, sisudo, serio e transcendental. E claro, a min non me apetecía escribir nada diso. Guiábame polo que entretiña e facía desfrutar. Todo o que saíse dunha cousa medianamente seria (perdoa o ton, non o podo evitar), non merecía ningunha atención. E cre que esta situación na actualidade cambiou? Que se cambiou? Claro! O que pasa é que eu estou xa moi afastada diso, o último libro que publiquei foi unha reedición de Saturno tamén é deus, con Urco, aínda que realmente tería que dicir máis ben con David [Cortizo] e Andrea [Jamardo], que foron os que se relacionaron comigo e son marabillosos. Logo con Urco pasou o que pasou. E parece que as editoriais todas tratan as autoras e os autores como pataca de recheo. Grazas a que xurdiron selos centrados na literatura de xénero, agora moitas outras están entrando polo aro, pero antes todo o que se saíse desa gran literatura non tiña cabida, ou se metía no saco do Infantil e Xuvenil todo o de xénero como intriga, novela negra ou aventuras. Ou o que fago eu desde hai anos, onde máis cómoda me sinto, de relatos inquietantes ou que pretenden sorpresa e arrepío desde o cotián. No resto de Europa ou en América, en todo o mundo, hai moito dese tipo. Aquí parece que non calla, non sei por que. A pesar de que guste e atraia, non semella que as editoriais estean por publicar literatura dese tipo, que penso que tería bastante eco. Sobre todo tal e como se desenvolve agora a mercadotecnia e a promoción, que basicamente quen vende o libro é o autor ou a autora. Eu non me podo mover nin trasladar, así que para min ese aspecto está totalmente descartado. Eses relatos desacougantes, que ás veces atopan no cotián a súa dimensión máis arrepiante, non sei se cobran neste tempo de pandemia, no que parece que a realidade se volveu un pouco ciencia ficción, un sentido novo. Supoño que si, non o pensara. O terror máis terrorífico moitas veces está no cotián, en certos momentos nos que se che acende un interruptor e ves ese factor horripilante que ten a realidade. "O terror máis terrorífico moitas veces está no cotián" Eu levei o confinamento de maneira diferente, o meu non foi pola pandemia e chegou antes que o oficial. Teño unha ernia discal que me tivo dous anos cunha dor horrorosa porque tiña o nervio ciático totalmente comprimido. Nesas circunstancias, non me era posíbel escribir. Facíao só no Facebook e o que intentaba era aliviar os meus contactos sendo alegre, co lado amábel do cotián. No que atinxe á situación da muller na literatura, ese mundo de "machirulos" do que falaba antes, ve avances? Pensaba que si, pero desde as últimas novas que teño paréceme que non. Non sei como tratan os homes, mais vexo como se comportan con algunhas mulleres multipremiadas que non teñen que demostrar absolutamente nada, cunha falta de consideración, xa non de cortesía senón de saber estar, que resulta alucinante. Como se fósemos os últimos monos da feira, con todos os meus respectos para os monos. É vergonzoso, por exemplo, que a unha escritora galardoada non lle mandasen os exemplares antes de distribuír o libro nas librarías. A min iso paréceme gravísimo. Poderei parecer unha mexericas, pero penso que a consideración básica ten que ser coas autoras, non co mercado. Foi tamén mestra moitos anos. Que a levou á docencia? A necesidade. Estudei Xeografía e Historia, especialiceime en arte, e acto seguido Filoloxía. Rematei con 27 anos, quería casar e independizarme, polo que precisaba traballar. O único que tiña daquela ao meu alcance era o ensino. E alí me metín. Apunteime nas listas e descubrín, con todas as miñas reticencias, porque me parecía que non era para min, que me gustaba moito e que o pasaba francamente ben. Como valora a evolución da nosa lingua na educación? É difícil. Aínda se segue esgrimindo o argumento de que nos impón xa non o galego, senón unha asignatura máis. Eu tiña moi claro que ía dar aulas de lingua galega en lingua galega. Había un programa e eu tiña que seguilo, era o meu traballo. Porén, escoitas argumentos tan peregrinos para que aprobes os fillos como "el fala galego na aldea", "é moi galeguista" ou "ama moito a Galiza". Eu non cualifico sentimentos, cualifico coñecementos. Había que separar moi ben e dicir: "Mira, isto non é unha maría, é unha materia moi seria, que por riba é a nosa lingua, e hai que coñecela a fondo". Foi cuestión de aprender a base dos anos e da experiencia a estar moi segura e dignificarte como profesional, e non atender a esas estupideces. Afirmaba levar tempo afastada do sistema literario, mais continúa a escribir, non? Por suposto. Tiven un blog durante 12 anos, desde que me xubilaron. Agora escribo en Facebook moito. Non necesito publicar en papel, tanto me ten. Con tal de que a xente que me le goce e sinta algo, abóndame. Non preciso ter pilas de libros publicados. Para que? Se total case non se venden. O meu tipo de escrita, como eu non podo desprazarme de sitio en sitio e facer performances cada dúas por tres para vendela, tería pouca saída. Quen non se ve resulta apagado. Se as editoriais non se comprometen... Interésalle esa vía de contacto directo que pode construírse entre autora e público na rede? Si. Sempre che comentan cousas, pero máis do "que" que do "como". Penso que a xente agradece que se verbalicen certas cousas que non son capaces de verbalizar. Eu creo que, en xeral, un dos problemas máis graves que temos como seres humanos é que falamos pouco dos sentimentos. Quizais porque non sabemos como. Eu creo que é básico, porque é o que imos levar de aquí, os sentimentos e a maneira de relacionarnos coas outras persoas. E diso falo, e penso que á xente lle gusta.
NOS_3104
Os celestes posuíron o balón mais non foi quen de concretar fronte a un Valencia que a piques estivo de marchar de Vigo cos tres puntos.
Un empate en Balaídos (1-1) non é un bo resultado para manter vivas as esperanzas de ir a Europa. A falla de catro xornadas para a fin do campionato o reto esvaece e 1 punto é a todas luces insuficiente. O Valencia non pasou excesivas dificultades embora que os celestes gañaron en posesión de balón. Na recta final, Sergio evitou que o empate virase en derrota para o Celta. O Celta notou a ausencia de Iago Aspas o que non quer dicir que fixese un mal partido. Competiu sempre e por momentos semellaba que gañaba a partida ao Valencia. Mais foron estes os primeiros en marcar e mediante Santi Mina, saído da canteira celeste. Iso si, os valencianos non poideron gozar moito da vantaxe porque en cinco minutos empatou Maxi Gómez de testarazo a pase preciso de Wass. Unzue apostou por cambios ofensivos e por una defensa de tres, consciente de que se estaba a xogar Europa. Iso xerou espazos que o Valencia soubo aproveitar para levar o perigo á meta celeste. Mais alí topou con Sergio, que desbaratou as ansias 'chés'. Ficha técnica: Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez (Tucu Hernández, min.72), Roncaglia (Fontàs, min.20), Lobotka, Wass, Jozabed, Brais Méndez, Maxi Gómez, Sisto (Emre Mor, min.81). Valencia (1): Neto, Vezo, Garay, Paulista, Lato, Soler, Kondogbia, Andreas, Guedes (Ferrán, min.78), Santi Mina (Vietto, min.85), Rodrigo. Goles: Santi Mina (0-1, min.58); Maxi Gómez (1-1, min.63). Árbitro: Undiano Mallenco. Amoestou Sergi Gómez (Celta); Vezo e Garay (Valencia).
NOS_49265
No que vai de ano foron asasinados 41 ex militantes das FARC. E entre xaneiro e xullo, máis de 80 líderes sociais, indíxenas e sindicalistas.
Os acordos de paz atinxido en 2016 entre Goberno de Colombia e a guerrilla das FARC non supuxo un punto e á parte, mais ben un punto e seguido no que respecta a membros do antigo grupo guerrilleiro ou activistas sociais. Case 300 ex guerrilleiros foron asasinados en Colombia desde 2016. Co asasinato de Jorge Eliecer Garzón Manrique realizado por sicarios en Florencia, departamento de Caquetá, suman 289 os ex guerrilleros asasinados desde a sinatura do Acordo de Paz, informou Prensa Latina. De acordo co partido Comunes, Garzón Manrique atopábase realizando o seu proceso de reincorporación e foi asasinado mentres estaba reunido cun grupo de persoas nun establecemento público na citada localidade. Centos de activistas sociais, sindicais ou indíxenas foron asasinados por paramilitares e sicarios desde a sinatura dos acordos de paz Con el, xa son 41 ex guerrilleros das extintas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo (FARC- EP), asasinados só en 2021, sinalou o Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz. A Defensoría do Pobo de Colombia emitiu unha alerta temperá, na cal sinala un control territorial máis notorio dos actores armados, debido á pandemia da COVID-19. Entre as accións en aumento atópanse as ameazas, os asasinatos, desprazamentos, recrutamentos e confinamentos, alertou. Dereitos Humanos O Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz (Indepaz) informaba en xullo pasado do asasinato de Luis Picasio Carampaima, membro da comunidade indíxena de Catrú, no municipio de Alto Baudó, en Colombia. Con Picasio eran xa 84 as e os líderes sociais e defensores dos dereitos humanos asasinados en Colombia entre xaneiro e xullo deste ano, e 1.200 desde a firma del acordo de paz, segundo Indepaz. A Defensoría do Pobo de Colombia informba en xaneiro de que ao longo de 2020 máis de 28.500 persoas se viran obrigadas a abandonar os seus fogares debido ao incremento da violencia no país. Tal e como indicou nun informe, a entidade sinalou que se constataran 90 eventos de desprazamentos masivos en todo o país, fundamentalmente por mor de enfrontamentos entre grupos armados, intimidacións e asasinatos de líderes sociais.
NOS_22191
En Marea, En Comú-Podem e Compromís-Podem teñen até as 20h para rexistrar a súa proposta. Arestora negocian con Podemos as condicións da súa integración no grupo de Pablo Iglesias.
Continúan as negociacións arredor da constitución dos grupos parlamentares. As opcións son diversas perante a imposibilidade de que as candidaturas de confluencia participadas por Podemos na Galiza, Catalunya e o País Valenciá poidan optar a cadanseu grupo. No entanto, esa continúa a ser a primeira aposta das tres formacións. Até as 20 horas a Mesa do Parlamento español recepciona solicitudes mais o tempo esgótase e as posibilidades ábrense. Neste senso, En Marea, En Comú-Podem e Compromís-Podem estarían a presionar Podemos para se constituíren nun grupo 'confederado'. Unha proposta que inicialmente foi plantexada pola formación de Pablo Iglesias. Ora ben, as candidaturas de confluencia reclaman que este grupo teña un nome propio e unha personalidade diferenciada. En troca, Iglesias ofrece reparto dos tempos de intervención e dos recursos económicos. Renuncia ao grupo galego Neste senso, segundo recolle eldiario.es as negociacións entre as coligazóns e Podemos xiran arredor da incorporación d@s parlamentares ao grupo de Pablo Iglesias que pasaría a se denominar Podemos-En Comú-Compromís-En Marea. No acordo que deseñan as persoas integradas nas candidaturas de confluencia non estarían suxeitas a disciplina de voto. As persoas eleitas de En Marea pasarían ao grupo de Podemos mais sen disciplina de voto Así as cousas, desta maneira estarían a renunciar á solicitude dun grupo propio, ergo á presentación de calquera recurso para contar con el. Unha exixencia de Iglesias que quere, explican desde eldiario.es, contar cun plan B. Podemos veta o grupo IU-És el Moment Doutra banda, desde o PSOE, ao que as tres candidaturas reclamaron solucións "imaxinativas", propoñen a posibilidade de que IU-Unidad Popular, a candidatura de Alberto Garzón, forme grupo con És el Moment, unha parte de Compromís-Podem contra quen si tería concorrido nos comicios do 20-D. Esta fórmula permitiría a ambas as dúas formacións conformar grupo non así ás coligazóns galega e catalá integradas tamén por IU. Unha posibilidade "perfectamente legal", segundo explicou o propio Alberto Garzón nas redes sociais, e da que "tentamos convencer a Podemos, como ao resto", mais sen éxito. Alberto Garzón di que Podemos rexeitou a posibilidade de que IU e És el Moment conformasen grupo parlamentar Perante a negativa do grupo de Iglesias, as dúas persoas eleitas parlamentares por IU rexistraron na xornada de onte unha proposta para se constituír nun "grupo técnico" xunto a ERC e Bildu. "ERC ofreceunos con moita xenerosidade a posibilidade de participar inicialmente nun grupo técnico con eles, embora despois pasarmos ao grupo mixto. Grazas á axuda de ERC teremos recursos, espazo parlamentar e outras facilidades", dixo Garzón. O tempo apremia e se non se alcanza un acordo que cumpra co expresado no regulamento da Cámara e satisfaza as partes, as tres coligazóns poderían rematar no grupo mixto, ora ben, como subgrupo. Unha posibilidade xa explorada en anteriores lexislaturas, no concreto após a ruptura no seo de Alianza Popular (1986-1989). Esta información foi editada por volta das 18h.
PRAZA_4971
O 1 de marzo de 2009 o PP retornaba ao poder e desaloxaba da Xunta a PSdeG e BNG, estupefactos ante unha derrota inesperada. Media década despois as dificultades económicas, os escándalos de corrupción e o labor da oposición centran os interrogantes cara ao futuro político do país.
A noite do 1 de marzo de 2009 foi a da estupefacción na política galega. A vitoria do PPdeG nas urnas por maioría absoluta sorprendera a case todos e todas agás excepcións -no PSOE, por exemplo, un gabinete encabezado por José Blanco xa comezara a ordenar o relevo de Emilio Pérez Touriño o sábado anterior aos comicios-, mesmo nas filas conservadoras. PSdeG e BNG enfrontábanse a unha abrupta saída do poder tras unha campaña electoral que remataran noqueados polo marasmo popular de denuncias de suposto "desbalde" convenientemente amplificadas. O que durante catro anos fora coñecido como "novo Goberno" deixaba San Caetano cun aquel de decepción e unha morea de traballo por facer. No seu lugar chegaba un gabinete no que, cinco anos e unhas eleccións depois, só cambiaron catro membros. Aquel que Feijóo alcumara como "goberno de dez" comezou a traballar baixo a bandeira da austeridade e cun baixo perfil político, motivado esencialmente polos "nons" que o presidente recibiu de quen elixira como conselleiros e pola tendencia presidencialista do xefe do Executivo. Houbo quen deu en denominar a Feijóo como "conselleiro de todo" dun Goberno que durante os primeiros tempos viviu basicamente de xestos: o acceso aos garaxes do complexo de San Caetano para amosar como o po cubría o Audi que utilizara Touriño, as chiscadelas a grupúsculos como Galicia Bilingüe ou a organización do Xacobeo 2010 centraron o inicio dun mandato marcado esencialmente por unha crise que, ao cabo, non era só cousa do bipartito. Na actualidade hai 115.000 persoas máis sen traballo que en 2009 Tras media década Feijóo goberna un país con 30.000 habitantes menos e un saldo vexetativo peor que o de 2009, daquela as mortes superaban en 7.600 persoas os nacementos e agora fano en case 9.800, segundo datos do IGE. Na actualidade, atentendo aos propios datos oficiais, hai 5.000 empresas menos e o que o propio Goberno considera o principal problema do país, o paro, continúa a medrar: segundo a Enquisa de Poboación Activa agora hai 10 puntos máis de desemprego, que se traduce en 115.000 persoas máis sen traballo. Na actualidade hai 50.000 fogares máis con todos os seus membros no desemprego e, no caso da xente nova, hai 100.000 mozos e mozas ocupados menos que naquel 1 de marzo. Feijóo mantén que reforzou o autogoberno, pero aparcou o Estatuto e non sumou ningunha nova transferencia Nuns anos nos que o propio Feijóo insistiu en que a súa xestión reforzara o autogoberno por non acudir ao Fondo de Liquidez Autonómica e poderse seguir "financiando nos mercados", os que eran considerados como grandes temas de país ficaron definitivamente aparcados. Así, por exemplo, na súa investidura Feijóo comprometeuse a retomar a reforma do Estatuto de Autonomía na "primeira metade da lexislatura" e, tras dar novos prazos en varias ocasións, o proceso ficou definitivamente no esquecemento. No mesmo ámbito do autogoberno, a primeira lexislatura tras o retorno do PP foi a primeira en rematar sen ningunha transferencia de competencias novas e a segunda, polo momento, vai polo mesmo camiño. Unha oposición convulsa O Goberno de Feijóo desenvolveuse, tanto na sétima como no que vai de oitava lexislatura, cunha oposición en recomposición case continua. Touriño dimitiu como secretario xeral do PSdeG ao día seguinte da derrota electoral do bipartito e Anxo Quintana deixou a portavocía nacional do BNG fixo o propio unha semana despois. Ambas formacións desenvolveron relevos relativamente rápidos e puxeron á fronte dos seus novos proxectos a Pachi Vázquez e Guillerme Vázquez. Tras a segunda vitoria conservadora, PSdeG e BNG puxeron a Besteiro e Vence á fronte dos seus proxectos O adianto electoral de 2012 permitiulle ao Vázquez socialista ser candidato á Presidencia da Xunta, opción á que non accedeu o nacionalista, quen continuou na portavocía nacional pero con Francisco Jorquera como cartel electoral, en virtude do decidido na axitadísima asemblea de Amio. Desa asemblea, precisamente, xurdiron as escisións do Bloque que reconfiguraron de vez o panorama político galego, con novas forzas como Anova e Compromiso por Galicia. Anova, a través da súa alianza con Esquerda Unida e os Ecosocialistas, formaron Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a coalición que irrompeu nas eleccións de 2012 sen ser quen, así e todo, de desbancar a Feijóo da súa maioría absoluta. Tras esa segunda vitoria conservadora José Ramón Gómez Besteiro e Xavier Vence colleron os temóns dos socialistas e do Bloque, respectivamente. Este é, a grandes trazos, o escenario no que Feijóo fai cinco anos no poder, aniversario que se produce co argumentario do PP estatal centrado en facer ver unha recuperación económica que non remata de palparse entre o común da cidadanía. Mentres, en Galicia, casos de corrupción como a operación Pokémon e a máis recente operación Patos condicionan a axenda política e abren interrogantes acerca do futuro máis inmediato. Se Feijóo resiste ou non estas novas dificultades verase -se non hai novidades- en 2016. Tres anos de lexislatura Exame a Feijóo Eleccións 2012
PRAZA_10923
"Calquera pode levar a camisola que queira, pero fóra deste hemiciclo", xustifica o PP sobre a normativa plasmada dende este luns nun documento específico. A prohibición xa foi aplicada este martes a veciñanza da Illa de Ons, que non puido seguir a sesión portando camisolas co lema 'Ons en loita'
O Parlamento de Galicia comezou este martes o primeiro pleno do novo período de sesións. O reinicio da actividade parlamentaria cotiá estivo marcado pola aprobación, na tarde do luns, do documento que ratifica o veto aos actos reivindicativos no recinto parlamentario. O documento, que recibiu luz verde na Mesa da Cámara só cos votos do PP, oficializa tamén a capacidade -xa existente de facto- de prohibir a asistencia de público ás sesións parlamentarias con vestimentas ou imaxes contrarias ao "decoro" da institución.Ese veto ás indumentarias que "menoscaben o decoro da Cámara" xa comezou a ser aplicado este mesmo martes mentres, pola banda da oposición, continuaban as mostras de rexeitamento a un documento que, defende a Presidencia, non fai máis que "poñer por escrito" restricións xa existentes. Así, no primeiro dos debates do novo curso político, no que o PP freou unha iniciativa do PSdeG para "afastar por lei as pirotecnias e plantas de xestións de residuos das zonas residenciais", os populares xustificaron abertamente o veto. Trátase, din, de que os membros do lexislativo poidan "debater sen presións"."Calquera pode levar a camisola que queira, pero fóra deste hemiciclo", xustifica o PPDespois de que, dende o grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez censurase a aplicación destas medidas, dende o PP o parlamentario Gonzalo Trenor proclamou que "esta casa está para que poidamos falar sen que ninguén se poida sentir presionado". "Para que poidamos debater sen sentirnos presionados nin intimidados" están "as normas" coma esta, abonda o conservador, dende cuxo punto de vista "calquera pode levar a camisola que queira", pero "fóra deste hemiciclo". Permitir que o público porte camisolas reivindicativas cando asiste a un pleno da Cámara é para Trenor equiparable a que "puidésemos poñer pancartas" no hemiciclo decididas só "polo grupo maioritario". "Esa protección para vostede, como grupo minoritario, é máis valiosa", retrucou ao deputado dos comúns. O veto, non obstante, non se estende aos propios deputados.A prohibición xa foi aplicada este martes a veciñanza da Illa de Ons, que non puido seguir a sesión portando camisolas co lema 'Ons en loita'"Agardo menoscabar moitas veces o decoro entendido como o entende o PP", advertira previamente Antón Sánchez, a cuxo xuízo o grupo que sustenta o Goberno entende como contrario ao decoro todo aquilo que "o moleste". "A palabra decoro -reflexionou- foi un concepto moi utilizado durante a ditadura franquista, atribuíaselle valores nacionais de exemplaridade e de moralidade, a súa, a do franquismo", evocou. "Igual -acusou- que pretenden vostedes impoñer as súas normas" aínda que non sexan quen de explicar "que menoscabo do decoro desta Cámara" se produce cando, por exemplo, "a xente de Casalonga manifesta nunha camisola que non quere un vertedoiro".Poucas horas despois deste debate o veto volvía saír á palestra. Sucedía despois de que, a través do vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo, a institución impedise a veciñanza da Illa de Ons seguir dende a tribuna de convidados un debate sobre o parque das Illas Atlánticas portando camisolas co lema Ons en loita. Ante as protestas da oposición o propio Trenor volveu defender a medida argumentando, ademais, que no período do bipartito existían máis restricións no Parlamento por orde da daquela presidenta socialista, Dolores Villarino.
PRAZA_9809
Este mércores un cento de rapaces e rapazas de Viana do Bolo, Milladoiro (Ames), Vilagarcía de Arousa, Silleda e Bueu participarán nun hackaton no que elaborarán gifs, memes e pequenos vídeos para contrarrestar as noticias ou comentarios xenófobos.
Os medios de comunicación e as redes sociais bombardéannos todos os días con mensaxes. Algunhas teñen apariencia de información e outras non, algunhas son feitas por xornalistas e outras non, algunhas son xornalismo e outras non. Unha parte, ademais, contribúe a sementar prexuízos e ideoloxías de odio, que case sempre se dirixen contra as persoas e colectivos máis débiles ou excluídos: inmigrantes, persoas doutras etnias, pobres, persoas de orientacións sexuais distintas das normativas... Dende o 2015 a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) leva a cabo actividades en centros de ensino de toda Galicia para ensinar a mozos e mozas a identificar estas noticias falsas e discursos de odio e, admeais, a aprender a contrarrestalas e combatelas. Trátase do proxecto EpDLab, obradoiros que fan fincapé na formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores. "Trátase de crear contidos para contrarrestar as fake news, a xenofobia e o racismo na sociedade, nos medios e nas redes e contidos a favor dunha sociedade máis acolledora"Este mércores un cento de rapaces e rapazas de Viana do Bolo, Milladoiro (Ames), Vilagarcía de Arousa, Silleda e Bueu xuntaranse na Casa da Cultura de Silleda para participar nun hackaton contra as fake news e o discurso de odio. Entre as 10:30 e as 17:30 colaborarán no deseño e elaboración de memes, gifs, fotos, microvídeos ou pequenas pílulas de vídeo que buscan servir de resposta ás novas e comentarios xenófobos ou que ataquen ás persoas migrantes."Trátase de crear contidos para contrarrestar as fake news, a xenofobia e o racismo na sociedade, nos medios e nas redes e contidos a favor dunha sociedade máis acolledora coas persoas migrantes e refuxiadas", explican dende Agareso. E todo a través "dun xogo que estimula creatividade e o diálogo, demostrando que colectivamente se poden facer cousas para cambiar a nosa realidade máis próxima e que a comunicación ten un gran potencial transformador", din."Nun contexto no que a tecnoloxía revolucionou os procesos comunicativos, a competencia mediática é un aspecto imprescindible para a construción dunha cidadanía activa e responsable""Nun contexto no que a tecnoloxía revolucionou os procesos comunicativos, a competencia mediática é un aspecto imprescindible para a construción dunha cidadanía activa e responsable", explican, resumindo os avances do proxecto dende o ano 2015, unha iniciativa na que o alumnado dos centros galegos entra en contacto, ademais, e colabora con rapaces e rapazas de colexios de El Salvador ou da República DominicanaAgareso destaca que o éxito da iniciativa nos últimos anos é resultado "do alto compromiso do profesorado con este proxecto, que precisa de moitas horas para poder levarse a cabo". "A colaboración dos formadores na súa execución foi fundamental para poder mostrar agora todos estes resultados", engaden
NOS_15609
Fucking Bunnies, dirixida por Teemu Niukkanen, relata en 17 minutos a historia dunha secta satánica que se instala no mesmo andar que o do protagonista do filme. O noveno Festival de Cinema Fantástico FKM da Coruña vén de lle entregar o Percebe Mutante á Mellor Curta do certame. O outro premio gordo, á Mellor Ópera Prima en formato longo, levárono Ikaros: a vision, de Leonor Carballo e Matteo Norzi, e Sweet Virginia, de Jamie Dagg.
Mais foi Woman who kill (2016), da estadounidense Ingrid Jungermann, a que xuntou máis distincións: ao Mellor Guión de Ópera Prima, á Mellor Banda Sonora, e ao mellor cartaz. O Percebe Mutante aos Mellores Efectos Especiais foi para Housewife (2017), do turco Can Evrenol. Ao longo dos oito días de encontro, que remataron onte coa entrega de premios, os espectadores tamén puideron ver unha pequena escolma de clásicos do xénero baixo o título Homenaxe a Satán. A célebre O Día da Besta (1995), de Álex de la Iglesia; o clásico de culto sobre o paganismo The wicker man (Robin Hardy, 1973), ou un repaso ao mito da contracultura satánica Kenneth Anger foron algunhas das obras proxectadas. Especializado en "cinema fantástico, de terror e ciencia ficción", o FKM completou o seu programa con mesas redondas -unha delas arredor das meigas e as bruxas-, clases maxistrais, exposicións ou sesións infantís.
PRAZA_10441
A Estrada era o quinto concello máis poboado do país e Ortigueira, A Fonsagrada, Lalín, Chantada ou Pantón situábanse entre os 15 primeiros. 208 localidades perderon habitantes, que se concentraron nas áreas urbanas e nalgúns núcleos comarcais, nun proceso que continúa, acelerado.
É o ano 1900. Galicia conta con case dous millóns de habitantes, máis do 10% dos 18,6 millóns que viven no Estado Español. Milleiros de persoas están a emigrar a América -Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil...)- dende os portos da Coruña e Vigo, algúns con viaxe de ida e volta. O 57% dos homes e o 22% das mulleres sabe ler e escribir. Francisco Silvela e Marcelo Azcárraga ocupan a Presidencia do Consello de Ministros antes do regreso de Sagasta ao cargo en 1901. Un rapaz de 14 anos chamado Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acaba de regresar dende a Arxentina. Non existe aínda a Estrella Galicia (1906), nin o Deportivo (1906) nin o Celta (1923). A Estrada era o quinto concello máis poboado do país. Ortigueira, A Fonsagrada e Lalín situábanse entre os dez primeiros. E pouco despois aparecían Chantada, Pantón, O Saviñao ou MondoñedoNese ano a poboación galega seguía a ser eminentemente rural. A Coruña era a localidade máis poboada, con menos de 44.000 habitantes (aínda non se anexara ao termo municipal o antigo Concello de Oza). Vigo era o sexto concello do país (pouco máis de 23 mil habitantes), pero na cidade aínda non se incluían os datos de Bouzas e Lavadores, concellos independentes. Lugo con 27 mil, Ferrol (sen Serantes) con 25 mil e Compostela (sen Conxo e Enfesta) con 24 mil sumaban máis poboación que a cidade olívica.A Estrada era o quinto concello máis poboado do país, con case 24 mil habitantes, tres mil máis dos que ten na actualidade. Ortigueira (18 mil), A Fonsagrada (17 mil) ou Lalín (16 mil) situábanse entre os dez concellos máis habitados. E Chantada (15 mil), Pantón (13 mil), O Saviñao (11 mil) ou Mondoñedo (10.500) aparecían pouco despois.Dous de cada tres concellos (208) perderon habitantes, mentres que só 94 gañaron residentesDe feito, son moitas as localidades que en 1900 contaban con máis poboación da que teñen na actualidade. En concreto, dous de cada tres concellos (208) perderon habitantes, mentres que só 94 gañaron residentes. Nalgúns casos non é posible establecer a comparación, pois a comezos do século XX os concellos aínda non existían (A Pontenova, Ribeira de Piquín, Pontecesures, Cariño, Negueira de Muñiz, Mondariz-Balneario, A Illa de Arousa, Burela, Ramirás...).Os efectos da caída demográfica, do envellecemento da poboación e de décadas de migracións exteriores e interiores son claros ao comparar os datos dos concellos en 1900 e 2018. Durante boa parte do século XX (sobre todo na segunda metade) comezan a producirse os fenómenos de despoboamento da zona rural e de concentración da poboación nas zonas urbanas e no eixo atlántico que agora continúan, aceleradas. Na actualidade, o 85% dos concellos galegos perden poboación cada ano e tan só 16 concellos teñen máis menores de 20 anos que maiores de 65.Se se observa o mapa coa poboación que cada concello tiña no ano 1900, a foto-fixa é ben distinta á actual, na que o eixo da AP-9 entre Ferrol e Tui (no que se inclúen as conurbacións de Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Vigo) concentra a gran maioría dos habitantes do país. Carballedo, Chantada, Pantón, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga, Folgoso do Courel, Samos e Sarria sumaban case 150.000 habitantesPor exemplo, o sur da provincia de Lugo estaba moi poboado: Carballedo, Chantada, Pantón, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga, Folgoso do Courel, Samos e Sarria sumaban case 150.000 habitantes, fronte aos pouco máis de 60 mil da actualidade. Na Montaña lucense, A Fonsagrada, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais e Pedrafita sumaban 50.000 residentes, mentres que hoxe roldan os 11.000. O mesmo sucedía no interior da provincia de Pontevedra, onde A Estrada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Rodeiro sumaban 90.000 habitantes.Había ademais importantes diferenzas no equilibrio interno das distintas comarcas. Vemos, por exemplo, que Verín, Vilardevós, Riós ou Laza tiñan unhas cifras de poboación moi semellantes, mentres que hoxe Verín duplica á suma das restantes localidades. De igual xeito Viana do Bolo, a Veiga ou O Bolo contaban con máis habitantes que O Barco, sumando 15 mil residentes entre os tres. Destaca, así mesmo, o peso que daquela tiña Mondoñedo (por riba dos 10 mil habitantes), Palas de Rei (9.800) ou Vimianzo (8.637). Ou o poboados que estaban os antigos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, que sumaban máis de dez mil, o dobre que na actualidade.O seguinte mapa permite ver a evolución demográfica que cada concellos e comarca experimentaron entre 1900 e 2018: en verde as zonas que gañan poboación e en marrón as que a perden. Medra o eixo atlántico e todas as grandes cidades, xunto coas súas áreas circundantes. Hai que ter en conta, ademais, que todas as urbes agás Lugo engadiron novos territorios aos seus termos municipais: Serantes, Oza, Conxo, Lavadores, Canedo, Xeve...Cae todo o interior (sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense), agás algúns núcleos comarcais que concentran parte da poboación que perden os concellos da contorna (pero só unha pequena parte) E perde todo o interior (sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense), agás algúns núcleos comarcais que concentran parte da poboación que perden os concellos da contorna (pero só unha pequena parte). Así, fronte ás perdas xeneralizadas da maior parte dos concellos lucenses e ourensáns, crecen Foz, Monforte, O Barco, Verín, Xinzo, O Carballiño, Lalín, Sarria, Melide ou Vilalba. Tamén o fai de forma moi destacada As Pontes, atraendo a parte da migración dos concellos da súa contorna.O litoral gaña poboación en case todos os casos, agás na Mariña lucense (tan só o fan Foz, Viveiro e Ribadeo), o Ortegal (medra Cedeira, pero con grandes perdas para Ortigueira e Mañón) e a contorna da Costa da Morte, onde só aumentan Cee e Camariñas, con importantes descensos para Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Carnota, Dumbría...Un gran número de concellos perdeu máis do 80% da súa poboaciónAdemais das sete cidades, os concellos que máis aumentan son Vilagarcía de Arousa, Oleiros e Narón, que multiplican por cinco a súa poboación; Ames, Culleredo e Cambre, que a cuadriplican; e Poio, Arteixo, Cangas, Moaña, Nigrán, Barbadás, Verín, Baiona, O Porriño, O Grove ou Redondela, que a triplican.No extremo contrario atopamos un gran número de concellos que perden máis do 80% da súa poboación: O Incio, Pantón, Muras, Cervantes, Ourol, Montederramo, O Bolo, Samos, Parada de Sil, Navia de Suarna, Folgoso do Courel, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Teixeira ou A Veiga.
NOS_48455
Os tres hospitais galegos —Povisa (Vigo), Polusa (Lugo) e Juan Cardona (Ferrol)— do grupo Ribera Salud van seguir xestionados pola empresa valenciana malia o cambio no accionariado coa entrada do grupo francés Vivalto Santé. A sanidade privada na Galiza, mentres, segue a gañar terreo.
Os hospitais Povisa, Polusa e Juan Cardona suman por volta de 850 camas. O complexo vigués, Povisa, ten 135.000 persoas adscritas do Sergas, con que vai renovar o convenio de atención a esta poboación en 2024. O grupo valenciano Ribera Salud é propietario dos tres hospitais e esta terza feira dixo que así seguirá malia a entrada no accionarado do holding europeo do que fai parte Vivalto Salté. Mais estes movementos indican como a sanidade privada na Galiza segue a ser un terreo de negocio. A presidenta do comité de Povisa, Chus Neira, cualificou como "un despropósito" que se "utilice usuarios e traballadores como moeda de cambio para os intereses das multinacionais". O persoal dos complexos hospitalarios dixo non saber nada destas operacións e pediu unha reunión con Sanidade. Na Galiza case seis de cada 10 hospitais, 57%, son privados, así como 23% das camas hospitalarias —perto de 2.300—, como se recolle no informe da Fundación Idis (Instituto para o desenvolvemento e integración da sanidade) correspondente ao exercicio 2021. A isto engádese cada vez máis peso da privada en cuestións como equipos de alta tecnoloxía. Aumento da contratación de seguros privados A privada aumenta a súa presenza na Galiza nuns anos de aumento dos galegos e galegas que optan por contratar seguros sanitarios privados, por volta de 8.100 deron ese paso o ano pasado e xa son 427.000 as persoas aseguradas, o que representa 44.000 máis que en 2017. O aumento das listas de espera, os efectos dos recortes na sanidade pública e a ofensiva de ofertas low cost por parte destes seguros son algúns dos motivos do aumento. Segundo ten sinalado a Nós Diario o portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín, "os seguros privados teñen ampliado a súa cobertura desde 2020 en máis de 10 puntos, representando a Atención Primaria 30% do total". 206 millóns en convenios O Goberno galego entregou á sanidade privada 206 millóns de euros, segundo o Informe de fiscalización do Servizo Galego de Saúde de 2019, elaborado polo Consello de Contas —o último publicado—. Os orzamentos públicos son unha das principais vías de financiamento dos hospitais privados. Segundo os propios datos da patronal galega da sanidade, 37,2% dos seus ingresos proceden de achegas da Xunta. Un estudo publicado en maio pola Federación de asociacións para a defensa da sanidade pública (Fadsp) situaba a Galiza como o quinto territorio do Estado español con maior grao de privatización dos seus servizos sanitarios. Avanzou tres postos desde 2019 en privatización. O "caso" do Cunqueiro O Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, posto no seu día pola Xunta como "exemplo" de colaboración público-privada, acumulou nestes anos ducias de problemáticas, desde fallos graves na cociña a falla de equipamentos básicos. A CIG denunciaba en 2021 que 73 millóns de euros públicos ían para os fondos e empresas da concesionaria do hospital. A Xunta concede un novo contrato millonario á empresa da ex conselleira Rocío Mosquera Diferentes grupos operan no mapa sanitario privado galego Vivalto Santé xestionaba en 2009 tres clínicas en Francia e hoxe posúe medio cento de centros sanitarios e máis de 10.000 traballadores e traballadoras. Entre os seus accionistas hai bancos (BNP Paribas, Crédit Agricole), mutuas (Macsf) ou un fondo de investimento ligado a Abu Dabhi (Mubadala). A súa estratexia pasa agora por adquirir hospitais no Estado español e Portugal. Diferentes grupos operan no negocio da sanidade privada na Galiza. Aí están actores como o grupo Quirón —propietario do hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, do Instituto de Neurorreabilitación de Pontevedra, do centro Quirón da Coruña e do sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo—, Vithas ou HM (Hospitales de Madrid).
NOS_51950
O portavoz do BNG defende a necesidade de forzas propias e dunha alternativa clara "de país" fronte os gobernos do PP "e o centralismo".
Galiza precisa, "máis que nunca", estratexias e alternativas feitas e impulsadas desde Galiza para artellar a alternativa "clara" aos gobernos "corruptos do PP e ao centralismo". Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, entende que cara ás municipais hai que activar "unha alternativa política potente do nacionalismo". Preguntado polo xornalistas sobre Podemos e posíbeis fugas de votos da fronte nacionalista cara ao partido de Pablo Iglesias, Vence dixo que o país precisa "unha alternativa cos pés na terra e cabeza no país". Por iso, engadiu, Galiza precisa "estratexias e alternativas pensadas desde aquí" pois "desde logo, non a vai dar ningún gabinete da Universidade Complutense". Na Complutense participa boa parte do cumio de Podemos. Sector leiteiro Vence fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas e após unha comparecencia na que advertiu da situación "dramática" na que está o sector leiteiro galego. Unha queda continuada do prezo do leite "por imposición das industrias e distribuidoras". Algo que está a acontecer, co consentemento da Xunta. O Executivo galego, dixo, é incapaz de defender en Madrid un sector que representa o 40% do total español. A Feijóo esváralle a desfeita do agro galego ocupado en tapar as mentiras e as vergoñas da corrupción" "A Feijóo esváralle a desfeita do agro galego ocupado en tapar as mentiras e as vergoñas da corrupción", criticou Vence, quen plasmou en cifras a "dramática" situación do sector lácteo: desde que goberna Feijóo, Galiza perdeu 10.500 postos de traballo, un 21% do emprego agrario, pecharon 6.500 explotacións e quedaron abandonadas 49.000 hectáreas de terra de cultivo. Garantir contratos e prezos xustos A solución para o BNG: garantir contratos e prezos xustos para os produtores na súa relación coas industria evitando que se impoñan condicións "leoninas" e o incumprimento sistemático da figura do contrato homologado.
NOS_58131
Coa atención centrada na crise do coronavirus, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, vén de asinar unha orde executiva onde se manifesta o "dereito" do país norteamericano a explotar os recursos mineiros da Lúa e doutros corpos celestiais, negando que sexan "patrimonio común da humanidade".
"Os estadounidenses deberían ter o dereito a iniciar a exploración comercial, obtención e uso de recursos do espazo exterior, en concordancia coa lei vixente", sinala na súa sección primeira o documento asinado por Donald Trump a semana pasada, e onde tamén aclara que os Estados Unidos nunca chegaron a asinar o acordo internacional coñecido como o Tratado da Lúa. Oficialmente chamado Acordo de Regulamento das Actividades dos Estados na Lúa e Noutros Corpos Celestes, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1979. Entrou en vigor en xullo de 1984 e afonda nos preceptos recollidos no Tratado sobre o Espazo Exterior, de 1967, que si asinaron os Estados Unidos ─e tamén a Unión Soviética─ en plena carreira espacial no marco da Guerra Fría. O Tratado da Lúa estabelece que os corpos celestes deberían ser usados con finalidade pacífica, o seu ambiente preservado e que a ONU sería informada da localización e obxectivos de calquera instalación que neles se puidese estabelecer. Ademais, incide en que a Lúa e os seus recursos naturais son "patrimonio común da humanidade" e que a súa explotación, cando fose posíbel, debería estar xestionada internacionalmente. Porén, na orde executiva remárcanse as "diferenzas" existentes entre o tratado de 1967, asinado por 108 países, e o de 1979, só por 18 (ningún con capacidade para a exploración espacial tripulada, como Rusia ou China) e ratificado só por catro (Francia, Guatemala, a India e Romanía). O Goberno dos EUA cre que "contribúen á incerteza a respecto do dereito a obter e usar os recursos espaciais". Obama, pioneiro A aprobación da norma por parte de Donald Trump ─un firme defensor da actividade mineira na Terra─ segue o ronsel deixado polo seu antecesor, Barak Obama, que en 2015 aprobou a SPACE Act (acrónimo de Spurring Private Aerospace Competitiveness and Entrepreneurship, "Estímulo da Competitividade e do Emprendemento Privado Aeroespacial"). Esta lei remataba con "regulacións innecesarias" e permite explicitamente ás compañías estadounidenses explotar os recursos da lúa e doutros corpos celestes. Non posuílos, mais si quedar con todo o saquen deles. Obama, como Neil Amstrong, daba o primeiro paso; e como Buzz Aldrin, detrás veu Trump. Michael Collins, que observaba os seus dous compañeiros do Apolo XI orbitando desde o módulo Columbia, representaría nesta alegoría a humanidade no seu conxunto. "Carácter simbólico grave" A nova lei advirte: "O espazo exterior é un dominio para a actividade humana legalmente e fisicamente único, e os Estados Unidos non o ven como unha área de bens comúns globais". Esta última frase é a que máis inqueda a Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Io, unha das primeiras en chamar a atención dentro do remuíño do coronavirus que todo o arrastra. Pawley salienta o carácter "simbólico" da norma máis que o práctico, xa que a tecnoloxía actual fai que non teña "aplicación inmediata". Porén, cre que é especialmente grave no contexto actual, "cando estamos a ver as consecuencias do uso desaforado dos bens da terra" e da "necesidade de manter santuarios" e unha "visión global" ante os desafíos comúns. Pode afoutar unha carreira espacial coa China e con Rusia? Beijing non se pronunciou e, oficialmente, Moscova criticou a decisión. Roscosmos, a axencia espacial rusa sinalou nun comunicado publicado na súa web que "os intentos de expropiar o espazo cósmico e os plans agresivos de apropiarse dos territorios doutros planetas dificilmente pode alentar os países a cooperar de maneira frutífera". Mais para Pawley, a decisión de Trump supón unha "xustificación" para estoutras potencias. Órbita baixa En calquera caso, o principal efecto e a ameaza inminente que a nova lexislación pode ter para o conxunto da humanidade, explica Pawley, está na explotación da chamada órbita baixa, onde actualmente xa hai entre 3.000 e 4.000 satélites artificiais, e que garda relación co despregue da tecnoloxía 5G. "As empresas de telecomunicacións aspiran a pór en órbita miles de satélites que substitúan as redes en terra e isto traerá consigo varios problemas: primeiro, que haberá centos de puntos de luz no ceo que entorpecerán a observación científica do universo, e segundo, que aumentará o risco de precipitación sobre a Terra", explica Pawley, que calcula que cada compañía ─individualmente, dentro da competencia do mercado─ aspira a pór en órbita entre 10.000 e 12.000.
NOS_35704
Desde a chegada do PP á Moncloa e coa escusa da austeridade, reducíronse a nivel estatal un 44 por cento as subvencións ás actividades dirixidas á defensa de traballadores e traballadoras.
Sometidos a unha brutal campaña mediática en contra nos últimos anos na que tampouco se distingue entre os distintos modelos existentes, os sindicatos e todo o que eles representan seguen a ser afogados desde o goberno central, que os ten no seu punto de mira e aos que, segundo saíu publicado este día 6 no Boletín Oficial do Estado (BOE), volveu recortar as axudas dun xeito notorio. O Executivo de Rajoy reduciu este ano nun 20 por cento a partida destinada ao "financiamento e realización de calquera tipo de actividade sindical dirixida á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais dos traballadores", que queda en 8,8 millóns a nivel estatal case a metade dos 15 que se adxudicaban antes da chegada ao poder central do PP, que polo tanto aplicou un recorte dun 44 por cento. O Goberno de Madrid xustifica esta baixada nas axudas ás centrais sindicais nas políticas de austeridade, malia que moitas voces, especialmente desde o mundo do traballo, consideran que existe unha motivación ideolóxica que vai unida a medidas como a Reforma Laboral, que limitan os dereitos d@s traballadores e traballadoras. Desde o día 6 abriuse un prazo dun mes para acceder a estas axudas, que na súa meirande parte van dirixidas ao modelo de pacto sindical que defenden UGT e CCOO en detrimento doutas centrais máis combativas.
NOS_44247
Irlanda decreta o feche dos pubs nas horas previas ao día do patrón, o Día de San Patricio, que se celebra cada 17 de marzo en Irlanda e noutros países do mundo que contan con devanceiros na illa Esmeralda.
"Non lonxe de aquí, enfermeiros e médicos están a traballar co obxectivo de se prepararen para o impacto da pandemia global. Todo mundo está a traballar 24/7 (sen descanso). Isto é un insulto aos seus esforzos", escribía en Twitter na fin de semana o ministro de Sanidade de Irlanda, Simon Harris. Facíao no Twitter, en resposta a un vídeo colgado nesta mesma rede social, onde se mostraba un ateigado pub de Temple Bar (Barra an Teampaill, en gaélico), a popular zona de ocio nocturno de Dublín. A xente, allea á preocupación da cidadanía polo contaxio do coronavirus, cantaba animosamente o Sweet Caroline de Neil Diamond. "Good times never seemed so good" ("Os bos tempos nunca semellaron tan bos"), di o retrouso da canción. Nas redes iniciouse unha campaña pedindo a clausura dos bares, #CloseThePubs. O domingo pola mañá, o taoiseach (primeiro ministro) Leo Varadkar advertiu que os pubs non poderían albergar concentracións de máis de 100 persoas. Porén, ante a presión social polas numerosas imaxes e vídeos de xente congregada nestes estabelecementos, o ministro de Sanidade volvía escribir o domingo pola noite na súa conta do Twitter: "Todos os pubs e bares de Irlanda pecharán esta noite até o 29 de marzo". Medidas coercitivas A decisión chega nun simbólico momento, xusto antes do Día de San Patricio, que esta terza feira, 17 de marzo, se celebra en Irlanda e en todo o mundo, especialmente nos Estados Unidos e noutros países con devanceiros na Illa Esmeralda. Durante días fixéronse recomendacións para que a poboación cumprise coas instrucións das autoridades sanitarias, mais finalmente o Goberno tivo que tomar medidas coercitivas. No Día de San Patricio popularizáronse nas últimas décadas as xuntanzas nos pubs para celebrar a xornada, que é día festivo tanto na República de Irlanda como en Irlanda do Norte, territorio baixo soberanía británica. Tamén, desde mediados da década de 1990, se organizan grandes desfiles en Dublín (e en Belfast). Nos Estados Unidos non é día festivo, mais a tradición dos desfiles e de xuntanzas nos bares irlandeses é común nos últimos tempos na maioría das grandes cidades. Todos os eventos foron cancelados. En Irlanda, a reunión en pubs é un costume relativamente recente, xa que até finais da década de 1970 estaba prohibida a apertura dos pubs no 17 de marzo. Xuntanzas familiares Tradicionalmente, a poboación atendía pola mañá á cerimonia da misa portando un trevo na lapela e posteriormente regresaba ás súas casas para celebrar o día do patrón cun xantar familiar. É neste sentido que tamén as autoridades amosaron nas últimas horas a súa preocupación. O responsábel médico e asesor do Goberno, Tony Holohan, advertiu a poboación de que as xuntanzas nos fogares para celebrar o San Patricio "porá vidas en risco". "As reunións familiares levan consigo os mesmos riscos que estar nun pub ou nunha discoteca. O virus está xa na nosa comunidade, depende de nós evitar a súa propagación", sinalou Holohan, segundo recolle o Independent. O xornal irlandés tamén apunta que o plan de emerxencia no que traballa o Executivo de Varadkar (en funcións) está planeado para máis alá de xuño. Actualmente ─segundo os datos desta segunda feira ao mediodía─, na República de Irlanda hai rexistrados 169 casos e dúas mortes, nunha poboación de 4,9 millóns de persoas (en Irlanda do Norte, con 1,9 millóns, hai 45).
NOS_52323
Continúa a guerra interna no PP de Vigo.
O equipo de Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo e candidata a presidir o PP local, cualificou esta cuarta feira de "inverosímiles e pouco convincentes" as explicacións do seu opoñente, Javier Guerra, en relación ás supostas afiliacións irregulares ao partido con cotas domiciliadas nunha conta ao seu nome. Así o trasladou, a través dun comunicado, o membro da candidatura de Fernández-Tapias Antonio Martiño, quen criticou que este "intento de pucheirazo" é unha "manobra" de Guerra para "alterar o censo" de cara ás primarias que se celebrarán o vindeiro 18 de decembro. "É evidente que pretendía influír no resultado [do Congreso do PP]", asegurou. O senador Javier Guerra defendera a "legalidade" destas afiliacións alegando que se trataba de "familiares e achegados" seus. Esta cuarta feira, preguntado polos medios sobre esta polémica, evitou facer novas declaracións, mais si afirmou que a súa candidatura é "a única" que pode "manter a súa autonomía" para "non aceptar as decisións que veñan de fóra da cidade". "É evidente que pretendía influír no resultado [do Congreso do PP]", asegurou. En calquera caso, Guerra viña de acusar Martiño de intentar "desprestixiar" a súa candidatura. Aínda así, o compañeiro de Fernández-Tapias indicou: "Javier Guerra pagou co seu diñeiro as afiliacións porque agardaba que esas persoas puideran votar no Congreso". A última hora desta cuarta transcendeu que o secretario de Organización do PP a nivel do Estado español, Alberto Casero, mandou unha carta a Guerra garantindo que no comunicado que remitiran ao presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, sobre posíbeis irregularidades na demanda de afiliacións non aludían a un número concreto "nin por suposto" se fornecían nomes.
PRAZA_19563
Aurora Marco homenaxea neste texto a anarcosindicalista e loitadora antifranquista coruñesa, que este martes morreu en Barcelona.
Estaba próximo o 25 de xuño e para ese día, en que ía cumprir 100 anos, algunhas amigas falamos de organizar algo que aínda non tíñamos moi definido porque, pola evolución dos últimos meses, temíamos o peor, que non chegase alá. E non chegou. Antonte, 14 de marzo, morreu en Barcelona, a cidade onde morou en diferentes períodos e, de forma continuada, desde 2006. Chegoume a mala nova a través dunha amiga común, Antonina Rodrigo, e o meu corazón ficou profundamente magoado. Imos quedando sen referentes. Joaquina Dorado Pita, como outras represaliadas tras o golpe incivil, érao. Hoxe será incinerada no tanatorio Sancho de Ávila de Barcelona. Anarcosindicalista, loitadora antifranquista, nacida na Coruña o 25 de xuño de 1917, criouse no barrio de pescadores de Santa Lucía no seo dunha familia obreira. Despois de vivir en Vigo e algún tempo en Sada, en 1934, tras a revolución de Asturias, trasladouse a Barcelona coa familia. Aprendeu o oficio de tapiceira e vernizadora, traballou nunha fábrica de mobles e ingresou no "Sindicato de la Madera y Decoración" que tiña a sede en Poble Sec. Sensibilizada desde nena cos problemas sociais, cando se produciu a sublevación militar, como militante da "Confederación Nacional de Trabajadores" (CNT) e da "Federación Ibérica de las Juventudes Libertarias" (FAI), tomou parte activa na loita e combateu na toma do cuartel de Atarazanas e na ocupación do castelo de Montjuïc. Pola súa valía foi nomeada secretaria administrativa do "Sindicato de la Madera" e, xunto con Manuel Hernández, fixo estudos planificadores de colectivización do sector. Cando Hernández foi mobilizado, ocupou o cargo de secretaria do "Consejo Económico de la Industria de la Madera Socializada" e dirixiu un xornal, Voluntad. Periódico mural de las JJ. LL. de Madera Socializada. Naquela altura, Joaquina Dorado tamén rachou cos condicionantes de xénero: era a única muller que ocupou un cargo no sindicato citado e tivo un papel fundamental no proceso de socialización, de colectivización daquela industria. Outro aspecto apenas coñecido, que me contou hai uns anos, foi a tentativa de varias persoas para irse formar a Francia co obxectivo de pilotar cazas e intervir na guerra: presentáronse dezaoito, na Escola de Traballo de Barcelona, e dúas eran mulleres, unha Joaquina. A compañeira non pasou as probas médicas e só ficou ela. Cando xa tiña a vestimenta e todo estaba preparado, liortas entre partidos impediron que aquel proxecto seguise adiante. Nos sucesos de maio de 1937 de Barcelona formou parte do grupo "Luz y Cultura" e interviu na loita nos arredores da Telefónica. Tamén alí coñeceu Liberto Sarrau (1920-2001), o compañeiro con quen, anos máis tarde, partillou vida e ideais. Cando as forzas franquistas entraron na cidade, a comezos de 1939, cruzou os Pirineos e estivo dous meses no campo de concentración de Briançon, departamento de Hautes Alpes, poboación francesa fronteiriza con Italia. De alí escapou a Montpellier e estivo agochada en casa do botánico Paul Réclus, sobriño do famoso xeógrafo Elisée Réclus. Posteriormente, partiu a Toulouse e pasou por outro campo de concentración, o de Recebidoux, reservado a prisioneiros alemáns, do que tamén conseguiu fuxir. Joaquina Dorado tamén rachou cos condicionantes de xénero: era a única muller que ocupou un cargo no sindicato citado e tivo un papel fundamental no proceso de socialización, de colectivización daquela industria En maio de 1940 chegou a Toulouse e axiña retomou a súa actividade política. Fixo parte dunha comisión coordinadora que tiña por obxectivo reunificar as xentes dispersas no exilio do "Sindicato de la Madera" e, tras a celebración do Congreso en París e unha vez reorganizadas as "Juventudes Libertarias", incorporouse en 1946 ao grupo "Tres de Mayo", xunto a Liberto Sarrau e outros anarquistas. Introduciuse clandestinamente en España cos seus compañeiros para loitar contra a ditadura, no mes de agosto dese ano, e participou en numerosas accións até a súa detención en Ripoll, o 24 de febreiro de 1948. Pasou dezaoito días nos calabozos da Xefatura Superior de Policía da Vía Laietana barcelonesa, onde foi torturada, e despois ingresou na prisión provincial de Les Corts. Xulgada e condenada a quince anos de cárcere por "auxilio á rebelión", saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1949, por terse invalidado o consello de guerra celebrado en xuño do ano anterior. Detida novamente no mes de maio dese mesmo ano, cando se dispuña a abandonar o país, foi condenada co mesmo cargo a doce anos de presidio. Por mor do maltrato e das torturas que sufrira caeu gravemente enferma, foi ingresada no hospital en 1950 e tiveron que extirparlle un ril Por mor do maltrato e das torturas que sufrira caeu gravemente enferma, foi ingresada no hospital en 1950 e tiveron que extirparlle un ril. Sempre contaba que lle salvou a vida a penicilina proporcionada pola CNT e os coidados do naturista Vicent Lluís Ferrándiz. Como lle faltaban arredor de tres meses para cumplir condena, tras o indulto, entrou de novo en Les Corts en decembro de 1953 e saiu en febreiro de 1954 con liberdade condicional, moi debilitada polas condicións carcerarias. Fica por subliñar a derradeira actividade da loitadora coruñesa, muller rebelde, entregada á causa antifascista, destemida, chea de forza: a colaboración co guerrilleiro Quico Sabaté entre 1955 e 1957. Joaquina pasou de novo á clandestinidade e, discreta e solitaria nas accións (preferíao así), conseguiu escapar sempre da policía que lle pisaba os talóns. Con Sabaté e Ramón Valledor cruzou a fronteira nunha accidentada fuxida de varios días en febreiro de 1957. Cando xa estaba en Francia, La Vanguardia publicou unha requisitoria de comparecencia para os citados guerrilleiros e tamén para Nuri, nome de guerrilla de Joaquina Dorado. Estabeleceuse en Toulouse, onde seguiu cos traballos de costura e, cando obtivo a liberdade Liberto Sarrau, trasladáronse a París. El entrou na UNESCO e ela comezou a traballar de cortadora de materiais de pel e na confección e venda de calzado, até o seu retiro. Coa lembranza do seu compañeiro en sentimentos e ideais anarquistas, desaparecido en outubro de 2001, viviu entre París e Barcelona até o 2006, ano en que se trasladou con carácter definitivo á cidade condal. Sempre se mantivo fiel ás ideas anarquistas. Estivo varias veces en Galiza, para participar en diferentes actos entre 2007 e 2008 A loitadora coruñesa estivo varias veces en Galiza, para participar en diferentes actos. Lembro con emoción o do 3 de marzo de 2007, Mulleres con Memoria, onde foron homenaxeadas, no Teatro Principal de Compostela, varias mulleres represaliadas, unha delas Joaquina Dorado. En xullo de 2008 participou na Homenaxe ao exilio e nas xornadas Exilios femininos, celebrados ambos os eventos na illa de San Simón e organizados pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia. Deixo para o final desta apurada lembranza unhas liñas que escribiu en 2001: "Bien sabía yo que mi patria era el mundo y mi familia la humanidad. Así me lo enseñaron los buenos maestros que tuve y las lecturas de hombres prestigiosos y humanistas que leí y tuve el honor de conocer algunos. Pero derramé lágrimas y sufrí cuando lejos de Galicia y de los míos me encontré exiliada y maltratada por la vida. ¿Será verdad que los gallegos llevamos a cuestas esa "morriña" tan repetida por nosotros mismos? Pues sí, es verdad. Así, mi libro de cabecera es de doña Rosalía de Castro: "Cantares gallegos" y "Follas novas". Seguramente el haber nacido en Galicia fue una suerte para mí. Poseo la fuerza del viento y del mar. Siempre solitaria, aun en compañía. Animé a otros seres, hombres o mujeres, que desfallecían. ¡Rosalía! Siempre es nueva su lectura. Termino de leerla y vuelvo a empezar. Siento que no voy a poder terminar mis días en Galicia. Mis bronquios. Pero qué importa, viviré menos, pero volveré…" Non puido volver, malia o seu desexo. Problemas de saúde atábana a unha máquina, en Barcelona, e alí finou hai dous días. Sempre, sempre ocupará un sitial preferente no meu corazón.
PRAZA_4139
Un equipo da Universidade de Vigo estudou os distintos modelos de aplicacións que se están a deseñar en Europa para detectar posibles contaxios. Alertan sobre os seus problemas de privacidade e vulnerabilidade, pero sobre todo sobre a súa escasa eficacia. Falamos co catedrático Fernando Pérez.
Durante as últimas semanas en países de todo o mundo, especialmente en Europa, está a desenvolverse un intenso debate sobre as características que deben ter as aplicacións de rastrexo dixital de contactos para loitar contra o coronavirus e previr contaxios, sobre todo durante o proceso de desconfinamento que estamos a comezar, e tamén na nova normalidade que virá. O gran debate nas últimas semanas é se esta aplicación emprega un protocolo descentralizado (os datos só se almacenan no propio teléfono) ou centralizado (os datos chegan a un servidor, xestionado polas autoridades sanitarias)Estas aplicacións, instaladas nos teléfonos móbiles dunha parte importante da cidadanía, irán rexistrando -a través de Bluetooth- as persoas das que cada individuo estivo suficientemente próximo para poder ter sido infectado pola Covid-19. No momento en que se detecte e se identifique un novo caso positivo, este sistema permitirá enviar un aviso aos teléfonos móbiles de todas as persoas coas que o infectado estivo en contacto, para que se fagan unha proba de coronavirus e comproben se foron contaxiados.O gran debate nas últimas semanas é se esta aplicación emprega un protocolo descentralizado (os datos só se almacenan no propio teléfono) ou centralizado (os datos chegan a un servidor, xestionado polas autoridades sanitarias). Aínda que nun primeiro momento o modelo centralizado semellaba ser o preferido pola maior parte dos países europeos, nos últimos días cada vez máis Estados van apostando por un modelo descentralizado, que tamén é o promovido por Google e Apple. As dúas compañías están a traballar nunha API conxunta que facilitará a interoperabilidade entre dispositivos Android e iOS, pero que limita a capacidade de información da que as autoridades sanitarias disporán.O equipo da Universidade de Vigo sinala que ambas as dúas opcións posúen "carencias graves" que as fan "desaconsellables" neste momentoHai dúas semanas un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, encabezados polo catedrático Fernando Pérez González, iniciou un estudo para analizar as vantaxes e desvantaxes de cada un dos dous modelos. O equipo vén de publicar unha conclusións iniciais, nas que sinalan que ambas as dúas opcións posúen "carencias graves" que as fan "desaconsellables" neste momento. O traballo sinala que as aplicacións de seguimento de contactos que están sobre a mesa "non ofrecen unha garantía total de privacidade aos usuarios, nin son 100% robustas fronte a ataques maliciosos".O estudo conclúe que "as tecnoloxías de base non son suficientemente fiables, robustas nin estendidas como para acadar as taxas desexables de detección de contactos". E os seus autores afirman que "a súa adopción, sen consciencia destas limitacións, pode conducir a unha falsa seguridade que, unha vez refutada, se converta nun elemento desincentivador para o seu uso". "Dende unha perspectiva meramente técnica, desaconsellamos firmemente a adopción inmediata de aplicacións de rastrexo de contactos en tanto non se solucionen satisfactoriamente os problemas identificados", engaden. "As tecnoloxías de base non son suficientemente fiables, robustas nin estendidas como para acadar as taxas desexables de detección de contactos""A nosa primeira intención era analizar a documentación que existía e os debates que se estaban dando, para chegar á conclusión de cal dos dous modelos é o máis razoable. E fixémolo dende a máis absoluta neutralidade e agnosticismo científico. Pero o que ía ser un informe sobre as vantaxes e desvantaxes de cada un dos dous modelos acabou tendo como conclusión que as dúas opcións son desaconsellables. Ningunha das apps de rastrexo de contactos que se barallan para loitar contra o coronavirus é útil", explica Fernando Pérez González."Podíase ter deseñado de xeito que cada persoa puidese decidir que grao de utilidade e que grao de privacidade quere, pero foise cara ao extremo de privacidade, e ao final a utilidade da aplicación vai ser moi limitada", di o catedrático da Universidade de VigoDe entrada, o informe amósase crítico coa principal ferramenta que estas aplicacións prevén utilizar para rexistrar a proximidade doutros dispositivos e persoas, o Bluetooth Low Energy (BLE), "unha tecnoloxía que nunca foi concibida para este fin" e que polo tanto "non pode cumprir esta función con eficacia". "A tecnoloxía BLE está inherentemente limitada na fiabilidade dos datos que pode proporcionar, cuestionando a súa validez como mecanismo de detección de contactos de risco. Ademais, o grao de adopción de BLE, sendo apreciable, dista moito de alcanzar o nivel necesario para ser efectivo na contención da epidemia", sinalan. Para o catedrático da Universidade de Vigo, "en Europa púxose a privacidade como o elemento esencial, sen entrar a valorar se nunha situación de emerxencia como a que vivimos non se pode ceder un pouco de privacidade a cambio dunha maior utilidade. E ao final o que acabas tendo é unha ferramenta de moi dubidosa utilidade". "Podíase ter deseñado de xeito que cada persoa puidese decidir que grao de utilidade e que grao de privacidade quere, pero foise cara ao extremo de privacidade, e ao final a utilidade da aplicación vai ser moi limitada", engade, resumindo esta idea nunha pregunta: "cal é o equilibrio óptimo entre privacidade e utilidade epidemiolóxica?"."Os requisitos de privacidade fan que estas aplicacións nin sequera poidan servir de complemento ao rastrexo manual", sinala Fernando PérezEn termos xerais, o modelo descentralizado ten máis privacidade, pero é máis vulnerable a ataques externos. Ademais, achega menos información ás autoridades sanitarias. "Non somos expertos en epidemioloxía, pero parece evidente que cantos máis datos se manexen no que se denomina 'grafo de contactos' mellor se vai poder combater un potencial rebrote. Esa información no sistema centralizado era un dos obxectivos, pero no modelo descentralizado ese obxectivo déixase de lado, para evitar que exista unha instancia central que manexe todos os datos, polo que esa información deixa de estar dispoñible para a súa análise por parte dun epidemiólogo", indica Fernando Pérez. Ademais, lembra que "os requisitos de privacidade fan que estas aplicacións nin sequera poidan servir de complemento ao rastrexo manual", pois as autoridades sanitarias non coñecerán a identidade das persoas ás que o sistema enviou a mensaxe de que poden estar contaxiadas.Lembra que "nos lugares nos que de verdade se contivo a epidemia, como Corea do Sur e outros países asiáticos, fixéronse grandes esforzos no rastrexo manual" e non se puxeron en marcha aplicacións como as que se se discuten en EuropaO catedrático da Universidade de Vigo lembra que "nos lugares nos que de verdade se contivo a epidemia, como Corea do Sur e outros países asiáticos, fixéronse grandes esforzos no rastrexo manual" e non se puxeron en marcha aplicacións como as que se se discuten en Europa. Este rastrexo manual baseouse en entrevistas, rastrexo de usos de tarxetas de crédito, análise de gravacións de cámaras de videovixilancia..., que despois se complementou cunha app gobernamental, que vixía mediante GPS se os infectados cumpren a corentena, e outras aplicacións que alertaban os cidadáns da presenza de infectados en zonas próximas, detallando mesmo os seus percorridos en transporte público.O informe chama a atención, ademais, sobre a incapacidade de Europa de achar unha resposta tecnolóxica aceptable para dar resposta á alerta sanitaria sen depender de compañías estadounidenses ou chinesas"Estase terxiversando como funcionan esas aplicacións de rastrexo de contactos nalgúns países asiáticos, nos que ademais hai que lembrar que se puxo o obxectivo de frear a epidemia por riba do obxectivo de garantir a privacidade dos individuos", di Fernando Pérez, que igualmente critica que "se están presentando as aplicacións que están a debate en Europa como algo que pode ser complementario ao rastrexo manual, que é algo que funcionou noutros países, pero non é así".Fernando Pérez engade unha reflexión: "Estaría a xente disposta a que unha aplicación incorporase máis información, mesmo a custa de perder privacidade se así se garante unha maior seguridade e utilidade? Non me sorprendería de que moita xente o aceptase". "Aínda que a porcentaxe de xente que participase fose menor, se a información é boa, a app podería ser compatible co rastrexo manual, e aí si que se estaría emprestando un bo servizo, aforrando moito traballo", di."Buscando evitar un Grande Irmán, os europeos estamos a pór a nosa privacidade en mans dun Irmán Meirande", alerta, en referencia a Google e AppleO informe chama a atención, ademais, sobre a incapacidade de Europa de achar unha resposta tecnolóxica aceptable para dar resposta á alerta sanitaria sen depender de compañías estadounidenses ou chinesas. "As rifas entre os defensores dos dous modelos propostos non só complicaron a existencia dun sistema europeo interoperable, senón que puxeron en mans de Google e Apple a solución, renunciando unha vez máis á soberanía tecnolóxica e abrindo moitos máis interrogantes sobre a privacidade. Buscando evitar un Grande Irmán, os europeos estamos a pór a nosa privacidade en mans dun Irmán Meirande"."Preocúpanos ademais o tema da interoperabilidade entre países, e pensamos que é algo que debería preocupar especialmente en Galicia, por estar a carón de Portugal. Parecería lóxico que se ti te trasladas a Portugal a aplicación de seguimento siga funcionando e recolla as persoas coas que te atopas alí e iso non está garantido, porque cada país está desenvolvendo as súas aplicacións propias. É un fracaso de Europa como ente", advirte Fernando Pérez. "É desalentador que en España as administracións non promovesen o máis mínimo debate sobre esta cuestión", conclúe en relación coa situación no Estado.
QUEPASA_1110
Hai un mes gañaban Fisterra e Xallas e caía, unha e outra vez o Sofán. Cambiou de rumbo houbo esta fin de semana.
Só o Sofán sumou algo esta fin de semana, rompendo ademais unha serie de 7 partidos sen gañar. Os de Alberto Rodríguez e Cantudo vencían o derbi bergantiñán ante o Laracha e conseguen volver distanciarse, non moito, da zona de descenso.Unha zona á que volve o Xallas, que caía o sábado ante o Arteixo na súa segunda derrota seguida tras 4 partidos sumando. Igual sorte correo o Fisterra, que deixou escapar os 3 puntos de Ara Solis na súa terceira derrota consecutiva, a pesar de facer un gran partido ante o Mugardos. Un Fisterra cabreado pola actuación arbitral, que deixa escapar definitivamente ao Viveiro e que mesmo cae á 3ª praza, a 3 puntos do Boiro, e con pouca vantaxe xa sobre o segundo vagón, formado por case 10 equipos. Xallas - Arteixo (0-1) Xallas: Julián (Coke), Jacobo, Santi, Marcos Mouro, Cris (Manu), Jordan (Peke), Pablo Mato (Carliños), Doro. Marquiños (Grille), Alex Blanco. Gol: 0-1, m.76: Rubi. Partido intenso o vivido en Fontenla o sábado. O Arteixo comezaba mandón, tomando o dominio do balón pero o gran esforzo físico dos xalleiros botaba atrás cada acción de ataque visitante, deixando así uns primeiros 45 minutos sen apenas ocasións. Igualáronse as forzas na segunda, co Xallas tendo máis profundidade. Chegaron ocasións de Jordan, Peke ou Borja Gándara, pero que non se materializaron. Porén, os visitantes na súa única chegada no segundo tempo, e con algo de fortuna nun rexeite, metíanse por diante. Intentou reaccionar o cadro de Adrián lema, pero o meta arteixán evitou o que tería sido máis xusto, un empate. Sofán - Laracha (3-1) Sofán: Brais; Juanjo, David Castro (Matías, m.86), Becerra, Viqueira; Canedo, Fabián, Eibe (Jony, m.75); Alexandre, Luís (Fita, m.68), Raúl (Carro, m.84). Goles: 1-0, m.18: Canedo remata un córner; 2-0, m.18: Luís de penalti; 2-1, m.57: Geri de penalti; 3-1, m.75: Fita tras un pase de Carro. Derbi de necesidades no Carral onde por fin o equipo local foi quen de cortar a serie negativa de resultados e o máis importante, recuperar sensacións. Comezaba o choque medindo forzas, con balóns directos e pouca claridade. Despois de varias chegadas, Canedo abría o marcador nun córner. MiniBuguy salvaba unha gran ocasión de Raúl a pase de Alexandre, pero non puido parar o penalti cometido sobre o propio Alexandre, e que transformaba Luís.Puido recurtar o Laracha antes do descanso, pero non acertaron. Na segunda, estirouse o Laracha que pronto recurtaba e se metía de cheo no partido. Non se amilanou o cadro local, que nunha boa presión ao meta visitante está a piques de marcar por medio de Fabián. Fita, que entrara pouco antes para dar calma ao partido, aportouna con temple e co terceiro tanto, tras un pase de Carro. Fisterra - Mugardos (0-1) Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Aarón Fdez, Julito, Andrés Vigo (Breixo (m.32), Aarón López, Santi Taboada (Roa, m.70), Capelo (Pablo Lestón, m.88), Herbert (Dani Martínez, m.83), Julián López, Adrián Makaay. Gol: 0-1, m.33. Crúa derrota para un Fisterra superior, que non puido derrotar a un cadro ferrolán metido na súa área e que tivo ao seu porteiro como mellor home. Ata 10 ocasións claras salvou o meta Dani Moreno, desquiciando aos xogadores dun cadro fisterrán que acabou protestando a actuación arbitral. O gol chegaba na única xogada de ataque dos visitantes, para o lamento da afección verde. Todas as Crónicas da Preferente
PRAZA_6552
A plataforma Ecoar lanza unha campaña pola recuperación do patrimonio histórico, arquitectónico e identitario de diversas zonas da contorna e da cidade na que se denuncia e actúa "contra os procesos de especulación artística".
O colectivo Ecoar vén de lanzar a iniciativa Recuperar os Barrios, unha nova campaña "de acción e sensibilización cidadá en defensa de distintos barrios e espazos da contorna viguesa". Con este proxecto, preténdese"protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural da comunidade actualmente ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan", tal e como explica a asociación sobre a devandita campaña, que terá como protagonistas, nesta primeira fase, o Barrio do Cura e a Panificadora de Vigo, dous referentes da cidade que actualmente son "vítimas do abandono, o deterioro e o afán de lucro". Recuperar os Barrios é unha campaña "de acción e sensibilización cidadá en defensa de distintos barrios e espazos da contorna viguesa" Recuperar os Barrios ten como obxectivos denunciar e actuar contra os procesos de especulación urbanística, sensibilizar á sociedade dunha comunidade determinada da perda global (non só física) que supón a destrución do seu patrimonio, revalorizar o patrimonio "esquecido" das comunidades, ofrecer alternativas sobre as que recuperar o patrimonio ameazado e dinamizar con iniciativas e accións participativo-reflexivas e críticas os espazos denunciados. O proxecto inclúe actividades como roteiros, o primeiro deles polo Barrio do Cro, para amosar os tesouros patrimoniais ocultas e as posibilidades do barrio Por iso, a campaña, "a maiores do proceso de sensibilización e visibilización cidadá que se pretende acadar", vén de poñer en marcha unha serie de actividades, artelladas para a consecución destes obxectivos. Entre elas, destaca o roteiro guiado polo Barrio do Cura que terá lugar o vindeiro venres 3 de outubro, ás 19.30 horas, partindo desde a Oliveira de Vigo. Este roteiro, "por suposto aberto á cidadanía", pretende amosar ás persoas asistentes "os tesouros patrimoniais ocultos (ou mellor dito, silenciados) neste barrio, así como as súas posibilidades, deixando tamén claro cales son os plans previstos para o futuro e as consecuencias que este proceso de especulación no que se atopa poderían ter, no tocante á perda de patrimonio, empeoramento da calidade de vida da veciñanza e eliminación de zonas verdes". Para facilitar toda a información da campaña, Ecoar lanzou este mesmo venres a páxina web do proxecto, na que, ademais da información de partida da campaña (breve historia do Barrio do Cura e a Panificadora, imaxes, vídeos, etc.), iranse pendurando todas as noticias relativas á mesma, así como información actualizada sobre todas as actividades levadas a cabo, e os avances da campaña. Alén disto, Ecoar lanza tamén unha campaña de recollida de sinaturas, que permitirá ás persoas asinantes adherirse a unha carta de repulsa cara o Plan Especial de Reforma Interior do Barrio do Cura, e na que se esixe, ademais, "un cambio de modelo que aposte pola conservación e a rehabilitación dos espazos, por unha economía sostible baseada no pequeno comercio e o consumo responsable, e sobre todo, polas persoas, a memoria, os dereitos e a dignidade". As follas de sinaturas estarán dispoñibles tanto na páxina web de Recuperar os Barrios, en versión dixital, como nas distintas actividades complementarias e espazos afíns, nos que a cidadanía poderá asinar en copias impresas. A carta estará tamén dispoñible tanto na páxina web como nos lugares nos que sexa posible asinar, el formato físico.
NOS_24147
O cabeza de lista pola circunscrición de Lugo, Iván Marrube, estivo acompañado na cidade da muralla pola número dous, Rocío López e o candidato á presidencia da Xunta Xoán Bascuas.
Compromiso por Galicia celebrou o seu mitin central en Lugo no que puxeron en valor a importancia do rural. Rocío López, candidata número dous pola circunscrición, asegurou que "se non poñemos en valor o noso sector agroforestal e gandeiro nunca conseguiremos o reequilibrio do interior para o país", aliás, debullou algunhas das propostas que a formación leva no seu programa electoral á fin de reactivaren o que din é o "pulmón" da economía galega. López, salientou a importancia do cooperativismo como unha medida fundamental para o desenvolvemento do rural e apostou pola "creación de unidades para a comercialización e produción de produtos agrogandeiros" á fin de pularen polo sector. Pola súa banda, Iván Marrube, que encabeza a lista electoral, aprobeitou a súa intervención para bater no presidente saínte da Xunta de Galiza. Marrube asegurou que Feijóo "é un mentireiro, el e todo o seu gabinete" e contrapuxo a súa formación da que dixo "queremos escoitar" para resolver os problemas de Galiza, entre os que salientou a necesidade dunha "rexeneración democrática". A última das intervencións foi a de Xoán Bascuas. O candidato á presidencia da Xunta de CxG centrou o seu discurso nos servizos públicos e as políticas sociais polas que dixo estar moi "preocupado". Bascuas subliñou o mal aproveitamento do ensino público pois asegurou "permitimos que a xeración mellor preparada da nosa historia emigre". Neste sentido, expuxo algunhas das medidas que promoverán desde CxG, entre elas, pular por máis e mellores recursos educativos dixitais ou a creación dun banco público de libros que garanta a gratuidade dos mesmos.
NOS_52792
Unha brillante e arriscada proposta de ciencia ficción conceptual e cotiá sen efectos visuais, pero si efectos sonoros.
Malia ser a segunda longametraxe de ficción dirixida por Juanjo Giménez, non estamos diante de ningún novato no mundo do cinema. Conta con case trinta anos de traxectoria, unha traxectoria parca en longas –hai vinte anos que dirixiu a primeira, titulada Facémonos falta (Tilt)– pero profusa en curtas. De feito, en 2016, acaparou todos os focos coa curtametraxe Timecode, nomeada aos Óscar e premiada en Cannes ou nos Goya. Desde os seus inicios, a principio dos 90, pasou practicamente por todos os departamentos: guionista, asistente de dirección, editor, actor, produtor ou no departamento de son. Unha ampla experiencia que resulta chave nun filme como Tres. Tres / Juanjo Giménez / España - Francia - Lituania / 2021 / 104 min. A historia céntrase nunha montadora de son que leva demasiado tempo refuxiada no seu traballo, un oasis no medio da súa caótica situación persoal. Neste punto de partida comeza a notarse xa a notábel experiencia que abrangue Juanjo Giménez no departamento de son: mostra o curioso traballo de foley (efectos de sala), o panel de montaxe, as personaxes falan de frames, de velocidades e recórrese constantemente á típica palmada de sincronización, un xesto que, ademais, inicia o primeiro punto de xiro e todo o que vai vir despois. Resulta que a protagonista, interpretada por unha entregada Marta Nieto, comeza a estar "desincronizada" na vida real. O son vai cuns tres frames de atraso, un atraso que non tarda en ser cada vez máis extenso. A piques está de se volver tola, mais decátase de que quizais teña certas vantaxes estar fóra de sincronía: pode escoitar o pasado máis recente. Unha circunstancia que utilizará no seu propio beneficio para atoparse a si mesma e coñecer a súa verdadeira orixe. Coprodución europea participada por Frida Films e ambientada principalmente en Barcelona. Altérnase castelán e, en menor medida, catalán. Teñen a deferencia de que a parte que transcorre na Galiza sexa en galego. Algo que debería ser o lóxico mais, por desgraza, non sempre o é. Dun tempo a esta parte semella que andamos no bo camiño e todo suma para deixar de lado, dunha vez por todas, os prexuízos de idioma no audiovisual galego. Isto suma. En A chegada, Denis Villeneuve propuña viaxes no tempo a través da aprendizaxe dun novo idioma; en Tres, Juanjo Giménez aposta por viaxes no espazo tempo a través do son. Unha brillante e arriscada proposta de ciencia ficción conceptual e cotiá sen efectos visuais, pero si efectos sonoros. E funciona. Polo de pronto vén de gañar o Méliès de Prata a Mellor Longametraxe no Festival de Sitges.
NOS_46374
Dicía Gene Simmos, que se non existiran The Sweet, Kiss tampouco existiría. Sen dúbida, estamos ante unha das bandas máis influentes e carismáticas do glam rock.
A súa calidade compositiva é tal que resulta difícil elixir un traballo como o mellor deles, xa que editaron moito material en formato single aínda que pode que o Desolation Boulevard de 1974 puidera ser ese disco, pero non sería xusto. É por iso que elixín "Strung Up" de 1975, xa que para min é un disco imprescindíbel, xa que son dous discos en un. O primeiro é un disco en directo gravado do Rainbow de Londres en 1973 e nel podemos atopar clásicos como "Hellraiser", tema que abre o disco, ou "Rock n Roll Disgrace". Ademais diso, o feito de ser un disco en directo amosa aos Sweet na súa verdadeira onda, frescos, potentes e divertidos. O segundo disco e un compilatorio con de temas de estudio da banda. Onde podemos atopar grandes himnos como "Fox on the Run", "Ballroom Blitz", "The Six Teens" ou "Blockbuster". The Sweet é unha desas bandas musicalmente atemporais, aínda que no que respecto a súa indumentaria non podemos dicir o mesmo, cousa da que se decataron e mudaron. E digo mudaron, porque malia que formación como tal en 1991 desapareceu, temos agora dúas versións da banda en xira, a de Andy Scott xirando por Europa, e a de Steve Priest xirando por América do Norte e Canada. Se ben non é o mesmo que a formación orixinal, sempre está ben para gozar dunha boa chea de clásicos do rock en directo. Non podo negar que The Sweet é unha da miñas bandas favoritas que nunca deixei de escoitar e que seguro que non son o único. De feito, foi bastante difícil para min escoller un vídeo da banda polo decidín e sen que serva de precedente poñer dous, porque The Sweet meréceo. Saúde e glam rock! Vídeo: The Sweet – Fox on the Run Vídeo: The Sweet – Ballroom Blitz Listaxe de temas Álbum ao Vivo HellraiserBurning / Someone Else WillRock n Roll DisgraceNeed a Lot of LovinDone me Wrong AlrightYou're Not Wrong For Lovin MeThe Man With Golden Arm Álbum de estudo ActionFox on the RunSet Me FreeMiss DemeanourBallroom BlitzBurn on the FlameSolid Gold BrassThe Six TeensI Wanna Be CommittedBlockbuster The Sweet na rede: Web: http://www.thesweet.com/ Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCdIpXow75WsgKZPfBcGqfVw
PRAZA_11145
Loitar contra o cambio climático esixe dunha transición enerxética que faga diminuír drasticamente as emisións de CO2. Un escenario no que queimar carbón non ten futuro.
Loitar contra o cambio climático esixe dunha transición enerxética que faga diminuír drasticamente as emisións de CO2. Un escenario no que queimar carbón non ten futuro.O pasado 27 de setembro, mentres millóns de persoas, maioritariamente xóvenes, saían ás rúas de todo o mundo para reclamar acción nas políticas contra o cambio climático, en Galicia coñecíase unha decisión empresarial de ampla repercusión: o futuro peche da térmica de carbón que Endesa ten nas Pontes. As dúas cuestións están intimamente ligadas: loitar contra o cambio climático esixe dunha transición enerxética que faga diminuír drasticamente as emisións de CO2. Un escenario no que queimar carbón non ten futuro.No Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030 presentado a principios de 2019 ante a Comisión Europea polo Ministerio de Transición Ecolóxica, -considerado o mellor dos presentados por parte dun organismo independente-, xa se facía referencia ao posible peche das centrais de carbón para 2030 por falta de competitividade derivada da evolución do prezo dos permisos de emisión de CO2, deixando a porta aberta a un máximo de 1.300 MW. Mais o proceso semella que se vai adiantar 5 ou 6 anos. Como é posible? A resposta está no odiado dióxido de carbono, cada vez máis caro para a industria de xeración eléctrica. Emitir unha tonelada de CO2 custaba de media uns 5 euros en 2016, hoxe custa máis de 25. Cómpre falar dun prezo fixado dentro dun réxime de comercio de dereitos de emisións, non dun imposto como erroneamente afirmou o presidente da Xunta recentemente. A explicación desta subida está na reforma levada a cabo nese ano sobre o Sistema de Dereitos de Emisión aprobada pola Comisión Europea da man de Arias Cañete, comisario de Acción polo Clima e Enerxía. A reforma cumpriu o seu cometido pois o mecanismo fora deseñado, precisamente, para desincentivar a queima de combustibles fósiles mediante o incremento dos custes de emisión. Por iso a día de hoxe ás eléctricas non lle saen as contas para queimar carbón, nin nas Pontes nin noutras centrais españolas ante o encarecemento deses dereitos de emisión e a competencia doutras fontes de enerxía máis baratas.Aos galegos e galegas nos asiste unha sensación de estafa cada vez que pagamos o recibo dunha electricidade xerada polo noso aire, os nosos ríos ou polos nosos montes. Pero, nesta ocasión, o dano tamén afecta ao traballo de centos de persoas.Mais todo o anterior son números e políticas: cómpre non esquecer que todas as decisións de gran calado teñen damnificados. A produción de enerxía en Galicia sempre tivo custes sociais e ambientais a día de hoxe non suficientemente recoñecidos: desde a utilización do noso territorio provocando contaminación e fendas na paisaxe, como o prezo a pagar por unha luz que sobradamente produciamos. En certa medida, aos galegos e galegas nos asiste unha sensación de estafa cada vez que pagamos o recibo dunha electricidade xerada polo noso aire, os nosos ríos ou polos nosos montes. Pero, nesta ocasión, o dano tamén afecta ao traballo de centos de persoas nunha comarca que continuamente sofre procesos de desindustrialización. As reaccións da veciñanza son lóxicas e axustadas á defensa de quen ve ameazado o seu emprego e modo de vida.Non cabe outra que loitar ante a emerxencia climática, pero sen deixar a ninguén atrás. Por iniciativa do Grupo Europeo dos Socialistas e Demócratas (S&D) medrou na UE a necesidade de dotarse dun Fondo de Transición Xusta, que permita fomentar e financiar alternativas enerxéticas e industriais de futuro en territorios en proceso de descarbonización. A nova Comisión Europea xa ten ese reto encomendado cun amplo apoio a ese mecanismo. Pero o tempo para a cidadanía corre. Aínda que o peche da térmica de carbón das Pontes non sexa inmediato xa hai empresas e traballadores/as afectados/as, polo que necesitamos camiñar xuntos (institucións públicas, traballadores/as, empresas e cidadanía) para buscar alternativas viables máis alá do reparto de culpas ou de intereses partidistas, para que o que agora é unha grave ameaza, se poida transformar nunha oportunidade para o futuro de Galicia.Continuará...
NOS_47768
O noso crítico de "Rock e outras Lerias" preséntanos Miss Octubre, o novo proxecto de Alfredo Piedrafita, que fora guitarrista e vocalista de Barricada.
Miss Octubre é o novo proxecto de Alfredo Piedrafita, quen fora guitarrista e vocalista de Barricada. Cando chegou as miñas mans, pensaba que me ía atopar cunha banda clónica de Barricada con outro nome. Sen mirar os créditos púxeno a sonar e cal foi a miña sorpresa cando comeza a sonar "Miss octubre", o tema de abertura, con uns acordes frescos, actuais e rocanroleiros que me fixeron mover os pés. Máis a sorpresa non remataba aí, pois a voz non era a de Alfredo, se non a dunha das mellores voces femininas do rock. Nin máis nin menos que Agnés Castaño, unha das grandes damas do rock e vocalista de Lilith. A formación fica completada con Iker Piedrafita (líder dos Dikers e fillo de Alfredo) na outra guitarra, Rafa Malo (baixista de Lilith) ás 4 cordas e Sergio Izquierdo (Dikers) á batería. Toda unha unión de dúas xeracións que bebendo unha da outra, dan forma ao que para min é un dos mellores debuts do 2014. "Se "Miss Octubre" abría o disco con forza, "Amor Sucio" continúa nesa senda salvaxe de sexo e rock and roll cunha temática da vella escola". Se "Miss Octubre" abría o disco con forza, "Amor Sucio" continúa nesa senda salvaxe de sexo e rock and roll cunha temática da vella escola. Tras ela, "15", un medio tempo que non perde forza cunha temática máis romántica e un retrouso tan pegadizo que non o podes sacar da cabeza en varios días. Nada fai previr o que vai vir con "Rojo Oscuro", cantada con tanta carraxe na súa interpretación que non te deixa indiferente, sen dúbida o mellor tema do disco. "Cosas que te dije Ayer", cantada por Iker e Agnés ten certo recendo pop comercial, que segue aumentado con "Prisionero", aínda que desta debo recoñecer que teño certa debilidade polos seus riffs dunha elegancia exquisita e que serve de ponte perfecta a "Puñales de papel" coa que remata o coqueteo comercial do disco. A estas alturas, xa pasado o Ecuador do disco, chega "Una entre un millón", que volve a retomar os son do rock urbano actualizado cuns coros oitenteiros e un colchón de tecras no retrouso. Un aviso de que o disco comeza de novo a subir, como demostra "Mundo Enfermo", cuns coros que fan lembrar aos Gorky Park (salvando as distancias) pero no que a voz de Agnés non está á altura, dando a sensación de non sentirse cómoda nese rexistro, pero que se resarce en "Fuego Frío", onde para min o que falla son as guitarras pouco contundentes e excesivamente elegantes. "Aínda que nalgúns puntos o disco é feble, o todo en conxunto fai que sexa un traballo digno de estar nas nosas coleccións de discos". A voz de Alfredo non podía faltar, e aparece en "Tu siempre ganas", unha balada acústica, na que até se poden escoitar cordas e que rompe con toda continuidade do disco. Algo disto de todo o disco, mais co sinatura propia de Alfredo. "El pájaro de las plumas de cristal", é o tema elixido para o peche do disco e con el volven os coros oitenteiros e os medios tempos. Un tema que cando remata estache a pedir volver a escoitar o disco de novo. Aínda que nalgúns puntos o disco é feble, o todo en conxunto fai que sexa un traballo digno de estar nas nosas coleccións de discos. Non tiven aínda a oportudidade de velos defender o disco en directo, máis coñecendo a traxectoria dos seus membros, non defraudarán. Parece que podemos ter Miss Octubre por moitos anos. Miss Octubre. Día 1. (Warner 2014) Listaxe de Temas1. Miss octubre 2. Amor sucio 3. 15 4. Rojo oscuro 5. Cosas que te dije ayer 6. Prisionero 7. Puñales de papel 8. Una entre un millón 9. Mundo enfermo 10. Fuego frío 11. Tu siempre ganas 12. El pájaro de las plumas de cristal Miss Octubre na rede:Web: http://www.missoctubre.comFacebook: https://www.facebook.com/missoctubreTwitter: https://twitter.com/Miss_Octubre
NOS_43346
En non poucas ocasións adóitase escoitar a pregunta "Alguén non entende o galego?" mediante a que se despraza o noso idioma en espazos públicos como museos, roteiros, ou visitas guiadas. Un fenómeno que acontece de maneira máis intensa na época do verán, ao tomarse o turismo para pretender xustificar a substitución do galego polo castelán. Pese a todos os prexuízos e desprezos, o galego ten un inmenso valor potencial tamén para o sector turístico, e así o analizaron no XV Curso de verán sobre dinamización lingüística da UdC.
Haberá turistas que á hora de escoller destino poidan decantarse pola Galiza polo feito de termos lingua propia? Esta e outras preguntas foron debatidas no curso Lingua e Turismo que hai uns días desenvolveu a Universidade da Coruña no concello de Carballo. As xornadas versaron sobre como focar e potenciar o uso da lingua no turismo e sobre as ferramentas para a transmitir desde diversos ámbitos o galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo. Rei apunta a existencia dun importante número de turistas que visitan a nosa nación para descubrir unha nova cultura, en que o galego é alicerce principal Efectivamente existe un sector importante, polo de agora non maioritario, que viaxa á Galiza entre outros motivos polo feito de termos lingua propia. Así o considera o director do curso Lingua e Turismo e profesor da UdC Xosé Manuel Sánchez Rei, quen resalta como peza chave á hora de atender as potencialidades da lingua neste sector "situar o galego non como algo folclórico, senón como algo fundamental da cultura e un valor atraente turístico". Sánchez Rei explica a Sermos Galiza como moita xente que visita a nosa nación non só desexa coñecer e gozar da paisaxe, gastronomía e música, senón que tamén quere descubrir unha nova cultura, en que o galego é alicerce principal. Para desfrutar dun dos principais reclamos turísticos da Galiza como é a gastronomía, Sánchez Rei non imaxina como facelo sen o galego, e pregúntase como traducir elementos tan propios da cultura galega "como vieira, filloa, albariño ou muiñeira" Nese sentido resalta o profesor a imposibilidade de separar valores culturais do país que son reclamos turísticos (arte, música ou festas) da lingua, porque a maioría destas cuestións desenvólvense en galego. Existe un turismo que non procura grandes concentracións nin avalanchas, e que se move motivado pola historia, a cultura e a lingua. "Para esta tipoloxía de turistas o galego é claramente un reclamo", sinala Rei. "Hai un turista intolerante que vai a un museo ou a un restaurante onde as indicacións están en galego ou mesmo en galego e en español e parécelles unha ofensa e presentan queixas", lamenta Sánchez Rei Aí están as potencialidades do galego precisamente no sector. Mais, como o indica Sánchez Rei, tamén hai un sector "mínimo do turismo" que ten condutas intolerantes cara ao galego e que ataca principalmente a nosa toponimia até deturpala. "Hai un turista intolerante que vai a un museo ou a un restaurante onde as indicacións están en galego ou mesmo en galego e en español e parécelles unha ofensa e presentan queixas", lamenta Sánchez Rei. Chegan ás veces estas persoas ao extremo de entraren en restaurantes e marcharen ao veren a carta no noso idioma. Con todo, "son situacións minoritarias", asegura, ao tempo que pon en valor as inmensas potencialidades que ten o galego, polo que reclama maior implicación dos poderes públicos para potencialas.
PRAZA_1282
O presidente da Xunta cita a morte de "100.000 galegos en catro anos" entre as causas do descenso electoral do seu partido e anuncia un "calendario" de congresos da formación que incluiría a celebración dun cónclave autonómico antes das eleccións galegas de 2016.
Se os resultados do 24-M para o PP no conxunto do Estado se producisen mentres, en Galicia, o PP acadase un apoio semellante ao de 2011, arestora Alberto Núñez Feijóo tería pé e medio na madrileña rúa de Génova para, por exemplo, relevar a derrotada María Dolores de Cospedail na secretaría xeral do partido. Pero isto non sucedeu. O PP galego tivo o peor resultado da súa historia nunhas municipais e dentro da atribulada cúpula madrileña do partido xa hai quen indica que o presidente da Xunta, sinalado ata a saciedade como posible sucesor de Mariano Rajoy, xa non é o barón que o gaña todo. Este é o contexto no que Feijóo reuniu este xoves o comité de dirección do PPdeG, ante o que apelou á "renovación" sen aclarar se permanecerá en Galicia. Tras perder uns 200.000 votos a respecto das anteriores municipais e ceder un amplísimo poder territorial os populares teiman en reiterar que foron a lista máis votada pero, non obstante, o propio Feijóo asegura xa que "a cidadanía" está a demandarlles "autocrítica" e por iso van "reaccionar cunha triple renovación: de equipos, de políticas e de actitudes". Esa renovación, di o xefe de filas da dereita, comezará coa valoración de resultados en cada provincia e, acto seguido coa elaboración dun "calendario" de congresos "ordinarios e extraordinarios" a nivel local, provincial e autonómico a celebrar en datas fixadas "de acordo" coa dirección estatal do partido. O plan trazado pola cúpula de Feijóo e Alfonso Rueda pasa por celebrar os congresos locais e provinciais antes das eleccións xerais de outono e o congreso galego antes das eleccións autonómicas e non despois, como aconteceu en 2009 e 2012. Ábrese, polo tanto, a posibilidade de que o cónclave galego sexa o escenario para formalizar outra renovación da que, segundo manifestou este xoves Feijóo, aínda non toca falar: a da presidencia e da candidatura á Xunta, isto é, a súa. Non é o momento de abordar ese debate e facelo implicaría distraer a atención do importante, argumenta. Feijóo inclúe o "falecemento de máis de 100.000 galegos nos últimos catro anos" entre as causas do seu devalo electoral Feijóo expuxo ante a prensa un roteiro que, di, inclúe o retorno á organización de "campañas" con "presenza na rúa" e "participación da xente", xa que "traballamos para a xente, pero hai moita xente que non o percibe así". A explicación aos xornalistas chegaba despois dun comité de dirección no que o propio presidente da Xunta evidenciou que algunhas das causas do devalo cómpre buscalas na abstención do electorado que tradicionalmente vota ao PP, ao trasvase de parte destes sufraxios a Ciudadanos e, asemade, a que o electorado máis mozos apoia maioritariamente opcións de esquerda, nomeadamente as mareas que gobernarán A Coruña, Santiago ou Ferrol. Ademais, segundo informa Faro de Vigo, Feijóo incluíu entre as causas da perda de votos ao PP o "falecemento de máis de 100.000 galegos nos últimos catro anos". Rueda apunta a Orozco e Besteiro Mentres Feijóo non aclara se seguirá ou non en Galicia unha das persoas máis recorrentemente sinaladas como posible sucesor, o vicepresidente e secretario xeral, Alfonso Rueda, reproduce o discurso de "autocrítica" manifestado polo seu xefe de filas pero, ao tempo, aposta por enfocar a atención cara ao PSdeG, partido que, malia baixar en votos, verá incrementado o seu poder institucional. Así, nunha entrevista na TVG o número dous dos conservadores carga contra o líder dos socialistas, José Ramón Gómez Besteiro, e contra o alcalde de Lugo en funcións, Xosé López Orozco, por exploraren vías para artellar unha coalición que impediría que o PP goberne na cidade lucense, onde se mantivo como lista máis votada pero perdendo 3 edís e 7.000 votos. O número dous do PP carga contra o PSdeG por explorar a posibilidade dun pacto en Lugo e augura que o actual alcalde acabará "no Senado" Mentres os socialistas lucenses inician os contactos con Lugonovo para exploraren un posible pacto de goberno, para o que a plataforma esixe a marcha de Orozco, Rueda augura que o PSdeG "enviará" o rexedor lucense "ao Senado" e que o fará con duplo obxectivo: "garantirlle o aforamento e gobernar con Podemos en Lugo", di, nun contexto no que o socialista nunca estivo aforado ata o momento e no que, asemade, Podemos non concorreu aos comicios do 24-M. Segundo Rueda a "situación" en Lugo "é un fiasco para aqueles cidadáns que votaron ao PP" porque "unha vez máis os perdedores están negociando para que non goberne a lista de Jaime Castiñeira". Ao tempo, e despois de perder o control das deputacións da Coruña e Pontevedra e de non lograr a de Lugo, Rueda asegura que no seu partido estarán "moi atentos" á conformación dos novos entes provinciais para que non beneficien só os municipios nos que non goberne o PP.
NOS_43713
Na Primeira División restan tan só dúas datas para o final do campionato, catro no caso da Segunda, o que en fútbol só significa unha cousa: gañar. Todo o que non sexa unha vitoria podería afastar definitivamente o conxunto celeste de clasificarse para a Europa League e á escuadra albivermella de xogar un ano máis na categoría de prata.
A Liga de Fútbol Profesional encara a súa fase decisiva e os representantes galegos na Primeira e na Segunda División están obrigados a superar con vitoria os seus compromisos desta fin de semana se queren conseguir os seus obxectivos de clasificarse para Europa e salvar a categoría, respectivamente. O conxunto celeste precisa perentoriamente de sumar os seis puntos que lle quedan por disputar, comezando polos que estarán en xogo este domingo ás 18.30 horas no fogar do Fútbol Club Barcelona, para seguir soñando con revivir as vellas glorias europeas. De conseguilo, significaría que os do Chacho Coudet gañarían seis partidos consecutivos e pasarían por enriba duns culés que se despedirían definitivamente do título. Cousas da Liga, o equipo máis galego da segunda división despois do olívico, a Sociedade Deportiva Huesca de Pedro Mosquera, Juan Carlos Real, Pablo Insua e David Ferreiro, faríalle un gran favor ao Celta se é quen de imporse ao Betis no encontro que disputarán tamén o domingo ás 18.30 horas. Se os oscenses logran gañar aos verdibrancos, e o Celta fai o propio co Barcelona na antepenúltima xornada ligueira, afrontaría un escenario moi favorábel para meterse en Europa, pois dependería de si mesmo. Existe tamén a opción de que se produza un cuádruplo empate a 56 puntos entre Real Sociedade, Betis, Vilarreal e o propio Celta, no que os vigueses sairían moi prexudicados, xa que a golaveraxe deixaríaos en último lugar desa pouco plausíbel combinación. Porén, un escenario máis realista é outro no que se asume que a Real Sociedade será quen de sumar polo menos un punto nos próximos dous partidos, polo que podería darse un triplo empate entre Betis, Celta e Vilarreal que deixaría a escuadra galega en sétimo lugar e, polo tanto, clasificada para a Conference League. Bilbao Athletic-Celta B, dupla final celeste Cando o choque entre Celta e Barcelona estea a piques de chegar ao seu final, concretamente ás 20.15 horas, dará comezo en Villanueva de la Serena (Badaxoz) a fase de ascenso á Segunda División co partido entre Bilbao Athletic, o filial dos leóns, e o Celta B. O gañador será quen pelexe a próxima semana por un posto na categoría de prata, pero ante a relevancia de ambos os encontros, Eduardo Coudet e o seu homólogo do filial, Onésimo Sánchez, terán que chegar a un acordo sobre o número de xogadores do que se pode permitir prescindir o adestrador pucelano para reforzar o primeiro equipo. Lugo: gañar ou gañar Aquí non hai debate nin reflexión profunda posíbel, o Club Deportivo Lugo ten que gañar se non quere descender á Primeira RFEF. Será difícil, pois os albivermellos non saben o que é a vitoria desde hai catro meses e o rival é un Mirandés instalado nunha cómoda oitava posición. Porén, os de Rubén Albés notarán a forza da afección por vez primeira nesta tempada, o que debería ser un factor diferencial nun partido programado para o día de mañá ás 18.30 horas. O talentoso Hugo Rama explicitou a visión que ten o cadro de xogadores do regreso do público cun contundende "é a hostia". "Semella que o destino quere que, no momento máis importante do ano, a xente estea connosco -engadiu o centrocampista-, e entendo que a afección estea doída, pero necesitámola, e queremos vela no campo". Con respecto ao rival, o galego apuntou que o Mirandés "é un equipo forte, con moita calidade e que imprime moito ritmo ao xogo", mais mostrouse confiado en que sexan quen de "cambiar a dinámica" na que está inmerso o Club Deportivo Lugo. "No fútbol todo dá moitas voltas, como cambiou o tema en poucos meses... mais penso que, loitando entre todos, salvarémonos", concluíu.
PRAZA_15795
Remata ante a falta de apoios que puidesen asegurar o seu sostemento. Cada vez que se escoite algunha das gravacións que compoñen o seu mapa-web, esta desaparecerá: "ao igual que a súa elaboración, a súa desaparición debe ser froito dun acto colectivo e compartido".
O 25 de xuño de 2006 nacía Escoitar.org. Facíase público un mapa colaborativo que buscaba "poñer en valor os sons da contorna" e "reivindicar a escoita como un proceso fundamental na construción dos discursos culturais". Berio Molina (artista e desenvolvedor web), Carlos Suárez (etnomusicólogo e compositor), Chiu Longina (antropólogo e artista sonoro), Enrique Tomás (enxeñeiro e artista sonoro), Horacio González (artista e desenvolvedor web), Julio Gómez (historiador e dinamizador cultural), Suso Otero (enxeñeiro de son) e Xoán-Xil López (musicólogo e artista sonoro) compoñían un colectivo que levaba traballando en conxunto dende o ano anterior. Un equipo multidisciplinar que conxugou os distintos proxectos individuais nos que o son tiña un papel protagonista. Dende entón e durante case unha década Escoitar.org levou a cabo numerosos proxectos orientados á conservación da memoria sonora, a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, o fomento da participación social na construción dese patrimonio e o estudo, rexistro, representación e contextualización da paisaxe sonora de Galicia nun contexto internacional. "Igual que a súa elaboración, a súa desaparición debe ser froito dun acto colectivo e compartido" Os seus responsables veñen de anunciar o remate do colectivo e o peche da súa páxina web "despois de múltiples intentos de solicitar apoios que fixesen sustentable o mantemento desta ferramenta". O peche será gradual e colaborativo: cada vez que unha persoa escoite unha das 1.252 gravacións que no seu día formaron parte de Escoitar.org, esta borrarase da base de datos. "Desaparecerá como son que é, será de novo algo máis que un arquivo, será un acontecemento", din, engadindo que "igual que a súa elaboración, a súa desaparición debe ser froito dun acto colectivo e compartido". Destacan a este respecto que "non querendo resignarnos a que vague inerte e estéril como un cadáver dixital, decidimos devolver os seus sons á vida, á súa esencia transitoria". Comeza, pois, un acto de demolición colectiva e virtual. Dez anos de proxectos Unha das primeiras iniciativas de Escoitar.org foi a creación dun arquivo sonoro xeolocalizado, no que calquera persoa podía incorporar sons nas coordenadas onde foran gravados Unha das primeiras iniciativas de Escoitar.org foi a creación dun arquivo sonoro xeolocalizado en formato de cartografía, baseado nunha API de Google Maps, no que calquera persoa podía incorporar sons nas coordenadas onde foran gravados. O obxectivo de Escoitar.org non era só levar a cabo a función de arquivo, senón "entender e fomentar os diferentes modos de escoita colectivos -históricos, sociais, culturais...- e individuais -psicolóxicos-" e reivindicar "a inclusión do oído entre as cuestións epistemolóxicas para así fomentar unha escoita crítica". Os responsables do colectivo destacan que nestes anos Escoitar.org "exerceu un apaixonado, crítico e divertido proselitismo sonoro" buscando transformar "a escoita dos participantes e en definitiva da nosa sociedade" e que "conseguiu propagar o fenómeno dos mapas sonoros e o interese pola auralidade ao longo de toda a xeografía española". Entre as súas actividades, podemos salientar a realización das xornadas Cartografías da escoita no CGAC, a participación no proxecto europeo European Acoustic Heritage, ou os obradoiros e cursos ofrecidos nas Facultades de Belas Artes de Bilbao, Cuenca e Pontevedra; nos festivais Eutopía (Córdoba), Zemos98 (Sevilla), Sensxperiment (Lucena/Córdoba) e Mediafest (Las Palmas); ou en centros de arte como o CGAC, o MARCO, Artium (Vitoria-Gasteiz), Arteleku (San Sebastián), LABoral (Gijón), La Casa Encendida (Madrid), Matadero (Madrid), ZKM (Alemaña), Kumu (Estonia) e SMAK (Bélxica). Tamén podemos lembrar as accións levadas a cabo co seu macrófono (de sete metros de longo) que rexistrou os sons das rúas de Vigo ou Compostela, pero tamén de Roma ou Madrid. Hoxe, no momento da súa despedida, citan a Derrida para destacar que "este proxecto converteuse nun espazo pensado mais en instituír que en conservar, en ofrecer e non en posuír, someténdose a unha democratización efectiva que se mide sempre polo criterio da participación e o acceso ao arquivo, á súa constitución e á súa interpretación". "Sempre tratamos de evitar a mera acumulación abríndoo, ofrecendo a posibilidade de valorar de forma colaborativa a relevancia da paisaxe sonora en diálogo con quen o escoita e producen. Un arquivo colectivo e aberto", sinalan. "Non se trataba de poñer o son ao servizo do mapa, senón de poñer o mapa ao servizo da escoita, apelar á nosa percepción para crear un oído crítico froito do cruzamento entre experiencia estética e coñecemento", conclúen Web de Escoitar.org
NOS_56958
A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso anunciou os actos que, co nome de 'O Dezasete', anticiparán en maio os actos do Festiletras que terán lugar en setembro.
A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso conmemorará as Letras Galegas na que será a 40º edición das Festiletras no mes de setembro. Aínda así, contará con actividades ao redor da propia data no mes de maio cun programa cultural que deron en chamar 'O Dezasete' e que terá como lugar central a aldea do Couto. As actividades comezarán o día 14 de maio cunha saída até Muxía, guiado polos estudosos da obra de Pondal, Felipe Senén, Félix Neira e Manuel Ferreiro, nunha xornada que rematará cun contacontos ás 12.30 horas co camerunés Boniface Ofogo, que tamén ofrecerá outra sesión ás 21.30 h., na Casa da Veciñanza. O 15 de maio, domingo, será o día en que se entreguen os Premios Bos e Xenerosos (12 horas) xunto cunha ofrenda floral e a visita a unha exposición fotográfica sobre estes 40 anos de cultura. Xa o 16 de maio será o momento do humor e a oralidade co teatro. Desde terras de Labarta Pose (Baio) chegará Badius co seu espectáculo titulado 'A Peregrinaxe'. Os actos rematarán o día 17 de maio cun percorrido polas placas das escritoras e dos escritores con pegada na sede da asociación cultural Monte Branco. O ramo poráo un recital poético de Rosalía Fernández, Suso Lista, Claudia Castro, Alexandre Nerium e Xurxo Souto coa música de Faia Díaz. O programa confirmado para setembro Os actos principais do Festiletras 2022 serán no mes de setembro cun programa xa confirmado ao que se lle sumarán algúns nomes nos vindeiros meses. Polo de agora, a organización certificou que entre os días 1 de 4 de setembro pasarán pola aldea do Couto nomes como Xabier Díaz, Rodrigo Cuevas, The Rapants e Carlangas DJ Set.
NOS_23230
Por volta de 506.000 persoas, 18,7% da poboación galega, están en risco de pobreza severa.
Ingresos inferiores á media estatal; unha taxa de risco de pobreza e exclusión social moi elevada para unha economía que se supón que está nunha etapa expansiva; as persoas que viven en fogares con baixa intensidade no traballo incrementándose progresivamente; unha taxa de pobreza, excluídas as transferencias sociais, que xa se sitúa no 34,64%... Estas son algunhas das conclusións que deixa a análise realizada por UGT de Galiza sobre as condicións de vida dos galegos e galegas. "Unha situación que é froito dunha recuperación económica que non está a chegar aos traballadores nin aos fogares galegos como consecuencia dun mercado laboral incapaz de xerar o volume de traballo que necesita Galiza e cun emprego xerado de baixa calidade que non ten capacidade para atender as necesidades dos fogares galegos", afirman desde o sindicato. Segundo a Enquisa de condicións de vida do Instituto Nacional de Estatística (INE), os galegos e galegas teñen unha renda media por fogar de 26.533 euros anuais, 1.025 euros menos que a media estatal. Se a análise se fai por persoa, tamén resulta negativa, xa que a renda media dun galego ou galega é de 10.753 euros anuais fronte aos 11.074 do resto do Estado. Outro dato que evidencia que as condicións de vida dos galegos non melloran é o indicador agregado 'Arope' de risco de pobreza ou exclusión social que está en Galiza en 22,6%. "Isto supón que hai 612.085 persoas en risco de pobreza ou exclusión social". E destas, 506.460 persoas, 18,7% da poboación galega, están en risco de pobreza severa. Por último, 65.000 persoas, 2,4% da poboación, sofren tamén carencias de material severas, segundo esta análise. Outro dado comprendido no estudo é que 12% da poboación galega vive en fogares con baixa intensidade no traballo. - só se ten en conta á poboación entre os 0 e os 59 anos-. Un fogar con baixa intensidade no traballo é aquel no que os seus membros en idade de traballar fixérono menos de 20% do total do seu potencial de traballo durante o ano de referencia. Neste punto da análise, resulta destacábel o progresivo aumento da poboación que vive en fogares con baixa intensidade no traballo, xa que en nove anos, do 2008 ao 2017, pasou do 7,6% ao 12%.
NOS_17161
O presidente da Cámara Renan Calheiros, do PMDB (Partido do Movimento Democrático Brasileiro) coidou a decisión de Waldir Maranhão "absolutamente intempestiva".
O Senado continuará adiante co proceso de destitución de Dilma Rousseff e non freará a votación prevista para esta cuarta feira (11 de maio), último chanzo lexislativo do impeachment. O Senado precisa de maioría simple para aprobar o impeachment Segundo o presidente do Senado, Renan Calheiros (PMDB), a decisión adoptada polo seu homólogo no Congreso, Waldir Maranhão (PP) que admitiu o pedido presentado pola defensa de Rousseff o que ao seu entender obrigaba a devolver o proceso ao ponto inicial para ser debatido e votado no Congreso, foi "absolutamente intempestiva que non ten cabida no proceso democrático e que non pode ser aceptada" por "ilegal e prematura". Neste senso, avanzou que continúa adiante co impeachment onde podería ser aprobado por maioría simple o que provocaría a suspensión de Rousseff do cargo por un período de 180 días nos que asumiría a xefatura do estado, Michel Temes, actual vice-presidente. Mobilizacións populares contra o golpe Paralelamente continúan os protestos en diversos puntos do país onde diversos movementos sociais e sindicais, como a CUT, o MTS e outras organizacións pertencentes ao Frente Brasil Popular, convocaron mobilizacións para "frear o golpe" contra a presidenta. A resposta popular estase a materializar fundamentalmente no corte de infraestruturas co que bloquean os accesos a distintos puntos do país.
PRAZA_1459
A partida xógase, en parte, nas institucións, pero só en parte; requírese ter a capacidade de facer fronte en todos os ámbitos e para iso precisamos dun pobo consciente e participativo, que asume o seu papel central no enfrontamento contra as forzas do neoliberalismo
"Debemos tomar nota también de la importancia de los liderazgos y los estilos que sirven para ir más allá de una identidad de partido. Podemos no puede ser en las generales un partido más sino un instrumento abierto a la participación y al protagonismo de todos aquellos que apuesten por el cambio." Pablo Iglesias Turrión(25/05/2015) A experiencia do 24-M amosa que aí onde se xeran espazos de converxencia amplos é onde máis cae o bipartidismo e o cambio pasa de posibilidade a realidade A experiencia do 24-M amosa que aí onde se xeran espazos de converxencia amplos é onde máis cae o bipartidismo e o cambio pasa de posibilidade a realidade. Pola contra, onde non se conseguen xerar espazos unitarios e participativos, onde prima máis o interese particular sobre o común, o bipartidismo aguanta forte. Ningún actor sobra, pero o que amosan estas eleccións é que a forma partido, por si soa, é incapaz de suscitar adhesións tan amplas como as que xeran os novos espazos de converxencia plurais e unitarios, convertidos en ferramentas ilusionantes. As siglas instrumentais permiten maior grao de apertura, crean prazas onde se poden encontrar os activistas e os non activistas, igual que nos atopamos no 15-M. E non se trata só dunha cuestión de feito, de que de feito sexa así; é máis, aínda que non fose así; trátase, sobre todo, de dúas vantaxes políticas claras das apostas de confluencia. Por unha banda, a unidade popular permite vencellar os escenario electoral coas mobilizacións, a rúa coa urna. Non chega con estar presentes nas institucións, hai que construír poder dende abaixo. Hai que construír unha interdependencia entre o ámbito electoral e o ámbito de intervención nas reivindicacións sociais, reforzándose mutuamente e, ademais, converténdose en presión e forza, ao mesmo tempo, para os que defendan nas institucións ditas reivindicacións. Non chega con estar presentes nas institucións, hai que construír poder dende abaixo. Hai que construír unha interdependencia entre o ámbito electoral e o ámbito de intervención nas reivindicacións sociais E, por outra banda, fai real a participación cidadá, pois os cargos institucionais teñen que estar sometidos a un control democrático pola asemblea. Deben ser pancas para a autoorganización popular en todos os ámbitos, esvaendo as fronteiras entre representantes e representados. Así é como se vai no camiño do empoderamento popular, de modo verdadeiro e non retórico; así é como se converten e se senten suxeitos políticos os cidadáns que participan asembleariamente no control e xestión da unidade popular. Así é como se xera conciencia e se constrúe en común; así é como se constrúe a unidade real, por embaixo. E, precisamente por iso mesmo, estes novos espazos non se deben quedar só na concreción de alianzas electorais, aínda que este sexa o terreo cara onde se están a envorcar moitas das enerxías, senón no artellamento de espazos de converxencia para as maiorías sociais desde os que seguir tecendo resistencias ás presións austeritarias tras as eleccións. A partida xógase, en parte, nas institucións, pero só en parte; requírese ter a capacidade de facer fronte en todos os ámbitos e para iso precisamos dun pobo consciente e participativo A partida xógase, en parte, nas institucións, pero só en parte; requírese ter a capacidade de facer fronte en todos os ámbitos e para iso precisamos dun pobo consciente e participativo, que asume o seu papel central no enfrontamento contra as forzas do neoliberalismo. Así construímos forza, a forza necesaria para unha loita que traspasa o puramente electoral. Precísase audacia e xenerosidade Cómpre vertebrar estas experiencias, estender o modelo a outros marcos, aínda coas peculiaridades e complexidades de cada contexto particular; evitar o seu illamento, compartilas e poñelas en común Cómpre vertebrar estas experiencias, estender o modelo a outros marcos, aínda coas peculiaridades e complexidades de cada contexto particular; evitar o seu illamento, compartilas e poñelas en común. Intercambiar experiencias que permitan a interacción desde abaixo, a permanente reconstrución e reapropiación dos suxeitos por parte da cidadanía. Construír colaborativamente é o único xeito de tecer alianzas entre as clases populares , unhas alianzas que reflicten o nexo común que une ás maiorías sociais atacadas polos mercados. A unidade popular é algo vivo, hai que coidala e alimentala día a día para que se converta no reflexo da unidade das de abaixo. En 2012, a irrupción electoral de AGE como terceira forza supuxo a constatación de que se abría un espazo para a construción de candidaturas de unidade en todo o Estado En Galiza asistimos a un contexto particular. En 2012, a irrupción electoral de AGE como terceira forza supuxo a constatación de que se abría un espazo para a construción de candidaturas de unidade en todo o Estado, que a indignación atopaba unha expresión política e que a fenda aberta por Beiras podía ensancharse. A evolución posterior de AGE amosou os riscos que corrían e corren estas novas candidaturas. AGE ficou reducido a un grupo parlamentario, non medrou como espazo propio, senón que arrostrou os lastres das siglas que o conformaron, ensinando que a xestación dun proceso é fundamental no seu resultado, que as unidades construídas desde arriba, como pacto entre aparatos, teñen un percorrido e un alcance limitados, por moito que se baseen en liderados carismáticos, se non hai unha participación desde abaixo, se non están abertos á incorporación de novos actores fóra da militancia identitaria tradicional. As Mareas parece que aprenderon a lección deste proceso As máquinas de guerra electorais son tigres de papel Aos procesos electorais non poden ir "máquinas", pois só pode haber intervención social se o pobo ten plena consciencia desa necesidade de actuar. Pero tampouco é unha "guerra". As eleccións son batallas; a verdadeira guerra, a verdadeira loita, dáse noutros lugares e non entre formacións políticas, senón entre os axentes sociais que pretenden representar. Pero é que chamar "guerra" é, precisamente, dar a entender que a "centralidade política" discorre aí, nas institucións, o que leva á confusión e á abstención (á abstención da participación efectiva nas mobilizacións). Que significa que "venza electoralmente" unha candidatura? Xa é vella a distinción, pero hai que lembrala sempre: non é o mesmo a vitoria electoral que a política nin que a social. Leva ao derrotismo, de feito, pensar que "o poder" está no Parlamento; o que non quita que ir ao Parlamento nos dea "poder" (e que só vaiamos alí se xa conseguimos algún "poder"), pero non "o poder". Non é desprezar as institucións, senón que é ter claro os límites das mesmas e saber onde se xoga a partida e como non debemos abandonar ningún lugar (tampouco as institucións), pero ter forza para estar presentes en todas partes. Non é desprezar as institucións, senón que é ter claro os límites das mesmas e saber onde se xoga a partida e como non debemos abandonar ningún lugar (tampouco as institucións), pero ter forza para estar presentes en todas partes Construír poder popular faise construíndo a forza necesaria para enfrontar en todos os ámbitos as nosas razóns á forzas do réxime. Constrúe poder popular, é fonte de forza, todo mecanismo que incite á participación popular, que integre nas mobilizacións, que faga consciente a interrelación entre todo tipo de accións. As confluencias de base asemblearia son fonte de forza, colaboran na construción do poder popular, pois van nese sentido, na de converter á cidadanía no motor. De novo, é un lugar común, pero, tamén de novo, convén lembralo unha vez máis: non se poden confundir medios e fins. As organizacións políticas son medios; os liderados populares son medios. A gran responsabilidade das organizacións políticas e dos liderados é asumir a súa dependencia dos obxectivos sociais que queren acadar, que eles -organizacións e líderes- existen en función do pobo; asumir que sen el non son nada; ou peor, son, de feito, unha "quinta columna" no seo do pobo. O gran risco para un partido no que triunfe o "patriotismo de partido" e que non sexa consciente desta responsabilidade e que fíe todo na súa capacidade para converterse en referente electoral O gran risco para un partido no que triunfe o "patriotismo de partido" e que non sexa consciente desta responsabilidade e que fíe todo na súa capacidade para converterse en referente electoral, concibido como o seu obxectivo único, será o de illarse das loitas sociais. E isto ten consecuencias políticas inevitábeis: carecer da necesaria autocrítica ás propostas políticas propias, que dá o contacto permanente coa "vida real"; que é onde se constata a corrección das propostas ou a súa necesaria modificación; pola contra a onde se vai é a que "o partido nunca se equivoca" (porque non hai modo de confirmalo nin de desmentilo). Tamén é consecuencia disto non ser quen de colaborar na construción da forza necesaria e, ao mesmo tempo, non poder tampouco recoller esa forza (esa forza necesaria) cando queira levar a cabo políticas contra a reacción que, comprobarao de seguro, enfrontaría fortes resistencias. E, hai que dicilo, tal actitude converteríase en desmobilizadora (non só non mobilizadora). Coidamos que o enfoque autorreferencial, que apunta a que a unidade popular é que se unan todos comigo, é un erro; e, ao mesmo tempo, entender a unidade popular como unha pura fronte de esquerdas, en clave puramente electoral, tamén é outro erro. Pensamos que a clave está en artellar poderes sociais e que o electoral sexa a consecuencia dese traballo. Podemos é un método, un medio, unha ferramenta para que as clases populares lideren o cambio, non un fin en si mesmo Podemos é un método, un medio, unha ferramenta para que as clases populares lideren o cambio, non un fin en si mesmo. Se só miramos cara nós mesmos, se nos convertemos nun partido ao uso máis, non só traizoaremos a nosa esencia, senón que nos converteremos na lembranza do que puido ser en non foi.
NOS_23879
O voceiro do BNG no Congreso e candidato á Xunta pola formación frontista considera que existe aínda marxe para a elaboración doutro tipo de políticas que non compromentan os servizos públicos
O titular da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, "mente" cando di que non vai aplicar no país os recortes impostos desde o Goberno español. Así o considerou o voceiro do BNG no Congreso e candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, nunha entrevista en que lembrou a tesoirada prevista en Educación e Sanidade, nomeadamente a suba das taxas universitarias, e o re-pago dos medicamentos e do transporte sanitario. Na conversa, mantida nunha emisora de radio, Jorquera afirmou que "é moi difícil" crer na palabra do titular do Executivo galego ollando a traxectoria dos últimos tres anos, polo que entende que fará seus os recortes artellados desde Madrid "sen ningún tipo de cuestionamento". O candidato nacionalista asegurou que todo este tipo de medidas, a obsesión polo gasto público e polo déficit cero só van traer consigo máis precarización dos servizos públicos, van agravar a crise, alongar no tempo a recesión e incrementar o paro, "e os datos da EPA coñecidos o pasado venres son ben elocuentes, pondo de manifesto que as previsións do propio goberno, de pechar 2012 con 6 millóns 300 mil parados van verse desbordadas". Para Jorquera, si hai marxe para tentar equilibrar as contas sen comprometeren as políticas públicas básicas e sen provocar desequilibrios, e iso pasa por medidas como as que propón o BNG, como unha reforma fiscal integral, que acabe co inxusto sistema impositivo do Estado. Neste sentido, reiterou o seu rexeitamento ao anuncio da suba do IVE para 2013, non só porque se trata dun novo incumprimento do goberno, senón porque é unha medida contraproducente, xa que dificilmente se vai poder recuperar o consumo se este se penaliza, e porque os impostos indirectos son inxustos, xa que non discriminan en función da renda. "É inconcebíbel que se suba o IVE mentres se declara unha amnistía fiscal para os defraudadores", valorou Jorquera. Orzamentos "inflados"Sobre os orzamentos do Estado, o voceiro do BNG no Congreso asegurou que hai "trampa" no que respecta ás partidas destinadas a Galiza, nomeadamente para rematar o proxecto da alta velocidade a Galiza. Explicou que as contas están infladas como pura propaganda "para quedar ben con Galiza" e así camuflaren outros moitos asuntos vitais para o desenvolvemento do País que fican desatendidos nas previsións do goberno, como a rede ferroviaria convencional, o saneamento das rías ou o dique flotante en Ferrol. Jorquera lamentou a posición de CIU sobre o investimento na alta velocidade a Galiza e asegurou que mesmo coas cifras infladas segue sendo maior a partida destinada ao corredor mediterráneo. "Ademais, o problema non é que os orzamentos beneficien a Galiza, pois é unha comunidade que durante décadas foi marxinada respecto doutros territorios, así que o lóxico sería que si saíse favorecida nas contas do Estado, mais non é así". Eleccións autonómicasAnte a proximidade das vindeiras eleccións autonómicas e a posibilidade de que concorra unha nova formación nacionalista, con parte das persoas escindidas do BNG, Jorquera respostou que a súa prioridade é defender políticas alternativas ao PP, ser garante dun cambio en Galiza, "o noso rival vai ser o PP". O candidato nacionalista alertou sobre o interese do Partido Popular e dos medios afíns, nomeadamente os medios públicos, por ofrecer unha imaxe da oposición fragmentada e dividida, "como forma de poder reter o PP unha maioría absoluta que nestes momentos ve que pode perigar porque se comeza a percibir o descontento da sociedade".
NOS_41299
De non depositar esa cantidade no prazo de tres días, a xuíza Carmen Lamela procedería a embargar os bens dos 14 membros do Govern -Puigdemont, Junqueras e os consellers- até alcanzar o valor correspondente a esa cifra.
A xuíza que admitiu a trámite a querela da Fiscalía por rebelión e sedición aceita tamén impor unha fianza ás persoas denunciadas na cuantía fixada polo Ministerio Público. Os 6,2 millóns de euros corresponden co valor das partidas orzamentarias que sufragaron o referendo do 1-O, suspendido polo Tribunal Constitucional e no que participaron 2,2 millóns de persoas, 90,18 por cento das cales votaron a prol da independencia.
NOS_40782
Ante a fervenza de peches, cancelacións e adiamentos polo agravamento da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus, os axentes culturais reaccionan incrementando a oferta a través das súas plataformas dixitais, instalándose nos fogares dunha cidadanía confinada que, de súpeto, sente como unha perda a imposibilidade de asistir a uns actos culturais non sempre xustamente estimados. Trátase dunha oportunidade para revalorizar o papel social da cultura ou dun camiño que incrementará o peso das tecnoloxías no campo do consumo cultural?
Apandemia da COVID-19 está provocando unha enorme distorsión no mundo da cultura que ten dúas caras. Por unha banda, está a suspensión case completa de calquera actividade cultural pública: cines, teatros, lecturas, concertos, rodaxes, gravacións, presentacións, feiras… cancélanse en todo o mundo sen que se coñeza cando nin como se poderá recuperar a normalidade, e sen que estea aínda claro cales serán os efectos económicos desta parálise nun sector xa de seu carente de políticas públicas e moi afectado pola precariedade. É moi cedo para facer contas, pero as primeiras estimacións feitas pola Asociación para el Desarrollo de la Propiedad Intelectual (Adepi) falan dunhas perdas de 3.000 millóns de euros no conxunto do Estado. Véxase como se vexa, unha catástrofe para o sector. Mais hai outra cara, quizais menos visíbel a primeira vista, pero que se albisca ao facer inventario das múltiples iniciativas que xorden para manter a cultura na axenda da cidadanía: obras teatrais retransmitidas en streaming, vídeos de concertos e representacións, películas que se liberan para que o público poida acceder a elas de balde, publicacións que autores e editoriais ceden de xeito altruísta… Pode parecer que esta súbita xenerosidade é contraditoria coas perdas millonarias que se prevén para o sector, mais quizais é neste punto onde aparece a cultura e desaparece a industria cultural, onde se revela a cultura como creadora de comunidade, como espazo para a empatía e a reflexión crítica sobre nós mesmos. A contradición David Rodríguez, escritor, xornalista e crítico cultural, cre que "o mundo cultural, en xeral, vive nunha contradición permanente que non acaba de resolver: por un lado, proclámase que a Cultura é unha esfera separada do mercado e, polo outro, reivindícase o peso das industrias culturais; é dicir, queremos ser algo diferente do capitalismo pero, ao mesmo tempo, somos parte do capitalismo e, ademais, reivindicamos a nosa produtividade. Iso, nun momento de terciarización da economía onde a produción intelectual ten moito máis peso na engrenaxe económica (teoricamente, porque, en realidade, todo acaba sendo precariedade). Daquela, cando se dá un fenómeno como este, que ten carácter de acontecemento, ábrese a veta idealista do mundo da cultura". Rodríguez interpreta isto como un síntoma: "en momentos de shock como este, sempre se pensa no mellor e no peor e, como hai moita xente que pensa no mellor, hai un certo movemento cara ao utópico: a situación de excepcionalidade provoca que –polo menos aparentemente– a lóxica do mercado se deteña e, daquela, aflora o ser humano como ser humano, e non como consumidor. Aí sae a percepción de que o que viviamos antes desta crise non era unha comunidade de verdade, de que iso aínda está por construír". "Esta situación faranos máis conscientes da dimensión social que ten a cultura", afirma Cabaleiro. Paula Cabaleiro, comisaria de arte, tamén ve na excepcionalidade da situación unha oportunidade: "A cultura traballa sempre con material sensíbel e, en momentos como este, no que parece que todo se derruba, a materia sensíbel é o único ao que podemos apelar, o que nos está unindo fronte unha ameaza descoñecida. A cultura non sempre se entende como un ben de primeira necesidade e, precisamente, estes momentos catárticos poñen en evidencia que as persoas precisamos desenvolvernos dentro dunha identidade cultural e que necesitamos relacionarnos a través das manifestacións desa identidade. Por outra banda, a cultura ten unha gran capacidade para mutar e de xerar unha dimensión simbólica a través de calquera medio: de feito, vemos como moitas convocatorias de carácter social están deseñadas a partir de estratexias previamente experimentadas polo mundo das artes plásticas, da performance, da danza… Neste caso, a adaptación ao medio dixital responde a unha necesidade de resistencia simbólica fronte a unha circunstancia moi desfavorábel". Compartir nas redes Xesús Ron, director da compañía Chévere, ten unha longa experiencia en compartir contidos a través da rede: o sitio web da compañía, redenasa.tv, leva moitos anos subindo material documental que recolle as súas producións. Ron apunta a un xeito de superar a contradición sinalada por Rodríguez: "A filosofía de redenasa procede da consciencia de que nós facemos produción cultural, en boa medida, grazas a que recibimos diñeiro público; subir eses contidos á rede é un compromiso co retorno social que deben ter eses cartos. É certo que o noso é teatro e dá un pouco igual porque a experiencia do público non é a mesma vendo unha gravación que asistindo a unha función, pero precisamente por iso é bo que as obras de teatro ou os concertos de música exploren formas de devolverlle á sociedade o diñeiro que esta investiu neles". En todo caso, pode formularse a dúbida de se esta situación – en principio, temporal– podería reforzar a tendencia do consumo cultural a refuxiarse no mundo virtual, se as tecnoloxías da comunicación non ocuparán un espazo aínda maior na órbita do consumo cultural. "Iso tamén é inherente ao momento do acontecemento", explica David Rodríguez, "e nese sentido, a experiencia do maio do 68 é moi gráfica: despois dos momentos de máxima utopía, cando esta non se consuma e se dá a volta á orde, esta orde desenvolve unha capacidade extraordinaria para apropiarse desas prácticas que naceron como utópicas". "Nesta guerra entre o consumo real e o dixital, as artes vivas están saíndo reforzadas", di Xesús Ron Ron, non obstante, matiza que "o virtual tamén xera comunidade, crea lazos. Outra cousa é que se pretenda crear comunidade exclusivamente cos vínculos tecnolóxicos –que, efectivamente, podería suceder– pero até o de agora o que eu vexo é que a comunidade virtual e a real se fortalecen. As redes creadas por compañías de teatro, ou por editoriais ou por calquera outro tipo de axente cultural xera un sentimento de pertenza que é virtual, pero que ten unha realidade detrás". O que está ocorrendo, "é unha situación pasaxeira na que se está reivindicando a natureza presencial de certo tipo de arte: fálase moito do invasivas que son as tecnoloxías pero o certo é que nunca houbo tantos concertos, tantos festivais, tantas funcións de teatro… As estatísticas están aí e eu creo que se consolidou o directo. Nesta guerra entre o consumo real e o dixital, as artes vivas están saíndo reforzadas. Podemos falar doutros problemas pero non creo que agora mesmo exista unha crise de público. Noutros xéneros como o cine os problemas son doutra natureza: nós vímolo coa adaptación ao cinema de Eroski Paraíso, que tivo pouco máis da décima parte de espectadores que a montaxe teatral. Pero aí tamén xoga a dificultade de colocar un filme nas salas de exhibición". Paula Cabaleiro engade que "esta situación faranos máis conscientes da dimensión social que ten a cultura, da busca de contacto que implica a asistencia a calquera manifestación cultural". En certa forma, subliña, "o feito de que os soportes materiais coma os CD ou DVD desaparezan en beneficio de plataformas como Spotify ou Netflix tamén nos abre os ollos sobre ese valor engadido de encontro colectivo que ten a cultura. Creo que a invasión de pantallas está provocando unha volta á cultura en vivo e que este confinamento que estamos vivindo vai reforzar esa valoración da cultura como feito social. Agora todo o mundo é consciente da gravidade dunha situación histórica que vai traer, ademais, unha crise económica moi severa; mais tamén creo que, socialmente, vai haber lecturas moi proveitosas, vai haber moitas certezas que se van poñer en cuestión".
PRAZA_15000
Gañou dous premios do xurado e o do público.
A película Ali, participante na sección competitiva do 17 Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF) foi unha das grandes triunfadoras ao concentrar dous premios do Xurado e o do Público do festival, tal como recolle a acta que se deu a coñecer este sábado nun acto que contou coa presenza do director da cinta, o sevillano Paco Baños. O palmarés da edición de 2012 do OUFF foi lido polo presidente do xurado e produtor de cinema Emiliano Otegui e inclúe os premios Carlos Velo ao mellor director, para Paco Baños, e unha Mención Especial á Mellor Actriz para Nadia de Santiago, protagonista da película dirixida por Baños. Sobre ela, o Xurado destacou a súa "fresca e crible interpretación dun personaxe cheo de matices no seu primeiro papel protagonista". A mesma película obtivo o Premio do Público, segundo indicou o portavoz do OUFF, Diego G. López, que, na súa intervención, referiuse aos espectadores para agradecer a súa presenza nas salas de proxección malia as dificultades vividas este ano polo festival. Os demais galardóns outorgados polo xurado foron o Gran Premio Calpurnia á Mellor Película para Roza, de Polonia, dirixida por Wojciech Smarzowski; e o premio Especial do Xurado para Historias que só existem quando lembradas, coprodución de Brasil, Arxentina e Francia, dirixida pola brasileira Julia Murat. Tamén se outorgou o Premio ao Mellor Guión para o guionista serbio Djordje Milosavljevic pola película The Enemy ou Neprijatelj; e a Mención Especial á Mellor Fotografía para Lucio Boneli, polo seu traballo na película Historias que só existem quando lembradas, na que o xurado destacou a súa arriscada forma de plasmar en imaxes un mundo poético cheo de vida. Tras a lectura da acta, foi presentada a película que pechará o OUFF de 2012 por parte do seu director e elenco actoral e técnico. Pola noite proxectarase no auditorio municipal a película de clausura 12+1 unha comedia metafísica rodada nas dunas de Corralejo, na illa de Forteventura, segundo explicou o seu director Chiqui Carbante.
NOS_6648
Foron retirados dos corredores do Pazo de San Marcos
Na mañá desta sexta feira procedeuse á retirada dos corredores do Pazo de San Marcos os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo nomeados durante a ditadura de Primo de Rivera e tras o levantamento militar do 1936 e a posterior ditadura. O deputado de Memoria Histórica, Efrén castro, sinalou que "as institucións non poden acoller elementos de recoñecemento ao franquismo ou ás persoas que o representaron porque, argumentou,"iso contribúe a branquear e lexitimar a ditadura". "A transición construíse sobre unha lei de amnistía e un relato feito á medida das forzas do rexime e en contra da memoria e a dignidade das persoas represaliadas e das súas familias", expuxo o deputado nacionalista. "Non se trata de esquecer a historia, nin de axustar contas individual ou colectivamente, se non de visibilizar que unha sociedade democrática non pode dar o mesmo tratamento a representantes políticos dun rexime fascista que a representantes políticos elixidos democraticamente", concluíu. Día da Galiza Mártir O vindeiro 17 de agosto, coincidindo co Día da Galiza Mártir, a área de Memoria Histórica celebrará un acto de lembranza e homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo en Sarria.
PRAZA_5719
Os pouco máis de 350.000 votos colleitados polos conservadores o 25-M achéganse ao seu chan electoral no país, onde non baixaran do medio millón dende a súa fundación en 1989. PSdeG e BNG acumulan caídas reiteradas dende as municipais de 2011
A do 25 de maio foi, probablemente, a primeira noite electoral sen euforia na sede do PPdeG dende que Alberto Núñez Feijóo o dirixe. Nas sete ocasións anteriores o tamén presidente da Xunta sempre tivera varios motivos para a satisfacción, xa fose por gañarlle algunha partida urbana ao gobernante bipartito de PSdeG e BNG, por retornar á Xunta ou por medrar mentres os seus rivais directos perdían apoio cidadán. Desta volta a ledicia popular só tiña un piar: seguir sendo o partido máis votado do país, coma sempre dende que Manuel Fraga o fundou en 1989, aínda que o sexa, practicamente, co menor apoio cidadán da súa historia. Nunca tan pouca xente votara polo PP en Galicia como nestas eleccións europeas dende hai un cuarto de século. Feijóo tardou unha hora en presentarse na sala de prensa tras coñecer os resultados e ante os informadores atribuíu o descenso á "irrupción" de Podemos no panorama electoral e, sobre todo, aos "votantes do PP que non acudiron ás urnas", dito isto malia que a participación superou en dous puntos a dos anteriores comicios á Eurocámara. Feijóo aférrase a que o PSOE tamén se descalabra e a que Galicia é a "segunda comunidade pluriprovincial" con mellor resultado do PP para non mergullarse en exceso nas cifras, 354.743 votos que se converten no seu chan electoral en territorio galego en 25 anos. Dende as xerais de 1989 o PP nunca baixara do medio millón de votos Para atopar un resultado semellante do PP en Galicia hai que remontarse ao ano no que se fundou, en 1989, cando a antiga Alianza Popular mudaba de siglas e puña á fronte a un mozo José María Aznar para tentar desbancar a Felipe González. Naquel ano celebráronse eleccións xerais e Aznar acudiu a Galicia para pedir o apoio cidadán en compañía de Gerardo Conde Roa, José Manuel Romay Beccaría e o propio Fraga. Os populares, daquela cunha gaivota que voaba cara á esquerda, obtiveron 519.168 e nunca baixaron do medio millón de votos. Ata este domingo. Os de Feijóo deixaron polo camiño case 220.000 votos a respecto das anteriores eleccións europeas, as de 2009, cando lograran máis da metade dos sufraxios emitidos, lonxe do 35,16% desta ocasión. Afondan así na dinámica descendente iniciada nos comicios galegos de 2012, nos que malia gañar tres deputados no Parlamento perderon máis de 100.000 votos a respecto de 2009, a primeira vitoria de Feijóo, e tiveron 194.000 papeletas menos que nas xerais do ano anterior, as da derrota do PSOE e da chegada de Mariano Rajoy a La Moncloa. As caídas de PSdeG e BNG Malia ser a máis rechamante a caída do PP non é a única que fixo historia neste 25-M, toda vez que as outras dúas formacións que tamén viñeron sendo piares básicos do sistema de partidos do país nas últimas dúas décadas tamén experimentaron fortes retrocesos malia non teren responsabilidades de goberno. Así, por exemplo, a dirección do PSdeG puña o acento durante a noite electoral na súa "consolidación como segunda forza política", un rango que conserva malia perder case 184.000 votos a respecto das europeas de 2009 e perder apoio cidadán por terceira vez consecutiva ata ter o peor resultado do período analizado, dende 1989, nunhas eleccións que este luns precipitaron a saída de Alfredo Pérez Rubalcaba da secretaría xeral. Os socialistas perderon 184.000 votos e asinaron o peor resultado deste cuarto de século O segundo peor rexistro dos socialistas galegos nestes vinte e cinco anos foi tamén nunhas europeas, as de 1994, durante o derradeiro mandato de Felipe González, cando non lograran chegar aos 289.000 votos. Os terceiros comicios con menos sufraxios para o PSdeG foron as autonómicas de 2012, con apenas 297.000 votos. Todos estes números están moi lonxe dos mellores momentos do partido en Galicia, nas dúas eleccións xerais gañadas por José Luis Rodríguez Zapatero, cando a formación daquela liderada por Emilio Pérez Touriño logrou 682.684 votos en 2004 e 750.492 en 2008. O BNG quedou 30.000 votos por riba do seu rexistro máis baixo e 24.000 votos por tras das anteriores europeas Malia experimentar tamén unha notable caída os resultados obtidos polo BNG o 25-M non son os peores da historia da fronte nacionalista, cuxa dirección transmitía sensación de alivio na noite electoral non só porque a súa coalición obtén representación na Eurocámara e, polo tanto, escano rotatorio para Ana Miranda, senón tamén porque os 79.732 votos obtidos superan os prognósticos do inicio de campaña, que roldaban os 50.000. Tras media década de avatares que comezaron coa saída da Xunta e culminaron nas escisións de 2012 o Bloque queda 30.000 votos por riba do seu peor resultado neste cuarto de século, o das xerais de 1989, e 24.000 votos por baixo do das anteriores europeas. Así e todo, tamén está lonxe do seu mellor escenario electoral, os case 400.000 votos das eleccións galegas de 1997,
NOS_20395
Serían Adrián Fuenseca (responsábel da área de Redes sociais), Lourdes Sylla (Cultura) e Sigrid Campo (audirtoría e democracia). Dos nove integrantes orixinais da executiva do partido en Galiza que se elixiu hai menos dun ano xa só ficaría un.
O secretario xeral de Podemos-Galiza, Breogán Riobóo, destituiu esta fin de semana 3 integrantes do Consello de Coordinación (equivalente á Executiva), segundo informa La Voz de Galicia. Unha decisión que se coñece apenas pasadas unhas horas de saberse que Riobóo cesara o número 2 do partido en Galiza e responsábel de Organización, Borja San Ramón. O argumento, segundo o diario coruñés, é o mesmo nos catro casos: perda de confianza. Adrián Fuenseca (responsábel da área de Redes sociais), Lourdes Sylla (Cultura) e Sigrid Campo (audirtoría e democracia) serían os tres cargos destituidos por Riobóo, un paso que viría a suliñar os problemas internos que no noso país existen no partido de Pablo Iglesias, que vive unha pugna interna. A desautorización de Iglesias a Riobóo cando este afirmaou que Podemos podería concorrer en solitario nas galegas habería que lela no marco desa lea interna. O home de confianza de Iglesias en Galiza, o deputado Gómez Reino, xa non fai parte do Consello de Coordenación após o salto ao Congreso. Mais, segundo di La Voz citando fontes de Podemos, Gómez Reino tentou manter esta fin de semana unha xuntanza con Riobóo para tratar a crise que vive o partido en Galiza, mais sen éxito. Riobóo contaría nesta lea co apoio dalgúns responsábeis de Podemos nas cidades do país. Do Consello de Coordinación elixido o pasado mes de marzo xa só ficaría un dos seus integrantes orixinais. Polo camiño foron 'quedando' integrantes como Carme Santos, a máis votada pola filiación, que marchou no vrán lamentando a escasa "trasparencia" e "participación" na xestión do partido.
NOS_57003
Centos de miles de galegos e galegas levan anos cargando con cláusulas abusivas nos seus préstamos hipotecarios, pagando máis en cada cota sen sabelo ou asumindo gastos que no lles corresponden. Nas últimas semanas abríronse novas frontes xudiciais contra estas prácticas das entidades bancarias, que supuxeron na maioría dos casos un importante prexuízo económico
Dúas sentenzas dinamitaron o mercado hipotecario no último ano. Por un lado, o recente ditame do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) a favor da retroactividade total das cláusulas solo, que xa foran declaradas nulas. Por outro, o veredicto do Tribunal Supremo en decembro de 2015 que considera abusivo trasladar os gastos para constituír e formalizar un préstamo hipotecario á propia clientela. Desde entón, o número de demandas dos afectados e das asociacións de consumidores perante os xulgados de primeira instancia non deixou de medrar. Hipotecas que nunca baixan As cláusulas solo afectan decenas de miles galegos e galegas con hipoteca. Desde a sentenza do TJUE o pasado 21 de decembro, catro resolucións xudiciais no país anularon esta cláusula seguindo o criterio do tribunal europeo. Unha práctica, na maioría dos casos opaca, cuxo obxectivo era limitar a baixada dos tipos de xuros das hipotecas. Na práctica, as persoas afectadas polas cláusula solo viron como os importes do seu préstamo non se reducían malia a caída continua do euribor, o principal índice de referencia. Segundo os cálculos dos colectivos de consumidores e consumidoras, o importe medio que pagaron de máis as persoas afectadas no país oscila entre os 8.000 e os 11.000 euros (segundo o tipo de hipoteca), que terán que ser devoltos na súa totalidade. Calcúlase que entre 50.000 e 70.000 galegos e galegas estarían xa en disposición de reclamalos. O número de afectados rolda as 200.000 persoas no país, para un total de 370 millóns de euros. Entidades como Abanca suman 77.300 afectados e afectadas no conxunto do Estado. Moitas das denuncias polas cláusulas solo ficaban paralizadas polo Tribunal Supremo, que ditaminara só unha retroactividade parcial desde o 9 de maio de 2013, á espera da resolución europea. Está previsto que este mes os maxistrados da Sala do Civil do alto tribunal español reabran os casos, resolvan os centos de recursos pendentes e corrixan as sentenzas emitidas para axustalas á doutrina marcada polo TJUE. A reportaxe íntegra, neste Sermos Galiza nº229, xa na nosa loxa
PRAZA_2826
Alberto Núñez Feijoo, Íñigo Méndez de Vigo e Ana Pastor asistiron en Compostela á apertura da Porta Santa
As distintas catedrais de Galicia acolleron este domingo actos de inicio do denominado Ano Santo da Misericordia, un ano xubileu extraordinario decretado polo Papa Francisco. En todas elas o máximo representante de cada diocese presidiu unha cerimonia de apertura dunha porta santa, que -ata o 20 de novembro- permitirá "o perdón dos pecados" dos cristiáns que pasen por elas. Tratábase, polo tanto, dun acto relixioso. E mesmo así en varias destas cerimonias participaron representantes das institucións públicas, obviando a aconfensionalidade do Estado e a separación entre Igrexa e Estado que recolle o artigo 16 da Constitución. En Compostela asistiron Alberto Núñez Feijoo, Íñigo Méndez de Vigo, Ana Pastor, Román Rodríguez ou o delegado do Goberno, Santiago Villanueva En Compostela, por exemplo, participaron o presidente da Xunta -Alberto Núñez Feijoo-, o ministro de Cultura -Íñigo Méndez de Vigo-, a ministra de Fomento -Ana Pastor-, o conselleiro de Educación -Román Rodríguez-, e o delegado do Goberno -Santiago Villanueva-. Durante a misa, o arcebispo Julián Barrio apelou "á misericordia" e criticou o terrorismo, as guerras, a economía da exclusión, a ideoloxía do diñeiro, a inequidade e o cambio climático. Ademais, Barrio instou directamente aos representantes públicos a "practicar a xustiza na recadación de impostos" e a ser "moderados no exercicio do poder". En Ourense participaron o alcalde Jesús Vázquez, o concelleiro de Promoción Económica, o subdelegado do Goberno e a delegada da Xunta na provincia A situación repetiuse nalgúns dos outros actos, que se celebraron en Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. En Lugo estaba prevista a asistencia da alcaldesa, Lara Méndez. E en Ourense participaron o alcalde Jesús Vázquez, o concelleiro de Promoción Económica -Jorge Pumar-, o subdelegado do Goberno -Roberto Castro-, e a delegada da Xunta en Ourense -Marisol Díaz-. Na crónica do acto publicado en La Región destácase que "a todos ellos les unía el deseo de encontrar la misericordia de Dios atravesando la puerta santa".
NOS_36399
A Audiencia provincial de Madrid condenou a catro anos de privación de liberdade ao de Vallecas acusado de portar un artefacto explosivo na folga de 2012.
Alfonso Fernández Ortega, 'Alfon', foi condenado esta quinta feira (8 de febreiro) pola Audiencia Provincial de Madrid a 4 anos de prisión por un delito de tenza de explosivos. 'Alfon' foi acusado de portar un artefacto durante a folga do 14-N de 2012, unha acusación que sempre negou. Durante o xuízo Fernández Ortega denunciou que a policía o ameazou con imputarlle a tenza de explosivos se non identificaba a integrantes de Bukaneros. A condena de 4 anos de prisión, que é recorríbel perante o Supremo, súmase a outra anterior que lle fora imposta por un delito de "resistencia á autoridade".
QUEPASA_1080
Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios". Daniel Garcia Cotelo: "O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada". Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza".
No marco da crise da crise do goberno de Ponteceso, 5 dos 8 edís socialistas do grupo de goberno (Faustino Santiago, Raquel Fondo, Ana Pérez, Salvador Eiroa e Miguel Ángel González) asinan esta carta dirixida ao alcalde e á veciñanza. Carta dos 5 edís do PSOE Despois dos últimos acontecementos creo que temos o deber de explicar aos veciños e veciñas a realidade dos feitos. Os cinco concelleir@s que formamos parte do goberno, votamos a favor dunha moción que cremos xusta e máis nos tempos que corren, como gobernantes elixidos polos nosos veciños/as temos a obriga de estar ao voso lado e de axudar, e quizais máis en esta época difícil que estamos a vivir e sobre todo cando falamos de cartos que son de todos/as vos! Así se lle manifestou o señor Alcalde!!! A sorpresa é máxima cando nos enteramos pola prensa da súa decisión... nun momento no que hai xente que perde o seu traballo e que está sin ingresos a el non lle parece razonable gañar 3000 euros brutos ao mes! Entón deixanos entrever que a prioridade é máis a económica que a vocacional e igual debe adicarse a docencia. Quen lles dera a maioría da nosa poboación e a nós mesmos ter iso para os nosos fillos pero a realidade é ben distinta, así que opta por adicarse a ensinanza pola simple razón de que gaña máis. E non só iso senón que nos di a todos que iso repercutirá no concello!!! Durante este ano no que se asignou o soldo máximo, e enterándonos no pleno de investidura sen ningún consenso previo, non mencionou o que gañou pero agora si publica o que perde... en fin, estamos e estaremos sempre na parte xusta das cousas veña de donde veña e pese a quen pese, o tempo coma sempre poñerá a cada un no seu sitio! O proxecto ao que fai alusión consiste en aceptar as propostas que el propón e non saír da liña marcada, se é así non escolleu aos candidatos idóneos xa que cada un de nós pensa por si só e no consenso está o avance. En canto a agrupación socialista pensamos que debería facer autocrítica porque xa son coñecedores da situacion interna do grupo e deberían priorizar nos veciños e non só nos intereses do alcalde. Asdo. por Faustino Santiago, Raquel Fondo, Ana Pérez, Salvador Eiroa e Miguel Ángel González Novas do caso #PSOEPonteceso 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza". 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios". 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: "O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada". 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso. 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto. 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado "unilateralmente" polo alcalde por "opinar priorizando o interese dos veciñ@s". 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde". 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación. 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.
PRAZA_4175
Transnistria seguirá vencellada a esa fronteira natural entre o oriente e o occidente europeo, ás liñas limítrofes entre as propiedades de gas natural, e á loita pacífica e silente dunha nación que procura o seu recoñecemento internacional como estado; un recoñecemento que, cando menos, tamén terá que chegar despois da crise do coronavirus.
Enclavada dentro de Moldavia segundo as leis internacionais e fronteiriza con Ucraína, é so recoñecido internacionalmente por Abajzia, Nagorno Karabaj e Osetia do Sur. Con todo, os seus habitantes, os transnistrios, manteñen o espírito independente da súa naciónEn 1940, Moldavia era unha das 15 repúblicas socialistas soviéticas. Dentro dela, Stalin adscribira Transnistria, un punto fronteirizo natural entre as verdes Moldavia e Rumanía, e as chairas rusas e ucraínas. Alén desas diferenzas xeográficas, ambas partes serviron de ponte de unión cultural entre o mundo latino e o eslavo. Pero os cambios no bloque comunista fixeron que a poboación pro-rusa da República Socialista Soviética de Moldavia axiña buscasen un xeito de achegarse á beira eslava da que se sentían máis próximos.En 1990, tras a caída do bloque soviético, o primeiro país en declarar a súa independencia foi a República Moldava de Pridnestrovia, máis coñecida como Transnistria, temerosa dunha posible unión de Moldavia con Romanía. Enclavada dentro de Moldavia segundo as leis internacionais e fronteiriza con Ucraína, é so recoñecido internacionalmente por Abajzia, Nagorno Karabaj e Osetia do Sur. Con todo, os seus habitantes, os transnistrios, manteñen o espírito independente da súa nación e viven o confinamento por mor do coronavirus coas medidas de prudencia e confinamento que dita o seu propio goberno.En 2020 a poboación de Transnistria non chega ao medio millón. Todo o país ten unha extensión do tamaño da provincia de Pontevedra e amais de aldeas verdes onde abundan os viñedos, hai edificios grises, como os da capital, TiraspolEn 2020 a poboación de Transnistria non chega ao medio millón. Todo o país ten unha extensión do tamaño da provincia de Pontevedra e amais de aldeas verdes onde abundan os viñedos, hai edificios grises, como os da capital, Tiraspol. Nela pódese percorrer a historia do comunismo soviético a través de rúas como as avenidas 25 de outubro, Marx, Engels ou Iuri Gagarin, cuxa imaxe está presente no billete de 5 rublos transnistrio. Porque o país ten moeda propia, amais de bandeira, escudo, himno e edificios de seu, como a universidade estatal, que conta con máis de 10.000 estudantes e graos diversos, amais de servir de museo vivo do país.O feito de ser un país non recoñecido oficialmente dificulta o quefacer diario. As fronteiras con Moldavia e Ucraína permanecen pechadas, e as importacións dende este último imposibles. Ata o peche por mor da pandemia a fronteira con Ucraína servía para evitar os controis moldavos, que agora son imposibles. Agora todas as importacións teñen que pasar polo control moldavo e iso frea a distribución e fai que haxa que esperar entre 7 e 10 días por certos medicamentos.Nata Scurtul, xornalista independente, coincide con Andrey en que a situación de Transnistria con respecto ao coronavirus non é alarmanteAndrey Smolenskiy, amais de ser un dos preto de 150.000 habitantes de Tiraspol, é un perfecto coñecedor do lugar. É guía turístico e leva oito anos a cargo da súa propia axencia de viaxes: https://transnistria-tour.com/en/. Para Andrey o peor de todo é «a liberdade de movemento entre a xente e nos lugares públicos.» No seu caso, afeito a percorrer a cidade e mesmo os arredores a diario, a situación complícase no eido laboral; porén, conta con volver recibir turistas en xullo, regresar á rutina e manter a súa paixón polas viaxes.Nata Scurtul, xornalista independente, coincide con Andrey en que a situación de Transnistria con respecto ao coronavirus non é alarmante. Para ela, o feito de non poder celebrar a Semana Santa, segundo a Igrexa ortodoxa, como adoitaba facer, foi un dos peores momentos do confinamento. Pero o máis difícil é o feito de ter que estar illada, en casa, coa única compañía dun gato. Para ela, «quedar no mesmo lugar por máis dun mes é moi duro psicoloxicamente. Preocúpanme os meus fillos, que viven lonxe de min. Non hai conversas reais nin emocións reais nin o son natural dunha risa, pois non é igual por Internet.» No eido laboral, para Nata é complicado escribir. Como feminista e convencida defensora dos dereitos humanos, escribir dende un país como o seu non é doado. «Non podo saír fóra e escribir sobre algo interesante en Transnistria, e hai un mes tiven certas presións por parte do exército.»Transnistria seguirá vencellada a esa fronteira natural entre o oriente e o occidente europeo, ás liñas limítrofes entre as propiedades de gas natural, e á loita pacífica e silente dunha nación que procura o seu recoñecemento internacional como estadoO pasaporte transnistrio só ten validez en Transnistria e por iso é necesario solicitar outra cidadanía, sobre todo a rusa, pero tamén a moldava e a ucraína e mesmo a búlgara. Neste sentido, Andrey é categórico: «Evidentemente, todos esperamos que se lle conceda os status oficial a Transnistria e estou seguro de que habemos dar coa solución e a fórmula exacta para conseguilo.»Nata tamén confía nesa resolución, pero mentres confórmase coa realidade, que non deixa de aportar momentos, cando menos interesantes: «Ata o de agora, todos os test de coronavirus fixéronse no centro médico de Chisenau [capital de Moldavia], o cal significa que, malia a separación política, os problemas serven para unir a xente. Pero, ao mesmo tempo, a fronteira entre Moldavia e Transnistria permanece pechada, así que ninguén pode entrar nin saír. E un problema máis: as tarxetas bancarias internacionais non funcionan agora.»Transnistria seguirá vencellada a esa fronteira natural entre o oriente e o occidente europeo, ás liñas limítrofes entre as propiedades de gas natural, e á loita pacífica e silente dunha nación que procura o seu recoñecemento internacional como estado; un recoñecemento que, cando menos, tamén terá que chegar despois da crise do coronavirus.
NOS_54076
O Constitucional alemán desbloquea o desembolso dos fondos europeos.
O Tribunal Constitucional de Alemaña deu luz verde esta cuarta feira, 21 de abril, a que o presidente alemán, Frank-Walter Steinmeier, ratifique o fondo de recuperación da Unión Europea (UE), que ten que ser aprobado polos 27 estados membros para o investimento de 800.000 millóns de euros (750.000 millóns a prezos de 2018). Este proceso quedou paralizado o pasado 26 de marzo, despois da denuncia dun grupo de extrema dereita, que sostiña que violaría os tratados europeos ao tratarse dunha asunción conxunta de débeda. Porén, o Alto Tribunal alemán considera que as consecuencias do bloqueo preliminar serían máis graves se posteriormente fose declarado constitucional que en caso de seguir adiante e finalmente determinarse a súa inconstitucionalidade En teoría, este fondo debería ter comezado a repartir as axudas o 1 de xaneiro pasado, mais até o de agora só foi ratificado por 17 de 27 estados. O Estado español agarda conseguir 140.000 millóns de euros entre créditos e axudas. O caso que máis preocupaba era o de Alemaña, pola posibilidade dunha sentenza que declararse que o fondo de recuperación fose contrario á lexislación alemá. En Polonia o proceso está parado por unha disputa entre os partidos do Goberno. A UE espera ratificar o fondo en poucas semanas Após coñecerse a decisión do Alto Tribunal xermano, a Comisión Europea mostrou a súa confianza en que a ratificación do fondo europeo de recuperación sexa completada "nas próximas semanas". "Celebro a decisión do Tribunal Constitucional alemán e a súa claridade. Sigo sendo optimista con que todos os Estados membros poidan agora ratificar a Decisión sobre Recursos Propios nas próximas semanas", escribiu en Twitter o comisario de Orzamentos, Johannes Hahn. A normativa sobre Recursos Propios da Unión Europea é a que permite á Comisión emitir a débeda coa que financiará o plan anticrise de 800.000 millóns de euros. Pola súa banda, a presidenta da Comisión europea, Ursula von der Leyen, tamén se pronunciou en Twitter destacando que "a Unión Europea segue na senda da súa recuperación económica tras unha pandemia sen precedentes", e o presidente do Parlamento europeo, David Sassoli, cualificou de "boa noticia" a resolución do Tribunal Constitucional alemán.
PRAZA_9590
Organizada de forma conxunta pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, entregará os seus galardóns o vindeiro 11 de maio en Santiago de Compostela
A Gala do Libro Galego xa ten finalistas. O certame, organizado de forma conxunta pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) deu a coñecer este xoves as súas obras, autores e autoras candidatas aos galardóns, que se entregarán o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal de Compostela.Os premios buscan recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia e, de igual xeito, a traxectoria de profesionais e proxectos en ámbitos como as iniciativas culturais, o fomento da lectura, os proxectos literarios na rede e o xornalismo cultural. Precisamente nesta categoría de Xornalismo Cultural unha das finalistas é Montse Dopico, que publica habitualmente os seus traballos en Praza.gal.As distincións, sen dotación económica, xorden en primeira instancia das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.Ensaio e investigaciónAs orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago).Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia).Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento).Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (editores) (Editorial Galaxia).Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia). DivulgaciónCastelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra).Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza).Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia).Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia).Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora). NarrativaBesta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia).Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia).Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia). InfantilKusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia).Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia).O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora).Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia). XuvenilA balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia).O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia).Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia). Libro ilustradoMacedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial).Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora).Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia). Libro de banda deseñadaAnimalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia).O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor).O puño e a letra, por VV. AA.(Edicións Xerais de Galicia).Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia). Iniciativa bibliográficaA gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza.Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.Colección Feminismos, por Editorial Galaxia.Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do "25-0 Día de FGL en Galicia"), por Alvarellos Editora.Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora. TraduciónA cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora).A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora).O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, "Belatz", por Manel Cráneo (Demo Editorial).Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora). Poesía...as neuronas irmás..., de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia)Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora).Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Edicións Xerais de Galicia).Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia).Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora).Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario). TeatroA fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María). Libro mellor editadoGalicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia).Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora).O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia).Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora).Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora). Iniciativa cultural ou fomento da lecturaAsesoría de Bibliotecas Escolares.Chan da Pólvora (libraría e editora).Kalandraka TV.Libraría BD (Vigo).Libraría Cartabón (Vigo).Salón do Libro de Pontevedra. Proxecto literario na redeBiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil.Brétemas, de Manuel Bragado.Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa.Kalandraka TV.ogalego.eu, por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel. Xornalismo culturalDaniel Salgado.Montse Dopico.Ramón Nicolás.Revista Luzes.Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso).
NOS_39766
A vítima, de 20 anos, foi atacada na zona de acampada por un home de 38, que foi detido. A organización rexeita "calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres" e chama a unha mobilización para esta sexta feira.
Un veciño de Marín d 38 anos de idade foi detido por un intento de agresión sexual sucedido en Poio no marco do festival Armadiña. Os feitos, segundo informan desde a garda civil, tiveron lugar sobre as 2:30 horas da noite do sábado ao domingo na zona de acampada do Armadiña Rock, festival que nestes días decorreu en Combarro. Unha rapaza de 20 anos dirixiuse a unha zona afastada para ouriñar cando foi abordada por un home, do que conseguiu zafarse após forcexear con el para pedir axuda. O home foi detido pouco despois. Desde a asociaCión Armadiña, organizadora do Festival, emitiron un comunicado no que se rexeita calquera acto de acoso e agresión para coas mulleres e manifestan o seu apoio á vítima do sucedido na zona de acampada. Aliás, "declaramos persoas non gratas aos agresores machistas e repudiamos un sistema patriarcal que normaliza, favorece e xustifica feitos coma este". Por último, convocan unha concentración urxente en repulsa á violencia machista para esta segunda feira, 27 de agosto, na Praza da Chousa ás 21:00 h. Condenas A Executiva Nacional do BNG amosou nunha nota a "absoluta repulsa contra estes acontecementos e a nosa máis sincera solidariedade coa vítima". Os nacionalistas consideran que "estes feitos poñen de relevo a gravidade e importancia da violencia sexual nas nosas vidas. Só no último ano completo houbo en Galiza 44 denuncias por violación con penetración e 415 por outros delitos sexuais".
NOS_9533
A primeira liña de avais ten un valor de 20.000 millóns de euros
O Consello Ministerial deu luz verde ao primeiro tramo de avais públicos que, cun valor inicial de 20.000 millóns de euros, ten como obxectivo garantir que as entidades financeiras outorguen a liquidez necesaria a corporacións, pequenas e medias empresas (pemes) e profesionais por conta propia que se están a ver afectadas pola crise sanitaria. Así o aprobou esta terza feira, 24 de marzo. Este primeiro tramo de avais, que forma parte dunha liña cun importe total de 100.000 millóns de euros, está destinado a cubrir 80% de novos préstamos e renovacións dos mesmos a profesionais por conta propia e pemes, a quen se destinará a metade do primeiro tramo. Garantirase 70% de novos préstamos para o resto de compañías e 60% nas renovacións que realicen estas últimas. O único requirimento para acceder a esta garantía é que as solicitantes non estivesen en situación de morosidade a 31 de decembro de 2019 e en procedemento concursal a 17 de marzo de 2020. A medida terá carácter retroactivo desde o pasado 18 de marzo, cando entrou en vigor o paquete de medidas económicas do Goberno estatal. A ministra de Facenda e portavoz do Executivo, María Jesús Montero, sinalou en rolda de prensa, após a reunión do Consello Ministerial, que esta liña de liquidez servirá para que o empresariado atenda as súas necesidades de financiamento, os pagos de salarios e de facturas, así como as obrigas tributarias. As entidades e profesionais autónomas interesadas poderán solicitar a garantía para as súas operacións até o 30 de setembro de 2020. O estado de alarma e o calendario escolar O Consello de Ministras tamén aprobou pedir hoxe ao Congreso prorrogar o estado de alarma até o próximo 11 de abril, sen propor novas restricións respecto das que estiveron estes días en vigor. En canto ás consecuencias da crise sanitaria e do estado de alarma sobre o calendario escolar, o Ministerio de Educación quixo deixar claro que non baralla a opción de dar xa por finalizado o ano académico neste mes de marzo, xa que suporía pór o ramo tres meses antes do previsto. A ministra de Educación Isabel Celaá e as responsábeis das Consellarías de Ensino discuten hoxe os pasos a dar no calendario e a posibilidade de aprazar a selectividade.
PRAZA_2165
Dous meses despois da entrada en vigor da lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, o CHUS resístese a atender á petición da familia da paciente, que padece unha enfermidade "irreversible".
Dende o pasado xullo está en vigor en Galicia a lei que, tramitada a iniciativa do PSdeG e aprobada por unanimidade, regula a asistencia para unha morte digna nos centros hospitalarios do país. Sen darlle luz verde á eutanasia, o texto xurídico tenta evitar o asañamento coas persoas que, nun estado terminal, xa non poden reverter o seu estado de saúde, polo que a aplicación de calquera tratamento só provoca sufrimento. Dous meses despois o Hospital Clínico de Santiago está ante un destes casos, o dunha nena de 12 anos cuxa familia está inmersa nunha amarga loita por esa morte digna. A Cadena SER destapou este mércores o caso de Andrea e a loita da súa familia. Aos seus 12 anos padece unha enfermidade rara e dexenerativa, e o seu estado é xa irreversible. A situación, explica a súa nai, agravouse o pasado xuño cunha trombopenia -diminución das plaquetas- e dende ese momento só empeorou, mesmo tendo que estar na Unidade de Coidados Intensivos en varias ocasións. Agora mesmo, inmersa nunha "desnutrición calórico-proteica", o seu corpo xa nin sequera admite a alimentación artificial. No entanto, non se lle concede a morte digna malia existir un informe favorable do Comité de Bioética Asistencial. Dende o pasado xullo está en vigor en Galicia a lei para permitir unha morte digna a doentes terminais Ese informe, que non é vinculante, relata a SER, recomendou o pasado día 14 deixar de seguir prolongando mecanicamente a vida de Andrea. Pero o Servizo de Pediatría do CHUS decidiu non seguilo. Segundo a xerencia da área sanitaria, que este mércores recibirá os pais da nena, os profesionais están seguindo os principios da bioética e atendendo ás leis vixentes. Tal e como declarou a Radio Galicia a nai de Andrea, a súa petición é, precisamente, un dos supostos que contempla a nova lei. "Non estamos pedindo eutanasia", subliña. "O que quero é que a miña filla peche os ollos, poder despedirnos dela" e que poida ter unha "morte digna" sen seguir padecendo esta enfermidade, "neurodexenerativa e irreversible, que chegou ao final e non hai máis". Nin sequera se trata "dunha sedación terminal", resalta, só de non prolongarlle a vida artificialmente durante máis tempo. Lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais
NOS_57605
Nos últimos contratos negociados pola Unión Europea (UE), a empresa farmacéutica Pfizer subiu o prezo das doses da súa vacina máis dun 25% do seu prezo orixinal, mentres que Moderna incrementouno nun 10%.
Segundo informa o xornal Financial Times, que tivo acceso aos contratos, o novo prezo dunha dose de Pfizer é de 19,50 euros, cando antes custaba 15,50. A de Moderna véndese agora por 21,49 euros fronte aos 19 orixinais. Oferta e demanda Desta remuda nos contratos é de esperar un maior beneficio para as farmacéuticas , que contan xerar miles de millóns resultado dos novos acordos cos Gobernos, atentos á expansión da variante Delta e á súa maior contaxiosidade. A esta alerta, cómpre sumar a alta demanda das vacinas de tecnoloxía ARNm fronte a outras solucións e competidores. Segundo expertos en Economía, este rápido incremento na demanda do seu produto fai subir os prezos das doses, un aumento ligado ao do propio valor das vacinas derivado da súa elevada efectividade. Con todo, matiza o Financial Times, malia que o prezo da dose de Moderna aumentou, o novo importe é en realidade máis baixo dos 24,02 euros que tiña pactados con Bruxelas. Fontes de Pfizer explicaron ao xornal que Bruxelas tería acordado un prezo máis alto polas vacinas co fin de asegurar a súa fabricación en Europa, polo que o novo prezo das doses é o mesmo que se acordou no principio do ano, aseguran. Máis de 33 mil millóns A semana pasada, a compañía Pfizer subiu a súa guía de beneficio anual a 33,5 mil millóns de dólares, un terzo máis da proxección que tiñan até o de agora, despois de dobrar a venda das vacinas durante o último cuarto do ano. O CEO de Pfizer, Albert Bourla, defendeu que os prezos das vacinas vendidas aos países máis desenvolvidos economicamente eran "comparábeis" entre si, mentres que os países de "renda media" pagaron a metade e os que teñen menos recursos só pagan o custo de producilas. Aínda así, os países con máis recursos económicos seguen sendo, con gran diferenza, os que compraron máis doses das vacinas contra a Covid. De feito, os países con menos ingresos compraron o AstraZeneca moito máis que ningunha outra marca. Pfizer, que comparte beneficios coa alemá BioNTech, espera subir os seus prezos despois da pandemia. Segundo os expertos, a diferenza entre os ingresos das compañías que fabrican vacinas ARNm e o resto seguirá crecendo o próximo ano.
NOS_46030
O comercio fechou en solidariedade cos manifestantes, que volveron denunciar o insostíbel da situación e o desleixo de Xunta e Estado.
O relevo das mobilizacións na defensa dun prezo xusto para o leite chegou a Sarria esta terza feira, onde centos de tractores -500 segundo a organización- ateigaron as rúas na demanda de solucións a unha crise que afoga milleiros de explotacións e granxas no país. "Leite regalado, gandeiro arruinado" volveu ser unha das palabras de orde máis coreadas na manifestación que percorreu a vila até A Casa do Concello, para alén daquelas que exixían á Xunta que dese o paso de defender un sector fulcral para o rural galego e o país. Nesta liña, os sindicatos lembran que na Galiza están a se pagar os prezos máis baixos do Estado e onde o 30% das explotacións perceben moi por baixo do custo de produción. "Nin un paso atrás na defensa d@s gandeir@s galeg@s' volveu ser unha das faixas máis aplaudidas da marcha. O coordenador de Sectores Gandeiros da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, deixou claro que a tractorada de Sarria, das que destacou o apoio do comercio local cun peche solidario, "non vai ser a última baixo ningún concepto". "Mentras aos gandeiros galegos estáselles a dicir que eñen que producir menos do que producían en campañas pasadas, en Extremadura, Andalucía, Castela estáselles a incentivar a producir máis", manifestou Roberto García, de Unións Agrarias. As mobilizacións proseguen esta semana e tamén en setembro, onde para o día 5 decorrerá unha gran tractorada de 5.000 vehículos en Santiago de Compostela. Fotos: @Photolopez e @revistaafriga
NOS_27005
Sobre a posibilidade de retomar a busca dos doce mariñeiros desaparecidos, apuntou: "É de xustiza e necesario seguir tentándoo".
"A partir do domingo". Ese é o posíbel horizonte no que as familias dos tres sobreviventes do 'Vila de Pitanxo' poderían reencontrarse cos seus seres queridos tras o naufraxio do pesqueiro en augas de Terranova, se se cumpren os últimos prazos que, segundo trasladou esta sexta feira o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, manexa o Goberno estatal. Feixoo participou nunha entrevista con esRadio na que foi preguntado pola situación no Canadá tras o afundimento do pesqueiro con porto base en Marín do que se localizaron tres tripulantes vivos dos 24 que conformaban o equipo de traballo a bordo: o patrón do barco, Juan Padín; o seu sobriño, Eduardo Rial Padín, e o marinense Samuel Kwesi. Durante as tarefas de busca, que se suspenderon polas condicións meteorolóxicas adversas mais que o Canadá se abriu a retomar cando for posíbel, puidéronse recuperar nove corpos sen vida; outros doce permanecen desaparecidos. Núñez Feixoo explicou que o último que trasladou o Executivo estatal á Xunta é que os dous barcos que trasladan os sobreviventes e os corpos sen vida recuperados están "a unhas horas" do porto de Saint John de Terranova. A previsión é que, con independencia de atrasos puntuais, poidan chegar ao longo da tarde desta sexta feira; contra as 16.30 horas, segundo precisaron a Nós Diario fontes de Salvamento Marítimo. "A partir de aí hai que conseguir que se evacuen e sexan traslados á Galiza de inmediato. Espero que o Goberno estatal dea unha solución cun voo de Terranova a Madrid se non pode ser a Compostela ou Vigo, e a partir do domingo poidamos reparar o irreparábel", subliñou o xefe do Executivo galego. Antes de coñecer que o Canadá trasladara a posibilidade de retomar a busca en canto mellorasen as condicións, o presidente galego insistira na importancia de tratar de achar máis corpos. "É de xustiza e necesario seguir tentándoo", proclamou.
NOS_37740
O Governo do PS, formação de centro-esquerda que gere o país graças ao apoio do Bloco e do PCP, não só cumpre com as exigências de Bruxelas quanto ao controlo do deficit, senão que mesmo é quem de obter excedentes orçamentais.
O objetivo do Governo António Costa é fechar o exercício com um deficit certamente magro, de 0,2% do PIB, um propósito perfeitamente alcançável levando em conta os dados divulgados hoje pelo Instituto Nacional de Estatística. Com efeito, o saldo das contas públicas em Portugal de Janeiro a Março de 2019, últimos dados disponíveis, tem sido positivo, num valor 178,5 milhões de euros, o que supõe 0,4% da riqueza nacional. Em 2018, porém, o resultado no mesmo período foi negativo, 1% do PIB. O excedente é produto do aumento das receitas (ingressos) das administrações públicas, que sobem 6,2% a respeito do exercício anterior, enquanto que as despesas só aumentaram 2,6%. Costa vai ussar estes dados nas eleições legislativas agendadas para o próximo 6 outubro para pôr em valor que a esquerda é capaz de aumentar o gasto social sem por isso descuidar o rigor orçamental. De acordo com as últimas sondagens publicadas, o PS voltaria a ganhar as eleições mas sem maioria absoluta, isto é, continuaria a depender das forças situadas à sua esquerda na Assembleia da República.
NOS_5644
Por vez terceira, o Parlamento de Westminster rexeitou a saída do Reino Unido da Unión Europea con 344 votos en contra da saída e 286 a favor.
Un total de 344 parlamentares pronunciáronse contra a saída do Reino Unido da Unión Europea, fronte a 286 lexisladores en contra. É a terceira vez que o Parlamento de Westminster se posiciona en contra da saída, coñecida como Brexit, do Reino Unido da UE, despois das votacións de xaneiro e de marzo deste ano. Ante o rexeitamento desta sexta feira ao proxecto de Acordo de retirada do Brexit por parte da primeira ministra británica Theresa May están sobre a mesa dúas alternativas: acadar a separación do Reino Unido sen acordo ningún para o próximo 12 de abril ou estender o Brexit, nunha estratexia que suporía malestar e incertezas no bloque europeo. Entre quen deu esta sexta feira o seu apoio a May figuran o ex ministro de Exteriores Boris Johnson, un dos máis firmes partidarios do Brexit, e Jacob Rees-Mog, das filas do Partido Conservador. A votación desta sexta feira constituía o último intento do Goberno británico de cumprir coas esixencias dos seus socios da UE de aprobar o acordo esta semana para garantir unha prórroga do Brexit até o 22 de maio. O líder laboralista, Jeremy Corbyn, preguntou á xefa de Goberno se "acepta finalmente" que os parlamentares non van aprobar o seu acordo e sinalou que a Cámara ten a "responsabilidade" de tratar de atopar a próxima segunda feira "un mellor acordo para o país". "Hai que atopar unha alternativa e se a primeira ministra non pode aceptalo, entón debe irse, non nunha data indeterminada no futuro, senón agora, para que poidamos decidir o futuro deste país", salientou.
PRAZA_925
Ora Galega impulsa unha campaña de recollida de apoios para que o vindeiro ano se celebre oficialmente en Galicia o centenario do nacemento da institución. BNG e Grupo Mixto solicítano nunha proposición non de lei e a Marea Atlántica propón tamén a conmemoración oficial na Coruña.
Que o 2016 sexa en Galicia o Ano das Irmandades da Fala. Ese é o propósito de Ora Galega, un colectivo que vén de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas en Internet para que o vindeiro ano se conmemore oficialmente e desde as institucións autonómicas o centenario do nacemento desta histórica organización que, como destacan os promotores, "supuxo unha nova forma de concibir o país" e cuxa fundación foi "un dos fitos fundamentais da historia contemporánea do país". A campaña pretende a conmemoración oficial do centenario das Irmandades da Fala en 2016 Á campaña a través do portal Avaaz únese tamén unha proposición non de lei rexistrada no Parlamento de Galicia polo BNG e polo Grupo Mixto, co obxectivo de comezar a dar os primeiros pasos para a conmemoración desta data histórica. Tal e como se di no texto que anima a apoiar a petición, foi "nos primeiros dias do mes de xaneiro de 1916", cando Antón Vilar Ponte comezaba unha campaña "dirixida á creación dunha organización que puxese en primeiro termo a importancia do idioma galego, a que deu o nome de Liga de Amigos do Idioma Galego". As Irmandades deron os seus primeiros pasos en xaneiro de 1916 e naceron oficialmente o 18 de maio do mesmo ano na Coruña O 18 de maio dese mesmo ano nacia na Coruña a Irmandade dos Amigos da Fala, organización que pasaría a ser recoñecida no futuro como as Irmandades da Fala, e que supuxeron "unha nova forma de concibir o país, xa que, por primeira vez na historia, unha organización nacida na Galiza decidia adoptar como eixo da súa definición a idea de 'nacionalista', situando a nación como centro de decisión e como suxeito fundamental do seu devir social, cultural e político". Xa que logo, será dentro duns nove meses cando se cumpran cen anos desde que Vilar Ponte "iniciaba o proxecto de creación da Liga". E será dentro de trece, o 18 maio de 2016, cando se celebre o centenario daquela reunión da primeira Irmandade nos salóns da Academia Galega. "Dous momentos decisivos no desenvolvemento do que chegaria a ser un dos fitos fundamentais da nosa historia contemporánea", recordan desde Ora Galega, que convoca "a sociedade galega a unirse na celebración deste centenario" e a apoiar esta petición pública "para que o vindeiro 2016 sexa declarado oficialmente Ano das Irmandades da Fala". BNG e Grupo Mixto reclaman á Xunta a institucionalización do Ano das Irmandades e un programa de actividades para divulgalas Na proposión non de lei, BNG e Grupo Mixto destacan o "carácter abranxedor e democrático que caracterizou as Irmandades" e o feito de que "figuras chave da cultura galega ás que se dedicou en diferentes anos o Día das Letras Galegas foron impulsoras deste movemento". Por iso, instan á xunta a que se declare o vindeiro ano como o Ano das Irmandades e que se estableza un programa de actividades e se aproben os fondos necesarios para divulgar no país "o encomiable labor desta organización, animada polo propósito de traballar por unha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma". A Marea Atlántica inclúe no programa a conmemoración do centenario das Irmandades "destacando a súa condición visionaria na perspectiva de xénero" Non é a única proposta que hai neste sentido. A plataforma cidadá Marea Atlántica da Coruña propón nas súas "99 medidas para o 99%", o seu programa electoral, a celebración en 2016 na cidade do Ano das Irmadandades da Fala, conmemorando o centenario do seu nacemento na urbe e "destacando a súa condición visionaria na perspectiva de xénero".
PRAZA_3253
A mensaxe oficial do PPdeG é a da "estabilidade" ata unhas eleccións convocadas "cando toca" o cal cada vez está menos claro; moi especialmente dende que o lehendakari abre a porta a anticipar os comicios mesmo para abril. A esquerda galega, á expectativa, declárase preparada
Galicia leva meses en modo preelectoral e o propio Alberto Núñez Feijóo xa lanzou a súa precampaña tanto dende o PP como dende a Xunta, moi especialmente dende despois das eleccións xerais de novembro do pasado ano e coa confrontación co Goberno do PSOE e Unidas Podemos no centro da estratexia preelectoral. Este clima inclúe tamén, dende hai semanas, toda caste de ruxerruxes sobre anticipos electorais: mediados de abril ou finais de maio soan con forza como hipóteses nos círculos políticos e gobernamentais do país dende comezos do ano.A mensaxe oficial do PPdeG é a da "estabilidade" ata unhas eleccións convocadas "cando toca" o cal cada vez está menos claro; moi especialmente dende que o lehendakari abre a porta a anticipar os comicios mesmo para abrilDiante deste ruído preelectoral, a mensaxe oficial do PPdeG vén sendo a da "estabilidade" que personifican en Feijóo e nun Goberno que segue "traballando" ata convocar as eleccións "cando toca". En sentido estrito, tocaría ir ás urnas nalgunha fin de semana de setembro. Pero cada vez está menos claro. Sobre todo dende que o presidente da Generalitat, Joaquim Torra, deu por finalizada a lexislatura catalá e, moi especialmente, dende que o Goberno vasco admitiu abertamente que baralla unha chamada anticipada ás urnas. O lehendakari, Íñigo Urkullu, afina maís para abrir a porta a que isto poida suceder mesmo no mes de abril. Mesmo o 5 de abril.A reflexión vasca virou aínda máis os focos cara á decisión galega, que legalmente é exclusiva do presidente da Xunta. Entre outras cousas, porque Galicia e Euskadi votan xuntas dende 2009, cando o daquela lehendakari Ibarretxe secundou o adianto ao 1 de marzo que decidira o presidente galego, Emilio Pérez Touriño. En 2012 Feijóo sumouse á convocatoria vasca do 21 de outubro menos dunha semana despois de anunciala Patxi López e en 2016 apenas tardou tres días en unirse á chamada ás urnas para que o propio Urkullu viña de fixar para o 25 de setembro.Agora en Euskadi xa non desbotan nin que os comicios sexan o 5 de abril, xusto antes do inicio da Semana Santa. Este xoves, non obstante, advertía de que non existe ningunha decisión "tomada", senón só unha "reflexión", recolle o xornal Deia. Na ecuación, como informa Iker Rioja Andueza para eldiarionorte, está moi presente a cuestión catalá, coa que o PNV non se quere mesturar. "Hai factores que non é que nos condicionen a nós directamente, pero poden condicionar a outros axentes que de rebote si nos condicionen a nós", reflexionou o mandatario jeltzale.O PP foxe de Catalunya, a esquerda afirma estar preparadaA mestura con Catalunya, tentadora en determinados círculos do poder galego, tampouco é do agrado do PP galego, que aínda ten pendente o xa clásico acto de ratificación de Feijóo como candidato. A coincidencia incharía as mensaxes da dirección central do partido e de dirixentes incómodos para que o PPdeG poida marcar perfil de seu, dende Pablo Casado a Cayetana Álvarez de Toledo. Máis aínda nun escenario de confluencia do PP catalán con Ciudadanos -a dirección interina de C's reitera a petición de estender a fórmula a Galicia para "frear ao nacionalismo galego- e coa extrema dereita de Vox baixo os focos dos grandes medios de comunicación."Ten que aclarar o escenario electoral", pediu Gonzalo CaballeroNeste escenario, dende a que actualmente é primeira forza da oposición galega, o PSdeG, o seu líder e candidato afirma que a formación está preparada para ir ás urnas cando Feijóo decida. "Ten que aclarar o escenario electoral, cando vai convocar as eleccións para que falen os galegos e galegas", reclamou Gonzalo Caballero durante a sesión de control do pasado mércores, marcada pola inminente manifestación de SOS Sanidade Pública, na que o vindeiro domingo coincidirán todas as forzas a oposición galega. Caballero está a desenvolver unha intensa axenda preelectoral, con actos practicamente a diario.O Bloque lanza o proxecto 'Pensar Galiza' para "enriquecer" contidos do seu programaO BNG ten igualmente en marcha a maquinaria preelectoral. Durante a licenza de maternidade da súa portavoz nacional e candidata, Ana Pontón, dirixentes como a vicevoceira parlamentaria Olalla Rodil o seu deputado no Congreso, Néstor Rego, asumen maior peso nunha precampaña á que este mesmo xoves sumaron un novo elemento, o proxecto Pensar Galiza, un laboratorio de ideas para "pensar colectivamente" e "liderar o cambio real que necesita este país para deixar atrás a Galiza do PP", explican. Este foro servirá para "enriquecer" contidos do seu programa, evidencia Rodil.Noriega sinala como "formais" as negociacións na "esquerda rupturista" dende esta semanaMoito menos conformada está, polo momento, a alternativa (ou alternativas) electoral pola banda de formacións de Podemos e Esquerda Unida ou Anova. Tamén En Marea, cuxo voceiro, Luís Villares, reitera a súa aposta por estar na carreira electoral. No caso dos socios de Unidas Podemos e da organización que lidera Antón Sánchez, as chamadas á confluencia e os contactos multiplícanse dende hai semanas. Tamén dende as mareas municipais, eido no que os ex-alcaldes compostelán e coruñés, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, asumen a interlocución con outras forzas dende Compostela Aberta e a Marea Atlántica. As negociacións no eido da "esquerda rupturista" son "formais" dende esta semana e haberá unha representación con "garantías", afirmaba Noriega o pasado mércores.
NOS_15201
Un debutante, o centrocampista Lazo, selou o empate do Lugo en Granada. A equipa de Javi López botou man de oficio para sumar o primeiro punto do torneo.
Valioso empate en Granada para o Lugo. Valioso porque Los Cármenes é un campo difícil para calquera e valioso polo momento, segunda xornada do campionato, após a derrota na casa face o Málaga (1-2). Un punto que eleva a moral, a autoestima do combo adestrado por Javi López. Anunciou nas vésperas o treinador que o Lugo ía ser valente en Granada. Foino. A verdade é que a alternativa, fecharse na área, etc, tería sido directamente un suicidio. Optou a equipa galega por tratar o rival de ti a ti e por non se enclaustrar nas inmediacións da portería defendida por Juan Carlos. Procurou a bola e tamén o marco contrario. De feito o primeiro aviso con perigo chegou do lado galego, cun disparo do ucraniano Kravets que abeirou o pau esquerdo do arco de Rui Silva. Con todo, a primeira media hora foi local, con aproximacións de perigo estupendamente conxuradas por Juan Carlos. O acoso resultou no 1-0, obra de Puertas. A partir do 1-0, o partido virou cara o equilibrio, con opción para ambas equipas. O Lugo en ningún momento engruñou e achou premio no minuto 74, cun gol do debutante Lazo. Boas sensacións, por tanto, as que deitou o Lugo en Los Cármenes, as dun combo capaz de competir contra calquera. Granada: Rui Silva, Álex Martínez, Víctor Díaz, Quini, Germán, Puertas, Alberto Martín (Juancho 87'), Vadillo, Montoro, Rodri (49', Adrián Ramos) e Fede Vico (José González 71'). Lugo: Juan Carlos, Kravets, José Carlos, Bernardo, Leuko, Iriome (Lazo 64'), Carlos Pita, Cristian Herrera (Iriome 64'), Seoane, Campillo (Aburjania 89') e Jona. Goles: 1-0, 27', Puertas. 1-1, 74', Lazo. Árbitro: Gorostegui Fernández (colegio vasco). Amoestou Bernardo (19'), Fede Vico (37'), Quini (57') Kravets (67'), Vadillo (91'). Estadio: Los Cármenes, 8.307 espectadores.
NOS_56672
No Día Mundial contra o Cancro sociedades médicas e científicas alertan dun incremento dos novos casos nos próximos anos. A mellor resposta, concordan, prevención e investigación. Mais tamén equidade no acceso a tratamentos e coidados paliativos e psicolóxicos. O código postal, din, afecta máis que o xenético na loita contra o cancro.
En 2022 rexistraranse 280.100 novos casos de cancro en todo o Estado. Esta cifra, estimada pola Rede Española de Rexistros de Cancro, supón unha suba a respecto do ano pasado, perto de 4.000 tumores novos que afectarán máis aos homes (160.066) que ás mulleres (120.035). Na Galiza, en 2021, foron detectados, segundo a Asociación Española contra o Cancro (AECC), perto de 20.000 tumores. O informe As cifras do cancro en España 2022, editado pola Sociedade Española de Oncoloxía Médica, augura un "aumento continuo de novos casos" nos próximos anos, aos que haberá que sumar o impacto polo atraso de novos casos non diagnosticados durante a pandemia. Os tumores diagnosticados con máis frecuencia ao longo dos próximos meses serán os de colon e recto, mama, pulmón, próstata e vexiga, seguidos a moita distancia dos linfomas non hodgkinianos, páncreas, ril, farinxe, estómago e fígado. Entre os homes, o de próstata será o máis común con perto de 31.000 novos casos. Entre as mulleres, o de peito, con perto de 35.000 diagnósticos máis. Por detrás destes, o cancro colorrectal e de pulmón serán os máis frecuentes en ambos dos dous grupos. Vida saudábel e prevención Con todo, a comunidade experta avisa dun aumento da incidencia doutros tumores relacionados co tabaco, como os de cavidade oral, farinxe ou vexiga urinaria. Segundo a OMS, un terzo das mortes por cancro están relacionadas con cinco factores de risco evitábeis. O tabaco está detrás de 15 tipos distintos. É responsábel de até un 33% dos tumores e de até 22% das mortes asociadas. Mais a obesidade, as infeccións, o alcol, o sedentarismo e a dietas inadecuadas xogan en contra dunha boa prevención. "Hoxe sabemos que o peso dos factores hereditarios é moi baixo. Apenas representan 7%, pero preocupan moito. Teñen maior incidencia os factores ambientais", advirte Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela, en declaración a Nós Diario. "Se fósemos capaces de quitar o tabaco, reducir moito o alcol e facer exercicio físico reduciríaos entre 30 e 40% os cancros". Non descoida a alimentación, pero admite que é "moi difícil de modificar". E pon como exemplo o cancro de estómago, máis frecuente no litoral atlántico da Galiza, Portugal, Castela e Euskadi que no Mediterráneo. "Hai moitas hipóteses que tratan de explicar esta diferenza, pero non podemos dicir que comer unha cousa ou outra favoreza ese tipo de tumor", conclúe López. Como líder do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional del Insituto de Investigación Sanitaria de Compostela, Rafael López avoga por unha vida saudábel e por potenciar a investigación. Supervivencia Para a Asocaición Española contra o Cancro (AECC), alcanzar 70% de supervivencia en 2030 é unha prioridade. E para iso a investigación é clave. Cada ano, perto de 100.000 persoas son diagnosticadas con un tipo de tumor cuxa supervivencia é baixa ou está estancada. Os prognósticos son moi dispares. "Hai tumores, como o de testículos, que supera o 95% de supervivencia. E outros, como o de páncreas, que baixa de 5%", detalla López. A estes tumores, o psicólogo da AECC en Compostela, Marcos Calvo, engade os de esófago, fígado ou pulmón, cancros con diagnósticos serodios e faltos de tratamentos eficaces. Pero fai fincapé no colorrectal, e na importancia de incrementar a taxa de participación no cribado poboacional, ancorada en 46%. Investíganse todos, pero máis os habituais. "Hai que pensar que dous terzos da investigación vén de mans privadas, que sobre todo buscan rendabilidade", recoñece Rafael López. Con todo, "o diñeiro público e académico chega a todos os tumores en todas as circuntancias", remacha. E pon o foco na medicina de precisión, unha iniciativa que puxo en marcha a Administración Obama e que comeza desenvolverse en Europa malia o freo da crise económica á mellora dos tratamentos dirixidos. "É necesario facer un esforzo para avanzar na oncoloxía de precisión, que se basea no diagnóstico precoz a través de biomarcadores, no tratamento con fármacos novos e na prevención", conclúe o oncólogo Rafael López. O primeiro atlas do cancro na Península Ibérica retrata a Galiza e Portugal O Instituto de Saúde Carlos III e o Instituto Nacional de Saúde Dr. Ricardo Jorge veñen de presentar o primeiro Atlas da mortalidade do cancro en España e Portugal (2003-2012), unha serie de mapas que revelan o variacións do risco de morte compartidas por ambos os dous territorios. Son moitas as semllanzas. O exceso de risco de morte por cancro de esófago é moi semellante na Galiza e Portugal, e esténdese polo norte da Península Ibérica. A fronteira non supón ningún atranco para este tumor. Tampouco o de larinxe ou páncreas, cun risco elevado. A supervivencia do cancro de esófago sitúase na contorna de 13% entre os homes e de 16% entre as mulleres. O consumo de alcol, combinado co tabaco, e multiplica por 30 o risco de desenvolvelo en ambos os dous casos.
NOS_767
No Sermos Galiza 256 recolliamos que Yilliqiya e Galisiya eran os nomes cos que as fontes árabes se referían ao Reino de Galiza. Mais a documentación árabe non foi a única que o recolleu. Tamén as crónicas europeas poñen de manifesto que Galiza e España eran realidades diferentes. Analizamos as fontes europeas entre os séculos VII e XV. Eis un extracto da información que publicamos no Sermos Galiza 260.
A documentación medieval europea non deixa dúbidas sobre a existencia do Reino de Galiza. Un repaso ás fontes europeas entre os séculos VII e XV veñen confirmar, sexan estas francas, anglosaxonas ou vaticanas, a consideración da Galiza e España como realidades diferentes. A primeira denominación servía para designar o espazo político ocupado polo reino cristián no territorio peninsular, reservándose a segunda para referirse ás terras do ámbito musulmán. A cuestión xa foi sinalada por Manuel Murguía na súa historia de Galiza, acudindo a fontes europeas, referíndose mesmo a un breviario alemán onde se citaban como feitos distintos "Guasconiam, Hispaniam atque Galaeciam. Máis recentemente, Anselmo López Carreira na súa fundamental historia do reino medieval de Galiza, volveu sobre o tema documentando, de xeito claro, que Galiza era "o nome con que se coñecía o espazo político que se estendía desde as proximidades do río Texo no extremo sur-occidental até os Pirineos no nor-oriental". As fontes vaticanas, por exemplo, fornécennos unha reveladora información sobre esta cuestión, ao presentarnos Galiza e España como cuestións que nada teñen a ver. Á volta do 794, o papa Adrián I, con motivo do Concilio de Frankfurt, dirixe unhas cartas, recollidas no Libellus sacrosyllabus, "ad provincias Galliciae et Spaniarum", sendo esta última a igrexa mozárabe. Un caso semellante acontece no século VIII co papa Xoán VIII, que non dúbida, como se recolle na versión galega da Crónica Xeral, en identificar o seu interlocutor como "o muy nobre rey dos galegos". Xa en 1088 o papa Urbano II, nun escrito destinado ao rei Afonso IV, ao que se refire como rei da Galiza, en relación coas sedes episcopais vixentes, distingue de xeito meridiano a "Hispaniis et Gallicis regionibus", sendo as primeiras as situadas no territorio musulmán. Na mesma liña, a documentación franca sinala como reis de España os da área musulmá, até o punto de que nun acordo asinado no 820 entre o imperio franco e Abulaz este é denominado "Abulaz regem Hispaniae". Aínda a finais do século XIV, concretamente na Crónica de Froissart, o grande relato da guerra dos 100 anos do autor francés Jehan Froissart, mantense esta distinción. [Podes ler a información íntegra no número 260 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_30878
Os secretarios comarcal e de organización da CIG de Vigo aceptaron unha sanción de 150 euros por un delito de faltas
O xuízo contra 18 persoas acusadas de ocuparen unha ETT en Vigo, entre elas os secretarios comarcal e de organización da CIG, non se celebrou finalmente tras a proposta de acordo da propia acusación particular. Deste xeito, 16 das procesadas foron absoltas, entrementres os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista aceptaron unha sanción de 150 euros por un delito de faltas. A propia acusación particular foi a que propuxo o acordo, minutos antes do inicio do xuízo, mediante o que se eximiría de calquera responsabilidade nos feitos a 16 das 18 persoas identificadas pola policía española naquela ocupación da ETT, en setembro do ano pasado. Esta proposta da acusación particular contrasta coa petición inicial, que era de tres anos de cadea. Delegados e delegadas da CIG concentráronse ás portas do edificio xudicial da rúa Lalín antes do xuízo para amosaren a súa solidariedade coas persoas acusadas. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, tamén estivo presente no acto. Serafín Otero, secrectario comarcal, agradeceu a resposta solidaria e lembrou que se escolleu para a protesta a empresa de traballo temporal Ader, da rúa Romil, "porque tiñamos coñecemento do trato denigrante que teñen cos traballadores, en especial cos/as do sector do telemarketing". Galiza Nova Entre os colectivos e asociacións que amosaron a súa solidariedade con estas 18 persoas está Galiza Nova. Cinco das persoas imputadas forman parte da entidade xuvenil.
PRAZA_17031
Os contidos do emblemático espazo dirixido por Ana Romaní, que leva 28 anos en antena, diluiranse no resto da programación, segundo o avance da nova programación que a CRTVG fixo ao comité intercentros e que inclúe tamén a desaparición das desconexións informativas locais. A CRTVG asegura que o 'Diario Cultural" vai "cambiar de formato" para ser "estrutural na grella"
A CRTVG asegura que o 'Diario Cultural" vai "cambiar de formato" para ser "estrutural na grella" A Radio Galega deixará de emitir o emblemático Diario Cultural no seu actual formato. O espazo conducido por Ana Romaní desaparece no seu formato actual e os seus contidos diluiranse noutros programas, pero sen contar coa franxa horaria propia nin a independencia coa que goza agora. Será a partir do 10 de setembro cando se confirmen estes cambios, na data na que dará comezo a programación tras o verán da nova tempada, que foi presentada este martes ao comité intercentros da CRTVG. 'Diario Cultural' desaparece no seu formato actual e os seus contidos diluiranse noutros programas da Radio Galega Fontes deste comité confirman a Praza.gal as intencións da radio pública galega. Foi a responsable de programas quen anunciou a desaparación de Diario Cultural e a integración da súa oferta noutros programas. Desde a CRTVG deféndese que este cambio supón unha aposta pola cultura ao incrementarse as horas de emisión diaria sobre este ámbito, que pasarían de 50 minutos a 100, aínda que segregados en varias franxas e en diferentes espazos, ademais de engadir unha oferta cultural na fin de semana, cunha franxa de media hora e outra de tres cuartos que non existía. Concha de la Fuente, produtora do programa, denunciou nas redes sociais a desaparición de Diario Cultural e confirmou tamén a Praza.gal as intencións da CRTVG, a disgregación dos contidos do programa e a permanencia da marca, aínda que sen estar ligada a un espazo independente e sen un horario fixo como o que ten arestora: de luns a venres das 15:07 ás 16 horas. A marca 'Diario Cultural' permanece, pero sen estar ligada a un espazo independente e sen horario fixo Diario Cultural é un espazo cultural de información, análise e creación histórico na radio pública galega e leva emitíndose desde 1990, polo que conta con máis de 28 anos en antena. Está dirixido pola poeta, xornalista e académica Ana Romaní que, segundo puido saber este medio, deixará de ser coordinadora do espazo para converterse nunha traballadora máis da emisora. Fontes da CRTVG aseguran que a dirección "conseguiu por fin o que quería" e acúsana de querer desde hai anos acabar co formato actual de Diario Cultural, todo un emblema na información sobre a cultura en Galicia onde, ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveuse o libro Narradio 56 historias no ar, así como, anualmente, o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O emblemático programa cultural da Radio Galega leva 28 anos en antena Segundo trasladaron os responsables da programación na xuntanza deste martes, e a pesar da desaparición do seu espazo máis importante, o departamento de información cultural vai dispoñer de máis xornalistas asignados a el e vaise crear na internet unha plataforma específica do Diario Cultural que estaría xestionada por algún profesional da CRTVG. A radio pública tamén pretende suprimir as desconexións locais dos servizos informativos Entre os múltiples cambios que se anunciaron na programación destaca outro que está a ser moi criticado por varios dos representantes dos traballadores no comité intercentros: a supresión das desconexións locais dos servizos informativos. Segunda a CRTVG, esta información local diluirase tamén en bloques integrados dentro doutros espazos como os magazines. Os argumentos da compañía para a desaparición destas desconexións locais son os dunha maior operatividade e o uso do persoal dispoñible para a elaboración de máis reportaxes. Xa que logo, as referencias horarias que os oíntes tiñan para a informción local desaparecen e as novas máis relevantes de cada área ou localidade incorporaranse ao conxunto dos informativos.
NOS_33471
A organización xuvenil desenvolverá asembleas coas que, din, queren "sumar mocidade ao proxecto nacionalista".
As mocidades do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentaron esta sexta feira (10 de outubro) a campaña "Mudémolo todo, loitemos por unha Galiza Nova". A organización xuvenil desenvolverá ao longo das vindeiras semanas actos e asembleas nos centros de ensino e espazos xuvenís nas expor "a situación crítica" na que se atopa o país --sinalou o seu secretario xeral, Alberte Mera-- e "a necesidade de políticas propias pensadas para a mocidade galega, que afortalen un ensino público, de calidade e gratuíto" mais tamén, acrecentou, que garantan o dereito das mozas e mozos galegos a vivir e traballar dignamente en Galiza. "O concepto de independencia non é algo estrambótico senón unha necesidade para mellorar a vida das galegas e dos galegos", dixo Alberte Mera Neste senso, Galiza Nova presenta unha campaña "pedagóxica", din, coa que "trasladar á mocidade que o concepto de independencia" ou "soberanía" non é algo "estrambótico" senón "unha necesidade para mellorar a vida das galegas e dos galegos, para gañar en liberdades, traballo e dereitos", afirman desde a organización nacionalista. "Galiza, con independencia, sería quen de poder destinar os recursos económicos á creación de emprego, sexa ou non do agrado de Madrid e Bruxelas", afirmou Alberte Mera. Un investimento, dixo, co que "podermos recuperar as máis de 100 000 persoas mozas que desde a chegada de Feijóo ao goberno galego tiveron que coller as maletas e marchar da nosa terra". Así mesmo, desde Galiza Nova aseguran que a campaña visa tamén "ampliar a base militante" da formación e "sumar mocidade ao proxecto nacionalista" através do desenvolvemento de "asembleas abertas" como unha ferramenta coa que "entre todas e todos, poidamos decidilo todo".
NOS_32361
Ons acada o mellor promedio de espectadoras por sala no conxunto dos cinemas do Estado español.
A película galega Ons, dirixida polo cineasta compostelán Alfonso Zarauza, conseguiu o mellor promedio de espectadoras por sala de entre todas as cintas proxectadas agora no Estado español. Segundo informou na segunda feira o equipo de comunicación da longametraxe, na súa cuarta semana nos cinemas, con tan só 12 copias, a película xa duplica a súa recadación e entra no top 20 da billeteira do Estado.. De este modo, Ons acada unha ratio de 75 espectadoras por cada copia, a maior de todo o Estado, por riba incluso da estrea comercial da semana, Os Croods: unha nova era. O director Alfonso Zarauza amosábase, ante esta comunicación "moi emocionado e agradecido pola cálida acollida da película por parte do público, que non cesa de recomendar o filme". Actualmente, Ons pódese ver na carteleira das sete cidades e, desde a súa estrea o pasado 18 de decembro vírona arredor de 5.000 espectadoras. Zarauza presenta neste drama con toques de misterio un matrimonio en crise (Melania Cruz e Antonio Durán 'Morris') que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons. Unha vez alí, o seu destino cruza co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias.
PRAZA_5496
O pasado 21 de marzo Alberto Rendo, de Narón, protestou contra os elevados e crecentes prezos da AP9. Chegou á peaxe e comunicou que non tiña intención de pagar, polo que foi multado con 280 euros. Recolleu a súa acción en tres vídeos que publicou posteriormente e advirte de que continuará coa súa loita.
"Ola, non quero pagar". O pasado 21 de marzo Alberto Rendo, de Narón, protestou contra os elevados e crecentes prezos da AP9. Chegou á peaxe e comunicou que non tiña intención de aboar os 2,95 euros que custaba o traxecto que realizara en doce minutos. O persoal da autoestrada impediulle o paso, bloqueando a peaxe até que hora e media máis tarde chegou ao lugar a Garda Civil, que o informou de que recibiría dúas multas (por non pagar e por estacionamento indebido) que suman 280 euros. Rendo recorreu estas dúas multas, e nas últimas semanas tamén levou a súa protesta á Xefatura Provincial de Tráfico e á Delegación do Ministerio de Fomento. "Levo moitos anos pagando esta peaxe, e tamén levo moitos anos pagando impostos para a construción de estradas. Non está xa amortizado?", preguntou na propia peaxe na que estaba retido, unha acción de protesta que gravou en vídeo e que posteriormente publicou a través de youtube, en tres entregas. Nos vídeos obsérvase como Rendo lles expón, primeiro á traballadora da cabina de cobro, despois a un responsable de Audasa e finalmente a unha parella da Garda Civil, as razóns da súa protesta. Lembra que na situación de crise económica que estamos vivindo cada vez menos xente pode permitirse pagar unha autoestrada que nos últimos anos non deixou de encarecerse, rozando xa os dez euros para facer a viaxe de ida e volta entre Ferrol e A Coruña, ou os 40 entre Vigo e Ferrol. "Teño o dereito de viaxar por unha estrada rápida e segura, e de non sufrir os atascos na estrada nacional, que cada vez colle máis xente, ou a xogar a vida nela", di. "Teño o dereito a viaxar por unha estrada rápida e segura, e a non sufrir os atascos na estrada nacional, que cada vez colle máis xente, ou a xogarme a vida nela" A AP9 perdeu a cuarta parte do seu tráfico dende 2007, pasando de 27 mil a 20 mil usuarios mensuais. En paralelo, as vías alternativas, coma a N-550 (que vai da Coruña a Tui), a N-651 (entre Betanzos e Fene), a AC-523 (entre A Coruña e Mesón do Vento) ou a AG59 (entre Compostela e A Estrada) experimentaron importantes crecementos de ocupación. Audasa viu reducirse os seus beneficios, dende os 66 millóns anuais que gañaba en 2010, até os 29 millóns de euros que gañou en 2013. Pero mesmo así a autoestrada que vertebra Galicia de norte a sur segue sendo un gran negocio, e serao, cando menos, até o ano 2048, cando vence a concesión outorgada e prorrogada pola administración. "Se non ten cartos, por que vén por esta estrada? Ninguén o obriga a vir por aqui", espetoulle un dos empregados da autoestrada. "Ninguén me obriga, pero ninguén me pon unha estrada mellor", respondeu Rendo, como se ve nos vídeos. "Vostede ten que aboar a peaxe e punto, non ten dereito a reclamar", sinalou o encargado. "Vostede cre que á larga esta autoestrada vai ser libre de peaxe? Eu Europa ningunha autoestrada é gratis", engadiron os traballadores de Audasa. "Vostede cre que é xusto?", preguntoulles Rendo a seguir. E ante a resposta: "Non teño opinión", Rendo retrucou que "eu, como cidadán si que teño opinión". O encargado de Audasa repetiu unicamente que "vostede ten obriga de pagar porque o di a lei". "E se a lei está mal?", preguntoulle Rendo. "Eu de leis non entendo", concluíu o encargado da peaxe. "Se non ten cartos, por que vén por esta estrada? Ninguén o obriga a vir por aqui", espetoulle un dos empregados da autoestrada. "Ninguén me obriga, pero ninguén me pon unha estrada mellor", respondeu Rendo Despois de hora e media, como se ve nun segundo vídeo, apareceu unha parella da Garda Civil. Os axentes da garda civil manifestaron estar de acordo coas razóns da súa reivindicación: o seu elevado prezo e o feito de que ano a ano se incremente. Rendo chegou a preguntarlles se "se o seu fillo colle o coche, vostede non estaría máis tranquilo se sabe que vén pola autoestrada?". A barreira abriuse, finalmente (como se ve nun terceiro vídeo), e os axentes explicáronlle as infraccións que cometera. Nun momento do vídeo vese tamén como Alberto Rendo lle argumenta á cobradora da peaxe que "supostamente esta autoestrada construíuse para facilitar a vida de todos, para chegar máis rápido e de forma máis segura a outras zonas de Galicia, pero agora mesmo, con estes prezos, non cumpre esa función, senón todo o contrario". "Eu son de Narón e non me podo permitir pagar vinte euros por ir a Vigo. E tampouco me podo permitir perder catro horas pola outra estrada. A autoestrada é un servizo público, non un ben de luxo", explica. "Audasa gaña millóns e nin sequera os inviste en mellorar a autoestrada, e aínda por riba despide os traballadores para poñer cabinas de pago automático" Rendo sinala que el, coa súa acción, ademais de facer patente a súa negativa a pagar, quería obter información sobre os beneficios que ten Audasa e "canto tempo máis e cantos cartos máis imos ter que seguir pagando. Que publiquen nalgún sitio canto queda por pagar!". "Non está amortizado xa? Eu traballei no Reino Unido. Fregaba pratos, pero vivía mellor que aquí. Alí pagan moitos impostos, pero as estradas son mellores. Aquí, en cambio, Audasa gaña millóns e nin sequera os inviste en mellorar a autoestrada, e aínda por riba despide os traballadores para poñer cabinas de pago automático", sinala. "Hoxe é o punto de ruptura" "Eu non quero facer isto. É este sistema o que me empurra a facelo", dilles nun momento aos axentes da Garda Civil que o multaron na peaxe. "Acepto as regras, pero se están ben fundadas. Cando se escriba que neste país todo o mundo ten que cobrar un salario xusto e que non pode ser explotado, defenderei a morte que iso se respete. Pero estas regras non as acepto, e non as vou respectar", di. Conclúe que "até hoxe respectei as regras, até hoxe fun un bo cidadán, pero a partir de hoxe xa non. Hoxe é o punto de ruptura". De feito, advirte que continuará coa súa protesta, non só a través das alegacións que presentou contra as dúas multas das que foi informado na propia peaxe, e unha máis (doutros cen euros), que lle acaba de chegar, tamén por non pagar os 2,95 euros esixidos. Ademais, realizou xestións ante Xefatura Provincial de Tráfico e a Delegación do Ministerio de Fomento. "O único que fan é marearte. Teño que ir a Coruña para presentar a protesta ante Fomento e atópome con 40 funcionarios e ninguén me atende", di. "Vexo a xente moi pasiva, moi estática. Para moitos é máis doado pechar os ollos, ou mirar cara a outro lado. Pero eu non podo, nin tampouco quero. Loitando poderíamos conseguir algo mellor que todo isto" Rendo eleva a súa protesta a outros ámbitos: "o da autoestrada é un problema moi grave, pero é un máis de tantos, e se cobran o que cobran é por culpa de como funciona ese sistema, que hai que cambiar". Engade que "a miña última pretensión era protestar contra algo máis grande que Audasa. O que pretendía era protestar contra os que fan as leis en beneficio de Audasa e non no meu, como están facendo con outras tantas cousas que nos son as autoestradas". "Vexo a xente moi pasiva, moi estática. Para moitos é máis doado pechar os ollos, ou mirar cara a outro lado. Pero eu non podo, nin tampouco quero. Loitando poderíamos conseguir algo mellor que todo isto", destaca. De feito, hai un tempo puxo en marcha unha campaña a través de change.org, que co lema #votoporecharlos pide unha "moción de censura cidadá contra o bipartidismo de PP e PSOE". "Non conseguiremos nada se non atacamos o problema dende a súa raíz. Doutro xeito seguiremos perdendo o tempo, e eu non quero seguir perdendo o meu", conclúe.
NOS_39077
A Panadaría, Excéntricas e ilMaquinario recibiron catro galardóns cada unha
Nove espectáculos concorreron na pasada cuarta-feira ás 14 categorías dos XXII Premios María Casares. Talía Teatro ideou e conduciu a cerimonia de entrega, que esta cuarta-feira tivo como cenario o Teatro Rosalía Castro da Coruña. Elisa e Marcela, de A Panadaría, foi o prato forte da noite ao acadar os premios a mellor espectáculo, mellor dirección (Gena Baamonde), mellor actriz protagonista (Areta Bolado) e mellor texto orixinal. Á par disto está Producións Teatrais Excéntricas, que levou o premio a mellor actor protagonista (Iván Marcos), mellor actor secundario (Víctor Mosqueira), mellor vestiario (Suso Montero) e mellor adaptación-tradución (Quico Cadaval) coa súa obra A cabeza do dragón. Por outra banda, ilMaquinario Teatro, coa súa obra Resaca, conseguiu outros catro premios María Casares pola mellor música orixinal (Vadim Yukhnevich), mellor actriz secundaria (Laura Míguez), mellor escenografía (Laura Iturralde e Montse Pñeiro) e mellor iluminación (José Manuel Faro 'Coti'). Por último, o galardón a mellor maquillaxe foi para Trini F. Silva, en Outono da compañía Pista Catro, mentres que o María Casares a mellor espectáculo infantil recibiuno A galiña azul de Tanxarina. A gala, que foi retransmitida na web da TVG, contou co acompañanto musical do Coro Encaixe e a dirección de Artur Trillo. A actriz Rosa Álvarez, socia número 1 da AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade organizadora dos premios), recolleu o Premio de Honra Marisa Soto. Ademais, o dúo artistico Aldaolado leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Mulleres no teatro onte, hoxe e mañá Ao Teatro Rosalía tamén acudiron Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do Concello da Coruña e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. Ante eles e o resto do público, a presidenta da AAAG, Nieves Rodríguez, deu o seu discurso, no que incidiu na necesidade de "reeditar" o pacto institucional entre o Centro Dramático Galego e a administración. "Ha ser un CDG no que nos identifiquemos tanto a profesión coma o público, no que a selección de elencos non acapare atencións, o que a produción propia non se reduza a un só espectáculo por temporada con dez intérpretes sobre o escenario", explicou. Alén disto, Nieves Rodríguez fixo un alegato en prol da igualdade. "Por moito que durante décadas se aplaudiu a pioneirOS, impulsorES, precursorES, fundadorES, as mulleres estabamos onte, por suposto estamos hoxe e, perdan coidado, estaremos mañá", afirmou. A presentadora e actriz tamén falou a respecto da liberdade de expresión, expresando a súa esperanza nun futuro "no que se venza todo cerco á liberdade de expresión, no que se erradique a criminalización das palabras e no que non sexa necesario recorrer ao almanaque para defender un pregón, unha obra de arte, un libro, unha montaxe teatral".
NOS_15124
A central sindical nacionalista CIG vén de solicitar esta sexta feira unha reunión co presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, para propoñerlle que inste o Parlamento galego a pedir a transferencia dos servizos que presta na actualidade a empresa estatal Correos.
Esta reivindicación é histórica no sindicato e tería moitas repercusións positivas como explica a Sermos Galiza Anxo Álvarez, delegado de CIG en Correos. "Melloraría o servizo e a transferencia levaría consigo de todos os inmobles e os recursos humanos que ten Correos na Galiza", explica. A transferencia do servizo postal é unha posibilidade que recolle a Constitución española e o Estatuto de Autonomía. A proposta é única en todo o Estadosería a primeira en realizarse. "Non hai ningunha reivindicación semellante por parte dos sindicatos do Estado, é algo histórico noso", sinala Anxo Álvarez. Traspaso viábel O servizo postal universal está atribuído á empresa pública Correos e Telégrafos, que nestes momentos está a diversificar a súa actividade en distintos negocios e servizos. Neste sentido, o secretario nacional da CIG-Correos, John Vivanco, afirma que "non podemos deixar de pensar nas posibilidades que tería un servizo de Correos de Galiza para achegarse a núcleos e negocios illados e a colectivos de persoas que tenden á infracomunicación". O traspaso caso de realizarse levaría o seu proceso. "Tería que levar acompasado a avalición do custe real da prestación do servizo postal universal na Galiza", sinala Álvarez a Sermos. O Estado ten reservada a competencia exclusiva en materia de correos e que ten subscrito un Contrato-Programa coa empresa pública Correos para a prestación do servizo, para poder efectivizarse a asunción do servizo postal, a Comisión Bilateral. Desde CIG apuntan que caso de que fora adiante habería de estabelecer a subrogación da Xunta na posición da Administración Xeral do Estado, e remitir a un convenio entre a Administración galega, como nova autoridade postal na prestación do servizo de correos en Galiza, e a «Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, SA» o estabelecemento e concreción das condicións de xestión e prestación dos servizos.
NOS_31909
Industria presentará á dirección de Alcoa un plan industrial a dez anos e unha relación de investidores interesados na planta de aluminio primario.
Os traballadores de Alcoa en San Cibrao (Cervo) iniciaron onte unha folga indefinida nas instalacións da factoría para denunciar a situación límite na que se atopa o complexo industrial. A mobilización coincide co arranque dunha semana na que, se a empresa non muda de parecer, rematará o período de consultas do ERE que pretende aplicar a multinacional aos 534 traballadores da planta de aluminio primario. Nesta fase, cada hora que pasa é crucial, de aí que as reunións sexan cada vez máis frecuentes. O comité de empresa, presidido por José Antonio Zan, intenta que a multinacional amplíe os prazos para negociar o ERE, máis tamén trata de lograr un compromiso firme por parte das administracións para salvar a factoría de Cervo. Neste senso, na reunión mantida na tarde de onte co secretario de Industria, Raúl Blanco lles informou de que ían presentar á dirección de Alcoa o plan industrial a dez anos deseñado para a planta de aluminio primario, así como os nomes dos supostos investidores interesados, que tamén lle serán notificados á representación dos traballadores nos vindeiros días. Esta quinta feira, o comité terá tamén unha data para reunir á mesa multilateral, que o propio Zan cualificou de "necesaria" e "factible" para dar unha solución á actual situación. En relación a esta xuntanza con Blanco, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, reclamou un "encontro presencial" co secretario de Industria na que o ministerio "oficialice as xestións realizadas desde o 23 de xuño para desenvolver a súa proposta industrial, na que todas as partes queden retratadas nos seus posicionamentos". As auxiliares, á folga hoxe As empresas auxiliares, nas que o fechamento das instalacións de aluminio primario podería deixar na rúa preto de 400 traballadores e traballadoras, tamén teñen pensado secundar a folga. En declaracións a Nós Diario, o portavoz da plataforma de auxiliares de Alcoa, Kike Rocha, recoñeceu que non puideron sumarse á xornada de onte por non ter preparado a tempo toda a documentación solicitada. Ao igual que os traballadores da principal, inciden na necesidade de traballar coas Administracións públicas, nomeadamente o Goberno español na procura dunha solución que garanta a continuidade da actividade na planta de aluminio primario. Tamén lamenta que, pese a depender directamente de Alcoa, a empresa non os queira recibir nin os teña en conta nas negociacións. "Non queren ter relación con nós", sinala Rocha. Outra proba diso é a situación xerada onte. Alcoa impediu o acceso á fábrica aos traballadores e ás traballadoras das auxiliares para realizar o seu labor con normalidade, unha situación que CIG, UXT e CCOO denunciaron ante Inspección de Traballo. Como lembran, a folga convocada polo comité de Alcoa só afecta o persoal da principal, polo que o das auxiliares acudiu con normalidade ao seu posto. Desde a coordinadora de auxiliares critican este fechamento patronal e acusan a Alcoa de empregar a folga como escusa para parar a produción, reducir a carga de traballo e aforrar cartos a conta dos traballadores.
PRAZA_9582
O instrutor mantén mantén un cargo de Adif e o maquinista como únicos acusados polo accidente no que morreron 80 persoas. Desbota ampliar as acusacións a máis cargos de empresas públicas e agarda pola resolución dos recursos na Audiencia da Coruña, que en 2016 xa ordenara reabrir a investigación polo sinistro
O caso Angrois segue a avanzar, pero moi aos poucos. O pasado decembro o xuíz instrutor da causa polo sinistro no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas e outras 144 persoas resultaron feridas propuxo por segunda vez finalizar a instrución e abrir xuízo oral. O xuízo Lago Louro facíao cun auto que deixaba como únicos acusados ao maquinista, Francisco José Garzón, e mais ao director de Seguridade na Circulación de Adif no momento do accidente, Andrés Cortabitarte.Pouco despois, a mediados de xaneiro, o fiscal adheríase á postura do xuíz, mentres que en cadanseus recursos de reforma as partes formularon diversas obxeccións. Así, os avogados do maquinista e de Cortabitarte reclamaron exculpar os seus defendidos, mentres que representantes legais das vítimas procuraron que as responsabilidades chegasen tamén a Renfe coa vista posta no xuízo oral. Tres meses despois, o xuíz vén de desestimar os recursos e agora agarda polos formulados ante a Audiencia Provincial da Coruña antes de seguir adiante definitivamente.O instrutor mantén mantén un cargo de Adif e o maquinista como únicos acusados polo accidente no que morreron 80 persoasNun auto datado no 12 de marzo, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, Lago Louro desbota a petición das vítimas de manter como imputado ao ex-director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares, Razoa que "cumpriu o seu cometido" de proporcionar un "material rodante tecnicamente axeitado", o tren, e "poñer aos mandos do mesmo" a un maquinista "debidamente formado". Non era responsabilidade de Lanchares, considera, avaliar os riscos da desconexión do sistema de control constante da velocidade ERTMS tanto a bordo dos trens como nas vías. "A quen compete avaliar ese risco e adoptar as medidas precisas para atallalo é a Adif" e por iso mantén como imputado a Cortabitarte. Tampouco avala acusar o xerente da área de Seguridade na Circulación do Noroeste de ADIF nin a tres técnicos da empresa pública Ineco.O instrutor desbota volver imputar outros cargos e agarda pola resolución dos recursos na Audiencia da Coruña, que en 2016 xa ordenara a reapertura da investigación que Lago Louro pechara co maquinista como único acusadoO xuíz tamén desbota exculpar o maquinista, cuxa responsabilidade volve equiparar á do ex-xefe de Seguridade de Adif. "Incumpriu a súa obriga esencial" de "respectar o cadro de velocidades máximas" e isto tivo "un resultado catastrófico", subliña. "O feito de que outros responsables de Adif incumprisen tamén presuntamente a súa obriga de realizar unha correcta avaliación dos riscos" non "exonera" o condutor do tren, resolve.Unha vez resolvido co seu rexeitamento os recurso das partes, Lago Louro queda á espera de que a Audiencia da Coruña resolva os recursos de apelación que algunhas das partes tamén interpuxeron diante desta instancia superior contra o seu auto. É por iso que dispón a suspensión do trámite de cualificación dos presuntos delitos e de novas dilixencias que algúns dos avogados xa solicitaron. Faráo cando resolva a Audiencia, que en maio de 2016 xa rectificou o xuízo Lago Louro e propiciou a reapertura da investigación, que o instrutor pechara co maquinista como único acusado.
NOS_44959
O 90% máis pobre non inflúe á hora de cumprir os obxectivos de quecemento do planeta, recolle un informe publicado esta sexta feira. Porén, só a previsión de emisións do 10% máis rico en 2030 descarta que se poida limitar o aumento de temperatura a 1,5ºC a final de século.
A pegada de carbono do 1% máis rico do planeta superará en 30 veces a pegada necesaria para cumprir o Acordo de París en 2015 para que a temperatura mundial non exceda os 1,5ºC de incremento a finais de século. Precisamente, na COP26 que está a decorrer en Glasgow (Escocia), negócianse as medidas para executar ese acordo. Nun estudo de Oxfam Intermón, o Instituto para a política medioambiental europea e o Instituto medioambiental de Estocolmo, concluíuse que para cumprir ese obxectivo, cada habitante do mundo tería que diminuír á metade a pegada de carbono actual, até as 2,3 toneladas de CO2 anuais. No informe, estímase que en 2030 o 50% máis pobre da poboación da Terra continuará a producir emisións moi por debaixo dos niveis precisos para que o incremento de temperatura non supere o grao e medio. Pola outra banda, as emisións do 1% máis rico serán 30 veces superiores a ese limiar, polo que terían que reducilas nun 97% de aspirar a acadar os niveis requiridos. Só o total de emisións do 10% máis rico excede o previsto para cumprir coa meta, de xeito independente ao que faga o 90% restante. "Parece que unha pequena elite ten barra libre para contaminar todo o que queira, poñendo en perigo o obxectivo global de limitar o quecemento do planeta", incidiu Jacobo Ocharán, responsábel da iniciativa climática de Oxfam Intermón, que lembrou como "as emisións que produce o voo dun milmillonario ao espazo superan as que xera unha das mil millóns de persoas máis pobres na súa vida". Elite contaminante O traballo narra como o aumento da temperatura "é un reflexo do exceso de emisións dunha pequena elite, a máis rica", indica o seu autor, Tim Gore, que recomenda que "os Gobernos dirixan as súas medidas aos máis ricos, quen máis contamina. Isto inclúe adoptar medidas para limitar tanto as emisións xeradas por artigos e servizos de luxo como megaiates, avións privados e viaxes ao espazo, como os investimentos intensivos en carbono". Esa responsabilidade esténdese ás súas compañías, un estudo do Proxecto internacional de divulgación de carbono desvela que cen empresas emitiron o 71% dos gases de efecto invernadoiro desde 1988.
PRAZA_19278
Estas localidades expóñense a perder o dereito a recibir subvencións da Xunta, tal e como establece un decreto de 2011, de non presentar a información económica á que están obrigadas.
Coristanco, Negreira, Antas de Ulla, Quiroga, Sarria, Castro Caldelas, Celanova, Manzaneda, A Pobra de Trives, Verín, Cuntis, Rodeiro e A Illa de Arousa. Estes 13 concellos aínda non lle remitiron ao Consello de Contas os seus resultados económicos correspondentes a 2015, como están obrigados a facer antes do 15 de outubro do ano seguinte (2016, neste caso). Estas localidades expóñense a perder o dereito a recibir subvencións da Xunta, de non presentar a información. Nesta situación tamén se atopan 15 mancomunidades e dúas entidades menores. Coristanco, Negreira, Antas de Ulla, Quiroga, Sarria, Castro Caldelas, Celanova, Manzaneda, A Pobra de Trives, Verín, Cuntis, Rodeiro e A Illa de Arousa aínda non remitiron a información O Decreto 193/2011 fixa no seu artigo 4 a "rendición das contas xerais ao Consello de Contas como requisito para a concesión de subvencións", sinlando iso si que "excepcionalmente, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar a exención do cumprimento do requisito establecido no parágrafo anterior naqueles supostos en que a non concesión da subvención puidese afectar o normal desenvolvemento dos servizos públicos esenciais". De feito, ata a entrada en vigor dese decreto a porcentaxe de localidades que entregaban esta información en tempo en forma era moi inferior. No caso das contas de 2009 (que debían ser remitidas ao longo de 2010) só o 33% das entidades locais cumpriu coa súa obriga, elevándose a proporción o ano seguinte ata o 68% e ata o 76% no 2013. Ademais destes 13 concellos que aínda non enviaron os seus resultados económicos, entre as localidades que si o fixeron o Consello de Contas detectou "defectos graves" na información remitida por 7 deles, que aínda deben ser solventados. Outros 155 presentan "defectos leves" e os datos de 7 concellos deben ser aínda analizadas por este organismo. As contas do ano 2014 xa foron entregadas por todos os concellos, aínda que 7 aínda presentan "defectos graves", segundo o Consello de Contas. É o caso de Rodeiro, Riós, Triacastela, Riotorto, O Incio, Antas de Ulla e Brión. Nas contas rendidas por outras 187 localidades sinaláronse "defectos leves". Web do Consello de Contas
NOS_38207
Xa son 454 os positivos entre residentes de xeriátricos galegos tras detectarse 53 casos e 23 altas. En canto ao persoal destes centros, son un total de 138 as que teñen Covid-19.
Nas últimas 24 horas, a residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar, recentemente intervida pola Xunta, sumou 41 usuarios e catro traballadoras infectadas de Covid-19, até alcanzar os 182 casos activos; mentres que o centro Val de Monterrei engade 10 maiores e 10 empregados contaxiadas, até o total de 73. Os dous grandes gromos detectados esta semana nas residencias das comarcas e Ourense continúan á alza. Segundo os últimos datos da Consellaría de Política Social, as residencias galegas contan con 454 internos cunha PCR positiva, tras detectarse nas últimas horas 53 casos novos e darse de alta outros 23. En concreto, ademais de na dos Gozos e en Val de Monterrei, detectáronse dúas infeccións, unha nos apartamentos tutelados do Incio e outro na residencia Virxen Blanca de Ourense. Alén diso, curáronse da Covid-19 tres usuarias de Ballesol de Oleiros e 13 de Nosa Señora do Viso, en Lobeira. Así, Os Gozos de Pereiro de Aguiar converteuse este sábado no principal foco da pandemia entre os centros de maiores, con 153 internos contaxiados, seguida da DomusVi de Outeiro de Rei, con 130. Seguen a estas a residencia Val de Monterrei, con 57; a do Incio, con 42; a Nosa Señora do Viso, con 33; a residencia Santa Marta de Vigo, con 13; e Las Salinas de Ourense, con 11. Tamén contan con casos positivos a Torrente Ballester da Coruña (5), a Ballesol de Oleiros (3), a DomusVi Coruña e a Virgen Blanca (con 2 cada unha) e a residencia de Arteixo, os apartamentos tutelados do Incio e a Nosa Señora dúas Milagres de Barbadás (un caso cada unha). Aumentan as infeccións entre traballadoras de residencias En canto ao persoal das residencias, son un total de 138 as traballadoras con Covid-19, tras rexistrarse un alta no centro Meu Lar da Coruña e 16 novas infeccións: 10 empregadas na Val de Monterrei, catro nos Gozos, unha en DomusVi de Oleiros e outra na Nuestra Señora de los Dolores, en Forcarei. Así, o cadro con máis positivos de coronavirus é a dos Gozos, con 29 empregadas, seguida de 20 en DomusVi Outeiro de Rei; 16 en Val de Monterrei; 17 en Nosa Señora do Viso; e nove no Incio. Las Salinas de Ourense conta con catro traballadoras con Covid-19, mentres a Nosa Señora do Socorro de Arnoia e a Virgen Blanca teñen tres. Mentres, con dous casos sitúanse as residencias Ballesol de Oleiros; DomusVi Coruña; Fundación José Otero de Santiago; Orpea Lugo; Casa Grande de Maside; Residencia San José de Ourense; Nosa Señora do Rosario da Cañiza; e o CRAPD Vigo I. E cun positivo entre as súas traballadoras se atopan as residencias El Pinar de Culleredo; Fogar residencial Nosa Señora do Carme de Fisterra; Porta do Camiño de Compostela; Volta do Castro da capital galega; Residencia Os Tercios de Touro; Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove; Nosa Señora dos Milagres de Barbadás; Residencia de maiores con dependencia do Carballiño; DomusVi Barra de Miño de Coles; Quercus de Leiro, Vivenda Comunitaria Dacon de Maside; Santa María de Melón; Virxe da Clamadoira de Muíños; Fogar Santa María de Verín; Santiago Apóstolo de Vilamarín; Campolongo; DomusVi Ribadumia; CRAPD Vigo II; Fogar Residencial Vistahermosa de Vigo e Residencia Xeriátrica Albi-Beade. Traballadoras e usuarias nos centros de discapacidade En relacións aos centros de atención a persoas con discapacidade na Galiza, continúa unicamente un usuario con Covid-19 e 10 traballadoras con positivo. Desta maneira, o único usuario contaxiado corresponde á Residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, onde tamén hai catro traballadoras infectadas. A residencia de adultos Pai Menni de Betanzos mantén tres traballadoras contaxiadas e tamén hai un no CAPD A Coruña, na residencia Juan Vidán Torres de Compostela e no San Vicente Paúl de Lugo.
PRAZA_15514
O 20 de decembro de 1946 centos de gardas civís e gardas republícanos portugueses cercaron un grupo de guerrílleiros antífranquistas que se reuniran nunha aldea próxima a Chaves. Nos días seguintes foron detidas 65 persoas.
O Cambedo é unha pequena aldea situada na raia seca entre Galicia e Portugal, preto de Chaves. O 20 de decembro de 1946 centos de gardas civís e gardas republícanos portugueses cercaron un grupo de guerrilleiros antífranquistas que se iran alí. Foron asasinados e nos días seguintes foron detidas 65 persoas. Cambedo da Raia, o mesmo que outras aldeas coma Torre do Couto, Vilar de Nantes ou Cima de Vila da Castanheira, era un paso obrigado para os refuxiados e exiliados que escapaban do franquismo, case sempre de paso para Latinoamérica ou Europa. E tamén un bo acocho para os guerrilleiros e para as persoas que fuxían da garda civil. A finais de 1946, varios grupos de guerrilleiros que se refuxiaban no norte de Portugal prepararon unha xuntanza para analizar a situación en España e Europa no cotexto do final da Segunda Guerra Mundial e da permanencia, consentida polas potencias occidentais, da ditadura franquista. Membros da Garda Civil que estaban infiltrados nas guerrillas informaron os seus mandos desta xuntanza e prepararon unha operación xunto coa Garda Nacional Republicana salazarista. Tamén se conta que a operación foi consecuencia dos preparativos para asaltar o palacete de Domingos Veiga Calvâo, un rico home portugués. Fálase de que no amencer dese día ao redor de 1.200 gardas españois e portugueses cercaron a aldea. Ás sete da mañá prodúcese o primeiro ataque e ao longo do día prodúcense varios tiroteos entre os axentes e os guerrilleiros protexidos nalgunhas casas -a da Escolástica, a do Adolfo, a do Mestre, a da Silvina e a da Engrácia-. Mesmo se chega a bombardear unha das casas con 30 morteiros lanzados dende un monte próximo. Os habitantes da aldea, ao redor de 300, viviron momentos de angustia e terror, entre os disparos das ametralladoras, o lanzamento de granadas de man, de gas lacrimóxeno, de bombas incendiarias e palleiros ardidos. Na batalla morreron os guerrilleiros Bernardino García e Juan Salgado Riveiro e foron apresados Demetrio García Álvarez ou Manuel Bárcea. A casa da Albertina, a máis danada polo bombardeo, nunca foi reconstruída. Permanece em ruínas, como testemuño da represión. Nos días seguintes foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, entre os cales dezoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moito os contactos co estranxeiro. Máis información e documentos sobre a Batalla
NOS_22564
O segundo número de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos vén de saír á rúa. No serán desta cuarta feira preséntase en Ferrol. Será ás oito do serán no edificio do antigo Hospicio.
No acto participará o académico e director da revista Xosé Luís Axeitos, a profesora e escritora Pilar García Negro, o ensaísta Francisco Rodríguez e mais o escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira. Ademais, haberá un recital con voz, acordeón e percusión. No índice de Follas Novas 2 figuran traballos de Manuel Ferreiro -Amizade, conexión epistolar e redes societarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)-, do propio Francisco Rodríguez -Avances nos estudos rosalianos: silencios e reticencias- do poeta Manuel Forcadela -O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía-, de Xoán Costa -Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe- ou do director da publicación sobre o cronista de Padrón, Manuel Barros. Corrección: na versión inicial desta noticia atribuíase erroneamente a Francisco Rodríguez o traballo da autoría de Xoán Costa "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe".
NOS_45510
O pai está detido como presunto autor do asasinato do seu propio fillo en Oza-Cesuras. En 2008 fora condenado a non se achegar á súa ex-muller e en 2013 ela denunciouno por ameazas.
A Coruña e Oza-Cesuras acolleron concentracións silenciosas polo neno de 11 anos asasinado polo seu pai este domingo, día no que o rapaz, que vivía coa nai, tiña convivencia con el. O Concello da Coruña inclúe o menor dentro do protocolo de violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, considera que o asasinato de Javier, de 11 anos de idade, é violencia de xénero e considera necesario modificar a lei de Violencia de Xénero para fixar protocolos de protección a menores que estean nstas situacións. A Defensora del Pueblo vén de solicitar ao goberno español que revise o réxime de visitas dos maltratadores aos seus fillos. O pai e asasino do neno fora condenado en 2008 a non se achegar á súa ex-muller. En 2013 ela presentara unha denuncia contra el por ameazas nas redes sociais. Segundo fontes próximas á familia citadas en diversos medios, o presunto asasino impedía o seu fillo, cando estaba con el, que se puxese en contacto coa súa nai para alén de falarlle mal dela. Concentracións Esta quinta feira, ás 20:00 horas. A Coruña, Obelisco. Compostela, Praza 8 de marzo Ourense, Castañeira Pontevedra, Audiencia Provincial Lugo, diante do Concello Ferrol, diante do Concello Bertamiráns (Ames) Praza da Maía Vigo, Marco (20:30 horas) Noia, diante do Concello (20:30 horas)
NOS_44663
Terá lugar o vindeiro 22 de abril, convocada por Cousa de Raíces e Asemblea contra a eucaliptización de Compostela.
Unha plantación simbólica de eucaliptos na Praza do Obradoiro de Compostela á o acto convocado por diversos colectivos para o vindeiro 22 de abril, Día da Terra, como denuncia contra a "eucaliptización" de Galiza. Serás ás 12:00 horas e as convocantes (Cousas de Raíces e Asemblea contra a eucaliptización) animan ´á sociedade a participar nesta concentración "para denunciar a destrución do patrimonio natural e cultural nos nosos montes provocado polo monocultivo forestal desta especie invasora". Nas últimas semanas activáronse en diferentes comarcas de Galiza asembleas coa participación de diferentes entidades e colectivos e coa finalidade de "organizar unha resposta" contra a eucaliptización. Desde colectivos como Adega denuncian que o eucalipto vai camiño de ocupar 500.000 hectáreas en Galiza "e aumentando. Cobre case o 17% de todo o territorio galego. Nunha entrevista en Sermos Galiza, Pedro Alonso, unha das persoas qimplicadas nestas asembleas, advertía que estabamos nunha fase na que a eucaliptización xa ameaza terras agrarias.
PRAZA_20345
Con esta operación o alcalde de Cádiz gaña votos, pero deixou na casa os principios e isto podería afectar negativamente á credibilidade de Podemos como forza do cambio.
Como o título saíu un pouco longo, comezo explicando quen son os protagonistas desta historia: "Kichi", José María González, é o alcalde de Cádiz de Podemos, situado na corrente Anticapitalista; Juan Carlos Monedero é unha especie de ideólogo de Podemos; Pablo Iglesias é o líder de Podemos, e o de Estado confesional refírese á violación continuada do artigo 16.3 da Constitución Española: "Ningunha confesión terá carácter estatal". O tema é que o concello de Cádiz, a iniciativa do PP e apoiado por PSOE, Por Cádiz Si Se Puede (PCSSP, é a marca de Podemos nese concello), Ciudadanos e o voto en contra de Ganar Cádiz en Común (marca de Esquerda Unida), aprobaba conceder a Medalla de Ouro da cidade á Virxe do Rosario. Foi unha iniciativa dos Dominicos, apoiada por 6.000 sinaturas, para conmemorar o 150 aniversario da proclamación desta Virxe como patrona da cidade. Isto de Cádiz non é nada novo. O concello da Coruña xa concedera a Medalla de Ouro da cidade á Virxe do Rosario en agosto de 1960, pero eran outros tempos. O acto de imposición realizouse na praza de María Pita o 11 de setembro dese ano con asistencia do ditador Franco e a súa esposa. Agora é bastante frecuente a utilización con obxectivos políticos de deus, cristos, virxes, santos e santas etc. Segundo Europa Laica, distintas institucións nomearon 185 alcaldesas perpetuas, case todas virxes; 15 alcaldes perpetuos, a maioría cristos, e 15 medallas de ouro, ademais de algúns honores militares a entes relixiosos de todo tipo. Por se isto fose pouco, hai quen pretende en Pontevedra utilizar á virxe como recurso turístico e Rafael Domínguez Artime, concelleiro do PP, presentaba unha moción coa seguinte proposta de acordo: "Instar a la Junta de Gobierno Local, a la Diputación y a la Xunta de Galicia a promocionar la aparición de la virgen en nuestra ciudad, Pontevedra, en sus diferentes foros, como centro de actividad turística". A novidade está en que estas cousas se aproben en concellos gobernados pola esquerda –o de Cádiz preséntase como "concello do cambio"– e que teña como protagonista a un partido como Podemos, que fala de ruptura co réxime de 1978, novas formas de facer política etc. En ningún caso poden competir con Jorge Fernández Díaz, que fora ministro de Interior do PP de 2011 a 2016, e que concedeu, entre outras, a Medalla ao Mérito Policial a Nuestra Señora Santísima del Amor de Málaga e a Cruz de Prata da Garda Civil á Santísima Virgen de los Dolores de Archidona (Málaga), distincións que, por certo, foron moi criticadas por Pablo Iglesias. Chama a atención a actuación contraditoria de Podemos, incapaz da mínima autocrítica, que tentou xustificar o inxustificable. Así, Juan Carlos Monedero escribía o artigo "¡Ahí va, la virgen!": "La Virgen de los humildes, aun siendo cierto que trabaja más tiempo para los poderosos que para los pobres, ayuda a que los golpeados imaginen la vida un poco menos miserable. Y eso, nos guste más o menos, hay que respetarlo. Kichi, es Alcalde de Cádiz y de todos los gaditanos. Hace bien en escuchar al pueblo en el momento concreto en el que vive el pueblo" (Público, 28-5-2017). Pablo Iglesias, líder de Podemos, manifestaba que ao principio non entendía esta decisión do alcalde de Cádiz, pero "él me convenció": "Me habló del carácter de dignidad popular que significaba esa Virgen y que en una ciudad como Cádiz, con esa tradición anarquista y liberal, esa Virgen, tan vinculada a las cofradías de pescadores, no va unida al conservadurismo que nos podría parecer desde fuera. Yo creo que Kichi lo ha manejado de una manera muy laica en el sentido de que se trata de una muestra de respeto a los sentimientos populares demostrando que hay que convivir con distintos pareceres y tradiciones. Los urbanitas de izquierda tenemos que aprender a respetar esas tradiciones tan arraigadas en el pueblo" (Diario de Cádiz, 4-6-2017). Alberto Garzón, secretario xeral de Esquerda Unida e portavoz adxunto de Unidos Podemos no Congreso, non compartía esta análise de Podemos e rexistraba unha pregunta escrita para saber se o Goberno de Rajoy "considera de verdad que las vírgenes y los cristos atesoran méritos reales a la hora de lograr un país más seguro" e preguntaba tamén se o Goberno pensa continuar con esta "práctica de reconocimiento idolátrico al santoral católico". Para Garzón esta especie de populismo relixioso ten pouco encaixe institucional e democrático, criticaba que outras formacións políticas e gobernos locais se sumen "a la cuestionable moda del Gobierno del PP de conceder medallas a seres inanimados del santoral católico, de especial relevancia simbólica para muchas personas más allá de su religión, pero que escapan por completo a lo que ha de ser una auténtica separación entre Iglesia y Estado" (Público, 5-6-2017). Por outra parte, Miguel Sánchez-Romero non vía todo tan negativo e escribía, con moita coña, o artigo "Ciudadana Del Rosario". Consideraba que é a hora da política e que como a medalla só pode concederse a persoas físicas ou xurídicas, o laicismo debería aproveitar para solicitar a comparecencia da Virxe nunha comisión de investigación, con esta argumentación: "Si la Virgen es sólo una, ¿por qué tantos nombres? Virgen del Rosario, Virgen del Rocío, Virgen del Carmen… ¿No resulta extraño ese empeño en presentarse bajo tan distintas y variadas denominaciones? ¿Hay que ser comisario jefe de la UDEF para sospechar que esas advocaciones podrían ser, en realidad, empresas pantallas? ¿No merece el pueblo de Cádiz una comisión que aclare el entramado societario de su alcaldesa perpetua? ¿No es razonable citar a la Ciudadana Del Rosario como compareciente en esa comisión? Esta medalla es un chollo. Qué importa si detrás se oculta una de las más sorprendentes puertas giratorias de los últimos tiempos: la de Kichi –ojalá que dentro de muchos, muchísimos años- instalado en el consejo de administración del cielo" (Infolibre, 1-6-2017). Seguindo con esta argumentación de Podemos e se unhas poden ser virxes dos humildes e pobres e outras dos poderosos e ricos; se falamos de escoitar ao pobo e lembramos a tradición anarquista e liberal de Cádiz (o mesmo que a Coruña), poderemos ter graves problemas se na Coruña, por exemplo, 6.000 ou 10.000 persoas asinan unha petición ao goberno de Marea Atlántica para que as virxes do Carme, Fátima, Rocío ou María Auxiliadora reciban tamén a Medalla de Ouro da Cidade. Creo que o noso alcalde, Xulio Ferreiro, ten un pouco máis de sentidiño, segue neste tema a política que practicamos sempre na Coruña desde 1979 as concelleiras e concelleiros do Bloque, de Unidade Galega ou de Esquerda Unida, e continuará sen acudir como representante institucional aos actos relixiosos, por respecto a toda a cidadanía, á pluralidade relixiosa e á propia Constitución. Con esta operación o alcalde de Cádiz gaña votos, pero deixou na casa os principios e isto podería afectar negativamente á credibilidade de Podemos como forza do cambio.
NOS_12667
Con motivo do 100 aniversario do seu nacemento, publicamos un caderno monográfico arredor da obra literaria e artística do que foi secretario xeral do Partido Comunista Portugués (PCP) e un dos pensadores máis destacados da súa época. Xa disponíbel na nosa loxa.
Coordenado por Xabier P. Igrexas esta semana publicamos un suplemento arredor da vida e pensamento de Álvaro Cunhal. A piques de se cumpriren 100 anos do seu nacemento (10 de novembro) afondamos na súa obra literaria, o seu pensamento e a súa biografía. Mais tamén nos debruzamos nunha das súas facetas máis descoñecidas, a artística. Da pegada histórica de Álvaro Cunhal fican unha morea de obras bibliográficas mais tamén unha importante colección de obras artísticas. No seu centenario repasamos algúns dos elementos biográficos da súa traxectoria política, desde a súa entrada ao PCP como militante clandestino até a súa participación durante o proceso de reorganización do partido após ser detido e torturado. Sobre o seu compromiso político e desde unha óptica persoal, Duarte Correa, ensinante e sindicalista debuxa nunha dobre páxina o Álvaro Cunhal máis actual cuxas análises e praxe política se manteñen en vixencia. Xunto a el, o poeta, ensaísta e tradutor Manuel Gosmão debrúzase sobre o pensamento político de Cunhal. Aliás, achegámonos á súa faceta de pintor e á súa concepción da arte como traballo transformador. Influenciado polo realismo socialista a arte de Cunhal tomaba parte da loita popular empregando ao pobo traballador como protagonista de todas as súas obras. Xa á venda na nosa loxa
PRAZA_18364
O Consello de Ministros aprobará este venres a suba, que responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra. As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC
O Consello de Ministros aproba este venres un novo encarecemento das peaxes da AP9, que se aplicará de forma inminente. Os prezos subirán un 1,9%, un ascenso que responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos (circunvalación de Santiago, accesos en Sigüeiro, Vigo, O Morrazo...) e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra. As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC. As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC e volverán facelo o vindeiro 1 de xaneiro, de novo polo IPC Esta nova suba do 1,9% suporá, por exemplo, que a viaxe entre A Coruña e Vigo se encarecerá 29 céntimos, chegando xa aos 15,79 euros. Ademais, o vindeiro 1 de xaneiro chegará unha nova suba (que será a terceira en 12 meses), motivada novamente pola actualización do IPC. Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre, máis de 365 mil euros diarios, unha cifra que leva catro anos en ascenso. A suba responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra O incremento de prezos estaba xa previsto e dependía unicamente da súa aprobación final por parte do Goberno central e ten a súa orixe no convenio asinado no ano 2011 polo Ministerio de Fomento e Audasa, polo cal o Goberno central compensaba á compañía cun incremento de tarifas do 1% acumulativo durante dúas décadas a cambio dos seus investimentos na mellora da AP9. O convenio especificaba que a alza de tarifas só se podería aplicar "a partir do 1 de xaneiro do ano siguiente a aquel no que finalicen as obras de ampliación de capacidade". A finais do pasado ano Audasa acelerou o remate das obras de ampliación da Ponte de Rande para poder así anticipar a suba de prezos ao 1 de xaneiro do presente ano 2018. Con todo, boa parte das actuacións na ponte estaban aínda sen concluír e, de feito, nos meses seguintes continuaron os cortes de de carrís en Rande para poder completar a actuación. Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre Por outra banda, en xaneiro Xunta e Ministerio de Fomento chegaron a un acordo para establecer a gratuidade da peaxe entre Vigo e Redondela e, a cambio, compensar a Audasa nas tarifas xerais da AP-9, é dicir, incrementando as peaxes. Esta bonificación é o que explica a outra parte do incremento tarifario. Audasa continuará ingresando cartos das peaxes galegas ata o ano 2048, 70 anos despois da inauguración do primeiro treito da AP-9. Mentres, oito autoestradas construídas á vez que a AP-9 volverán á xestión pública nos próximos anos, comezando pola AP-1 entre Burgos e Eibar. A AP-4 entre Sevilla e Cádiz e a AP-7 entre Tarragona e Alacante (ambas o 31 de decembro de 2019) serán as seguintes. En virtude do remate da concesión, a autoestrada Vitoria-Burgos será gratuíta dende o 1 de decembro e, en total, viaxar entre Burgos e Guipúscoa custará 12 euros menos.
QUEPASA_566
Como previa á Festa da Pataca de Coristanco 2019, que se celebra a vindeira fin de semana de 14 e 15 de agosto, a vila organiza unha ruta dos pinchos polos bares do concello, dende o 6 ata o 8. Pinchos, por suposto, elaborados con pataca de Coristanco, para degustar a partir das 20:00h.
NOS_49860
Convocada por Erguer, Asemblea nacional de estudantes galegas e Acción Universitaria. "A Lomce está deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites".
En Galiza continúan as mobilizacións e iniciativas contra a Lomce e as reválidas. Concentracións, referendos, recollida de sinaturas... A comunidade escolar redobrou nestas semanas os actos para exixir a derrogación desta lei. Agora, e máis unha vez, as organizacións estudiantís dan un paso e convocan unha nova greve. Será o 24 de novembro e no ensino medio de Galiza. Erguer, Asemblea nacional de estudantes galegas e Acción Universitaria son as entidades que chaman ao alumnado a apoiar esta nova mobilización. "Estamos ante unha lei imposta unilateralmente polo Partido Popular, na que aínda que aprobemos todos os cursos da ESO ou do Bacharelato, o que determinará se obtemos o título ou non será un único exame", explican. Insisten en que esta lei educativa "está deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites, apoiando as axudas públicas a centros privados, incluso a aqueles que segregan o alumnado por cuestión de xénero". Así, lembran que este curso 2016-17 comezou con 84 centros públicos menos e 38 privados máis. Que a materia de relixión compute para a media e que sexa unha lei "que ataca a nosa lingua" e que procure "devolver competencias educativas ao goberno do Estado" son cuestións que merecen unha reposta do alumnado e comunidade educativa en xeral. "A Lomce deseñouse plenamente de costas á comunidade educativa galega, e tanto o profesorado e as familias coma o alumnado amosamos en repetidas ocasións o noso rexeitamento á mesma.". A Plataforma Galega en defensa do ensino apoia a xornada de mobilizacións. Horarios: Compostela, 12h. na Alameda. Pontevedra, 12h. na Peregrina. Vigo, 12h. na Praza América. A Coruña, 12h. na Praza da Palloza. Lugo, 12h. na Praza do Seminario. Ourense, 12h. diante da Subdelegación do Goberno. Ferrol, 12h. diante do Edificio da Xunta. Concentracións: Ás 18:00 horas: Vigo Farola de Urzaiz Ás 19:00 horas: Pontevedra Praza da Peregrina Compostela Praza Roxa Lugo Diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Ourense Xardíns do Padre Feixoo Cangas Praza do Concello A Coruña Praza de Pontevedra Ferrol Praza de Amada García Ás 19.30 horas: Carballo Praza do Concello Cee Praza 8 de Marzo Vilagarcía Praza de Galiza
NOS_41364
Nas últimas horas declaráronse extinguidos os fogos forestais da Pobra de Trives e Viana do Bolo.
Un novo incendio afecta o monte galego desde esta segunda feira, declarado no municipio de Melón, na parroquia de Quins. Con este, son tres os fogos activos nestes momentos, un deles en Cenlle —que "evoluciona favorabelmente" cara a súa estabilización— e outro en Oímbra —que entrou por Portugal e que está xa estabilizado, após arrasar 70 hectáreas—. Segundo informou a Consellaría de Medio Rural no parte desta terza feira, con datos recollidos até as 8 horas, o incendio da parroquia de Quins iniciouse ás 22.39 horas e queimou máis de 20 hectáreas. Para o seu control traballan cinco axentes, sete brigadas, seis motobombas, e unha pa. Pola súa parte, o lume da Pena, en Cenlle, arrasou xa 40 hectáreas e evoluciona "favorabelmente" á súa estabilización, aínda que fica activo sen control. Para este incendio traballan un técnico, dez axentes, 24 brigadas, 15 motobombas, unha pa, oito avións, e sete helicópteros. Até cando durará a tempada de incendios na Galiza? Mentres, está estabilizado desde as 7.31 horas desta terza feira o lume forestal que entrou por Portugal a través da parroquia de Bousés, en Oímbra. Segundo o cómputo de Medio Rural, afectou unhas 70 hectáreas. Incendios extinguidos Os fogos forestais que quedaron controlados esta segunda feira foron finalmente apagados polos equipos de extinción. Concretamente, trátase do lume declarado na Grixoa, en Viana do Bolo, que quedou controlado ás 19.27 horas da segunda e deuse por extinguido ás 21.35 horas. O balance final eleva as hectáreas arrasadas a 114,4. Para aplacalo mobilizáronse un técnico, 14 axentes, 39 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, tres avións e nove helicópteros. E o lume declarado en Barrio, na Pobra de Trives, quedou extinguido ás 20.08 desta segunda, após quedar baixo control ás 15.49 horas. Para apagar este incendio, que finalmente queimou 12,3 hectáreas —estimárase por riba das 20 inicialmente—, traballaron seis axentes, 19 brigadas, dez motobombas e un helicóptero.