ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
QUEPASA_233 | Os pósitos afrontan esta batalla diaria contra o furtivismo coa axuda da veciñanza e as forzas de seguridade. | Por Corme a idea é conseguir un dron para o vixilante. Polo sur da comarca, as confrarías do Pindo e Lira, xunto co Concello de Carnota, apostan pola educación e a concienciación para acabar contra o furtivismo. Un tema fundamental, que está afectando moito a xente que traballa no marisqueo, e que mesmo ten provocado situacións surrealistas como o ongreso en prisión dun percebeiro por defenderse de varios furtivos. O esquecemento por parte da Xunta da Reserva Mariña dos Miñarzos foi unha das consecuencias do impacto, cada vez máis grande, desta problemática. Así, os dous pósitos carnotáns arrincan unha campaña de sensibilización arredor do furtivismo, centrada na difusión e formación sobre o traballo que fan as mariscadoras. Unha das accións son estas singulares camisetas para repartir entre os mariscadores das entidades e concienciar á sociedade. Pero hai moito máis. Un problema diario As confrarías, a raíz da petición da Confraría do Pindo, levan tratando varios meses o asunto de raíz. I é que a cousa é tan grave que o Plan do Percebe cada vez se acorta máis porque os profesionais non teñen apenas espazos onde traballar. "Dous días antes da apertura do percebe xa non queda nada", sinalan dende o pósito, que sofren o problema "día tras día". Levan xa 2-3 meses cunha crúa campaña de acoso ao furtivo, contando coa Policía Municipal, a Garda Civil e Gardacostas, que desta volta si que están respostando (cómpre lembrar que levan 3 anos sen vixilante). Cada profesional, e mesmo moitos veciños, están denunciando, chamando ás forzas de seguridade, sacando fotos, apuntando matrículas… ata o punto de xa cazaron algún furtivo en plena faena. Pero de fondo hai unha problemática social moi grave, pois as ameazas (como "sei de que color é o teu coche") son continuas, polo que a concienciación é necesaria dende a base. De aí a charlas que por exemplo o patrón maior de Lira e a Secretaria da do Pindo realizaron coa rapazada do Campamento municipal. Unha charla na que os rapaces recoñecían non saber o que era o furtivismo. Púxollo claro o patrón: "Roubar sabedes o que é, verdade? Pois o que vai a praia e colle o que non é seu é un ladrón". Agora, mentres esperan a cartelería para colocar en todas partes, continúan con campañas para a mocidade, con limpezas de praia, tamén para adultos, pero tamén relacionándoas co furtivismo. Dous tipos de furtivismo Dende os pósitos diferencian dous tipos de furtivisimo. O "furtivo caseiro", que aínda non se dá conta de que o é, que non se dá concienciado de que o mar, aínda que é de todos, os recursos non son de todos; E o especializado, por exemplo, no percebe, xa armado para traballar como un verdadeiro profesional, pero con alma esquilmadora. |
NOS_9462 | A recuperación desta xornada laboral, sinala o sindicato Satse, "é unha cuestión de vontade política". | A Galiza, canda Aragón, Balears, Castela e León, Catalunya, País Valencià, Madrid, Murcia, Ceuta e Melilla, non ten aínda implementada a xornada laboral de 35 horas para o persoal de enfermaría do sistema público, segundo denuncia o sindicato Satse esta segunda feira. A través dun comunicado, a organización sindical reclama aos gobernos e partidos políticos das comunidades autónomas nas que aínda non se recuperou a xornada de 35 horas que "acaben con esta realidade laboral que discrimina e prexudica gravemente enfermeiros e fisioterapeutas dos seus respectivos servizos de saúde". Esta situación prodúcese neses oito territorios a pesar de que transcorreron xa máis de catro anos desde que o Goberno estatal permitiu recuperar este dereito laboral, suprimido en 2012 polo Executivo de Mariano Raxoi. Aquel aumento da xornada laboral en 2012 até as 37,5 horas á semana foi unha das medidas aprobadas durante os momentos máis críticos da anterior crise económica. Un 20% das enfermeiras de familia traballan fóra da Galiza O sindicato de enfermaría, que se dirixiu por carta aos conselleiros de Sanidade, xerentes de servizos de saúde e responsábeis de partidos políticos, lamenta que o persoal de enfermaría e de fisioterapia destes territorios "non pode gozar deste dereito laboral aínda que ten as mesmas responsabilidades profesionais, competencias, funcións e formación universitaria que os seus compañeiros do resto do Estado". "A recuperación da xornada laboral de 35 horas semanais non só supón un claro beneficio para os traballadores, senón que supón a xeración de emprego e mellora a dispoñibilidade dos profesionais para atender aos pacientes, o que sempre redunda nuns coidados e atención sanitaria máis segura e de maior calidade. Non esquezamos que tamén viron conxelado o seu recoñecemento retributivo e suprimíronse pagas ou días de descanso, entre outros dereitos plenamente consolidados", resaltan desde a organización sindical. Profesionais de enfermaría advirten: faltan "entre 2.000 e 3.000" efectivos para paliar o déficit no Sergas Satse cre que apostar na recuperación deste dereito laboral é "unha cuestión de vontade política por priorizar, dentro da xestión do gasto público, a sanidade e os seus profesionais, algo que non fixeron, até a data, os responsábeis públicos e políticos das oito comunidades autónomas mencionadas". "Antes, agora e nun futuro pódese argumentar que o contexto económico non é o axeitado, mais cómpre ter claro que a administración sempre atopa recursos cando lle interesa priorizar un determinado compromiso público ou político, como podemos observar con frecuencia de maneira pública tendo en conta, aliás, a proximidade das eleccións municipais, autonómicas e xerais", conclúe. |
NOS_23355 | O veterano partido republicano sería o máis votado nas circunscricións de Eire. O Sinn Féin fai campaña cun discurso nacionalista e de esquerdas, presentándose como únicos garantes dunha verdadeira soberanía da Illa. | A formación republicana encabeza as sondaxes en varias circunscricións da illa. Sob o lema ' Éire chun Cinn' (Poñendo a Irlanda primeiro) o Sinn Féin podería obter un histórico resultado na cita electoral do 25 de maio. Iso é, ao menos, o que vaticinan as enquisas publicadas nestes dúas polos xornais irlandeses Irish Independent e Sunday Independet. A menos dun mes da cita coas urnas, o histórico partido republicano obtería catro escanos na Eurocámara. Un resultado que, sinalan analistas políticos irlandeses, supón todo un terremoto no mapa electoral da Illa esmeralda polo que ten de "patada no cú" das 2 principais formacións (Fine Gale, Fianna Fail) e tamén do Partido Laborista. Seis condados e 26 condados Aliás do resultados nos 6 condados baixo administración británica (onde o Sinn Fein obterá un deputado segundo as sondaxes e consolidarase como 2ª forza), o verdadeiro triunfo do veterano partido independentista tería lugar nos 26 condados, na República de Eire. Esta parte da Illa está divida en tres circunscricións. As enquisas apuntan a que o SF obtería 3 europarlamentarios, fronte os partidos da histórica alternancia bipartidista na República Fine Gael e Fianna Fáel, que poderían ter 2 cada un; mentres que @s laboristas só aspirarían a un escano. Soberanía, socialismo En Dublín están en reparto 3 escanos. As sondaxes sinalan como máis votada á lista de Lynn Boylan (Sinn Fein), con máis do 20% dos votos. O segundo posto sería para unha candidatura inependente e o terceiro para o Fine Gael. Na circunscrición de Midlans (4 deputada@s) as sondaxes están encabezadas por Matt Carthy (Sinn Féin), cun 17% dos votos. E na circunscrición do sur da Illa a vitoria sería para o Fianna Fail (36% dos apoios), sendo o segundo posto para Liadh Ni Riada (Sinn Féin) con máis do 15% dos sufraxios. O conservador Fine Gael e o socialdemócrata Partido Laborista gobernan en coligación. As sondaxes apuntan a un duro castigo, sobre todo nas zonas máius urbanas (Dublin). |
NOS_8889 | Dende a CIG-Ensino censuran que a Consellaría "impón estes recortes sen que exista un mínimo contraste nin negociacións no seo da mesa sectorial". | CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación executa unha modificación dos cadros de persoal do corpo de mestres "sen previa negociación coas organizacións sindicais", unha medida que implica contar para o curso 2018/19 con 54 aulas menos das que existen neste final de curso e un recorte de 58 empregos en persoal docente. "A cifra de eliminación de postos docentes elévase a 85 se temos en conta as especialidades de EI, EP, Inglés, Francés , Música e Educación Física; só a creación de novos postos en especialidades como PT, AL ou Orientación (27 en total) permite reducir a cifra final de recortes", informa o sindicato nacionalista Dende a CIG-Ensino censuran que a Consellaría "impón estes recortes sen que exista un mínimo contraste nin negociacións no seo da mesa sectorial". " A supresión de unidades educativas afecta especialmente as provincias da Coruña e Pontevedra. |
NOS_54006 | Unha xornada en Lugo acolleu diversas conferencias que fixeron balance das últimas décadas en Galiza desde diversos puntos de vista. Guillerme Vázquez considera que o marco actual está "caduco". | O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Guillerme Váquez, inauguraron este sábado no salón de actos do Pazo de San Marcos a xornada "Fagamos Contas. 35 anos de autonomía: Como nos foi?", un simposio no que se afondou no que supuxeron estas tres décadas e media de autonomía para a sociedade galega e que está organizada pola Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación. Para Guillerme Vázquez, Galiza é actualmente "un pobo vapuleado, saqueado e por que non dicilo, confuso. É preciso formular propostas no nacionalismo político, xa que o poder económico actual, que é o causante da crise, aplícanos as súas receitas para saír dela, que a grandes rasgos, no que fai referencia ao estado español, pasan pola recentralización, polo saqueo dos dereitos económicos e sociais e pola represión da rebeldía, coa aprobación por parte do PP da súa nova lei de 'inseguridade' cidadá. E tamén procura algunha válvula de escape, que canalice o descontento social, sen que isto vaia significar que se altere de raíz a orde natural das cousas", valorou. Vázquez instou tamén a considerar o sistema vixente. "Vai sendo hora de replantexarnos as cousas, como están facendo en Catalunya, onde se deron conta de que o seu marco estatutario, aínda que foi reformado máis tarde que o noso, está caduco. En Galiza deberiámonos dar de conta de que acontece o mesmo, xa que se non mudamos o actual marco político e constitucional, Galiza rachará". Ademais de Mario Outeiro e Guillerme Vázquez, tamén participaron na xornada, María Dolores Puga e Rubén Lois sobre Demografía; Alba Nogueira e Heriberto Cairo sobre Autogoberno; Mar Pérez e Joam Lopes Facal sobre Economía; Victoria Iglesias e Luís Villares sobre Benestar; Nel Vidal e Mercedes Queixas sobre Lingua e Cultura e Xavier Campos como peche. |
NOS_30369 | O portavoz de En Marea Luís Villares comprometeu o apoio do seu partido no Congreso á constitución dunha oficina de atención ás vítimas do franquismo. Fíxoo nun acto de campaña no Pazo de Meirás, onde foi acompañado das candidatas ao Congreso e ao Senado Ana Seijas, Mariló Candedo e Xosé Manuel Sardiña. | Tamén asistiu Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. "Levaremos ao Congreso dos Deputados a partir do día 28, en nome do exercicio de memoria democrática de toda Galiza, a necesidade de recuperar pola vía xudicial sen expropiación nin indemnización un ben que o pobo xa pagou unha vez", dixo Villares, "como botín de guerra da familia Franco". Segundo o líder de En Marea, os galegos e as galegas "senten como propio" o Pazo de Meirás, "propio do patrimonio cultural e da memoria de Galiza". Villares estabeleceu unha comparación entre Meirás e "a perda de Notre-Dame". E criticou o PSOE porque, ao seu ver, "faltoulle valentía para aplicar plenamente a Lei de Memoria Histórica" e o PP "porque se senten herdeiros dos que espoliaron os bens do pobo". Xuntanza con activistas As candidatas de En Marea e mais o seu portavoz tamén se xuntaron con activistas da mencionada comisión, antes os que se comprometeron "a levar ao Congreso unha iniciativa para a creación dunha oficina de atención ás vítimas do franquismo". Os obxectivos da mesma, engade En Marea, serán "asesorar, localizar e exhumar todas as persoas soterradas en foxas e gabias para darlles unha sepultura digna". Villares tamén lembrou que En Marea quere "a anulación de todos os procesos do franquismo que remataron en condena e foron simples farsas". |
NOS_9638 | O presidente da Xunta pide "rigor" e "diálogo" á hora de abordar as medidas aprobadas no Consello Interterritorial para regular o lecer nocturno con normas homoxéneas este verán. Galiza votou en contra do documento presentado polo Ministerio de Sanidade. Non foi a única, por iso discute o seu carácter obrigatorio. | O Goberno galego seguirá a súa "folla de ruta" para a desescalada polo menos até que a asesoría xurídica da Xunta determine se algunhas "partes" do protocolo que o Ministerio de Sanidade presentou no Consello Interterritorial do Sistema de Saúde esta semana son de "obrigado cumprimento". O documento recolle medidas específicas para o funcionamento da hostalaría, do ocio nocturno e de eventos multitudinarios que modificarían as restricións actuais coas que Galiza avanza cara a nova normalidade. Medidas que, segundo a ministra Carolina Darias son de obrigado cumprimento. "Non necesitamos que o Goberno estatal nos coide, levamos tempo coidándonos sós e acreditando que somos responsábeis", afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, esta sexta feira tras sinalar que o acordo alcanzado sen unanimidade "é a imposición unilateral do Goberno estatal ás comunidades autónomas, que levamos asumindo a responsabilidade en solitario de xestionar a pandemia". O xefe do Executivo galego pediu "rigor" e "diálogo" para avaliar as medidas anticovid-19 que han de rexer nas próximas datas e remarcou que "as ameazas [do Goberno estatal] non nos producen ningún efecto", en referencia á intención, expresada pola ministra de Sanidade, de emprender as accións necesarias para que os territorios díscolos respecten as normas. É vinculante o acordo? Galiza, Catalunya, Euskadi, Madrid, Andalucía e Murcia votaron en contra das novas condicións e algunhas xa avanzaron a súa idea de non as acatar. Mais, poden sortear o acordo? Para a catedrática de Dereito Administrativo da Universidade compostelá (USC), Alba Nogueira, "o que se aprobou no Consello Interterritorial é obrigatorio no seu cumprimento". Malia funcionar "por consenso", aclara, unha recente modificación da normativa sanitaria "introduciu no artigo 65 da Lei de saúde unha provisión do que se chama actuacións coordinadas", que lle permite ao Ministerio declarar obrigatorias certas medidas "previa consulta". O que non estabelece a lei, advirte, é como se converte iso en norma. "Aí hai unha lagoa. Que o Ministerio declare esas medidas obrigatorias non significa que a norma sexa unha norma ministerial", polo que adoitan ser as consellarías territoriais as que aproban a normativa a través dunha orde autonómica. Mais se non se publica, non habería que acatala. "Por iso o Ministerio di que vai obrigar a cumprir, talvez, a través dun requirimento da Avogacía do Estado". Neste sentido, engade Nogueira, "sempre que respecten os mínimos" pactados no Consello Interterritorial "poderían ser aínda máis exixentes, como avanzaron xa as Illes Balears, que van ir máis alá" para endurecer as restricións. "Iso poden facelo. O que non poden é ser máis flexíbeis". Tamén é importante, incide a catedrática da USC, que malia a obriga de cumprir, "non quere dicir que as comunidades non poidan ir aos tribunais en contra dese acordo. Poden cuestionalo e recorrer, mais mentres non haxa sentenza teñen que aplicalo. |
NOS_21246 | A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, realizou a primeira das concentracións anunciadas contra do enchufismo e pola igualdade de oportunidades coa presencia dun unido grupo de persoas de todas as idades. | A situación crítica das contas no Concello de Ponteareas e o enchufismo que, segundo Galiza Nova, leva a cabo o Partido Popular de Ponteareas, protagonizaron a primeira das mobilizacións para pedir a demisión do alcalde Salvador G. Solla. As xuventudes nacionalistas contaron coa intervención de Roberto Mera, ex-portavoz Municipal do BNG, que arrancou en diversas ocasións os aplausos de todos os alí presentes. Mera fixo referencia ás "políticas caciquís que se levaron a cabo co BNG na oposición e Castro como alcalde, e que agora Solla continúa". As xuventudes nacionalistas contaron coa intervención de Roberto Mera, ex-portavoz Municipal do BNG Ao remate da concentración, Hugo Domínguez, Responsábel Local de Galiza Nova, leu "o manifesto contra o enchufismo" que a organización xuvenil redactou para tal efecto. Este manifesto resumía as "nefastas consecuencias do goberno do PP e Solla" e denunciaba que "basta xa de enchufismo, basta xa de incompetencia, basta xa de política de favores suicidas de Solla e o PP". Concluía a intervención esixindo a "demisión de Salvador G. Solla por incompetente" que espertou un gran aplauso dos asistentes para expresar a súa conformidade coa esixencia. |
NOS_32745 | Os contidos de orixe galega teñen unha elevada presenza nos festivais de cinema do país. É unha das conclusións que coloca sobre a mesa o informe que vén de facer público Proxecta, a coordinadora destas mostras, no que tamén se tratan aspectos como a menor poncertaxe de mulleres quer na organización quer como empregadas ou o limitado orzamento privado dos certames. | As fiestras de exhibición son unha parte fundamental do sector cinematográfico galego, ás que non sempre se lles prestou a debida atención. Desde as citas máis clásicas como Cineuropa en Compostela, até os inesquecíbeis chimpíns de Cans (O Porriño), a diversidade da oferta especialízase segundo diferentes parámetros, traendo desde o último do cinema etnográfico, curtametraxes de todo o mundo, as obras máis experimentais e arriscadas ou de autoría novel. Desde a diversidade mais pensando en colectivo, os festivais de cinema intentan agora coñecerse mellor. Por iso, a súa coordinadora, Proxecta, promoveu un estudo durante 2020, con datos de 2019, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. A mostra analiza 28 festivais, mostras e certames, dos que 60% son socios da entidade. Compostela salienta como escenario destes eventos (22%), seguida da Coruña e Vigo (11%). Vemos así que a maioría teñen lugar en contornas urbanas, fronte a 39% en vilas e só 13% no rural. Desde 2014 A metade dos festivais analizados tiveron a primeira edición a partir de 2014, o que deixa algo máis de 60% por baixo das dez edicións. Os anos 2010 e 2018, así como os precedentes a eles, foron datas importantes de nacemento de festivais. Os máis lonxevos son o xa mencionado Cineuropa, que vén de 1987, e o Festival de Cinema de Ourense, que botou a andar en 1996. A periodicidade adoita ser anual en 90% dos casos e a duración tende a situarse entre un e cinco días. Aínda que o máximo son nada menos que 101 días, a metade andan en menos de 14. Maio e outubro son dos meses de comezo máis habituais, segundo as datas da edición de 2019, cousa que a pandemia tería mudado moito no pasado ano, mesmo con Cans e Play-Doc (Tui) trasladados de novo a setembro en 2021. Quen organiza? Tres cuartas partes dos festivais son organizados por entidades privadas, e só 14% por públicas, mentres ese 12% restante se divide entre iniciativa mixta. Porén, até 80% empregan espazos públicos para as proxeccións, entre os que destacan auditorios ou casas da cultura (40%) e, en menor medida, museos, salas de cinema ou teatros. Atendendo a cuestións de xénero, a porcentaxe de mulleres na organización só supera a metade en menos de 30% dos festivais, se ben existe algún só organizado por mulleres. Porén, o máis habitual é que ostenten entre 25 e 50% das responsabilidades, ou até en 30% dos casos recollidos, menos de 25%. Os festivais contratan polo xeral entre cero e cinco persoas, aínda que os máis grandes poden chegar a 132. A fenda de xénero maniféstase aquí de maneira notábel, pois a metade dos eventos deste empregan tres ou menos mulleres. Do total de contratos, a maioría son de carácter eventual. Ademais, a metade dos festivais contan con servizos dunhas sete empresas (as máis frecuentes de comida, bebida, técnicos e transporte, mais tamén destacan a tradución, o deseño ou a comunicación) e adoitan crear catro postos de traballo de maneira indirecta. Contidos galegos A metade dos festivais exhibe menos de dez filmes e fai como moito 20 proxeccións. Máis de 80% conta con algunha estrea, das que 20% o son a nivel mundial. As creacións de orixe galega atópanse moi presentes: máis de 40% teñen por riba de 75% da programación deste tipo, cifra que igualan as europeas. Porén, as que se atopan en lingua galega representan máis de 75% en 35% das mostras, porcentaxe que supera por poucos puntos a dos eventos nos que a lingua propia se atopa por baixo de 25% das exhibicións. A presenza do galego nestes tramos fica por riba, en ambos os dous casos, aínda que por pouco, da do español. O portugués ten un nivel bastante baixo. En máis da metade dos festivais as mulleres protagonizan máis de 75% dos filmes, mentres os dirixidos por elas só pasan desa porcentaxe en 35% das mostras, mesma cifra dos que exhiben menos de 25% de obras de dirección feminina. A desigualdade e a violencia de xénero ocupa aínda un espazo limitado, pois en máis de 80% das citas menos de 25% dos filmes se centran nestes temas, se ben pasan por riba de 75% en arredor de 20% dos festivais. Tamén rolda 80% o número de mostras que ofrecen menos de 25% das proxeccións accesíbeis a persoas con discapacidade visual, dato que se reduce un chisco, a 60%, na auditiva. Moitas citas de balde A maioría dos abonos custan menos de 50 euros e a metade está por baixo dos 2 euros (considerando, claro, aqueles de balde). Así, a recadación non adoita chegar a 10.000 euros e a metade non teñen ingresos a través da billeteira. Desde 18.400 até 40 espectadoras e espectadores, o valor muda moito. Un cuarto teñen entre 1.000 e 2.000; outro cuarto, menos de 350; e 15% menos de 100. Alén do cinema, existe unha tendencia moi estendida a organizar actividades paralelas, punto chave de dinamización cultural. Concretamente, a metade fai por volta de 11 eventos desta sorte, se ben este parámetro é moi variábel. Entre elas, as menos comúns son as destinadas a crianzas, as presentacións de libros e os roteiros. Na outra punta, as máis frecuentes son os coloquios, os obradoiros, as presentacións de proxectos, os concertos e as exposicións. O custo varía moito, de cero a 80 euros, pero o máis común é que vaia até 20 euros, coa metade sen pasar de 10. A oferta destas actividades accesíbeis non chega a 25% en 60% das mostras. Aínda que máis de 60% dos festivais non dispoñen de programas de apoio á comunidade e, máis de 70% si que os teñen de voluntariado, co estudantado como o grupo máis común. Destaca ademais a baixa repercusión que os eventos teñen nas televisión, fronte a outros medios de comunicación. Baixo financiamento privado Aínda que o orzamento co que se traballa é moi diverso, a metade dos festivais xestionan menos de 22.000 euros e un cuarto non chegan a 6.400. A maioría goza dun financiamento público inferior a 17.450 euros e na metade o privado non pasa de 3.500, polo que este, en relación ao anterior, supón unha porcentaxe moi baixa do orzamento. Os patrocinios son en 50% dos casos inferiores a 3.000 euros, e en 25% non chegan a 750. A maior parte do investimento recae en provedores galegos. |
NOS_10024 | O PP nega calquera conexión cos perfís falsos que empezaron a emitir contidos semanas antes das votacións do 28A. | Esta sexta feira, a empresa Twitter anunciou que fechou 259 contas falsas na rede social, "operadas por el Partido Popular", que tiñan como obxectivo "amplificar a súa mensaxe electoral". Trátase de contas fantasma que a compañía considera que incumpren as normas da rede para evitar a "manipulación". Alertada por Twitter, Facebook eliminou tamén a sexta feira 65 contas, e outras 35 en Instagram (que pertence a mesma compañía) , segundo informacións aparecidas en diversos medios madrileños. Tanto Twitter como Facebook foron precisos á hora de sinalar ao PP. "A nosa investigación atopou vínculos a individuos asociados co Partido Popular", asegurou Facebook; mentres Twitter ofreceu datos sobre o ritmo de creación de perfís falsos que chegou a sesenta cada día un mes antes das eleccións xerais, e que tiña a función de enviar spam "ou rechiar para aumentar a interacción", en particular, das contas oficiais do PP e de Pablo Casado. A maioría dos hashtags utilizados por estas contas coincidían cos habituais do PP nese período: #PedroSeLoFunde, 3NiObreroNiEspañol ou #PrisiónPermanenteRevisable. Twitter informou que leva suspendidas máis de 10.000 contas en todo o mundo por incumprir as normas contra a manipulación e tratar de favorecer a unha formación política ou determinados movementos sociais. Ademais, no Estado español, tamén Twitter ten sinalado a ERC por estas prácticas. Este sábado, preguntado polas afirmacións de Twitter e Facebook, o secretario xeral do PP, Teodoro García, dixo que o seu partido "sempre deu a cara en Internet e na rúa, porque estamos aquí para servir ao cidadán". |
NOS_33795 | Vítor Mosqueira e Evaristo Calvo integran Mofa e Befa, aínda que non nesa orde nin sós, xa que xunto a eles, na creación, na música e, algunhas veces, na escena están tamén Piti Sanz e Quico Cadaval. Xuntáronse en 1992 e deixáronse, temporalmente, en 2018 e, agora con 28 anos de andanzas ás costas, retornan cun novo espectáculo antolóxico, Dúas pedras no Camiño, que estrean os días 2 e 3 de outubro, ás 21 horas, e o día 4 ás 20.30 horas, na Sala Ártika de Vigo, dentro do seu ciclo Comediártika. | Como se produce a volta de Mofa&Befa á escena? Hai dous anos por diferentes circunstancias tivemos que deixar os escenarios por un tempo e, agora que podemos, volvemos reincorporarnos a Excéntricas e a Mofa&Befa. A volta é unha cuestión derivada da necesidade do dúo, que tamén lle viña moi ben ás persoas fans, ás antigas seareiras e á xente nova, que pensamos que tamén pode gustar do humor. Hai unha proposta de Quico Cadaval, durante o confinamento, para participar deste circuíto vencellado ao Camiño xacobeo, por iso lle chamamos Dúas pedras no Camiño. E nel decidimos reagrupar números antolóxicos, números que xa se viron, algúns máis que outros, algúns que unicamente se fixeron unha vez na Sala Nasa... E que nos poden contar deste espectáculo antolóxico? Basicamente, o antolóxico consiste en xuntar algúns números, ou máis ben, números novos de Mofa&Befa, algunhas cousas ex profeso para este espectáculo, recuperamos números vellos, que teñen máis de 25 anos de antigüidade... E nisto vai consistir a antoloxía, unha xuntanza de cinco números, cinco sketches, e un fío condutor que é un acto institucional no que inauguramos unha Casa da Lingua e, mesmo expoñemos un cambio de normativa para o idioma galego. E ren máis, he dito. Poden dar algunha pista sobre algún dos números?Hai unha coral, que son 'Os 33 reiseñores da Porqueira', hai un asesor lingüístico para o departamento de Política Lingüística, hai unha nova normativa do galego, hai unha homenaxe a unha estrela, inxustamente esquecida, a que lle chamamos nós Frank Braña, e que está desprotexido polos políticos ao uso, desde logo. Tamén facemos un exercicio vocal gastronómico, cociña cacofónica, unhas receitas baseadas en textos de Afonso Cáccamo que levamos facendo moito tempo. Tamén hai dous políticos dun partido de dereitas, hexemónico no Parlamento desde hai moitos anos, pero non queremos dar máis pistas. Chámanse Pepe e Pepe, é dicir, Xosé e Xosé, pero nós chamámoslles Pepe. E tamén hai unha entrevista a un actor da Galiza, que se chama Vítor Mosqueira, aínda que non é coñecido polo nome pero pola cara o mesmo si que o coñecen, e seguramente por algunha outra parte da súa anatomía. Que nos poden contar sobre proxectos de futuro? Hai o costume, no mundo da escena en xeral, de non adiantar proxectos porque se poden cagar pero non cremos que pase con este, porque se trata de algo case en firme que temos coa plataforma Netflix. Temos outro proxecto con HBO, pero non tan firme, así que mellor ese ímolo deixar de lado. O de Netflix vai ser unha serie que se titulará Pan relado e que vai sobre a venda, ao por menor, ou miudeo, do haxis na Galiza. Se se fixo fariña por que non tratar agora estoutro tema. E, ademais, pensamos que este é un cuestión que arrasa, a das drogas, e cremos da mesma maneira que é moi bo para a xente nova. Trátase dunha superprodución en toda regra. Ademais contamos algo moi novidoso porque ao desmontaren o zoolóxico de Barcelona déronnos a posibilidade de traballar con algún dos animais. E aí van estar, e tamén participarán moitos actores, moi bos. Por exemplo, non sabemos seguro aínda se actuará Mourelos, pero estará Touriñán, e nós os dous, por suposto. E fóra do audiovisual tamén temos un proxecto. Neste caso trátase de facer animación en casinos, concretamente en Estoril. Pero estamos aí en negociación porque eles queren facelo en inglés e nós queremos falar en portugués. |
NOS_29777 | Tal e como estaba previsto no minuto 17 e 14 segundos da primeira parte, a amplísima maioría d@s seareiros do Barça que ateigaban o Camp Nou protagonizaron un gran berro en favor da independencia de Catalunya e despregouse unha estelada xigante. | O minuto escollido fai referencia ao 11 de setembro de 1714, data en que Barcelona era derrotada na Guerra de Sucesión coa entrada das tropas de Felipe V na capital catalá e que deu lugar á celebración da "Diada". Antes de que o partido, que enfrontaba o FC Barcelona co Real Madrid, e mentres atronaba o himno do Barça cantado a viva voz polo público, o estadio blaugrana mostrou un mosaico xigante con 98.000 cartóns coas cores da bandeira catalá. Tamén se despregou unha faixa co lema "Catalonia next European state" (Catalunya próximo estado europeo). As imaxes desta acción simbólica serían vistas por máis de 400 millóns de telespectador@s en todo o mundo. |
NOS_40897 | Desde a terza feira, 5 de maio, e ao longo de 3 semanas, Nós Diario incluirá na súa versión en papel e en lectura na nube o curso de lingua: "Mellor uso, máis cantidade". A publicación conta coa colaboración do Concello de Pontevedra. Conversamos co seu responsábel de Normalización Lingüística | Como vai ser o curso de mellora de uso e calidade do galego que se poderá seguir a través de Nós Diario? Trátase dun curso de perfeccionamento. Unha proposta que nos parece moi interesante e que pode achegar a todos os fogares galegos unha guía sobre como mellorar a calidade da lingua nun momento en que consideramos que é importante falar con corrección tamén. Esta é a mellor maneira de facelo: distendida, áxil e rápida. Falamos e escribimos ben a nosa lingua en xeral? O fundamental é falar. Comezar por aí e logo cada quen que perfeccione. Existen cursos como este que se poderá seguir en Nós Diario ou máis formación a través de internet ou a nivel presencial que nos axudarán a perfeccionar. Temos que animar as persoas que non o fan para que dean o paso e falen galego con normalidade. Pódense facer programas desde concellos e desde outras institucións. Isto é fundamental para recuperar o terreo perdido pola lingua durante tantos e tantos anos de políticas lingüicidas. Que campañas se leva realizado a prol do galego nos últimos anos desde a Área de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra? Teño a sorte de poder levar esa área municipal en Pontevedra desde hai cinco anos. O pasado mandato, decidimos centrar as funcións de traballo na rapazada, nas máis pequenas e pequenos. Participamos no programa Apego ofertando recursos, música e actividades. Tamén puxemos a disposición dos centros de ensino obradoiros. Neste mandato decidimos ir un paso máis alá. Continuar a traballar con ese segmento mais engadir outro que vai dos 16 aos 20 anos. Ademais, comezamos a dar os primeiros pasos nun proxecto en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que verá a luz, agardamos, nas vindeiras semanas. Procuramos afondar e ofertar espazos e ferramentas para que aquelas persoas que se incorporen á universidade teñan na lingua galega un punto de apoio para exercer a súa vida con total normalidade. Temos, ademais, campañas co comercio e colaboramos con medios de comunicación en galego. Como se traballa desde o seu departamento nesta situación de estado de alarma? Algunhas actividades mudaron. É o caso do certame "Ben veñas, maio", que ten varios apartados e tivemos que anular dous: a semana de teatro e o certame musical. Era imposíbel facelos fisicamente. O resto continúan e estes días sairá a resolución do xurado. Estamos aproveitando para deseñar as actividades do mes da lingua, que vai estar dividido entre maio e outubro polas datas que deu a Real Academia Galega. Traballamos tamén nos libros e material que lles entregamos todos os anos ás asociacións e centros de ensino para que poidan coñecer a figura do autor homenaxeado. Que ideas barallan para promover a lingua unha vez remate o estado de alarma? O pasado 27 de marzo tiñamos que celebrar a IX edición do Galegote Rock, un festival con música en galego que ten lugar nas rúas, e tívose que suspender. A nosa intención con este festival e con todas as actividades suspendidas é tratar de non cancelalas e varialas a través doutros formatos ou con capacidade reducida de asistentes. Xa o fixo a Área de Cultura co Salón do Libro e Xuventude co local de música e a idea é facelo con todas as actividades. Sabemos que vai ser difícil, mais queremos apostar polo sector cultural, un dos que move a economía do noso país. Outra das liñas de actuación é precisamente a colaboración con Nós Diario a través deste curso en liña co que poder mellorar a calidade do seu galego. |
PRAZA_13976 | Criticar as touradas na Coruña comeza a adquirir tintes violentos. Os taurinos andan nerviosos e iso nótase durante a última feria taurina que tivo lugar na cidade, quizais porque medios como Praza Pública amosaron as imaxes reais do que supuña a suposta masiva asistencia da cidadanía ás touradas locais, porque membros da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas colocaron faixas reivindicativas, que foron sabotadas e roubadas de xeito sistemático, ou porque nas redes sociais xa hai un bo caldo de cultivo da oposición a esta actividade. | Criticar as touradas na Coruña comeza a adquirir tintes violentos. Os taurinos andan nerviosos e iso nótase durante a última feria taurina que tivo lugar na cidade, quizais porque medios como Praza Pública amosaron as imaxes reais do que supuña a suposta masiva asistencia da cidadanía ás touradas locais, porque membros da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas colocaron faixas reivindicativas, que foron sabotadas e roubadas de xeito sistemático, ou porque nas redes sociais xa hai un bo caldo de cultivo da oposición a esta actividade. O "Payaso, mírate a la cara" é a proba deste nerviosismo e da categoría intelectual dos defensores da tortura animal O "Payaso, mírate a la cara" é a proba deste nerviosismo e da categoría intelectual dos defensores da tortura animal. O autor é nada máis e nada menos que M.C.M, que polas siglas sospeitosas non soará de nada, pero se botamos unha ollada a esta nova de 2008 podemos facer unha relación clara e sinxela do que supón o adoutrinamento na cultura taurina. Curioso que sexa o neto do presidente da peña taurina de "LA" Coruña o que se dirixa a mín desa forma tan educada, cando o meu comentario anterior referíase a falta de estratexia de solicitar as entradas por 2€ no mesmo xornal que facía a entrevista, no lugar de mercalas por vinte veces o prezo de La Voz de Galicia. Pero quizais sexa o proselitismo do medio, habituado a facer novas nesgadas sobre tauromaquia, o que impulsa aos protaurinos a crer que teñen algún peso na sociedade galega. Non debería sorprender esta agresividade, o neno foi educado e formado para defender a tauromaquia, a "Fiesta Nacional", o sufrimento e mutilación dun animal con subsidios do Concello da Coruña, faltaría máis. Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas paredes Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas paredes. Preocupa pois nun momento de superposición ao Cordobés, ou El Fandi, igual cometen unha desgraza tentando darlle o estoque ás pancartas… Fronte a violencia está a conciencia, o respecto de centos de coruñesas e de coruñeses que estaban o día 4 na praza de María Pita, berrando precisamente fronte á barbarie de maltratar a un herbívoro como parte dun espectáculo. E cada día somos máis, vai ti a saber por que. Só unha cita, do avó touradas "En la peña llegamos a ser 1.200 asociados y ahora somos 200" E logo dirán que hai colas para mercar as entradas. |
NOS_29828 | Denuncian que non se teñan aplicado "aspectos fundamentais" da Lei 9/2011 o que coidan froito da "parcialidade" e non do interese xeral. | Ás duras críticas das forzas da oposición (BNG, AGE e Grupo Mixto) que ficaron excluídas da negociación e do acordo para a renovación do Consello de Administración da CRTVG, súmase agora o comité intercentros da corporación. Através dun comunicado de imprensa, @s representantes das traballadoras e traballadores rexeitan o pacto entre PP e PSOE ao consideraren que "representa un grave atentado ao pluralismo existente no país" pois, subliñan, non só deixan fóra do órgao unha parte da Cámara de representantes senón que vai "mesmo en contra do criterio de proporcionalidade". Neste senso, reclaman a garantía do "pluralismo" como "dereito fundamental" quer nos contidos quer na xestión dos medios públicos. Ao igual que as forzas da oposición desde o comité aseguran que a blindaxe da maioría absoluta do PP que, de facto, supón o acordo, "podería supor o bloqueo á renovación do órgao" pois exixirá dous terzos do Parlamento para reverter a composición que ficou aprobada en sesión parlamentar onte. O acordo entre PP e PSOE, denuncian, é "un grave atentado ao pluralismo existente no noso país" "Parcialidade" A representación do cadro de persoal da radio e televisión pública censura tamén que non se teñan aplicado "outros aspectos fundamentais" recollidos na Lei 9/2011 como é "a elección dun novo director ou directora xeral por maioría cualificada de dous terzos, que garanta a súa imparcialidade. Tampouco se aborda a aprobación do mandato marco que asegure un financiamento estable, unha garantía de produción propia interna e o mantemento dos postos de traballo na CRTVG. Igualmente omítese a aprobación do estatuto profesional e do consello de informativos co fin de garantir a profesionalidade e a independencia dos contidos, ou a regulación do dereito de acceso dos grupos sociais e políticos significativos do país como condición necesaria do pluralismo", apuntan. Perante este feito aseguran que o pacto entre PP e PSOE reflicte un interese "partidista" e "parcialidade". Así pois, lanzan un chamamento á "responsabilidade e o esforzo de todas e todos" a prol dun "consenso amplo que integre a totalidade das forzas políticas con representación parlamentar" á fin de "desenvolver a lei no seu conxunto" garantindo "dunha vez", din, "medios públicos galegos, independentes, plurais e de calidade". |
NOS_30281 | Afirman que a Administración programou a apertura para hoxe malia haber centros "que non contan coas medidas preventivas necesarias". | A Xunta chamou á incorporación presencial do seu persoal e programou a apertura dos centros de traballo a partir de hoxe, segunda feira 18, "sen ter en conta as medidas previstas no seu propio protocolo de reincorporación". É o que denuncian as centrais sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregadas e Empregados Públicos, CIG, CCOO, CSIF e UGT, que consideran "inadmisíbel" que se abran centros de traballo nos que non se tomaron as medidas necesarias e cando o persoal non tivo tempo de comunicación a súa situación. Estas catro centrais denuncian o incumprimento pola Xunta "do seu propio protocolo para a reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte á Covid19, que foi ratificado polas organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral". A este respecto explican que instalacións como as bibliotecas e os museos da Consellería de Cultura, as Oficinas de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, as Oficinas Comarcais Agrarias da Consellería do Medio Rural, abren hoxe as portas "cando nin sequera se rematou o informe de identificación e actuacións preliminares, nin foi revisado polos Servizos de Prevención de Riscos laborais nin polos Comités de Seguridade e Saúde Laboral correspondentes". Advirten que moitas Consellarías están a facer interpretacións "retorcidas" do Protocolo saltándose os pasos de control e avaliación "e agora obrigan a incorporación mediante chamada telefónica, deixando desprotexido e en grave risco ao persoal, pois na maioría de centros non se tomaron as medidas preventivas necesarias nin este persoal tivo tempo a comunicar a súa situación". Para a representación social esta imposición de reincorporación presencial "ás bravas" supón "poñer a todo o persoal en risco para a súa seguridade e saúde e o abandono de menores e maiores a cargo", desoíndo o acordado e ratificado polas organizacións sindicais. "As organizacións sindicais rexeitan esta actitude impositiva da Xunta que contradí o Protocolo, que pon en risco a persoas traballadoras e usuarias dos servizos públicos e tamén vai contra a prudencia e principio de precaución que a Administración debera ter na reincorporación ao traballo presencial, que debe regularse polos principios de progresividade e toma de medidas de protección adecuadas", conclúen. |
NOS_27352 | O delito fiscal do que se acusa ao astro arxentino implica penas de entre un e seis anos de prisión ou unha multa que cuadriplica a cantidade defraudada | A querela da Fiscalía de Barcelona contra Messi por defraudar 4,1 millóns de euros abre unha serie de posíbeis sancións e castigos para o xogador do Barça. Unha é a prisión, aínda que esta opción semella descartada. As penas varían entre un e seis anos de cadea. Tamén está a multa, que podería rondar os 24 millóns de euros. Non lle quita de enriba a responsabilidade penal, mais si que a atenúa A Fiscalía de Barcelona interpuxo unha querela contra o futbolista do Barça Lionel Messi e o se pai por defraudar presuntamente máis de catro millóns de euros á Axencia Tributaria entre os exercicios 2007 e 2009 e correspondentes aos seus dereitos de imaxe. En base a esta acusación, a estratexia tecida consistiría en simular a cesión dos dereitos de imaxe a sociedades instrumentais radicadas en paraísos fiscais (Belice, por exemplo) e, de forma paralela, formalizar contratos de licencia, axencia ou prestación de servizos con outras ubicadas en xurisdicións de conveniencia, como Reino Unido ou Suíza |
NOS_12077 | A organización frontista e o colectivo veciñal amosaron a súa coincidencia na abertura dun proceso "aberto" que pule pola representación de Galiza nas Cortes españolas. | Senllas delegacións do BNG e Alternativa dos Veciños de Oleiros mantiveron un encontro esta quinta feira no marco das xuntanzas que está a desenvolver a organización frontista. Neste senso, o Bloque trasladou ao colectivo veciñal a súa aposta na conformación dunha candidatura galega ás eleccións ás Cortes españolas. Feito que acolleu con interese Alternativa dos Veciños e que decidiu trasladar aos seus órgaos de participación. Desde a organización frontista sinalaron que o seu obxectivo é pular por un "proceso social aberto e inclusivo que permita incorporar organizacións, colectivos e persoas na conformación dunha gran candidatura que lle dea o protagonismo debido á participación da cidadanía para garantir unha representación potente de Galiza como nación nas cortes do Estado". Ambas as dúas formacións acordaron manter canles de comunicación abertas para o diálogo e favorecer futuros encontros. |
PRAZA_10017 | A cidade acolle desde o pasado sábado o Festival Multideporte cos mundiais de dúatlon, tríatlon cross, acuatlon, aquabike e tríatlon de longa distancia. Nesta última disciplina os grandes protagonistas son dous galegos: o vixente campión, Pablo Dapena, e o medallista olímpico Gómez Noya. | Tres quilómetros de natación, 113 de ciclismo e outros 30 de carreira a pé. Será a proba que o vindeiro sábado porá fin ao Festival Multideporte de Tríatlon da ITU que se celebra en Pontevedra desde o pasado día 27 de abril. Uns 4.000 deportistas que participaron ou participarán nos mundiais de dúatlon, tríatlon cross, ácuatlon, aquabike e o devandito tríatlon de longa distancia. Uns 4.000 deportistas participan ou participaron nos diferente campionatos mundiais de dúatlon, tríatlon cross, ácuatlon, aquabike e tríatlon de longa distanciaNesta proba serán dous galegos os grandes protagonistas: o pontevedrés Pablo Dapena, actual campión mundial da disciplina, e Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial de tríatlon e medallista olímpico. Tal e como declarou na presentación da proba, o deportista ferrolán di que é "un luxo" e "moi bonito" competir na "casa", na cidade onde tantas veces adestrou e co apoio da afección. E aínda que recoñece que sairá "a gañar", tamén advirte do complicado do obxectivo ao se enfrontar a unha distancia na que non competiu "nunca".A proba raíña poñerá o ramo a unha semana na que Pontevedra viviu e vibrou co deporte en cada recuncho da cidade, con milleiros de deportistas, acompañantes e seareiros que enchen as rúas ben sexa adestrando ou gozando do lugar. "Evidentemente, se este mundial fose en calquera outro lugar, posiblemente non o correría porque este ano estou centrado na distancia olímpica para volver aos Xogos Olímpicos", recoñeceu Gópmez Noya, que instou a xente a acudir. "Se non competise, como espectador tampouco o perdería", dixo. "Se non competise, tampouco o perdería como espectador", di Gómez NoyaNeste xoves, pasado o ecuador do Mundial Multisport, ten lugar o Campionato do Mundo de ácuatlon, mentres que o sábado disputarase tamén o de aquabike. Antes celebráronse o resto de probas ao pé do Lérez e nunha cidade que gozou tamén de música, con diferentes concertos, e dun ambiente espectacular.Foi tamén, unha oportunidade para gozar da paisaxe dos arredores de Pontevedra, como por exemplo no tríatlon cross, ou do mesmo centro da cidade, por onde correron varios dos participantes en probas como as das diferentes categorías do dúatlon. |
NOS_57256 | Organizada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, a manifestación contou co apoio da Plataforma pola Oficialidá do Gallego-Asturiano. | Miles de persoas manifestáronse este sábado en Oviedo en defensa da oficialidade do asturiano e o galego-asturiano (tamén coñecido como e-naviego ou galego de Asturias) en Asturies. A organización da manifestación calculou en 30.000 as persoas asistentes, mentres que a Policía Local rebaixa esa cifra a por volta de 5.000. A mobilización estivo presidida por un gran ambiente festivo e reivindicativo, que reuniu xente procedente de diferentes partes de Asturias. Entre as demandas dos manifestantes, entre os que había representantes de PSOE, IU e Podemos de Asturias, está a petición de que se modifique o Estatuto de Autonomía de Asturias para incluír nela o asturiano e o galego-astuirano como linguas oficiais. Xoxe Candel, voceiro da Xunta, manifestou que "é tempo" de que o Parlamento asturiano aposte pola oficialidade destas linguas. A Mesa pola Normalización Lingüística expfresou o seu apoio a esta marcha. "O galego en Asturias debe ser recoñecido como lingua oficial e propia da zona Eo-Navia". En xaneiro de 2016 o concello da Veiga declarou o galego lingua oficial do municipio, converténdose deste xeito na primeira localidade da Galiza estremeira en situalo en pé de igualdade co castelán. |
PRAZA_2158 | A orquestra de percusión ibérica Coetus presenta os detalles da residencia artística que desenvolverán en Ames a vindeira fin de semana. Vídeo no interior | O claustro do Museo do Pobo Galego ecoaba na mañá deste martes percusión e diversidade. Partía das mans dos compoñentes de Coetus, a orquestra de percusión ibérica que, xunto a Eliseo Parra e os músicos arxentinos Luna Monti e Juan Quintero, se dispoñen a desenvolver unha residencia artística na Casa Gasamáns (Ames), toda unha experiencia "musical e emocional" da que veñen de deixar un petisco por Compostela. Entre os muros de San Domingos de Bonaval o director de Coetus, Aleix Tobías, reiterou a súa aposta por Galicia para este evento. É aquí porque consideran o país "o mellor lugar" para estudar, compartir e gozar da música tradicional. "Aquí o folclore está máis vivo que en ningún outro lugar" e o público, afirma, ten "máis ganas" que en ningures non só de escoitar ou de "ir a un concerto", senón de "compartir" o que alí acontece. De compartir, precisamente, é do que se trata durante os tres días desta residencia artística. Así, ademais dos concertos do venres 3 e o sábado 4 ás dez e media da noite, celebraranse merendas, encontros, ensaios abertos e improvisacións coa participación dos membros de Coetus, pero tamén con artistas convidados como Xosé Lois Romero. Os obradoiros combinaranse con concertos, merendas, encontros e ensaios abertos Estas sesións máis informais servirán para poñer en común o aprendido nos obradoiros que se desenvolverán ao longo dos tres días da residencia. Baixo eléctrico, con Guillem Aguilar, tercusión ibérica, co propio Aleix Tobías, tubos do mundo, con Xavi Lozano, arranxos vogais, con Juan Quintero e Luna Monti ou canto, con Ana Rossi, son algúns dos obradoiros concibidos, explica a produtora do evento, Noa López, para "tocar moitos paus" para que "cadaquén poida atopar o seu lugar". As entradas para os concertos e os cursos de formación están xa á venda. Pódense adquirir na plataforma Codetickets, no teléfono 650605152 ou no restaurante compostelán O Dezaseis, na rúa de San Pedro. |
NOS_37846 | Crossmaglen e Creggan Upper, dúas comunidades en condados de Irlanda do Norte, votaron masivamente a favor da unidade da illa na consulta popular realizada para reclamar un referendo oficial sobre este tema. | Dúas pequenas comunidades de Irlanda do Norte foron as primeiras en votar na rolda de consultas sobre a reunificación da illa iniciada hai uns días e que ten como obxectivo que se faga un referendo oficial sobre esta cuestión. As vilas foron Crossmaglen (no condado de Armagh) e Creggan Upper (en Louth), moi próximas á 'fronteira' entre Irlanda do Norte e a República de Irlanda. Segundo @s organizador@s, o resultado foi contundente: Un 92% dos e das votantes manifestaron o seu apoio a unha reunificación de Irlanda, mentres que o rexeitamento a esta demanda colleitou un 7,3% dos votos. A participación foi dun 42%, incidindo os impulsores da consulta que é unha porcentaxe por riba do que é habitual nas consultas en Irlanda. Partindo desde a base Estas consultas están sendo organizadas por círculos republicanos de Irlanda do Norte a través da campaña United Ireland-You Decide: A People' s Referendum e que ten como finalidade "activar o debate sobre a unificación da illa desde a base" e convocar un referendo oficial. Crossmaglen e Creggan Upper son dúas comunidades que comproban no día a día os prexuízos da división de Irlanda: Dous sistemas educativos, dúas políticas de impostos, dúas moedas,... A pregunta que se fixo na consulta foi corta e sinxela: Irlanda debería reunificarse? "Xuntos, máis fortes" Cómpre lembrar que o voceiro do Sinn Féin, Gerry Adams, afirmara hai uns meses que xa era hora de dar a voz ao pobo. Sinalou que unha Irlanda unida e soberana "xeraría emprego, prosperidade e investimentos", incidindo na soberanía como unha ferramenta acaída para combater a crise e optar por un outro modelo de desenvolvemento, en beneficio da maioría social da illa. "Xunt@s somos máis fortes", asegurou o responsábel do Sinn Fein. A organización nacionalista destaca que a ausencia de violencia armada e que as importantes transformacións políticas e demográficas en Irlanda do Norte (onde as e os unionistas xa só representan o 40% da poboación) fan preciso ese referendo, pois o establishment que leva décadas instaurado xa non representa a realidade. O SF, ten 14 deputados no Parlamento de Dublín (tivo o 10% dos votos nas eleccións), e posúe responsabilidades de goberno na Asemblea de Irlanda do Norte (territorio baixo soberanía británica). O apoio electoral a esta formación nos seis condados ronda o 26% dos votos, sendo o SF a segunda forza política. |
NOS_10278 | O ERE adóptase tras publicar uns beneficios no último cuadrimestre do pasado exercicio de 1.320 millóns de euros. O grupo BBVA é o cuarto en volume e presenza de activos na Galiza. | A dirección de BBVA propón o despedimento de 3.798 persoas e o peche de 530 oficinas -59 delas na Galiza, Asturies e Castela e León-- nun procedemento que fundamenta en motivos produtivos e organizativos derivados da transformación dixital, segundo fontes da negociación consultadas por Europa Press. Na Galiza os despedimentos afectarían 111 traballadores: 66 na Coruña, 26 en Pontevedram 10 en Ourense e 9 en Lugo. O plan de axuste aplicarase concretamente sobre os servizos centrais e a rede de sucursais de BBVA S.A., que conta cuns 23.300 empregados e empregadas, quedando fora o resto das sociedades da entidade no Estado. BBVA apoia a súa decisión no contexto de profunda transformación para o sector, marcada por unha enorme presión competitiva, baixos tipos de interese, a adopción acelerada das canles dixitais por parte dos clientes e a entrada de novos actores dixitais. O anuncio dun expediente de regulación de emprego (ERE) por parte do BBVA activou a resposta sindical que xa agarda o inicio das negociacións para esta mesma sexta feira. O BBVA propón o despedimento de 3.800 empregados e empregadas no Estado e pechar 530 sucursais Na Galiza esta entidade bancaria dispón dun cadro de 862 traballadoras e traballadores, a súa maior parte nas comarcas da Coruña (445), que conta coa sede territorial Noroeste, onde se inclúen, ademais da Galiza, Asturies e Castela e León. En total, a división move un volume de negocio de 45.000 millóns de euros e máis dun millón de clientes. O ERE adóptase tras publicar uns beneficios no último cuadrimestre do pasado exercicio de 1.320 millóns de euros e de achegar á súa conta de resultados 8.500 millóns de euros adicionais tras vender a súa filial nos Estados Unidos de América. O grupo, o cuarto en volume e presenza de activos na Galiza, repercute esta decisión na súa clientela, reducindo o horario de atención ao público e fechando oficinas tanto no ámbito urbano como no rural. Na Galiza esta entidade bancaria dispón dun cadro de 862 traballadoras e traballadores O sistema financeiro enfronta a segunda quenda do proceso de reconversión bancaria iniciado en 2008 con despedimentos nos grandes operadores do sector que están a ter impacto na Galiza. Segundo sinala a Nós Diario a secretaria da Federación da Banca da CIG, Sefi Romero, "trátase dun proceso planificado polos organismos da Unión Europea (UE), de modo moi particular polo Banco Central Europeo (BCE), que conta co apoio das autoridades españolas e do seu órgano supervisor e que tenta culminar un proceso de concentración financeiro que comezou coa desaparición do sistema de caixas de aforro". |
NOS_34026 | O organismo dá a razón á petición de Sociedade Civil Catalá de que se quitase a bandeira independentista catalá de 323 concellos cataláns. | A Xunta electoral española acordou ordenar que se retira a 'estelada' (a bandeira independentista catalá) que haxa en edificios e espazos públicos. A Xunta considera que estas bandeiras son incompatíbeis coa obriga de neutralidade dos poderes públicos. A resolución dalle a razón á demanda presentada por Sociedade Civil Catalá, que lle pedía que ordenase retirar as 'esteladas' de espazos e edificios públicos de 323 concellos cataláns Este organismo considera que durante os períodos electorais os poderes públicos están obrigados a manter de forma estrita a neutralidade política e han de se abster de colocar en edificios públicos e locais electorais símbolos que poidan entenderse como políticos. No seu escrito, CCC argumentaban que CiU, ERC e CUP empregan xeralmente a 'estelada', de forma que esta bandeira formaba parte da simboloxía partidista. |
QUEPASA_1016 | O PSdG presenta unha moción pedindo información sobre o asunto | A instancias da empresa concesionaria do servizo municipal do ciclo de auga, Viaqua, o Concello da Laracha declarou a da zona de abastecemento de Paiosaco como non apta para o consumo humano e alimentario. Poderase seguir empregando para calquera outra actividade. Esta decisión tomouse con carácter temporal e como medida preventiva trala análise realizada no día de hoxe, que deu como resultado unha incidencia na calidade da auga procedente do manancial de Soandres. Viaqua comunicou a súa previsión de resolver esta situación nas próximas horas, para o que está sendo renovada a auga do depósito do Vilar empregando como fonte de abastecemento o bombeo do río Anllóns. Os lugares afectados son: • Parroquia de Lestón: Paiosaco, Lestón, A Porta Santa, As Rañeiras, Fofelle, Centulle, A Cachada, A Agrela, O Igrexario, O Cruceiro, A Ganduma, A Torre• Parroquia de Golmar: A Calvela, Lamas, O Ramallal, A Beria, A Pedra, A Tabeira, San Cristovo, Requesende, Folgueiros• Parroquia de Coiro: As Meneiroas, Os Muíños de Abaixo, Coirón, A Ferrulleira, A Fraga, O Maseo , O Loureiro, Penso, A Pedra e O Cruceiro.• Parroquia de Erboedo: O Toural, Campo da Ran, Cercido, O Vilar, • Parroquia de Torás: A Portela. • Parroquia de Vilaño: Marfulo e A Piña. Moción do PSdGO Grupo Municipal Socialista da Laracha, a través da súa voceira María Palomi Rodríguez, rexistrou onte unha pregunta escrita onde formula preguntas para que se lle traslade a información pertinente sobre a declaración temporal como non apta para consumo humano e alimentario a auga que procede da zona de abastacemento da zona de Paiosaco, así como copia da análise realizada que deu como resultado unha incidencia na calidade da auga procedente do manancial de Soandres. |
NOS_9040 | A líder da oposición no Parlamento, Ana Pontón, reuníuse hoxe cos reitores das universidades públicas galegas para falar do proxecto de Abanca impulsado polo PP para que vexa a luz a primeira universidade privada na Galiza. | "Unha universidade privada para que siga facendo negocio", así cualificou onte Ana Pontón, líder da oposición no Parlamento, o proxecto de Abanca impulsado polo Partido Popular, despois de "permitir o pelotazo coas caixas galegas". Pontón acusou Alberto Núñez Feixoo, presidente da Galiza, de romper "coa educación igual para todos" para crear unha "universidade para ricos", polo que salientou a "total negativa" do BNG ao proxecto, do mesmo xeito que os reitores das universidades galegas, cos que se reuniu hoxe no Parlamento. "Cantas familias galegas poden pagar entre 30.000 e 40.000 euros para mandar os seus fillos á universidade?", preguntou a líder nacionalista, que explicou que as taxas para acceder á Universidade Intercontinental da Empresa (a primeira privada da Galiza) estarían entre os 7.500 e os 11.000 euros. Para Pontón esta é a mellor mostra de "lexislar para unha minoría" cando a pandemia demostra que "hai outros problemas que atender". Julio Abalde (Universidade da Coruña), Antonio López (Universidade de Santiago de Compostela) e Manuel Reigosa (Universidade de Vigo) destacaron que comparten unha posición común na defensa da "capacidade do sistema público para dar solución ás demandas dos estudantes e do tecido empresarial". Os reitores expresaron a súa preocupación polo devalo do ensino universitario se se dá este nome a un servizo que non é equiparábel. Tamén pediron que se "cumpra estritamente a lei" e que este centro non inclúa titulacións que xa se estean a impartir nas universidades públicas galegas. |
PRAZA_3391 | É aquí onde se forma o mangleiral máis grande do mundo, un berce para especies naturais e animais únicas na Terra: Sundarbans, fermoso bosque (tradución literal do nome en bengalí) | Bangladesh foi, durante séculos, unha parte de India, a da rexión de Bengala. Dominouna un imperio budista ata que no século xii os hindús tomaron o poder, que logo cederon a misioneiros musulmáns, e estes deseguida construíron fortes, mausoleos, palacios e xardíns, e abriron novas rutas comerciais. No século xvi, o imperio mogol espallouse ata esta rexión da que Daca foi capital e foi durante este período no que a Compañía Británica das Indias Orientais mercou tres cidades. Isto levou unha gran mellora das infraestruturas, aínda que tamén deixou un forte impacto negativo, xa que se estableceu unha política agraria feudal que provocou unha importante división política e relixiosa. É aquí onde se forma o mangleiral máis grande do mundo, un berce para especies naturais e animais únicas na Terra: Sundarbans, fermoso bosque (tradución literal do nome en bengalí)Os hindús non só apoiaron as medidas establecidas polos británicos, tamén aceptaron o uso do inglés como lingua vehicular na educación. Os musulmáns, pola contra, rexeitaron a cooperación e pasaron a dedicarse case en exclusiva ao cultivo das terras. Foi por isto que os británicos dividiron Bengala en dous territorios: un habitado pola maioría hindú e outro de maioría musulmá. Así pois, anos máis tarde, tras a independencia de India en 1947, mentres a parte hindú pasou a formar parte deste país, a musulmá fíxoo de Paquistán, e así foi ata que declarou a súa propia independencia en 1971.As divisións políticas non impediron que a unificación xeográfica se mantivese e que con elas sobrevivisen as mesmas tradicións nas comunidades que creceron arredor de todo o subcontinente indio. Dos 300 ríos que percorren Bangladesh, uns 50 nacen en terras indias, e tres deles desembocan nun delta na baía de Bengala. É aquí onde se forma o mangleiral máis grande do mundo, un berce para especies naturais e animais únicas na Terra: Sundarbans, fermoso bosque (tradución literal do nome en bengalí).O mangleiral é o recibidor por onde entraron cantos conquistadores pasaron polo lugar e o soportal onde se detén o tempo, pois aquí todo semella igual e distinto a un tempo. Todo pasa e nada queda entre estas factorías de verdor onde, cando cala o silencio, pode escoitarse o ruxir do tigre de Bengala. É aquí onde os fatos de monos gobernan ao seu antollo as lianas que penduran das árbores como estalactitas vexetais. Aquí, na patria do tigre de Bengala, onde non hai máis fronteiras que as augas doces mesturadas coas salgadas, hai xa tempo que se formou un arquipélago de illotes que tanto medran como desaparecen. Unha terra que unificou a auga e que o barro uniu, que procreou iguais entre as hamacas da noite de mareas, e que festexou a chegada salvaxe do ser humano no nome do tigre, da serpe, do crocodilo e do cangrexo.No delta conviven especies animais únicas no mundo como o cangrexo da lama, o crocodilo do estuario, o golfiño do Ganxes, a pitón india ou o tigre de Bengala, emblema de Bangladesh. Todos eles son necesarios, pois son imprescindibles para manter o ecosistema; por exemplo, os cangrexos aliméntanse de cousas mortas e así limpan todo o que pode contaminar as augas, os delfíns coidan da saúde dos peixes do río e o tigre mantén o equilibrio entre a vexetación e as présas herbívoras que depredan. Porén, as pegadas do home dificultan a supervivencia da natureza como tal e transforman o hábitat das outras especies que antes da súa chegada vivían nel.A crecida do nivel do mar non só está a causar o enchoupamento das terras e a desaparición de terreos antes destinados á agriculturaA crecida do nivel do mar non só está a causar o enchoupamento das terras e a desaparición de terreos antes destinados á agricultura. O aumento da salinidade das augas está a acabar coa vida destes animais, así como da vexetación. Amais, a necesidade de apropiación das persoas fai necesaria a talla indiscriminada de árbores, o que provoca a destrución do hábitat natural dos animais. Neste sentido, polo seu escaso número, amais de como icona dunha nación, o caso do tigre de Bengala é un dos máis salientables.Segundo o último censo de 2018, só quedan 114 tigres en Bangladesh. A caza furtiva é un dos motivos principais do progresivo retroceso no número de félidos; secasí, os proxectos de conservación iniciados hai uns anos están a dar os seus primeiros froitos e devagar está a aumentar a poboación. Malia seren atacadas por humanos, estas feras da selva non adoitan comer carne humana. Estes témenos e para protexerse veneran a Dokkhin Rai, Señor do sur, que soe disfrazarse de tigre para dominar o mangleiral.Segundo o último censo de 2018, só quedan 114 tigres en Bangladesh. A caza furtiva é un dos motivos principais do progresivo retroceso no número de félidosAs pregarias a Dokkhin Rai chegan a través da súa maior inimiga, Bonbibi, Dama do bosque. O primeiro é un zamindar, un aristócrata, e transfórmase en tigre para depredar as súas vítimas nos Sundarbans. A segunda é a defensora destas criaturas que foxen da tiranía do outro, unha deidade para os hindús e unha encarnación protectora para os musulmáns. Ambos grupos relixiosos, habitantes do delta de Bengala, cren no poder e na superioridade de Bonbibi e a ela se encomendan cando se introducen na espesura da xungla. Esta, sen atacar o seu adversario, fíxolle prometer que non lle faría dano a ninguén que a adorase, e así sucede. Disque un tigre estivo a piques de atacar un neno do lugar pero logrou salvar a vida grazas á axuda de Bonbibi. No momento no que semellaba que a fera ía devoralo, o rapaz rezou "kohe maa Bonbibi, kotha roile ei xomoi..." ("onde estás, madre Bonbibi, onde estás agora..."). E ao rematar a oración, desapareceu o perigo.O escritor indio Amitav Ghosh recolleu lendas sobre a vida en Sundarban. Entre as historias que relata, describe as partes máis agrestes da selva como o territorio de Dokkhin Rai e advirte que deixar calquera pegada humana representa unha invocación demoníaca. "Esta prohibición é tan potente que os aldeáns non ouriñan nin defecan nin cospen mentres recollen mel ou leña. Non hai ningunha dúbida de que o medo á ira do demo é moito máis efectiva que as normas seculares contra o lixo, pois na categoría de sancións preventivas, unha multa municipal non pode valer o mesmo que a posibilidade de morrer por mor das tormentas e inundacións, dos tigres e dos crocodilos".Recoñecida por toda a xente que habita no mangleiral de Bengala, os leñadores e meleiros, que viven grazas ao traballo no máis profundo da selva, son os máis fieis a Bonbibi. Aínda que a dama do bosque os guía nas súas incursións e por iso é case imposible que topen un tigre, hai outros ataques que poden ser perigosos, como os das abellas. Estas fabrican un tipo de mel recoñecida en todo o país e que se lle dá aos acabados de nacer como protección. Crese que cando un bebé molla a lingua neste ouro líquido queda protexido de calquera enfermidade durante anos.Cando chega a primavera florean os Sundarbans. O arquipélago inúndase de vexetación e as flores do possur, do goran e da hargoza agroman, e con elas o néctar que produce as 200 toneladas de mel anuais que saen destas terras. Os moualis, como se coñece aos apicultores da zona, fan fachicos coas follas dunha planta chamada karu e préndenlle lume para espantar así as abellas e poder traballar. Deste xeito, esta medicina natural de sabor doce e amargo á vez, perfila as variadas cores do lugar.As abellas que producen este mel do delta de Bengala son as máis grandes de Asia, igual que as colmeas que constrúen entre penedos e árbores, enormes trobos naturais acaroados onde cada primavera se destila mel a cachón. Un líquido que protexen estes insectos con muros de contención que forman elas mesmas e que dificultan o traballo dos colectores, arriscados e desprotexidos, cazadores do mellor mel do país.Coas pisadas da historia recoñecibles na xeografía, os Sundarbans son unha lección imprescindible onde a maxia é realidadeOs carreiros da selva están feitos de auga e lama, e cando esta seca é posible apreciar as pegadas dalgunha destas especies que habitan o territorio. As máis comúns son as do cangrexo, que grafitea as zonas húmidas con figuras punteadas do máis diverso estilo petroglífico; as máis apreciadas, por seren case imposibles de ver, as do tigre. As súas gadoupas agochan corpos que poden chegar a exceder os dous metros de lonxitude e os 150 quilos de peso, e os seus ruxidos poden escoitarse ata a dous quilómetros de distancia. Con todo, as palabras do tigre son cada vez máis mudas e a súa supervivencia unha especulación.Coas pisadas da historia recoñecibles na xeografía, os Sundarbans son unha lección imprescindible onde a maxia é realidade. Por iso todo o que habita no delta é proclive a ser parte dunha lenda ou dunha anécdota. Por iso as mareas de Sundarban son como as dunas do deserto, con cores que se esvaecen no horizonte e sons que desaparecen entre o vento. Como no mar de montes de area, todo e nada pode cambiar a un tempo; todo e nada pode ser unha miraxe, un fenómeno milagroso de vexetación en estado puro. |
PRAZA_6242 | Os contratos do verán permiten unha baixada do desemprego rexistrado en máis de 12.000 persoas no país, que encabeza este descenso, pero que lidera tamén o incremento no número de contratos temporais no Estado. | O paro rexistrado baixou en xullo en 12.031 persoas en Galicia, que lidera o descenso no número de desempregados anotados nas oficinas do Servizo Público de Emprego e que se sitúa nos 240.279 persoas. O descenso é do 4,8% no país con respecto ao mes anterior, superando en moito a baixada no conxunto do Estado (-0,56%), onde o número de desempregados reduciuse en 29.841 ata quedar nos 4.419.860. Galicia lidera o descenso no número de desempregados rexistrados ao baixar en 12.031 persoas As contratacións no verán en Galicia provocan que o descenso intermensual no país sexa o maior no conxunto do Estado en números absolutos e o segundo mellor en termpos porcentuais, mentres que en comparación con 2013, Galicia é a sexta comunidade en descenso do paro rexistrado en número absoluto e o cuarto en porcentaxe. Pero case todos estes bos datos teñen cadanseus datos negativos, xa que o país lidera no mes de xullo o incremento de contratos temporais, moi por riba da medida estatal. As provincias da Coruña e Pontevedra destacan na redución de desemprego xeral que se deu en 39 territorios do Estado, con 4.116 e 5.022 parados rexistrados menos, segundo os datos feitos públicos este luns. En Lugo baixa en 1.556 e en Ourense en 1.337. Galicia conta, xa que logo, con 20.823 parados rexistrados menos que hai un ano. O número de contratos temporais incrementouse en Galicia nun 25,17%, o maior incremento do Estado Pero estes datos positivos van sempre acompañados -e inevitablemente nesta crise- doutros negativos. É tamén o caso de Galicia, que á vez que lidera en xullo o descenso no número de desempregados tamén lidera o aumento da temporalidade nos contratos. Así, mentres os contratos indefinidos se incrementan en Galicia tan só nun 1,2% no pasado mes (un dos peores datos entre as autonomías), os temporais aumentan un 25,17%, sendo este incremento o maior no conxunto do Estado e moi afastado da seguinte maior suba, a de Cataluña (+20,4%). Tan só o 6% da contratación rexistrada en xullo é de carácter indefinido Con respecto a hai un ano, o número de contratos indefinidos medrou no Estado un 18,4%, fronte ao 13,8% de Galicia, o terceiro peor dato por autonomía exceptuando Ceuta e Melilla. Ademais, a Seguridade Social gañou en xullo en Galicia unha media de 14.421 afiliados (+1,56%) e 8.992 con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Así, o número de cotizantes queda agora nas 936.088 persoas. Datos no Estado O descenso do paro no Estado é un bo dato, pero a caída é inferior á rexistrada en xullo do pasado ano, de case 65.000 persoas, e tamén ao descenso de máis de 122.000 no pasado mes de xuño. En España, o paro reduciuse en case 290.000 persoas (-5,94%) no último ano, aínda que en termos desestacionalizadios, o paro medrou en xullo en 32.537 desempregados, un dato que, segundo o Ministerio de Emprego, correspóndese coa tendencia da serie histórica. Ademais, o número de parados rexistrados é menor ao que había cando Mariano Rajoy chegou ao Goberno, pero, non obstante, o número de afiliacións á Seguridade Social é medio millón inferior. Hai que ter en conta que o paro rexistrado só mide as persoas que están apuntadas ás oficinas de emprego (e que, polo tanto, teñen algún incentivo para facelo, como cobrar unha prestación) e que éa Enquisa de Poboación de Activa a que mide con máis exactitude a situación do mercado de traballo. Precisamente, a EPA mostrou unha forte caída da poboación activa nos últimos dous anos, é dicir, que España perde poboación en disposición de traballar. Desde que Rajoy chegou ao Goberno, perdéronse no Estado medio millón de ocupados Doutra banda, é a afiliación á Seguridade Social a que mostra cal é a evolución do emprego. E esa evolución mostra que desde que Rajoy chegou á presidencia do Goberno perdéronse medio millón de ocupados: en novembro de 2011 había 17.248.530 persoas con emprego, mentres que agora hai 16.747.103. Foron varias as ocasións nas que o paro descendía con forza un mes, pero a afiliación crecía debilmente. Esta contradición mostraba que había pesonas que estaban a abandonar o desemprego, pero non para incorporarse a un posto de traballo. |
NOS_35742 | Os sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UXT) denuncian o incumprimento do convenio por parte da patronal e as condicións de precariedade nas que este colectivo desenvolve o seu traballo. | Os sindicatos CIG, CCOO e UXT anunciaron onte a convocatoria dunha folga á que está chamada o persoal de residencias privadas de maiores e centros de día da Galiza. Será o vindeiro 18 de marzo co obxectivo de denunciar o incumprimento do convenio por parte da patronal e as condicións de precariedade nas que este colectivo desenvolve o seu traballo, pese a tratarse dun servizo público esencial. Segundo explicou en rolda de prensa a responsábel da Federación de Servizos da CIG, Tránsito Fernández, as negociacións do convenio ─caducado desde finais de 2019─ atópanse bloqueadas pola "pouca ansia" da patronal por chegar a acordos, en concreto pola súa negativa a mellorar as condicións económicas do persoal, a pesar de que 2021 acabou cunha inflación de 6,5 %. Após fracasar a mediación, a portavoz da CIG indicou que "isto non pode seguir" e "a única solución" que queda ás traballadoras, a maioría mulleres, é ir á folga para mellorar non só as súas condicións económicas, senón tamén sociais. A convocatoria afecta máis de 10.000 persoas na Galiza. Fernández tamén lamentou que, a pesar das denuncias e peticións dos sindicatos para que a Xunta fixese inspeccións nos centros, Política Social non actuou, "e xa non se aguanta máis a situación, a precariedade, a falta de control, excesos de xornada...xa non se fan nin cribados de Covid", denuncia. "Precariedade crónica" Pola súa parte, Iria Estévez, de CCOO, lamentou que a "precariedade" nas residencias privadas "vai camiño de converterse en crónica", e apuntou como exemplo que hai salarios "por baixo do SMI, pero non do último acordado, senón dos anteriores, que eran máis baixos". Nesta liña, criticou a negativa da patronal a actualizar salarios cando as empresas "si aplicaron o IPC ao prezo das prazas". Javier Fente, de UXT, engadiu que, á marxe da cuestión salarial, non se substitúen as baixas nin permisos, nin se cumpren os mínimos de traballadores e traballadoras en cada centro. Este representante sindical tamén censurou que a Consellaría de Política Social presuma de estar a preparar "un novo modelo de residencias", con grupos de traballo dos que forman parte "os mesmos directores dos centros que cometen as tropelías". Finalmente, Alfonso Naia (CIG), fixo un chamamento á cidadanía para que apoie esta folga, xa que se trata, "non só dun conflito laboral, senón tamén social", dada a importancia deste servizo nun territorio "envellecido" como a Galiza. |
NOS_6932 | A Dirección Xeral de Saúde Pública destaca que o número de casos activos é de 4.168, perto de medio milleiro máis que na sexta feira. Por outra parte, este sábado entraron en vigor as novas restricións para loitar contra a quinta onda da pandemia. | A evolución epidemiolóxica segue a ser negativa para Galiza, que este sábado volveu vivir un incremento dos contaxios. A Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellaría de Sanidade, vén de confirmar que se detectaron 655 positivos nunha soa xornada. Así, o número de casos activos segundo as últimas estatísticas oficiais sería de 4.168, o que supón ter infectadas a case 500 persoas máis que na sexta feira.A pesar de que os datos son preocupantes, como xa recoñeceron ao longo da semana distintas autoridades, a expansión da Covid-19 non se está a traducir, polo momento, nunha presión asistencial. Nos hospitais, caeu lixeiramente, pois segundo o balance feito na tarde da sexta feira permanecen ingresadas 59 doentes, das que unha ducia (dous máis que o día anterior) son atendidas nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI).Por áreas sanitarias, tan só as da Coruña-Cee e Pontevedra-O Salnés rexistraron unha caída da presión asistencial. Na coruñesa, hai 18 ingresados (-3), pero se mantén o número de tres enfermos na UCI. Na demarcación pontevedresa son 12 os hospitalizados (-2) e seguen sen cambios os catro que están críticos. Nin na área de Vigo nin na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras houbo mudanzas, pero en Compostela-Barbanza chegaron aos centros sanitarios tres individuos (dous máis que onte). Tamén aumentaron na de Ferrol, onde hai oito (+1), dos que catro (+2) están en coidados intensivos; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, con seis hospitalizados (+1), aínda que en críticos segue só un. En ascenso no número global As cifras de atención hospitalaria non implican que a quinta onda non estea moito máis perto do que parece pola rapidez na que aparecen os contaxios. Ao tratarse, en boa parte, de infectados na mocidade hai menos sintomatoloxía ou é leve pero o número de infectados segue a crecer sen control. Nas últimas 24 horas, as autoridades sanitarias ratificaron 498 contaxios (en números absolutos) até chegar aos 4.168, pois houbo máis positivos (655) que persoas que superaron a enfermidade (157). A poboación infectada duplicouse en pouco máis dunha semana e o ascenso continúa nas sete áreas sanitarias. A que máis creceu nas últimas horas foi a de Vigo, que acumula 871 casos activos (+137), seguida da de Ourense-Verín-O Barco, que alcanza os 726 (+120). Séguenlles a área de Pontevedra-O Salnés, que contabiliza 741 pacientes (+78); a da Coruña-Cee, con 821 (+76); a de Santiago-Barbanza, con 432 (+46); a de Ferrol, con 163 casos activos (+22); e a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 414 (+19). Desde o inicio da crise sanitaria Como balance xeral, no que vai de pandemia faleceron na Galiza 2.439 habitantes. Respecto ás curacións, Sanidade estabelece o rexistro en 126.516. Neste contexto continúa a campaña de vacinación, que ten ritmos moi similares en todas as áreas, que está centrando o esforzo na primeira dose das persoas de entre 30 e 39 anos e na segunda daquelas que están na franxa de idade dos 40 aos 49 anos. Ademais, segundo informacións da Consellaría de Política Social, nas residencias hai cinco usuarias contaxiadas, todas elas do centro García Hermanos de Betanzos. Este grupo de galegas e galegos foi dos primeiros en recibir os tratamentos para ser inmunizado contra o coronavirus e non se detectaba ningún foco activo desde o 16 de maio. O último surto decorrera nun xeriátrico de Chantada. Medidas de control De cara a frear a situación actual, o Comité Clínico estipulou na terza feira unha serie de medidas restritivas en vigor desde a medianoite desde sábado. Así hai cinco municipios en nivel alto e até nove no chanzo medio-alto, o que implica por exemplo recortes na capacidade dos locais de hostalaría. Por outra parte, para acudir aos negocios do lecer nocturno haberá que presentar PCR negativas. Tamén se están a precintar espazos públicos nas noites para evitar o botellón. |
NOS_9491 | As autoridades alegan que, coas condicións climatolóxicas actuais, resultaría imposíbel sobrevivir no mar de Terranova durante máis de 24 horas. | As autoridades canadenses acordaron esta cuarta feira suspender de forma definitiva o operativo de busca despregado en augas de Terranova para tentar localizar os doce mariñeiros desaparecidos do buque 'Vila de Pitanxo', aínda en paradeiro descoñecido. Así o notificou o centro de rescate de Halifax (JRCC Halifax) a través dun comunicado emitido ás 22.18 horas desta cuarta feira (17.18 hora local): "Lamentabelmente, ás 16 horas [no Canadá], con base nos resultados de busca exhaustiva por un número significativo de medios aéreos e embarcacións de salvamento nas últimas 36 horas, cubrindo máis de 900 millas náuticas, a busca dos doce mariñeiros desaparecidos a bordo do 'Vila de Pitanxo' foi suspendida". En consecuencia, o suceso pasará agora a mans das autoridades policiais e será tratado desde agora como un caso de persoas desaparecidas no mar. As autoridades esgrimen motivos "científicos" para xustificar esta decisión, alegando que, co tempo actual, resultaría imposíbel sobrevivir no mar de Terranova durante máis de 24 horas. As condicións climatolóxicas adversas dificultaron enormemente a operación de busca, segundo precisaron fontes do dispositivo de rescate, que na cuarta feira xa advertían das baixas probabilidades de achar o resto da tripulación. Os servizos de salvamento lograron rescatar tres dos tripulantes —o patrón, Juan Padín; o seu sobriño, Eduardo Rial, e máis o tripulante Samuel Kwesi—, que están a bordo do buque de bandeira galega 'Praia Menduíña 2' á espera de regresar a terra. Os sobreviventes foron atopados con sinais de hipotermia nunha balsa salvavidas; outras dúas apareceron baleiras. Aliás, recuperáronse nove corpos sen vida. Protocolo de atención ás familias As autoridades adoptaron esta cuarta feira un protocolo de atención ás familias das vítimas semellante ao operativo que se despregara após o accidente ferroviario de Angrois. Deste modo, son os psicólogos contratados pola Xunta da Galiza —reforzados se for preciso con especialistas de Cruz Vermella— os únicos que notifican as novidades aos achegados dos mariñeiros. Por outra parte, esta quinta feira desprázase até Vigo e Marín o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para trasladar ás familias a "solidariedade" e o "apoio" do Goberno estatal. Planas reunirase coa Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) e coa armadora do buque sinistrado, o marinense Grupo Nores. |
PRAZA_2276 | Este mércores comeza no Parlamento o derradeiro debate de política xeral antes das eleccións galegas. Feijóo tentará escenificar nel un 'xiro social' e unha política de "tolerancia cero" coa corrupción. | Un Feijóo 2.0 á procura dunha remontada para o PPdeG e, quizais, para el mesmo. Este mércores comeza no Parlamento o vixésimo segundo debate de política xeral da historia do lexislativo galego, o que con toda seguridade será o derradeiro da actual lexislatura, toda vez que o 2016 é ano electoral e a reforma da lei da Xunta e a súa Presidencia impide estas sesións nos anos en que se celebren comicios. O deste 2015 será un debate marcado polas eleccións, tanto polas que veñen como polas municipais do pasado maio, que axitaron de vez o efervescente taboleiro político galego. Neste contexto, Alberto Núñez Feijóo despregará un discurso no que procurará dar por iniciada unha nova xeira marcada pola recuperación económica, a política social e a "tolerancia cero" contra a corrupción, procurando así amosar unha reinvención que facilite a permanencia do PP no Goberno cando aínda está por ver se no cartel electoral aparecerá unha nova cara ou, pola contra, será Feijóo quen tente sucederse a si mesmo. O debate chega, e non por casualidade, xusto despois da crise de goberno máis profunda dende a chegada de Feijóo á Xunta. Nela o presidente abdicou do modelo de Goberno que vendera como paradigma de "facer máis con menos", desfacendo algunhas das súas fusións de consellerías máis controvertidas, como Medio Ambiente e Infraestruturas ou Medio Rural e Mar, e ampliando o número de departamentos despois de reiterar durante media década a bondade de reducilos. Neste novo organigrama unha das figuras claves é o novo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, encargado de escenificar o 'xiro social' de Feijóo e, ao mesmo tempo, de dirixir a campaña electoral dos populares galegos nas xerais. Asemade, no banco azul xa non estará sentada Rocío Mosquera, que viña sendo un dos principais lastres do gabinete polos seus recorrentes conflitos en Sanidade e cuxa destitución aliviou a presión sobre o propio presidente a respecto da controvertida xestión no hospital de Vigo. O presidente tentará escenificar un 'xiro social' coa vista posta nas inmediatas convocatorias electorais A profunda remuda permitiralle a Feijóo pronunciar un discurso neste derradeiro debate cun ton máis de investidura que de balance dunha lexislatura que remata. Vaino facer, asemade, proclamando a chegada dunha nova era en canto a bo goberno e freo das prácticas presuntamente irregulares ou corruptas. Así, xunto á aprobación de medidas de "prevención da corrupción" como a nova lei de financiamento dos partidos -de alcance limitado por bater con competencias estatais- ou o inicio dos trámites da reforma da lei de transparencia, o titular da Xunta presentará no pleno as cabezas políticas da delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo, investigada na operación Patos, e do seu homólogo en Ourense, Rogelio Martínez, a quen tamén vén de destituír malia estar inmerso en procesos xudiciais por presunta corrupción dende hai máis de media década. Feijóo chega ao debate sen o lastre de Mosquera e presentando as cabezas políticas dos delegados en Ourense e Vigo Todo isto sucede, no entanto, mentres continúan en marcha casos como Pokémon e Zeta, cuxas respectivas instrutoras dubidan da limpeza do financiamento do PP en diferentes etapas. No caso da trama que investiga Pilar de Lara o suposto financiamento irregular afectaría o sector do partido sobre o que Feijóo ten menos control, a provincia de Ourense, mentres que na Operación Zeta, que indaga unha suposta fraude en axudas públicas para o emprego, as dúbidas atinxen a persoas e dirixentes moito máis próximos ao presidente. O cumprimento do debate pasado Alén da tentativa de reinvención presidencial e da aposta da oposición por tentar presentarse como alternativa -coa incógnita máis que profunda de que algún dos líderes de resto de grupos opte á Presidencia en 2016-, o debate de política xeral servirá tamén para aprobar algo máis de medio cento de propostas de resolución, isto é, medidas concretas que os grupos poñen sobre a mesa e que, a priori, deberan converterse en accións do Goberno. Isto sucede despois de que, como adoito, as propostas do pasado ano teñan un grao discreto de cumprimento. En 2014 aprobáronse 56 resolucións, cun grao de cumprimento desigual No 2014 a Cámara deulle o seu visto e prace a 56 resolucións, todas as do PP máis algúns acordos coa oposición. Algunhas delas foron puramente declarativas, como a iniciativa do PP contra o soberanismo catalán, ou de imposible medición, como outorgarlle máis "visibilidade" á cultura galega ou fomentar a "diversificación" das actividades produtivas na costa. Outras medidas aprobadas si son doadamente medibles e o resultado é desigual. Así, por exemplo, si saíron adiante a integración de novos contidos na plataforma dixital da Consellería de Educación, a revisión do plan estratéxico da economía, o plan de financiamento universitario ou a ampliación da taxa de reposición nas ofertas públicas de emprego. No entanto, finalmente non se reduciu a duración da campaña electoral autonómica, a promesa de procura de mellores prezos para o leite bateu cun novo conflito no sector e o mandato marco da CRTVG segue sen estar aprobado, aínda que a súa tramitación comezou este verán. Resolucións aprobadas no Debate de Política Xeral de 2014 Debate de 2014 Debate de 2013 Debate de 2012 |
NOS_18319 | O Goberno do Estado renuncia á reforma legal que permitiría renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial con maioría absoluta no Congreso, e non coa maioría reforzada de 3/5 que a norma actual exixe e que permite ao PP bloquear a renovación e manter un organismo en funcións favorábel ás súas teses. | O Goberno do Estado vai retirar a proposición de lei para permitir a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) con maioría absoluta no Congreso, anunciou esta terza feira Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. A medida conta coa oposición de Unidas Podemos, da coalición de Goberno, que sinalou por medio do presidente do seu grupo parlamentar, Jaume Asens, a súa desconformidade. Esta reforma estaba parada desde outubro de 2020, despois da suspensión feita pública por Pedro Sánchez, presidente do Estado, para volver á mesa de negociación co Partido Popular e tentar reactivar a elección dun órgano que leva en funcións desde decembro de 2018, o que non impediu que nese tempo fixera até 78 nomeamentos en postos chave do sistema xudicial. A intervención de Campo, na que sinalaba que ía proceder a solicitar a PSOE e Unidas Podemos que retirasen o texto, veu precedida da conversa a pasada segunda feira do ministro con Vera Jourová, unha das vicepresidentas da Comisión Europea. Jourová, que dirixe a sección de Valores e Transparencia, cualificou como "boas novas" o compromiso de desbotar a reforma, que permitiría evitar o bloqueo do PP ao precisarse na actualidade o apoio de 3/5 partes do Congreso. Mais tamén pediu a renovación do órgano xudicial con consenso e canto antes. Asemade, a vicepresidenta sostivo que a reforma da lei do Poder Xudicial aprobada o 24 de marzo, que limita os poderes dun CXPX en funcións para nomear novos cargos, "está en liña co Estado de Dereito e os controis e equilibrios de poder". Esta reforma foi impulsada diante da falta de avance das negociacións entre PP e PSOE para a renovación do CXPX, e aínda que foi moi cuestionada pola dereita, limitou os nomeamentos dun órgano seleccionado polo PP nos seus anos de goberno estatal e que continuou en funcións a repartir prazas nos tribunais do Estado, que até dentro de varios anos non poderán ser renovadas. |
NOS_11203 | A dirección da planta comunica ao persoal do sistema 2, o que fai as furgonetas, que volverá parar a próxima segunda feira até final de semana. | Stellantis segue a padecer as consecuencias da chamada 'crise dos microchips'. A falta de compoñentes, que fixo parar esta semana ao sistema de montaxe número 2, cuxo persoal se reincorporou ao traballo esta sexta feira ─un día máis tarde do previsto inicialmente─, volverá provocar novos paros na semana que entra na factoría de Balaídos (Vigo). Segundo trasladou a dirección da planta aos traballadores e traballadoras, Stellantis volverá suspender parte da súa actividade ao persistir os problemas de aprovisionamento pola falta de compoñentes con semiconductores ('microchips'). Trátase dunha parada "por causa de forza maior", explica a compañía, que afectará novamente ao sistema 2, o que monta as furgonetas para Opel, Peugeot, Citroën e Toyota e os monovolumes, que verá suspendida a súa produción desde esta segunda feira ás 6,00 horas. A previsión da empresa é que a actividade se poida retomar na quenda de mañá do xoves, aínda que visto o acontecido esta semana, non se descarta que os paros se poidan alongar máis aló da data facilitada pola dirección da planta. As paradas de produción na factoría viguesa veñen repetíndose desde hai meses por problemas de aprovisionamento e, de feito, desde que o persoal volveu das vacacións de verán, o sistema 2 estivo sen actividade 15 días, aos que haberá que sumar os da próxima semana, mentres que o sistema 1, que monta os turismos Peugeot 2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée, suspendeu a súa produción outros 4 días. A representación dos traballadores leva meses criticando a falla de previsión de Stellantis e a escasa marxe coa que avisan dos paros, o que en moitos dos casos impide conciliar a vida laboral e familiar xa que, como denuncian, aínda estando parados teñen que chamar á planta para confirmar se ao día seguinte hai actividade. O persoal reincorporouse das vacacións a mediados de agosto coa esperanza de que a empresa tivese aproveitado para aumentar o subministro de compoñentes. Porén, os problemas de abastecemento están a marcar a actividade dunha planta que xa suma máis dun mes sen actividade, sumando todos os días que estivo parada. E o peor é que desde o sector apuntan que este problema pode continuar en 2022. |
PRAZA_19599 | Canto máis expostas están as economías ás forzas económicas internacionais, a xente esixe compensación e seguranza fronte aos temporais do mar aberto; e daquela, os gobernos responden creando redes de seguridade mais amplas, ben a través de programas sociais, ben a través do emprego público. | Cando precisamos cambiar lavadora ou un novo par de zapatos, saímos á rúa e vemos diante nosa nos escaparates as excelencias rutilantes do mercado: centos de posibilidades diferentes de lavadoras e zapatos, seguramente fabricados a centos ou miles de quilómetros de distancia. Pero para que nacera o mercado dos electrodomésticos e do téxtil e, sobre todo, para que medrara, permanecera no tempo e puidera subministrarme todas esas posibilidades, foi precisa toda unha ringleira opaca de institucións que o fixeran posible: normas que determinen a propiedade, tribunais que fagan cumprir os contratos, regulamentos comerciais para protexer a compradores e vendedores, infraestruturas de comunicación, forzas policiais que persigan as infraccións, normas para manter a estabilidade financeira, prestamistas de último recurso para loitar contra os pánicos financeiros, regras de saúde, seguridade, traballo e medio ambiente, protección social para facerlle fronte aos riscos do mercado, e impostos para financiar todas estas actividades. Os mercados non nacen eles sós por xeración espontánea, nin se regulan nin se lexitiman eles en por si. Tódalas economías de mercado que funcionan mais ou menos ben son unha mestura de Estado e mercado, de laissez-faire e de intervención, de soltar e tirar da corda. As proporcións exactas desa mestura dependen, fundamentalmente, das preferencias de cada país, da súa posición internacional e da súa andaina histórica. Pero, iso si, ningún país conseguiu desenvolverse sen botar enriba do lombo do sector público importantes responsabilidades. A participación do sector público na economía non deixou de medrar dende finais do século XIX: En 1870 o gasto público representaba, como media, o 10% nos países avanzados; en 1920, a porcentaxe subira ao 20%; e en 1960, acadara o 30% . A día de hoxe, o peso do sector público vai dende 35% en países coma Estados Unidos, Xapón e Australia, ao 60% en Suecia e Países Baixos, e cos restantes países europeos con porcentaxes entre ámbolos topes. Por que esta tendencia xeneralizada á expansión do tamaño do Estado? O politólogo de Yale David Cameron (ollo, non confundir co Cameron que foi primeiro ministro da Gran Bretaña, que non era David a secas, senón David William Donald, que xa lle chega tamén), nun estudio realizado en 1978 nas 18 economías mais desenvolvidas, argumentaba que tal variación podía explicarse pola importancia do comercio nas economías analizadas. Xa no presente século, o economista Dani Rodrik, desconfiando da análise de Cameron, ampliou o estudo a mais de cen países e, mal que lle pesara, chegou á mesma conclusión: existía unha correlación positiva entre o volume de comercio internacional dun país e mailo tamaño do seu sector público. E que causa ou razón podía estar detrás desa correlación? Despois de moito remexer nos miolos, Rodrik chegou á conclusión de que eran as garantías sociais as que semellaban estar detrás da correlación. Por que? Porque canto máis expostas están as economías ás forzas económicas internacionais, a xente esixe compensación e seguranza fronte aos temporais do mar aberto; e daquela, os gobernos responden creando redes de seguridade mais amplas, ben a través de programas sociais, ben a través do emprego público. E precisamente grazas a esa ampla rede de seguridade, a economía mundial na crise do 2008 non caeu polo mesmo barranco proteccionista que na Gran Depresión dos anos 30. Dende aquela, as sociedades industriais modernas levantaron unha muralla de proteccións sociais que fan de abeiro fronte a mar embravecida das galernas e fan mais levadeiras as desfeitas económicas. Pensemos nas prestacións por desemprego, na seguridade social universal, nas diferentes axudas empresariais, nas rendas de reinserción social (o RISGA galego)... Que sería de España, por poñer un exemplo, cun 25% da poboación activa en paro, senón houbera un Estado que subministrara toda esa protección, por pouca que nos pareza a moitos? A regueifa Mercado-Estado semella interminable. Envolvido en luces de neon e sofisticadas técnicas publicitarias, o Mercado resulta mais garrido e tentador; pola contra, o Estado é mais ben un vagalume na noite pecha, fuxindo paseniño do ataque furibundo das hordas neoliberais, ao berro atronador de "Menos Estado, Mais Mercado!" e facendo súas as santas palabras do profeta Smith "o papel do Estado non debe ir mais aló da defensa nacional, a protección dos dereitos de propiedade, a administración de xustiza e para de contar". De pouco ou nada serve que lles digas que o profeta falou hai mais de douscentos cincuenta anos, que dixo o que dixo contra o mercantilismo que imperaba nos albores da revolución industrial. Os profetas falan unha vez e para sempre, e o que valía daquela para hoxe ten que valer, amén Xesús. O catedrático hispano-arxentino Rodríguez Braun, de verbo liberal e pampeiro , leva vinte anos comezando os seus parladoiros radiofónicos en Ondacero co saúdo "Buenos días, a pesar del Gobierno..." |
NOS_40517 | Os encausados na 'okupación' do antiguo cine compostelán fan fronte a penas de entre 12 e 18 meses de cárcere acusados de "usurpación". | A finais de 2011 un grupo de persoas entraba na Sala Yago de Santiago de Compostela, un cinema naquela altura fechado e que atesouraba, entre outros tesouros, un amplo currículo de proxeccións de filmes de autor e en VOS. Foron días de reapertura, de actividades, de debate, de revivir unha sala sobre a que penduraba o perigo de ser cuberta para sempre por arañeiras até que algún promotor decidise que, nese privilexiado enclave do casco vello picheleiro, había bo nicho para o negocio inmobiliario. 'Okupa e resiste' poñía unha faixa despregada. E ducias e ducias de persoas adicáronse eses días a, efectivamente, ocupar, resistir, debater, rir, falar e, o máis importante, facer cousas. Dar vida a un espazo cultural fechado. A Fiscalía pide para dez dos acusados ano e medio de prisión para cada un. Para outros dous, catro e medio Os 12 procesados por aquela 'okupación' van ser xulgados esta cuarta feira por "usurpación" dese espazo e piden para eles penas que van dos 12 a 18 meses de prisión. A defensa pedirá a absolución e os denunciados entenden que houbo, para alén dunha actuación policial de despexo "desproporcionada", unha tentativa de criminalizalos, operación na que certa prensa xogou un papel importante. O daquela alcalde, Conde Roa, ceibara entón unha frase clarificadora, "aquela frase máis propia dun sherif dos spaghetti western que se proxectaban nos anos 70 no Cinema Yago", sinalan voceiros das persoas procesadas: 'Sentirán o meu alento na súa caluga". Así dixo o rexedor. Non foi a única 'bravuconada' de Conda Roa nesta liña. Aí está aquela de ""Santiago nunca será o casco vello de Donosti", co que quería ligar calquera protesto na capital galega coa kale borroka. O contexto Iria e Roi, dous das persoas que participaron cinco anos atrás na "reapertura" da Sala Iago, "moi ligada á cultura alternativa" da cidade, leron esta terza feira un manifesto no que recordaron o contexto no que se produciu este desaloxo marcado por "desafiuzamentos, corrupción, ERE's, desemprego e o calote das preferentes". Afirman que naquel 23 de novembro de 2011, data na que axentes da Policía española irromperon cun contundente dispositivo nunha sala cuxa "estaba aberta", adicáronse "catro horas de rexistro desproporcionado e minucioso" após o que "levaron detidas ás once persoas que nese momento estaban dentro. (...)" Porén, son 12 as encausadas."Pasados uns días outra persoa foi imputada tras identificar unha pegada parcial dentro da sala. Qué curioso, ¿non? ¿Por que esta pegada valía máis que as dos outros centos de persoas que pasaron por alí?. Isto é algo que aínda nos preguntamos a día de hoxe", reflexionou. Desde aquela Dende 2011, lembran as persoas encausadas, o cinema continúa en estado de abandono. Foi "reaberto" en 2014 e os seus okupantes outra volta desaloxadas "sen consecuencias penais nin mediáticas". "Entón gobernaba Ángel Currás, o segundo dos tres alcaldes do PP, seguro que tiña cousas máis importantes do que preocuparse", ironiza o comunicado. |
NOS_27260 | Hai unha cousa que transmite claramente Ana Pontón: a convicción de que Galiza ten futuro e de que o derrotismo é estéril e reaccionario. Fai dous anos ao fronte da portavocía nacional do BNG, dous anos de vertixe, en plena ofensiva do Estado e as súas terminais políticas, mediáticas e xudiciais contra o soberanismo. Unha batalla que non é só de Catalunya, que atinxe a médula da democracia e que toca tamén Galiza e os seus dereitos nacionais. Está persuadida de que o BNG é unha forza á alza, esa expresión é hoxe un mantra nos seus beizos. E aponta a que o Bloque será a sorpresa nas municipais de 2019. | Combinamos a entrevista a sexta feira, por volta das 11 horas. O argumento básico, os seus dous anos ao fronte da portavocía nacional. Balanzo. Luces. Sombras. Desafíos. Mais vivemos tempos de inusitada dureza e a realidade golpea forte. A realidade encarcera e envía políticas ao exilio. A realidade proscribe ideas, veta a emancipación das nacións. Heille ter que perguntar por esa realidade. Os violentos anos dez de Ataque Escampe viraron furia vesánica, a dun Estado que está a desatar unha onda represiva que nos coloca a un milímetro da tiranía. Era ben que fósemos reaxindo de verdade. Conversamos no seu despacho de portavoz do grupo parlamentar do BNG. Pesa no seu ánimo a gravidade do momento, mais non a vexo vencida. Todo o contrario, véxoa con ganas de dar a pelexa por levantar na Galiza unha alternativa real, unha alternativa de goberno, fronte á forza política que se está a converter nunha auténtica ameaza para a democracia. Fóra dos muros do Pazo do Hórreo zoa o vento da cicloxénese. -A primeira pergunta que che ía facer é a do balanzo dos teus dous anos de xestión ao fronte da portavocía nacional do BNG, mais a actualidade non dá tregua... estamos todos un pouco conmocionados polos novos acontecimentos de Catalunya e por esa noticia de que Marta Rovira, unha persoa a que ti coñeces ben, marcha tamén para o exilio. Que foi o primeiro que pensache cando o soubeche? -O primeiro que pensei é que é evidente que estamos vivindo nun estado anti-democrático e que a involución que se está a producir é moi grave. Neste momento xa hai varios políticos que están marchando fóra porque non poden ter un xuízo xusto, cando ademais están a ser imputados por cumprir un mandato democrático e por reclamar vías democráticas para solucionar un debate político. O Estado está a mostrar a súa cara máis dura na súa deriva anti-democrática. E non podemos esquecer que todo isto se fai coa complicidade das institucións europeas e de todos os países da nosa contorna. É un sinal de alarma que debe levarnos a todos os demócratas a saírmos á rúa a defender o máis básico, a democracia, a liberdade de expresión e o dereito a defender através de vías pacíficas que é posíbel mudar o statu quo. É demoledor o que vivemos. E aínda que afecta dunha maneira máis crúa a políticos cataláns soberanistas tamén está a afectar outros moitos sectores sociais. Estamos a ver o que pasa coa liberdade de expresión no ámbito da cultura, como se están a encarcerar persoas por poñer un tuit, como se perseguen sindicalistas... Hai unha onda, un terremoto anti-democrático, e sería importante que todos os demócratas -con independencia de cal sexa a nosa militancia política- désemos un sinal de alerta e que a sociedade respondese perante unha involución que mete medo. De Catalunya tamén me preocupa que sexan capaces de pór en marcha un Govern neste momento, cumprindo o mandato das urnas. Todas as forzas políticas deberían abandonar o curto-pracismo porque é moito o que hai en xogo neste momento en Catalunya, e non só para Catalunya senón para todas as persoas que arelamos un cambio de réxime. -Cando comezou todo isto, ti calculabas que a reacción do Estado fose ser tan bestial? Porque está a ser bestial, non sei que máis poden facer... -Ben, na vía represiva o Estado español sempre pode ir a máis. Xa hai propostas sobre a mesa para ilegalizar ideas; para ilegalizar partidos políticos que queiran mudar o marco político actual, que defendan o dereito de autodeterminación. A involución aínda pode ir a máis. Levamos varias décadas no Estado español nesta deriva e agora está no ponto álxido. -A reacción no que é propiamente España, digamos, tamén é bastante preocupante. Digo porque todas estas accións o tripartito do 155 (PP, PSOE, Cs) non só non as condena, senón que as aplaude. E logo vemos que eses tres partidos nas enquisas reúnen conxuntamente case 70 por cento do voto no estado. Quero dicer que hai unha opinión tamén en España que practicamente está a aplaudir o que está pasando. -Ás veces teño a sensación de que vivimos nun estado en que hai unha opinión secuestrada. Temos un aparello mediático que condiciona moito os debates, que estabelece un marco do ponto de vista do contraste das ideas en virtude do cal unha grande parte da sociedade só ten unha versión, non hai contraste real, e iso é unha limitación importante. Aquí batemos co talón de Aquiles que sempre tivo e ten a esquerda española, o feito de que non sexa capaz de aceitar o dereito de autodeterminación. E esa cegueira, con tal de lle dar un cobadazo ao nacionalismo, é a que os está a levar a alimentar a dereita no estado español. Os sectores intelectuais e políticos de esquerda no estado teñen unha grande responsabilidade en todo o que está pasando. Están a ser cómplices coa dereita. Puxeron do revés o lema dos anos 30 e prefiren unha España de dereitas antes que unha España rota. -Esoutro día entrevistei Pérez Royo, un dos xuristas españois máis reputados, e vino bastante desesperado. Argumentaba que, tal e como estaban as cousas, e despois do que cualificaba como golpe de estado do Constitucional contra o autogoberno catalán e a democracia española, desde o dereito non había neste momento nada que facer para saír desta situación. E desde a política? -Este é o momento da política e da política con maiúsculas. Para comezar, as forzas soberanistas catalás teñen unha responsabilidade. Deben xestionar un resultado electoral en que obtiveron unha maioría e nese sentido fago un apelo a que haxa capacidade para reconstruír ese espazo de unidade porque é chave para o procés poder ter visos de seguir adiante nos próximos anos. Teñamos en conta que de se repetir as eleccións os resultados poderían ser moi incertos e mesmo pode abrirse un cenario que lle dese novas expectativas ás forzas do 155. Iso sería moi preocupante. É o momento de pór en marcha a política de verdade. Ten que haber unha solución pactada ante unha demanda expresada por parte do pobo catalán. Sería desexábel que todas as forzas de ámbito estatal asumisen o principio de que o estado español é un estado plurinacional, que as nacións teñen que ter recoñecido o dereito de autodeterminación e que iso fose a base dun acordo que desbloquease esta situación e que abrise unha porta á democracia. Non podemos esquecer que estamos a falar de dereitos fundamentais que están consagrados pola propia organización das Nacións Unidas. -O que está claro é que a grande cuestión que está plantexada no estado español, hoxe como nos anos 70 do pasado século, como en realidade durante toda esa centuria, é a cuestión nacional. E aí Galiza continúa a ter unha voz moi pequena, un fío de voz, case non se escoita. -Bon, temos unha voz importante... Evidentemente vivimos uns anos en que o nacionalismo -e nese período claro que se cometeron erros- tivo un retroceso do ponto de vista eleitoral. Iso non se pode negar. Mais o propio feito de continuar a manter en pé a defensa de Galiza como nación, a reivindicación dos nosos dereitos nacionais, que son chave para blindar os dereitos sociais no noso país... O feito de que continúe existindo un movimento nacionalista no país é un motivo de esperanza. Falamos dun movimento que ten unha parte sindical moi forte e unha parte política que está á alza e que, do ponto de vista organizativo, ten unha implantación moi relevante. Estou certa de que nos próximos anos imos continuar a ensanchar a base social e eleitoral do nacionalismo. Fóra de derrotismo, Galiza é un país cunha conciencia nacional moi forte e cun problema histórico por resolver, como facer para que esa conciencia se traduza no plano eleitoral. Niso temos nós que ver como traballarmos para facermos avanzar o nacionalismo. Do que si estou absolutamente segura é de que existen condicións obxectivas para que o proxecto do BNG avance. Se facemos ben o traballo nos próximos anos podemos darlle a volta á tortilla nun tempo non tan lonxano. -O que si está claro é que non axuda ter un presidente da Xunta que máis que titular do goberno galego parece que é o candidato dunha corrente do seu partido para suceder Rajoy. -Temos Galiza secuestrada pola ambición persoal e política de Feijóo. Que responde a un esquema que non é novo. O de políticos que utilizan o país para medraren eles persoalmente. O grave é que a situación do ponto de vista social e económico se está a deteriorar moito e detrás desa deterioración está esa subordinación a todos os intereses do PP por parte de Feijóo que resulta en que Galiza non teña voz nos grandes debates. Aí tamén temos que pór máis o dedo nesa chaga e ter máis capacidade para dar ese debate co conxunto da sociedade, a pesar de que non sexa nada fácil facelo dado o marco mediático en que nos movemos. -Mais continúa a haber sectores importantes do poder, dos poderes fácticos galegos, que consideran que o mellor para este país é ter alguén na Moncloa. -A historia demóstranos que esa tese é falsa. Hai un presidente galego [Rajoy]. Unha presidenta no Congreso con residencia galega e que se apresenta por Galiza [Ana Pastor] . E unha maioría absoluta do Partido Popular. E durante todo este tempo nada diso foi un plus para o país. Ao contrario, estamos vendo que o goberno do Estado nos deu labazada após labazada nestes últimos anos. Retrásanse de novo as obras do AVE, exclúesenos do corredor atlántico de mercadorías, demandas como poder beneficiarnos da produción da enerxía eléctrica receben un portazo, somos o lugar do estado ao que máis se lle soben as peaxes, seguimos tendo un problema grave coa situación das nosas rías, temos unha sangría coa emigración. Non vexo que lle achegou a Galiza esa presenza de políticos galegos en Madrid, máis ben ten efecto narcótico. -[Risos]. Falando de Feijóo... -[Risos]. Si, si, teñen un efecto narcótico, porque onde vemos que o Estado vai continuar a se envorcar economicamente é outra volta en Catalunya e no Mediterráneo. Polo tanto, está claro que para que te respeiten teste que facer respeitar. Cando na Galiza o presidente nunca está disposto a dar ningunha batalla para defender nada que nos interese a nós como país, pois temos a situación que temos, aínda que o relato mediático oficial sexa outro. -En todo caso, a dereita galeguista no seo do PP nen está nen aparece. -Pode haber algunha excepción que confirme a regra, mais estamos perante un PP que realmente representa unha entrega total de Galiza a Madrid. O seu proxecto político é o da subordinación [dío con énfase]. Durante todos estes anos vimos como Feijóo apresentou como triunfo que Galiza non se sumaba ao debate que as nacións abrían no estado, cada quen desde o seu ámbito. Os cataláns coa súa estratexia, desde Euskadi coa súa estratexia... El sempre apresentou a sumisión de Galiza como o trofeo que lle entregar a Rajoy neste momento. Iso é demoledor para o país porque en termos económicos, políticos e de futuro fainos perder oportunidades. Hai un reposicionamento xeral, estamos nun momento clave, e vexo que imos continuar a perder posicións. Xa perdemos as caixas, imos perder no debate do financiamento e claramente imos perder no debate de como se reconfigura o poder no estado. Se non mudamos a dinámica política do país, aquí si que vai haber un novo agravio. O meu prognóstico é que Galiza, se continuarmos polo mesmo vieiro, va ficar absolutamente marxinada nun deseño centralista do estado. -Deixemos que a actualidade non continúe a atropelarnos e botemos un chisco a vista atrás. Fas agora dous anos como portavoz nacional do BNG. Que balanzo farías deste período? -Sen ser autocompracente, temos que ser sempre inconformistas, e temos motivos abondo para o sermos, si que penso que nestes dous anos conseguimos cousas importantes. Para min a máis relevante é que recuperamos o orgullo de ser do BNG e recuperamos a credibilidade e o prestixio do nacionalismo galego, reputación que algúns tentaron estragar no pasado. Nestes dous anos conseguimos xerar unha corrente de ilusión e de confanza arredor do BNG, temos unha organización sólida e unida e cun proxecto claro e estamos á alza. Todo isto son boas noticias porque pasamos moitas etapas en que o diagnóstico era xusto o contrario. -Ser portavoz nacional é como esperabas que ía ser? -Ben, non tiña moi claro como ía ser [risos]. Non tiña unha expectativa determinada. Si que pensei que ía ser máis difícil estar no ponto en que estamos agora, porque as expectativas que tiñamos eran realmente de nubes moi negras no noso horizonte; hoxe, en cambio, esas nubes xa non están e o que vemos é luz nese horizonte. Si que non era consciente do nivel de sobrecarga que implica ser portavoz nacional e sobre todo esa exposición pública permanente que fai que perdas unha parte da túa privacidade e unha parte dos teus espazos persoais. Para min é clave ter un equilibrio entre as cousas que fago, a vida persoal, a vida familiar, a vida política. Buscar ese equilibrio ás veces é moi complexo porque acabas tendo un desgaste persoal importante. Pero, ben, estou contenta, eh! [risos]. Sen crer para nada que todo é perfecto, porque hai moitas cousas en que traballar para mellorar, estou contenta coa xente coa que traballo, tanto na executiva como no parlamento. Iso faime ollar para o futuro con optimismo, sendo consciente das dificuldades. -Unha portavoz nacional muller e feminista... -Era necesario xa. -...nunha estrutura, como todas as políticas, bastante dominada polos homes. Houbo resistencias nalgún momento? Notache algún tipo de prexuízos? -O machismo, o patriarcado, enchoupa todo. Enchoupa a sociedade e tamén as organizacións políticas. En todo caso, no BNG hai xa máis de dúas décadas que se introduciu o feminismo como un dos principios definidores do noso corpo ideolóxico, e grazas a debates protagonizados por mulleres. Evidentemente hai moito paternalismo, non o diría tanto pola organización como pola sociedade... É certo que cando foi o debate sobre o cambio de portavocía si que había moitas voces no BNG que pensaban que era chegado o momento en que unha muller fose a cara visíbel da organización. E, ben, foi o que fixemos colectivamente. En fin o tempo dirá se se acertou ou non. -Unha cousa: portavoz ou portavoza? -Eu creo que son portavoz. O debate sobre unha linguaxe non sexista é moi interesante e por suposto non criminalizo ningunha forma de dalo. Eu sería secretaria xeral, pero como nós non temos ese cargo, pois son portavoz nacional. É en parte unha cuestión filolóxica. Dito isto, claro que temos que buscar un uso da linguaxe non sexista, aínda que neste caso [a proposta de Irene Montero de usar portavoza no canto de portavoz] filoloxicamente talvez non se acertase coa forma concreta de dar o debate. -Dous anos despois da túa chegada á portavocía, dirías que continúa a existir o que se cualificou no seu momento como o efecto Pontón? -Eu como comprenderás... éme difícil xulgar iso. Si sei que existe un efecto BNG, miles de militantes que traballan, que defenden este proxecto, as persoas que están nas institucións, ou ben no goberno ou ben na oposición. O que me gustaría máis é que houbese un afecto e que construamos desde os afectos porque iso si que me parece revolucionario na política e na sociedade. -Alén de renovar a dirección, durante estes anos, o BNG tivo tamén un proceso de reflexión sobre si propio, primeiro falouse de refundación, despois de relanzamento. O propósito era identificar os erros que se puideron cometer no pasado. Que prácticas se mudaron neste tempo? -Construímos un novo tempo dentro do BNG, mais sempre a partir dunha experiencia de 35, 36 anos, desde a asemblea de Riazor. Estou moi orgullosa de todo o que ten feito o nacionalismo no país ao longo destas décadas. Mais é evidente que toda forza política ten que se renovar e penso que si fomos quen de resituarmos o discurso do BNG do ponto de vista da súa identificación inequívoca cun proxecto nacional. E esta si era unha cuestión importante. Durante moitos anos houbo un debate interno de fondo no BNG porque había xente que pensaba que o Bloque non tíña que ter un proxecto nacional cos seus centros de decisión na Galiza, senón que debía ir na dirección da súa confluencia coa esquerda española. Aínda que nunca agromou explicitamente dentro da organización, ese era o debate realmente de fondo. Ese debate conseguimos fechalo, ancorando con clareza o proxecto político do BNG, isto é, somos unha organización galega, Galiza é unha nación e representamos ese nacionalismo emancipador que necesita este país para mellorar a vida da xente e para desenvolver todo o potencial que temos. Ancorar iso foi moi importante. E logo hai unha segunda cuestión que tampouco é menor e é que se deu un relevo xeracional dentro do BNG. Si que en algún aspecto ese relevo foi un pouco traumático, talvez noutro contexto poderíamos telo feito doutra forma, mais era necesario. -Nese proceso as e os cincuentóns sofren? -[Risos] Home, cincuentóns algúns temos, temos algúns cincuentóns na executiva. Tampouco quero dicer aquí a idade das persoas da dirección [máis risos]. Pero, a ver, houbo un proceso de renovación xeracional. Hai xeracións distintas, unha mudanza importante. Tal vez poda ter habido sectores dentro da organización que non o vían así tan claro, mais socialmente o relevo xeracional que fixemos si que foi algo que conectou co que moita xente lle estaba a pedir ao BNG. Teño esa sensación polo que vou eu palpando. Conseguimos tamén neste tempo perfilar mellor un proxecto transformador que ten alternativas para os problemas concretos do país, fuxindo das abstraccións. Un proxecto que se complementa cun deseño estratéxico máis a medio prazo. Modestamente creo que non son logros pequenos. Na última asemblea nacional utilicei a metáfora do efecto bolboreta. Un pequeno cambio que parece que non ten moita trascendencia realmente acaba significando unha transformación moito máis forte do que en principio se podía agardar. Iso é en parte o que fixemos estes dous anos. -Hai un maior esforzo por adaptarse ao grao de conciencia que hai na sociedade? -Esa foi unha das reflexións máis relevantes que fixemos estes anos, ao longo de todos os debates que demos. A necesidade de sermos moi firmes nos nosos principios, mais á vez a necesidade de sermos quen de explicarmos á sociedade as nosas ideas, para que nos acompañen no proceso. Esa é unha das máximas que en política é fundamental. Se non tes pobo que te siga tes un problema. -No horizonte próximo o desafío máis inmediato no plano eleitoral son as municipais. Aí o BNG xa anunciou que antes do verán estarán eleitas as candidatas e os candidatos das sete cidades. Falache dalgunha sorpresa nos números un. Que cabe agardar? Algunha fichaxe escintilante, aterraxe de persoas independentes? -As sorpresas, se se adiantan, deixan de ser sorpresas. A sorpresa fundamental vaina dar o BNG. Somos, repito, unha forza en ascenso e a tradución diso ímola ter nas eleccións. As municipais son relevantes porque queremos transformar Galiza desde os concellos, e queremos ter unha sólida base de apoio nesa rede nacionalista a nível municipal, mais tamén son o primeiro paso para poder producir o cambio político que necesita Galiza. Desde o BNG ímonos apresentar con toda a disposición a liderar esa mudanza necesaria. -Nunha recente entrevista na SER anunciabas mudanzas nas cabezas de lista de Vigo e Ourense. Quer isto dicer que nas outras 5 cidades vai haber continuidade? -Non, o que quer dicer é que está claro que en Vigo e en Ourense vai haber novos candidatos e candidatas. No resto haberá continuidade e nalgúns casos tamén creo que imos renovar as cabeceiras das listas, pero en todo caso este é un proceso, e agora no que estamos é en criar equipas, en deseñar ideas, en explicar á sociedade o noso proxecto, en construír en común con diferentes sectores sociais... e dese traballo ten que saír quen son as mellores persoas para encarnar o proxecto. Temos que mudar un pouco o guión de como construímos as candidaturas nas municipais. Parece que o grande problema é quen vai encabezar, quen van ser as persoas que van na candidatura, cando o importante é sabermos cal é o proxecto que imos desenvolver. -As municipais, xa o avanzache ti, terán inevitabelmente un certo ar de primarias das galegas, axendadas para 2020. A aritmética é a que é. Está claro que unha alternativa ao PP en Galiza pasaría por unha conformación tripartita. Nese sentido vouche pedir que me fagas unha pequena reflexión sobre como están as outras forzas da oposición, a comezar pola que en voto popular ficou en 2016 como a segunda candidatura con máis apoios, En Marea. -A ver, neste país o PP sempre está disposto a facer oposición da oposición. Digo isto porque calquera avaliación que fagas doutra forza política sempre poderá ser utilizada polo PP para debilitar precisamente a posibilidade de construír unha alternativa que, coincido, ten que ter tres patas porque se non é imposíbel. Respeito sempre as outras forzas da oposición, quer o PSOE quer En Marea. Teño discrepancias e diferenzas políticas con elas, pero estou convencida de que é importante que teñamos capacidade para chegar a acordos se o PP perder a maioría absoluta. E iso temos que facelo non só nas galegas, senón tamén nas eleccións municipais. E, ben, eu vexo que na Marea hai neste momento certos problemas internos e o que desexo é que sexan capaces de superalos. -Nese sentido, e en relación coas experiencias alternativas aos gobernos do PP, o BNG co-goberna neste momento institucións relevantes co PSdeG. Que balanzo fas deses gobernos? -Neses gobernos o que se ve é que o cambio real vén da man das propostas e compromisos de transformación que pon en marcha o BNG. Iso vese de forma quizá máis clara, por ser máis novidoso, na orientación diferente que se deu durante estes anos ao papel das deputacións. O baleiramento das deputacións através dos planos únicos -que lle dan moito menos marxe de discrecionalidade ás propias corporacións provinciais na relación cos concellos- é un modelo a partir do cal traballar para democratizar unhas institucións que no horizonte deberían desaparecer. O noso obxectivo é suprimilas, mais, mentres existan e teñamos a posibilidade de as transformar desde dentro, si penso que é moi importante esa ruptura con esa dinámica caciquil que se instaurou desde que se estabeleceron as deputacións, dinámica que o PP levou á máxima expresión. PSOE e BNG somos proxectos políticos moi distintos, mais temos capacidade para chegarmos a pontos de encontro, aínda que ao PSOE lle custe asumir que ten que consensuar e que non é o mesmo gobernar en maioría do que gobernar en coligazón. En todo caso, son gobernos que están a funcionar ben e neles a achega do BNG é ser o motor dos cambios transformadores que se están a impulsar desde esas institucións. -Imos rematando. Falamos aquí no Pazo do Hórreo, unha institución mediaticamente ben opacada. Realmente apenas trascenden os seus debates. O que máis impacto ten é a sesión de perguntas ao presidente. Cando a vexo sempre me fago a mesma pergunta, tan difícil é que Feijóo conteste ao que se lle pergunta? -Os debates no Parlamento son sempre desiguais. Quen ten a última palabra sempre pode deixar para a quenda final moitos argumentos que requerirían unha contestación. Nese sentido eu o que vexo é que Feijóo é un presidente moi débil na súa argumentación porque foxe realmente do corpo a corpo e sempre aproveita as súas intervencións para ás veces insultar, faltar o respeito ao persoal, non sei... é unha maneira de actuar en política que nin me gusta nin me achega nada, pero estamos vendo que o seu ego medra e que canto máis medra o seu ego, máis medra a soberbia e o desprezo cos que trata a todas as persoas que pensan diferente del. E non só aquí no Parlamento. Levamos unha lexislatura en que vemos que non respeita a cidadanía galega porque non respeita este Parlamento. É unha falta de respeito á democracia que un presidente non renda contas cando se lle pergunta nun Parlamento porque é unha obriga que está estabelecida no propio marco legal. A súa actitude prepotente é un síntoma máis da deriva anti-democrática na que estamos e da súa falta de respeito ao país. Digo isto último porque estou convencida de que o tipo de intervencións que fai desde esta tribuna nunca se atrevería a facelas no Congreso dos Deputados, absolutamente convencida. Afortunadamente o papel da oposición vai moito máis alá dunhas perguntas a Feijóo que en moitas ocasións serven, en todo caso, para pór de manifesto a manifesta incapacidade do presidente da Xunta para poder contra-argumentar as críticas que se lle formulan. -Esa diferenza de actuación entre o que se permite o luxo de facer aquí e non faría no Congreso dos Deputados talvez teña a ver con que Feijóo goza dunha blindaxe mediática da que nin sequera Rajoy dispón en Madrid. -Ese é un factor que inflúe dunha maneira decisiva. Eu sempre convido a todo o mundo a que vexa as sesións e logo lea os titulares. Todas as fotografías desta entrevista son da autoría de Laura R. Cuba. |
NOS_6851 | Os Premios Xerais encetaron unha nova etapa este sábado no Museo do Mar, en Vigo, coincidindo coa estrea de Fran Alonso como director da editorial. Un acto en que estivo presente unha nutrida representación da cultura galega e onde se homenaxeou Emma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro. | Xerais mudou a illa de San Simón por un espazo tamén inundado polo salitre para celebrar os seus premios, o Museo do Mar. O propio director da editorial, Fran Alonso, facía un percorrido no seu discurso inicial polos distintos lugares que acolleron a entrega dos Xerais desde o nacemento destes galardóns en 1984. Nesta ocasión, a editorial anunciou o 2 de xuño de 2018 o nome das persoas recoñecidas e decidiu entregar os premios –dotados con 10.000 euros– á vez que as obras chegan aos andeis das librarías, "queremos achegar os libros ás mans das lectoras, queremos celebrar os libros, que son a nosa identidade", expresaba o tamén escritor. "Todos os libros que editamos tecen futuro", engadía Alonso, quen aludía ao inicio da nova etapa que Xerais comezaba no mes de abril. O novo director da editorial ofreceu unhas agarimosas palabras para o seu antecesor no cargo, Manuel Bragado, así como para o "pequeno pero inmenso" equipo de traballo de Xerais. Após situar os libros como "arma poderosa", sinalou que a empresa quere reiventarse e que para ela o principal son as autoras e autores. Finalizou Fran Alonso a súa intervención cunha sentida lembranza para Xabier P. Docampo, amigo da editorial e finado este ano, ao que se referiu como unha das "máis entrañábeis figuras da cultura deste país". Após o discurso do director de Xerais, que tamén se referiu ao "momento complexo que vive a industria editorial galega", a xornalista Teresa Cuíñas entrevistou a gañadora e os gañadores. No medio da conversa, visualizáronse os vídeos de tres booktubers –Paula Gómez del Valle, Sara Carballo Gayoso e Xiana Vilariño García– onde se falou de cada unha das obras premiadas e ao remate Celia Torres entregoulle o premio a Emma Pedreira; Anaír Rodríguez a Héctor Cajaraville e Ramón Domínguez a Carlos Negro. As obras gañadoras Emma Pedreira fíxose coa XXXV edición do Premio Xerais de Novela, ao que concorreron 37 obras, con Besta do seu sangue. No seu ditame, o xurado, composto por Santiago Lopo, David González Domínguez, Vitoria Ogando Valcárcel, Claudia Morán, Patricia Porto e Ramón Nicolás, sinalou que Besta do seu sangue supón "unha proposta de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros". Ao tempo, salientou "o uso dunha linguaxe poética e a transparencia que repousa na transmisión dunha atmosfera de desacougo e angustia ao abordar, con orixinalidade, unha historia inspirada na figura de Blanco Romasanta, co fondo dunha revisión xenérica de figuras da mitoloxía galega". Ademais, o xurado da XXXIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, formado por Uxía Martínez Recamán, Alba Piñeiro Estévez, María Sánchez Lires, Maribel Tato Sánchez, Antonio Yáñez Casal e Miguel Vázquez Freire, elixiu entre 33 obras como gañadora Kusuma, de Héctor Cajaraville, "unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado". A fábula critica, indicou o xurado, "o rexeitamento das poboacións inmigrantes, reivindica o respecto ás diferenzas e a valoración do traballo en grupo". Trátase dunha historia de superación, de amizade e de aventuras cunha dupla mensaxe: que os prexuízos son o modo máis inxusto e equivocado de enfrontarnos ao descoñecido e que a coraxe e a afouteza sempre reciben a súa recompensa. Alén destes valores, o xurado subliñou o rico léxico descritivo de especies animais e do contorno vexetal. Por outra banda, o xurado da X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, integrado por Isabel Armesto Rodríguez, Diana Fernández Gómez, Mª Paz Fernández Pereiro, Alba González Fernández, María Manuela Ordóñez Fernández e Isabel Mociño González declarou gañadora, entre 22 obras, Aplicación instantánea, de Carlos Negro. "Ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis que nunca a poesía. Por iso o xurado valora desta obra, entre outros aspectos: a orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu empoderamento, así como da cultura e lingua galegas". "Tamén a crítica social e a visión por veces descarnada da realidade, a procura consciente da complicidade dunha lectora activa na construción dun discurso potente, apelativo e de intervención que non deixa a ninguén indiferente. Unha obra que salienta pola conexión con outras voces literarias, nun rico e estimulante diálogo que leva a novas lecturas. Por último, estamos ante unha obra que rompe calquera visión estereotipada da poesía e a converte nun berro de rebeldía e reafirmación", concluíu. As tres obras xa están dispoñíbeis nas librarías. |
NOS_37219 | Os 'xeiteiros' concentráronse perante o Parlamento na defensa dunha arte pesqueira ameazada de prohibición pola UE. | O un de xaneiro de 2015, de prosperar tal e como está un informe da Unión Europea sobre redes de deriva, non se poderá pescar con 'xeito', unha arte pesqueiro selectivo, sostíbel, tradicional e propio de Galiza. Máis de 420 barcos galegos faenan con esta arte, uns mil mariñeiros (entre armadores e tripulantes) de portos como Rianxo, Redondela, A Illa, entre outros. Unha representación destes mariñeiros desprazouse até Santiago de Compostela para reunirse cos diferentes grupos parlamentares ao tempo que varios compañeiros se concentraban ás portas da Cámara. A mensaxe, clara, na faixa: "A pesca do xeito é sustentábel e respectuosa do medio ambiente. A súa prohibición é irracional e inxusta. A súa continuidade é o noso dereito. Salvemos o xeito". A delegación, apoiada e acompañada polo alcalde rianxeiro, Adolfo Muiños, quixo transmitir a irracionalidade da prohibición e os efectos que ela provocaría na economía de concellos costeiros galegos. "É unha arte selectiva, colles sardiña (como a famosa xouba do xeito), algunha xarda, algún trancho que quede", recoñece José Antonio Ordóñez, mariñeiro rianxeiro, que incide en que con ela trabállase dentro das rías e desde hai décadas, sen representar risco de esquilme ningún. "Que non nos confundan con volantas nin as cortinas da morte", demandaba nunha entrevista recente en Sermos Galiza. Todos os grupos parlamentarios aprobaron unha moción do BNG en defensa desta arte pesqueira e contra a súa prohibición por Bruxelas Esperanza A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda mantivo esta cuarta unha reunión coa eurodeputada Renata Briano, relatora do Informe sobre a prohibición de redes de deriva. Após a xuntanza, Miranda manifestou a disposición de Briano de "non incluír a arte do xeito na prohibición". No transcurso da reunión, a portavoz nacionalista fixo entrega dun dosier informativo sobre as características da arte de pesca do xeito e o impacto para a economía e postos de traballo que provoca a falta desta actividade no sector. A nacionalista tiña previsto manter no Parlamento europeo outra reunión co presidente da Comisión europea de Pesca, o bretón Alen Cadec co fin de "seguir avanzando na busca de solucións a problema dos xeiteiros". Manifestación por mar e terra Para este xoves, 16 de outubro, está convocada unha manifestación en Rianxo a partir das 16:00 horas en apoio ao sector do xeito. Unha mobilización á que asistirán barcos doutros portos e que contará co apoio tamén das 'pescas' (vendedoras de peixe) e doutros sectores do mar. "Non hai razóns para prohibir o 'xeito' non hai razóns para non acudir a esta manifestación", razonaba un mariñeiro ás portas do Parlamento. "Se pechasen unha empresa de mil traballadores tododiós estaría dando apoio, non si? Pois con isto ten que ser igual. Se non, non hai xeito". |
NOS_18623 | Un xornalista de 'France 24' afirmou nas redes sociais que Sánchez ameazaba con "vetar as conclusións se non había cambios nos prezos" do gas, unha medida que rexeitaron Alemaña e os Países Baixos. | O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, forzou esta sexta feira unha pausa nas negociacións de líderes da Unión Europea (UE) sobre posíbeis medidas para atallar a alza dos prezos da luz, abandonando a sala molesto por un chío que se facía eco dunha filtración na que se acusaba España de vetar o acordo por non incluír as súas demandas. O incidente tivo lugar contra as 16 horas, cando Sánchez deixou a sala durante algo máis de dez minutos polo malestar de ver nas redes sociais filtracións de como avanzaban as conversas entre líderes, reunidos na mesma sala desde as 10 horas, segundo confirmaron a Europa Press fontes diplomáticas. Estas son as cinco opcións que formula a UE para abaratar o prezo da luz A saída do presidente español obrigou o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, a anunciar unha pausa técnica para rebaixar a tensión, momento que as delegacións tamén aproveitaron para seguir traballando no documento, polo que o receso se prolongou finalmente unha media hora. Con todo, varias delegacións consultadas por Europa Press restan gravidade á situación, recalcando que a sesión se retomou ao cabo de pouco tempo para continuar as negociacións e que houbo "varios recesos durante a tarde". As conversas entre os xefes de Estado e de Goberno europeos continuaron con normalidade tras o descanso, tentando salvar as grandes diferenzas que afastan España e outros países do sur, que reclaman intervir no mercado maiorista da electricidade, daqueles que, como Alemaña e Países Baixos, rexeitan de plano pór teitos aos prezos porque cren que o sistema actual conta xa con mecanismos suficientes. O xornalista de France24 Dave Keating asegurou no seu Twitter que "o desacordo sobre os prezos da enerxía podería facer saltar" o Consello Europeo. Segundo el, Sánchez estaba a ameazar con "vetar as conclusións se non había cambios nos prezos" do gas, mentres que Alemaña e Países Baixos ficaban firmes na súa postura en contra da tese que tamén apoian Portugal, Italia, Grecia e Bélxica. Today's 🇪🇺#EUCO summit is being held up by a fight that's as complicated as it is contentious - whether to have a market intervention to cap Europe's soaring energy prices. 🇪🇸Pedro Sanchez is threatening to veto whole Council Conclusions if they don't get prices under control. pic.twitter.com/VHDIPKgvHa— Dave Keating (@DaveKeating) March 25, 2022 Desde Moncloa insistiran antes da cimeira en que acudían cun espírito construtivo á cita, conscientes das dúbidas dalgúns estados membro e tamén das distintas circunstancias desde o punto de vista enerxético entre eles, mais decididos a lograr o seu obxectivo. Así, fontes gobernamentais aseguraron na quinta feira que Sánchez estaba decidido a "baterse o cobre" e a explicar todo o que fose necesario aos seus homólogos as circunstancias particulares de España e a proposta exposta xunto a Portugal para que ambos os países poidan actuar fronte á alza dos prezos. A UE substituirá o gas natural ruso polo estadounidense Esta sexta, co debate xa en marcha, fontes gobernamentais admitiron a complexidade de conciliar as distintas posicións, pero aseguraron que o presidente seguía traballando para lograr o obxectivo marcado e que non se vetou nada. |
QUEPASA_262 | Non queda un só concello en toda a bisbarra sen novos casos detectados nos últimos 14 días | As cifras de incidencia da COVID na Costa da Morte que acontecen no resto do estado, acaban reflexándose, algo máis tarde, na nosa comarca. Así o ratifica o dato de que non queda ningún concello sen casos activos nos últimos 14 días en toda a bisbarra, provocando un aumento da incidencia acumulada de case 30 puntos na última semana, ata chegar aos 122 novos casos por cada 100.000 habitantes. Dos 162 novos casos detectados nos últimos 14 días (44 máis que hai 6 días), 100 son en Bergantiños. En Carballo, por exemplo, hai 42 novos contaxios só na última semana, e na Laracha suman un total de 29 novos casos detectados nos últimos 14 días, provocando unha incidencia acumulada de 255 casos por cada 100.000 habitantes. Deste xeito, esta semana non hai restricións en ningún concello costeiro, pero haberá que agardar á reunión do Comité Clínico deste martes. Cribado na Laracha Ante esta situación, Sergas vén de anunciar un novo cribado poboacional na Laracha. Será este martes 13 de xullo, en horario de tarde (16:00 a 20:30 horas) cando se realizarán PCRs a todas as persoas de entre 18 e 30 anos do Concello, unhas 926, no Centro de Saúde da Laracha. Vacinación Continúa avanzando a vacinación na comarca. Hoxe luns vacinaranse 574 persoas de entre 60 e 69 anos e outros 20 maiores de 60 que quedaran pendentes da segunda dose de AZ. O mércores tocaralle o turno a 365 persoas de entre 30 e 39 anos para darse a primeira dose de Pfizer. Xoves e venres será o turno da 2ª dose de Pfizer a 316 e 289 persoas de entre 40 e 49. E o sábado volverá tocarlle a 1ª dose a 365 menores de 40. MÁIS NOVAS SOBRE O COVID 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota. 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo. 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota. 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións. 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX. 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación. 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX. |
NOS_3561 | O Goberno galego só informará dos casos por área sanitaria e non por residencia, ao igual que fai cos casos nos centros de ensino. | A Xunta emitiu unha comunicación na terza feira para informar de que a partir de agora só notificará os casos positivos en residencias e os falecementos de persoas con positivo por Covid-19 desagregados por áreas sanitarias. O Executivo galego xustifica esta opacidade á hora de informar dos datos nas residencias pola "evolución da situación epidemiolóxica" e polo procedemento seguido por outras autonomías. Así, a Consellaría de Sanidade só informará dos casos por área sanitaria e non por residencia, e do mesmo xeito, seguirá sen notificar os contaxios das persoas traballadoras nas residencias. Neste sentido, a Xunta repite o 'modus operandi' da contabilización de casos nos centros de ensino, que fai pública desagregándoa por áreas sanitarias no canto de por centros educativos. Non é a primeira vez que a Xunta decide non facer públicos os datos de contaxios nas residencias de maiores. En 2021, tanto PSdeG como BNG xa denunciaron no Parlamento a "falta de transparencia" do Goberno galego ao "negar o acceso á información pública". "Escurantismo" da Xunta nas residencias A decisión chega despois de que no mes de xaneiro se desen continuadas críticas públicas polo "escurantismo" da xestión das residencias de maiores durante a sexta vaga do coronavirus. Os colectivos Traballadoras de Residencias da Galiza (Trega) e Vellez Digna denunciaron que "actualmente estanse a producir surtos explosivos en moitos centros da Galiza, tanto no persoal traballador como entre as e os residentes". Esta decisión de non desagregar os datos por residencias, sumado á decisión da Consellaría de Política Social de non intervir en residencias afectadas por surtos masivos, propiciou que a A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna solicitase a dimisión inmediata da conselleira de Política Social, Fabiola García. Casos en residencias e centros educativos En total, na Galiza hai 638 usuarios de residencias afectados. A área sanitaria da Coruña e Cee é a máis afectada, con 181 usuarios. Séguena Ourense, con 166 usuarios infectados, e a área de Lugo, con 109. A área sanitaria de Vigo conta con 81 usuarios afectados, mentres que as de Ferrol e Santiago-Barbanza suman 38 infectados cada unha. Polo de agora, a área sanitaria de Pontevedra é a que menos casos rexistra, con 25. No caso dos centros de ensino do país, hai 8.950 casos activos na ensinanza non universitaria e un total de 126 aulas fechadas. A área de Vigo, con 43 aulas pechadas, e a da Coruña e Cee, con 37, son tamén as que máis casos activos contabilizan, con 2.126 e 2.023 afectados respectivamente. Santiago-Barbanza (1.598 casos e 31 aulas pechadas), Pontevedra e o Salnés (1.090 e 9), Ourense (874 e 2), Lugo (824 casos pero sen aulas pechadas) e Ferrol (415 e 4) pechan a lista. Ensino infantil En canto ao ensino infantil, a Xunta notificou 530 casos activos e 8 aulas pechadas (5 na área sanitaria da Coruña e Cee, 2 na de Vigo e 1 na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés). Os casos positivos distribúense por áreas sanitarias da seguinte maneira: a da Coruña contabiliza 142 casos e a de Vigo 119. Por debaixo do cententar de casos activos veñen Pontevedra e o Salnés (76), Santiago-Barbanza (73), Ourense (48), Ferrol (38) e Lugo (34). |
NOS_4931 | Alibérico, que intentou facerse coas plantas galegas de Alcoa en 2016 e dous anos máis tarde intentouno tamén coas da Coruña e Avilés, renuncia a poxar pola de San Cibrao e levanta un complexo en Huesca co que deixará de depender do aluminio primario que se produce na Galiza. | Esta segunda feira, a empresa Iberfoil, filial do grupo Aluibérico, manifestaba a súa intención de levantar unha planta de aluminio na localidade oscense de Sabiñánigo. En realidade é a ampliación dunha factoría xa existente, anteriormente pertencente á multinacional Alcoa, para adaptala á reciclaxe de restos de produción da propia planta e tamén do resto de industrias do grupo presidido polo galego Clemente González Soler, para a produción de espesores finos, moi demandados na industria farmacéutica. A construción da nova factoría en Huesca vai supor un duro golpe para a planta de Alcoa en San Cibrao (Cervo), que ve como perde un cliente ao que colocaba 25.000 toneladas anuais de aluminio. Alibérico deixará de depender dela despois de que o pasado ano, como recoñecera o propio González Soler, a folga iniciada polos traballadores e traballadoras da multinacional na Mariña o obrigase a paralizar a produción na súa factoría por falla de subministración. O holding do empresario galego, considerado o maior grupo privado español do sector do aluminio e o máis importante grupo familiar europeo do sector emerxeu en 2016 nas negociacións para facerse coas plantas de Alcoa de San Cibrao (Cervo), A Coruña e Avilés que, segundo recoñeceu, estivo "a punto" de fechar, mais a falla de estabilidade e garantías sobre o prezo da enerxía evitou que a operación prosperase. En 2019, xusto un ano despois de adquirir a Alcoa a planta de Sabiñánigo, o nome de Alibérico volvía aparecer nas negociacións para procurar unha saída ás plantas da Coruña e Avilés, que ao final caeron en mans do fondo suízo Parter. De comprador a rival Agora, con Alcoa iniciando unha nova rolda de negociacións para tratar de vender a un terceiro a planta de aluminio primario de San Cibrao, o holding do empresario galego bórrase da lista de candidatos. E non só iso, senón que ensina os dentes á multinacional norteamericana vendendo un modelo de produción moito menos intensivo en enerxía, ao evitar o consumo do aluminio primario que sae de San Cibrao, e cun importante aforro de custos derivado do menor gasto enerxético da fundición de chatarras. A perda dun cliente importante pode interferir nas conversas entre Alcoa e os posíbeis compradores, xa que son uns ingresos fixos que vai deixar de recibir. De feito, fontes do sector temen que poida ser un argumento máis para que a multinacional retome o seu plan para botar o feche á planta de San Cibrao, unha decisión que, por outra banda, está pendente do que ditamine o Tribunal Supremo sobre o recurso ao auto do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que declarou nulo o despedimento colectivo. Reunión cancelada Por outra banda, o comité de empresa anunciou nesta terza feira a cancelación da reunión prevista para a cuarta feira cos directivos de Liberty, a principal candidata a facerse coa planta de San Cibrao, a causa da aparición dun caso de Covid entre a directiva da multinacional. Namentres, a representación das e dos traballadores agarda que o resto de candidaturas lles dean a coñecer os seus plans. |
NOS_44031 | A sentencia supón un sopro de ar para @s traballador@s, en greve desde hai 101 días. | O xulgado do social número 2 de Pontevedra emitiu ditame a respeito da denuncia interposta pola empresa de embalaxes de Vilagarcía, Lantero, contra o seu cadro de persoal. Segundo a sentenza a folga que manteñen @s operari@s desde hai 101 días é legal, ao contrario do que aseguraban desde a dirección de Lantero. A decisión reforza a posición do cadro de peroal que continúa en loita contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado. Na reportaxe publicada por Sermos Galiza hai dez días o presidente do comité de empresa, Jesús López, sinalaba que o despedimento colectivo "non se xustifica" pois a empresa conta con beneficios e, aliás, está a investir desde que se iniciou o conflito "3 mil euros ao día, 100 mil euros ao mes" en seguranza privada. Desde Lantero @s traballador@s aseguran ter depositadas esperanzas na xustiza onde denunciaron o carácter "ilegal" do despedimento colectivo e a "vulneración do dereito a folga" en diversas ocasións ao longo destes máis de 100 días. |
NOS_8171 | Após a xunta de portavoces, o voceiro popular, Pedro Puy, rexeitou responder a Sermos Galiza sobre os fondos que o PPdeG tería achegado á contabilidade B do PP español. | En comparecencia de imprensa, o voceiro do grupo parlamentar Pedro Puy botou balóns fóra, nunha demostración de que esa é a táctica coa que o PPdeG quer lidar o asunto Bárcenas. No mesmo rexistro empregado por Feijóo -o presidente do PPdeG chegou a dicer o pasado sábado que el nos 90 nin sequera militaba no partido- Puy desentendeuse do asunto e desviou toda responsabilidade aos "dirixentes" do partido, en alusión a aqueles que, a diferenza del, si teñen cargos orgánicos de relevancia. Puy restou importancia ás informacións que apuntan a que nos 90, e con Pablo Crespo como secretario de Organización, o PPdeG foi fonte de alimentación da tesourería de Bárcenas: "Fíxese vostede, se falamos dos anos 90 aconteceu hai 14 anos". Após reiterar o discurso de transparencia que veñen defendendo desde o Partido Popular logo de se facer público o escándalo Bárcenas, o voceiro popular rexeitou explicitar a Sermos Galiza se a súa formación abrirá ou non unha investigación interna. |
NOS_54290 | Hai un Colmeiro lírico que decora despachos e lles outorga prestixio a algunhas casas cunha paleta de cores pastel. Mais hai outro Colmeiro que retrata unha época ateigada de tensións sociais, totalitarismos, revolucións e vangardas artísticas. Estoutro Colmeiro permanece máis oculto aos ollos da sociedade, pero ilumina e axuda a comprender o primeiro, e tamén a nós mesmos. Carlos L. Bernárdez é o comisario da exposición Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, que nos axuda a redescubrir a traxectoria vital e profesional do artista. A mostra estará até 24 de maio no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. | Esta é unha exposición que redescobre Colmeiro, un artista moi comprometido coa realidade, que ataca a idea máis tópica que circula sobre o pintor. Cal é a tese central que rexe a exposición? O discurso da exposición quere incidir, precisamente, neses períodos de tensión da carreira de Colmeiro: os anos de formación, os espazos culturais onde se educa, no Bos Aires dos anos 10 e 20; o período de plenitude do movemento renovador galego, na segunda metade dos anos 20 e da época republicana, antes da guerra civil; a propia guerra civil, dándolle unha especial relevancia á súa achega á arte de guerra, que é moi singular. E logo, os períodos de posguerra, incidindo nos procesos que vive na súa inserción como artista no contexto do exilio galego republicano, mais tamén a súa integración no espazo cultural arxentino por medio do que se chamou o Taller de Arte Mural; e despois, tamén en París, subliñando ese momento de desenvolvemento da súa obra máis lírica e da súa inserción no ambiente cultural galeguista de posguerra, que ten que ver coa súa maior proximidade á Galiza a partir das súas periódicas viaxes a partir de 1950. —Descubrimos un Colmeiro cunha formación marxista que presta unha grande atención ao mundo do traballo, xa desde eses anos de formación na Arxentina e que posteriormente se centra no mundo do labrego, non por tipismo, senón porque considera que ese é "o proletario" da Galiza. El sempre falaba da "cuestión social", empregando unha linguaxe moi da época. Esa preocupación vén, efectivamente, do período de formación na Arxentina. Até tal extremo que el chegou a "proletarizarse", a entrar a traballar nunha fábrica para ver, dicía el, "como eran os sindicatos obreiros". Con esa finalidade foi empregado nunha factoría de zapatos, para coñecer o mundo do proletariado. Os temas de Bos Aires, cos traballadores do porto da Boca, hai que velos nese contexto. El fala moito do impacto da revolución soviética e dos debates mantidos cos outros artistas cos que se forma –nomeadamente con Demetrio Urruchúa, con quen tivo unha relación moi intensa desde mozo. O Movemento Renovador da Arte Galega tiña unha conciencia moi intensa de estar a crear un discurso estético propio que pretendía ser, ao mesmo tempo, cosmopolita e nacional —A esa preocupación revolucionaria no social únese unha preocupación tamén revolucionaria no formal, xa que renuncia ao academicismo para explorar os camiños novos que se abrían naquela altura. Colmeiro ten unha actitude antiacadémica e, xunto cos seus compañeiros da época, abandona a formación regrada de Belas Artes para traballar máis libremente, en obradoiros creados por eles nos que pretenden transgredir os esquemas da época, nunha actitude un pouco bohemia, característica daquel tempo. A evolución da súa obra estaría situada no que se denomina, nos estudos actuais, os "realismos de entreguerras": unha arte de carácter figurativo que se desenvolve en Europa e América e que, dalgunha maneira, incorpora elementos da explosión vangardista e experimental da década de 1910, mais nun contexto diferente. No caso galego, esta tendencia vai dar lugar a un movemento moi singular que é o Movemento Renovador da Arte Galega –os denominados Os Novos– caracterizado por unha figuración social, mais non ao estilo soviético, senón máis achegada á europea, que ten unhas lecturas nacionais moi concretas, como a Nova Obxectividade alemá ou a pintura metafísica italiana. —O dos Novos é un movemento en permanente diálogo con todas as correntes que están traballando en Europa e en sintonía coa modernidade europea e americana desde un contexto nacional característico. Eu creo que ese é o contexto no que se debe entender o Movemento Renovador, no que algúns estudosos denominaron "realismos diverxentes", que discrepan do núcleo central do argumento histórico da modernidade porque teñen peculiaridades nacionais que os sitúan nas marxes do discurso central dominante, mais non son retardatarios: son modernos desde contextos diferentes, que os fan responder aos estímulos dun xeito singular. No caso galego, ademais, cunha conciencia moi intensa de estar a crear un discurso estético propio que pretende ser, ao mesmo tempo, cosmopolita e nacional. Por exemplo, os textos de Rafael Dieste –un dos escritores que mellor escribiu sobre Colmeiro– están nesa liña. El falaba de que facer arte para a Galiza era facer arte para o mundo. E os textos de Seoane dese momento sitúan a Colmeiro e a Maside como núcleos desa nova pintura galega, cunha conciencia moi intensa de estar creando un movemento galego realizado desde a modernidade. —Que ademais está en sintonía permanente co que está sucedendo nos grandes centros da creación europea: na exposición poden verse eses diálogos con artistas como Chagall ou Picasso, por exemplo. Nos esquemas tradicionais da Historia da Arte ao uso considérase que, por exemplo, despois do dadaísmo vén o surrealismo e que logo vén outro movemento máis abstracto… Mais a realidade é moito máis complexa que unha sucesión de tendencias. Na década de 1930, hai unha estética claramente social, que ten que ver coas tensións políticas do momento: a ascensión do fascismo, o triunfo da revolución soviética… O movemento renovador galego pertence a ese momento histórico, do mesmo xeito que outras correntes europeas e americanas da época. Era un tempo ameazador que requiría dunhas respostas concretas e diferentes ás do pasado. A arte de Colmeiro cadra perfectamente nese contexto, igual que, por exemplo, a de Maside. —Na exposición pode sorprender a existencia dun movemento muralista en Compostela, que tendemos a asociar con artistas como Diego Rivera en México, pero que xa estaba presente aquí con proxectos coma ese dos murais para o actual Hostal dos Reis Católicos, que ía ser unha facultade de filosofía e museo de arte galega. Colmeiro citaba a Anxel Casal, daquela alcalde de Santiago, como valedor dese proxecto que non se puido realizar. Consérvanse bosquexos de gran tamaño e na exposición móstranse dous deles. Efectivamente, existiu ese protomovemento muralista. Seoane, que o coñeceu e o estudou, fala del e, en concreto, deses proxectos de Colmeiro, mais tamén de que Arturo Souto lle propuxera ao Concello da Coruña facer unhas decoracións murais na Casa Consistorial ou de que Maside maduraba temas para "levar ás paredes". Iso non quere dicir que o modelo estético fose o do muralismo mexicano, aínda que é probábel que o ambiente influíse. Hai un artista galego moi interesante –e moi esquecido– que si traballou cos muralistas mexicanos, Francisco Miguel, que participou en proxectos con Siqueiros e que logo regresou á Coruña e foi asasinado polos fascistas. Colmeiro e outros, como o propio Seoane, poderían despois levar a cabo proxectos deste tipo na Arxentina. —Colmeiro nese momento xa é un artista maduro, cun estilo desenvolvido. Estudando a paisaxe chega á abstracción, mais acaba renunciando a ela en favor dunha arte máis comprometida coa realidade. O paisaxismo de Colmeiro está referenciado na paisaxe galega e ten moito que ver coas fórmulas postimpresionistas, mesmo con aspectos cezannianos. El explicaba que "intensificando o ollar", case dun xeito contemplativo, chegara á abstracción e que iso tiña un sentido como pureza, como relación da representación coa natureza. Creo que isto chegou a aprecialo Álvaro Cunqueiro nunha crítica na que di que Colmeiro é "un pintor de intensidade de visión". Mais o punto final dese proceso, a mediados da década de 1930, ten que ver con priorizar os aspectos sociais da súa obra. Podemos entender que hai unha exploración formal que chega a ese punto de "fuxida da realidade", mais unha vez alcanzado, Colmeiro decide estar do lado desa realidade. —A ruptura con toda esta efervescencia creativa vén da man da guerra, e sorprenden na exposición os debuxos cos que Colmeiro responde a todo aquel horror desatado polo golpe de Estado. Por que non son máis coñecidos, se están na liña das respostas á violencia desatada polo fascismo de Castelao, de Picasso, ou de Henry Moore? Nalgunha ocasión si que foron expostos, algúns deles, mais infelizmente pasaron moi desapercibidos. Creo que deberían resituarse non só no contexto galego –a carón dos de Castelao ou os de Seoane, por exemplo–, senón tamén nun escenario republicano máis amplo. Sería moi interesante velos expostos ao lado dos doutros artistas que fan arte de guerra na liña de influxo expresionista goyesco, que é moi marcada durante a guerra civil. Creo que ese sería o marco ideal para estudalos. —É un tema que segue preocupando a Colmeiro durante algún tempo e que trata en numerosas obras na Arxentina. Si, durante uns anos hai series coma as dos afogados, que son as vítimas da guerra civil, ou as maternidades sufridoras, que xa aparecen naqueles debuxos e que inclúen formas surrealizantes. Ten que ver con experiencias vividas e contadas sobre a terríbel represión daqueles anos. —Colmeiro reinsírese no ambiente artístico arxentino, en parte a través do Taller de Arte Mural, que incide nesa vocación cívica da súa arte. El crea xunto con catro grandes pintores arxentinos daquela época –Antonio Berni, Lino Enea Spilimbergo, Demetrio Urruchúa e Juan Carlos Castagnino– o Taller de Arte Mural no ano 1944, coa finalidade de proxectar o muralismo na Arxentina, con proxectos cívicos, sociais e, ás veces, privados. O resultado máis importante deste proxecto foi a elaboración dos murais para as Galerías Pacífico de Buenos Aires, que se inauguran en 1946. A Colmeiro non lle gustaba que o asociasen á escola de Siqueiros. Mais o certo é que durante os anos 30, cando estaba na Galiza, Siqueiros si estivera na Arxentina –cun enorme suceso–, dando unha serie de conferencias que facían proselitismo dunha arte social que se expresaba a través do muralismo. O contexto político arxentino era moi diferente ao mexicano e aquilo creou moita polémica. Mais Siqueiros chega a realizar un mural colectivo con tres dos que logo serían compañeiros de Colmeiro –Berni, Castagnino e Spilimbergo. Na década de 1940 xa non existe esa radicalidade política na Arxentina –aínda que houbo moita xente que criticou aqueles proxectos "comunistas"– e aínda que se mantiña un discurso humanístico, a lectura xa non era a mesma. —Cando se instala en París, en 1948, Colmeiro volve reinsertarse no mundo galeguista a través das visitas regulares á Galiza e das súas relacións co grupo de Galaxia. A primeira visita á Galiza é en 1950 e, progresivamente, vai pasando máis temporadas aquí, en Vigo e na súa aldea natal de Silleda, aínda que non deixa París até moi maior. Nesa época vai tecendo vínculos co grupo do galeguismo cultural que, dalgún modo, era o seu núcleo natural desde moi novo: os seus amigos eran xente como Dieste, Maside ou Cunqueiro. Neste momento, xa se escriben monografías sobre a súa obra, é un artista recoñecido e el mesmo comeza a afondar na relación con persoas como Fernández Del Riego ou Álvarez Blázquez e participa naqueles pioneiros cadernos de Grial dedicados á pintura actual. —Malia as circunstancias políticas, esa dupla residencia en París e Galiza pode simbolizar aquel proxecto dos Novos de facer unha arte en consonancia coas vangardas europeas pero alimentada desde o propio. Esa idea de compatibilizar o cosmopolita e o nacional nunca se perdeu. Vese moi ben nos escritos de Dieste sobre a súa obra, pois é un dos escritores con maior sensibilidade plástica de todos os que escribiron sobre arte e el observa como esas dúas pulsións conviven perfectamente na obra de Colmeiro. —Vendo a exposición, comentabamos que a obra de Colmeiro acabou sendo fagocitada por unha visión que puña en primeiro plano o lirismo, pero que obviaba todo ese interese pola arte comprometida coa realidade, cos achados formais dos novos realismos centroeuropeos. Esta exposición amósanos un Colmeiro case descoñecido, un Colmeiro que, polas razóns que fose, acabou desaparecendo na proxección pública do seu traballo. É certo que, en contacto cos estímulos distintos e a partir do desenvolvemento do que xa é un artista maduro, constrúe unha linguaxe dun lirismo moi forte, que xa estaba na súa obra anterior pero que agora se presenta máis elaborada. Os vellos temas seguen presentes, mais moi matizados formalmente, especialmente nos xogos de volumes, da luz, do cromatismo… Hai unha reformulación, no fondo, moi cezanniana. Algún crítico francés da época tomouno por aí: "Encontro nas súas pinturas o que me mantén perante as de Cézanne: a brillante mensaxe da razón". Non deixa de ser moi curiosa esta lectura. E, efectivamente, diante dalgunhas obras que están nesta exposición, un pode pensar exactamente así. Unha lectura externa nunca vén mal para renovar a mirada sobre os nosos artistas. Por outra banda, a obra de Colmeiro foi moi utilizada durante o proceso político da Transición: pasou aos despachos das institucións como un elemento de prestixio en determinados ambientes e iso, obviamente, non responde á vontade do artista, senón que é un proceso de asimilación e de recoñecemento nun contexto político determinado. —A exposición remata cunha obra, A fuxida, que desde parámetros formais moito máis maduros, volve a ese interese polo mundo do traballo. Lembra a esa obra de Giuseppe Pellizza da Volpedo, O cuarto estado, que se fixo célebre pola adaptación que fixo Bertolucci no seu filme Novecento, e que simboliza a loita sindical. Ese é o discurso que prima no seu traballo. —Vai sacar agora un libro sobre esa renovación da arte galega nas primeiras décadas do século pasado, na que a obra de Colmeiro encaixa moi ben. Semella necesario facer esa relectura daquela época. O libro, que se chamará A fronte da arte, alude a un concepto do momento que responde ás inquietudes da arte das frontes populares. Evoca unha arte social feita na Galiza, situada no contexto europeo, non tanto a partir dunha análise formal, senón da súa relación coas tensións sociais e políticas da época das que falabamos antes. Creo que o Movemento Renovador Galego e, en xeral, a historia da plástica galega, non é moi coñecida, mesmo para os sectores culturais máis conscientes. A diferenza do que sucedeu no momento de produción desta obra, na que os creadores de diferentes disciplinas estaban moi conectados entre si e tiñan un proxecto común, hoxe hai un descoñecemento bastante xeneralizado do que se fai noutras áreas. Un escritor galego pode non saber nada do que pasa na plástica e ao revés, un pintor pode non saber nada do que sucede na literatura ou no teatro. —Pero, ademais, o coñecemento que se ten sobre a artes daquela época está moi descontextualizado, dalgunha maneira "folclorizado", sen que se sitúe en relación cos grandes debates teóricos, estéticos e políticos. Si, hai unha lectura moi epidérmica. Non se entende que a obra de Colmeiro durante a ditadura está en sintonía co que pasaba na literatura: o social non podía aparecer dun xeito explícito porque o franquismo non o permitía. Toda etapa histórica precisa ser reformulada desde o presente, precisa ser relida para que actúe sobre a nosa sociedade. Crear construtos culturais que nos axuden a ler a nosa historia é fundamental para comprender onde estamos e cara a onde queremos dirixirnos. |
NOS_44237 | A falta de chuvia nun verán particularmente seco obrigou a restricións no abastecemento en concellos do sur do país. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deberá decidir na reunión do día 1 se declara a situación de alerta. A provincia de Ourense leva desde xaneiro en pre-alerta. | Hai máis dun mes que as estacións de Meteogalicia de Verín, o Parque do Xurés e Entrimo, na provincia de Ourense, e de Fornelos de Montes, Oia e Mondariz, na de Pontevedra non rexistran nin pinga de chuvia. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) informa de que as precipitacións anuais no sur do país están un 38% por baixo da media histórica de 1980 a 2012. Galiza rexistra a metade de chuvia que o ano pasado e no sur e centro das provincias de Ourense e Pontevedra a seca está provocando problemas no abastecemento. No caso de Ourense, a CHMS mantén a situación de pre-alerta por seca desde xaneiro. En xuño, Francisco Marín, presidente da entidade reguladora, advertiu que estaba cerca de producirse unha declaración de alerta que esixiría restrinxir usos "non prioritarios". A finais de agosto, a situación é semellante á de 2015. Daquela non chegara a producirse a declaración. Pero este ano a seca xa obrigou a cortar a auga en concellos como Lobeira (na Baixa Limia). Da Rúa e Petín, na parte oriental da provincia, até Vilardevós e Os Blancos, ao sur, hai concellos que empezan a recorrer ao subministro a través de camións cisterna ou abrindo pozos e recuperando fontes. "Cada concello sabe a súa situación, estamos nunha zona na que aumenta a poboación estacional, e algúns xa están tomando medidas para que non se regue", declarou Francisco Marín esta semana. Na bacía Galicia-Costa os encoros están ao 61% de capacidade, na do Miño-Sil, a un 58%. A diferencia respecto do ano pasado é que as reservas diminuíron notablemente. Os ríos Avia, Arnoia e Arenteiro presentan caudais anormalmente baixos. O Limia, e o Miño no seu paso por Ourense e o Sil no Barco tamén están a niveis moi baixos. "Espero non ver na vida restricións de auga na cidade de Ourense para o abastecemento", dixo hai un mes Marín. "Esa situación non se contempla". A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deberá decidir na súa reunión do próximo día 1, sexta feira, se declara a situación de alerta. |
NOS_46971 | Asegura que as medidas anunciadas por Fomento non inclúen ningunha das liñas de tren do país que precisan melloras, como as conexións entre Lugo e Ferrol, no tramo Compostela-Ourense ou na liña que une Vigo e Ourense. | Galiza volve quedar fóra dos principais investimentos en materia ferroviaria. Así o vén de denunciar En Marea, despois de darse a coñecer as medidas presentadas por Fomento aprobadas no último consello de ministros. Ningunha das liñas ferroviarias do país que precisan melloras nin recolle as propostas realizadas desde o país. "O anuncio do goberno central non atallará ningunha das necesidades en materia ferroviaria que ten Galiza", apuntan en nota de prensa. Entre elas, destacan o axuste de horarios e o incremento de frecuencias no Eixo Atlántico, medidas que foran aprobadas por unanimidade no Parlamento de Galiza tras iniciativa do propio grupo político. Entre as medidas que non figuran está o axuste de horarios e o incremento de frecuencias no Eixo Atlántico, aprobada polo Parlamento galego. A medida de Fomento non recolle investimento algún para as conexións entre Lugo e Ferrol, no tramo Compostela-Ourense ou na liña que une Vigo e Ourense. "Esta resolución castiga novamente Galiza fronte ao resto do Estado, que ignora uns investimentos chave para o desenvolvemento social e económico do país. Do conxunto das necesidades, só anota sen detallar a mellora do traxecto Vigo-Tui", explican desde en Marea. "Como sucede no caso da AP-9, o goberno central non ten en conta o acordo de todos os grupos da cámara galega, ignorando os acordos da cámara e condenando Galiza a unha situación na que o atraso das infraestruturas ferroviarias é cada vez máis grande". |
NOS_32192 | Corenta e un traballador@s da empresa 'Francisco Gómez e Cia', quedarán na rúa despois de se executar o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en previsión de perdas futuras. | Francisco Gómez e Cia é un grupo dedicado cento por cento á construción de obra pública que xestiona ademais os terreos da mina de Touro. Eduardo Sebio, da CIG-Construción explica que nos últimos anos obtivo, pola súa actividade, uns beneficios millonarios e denuncia que agora, aproveitando a reforma laboral e alegando supostas perdas futuras pola falta de carga de traballo, decidiu aplicar un ERE que deixa na rúa 41 traballador@s. Sebio denuncia que a actitude desta empresa, non só é inadmisíbel cos traballador@s -algunhas destas persoas levaban até 20 anos traballando para ela- senón tamén reprobábel do punto de vista ecolóxico e social. Cando Francisco Gómez e Cia se fixo coa xestión dos terreos da mina de Touro asumiu a obriga de rexenerar a zona afectada pola actividade mineira. Porén, o representante da CIG-Construción asegura que no canto diso, o que fixo foi aproveitalos como vertedoiro para botar lodos de depuradora, restos de conserveiras ou cunchas. "A acumulación de restos provoca uns cheiros insoportábeis e mesmo contaminou o río Lañas e o regato de Brandelos". O representante da CIG-Construción considera que até o de agora, a empresa conseguiu acalar a veciñanza, malia estas prácticas, porque moita dela, que agora foi despedida, dependía economicamente da súa actividade. A explotación da mina de Touro podería reabrirse se os estudos iniciados son satisfactorios. De feito, unha multinacional, Lundin Minig Corporation, asinou recentemente un acordo de opción de compra. De facerse efectiva a adquisición, a operación reportaría até 60 millóns de euros á construtora. "Isto fai aínda máis inxustificábel que se aleguen perdas futuras e se despidan 41 traballadores". |
NOS_16367 | A empresa anunciou que tivo uns beneficios de 3.639 millóns de euros e pensa realizar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), segundo adiantou aos axentes sociais, que cifran en 37.000 as traballadoras afectadas. Perante as númerosas críticas recibidas, Inditex recuou da súa idea inicial de aplicar o ERTE a partir de 1 de abril para adialo ao 15 dese mes. | A multinacional fundada por Amancio Ortega, Inditex, comunicou aos axentes sociais que ten pensado realizar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) que os sindicatos indican que afectará a 37.000 traballadoras e traballadores do seu cadro de persoal a nivel estatal (ten 50.000). A empresa, unha das que ten máis éxito a nivel económico cuns beneficios declarados de 3.639 millóns de euros no último exercicio, acóllese desta maneira á posibilidade de aplicar unha das medidas acordadas polo Goberno español e aforrará de pagar até 75% do salario que terá que ser compensado polas arcas públicas. Segundo fontes sindicais este ERTE entraría en vigor o vindeiro 1 de abril, se ben desde Inditex recuaron ante as fortes críticas recibidas e a última hora da quinta feira indicaban que sería a partir de 15 de abril. Inditex non aclara até agora que pasará coas traballadoras e traballadores temporais, coas que estean de baixa ou en excedencia, ou coas vacacións das afectadas. Nesta medida non estrarían as empregadas e empregados de almacéns loxísticos para garantir o funcionamento do servizo online e os envíos aos países que seguen coas tendas abertas. "Non é o momento" Desde CCOO solicitan a Inditex que aclare o futuro do seu cadro de persoal. "O mesmo día que anuncia uns beneficios de 3.639 millóns de euros e poñerse a disposición do Goberno para abastecer ao país de material sanitario, comunicaba aos sindicatos que presentará ERTE nos centros loxísticos de todo o Estado", sinalan desde a sección de Industria deste sindicato, "non é o momento de presentalos, podería afrontar a situación en solitario dada súa excelente situación financeira". Este sindicato explica que, no momento en que Inditex presente de forma oficial o ERTE, exixirá "de forma contundente" que a compañía asegure, ademais de todas as garantías de seguridade e saúde para o persoal, todo o emprego do grupo, a totalidade do salario e os conceptos variábeis ás persoas afectadas. |
PRAZA_13240 | As últimas medidas do goberno catalán expoñen claramente estas contradicións, pero máis que amosalas brinda as condicións de posibilidade para que podan subsistir no mesmo discurso. Por un lado propón, para a protección da seguridade vial, as penas pecuniarias tanto para as traballadoras como para os seus clientes. Nesta liña tamén prevé a confección do polémico ficheiro que gardará os dados sensíbeis destas persoas e, last but not least, a reforma do Código penal que criminalizará directamente as persoas que exerzan a prostitución. Mais para que isto funcione no plano simbólico é necesario recorrer ao discurso da exploración sexual e do tráfico das mulleres propio do abolicionismo | O papel da sexualidade na vida íntima e política das mulleres ten sido historicamente moi relevante. O ámbito da sexualidade produce as súas propias políticas, desigualdades e formas de opresión. Afirmar que a sexualidade é política, aparece a primeira vista como unha obviedade; sen embargo, hai momentos precisos en que esta se encontra máis exposta a ser politizada e renegociada. Esta norma tipifica como grave a ocupación de xeito temporal das zonas de dominio público das estradas coa finalidade de negociar servizos de natureza sexual, no entendemento de que aquilo supón un perigo para a seguridade vial Este é un deses momentos: A Generalitat de Catalunya emitiu unha orden, publicada o 30 de maio no Diario Oficial (DOGC), onde se establece a creación dun ficheiro no que se fará constar o nome, o DNI, a dirección, a clase de infracción administrativa e dados especialmente protexidos tales como a natureza sexual (?) das persoas que infrinxan o artigo 56.4 da Lei de Estradas. Esta norma tipifica como grave a ocupación de xeito temporal das zonas de dominio público das estradas coa finalidade de negociar servizos de natureza sexual, no entendemento de que aquilo supón un perigo para a seguridade vial. A sanción pecuniaria pode chegar aos 30.000 euros tanto para as traballadoras do sexo como para os clientes. Se ben pode considerarse unha medida inédita non é menos certo que se pode pensar dende o conxunto de políticas represivas (ordenanzas) no ámbito urbano que veñen sufrindo aquelas que traballan na rúa, sobre todo migrantes. A prostitución ofreceuse como un espazo onde teñen lugar os máis encarnizados debates feministas sobre a violencia e a dignidade das mulleres. De xeito moi esquemático advírtense dúas correntes: a corrente abolicionista, que xorde fronte a regulamentación e modelos regulatorios na Europa de fins de século XIX, entende que a prostitución sempre é violencia de xénero e nunca pode ser voluntaria. En contra, a partir da década dos 70 do século XX, como froito de unha nova mirada sobre a sexualidade feminina emerxeron grupos que avogaban pola legalización da prostitución. Para estes últimos é preferible abandonar o termo prostitución, pola carga de estigmatización que este ten, e defenden o carácter de relación laboral dos servizos sexuais. Falar de traballo sexual abre un plano onde a muller é autónoma e decide, entre outras opcións vitais, dedicarse a esta actividade. Así mesmo, o feito de que a prostitución obteña o status de traballo reduciría os riscos da estigmatización, de precariedade e de violencia aos que están expostas. No control da sexualidade feminina interveñen unha multiplicidade de actores, máis as traballadoras da industria do sexo nunca foron consideradas como interlocutoras válidas neste debate. Esta pode ser unha das razóns que fai que se perda de vista que o traballo sexual se exercede maneiras distintas, non só na rúa e non só por mulleres. Outra eiva que teñen os deseños das políticas públicas é que deixan ao lado as evidencias de una industria que avanza ao compás dos cambios tecnolóxicos e dos discursos feministas non abolicionistas. As investigacións serias levadas a cabo sobre a prostitución non deixan de chamar a nosa atención sobre a necesidade dun abordaxe complexa do goberno da prostitución. Neste senso, a problematización que se fai da prostitución redúcese a plantexamentos binómicos e, por tanto, as medidas resultan insuficientes e inaxeitadas Neste senso, a problematización que se fai da prostitución redúcese a plantexamentos binómicos e, por tanto, as medidas resultan insuficientes e inaxeitadas. Como ben sabemos, a nosa sexualidade está constituída por discursos, prácticas e saberes que trazan o límite entre a boa muller e a puta. O noso corpo e a nosa sexualidade en maior medida, están sometidos a sistemas de control que determinan as prohibicións. No caso particular da prostitución, o discurso abolicionista foi quen finalmente logrou establecer cales ían ser os límites da nosa sexualidade, permeando os perímetros desa actividade para ser utilizada como parámetro da conduta da muller en xeral. Non hai que perder de vista que o discurso abolicionista parte da premisa de que cando a muller entra no campo da sexualidade sempre o fai como unha vítima da opresión do home, nunca como alguén capaz de axencia. As prácticas emerxentes deste discurso no Reino de España continúan a sufrir os derroteiros da instrumentalización da nosa sexualidade. En tempos non moi lonxanos o exercicio da prostitución era perseguida pola lei de vagos e maleantes, máis nunca se chegou á formalización dun modelo prohibicionista, ao menos até esta semana, que o Conselleiro de Interior Catalán propuxo a reforma do Código Penal para dotar de eficacia as súas novas medidas represivas en Catalunya. O feminismo abolicionista fixo un gran favor ao goberno represivo da prostitución dende dúas posturas que, en principio, parecen contraditorias entre si O feminismo abolicionista fixo un gran favor ao goberno represivo da prostitución dende dúas posturas que, en principio, parecen contraditorias entre si. Por unha banda, se ben non propón un sistema de penalización da muller que exerce esta actividade, si dá carta branca á criminalización do seu entorno. Este é o modelo do Código penal vixente. Sen embargo, nunha relación directa coas políticas urbanísticas e o lema da seguridade cidadán, moitas cidades españolas teñen adoptado modelos materialmente prohibicionistas que produciron, sobre todo na última década, a criminalización das traballadoras sexuais que están na rúa. Por outra banda, o discurso abolicionista –dende a súa orixe- abrazou a protección dos dereitos humanos das mulleres vítimas do abuso sexual e a violencia no eido da prostitución. Non é baladí entón que o ingreso ao ámbito dos dereitos humanos de todas nós teña sido dende a vitimización e a infantilización que produciu o a loita contra "o tráfico de brancas". Definida a prostitución como un dos elementos centrais do que se entende como violencia contra as mulleres, o goberno anterior socialista fixo que a prostitución operase como un dos elementos centrais das políticas de xénero. Só basta voltar a escoitar as declaracións de Bibiana Aído ou botar unha ollada aos programas de loita contra o tráfico de mulleres con fins de exploración sexual do que foi o Ministerio de Igualdade. A loita contra a trata de mulleres na práctica funcionou como un velo para a sanción e estigmatización das migrantes irregulares que exercían a prostitución na rúa e nos clubes As "boas intencións" do discurso protector foran levadas de forma moi rápida para o plano represivo, sobre todo das mulleres migrantes irregulares. A loita contra a trata de mulleres na práctica funcionou como un velo para a sanción e estigmatización das migrantes irregulares que exercían a prostitución na rúa e nos clubes. Reformouse tamén a lei de extranxeiría para evitar a expulsión destas mulleres, mais o paradeiro das "vítimas" permanece descoñecido e só se conta cos casos en que a lei non se aplicou e finalmente foran privadas da súa liberdade nun CIE e deportadas. As últimas medidas do goberno catalán expoñen claramente estas contradicións, pero máis que amosalas brinda as condicións de posibilidade para que podan subsistir no mesmo discurso. Por un lado propón, para a protección da seguridade vial, as penas pecuniarias tanto para as traballadoras como para os seus clientes. Nesta liña tamén prevé a confección do polémico ficheiro que gardará os dados sensíbeis destas persoas e, last but not least, a reforma do Código penal que criminalizará directamente as persoas que exerzan a prostitución. Mais para que isto funcione no plano simbólico é necesario recorrer ao discurso da exploración sexual e do tráfico das mulleres propio do abolicionismo. A protección deslízase rapidamente cara á represión A protección deslízase rapidamente cara á represión. Un desprazamento espacial que as levou nun primeiro momento das rúas do centro da cidade ás estradas. Unha desterritorialización que as invisibliza aínda máis, unha criminalización que as culpabiliza de ensuxar as cidades, a sociedade enteira. Una reterritorialización no plano simbólico dun deterioro dos dereitos das mulleres e un pau máis na roda para a conquista dos dereitos sobre a nosa sexualidade e a autonomía. Parafraseando un lema feminista: Fora as súas leis da nosa sexualidade! |
NOS_35659 | Un militante nacionalista máis a facer un memorando de dignidade. Outra paxina imperdíbel agochada polo silencio imposto aos derrotados e que debe ser escrita en letras de ouro para que a vitoria sexa algún día posíbel. A historia, ao fin, daquelas loitadores anónimas do partido de Castelao e de Bóveda que sementaron Galiza con fanegas de rebeldía. | Soubemos del por uns versos titulados "A morte dun heroi" asinados baixo o pseudónimo de B. Lerez no Cancioneiro de loita galega editado en 1942 polo Partido Galeguista de México e pensamos que non podía ser certo. Antes de descubrir ao noso heroe coñecemos que o autor do seu poema era o exiliado pontevedrés Benito Búa Rivas, compañeiro de primeiras letras do mártir na escola de Lerez e que na súa estadía mexicana comezou o transitar do socialismo de obediencia española ás posicións nacionalistas acubilladas naquel xenial revista chamada Saudade. E si, existiu un mozo como aquel do que falaba o poema, alistado á forza nun exercito que non era o seu, desertor das tropas fascistas, parte, ao fin, das milicias populares, combatente contra o franquismo nalgúns dos máis importantes frontes de batalla e fusilado por un piquete fascista. Fillo duns emigrantes de Carnota, Manuel Formoso e Manuela Piñeiro, naceu en Arxentina en 1916, criouse na parroquia pontevedresa de Alba, onde seus pais mercaran unha importante propiedade ao regresar da Arxentina e se dedicaban profesionalmente a atender unha explotación agraria que pasaba por ser modélica polas iniciativas modernizadoras que levaban adiante, e que destacaba pola produción de viño. Aprendeu as primeiras letras co seu curmán Antón Agustín Formoso Piñeiro, que naquela altura estudaba maxisterio en Pontevedra e residía na súa casa, secretario xeral, co tempo, do Partido Galeguista de Carnota, presentador do mitin de Castelao en Lira e mestre depurado de Caldebarcos. Estudou na escola de Lerez, como a súa irmá Manuela, emigrante en Uruguai, o seu irmán Carlos, emigrante en Arxentina, e o seu irmán, Xulio, residente en Venezuela desde 1948, xornalista económico, sería o responsábel de comunicación do DRIL, xogando un papel destacado no operativo do Santa María e facendo parte da sección da UPG en Venezuela. Formoso Piñeiro posteriormente cursaría por libre estudos mercantís na Escola Profesional de Comercio de Vigo, recibindo nesta época clases particulares, do funcionario de facenda e dirixente nacionalista de Pontevedra Xulio Alfonsín Castrelos. Militante das Mocidades Galeguistas de Pontevedra, a súa afiliación en 1935 coincide cunha fonda crise organización local que provocou a práctica parálise das actividades, un importante número de baixas e o traslado ao partido doutro grupo de adherentes, como consecuencia dos enfrontamentos entre os leais ao Partido Galeguista e os próximos á Dereita Galeguista O dirixente das Mocidades, Victoriano Buxán Rivas, cuxa nacionalidade arxentina o salvou da morte pero non da cadea e do exilio, nesas mesmas datas afirmaba na prensa patriótica que "estas atópanse mortas" e Víctor Casas informaba por carta a Boveda que "os mozos deixaron de vir polo local agás Illa e Buxán, no caso de Fontenla e Taboaba é mellor así". A dedicatoria do poema "A morte dun heroi", recollida no libro "Cancioneiro da Loita Galega" publicado en 1942 pola delegación mexicana do Partido Galeguista, preséntanos a Manuel Formoso Piñeiro como "mozo poeta pontevedrés", versión corroborada polo seu curmán Agustín Formoso Iglesias, porén non coñecemos ningún verso da súa autoría. Será fusilado á volta do mes de abril de 1939 na localidade de Sarrión nas terras de Teruel. Como escribía o noso B. Lerez, isto é Benito Búa Rivas, no seu "A morte dun heroi","Manuel Formoso Piñeiro/por defendel-a Nacion,/morto foi de moura xente/ nun piñeiral de Sarrión!./os do piquete, rifeños/asómbranse do valor/que ten, que ten poucos anos/para ser tan grande heroi". A persecución do que foi obxecto a familia obrigou os pais a malvender as súas propiedades en Pontevedra e comezar outra vez o camiño da emigración á Arxentina onde non tardarían en morrer un e outro. |
NOS_20793 | O Executivo galego segue a apostar pola autodiagnose no canto de reforzar a Atención Primaria. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou na segunda feira que o Goberno galego ten pensado instar o Ministerio de Sanidade que reduza de sete a cinco días o tempo de corentena dos doentes que dean positivo nunha proba de SARS-CoV-2, unha proposta que xa foi remitida a semana pasada á Comisión de Saúde Pública. O titular da carteira de Sanidade indicou que a corentena só poderá rematar cando o infectado conte cun test de antíxenos negativo. Neste sentido, a Xunta segue a apostar pola autodiagnose no canto de reforzar a Atención Primaria, a pesar de que o propio Comesaña recoñeceu que as probas de autodiagnóstico teñen unha fiabilidade moi alta ao ofrecer resultados positivos por Covid mais non tan alta cando dan negativo. O conselleiro afirmou que "o volume de casos que temos (a Galiza) é suficiente para deseñar unha abordaxe diferente". Preguntado pola fiabilidade e validez dos autotest, preferiu matizar que, aínda que si valerían para rematar coa corentena no caso de obter un negativo, "habería que valorar as condicións" de cada un deses resultados. En decembro de 2021, o período de illamento xa foi reducido dos dez aos sete días, despois de que a Comisión de Saúde Pública o acordase "por unanimidade". Naquel momento, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, afirmou que "se podemos estar sete días corentenados, non debemos estar dez". Incorporación de médicos como técnicos de saúde Comesaña tamén informou da intención do Goberno galego de incorporar persoas tituladas en Medicina que non contan coa proba de Médico Interno Residente (MIR) como técnicas de saúde na Atención Primaria. A Consellaría de Sanidade agarda que estas incorporacións teñan lugar antes do 15 de febreiro, unha vez remate de procesar todas as solicitudes. O conselleiro xustificou esta medida como un intento de abordar a "sobredemanda", e afirmou que "estes médicos incorporaríanse facendo funcións semellantes ás que realizan os 86 jubilados que temos agora para echa axudar aos médicos de primaria sobre todo nos trámites administrativos, que son sanitarios pero relacionados sobre todo coas baixas, as peticións de probas ou o seguimento dos casos nos domicilios". Novas medidas Na reunión de hoxe entre as autonomías e o Ministerio de Sanidade, o Consello Interterritorial de Saúde acordou a supresión da obriga do uso da máscara no exterior, aínda que seguirá a recomendarse o seu uso cando non se poida respectar a distancia de seguridade e no caso de que se produzan aglomeracións. Asemade, na reunión aprobouse elevar a capacidade nas competicións deportivas profesionais de fútbol, baloncesto e outros eventos multitudinarios. En recintos abertos, pásase de 75% a 85% da capacidade de público, mentres que en eventos fechados muda de 50% a 75%. Ámbas as dúas medidas entrarán en vigor a vindeira quinta feira. |
PRAZA_15395 | O museo fai dez anos coa súa supervivencia posta en dúbida pola diminución do seu orzamento que pasou de dous millóns de euros en 2003 até os 700.000 que se prevén para 2013. Un grupo de artistas, creadores e afeccionados á arte reclama a continuidade do centro. | O MARCO de Vigo está celebrando o seu décimo animersario. Faino nun mal momento. Os recortes das achegas das administracións públicas e dalgunhas entidades privadas fixo que nos últimos tres anos se reducise abruptamente o orzamento do museo, que por exemplo era de dous millóns de euros en 2003 e que para 2013 se prevé que fique ao redor dos 700.000, 200.000 menos que neste ano. Neste contexto este martes preséntase en Vigo unha plataforma cidadá impulsada por un grupo de artistas, creadores e afeccionados á arte, que reclama a continuidade do centro. Entre eles está o artista Ángel Cerviño, que creou un evento en Facebook que en poucas horas reuniu centos de apoios. Este grupo denuncia que "mesmo no actual contexto de crise económica e redución do gasto público é imposible entender o ensañamento cos que diferentes administracións están actuando para conseguir o desmantelamento dun equipamento cultural de suma importancia para a vida cultural da nosa comunidade: un Museo que logrou, nos seus dez anos de actividade, situar Vigo no mapa dos centros de arte máis relevantes do Estado". E conclúe que se trata "dun grande investimento e moitos anos de frutífero labor que agora están a piques de ser tirados pola borda". Conclúen que se trata "dun grande investimento e moitos anos de frutífero labor que agora están a piques de ser tirados pola borda" Hai uns meses Iñaki Martínez, director do museo, reclamaba tamén o apoio das administracións para o MARCO nunha entrevista en Praza: "Sen cultura non somos nada. Precisamos referentes, conservar o que temos, estimular a produción de obras, apoiar a novos artistas e recuperar o traballo doutros con menos recoñecemento. E máis nestes momentos tan convulsos nos que vemos como se están a destruír logros que custou décadas poñer en pé". Iñaki Martínez: "Precisamos referentes, conservar o que temos, estimular a produción de obras, apoiar a novos artistas e recuperar o traballo doutros con menos recoñecemento" A plataforma reclámalles a todas as administracións implicadas (local, provincial, autonómica, estatal), e aos xestores políticos e culturais, "que tomen conciencia do tremendo mal que lle están infrixindo ao noso xa debilitado tecido cultural". Demandan que "cesen os enfrontamentos políticos e opten por decisións que salvagarden o carácter social do público". Conclúen que o MARCO é "unha peza insubstituible do nosto patrimonio cultural que non debe desaparecer". |
NOS_17061 | O acordo contempla a posta en marcho dunha serie de servizos públicos galeses ou compromisos para limitar que Gales sexa paraíso de 'segundas residencias' para británicos. | Laboristas e independentistas acadaron un acordo de Goberno en Gales, un pacto que fixa unha serie de medidas e compromisos para a lexislatura en diferentes campos, desde a vivenda pública ao idioma galés, pasando polos servizos sociais ou o cambio climático, segundo informaron desde Natinalia. O Partido Laborista galés e Plaid Cymru chegaron a un acordo para o Goberno nos vindieros tres anos. O Plaid, con todo, non entrará no Goberno, que estará integrado exclusivamente por membros do Partido Laborista. Laboristas (30 escanos) e independentistas (13) suman maioría absoluta na Asemblea Nacional de Gales, composta por 60 deputados e deputadas. Entre as medidas contempladas, o acordo prevé a creación dunha construtora pública galesa de vivendas sociais e o estudo da creación dunha empresa pública galesa de enerxía. O pacto tamén contempla avances no estudo para a creación dun Sistema Nacional de Protección Social en Gales: as dúas partes acordaron acordar un "plan de aplicación" para finais de 2023. O pacto entre os laboristas e os independentistas tamén inclúe diversas medidas para reforzar a lingua galesa, sobre todo no que se refire ás condicións para o seu uso nos centros educativos coa aprobación dunha Lei de educación en lingua galesa, para alén de avanzar no seu uso pola administración. Tamén se barallan medidas contra o cambio climático e para limitar as segundas residencias. O goberno de Gales anunciaba en setembro que se destinarán 2,4 millóns de libras esterlinas ( 2,8 millóns de euros) do financiamento da recuperación da Covid para fomentar proxectos e iniciativas relacionadas coa lingua galesa. |
NOS_6816 | Con motivo da homenaxe que lle rende o Concello de Cambre a Miro Casabella, publicamos un extracto do libro de Xan Fraga Miro Casabella e a nova canción galega, Galaxia, 2008, un texto que nos fornece as claves históricas en que tivo lugar este movemento. | O contexto histórico en que xurdiu a Nova Canción Galega foi o chamado tardofranquismo. Cronoloxicamente o período estudado por nós céntrase fundamentalmente entre 1967-1975. En ocasións, erradamente creo eu, asóciase esa etapa cunha "case ausencia" de ditadura. Incluso cunha suavización importante da represión. Os feitos históricos desmenten esta visión light do franquismo final. Outra cousa era que as loitas populares fosen obtendo certas conquistas. Sen afán de explicar esta etapa histórica nin o movemento de Voces Ceibes (1968-1975), mais si de contextualizar en que momento xorde o movemento da nova canción galega, mencionaremos algúns datos significativos. A ditadura franquista seguía sendo implacable nos seus aspectos represivos. Dende torturas, asasinatos, roubo de nenos, represión laboral, sexual, cárcere a represión lingüística e cultural. Seguía funcionando, e non exento de traballo, o Tribunal de Orden Público (TOP), creado en 1963. A Lei de Prensa de 1966 (lei Fraga) serviu moi ben á censura. As prohibicións, censuras varias, multas, sancións e secuestros de libros, publicacións, representacións teatrais, música, cinema... estaban á orde do día. Os estados de excepción parecían ordinarios. Tamén os Consellos de Guerra (Burgos de 1970); os asasinatos de Julián Grimau (1963), o estudante Ruano (1969), os obreiros Amador e Daniel nos sucesos de Ferrol (1972), Moncho Reboiras (1975), ou as últimas execucións de setembro de 1975. Estase producindo en Galicia nestes anos 60 unha oposición antifranquista, ao tempo que unha recuperación nacional de Galicia, da súa lingua e da súa cultura. Representada, entre outros, en dous ámbitos significados como o obreiro e mais o estudantil. Se por unha banda a Editorial Galaxia, que nacera en 1950, continúa na súa laboura cultural, en 1963 nace na clandestinidade o PSG (Partido Socialista Galego) e a UPG (Unión do Pobo Galego) no 1964, que darán un impulso político o movemento nacionalista. Na loita de Castrelo de Miño (en 1966) xa están presentes as dúas forzas con máis actividade: os nacionalistas da UPG e a esquerda estatal do PCE (Partido Comunista de España), que a partir de 1968 creará o PCG (Partido Comunista de Galicia). Isto é importante para entender despois o nacemento e evolución da canción galega. Sen esquecer, claro está, que as cousas non aparecen por xeración espontánea e os precedentes históricos do movemento galeguista, nacionalista e democrático están presentes neste momento. Existen xa diversas asociacións culturais que xogaron un papel moi importante como plataformas e espazos para a liberdade. A nosa tradición poética e musical era moi potente. En definitiva, creouse a Nova Canción Galega porque había unhas condicións obxectivas no país para iso, sen obviar que o exemplo de Catalunya con Els Setze Jutges e sobre todo de Raimon foi moi importante. En carta que en setembro de 1969 lle envía a Xosé Neira Vilas, que vivía en Cuba desde 1961, o poeta Manuel María di: No ano 1967, o día 9 de maio, no estadio da Residencia de Estudantes de Santiago de Compostela, Raimon deu, na súa língua, un recital das súas propias cancións que tivo un éxito clamoroso. Este recital foi o que fixo comprender a tódolos que a el asistimos a necesidade imperiosa de crear unha nova canción en galego. Unha canción feita no noso idioma, con problemas de hoxe, á altura do noso tempo e con música e sensibilidade dos nosos días. Por estes anos, 1967 e 1968, a Universidade Galega deu mostras dunhas inquedanzas e dun inconformismo non habitual entre nós. Inquedanzas e inconformismo que levaron ós nosos estudantes a ollar cara ós problemas galegos, a sentirse solidarios con eles i a interesarse polo idioma galego, proscrito e usado somentes polas clases populares e por uns cantos inteleituás máis ou menos galeguistas. Nestas circunstancias naceu a nova canción galega e apareceron os cantantes galegos e en galego. Manuel María xogou un papel importante no pulo da Nova Canción Galega, no que se inserta de maneira fundamental Voces Ceibes. Foi el mesmo quen presentou a Raimon neste famoso recital da Residencia de Santiago, coa lectura do seu poema adicado ao cantante de Xátiva, "Mensaxe a Raimon", tal como dispuxera o propio Raimon. Os primeiros discos da canción galega saíron en Edigsa por medio de Manuel Conde, avogado, e de Claudio Martí, que era o xerente da discográfica catalá. Edigsa editou en Galicia co selo Galaxia, onde tivo un papel importante Franco Grande, mesmo como adaptador de diversas cancións, pero sobre todo co selo Xistral, que dirixía o propio Manuel María. O autor de Muiñeiro de brétema, di un documento da policía secreta, era un comunista, marxista, nacionalista que "semanas más tarde sería sancionado por la Dirección General de Seguridad con 75.000 pesetas de multa por su intervención en un acto similar en la Universidad Central" [Madrid, 1968]. Multa que axudaron a pagar diversas persoas significativas, entre as que estaban Raimon e Salvador Espríu. Ese era o franquismo light. [Extracto do libro de Xan Fraga, Miro Casabella e a nova canción galega, Galaxia, 2008, publicado no A FONDO especial Miro Casabella, recollido no Sermos Galiza 255, á venda na loxa] |
PRAZA_17004 | ENTREVISTA O deputado de En Marea por Lugo, voceiro de quenda no Congreso, defende a presenza da "axenda galega" no traballo da formación e avoga por "non incidir no plano persoal" nas controversias internas para que estas non solapen accións como as "máis de 350 emendas" aos Orzamentos do Estado que veñen de formular | O escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello (Cospeito, 1958) deu en 2015 por primeira vez o salto á política institucional como cabeza de lista de En Marea por Lugo ao Congreso. Dende comezos de ano combina ese papel co de voceiro de quenda da formación dentro do grupo de Unidos Podemos no que se integra. Fernán-Vello lamenta que, en ocasións, os avatares internos da organización teñan maior difusión que o traballo, "ás veces invisíbel", en ámbitos como o parlamentario, xa sexa "presentando case 350 emendas" aos Orzamentos Xerais do Estado, que veñen de iniciar trámite ou, no plano máis concreto, logrando fondos para "unha rotonda na nacional VI" que veciñanza dun barrio lucense reclama dende hai anos. Iso, afirma, é máis relevante que asuntos internos máis propios "de programas rosas", ironiza. Leva vostede algo máis dun trimestre como voceiro de quenda de En Marea no Congreso, que balance fai deste período? Moi positivo, porque ser voceiro de En Marea no Congreso é unha vía de aprendizaxe moi intensa no traballo político, unha amplificación do traballo de deputado que enriquece. Eu sempre entendín o labor parlamentario como ser emisario dos problemas da cidadanía, como elemento de conexión entre a xente e a instancia parlamentaria, neste caso do Congreso. Nesa dimensión o voceiro exerce, se cabe, con maior intensidade. Un dos retos que vostedes se marcaron dende o inicio da lexislatura foi inserir a axenda galega no grupo no que se integran e no marco xeral, especialmente despois de non lograren constituír grupo propio. Cre que o están conseguindo? "Aínda que no plano legal non sexamos un grupo, de facto actuamos como tal" Aínda que no plano legal non somos un grupo dentro do Congreso, de facto actuamos como tal. Claro que a axenda galega está presente no traballo que realizamos, aínda que ás veces semelle invisíbel. Tamén porque non sempre os medios de comunicación galegos reflicten o traballo realizado e ás veces un se atopa coa ironía de que certas iniciativas teñen máis eco na prensa andaluza ou catalá que neses medios en Galicia, o cal tamén é unha eiva a respecto dun traballo no Congreso que moitas veces é transcendente... E ás veces déixache un sabor amargo non teña espazo. Cre que o ruído interno de En Marea pode contribuír a solapar ese traballo concreto? Máis alá do reflexo que teña nos medios... Si, tal vez. O ruído interno dáse en moitas organización, tamén en En Marea, e é comprensible que cree certo morbo no ámbito informativo sobre problemas ou liortas. Todo conflito tende a ter ese carácter e ese interese. Cando acontece no plano político dende as organizacións non se debe alimentar esa liña de sensacionalismo, mesmo ás veces marcada por medios que pretenden ditar o camiño a seguir. Eses conflitos deben resolverse no seo das organizacións; e non hai ningún partido nin organización política allea a conflitos internos. Eu teño moi clara a miña posición: non incidir no plano persoal neses problemas e que sexan resoltos no seo da organización. "Teño moi clara a miña posición: non incidir no plano persoal dos problemas e que estes sexan resoltos no seo da organización" Na contorna de En Marea dende o inicio, tamén polo xeito en que irrompeu no panorama político, xurdiu dende moi cedo o temor ao risco de decepción. Como xestionan ese xogo de expectativas? A irrupción no ano 2015 desa alianza que foi En Marea atinxiu máis de 410.000 votos, nunca na historia de Galicia unha organización deste teor tivera un resultado semellante. Cúmprense as expectativas? Esa ilusión mantense? A política ten altos e baixos e a relación coa cidadanía non é lineal; En Marea, que xerou esa gran ilusión, penso que mantén na súa marca profunda esa capacidade de ser alternativa artellada coa amplitude e mestizaxe das distintas forzas de esquerda que asinaron o pacto de Mazarelos baseado no carácter nacional de Galicia. Como dicía Manuel María referíndose á poesía, e tamén é un vello axioma marxista, que se desenvolve en forma de espiral. Non é unha liña fixa. E isto tamén; hai unha relación coa realidade e os seus problemas que fai que a organización teña que ser flexíbel e adaptarse. Como moitas organizacións frontistas e de unidade popular que tardaron en cristalizar, En Marea é unha forza moi nova, en crecemento, un neno que acaba de abrir os ollos e presenta problemas diversos na realidade política. É un proceso e o propio tempo e a realidade galega debe exercer a función de pediatra para resolver os problemas organizativos e políticos que poidan producirse. Eu teño confianza neste instrumento colectivo, que demostrou capacidade de ser alternativa nun país que ten que, si ou si, dar unha resposta política aos seus problemas. Porque se non reacciona para poñer fin ás políticas do PP, o futuro é moi negro. Veñen de presentar as súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado. No caso galego, o investimento previsto muda de escenario coa fin das grandes partidas do AVE; tamén deben mudar as achegas da oposición? Pasará moito tempo antes de volver falar de miles de millóns... As partidas do AVE ocupan case o 50% e vimos dunha caída de case un 33% entre 2016 e 2017. Isto mostra a parálise, seguir fixados no esquema político do recorte de 2012 e nese sentido a nosa posición é frontal de oposición a uns orzamentos lesivos para o noso país. "É un atraso que A Coruña e Vigo sexan as únicas cidades portuarias sen trens de proximidade sendo portos de primeira magnitude" Ao falar dos Orzamentos do Estado falamos fundamentalmente de infraestruturas. Levan demasiado o tempo os focos situados no AVE e lonxe de obras máis pequenas economicamente, pero moi demandadas? As partidas máis pequenas no ámbito local son fundamentais. Por exemplo, no caso do mantemento das estradas. Pero tamén hai elementos máis amplos, proxectos 'macro' que inciden nun conxunto de poboacións do territorio. Vexamos o caso, por exemplo, dos trens de proximidade entre A Coruña e Ferrol ou entre Vigo e Pontevedra que non se contemplan nestes Orzamentos. A Coruña e Vigo son as únicas cidades portuarias do Estado sen trens de cercanías, sendo portos de primeira magnitude, o que é un atraso despois de tantos anos. Ligada tamén ás infraestruturas está tamén a cuestión da AP-9. Teñen esperanza de que a proposta poida ter un novo percorrido despois da sentenza do Constitucional que invalida o veto do Goberno central? O asunto queda, en boa medida, nas mans de Ciudadanos... "A sentenza do Constitucional deixa nu o Goberno; confiamos en que Ciudadanos actúe en consecuencia e deixe de funcionar como muleta do PP nisto" A sentenza do Constitucional deixa nu ao Goberno e á Mesa do Congreso. Ciudadanos funciona como muleta do PP, un partido-eslogan que funciona segundo o vento que máis o poida favorecer en cada momento, con contradicións graves na súa liña de actuación política. Neste caso nós pedímoslle que actúe en consecuencia; hai unha sentenza do Constitucional. O bloqueo de proposicións de lei dos últimos meses non ten parangón na historia, é unha vía de liquidar a acción da oposición que non se pode admitir nun Estado democrático. Confiamos en que Ciudadanos actúe en consecuencia e deixe de apoiar o PP nisto. Cre que, se isto non sucede a respecto da lei da AP-9 e doutras, o bloqueo torne esta lexislatura estatal nunha lexislatura baleira aínda que haxa maiorías para sacar adiante propostas? Produciuse máis bloqueo de iniciativas que nos últimos 40 anos. A cidadanía pode preguntarse para que serve outra maioría se a LOMCE segue en pé, a 'lei mordaza' segue en pé... Ou a reforma laboral. Nós, ademais de dar os pasos que dita o sentido común no sentido de defender que esas leis entren a debate, imos utilizar todas as vías posibles. O Constitucional xa se pronunciou e iso é unha derrota do Executivo. Temos que usar todas as vías dispoñibles no plano democrático para que a parálise non se cronifique, porque non é admisíbel nun Estado democrático este veto continuo. "É o momento da esperanza para que a verdade sobre o accidente de Angrois se abra paso" O que si se activou, aínda que despois de moito tempo, é a comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. Cren que servirá para deitar luz na parte política do sucedido, como reivindican as vítimas dende 2013? En Marea neste caso sempre actuou como emisaria das vítimas e sempre de xeito paralelo ás súas reivindicacións. Unha vez que se conseguiu a creación da comisión xa é un éxito político; coido que En Marea foi fundamental en momentos nos que o PSOE non quería saber nada do tema. Nós seguimos traballando, falando cos demais grupos para conseguir que se crease e, unha vez creada, ábrense moitas posibilidades. Hai que dar explicacións, analizar o que aconteceu en Angrois. É un momento de esperanza para que a verdade se abra paso e nós imos traballar a fondo, tanto a deputada Alexandra Fernández, que sempre levou este tema, como Antón Gómez-Reino, que tamén forma parte da comisión. Porque é de xustiza. |
NOS_56333 | Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936) vén de publicar Retratos en fite (Laiovento), unha compilación de perfís de persoas coas que tivo relación. A saída desta obra coincide cos cincuenta anos da primeira edición d'O atraso económico da Galiza, que defende a tese de que a Galiza é unha colonia. "Sígoa mantendo", asevera un Beiras que explica que "estamos peor que hai 40 anos". Nunha demorada conversa, ofrece unha análise da actualidade sociopolítica e económica. Falarmos de todo isto, exemplifica, "é como comer cereixas, colles unha e non paras". | O seu mestre Pereira, grandes vultos do Partido Galeguista como Otero Pedraio e Bóveda, as xentes da xeración do Seminario de Estudos Galegos, camaradas seus como Manolo Caamaño, Valentín Arias ou Marios Orxales... Que teñen en común todas estas persoas que recolle no seu último libro? Teñen en común que con todas elas mantiven amizade, mesmo fraternidade e camaradaxe. Tamén compartín clandestinidade con algún deles no PSG e outros son mestres dos que na miña xeración recibimos a herdanza, o facho, do nacionalismo. Esta serie de retratos literarios non está pensada para facer un libro, pois escribinos cando mos pedían. Pensaba que eran ducia e pico, pero eran máis, e faltan todos os dos oitenta ou comezos dos noventa, que non están gardados no computador: Fermín Penzol, Cribeiro, Reimundo Patiño, Avilés de Taramancos... Faltan moitas persoas, mesmo coas que tiven máis relación. Na escolma non hai un nesgo determinado. Crin que ía resultar un "tocho" e que non habería quen o vendese, pero en Laiovento animáronme. Ao enfermar Aurichu [a súa compañeira], no outono, deixei o libro e retomeino en abril, cando todo se resolveu favorabelmente. Os que quedan, se cadra, máis adiante e xa con calma, podo recuperalos. Habería que ir ás publicacións orixinais para picalas. Un dos retratos é o de Paco del Riego, unha persoa dunha xeración anterior á súa pero con quen mantivo moita relación e partillou militancia política clandestina. Que destacaría do home a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2023? Paco del Riego era unha personalidade extraordinaria. Era un home absolutamente entregado á causa do nacionalismo e foi do núcleo dos que empezaron a reorganización do PG durante a Segunda Guerra Mundial, a partir de Stalingrado -sempre se nos fala do desembarco de Normandía, mais o curso da Segunda Guerra Mundial onde muda é en Stalingrado-. Ademais, era un home cunha erudición extraordinaria. A súa biblioteca, incorporada á Fundación Penzol, era extraordinaria. Foi un dos artífices primordiais de Galaxia. A tríade de quen traballaban en Galaxia acotío era moi curiosa: Xaime Illa, Ramón Piñeiro e Paco del Riego. Illa era o grande imaxinativo, tiña moitas iniciativas, un home con moita xenerosidade, pero desorganizado; Ramón Piñeiro era o cerebro que dirixía a liña editorial e política e Paco era, como eu digo, o operario, o home disciplinado que estaba ao pé do canón e traballaba todos os días. Paco era nacionalista e Piñeiro non. Con Paco, convivo cando veño de Madrid, unha vez exilian o catedrático co que estaba traballando na miña tese doutoral. Son os anos en que estou en Vigo, do 63 ao 69 e a miña relación con Paco era cotiá, cunha unha fraternidade absoluta. Paco dicíame a min: a diferenza entre Ramón e mais eu é que eu son un optimista nato e el o contrario. "Eu son nacionalista, Ramón é galeguista e federalista", dicía. Piñeiro tiña a visión de Galiza como unha comunidade de cultura, nos termos de Otto Bauer. En cambio, o que son as teses propias do nacionalismo, desde a época das Irmandades, da Asemblea de Lugo, e do que foi o Partido Galeguista e do Estatuto [do 36], non. El apostaría por un esquema federal do Estado, como máximo. Paco, en cambio, era nacionalista e un home dunha entrega absoluta. Era absolutamente exemplar. A publicación deste novo volume coincide co 50 aniversario do remate d'O atraso económico da Galiza. Se hoxe volvese escribir este libro, que teses mudaría? Revisei todo o esquema epistemolóxico e metodolóxico no ano 82-83, porque O atraso está escrito baixo o franquismo, está escrito con censura, con autocensura. É un libro sobre economía, que trata a patoloxía socioeconómica da Galiza e defende que Galiza é unha colonia, aínda que poña colonia interior ou colonia interna do Estado español. Collo teses sobre o colonialismo interno que non son marxistas, senón de Pablo González Casanova, mais no transfondo é un esquema marxista porque está tratado co artellamento dos distintos segmentos da formación social galega, en termos do que son os diferentes modos de produción. Formulo que hai un espazo precapitalista, a Galiza campesiña e mariñeira, que ademais era demograficamente maioritaria, e o sector do capitalismo e estabelezo unha relación dialéctica entre os dous. A tese de que a Galiza é unha colonia sígoa mantendo. Precisamente, quería preguntarlle por iso, se segue mantendo que Galiza é unha colonia. Por suposto. É máis. Nos últimos quince anos, polo menos, prodúcese recrúase a síndrome colonial na Galiza. A síndrome colonial non só afecta a base económica da sociedade, non significa só que nos exploten os recursos e que haxa unha detracción do excedente económico -tanto monetarizado en forma de aforros ou de recursos primarios-, nin afecta só en termos políticos, de que non teñas soberanía política, senón que afecta tamén no plano superestrutural, como o ideolóxico e o cultural. Non hai máis que ver que despois de 40 anos de Goberno autónomo, cun Estatuto onde se di que o galego é o idioma propio -e se é cooficial co español é porque o español é o idioma do Estado e por iso é cooficial na Galiza-, que teña que ser a cidadanía organizada, como por exemplo A Mesa, a que siga a loitar para que se normalice, porque non está normalizado o uso do idioma... E que neste país os medios de comunicación estean case todos os máis importantes en español... Unha colonia non é só pola cuestión económica. Agora isto transformouse no espolio descarado e na destrución dos contidos das potestades atribuídas polo Estatuto en réxime de autonomía, e xa non digo soberanía. Desde que entran a funcionar os Gobernos de Feixoo, faise un baleirado dos contidos das potestades e competencias atribuídas polo Estatuto á Xunta e ao Parlamento. É un puro espolio e, por tanto, non está vixente o Estatuto. E, noutros casos, aínda que estea formalmente vixente, cargáronse a realidade para a que é aplicábel. Poño por caso a competencia exclusiva no plano financeiro, que era a regulación das entidades de crédito de tipo cooperativo, as caixas. Non hai. Esa foi a gran trampa de Feixoo e compañía, en colaboración co Mafo [Miguel Ángel Ordóñez] de merda, que tiña que estar procesado. Ese si que practicou a secesión. Era un gobernador do Banco de España que traballaba para os intereses da banca en vez de traballar para o Goberno do Estado. O Estado español é un Estado falido. Cando se fala das cloacas, é unha redundancia porque o Estado mesmo é a cloaca. Un Estado onde a cúpula do poder xudicial é golpista, onde se poden pasar polos collóns a Constitución, onde o Consello Xeral do Poder Xudicial e o Supremo levan todos os anos que levan sen renovarse e non pasa nada... Iso non pode pasar nun Estado democrático. Ti colles a Constitución, sobre todo o título primeiro, que é fundamental para dereitos, liberdades e obrigas dos cidadáns, lelos un por un e están baleiros de contido. Ningún está en vigor: nin o que se refire á xustiza, que ten que ser gratuíta para todos, nin o que se refire ás relacións laborais, á planificación económica, ao sistema tributario... a nada. Utilízanse as institucións para subvertelas, para pólas ao servizo dos intereses das oligarquías da UE e da plutocracia, xa non só española, senón a transnacional e, por tanto, isto convértese nun espolio sistemático. O idioma resulta que ten que estar defendido pola xente; os eólicos, cando vén un Goberno bipartito onde está o BNG e se empeza a mudar o decreto para que se abra á participación dos concellos e chega o PP e o bota abaixo, o Superior dita sentenza dicindo que iso é unha barbaridade e non pasa nada... A min que me digan que isto non é unha colonia. Manifesto particular ou 'oficio profano de defuntos' Por isto que me conta, mantén que Galiza está hoxe "moito peor" que hai corenta anos, como escribiu recentemente nun artigo publicado en Nós Diario. Absolutamente. A autonomía comeza no 81. Os de menos de 60 anos non participaron nin na Constitución, nin no Estatuto nin en nada diso. Atoparon algo que estaba feito. Quedamos poucos e poucas de 80 e tantos anos e que contamos como era a Galiza. Cando un di con toda crueza, moi esquematicamente, que isto que está pasando daquela non ocorría e que estamos peor, non teñen referencias para sabelo. Como non teñen referencias para saber en que consiste unha ditadura e o réxime franquista, porque non se informou a xente. O pacto de silencio foi terrorífico. Hai un proceso de eliminación da memoria histórica e de censura e todo iso e máis elementos, que son análogos ao que pasou na República de Weimar, en Alemaña, dáse o caldo de cultivo para a fascistización do PP e para a aparición explícita de Vox. O problema non son as barbaridades que di Vox, senón que se houbese unha cultura democrática na cidadanía, non poderían sacar máis do 5%. O PP fixo moi ben aquí o traballo de Vox, pero enmarcado doutra maneira. Dáse un proceso de extinción do pobo galego entendido como tal e isto só o resolve unha revolución cívica, que virá. Voltando ao que dicía: dáse un proceso de extinción do pobo galego entendido como tal e isto só o resolve unha revolución cívica, que virá. Non sei se chegará a tempo, pero virá, porque a historia non é liñal. Eu non o verei. Pensabamos que o veriamos nos 70, despois, a finais do século XX e cometemos erros brutais que tamén contribuíron, como perder de vista o horizonte do proceso estratéxico de liberación nacional, o norte que marcaba o compás. O nacionalismo organizado converteuse nunha forza nominal e verbalmente nacionalista e soberanista, pero dunha práctica autonomista. Compara os discursos destes anos co que eu dicía nos 90. Era un discurso moi inclusivo, nada dogmático, nada de dicir "nós somos os guapos", "Galiza somos nós"... e, ao mesmo tempo, era moi asequíbel para a xente porque trataba dos problemas concretos, do fondo dos problemas, estabas en todos os combates, a pé de obra. Era moi radical a mensaxe. Estabas sempre. A finais dos noventa, eu vía que estaba nunha contradición moi fodida porque a partir do 97 o BNG é a segunda forza política no Parlamento e temos opción de gobernar a Xunta, pero eu son portavoz nacional, é dicir, o portavoz do proxecto estratéxico do BNG, un proceso de liberación nacional, e por outra parte son o candidato á Presidencia da Xunta, no marco da constitución e do Estatuto de autonomía. E lembro que Mario López Rico, que levaba comunicación e propaganda, dicíame "Xose, tes que ter un discurso de presidente", e eu dicía, "non, teño que ter discurso de portavoz do BNG, o que si, seis meses antes das eleccións estou disposto a facer un discurso de presidente". Pero estaba nunha situación fodida. Cada vez tiñamos máis compromisos nas institucións do réxime: en 1999 gobernamos en cinco das sete cidades e en tres delas con Alcaldía, temos un escano en Europa -Camilo sempre fixo un discurso soberanista, mesmo no campo idiomático-, e cada vez estamos máis collidos. Eu que coño fago? Dábame de conta de que había que disociar dous roles, como o PNV, as decisións tómaas a Dirección pero o lehendakari non vota. O BNG tivo tamén ese período de bicefalia. Eu propuxen na Dirección, alá polo 99-2000, con algúns compañeiros do núcleo, fundamentalmente os da UPG, que había que facer algo. Mais resulta que aproveitaron para sacarme do medio. Diso mellor non falar, non me gusta falar das cuestións internas. O importante é pensar no que cómpre facer e saber cousas que pasaron para evitar volver caer en erros. Volvendo ao que estabamos, Galiza está moito peor. Demograficamente, en canto á magnitude e á dinámica, ao hábitat, á desertización... E tamén financeiramente, a metade dos aforros galegos, das contas correntes, estaban nas caixas, que xuridicamente non eran S.A. e non podían repartir dividendos. Os beneficios que tiñan chamábanse excedentes e o destino tiña que ser a obra social ou a ampliación de capital. Tampouco existen. A banca de titularidade galega desapareceu. Dos conglomerados do grupo Barrié, Fernández, Coren... que queda diso? Que empresa ten a domiciliación social en Galiza? Logo dise que non temos capacidade financeira. É un país acéfalo economicamente e non o era hai 40 anos. Se é acéfalo economicamente e politicamente porque utilizan o poder contra o país, que máis queres? É unha condena. A guerra volveu ao corazón de Europa. Que está en xogo no conflito armado en Ucraína? Que hai que reclamarlle á esquerda? O que está en xogo é se o proxecto europeo, se o proxecto histórico europeo, é a Europa que vai desde a Fisterra nosa aos Urais ou se é un conglomerado de Estados satélite da hexemonía ianqui e aí están gañando o pulso os norteamericanos e están embarcando a UE nun belicismo suicida. Isto dá lugar a que sexan os socialdemócratas os que practican a inquisición, porque é un sistema inquisitorial. Ao grandísimo director de orquestra Valery Guérguiyev, que mantivo a orquestra do Teatro Mariinski en Leningrado, o Ballet Kirov nos anos máis duros de Ielstin, que fixo un labor extraordinario en Francia e foi contratado posteriormente pola London Simphony, que era director dunha das dúas orquestras sinfónicas de Munich... Cando estalou a guerra, ao saber que era amigo de Putin, exixíronlle que fixese declaracións contra o seu país, dixo que non e botárono. Cando foi a guerra do Iraq, coas mentiras das armas de destrución masiva, esixíuselle a algún director de orquestra occidental que fixese algunha denuncia contra a OTAN ou o Pentágono? E cando foi o de Iugoslavia? A esquerda non existe máis que na sociedade. Nas institucións políticas, apenas existe. Hai fenómenos que son esperanzadores, como o que acaba de pasar en Francia, coa Fronte de Gauche, que seguín moito porque coñecín a Mélenchon en Atenas en 2007. Non hai neste momento en Europa un fenómeno como o Foro de Copenhague da primavera de 2013. Provocan un conflito análogo á guerra fría dentro de Europa, a pesar dos esforzos dos Gobernos de Rusia, desde Gorbachov, e malia os compromisos de non ampliar a OTAN alén da Alemaña do Leste... Ía agardar Putin a que lle puxesen un mísil a 50 quilómetrosde Moscova? A reacción de Rusia é de autodefensa, que non resolve nada e agrava o conflito, pero realmente non lle quedou outra. Non hai garantías legais fronte a unha deriva golpista como a da maxistratura. Países de tradición socialdemócrata como Suecia ou Finlandia entregan os kurdos para que Erdogan levante o veto e poidan entrar na OTAN... Fan o mesmo que acabamos de facer nós cos saharauís, e o que levan facendo cos palestinos... Que carallo de Europa é esa? Iso non é Europa, son os gringos. Explícallo ti á xente! Xa che din que es de Putin, pero hai que ter a coraxe de dicilo. Non existe pluralismo de prensa, non hai liberdade de prensa. O pluralismo de prensa liquidouse na transición. Coa esquerda social que existía no tardofranquismo, como é posíbel que non nacese ningún xornal do proletariado? Da clase obreira? Por que non se aprobou unha lei do libelo? Non hai garantías legais fronte a unha deriva golpista como a da maxistratura. E aí é onde eu enlazo coa república de Weimar. Explicábao moi ben Tony Domenech en A eclipse da fraternidade. A constitución de Weimar deseña os poderes de maneira que o xudicial está aí pairando libremente, independente do poder executivo e lexislativo. Non se depurou a maxistratura, nin a Policía nin o Exército. E aquí aconteceu o mesmo, por iso estamos como estamos. As cousas teñen a súa explicación sempre. Atopámonos ante unha nova crise cuxos síntomas son a alza dos prezos, a perda de poder adquisitivo, a caída real dos salarios... Como explica o actual momento económico? En 2008 hai unha crise no propio sentido da palabra, unha crise financeira. A metáfora que eu utilicei daquela foi un infarto de miocardio no corazón do sistema circulatorio da Bolsa de Wall Street. Esa é a crise e en vez de pórlle remedio culpando os responsábeis desa barbaridade, e defender os cidadáns, o poder político, empezando polo americano, debrúzase diante da plutocracia financeira, de maneira que salva os grandes bancos e fode a xente. Isto faise en todos os países do centro do sistema, dentro do Imperio. A consecuencia é a aplicación das políticas neoliberais e o que se empeza é unha gran depresión. O crack do 29 é a crise e a gran depresión é a dos anos 30. E cando se sae da gran depresión? Coa guerra mundial. Da gran depresión non se sae porque se fai todo o contrario do que se ten que facer. Explícao moi ben Varoufakis. A pandemia agrava as consecuencias da gran depresión e lévanse a cabo políticas socialdemócratas para facerlle fronte a esa gran catástrofe, pero son parches. Por exemplo, como podes explicar á xente sen que pense que estás tolo que cando hai unha traxedia humana, con millóns e millóns de mortes, como nunha peste, as vacinas sexan o remedio co que os grandes complexos quimiofarmacéuticos fan un gran negocio e que polo tanto o capital fai un gran negocio? A traxedia humana convértese nun gran negocio para ese consorcio, como a guerra para o complexo militar industrial norteamericano. Entón entramos nunha nova fase da gran depresión, non saímos delas. As medidas de paliativos adoptadas fundamentalmente pola ministra de Traballo son caralludas para o capital: agora subides salarios, eu provoco inflación. O capital queda como moi dialogante porque acepta a suba do salario mínimo, as regulacións de emprego temporais, "son moi demócrata, pero agora saco eu o sacho". Estamos a un ano dos vindeiros comicios estatais, a maioría das sondaxes colocan na Moncloa a Feixoo. Como ve a conxuntura política? Iso é moito preguntar. As enquisas non son tal cousa. Non se fan para explorar, senón para practicar o condutismo. Se ti sementas na cidadanía, que non ten outros medios de informarse pola súa conta nin o nivel de coñecementos culturais en política suficientes, e logo preguntas, naturalmente o resultado xa sabes cal vai ser, é como o dos canciños de Paulov. Eu non me fío das enquisas, mais si hai un feito e unha explicación: o réxime está podre, todo está podre: as grandes institucións, o poder xudicial, a Casa Real, e boa parte da chamada clase política está podre tamén. Feixoo que é? É un fascista tartufo, en termos propios nosos é un cipaio. As colonias producen cipaios. É tan facha como Pablo Casado e os grandes medios non o van desenmascarar porque son os que xogan ao seu favor. Os medios coma vós teñen unha capacidade limitada porque xa sabemos que a cidadanía que se nutre da información dos medios convencionais non o fai dos alternativos. E hoxe por hoxe, sobre todo a nivel televisión, teñen moita máis influencia. Hai unha cidadanía contaminada polo "estupefaciente" que lle chamaba Castelao, as institucións que tiñan que pór orde practican a sedición e a esquerda social está desmobilizada, porque a que empezou a mobilizarse pondo en cuestión o propio réxime, a revolución cívica, que empezou nos 90 e que seguiu nos 2000 e na que Galiza foi pioneira co Nunca Máis, que acabou nas rúas, en 2016, e que acabou defraudada desmobilízase. Hoxe a esquerda social máis activa carece de voz nas Cortes porque os que a representaban antes hoxe están intentando facer cousas dentro dun goberno que ten unha cantidade de ataduras impresionante. Para min é unha incógnita o que pode pasar. Non me atrevo a facer un prognóstico. Ve unha alternativa ao PP para 2024? Si, vexo. Potencialmente hai unha alternativa. Hai unha alternativa, o BNG está en condicións de ser unha alternativa, mais o problema está en que por unha parte é moi difícil en Galiza que o BNG sobarde o PSOE nunhas eleccións ao Parlamento, nunhas eleccións nas que se decida quen ten o poder na Xunta. Se non se fan parvadas e se traballa con intelixencia, cabe esa posibilidade, pero hai unha falta de conexión do BNG coa esquerda non nacionalista que pode ser aliada do nacionalismo fronte ao PP. O que está clarísimo é que nunha situación de gran depresión os dous eixos de contradición basculan. Na Galiza, hai un eixo de contradición: esquerda-dereita, clases traballadores-capital, clases populares-oligarquía, pero hai outro eixo que é a contradición nacional Galiza-Estado. O nacionalismo de esquerdas, que na Galiza sempre o foi porque non houbo de dereitas, ten que xogar con esas dúas contradicións. Cando estás na situación de grave crise, a contradición dominante é a de esquerda-dereita, iso foi o que eu vin en 2012, por iso lancei a mensaxe da fronte ampla. Cando lanzo a proposta en verán de 2012, se o BNG en vez de dicir "non queremos saber nada" di "imos falar", seríamos hexemónicos dentro da coalición e Feixoo perdería as eleccións. Para min iso de que nacionalismo e españolismo é unha fronteira insalvábel non é certo. É unha fronteira porque quen non asume Galiza como suxeito político non entende a cuestión, pero pode ser un aliado. O fracaso é cando non o consegues a nivel de Estado, como pasou nestes últimos anos. Foi un fracaso de En Marea. Foi un fracaso, sobre todo, por cadros políticos, non pola xente de base. Foi un fracaso polo comportamento de Pablo Iglesias, de Yolanda Díaz e de Tone Gómez-Reino, e de xente de aquí, por estupideces, por falta de clarividencia. O que se xoga é que a esquerda sexa capaz de chegar ao acordo de que o principal inimigo é o PP e entón estabelecer unhas pautas de xogo que non son ir necesariamente xuntos nunha coalición, pero si que a xente perciba que poidan entenderse e non para facer un acordo de Goberno, senón para facer un proxecto alternativo, que é o que nunca se fixo. En 2005 non había un proxecto alternativo, o único que se fixo foi un reparto de consellarías. E iso a xente percíbeo enseguida. Para min a chave está aí. Oxalá funcione. Desde logo, danse todas as condicións obxectivas para que o PP perda a maioría no Parlamento. Hai que darlle luz á xente do común. A xente do común non ve. A min ségueme abordando a xente, pero por que? E por que no meu eido fixeron o contrario? Por que eu era un perigo para o proxecto do BNG? Porque Beiras non é controlábel? Ese é proxecto político? Non é unha cuestión de persoas, senón de amosar que hai un proxecto. Cando en 2012 dixen nun mitin en Lugo que estaban a matar xente, Mario López Rico dixo "o Beiras xa se cargou a campaña" e foi todo o contrario. A esquerda só pode gobernar se ten o exército mobilizado, e o exército é a infantería, a esquerda social. Non podes gobernar metido nas institucións e dicindo á xente "tranquilos, que estamos facendo cousas". Cando non podes facer algo, tes que dicir, "isto non o puidemos facer e os responsábeis son este e este". É necesaria unha estratexia revolucionaria, e non falo da maoísta nin da bolxevique, é outra cousa, é entender que ti non es máis que o portavoz e o axente da cidadanía, que realmente é a que necesita ser protagonista. Iso é o que define o político de esquerdas. Pero é moi perigoso. A Olof Palme custoulle a vida, e a Lubumba antes. Eu desexo que na Galiza o BNG e as posíbeis forzas alternativas boten dunha puñeteira vez eses usurpadores homicidas, porque están matando xente todos os días. Cando en 2012 dixen nun mitin en Lugo que estaban a matar xente, Mario López Rico dixo "o Beiras xa se cargou a campaña" e foi todo o contrario. Á xente tes que dicirlle a verdade, o que non podes é facer demagoxia, e non podes dicir algo para o que non teñas credibilidade. Tes que ter claro, se es dirixente de esquerda, que o que menos che importa é o teu cargo. Fraga chegou a dicir que eu sería o próximo presidente da Galiza, o tipo estaba xa un pouco gagá, e non se fiaba dos seus. Eu pensaba, se son presidente durarei de seis meses a un ano pero procurarei facer cousas que tarden cinco ou seis decenios en desaparecer. Cando o bipartito, tiñan que ter entrado como os exploradores da selva co machete, e non foron capaces. Beiras ve un PP sen maioría no Parlamento galego en 2024 |
NOS_979 | O 18 de setembro de 2014 o pobo escocés está chamado ás urnas nun referendo de autodeterminación que podería darlle a independencia. Unha manifestación este sábado pulará polo 'si' a unha Escocia independente. | Debe ser Escocia un país independente? Esa será a pregunta que deberán responder @s escoces@so de aquí nun ano. O último inquérito publicado a petición do goberno escocés amosa un aumento das posturas soberanistas que roldarían o 44% da poboación e unha redución entre as persoas que se amosan indecisas, porén, aínda fica unha parte importante do electorado por se decidir. "Referendos coma este son acontecementos que ocorren unha vez nunha xeración", dixo Alex Salmond,líder do Scotish National Party. Desde o SNP aseguran que Escocia ten capacidades e recursos para converterse nun país soberano de éxito "mais precisamos", considerou Salmond, "as ferramentas políticas precisas para crearmos unha sociedade máis xusta". En troca, o ministro británico en Escocia, Michael Moore, apelou ao carácter "definitorio" do momento para promover o 'non' á independencia na consulta popular. "Escocia será máis forte, máis segura e máis próspera se continúa sendo parte do Reino Unido", sinalou. Unha marcha clamará polo 'si' en EdimburgoSexa como for, o vindeiro 2014 Escocia vivirá unha xornada histórica na que a cidadanía terá a oportunidade de decidir cal seráo seu futuro pois, ao contrario o que acontece no Estado español, o goberno inglés de David Cameron recoñeceu o dereito de Escocia a se autodeterminar após unha forte campaña a prol do dereito a decidir. Neste senso, o vindeiro sábado 21 de setembro @s independentistas promoven unha marcha por Edimburgo a prol da independencia baixo o lema "March and Rally for the Scottish Independence". Na pasada edición, máis de 10.000 persoas clamaran polo dereito a decidir do pobo escocés nunha mobilización que inundou a coñecida Princes Street Gardens. Nesta ocasión, un acto político precedrá a marcha que partirá de High Street e rematará en Calton Hill. |
PRAZA_9628 | O COTSG celebra unha xornada técnica centrada no traballo social dirixido ás mulleres, sobre todo aquelas que sofren ou sufriron situacións de violencia de xénero. Falamos coa vicepresidenta do Colexio | Este venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial do Traballo Social. Como xa fixera o pasado ano, o Colexio Oficial de Traballo Social celebra unha xornada técnica para os e as profesionais do sector, centrada nesta ocasión no traballo social dirixido ás mulleres, sobre todo aquelas que sofren ou sufriron situacións de violencia de xénero. As actividades terán lugar a partir das 17 horas no Edificio Cersia de Santiago de Compostela."Queriamos facer fincapé no feminismo porque nós traballamos cos colectivos máis desfavorecidos da poboación e neses colectivos as mulleres adoitan ser quen están nunha posición de maior desvantaxe", explica Antía Sobrino, vicepresidenta da entidade.A Xornada comezará coa intervención de Elena Molanes, que traballa no Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Benestar, e que falará sobre o apoderamento das mulleres dende unha óptica profesional. Así mesmo, contarase coa intervención de alumnado da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, que levará a cabo unha presentación de Mapas Corporais. E, finalmente, Chus Olivares, que traballa na Casa de Acollida de Ferrol para mulleres vítimas de violencia de xénero e que imparte módulos de formación en igualdade no cárcere de Teixeiro, falará sobre o "traballo social feminista". Falamos con Antía Sobrino."As mulleres que sofren esta situación veñen directamente a nós para preguntar que deben facer para denunciar, como ten que ser a súa saída do domicilio ou simplemente quen un asesoramento inicial"Que función cumpren as traballadoras e traballadores sociais na axuda ás mulleres que sofren violencia machista?Nós traballamos en moitos eidos diferentes. Por exemplo, na administración local os servizos locais comunitarios teñen sempre un ou unha profesional de traballo social de referencia. Nós somos sempre os receptores; facendo unha analoxía co sistema sanitario, somos como o médico de referencia. En moitos casos as mulleres que sofren esta situación veñen directamente a nós para preguntar que deben facer para denunciar, como ten que ser a súa saída do domicilio ou simplemente quen un asesoramento inicial. Somos o profesional de entrada a todo o sistema de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.De igual xeito, moitas veces ocórrenos que compañeiras que traballan en entidades do terceiro sector e que en principio nada teñen que ver coa violencia de xénero, acaban detectando estas situacións entre as usuarias dos seus servizos. E nese momento convértense na vía de escape que lles permite a esta mulleres fuxir diso.Que melloras son necesarias para que poidades desenvolver mellor o voso traballo neste ámbito?Faría falla unha maior dotación de recursos humanos. Consideramos que é moi importante a presenza nos centros de información a mulleres da figura do Traballo Social, que na actualidade non é obrigatoria, aínda que si a hai en moitos centros. Tamén consideramos que debería haber máis prazas para mulleres vítimas de violencia de xénero, porque moitas veces a rede está saturada e unha muller do Barco de Valdeorras ten que marchar a unha casa de acollida en Ferrol, co problema que isto xera. "Debería haber máis prazas para mulleres vítimas de violencia de xénero, porque moitas veces a rede está saturada e unha muller do Barco de Valdeorras ten que marchar a unha casa de acollida en Ferrol"Tamén se poden mellorar os trámites burocráticos para tramitar todos os tipos de axudas que lles permiten a esas mulleres tirar para adiante nun primeiro momento e ser independentes. Se estes trámites fosen máis rápidos, sería todo máis doado. Dende o Traballo Social tentamos mobilizar todos os recursos económicos, humanos e de todo tipo para que as mulleres poidan deixar atrás a súa situación de maltrato e seguir adiante coas súas vidas.Hai, finalmente, un problema de recursos. Os centros de información a mulleres son comarcais. Non todas as mulleres que sofren violencia, sobre todo as que viven en zonas rurais, se poden permitir ir todas as semanas á cabeceiras comarcais, sobre todo sen que o saiba o seu maltratadorNas xornadas faise tamén fincapé no apoderamento das mulleres que sofren estas situacións. Como se leva a cabo este proceso? Cando unha muller é vítima de violencia de xénero ten baixo mínimos a súa autoestima. Esta muller leva sendo sometida durante un tempo longo por unha persoa que a converte en vítima, que a fai crer que todo o que lle está a ocorrer é porque ela fai cousas mal. Son mulleres coas que hai que facer un traballo longo para conseguir que comecen a valorar o que son como persoas, para que comecen a valorarse. Tamén para conseguir que non volvan caer nunha relación deste tipo."Cando unha muller é vítima de violencia de xénero ten baixo mínimos a súa autoestima. Hai que facer un traballo longo para conseguir que comecen a valorar o que son como persoas"Que elementos son importantes neste traballo?O paso dunha muller de ser unha vítima de violencia de xénero a ser unha persoa apoderada non é algo que leve cinco minutos, senón que é froito dun traballo constante de moitos meses, de moitas sesións de intervención. Por iso fai falla tempo de atención, que as traballadoras sociais que estamos con elas dispoñamos dun número de sesións mínimo que nos permita atendelas correctamente. A atención psicolóxica e o asesoramento xurídico son moi importantes. E están funcionando moi ben os grupos de axuda mutua: grupos de mulleres vítimas de violencia de xénero que se apoian entre elas, que se comprenden e que ven situacións semellantes de persoas que conseguiron tirar para adiante. |
NOS_9769 | Segue decretada a alerta por proximidade ao núcleo da Porteliña, en Caldas de Reis. | Veciños e veciñas de 25 vivendas desaloxadas na madrugada desta sexta feira en Vilagarcía de Arousa debido ao incendio —aínda activo— iniciado na parroquia de Saiar, en Caldas de Reis, puideron regresar recentemente ás súas casas. Segundo fontes consultadas por Europa Press, a veciñanza evacuada na parroquia vilagarciá de Cea, en concreto no lugar de Castroagudín, na zona de Aldea de Arriba, puideron volver ás súas casas na mañá desta sexta. Por outra parte, nestes momentos as estradas da zona áchanse todas habilitadas para a circulación, logo de permanecer cortados nalgún momento da noite determinados treitos das calzadas VG-4.7 e PO-305. Nesta última, a DXT mantén vixente unha advertencia por retencións entre o quilómetro 0 e o 4, en ambos os sentidos. [VÍDEOS] O incendio do monte Xiabre avanza sen control cara a Vilagarcía após calcinar 350 hectáreas Segundo a última información trasladada pola Consellaría do Medio Rural, con datos recollidos até as 8.30 horas, o fogo, activo desde as 19.25 horas desta quinta feira, calcinou xa 350 hectáreas e obrigou a decretar a situación 2 de alerta por proximidade ao núcleo da Porteliña (Caldas), unha medida que segue en vigor. Con todo, o alcalde desta localidade, Juan Manuel Rey, confirmou a Europa Press que a situación no municipio "está mellor que esta pasada noite" e agora "parece que xa non hai risco para as casas". No punto traballan catro técnicos, seis axentes, 30 brigadas, 24 motobombas, cinco pas, catro avións e catro helicópteros. Aliás, solicitouse o apoio da Unidade Militar de Emerxencias (UME). O fogo de Verín puido ser provocado por artefactos lanzados desde un dron |
NOS_16092 | Esta terza feira, día 26, na Libraría Couceiro a partir das 19:30 e no marco do ciclo de actos de carácter literario-musical 70minutos.con, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). | A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un ciclo de encontros con autoras denominado 70minutos.con. O ciclo propón unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en pequenas pílulas de divulgación de 70 minutos, nas que haberá igualmente espazo para a palabra escrita. Os eventos procuran achegar a diversidade da literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de a contextualizar, definir e debullar. Mais non ficará aí: as voces protagonistas da análise literaria interpretarán o seu traballo creativo, revelando os seus procesos e chaves. Ese ciclo pon o ramo esta terza feira en Compostela, na libraría Couceiro, onde a partir das 19:30 horas Yolanda castaño e Chus Pato dialogarán sobre poesía e literatura, nun acto aberto á participación do público. |
NOS_8914 | O ERE do Santander na Galiza volve traer a primeira plana a destrución de emprego no sector bancario e a exclusión financeira, que na última década aumentou no noso país en 49%. | O Banco Santander anunciou un ERE que na Galiza tradúcese en 271 despedimentos e o feche de 135 sucursais. Chove sobre mollado: neste país clausuráronse na última década 1.026 sucursais bancarias. De 2.517 que había en 2008 pasouse a fechar 2018 con 1.491. Polo camiño, 40% sucursais menos. Temos agora 1.491 sucursais, as mesmas que había a finais da década dos 70. Se en 2008 a nosa ratio era de 9,2 oficinas por cada mil habitantes, agora é de 6. Unha tesoirada que se realizou, nomeadamente, a costa do rural e, nas cidades máis poboadas, daqueles barrios máis golpeados pola crise. Os dados do Banco de España sitúan Ourense como unha das provincias máis afectadas pois aí 48% da rede (180 sucursais menos) e tamén sitúa nese espazo Pontevedra, con 363 oficinas desaparecidas, 44% das existentes. Na Coruña o impacto foi pasar das perto de mil oficinas bancarias que había en 2008 até as 602 de agora, un 39% menos. En Lugo a redución foi de 30%, sendo a menos afectada. Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión financeira aumentou na Galiza en 49%, 15 puntos por riba da media española, que é de 34%. Son datos dun estudo realizado por Joaquín Maudos, Catedrático de Análise Económica na Universitat de València. Un traballo no que cifra en 43 os concellos galegos onde non hai sucursais nin oficinas bancarias, unha situación na que se atopan máis de 61.000 galegos e galegas. A propia Unión Europea advirte que a exclusión financeira é un dos problemas a facer fronte. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco. |
PRAZA_13198 | A organización da marcha contra a "privatización e os recortes" nos servizos de saúde subliña que conta con "todos os permisos" para a súa mobilización do vindeiro domingo. Representantes do mundo da cultura asinan un manifesto apoiando as reivindicacións. | Non había prohibición. Despois de que na mañá deste venres un dos voceiros da plataforma SOS Sanidade Pública, Francisco Vizoso, denunciase en rolda de prensa que o Concello de Santiago optara por "non permitir colocar un palco" na Praza da Quintana, onde a organización prevé un acto reivindicativo e musical para culminar a súa manifestación contra "os recortes e as privatizacións", o colectivo vén de aclarar que "conta con todos os permisos necesarios para a realización" da mobilización. Así as cousas, non haberá atranco ningún para o desenvolvemento da protesta, dende a saída da marcha, ás 12 da mañá na Alameda, ata o acto final na Quintana, onde se lerán os manifestos que inspiran a mobilización e dende o que, ademais, os músicos Ses e Magín Blanco interpretarán as súas Tempestades de sal e Rumba das apertas. Nun comunicado posterior SOS Sanidade explicou que Vizoso "interpretou que o Concello de Santiago, como ocorreu noutras ocasións, denegara o permiso para instalar o palco" cando "non se chegou a solicitar, por falta de orzamento da plataforma", dando lugar a un "lamentábel malentendido". Á marxe da disfunción comunicativa a plataforma presentaba este venres os apoios á protesta procedentes do mundo da cultura, representado na comparecencia pública polo escritor Suso de Toro, que vía nos supostos impedimentos á colocación do escenario unha mostra máis do "retroceso democrático" que, na súa opinión, se está a vivir en Galicia e no conxunto do Estado. "Non se trata de recortes técnicos", afirma De Todo, "o mesmo na sanidade que na liberdade de expresión" estase a "retroceder trinta ou corenta anos en dereitos democráticos adquiridos" o que, di, fai aínda máis importante a participación nunha manifestación que o Concello pretende que se desenvolva en condicións "indignas" porque, di, "unha cousa é a pobreza" de recursos económicos e outra "a represión". Suso de Toro: "É unha mostra máis do retroceso democrático, o mesmo na sanidade que na liberdade de expresión" O escritor xustifica a implicación de escritores, músicos ou actores na proesta no feito de que os recortes sanitarios "non son un problema dos traballadores da sanidade" senón de toda a sociedade, dado que os servizos públicos de saúde son "un patrimonio social". "A sanidade e a educación son un tesouro do modelo social europeo que neste momento está en perigo". Por este motivo, afirma, cómpre deixar dun lado os "intereses particulares", mesmo as posibles "represalias" por poñerlle cara ás protestas, en beneficio da "defensa do ben común". Na diversidade de apoios ás reivindicacións de SOS Sanidade incide tamén Francisco Vizoso, que subliña que a plataforma, máis que sanitaria é "cidadá", algo que fica demostrado, di, na integración de todos os sindicatos, de organizacións políticas diversas e tamén de colectivos doutros ámbitos como o veciñal. Son "amplos apoios" contra unhas medidas que, de "consolidarse", advirte, impactarán de cheo na "saúde da poboación", xa que se substituirán as prestacións universais financiadas vía impostos por un modelo de "beneficencia", cunha "sanidade mínima" para o groso da poboación e outra "privada para quen poida pagar un seguro". Con estes argumentos SOS Sanidade sairá ás rúas da capital nunha protesta que, sinala Vizoso, é "a primeira manifestación dunha vaga" delas polo resto do país. "A xente decátase de que a saúde é importante" e esta, afirma, é unha "batalla decisiva" para que a sanidade pública non regrese ao escenario previo á Lei Xeral de Sanidade de 1986. |
NOS_35683 | Nace a Coordinadora galega de ANPAs do rural, que o 12 de setembro unirá folgos coa Plataforma pola defensa da montaña e coa Plataforma galega en defensa do ensino público. Percorrerán xuntas o camiño que separa a praza do Obradoiro de San Caetano para visibilizaren o seu rexeitamento ás políticas de Feijóo e ao desmantelamento das escolas do rural, cadrando co inicio das aulas en infantil e primaria | O presidente --en funcións-- do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, colocou as notas da banda sonora do seu goberno sobre o pentagrama dos recortes. En defensa dos servizos sociais e contra a eliminación dos nosos dereitos, ao longo destes tres anos foron xurdindo iniciativas que procuran un rexeitamento conxunto ás políticas da Xunta. Se nos centramos no eido do ensino público, nel floreceron desde pequenos colectivos nas bisbarras até plataformas e coordinadoras que se moven a nivel nacional para protestaren contra a supresión de 2.500 docentes na lexislatura, contra o peche de 132 unidades na pública entrementres se crearon 16 novas na privada, contra o desmantelamento do programa Preescolar na casa, contra a redución da presencia da nosa lingua nas aulas até deixala nun mísero 20% e, en definitiva, contra un executivo que lle foi chuchando á educación os dous cualificativos que fan dela un dereito fundamental: pública e gratuíta. Liquida Preescolar na casa para 'aforrar' un millón, entrega tres millóns á segregación por xéneroAsí as cousas, constituíronse dúas plataformas en defensa do ensino público. Dunha fan parte CC.OO., UGT, Confapa, CSI-F, Iesga, Sindicato de estudantes e Escola viva. E da outra, a que se apelida 'galega', fan parte CIG, AS-PG, Galiza nova, Comités, Liga estudantil, BNG e as ANPAS de Lugo, Compostela e Ferrolterra. O paro convocado o 10 de maio levou ás rúas máis de 10 mil persoas en todo o país, e máis de 3 mil secundaron as accións desenvolvidas pola Plataforma galega contra o RD 12/2012. Entre outras, houbo concentracións e unha cadea de peches rotatorios nos centros de ensino. Preescolar na casa tamén ten unha plataforma para defendelo, aínda que a Xunta preferiu liquidalo e non permitir o debate no Parlamento da ILP presentada --avalada por 26 mil sinaturas, aínda que para presentala cumprían só 15 mil--; todo isto a pesar de que, segundo os cálculos de PnaC, podería tirar para adiante de recibir unha subvención de 700 mil euros anuais, e funcionar con normalidade se axuda ascendese até un millón. A Xunta dixo que este programa baseado na educación familiar e centrado no rural non era necesario e, máis unha vez, engadiu que non había cartos para o soster. Posteriormente entregou non un, senón tres millóns de euros a cinco centros que segregan o alumnado por razón de xénero. Contra o peche das escolas do rural e da montaña Se o rural é o grande esquecido da actividade do goberno, tamén é o máis ferido polas agresións ao ensino público. Para lembrar que estas crianzas existen tamén e que non son números naceu a a plataforma Pola defensa da montaña --familias dos CEIP de Cervantes, Samos, O Incio, Navia de Suarna, Doiras, Becerreá e As Nogais--, que iniciou unha peregrinaxe para protestar pola eliminación de unidades escolares e de prazas de docentes que a Xunta de Galiza anunciou nestes centros a partir de setembro. Percorreron a pé o camiño francés até Santiago, e fixérono por etapas. A primeira arrincou o 14 de xullo, e a última, que une o Monte do Gozo coa praza do Obradoiro, concluirá este 12 de setembro, cadrando co inicio das aulas na primaria. No Obradoiro serán recibidos pola Plataforma galega e polo último colectivo en se constituír para defender o ensino público no país e, nomeadamente, no rural lucense e ourensán: a Coordinadora galega de ANPAs do rural. A día de hoxe fan parte dela asociacións de nais e pais dos concellos de Samos, Cervantes, O Incio, Doiras, Portomarín, Sober, Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Cortegada, Cenlle, Ribadavia, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras e Coles. 17 de setembro, máis unha mobilizaciónDesde o Obradoiro, os tres colectivos camiñarán xuntos até os edificios administrativos de San Caetano, onde deixarán clara a súa postura: "mentres a Xunta non recúe non deixarán de manifestar o seu desacordo perante esta agresión a un dereito fundamental dos seus fillos", para quen exixen "o acceso a unha educación digna, de calidade e con garantías de continuidade no tempo". As crianzas non irán á escola ese día, e probabelmente non o fagan tampouco en toda a semana. O obxectivo é "sumarmos forzas" para pórlle a cambadela a Feijóo e ao titular de Educación, Jesús Vázquez, nunha andaina que conducirá ao peche dos colexios do rural, afondando no despoboamento. Pola súa banda, a Plataforma galega ten xa outra acción fixada no calendario. Após participar este sábado día 8 na mobilización convocada pola Plataforma en defensa dos servizos públicos --CIG, CC.OO., UGT e CSI-F-- e de anunciar a súa presencia na concentración do día 12 ás portas da Xunta, o 17 de setembro volverán a San Caetano con motivo do inicio das aulas en secundaria. |
PRAZA_19352 | Veciños, testemuñas e protagonistas do enfrontamento co Garda Civil de hai catro décadas conmemoran aquela xornada no mesmo lugar. | O pasado mércores 15 cumpríronse 40 anos da acción máis simbólica e lembrada da revolta das Encrobas contra a mina que alí proxectou e construíu Unión Fenosa. Veciños -e sobre todo veciñas- enfrontáronse con paraugas, sachos e paus á Garda Civil nun dos últimos intentos da empresa Lignitos de Meirama por ocupar forzosamente os terreos dos labregos. Houbo detidos, desmaios e imaxes que converteron aquel episodio nunha icona da rebelión, en plena Transición e con Franco xa falecido. A cámara de Xosé Castro, fotógrafo de La Voz de Galicia, permitiu que a mirada e afouteza daquelas mulleres ficaran para sempre no imaxinario colectivo. Neste domingo, testemuñas daquel día, veciños de antes e de agora e o propio fotoxornalista volveron a esta parroquia de Cerceda. "A terrá e nosa e non de Fenosa", berrábase daquela. "A nosa terra aínda non é nosa", púidose ler nas pancartas de hoxe. "A terrá e nosa e non de Fenosa", berrábase daquela. "A nosa terra aínda non é nosa", púidose ler nas pancartas de hoxe Houbo paraugas, sachos, bastóns e paus. E Xosé Castro, Pepucho, volveu inmortalizar os protagonistas, acompañados por grandes reproducións daquelas fotografías icónicas de hai corenta anos. Representantes do mundo político nacionalista e de esquerda, do sindicalismo labrego e do ecoloxismo acompañaron esta Marcha da Memoria, un "acto poético-artístico pero tamén reivindicativo e de lembranza para aqueles que pelexaron". Cantou Xosé Luís Rivas, Mini, falou Manuel Rivas e lembrouse a moitos que non estaban. Deixáronse fotografías penduradas no valado que agora rodea o que foron varias aldeas dunha parroquia desaparecida. Aquel enfrontamento de hai catro décadas acabara por ser clave para que a empresa abandonase o procedemento expropiatorio aberto e iniciase as negociacións coas persoas afectadas para adquirirlles os seus terreos. E a batalla, xa enfocada a conseguir as mellores condicións e evitar os continuos abusos e afectacións medioambientais, continuou ata hai pouco máis de dez anos. |
NOS_42121 | O 'Informe sobre a Lei de Dependencia na Galiza', elaborado polos sindicatos de pensionistas de CCOO e UGT na área de Vigo denuncian a falta de prazas en residencias públicas e a baixa proporción por habitante. Salientan que na Galiza as persoas dependentes reciben, de media, 1.000 euros menos que no conxunto do Estados. Os rexedores de concellos socialistas destacan que a Xunta non aporta o orzamento que lle corresponde aos servizos locais de axuda á dependencia. | A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO e a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT na área de Vigo denuncian que en territorio galego, segundo datos de 2017 recollidos no 'Informe sobre a Lei de Dependencia na Galiza', ofértanse tres prazas en residencias por cada cen maiores de 65 anos. O secretario xeral da Unión na área de Vigo, Juan Fontenla, denunciou nunha rolda de prensa que este dato sitúa a Galiza como a quinta comunidade coa proporción máis baixa do Estado. O documento, elaborado polas sindicatos de pensionistas da área de Vigo, foi presentado esta cuarta feira. O seu obxectivo é analizar a aplicación da normativa e do seu Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. O informe salienta que en 2017 os centros privados sumaban 78,7% das prazas dispoñíbeis, sendo Galiza o terceiro territorio estatal con menor oferta pública. Nun marco de protestas dos colectivos de persoas xubiladas na Galiza polas súas baixas pensións, o responsábel da federación de pensionistas de CCOO, Tito Hucha, denunciou que a proporción da oferta implica que só aquelas familias con capacidade para asumir os custos das residencias privadas "poden ter as necesidades das persoas dependentes ao seu cargo cubertas". Ambos sindicatos denuncian que a situación deriva dos "recortes" aplicados durante a crise económica. O documento tamén destaca que, segundo datos do Observatorio da Dependencia, o gasto na Galiza por persoa dependente foi nese ano 1.000 euros inferior á media estatal. Os sindicatos ligan esta cifra á escolla, por parte do Goberno galego, da inversión en servizos de custos menores, como a teleasistencia ou a axuda a domicilio. Durante a exposición Ucha advertiu que en 2033 calcúlase que as galegas maiores de cen anos poderán alcanzar as 3.500. Ao tempo, as maiores de 65 anos suporán 30% da poboación galega. Alcaldes socialistas fondos á Xunta Esta cuarta feira alcaldes e alcaldesas socialistas reuníronse na Coruña para debater sobre os servizos de atención á dependencia que prestas. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, comunicou que se trata "dunha competencia impropia que asumen os Concellos, cando corresponde ás administracións galega e estatal". Formoso lembrou que a Xunta achega 9,70 euros á hora no servizo de atención ao fogar desde 2008, "a pesar de que se incrementaron tanto os prezos da atención como o número de usuarias". "A situación é insostíbel para as finanzas municipais, a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade", salientou. Os socialistas, a través da Fegamp, esixirán unha actualización da aportación da Xunta. |
NOS_14434 | Ao resolver un recurso interposto contra a dirección do penal de Dueñas (Palencia), que denegou o translado á Galiza do sindicalista Telmo Varela cando se atopaba en prisión preventiva, a sentenza ditada sinala ás claras que a práctica da dispersión deberá estar fundamentada "en causas concretas", e non en razóns xenéricas como a gravidade do delito ou motivos de seguranza. | "Non se xustificaron documentalmente as causas concretas que no interno desaconsellan o translado de centro a outro máis próximo á súa contorna familiar e social". É por iso que, en virtude desta sentenza do Tribunal superior de xustiza de Madrid, o preso galego Telmo Varela tería dereito a cumprir o que lle resta de condena nun centro penitenciario da Galiza. Varela, que no momento de interpoñer o recurso en que interesaba o seu achegamento ao País (novembro de 2011) se atopaba en prisión preventiva baixo aplicación da lexislación antiterrorista, leva seis meses en liberdade provisoria á espera de que se resolva máis un recurso, este último presentado contra a sentenza que o condenou a catro anos de cárcere. O sindicalista, militante da CUT cando foi detido, en decembro de 2010, en relación cun delito de depósito de explosivos do cal foi achado culpábel, ten cumprida xa a metade da condena, o que posibilitou a súa posta en liberdade namentres non se resolve o recurso. Un paso adiante contra a dispersión O fallo do superior madrileño supón un paso adiante xudicial en contra da dispersión penitenciaria á cal fican submetid@s @s independentistas galeg@s ao lles aplicaren a lexislación antiterrorista após a imputación por "pertenza a banda armada". O fallo non recoñece con carácter xeral o dereito dos e das presas a ficaren custodiadas nun penal ubicado na súa contorna, mais si sinala de maneira rotunda que as razóns que fundamentan a práctica politico-penitenciaria da dispersión deben vir fundamentadas por algo máis que argumentos xenéricos como a gravidade do delito ou motivos de seguranza. A traballadora social xa recomendara o translado de Varela á Galiza Recólleo así o apartado final do fallo, onde se explica que, malia que a dirección do centro penitenciario de Dueñas (Palencia) --Varela foi transladado alí en xullo de 2011 após cumprir catro meses de prisión preventiva na Lama-- alega esas dúas razóns xenéricas, "no expediente administrativo non se xustificou documentalmente, cos preceptivos informes da xunta de tratamento, do educador social, psicólogo e traballador social as causas concretas que desaconsellan (...) o seu translado". Con todo, a maxistrada Carmen Rodríguez vai máis aló e cita "o único informe existente da traballadora social". Nel admítese "unha proposta favorábel ao translado" de Telmo Varela á Galiza "para poder fomentar e manter os vencellos familiares". Malia que este fallo afecta só o caso concreto do sindicalista, supón o primeiro paso nunha estratexia xurídica de denuncia da dispersión penitenciaria, paralela á denuncia política e social que veñen facendo familiares e amizades d@s independentistas galeg@s que fican pres@s e submetidas a esta práctica. |
NOS_49719 | O anuncio do presidente do Goberno, Alberte Núñez Feixoo, da posíbel revisión do peche do paridoiro do hospital de Verín foi recollido con cautela polas forzas políticas e polo comité do centro. Critican que a Xunta ligue a revisión da súa decisión á cobertura de dúas prazas de pediatría, cuxa convocatoria quedou deserta en xuño, e demandan que o Sergas retribúa ás profesionais que traballan fóra das grandes urbes. | A pasada quinta feira o presidente do Goberno da Galiza, Alberte Núñez Feixoo, anunciou un cambio de postura na súa decisión de pechar o servizo de partos e de urxencias pediátricas do Hospital de Verín. O gobernante anunciou a convocatoria de dúas prazas temporais de pediatría en réxime de interinidade na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e o seu compromiso de revisar a súa decisión se se cubrían. As forzas da oposición cualificaron a Feixoo de "hipócrita", lembrando que esa mesma oferta quedara vacante no mes de xuño. O alcalde da Vila do Támega e representantes das tres forzas políticas do municipio, PSdeG, BNG e PP, coinciden en valorar que a Xunta recoñeza a verdadeira problemática, mais cargan contra a súa proposta para solucionala. "A falta de profesionais é a punta do iceberg. Por que se ofrecen prazas temporais? Por que se repite a mesma convocatoria? A Xunta debe ofrecer condicións máis estábeis", reclamou o rexedor de Verín, o socialista Gerardo Seoane, en declaracións a Sermos Galiza. "A Xunta debe ofrecer condicións máis estábeis", reclama Gerardo Seoane, alcalde de Verín "O certo é que se non fose pola presión social da xente a Xunta non tería feito este anuncio, esperaban que Verín permanecese calado e non foi así. E seguiremos loitando ata que a apertura do paridoiro sexa efectiva", apunta o tentente de alcalde nacionalista Diego Lourenzo a este medio. Mesmo o grupo local do partido popular atopou costuras na oferta do Goberno. "Non nos enganemos, en Verín estamos todos chamando a toda a nosa lista de contactos, a ver se atopamos a alguén que queira traballar aquí. O nivel de paro en pediatría é cero, cómpre discriminar positivamente aos profesionais que traballen aquí, premiándoos con incentivos salariais, por exemplo", analiza o edil do PP Juan Manuel Jiménez a Sermos Galiza. O alcalde verinés critica a postura do Goberno, que defende o traslado como "unha decisión técnica". "Nun sitio como no que vivimos, non se pode dar primar a rendibilidade fronte a outros criterios, non é a prioridade. E non se pode mesturar o despoboamento coa desatención dun servizo. Precisamente se pechamos servizos a poboación trasladarase a onde poda recibilo", salienta . Sen pediatrasO ex xerente do centro entre 2007 e 2009, Enrique Pérez, en declaracións a este medio xa apuntara, en declaracións a este medio, a unha intencionalidade nos estudos esgrimidos polo Goberno encamiñada ao peche do paridoiro. Durante a súa xestión Pérez apostou por programas para o intercambio de profesionais "que permitisen suplir a carencia de facultativos que tiñamos, por exemplo, nas unidades de oncoloxía, oftalmoloxía e pediatría". Pérez tamén apuntaba a "facer que as pediatras atendan á veciñanza da periferia do mesmo xeito que a das grandes urbes". "Sempre soubemos que o problema era á falta de pediatras, pouco avanzamos", afirma Yolanda Domínguez, secretaria da comisión do Hospital de Verín. "Sempre soubemos que o problema era á falta de pediatras, pouco avanzamos", afirma Yolanda Domínguez Baixo a punta do iceberg ao que fai alusión o rexedor de Verín acumúlanse as protestas pola falta de pediatras na Galiza. As veciñas da comarca de Ferrolterra, do municipio de Mondariz ou do de Zas percorreron as rúas de Compostela na manifestación en defensa da sanidade pública o pasado mes de febreiro esixindo servizos de pediatría. "As profesionais non contan con ningún incentivo profesional, o normal é que queiran marchar", sinala Manuel Martín "As condición laborais na Galiza son moi deficientes e as profesionais non contan con ningún incentivo profesional, o normal é que queiran marchar", afirmaba o voceiro de SOS Sanidade Pública Manuel Martín a este medio. A secretaria da CIG-Saúde, Mª Xosé Abuín, demandou ao Sergas que publique o listado provisional do persoal licenciado sanitario, resultante dun pacto de selección temporal e que acumula oito meses de retraso. "Se as listas estiveran publicadas e o Sergas soubera canto persoal facultativo de pediatría hai podería proceder á súa inmediata contratación para cubrir as prazas vacantes", reclama. |
PRAZA_4953 | O pleno municipal de Tui aprobouno en decembro, o de Tomiño farao este xoves e o da Guarda na semana que vén. Danlle á entidade até o 31 de marzo para solucionar o problema, a mesma data comprometida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, director de Banesco | O 31 de marzo. Esa semella ser a data límite ofrecida polas persoas enganadas a través da estafa das participacións preferentes de NCG para que os novos responsables da entidade lles ofrezan unha solución que pase pola devolución dos seus aforros. É a data que tamén apuntou en decembro Juan Carlos Escotet Rodríguez, director de Banesco, como prazo para a resolución do conflito. E parece ser a marxe que varios concellos do Baixo Miño, comezando por Tui, Tomiño e A Guarda, lle darán a entidade antes de cumprir a súa ameaza de cancelas as contas que cada unha posúe no banco. Este xoves a proposta debaterase e, con toda seguridade, aprobarase no pleno do Concello de Tomiño O pleno do Concello de Tui xa o aprobou o pasado 30 de decembro, fixando un prazo de 90 días (que vencerá o vindeiro 20 de marzo) para a cancelación e retirada dos 2,3 millóns de euros que aínda ten depositados en Novagalicia Banco. Este xoves unha proposta semellante debaterase e, con toda seguridade, aprobarase no pleno do Concello de Tomiño. O grupo de Goberno, formado polo BNG, recolle a promesa lanzada por Escotet e na moción propón agardar até ese 31 de marzo para retirar os cartos se antes desa data non se ofrece "unha solución" que "satisfaga os intereses dos estafados" e que "pasa pola devolución íntegra do diñeiro de todos eles". Unha moción semellante votarase e aprobarase no pleno municipal da Guarda a vindeira semana, pois xa este martes foi aprobada pola xunta de portavoces. Escotet ratificou hai dúas semanas a súa promesa de anunciar unha solución aos preferentistas nese período de 90 días que rematará a finais de marzo, pero eludiu anticipar nada máis nin dar prazos máis concretos Juan Carlos Escotet ratificou hai dúas semanas a súa promesa de anunciar unha solución aos preferentistas nese período de 90 días que rematará a finais de marzo, pero eludiu anticipar nada máis nin dar prazos máis concretos. Fíxoo nunha xuntanza co alcalde de Vigo, Abel Caballero, á que tamén asistiu Francisco Botas, que exercerá de conselleiro delegado de Novagalicia Banco. Escotet afirmou que os compradores do banco galego "son conscientes da importancia social e tamén para o propio negocio bancario" do conflito das preferentes e de que polo tanto teñen que "resolver o problema". O pasado 1 de febreiro milleiros de afectados e afectadas por esta estafa volveron manifestarse, desta volta en Vigo, para esixirlle aos responsables de Banesco que cumpran a súa promesa. |
NOS_14205 | O escritor inglés Gerald Durrell (1925-1995) viviu desde cativo entre animais. A tenra e divertida triloxía de Corfú, que comeza con A miña familia e outros animais (1956), certifícao: estas memorias de infancia na illa grega do mar Xónico están decisivamente atravesadas pola súa relación cos animais. A súa obra de ficción tamén e así o amosa a noveliña Os secuestradores de burros, agora en versión galega do tradutor Moisés Barcia. | Esta ficción, publicada por Sushi Books -selo pertencente a Rinoceronte Editora-, relata a dependencia respecto dos burros dunha pequena aldea insular de Grecia. "Esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradábel alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras", di a nota editorial, "se os burros desaparecen, paralízase toda a aldea". A obra é orixinal de 1968 e supón o quinto título de Durrell publicado por Sushi. Ademais de A miña familia e outros animais en tradución de Susana Collazo, apareceron os outros dous títulos da célebre triloxía, Bechos e demais parentes (orixinal de 1969) e O xardín dos deuses (orixinal de 1978), e O paquete falante (1974), as tres da man de Moisés Barcia. Gerald Durrell, o irmán máis novo do igualmente escritor Lawrence Durrell, foi autor de simpáticos textos autobiográficos, relatos dirixidos ao lectorado miúdo e ensaios sobre o mundo animal. Ademais foi un coñecido divulgador, e creador dun zoolóxico na illa de Jersey, no Canal da Mancha. |
NOS_48549 | Historiadoras, xuristas e activistas da memoria histórica alertan a Nós Diario do incremento das dificultades para acceder á información sobre crimes do franquismo. Nos últimos tempos apareceron máis escollos para consultar arquivos e historiais, debido a lecturas interesadas da lei de protección de datos. Precisamente, esta semana a Xunta de Portavoces do Congreso dos Deputados do Estado español vetaba facer público a folla de servizos de Billy El Niño escudándose na protección de datos. | A decisión da Mesa do Congreso dos Deputados do Estado español, ratificada pola Xunta de Portavoces esta semana, de non facer pública a folla de servizos do policía torturador durante a ditadura Antonio González Pacheco, alias Billy el Niño, puxo de novo o foco sobre a armazón legal que protexe responsábeis de crimes franquistas. Leis como a de protección de datos ou outras máis antigas son empregadas para pór trabas ao traballo investigador e ao coñecemento sobre a implicación de persoas vivas e mortas en accións represivas, torturas e asasinatos durante o franquismo. A máis antiga das trabas legais é a lei de segredos oficiais, de 1968, que permite ao Goberno español decidir que documentación é ou non pública. "O Estado mesmo pode volver clasificar baixo segredo ficheiros que previamente fosen públicos", sinala a Nós Diario o historiador Xosé Álvarez Castro. O labor das investigadoras afronta tamén a lei de patrimonio histórico de xuño de 1985, xa que para consultar datos de carácter policial, procesual ou que afecten á honra e imaxe de persoas, a investigadora ha de contar cun consentimento expreso desas persoas implicadas. Só hai dúas excepcións aquí, ou ben que transcorreran 25 anos desde a morte da persoa ou 50 anos desde a data de creación do documento. Así, múltiples arquivos aférranse a esta norma para impedir consultar a investigadoras documentos que non teñan máis de 50 anos. Restricións nos arquivos "Estamos nunha situación moi insegura", sinala o investigador Dionisio Pereira a Nós Diario, alertando sobre o perigo de que institucións académicas cheguen a censurar traballos de investigación facendo unha lectura sesgada da lei de protección de datos. Pereira lembra a este respecto o caso acontecido en 2019 sobre unha investigación publicada onde aparecía a identidade do alférez franquista que actuou como secretario do consello de guerra que condenou a morte o poeta Miguel Hernández. O fillo do alférez solicitou pola vía administrativa a retirada do nome do seu pai dos documentos da Universidade de Alacant, á cal accedeu, sen nin sequera haber resolución xudicial, a substituír por siglas o nome do alférez nos traballos xa publicados. Pese a que finalmente a Universidade rectificou, "isto deu lugar a unha alarma do que pode acontecer no futuro", lamenta Pereira. "Como investigador, teño agora máis problemas para acceder a ficheiros que hai 15 anos", sinala o historiador, ao tempo que denuncia a arbitrariedade dos arquivos españois. "Coas condicións que hai hoxe en día de interpretacións encontradas sobre a lei de protección de datos, ter permiso para consultar arquivos é arbitrario, xa que para acceder a documentos dependes da boa vontade do arquiveiro", sinala Pereira. Recorda ademais este investigador cando en 2007 fora procesado por un delito de honra do que foi absolto, debido a unha das súas investigacións. Daquela accedera sen problema ningún a ficheiros da Falanxe no arquivo de Pontevedra para poder armar a súa defensa. Hoxe, porén, sinala que coa lei na man non tería esas facilidades para protexerse. O acceso aos repositorios é unha problemática discutida de maneira recorrente no ámbito da investigación, sinala o historiador Xosé Álvarez Castro, quen coincide con Pereira en sinalar que se está a producir "unha regresión nas condicións de acceso aos arquivos". Álvarez remarca tamén como eiva a "falta de clarificación en leis como a de protección de datos, o que complica moito a actividade investigadora" e deixa en numerosas ocasións desprotexidos as e os arquiveiros. De entre os repositorios máis "escurantistas", Pereira salienta os da Garda Civil e algúns do exército. Un armazón legal Para a escritora Montse Fajardo a utilización que se está a facer da lexislación sobre protección de datos vai na liña da lei de amnistía: protexer as persoas agresoras. "Aministiouse a quen nunca foi xulgado. No sistema español sempre se utilizaron as leis para manter impunidade do franquismo, non só no caso dos arquivos", resalta a Nós Diario. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_41422 | MintPress.Com, um medio dixital alternativo, publicou o 29 de Agosto que segundo fontes das propias forzas opositoras sirias o Goberno de Al-Assad non tivo nada a ver co alegado ataque con armas químicas do 21 de Agosto. Algúns testemuños apuntan a hipótese dun accidente por parte de milicianos inexpertos no manexo de armamento químico, fornecido por Arabia Saudita a un grupo próximo a Al Qaeda. | Os meios alternativos continúan a cuestionar a información que os mainstream media oferecen sobre o alegado ataque químico do 21 de Agosto, en Ghouta, nos arrabaldos de Damasco. En concreto, MintPress.Com, un portal dixital alternativo, norteamericano, publicou o 29 de Agosto unha reportaxe asinada conxuntamente por Dale Gavlak e Yayah Ababneh en que se sustenta a tese de que o Exército sirio non tivo nada a ver co ataque, saldado con 355 vítimas mortais segundo Médicos sen Fronteiras. "Tiñamos moita curiosidade sobre esas armas. E infelizmente, algúns dos milicianos manexáronas de forma inapropriada, o que provocou as explosións" MintPress.Com entrevistou a membros das milicias autoproclamadas como rebeldes (moitos deles son mercenarios a soldo de Arabia Saudita, como eles mesmos recoñecen) e as súas familias, ben como a doutores que asistiron a vítimas das explosións e residentes do bairro de Ghouta. "Moitos acreditan que algúns rebeldes recibiron as armas químicas vía o chefe da intelixencia saudita, o Príncipe Bandar bin Sultan, e que foron estes os responsábeis de que se producise o ataque químico". O grupo opositor que tería recibido o armamento químico estaría vinculado con Al Qaeda. 13 milicianos das forzas opositoras terían falecido durante o alegado ataque químico do 21 de Agosto. Segundo algúns dos testemuños achegado por MintPress.Com, o gas tóxico podería ter sido detonado en Ghouta pola falta de pericia dos milicianos á hora de manipularen este armamento. Un líder "rebelde" entrevistado por MintPress.Com, e que gardou o anonimato apresentándose como "J", afirmou literalmente: "Tiñamos moita curiosidade sobre esas armas. E infelizmente, algúns dos milicianos manexáronas de forma inapropriada, o que provocou as explosións", dixo. Unha tradución ao galego-portugués do artigo publicado en MIntPress.Come está disponíbel en Resistir.Info. |
NOS_58386 | Recentemente, presentou a que se cadra é a súa obra máis colosal, un elefante de 4 metros de longo e arredor de 2.000 quilos de peso. | Como comeza a construción dunha peza tan grande como un elefante? Todo comezou porque me encargaron unha especie de carcasa para os desfiles do Entroido. Deseñei unha peza a base de variñas para que a rapazada puidese subir enriba do animal e logo cubrina de tela. Cando remataron esas festas, como non podían quedar coa peza, fíxenme eu de novo con ela e, nun primeiro momento, íaa desfacer, pero logo xurdiume a idea de cubrilo todo con chatarra e así empecei. Pero o refugallo que tiña acumulado non me chegou a nada, así que fun polos talleres, incluso chegaron a regalarme pezas, e todo o que xuntei estireino na finca, para poder ver canto tiña e canto precisaba, e comecei a cubrir as patas e a darlle forma ao elefante. Foi como unha especie de crebacabezas, aqueles elementos que non encaixaban fun rexeitándoos e buscando outros. Tiven moita sorte, porque me regalaron cadeas industriais grandes e con elas fixen a trompa, e iso confírelle movemento á figura. Para as orellas escollín materiais máis lixeiros e levei as pezas máis pesadas para a parte de atrás, para compensar tamén o peso da trompa. E, como remate, preparei unhas escadas para que cando veñan as crianzas dos colexios de arredor visitar o museo poidan subir no elefante. Cando chega vostede ao mundo da escultura? Cal foi a súa traxectoria nela? Estudei na Escola de Artes e Oficios de Pontevedra, alá polos anos 60, que daquela o que ensinaban era Formación Profesional. Instruínme alí, fun traballar a Pontesa e despois tamén exercín como mecánico de mantemento noutras empresas. Xa daquela creaba algunha escultura, nun formato máis pequeno, facendo con refugallo locomotoras... Fun cambiando, e unha das cousas que máis me gustaba era crear animais, en tamaño pequeno, non como o elefante. E tamén fixen unha colección de máquinas absurdas, todas elas teñen un funcionamento mecánico e son manipulábeis coas mans, nalgúns casos, e cos pés, noutros. Unha obra desa colección foi a Maquina de tortura, porque para min a violencia é totalmente absurda; tamén fixen unha especie de robot como Terminator... E creei máquinas en certo modo surrealistas, como unha que dá unha patada no cu, ou o aparello de abrazar, que é das máis emotivas. Ten algún novo proxecto en mente, ou logo dunha escultura tan grande como o elefante cómpre descansar? Non vendo a miña obra, senón que unicamente tiven un par de esculturas no concello e teño realizado doazóns a entidades benéficas como Cáritas. Esculpo polo pracer de crear e traballar. Mentres aínda era mecánico non deixei de esculpir e teño pensando máis dunha vez, cando sacaba unha peza para substituíla por outra, por exemplo, que era bo darlle unha segunda vida a esa que estaba a quitar. E iso é realmente o que fago. Teño arredor de 300 pezas, aínda que non están todas no museo, senón que tamén hai obra cedida. Sempre estou a pensar e a tratar de facer algo, aínda que durante o inverno traballo menos, porque estou xusto ao carón da ponte romana do río Verdugo e paso bastante frío, así que agardo á primavera para comezar a traballar. O proceso que sigo é complexo, porque cando teño unha idea na cabeza non é tan fácil atopar as pezas. De feito, coas máquinas absurdas tardei bastante, porque tiña claro o que precisaba e non sempre era doado conseguilo. Mais sempre estou a pensar en crear algo. |
NOS_670 | Pablo Carracedo (A Estrada, 1979), coñecido no mundiño da música como Jasper, está a piques de pechar para sempre un capítulo importante da súa vida, o de alma mater da banda de rock metal Nao. O grupo desaparecerá este sábado, após un concerto ás 20.30 horas no recinto feiral de Amio de Compostela, logo de máis dunha década sacudindo cabezas cos seus ritmos e as súas letras, tanto no sentido literal como no metafórico. | O 5 de decembro comezaba para Nao unha viaxe con data de caducidade de 367 días, desde o 5 de decembro de 2018 até o sábado 7 de decembro de 2019. Toca dicir "adeus e grazas", e Nao farao cun concerto de despedida ás 20.30 horas no Polígono de Amio de Compostela, no que Pablo Caracedo Jasper e a súa banda estarán acompañados das mellores bandas do panorama galego e euskaldún: SonDaRúa, Rebeliom e Odolarem Mintzoa. Nese concerto de despedida, está previsto que repasen toda a súa discografía. Preparan algunha sorpresa máis? Si, vai haber Queríamos que a despedida fose algo inesquecíbel para nós e para a xente, e agardamos que así sexa. Como transcorreron este ano e dous días para Nao e para vostede? Foi un soño feito realidade, porque moitas veces tes a ilusión, e a intención, de que as cousas acontezan como un as pensa, e como quere despedirse unha banda? Unha banda quere despedirse co seu mellor disco, quere despedirse nunha xira enorme á que vai moitísima xente a vela, e nós fomos quen de conseguilo. Conseguimos que o derradeiro álbum fose un disco que recibiu a maior parte da crítica como o mellor disco da banda; conseguimos facer unha xira de 44 concertos nos que tivemos cheos na maioría; vimos de ser o grupo galego que actuou en máis festivais este verán... Todo foi un auténtico soño feito realidade, tamén o feito de ter esta gran despedida final por canto recuncho había no país, aumentando a familia e podéndonos recoñecer nesta enorme tribo que formamos Nao. Fala de que este tempo foi un soño, arrepíntese de poñer data límite para esta xira? Non sente que quedan algúns concertos máis no seu interior? Ao mellor pode quedarnos mágoa de non ter feito unha xira en acústico, que o temos pensado, levar os temas de Nao cara un son máis brando, ou cara dinámicas diferentes. Nisto si que nos pode quedar unha espiña cravada, mais a pesar disto estamos súper satisfeitos de ter feito unha xira longuísima, na que practicamente percorremos todas as salas do país. Xa que logo, marchamos satisfeitos plenamente. Percorreron practicamente toda Galiza sen case deixar nin un recuncho por tocar. O feito de comezar e rematar esta xira de despedida en Compostela, a que obedece? É por ser a capital. Queriamos comezar a xira grande alí, na Capitol, e queriamos rematar tamén en Compostela, o que pasa e que Capitol quedaba pequena para a despedida, e decidimos facelo ao grande alugando Amio, cun escenario enorme, con moitísimas colaboracións, e dándolle un concerto de despedida á xente que fose inesquecíbel. Temos uns recordos marabillosos de todos os concertos que fixemos, especialmente dos de Compostela, pero neste caso queríamos facer un concerto máis grande, de máis entidade. Sen intención de cuestionar a súa integridade, mais na súa industria o lema é "nunca digas nunca" e as retiradas -case- nunca son definitivas. Canto tempo tardaremos en volver ver Nao sobre os escenarios? Se nos despedimos non é para volver, a nosa intención é que NAO remate, e remate para sempre, mais non pechamos esa porta tampouco, pois non sabemos o que nos deparará o futuro. A experiencia dinos que é complexo regresar para unha banda cando se deixa durante un tempo. Nós, no noso caso, non estamos considerando unha volta, senón non o deixaríamos. Dicía nunha entrevista a Sermos Galiza de hai un ano que non ía deixar a música, pero que aínda non tiña plans. Transcorrido todo este tempo, xa sabe que lle deparará o futuro a Jasper? Ou sería mellor dicir a Pablo Carracedo? Primeiro descansar, que boa falta me fai (ri) porque esta xira tivo un desgaste persoal moi potente. De todos os xeitos, estou co ánimo cheo, e eu a música nunca a deixarei. Non teño nada definido de cara ao futuro, mais teño cancións feitas que me gustaría interpretar. Como e cando as levarei a cabo? Non o sei, mais logo de descansar algo faremos, a música está claro que non a vou deixar nunca. Todos somos músicos e, en maior ou menor medida, con maior proxección pública ou menos, seguiremos tocando, cada un pola súa conta, estaremos aí sempre. Cando falo cunha banda de música, a maioría adoita dicir que responder á cuestión que lle vou facer a continuación é como preguntarlle a un neno a quen quere máis, se a papá ou a mamá. Vostede xa o deixou claro na primeira pregunta, resaltando o seu último traballo, mais, facendo un exercicio de retrospectiva, por que cre que é o seu álbum máis redondo, o máis completo, o mellor? Eu considero que hai tres discos que marcaron a traxectoria de Nao. Un, o primeiro longo, As palabras espidas, que foi o disco carta de presentación, gravado nun gran estudo cun produtor brutal que nos presentou diante da escena galega. "Mirade, isto é Nao, isto é o que facemos e isto é o que cantamos, esta é a música que nos gusta", dixemos con ese álbum. O segundo disco que foi importante na nosa traxectoria, e que foi tamén un punto de inflexión, foi Cancións de amor e liberdade. Era un disco que fixemos cando o grupo non funcionaba, e comezaba a cantar eu. Aínda non gravaramos un disco cantando eu, e queríamos facer un álbum case de despedida, poñéndolle o máximo que podiamos, por iso fomos a un estudo do Carballiño a gravar nove meses. Alí intentamos explotar ao máximo a nosa creatividade. Por que o fixemos así? Foi coa intención de dicir "ou agora funciona, ou retirámonos, mais marchando tranquilos sabendo que puxemos o noso corazón e a nosa alma nel". Resultou que ese disco foi o que funcionou, tanto que supuxo un punto de inflexión na nosa carreira, pois fixo que a xente comezara a ir aos concertos a cantar as cancións, e que non viñeran catro ou cinco, senón milleiros. E o derradeiro álbum é o disco definitivo, o que axunta toda a experiencia pasada e no que tivemos a sorte de ser quen de transmitir a nivel musical e a nivel das letras todo o que é a esencia de Nao en estado puro. Entón, hai cancións duras, con moita crítica; hai cancións máis brandas; hai cancións moi emotivas... hai moitos tipos distintos de son, e penso que este é un álbum que repasa os distintos tipos de estilos que foi facendo Nao ao longo destes anos, e que acabou sendo redondo. Se podo falar dun disco que acabou sendo redondo, é precisamente este. A súa irrupción no mundo da música galega conectou coa lingua e a música do país parte dunha xeración de rapaces que non tiña referentes no seu idioma de propostas musicais máis próximas aos seus gustos, como a súa, non tan ligadas ao galego tradicionalmente como outro tipo de xéneros, por exemplo o folk. A súa desaparición déixaos orfos, ou hai un relevo xeracional? Eu agardo que haxa un relevo xeracional. Nós temos claro que a sorte que tivemos, e o éxito entre comiñas de Nao, foi que houbo unha xeración de xente que viu en nós un grupo que quería ver, que dixo "eu entendo que fai esta xente, quería que houbera un grupo que fixera esta música e que cantara isto". Nós neste sentido non entendemos que haxa grupos que sexan exactamente iguais que nós, penso que todos son diferentes e con matices. Mais agardo que detrás veñan bandas que ocupen este espazo, loxicamente. Porque o público o demandará. Hai algunha banda que poidan destacar como os seus herdeiros? Non (Rí). Podería ser ben queda, mais non o vou ser. Eu considero que cada un aquí ten propostas similares pero ningunha ten o patriotismo que ten Nao, ningunha se molla como nós mollamos nós. Iso si que é algo que penso que a xente valorou moito. A nivel musical hai moitas propostas similares, como pode ser Machina, que seica volven, e que se acercan máis ao noso estilo musical, mais logo no tema ideolóxico son moi diferentes a nós. E aínda que compartimos moitas cousas en común, penso que como Nao non che hai, non hai ningunha banda que sexa como Nao. Despois de Nao, o caos?"Espero que non, espero que haxa bandas que xurdan e que dean o relevo. Tempo atrás coincidimos cunha banda de rock duro tamén, bastante similar ao noso, Nuada, que están empezando e que acaban de sacar unha maqueta... Gústanme moito. De todos os xeitos, a moda para as novas xeracións agora está no electrónico. Nós respectamos iso, loxicamente, temos un gusto moi aberto, pero realmente a nós gustaríanos que os artistas transmitan ideoloxía, e realmente os artistas que nos interesan son os que intentan facer cancións para intentar mellorar este mundo, non para cantar pallasadas. Entón, neste sentido si que vemos que hai un espazo que vamos deixar baleiro. Agardamos que os grupos de rock que veñen detrás, como este Nuada que acabo de citar, collan o relevo da banda". |
NOS_17182 | A moción de censura planea sobre el tras a confesión no Parlamento. | O cerco sobre o primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, que esta cuarta feira admitiu que asistira a unha festa en Downing Street durante o primeiro confinamento pola pandemia da Covid, estréitase cada vez máis. Acurralado polas críticas, tamén desde as filas do Partido Conservador, pódese enfrontar a un abano de escenarios que van desde a moción de censura até a dimisión. As regras do Partido Conservador estipulan que se pode activar o mecanismo da moción se 15% dos parlamentarios tories así o queren. O número crucial agora é 54, dado que actualmente hai 360 deputados conservadores, logo que Anne Marie Morris fose apartada por votar en contra do Goberno. Neste caso, Johnson tería que obter o apoio de polo menos a metade dos seus deputados, 180, para permanecer á fronte do Executivo e ficaría exento de ser sometido a outra moción de censura durante un ano. Outro dos posíbeis escenarios para Johnson é que os propios tories o conviden a marchar. Opción coñecida como unha visita dos "homes de traxe gris", segundo explica o diario The Guardian, que matiza que, malia que este método xa non se utiliza, un primeiro ministro conservador aínda pode ser destituído mediante a "presión informal". Serían os líderes da formación conservadora os encargados de elixir un sucesor, nunha reunión a porta fechada. A ex primeira ministra Theresa May sobreviviu a unha moción de censura en decembro de 2018, polo que ficou oficialmente "a salvo" para os seguintes 12 meses. Porén, cos 'rebeldes' do seu partido presionando por mudanzas e no marco de repetidas humillacións a conta do Brexit, May anunciou o 24 de maio de 2019 que abandonaría o posto dúas semanas despois. A decisión precipitouse despois dunha reunión con Graham Brady, líder do chamado Comité 1922 ─os homes de traxe gris─, que ten o poder de cuestionar o poder conservador e resolver os conflitos que poidan xurdir . Candidatos Johnson tamén podería decidir simplemente dimitir por non querer someterse a unha moción de censura. A prensa inglesa asegura que os días de Johnson á fronte do Executivo de Reino Unido están contados e xa se barallan os nomes do ministro de Finanzas, Rishi Sunak, e da xefa da diplomacia, Liz Truss, como posíbeis substitutos. Até o momento, a opinión pública coñece 12 supostas festas ou reunións do Goberno británico celebradas durante os confinamentos, con numerosas persoas "bebendo e bailando". Johnson participou na do 20 de maio xunto a unha trintena de persoas. |
NOS_38236 | A crise estase deixando sentir tamén nas solicitudes de adopción internacional que caíron á máis da metade desde o 2004. Os datos da Consellería de Traballo e Benestar recollen 683 solicitudes nese ano fronte ás 302 do 2011. Para o peche deste ano prevese un descenso aínda maior xa que a cifra do primeiro semestre recolle só a presentación de 114 solicitudes. | No primeiro semestre deste ano, último dato que ten pechado a Consellería de Traballo e Benestar, á Xunta chegaron 114 solicitudes de apertura de expediente para a adopción internacional. Se non hai variación no segundo semestre, o ano rematará cunha a importante baixada con respecto ao 2011, ano que rexistrou á súa vez unha considerábel disminución con respecto ao anterior. A cifra de solicitudes de adopción internacional ven baixando progresivamente desde o ano 2004 no que se contabilizou o número máis alto de apertura de expedientes, con 683 abertos. O descenso maior prodúcese a partir do 2008 cando a cifra baixa de 509 a 344 para xa nunca máis superar os catrocentos. O descenso paulatino continúa nos últimos anos, pasando así de 364 no 2010 a 302 no 2011. Os datos oficiais mostran tamén unha acusada diferencia provincial e, desta maneira, no 2011, 160 demandas proviñan da Coruña, 86 de Pontevedra e só 32 de Lugo e 24 de Ourense. Na súa totalidade, desde o 2000 e até fin de 2011, a Xunta tramitou 2193 expedientes, dos que 2193 viñan da Coruña, 1767 de Pontevedra, 554 de Lugo e 388 de Ourense. Nos seis primeiros meses deste ano presentáronse 58 expedientes na Coruña, 36 en Pontevedra, 13 en Lugo e 7 en Ourense facendo o total de 114 que marca unha tendencia á baixa continuada. En canto a asignacións de crianzas, nestes seis meses comúnicáronse 37 na Coruña, 26 en Pontevedra e 4 en Lugo e 2 en Ourense. De 2000 a 2011 tramitáronse 2.456 expedientes de adopción, 751 con Etiopía, 703 con China, 426 con Colombia, 216 con Vietnam e 146 con Rusia dun total de catorce países. Etiopía, orixe da maior parte das crianzas adoptadas en Galiza, non admite temporalmente novas solicitudes de adopción. Comezouse, mália iso, a tramitación con Kirguizistán e Kazakhstán. |
NOS_48933 | A presidenta do Parlament de Catalunya anunciou a súa decisión minutos antes de comezar o pleno. | Carme Forcarell, presidenta do Parlament de Catalunya, presentou un escrito perante o Tribunal Constitucional (TC) que pide recusar todos os seus maxistrados por "falla de imparcialidade" e reclama que paralicen calquera acción penal contra ela ou a Cámara catalá pola tramitación de iniciativas relacionadas co referendo previsto para o 1-O. A propia Forcarell deu a coñecer a decisión a través das redes sociais minutos antes de comezar o pleno no que se prevé aprobar polo soberanismo a lei do referendo. Os maxistrados do TC foron parte no procedemento sobe a constitucionalidade das leis votadas no Parlament e, así pois, están imposibilitados para tomar ningún tipo de decisión sobre a presidenta, tal e como recoñece a lexislación internacional que acredita que toda persoa ten dereito a un tribunal "independente e imparcial", argumenta a presidenta. |
NOS_11823 | O país é o terceiro en número de hospitalizacións. Malia todo, a redución dos contaxios permitiu que hoxe a Xunta anunciara unha desescalada -a diferentes niveis- na maior parte dos municipios. Ademais, a Consellaría de Sanidade comunicou hoxe outros 11 pasamentos. | Os informes do Ministerio de Sanidade relativos á última semana sitúan a Galiza como a segunda zona do Estado español cun maior número de ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) polas complicacións derivadas dos contaxios do coronavirus. Así, o país só foi superado pola Comunidade de Madrid, onde entraron nestas áreas de maior atención 78 pacientes. Na rede hospitalaria galega contabilizáronse 43 novas incorporacións ás doentes que están nas UCI, sempre atendendo aos datos que deu a coñecer hoxe o departamento sanitario. Aliás, hai que ter en conta que a nivel global tamén se produciron máis hospitalizacións que noutros territorios. Galiza foi a terceira neste peculiar podio con 264 persoas afectadas polo virus baixo vixilancia hospitalaria, mentres que en Madrid ingresaron a 663 veciñas e veciños e en Andalucía a 586. Con estas incorporacións, Sanidade destaca que o total de galegas e galegos que permanecen nos centros sanitarios pola pandemia é de 666, o que implica unha ocupación do 8%. A media estatal está nun 12% das camas dispoñíbeis ocupadas. Do total, son 161 pacientes as que están nas UCI, tamén uns puntos por debaixo de todo o Estado español. No informe desta segunda feira tamén se explicou que entre o 12 e o 18 de febreiro realizáronse 89.759 probas diagnósticas. En calquera caso, a melloría na evolución epidemiolóxica permitiu que a Xunta anunciase unha desescalada paulatina a partir da sexta feira. No entanto, as fronteiras seguirán fechadas para entrar e saír cara outras comunidades ou Portugal. Os municipios poderían volver a situacións máis restritivas de cara á Semana Santa. Vítimas da pandemia Por outra parte, as autoridades sanitarias dependentes da Xunta informaron hai escasos minutos do falecemento de 11 persoas máis pola Covid-19. Todos os óbitos decorreron entre o sábado e hoxe mesmo. O número de vítimas xa están en 2.187 contando aos dous homes de 64 e 85 anos e á muller de 87 que non superaron a enfermidade mentres eran atendidos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Na xornada de onte, finou un varón de 68 anos no Chuac; unha doente de 86 no hospital de Ferrol; un home de 91 que estaba ingresado no Lucus Augusti e outro de 56 anos -o único sen patoloxías previas- nas instalacións do CHOP. O sábado decorreron os decesos dunhas usuarias de 94 e 83 anos dunha residencia de Moeche. Tamén se notificou que finaran dúas mulleres de 89 anos, unha no Chuac e outra no Clínico de Compostela. |
NOS_9922 | Como represalia pola resolución aprobada polo Consello de Seguridade que prohibe os asentamentos ilegais israelís en Palestina, Israel reduciu a súa achega económica anual ás Nacións Unidas. Di que é a primeira de varias medidas contra o organismo. | A resolución adoptada no seo do Consello de Seguridade da ONU que prohibe os asentamentos ilegais israelís en Palestina segue a ter consecuencias. Israel vén de reducir a súa achega económica anual en 6 millóns de dólares como represalia. "É irracional que Israel financie organismos que operan contra nós na ONU", sinalou Danny Danon, o embaixador permanente do país do que é primeiro ministro Benjamin Netanyahu nas Nacións Unidas. Denunciou, ademais, que a achega anual de máis de 40 millóns de dólares se emprega "para financiar organismos antiisraelís". Entre eses "organismos antiisraelís" aos que fixo mención Danny Danon atoparíase a axencia para refuxiados palestinos, a UNRWA (siglas en inglés), a División de Dereitos Palestinos, o comité investigador de prácticas israelís que afectan dereitos humanos palestinos e outros programas de información. Israel trata de deslexitimar a ONU Neste sentido, a pesar dos asasinatos de palestinos e da política colonialista de acoso contra Palestina –que ten a súa máis visíbel nos asentamentos ilegais-, o embaixador permanente de Israel na ONU considera que a entidade "debe poñer fin á absurda realidade de apoiar organismos cuxa única intención é difundir a incitación e a propaganda antiisraelí". A redución da achega económica é, segundo Israel, a primeira dunha serie de medidas contra a ONU. As Nacións Unidas, pola súa banda, a través do seu portavoz, Stephane Dujarric, dixeron non ter constancia do recorte económico por parte de Israel. |
QUEPASA_1100 | Este pasado luns falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos | Comeza o mes de marzo coas mellores cifras nos últimos 4 meses, dende que a finais de novembro a Xunta comezaba a ofrecer datos concello a concello. Este 1 de marzo contabilizamos 202 novos casos nos últimos 14 días en toda a Costa da Morte, o que significa unha taxa acumulada de 154 novos casos por cada 100.000 habitantes, xa no rango que a OMS considera que que a pandemia estaría "controlada". A caida de casos, á expensas de ver as repercusións desta nova desescalada, é patente, ata o punto de que 7 concellos (Laxe, Zas, Santa Comba, Corcubión, Fisterra, Muxía e Carnota) non rexistraron ningún novo contaxio nos últimos 7 días. Só Ponteceso mantense en cifras por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes (estamos pendentes , se ben parece que as cousas se calman en Corcubión. En todo caso, tamén houbo unha mala nova neste comezo de marzo, pois onte falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (onde por certo, non hai ningún ingresado). Dende o pasado 15 de febreiro non falecía un dos nosos maiores na comarca, dando conta da incidencia da campaña de vacinación nas nosas residencias. Centros de ensino As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos. Só precupa realmente a situación no CEIP Eduardo Pondal, onde se realizaba un cribado esta fin de semana. Á espera dos resultados, o pasado venres había 15 afectados e seguían sendo 3 aulas pechadas, segundo o Sergas. Carballo segue sendo o concello máis afectado, con 8 dos 18 centros afectados, e case a metade dos 52 casos rexistrados en toda a comarca. Concello Centro TotalPositivos AulasPechadas CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 2 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0 CARBALLO CEIP Fogar 4 0 CARBALLO IES Monte Neme 3 0 CARBALLO IES Parga Pondal 4 0 CARBALLO CEIP Xesús San Luís Romero 1 0 CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0 CEE IES Fernando Blanco 1 0 CEE IES Agra Raices 1 0 LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 3 0 MALPICA CEIP Milladoiro 1 0 MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0 MUXÍA CEIP Os Muíños 1 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 5 0 PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 15 3 SANTA COMBA EI Santa Comba 1 1 VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0 VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0 TOTAL 18 52 4 Máis novas sobre o covid 24-02-2021: COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada. 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa. 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros 22-02-2021: COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada . 19-01-2021: Comeza, pola "h", a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca. 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo. 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada. 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, "os máis altos" dos feitos pola Área Sanitaria. 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s . 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: "Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar". 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións. |
QUEPASA_856 | Especie: Abies cephalonica (Loudon, 1838) Cronoloxía: 1886. Ubicación: Xardín do Instituto Fernando Blanco de Cee. | O abeto grego (Abies cephalonica), de escasa presenza nos parques e xardíns de Galicia, é unha árbore de espectacular porte, con cinco pólas grosas, baixas e despregadas, dispostas arredor do tronco, adaptando forma de candelabro. Ten unha postura tipicamente cónica cunha coroa que, coa idade, tende a volverse irregular. Conta cunha cortiza de cor agrisada nas plantas novas e con tendencia a escurecer nos exemplares mais lonxevos. As follas teñen forma de agullas longas e aplanadas, dispostas coma un pincel na rama. Os conos masculinos son pequenos, vermellos cando son novos, tendendo a amarelecer por que están cubertos de pole maduro. Os conos femininos son cilíndricos, duns 10-15 cm de lonxitude, con brácteas triangulares apuntadas. Illa de Cefalonia (Grecia) O abeto grego é unha conífera da familia das pináceas, nativo das rexións de Grecia, fundamentalmente do Peloponeso e da illa de Cefalonia. É unha arbore de tamaño mediano (entre 25 e 35 metros), cun diámetro de tronco en torno a 1 metro, e que prospera xeralmente en altitudes de 900 a 1700 metros, en montañas con precipitacións superiores aos 1000 mm. Plántase como árbore ornamental en grandes parques e xardíns, evitándose as zonas xeadas tardías posto que poden danalo gravemente, xa que é unha das primeiras coníferas en renovar as follas na primavera. A súa madeira era moi apreciada e empregada no pasado para a construción en xeral, pero actualmente apenas se usa debido á súa escaseza. O seu uso na reforestación baséase principalmente na súa forma híbrida natural co Abies alba (abeto común ou abeto branco). Sen embargo, a pesares da diminución das poboacións dos últimos 50 anos, principalmente a causa dos lumes, o abeto grego aínda non está dentro das especies da Lista Vermella de Especies Ameazadas (UICN) en perigo de extinción. XARDÍN BOTÁNICO DO INSTITUTO FERNANDO BLANCO DE CEE O abeto grego é a árbore emblemática do xardín botánico do Instituto Fernando Blanco de Cee e, sen dúbida, a de maior singularidade de todo o espazo axardinado. Atópase no lado esquerdo do maxestoso xardín do centenario instituto ceense o cal, superado claramente o século da súa creación, e con mínima documentación para poder certificar a autoría do proxecto de xardinaxe (presuntamente foi obra de José María Aguilar y Vela, o mesmo arquitecto encargado dos dous edificios da Fundación), é de supoñer, como punto de partida, que o xardín se trazase ao rematar a edificación do Instituto (1886), e que, polo tanto, este sexa o momento da incorporación do catálogo floral compoñente da plantación orixinal, do que sobreviven algúns exemplares. O certo é que estamos ante un espazo de pequenas dimensións e sinxela traza, de estilo ecléctico, que combina, nos seus diferentes compartimentos, a xeometría co paisaxismo, tendo a súa faceta mais salientable na flora que alberga, caracterizada pola súa diversidade e monumentalidade. Con fins descritivos, o xardín pode ser estruturado en dous compartimentos: o xardín antigo e a prado arborado. O xardín antigo desenvólvese en torno ao edificio, mentres que a prado arborado é de mais recente creación. Como remate, ademais da personalidade que emana do catálogo floral, convén ter presentes os atributos que aporta o mundo da pedra, que contribúen á valoración da entidade do xardín (o edificio, a reixa e a muralla de peche, a casa do bedel, a fonte, etc). Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN Papoula Silvestre. Pirómetro de Cuadrante. Pila en columna de Volta. Gravado "A Virxe do Peixe". Custoria ou Ostensorio. Cristo Crucificado (óleo). Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema. Gramófono. Modelo Locomotora de Crampton. Telégrafo de Morse. Cámara escura fotográfica. Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). Óleo de Fernando Blanco de Lema. |
NOS_43291 | Sindicatos, movemento veciñal e oposición rexeitan unhas contas públicas que volven concentrar o investimento en proxectos polémicos como a instalación dunhas escaleiras mecánicas no bulevar da Gran Vía. | A cidade de Vigo atinxirá o seu maior orzamento municipal en 2018. A proposta de orzamentos aprobada polo Goberno municipal que preside o socialista Abel Caballero, totaliza 256 millóns de euros. Récord tamén na cifra de investimentos, 34 millóns, malia que unha parte significativa provén de fondos europeos e de actuacións consignadas que xa foron orzamentadas en exercicios anteriores pero ficaron sen executar. De feito, os últimos datos de execución orzamentaria recollen que o Concello de Vigo só tería executado o 25% dos investimentos que estaban comprometidos para este 2017. O discurso triunfalista de Caballero que reivindicou que estes orzamentos fan parte dunha política "revolucionaria" que non ten equivalente "en toda Europa" (sic), chocou co rexeitamento do tecido social da cidade e dos grupos da oposición. No Consello Social da Cidade, máximo organismo consultivo da nivel municipal, unicamente as organizacións empresariais expresaron o seu aval aos orzamentos do próximo ano. Desde a Confederación de Empresarios de Pontevedra cualificaron as contas como un "revulsivo" para toda a área de Vigo polo grande esforzo investidor. A Cámara de Comercio celebrou a "disciplina orzamentaria". Crítica sindical e veciñal Pola contra, a CIG –primeira forza sindical na cidade-- expresou as súas críticas poñendo de relevo a falla de investimento dotacional para reforzar os servizos públicos. No concreto, a central nacionalista puxo o foco no feito de que mentres se destinarán 4,8 millóns a proxectos "de dubidosa necesidade social e urxencia", como a instalación de escaleiras mecánicas na Gran Vía, as contas elaboradas por Caballero non se recolla "nin un só euro" para a posta en marcha de novas escolas municipais. Neste sentido, a CIG lembroulle ao rexedor a existencia dun importante déficit de prazas públicas nas escolas infantís de cero a tres anos, tal e como recoñece o propio Consello Escolar Municipal. Desde o Goberno local, o edil de facenda e orzamentos, Jaime Aneiros, rexeitou a posibilidade de construír novas escolas escusándose en se tratar dunha competencia "autonómica". Vigo conta na actualidade cunha rede de oito escolas infantís de titularidade municipal, a última delas púxose en marcha en 2015 no barrio de Navia, pero dous de cada tres solicitudes de praza fican sen ela. As críticas sindicais fan albo tamén nas políticas sociais e de emprego do Concello de Vigo, demandando que se redimensionen as políticas municipais diante da situación de emerxencia "social, laboral e produtiva que padece a cidade". A CIG alertou de que os datos da última Enquisa de Poboación Activa, do terceiro trimestre deste ano, recolle que hai dez mil persoas menos traballando que en 2009. "O Concello de Vigo, debe intervir poñendo todas as capacidades e recursos dos que dispoña para evitar que esta situación se cronifique e se torne irreversíbel. Vigo ou é industrial, ou é motor laboral e produtivo, ou non será", defenden. En materia de políticas sociais volveron demandar o aumento das axudas públicas, "tanto para alargar as súa cobertura en número de persoas beneficiarias como para aumentar as contías". Aliás, reivindicaron tamén a posta en marcha de políticas que faciliten o acceso social á vivenda e que dean alternativas ás persoas que dormen na rúa "ou que fan uso de albergues precarios ou moi mellorábeis", así como a creación dun bono social que faga gratuíto o autobús para as persoas sen ingresos. UGT, malia expresar coincidencia coas liñas xerais do orzamento demandou tamén un maior esforzo en emprego e política social. Pola súa banda, a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC) tamén amosou o seu descontento cos orzamentos, criticando con dureza a falla de "transparencia e participación" na súa elaboración. O Goberno local convocou o Consello Social da Cidade con apenas 48 horas de antelación e ás entidades e organizacións que o integran só lles remitiu unha breve memoria técnica, na que non se detallaba a distribución de gastos por partidas. Reverter a crecente privatización No que atinxe ao persoal municipal os sindicatos volveron poñer de manifesto a necesidade de executar as ofertas públicas de emprego (OPE) pendentes desde hai varios exercicios, e apostar no aumento da contratación de persoal público. "Vemos como malia que o orzamento municipal aumenta ano tras ano e maiores son as demandas de servizos e atención, o cadro de persoal do Concello non só non aumenta senón que segue a retroceder", sinalou o secretario de Organización da CIG de Vigo, Anxo Igrexas, denunciando a falla de persoal en servizos como Benestar Social ou Vías e Obras. A CIG urxiu a reducir progresivamente o papel das empresas privadas na xestión municipal e exixiu unha maior fiscalización e control das empresas concesionarias por parte do Concello. Emendas O PSOE conta cunha cómoda maioría absoluta para aprobar en solitario os orzamentos municipais (17 edís dun total de 27). No entanto, as contas públicas de 2018 terán de enfrontar o proceso de emendas e alegacións. O Partido Popular xa anunciou a presentación de 30 emendas parciais. O grupo municipal da Marea de Vigo formulará unha emenda á totalidade a uns orzamentos que cualificou de "corta e pega" e dos que criticou a súa "nula participación. O BNG de Vigo está a traballar tamén na elaboración de alegacións contra unhas contas que insisten "nun modelo de cidade aparencial". As emendas nacionalistas volverán incidir no aumento do gasto social e nunha mellor atención das "necesidades reais da veciñanza e dos barrios e as parroquias, que son permanentemente esquecidas por Abel Caballero". |
NOS_48111 | Algúns xornais non saben disimular a cociña das enquisas que publican, con sospeitosos cambios dun mes ao seguinte. Outras si amosan menos descaro, pero teiman en propoñer uns comicios a dúas bandas, malia a queda enorme de PP e PSOE. | Tanto vender nos últimos días a recuperación do bipartidismo, para que despois veñan outros con datos demoscópicos sen cociñar, así non hai maneira. Non hai moito -nunha nova mostra da súa nova etapa de achegamento ao PP- El País manipulou descaradamente unha enquisa, na que se reflectía unha recuperación de case dez puntos do partido gobernante en só un mes. Só un mes. Que podería ter pasado para tamaña milagre? Pois o único a designación de Arias Cañete como cabeza de lista, que como se sabe é un home que esperta paixóns. Subida de dez puntos nun mes. Sospeitoso. Non? Outros xornais, que tamén cambiaron non hai moito de director -colocando a un máis cómodo co goberno central- como La Vanguardia, porén, prefiren disimilar mellor. E na súa enquisa apostan por unha caída do bipartidismo que se levaría a nove deputad@s de PP e PSOE (por certo, a lista do BNG acadaría representación, e tamén entraría Lidia Senra como 5 da candidatura de IU). Aínda así, que La Vanguardia sexa minimamente fiel ao que dan as enquisas non quita outra cousa. Que malia reflectir a caída do bipartidismo, as eleccións seguen a ser presentadas como unha cuestión a dúas bandas. Incluso a pesar de ser un medio catalán, onde nin PP nin PSOE son os partidos máis votados, cousa que queda para CiU e ERC. Pero manda quen manda. |
NOS_6341 | O profesor Eduardo Maragoto volta estar á fronte da equipa que se presenta para o Consello da AGAL nas eleccións, co mesmo título de hai catro anos: «Polo Novo Consenso» . É a única candidatura presentada. | Após catro anos na cabeza da asociación máis potente do reintegracionismo, o professor Eduardo Maragoto volta presenta de novo candidatura á presidencia da Associaçom Galega da Língua (AGAL), cunha equipa ampliada que procura para «aproveitar as oportunidades que nos abre o reconhecimento a Carvalho Calero polo Dia das Letras». É a única candidatura presentada, polo que Maragoto recuncará como presidente da AGAL. O nome da candidatura ás eleccións do vindeiro 11 de outubro de 2019 repite o «Polo Novo Consenso» de hai catro anos, retratando a idea de continuidade na política de procurar consensos da cultura galega cara á converxencia co portugués. O programa ofrece tres eixos principais de acción: fortalecer os consensos na consolidación da lusofonía como espazo natural da lingua galega, converter o ano de Carvalho Calero nun punto de inflexión na relación coa lingua portuguesa e divulgar a vivencia reintegracionista como proveitosa, quer no cultural, quer no persoal. Ademais, o proxecto de Maragoto fai fincapé na explotación profunda da Lei Paz Andrade, «tanto no que di respeito à promoçom do português no ensino como no campo das relações galego-portuguesas no ámbito comunicativo, social e institucional». |
QUEPASA_866 | Continuamos da man da "Asociación Parroquial de Berdoias" e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. | MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XXI):CONSTRUCIÓNS DE RELIXIOSIDADE:ERMIDAS. CAPELAS, CRUCES, CRUCEIROS DA PARROQUIA DE BERDOIAS Deixando á parte a Igrexa parroquial e o cruceiro do adro, ímos referirnos a algunhas daquelas sinxelas arquitecturas de finalidade relixiosa, tales como: - A ERMIDA DE SANTA CRISTIÑA, en Sta. Cristiña, que se compón dunha pequena nave rectangular e unha capela maior de planta cadrada,. Ten unha fachada de esquema pentagonal e que remata nunha pequena espadana que alberga unha campá procedente, tal como constatou o camariñán Xosé Troiano, do vapor ingles Priam, que naufragou en. 1889 polas illas Sisargas. Esta pequena ermida, a carón dos montes do Faro e de Ogas, ten pretiño unha fonte milagreira, e o seu culto está vinculado ó mundo agrario. Precisamente, a caron do seu altar hai un oco con terra sagrada que, mediante a realización de determinado rito, é benéfica para os partos e para unhas boas crianazas. Ermida de Santa Cristiña Furna con Terra da fertilidade, a carón do altar da ermida Fonte milagreira de Sta. Cristiña Detalle da campá da ermida - A CAPELA DE SAN ROQUE E O CRUCEIRO, en Boallo, son dúas pequenas arquitecturas, hoxe en estado ruínoso e de abandono, vinculadas ao pazo de Boallo, construído a mediados do século XVII. Da capeliña tan só quedan as paredes. Do cruceiro, unha plataforma escalonada de catro banzos,sobre o que se conserva só o varal: cuadrangular na súa parte baixa, e cilíndrico e acanalado no resto onde hai esculpida unha figura non identificada. Cabe a posibilidade de que a imaxe represente a do bispo San Ildefonso ou mesmo a de San Martiño, xa que calquera dos dous teñen nomes que aparecen na liñaxe desta casa dos Lema de Berdoias. Capela de San Roque e Cruceiro, en Boallo Varal do cruceiro do pazo de Boallo - AS CRUCES DE PEDRA DO FRADE: unha delas, coa plataforma dun penedo natural, ten como lenda asociada a dun monxe devorado por lobos neste lugar, cando ía de camiño polo monte cara o mosteiro de Moraime. A outra das cruces, está situada nunha encrucillada en pleno lugar de Pedra do Frade. Cruz da Pedra do Frade Cruz no lugar da Pedra do Frade - A CRUZ DE GRIXOA, coñecida como a Cruz do Varelo, á saída do lugar de Grixoa, no inicio do camiño que conducía ata a vella igrexa parroquial, hoxe desaparecida, e que ata o século XVII estaba en Grixoa (precisamente o nome de Grixoa vén de "igrexa"). Cruz de Grixoa ou do Varelo, en Grixoa Cruz de desgraza, nunha parede, camiño de Sta. Cristiña. TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I). Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros…. Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña. Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais. Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas. Tesouros de Berdoias (XV): As Lacenas de abellas (e II). Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas. Tesouros de Berdoias (XIII): Cabazos vellos, cabazos novos. Cabazos pequenos, cabazos longos…. Tesouros de Berdoias (XII): Os 99 cabazos da parroquia (I). Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda. Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos. Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos: Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia. Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata |
NOS_20108 | As comarcas de Ourense e Ferrolterra levan tempo denunciando as graves deficiencias dos servizos de pediatría dos seus concellos. O Sergas defende que a falta de especialistas non se debe a problemas de carácter «económico» nin ás «condicións laborais», senón á escaseza de pediatras dispoñibles. | Desde hai meses as protestas multiplicáronse e estendéronse por todo o país. Ferrolterra, Ourense, Costa da Morte, A Mariña, Vigo. A cidadanía denuncia a falta de pediatras non seus municipios e a deficiente calidade asistencial derivada desa carencia. O escaso número de pediatras co que conta o Servizo Galego de Saúde para substituír as profesionais que deixan a súa prazas vacantes obrigou o Sergas a agrupar o servicio de pediatría en centros de saúde de referencia. Na comarca de Ferrolterra, as primeiras en quedar sen pediatra foron as veciñas de San Sadurniño, Moeche, Cerdido e As Somozas hai un ano. Máis adiante foron as familias de Fene e A Capela as que comezaron a detectar problemas ao colleren a baixa as dúas pediatras que teñen asignadas e non haber quen as substitúa. Ares e Mugardos foron os últimos en rexistar minguas nun servizo compartido e precario. Tempo e quilómetros A itinerancia e a concentración dos servizos de pediatría forza a moitas familias a cubrir grandes distancias para seren atendidas. Pero tamén ás profesionais, que se desprazan a diferentes centros de saúde para pasar consulta, ver o seu grupo de pacientes e ocuparse das crianzas que antes levaban outras compañeiras. A saturación da atención pediátrica e o gran desvelo das familias para poderen recibir unha asistencia sanitaria especializada motivou as protestas das usuarias, fartas de traxectos de máis de media hora para ver unha especialista ou de conformarse coa consulta dun médico de familia no seu centro de saúde habitual. Contratación de calidade Ás súas queixas súmanse as asociacións en Defensa da Sanidade Pública, as demandas dos colectivos profesionais e tamén dos grupos políticos que reclaman a fin dos recortes e un novo modelo de contratación que garanta a permanencia no país das profesionais cualificadas. A Atención Primaria conta na actualidade con 148 millóns de euros menos que hai 10 anos. A deputada do BNG Montse Prado destacou esta cuarta feira na Comisión de Sanidade celebrada no Parlamento que «68 facultativos pediron no primeiro semestre do ano a certificación de idoneidade para ir traballar fóra», un dato, dixo, que confirma que o modelo actual de contratación é precario e nada atractivo para as especialistas galegas, que prefiren marchar á privada ou directamente ao exterior. Segundo Prado, o déficit actual é consecuencia directa do «deterioración xeral da sanidade pública e da Atención Primaria» en particular; «de feito», afirmou «a Atención Primaria conta na actualidade con 148 millóns de euros menos que hai 10 anos». Canto a medidas concretas, defende a necesidade de acabar cos «contratos de 3 e 6 meses» para ofrecerlles unha «contratación de calidade» que consiga captar e fidelizar as pediatras no territorio. Referiuse, ademais, á «escaseza de existencias» da que fala o Goberno, unha forma nova de chamarlle aos «recortes» que motivaron esta situación. Provisión de prazas MIR Desde a plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín incide nas malas condicións de traballo das pediatras, especialmente das que atenden «varios consultorios no rural», cada día nunha zona distinta. «As condición laborais son moi deficientes e as profesionais non contan con ningún incentivo profesional». Nestas circunstancias, di «o normal é que marchen». A falta de planificación e de provisión de prazas é outra das causas que explica a conxestión da atención pediátrica e a carestía de especialistas. A falta de previsión e planificación é outra das causas que explica a conxestión da atención pediátrica e a carestía de especialistas. «Hai 10 anos xa se advertiu que moitos pediatras se ían xubilar e que non habería relevo», explicou Prado na Cámara galega. E non o houbo, apunta Manuel Martín, «porque a Administración descoidou a provisión de novos especialistas vía MIR». Neste sentido, Martín prognostica un escenario dramático se non mudan as circunstancias de contratación e formación das futuras especialistas, porque «no prazo de 5 anos, vaise xubilar 50% das pediatras do Servizo Galego de Saúde». Formación específica para a Atención Primaria Na Galiza, como no resto do Estado, a atención sanitaria a nenos e nenas recae nas pediatras, non como noutros países onde os médicos de familia son os facultativos de referencia para a cativada, e os pediatras actúan como consultores. Pero este modelo, di o voceiro de SOS Sanidade Pública, non conta cunha «formación específica» que alente as pediatras a escoller os servizos de Atención Primaria para desenvolver a súa carreira. «A formación pediátrica é fundamentalmente hospitalaria e céntrase no manexo de recursos moi avanzados que nada teñen que ver cos que atopan na Atención Primaria. Non están familiarizados cos programas orientados á promoción da saúde e á prevención da enfermidade das crianzas: vixilancia, vacinación, alimentación, obesidade; traballo coa comunidade». O que sucede, di, é que se frustran, renuncian aos centros de saúde e marchan. A solución, coinciden, pasa por frear o deretiro da sanidade pública, por reforzar o investimento en Atención Primaria e procurar unha formación especializada. |
NOS_45546 | Os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso na Galiza e sitúanse en 722, cifra que rebaixa en 319 os rexistrados hai unha semana. Os casos activos redúcense en máis de 300 a respecto do último día até os 16.106. Ademais, baixan as persoas hospitalizadas polo coronavirus. Son 328 os pacientes ingresados cunha PCR positiva, 17 menos que o día anterior. | Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta cuarta feira con rexistros de até as 18 horas da terza, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI baixan a 53 -unha menos- e as hospitalizadas noutras unidades descende a 275 -16 menos-. Pola súa banda, 15.778 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas da A Coruña, Vigo, Lugo e Pontevedra; mantense nas de Ourense e Ferrol e aumenta lixeiramente na de Santiago. Casos activos Por sexta xornada consecutiva os casos activos manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 16.106, o que supón 365 menos que o día anterior. Con respecto a hai unha semana, Galiza conta con 2.516 casos activos de Covid-19 menos que rexistrados o pasado 4 de agosto. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas salvo na de Ferrol (+13). Así, caen nas de Pontevedra (-122), Lugo (-76), Vigo (-59), Ourense (-58), Santiago (-43) e A Coruña (-20). A área da Coruña segue á cabeza en número de casos activos con 4.579, seguida da de Vigo, con 3.967; Pontevedra, con 1.907; Lugo, con 1.758; Santiago, con 1.710; Ourense, con 1.176; e Ferrol, con 1.009. Menos contaxios Os novos contaxios de Covid-19 tamén confirman unha tendencia á baixa. Suman tres xornadas consecutivas en descenso ao anotar a 722, medio cento menos que o último día e 319 que hai unha semana. Do total rexistrado polo Sergas, Vigo anotou 211; A Coruña, 201; Santiago, 102; Lugo, 67; Pontevedra, 49; Ferrol, 48, e Ourense, 44. Porén, a taxa de positividade das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) segue por riba de 10%, duplicando o limiar recomendado de 5% para controlar a transmisión do virus, consolidar o descenso da incidencia e achegar o alivio das restricións. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 ma Galiza aumentan a 2.499 despois de notificar as autoridades sanitarias outras cinco vítimas. En concreto, unha muller de 87 anos que faleceu o pasado 8 de agosto no seu domicilio no municipio de Láncara; dúas mulleres de 53 e 71 anos ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña e un home de 80, hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. A estas mortes hai que sumar a doutra muller de 90 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. |
NOS_52114 | A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a curtametraxe 'S.C. Atréveste a vivir a experiencia?' para denunciar e 'viralizar' a problemática das persoas galegoflantes no seu día a día. | Unha curtametraxe na que as dificultades do día a día nos galegofalantes xoga coa fición para denunciar o que é real. Dentro da campaña para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta iniciativa que decorre no marco da campaña 'Sentido Común', creada para conseguir sinaturas pola garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Creouse así SC como unha suposta webserie, "unha ferramenta visual, atractiva e que xoga en certa maneira coas novas tendencias (está inspirada nun capítulo da serie Black Mirror) para conseguir viralizar a campaña. Nesta curta móstrase como ficción unha situación complexa para os galegofalantes e como o día a día vai demostrando que é totalmente real". Na presentación interviron o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, a secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Mónica Pazos, o representante de Desoños, Carlos Álvarez, o guionista da curtametraxe, David Rodríguez e o representante da produtora Deica Audiovisual Paulo. Ao longo de todo o capítulo faise referencia visual ás siglas SC, das cales se descubre o seu significado ao final: Sentido Común, lingándoo desta maneira á infografía que aparece xusto despois e coa que se lle desvela aos espectadores que realmente se trata dunha campaña e que é o que se quere conseguir coa mesma. Marcos Maceira manifestou que "o obxectivo desta curtametraxe é achegármonos e xerar debate "que a xente se pare a facerse preguntas e se cuestione unha realidade que ás veces pode chegar a parecernos ficción. Pórse no lugar da protagonista e cuestionarse se realmente é esa a posición que cren que lle corresponde ao galego". A Mesa pola Normalización Lingüística está a desenvolver unha intensa campaña por todo o país para dar a coñecer a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Esta campaña ten data de remate o 21 de setembro. |
NOS_56804 | O paro rexistrado aumentou nese mes en 6.164 persoas, a maioría delas pertencentes ao sector servizos. | Xaneiro é tradicionalmente un mal mes para o mercado laboral. E 2017 non é unha excepción. Galiza fechou o primeiro mes do ano con 6.164 persoas máis no paro rexistrado e 12.988 menos de afiliación á Seguridade Social. En ambos os dous casos, aumento de desempregados e caída de afiliados, con peor comportamento porcentual que a media do estado español, o que sinala que a fenda Galiza / estado continúa alargándose. A 31 de xaneiro no noso país hai 212.078 persoas rexistradas no desemprego, o que supón un 2,99% máis que no mes anterior. No estado español ese aumento nos parados foi do 1,5%, a metade que en Galiza. A inmensa maioría desas persoas que pasan a se rexistrar no paro pertencen ao sector servizos, algo lóxico tendo en conta que en xaneiro finaliza a campaña de Nadal. O rexistro é mellor se analizamos a evolución interanual. Aí o paro rexistrado descendeu en 24.369 persoas (un 10%). En Galiza hai 950.938 afiliados á Seguridade Social, o que supón case 13.000 menos que no mes anterior. Descendeu 1,35% mentres que a caída a nivel estatal foi menor, dun 0,98%. Embora as mensaxes de recuperación, na afiliación en Galiza á SS hai agora cen mil afiliados menos que no inicio da crise: a comezos de 2009 superan o 1.054.681 persoas. |
PRAZA_3305 | Tras o desgaste das políticas aplicadas durante os anos da crise e cun impulso político e lexislativo cada vez máis cativo alén da grandilocuencia do aparello de San Caetano, Feijóo aposta todo á carta que tan ben lle saíu en 2016 | Máis que perder o tempo en disquisicións sobre os motivos –expresos ou presuntos– que levaron a Feijoo a coller a roda vasca do Lehendakari Urkullu para aprobar o Decreto 12/2020, do 10 de febreiro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións para o vindeiro día 5 de abril, o que máis nos debe preocupar á cidadanía galega é a definición do novo panorama politico que con carácter inmediato se abre para o país neste apaixonante 2020.Outra volta, o presidente Feijóo xoga coa vantaxe de xestionar os tempos electorais que lle confire a competencia exclusiva de chamar ás urnas. Desta volta o adianto electoral é o máis severo posible. Situar as eleccións o 5 de abril descoloca moitas previsións e acelera os tempos ao servizo dos intereses do Partido Popular.Tras o desgaste das políticas aplicadas durante os anos da crise e cun impulso político e lexislativo cada vez máis cativo alén da grandilocuencia do aparello de San Caetano, Feijóo aposta todo á carta que tan ben lle saíu en 2016Nun contexto desfavorable, coa aparición de potentes ofertas de dereitas alén da súa propia marca, co desgaste das políticas aplicadas no país durante os anos da crise económica e cun impulso político e lexislativo cada vez máis cativo alén da grandilocuencia do aparello de San Caetano, Feijóo aposta todo á carta que tan ben lle saíu no ano 2016: coller a parte da oposición nas patacas, enleada nas súas hamletianas dúbidas de hoxe, onte e sempre.Sendo a división sociolóxica e electoral entre dereita e esquerda tan axustada, o éxito de Feijoo reside en manter cohesionado o voto da dereita. E ao tempo, explotar con mestría as feblezas e inconsistencias ideolóxicas e organizativas da esquerda galega.Boa parte dos esforzos tácticos do PP residen en agudizar as contradicións que fagan perder unha eventual maioría á esquerda; e non hai espazo máis propicio para exploralas que o da coñecida como esquerda rupturistaO Partido Popular é consciente de que as forzas políticas tradicionais da esquerda, PSdeG e BNG, están á alza nas proxeccións de voto, impulsadas polo contexto dos procesos electorais do 2019 e por teren carteis electorais claros e internamente indiscutibles. Vox segue a medrar tamén; e isto constitúe un desafío maior, pois canto máis radicalice o discurso para neutralizar a fuxida de votos a Vox, máis abandonará o centro político. De aí que boa parte dos esforzos tácticos do Partido Popular residan en agudizar as contradición que fagan perder unha eventual maioría absoluta ao espectro da esquerda.Non hai espazo máis propicio para explorar esas contradicións que o da coñecida como esquerda rupturista, herdeiro das fórmulas electorais de AGE en 2012 e En Marea en 2016. O impulso político gañado por Unidas Podemos coa súa parcería do goberno do Estado corre o risco de ficar neutralizado en Galicia por carecer de candidatura, programa e perímetro inclusivo (Anova, Compostela Aberta, Marea Atlántica...) a apenas mes e medio dos comicios. Unha vez máis, este espazo vese obrigado a traballar contra o reloxo na configuración da súa oferta electoral, tal e como aconteceu en xullo do 2016, con resultados ben coñecidos. Ao tempo, os que puideran ser os restos con maior potencial do naufraxio de En Marea corren o risco de experimentar un destino politicamente tráxico: ter que presentarse en solitario por non atopar confluencia posible, con poucas posibilidades de superar a fatídica barreira do 5% nun contexto tan propicio para o voto útil. Unhas e outras formacións corren ademais o risco adicional, de darse o caso, de seren sinaladas como responsables dunha fragmentación da esquerda que facilite unha cuarta maioría absoluta ao PP.Os prazos legais deixan escasos días para ver o grao de xenerosidade, responsabilidade e visión de futuro dos que demandan a confianza da cidadanía galega para tomaren as rendas do país e aplicar nel un proxecto político alternativo ao da década de FeijóoSexa como for, os prazos legais deixan escasos días para configurar as ofertas políticas que estarán nas urnas do 5 de abril. Tamén para ver o grao de xenerosidade, responsabilidade e visión de futuro dos que demandan a confianza da cidadanía galega para tomaren as rendas do país e aplicar nel un proxecto político alternativo ao da década de Feijóo.Alén da configuración de candidaturas e programas, vén de abrirse tamén outro tempo para os medios de comunicación democráticos do país. O tempo no que a prensa en todos os soportes debemos xogar o papel de garantes – non únicos, pero sí esenciais – dun xogo electoral limpo. Todo, nun momento no que, de conformidade co artigo 50.2 da LOREX, quedou xa prohibido que os poderes públicos organicen directa ou indirectamente actos para promocionar logros obtidos, tales como inauguracións ou campañas de autobombo. Será tamén especialmente importante velar polo respecto do actual Goberno aos límites do Executivo en funcións marcados na vixente lei de transparencia e bo goberno, máis aínda por celebrarse as eleccións cun Orzamento da Xunta practicamente a estrear.Só así poderá manterse a marxe de manobra para que o goberno que saia da constitución do novo Parlamento o vindeiro 5 de maio tome decisións políticas con plena lexitimidade democrática. |
PRAZA_124 | Os gastos totais dos festexos de nadal, aos que tivo acceso o BNG, superaron o millón de euros. O Bloque critica que o PP "gaste esta cantidade obscena cando recorta en cultura e en servizos sociais". O custe das últimas Festas de María Pita superou os dous millóns | O Concello da Coruña gastou máis dun millón de euros nos festexos de nadal (exactamente 1.029.064,91 euros). E tan só na cabalgata de Reis dilapidou case 400 mil (375.764,35 euros), segundo os datos aos que este luns tivo acceso e difundiu o BNG. O Bloque salienta que o Goberno municipal tamén destinou 214 mil euros ao poboado lapón que construíu no centro da praza de María Pita e que os gastos do alumeado de Nadal se elevaron até os 422.441 euros. O Concello da Coruña gastou máis dun millón de euros nos festexos de nadal (exactamente 1.029.064,91 euros) O Grupo Municipal do BNG rexeita que se empregue "tal cantidade de cartos públicos no nadal, cuxos gastos poderían ser moitísimo máis reducidos". E sinala que "o excesivo gasto neste ostentoso nadal responde á política de pouco pan e moito circo do PP na cidade da Coruña", lembrando que xa nas últimas festas de María Pita se dedicaron ao redor de dous millóns de euros das contas públicas. O Bloque critica que o PP gaste "esta cantidade obscena" cando "recorta en cultura e en servizos sociais". "Mentres non hai cartos para a compra de libros nas bibliotecas e mentres hai familias que seguen á espera dunha axuda de emerxencia social que non chega, o Goberno do Sr. Negreira non ten reparo en gastar máis de un millón de euros só no nadal", engaden. O Bloque subliña que debe haber outras prioridades para a acción do goberno municipal e para o gasto público e sinala que en setembro, outubro e novembro o desemprego na cidade subiu en 741 persoas e que a día de hoxe se atopa nas 21.698 persoas. A esta cifra, engade, "habería que sumar todas aquelas persoas que xa non se anotan nas listas do paro por teren rematada a prestación e mais o impacto de todas aquelas que se ven na obriga de emigrar por non ter acceso a un traballo digno na terra". O Bloque critica que o PP gaste "esta cantidade obscena" cando "recorta en cultura e en servizos sociais" Xa hai uns días Esquerda Unida denunciara a contratación dunha empresa de seguridade privada para esta cabalgata de Reis, un contrato concedido a Eulen por case dez mil euros, e que se viña a sumar aos case nove millóns de euros gastados polo Goberno de Carlos Negreira en seguridade privada ao longo desta lexislatura. Relación dos gastos realizados polo Concello da Coruña nos festexos de Nadal Cabalgata: 375.764,35 euros Pasarrúas Manicómicos: 39.314 euros Aristides Tonet Vieira Dias: 50.699 euros (Les Minuscles e Les Gnomikys) D collage Art i Difusio S.L.: 37.595,04 euros Musics de Girona SCCL (Charanga Dixie Boys) : 3.015 euros Asociación Cultural e Muscial desde Galicia Tocando (Charanga DGT): 800 euros Asociación Cultural e Musical Charanga Compostela (Charanga Compostela): 800 euros Axiña Servizos Deportivos (servizo de acompañamento): 17.600 euros José Carlos Vega Primo (aluguer 8 trens): 14.641 euros CEGA congresos audiovisuais (aluguer equipos de luz, son e audiovisuais): 20.824,10 euros Ediciones y Producciones Empresariales SAU (8.000 kg de caramelos): 16.016 euros Pegadas Sociedade Cooperativa (camisetas serigrafiadas): 9.429 euros Persoal complementario Sermasa: 6.560,08 euros Galicia Vella de Inversiones y Logística (cátering): 201,47 euros Seguridade Eulen: 9.465,54 euros Varios (speaker, transporte de nenos e compañías, disparo de confeti, traslado de materiais, enganches, iluminación trens): 30.000 euros Varios (aluguer de infraestruturas, valadas, saúdo real, carpas, aluguer de estruturas para a chegada dos reis magos, torre para o lanzamento de confeti): 20.000 euros Varios (pulseiras, globos de led, chocolate cartaces, vinilos, complementos figurantes): 18.000 euros Varios (limpeza): 943 euros Carrozas aluguer. Axiña servizos deportivos: 79.860 euros Poboado lapón: 90.408,5 euros montaxe, 90.750 euros animación e 11.151,36 euros seguridade. Falta coñecer os gastos de publicidade, que o ano pasado ascenderon a 21.628,75 euros só no que respecta aos 125 valados publicitarios instalados no exterior. Total: 213.938,61 euros Belén municipal e visitas papá noel: 8.698,8 euros Belén municipal e reis magos: 8.221,9 euros Alumeado ornamental da campaña navideña: 422.441,25 euros |
NOS_13770 | Stop Desafiuzamentos vén de dar a coñecer o caso dunha muller vítima da violencia machista, sen ningún tipo de apoio familiar, e cun fillo menor con autismo e dependencia de grao tres que carece de fogar dado o "desleixo" do Concello de San Cibrao das Viñas e da Xunta de Galiza. | Carme –nome figurado- é a cuarta vítima de violencia machista que recorre a Stop Desafiuzamentos Ourense en busca de axuda após perder a casa na que vivía. Denunciou a súa ex parella e ten un fillo menor de idade con autismo e dependencia recoñecida de grao tres. Carece de recursos suficientes para acceder a un alugueiro e nin o Concello de San Cibrao das Viñas nin a Xunta de Galiza accederon a atoparlle unha vivenda social. Stop Desafiuzamentos explica que situación de Carme se agravou após esquecerse de selar a tarxeta do INEM en novembro de 2015. Este esquecemento levouna a perder a única axuda da que dispuña, a Renda Activa de Inserción. "Dende esa data non pode pagar o aluguer da vivenda na que residía e acumulou cinco meses de impagamento", explica a entidade, que a 14 de marzo entregou un escrito no Concello de San Cibrao das Viñas e reuniuse co alcalde para lle dar traslado da situación da muller. O alcalde "fainos saber que xa coñecen o caso e que eles non poden facer ren", sinala Stop Desafiuzamentos, que diante da resposta do rexedor presentou outro escrito no Instituto Galego da Vivenda e Solo e mantivo unha reunión coa delegada territorial de Vivenda para lle expoñer en persoa o caso de Carme. Ese mesmo 14 de marzo, a vítima de violencia machista decidía abandonar voluntariamente a vivenda "para non causarlle máis prexuízos ao propietario", do que Stop Desafiuzamentos destaca "o comportamento respectuoso e comprensivo". "Tivemos unha reunión bronca, mesmo nos faltaron ao respeito nada máis sentar a falar", denuncia Stop Desafiuzamentos a respeito da actitude do IGVS Un día após Carme abandonara a vivenda, Stop Desafiuzamentos volveu reunirse coa xefa de área e a delegada do IGVS e, ante a falta de solucións, a entidade concentrouse de maneira espontánea diante do edificio administrativo. "Tivemos unha reunión bronca, mesmo nos faltaron ao respeito nada máis sentar a falar", sinala, en declaracións a Sermos Galiza, unha das activistas presentes na xuntanza, "o IGVS díxonos que estaban co seu caso pero non nos deu ningunha situación de emerxencia". De feito, a solución máis próxima para Carme, de habela, sería no prazo de 30 ou 45 días. Carme foi acollida na vivenda dunha activista de Stop Desafiuzamentos e só percibe desde xaneiro unha axuda de 193 euros pola dependencia do fillo. Estes 193 euros representan o único ingreso do que dispón á espera de poder recuperar a RAI. Como Carme son moitas as mulleres que após sufriren violencia machista teñen dificultades para accederen a unha vivenda. Aliás, a situación presenta unha extrema gravidade cando as vítimas teñen fillos ou fillas menores de idade, "o feito de ter menores ao seu cargo e de poder perder a tutela impídelles facer pública a súa situación", advirten fontes de Stop Desafiuzamentos. Protesto esta segunda feira O colectivo, que critica o desleixo do Concello e da Xunta, convocou para esta segunda feira, 21 de marzo, ás 12h diante do IGVS de Ourense un protesto para denunciar e facer público "un xeito de violencia que o sistema exerce contra as mulleres xa vítimas da violencia machista". Para a entidade, casos como o de Carme implican unha "violencia institucional". [Sermos Galiza publicou unha reportaxe a respeito das casas de acollida para mulleres maltratadas no último número do semanario, que xa está dispoñíbel na loxa] |
PRAZA_8041 | Todas as institucións (cidades, universidades, mesmo equipas futbolísticas) precisan dunha acción exterior. Xa que logo, Galicia precisa dunha política exterior de seu. De ser posíbel coordinada coa española e europea. Mais Galicia non pode agardar polos demáis para ser-e venderse- no mundo. | O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) vén de denunciar, no seu Informe anual, a falla dunha política exterior galega. Quizais medoñenda diante do intervencionismo do Goberno central, a Xunta semella non ter unha estratexia exterior de seu. Os servizos diplomático e consular españois son malos e caros. Ben o saben os nosos paisanos e as nosas pemes. Para alén disto, a diplomacia española é carísima. Velaí os 6,5 millóns de euros malbaratados nunha residencia para o embaixador español en Marrocos!!. Cando o que compre é unha única diplomacia europea que integrase os distintos servizos exteriores. Moito falan en Madrid das oficinas exteriores de Galicia ou Catalunya en países fulcrais da Europa, Asia ou América Latina, mais ben que calan co dispendio das embaixadas españolas abertas nos destinos máis afastados do mundo. Todas as Institucións (cidades, Universidades, mesmo equipas futbolísticas) precisan dunha acción exterior. Xa que logo, Galicia precisa dunha política exterior de seu. De ser posíbel coordinada coa española e europea. Mais Galicia non pode agardar polos demáis para ser-e venderse- no mundo. Grandes reptos actuais desta política exterior serían a presenza activa no xigante brasileiro e a participación política económica e cultural na lusofonía. Ou a promoción turística directa do País (sempre esquecido nas campañas estatais) e o acompañamento ás nosas pemes na súa internacionalización. O que no mundo non se ve, non existe para o mundo. A arrincadeira: Corrupción en Vimianzo? O avó de quen isto escribe foi alcalde de Vimianzo. Velaí o meu desacougo diante da moción de censura que PP, PSOE e Independentes do exalcalde Rodríguez Lema presentaron contra o goberno nacionalista de Manoel Antelo. Unha moción artellada dende a nostalxia por prácticas tan pouco democráticas como que case todas as obras durante trinta anos fosen para dúas empresas ou que persoas relevantes non pagaran IBI nin o gasto real de auga co consentimento dos antigos xestores do Concello. Hoxe mesmo PP e PSdeG seica van expulsar aos concelleiros asinantes. Sería un bó aceno e certificaría que o novo Goberno local nace morto. |
NOS_42136 | En outono celebrarase a Gala aRi[t]mar organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. | Os perto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar Galiza e Portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela determinaron que as gañadoras polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, Sabela, con 'Despedida' e António Zambujo, con 'Catavento da Sé'. Estes premios, xunto cos de poesía, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2020, que decorrerá en outono. Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego (GZ) por Balada de verán e Miguel Araújo (PT) con Talvez se Eu Dançasse; e os terceiros Baiuca (GZ) por Fisterra, e Isaura (PT) con Uma Frase Não Faz a Canção. Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame voltou xerar moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular, ficando as votacións moi igualadas quer nas músicas gañadoras quer nas segundas e nas terceiras máis votadas. A seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até mediados de maio. Ademais, o día 24 de abril, véspera da celebración da Revolución dos Caraveis portuguesa, darase a coñecer o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona, creado para galardoar aquelas persoas, iniciativas ou institucións que se teñan destacado por tender pontes de amizade entre Galiza e a Lusofonía. |
NOS_22270 | Asinan o manifesto a nivel de Estado de escritores, músicos ou cineastas en defensa da liberdade de expresión. Serrat, Almodóvar, Fermin Muguruza , Ane Tijoux, Willy Toledo ou Bardem, entre os mía sde 230 asinantes | Máis de 200 nomes do mundo da cultura de todo o Estado español veñen de impulsar un manifesto contra o encarceramento do cantante de rap Pablo Hasel, 'Sen liberdade de expresión non hai democracia'. Joan Manuel Serrat, Pedro Almodóvar, Javier Bardem, e Aitana Sánchez Gijón son algúns dos nom4es máis coñecidos a nivel popular que asinan ese manifestó, no que taméne stán Willy Toledo, Fermin Muguruza, Ane Tijoux, KOP ou Isaki Lacuesta, entre otros moitos nomes. Un manifestó no que hai sinaturas galegas, como a de Julián Hernández (Siniestro Total) ou os grupos de rap Son da Rua e Dios Ke Te Crew, pasando polo actor e dramaturgo Carlos Santiago, que sabe ben o que é ter que defender a liberdade de expresión. Desordes Creativas e Luis Tosar tamén asinaron o texto. "Somos conscientes de que se deixamos que Pablo vaia preso, mañá poden ir por calquera de nós, para silenciar calquera discrepante" O texto lamenta que a "persecución" de artistas, tuiteiros, xornalistas ou outros representantes da cultura e da arte "por tentar exercer o seu dereito á liberdade de expresión" estea a se converter "nunha constante". Tamén subliñan que o Estado español "encabeza a lista de países que máis reprimen polo contido de cancións". Emma Suárez, Victòria Pagés, e Paco León tamén asinan a carta. O manifesto lamenta que, co encarceramento de Hasel, España "estea equiparada a países como Turquía ou Marrocos", que tamén teñen "varios artistas presos para denunciar os abusos cometidos polo Estado". "É necesario que esta situación se dea a coñecer a nivel internacional, para resaltar en que situación estamos", afirma a carta. "Somos conscientes de que se deixamos que Pablo vaia preso, mañá poden ir por calquera de nós, para silenciar calquera discrepante". Por iso os máis de 200 asinantes do manifesto mostran o seu apoio e solidariedade con Hasel e esixen a súa liberación, así como a expulsión do Código Penal deste tipo de delitos que non fan máis que "roubar o dereito, non só da liberdade de expresión, senón da liberdade ideolóxica e artística " . |
NOS_51891 | O goberno municipal do PP está a poñer atrancos para o desenvolvemento de mobilizacións sociais na capital galega. Na manifestación do pasado domingo en defensa do aborto libre e gratuíto un bar tivo que permitir o acceso á rede eléctríca xa que o Concello rexeitou o permiso para o enganche. Só un exemplo dunha práctica xa habitual polo PP. | A representante da Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto, Pilar Estévez, denunciaba na Praza de Praterías, no remate da manifestación nacional do pasado domingo día 17, os atrancos atopados no Concello da capital galega para o desenvolvemento da mobilización. Segundo manifestou durante as intervencións finais, entre outras cousas, o goberno municipal do PP non permitira o acceso á toma eléctrica necesaria para o peche final da mobilización, para a megafonía precisa para os discursos e actuacións musicais. A Plataforma agradeceu, pola contra, a dispoñibilidade dun bar próximo ás Praterías que permitiu botar man da súa rede para poder desenvolver o acto final. Non era nin a primeira nin a última vez que o PP poñía atrancos ao desenvolvemento dunha mobilización social, das que en Compostela se incrementan nos últimos tempos, en especial, contra a política de recortes e a imposición de ideas reaccionarias do PP. Desta maneira, tamén a CIG e a Plataforma Galega en defensa do Ensino atoparon os mesmos problemas que agora denuncia a plataforma feminista. A negativa a dar permisos para a instalación de palcos é outra das novas medidas que está a tomar o goberno presidido por Currás, como aconteceu na pasada do 17 de maio. O tema será motivo de debate no Concello, unha vez o voceiro do BNG, Rubén Cela, vén de preguntarlle ao alcalde as razóns que o levaron a rexeitar os permisos para enganches de electricidade e megafonía nas manifestacións. Consideran desde a organización nacionalista que o PP está a denegar as solicitudes co fin de crear atrancos a manifestacións que evidencian "o profundo rexeitamento cidadá ás políticas regresivas de recortes de dereitos sociais e laborais que impulsa desde os Gobernos da Xunta e do Estado". Ao seu ver, a actitude do goberno municipal está a coartar os dereitos fundamentais de manifestación e reunión. Desoe tamén o goberno municipal a ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública na que se recolle a utilización de megafonía nestes actos, ordenanza que provocara unha forte oposición social pola intención do PP de dificultar as mobilizacións. |
NOS_11751 | O regreso da colección de Álvaro Gil ao Museo de Lugo está a producir un "efecto chamada" que se contabiliza coa multiplicación do número de visitantes. | Desde o 10 de febreiro ao 8 de marzo, 4.038 persoas visitaron o Museo de Lugo desde o regreso do conxunto das pezas mercadas á familia de Álvaro Gil. tras unha longa negociación da área de Cultura da Deputación de Lugo. O número de visitas é sensíbelmente maior ás 2.684 recibidas no mesmo período durante o pasado ano, o que deixa á vista o "efecto chamada" da importante colección de pezas de ourivería prerromana que volven de maneira definitiva ao Museo de Lugo. "Consideramos que se comeza a cumprir o obxectivo de que non quede ningún lucense na provincia sen coñecer este valiosísimo tesouro, pois desde logo esta será a mellor ferramenta para proxectar esta colección e o seu museo de cara ao exterior", afirmou o responsábel da área de Cultura da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, na visita ao Museo na que se fixo público o balance do retorno da colección á institución. Sumou á histórica volta das pezas de ourivería á recuperación dalgunhas outras obras, boa parte restauradas para a súa mostra no museo, como "A Magdalena en éxtase", copia do cadro de Caravaggio, varios mosaicos ou o regreso do 'Cristo atado á columna', despois de participar nunha mostra en Barcelona. |
NOS_26960 | A peza de barro de Samos máis antiga da que hai constancia é de primeiros do século XVIII. Non hai máis escritos que acrediten a súa datación que o da propia ámboa, pertencente a unha colección particular. "Soi de R díez de Valcarce Vázquez y Quiroga / Franco antto Gómez me fecit en Samos en 18 de agosto del año 1706". A inscrición, gravada no alto do corpo do recipiente, é unha das varias lendas que se conservan en olas, garrafas e barreñóns; os últimos, dos anos 50 do século pasado. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 328 de Sermos Galiza. | Na contorna do mosteiro beneditino de Samos xa non queda quen acorde as últimas fornadas dos louceiros da volta. No seu día concentraron a actividade oleira nos lugares de Romelle, Vilamelle, Lamas, Roxofrei, San Mamede do Couto, Lamartín, Loureiro e Lourido Grande; aldeas nas que aínda se poden ver restos dos fornos nos que cocían os cacharros. Mais non queda ninguén que fose testemuña directa do modelado das pezas de cerámica. A padroa da casa de Sabino, en Roxofrei, lembra ter visto a roda onde traballaba o señor Pedro de Lulle e tamén o forno onde cocía os cacharros, pero toda a vida o acorda rodeado de hedras e silveiras. Os veciños de Romelle recordan as historias dos vellos que trataran a Antonio Barreal e como tardaba varios días en volver cando ía á feira da Ponte de Lóuzara. A memoria vívida do oficio acabou de esmorecer co pasamento de Carlos de Lamartín, hai un par de anos. Morreu con máis de 90. Sendo neno coñeceu a Manuel María de Capón, para quen tivo a ocasión de amasar o barro e mesmo de darlle ao torno algunha vez. Pedro, Antonio e Manuel María son tres dos últimos barraxeiros, e as súas, algunhas das historias que Luís Hixinio Flores (Castro de Rei, 1960) e Orlando Viveiro (Outeiro de Rei, 1957) van fiando arredor da cerámica de Samos nun volume editado polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Durante dous anos investigaron as orixes da industria oleira e o legado dos artesáns. Andaron as aldeas e falaron coa veciñanza para tratar de poñerlles nome aos ceramistas, ás barreiras, aos obradoiros, aos instrumentos. Neste tempo recompilaron alcumes e lugares, pero tamén retrataron unha colección de olas, cuncas, pucheiras, xerras e meleiras que dan conta da calidade técnica e plástica dunha cerámica practicamente ignorada. Formas tradicionais da cerámica popular. Samos é o título do libro que resgata a memoria dos louceiros da comarca, pero antes foino dunha mostra que se exhibiu en 2014 no Museo Provincial de Lugo máis no Museo do Pobo Galego. Aquela presentación fora consecuencia dunha exposición anterior sobre a tradición oleira en Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós; o auténtico xerme de todo este traballo de indagación. "Naquela mostra de 2013 apareceron unhas pezas de Samos moi descoñecidas" conta Orlando Viveiro, "e foi a súa singularidade o que nos animou a saber e a estudar o tema en profundidade". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 328 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_19755 | Entre o xoves e o sábado a segunda edición deste festival ofrecerá as actuacións dos holandeses The Mauskovic Dance Band, dos galegos Fluzo, Esposa, BULTO, Esteban & Manuel, Pálida e Boyanka Kostova e dos portugueses Surma, O Manipulador e Tren Go! Sound System. | Compostela acolle a partir deste mércores a segunda edición do Melona Fest, un evento nacido o pasado ano e que desta volta amplía a súa programación a catro días (ata o sábado), ofrecendo as actuacións dos holandeses The Mauskovic Dance Band, dos galegos Fluzo, Esposa, BULTO, Esteban & Manuel, Pálida e Boyanka Kostova e dos portugueses Surma, O Manipulador e Tren Go! Sound System, entre outras bandas. Os concertos terán lugar na Unitaria, no Riquela Club, na Discoteca Ruta, no Bar Embora e na Gentalha do Pichel. As entradas (18 euros na billeiteira, 15 euros anticipada) poden adquirirse no Bar Embora, no Sagrado Corazón Tatuajes e na Reixa Tenda. E, fóra de Santiago, en O Mercado Street Food (Lugo) e Honky Tonk Discos (Vigo). O festival busca conxuntar as propostas musicais con espazos de reflexión e análise da música. Con Discoclube de Compostela, unha das novidades deste ano (baseada en proxectos anteriores semellantes como Vinyl Station ou Kafea eta Galletak), convídase os espectadores a realizar unha escoita conxunta de discos "co fin de converter o goce persoal da música nun exercicio común e enriquecedor onde intercambiar impresións". A Melona nace así mesmo coa intención de probar sorte dentro da xestión artística e na actualidade está preparando o lanzamento do recompilatorio Galician Bizarre III, que verá a luz neste 2017. Está ademais a conformar un selo propio que, polo de agora, xa conta con dúas bandas dentro do seu catálogo (Boyanka Kostova e Bulto). Así mesmo, editará o seu primeiro fanzine (INTRNT BSNSS) que esperan que sexa "o embrión dunha nova canle de acción do mundo das publicacións temáticas". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.