ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_14483 | As dúas escritoras son as propostas para ocupar a vacante de Isla Couto. Os académicos e as académicas deberán votar no próximo plenario para decidir cal das dúas será a numeraria electa que volva aumentar a presenza feminina na Rúa Tabernas. | Chus Pato e Fina Casalderrey. Elas son as candidatas a entrar na Real Academia Galega (RAG) para ocupar a vacante de Xaime Isla Couto, segundo fontes da institución confirmaron a Praza. O pasado sábado celebrouse un plenario no que se pecharon as candidaturas e as dúas únicas propostas son as das citadas escritoras. Deste xeito, con toda probabilidade sentará unha muller máis no plenario da Rúa Tabernas. Os académicos terán que elixir en votación a unha delas para convertela en numeraria da institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. O plenario da RAG composto por 30 cadeiras, aumentará a presenza feminina e chegará ao mesmo nivel de cinco mulleres co que se contaba en 2010 Desta maneira, o plenario da RAG composto por 30 cadeiras, aumentará a presenza feminina e chegará ao mesmo nivel de cinco mulleres co que se contaba en 2010, cando na institución estaban Rosario Álvarez, Margarita Ledo, Xohana Torres, Luz Pozo Garza e Olga Gallego. O falecemento da arquivista en setembro de 2010 reduciu esa presenza e reduciu o número a só catro académicas, unha cifra que non aumentou no proceso de renovación que afrontou a entidade encabeza por Ferrín ao longo de 2011 á hora de cubrir as vacantes que se foron sucedendo de Francisco Fernández del Riego e do xeógrafo Río Barja. Agora, coa próxima votación unha delas, Fina Casalderrey ou Chus Pato, entrarán con toda probabilidade na Real Academia Galega, se así o deciden os membros da institución. Chus Pato (Ourense, 1955) é profesora de ensino secundario e poeta. A súa obra poética, con fortes reivindicacións ideolóxicas como a conciencia de xénero e a visión marxista da realidade, inclúe poemarios como Urania, Heloísa, A ponte das poldras ou Secesión. Os seus primeiros poemas apareceron na revista Escrita e, dende aquela, en múltiples publicacións como Luzes de Galiza, Dorna ou a Trabe de Ouro. Varias das súas obras están traducidas ao inglés pola poeta e investigadora Erin Moure, quen tamén vén de traducir ao inglés integramente Cantares Gallegos de Rosalía. Pola súa banda, Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) destaca como unha das grandes referencias no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén profesora de ensino secundario, Casalderrey deuse a coñecer como escritora en 1991, ano no que publicou a súa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Cinco anos despois acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O misterios dos fillos da Lúa. A maior parte dos seus libros están traducidos a todas as linguas do estado e tamén ao portugués. O xogo das cadeiras A incorporación dunha destas candidatas ao plenario chegará un ano despois da polémica renovación que viviu ao longo de 2011 a Real Academia Galega e na que a reivindicación de maior presenza de mulleres foi unha constante A incorporación dunha destas candidatas ao plenario chegará un ano despois da polémica renovación que viviu ao longo de 2011 a Real Academia Galega e na que a reivindicación de maior presenza de mulleres foi unha constante. En setembro de 2010 declarábase a vacante de Olga Gallego e pouco despois, dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, creouse unha campaña para apoiar a candidatura de María Xosé Queizán. Unha serie de apoios e sinaturas foron entregadas a Méndez Ferrín. Non obstante, a vacante de Gallego non foi para Queizán. O posto foi ocupado polo filólogo e catedrático da Universidade de Santiago Xosé Luís Regueira. Como reacción, xurdía O xogo das cadeiras, un manifesto asinado por centos de representantes da cultura que esixían unha maior presenza da muller con vistas as outras vacantes que quedaban por cubrir. A primeira delas era a de Fernández del Riego. A súa cadeira, finalmente, foi ocupado por Xosé Fernández Ferreiro, escritor e membro do Grupo Brais Pinto. A súa candidatura superara así a outra candidatura, a de Marilar Aleixandre. A entrada dunha nova muller tería que esperar. E na terceira vacante, tampouco entrou ningunha muller. Foi Pegerto Saavedra, catedrático de Historia da Universidade de Santiago, o elixido para suceder a Río Barja. Tanto Saavedra como Ferreiro aínda non entraron oficialmente na institución, xa que non se celebraron polo momento o seus plenarios de ingreso Dese xeito, remataba o proceso de renovación de 2011, no que se cubriron tres prazas e a presenza feminina baixou de cinco académicas a catro. Reforzouse a rama filolóxica coa incorporación xa efectiva de Regueira e Monteagudo (quen fora elixido para substituír a Gil Merino xa en primavera de 2010), forneceuse a parte de humanidades coa entrada de Pegerto Saavedra e aumentou a relevancia do Grupo Brais Pinto na RAG coa chegada de Fernández Ferreiro. Tanto Saavedra como Ferreiro aínda non entraron oficialmente na institución, xa que non se celebraron polo momento os seus plenarios de ingreso. |
NOS_53102 | A xestora galega perde os seus principais valedores, o ex-secretario xeral e o ex-secretario de Organización, Sánchez e Luena, que foron quen a nomearon. Os sectores opostos aos herdeiros de Besteiro velan armas. | O terremoto destes días no PSOE e que tivo o seu clímax este sábado en Ferraz co triunfo de Susana Díaz e a derrota de Pedro Sánchez ameaza con réplicas en Galiza. A xestora que desde hai seis meses dirixe o PSdeG ficou este sábado sen os seus principais valedores, Sánchez e o até de agora secretario de Organización, César Luena, que foron quen a nomearon. E sen eses apoios poucos lle auguran moito futuro. A xestora está integrada polos 'herdeiros' do ex-secretario xeral galego, Gómez Besteiro, un dos soportes do apoio a Sánchez mais cuxa imputación deixouno en fóra de xogo político. Non figuran nese organismo, pois, nin a xente dos sectores de Pachi Vázquez, co peso que teñen en Ourense, nin de Abel Caballero. A presidenta da xestora, Pilar Cancela, porén, indicou este domingo en declaracións a Europa Press que o mandato deste órgano está "vixente" e manterase até que se faga o congreso do PSdeG e "as correspondentes primarias". Non o ven así desde o sector contrario á xestora, que consideran que a situación actual é "insostíbel". Un día de enorme tristeza. Mi reconocimiento y afecto al hasta hoy secretario general del PSOE, @sanchezcastejon.Fuerza y suerte! Un orgullo— Pilar Cancela (@PiliCancela) 02 outubro 2016 O proceso de primarias para elexir candidato ás eleccións galegas e a configuración das listas provinciais para o 25S non fixo máis que alargar a fenda que existe entre estes dous 'bandos' do PSdeG. O que este sábado decorreu a 600 quilómetros de Galiza vai marcar as vindeiras semanas do socialismo galego. Unha réplica do terremoto que non só terá réplica na vida organizativa senón que mesmo pode afectar á parlamentar. Leiceaga, candidato do PsdeG, tivo o apoio da xestora mais ese apoio escamoteóuselle desde outros sectores do socialismo galego mesmo durante a campaña. Valoracións. Do "Punto para o IBEX 35" a "Un día de profunda tristeza" Que o PSOE aposte por un goberno de Rajoy é un síntoma da grave crise do estado e do esgotamento do rexime do 78. Punto para IBEX -35— Ana Pontón (@anaponton) 01 outubro 2016 A demisión de Pedro Sánchez xerou tamén reaccións dos políticos galegos nas redes sociais. Pilar Cancela, presidenta da xestora e o único apoio que tivo Sánchez entre os 11 representantes galegos no Comité Federal afirmou na súa conta persoal de twitter que era "un día de enorme tristeza. O meu recoñecemento e afecto ao até hoxe secretario xeral, Pedro Sánchez. Forza e sorte! Unha aperta". Mala noticia para Galicia que o Psoe se entregue ao PP @En_Marea seguimos contra os recortes e a corruPPción sempre! https://t.co/5hAOIgUSzM— Luís Villares (@VillaresLuis) 01 outubro 2016 Tamén desde o nacionalismo se opinou sobre o acontecido en Ferraz. "Que o PSOE apoie un goberno de Rajoy é síntoma da grave crise do estado e do esgotamento do réximo do 78. Punto para o IBEX35", escribiu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do Bloque, considera que "no estado español non existe separación real entre lexislativo, executivo e xudicial. Hoxe Ferraz é mostra de que tampouco no político/económico". O campo da denominada 'nova política' tamén empregou as redes sociais para unha primeira valoración da demisión de Sánchez e as súas consecuencias. "Mala noticia para Galiza que o PSOE se entegue ao PP. En Marea seguimos contra os recortes e a corruPPción sempre!" puxo Luis Villares, candidato de En Marea, nun chío. "Aquí manda quen manda e despois hai monicreques", opinou Antón Sánchez, de Anova e deputado de En Marea. Carmen Santos, deputada tamén da maré e secretaria xeral de Podemos, considera que en Ferraz demostrouse que "gañou o PSOE que quer darlle o goberno ao PP". |
NOS_34572 | A CIG Saúde vén de denunciar publicamente a falta de mantemento do Hospital da Costa e as "deficiencias" na súa estrutura, que provocaron a caída dunha cornixa e desprendemento de cascallos. | O Hospital da Costa, centro sanitario con 30 anos de vida, vén de sufrir o desprendemento dunha cornixa e de cascallos sobre as beirarrúas de acceso ao centro. Para a CIG Saúde, esta situación derívase das "deficiencias" na estrutura do hospital e da falta de mantemento e de investimento por parte da Xunta de Galiza. O sindicato nacionalista responsabiliza da situación de abandono que sofre este hospital os recortes do PP na sanidade pública e á "falta de compromiso" de Alberto Núñez Feijóo "coa sanidade da Mariña". Neste contexto, a CIG Saúde empraza o Sergas a cumprir "o tantas veces prometido", é dicir, a ampliación deste centro hospitalario, así como unha reforma integral para garantir "a seguridade do persoal" e a da veciñanza. A CIG Saúde denuncia que o hospital, que cualifica de "obsoleto", está deteriorado e carece de espazo para unha atención de calidade. O Sergas, pola súa banda, salienta que o Hospital da Costa, "de referencia da área norte da provincia de Lugo", conta cunha "poboación de dereito de 72.124 persoas, que se ve incrementada no verán e nas vacacións por ser zona turística". A área hospitalaria, segundo a Consellaría de Sanidade, comprende os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, O Valadouro, Alfoz, Cervo, Burela, Xove, Viveiro, Ourol e O Vicedo. |
NOS_32977 | O ICANN aprobou esta sexta feira o .gal, o dominio da cultura e da lingua de Galiza, segundo vén de informar a Asociación Punto Gal. | O .gal xa é unha realidade. O dominio ambicionado pola comunidade internética galega para identificar a cultura e a lingua de Galiza materializouse hoxe após ter superado o último trámite, o da súa aprobación por parte do organismo internacional ICANN. Falta aínda por conseguir o dominio xeográfico e político que identifique a nación como tal: o .gz Este sábado vai comparecer en conferencia de imprensa para fornecer máis detalles sobre este asunto o presidente da Asociación Punto Gal, Manuel González. O traballo desta entidade ten sido chave para a consecución deste importante logro. Porén, e como a propria Asociación Punto Gal remarca no seu web, a conquista do .gal non colma todos os obxectivos de Galiza na rede. Falta aínda por conseguir o dominio xeográfico e político que identifique a nación como tal: o .gz. Esta identificación está reservada aos Estados recoñecidos formalmente como tais. |
NOS_52780 | As negociacións entre sindicatos e a empresa permitiron un incremento salarial e a diferenza salarial entrea as quendas de semana e fin de semana. | O servizo de recollida do lixo de Vigo non irá á folga. A asemblea aprobou por maioría o preacordo ao que chegaron os sindicatos e a empresa FCC, concesionaria do servizo. O documento, que terá unha vixencia de catro anos, remata coas diferenzas entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana. O presidente do comité, Rufino Santalices (CIG), explicou en conferencia de imprensa que o cadro de persoal amosouse moi satisfeito após que conseguise frear a intención da empresa de reducir salarios e incrementar a xornada laboral. O acordo terá unha vixencia de catro anos, até 2016, e recolle un incremento salarial dun 0,5% o primeiro ano e dun 1% cada un dos seguintes, cunha cláusula de revisión do 1% con carácter retroactivo, "garantindo así o IPC real e o poder adquisitivo". Paralízase tamén a intención da empresa de incrementar a xornada en 2,5 horas semanais e establécese un incremento para a cuarta paga extra, correspondente ao mes de setembro. Póñense fin, tamén, ás diferenzas existentes entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana. Haberá unha equiparación salarial e establécese que terán dereito a roupa da mesma calidade. A limitación para as retribucións por antigüidade (47%) que entrará en vigor a partir de 2017. |
PRAZA_8252 | Atendendo aos fundamentais da economía española, e contradecindo o que cada vez máis expertos afirman, estou convencido de que o risco de rescate non só non foi superado, senón que probablemente o nerviosismo voltará aos mercados antes ou despois por unha razón ou outra. A pouco que os mercados volvan a mostrar signos de nerviosismo cos volumes de débeda e déficit acumulados por España e outros periféricos, non fai falta imaxinar un escenario moi improbable para que o stock de débeda pública se dispare ao 150% e subindo. | Texto tirado do blog do autor O mellor economista é o economista honesto. É a mellor recomendación que podo facerme a min mesmo. Con todo, non é algo doado de conseguir. Require ter sempre presente dúas cousas se cadra opostas entre si: 1. ser honesto á hora de publicar as conclusións que obtén a partir dos datos que un observa, independentemente de que poidan contradecir o que outros ven ou din ver; 2. non caer na soberbia de crer que por iso un vai ter razón, e os demáis estar equivocados. Unha das cousas máis curiosas que puidemos ver durante esta crise foi escoitar a Luis de Guindos decir que os mercados non estaban prestando atención aos fundamentais da economía española. O goberno liberal negando a eficiencia dos mercados? Quen siga este blog desde o seu inicio saberá que eu fun un dos poucos que atravesamos unha longa travesía no deserto desde o inicio da crise reclamando a monetización de débeda (aqui e aqui) ou, como mal menor, a intervención do ECB nos mercados secundarios de débeda pública dos países periféricos da UE. Hoxe os faltos de memoria non o recordarán, pero non hai tanto que reclamar tal cousa (algo que en USA, UK e calquer área monetaria ben deseñada é algo que se pode implementar por defecto) en Europa era considerado unha herexía. Por exemplo, agora dirán que non, pero as discusións con algúns colegas da UDC ao respecto eran diarias... Co tempo, en cambio, as cousas mudaron Unha das cousas máis curiosas que puidemos ver durante esta crise (e xa van unhas cantas cousas curiosas...) foi escoitar ao Ministro de Economía Luis de Guindos decir que os mercados non estaban prestando atención aos fundamentais da economía española. O goberno liberal negando a eficiencia dos mercados?? Nunca pensei que chegaría ver tal cousa... Entón pasou o que pasou. Os mercados apretaron tanto, e o risco de ruptura do euro chegou a ser tan palpable, que o que era unha herexía hoxe é unha realidade. Unha realidade condicionada, eso sí: as palabras de Draghi foron claras: o ECB financiará (de maneira indirecta) a economía española vía compra de bonos españoles SE España solicita o rescate. A consecuencia destas palabras tamén a anticipamos aqui nalgunha ocasión: probablemente non fará falta que o ECB chegase a intervir, basta con que o mercado crea que o ECB tería a determinación de asegurar o financiamento de España (ou calquer outro país do Euro) para que a profecía sexa autocumplida. E así está sendo. Por favor, señor Rajoy, non me veña agora a vendernos que a situación no mercado de débeda pública é consecuencia dunha mellora dos fundamentais da economia española... Así que, de momento, dúas cousas. Primeiro, non serei eu agora quen diga que non cre no que está a acontecer estes días no mercado secundario. Alabar as bondades dos mercados financeiros en todo momento agás cando me levan a contraria é algo que lle deixo ao señor Guindos. E segundo, por favor, señor Rajoy, non me veña agora a vendernos que a situación no mercado de débeda pública é consecuencia dunha mellora dos fundamentais da economia española... O comportamento foi idéntico para as primas de risco de Italia, Portugal ou Irlanda. Sirva como exemplo na gráfica seguinte o caso de Portugal, que viu rebaixada a súa prima en cuestión de meses dos 1.200 aos 400 puntos, pouco máis que España. A non ser que creamos que os fundamentais de todas as economías periféricas melloraron de repente e sincronizadamente... Un analista debería prescindir da volatilidade dos mercados. Das euforias e episodios de nerviosismo. Doutro xeito sería inexplicable que os mercados pasen en 3 meses de afirmar que España estaba sentenciada a decirnos agora que as cousas están estupendamente. Ou non tanto, porque outro erro habitual dos medios é tratar unha prima de risco de 300 puntos como unha excelente noticia, cando a famosa crise de Zapatero en maio de 2010 desatouse cunha prima de risco inferior a 200 pb., e daquela se nos decía que era insostible. Hai 3 anos!! Así pois, velaquí comeza a miña nova travesía do deserto. Atendendo aos fundamentais da economía española, e contradecindo o que cada vez máis expertos afirman, estou convencido de que o risco de rescate non só non foi superado, senón que probablemente o nerviosismo voltará aos mercados antes ou despois por unha razón ou outra Atendendo aos fundamentais da economía española, e contradecindo o que cada vez máis expertos afirman, estou convencido de que o risco de rescate non só non foi superado, senón que probablemente o nerviosismo voltará aos mercados antes ou despois por unha razón ou outra e, cando o faga, o rescate acabará por ser inevitable. E así o dixen esta semana nunha tertulia en Radiovoz, onde se montou un pequeno debate entre o meu contertulio e compañeiro na UDC, Venancio Salcines -quen apuntaba o contrario- e máis eu. A dinámica dos mercados cumple a miúdo a máxima da profecía autocumplida: se esta situacion nos mercados secundarios se mantén no tempo, acabará por facilitar a superación da crise. Ao meu entender, o meu argumento se basea na análise dos fundamentais da economía española, mentras que o argumento de Salcines nos remite únicamente á bonanza que atravesa hoxe o mercado de débeda. Nun aspecto si lle teño que dar a razón a Venancio. A dinámica dos mercados cumple a miúdo a máxima da profecía autocumplida: se esta situacion nos mercados secundarios se mantén no tempo, acabará por facilitar a superación da crise. Por varias razóns, pero fundamentalmente porque (i) unha parte significativa do déficit é o propio custe da débeda; e porque (ii) unha menor prima de risco afecta tamén positivamente ao financiamento do sector privado español reducindo o seu custo -en particular, da banca. Asi que se este periodo se prolonga, acabarei por ter que asumir que me equivoquei... e estarei feliz de facelo, porque eso significará que realmente tocamos fondo e esta crise comezará a solucionarse (primeiro nas contas públicas e capacidade do sector bancario de proporcionar financiamento e, eventualmente, coa mellora do crecemento económico e caída do desemprego). Os mercados volverán ás andadas, antes ou despois e pola razóns que sexa. Berlusconi? Francia? Outra vez Grecia? Nadal perdeu o Roland Garros? Tanto ten Esa é, probablemente, a idea latente tras a estratexia do goberno: a creencia de que o tempo xoga ao noso favor. Pero desafortunadamente non creo que tal cousa sexa certa, máis ben ao contrario. Os mercados volverán ás andadas, antes ou despois e pola razóns que sexa. Berlusconi? Francia? Outra vez Grecia? Nadal perdeu o Roland Garros? Tanto ten. O ECB non interviría por defecto, senón previa solicitude de rescate por parte das autoridades españolas, así que poden ser os mercados os que acaben forzando a situación. Se isto acontece e as primas de risco volven desatarse, daquela os fundamentais da economía española que xustificarían a intervención serán os que son: peores que nunca. A principal preocupación dos mercados ao respecto da crise da débeda é a eventualidade de que a dinámica da débeda acumulada por un Estado poda tornar explosiva (i.e., que a ratio débeda/PIB se dispare). A continuación mostramos un estudo da dinámica da débeda pública española para os próximos 10 anos. O enfoque habitual para analizar a evolución da ratio de Débeda Pública como porcentaxe do PIB é mediante a ecuación dinámica da regla de ouro (ver explicación no IMF WEO 2012, páx.104). Tomo como punto de partida os volumes de débeda pública (88,4%) e déficit público (10,2%) que, dacordo cós datos máis recentes que ven de publicar a Comisión Europea a marzo de 2013 (Memo 13-197), se corresponden coa economía española a peche de 2012. (Nota: en serio teño que explicar a polémica en torno á cifra do déficit??). Partindo deses niveles, asumo dous escenarios (o arquivo cós cálculos pódese descargar en documentos - excel): I.- Escenario optimista: En 2013 remata o peor, en 2014-2015 complétanse os axustes, e a partir de 2016 a economía española toma velocidade de cruceiro. Así, os mercados financian a España a taxas do 4,5% a 4% ata 2015 e ao 4,5% a partir de ahi (asumo que con velocidade de cruceiro o ECB subirá tipos e iso encarecerá lixeiramente a curva de tipos a 10 anos). En 2013 a economía cae un 1,5%, o previsto pola CE e organismos internacionais, en 2014 e 15 crecementos moderados, e a partir de 2016 ao 2% (certo, durante a burbulla inmobiliaria España medrou a taxas moi superiores, pero ata que alguén me explique de que imos vivir, un 2% xa me parece optimista abondo). Desde 2016 España tamén xenera superávits primarios do 1% (en toda a democracia España só xenerou superavits primarios superiores ao 2% en 2006 e 2007, e xa sabemos por que). Por último, a obsesión das autoridades europeas e españolas pola devaluación interna (unha obsesión que pode resultar moi dañina, como explicamos neste paper Peón & Rey, 2013) leva a niveis de inflación -medidas polo deflactor do PIB- do 0,5% - 1% ata 2016, e do 2% a partir de entón (vaites, estou asumindo que nos convertimos en Alemaña!!). II.- Escenario pesimista: Para centrar o enfoque nos efectos que tería unha volta do nerviosismo nos mercados de débeda, a principal variación neste escenario pesimista é que o custo esixido polos mercados elévase gradualmente do 5,5% ao 6,5% a 10 anos (no peor da crise en 2012 estabamos pagando taxas superiores ao 7%). Ese é o axuste principal, mentras que o resto das variables as axusto mínimamente para manter a coherencia nun escenario máis pesimista que o anterior, pero que coido ninguén podería calificar de catastrofista: a caída do PIB continúa -lixeiramente- só un ano máis, e a partir de ahi a unha velocidade cruceiro do 1,5%. A devaluación interna é máis acusada ata 2017, e a partir de ahi similar ao caso anterior. España logra equilibrar o déficit primario en 2017, e os 'gastos extras' (rescate á banca e outros) suman unha media do 1% nos próximos 3 anos, e cero a partir de entón. Resumindo. Se se cumple o mellor dos escenarios (saímos da crise en 2014 e finanzas totalmente saneadas en 2016) e os mercados nos dan fuelle, a débeda pública española estabilizaríase no entorno do 100% do PIB Resumindo. Se se cumple o mellor dos escenarios (saímos da crise en 2014 e finanzas totalmente saneadas en 2016) e os mercados nos dan fuelle, a débeda pública española estabilizaríase no entorno do 100% do PIB. Así pois, remítome ao dito na primeira parte do artigo: esperemos que dure a bonanza nos mercados, porque é imprescindible para a estabilización da débeda. A pouco que os mercados volvan a mostrar signos de nerviosismo cós volumes de débeda e déficit acumulados por España e outros periféricos, non fai falta imaxinar un escenario moi improbable para que o stock de débeda pública se dispare ao 150% e subindo. Sirva como referencia que a débeda a 2012 de Portugal e Irlanda ronda o 120%, o de Italia o 127%, e de Grecia non hai estimacións oficiais pero rondará o 170%. En canto ao déficit, no escenario (moderadamente) pesimista nunca baixaría do 8%, e isto tendo en conta que estou asumindo que a nivel déficit primario as contas públicas estarían totalmente saneadas. A pouco que os mercados volvan a mostrar signos de nerviosismo cós volumes de débeda e déficit acumulados por España e outros periféricos, non fai falta imaxinar un escenario moi improbable para que o stock de débeda pública se dispare ao 150% e subindo Espero equivocarme, ogallá. Pero ata entón, permitideme que remate o artigo recordando os versos do poeta: Volverán las oscuras golondrinas en tu balcón sus nidos a colgar, y, otra vez, con el ala a sus cristales jugando llamarán |
NOS_51010 | O banqueiro Fernando Ulrich pide máis austeridade para Portugal, e afirma que "se os sem-abrigo aguentam porque é que nós não aguentamos?" | Fernando Ulrich preside o banco BPI, que ganhou 160 milhões de euros com a dívida pública portuguesa, em 2012. Ulrich afirma que Portugal aguanta máis austeridade, mesmo que toda a população seja espoliada até se tornar em pessoas sem-abrigo, segundo informa Esquerda.net O banqueiro pergunta "se os gregos aguentam uma queda do PIB de 25%, os portugueses não aguentariam porquê? Somos todos iguais, ou não?" Mas Ulrich, que pertence a uma das famílias dos "donos de Portugal", hipocritamente e de forma arrogante, interpela a jornalista: "Se você andar aí na rua e infelizmente encontramos pessoas que são sem-abrigo, isso não lhe pode acontecer a si ou a mim porquê? Isso também nos pode acontecer". Na defesa extremada da política de austeridade, Ulrich vai ao ponto de dizer: "Se os sem-abrigo aguentam porque é que nós não aguentamos?" |
QUEPASA_1056 | Dumbría e Vimianzo gañaron as semifinais na Fase Alevín e xogarán a final | Acollía o novo campo de Fontenla as finais das ligas comarcais Xuvenil, Cadete e Infantil. Gran ambiente o vivido en Fontenla, cunha gran protagonista, a familia do Outes. Xa era impresionante meter 3 equipos en cada final, pero gañalas déixaos absolutamente "nunha nube", como nos recoñecía o seu secretario Carlos Romero. "Teremos que deixar pasar uns días para poder disfrutalo e logo volver ó traballo, a ver si o podemos redondear con algún ascenso", sinala Carlos pensando xa nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas, cuio sorteo se celebrará mañá en Santiago. Lance da final xuvenil entre Outes e Sofán en Fontenla En Xuvenís, o Outes enfrontábase ao Sofán, e o cadro da Serra vencía por 3-1, cos tantos de Roberto Solís, Ryan dos Santos e Manuel Teijo. En Cadetes e Infantís había dous duelos xa son historia do Fútbol Base costeiro. Outes e Cee medían forzas despois de varias xeracións enfrontándose en final tras final. En cadetes vencían os branquinegros por 3-1 (cos tantos de Nicolás Gerpe, Aarón Insua e Sergio Campos), mentres que en infantís necesitaban dos penaltis, tras empatar a 3 goles (marcaron para os á postre campións, José Lago, Eloi Lado e Sergio Campos) para alzarse co título e pasar de fase. Eloi Lado foi o autor do penalti definitivo. Fase Alevín Dumbría Alevín Tamén en San Andrés había fútbol, e fútbol de calidade. Xogábanse as semifinais da Fase Final Alevín. As EFM Vimianzo vencía precisamente ao Outes por 4-2, mentres que o Dumbría facía o propio co Cee, vencendo por 3-0. Vimianzo alevín A fin de semana que vén, aínda en campo por determinar, triple final: Alevíns: Vimianzo - Dumbría. Benxamín: Dumbría - Cee. Prebenxamín: Xallas - Dumbría. |
NOS_9208 | Portugal e Catalunya son dous exemplos na Península Ibérica de territorios que apostan nun mapa administrativo-territorial de seu, baseado en criterios propios e acaídos a unha realidade histórica, social, económica e política. Nunha Galiza na que un dos seus alicerces -a comarca- non ten apenas peso real máis aló do papel, achegámonos ao deseño territorial destes países. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 309 de Sermos Galiza. | O modelo de organización territorial vai da man dun proxecto de xestión dese territorio, dun mapa co que se goberna e administra. Por iso é importante que a organización territorial se adecúe á realidade e dinámica propia do territorio, que contemple as circunstancias históricas, xeográficas, sociais, económicas e culturais do mesmo. Non sempre un territorio logra un mapa que reflicte iso, un mapa de seu. A propia extensión no Estado español do modelo territorial provincial de 1833 é un exemplo. Un modelo que en non poucos territorios (Galiza, Catalunya) nin se veu como propio nin se considera adecuado para responder ás súas necesidades. Catalunya deu pasos para estruturar o seu territorio de acordo coa súa división histórica, as vegueríes. Máis perto de nós, na veciña Portugal, a organización territorial ten un dos seus chanzos fulcrais nas freguesías. Son dous exemplos, na Península Ibérica, de como construír un mapa propio de organización territorial. As Juntas de Freguesía son, de acordo coa constitución da República de Portugal, o escalón da organización do Estado máis próximo á veciñanza. Os seus vogais son eleitos pola Assemblea de Freguesía, órgano elixido por sufraxio universal directo da cidadanía censada. Pódese dicir que son a representación civil das antigas parroquias e a lei encoméndalles un xeneroso abano de atribucións e competencias, nomeadamente no eido social. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 309 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_37612 | O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, presentou o Plan de recuperación, transformación e resiliencia da economía española'co que compromete a mobilización de 72.000 millóns de euros dos fondos europeos nos próximos tres anos, un investimento co que persegue crear 800.000 empregos. | O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, presentou esta cuarta feira, 7 de outubro e por videoconferencia desde a Moncloa, o Plan de recuperación, transformación e resiliencia da economía española, o cal contemplará un investimento de 72.000 millóns de euros entre 2021 e 2023 para impulsar a economía. Estes fondos corresponden coa metade dos 140.000 millóns que o Estado recibirá da Unión Europea para facer fronte ás consecuencias da pandemia e cuxa execución comprende até o ano 2026. Desta maneira, Sánchez compromete o gasto da metade deses recursos en tres anos, período no que pretende a creación de 800.000 postos de traballo grazas a ese investimento. Segundo explicou o xefe do Executivo, os fondos dedicaranse en 37% a investimento verde -é a porcentaxe mínima que marca a UE- e 33% á transición dixital. Aliás, dez son os eixos en que se repartirán os cartos: educación e Formación Profesional (18%), modernización e dixitalización do tecido produtivo (17%), ciencia e innovación e reforzo do sistema de saúde (17%), axenda urbana e rural (16%), infraestruturas e ecosistemas resilientes (12%), transición enerxética (9%), economía dos coidados e políticas de emprego (6%), administración para o século XXI (5%), e cultura e deporte (1%). Con esta estratexia Sánchez anunciou a fin "dunha das carencias" do Estado como é a Educación Infantil, o cal beneficiará ademais a loita pola igualdade de xénero. Nese sentido, anunciou a creación de 65.000 prazas de educación temperá de 0 a 3 anos. Acometerase, ademais, a "reforma" da Formación Profesional e impulsarase a FP Dual, de modo que se axustará a formación ás prazas de novo emprego, dixo Sánchez. En concreto, anunciou que se porán en marcha 200.000 prazas de FP durante os próximos catro anos. Outras medidas van desde o despregue de 250.000 vehículos eléctricos até a rehabilitación de 500.000 de vivendas para aumentar a eficacia enerxética. |
NOS_25902 | [NOTICIA ACTUALIZADA] O ministro de Cultura vai comparecer perante os meios ás 19 horas, o que reaviva os ruxe-ruxe sobre a súa hipotética demisión após se coñecer que cometeu fraude fiscal. El País avanza que Huerta xa tería anunciado a súa renuncia á xente da súa contorna. | Màxim Huerta tería defraudado un total de 218.322 euros por meio dunha sociedade que estabeleceu en 2006.A cantidade defraudada corresponderíase aos exercicios 2006, 2007 e 2008 e ten a ver cos ingresos que obtivo o agora ministro pola súa participación no programa de Ana Rosa Quintana en Telecinco. A fraude consistiría en tributar ingresos de traballo como se fosen do capital, isto é, en acollerse ao imposto de sociedades (cun tipo de 20 por cento) no canto do IRPF (cun tipo marxinal, o que a el lle correspondería, de 48 por cento). A xustiza estabeleceu que non existiu "boa fe na súa actuación" e Huerta tivo que facer fronte a unha multa. Sánchez pediu explicacións ao ministro e, segundo algunhas fontes da Moncloa, achounas "ben fundadas", o que afastaría a hipótese do seu cesamento. Porén, a súa situación dista de ser clara e a ministra de Defensa, Margarita Robles, xuíza, declarou: "Non teño elementos de xuízo a respeito de ninguén para poder facer un pronunciamento neses termos". Nun sentido ben distinto pronunciouse tamén a número 2 de Sánchez no PSOE e portavoz parlamentar, Adriana Lastra, quixo quitar ferro: "Eran unhas deduccións que el fixo e que non se podían facer mais xa está solucionado", dixo nunha entrevista en RNE. Por súa parte, Pablo Iglesias pide a dimisión do ministro: "Non imos alentar comportamentos que lembren o PP. Se Máxim Huerta tratou de defraudar a Facenda ten que demitir inmediatamente e se non, Sánchez ten que destituílo". As explicacións de Huerta A versión de Màxim Huerta sobre este asunto chegou en forma de declaracións à SER. A respeito das sentenzas condenatorias, repuxo: "Non defraudei. O que houbo foi unha mudanza de criterio [das normas fiscais que lle eran de aplicación]. As palabras son importantes". O ministro afirmou que regularizou a súa situación e que "a mudanza de criterio" afectouno a el e a "centos de persoas", nomeadamente criadores e persoas da cultura. "Adapteime a esa mudanza de maneira rápida e directa". Perguntado por que non informou a Pedro Sánchez sobre as súas irregularidades cando este lle ofereceu o ministerio de Cultura, explicou que non o fixo porque se trataba dun "asunto persoal" e que non lle vira sentido "compartir con Pedro Sánchez algo que estaba resolvido hai moitos anos". Esta mesma cuarta feira, co ruído da fraude fiscal xa en todos os meios, Huerta tivo unha conversa con Sánchez. "Díxenlle seis palabras: teño as miñas obrigas tributarias ao corrente", informou, ao tempo que sinalou que o seu proceder foi transparente en todo momento e que neste asunto "non hai nada escuro". Conferencia de imprensa ás 19 horas Mais as súas declaracións perante a SER non fecharon o asunto e o ministro, perante a presión exercida sobre el, optou por convocar unha conferencia de imprensa ás 19 horas. |
NOS_39593 | Albiol leva razón. O mesmo é cousa da idade, xa que onte mesmo celebraba os seus 50 anos na primeira visita de Rajoy en rexistro mitinero. O caso é que no comezo dos debates televisivos de campaña (TVE-24 Horas) dixo algo ben sensato, que hai que falar coa xente: cos taxistas, cos directores dos hoteis e cos propietarios dos restaurantes. Iso si, baixou ao rexistro "cidadá", ao "ti a ti" cando a exposición dos datos macroeconómicos por parte do candidato de ERC Roger Torrent desmentiron a "Cataluña desolada e dantesca na que vive instalado" e na que pretenden fiquemos instalados todos e todas os que non vivimos en primeira persoa o procés. | O líder popular virou o discurso. Pero claro, isto é como iso tan galego de preguntar que tal na feira? Pois segundo como che fora nela. E as testemuñas que expuxo, pois foron as del e así non coa. Ou si, porque até o momento eu, no mínimo, sempre crin que os patróns de España eran Santiago Apóstol e a Virxe do Pilar, e agora resulta que non, que é a Inmaculada –a festividade que se celebra o 8 de Decembro- cando menos segundo un chío do PP de Lleida no que agradecía case entre bágoas que Rajoy tivese a ben compartir con eles tal onomástica. Tamén María Dolores de Cospedal se achegou a Catalunya para conmemorar o que imaxino é a virxe preñada, porque Inmaculada, si, pero o apelido é Concepción. Presidiu os actos da Arma de Infantería no cuartel do Bruc, en Barcelona, que a reclaman como a súa patrona. Así que, unha de dúas, ou esta virxe está pluriempregada ou o PP xa chegou ao punto de asimilar que España é o Exército. Asimilouno xa ou é un aviso a navegantes: ou gañamos nós ou haberá 155 para un bon anaco. Polo de pronto, cómpre lembrar que os líderes constitucionalistas teñen un reforzo policial de seguridade de 50 efectivos, aos que hai que sumar un reforzo a maiores para o desembarco de paracaidistas dos voceiros estatais deses partidos, que comezou esta sexta feira con Rajoy e se prolongará até a segunda con Pablo Iglesias. Claro que, ao ser equidistante, non sei moi ben cómo se vai resolver o da súa seguridade. Os líderes constitucionalistas teñen un reforzo policial de seguridade de 50 efectivos, aos que hai que sumar un reforzo a maiores para o desembarco de paracaidistas dos voceiros estatais deses partidos Mucha, mucha, policía… Para gustos, cores, pero dúas lecheras para o acto de inauguración dunha carpa galáctica informativa de Ciudadanos, con presenza de Inés Arrimadas, semella algo excesivo, malia que estea no centro neurálxico da cidade; sobre todo cando había máis xornalistas que parroquia e o encontronazo máis serio e desagradábel non foi a posta en escea dun suposto espontánea que berrou: Fascista, ao que acto seguido, outro suposto espontáneo lle respostou: Viva España. O momento máis tenso e desagradábel deuse entre compañeiros de profesión, cando un lle espetou a outro: "E a ti quen che paga", un flipe de comentario que obtivo como resposta: "E a todos estes?", en alusión á nube de gravadoras que tentabamos facernos un oco para xustificar que estabamos alí. Ir, ver… e pirar. Apagados os focos, nin siquera nas terrazas máis próximas comentaron res. A xente, seguindo o consello de Albiol, falaba, pero das súas cousas, que pouco o nada tiñan a ver nin coa carpa laranxa nin cos 45.000 paisanos que, segundo El País, pasearon o seu "odio" por Bruxelas. Conste que camiño de volta fixen un último esforzo por facerlle caso ao líder de Badalona, mais dou fe de que calquera cunha visión nídia chegaría á mesma conclusión e se daría de conta de que, sen reserva, só unha miragre faría que atopases mesa para cear. Un par de chamadas e eu tampouco contaría con poder pasar uns días desta finde nin da seguinte en Cadaqués sen previo aviso. Non sei, o mesmo é que Albiol fala coa xente equivocada ou "interesada" e de aí que non cadren os seus datos, nin as imaxes sen xente que teiman en amosar determinados medios de comunicación, coa realidade non só das cifras, senón tamén da visión dalgúen que xa debe usar gafas pero tenas ben graduadas. Símbolos Para os/as que non son daltónicos de seguro que tamén está chamando a atención algo que no debate xa non houbo forma de disimular, ao existir foto de todos xuntos: o lazo amarelo. Un símbolo que neste contexto de excepcionalidade conta máis que nunca e comunica máis que horas de mitin e/ou debate programático. Cecais os/as asesores non o estean tendo moi en conta ou, simplemente, si o teñen pero entón se están a equivocar, porque ese elemento vai máis alá de definirte nun bloque ou noutro. A aplicación do 155 e que aínda continúen candidatos en prisión é outra cousa, é un ataque ao corazón mesmo da democracia o do estado de dereito. E se realmente es demócrata, non chega con que proclames o teu rexeitamento a esas medidas en declaración ante os medios, debes escenificalo para que resulte críbel, un compromiso firme. Obviamente non me sorprende a ausencia da insignia en Arrimadas, nin en Iceta, nin siquera en Carles Riera, da CUP, que no debate ben se lle vía que a americana debía ser de prestado e de aí a solapa baleira, pero Domènech? A xente falaba, pero das súas cousas, que pouco o nada tiñan a ver nin coa carpa laranxa nin cos 45.000 paisanos que, segundo El País, pasearon o seu "odio" por Bruxelas É certo que o mesmo non chegou a lucir nunca de amarelo, salvo nas palabras e semella que estas, inclusive, xa as levou o vento e a este titular remítome: "O cidadán pode exercer a desobediencia civil, as institucións non". What???? Logo os Comúns non viñeron a desparasitar as institucións? A desacralizalas? Acaso a nova política e o rupturismo só consistía en xestos como as rastas, non levar garavata, bicarse na boca no estrado ou dar de mamar no escano? A ver se a segunda feira saímos de dúbidas, coa chegada de Pablo Iglesias. Este sábado temos Pedro Sánchez. Ningún dos dous ten previsto deixarse ver moito por estes lares, algo que chama especialmente a atención cando son precisamente as candidaturas cuxa "bandeira" é a da "normalidade" e a de falar do que preocupa por igual a un catalán e a un canario. Os/as todólogos din que é estratéxico para focalizar a atención no candidato, estratexia demandada e acordada dende as equipas estatal e catalana. Tendo en conta que as enquisas, tanto as da rúa como as dos centros demoscópicos non son moi favorables ás súas causas, soa máis a un: "Suícidate, pero non me salpiques" porque, ao cabo, tanto Sánchez como Iglesias teñen que lidar o seu propio pulso hexemónico no Estado. Logo os Comúns non viñeron a desparasitar as institucións? A desacralizalas? E pouco máis, polo de agora: Fun, Fun, Fun e o de sempre de todos os comicios, de aquí e de acolá: recitais autómatas de programas ou medidas intercambiábeis; reparto de polvoróns e propaganda, que para algo estamos nas datas nas que estamos; baños de masas onde hai masas, é dicir, cataláns e -oh wait, turistas tamén- na famosa fira de nadal nos arredores da catedral; onde debo dicir que vin unha Andrea Levy moi desmellorada, iso ou que estou máis afeita a vela en declaracións dende Madrid e aqueles aires hai que recoñecer que son mellores para o volume do pelo, por exemplo. Mesmo o desembarco dos paracaidistas Vips dos partidos en sábado ou domingo é parte tamén deste ritual chamado a festa da democracia. Bruxelas Ah, que se non digo nada de Bruxelas? O rigor impídeme que fale moito, non só porque a manifestación xa fique algo atrás no tempo, senón porque non estiven nela e porque a meirande parte desas 45.000 persoas que desbordaron as rúas de amarelo aínda non están de volta para poder escoitar as súas testemuñas de corpo presente. Aproveitaron a ponte e a escapada para coñecer algo máis Europa. Unha decisión que seica non foi moi do gosto de La Sexta, en xeral, ou de Gonzo, en particular, e de aí a pregunta supostamente con inxenio de: "Sodes conscientes de que podedes estar aquí e quedarvos uns días precisamente grazas á Constitución que denostades? Que digo eu que tamén podía ter feito a mesma pregunta pero facendo referencia á Virxe, pois tamén é bastante contradictorio ese festivo tendo en conta que somos un estado aconfesional. Non sei, o mesmo son eu, que estou algo susceptíbel e xa vexo todo coas gafas esteladas. Vós diredes, aínda que vos xuro que eu só pasaba por aquí. To be continued. Fotografías (todas da autoría de R.R.). 1.-A carpa laranxa de Ciudadanos no centro de Barcelona 2.-Un almorzo aderezado cun folleto informativo de Puigdemont. 3.-Vista do interior da carpa de Cs. 4.-Arrimadas atende os meios. |
NOS_32711 | Arrinca o Festival Internacional de Cinema de Compostela Curtocuíto, que até o 9 de outubro acollerá un total de 65 pezas de 19 países. Na edición deste ano a novidade vén da man de Riquela, sala de concertos recentemente inaugurada que lle dará abeiro a propostas do festival. | A segunda feira deu comezo en Compostela o Curtocircuíto, que desenvolverá até o 9 de outubro a súa XIII edición. Un total de 65 pezas de 13 países competirán nas categorías Radar, Explora, Penínsulas e Planeta GZ nunha das citas obrigadas das persoas amantes do cinema. A sección Penínsulas do Curtocircuíto, que recolle seis das películas máis destacadas a nivel estatal, pasa a ser competitiva nesta edición, polo que o filme gañador será cualificado automaticamente para os Premios Goya. A respeito de Planeta GZ, que selecciona películas da escena audiovisual galega, conta con traballos de Carla Andrade, Lucía Vilela, Eloy Domínguez, Xurxo Chirro ou Diana Toucedo. Aliás, a sección Radar, con filmes a nivel internacional, acolle fitas de Mark Rappaport, Erin Vassilopoulos, Gabriel Abrantes, Nicolás Klotz ou Elisabeth Perceval, así como do galego Alberto Vázquez. E, por último, en Explora preséntanse pezas innovadoras, próximas ao cinema de vangarda. A presenza galega vén da man de Alberte Pagán e Helena Girón. Música Acompaña o cinema esta XIII edición do Curtocircuíto unha programación multidisciplinar en que destaca a música. Da colaboración do festival con WOS, festival de referencia no ámbito estatal, chegarán os escoceses Cosmic Dead, Celestial Bums e Equations. CosmicDead e Equations actuarán o 8 a partir das 21.30h na Capitol, namentres Celestial Bums presentarán as súas melodías de psicodelia moderna acompañados polos galegos Camarada Nimoy o día 6 ás 00h na Sala Riquela. Este espazo daralle tamén abeiro o produto da colaboración entre a asociación cultural compostelá La Melona e Curtocircuíto, nunha noite de psicodelia, rock e ritmos electrónicos a cargo dos valencianos Siesta!, o Dj portugués Dragao Inkomodo e o asturiano Dj Isla del Tesoro. Convidados Após a súa visita a outras citas de cinema internacionais, pasarán por Compostela o cineasta dos EUA Abel Ferrara e o ucraíno Sergei Loznitsa. Aliás, desenvolveranse obradoiros de formación impartidos por Jonathan Rosenbaum, Xabier Erkizia e Javier Álvarez. |
PRAZA_1487 | A maioría absoluta popular bota abaixo unha moción do PSdeG-PSOE que pedía unha investigación interna para determinar os erros cometidos nun crime que tivo lugar no hospital da cidade. Ademais, os socialistas lembran que o orzamento destinado a Igualdade é 5 veces inferior ao de 2009. | A comezos de maio Ourense foi o escenario dun novo asasinato machista. Viña a engadirse a un inaceptable ronsel de crimes, pero non era un máis. O asasinato de Isabel Fuentes a mans do seu ex marido tiña o agravante de terse producido no hospital público da cidade, onde a muller permanecía ingresada dende había un mes, logo dunha agresión na súa casa, que lle causara unha lesión cerebral. Ademais, a Garda Civil solicitara unha orde de afastamento que a xuíza non concedeu, a mesma maxistrada que agora instrúe o caso de asasinato contra o home. Un conxunto de erros e de procedementos cuestionables que, para o PSdeG-PSOE, fan necesaria unha investigación a través do Parlamento de Galicia. Porén, a maioría absoluta do PP botou abaixo este luns a moción presentada polo grupo socialista ao respecto. O texto socialista propuña abrir unha investigación interna na Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na de Sanidade "para tratar de determinar os erros cometidos na aplicación dos protocolos". Así mesmo, pedía "realizar un estudo pormenorizado" de "cada un dos casos das mulleres vítimas de violencia de xénero que foron asasinadas ata o de agora, despois de ter feita a denuncia, contando ou non cunha orde de protección". Finalmente, demandaba que os orzamentos para Igualdade recuperasen o nivel que tiñan en 2009, pois nos dous gobernos de Alberto Núñez Feijoo sufriron un continuado recorte. A moción do PSdeG-PSOE pedía unha investigación interna para determinar os erros cometidos na aplicación dos protocolos Os populares rexeitaron a proposta argumentando que "non estamos de acordo en suplir a investigación xudicial, cremos na Xustiza e na independencia dos tres poderes". Así mesmo, Paula Prado defendeuse das críticas atacando os socialistas, acusándoos de "oportunismo político" por "esperar a que tivera lugar unha morte por violencia machista en Galicia para traer a debate no Parlamento dunha iniciativa que rexistraron hai nove meses". Ademais, cualificou de "declaracións irresponsables" as críticas realizadas polo PSdeG-PSOE ao denunciar que "as mulleres que denuncian non teñen ningún amparo legal e se atopan soas". Para o grupo socialista, pola contra, "non é irresponsable falar de que as mulleres morren despois de ter denunciado, o que é unha irresponsabilidade imperdoable é que un goberno que sabe que iso é así se negue a facer nada e demonice á oposición por pedir explicacións e solucións". Paula Prado defendeuse das críticas atacando os socialistas, acusándoos de "oportunismo político" Carmen Acuña (PSdeG-PSOE) "lamentou" a resposta do PP e do conselleiro da Vicepresidencia, que "se limita a defenderse atacando e a protexer a actuación da Xustiza coa manida desculpa do segredo de sumario" e denunciou ademais a "conivencia" do PP coa Fiscalía mentres "a cidadanía alarmada e escandalizada ve como xustifica que sexa a xuíza de Verín a que instrúa o caso, a mesma que considerou innecesario protexer a vítima". Prado defendeu que nos últimos anos houbo "avances" na loita contra a violencia de xénero e afirmou que "nunca houbo un respaldo orzamentario maior para protexer ás mulleres vítimas de violencia de xénero". En efecto, os orzamentos da Xunta para 2015 inclúen unha partida de 3,4 millóns de euros para este fin, recuperando o nivel que acadara en 2010, e que despois foi recortado nos tres anos seguintes (2,9 millóns). O esforzo económico total que en 2009 se destinaba a políticas de igualdade e promoción da muller era moi superior ao actual Nos últimos orzamentos do goberno PSdeG-PSOE e BNG, en 2009, a partida era inferior (1,6 millóns). Porén, a realidade é que o esforzo económico total que nese momento se destinaba a políticas de igualdade e promoción da muller era moi superior ao actual. O capítulo de Igualdade, protección e promoción da muller contaba con 33,6 millóns de euros, fronte aos actuais 5,8. De igual xeito, o apoio á Conciliación da vida persoal e laboral tiña 5,1 millóns, fronte aos actuais 1,2 millóns. Sumados outros gastos, o orzamento das políticas de igualdade do goberno de Emilio Pérez Touriño chegaba aos 60 millóns de euros, fronte aos 12 millóns actuais, cinco veces menos. |
NOS_39558 | Ambos os dous líderes amosaron sempre unha estreita relación política e persoal. Fidel asegura que após o pasamento do presidente bolivariano o que lle resta ao pobo cubano é teren partillado os mesmos ideais "de xustiza social e de apoio aos explotados". | Entre frases de José Martí e Simón Bolívar o comandante en xefe da Revolución cubana publica esta segunda feira un artigo de opinión intitulado Perdemos ao noso mellor amigo. Fidel Castro asegura que malia coñeceren "o estado crítico da súa saúde" a chamada telefónica que lle comunicou o pasamento de Hugo Chávez "golpeounos con forza". O líder bolivariano, que recibiu tratamento en Cuba durante a súa enfermidade amosárase ao longo da súa vida moi unido ao Goberno de Fidel Castro e mesmo, lembra na súa amigábel exequia o ex-presidente cubano, ironizaba con que ambos os dous remataría á beira do río venezolano Arauca "cando concluíramos a nosa tarefa revolucionaria". Destarte, Fidel asegura que pouco despois do trunfo revolucionario en Cuba nunha viaxe a Venezuela para agradecer ao goberno a entrega de 150 fusís en 1958 el propio pronosticara o papel que anos despois o país de Simón Bolívar xogaría na "unión dos pobos de América". "Iso dixen aquel día e hoxe, 54 anos despois ratifícoo!" sentenza o líder cubano quen di de Chávez, "nin sequera el el mesmo sospeitaba o grande que era". |
PRAZA_15791 | Insiste en que o decreto do plurilingüismo reduce a presenza da lingua propia e "entra en contradición" coa Carta Europea das Linguas. O novo informe pide "encarecidamente" fomentar o idioma na escola e modificacións legais que permitan o seu uso na xustiza e na administración | O Consello de Europa volve reprender a Xunta pola súa política lingüística. Como xa fixera en anteriores informes, o Comité de Expertos da institución para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias censura as actuacións do Goberno galego, sobre todo no que ten que ver co ensino, no seu cuarto informe sobre o cumprimento da Carta no Estado español e insta as autoridades españolas e galegas a cumpriren os acordos que o Executivo central ratificou coa sinatura deste tratado internacional en 2001. O Consello de Europa amosa a súa preocupación pola "redución gradual" do galego no ensino medio "A lingua galega está amplamente presente na vida pública, incluída a das administracións rexionais e locais. No ámbito educativo, o Comité de Expertos está preocupado pola redución gradual da presenza do galego no ensino medio. Coa introdución do modelo trilingüe, a proporción do galego viuse reducida no ensino primario e secundario", di o Consello de Europa nas súas conclusións sobre un informe que insiste nos reproches que xa amosara no ditame de 2012 e cuxas críticas foran en moitos casos desdeñadas pola Xunta. O Consello de Europa insiste en que Galicia non cumpre cos acordos da Carta Europea das Linguas nin no ensino infantil, nin no primario nin en secundaria e repara nas limitacións que ao fomento e normalización do galego supón o Decreto 79/2010 -coñecido como decreto do plurilingüismo-, que con fonda polémica substituíra ao decreto do goberno do bipartito coa chegada de Feijóo á Xunta. O Comité de Expertos destaca que o devandito decreto "limita o ensino en galego a un máximo do 50% co propósito final de reducilo a un terzo" e advirte de que isto "entra claramente en contradición cos compromisos escollidos polas autoridades de acordo coa Carta que esixe a educación predominantemente en galego". Por iso, o Consello de Europa insta "encarecidamente" a Xunta que impulse o galego na educación e lembra que os compromisos adquiridos no tratado internacional continúan sen se cumprir "nin en preescolar, nin en primaria, nin en secundaria". O Comité de Expertos insta "encarecidamente" a Xunta a impulsar o galego no ensino e lémbralle que segue a incumprir a Carta Europea As conclusións chegan logo de que este Comité de Expertos avaliase con numerosas entrevistas a autoridades e colectivos a situación do galego. E son así de duras coa política lingüística malia as discutibles cifras que a Xunta achegou ao Consello de Europa, que destaca que a Administración galega sitúa no 43,3% as clases en galego na rede Galiña Azul fronte ao 56,5% en castelán, ou un 46,6% de aulas en lingua propia fronte ao 53,4% en lingua castelá na etapa de 3 a 6 anos. O informe achega tamén datos de Inspección en Galicia polos que, no curso 2012-13, unha media do 51% das horas impartidas en primaria terían sido en galego, fronte ao 47,5% en castelán e o 1,6% en lingua estranxeira. Pero ademais, o Consello de Europa ten en conta tamén os datos achegados por diversas organizacións a prol da lingua ou do ámbito educativo no que se destaca a escasísima presenza do galego en preescolar, especialmente nas cidades, o veto á lingua propia nas materias científicas ou a introdución dun trilingüismo que acaba por "minguar o número de horas impartidas en galego". Así, reclama nas súas conclusións "continuar asegurando que a oferta de educación trilingüe non afecta de forma negativa a protección das linguas rexionais ou minoritarias". Eivas na xustiza e na sanidade Noutros ámbitos, o informe é tamén especialmente duro. O Comité de Expertos insta os gobernos do Estado e galego a modificaren a lexislación para dar efectivo cumprimento ao uso do galego na xustiza pero tamén na administración. Así, considera que "aínda é inadecuada a proporción de documentos administrativos dispoñíbeis para a poboación en galego ou en formato bilingüe", polo que os compromisos adquiridos coa sinatura da Carta Europea das Linguas permanecen tan só parcialmente cumpridos. O informe urxe o Estado e a Xunta a facer as modificacións legais que permitan o uso efectivo do galego na xustiza e na administración En canto á xustiza, o Consello de Europa solicita que se modifiquen as normativas legais para garantir que as autoridades xudiciais poidan dirixirsen en galego a aquel particular que o reclame, que se "tomen as medidas necesarias para aumentar a proporción de persoal da xustiza que sexan quen de empregar o galego nos tribunais" e que se "desenvolvan cursos axeitados tanto para o persoal xudicial como para os avogados". No ámbito sanitario, o informe tamén sinala eivas e urxe as autoridades a asegurar a posibilidade dos galegofalantes de ser atendidos na súa propia lingua. Un reproche máis que advirte do incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Este tratado europeo fora asinado en 2001 polo Estado español. As Cortes Xerais deron o seu visto e prace á participación no acordo e, xa en 2002, o daquela ministro de Exteriores, Josep Piqué (PP), rubricaba o correspondente instrumento de ratificación, isto é, o documento no que o Goberno de España especificaba o grao de cumprimento da Carta ao que se comprometía. Elixiu, na maior parte dos artigos, a maior protección posible para o galego, o catalán e o éuscaro. E implica, entre outras moitas cousas, garantir a posibilidade de recibir o ensino preescolar, primario e secundario na lingua propia ou que os procedementos xudiciais se poderían desenvolver con normalidade en idiomas oficiais distintos do castelán. O Goberno español asinou a Carta optando pola maior protección posible para o galego na maioría dos artigos Ante este negativo informe para a política lingüística do Goberno galego, A Mesa pola Normalización Lingüística cre que "demostra máis unha o nivel de agresividade contra o galego que se acadou na etapa actual da Xunta". "O galego precisa feitos e accións concretas e non só declaracións de intencións", o seu presidente, Marcos Maceira, que considera que a Administración leva a cabo un "ataque continuado ao galego, nomeadamente no ensino, aínda que non só". "O presidente Feijóo debe mudar radicalmente o rumo se non quere provocar un dano irreparábel ao noso idioma, di. "Non llo dicimos só desde a Mesa, a sociedade lévallo dicindo ano tras ano e agora, outra vez, dinllo desde o Consello de Europa", remata. |
NOS_58263 | Publícao Segredos de Pantón e a autoría é de 'El Fisgón Histórico' un recoñecido debuxante de temática histórica. | Unha investigación do colectivo 'Segredos de Pantón' foi quen de determinar a localización exacta da 'Torre de Quitapesares', unha edificación da primeira metade do século XV mandada construír polo Duque de Arjona nun lugar entre os ríos Sil e Miño e ao pé do Camiño Real. Estaba na Torre de Vilamirón. Unha torre rodeada de historia e de lendas que desde Segredos de Pantón apostaron en expresar agora en banda deseñada. Para iso, botaron man do recoñecido debuxante de temática histórica 'El Fisgón histórico'. "Na aldea da Torre de Vilamirón conta un señor, Raúl, a lenda sobre a Torre de Quitapesares. Unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construí runha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo". |
NOS_19082 | Música, pintura, escultura, deseño. Unha semana de conferencias conforman o programa de Sentirmos a Arte, as xornadas organizadas pola asociación cultural A Pomba do Arco entre o 8 e o 11 de abril en Foz. | A cita comeza na segunda feira. Ugia Pedreira (Foz, 1970) e Abel Pérez exporán A comuna do barruzo, un proxecto musical dirixido á xente miúda e, por primeira vez, cantado na Fala, o galego asturiano. "Unha oda á ruralidade como fonte auténtica de recursos para a supervivencia", definírono os seus autores. Ao día seguinte, o pintor e escultor Xosé Luís Neira Brochs (Viveiro, 1941) disertará sobre o mural cerámico. A cuarta feira, a lucense Sesé Santiso falará da súa actual mostra, localizada no Museo Provincial de Lugo, O cotián revisado. "Pretendo reivindicar o cotián ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, como pegada, como traza visual do tempo pero tamén como aparato evocador", di o texto do museo. A quinta feira, 11 de abril, o deseñador Pepe Barro porá o ramo das xornadas cunha palestra titulada igual que o seu último libro, Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza. Todas as intervencións serán ás oito e media do serán no salón de actos do Cenima, en Foz. |
PRAZA_6451 | O curso, de 160 horas de duración, está impulsado pola profesora de Economía Aplicada Isabel Neira, e os xestores cuturais Marcos Lorenzo e Sergio Lago e contará con 30 expertos e expertas de toda a Península | A Universidade de Santiago (USC) está a piques de poñer en marcha un Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural, de 160 horas de duración, que nace co obxectivo de dotar a profesionais e activistas da cultura "de novas ferramentas para mellor deseñar e coordinar toda clase de proxectos culturais, facilitar o acceso ao financiamento preciso para facelos viables, e dotalos da notoriedade e proxección social para que cheguen con nitidez aos públicos". A inscrición pode realizarse a través da propia web do curso. Componse dun módulo de Xestión de Proxectos Culturais (60 horas) e de dous módulos de perfeccionamento: Financiamento Cultural (50 horas) e Marketing Cultural e Xestión de Públicos (50 horas) O curso está impulsado pola profesora de Economía Aplicada Isabel Neira, e os xestores cuturais Marcos Lorenzo e Sergio Lago e contará con 30 expertos e expertas de toda a Península. Insírese nos programas de formación continua da USC, polo que presentará un enfoque eminentemente práctico. Está destinado a profesionais en activo, desempregados, dinamizadores e amantes da cultura e estudantes que queiran orientar a súa vida laboral neste eido. Componse dun módulo de Xestión de Proxectos Culturais (60 horas) e de dous módulos de perfeccionamento: Financiamento Cultural (50 horas) e Marketing Cultural e Xestión de Públicos (50 horas). Cada un dos módulos pódese cursar de forma independente, buscando unha flexibilidade no acceso e unha mellor compatibilidade coa actividade laboral ou educativa. Os responsables do curso explican que "para o día a día dun profesional da xestión de proxectos resulta imprescindíbel contar cunha rede de expertos colaboradores e aprender a traballar de xeito horizontal e aberto". Cada bloque temático inclúe tamén visitas a espazos culturais e mesas redondas con presentación de experiencias e exemplos de boas prácticas. "Para o día a día dun profesional da xestión de proxectos resulta imprescindíbel contar cunha rede de expertos colaboradores e aprender a traballar de xeito horizontal e aberto" Entre o profesorado encargo de impartir as distintas materias no curso destacan Fátima Anllo (directora do Máster en Xestión Cultural da Universidad Complutense de Madrid), Juan Freire (ex-decano da Facultade de Bioloxía da UdC e fundador de Team Labs), Pau Rausell (experto en economía da cultura e profesor da Universidade de Valencia), Roberto Gómez de la Iglesia (fundador do grupo empresarial vasco Xabide e consultor en innovación cultural) ou Susana Marques (socia da empresa de xestión cultural Setepés e profesora da Escola Superior Artística do Porto). Entre o profesorado galego, atópase Encarna Lago (xerente da Rede de Museos Provinciais de Lugo), Natalia Balseiro (ex directora do Centro Coreográfico Galego), Fuco Sanjiao (profesor titular da USC e secretario do Museo do Pobo Galego), Julio Gómez (empresario cultural e promotor de Sinsal Audio), Juan Paz (brand manager de Estrella Galicia), Paulo Rodríguez (director do Teatro Rosalía de Castro e presidente da Red Española de Teatros y Auditorios) ou Manuel Gago (profesor da USC e director de www.culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega). |
NOS_15178 | O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao ten "claro" que a proposta de Liberty House é a mellor saída á situación das factorías. A reunión coa multinacional británica confirmou esta idea, que ten a aprobación do Goberno español e da Xunta mais tamén a sensación de que Alcoa non ten intención de vender. | O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao (Cervo) mantivo esta cuarta feira unha reunión con representantes de GFG Alliance, grupo ao que pertence Liberty House, na sede de Ignis Energia en Madrid para coñecer de primeira man en que punto están as negociacións para a venda de Alcoa á multinacional británica. Até agora a maior parte da información que transcendeu dos encontros entre ambos os grupos empresariais os últimos días procedía da actual propietaria da plantas de San Cibrao ,polo que resultaba de suma importancia saber do proceso a través dos outros protagonistas. Unha negociación difícil As negociacións entre Alcoa e Liberty House, representada por GFG Alliance, non están a ser doadas. Desde a multinacional norteamericana aseguran que propuxeron a transferencia da planta de aluminio por 1 euro e a resposta foi exixir opcións exclusivas para controlar a refinaría de aluminio de San Cibrao sen comprometer fondos propios para a viabilidade da planta. Alcoa considera nun comunicado que é "razoábel" a súa proposta na que incluía unha achega de 50 millóns de dólares nun fondo para o futuro da planta, pagar os custos de separar as instalacións de aluminio da refinaría, e un contrato de subministro de alúmina por 5 anos en condicións estándar do mercado. O comité ve "claro" o proxecto de Liberty Ao remate da reunión o comité de empresa de Alcoa en San Cibrao asegurou que o proxecto que lles presentaron os responsábeis de Liberty House para a planta de Cervo era "claro" e "conciso". O presidente do comité, José Antonio Zan, explicou que o plan industrial que se lles trasladou na reunión consta de dúas partes, unha de investimento na factoría, "que a deixaría a primeiro nivel á hora de competir co resto das empresas do sector e facendo produtos de valor engadido de moi alta competencia", e outra enerxética. Esta última inclúe plan eólico, solar, de coxeración e de aforros "noutros aspectos" para reducir o prezo da enerxía en Cervo, facelo "moi competitivo" e que a actividade sexa "viábel a longo prazo" na planta. Mais para Zan o "problema a curto prazo" sería "o contrato de alúmina, que non o queren (desde Alcoa) aumentar deses cinco anos", así como a posibilidade de os responsábeis de Liberty House poidan ira á planta para revisala "máis de dous días" coa intención de "revisala ben e ver que investimentos máis importantes necesitan". Zan valorou tamén que era "un proxecto apoiado por dous Gobernos", tanto o da Xunta como o Executivo central que preside Pedro Sánchez. Por ese motivo cre que "Alcoa debe deixar de pór impedimentos e facer que esta venda frutifique canto antes". Da negociación ás trabas de Alcoa "Calquera proxecto industrial que garanta a continuidade da actividade e os postos de traballo no complexo de San Cibrao será mellor que a opción de fechamento e parada de cubas que propón Alcoa", asegura a Nós Diario Paulo Carril, secretario xeral da CIG. "Polo que sabemos nas conversas con as ambas empresas é evidente que Alcoa está nun proceso de boicot e de querer xustificar con toda a ofensiva mediática que puxo en marcha que non está disposta a vender". Sobre o contido desta xuntanza e en relación coas negociacións con Alcoa, fontes de GFG Alliance consultadas por Nós Diario rexeitaron facer declaracións na xornada desta quinta feira. O BNG pide intervir Alcoa se for preciso O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu unha moción na que demandan que se a negociación entre Alcoa e Liberty House fracasa, o Goberno español deberá estar disposto á intervención pública para a nacionalización da factoría e así preservar o emprego. |
NOS_9086 | Máis de 200 produtores xuntáronse diante da central Gadisa para demandar un aumento de prezos, paso que anunciaron grupos como Vegalsa ou Mercadona. A cadea comprométese a non empregar o leite como produto reclamo. | Máis de 200 gandeiros acudiron á central Gadisa, en Betanzos, para exixir un aumento dos prezos do leite. Finalizados os bloqueos ás plantas das industrias lácteas, a folla de rota da Plataforma sinalaba como seguinte estación as mobilizacións perante aquelas distribudoras que non estivesen dispostas a dar pasos cara á suba do prezo do leite. Entre as sinaladas, LIDL e Gadis. Os produtores demandan na concentración en Gadisa prezos dignos e até xunta eles foi o propio presidente do grupo comercial, Roberto Tojeiro, tal e como informa Campo Galego. Houbo debate, tiras e afrouxas mais non houbo compromiso de que se pagase máis polo leite aos gandeiros. Segundo relata Campo Galego, Tojeiro si que se comprometeu a que non se empregase o leite como produto reclamo en Gadis -onde o brick se ten vendido a 50 céntimos di o sector-. Mesmo afirmou que xa se subira o prezo da venda ao público do litro de leite. Os produtores, porén, lembráronlle que a súa demanda era que a eles se lle pagase máis polo produto, non que se lle subise ao consumidor. Os gandeiros pedían a Gadis que dese un paso adiante como fixeron Mercadona ou Vegalsa-Eroski, que si que se comprometeron a aumentar o que se lle pagaba ao produtor. Como relata o medio especializado no sector do agro, un gandeiro da asemblea lembrou: "O de 'vivamos como galegos' está moi ben, pero nós tamén queremos cobrar como galegos, non como chinos". Acordo o día 23 O Ministerio anunciou que o acordo do sector lácteo asinarase o día 23 deste mes, a semana que vén. A intención do departamento é que se aplique en outubro. Imaxe: Concentración en Gadisa. Revista Afriga |
NOS_42466 | O custo da vivenda libre medrou 8,3% no primeiro trimestre de 2022. | O prezo da vivenda libre na Galiza medrou 8,3% no primeiro trimestre do presente ano, en comparanza co mesmo período de 2021, segundo o Índice de Prezos de Vivenda publicado esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Desta maneira, o custo da vivenda libre no país incrementouse entre xaneiro e marzo 0,2 puntos menos que a media estatal, xa que no total do Estado español disparouse 8,5% no primeiro trimestre deste ano. No que vai de 2022, o prezo da vivenda incrementouse 2,4% en Galicia, tamén por baixo, aínda que de novo só por dous puntos, do incremento estatal (+2,6%). A sinatura de hipotecas bate récords da última década no Estado español e só diminúe na Galiza En concreto, o custo da vivenda nova na Galiza aumentou 9,2% no primeiro trimestre, en comparación con xaneiro e marzo de 2021, así como 3,8% no que vai de ano. Pola súa parte, o prezo da vivenda de segunda man subiu tamén de forma semellante (+8,1%) en termos interanuais, e 2,1% desde xaneiro deste ano. Datos estatais A nivel estatal, o prezo da vivenda libre subiu 8,5% no primeiro trimestre en taxa interanual, máis de dous puntos por riba do trimestre anterior e a súa maior repunta desde o terceiro trimestre de 2007, segundo os datos do INE. Coa suba do primeiro trimestre, que supera en máis de dous puntos a do trimestre anterior, o prezo da vivenda libre acumula xa 32 trimestres de crecementos interanuais. Por tipo de vivenda, o prezo da vivenda nova disparouse 10,1% en comparanza co primeiro trimestre de 2021, catro puntos por riba da taxa interanual rexistrada no último trimestre do ano pasado e a máis alta desde o primeiro trimestre de 2019. Noutra orde, o prezo da vivenda usada incrementouse 8,2% en taxa interanual, case dous puntos máis que o trimestre anterior e o seu maior ritmo de crecemento desde o segundo trimestre de 2007, xusto antes do inicio da crise financeira. |
NOS_31001 | A secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, reivindicou esta cuarta feira que a sanidade galega é "unha envexa en España e Europa", e "unha sanidade pública punteira" na que -remarcou- non se dá "un problema de diñeiro" senón de falta de facultativos. | "Desde o PP queremos pedir ao Goberno de Sánchez que abandone a folga de brazos caídos e que asuma as poucas competencias que quedan", esgrimiu Prado, quen, tras unha reunión con membros da Comisión de Sanidade do seu partido, urxiu o Executivo estatal a considerar a Atención Primaria como "unha prioridade". Fíxoo no mesmo día en que SOS Sanidade presentaba no Parlamento da Galiza unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para reclamarlle á Xunta de Galiza unha maior dedicación de recursos para a Atención Primaria e que deixe atrás a época de recortes. SOS Sanidade Pública rexistra no Parlamento unha ILP para "revitalizar a Atención Primaria" En concreto, Prado demandou actuar en tres cuestións que ve chave: cambiar o sistema de elección de prazas MIR, actualizar o sistema de acreditación de prazas e crear a especialidade de Urxencias. Tamén se dirixiu ao Goberno bipartito da Xunta, a quen acusou de deixar marchar "moitos médicos" a Portugal, a pesar de que o orzamento dedicado polo Executivo galego á Atención Primaria era maior en 2009, último ano en que gobernou a coalición PSOE-BNG, que hoxe. De feito, o galego é o único do Estado que recortou en Primaria. Fronte á "inacción" e "mentiras" da oposición, dixo, a Xunta "leva anos tomando medidas de reorganización e transformación", como o sistema de xestión da demanda, iniciativas de mellora da accesibilidade aos centros de saúde, a implantación de axendas de calidade, a publicación de carteiras de servizos ou a instrución que permite ao persoal de Primaria pedir calquera proba médica. Salientou a creación dunha nova categoría de facultativo especialista en Atención Primaria. Após as múltiples protestas do colectivo de médicas e médicos, Prado rexeitou que se poña o "foco" nos salarios dos facultativos -Alfonso Rueda, presidente da Xunta, asegurou que un profesional de Atención Primaria cobra 65.000 euros ao ano máis gardas- e avogou por centrarse no impulso de medidas que poidan contribuír a solucionar as carencias de facultativos. É certo que un médico de Atención Primaria cobra 65.000 euros máis gardas? En canto a como conciliar a súa afirmación de que a sanidade galega é unha "envexa" en España e Europa coas queixas que recolle o Valedor do Pobo sobre esta área ou o impulso da iniciativa lexislativa popular rexistrada esta mesma cuarta feira, lembrou as "miles" de probas e de persoas atendidas en centros de saúde e hospitais galegos. Así mesmo, lembrou que o PP non nega que haxa problemas de persoal, pero insistiu en que a falta de médicos non só afecta á Galiza senón tamén a outros territorios do Estado. |
NOS_39788 | 41,40 por cento das e dos leitores de Sermos inclínanse por pensar que Feijóo non será inquilino da Moncloa por carecer do apoio de Rajoy e de Soraya. | 354 das 855 persoas (41,40 por cento) que votaron no inquérito de Sermos non conceden opcións a Feijóo na carreira sucesoria (formalmente non aberta) de Mariano Rajoy ao fronte do PP. Consideran que é un atranco insalvábel para o presidente da Xunta carecer do apoio quer de Rajoy quer de Soraya Sáenz de Santamaría, a súa rival interna. Porén, 261 das persoas participantes no inquérito (30,53 por cento) si opinan que Feijóo tomará o relevo de Rajoy e iso porque opinan que é a mellor baza do PP para frear o ascenso de Cs. Unha percentaxe significativa da audiencia de Sermos que se animou a se manifestar nesta sondaxe -28,07 por cento- afirmou non ter unha opinión formada ao respeito. |
NOS_14078 | Unha das voces máis relevantes da literatura portuguesa última -Valter Hugo Mãe e un dos grandes narradores, e poeta de culto, da galega -Miguel Anxo Murado- comparten escenario esta segunda feira no auditorio do Centro Ágora da Coruña. | Trátase da primeira cita do novo trimestre do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, que dirixe a poeta Yolanda Castaño e organiza o Concello da Coruña. O acto, que será ás 20.30 horas, xunta "dous raras avis dos universos galego e portugués, figuras cheas de personalidade e pensamento orixinal, polígrafos, cosmopolitas, polifacéticos, grandes xeradores de opinión". Valter Hugo Mãe naceu en 1971 en Angola. É cantante, presentador de televisión, editor. E poeta, claro. a máquina de fazer espanhois é unha das súas novelas de referencia. En verso publicou pornografía erudita ou folclore íntimo. É Murado (Lugo, 1965) un dos mestres da narración curta en galego. Con Outra idea de Galicia irrompeu con forza no ámbito ensaístico. Como poeta publicou tres volumes: Bestiario dos descontentos (1985), Lapidario dos heterodoxos (1990) e Lapidario (2004). Xornalista de profesión, escribiu un magnífico libro sobre Palestina e repasou en Ruído a súa experiencia nas guerras iugoslavas. No Centro Ágora poderanse adquirir obras de ambos os dous escritores, fornecidos por unha libraría de proximidade. Nota: o escritor portugués Valter Hugo Mãe. |
PRAZA_6879 | O mellor das artes escénicas do país pasou polos escenarios de Santiago diante dos ollos de programadores, distribuídores e público xeral. O Pub Ultramarinos acollerá o concerto, este mércores 5 de novembro ás 22.30 horas, que porá fin a Galicia Escena PRO | Compostela foi dende o luns ata este mércores o epicentro do sector escénico galego con motivo da celebración da segunda edición de Galicia Escena PRO, mercado organizado pola Consellería de Cultura a través da Agadic como escaparate para a compra-venda dos espectáculos galegos e como plataforma para unha maior visibilidade social da produción escénica de Galicia. A mostra ocupou catro espazos de Santiago arredor de encontros profesionais e dunha carteleira de 23 espectáculos –11 en formato completo e 12 showcases– a cargo doutras tantas compañías de teatro, danza, maxia e novo circo. En total, asistiron 79 axentes culturais galegos, entre os que se atopan programadores de festivais e escenarios públicos e privados, así como distribuidores. A música de Talabarte, unha delicia instrumental que partindo do folk galego toca moitos portos: ritmos mediterráneos, leste europeo ou jazz-improvisación, clausurará este mércores a mostra cun concerto que acollerá o Pub Ultramarinos a partir das 22.30 horas. A entrada será de balde ata completar o aforo. Talabarte está formado por tres dos intérpretes máis respectados do panorama musical galego: Quim Farinha, Kin García e Pedro Pascual. O primeiro deles, co seu inseparable violín, formou parte da desaparecida Berrogüetto e implicouse ao longo da súa traxectoria cunha chea de proxectos e propostas musicais de diferentes naturezas. Pedro Pascual, pola súa banda, é un referente co acordeón diatónico e formou xunto a Ugía Pedreira, Pablo Pascual e Marcos Teira o grupo Marful. Finalmente, Kin García é un sospeitoso habitual das actuacións e xiras de, entre outros artistas, de Susana Seivane. O seu baixo é un dos máis admirados do país. |
PRAZA_17219 | A Garda Civil atopou uns 1.500 quilos de explosivos almacenados irregularmente polo propietario da pirotecnia 'La gallega'. O sinistro matou dúas persoas e, segundo o balance municipal, afectou a case 700 veciños, destruíu unha trintena de casas e danou case un cento INTERACTIVO | A parroquia arrasada polo estoupido, antes e despois do sinistro | O almacén de Paramos non era o único no que o propietario da clausurada pirotecnia La Gallega almacenaba material explosivo de maneira irregular. Os Equipos de Desactivación de Explosivos da Garda Civil (EDEX) acharon o pasado domingo en Baldráns, parroquia onde a empresa operara legalmente no pasado, un total de 1.150 quilos de "materia prima para a confección de produtos pirotécnicos" e "varios artefactos pirotécnicos en bo estado" con 11 quilos de pólvora. O achado deu lugar a unha nova detención do empresario, que este martes foi enviado a prisión provisional, comunicada e sen fianza por orde da titular do xulgado número 1 de Tui.O estoupido que a pasada semana matou dúas persoas e arrasou a parroquia tudense de Paramos deu lugar a unha investigación que xa levara os axentes o pasado sábado a un galpón no que, grazas a un veciño que xa denunciara anteriormente a Francisco G.L., atoparon outros 474 quilos de pólvora e case un cento doutros produtos para elaborar pirotecnia. Os efectos da explosión, produto do almacenamento irregular deste tipo de material, e os almacéns clandestinos atopados posteriormente levan a xuíza a investigalo -antiga imputación- por delitos de risco catastrófico, homicidio imprudente, danos imprudentes, lesións imprudentes e tenza ilícita de explosivos.En apenas dous días a Garda Civil atopou uns 1.500 quilos de explosivos almacenados irregularmente polo propietario da pirotecnia 'La gallega'Aínda que inicialmente o deixara en liberdade, a xuíza coida agora que "tras a aparición dos depósitos" que nin sequera "mencionou" na súa declaración inicial, "as circunstancias variaron" e recomendan ingresalo no cárcere, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Para a titular do xulgado resulta obvio que "existen riscos de alteración de fontes de proba" e, por extensión, de "reiteración delitiva". Ademais, argumenta, os novos achados da Garda Civil abren a posibilidade de que a condena que finalmente recaia sobre o acusado "sexa maior", polo que "aumentou o risco de fuga".O sinistro matou dúas persoas e, segundo o balance municipal, afectou a case 700 veciños, destruíu unha trintena de casas e danou case un centoMentres o empresario -que estivo a piques de ser agredido nas inmedacións dos xulgados de Tui por un dos afectados que, segundo dixo, o denunciara en varias ocasións- é enviado á cadea, en Tui a veciñanza que quedou sen casa ou viu as súas vivendas profundamente afectadas polo estoupido continúa á expectativa e a agardar por axudas. Cun balance provisional de case 700 persoas afectadas, unha trintena de casas destruídas e case un cento danadas -segundo cifras do Concello de Tui-, os dous fillos do matrimonio que morreu na explosión seguen aínda hospitalizados xunto a dúas persoas máis. Tanto o consistorio como a Deputación de Pontevedra e a Xunta resaltan que están a activar os procedementos de axuda o máis rápido posible.Ao tempo, na vila tudense o alcalde, Carlos Vázquez Padín, sae ao paso das informacións que resaltan o feito de que o goberno local contratou os fogos artificiais das últimas festas de San Telmo coa empresa La Gallega. Padín, que na tarde deste xoves comparece ante a prensa, avanzou nunha entrevista na Televisión de Galicia que a empresa "afirmaba" na documentación achegada ao Concello para formalizar o subministro que "contaba con outros almacéns legais", nomeadamente na Cañiza, polo que "entendiamos que o material que se estaba mercando" viña de instalacións con todos os permisos en regra. O motivo de elixir esta empresa foi, como no caso dos anteriores gobernos locais, precisou, que se trataba dunha "pirotecnia local", da propia vila de Tui. |
NOS_54030 | A equipa compostelá venceu tanto en categoría masculina como feminina. | O Estrela Vermelha impúxose por partida dupla esta fin de semana na Copa Galega de fútbol gaélico. Conquistou este título tanto na categoría masculina como na feminina, no torneo que se celebrou en Lalín, no estadio Manuel Anxo Cortizo, organizado pola equipa local, Herdeiros de Dhais. En categoría feminina,o Estrela Vermelha impúxose na final ás Herdeiras de Dhais, que fican como subcampioas. A terceira praza foi para as Fillas de Breogán (A Coruña) e a cuarta para Auriense. No que respecta á categoría masculina, os de Estrela Vermelha gañaron na final aos Fillos de Breogán. O terceiro posto foi para os estradenses Irmandinhos –a quen moitos sinalaban como claros favoritos ao título- e Braithreachas foron cuartos. E o fúbol gaélico non para. O vindeiro 26 de maio a cita é na Coruña coa final do Torneo Ibérico. |
PRAZA_19472 | Este 8 de marzo no IES Politécnico de Vigo quixemos escoitar que é o feminismo para o alumnado. Descubrimos que detrás dunha xeración criada no espellismo da igualdade reside un berro claro pola liberdade | Hai palabras que asustan. Feminismo é unha delas. A súa soa mención crea unha atmosfera que esixe da adhesión incondicional ou do rexeitamento frontal do auditorio. Imposíbel a indiferenza. A épica de loitas comprometidas, de revolucións silenciosas, de traballo colectivo é o pegamento da adhesión. Unha especie de cadea de sororiedade que nos leva xunto Rosalía de Castro e Virginia Woolf porque queremos un cuarto propio, a camiñar á beira das sufraxistas para conseguir o noso lexítimo dereito a votar, a berrar cun centenar de mulleres na fábrica de Sirtwood Cotton en 1908 queimadas vivas por poñernos en folga, a aplaudir entusiastas na Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras de 1910 proclamando o 8 de marzo como o Día internacional da muller traballadora, a indignarnos ao ver a cabeza de Olimpia de Gouges rodar polo patíbulo tras escribir a Declaración dos dereitos da Muller e a Cidadá na suposta revolución da liberdade e a fraternidade, a renxer os dentes no xusto momento no que Judith decapita a Holofernes grazas ao pincel de Artemisia ou a sentir os golpes das pedras que abateron a Hipatia de Alexandría polo crime de… pensar. O rexeitamento xurde máis ben da lóxica de quen desexa manter os privilexios. Xurde do medo a ver tambalearse unha orde establecida inxusta e discriminatoria. Unha orde que se beneficia do traballo gratuíto das mulleres, ese que se fai por amor e permite que as casas funcionen, que as crianzas crezan, as persoas maiores estén coidadas…ese que non se mide no PIB pero fai que o mundo xire todos os días. Hai palabras que acompañan. Feminismo é unha delas. A súa natureza poliédrica permite construír mundos diferentes, menos dominadores para mulleres e homes. Novas formas de pensármonos, relacionármonos, desexármonos, vivírmonos … Feminismo é unha palabra lente, permítenos ver, descubrir a discriminación nese momento sen importancia no que un home chámate polo diminutivo, nese chiste tan gracioso sobre mulleres e sexo, nesa mirada despectiva cando falas en público, nese 20% menos de salario polo mesmo traballo, neses corpos sen vida das mulleres asasinadas. Feminismo é unha palabra ferramenta, permite crear, construír dereitos universais, o dereito ao voto, á coeducación, á libre decisión sobre o propio corpo, á libre orientaión sexual, á igualdade salarial, á vida libre de violencia. Este 8 de marzo no IES Politécnico de Vigo quixemos escoitar que é o feminismo para o alumnado. Descubrimos que detrás dunha xeración criada no espellismo da igualdade reside un berro claro pola liberdade. Agardamos que gocedes tanto da videocreación "Son feminista…", que circula pola rede, como o fixemos nós pensándoa e realizándoa. Un pequeno traballo, un pequeno paso nun andar colectivo. De entre todas as deidades a deusa das pequenas cousas destaca por ser claramente feminista. |
NOS_486 | A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMHC) organiza esta semana unha homenaxe a Camilo de Dios e ao movemento guerrilleiro galego antifranquista en xeral. | A CRMHC presentou hoxe os actos de conmemoración do 85º aniversario da República que inclúen a presentación do libro "Os borbóns: unha monarquía escandalosa", de Manuel Monge, mañá terza feira ás 19.30 horas nas Portas Ártabras. Mentres, o día 15 farase unha ofrenda floral ás vítimas do franquismo no memorial da avenida de Navarra ás 18 horas e logo, ás 19.30 horas na sede da Academia Galega, terá lugar a Homenaxe a Camilo de Dios en representación do movemento guerrilleiro galego, que será nomeado Republicano de Honra 2016. Intervirán o homenaxeado, xunto co historiador Bernardo Máiz, un dos principais estudosos da guerrilla galega, e o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Na presentación desta programación, Bernardo Máiz quen salientou a importancia da actividade guerrilleira: "Metéronlle medo aos represores do réxime franquista, mesmo eliminaron a algún, fixeron sabotaxes dos convois que levaban o wólfram, o que significa que tamén interviron na Guerra Mundial, e mesmo dos postes de luz de Fenosa cando o Estado empezaba a expropiar os terreos para os encoros". Máiz glosou a figura de De Dios sinalando que continuou na loita social, no sindicalismo agrario, despois de saír da cadea e tamén foi concelleiro polo PCE en Xinzo e Sandiás trala morte do ditador. Camilo de Dios Camilo de Dios (Sandiás, 1933) é fillo de Jesús de Dios e de Carmen Fernández Seguín, tamén guerrilleira. Segundo conta Bernardo Máiz, comezou como enlace da guerrilla desde novo, ás veces como tapadeira da súa nai, viúva desde 1945. A súa primeira acción foi en 1947, cando con outros catro adolescentes lles "expropiaron" fusís e pistolas aos falanxistas de Vilar de Santos. Logo entrou na clandestinidade armada e alí continuou até a batalla do 18 de marzo de 1949, cando logo dun combate no que morreron dous gardas civís e tres guerrilleiros, o detiveron e logo conmutáronlle a pena de morte por 30 anos na cadea, xa que tiña aínda 17 anos. |
NOS_44854 | Un dos efeitos da proposta de reforma da Lei de Saúde recentemente aprobada pola Xunta é a supresión da área sanitaria de O Salnés. A decisión ten un serio impacto sobre o hospital comarcal. Por esa razón unha delegación do BNG -encabezada por Ana Pontón- reuniuse esta terza feira coa xunta de persoal do centro sanitario. | Alén de se reunir coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés, Pontón atendeu a imprensa. "A contrarreforma sanitaria do PP é un paso atrás para o direito á saúde en xeral e para a área do Salnés, pese a que está blindada por lei porque se puxo en marcha através dunha ILP", argumentou a líder nacionalista. O problema é o PP, ditaminou, que coa súas políticas "está a derrubar o que se construíu entre todos e todas". "Non van atreverse a tirar abaixo o hopsital, pero si o van deteriorando pouco a pouco até convertelo nun gran ambulatorio lonxe das prestacións que oferece un hospital", dixo Pontón. "Estamos a ver un PP que votou non ao incremento do cadro de persoal do Hospital do Salnés", alegou por súa parte a deputada Montse Prado, que acompañou Pontón na reunión coas traballadoras do centro sanitario. "Votou non a ampliar celadores, votou non a darlle solución á situación do aparcadoiro no hospital, votou non a un centro de saúde en Vilagarcía, no Grove, na Illa,e votou non á substitución de persoal saitario fundamental". Todo isto, acrecentou, "porque estamos ante un goberno que ten como claro obxectivo deteriorar a sanidade pública para xustificar cada vez máis recursos á sanidade privada". Nesa mesma dirección, Pontón ilustrou con dados a que, a xuízo do BNG, constitúe a deriva privatizadora do PP: desde que Feijóo chegou á presidencia da Xunta en 2009 a sanidade públia tería perdido pr volta de 700 camas e 2.000 millóns de recursos na atención primaria, un retroceso de por volta 15 por cento, "recortes que acaban pagando as usuarias con pior atención". O Bloque, anunciaron Pontón e Prado, apresentará no Parlamento unha emenda á totalidade do proxecto e fará "frente común coas plataformas, organizacións sociais e políticas e coa veciñanza en defensa da sanidade pública". |
NOS_28976 | A fenda salarial da Galiza co Estado e a UE continuou a aumentar | A caída das retribucións salariais situouse en máximos en 2020. Segundo un estudo presentado polo Instituto Galego de Estatística(IGE), os salarios reducíronse Galiza no pasado exercicio en 4,3%, certificando unha baixada só superada en toda a serie histórica en 2012, cando asinaron unha contracción de 6,5%. Neste sentido, as cifras do ano da pandemia puxeron remate a catro ano de alzas consecutivas dos salarios, tras unha desvalorización do seu valor de 11,3% entre 2009 e 2014 e unha alza moi moderada no período seguinte, que colocou as remuneracións dos traballadores moi por baixo dos valores en prezos constantes de 2009. A perda de poder adquisitivo dos salarios galegos durante a pandemia superou a media da Unión Europea (UE). As retribucións minguaron no seu conxunto na UE en 1,8%, con Estados como Lituania, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemaña ou Portugal rexistrando subas en relación co ano anterior. Así as cousas, só Italia cunha caída de 7% declarou uns números peores que Galiza, sendo máis elevada a redución dos salarios na zona euro, con 2,2%, que na Unión Europea. O economista grego Kostas Lapavitsas explicou este fenómeno significando que "o único mecanismo de axuste interno na área euro é a desvalorización interna ao non poder recorrer os Estados aos mecanismos clásicos da política monetaria para pór en marcha medidas anticíclicas". Galiza peor que o Estado O comportamento dos salarios na Galiza foi dos peores do Estado. A súa baixada estivo por riba de Estremadura, Andalucía, Castela e León, Aragón, Navarra, Euskadi, Cantabria, Rioxa, Asturias e Murcia, só presentando uns resultados inferiores aquelas áreas do Estado de grande especialización turística, onde a dinámica do sector servizos xerou distorsións na totalidade das variábeis económicas. Neste liña, non resulta equiparábel a lóxica da economía galega coa da área mediterránea peninsular ou das illas polas diferenzas no seu tecido produtivo, mantendo máis similitudes coa da Unión Europea, tal é como sinala a economista María Cadaval. O estudo elaborado polo IGE certificou o aumento da fenda salarial da Galiza co Estado e a Unión Europea Así, sinalou que en 2020 a remuneración salarial por hora traballada na Galiza situouse en 19,1 euros, mentres no conxunto estatal acadou 21,1 euros e na media da UE 24,9 euros. Sendo en 2009 a contía da hora traballada na Galiza de 15,7 euros, a suba dos salarios na última década foi de 3,4 euros, unha cifra moi inferior á da inflación acumulada no período, o que deu conta, ao tempo, da diminución do poder de compra dos traballadores, que só mantiveron as necesidades de consumo co recurso ao endebedamento. As rendas do traballo non deixaron de perder posicións fronte ás do capital na última década. Así, o relatorio do IGE, sinalou que as rendas do traballo representaron na Galiza, a 31 de decembro de 2020, o 46 % do Produto Interior Bruto (PIB), exactamente dous punto menos que en 2009, ano da chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. Naquela altura, as rendas do capital significaron o 52 % do PIB galego, fronte a 54 % de 2020, nunha clara mostra da perda de poder adquisitivo dos asalariados galegos, quen rexistraron unha das peores distribución das rendas do espazo estatal e europeo. A desvalorización interna Sinala o economista keynesiano Ricardo Molero que "é difícil atopar outra rexión do mundo onde, durante a última década, as condicións de vida teñan empeorado en maior medida que nos países do sur da Europa". Noutra posición doutrinal, o economista marxista, Kostas Lapavitsas significa que "a crise de 2009 veu certificar a natureza da Unión Europea como un espazo para o intercambio desigual, conforme á lóxica centro periferia e ao servizo dos intereses dos Estados centrais". Sexa como for, un e outro consideran que a desvalorización interna aplicada polos diferentes Gobernos da periferia da UE é o maior ataque en décadas ás condicións de vida das clases traballadoras, só comparábel, en palabras Lapavitsas, "á vivida no leste da Europa após a caída do bloque socialista ou en América Latina nos anos 80". A caída salarial cebouse nas rendas baixas A caída dos salarios foi moito máis acentuada entre a poboacións con menos recursos. Segundo sinalaron os economistas da Universidade Complutense, Raquel Sebastián e Gabriel Rodríguez e o profesor de Oxford, Juan Cesar Palomino, nun estudo titulado Efectos da Covid-19 sobre a desigualdade e a pobreza en España, na Galiza "a perda salarial dos pobres é de 18,7%" desde o comezo da pandemia, unha tendencia que se repetiu no conxunto do Estado e evidenciou un impacto diferente da crise en función do nivel de renda. Nesta liña, significaron que "os individuos que xa eran pobres antes da Covid-19 sofren as maiores perdas salariais" e concluíron que "se agrava a situación de pobreza dos traballadores que xa eran pobres antes da pandemia". Raquel Sebastián, Gabriel Rodríguez e Juan Cesar Palomino destacaron que "a pobreza aumentou na Galiza desde o comezo da pandemia en 8%" e a "desigualdade en 2,9 no índice de Gini". No mesmo traballo, afirmaron que con anterioridade ao comezo da pandemia o índice de Gini situouse "en 39,5 pasando na actualidade a 42,4". A este respecto, constataron que o crecemento da desigualdade na Galiza foi idéntico ao de Asturias e Estremadura e superior ao de Navarra, Madrid, A Rioxa, Castela e León, Canarias e Cantabria, colocándose o país moi por diante da media de toda á área norte peninsular. O tempo económico aberto desde o comezo da pandemia agudizou as vagas de fondo presentes na sociedade, certificando a tendencia á feminización e a xuvenilización da desigualdade presentes desde 2009. Así, Sebastián, Rodríguez e Palomino, sinalaron que a desigualdade na Galiza foi sete puntos superior nas mulleres que nos homes, superando en dous puntos a estes en risco de exclusión e pobreza. |
NOS_39958 | A falta de persoal provoca que non se abrisen hospitais de campaña | A Xunta non anunciou restricións esta noite. Non transcendeu nada do falado e acordado no decorrer da reunión de traballo co comité que asesora á Administración galega sobre a evolución da pandemia, mais semella que a equipa centrou os seus esforzos en analizar os datos. Igualmente non se anunciou a organización dun hospital de campaña, o que podería ter relación coa falta de persoal dispoñibel. Os datos de afección e ingreso de persoas nas UCI que ofrece a Xunta non se corresponden ao número de camas dispoñíbeis. A priori, o Goberno galego está a reducir o impacto nestas unidades ao estimar espazos de coidados intensivos que non están dispoñíbeis. No caso de que haxa novas medidas, estas serán publicadas no Diario Oficial da Galiza (DOG) entre hoxe e mañá. Ademais, está previsto que esta cuarta feira haxa unha comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para dar detalles do encontro e das estatísticas que van marcar os próximos días no país. O incremento proposto das restricións polo comité clínico -posto en dúbida porque a metade das e dos seus membros son cargos políticos- non sorprende despois de sumar xornadas e xornadas de incremento dos contaxios, a presión hospitalaria e cribados masivos, nalgúns casos moi mal organizados segundo denuncia a poboación. Ademais, os traslados entre centros, a mestura de datos sobre a mortalidade e o adiamento de citas doutras patoloxías fai case imposíbel un seguimento externo da xestión. A normalidade está lonxe, pois tamén hai impedimentos para cruzar a fronteira con Portugal e preparativos ante posíbeis novas cepas da Covid-19. Á espera do Goberno do Estado Porén, pouca marxe de movemento lle queda xa ao Executivo galego tendo en conta todas as limitacións estipuladas a semana pasada, como o fechamento perimetral xeneralizado e a limitación de horarios nos comercios non esenciais, así como o parón en toda a hostalaría. Para avanzar faría falla un permiso do Estado español, tanto se se fala dun confinamento duro coma o de marzo de 2020 como de adiantar o toque de recoller. |
NOS_39372 | O grupo Nao devólvelle a carta de parabéns ao Conselleiro de Cultura cunha crítica a súa xestión contraria, segundo din, a unha "cultura libre, liberadora e popular" | Ao grupo Nao non lle sentou ben a carta protocolaria que recibiron do Conselleiro de Educación e Cultura para parabenizalos por ter gañado os Premios Martín Códax da Música Galega 2014 na categoría do mellor proxecto Metal. A banda decidiu devolverlla cunha carta aberta asinada polo mestre e cantante Pablo Carracedo (Jasper) na que aproveitan para criticar a súa xestión e darlle un feixe de consellos para o apoio e promoción da cultura galega desde a Xunta. "Os músicos e músicas galegas levamos tamén padecendo a inutilidade do seu cargo dende o seu nomeamento", escribe Jasper na carta na que acusa a Jesús Vázquez de despilfarrar millóns de euros en negocios e eventos e programacións na Cidade da Cultura cando sofren "as rebaixas en orzamento para os festivais e como se lle negan as axudas, poñendo trabas continuas aos eventos culturais de base". "Os músicos e músicas galegas levamos tamén padecendo a inutilidade do seu cargo dende o seu nomeamento" Define ao Conselleiro como a "antítese" do que Nao defende, é dicir, unha "cultura libre, liberadora e popular e aproveitan para darlle algúns consellos como a creación dunha infraestructura musical que permita que nazan novos talentos, a actualización do Xabarín Clube ou que activen a posibilidade de que as bandas soen na radio pública. "En definitiva, cambie de mentalidade e comece a facer país", espétanlle ao Conselleiro a quen, en troques de parabenizar, pídenlle que, por exemplo, contribúa a que ese retransmita en directo a gala dos Martín Códax. Tamén como ensinante Na súa condición de mestre, o cantante da banda critícalle tamén o deterioro do ensino público con exemplos como a perda de profesorado para o alumnado con dificultades, a imposición do decreto que merma o uso do galego ou a política de favorecer o ensino privado. "Os seus actos pasarán factura nas vindeiras xeracións de fracasados escolares, excluídos sociais e analfabetos na lingua propia", afirma. |
PRAZA_6728 | O colectivo que loita pola declaración da zona como Parque Natural celebra o seu cuarto aniversario orgulloso do traballo pero crítico co desleixo da Xunta nun espazo no que membros e colaboradores da entidade descubriron máis do 65% % de todo o patrimonio arqueolóxico que se coñece. | Este venres 17 de outubro cumpriranse catro anos desde que un grupo de veciños de Carnota se reuniron para "comezar a traballar polo desenvolvemento do Olimpo Celta" do Monte Pindo, daquela sumido no desinterese xeral e tan só tido en conta por eruditos e veciños e visitantes que acudían a visitalo de cando en vez. Daquela xuntanza xurdiu a Asociación Monte Pindo, un movemento social co que se persegue a declaración deste lugar como Parque Natural e logo de que a proposta que xa lanzara Adega fose rexeitada pola Xunta. "Catro anos despois, o Monte Pindo é moito máis coñecido en todo o mundo", reivindica a asociación "Catro anos despois, o Monte Pindo é moito máis coñecido en todo o mundo. Escribiuse, narrouse, filmouse máis nestes catro anos sobre os seus valores paisaxísticos, xeolóxicos, arqueolóxicos, naturais, patrimoniais e deportivos que durante os seus 350 millóns de anos de existencia", lembra agora a asociación, que celebra este cuarto aniversario agradecendo e dando os parabéns aos centos de persoas afiliados, ás 169 entidade e empresas que apoiaron o proxecto e aos milleiros de persoas que seguen acudindo á zona e mesmo financiando as actividades do colectivo. Como lembra a asociación, estes catro anos "tamén marcaron un antes e un despois no coñecemento deste espazo natural". "Non só se publicou máis que nunca, senón que o 65,79% de todo o patrimonio arqueolóxico que se coñece no Monte Pindo foi descuberto nestes catro anos por membros e colaboradores desta entidade, dando asi continuidade fluída á labor feita antes por referentes coma Xosé Barreiro Barral, Pedro Marfany, Fernando Alonso Romero ou Ramón Vidal Romaní", recordan. O 65,79% de todo o patrimonio arqueolóxico que se coñece no Monte Pindo foi descuberto nestes catro anos Así, entre os novos achados destacan desde cerámicas, petroglifos, covas de fuxidos da Guerra Civil, lapislázuli, moedas e outros elementos medievais. "Unha inmensidade de patrimonio que sacamos da sombra para multiplicar o valor do Olimpo Celta, e que nos permiten hoxe confirmar a súa ocupación practicamente continuada desde o Paleolítico ata o abandono do pastoreo na última metade do pasado século", conta. "Todo este traballo de investigación, divulgación e promoción non foi doado, interviron moitísimas persoas de xeito absolutamente altruista, dedicando o seu tempo libre e os seus recursos, por pura amizade e vocación de ir descubrindo o que este macizo aínda nos agocha, que é moito. E todo isto se fixo sen ter recibido un só euro das arcas públicas", reivindica unha asociación que advirte que se foron capaces de facer todo iso "sen cartos, imaxinemos se a Xunta cumprise cos criterios de conservación que se ten marcado en materia ambiental, investise o que tería que ter investido neste espazo, e en lugar de dar as costas aos movementos veciñais valorase, por un momento, colaborar con eles". "Todo se fixo sen ter recibido un só euro das arcas públicas", di un colectivo que denuncia o desleixo da Xunta co espazo A asociación pregúntase que sería da zona se a Xunta declarase o Parque Natural do Monte Pindo "para que este espazo natural e o seu contorno participe no reparto dos máis de dous millóns de euros que a Xunta destina anualmente aos parques naturais", ou se o dotase "dunha dirección e dun Plan Rector de Uso e Xestión". Coa axuda da Administración, di o colectivo, poderíanse tamén financiar investigacións e publicacións, excavar o Castelo de San Xurxo e a ermida de Campo de Cortes, retirar os eucaliptos e traballar pola recuperación da vexetación autóctona, mellorar e sinalizar as rutas para que nunca máis ninguén se perda, apoiar a creación de empresas ou cooperativas de turismo rural, actividades deportivas e aproveitamento substentábel dos recursos do monte para xerar quen sabe se ducias de postos de traballo, vixilar as subidas de motos e de pirómanos e, en definitiva, axudarnos a sacar o Monte Pindo do seu actual abandono". "É o menos que debe esperarse de quen ten por lei a xestión deste Olimpo Celta. Quen sabe se o incendio do pasado mes de setembro sería hoxe tan só un pesadelo", finaliza. |
NOS_41250 | O Goberno español cumpriu 53% dos seus compromisos coa Galiza, porcentaxe que a final deste ano será de 61%. Estas foron dúas das cifras que ofreceu onte o delegado do Executivo español, José Miñóns, que afirmou que desde que Pedro Sánchez é presidente, a Galiza recibe 700 millóns de euros mensuais. | José Miñóns, delegado do Goberno español na Galiza, compareceu na mañá desta terza feira en Santiago de Compostela para presentar o informe de rendición de contas do Executivo estatal na Galiza correspondente ao exercicio 2022. O delegado afirmou que o Goberno español "cumpriu" na Galiza 53% dos compromisos adquiridos "e iso a pesar das dificultades sobrevindas pola pandemia e pola invasión de Ucraína, que nos levaron a adquirir novos compromisos segundo foi avanzando a lexislatura", sinalou. Malia estas dificultades, Miñóns apuntou que o Goberno do Estado "traballa" co obxectivo de elevar este grao de cumprimento a 61% a finais deste ano. "A diferenza doutros momentos, este é un Goberno que dá a cara e hai un presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que enfronta os problemas e que responde con medidas a cada complicación", manifestou. Remarcou que "en cinco anos de Goberno de Pedro Sánchez", a Xunta recibe 42.696 millóns de euros, "32% máis que nos anos anteriores de Goberno do PP", o que supón que "a Xunta recibe unha media de 700 millóns de euros ao mes para o seu financiamento". De aí a apelación do delegado ao Goberno da Xunta para que actúe con "responsabilidade" á hora de "executar" esas transferencias de financiamento. Neste sentido, o delegado subliñou que o Goberno español elevará en 2023 un 24% a achega que destina á Xunta en concepto de financiamento e sumará 9.400 millóns de euros ás transferencias históricas que destinou á Galiza nestes cinco anos Catro bloques de "compromisos" O delegado do Goberno español enmarcou os compromisos en catro bloques. Un primeiro de medidas de dinamización e impulso económico, onde destaca o inicio da construción da primeira fragata F-110 nos estaleiros de Navantia en Ferrol". Un segundo bloque recolle os compromisos cumpridos en cohesión territorial e desenvolvemento de infraestruturas. O terceiro bloque apela á transición ecolóxica e apoio á innovación; e o cuarto bloque céntrase na cohesión social, onde dixo que o Goberno sumou 60.000 persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital e revalorizou 767.000 pensións. Perte: 16.000 empresas beneficiadas O delegado tamén presentou os datos relativos á execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Perte), sinalando que o Estado comprometeu xa 1.700 millóns de euros deste plan na Galiza. Miñóns informou que xa están en marcha 2.500 proxectos vinculados a estes plans, "dos que se benefician 1.600 empresas, así como outras institucións e entidades". AP-9 Miñóns dixo que se destinaron 23 millóns de euros á bonificación das peaxes da AP-9 desde a posta en marcha desta medida hai un ano. Opina que "o que máis lles preocupa aos galegos non é tanto a transferencia desa autoestrada", "senón a bonificación". Rego pide rebaixar o "triunfalismo" e Gómez Reino insta a "mellorar" "Pór como logro que se cumpre 53% dos compromisos é cando menos curioso", manifestou Néstor Rego (BNG) a Nós Diario a respecto da comparecencia de José Miñóns. O deputado nacionalista no Congreso afirma que "parece que temos que conformarnos coa metade daquilo que comprometeu o Goberno" e sinala que os avances desta lexislatura son "consecuencia directa" do acordo co BNG para a investidura de Pedro Sánchez, entre o que citou as bonificacións da AP-9. Pola súa parte, Antón Gómez Reino (Unidas Podemos) manifestou a este medio que o "compromiso do Goberno español coa Galiza é positivo", se ben se pode mellorar, e apelou ás medidas sociais adoptadas nestes anos e que beneficiaron miles de galegos e galegas. |
NOS_47627 | O xornalista deportivo José Ramón de la Morena dixo esta mañá na SER, no seu comentario diario no programa Hoy por Hoy, que en Vigo non se quixo a Salva Ballesta por ser "demasiado español" e que Carlos Mouriño, o presidente do Celta, se pregou por medo aos "independentistas". | José Ramón de la Morena, xornalista deportivo, dixo esta mañá na SER, no seu comentario diario no programa Hoy por Hoy, que en Vigo non se quixo a Salva Ballesta por ser "demasiado español" e que Carlos Mouriño, o presidente do Celta, se pregou por medo aos "independentistas". De la Morena oculta que a oposición a Salva non é pola súa maior ou menor identificación con España, senón pola súa ideoloxía ultradereitista e pola súa devoción a Tejero. De la Morena menosprezou a Mouriño ao que se referiu como "un tal Mouriño" e mandou un recado a Abel Resino, de quen agarda que non sexa "sumiso" ao presidente do Celta. A caverna mediática con Ballesta A caverna mediática posicionouse onte co ultradereitista e contra o Celta por rexeitar a súa incorporación como segundo treinador da equipa viguesa. O ABC leva o tema á capa de deportes co titular "Vetado por sentirse español" e, como todos os demais medios, centra a súa información nas declaracións de Salva Ballesta. Como ilustración escolleron unha fotografía do ultradereitista facendo o saúdo militar e nun avión de combate. A COPE asegurou que non se contratou a Ballesta "polo rexeitamento masivo dun grupo ultra de seareiros" e o propio ultradereitista admitiu que todo comezou "nas redes sociais" En La Razón tamén aproveitaron as declaracións de Ballesta nas que asegura que "é unha mágoa que nos tempos nos que estamos se confunda a política co deporte" sen ter en conta que o propio ex-xogador do Atlético de Madrid creou esta situación após unha traxectoria marcada polo súas declaracións políticas. Na información Ballesta carga contra o agora treinador do Celta, Abel Resino, dicindo que respecta "a súa decisión mais eu non houbera asinado se me din que non podo levar ao meu segundo, o meu equipo deportivo técnico vai comigo e cae comigo". A información máis dura é a de Intereconomía que titula "O Celta veta a Salva Ballesta" e asegura que "os Celtarras" frearon a contratación de Salva Ballesta como segundo treinador de Abel Resino". Na mesma cadea de televisión no mes de abril Ballesta declaraba que "eu non vou a descubrir que tendencia teño, ante todo son español, e defendo ao meu país en todo o que poda. Se hai xente que vive en España, que é catalán ou vasco, síntase ou non se quera sentir español, tense que foder porque naceu en España". De madrugada, na COPE, o ultradereitista quixo suavizar a situación e dixo que "non teño nada en contra dese grupo de seareiros, respecto a súa opinión" e que "a política" non lle interesaba. A cadea de radio asegurou que non se contratou a Ballesta "polo rexeitamento masivo dun grupo ultra de seareiros" e o propio ultradereitista admitiu que todo comezou "nas redes sociais". |
PRAZA_7858 | Non paro de preguntarme como sería o noso mundo se a decisión persoal de respectar ou non as convencións sociais seguise outros criterios, como sería o noso mundo se para as persoas resultase violento verlle a cara a un maltratador no canto de retirarlle o saúdo, como sería a vida das mulleres se os maltratadores sufrisen a vergonza e o rexeitamento social. | Somos seres sociais que nos rexemos por unha serie de normas sociais non escritas pero aceptadas implicitamente polo noso grupo social. Ao longo da vida imos aprendéndoas da nosa familia, na escola, por imitación... e imos adquirindo unha educación que nos converte en persoas educadas ou maleducadas segundo sexan máis ou menos frecuentes as nosas condutas inapropiadas. O meu fillo maior ten un trastorno do espectro do autismo, o que implica un trastorno da reciprocidade social. As dificultades para as relacións sociais son tan importantes que mesmo hai unha teoría que defende que o autismo non é unha desorde senón unha construción social, é dicir, que o seu status de anormalidade está baseado en convencións sociais acerca do que constitúe comportamento normal e anormal, xa que o autismo se define segundo comportamentos observados ou síntomas. Da mesma maneira que eu lle explico ao meu fillo que hai que facer e que non hai que facer en cada situación véxome obrigada a explicarlle, ás veces con gran dificultade, por que as persoas rompemos constantemente as regras e non pasa nada Como nai, este trastorno supón que teña que aprenderlle as normas de comportamento dunha forma diferente a como o fago coa miña outra filla e que teña que lembrarlle normas básicas constantemente porque el é incapaz de xeralizar o seu uso. Esta necesidade de pararse en accións que, ao longo dos anos, xa se converteran en automáticas provoca unha reflexión constante sobre como nos comportamos e como nos relacionamos. Da mesma maneira que eu lle explico ao meu fillo que hai que facer e que non hai que facer en cada situación véxome obrigada a explicarlle, ás veces con gran dificultade, por que as persoas rompemos constantemente as regras e non pasa nada. Porque as convencións tamén se rompen intencionadamente e respectalas ou non ten motivos e consecuencias que todos entendemos e aceptamos, forma parte do proceso de socialización. Reflexionar practicamente cada día sobre estas cuestións obriga a cuestionar moitas das condutas interiorizadas e tomar decisións sobre o teu propio comportamento, en ocasións moi liberadoras e ás veces tan lóxicas que empezas a non entender nada do que pasa ao teu redor. Quero poñer un exemplo concreto dunha norma social básica: o saúdo. Cando vou levar as crianzas ao cole saudámonos os pais e nais que nos cruzamos case todos os días. Imos coñecéndenos ao longo do tempo, establecemos relacións máis ou menos estreitas pero normalmente cordiais, con conversas sobre os nosos nenos e nenas que, en ocasións, comparten aula. Chegamos tamén a coñecer circunstancias da vida privada que por unhas razóns ou outras acabamos sabendo: se alguén queda no paro, se ocorre un accidente, se hai un divorcio ou se existen malos tratos. Retirarlle o saúdo a unha desas persoas que forma parte da vida cotiá da túa familia pode resultar moi violento pero máis violento é cruzarse cada día no patio do cole cun maltratador. Non podo, non quero seguir saudándoo. Xa non o fago máis, desde hai tempo. Non podo asegurar que sexa a única que o fai pero sei, podo velo cada día, que el segue comportándose como se nada pasase e pode permitirse facelo porque, en realidade, nada mudou. Non paro de preguntarme como sería o noso mundo se para as persoas resultase violento verlle a cara a un maltratador no canto de retirarlle o saúdo, como sería a vida das mulleres se os maltratadores sufrisen a vergonza e o rexeitamento social Non paro de preguntarme como sería o noso mundo se a decisión persoal de respectar ou non as convencións sociais seguise outros criterios, como sería o noso mundo se para as persoas resultase violento verlle a cara a un maltratador no canto de retirarlle o saúdo, como sería a vida das mulleres se os maltratadores sufrisen a vergonza e o rexeitamento social. Porque o meu fillo, cando a súa conduta non é apropiada sofre o rexeitamento social. Porque a súa fala é rara, saúda inesperadamente, repite o que lle preguntan no canto de responder ou non mira aos ollos e a xente permítese non responder, xulgar, desprezar ou, directamente, rirse del. Creo que os valores que rexen as convencións sociais deberían ser revisados. |
NOS_39852 | Grandes grupos económicos proporcionan as crías e o penso e compran esa carne producida a un prezo tasado a explotacións familiares ou pequenas cooperativas que chamamos granxas por costume. | Inmensas áreas de Sudamérica son cortadas e queimadas para seren cultivadas ou pastadas por gando pero hai uns días soubemos que dende avións se diseminan sobre a selva do Amazonas glifosato e axente laranxa, de reminiscencias vietnamitas, para facilitar o proceso. Trátase dunha horrible apocalipse agraria para o cultivo da soia. As colas de días de camións de soia baixando ao porto de Santos, o maior de Sudamérica, son ben coñecidas. Xa nos portos europeos, a soia, ou pensos derivados, distribúense por granxas intensivas, macro e micro, que, como unha metástase, agroman no tecido social, económico e ambiental do rural. Incorpórase ao proceso o subvencionado millo norteamericano. Logo, toda esa materia orgánica entrante é procesada por unidades biolóxicas industriais, antes coñecidas como porcos ou vacas. Para poder manter o proceso engádense outros aditivos como os antibióticos, co risco de xerar bacterias resistentes e os conseguintes problemas para a saúde. Logo temos os xurros que serán distribuidos polo territorio, contaminando auga e chan e afogando a paisaxe nun cheiro dificilmente soportable. Lembremos as condenas da UE que temos enriba por contaminación das augas e emisións de amoníaco. Quen así opera obtén un produto de baixo valor engadido, na maioría dos casos, carne de porco, pero tamén pode ser de vacún ou leite. A carne de porco será, en boa medida, exportada a China e o leite, semirregalado nas grandes superficies. Pero isto non é todo. O campo está inmerso, ou xa afogado, polo que se podería chamar a uberización do rural. Grandes grupos económicos proporcionan as crías e o penso e compran esa carne producida a un prezo tasado a explotacións familiares ou pequenas cooperativas que chamamos granxas por costume. O resultado é que poñen o traballo, o territorio e cargan cos riscos financieiros e a xestión dos seus xurros. A peste porcina africana na China e países da contorna e o incremento da demanda favoreceron esta industria en Alemaña e no Estado español, especialmente. Pero en Asia, a peste xa está sendo controlada mentres que a doenza está a chegar a Europa, así que o escenario próximo é de crise. E ainda hai máis, non podemos esquecer que toda esta maquinaria funciona cun combustíbel, o petróleo, en todas e cada unha das etapas da cadea: dende a avioneta do Amazonas até o tractor. Pero o petróleo é cada día máis escaso e caro. O colapso deste sistema industrial deixará claro que unha parte significativa do que hoxe en día coñecemos como rural é, en boa medida, unha ficción enerxética, unha burbulla de xurro. Os documentos, públicos, manexados polo Parlamento Europeo sobre esta industria, os seus danos ambientais, económicos e sociais e os riscos inminentes, son claros. Fechar os ollos é tan irresponsábel como frívolo. Os modelos que non seguen este esquema son os que debemos mirar e son, ademáis, os que nos van alimentar nun futuro non moi lonxano. |
NOS_10866 | A oposición inta a Xunta apostar pola universidade pública galega e non pola privada. | A entoación do Gaudeamus igitur marcou esta sexta feira, 3 de setembro, o inicio do acto de apertura do curso universitario galego, onde Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña -en cuxo Paraninfo decorreu o evento-, demandou un financiamento "suficiente, estábel e duradeiro" para o sistema universitario. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, dos reitores da USC, Antonio López; e da UVigo, Manuel Reigosa; e numerosas autoridades. Durante o seu discurso, o reitor da UDC lembrou que o financiamento universitario no Estado "está dez puntos por baixo da media da Unión Europea e da OCDE". Sinalou tamén que o traballo conxunto entre as universidades e a Xunta "é a mellor garantía para o fortalecemento do Sistema Universitario Galego (SUG)". Tamén apuntou ao acordo que deseña o mapa galego de titulacións universitarias até 2026 e esperou que se leve a cabo unha negociación do novo plan de financiamento do SUG. O reitor fixo mención á situación económica das universidades e reclamou, en nome das tres universidades, "que o marco financeiro que se estabeleza responda á necesidade de que as universidades afronten o próximo período cun financiamento estrutural suficiente"; desexo que tamén espera da próxima Lei orgánica de universidades para "reverter a insuficiencia de recursos públicos e privados para os campus". Abalde lembrou que aínda non se recuperou o financiamento anterior á crise de 2008. 3.000 millóns para o SUG Pola súa banda, o presidente da Xunta trasladou no seu discurso no acto o compromiso de mobilizar 3.000 millóns para a universidade galega no período 2022-2026. Feixoo explicou que as universidades recibirán os fondos ao amparo dos seus plans de estabilidade financeira e rexeranse por seis eixos que calibrarán o financiamento global, a internacionalización, a relación coa empresa, a investigación, a responsabilidade social e a innovación na docencia. Por outra banda, afirmou que neste novo curso afondarase "na presencialidade" das aular, tras o contexto de pandemia. BNG e PSdeG instan Feixoo a apoiar a pública A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presentes no acto de inicio de curso, reclamaron á Xunta unha "aposta" polas universidades públicas galegas cun aumento dos fondos. "O PP cebouse con recortes na universidade pública, cun sistema de financiamento insuficiente", afirmou Pontón, ao tempo que comparou este feito coa aposta da Xunta "pola universidade privada" de Abanca. "É camiñar cara á privatizaciñon de servizos públicos con consecuencias nefastas", insistiu a dirixente nacionalista, que demandou para este inicio de curso un plan para reforzar a universidade e a investigación, cunha contía de 70 millónsPola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou "imprescindíbel" un compromiso co sistema universitario público e que "non se quite" este diñeiro "para outros fins non tan prioritarios". En concreto, pediu aumentar os fondos estruturais e non "escatimar" recursos. Ademais, cuestionou que se "abra a porta a modelos privados" e que non se "fortaleza", mentres, a universidade pública, da que dixo necesita "máis apoio". |
PRAZA_16157 | O PP apoiou tamén as mocións impulsadas pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, que lle piden á Xunta que desestime o proxecto e elimine a contaminación aínda existente. | Os plenos municipais de Rianxo, Cambados e A Illa de Arousa aprobaron este xoves por unanimidade unha moción, impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) que lle demanda á Xunta que paralice o criticado proxecto mineiro de Touro. Os textos, que foron apoiados tamén polos concelleiros do Partido Popular, salientan os posibles prexuízos que os vertidos xerados pola mina terían para a actividade marisqueira e pesqueira en todos os concellos da ribeira da ría. Os textos foron apoiados tamén polos concelleiros do Partido Popular Ínstase ás Consellerías do Mar e de Economía, Emprego e Industria a que desestimen a autorización administrativa e a que diten unha declaración ambiental desfavorable en virtude dos efectos negativos para o medio ambiente e a incompatibilidade do proxecto coa debida protección das augas da cunca e da desembocadura do Ulla. E, así mesmo, demándase á Xunta que "promova unha completa restauración da antiga explotación mineira de Touro, eliminando os focos de contaminación de metais pesados". As mocións foron defendidas por representantes dos mariscadores e pescadores, como algúns patróns maiores, e por numerosos homes e mulleres que viven do mar, que ateigaron os salóns de plenos. Os textos salientan "a importancia do sector do mar de Arousa na economía local", lembrando que no ano 2016, traballaban na Ría de Arousa o 44% das mariscadoras/es a pé, mais do 41% das embarcacións de artes menores e o 68,7% das bateas de mexillón de toda Galicia. E que, ademais, a frota pesqueira de Arousa está composta por 1.709 buques de pesca e 842 auxiliares de pesca e acuicultura, respectivamente o 38,6% e o 69,9% do total de Galicia. "Á importancia económica derivada do sector primario do mar arousán únese o valor social que adquire nos municipios costeiros, onde irradia beneficios socioeconómicos entre amplas capas da poboación, converténdose nun importantísimo mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios", engádese. Os textos destacan que o proxecto mineiro previsto en Touro actuaría na zona durante 16 anos e medio, producindo unha cantidade moi importante de residuos e vertidos. O proxecto estima que durante os tres primeiros anos vanse verter ata mil millóns de litros anuais de augas que, despois de ser utilizada no tratamento químico necesario para precipitar os metais, será vertida ao Dominio Público Hidráulico. Os lodos do proceso almacenaranse en dúas balsas e, ademais, proxéctase unha entulleira de estériles potencialmente xeradores de ácidos cunha capacidade de 58 millóns de toneladas. A moción subliña que "os concellos situados río abaixo da mina poden verse afectados pola contaminación das augas do río nas captacións de auga potable" e que "a experiencia previa constatou o importante dano ambiental que esta explotación mineira orixinou e segue orixinando na cunca do principal río que desemboca na ría de Arousa". E conclúe que "a execución deste novo macro-proxecto de explotación mineira na cunca do Ulla pon en risco a principal área de produción de moluscos da UE, a ría de Arousa" e que polo tanto "as administracións deberían aplicar o principio de precaución para protexer as actividades de pesca, marisqueo e cultivo de mexillón que se realizan nesta ría". "A execución deste novo macro-proxecto de explotación mineira na cunca do Ulla pon en risco a principal área de produción de moluscos da UE, a ría de Arousa" O proxecto mineiro, que foi publicado no DOG a finais de agosto, conta con 1.500 alegacións nas que se advirte do impacto nos ríos e regatos, mananciais, explotacións gandeiras e veciñanza. Pero tamén se advirte dos problemas que pode causar no Ulla, que desemboca na ría de Arousa, principal banco marisqueiro do país. Un estudo científico xa advertiu de que reabrir a mina de Touro pode extinguir o salmón no Ulla. Texto da moción impulsada pola PDRA (.pdf) |
NOS_166 | Os produtores rodean centros de distribución en Lugo e A Coruña e 'cercan' a muralla lucense cunha tractorada para reivindicar prezos xustos. Denuncian que seguen a lles pagar o litro por baixo do prezo de produción, mentres industria e distribución aumentan beneficios. | Por volta de 150 tractores a pé do Carrefour da Coruña,medio cento deles desde primeiras horas da mañá e máis de 800 deste vehículos -cálculo da Policía Local- a rodear a muralla de Lugo. Dúas accións nesta quinta feira coas que os gandeiros impulsan unha nova vaga de protestos perante o que cualifican de "situación insostíbel". Sosteñen que o acordo asinado en setembro, que xa fora denunciado daquela por organizacións galegas como insuficiente, non se cumpre. "Desde logo, o pacto aquel ao gandeiro non beneficiou", manifesta a Sermos Galiza Elías Somoza, da Fruga. Tamén opina o mesmo Xosé R. Cendán (SLG), que denuncia que o acordo de Madrid "tivo efectos na distribución, mais non no produtor". O gandeiro, ao fin, segue igual ou peor que no verán. As mobilizacións, advirten desde a Plataforma en defensa do sector lácteo e tamén desde Agromuralla, son indefinidas, e poderán ir en aumento ao longo dos vindeiros días. "Iso será segundo decida a xente", aponta Cendán. Os produtores lembran que se lles está a pagar a 26 céntimos o litro cando só os custos de produción dun litro móvense entre os 33 e os 36 céntimos. Aumento do prezo ao consumidor que vai ao peto da distribución. Elías Somoza explica o por que destas novas mobilizacións. "Os prezos seguen a ser baixos, moi baixos, e mesmo hai ameazas por parte de determinadas empresas de facer contratos á baixa e algunhas, como Entrepinares, ameazan mesmo con deixar de recoller o leite". Por se isto non fose de abondo, indica Somoza, houbo un aumento nos liñais, é dicer, no prezo ao consumidor do litro de leite. Mais esa suba "non repercutiu no gandeiro", ficando o beneficio noutros ellos da cadea. Unha tomadura de pelo, segundo os produtores. "Detrás de cada explotación hai unha familia que necesita vivir", lembra o representante do SLG, "e se pagan por baixo dos custos de produción" iso é "imposíbel". E Galiza segue a ser a zona de Europa onde máis baixa se paga o leite. "Algo terá que ver a inación do goberni niso", di Cendán. O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, manifestou, a respecto desta xornada de mobilizacións, que "os gandeiros galegos teñen que saber que o goberno galego é o seu máximo aliado". Porén, os produtores levan meses a sinalar a Xunta e o seu desleixo como unha das responsábeis da actual situación. A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, manifestou nesta quinta feira que "as manifestacións en plena campaña electoral inciden directamente nesa campaña e esa non é a fórmula acaída". Imaxe capa: GZ Contrainfo. Dentro: CIG e @pitusafriqui |
NOS_38595 | Yolanda Díaz ao presidente da Xunta: "Vostede contrata con esas empresas (doadoras de cartos ao PP) dende que era amigo de Marcial Dorado". | Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) considera que Núñez Feijóo non é un presidente lexítimo. Así o sinalou Yolanda Díaz, que incidiu en que "as súas amizades perigosas con contrabandistas e o financiamento irregular que figura nos papeis de Bárcenas e sobre o que o Partido Popular construíu parte da súa hexemonía electoral, e política, demóstrano". "Vostede dicía que Bárcenas era unha mazá podre no partido, pero o que está podre é a cesta enteira" Díaz esixiu ao presidente da Xunta aclaracións sobre "o financiamento irregular do seu partido, que figura entre os papeis do antigo tesoureiro do PP Luis Bárcenas. E que inclúen doazóns de empresas superiores á contía legal -60.000 euros- cando Alberto Núñez Feijóo xa presidía a organización. Vostede contrata con esas compañías pero non dende que preside o Goberno, senón dende que era amigo de Marcial Dorado". |
NOS_44986 | As tres equipas galegas disputan esta fin de semana o partido decisivo para o ascenso á división de bronce estatal. O Deportivo pediu protección policial antes as ameazas que recibe dende Málaga, que non impiden que Fernando Vázquez acompañe ao equipo. | Péchase o curso futbolístico galego e espera facelo cun enorme suceso, posto que os catro conxuntos da Terceira que disputaron a fase de ascenso a Segunda B poderían facer pleno logo de que o Racing de Ferrol xa subise hai un mes e á espera dos partidos que teñen que disputar esta fin de semana Compostela, Fabril e Celta B, todos eles a domicilio. Abrirán a xornada final os vigueses o sábado (17.00) en Getxo, ante o conxunto local. O Celta B é quen conta -en teoría- cun peor resultado da ida, xa que non pasou do empate a cero. Porén, a eliminatoria daría un xiro ao seu favor de ser capaz de anotar un gol, xa que contaría co valor duplo en campo contrario. O Getxo destaca polo seu poderío aéreo, polo que o partido será unha proba de madurez para a defensa celeste. Ese mesmo día, o outro filial -o do Dépor- defenderá a partir das 20.00 a renda de dous tantos que obtivo na ida (4-2) fronte a El Palo malagueño. O encontro vén marcado polos excesos de agresividade dos andaluces no primeiro partido e as ameazas que recibiron os coruñeses -dende o rival até solicitaron o apoio dos seareiros ultras do Málaga- para a volta, que terá lugar nun campo moi pequeno. Por estes motivos, o Deportivo pediu protección policial. Quen parece non temer eses avisos é o adestrador do primeiro plantel, Fernando Vázquez, que xa anunciou que acompañará na cita aos fabrilistas, que poderán contar co seu goleador Luís logo de que o Comité lle retirase o cartón que recibiu na ida. Por último, o domingo será o Compostela o que visite ao Cieza (19.00). En teoría, os xogadores que adestra Fredi son os que máis preto teñen o ascenso despois do 2-0 obtido en San Lázaro, resultado que puido ser moito maior. Distintos locais da capital preparan festas para presenciar o encontro e, a ser posíbel, festexar o retorno do Compos ás categorías estatais. . |
NOS_31061 | O accidente non causou ningunha vítima porque ese espazo está sendo empregado só na quenda de mañá. Porén, hai malestar entre o persoal porque xa pedirá en varias ocasións que se fixera unha reforma integral. | A consulta 11 do centro de saúde da Guarda, no Baixo Miño, desprendeuse na tarde desta terza feira dando lugar a un suceso que puido acabar en traxedia, mais por sorte non había ninguén na sala afectada. Fontes ás que tivo acceso Nós Diario explicaron que foi sobre ás 16 horas cando se viu abaixo o teito deste espazo dun ambulatorio que, afirman, está en malas condicións. O derrubo decorreu nun momento no que o espazo está baleiro pois só se emprega para a atención aos doentes na quenda de mañá. Alias, coa pandemia, este espazo quedou reservado para a atención a enfermas e enfermos con doenzas respiratorias e que poderían dar positivo por Covid-19. Fontes próximas ao centro de saúde denuncian que, de ter estado dentro, a parte que se viu abaixo podería ter matado ou ferido de importancia a alguén. No cadro de persoal hai un especial malestar porque ao seu entender este accidente podería terse evitado. Segundo puido saber este xornal, as e os traballadores levaban moito tempo solicitando arranxos e reparacións na infraestrutura porque, sempre segundo as súas impresións, hai problemas estruturais que poñen en perigo a toda a comunidade sanitaria (non só a doutoras e o resto de traballadoras do ambulatorio senón tamén ás e aos pacientes). Cambio na xestión Até 2018, mais ou menos, o inmoble era propiedade do Concello da Guarda, que tamén o xestionaba e que en 2016 se queixaba de ter uns gastos de mantemento de 55.000 euros, sobre todo para a limpeza. No entanto, logo pasou a estar en mans da Xunta. No proceso de cambio de propiedade arranxáronse algunhas eivas como pingueiras que estaban detrás de varios curtocircuítos. Tamén se puxo en mellores condicións a fachada, que sufrira varios desprendementos de lousas pola parte na que queda situado o Punto de Atención Continuada (PAC). Era algo que as e os médicos, enfermeiros e demais persoal tiñan case normalizado porque era habitual ver caer fragmentos da parede exterior ao chan. A edificación data do ano 1993 polo que os materiais de construción hoxe en día son outros e tamén pasaron os anos deteriorando o centro de tal forma que sería axeitado acometer a solicitada "reforma integral". Polo momento, só se comunicou que as obras para repoñer o teito da consulta 11 comezarán ao longo da xornada de mañá. En consecuencia, as 8 médicas e médicos -dos que a diario traballan catro ou cinco- terán que reorganizarse sen o consultorio. |
NOS_46564 | A coligazón afirma que "traballa desde xa" para evitar un goberno do PP e de Cs | En Marea está a traballar "desde xa" para "abrir os diálogos necesarios" que permitan "consolidar" o cambio e "evitar" un goberno do PP e / ou de Ciudadanos. Así o afirma a coligazón nun comunicado pednurado nas redes sociais co título, 'En Marea por un 2016 de cambio, para que nada siga igual'. O PSOE é interpelado directamente pola Marea, que lle di que debe "escoller entre manterse como un dos dous partidos dinásticos para que todo siga igual ou sumarse as demandas dunha grande parte da cidadanía". No comunicado volven agradecer o apoio recibido o 20-D e para reiterar que "o cambio non para", apostando nun 2016 como "un ano de cambio e ruptura co vello. Un ano, polo tanto, onde fagamos da democracia, da soberanía popular e da xustiza social o centro de toda a vida política e institucional". Ninguén pode negar que estamos inmersos nun novo ciclo político, sinala a coligazón, un novo ciclo "no que o diálogo e a asunción da diversidade sociopolítica existente no Estado serán os eixos fundamentais para dar resposta ás necesidades da maioría social". É nese contecto no que En Marea sinala que traballar para garantir un cambio. |
PRAZA_4196 | Falamos con Adrián Fernández (Greenpeace) e con Ana Montalbán (Ciudades que Caminan) sobre o efectos que a actual crise pode ter na mobilidade urbana. Repasamos, ademais, as medidas postas en marcha nos últimos días nas sete urbes galegas para ampliar o espazo dos peóns | Cidades e grandes vilas puxeron en marcha accións para ampliar o espazo que a cidadanía pode empregar para camiñar, correr ou xogar, poñendo en marcha medidas de peonalización total ou parcialO coronavirus mudou moitas cousas, entre eles numerosos hábitos de consumo e de mobilidade. Había décadas que non se usaban tan pouco os coches e a súa ausencia revelou o enorme espazo físico que todas as cidades reservan para os vehículos privados de motor, en prexuízo dos peóns ou ciclistas, que se ven obrigados a moverse unicamente por unha estreita franxa de terreo. Unha franxa de terreo que tamén é a do paseo, a do xogo, a do lecer.O permiso para que as crianzas e -unha semana máis tarde- o conxunto da poboación puidesen saír camiñar ou facer deporte durante unhas horas cada dia devolveu a vida ás rúas baleiras, unhas rúas que foron ocupadas de inmediato e de forma masiva polas persoas. A maior parte das cidades e grandes vilas puxeron en marcha nese momento accións para ampliar o espazo que a cidadanía pode empregar para camiñar, correr ou xogar, poñendo en marcha medidas de peonalización total ou parcial (coa reserva dalgúns carrís que antes estaban reservados aos coches). Estas medidas buscan incrementar a comodidade para a realización destas accións, pero sobre todo garantir a seguridade e evitar posibles contaxios. Algúns concellos anuncian que estas medidas se poderían manter máis aló do actual estado de alarmaNalgún casos, os concellos anuncian que estas medidas se poderían manter máis aló do actual estado de alarma, de xeito que algunhas das rúas que están a ser peonalizadas poderían manter esa condición. E, igualmente, nalgunhas vías os coches poden poden ver limitada de forma permanente a súa velocidade máxima a 30 quilómetros por hora e mesmo a 10 quilómetros por hora. En parte, trátase de accións que xa estaban previstas ou que foran previamente estudadas (ás veces mesmo ensaiadas nalgún evento coma a Semana da Mobilidade Sostible), pero foi a actual situación excepcional de epidemia a que deu o empurrón definitivo para levalas a cabo. A necesidade feita virtude, para conseguir unhas cidades máis amables coa persoa, máis habitables, máis seguras e máis limpas. Unha oportunidade que Greenpeace e Ciudades que Caminan chaman a aproveitar.Pontevedra, emblema da mobilidade sostible. A Coruña, na boa dirección"Púxose de manifesto a inxusta repartición do espazo urbano das rúas, acaparadas na súa maioría polo automóbil e con beirarrúas insuficientes"Este luns Greenpeace publicou un informe que analiza as medidas postas en marcha polas principais cidades do Estado e no que destaca o impulso levado a cabo polas cidades da Coruña, Valladolid, Barcelona e Valencia, con plans de mobilidade "que abranguen unha estratexia integral para mellorar a mobilidade peonil, ciclista e o transporte público a través de peonalizacións completas, novas vías ciclistas e plataformas reservadas para o autobús". "Este tipo de iniciativas, máis aló de desconxestionar temporalmente as rúas máis concorridas, están orientadas a mellorar o modelo de transporte de cara ao futuro", destaca Greenpeace, que destaca a Pontevedra como referente e que tamén sinala os avances que estes días houbo en Lugo e Ourense.A organización ecoloxista subliña que "desde que o pasado 26 de abril se autorizaron os paseos con menores, púxose de manifesto a inxusta repartición do espazo urbano das rúas, acaparadas na súa maioría polo automóbil e con beirarrúas insuficientes que en ocasións nin sequera permiten cruzarse mantendo o metro e medio aconsellado". O propio Ministerio de Sanidade reclamoulles ás autoridades locais que "faciliten a repartición do espazo público a favor dos que camiñan e dos que van en bicicleta, nesa orde de prioridade"."É interesante concibir as rúas non como un espazo ríxido, senón como un espazo flexible, que uns días permita unha maior circulación de tráfico rodado e outros días permita un uso moito máis lúdico"Adrián Fernández, responsable da campaña de Mobilidade de Greenpeace, explica que dende a organización "diferenciamos moito entre as medidas que son temporais, ou que se levan a cabo só en certos días, das medidas permanentes". Explica, iso si, que as medidas temporais "non supoñen un cambio de modelo, pero son moi positivas igualmente, porque pode resultar interesante concibir as rúas non como un espazo ríxido, senón como un espazo flexible, que uns días permita unha maior circulación de tráfico rodado e outros días permita un uso moito máis lúdico". Porén, Greenpeace dálle máis valor ás medidas permanentes "porque si supoñen un cambio de modelo e un cambio no reparto do espazo, como levamos reclamando dende antes desta crise". "Ata agora nós reclamabamos o espazo peonil por algo tan básico e tan importante como ter cidades accesibles, pero agora, esa necesidade de espazo é unha necesidade sanitaria", engade.Unha oportunidade "para cambiar a forma en que nos movemos nas cidades e usamos o espazo" Fernandez destaca que "estas medidas baseadas na urxencia, sobre todo aquelas consistentes en empregar unha parte do espazo que ata agora era ocupado polos coches, como ampliar beirarrúas ou construír carrís-bici, permítennos visibilizar outras formas de reparto do espazo urbano". "É unha oportunidade para cambiar a forma en que nos movemos nas cidades e a forma na que usamos o espazo" engade. O representante de Greenpeace fai fincapé en que estas medidas "se funcionan, pódense consolidar máis adiante mediante unha obra, e se non funcionan, pódense reverter con facilidade e case sen custo, porque falamos de pintado de rúas ou de colocación de valados ou conos, non falamos de grandes infraestruturas"."O que está a suceder é un bo exercicio para espertar conciencias, revelando o mal que estaba repartido o espazo, e amosando que hai outros modelos posibles, como o de Pontevedra"O confinamento e as medidas de distancia social están a cambiar a mentalidade da xente sobre a mobilidade urbana e sobre a forma en que se debe organizar o espazo nas cidades? Para Adrián Fernández, "esta crise visibilizou o absurdo e a inxustiza do reparto do espazo que había nas cidades en favor dos coches". "Unha vez que os coches desapareceron, vimos como nas nosas rúas máis do 80% do espazo estaba destinado a un tráfico que xa non está", di. "E, despois, xuntouse o feito de que cando por fin podemos saír á rúa, non temos espazo nas beirarrúas para poder pasear ou para que xoguen os nenos", engade. "O que está a suceder é un bo exercicio para espertar conciencias, revelando o mal que estaba repartido o espazo, e amosando que hai outros modelos posibles, como o demostran moitas cidades, como Pontevedra. Que todo isto se visibilice nos nosos barrios está cambiando a mentalidade da xente", remata, destacando a dificultade para o cambio de hábitos, que neste caso foron obrigados: "estamos nunhas circunstancias que nos permiten facer modificacións no noso comportamento. A mobilidade está moi ligada ás rutinas: é moi difícil cambiar unha rutina, agás cando hai feitos distorsionantes, como os que estamos a vivir. É unha oportunidade para buscar novas rutinas que poidan ser máis beneficiosas".Ciudades que Caminan pide "valentía política" aos gobernos locais"As autoridades locais deberían aproveitar esa predisposición ao cambio de hábitos para introducir modificacións substanciais na súa mobilidade"Pola súa banda, Ciudades que Caminan (entidade da que forman parte Pontevedra, Ferrol, Carballo, O Carballiño e á que en breve se incorporará A Coruña) publicou hai uns días un memorandum con recomendacións "para unha nova mobilidade urbana" adaptada á crise da Covid-19 e os seus efectos. O documento que destaca que "as autoridades locais deberían aproveitar esa predisposición ao cambio de hábitos para introducir modificacións substanciais na súa mobilidade coa finalidade de facela máis amable coa natureza". Partindo do feito de que as novas condicións de separación interpersoal no obrigan a dispor, cando menos durante un período de tempo seguramente longo, de maior número de metros cadrados de espazo público por habitante, "e necesario tomar medidas que garantan que os desprazamentos peonís se poden levar a cabo en condicións de seguridade, o que pasa necesariamente polo aumento do espazo peonil nas nosas cidades", recomenda a entidade.A asociación chama a converter o maior número posible de rúas en espazos sen tráfico a motorA asociación chama a converter o maior número posible de rúas en espazos sen tráfico a motor, limitando o seu uso ao estritamente necesario para o acceso a garaxes, abastecemento comercial e traslado de persoas con mobilidade reducida, coa velocidade limitada a 10 km/h. Así mesmo, crear espazos compartidos con prioridade peonil e máxima velocidade 20 km/h, como regra xeral en todas as rúas dun só carril por sentido de circulación, onde non sexa posible aplicar a recomendación anterior. E, no resto de rúas, aumentar substancialmente a anchura das beirarrúas suprimindo liñas de aparcadoiro e/ou carrís de circulación. Ciudades que Caminan recomenda, igualmente, mellorar o transporte público, favorecer a mobilidade ciclista, ampliar o espazo para a infancia nas rúas e "calmar" e desincentivar o tráfico motorizado. Ciudades que Caminan pide "valentía política". "Non podemos deixar pasar a oportunidade de reconverternos en algo mellor do que fomos", diAna Montalbán, secretaria da entidade, sinala que "as medidas provisionais que se adopten deberían servir como ensaios para convertelas en definitivas, conseguindo así melloras substanciais para o medio ambiente urbano, a mobilidade infantil, o uso da rúa como lugar de sociabilidade, o descenso da violencia viaria e a accesibilidade universal" e fai un chamamento aos gobernos locais a ter "valentía política" para aplicar estas medidas e facelas permanentes, a través da concienciación cidadá e a procura do consenso político. "Pode haber concellos que non se decidían a aplicar este tipo de medidas e gañar espazo para o peón, pero este é un momento inmellorable para facelo. E unha vez que se poñen en marcha, normalmente xa non se volven atrás, porque quedan en evidencia as vantaxes dunha cidade con menos coches", subliña, engadindo que "a sensación xeneralizada entre boa parte da poboación é que non se quere volver a esas rúas cheas de ruído e de contaminación". Montalbán fai fincapé "nos beneficios da redución da contaminación, que todos os anos provoca milleiros de mortes en España, sobre todo a persoas con dificultades respiratorias, unha contaminación que deriva en boa medida do tráfico motorizado"."A sensación xeneralizada entre boa parte da poboación é que non se quere volver a esas rúas cheas de ruído e de contaminación""Non podemos deixar pasar a oportunidade de reconverternos en algo mellor do que fomos. Estamos nunha situación na que rachou o taboleiro e isto dános unha oportunidade para repensar como queremos que sexan as nosas cidades. Poden volver ser como eran antes da crise, pero poden ser mellores. Podemos reinventalas", conclúe Montalbán.Ciudades que Caminan salienta o esforzo que está a realizar A Coruña, que é xunto con Valladolid unha das cidades do Estado que puxo en marcha medidas máis ambiciosas. E subliña, igualmente, o caso de Pontevedra, referente internacional en mobilidade sostible e respecto polo tránsito peonil. "Pontevedra xa tiña todo feito, e está a recoller os froitos do seu bo labor", indica.A CoruñaA Coruña foi unhas das cidades que presentou unha acción máis ambiciosa, cun Plan de mobilidade que busca dar prioridade ao uso cidadán das rúas como espazos públicos diversos. Por exemplo, estableceuse a zona 10 naquelas rúas dun único carril de circulación durante a franxa horaria de 20.00 a 23.00 horas. Ademais, habilitáronse corredores verdes, acelerouse a peonalización de rúas e levou a cabo un impulso do transporte público, que conta con carrís específicos para o bus e o taxi e con plataformas únicas. Algunhas destas medidas, como as peonalizacións das rúas Puga y Parga, Alcalde Marchesi ou Compostela ou a creación dunha senda peonil entre o barrio da Agra do Orzán e o Parque de San Diego xa estaban en marcha ou previstas, pero coincidindo coa actual situación, o Concello apostou por aceleralas. O Plan de Mobilidade desenvolverase ata o ano 2023 e permitirá a adhesión da Coruña á Rede de Cidades que Camiñan. A alcaldesa Inés Rey destacou que o obxectivo é "recuperar espazos públicos para que a veciñanza estableza relacións sociais" e "avanzarmos así cara a novos dereitos en que as e os coruñeses desfruten dese contorno urbano". "Cómpre unha continua migración da mobilidade actual a unha máis branda, cunha mellor eficacia do transporte público que reverta nunha maior conectividade e a creación de itinerarios que faciliten a utilización de vehículos brandos", destacou a rexedora.VigoDende este martes Vigo duplica as rúas peonís nos días laborables. O Goberno municipal anunciou que entre as 17 e as 23 horas, 22 rúas máis serán total ou parcialmente peonís todos os días laborable, engadíndose ás máis de vinte que xa o son desde finais da semana pasada. En domingos e festivos, as restricións ao tráfico rodado afectan a unhas 70 rúas. Nas vías peonís permítese aos residentes a circulación rodada a un máximo de 10 quilómetros por hora.PontevedraPontevedra é dende hai anos un referente internacional en materia de mobilidade sostible e de respecto aos peóns. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores participou esta fin de semana nunha mesa redonda sobre as cidades do mañá organizada pola entidade francesa 'la Meute d'amour', un evento que ten por obxectivo repensar o mundo tras a crise sanitaria do Covid-19. A participación do rexedor obedece á proxección que o modelo urbano pontevedrés está tendo a nivel internacional nos últimos anos e que se ve reforzada, a raíz da crise sanitaria do Covid-19, coa busca de referentes en mobilidade sostible e pensada para as persoas que funcionen e estean xa contrastados, como é o caso de Pontevedra.Este martes, ademais, o pedagogo italiano Francesco Tonucci, un dos referentes internacionais das propostas de mobilidade sostible e de cidades pensadas para as persoas (e non para os coches), especialmente para as crianzas, participou nun encontro telemático con nenos e nenas de Pontevedra, no que interveu tamén o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.LugoEn Lugo a área de Mobilidade do Concello abriu un novo percorrido peonil na ronda da Muralla, pechando o carril interno do vial para habilitar unha nova zona de paseo para peóns de 2.5 Km no centro de Lugo. "Debido á redución de tráfico, o peche do carril interno da Ronda permitirá aumentar espazos para o paseo, facilitando manter a distancia de seguridade, e non producirá conxestións de tráfico", destaou o concelleiro Rubén Arroxo, que engadiu "durante os primeiros días de saídas controladas, tanto a Muralla como a Ronda foron os percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear". Con todo, Arroxo animou a saír a pasear pola periferia da cidade, sinalando que "Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro".CompostelaEn Santiago, o Concello decidiu a peonalización de varias rúas do Ensanche (Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas e República do Salvador) durante as fins de semana. "Se a experiencia funciona ben –indicou- a vindeira semana engadiríamos outras rúas como Fernando III O Santo ou Santiago de Chile", indicou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.FerrolEn Ferrol o Concello habilitou un paseo peonil de oito quilómetros desde a avenida do Mar ata A Malata. A denominada 'Senda 8.000' supón o corte total o parcial do tráfico de vehículos polo seu itinerario, que se pode percorrer a pé sábados e domingos. Ademais, o Goberno local decidiu pechar ao tráfico unha serie de vías, entre elas varias rúas do barrio da Magdalena, no que se creou un perímetro destinado aos viandantes e delimitado polas interseccións de Sol con Carmen, Coruña e Sánchez Barcaiztegui; as de Igrexa con Rubalcava e Concepción Arenal; a de Méndez Núñez con Magdalena, e a de Real con Arce.OurenseEn Ourense o Concello decidiu a peonalización da rúa San Lázaro e do primeiro treito da rúa Bedoya (ata Maristas) mentres se manteña o estado de alarma. O obxectivo é "dotar á cidade de maior espazo de paseo para a cidadanía". |
PRAZA_7038 | A adaptación cinematográfica da obra de Eduardo Blanco Amor converteuse no día da súa estrea na segunda película en recadación media por cine en todo o Estado. | O cinema galego volve triunfar. A adaptación cinematográfica d'A Esmorga de Eduardo Blanco Amor (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG), dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris conquistou os espectadores galegos na súa estrea nos cines de toda Galicia neste pasado venres. O filme converteuse no día da súa estrea na segunda película en recadación media por cine en todo o Estado Segundo os primeiros datos de asistencia ás salas, o filme baseado na mítica novela de Blanco Amor converteuse na segunda película en recadación media por cine de todo o Estado. "O cinema galego e en galego está á altura do cinema europeo ou mundial", asegura Vía Láctea que se puido escoitar entre uns espectadores que se recoñeceron "emocionados" pola adaptación da obra. O director Ignacio Vilar e parte do equipo artístico do filme asistiron á estrea da película na Coruña e fotografáronse con parte dos asistentes, algo que os espectadores poderán facer hoxe no centro comercial Plaza Elíptica (entre as 17 e as 17:45 horas) e o Gran Vía en Vigo (entre as 19:30 e as 20:20 horas) e este domingo 23 no centro comercial As Cancelas en Santiago de Compostela (entre as 17:30 e as 18 horas). |
NOS_9640 | A MNL traslada o seu apoio ao Concello teense e súmase á petición de demisión do presidente do organismo estatal que denegou unha axuda ao municipio por remitir un dos escritos en galego. | A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) trasladou o apoio ao Concello de Teo após denegarlle o Estado unha subvención a este municipio por estar un dos escritos remitidos en galego. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, declarou que "parece mentira que no ministerio de Industria se priorice o fanatismo antigalego ante o benestar da veciñanza de Teo" e que esta " vén ser outra mostra da galegofobia que está a promover o Partido Popular nas institucións públicas". Maceira anunciou que A Mesa xa está a tramitar unha queixa a través da Liña do Galego e contactou co alcalde teense, Rafael Sixto, para lle manifestar o apoio da Mesa ás accións que tome contra unha decisión "dun racismo lingüístico que debería estar desterrado de calquera organismo público pertencente a un Estado minimamente democrático". A Mesa sumouse á demisión do director xeral e do presidente do IDAE, organismo que denegou a subvención, para alén de exixir á Xunta de Galiza "un posicionamento claro e rotundo na defensa da lingua de Galiza perante este tipo de fanáticos". Maceira lembrou que, segundo sinalou A Mesa no informe da Liña do Galego de 2015, o 27% das queixas presentadas por vulneración dos dereitos lingüísticos estaban relacionadas coa Administración Xeral do Estado. |
NOS_12597 | Desde 1987 non rexistra saldo vexetativo positivo. | O sinal de alerta leva tempo encendido mais semella que ninguén lle fai caso: a perda de poboación de Galiza, o despoboamento e o avellentamento da sociedade galega conforman un panorama preocupante esen parangón no Estado. Un novo dato, o Movemento natural de poboación elaborado polo INE, ven retirar a dimensión do problema: Galiza rexistra en 2017 o peor saldo vexetativo de todo o Estado español, 13.522 mortes máis que nacementos. Desde 1987 en Galiza non se fecha un ano no que nazan máis persoas das que morren, van alóa 3 décadas. En 2017 houbo no noso país 18.413 alumbramentos, que son case que 700 menos que no ano anterior. E houbo 31.937 falecementos, que son 178 máis que en 2016.A tendencia é, pois, preocupante. Só 15 dos 314 galegos presentan máis nacementos que defuncións. Unha dinámica que encabeza Ames (saldo vexetativo positivo en 193 persoas), seguido de Arteixo (97), Salceda (35) e Cambre (28). No outro estremo, como concellos con peor saldo vexetativo, están as grandes cidades galegas. Na Coruña en 2016 houbo 721 máis falecementos que nacementos. En Vigo, 584; no Ferrol 479 e en Ourense, 447. Destaca o saldo negativo que presentan concellos como Viveiro, que con 15.000 habitantes ten un saldo negativo de 144 persoas. Ou Vilalba, que ten 14.000 habitantes e rexistrou 126 máis mortes que nacementos en 2016. Taxa de natalidade das máis baixas do mundo En 2016 a taxa de natalidade foi en Galiza de 7,02. É dicer, sete nacementos por cada mil habitantes. Unha ratio das máis baixas que hai en todo o planeta. De feito, e segundo dados internacionais, só Mónaco ten peores rexistros: 6,6 nacementos por cada mil habitantes. Nos outros por volta de 200 estados que hai no mundo, a taxa de natalidade é mellor do que a galega. De feito, países con problemas neste sentido, como Xapón, Alemaña ou Letonia, teñen moitos mellores rexistros que Galiza. Se pousamos a mirada nos cinco rexistros máis baixos de taxa de natalidade de estados desde 1960 vemos como o noso país ten peores datos que eles. Preocupante. Proxeccións As proxeccións de poboación realizadas polo Instituto galego de estatística (IGE) sinalan que para 2031 a pirámide poboacional galega terá un 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos. No 2015 tiñamos 219.310 menores de 10 anos en Galiza. Deles, 104.813 eran menores de 5 anos. Segundo as proxeccións do IGE, no 2031 teremos 139.899 persoas por baixo dos 10 anos de idade. Isto supón que dentro de 15 anos ese tramo de poboación, a de 0 a 9 anos, constará de perto de 80.000 persoas menos. O equivalente a todos os habitantes da cidade de Ferrol, por poñer un exemplo. Unha caída do 26%. Pola contra, a pirámide engrosa polo cumio. De 215.785 persoas que teñen entre os 80 e os 94 anos de idade pasarase a 251.095, o que é 35.310 persoas máis, un incremento do 16% respecto da actualidade. |
NOS_28795 | Dez meses despois de finalizar o exercicio e en vésperas do 128º Venres Negro, a comisión parlamentaria de control da Corporación RTVG afrontou a comparecencia do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo para dar conta da Memoria de 2019 do servizo público do ente. | Máis alá das cifras de audiencias, emisións ou orzamento, é o cumprimento da función pública da radio e a televisión galegas o que centrou o debate, polarizado na posición do propio director xeral e da representante do grupo do PP, Raquel Arias Rodríguez, e a da oposición, que salienta a "manipulación" e os graves incumprimentos na lei de medios públicos das canles. Así o facía notar na súa intervención a deputada do BNG Olalla Rodil, para quen os incumprimentos desta lexislación desde a súa aprobación hai nove anos coloca a CRTVG como unha "anomalía democrática inaceptábel". "Levan vostedes case unha década negando ás traballadoras e traballadores un dereito dereito básico profesional –o estatuto profesional e o consello de informativos, regulados no artigo 23 da lei de medios–, a única explicación é que lles dá sarabullo pensar que o persoal, e nomeadamente as e os xornalistas, poida ter un mecanismo co que defender unha liña editorial que garanta os principios de pluralidade, veracidade, obxectividade e independencia informativa", denunciou a representante nacionalista, que tamén se referiu aos "incumprimentos" no nomeamento e prórroga do propio cargo de director xeral. Na mesma liña, a deputada do PSdeG Noa Díaz cargaba contra a corporación pública polas prácticas de manipulación. "A CRTVG non pode ser o que é, unha ferramenta propagandística que o señor Feixoo emprega o seu antollo nin unha ferramenta para deseducar ou aborregarnos aos galegos e ás galegas; entreter, si, pero tamén educar e informar con pluralismo", demandou, alertando do "grave deterioro" que se xera, "non só pola manipulación informativa, senón tamén da realidade, na formulación dunha grella que non ten en conta os principios para os que foi creada, na que non hai avances na captación de públicos, onde non se educa, non se respecta a pluralidade...", enumerou. Para apoiar a acusación de mala práctica informativa, Díaz acudiu ao colectivo Defende a Galega, "traballadoras e traballadores valentes que nos advirten desa manipulación", pero tamén ás "chamadas ameazantes" recibidas polas regueifeiras Sara Marchena e Aurora Redondo tras a súa intervención no programa Luar, por "defender a galega", demandar independencia informativa e reclamar, precisamente, "menos manipulación", demandas polas que foron acusadas mesmo de poñer en risco a continuidade do espazo de regueifa do programa por usalo para facer "política". Espazo político "Gustaríame coñecer un esquema de pluralidade e de neutralidade, nas canles públicas do Estado ou de boa parte de Europa, onde haxa un paradigma que debamos seguir", retrucou Sánchez Izquierdo, para quen o debate sobre a independencia informativa nos medios públicos agocha unha loita por "ocupar espazo político no sistema público de comunicación" por parte da oposición. Negando as críticas, o director xeral da CRTVG defendeu ademais o "diálogo" do ente público coa súa masa social, fronte as acusacións da portavoz socialista, quen lembrou que o departamento de recursos humanos "non deu chegado en tres anos a un só acordo" coa representación do persoal. "Temos que ter claro que todo o proceso que atravesou nestes anos a CRTVG, o estrés da estrutura tecnolóxica, o esforzo de formación dos traballadores e a capacidade de adaptación á transformación dixital fixo que neste 2020 puidera facer fronte ás exixencias e necesidades da sociedade galega no medio da pandemia, ás que segue a dar cumprida resposta", reivindicouse Sánchez Izquierdo. A reflexión recibiu o apoio fechado da deputada do PP, quen salientou o "papel fundamental de servizo público" da RTVG durante a pandemia, "dando servizo veraz, indicacións do que tiñamos que facer, información e axuda, mesmo na educación, cunha grella adaptada a estes tempos". |
NOS_56189 | Agustín Martín, secretario estatal de Industria do sindicato, advirte que os dous traballadores e os dous sindicalistas, que xunto ás deputadas de Unidas Podemos prestarán declaración na Coruña esta terza feira, "foron vítimas dunha carga policial". | O sindicato CCOO saíu esta segunda feira na defensa dos dous traballadores de Alcoa chamados a declarar polo xuíz en relación aos incidentes que se produciron durante unha manifestación das traballadoras e traballadores da planta coruñesa en Madrid o pasado mes de marzo. O secretario da federación estatal de CCOO de Industria, Agustín Martín, acompañado polo secretario xeral del sindicato, Unai Sordo, afirmou en rolda de prensa que non houbo "violencia" por parte dos traballadores e tampouco por parte das deputadas de Unidas Podemos que acudiron a apoialos –Yolanda Díaz, Ánxela Rodríguez e Antón Gómez-Reino tamén foron imputadas por "atentado contra a autoridade" –, e dixo que os incidentes producíronse pola "ineptitude" do dispositivo policial. "Foi unha mobilización laboral e denunciamos os fallos do dispositivo policial dese día", insistiu Martín, advertindo que "hai una liña de actuación que trata de criminalizar ás mobilizacións laborais". CCOO solicita o arquivo da causa. Mentres Sordo indicou que seguirán esixindo a derrogación da 'Lei mordaza'. |
PRAZA_8389 | Os socialistas diríxense á presidenta do Parlamento para que o parlamentario Alberto Pazos rectifique as súas verbas e, se non o fai, levarano ante a Xustiza | José Alberto Pazos Couñago era un absoluto descoñecido na política autonómica ata o pasado martes. Cunha breve traxectoria no eido local na provincia de Pontevedra, Pazos debutou nesa xornada como voceiro do PP na comisión institucional do Parlamento e fíxoo por todo o alto. Ao conservador tocoulle fixar posición a respecto dunha iniciativa do BNG para garantir "os dereitos humanos" das persoas presas en xeral e, nomeadamente, daquelas "ás que se lle imputa a comisión de presuntos delitos de violencia de móbil político". O deputado popular realizou unha dura intervención que culminou acusando o PSOE de aplicar a "pena de morte" dende o Goberno central, unha afirmación pola que os socialistas xa estudan adoptar medidas legais. "Pena de morte é a que aplicaron algúns gobernos socialistas sen xuízos previos a algúns acusados por terrorismo", proclamou un irado Pazos ante a estupefacción dos presentes". A voceira socialista no debate, Beatriz Sestayo, considerou que o conservador viña de "cometer un delito" e por iso o presidente da comisión, Agustín Baamonde, debía actuar para "retirar inmediatamente esas graves acusacións". Pero nin Pazos rectificou nin Baamonde actuou como se lle pedía, circunstancias que levaron este mércores aos socialistas a dirixirse por carta á presidenta da Cámara, Pilar Rojo, "para esixirlle que rectifique no seu comportamento tanto ao deputado como ao presidente da comisión, que tiña a obriga de manter o decoro da Cámara, tal e como sinala o Regulamento", explica Sestayo, en declaracións as Praza Pública. Os socialistas dirixíronse á presidenta da Cámara para que propicie a rectificación de Pazos Esta reclamación vaina trasladar tamén o PSdeG á Xunta de Portavoces do vindeiro martes, onde os socialistas "farán constar que estes feitos poden ser constitutivos de delito" e reclamarán tamén a retirada dunhuas acusacións que, segundo sinalan fontes parlamentarias, tampouco foron do agrado do xefe de filas do Grupo Popular, Pedro Puy. Se esa emenda non chega será cando a formación inicie "accións penais" contra o polémico debutante no Parlamento, quen ante as protestas de Sestayo -que abandonou a sesión xunto aos demais deputados do PSdeG- a despediu cun lacónico "yo también te quiero". Un debate "de dereitos humanos" As proclamas de Alberto Pazos producíronse no treito final da intervención na que tamén cargou contra o BNG. Antes, dende a lembranza dos principios "demócratas" e "pacifistas" do Bloque, o seu voceiro, Francisco Jorquera subliñara que a súa iniciativa pouco máis facía que reclamar a aplicación do que "contempla a lexislación", caso por exemplo de nun utilizar de maneira ordinaria a "lexislación de excepción" ou o "establecemento do réxime de incomunicación" de xeito habitual "unha práctica que aumenta o risco de violación dos dereitos humanos", cuestión que, subliña, mesmo advirte Amnistía Internacional. A iniciativa do BNG sobre os "dereitos" das persoas presas atopou o apoio de AGE e PSdeG; Pazos convidou a Jorquera a "pasar por unha sede 'humeante' do PP" "Pór fin ao uso abusivo" destas prácticas, evitar o "uso sistemático contra un colectivo de presos" do réxime de incomunicación", "pór fin á política de dispersión penitenciaria", "evitar o uso abusivo da presión preventiva como anticipo de pena" e "garantir a aplicación do Protocolo Garzón contra a tortura" eran os preceptos que o BNG pretendeu sacar adiante no debate parlamentario, proposta que atopou o apoio nas filas de AGE e do PSdeG. Pola banda de Alternativa Yolanda Díaz considerou "moi saudable nun país que leva o apelido de democrático" a aplicación de iniciativas como a do Bloque, mentres que dende a banda socialista a propia Sestayo se amosou "absolutamente de acordo" porque sobre a mesa estaba "unha cuestión de respecto aos dereitos humanos". Tras Díaz e Sestayo foi a quenda para a acendida intervención de Pazos quen, tras realizar mencións máis ou menos veladas ao nazismo, proclamou que é "falso que se aplique automaticamente o primeiro grao a ningún colectivo" e, ademais, considerou que a iniciativa de Jorquera "esquece" que "esas criaturiñas foron detidas con explosivos". "É lamentable que grupos demócratas veñan pedir o cumprimento da lei aos xuíces" e aos corpos policiais, acrecentou o conservador, xa que "a quen hai que pedirllo é aos delincuentes". "Antes de presentar unha destas iniciativas pasen por unha das sedes humeantes do PP polos artefactos que colocan estes angelitos", remachou. |
NOS_54071 | N. Manimekalai é directora e xefa do Departamento de Estudos das Mulleres na Universidade de Bharathidasan, Tiruchirapalli (Tamil Nadu, India) desde o que desenvolveu unha investigación sobre as condicións de traballo das mulleres nas fábricas de téxtil. Manimekalai é tamén unha das protagonistas do documental "Cambia de papel" de Implicadas no Desenvolvemento. | -En que condicións traballan as mulleres da India nas empresas do sector téxtil? Son consideradas man de obra barata e sen organización para defenderen os seus dereitos. Maiormente son mulleres de zonas rurais que emigran atraídas por un traballo regular que non atopan no agro. En principio, no papel garántenlle oito horas de traballo por xornada mais a realidade é moi diferente. Carecen do máis básicos como acceso a baños. -No seu estudo explica que as mulleres viven nas propias fábricas. Na maior parte son adolescentes. O programa no que se inscriben recolle que se as rapazas quedan vivindo tres anos na fábrica páganlle 30.000 rupias (arredor de 300 euros). As empresas aprovéitanse da vulnerabilidade das adolescentes do mundo rural. As familias consideran que até que casan non poden estar seguras e mesmo poden estragar as súas perspectivas de matrimonio e, por esa razón, deciden que están mellor vivindo no propio lugar de traballo. Socialmente asúmese que teñen que contribuír á economía familiar. As empresas buscan man de obra barata que atopan nestas rapazas. Traballan xornadas inmensas, de máis de doce horas, en situación de escravitude e as empresas aproveitan a ida de das adolescentes e a súa falta de coñecementos. Din que para elas tres comidas ao día e un espazo para vivir abonda. Moitas ONG´s están a traballar na sensibilización das familias. -Como son seleccionadas as rapazas para o téxtil? Son millóns as que trabalan no sector. Existe a figura dos mediadores locais que van buscando ás rapazas e se unha consigue meter a outra danlle un incentivo de 1000 rupias. A maioría, polas condicións de traballo, non son quen de completar os tres anos e cando conseguen non reciben a recompensa porque lles piden unha grande cantidade de documentación. As 30.000 rupias serían para cubrir os gastos do matrimonio, así se recolle no programa. Para os rapaces non existe. -Non hai ningún tipo de control sobre a situación de escravitude das mulleres? Existe unha rede de inspectores de traballo que dependen do goberno de Támil Nadu pero traballan en complicidade coas empresas. Unha vez que as rapazas entran na fábrica é como se desaparecesen. Ninguén comproba cal é a súa situación. -Vostede defende a tese que a globalización implica unha maior explotación. Foi a globalización a que produciu este sistema. As empresas que fabrican na India teñen que producir para un mercado global que busca un produto barato e só o atopan por medio de salarios baixos e programas ou convenios como o que expliquei. Son requisitos para colocar os produtos a un prezo competente. Diante desta situación hai que desenvolver alternativas, poñendo fincapé na responsabilidade social. As ONGs están a esixir ao goberno que garanta os dereitos e que a creación de emprego non sexa escusa para a explotación. Compre establecer normativas que poñan freo a esta situación. -A responsabilidade tamén está no consumo? O mercado non ten conciencia da explotación no sector téxtil e falta información. É necesario desenvolver a responsabilidade cívica e mellorar a educación das persoas consumidoras. As empresas occidentais fan os pedidos ás subsidiarias e poderían esixir que se cumpran unhas condicións laborais. As empresas que compra tiñan que ter a obriga de observar o que acontece nas fábricas que subministran. -Tal e como vostede denuncia, a explotación do sector téxtil é claramente machista? Existe unha clara interacción entre o patriarcado e o capitalismo. O Estado cala porque quere manter o fluxo da moeda e enténdese que a explotación ás mozas non ten contestación. As rapazas padecen unha situación de control nas fábricas, en oficios de pouca capacitación e mal pagos, nunhas condicións nas que carecen de voz. No traballo padecen unha grande represión, para cada vinte rapazas hai unha que se ocupa de inspeccionar. As que viven na fábrica non teñen privacidade, só poden falar por teléfono con altofalante e só poden saír unha vez por semana, sempre con unha persoa que as vixía para que non podan relatar o que pasa dentro. Se as familias veñen de visita tamén hai alguén que controla. Só van ao hospital en situación de gran gravidade e nin avisan ás familias. |
QUEPASA_39 | "É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual". | Chega o verán e o asunto dos cans abandonados sempre volve á actualidade. Pero non é unha cousa que sexa exclusiva do verán. Fisterra e Muxía, puntos de fin de ruta, son habituais destas situacións. Pero tamén afecta a outros concellos que seguen sen asinar protocolos para solventar o abandono de animais domésticos, e cumplir así ca Lei de Protección Animal. Este é o caso de Corcubión, que continúa sen ter en conta esta problemática, ata o punto de que dous cans viven en pleno Campo do Rollo. A veciñanza tenos visto ata comendo gatos, e ata unha veciña de Fisterra ten feito unha denuncia contra o alcalde de Corcubión por incumprimento da Ordenanza municipal para a protección e tenencia de animais e a Lei 5/2017 devandita. Maca Trillo leva meses denunciando que os dous cans levan máis de ano e medio abandonados. Ten falado co Concello en innumerables ocasións, pero non obtén resposta. Corcubión ten enriba da mesa o orzamento de alomenos unha empresa que xa traballa con outros concellos da zona para solventar estas situacións, e que xestiona eticamente a recollida. Os bancos do Campo do Rollo, son a cama dos cans abandonados |
NOS_57586 | Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes ou Emilia Docet foron tornando, nos últimos anos, en nomes cada vez máis coñecidos. Porén, representan a punta dun iceberg cunha parte importante da súa masa afundida. | A Historia das mulleres pódese medir pola anchura dos ocos que deixa o tratamento convencional, especialmente cando nos referimos a períodos complexos de ataque ás liberdades. No contexto da época das Irmandades da Fala, ampliado moi frecuentemente neste ensaio a todo o primeiro terzo do século XX, o ámbito agardado para a muller era o doméstico, como figura que acompañaba, silenciosa e abnegada, as grandes tarefas dos homes. Irmandiñas | Aurora Marco | Laiovento | 2020 | 500 páxinas | 33,5 euros en papel | 15 euros en ebook Aurora Marco non cae na trampa de xulgar o pasado cos ollos do presente, por máis que recoñeza o valor daquelas que, naquel momento, arriscaron tantas cousas para impugnar as súas regras. A tarefa deste ensaio é máis ben a memoria restitutiva; completar, non só a lista de individualidades, senón a brillante constelación que formaron, inseridas en diferentes procesos, colaborando a distintos niveis nos movementos de reivindicación da cultura galega que frutificaron nese primeiro terzo do século XX. Desde simples militantes, persoas con simpatías, apoios económicos ou verdadeiros referentes ideolóxicos. Ese punto de vista, entre o individual e o colectivo, é algo que está xa na estrutura mesma da obra, na que a biografía breve individualizada vai organizada en diferentes asociacións e movementos. Tamén é interesante a forma global de completar a historia destas mulleres: máis aló desa referencia inicial ás Irmandades, recóllese o seu papel na constitución do galeguismo organizado na época da II República, os avatares vividos na guerra e, alí onde foi posíbel, a súa vida posterior. Unha base que bota man de bibliografía, pero tamén de memorias persoais e familiares, imprescindíbeis para cubrir moitos deses baleiros. Uns recordos que tamén nos ofrecen, case involuntariamente, unha outra historia do legado destas figuras, atopando posturas de orgullo e memoria reverencial, fronte a outras de absoluto desleixo e destrución de documentación. Destaca tamén na obra a perspectiva global e non sectaria, analizando tanto ás mulleres que pularon toda a vida pola transformación revolucionaria da sociedade como aquelas outras que mudaron de casaca tras a guerra, acabaron recluídas polo franquismo nese eido doméstico ou que sempre estiveron na órbita dunha visión conservadora do galeguismo. Unha obra que nos devolve unha importante parte da nosa historia. |
PRAZA_14328 | O Goberno pon en marcha a sétima lei educativa da democracia, a través da cal o Estado imporá máis contidos ás autonomías, na que se blindan as subvencións a colexios que segregan por sexos, se implantan reválidas en todas as etapas e se reforzan materias básicas. Os sindicatos educativos critícana por "sectaria e elitista" e "usurpadora das competencias autonómicas". | Reválidas, recentralización, sectarismo, elitismo... Son algunhas das palabras coas que o sector educativo define o anteproxecto de lei da reforma educativa aprobada este venres polo Consello de Ministros. Cumpríronse os peores temores, eses que a través de pequenas pingas foron caendo sobre o ensino, ben fose a través da prensa ou de declaracións de membros do Goberno. E foi como se pensaba ou peor. Así, o Goberno deu o visto e prace á que será unha nova lei educativa -a sétima da democracia- que implantará avaliacións unificadas a nivel estatal ao final de cada etapa educativa (Primaria, ESO e Bacharelato), que reforzará as materias básicas, que reduce as optativas e as vías formativas e que aumenta a porcentaxe de contidos mínimos que fixa o Estado nos currículos esculares. No caso de Galicia, esa porcentaxe determinada desde Madrid pasará do 55% ao 65% (nos territorios sen lingua propia, do 65% ao 75%). A nova lei implanta as reválidas, reforza as materias básicas, blinda a subvención aos colexios que segregan e aumenta os contidos impostos polo Estado A Lomce, que así se chama a nova lei (Lei de Mellora da Calidade Educativa), promete crear máis conflitividade aínda no sector educativo. Segundo o Goberno, pretende reducir a taxa de abandono escolar, que dobra a media europea, e mellorar o resultado nas avaliacións internacionais. "Trátase dunha das principais reformas estruturais do Executivo para fortalecer a formación integral dos cidadáns", asegurou a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. En canto ás reválidas, haberá unha avaliación a nivel estatal a final de Primaria, ESO e Bacharelato, ademais dunha proba en 3º de Primaria para a detección precoz de problemas de aprendizaxe. As probas de Secundaria e Bacharelato serán necesarias para obter o título, á vez que desaparece a Selectividade. Os sindicatos ven a reforma un "desatino" polo seu carácter "recentralizador, sectario e elitista" Para a CIG, tal e como xa manifestara a Praza, a reforma supón "un desatino tanto desde o punto de vista social, como pedagóxico e para a defensa do ensino público". As reválidas supoñen, para a central nacioanlista, "unha visión totalmente clasista e elitista da educación que afonda na exclusión dos sectores sociais máis desfavorecidos", ademais de poñer "en tela de xuízo" o traballo do docente, xa que se elimina o concepto de "avaliación continua". UGT, pola súa banda, xa advertira sun método "sectario porque se intenta clasificar o alumnado". En canto á recentralización, o ministro de Cultura e Educación, Ignacio Wert, asegura que "se trata de reducir unha dispersión dos contidos educativos que xa era inmanexable e que explica por que tanto incremento de educación xerou resultados tan modestos". No entanto, negou que fose "unha recentralización" das competencias autonómicas, que disque permanece "intactas", e prefiriuno chamar "clarificación competencial". O ministro Wert non fala de recentralización, senón de "clarificación competencial" CCOO-Galicia xa asegurara que esta intención recentralizadora, agora confirmada, era "un erro", xa que "a marxe de manobra das comunidades autónomas é fundamental". CIG-Ensino, pola súa banda, cualifica a medida como "usurpadora das competencias dos gobernos autonómicos" e advirte do ataque que sufrirán as especifidades dun país como Galicia, "tanto a nivel educativo como cultural ou lingüístico". Ademais, o anteproxecto blinda as subvencións aos colexios que segregan os rapaces por cuestión de sexo, xa que abre a porta a que as comunidades autónomas outorquen concertos aos centros con educación diferenciada por sexos, así como maior autonomía para que estas escolas implanten os seus métodos pedagóxicos. Do mesmo xeito, aumenta a carga lectiva nas materias instrumentais, é dicir, Matemáticas, Lingua e Inglés, mentres que en Primaria desaparecen Coñecemento do Medio e Educación para a Cidadanía. Ademais, o Goberno adianta xa a 3º da ESO os itinerarios cara á FP e ao Bacharelato, a través de manterias optativas, dúas vías que estarán xa completamente diferenciadas no curso seguinte. Así, créase unha FP Básica, de dous anos de duración, que será obrigatoria e substituirá os Programas de Cualificación Profesional Inicial. Para a CIG, a "segregación" temperá incrementará o fracaso escolar, expulsará do sistema educativo a parte do alumnado e desterra a igualdade de oportunidades" Nun comunicado, a CIG aclara que esta "segregación", que se inicia desde 2º da ESO con estes programas de Formación Profesional Básica, "incrementará o fracaso escolar, expulsará do sistema educativo a parte do alumnado e desterra a igualdade de oportunidades", tal e como aclara o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que lembra tamén que ao final de 3º da ESO o estudante terá que decidir se orienta os seus estudos á FP ou ao Bacharelato. "Promóvese a segregación a través da elección de itinerarios de maneira temperán, e sen posible retorno, co obxectivo de reducir ao máximo o alumnado que cursa estudos Bacharelato e reforzar o ensino privado concertado. Crearanse centros de elite mediante a especialización curricular e seguramente se amplíen os concertos ao Bacharelato ", sinala. Ademais, a CIG recorda que baixo a denominación de "autonomía dos centros" preténdese "facer un ranking de centros educativos en función dos resultados do alumnado sen considerar o contexto socioeconómico e as súas carencias". "Os resultados serán tidos en consideración para a dotación de recursos e poden chegar a terse en conta incluso para fixar as retribucións do profesorado", advirte. As palabras do ministro Wert non parecen confirmar os temores: "Queremos reducir a endogamia, que haxa competencia pola dirección dos centros, que teña más poder efectivo o equipo de dirección, así como retribuír os bos rendementos". |
NOS_1314 | O mandatario bolivariano condenou máis unha vez o acontecido co avión do presidente Evo Morales cando regresaba de Moscú, a onde viaxou para facer parte dunha cimeira sobre países exportadores de gas. Maduro sinalou a dereita española como "brazo financeiro" da oposición venezolana | "Rajoy é un corrupto, o padriño político da oposición en Venezuela". Así de taxativo de mostrou o presidente bolivariano Nicolás Maduro nunhas declaracións en que facía referencia ao acontecido co avión do seu homólogo boliviano, Evo Morales. Varios estados europeos obrigaron a Morales a ficar no aire durante máis de tres horas ao non lles permitir o uso dos seus espazos aéreos. O Estado español foi máis aló aínda e cando finalmente a aeronave aterrou, en Viena, pretendeu efectuar un rexistro para comprobar que canda Morales non viaxaba Edward Snowden, reclamado polos EUA por divulgar información clasificada. "A política que goberna España é moi corrupta e o señor Rajoy é moi corrupto", enfatizou Maduro, acusando o mandatario español de ser "o brazo financeiro" da dereita venezolana. Malia as desculpas que o Estado español pediu a Evo Morales, cando xa pasaran quince días do incidente, a actitude, a mesma que adoptaron Franza, Italia ou Portugal, foi cualificada xa desde La Paz como "o primeiro secuestro do imperialismo", subliñando que Europa se dobregou perante os intereses dos EUA. |
NOS_21924 | Pontón censura que PP e PSOE teñan "unha alianza que impide que se poida investigar a corrupción da Casa Real" e "branqueen" o emérito, que se aloxará na casa do presidente do Club Náutico e amigo persoal, Pedro Campos, e podería chegar acompañado da infanta Elena. Non se descarta que saia navegar no 'Bribón'. | O rei emérito, Juan Carlos I, chegará a Sanxenxo entre a noite desta quinta feira e a mañá da sexta "para non perderse" a regata InterRías, que decorrerá no municipio até o domingo e principiará ás 15 horas da sexta. Así o vén de confirmar en declaracións a TVE Pedro Campos, amigo íntimo do emérito, empresario e presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, que tamén informou de que se aloxará na súa casa. "Como nos últimos anos", precisou Campos, que engadiu que o rei está con el "moi a gusto". Con el está previsto que viaxe a infanta Elena, que xa o pasado ano foi a Sanxenxo a presenciar o evento. Campos asegurou que o barco de Juan Carlos I, o Bribón, está "listo" por se "se anima" a navegar, malia que leva "case tres anos" sen facelo. "Vén con intención de reincorporarse á vela, mais é unha decisión que tomará el", dixo. Juan Carlos I regresa á Galiza: visitará Sanxenxo o 21 e 22 de maio Pontón lamenta que PSOE e PP "impidan" investigar a monarquía A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou esta cuarta feira o anuncio da inminente chegada á Galiza do rei emérito e sinalou que o PP e o PSOE "teñen unha alianza que impide que se poida investigar a corrupción da Casa Real", a pesar "dos escándalos que temos escoitado nos últimos tempos". Así, cuestionou que estas dúas formacións "branqueen" a monarquía con accións como "os recentes malabarismos da Fiscalía e o seu trato de favor ante uns feitos moi graves", en alusión ao arquivo da causa das comisións de 80 millóns de euros polo AVE á Meca. "A monarquía é unha institución obsoleta que non ten cabida nunha democracia avanzada onde todas e todos os cidadáns debemos ser iguais con independencia da nosa familia, e a monarquía é un privilexio incompatíbel", destacou Pontón. Por outra parte, a líder da oposición no Parlamento da Galiza lamentou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmase que a visita do emérito ten un "impacto positivo" para o país polo "beneficio que supón desde o punto de vista do turismo e de pórnos no mapa". O alcalde de Sanxenxo e Rueda, "encantados" de recibir o emérito Ana Pontón replicou que é "politicamente inaceptábel" que Rueda diga que a visita do "rei fuxido" pode ser "un prestixio" para a Galiza. "Os galegos e galegas que non teñen 'contas B' en Suíza son quen colocan a Galiza no mapa", concluíu. O PSdeG di que a chegada de Juan Carlos xera "unha sensación amarga" Tamén o PSdeG puxo o foco esta cuarta feira nas palabras do presidente galego. O secretario de Organización, José Manuel Lage, lamentou o "descoñecemento importante da historia" por parte de Rueda "dunha Galiza que leva no mapa centos de anos". Aliás, engadiu: "Aos españois non é unha situación que nos encha de orgullo e satisfacción, mais ben o que nos xera é unha sensación amarga". |
PRAZA_12337 | 2011 foi un ano prolífico para Fran Alonso: Unha década despois de Males de Cabeza, regresou á narrativa para adultos con Ninguén. Tamén editou poesía: O meu gato é poeta e Transición. E unha compilación de entrevistas, Contesta ou Disparo, que distribuíu en formato dixital. E aínda ten pendente Poemario, que publicará nos vindeiros meses. Falamos con el de literatura, de edición, das novas tecnoloxías, de política e mesmo sobre Vigo. Audios no interior. | 2011 foi un ano prolífico para Fran Alonso: Unha década despois de Males de Cabeza, regresou á narrativa para adultos con Ninguén (Xerais). Tamén editou poesía: O meu gato é poeta (Xerais) e Transición (Franouren). E unha compilación de entrevistas, Contesta ou Disparo, que distribuíu en formato dixital. E aínda ten pendente Poemario (2.0 Editora), que publicará nos vindeiros meses. Falamos con el de literatura, de edición, das novas tecnoloxías, de política e mesmo sobre Vigo. No último ano de medio sacaches ao prelo ou á rede moitas obras, unha gran produción. Chama a atención a variedade de xéneros: narrativa, poesía para adultos, poesía para nenos, xornalismo... Pero tamén a de formatos, e elementos que os acompañan... O formato non é un tema secundario. Con O meu gato é un poeta quería facer un tipo de libro, inspirado por algúns autores ingleses que escriben poesía infantil, no que eu tivese o control de todo o proceso. En O meu gato é un poeta está o traballo creativo do texto, pero tamén o deseño das páxinas, a maquetación, o control das ilustracións, todo cun enfoque multidisciplinar, que o texto de acompañase do CD, e relacionando a poesía coa música, e aí traballei con Xurxo Souto, o que foi un verdadeiro luxo para min. E fixéchelo de novo en Transición... En Transición repetín, aínda que non hai música, só hai voz. Cando publiquei o meu primeiro libro cría no carácter escrito da poesía, e cos anos fun evolucionando, funlle dando máis importancia á capacidade da poesía para subliñar a oralidade e o poder da palabra. E quería facer fincapé niso, e conseguino coa axuda de María, o que tamén foi un luxo, porque María está moi afeita a recitar. Os outros libros supoñen tamén a exploración de formatos distintos. Contesta ou disparo supón a exploración do libro dixital na rede, de acceso libre e gratuíto, e ademais é un libro que contén textos que quería recuperar, que teñen a frescura das entrevistas rápidas, un chisco frívolas, e quería respectar eses espírito. Cando publiquei o meu primeiro libro cría no carácter escrito da poesía, e cos anos fun evolucionando, funlle dando máis importancia á capacidade da poesía para subliñar o poder da palabra Cada libro require un formato? Cada libro require un formato si, supoño que aí inflúe a miña formación de editor. E cada libro require unha promoción específica; as presentacións clásicas non funcionan como vehículo para chegar aos lectores, estar tres ou catro persoas gabando un libro nunha mesa é unha forma un chisco fría e se cadra pouco sincera de achegarte ao lector. Sempre trato de ir máis alá, de buscar novas formas. Cando saquei Cemiterio de Elefantes, presenteino ás doce da noite nun pub, cunha voz en off gravada, que nos ía presentando, e alí esa voz ía dando paso ás persoas que falaban do libro e cada un representaba un arquetipo: estaba o autor, que era eu, estaba o crítico literario, estaba o amigo, que gababa dunha forma desmesurada o libro, estaba a lectora da terceira avaliación, que tiña que lelo por obriga... Era unha posta en escena ironizante sobre o propio libro, e creo que é por aí por onde temos que ir. Cada libro require un formato, supoño que aí inflúe a miña formación de editor. E cada libro require unha promoción específica En Ninguén tamén innovaches, apostaches por unha presentación viral... Ninguén requiría unha presentación específica e tiña que se viral, non se fala da capacidade viral da rede para crear ficcións, de como esa viralidade nos desconcerta, de como inflúe nas nosas vidas. Neste caso parece que a campaña si que desconcertou a moita xente, a que lle chegou o correo no que se lle ofrecía o libro e non contestaron porque pensaban que non ía en serio. Pero ten que ser así, a forma ten que reproducir o contido. Como é o teu proceso de traballo? Es un autor de multitarefa ou agardas a rematar un proxecto para meterte noutro? Teño a particularidade de que moitas veces traballo á vez en varios libros, que avanzan en paralelo. Quizais é un pouco esquizofrénica a miña forma de traballar. Algúns proxectos crecen e fanse máis extensos e outros fanse máis pequenos e nese sentido Ninguén foi un libro que foi medrando e que tivo un proceso creativo de case dez anos, foi collendo cada vez máis forza até que nun momento algo che di que o libro xa está listo para engordar definitivamente. Pero debe ser a primeira vez que se me acumulan tantos libros como pasou agora, porque mesmo teño algún outro aínda inédito, que está agardando resposta dalgunha editorial ou está esperando a ser publicado. Teño bastante avanzado un proxecto, o último dos libros que parten de Cemiterio de Elefantes e que pasan por Males de Cabeza e Ninguén, cunha estrutura de dinamitación do concepto do relato e da novela, para ensaiar unha fórmula mixta En que proxectos creativos andas metido agora? Vai saír Poética, editado por 2.0 Editora, que de feito xa está listo dende hai un tempo, pero eu pedinlles que se atrasase a saída para que non coincidise con Transición. Porque Poemario é un libro posterior, e ten sentido que se faga así, e ademais responde a esa transición que se revela no libro anterior. É un libro moi distinto: é un libro moi unitario, e é un libro de descreimento da poesía. En narrativa teño bastante avanzado un proxecto, que concibo como o último dos libros que parten de Cemiterio de Elefantes, que pasan por Males de Cabeza e Ninguén e que rematarían neste, todos cunha estrutura de dinamitación do concepto do relato e da novela, para ensaiar unha fórmula mixta. E neste último libro está levado ao extremo. A tecnoloxía condúcenos a consumos individuais, sobre todo no ámbito da cultura En Ninguén reflexionas sobre a influencia das redes sociais, de Internet e das novas tecnoloxías nas nosas vidas. Camiñamos cara a unha individualización total do consumo de produtos culturais? A tecnoloxía condúcenos a consumos individuais, sobre todo no ámbito da cultura, consumimos música de un e un, temos os cascos que nos illan dos demais. Os libros da miña casa compártoos, pero os libros do meu ebook non os comparto. A pesar de que as redes sociais se basean en compartir gustos e experiencias, este proceso de partillamento está mediatizado. Agochámonos detrás da tecnoloxía e iso modifica o noso comportamento. Eu sempre poño o exemplo das diferentes reaccións cando tes un accidente; non te comportas igual se estás dentro do coche e ninguén te escoita, que se estás fóra. Entre eu e a outra persoa hai unha pantalla polo medio; ese plus de anonimato pode sacar rasgos de nós mesmos que non sacamos na vida real. Como están reaccionando as editoras aos cambios tecnolóxicos e de hábitos que se veñen producindo nesa industria? Todo está relacionado. Esta crise prodúcese porque hai unhas novas tecnoloxías que permiten especular co diñeiro dunha maneira que non se podía facer antes. E para entender como solucionar esta crise e para entender o futuro, temos que entender as novas tecnoloxías. O mundo do libro está cambiando e vai cambiar de forma radical e só estamos asistindo ao comezo deste proceso. O ebook é unha realidade nova e para a industria editorial e para os propios autores trae incertezas. Temos que ser capaces de reaccionar e de adaptarnos ás novas circunstancias. Resistirse a isto sería como protestar porque o mundo cambia, sería como patalexar, non serviría de nada. Eu confío nas novas tecnoloxías, a ciencia e a técnica sempre nos axudou a crear un mundo mellor e máis xusto. Hai que afrontar ese cambios con protagonismo: cando ti protagonizas os cambios saes beneficiado, cando te deixas levar polos cambios, os cambios arrástrante. E as editoriais galegas en concreto como o están facendo? O mercado norteamericano funciona dunha maneira, o español de outra, e o galego de outra forma distinta. O mercado galego está sendo máis lento, a oferta de libro dixital está sendo máis pequena, pero iso tamén depende da propia demanda da sociedade: se é pequena, os editores van tardar máis en adaptarse. É importante dar pasos adiante e observar o que está sucedendo. Aínda se produce un fenómeno moi curioso: séguense vendendo máis lectores dixitais que libros electrónicos, a venda de dispositivos aínda é meirande que a venda de contidos. E iso é significativo. Os partidos políticos e os sindicatos están viciados, superpuxeron os seus propios intereses aos intereses das persoas ás que deberían defender A semana pasada publicaches un artigo en Praza no que apostabas pola reinvención da esquerda. En realidade, nun tempo novo, chamabas a repensar todo, non si? É como o que dicía antes sobre a tecnoloxía: é mellor protagonizar os cambios que deixarse arrastrar por eles; se te arrastran, golpéaste, faste danos. Para combater os abusos que se están producindo nesta crise, que é unha crise de especulación, que leva a un novo tipo de sociedade, a un novo tipo de escravismo (a glebalización, como di Xurxo Souto) hai que reaccionar con imaxinación, e opoñerse. A situación hai que cambiala botando man de novas formas, de novas ferramentas. Os partidos políticos e os sindicatos están viciados, superpuxeron os seus propios intereses aos intereses das persoas ás que deberían defender. Hai que atopar novas formas de facer política, de organizarse e de reaccionarse coa sociedade. Vigo é unha cidade que sempre tivo esa arrogancia contestataria e esa capacidade para sobrepoñerse. Hai moi poucas cidades coa esta capacidade de reacción e contestación Contesta ou disparo ou Un país a medio facer funcionan como retrato dunha época de creatividade e axitación, os últimos anos da década dos oitenta. Como vigués, como analizas a situación actual da cidade? Parécese ao Vigo dos oitenta? Vigo cambiou moito, pero si que é certo que a situación actual semella moito a dos anos oitenta. Eu lembro ir ao Instituto Santa Irene no ano 80, 81, e atravesar Vigo era como atravesar Beirut: estaban as barricadas polas rúas, os autobuses ardendo, había policías pereseguindo manifestantes... Esa imaxe non volveu, pero a situación económica non é mellor. Vigo é unha cidade que sempre tivo esa arrogancia contestataria e esa capacidade para sobrepoñerse. Hai moi poucas cidades coa capacidade de reacción e contestación de Vigo. Vigo xuntou máis manifestantes que ninguén, pero ao tempo nunca puido escoller os gobernantes que o soubesen dirixir polo camiño axeitado. O Concello e os outros poderes da cidade nunca puideron traballar conxuntamente polo ben da cidade. E hoxe en día segue a pasar; é a cidade cun índice de paro maior e segue sen organizarse. Non sei como será o futuro. Cabrafanada, blog de Fran Alonso Descarga Contesta ou disparo (.pdf) |
NOS_28097 | Montero cualificou a ministra de Traballo e Economía Social como unha "traballadora incansábel, artífice de boa parte das medidas e as leis máis importantes" presentadas no Congreso dos Deputados por Unidas Podemos. | A ministra de Igualdade, Irene Montero, eloxiou a titular de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, aínda que eludiu responder se a dirixente galega debería ser a seguinte candidata de Unidas Podemos nas eleccións xerais. Nunha entrevista en TVE, recollida por Europa Press, Montero asegurou que iso "teno que decidir" o "conxunto do espazo" político de Unidas Podemos en que están integradas a formación lilá, liderada por Pablo Iglesias, e o Partido Comunista, no que milita a propia Yolanda Díaz. "Pero xa que me pregunta penso non só que é unha das ministras mellor valoradas, senón que é a persoa que por terceira vez conseguiu no marco social unha prórroga dos ERTE", destacou a titular de Igualdade. Nesta liña, Montero cualificou a ministra de Traballo e Economía Social como unha "traballadora incansábel, artífice de boa parte das medidas e as leis máis importantes" presentadas no Congreso dos Deputados por Unidas Podemos. Doutra banda, a dirixente do partido morado referiuse á decisión do Tribunal Supremo, que acordou a devolución ao xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló das actuacións que remitiu a este órgano contra Iglesias, para que esgote a investigación no denominado caso 'Dina' e unha vez realizadas as novas dilixencias, decida se procede remitir unha nova exposición razoada contra o tamén líder de Podemos dada a súa condición de aforado. "Xa dixemos que para todo o mundo era evidente o que ía dicir, que non hai caso 'Dina' senón Villarejo, as cloacas do Estado, unha mafia criminal policial, política e mediática que se dedicou a tentar subverter a democracia fabricando probas falsas, bulos e atacando a quen consideraba adversarios políticos", denunciou Montero. |
NOS_45870 | Será este domingo en Pontevedra cun concerto dedicado ao canto alentexano. | O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra será este domingo 14 de outubro o palco (a partir das 20.30 horas) do capítulo final da presente edición de Cantos na Maré, o festival da música lusófona que se vén desenvolvendo na boa vila desde a pasada quinta feira. O fecho vaino pór un espectáculo que leva como título xenérico proxecto Ath-Thurdá, unha iniciativa do concello de Évora e que se insire no marco das accións promocionais da candidatura deste municipio luso como Cidade Europea de Cultura en 2027. Apresentarán o proxecto no Cantos na Maré a cantora galega Uxía, directora musical do festival, e o músico e compositor vasco Kepa Junquera. Canda eles vanse debruzar sobre o palco, no evento que pon o ramo ao Cantos na Maré 2018, músicos portugueses como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes e Celina da Piedade, o brasileiro Chico César ou a mozambicana Selma Uamusse. Todos eles —acompañados ao piano por Paulo Borges e á gaita por Raquel Domínguez— renderán tributo ao canto alentexano, o argumento que dá corpo ao proxecto Ath-Thurdá. Antes de o pano caer sobre o auditorio do Pazo da Cultura, o Cantos na Maré ten dúas citas máis na súa axenda: ás 12 horas, unha visita comentada polas Ruínas de San Domingos, con concerto posterior da banda de música de Pontevedra e do gaiteiro Suso Vaamonde, en tanto que, xa pola tarde, Polo Correo do Vento protagonizará, na Praza da Verdura, unha sesión de contacontos sob o título de "Periplo Atlántico". |
NOS_5356 | Participa na carreira de 800 metros no Campionato de Europa de Múnic. | Chegou a hora de que entre en acción o terceiro e último representante da Galiza no Campionato de Europa de Atletismo. Logo de que Belén Toimil finalizase en décima posición no concurso de peso, e Antía Chamosa décimo quinta nos 35 quilómetros marcha, Adrián Ben aspira a todo nos 800 metros lisos. Adrián Ben rematou en quinta posición nos Xogos Olímpicos de Toquio o pasado ano 2021 O de Viveiro será da partida na rolda clasificatoria ás 10.10 horas desta quinta feira e, de lograr o pase, disputará as semifinais mañá ás 20.27. Se consigue un posto na finalísima, volverá saltar ao tartán de Múnic ás 19.40 horas do domingo día 21. O de Viveiro desexa sacarse o mal sabor de boca do recente Mundial, onde quedou eliminado na primeira rolda A pesar de que chega coa décimo terceira mellor marca de entre os participantes, o seu quinto posto nos Xogos de Toquio son un aval para confiar en Adrián Ben. |
NOS_18575 | A xuíza de instrución rexeitou anular a causa como solicitou o avogado do líder do PP de Ourense. | Na terza feira (15 de marzo) prestaron declaración perante a xuíza de instrución José Manuel Baltar e a muller que o denunciou por un presunto delito de acoso sexual. Embora a defensa do presidente da Deputación de Ourense e tamén lider do PP nese territorio pediu inicialmente a anulación da causa, a titular do Xulgado nº3 rexeitou adoptar tal medida e escoitou as partes en calidade de imputadas --por un presunto delito de suborno-- mais tamén de agraviada no caso da muller, o que mantén abertas as pescudas por suposto acoso sexual. Baltar negouse a responder cando a xuíza lle preguntou se recoñecía a súa voz nas gravacións A denunciante, T.F.C., mantivo a súa versión dos feitos segundo a cal José Manuel Baltar lle ofreceu traballo a cambio de manteren relacións sexuais algo que tería acontecido embora non se cumpriren as promesas do daquela fillo do presidente da Deputación Provincial. Pola súa banda, Baltar negou tales acusacións mais rexeitou responder á maxistrada cando lle preguntou se recoñecía a súa voz nas gravacións achegadas pola denunciante. Así mesmo, acolleuse ao seu dereito de non declarar ás preguntas do letrado da denunciante e de Democracia Ourensana, que se presenta como acusación particular no caso. A denunciante mantivo as súas acusacións Pola súa banda, a muller tamén optou por responder unicamente ás cuestións formuladas pola xuíza e a súa defensa. Á saída dos Xulgados Xosé Manuel Baltar rexeitou facer declaracións, unha actitude que mantén desde que saíu á luz pública o presunto delito. Porén, o seu avogado asegurou que o líder popular está a ser vítima dunha "intimidación" e que ficou claro que o seu cliente "non cedeu en ningún momento a presións, intimidacións e mesmo ameazas" para que contraviñese a lei. |
PRAZA_12990 | Un forte cordón policial, con forcexeo incluído, tratou de salvar o lucimento do presidente galego, que para amosar un proxecto xa explicado non dubidou en deseñar un grande escenario. O futuro do centro hospitalario segue sen aclararse. | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a Ourense para presentar unha vez máis o chamado Hospital 2050. Esta vez veu acompañado dun importante numero de autoridades, entre as que se atopaban membros do seu goberno e dous altos cargos do goberno do Estado: a secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas e a secretaria de estado de Innovación, Carmen Vela. Porén esta visita foi diferente debido a benvida que lle esperaba ao presidente galego. Feijoo, ao igual que os membros do seu Goberno, foi recibido por unhas 60 persoas representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, do movemento 15M e do colectivo Estudantes sen Futuro, que non deixaron de corear consignas contra as política desenvolvida polo PP na Xunta e no Goberno do Estado. Os reproches incrementáronse cando chegou o presidente; daquela, un adolescente de Estudantes sen Futuro tocoulle un brazo e tres escoltas botáronse enriba do rapaz. O propio presidente perdeu a compostura pola intervención do seu equipo de seguridade pero de seguido puido seguir o seu camiño. Pola contra, o adolescente foi reducido pola escolta presidencial e pola policía autonómica, ata que desaloxou o recinto feiral. Un adolescente de Estudantes sen Futuro tocoulle un brazo e tres escoltas botáronse enriba do rapaz. O propio presidente perdeu a compostura pola intervención do seu equipo de seguridade Un forte cordón policial, con forcexeo incluído, tratou de salvagardar o lucimento do presidente galego. Para desenvolver un proxecto xa explicado non se dubidou en deseñar un gran escenario con monitores en consonancia co hospital de vangarda que se ía presentar. A única novidade foi que antes de catro meses se redactará un proxecto por valor de 600.000 euros para a adaptación dun edificio xa construído ao emprego de novas tecnoloxías. Se todo transcorre como anuncia a Xunta, o invesetimento ao longo do tempo chegará aos 40 millóns de euros. A outra gran dúbida, xa publicada por Praza e referida ao financiamento europeo, tampouco foi despexada xa que Feijóo se limitou a dicir: "A presenza da secretaria de estado de Innovación acredita que os fondos están ao servizo do Reino de España". Defensa da austeridade A firmeza na defensa da súa política económica só foi rota polo discurso do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, quen se referiu ao recorte no gasto en medicamentos, en servizos de urxencias e a carencia de centros de saúde na cidade Antes o presidente tirou de argumentario e reivindicou a súa política de austeridade e equilibrio das contas públicas que "converte a Galicia na comunidade máis solvente de España". Segundo o titular do Executivo "así se poden construír hospitais en Vigo, Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña....". A firmeza na defensa da súa política económica e o entusiasmo entre unha bancada chea de dirixentes populares só foi rota polo discurso do alcalde socialista de Ourense, Francisco Rodríguez, quen se referiu ao recorte no gasto en medicamentos, en servizos de urxencias e a carencia de centros de saúde na cidade. O rexedor tamén aludiu a necesidade de pechar os convenios europeos que aínda quedan por asinar para que "o hospital non sexa só unha metáfora". Francisco Rodríguez puxo unha nota discordante entre a euforia desatada nunha sala que non se chegou a encher pero na que non deixaron de ouvirse eloxios a Pilar Farjas, Javier Guerra e a actual conselleira, Rocío Mosquera. Foi precisamente Rocío Mosquera, que se referiu a Ourense como Orense durante toda a súa alocución en español, a que sinalou que o novo centro sanitario converterá a cidade "na capital europea da innovación sanitaria" e cualificou a súa prececesora como "unha precursora nas políticas de innovación e investigación". |
PRAZA_15968 | Unha nación é afouta cando é maior de idade para rachar co dependentismo e comprende que require no mundo de socios, mais non de titores. Un país é afouto cando sabe construír relacións permanentes de comunidade con outros países dende a igualdade, o compromiso e a voluntariedade. | Afouteza foi a verba do ano 2017 escollida pola maioría dos votos do público no Portal das Palabras da RAG. Afouteza ten dous sentidos segundo o Dicionario da RAG: disposición de espírito para actuar sen temor aos perigos e a seguridade que alguén ten en si mesmo. Xa que logo, unha persoa afouta non é temeraria, porque dirixe a súa acción consciente deses perigos e non enfronta o que non pode conlevar. A afouteza é un concepto proactivo, moito máis aló da reactiva teimosía que, porén, poderá constituír unha das cualidades da persoa afouta en varias das etapas da súa acción. A seguridade en si propio da persoa afouta esixe sabermos quen somos, de onde vimos e onde imos. É esa seguridade a que fai posíbel actuar con consciencia e xestión dos perigos e dificultades, mais sen amedoñarmos por eles, sen que a dificultade da tarefa nos faga recuar. Os pobos, as nacións, como entes colectivos tamén precisan de afouteza. Precisan saber onde veñen, o seu pasado, e onde queren ir e precisan de seguridade en si propios. E a seguridade dunha nación esixe sempre a súa autonomía, o seu self government: pouco pode dar Galicia no contexto estatal, europeo e universal senón é consciente da súa identidade, coñecedora do seu pasado e autónoma á hora de decidirmos o futuro. Un pobo será afouto se vive nos valores cívicos e democráticos e produce políticos con data de caducidade e suxeitos á revogación cidadá que sexan quen de tecer consensos, propor obxectivos e pór os intereses colectivos diante dos individuais. Unha nación é afouta cando é maior de idade para rachar co dependentismo e comprende que require no mundo de socios, mais non de titores. Un país é afouto cando sabe construír relacións permanentes de comunidade con outros países dende a igualdade, o compromiso e a voluntariedade. Si, é ben significativo que a verba máis votada da lingua galega este ano fose afouteza. Sen dúbida os seus votantes, coma centos de milleiros de galegos, estaban a formular a súa arela dun País próspero e seguro de si. Un País autónomo, aberto ao mundo e solidario. |
NOS_9066 | A dereita do Likud gañou os comicios en Israel por unha marxe maior da agardada. | Até os inquéritos a pé de urna coñecidos após o fechamento dos colexios eleitorais falaban de práctico virtual empate entre a formación conservadora Likud e o centro esquerda da Unión Sionista. Mais non foi así. Netanyahu impúxose finalmente ao obter 29 escanos nun Parlamento de 120. O seu rival Herzog fíxose con 24. O Likud terá, iso si, que pactar con outras forzas da dereita para ter estabilidade parlamentar e gobernar sen agobios. Na campaña Netanyahu e Herzog puxeron o acento en diferentes prioridades. O líder do Likud apresentouse como o líder dun país en guerra e chamou explicitamente ao apoio dos colonos que ocupan Gaza e Cisxordania. A súa oferta franquicia foi a de que en ningún caso aceitará a constitución dun Estado palestiniano. Por súa parte, a Unión Sionista fixo un discurso vagamente socialdemócrata, coa promesa de formar un Goberno social que mellore as condicións de vida da xente e reduza as desigualdades sociais. |
NOS_54793 | A institución augura unha recesión en Alemaña e Italia. | O Fondo Monetario Internacional (FMI) rebaixou esta terza feira de forma xeneralizada as súas previsións de crecemento do Produto Interior Bruto (PIB), o que no caso do Estado español traduciuse nun recorte de oito décimas para 2023, até 1,2%, segundo se desprende do informe da entidade Perspectiva Económica Mundial. A previsión de caída do PIB estatal en 0,2% eleva o risco de crise económica Porén, o FMI axustou respecto das súas últimas previsións, publicadas en xuño, que a economía española crecerá 4,3% este ano, tres décimas máis. A OCDE tamén advirte da desaceleración española O índice composto de indicadores líderes (CLI), que serve á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) de 'termómetro económico' para detectar cambios de tendencia, continúa sinalando unha perda de impulso do crecemento do Estado español, en liña coa deterioración observada na maioría das principais economías. Será a Galiza golpeada por unha nova crise económica? En concreto, o dato para o Estado español situouse en 97,91 puntos en setembro, fronte aos 98,11 do mes anterior e 3,83 puntos por baixo do nivel rexistrado hai un ano. "Os CLI do Estado español España seguen apuntando a unha perda de impulso do crecemento, como a maioría das grandes economías da OCDE", explicou o ente. No caso da economía española, as maiores contribucións negativas proveñen unha vez máis da inflación, a confianza das persoas consumidoras e a evolución dos prezos das accións, que só se compensan parcialmente coas expansións observadas na matriculación e fabricación de automóbeis. No caso do conxunto da OCDE, os CLI situáronse en 98,56 puntos, fronte aos 98,77 do mes anterior, o que apunta a unha perda do impulso de crecemento, algo que tamén é aplicábel para a zona euro e para os Estados Unidos de América, cuxas lecturas caeron en setembro a 98,32 e 9,48 enteiros, respectivamente. A pesar deste avultado axuste para 2023, o Estado español mantense á cabeza da grandes economías da eurozona respecto do crecemento do PIB tanto este ano como o próximo. Así, o crecemento de Italia e Francia en 2022 axustouse dúas décimas á alza, até 3,2% e 2,5%, respectivamente. Pola súa parte, Alemaña crecería este ano 1,5%, tres décimas máis das previsións anteriores. Os peores datos pódense ver para 2023, cando tanto Alemaña como Italia entrarán en recesión. A primeira contraerase 0,3% no próximo ano, o que supón un recorte de 1,1 puntos nas súas previsións de crecemento respecto dos últimos prognósticos do FMI. A segunda contraerase 0,2%, o que supón un recorte de nove décimas. Do seu lado, Francia rexistrará unha expansión de 0,7% o ano que vén, tres décimas menos. A evolución do crecemento do PIB cae do 2,6% ao 0,2% en só tres trimestres Desta forma, no conxunto da eurozona rexistraríase un crecemento de 3,1% en 2022, o que supón unha mellora de cinco décimas respecto das previsións de xuño, mentres que as estimacións para 2023 recortáronse en sete décimas, até 0,5%. Previsións de inflación O organismo considera que a inflación media do Estado español en 2022 será de 8,8%, fronte á cifra de 5,3% que esperaba en abril. Para 2023, situaríase en 4,9%, en comparación coa cifra de 1,3% que proxectou hai medio ano. Porén, o FMI indica que pese ao menor crecemento e a elevada inflación, o mercado laboral español mostra signos de mellora. |
NOS_14872 | Tempo e transmitir "determinadas cuestións". Isto é a xuízo de Luís Villares, quen foi candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, o que lle faltou á formación política para obter mellores resultados o 25 de setembro. | O que foi candidato de En Marea a presidir a Xunta insiste en que os resultados da formación política son consecuencia da falta de tempo."O proceso constituínte" debeu ter lugar antes e Feijóo "sabía que era unha debilidade e por iso adiantou as eleccións", afirmou nunha entrevista concedida a Radio Galicia-Cadena Ser. Aliás, sinalou que a En Marea faltoulle "transmitir determinadas cuestións á sociedade". Fixo alusión ao seu papel no debate a cinco da TVG, "aínda estaba algo nervioso, pero era tamén consecuencia da frescura de que estaba recentemente iniciado na política". Outra xente, afirmou, encetou o seu camiño "de forma gradual", mais el "saltou directamente" á carreira pola Presidencia do Goberno galego. "Ese cambio foi moi grande", engadiu. Villares salientou que se enfrontou a un eleitorado que "valora moito o coñecemento". "É un hándicap que tiña eu como candidato e En Marea tamén como proxecto" e a iso "non axudou que os medios de comunicación públicos non dixeran o meu nome e se referiran só ao candidato de En Marea", lamentou. A respeito de Alberto Núñez Feijóo, amosouse convencido de que non rematará a lexislatura, "xa manifestou por activa e por pasiva en primavera que o seu desexo non era quedarse". "Obrigárono", salientou, "case polas orellas". |
NOS_37761 | Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o 'Como escaquearse dunha comida familiar'. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou ' A expedición Balmís e a vitoria da vacinación'. E o premio á mellor canle acadouno 'Nubes Baixo ti'. | O Teatro Colón da Coruña foi o escenario que acolleu a gala de entrega dos Premios Youtubeir@s, a iniciativa que pretende fomentar a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os youtubeiros. A compañía teatral A Panadaría foi quen codnuciu a gala, durante a cal . se deron a coñecer os gañadore nas diferentes categorías após a decisión do xurado constituído por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo 'Como escaquearse dunha comida familiar', de As cousas do Choio. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou o vídeo 'A expedición Balmís e a vitoria da vacinación', de Xacobe de Toro Cacharrón. E o premio á mellor canle acadouno Nubes Baixo ti. Por outra banda, o apartado de creatividade gañouno 'Os cazapantasmas vídeo-facermos', de Moustache Media Producciones, mentres que eficiencia comunicativa foi para 'O galego Fermoso (e o que non o é tanto)' de Aquel-e, a categoría da calidade técnica conquistouna 'Viaxar', de Aarón Vilariño Figueiras, e a categoría de calidade lingüística foi para 'Reivindicación oceánica', de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, entregado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, recoñeceu o vídeo 'Como dar cartos ás agachadas', de As Cousas do Choio. A Panadaría ofreceron unha gala que xirou ao redor da xeración millenial, os contidos audiovisuais que se elaboran na rede na actualidade e sobre a figura dos youtubeir@s, mesturando o humor, a música e o protagonista dos 25 finalistas que aspiraban os premios. Mónica Fernández, coordinadora do Proxecto Youtubeir@s, destacou na súa intervención en nome da organización "a alta participación" e a "gran calidade" dos vídeos participantes nesta segunda edición. Definiu Youtubeir@s como "un proxecto colaborativo, rico en todos os aspectos, nas ideas" Nesta segunda edición, rexistráronse un total de 230 inscricións entre vídeos e canles participantes nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle. Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña. |
NOS_45377 | Foi unha das guerras máis icónicas e, precisamente por iso, unha das que máis conciencias moveu. Hai xusto 40 anos remataba a guerra do Vietnam. Rememorámolo no A Fondo que verá a luz esta quinta feira 7 de maio. | Un A Fondo sobre a guerra do Vietnam é a proposta desta semana do caderno de análise de Sermos Galiza, disponíbel nos habituais pontos de venda a partir da quinta feira 7 de maio. O A Fondo podes obtelo tamén por separado na nosa loxa. -Por que é importante recuperar agora a lembranza da guerra do Vietnam? -En primeiro lugar, porque é un aspecto moi interesante do século XX, dado que este conflito bélico marca os pasos da Guerra Fría. Ao facerse os corenta anos do fin da guerra, quixemos traelo de novo ao presente como solidariedade con eses pobos que estaban intentando conseguir a súa independencia nacional e loitaban por unha causa que todo o mundo consideraba xusta. -Dende que perspectiva se vai abordar neste A Fondo a guerra do Vietnam? -Intentamos abordala dende un punto de vista global, dende a historia, dende arte, e mesmo dende a tan en boga memoria histórica. Esa pegada deixou un conflito case social no Estados Unidos. Os propios políticos norteamericanos consideran que foi esencial no devir da historia estadounidense. -Por que considerastes importante abordar a guerra dende a perspectiva da arte? -Un conflito tan enquistado, con tantos anos de loita, provocou que deixara a súa pegada na creación de artistas non só occidentais senón tamén vietnamitas, que reflectiron o sufrimento do seu pobo. "Ao facerse os corenta anos do fin da guerra, quixemos traelo de novo ao presente como solidariedade con eses pobos que estaban intentando conseguir a súa independencia nacional" -Que fixo que Vietnam fora unha das guerras máis icónicas da historia? -A guerra do Vietnam incidiu moito na opinión pública estadounidense porque foi unha guerra moi fotografada, moi debatida, moi presente na televisión en horario de máxima audiencia. Polo tanto é unha guerra que ten un trasfondo canto ás iconas, ás imaxes, moi forte. É a guerra máis filmada,máis relatada… Foi moi abordada dende todos os puntos de vista da arte e da cultura. -Por que cres que espertou ese interese tan grande? -Probablemente é tamén un conflito que abre os ollos a unha determinada clase media, a unha sociedade, a estadounidense, que estaba como adormecida na súa visión do anticomunismo. Fíxolle abrir os ollos respecto a como actuaba o seu país. No bloque soviético, no comunista, fixo ver a imaxe dun país que pretende, dende unha posición comunista aínda que non sempre así, a súa independencia nacional. -Un dos artigos deste A Fondo fala das percusións da guerra. Cales chegan até a actualidade? -Sobre todo a conciencia que quedou na sociedade no referido á utilización de determinadas armas, sobre todo as químicas. Un bo exemplo foi o axente laranxa,do que está demostrado que provoca todo tipo enfermidades pois debilita o sistema inmunolóxico. Fálase moito do napalm, pero tamén hai outros casos como o fósforo branco. A día de hoxe aínda existen graves consecuencias para a saúde especialmente na poboación civil vietnamita. -Como influíu a guerra do Vietnam en toda unha xeración que a presenciou a diario a través da televisión? -A guerra do Vietnam cambiou a idea da esquerda occidental, que a considerou unha loita xusta e amosou a súa solidariedade co pobo vietnamita. Vietnam foi un claro exemplo de que David podía derrotar a Goliat, e converteuse nun referente para outros pobos. "A día de hoxe aínda existen graves consecuencias para a saúde especialmente na poboación civil vietnamita polo uso de armas químicas." -"Guerra de liberación nacional ou teoría do dominó?" Así se titula un dos artigos deste A Fondo. Mais, quizabes sexa máis correcto formulalo como unha conxunción e non como unha disxuntiva… -Basicamente é unha conxunción, porque na guerra do Vietnam está presente tanto a loita dende o bloque comunista para intentar recuperar, despois dunha explotación colonial, eses pobos, como unha guerra de liberación nacional. Parece quedar máis claro na primeira guerra da Indochina con Francia pero é certo que no momento en que un país está dividido non é totalmente independente tampouco. Isto failles pensar aos historiadores que non só é o comunismo o que leva ao Vietminh, a Liga Revolucionaria Vietnamita, a levantarse contra un opresor senón a propia procura dunha independencia nacional. O propio bloque comunista tarda en reaccionar ante estas loitas no terceiro mundo. -Un dos artigos, de Cesáreo Sánchez Iglesias, fala da guerra do Vietnam como o enfrontamento de dúas culturas, a norteamericana e asiática… -É un debate complicado a día de hoxe, mais si é certo que probablemente o espazo no que se combatía, as condicións físicas, o loitar contra unha poboación campesiña, fixo desta guerra unha guerra entre dúas culturas. O apoio que recibe o Vietminh do campesiñado a través da ruta Ho Chi Minh así o manifesta, e a loita pacífica dos budistas no Vietnam do sur rebelándose contra un goberno corrupto tamén o demostra. Estados Unidos confundiuse, como así o recoñecen algúns políticos e militares hoxe en día, porque non soubo ver que o Vietnam era outro tipo de cultura e había que facer outro tipo de loita ou polo menos poñerse no seu lado para poder comprender o que alí sucedía. |
NOS_13956 | CIG, UXT E USO levan á inspección a posíbel irregularidade na contratación mercantil de Carlos Luis Rodríguez e Pablo Acción -ambos xornalistas próximos ao PP- xa que cren que "encobre unha relación laboral ordinaria que debería desempeñar persoal da casa". | Os sindicatos CIG, UXT e USO denunciaron a pasada sexta feira ante a Inspección de Traballo de A Coruña á Televisión de Galicia (TVG) por posíbel fraude na contratación mercantil de Carlos Luís Rodríguez e Pablo Acción, presentadores do programa de debate Foro Aberto, a tertulia política e de actualidade que a canle pública emite nas noites das segundas ás quintas feiras na súa segunda canle. Ambos xornalistas son moi próximos ao PP e foron elixidos a dedo pola dirección dos medios públicos. Segundo expoñen as centrais na denuncia, a contratación destes presentadores pode encobrir unha relación laboral de natureza ordinaria, que como tal debería prestarse por persoal laboral da TVG. Din as centrais que "a canle pública dispón de excelentes profesionais que poderían desempeñar as tarefas de presentación e moderación destes debates coas garantías profesionais e éticas que demanda a cidadanía galega". CIG, UXT e USO engaden que "con estas contratacións a TVG trata de eludir o vínculo realmente laboral, neste caso de empregado público, cuxa actividade debe perseguir a satisfacción dos intereses xerais da cidadanía e fundamentarse en consideracións obxectivas orientadas cara á imparcialidade e o interese común, á marxe de calquera outro factor que exprese posicións persoais, familiares, corporativas, clientelares ou calquera outra que poida colidir co estes principios, conforme ao disposto no artigo 53 do Estatuto Básico do Empregado Público". As centrais lembran que este tipo de contratacións supoñen un gasto inxustificado nun momento de crise e recortes entre o persoal Denuncia anterior A denuncia sinala a "circunstancia de que o programa Foro Aberto estivo conducido na etapa inmediatamente anterior polo mesmo presentador, Carlos Luís Rodríguez, baixo a modalidade de contratación artística. Esta contratación, denunciada pola CIG en novembro de 2011, foi declarada en fraude de lei pola Inspección de Traballo, e polo Tribunal Supremo, razón pola cal a Dirección da TVG optou por pechar con este profesional un contrato mercantil para mantelo a calquera custo na presentación do programa. Os sindicatos cren que con esta acción a TVG incorre nunha irregularidade "grave tipificada no artigo 7.2 da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social". Tamén lembran que "o recurso por parte da TVG a este tipo de contratacións representa un gasto económico inxustificado en momentos de crise e de recortes que están afogando a canle pública, o emprego, os dereitos laborais dos seus traballadores e traballadoras e a calidade do servizo público de radiotelevisión de Galiza". Aliás, as cifras de audiencia son pésimas, en linha cunha canle, a G2, que apenas chega ao 1% de share (só unha de cada 100 persoas ven a súa programación). A audiencia do programa foi en abril de 0,4 de share. O debate de VTV chega a triplicar o de Foro Aberto. |
NOS_1542 | Defende a necesidade dunha circunvalación na cidade. | Os grandes atascos producidos na AP-9 nalgúns días das vacacións se Semana Santa, con retencións de até 5 quilómetros na contorna de Pontevedra, fan que volva estar sobre a mesa un vial alternativo á Autoestrada, que permita desviar o tráfico pesado e 'desconxestione' a AP-9. Así o entende o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, que ve na A-57 unha alternativa, polo que supón de conexión do 'hinterland' do Porto de Vilagarcía, Compostela, o polígono de Barro, e a zona industrial de Porriño e Portugal "sen necesidade de pasar pola autoestrada". Para o rexedor pontevedrés, "esa é a solución" e lembrou que unha conexión deste tipo é unha demanda de vello da cidade, "que é a única cidade que non ten circunvalación libre de peaxe que non sexa autopista". |
NOS_51037 | Audiencia Provincial da Coruña decidiu a reapertura da instrución para que o xuíz investigue a denuncia dun ex traballador que asegura que responsábeis de Talgo ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren pasadas escasas horas do sinistro. | A Audiencia Provincial da Coruña decidiu a reapertura da instrución sobre o accidente do tren Alvia de 24 de xullo de 2013 en Angrois para que o xuíz investigue a denuncia dun ex traballador que asegura que responsábeis de Talgo ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren pasadas escasas horas do sinistro. Así se pronuncian os maxistrados nun auto ao que tivo acceso Europa Press. A sala considera, en concreto, que "resulta ineludíbel investigar os feitos expostos" pola plataforma de vítimas, "tanto polo que se refire á suposta destrución de probas como á situación en que se achaba o tren e a súa posíbel relación co accidente, que foi un dos obxectos principais da investigación". Volta ás dilixencias "Iso determina necesariamente a volta das actuacións á fase de dilixencias previas para que coa máxima celeridade posíbel se depuren estes feitos", afirman os maxistrados. Deste xeito, transcorridos xa máis de seis anos do accidente, que deixou 80 mortos e 144 feridos na curva da Grandeira, o titular do xulgado de instrución número 3 compostelán deberá indagar sobre estes feitos. Até o momento, estaban imputadas dúas persoas: o maquinista do convoi, que aquel día circulaba cun exceso de velocidade após atender unha chamada do interventor; e o ex director de seguridade na circulación de Adif, ao que o instrutor atribúe a responsabilidade dunha avaliación de riscos deficiente na liña. |
NOS_41728 | "O presidente da Xunta non estivo, a conselleira de Sanidade chegou cando xa rematara a intervención, a presidenta do Parlamento pasou a maior parte do tempo falando por teléfono e Besteiro, secretario da mesa, aproveitou para ler o xornal" | "O Sergas non ten albaneis". Con tal explicación despachou Miguel Santalices, voceiro de Sanidade do PP no Parlamento galego, a reprimenda por permitir a entrada de capital privado no novo hospital de Vigo. Foi nun debate en plena campaña electoral en que BNG, PSOE, AGE e a formación conservadora debullaron o modelo de asistencia sanitaria pola cal pulaban, nun encontro organizado por SOS Sanidade pública. A xestión pública dos centros sanitarios era xustamente un dos puntos que recollía a ILP presentada por esta plataforma cidadá, e que o PP negou dúas veces. A primeira, en xuño: cando as forzas da oposición --daquela PSOE e BNG-- confiaban en que se permitise o debate aínda que a iniciativa fose vetadas a posteriori, o partido que goberna Galiza sorprendeu e non permitiu nin sequera o debate. A segunda, esta terza: facendo uso máis unha vez da súa maioría absoluta, vetou agora a tramitación da ILP. A plataforma denuncia "o desprezo" co cal a formación conservadora tratou esta iniciativa. "O presidente da Xunta non estivo, a conselleira de Sanidade chegou cando xa rematara a intervención, a presidenta do Parlamento pasou a maior parte do tempo falando por teléfono e Besteiro, secretario da mesa, aproveitou para ler o xornal". A iniciativa entrou no Parlamento avalada por máis de 30 mil sinaturas, o duplo das requeridas. Nela reclamábanse cuestións fulcrais como o carácter público da sanidade "como garantía do dereito á saúde", o rexeitamento ás formas de financiamento privado "introducidas pola Xunta", a necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria "mellorando os recursos e acceso ás tecnoloxías diagnósticas" e, por derradeiro, manter o modelo descentralizado do sistema sanitario na Galiza. O veto á ILP defraudou a SOS sanidade pública, plataforma integrada por organizacións veciñais, sindicais, ONGD, políticas, de usuari@s e de profesionais da saúde. Denuncian que a decisión do PP agocha detrás a intención de continuar "coa política de recortes e privatizacións" que esta formación política impulsou nos gobernos galego e español. |
NOS_51343 | En concreto, a proposta do Executivo galego é de 1.600 novas prazas no ámbito educativo, 1.491 serían para a Administración xeral e 1.215 para o ámbito sanitario. | O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, anunciou esta quinta feira, tras a reunión semanal do seu Goberno, a convocatoria dunha oferta de emprego público (OPE) correspondente ao exercicio de 2021 de máis de 4.300 prazas para os ámbitos da Administración xeral, sanidade e educación. En concreto, a proposta do Executivo galego é de 1.600 novas prazas no ámbito educativo -pendente de negociar en mesa sectorial-, que se sumarían ás máis de 3.600 que quedaron aprazadas da convocatoria de 2020 por mor da pandemia e cuxos exames empezarán o próximo 19 de xuño. Feixoo avanzou que, aínda que a OPE educativa que se negociará corresponde a 2021, as novas prazas non se poderán convocar até o próximo exercicio. Das novas prazas ratificadas por Feixoo tras o Consello da Xunta, así mesmo, 1.491 serían para a Administración xeral e 1.215 para o ámbito sanitario. "En sanidade facemos o que podemos, esgotamos a taxa máxima de reposición e sacamos o 110% das vacantes", remarcou, e insistiu en que á Administración galega gustaríalle "sacar máis prazas", pero topa co impedimento estatal. "O mesmo ocorre" no ámbito da Administración xeral, destacou, quen pediu ao Goberno estatal que "sente a escoitar" e recapacite en relación á taxa de reposición. |
NOS_25812 | O Celta recibe sen presión clasificatoria de ningún tipo o Real Madrid no partido máis interesante dunha xornada futbolística galega na que o Club Deportivo Lugo xoga mañá no Insular das Palmas e o Rácing de Ferrol-Guixuelo, que fora adiado a causa do coronavirus, é o único partido programado na categoría de bronce. | O Celta recibe o Real Madrid en Balaídos este domingo ás 16.15 horas da tarde nun choque correspondente á vixésimo oitava de Liga e que desde a contorna do conxunto branco, que vén de eliminar o Atalanta nos oitavos de final da Champions League hai tan só catro días e de coñecer na mañá de hoxe que o seu rival nos cuartos será un Liverpool en horas baixas, semella que afrontan case como se dun mero trámite se tratase no medio da súa carreira de persecución ao Atlético de Madrid pola cabeza da táboa. Con todo, e a pesar das evidentes diferenzas entre ambos os equipos, mal farían os de Zidane en confiarse, en considerar o Celta como un convidado de pedra, pois se algo caracteriza á escuadra celeste desde a chegada do Chacho Coudet a Vigo é esa afouteza que non só dá nome á flamante cidade deportiva do club, senón que é un leitmotiv, un referente espiritual, en especial nos grandes momentos, como son os compromisos ante o 13 veces campións de Europa. Factores que resultan de consideración á hora de analizar as oportunidade celestes de dar a sopresa son o cansazo acumulado logo do partido de Champions League nas pernas de xogadores chave, especialmente entre veteranos que continúan a ser vitais nos esquemas do preparador franco-alxeriano, como son os casos de Sergio Ramos, Luka Modric, Toni Kroos e Karim Benzemá, así como as baixas seguras dos mancados Odriozola, Mariano e Hazard, que esta semana sumou a súa décima lesión en menos dun ano. No bando celeste aspiran a aproveitarse destas particulares circunstancias do rival para sumar un triunfo ante o Real Madrid que en Balaídos se lle resiste desde hai seis anos e que, de conseguilo, deixaría, xa si, ese obxectivo da permanencia matemática que tanto anhela Coudet practicamente certificado. Terceira oportunidade de gañar para Luís César Di un refrán que "un é pouco, dous está ben e tres están de máis", dito que ben se pode aplicar á traxectoria de Luís César Sampedro como técnico do Club Deportivo Lugo despois de que non conseguise a vitoria nos seus dous primeiros partidos como técnico albivermello. Esta terceira oportunidade para o de Vilagarcía de Arousa será ás 18.15 horas do domingo ante un Castellón que chega na décimo novena posición, a que marca a fronteira cos postos de descenso. Sobre o papel pode parecer un rival teoricamente inferior, pero ante a terríbel xeira de sete partidos sen coñecer a vitoria que acumula o Lugo torna en rival directo na loita pola salvación, pois de caer derrotado ante os orelluts xa só os avantaxarían en tres puntos. Para o dianteiro José Ángel Carrillo, que disputou 66 minutos no empate da pasada xornada ante o Girona, o encontro ante o Castellón "vai alén dos tres puntos". "Non poden quitarnos o pan da nosa casa, temos que cambiar o chip rapidamente e aproveitar a nosa oportunidade para gañar. Para conseguilo faremos caso do míster, que nos pide que non sexamos individualistas, que defensivamente sexamos un bloque e que no ataque empreguemos moito as bandas", apuntou o experimentado futbolista murciano. Todo ou nada para o Rácing de Ferrol na Malata Se os partidos de Celta e Lugo son importantes, o do Rácing de Ferrol deste domingo ante o Guixuelo (17 horas) adquire até carácter dramático. Os Diaños Verdes disputan nunha Malata que contará con 1.000 almas apoiando aos seus o único encontro da xornada na Segunda B, un compromiso adiado a pasada semana a causa do gromo de coronavirus entre os ferroláns e no que, cara ou cruz, todo ou nada, se non gañan dirán adeus a calquera posibilidade de participar no play-off de ascenso. |
NOS_2891 | Luiz Inácio Lula da Silva e Jair Bolsonaro son os principais candidatos nesta primeira volta das eleccións. | Hoxe máis de 150 millóns de brasileiros e brasileiras están citadas para dirimir quen presidirá o país. O candidato do Partido dos Trabalhadores (PT), Luiz Inácio Lula da Silva, é o principal aspirante a vencer na primeira volta dos comicios deste domingo. Así o foron resolvendo as enquisas das últimas semanas. As enquisas achegan Lula da Silva á maioría absoluta Desde que Lula da Silva recuperou os seus dereitos políticos tras ser anuladas as súas condenas, non houbo sondaxe que non o sitúe de novo no Palacio do Planalto, sede do Goberno brasileiro, doce anos despois. Consciente diso, o aspirante á reelección polo Partido Liberal (PL) e actual presidente do país, Jair Bolsonaro, centrou a súa campaña en pór en dúbida o sistema electoral brasileiro e en lembrar o pasado coa xustiza do seu rival, á vez que facía fronte a unha pronunciada caída da súa popularidade, debida principalmente á súa xestión da pandemia. O Brasil vota este domingo na primeira volta das xerais con Lula como claro favorito Neste contexto, o Brasil decidirá o seu futuro nun momento no que ten que lidar con índices récord de inflación, unha desigualdade de tempos anteriores, o desemprego, e os estragos da pandemia. Ademais, existe o temor nunha parte da sociedade de que Bolsonaro non recoñeza os resultados das eleccións, despois de que estivese apelando en numerosas ocasións ao Exército e poñendo en dúbida o Tribunal Supremo. Últimas enquisas Na liña das enquisas destes meses, a coñecida nas últimas horas de Ipespe, contratada pola Asociación Brasileira de Investigadores Electorais (Abrapel), mostra o ex presidente Lula da Silva con 49% dos votos e Jair Bolsonaro con 35%. Por detrás deles, a unha distancia considerábel, atoparíanse Ciro Gomes, do Partido Democrático Trabalhista (PDT), con 8%, e Simone Tebet, do Movimento Democrático Brasileiro (MDB), con 7%. |
NOS_36118 | A.R. foi agredido nun supermercado da capital galega e perseguido até o centro hospitalario no que foi atendido polos golpes. | Os acontecementos tiveron lugar por volta das 21.20h., na segunda feira (8 de febreiro). Mentres paseaba o can e ía facer unhas compras ao supermercado que se atopa no barrio, A.R. foi agredido pola súa orientación sexual. "Había un can na porta, ladrou e A.R. preguntou de quen era", explica en conversa con Sermos Galiza o seu compañeiro, R.B. "Desúpeto un home saíu e comezou a chamarlle maricón e a ameazalo", afirma. "A.R. estaba flipando e sacoulle unha foto", para o denunciar. O seu agresor é unha persoa do barrio. "A.R. empurrouno e entrou no supermercado". Unha vez no interior "saltou por riba da caixeira e bateu nel cos puños". O home caeu ao chan mentres lle berraba "maricón sidoso de merda, agardo que non me contaxies nada, voute matar". Insultos "homófobos e sidofóbicos", explica R.B., "imaxino que as cámaras do supermercado teñen todo gravado. Os agresores seguiron até o hospital a A.R. onde continuaron a insultalo e ameazalo mesmo en presenza da policía Após chamar á policía e unha ambulancia, R.B. acudiu ao supermercado alertado por A.R. "Eles seguían insultando e a policía nacional e a local estaban a tomar os dados" nunha actitude que describe como "pasando de todo aínda que os tipos non se cortaban nada", sinala. A.R. foi trasladado en ambulancia até o centro hospitalario para ser atendido das magulladuras e golpes que lle propinaron. "Saímos fumar un cigarro para se tranquilizar e nese intre chegaron os agresores berrando 'que nos des a foto, maricón'". Perante a nova agresión interveu a seguridade do hospital e mesmo persoal sanitario que se atopaba alí. "A A.R. metérono nunha consulta e chamos a policía". Daquela, "xa o tomaron algo máis en serio mais aínda así...", apunta. "Tivemos que saír do hospital nun taxi e case escoltados" pois a policía non lles impediu permanecer alí, "dicían que non vían ningunha agresión". Delito contra a liberdade sexual Foron presentar denuncia á saída do hospital, porén, ningunha das testemuñas quixo acompañalos á comisaría para prestar declaración. "A soidade que sempre acompaña á vítima", di R.B. "Xa se encargará o xuíz de investigar e chamalos a todos". Na denuncia especifícase que se trata dun "delito de violencia contra a liberdade sexual". Aínda hai unha cuestión cultural que fai crer que podes pegar a un marica ou un gordo sen que pase nada, a xente non se actualiza como un software Após o acontecido, aseguran que se están a pensar a posibilidade de cambiar de domicilio. A.R. non é a primeira vez que foi ameazado embora non presentar denuncia con anterioridade. "Viven ao lado e esta xente está enferma", di, como evidencia que "actuaron publicamente". "Xa vivín isto de neno, sei de que vai o rollo, sei que é que te ataquen por ser maricón e que busquen excusas para facelo", afirma. "Vivímolo todos os colectivos LGTBi e ten a mesma raíz que o machismo". Para R.B. estase a producir un "repunte" das agresións como resultado dun "importante retroceso" que atribúe en boa medida a mudanzas legais que, no entanto, non supuxeron mudanzas culturais, sociais. "Hai 10 anos que se aprobou a lei de matrimonio igualitario e aínda pasan estas cousas", sinala. Aliás, R.B. fai referencia á Lei de non discriminación LGTBi e na que "o PP encargouse de eliminar todas as cuestións prácticas e sancións", a "tipificación de delitos" o que a deixa sen "aplicación legal", sinala. "Aínda hai unha cuestión cultural que fai crer que podes pegar a un marica ou un gordo sen que pase nada, a xente non se actualiza como un software", apunta. |
NOS_22365 | O treinador anunciou cambios, de xogadores e xogo, para o crucial encontro deste serán (21 h) contra o Mallorca. Fican 24 puntos en xogo e os celestes están dispostos a non deixar fuxir ningún. | Medio milleiro de siareir@s acudiron este domingo a A Madroa para lembrar a xogadores e equipo técnico do Celta que #XuntosConseguirémolo é moito máis que un simple HT. É un compromiso de afección e equipo para reaccionar. Unha reacción que debe comezar esta noite perante o Mallorca (estadio Iberostar, 21.00 horas, Canal + Liga, Gol TV). É un duelo de pura supervivencia entre pecha-cancelas e o penúltimo. E o Celta non está disposto a perdelo. Fican 24 puntos en xogo e a permanencia non é unha utopía. Após os resultados desta fin de semana, hai cinco equipos en cinco puntos. E fronte o Mallorca, un rival directo, é unha oportunidade única para sentara s bases dunha remontada na táboa que acabe sacando ao equipo celeste dos postos de descenso. A defensa do Mallorca, coa do Depor, é a máis goleada desta liga: 63 tantos encaixados "Gañar, gañar ou gañar" O treinador, Abel Resino, recoñeceu que pode haber cambio de estilo (o que implementou coa súa chegada, semella que desconcertou a afección e xogadores, `para alén de non dar resultados positivos). Tamén contempla, ben por cuestións médicas, ben por cuestións tácticas, variacións en todas as liñas agás na portería. Recoñece, nunha entrevista no Faro de Vigo, que na cita de hoxe hai que "gañar, gañar ou gañar" e considera que o campo de Mallorca pode ser o ideal para reaccionar. Máxime tendo en conta que o vindeiro duelo vai ser contra o Zaragoza, outro rival directo (Balaídos. 22 de abril. 22:00 horas). |
NOS_58030 | Dentro da serie de entrevistas Veñan máis cinco falamos co poeta Ramiro Torres (A Coruña, 1973). | -Como avalías o estado actual da cultura galega? -Está num momento de forte criatividade individual e grupal, e, ao tempo, de difícil interacção com o conjunto da sociedade galega. Dentro da criatividade, existem numerosas perspectivas e projectos diversos, desde muitos pontos de vista. Contudo, falha em grande maneira a conexão fora dos circuítos habituais de gente interessada, o que dificulta enormemente a sua visibilização e valorização social, pois parte do menosprezo mais ou menos dissimulado da maior parte das elites socio-económicas e mediáticas. E aí é onde há que actuar: manter a qualidade criativa e saber, ao tempo, rachar os muros invisíveis com a maior inteligência possível. -Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista? -Vai depender da capacidade de gerar propostas interiores ao conjunto da sociedade civil cultural, ajudadas também por administrações, evidentemente, mas lançadas desde a liberdade criativa mais absoluta, tecendo e retecendo, renunciando às periferias mentais e convertendo o próprio percorrido em centro de uma universalidade enraizada. Há que reinventar grande parte dos espaços culturais existentes para que sejam emissores de potência criativa, e superar os conflitos personalistas e cansinos que estão a queimar o bosque da cultura. Dependendo disto, teremos a confirmação da situação actual, com uma minoria social fortemente crítica e umas maiorias indiferentes ao que não seja reproduzir os discursos da dependência, ou bem a consolidação de um arquipélago de projectos (individuais e colectivos) com a perspectiva comum de (re)inventar o legado cultural e seduzir com um modelo diverso, inclusivo e permanentemente fertilizador de criatividades e vidas para a maior parte possível da sociedade galega. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Aguardo que Sermos seja capaz de se tornar parte fundante desse modelo, acolhendo todos os movimentos, subterrâneos ou visíveis, que operam desde essas novas perspectivas anteriormente comentadas. Trata-se de recolher o melhor do que se tem feito até agora e, ao tempo, propor, transitar, experimentar e desenvolver todas estas formas, para que seja um lugar de encontro e fecundação de mundos que estão a aguardar por nós. Nota: Sermos respeita as distintas opcións ortográficas do galego á hora de transcreber as respostas. |
NOS_50401 | O segundo filme de Plácido Romero chámase O Tempo na Luparia. A medio camiño entre o cinema ensaio e o documental, rexistra o paso do tempo "e o tempo que reside no pobo" na Raia Seca. Mais concretamente no Concello de Lobeira. Este serán ás oito estréase no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. | "O tempo habita nas paisaxes que nos conmoven", di o cineasta na nota de prensa sobre a obra, "na Mota Grande do Leboriero, entre os muros da casa de Xaquín Lorenzo, Xocas, nos rituais ancestrais que contribúen a que os pobos conserven a súa identidade, nas vidas e traballos cotiáns das persoas". E na "derradeira" xeración de mozos da zona. Para Romero, que debutara como director de filmes en Cesteando (2016), o seu traballo procura "esculpir o tempo". "Eu tiña un gran bloque de tempo atrapado en imaxes e testemuñas do pasado e do presente", di, "e tiven que o ir reducindo laboriosamente ate producir esta obra cinematográfica". Entre as referencias en que se fixou para sacar adiante O Tempo da Luparia -producida por Arraianos- atópanse o Amarcord de Fellini, "o estilo claro de José Luis Guerín" ou El cielo gira, de Mercedes Álvarez. A extinción da civilización campesiña e a despoboación do mundo rural galego teñen no filme de Romero un novo documento. |
NOS_22978 | Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG Banca, lembra que entran na cadea polas prexubilacións cando neses anos se finiquitou o sistema financeiro galego. | - Cinco exdirectivos de NCG entran en prisión polo caso das prexubilacións. Faise, finalmente, xustiza? - Aínda fica xustiza por facer. Estamos falando dunhas persoas que entran en prisión polas pre-xubilacións que se aseguraron sabendo como estaba a cousa, mais aínda queda todo o importante: os case 10.000 millóns de euros do resgate das caixas, tanto como o orzamento da Xunta para este ano. Arruinaron as entidades, tivo lugar un proceso de reestruturación de entidades financeiras que só pode ser calificado como opaco... Así que si, fica moito por investigar. De feito, dise que a xustiza é lenta, mais polo que se ve é moito máis rápida que a comisión de investigación das caixas... - Agora que xa pasou un tempo, e podemos mirar con certa perspectiva, como se puido dar todo aquilo? A desaparición das caixas, todas esas prexubilacións millonarias... - Na orixe hai unha decisión ideolóxica: que as entidades financeiras se auto-regulen a si propias. Iso levou a unha especulación pura e dura. As caixas galegas eran rendábeis no país, iso non se dubida. Mais apostaron na expansión no estado, sen cabeciña e á procura do negocio do tixolo. Non houbo, ademais e isto é moi importante, ningún control por parte do Banco de España ou da Xunta de Galiza, que eran quen tiñan as competencias e a responsabilidade de facelo. Mais a pregunta é: estamos agora mellor que daquela? Pois hai que dicir que non se avanzou nada, que non cambiou a mentalidade nin se adoptaron as medidas necesarias. - E hai responsabilidades políticas? Unha cuestión que debería pairar naquela comisión de caixas do parlamento galego.. - Aquela comisión foi un paripé. O PP non tiña interese ningún en que fose para adiante. O que hai que dicir é que eses directivos que agora entran en prisión seguiron nos seus postos por presións de Abel Caballero aceptadas polo PP. Ambas as dúas forzas, populares e socialistas, modificaron a Lei de Caixas para que puidesen manterse á fronte da nova entidade, a pesar de que en base a esa lei non podían continuar nela. |
NOS_33679 | Nun acto institucional con motivo do 25 de Novembro, Santiago Villanueva afirmou que a violencia machista é reprobábel por atinxir "a parte máis débil" da sociedade, "as mulleres". | O sucesor de Samuel Juárez á fronte da Delegación do goberno español en Galiza, Santiago Villanueva, asegurou nunha intervención pública con motivo do acto institucional decorrido na Coruña este 25 de Novembro, que "as mulleres" son "a parte máis débil" da sociedade. Razón esta pola que considera reprobábel a violencia machista, especialmente "coas maiores", acrecentou. Así o recolle a gravación emitida pola Cadena Ser en Galiza. |
NOS_36981 | O escritor galego-catalán vén de gañar a segunda edición do Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que organiza o Concello de Guitiriz. | A obra gañadora titúlase 'O filósofo coxo', e foi premiada por un xurado composto polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo. Presentáronse 44 orixinais a este galardón. A obra será publicada nos vindeiros meses pola editorial Espiral Maior. Eduard Del Castillo Velasco (Barcelona, 1982) é, ademais de escritor, filólogo e tradutor. Neste momento rexenta a libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela, xunto coa tamén poeta Alicia Fernández, nun proxecto conxunto con Antón Lopo e outros que tamén conta cunha editorial centrada na poesía. En 2014 tamén gañou o premio Xosé María Pérez Parallé, grazas a 'Ruído de trens' que publicou ao ano seguinte tamén en Espiral Maior. |
NOS_20534 | Muller que destacou en ámbitos académicos en Estados Unidos, adicou o seu traballo á teoría de grupos e foi nomeada en 2010 Doutora Honoris Causa pola UDC. Tamén leva o seu nome un parque público en Oleiros, concello no que naceu. | Na cidade da Coruña faleceu este sábado María Wonenburger, de 86 anos e unha das científicas máis importantes da historia de Galiza, dentro do eido das matemáticas. Wonenburger foi unha pioneira dentro dun campo e un tempo onde a presenza de mulleres sempre foi mínima e mesmo rexeitada. Licenciouse en matemáticas en Madrid en 1950 mais foi Estados Unidos o país que acolleu á súa maior etapa profesional, sendo de feito a primeira muller á que lle concederon unha beca Fullbright, na universidade de Yale. O seu principal campo de traballo foron a teoría de grupos e a álxebra de Lie. Nos anos 80 regresou a Galiza. En 2007, a Xunta creou os premios co seu nome para recoñecer ás mulleres dentro do mundo da ciencia e a tecnoloxía. Así mesmo, en 2010 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña, sendo nese ano homenaxeada tamén polo Consello da Cultura Galega. No seu Montrove natal, no concello de Oleiros, un parque público leva o seu nome. O concello da Coruña aprobou dedicarlle unha rúa hai catro anos, pero aínda non plasmou esa intención. |
NOS_35575 | Os dous grupos parlamentares aprobaron os orzamentos entre os apupos da veciñanza de Teis e o rexeitamento do BNG. | PP e PSOE aprobaron esta sexta feira (13 de xuño) os orzamentos de Vigo, co rexeitamento do grupo municipal do BNG. As dúas organizacións consumaron así o pacto alcanzado e que tivo tamén a súa réplica en Lugo. Ambas as dúas forzas políticas aseguraron que estes son "os orzamentos máis sociais da historia de Vigo", unha afirmación de Abel Caballero que desde o BNG rexeitan. "Reduciron 1,2 millóns as axudas directas" e "700.000 euros nos convenios para emprego", apuntou a portavoz do Bloque, Iolanda Veloso. Para @s nacionalistas este pacto entre PP e PSOE é "vergoñento" e "eleitoralista". Ás criticas do BNG sumáronse tamén os apupos entre o público que asisitiu ao pleno, na súa maioría veciñanza do barrio de Teis á que o acordo entre PP e PSOE deixará sen centro social. Os orzamentos aprobados suprimen a axuda que recibían para xestionar o espazo que a partir de agora pasará a mans dunha empresa privada. As asistentes interromperon a sesión plenario, que tivo que ser paralizada pouco despois de comezar, ao berro de "Caballero mentireiro, Figueroa trapalleiro", denunciando que o alcalde e o portavoz municipal do PP se puxesen de acordo para os botar do centro cívico. |
NOS_57747 | Mantén 7 días máis as medidas de limitacións adoptadas a pasada sexta feira e establece novas actuacións: restrinxe as visitas a hospitalizados na Coruña e realizará PCR preventivas a menores de 40 anos. | "De momento non imos establecer medidas de control da mobilidade". Así anunciou Núñez Feixoo esta cuarta feira que non ía haber restriccións de mobilidade na comarca da Coruña, unha opción que nestes días ía collendo forma para moitos á vista da evolución do incremento dos casos de Covid nesa zona. O presidente compareceu após a xuntanza do comité técnico de saúde, integrado por unha trintena de especialistas, para explicar o decidido nesa reunión. Non haberá restricións á mobilidade malia que a situación na área da Coruña "é mala" e "moi preocupante", en palabras do propio Feixoo. "Se nos vemos obrigados a ter que confinar cidades ou comarcas... pode que haxa confinamentos nas vindeiras semanas", indicou Feixoo, que cualificou a situación da área sanitaria coruñesa como "mala" e "moi preocupante". A incidencia acumulada na Coruña é de 92 casos por cada 100.00 habitantes, moi superior á medida da Galiza (23,7 casos) O que si decidiu o comité foi prolongar durante sete días máis as medidas adoptadas 5 xornadas atrás: limitacións ao lecer nocturno, capacidade de 50% en comercuos, restricións a visitas a centros de día... E a elas engadiranse novas restricións, tamén durante 7 días: restrinxir os familiares acompañantes a persoas hospitalizadas e valorar se amplía a máis concellos da área as restricións do ocio nocturno. A isto engádese que se aumentará o número de PCR e realizarase un "peneirado selectivo" entre os sectores da poboación con maior incidencia, como as persoas menores de 40 anos. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galiza (DOG). Di que "o pobo galego" non cumpre coas medidas Feixoo lamentou que "non se estean a cumprir" as restricións adoptadas para a comarca da Coruña e dixo que ese "incumprimento" non era propio "do pobo galego". Instou ás autoridades locais a mellorar os controis, volvendo así deitar sobre a Administración local (como xa fixera no caso do foco da Mariña) a responsabilidade de facer cumprir as medidas aprobadas pola Xunta. A incidencia acumulada na Coruña é de 92 casos por cada 100.00 habitantes, moi superior á medida da Galiza (23,7 casos) e case igualando a española (94,6 casos por cada 100.000 habitantes). A Xunta estuda prohibir fumar ao camiñar pola rúa ou en terrazas se non hai distancia de seguridade O comité clínico de expertos en materia de prevención da Covid-19 abordou tamén na súa reunión a posibilidade de prohibir fumar mentres se camiña pola rúa ou se está en espazos públicos permitidos -como terrazas-- se non se garante a distancia de seguridade. Así o explicou Feixoo que detallou que os expertos consideran o fume do tabaco "un factor de difusión" do virus. Por iso, na orde que se publicase na tarde desta cuarta feira, avanzou, incluirase unha medida deste tipo que afectará toda Galiza. |
PRAZA_601 | O presidente da Xunta afirma que non hai "ninguén mellor" para gobernar a capital galega que o seu candidato, a quen contrapón á "vella política do alarido", do "berro" e do "odio" baseada en "receitas que caeron co Muro de Berlín". | O PSdeG lamenta que Feijóo eloxie a capacidade de Ferrol para "sufrir" Cádiz, decembro de 2009. Alberto Núñez Feijóo leva pouco máis de medio ano na presidencia da Xunta e participa nun acto conmemorativo sobre a Constitución española de 1812 na cidade andaluza. Alí eloxiou o texto constitucional do XIX como o primeiro en España "no que non hai nin vencedores nin vencidos", o que o levaba a ver un "paralelismo evidente" co "proceso constitucional de 1978". Tras media década, en marzo de 2014, o presidente glosaba a figura de Adolfo Suárez, acabado de falecer, e eloxiaba que as persoas artífices da Transición política foran quen de poñer fin á "espiral interminable" de "vencedores e vencidos" que caracterizara a política española. Un ano despois destas palabras o líder do PP en Galicia mudou radicalmente de discurso para, metido xa de cheo na precampaña municipal, explicar que naqueles anos da Transición houbo quen sufriu unha "derrota". Como antes fixera con Gerardo Conde Roa e mais con Ángel Currás o titular da Xunta exerceu este luns de presentador dunha conferencia no Forum Europa do agora alcalde de Santiago, Agustín Hernández. Malia asistir ao acto en calidade de presidente do Goberno galego Feijóo optou polo ton preelectoral para asegurar que Hernández "personifica" a "nova política". O ex conselleiro de Infraestruturas, asegura, é "alguén que demostra que os erros se poden corrixir, que se pode recuperar o pulso dunha comunidade". Para Feijóo non cabe pensar en "ninguén mellor" para dirixir o Concello da capital que o propio Hernández, un "rexedor peonil" que é paradigma dun "novo municipalismo". "O reformismo, a renovación, o cambio amable, van con el", eloxia. Feijóo alerta da posibilidade de que Goberne Compostela "a vella política do alarido" dos que "caeron derrotados" na Transición Xunto á fervenza de eloxios para o alcalde que el mesmo nomeou -unha "ollada", segue mantendo, foi dabondo para designalo como substituto de Currás- Feijóo desprega duras acusacións para, sen mencionalos explicitamente, cargar contra os seus adversarios electorais, a quen identifica coa "vella política do alarido", do "berro", do "odio" e do "enfrontamento abrupto". Apenas tres días despois de advertir en Ferrol dun "caos liderado por Podemos" no que tamén participarían "os comunistas", "as mareas, o PSOE e o BNG" o presidente fala agora do risco de que goberne Santiago unha "política abrupta" que "nos faga retroceder" por estar "baseada en receitas que caeron co Muro de Berlín". Esa "vella política", ataca, é a mesma que cuestiona a Transición de finais dos 70. "Falan contra a transición os que caeron derrotados nela", sentencia. Hernández, convencido da vitoria Tras a presentación do presidente chegou a quenda de Hernández. Ante a tarefa de liderar a lista electoral que en 2011 pechou o rexedor asegura non contemplar "outra alternativa diferente a gañar e gobernar Santiago". Malia á súa turbulenta chegada ao Pazo de Raxoi afirma agora que a designación "cambiou a miña vida para ben" e, neste marco, promete que aplicará un "plan de reactivación" que oriente Santiago "cara a un novo concepto de cidade". O seu goberno, afirma, está a tentar "recuperar un pulso que, co inicio da década, se tiña debilitado enormemente". Hernández mantén que o seu goberno está a "recuperar o pulso" da cidade "Imos fomentar a comunicación, a cooperación e a participación, implicar aos cidadáns, as institucións e ás empresas", afirmou Hernández, quen tamén promete a "participación esencial" nesta "tarefa" do "movemento veciñal". Vinculada ás asociacións veciñais estivo, precisamente, a crítica lanzada sobre esta conferencia de Hernández dende a plataforma Compostela Aberta. Segundo sinalou nas redes sociais o aspirante a liderar esta candidatura municipal, Martiño Noriega, dende o "gabinete da Alcaldía de Compostela" realizáronse "chamadas ás asociacións de veciños para convocar aos seus presidentes" a este acto indicando que se trataba dun "almorzo" para "coñecerse". Este, ironiza, "non debe ser uso partidista das institucións". |
NOS_9158 | A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) expresa a súa "preocupación" logo da primeira lectura ao Plan de Reactivación Cultural e Turística do Goberno Galego e demandan "medidas concretas". | A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) expresa a súa "preocupación" logo da primeira lectura ao Plan de Reactivación Cultural e Turística da Xunta da Galiza, publicado a pasada semana. Desde a AGPXC sinalan que continúan a "analizar o documento" e a "manter múltiples conversas" tanto coas súas asociadas como con outras entidades representativas do sector coas que comparten "preocupacións" por cousas como a "falta de concreción" ou de "medidas hixiénico sanitarias". Ademais, apuntan a unha "desprotección da diversidade" en areas do sector cultural "non exclusivamente dirixidos á produción e o consumo", e reclaman unha "maior participación da CRTVG como fonte de apoio e investimento". Por outra banda, demandan que o Xacobeo 2021 torne en "eixo transversal do feito cultural galego" e que se corrixan "a falta de medidas para a transformación dixital", a "ausencia de perspectiva de xénero" nas medidas propostas ou "a falta de información sobre a adaptación do orzamento de 2020 da Cidade da Cultura". "Confiamos na vontade da Consellaría de Cultura en manter aberto o diálogo con todo o sector para que o plan que se acaba de presentar incorpore todas as medidas necesarias que permitan poñer a salvo a todo o ecosistema cultural galego", conclúen. |
NOS_51692 | Xurxo Álvarez, da Federación Rural Galega (Fruga), anota as prioridades do sector agrario para poder competir en condicións de igualdade dentro do marco que estabelece a Unión Europea e da súa principal ferramenta económica: a Política Agrícola Común. | A finais dos anos 80 do século pasado, o agrarismo nacionalista tiña unha postura moi crítica coas negociacións que o Estado Español (EE) tivera cos socios da Comunidade Económica Europea (CCE, actual UE), no referente á situación das producións agrarias. Daquela dicíase que a incorporación na CEE prexudicaba o agro galego, dado que íamos competir con explotacións máis desenvolvidas que as nosas, tanto a nivel de produción como de infraestruturas, o que viña ser outra loita de Davide contra Goliat. A proba máis palpábel viuse no sector lácteo, coa implantación das cotas de produción, que fixaron como no ano 1984, cun sector en pleno subdesenvolvemento, comparado con outros países, aínda que o Estado era deficitario en leite, As cotas á produción eran así un problema para o desenvolvemento e ampliación da produción. Cando Manuel Fraga acadou a Presidencia da Xunta da Galiza, unha das teimas (entre outras) do presidente foi "modernizar o país", e para tal cousa había que facer unha reconversión na agricultura rebaixando o número de agricultores aos parámetros europeos (2% aproximadamente), todo isto sen propor alternativas aos "expulsados" do agro. Desde aquela, empezou unha política agresiva contra os sectores produtivos agrogandeiros, que se ensañou fundamentalmente coas caídas dos prezos dos produtos, o que causou unha desestabilización económica nas explotacións e deu comezo ao abandono das explotacións por falta de rendibilidade. "Cando Manuel Fraga acadou a Presidencia da Xunta da Galiza, unha das súas teimas foi 'modernizar' o País, rebaixando o número de agricultores até parámetros europeos" Estas políticas seguen. Se analizamos os últimos dez anos, o mundo rural ten mudado grandemente, e non en sentido positivo. A súa evolución vén marcada polo abandono, a despoboación e a desertización. Ligado e facendo parte desta tendencia, asistimos á concentración dos sectores produtivos en moi poucas unidades de produción, e en comarcas concretas, quedando a ermo gran cantidade do territorio. Como exemplo práctico vemos que na evolución da superficie agraria útil (SAU), nos anos que van de 2007 a 2017, esta baixou en 90.000 hectáreas, aumentando a superficie forestal en 46.000 ha, que na maioría foron repoboacións de especies de eucalipto. Como dato do abandono da actividade agraria, temos algúns exemplos moi significativos como que o número de persoas afiliadas ao réxime especial agrario apenas supera o 3% de media. Outro dato é que, segundo as últimas estatísticas, en 215 concellos galegos,o número de xubilados supera o número de activos. "En 215 concellos galegos o número de persoas xubiladas supera o de activas" Con semellante situación, os gobernantes do país, e segundo as directrices da agroindustria, seguen sen apostar por un modelo de rural vivo e produtivo. O abandono vai a máis, o que está a facilitar políticas agresivas contra o medio; e aquí poderíamos apuntar a implantación dos parques eólicos para empresas, ou a venta e alugueiro de inmóbeis situados en zonas rurais, co obxectivo de vender o rural galego por anacos, para facilitar o acceso á maior parte do territorio a sectores do capital especulativo. Un dos problemas máis graves que está a causar o abandono é a proliferación dos lumes forestais, que cada vez son máis virulentos e ameazan os núcleos urbanos. Esta situación pódese reverter, sempre que haxa unha vontade político-social e de país para realizalo. É preciso unha configuración dunha nova política agraria e rural, que tenda a corrixir os fortes desequilibrios hoxe existentes, tanto entre sectores como entre países, e contribuír realmente a lograr sectores desenvoltos ao tempo repectuosos co medio ambiente e coa calidade dos alimentos. "Os incendios forestais son cada vez máis virulentos e ameazan os núcleos urbanos" Por todo isto, desde Fruga reinvidicamos: a) Asegurar niveis de renda dignas aos produtos do sector agropecuario. b) Equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentar desde a produción até o consumo. c) Dereito a desenvolver a nosa capacidade produtiva. d) Unha PAC que teña máis criterios sociais, estabelecendo unha modelación do apoio en función da renda e do volume de emprego nas explotacións. Calquera gobernante de calquera país non debe permitir que se reduza a capacidade de produción de alimentos (soberanía alimentar) para a poboación, e a sociedade no seu conxunto non debe nin pode permitilo. |
NOS_8980 | O SolporSon terá lugar no campo da festa de Biduído (Ames) este sábado 14 de decembro a partir das 17 horas, co obxectivo de promover a música en galego entre a mocidade da zona. | Este sábado 4 de decembro terá lugar no campo da festa de Biduído (Ames) o SolporSon, un festival que procura promover a música galega entre a mocidade da zona. O festival parte dunha aposta clara nos "grupos que promoven a nosa cultura", explica desde a organización Rosalía Seijas. Ademais, pretenden "facilitar a oferta cultural fóra dos núcleos urbanos". Contará coa presenza de dous grupos locais que ensaian no local habilitado para tal fin polo Concello, A Fábrica. Neste senso, é tamén unha "oportunidade para dar a coñecer entre a mocidade da zona a existencia deste espazo". A xornada comezará ás 17 horas cunha batalla de galos. A partir das 19.30 horas terán lugar as actuacións musicais de Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Destinado a todos os públicos, o festival estará presentado pola xornalista Paula Señarís. |
NOS_4156 | Un día após o falecemento de Xosé Neira Vilas, temos que informar doutra triste noticia: a morte do teólogo Xosé Chao Rego (Vilalba, 1932), unha das principais figuras no ámbito do ensaio sobre temas antropolóxicos e teolóxicos. | Xosé Chao Rego (Vilalba, 1932) morreu este sábado ás 9.30h, tan só un día após o falecemento de Xosé Neira Vilas. O teólogo e escritor entrou no seminario de Mondoñedo con dez anos. Posteriormente, licenciouse en Filosofía en Salamanca e Madrid. Tamén pasou por Roma, de onde voltou a Mondoñedo con 24 anos licenciado en Teoloxía. Durante 17 anos, Chao Rego exerceu de párroco en Santa Mariña do Vilar, Ferrol, e en 1976 retirouse á casa natal de Vilalba para se dedicar ao estudo cultural e relixioso. Foi profesor de instituto en Vilalba e en Compostela. Promotor da revista Irimia e de Encrucillada, Chao Rego recibiu o Premio de Ensaio da Crítica en 1983, foi finalista do Premio Nacional de Literatura polo seu ensaio Eu renazo galego e no ano 2002 dedicóuselle o Día das Letras Chairegas. Desde ese ano, é socio de honra da AELG. Entre a súa prolífica obra destacan Prisciliano, profeta contra o poder; Para comprendermos Galicia; Eu renazo galego; Camiño verde: ecoloxismo e creación; A condición homosexual; ¿Por que nos sentimos culpables?; Na fronteira do misterio: credo para xente non crédula; O demo meridiano, lembranzas dun transgresor; Biblia Popular Galega, Prisciliano; O sexo, a muller e o crego ou Itinerario da conciencia galega. O corpo de Chao Rego velarase ao longo deste sábado no tanatorio de Boisaca. O funeral terá lugar este domingo (sen hora confirmada) en Boisaca. |
NOS_22472 | A RAG destaca especialmente o labor do Celta | Derrubando ese muro de incomprensión que en moitas mentes segue separando cultura, deporte, e mesmo país, a Real Academia Galega (RAG) felicitou na súa web oficial a diferentes entidades deportivas da Galiza pola súa implicación co recente Día das Letras Galegas 2021. A RAG destacou especialmente a campaña levada a cabo por un Celta de Vigo que fixo saltar a celebración das Letras Galegas ao campo no partido disputado o pasado domingo ante o Barcelona, pois o conxunto vigués escribiu no Camp Nou a última páxina dunha conmemoración que a Academia cualificou de "ben orixinal". Así, os xogadores celestes realizaron o quecemento previo ao comezo do encontro vestindo unhas camisetas creadas especificamente para celebraren o 17 de maio. Nestas os termos futbolísticos máis populares en galego substituían nas costas os nomes dos futbolistas, portando Iago Aspas a palabra 'Canear' ou o gardameta Iván Villar outra tamén moi relacionada co seu oficio, 'Luvas'. A maiores, nos días previos ao compromiso cos cataláns, as distintas estrelas do Celta explicaron a través das distintas canles sociais da escuadra olívica o significado de cada unha das distintas palabras escollidas. Foron biqueira, luvas, furar, malleira, reviravolta, adestrador, quecemento, sachada, punteirolo, curruncho, afouteza, seareiro, canear, bancada, padiola, e canteira, uns termos que formaron parte dun concurso nos que as afeccionadas puideron avaliar o seu léxico futbolístico. Por outra banda, a Academia tamén tivo palabras de agradecemento para o Monbus Obradoiro -que vestiu unha camiseta cos nomes de todas as figuras ás que a Real Academia Galega rendeu homenaxe-, o Breogán de Lugo, o Deportivo ou as Federacións Galegas de Fútbol e Atletismo. |
NOS_18655 | A CUP presentará este martes no Parlament a súa propia Declaración de Soberanía, coa desobediencia civil como ingrediente básico. | A CUP-Alternativa de Esquerras formula con clareza a desobediencia civil como vía para exercer a soberanía, ante os previsíbeis atrancos que irá pór o Estado español ao exercicio do dereito de autodeterminación do pobo catalán (cumpre lembrar que esta mesma semana, a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría ameazaba con levar o asunto ao Tribunal Constitucional). Se o pobo catalán se constitúe en suxeito político pleno, debe poder exercer os seus dereitos políticos sen ningún tipo de condicionante externo, entende a CUP, para a cal non pode ser conditio sine qua non a pertenza dun eventual Estado catalán á Unión Europea. Para a formación soberanista e de esquerdas, o proceso xa iniciado "no Principat" debe estenderse tendencialmente e pola vía do diálogo político ao conxunto dos Països Catalans. |
NOS_18343 | A publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da poxa de interrompibilidade puxo en alerta ao persoal de Alcoa. O comité de empresa asegura que o anuncio empeora a situación e non favorece a industria electrointensiva. No horizonte a resposta sindical está na rúa. Ao tempo, miles de persoas maniféstanse en Foz polo futuro dunha industria chave na comarca da Mariña. | "O goberno desexa non ter industria". Así de directo é José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, após dixerir o texto da poxa de interrupción que publicou esta terza feira 3 de decembro no Boletín Oficial do Estado (BOE). O responsábel sindical explica a Sermos Galiza que as bases publicadas non teñen moito sentido en ningún dos seus apartados. "Pon a competir cementeiras con empresas que necesitan a enerxía para poder subsistir", explica o presidente do comité de empresa, "no noso caso un 40% dos custes de produción da nosa empresa é de enerxía e na poxa compáranos con outras que teñen dependencia enerxética nun 0,5%, é ridículo". Segundo explica Zan a situación empeorou. "O prezo da nosa enerxía estaba 20 euros máis cara que o de Francia e Alemaña", sinala, "esa diferencia por megavatio (Mw) a final de ano supuña que a nosa fábrica comezaba con 70 millóns de perdas". Con esta nova poxa non baixan o prezo para poder competir co resto de Europa, todo o contrario. "Agora serán 10 euros máis polo que estaremos a 30 euros/ Mw e a 105 millóns de euros en perdas", explica Zan. Para o presidente do comité de empresa "é unha auténtica salvaxada por parte dun goberno que ten un Ministerio de Industria e outro de Transición Ecolóxica que se están a cargar a industria do país". As poxas no seu momento fixéronse con bloques de 90 Mw para que tiveran unha parte fixa as grandes empresas electrointensivas. A poxa basease en que unha grande empresa electrointensiva como Alcoa que consumía 400 Mw "nun momento dado de colapso da rede estatal paraba o consumo de enerxía e volcaba 400 Mw á rede", explica José Antonio Zan, "esa cantidade sería algo así como o que produciría a central nuclear de Garoña". O futuro de Alcoa "Unha vez que a estas empresas non lles permites competir perderían diñeiro indo á poxa posto que parar as cubas electrolíticas leva consigo un desaxuste do proceso que tarda un mes en recuperar", sinala a Sermos Galiza o presidente do comité de Alcoa, "polo que non ten sentido pagar o mesmo que gastas". Esta mesma explicación deu a propia multinacional cando coñeceu as bases da poxa. Queda aberta a posibilidade, daquela, de que a empresa decida non presentarse. O enfado do persoal de Alcoa en San Cibrao co Goberno español é evidente "Non sei que vai facer a empresa, nós o único escenario no que traballamos é aquel que solucione os problemas da planta en San Cibrao", asegura José Antonio Zan, "non é lóxico que a grande industria marche para Franza se ao Goberno lle dá a gana". O enfado do persoal de Alcoa en San Cibrao co Goberno español é evidente. "Non se lle ve vontade ningunha ao PSOE, polo menos ao que está en Madrid". Desde o comité de empresas anuncian mobilizacións e unha grande manifestación en Lugo "antes de fin de ano" se o Goberno non actúa antes. O comité de Ferroatlántica carga contra a poxa O comité de empresa de Ferroatlántica critica ao Goberno español polo recorte da poxa de interrumpibilidade para o primeiro semestre de 2020. Adiantan mobilizacións en defensa dos postos de traballo e en favor dunha tarifa eléctrica competitiva. Nun comunicado, reproba que supón un 60% menos con respecto á última poxa, e amosan a súa preocupación "en especial" pola desaparición dos bloques de 40 Mw "que afectan aos grandes consumidores" como é o caso de Ferroatlántica. CIG chama a mobilizarse diante dun Goberno español 'enrocado na mentira' "O Goberno español segue enrocado na mentira permanente", sinala o secretario xeral de CIG Paulo Carril. Para a central sindical nacionalista a actitude do Goberno español é de "inoperancia" e a poxa feita pública "agravará a crise na que está sumida a industria electrointensivas a causa dos elevados custes do prezo da enerxía ". Sinalan que con estas condicións poderíase dar incluso a circunstancia de que Alcoa non concorra no proceso, favorecendo así ter unha escusa para aplicar máis axustes laborais e produtivos no complexo de San Cibrao. CIG ten denunciado en numerosas ocasións que o actual sistema de poxa constitúe "unha auténtica ruleta rusa e a verdadeira causa da inestabilidade e do risco permanente dos postos de traballo neste sector". Por este motivo e nestas circunstancias fai un chamamento a mobilizarse e volvera concentrarse a vindeira terza feira, 10 de decembro, ás 11 horas na Delegación do Goberno na Coruña. |
NOS_21212 | Os datos achegados este sábado por Sanidade indican que os casos activos por coronavirus descenderon cunha lixera baixa na Mariña e un incremento na área da Coruña polo foco de Betanzos. | Os casos activos por coronavirus na Galiza descenderon en seis en relación á pasada xornada, pasando de 224 a 218. Na área de Lugo tamén baixan aínda que esta, onde se rexistrou un foco significativo na Mariña, acumula un total de 148 deses casos. A maior subida, catro casos, experiméntase na área da Coruña, que tamén notificou un foco en Betanzos nos últimos días. A última actualización de Sanidade, dos 218 casos positivos, 148 corresponden á área de Lugo -12 menos que no parte da pasada sexta feira-; 31 á da Coruña e Cee -catro máis-; sete á de Compostela e Barbanza -sen cambios-; 17 á de Vigo -tamén sen cambios-; cinco á de Ourense -sobe nun-; un á de Ferrol -igual- e nove á de Pontevedra -sobe nun-. Do total de pacientes positivos, mantéñense en seis os que permanecen en unidades de hospitalización convencional -catro deles, no Hospital da Mariña- e un na UCI -en Vigo-, mentres que os 211 restantes atópanse en seguimento domiciliario. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con residencias de maiores, segundo concreta Sanidade, que corresponde a un traballador dun centro de Burela, mentres os xeriátricos seguen sen usuarios infectados. Curáronse na Galiza 11.054 persoas Sanidade apunta que, até a data, curáronse na Galiza 11.054 persoas, 20 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes coa Covid-19. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. O número de PCR realizadas até a data na Galiza ascende a 231.082. Un positivo e vinte altas na Mariña Os casos ligados ao foco da pandemia na Mariña baixaron en 19 nas últimas horas, ao pasar de 138 a 119, cun novo positivo diagnosticado -das 77 PCR realizadas na última xornada- e 20 altas. Segundo informaron as autoridades sanitarias galegas, desde o inicio do brote até este sábado son máis de 90 as persoas afectadas pola Covid-19 e vinculadas ao foco que xa están curadas e foron dadas de alta. Despois de remarcar que, das 77 PCR realizadas nas últimas horas só unha revelou un resultado positivo, Sanidade subliña que a porcentaxe de PCR positivas é, neste momento, "moi baixa" con respecto a cando se adoptaron as medidas de control para conter o brote no distrito. Sanidade tamén incide en que todos os novos positivos que se seguen detectando nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidad dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias para cortar canto antes a transmisión e conter o brote. Catro persoas ingresadas na Mariña Catro persoas con COVID-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorábel. Da mesma maneira, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicamento Preventivo e Saúde Pública do Sergas. Nestes momentos, hai 459 persoas en seguimento domiciliario, 26 menos que esta sexta feira. |
PRAZA_14025 | O ciclista galego, de 37 anos, gaña por quinta vez a Volta a Portugal e conságrase, ao converterse no primeiro pentacampión da proba. | Portugal confírmase unha vez máis como escenario de éxitos para o ciclismo galego, e tamén como reserva para que os corredores do norte do Miño poidan competir a nivel profesional, antes as dificultades que ás veces atopan para facelo nos equipos españois. O ciclista compostelán, de 37 anos, completa con esta vitoria un palmarés ao que poucos aspiran. Blanco gañou a Volta a Portugal de 2006, 2008, 2009, 2010 e 2012, un país no que debutou como profesional e desenvolveu até agora a meirande parte da súa carreira, agás as dúas tempadas que competiu no Kelme (2004 e 2005), finalizando décimo e décimo terceiro na Vuelta a España. Foi na oitava etapa, con chegada ao alto da Torre, cando o galego se puxo de líder e asegurou o seu triunfo Blanco foi de menos a máis nesta Volta. Comezou a destacar na cuarta etapa (Viana do Castelo - Senhora da Graça), na que foi terceiro, só por detrás de Rui Sousa e Sérgio Ribeiro. Pero foi na oitava etapa, con chegada ao alto da Torre, en Seia, cando o galego se puxo de líder e asegurou o seu triunfo. Blanco gañou a etapa raíña da Volta, con medio minuto sobre os seus grandes rivais, Sousa e Ribeiro e 49 segundos sobre Hugo Sabido, gañador en 2011, e a quen lle arrebatou o liderado. Na etapa seguinte, unha contrarreloxo de 32 quilómetros en Leiría, Blanco foi cuarto, pero impúxose ao resto de favoritos para o triunfo final, sobre todo Hugo Sabido, segundo na xeral, a quen separou en 14 segundos máis. Por certo, unha contrarreloxo na que se impuxo outro galego, o estradense Alejandro Marque. Blanco declarou que "se son algo, é grazas a Portugal. Eles déronme a oportunidade profesional e quérenme coma se fose portugués" A etapa final, Sintra - Lisboa, foi unha festa para o galego, que con esta vitoria se converte no primeiro ciclista da historia en gañar cinco Voltas, desfancendo o empate que mantiña con Agostinho e Marco Chagas. Blanco declarou que "se son algo, é grazas a Portugal. Eles déronme a oportunidade profesional e quérenme coma se fose portugués". Este domingo, nunha entrevista na Radio Galega, non quixo desvelar cal sería o seu futuro profesional ou se intentaría gañar o vindeiro ano a súa sexta Volta, pero si asegurou que descarta regresar a un equipo ciclista en España. |
PRAZA_7485 | Esta fin de semana suicidouse este activista de só 26 anos, principal responsable do estándar RSS, de Reddit ou da Open Library. Pedian para el unha condena de 35 anos por descargar 4 millóns de artigos científicos coa intención de liberalos | Aaron Swartz foi atopado morto na súa casa en Nova York este venres, aforcado. Pode que fóra dos ámbitos da rede e da cultura libre o seu nome non fose moi coñecido pero malia á súa curta idade, convertérase nun referente nas loitas contra o control de Internet -por exemplo as leis SOPA e PIPA- e pola creación de estándares coma o RSS ou de sitios como Reddit. Nos últimos meses incrementárase a presión da policía e da xustiza norteamericana contra Swartz, para o que pedían unha pena de 35 anos de cadea e o pago dunha multa dun millón de dólares no xuízo que debía comezar dentro de dous meses. Swartz fora arrestado o 19 de xullo de 2011 por cargos de "crime informático", "violación de termos de uso de JSTOR" e "entrar a unha área restrinxida". O que Aaron Swartz fixo foi descargar 4 millóns de artigos científicos de JSTOR -a través da rede do MIT- suxeitos a copyright coa intención de liberalos O que Aaron Swartz fixo foi descargar 4 millóns de artigos científicos de JSTOR -a través da rede do MIT- suxeitos a copyright coa intención de liberalos. JSTOR abandonou o caso pero o MIT mantivo a súa demanda, polo que o Departamento de Xustiza norteamericano continuou cunha presión, que segundo denuncian os familiares de Swartz, o levou á depresión e ao suicidio. Swartz foi un dos referentes da loita contra as leis SOPA e PIPA nos últimos tempos. A rede énchese hoxe de artigos de gabanza para Swartz, coma o que publica a Electronic Frontier Foundation, que salienta que "el fixo máis que case todos para que Internet fose un ecosistema próspero para o coñecemento aberto, e que se mantivese así". O torrent de 35 Gb cos catro millóns de artigos que Swartz descargou pódese atopar con facilidade para quen queira descargalo. Swartz foi un dos referentes da loita contra as leis SOPA e PIPA nos últimos tempos A súa morte reabre moitos debates, coma o da necesidade que os datos e o coñecemento que se atopa nos textos elaborados por universidades e investigadores teñan que ser de acceso libre e aberto. De feito, moitos autores subiron os seus traballos en PDF á rede para a súa libre descarga cmo tributo a Swartz empregando a etiqueta #PDFtribute. Enrique Dans recomenda no seu blog que todos os investigadores que publiquen de forma aberta os seus papers, pasando por riba dos dereitos de copyright que agora se reservan as revistas científícas ao publicalos. Swartz deixa un legado de loitas cun obxectivo moi claro: a liberdade na rede e varios proxectos sen os que hoxe Internet non sería o que é Aaron Swartz deixa un legado de loitas cun obxectivo moi claro: a liberdade na rede e varios proxectos sen os que hoxe Internet non sería o que é. Comezando polo estándar RSS 1.0 (Really Simple Syndication), un formato XML que permite compartir facilmente contidos. Ou a web de agregación Reddit, en cuxa creación colaborou. Ou o proxecto da Open Library, que intenta crear unha gran biblioteca na rede de maneira colaborativa e con acceso libre, e da que Swartz era director técnico. |
NOS_41654 | Xosé Carlos Seráns Olveira vén de ser elixido presidente da Asociación Galega de Compositores. Despois de dous anos de parón, a nova directiva enfrónta o reto de retomar o ritmo de traballo previo á pandemia, mais o seu entusiasmo non dubida en marcarse novos obxectivos para visibilizar a música académica do país. | Case dous anos de pandemia poden paralizar non só as actividades dun organismo, senón, sobre todo, as dinámicas internas que o animan. Recuperar esas dinámicas, por veces, é o máis complicado da volta ao traballo. Ante ese reto se atopa agora Xosé Carlos Seráns Olveira, que vén de ser elixido novo presidente da Asociación Galega de Compositores. Seráns ten ante si a difícil encomenda de botar a andar de novo a asociación para tratar de outorgarlle algo máis de presenza e relevancia á música académica composta na Galiza. "A situación é complexa", explica o novo presidente da AGC en conversa con Nós Diario, "acabamos de vivir unha pandemia e a Asociación, como case todos os organismos, estivo parada, e retomar o traballo non sempre é fácil. Estamos tratando de retomar o ritmo das actividades. Hai unha serie de proxectos que quedaron estancados e que agora queremos desenvolver. Agora mesmo, por exemplo, estamos en conversas coas editoriais musicais para facer unha edición dunhas trinta partituras de música de cámara para facilitarlla a todos os conservatorios galegos. Hai unha eiva moi grande no acceso a este tipo de material. Desde o profesorado nos queixamos de que sempre se bota man das mesmas partituras, pero o certo é que tampouco hai moitas partituras editadas. Daquela, propuxémoslles ás persoas asociadas a realización desta publicación e o proxecto tivo unha grande aceptación". Por outra parte, os concertos que organizaba a AGC foron sempre o seu buque insignia e, por mor das restricións derivadas da pandemia, deixaron de ter lugar. "Tentaremos volver a relanzalos, ao tempo que estamos tratando de dar a coñecer as obras en redes sociais para animar ao público a que asista a estes concertos e a que, en xeral, teña un maior coñecemento da nosa actividade". "As obras precisan confrontarse co público non só para ter difusión no propio país, senón tamén para ver como funcionan ante un auditorio e ter a posibilidade de mellorar e seguir aprendendo" Buscando a visibilidade A música académica galega adoita ter menos visibilidade e menos apoios que outros xéneros, e a AGC é consciente de que, no comercial, xoga nun terreo complicado. Segundo Seráns "o que nós propoñemos non vende tanto. Todos os xéneros son necesarios, mais a nosa parcela precisa dun público un pouco máis consciente e formado e non vivimos nunha sociedade que invite demasiado á reflexión. Por outra parte, a música académica está presente en moitas frontes: bandas, música de cámara, orquestras... Existe un abano importante, mais falta unha dirección que coordine o traballo, que se establezan obxectivos comúns para que todos poidamos avanzar, e nese sentido si que se precisaría un pouco máis de apoio institucional". Se a música académica, en xeral, goza dun predicamento moi limitado en comparación con outros xéneros, a composta por creadores e creadoras galegas padece unha especial postergación: apenas teñen cabida nos repertorios das orquestras. "Na Galiza temos dúas grandes orquestras que están entre o mellor do Estado e eu atreveríame a dicir que entre o mellor de Europa", asevera Seráns, "mais non lle prestan demasiada atención á música composta aquí. Si hai algunhas estreas, mais case sempre se trata dos mesmos autores, e as posibilidades non acaban aí, hai moito onde elixir. Desde a Asociación non vemos que se atendan demasiado as nosas propostas. En breve nos reuniremos coas direccións artísticas das orquestras para ver como canalizamos ese tema. As obras precisan confrontarse co público non só para ter difusión no propio país, senón tamén para ver como funcionan ante un auditorio e ter a posibilidade de mellorar e seguir aprendendo. O que non pode pasar é que nin sequera se valore a posibilidade de programalas, porque esas orquestras están pagadas con diñeiro de todas e todos". O mesmo pode dicirse das obras clásicas do repertorio galego: o público ten poucas oportunidades de coñecer a historia da música galega, malia a crecente revalorización de moitas das obras que constitúen o canon. "É un repertorio que está editado e que está ao alcance de calquera orquestra que queira interpretalo, mais apenas se interpreta. É un tema preocupante para a nosa cultura". Existe un problema cultural grave: cando unha banda ten que pagar un diñeiro por unha partitura dun compositor de fóra, non ten reparos en facer un desembolso grande. Porén, se se trata de pagar por unha obra galega, utilízase a escusa do orzamento Axudar a musica galega Seráns, que ten unha grande experiencia no campo das bandas de música -que seguen a ser o principal campo de formación dos intérpretes do noso país- apunta a outro elemento que dificulta a difusión da música culta: "Vivimos nunha cultura que está moi pouco afeita a pagar dereitos, a pagar polas partituras. Nas bandas, vívese moito da fotocopia, e hai que ser consciente de que detrás dunha partitura está o traballo dunha persoa que merece ser recoñecida e recompensada. E ademais, existe un problema cultural grave: cando unha banda ten que pagar un diñeiro por unha partitura dun compositor de fóra, non ten reparos en facer un desembolso grande. Porén, se se trata de pagar por unha obra galega, utilízase a escusa do orzamento. Desde a Administración poden darse pasos. Sería interesante, por exemplo, que cando se redactan as bases de concursos, a Xunta esixise unha porcentaxe de obra galega elevada. No certame de bandas, esixíase que a obra de apertura fose un pasodobre galego e, grazas a iso, aflorou unha morea de pasodobres que permanecían ocultos. Seguir un patrón parecido noutros campos podería ser de grande utilidade para recuperar un repertorio de grande entidade que non acaba de chegar ao público". A música necesaria na globalización Malia todos os obstáculos, a música composta na Galiza interesa cada vez máis fóra das nosas fronteiras, e os premios e os encargos medran en número e en calidade. Seráns cre que "vivimos na era da globalización e hoxe as persoas que compoñen teñen moita información sobre o que está sucedendo en todas as partes do planeta, sobre a música que se está a escribir en todo o mundo. Se cadra, o que falta é que existan alicientes para, despois de admirar as tendencias e correntes que se suceden, intentar traelas ao noso terreo, pensar como ese coñecemento do alleo pode reverter nunha actualización da nosa tradición. Noutros terreos musicais, iso xa se está facendo: as Tanxugueiras non deixan de ser un pouco iso, e o interese que espertan fóra é evidente". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.