ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_9877 | As autoridades activaron o plan de risco por posíbeis inundacións se desbordan algúns ríos polas chuvias. Varios municipios xa levan acumulados máis de 85 litros por metro cadrado debido ao temporal. | A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou esta terza feira o plan especial de risco de inundación na Galiza para os arredores de cinco ríos da conca Galiza-Costa. En concreto, considera que existe risco de desbordamento polas chuvias nas localidades de San Sadurniño, Ortigueira, Viveiro, Ponte Caldelas e Soutomaior. Así non se descartan asolagamentos debido ás crecidas que están a padecer os ríos Xubia, Mera, Landro, Verdugo e Oitavén, respectivamente, nos mencionados concellos. As autoridades destacaron que os sistemas de control e seguimento indican que os leitos tiveron un "crecemento significativo" nas últimas horas, polo que pénsase nesas "inundacións puntuais". De feito, o 112 xa tivo coñecemento de diversas incidencias en municipios afectados polo Plan Inungal, a maioría situados en zonas que estaban en alerta amarela polo temporal.En Soutomaior, efectivos de Protección Civil tiveron que efectuar diversas saídas para controlar posíbeis asolagamentos en Comboa e retiraron pedras e árbores en estradas de Arcade e Cortella.Desde Ortigueira tamén recibiron os axentes do 112 varias chamadas relativas a rúas asolagadas en Miñeixa e a incidencias na circulación en San Xoán. Aumentar a precaución Neste contexto, a central de emerxencias lembra a necesidade de incrementar a precaución naquelas estradas que estean próximas a pontes e torrentes, xa que a subida repentina dos caudais pode xerar dificultades no tráfico rodado. A estas horas fálase de que en varios municipios se rexistraron acumulacións de auga por enriba dos 85 litros por metro cadrado. O récord márcao a estación meteorolóxica de Xesteiras, no municipio de Cuntis, con 89,8 litros/ m2 acumulados até pasadas as 19 horas. En canto aos ventos, os refachos máximos sobrepasaron os 110 quilómetros por hora en varias localidades. A máxima correspondeu a Muras (Lugo), con 142,4 quilómetros por hora ás 10 horas. Ademais, as zonas costeiras están a verse moi afectadas polo forte ondada. |
NOS_24209 | Agal impulsa máis unha campaña para mostrar que 'a nossa língua é mundial'. Que a Copa do Mundo de fútbol se celebre en Brasil é unha oportunidade que @s agálic@s non podían (nin querían) deixar pasar. | O sábado, 17 de maio, hai unha cita no parque de Belvís (Compostela). Para amantes do fútbol, do galego, de ambas as dúas ou simplemente para amantes. A partir das 17:00 horas. Imprescindíbel levar camisola amarela ou vermella e calzóns de cor escura. O plan: xogar un partido de fútbol e gravar un vídeo. Simple, mais efectivo. A idea é impulsada pola Agal. Nuns meses dará comezo en Brasil a Copa do Mundo do futebol. Ducias de millóns de persoas van seguir un evento retransmitido até o último dos recunchos do planeta. Un evento de tales dimensións vai ser unha plataforma de luxo para a promoción de Brasil. E, tamén, do seu idioma: "Umha língua nascida em ambas margens do Minho que atualmente é umha das mais faladas e com maior projeçom internacional", lembran desde Agal. "Neste verão todo o planeta conhecerá o que é o jogo bonito, a torcida, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom" "Entendemos o galego como esta língua extensa" No manifesto xa dispoñíbel na web que activaron (www.omundialfalagalego.com) afirman: "As pessoas e coletivos que entendemos o galego como esta língua extensa, internacionalmente conhecida como português, queremos mostrar à nossa sociedade como este ano um dos maiores eventos desportivos será desenvolvido nesta nossa língua". E proseguen: "Longe das visões derrotistas e (auto)limitadoras insistimos na necessidade de ver na língua um ponto de uniom e umha riqueza coletiva para toda a cidadania galega. O galego é sinal que nos caracteriza, que nos singulariza, mas igualmente é chave que nos abre grandes oportunidades". |
NOS_3670 | Os de Moncho Fernández mantiveron vivo o partido case até o final. O Barça gaña cun resultado (83-67) que non fai xustiza ao xogo na cancha. | O marcador final (83-67) non define un partido en que o Monbus Obradoiro conseguiu plantar cara ao Barça na súa propia casa durante máis de 30 minutos. O acerto final dos cataláns fixo imposíbel outro resultado malia os de Moncho Fernández non deixaron de loitar durante todo o encontro. Cun inicio igualado, coa idea por parte dos galegos de manter a intensidade defensiva do seu rival, teimaron en estar acertados en ataque. Os de Moncho Fernández tentárono desde a liña de 6,75, sen conseguilo (1/6 no primeiro cuarto), mais si atoparon as súas vantaxes no xogo interior, da man de Birutis e de Ellenson. Así, o primeiro cuarto finalizou con total igualdade no electrónico (19-19). Encontro igualado O Barça, que non lograba atacar con fluidez grazas á defensa obradoirista, conseguía en cambio cargar aos galegos con faltas, sumando así puntos desde a liña de tiros libres. O Monbus Obradoiro seguía sen atopar o acerto exterior tan necesario (2/11 ao descanso), mais continuou apoiándose en Birutis e Ellenson para facer dano en ataque ao Barça. Os de Jasikevicius fixéronse cun parcial de 7-1 que parecía que quería abrir fenda no electrónico, mais Birutis freouno cun 2+1 para o 26-27. Dous triplos de Mirotic e Smits parecían dar de novo vantaxe aos seus, mais un triplo de Robertson e os dous tiros libres anotados por Okouo tras falta na mesma xogada, máis outra canastra do pivote obradoirista no seguinte ataque, empataba o encontro a 34. Ao descanso chegouse cunha vantaxe para os cataláns de 3 puntos, tras anotar Sergi Martínez un triplo case sobre a bucina. Falta de acerto do Obradoiro Tras o paso por vestiarios, o Barça pisou o acelerador e o conxunto galego, que seguía sufrindo no rebote e na falta de acerto, tivo dificultades para seguir o ritmo imposto e viu como a renda aumentaba até os 10 puntos (48-38). O Monbus Obradoiro non baixou os brazos e conseguiu recortar distancias grazas ao xogo interior e aos puntos de Robertson (50-47). Smits sumou catro puntos para os seus e, unha canastra sobre a bucina de Mirotic, fixo que o cuarto terminase cun 57-50 no electrónico. Imponse o Barça O conxunto santiagués non se daba por vencido e os seus xogadores botáronlle dedicación e ganas mesmo conseguindo un parcial de 2-9 co que acadaron o empate a falta de 6 minutos para o final cun triplo de Beliauskas (59-59). E só nos minutos finais, o Barça conseguiu despegarse cunha última arrancada, impoñendo o seu físico e o seu acerto grazas á súa calidade individual de xogadores como Calathes, Kuric e Mirotic. Os obradoiristas xa non foron capaces de volver diante un conxunto catalán que mandaba no rebote e tiña o acerto final necesario para facerse coa vitoria (83-67). O Monbus Obradoiro regresa a Santiago para preparar o seu próximo compromiso como local, este sábado 12, ás 20.45 horas, no que recibirá ao MoraBanc Andorra na Caldeira. |
PRAZA_10858 | Integrante do grupo Batuko Tabanca, Semedo chegou a Cangas de Foz desde Cabo Verde con 24 anos, seguindo os pasos do seu marido. Este artigo pertence á revista La España de los migrantes, editada por eldiario.es. | Integrante do grupo Batuko Tabanca, Semedo chegou a Cangas de Foz desde Cabo Verde con 24 anos, seguindo os pasos do seu marido. Este artigo pertence á revista 'La España de los migrantes', editada por eldiario.es.Antonina Semedo chegou hai corenta anos desde Cabo Verde a Cangas de Foz, na Mariña, seguindo os pasos do seu marido, un experimentado mariñeiro caboverdiano que decidiu viaxar a Europa en busca de traballo. Despois de dous anos dedicados á construción da fábrica Alúmina-Aluminios -hoxe Alcoa-, Paulo pediulle á súa muller que viñese para Galicia con el e que lle trouxese toda a documentación para poder ir ao mar, converténdose sen sabelo no primeiro caboverdiano que embarcaba nunha nave galega.Antonina, unha moza de 24 anos da illa de Santiago, fixo as maletas e coa súa prole puxo rumbo a terras galegas sen saber que lle depararía o futuro. "Foi moi duro", lembra. "Deixas toda a familia atrás. Como di a nosa canción, choraba eu e choraba toda a familia". Ademais de ser unha das veciñas máis destacadas e queridas do lugar, forma parte de Batuko Tabanka, grupo de música caboverdiana con trece mulleres e dous discos no mercado. Reúnense os domingos pola tarde para ensaiar e cantarlle ao seu país, á vida do emigrante, ao mar e ás mulleres de mariñeiro."Dá igual que sexas galega ou caboverdiana. A muller de mariñeiro éo todo. Somos nais. Somos pais. Coidamos e educamos os nosos fillos. Traballamos dentro e fóra de casa""Dá igual que sexas galega ou caboverdiana. A muller de mariñeiro éo todo. Somos nais. Somos pais. Coidamos e educamos os nosos fillos. Traballamos dentro e fóra de casa. O sentimento é o mesmo aquí ou en calquera outro lugar", afirma en alusión ás longas ausencias dos maridos cando están embarcados.Ao longo de máis de vinte anos Antonina saíu diariamente a recoller algas. Comezou animada por uns veciños da vila que se dedicaban ao mesmo, tras un fatal accidente que mantivo ao seu marido seis anos incapacitado. "O mar o é todo para min" sentenza. "Cando máis necesidade tiña, foi o mar quen me salvou. Ía e collía unhas nécoras e facía un arroz e xa me servía para comer e para cear. Tamén me permitiu traballar".Con axuda da veciñanza, Antonina aprendeu o oficio das algas, que daquela estaba en boga. "Estudei todo o proceso. Cales eran boas e cales non. Como se limpaban e como se secaban para vendelas". No ano 2002, co afundimento do Prestige, a caboverdiana vestiu o traxe branco e limpou a costa galega. "Fun ao chapapote ata o final. Ata fun recoller as ferramentas que sobraron"."Sempre hai racismo. Tanto aquí como en Cabo Verde, pero na convivencia non se nota moito. Sabes cando o atopas? Cando a miña filla negra vai casar co teu fillo branco. Aí prefires que o teu branco case cunha branca e non coa miña negra"Co tempo, Antonina, que tamén fixo o curso de redeira, comezou a traballar puntualmente na hostalería ata que eses traballos foron afastándoa aos poucos das duras xornadas no mar. Con case sesenta e cinco anos e a piques de xubilarse, lembra nun perfecto galego aqueles primeiros momentos nos que os nenos de Burela se lle achegaban para ver se manchaba, ou as señoras de Lugo lle preguntaban se podían tocala porque nunca viran unha muller negra na súa vida.Hoxe xa non sorprende pola súa cor. A comunidade caboverdiana representa case o dez por cento da poboación local e teñen unha concelleira. A pesares de sentirse unha máis na vila, asegura que "sempre hai racismo. Tanto aquí como en Cabo Verde, pero na convivencia non se nota moito. Sabes cando o atopas? Cando a miña filla negra vai casar co teu fillo branco. Aí prefires que o teu branco case cunha branca e non coa miña negra". "Saímos de Cabo Verde como emigrantes -conta emocionada- e volvemos como artistas"Despois dunha vida chea de fatigas, Antonina aspira hoxe a retirarse tranquila entre Galicia e CaboVerde vendo crecer ás súas netas, froito da relación da súa filla cun burelense, e quere centrarse no grupo de música, co que foron recibidas polo presidente do arquipélago no 37º aniversario da independencia. "Saímos de Cabo Verde como emigrantes -conta emocionada- e volvemos como artistas". |
NOS_6417 | Aneiros, Pedreira e Amador Castro reciben os premios Xerais 2019. Xelís, o guieiro das botellas de mar (premio Merlín de literatura infantil), Os corpos invisibles (premio Jules Verne de literatura xuvenil) e Shanghai a Barcelona (premio Xerais de novela), obras de autoras consagradas distinguidas nesta edición. | Amador Castro (1962) ten publicado dúas novelas: Memorias de antes do encoro e Pillabán, pillabán. Concede nas redes que comezou tarde "nisto da novela", mais non na literatura. Rosa Aneiros (1976) e Emma Pedreira (1979) son autoras ben coñecidas e recoñecidas con numerosos premios. As tres recibiron a nova o pasado mes de xuño. Este sábado recolleron os trofeos e os cartos do galardón (10.000 euros en cada categoría). "O máis perigoso das escritoras é xuntarnos", dixo Emma Pedreira na festa que organizou a editorial. Ademais, presentaron as súas obras xa editadas. Aneiros ten comentado que Xelís... é unha obra de denuncia sobre "a destrución do planeta", mais tamén un libro que pretende traer "esperanza". Pedreira, sorprendida por ter sumado un galardón nun xénero, o xuvenil, ao que lle ten "moito respecto" por ir dirixido a un público "esixente", di que Os corpos invisibles propón un diálogo coas máis mozas. Pedreira gañou en 2018 o Xerais de novela con Besta do teu sangue. |
NOS_20886 | A tramitación do plan de mobilización de vivenda baleira en Compostela botará andar esta sexta feira 15 de setembro, cando remata o prazo de inscrición, cun dobre obxectivo: poñer en valor a cidade construída e facilitarlle o acceso a unha vivenda digna ás persoas que o necesitan. Así o define o concelleiro Jorge Duarte, responsábel de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais e Urbanismo. | Segundo o último Censo de Vivendas do INE (2011), en Santiago hai 9.512 vivendas baleiras. As persoas que poñan a disposición as súas propiedades poderán beneficiarse dos programas de axudas e fomento do alugueiro como "o seguro de danos na vivenda, o seguro de caución para garantir o cobro do alugueiro e, probabelmente, compensacións económicas por un tanto por cento no IBI ou axudas para obras de rehabilitación menores", segundo explicou Jorge Duarte. Determinaranse valores máximos de renda para cada vivenda en función da súa localización, do número de persoas inquilinas e das súas dotacións. En función diso, os prezos de alugueiro fixados polo Concello oscilarán entre os 275 e os 650 euros mensuais. Ademais, os propietarios e as propietarias deberán aceptar o límite de renda máxima fixado polo Concello. O prazo para a presentación de solicitudes remata a sexta feira 15 de setembro de 2017 e as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Vivenda e Rehabilitación da praza do Pan (praza de Cervantes) para obteren máis información. Diverxencias co programa da Xunta Porén, este programa de vivendas baleiras difire do da Xunta en colaboración coa Fegamp ao que se adheriu en setembro de 2016 o Concello de Santiago, mais que aínda non puxo en marcha. No plan autonómico, o prezo limitado vai dos 250 aos 350 euros por alugueiro co fin de poder atender necesidades sociais para persoas que procuran fogar. Nese Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do acceso á vivenda 2015-2020 búscase "poñer a disposición as vivendas desocupadas, para as destinar a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impagamento da renda de alugueiro da súa vivenda habitual". No documento asinado coa Fegamp recoñécese que "a profunda crise económica que atravesou o país e que provocou un importante impacto na situación de moitos fogares, expoñéndoos a situacións de vulnerabilidade, fixo modificar as prioridades das políticas públicas nesta materia". |
NOS_41109 | A pegada do fútbol ruso e ucraíno na Galiza é unha páxina pouco coñecida no país alén da presenza de Mostovoi e Karpin no Celta na segunda metade da década dos 90, mais esta remóntase varias décadas atrás e oculta historias mesmo con relevancia política que saen á luz pública por primeira vez nesta reportaxe. | En 1986 os donostiarras Mikel Erentxun, Diego Vasallo e Juan Ramón Viles, máis coñecidos no mundo da música como Duncan Dhu, lanzaban Cen gaivotas, un dos temas máis icónicos da banda. A súa letra, tan aberta a interpretacións e que para algunhas persoas resulta evocadora dunhas guerras que volveron azoutar o continente europeo nos últimos tempos, di nunha das súas estrofas: "O ceo é gris e ti non o poderás cambiar; mira cara ao lonxe, busca outro lugar; hoxe non viches ninguén con quen derrubar; os muros que gobernan nesta cidade". Ese mesmo ano, onde un conflito armado entre dúas nacións como Rusia e Ucraína, unidas baixo o paraugas da Unión Soviética, resultaba inconcibíbel, un rapaz aínda menor de idade daba os seus primeiros pasos no fútbol de elite no modesto Presnya de Moscova. O seu nome? Aleksandr Vladimirovich Mostovoi, e desde eses duros comezos na Liga Suprema -a máxima categoría na URSS- destacou pola súa técnica sen igual e por un carácter quente impropio dun home procedente da xélida Lomonósov. Unha década máis tarde aterraba en Vigo, tornando, até a irrupción de Iago Aspas, no mellor xogador da historia do Celta, algo que non sería posíbel se non se desen unhas circunstancias xeopolíticas que están moi por enriba do fútbol, pero das que o deporte rei non é alleo. Os equipos do leste, vetados Moito antes, en pleno franquismo, o fútbol do leste non era benvido nin na Galiza nin no Estado español a causa do furibundo anticomunismo que caracterizaba o réxime. Iso cambiou a raíz da súa necesidade de proxectar unha imaxe exterior máis aberta e positiva, o que permitiu que xa en 1970 aterrase na Coruña para disputar o Trofeo Teresa Herrera o Ferencvárosi Torna Club húngaro, que se fixo co título superando os arxentinos de Club Atlético San Lorenzo con Flórián Albert -Balón de Ouro tres anos- como home máis destacado. Non obstante, e a pesar do bo recordo que deixaron entre os e as espectadoras outros conxuntos ao outro lado da cortina de ferro como o Estrela Vermella de Belgrado (1971) ou o Újpest Dózsa húngaro e o Spartak Trnava checoslovaco, a súa presenza non estaba exenta de polémica. Estes dous últimos provocaron un conflito en 1973 entre a organización do trofeo coruñés e os dirixentes franquistas, pois -como se pode ver no documento ao que tivo acceso Nós Diario e que se pode observar na edición en papel- a Federación Española non permitía a participación de máis dun equipo do leste. O Dinamo de Kiev recibe a admiración do pobo galego O desxeo dos anos 80 tivo na Galiza o rostro do Dinamo de Kiev. Con Franco morto, normalízanse as relacións coa URSS e no verán de 1981 aterra na Coruña o Dinamo de Kiev, que contra todo prognóstico supera o Atlético de Madrid e o Barcelona de Schuster, Simonsen e Quini. Os da capital de Ucraína deixaron moi claro que o seu fútbol estaba á altura dos mellores do continente, e fixérono ademais dando unha lección de deportividade, pois nunca se lles viu protestar unha decisión arbitral nin ter un só encontrón cos seus rivais, o que fixo que as 30.000 persoas presentes en Riazor lles desen o seu apoio incondicional e clamasen unanimemente polo seu regreso no próximo Teresa Herrera. O embaixador soviético quedou tan satisfeito que reflectiu a súa alegría nunha carta dedicada ao alcalde da Coruña e que chega por primeira a ollos da poboación xeral nesta reportaxe [na versión en papel, dispoñíbel en quiosques e na nosa loja]. O Dinamo repetiría nas dúas seguintes edicións do decano dos torneos de verán, especiais porque o seu técnico Valerii Lobanovskyi coñeceu na cidade herculina a súa designación como seleccionador nacional de fútbol da Unión Soviética e por gañar o primeiro trofeo Teresa Herrera elaborado en ouro e non en prata, unha peza única que a organización tratou de comprarlle aos ucraínos sen éxito. A comezos da seguinte década, en 1990, chega a territorio galego a só un ano para a desintegración da URSS para xogar outro trofeo de verán, neste caso o cidade de Vigo, un Spartak de Moscova encabezado por dous bravos rapaces de 22 e 21 anos de idade chamados Mostovoi e Karpin quen, tempo despois, formarían de novo en Vigo unha sociedade baixo a que os olívicos vivirían os seus anos dourados. |
NOS_6360 | O Museo do Pobo inaugurou a súa ampliación, que supón sumar 1.600 metros cadrados á superficie do museo chegando esta até os 2.400 metros. Unha obra que desenvolveu o Consorcio de Santiago con achegas de todas as administracións, e que supuxo un orzamento de 3,2 millóns de euros. | Na tarde da segunda feira, 1 de marzo, inaugurouse en Compostela a ampliación do Museo do Pobo Galego, unhas obras a cargo do Consorcio de Santiago que estiveron dotadas cunha partida orzamentaria de 3,2 millóns de euros procedentes das administracións estatal, galega e local. No acto inaugural participaron o presidente da Xunta, Alberto Núnez Feixoo; o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; a xerente do Consocio de Santiago, Belén Hernández; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e mais o secretario xeral da área, Anxo Lorenzo; e o presidente do Padroado do Museo do Pobo, Justo Beramendi. A ampliación afecta ao convento e á área sur e estenderá a oferta de contidos do Museo para achegar o público á Historia da Galiza. Agora, o Museo do Pobo conta con 1.600 metros cadrados máis, o que leva a un total de 2.400. Entre as melloras feitas está a construción dun ascensor de alta capacidade para facilitar a accesibilidade, a rehabilitación da fachada sur e a restauración das cubertas. Tamén se incorporaron novas condicións térmicas, cunha aposta pola xeotermia, mais fíxose un levantamento en 3D do edificio, que servirá para realizar visitas virtuais. O historiador Justo Beramendi comentou en declaracións a Cadena SER-Santiago que a ampliación, "moi considerábel, vainos permitir facer algo que queremos desde hai 40 anos e que aínda non puidemos facer, as salas da Historia da Galiza". O presidente do Padroado do Museo do Pobo afirmou que "durante 2021 inauguraremos as primeiras salas da Historia, que chegan até os suevos, e continuaremos pouco a pouco, como sempre foi este museo". Durante a inauturación, o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, referiuse ao Museo do Pobo como "unha iniciativa de país". "Estamos a falar dun espazo vivo, divulgador da nosa historia, da nosa etnografía e da nosa cultura material e inmaterial, para coñecernos e para darnos a coñecer ao resto dos pobos", explicou Feixoo. O delegado do Goberno na Galiza, Javier Losada, asistiu en representación do Goberno, que financiou 50% da obra. "Hoxe facemos máis grande o Museo, hoxe facemos máis grande Galiza", subliñou Losada, quen incidiu na colaboración entre o Goberno español, a Xunta e o Concello para completar estas obras. |
NOS_14497 | O Goberno español abre a porta a avalar a compra de enerxía a longo e medio prazo a través dos acordos coñecidos como PPA. | Esta quinta feira decorre no Congreso das Deputadas o debate de consolidación do decreto de medidas extraordinarias do Goberno español encamiñadas a abaratar o prezo da enerxía para as persoas consumidoras. Na cuarta, a sesión de control ao Executivo serviu de quecemento para este debate e tamén para pór sobre a mesa as principais críticas, entre as que destaca o impacto que estas medidas poidan ter na industria, que xa comeza a anunciar paradas na súa produción por este motivo. O PNV suxeriu "retocar e reorientar" un decreto que, na súa opinión, abocará as empresas a uns custos enerxéticos que poderían repercutir no emprego e provocar máis expedientes de regulación de emprego. Esta crítica vai na liña do escrito que varias eléctricas teñen pensado remitir a Bruxelas, no que dirixentes de firmas como Enel (propietaria de Endesa), Orsted, Vattenfall e EDP reclaman evitar "políticas miopes" e intervencións drásticas no mercado, como o imposto ás ganancias extraordinarias ás eléctricas aprobado polo Executivo español. Poxas e PPA Desde o Goberno estatal, o presidente Pedro Sánchez recolleu a proposta da formación nacionalista vasca e sinalou que está disposto a precisar o decreto lei co fin de non minguar a competitividade das empresas. Pola súa banda, a vicepresidenta para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, indicou que está a trasladar ás empresas eléctricas a necesidade de que teñan "unha implicación moito máis seria" para garantir "prezos estábeis e razoábeis" para a industria, ao tempo que anunciou que o Goberno español está a estudar a posibilidade de ofrecer avais públicos para acordos de compra a medio e longo prazo de enerxía, os coñecidos como PPA. Neste senso, Ribeira sinalou que a industria "está máis exposta" á volatilidade dos prezos da enerxía que noutros mercados europeos precisamente pola falla de "tradición" de ter contratada a electricidade a prezo fixo a varios anos. "Hai unha parte que si, pero moito depende de canto custe no mercado almacenista", apuntou a vicepresidenta, quen apostou en fomentar a contratación bilateral "a prezo fixo durante un tempo", e tamén en buscar fórmulas de contratación en poxas para reducir a vinculación entre a factura de electricidade e o mercado almacenista. O Goberno español está a estudar a posibilidade de ofrecer avais públicos para acordos de compra a medio e longo prazo de enerxía Segundo avanzou, o Goberno español está a traballar en aspectos técnicos relacionados con estas cuestións, pois este tipo de contratacións "quizais poidan necesitar o respaldo, o aval e a garantía do Fergei" (Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas), un fondo de avais públicos para a contratación de enerxía a medio e longo prazo por parte da industria electrointensiva. Por último, sobre a tramitación como decreto da norma que recorta os beneficios extraordinarios das eléctricas polo prezo do gas, Ribeira asegurou que non cre que teña "ningún problema" para saír adiante e que "ten pouco sentido" tramitalo como proxecto de lei, xa que a maior parte de medidas, como as de fiscalidade ou o recorte dos beneficios, son conxunturais e deixarían de estar en vigor durante a tramitación da iniciativa no Congreso. |
NOS_56393 | Pablo da Silva é, con Santi Rodríguez, o adestrador da selección galega de Fútbol Gaélico, equipo que xunto coa masculina, participa do 28 de xullo ao 2 de agosto nos GAA World Games, Mundial que reúne en Irlanda 85 combinados e máis de 1.200 xogadoras e xogadores de todas as partes do mundo. | Da Silva debutou como adestrador da selección nacional nun encontro contra Francia que se disputou en Ourense hai máis dun ano. É, con Santi Rodríguez, o seleccionador da equipa feminina da Galiza de Fútbol Gaélico, que en apenas dúas semanas vai ter unha cita de calado en Irlanda, no Mundial de Fútbol Gaélico. Que supón estar neste mundial para o fútbol gaélico galego? Visibilidade, o que é moi importante. Visibilidade a nivel de selección e tamén a nivel dos clubs de Fútbol gaélico que hai no noso país e que se poden beneficiar de que a xente, con esta participación nun Mundial, se fixe neste deporte e poida interesarse nel. Ademais, axuda a dar a coñecer internacionalmente Galiza e o nivel do fútbol gaélico que practicamos aquí. O outro día estivo aquí o Coaching Manager da provincia irlandesa do Ulster, Roger Keenan, e veu como traballabamos e ficou sorprendido co nivel que había no noso país. Canadá, Estados Unidos e Francia. Esas tres creo que van ser as principais rivais, mais nunha competición deste nivel non hai rival pequeno Cal é o nivel co que a selección chega a este Mundial, estamos no punto óptimo? Temos nivel para competir, para dar a cara contra a calquera. Iso é o importante, imos competir contra equipas que teñen moita experiencia e que levan anos neste deporte, mais temos claro que imos para facerlle fronte a calquera equipo. Cal van ser as principais rivais para Galiza neste Mundial? Penso que Canadá, Estados Unidos e Francia. Esas tres creo que van ser as principais rivais, mais nunha competición deste nivel non hai rival pequeno (ri) e todos van exixirnos moito. Canadá e Estados Unidos teñen un nivel moi alto, aí xogan descendentes de irlandeses e irlandesas e que coñecen este deporte desde sempre. Marcádesvos algún obxectivo? O obxectivo é competir e dar unha boa imaxe. Cada ano o nivel que hai nas competicións é máis alto. O obxectivo é, logo, medirnos a ese nivel, competir e dar a talla a nivel internacional. Gañar o Europeo o ano pasado deixou o listón alto... Ser campioas é unha responsabilidade. Obríganos a ter un nivel. O ano pasado conseguimos isto, agora imos tratar de ir a por todas, ir a gañar. Este ano estivemos como selección galega xogando varios partidos, contra clubs irlandeses, contra equipos con irlandeses e ingleses e a maioría gañámolos. O nivel no Mundial vai estar máis alto, claro, pero eses encontros servíronnos para ir mellorando e medrando. A selección galega dáche unha visibilidade e unhas oportunidades moi grandes Por que na Galiza callou tan rápido e tan ben, e entre homes e mulleres, un deporte que hai dez anos era descoñecido? Pois non sei (ri). É un deporte moi dinámico, no que podes combinar mans e pés, é máis atractivo de ver e practicar. E traballouse moito aquí e moi duro para que este deporte se coñeza e se practique. Ë moi importante ir pouco a pouco avanzando na profesionalización e na formación. Alexandre Sanmartín (seleccionador masculino) ten apuntando tamén á importancia da existencia dunha selección para que este deporte se asentase e estendese Sen dúbida, é fundamental. A selección galega dáche unha visibilidade e unhas oportunidades moi grandes, porque vas competir internacionalmente. |
NOS_46819 | Chega unha cuarta feira e con ela fechamos un novo número do semanario en papel Sermos Galiza, que suma 357 edicións e que a partir da noitiña deste día 31 podes adquirir na loxa. | A partir desta quinta feira estará nos quiosques e puntos de venda habituais o semanario Sermos Galiza número 357, que en breve estará dispoñíbel na loxa. Abrímolo cunha reportaxe sobre o glifosato, o potente herbicida co que se elimina a maleza das gabias das estradas galegas. Continuamos, na sección de opinión, cunha nova entrega de A ollo nu, asinada por Xoán Costa, e coas columnas de María Pilar García Negro e Xavier Queipo. Sociedade protagonízano as invasións viquingas que sufriu Galiza, unha reportaxe que gaña actualidade coa celebración da romaría de Catoira. Tamén entrevistamos Anxo Queiruga, presidente de Cogami. En Economía, informamos da última hora do conflito en R, que pon en perigo centos de postos de traballo e afondamos na transhumancia e os seus últimos protagonistas na Galiza. Unha ollada á celebración do Día da Patria Galega por parte das forzas políticas e un painel de portavoces dos partidos con representación na Deputación de Pontevedra completan a sección sobre política. Internacional inclúe unha entrevista con Eduard López, de ERC. O Fóra de Serie abre cunha información sobre Xoán de Gante, duque de Lancaster e Rei da Galiza, e continúa cunha ampla entrevista á escritora Míriam Ferradáns. A crítica literaria pon o ollo en Penumbra, de Daniel Landesa, mentres que a de cinema analiza Impeachment. Fecha o Fóra de Serie o almanaque de agosto, ateigado de efemérides para non perder ningunha. En canto ao Caderno de Verán, dedicamos a reportaxe principal a Viñetas desde o Atlántico, o festival de banda deseñada que decorrerá na Coruña do 5 ao 11 de agosto. Tamén publicamos máis un relato dentro da sección "Un verán en Galeusca". Nesta ocasión, asínao Susana S. Aríns. Ademais, coñecemos o verán de Guadi Galego e tomamos nota de todos os grupos que van actuar no SonRías, en Bueu, a próxima fin de semana. Un paseo por Manzaneda completa un Caderno de Verán en que entrevistamos, co selfie, Adrián González, director de O Salto. O semanario estará dispoñíbel na loxa nas próximas horas e a partir da quinta feira nos quiosques e puntos de venda habituais. |
NOS_29616 | Sobre se finalmente será portavoz orgánico ou non de En Marea -todo indica que non-, Luís Villares dixo este domingo: "Estou sempre ao servizo da confluencia. Cando a confluencia decida que eu teña que ser o voceiro orgánico, sereino. E mentres non o decida, pois non o serei". | Nunha entrevista este domingo en SER Galiza, Villares admite que a maioría da lista oficial na que el se integra non quer que sexa portavoz orgánico: "Si, nós dixemos que queríamos combinar coralidade con referencialidade. A coralidade é un elemento do discurso. O noso discurso é moi plural porque así o é o espazo de confluencia. E iso supón a emisión dun discurso acorde con esa coralidade". Unha organización coral non admitiría, pois, unha voz orgánica preeminente, veu dicer Villares. E a referencialidade? "Pois a referencialidade fai referencia a que voces emiten ese discurso. Nós tamén pensamos que deben ser varias". En todo caso, puxo moito coidado en enfatizar que "no pulso político do día a día a preeminencia no discurso evidentemente é de quen é voceiro do grupo parlamentar e iso é o que vai continuar a suceder no movimento político de En Marea". Este sábado constituíuse o Consello das Mareas, máximo órgao da confluencia entre asembleas, que, porén, deixou pendentes decisións sobre asuntos fulcrais como a elección da Coordenadora Nacional (Executiva) e a hipótese de que Luís Villares poda ter dereito de voto na dirección da confluencia (en principio non o vai ter, en función do aprobado nas primarias). "Botamos a andar. Paseniño. Demos luz verde á criación da Comisión de Garantías e botamos andar dúas áreas, a política e a organizativa", relatou o número un da candidatura oficial nas recentes primarias. Villares garantiu que o proceso de elección da Coordenadora Nacional non demorará meses, senón que se resolverá "se non a semana que vén, a seguinte". "Unha ratio de participación aceitábel" Xulio Ferreiro e Jorge Suárez -líderes das marés coruñesa e ferrolá, respectivamente- reputaron como baixa a participación nas primarias. Interpelado ao respeito, Villares non se mostrou de acordo con estes referentes, situados claramente no sector da liña oficial menos entusiasta co portavoz do grupo parlamentar. "Levamos máis dun ano de mobilización eleitoral e interna. A xente chega un pouco fatigada cando se lle pide un novo esforzo. O Plenario do 17 de decembro mobilizou máis de 500 persoas e agora acaba de participar máis de 80 por cento das persoas inscritas nas primarias. É unha ratio de participación aceitábel", alegou. Sobre Vistalegre II e o combate Iglesias-Errejón, Villares considerou que "ás veces as cuestións de fondo se simplifican en dúas ou tres caras". Ao seu xuízo, o debate en Podemos sería sobre o proxecto e non sobre as persoas. "A situación de Podemos é a dunha organización que nace nunha situación de emerxencia social e que agora para se consolidar ten que tomar decisións sobre que camiño a seguir. É un debate de fondo". En todo caso, Villares expresou o desexo de que "todo o mundo [en Vistalegre II] vexa o ben que están a funcionar as confluencias", dixo en alusión a En Marea e a experiencia catalá. |
PRAZA_11917 | A Plataforma en Defensa da Universidade pública, que agrupa a todos os colectivos, esíxelle a Juan Casares que exerza as súas funcións como reitor e defenda o financiamento e a autonomía da USC. A PDUP anunciará nos vindeiros días un calendario de mobilizacións. | A USC pasou nos últimos tres anos dun orzamento -euros reais- de 269 millóns en 2009 a 222 millóns en 2012. Esta redución do vinte por cento no orzamento é o que está levando ás sucesivas propostas e ameazas de redución de persoal en todas as áreas. Segundo Antonio Pérez Casas, do colectivo de PAS A Trabe, o reitorado "cometeu algúns erros de inicio, coma o nomeamento de novos catedráticos, sabendo a que viña. As promocións son un dereito e son correctas, pero non son unha prioridade. E o mantemento dos Parga Pondal si o é, ou cumprir cosas necesidades de docencia, ou evitar a redución de postos de traballo no servizo de limpeza". Pérez Casas advirte de que esta primavera van xurdir máis conflitos, por exemplo cos profesores asociados, dos que algúns teñen cartas de despedimento para o 1 de maio. E tamén se teme que o persoal de administración e servizos estea afectado polos recortes, ben por redución temporal de carga de traballo ou ben por despedimentos. "O conflito é moi importante e está modificando a natureza da universidade: estase degradando a docencia e a investigación. As reducións do gasto, que seguramente se teñen que facer, hai que facelas naquelas áreas que non afecten ao cumprimento da nosa función", di. "Casares decidiu converterse unicamente nun xestor dos recortes do PP" En opinión de Antonio Pérez Casas, o principal problema do equipo reitoral da USC "é que non está gobernando a universidade, non ten un modelo de goberno e decidiu converterse unicamente nun xestor dos recortes do PP. Ten unha dependencia absoluta da Xunta de Galicia e renunciou a reclamar maior financiamento, renunciou a reclamar a autonomía que nos expropian. Casares asumiu que se gobernaba dende fóra e que el era o xerente dese goberno". Péres Casas conclúe que a primeira loita que debería enfrontar é a loita do financiamento. "Un mes de marzo quente" Distintos colectivos de varios sectores da Universidade crearon en decembro a Plataforma Universitaria en Defensa da Universidade Pública. Entre os asinantes hai colectivos de docentes, coma Universidade Aberta e +Ideas, organizacións estudantís (Liga, Meu, Comités, Iesga, Agir), sindicatos (CIG, CC.OO., UGT), colectivos de PAS (CUPAS, +UTIL, A Trabe) ou a Asociación de Investigadores do Programa Parga Pondal (AIP2). Nestes momentos, estanse incrementando os contactos con Coruña e Vigo, para actuar en clave galega e nos vindeiros días vaise presentar un calendario de mobilizacións para marzo, "que vai ser moi quente", avisan. A plataforma está así mesmo mantendo contactos frecuentes con Catalunya, Madrid e Valencia, para coordinar unha protesta a nivel estatal. A Plataforma denuncia que "as universidades galegas están a ser obxecto dun estrangulamento económico que pon en perigo a súa continuidade no tempo, xa que as deixa incapacitadas para daren respostas satisfactoriamente ás obrigas, tanto de docencia como de investigación". Ademais, demándanlle aos gobernos das universidades galegas "contundencia na denuncia diante da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria pola insuficiencia do actual plan de financiamento (2011-2015), na defensa da autonomía e a suficiencia financeira". A Liga Estudantil salienta a "febleza" na súa postura perante a política da Xunta de Galicia A Liga Estudantil Galega fai unha valoración "negativa" da xestión do Equipo de Goberno da USC e salientan a "febleza" na súa postura perante a política da Xunta de Galicia, que nos últimos tres anos reduciu o orzamento para o Sistema Universitario nun 20%. A Liga tamén critica a redacción das Normativas de Permanencia e Avaliación "sen negociación cos representantes do estudantado, e cun carácter verdadeiramente lesivo para os nosos dereitos" e tamén na "suba sistemática de prezos dos servizos prestados dende a USC, chegándose a aceptar polo Consello Social fai pouco máis de un mes que haberá que pagar até para facer as probas de nivel do Centro de Linguas Modernas". Unha suba de taxas no horizonte En novembro o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, dixo que é "inevitable" abordar unha posible suba das taxas universitarias, propuxo mirar cara a outros países de Europa, nos que as matrículas son moi superiores e apostou por un sistema de bolsas para que esta suba puidese ser asumida polas familias con menos recursos. Dous días despois, Alberto Núñez Feijoo entrou no debate servido en bandexa por Casares e afirmou que lle parecía unha proposta "valente e non improvisada" e que a educación era unha área na que Xunta podería recortar gasto. En calquera caso, devolveulle a pelota ao reitor da USC, pois "son os reitores os que deben facer unha proposta e logo a Xunta establecerá unha proposta como administración educativa". "Cando se fala de incrementar as taxas, fálase de incrementar o copago como que se quere impoñer o copago sanitario" En decembro a Plataforma en Defensa dunha Universidade Pública rexeitou as subidas de taxas apuntadas por Feijoo e o reitor da USC, "para que estas nunca supoñan un motivo de discriminación para os cidadáns e as cidadás con menos recursos económicos". Para Antonio Pérez Casas, nas universidades "xa hai un copago", pois os estudantes pagan as súas matrículas cos seus impostos ou os dos seus pais. "Cando se fala de incrementar as taxas, fálase de incrementar o copago exactamente da mesma maneira que se quere impoñer o copago sanitario. É bastante curioso que persoas que se manifestan en contra do copago sanitario, apoien o copago das matrículas". Así mesmo, considera "enganoso" o argumento utilizado por Feijoo e Casares ao dicir que isto só se aplicaría para os estudantes procedentes de familias que si poden pagar estas matrículas: "ti aumentas as matrículas dende 700 euros até tres mil euros, pero dis que concedes unhas bolsas para que o prezo que finalmente paguen unha maioría dos alumnos siga sendo de 700. O problema é que o prezo das matrículas é unha taxa, que é automática, mantense dun goberno a outro, e que é moi difícil cambiar. Pero as bolsas teñen que aprobarse ano a ano, e ao non haber un compromiso legal para manter esas bolsas, a súa continuidade non está asegurada e depende cada ano dunha decisión política. Algo parecido está pasando cos libros de texto do ensino medio". Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública Liga Estudantil Galega |
PRAZA_3184 | A Comisión Europea revela que a axuda estaría condicionada a que a empresa mantivese "soamente" dous anos o número de empregos, que "descende despois do investimento" subvencionado | A Comisión Europea revela que a axuda estaría condicionada a que a empresa mantivese "soamente" dous anos o número de empregos, que "descende despois do investimento" subvencionadoA investigación que ten en marcha a UE sobre a axuda de 20,7 millóns de euros que o Goberno de Mariano Rajoy concedeu á fábrica viguesa de Peugeot-Citroën (PCAE Vigo), pendente de ser revisada pola Comisión Europea, revela que esta ten dúbidas da contribución ao desenvolvemento de Galicia dos proxectos de investimento da empresa aos que ía destinada a subvención. Nese eido os datos da investigación agora revelados pola propia Comisión poñen o foco entre outras cuestións na ausencia de creación de emprego con eses investimentos. "A Comisión observa que non existe ningunha obriga de crear novos postos de traballo", di de xeito expreso o Executivo comunitario.A carta dirixida pola Comisión ao Goberno de España o pasado xullo cos principais elementos da súa investigación, agora feita pública no Diario Oficial da Unión Europea para recibir alegacións, sinala que durante o proceso de xustificación da subvención o Executivo de Rajoy lle remitiu o denominado "proxecto de acto de concesión da axuda", documento do que di que "non foi asinado nin polas autoridades españolas nin por PCAE" senón que era un "exemplo de contrato de concesión de axuda". "As autoridades españolas explicaron que só se facilitará a PCAE unha versión final do contrato de concesión da axuda unha vez aprobado pola Comisión", sinala esta, que en todo caso debulla os compromisos que ese documento quería impoñerlle a Peugeot-Citroën."As intencións de PCAE e as repercusións sobre o número de empregos unha vez transcorrido ese período non quedan claras", di a ComisiónSegundo o agora feito público pola Comisión, "o número de empregos descende despois do investimento" de xeito que a cifra de denominados ETC (traballadores equivalentes a tempo completo) pasaría da contorna dos 4.500-5.500 aos 4.100-5.100 -o cadro de persoal directo da fábrica de Vigo oscila moito arredor deses 5.000 empregos en función dos picos ou reducións da produción e a propia Comisión considera a cifra exacta "secreto comercial"-. O Executivo comunitario engade que segundo ese "proxecto de acto de concesión de axuda" que lle facilitou o Goberno central "parece que PCAE ten a obriga de manter eses [4.100-5.100] empregos na planta de Vigo soamente durante dous anos desde a finalización do investimento". E engade que "as intencións de PCAE e as repercusións sobre o número de empregos unha vez transcorrido ese período non quedan claras".Noutro punto do documento agora desvelado a Comisión é máis directa e sinala que "o proxecto de acto de concesión da axuda recolle a obriga de manter ditos [4.100-5.100] empregos en PCAE Vigo durante 2 anos despois da finalización do investimento", engadindo que "a Comisión observa que non existe ningunha obriga de crear novos postos de traballo". A axuda outorgaríase "a condición de que o beneficiario manteña o investimento na rexión beneficiaria durante un período mínimo de cinco anos tras a finalización do proxecto de investimento"A Comisión tamén sinala que o Goberno de Rajoy quería outorgar a axuda "a condición de que o beneficiario manteña o investimento na rexión beneficiaria durante un período mínimo de cinco anos tras a finalización do proxecto de investimento". Nese eido, o Executivo comunitario sinala que o Goberno español comunicoulle que "os ingresos estimados de PCAE Vigo en 2017 representan o 6,69% do PIB de Galicia" e que "como consecuencia do proxecto notificado, estímase que PCAE Vigo contribuirá nun 8,44% ao PIB de Galicia". Porén, malia o intercambio de preguntas e explicacións entre a Comisión Europea e o Goberno central, o Executivo comunitario segue a ter dúbidas da contribución desa subvención ao desenvolvemento de Galicia, polo que somete as súas consideracións ás achegas que calquera interesado desexe realizarlle.A empresa lembra que "non recibiu polo momento a axuda" e asegura que a aprobación, "sometida polas autoridades españolas á Comisión Europea, segue o procedemento habitual"Consultada por Praza.gal sobre o novo paso dado pola Comisión Europea ao facer públicas as súas dúbidas e o seu intercambio de preguntas e respostas co Goberno español no Diario Oficial da UE, a empresa di non ter "ningún comentario ao respecto, máis alá de lembrar que a aprobación destas axudas, sometidas polas autoridades españolas á Comisión Europea, segue o procedemento habitual". "A empresa non recibiu polo momento a axuda, dado que se atopa en proceso de aprobación", lembra. |
NOS_30477 | A entidade entrará en funcionamento antes do verán, segundo o presidente | A primeira Axenda Tributaria Galega nos 30 anos de autonomía entrará en funcionamento antes do verán e permitirá á facenda autonómica contar con 24 millóns de euros máis ao ano. Deles, 20 millóns procederán da recadación de impostos propios e cedidos, e os outros 4 proveñen do "aforro" na xestión de custos. Así o explicou o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, na comparecencia tras o Consello de Goberno, que deu luz verde ao decreto de creación da Axencia. "Iniciamos a conta atrás para activar unha axencia que procura maior eficacia, loitar contra a fraude e facilitar aos contribuíntes que cumpran as súas obrigas fiscais", sinalou Feijóo. O inicio do funcionamento da Axencia implicará, segundo o presidente, que a Administración autonómica asumirá "todas" as funcións tributarias que lle corresponden por tributos propios e cedidos. A creación do organismo tributario, anunciado polo presidente esta semana en sede parlamentaria, supón un cambio a respecto da postura defendida polo PP galego ao longo destes anos. @s populares rexeitaron, e en máis dunha ocasión, propostas de diferentes organizacións, nomeadamente o BNG, para pór en marcha na Galiza entidades deste tipo. "Un banco público non é actual nin occidental" Na comparecencia, Núñez Feijóo tamén fixo referencia á proposta do BNG de crear unha banca pública galega como ferramenta para combater a crise. O presidente desbotou esa idea sinalando que a creación dunha banca pública non é "actual nin occidental". Porén, institucións desta clase existen actualmente en puntos tan diversos como o Brasil ou Dakota do Norte (Estados Unidos) e mesmo organismos como a OIT teñen defendido a necesidade de os países europeos se dotaren dun banco público como garantía para combateren a crise con eficacia. Jorquera: "Os asesores de Feijóo deberían dicirlle que hai banca pública até nos EE.UU" O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, replica a Feijóo que pedir para Novagaliciabanco o mesmo trato que vai recibir Bankia é tanto como "comprar todos os números" para que o aforro galego se privatice a prezo de saldo. Jorquera fai estas declaracións, através desta nota de prensa, despois de que hoxe Feijóo, logo do Consello da Xunta, descualificase a proposta do BNG de creación dunha banca pública galega. "A nacionalización de Bankia vai ser unha estafa para os contribuíntes. Aquí o que se vai facer é sanear o banco con cartos públicos para logo devolvelo ao sector privado a prezos irrisorios. Un negocio ruinoso para a Facenda pública e un regalo para os tiburóns financeiros", analiza Jorquera, para quen "se Novagaliciabanco recibise o mesmo trato de Bankia por parte do Estado, tal e como pide Feijóo, entón estaríamos entregando o aforro galego a prezo de saldo". Feijóo limítase a descualificar a proposta do BNG, mais sen pór ningunha alternativa sobre a mesa, denuncia o candidato nacionalista á presidencia do Goberno galego. |
NOS_24902 | Máis de 118.200 persoas levan máis dun ano á procura de traballo, o 53% das persoas no desemprego. Case o triplo que no comezo da crise. | O paro de longa duración é xa un problema de calado en Galiza, que afecta a 118.200 persoas [Cifras da enquisa de poboación activa, EPA], o que supón unha de cada dúas persoas que están no desemprego no noso país. O 53% dos desempregados galegos éo de longa duración, é dicir, leva máis dun ano na procura activa de traballo. A finais de 2015 eran 118.100 persoas nesta situación. No primeiro trimestre de 2016, o número descendera a 109.500, para medrar en máis de 8.000 persoas entre abril e xuño. Máis de 30.000 dos parados de longa duración teñen estudos superiores O paro de longa duración enquístase e ofrece sinais para a preocupación. Como que case un de cada tres persoas nesta situación teña menos de 35 anos, o que indica a grave problemática que temos en canto a emprego xuvenil. O 30% desas 118.200 persoas que están no paro de longa duración ten entre 16 e 34 anos de idade. Fronte ao que se poida pensar, este paro tamén bate a aquelas persoas con estudos superariores. Máis de 30.000 deses 118.200 parados de longa duración teñen estudos superiores, unha cifra importante. Desde o inicio da crise, en 2009, a cifra de desempregados sufriu, loxicamente, un considerabel aumento. Daquela había en Galiza 44.000 persoas nesta situación, mentres que a cifra actual case que triplica ese número. Porén, ao longo destes anos houbo picos máis altos, como en 2013, canso se superaron as 140.000 persoas en situación de paro de longa duración. Un factor, non o único, que serve para entender as vagas de emigración que Galiza sufriu durante estes anos. |
PRAZA_9177 | Xunta, deputacións provinciais e un gran número de concellos están a presentar en Madrid as súas campañas, moitas veces acompañadas de vídeos que amosan os tesouros dos distintos recunchos do país. | De Santo Andrés de Teixido ás Rías Baixas, do Mirador do Ézaro á Vía Künig lucense, de San Cibrao de Las a Ribadavia. Das luces de Vigo á Torre de Hércules ou as Meninas de Ferrol. Estes días celébrase en Madrid FITUR, a feira turística máis importante do Estado, fundamental para a atracción de visitantes para este ano que vén de comezar. Tanto a Xunta, como as deputacións provinciais como un gran número de concellos galegos están a presentar alí as súas campañas, moitas veces acompañadas de vídeos que amosan as belezas dos distintos recunchos do país.Por exemplo, a Deputación da Coruña centrou a súa actividade na promoción do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal e na difusión do Gran Fondo Ézaro, un evento cicloturista que reúne todos os anos uns 1.500 participantes nos concellos de Cee, Muxía, Carnota, Muros e Mazaricos.En Fitur mestúranse as presentacións de grandes cidades como A Coruña, que fixo fincapé no décimo aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, coas accións de localidades máis pequenas, como Mazaricos, que promocionou a senda paisaxística e ornitolóxica existente neste concello.De igual xeito, a Deputación lucense reivindica que en Lugo "hai moito que celebrar", subliñando as moitas festas existentes na provincia, ligadas moitas veces a elementos patrimoniais e históricos. E con Fame de experiencias, a Deputación de Pontevedra fixo fincapé na potencialidade gastronómica deste territorio, tanto as producións con denominación de orixe, os restaurantes con estrelas Michelín, os eventos gastronómicos ou a propia Ruta do Viño nas Rías Baixas. |
NOS_4406 | A Galiza produce 2,8 millóns de toneladas de residuos industriais ao ano, 7% deles son perigosos e 18% do total (máis de 500.000 toneladas) non se valorizan e elimínanse mediante o seu almacenamento en vertedoiros legais, segundo os últimos datos da Xunta. | Até 2,8 millóns de toneladas de residuos industriais ao ano produce a Galiza. Deles, 7% son perigosos e 18%, é dicir, máis de 500.000 toneladas, non se valorizan, isto é, elimínanse mediante o seu almacenamento en vertedoiros legais, segundo os últimos datos consolidados de que dispón a Xunta, correspondentes ao ano 2018. A porcentaxe de residuos non perigosos alcanza 93% (2.600.713 toneladas), fronte aos perigosos, que son 7% (201.787 toneladas), segundo recolle o informe de seguimento do plan de xestión de residuos industriais da Galiza 2016-2022. O informe analiza o período 2014-2018 e marca que en 2016 foi cando se alzanzou o nivel máximo de produción, con 3.061.306 toneladas, 8,5% de xeración de residuos industriais que en 2018. Do total de residuos xestionados no país (2.875.868 toneladas, contando tanto os que se producen na Galiza como os que proceden doutras zonas pero son tratados en territorio galego), o documento reivindica que "se logrou alcanzar en 2018 unha porcentaxe de xestión de valorización de residuos industriais de 82% (2.367.272 toneladas) fronte ao 18% (508.596 toneladas) da xestión por eliminación". Isto quere dicir que 82% dos residuos industriais que xerou ese ano Galiza foron valorizados, o cal quere dicir que se incineraron ou se reciclaron, reutilizaron... 18% restante foron a vertedoiros. Dos residuos non perigosos 78% foron valorizados, fronte a 15% que foron a vertedorios. Mentres que no caso dos residuos perigosos, 52% (50.780 toneladas) foron destinados á valorización fronte a 45%, que acabaron en vertedoiros en 2018. O informe da Consellaría de Medio Ambiente valora isto como un "logro" dos programas específicos de xestión que inciden na preparación para a reutilización, a reciclaxe e a valorización material, e cualifícano de "dato moi positivo desde o punto de vista da economía circular". Os residuos de construción e demolición son a tipoloxía de residuos maioritaria en canto a volume de produción, seguido dos derivados de procesos térmicos. Os de construción destinados á preparación para a reutilización, reciclaxe e outras operacións de valorización representan máis de 80%, fronte ao 0,5% destinado ao vertedoiro. |
NOS_15367 | Falarmos hoxe de Novo Cinema Galego é frecuente, mais o uso dunha etiqueta que é fundamentalmente construción crítica probabelmente non tería callado sen 'A Cuarta Parede'. A realidade é tamén o seu relato, e o que ninguén conta, lémbranos Víctor Paz, "é como se non existise". Precisamente iso fixo esta revista dixital: narrar unha década insólita para o noso cinema, que alguén tiña que divulgar. | Como tantas cousas que acontecen de maneira fortuíta, A Cuarta Parede naceu nunha cola do festival de Sitges. Alí coincidiron Víctor Paz e Eloy Domínguez Serén. O primeiro cubría o evento, mentres o segundo estaba a rematar os seus estudos en Barcelona, antes de dar o salto á realización. "Unha compañeira presentounos", narra Paz, e axiña xurdiu a "chispa". Malia o ilusionante intre que estaba a vivir o cinema galego na altura de 2010, "ningún medio falaba diso, na nosa lingua. Era estraño que non houbese análise para dar voz a estes cineastas", comenta. Para iso naceu A Cuarta Parede. Durante o festival os dous fundadores configuraron os conceptos e seccións da futura revista. "Eloy tiña coñecementos de edición web", di Paz, e en cuestión de semanas traballaban no primeiro número, que vería a luz en febreiro de 2011. Iván Villarmea, que relevaría Domínguez na dirección anos máis tarde, xa participou daquela e tamén destaca que "non había sitios onde ler sobre cinema en galego". Aliás, "faltaba unha rede que puxese en contacto as persoas que escribían sobre cinema, sobre todo a xente nova que o facía na web", explica Brais Romero, outro dos directores, que deixou o cargo hai só uns meses. Villarmea fala neste senso da creación dunha "comunidade". Desde artigos máis académicos a outros máis divulgativos, confluían na revista "distintas formas de entender o cinema", expón Paz. Perfís de cineastas, entrevistas, crónicas de festivais... A Cuarta Parede era un espazo para "rodar na escrita", conta Villarmea, que tamén permitía, fronte aos ritmos máis lentos da publicación investigadora, seguir a actualidade, sen ser escravo dela, e ensaiar ao tempo ideas para esas análises máis profundas. Unha década Paz confésase "sorprendido" da continuidade do proxecto. Este tipo de iniciativas, destacan, que dependen de vontades individuais, de maneira voluntaria, adoitan esmorecer a medida que a persoa ou persoas responsábeis deixan de ter o tempo ou os azos para a carga de traballo. Porén, A Cuarta Parede soubo manterse en pé. O segredo? Que a xestión e a redacción da revista tiñan relevo, xeración tras xeración, ofrecendo sempre oco á xente que comeza. Romero apunta precisamente que unha das cousas máis bonitas é que o equipo que hai detrás, após unha década, sexa diferente. "Todos deixamos unha impronta, pero non lastre", sintetiza. Así, A Cuarta Parede "era de todos, mais de ninguén". Pasaron polas súas páxinas virtuais por volta de 150 autoras e autores. Jesús Silva, que leva uns meses á fronte, ten claro que esta é a chave da supervivencia: "Abrir a porta a novas voces". O foco na Galiza "Nunca rexeitamos falar doutros temas", di Paz, mais sempre tiveron claro que un dos seus obxectivos era dar voz ao cinema galego, ao que acompañaron nunha década de especial efervescencia que viu desde a consolidación do Novo Cinema Galego (NCG) até o abrocho de festivais e salas independentes. Cumpría pensar en galego e desde o país ese "cinema que comezaba a circular", di Villarmea, tamén con bastante atención ao que acontecía en Portugal -sobre o que se editaría un libro coordinado por el e Horacio Muñoz-, onde os cineastas atopaban un "modelo para o cinema galego, máis híbrido". E é que o nacemento de A Cuarta Parede chegou ao pouco da estrea de Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe, en Cannes, algo que case ningún xornal levou á capa. "Ninguén lle daba a importancia que tiña. O feito de que se fale hoxe de NCG foi posíbel grazas a que moitas persoas insistimos na idea, desde a periferias dos medios convencionais", opina Paz. "Somos pezas dun mesmo proceso, sobre unha mesma oportunidade", apunta Villarmea, referíndose ás tecnoloxías dixitais como caldo de cultivo de ambos os dous. Este punto en común traza dous camiños en paralelo que comezan a atoparse. "Sen ter unha axenda explícita de promoción, A Cuarta Parede deulle visibilidade ao NCG", volvéndose fundamental para a consolidación dunha etiqueta que é, no fondo, construción da crítica. "Formabamos parte da comunidade internacional de críticos de cinema", sinala Villarmea, e "nas conversas dos festivais estabamos sempre dando a brasa co Novo Cinema Galego". Paz quere pensar que, cando menos, foron "acompañadores" do fenómeno. Pois "se os medios non o contan é como se non existise", lembra o actual coordinador dos Duplex, en Ferrol. Se a de Laxe marcou un punto de inflexión na circulación do cinema galego en circuítos internacionais, o feche da década coincide con outro fito propiciado por unha obra da súa autoría, O que arde, cuxo funcionamento nas salas transcendeu o cinematográfico para pasarmos a falar de auténtico fenómeno cultural, destaca Paz. "A xente ía buscando a representación do que é ser galego nunha película", comenta. Nesta "época dourada", que "aínda non se manifesta a nivel das institucións" tócalle coller o relevo a Silva. E tamén celebrar os dez anos, para o que, segundo adianta o actual director, "se as circunstancias o permiten teremos algunha actividade máis". Máis alá da escrita A Cuarta Parede, aínda que centrada na escrita, tamén apostou en formatos distintos do convencional. Como actividades paralelas foron elementais os obradoiros en festivais, que serviron como punto de encontro con novas voces, mesmo alén da Galiza. Neles a revista transcende a divulgación para adquirir unha dimensión formativa que tamén se volveu crucial, se non desde a xénese do proxecto, si unha vez se estabilizou. Segundo relata Romero, que ten traballado bastante o videoensaio, houbo iniciativas que tiñan en conta a creación, como Cinegalicia 2019, actividades de curadoría, como o Movimcat, ou a escolma de dez títulos galegos que acaban de presentar en Filmin, colaboración que Silva destaca como "bastante insólita" vindo dunha revista de cinema. Neste senso, Romero salienta que nunca se fecharon a novas ideas. Cando se propuña algo distinto, a resposta non era "non", senón "aínda non se fixo". |
PRAZA_18174 | Cómpre preguntarse se o TC debe pronunciarse sobre a constitucionalidade dunha norma que, puidendo ser expulsada do ordenamento xurídico por quen a recorreu, segue a ser aplicada pacificamente | Inmediatamente despois de, o 9 agosto, o Senado arxentino rexeitar a legalización do aborto mediante unha lei similar á española que aprobara a Cámara dos Deputados, o portavoz da Conferencia Episcopal Española, José María Gil Tamayo, membro do Opus Dei, reclamoulle ao noso Tribunal Constitucional que "tome nota" do "valor de la vida frente a quienes desean imponer la muerte de un inocente so capa de progreso". Para entendermos correctamente tan florida declaración, debemos lembrar que a Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, coñecida como lei de prazos, foi aprobada durante o segundo mandato do presidente Rodríguez Zapatero e recorrida o 1 de xuño de 2010 polo Partido Popular perante o TC. Entre as moitas mostras de irresponsabilidade do bloque católico, esta é, sen dúbida, unha das máis impactantes, máxime se temos en conta que, xa con Mariano Rajoy á fronte do executivo, o PP non se atreveu a derrogar a lei. A única iniciativa lexislativa conservadora nesta materia foi a Lei orgánica 11/2015, do 21 de setembro, para reforzar a protección das menores e mulleres con capacidade modificada xudicialmente na interrupción voluntaria do embarazo. Estas mulleres necesitan agora, para abortaren, o consentimento expreso dos seus representantes legais. Entrementres, porén, o recurso perante o TC non foi retirado. O correspondente procedemento continúa unicamente pendente de votación e sentenza, con toda probabilidade porque o presidente, o conservador Juan José González Rivas, non lle remite ao pleno o relatorio do maxistrado Andrés Ollero, numerario do Opus Dei, porque carece do apoio necesario. Polo tanto, cando o voceiro dos bispos lle pide ao TC que tome nota, o que lle está a propor é que declare inconstitucional a lei de prazos. Dado que parecen admitirse as suxestións, o TC podería enriquecer as súas notas cun par de referencias e consideracións que ao señor Gil Tamayo, polo visto, non se lle ocorreron. Cómpre preguntarse se o TC debe pronunciarse sobre a constitucionalidade dunha norma que, puidendo ser expulsada do ordenamento xurídico por quen a recorreu, segue a ser aplicada pacificamente Máis do 40% dos embarazos que hai no planeta son involuntarios. Deles, máis da metade acaban nun aborto. Pero catro de cada dez mulleres en idade fértil viven en países onde o aborto está prohibido ou restrinxido, ou é inaccesíbel. Hai así anualmente uns 25 millóns de abortos inseguros, sobre todo en África, Asia e América Latina. Estes abortos causan preto de 50.000 vítimas entre as mulleres máis vulnerábeis. É perfectamente posíbel, polo tanto, estabelecer unha correlación entre a penalización do aborto e a morte de mulleres por esta causa. Entre nós, desde logo, a lei de prazos trouxo consigo unha diminución do número de abortos. A maiores, o TC debería decidir se o transcurso dos anos non incide, neste caso, no proceso de declaración de inconstitucionalidade. Despois de todo, repetimos, o propio PP non derrogou a lei de prazos que impugnou, conque cómpre preguntarse se o TC debe pronunciarse sobre a constitucionalidade dunha norma que, puidendo ser expulsada do ordenamento xurídico por quen a recorreu, segue a ser aplicada pacificamente. Son só uns cantos datos e reflexións. Aí fican, para que tomen nota. Publicidade |
NOS_12599 | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tombou este e outros argumentos que a empresa Cruceiros Rías Baixas presentou para amosar a súa oposición á normativa do parque nacional marítimo-terrestre que, entre outras cuestións, muda o sistema de reservas. | Algunhas navieiras que ofrecen viaxes ás Illas Atlánticas alegaron hai uns meses contra o plan reitor de control das actividades prohibidas e permitidas no parque nacional marítimo-terrestre por cuestións como o cambio no sistema de reservas. Porén, unha das empresas foi a máis e presentou outras queixas entre as que estaba o feito de que o documento estivese escrito en galego. Agora vén de transcender que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou as alegacións de Cruceiros Rías Baixas, a través da actividade da Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo. A firma, que oferta varios cruceiros para o turismo até algunhas das illas, recorrera xudicialmente a norma de xestión do parque, que abrangue varios arquipélagos do litoral galego (incluíndo as Cíes), elaborado pola Xunta da Galiza. Segundo fontes do TSXG, os responsábeis do caso botaron abaixo os once argumentos que esgrimía a compañía demandante. Entre eles estaba o feito de que se empregara para a redacción do plan reitor o galego, malia que a empresa traballa no país e ten a súa sede social no Grove. Cruceiros Rías Baixas tamén viu como o fallo bateu coas súas alegacións sobre o prazo de exposición pública do texto e os prazos fixados para as distintas fases, entre outras cuestións. O texto da pasada segunda feira, 3 de xaneiro, que transcendeu esta sexta feira, avala de forma indirecta o procedemento de protección. De feito, hai uns meses tamén apoiara as medidas seguidas para eliminar as visitas masivas aos arquipélagos. No entanto, diante do rexeitamento das alegacións aínda cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo. |
NOS_29301 | É un dos actos máis importantes en defensa do éuscaro. Conmemórase desde 1980, dentro e fóra do País Vasco. | Os distritos madrileños de Moncloa-Aravaca, Chamberí e Centro veñen de denegar o permiso para a Korrika que desde o ano 2007 ten lugar en Madrid. As concellarías responsábeis alegan "outros actos" e posíbeis molestias á veciñanza para impedir o paso dunha marcha popular en defensa do éuscaro. Korrika Esta quinta feira, 31 de marzo, comeza unha nova edición da Korrika, unha carreira de carácter festivo que durante 11 días percorrerá máis de 2.000 quilómetros en prol do éuscaro sen deterse en ningún momento e coa participación de miles de persoas de todas as idades e condicións. Reivindican o valor da escola na normalización das linguas minorizadas A Korrika percorre toda Euskal Herria. Mais tamén se achega a outros destinos onde distintas comunidades éuscaras, falantes da súa lingua propia impulsan actos e carreiras paralelas á que se desenvolve na xeografía vasca. Este sábado, 2 de abril, a diáspora vasca organiza esta carreira en cidades de todo o mundo, no marco dunha xornada festiva cargada de actividades culturais. Cidades como Barcelona, París, Berlín, Londres ou Nova York sumaránse á carreira en favor do éuscaro. Ataque á liberdade de expresión Desde hai 15 anos, Madrid tamén é escenario da tradicional Korrika cun percorrido que adoita unir tres lugares onde hai unha gran presenza da lingua vasca, como son a Universidade Complutense de Madrid, A Escola Oficial de Idiomas e Euskal-Etxea, onde estaba previsto o final da carreira. Demandan que o 50% da produción de Netflix e HBO no Estado español sexa en galego, catalán ou éuscaro Mais este ano non poderá ser. "Esta prohibición non ten nin pés nin cabeza. É un ataque á liberdade de expresión, pero, sobre todo, á pluralidade cultural e lingüística existente no Estado español", censuran organizadores, participantes e simpatizantes. |
PRAZA_11224 | O tribunal pronunciarase sobre a continuidade da planta de Mugardos nun prazo de entre dous e catro meses. Reganosa ten o apoio expreso do Goberno central, que é o que agora ten que tramitar a Declaración de Impacto Ambiental, da que carece | Novo capítulo na longa batalla contra Reganosa, a regasificadora de gas natural licuado (GNL) que desde 2007 opera no interior da Ría de Ferrol a pesar de acumular cinco sentenzas do Tribunal Supremo contrarias á instalación.Desde 2012, o Supremo ditou cinco sentencias contrarias a diferentes decisións relativas á instalaciónA Sala do Contencioso-Administrativo do Supremo vén de admitir a trámite un incidente de nulidade de actuacións da Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá contra a sentenza desa sala que en xullo anulou un Acordo do Consello de Ministros de maio de 2016 polo que o Goberno de Mariano Rajoy librou ao proxecto do trámite completo de avaliación de impacto ambiental pola vía exprés.Esa sentenza tombou a vía que escolleu Rajoy, daquela en funcións, para tentar axilizar a obtención de dúas autorizacións administrativas á planta que anulou o Supremo en 2016; pero na súa última resolución o Alto Tribunal rexeitou clausurar a instalación co argumento de que "será no trámite de execución" das súas resolucións cando se decida sobre este asunto. Agora, volverá pronunciarse, nun trámite que adoita resolverse non prazo de entre dous e catro meses.Desde 2012, o Supremo ditou cinco sentencias contrarias a diferentes decisións relativas á instalación: a autorización administrativa que Reganosa obtivo do Goberno central en 2002; a do proxecto de execución; a modificación do plan de urbanismo de Mugardos que en 2003 facilitou a súa implantación; o plan de emerxencias que lle aprobou o Goberno do socialista Touriño en 2007; e o citado acordo exprés do Goberno Rajoy. Ata agora, Reganosa saíu indemne de todas elas.Apoio do Goberno centralTras a última sentenza do Supremo, Reganosa iniciou os trámites para tentar legalizarse de novo solicitando ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) que nunca obtivo, dado que puido funcionar grazas aos permisos ambientais da Xunta.A continuidade de Reganosa ten o apoio expreso de ministerio de Teresa Ribeira, que é o que agora ten que tramitar a DIAO Goberno galego é un dos principais accionistas do proxecto (28,6%), impulsado en época de Manuel Fraga e cuxo socio maioritario (59,64%) é o grupo Tojeiro, ao que en 2013 Luís Bárcenas implicou no financiamento ilegal do PP. A planta recibe ingresos con cargo á factura do gas e pertence a unha sociedade denominada Reganosa Holdco, que en 2018 converteu en beneficio (12,2 millóns) o 21% da súa cifra de negocios, cifra que no caso da sociedade que explota a planta se eleva ao 30%.A continuidade de Reganosa, que vai ser unha das instalacións afectadas polo recorte retributivo que propuxo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), ten o apoio expreso de ministerio de Teresa Ribeira, que é o que agora ten que tramitar a DIA e (en teoría), podería tombar a avaliación ambiental. Ese apoio está recollido nunha carta asinada o 9 de outubro polo secretario de Estado de Enerxía en funcións, José Domínguez Abascal, remitida a unha das veciñas afectadas que o pasado 13 de setembro solicitou sen éxito ao ministerio a paralización da central tras a última sentenza do Supremo.Na súa carta, Abascal defende que "Mugardos desenvolveu todas as avaliacións ambientais procedentes de acordo co que as Administracións lle esixiron en cada momento" e expón que a sentenza do Supremo que en marzo de 2016 anulou a autorización administrativa "non declarou ilegal a instalación", senón que se baseou nun "defecto formal no plan urbanístico" que xa estaba "resolto no momento de ditar sentenza" grazas a unha modificación puntual do Plan urbanístico de Mugardos aprobada pola Xunta en xuño de 2012.Reganosa está entre as tres instalacións deste tipo en España, segundo o último informe da CNMC. En concreto, no segundo trimestre rexistrou unha utilización media do 16%."En 12 anos de operación non se produciu ningún tipo de incidente ambiental", expón Abascal, que sinala que o Supremo "confirmou" en novembro de 2017 "a legalidade da avaliación ambiental estratéxica de plans e programas" realizada con ocasión desa modificación puntual, que segundo o secretario de Enerxía, incluíu unha análise "en profundidade" de todos os datos e características da instalación e "un detallado estudo das distancias de seguridade".Na súa misiva a esa veciña, que vive a menos de cen metros da planta (polo seu xardín discorre un gasoduto procedente da regasificadora), Abascal sinala que, en caso de peche, se produciría "unha situación de risco para a seguridade de subministración" de gas. Reganosa está entre as tres instalacións deste tipo en España (o país con máis regasificadoras de Europa) que se manteñen infrautilizadas", segundo o último informe da CNMC. En concreto, no segundo trimestre rexistrou unha utilización media do 16%."Parece que a carta a firma o conselleiro delegado de Reganosa", di a avogada que defende aos afectados, Patricia Gabeiras"Parece que a carta a firma o conselleiro delegado de Reganosa", di a avogada que defende aos afectados, Patricia Gabeiras, que considera "un dislate" que, tras as sentenzas do Supremo, a planta siga funcionando e recibindo barcos gaseiros (uns 300 desde a súa posta en marcha) pola estreita embocadura da ría, e só cando hai marea alta; con marea baixa, os buques encallarían.A misiva de Abascal está datada unha semana despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) admitise a trámite un recurso desa veciña contra a negativa da Dirección Xeral de Política Enerxética a paralizar a planta. O recurso aduce unha violación do dereito fundamental á vida e a saúde recollido no artigo 15 da Constitución.Reganosa estivo tamén sobre a mesa da Fiscalía Especial contra Delitos sobre o Medio Ambiente, que non apreciou delito penal tras a sentenza do Supremo por entender que é un asunto que atinxe á Administración e aos tribunais do contencioso. No entanto, o Ministerio Público deixa clara a súa "preocupación pola situación da planta" ante a "irregularidade que supón a ausencia de DIA".O Ministerio Público deixa clara a súa "preocupación pola situación da planta" ante a "irregularidade que supón a ausencia de DIA""O que a Fiscalía non poida intervir, tal e como pretenden os denunciantes, non significa acordo ou acomodo ante as manifestas irregularidades na tramitación das autorizacións que foron declaradas nulas polo Tribunal Supremo, provocando a ausencia de avaliación ambiental unhas consecuencias indesexadas e contrarias ao interese público de avaliación de calquera actividade perigosa ou potencialmente contaminante", conclúe o escrito, datado o 4 de outubro.Pola súa banda, fontes da empresa indican que a planta "dispón de todas as autorizacións sectoriais para o desenvolvemento da súa actividade" e que "superou todos os trámites ambientais que lle foron esixidos". O Supremo "sempre que entrou a examinar o fondo, máis aló dos defectos procedimentais nas tramitacións identificados, concluíu a conformidade a dereito e a adecuación das análises ambientais e características da Planta", din. |
NOS_28975 | O presidente do PP de Ourense presumiu da súa presidencia á fronte do PP de Ourense, que "sempre exibe os mellores resultados da Galiza, o Goberno máis importante despois da Xunta", e concluíu que a súa "responsabilidade" é "vehiculizar esa cuestión e no seu momento falala no seo dos órganos correspondentes". | O presidente do Partido Popular (PP) de Ourense, Manuel Baltar, sinalou o actual vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, como candidato con "moitísima vantaxe" para suceder o aínda presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, á fronte da Xunta. Porén, Baltar non se mostrou tan categórico á hora de afirmar quen podería encabezar as listas do PP nas eleccións galegas de 2024, e apuntou que ese candidato ou candidata debería ser escollido nun congreso da formación política. Nunha entrevista a Onda Cero, recollida por Europa Press, o tamén presidente da Deputación de Ourense sinalou que "todo parece indicar que hai unha orde de preeleción nas vicepresidencias. Todos parecemos coincidir en que aquela persoa que leva con Feixoo desde 2009 (en relación a Rueda), parte con moitísima vantaxe". Asegurou tamén que mantén unha "relación de magnífica sintonía xa desde tempos" co vicepresidente primeiro do Goberno galego. Eleccións galegas de 2024 Xa de cara ás eleccións galegas que decorrerán en 2024, Baltar lembrou que a candidatura do PP debe ser encabezada pola persoa que "presida o PP da Galiza", unha cuestión da que "tamén haberá que falar no seu momento". Mentres non se escolle un novo presidente do PP galego, fixo referencia a "solucións transitorias", en relación á posibilidade de que Miguel Tellado asuma a dirección da formación política de modo interino mentres non se leva a cabo un novo congreso autonómico. Non quixo responder a se tomaría partido nese congreso para intentar ser escollido como candidato á Xunta, pero si recoñeceu que en 2018, cando Feixoo tivo a primeira oportunidade para marchar a Madrid que finalmente rexeitou, pensou na posibilidade de asumir "outras responsabilidades". Porén, Baltar presumiu da súa presidencia á fronte do PP de Ourense, que "sempre exibe os mellores resultados da Galiza, o Goberno máis importante despois da Xunta", e concluíu que a súa "responsabilidade" é "vehiculizar esa cuestión e no seu momento falala no seo dos órganos correspondentes". |
NOS_43777 | PP e PSOE selan un pacto 'anti-terrorista' no que se avala a prisión permanente revisábel. Rajoy di que é "un día moi importante para a democracia en España". | Mariano Rajoy (PP) e Pedro Sánchez (PSOE) pactaron, cunha posta en escena propia da solemnidade do acordo de Estado, o cuarto acordo 'anti-terrorista' desde a 'Transición', desta vez co jihadismo como inimigo principal no canto de ETA. Un acordo de oito puntos no que se avala que os condenados por terrorismo poidan ser condenados a cadea perpetua ou prisión permanente revisábel. Unha figura que non existía no Estado español desde hai décadas e que volve ao sistema xurídico e penitenciario español. E faino pola porta grande. 'Acordo para afianzar a unidade en defensa das liberdades e a loita contra o terrorismo' é o nome deste pacto. Mariano Rajoy e Pedro Sánchez non admitiron preguntas. Coincidiron en destacar a importancia da "unidade" perante o terrorismo e mostraron o seu orgullo de "amosar ao mundo enteiro a unidade e o consenso". O presidente do goberno mesmo falou de "día moi importante para a democracia en España". No acordo recóllese nunha cláusula na que o PSOE comprométese a derrogar a prisión permanente tan pronto "teñamos unha maioría suficiente". |
NOS_12298 | Na rexión de Catacumbo, un militar perdeu a vida, e na de Cesar a guerrilla levou a cabo varios actos de sabotaxe. | Os ataques por parte do Exército de Liberación Nacional (ELN) continuaron durante a xornada do sábado nas rexións colombianas de Catatumbo e Cesar ─no norte do país, fronteirizas con Venezuela─, no marco do "paro armado" de 72 horas que comezou na sexta feira ás 6 horas (horario local). Segundo información das autoridades civís na zona do Catatumbo, rexistráronse enfrontamentos entre membros do Exército e do ELN en Convención, onde perdeu a vida un militar ─cabo primeira─, segundo informou a emisora Blu Radio. En Río Oro, municipio situado no sur de Cesar, a guerrilla fixo detonar dous explosivos perto das antenas telefónicas da cidade. Ademais, nos municipios de Convención e Hacarí o ELN mantivo enfrontamentos co Exército Popular de Liberación (EPL), con quen loita polo control do territorio. O EPL está considerado polo Goberno como un grupo asociado ao narcotráfico. Tamén, segundo información da Policía recollida polos medios locais, o ELN atacou a tiros un autobús con pasaxeiros e incendiou outro nunha estrada do departamento de Cesar, onde unha persoa resultou ferida. |
NOS_48066 | Hai 70 anos, falamos do 2 de Outubro de 1948, onde lle din As Cruces, nos montes de Leborín, alá nas terras de Ourol, onde os montes do Xistral se achegan ás terras do Valadouro e da Mariña, librouse unha batalla que marcou o desenvolvemento da loita antifranquista no norte galego. | O 2 de Outubro de 1948 as forzas da Garda Civil e da Brigadilla deron caza no lugar das Cruces nos montes de Leborín, en Miñotos, no concello de Ourol a Xosé Porto Lestegás "O Herbellas" e Benedicto Escourido Cobo"O Lúa", feridos por disparos dunha metralladora, permaneceron varias horas agochados no monte até que a "Brigadilla" despregou cans para ver de localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. Separados por uns 100 metros Porto e Escourido enfrontaron de diferente xeito o seu final. O "Herbellas", pasou a noite gastando a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas, comendo diversos documentos con información da partida se ben reservou unha ultima bala coa que quitarse a vida após lanzar unha granada. O "Lúa", fillo de Xosefa Escourido ,detido ao pouco do suicidio do "Hervellas", será torturado ao longo de varios días sendo asasinado no Salón do Carme de Abaixo (Ourol) onde a Garda Civil parara a xantar. As causas da caída, as circunstancias das mortes e a identidade das vítimas ficou para sempre no corazón dos protagonistas da loita e na memoria popular. Segundo testemuña un guerrilleiro fuxido a Franza nun informe dirixido á dirección do PCE en 1952, probabelmente se trata de Francisco Rei Balbís "Moncho", "Benedicto foi recollido polo inimigo tomándoo por morto pero ao decatarse de que vivía trasladárono ao "cuartelillo" onde tentaron facelo falar. Fixéronlle promesas, torturárono, pero todo foi inútil. Benedicto por todo resposta contestaba "non vos direi nada, nin unha palabra". Após oito días de tortura e ao ver que non sacaban nada, Benedicto foi asasinado. A mesma crónica, sinala que "toda a noite estivo Hervellás combatendo preto dunha estrada. Ao amencer o inimigo lanzouse de novo ao ataque pero Hervellás non lles deixaba levantar cabeza e aínda tivo tempo de fumarse un cigarro puro co que o agasallara un enlace, comeuse o diñeiro que lle quedaba e díxolle ao inimigo mentres combatía polo que loitaba e polo que loitaban eles". A subida ao monte do Herbellas e do Lúa é consecuencia da vaga represiva que se desencadea após a morte en combate o 12 de novembro de 1947 do guerrilleiro de Ourol Xosé Vázquez Gómez "Ubaldo". Xosé Porto Lestegás "O Herbellas", nado en Mondoñedo, criado no Valadouro e residindo a medio camiño entre Ourol e Viveiro, rexentaba unha panadería nesta última localidade ao tempo que se dedicaba ao trato de gando. A súa militancia socialista levouno a participar na resistencia ao golpe na vila do Landro, condenado en consello de guerra por auxilio e tras cumprir cinco anos de cárcere, comezou a colaborar coa guerrilla, labor favorecido por unha profesión que lle obrigaba a desprazarse polas feiras. Benedicto Escourido Cobo"O Lúa", carpinteiro e baixista da orquestra de Miñotos, comezou a colaborar cos do monte desde moi novo, como tamén o facía a súa nai, Xosefa Cobo, a mítica rebelde que subiu ao monte após a morte do seu fillo e rematará asasinada o 21 de Xuño de 1949 na bouza do Forcón, na Pena Grande de Silán, canda Celia González Pernas "Celia da Ferraría", Xoán Gallego Abeledo "O Comandante", Xoán Pérez do Pico "Xan de Xenaro", o guerrilleiro de Grandal, e Manuel Clavero de la Iglesia. A vida guerrilleira do Herbellas e do Lúa foi breve pero intensa. Ao pouco de cruzar o rubicón da clandestinidade no chan, Benedicto Escourido, un mozo que no momento do seu asasinato non cumprira aínda os vinte anos, era definido nun informe redactado polo mesmo Xosé Gayoso, como "un xove, con escasas nocións políticas. Será segundo o eduquen. É honrado, está disposto a loitar e ten polo tanto madeira de comunista". Antes de morrer, todo isto nun ano, chegou a dirixir un destacamento da guerrilla de xentes de ferro, participou nos operativos que remataron co castigo de significados represores como Manuel Pol Pérez, o economo de Bravos, executado o 17 de marzo de 1948 no Alto do Pousadoiro, acusado de participar en varios paseos durante os meses que seguiron ao golpe de estado de 1936 e seguía tocando o baixo canda facía gardas no monte. |
PRAZA_8904 | Segundo os nacionalistas, "evidénciase que o alcalde mentía cando declaraba que A Coruña se convertiría nun centro de enerxía estratéxico". EU considera que o motivo fundamental das decisións de Pemex e Bejing 3 é "a falta de investimento para as conexións terrestres do porto exterior" | Este martes coñecíase que a prometida instalación da petroleira mexicana Pemex no Porto Exterior da Coruña sufrirá canda menos un atraso de dous anos, establecendo a posible data para o 2016-2017, mentres que a empresa chinesa Beijing 3E paraliza igualmente a súa intención de instalar unha planta de xeración de enerxía en base á reciclaxe de aceites cun investimento duns 270 millóns de euros, unha paralizazación que pode acabar incluso en descarte definitivo. Estas dúas novas espertaron as críticas de BNG e EU, que culparon o Partido Popular do "fracaso". O Grupo Municipal do BNG lamenta que o PP utilizara electoralmente a creación de postos de traballo vinculados á suposta chegada da empresa chinesa Beijing 3 de Pemex ao porto exterior, "un anuncio que resultou ser un fracaso monumental do partido do Sr. Negreira". Segundo os nacionalistas, "evidénciase que o alcalde mentía cando declaraba que A Coruña se convertiría nun centro de enerxía estratéxico". Para o BNG, "o fracaso da operación representa un síntoma do desastre da política industrial do Partido Popular, unha política nefasta e de mentiras que destrúe os sectores produtivos e numerosos postos de traballo na comarca e na cidade". O BNG sinala que "é fundamental a conexión ferroviaria do porto exterior, unha conexión que o Goberno central mantén no esquecemento". Pola súa banda, Esquerda Unida responsabiliza da reticencia das empresas a instalarse en Langosteira ás "políticas economicidas" do PP. O grupo municipal de EU considera que o motivo fundamental das decisións de Pemex e Bejing 3 é "a falta de investimento para as conexións terrestres do porto exterior". O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que "as empresas non se instalaran no porto exterior até que todas as infraestruturas estean dispoñibles. Agora comprobamos o dano que fixeron os presupostos xerais do estado, aplaudidos polo goberno municipal". |
NOS_29524 | Galicia en Común considera que convocar este proceso electoral é unha "falla de responsabilidade manifesta" por parte do presidente da Xunta, mais vai trasladar "unha proposta de país que supón un xiro de 180º ás políticas dos últimos dez anos". | Antón Gómez-Reino, portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, criticou que o presidente da Xunta anunciase "novamente en directo na TVG" a convocatoria de eleccións para o 12 de xullo após non ter máis noticias disto desde a reunión que mantiveron a pasada quinta feira na que Alberto Núñez Feixoo "non informou" de ningunha data para os comicios. Para a coalición, con estas eleccións "incúmprense de maneira flagrante as garantías" sanitarias e democráticas. Consideran que pór as urnas en xullo é unha "falla de responsabilidade manifesta" por parte de Feixoo, que "na peor situación epidemiolóxica vai meternos nun proceso electoral coa tensión que iso supón para o país". Así, Gómez-Reino considerou que esta convocatoria electoral tamén supón unha "falla de respecto para as profesionais que levan tanto tempo traballando para atallar esta crise e para toda a xente que agora mesmo ten unha situación familiar ou económica complexa". "A Feixoo interésalle máis a súa estratexia electoral que os intereses da xente", engadiu. O voceiro cualificou o presidente galego de "irresponsábel" por non querer "responsabilizarse das consecuencias das decisións que toma" e de "incompetente" ao carecer de "interese en exercer as súas competencias". Desde Galicia en Común-Anova Mareas salientan que Feixoo "faltou á verdade" esta segunda feira ao sinalar que "non ten responsabilidade" e, así, "deixar en mans da Xunta Electoral as garantías da campaña electoral", cando "lle corresponde por lei á Xunta garantir o proceso". Desta maneira, Gómez-Reino lembrou que no decreto de suspensión dos comicios do 5 de abril Feixoo propuxo á oposición que se realizarían "unha vez levantado o estado de alarma e o estado de emerxencia sanitaria". "Os decretos de Feixoo son papel mollado, sempre", censurou. "Proceso democrático limpo" Con todo, a coalición di estar "preparada" para trasladar "unha proposta de país que supón un xiro de 180º ás políticas dos últimos dez anos por parte de Feixoo". "A pesar de non desexar este proceso electoral, neste momento dicimos que estamos preparadas para acabar co modelo de destrución do público. Imos empregar todas as medidas ao noso alcance para buscar que se garanta un proceso democrático limpo, no que non se poñan en risco a vida e a saúde das galegas que teñen dereito ao voto", aseverou Gómez-Reino. |
NOS_21554 | Analizamos as causas da "caótica" situación. | A situación na que se atopa tanto a Atención Primaria nos centros de saúde da zona sur de Lugo -dependentes da área sanitaria de Lugo-A Mariña- Monforte- pola falta de persoal e a sobrecarga de traballo xa é "caótica", advirte CIG-Saúde. Segundo o sindicato, en todos os centros se repite o mesmo patrón. -Ausencias de profesionais sanitarios que non se cobren. -Áreas administrativas desbordadas de traballo, xa que ao cotiá hai que lle sumar novas aplicacións que se van implantando e que non se reforzan con máis persoal. -Aumento considerábel da poboación desprazada –turistas- doutros servizos de saúde que se manterá, previsíbelmente, até outubro ou novembro. -A non substitución de profesionais cando collen baixas e permisos provoca sobrecarga de traballo nos centros de saúde. Segundo CIG-Saúde, a situación no caso concreto do Centro de Saúde de Monforte é "caótica, e a medida que avance o verán irá a peor". "Neste centro en quenda de mañá hai 10 médicos e 10 enfermeiras, tres pediatras e dous enfermeiros de pediatría. En quenda de tardes hai dous médicas, un enfermeiro e outro deslizante que traballa tres días de tardes e dous de mañá. A día de hoxe hai tres facultativos que están de baixa. Outro médico xubilouse en xaneiro e a súa praza non foi cuberta de xeito estábel", di. Isto significa que "as e os pacientes destes catro cupos se reparten entre o resto do persoal, co que se incrementa a carga de traballo". Así, "15.000 pacientes están a ser atendidas por seis ou sete médicos, o que obviamente supón unha enorme sobrecarga para as e os profesionais". "No verán –engade- queda o centro cun 66% de enfermería e o persoal médico adoita quedar ao 66%, pero moito nos tememos que quede só un máis dun día no verán, cando as dúas facultativas que están collan vacacións". |
NOS_21359 | Pide que se abra un novo período de comparecencias e que se reitere a petición a Abanca e FROB para que entreguen a información que se negaron a dar no seu día. | Grupo Común da Esquerda pide que se reactive a comisión parlamentar de investigación sobre as caixas de aforro, unha demanda que ten por obxectivo, sinalou o deputado Antón Sánchez, "que se esclareza perante a cidadanía" o que pasou con Novacaixagalicia. A entidade resultante da fusión das caixas non foi considerara "sistémica", indica GCE, e non se mantivo como "entidade pública", o que levou a acelerar a súa venda. A través dun escrito, o Grupo Común da Esquerda solicita que se active dita comisión, que se solicite información adicional, se reitere a petición de información que "Abanca e FROB se negaron a entregar" e, por último, que se abra un novo período de comparecencias "para complementar a información necesaria para un bo diagnóstico do acontecido"."Na lexislatura anterior, e despois de que remataran precipitadamente as comparecencias co pretexto da urxencia para tirar conclusións, o PP mandou a Comisión á neveira durante os tres anos seguintes, rematando así os 4 anos de lexislatura sen conclusións pero si co resultante da fusión das Caixas privatizado a prezo de ganga", explicou Antón Sánchez. Durante o Goberno de Feixoo privatizouse 40% do aforro galego, denuncia o parlamentar, "entregándoo a un banco venezolano a un prezo moi baixo despois de sanear con máis de 9.000 millóns de euros a entidade resultante da fusión promovida polo propio Goberno da Xunta". |
NOS_54505 | Alicia Suárez é ilustradora e profesora de debuxo no ensino secundario desde 1998. O seu traballo pasou nestes anos por editoriais de prestixio como Xerais e Kalandraka, entre outras. Nesta segunda participa no proxecto Makakiños para persoas con necesidades de apoio educativo, en colaboración coa a Asociación do Tratamento do Autismo (BATA). Os contos e os libros son o seu mundo desde pequena. En Nós Diario falamos con ela coa intención de achegármonos ao seu mundo creativo e á situación das artes plásticas no ensino actual. | -Como naceu o seu interese polo debuxo? Desde moi pequena chamáronme a atención as ilustracións dos contos. Eu chámome Alicia como o personaxe de Lewis Carrol, de nena tiña un fermoso conto ilustrado da pequena Alicia, recordo que tiña unhas fermosas ilustracións e a que máis me fascinaba era aquela onde Alicia esbaraba polo burato do tobo do coello e todo voaba ao seu redor tratábase da entrada ao país das marabillas. Como non me ía a impresionar aquela visión! Quizais esas foron as primeiras ilustracións ás que tiven acceso e que me chamaron a atención e quizais por aí comeza o meu interese polo debuxo e a ilustración. Na etapa na que tiven que decidir o meu camiño profesional, a Facultade de Belas Artes chega a Pontevedra e eu tomo aquel camiño. Estes estudos danme a oportunidade de dedicarme á educación artística e combinalo co mundo profesional da ilustración. Cando estou cos meus alumnos síntome profesora e considero que é unha profesión moi gratificante, mais cando ilustro sinto que me comunico cun público máis amplo ao que non poño cara, como aos meus alumnos, pero sei que están alí. O debuxo e a ilustración son a miña paixón e podo dicir que son un dos piares básicos da miña felicidade. -De que maneira afronta a creación de ilustracións dun libro? O primeiro sempre é o encargo da editorial. Vivo ese momento coa mesma ilusión que cando ilustrei o meu primeiro libro porque cada libro é diferente, cada proxecto é un desafío e vívoo coa mesma ilusión. Entón, chega a primeira lectura do texto que teño, que para min é fundamental e sempre a afronto cun lapis na man porque sei que xa van saír cousas dela, algunha paisaxe, sentimentos, algún sorriso dalgún personaxe, algo, sempre algo... Despois desa primeira lectura, chegará unha segunda e despois outras moitas. Mentres bosquexo ás veces recito partes do texto na miña cabeza até que as imaxes comezan a falar por si mesmas e as personaxes, que eu mesmo estou creando, tamén empezan a dicirme cousas. Entón sei que as ilustracións comunican e as lectoras escoitaranas. Sei que o proceso creativo xa está en marcha e que agora marca os tempos e os desenvolvementos e nese intre xa só teño moitas horas de traballo por diante. O proxecto remata e despídome dos personaxes cun adeus ou cun vémonos despois. -Cre que está ben valorada a materia de debuxo no sistema educativo actual? Tiven a sorte de comezar no ensino moi nova, nada máis saír da universidade empecei a dar clases, mais eu xa daquela era ilustradora e xa publicara os meus primeiros debuxos. Hai anos era normal ver un álbum ilustrado que non levaba o nome do ilustrador na portada, pero asociacións como AGPI, que é a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, fixo que as cousas mudaran, aínda que queda camiño por percorrer. Eses mesmos pasos deben darse no ensino artístico e no ensino medio. As Artes Plásticas e Visuais deben ocupar o lugar que sempre lles correspondeu porque o debuxo, a imaxe, a creatividade son esenciais para o pensamento, por iso recoméndolle aos meus alumnos que pensan unha idea sempre cun lapis na man. Como non vai ser importante a imaxe e o pensamento visual! Como non vai que ocupar un lugar moi importante no ensino? Se a palabra xunto coa imaxe son ferramentas do pensamento! A palabra e a imaxe deben ir sempre da man como nun bo álbum ilustrado. |
NOS_45343 | Concluída a excursión de Real Madrid, Fútbol Club Barcelona, Athletic de Bilbao e Atlético de Madrid organizada pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) por terras sauditas co gallo da Supercopa, volven os campionatos ligueiros e -polo de agora- aínda en territorio nacional con senllos compromisos no día de hoxe para Club Deportivo Lugo e Real Club Celta de Vigo. | Os primeiros en saltar ao terreo de xogo serán os futbolistas celestes (19 horas), que reciben en Balaídos o Club Atlético Osasuna, equipo que os precede por tan só dous puntos nunha clasificación na que ocupan a décimo segunda posición. Para o compromiso ante os rojillos o técnico olívico, Eduardo Chacho Coudet, recupera un Augusto Solari que xa conta coa alta médica logo de deixar atrás unha lesión no pé dereito que o deixou fóra de acción durante mes e medio. Peor sorte ten o seu homólogo navarro, Jagoba Arrasate, que perdeu os seus dous centrais titulares a causa da Covid-19. Xa que logo, e sen Unai García e David García, deberá optar por xogadores con menos minutos e ritmo de competición como son Juan Cruz e Lucas Torró, unha oportunidade de ouro para que dianteiros do nivel de Santi Mina e Iago Aspas saquen petróleo e reconduzan o Celta á senda da vitoria. A historia, a favor dos celestes O Celta-Osasuna de hoxe é un deses duelos clásicos da Primeira División, até o punto de disputarse en 34 ocasións cos vigueses como locais, unha longa serie de enfrontamentos que reflicte unha enorme superioridade celeste. Porque Osasuna só foi quen de se impor en dous deses choques. A primeira vez no afastado ano de 1964 -con ambos os equipos militando na categoría de prata-, na que o combinado dirixido polo lendario Joseíto -campión de catro copas de Europa e adestrador do Dépor tres lustros máis tarde, con quen descendeu a Segunda B- perdeu por 1-2, logo de que Silvestre e Amantegui fixesen inútil o tanto de José María Costoya. Para a seguinte derrota habería que esperar máis de 40 anos, concretamente até o 29 de setembro de 2006, nos comezos dunha tempada de infausto recordo para a parroquia viguesa, pois o club acabaría baixando á Segunda División. Nese partido, que rematou 0-2, os Pinto, Placente, Gustavo López e compañía non tiveron opción ante un Osasuna que se impuxo por cero a dous. "Non miramos o rival" Dúas horas máis tarde (21), no Ángel Carro de Lugo, os albivermellos recuperan un partido adiado o pasado ano 2021 a causa da Covid-19 ante o intratábel líder da competición, a Unión Deportiva Almería. Non obstante, esa circunstancia non intimida Rubén Albés, adestrador lucense, que aínda sendo consciente de que "é un partido importante" afirma que "non" mira o rival, xa que o fundamental é "que estea ben o equipo". Discurso ben diferente sostén Rubí, preparador dos andaluces, que se laia de ter que disputar o partido en "peores condicións" que o seu rival polo feito de ter que viaxar a Lugo "con oito ou nove baixas". Ademais, a pesar da gran diferenza na clasificación, móstrase preocupado polos "homes de banda" e os "rematadores" galegos. |
NOS_13586 | Porén, Núñez Feixoo defende que non sería preciso ao entender que a propia lexislación galega avala a medida. | O Goberno galego xa presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a solicitude de autorización xudicial para poder esixir o certificado Covid para acceder a locais de hostalaría nos municipios con nivel alto e máximo de restricións, así como no lecer nocturno nos niveis medio e baixo. A Consellaría de Sanidade ratificou o traslado da petición ao alto tribunal un día despois de que este tombase a validez da obriga de presentar o certificado Covid dado que a Xunta non solicitara o aval e, polo tanto, non gozaba de autorización xudicial. Ao respecto, o presidente Alberto Núñez Feixoo, defendeu esta sexta feira, en declaracións a Telecinco, que o seu Executivo "vai respectar" os autos emitidos polo TSXG, mais reafirmouse en que a Xunta vía avalada a medida pola lexislación galega sen necesidade de recorrer previamente á Xustiza. As razóns de Feixoo De feito, o presidente galego asegurou que no escrito que a Xunta presenta agora ante a Xustiza "acreditarase" que a 'lei de pandemias galega', en referencia á reforma da lei de saúde autonómica, "lexitima" á Administración para estabelecer a esixencia do certificado Covid sen necesidade de autorización xudicial previa. Parécenos a forma máis segura de axudar á hostalaría a traballar sen limitacións Así, reivindicou a medida adoptada pola Xunta. "Isto facémolo por varias razóns: primeiro porque a maioría de países europeos están a facelo; segundo, porque máis de 70% da poboación galega ten a pauta vacinal completa; e terceiro, porque nos parece a forma máis segura para axudar á hostalaría a traballar sen limitacións e para consumir en locais de localidades con incidencias altas", manifestou. A sala do tribunal encargada de analizar a solicitude da Xunta espera o informe da Fiscalía para iniciar a deliberación e pronunciarse canto antes sobre esta medida restritiva de dereitos fundamentais. |
NOS_9686 | Fegadace urxe "accesibilidade universal". | A Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) demandou "accesibilidade universal" e sentir que "son persoas autónomas" co motivo da conmemoración do Día do dano cerebral adquirido. Esta cuarta feira a valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, e as persoas usuarias de Fegadace participaron nun acto decorrido en Santiago de Compostela no que leron un manifesto con referencia á celebración da xornada, no que remarcaron a realidade de como é convivir con dano cerebral. "Hai que remarcar o recoñecemento ao dereito que teñen as persoas con dano cerebral ao seren cidadás de pleno dereito e, polo tanto, preguntármonos, non o que debe facer elas para participar na vida pública, senón que podemos e temos que facer nós desde as institucións, os poderes políticos ou a sociedade", remarcou Fernández. Ademais, incidiu nas dificultades que sofren estas persoas e que derivan en problemas na vida diaria, por iso "é importante" falar de "accesibilidade universal e de eliminar as barreiras cognitivas" que se atopan nas estacións, nas rúas ou nos postos de traballo. Urxen aumentar os recursos para afrontar o coidado de persoas con dano cerebral adquirido Desde Fegadace subliñaron a importancia de mellorar a súa inclusión na sociedade. "Para sentir que podemos valernos por nós mesmos necesitamos que se corrixan moitas cuestións no ámbito da accesibilidade universal", demandaron. "Como consecuencia do dano cerebral, a vida e a familia [das persoas que o padecen cambia por completo de maneira súbita e inesperada" indicaron, e engadiron que "actividades que antes facían sen problemas como usar o transporte público ou renovar o pasaporte poden supor un enorme esforzo físico e cognitivo". Así, a federación demandou a necesidade de impulsar unha estratexia estatal de atención ao dano cerebral adquirido que "garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar" a cada persoa, "independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia". Tamén pediron a elaboración dun censo completo do número de persoas con esta lesión; a creación da categoría diagnosticada; e que se inclúa a familia como beneficiaria do proceso de atención e "non só como colaboradora". Outros actos Ademais do acto en Santiago, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido (Adace) tamén conmemorou a xornada con actividades decorridas en Lugo, en Culleredo e na Coruña. |
NOS_142 | Na serie de entrevistas políticas, o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, entrevista esta semana o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, no número 192 de Sermos, disponíbel esta mesma noite na nosa loxa e esta quinta feira nos pontos de venda habituais. | A situación da política galega a escasos meses dunha nova convocatoria eleitoral, o modelo de xestión local da Alternativa dos Veciños e o balanzo dos primeiros meses do goberno PSdeG-BNG ao fronte da Deputación da Coruña. Eses son os argumentos da conversa co alcalde de Oleiros que, en dupla páxina, sairá do prelo esta quinta feira. Alén desta entrevista, o Sermos192 abre o Fóra de Serie coa reportaxe "Un galego na escuadra de Alvares Cabral", sobre o primeiro astrónomo europeo en actuar en terra brasileira. Dedicamos asemade a a sección Irmandades a Elvira Bao Maceiras, cuxo perfil escribe Goretti Sanmartín, en tanto que Olaia Ledo lémbranos na súa sección sobre cinema que se achega o Festival de Cans. Follas Novas (Ed. Anxo Angueira) ocupa a crítica literaria de Mario Regueira e Andrés Castro debrúzase na crítica de cinema sobre Liza, the Fox Fairy. Na sección musical, o propio Xurxo Souto escribe sobre os XXV anos de Arroutada Pangalaica, primeiro disco dos Diplomáticos e Paula Mariño, a nosa crítica de arte, lévanos a coñecer o Museo de Pontevedra. Viaxamos co equipo Xea ao Ecospazo O Rexo (Allariz) e publicamos o último traballo da entrega de Banda Deseñada Troglo & Dita, de Alfonso Barreiro. |
NOS_5294 | Un equipo con novidades gañou no día no que o holandés Babel anuncia a súa marcha. | O Depor amosou oficio e efectividade e eliminuou o Betis, remontando o 1-0 da ida, clasificándose para oitavos de final da Copa do Rei. Os coruñeses están a facturar nestes últimos partidos uns bos resultados: levan 12 goles en 4 partidos. Contra o Betis, exerceu o dominio do encontro, o que non significa que non pasase apuros nalgúns tramos. Porén, mesmo desperdiciou un penalti, mandando Joselu a bola por riba do traveseiro. Foi unha equipa con novidades a respecto do que desputou a eliminatoria en terras an daluzas. Alejandro Arribas, Guilherme dos Santos, Ryan Babel, Fayçal Fajr y Joselu, en detrimento de Raúl Albentosa, Fernando Navarro, Álex Bergantiños, Carles Gil e Florin Andone. Se ben non asinou un partido con tanto fútbol como os desta recta final si que amosou o Dépor unha gran efectividade. Sufriu cando deixaba de ter o dominio da bola, mais con ela o xogo ordenábase ao seu gosto. Remontou e clasificouse. Ficha técnica RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho, Pedro Mosquera (Borges, min. 90), Guilherme, Babel (Emre Çolak, min. 89), Fayçal Fajr, Marlos Moreno (Bruno Gama, min. 78) e Joselu. Real Betis: Dani Giménez, Piccini, Mandi (Rubén Castro, min. 67), Pezzella, Bruno, Durmisi, Petros (Jonas Martin, min. 67), Donk (Felipe Gutiérrez, min. 83), Dani Ceballos, Álex Alegría e Tony Sanabria. Goles: 1-0 Arribas (min. 11); 2-0 Luisinho (min. 54); 3-0 Babel (min. 59); 3-1 Piccini (min. 66). Árbitro: González González (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Bruno (min. 57), Dani Ceballos (min. 77), Joselu (min. 80) e Jonas Martin (min. 90+1). |
NOS_36702 | O 4 de decembro perto de 31.000 docentes poderán votar nas eleccións sindicais no ensino en Galiza para elixir 142 delegados e delegadas. Publicamos pequenas entrevistas con representantes de diversas centrais que se presentan a estes comicios. Falamos aquí con Paula Carreira, de UXT | - Cal é o voso programa para os próximos catro anos? - A UXT comprométese a seguir loitando polo que lle pertence aos docentes en relación a salario, emprego, dereitos e un sistema educativo público de calidade. Aínda quedan moitos pasos que dar. Seguimos recortados en todos estes ámbitos. Para facer un resumo, en relación ao salario teríamos que recuperar o 100% das pagas extras, como mínimo, xa que a comunidade autónoma nos ten secuestrada a parte autonómica. Tamén teríamos que recuperar o complemento específico para o profesorado de pedagoxía terapéutica de audición e linguaxe que está impartindo en secundaria, por exemplo. En relación aos dereitos, o máis importante sería a ampliación de licencia de maternidade aos doce meses, excedencias retribuídas por coidados de fillos menores de tres anos ou a redución da xornada lectiva de profesorado, é dicir, os acordos que tiñamos asinados coa Consellería de Educación e que foron paralizados. Iso é o fundamental. En relación ao emprego, facemos fincapé na elaboración dun catálogo en rede de orientación educativa de Galiza que permita a atención a diversidade. É fundamental porque senón non se pode atender ao alumnado dos centros educativos da Galiza. E por último, en canto ao sistema público de calidade o primeiro paso, dentro dos moitos puntos que temos metidos no noso programa electoral, é a retirada da LOMCE e a creación dun pacto pola educación. Isto é un resumo, xa que o programa é moi amplo. - Que foi o que se fixo até agora dende a UXT en relación ao salario? - Durante estes catro anos, a UXT asinou en Madrid a 9 de marzo de 2018 o segundo acordo para mellorar o emprego e as condicións de traballo. Este acordo nos implicou un incremento retributivo para os anos 2018, 2019 e 2020 e xa vimos na nómina de agosto deste ano a parte correspondente dende xaneiro de 2018. A iso temos que sumarlle o acordo que asinamos en verán, que é un acordo autonómico vinculado a este de 1.260€ anuais repartidos dende o 2018 até xaneiro de 2021. O segundo acordo para mellorar o emprego e as condicións de traballo posibilitounos a apertura de negociacións coa Consellería de Educación para homologar as retribucións correspondentes ao profesorado docente. Isto vai facer que, a xaneiro de 2021, un mestre ou un profesor de secundaria a sexenio cero aumenten máis ou menos entre 240 e 250€ a súa nómina. O bo que ten este acordo é que ten unha cláusula de revisión no terceiro trimestre de cada ano coa finalidade de analizar a desviación da posición relativa co resto de comunidades autónomas. No caso de baixar da posición sexta, a administración ten a obriga de volver a sentarse a negociar con nós. Polo tanto, un docente de Galiza, aproximadamente cun soldo de 2.000€ ao mes, vai a ver incrementada a súa nómina nun mínimo de 220€ e un máximo de 260€, aproximadamente, coa suma dos dous acordos. - E en relación ao emprego? - O que fixemos foi asinar o segundo acordo para mellorar o emprego e as condicións de traballo a nivel estatal. Este acordo foi ratificado a nivel autonómico con condicións concretas para a autonomía galega. Isto se plasma cunha maior oferta de emprego público nos últimos anos. No 2018 houbo 2.050 prazas que eu creo que é a maior oferta de emprego dende, se non me equivoco, 2007 ou 2008. O que posibilita isto é a reversión das políticas de recortes que tiña a Consellería de Educación e a estabilización do profesorado galego. O emprego do profesorado interino diminuíu nun 67%. Isto significa que o 67% de profesorado interino da Galiza adquiriu unha praza definitiva. Agora, isto si, unha demanda que ten a UXT é que veña sumado a un destino definitivo prontío, que non teñan que estar dez anos en expectativa de destino como está o profesorado de debuxo por exemplo, que leva dende o 2008 sen poder colocarse. É unha tarefa pendente para a seguinte candidatura. - Que é o que acadastedes en relación aos dereitos? - Recentemente na mesa xeral de empregados públicos, a instancias da nosa organización sindical, vimos de restituír o dereito de percibir o 100% das retribucións no caso dunha incapacidade temporal. A partir de xaneiro de 2018 xa non nos penalizarán por estar enfermos. Iso é un resumo do que conseguimos facer durante estes catro anos a maiores de seguir loitando polos dereitos tanto do profesorado coma do alumnado no tocante á atención á diversidade. Na nosa loita en relación a atención á diversidade, levamos dous anos seguidos de concurso xeral de traslados de Orientación para a Primaria a instancias da UXT. E tamén nas prazas de atención preferente para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, que foi unha demanda única e exclusiva da nosa organización sindical. Ademais do acadado, temos que lembrar que fomos os primeiros en reivindicar un calendario escolar elaborado en base a criterios pedagóxicos e racionais e solicitar a regulación das materias afíns mediante unha materia de recollida e exercer reivindicacións de denuncia constante no campo das necesidades educativas especiais e atención á diversidade. |
NOS_48007 | "Airiños, aires, Rosalía" é a exposición que lugares significativos na vida da escritora galega través de medio cento de fotografías de gran formato tomadas por Xurxo Lobato. | A Casa do Cabido de Compostela acolle deste esta sexta feira unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato que dá conta dos lugares máis representativos da xeografía rosaliana na Galiza e alén do país, así como dos espazos que inspiraron Rosalía a escribir as súas obras. A mostra, titulada "Airiños, aires, Rosalía", recolle a traxectoria vital da autora de Cantares Gallegos desde os primeiros até os últimos anos da súa vida, desde a pila bautismal de Compostela até Lestrobe, na que resulta unha viaxe sobre Rosalía, con Rosalía e por Rosalía. "Airiños, aires, Rosalía" estivo previamente exposta no Pazo de San Marcos de Lugo baixo o patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Agora é a quenda de Compostela, que acubilla as imaxes e textos seleccionados polo fotógrafo coruñés baixo o patrocinio da Obra Social La Caixa. A partir de xuño e até o ano que vén, a mostra itinerante viaxará até a Casa das Artes en Vigo, o Museo de Pontevedra, o Centro Torrente Ballester de Ferrol, o Kiosko Alfonso da Coruña, e Ourense. |
NOS_26877 | Antón Reixa (AUNIR) foi elixido novo presidente da SGAE por 24 votos a favor durante a primeira sesión da Xunta Directiva da entidade | Antón Reixa (AUNIR) foi elixido novo presidente da SGAE por 24 votos a favor durante a primeira sesión da Xunta Directiva da entidade reunida esta tarde. José Miguel Fernández Sastrón (DOM) conseguiu 11 votos e dous foron en branco, informaron a Europa Press fontes da entidade de xestión. "Acabou o morbo e aquí comeza unha nova SGAE", afirmou Reixa na súa primeira comparecencia perante os medios como presidente da sociedade. "Hoxe é o día do autor, pois os e as autoras collemos soberanamente esta institución", engadiu. "Aspiramos a unha SGAE máis discreta, non presidencialista e colexiada", sinalou, para despois fixar entre as súas prioridades revisar o orzamento de 2012 e desenvolver un plan de eficiencia, así como afrontar o "problema" da Rede Arteria e consensuar o nomeamento dun conselleiro delegado. Alén diso, Reixa reclamou que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte "exerza do xeito máis eficaz o seu labor de tutela". "Queremos que nos tutelen", sentenciou o noutrora irreverente cantante de Os Resentidos. |
NOS_2511 | Na parroquia de Laraño. | Un incendio permanece activo desde a madrugada da cuarta feirano lugar de Pardiñas, na parroquia de Laraño, en Santiago de Compostelá, segundo informa a Consellería do Medio Rural. O incendio principiou ás 5:35 horas, polo que os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que fose provocado. Segundo as primeiras estimacións, as lapas afectan xa a 14 hectáreas nunha zona próxima a casas, aínda que a dirección do vento contribuíu a que non se visen afectadas. Nas tarefas de control traballan 12 brigadas, 9 motobombas e medios aéreos. Trátase do segundo incendio na zona suroeste da capital galega na última semana despois do rexistrado a pasada sexta feira en Vidán; un lume "provocado", segundo sinalou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. |
PRAZA_11469 | O último presidente da CEG durou un ano no cargo e o seu antecesor, dez meses. Mentres segue sumida na precariedade institucional e económica, a patronal manifesta "esperanza" de que o pacto de PSOE e UP fracase e reclama "celeridade" na formación dun goberno "estable e moderado" | O último presidente que tivo ata o momento a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antón Arias, dimitiu cando faltaban tres días para facer un ano no cargo ao que chegara no medio dunha profunda división da organización patronal, en cuxo seo se multiplicaran as manobras para destituílo por mor de declaracións públicas a respecto de subir soldos ou pola súa opinión a prol dun referendo pactado en Catalunya. "Se non segues o guión, es un proscrito", afirmara en Praza.gal para resumir os movementos na súa contra apenas dous meses despois de abandonar o cargo, aínda con Mariano Rajoy no Goberno de España.O último presidente da CEG durou un ano no cargo e o seu antecesor, dez mesesEntre os empresarios que manobraran para destituír a Arias estaba o anterior presidente, Antonio Diéter. No seu caso durara dez meses no cargo e dimitira tras perder o apoio das direccións provinciais da patronal e no medio dunha complexísima situación económica. Esa profundísima crise económica herdáraa dos seus antecesores, Antonio Fontenla (2001-2013) e José Manuel Fernández Alvariño (2013-2016).Un deses ex-presidentes, Antonio Fontenla, presidente da Confederación coruñesa, exerce na actualidade como voceiro da CEG, que continúa na precariedade institucional despois de que, no verán de 2018, o intento de elixir nova presidencia ficase deserto ao non se presentar ninguén. Tampouco foi adiante a tentativa de reconducir a crise mediante a aprobación duns novos estatutos, a comezos deste ano, e pouco despois a Confederación de Pontevedra desvinculábase da galega.Malia todo este pano de fondo, a CEG continúa a pronunciarse publicamente sobre diversos asuntos, ultimamente con especial intensidade sobre as novidades na política estatal. Faino mediante comunicados ou a través do devandito Fontenla, que a pasada fin de semana cargou abertamente contra o preacordo asinado por PSOE e Unidas Podemos para gobernaren en coalición en España. Fontenla manifesta como voceiro da patronal a "esperanza" de que o pacto de PSOE e UP fracase e a CEG reclama "celeridade" na formación dun goberno "estable e moderado"Nunha entrevista na Radio Galega, Fontenla manifestou no nome da CEG a súa "esperanza" de que o documento asinado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias "non se consolide" porque, di, "os empresarios" están "preocupados" ao respecto. Entre os motivos da preocupación, asegura, está que Unidas Podemos "ten unha tendencia diferente ao rigor orzamentario e á ortodoxia económica". Xa ao día seguinte das eleccións xerais, o pasado 11 de novembro, a entidade emitira un comunicado reclamando "celeridade" aos partidos para conformaren un goberno "estable e moderado". Ese Executivo, dicían, debería "mellorar a eficiencia do gasto público" e a "consolidación orzamentaria".Mentres lanzan estas reclamacións, a CEG segue sen ter claro o seu futuro. Na mesma entrevista na Galega, Fontenla apenas deu concretado que "nuns días" a institución ten previsto "convocar unha asemblea" na que procurar sacar adiante as súas contas e convocar eleccións para o horizonte no mes de xaneiro. Agora, afirma, si hai "xente que ten intención de presentarse". Neste tempo a CEG foi condenada a devolver medio millón de euros á Xunta por gastos inxustificados nas súas 'embaixadas' e aínda ten pendente o xuízo pola presunta fraude de subvencións de hai dúas décadas, un buraco de case 7 millóns de eurosA nova presidencia, de chegar a habela, poríase en marcha dous anos despois da dimisión de Arias. Neste tempo, Fontenla foi protagonista doutras declaracións controvertidas, como as súas críticas á folga feminista do 8M de 2018, mentres dende os tribunais seguían chegando novas que daban mostras do deterioro institucional da CEG.É o caso da resolución xudicial que a condenou a devolver medio millón de euros á Xunta por gastos inxustificados nas súas 'embaixadas'. Nos xulgados está tamén aínda pendente o xuízo polo buraco de 6,9 millóns de euros na entidade, un escándalo de presunta fraude no cobro de subvencións públicas que se remonta a hai vinte anos e que, por erros no procedemento, non será xulgado ata, cando menos, principios de 2020. |
NOS_11386 | Esta segunda feira, 4 de abril de 2016, a Unión Europea enceta a expulsión de persoas refuxiadas do seu territorio. Faino en virtude do acordo ao que chegou con Turquía, polo cal expulsa a Ankara refuxiadas que entren de maneira irregular a cambio de prebendas ao réxime de Erdogan. | Desde esta segunda feira, a UE executa o seu plan para expulsar as refuxiadas procedentes de África e Oriente Medio fóra das súas fronteiras. Así o estabelece o acordo asinado entre Bruxelas e Turquía o 18 de marzo de 2016, un tratado polo que o réxime de Erdogan recibirá 6.000 millóns de euros e que abre as portas á liberación de visados e á axilización da inclusión deste país na UE. A día de hoxe, máis de 52.000 homes, mulleres e crianzas están en terra de ninguén, retidos en Grecia Estaba previsto que as primeiras operacións tivesen lugar esta madrugada en Quíos e Lesbos, as illas que representan unha porta de entrada para os 1,1 millóns de persoas sirias que accederon a Grecia -país que a pasada sexta feira aprobou unha lei que dá luz verde á deportación de refuxiadas-. A día de hoxe, máis de 52.000 homes, mulleres e crianzas están en terra de ninguén, retidos en Grecia, após os Balcáns fecharen as súas fronteiras. Posta en práctica do acordo Como parte do proceso, unha vez que as refuxiadas cheguen ao territorio comunitario serán deportadas a Ankara se non teñen o dereito ao asilo ou non o solicitan ou se é considerado o asilo como "inadmisíbel". Neste punto é onde entra en xogo o chamado "un por un" que comeza a aplicarse o 4 de abril. Examinarase caso por caso para determinar quen ten dereito a asilo. E, durante este período, a persoa solicitante deberá ficar nun centro de internamento O "un por un" implica que por cada persoa refuxiada que recolla Turquía, a UE deberá integrar unha persoa siria. Examinarase caso por caso para determinar quen ten dereito a asilo. E, durante este período, a persoa solicitante deberá ficar nun centro de internamento. Desde a sinatura do convenio entre Turquía e a UE, perto de 6.000 persoas rexistradas nas illas gregas solicitaron formalmente o seu asilo. O límite fíxase nas 72.000 persoas Unha vez se acade o límite de 72.000 persoas, o acordo suspenderase. O que non se coñece é que Estados membros estarían dispostas a acoller os refuxiados do "un por un". Dikili, cidade costeira de Turquía á que chegarán as primeiras refuxiadas esta segunda feira, acolleu protestos contra a aplicación do tratado O domingo, Dikili, cidade costeira de Turquía á que chegarán as primeiras refuxiadas esta segunda feira, acolleu protestos contra a aplicación do tratado. Veciños da zona iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas contra a chegada das persoas deportadas. "Non toque Dikili" ou "Non a un campo de refuxiadas" son algúns dos lemas que se puideron ler nos protestos. Un acordo que roza a ilegalidade A UE desenvolve este acordo malia a forte contestación por parte de numerosas organizacións sociais, que xa se teñen pronunciado en contra del ao supoñer na práctica devolucións forzosas e a non protección das persoas refuxiadas. ONG teñen advertido de que o tratado UE-Turquía viola o dereito de asilo, garantido de maneira explícita na Declaración dos Dereitos Humanos e na Carta de Dereitos Fundamentais da UE. Tamén alertan de que infrinxe a prohibición de expulsión ou devolución estabelecida no artigo 33 da Convención de Xenebra, que dita que "ningún Estado contratante poderá, por expulsión ou devolución, pór en modo ningún un refuxiado nas fronteiras dos territorios onde a súa vida ou a súa liberdade perigue por causa da súa raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social ou polas súas opinións políticas. Aliás, denuncian que quebra a Convención dos Dereitos do Neno. A este respeito lembran que o 40% das persoas que chegan ás costas gregas son menores de idade. |
NOS_14026 | A vivenda social construída na Galiza caeu perto do cento por cento desde o ano 2008. Sen política nin intervención pública, o mercado impón o seu propio ritmo, mais a cidadanía require alternativas asequíbeis e de calidade. | O confinamento derivado da crise sanitaria provocada polo novo coronavirus converteu a vivenda nun refuxio necesario. Neste tempo foi espazo de convivencia, de traballo, de ocio, de coidados e de actividades extraordinarias, mais non por igual para todo o mundo. Voces expertas coinciden á hora de afirmar que nunca foi tan pertinente como neste momento reflexionar sobre o dereito humano a unha vivenda digna. A COVID-19 revelou as dificultades das persoas sen teito para gorecérense pero tamén as de moitas familias que viven de aluguer para atender un pagamento mensual abusivo por vivendas con ventás minúsculas e falta de hixiene. Infravivendas, ás veces superpoboadas, que axudan a explicar a deriva das políticas e da produción de moradas após o boom do ladrillo e da burbulla inmobiliaria. A construción de residencia protexida na Galiza caeu a mínimos históricos nos últimos anos. Neste contexto, o arquitecto Roi García Camba defende a lóxica dun modelo de asentamento ben definido ademais da necesidade dunha planificación territorial. "Hai que entender que a vivenda non pode ser produto do mercado. Ten que ser un dereito onde a Administración interveña para garantir o acceso. E iso exixe repensar a vivenda tanto a respecto dos modelos de propiedade e de uso, a través do aluguer ou dunha intervención pública potente, como das condicións dos inmóbeis", asegura. Porque a crise non só puxo en evidencia a falta de acceso a unha residencia digna, tamén constatou que hai moitas persoas vivindo en condicións moi precarias. "As pautas de vida exixen fogares en condicións, con luz, ventilación, con espazos de uso comunitario e eficientes desde o punto de vista enerxético", salienta. Vivenda social Mais a especulación e a busca de beneficios complicou o dereito de acceso a vivendas de calidade. A súa escaseza derivou nun problema estrutural mais tamén nun factor de exclusión social que as cifras sobre a oferta de vivenda social da Xunta axudan a entender. A construción de residencia protexida na Galiza caeu a mínimos históricos nos últimos anos. En 2019 rexistráronse só catro vivendas rematadas, a segunda cifra máis baixa desde que se iniciou o reconto de vivenda libre e protexida en 1991, por detrás da anotada en 2015, que fechou con só dúas vivendas terminadas. A reforma da Lei de vivenda de 2012 revela un intento de liberalizar a oferta de vivenda e vai acompañado dunha redución do investimento en vivenda social. Segundo os datos recollidos polo Instituto Galego de Estatística a partir dos informes do Ministerio de Fomento, en 2007 construíronse na Galiza 3.774 vivendas protexidas, que inclúen inmóbeis de promoción pública mais outros, resultado da iniciativa privada, da autopromoción ou de cooperativas. Ao ano seguinte finalizáronse 2.758. Estala a crise económica e comeza a caída, máis acusada a partir de 2011. Nos últimos nove anos acabáronse menos vivendas protexidas que en todo o 2007. Entre 2017 e 2019 a residencia social practicamente desapareceu, con doce, oito e catro vivendas construídas respectivamente. Involución das políticas de vivenda Este descenso, explica Andrei Quintiá, doutorando en Dereito Público na Universidade de Santiago de Compostela e integrante do grupo Armela de Investigación en Igualdade, Dereito e Estado Social, "pódese identificar coa política habitacional da Xunta da Galiza, que se plasma na súa reforma da Lei de vivenda de 2012, estruturada arredor do mercado". Neste cambio, Quintiá observa un intento de liberalizar a oferta de vivenda "que vai acompañado dunha redución do investimento en vivenda social" mais tamén doutras técnicas xurídicas de protección social neste ámbito. Así, ao mesmo tempo que noutros territorios comezaban a desenvolver políticas de vivenda "innovadoras" que Galiza empezara a explorar co Goberno bipartito, "aquí o que se dá é unha involución até descargar a Administración Pública da súa responsabilidade de tutelar o dereito a vivenda", engade. A reportaxe completa podes lela no Nós Diario de hoxe, 10 de xuño. |
PRAZA_887 | Ao non termos unha lei galega de facendas locais, ao par dos recursos non finalistas, tanto a Xunta coma as deputacións enchen os boletíns oficiais de convocatorias que lles permiten "conceder" miserentas esmolas a determinados concellos. | "Todos os problemas são insolúveis. A essência de haver um problema é não haver uma solução." (O livro do desassossego, Fernando Pessoa). O gasto das entidades locais só representa un 11% do total das administracións públicas. No ano 2013 os concellos galegos xestionaron 817 euros/habitante, mentres a media do conxunto do Estado español alcanzou 1.048 euros por veciño. A diferenza non é casual. Gastamos menos, basicamente por dúas razóns. Os nosos concellos son os que menos deben, mais tamén os que menos mosca reciben do Estado. No ano 2013, a débeda dos municipios galegos representaba un terzo da media do Estado (255 euros/habitante, sendo a media estatal de 745 euros/habitante). E no tocante á participación nos ingresos do Estado, no ano en curso, os concellos galegos recibirán de media 210 euros por habitante, mentres os madrileños percibirán 350 e os cataláns 320. A lexislación referida á xestión económica e financeira dos concellos é cousa do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido reguladora das facendas locais. Aí están reguladas as fontes dos seus ingresos e a xestión orzamentaria. No tocante aos recursos económicos, esta norma, nada no ano 1988, define os tributos, os endebedamentos e a participación nos ingresos do Estado. A Xunta tamén inxecta diñeiro nas contas dos concellos galegos. As previsións de transferencias non finalistas son de 113 millóns de euros, a quinta parte das previsións nos orzamentos do Estado (580 millóns de euros). O paradoxo do asunto é que, ao non termos unha lei galega de facendas locais, ao par dos recursos non finalistas, tanto a Xunta coma as deputacións enchen os boletíns oficiais de convocatorias que lles permiten "conceder" miserentas esmolas a determinados concellos. No caso das deputacións, o trouleo é máis chocante porque convidan con diñeiro alleo, xa que practicamente non recadan tributos. Semellante zarapallada xera tal expectativa e carga burocrática, tanto na administración local coma na autonómica e na provincial, que converte aos alcaldes nun fato de pedichóns, obrigados a lamberlle a zona de evacuación a determinados paxaros da Xunta e das deputacións que, en boa medida, lle deben o seu poleiro aos que si foron elixidos pola cidadanía. De maneira que, esta esperpéntica maña na xestión dos recursos públicos, por arte de virle virloque, converte aos tales das polainas nos reis do mambo, e aos representantes da veciñanza en auténticos danzaríns subordinados. Ah! O meu tío Lisardo, ao contrario do admirado Pessoa, pensa que todos os problemas teñen solución. Basta ter vontade de solucionalos. E, no caso de que a vontade se esfume ou afrouxe, para iso está a razón da veciñanza. Para domearlle o pulso aos que pensan que por ter a tixola polo mango, xa son os amos do cotarro. |
NOS_21657 | Desde o móbil de quen encabeza a carta de 73 militares a Felipe VI, o antigo xeneral de división Francisco Beca, chegou ao chat esta mensaxe: "Non queda máis remedio que empezar a fusilar 26 millóns de fillos de puta". | Mete medo lelas. As mensaxes que militares retirados do exército español escriben e comentan no chat 'XIX do Aire'. Entre os participantes, algún dos altos mandos que asinan a carta remitida a Felipe VI e na que se asume o discurso de Vox. Con anterioridade, un grupo de ex mandos, neste caso do Exército do Aire, membros da XIX Promoción da Academia Xeral do Aire, tamén mandou unha carta a Filipe VI onde expresaban a súa preocupación polas relacións do Goberno español con partidos "cuxo obxectivo é a separación dunha parte do territorio da nosa Patria" e "a imposibilidade de estudar en español en rexións de España". O asinante desta misiva en representación de parte dos seus compañeiros foi o xeneral de división do Exército do Aire na reserva Francisco Beca, o mesmo que, segundo revela o dixital Infolibre, participa activamente nun grupo de Whastapp chamado 'XIX do Aire' que agrupa veteranos desa promoción e na que escribiu mensaxes para poñer os pelos de punta. Sempre segundo Infolibre, estas son algunhas das mensaxes escritas por Beca nese chat: – "Non fica máis remedio que empezar a fusilar 26 millóns de fillos de puta" – "As 'manobras do 36' proporcionaron uns cantos anos de progreso aínda que algúns o pasaron mal. España está chea de xente ingobernábel e a única forma posíbel é culturizar a xente, cousa que é imposíbel coa esquerda. É triste pero é a realidade española" – "Tal como está a situación a única forma de atallala é extirpando o cancro!!!!!" – "Non [foron as únicas sublevacións], pero só as de Primo de Rivera e a do Irrepetible [en referencia a Franco] trouxeron paz e prosperidade a España". – "A sociedade española está dividida e os bos son máis covardes que os malos na actualidade. Só queda (desgraciadamente) repetir a historia" – "Non quero desanimarvos, pero con palabras e a estas alturas non se pode cambiar nada". Segundo o mesmo medio, Beca negou escribir esas mensaxes a pesar de aparecer enviados desde o seu móbil. Un dos participantes reenviou un audio coa voz de Santiago Abascal no que se pode escoitar: "Dinme que é obrigatorio saudar este grupo. Un abrazo a todos e Viva España!". |
NOS_36553 | O comité intercentros considera que coa eliminación do programa Diario Cultural, a radio galega "silencia un facho de referencia cultural e pecha unha das poucas fiestras que quedaban na emisora de todos e todas". A isto engaden que coa supresión das desconexións territoriais aumentará aínda máis a manipulación informativa. Este 14 de maio haberá unha asemblea de traballadores para valoraras medidas a adoptar. | O comité Intercentros da Corporación Radio Televisión de Galiza (CRTVG) denuncia que a dirección "está a desmantelar o servizo público de comunicación audiovisual, encomendado polo Parlamento de Galiza". A desaparición do programa Diario Cultural após 28 anos nas ondas e a anunciada supresión das desconexións territoriais locais, espazo tradicionalmente reservado para a información de proximidade, son en opinión dos sindicatos "medidas inasumibles que, lonxe de obedecer a un reforzamento do medio, contribuirán decisivamente ao deterioramento do servizo público que este órgano de representación leva anos denunciando". Considera tamén o comité que, coa decisión sobre o Diario Cultural, a radio galega "silencia un facho de referencia cultural e pecha unha das poucas fiestras que quedaban na emisora de todos e todas para cumprir coa misión que a CRTVG ten de promover a difusión e a divulgación da nosa cultura na nosa lingua". Con respecto ás desconexións territoriais, que viñan cubrindo o deber que ten a CRTVG de ofrecer información local de proximidade nun país con gran dispersión poboacional -fórmula baseada no modelo de delegacións territoriais que a CRTVG vén tamén desmantelando desde o ano 2010 (cando pechou as delegacións de Burela, Ferrol e Pontevedra)-, o Intercentros considera que se trata dunha "medida estritamente política que obedece ao interese do Partido Popular de controlar a información local de cara ás eleccións municipais do ano vindeiro". Neste sentido, o comité denuncia que coa supresión desas desconexións aumentará aínda máis a manipulación informativa, cuxos contidos pasarán a ser controlados e seleccionados desde a central de San Marcos, fundamentalmente polo responsable dos informativos da radio, Alejandro López Carballeira. O Comité Intercentrosanuncia que esta segunda feira, 14 de maio, realizará asemblea de traballadores e traballadoras para acordar co persoal da CRTVG as mobilizacións que se desenvolverán para esixir a reversión destas medidas. |
NOS_23032 | No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a editorial Kalandraka conmemora o seu 15 aniversario anunciando que pon a andar un novo sistema de venda online polo que os seus libros se poden mercar en calquera lugar do mundo. Botamos unha vista á rede para atopar a LIX galega en movemento. | Desde o seu nacemento, a editorial Kalandraka revolucionou a edición do libro infantil e xuvenil, en especial coa súa dedicación ao álbum ilustrado do que o selo de Pontevedra se convertiu en abandeirado. Cunha páxina web e un blogue informativo na rede, Kalandraka anuncia neste Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil no que fai quince anos da súa creación unha nova plataforma de comercio electrónico polo que os 1300 títulos que leva publicados se poderán adquirir en calquera parte do mundo. Canda ela, todas as editoriais que teñen nos seus fondos e ofrecen nas súas novidades libros de LIX teñen unha presenza activa na rede, desde Oqo Edicións á máis nova Patas de Peixe entre as especializadas, alén das xeneralistas como Xerais, Galaxia ou Bahía que contan cun amplo fondo de publicacións para a xente miúda. A rede faise eco tamén da rica creación literaria para lectores de menores idades e, desta maneira, os grandes nomes da LIX atoparon en blogues e páxinas web unha nova maneira de difusión e encontro co público lector. Con especial coidado e moita dedicación, a recente incorporación ao espazo dixital de Agustín Fernández Paz, un dos nomes máis sólidos da nosa historia literaria, supuxo unha nova ventá para coñecer a un dos autores máis lidos e posibelmente o máis traducido que verque na rede non só as súas novidades editoriais senón tamén os seus gustos literarios e os seus pensamentos persoais. Entrevistas, ensaios, publicacións e mesmo o seu blogue persoal achéganos a Agustín Fernández Paz que difunde os novos materiais a través das redes sociais. "Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia" reza o encabezamento do blogue de Xabier P. Docampo, un espazo virtual no que o autor ofrece de cando en vez episodios vitais e reflexións persoais a través da rede. Á páxina web recurriu Fina Casalderrey na súa entrada na rede, cun espazo informativo no que a autora, ademais de dar a coñecer a súa obra e a súa traxectoria literaria ofrece un interesante texto autobiográfico. O premio de Miro Villar Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o escritor Miro Villar botou a andar a través do seu blogue "As Crebas" o sorteo de dous exemplares do seu libro "O Nariz de Fiz", obra que foi galardoada co Premio Pura e Dora Vázquez. "Fiz ten un can rabelo, que ven sendo isto?" preguntou o escritor na rede e coas respostas sorteará os dous exemplares para conmemorar a xornada na que faría anos o escritor Hans Christiam Andersen. Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Helena Villar ou Francisco Castro son autores da LIX que contan tamén con espazos propios na rede. E non só nomes persoais dan pé a páxinas e blogues, Helena Gallego Abad deulle protagonismo ao título da súa Dragall, Triloxía do Dragón para lle outorgar protagonismo coa creación da súa páxina oficial. Con páxina web e blogue asoma a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIZ) que vén de publicar o catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2013, coas novidades editoriais da escrita para as idades novas. O catálogo recolle 144 títulos publicados por 40 editoras ao longo do ano 2012. Son só algúns dos exemplos onde atopar a literatura infantil e xuvenil na nosa lingua a través da rede que nos ofrece tamén sorpresas como o celebrado blogue de Anxo e Gracia, Trafegando Ronseis, que dá conta da actualidade editorial e recolle neste día o poema de Pat Mora co que mundialmente se conmemora a xornada e que para a nosa lingua trouxo a escritora Concha Blanco: Lemos xuntos, ti e eu.Vemos que as letras forman palabrase as palabras convértense en librosque estreitamos nas nosas mans.Oímos murmuriose ríos buliciosos nas súas páxinas,osos que cantangraciosas melodías á lúa.Entramos en misteriosos castelose das nosas mans soben ata as nubesárbores florecidas. Vemos nenas valentes que voane nenos que atrapan as estrelas.Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,percorrendo o mundo coa alegría nos libros. |
NOS_8095 | O pasivo bate récords e supera os 10.000 millóns euros. Cada galego soporta agora 2.000 euros máis de débeda pública autonómica que antes da chegada do PP ao goberno en 2009. | A débeda pública de Galiza bate récords baixo o mandato de Núñez Feijóo, superando xa os 10.000 millóns de euros e representando máis do 18,3% do Produto interior bruto (PIB) do noso país. No segundo trimestre deste ano o pasivo acumulado é de 10.210 millóns de euros, o que supón un aumento do 110% a respeito da débeda pública galega que había en 2009, ano no que o PP retornou á Xunta, e que era de 4.859 millóns. Unha débeda que entón supuña o 8,6% do PIB galego, 10 pontos menos que o que representa na actualidade. O 2014 xa se despediu deixando unha débeda pública galega a niveis de récord, 9.961 millóns de euros (18% do Produto interior bruto), mais esa cifra foi superada xa no 2015 en curso. Cada galego soporta 3.733 euros por débeda autonómica (cifra que se dispara a máis de 9.000 de se lle sumar outros pasivos: do estado, concellos...). Antes da chegada de Núñez Feijóo, esa débeda autonómica per cápita que agora é de 3.733 euros era de 1.756 euros. Dous mil euros menos. Cada galego soporta 3.733 euros por débeda autonómica (cifra que se dispara a máis de 9.000 de se lle sumar outros pasivos: do estado, concellos...) E mesmo hai estudos, como os do profesor Álvarez Corbacho, que elevan esa débeda actualmente en 10 mil millóns até máis de 14.000 millóns de euros ao lle engadir os compromisos de gastos futuros das colaboracións públicos-privadas. O propio Consello de Contas alertaba este verán do alto endebedamento da Xunta. O propio conselleiro maior deste organismo, e ex-conselleiro de gobernos de Manuel Fraga, Xesús Palmou, falaba de que se podía dar un "problema sobre a sostibilidade" de se manter a situación. O propio presidente da Xunta dixo neste mes de xullo, após esas advertencias do Consello de Contas, que un dos compromisos do seu goberno ía ser reducir a débeda pública. Feijóo defendeu o endebedamento alegando a necesidade de "manter servizos públicos". Un argumento que non convence a oposición, que achaca ese endebedamento ao gasto corrente e á deriva dunha política económica da Xunta que non é quen de afrontar a situación de crise. |
PRAZA_20197 | Este manual de fraseoloxía editado polo Centro Ramón Piñeiro e coordinado por Xesús Ferrol Ruibal ofrece centos de exemplos de frases feitas, expresións e refráns, acompañados de exercicios prácticos e dos cadriños de Davila. | Dar trela: Animar a facer algo. Deixar liberdade para facer; dar permiso, licenza. Hai uns meses chegou ao prelo un libro -titulado precisamente Para dar trela- que constitúe un verdadeiro manual práctico de aprendizaxe da fraseoloxía galega. "As metáforas dunha lingua poden ser un labirinto para o foráneo que aprende esa lingua. Por iso precisa unha guía para introducirse nelas. Este libro quere ser esa guía e, se te decides a seguilo, aprenderás fraseoloxía galega e acabarás falando con arte", destaca na introdución da obra o seu coordinador, Xesús Ferro Ruibal, que salienta que "este é un deses libros que, na súa aparente sinxeleza, apuntan moi alto porque o manexo atinado dos refráns e dos ditos é o nivel máis elevado de dominio dunha lingua; algo que só teñen ordinariamente os nativos; e nativos con moita aldea ou con moito mar". Ferro Ruibal: "O manexo atinado dos refráns e dos ditos é o nivel máis elevado de dominio dunha lingua; algo que só teñen ordinariamente os nativos; e nativos con moita aldea ou con moito mar" No libro aparecen centos de expresións, frases feitas e refráns, dende "Quen todo é mel, cómeno as abellas" ou "Ser un pintalareiras" ata "Estar contento coma un cuco" ou "Untarlle o bico a alguén". A obra ofrece textos modelo e mais un amplo repertorio de exercicios e explicacións organizados seguindo unha clasificación temática e acompañados de ilustracións. O método complétase cun solucionario e un glosario de ditos e mais outro de refráns ordenados pola palabra principal. O manual busca proporcionar unha aprendizaxe autónoma, comprensiva e activa da fraseoloxía e da paremioloxía galegas que redunden nunha mellora da competencia comunicativa multilingüe e intercultural. "A fraseoloxía éche o idioma convertido en imaxes; é falar con espellos que nos fan ver o lado oculto das cousas, dos feitos, da xente; éche falar con parábolas máis que con palabras" Ferro Ruibal explica que "a fraseoloxía éche o idioma convertido en imaxes; é falar con espellos que nos fan ver o lado oculto das cousas, dos feitos, da xente; éche falar con parábolas máis que con palabras. A fraseoloxía converte a fala en cine, con color, con emoción e, por veces, con intriga". A pesar da especificidade e orixinalidade das expresións creadas e usadas en cada lingua, hai moitas frases feitas e refráns que teñen equivalencia en distintos idioma. "Vivimos nas metáforas e nelas é onde actúa a orixinalidade creativa de cada pobo que produce fraseoloxismos diferentes nos froitos (palabras e imaxes) pero idénticos na estrutura de fondo", explica Ferro Ruibal. Certas locucións galegas son comúns a outras linguas europeas: "comer coma un pito", "estar nos ósos", "ter os pés na terra", "recibir cos brazos abertos", "tomar o pelo", "matar dous paxaros dun tiro", "apertar o cinto" ou "chover a caldeiros", entre outras. No libro danse as equivalencias nas cinco linguas hispánicas e tamén en francés, italiano, inglés e alemán. O libro, coordinado por Xesús Ferro Ruibal e editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), foi realizad por M. Carmen Losada Aldrey, Alba Cid Fernández e Xurxo Fernández. Ademais, conta coas ilustracións de Evaristo Corujo Martínez, Tito, e coa colaboración de Luis Davila, cuxas famosas viñetas se reproducen na sección Para estar de humor de cada capítulo. O proxecto Fraseoloxía Galega no que se insire esta obra, dirixido actualmente pola profesora María Isabel González Rey, desenvolve actividades encamiñadas a un triplo obxectivo: a construción dun Tesouro Fraseolóxico Galego, o impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia e a tradución ao galego de obras de referencia da fraseoloxía internacional. "Non hai mellor manual de fraseoloxía que a convivencia cos avós e coas avoas. Se este libro te leva a intensificar o trato con eles e con elas, practicarás, nun mesmo exercicio, fraseoloxía e humanismo" No remate do prólogo do libro Ferro Ruibal subliña que "por bo que sexa este método, que o é, tes que saber lector ou lectora, que nada supera en eficacia o trato persoal coa xente de moitos anos. Non hai mellor manual de fraseoloxía e paremioloxía que a convivencia cos avós e coas avoas. Se este libro te leva a intensificar o trato con eles e con elas, practicarás, nun mesmo exercicio, fraseoloxía e humanismo. Será filloas con mel". Descarga aquí o libro (.pdf) |
NOS_778 | No seu 13 congreso, o PSdeG non tomou nota de que neste momento o debate político é o territorial. O conclave da marca galega do PSOE entronizou na secretaría xeral Gonzalo Caballero mais non deixou nen unha soa proposta en relación co status político da Galiza ou o alargamento do seu autogoberno. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 270. | Se no debate político no Estado a cuestión básica agora, e nos próximos anos, é a territorial, se ese asunto ecoa tamén inevitabelmente nos muros do Pazo do Hórreo, non foi o 13 congreso do PSdeG o foro en que a formación socialdemócrata iría desvelar as súas propostas concretas na materia. Antes ao contrario, do desenvolvimento do conclave tírase a conclusión de que o PSdeG non está interesado en marcar o seu perfil nesta materia. Se Pedro Sánchez ten cualificado Galiza como nación -embora espida de plenos direitos, unha nación cultural, non un suxeito político-, os por volta de 500 delegadas e delegados que tomaron parte no congreso do PSdeG apenas se debruzaron sobre este asunto, que tampouco suscitou a máis mínima controversia nas primarias en que Gonzalo Caballero, após selar unha alianza con Leiceaga, derrotou Juan Díaz Villoslada por unha ampla marxe (58 face 42 por cento). O discurso do PSdeG foi basicamente un eco do do PSOE, unha proclama social e de afirmación do eixo esquerda-direita sobre a dialéctica arredor do autogoberno. Quer nas ponencias quer nos discursos de Gonzalo Caballero como novo secretario xeral a énfase púxose apenas na consideración do partido como "galeguista", unha definición que o 13 congreso non se preocupou de encher de ningún contido especial. [Todo sobre o asunto no Sermos270, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais] |
NOS_53455 | Non é necesario o mar para nos mergullar. Nas comarcas do interior do país existen espazos de singular beleza que nos permiten gozar do sol e da auga como se estivésemos na costa. Son as praias fluviais e as pozas formadas pola erosión dos ríos. Na Galiza, dos milleiros de ríos descubrimos opcións para facermos excursións ás praias… sen costa! | Dise que Galiza é a terra dos mil ríos, mesmo dos dez mil ríos ou dos cen mil. Depende do trazado e da habilidade do cartógrafo ou cartógrafa á hora de debuxar os mapas topográficos a gran escala. De convertermos Galiza nun corpo, os regueiros e ríos cos que conta cada aldea, vila e lugar son as veas e as arterias polas que flúe a auga que fai país, un país con milleiros de recunchos acaídos para gozar do verán. Comezamos o percorrido pola primeira praia fluvial co distintivo de bandeira azul. É A Calzada, en Pontecaldelas, e está bañada polo río Verdugo –Verduxo, nas súas orixes–. Formada por unha presa de pedra que converte o río nunha piscina, atópase rodeada de bidueiros, castiñeiros e carballos. Conta cun espazo de menor dimensión para as crianzas, que poden gozar dunha ampla área de xogos á sombra. A escasa distancia localízanse as pozas de Regodobargo (Pontecaldelas) e as de Aranza (Soutomaior), bañadas polo río Oitavén, que forma un canón polo que se suceden piscinas naturais e pequenos saltos. Amais de gozar dun bo baño, a visita a estas pozas pode incluír unha andaina á beira do río ao seu paso por Aranza a través dun carreiro que vai dar a un muíño e a unha fermosa fervenza. Outras pozas recomendábeis son as de Mougás (Oia), Castro-Meda de Zas, unha paisaxe que combina regueiros e un espectacular salto. A escasos 500 metros dun dos lugares de referencia do verán no Baixo Miño existe unha zona de petróglifos desde a que contemplar os solpores estivais. Se escribimos sobre pozas non podemos esquecer as de Melón, formadas ao paso do río Cerves após atravesar fascinantes rápidos e cascadas. Amais de seren propicias para darnos un baño, as piscinas naturais convídannos a camiñar a través dun sendeiro até a fervenza do Tourón, unha das máis fermosas da Galiza. Tamén son recomendábeis as Pozas do Pedras (A Pobra), situadas no corazón da Serra do Barbanza. A erosión da auga deu lugar a formas suaves e redondeadas que fan axeitado o baño para as crianzas. As primeiras piscinas naturais atópanse a uns 600 metros do punto de partida, aínda que as máis interesantes espérannos máis ao lonxe. Volvéndomos ás praias fluviais, pode ser unha boa opción a de Maceira (Covelo), onde destaca a integración do espazo de baño na natureza. Amais de zona de descanso e parque infantil, a praia fluvial bañada polo Tea dispón de pequenas piscinas rústicas acondicionadas para os nenos e nenas. Non moi lonxe localízase a praia fluvial da Freixa (Ponteareas), tamén bañada polo Tea. Xurdiu a raíz dunha pequena presa que se habilitou coa construción dunha central hidroeléctrica a inicios do s. XX. Cara ao norte do país recomendamos a praia fluvial do Corgo, que consta dunha extensión de 10.000 metros cadrados nun tramo duns 400 metros ao longo do río Chamoso. A carballeira de Santa Isabel (Outeiro de Rei), frecuentada por Manuel María e na que escribiu parte da súa obra, é outro dos espazos ideais para o descanso e o goce das persoas bañistas. Fechamos esta listaxe coa praia fluvial do Lérez, un areal semiurbano de area branca e auga tranquila que se atopa á marxe esquerda do río, a uns 3 km. da súa desembocadura. Quen dixo que non hai praias no interior? Á auga, patos! De paseo polos muíños da Barosa O Espazo Natural Río Barosa, no Concello de Barro, é un dos espazos que non podemos eludir cando nos referimos aos ríos. Consta dun sendeiro circular de 4 km á beira do Barosa que ofrece unhas magníficas estampas dos 12 muíños de auga localizados en cascada. Amais dos muíños –algúns deles rehabilitados- é salientábel a vexetación de ribeira da parte baixa do paseo, na que podemos gozar dunha insua acondicionada como zona recreativa. Como anécdota, lembramos que neste lugar, en 1809 e no marco da Guerra da Independencia, tivo lugar un enfrontamento entre o batallón de Benito Godoy Araujo e unha carruaxe do mariscal Soult. Dise que a valentía do pobo galego neste asalto provocou a frase do duque de Wellington: "Españois, dedicádevos a imitar os inimitábeis galegos, distinguidos sexan até a fin dos séculos por chegar a súa audacia até onde nunca ninguén chegou". [Esta reportaxe foi publicada no número 207 do semanario en papel Sermos Galiza] |
NOS_6493 | Enfermeiras eventuais en loita volveron saír á rúa esta segunda feira para sinalar outra das eivas que sofre o colectivo. O catálogo de dificultades que atravesan como traballadoras provisionais do Sergas converteuse nun discurso fiado da "precariedade laboral extrema" á que se ven expostas, e "que se agrava cada día máis". | "O persoal eventual non ten dereito a vacacións ou a permisos por matrimonio, nin a baixas por enfermidade ou embarazo. Sufrimos continuamente a mobilidade entre servizos, a concatenación de contratos durante anos", o que supón, inciden, serias complicacións para conciliar a vida familiar e social e, tamén "para ofrecer uns coidados de calidade aos pacientes que pasan polas nosas mans", sinala Catuxa Lagarón, integrante do colectivo. Co inicio do ano e do mes de xaneiro, Enfermeiras eventuais en loita concentráronse diante dos hospitais de cabeceira e comarcais, mais tamén ás portas dos centros de Atención Primaria para poñer de manifesto o impacto que ten na calidade asistencial das galegas a baixa proporción de enfermeiras por habitantes. Segundo denuncian, na Galiza hai 5,3 enfermeiras por cada 1.000 habitantes. A media estatal sobe até 6,5%, mentres que a europea ascende a 8,8%. "Está demostrado que con esta relación tan escasa os erros, as complicacións e os efectos adversos aumentan", denuncian. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_57651 | Un grupo de eurodiputadas dos partidos políticos con representación na Galiza e Portugal acadan o compromiso de defender os intereses do territorio do Miño, que padeceu numerosas perdas polo blindaxe da fronteira malia as peculiaridades da zona, onde se comparten servizos. | A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño recibiu hoxe o compromiso de eurodeputadas e eurodeputados dos partidos políticos con presenza na Galiza e no norte de Portugal para exixir á Unión Europea que poña á disposición destas localidades limítrofes cartos para compensar o feche de fronteiras por mor da Covid-19. No encontro decorrido esta sexta feira, o colectivo explicou aos representantes "a problemática que as persoas traballadoras e as empresas da zona están a vivir pola decisión de só ter aberto un paso 24 horas na fronteira". Uxío Benítez, vicedirector da AECT, reflexionou sobre a necesidade de compensar a un territorio, coas súas particularidades e os seus espazos e servizos compartidos, no que non se entende o feche das conexións. O responsábel asegurou que houbo unanimidade de todos os partidos para reclamar esas compensacións para a área "miñota". Isto tramitarase a través dunha iniciativa conxunta no Parlamento Europeo na que falaran dos espazos transfronteirizos e das perdas e outros problemas derivados de rachar a súa conexión. A idea das políticas é pedir fondos europeos, mais tamén recorrer aos "plans de resiliencia" para municipios cunha dobre crise pola pandemia e a falta de mobilidade co país veciño sendo complementarios. A respecto do mantemento do fechamento con Portugal até despois de Semana Santa anunciado onte polo primeiro ministro portugués Antonio Costa, o vicedirector do AECT Uxío Benítez subliñou que se volve producir un "escándalo". Porén, tamén desde o Estado español propuxeron unha solución similar para reducir o risco de expansión do virus. En calquera caso, na súa opinión, isto leva a unha "ruína económica". "Séguese obrigando ás persoas traballadoras a percorrer distancias quilométricas, a ter gastos de entre 200 e 300 euros ao mes máis en combustible para acceder aos postos de traballo", lembrou, ao tempo que advertiu que o AECT ten xa constancia de casos de persoas que pediron a excedencia dos seus postos por non poder asumir eses custes. |
NOS_7872 | Un inquérito de Celeste-tel para o dixital outorga 1/2 deputados ao Bloque nun Congreso no que PP sería primeira forza (133/135) por diante do PSOE, Podemos obtería entre 33 e 37 parlamentares e Ciudadanos, 20/21. UPyD desaparece da Cámara e entraría a CUP. | O BNG mantería a representación no Congreso español de se realizar agora eleccións segundo unha enquisa de Celeste-Tel para 'El Diario' que o dixital publica esta segunda feira. A sondaxe outorga aos nacionalistas o 0,7% dos votos e entre 1 e 2 deputad@s. Nos comicios de 2011 obtivo 2 parlamentares e o 0,8% dos sufraxios. O inquérito sinala un repunte do bipartidismo, cun PP que se mantería como primeira forza da Cámara, obtendo entre 133 e 135 deputad@s e o 30,7% dos votos; e un PSOE que malia baixar en porcentaxe de apoios (de 29,2 ao 27,4%) aumentaría en escanos, pois pasaría dos 110 de hai catro anos a ter entre 118 e 123, segundo este traballo feito en base a 1.100 entrevistas. Podemos sería a terceira forza, cun 13,3% dos apoios, o que se traduciría nun abano de entre 33 e 37 parlamentares, unha cifra inferior á que lle daban enquisas e sondaxes en meses anteriores e que apontaban a que o partido de Pablo Iglesias superaría a barreira dos 50 deputad@s. Ciudadanos obtería entre 20 e 21 parlamentares. Aauxe destas 2 novas forzas 'págana' en grande medida IU e UPyD. Izquierda Unida pasaría dos 11 escanos que ten agora a entre 3 e 5, o que pon no fío da navalla a posibilidade de ter grupo parlamentar. Peor aínda se lle presenta o panorama a UPyD que, en base a esta sondaxe, ficaría fóra do Congreso. O Soberanismo No que corresponde á presenza de forzas nacionalistas, alén do BNG (Galiza), obterían representación unha decena de formacións. En Euskal Herria, tres. A principal delas, o PNV, partido ao que o inquérito concede entre 5 e 7 representantes (agora ten 5), seguido de Amaiur: a coligazón da esquerda abertzale obtería 5 ou 6 deputad@s (agora posúe 7). Geroa Bai recuncaría cun representante, o mesmo que posúe agora. No que se refire ao panorama dos 'Paisos Cataláns', a división de CiU (que obtivo 16 representantes en 2011) minguaría a presenza deste nacionalismo no Congreso, pois Convergència tería entre 7 e 8, e Unió 2 ou 3. Esquerra (ERC) experimentaría un forte auxe, pois tería na Cámara española 8 ou9 deputad@s fronte aos 3 que posúe agora. O independentismo anti-capitalista da CUP entraría no Congreso, pois o traballo de Celeste-Tel concédelle 1 ou 2 parlamentares. Compromís saltaría de 1 escano a 3 ou 4 e MÉS obtería 1. |
PRAZA_20181 | A nova fase da plantación, anunciada o pasado marzo por Feijóo, custará uns 600.000 euros, dos que máis de 70.000 saen de fondos inicialmente previstos para creación e mellora de masas forestais. O pasado ano o Goberno xa transvasara 111.000 euros do tícket eléctrico ao alumedo da Cidade da Cultura. | A mediados de xullo de 2014 había apenas unha semana que Santiago mudara de alcalde por terceira vez en tres anos e Alberto Núñez Feijóo recibiu no salón nobre do Pazo de Raxoi a quen enviara como substituto de Ángel Currás, que á súa vez remudara a Gerardo Conde Roa: Agustín Hernández, quen fora o seu conselleiro de Infraestruturas dende o ano 2009. Naquel primeiro encontro o Feijóo despregou un catálogo de promesas de investimento do Goberno galego na cidade para a recta final do mandato municipal no que incluíu a "creación" do chamado "bosque de Galicia", unha plantación de 23 hectáreas na contorna da Cidade da Cultura que, dixo daquela, ía tornar o urbanizado monte Gaiás nun "símbolo da defensa do bosque tradicional galego". Case tres anos despois a Xunta vén de decidir ampliar esa superficie e para facelo bota man de fondos que os Orzamentos da Xunta destinaban inicialmente a repoboacións forestais. Aquela primeira fase do 'bosque' dotouse cun orzamento de 300.000 euros. En marzo de 2015, ás portas da campaña municipal, Feijóo ascendeu ao Gaiás con Hernández e outros cargos para escenificaren coa plantación dun bidueiro o nacemento do que ía ser, dixo o presidente, "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico". Malia ás críticas xurdidas no ámbito da bioloxía e do ecoloxismo a respecto de presentar como bosque un parque forestal ubicado nun monte antes arrasado para construír edificios, en agosto dese ano a factura volveu subir. Non foi en concepto de plantación de árbores, parcialmente realizada con traballo voluntario, senón para contratar a "rede de iluminación para camiños do Bosque de Galicia", algo máis de 270.000 euros para colocar luminarias entre as árbores. Concretamente, unha cada dez metros. Feijóo lanzou o proxecto do bosque entre as medidas que prometeu para Santiago tras situar a Hernández na alcaldía Despois deses primeiros investimentos próximos aos 600.000 euros e apenas un ano despois da inauguración do bosque o propio presidente anunciou a finais do pasado marzo que a intención do seu Executivo pasaba por amplialo. Concretamente, por alargar a súa superficie "en dez hectáreas e 4.500 árbores", propósito para o que puña sobre a mesa 603.657 euros procedentes de cinco consellerías: Cultura e Educación, Economía, Medio Ambiente, Infraestruturas e Medio Rural. Aínda que o anuncio chegaba mes e medio despois da aprobación dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2017 o proxecto obrigou a introducir mudanzas nas contas públicas. Cando menos, no que atinxe a Medio Rural. A nova fase do 'bosque' custará uns 600.000 euros, que se suman ao máis de medio millón da primeira Dado que o plan non estaba contemplado no seu orzamento, o 24 de abril a Consellería que dirixe Ángeles Vázquez tivo que tramitar a correspondente modificación orzamentaria. Fíxoo, concretamente, por importe de 72.000 euros, que foron restados da partida de axudas para a creación e mellora de masas forestais, unha das máis importantes da Consellería, dotada en 2017 con 36,6 millóns de euros. Eses fondos foron recolocados na partida de "restauración para a recuperación da masa forestal", máis concretamente no apartado de repoboacións, que segundo o orzamento aprobado en febreiro contaba só con 10.000 euros. Con esta operación, indica o expediente, Medio Rural vai "atender a ampliación do bosque de Galicia, na contorna do Gaiás, nunhas superficie aproximada de 10 hectáreas", ademais de "acometer outras pequenas repoboacións". A finais de 2016 a Xunta transvasou 111.000 euros das axudas para pagar a luz á "iluminación complementaria" do Gaiás Este non é, así e todo, o primeiro transvasamento á Cidade da Cultura de fondos inicialmente orzamentados para outros departamentos do Goberno. E tampouco a máis cuantiosa. Como informou Praza.gal, en novembro do ano pasado a Consellería de Economía recolocou 201.763,49 euros para atender o compromiso ao que chegara con Cultura para cofinanciar a "iluminación complementaria" do complexo do Gaiás. Máis da metade dese montante, 111.000 euros, saíu de cartos inicialmente orzamentados para o tícket eléctrico, as axudas para o pagamento da factura da luz de familias con poucos recursos económicos. Os 90.700 restantes procedían da partida que Economía dedica a reparacións e mantemento dos edificios que dependen deste departamento autonómico. |
NOS_19561 | Esta noite. 21.30 horas. Santiago Bernabéu. O Celta sairá ao relvado a defender a renda da ida (2-1) nun encontro que lle pode outorgar o billete para xogar os cuartos de final da copa do Rei. Terá de confrontar a un Real Madrid incendiado polo confronto de Mouriño coa sección española do seu vestiario, a liderada polo garda-redes Iker Casillas. | O treinador celeste, Paco Herrera, afirma ter as súas dúbidas á hora de confeccionar o once titular. Argumenta que para a equipa o fundamental é a liga, non a copa. Mais nen por iso se dá por derrotado, embora confira ao Real Madrid o rótulo de favorito. "Xoga na casa e non adoita deixar o seu taboleiro de marcas a cero". O desafío para o Celta é, por tanto, marcar cando menos algún gol. A quen? Esa é a gran dúbida que alimenta o morbo na imprensa desportiva madrileña, talvez unha cortina de fume de Mourinho con que tapar o mal momento de xogo da súa equipa. Saen lapas do vestiario branco. Bon momento para Iago Aspas e compañía noquearen un vixente campión de liga que no actual torneo viaxa á sideral distancia de 16 pontos do Barça de Messi. |
PRAZA_11785 | As informacións máis consultadas en Praza.gal amosan como o 2019 foi en Galicia un ano marcado polas convocatorias electorais, pero tamén por movementos e mobilizacións sociais que racharon cos marcos clásicos e que, un ano máis, tiveron en boa medida rostro feminino. | Velaí vai o 2019, velaí vén o 2020. Ás portas do derradeiro ano da década, o primeiro dos anos vinte, aproveitamos para botar un chisco a vista atrás e repasar os últimos doce meses da man da audiencia de Praza.gal. As informacións máis consultadas no noso xornal durante o ano que rematan amosan como o 2019 foi en Galicia un ano marcado polas convocatorias electorais -xerais en abril e novembro, e europeas e municipais, e maio-, pero tamén por movementos e mobilizacións sociais que racharon cos marcos clásicos e que, un ano máis, tiveron en boa medida rostro feminino. Velaquí a vintena de novas máis lidas en Praza.gal durante o ano 2019. Repasamolas para irmos cara aos anos vinte.1 | Galicia é xunto con Euskadi, Navarra e A Rioxa o único territorio sen deputados de VoxUn dos grandes titulares da noite electoral do 10N foi o ascenso da formación de extrema dereita Vox ata tornar en terceira forza do novo Congreso. En Galicia esa suba tamén se produciu, pero sen chegaren a lograr representación parlamentaria.2 | O 8M feminista fai agromar na aldea de Loureiro a primeira manifestación da súa historiaA pequena aldea de Loureiro (Nogueira de Ramuín), duns 60 habitantes, celebrou a primeira manifestación da súa historia durante a mobilización feminista do pasado 8M.3 | Os 11 campos de concentración franquistas en Galicia, o espazo dunha "estratexia de terror"O xornalista Carlos Hernández presentou a súa investigación Los campos de concentración de Franco. O libro amplía notablemente o número de campos que ata agora se coñecían (os estudos máis fiables cifrábanos en 188) e afonda na súa historia e características.4 | Seis meses de cadea para os donos dunha panadería de Pontevedra que prohibían descansar ao persoalA empresa só lles daba descanso en Nadal e Aninovo non pagaba as horas extra aos traballadores nin cotizaba por elas, acumulando unha débeda de 238.000 euros coa Seguridade Social5 | Persoal da TVG revela "represalias" á xornalista que denunciou o boicot da canle á folga do 8MO comité intercentros da CRTVG advertiu en febreiro de que Marga Pazos foi "afastada" das tarefas de redactora por participar nas mobilizacións polos medios públicos, pola defensa da lingua e por denunciar o boicot da TVG á folga feminista. En xuño, un xulgado desestimou a súa demanda por este motivo contra a empresa pública.6 | Onde me podo manifestar o 8M? Horarios e lugares das convocatoriasTras do éxito da manifestación unitaria en Lugo, o movemento feminista preparou numerosas mobilizacións por todo o país durante a xornada da folga feminista do 8 de marzo.7 | Sés: "Cada vez me resulta máis ridículo e denigrante o ton moderado da esquerda ante o fascismo e o abuso actual"Ao fío da publicación do seu disco Rabia ao silencio, conversamos con Sés sobre o seu traballo, o país e a vida. Explicounos os detalles dun disco no que achega aos máis novos -e non só- unha serie de cancións de autor, populares e folclóricas vinculadas a distintos movementos sociais e políticos do século XX. Sés respondeu como fala ela sempre: directa, coas cousas claras e sen medo a dicir o que pensa.8| A 'Guía dos elementos químicos' non se poderá usar na ESO pola prohibición de impartir a materia en galegoA principios de ano presentábase a nova versión en galego da Guía dos elementos químicos, unha completa publicación que, paradoxalmente, está vetada nas aulas galegas de Secundaria. A causa é que o vixente decrego "do plurilingüismo" estipula no seu artigo sétimo o Decreto que se impartirán en castelán na ESO "as materias de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química"9 | A masiva protesta das enfermeiras eventuais en Silleda ábrelle á Xunta outro conflito na sanidade"Este día marca un antes e un despois.... E só é o principio". Así reflexionaban o pasado maio diversas participantes na inédita mobilización contra a eventualidade e precariedade no Sergas durante as probas do concurso oposición de enfermaría celebradas en Silleda. O enorme pavillón para a celebración dos exames quedou tinguido polo negro co que vestiron milleiros dos participantes como forma de visibilizar unha loita contra as "pésimas condicións de traballo" no sistema sanitario público galego.10 | O feminismo galego volve desbordar noutro 8M histórico na loita pola igualdadeÉ difícil pensar nun movemento social e político que sexa quen de facer historia dúas veces en doce meses na Galicia da segunda década do século XXI. Nun movemento que non sexa o feminismo. Como xa sucedera en 2019, o movemento feminista desbordou o 8M en rúas e prazas de vilas e cidades galegas. 11 | A ONU avalía por primeira vez en Galicia a discriminación do galegoO relator da Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos visitou Galicia para recoller información sobre a vulneracion dos dereitos lingüísticos12 | 'Un violador no teu camiño' resoou na Praza do Obradoiro nunha espectacular acción colectiva do feminismo "Estamos coa adrenalina subida. Este é un canto colectivo que nos axuda a todas a estar máis fortes e a sentirnos parte dunha referencia común", explicaron as impulsoras na capital galega desta iniciativa, que se estende por todo o mundo.13 | 'O que arde' convértese no primeiro filme que se proxecta en galego no Festival de CannesO que arde, o terceiro filme de Oliver Laxe, presentouse en maio no Festival de Cannes dentro da sección competitiva Un certain regard. A longametraxe convértese na primeira película que se proxecta en lingua galega no prestixioso festival francés. Dende aquela, o seu éxito seguiu a medrar e en novembro logrou alzarse como o filme en galego máis visto da historia en salas comerciais.14 | Adeus a Chelo Rodríguez, a última guerrilleira antifranquista galegaTivo que ser un 18 de xullo, o deste 2019, cando só a vellez puido derrotar a Consuelo Rodríguez López, Chelo, a última guerrilleira antifranquista galega. Exiliada desde había 70 anos en Francia, alí faleceu, na illa de Ré, xusto cando se cumprían 83 do golpe fascista cuxa represión levou por diante boa parte da súa familia e tras a que ela se uniu á loita contra o franquismo. 15 | O bombeiro galego agredido por ultradereitistas en Madrid: "Peor que os golpes foi a apatía da xente"Miguel Uclés é presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia. En outubro desprazouse a Madrid xunto a milleiros de compañeiros de Galicia e doutros territorios para reclamar un servizo público de calidade e unha "lei marco" que regule todos os profesionais do Estado. A xornada reivindicativa acabou mal para este traballador do parque vigués, que foi agredido por un grupo fascista entre insultos e berros como "puto independentista". 16 | 85 barcos pesqueiros galegos, listos para recoller plásticos no mar para a súa reciclaxeCase un cento de barcos pesqueiros de arrastre dos portos da Coruña, Celeiro, Burela e Corme participaron na iniciativa "Upcycling the Oceans", un proxecto que busca recuperar residuos presentes no mar para reciclalos, dándolles novos usos na industria téxtil. 14 das embarcacións pertencen ao porto da Coruña, 7 ao de Burela, 50 ao de Celeiro e os 14 restantes ao de Corme, sumando un total de 1.380 mariñeiros17 | Por que case non hai bandeiras azuis nas praias vascas?Galicia ten este ano o menor número de bandeiras azuis da última década, un total de 107, unhas 24 menos que hai catro anos. Nos últimos anos foron varios os concellos galegos que comezaron a renunciar a esta distinción privada. Por exemplo Nigrán, que se uniu a varias localidades da ría de Arousa (O Grove, Ribeira, A Pobra ou Rianxo) ou a Barreiros. Este movemento de retroceso das bandeiras azuis non é exclusivo de Galicia e de feito está a ser moito máis intenso noutros territorios, especialmente o País Vasco18 | Clamor masivo pola sanidade pública: "Co lío que hai aquí e Feijóo está en Madrid"O centro de Santiago volveu ateigarse a comezos de febreiro contra a política sanitaria de Feijóo. Milleiros de persoas encheron as rúas -e a praza da Quintana no final- contra os "recortes", a "privatización" e a "deterioración" da sanidade pública, golpeada por conflitos e protestas en todos os seus ámbitos, sobre todo nos últimos meses. As persoas mobilizadas non pasaron por alto que, ao mesmo tempo, Feijóo participaba nunha manifestación convocada polo PP e Ciudadanos en Madrid, á que se sumou Vox, para rexeitaren un suposto risco de ruptura de España.19 | Unha cantante da orquestra Panorama denuncia acoso machista nas redes sociaisA cantante, actriz e presentadora Fátima Pego adoita divulgar a través das redes sociais mensaxes contra a violencia machista e a prol da igualdade de xénero. O pasado agosto, a estas mensaxes engadiuse unha en primeira persoa,a da denuncia de acoso machista que ela mesma estaba a sufrir a través da súa conta de Instagram, onde normalmente comparte diversas imaxes da súa actividade profesional na orquestra Panorama e na Televisión de Galicia.20 | Os problemas da Xunta para cubrir baixas de enfermaría durante as oposicións constatan a escaseza de persoal fixoO Sergas tivo serias dificultades para cubrir as baixas do domingo 12 de maio pola asistencia da maioría do persoal de enfermaría ás oposicións. Xusto o que denunciaban moitas das enfermeiras participantes no proceso selectivo. |
NOS_13905 | Derrogar as últimas reformas é o único camiño para garantir unhas pensións dignas no país. Baixo esta premisa, a CIG vén de intensificar as mobilizacións na defensa do sistema público de pensións, e cunha chamada a avanzar cara á convocatoria dunha folga xeral que faga retroceder o goberno español "nas súas posicións antisociais e antiobreiras". A central convoca este domingo unha nova xornada de mobilización.Eis o extracto dunha reportaxe publicada no Sermos Galiza 291. | "Non cabe outro tipo de resposta ante o deterioro das pensións que non sexa a mobilización, polo moito que se xogan tanto o pensionista actual como os futuros pensionistas. A situación en conxunto, de empobrecemento social, de desmantelamento das pensións públicas e caída dos salarios, de precarización e explotación laboral. Todas as consecuencias destes anos levan a que a folga e a loita sexan o único camiño", salienta o secretario nacional da CIG, Paulo Carril, en conversa con este semanario. Nesta liña, o sindicato convocou manifestacións en todo o país o domingo, día 15 de abril, enmarcadas na campaña que vén desenvolvendo na defensa do sistema público de pensións. "É unha oportunidade para concentrar toda esa mobilización social dos últimos meses e unha ocasión de anticipar o Primeiro de Maio, nesta loita pola recuperación dos nosos dereitos e para que na Galiza teñamos empregos, salarios e pensións dignas", apunta Carril, "que rompamos esa idea de que temos que ter as pensións máis baixas do Estado e que o sistema público non é viábel". O secretario nacional da CIG reivindica o labor continuo da central nacionalista, fronte as campañas de parte de UXT e CCOO no Estado español, a quen acusa de complicidade na aprobación das reformas. "Moitos dos que hoxe convocan ou chaman á convocatoria son causantes do que estamos a vivir. Están confundindo sobre os obxectivos reais. O problema das pensións non é só a suba do 0,25%. Xa durante os anos 2014, 2015 e 2016, a través do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG, estivemos mobilizándonos contra a actualización miserábel do PP", recorda. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 291, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_10495 | As redeiras levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos. Non sería mellor o recoñecemento dun dereito que unha medalla? Non sería mellor o coidado físico das mulleres que perpetúan a nosa cultura que colgar un trofeo nunha vitrina? | A Xunta de Galicia fixo entrega da Medalla Castelao as Redeiras, pola súa profesión e pola súa defensa da cultura galega. Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a esta unha mellor situación socio-laboral para o seu sector, as medallas non suplen dereitos Señor Feijoo.Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a esta unha mellor situación socio-laboral para o seu sectorO traballo de redeira ou redeiro está afianzado na tradición do noso país,, é unha profesión que se desenrola desde o pasado século e acostumaba a transmitirse entre familias. Antigüamente a reparación das redes de pesca era un traballo dos propios mariñeiros, pero xurdiu a profesión de redeira que se foi adaptando os diversos tipos de arte de pesca, labor que se levaba a cabo nos propios peiraos e portos a intemperie.Actualmente en dito sector traballan un milleiro de persoas, das cales máis do 84% son mulleres, polo que podemos afirmar que é un sector maioritariamente feminizado, e afiliadas o réxime especial do mar, cunha media de idade entre 45-60 anos, claramente un sector envellecido por falta de apoios para asegurar o relevo xeracional.Si ben na actualidade desenrolan o seu traballo en naves, a penosidade e insalubridade que revisten as xornadas laborais irregulares debido a demanda de traballo puntual que lles vaia xurdindo, isto sumado a forma de desenrolar o seu traballo, disposición física para tecer e reparar redes, fainas vulnerables ante determinadas enfermidades propias desta actividade profesional, enfermidades do aparato muscoesquelético, artrose e doenzas musco-esqueléticas, entre moitas outras que a día de hoxe seguen sen serlles recoñecidas como enfermidades profesionais.A penosidade e insalubridade que revisten as xornadas laborais irregulares fainas vulnerables ante determinadas enfermidades propias desta actividade profesionalO recoñecemento da actividade profesional que levan a cabo as nosas redeiras é moi recente, incluíndoas na reforma lexislativa da Lei Reguladora da Protección Social das persoas traballadoras do sector marítimo-marisqueiro, na cal se lles recoñece a toda persoa traballadora do sector uns determinados coeficientes redutores en función da súa actividade, pero as redeiras son discriminadas con respecto a outros colectivos do ámbito, xa que a elas se lles deixou fora do recoñecemento de ditos coeficientes redutores, aínda cando o Goberno recoñeceu que facían unha labor en condicións non moi saudables.Son mulleres bravas, que levan décadas reivindicando a dignificación das súas condicións laborais, o recoñecemento da súa actividade. Non sería mellor o recoñecemento dun dereito que unha medalla?, non sería mellor o coidado físico das mulleres que perpetúan a nosa cultura que colgar un trofeo nunha vitrina?Levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos, xa é o momento do seu recoñecementoLoitan por uns salarios xustos, pola eliminación da fenda salarial, o recoñecemento das enfermidade profesionais, do recoñecemento dos coeficientes redutores polas condicións laborais, batallan contra o intrusismo laboral e demandan o acceso a formación específica para poder garantir o relevo xeracional, para poder garantir que a cultura galega se perpetúe no tempo.Todas elas demandas históricas que non se poden tapar outorgando unha medalla e sí recoñecéndolles un dereito, levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos, xa é o momento do seu recoñecemento. |
NOS_53959 | Entrevistamos a sexóloga Verónica Ramilo a respeito do seu traballo. Con ela falamos de sexualidade, de diversidade funcional e do que acontece cando estes dous temas tabú conflúen: a afectividade das persoas con 'discapacidade' física ou psíquica. | Galega emigrada en Catalunya, Verónica Ramilo é sexóloga e traballadora social. A sexualidade das persoas con diversidade funcional é un debate que está de actualidade pola entrada en xogo dunha práctica nova: a asistencia erótica. Falamos con ela sobre isto, mais tamén das diferencias entre sexo e sexualidade ou da influencia que a construción social dos xéneros ten na nosa afectividade. Permítame comezar polo principio. Sexoloxía = Ciencia do sexo. Mais... de que sexo? Da asociación habitual que se fai, limitado ao coito? Non. A sexoloxía da cal eu veño é unha corrente que se chama 'sexoloxía substantiva', impulsada no Estado español por Efigenio Amezúa hai xa máis de 30 anos. Desde esta perspectiva, sería a ciencia dos sexos. Dos sexos que somos e non do sexo que facemos ou dos xenitais que temos. "A sexoloxía é a ciencia dos sexos que somos e non do sexo que facemos ou dos xenitais que temos" Falamos dos sexos, dos seus encontros e desencontros, de mulleres e de homes, de sentimentos, de emocións, de identidades, de xeitos de comunicarnos, de ars amandi, de relacións, de posibilidades e de dificultades, de vivencias. Falamos de todo o que ten a ver co feito sexual humano e as súas múltiples maneiras de se manifestar. Até que punto os 'problemas sexuais' nunha parella non son carencias da relación e que papel xogan aquí os roles de xénero? Explícome cunha frase que lin nunha parede: 'De tanto facerche o xantar e de tanto facerche a cama esquecín facerche o amor'. As dificultades eróticas, que é como lles prefiro chamar, tanto en parellas heterosexuais como homosexuais poden ser debidas a múltiples causas. Entre elas, ao feito de termos interiorizados roles e estereotipos de sexo que nos dificultan vivir con satisfacción a nosa erótica. A respecto desa frase que citas, moitas parellas heterosexuais cando van buscar unha 'terapia sexual' descubren que hai outros factores e detalles que inflúen na súa erótica, máis alá da cama, que é preciso coidar, pactar ou re-negociar. Tamén pasa ao contrario. Parellas que van buscar unha 'terapia de parella' por unha difícil convivencia, atópanse con que se atenden a súa erótica nun sentido amplo, coidar as mostras de afecto, o agarimo, entón poden chegar a mellorar a súa convivencia. Como afronta a sexoloxía as relacións de parella para erradicar as distintas formas de violencia sexista máis ou menos explícitas? Desde a prevención ou desde a educación? Dende a perspectiva sexolóxica sustantiva máis que de prevención falaríamos de educación. Previr é tratar de evitar un dano, un perigo. Educar é promover o que desexamos. Polo tanto, a nosa aposta é en educar no bo trato, integrar este concepto. "Hai unha orde constituída socialmente que modela o gozo en térmos de desexo heteronormativo, pracer coitocéntrico e corpo xenitalizado" Como podemos tratarnos mellor, como xestionar os conflictos que hai en todas as convivencias e, ás veces, máis nas de parella. Como poder xestionar e controlar a agresividade, como canalizala doutros xeitos non violentos para poder conseguir esa convivencia dos sexos tan desexábel, promocionando o diálogo. Existe unha concepción da sexualidade que se cingue ao coito e concibida desde un punto de vista cuantitativo, isto é, canto máis, mellor? Carrexa isto algunha consecuencia positiva? E negativa? Existe e de feito é a que temos por todos os lados: publicidade, filmes, series... Consecuencias: máis traballo para min! Grazas! [risos] Por suposto, é unha brincadeira. Mais tamén é unha realidade. As consecuencias son que hai moitas persoas insatisfeitas, infelices coa súa viviencia da súa sexualidade porque non cumpren 'a norma'. Hai unha orde constituída socialmente que modela o gozo en termos de desexo heteronormativo, pracer coitocéntrico e corpo xenitalizado. Polo tanto inferiorízase todo o que non é heterosexual, coital ou xenital. "Cantas máis relacións, cantos máis orgasmos, cantos máis xoguetes eróticos... máis vales. Iso xera unha presión moi grande" Canto ao cuantitativo e ao pracer, a medida é o orgasmo e cantos máis mellor. Penso que isto está bastante relacionado co momento actual, coa sociedade de consumo en que vivimos, co 'canto máis tes máis vales'. Na sexualidade está a pasar o mesmo: cantas máis relacións, cantos máis orgasmos, cantos máis xoguetes eróticos... máis vales. Iso xera unha presión moi grande. Tes que consumir si ou si, ou serás "rariñ@", "reprimid@", "convencional"... Eu gosto moito do humor, e un día falando deste tema con Toni Lodeiro, gran amigo, autor do libro Consumir menos, vivir mellor saíume a adaptación: 'Consumar menos, vivir mellor'. Como se aborda o tema da afectividade cando conflúen dous tabús: sexo e diversidade funcional? A maior parte das veces xa directamente non se aborda. Existe un duplo estigma social que considera as persoas con diversidade funcional como seres asexuados, incapaces de desexar ou de seren desexados. Mais tamén o contrario. É dicir, no caso por exemplo dunha persoa coa síndrome de down, existe a idea de que están hiper-erotizados. "Existe un dobre estigma social que considera as persoas con diversidade funcional como seres asexuados ou hiper-erotizados" Polo tanto, invisibilizamos, ou deixamos en segundo plano, a súa sexualidade como algo non prioritario, ou non atendemos ás súas necesidades, non ofrecemos oportunidades para que as persoas teñan relacións de parella, acceso ao goce do seu propio corpo, incapacitámolas, xulgámolas. Pero hai unha moi boa noticia: hai persoas, asociacións, colectivos e entidades que están a facer un gran traballo neste eido, como poden ser a asociación Sexualidad y Discapacidad, Tandem Team ou Sex Asistent. De diferentes maneiras, con diferentes obxectivos, mais todas elas están a visibilizar a sexualidade das persoas con diversidade funcional atendendo ás súas demandas, ofrecendo posibilidades, sensibilizando familiares e profesionais. En resumo, poñendo na axenda esta realidade de corpos diversos que desexan e poden ser desexables. Os modelos de sexualidade que coñecemos son suficientes ou cómpre pular por outros novos, máis inclusivos? Non sei se novos, porque hai algúns referentes, mais si que cómpre pular por modelos máis diversos e plurais, que apelen á diversidade corporal, erótica, de modelos de feminidade e masculinidade máis inclusivos, onde mulleres e homes aprendan a coñecérense, a aceptárense, a xestionárense e a expresárense de maneira satisfactoria, de modelos de parella máis convivenciais. Na Galiza, en 2007, comezou a funcionar un programa en que unha ou un asistente atendía as "necesidades cotiás" das persoas con diversidade funcional. Por que non se entende o sexo como unha necesidade cotiá? Polo que explicaba antes. Porque moitas veces non se recoñece a súa existencia. Porque hai moito descoñecemento, hai moit@s profesionais que queren abordalo e non saben como facelo. Nas facultades de psicoloxía, medicina, traballo social, educación social si que se fala, mais só de anatomía e de enfermidades, non da sexualidade Por tanto, como podemos abordalo se non che deron uns contidos mínimos? "O sexo non se entende como unha necesidade cotiá porque non se recoñece a súa existencia" E por parte das familias hai moitos medos e descoñecementos. Eu compréndoo porque non nacemos aprendid@s. Mais pódense facer moitas cousas. A sexualidade se se aborda desde o respeto e empatía é apaixoante. O respeto aos tempos e ás necesidades de cada persoa, de cada familia, de cada parella e a empatía cara a eses sentimentos, ás veces contradictorios, para min son fundamentais para poder traballar a sexualidade das persoas. Gobernos coma o de Dinamarca financian asistent@s erótic@s para que manteñan relacións coas persoas con diversidade funcional que así o demanden. Partilla este tipo de iniciativas? Son necesarias? Tamén existe en Alemaña, Suiza e Dinamarca, onde o estado recoñece esta figura coma un servizo de saúde, cubrindo os costes na súa totalidade ou financiando asociacións que o promoven. É unha persoa formada en asistencia erótica que fai un acompañamento á erótica das mulleres, homes ou parellas con diversidade funcional, maiores de idade, que libremente deciden optar por esta iniciativa. É un recurso máis, unha opción. Agora mesmo no Estado español estase a comezar a impulsar e visibilizar esta figura a través de varias organizacións e asociacións. Eu coñezo as de Barcelona, que é onde moro, e están Sex Asistent, Tandem Team Bcn ou Yes, we fuck. Hai case un ano Aspaym Catalunya, xunto con Sex Asistent, organizaron unhas xornadas co nome de 'DiverSexualidade. Romper tabúes para a vivir' onde se presentou a figura d@ asistente sexual e falouse da sexualidade en xeral. Estas xornadas estiveron presentadas por representantes do Departament de Benestar Social i Família da Generalitat de Catalunya, feito que indica que hai unha certa vontade polo menos para escoitar as necesidades e demandas das persoas con diversidade funcional. "Tiven un mestre en sexoloxía, Marcos Sanz, que dicía que "hai unha sexualidade que inventa e outra que repite"" Fóra dos sexismos, fóra dos tópicos, fóra do 'habitual'... hai camiños que leven ao desexo? Hai tantos camiños coma persoas queiran camiñar. Tiven un mestre en sexoloxía, Marcos Sanz, que dicía que "hai unha sexualidade que inventa e outra que repite. Reelaborar os nosos corpos para que reinventen e exploren é o que está en cuestión". Desexamos moitas veces aquilo que non temos, o prohibido. O desexo é polimórfico, poliédrico. Os camiños do desexo moitas veces son un misterio tamén para @s profesionais da sexoloxía. Mais hai moitas posibilidades, a través da imaxinación, a creatividade, a curiosidade, o misterio, a intriga ou, como dicía Proust, "o misterio non é viaxar a novos lugares, senón velos con novos ollos". |
NOS_4332 | Arranca a carreira electoral do 28A. Compostela, A Coruña e Vigo acolleron os actos de inicio de campaña dos principais partidos, cuxos discursos oscilaron entre o medo á ultradereita e á necesidade de que Galiza conte cunha axenda propia no Congreso. | Xa arrancou o primeiro día de campaña ás 00.00 horas deste venres 12 de abril, coas tradicionais coladas de carteis. As candidatas e candidatos das distintas formacións que compiten polos escanos de Galiza nas Cortes Xerais déronse cita coa súa militancia e simpatizantes para comezaren a carreira electoral do 28A. PP: Feixoo chama a unir o voto no PP para evitar que o goberno dependa dos nacionalismos Alberto Núñez Feixoo chamou desde A Coruña a unir o voto ao redor do PP para que a España lle vaia mellor, "como nos foi na Galiza", afirmou. "Se nos dividimos", dixo en referencia ás outras candidaturas españolistas que compiten co PP "só lle irá mellor a Pedro Sánchez, e iso non é bo nin para os galegos nin para o resto dos españois". "Se nos dividimos só lle irá mellor a Pedro Sánchez", sinalou Feixoo Neste senso, o líder do PP subliñou que a forma de evitar un executivo en débeda co nacionalismo é que ningún voto quede na casa o próximo 28 de abril. PSdeG: Caballero chama ao "voto útil fonte a ultradereita" O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou da colada inicial de campaña na capital galega, onde fixo un chamamento a mobilizarse masivamente pois, a pesar de considerar que "o vento sopra a favor", alertou do perigo dun pacto "da dereita coa ultradereita" Apoiemos a Sánchez para avanzar en dereitos sociais e igualdade, pediu Caballero No acto de inicio de campaña do PSdeG, Caballero animou a apoiar a Sánchez para avanzar en dereitos sociais e igualdade "con toda a ilusión e con toda a forza dun partido revitalizado". En Marea: Seixas e Villares apostan por "unha Galiza de oportunidades" En Marea inaugurou a campaña das xerais ante o Salón Teatro, na compostelá Rúa Nova, onde estiveron a candidata número un ao Congreso pola Coruña, Ana Seixas, e o portavoz de En Marea, Luís Villares. "O principal aval de En Marea para as eleccións xerais é a coherencia", afirmou Villares Desde a formación aseguraron que se afanarán en sacar adiante o seu proxecto para "impulsar unha axenda propia para unha Galiza de oportunidades; e participar da conformación dunha maioría que amplíe dereitos no conxunto do Estado". Nesa liña, Villares asegurou que "con En Marea haberá investidura para unha maioría que non deixe ninguén atrás" pero advertiu, "sen cheques en branco". Villares remarcou que o principal aval de En Marea para as eleccións xerais é a coherencia do proxecto. En Común-Unidas Podemos salienta "os problemas da xente" A coalición En Común Unidas-Podemos realizou o seu acto de arranque de campaña na Porta do Sol de Vigo. Nela, a candidata Yolanda Díaz insistiu en que a posibilidade de que haxa un goberno progresista dependerá dos resultados que en Galiza obteñan. Avanzou que a campaña xirará sobre tres retos: os problemas da xente: o paro, a precariedade, a desigualdade e a corrupción". "Precisamos unha reforma constitucional para falar dun Estado plurinacional", afirmou Gómez-Reino Antón Gómez-Reino, candidato pola Coruña, insistiu en que "temos un reto democrático: precisamos unha reforma constitucional para falar dun Estado plurinacional onde Galiza xogue un papel determinante". BNG: Pontón e Rego proclaman "o compromiso do BNG na defensa de Galiza e contra a involución" A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, inaugurou a campaña das xerais desde a Praza de Praterías de Compostela, afirmando que o BNG está en remontada e poñendo en valor "o duplo compromiso" do nacionalismo galego en "defender Galiza e frear a involución democrática". "Non fai falta ser nacionalista para votar ao BNG, o que fai falta é levar a Galiza na cabeza e no corazón", afirmou Pontón Ana Pontón e Néstor Rego, número un ao Congreso pola Coruña, afirmaron que o 28A é "unha oportunidade" que as galegas e galegos van aproveitar para acabar coa discriminación a Galiza, optando por un BNG "que ofrece un proxecto sólido, unido e coa man tendida a todas as persoas que, nacionalistas ou non, queren que este país teña voz propia, sen subordinacións". "O 28 de abril é unha oportunidade", sinalou Pontón, "para conseguir o que Galiza necesita como auga de maio". Nese sentido, afirmou que o país precisa contar "cunha representación forte en Madrid sen pedir permiso a ninguén" para que haxa deputadas e deputados "que falen deste país, das súas aspiracións, dos seus problemas e de como solucionalos, de como dar futuro aos seus fillos e fillas e oportunidades á xente nova". A portavoz nacional do Bloque concluíu o acto animando a votar o BNG "para construír unha Galiza próspera e orgullosa". Ciudadanos: Marta Rivera augura "unha etapa de futuro para a autonomía A candidata de Ciudadanos ao Congreso pola Coruña, Marta Rivera de la Cruz, asegurou no arranque de campaña estar ante o inicio dunha etapa de progreso e "de futuro para a autonomía". Ante ao Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, apostou por unha Galiza "importante en España e unha España importante en Europa". No seu discurso salientou "os valores constitucionais". |
NOS_25830 | Miguelanxo Prado, autor de banda deseñada, vén de ser galardoado co Premio da Crítica a toda unha carreira no certame que organiza a editorial Dolmen. Prado refírese precisamente ao significado das condecoracións a obras e artistas e do seu propio percorrido profesional que, como el di, "non cambia a esencia do que son: un autor de cómic". | —Como senta saber que se lle recoñecen toda a súa traxectoria?Isto é un lugar común, estou farto de escoitalo, e ser eu agora quen o repite dáme un pouco de grima. Os premios non mudan a obra e recibilos tampouco garante que a historia a relegue a postos menos importantes. Mais sería excesivamente cínico se dixese que non me importan. Prefiro recibir premios que non recibilos, iso está claro. Intento non perder a perspectiva, non crer o fondo que teñen os premios, non por si mesmos senón pola interpretación que facemos os seres humanos. Habería en España persoas con méritos dabondo para recibir este premio. Crerse que es o mellor, aínda que sexa só polos 365 días que tarda en volver proclamarse o premio, é ser un necio. —Inflúe que sexa un premio dado pola crítica?A relación entre esta e os artistas sempre foi tensa. Cando opinan sobre o que ti fas, a situación é incómoda, especialmente cando buscan e atopan contras. Que esas persoas que teñen unha dedicación especial, unha formación e unha traxectoria analizando o traballo dos demais cheguen a estas consideracións dá, cando menos, unha certa tranquilidade de pensar que moi mal non o debín de facer. Ademais, estes premios que se dan a unha traxectoria fanme pensar nunha tira de Mafalda que me parece gloriosa, na que ela pregunta a un dos seus proxenitores se está contento dos seus tempos. Respóndenlle un pouco o que pensan da súa xuventude e ela queda con cara de decepción porque pensaba que lle ía dicir que estes eran aínda os seus tempos. Isto é un pouco igual: cando che dan un premio a toda unha carreira pensas que para ti aínda non rematou, que aínda estás correndo. Tamén é lóxico claro, teño 64 anos e non me van dar un premio a novo artista. Outro dos asuntos determinantes é que non é como o Nobel, que unha vez que o recibes podes pensar 'non traballo máis'. Máis alá do que poida significar o Premio da Crítica, teño que entregar o libro dentro de dous meses e o traballo segue estando enriba das mesas do estudo. Segue estando esa ecuación, para min máxica, que me mantivo todo este tempo: non é unha actividade de ocio nin un pasatempo, mais teño que recoñecer que desfruto. Hai momentos malos nos que as cousas non saen ben, nos que o público non reacciona como pensabas, pero o exercicio diario é gustoso e pracenteiro. Recibir un premio a toda unha carreira despois de anos facendo algo que en todo momento foi satisfactorio é un privilexio. —Despois de tanto tempo no cómic, a ilustración e o audiovisual, en que punto está agora?Antes que nada son autor de banda deseñada, unha persoa que conta historias a través dunha linguaxe propia. Iso é o que me considero de raza e de corazón. Pero isto non elimina o meu interese por moitas outras cousas. Comecei no mundo da pintura, mais cando descubrín o cómic fun un amante infiel e este pasou ao primeiro posto. Non deixei de pintar e logo cruzáronse cousas como a ilustración de libros doutros escritores e o audiovisual de forma case casual. Chamáronme da TVG para deseñar unha mascota dun club infantil e de súpeto estaba no Xabarín Club facendo deseño gráfico, deseño de personaxes para merchandising, animación, etc. E a partir de aí as catro tempadas de Men in Black. Para min tamén foi importantísimo facer De profundis, pero non podo comparar toda a intensidade do proceso que supón para min crear as miñas historias. Gustaríame tamén non retirarme sen participar nun videoxogo, interésame o mundo nebuloso dos xogos de rol con esas estruturas narrativas cambiantes e espero ter a oportunidade de chegar a participar algunha vez nalgún proxecto do estilo, mais non cambia a esencia do que son: un autor de cómic. |
NOS_49646 | A visita do "Rainbow Warrior III" ao porto de Vilagarcía permítenos recuperar a historia do "Xurelo", o palangreiro que en 1981 se revolveu contra o depósito de residuos radioactivos da Foxa Atlántica. | O amarre do "Rainbow Warrior III" de Greenpeace no porto de Vilagaría, após os atrancos sufridos nos últimos días -ente eles, a negativa da Autoridade Portuaria de Vigo a permitir o atraque nas súas instalacións-, volve poñer de actualidade a peripecia dun barco galego que en 1981 liderou a protesta contra o depósito de residuos radioactivos na Foxa Atlántica, a 300 millas da costa galega. A finais dos anos 70 e comezos dos 80 sucedéronse as denuncias a respecto das prácticas que diversos Estados europeos (Bélxica, Países Baixos e Alemaña) estaban desenvolvendo na Foxa Atlántica, un espazo de gran produndidade situado a unhas 300 millas da costa galega que se estaba a utilizar para depositar residuos radioactivos procedentes das súas centrais nucleares. Segundo denunciara a organización ecoloxista Greenpeace, estes residuos estaban guindándose ao mar en bidóns de 200 litros de capacidade. Greenpeace pretendeu entón desenvolver unha acción de protesta co seu buque "Sirius". Para iso, púxose en contacto con colectivos galegos, que, coordinados por Esquerda Galega, decidiron organizar pola súa conta unha expedición ao vertedoiro nuclear. Así, o 15 de de setembro de 1981, o palangreiro con base en Ribeira "Xurelo" zarpou cara ao seu destino, fóra xa das augas xurisdiccionais españolas, con 14 persoas a bordo ao mando do seu patrón, Ánxel Vila. Os concelleiros Francisco García (Vigo), Gonzalo Vázquez (A Coruña), Manuel Méndez (Moaña); os xornalistas Manolo Rivas e Xesús Naya; os fotógrafos Xurxo Lobato e Xosé Castro; o membro da Sociedade Galega de Historia Natural Enrique Álvarez e do Colectivo Natureza, Roxelio Pérez, ademais de Amador, Juan e Ciprián, mariñeiro, cociñeiro e operario de máquinas do "Xurelo", respectivamente, formaron parte da expedición. Na Foxa deberían atoparse co "Sirius", que por mor dunha avaría non puido finalmente saír do porto de Plymouth. Dous días despois, o palangreiro presenciou como dous buques holandeses, escoltados por unha fragata da Armada dese país, botaban ao mar os bidóns radioactivos. Segunda acción En outubro de 1982, cando xa se estaba a negociar a prohibición dos verquidos, o "Xurelo" regresou á Foxa Atlántica acompañado de dous barcos pesqueiros máis, fletados polos concellos de Vigo e A Coruña, o "Pleamar" e o "Arosa I", ademais de polo "Sirius". Os buques contaminantes eran catro, tres neerlandeses e un británico, o "Gem", que finalmente non puido desfacerse da carga radioactiva. Calcúlase que na Foxa Atlántica están depositadas na actualidade 140.000 toneladas de residuos radioactivos, a 4.000 metros de profundidade. O "Xurelo" afundiu no peirao de Ribeira en decembro de 2002, pechando así un capítulo crucial na defensa do medio ambiente na Galiza. |
PRAZA_12201 | As medias verdades do señor ministro hai que enmarcalas na estratexia de fondo para desacreditar o Estado das Autonomías e recentralizar así o poder político, culpando ás comunidades autónomas do despilfarro no que seica viviu España nos últimos anos | A pasada semana, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, presentaba o balance da execución orzamentaria para o conxunto das administracións do Estado en 2011. Os titulares ao día seguinte daban boa conta das dúas ideas fundamentais que o ministro trasladou aos medios; en primeiro lugar, o déficit xeral desviouse en 2,51 puntos sobre o previsto chegando ao 8,51% do PIB e, en segundo lugar, foron as Comunidades Autónomas as principais responsábeis desa desviación xa que sendo o obxectivo marcado do 1,30% do PIB o rexistrado ascendeu finalmente a un 2,94%. Este que lles escrebe, que non é experto en Economía Pública polo que aborda estes temas ao xeito dun economista de palleiro, quixo indagar nos datos de execución orzamentaria presentados polo señor ministro para ver se, a maiores das ben difundidas conclusións anteriores, poderíamo atopar un chisco máis de luz na problemática fiscal española. A primeira sorpresa foi comprobar que os datos completos sobre Execución e Liquidación dos Orzamentos están aínda por publicar e que a información estatística que nos aportou o ministro se reduce as dúas diapositivas que podedes atopar neste enlace. Efectivamente, non hai información sobre a evolución de gastos e ingresos das distintas administracións públicas senón unicamente os datos grosos do déficit e das súas desviacións. Sendo o déficit resultado da diferenza entre ingresos e gastos sería oportuno coñecer como evolucionaron estas partidas e cal foi a súa desviación respecto do previsto. Evidentemente non é o mesmo incorrer en déficit porque gastas máis do previsto que facelo porque ingresas menos do previsto. Aínda que os datos definitivos aclararannos estas cuestións (datos que segundo a web do ministerio deberían estar publicados en Febreiro) non semella difícil concluír que unha parte moi importante do déficit se debe a caída dos ingresos posto que a evolución dos mesmos atendía a unha previsión de crecemento económico do 1,3%, cando a economía española medrou en realidade un 0,7%, pouco máis da metade. As famosas políticas de austeridade non están tendo o impacto positivo na economía que se dicía, cuestión que implicitamente xa recoñece o goberno do Estado Claro que recoñecer o anterior significaría admitir que as famosas políticas de austeridade non están tendo o impacto positivo na economía que se dicía, cuestión que implicitamente xa recoñece o goberno do Estado cando seica lle bota un pulso á Comisión Europea co obxectivo de suavizar os obxectivos de déficit. Aclarémonos, se a austeridade é positiva non é necesario suavizar os obxectivos de déficit. En segundo lugar, as medias verdades do señor ministro hai que enmarcalas na estratexia de fondo para desacreditar o Estado das Autonomías e recentralizar así o poder político, culpando ás comunidades autónomas do despilfarro no que seica viviu España nos últimos anos. A iso contribuíu tamén o anterior executivo quen, sen argumento sólido algún, estableceu uns obxectivos de déficit absolutamente desequilibrados entre administracións. Así, alguén tería que explicar por que os obxectivos de déficit para a Administración Central eran do 4,80% do PIB cando esta manexa o 21% do gasto público español mentres que no caso das Autonomías este obxectivo era do 1,3% cando representan o 35% do gasto público. Neste sentido, recomendamos a lectura do artigo que atoparedes neste enlace do (moi liberal) economista catalán Xavier Sala-i-Marti. En definitiva, a espera de dados definitivos, moito nos tememos que o desvío orzamentario no Estado se debe en grande medida ás consecuencias dos propios axustes orzamentarios na demanda final e por tanto no crecemento económico. Por outra banda, seguindo a folla de ruta marcada polo novo Xacobismo, as autonomías emerxen como o "chivo expiatorio" deste grande erro que nos aboca a unha forte depresión en 2012. Mentres, no País, o executivo Feijoo cala e outorga como bo representante do goberno en provincias. A esquerda de obediencia española está demasiado preocupada por xestionar a súa travesía no deserto e o nacionalismo que hoxe ostenta representación institucional, aposta na súa Asemblea por rachar de vez co corsé autonomista e construír a República da Galiza. Queda moito por facer. |
NOS_8269 | Principia o proxecto de conservación da peza 'Pedras e árbores' | O artista vasco Agustín Ibarrola realizou en 1999 unha obra de gran beleza, en plena natureza, que recibe o nome de 'Pedras e árbores' e que está situada no Ecospazo O Rexo, en Requeixo de Valverde, parroquia pertencente ao Concello de Allariz. Trátase dun conxunto artístico disposto ao aire libre e formado por unha serie de rochas traídas de canteiras próximas ao lugar, colocadas en liña á beira do Arnoia e, finalmente, pintadas. Ibarrola escolleu algunhas das árbores de ribeira, que foron tamén pintadas e engadidas así a esta exposición permanente. Co paso do tempo, ao tratarse dunha mostra á intemperie, desgastouse a pintura e, por tal motivo, o Concello de Allariz contactou coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Galiza na procura de axuda para a conservación de patrimonio cultural custodiado polo Concello. "O sitio é de singular importancia tanto polo ambiental como polo artístico", comenta para Nós Diario Andrea Fernández, da Escola. "Precisamente Ibarrola escolleu o espazo para facer esta instalación artística porque confluían unha paisaxe tipicamente galega e porque había unha vontade de dinamización da contorna coa promoción de actividades no ámbito rural", engade. Fernández adianta que a instalación está composta por 71 rochas e por un número de árbores aínda sen precisar "xa que hai algunhas que se perderon co paso do tempo". Así, un dos propósitos desta cooperación é a catalogación do legado de Ibarrola no Rexo, polo que, desde o día de onte e até o 28 de xullo, se desprazarán a este lugar un equipo de catro profesores do centro que, acompañados de estudantes, realizarán un estudo pormenorizado dos elementos que conforman a obra. Ao tratarse dunha peza de arte contemporánea, e estando o autor vivo, "hai que ter en conta a súa vontade para saber como se vai conservar a súa obra". Mais pola súa situación persoal, o artista non pode tomar esta decisión e será a súa familia, que administra o seu legado, quen decidirá como queren que se conserve. "Estamos moi a gusto porque tanto concello como a fundación que nos acolle, así como a xente do Rexo, dannos todas as facilidades", comenta Andrea Fernández. O equipo quedará toda esta semana en Allariz para que as persoas que teñan interese e queiran visitar o espazo poidan coñecer este "patrimonio cultural que temos na Galiza". |
NOS_32457 | Acouga presenta unha demanda contra once entidades bancarias do Estado español para a devolución das comisións de apertura das hipotecas cobradas indebidamente. | A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) vén de presentar perante o xulgado do Mercantil número 1 da Coruña unha demanda colectiva histórica contra 11 entidades bancarias ─Abanca, Sabadell, Santander, Bankia, Bankinter, BBVA, Caixabank, Ibercaja, Kutxabank, Novo Banco (a sucursal en España) e Unicaja─ para reclamar a devolución das comisións de apertura cobradas indebidamente á súa clientela na formalización de préstamos hipotecarios. Como explica a Nós Diario o avogado e secretario xeral de Acouga, Xoán Antón Pérez-Lema, a demanda vai contra todos os bancos que introduciran nos últimos 20 ou 25 anos comisións de apertura sobre o total do préstamo, "que normalmente estaban entre 0,5 e 2%", por considerar que, de acordo coa recente xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea, "non é esencial" xa que, apunta, "o prezo do contrato do préstamo é o tipo de xuro, os intereses" o resto de cargos serían accesorios. Estas comisións tan só serían legais, de acordo co tribunal europeo, "se hai unha información correcta e, sobre todo, se a entidade é transparente". "Pódese pactar dunha forma acaída se o consumidor a entende perfectamente e responde a un servizo prestado", mais de non ser así, ten que ser devolto, insiste. "Se cobras unha comisión por riba que supón variar e incrementar a TAE (Taxa Anual Equivalente) en virtude dese pagamento, este non forma parte do prezo contractual e só pode integrar un suplido", argumenta o avogado. E nos casos denunciados estaban a cobrar unha comisión de apertura "que non responde a un servizo real, porque insisto, se do que se trata é de que o prezo de prestar o diñeiro é máis elevado, o tipo de interese non é do 5,3%, é do 5,5%, por achegar un exemplo". Comisión millonaria Coa súa sentenza de xullo de 2020, a Xustiza europea pide aclarar esta situación. Por iso, desde Acouga chaman a unha demanda colectiva contra os bancos operantes do Estado español, "agás Liberbank, ING, a Caixa Rural Galega, Cajamar, ou as cooperativas de crédito, que non teñen de momento demandas de persoas consumidoras", mais que, no caso de existir, poderíanse adherir a esta demanda colectiva nun futuro, indica Pérez-Lema. Segundo as súas estimacións "calculamos que pode haber uns dous millóns de operacións. Con préstamos de 90.000-120.000 euros e unha comisión media de 0,75% sobre o nominal do préstamo hipotecario poderíamos estar falando de entre 1.350 e 2.500 millóns de euros, aos que habería que sumar unha media de entre 40 e 50% por xuros de demora legal. Probabelmente sexa dos procedementos de demanda colectiva a nivel de dereito do consumidor máis relevantes da historia do Estado español", afirma o secretario xeral de Acouga. Sobre esta cuestión xa existen demandas individuais con sentenza favorábel, mais esta é a primeira colectiva. "De feito, se houbese algunha en trámite paralizaría o da nosa, por iso entendemos que non hai ningunha e por iso tomamos a iniciativa", engade Pérez-Lema. Desde Galiza e en galego O feito de que esta demanda colectiva se rexistre nun xulgado galego ten un valor engadido. Aínda que só unha das entidades demandadas (Abanca) teña domicilio no país, a Lei de Axuizamento Civil prevé que cando puidera corresponder a competencia territorial aos xuíces de máis dun lugar, a demanda poderá presentarse perante calquera deles a elección do demandante. Acolléndose a esta previsión legal, apuntan desde Acouga, decidiron presentar a súa demanda perante o Xulgado do Mercantil da Coruña e en galego, "coa pretensión de defender non só as persoas consumidoras galegas, senón tamén as de todo o Estado español, fronte a entidades financeiras con domicilio dentro e fóra da Galiza, o que amplía o número de persoas que poderían beneficiarse dunha eventual sentenza favorábel", conclúe. |
PRAZA_19641 | Asegura que non lle consta que Cans, Curtocircuito, Cineuropa e FKM realizasen xestións e di que só o Primavera do Cine de Vigo levou a cabo movementos na plataforma, pero sen completar o envío. Defende o bo funcionamento do seu sistema e acúsaos de "incumprimento flagrante" das bases | A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) respondeu este xoves ás críticas lanzadas nos últimos días polo Festival de Cans, un dos cinco eventos (xunto con Curtocircuíto, Cineuropa, FKM e Primavera do Cine) que quedaron fóra das axudas públicas alegando fallos no sistema informático da Xunta (única vía permitida para o envío da documentación). "Todos os festivais que quixeron entregar os seus papeis nos últimos días tiveron problemas co rexistro electrónico, polo que a maioría decidiron enviar a documentación necesaria por correo certificado dentro do prazo requirido", denunciou o festival porriñés o martes. Porén, segundo AGADIC unicamente Primavera do Cine "tentou presentar pola vía telemática obrigatoria a subvencións a festivais do sector audiovisual". AGADIC nega que se poida falar "dun defecto de forma" e acúsaos dun "incumprimento flagrante do estipulado nas bases" AGADIC solicitoulle á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia un informe sobre a xestión telemática da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Segundo este informe, nos casos de Cans, Curtocircuíto, Cineuropa e FKM "non aparece ningunha traza de auditoría na sede electrónica" asociada aos NIF das entidades solicitantes nin aos dos seus representantes. Así mesmo, "non consta ningunha incidencia aberta" para estes procedementos no servizo de soporte técnico da sede electrónica ([email protected]). AGADIC afirma que "os solicitantes tampouco se dirixiron á axencia "para comunicar ningún tipo de incidencia nese sentido". No caso do festival Primavera do Cine de Vigo "si consta que foron realizados algúns movementos na plataforma, pero non se chegou a finalizar o trámite de presentación nin se comunicou ningunha incidencia", sinala Agadic. A axencia afirma que "o feito de que estes festivais non foran admitidos na convocatoria de axudas non responde a ningunha decisión unilateral nin arbitraria" e nega, así mesmo, que se poida falar "dun defecto de forma" senón que os acusa dun "incumprimento flagrante do estipulado nas bases". Cans acusa a AGADIC de non ter intentado "buscar vías de solución, que perfectamente puido ter atopado, facendo unha interpretación non formalista das normas" O Festival de Cans xa anunciou que levará a cabo "accións legais para a defensa dos seus dereitos e intereses" e acusa a AGADIC de non ter intentado "buscar vías de solución, que perfectamente puido ter atopado, facendo unha interpretación non formalista das normas". O enfado é común aos cinco festivais prexudicados, para os que a perda desta subvención suporía un problema á hora de cadrar os seus orzamentos para a presente edición. Dende o Concello de Santiago sinalouse este mércores que tanto Curtocircuíto coma Cineuropa seguirían adiante segundo o previsto pero que Curtocircuito "quizais" podería ver minguada a súa programación" xa que depende desta axuda en maior medida que Cineuropa. Juan de Castro anunciou "unha resposta conxunta" por parte dos festivais que conforman a Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia Dende Primavera do Cine, o seu director (Juan de Castro) subliñou que o festival xa presentou un recurso formal ante a decisión de AGADIC e calculou en 9 mil euros a diminución que sufrirá o orzamento do evento. De Castro amosou a súa "inquedanza" pola "actitude dunha institución que ten a obriga de velar por este tipo de acción culturais" e anunciou "unha resposta conxunta" por parte dos festivais que conforman a Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia xunto con outros organismos do audiovisual. O Festival Primavera do Cine convidou tamén ao Concello a defender o "festival máis grande que ten a súa cidade". Dende o Concello do Porriño anunciouse un incremento da achega a Cans, se se confirma a perda da subvención da Xunta. |
NOS_11265 | O vindeiro 24 de xaneiro Compostela acollerá unha manifestación apoiada por 48 axentes políticos e sociais contra a 'ilegalización' de Causa Galiza. Falamos con Salva Gómes e José A. Maceiras. | Salva Gómes e José A. Maceiras foron 2 dos detidos na 'Operación Jaro', que se saldou coa suspensión de Causa Galiza por dous anos. O 24 de xaneiro hai convocada unha manifestación en Compostela, apoiada por medio cento de axentes sociais e políticos, contra esa "ilegalización". - Decorreron xa case 3 meses desde a 'Operación Jaro', un tempo aínda curto mais prudente para reflexionar sobre o acontecido aquel día e o que implicou. Como dixerides, no persoal e no político, aquel operativo e as súas consecuencias José A.M.: Asumímolo con entereza, arroupados pola nosa base social e a nosa xente, mais sabemos que este abuso de poder xudicial afecta a todo: no medo, nas dificultades que crea no traballo político do independentismo e do nacionalismo en xeral. Persoalmente a min non fixo máis que unirme máis con familiares, amigas e veciños cos que trato de normalizar a situación sacándolle tensión, mesmo con humor, que tamén é necesario. Salva G.: No persoal cada persoa é un mundo, mais penso que en xeral estamos a aguantar ben o "tipo". Politicamente, unha organizacion minoritaria como a nosa, depois dunha intervencion represiva de este calado queda, como minimo, aturdida e nun 'impasse' pouco recomendábel. Dun día para outro CG deixa de ter vida. - Sobre vós pesan acusacións da Audiencia Nacional por enaltecemento do terrorismo e mesmo pertenza a organización terrorista. Como afrontades unhas peticións dese calado? J.A.M: Pois coa dignidade que se espera duns activistas políticos do independentismo organizado. Non hai outra. O estado pretende a nosa rendición e crear unha situación de medo e psicose no conxunto do nacionalismo galego, lembremos que chamaron a declarar por isto Bieito Lobeira e Xavier Vence. Acaso é casual? Que estan investigando a todos: CIG , Anova....ao nacionalismo galego e a todo posicionamento crítico co Rexime do 78,o Ibex 35,a Coroa.... S.G: Estamos no 2016, non na Cuba dos Mambises, onde os españois xulgaban os independentistas cubanos sen nengunha garantía, asasinábanos. Non cren nin eles que formemos parte de organizacion terrorista algunha. - A manifestación do 24 de xaneiro denuncia un "salto cualitativo" do Estado na represión do independentismo. Que queredes trasladar con iso? J.A.G: O 'Rexime' esta inquedo e emprega calquera aparello na súa man para intentar abortar toda resposta política organizada. Un independentismo galego organizado, que actúe como interlocutor e representante social, que canalice respostas e faga campañas sistematicas e coherentes na rúa, por moi minoritario que sexa, é un perigo, un problema, un exemplo perigoso. E máis nestes tempos. S.G: Foron pola Dirección Nacional dunha organizacion politica. Evidentemente danlle moito bombo, pintan cadros á poboacion que non existen, os medios de comunicación inflan,... As organizacións que conservan certa coherencia no discurso e non se agachan comezan tamén ser sinaladas. - Afirmades que a "suspensión cautelar" durante 2 anos da actividade de Causa Galiza é a morte civil e política da organización. Que pensades que se procura con esta medida xudicial? J.A.G: Crear medo e impedir o desenvolvemento de calquera estrutura rupturista contra eles. E o independentismo galego éo: rupturista, combativo, inasimilábel. Creo que é unha situacion que pretende ser exemplarizante para nós, persoalmente e colectivamente. Crear medo e negarlle aos sectores populares a posibilidade de organizarse. Como nos atrevemos a protestar e organizarnos? S.G: Isto xa se ten aplicado en Euskal Herria. - Animades á xente a acudir o 24J a "dar resposta como pobo" fronte ao que cualificades como unha concultación de dereitos civís e políticos, polo que non é unha mobilización 'exclusiva' para o mundo independentista, non é? J.A.G: O independentismo galego dá respostas e propostas para o conxunto do pobo galego, non é -non debe ser- sectario. Iso témolo claro en calquera proposta política, mais neste tema temos que ter en conta outro factor: a represión empeza polos sectores máis combativos mais acaba afectando a todas. Se non reaximos ante a situacion e vendo a inestábel situación económica,social, política...Quen se cré que Causa Galiza vai ser a única? S.G: A solidaridade nunca se "pide" ou se amosa por sectores. Hai tempo que viña sacando unha conclusion: a represion ía batendo mais forte e abarcando canto podía. É o momento de tomar dunha vez conciencia de o problema. - Após a mani do 24 haberá continuidade? Novas actuacións, protestos, medidas? J.A.G: Tempo ao tempo, non adiantemos acontecimentos. Familiares, compañeiras, amizades non han ficar parados nin van deixar de canalizar a protesta, a indignación diante deste abuso. |
NOS_15621 | O prezo mínimo desta quinta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 00 e as 1 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas. | O prezo medio da electricidade no mercado maiorista fica esta quinta feira en 265 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 345,98 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 207,94 euros/MWh, rexistrouse entre as 00 e as 1 horas. Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 187,27 euros/MWh. Deste modo, experimenta un mínimo ascenso de apenas 43 céntimos a respecto dos 186,84 euros/MWh de media desta cuarta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 253% superior aos 53,04 euros/MWh do 11 de maio de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh). |
PRAZA_5602 | Unha comisión analiza as contratacións da petroleira estatal, incluída a dos estaleiros galegos para a construción dos floteis, un acordo que xa fora denunciado pola oposición azteca. | O Congreso mexicano fiscalizará todos os contratos asinados por Pemex desde 2006 ata a actualidade, incluído os asinados cos estaleiros galegos Barreras e Navantia para a construción de dous floteis. Será na comisión que analiza as contratacións da petroleira estatal e ante os numerosos casos de corrupción e subornos descubertos na empresa nos últimos meses, en especial aqueles que falan do presunto fraude que filiais da firma terían levado a cabo nos seus acordos con Hewlett Packard, Oceanografía ou Eyva, que sumarían máis de 700 millóns de dólares nas súas adxudicacións. Unha comisión de investigación analiza todas as contratacións de Pemex ante os numerosos casos de corrupción e fraude descubertos A comisión de investigación centrarase e debullará principalmente aqueles contratos que xa están baixo sospeita, pero iso non evitará que sexan tamén investigados os que Pemex asinou cos estaleiros galegos e que xa foron denunciados pola oposición. O Partido da Revolución Democrática (PRD), segunda forza política en México, denunciou a petroleira o pasado mes de febreiro ante a Procuraduría General de la República (PGR) polos contratos que a compañía estatal adxudicou a Barreras e Navantia. O PRD denunciara que a área de PEP, filial de Pemex, adxudicou o contrato a PMI Norteamérica, malia que esta empresa está integrada pola mesma Pemex. Para a oposición, a sinatura daqueles dous contratos supuxo "un acto ilegal e arbitrario, co que se entregou a esa filial de Pemex e aos seus socios españois os servizos de alimentación e hotelería co apoio dunha unidade habitacional flotante". A oposición denunciara os contratos cos estaleiros galegos por consideralos "un acto ilegal e arbitrario" Precisamente, o responsable das licitacións en PEP, o seu director Carlos Morales Gil, foi apartado da dirección desta filial de Pemex o día despois de que a petroleira estatal adxudicara os floteis aos estaleiros galegos e logo de que se descubrise unha suposta trama de subornos coa firma Eyva. Esta firma, que era unha das que competía con Navantia e Barreras, teríase visto favorecida coa adxudicación de máis de 90 contratos. Precisamente, o feito de que Eyva non fose a gañadora no caso dos buques hoteis fai que as dúbidas sobre a adxudicación ás compañías galegas sexan menos, malia as presuntas irregularidades que denuncia a oposición. A minuciosidade e detalle con que o Congreso mexicano analizará os contratos de Pemex nos últimos oito anos chega xusto agora, a tan só uns días de que se aprobe a a nova reforma enerxética que provocará que se asinen unha morea de contratos coa petroleira baixo outros parámetros legais. O obxectivo, tal e como reclama o PRD, é acabar de vez coa corrupción e as sospeitas de fraude que envolven a tantas adxudicacións. O presidente desta comisión é o deputado Luis Espinosa Cházaro, deputado precisamente do PRD, que avanzou no inicio dos traballos que non sería "unha cacería de bruxas", pero tampou "tapadeira de ninguén". A investigación no Congreso conformouse nun incio para investigar o presiunto frade de Oceanografía a banamex por máis de 400 millóns de dólares. Pero as enormes sospeitas que recaen sobre a petroleira estatal fixo que se incrementase a todos os contratos dos últimos oito anos. |
NOS_4987 | Esta semana é a quenda das testemuñas no xuízo ao procés. Ten unha particularidade procesal moi relevante: as testemuñas están obrigadas a dicer verdade —non como as persoas acusadas, que poden até mentir en lexítima defensa— e non poden eludir ningún interrogatorio. Chega o momento de Mariano Raxoi e tamén de Vox. | Esta terza feira reanúdase a vista oral na sala segunda do Tribunal Supremo co epílogo dos interrogatorios ás acusadas. En concreto, é a quenda de Jordi Cuixart, ex presidente de Òmnium Cultural, e de Carme Forcadell, ex presidenta do Parlament. Ambos enfrentan cargos por rebelión e as peticións fiscais ascenden a 17 anos de prisión. Cuixart será interrogado, como o foi Jordi Sànchez, en relación aos acontecimentos de 20 de setembro de 2017, cando miles de persoas arrodearon a sede da Consellaría de Economia no centro de Barcelona mentres se realizaba un rexistro policial no interior das súas dependencias na procura de material relacionado ao referendo que se acabaría realizando uns días despois, o 1 de outubro. Estes feitos constitúen unha peza basilar na acusación da Fiscalía, que ten construído o relato de que a concentración foi un acto violento —producíronse destrozos en dous vehículos da Garda Civil— directamente inducido polos líderes dos colectivos cívicos independentistas. Na súa quenda Sànchez negou as acusacións, en todo caso moi febles para argumentar unha rebelión, delito que exixe un alzamento violento —armado— e continuado. No interrogatorio ao presidente da Asamblea Nacional Catalana ficou tamén en evidencia como este e Cuixart se preocuparon de habilitar un espazo —un corredor— para facilitar a saída do interior do edificio da comitiva xudicial ao cargo do rexistro. Canto a Carme Forcadell, a ex presidenta da cámara catalá terá que dar conta dos distintos pasos que levaron á tramitación da declaración unilateral de independencia lida por ela propia no pleno do Parlament realizado o 27 de outubro de 2017, o día despois de Puigdemont amagar con convocar eleccións anticipadas, sen o facer finalmente, e nas vésperas de que Raxoi activase 155 desde a Moncloa. Xa desde esa aquel momento o independentismo rebaixou o alcance xurídico da DUI, precisamente para blindar os seus líderes perante eventuais represalias xudiciais do estado. Porén, estas chegaron en forma de prisión provisional de máis dun ano de duración. É moi probábel que a liña de defensa de Forcadell vaia nesa mesma liña na sede do Supremo. A hora das testemuñas Con Cuixart e Forcadell remataría o capítulo dos interrogatorios ás persoas acusadas, caracterizado até o de agora pola manifesta incapacidade da Fiscalía á hora de soster con probas os graves cargos que imputan ás dirixentes do bloque independentista. O xuízo pasa páxina e o protagonismo vai recaer agora nas testemuñas, a comezar polas políticas. O programa desta semana é o do máis apertado: na cuarta feira, na sesión matutina, declararán o portavoz de ERC no Congreso, Joan Tardà; o president do Parlament, Roger Torrent; o ex president da Generalitat, Artur Mas; e a ex vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. Pola tarde será a quenda do ex presidente do Goberno español, Mariano Raxoi; ben como dos ex dirixentes soberanistas Marta Pascal (PDeCAT), Núria de Gispert (ex Unió Democràtica de Catalunya e fundadadora de Demòcrates de Catalunya) e Eulália Reguant e Antonio Baños (CUP). Na mañá da quinta feira achegarán os seus testemuños o lehendakari Íñigo Urkullu, a alcaldesa de Barcelona Ada Colau, o ex dirixente de Podem Albano Dante Fachín e o ex president do Parlament Ernest Benach. Na sesión vespertina responderán a fiscais e defensas o ex ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido; o ex líder de Catalunya en Comú Xavier Domènech e os altos cargos da Generalitat Josep Ginesta, Francesc Iglesias e Adriá Comella. De todos os testemuños o que ten maior interese procesal é o de Mariano Raxoi. El terá que responder por que se existiu rebelión o seu goberno non declarou o estado de sitio e por que non convocou o Consello Nacional de Seguridade para abordar o asunto e eventualmente aplicar a Lei de Seguridade Nacional. As defensas tentarán pór en evidencia que en ningún momento Raxoi actuou como se con efecto se estivese a producir un alzamento violento —sinónimo de rebelión— en Catalunya. Chega, en definitiva, o momento de Raxoi, mais sobre todo o momento de Javier Ortega Smith, avogado da acusación particular e secretario xeral de Vox. A diferenza das persoas acusadas ningunha das testemuñas poderán eludir o seu interrogatorio. En vésperas da campaña electoral Ortega Smith disporá dun formidábel altofalante para espallar o seu discurso ultraespañolista nun momento en que a extrema dereita emerxe en todas as enquisas. |
PRAZA_372 | Estréase coa proxección de Encallados, coa presenza do seu director, Alfonso Zarauza. Quere ser un espazo para a difusión do cine galego na capital británica. | O Galician Film Forum (GFF) de Londres comeza o 20 de marzo a súa actividade coa proxección de Encallados, de Alfonso Zarauza e das curtas Curricán, do vigués Álvaro Gago, e 1977, da ferrolá Peque Varela, residentes ambos os dous na capital británica. O GFF é unha iniciativa que comeza a tomar forma a principios deste ano por un grupo de galegos e galegas emigrados en Londres cun grande interese pola cultura galega. O obxectivo do GFF é crear un espazo para a difusión do cine galego na capital británica. A proposta nace espontaneamente a raíz dun foro aberto no grupo de Facebook Galegos Morriñentos en Londres, un dos referentes online para a comunidade galega na cidade. GFF ten vocación de continuidade e de servir baixo tres eixos como plataforma de exhibición para o cine galego, observatorio da nova diáspora creativa audiovisual no Reino Unido e espazo de reflexión sobre o cine e a cultura galega en termos universais. A sesión terá lugar ás 18.30 horas na prestixiosa universidade King's College London. Despois da proxección os e as asistentes poderán falar con Alfonso Zarauza e o elenco de actores de Encallados, que participarán desde Galicia vía videochamada, mentres que tanto Álvaro Gago como Peque Varela estarán presentes na sala para un coloquio co público. O GFF conta coa colaboración do Departamento de Estudos Españois, Portugueses e Latinoamericanos do King's College. |
PRAZA_1458 | ENTREVISTA O ex vicepresidente da Xunta repasa o goberno bipartito e os "virulentos e malévolos" ataques que di que sufriu da oposición pero tamén de "axentes económicos e mediáticos". Agora, mira ao futuro esperanzado cunha confluencia política galega para as xerais e autonómicas. | O ex vicepresidente da Xunta fai un repaso da súa etapa no goberno bipartito, pero mira tamén para o futuro con ilusión, convencido de que "a alternativa ao PP en Galicia xa non é o PSOE", senón "varios actores" aos que insta a poñerse de acordo. Anxo Quintana bota a vista atrás sen rancor, pero consciente de que aquel executivo -pero sobre todo o BNG e a súa propia figura- foron obxectivo claro non só da oposición política, senón de "axentes da vida económica e mediática que vían perigar a súa situación de protagonismo". Nin tan sequera el, di, esperaba "tanta virulencia". Este venres hai dez anos das eleccións que botaron do poder a Fraga e que facilitaban a conformación dun goberno de coalición logo de catro maiorías absolutas do Partido Popular. Como lembra aquel día?Recórdoo como un día cargado de ilusión porque remataba unha época e porque o nacionalismo, por primeira vez na súa historia, ía ter a oportunidade de exercer o goberno e, polo tanto, de mostrar que o seu proxecto era na práctica para xerar benestar nos cidadáns."Sabía que remover o statu quo do país ía ser respostado con contundencia, pero non esperaba tanta virulencia"Pasado o tempo, esperaba que a experiencia no goberno ía ser como foi?Cheguei alí xa con certa experiencia política e o que podería pasar tíñao na cabeza, aínda que despois as cousas non acontecen exactamente como un pensa. Sabía que se nós executabamos o noso programa íamos remover o statu quo do país, de moita xente e o de Galiza no Estado, e que iso ía ser respostado con contundencia. Nunca pensei que fose para tanto nin que a contestación sería tan virulenta.Pero esa contestación foi por remover o statu quo, como di, ou cre que xa estaba preparada?A resposta foi así de contundente e malévola porque nós demostramos que tiñamos un proxecto non só para defender a identidade do país, senón sobre todo para xerar benestar na xente a base de aproveitar os recursos de Galiza. O que queríamos é que Galiza fose para os galegos e iso significaba cambiar a historia. Houbo quen o entendeu así e se esmerou para intentar quitarnos do medio canto antes."Queríamos que Galiza fose para os galegos, cambiar a historia e por iso se esmeraron en quitarnos do medio canto antes"Cre que nesa resposta malévola houbo colaboradores dentro do propio goberno?Non, eu non o diría así. O interese por destruír aquel goberno estaba fóra do goberno e estaba nun interese lexítimo por parte do PP, pero tamén acompañado por intereses doutros axentes da vida económica e mediática que vían perigar a súa situación dentro do país e que non se sentían protagonistas como foran sempre. O que pasou co PsdeG foi que non foi quen de facer unha lectura axeitada de todo isto e pensou que aquilo só ía contra o BNG, cando en realidade ía contra o Bloque pero tamén contra todo o goberno."O interese por destruír aquel goberno era do PP, pero tamén de intereses económicos e mediáticos que vían perigar o seu protagonismo"De entre as reaccións políticas, económicas e mediáticas, cal delas lle sorprendeu máis?O que máis me sorprendeu foi que en Galicia, no ano 2009, se puxese en marcha por primeira vez unha campaña electoral baseada no intento de destrución persoal do adversario. Era a primeira vez que se facía no Estado español e ao PP saíulle ben porque ninguén llo botou en cara. Daqueles ventos recóllense agora algunhas tempestades. Algo que no ano 2009 era novidoso e sorprendente agora converteuse en moeda corrente de todas as campañas."Foi a primeira campaña de destrución persoal do adversario; e saíulle ben ao PP porque ninguén llo botou en cara"Cre que unha campaña tan dura como aquela de 2009 sería máis respostada pola sociedade nestes tempos?Non o sei. O certo é que, daquela, non fomos capaces nin de respostar nós. Era unha campaña dirixida a desmoralizar a xente do BNG e conseguírono, o cal tamén demostra unha enorme debilidade pola nosa parte.O BNG pasou de case o 20% dos votos de hai dez anos a pouco máis do 10% de 2012. É debido a esa debilidade? Como se corrixe?Iso só se corrixe con convicción nas ideas e con fortaleza política e experiencia. Non hai unha solución máxica. Todo proxecto político ten que facer un esforzo continuo por manter as súas ideas, valores e principios e outro igual por colocarse todos os días na cabeza da xente, ou polo menos da xente que te vota. Iso, normalmente, as forzas políticas non o fan ou lles custa moito facelo."Non só ao BNG, senón a todas as forzas políticas, fáltalles colocarse na cabeza da xente, ou polo menos na da que lles vota"Fáltalle ao BNG colocarse na cabeza da xente?Non só ao BNG, creo que é un mal xeral das forzas políticas, mesmo dos proxectos que agora se presentan como novidosos. A min dáme a impresión que despois do éxito das mareas, algunha xente das mareas pensa que Galiza está chea de antisistemas e esquerdistas e deberían facer un esforzo por mirar á cara da xente que lles votou, que deposita neles moita ilusión, pero que en ningún caso esperan ningunha acción política extravagante.Cre que a acción política das mareas será extravagante?Non, estou seguro de que non. Hai xente moi competente e moi seria arredor deses movementos e saberán conducir as cousas acaidamente. Pero si que pode haber esa tentación e ogallá que non caian nese erro."O máis importante do 24M non foi o resultado das mareas ou do BNG, senón que o PP está danado e a alternativa xa non é o PSdeG"É certo que nas últimas municipais o BNG perdeu forza, pero mantén vilas importantes, gaña outras e hai dúas cidades como Compostela e A Coruña que teñen alcaldes nacionalistas. Foron bos resultados para o nacionalismo?Non hai que mirar se os resultados son bos ou malos para o BNG ou para aqueloutro. Hai que miralos valorando se son bos ou malos para Galiza e, en xeral, estes resultados son moi bos para os que cremos que o país ten que ter unha transformación no futuro inmediato. Aos feitos puntuais e simbólicos da Coruña ou de Compostela únense os resultados do Bloque, que coloca alcaldes en vilas moi importantes, que ten a alcaldía de Pontevedra e que ten todo un exército militante espallado polo país que dá cohesión territorial e programática a unha alternativa posible. O máis importante do resultado electoral non é o do BNG nin o das mareas, senón que por primeira vez a base electoral do PP está seriamente danada e a alternativa non é o PSdeG, senón varios actores pero que todos xogan nunha mesma dirección. Agora hai que saber aproveitar esta oportunidade entre todos.Cre que para "aproveitar a oportunidade entre todos", como di, se debería comezar por unha candidatura galega unida para as xerais?Creo que sería moi positivo e que debe primar o sentido de país. Ábrese unha lexislatura no Estado chea de oportunidades e Galiza non pode aspirar unicamente a ser un espectador. Ten que aspirar a ser un protagonista e o xeito de contribuír ao cambio no Estado é que Galiza teña voz propia nas Cortes. Iso non implica que a voz propia sexa unha representación illada e allea ao que sucede no Estado. Ao contrario, ten que ter vontade de chegar a acordo con outros grupos e así determinar a vontade colectiva do Estado para que esta teña en conta a Galiza e se faga de acordo cos intereses da maioría social. Estes obxectivos deberían ser suficientes para chegar a algún tipo de acordo."Por suposto que forzas de ámbito estatal poden incluírse nesa candidatura galega, pero a base fundamental debe ser a cidadanía"Deberían incluírse nese acordo forzas estatais que poñan Galicia por diante?Por suposto que si, pero eu diría máis: non é só que se poidan sumar forzas de ámbito estatal, senón que a base fundamental dun proceso así non deben ser as forzas políticas, senón que se debe construír un movemento de base cidadá onde as persoas conten individualmente e onde se poidan sumar todas aquelas que teñan unha sentimento de pertenza a este país, que queiran que Galiza exista, que queiran rexeneración democrática, que a economía se faga pensando na xente e non nos mercados... Toda esa xente a título individual debe de ser a base fundamental deste movemento galego que permita que Galiza conte no proceso que se vai abrir na próxima lexislatura."Eu non vou xogar ningún papel nesa futura candidatura unitaria; non teño ningunha pretensión de figurar en nada"Que papel vai xogar aí Somos Nós?Ningún e todo o que se queira utilizar. Somos Nós non é un partido político e non vai participar en ningún proceso de elaboración de candidaturas nin de conformación de proxectos. O labor será intentar ser, humildemente, un punto de encontro, un instrumento que se pode utilizar se así se considera. Nin o último nin o máis importante.E que papel vai xogar Anxo Quintana?Eu, ningún. Eu colaboro en Somos Nós pero non teño absolutamente ningunha pretensión persoal de figurar en absolutamente nada. |
NOS_47776 | As vacinas da gripe seguen sen chegar aos centros de saúde. Dez días despois das primeiras queixas de pacientes e sanitarios, a subministración non se resolveu. Hai carencias para atender a demanda das doentes, máis alta que outras campañas. Malia o chamamento de Sanidade á poboación sa para que atrase a súa vacinación, persoas de risco non teñen acceso a unha vacina. | Perto de 400.000 galegos e galegas vacináronse contra a gripe nas dúas primeiras semanas da campaña impulsada pola Consellaría de Sanidade. Case 125.000 persoas máis que á mesma altura do período de vacinación anterior, explicou o xefe do servizo de control de enfermidades transmisíbeis da Xunta, José Antonio Taboada. O avance coincidiu co auxe da denuncia pública, por parte de usuarias e profesionais sanitarias, da falta de abastecemento de doses suficientes nos puntos de vacinación autorizados para atender a demanda da poboación. A demanda, disparada O temor da poboación a contaxiarse da gripe nun momento en que a incidencia desta nova enfermidade aumenta e ameaza con complicar a saúde das persoas máis vulnerábeis encontrou acougo no chamamento xeneralizado que fixeron as autoridades sanitarias a reforzar a vacinación. Tanto dos grupos de risco como da poboación sa, disposta a vacinarse para mellorar o control da gripe fronte a Covid-19. O medo disparou a demanda. A resposta da cidadanía superou as expectativas da Administración galega que, ademais de confirmar unha "cobertura excepcional" da poboación e do persoal sanitario no inicio da campaña antigripal tamén recoñeceu algún "problema puntual" no caso das vacinas para menores de 65 anos. Como xa lle avanzara a Nós Diario, José Antonio Taboada, referiuse a un desabastecemento ocasional deste tipo de inxeccións en puntos de vacinación concretos, mais defendeu que en ningún momento se produciu unha "rotura da subministración". Neste sentido, desde a Consellaría de Sanidade sinalaron as persoas responsábeis dos stocks de cada centro de saúde. O pasado 28 de outubro, Taboada lembrou que o rexistro de vacinas é un requisito necesario que ademais de funcionar como indicador das doses que se administran tamén serve de referencia para futuros pedidos, xa que non se subministran novas doses até que se rexistra 60% das recibidas. "Se non se rexistran, hai múltiples factores de responsabilidade persoal, de mala xestión, que poden levar a que un centro quede desabastecido dunha vacina, pero iso non quere dicir que o sistema non a teña para subministrar", concluíu. Escaseza real Tras estas acusacións, as primeira en reaccionar foron as plataformas en Defensa da Sanidade Pública Galega. Aseguran que a escaseza de vacinas é real após unha solicitude xeneralizada, tamén de moitas persoas sas. Urxen ao Goberno galego a asumir a súa propia responsabilidade ante unha xestión ineficaz da campaña da gripe. Desde a plataforma compostelá, José María Dios Diz, mantén que á carencia de vacinas para menores de 65 anos agora hai que sumar xa a das que se lles pon ás persoas maiores. "A situación agravouse e non sabemos nin cando nin como se vai resolver. Non se entende que a Administración faga un chamamento masivo á vacinación sen prever unha resposta tan contundente. E hai formas de facelo, programando unha vacinación por fases que dea prioridade aos grupos diana", facilitando a planificación aos traballadores e garantindo a subministración das doses necesarias. "A falta de vacinas é real", responden tamén á Xunta desde o centro de saúde Valle Inclán de Ourense. "E hai albarás que o demostran", engaden. "Os responsábeis de realizar os pedidos esforzámonos moito para conseguir o número de doses necesarias, pero o abastecemento foi mínimo". [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí] |
PRAZA_11910 | O decreto de saneamento do sector financeiro impón a tutela do Estado sobre Novacaixagalicia, que deberá converterse en fundación de carácter especial. A Xunta está a elaborar un "proxecto de lei" que regule, precisamente, este tipo de entes, mais quedará baleiro de contido. Fontes xurídicas cren que o decreto de De Guindos vulnera o Estatuto de Galicia | Novacaixagalicia é, polo de agora, unha caixa de aforros accionista dun banco, Novagalicia Banco. A aspiración da entidade que copresiden Julio Gayoso e Mauro Varela é a de ter un 10% das accións do banco encargado de xestionar o seu negocio financeiro. Desde que se consumou a nacionalización da entidade e a valoración desta por parte do Banco de España, Novacaixagalicia xa asumiu que o seu destino era o de cambiar a súa fórmula xurídica. O decreto de reforzamento financeiro (2011), que precipitou a súa bancarización, estableceu que a caixa única non podía seguir sendo unha caixa de aforros se non superaba en accións do banco aos investidores privados. Xa que logo, o novo marco legal que vén de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy non impón novidades a este respecto en tanto prohibe que unha caixa que non teña máis do 25% das accións do banco debe deixar de ser unha caixa. O decreto de reforzamento financeiro (2011) estableceu que a caixa única non podía seguir sendo unha caixa de aforros se non superaba en accións do banco aos investidores privados Pero si que modifica substancialmente a finalidade, xestión e supervisión que terá Novacaixagalicia cando desapareza do mapa de caixas de aforros e pase a formar parte dun rexistro de nova creación: o de fundacións de carácter especial do Ministerio de Economía e Competitividade. A letra pequena do decreto de saneamento do sector de crédito tropeza frontalmente coas aspiracións que tiña a Xunta respecto das accións a desenvolver por Novacaixagalicia. Cambios legais A única razón pola cal Novacaixagalicia puido transferir o seu negocio financeiro a un banco (con accionistas e ánimo de lucro) foi polo decreto de reforzamento financeiro aprobado polo Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero. Nunha manobra legal semellante á que se fixo en Italia a mediados dos anos 90, e que supuxo a bancarización das caixas italianas, o Goberno español fixo posible que Novacaixagalicia segregase a súa actividade en dúas partes: a financeira (para NGB) e a benéfico-social (Novacaixagalicia). A caixa, convertida a fundación, pasaría a depender da Xunta de Galicia, xa non do Banco de España. O ministro de Economía, Luis de Guindos, quere que as fundacións como Novacaixagalicia (cando se transforme) dependan directamente de Madrid, non dos Gobernos autonómicos E con isto contaba o Goberno de Núñez Feijóo ata fai escasos días. Como xa recolleu Praza, e en resposta a unha pregunta escrita formulada polo BNG no Parlamento de Galicia, a Xunta indicou o seguinte: "O Goberno galego traballará para promover a continuidade da obra social de NCG [...] e presentar antes do inicio do próximo período de sesións un proxecto de lei regulador de fundacións de carácter especial". O período de sesións empeza a semana que vén, mais o Goberno central xa modificou a lei para que esta aspiración do Goberno galego quede sen fundamento. E é que o ministro de Economía, Luis de Guindos, quere que as fundacións como Novacaixagalicia (cando se transforme) dependan directamente de Madrid, non dos Gobernos autonómicos. "Corresponde ao Estado a supervisión e control das fundacións de carácter especial ás que se refire o presente real decreto-lei, cuxo ámbito de actuación principal exceda o dunha comunidade autónoma, a través do Protectorado que será exercido polo Ministerio de Economía e Competitividade. Nos supostos de segregación considerarase ámbito de actuación da fundación de carácter especial o da entidade bancaria resultante da segregación", reza textualmente o segundo decreto lei da lexislatura de Mariano Rajoy. |
NOS_47671 | O Goberno do Estado segue no ar. Os resultados foron case calcados aos de abril, cun par de matices importantes: as forzas nacionalistas das nacións sen Estado saen reforzadas e a ultradereita de Vox ocupa o espazo de Ciudadanos. | O Partido Socialista de Pedro Sánchez volveu gañar as eleccións, mais perdeu apoios e vantaxe nestes seis meses de Goberno en funcións concentrado nunha campaña constante. Co 99% do voto escrutado, os socialistas fican en 120 escanos con 6,5 millóns de votos. A estratexia saíulle mal a Pedro Sánchez. Terá aínda menos forza que en abril para decidir a cor do Goberno, pero as mesmas posibilidades de enrocarse. Estado Congreso Infogram Estado Senado Infogram A dereita subiu con forza. O PP case o que avanzaban as enquisas: 88 actas. Lonxe do seu teito histórico, pero mantendo a distancia co segundo competidor por ese lado: Vox. O partido de ultradereita ocupa o espazo de Ciudadanos. É causa o maior impacto do 10-N a nivel estatal: pasan de 24 a 52 actas. Aínda cun C's moi rebaixado, as tres chamadas tres dereitas suman 150 deputadas. Practicamente o mesmo que PP e Unidas Podemos (máis confluencias) xuntos. Os de Pablo Iglesias seguen en caída, suman 35 actas, 7 menos que en abril. As votantes pasáronlles facturas a socialistas e morados. Errejón apenas suma, 3 escanos. O 'cleavage' territorial O escenario estatal que se reparten entre os 5 partidos queda dividido en dous bloques igual de fortes á dereita e á esquerda. Pero o punto de fractura no Estado está noutro cleavage, o que marcou esta longa campaña: a cuestión das nacións sen Estado dentro do Reino de España, a fenda territorial. Na Galiza o BNG superou de novo a barreira dos cen mil sufraxios e volve colocar un representante no Congreso. Galiza estará presente nese debate, que é o gran debate pendente no Estado. En Euskadi, o PNV e EH Bildu melloraron posicións. E os de Otegi suman un acta máis por Nafarroa. Haberá 12 deputadas vascas no Congreso. En Catalunya, ERC paga o desgaste, perde dúas actas, pero gañou as eleccións con 13 deputadas. JxCat consegue unha máis, 8; e as CUP entran con 2. Total, 23 escanos do bloque independentista catalán, máis 12 vascos e 1 galego. O escenario que marca a fenda territorial parece desequilibrado: PSOE, PP, Vox, Ciudadanos, Navarra Suma e Errejón teñen 274 actas. As nacionalistas, 36. Pablo Iglesias e os comúns cataláns e galegos fican en terra de ninguén. Ou acordos con nacionalistas ou gran coalición Neste escenario, as diferenzas entre esquerda e dereita tenderán a desaparecer. Pedro Sánchez non quere pactar con Pablo Iglesias e agora ten menos razóns para facelo. Necesitaría ademais do apoio de forzas nacionalistas: ERC, PNV e mesmo o BNG xa mostraron a súa disposición ao diálogo. Pero porán condicións. A fronte da Declaración da Llotja de Mar, malia a ausencia do PNV, é unha fronte estratéxica. Non parece a solución máis probábel ao bloqueo para formar Goberno. A alternativa está na gran coalición. Precisamente a que negaron tanto Pedro Sánchez como Pablo Casado durante a campaña electoral. Pero falarán. Hai fórmulas que rebaixaran os custes para ambos. Mais o PP podería intentar darlle a volta a situación. Sánchez perdeu toda a vantaxe con Casado. Agora si, as dereitas teñen un candidato con posibilidades. Teruel Existe, tamén no Senado Co escrutinio no 99%, o reparto no Senado segue a favorecer ao PSOE, que obtén 92 cadeiras, mais perde 31. O PP recupera case o mesmo número e sitúase nas 83. O resto de forzas fican moi atrás por efecto do sistema electoral. ERC conserva os seus 11 senadores e o PNV os 9. Teruel Existe, que alcanzou un escano no Congreso, suma aquí os dous pola circunscrición. É a gran anécdota do 10-N. Mais a tendencia parece favorecer proxectos uniprovinciais. O PRC cántabro mantense no Congreso, e no Senado entran Agrupación Socialista Gomera e Coalición por Melilla, cun escano cada unha. Ciudadanos, camiño do desastre, perde os seus 4 senadores. |
NOS_21425 | A partida orzamentaria é unha extra que complementa os 240 millóns que lles adxudicou a estes colexios nas contas de 2013. CIG-Ensino denuncia "un caso claro de discriminación en favor do ensino concertado" | Para alén dos 240 millóns que lles adxudicou nos orzamentos de 2013, a consellaría de Educación vén de derivar outra partida millonaria aos colexios privados concertados do País. Serán 200 mil euros para cubrir necesidades específicas de apoio educativo que nos centros públicos non se cubren, toda vez que a estes se lles recurtou o orzamento case nun 7%. Esta subvención deberá ir destinada ás demandas "que non estiveran xa cubertas polo correspondente concerto educativo", polo que se trata dunha partida extra, por riba do montante que a estes colexios se lles adxudica en virtude do concerto coa Xunta. Permite a contratación de persoal docente e prestar atención á diversidade, namentres na Pública se agravan as eivas ao non contaren con profesorado dabondo en Audición e linguaxe, Pedagoxía terapéutica e orientador@s. Perante esta situación, CIG-Ensino considera que a decisión da consellaría é "un caso flagrante de discriminación en favor do ensino concertado". |
NOS_23421 | Un total de 2.284.763 galeg@s están chamadas a elixir hoxe entre as 20.619 persoas que fan parte de candidaturas en Galiza os 3.766 concelleiros e 314 alcaldes. Mais co seu voto tamén testarán a saúde do actual sistema de partidos ou o papel que queren para Galiza no escenario electoral. | Un total de 2.284.763 persoas poderán votar hoxe nas eleccións municipais, 32.000 persoas menos que nos comicios de hai catro anos, 2011. Por volta de 82.300 persoas son novos electores que votarán por vez primeira nuns comicios locais ao ter cumpridos 18 anos desde as eleccións anteriores. Un total de 20.619 persoas fan parte na Galiza das 1.199 candidaturas que concorren nestas eleccións. No 15% dos 314 concellos galegos concorren só 2 candidaturas e nun 39% son 3 as listas que se presentan ao 24M. O número de edís que se van elixir nesa cita é de 3.766, o que supón 45 menos que nos comicios de 2011. Unha mingua derivada da perda de poboación en varios concellos. Para esta xornada electoral disporanse en Galiza 3.997 mesas electorais, 92 menos que nas eleccións de hai catro anos, en 2.506 locais electorais que se van instalar nos 314 concellos, un menos que en 2011 -pola fusión Oza e Cesuras-. En xogo Mais hoxe nas urnas non só se escollen os gobernos locais dos 314 concellos galegos. Son tamén un primeiro 'round' das xerais previstas para antes de que finalice o ano. As papeletas medirán pois o aguante do bipartidismo, a irrupción de forzas emerxentes (Podemos e o espazo político aliado, e Ciudadanos) e se Galiza existe como suxeito político. Mais do que aconteza este domingo tamén haberá outras lecturas posíbeis de facer. Unha forte queda en apoios do PPdeG podería finiquitar definitivamente o que quede dun futuro salto de Núñez Feijóo á area da política estatal. Mais de o PPdeG obtén unha porcentaxe de apoio nas urnas superior á media estatal, Feijóo podería cobrar pulo nesas aspiracións a desembarcar en Madrid. Tamén nestas eleccións o PSdeG vai estar baixo a lupa. Pode ser o principal damnificado das municipais en Galiza. Unha perda importante de votos podería reabrir o debate sobre o liderazgo de Gómez Besteiro. As enquisas apuntan a que os socialistas reterían a principal cidade de Galiza, Vigo -mais cun discurso persoalista e localista- e tamén Lugo. Mais en conxunto os inquéritos suxiron unha forte queda de votos en xeral en Galiza. O nacionalismo tamén seguirá con interese dupla estes comicios. Ademais da vertente municipal, o BNG comprobará o pulso do voto nacionalista nun contexto particularmente complexo e testará o respaldo do que gozan os seus gobernos municipais, todo coa perspectiva das eleccións estatais de novembro/decembro no horizonte. A 'nova esquerda' que conflúe nas marés ou candidaturas municipalistas comprobará até que punto chega a súa irrupción no panorama político galego. Até onde alcanzan e, tamén, que escenario se abre nos vindeiros meses con interrogantes de como van articular niveis de confluencia entre elas. |
NOS_37665 | Esta segunda feira a luz foi máis barata entre as 4 e as 5 horas, mentres o prezo máximo será de 20 a 21 horas. | O prezo medio da electricidade para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista subirá 32,62% esta segunda feira a respecto deste domingo, até os 152,61 euros/MWh, segundo os datos provisionais da Operadora do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado grosista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de enerxía eléctrica. Na poxa, o prezo medio da electricidade no mercado grosista, o denominado pool, sitúase para esta segunda feira en 140,23 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, con 205 euros/MWh, mentres que o mínimo da xornada, de 89,64 euros/MWh, deuse entre as 4 e as 5 horas. A este prezo do pool súmase a indemnización de 12,38 euros/MWh ás gasistas que teñen que pagar as e os consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou aqueles que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha taxa indexada. A factura da luz encareceu 44% respecto ao ano 2021 e 102% en relación a 2020 En concreto, de non aplicarse este mecanismo para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo medio no Estado español sería de 163,79 euros/MWh, o que supón 11,18 euros/MWh máis que coa compensación para clientes do mercado regulado, que pagarán así 6,8% menos de media. O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros. En concreto, a 'excepción ibérica' marca unha senda para o gas natural para a xeración de electricidade a un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais e, posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até o remate da medida. A cidadanía galega paga a luz 124% máis cara que a poboación portuguesa O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico deu a coñecer a información pública unha proposta de Real Decreto para reducir a volatilidade da taxa regulada, a denominada PVPC, co fin de dotar de maior estabilidade a unha taxa que se viu especialmente afectada pola volatilidade do mercado eléctrico no último ano, dando maior peso ás referencias aos mercados de futuros, que medrarán progresivamente até representar 55% en 2025. A proposta propón incorporar á fórmula de cálculo do PVPC —contratado polos titulares duns nove millóns de puntos de subministración, 35% do total a nivel estatal— unha cesta de prezos a medio e longo prazo para evitar fortes oscilacións, sen perder referencias de prezos a curto prazo que fomenten o aforro e o consumo eficiente. |
NOS_56666 | O aumento da tensión entre o Estado español e Marrocos preocupa o empresariado galego. O reino alauita é na actualidade un dos principais destinos dos investimentos dalgunhas das máis importantes compañías galegas, entre elas o xigante téxtil Inditex ou diversas empresas do sector do metal. | Marrocos é unha das principais fábricas de Inditex. A multinacional galega leva desde comezos da década dos 90 producindo prendas dalgunhas das súas principais marcas no Estado do Magreb a través de acordos con máis de 220 provedores locais, que empregan arredor de 65.000 persoas en diversos centros de traballo, localizados maiormente nas proximidades de Tánxer e Casabranca. Así as cousas, o parque empresarial de Ain Dalia, un complexo de máis de 1.300 hectáreas situado a 14 quilómetros de Tánxer que integra todo o proceso da confección, resulta chave para a actividade do xigante galego. O caso de Inditex, malia ser dos máis coñecidos, non é unha excepción. Outro tanto sucede co grupo Ferroplast, unha empresa do sector químico fundada en 1960 e cuxa central está localizada en Muras. A compañía, especializada na fabricación de produtos de plástico e PVC, opera en Marrocos desde 1999, mediante a súa filial Ferroplast Maroc, cuxo centro de traballo suma unha superficie de 50.000 metros cadrados na área industrial de Tit Mellil en Casabranca. Ferroplast, líder no espazo ibérico na súa franxa de negocio, ten especializada a súa factoría marroquí na fabricación de tubos e accesorios de PVC e polietileno. A industria auxiliar do automóbil O sector galego do metal ten unha importante presenza en Marrocos. A decisión do grupo PSA de pór en marcha diversas plantas de fabricación de automóbiles en Tánxer, Casabranca e máis recentemente en Kenikra, perto de Rabat, levou diversas compañías galegas que traballan desde hai décadas para a multinacional a abrir centros de produción nese Estado. Así, entre estas, atópase o grupo Viza, con dúas factorías en Tánxer destinadas á construción de armaduras de asentos para todos os modelos do vehículo Dacia. Hispamoldes e Izmar son outras dúas auxiliares galegas de PSA con intereses en Marrocos. A primeira, cuxa central está situada no polígono ourensá de San Cibrao das Viñas, dispón dunha fábrica de 4.400 metros cadrados en Tánxer desde 2012 destinada á produción de moldes de inxección de plástico. A segunda, unha das provedoras de referencia da factoría viguesa de PSA, desenvolve en Marrocos labores de loxística, fundamentalmente de montaxe de contedores de transportes de pezas. A deslocalización ao reino alauita de PSA déixase notar no tráfico de mercadorías ao porto de Vigo, que rexistra importantes movementos con Kenitra. Exlabesa é un dos xigantes galegos do metal con presenza en Marrocos desde hai máis dunha década. O grupo de Padrón está instalado no Estado do Magreb desde 2006, onde opera desde as súas fábricas de Tánxer coa marca de Kaye Aluminium, sendo actualmente unha das empresas máis importantes do mercado de extrusión de aluminio no país. A compañía, cun cadro de persoal de máis de 200 traballadores, declara que "o principal sector de actividade deste centro de produción é a construción, a onde vai destinada case a totalidade do produto rematado e comercialízase en 70% para sistemas envolventes e en 30% para sistemas industriais". Os mariñeiros galegos levan décadas traballando nas augas baixo xurisdición marroquí do Sáhara. Malia o progresivo proceso de reconversión desta frota, continúan desenvolvendo a actividade neste caladoiro cinco arrastreiros e 11 palangreiros con base nos portos de Vigo e Marín. Ao tempo, a dependencia galega a respecto dos produtos do mar procedentes de Marrocos é moi importante, sendo o 95% do polbo servido no Estado español desa orixe. Neste sentido, importantes operadores galegos da exportación cefalópodos dispoñen de centros de produción no reino aluita. |
NOS_52718 | Tamén en Israel, asociacións de mulleres denunciaron a cancelación destes procedementos nos hospitais ao non seren considerados "urxentes". | A pandemia da COVID-19 abriu nos últimos días un debate nos Estados Unidos sobre se as interrupcións cirúrxicas do embarazo son procedementos médicos esenciais nestes momentos. A división é clara no país norteamericano segundo un Estado está gobernado por republicanos ou demócratas. O gobernador de Texas, Greg Abbott, anunciou na pasada fin de semana a prohibición da maioría das interrupcións ao embarazo durante o brote do coronavirus, asegurando que non son procedementos esenciais. Unha decisión que foi ratificada polo fiscal xeral deste Estado, Ken Paxton, a comezos de semana. A norma prohibe "calquera tipo de aborto que non sexa medicamente necesario para preservar a vida ou saúde da nai". O seu incumprimento pode traer consigo multas de até 1.000 dólares ou 180 días en prisión. A cuestión tamén xurdiu en Ohio, onde as clínicas de interrupción voluntaria do embarazo recibiron orde por carta do secretario de Xustiza estatal, Dave Yost, de cesaren todos os abortos cirúrxicos "non esenciais". Yost escribiu que os procedementos quebrantan a orde emitida o pasado 17 de marzo polo director de saúde estatal. E o gobernador de Mississippi, Tate Reeves, advertiu a única clínica destas características que queda en todo o Estado que tomará medidas no caso de que se realicen abortos durante o tempo que dure a pandemia da COVID-19. Os tres gobernadores, do Partido Republicano, alegan as carencias de material médico para defender estas medidas e presionan as clínicas para que doen o que teñen aos hospitais locais. Contrasta coa posición tomada polos gobernadores de Nova York, Washington e Nova Jersey, do Partido Demócrata, que consideran que o acceso ao aborto é un servizo esencial tamén durante a pandemia. Estados israelí e español Esta situación estase a dar noutros países do mundo. Nas últimas horas, asociacións de mulleres de Israel denunciaron que se están a tomar as mesmas medidas no seu país, onde se cancelaron todos os procedementos cirúrxicos que non son de urxencia. Entre estes últimos non se incluíu o aborto. No caso español, onde o aborto a petición da muller está permitido até as 14 semanas de embarazo, as clínicas para abortar están a funcionar durante a corentena xa que se considera "un servizo non adiábel". |
PRAZA_19235 | Non fun capaz de dicirlle o nome da emisora, mais iso seica non ten importancia porque, ao fin e ao cabo, todas nos contan as noticias e ningunha nos informa do que pasa. | "Mira o reló dúas ou tres veces. Por fin adiántao vinte minutos. Sabe que é un engaño, pero adiántao." (Vento ferido, Carlos Casares). Chovía a cachón, as pingadas estralaban contra o chan e un negror melancólico usurpábanos a tarde, cando un rapaz de pel escura, totalmente enchoupado e cunha cabrita polo ramal, apuraba o paso pretendendo rubir a un autobús, a piques de arrancar. O condutor fixo un aceno coa cabeza e, coa voz seca e contundente, advertiulle que as cabras non podían viaxar no transporte público. Ante tal disxuntiva, para sorpresa do propio chofer e demais viaxeiros, o rapaz decidiu deixar a chiba atada ao pau da luz e entrar no coche de liña, para seguir o seu rumbo, posiblemente cara un lugar de ningures. Andou devagar polo corredor do bus, ata avistar un asento baleiro ao pé da fiestra. Chapurreando o galego, pediulle permiso para pasar á moza que estaba sentada na cadeira do interior; e a tal, no canto de arredar, ergueuse de présa e deixou a súa praza vacante, alegando en castelán e en voz alta que se apearía na próxima parada, malia que ninguén lle pedira explicacións. Ao repararmos en semellante estampa, mesmo fomos testemuñas das expresións faciais e da conversa dunha parella de mediana idade que, con voz precavida, deixaba constancia da súa repulsa ante o proceder do mozo da chiba: Este comportamiento es realmente intolerable! Alguien debería denunciarlo, por abandono de animales! Y que pague los gastos!. Cando o bus chegou á próxima parada vimos como se apeaba o viaxeiro da pel escura, mentres a rapariga espantadiza finxía non ter présa. Foi xusto nese intre cando o piloto elevou ao tope o volume da radio, obrigándonos a escoitar a voz feminina que irrompía na conversa, son las siete, las seis en Canarias, para pornos ao tanto do plan de Trump de esixirlles aos mexicanos que constrúan un muro na fronteira. Seguidamente alcumou de ejemplarizante o auto da Audiencia que ordenou a entrada no caldeiro dos xefes de Novagalicia e deulle paso ao presidente da Xunta, quen coa voz quebradiza cualificaba de drama tal circunstancia. Varios viaxeiros, con rostro pecaminoso e plena aquiescencia, escoitaban atentamente como Feijoo mesturaba aos nosos devanceiros cos pínfanos que se fan de rogar á hora de devolver os 10 millóns de marras (quen non ten un avó que se poida atopar nunha situación semellante?). A locutora concluíu póndonos ao tanto do tempo, llueve en Galicia y, por lo tanto, bajará la luz, e despediuse dándolle paso ás noticias locais. Outra voz, no mesmo idioma e con outro ton, contounos as mesmas novas, agás a do muro mexicano. Iso si, ninguén aclarou se chovía mercé a unha decisión de Rajoy, ou por mor das rogativas que organizara o cura da parroquia, e da tunda que lle dera o Celta ao Real Madrid non soubemos nada de nada. Ah! Mentres ía á presentación da versión galega do Retrato do colonizado, precedido do retrato do colonizador, de Albert Memmi, deille conta ao meu tío Lisardo de todo o acontecido. Non fun capaz de dicirlle o nome da emisora, mais iso seica non ten importancia porque, ao fin e ao cabo, todas nos contan as noticias e ningunha nos informa do que pasa. |
NOS_57403 | O portal web Feminicidio.net denuncia que o goberno só cataloga como violencia de xénero os asasinatos perpetrados polas parellas ou ex-parellas das vítimas. A invisibilidade ou o sensacionalismo, a tónica dominante nos medios | O portal de Internet Feminicidio.net vén de publicar un informe chamado 'Feminicidio por prostitución en España: Violencia de Xénero Ignorada'. A investigación conclúe que, como mínimo, 20 foron os casos de prostitutas asasinadas no estado español entre os anos 210 e 2012. Non están contabilizados, con todo, os crimes cometidos no 2013, no contexto dunha semana especialmente tráxica que nos deixou dúas prostitutas mortas en Bilbo. Destes 20 asasinatos, sete producíronse en Andalucía, seis foron rexistrados en Valenica, catro en Catalunya, un en Madrid e outro en Castela A-Mancha. A Galiza, con todo, non rexistou ningún caso no período investigado. Destes 20 casos só un deles está rexistrado nas estatísticas sobre violencia machista Porén, avisa o estudo, o goberno só cataloga nas cifras oficiais como asasinatos por violencia de xénero aqueles que foron perpetrados pola parella ou ex-parella da vítima. De feito, de entre estes 20 casos, só un aparece rexistrado nas estatísticas oficiais sobre violencia machista. En contraste Feminicidio.net, tirando da hemeroteca de xornais nacionais, rexionais e locais e outros medios dixitais, constatou que 19 dos 20 asasinatos a prostitutas foran perpetrados por homes e, só nun dos casos, a vítima morrera a mans dunha muller. O estudo determinou, aliás, que 17 dos crimes eran feminicidios por prostitución, é dicir, que foron perpetrados por un cliente e 2 eran feminicidios íntimos, ou a mans da parella ou ex-parella da vítima. Tres casos inda fican sen resolver. Novas, estranxeiras e vítimas do asañamento Confirma o estudo que a maioría das vítimas eran novas e estranxeiras, condicións que inda aumentan o xa por si enorme "estado de vulnerabilidade social e/ou legal" que é inseparábel da súa profesión. Amais, afirma a investigación, os seus corpos foron obxecto dun "asañamento brutal", un perfil que pon os asasinatos das prostitúas á beira dos feminicidios íntimos, malia que o goberno non o faga. Os medios, cómplices Tampouco os medios de comunicación relacionan estes crimes coa violencia machista, sendo a tónica dominante a do silencio ou a do tratamento morboso nas páxinas de sucesos. Analiza o informe que, namentres os asasinatos contra mulleres perpetrados pola parella ou ex parella "ocupan as portadas" da prensa e acadan grande visibilidade nos medios dixitais, os feminicidios por prostitución son minimizados quer relegándoos "a un espazo secundario nas páxinas de sucesos" quer cun tratamento sensacionalista e morboso que "reafirma a cousificación dos corpos das vítimas" e a condición patriarcal do cliente sobre as "mulleres públicas". |
NOS_47808 | Un preso na cadea de Pereiro de Aguiar agoniou na súa cela por esganamento. Finalmente morreu. Atopárono os funcionarios de prisión o pasado 21 de agosto arredor das cinco da tarde. É a novena morte rexistrada nos cárceres galegos no que vai de 2019, unha cifra, denuncia Esculca, "moi superior á de anos anteriores". | O observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades faise eco da alarma de colectivos de funcionarios de prisións de Galiza ao respecto destas mortes. Esculca tamén relata a historia de J. J. F. E., finado en Pereiro de Aguiar o 27 de xuño. Preso de 50 anos de idade, saíu ao patio despois de cumprir unha sanción de privación de paseo diario. Alí faleceu. Segundo sindicatos de traballadores das cadeas, a causa foi "unha posíbel sobredose". Mais os familiares de J. J. F. E. -que antes pasara polas penitenciarías da Lama e de Teixeiro (Curtis)- afirmaron que o interno padecía hepatite e lamentaron "a deficiente atención médica". Tres mortos en Pereiro de Aguiar, tres en Teixeiro e un, respectivamente, na Lama, en Bonxe (Outeiro de Rei), en Monterroso son os nove falecidos no que vai de ano en prisións galegas. Fontes de Esculca achacan a situación aos problemas da atención sanitaria nos presidios, a circulación descontrolada de drogas no interior dos mesmos e á dureza das condicións xerais. De feito, segundo os datos que manexa o observatorio de dereitos e liberdades, un 70% das mortes nos cárceres da Galiza débense aos estupefacientes e aos suicidios. |
NOS_189 | Cando fixeron vinte anos anunciaron que, como pouco, tardarían dez máis en subir aos palcos. mais... aquí están de novo "Os Diplomáticos de Monte-Alto", no seu espazo natural, tocando no Mercado Gandeiro de Chantada, como prato forte do décimo aniversario do Castañazo Rock que terá lugar o sábado día 3. | A banda liderada por Xurxo Souto regresa para encabezar o cartaz do Castañazo Rock, no décimo aniversario da cita máis bravú do país, en lembranza do seu nacemento, en que estaban tamén os da Coruña, dez anos máis novos.Desta volta Xurxo Souto na voz, Rómulo Sanjurjo no acordeón, Guni coa guitarra, Mangüi co baixo e Viascón na batería, subirán de novo ao escenario que tan ben coñecen, coa forza bravú dos cinco coñecidos músicos que compuxeron a formación maís estábel da banda. Para quen non poda ir a esta cita histórica de Chantada, os de Monte Alto decidiron gravar o concerto que se distribuirá posteriormente a través de plataformas dixitais.En outubro de 2010, Os Diplomáticos celebraran o seu vinte aniversario con concertos en Allariz e na Coruña, anunciando un final, cando pouco, até cumprir os trinta. Para a felicidade de tantas persoas que siguen os pasos da banda que encabezou o espírito máis bravú, agora volven en Chantada, adiantándose en oito anos á cita prevista para un novo rencontro. Rastreiros, Os papaqueixos, Cuchufellos e Liviao de Marao completan o cartaz do festival en que tamén terá lugar un concurso de cantos na taberna, un magosto popular, xogos bravús e castañazo infantil. Os festivais, buscan rede No marco do Castañazo terá lugar a 1ª Xuntanza Festivaleira en que se convoca a representantes de distintos festivais que teñen lugar no territorio co fin de crear unha "rede de festivais galegos". O obxectivo inicial é a posta en común de información e a posíbel redución de custos e esforzos cun traballo comunitario. Participarán neste encontro persoas e asociacións que están a desenvolver o traballo de deseñar e organizar festivais musicais sen ánimo de lucro, baseados no traballo voluntario de quen os promove. |
PRAZA_8437 | O obxectivo do curso, enmarcado no programa Innova Empleo II Ourense 3.0, é a formación de coidadores socio-sanitario de persoas dependentes en institucións sociais, nun programa que se nutre de fondos europeos. Pero carece do certificado SSCS0208, imprescindible para traballar. | A Deputación de Ourense organiza un curso de formación ocupacional para Coidador/a socio-sanitario de persoas dependentes en institucións sociais, enmarcado no programa Innova Empleo II Ourense 3.0, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo prioritario é facilitar a inserción socio-laboral a demandantes de empreo pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con dificultades de acceso ao mercado laboral: desempregados de longa duración, inmigrantes, maiores de 45 ou menores de 30, entre outros. Denúnciase que este curso carece do necesario certificado de profesionalidade SSCS0208 Prométese unha axuda de 400 euros ao mes durante os seu catro meses de duración, e supostamente serviralles ás persoas formadas para traballar en institucións sociais como xeriátricos. O importe da renda de inserción social será como máximo do 75% del IPREM previsto para este ano (532 euros). Porén, denúnciase que este curso carece do necesario certificado de profesionalidade SSCS0208, que si teñen outros cursos semellantes que se ofertan desde os sindicatos e outros centros acollidos ao programa AFD da Xunta. Deste xeito, o curso non lles serviría para atopar un emprego neste eido ás persoas que o completen. |
PRAZA_6477 | Farase un uso triunfal da FPB xa que quen obteña ese título non contará como abandono ou como fracaso. Pero na súa inmensa maioría esas persoas estarán fóra do sistema educativo ao acabar | Don Quixote, logo dunha das moitas malleiras que papa dille a Sancho que lle prepare o bálsamo de Fierabrás, un mexunxe máxico que sanda todas as feridas e males. Debe xuntar aceite, viño, sal e romeu, fervelo todo xunto e rezarlle por riba 80 nosopais, 80 avemarías, 80 salves e 80 credos. Ao establecer con carácter xeral reválidas para conseguir o título de ESO o lexislador tiña complicado conceder ao alumnado que supera a FPB ese mesmo título, como si posibilitaban os PCPI aprobando os módulos voluntarios no 2º ano O noso heroe bebe, vomita e súa pero cura logo de durmir. Sen embargo, para Sancho o bálsamo ten efecto laxante, poñéndoo ás portas da morte. O seu señor explícalle que é un simple escudeiro e non un cabaleiro coma el, por iso non lle fai efecto ningún. Coa LOMCE e a FP Básica non vaia ser que pase o mesmo. Ao establecer con carácter xeral reválidas para conseguir o título de ESO o lexislador tiña complicado conceder ao alumnado que supera a FPB ese mesmo título, como si posibilitaban os PCPI aprobando os módulos voluntarios no 2º ano. Sería un agravio comparativo evidente. É certo que coa FPB se pode acceder a ciclos medios e ten a mesma validez a efectos laborais que a ESO. Pero isto é como meter a pata, decatarse de que o fixeches e querer quedar ben sen recoñecer o erro. A Mr. Bean pasáballe moito. Era moi pouco presentable socialmente defender a validez dun título que non servía para nada (nos primeiros anteproxectos), excepto para dicir que a xente tiña un título. Un índice real de éxito da LOMCE e a FPB será a porcentaxe de alumnado que logre recuperar, estudantes con malos resultados que logre reter no sistema educativo para que sigan a formarse Un índice real de éxito da LOMCE e a FPB será a porcentaxe de alumnado que logre recuperar, estudantes con malos resultados que logre reter no sistema educativo para que sigan a formarse, persoas que se non se toma algunha medida están fóra do sistema pola súa traxectoria anterior de fracaso reiterado. En Andalucía, por exemplo, un 60% das persoas que iniciaban PCPI conseguían o título da ESO. Veremos cantos se titulan coa FPB e que fan logo. A ver as cifras. Os PCPI eran moi flexibles e adaptábanse bastante ben á realidade dos centros educativos e das comarcas nas que se atopan. Existían tres modalidades e cada centro elixía a que lle conviña en función do alumnado que recibía, as instalacións que posuía e as posibilidades de inserción laboral. No meu IES, por exemplo, podíase elixir entre varios perfiles distintos: perruquería, albanelería, administrativo, electricidade, … o alumnado pasaba gran parte da semana nunha empresa formándose e recibía no centro unha formación básica nun grupo común. Noutros IES de comarcas máis poboadas e urbanas con instalacións apropiadas e listas para utilizar podían ter varios grupos distintos: un de soldadura e outro de estética, por exemplo, e formar o alumnado no propio centro. Coa FPB esta flexibilidade cencénase e en moitos IES de vilas medias ou pequenas, coma a miña, só haberá un perfil Coa FPB esta flexibilidade cencénase e en moitos IES de vilas medias ou pequenas, coma a miña, só haberá un perfil e iso obrigará ao alumnado a ser electricista (por exemplo) ou a emigrar a outro centro onde poidan cursar algo que se aproxime máis aos seus intereses. Tamén é probable que haxa que afrontar fortes investimentos para dotar aulas específicas que agora non existen en lugares que non o precisaban. A implantación da FPB é precipitada: a publicación da lexislación está a coincidir, case, co inicio das aulas. A final do curso pasado estaba todo no aire e agora hai que comezar xa. Hai un ansia extrema por deixar un legado irreversible se se perden as próximas eleccións xerais: todos os partidos da oposición manifestaron que pararán a LOMCE. As consecuencias serán negativas, o mapa de ciclos resultante será desequilibrado e haberá que retocalo substancialmente. A implantación da FPB é precipitada. Hai un ansia extrema por deixar un legado irreversible se se perden as próximas eleccións xerais Hai outros aspectos analizables da FPB (a pouca atención que se lle presta ao alumnado de n.e.e ou as ratios iniciais, aspectos delirantes nos primeiros anteproxectos e que xa se amañaron en parte) pero sería abondar no negativo. Para quen ten que implantar estas ensinanzas na realidade, equipos directivos e docentes, a disxuntiva é francamente difícil. Moitos temos absolutamente claro que preferimos os PCPI á FPB. Poderiamos boicoteala, baixar os brazos e non levantar auriculares de teléfono para vender o produto, pero isto deixaría bastantes persoas á deriva, absolutamente desasistidas. Están mellor nun aula estudando este PCPI de terceira que na rúa. Estaban mesmo dispostos a incumprir as ratios mínimas con tal que nas estatísticas de inicio de curso figurara un suculento número de ciclos de FPB en marcha Desde inicios de mes veñen chamando aos centros a ver como vai o tema e, non se recoñecerá, pero nisto estaban mesmo dispostos a incumprir as ratios mínimas con tal que nas estatísticas de inicio de curso figurara un suculento número de ciclos de FPB en marcha. Será o éxito das cifras baleiras. Outra cousa é se o seu neno padece un trastorno do espectro autista ou ten altas capacidades ou está nunha zona rural. Aí mandarlle un especialista de reforzo ou compensación ou pagarlle unha bolsa axeitada ou conservar o profesorado que se precisa xa será máis complicado. Terá que loitalo. Farase un uso triunfal da FPB xa que quen obteña ese título non contará como abandono ou como fracaso. Pero na súa inmensa maioría esas persoas estarán fóra do sistema educativo ao acabar Unha das intencións declaradas da LOMCE é diminuír de xeito drástico o nivel de fracaso e abandono escolar nos nosos adolescentes, un dos máis altos dos estados do noso entorno, aínda que xa diminuíndo nos últimos anos. A implantación da FPB ven seica a resolver iso. Farase un uso triunfal da FPB xa que quen obteña ese título non contará como abandono ou como fracaso. Pero na súa inmensa maioría esas persoas estarán fóra do sistema educativo ao acabar, listos para ir traballar a unha empresa polo que poidan cobrar. Retomando o conto do inicio. É unha incógnita como lle sentará ao sistema educativo e o noso alumnado a posta en marcha da LOMCE e da FPB, pero para min que vai haber máis Panzas que outra cousa. O malo é que non se saberá ata que non haxa remedio. Ou remedio longo e moi custoso. |
NOS_12931 | A xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins. | A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón ordenou aos directivos de Grupo Industrial Riesgo imputados no 'caso Alcoa' a devolver 13 millóns de euros ás plantas da Coruña e Avilés, unha cantidade prestada polas propias plantas cando o grupo se fixo co control dos edificios após comprarllos ao fondo de investimento suízo Parter Group. Segundo adiantou 'El Periódico de España' e confirmaron a Europa Press fontes xurídicas, a titular do Xulgado Central de Instrución Número 3 facilitou aos imputados un número de conta para devolver o importe, cuxa finalidade debe ser garantir a existencia de fondos para a actividade das plantas. As mesmas fontes sinalaron que, nunha vista, algúns dos imputados ofrecerían devolver 10 dos 13 millóns de euros en pouco tempo coa condición de que Grupo Industrial Riesgo continuase mantendo a administración das dúas plantas dedicadas á produción de aluminio. A xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins Eses 13 millóns teñen a súa orixe na adquisición de senllas plantas por parte de Grupo Industrial Resgo a Parter Group. Ao non contar con financiamento para afrontar a operación, as plantas prestaron ese importe, o mesmo que a xuíza reclama agora. Estas pescudas teñen lugar dentro da causa investigada na Audiencia Nacional despois de que Tardón admitise o pasado mes de decembro a querela presentada pola Confederación de Cadros Profesionais contra un total de dez persoas físicas e nove xurídicas en relación co proceso de venda das plantas da empresa Alcoa. O pasado mes de marzo unha operación na que ser rexistraron unha decena de inmóbeis en relación á presunta despatrimonialización fraudulenta das plantas saldouse coa detención de varios executivos do grupo. Entre eles o administrador único do Grupo Industrial Riesgo, Diego Peris, un executivo administrador único de System Capital -mercantil que administraba Alu Ibérica AVL SL (a planta de Avilés)-, o presidente do grupo, Víctor Rubén Domenech e unha socia de System Cap. Doutra banda, a xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins despois de que os investigadores localizasen transaccións da moeda virtual en varias contas bancarias. |
PRAZA_4827 | Denuncian que a Xunta só consegue "dificultar cada vez máis que unha persoa que queira aprender galego poida facelo" e pídenlle que "pense nas persoas" e aplique un novo método que lles facilite a asistencia a cursos para a súa formación lingüística | Técnicas e técnicos de normalización lingüística das sete cidades galegas e das principais vilas e comarcas do país, encargadas de xestionar os cursos de galego Celga veñen de solicitarlle á Xunta que se anule "de xeito inmediato" a comunicación que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) lles remitiu aos concellos sobre a realización dos cursos preparatorios para as probas Celga 2014. Consideran que, coas instrucións que contén, supón "un grave paso atrás que empeora notablemente a xa mala planificación e xestión da formación lingüística da poboación adulta". E denuncian que "incrementa a dificultade, complexidade e incomodidade do método de inscrición", dá uns prazos "ridículos que dificultan a difusión da información" e carece de "criterios, obxectividade e transparencia para a adxudicación e programación dos cursos". Piden que se faga "unha planificación anual da oferta formativa" que permita "saber que cursos hai en cada localidade ou comarca, e as súas datas e horarios, para poder desenvolver unha maior e mellor difusión da formación en lingua galega dirixida ao conxunto da cidadanía", coa finalidade de facilitarlle a asistencia a cursos a todas as persoas interesadas, pois agora a Xunta obriga as persoas interesadas a preinscribirse en cursos que non se sabe se vai haber e, en caso de habelos, non se sabe que días serán ou que horarios terán. O colectivo de profesionais da lingua fai finalmenre un chamamento para que "desde a Xunta de Galicia se pense nas miles de persoas que queren ou teñen que formarse en lingua galega" O colectivo de profesionais da lingua fai finalmenre un chamamento para que "desde a Xunta de Galicia se pense nas miles de persoas que queren ou teñen que formarse en lingua galega e que están pendentes das convocatorias dos Celga para poderen acceder a un posto de traballo, a unha convocatoria de emprego público, ou a un curso de inserción laboral, e que non poden facelo, nalgúns casos perdendo un ano enteiro e mesmo máis, por culpa da mala planificación e xestión da SXPL e polas escasas oportunidades de formación e de acreditación Celga que esta ofrece". Segundo sinalan, "desde hai anos levamos solicitando unha mellora na xestión e planificación dos cursos de galego e, lonxe disto, a SXPL dá agora este grave paso atrás que empeora aínda máis a xa mala xestión que había". En 2012 presentáronlle á Xunta unha Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga, elaborada e consensuada desde os diversos ámbitos relacionados coa formación lingüística de persoas adultas, mais "a SXPL, a pesar das súas boas palabras, lonxe de tela en conta, aínda empeora máis a planificación e organización de cursos de galego". |
NOS_43551 | O de Carballo é o primeiro concello que cambia todo o sistema luminario para lámpadas de baixo consumo. Ademais da importante redución de contaminación, o cambio vai supor o aforro dun 80% en enerxía. | En Carballo a luz é máis branca. O aspecto do concello mudou despois de o pasado ano se modificar todo o sistema de iluminación, cambiando 7.500 lámpadas de vapor de socio a outras, Led, buscando eficiencia enerxética. Compromiso co medio ambiente "O que conduciu ao cambio foi o compromiso co medio ambiente do goberno municipal. As melloras neste sentido son grandes, mais tamén supón un amplo aforro para o concello xa que o consumo enerxético se reduciu nun 80%, o que suporán 200.000 euros ao ano xa no período de vixencia do contrato coa empresa que fixo o cambio", explica o alcalde Evencio Ferrero (BNG). A UTE Ferroser-Ferrovial foi a encargada de modificar o sistema de iluminación cun contrato que a compromete durante dez anos non só a mudar as lámpadas senón a asumir o consumo e o mantemento, o que garante a eficiencia enerxética dos materiais utilizados. O concello paga a mesma cantidade anual no período de vixencia do contrato. Ao expirar os dez anos, calcúlase que as lámpadas terán aínda once máis de vida. O contrato inclúe melloras como a instalación dun sistema de detección de viandantes nos semáforos, un punto de recarga para vehículos eléctricos ou mesmo o alumeado das festas. Na zona costeira instaláronse lámpadas con tratamento anticorrosivo. Axustada a necesidades "Aproveitamos tamén para axustar a iluminación ás necesidades da xente, segundo os puntos de tránsito de persoas e vehículos. O cambio mellora tamén a seguridade viaria e favorece a reprodución cromática. Antes as lámpadas volvían todo marrón e agora son máis fieis na reprodución das cores orixinais", explica o alcalde. As lámpadas supoñen unha redución de emisións de dióxido de carbono e de contaminación lumínica, pola emisión da luz de 180 graos desde os 360 das lámpadas de vapor de sodio. En definitiva, pérdese menos luz xa que as lámpadas LED iluminan só cara abaixo, onde a se precisa a iluminación. Aumenta tamén a calidade de luz coas novas luminarias de luz branca que contribúen a reproducir mellor as cores e distinguir obxectos, persoas e vehículos. |
PRAZA_7887 | O ex Secretario de Economía dos socialistas critica as emendas aos Orzamentos que a formación presentou neste eido e sinala que significan "un xiro de 180 graos" co defendido até agora e co anunciado no programa electoral. | Enrique Negueruela abandona a Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, na que era Secretario de Economía en desacordo coa política de emprego do partido. Negueruela critica as emendas aos Orzamentos que a formación presentou neste eido e sinala que significan "un xiro de 180 graos" co defendido até agora e co anunciado no programa electoral, priorizando a área de benestar sobre as políticas de emprego: "estas emendas supoñen un xiro en relación coa liña política de emprego aprobada no último Congreso, tanto na reivindicación da necesidade de máis investimento en políticas activas como no propio contido das políticas a desenvolver". A súa crítica céntrase tamén en que as emendas incorporan graves erros técnicos que non foron subsanados a pesar de que en reiteradas ocasións o fixo notar. Negueruela critica as emendas aos Orzamentos que a formación presentou neste eido e sinala que significan "un xiro de 180 graos" co defendido até agora e co anunciado no programa electoral, priorizando a área de benestar sobre as políticas de emprego Negueruela anúncialle a Pachi Vázquez a súa dimisión a través dunha carta na que detalla as súas críticas ás emendas socialistas aos Orzamentos. Afirma que algunha das emendas propón desviar "12.587.000 euros, o 34% dos orzamentos destinados á formación de desempregados, a diferentes construcións e actuacións da área de benestar, sen entender que son fondos finalistas e proveñen das cotas de formación profesional polo que tecnicamente esas emendas son inviables e politicamente inaceptables". Tamén advirte que "desaparecen das emendas todas as liñas de traballo en materia de emprego aprobadas no último congreso" como por exemplo os itinerarios personalizados de inserción. Fai notar igualmente que o partido prioriza as solucións locais sobre as globais. E que por exemplo nas emendas do PSdeG "as contías (5.000.000€) destinadas aos plans de emprego de mulleres, 138.592 mulleres paradas, mozos e mozas, 21.383 demandantes de emprego, ou parados de longa duración, 109.574 persoas, serían inferiores ás do Plan de Emprego de Vigo (5.500.000€), que conta con 33.422 parados e soamente o triplo das de Bergantiños con 8.086 desempregados". En definitiva Negueruela conclúe que as emendas presentadas finalmente polo PSdeG-PSOE supoñen "un xiro de 180 graos" co defendido até agora e significan unha aposta por unha politica semellante á proposta polo Partido Popular en materia de emprego. |
NOS_16053 | A decisión foi adoptada por "ampla maioría" na asemblea de traballadores e traballadoras, que apoiou a proposta do Comité intercentros. O paro será gradual e comezará este mes de novembro. Durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve materializarase en paros de 2 horas por quenda, afectando a todas as quendas. Xa en decembro, a protesta ampliarase á greve de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro. | Greve na televisión e radio públicas galegas. Así o decidiron os traballadores e traballadoras nunha nutrida asemblea cuarta feira e na que se deu o visto bo á proposta do comité intercentros da CRTVG: "Á greve contra o desmantelamento do servizo público". O paro, que será gradual, arrancará este mes de novembro. Durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve materializarase en paros de 2 horas por quenda, afectando a todas as quendas. Xa en decembro, a protesta ampliarase á greve de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro, xornada na que se realizará unha manifestación cuxo percorrido e horario está aínda por determinar. O sábado desa mesma semana, 22 de decembro, día da lotería estatal, as traballadoras que prestan servizos na quenda de fin de semana tamén estarán convocadas a parar (na proporcionalidade horaria dunha xornada de greve de 24 horas que lle corresponde a esta quenda especial). Ao tempo, desde mañá mesmo, día no que o Comité Intercentros comunicará e rexistrará oficialmente nas instancias oportunas o preaviso de greve, a representación legal do persoal da CRTVG empezará a traballar nunha batería de iniciativas encamiñadas a implicar a toda a sociedade galega na defensa dos medios públicos de comunicación do país. Entre elas, a creación dunha Mesa ampla para pular por un modelo de medios públicos radicalmente distinto do que están a construir o actual goberno da Xunta e a actual dirección da CRTVG. ILP Traballarase tamén por activar unha Iniciativa Lexislativa Popular "que corrixa a grave deriva e a anómala situación na que se encontran a tele e a radio públicas actualmente. Outro obxectivo a medio prazo é, a raíz desas sinerxias que se vaian creando, preparar unha gran manifestación para os primeiros meses de 2019 |
PRAZA_5816 | Todas as organizacións sindicais do ensino con representación na mesa sectorial docente acusan a Consellaría de vulnerar as canles de negociación legalmente establecidas e de tentar aprobar aceleradamente os currículos de Primaria e FP Básica. | Todas as organizacións sindicais do ensino con representación na Mesa Sectorial docente: CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e ANPE, abandonaron este xoves a reunión acusando a Consellaría de Educación de "desprezar" o profesorado galego e de "vulnerar as canles de negociación legalmente establecidas". Cren que a Consellaría convocou a Mesa Sectorial "para cumprir cos trámites preceptivos, sen a vontade real de recoller ningunha das propostas" A representación de mestres e mestras considera que a Consellaría "como xa fixo no seu día co Decreto de Comedores Escolares", convocou a Mesa Sectorial "para cumprir cos trámites preceptivos, sen a vontade real de recoller ningunha das propostas das organizacións sindicais, e sen dar apenas tempo para analizar e debater os Currículos de Primaria e FP Básica". Na xuntanza, os sindicatos esixiron que se convocase unha nova Mesa na que, con tempo suficiente, se tratasen os devanditos Currículos e que, unha vez realizada a Mesa, o texto resultante se remitise para o seu tratamento ao Consello Escolar de Galicia, que ditaminaría sobre o texto. Para os sindicatos, isto evidencia "a improvisación e o despropósito máis absolutos en relación coa aplicación da LOMCE, pois estes currículos teñen que se aplicar para o curso que vén, cando malamente van estar publicados días antes do inicio de setembro" Para os mestres e mestras, o desprezo da Consellaría ás canles de negociación demóstrase no feito de que antes de se realizar esta Mesa a Consellaría xa ten convocado o Consello Escolar para tratar ambos os currículos. No caso de FP Básica a Permanente do Consello Escolar de Galicia xa emitiu ditame, e no de Primaria solicita as emendas sobre un texto que aínda non foi negociado na Mesa Sectorial. Isto significa para os sindicatos que non se terán en conta ningunha das achegas realizadas polas organizacións. Para os sindicatos, isto evidencia "a improvisación e o despropósito máis absolutos en relación coa aplicación da LOMCE, pois estes currículos teñen que se aplicar para o curso que vén, cando malamente van estar publicados días antes do inicio de setembro". Ante esta situación, sinalan, "o máis sensato sería adiar a aplicación da LOMCE", mais a Consellaría de Educación, din, "está máis interesada en facer seguidismo do Ministerio de Educación, ca en velar polo bo funcionamento do Sistema Educativo Galego". Marxinación do galego na FP "Ao non existir practicamente materiais en galego, esta lingua segue ocupando un lugar marxinal nestas ensinanzas" A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) remitiulle este xoves unha carta a Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, alertando da "marxinación da lingua galega nas ensinanzas de FP". A CGENDL lembra que o Decreto de 2010, que garantía un mínimo dun 50% de enisno en galego na FP, "non se está a aplicar na realidade posto que a Consellería nunca realizou un reparto de linguas por módulos na FP e, ao non existir practicamente materiais en galego, esta lingua segue ocupando un lugar marxinal nestas ensinanzas". Ademais, estas carencias súmanse "á disponibilidade unicamente en castelán dos materiais na modalidade de FP a distancia" e "á ausencia de contidos referidos á realidade galega e ao uso vehicular do idioma, entre outros aspectos, no Borrador do Decreto que regula a FPBásica". |
NOS_29967 | O xogador continuará de celeste até o 2025 segundo anunciou o club vigués. | "Día da Patria Galega, Día do Príncipe das bateas: Iago Aspas renova até 2025". Con este titular o Celta de Vigo anunciaba esta segunda feira, a través dun comunicado, a continuidade do xogador de Moaña por tres anos máis. "Para o RC Celta e a súa afección, este 25 de xullo non é só o Día da Patria Galega, é o día no que o Príncipe das Bateas une o seu destino ao do club", significaba a entidade deportiva viguesa para engadir que "o máximo goleador da historia celeste, o gañador de catro Trofeos Zarra, estende a súa vinculación tres tempadas" polo que "o celtismo poderá gozar até 2025 da imaxinación, a calidade e os goles do canteirán". O Celta son Iago Aspas e dez máis O club lembraba no anuncio que Iago Aspas é "moito máis que os seus 418 partidos, os seus 184 goles e 63 asistencias, a súa condición de máximo goleador da historia celeste e de futbolista da liga con máis Trofeos Zarra xunto a David Villa". Ademais, indican que para o celtismo, Aspas foi "o mozo do dobrete máxico ante o Alavés para afastar un dramático descenso, o que lle rompeu a cintura ao seu marcador para fechar o milagre do 4 por cento, o das bágoas da Nosa Reconquista fronte ao Vilarreal, o que rescatou ao equipo en infinidade de ocasións e de mil maneiras diferentes". Retirarse no Celta de Vigo con 38 anos O xogador manifestara en máis dunha ocasión a súa intención de rematar a súa carreira profesional en Vigo. Malia pasar por outros clubs como o Liverpool e o Sevilla, non deixou Balaídos desde que regresou en 2015. Iago Aspas lidera o Celta no 'match ball' por Europa O futbolista, que cumprirá 35 anos o 1 de agosto, foi o máximo goleador estatal entre 2017 e 2019 ademais de ter realizado 17 goles esta mesma tempada. |
NOS_21620 | A CIG marca o campo da loita sindical no ensino para este curso: a recuperación do horario lectivo, a redución das ratios, a mellora na atención á diversidade, a regulación de afíns e a estabilidade do persoal interino. | O curso comeza con 42 aulas menos en primaria e a perda de 62 postos de traballo definitivos, con dous terzos do profesorado de ESO, bacharelato e FP impartindo afíns e cando menos un 16% de mestras provisionais con contratos itinerantes, sostén Susoo Bermello, o secretario nacional da CIG-Ensino, nunha rolda de prensa esta terza feira en Compostela na que volveu lanzar duras críticas contra o goberno da Xunta. "San Caetano está apagado ou fóra de cobertura", resumiu o líder sindical. O curso académico comeza mañá, día 11 de setembro, en Infantil e Primaria e o 16 en Secundaria, Bacharelato, FP e nas ensinanzas de réxime especial. Durante este curso, a CIG insistirá na recuperación do "horario roubado": a volta ás 18 horas lectivas semanais en secundaria e FP e ás 21 en infantil e primaria. E xa conta co aval de 12.000 sinaturas docentes. Hai comunidades autónomas que restituíron os horarios que o seu persoal docente tiña antes da imposición unilateral do PP no 2012 (Navarra, Euskadi, Cantabria, Canarias, Andalucía, Asturias e Estremadura) e outras están en trámite de o faceren, apuntou Bermello. Tamén reclamará a CIG melloras nas condicións de traballo e na calidade educativa. Empezando polas ratios. O sindicato denuncia "a dicotomía que se está a consolidar nestes últimos anos entre o medio rural e o urbano marca de novo o inicio de curso, con aulas saturadas nos ámbitos urbanos e perirurbanos e con peche de aulas e mesturas de niveis no ámbito rural e vilego, cos conseguintes problemas de atención á diversidade". Tamén seguirá insistindo na situación das materias afíns, porque máis da metade do profesorado con destino provisional de secundaria e FP impartirá materias nas que non son especialistas, di a CIG. A cuestión das itinerancias, con maior incidencia no profesorado de infantil e primaria, tampouco varía a respecto de cursos anteriores "cun 16% das mestras con destino provisional traballan en mais dun centro, ao que hai que unir as especialistas de PT e AL con destino definitivo que este ano tamén compartirán centros". Sus Bermello criticou ademais a FP Dual como vía de privatización do ensino público "e que supón a entrada de facto das empresas no ensino, ao seren as que seleccionan o alumnado, ademais de condicionar os temarios, a formación e mesmo a distribución do currículo dos ciclos formativos". E sinalou a inestabilidade laboral do profesorado interino, "un enorme problema que a administración educativa despreza e os seus socios sindicais non queren ver". |
NOS_27409 | A recuperación económica e os proxectos Next Generation centraron boa parte da intervención do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, no inicio do Debate do estado da nación galega. Fronte á crise industrial defendeu a permanencia de Ence en Pontevedra, o proxecto de fábrica de fibras téxtiles para Lugo, unha Zona Franca para Ferrol e o proxecto de fábrica de hidróxeno verde e de almacenamento de enerxías nas zonas das Pontes e Meirama. | A crise industrial e de emprego e a recuperación económica está a centrar, como era previsíbel, o primeiro Debate do estado da nación galega que se produce desde a irrupción da pandemia. É tamén o primeiro desta lexislatura. O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, pronunciou a súa intervención na mañá deste 13 de outubro e, á espera da quenda dos grupos políticos a partir das 16 horas, hai xa varias chaves postas enriba da mesa. Entre elas as que se refiren aos proxectos europeos para a captación de fondos de recuperación Next Generation. O presidente da Xunta revelou que o Executivo galego aínda non remitiu ao Goberno estatal os tres proxectos principais que a vicepresidenta económica española, Nadia Calviño, solicitou ao propio Feixoo na súa visita a Galiza hai case un mes, o pasado 16 de setembro. O mandatario galego, que enxalzara hai un ano que e enviara a Pedro Sánchez sete borradores de proxectos tractores, queixouse de que unicamente sexan tres eixos concretos e desenvolvidos solicitados por Calviño e pediu colaboración aos grupos da oposición para sinalalos. Precisamente, BNG e PSdeG levan o último ano criticando que a Xunta non lles oculta información e datos sobre os proxectos que está a elaborar con entidades bancarias e empresas privadas. Dentro dos proxectos, Feixoo sinalou varios que espera que reciban o aval do Estado: a fábrica de fibras téxtiles dentro do eixo do sector forestal, os proxectos do sector alimentario, os programas de investimento da automoción e en concreto o programa Áncora, que aspira a recibir 1.200 millóns de euros para liderar a nova mobilidade intelixente, sostíbel e autónoma. Tamén salientou os proxectos enerxéticos como a planta de xeración de hidróxeno verde e almacenamento enerxético e os proxectos para instalar a eólica mariña. Ence para Pontevedra, fábrica téxtil para Lugo, Zona Franca para Ferrol Feixoo avanzou que o Goberno galego, a través da súa representación na Sociedade Impulsa, proporá estudar a viabilidade de instalar a fábrica de fibras téxtiles "na provincia de Lugo". Así o avanzou, ao tempo que pediu apoio dos grupos da Cámara contra o que considerou un "ataque continuado" por parte do Executivo estatal á Galiza industrial. Neste sentido, ademais de propor estudar a viabilidade de situar esta planta na zona de Lugo, volveu reclamar a "intervención temporal da planta de Alcoa por parte do Goberno estatal", así como unha solución que impida o fechamento de Vestas en Viveiro. Así o dixo Feixoo, pese a que a Xunta segue sen anunciar a súa intención de invalidar o ERE da multinacional Vestas, sería esta unha competencia que está nas mans da Administración galega e que a oposición insta a executar para salvar os 115 postos de traballo. Ademais, en canto á comarca de Ferrolterra, avanzou que a Xunta porá en marcha unha nova delegación da Xunta en Ferrol e pedirá ao Executivo estatal que cre unha Zona Franca nesta área. As fábricas de hidróxeno verde e almacenamentos de enerxía sinalou que sería óptimo que estivesen vinculadas ás zonas das Pontes e Meirama, para compensar o cese de actividade das plantas deses Concellos. Por último, no caso de Pontevedra, destacou que a Xunta deu traslado esta semana ao Consello Consultivo a proposta para que os terreos da fábrica queden adheridos ao Porto de Marín e, por tanto, a pasteira continúe na súa actual ubicación na Ría de Pontevedra, pese á sentenza da Audiencia Nacional que a obriga a saír dese enclave. Nada dixo sobre a responsabilidade da Xunta para axudar a buscar unha nova localización para Ence, cuestión que lle podería acometer ao ter a Xunta as competencias en materia de industria. En canto ás axudas a asectores impactados pola pandemia, avanzou que nos próximos días haberá "unha nova convocatoria" do plan de rescate (realizáronse tres convocatorias, con fondos propios e procedentes do Estado), co fin de "corrixir as deficiencias que padecen as Administracións e os afectados polas condicións que marcou o Goberno estatal no anterior". Fin da emerxencia sanitaria Feixoo tamén anunciou que a Xunta levantará a próxima semana a emerxencia sanitaria, en vigor desde hai 19 meses, xa que foi declarada en marzo de 2020 coa irrupción da pandemia da Covid-19 na Galiza. Após citar as 2.463 vítimas mortais con coronavirus e lembrar todas as persoas que continúan con efectos tras pasar a enfermidade, avanzou que a Xunta erixirá un monumento que "permita ter sempre presente as e os falecidos", que sexa homenaxe aos que traballaron no control da pandemia, que recoñeza o éxito da vacinación, así como o comportamento da xente. "En definitiva, que sirva de recordo para as xeracións futuras do que ocorreu e tamén de exemplo por como respondemos", destacou. Escolas infantís O presidente tamén anunciou que todas as escolas infantís -públicas, privadas e de iniciativa social, así como as municipais que estean ao día co Consorcio- serán gratuítas desde o primeiro fillo a partir do próximo curso. Modelo de residencias "A partir do ano 2022", Galiza comezará a implantar o novo modelo de residencias "máis ambicioso e vangardista" de toda España que, entre outras cuestións, incluirá unidades de convivencia de 25 persoas como máximo. Así respondeu as críticas da oposición que desde o inicio da pandemia urxen a mudar o sistema residencial galego, masificado nos seus interiores e fondamente privatizado. Porén, nada dixo sobre mudar a regra que marca a xestión na Galiza: centros públicos da Xunta xestionados por empresas privadas e con persoal precarizao e centros privados aos que a Xunta subvenciona paga prazas. O presidente anunciou a creación das primeiras unidades de coidados intermedios, nas que se atenderá as persoas que tras recibir o alta nun hospital necesitan acompañamento social durante un determinado tempo. Vacinación da terceira dose O mandatario confirmou que a Galiza "volverá estar preparada" para administrar a terceira dose da vacina contra a covid-19 en base ás decisións sobre a orde de administración e no momento no que o fixen os expertos. Aliás, afirmou que se está traducindo nos tempos de espera con respecto ao ano pasado nas listas: en 40 días para probas, 30 días para cirurxías e 23 para primeiras consultas. Feixoo tamén asegurou que a Saúde Mental será un ámbito de preocupación para o Goberno galego, que este mes presentará un mínimo de 50 novas solicitudes de acreditación para poder ter máis unidades formativas de novos médicos. En canto aos orzamentos do ano 2022, o gasto social "aumentará até 71,1%", dixo, aínda que fixa por ver as contas, para coñecer se é sobre a cifra orzada no anterior exercicio ou sobre a executada (tenden a postularse estas cifras sobre o nivel de gasto e non sobre o nivel de recursos orzados). O mesmo acontece coa Atención primaria, da que dixo, terá un orzamento previsto que representa "un terzo" do gasto sanitario para o ano que vén. O mandatario galego tamén propuxo un debate "profundo" sobre a telemedicina e avanzou que se implantará "a oitava área sanitaria" do Sergas, que se trata dun "centro sanitario virtual", con uso de Big Data, Intelixencia Artificial e internet. Recordo a Valeriano Martínez O pleno do debate iniciou ás 10 horas Pazo do Hórreo cun minuto de silencio polo falecemento repentino do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e unhas palabras de recordo para o que foi tamén deputado da Cámara. "Un servidor público excepcional", en palabras do presidente do Parlamento, Miguel Santalices. No seu escano azul como membro do Goberno, entre o vicepresidente segundo e a conselleira de Medio Ambiente, unha hortensia branca e senllos exemplares da Constitución e do Estatuto de Autonomía. Nos seus primeiros minutos da súa intervención, o presidente da Xunta, con gravata negra, tamén tivo palabras de memoria para quen lle acompañou na Administración pública máis de 30 anos. Feixoo realizou unha mención especial para o Bloque Nacionalista Galego, que "aceptou atrasar" cinco días este debate, o cal non transcendera até este momento, para contar co Goberno xa na súa totalidade conformado, e centrarse na presentación dos orzamentos. Con todo, esta situación non se produciu e entendeu que non son "sinxelas" toda as "circunstancias" no hemiciclo (non mencionou ao PSdeG especificamente). |
NOS_15848 | O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, vén de afirmar que se é certo o cobro de sobresoldos dos qe informa El País, Mariano Rajoy debería demitir de inmediato e convocar eleccións | Cayo Lara considera que se é certo que houbo pagamentos en negro a dirixentes do PP, entre eles Mariano Rajoy, o presidente do goberno español e do Partido Popular debería demitir de inmediato e convocar eleccións anticipadas. Para o coordinador de IU, estes pasos serían imprescindíbeis para "rexenerar a democracia". Na mesma liña manifestáronse otras formacións, como Iniciativa per Catalunya ou a Chunta Aragonesista, qe consideran que "o fedor é insoportábel". O diario El País publica hoxe as anotacións do ex tesoureiro Luís Bárcenas. Do seu contido tírase que o presidente do PP e do Goberno, Mariano Rajoy, recibiu pagamentos en negro por valor de 25.200 euros anuais durante 11 anos. |
NOS_13527 | Un informe de CC OO destaca o medre en soldos máis altos, directivos e altos cargos durante estes anos, aumentando a fenda salarial. | Os salarios medios das e dos traballadores a tempo completo con ingresos máis baixos desplomáronse durante a crise nun 14%. Pola contra, os soldos dos empregados que máis gañan, dos altos cargos e directivos aumentaron en máis dun 5 por cento. Novos dados para evidenciar que a crise tivo gañadores e perdedores. Un informe de Comisións Obreiras elaborado polos economistas Carlos Martín, Luis Zarapuz e José Manuel Lago e recentemente presentado afonda nesta liña. O estudo, que analiza o impacto económico que a crise tivo sobre a desigualdade, a pobreza e os salarios, revela que en 2008 o traballador dunha empresa que menos gañaba tiña un soldo medio bruto mensual de 655 euros, mentres que cinco anos máis tarde, en 2013, a retribución baixara un 14 %, até 563 euros. Recorte en salarios a quen menos percibía. Na outra banda, aqueles empregados que cobraban en 2008 máis de 4.346 euros mensuais de media por unha xornada de 8 horas, cobraban en 2013 un total de 4.575 euros, o que supón un incremento do 5,3%. A relación entre os salarios máis altos e os máis baixos pasou de 5,9 a 1 a 8,1 a 1 Así pois, o informe vén confirmar que a fenda salarial entre os empregados que máis gañan e os que menos aumentou durante a crise "e fíxoo con forza". "As ganancias medias dos traballadores que menos cobran, que xa eran reducidas antes da crise, baixaron aínda máis; mentres que os salarios altos seguiron a aumentar". Ao comezo da crise, os asalariados con ingresos máis altos gañaban de media 5,9 veces o soldo medio daqueles traballadores con soldos máis baixos. Mais esa fenda aumentou e agora a diferenza disparouse até o 8,1 veces o salario do que menos gaña. |
NOS_28030 | A preocupación pola evolución sanitaria non é allea ao contexto educativo. Na última semana, os casos positivos nas aulas aumentaron en máis de 300, e en perto de medio cento nas últimas 24 horas. O profesorado alerta de que a chegada do frío fará medrar aínda máis os casos sospeitosos e reivindica instrucións claras para que a ventilación na aula, que se fai a costa de pasar frío, sexa realmente efectiva. Voces vinculadas ao ensino reivindican tamén criterios claros e homoxéneos sobre o tratamento dos focos na aula | Máis de 900 contaxios certificados, 47 novos nas últimas 24 horas, e perto de medio cento de aulas fechadas é o balance que deixa a Covid-19 nas escolas infantís e centros de educación non universitaria galegos a mes e medio do inicio do curso nas primeiras etapas. Coa cidade de Vigo encabezando a lista de incidencia con 131 casos en 71 centros, os números nos núcleos máis poboados oscilan entre os 70 de Compostela e os 39 de Pontevedra ou Ferrol, e superan o medio cento en Ourense, na Coruña e en Lugo. As cifras, as máis altas desde o retorno após o verán, preocupan pola evolución ascendente e tamén polas incertezas que xeran respecto ao futuro inmediato da docencia nun contexto que non convida ao optimismo: nunha semana, os casos positivos nos centros de ensino medraron en 50%, desde os 608 que a Xunta notificaba o pasado día 20 aos 914 de onte, e tomando como referencia a última cuarta feira de setembro, a do día 30, a progresión faise máis notoria, ao terse triplicado desde entón o número de casos. "A cuestión é que o seguimento dos casos faise de forma aleatoria. Non hai uniformidade e non sabemos cales son os criterios obxectivos que levan, nunhas ocasións, a tomar decisión de fechar unha aula e noutras, co mesmo número de positivos, a confinar unicamente un grupo de persoas. Iso créanos moita inseguridade", apunta a docente Alexandra Cabana, portavoz da plataforma Profesorado en Pé. A advertencia toma sentido se se atende aos datos de aulas fechadas por mor do coronavirus a longo das últimas semanas: onte, con 914 casos, eran 46 as aulas suspendidas –ademais de dous centros completos, dúas escolas infantís, en Lugo e en Boborás–, só unha máis das que se fecharon a finais de setembro, cando se contabilizaban 341 casos, e o duplo que hai dúas semanas cando, con 486 positivos, as aulas fechadas eran 23. Casos sen notificar Así se recolle nos partes que a propia Xunta remite aos medios de comunicación a diario –de terza feira a sábado– para actualizar a situación sanitaria no ámbito educativo. Porén, nas últimas horas hai voces que denuncian que os números que se recollen nestas táboas non reflicten a realidade dos centros. Facíao notar esta semana o deputado do BNG Manu Lorenzo nunha iniciativa parlamentar na que denuncia a existencia de varios positivos no instituto de Soutomaior "nos que a Consellaría de Sanidade non realizou as notificacións que debería ter feito para que o alumnado gardase corentena" até pasados cinco días desde a detección. "A irresponsabilidade da Xunta é intolerábel. Estamos vendo alumnos que deberían estar gardando corentena e aos que a Xunta nunca informou, polo que asisitiron ao instituto e mesmo conviviron con familiares de risco", censura o tamén portavoz municipal, que apunta a problemas coas notificacións dos positivos, pola diversidade de centros de saúde aos que acode o alumnado deste centro, que ten como centro sanitario adscrito no protocolo Covid o de Arcade. Hai tan só unha semana, familiares dunha alumna do CEIP de Vite I de Compostela alertaban de deficiencias similares coa comunicación dun caso positivo e a xestión, tanto do illamento dos contactos estreitos como da realización de PCR, que se fixeron de distinta maneira e en distintos tempos segundo centro de saúde de cada menor. "Sabemos, por exemplos coñecidos, que os casos que comunica a Xunta non sempre concordan cos que ten o centro e que en ocasións pasan días desde que certifica un positivo até que aparece nos listados", confirma a integrante de Profesorado en Pé, antes de engadir outra disfunción derivada da delegación en cada centro da responsabilidade da xestión do coronavirus. "Existe un problema co manexo dos datos que debería facer revisar o protocolo, porque a comunicación de casos bate en ocasións coa lei de protección de datos: hai obriga de protexer a identidade dunha persoa contaxiada pero tamén de garantir a seguridade das compañeiras e compañeiros que comparten espazos con esa persoa", expón. O resultado leva a que cada centro decida comunicar ou non un caso en espera de confirmación e tamén os tempos nos que ofrece esa información. Ventilación Para esta docente, que dá clases no IES Terra Chá de Castro Ribeiras de Lea, no concello de Lugo, as dificultades de detección e xestión continuarán en aumento conforme vaia chegando o inverno, dada a similitude de síntomas que a Covid-19 presenta con doenzas estacionais como a gripe ou o arrefriado; máxime, ante a instrución de reforzar a ventilación como mecanismo de prevención. "Estamos ventilando a costa de pasar frío", subliña esta profesora, que demanda "criterios claros" por parte da Xunta, para evitar actuacións contraditorias segundo o centro ou condutas incorrectas. "Nalgúns lugares a indicación é manter a porta da aula aberta, ademais das ventás, e noutros prohíbese abrir as portas", exemplifica. As eivas coa ventilación foron trasladadas hai xa unhas semanas á Consellaría de Educación pola Confederación de Anpas Galegas ante a diversidade de condicións estruturais dos centros e das condicións meteorolóxicas, e a crecente aparición de síntomas compatíbeis co coronavirus nas aulas. A entidade reclamaba entón "normas claras, concisas e comúns" ou alternativas "precisas" para a renovación de aire, despois da negativa da Inspección de Traballo a autorizar a instalación de purificadores de aire con filtros HEPA adquiridas polas ANPA nalgúns colexios e institutos. O pasado día 20, a Xunta acordou, en resposta a estas peticións, trasladar a cuestión ao comité educativo de cara a adoptar "orientacións específicas" sobre ventilación, baseadas en "criterios científicos" e avaladas pola Autoridade sanitaria. Pasados case dez días, o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, pregúntase "a que espera" a Consellaría para tomar unha decisión, que debe chegar "a todos os centros". "Ventilar si, e ventilación natural tamén, mais non podemos pensar que imos pasar o inverno coas xanelas abertas", alerta, facendo alusión aos "moitos" centros do interior do país nos que se vai con mantas á clase e nos que "docentes e alumnado pasan frío malia estar abrigados". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.