ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_3572 | Nin a lei electoral xeral nin a galega contemplan a posibilidade de frear un proceso electoral en marcha. As forzas políticas adaptan as súas axendas preelectorais á crise sanitaria mentres o estado de alarma é apuntado por fontes expertas como mecanismo máis viable para un eventual adiamento dos comicios | A crise do coronavirus está a derivar en Galicia -e tamén en Euskadi- nun debate inevitable sobre a conveniencia de manter ou non o proceso electoral xa en marcha, que debería culminar o vindeiro 5 de abril cos comicios ao Parlamento de Galicia. Ou, o que é o mesmo, coa chamada a máis de dous millóns de persoas para iren votar a 2.408 locais electorais, nos que se atopan 3.952 mesas cos seus correspondentes membros e representantes dos partidos políticos. Todo, mentres as autoridades sanitarias reiteran a necesidade de limitar movementos e contactos.Nin a lei electoral xeral nin a galega contemplan a posibilidade de frear un proceso electoral en marchaO propio presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, admitía esta semana que, "evidentemente", a posibilidade dun adiamento dos comicios "está na axenda". A súa preferencia, agregaba pouco despois, sería que o proceso electoral se celebrase segundo o previsto. Cuestión que xa no inicio da semana semellaba pouco compatible cos "criterios de saúde pública" que se están a impoñer para tentar frear a epidemia. Pero o propio Goberno galego admitía, ao tempo, a carencia absoluta de competencias para tomar unha decisión que sería inédita e que, concordan os partidos políticos, non ten ningunha previsión nas leis.Deste xeito, todas as forzas políticas están a reformular os seus actos de precampaña e campaña, suprimindo os actos máis multitudinarios preparados para antes duns comicios que non está nada claro que cheguen a celebrarse o 5A. Neste contexto, como explica en Praza.gal Carlos Amoedo na súa condición de profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, a cuestión que as autoridades teñen sobre a mesa é "o problema de como parar un proceso electoral en marcha", toda vez que nin a lei electoral xeral nin a galega prevén "nada ao respecto" alén de "suspender unha votación puntual nalgunha mesa por causa de forza maior".O profesor Amoedo sinala o estado de alarma como recurso máis viable para un posible adiamentoNeste contexto, explica Amoedo, a canle legal máis viable pasaría polo Goberno central, concretamente polo "uso das potestades extraordinarias que habilitan os estados excepcionais previstos polo artigo 116 da Constitución, desenvolvidos dende 1981 na lei de estados de alarma, excepción e cerco. Deste xeito, ilustra, o Consello de Ministros podería activar o mecanismo de "declarar o estado de alarma por causa de crise sanitaria do coronavirus" e dilatar dúas semanas os prazos electorais. "En función da duración da epidemia, ese prazo de suspensión sería prorrogado con autorización expresa do Congreso", sinala.Esta solución, considera, sería "máis pertinente" que utilizar as medidas extraordinarias contempladas na lei de saúde pública. E con mellor encaixe legal, agrega, que modificar a lei electoral pola vía rápida mediante un Real Decreto-Lei, xa que "o prohibe expresamente a Constitución no seu artigo 86.1".Xuntanza de líderes dos principais partidosCon este pano de fondo e en ausencia de mecanismos legais específicos para adiar as eleccións, nos partidos políticos imponse a cautela e os actos preelectorais continúan, sen grandes recintos nin presenzas masivas, á espera de acontecementos. Todo semella indicar que, de chegar, a decisión do adiamento estaría sobre a mesa da xuntanza organizada para o vindeiro luns dende a Presidencia da Xunta e á que están convocados "os principais partidos galegos" a apenas catro días do comezo oficial da campaña electoral, fixado para o día 20.Os partidos continúan con actos preelectorais, pero desbotando os grandes recintosTras reclamalo nos últimos días líderes como a nacionalista Ana Pontón ou o socialista Gonzalo Caballero, este encontro celebrarase despois de que, o sábado, o propio Feijóo intercambie impresións sobre a crise sanitaria nunha videoconferencia convocada polo Goberno central, á que Pedro Sánchez convocou a todas as presidencias autonómicas. As candidaturas da esquerda din concordar en que nesta situación deben primar os criterios de "saúde pública" na decisión que se tome, que sexa cal for tamén debe ter en conta que a cidadanía poida "expresarse con normalidade" nas urnas, di Pontón.As decisións a tomar estarán sobre a mesa do encontro cos partidos convocado dende a Presidencia da Xunta para despois da videoconferencia que Pedro Sánchez manterá coas presidencias de todas as autonomíasDende o PSdeG, Caballero tamén insta a priorizar a saúde, se ben matiza que xa se desenvolveron outros comicios en situacións extraordinarias, como as xerais de 2004 inmediatamente despois do 11M. Pola banda de Galicia en Común, o seu candidato á Presidencia, Antón Gómez-Reino, comparecía este xoves en rolda de prensa xunto a Martiño Noriega e Eva Solla, para subliñar que é "fundamental garantir a saúde da cidadanía nos días que quedan e no proceso electoral" e por iso, di, "estamos á disposición" do Goberno.Ás dúbidas xurídicas e á incerteza sobre o efecto político que manter ou non as eleccións no 5 de abril puidera causar, engádese outra variable. Igual que a convocatoria electoral en Euskadi precipitou o adianto da cita coas urnas en Galicia, nas forzas políticas esténdese o convencemento que a decisión sobre adiar ou non as eleccións irá inevitablemente ligada en ambos territorios aínda que, cando menos de momento, a incidencia do coronavirus entre a poboación vasca estea a ser moito maior que entre a galega. |
NOS_31279 | Manuel Domínguez Rial, presidente da Asociación de Emigrantes Retornados "Marusía", faleceu na xornada de hoxe despois de sete meses de loita contra o cancro. Os seus restos mortais serán traslados ás 16.30 horas ao Tanatorio de Boisaca. O acto de despedida terá lugar na sexta feira. | Manuel Domínguez Rial naceu en Cambados en 1946 e emigrou antes de cumprir a maioría de idade a Euskadi, onde pasou sete anos en Bilbo e deslocouse a comezos da década dos setenta a Suíza, a onde chegou na compaña da súa parella, sen papeis, traballando como mecánico durante vinte e tres anos naquel Estado. Como comentaría repetidamente aos seus próximos, a súa "foi unha emigración forzosa, por forza maior", marchou da súa vila fuxindo do mar, ao observar a dureza da vida dos seus maiores. A mediados da década dos noventa retornou a Galiza, na compaña da súa compañeira e dos seus dous fillos, instalándose en Santiago de Compostela, unha cidade a medio camiño entre o seu Cambados natal e o Curtis da súa parella, para converterse nun picheleiro máis. Manolo Domínguez, como o coñecían todos os que o trataban, significouse desde moi novo polo seu intenso compromiso social e político. Moi marcado polo ambiente que lle tocou de vivir en Euskadi, colaborou coas actividades da UPG en Suíza, fixo parte do grupo fundador da Asemblea Nacional Popular Galega en Xenebra e foi elixido responsábel da ANPG para todo o Estado helvético o 25 de setembro de 1977. A súa militancia nas filas do nacionalismo levouno a participar na fundación do BNG após a disolución da ANPG, mantendo vivo durante anos, nunhas condicións organizativas moi precarias polo escaso número de afiliados, a chama nacionalista nos círculos emigrados de Suíza. Á súa volta a Galiza mantivo intactos os seus compromisos políticos, for asumindo responsabilidades orgánicas na organización comarcal do BNG e da UPG de Compostela, for facendo parte das candidaturas municipais dos nacionalistas. Emigrantes retornados O traballo de Manuel Domínguez nas diversas entidades dos emigrantes retornados será inxente. Como exemplos, a loita polos dereitos sanitarios plenos dos retornados ao comprobar que determinadas enfermidades recoñecidas en Suíza, como a fibriomialxia, aquí carecían de soporte legal; a fundación da Asociación de Emigrantes Retornados "Marusía", como espazo de encontro entre aquelas persoas que volveran a Galiza despois de moitas anos na diáspora, pero tamén como ferramenta para facer valer os intereses do colectivo e por suposto a resposta á decisión de goberno central de sancionar e cobrar retroactivamente aos emigrantes polas pensións recibidas dos países aos que marcharan a traballar. Manolo Domínguez converteuse nun dos rostros máis coñecidos deste conflito, percorrendo todo o país para explicar esta problemática e encabezando moitas das mobilizacións que se deron naquela altura na Galiza. Manolo Domínguez é desa persoas que deixa pegadas. A súa bonhomía, o seu falar pausado, o seu carácter desprendido, o seu interese por todo o que pasaba ao seu arredor, a súa preocupación polos problemas dos máis ficarán sempre presentes. Ao tempo, a súa ausencia deixará un pouco máis orfos a todos aqueles que o coñeceron e tamén as causas ás que se entregou, como a dos dereitos dos emigrantes, el que non se cansaba de repetir aos mozos "que non emigrasen, que os cartos están ben, pero hai cousas máis importantes como o país, o idioma, a familia e os amigos". [Nota de edición: Por un erro da Redacción, facíase alusión a "anos de loita contra o cancro", cando eran meses de loita] |
NOS_17630 | O partido liderado por Gonzalo Caballero arrebataría un escano ao PP en Ourense. Feijóo mantería unha cómoda maioría absoluta, con 40 escanos. Cs non entraría no Parlamento en nengún caso, ao ficar por debaixo do limiar do 5 por cento do voto. | A aplicación do sistema eleitoral Sainte-Laguë beneficiaría no conxunto do Estado Ciudadanos (obtería 12 deputados máis que en 2016) e Unidos Podemos (6 máis) e prexudicaría notabelmente o PP (15 menos) e só de forma leve o PSOE (1 menos). En troca, a asunción desta norma de atribución de escanos resultaría nunhas eleccións ao Parlamento da Galiza nun curioso cenario: cos mesmos resultados en número de sufraxios que en setembro de 2016, o PSdeG desfaría o empate con En Marea e alzaríase coa segunda posición no Pazo do Hórreo. Sumaría un máis aos seus 14 escanos actuais, en detrimento do PP. A variación produciríase na circunscrición de Ourense. En Marea e o BNG ficarían igual. Na provincia de Pontevedra, a distribución de escanos non mudaría a respeito das últimas galegas, mais o PSdeG ficaría a tan só 600 votos de lle disputar o undécimo escano ao PP. Os resultados das eleccións galegas de setembro de 2016 foron os seguintes: PP, 41 escanos; En Marea, 14; PSdeG, 14; BNG, 6. Con Sainte-Laguë, por tanto, terían sido: PP; 40 escanos; PSdeG, 15; En Marea, 14; BNG,6. O caso galego pon ao descuberto, destarte, que o sistema eleitoral Sainte-Languë non sempre corrixe as desviacións sobre a proporcionalidade que apresenta a Lei D`Hont. E mesmo nalgunha ocasión pode ser até menos representativo da vontade popular. Destarte, En Marea, que superou en voto o PSdeG nas urnas no conxunto do país, ficaría por detrás do partido socialista no Parlamento galego. A razón disto é que con Sainte-Languë, como con D'Hont, un escano en Ourense ou Lugo vale máis do que en Pontevedra ou na Coruña. O caso galego pon ao descuberto, destarte, que o sistema eleitoral Sainte-Languë non sempre corrixe as desviacións sobre a proporcionalidade que apresenta a Lei D`Hont Analistas eleitorais consultados por Sermos afirman que "o que hai que modificar é o tamaño das circunscricións" para garantir a proporcionalidade pura. O problema político é que a provincia é distrito eleitoral por mandato constitucional e neste momento non se dan as condicións -dado o veto do PP- para reformar a Carta Magna. "Ben, entón o que habería que facer é eliminar o mínimo provincial [o número mínimo de escanos por circunscrición]. Actualmente no Estado está en 2 escanos e na Galiza, en 10. Ese mínimo é o que leva a que Soria, con menos populación que Santiago de Compostela, elixa sempre 2 deputados no Congreso español, algo que evidentemente distorsiona a relación entre o número de votos dunha forza política e os escanos que obtén". Nese sentido, a proposta que barallou no seu día José Luis Méndez Romeu (PSdeG) como conselleiro de Presidencia durante o bipartito sería máis proporcional do que a aplicación de Sainte-Languë, aínda que mantiña a Lei D`Hont. Érao porque reducía a 8 o número de escanos por provincia, co que minguaba a prima de sobre-representación das provincias do interior. Nos últimos tempos, o BNG chegou a defender a eliminación dese mínimo provincial. A lei eleitoral galega En todo caso, Galiza ten competencias propias en materia de lexislación eleitoral no que atinxe aos comicios autonómicos. Quer isto dicer que se podería dar perfeitamente o caso de que o Estado asumise o sistema Sainte-Languë -no caso de o pactaren Cs, Unidos Podemos e o PSOE- e que, en troca, Galiza mantivese a Lei D´Hont. Cs non entraría A proposta feita por Podemos non toca o limiar mínimo de percentaxe de votación exixíbel a unha forza política para entrar no Parlamento. Co actual mínimo marcado pola lexislación galega -5 por cento- Cs ficaría fóra do Pazo do Hórreo. Entraría, porén, se ese limiar se eliminase ou se situase no mesmo teito que na lei que rexe para o Estado, 3 por cento, percentaxe que o partido laranxa supera nas circunscricións de Pontevedra (3,89) e A Coruña (3,33). |
NOS_24237 | Ilustración, a cara menos coñecida da Literatura Infantil e Xuvenil | Cando pensamos nun libro para crianzas, unha das primeiras cousas que nos vén á cabeza son os debuxos. Malia ter a parte visual un peso enorme na produción literaria infantil e xuvenil, é unha faceta que permanece con frecuencia invisíbel. Hoxe pomos o foco nas persoas que debuxan as historias da nosa infancia.A ilustración "cumpre unha función esencial no mundo hipervisual no que vivimos, enriquecendo a mirada das lectoras máis novas", manifesta Olalla Cortizas, docente da área de Didáctica da Expresión Plástica na Universidade de Santiago. Ademais propicia o primeiro contacto coa arte e mesmo "abre camiños de comprensión a outras producións onde conviven linguaxes múltiples". A ilustración "cumpre unha función esencial no mundo hipervisual no que vivimos, enriquecendo a mirada das lectoras máis novas", manifesta Olalla Cortizas "A ilustración é a forma que eu teño de narrar", conta Noemí López, ilustradora detrás de títulos como Podesvir, As porcas porquiñas, Xograr Cangas e Asociados ou Os ladróns de tixolas. Neste mesmo senso apunta Federico Fernández, profesor de debuxo que, entre outros múltiples traballos, recibiu o Premio Nacional de Ilustración en 2001 por Onde perdeu Lúa a risa?. Para el, a ilustración supón o "primeiro contacto coa narración visual, mesmo antes que coa escrita". E faino exixindo atención, pois "representa o mundo dun xeito non discursivo, complexo, simultáneo... Un modo tan válido como a palabra que demanda espectadores activos e reflexivos", explica Cortizas. A ilustración "é unha fiestra aberta á imaxinación e á creatividade", expresa Eva Agra. Se ben o texto achega unha parte importante da información, o visual supón "impulso final" que fai que as crianzas soñen os mundos relatados. A ilustración "é unha fiestra aberta á imaxinación e á creatividade", expresa Eva Agra Agra é ilustradora profesional en diferentes eidos, incluído o da arte urbana. Máis coñecida polo alcume de Komorebi, foi socia promotora e responsábel da imaxe gráfica de 7H Cooperativa Cultural. Na literatura infantil e xuvenil destacan o seus encargos para a serie Mulleres Bravas da nosa historia, que segue os pasos de Rosalía de Castro, Maruxa Mallo ou María Victoria Moreno. Do texto á imaxe Boa parte dos traballos fanse por encarga sobre textos doutras autoras. Son varias as estratexias que pode seguir a imaxe: adaptar o xogo cromático, os diálogos co tipográfico, incluír estratexias de personificación... López considera que o debuxo debe sempre "transmitir sentimentos". Ela procura enfrontalo desde unha perspectiva optimista. "O humor pode tratar temas de moito dramatismo e chegar fondo, mesmo mellor que outras linguaxes", opina, mais sen frivolizar asuntos graves. Así o demostra no libro O pai do gran furado, de Xerardo Quintiá, obra gañadora do Premio Fina Casalderrey, abordando desde esta óptica a violencia de xénero. Outro dos intereses de López pasa por "promover a literatura de tradición oral", un traballo que desenvolve con autores como Antonio Reigosa, con quen colaborou en Galicia Encantada ou Guía ilustrada da Galicia Invisible. Cando Agra traballa para crianzas, procura "simplificar as formas e a información", aínda que dependendo do rango de idade. Trátase de "pórse na súa ollada", buscando normalmente ese punto máis divertido. O estilo de Fernández é xa de seu máis naíf, opta por "xogar con formas básicas", sen moitos elementos e que sexan comprensíbeis. Sen querelo, evolucionou cara aos que considera trazos que facilitan que a ilustración sexa lexíbel e atractiva para as crianzas. Para conseguilo, cando crea procura quedar con esa "primeira imaxe" que lle vén á cabeza "sen pensar moito", intentando que o resultado final non se afaste demasiado diso. Aínda que o máis habitual sexa levar a imaxes textos polo xeral alleos, outros formatos como o álbum ilustrado dan o protagonismo á ilustración. É o caso do libro Balea, publicado por Fernández xunto a Germán González. "Malia non ter texto é puramente narrativo", explica o autor. Nesta liña, Agra tamén fai creación propia, aínda sen editar, que presentou á última edición do Premio Compostela Ilustrada, organizado pola editorial Kalandraka. Cortizas destaca o papel das editoriais galegas, abrindo camiño "á exploración en formatos como o do álbum onde a imaxe é fundamental". Un traballo invisíbel "A ilustración está afeita a sobrevivir a tempos de crise grazas aos esforzos individuais dun colectivo de gran talento", comenta Cortizas, que non considera que o labor deste eido estea suficientemente valorado. "Aínda que queda percorrido, pero estamos no camiño", aprecia Agra. Cortizas apunta ademais ao papel das mediadoras "axudando a dar valor á imaxe, a profundar logo dunha primeira lectura superficial para desenvolver esa visión crítica tan necesaria". De tal xeito, as crianzas entenden "pouco a pouco e ao seu ritmo a carga de coñecemento que ofrece unha imaxe", co que se converten en lectoras "menos vulnerábeis". Ilustracións de 'O país do gran burato' (Noemí López) e 'Aurelio' (Federico Fernández). |
NOS_44716 | O partido de Pablo Iglesias en Euskadi non acudirá á manifestación popular en Donostia pola liberdade do militante independentista . | Podemos non estará na marcha que este sábado percorrerá Donostia -apoiada por organizacións políticas, sindicais, sociais- para pedir a liberdade de Arnaldo Otegi e os presos polo caso 'Bateragune'. O partido en Euskadi de Pablo Iglesias desmárcase da mobilización popular criticando que se queira presentar o militante abertzale como un "pacifista". O secretario xeral de Podemos-Euskadi, Roberto Uriarte, afirmou en relación a Otegi e os seus compañeiros presos que "non imos chegar ao extremo de considerar que sexan pacifistas. A sociedade non o sinte así". Se ben recoñece que estes independentistas presos "non tiveron un xuízo con todas as garantías",critica que a mobilización en Donostia sexa feita desde, insiste, unha "perspectiva moi unilateral". "Unha cousa é que se fixesen xuízos excesivos e que a excepcionalidade penal que se aplicou nos últimos anos haxa que acabar con ella, e outra cousa é poñernos no xogo de que determinadas persoas queiran pasar por grandes pacifistas, cando non hai moita verdade niso". As declaracións de Uriarte xeraron malestar mesmo nalgúns sectores de Podemos, que a través das redes sociais criticaron a decisión de se desvinvular dunha mobilización que demanda, a posta en liberdade de Otegi, unha demanda amplamente apoiada na sociedade vasca. |
NOS_24707 | Programan futuras mobilizacións conxuntas e presionar colectivamente á Xunta ante a modificación das unidades escolares no curso 2012-2013 | Castrelo do Miño vén de acoller a constitución da Coordinadora de ANPAs do Ribeiro, que xa anunciou que comezará unha rolda de contactos con ANPAs das catro provincias galegas co fin de poder iniciar novas liñas de presión e planificar novas mobilizacións e accións en conxunto, que fagan á Xunta recuar na súa decisión de recortar na educación, sobre todo no rural. As asociacións constituíntes da coordinadora son as de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Cortegada Neste sentido, o vindeiro luns celebrará unha nova asemblea no CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia ás 20:00 h onde tentaran xa contar con representantes das ANPAs de secundaria do Ribeiro para abordar actuacións conxuntas e actos colectivos a desenvolver de cara a deseñar unha estratexia común e máis forte aínda fronte á decisión da Consellería de Educación que provocará a supresión de máis de 80 profesores nos centro de ensino público das zonas rurais da provincia de Ourense o próximo curso. Primeira acción O primeiro acto de protesta tras a recente constitución da coordinadora terá lugar o vindeiro mércores 11 de xullo ás 20:00 h en Ribadavia.. A coordinadora oponse a esta política de recorte do profesorado e demanda "menos cartos para os bancos e máis para a educación pública" no contexto económico actual. O obxectivo é evitar unha situación que podería levar ó peche dos colexios rurais, que son fundamentais a día de hoxe para poder evitar un maior despoboamento do rural. |
NOS_50570 | Singularmente completa a axenda desta finde. Pasen e vexan. | Sexta feira A Coruña. Teatro Rosalía. 21 horas. Bye Bye Honey. Definido como "musical de clase baixa, de lumpen, pachanga e rock and roll". Posto en cena pola compañía Obras Públicas e protagonizado por Iolanda Muíños. Moaña. Morrasound. Festival de rock, con teatro, BMX, rocódromo, tirolina e demais actividades paralelas. Sábado A Coruña. Palacio da Opera. 21 horas. Andrés Calamaro. Apresenta o seu último traballo, Romaphonic Sessions. O cantante arxentino actuará cun combo formado por Germán Wiedemer, piano; Antonio "Tonio" Miguel, contrabaixo e Martín Bruhn, percusión. Sábado e Domingo O Monólogo do imbécil. Con X.A. Touriñán, dirixido por José Prieto. O sábado no Rosalía de Castro e o domingo no auditorio municipal de Cedeira. Até o domingo Carballo. Rexenera Fest. Festival Internacional de Arte Pública regresa a Carballo con artistas internacionais como Case Ma'Claim, Natalia Rak, Hyuro, Nö3l ou Issac Mahow. |
NOS_27973 | A Rede Galega por un Rural Vivo amósase preocupada polo proxecto en marcha para o monte das Salgueiras, no concello de Ponteceso. | "Podemos cualificar de demencial a proposta de instalar un parque eólico no monte As Salgueiras". As e os membros da plataforma Rede Galega por un Rural Vivo denuncian a través das redes sociais o que consideran unha ameaza, xa non só para o medio ambiente, senón para o patrimonio inmaterial. Afirman que a zona ten unha "pegada pondaliana" cuxo valor podería estar en risco de seguir adiante a iniciativa para crear o polígono enerxético. As protestas polo boom eólico na Galiza sucédense e as representantes de Rural Vivo -que mantén activa a proposta Aldeas con horizonte na páxina web de Change.org- amosaron esta sexta feira a súa preocupación polos terreos forestais da área do municipio de Ponteceso. "As Salgueiras, Monte Branco, Balarés, Gondomil, Currás, A Furoca, Vilar de Montes... Todas paisaxes pondalianas", enumeraron ao falar de que existe unha empresa interesada no aproveitamento eólico nesa zona. O colectivo remarcou que o plan industrial ocuparía "espazos de interese paisaxística" recollidos mesmo no Plan de Ordeamento do Litoral. Tamén afectaría a contorna do río Anllóns, pois habería aeroxeradores "a menos dun quilómetro" do seu esteiro e da duna Monte Branco. No lugar mesmo hai un espazo de observación das aves, como amosan en varias fotografías. "A calidade paisaxística da área de actuación, unha das máis representativas da paisaxe costeira galega e identificativa da Costa da Morte, veríase irremediabelmente estragada", advertiron, nunha chamada á mobilización social e nun aviso á Administración. De feito, se o parque As Salgueiras chega a ser unha realidade previron perdas patrimoniais -tanxíbeis e inmateriais como as ligazóns con Pondal- pero tamén no sector do turismo. "No século XV os feudais roubaban as terras aos labregos e labregas", reflexionaron, para concluír: "Seis séculos despois pasa exactamente o mesmo, as promotoras eólicas utilizan as terras de labregas sen indemnizar ou expropiando por ser de utilidade pública". |
NOS_58440 | O Partido Popular valeuse da súa maioría absoluta no Congreso para botar abaixo unha proposición de lei impulsada polo PSOE e apoiada polo BNG e outros grupos, que pretendía garantir a devolución íntegra dos cartos retidos nas participacións preferentes. | Os votos do Partido Popular bloquearon no Congreso a proposición de lei en que se estabelecía que os bancos debían devolver a totalidade dos cartos retidos nas participacións preferentes. A iniciativa que foi impulsada polo PSOE e apoiada por BNG, CIU, PNV, ERC, IU, ICV, CHA, UPyD e Compromís. O argumento polo cal os populares fixeron valer a súa maioría absoluta na cámara española foi que a proposición "contravén a lexislación comunitaria" segundo defendeu o deputado Eloy Suárez. Suárez defendeu o principio de que se "compartan as cargas", tratando como "inversores minoristas" @s pequen@s aforrador@s que se viron estafad@s polas preferentes. Ao cabo, o Partido Popular entende que as perto de cen mil familias galegas afectadas terían que asumir a "carga" de perder parte dos seus aforros, malia non seren informadas dos riscos e características deste produto financeiro tóxico. A través dun decreto aprobado semanas atrás o PP xa estabeleceu a posibilidade de que se aplicasen quitas en beneficio das entidades financeiras e en contra dos intereses d@s afectad@s. O BNG defende a devolución íntegra Olaia Fernández Davila denunciou na súa intervención que a posición do PP no Congreso e máis a actuación do goberno español deixan "practicamente sen dereitos" as persoas afectadas. A deputada do BNG amosouse partidaria de impugnar perante o Tribunal Constitucional o decreto en que se estabelecía a posibilidade de quitas, tal e como demandan as plataformas galegas de afectad@s, co obxectivo de garantir que recuperen integramente os seus aforros. |
NOS_12662 | Case un de cada dez fogares galegos chegan a final de mes grazas ás axudas de familiares e amizades, unha porcentaxe que aumentou desde o comezo da crise. Unha de cada catro familias tiveron que reducir os seus gastos en capítulos como vestimenta ou transporte | Os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística (IGE) referentes ao primeiro trimestre de 2012 sinalan que o 7,4 por cento dos fogares da Galiza tiveron que recibir axuda económica de amizades ou familiares para chegaren a fin de mes. A comezos de 2010 esa procentaxe era do 6%. No censo de 2010 do propio IGE cifrábase o número de fogares existentes na Galiza en 1.054.716. Por tanto, ese 7,4% de fogares que depende das achegas de familiares e amig@s para cadrar as contas mensuais supoñen perto de 74.000. Mais nese estudo tamén se recollen outros datos e cifras que evidencian a gravidade da crise e o seu impacto nas familias e fogares. Un exemplo? O 24 por cento das familias tiveron que diminuír os gastos comúns (roupa, calzado, transporte…). Ou que catro de cada cen fogares tiveron que solicitar préstamos para facer fronte a gastos correntes ou aprazar pagamentos. Alén diso, un 35 por cento dos fogares galegos, un de cada tres, mudou os seus hábitos de compra para mercar a cada vez máis marcas brancas (algo que non se lle escapa ás grandes superficies) ou produtos en oferta. Non en van, e tal e como se recolle na enquisa conxuntural aos fogares galegos elaborada polo IGE, o 41,5 por cento das familias da Galiza recoñecen que chegan con 'dificultade' a fin de mes, e un 6,5% fano con 'moita dificultade'. Atrasos Os fogares que tiveron algún atraso no pagamento de recibos de obrigado cumprimento, tales como a hipoteca ou o alugueiro da vivenda, son xa a comezos de 2012 un 6,6 por cento dos existentes na Galiza. O propio IGE sinala que xa en 2008, antes da arribada da crise, había 45.000 familias galegas que recoñecían atrasos en pagamentos como o recibo das hipotecas (8.500 familias), o alugueiro (6.300) ou nos recibos de auga, luz, comunidade… (16.000 fogares). A hipoteca sobre a vivenda principal é, neste sentido, a cadea que pende sobre 220.000 fogares galegos. A conquista dun soño que fai perder o sono ás familas. Perto de 15.000 recoñeceron, xa en 2008, que tiveran algún atraso ao cumprir cos pagos derivados desta obriga. E esa cifra de certo que aumentou coa chegada da crise. |
PRAZA_9887 | O presidente do Goberno central e líder socialista lamenta "non escoitar a Feijóo dicir nada" cando Casado "cuestiona o autogoberno" de Galicia nun mitin no que pediu abertamente ao electorado doutros partidos que vote ao PSOE por ser o "único partido moderado, sensato e cabal" | "Abel, fixemos todo isto en Vigo?". Cando Pedro Sánchez tomou a palabra ante un ateigado vestíbulo do pazo de congresos Mar de Vigo, o público xa estaba apaixonado. Diso encargárase o alcalde da cidade, Abel Caballero, amosando á concorrencia o feixe de papeis que, asegura, recollían a morea de "feitos" do Goberno de España a prol da cidade en só "oito meses" e que, auguran, garanten un apoio "masivo" ao PSOE na cidade o vindeiro 28A.Con arredor de medio milleiro de persoas que quedaron sen sitio seguindo o mitin dende o exterior por unha pantalla e entre os ecos dunha sonora manifestación do persoal de ENCE contra o eventual peche da pasteira, Sánchez erixiuse en dique contra un eventual goberno tripartito de dereitas. Esa dereita que non é "boa xente", a que "crispa", "mente" e "espía os adversarios políticos" só pode ser "freada" cunha vitoria socialista e por iso, apelou, cómpre "concentrar o voto" no PSOE.O líder do PSOE pide abertamente o apoio a votantes doutras forzas para o "único partido moderado, sensato e cabal". "A vitoria non pode quedar só entre nós", advertiu á concorrencia en Vigo"A dereita e as súas tres siglas _di Sánchez en referencia a PP, Ciudadanos e Vox- comparten tres cousas" e "unha delas é o adversario, o PSOE", por ser o "único partido" que lles pode gañar. Para facelo, advertiu, a "vitoria que precisamos non pode quedar só entre nós", a militancia e os votantes habituais do PSOE. "Temos que convencer a todos os que nalgún momento votaron ao PSOE", tamén a quen apoiaron outras forzas no pasado. Porque "o único partido moderado, sensato e cabal" para formar goberno tras o 28A é o socialista.Feijóo e o cuestionamento do autogoberno"Eu non escoitei a Feijóo dicir nada sobre o cuestionamento do autogoberno" que formula Casado, lamenta SánchezAlén de pedir o voto para liderar un Goberno que apste pola "xustiza social", a "convivencia" e a "limpeza" fronte á corrupción, Sánchez interpelou tamén en Vigo ao PP galego. Nomeadamente, ao presidente da Xunta ao fío dun dos eixos da campaña do seu líder, Pablo Casado: a recentralización do Estado e mediante a devolución de competencias."Eu non escoitei a Feijóo dicir nada sobre o cuestionamento do autogoberno" que formula Casado, lamenta Sánchez. E or iso pide o apoio "aos galegos e galegas que grazas ao autogoberno" viron "garantida" a "educación dos seus fillos, a saúde e a cohesión territorial". Por todo iso, agregou, "o que quero é a Gonzalo Caballero como próximo presidente da Xunta, para que defenda o autogoberno" nunha Galicia na que, advirte Sánchez, o PSOE está en condicións de ser primeira forza política o 28 de abril.Esa apelación a unhas futuras eleccións galegas chegaba despois de que o propio secretario xeral do PSdeG pedise tamén unha "mobilización masiva". "Por un voto decídese un goberno", advertiu Caballero, e iso é tanto como dicir que "un voto pode determinar se a coalición das dereitas coa ultradereita pode ter o goberno". "As cousas van ben, pero non podemos perder un segundo" sen perder o apoio de "todos os progresistas", proclamou. |
NOS_32184 | Lembro ler a fábula bem pequeninha e ficar chocada. Eu nunca cantei nem toquei instrumento, mas já daquela me parecia importante o labor da carricanta. | E não sabia por que havia de ser incompatível com o trabalho formiguil. Ri a cachão quando no filme Los lunes al sol o Bardén-cuidador improvisado faz a sua análise proletária da formiga especuladora. E houve de ler o Frederick, de Leo Lioni, para encontrar uma defesa maravilhosa da inutilidade útil da poesia, da arte. A formiga destemida / María Reimóndez / Ilustrações de Iván Sende / Xerais / 2020 / 96 páginas / 11,70 euros Porém, as formigas. Que culpa elas terão de que as tenhamos utilizado para as nossas fábulas capitalistas e desmobilizadoras. E são assim as formigas? São realmente rebanho cego? Se atendemos à formiga destemida de María Reimóndez, não. O Bardém-cuidador improvisado indica que nos devemos perguntar por que algumas nascemos formigas e outras carricantas. A resposta de Reimóndez anula a questão: ao sermos contamos com a possibilidade de construirmo-nos. Sempre. Não existe a condena a sermos de uma única maneira. Assim, no seu relato, a formiga destemida sai do carreiro e não vai em sentido contrário nem em sentido diferente, mas naquele que a leva o talento mais importante: a curiosidade. A formiga destemida quer saber. Todo. E todo o pergunta. A formiga destemida quer provar. Todo. E todo o prova. A formiga destemida não quer incomodar. E aprende, também, a calar. A formiga destemida conhece a carricanta e admira como ela faz música. A carricanta explica, mas a formiga não tem asas para riscar. Isso não a rende. Pesquisa, prova, inventa. Consegue fazer um timbal. A formiga conhece o cavalinho do demo e descobre a possibilidade de voar. Conhece os peixes e imagina-se a nadar na água. A formiga destemida dá com animais e nas suas conversas com eles, sem medo nunca a ficar de parva, vai conhecendo o mundo. Até chegar aos humanos: esses seres que envenenam o rio, desfazem as ribeiras, ardem os montes. Falam-lhe deles o martinho peixeiro, o rato, o raposo. Decide que quer conhecê-los. Saber como são. Destemida dos monstros. Porque todas as humanas são monstruosas. Ou não? Como reviravolta de uma fábula que é, A formiga destemida quer deleitar e ensinar. Mas não precisa de conselhos morais finais, porque é do caminho que a formiga anda que aprendemos: é bom sair do carreiro que nos marcam, é bom querer saber, é bom achegar-se a seres novos e diferentes, é bom escuitá-los. Porque não há uma única maneira de sermos formigas. Mesmo pessoas. |
NOS_15164 | Así se referiron á lingua galega en resposta a unha persoa que solicitaba información sobre o DI electrónico. A Mesa di que pedirá "o cesamento do ministro e dos responsábeis". | "Perdone la indiscrecion pero si es posible que me exponsa su problema en castellano para poder darle una solución a su incidencia, ya que no entendemos su dialecto". Nestes termos, incluídas as grallas ortográficas, se dirixiu a policía española a unha persoa que se dirixiu de maneira telemática á institución para solicitar información sobre o documento de identidade electrónico. A Mesa pedirá "o cesamento do ministro e dos responsábeis" pois "desprezan unha lingua oficial" Desde a Mesa pola Normalización Lingüística aseguraron a Sermos Galiza que enviarán unha queixa á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), á Valedora do Pobo, o Ministerio do Interior e a propia Policía española. Aliás, sinalan que pediran "o cesamento do ministro e dos responsábeis" pois a resposta da institución "evidencia que a policía non só non dá a atención debida aos cidadáns que falan en galego senón que desprezan unha lingua oficial". |
PRAZA_12740 | Alén do contexto de crise, o que está a ocorrer no mundo da arte é que experimenta, nos últimos anos, unha fonda transformación. Deste xeito, o sistema anterior queda obsoleto, mentres o novo está aínda por construír. É o profesor da Universidade da Santiago Antonio Garrido quen achega esta reflexión, que pode servir para encadrar o debate xerado no Consello da Cultura nas xornadas sobre o estado da cuestión da Arte Contemporánea en Galicia. | Alén do contexto de crise, o que está a ocorrer no mundo da arte é que experimenta, nos últimos anos, unha fonda transformación. Deste xeito, o sistema anterior queda obsoleto, mentres o novo está aínda por construír. É o profesor da Universidade da Santiago Antonio Garrido quen achega esta reflexión, que pode servir para encadrar o debate xerado no Consello da Cultura nas xornadas sobre o estado da cuestión da Arte Contemporánea en Galicia. Avances houbo, malia todo. "En 20 anos a arte fíxose moito máis visible. Creáronse os museos, e isto repercutiu no número de profesionais: comisarios, montadores... Antes non había máis espazos para a arte contemporánea que unhas poucas galerías e os das caixas de aforros. Tamén xurdiron novas titulacións na Universidade, como Belas Artes, e despois os másters...", sinala o tamén profesor da USC Miguel Anxo Rodríguez, que participou nunha das mesas do encontro. Desde a base social están a artellarse novos proxectos que permiten albiscar o inicio dun cambio de modelo. Máis recentemente, desde a base social están a artellarse novos proxectos que permiten albiscar o inicio dun cambio de modelo. Deles falou, na súa intervención, o artista Ángel Cerviño. "Se o que pretendemos é poder seguir desenvolvendo o noso traballo nas novas condicións debuxadas polo colapso do Sistema da Arte que ata agora coñeciamos, imponse a necesidade dun esforzo colectivo por repensar e reformularse -de arriba abaixo- o papel de cada un dos axentes implicados: produtores, exhibidores, comercializadores, críticos, compradores, ...e mesmo xestores e administradores públicos", explicou. E ese obxectivo pasa, ao seu ver, por crear "un novo tecido social ao redor das prácticas de produción artística e elaboración simbólica", cun mercado da arte "non especulativo" nin sustentado "sobre unha construción ideolóxica: a do artista xenio que, tocado pola graza divina da inspiración, crea obras dun valor incalculable e un prezo desorbitado". Neste sentido, sinalou, iniciativas individuais ou colectivas están a experimentar "outras formas de produción, exhibición e comercialización da actividade artística". Iniciativas individuais ou colectivas están a experimentar "outras formas de produción, exhibición e comercialización da actividade artística" É o caso do espazo de Vigo Halcón Milenario, que "nace da espontánea actividade dun grupo de artistas que nun momento determinado decide abrir o piso que compartían como taller e club para as súas reunións privadas, á exposición de obras doutros artistas"; do FAC Peregrina (Furancho de Arte Contemporánea) en Compostela ou de Amalgama, iniciativa que acaba de botar o peche tras dous anos de andaina. No debate posterior ao relatorio, unha representante do colectivo santiagués Baleiro aclarou que non se trataba de proxectos privados, senón "abertos, comunitarios, colaborativos", nin pretendían ser "alternativos", senón un elemento máis do universo artístico. A autoxestión é, porén, unha fórmula que os artistas veñen ensaiando desde hai décadas. "Tamén Atlántica xorde como un grupo de xente que decide unirse para facer cousas. Daquela non había institucións, non había museos... Agora volve ese modelo, se cadra en parte por desafección cara ás institucións que agora xa hai, por descontento coa liña que están a seguir", comenta Rodríguez. O artista Suso Fandiño mencionou, tamén, iniciativas semellantes que se consolidaron xa no Reino Unido e outros países. "Son sobre todo espazos recuperados, moitas veces fábricas", lembrou. Se cadra os artistas non están a saber aproveitar a "democratización do acceso á cultura", que ten en internet, coa venda de produtos "máis asequibles" para todo o mundo Sinalou, por outra banda, que se cadra os artistas non están a saber aproveitar a "democratización do acceso á cultura", que ten en internet, coa venda de produtos "máis asequibles" para todo o mundo, unha das súas expresións. "É o museo o que fai a camiseta de Miró, e leva así a parte que lle correspondería ao artista", indicou. Deste xeito, concluíu, "non estou cen por cen a favor de que os artistas actuemos como Pemes, pero tampouco estou cen por cen en contra". As prioridades do sector público A procura de alternativas é aguilloada tamén polas eivas nas políticas públicas. "Temos un sector público que non marcou unhas estratexias culturais", senón que "nos viu como artes decorativas", subliñou nas xornadas a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira. En confluencia con ela, a artista Mar Caldas denunciou a instrumentalización da cultura "por parte do poder", e reivindicou unha maior cohesión no sector, -como a acadada en Vigo pola Plataforma contra a Demolición da Cultura- para facer posible a independencia dos creadores, así como un "dobre fluxo de relación entre periferia e centro". "Temos un sector público que non marcou unhas estratexias culturais", senón que "nos viu como artes decorativas", subliñou nas xornadas a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira Nun sentido diferente, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, opinou que "o investimento público non debía pasar dun 30 ou 40 por cento, non poden ser o elemento substancial". O MARCO ou o CGAC son dous dos centros que viron o seu orzamento diminuído no contexto da crise. Malia todo, non todo é negativo, xa que "conseguimos unha afluencia estable e crecente" de público, segundo sinalou o director do MARCO, Iñaki Martínez. Rebaixas como as que afectan aos principais museos do país teñen que ver, tamén, coas prioridades que o Goberno establece. "Necesitamos unha exposición dun millón de euros sobre a pedra en Galicia na Cidade da Cultura?", preguntaba o comisario e crítico Pedro de Llano. "Non é só iso", matizaba Suso Fandiño. "A realidade é que Administración diche que só traballa con tal ou cal empresa. Se a Xunta quere traerte do Reino Unido e ti queres vir con Ryanair, dinche que só pode ser con Iberia, entón gastan 400 euros no que podía custarlles 50", asegurou. "Estaría ben o que di Fasero, que houbese maior investimento privado en arte, pero non hai conciencia nos empresarios galegos. Inditex, por exemplo, non inviste nada en cultura" A redución da dependencia do mercado da arte respecto das institucións públicas -en canto a compra de obras- ten que ver con outra das cuestións que trataron as xornadas: a febleza do coleccionismo privado galego. "Estaría ben o que di Fasero, que houbese maior investimento privado en arte, pero non hai conciencia nos empresarios galegos. Inditex, por exemplo, non inviste nada en cultura. E se pasa isto, vamos deixar a investigación e a arte á súa sorte", reflexiona Miguel Anxo Rodríguez. Esa debilidade do coleccionismo é, segundo Antonio Garrido, o motivo da ausencia de arraigamento no país dunha feira das artes como puido ser Espazo Atlántico. "O problema é, máis ben, que houbo moita xente que foi á feira sen crer nela", retruca ante este argumento Asunta Rodríguez, directora da galería Trinta. "É mentira que non haxa coleccionistas", afirmou, o que non hai, ao seu ver, é "unha clase media cultural". As dificultades do coleccionismo A coleccionista Sofía Santos incidiu, coincidindo con Asunta, na necesidade de deixar de identificar o coleccionismo cunha práctica elitista dunha burguesía adiñeirada, e reclamou medidas para impulsar o coleccionismo como a rebaixa do IVA cultural, ou a modificación da lei de mecenato. Amosouse de acordo con ela a directora da Fundación María José Jove, Marta García-Fajardo, para quen ademais "a lei de patrimonio española é moi restritiva", o cal dificulta especialmente a compra de arte por parte de clientes estranxeiros. A directora xeral de Moret Art Consultores, Nuria Blanco, recordou pola súa banda que "a administración ten moitos contedores baleiros de contido", ademais da capacidade de "fomentar a difusión do que se está a facer a nivel artístico". Advertiu, tamén, de que "os galeristas teñen que modernizarse, ter a páxinas web actualizadas, ter presenza nas redes sociais"... "Estamos chegando a aquilo que presentaba Fahrenheit, unha sociedade produtiva pero iletrada", sostivo Fandiño A comunicación é, precisamente, un dos elos da cadea que están a fallar, segundo sinalaron boa parte dos participantes nas xornadas. "Todo vale para chamar a atención dos medios", denunciou Asunta Rodríguez, moi crítica coa espectacularización da arte. Suso Fandiño remarcou a "falta de respecto e rigor" na información da prensa diaria sobre a arte contemporánea, e mesmo asegurou que "os medios de comunicación estannos barrendo, satanizando". En relación con iso, a involución da formación en humanidades foi outro dos temas abordados nas mesas. "Estamos chegando a aquilo que presentaba Fahrenheit, unha sociedade produtiva pero iletrada", sostivo Fandiño. A crise do sistema artístico non é, por suposto, un fenómeno exclusivamente galego. Mais a relación dos galegos coa súa propia cultura engádelle un maior grao de complexidade. O crítico e profesor Xosé M. Buxán Bran expresou a súa disconformidade co "papanatismo" que, na súa opinión, amosa a tendencia por parte da dirección dos centros de preferir comisarios de fóra. "É que non hai tantos comisarios en Galicia", respondeulle o tamén curador Juan de Nieves. Desde o público, o profesor Federico López apoiou a análise de Buxán, e sinalou que o mesmo "papanatismo" se atopaba detrás do costume da Xunta de chamar investigadores estranxeiros esquecendo os das universidades galegas. O crítico e profesor Xosé M. Buxán Bran expresou a súa disconformidade co "papanatismo" que, na súa opinión, amosa a tendencia por parte da dirección dos centros de preferir comisarios de fóra Nesta discusión participou tamén, co seu discurso habitual arredor do tema, o director do CGAC, Miguel Von Hafe, quen defendeu non "un tratamento de cota" para os artistas do país, senón atender á "calidade e profesionalidade" como criterio, dando aos galegos a oportunidade de facerse máis visibles ao compartir exposición con artistas de renome internacional. Reclamou tamén unha crítica de arte rigorosa que axude a vencer a desafección do público. Ao respecto, Miguel Anxo Rodríguez subliñou a importancia de facer un esforzo maior desde os departamentos de educación deste tipo de centros para facer máis comprensible unha arte sempre cambiante sen ter que baixar o nivel de calidade das mostras. "Temos un gran potencial", concluíu Asunta Rodríguez, quen lembrou a elevada presenza das galerías galegas en ARCO en termos relativos ao que representa a poboación galega. Só que é necesario adaptarse ás mudanzas do sistema. |
NOS_39897 | O sindicato insta os ministerio de Economía e Consumo a lexislar para garantir á cidadanía o acceso aos servizos bancarios. | A federación de Banca da CIG vén de denunciar "a complicidade" do Goberno español coa marxinación financeira que padece boa parte da poboación como consecuencia "do proceso de dixitalización excluínte" no que están inmersas entidades "que reciben inxentes cantidades de cartos públicos pero que non garanten o acceso de todas as persoas aos seus servizos". A central sindical traslada a súa preocupación polos crecentes problemas na atención á clientela, como as restricións horarias, o feche de oficinas no rural e, máis recentemente, a obriga de operar nos caixeiros e nas aplicacións de banca móbil. Para a CIG, a situación actual é consecuencia directa da privatización das caixas de aforros, que naceron para garantir a inclusión financeira. "Socializáronse as perdas e privatizáronse os beneficios, poñendo o sistema financeiro en mans de investidores e especuladores que só buscan rendibilidade a curto prazo. Nese senso as políticas nefastas de PSOE e PP, son a causa do problema actual", afirman desde o sindicato. Outra causa seríao proceso de concentración bancaria, instado dende as institucións públicas europeas, españolas e dende a Xunta de Galiza, que levou a unha restrición da oferta para beneficio de fondos e investidores voitres, que actualmente controlan o capital dos bancos. Para a federación de Banca da CIG, as restricións de servizos e o encarecemento dos mesmos teñen como único obxectivo "expulsar dos bancos as persoas menos rendíbeis, demandantes de servizos presenciais". O papel do Goberno estatal En canto á reunión do Ministerio de Economía coas patronais bancarias para tratar estas cuestións, na central considérana "un paripé carente de contido". Por iso indican que se o Estado quere tomar medidas, tanto o Ministerio de Economía como o de Consumo "teñen que lexislar, obrigando a restituír os horarios de servizo presenciais, xa que pretender que a solución sexa aportada polos mesmos bancos que restrinxen servizos é unha tomadura de pelo á poboación". No mesmo senso, critican que a Administración lle teñan dado tamén as costas ao persoal dos bancos. "Garantir o dereito da poboación aos servizos financeiros presenciais é garantir os postos de traballo fronte a unha dixitalización que só beneficia a fondos e investidores", critican. |
NOS_43725 | Música, poesía, danza e guiso de faba son os ingredientes da performance que Marina Oural e Ugia Pedreira levan o sábado 25 de xaneiro á Casa das Crechas de Compostela. "Unha faba, unha vida; as fabas lobas da casa" enmárcase no coñecido como "Le Fooding", a maridaxe de arte e comida que naceu da man de dous críticos gastronómicos franceses. | As fabas foron prantadas por Marina Oural que as cociñou canda Ugia Pedreira, as dúas artistas protagonistas de "Unha faba, unha vida; as fabas lobas da casa" que levará o día 25 á Casa das Crechas de Compostela o fenómeno "le Fooding", orixinario de Francia onde os dous críticos gastronómicos Enmanuel Rubin e Alexandre Cammas inauguraron a unión de comida e sentimento que prendeu como lume en cidades como Nova York, Milán ou Barcelona. Será esta a primeira das sesións coa faba como protagonista que terá continuidade en febreiro e marzo, desta volta con Uxía e o músico Pierrot Rougier como parceiros de Marina Oural que deseñou o proxecto para a Casa das Crechas. Tanto Ugia Pedreira como Marina Oural participaron xa con anterioridade no proxecto "Petiscos Musical", un programa que nacía coa mesma filosofía de encontro entre arte e comida. As fabas lobas son as plantadas á beira das casas ás que se lles outorgaba importantes propiedades saudábeis e de estimulación erótica. A música íntima de Ugia dáse a man coa palabra e a danza de Mónica nesta nova experiencia creativa. |
PRAZA_18353 | O galardón, impulsado por Concello de Brión, Academia Galega do Teatro e Edicións Positivas, dará a coñecer a obra gañadora o 16 de maio do vindeiro ano, no aniversario da estrea de Laudamuco, señor de ningures (1978), considerado o momento fundacional do teatro profesional galego | O 16 de maio de 1978 estreouse en Compostela Laudamuco, señor de ningures, considerado o momento fundacional do teatro profesional galego. A obra de Roberto Vidal Bolaño recibira en 1976 o Premio Abrente e trala súa estrea no Colexio La Salle por parte da compañía Antroido sumou 90 representacións, un completo éxito de público tanto dentro como fóra de Galicia. Agora a obra dará nome a un novo galardón de textos teatrais en galego, o Premio Laudamuco, que veñen de poñer en marcha o Concello de Brión, a Academia Galega do Teatro e Edicións Positivas, e que terá carácter anual. O gañador ou gañadora recibirá 7.000 euros (converténdose no premio de maior dotación de Galicia neste ámbito) e a edición do texto. A decisión do xurado darase a coñecer o vindeiro 16 de maio de 2019, conmemorando a estrea da obra de Vidal Bolaño. A data límite de envío de orixinais será o 15 de febreiro. O premio foi presentado este martes no Consello da Cultura Galega por José Luís García, alcalde de Brión; Inma Antonio Souto, presidenta da Academia Galega de Teatro; Francisco Macías, fundador de Edicións Positivas; e Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega. O alcalde de Brión agradeceu a colaboración de ambas entidades "na creación deste Premio Laudamuco de teatro, que busca un dobre obxectivo: apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño, un mestre das palabras, a figura máis importante do teatro galego e un benquerido veciño de Brión". O obxectivo do premio é "estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega" e "contribuír ao recoñecemento de Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura" O galardón tamén destaca na súa convocatoria o legado de Vidal Bolaño, subliñando que o obxectivo do premio é "estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega" e "contribuír ao recoñecemento de Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura", lembrando que a estrea de Laudamuco, señor de ningures "foi determinante para o conxunto do sistema teatral galego" e que "sen ela non se podería explicar a historia posterior do noso teatro". |
NOS_54764 | A Galiza volveu rexistrar un aumento dos novos contaxios de Covid-19, que superan os 1.900, así como dos casos activos, que se sitúan en 17.462, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense por baixo dos 400 até os 397. | Segundo os datos actualizados esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da terza, baixan a 30 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 na Galiza (unha menos que na xornada anterior) e a 367 as hospitalizadas en unidades convencionais (-19), mentres que 17.065 pacientes están en seguimento no seu domicilio. Mais, fronte á tendencia descendente dos hospitalizados, os casos activos de Covid-19 aumentan por segunda xornada consecutiva no país, logo de empezar esta semana cun descenso, e ascenden a 17.462, que implican 606 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.904), que altas (1.296), ao que se suman dous óbitos. Dous anos de pandemia na Galiza: máis de medio millón de contaxios e 3.118 falecementos con Covid As infeccións activas aumentan nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+150), seguida da de Ourense-Verín-O Barco (+123), Compostela-O Barbanza (+94), Lugo-A Mariña-Monforte (+85), Ferrol (+64), Pontevedra-O Salnés (+52) e Vigo (+42). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña, con 3.535; seguida de Vigo, con 3.124; Compostela, con 3.016; Ourense, con 2.504; Pontevedra, con 2.104; Lugo, con 2.106, e Ferrol, con 1.002. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade esta pasada terza feira, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza aumenta a 754,3 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a media estatal descende a 435,5. Máis de 1.900 novos contaxios Os novos contaxios de Covid-19 tamén repuntan até os 1.904, que implican 136 máis que os 1.768 desta terza, logo de iniciar esta semana con 1.371. No que vai de ano, a cifra máis baixa foi de 830, a finais de febreiro. Deste modo, os contaxiados ascenden no país a 511.623, dos cales 120.245 corresponden á área de Vigo; 107.091, á da Coruña e Cee; 80.616, á de Compostela; 61.395, á de Ourense; 59.106, á de Pontevedra; 53.680 á de Lugo; e 28.835, á de Ferrol. Juan Gestal: "É necesario prepararse para a próxima pandemia" Esta terza leváronse a cabo 3.711 PCR, o que eleva a 3.723.637 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia no país, e 3.745 test de antíxenos, que sitúan en 1.552.053 os levados a cabo na Galiza, o que supón 7.456 entre ambas as dúas —1.079 máis que o día previo—. No que atinxe á taxa de positividade —número de PCR positivas por cada cen realizadas— aumentou a 11,3%, tras descender na terza a 7,73%. Por tanto, continúa por riba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. 3.138 falecementos Pola súa parte, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.138 após notificar este mércores Sanidade outros dous óbitos, ambos os dous de persoas con patoloxías previas. Mentres, 491.076 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria, despois de recibiren a alta outras 1.296 na última xornada en todo o país. |
NOS_47698 | O Instituto Británico de Defensa IHS Jane denuncia movementos do Federal Business Opportunities que ratifican que Washington segue a enviarlles armas a Al Qaeda e a outros grupos terroristas que operan en Siria. | No portal federal estadounidense Federal Business Opportunities hai dúas solicitudes para o transporte de armas desde Romanía até Xordania, onde serían recollidas por terroristas que operan en Siria. Así o denuncia o Instituto Británico de Defensa IHS Jane. A entidade británica advirte de que estas dúas solicitudes a nome do Comando de Transporte Marítimo Militar da Mariña dos EUA atinxen a dous barcos que partiron de Romanía cara a Turquía para chegar despois a Xordania. Un barco partiu en decembro e outro en marzo Un dos buques partiu en decembro de 2015 e portaría mil toneladas de armas e municións, entre elas rifles AK-47, ametralladoras PKM, ametralladoras pesadas DShK ou lanzachamas. O outro buque partiu a finais de marzo con máis de dúas mil toneladas de armamento, segundo informa IHS Jane. O instituto británico teme que as armas teñan como destinataria a Fronte Al Nusra. Balanzo de vítimas e feridas en Siria O balanzo de danos após os últimos cinco anos de conflito armado en Siria son os seguintes: entre 366.000 e 470.000 persoas falecidas, 1,8 millóns de feridas, 7,6 millóns de desprazados internos e 5 millóns de refuxiados. [No último número do semanario Sermos Galiza publicamos unha ampla reportaxe sobre os cinco anos de guerra en Siria e en Libia. Xa á venda nos quioscos e na loxa] |
NOS_53482 | Algúns concellos "xa están a facelo individualmente", di a Fegamp. | A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) buscará a "coordinación" entre concellos na axuda a ofrecer ante a crise humanitaria pola guerra en Ucraína, á vez que a Xunta da Galiza traballará "da man" de entidades sociais e municipios para "pór a disposición os mecanismos e recursos que sexan necesarios". Así se expresaron o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, ao seren preguntados pola prensa, nun acto en Compostela decorrido esta terza feira. A alto cargo do Goberno galego lembrou que a pasada segunda feira a Xunta xa se ofreceu a acoller refuxiados ucraínos, unha cuestión que se trasladará na reunión desta terza do Ministerio de Migracións cos seus homólogos territoriais. A guerra en Ucraína, en directo "A Galiza está en disposición de acoller todas as persoas procedentes de Ucraína que precisen do noso apoio, sobre todo que precisen da nosa protección e teito", ratificou Fabiola García. A conselleira de Política Social espera que o Ministerio ofreza unha liña de actuación "clara" en prol de que os gobernos territoriais e o estatal colaboren "coordinados". Pola súa parte, Alberto Varela salientou que os concellos galegos "sempre mostraron a súa solidariedade e puxeron a disposición os recursos", tal e como se viviu noutras crises humanitarias. Subliñou que as entidades locais se poñen "ao servizo do que poidan axudar", e a continuación indicou que "algúns concellos xa o están a facer individualmente", se ben "é necesaria unha boa coordinación" e "para iso serve a Fegamp". Precisamente, o presidente da Fegamp manterá esta terza feira unha conversa co delegado do Goberno, José Miñones, para "pór a disposición" aos concellos galegos e ver que se pode facer "dunha maneira coordinada", co obxectivo de que a Federación Galega de Municipios sirva como "nexo" desa solidariedade. "Imos estar á altura das circunstancias", afirmou Varela. |
NOS_24462 | Verdegaia apunta irregularidades no proxecto mineiro de Corcoesto: sinala o impacto que a mina pode ter sobre hábitats e especies, ou o nivel de contaminación dos estériles, algúns deles con niveis de arsénico moi superiores ao límite permitido. | A asociación tamén refire o aumento de emisións do gas canceríxeno radon como consecuencia da explotación, e acusa a falta de adecuación do estudo arqueolóxico, que está obsoleto e a falta de rigor dos cálculos de estabilidade da balsa de lodos tóxicos, baseada nunha normativa pensada para obra civil, pero non aplicable a construcións xeolóxicas como é o caso dunha balsa de estériles de mina. Por outra banda, tamén consideran que hai eivas na viabilidade económica do proxecto, a falta de rigor do plano de restauración e que non se adecúa ao Planeamento urbanístico dos distintos concellos afectados, e, con todo, está declarado proxecto industrial estratéxico. Sinalan tamén as repercusións das voaduras sobre a poboación, e as vivendas máis próximas en particular. Así e todo, acusan que a explotación mineira de Corcoesto incumpre algúns requisitos que a lei marca para ser considerado proxecto estratéxico: non crea os 250 postos de traballo directos marcados por lei (moitos son subcontratas), o volume de investimento non se detalla co nivel de concreción requirido na lei, e non hai investimentos relacionados coa actividade mineira que teñan un impacto positivo ou supoñan unha mellora da dotación futura da zona, tampouco en canto á xeración de ingresos públicos por cotizacións sociais, taxas e impostos; xa que as exencións tributarias e as subvencións das que gozan os proxectos estratéxicos anularían dito efecto beneficioso. Amais, os documentos a exposición pública non valoran os impactos negativos do proxecto sobre a economía: perda de valor patrimonial das vivendas e os terreos; uso competitivo da auga, en detrimento do consumo humano, animal, e agrícola; perda de calidade de vida derivada da contaminación acústica; efectos negativos para a actividade turística; posibles impactos sobre Rede Natura...E por último, a tecnoloxía empregada no proxecto (lixiviación do ouro mediante cianuro) foi prohibida en varios países polas súas graves repercusións sobre o medio (mesmo o Parlamento Europeo aprobou unha resolución instando aos países da Unión Europea a prohibila, alertando dos riscos que dela se derivan). A empresa pretendía acollerse a unha nova lei da Xunta (aínda sen regulamento de aplicación) para axilizar os trámites dos proxectos industriais estratéxicos. Isto permitiría tramitar conxuntamente o estudo de impacto ambiental e o plano de restauración, saltar por riba da lexislación urbanística dos concellos afectados, expropiar as fincas afectadas sen máis trámite, e outras prerrogativas. Por todos estes motivos, Verdegaia solicita que se denegue a consideración de estratéxico a este proxecto. Considera que sería unha "neglixencia" darlle luz verde, xa que podería supoñer unha ameaza permanente no tempo. |
PRAZA_18202 | ANÁLISE DENDE O BRASIL Tras a polémica prohibición da candidatura do ex-presidente, Luiz Inácio Lula da Silva (PT) polo Tribunal Supremo Electoral o PT está nove puntos por baixo do ultradereitista Bolsonaro, o ex-militar que entre comentarios misóxinos, homófobos e racistas promete reducir o Estado ao mínimo no ámbito económico Unha esquerda fragmentada e baixo sospeita | ANÁLISE DENDE O BRASIL Unha esquerda fragmentada e baixo sospeita Brasil está a vivir a campaña electoral máis convulsa das últimas décadas. O verde e amarelo da bandeira son hoxe sinónimo dunha ultradereita de ascenso meteórico que loita pola apropiación de símbolos patrios e a reafirmación identitaria onde so cabe un modelo de país. A esquerda preséntase fragmentada e despistada ante un novo modelo de contenda que descoñece e cun inimigo ao que non está habituada a combater. Tras a polémica prohibición da candidatura do ex-presidente, Luiz Inácio Lula da Silva (PT) polo Tribunal Supremo Electoral en base á Lei de Ficha Limpa, as enquisas trocaron de favorito. Se até hai un mes Lula, que cumpre 12 anos de condena no penal de Curitiva por corrupción pasiva e lavado de diñeiro, tiña todas as papeletas para gañar as eleccións debido a súa gran popularidade, hoxe o seu sucesor, o exrexedor de São Paulo, Fernando Haddad (PT), só suma un 23% da intención de voto no mellor dos escenarios. Isto sitúa ao Partido dos Trabalhadores a nove puntos por debaixo da sorpresa indiscutible destas eleccións, o ultradereitista Jair Bolsonaro. Os demais partidos, segundo os últimos datos do Ibope, non contan con posibilidades reais de chegar a unha segunda volta. O país está dividido. Despois do impeachment a Dilma Rousseff (PT) en 2016, o goberno non electo de Temer (PMDB) representou o descrédito da cidadanía cara as elites políticas tradicionais -o actual presidente conta cun índice de aprobación do 5%-. Namentres, comezaron a saír á luz numerosos casos de corrupción que salpicaron a políticos de todas as cores e posicións, cargos públicos e empresarios, fundamentalmente vinculados á operación "Lava Jato". Nun país onde máis do 50% dos deputados teñen contas pendentes coa xustiza, segundo a organización Transparencia Brasil, a carraxe e o desánimo social incendian unha campaña electoral que busca quebrar coas elites e transcender mentres éstas so se ocupan de remexe pola súa propia supervivencia. Tras a polémica prohibición da candidatura do ex-presidente, Luiz Inácio Lula da Silva (PT) polo Tribunal Supremo Electoral o PT está nove puntos por baixo do ultradereitista Bolsonaro Tras catro anos de recesión económica (2014-2017) nos que a desigualdade aumentou e o 10% dos máis ricos hoxe contribúen ao 51,5% da desigualdade de renda total do país segundo o estudo do Instituto de Pesquisa Aplicada (IPEA), o cambio de ciclo estaba chamado aparecer. Ademais, os datos da criminalidade no país son comparables a territorios en guerra. No 2017 contabilizáronse 64.000 asasinatos e a percepción de inseguridade da cidadanía situouse no cuarto lugar entre 142 países do mundo, so superada por Venezuela, Gabón e Afganistán. Seguindo unha tendencia global, a cidadanía tomou posición. O centro desapareceu e reforzáronse os extremos. Este domingo o que non vote por alguén no Brasil, vai votar contra alguén, e será ese voto de castigo o que decida o resultado da contenda electoral. Haddad, nun acto electoral do PT / PT Vertixinoso ascenso da ultradereita Sen dúbida, o candidato untradereitista, Jair Bolsonaro (PSL) é o único presidenciable capaz de despertar as máis encarnadas paixóns entre os seus devotos e o desprezo máis profundo entre os seus opositores. Coreando lemas como "bandido bom é bandido morto" ou "o erro da ditadura foi torturar e não matar", Bolsonaro converteuse no candidato mellor posicionado nas enquisas para chegar ao Planalto. A ausencia de tempo nos espazos publicitarios electorais de televisión e radio non foi un problema. Empregando aos seus disciplinados fieis, o presidenciable tirou de redes sociais para multiplicar a súa mensaxe, chegando incluso a contraprogramar a través de Facebook live intervencións propias cando non era convidado aos debates entre candidatos na televisión. Militar da reserva e deputado federal sen maior destaque dende 1991, hoxe conta cunha porcentaxe do 32% en intención de voto na primeira volta, segundo a última estatística do Ibope. O seu índice de rexeitamento tamén é o máis elevado entre os candidatos, situándose no 45%. Baixo o slogan Brasil acima de tudo, Deus acima de todos, o ex-militar lanza comentarios incendiarios de corte misóxino, homófobo e racista, cun discurso nacionalista e proteccionista no social mentres promete, no económico, reducir o Estado ao mínimo Cun discurso autoritario e anti-establishment, o capitão -como o chaman os seus seguidores- fachenda de ter un currículo limpo de corrupción, ao contrario que a maior parte dos partidos que presentaron candidatura para as presentes eleccións. O macro proceso Lava Jato, instruído polo xuíz Sérgio Moro, e polo que se destapou unha rede de subornos e lavado de diñeiro público entre empresas privadas e a petroleira estatal Petrobras, serviulle a Bolsonaro como pano de fondo para axitar un discurso de odio visceral cara á elite política tradicional. Na operación, aínda aberta, foron e están sendo investigados centos de políticos brasileiros. Algúns, como o carismático ex-presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva (PT), ou o ex Ministro de Facenda, Antonio Palocci (PT), xa cumpren condena. Outros 51, entre os que destaca o actual presidente Michel Temer, están a espera dos resultados electorais para saber se saen reelixidos e así manteñen o aforamento que impide que sexan xulgados, a pesar de estar investigados. Acto electoral de Bolsonaro / PSL Baixo o slogan Brasil acima de tudo, Deus acima de todos, o ex-militar, que foi acoitelado o pasado 6 de setembro nun acto de campaña en Juiz de Fora e polo que estivo hospitalizado en São Paulo até o pasado 29 de setembro sen poder participar en eventos electorais, é quen de aglutinar unha boa parte do descontento social e político do pobo brasileiro, que hoxe se sitúa no 78%. Comparado con Donald Trump polos seu comentarios incendiarios de corte misóxino, homófobo e racista, emprega un discurso nacionalista e proteccionista no social, mentres que é liberal no económico. Promete reducir o estado ao mínimo, baixar impostos, liberalizar empresas e limitar axudas sociais como a bolsa familia, que hoxe sustenta ao 21% da poboación do país, alegando que existe fraude nas concesións. Tamén propón crear una nova modalidade opcional nos contratos laborais, onde xefe e empregado pacten directamente as condicións do acordo, sen ter que cumprir os requisitos da regulación laboral. O seu conselleiro económico, Paulo Guedes, con formación na Escola de Chicago, goza de gran recoñecemento nos mercados financeiros e representa o fichaxe estrela da candidatura. Ao longo da última semana, cada vez que as enquisas propiciaban un escenario máis favorable para Bolsonaro, os datos da bolsa brasileira melloraban. Bolsonaro ademais propón a liberalización da tenencia de armas como solución maxistral ao alto índice de criminalidade que sofre o país Esta estratexia levouno a gañar a confianza dos votantes liberais conservadores, provocando un transvasamento de votos da candidatura de centrodereita de Geraldo Alckmin (PSDB), que tradicionalmente ocupaba ese espazo, cara ao ex-militar. A súa defensa do modelo de familia tradicional e o seu rexeitamento cara as persoas homosexuais valeulle o apoio da Igrexa Evanxélica e parte da Igrexa Católica. No primeiro caso, a visión resúmese nas palabras do seu vicepresidente, Hamilton Mourão. O xeneral afirmou que "uma casa sem pai e avô, mas com mãe e avó são fábricas de desajustados que fornecem mão de obra ao narcotráfico". No segundo, o propio candidato afirmou no Conselho de Ética da Câmara dos Deputados en 2011 que "ninguém gosta de homossexual, a gente suporta". Bolsonaro ademais propón a liberalización da tenencia de armas como solución maxistral ao alto índice de criminalidade que sofre o país asegurando que "arma é garantia de nossa liberdade" e súa responsabilidade como futuro presidente é "meter bala em vagabundo e não formar cuadrilha com eles". De feito, converteu en símbolo de campaña o xesto de disparar cos dedos índice e polgar, tras ter realizado o aceno nun acto con cativos, e é agora repetido polos seus seguidores como insignia grupal. Melancólico da ditadura militar, o líder do PSL suavizou o seu discurso na última semana para achegarse ao votante de clase media e clase media baixa que soña cunha mudanza de sistema que lle permita progresar, pero non acredita nos medios violentos nin na confrontación. Tamén fixo xestos nos últimos días cara ao colectivo LGTBQ+ e especialmente, cara ás mulleres, que representan o 52% do electorado e é onde atopa o índice máis alto de rexeitamento. Pola contra elas, protagonizaron o único movemento multitudinario de rexeitamento explícito do candidato. #Mulheres contra Bolsonaro Manifestación do movemento #EleNao / Midia Ninja Milleiros de persoas convocadas pola plataforma que se articulou hai algo máis dun mes por Facebook, Mulheres contra Bolsonaro, ateigaron as rúas de máis e 30 cidades do Brasil baixo os lemas #Elenão e #EleNunca o pasado sábado 29 de setembro. As manifestacións foron secundadas especialmente por mulleres, que de forma pública e inequívoca, quixeron amosar o seu rexeitamento ao candidato do PSL e ás súas visións retrógradas da familia, dos roles de xénero, da violencia contras as mulleres ou do papel destas no mercado laboral. O capitão, que recibía a alta hospitalaria ese mesmo día, ten declarado a súa misoxinia públicamente en numerosas ocasións. No ano 2014 durante un plenario da Cámara, Bolsonaro díxolle á deputada María do Rosario (PT-RS) que el nunca a violaría "porque ela não o merece" e en 2017 durante unha palestra no Clube Hebraica de Rio de Janeiro declarou en relación á súa filla; "Eu tenho cinco filhos. Foram quatro homens, a quinta eu dei uma fraquejada e veio uma mulher". Mulheres contra Bolsonaro ateigaron as rúas de máis de 30 cidades do Brasil baixo os lemas #Elenão e #EleNunca Evitando citar o nome do ex-militar para que non se convertera en trending topic nas redes sociais, as manifestantes reivindicaron a súa diversidade, a súa independencia e o seu absoluto compromiso cos dereitos humanos e as liberdade individual e colectivas. Homes e mulleres portaron carteis críticos co político en relación ás súas actitudes machistas, misóxinas, homofóbicas, transfóbicas e racistas. A elas uníronse numerosos colectivos sociais entre os que cabe destacar o movemento LGTBQ+, atacado con gran dureza e tratado con gran desprezo polo candidato. Tamén numerosas mulleres da cultura, do mundo intelectual, do cine e da televisión quixeron amosar publicamente o seu apoio ao colectivo. As mostras de solidariedade transcenderon as fronteiras brasileiras e decenas decidades de todo o mundo acolleron réplicas da manifestación. Así en Santiago de Compostela, Paris, Londres ou Barcelona escoitáronse os berros do #Elenão e artistas de sona internacional como Madonna ou Cher posicionáronse publicamente contra Bolsonaro. A pesar de ser unha convocatoria apartidista, ás concentracións asistiron presidenciables como Marina Silva (Rede), Vera Lúcia (PSTU) e Guilherme Boulos (PSOL) e vice candidatos como Manuela d'Ávila (PC do B chapa PT), Katia Abreu (PDT) e Sonia Guajaja (PSOL). As mostras de solidariedade transcenderon as fronteiras brasileiras e decenas decidades de todo o mundo acolleron réplicas da manifestación Foi un acto de empoderamento colectivo e de levantamento contra o que as convocantes consideraron "a volta do fascismo ao Brasil" e polo que "non están dispostas a pasar de novo". Pola contra, esta mostra pública de poder, foi contestada polos seguidores de Bolsonaro ao día seguinte. A mañá do domingo estivo marcada por carreatas -manifestacións en coches-, principalmente en Brasilia e Río de Janeiro, onde milleiros de persoas saíron para amosar o seu apoio ao líder. No acto de Río, o fillo do artista e deputado federal, Eduardo Bolsonaro, criticou ás artistas que secundaron as manifestacións ao día anterior. Ademais, afirmou que as mulleres de dereitas eran máis hixiénicas que as de esquerdas, non ensinaban os peitos en público e non defecaban na rúa, facendo referencia á manifestación do día anterior. A pesar do gran apoio á manifestación de Mulheres contra Bolsonaro, as estatísticas de intención de voto da última semana confirmaron que o apoio ao ex-militar que levaba tres semanas estable no 28%, medrou catro puntos chegando ao 31%, mentres que o principal rival de Bolsonaro, Fernando Haddad, que experimentara un gran crecemento nas últimas semanas, estancouse por primeira vez nun 21%. |
PRAZA_18837 | En 2009 o Goberno do PP anunciou a eliminación do complemento creado polo bipartito por ser "un pouco parche", pero despois recuou. O complemento volverá ser en 2019 de 206 euros malia a suba dos prezos na contorna do 9% | Dende o ano 2008 existe en Galicia un complemento ás pensións non contributivas abonado pola Xunta. Aprobado en outubro daquel ano pola Vicepresidencia do Goberno de coalición de PSdeG e BNG como un pagamento único de 200 euros anuais para estes subsidios, os máis baixos -incluía daquela tamén o subsidio de garantía de ingresos mínimos-, estivo a piques de desaparecer apenas un ano despois. Tras o retorno do PP á Xunta a nova conselleira de Benestar, Beatriz Mato, anunciou a súa desaparición. "Non nos gustan as iniciativas que son un pouco parche, non queremos tiritas", xustificara Mato entre un pechado apoio do PP no Parlamento, que agregara que tal medida desprendía un evidente "tufo electoralista".En 2009 o Goberno do PP anunciou a eliminación do complemento por ser "un pouco parche", unha "tirita" que "legalmente non está moi contemplada", pero despois recuouNo entanto, aquela supresión durou un poucos días. Despois de que a propia conselleira Mato reflexionase, adicionalmente, sobre que este complemento "legalmente non está moi contemplado" e dende a Consellería apelasen á necesidade de "optimizar cada euro que se gaste", o gabinete de Feijóo recuou. En 2009 houbo complemento, tamén en 2010, e en 2011 mesmo foi incrementado un chisco, ata os 206 euros, en consonancia coa suba dos prezos daquel ano.De 2011 en diante o complemento mantívose inalterado cada ano malia aos incrementos no custo da vida e así sucederá tamén co ingreso que estes pensionistas recibirán, previsiblemente, nos primeiros días de 2019. O Consello da Xunta desta semana aprobou o decreto que renova un ano máis o complemento extraordinario das pensións non contributivas, outra volta cun importe de 206 euros aínda que os prezos van rematar o ano nun incremento na contorna do 9% interanual, segundo os datos máis recentes do INE.O complemento volverá ser en 2019 de 206 euros malia a suba dos prezos na contorna do 9%; Feijóo considérao unha axuda de "excepcional importancia" para "as persoas que máis o necesitan"Mentres, daquelas dúbidas do Goberno do PP non queda nada. O propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, confirmaba este xoves que a poboación que a recibe segue a estar composta por unhas 39.000 persoas e para elas, especificou, trátase "dun complemento de excepcional importancia", dados os seus baixos ingresos. Neste sentido, como en anos anteriores, Feijóo insta a lembrar" que Galicia é "unha das poucas comunidades autónomas que aínda manteñen" esta achega extraordinaria ás pensións máis baixas."O Goberno galego -sintetizou a Xunta nun comunicado- amosa así o seu compromiso coas persoas que máis o necesitan", isto é, "pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas", entre outras. O pasado ano Política Social tivo que retirar cartos dunha ducia doutras partidas do seu orzamento e mais subscribir 1,03 millóns de débeda para pagar o complemento das pensións non contributivasUnha vez aprobado o decreto do complemento co mesmo importe que en anos anteriores só resta executar o pagamento, trámite para o que o pasado ano a Xunta tivo certas dificultades. Non en van, a finais de 2017 a Consellería de Política Social non tiña fondos dabondo para abonar o complemento cando o Consello da Xunta o aprobou. Por este motivo o departamento daquela aínda dirixido por José Manuel Rey Varela tivo, como informou Praza.gal, que botar man de ata unha ducia doutras áreas do orzamento e mais dunha operación de endebedamento para poder pagala.Concretamente, Política Social vírase obrigada a transferir máis de 4 millóns de euros da partida destinada a pagar a Renda de Inclusión Social (Risga), a cal paradoxalmente tivera que ampliar tamén durante o ano por non ter fondos dabondo. Tamén restara diñeiro dispoñible noutras áreas como os servizos sociais dos concellos, acollemento de maiores, centros de inclusión, loita contra a pobreza ou centros de servizos sociais. A suma dos 8,2 millóns de euros necesarios para abonar o complemento completárao con 1,03 millóns de euros de débeda. Pregunda ao respecto, a Consellería admitira que tivera que "reubicar orzamentariamente" o diñeiro para "facilitar a realización dos pagamentos. |
PRAZA_6455 | Celebra as novas que indican que o PP aparcará definitivamente a lei, e ve na "mobilización social" e no cálculo electoral posterior dos populares a explicación para a paralización da reforma. Mobilizarase este 28 de setembro en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos. | Á vista de todos os indicios, o Goberno tería decidido aparcar definitivamente a súa polémica e regresiva reforma da lei do aborto, que limitaba considerablemente este dereito e que situaba España como un dos países europeos menos garantistas cos dereitos das mulleres. Así o publicou El Mundo este sábado, e aínda que non se produciu unha confirmación oficial por parte do Executivo nin do Partido Popular, a paralización dáse por suposta en todos os ámbitos. A razón, por riba de calquera outra, está no cálculo electoral, na unánime posición social crítica coa reforma, mesmo entre a maior parte dos votantes populares, que ameazaba os resultados do PP nos comicios locais e autonómicos de maio. En boa medida pódese atribuír a retirada do proxecto á mobilización sostida polas plataformas e organizacións que dende hai máis dun ano se veñen manifestando en defensa do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos, comezando pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Unha das súas voceiras, Pilar Estévez, amósase cauta, pero esperanzada en que a retirada do proxecto se confirme: "parece que queren aparcalo", pero sinala que a Plataforma manterá a "alerta" até contar cunha confirmación oficial". Destaca a importancia do traballo realizado pola plataforma neste último ano e medio, no que as súas accións contribuíron a "crear opinión pública", incrementando a "contestación social". Cre que o Partido Popular acabou por convencerse de que "neste tema teñen en contra a maioría da sociedade", algo que "nun momento es que se están movendo as maiorías políticas e no que estamos tan cerca das eleccións" podería ter consecuencias importantes para eles. Valora igualmente a presión que neste proceso exerceu "a parte máis reaccionaria do PP", á que semellaba querer contentar o Goberno, pero que en realidade "parecía que era moito máis o que perdía que o que gañaba con esa posición tan extremista". De feito, este mesmo luns La Razón publica que Rajoy recibirá a Gallardón para expicarlle as razóns da paralización do proxecto, nun intento de contentar estes sectores ultra que nos últimos día xa comezaron a anunciar mobilizacións en contra do aborto. A mobilización feminista continúa con vista á conmemoración, o 28 de setembro, do Día Internacional polo dereito ao aborto, data na que a Plataforma prepara unha serie de accións a nivel comarcal A mobilización feminista continúa, en calquera caso, con vista á conmemoración, o 28 de setembro, do Día Internacional polo dereito ao aborto, data na que a Plataforma prepara unha serie de accións "cunha gran forza simbólica" a nivel comarcal. "É importante seguir mantendo a presión, non coa mesma intensidade, pero hai moitos temas que reivindicar", declara Estévez. "Queremos denunciar que a contrarreforma do aborto non é o único problema, senón toda a política pública que afecta á sexualidade e á saúde das mulleres: xinecoloxía, mamografía, planificación familiar... A situación é un desastre. Hai moito que denunciar", engade. |
NOS_38877 | Íñigo Errejón vén de afirmar que "en Galiza Podemos se apresenta coa súa marca. En Marea Podemos". | Tal e como esixía Podemos desde o inicio das conversas con Anova e EU, a papeleta electoral da coligazón destas formacións levará o nome de Podemos nun lugar destacado. Así, no logotipo, amais de En Marea, tan só figurará o nome dun dos partidos, o de Podemos. Íñigo Errejón, dixirente de Podemos, afirmou a mañá do domingo en declaracións aos medios que "en Galiza, Podemos apreséntase coa súa marca, En Marea Podemos". Podemos puxera como condición irrenunciábel que o nome do partido figurara no nome e na papeleta. Contra o apuntado por Errejón, o nome coa que se rexistrou a coligazón é En Marea, mais no logotipo das papeletas recóllese a fórmula En Marea-Podemos. |
NOS_14868 | O cuestionamento das primarias que deron o triunfo ao villarismo fronte á tríade Anova oficial-Podemos-Esquerda Unida non cesa. Esta terza feira, a organización do partido morado na Galiza deu a coñecer a súa auditoría sobre o proceso. Segundo o informe pericial, as fallas do sistema informático permitían "alterar o resultado das votacións", alén de violar a protección dos datos das persoas inscritas. Podemos non recoñece a vitoria de Villares. O fin da confluencia, cada día máis perto. | Podemos encarregou unha auditoría sobre as primarias de En Marea, realizadas os días 22 e 23 de decembro, por entender que estas estaban viciadas polo control do aparato villarista. Todo o proceso estivo desde o primeiro momento inzado de desconfianzas mutuas. As votacións internas estaban inicialmente previstas entre os días 1 e 3 de decembro mais foron suspendidas pola Comisión de Garantías, órgano controlado polos fieis a Villares, ao ter detectado accesos de persoas non autorizadas ao censo informático. O asunto acabou nas mans da Fiscalía. A principal conclusión da auditoría de Podemos, elaborada pola consultoría Securízame, sería que a plataforma informática utilizada durante as primarias presentaba "graves deficiencias" que permitían a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais" do resto de persoas inscritas. Segundo este informe pericial, as primarias carecían por tanto de suficientes garantías e os seus resultados —vitoria de Coidando a Casa, a lista de Villares, co 60 por cento dos sufraxios— non son confiábeis. A consultoría contratada por Podemos entende que a empresa á que recorreu a dirección de En Marea para o desenvolvimento das primarias —após relevar das súas funcións a Agora Voting, a plataforma habitualmente empregada pola formación morada nos seus procesos internos— "non ten experiencia suficiente nin cualificación" para garantir a "inalterabilidade das votacións". Cos resultados da auditoría nas súas mans, o Consello de Coordenación de Podemos-Galicia —e así o explica nunha carta aos seus inscritos— entende que a vitoria de Villares carece de lexitimidade democrática e que, por tanto, os órganos de dirección da confluencia —o Consello da Marea, formado exclusivamente por villaristas— fican inhabilitados politicamente. "Os responsábeis da fraude teñen que demitir", explicou a Sermos un portavoz de Podemos Galicia. "Non poden continuar nos seus cargos". Podemos Galicia vai actuar como se En Marea non tivese dirección política, como se as primarias non se tivesen realizado. Isto é, non recoñecen a lexitimidade da nova equipa de dirección de Villares. "Imos abrir un proceso de diálogo aberto a todos, tamén a Villares, sempre e cando previamente asuman as súas responsabilidades aquelas persoas que participaron na deturpación da vontade das bases de En Marea", dixeron a Sermos as fontes da dirección do partido morado. A pretensión da organización que lidera Antón Gómez-Reino é, como final deste proceso, convocar unha "Conferencia Aberta de País", con toda a fasquía de ser o comezo dun novo referente da "esquerda rupturista". O cisma co villarismo debúxase xa no horizonte. A única dúbida está en saber se a ruptura será nas próximas semanas ou após as municipais de maio. |
NOS_22161 | O si gañou o referendo de 1-O por esmagadora maioría, 90 por cento dos sufraxios obtidos. En total, o apoio ao nacimento da República catalá obtivo 2.020.144 sufraxios, face os 176.566 apañados polo non, 7,8 por cento dos votos emitidos. TV3 estimou a participación en 42,3 por cento. | Das 5.343.358 persoas chamadas a emitiren o seu voto fixérono finalmente 2.262.424, nun referendo marcado pola represión do Estado, que empregou todos os meios ao seu alcance para tentar impedir a realización da consulta. Non todos os votos puideron ser contados, ao teren sido requisadas as papeletas correspondentes a por volta de 400 colexios eleitorais, o que se correspondería cos sufraxios potenciais de 770 mil persoas, que non puideron exercer o seu direito de voto. Os dados foron oferecidos nunha conferencia de imprensa conxunta por Jordi Turull, conselleiro da Presidencia e portavoz do Govern; Raül Romeva, conseller de Asuntos Exteriores; e Oriol Junqueras, vicepresident. Os resultados finais do referendo serían: Si. 2.020.144 votos, 90% Non. 176,566 votos, 7,8%. Brancos: 45.585 votos. Nulos: 20.129 votos. Ao non se teren dado as mínimas condicións de normalidade no referendo -polas cargas policiais e a manipulación por parte do Estado do sistema informático que controlaba o censo de votación-, o Govern non achou prudente oferecer un dado oficial da participación do eleitorado no referendo. Quen si o fixo é a TV3, a televisión pública catalá, que estimou a participación en 42,3 por cento. O Si supera os resultados do 9N Os resultados obtidos polo SI superan os colleitados na consulta de 9 de novembro de 2014. Naquela altura -en que non se produciu ningunha intervención policial e portanto non houbo persoas que ficaron sen poder votar- a opción a prol da independencia apañou 1,8 millóns de votos. |
NOS_1663 | A escritora Laura Rei Pasandín vén de tirar do prelo Madeira e metal (Baía, 2021), un álbum ilustrado especialmente indicado para as primeiras e primeiros lectores. Coa morriña como protagonista, conta a historia de Aixa, unha nena de aldea, dinámica e inqueda, que marcha coa súa familia vivir á cidade. Alí atopará a alegría a través da música, dos sons da terra, do ar... Unha aventura coloreada coas ilustracións de Laura Romero, coautora de Ferreñas e Rock and Roll (Baía, 2019). Conversamos coa súa creadora, Rei Pasandín. | A historia de Madeira e metal é ben curiosa. Como xorde? A historia de Aixa xorde cando a miña familia, cos meus fillos, iamos mudar de casa. Desa vivencia parte a idea de crear unha narrativa para crianzas que trate os cambios, o abandonar un sitio por outro... a morriña, a melancolía... Porque aos meus fillos, aínda que a mudanza foi pequena, custoulles moito. Así pois, quería construír unha historia coa que explicarlle ás nenas e aos nenos ese sentimento de nostalxia para que se sintan identificados con el, sexa porque emigraron, porque se separan seus pais e teñen que cambiar de domicilio ou por unha mudanza... É dicir, procurei coller ese sentimento de morriña, de pena, e a través de aí crear algo bonito, positivo... Neste caso foi mediante a música. A música permite exteriorizar o malestar e transformalo dalgunha maneira. A música permite exteriorizar o malestar e transformalo dalgunha maneira Para a narrativa, fun ás miñas orixes na aldea, mais cun pequeno corte feminista. Quería como protagonista unha nena espelida, esperta, con ganas de conquistar mundo, rebelde, en certo modo... E tamén quería que cando se muda a familia fose porque é mamá quen vai traballar á fábrica. Son pequenos detalles que teñen algo de loita de xénero. A protagonista, Aixa, é unha nena de aldea moi esperta. Si, quería romper certos prexuízos ou estereotipos e creo que, ademais, a ilustradora Laura Romero complementou esa visión de Aixa ás mil marabillas. Son debuxos moi fermosos. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Laura Romero (@laurandcolours) É tamén unha forma de mostrar esa capacidade que teñen as cativas e cativos de observar e captar todos os sons da natureza ou da contorna que os rodea... porque é aprendizaxe tamén, é cultura. A capacidade que teñen as crianzas de observar e absorber todas estas cousas que hai ao noso redor é marabillosa. Iso si teño que agradecerllo á miña filla e ao meu fillo, que me fan estar pendentes deses pequenos detalles que, polas présas, tiña esquecido, mais que volvín recuperar grazas a eles. A música, for tradicional ou non, xoga un papel importante na narrativa. Son fundamentais ambos os aspectos. Debemos recuperar a nosa propia música e cultura galegas mais tamén enriquecernos de músicas que veñen doutras culturas e doutras zonas do mundo. Músicas novas, transformadoras, que enriquecen a nosa sociedade. Aínda que non vaia directamente sinalado, si que se pode extrapolar non só ao noso, senón a todas as culturas que veñan, e tamén eses sentimentos que traian doutros lugares. No libro inclúense tres cantigas populares, como un viño, unha chiscadela para traer a importancia da memoria dos nosos cancioneiros. Creo que na literatura infantil, ademais, non está moi recollida a música tradicional e gustábame ter ese detalle. Na súa novela As mans da terra (2016) tamén aparecen estas liñas temáticas: mundo rural, memoria, coidados... Creo que eses temas son a miña liña horizontal, o que me guía. Ademais, traballo en coidados e son coidadora. Entendo os coidados como centro da vida. N'As mans da terra quería pór de manifesto o pouco recoñecemento que tiveron determinadas mulleres N'As mans da terra quería pór de manifesto o pouco recoñecemento que tiveron determinadas mulleres. Elas, pola historia que lles tocou vivir, non contaron coa posibilidade de formación, dun traballo pagado, mais sostiveron a nosa sociedade... Non obstante, foron silenciadas e era unha sensación que me parecía moi inxusta. As mesmas mulleres que loitaron moitísimo, que non deixaron de traballar por un mundo máis xusto, eran ignoradas. Esa inxustiza levoume a repescar esas mulleres que tecían rede, que fixeron que as novas xeracións puideran ter máis dereitos, aínda sendo consideradas unhas analfabetas por moitos. Quixen darlle voz. Desde que temos que coidar a terra até que nós precisamos ser coidados... Os coidados deberían estar no centro de toda política. |
PRAZA_14761 | Emitiron sendos comunicados de apoio aos imputados, aos que a Fiscalía pide máis de 45 anos de cadea. "O que se pretende é criminalizar os movementos sociais", aseguran. | A Mesa pola Normalización Lingüística e Prolingua emitiron na mañá deste luns sendos comunicados de apoio aos procesados po manifestarse contra Galicia Bilingüe o 8 de febreiro de 2009 en Compostela. O xuízo, que chega catro anos máis tarde dos feitos, dará comezo ás 9.30 deste martes 22 e celebrarase contra doce mozos aos que piden máis de 45 anos de cadea. "É un disparate que produce arrepíos; que cese isto e que se faga xustiza", di A Mesa No seu comunicado, A Mesa considera "un disparate que produce arrepíos" as penas solicitadas pola Fiscalía. Segundo apuntan desde o colectivo, "a única pretensión desa petición de penas desproporcionadas é criminalizar os movementos sociais". No seu comunicado, desexa que "cese o disparate e se faga xustiza". Ademais, remata facendo unha valoración global; animando "o conxunto da sociedade comprometida" a que "non se deixe vencer" e a que "manteña aceso o facho do traballo e da esperanza". "A manifestación foi unha demostración de odio apoiada polo PP, Falange e UPyD", lembra Prolingua Pola súa banda, Prolingua, considera que a manifestación "foi unha demostración de odio irresponsabelmente apoiada polo Partido Popular, (…), Falange Española ou UPyD". Prolingua pregúntase de maneira retórica: "De que estamos a falar? Sete anos de cadea por defender a lingua galega dun ataque extremista..? Catro anos en prisión por se manifestar na rúa? Identificados e aldraxados por falaren galego..? Apreixados por berrar contra os que vulneran as normas de convivencia das que nos dotamos as galegas e os galegos..?". Prolingua remata o comunicado expresando a súa total "solidariedade coas encausadas e encausados do 8F", e remarcando a "regresión nas liberdades fundamentais no Estado español". Por outra banda, decenas de persoas concentraranse este luns nas cidades de Vigo e Compostela ás 20.30 horas para reclamar a absolución dos procesados do 8F. En Vigo, diante do Marco e en Compostela, na Praza de Cervantes. |
NOS_30441 | BNG, EH Bildu, CUP, Compromís, Más País Verdes-Equo, Junts e ERC presentaron na segunda feira unha solicitude de comparecencia de Pedro Sánchez e Fernando Grande Marlaska en relación ás mortes rexistradas no valado de Melilla após a actuación das forzas de seguridade marroquís. | Os grupos políticos queren que o presidente do Goberno español e o ministro do Interior informen en sede parlamentaria sobre os feitos acontecidos a pasada sexta feira nos que se rexistraron, cando menos, segundo as ONG un total de 37 falecidos e ducias de persoas feridas. Na solicitude de comparecencia apuntan os dous membros do Executivo como "figuras responsábeis" do ocorrido e sinalan que é consecuencia "das políticas migratorias da Unión Europea e do novo acordo entre o goberno do Estado español e o Goberno marroquí". Primeiras vítimas após o acordo entre España e Marrocos: Ascenden a 37 os mortos ao tratar de saltar o valado de Melilla Ademais, coa iniciativa, BNG, EH Bildu, CUP, Compromís, Más País Verdes-Equo, Junts e ERC amosan o seu malestar coas declaracións de Pedro Sánchez nas que felicitou a "cooperación" do dispositivo das forzas e corpos de seguridade de Marrocos e de España para frear o que denominou "asalto violento" de migrantes. Esta segunda feira, a Asociación Marroquí de Dereitos Humanos denunciou que as autoridades de Marrocos están a habilitar varias fosas nun descampado para soterrar os inmigrantes. Tamén advertiu de que non se van practicar autopsias aos falecidos que, de momento, permanecen na morgue do hospital Hassani, en Nador. Marrocos, acusado de soterrar en fosas os cadáveres dos inmigrantes asasinados sen practicarlles autopsia Segundo a entidade, Marrocos pretende evitar que se inicie unha investigación, o que supuxo as protestas de ONG que traballan sobre o terreo. Ademais, a Unión Africana amosou esta segunda feira a súa preocupación polo "tratamento violento e degradante" por parte de Marrocos ás persoas migrantes que tratan de superar o valado de Melilla. Tamén se pronunciou ao respecto o Executivo de Alxeria, que cualificou as mortes como "auténticas execucións sumarias". Criticou, así, o "verdadeiro rostro" de Marrocos en política migratoria. |
PRAZA_11576 | O Goberno do Estado poderá pechar ou intervir de vez, sen falta ningunha de autorización xudicial, calquera rede de comunicacións dixital por etéreas razóns baseadas en tres conceptos xurídicos indeterminados: a seguranza pública, a orde pública e a seguranza cidadá | O Goberno Sánchez en funcións, exercendo o máis baixo electoralismo dende a súa absoluta falla de lexitimidade (e moi probabelmente de legalidade), arrumbou calquera criterio legal, ético ou estético para aprobar o 31 de outubro un Decreto-Lei que ven de ser agora ratificado pola Deputación Permanente do Congreso estatal disolto. Votaron a prol os deputados do tripartito do 155 (PSOE, PP e Cs) e abstivéronse os de UP, amosando outravolta que o máis semellante a un español de dereitas é un español de esquerdas.Das resultas deste aberrante iter o Goberno do Estado poderá pechar ou intervir de vez, sen falta ningunha de autorización xudicial, calquera rede de comunicacións dixital por etéreas razóns baseadas en tres conceptos xurídicos indeterminados: a seguranza pública, a orde pública e a seguranza cidadá, o que de feito amplía ad infinitum as posíbeis causas de peche ou intervención do Executivo estatal e deixa o Estado español nos niveis de liberdade dixital da República Popular de China.Pedro Sánchez propuxo esta aberración para lle amosar á cidadanía que era quen de se pór ao nivel do PP ou Cs canto a medidas excepcionais contra as demostracións cidadás do movemento soberanista catalán. Así e todo, as medidas implementadas, como adoita pasar con todas as lexislacións excepcionais, poderán ser usadas hoxe en Catalunya, mañá en Galicia ou Euskadi e pasado mañá en Madrid ou Valencia. O Decreto-Lei aprobado vulnera abertamente o artigo 86 da Constitución (CE), que regula esta caste de lexislación. Primeiro porque non existía motivo ningún de extraordinaria e urxente necesidade, esixida no devandito artigo para aprobar esta caste de instrumentos. Segundo por incidir na regulación ds dereitos e liberdades constitucionais (e non só nas liberdades públicas como as liberdade de expresión e manifestación), prohibida no propio artigo 86 CE. E terceiro por atinxir o contido esencial da liberdade de expresión do artigo 20 CE e, relacionadamente, de libre manifestación cívica do artigo 21.2 CE, vulnerando a prohibición do artigo 53.1 que reserva á lei a regulación do contido esencial destas liberdades.Porén, non confíen vostedes en que o Tribunal Constitucional partille no futuro estas ideas tan nidias. Porque os seus membros foron elixidos polos políticos do PP (de xeito maioritario) e PSOE, que agora aprobaron canda Cs esta barbaridade. Demostrárono coa sentenza que declarou constitucional o abusivo exercicio por Rajoy (apoiado por Sánchez) do 155 e demóstrano día a día decidindo como deciden os árbitros de fútbol caseiros. |
PRAZA_208 | A recuperación do control curdo de Kobanê/Rojavá e a expulsión dos milicianos ŷihādistas do EI implica unha alteración, se ben previsible, dentro da confusa e complexa xeopolítica que está actualmente remodelando a configuración política e territorial de Oriente Próximo. | Tras catro meses de resistencia e combates contra as milicias do Estado Islámico (EI), a recuperación esta semana por parte das forzas peshmergas curdas do control da estratéxica cidade de Kobanê, ao norte de Siria e fronteiriza con Turquía, recrea as potencialidades de concreción dun corredor territorial plenamente curdo no corazón de Oriente Próximo, fortalecendo ao mesmo tempo as demandas soberanistas dun Curdistán politicamente cada vez mais afianzado pero contrastado polas ambigüidades e os intereses xeopolíticos que actualmente están remodelando Oriente Próximo. A primeira gran derrota militar de carácter estratéxico do EI erixe ao YPG curdo como o seu principal contrincante dentro dun conflito sirio cuxo radio de influencia é cada vez mais rexional O asedio de Kobanê (Rojavá en curdo) por parte das forzas do EI desde mediados de setembro de 2014 foi repelido a través dunha progresiva resistencia por parte das milicias peshmergas enroladas no YPG (Unidade de Defensa do Pobo Curdo), a facción do PKK curdo en Siria, con axuda aérea da coalición internacional que Washington mantén contra as forzas ŷihādistas. Neste sentido, a primeira gran derrota militar de carácter estratéxico do EI erixe ao YPG curdo como o seu principal contrincante dentro dun conflito sirio cuxo radio de influencia é cada vez mais rexional. Desde setembro, os combates deixaron aproximadamente 1.600 mortes, segundo diversas ONGs sirias e internacionais. Con todo, a resistencia popular e a recuperación dunha localidade cun 90% de poboación curda, pode implicar outras variables de carácter xeopolítico que fortalezan (ou incluso contrasten) as demandas curdas de procrear unha entidade estatal autónoma en pleno corazón de Oriente Próximo. Resistencia e revolución Mentres resistían o asedio do EI, os milicianos pershmergas e as forzas políticas curdas de Kobanê/Rojavá instauraban un modelo político de carácter autoxestionario, pluralista e asembleario, en gran medida inspirado no ideario do PKK pero adaptado á realidade étnica e relixiosa existente na rexión, tomando en conta a presenza de comunidades árabes, asirias, armenias e turcománs. Neste escenario político, destaca a presenza da milicia feminista Estrela YJA, literalmente "Unión de Mulleres Libres", así como da YPJ (Unidade de Defensa das Mulleres), sumamente importantes na loita contra as tropas ŷihādistas do EI. Destaca esta variable política tomando en conta a configuración dun modelo político de democracia directa practicamente inexistente na rexión, así como a efectiva loita dunha milicia feminista contra as pretensións de instauración dun Califato rigorista e represor encarnado na esencia do EI, un aspecto que igualmente suxire unha emancipación política orientada á avanzar nos dereitos da muller como actor relevante no só dentro do contexto curdo senón a nivel rexional1. Destaca a presenza da milicia feminista Estrela YJA, literalmente "Unión de Mulleres Libres", así como da YPJ (Unidade de Defensa das Mulleres), sumamente importantes na loita contra as tropas ŷihādistas do EI Con todo, o simbolismo que pode imprimir a liberación de Kobanê/Rojavá abarca outras variables, esencialmente de carácter xeopolítico, na que se contrastan as pretensións independentistas curdas, a eventual potenciación dun novo modelo político "revolucionario" nunha post-Primavera árabe atomizada, e a (re) configuración de diversos (e moitas veces disímiles) intereses estratéxicos. A resistencia das milicias peshmergas do YPG e, particularmente, da Estrela YJA, así como a credibilidade do seu modelo político autoxestionario, poden implicar un efecto propagandístico sumamente relevante dentro do tradicionalmente polarizado escenario político curdo, particularmente co respecto á hexemonía establecida polo PKK no Curdistán turco e, principalmente, de cara aos manexos xeopolíticos do Goberno Rexional do Curdistán (KRG) establecido ao norte iraquí, con autonomía política desde 1991, reforzada trala caída do réxime de Saddam Hussein (2003), con capital en Erbil e presidida por Masud Barzani (Partido Democrático do Curdistán, PDK). Neste sentido, e a pesares da súa notoria polarización política, desde a ofensiva do EI en Kobanê apreciouse unha notoria unidade política curda, aspecto que reforza a lexitimidade e popularidade da YPG/Estrela YJA. Esta variable contrastou coa primaria ambigüidade da KRG co respecto á ofensiva do EI entre Siria e Iraq acaecida a comezos de 2014, un aspecto que cambiou radicalmente unha vez as milicias ŷihādistas ocuparon a cidade de Mosul en xullo pasado, un aspecto neurálxico que reforzou a condición de ameaza encarnada no EI. Esta ambigüidade inicial do KRG tivo similitudes co distanciamento outorgado por Turquía unha vez o EI fortalecía o seu avance entre Siria e Iraq. Como efecto colateral, Ankara, temeroso de observar a potenciación dun Estado curdo en Oriente Próximo que implicara unha eventual escenario de inestabilidade no sueste turco onde habita a maior parte da poboación curda a nivel rexional, interpretou a ofensiva do EI como a posibilidade de conter ou ben repeler a eventual concreción dun corredor territorial próximo ás fronteiras turcas, que potenciara o soberanismo curdo. Paralelamente, o KRG semellaba observar un tácito "pacto de non agresión" contra o EI na pretensión de non atacar o seu territorio nin afectara o seu radio de influencia política, aspecto que mudou coa toma de Mosul por parte dos ŷihādistas. O KRG semellaba observar un tácito "pacto de non agresión" contra o EI na pretensión de non atacar o seu territorio nin afectara o seu radio de influencia política, aspecto que mudou coa toma de Mosul por parte dos ŷihādistas Con todo, os avances do EI na porosa fronteira entre Siria e Iraq e os masacres realizados polos seus milicianos, afectaron seriamente ás comunidades curdas, asirias, árabes e turcománs existentes, un aspecto que fortaleceu a popularidade das milicias pershmergas curdas resistentes en Kobanê/Rojavá. Velaí que un factor a tomar en conta será observar en que medida as demais forzas políticas curdas (e particularmente a súa crónica polarización) lograrán manexar a crecente popularidade dos peshmergas da YPG/YJA de Kobane, así como das potencialidades do seu modelo político autoxestionario. A causa curda e os intereses xeopolíticos Aparentemente consolidado o control curdo en Kobanê/Rojavá, a perspectiva de concreción dun corredor estratéxico curdo entre o Norte de Siria, o Sueste turco e o Norte de Iraq, recrea as potencialidades do soño curdo de proverse dun Estado autónomo independente, sexa ou non recoñecido pola comunidade internacional. Recrea as potencialidades do soño curdo de proverse dun Estado autónomo independente, sexa ou non recoñecido pola comunidade internacional Con esta perspectiva, Turquía ven fortalecendo os seus contactos coa KRG, particularmente e carácter enerxético. En novembro de 2013, Ankara asinou un acordo coa KRG para asegurar a viabilidade de transporte dun oleoduto desde o Curdistán iraquí ata o porto turco mediterráneo de Ceyhan, todo isto ilustrado dentro dunha xeopolítica enerxética onde a causa curda xoga igualmente as súas cartas. Esta concreción de intereses entre Ankara e Erbil causou irritación en Bagdad, o que motivou ao goberno de Barzani a adoptar un novo acordo coas novas autoridades iraquís a mediados de 2014. O KRG xoga a carta enerxética a fin de fortalecer a súa posición dentro do escenario político curdo. Así, Erbil observa un apoio tácito por parte doutros aliados, como EUA e Israel, cos que xa mantén relacións informais desde 2004, pouco despois da caída do réxime de Hussein en Bagdad. Con todo, a concreción de intereses para acabar ou ben conter ao EI, os plans enerxéticos en curso e a política activa do KRG para erixirse como eventual voceiro da causa curda poden verse contrastados pola popularidade que está cobrando o YPG/YJA trala recuperación de Kobanê, impulsándose como portadores dun novo modelo político alleo aos intereses occidentais. Por outra banda, está por ver cal será a reacción doutros actores como Arabia Saudita (actualmente en fase estacionaria de transición política trala morte do rei Abdulá), Catar e Emiratos Árabes Unidos, os cales fan causa común coa ofensiva da coalición internacional contra o EI liderada por Washington pero observan con receo os contactos enerxéticos entre Turquía, EUA e o KRG. Outro actor é Irán, implicado desde 2013 nunha estratexia aperturista con Occidente. Cunha numerosa comunidade curda no norte iraniano, Teherán igualmente recea da eventual configuración dun corredor curdo entre Siria, Turquía e Iraq trala derrota do EI en Kobanê, así como dos intereses xeopolíticos e enerxéticos existentes en torno ao oleoduto que transitará dente o Curdistán iraquí ata Ceyhan. Catar e Emiratos Árabes Unidos, os cales fan causa común coa ofensiva da coalición internacional contra o EI liderada por Washington pero observan con receo os contactos enerxéticos entre Turquía, EUA e o KRG Dentro destes contrastes, a recuperación do control curdo de Kobanê/Rojavá e a expulsión dos milicianos ŷihādistas do EI implica unha alteración, se ben previsible, dentro da confusa e complexa xeopolítica que está actualmente remodelando a configuración política e territorial de Oriente Próximo. Así e todo, Kobanê será agora un símbolo histórico da resistencia e das pretensións curdas por alcanzar un Estado nacional independente. Notas Segundo Leyla Agiri, membro da Comisión Executiva da Unión de Mulleres do Curdistán (KJK), o labor da YJA e da YPJ, así como das mulleres curdas na defensa de Kobanê, define un novo momento político para o "renacemento das mulleres en Oriente Medio", dirixido polo Partido das Mulleres do Curdistán (PAJK). Para maior información, consultar: "Kurdistán: la revolución es femenina", http://elirreverente.cl/index.php/es/unica/internacional/56-elba-lazo |
NOS_29479 | Os sindicatos critican a "intransixencia" dos empresarios, aos que acusan de querer "perpetuar" o "peor convenio" de todo o sector da alimentación. | O comité de greve do sector dos produtos elaborados do mar retomará os paros de 24 horas os días 30 e 31 de outubro após fracasar as negociacións coa patronal, conversas polas que se decidiu suspender os protestos. A representación dos traballadores critica "a intransixencia do empresariado", que realizou unha derradeira oferta, afirman, "que non satisfai minimamente as demandas" de melloras económicas e sociais, pretendendo perpetuar o "peor convenio" de todo o ámbito da alimentación. Segundo o comité, que se desprazou a Madrid tanto a quinta feira da pasada semana, 25 de outubro, como esta segunda, 29, a patronal non se moveu practicamente da proposta inicial. Neste sentido, indican os sindicatos, na parte económica móstranse intransixentes nas propostas de suba salarial nos grupos 1,2 e 3 (os máis precarizados) dun 5´5% no primeiro ano e 2% nos tres sucesivos anos de vixencia do convenio fronte os 5,5% e 2´9% que propón a parte social. Alén disto, o empresariado tampouco está disposto a admitir permisos retribuídos para levar fillos en idade pediátrica ao centro de saúde. Piquetes informativos A segunda xornada degreve no sector de elaborados do mar repetirá o esquema da anterior, dando inicio na madrugada desta terza feira 30 con piquetes informativos percorrendo os principais centros de traballo e polígonos. Así, e segundo informa CIG-Mar, na comarca de Vigo desprazaranse desde as 22 horas do luns ao inicio da quenda de noite en Pereira, para desprazarse ás 04:30 a outras factorías como Fandicosta ou Mascato. No caso de Pontevedra, comezarán ás 04:00 da mañá desde Numarsi, no polígono de Campañó, e máis tarde irán até o porto de Marín para informaren as traballadoras/es en GPS ou Cabomar,ás 04:30h. |
PRAZA_1894 | Se a idea non trunfa e a unidade non coagula, cando os responsables reais do fracaso comparezan para botarlle a culpa a Xan e Perillán, e para pedirlle aos seus seareiros que garden un minuto de silencio polo que puido ser e non foi, alguén debería recomendarlle que se arreden a un lado, e que deixen de estorbar. | "Ouço cair o tempo, gota a gota, e nenhuma gota que cai se ouve cair". (O livro do desassossego, Fernando Pessoa). Galicia –esa esquina do mundo onde veranea Rajoy- pinta cada vez menos no mapa político español e está a piques de desaparecer como suxeito político, se non lle pomos remedio a tempo. E, se a cousa non muda, só pode ser porque uns non queren, outros non poden e a outros fáltanlle as habilidadades. Estamos onde estamos e imos irremediablemente cara o averno, pola actitude dos partidos con domicilio social na capital do Estado e pola teimosía dos poderes económicos e mediáticos dominantes –e reinantes- confabulados para minguar as nosas sinais identitarias, obsesionados en afogar a capacidade de desenvolvemento que precisamos pór en solfa para gañar o benestar que merecemos coma cidadáns feitos e dereitos. Mais a culpa -en menor medida, iso si- tamén é nosa, polos erros e torpezas dos que nos declaramos nacionalistas ou como lle chamen, que levamos máis tempo da conta sen facer os deberes que nos demanda a veciñanza, sen suar o necesario para conter a ansia enfermiza dos activistas do auto-odio para deixarnos fóra de xogo como País. Hai cousa de dous meses, despois das eleccións municipais, comezouse a albiscar a temperanza que case atoa os marcos do minifundismo político que nos impide avanzar. Todos os que, con maior ou menor intensidade, recoñecen o carácter plurinacional do estado español, non aforraron prédica á hora de defender a necesidade dunha candidatura unitaria galega, comprometéndose solemnemente a impulsala, para acadarmos un grupo parlamentar propio nas Cortes españolas. Xa vai sendo hora de que saibamos se hai fariña dabondo na artesa para amasar a tan arelada candidatura unitaria Parece que a cousa se move. Iso si, sen sabermos cara onde. Mareas, encontros cidadáns, Banquete de Conxo 2.0, seica traballan arreo na procura da confluencia necesaria. Mais xa vai sendo hora de que saibamos se hai fariña dabondo na artesa para amasar a tan arelada candidatura unitaria e, por suposto, para avaliar se as forzas políticas galeguistas, e determinados líderes políticos e sociais que andan soltos, están dispostos a deixar de pintar a mona, e permitir que aconteza o que debe acontecer. Se a idea non trunfa e a unidade non coagula, cando os responsables reais do fracaso comparezan para botarlle a culpa a Xan e Perillán alguén debería recomendarlles que se arreden a un lado Ah! Se o asunto ten éxito, Galicia abrirá as cancelas para ter voz e voto despois das eleccións xerais, cando comece o debate nas Cortes españolas sobre unha nova e necesaria conformación territorial do Estado. Mais, se a idea non trunfa e a unidade non coagula, cando os responsables reais do fracaso comparezan para botarlle a culpa a Xan e Perillán, e para pedirlle aos seus seareiros que garden un minuto de silencio polo que puido ser e non foi, alguén debería recomendarlle que se arreden a un lado, e que deixen de estorbar e de tocar o nabo. Mentres tanto, aquí andamos, furgando e espreitando se vira o vento do nordés, a ver se chove e amaina esta seca maldita que nos está deixando sen pasto, sen vacas…, sen leite. |
PRAZA_3158 | O líder do PSdeG augura unha "campaña sen tregua" na que "o PP e todos os sectores conservadores do país" van "atacar por todos os medios" e insta os cargos do partido a "poñer o chaleco antibalas" e dirixirse á cidadanía. O secretario de organización do PSOE e ministro de Transportes, a Feijóo: "Voume centrar no AVE, que el se centre na sanidade e cumpra con Verín" | A precampaña está lanzada e, pola banda socialista, a batalla do PSdeG é tamén desta volta, se cadra con máis intensidade ca nunca nos últimos quince anos, a batalla da dirección federal do PSOE. No primeiro Comité Nacional do partido -máximo órgano entre congresos- do ano 2020 o secretario xeral e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, contou co apoio de quen de facto é o número dous de Pedro Sánchez no aparello socialista, o ministro José Luis Ábalos, e xunto a el lanzou unha apelación á dirixencia da formación: deben prepararse para "acabar 2020 gobernando Galicia".O líder do PSdeG augura unha "campaña sen tregua" na que "o PP e todos os sectores conservadores do país" van "atacar por todos os medios" e insta os cargos do partido a "poñer o chaleco antibalas" e dirixirse á cidadaníaComo no último ano, Caballero bota man dos resultados dos procesos electorais de 2019 para dar por feito que Galicia vive xa un "novo tempo político" pero advirte: a carreira electoral "vai ser moi dura". O PP, augura, vai "utilizar todo o poder da Xunta" para "unha campaña sen tregua". "Van utilizar todo o que poidan que sexa verdade e todo o que necesiten sendo mentira; van atacar por todos os medios aos nosos referentes e a este candidato". Porque "Feijóo sabe", segundo Caballero, que "o cambio pasa" polo PSdeG.É por iso que, para o líder socialista, a tarefa dos vindeiros meses é clara. "Poñer o chaleco antibalas para resistir os ataques e difamacións do PP e de todos os sectores conservadores do país" e pasar o "último tramo do goberno do PP en Galicia" pensando "na cidadanía". O PSdeG, asegura, falará de "política económica", do "déficit de praza de residencias para maiores" ou de que "a sanidade pública é a prioridade dos socialistas e vai marcar o novo tempo político". Tamén das iniciativas do Goberno de España en materia de pensións, da suba do salario mínimo ou "da transición ecolóxica acompañando os traballadores".Pero malia formular propostas políticas, cre o candidato socialista, "o ataque vai ser furubundo". "Unhas veces vannos ningunear porque preferirán mover outras opcións", outras veces "mentirán sobre o que facemos en España e o que queremos facer en Galicia". E outras, prevé, "sairán á rúa contra o Goberno de España". Todo isto, cre, mentres "nos din que o PP vai sacar maioría absoluta". Pero "non nos van minar", asegura Caballero, que lanzou unha última advertencia á cúpula do PSdeG: "A última hora, se o necesitan, buscarán socios na ultradereita".Ábalos, a Feijóo: "Voume centrar no AVE, que el se centre na sanidade e cumpra con Verín"A intervención do secretario de organización e ministro de Transportes ante o Comité Nacional do PSdeG estivo marcada polas peticións de dimisión que PP, Vox e Ciudadanos lle lanzan polo seu encontro en Madrid coa vicepresidenta de Venezuela. Alén das mensaxes en clave estatal, Ábalos deixou en Compostela a mensaxe que xa lanzara noutras ocasións o propio Pedro Sánchez. "Voume envorcar nesta campaña como se fose a de España, temos que tentar que en Galicia tamén se abra o cambio que se abriu en España" para que "non quede atrás", pero tamén para que o PP non utilice a Xunta como "trincheira" contra o Executivo de coalición, di.Ábalos asegura que a dirección do PSdeG se vai "envorcar" na carreira electoral galegaNeste contexto, Ábalos repasou as áreas da súa xestión directa, dende as datas do AVE -na liña do afirmado na xornada anterior na Coruña- ata o futuro da AP-9 -"estamos dispostos á transferencia" e "imos facer as bonificacións de peaxes que nos comprometemos", di-, pero tamén foi ao corpo a corpo con Feijóo, a quen non ve cualificado para falar de "lealdade" institucional. "Eu voume centrar no AVE, e voulle pedir que se centre na sanidade e na educación", que é o que lle "corresponde". "Que cumpra co paridoiro de Verín", retou, antes de advertir que "leal non é estar desexando que nós fracasemos" nin "utilizar os galegos como reféns" contra o Goberno central. |
PRAZA_12038 | A pouco máis dun mes para a folga xeral convocada pola CIG, "máis de 140.000" galegos responden ás convocatorias de Comisións e UGT contra a reforma laboral | A reforma laboral perde a súa primeira partida na rúa. A menos dun mes da folga xeral convocada pola CIG, milleiros de galegos acudiron este domingo á chamada de Comisións Obreiras e UGT para expresar o seu rexeitamento ao "desprezo aos dereitos laborais" que, din, supón o proxecto do Goberno de Mariano Rajoy. As centrais sindicais cifran en 140.000 as persoas que secundaron as nove convocatorias galegas dunha protesta que tivo 57 escenarios en todo o Estado e sobre a que planeou a posibilidade dunha folga que, de convocarse, debe ser "para gañala", din. As protestas máis masivas contra a "maior agresión do período democrático aos dereitos dos traballadores" foron as de Vigo e A Coruña. Mentres, desde Sevilla, Mariano Rajoy continuaba a xustificar a reforma, na coruñesa Praza da Palloza unha das palabras máis repetidas era "cabreo". Nesta mobilización, fixada polos convocantes como a "central" para Galicia, os secretarios xerais de CC.OO e UGT advertían de que as marchas deste domingo non van ser unha illa, senón o inicio dun camiño que, admiten, pode rematar en folga xeral. "Se non escoitan este clamor haberá máis mobilizacións e seguramente, tamén folga", resume para Praza Pública o líder de Comisións, Xosé Manuel Sánchez Aguión. A de hoxe, di Aguión, é só "a primeira resposta" a ao "atraco social" que, di, sofre o conxunto da poboación, pero cuxas consecuencias afectan especialmente "aos que están en peores condicións", no caso galego, "os 275.000 parados" e as "80.000 familias sen ingresos". Nun sentido semellante, dende UGT José Antonio Gómez recoñece a Praza que as manifestacións teñen un papel de termómetro e o mercurio sobre a niveis de "tremendo cabreo". "Este é o primeiro paso dunha mobilización sostida no tempo" e dunha "resposta masiva e contundente, en toda Galicia e no resto do Estado" Folga xeral e posible unidade coa CIG Nestes primeiros pasos do camiño do rexeitamento á reforma laboral, nin CCOO nin UGT desbotan atoparse coa CIG. Se ben dende ambos sindicatos lamentan que a central nacionalista convocase xa a folga "pola súa parte", non descartan a chegada a unha unidade que, lembran, xa se produce en ámbitos como a función pública, no que nos vindeiros días iniciarán mobilizacións conxuntas contra o plan de recortes do Goberno galego. Sobre esta base, Sánchez Aguión di que lle tería "gustado" que a "CIG se sumase ás mobilizacións" deste domingo e Gómez amósase convencido de que "a campaña de mobilizacións nos levará a confluír". "As folgas xerais fanse para gañar" e Comisións e UGT "convocarémola cando máis dano lle faga ao Goberno". O termómetro da rúa segue a subir e, no congreso do PP, Rajoy daba a súa particular resposta: "faremos o que teñamos que facer". Datos sindicais de asistencia ás protestas A Coruña 35.000 Lugo 4.000 Ourense 5.000 Pontevedra 5.000 Santiago 15.000 Vigo 50.000 Ferrol 25.000 Burela 550 Vilagarcía 2.000 |
PRAZA_15595 | As primeiras contas públicas sen consellería específica para o ámbito cultural volven minguar os fondos para o sector mentres na Cidade da Cultura seguen a aumentar os gastos de mantemento e subministros | Os cartos para cultura minguan e os da Cidade que disque a alberga tamén o fan, pero menos. Os primeiros Orzamentos Xerais nos que a cultura non ten consellería de seu na estrutura da Xunta chegan cunha importantísima tesoirada que afecta a todas as áreas pero non a todas por igual. Dentro da Consellería de Cultura e Educación as partidas culturais suman un total de 61,3 millóns de euros. Deste orzamento saen as transferencias que o Goberno galego lle realiza á Fundación Cidade da Cultura, sostén económico principal do complexo do monte Gaiás. En 2013 esas achegas serán, entre subvencións de capital e subvencións á explotación, de 10,4 millóns de euros. Estas cifras queren dicir que o incompleto conglomerado de edificios deseñado por Peter Eisenman e iniciado polo gabinete de Manuel Fraga vai consomer o 16,9% do que antes era unha consellería e agora unha parte do departamento que dirixe Jesús Vázquez. Deste xeito, aínda que o Gaiás vai recibir un 13% menos de cartos da Xunta que no ano que remata -cando a achega foi de 12 millóns- o seu peso relativo aumenta, pasando do 15% de 2012 ao devandito 16,9%. Ademais, a caída do 13% está lonxe da tesoirada global á cultura, que chega ao 30,28%. O gasto no complexo do Gaiás cae un 13% pero aumenta o seu peso relativo no orzamento cultural do Goberno Do mesmo xeito, unha ollada ás contas da Fundación Cidade da Cultura permite concluír que no Gaiás o continente segue a primar sobre o contido. Así, as "obras, equipamento e dotacións do complexo" suporán 6,05 millóns, segundo este proxecto, mentres que a "programación, difusión e realización de actividades artístico-culturais e eventos" vai ter unha dotación de 3,4 millóns. Nomeadamente, a Xunta prevé gastar máis de 636.000 euros en "reparacións e conservación" -en 2012 non chegou aos 500.000- ou reserva 1,02 millóns para "subministros" do complexo. Mentres os "gastos de programación" deixan polo camiño case 3 millóns -no ano que rematan foron 6,4 millóns-. Fronte a estes incrementos orzamentarios para manter abertos os edificios do Gaiás todos os programas de gasto propiamente cultural van minguar en 2013. Así, para "dirección e servizos xerais de cultura" haberá 15,5 millóns, 6,3 menos que no ano anterior. Tamén baixa o montante dispoñible para "bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais", que pasa de 18,09 millóns a 14,7 e fai o propio o "fomento das actividades culturais", que se desploma dende os 21,7 millóns que lle corresponderon en 2012 ata 14,9. Tampouco se libra a "protección e promoción do patrimonio histórico, artístico e cultural", que perde algo máis de dous millóns e disporá de 16,2 para o vindeiro exercicio. |
PRAZA_5268 | A Campaña Roupa Limpa vén de presentar o informe Salarios Dignos, que analiza a situación das traballadoras en todo o mundo e o grao de cumprimento por parte das multinacionais das esixencias éticas e legais. Varias compañias, entre elas Inditex, melloran o trato, pero queda moito camiño por percorrer. | A Campaña Roupa Limpa, que en España coordina SETEM, vén de presentar o informe Salarios Dignos, que analiza o trato que 50 das multinacionais máis importantes de Europa, entre elas Inditex, ademais de Desigual ou Mango, lles dan ás súas traballadoras, situadas principalmente no continente asiático. Mídese, principalmente, o grao de cumprimento por parte destas compañías das esixencias éticas e legais, e se están dando pasos positivos para que as súas empregadas reciban un salario digno polo seu traballo. A conclusión do informe é que nos últimos anos, nos que se incrementou a presión sobre estas empresas (tanto a nivel internacional coma nos propios países de asentamento), a situación das operarias mellorou, os salarios creceron e as compañías comezan a operar con máis transparencia. Porén, o informe destaca igualmente que o avance é pequeno e lento, e que queda un longo camiño por percorrer para acadar unha mínima dignidade no proceso de produción das roupas que mercamos e vestimos. A maioría das traballadoras da industria téxtil global non pode permitirse unha vida digna, xa que non gañan máis que 6 euros ao día nunha industria que move máis de 34.000 millóns de euros en Europa "A pesar de que un salario digno é un dereito humano, ningunha das 50 compañías líderes está a pagar un salario digno", dixo Anna McMullen, coordinadora do estudo. A maioría das traballadoras da industria téxtil global non pode permitirse unha vida digna, xa que non gañan máis que 6 euros ao día (con xornadas por riba das 48 horas semanais) nunha industria que move máis de 34.000 millóns de euros en Europa. O informe lembra que dende que Asia Floor Wage Alliance estableceu en 2009 un parámetro real do que supón un salario digno, as compañías xa non poden eludir a súa responsabilidade de garantir o seu pago dicindo simplemente que non existe unha definición do que significa. Por salario digno enténdese aquel que cobre as necesidades básicas da traballadora e da súa familia (o cálculo faise para unha unidade familiar de catro membros), distribuído o gasto en 50% para alimentación, 40% para vivenda e roupa e 10% para gastos extraordinarios. Asia Floor Wage Alliance realiza cada ano novos cálculos en función do incremento de prezos en cada país. Á vista destes cálculos o informe conclúe que os salarios mínimos dos países do sur de Asia están aínda moi lonxe da dignidade. En China, por exemplo, o salario medio é de 175 euros mensuais (o digno sería de 376), e no resto dos lugares as diferenzas son aínda maiores: en Indonesia é a terceira parte (82 euros fronte a 267), en Cambodia é case a cuarta parte (73 euros fronte a 286), o mesmo que na India (52 euros fronte a 195) e en Bangladesh ou Sri Lanka non chega á quinta parte. O informe denuncia que se o salario estándar semanal que cobra unha traballadora non abonda para cubrir as súas necesidades e as da súa familia, "tanto ela coma a súa familia sofren os problemas relacionados coa pobreza, como a baixa inxesta de calorías, o acceso limitado a servizos de saúde adecuados, falta de seguridade social, condicións pobres de vivenda, acceso limitado á educación e participación limitada na vida cultural e política". Ademais, destaca que durante e despois da crise financeira, a situación das traballadoras do sector téxtil empeorou, pola "explosión" dos prezos do arroz e do petróleo. As súas consecuencias, sinala, "reflíctense na preocupante malnutrición que se está estendendo entre as traballadoras do sector téxtil de Bangladesh e nos desmaios en masa das fábricas téxtiles de Cambodia provocados pola falta de alimentación apropiada". Nos últimos meses, houbo importantes manifestacións en Cambodia ou Bangladesh, en defensa de aumentos salariais e de fábricas máis seguras A consecuencia é que as traballadoras están comezando a loitar cada vez máis intensidade contra esta opresión económica. Nos últimos meses, houbo importantes manifestacións en Cambodia ou Bangladesh, en defensa de aumentos salariais e de fábricas máis seguras. Setem conclúe que "é tempo de garantir que a industria téxtil non dá calquera traballo senón un traballo decente aos millóns de mulleres e homes que confeccionan a roupa que vestimos". Avances, pero pequenos e só nalgunhas empresas O informe explica que só catro das 50 compañías coas que contactaron (Inditex, Marks & Spencer, Switcher e Tchibo) "puideron probar que están a dar pasos" O informe explica que só catro das 50 compañías coas que contactaron (Inditex, Marks & Spencer, Switcher e Tchibo) "puideron probar que están a dar pasos que consideramos que, co tempo, poden levar a un aumento salarial significativo, e ningunha das compañías estudadas paga actualmente salarios dignos". Salienta, ademais que Bestseller, G-Star, New Look, Puma, Switcher, Takko Fashion e Tchibo adoptaron "o que considerariamos un instrumento de avaliación comparativa crible ao redor dos salarios dignos, o cal é vital para informar o obxectivo cara ao que traballan e para cuantificalo". A campaña realiza unha serie de recomendacións, dirixidas ás empresas, máis aló da esixencia do incremento salarial. Entre outras cousas, demanda que as multinacionais e as súas proveedoras respecten a liberdade de asociación, dialoguen cos sindicatos e con grupos de dereitos laborais, muden os seus hábitos de compra primando aquelas empresas que si se comprometan co salario digno, ou actúen de maneira transparente. Os avances en todas as materias son igualmente escasos. O caso de Inditex Inditex "empezou a informar da forma na que xestiona a súa cadea de subministración reducindo o seu número de provedores, aumentando a produción para aqueles provedores con maiores prácticas éticas e dando pasos para reducir a necesidade de subcontratación" A multinacional galega Inditex foi sinalada en varias ocasións nos últimos anos polo trato dispensado aos seus traballadores en todo o mundo, e por exemplo foi expulsada do pacto contra o traballo escravo no Brasil ou criticada por ocultar que empresas traballaban para ela en ningún país do mundo nin cales eran as condicións dos seus traballadores subcontratados, a metade deles localizados en Asia. Porén, no último informe de Roupa Limpa,a Inditex recoñéceselle ser unha das empresas que máis avanzou de cara a que os seus traballadores conten con salarios dignos. Aínda que, coma en todos os casos, tamén esta compañía esta lonxe dos obxectivos esixidos. O documento subliña que Inditex "empezou a informar da forma na que xestiona a súa cadea de subministración reducindo o seu número de provedores, aumentando a produción para aqueles provedores con maiores prácticas éticas e dando pasos para reducir a necesidade de subcontratación". E destaca tamén o seu compromiso en traballar cos sindicatos para aumentar os salarios, reflectido no seu Acordo Marco Internacional. O compromiso de Inditex céntrase na liberdade de asociación, pero o informe conclúe que "deberían desenvolver as melloras salariais, para conseguir que o persoal das compañías provedoras obteña melloras concretas no seu benestar económico". O informe explica que "é certo que a negociación colectiva entre a dirección e os sindicatos é unha parte fundamental da mellora e o mantemento dos salarios, pero este achegamento esixe que haxa sindicatos fortes en todos os lugares de traballo e en todos os países". "Por mor das presións dos compradores internacionais para rebaixar os prezos, as traballadoras non teñen marxe para negociar un salario digno real baseado nas necesidades reais" O informe engade que "mesmo onde hai sindicatos, a miúdo non contan co espazo político adecuado para esixir salarios realmente dignos a nivel de fábrica ou nas negociacións sobre o salario mínimo, especialmente cando o punto de partida é un salario mínimo que é apenas unha cuarta parte do que debería ser". E lembra que "por mor das presións dos compradores internacionais para rebaixar os prezos, as traballadoras non teñen marxe para negociar un salario digno real baseado nas necesidades reais". |
NOS_11511 | O DOG publicou o 31 de decembro a renovación do permiso ambiental da factoría, que caducaba neste mes de xaneiro. O propio conselleiro de Medio Ambiente dicía en 2011 que a actividade de Elnosa tería que finalizar en 2014. | O último día de 2013 o DOG (Diario Oficial de Galicia) publicaba a resolución pola que se actualizaba a autorización ambiental de Ence e Elnosa, aliás de 227 empresas máis. Unha decisión que no que respecta a Elnosa, factoría de cloro que partilla ubicación con Ence, supón que poderá estar 3 anos máis a pé da Ría de Pontevedra. Até 2016. O seu permiso caducaba neste mes de xaneiro. Esta prórroga contrasta co defendido pola propia Consellería de Medio Ambiente ata non hai tanto tempo. A finais de 2011 o conselleiro Agustín Hernández dicía que esta fábrica debería de poñer fin á súa actividade en xaneiro de 2014, data na que caducaba o permiso ambiental. E que non podería haber prórroga. O DOG de 31 de xaneiro de 2013 publica esa 'prórroga' de tres anos. Cambios Desde a Xunta, e segundo recolle El País, xustifícase a decisión en que a empresa recurrira a data de 2014 baseándose nunha lei de prevención da contaminación aprobada en cumprimento dunha directiva europea. A cambio desta prórroga de 3 anos, Elnosa retira os recursos e non solicitará máis ampliacións da concesións, que caduca en 2018. |
NOS_23759 | Logo da experiencia de 2020, o Festival Virtual do Libro retorna para analizar o impacto da pandemia no mundo editorial. | O Festival Virtual do Libro da Galiza (FLIV) ten ultimada a súa segunda edición, que terá lugar entre o 26 e o 28 de marzo, con dous focos principais de atención. Dunha banda, procurará revisar como foi o ano 2020 para a literatura galega, como afectou a situación de pandemia que se vive á vida literaria. Doutra, lembrará algunhas das conmemoracións que serán protagonistas durante o presente 2021, de Pardo Bazán a Xela Arias, pasando por Álvaro Cunqueiro. Ademais, o FLIV 21 ofrecerá unha sección de contidos dedicados ás artes escénicas co gallo do Día Internacional do Teatro, o 27 de marzo. O FLIV 21 manterá un sistema operativo similar ao da primeira edición, que transcorreu en xuño de 2020. Desde o seu enderezo web poderán seguirse todas as actividades da programación do festival en cada un dos espazos de encontro virtual. Neles terán lugar as intervencións con formato charla, mesa redonda, conversa ou debate, as presentacións de libros e tamén as intervencións teatrais. Entre os argumentos que se debaterán nesta segunda volta poderán verse e escoitarse aqueles relacionados coa situación mundial e como afecta ao sector cultural. Tamén haberá debate sobre as características da novela construída desde a memoria persoal e comunitaria, as novas maneiras de creación poética e un encontro de tres actores galegos que falan sobre os roles masculinos na súa profesión. Continuando co percorrido aberto na primeira edición, formará parte da programación Teatro Interruptus, una sección escénica que este ano contará coa colaboración da revista Erregueté. Tamén se manterá a sección de escaparate para libros que se poderá ver na web do festival a partir do vindeiro 15 de marzo. Entre os autores que xa teñen confirmada a súa participación figuran Marilar Aleixandre para falar de Emilia Pardo Bazán; Chus Nogueira, que o fará sobre Xela Arias; e as autoras que debaterán sobre literatura infantil e xuvenil como unha literatura afoutada e arriscada, Nee Barros, Irene Fernández, Antía Yañez e Eva Mejuto. No encontro dedicado a narrativa tamén están confirmados Xesus Fraga, Suso de Toro e Berta Dávila, moderados por Esther Gómez. |
NOS_13914 | O segundo disco de Manseliña presenta todas as cantigas medievais que tratan da figura de María Balteira. | María Pérez 'Balteira', soldadeira cuxa fama chegou aos nosos días, inspirou, polo menos, catorce cantigas, ás que hai que sumar, probabelmente, outras dúas. As dezaseis composicións están presentes neste segundo disco de Manseliña, agrupación que estuda os vasos comunicantes entre a lírica galega medieval e a música tradicional. María Pérez se maenfestou / Manseliña / Lindoro / 2021 / Dezaseis pezas / 11,95 euros Segundo eles mesmos explican intúese que, ademais de acompañar como cantadeira e danzadeira nas actuacións de xograres e trobadores da corte de Afonso o Sabio, María Balteira contaba cun certo poder político e cunha relevante presenza nos reinos peninsulares, tanto cristiáns como musulmáns. Que dez compositores, incluído o propio rei Afonso, se preocupasen de deixar constancia da súa existencia indica que algunha influencia posuía. Dunha especie de diálogo (tenção) que na cantiga Pedr'Amigo quero de vós saber manteñen os trobadores Vasco Peres Pardal e Pedro Amigo de Sevilha, parece desprenderse que a Balteira tiña algún estatuto especial na corte afonsina e mesmo que puidese ter algún protagonismo nas relacións entre a corte cristiá de Toledo e a musulmá de Granada. En todo caso, a personaxe real de María Pérez, arredor da que xira o disco, queda algo lonxe da figura que no imaxinario popular se formou das soldadeiras: filla de fidalgos, parece que a súa relación coa corte foi duradeira e que asinou un contrato co mosteiro de Sobrado -para financiar unha peregrinación á Terra Santa- polo que vendía ao mosteiro a súa herdade en Armeá (Betanzos) a cambio de protección. A protección de Sobrado non alcanzaba os versos maledicentes dos trobadores, que a retratan como unha muller supersticiosa, afeccionada ao xogo e de costumes tirando a licenciosos. O cal non obsta para que algúns deles recoñezan a grande atracción que senten por ela: Pero García de Ambroa recoñece "que ando por ela sandeu" (Vasco Peres Pardal vai algo máis directo ao asunto falando do "o d'Ambrõa, que a fode") mentres que Pedro Amigo conta como un home que acaba de chegar da batalla o primeiro que fai é preguntar por ela. A dobre moral nunca andou moi lonxe dese imaxinario masculino que tanto che fai unha cantiga de amor cando te desexa como unha de escarnio cando ese desexo queda colmado ou definitivamente denegado. A música que acompaña as cantigas de escarnio non se conservou, polo que Manseliña opta por empregar melodías moi difundidas, abonándose así á tese que relaciona as formas literarias da Galiza medieval co folclore arcaico que subsiste na tradición popular e que crea un repertorio de escoita cómoda e comprensíbel para o público galego. |
NOS_25919 | Washington estima que a China chegará a contar con 1.000 oxivas nucleares en 2030, valoración que o país asiático considera unha "manipulación" orientada a "inflar a tese da China como ameaza nuclear". | A publicación do informe Avances militares e de seguridade da China por parte do Departamento de Defensa dos Estados Unidos (EUA) abriu un novo capítulo na disputa co país asiático, ao que acusa de fortalecer "a súa capacidade para loitar e gañar guerras contra un inimigo forte, coaccionar a Taiwán e aos demandantes rivais en debates territoriais e contrarrestar a intervención dun terceiro en conflitos na periferia da China". Nesta liña, fai unha estimación da súa capacidade nuclear alertando de que en 2030 Beixín posuirá até mil oxivas nucleares, superando os cálculos feitos polo Pentágono en exercicios pasados. Arsenais nucleares Até no caso de que o arsenal chinés chegue a esas cifras, estaría moi lonxe do dos Estados Unidos, que conta con 5.550 armas nucleares, ou de Rusia, que ten 6.255, recolle o Instituto Internacional de Estocolmo para a Investigación da Paz. Ambos os dous acumulan o 90% das oxivas nucleares no planeta. A resposta non se fixo agardar, o voceiro do Ministerio de Relacións Exteriores da China, Wang Wenbin, indicou onte que o documento ignora a realidade e "está cheo de prexuízos". Asemade, salientou que é un intento de "manipulación" e de "inflar a tese da China como ameaza nuclear", sinalando aos EUA "como a maior fonte mundial de ameaza nuclear". Armas hipersónicas A polarización de Washington con respecto a Beixín, remarcado como o rival principal do país, o que estendeu á Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), agravouse coa chegada de Donald Trump á Presidencia, mais mantense con Joe Biden na Casa Branca. O presidente do Estado Maior Conxunto dos EUA, Mark Milley, advertiu hai un mes que a China está "moi preto" de asumir o liderado no eido militar baseado nas demostracións das armas hipersónicas. Amais, a situación de Taiwán, que a China considera parte integral do seu territorio, sigue a constituír un foco de conflito entre os Estados pola presenza militar dos EUA na illa. En outubro, Tsai Ing Wen, a líder taiwanesa, recoñeceu que contaban con adestradores do Exército estadounidense para preparar as súas propias Forzas Armadas. |
NOS_4317 | O período de consultas sobre o ERE do estaleiro vigués finalizou esta quinta feira sen acordo entre o cadro de persoal e a administración concursal. | O xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou auto, con data 6 de xullo de 2022, no que acorda abrir a fase de liquidación do estaleiro vigués Barreras, e no que declara disolta a sociedade Hijos de J. Barreras SAU. O comité de Barreras insta a Armon a que recupere todo o cadro de persoal No escrito, ao que tivo acceso Europa Press, tamén declara o cesamento dos administradores da sociedade (substituídos pola administración concursal) e declara vencidos os créditos concursais aprazados e a conversión en diñeiro dos que consistan noutras prestacións. Unha vez aberta a fase de liquidación, a xuíza outorga un prazo de 10 días á administración concursal para que presente un plan de liquidación para a "realización dos bens e dereitos integrados na masa activa do concurso". O persoal de Barreras protesta pola venda a Armón, que só garante 20 de 120 empregos A apertura desta fase foi solicitada polo propio estaleiro mediante escrito remitido ao xulgado a finais do mes de xuño, ante a imposibilidade de presentar proposta de convenio tras a venda da unidade produtiva (que foi adxudicada a Armón) e a situación de ERTE que afecta os traballadores, pendentes da aprobación do expediente extintivo. Sen acordo sobre o ERTE Precisamente, o período de consultas sobre o expediente de extinción de emprego do estaleiro vigués, que suporá o despedimento dun centenar de operarios, finalizou esta quinta feira sen acordo. Os traballadores de Barreras fican sós na defensa dos empregos Segundo informaron fontes sindicais, a administración concursal non ofreceu máis que "o mínimo", é dicir, un despedimento obxectivo cunha indemnización de 20 días por ano traballado, cun máximo dun ano. A partir de agora, o xulgado do Mercantil, deberá solicitar un informe á Inspección de Traballo e posteriormente emitir o auto no que declare a extinción dos contratos. Ademais, na resolución deberá pronunciarse tamén sobre se hai responsabilidade da propiedade, no caso de que, tal e como reclamaban os representantes do persoal, póidase confirmar que os donos de Barreras (Cruise Yatch Yardco LTD) forman parte dun grupo con unidade empresarial. O estaleiro vigués Barreras solicita o concurso de acredores Unha vez superado ese trámite, o xulgado deberá abrir a peza de cualificación, para determinar se o concurso de Barreras foi fortuíto ou culpábel. No segundo caso, ábrese a posibilidade de dirimir responsabilidades penais. |
NOS_53685 | O Goberno do Estado defende que hai "previsión" e "coordinación" entre as diferentes Administracións públicas ante a situación de emerxencia que deixa a borrasca Filomena. Este domingo na Galiza seguirán as xeadas de madrugada e a sensación térmica será de frío intenso debido aos fortes ventos. | O Goberno español defende que hai "previsión" e "coordinación" entre as diferentes Administracións públicas ante a situación de emerxencia no Estado provocada polas intensas nevadas que acompañan a borrasca Filomena. Así o manifestaron este sábado, 9 de xaneiro, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, e o de Transportes, José Luis Ábalos, que compareceron para informar sobre a situación actual provocada polo temporal en varios puntos do Estado. "Non estamos a pasar a bola duns a outros. Estamos a traballar coordinadamente, poñendo todos os medios conxuntos para satisfacer as necesidades", asegurou Marlaska ao ser preguntado sobre se ningunha Administración se responsabilizaría das consecuencias do temporal. Neste punto, destacou que "houbo previsión" e que iniciaron unha coordinación desde a quinta feira coas Administracións locais; e engadiu que a Unidade Militar de Emerxencia (UME) desprazouse a distintas zonas. "Hai unha previsión, hai medios, hai traballo", dixo. Pola súa banda, o ministro de Transportes incidiu en que "agora é o tempo de traballar, empregarse, facer fronte a este temporal que a todos sorprendeu (...) Non se escoitou nesta comparecencia ningún reproche a outra Administración, nin acuse de competencias. Non botamos nada en cara, non é o xusto nin o conveniente", precisou. Para o ministro, o conveniente agora "é traballar niso" e "remar xuntos", indicou. Así mesmo, Ábalos recalcou que, aínda que o risco cero "non existe", en Transportes foi o dispositivo "máis ambicioso, mellor dotado e con maior coordinación até a data", ante un temporal do que non se podía "prever a magnitude". Sabiamos que viña forte pero non podiamos prever a magnitude. Se non tivésemos esa previsión, advertencias e cortes de circulación poderían ser peores. Non se produciron máis problemas grazas á previsión e coordinación", afirmou. Sánchez chama as comunidades e recomenda "máxima prudencia" O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, chamou este sábado as e os presidentes das comunidades máis afectadas pola borrasca, trasladándolles unha mensaxe de "máxima coordinación" entre as Administracións como principal ferramenta para loitar contra os efectos do temporal. Segundo informou Moncloa, está eb contacto co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, o alcalde vigués Abel Caballero, e co alcalde da cidade de Madrid, José Luis Martínez Almeida, un dos núcleos de poboación máis golpeados pola tormenta de neve. De feito, Renfe suspendeu este sábado todos os traxectos con destino ou orixe Madrid. O presidente do Executivo reiterou o chamamento á "máxima prudencia" ante a evolución do tempo nas próximas horas e ao cumprimento de todas as recomendacións realizadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, o Exército, Protección Civil e os distintos corpos de emerxencias. Galiza seguirá o domingo con sensación de frío intenso Galiza estará este domingo baixo a influencia das altas presións e con ventos intensos do nordeste, que deixarán ceos de nubes e claros, máis despexados pola tarde no sur e no oeste. En canto ás temperaturas, experimentarán un lixeiro ascenso, aínda que seguirán as xeadas de madrugada e a sensación térmica será de frío intenso debido aos fortes ventos que soprarán desde o nordeste. Por cidades, a mínima será en Ourense, con cero graos, mentres que as máximas serán de 12 en Vigo. |
PRAZA_13487 | Non, non quero máis contrapuntos porque as melodías independientes dunha sociedade que fala cunha linguaxe quebrada non atopan a simultánea superposición que reconstrúe o sentido do conto. Se o mundo está roto. Se se remove. Se canta dende a dor da perplexa indignación moral, inventemos a linguaxe da ruptura, unha linguaxe quebrada e esperanzadora ao mesmo tempo. | Alberto levanta a fiestra e deixa que o ar lle zoupe a cara. Prende un cigarro e comeza a facerme unha breve disertación apresurada da historia local de O Pindo. Dende que chegou de San Salvador non para de escoitar grupos de música Latina, e di que alí re-encontrouse co sentido da vida, que agora só quere dar amor e que occidente está podre de diñeiro e individualismo. Alberto Riveiro pasa da topografía á etimoloxía dos nomes dos lugares e á historia económica cunha facilidade que me sobarda. Ama este lugar, e cando amas algo, sempre fas o esforzo desinteresado en coñecelo Miro cara o mar dende a fiestra mentras o escoito. Xa estou acostumado a este tipo de charlas, e, a verdade, cánsanme. Non me atrevo a preguntarlle se acaso en Latinoamérica non existe, tamén, a venerable adoración pola plata e o individualismo atroz, pois non quero discutir a estas alturas da noite, xa bastantes amigos perdín por decir verdades verdadeiras e sinxelas. Non hai como chegar a un lugar descoñecido cun compañeiro ao que non coñeces o suficiente. Alberto Riveiro pasa da topografía á etimoloxía dos nomes dos lugares e á historia económica cunha facilidade que me sobarda. Ama este lugar, e cando amas algo, sempre fas o esforzo desinteresado en coñecelo. Ás veces, cando o escoito falar, chego a crer que o infinito garda infinitos infinitos sen aparente conexión lóxica. Dispersámonos coma imaxinación sen orde e sen tempo, coma dous nenos que están continuamente descubrindo cousas e só atopan acubillo existencial nesa punzante emoción da curiosidade permanente. A pesca artesanal no Pindo apenas existe. Alberto dime que o seu proceso de desaparición foi imparable dende a aplicación da normativa europea de pesca A pesca artesanal en O Pindo apenas existe. Alberto dime que o seu proceso de desaparición foi imparable dende a aplicación da normativa europea de pesca. O pobo está semi-deserto; aquí, o destino da diáspora adoita ser New Jersey ou Nova Yorke. Apenas hai un espazo público, nin sequera unha pequena praza para que a xente fale e se encontre. Múltiples casas familiares construídas aleatoriamente, sen sky-line, sen orde, bordean a ría, onde escintilea intermitentemente o alumeado e se deixan ver un grupo de non máis de dez chalanas. Alberto pon un disco tras outro. Country, rock, pachanga latina… Mírame atentamente, coma intentando adiviñar os meus gustos. Dígolle que non se preocupe, que coa música pásame o mesmo que coas palabras, gústame estar aberto a elas, recibilas sen pedirlles denominación de orixe e logo rumialas e devolvelas á boca para mastigalas de novo. Creo que lle sigo parecendo un misterio, que lle sorprende que poida vivir coma quen camiña sen saber a onde. Ás veces, simplemente, non teño nada que dicir, e xa está, abóndame coa presencia dun ser afín, con recuperar o contacto con persoas coas que compartín algo máis que amizade bursátil ou compadreo formal, con recuperar o fío das conversas non rematadas e sorprenderme do que as circunstancias fan cos soños de cadaquén. Non me sinto máis estraño aquí que no meu pobo natal. O sínrome de Ulises lévoo pegado ao corpo, aos miolos e ás vísceras Non me sinto máis estraño aquí que no meu pobo natal. O sínrome de Ulises lévoo pegado ao corpo, aos miolos e ás vísceras. Cústame sacar de enriba esta sensación de auto-estrañamento permanente. Chego á casa e escoito a meu pai lamentarse porque foi un erro volver de Suiza, porque seica este é un país de hipócritas e ladrons no que hai que traballar coma negros para os mesmos de sempre, coma se todo quisque estivese cortado polo mesmo patrón. Chego á casa e acabo discutindo, tamén, coa miña nai, chegando a chorar de rabia porque hai algo neste recuncho que non soporto, e non ten nada que ver coa xeografía, senon coa nausea que me causa prender a TV e ver qué clase de persoas e valores son dignos de recoñecemento. Sucede que ese recuncho non é Galicia, senon o mundo. Premios Nobel da paz que fan a guerra. Premios Nobel de economía que xustifican a violencia estructural dun sistema que fabrica desarraigo e despoxos humanos a grande escala Sucede que ese recuncho non é Galicia, senon o mundo. Premios Nobel da paz que fan a guerra. Premios Nobel de economía que xustifican a violencia estructural dun sistema que fabrica desarraigo e despoxos humanos a grande escala. Premios Nobel de literatura que se auto-erixen a sí mesmos coma gurús da public opinion, estendendo certificados do política e o non políticamente correcto, delimitando cuidadosamente, con retórica grandilocuente e engaiolante, onde está the right side e the wrong side of life. Científicos que venden os seus informes á administración ou ao buffete de avogados da empresa de turno para xustificar ecocidios inxustificables… ; non, non quero saber máis nada da poética da reconciliación, non quero máis contos de fadas para fuxir da dor de ser consciente, do gozo da tenra e insobornable rebeldía. Non, non quero máis contrapuntos porque as melodías independientes dunha sociedade que fala cunha linguaxe quebrada non atopan a simultánea superposición que reconstrúe o sentido do conto. Se o mundo está roto. Se se remove. Se canta dende a dor da perplexa indignación moral, inventemos a linguaxe da ruptura, unha linguaxe quebrada e esperanzadora ao mesmo tempo. Desgarrada e crúamente optimista. Tan densa e profundamente humana coma este sangue que circula, este corazón que latexa, este corpo que recibe sensacions primarias que moldeo dende a necesidade de encontrarme a min mesmo entre as cousas mesmas. No seu mesmo cerne. O futuro será do cru optimismo que nace da anguria, dos seres que non soportan que tanta barbarie xunta poida seguir camiñando ao mesmo tempo que se xustifica a sí mesma O futuro será do cru optimismo que nace da anguria, dos seres que non soportan que tanta barbarie xunta poida seguir camiñando ao mesmo tempo que se xustifica a sí mesma. E se non, non pasa nada.... Incluso contra a decepción de non ver materializados os nosos soños máis profundos debemos estar curados. |
NOS_50093 | Segundo os datos da EPA, no último trimestre de 2021 o país perdeu 21.200 persoas ocupadas. | O paro baixou en 7.600 persoas en 2021 na Galiza, o que supón 5,3% menos que no exercicio anterior, ao tempo que se crearon até 10.300 postos de traballo no conxunto do país, (+0,96%), segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Desta forma, o paro descendeu na Galiza moi por baixo da media estatal, xa que en toda España este rexistro caeu 16,5%, con até 615.900 persoas menos paradas. O mesmo acontece co número de empregos creados, que ascendeu 4,3% en todo o Estado, até 840.700 postos de traballo. Pola súa parte, o total de desempregados na Galiza fechou o ano pasado en 135.100 persoas, mentres que o total de activos ficou por riba dos 1,09 millóns de persoas, mais cunha taxa de paro de 11,01%, mellor que a media estatal, do 13,33%. Só no último trimestre, o país perdeu 21.200 persoas ocupadas, 1,9% menos, mentres que aumentou o número de desempregados en 8.300, situándose así entre os territorios con maiores descensos do emprego no último trimestre de 2021, só por detrás de Balears (73.200 empregos perdidos), e entre as que máis incrementos do paro tiveron, tamén só por detrás de Balears (+21.900). Datos estatais A baixada do paro en 2021 supón a volta aos descensos logo de que a crise desatada pola Covid provocase unha suba do paro en 2020 de case 528.000 persoas. No caso da ocupación, tamén se retoma a senda alcista após un 2020 no que se destruíron 622.000 postos de traballo. A taxa de paro ficou ao remate de 2021 en 13,33%, unha porcentaxe máis de 1,2 puntos inferior á de 2020, mentres o número total de desempregados fechou o exercicio en 3.103.800 persoas e o de ocupados, en 20.184.900, o nivel máis alto desde 2008, segundo os mesmos datos da EPA O incremento da ocupación concentrouse en 2021 no sector privado, coa creación de 744.300 empregos, recuperándose o nivel previo á crise, fronte aos 96.400 que se crearon no sector público. Aliás, a repunta do emprego no último ano foi superior nos traballadores con contrato indefinido, 425.000 ocupados máis, frente a 307.700 novos temporais. |
NOS_2745 | Galicia en Común cualifica de "fracaso" as mobilizacións de Vox na Galiza. | O voceiro de Galicia en Común e candidato á presidencia da Xunta por esta coalición, Antón Gómez-Reino, chamou ás galegas e galegos a dar "un exemplo democrático o próximo 12 de xullo para impedir que as eleccións sexan a porta de entrada da extrema dereita no Goberno da Xunta da man de Alberto Núñez Feixoo". Gómez-Reino, tamén parlamentario de Unidas Podemos no Congreso dos Deputados, considerou na rolda de prensa ofrecida esta segunda feira, 25 de maio, que "o presidente galego está aliñado na estratexia" do líder do Partido Popular, Pablo Casado, da presidenta Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso e do voceiro de Vox, Santiago Abascal. De facto, Gómez-Reino sinalou que o propio Abascal xa se ofreceu publicamente "a ser muleta de Feixoo na Galiza". O candidato de En Común cualificou de "fracaso" a mobilización convocada o pasado sábado pola ultradereita no país, "onde afortunadamente non prende o virus do odio que predican", dixo, mais advertiu, da existencia do que denominou "vasos comunicantes entre Vox e o Partido Popular". Reino cargou ademais sobre o presidente do Executivo galego, Núñez Feixoo, a quen ve "tratando de mesturarse coas siglas da Xunta", coa preocupación posta en "abonar o terreo para a súa estratexia de campaña"; en lugar de ter como prioridade "activar e lexislar, no marco das súas competencias, as medidas para paliar a crise da COVID-19". "É lacerante", considerou Reino, "o oportunismo político de Alberto Núñez Feixoo, que sistematicamente só pensa en sacar tallada da epidemia. Toda a estratexia do PP pasa por antepor as súas siglas por riba das vidas das galegas, a estratexia sobre a saúde pública", sinalou. Sobre o desconfinamento, o voceiro de En Común valorou que este debe ser "prudente", ante "o empeño do presidente galego en acelerar os pasos polo seu interese electoral". "Somos claros: o cambio pasa por un Goberno de coalición entre as forzas progresistas do país logo do 12 de xullo para dar un xiro de 180 grados que permita a reconstrución do sector público con políticas expansivas e de coidados", concluíu Gómez-Reino, ao tempo que pediu a mobilización da voto de esquerdas para lograr tal mudanza. Debates O voceiro de En Común sinalou que a CRTVG debe "deixar de ser unha máquina de propaganda" do Partido Popular. Neste sentido, e tras remarcar que "cantos máis" debates haxa "mellor", afirmou que, ao seu xuízo, a participación nestes encontros debería cinguirse a organizacións políticas con "representación" na Galiza. "Feixoo quere desdebuxar e realizar unha foto artificial da oposición " ao incluír partidos que na Galiza, afortunadamente, non teñen presenza social e política",dixo en alusións a Vox. En Marea Por último, Gómez-Reino evitou pronunciarse sobre a decisión de En Marea de presentarse ás eleccións do 12 de xullo despois de non facelo ao proceso que se suspendeu en abril. "Non teño nada que dicir máis que respertar o que decida cada forza política", apuntou. |
NOS_36412 | A parroquia porriñesa tivo esta sexta feira a súa 'Noite das Homenaxes' coa entrega do Pedigree e os Chimpíns de Prata. | O Festival de Cans (O Porriño) tivo esta sexta feira xornada de homenaxes cunha programación repleta de actividades, estrelas e moito agroglamour. A protagonista desta cuarta xornada foi a cineasta Margarita Ledo que estivo na parroquia de Cans para manter un coloquio e colocar a súa estrela no paseo da fama do Torreiro. Premio Pedigree de Honra 2022, a escritora e investigadora asistiu tamén á proxección de Sinais Furtivos, a retrospectiva das súas pezas curtas, e recolleu o galardón na Noite das Homenaxes. 'Malencolía', de Zarauza, no Festival de Cans Gala, ruta e concerto de Amparanoia A xornada contou tamén cunha ruta literaria-cinéfila con Carlos Meixide, programa de radio desde o Torreiro e un coloquio cos actores Tamar Novas e Chechu Salgado, ademais de encontros cunha ducia de directoras e directores nas seccións paralelas A que andas? e Fillxs de Cans. A gala, presentada por Keka Losada, tivo lugar pola noite na Leira do Río, onde se fixo entrega dos premios Chimpín de Prata desta edición ao actor Federico Pérez, ao crítico cinematográfico e director Javier Tolentino e a Alfonso e Marisol, como parte da veciñanza desta parroquia porriñesa. Juan Zelada no Torreiro e Amparanoia e a sesión disco-chimpín de The incredible Peón Kurtz Dj foron o cartel musical. Retrospectiva de João Nicolau A xornada tivo tamén como protagonista o director João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués, a quen se lle dedicou nesta XIX edición o foco internacional. Nicolau asistiu á proxección da retrospectiva das súas curtametraxes e, pola mañá, participou no Café coa Asociación de Directores e realizadores da Galiza (CREA), xunto á realizadora Noemí Chantada e o cineasta Fon Cortizo. Monzón, Amparanoia e 'Rapa' de Jorge Coira, protagonistas no Festival de Cans Dous dos actores galegos do momento, Tamar Novas e Chechu Salgado, pasaron por Cans para participar no terceiro dos coloquios da Asociación de Actrices, Actores e Interpretes (AISGE). O Festival levou tamén na súa programación as actividades paralelas do encontro A que andas?, coa colaboración da Asociación Galega de Guionistas, con Rafa de los Arcos, Noelia Muíño, Samuel Lema, Miguel Ángel Delgado, Olga Osorio e Javier Tolentino que avanzaron os seus próximos filmes. Por último, no apartado Fillas e Fillos de Cans, Andrea Vázquez, Álvaro Gago, Alberto Gracia, Fernando Cortizo, João Nicolau e Ángeles Huerta amosaron algúns minutos dos seus últimos filmes. |
PRAZA_337 | Dous días despois de vetar unha lei para impedir os cortes de enerxía a quen non poida pagala Feijóo anuncia unha suba no subsidio do "tícket enerxético". O prezo medio por recibo achégouse aos 150 euros en decembro. | O pasado martes o PP fixo valer a súa maioría absoluta no Parlamento de Galicia para vetar a tramitación dunha reforma da lei de defensa das persoas consumidoras que, proposta polo BNG e apoiada polo conxunto da oposición, pretendía impedir legalmente os cortes de subministro enerxético ás persoas que non a poidan pagar por carecer de cartos para facelo. Apenas dous días despois o Goberno galego aproveitou a súa reunión semanal para anunciar unha futura reforma do seu "tícket enerxético", as axudas para pagar a luz vixentes dende mediados do pasado ano e que, tras unha lixeira subida, terán unha contía media semellante ao custo dun recibo e medio de electricidade. Tras unha notable polémica polo bloqueo ás medidas de pobreza enerxética o Consello da Xunta abordou o asunto a través dun informe, isto é, un documento sen valor legal ningún e cuxo contido concreto non é público que o Executivo adoita utilizar para introducir na axenda asuntos que considera oportunos. Nesta ocasión, o informe é sobre o "proxecto" dunha futura orde a través da cal, di o presidente, se vai "ampliar o tícket eléctrico social tanto no eido dos beneficiarios como das axudas directas". O anuncio chega dous días despois de vetar unha lei para impedir os cortes de luz a quen non poida pagala Asegura Alberto Núñez Feijóo que a nova edición das axudas chegarán "ata 40.000 familias beneficiarias" -estímase, atendendo a datos da EPA, que en Galicia hai uns 30.000 fogares sen ingreso ningún-, será compatible coa Renda de Inserción Social e "incrementaranse as contías". Concretamente, para familias "cun ou dous fillos" pasará de 90 a 180 euros anuais e, nas familias numerosas, axuda pasa de 120 a 300 euros ao ano. A medida adóptase, informa a Xunta, porque o Goberno e o propio presidente son "conscientes de que a enerxía eléctrica é unha cuestión básica". Prezo do recibo e gastos das familias O prezo medio por recibo era duns 150 euros en decembro, segundo FACUA Neste escenario, a medida da Xunta non só está lonxe de impedir os cortes de luz a quen non poida pagala. Atendendo a diferentes fontes, no mellor dos casos, o das familias numerosas, non chega a cubrir o gasto nin de tres facturas. Segundo o cálculo realizado pola organización de consumidores FACUA baseándose no prezo do quilovatio e na potencia contratada máis usual o custo medio dunha factura rexida polo Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC) era o pasado decembro de 76,61 euros ao mes, isto é, algo máis de 150 euros por recibo. No caso das tarifas de prezo fixo as máis económicas roldan os 40 euros ao mes, polo que a axuda cubriría medio ano nas familias dun ou dous fillos e un chisco máis nas familias numerosas. O dato máis recente indica que as familias galegas con ingresos inferiores aos 1.000 euros destinan uns 45 euros mensuais á luz Outra fonte para realizar unha aproximación aos recursos que os fogares dedican a pagar a luz é a enquisa de condicións de vida do Instituto Galego de Estatística. O dato máis recente, o de 2011, situaba o gasto eléctrico medio en case 59 euros mensuais. No caso das familias con ingresos inferiores aos 1.000 euros -o límite para optar ás axudas é cobrar 1,5 veces o IPREM, isto é, 798,77 euros ao mes por fogar- este gasto situábase en 45 euros ao mes, polo que a axuda cubriría entre dous e tres recibos ao ano, aproximadamente, dependendo do número de fillos. |
PRAZA_17909 | A marea de Touro alerta de que o proxecto mineiro pon en risco esta "oportunidade de desenvolvemento única" para a localidade. A comezos de agosto publicouse a licitación dos traballos de sinalización dos 196 quilómetros galegos da ruta EuroVelo, entre Santiago e Pedrafita. A vía continúa ata Pamplona e, despois, ata Noruega | A comezos de agosto publicouse a licitación dos traballos de sinalización do treito da ruta ciclista EuroVelo entre Pedrafita do Cebreiro e Santiago de Compostela. O proxecto conta cun orzamento de algo máis de 125 mil euros. EuroVelo, promovida pola Federación Europea de Ciclistas, é unha rede europea de 15 vías ciclistas que percorre o continente, dende o Ártico ao Mediterráneo e dende o Atlántico ata Moscova. Unha delas (a ruta dos peregrinos) parte de Trondheim (Noruega) e remata en Santiago de Compostela, pasando por Oslo, Hamburgo, Colonia, París, Tours, Burdeos, Pamplona e León. Outra ruta (a da Costa Atlántica) pasa tamén moi preto de Galicia, unindo Pamplona con Salamanca e Portugal e percorrendo toda a costa lusa ata Caminha. En total, as vías suman 70.000 quilómetros, dos que 40.000 xa están en funcionamento. A ruta está xa completa entre Noruega e Navarra e nos vindeiros meses completarase o treito ata Compostela, incluída a parte galega. unha vez asignado o contrato, o prazo de execución é de cinco meses. En Galicia a vía seguirá o percorrido do Camiño Francés, a través das estradas que discorren preto do itinerario compostelán, atravesando Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, Touro e, finalmente, Santiago, sumando un total de 196 quilómetros. A ruta empregará treitos da N-VI, LU-633, LU-P-5602, LU-P-5709, LU-P-4001, N-547, DP-4603, AC-240 e AC-261. A Marea de Touro alerta de que o contestado proxecto mineiro a ceo aberto de Atalaya Mining é "incompatible" con esta "oportunidade de desenvolvemento única" para a localidade, pola que pasará a vía. A formación destaca o importante "impacto económico" que tería o paso do EuroVelo polo concello. "Diferentes estudos acreditan o importante retorno económico que supoñen estas rutas nas localidades por onde pasan", sinala. En Marea Touro considera que esta ruta "é unha oportunidade de vitalización económica e social moi interesante para a localidade, unha actividade sostible e duradeira" e apela "á responsabilidade política e social, sobre todo en materia de medio ambiente e conservación do patrimonio". A formación reclama unha "aposta clara pola conservación do medio ambiente e do patrimonio, resultando incompatibles as actividades agresivas ao medio coma o proxecto de megaminería actualmente en fase de tramitación". "Se xa actualmente o proxecto de apertura da mina de Touro conta con diversos informes sectoriais preceptivos desfavorables debido ao seu impacto negativo sobre o medio ambiente, agora contraponse á oportunidade socioeconómica que ofrece a EuroVelo3 para Touro", conclúe, instando ao Goberno local a que "abandone a súa connivencia coas agresións ambientais nos terreos mineiros e ao tempo rexeite calquera proxecto de ampliación da mina". |
NOS_6813 | A Casa Real asume que non pode demostrar que o Xefe de Estado pagou impostos pola herdanza do seu pai, pide que acabe xa a instrución do Caso Urdangarín e acusa a aqueles que apupan á familia do monarca de "falta de educación". | A Casa Real tamén di ter a "convicción" de que El-Rei pagou no estado español os impostos correspondentes a esa herdanza, pero asume que non pode demostralo xa que non "hai papeis en Facenda" ao ter pasados vinte anos. Así mesmo, a contorna oficial do monarca volveu pronunciarse sobre a actuación dá Xustiza respecto ao Caso Urdangarín, cuxa instrución queren que se peche, posto que afirman que xa ocupou "moito tempo" e a cualifican de "martirio". Por último, a Casa Real amosou nesta comunicación pouco respecto polas manifestacións na súa contra, posto que, segundo a súa versión, os que apupan á familia Borbón nos actos públicos "non preocupan pero si molestan pola súa falta de educación". |
NOS_4111 | O número de persoas curadas é de 9.764. | O número de casos activos de coronavirus rexistrados na Galiza é de 834, un descenso de 35 a respecto da xornada de onte. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, deses 834 casos, 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, o que supón 5 menos ca onte e 52 están en unidades de hospitalización. Aqueles que están no domicilio son 775. Até o momento, na Galiza hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 136.059. Residencias de anciás No que atinxe ás residencias de anciás, hai 133 casos activos, 5 menos ca onte, dos que 73 son de persoas usuarias mentres que 60 son de traballadoras e traballadores. Os falecementos mantéñense en 272: 132 en residencias e 140 en hospitais e residencias integradas. |
NOS_8896 | O PP de Feijóo obtivo unha esmagadora vitoria nas eleccións galegas. Subiu en termos absolutos e relativos a respeito de 2012. Os 41 escanos nun Parlamento de 75 fan da Galiza o único país do Estado gobernado por maioría absoluta. En Marea non consumou o sorpasso e empatou na segunda praza co PSdeG. BNG, por súa parte, superou as expectativas, derrotou os inquéritos e fíxose con 6 parlamentares, 2 por A Coruña, 2 por Pontevedra, 1 por Lugo e 1 por Ourense. O grande derrotado foi o españolista Ciudadanos, con apenas o 3,37 por cento do voto. | Co 98,90% dos votos escrutados, o PP consegue unha folgada maioría absoluta que o sitúa con 41 escanos no Parlamento e o 47,57% dos votos, o mesmo número de escanos que nas eleccións de 2012, cando sumara o 45,80% das papeletas. En Marea (19,03%) e PSdeG (17,89%) empatan a 14 escanos. Até o último momento ambas as formacións pugnaron pola segunda praza, coa que fica, por porcentaxe de voto, o partido liderado por Luís Villares. Ás eleccións de 2012 En Marea non concorreu pero si o fixeron dous dos partidos que a forman, Anova e IU, con AGE, que conseguira 9 parlamentares e o 13,91% dos votos. O PSdeG obtivera 18 parlamentares en 2012, cando o apoiou o 20,61% das persoas votantes. O BNG (8,36%) acada un resultado maior do que advertían as enquisas e faise con grupo parlamentar propio ao lograr 6 escanos. A forza nacionalista conseguira 7 escanos en 2012 e contara co 10,11% das papeletas. Ciudanos fica sen representación no Parlamento, ao obter tan só o 3,37% do voto. Compromiso por Galicia tampouco obtén escano e baixa do 1,01% dos votos que conseguira no 2012 ao 0,28%, resultado que sitúa a formación política liderada por Xoán Bascuas por detrás de Ciudadanos, de Pacma e de Democracia Ourensana. Resultados por circunscricións A respeito das circunscricións, na Coruña -onde aumentou en un o número de parlamentares polo incremento da poboación- repartíronse os escanos da seguinte maneira: 13 para o PP e o 47,83% do voto (en 2012 obtivera 13 e o 45,39% do voto), 5 para En Marea e o 19,30% do voto (en 2012 non se presentou pero Anova e EU fixérono con AGE, que conseguira 4 parlamentares e o 16,61% do apoio), 5 para o PSdeG e o 17,19% do voto (en 2012 acadara 5 escanos e o 18,78% dos votos) e 2 para o BNG e o 8,82% do voto (repite número de escano a respeito de 2012, cando sumara o 9,61% das papeletas). Por Lugo, circunscrición que elixía un parlamentar menos que en 2012 pola perda de poboación, o PP obtivo 8 parlamentares e o 52,85% das papeletas (perdeu un escano a respeito de 2012, cando lograra 9 e o 51,48% das papeletas); o PSdeG, 3 e o 19,04% do voto (cae un escano a respeito de 2012, cando conseguira 4 e o 22,72% dos votos); En Marea, 2 e o 15,35% das papeletas (en 2012, Anova e EU, inseridos en AGE, acadaran 1 escano e o 10,29% dos votos) e o BNG 1 e o 7,40% dos votos (repite número de escano en relación a 2012, cando sumou o 8,71% dos apoios). Por Ourense, o PP fíxose con 9 escanos e co 53,13% do voto (en 2012 conseguira 8 parlamentares e o 49,17% do voto), o PSdeG, con 2 escanos e co 17,64% das papeletas (perde 2 escanos a respeito de 2012, cando lograra 4 e o 23,67% das papeletas); En Marea, con 2 e co 13,75% do voto (en 2012, Anova e IU, que forman parte de En Marea, conseguiran con AGE 1 parlamentar e o 7,78% dos apoios) e o BNG, con 1 e co 6,04% do voto (repite escano en relación ás eleccións de 2012, cando tivera o 8,46% do voto). Por Pontevedra, o PP acadou 11 escanos e o 9,01% das papeletas (o mesmo número de escanos que nas anteriores eleccións, cando lograra o 42,81% dos votos); En Marea, 5 e o 22,01% dos votos (AGE, en que se inserían Anova e IU, sumaban 3 escanos e o 14,42% dos apoios); o PSdeG, 4 e o 18,38% dos apoios (en 2012 conseguía 5 escanos e o 20,81% dos votos) e o BNG, 2 e o 9,01% dos votos (en 2012 lograra 3 escanos e o 11,87% das papeletas). |
NOS_2181 | 'Queimados' é un documental no que os propios rapaces e rapazas recollen nos días posteriores aos incendios de hai un ano (outubro 2017) as súas sensacións e opinións sobre uns lumes que viviron de perto. | Alumnos e alumnas que tiveron que abandonar as súas vivendas, outros que axudaron na extinción directa con caldeiros ou mangueiras de auga, algúns que axudaron a desprazar ao gando doméstico ou aos cabalos do monte...así ata máis de 30 declaracións que relatan á camara unhas vivencias que non poden esquecer. Isto é o que recolle 'Queimados', un documental que fala e descrebe o impacto dos incendios no alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar, nos grandes incendios de outubro de 2017. Cando o 16 de outubro do pasado ano se reanudaron as clases no instituto, unha boa parte do alumnado aínda estaba baixo un grande shok. Unha parte importante do concello de Gondomar viuse afectada polos lumes da fin de semana. Desde Borreiros, Vincios, Morgadáns, Chaín, Peitieiros, Donas e mesmo de Chandebrito en Nigrán. Os alumnos e alumnas contan como viviron os lumes nas súas casas. Hai xusto un ano, este alumnado que aparece no documental vivía en primeira persoa estes feitos que relatan a cámara. As declaracións foron recollidas nos días seguintes aos lumes que arrasaron boa parte do sur de Pontevedra. O alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural realizou, nos días posteriores, unha visita de recoñecemento no Monte Galiñeiro, unha das áreas máis afectadas polos lumes, onde rexistraron as imaxes do desastre. O curro do Galiñeiro, unha estrutura en madeira empregada para a xunta dos cabalos ceibes quedou totalmente calcinada. As imaxes aéreas recollidas por un dron permiten ter unha panorámica do impacto do lume. Os alumnos mostraron unha montaxe de cartulinas onde se pode ler Lumes Nunca Máis. Foron os propios alumnos os que colaboraron na edición do documental. A edición correu a cargo de Mario Vila, de 4º da ESO, quen integrou as imaxes das entrevistas xunto ás gravadas polo alumnado do ciclo e outras dos medios de comunicación deses días. O resultado é unha peza audiovisual de 12 minutos que agora se divulga. |
NOS_3593 | Son vinte os festivais de audiovisuais que se desenvolven en Galiza que responderon á chamada da Academia Galega do Audiovisual co fin de dar os primeiros pasos para creación dunha coordinadora. | O resultado da primeira xuntanza de representantes de vinte festivais do mundo audiovisual foi o acordo para crear unha coordinadora para acadar unha maior visibilidade. Entre as primeiras medidas aprobaron a creación dun calendario común de festivais mais tamén decidiron establecer sinerxías entre eles como compartir apoio técnico e xurídico. Representantes das direccións dos vinte festivais mostraron tamén a vontade de se uniren en coordinadora para mostrarse como "unha única voz ante as administracións". O obxectivo é, segundo sinalan, que os certames "aproveiten sinerxías, compartan experiencias e se reforcen mutuamente". |
NOS_12112 | As obras que acaparan maior número de nomeacións son 'O principio de Arquímedes', de Teatro do Atlántico, que aspira a 8 galardóns; 'Ensaio sobre a cegueira', de Sarabela Teatro, que opta a 7, e 'Presidente', de Teatro do Morcego, que está de finalista en 5 categorías. Ademais, estas tres montaxes compiten polo premio ao mellor espectáculo. | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos/as nomeados/as aos XX Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados, deste 2016, ano no que os galardóns organizados pola AAAG chegan á súa vixésima edición. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz Nieves Rodríguez. O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalistas, ao obter un total de 8 nomeacións. Pola súa banda, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, aspira a 7 galardóns e Presidente, de Teatro do Morcego, acada 5 nomeacións. Ademais, estas tres montaxes disputaranse o premio ao mellor espectáculo. Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego, e Manawee, de Matrioshka Teatro, acadaron ambas as dúas 4 nomeacións, mentres que Noiteboa, de Redrum Teatro, e Panamericana, de A Panadería, optan a 3 galardóns. Pola súa parte, Calypso, de Voadora; O Furancho, de Ibuprofeno Teatro, e Unha poucas picadelas, de Teatro de Ningures, acadaron 2 nomeacións cada unha delas. Finalmente, cunha nomeación atópanse 30 e tantos ósos (Aporía Escénica), Feo! (Caramuxo Teatro), O Crédito (Eme2 Producións) e Jim e Illa do Tesouro (Eme2 Producións). Durante a súa intervención, a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, destacou a calidade das obras desta edición, ademais de sinalar que este ano celébranse vinte anos de gala e o vinte cabodano da actriz María Casares. Empregando palabras da actriz que dá nome os premios, Rivera sinalou que "o teatro é a patria que escollemos todos e todas os que formamos esta profesión, unha patria que compartimos co público e coa sociedade". Finalmente, Rivera subliñou que esta Festa dos Nomeados/as celébrase por vez primeira no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. Aproveitando a ocasión e que a institución conta cunha nova dirección, Rivera ofreceu a AAAG para traballar por un CDG ao que lle convén unha serie de "reformas". Na web da AAAG poden consultar toda a listaxe de nomeacións. |
NOS_52457 | O gabinete de Sánchez busca acabar coa campaña do PP en contra do repartimento de fondos europeos publicando un mapa co gasto territorializado, ao tempo que nega a posibilidade dun cambio no cogoberno dos fondos. | O Executivo estatal liderado por Pedro Sánchez descartou esta quinta feira cambios no sistema de cogoberno do fondo Covid impulsado pola Unión Europea, no medio da campaña do Partido Popular (PP) para cuestionar o repartimento dos cartos. Co apoio dos seus líderes territoriais, Alberto Núñez Feixoo na Galiza, Isabel Díaz Ayuso na Comunidade de Madrid, Alfonso Fernández Mañueco en Castela e León e Juan Manuel Moreno en Andalucía, a formación estatal acusou o gabinete de Sánchez de non transferir os fondos para políticas activas de emprego, unha competencia dos territorios, chegando a Comunidade de Madrid a levar directamente o caso perante a Xustiza. Iso si, Feixoo comezou a recuar a cuarta feita nas ameazas de xudicializar a situación. Pola súa parte, o Goberno estatal subliñou que estes catro territorios están entre os seis que máis fondos recibiron, por este orde: Andalucía, con 1.916 millóns, Catalunya (1.579 millóns); Comunidade de Madrid (1.213 millóns); País Valencià (1.055); Castela e León (742 millóns) e a Galiza (681 millóns). Mapa interactivo co repartimento Ademais, anunciou que están ultimando un mapa interactivo no que se detalle o repartimento destes fondos por territorios, que destacaron, probabelmente estea activo a partir da sexta feira na páxina web da Moncloa. Desde o Executivo de Sánchez indican que estarán dispoñíbeis as cifras de cada sector económico, e aseveran que o mapa xa estaba programado e á espera de contar cos datos consolidados de 2021. Até o de agora transferíronse 11.246 millóns de euros do orzamento de 2021, explica o gabinete, con 1.060 millóns de euros a demanda dos territorios, arredor do 50% dos 24.000 millóns de euros orzamentados. A pesar de fechar a porta a cambios na xestión do fondo Covid, o Goberno estatal sinalou que outras cuestións en referencia aos fondos europeos si que se poderán discutir na vindeira Conferencia de Presidentes territoriais, que decorrerá na Palma (Illas Canarias). |
NOS_1159 | Trátase dunha campaña dirixida ao alumnado dos centros educativos de secundaria e, segundo denuncia CIG-Ensino, avanza na "estratexia de españolización" do estudantado. | La infección por el VIH y el sida. Prevenir es posible. Depende de nosotros. É o texto que aparece na carpeta que contén o material editado pola Xunta de Galiza no marco dunha campaña de sensibilización e prevención perante esta doenza e que foi enviado aos centros de ensino malia estar redactado integramente en castelán. O Goberno galego vulnera desta maneira o decreto 79/2010, que o propio PP aprobou coa oposición de institucións culturais, sociais, sindicais e da comunidade educativa. Di CIG-Ensino que esta norma ten "poucos aspectos aceptábeis" e entre eles estaría o apartado primeiro do artigo 3, que estabelece a nosa lingua como oficial nos centros de ensino que dependen da consellaría de Educación. A central nacionalista entende esta actuación da Xunta como máis unha mostra de "desprezo" cara ao noso idioma que avanza na "estratexia de españolización" do estudantado galego. Por todo isto, convidan os centros educativos a devolver todo este material á consellaría. |
PRAZA_2481 | PSdeG e BNG denuncian un "pacto escuro" de Manuel Martínez cos conservadores. Os socialistas estudan medidas contra o deputado rebelde, que coa súa votación retirou media dedicación e asesores ao grupo do Bloque. | Segue o incendio político en Lugo. Este xoves o presidente da Deputación provincial, o socialista Darío Campos, acudiu ao Parlamento para expoñer as liñas xerais do orzamento da institución para 2016. A calma que caracteriza o carácter do tamén rexedor da Pontenova viuse sorpresivamente alterado na súa resposta ao voceiro do PP, José Manuel Balseiro, que caricaturizou a situación do ente lucense como un "avispeiro" con Campos á cabeza. A contundencia do presidente provincial, que mesmo sorprendeu nas súas filas, debíase a que viña de coñecer unhas fotografías nas que se observaba a Manuel Martínez, alcalde socialista de Becerreá, en compaña da voceira do PP, Elena Candia, antes de unir os seus votos aos conservadores. Segundo as fontes consultadas por Praza Pública as imaxes que acompañan esta información foron tomadas na área de servizo da autovía A-6 na localidade do Corgo, próxima a Lugo, e recollen dúas xuntanzas diferentes de Martínez e Candia. Unha sería previa á celebración da xunta de voceiros da Deputación desta semana e outra, anterior ao debate da moción de censura que lle devolveu o goberno a PSdeG e BNG despois de que en xuño o propio Martínez llo entregase ao PP. O segundo encontro é, polo tanto, resaltan as mesmas fontes, inmediatamente anterior á celebración do pleno de organización no que, o pasado mércores, Martínez uniu os seus votos aos do PP para retirarlle media dedicación exclusiva ao BNG e, ademais, deixar os nacionalistas sen os asesores dos que dispuñan tanto no grupo provincial como na Vicepresidencia da institución. Neste contexto, e á espera da rolda de prensa convocada por Martínez en Lugo para este venres -que no seo dos socialistas se prevé "explosiva"-, no PSdeG valórase xa emprender accións contra o rexedor de Becerreá. Un "tránsfuga" cun pacto "escuro" Darío Campos: "A única negociación escura foi entre o señor Martínez e o PP, e temos probas" Na dirección do partido as imaxes do encontro con Candia son interpretadas como a proba de que a actitude de Martínez, tanto no pleno do mércores como o pasado xuño, responde a un "pacto escuro" co PP e non só á súa "cabezonería". A esa "negociación escura" referiuse Darío Campos na súa contundente intervención no Parlamento. "A única negociación escura foi entre o señor Martínez e o PP e mesmo temos probas", advertiu Campos. A el, di, daríalle "vergoña" chegar a "confabularse cun... non sei se podemos chamarlle tránsfuga", di. De "transfuguismo" fala tamén o voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, que en rolda de prensa en Lugo xunto ao vicepreisdente, Antonio Veiga, se amosou convencido de que Martínez está "senod utilizado polo PP para conseguir o poder". O alcalde de Becerreá, di o Bloque, xa actúa a efectos prácticos como un deputado máis do grupo liderado por Elena Candia, a quen ven cavando a súa "tumba política" por impulsar agora un sistema retributivo oposto ao que ela mesma aprobou como presidenta. O Bloque destaca, asemade, que se manterá nas súas responsabilidades de goberno malia ficar sen asesores polo voto de Martínez. |
NOS_54780 | A plataforma Monte Pindo Parque Natural celebrará dous días de intervencións de expert@s en varios períodos da nosa historia ao redor das edificacións defensivas. | Galiza conta cun patrimonio en fortificacións moi importante. A súa decadencia actual e unha mellor visualización deste noso tesouro é a razón pola que a Asociación Monte Pindo Parque Natural celebrará as Xornadas de Historia e Patrimonio "De Castros a Castelos", que se celebrarán na Casa do Concello de Carnota o 1 e 2 de xuño. "Non se fixo nunca nada tan amplo deste tema, centrado nos elementos constructivos e de habitabilidade", sinala Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, "darase unha visión conxunta a nivel galego e tamén da zona de Carnota". A idea da organización é que a veciñanza sexa co-partícipe do patrimonio que teñen ao seu carón. "Farase un repaso ás funcións que tiñan moitas destas edificacións e mesmo identificar a quen as habitaba". O carácter académico das xornadas, con participantes de primeiro nivel, terá tamén un carácter didáctico achegado a todo o mundo. "Queremos que se lle poña nome e apelidos ao proceso histórico nunhas construccións que se abandonaron hai 1.000 anos cando xirou o centro de poder cara outros territorios". Extenso programa Tres grandes períodos da nosa historia tiveron como protagonistas as construción de estruturas defensivas e militares: a cultura castrexa e a romanización, a tardoantigüidade e a Idade Media. As xornadas comezarán o sábado 1, a partir das 10 da mañá, co primeiro dos apartados e a intervención de Rafael M. Rodríguez Martínez, licenciado en Historia pola USC, Xurxo M. Ayán Vila, doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola USC e investigador no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, Luis Cordeiro Maañón, licenciado en Historia pola USC, Antón F. Malde, arqueólogo e director do Proxecto Torre dos Mouros, e Felipe Arias Vilas, Licenciado en Filosofìa e Letras pola USC e director do Museo do Castro de Viladonga. Ese mesmo día, pola tarde, falarán da tardoantigüidade José Carlos Sánchez Pardo, licenciado en Historia e doutor en Historia Medieval pola USC, Manuel Gago Mariño, xornalista e director de culturagalega.org, Manuel Recuero Astray, catedrático de Historia Medieval pola UDC, Antón F. Malde e Mario Maceiras Dosil, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Ao día seguinte, a partir das 9:30 horas, o tema serán os castelos medievais ata a súa destrución pola revolta irmandiña. Intervirán Carlos J. Galbán Malagón, licenciado en Historia pola USC e doutor pola UB, Julio Vázquez Castro, profesor de Historia da Arte na USC, Xosé Manuel Sánchez Sánchez, arquiveiro da Catedral de Santiago, Natalia Conde Cid, licenciada en Historia da Arte pola USC, David Chao Castro, licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia da Arte pola USC, e Anselmo López Carreira, licenciado e doutor en Xeografía e Historia na USC. A organización facilita a asistencia daquelas persoas que veñan doutros lugares do país coa posibilidade de aloxamento e xantar. |
PRAZA_9011 | A axenda contra o autogoberno galego de Vox e Cs que agora asume Casado só traería máis pobreza, máis dependencia e moito menos benestar e crecemento para Galicia. | Despois da era napoleónica, hai uns 200 anos, as monarquías absolutas de Francia, Austria-Hungría, Rusia e Prusia formaron a Santa Alianza para reprimir calquera revolución liberal e democrática na Europa, como fixeron coa española de 1820-1823. Hoxendía, PP, Cs e Vox, tres partidos distintos nun único Aznar verdadeiro, veñen de amosar o seu concerto extremodereitista na axenda política na Andalucía. Antón Losada, brillante como adoito, vén de bautizar esta unión como a Santa Alianza. Os que queren voltar "a lo que siempre fue España", a un suposto punto cero anterior ás limitadas cesións a prol dos dereitos fundamentais das persoas e dos dereitos nacionais de Galicia que se artellaron a medio do proceso de xénese, adopción e desenvolvemento posterior da Constitución de 1978 e do Estatuto de Galicia de 1981. Voltarmos, cando mellor, ao tardofranquismo.Unha recente enquisa amosa que a Santa Alianza podería acadar por maioría absoluta os concellos todos das capitais de provincia españolas, agás os cataláns, vasconavarros, galegos e canarios, canda algunha outra. Albíscase, entón, que as cousas no noso país poden ser distintas ás do resto do Estado. Un consolo temporal e limitado, tendo en conta o poder real que desenvolve España sobre Galicia, multiplicado pola mutación constitucional recentralizadora no social, económico e político desenvolvida nestes últimos anos. Ademáis da xa perceptíbel presenza do discurso de Vox en sectores minoritarios da burguesía máis tradicional da Coruña e Vigo.Repenicará Núñez Feijóo a axenda recentralizadora, antinmigración, antifeminista e eurófoba da Santa Alianza? As primarias do PP no pasado verán manifestaron unha clara maioría de votos nas circunscricións de Lugo e Ourense contra Casado. Por outra banda, malia que Núñez Feijóo liquidou grande parte dos sinais de galeguidade do PPdeG de Xosé Cuíña, segue a existir unha corrente, quizais xa minoritaria, no PPdeG que entende Galicia dende níveis de afecto e singularidade.Veremos na vindeira Convención estatal do PP, neste inverno, se Núñez Feijóo adhire á Santa Alianza. Sería unha moi mala nova. Mais activará, de seguro, procesos de traslación de voto cara opcións que entendan a galeguidade.Porque a axenda contra o autogoberno galego de Vox e Cs que agora asume Casado só traería máis pobreza, máis dependencia e moito menos benestar e crecemento para Galicia. |
NOS_2930 | Cando no 2015 Sister Sin anunciaron a súa inesperada separación, os fans da banda sueca ficaron descolocados. Aínda así, era seguro que de algún xeito o espírito da banda rexurdiría, e así ocorreu o ano pasado, cando a súa vocalista Liv Jagrell anunciou o que sería o seu novo proxecto en solitario, Liv Sin. Agora en 2017, apresenta o seu novo álbum, chamado Follow Me, un disco co que esta Dama do Metal volve a percorrer os escenarios. | Este disco desvela unha das grandes curiosidades que moitos tiñamos sobre os camiños que ía seguir Liv Jagrell en solitario. Non é fácil para alguén que foi durante 14 anos a imaxe dunha das bandas de old scholl metal, rachar co pasado e variar. Mais Liv foi quen neste traballo de combinar o estilo da súa antiga formación cunha evolución cara aos seus propios gustos. Nos 11 temas atopamos un espírito máis trasher, cun son máis potente e cru e no que a voz de Jagrell amósase máis salvaxe. Un rexistro este no que a vocalista parece sentirse moito máis a gusto e liberada. Unha clara mostra disto é a colaboración do vocalista de Destruction, Marcel Schmier, en Killing Ourselves To Live, un dos máis brutais temas do plástico e que por momentos lembra Arch Enemy. A diferenza dos seus traballos anteriores, notamos unha influencia de Judas Priest en todas as composicións, mesmo incluíron unha versión de Inmortal Sin, un tema de Fight¸ o proxecto en solitario de Rob Halford, toda unha declaración de intencións. Seguindo a estela sonora xermana, contou con dous produtores de excepción, como foron Stefan Kauffman (Accept – U.D.O.) e Fitty Wienhold (U.D.O.), o que deixa ben claro cales son os vieiros polos que quere seguir Liv. A liberdade de ser a súa propia xefa e de cantar a súas propias letras permítenos ver unha Jagrell que estaba agochada detrás das cancións de Sister Sin, sen poder saír para explotar todo seu potencial. Let Me Out, o tema que sacara de adianto, daba a entender que as súas raíces de metal da vella escola estaban intactas aínda que se permitía un xogar un pouco con estilos máis evolucionados, mais, unha vez escoitado o disco, podemos destacar que os dous primeiros temas do álbum, The Fall e Hypocrite, son os que realmente definen esta nova andaina. Uns temas que lembran claramente os Judas Priest da época do Painkiller. Liv permítese traer non só trash ao seu cóctel, senón que é quen de tomar toques de todo espectro do metal, acompañada sempre dunhas poderosas guitarras que fan deste plástico un auténtico creba-pescozos. Liv convídanos a seguila con este novo traballo e non hai escusa para no facelo. Un traballo que gustará a metaleiros clásicos e aos máis modernos. Unha Liv poderosa e rotunda que se liberou das cadeas para ser ela mesma e ofertarnos o seu mellor traballo até o momento. Simplemente, incríbel. VIDEO: LIV SIN – LET ME OUT https://youtu.be/9qNeERh1sUw LIV SIN NAS REDES Facebook: https://www.facebook.com/LivSin Twitter: @livsin LISTAXE DE TEMAS The Fall Hypocrite Let Me Out Black Souls Godless Utopia Endless Roads Killing Ourselves To Live I'm Your Sin Emperor Of Chaos Immortal Sin The Beast Inside |
PRAZA_12950 | Case un milleiro de persoas encheron este xoves o Auditorio de Galicia nun emocionante concerto que lembrou a José Afonso e actualizou os seus temas. Coma o propio Zeca dixo hai anos homenaxe que lle ofreceran en Braga: "Importa manter a capacidade de indignación, e sermos capaces de rexeitar a hipocrisía dos detentores do poder" | "Esta festa non pode ser só unha homenaxe a un home, ten que ser tamén o encontro de persoas que rexeitan a anestesia que o sistema nos quere infrinxir, e sobre todo un apelo á xuventude para que manteña sempre o espírito crítico e unha actitude de resistencia fronte ao sistema de valores que a sociedade capitalista nos pretende impor. Se é certo que a situación non é mesma que a de antes do 25 de abril, importa manter a capacidade de indignación, e sermos capaces de rexeitar a hipocrisía dos detentores do poder". Zeca Afonso agradeceu así unha festa que lle organizaron en Braga. Mais as mesmas palabras definen ben o ambiente do Terra da Fraternidade, a homenaxe que lle brindaron en Compostela máis de 30 artistas e os máis de 900 espectadores que ateigaron o Auditorio de Galicia. Xa dicía Quico Cadaval que chegara unha queixa do consulado luso por tentar apropiármonos de Zeca, que por moito que considerase a Galiza como a súa patria espiritual, seguía sendo portugués. E abofé que, onte, sentíase non só que non hai fronteiras no universo lusófono, senón que o pensamento de Zeca, a súa utopía, permanece tan viva como sempre. Onte sentíase non só que non hai fronteiras no universo lusófono, senón que o pensamento de Zeca, a súa utopía, permanece tan viva como sempre Pasaron 40 anos desde a estrea de Grândola, Vila Morena, a canción que despois se converteu no himno da Revolución dos Caraveis. Pero a historia repítese e, -sinalaba Carlos Blanco na presentación do concerto-, daquela "a oligarquía dominaba o mundo, como hoxe". Pois o que vivimos agora "non é unha crise, é unha estafa masiva". O Terra da Fraternidade contribuíu, de feito, dixo, a paliar o déficit do Concello cun alugueiro do Auditorio nada barato, e mesmo a tapar outro burato, o de NovaGalicia Banco, co que cobra polo servizo de venda de billetes. Narf, só coa súa guitarra, con A morte saíu a rúa, Uxía, con Menino do Bairro negro, ou, por suposto, os artistas todos xuntos cantando o Grândola ao final con todo o público de pé, protagonizaron algúns dos momentos máis intensos. O sobriño de Zeca, João Afonso, actuou o primeiro nun espectáculo que foi in crescendo, malia que durou unhas tres horas. Narf, só coa súa guitarra, con A morte saíu a rúa, Uxía, con Menino do Bairro negro, ou, por suposto, os artistas todos xuntos cantando o Grândola ao final con todo o público de pé, protagonizaron algúns dos momentos máis intensos. Polo medio das cancións proxectouse un vídeo, dirixido por Pablo Portero, que explora a relación de Zeca con Galiza a través das declaracións de Suso Iglesias, Xico de Carinho, Camilo Franco, Germán Ermida, Uxía, Carlos Blanco, Najla Shami ou Gonzalo Bouza-Brey. A banda Utopía -Sérgio Tannus, Bruno Cardoso, Santi Cribeiro, Isaac Palacín e Xacobe Martínez Antelo-, acompañou a Uxía co seu Menino do Bairro negro. Despois, ela e João Afonso interpretaron o Cantar galego de Zeca. Houbo, en todo o concerto, moitos cambios de estilos e ritmos, con versións moi persoais dos temas de Zeca. Najla Shami levou ao seu terreo sempre ecléctico o Indios de Meia Praia, marcando os versos do final: "Mas não por vontade própria/ Porque a luta continua/ Pois é dele a sua história/ E o povo saiu à rua". Presentou ela mesma a Brais Morán e o seu ronsel funky, que contrastou ben co máis calmo Que amor năo me engana da angolá de Aline Frazão, coa trompeta de Manuel Paino. Houbo, en todo o concerto, moitos cambios de estilos e ritmos, con versións moi persoais dos temas de Zeca Xoán Curiel escolleu Venham mais cinco, que cantou con Vox Stellae. A actuación deste coro foi, xunto co traballo das bandas Utopía e Fura Fura, un dos elementos que lle deron unidade a un acto heteroxéneo no que tamén tivo o seu espazo o teatro. Chévere -Manolo Cortés, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Xesús Ron- recrearon un suposto cásting no que Pilara, antes do concerto no Burgo das Nacións no que Zeca deu a coñecer o 10 de maio de 1972 o Grândola, convence a Raimon, a Benedito e ao propio Zeca para que eleven o ton revolucionario dos seus temas, quedando así o Grândola transformado en "Granada, mina e barrena, guerra á autoridade, o pobo é o que se subleva, dentro de cada cidade". Volveron subir despois subir os decibelios cun atrevido e sentido Era de noite e levaram, versión do grupo Agencia de Viagens. Xabier Díaz e Guillerme Fernández optaron por unha máis sosegada A mulher da Herva, do álbum Cantigas do Maio, e Narf abraiou ao público ao encher, el só, de son o Auditorio enteiro coa súa voz e a guitarra eléctrica. Volveu despois o teatro, mesturado coa música, con Ze Rui Martins, fundador da ACERT e da compañía Trigo Limpo, piares do intercambio cultural entre Galiza e Portugal, no que Chévere tivo tamén moito que ver. Uxía salienta a beleza e a actualidade de Zeca pois, "o que faz falta é animar a malta", como el dicía nun dos seus máis coñecidos temas Tras a proxección da segunda parte do vídeo, -no que Uxía salienta a beleza e a actualidade de Zeca pois, "o que faz falta é animar a malta", como el dicía nun dos seus máis coñecidos temas-, foi a quenda dos máis rockeiros, aínda que a transición xa a marcara con claridade Narf. A banda Fura Fura contaxiou rápido ao público a súa enerxía, redobrada por García de Dios Ke Te Crew e O Leo con Paz poetas e pombas. Bocixa de Zënzar e Ses saltaron polo escenario coa súa Um homem novo, Xurxo Souto e Ico fixeron o propio con O Comboio descendente, e volveu despois O Leo, con Adrián Beiroa, cunha O que faz falta moi Fura Fura. Quico Cadaval agradeceulle ao ditador Salazar o seu esforzo por "provocar" a Zeca Logo, de novo, veu o teatro. Con Quico Cadaval, que lle agradeceu ao ditador Salazar o seu esforzo por "provocar" a Zeca. Contou tamén que, aínda convencidos de que "galego e portugués a mesma merda é", moitas veces os galegos chegaban a Portugal e "non entendían nada". Mais aclarou que, na súa experiencia como profesor na Operación Triunfo portuguesa, comprobara que os portugueses tampouco comprendían as letras das súas cancións. Uxía, João Afonso, Curiel e Aline cantaron despois Filhos da madrugada, e Xurxo Souto presentou os organizadores do acto, Xoán Quintáns e Bea Bugalho. Antes do Grândola, que ergueu o Auditorio enteiro. |
NOS_52795 | A organización liderada por Xoán Bascuas desenvolveu este sábado unha xornada de política municipal. Máis de 80 edís da formación galeguista déronse cita na capital da Galiza para avaliar o anteproxecto de lei de reforma local mais tamén un outro modelo de xestión municipal a través das experiencias dalgúns dos concellos nos que posúen representación. | A reforma da Lei de bases de réxime local e a agrupación de concellos foron os eixos arredor dos que xiraron as ponencias decorridas este sábado nas xornadas de política municipal organizadas por Compromiso. Neste senso, a formación exixiu a retirada do anteproxecto de lei presentado polo Goberno español por "buscar a privatización dos servizos servizos" e constituír unha agresión contra "a autonomía dos concellos". Desde CxG defenden "o agrupamento municipal" naqueles concellos pequenos que precisen da xestión mancomunada de servizos A nova norma, que prevé reforzar as competenciais das Deputacións provinciais en detrimento da xestión municipal en concellos pequenos foi duramente criticada por Xulia Guntín, membro da executiva de CxG. "É preciso repensar o mapa territorial" da Galiza, aseguran desde a formación galeguista mais, desde unha perspectiva diferente á defendida polos gobernos da Xunta e Madrid. Neste senso, @s edís que participaron da xornada aseguraron que urxe un outro modelo que facilite "a transparencia real e eectiva" da xestión municipal ao tempo que permita "a fiscalización" da mesma. Desde esta premisas, CxG defende a "agrupamento de concellos" mais matizan, non están a falar de fusión como promove a Xunta de Galiza. "Se procede" aseguraba na súa contade Twitter o líder da formación, Xoán Báscuas, apostan por desenvolver modelos de xestión conxunta que melloren a "eficiencia económica" e a "calidade dos servizos" fornecidos desde administracións municipais pequenas. Neste senso, os relatores aos que lles foi encomendada a ponencia sobre agrupamento municipal Xosé Manuel Vázquez e Iván Marrube quixeron desmentir que "os concellos pequenos non son viábeis" asegurando que "é máis eficiente a xestión de Vilar de Santos que a de Madrid". A xornada concluíu cun obradoiro en que se partillaron experiencias concretas a partir daquelas localidades en que a formación posúe representación na corporación municipal. Na clausura do acto, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Báscuas quixo pór en valor a administración local "nunha época tan difícil coma esta" en que dixo os concellos son "a administración máis próxima" á cidadanía. |
NOS_56884 | O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., editora de Nós Diario, reclama o apoio das galegas e galegos após a exclusión do medio das axudas da Xunta da Galiza á prensa. | Diante da información sobre a exclusión de Nós Diario das axudas da Xunta da Galiza aos medios de comunicación, malia cumprir os criterios da convocatoria de subvencións, o Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., editora de Nós Diario, apela ao apoio das galegas e galegos. O Consello de Administración explica que desde a presentación do proxecto xa se informara de que o diario en papel sairía á rúa cinco días á semana. Lembra que non é "unha práctica infrecuente" e sinala que houbo exemplos na Galiza, e fóra dela, que "así o verifican". Refírese tanto a diarios de información xeral como á prensa económica. "Esta periodicidade de saída entra dentro dos medidores habituais das axencias de control de difusión, e iso sabiámolo", defende o Consello de Administración, "o que non sabiamos, nin o grupo promotor nin as máis de 3.000 persoas subscritoras, era que o Goberno galego, co señor presidente á fronte, ía empregarse a fondo para privar os seus compatriotas dunha voz non presa por ningún grupo de presión". "Coas que xa somos e coas que virán, faremos unha Galiza máis informada e, daquela, máis capaz de facer fronte ás políticas caciquís do Goberno Feixoo", O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. apela a todas as persoas que "fan posíbel que exista Nós Diario". "Coas que xa somos e coas que virán, faremos unha Galiza máis informada e, daquela, máis capaz de facer fronte ás políticas caciquís do Goberno Feixoo", engade. O Executivo de Feixoo excluíu Nós Diario do reparto de subvencións a empresas xornalísticas e de radiodifusión para o ano 2021. Para os xornais editados en papel destínase unha contía total de 1.255.000 euros. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta da Galiza, da que está á fronte Mar Sánchez, tombou o recurso de reposición presentado por Nós Diario á denegación da solicitude das axudas. Tras desestimalo, Sermos Galiza S.A., empresa editora, presentou perante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) un recurso contencioso-administrativo, que xa foi admitido a trámite. Na mañá da sexta feira, A Mesa pola Normalización Lingüística anunciaba que recorrerá ao Consello de Europa para denunciar a exclusión de Nós Diario nas axudas aos medios da Xunta. A Mesa advirte de que o veto do Goberno de Feixoo a Nós Diario contravén a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas. Subscrición e mecenado Sermos Galiza S.A. ten diversas vías de apoio a Nós Diario. En primeiro lugar, as subscricións, con distintas modalidades e con descontos de até o 40% do prezo de venda ao público segundo. E tamén é posíbel apoiar o medio a través do mecenado ou da figura das amizades de Nós Diario, para quen queira facer efectiva unha doazón económica. |
QUEPASA_509 | Preferente: Dispares resultados para o comezo de liga. Corredoira analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa. | Tralo comezo da Preferente e despois da primeira análise de Corredoira, hoxe queremos falar con outro dos grandes especialistas en materia de Fútbol costeiro como é David Castro, de Diariodeportivo.gal, para ver como ve este comezo de temporada. Preferente QPC: Como vés os 3 equipos costeiros de Preferente? Pasarán apuros ou estarán na zona media-alta? Eu creo que os tres equipos teñen como claro obxectivo a permanencia e que son conscientes dilo. Para acadar o obxectivo será moi importante que comecen ben a tempada En canto ao de pasar apuros, a Preferente é unha categoría moi complicada e ninguén está libre de pasar por malas etapas ao longo da tempada ou de sufrir ao final da competición ligueira, aínda que agardemos que os equipos costeiros fagan os deberes co debido tempo para non pasalo mal nas última xornadas, ás cales esperemos que cheguen coa ansiada tranquilidade. QPC: A quen vés máis potente este ano? Que equipo se reforzou mellor? A miña opinión é que o Ara Solis e os reforzos de renome feitos polo Fisterra, xogarán a favor do equipo de Ángel López e se nada se torce probablemente sexa o equipo dos tres costeiros que menos sufra, pero o fútbol é moi traicionero e nunca se sabe.No que respecta ao Sofán, penso que conta cun plantel moi novo pero con moito talento, polo que se Alberto Rodríguez é quen de sacarlle todo o seu potencial, daralle moitas alegrías á afección do Carral.Mentres que por Fontenla, creo que a xente que forma o Xallas FC sabe, que debido aos numerosos cambios que sufriu o equipo, será un ano complicado no que a ilusión do seu adestrador Adrián Lema que afronta a súa primeira aventura na Preferente e as ganas por facerse notar na categoría de xogadores que queren dar un salto na súa carreira coma os Pablo Mato, Juan de Celia, Alberto Loureiro e Asier, entre outros, e a experiencia dos outros compoñentes do plantel serán un plus que lle fará sumar moitos puntos para acadar o obxectivo. 1ª Galega QPC: 5 equipos costeiros na categoría. Cres que algún dos equipos pasarán moitos apuros? Eu confío en que ningún deles pase apuros, xa que todos confeccionaron bos planteles que lle permitirán competir polos tres puntos en cada partido e espero que estén entre a zona cómoda e a alta da clasificación, nunha categoría que sempre se caracteriza pola gran igualdade que hai de principio a fin. QPC: Cres que algún ten opcións reais de ascender? Eu penso que sen dúbida ningunha, o Soneira é un claro e firme candidato ao ascenso á Preferente. Despois dunha tempada complicada, na que tanto as baixas por lesións como por outros motivos deixaron mermado ao equipo, a dirección deportiva fixo un esforzo para traer xente con experiencias en categorías superiores que, sumados á xente que xa estaba no clube no anterior curso, lle axudará a loitar de principio a fin polo ascenso, obxectivo único dos Irmandiños. Logo e ao igual que a pasada tempada, a miña opinión é que o Baio volverá a estar na parte alta, polo seu particular e característico fútbol de toque e que ademáis conta cun dos xogadores diferenciais da categoría como é MC.No que respecta ao Dumbría, Mazaricos e Volantes son tres equipos que non deberían pasar apuros, que non teñen que pechar a porta a nada xa que teñen planteles con moi bos futbolistas e que poden chegar ao tramo final da tempada con opcións de todo. QPC: Como cres que se reforzaron os nosos equipos? Todos os conxuntos costeiros fixeron bos reforzos dentro da medida das súas posibilidades e como ben dixen anteriormente, iso fará que teñan posilibilidades de loitar por todo neste Grupo 2 da Primeira Galicia. 2ª Galega QPC: Que equipos ves favoritos para esta Liga da Costa? Para esta tempada, vexoo moi bos planteles e creo que será unha Liga da Costa moi reñida e é difícil mollarse por dous ou tres equipos sós xa que clubes como Esteirana, Corme, Ponteceso, Cerqueda, Baíñas, Muxía, teñen xogadores que lles pode permitir loitar polo título de campión, ao que como adoita ser habitual sempre se pode xuntar algunha sorpresa ou revelación. QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso? Para min, Cerqueda e Ponteceso, dous equipos que coa xente que incorporaron, seguramente den un salto de calidade que lle fagan loitar por cousas importantes esta tempada. QPC: Que equipos pasarán apuros? Ao igual que pasa por arriba, a igualdade marcará a zona baixa e ata os últimos partidos, penso que non saberemos quenes estarán en verdadeiro perigo. 3ª Galega QPC: Que equipos ves favoritos para ascender á Liga da Costa? Pois eu diría que entre Porteño, Monte Louro, Outes e Camariñas estará a cousa. QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso? Dous dos equipos chamados a ser punteiros na categoría como Camariñas e Monte Louro, fixeron boas incorporacións para loitar por cousas importantes. |
NOS_50253 | Concentracións na Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Compostela reclamaron "xustiza" e "igualdade" perante o feminicidio. | Após o asasinato de Silvana de Oliveira en Vigo, o movemento feminista volveu saír ás rúas esta cuarta feira (7 de setembro) para denunciar máis un crime na Galiza e van "sete" este ano. A cifra recollida polo manifesto de convocatoria sinala tamén as "meniñas de Moraña" e a Sergio Rodríguez, asasinado xunto con Beatriz Rodríguez en Arbo este verán. Nomes que "non son computábeis" ás estatísticas oficiais dado que a definición de vítima só se cinxe ao ámbito da parella". "En tan só cinco anos, 79 galegas foron asasinadas", unha cifra que ascende a "case setecentas no estado español", apuntan. "Un feminicidio invisibilizado polos poderes públicos, pola xustiza, polo goberno do Partido Popular, mesmo polos medios de comunicación". Desde o movemento feminista denuncian que as vidas das mulleres "non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nen a mesma resposta ca de tratarse doutro tipo de terrorismo". "Non hai comparecencias pola vía da urxencia do presidente da Xunta de Galiza, nin do Estado español, tan só ocupan minutos de silencio institucional". Un feito que, aseguran, é "sintoma" de que "non vivimos nunha democracia". Neste senso, exixen a erradicación do "sistema patriarcal" que "se perpetúa baixo a premisa de que non somos donas de nós, que somos propiedade dos homes". Do contrario, advirten, "non pode haber democracia nin pode haber igualdade real". "Queremos visibilizar o noso rexeitamento" e que "toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo" A súa presenza nas rúas, explicaron, responde á vontade por "mudar unha situación insostíbel para as mulleres e porque forma parte da nosa responsabilidade". "Queremos visibilizar o noso rexeitamento" e que "toda a sociedade entenda", engaden, "que é a nosa vida a que está en perigo". "Non imos gardar minutos de silencio, imos saír ás rúas" e farano, salientan, "todos os días que fagan falta exixindo xustiza, loitando pola igualdade". As concentracións producíronse dous días despois do asasinato de Silvana de Oliveira. A investigación policial determinou que a muller, residente en Vigo, foi asasinada 3 días antes de que fose atopado o seu cadáver no interior dun armario da vivenda que partillaba co seu asasino. O home, suicidouse con posterioridade. Silvana de Oliveira presentara dúas denuncias por violencia machista. Embora rexeitar testemuñar contra o que fora o seu compañeiro, existía un proceso xudicial en curso por malos tratos, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). |
NOS_43798 | O candidato do PSOE afirma que cando a Xunta di que paga as facturas en 45 días "prodúcese unha gargallada xeral". | O candidato do PSOE á Xunta de Galiza, Pachi Vázquez, mantivo unha xuntanza coa veciñanza en Ares, onde criticou os recortes de Rajoy e Feijóo e dixo que "a mellor manifestación contra os que están desmontando a educación pública, pechando escolas, despedindo profesores, quitando libros de texto gratuítos e reducindo bolsas, é votar o domingo". Vázquez sinalou que a saída desta crise implica "un cambio de modelo, que pasa por apostar pola educación, o coñecemento e a innovación". "España e Galicia teñen a taxa de fracaso escolar máis alto de Europa, e non podemos competir en coñecemento se desmantelamos o sistema público de educación", dixo. Por último, o candidato socialista respondeu as palabras feitas polo presidente da Xunta en sede oficial. "Feijóo dixo que o goberno galego paga as facturas en 45 días, e produciuse unha gargallada xeral, porque todo o empresariado sabe que o goberno tarda meses en pagar". "Contra isto eu comprométome a dicir a verdade, ter solidez, atender os problemas da xente e fundamentalmente o do emprego", rematou. |
PRAZA_16614 | A Unidade Militar de Emerxencias négase a enviar un representante á comisión de estudo sobre os incendios para explicar o seu labor. Alude á súa "dependencia e suxeición administrativa", que non é outra que a do Ministerio de Defensa, que cobra cada ano de Medio Rural por previr o lume en Galicia | Dende finais de xaneiro está en marcha no Parlamento de Galicia a comisión de estudo que aborda o acontecido na vaga de incendios que o pasado outubro arrasou unhas 50.000 hectáreas en apenas dous días e avalía posibles vías de futuro para a política forestal galega. Este órgano parlamentario ten como guieiro o plan de traballo aprobado na propia comisión, que definiu a documentación que manexará e as persoas que chamará a comparecer. Unha das comparecencias solicitadas, neste caso por petición do PP, foi a dun "representante" da Unidade Militar de Emerxencias, unha forza do Exército creada en 2007 para intervir en situacións de "grave risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades" e que reforza o dispositivo contra incendios nas vagas de lume de maior gravidade. Dado que a UME actuou durante os incendios de outubro e noutros anteriores o Parlamento pretendía que achegase información sobre a súa actuación na materia, pero negouse. A petición da Cámara galega foi canalizada nos primeiros días de marzo a través do Ministerio de Defensa, departamento do Goberno central que cada ano asina un convenio coa Xunta para colaborar no combate dos incendios forestais, acordo que na última década sumou unha achega de case 6 millóns de euros das arcas galegas ás estatais e que nos últimos tempos vén supoñendo algo máis de medio millón anual. A resposta da UME, remitida tamén polo Ministerio, entrou hai menos dunha semana no Rexistro parlamentario e o propio departamento dirixido por María Dolores de Cospedal indicaba que escribía para "declinar o convite a dita comparecencia". Carta remitida da UME remitida polo Ministerio de Defensa ao Parlamento anunciando a negativa a comparecer Na comunicación do Ministerio incluíase unha carta asinada por Miguel Alcañiz Comas, tenente xeneral xefe da UME. Nela acusa recibo da "comunicación" na que o lexislativo galego "convidaba a comparecer a un membro desta Unidade" ante a comisión de estudo -non de investigación- sobre os incendios forestais, a política forestal e a prevención e extinción do lume. "Dende esta Unidade e dende todas as Forzas Armadas", di a carta, "temos o maior dos respectos polos labores dos parlamentos autonómicos e as súas comisións de estudo", declara. No entanto, di, "por motivos obvios" de "ámbito competencial e de dependencia e suxeición administrativa, lamento ter que declinar o ofrecemento". Os pagamentos da Xunta ao Exército para previr os incendios A "dependencia e suxeición administrativa" á que o tenente xeneral da UME alude para non acudir ao Parlamento non é outra que a do Ministerio de Defensa, que na última década recibiu case 6 millóns de euros do Goberno galego para prevención de incendios A "dependencia e suxeición administrativa" da UME en última instancia non é outra que co propio Ministerio de Defensa, que dende comezos de século colabora coa Xunta en materia de incendios previo pacto de financiamento por parte de Galicia. Esta relación entre ambas Administracións foi reformulada tras a vaga de incendios do verán de 2006, a peor en vinte anos, coa sinatura dun novo protocolo de actuacións, con novas definicións de niveis de risco e dispositivos que veñen sendo concretados en convenios anuais. O convenio máis recente, o de 2017, tivo un financiamento inicial de case 570.000 euros públicos procedentes da Consellería de Medio Rural, e implica o "despregamento operativo de patrullas terrestres" do Exército nos montes galegos coa "misión de vixilancia e disuasión, compostas por militares sobre vehículo e medios aéreos" que contan ademais con instrumental achegado pola Xunta. No nivel máis alto de risco o acordo contempla ata 75 patrullas militares e 2 helicópteros. Deixa aberta a porta a achega de máis medios sempre e cando a Xunta pague máis e sempre coa condición de que calquera desperfecto causado polos corpos militares sexa sufragado tamén polo Goberno galego. Non detalla, tampouco, as intervencións excepcionais da UME. Esta non é a primeira vez que o Goberno central boicotea unha comisión do Parlamento de Galicia, aínda que anteriores ocasións sucedera con departamentos que non manteñen unha relación tan estreita coa Xunta e que, sobre todo, non reciben financiamento anual da Administración pública galega. Así, por exemplo, son varios os departamentos e entidades dependentes ou ligados co Goberno de España que evitaron achegar a información solicitada dende o Pazo do Hórreo para incorporala á investigación sobre a fusión e desaparición das antigas Caixa Galicia e Caixanova |
NOS_46904 | O Partido Popular perde apoio nas sete cidades galegas, pero mantense como forza máis votada, e en Lugo supera 50% dos votos emitidos. O BNG logra ser segunda forza nas urbes, excepto en Vigo, a única onde o PSdeG se sitúa en segunda posición. | A perda de votos que Alberto Núñez Feixoo sufriu este 12 de xullo nas sete cidades galegas non lle fixo perder a primeira posición en todas elas. Con todo, Lugo é o único emprazamento onde logra superar 50% dos apoios, en concreto 51,04%, ao pouco de completarse o escrutinio, perdendo medio millar de sufraxios. O BNG sitúase como segunda forza en todas as cidades, aumentando en sufraxios e porcentaxe, salvo na de Vigo, a única onde o PSdeG logra o segundo posto. Nesta, a suma de socialistas, nacionalistas e Galicia en Común supera en 40.000 votos o PP, a ventaxa en Pontevedra sobre os populares é de 2.000 votos, na Coruña a vantaxe sobre Feixoo é máis axusta, con escasos 1.000 votos ao igual que en Ourense. En Ferrol o resultado tamén está empatado, cunha lixeira vantaxe sobre a esquerda e o nacionalismo, ao revés que en Santiago, onde o PP ten un cento máis de votos que a suma de BNG, PSdeG e En Común, a falta de recontar o 100% dos votos. Resultados cidades Infogram |
NOS_304 | Gemma Galdón é analista e consultora de políticas públicas no ámbito dixital. Residente na Coruña, está especializada no impacto social, legal e ético da tecnoloxía é socia fundadora de Éticas Research & Consulting. Participou das charlas do ciclo Distopías Cotiás que organiza Coruña Dixital co apoio das Bibliotecas Municipais da Coruña coa intervención "Tecnoloxía e privacidade en tempos da COVID-19". | Da charla despréndese que a chegada da pandemia deixou ao descuberto os deberes sen facer das Administracións públicas en materia de dixitalización. Desde os 80 déronse grandes avances a nivel tecnolóxico. O aumento da capacidade de procesamento de datos permiten realizar cousas que eran impensábeis, abrindo novas posibilidades de traballo. Porén, observamos moi poucas políticas ao respecto. Cada hospital, cada Concello, cada Comunidade Autónoma contan co seu software e non houbo unha preocupación porque os datos de todas elas se poidan intercambiar. Non se planifica máis alá da xestión do propio. Agora que temos que recoller información ao minuto sobre o número de camas, de test realizados ou de profesionais sanitarios en activo carecemos desa arquitectura. E non hai motivos técnicos para esa carencia. Non houbo unha preocupación porque os datos de todas as Administraciós se poidan intercambiar Sinalou que no emprego da tecnoloxía polas Administracións estase a caer no "teatro pandémico". A que se refire? Traballei no ámbito das tecnoloxías aplicadas á seguridade e do xestión de riscos e nel falamos de teatro securitario. Un exemplo é o dos aeroportos, con múltiples cámaras de seguridade ou instrumentos de recoñecemento facial. Tecnoloxías que sabemos que funcionan moi mal, pero que se venden como se fosen solucións chegadas do futuro. Creadas máis para xerar a sensación de seguridade que para ofrecela realmente. Na pandemia o mellor exemplo son as cámaras de infravermellos, empregadas para supostamente detectar a alguén con febre mais que só miden a temperatura a nivel superficial, que non ten que ver coa interior. E cando a nivel epidemiolóxico o problema está nas persoas asintomáticas. Tamén salientou a necesidade de apostar polo desenvolvemento de software público, auditable e ético. Na urxencia da pandemia, existe o risco de que se incremente a dependencia de softwares privados que non cumpran estas características? É o que me temo. Presenciamos unha ofensiva comercial moi forte por parte de vaias empresas para "colar" os seu software á Administración pública. Evidentemente, cando este momento pase comezarán a cobrar, creando legados técnicos na Administración moi difíciles de solventar. Cada empresa vende a súa solución, que para protexer o modelo de negocio non son doadamente convertíbeis porque tampouco hai unha lexislación que as obrigue. Para mudar dun a outro polo xeral hai que facer un novo investimento e regresar ao principio. Hai Administracións reféns de decisións tecnolóxicas tomadas hai moito tempo con empresas que xa non actualizan os seus sistemas ou que non lles permiten adaptalos. Hai Administracións reféns de decisións tecnolóxicas tomadas hai tempo con empresas que non actualizan os seus sistemas No eido do ensino a distancia, como pode afectar a falta de software público para uso educativo aos dereitos das menores? As conversas, imaxes e opinións do docente van parar a servidores sobre os que se carece de control. Moitos docentes empregan aplicacións comerciais gratuítas, nas que se non pagas con cartos falo con datos, ti es o produto. Se empregas unha plataforma comercial todos eses datos, a cara, a voz, o que fan e onde viven os menores pódese recoller e destinar a un servidor do que non se ten ningún control. As nosas crianzas están sendo o produto de grandes multinacionais que venden eses datos a terceiros. Por non falar das aplicacións telefónicas, que poden exixir permisos de acceso ao micrófono ou á cámara. Detectáronse casos de persoas pedófilas que se introducen en aulas virtuais de menores, accedendo aos seus contactos. Empregamos infraestruturas sen garantías de seguridade. Zoom, por exemplo, mellorou a súa privacidade durante a pandemia. O seu director xeral admitiu que no deseño da aplicación non se tiveran en conta posíbeis problemáticas de seguridade que agora están a parchear. A OMS sinalou en diversas ocasións a importancia dos test e da recollida de datos para elaborar estudos eficaces da evolución da pandemia e as políticas a implementar. Un mes após decretarse o estado de alarma o Goberno estatal publica un protocolo de recollida deses datos. Que está a fallar? Penso que foi un fallo importante que cando se decretou o estado de alarma non se acompañase dun protocolo de recollida de datos de calidade. Sorprendeume, porque era unha receita para o desastre, máis sabendo Sanidade é unha competencia descentralizade e a diversidade de softwares que hai nas autonomías. Que se publique un mes despois fala da dificultade á hora de seguir protocolos. Desde a miña experiencia, en situacións de crise hai uns protocolos, non dependes do bo tino do corpo técnico. Con todo, isto non tería solucionado completamente o problema da dificultade de intercambiar eses datos. Penso que foi un fallo decretar o estado de alarma sen un protocolo de recollida de datos O anuncio dun estudo da mobilidade da poboación en base aos datos das compañías telefónicas por parte do Estado espertou as alarmas por unha posíbel desprotección da privacidade. Faltan transparencia e pedagoxía á hora de explicar estas decisións? Penso que compre pedagoxía, máis sensibilidade de cara a cidadanía, pero tamén un xornalismo de calidade que explique como se empregan os datos. Entendo que falamos de cuestións técnicas que a poboación xeral non ten que comprender, por iso me centro nos xornalistas, que actúan tradutores. Ese estudo non emprega nin un só dato persoal, non hai risco sobre a privacidade, mais houbo medios que o retrataron como un Gran Irmán. Non axuda que a forma de informar en materia de datos parta sempre da alarma, porque en ocasións empréganse ben. Tamén penso que o Instituto Nacional de Estatística se trabucou no xeito de liberar os datos, amosando quen sae de cada vila e levando á xente a pensar "que saben de min?". Cun certo desprezo de cara á poboación. Google fíxoo mellor, cun estudo con moitos máis datos e procesos de recollida máis invasivos, devolvendo o seu estudo nun resultado que non xera esa inquedanza. Esa preocupación da cidadanía pola privacidade ou o destino dos datos recollido varía de se quen os manexa é o Estado ou unha multinacional, como Google ou Facebook? A figura do Gran Irmán sempre estivo máis ligado ao Estado que as empresas, que percibimos como provedoras. Ti podes escoller non ter un teléfono cun determinado sistema operativo. E seguramente temos máis interiorizado ese intercambio entre o servizo que recibo e a miña privacidade. Ao Estado exíxelle mais, ao Goberno votámolo entre todos e é normal que o escrutinio das decisións públicas sexa maior. Tamén porque o risco dun mal uso nunha contorna democrática é maior. Pero é que ademais as grandes empresas son, en ocasións, moito máis conscientes que os países da importancia da confianza das persoas nos seus sistemas. Aprenderon a facer máis pedagoxía, a solicitar consentimento, a xerar mecanismos para que resolvas as túas dúbidas ou a recibir auditorías externas. En cuestión de datos, hai unha maior sensibilidade polas empresas de cara á clientela que da Administración de cara á cidadanía. En cuestión de datos, hai unha maior sensibilidade polas empresas de cara á clientela que da Administración de cara á cidadanía. Por parte da Administración, falla a transparencia á hora de explicar con que empresas tecnolóxicas se asinan os contratos para a xestión de datos? Explicar, por exemplo, de quen é o servidor onde se almacena o meu historial clínico? A cuestión é que moitas veces esa transparencia non a ten nin a propia Administración pública, que descoñece onde están os servidores que almacenan eses datos. Eu fago auditoría de algoritmos coa miña equipa, e moitas veces atopamos que cando auditamos o algoritmo dunha Administración pública o provedor négase a facilitarnos información. Resulta que no contrato de prestación de servizos nunca se falou de transparencia nese sentido, ninguén se preocupou por limitar nin estabelecer que protocolos de seguridade ou de transparencia se deben introducir. A licitación é moi mala. Outro debate que se intensificou durante a pandemia é o do control dos bulos e das fake news (noticias falsas) que se comparten a través das redes sociais ou foros. A Garda Civil anunciou que traballaba "perseguindo" estas informacións, ademais doutras "susceptíbeis de xerar desafección a institucións do Goberno". Cal é para vostede o camiño para tratar esta cuestión? Coa xeneralización do uso da internet increméntase a capacidade de mentir e manipular. Hai dúas opcións: que esta nova realidade a xestionen empresas privadas como Facebook ou Google ou que o fagan os propios países. Diría que é máis democrático estabelecer normas legais que determinen os límites do engano e a manipulación. Xa existe unha enorme censura de contidos, pero non de opinións políticas senón de desinformación, por parte das plataformas. Non deberían as autoridades públicas, que escollemos por vía democrática, as que regulen esta cuestión? Se non nos gusta que o fagan as empresas privadas deberemos permitir que o Estado lexisle e despois criticar as súas propostas se estamos en desacordo. Non deberían as autoridades públicas, que escollemos por vía democrática, as que regulen os límites da manipulación? A nivel europeo trabállase para deseñar unha aplicación que rastree o movemento da poboación e permita saber se estivo en contacto con doentes da COVID-19. Vostede sinalou que para que sexa efectiva ten que empregala 60% da poboación. Sen base legal para obrigar á cidadanía a usala, que características debe cumprir para que as usuarias confíen nela? Para comezar, ser moi transparentes e moi respectuosas coa privacidade e explicar exactamente como funciona. Se o que creas é un sistema de alerta epidemiolóxica este debe servir tamén para que unha persoa acceda a un test do mesmo xeito que cando chaman ao 061. Niso están a traballar os expertos. E ten que haber cero dúbidas de que se empregará con outros fins. É a nosa loita actualmente, pois hai países que queren ter acceso a máis datos da poboación e non se decatan de que por ese camiño a poboación non a empregará, facéndoa inútil. |
NOS_54698 | Milleiros de persoas tomaron este domingo as rúas de Compostela para manifestarse contra o "desmantelamento" da sanidade pública galega que leva anos xestionando o Goberno do PP | Malia a choiva en Compostela ao chamamento realizado por SOS Sanidade Pública respondeu a sociedade civil con múltiples colectivos profesionais e veciñais así como todos os partidos da oposición no Parlamento galego -PSdeG, BNG, Grupo Común da Esquerda e En Marea- e sindicatos da Galiza. A manifestación iniciouse na Alameda pasadas as 12 horas e rematou na praza da Quintana coa lectura dun manifesto por parte do actor e director Quico Cadaval, as poetas Lucía Aldao e María Lado; e Aurora, membro da Plataforma de Verín. A manifestación iniciouse na Alameda pasadas as 12 horas e rematou na praza da Quintana coa lectura dun manifesto Deterioro e dificultades para a poboación "Temos un deterioro evidente dos servizos de atención primaria que leva en loita desde o mes de abril con manifestacións e concentracións continuas", explica a Nós Diario desde a propia manifestación Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública. Relata que "a poboación ten serias dificultades para poder acceder aos centro de saúde e hai demoras superiores á semana". Desde a plataforma teñen claro que "a capacidade resolutiva do sistema está moi deteriorada pola falta de recursos e as dificultades de acceso ás probas". Marian Rodríguez, de SOS Sanidade da comarca do Barbanza, asegura a Nós Diario que "este novo modelo de xestión integrada e áreas grandes remata coa atención primaria e os hospitais comarcais que dependemos dos grandes hospitais". Denuncia que diante de calquera situación problemática "a nosa voz na consellaría sempre está mediada polo xerente do gran hospital". O culpábel é Feixoo O nome máis repetido en toda a manifestación era o do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo. Berros como "Feixoo atende, a sanidade non se vende" sumábanse aos de "Feixoo, ruín, non vaias a Verín" ou "o noso meniño non nace no camiño" que saían da nutrida representación da comarca de Monterrei. "O problema que temos é que a nosa administración acostumouse a faltar á verdade", explica manuel Martín, "empregan a mentira como unha forma de facer política e iso non é bo", engade. Jorge Lorenzo, Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei, explica a Nós Diario que a experiencia de Verín foi froito do cansamento da poboación diante dunha situación inxusta. "Esta é a mala xestión após dez anos de Feixoo", asegura, "a súa desidia de recortar e recortar quixo deixarnos sen o servizo de pediatría, cando saben ben que non é perigoso parir en Verín", engade. A sanidade Pública en perigo No manifesto final desde SOS Sanidade Pública aseguran que "a decisión de supeditar a Atención Primaria ás xerencias hospitalarias, controladas por burócratas aos servizo de Feixoo supuxeron recortes de persoal, orzamentos e equipamentos nos Centros de Saúde". Por este motivo exixen "poñer no centro do sistema á Atención Primaria". Denuncian que "se están desmantelando os hospitais comarcais" e saúdan a loita de Verín que demostra que "o pobo cando se une é capaz de vencer o poder". Neste sentido critican a actuación da Corporación de Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) "pola súa manipulación" e dan o seu apoio ao colectivo Defende a Galega. SOS Sanidade Pública exixe que a Consellaría de Sanidade "recupere os recortes de orzamentos e poña en funcionamento aos hospitais e acaben coa dedicación pública e privada dunha parte do persoal facultativo" coa intención de "reducir as listas de agarda". |
PRAZA_15596 | A asociación en defensa da lingua lamenta que a campaña publicitaria impulsada polo consistorio coruñés para o Nadal estea inzada de "tópicos falsos", reduza á mínima expresión a presenza do galego e mesmo inclúa topónimos deturpados | "Yo soy de merlucita del pincho Yo de capón de Villalba,". Este lema, de peculiar redacción e cuestionable respecto pola toponimia estendeuse hai poucos días polas redes sociais de internet. En ton de brincadeira os usuarios e usuarias lamentaban a escasa fortuna da lenda, incluída nun dos carteis cos que o Concello da Coruña promociona a súa campaña de Nadal. Baixo o non menos curioso nome de Coruñavidad o goberno local que preside Carlos Negreira (PP) inzou a cidade de carteis e bandeirolas con lemas coma este, configurando unha paisaxe que para o grupo local d'A Mesa pola Normalización Lingüística é "propia do esperpento" e "ridiculiza" a cidade, e non só pola "clamorosa irrelevancia da lingua galega" nesta acción propagandístico. "Un único letreito luminoso coa frase 'Bo Nadal' e un único modelo de bandeirolas publicitarias penduradas dos farois" son "toda a presenza visual que ten a lingua propia na campaña", na que a proporción a respecto do castelán é "de seis a un". Esa proporción aínda se reduce máis na "sinaléctica do poboado lapón da Praza de María Pita" ou do "xornal gratuíto" que o Concello "está a distribuír masivamente nas rúas". Neste caso, di A Mesa, non está incluída "nin unha soa palabra en galego". Pero a esta circunstancia únese outra que non é menor para o colectivo. En toda a campaña existe unha "presenza sistemática de nomes propios", tanto da cidade como de fóra, completamente "castelanizados como nos mellores tempos do franquismo". Só se salva o Mercado das Conchiñas, mencionado nun dos carteis. "Non se comprende que non se fale de Las Conchitas", ironizan dende A Mesa, que lamenta ademais a "importante repercusión" negativa que está a ter a campaña en ámbitos como as devanditas redes sociais, "onde xerou dende idignación a mofa e mesmo todo tipo de brincadeiras e réplicas cheas de retranca", con mencións ao viño "alvarito" ou ás tapas de "rajo". A campaña "alimenta falsos mitos e tópicos sobre a suposta hostilidade da Coruña contra a lingua", di o colectivo Neste contexto, o grupo local d'A Mesa "lamenta profundamente que os complexos, prexuízos e autoodio do alcalde e do seu equipo" sirvan "para alimentar falsos mitos e tópicos sobre unha suposta hostilidade da Coruña contra a lingua e a cultura galegas", que realmente, din, "nin existe nin nunca foi tal". Por este motivo as "actitudes e políticas" do consistorio "non contribúen precisamente a proxectar unha imaxe positiva da Coruña", cidade que A Mesa "aposta por que sexa aberta, universal e acolledora". Pero o Concello, di, "antepón o lapón e as sevillanas ao noso idioma e á nosa cultura". |
PRAZA_7830 | O Colexio de Xornalistas, as asociacións de xornalistas da Coruña, Santiago e Lugo e o Sindicato de Xornalistas apoian as iniciativas adoptadas polos traballadores dos medios públicos en defensa da súa independencia e da liberdade de información. | O Colexio de Xornalistas, as asociacións de xornalistas da Coruña, Santiago e Lugo e o Sindicato de Xornalistas apoian as iniciativas adoptadas polos traballadores dos medios públicos en defensa da súa independencia e da liberdade de información. A pasada semana o comité de empresa da TVG denunciaba as "presións e intervencións" que reciben "acotío" os profesionais do medio e advirten de que esta situación "agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado caso Bárcenas". A protesta chegou ao Parlamento, onde o PSdeG esixiu a destitución "inmediata dos responsables dos servizos informativos" pola "burda manipulación do caso Bárcenas". Os colectivos profesionais celebran "o paso adiante dos informadores en defensa do crucial papel dos medios públicos como garantes dunha información plural, veraz e independente e o uso de criterios exclusivamente xornalísticos na elaboración de contidos informativos" Os colectivos profesionais celebran "o paso adiante dos informadores en defensa do crucial papel dos medios públicos como garantes dunha información plural, veraz e independente e o uso de criterios exclusivamente xornalísticos na elaboración de contidos informativos". De igual xeito, demandan a posta en funcionamento do Estatuto Profesional e do Consello de Informativos, previstos pola Lei 9/2011 aprobada polo Parlamento Galego. Tamén reclama que se poña en marcha a elección do director xeral por maioría cualificada do Parlamento, a escolla de persoas con experiencia profesional acreditada para formar parte do Consello de Administración e a creación dun Consello do Audiovisual, existente en todos os países da Unión Europea, e que en España xa funciona desde hai anos en Cataluña e Andalucía. Tamén lembran as conclusións do Grupo de Alto Nivel (HLG) sobre Pluralismo e Liberdade de Medios de Comunicación da Comisión Europea convocado pola vicepresidencia da Comisión Europea establecían que todos os países da UE deberan ter consellos de medios de comunicación independentes, con competencias para investigar queixas, comprobar códigos de conduta e conflitos de interese. Eses consellos, segundo os colectivos, deberan ter poderes de aplicación real, como a imposición de multas, a obriga de publicar ou transmitir desculpas, ou a eliminación do estatus de xornalista. De igual xeito, di o HLG, "calquera propiedade pública dos medios de comunicación debera estar suxeita a regras estritas que prohiban a interferencia gobernamental, que garantan o pluralismo interno e que estean baixo a supervisión dun corpo independente que represente a todas as partes interesadas". |
PRAZA_5365 | Sabendo o lugar que ocupamos, cómpre reinventármonos a partir do que somos e sobre todo pensarmos Galicia como centro económico e tamén político, aberto ao mundo. | Este artigo forma parte dunha serie titulada A economía galega: breve balance das tres últimas décadas e perspectivas de futuro. Podedes ler os artigos anteriores nestas ligazóns: I, II, III, IV, V, VI e VII Innovar cos pés na terra, e pensármonos como centro económico Deixamos de ser un país pobre e atrasado, pero mantermos trazos dunha economía da periferia europea contemporánea, moi diferentes aos dos anos 60 e 70, pero periferia ao fin e ao cabo Neste traballo quixemos facer un breve repaso dos principais cambios económicos acontecidos en Galicia nos últimos trinta anos. Comezamos cuestionando algúns dos arquetipos preconcibidos sobre a nosa economía e do país en xeral. Galicia xa non é aquela sociedade rural e agraria de antano e a súa estrutura produtiva experimentou modificacións propias das economías avanzadas da nosa contorna. En todo este tempo e como vimos, fomos quen de mellorar claramente o noso benestar económico e social até o punto de reducir as diferenzas históricas, e nalgúns casos superalas, respecto aos nosos veciños españois e europeos. Do mesmo xeito a nosa industria amósase máis competitiva que a industria española e acadou niveis de diversificación máis elevados dos que comunmente se pensa. Todo isto aconteceu a medida que se producían dous procesos clave dende o punto de vista histórico e institucional e que son en primeiro lugar a chegada e consolidación das institucións propias e do autogoberno, asumindo boa parte da prestación dos servizos do estado do benestar, e en segundo lugar a entrada na actual Unión Europea. Sen embargo, a pesares dos anteriores avances a economía galega segue ocupando unha posición secundaria no contexto español e europeo. Nos últimos trinta anos fomos perdendo peso demográfico e económico o cal ten evidentes consecuencias en moitos outros ámbitos. Deixamos de ser un país pobre e atrasado, pero mantermos trazos dunha economía da periferia europea contemporánea, moi diferentes aos dos anos 60 e 70, pero periferia ao fin e ao cabo. O principal factor que explica esta situación é seguramente a escasa capacidade innovadora da nosa economía e que se manifesta, entre outras evidencias, nunha incapacidade por reter e atraer capital humano de alta cualificación e actividades vinculadas ao terciario moderno O principal factor que explica esta situación é seguramente a escasa capacidade innovadora da nosa economía e que se manifesta, entre outras evidencias, nunha incapacidade por reter e atraer capital humano de alta cualificación e actividades vinculadas ao terciario moderno. Actividades vinculadas non só aos servizos a empresas máis directamente vinculados coa innovación, como son os os servizos de investigación e desenvolvemento ou os servizos de enxeñería, senón tamén actividades baseadas na creatividade como as propias da industria cultural e outras actividades profesionais. Mais non sería de recibo rematar este traballo coa xa tradicional perspectiva pesimista da nosa economía pois do mesmo xeito que existen fraquezas, existen tamén fortalezas como as que posibilitaron a mellora nestes tres decenios así como oportunidades que debemos aproveitar nos vindeiros anos. Sen ánimo de ser exhaustivo e entendendo que un diagnóstico propositivo para a mellora da economía galega necesitaría un traballo máis profundo, indicaremos varios aspectos que consideramos clave a este respecto. Existen tamén fortalezas como as que posibilitaron a mellora nestes tres decenios así como oportunidades que debemos aproveitar nos vindeiros anos O primeiro refírese á necesidade de innovar a partir do que somos e do que posuímos, que non é pouco. A economía galega non pode competir en sectores de alta tecnoloxía mais si o pode facer en moitos outros nos que temos amosado o noso bo facer historicamente e nos últimos anos. Referímonos, só a modo de exemplo, ao sector da alimentación vinculado ao mar e ao agro, onde é conveniente focalizar unha parte destacada dos recursos de apoio á innovación. A aposta pola diferenciación baseada na vinculación ao territorio e á cultura propia, pero achegando novos formatos de comercialización (mercados de proximidade) e estando atentos ás grandes tendencias do mercado (produtos funcionais, ecolóxicos, etc) debe ser unha estratexia a seguir. Para iso debemos poñer os nosos recursos científicos e humanos ao servizo do tecido produtivo, e moi particularmente ás universidades. A economía galega non pode competir en sectores de alta tecnoloxía mais si o pode facer en moitos outros nos que temos amosado o noso bo facer historicamente e nos últimos anos É tan só un exemplo pero a estratexia, coas súas particularidades, non debería ser diferente noutros moitos sectores tales como industria da madeira e forestal, a de produtos metálico ou a enerxética, onde a nosa vantaxe competitiva non pode seguir sosténdose case unicamente na dotación de recursos naturais ou en menores custes laborais. Redunda dicir que a implicación das institucións do país, con competencias xa desenvolvidas no ámbito das políticas de innovación, é clave para poder artellar unha estratexia acaída á realidade do noso tecido económico. O segundo factor ten que ver co artellamento interno e coa comunicación do pais co exterior. Como xa vimos, outro dos grandes cambios acontecido en Galicia nos últimos decenios é o da conversión nun país máis urbano onde o dinamismo económico e demográfico se concentra no eixo atlántico. Trátase dunha nova realidade sustentada nun sistema poliurbano e que non parecemos ter ben en conta ao establecer as nosas prioridades en materia de infraestruturas. Neste sentido e a modo de exemplo, chama a atención como dende os instancias políticas, sociais e empresariais se lle presta máis atención á comunicación ferroviaria con Madrid, que non mellora substancialmente as alternativas que xa existen, que á propia estruturación interna. Imos tardar practicamente o mesmo en ter unha comunicación de velocidade alta entre as principais cidades do eixo atlántico, no que diariamente se desprazan centos de miles de persoas, que entre algunhas destas e a capital do Reino O resultado é que imos tardar practicamente o mesmo en ter unha comunicación de velocidade alta entre as principais cidades do eixo atlántico, no que diariamente se desprazan centos de miles de persoas, que entre algunhas destas e a capital do Reino. Un país onde non existe unha grande cidade, cun mercado de traballo amplo e diversificado que funcione como imán para atraer persoas e empresas asociadas á nova economía, ten que facer da necesidade virtude e converter o noso sistema de cidades pequenas nese polo de atracción. Por iso é esencial reducir os custes de mobilidade interna e racionalizar, dende unha perspectiva global, os de comunicación co exterior. Evidentemente isto atinxe mudanzas importantes na políticas aeroportuaria, onde as instancias políticas se amosan incapaces de artellar unha estratexia que sitúe a Galicia no mapa europeo, e tamén no eido portuario, onde Galicia ocupa unha excelente posición para atraer tráfico de todo tipo a nivel internacional. Sabendo o lugar que ocupamos, cómpre reinventármonos a partir do que somos e sobre todo pensarmos Galicia como centro económico e tamén político, aberto ao mundo Rematamos. E facémolo indicando que dende a nosa perspectiva dificilmente imos ser quen de mudar a posición que colectivamente ocupamos no contexto español, europeo e mundial se non existe a vontade para facelo. Pode semellar algo obvio pero quen coñeza a realidade política e social deste país sabe ben do que estamos a falar. Parécenos esencial avanzar no autogoberno pero co obxectivo de construír unhas institucións onde prime a transparencia e que sexan quen de garantir a igualdade de oportunidades, lonxe das vellas prácticas de ascenso social. Sabendo o lugar que ocupamos, cómpre reinventármonos a partir do que somos e sobre todo pensarmos Galicia como centro económico e tamén político, aberto ao mundo. |
NOS_10431 | O líder de Podemos afirma que "está a favor do dereito a decidir" pero quere un Estado unido e promete que "nunca lle dará unha aperta a Mas". Garzón, de IU, acusa á formación de Iglesias de "ambigüidade". | O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, reafirmou este domingo o seu compromiso co dereito a decidir en Catalunya pero en contra da independencia e ofreceu abrir un proceso constituínte "para discutir con todos de todo". "Quero que Catalunya se independice? Non, pero sei que a casta española insultou aos cataláns", dixo o líder da formación no seu primeiro mitin en Barcelona ante 3.000 persoas nun ateigado pavillón de Vall d'Hebron. Iglesias afirmou que non viaxou á capital catalá "para prometer nada a ninguén, a cambio de votos nin favores", porque non se fía" dos políticos que o fan. "Iso si, a min non me veredes darme unha aperta nin con Rajoy nin con Mas", afirmou nunha clara alusión ao líder das CUP, David Fernández, que após a consulta do 9-N foi fotografado fundíndose nun amistoso abrazo co presidente catalán. IU Pola súa parte, este domingo volveu escenificarse o afastamento entre Podemos e Izquierda Unida. Alberto Garzón, dirixente desta última formación, cre que os de Pablo Iglesias amosan "ambigüidade ideolóxica" e lles pide que expliquen porque non queren pactar, así como os acusou de "sacrificar o ideario da esquerda". |
NOS_37398 | A construção de conceitos de masculinidade tóxicos começa nas nossas casas, mesmo antes dos nossos filhos nascerem. | Estou grávida. É menino. Logo vou a correr comprar uma mantinha azul e uns carrinhos para ele brincar. Eu sei que ele adora super heróis, o seu quarto será decorado com o Homem Aranha. O tema da sua primeira festa será Super Homem, porque o meu filho é forte e invencível. Todos os seus brinquedos vão reforçar esta imagem dele próprio. Terei o meu filho macho perfeito: forte; insensível e frio Quando ele for brincar de forma brusca com as amigas meninas, direi que é assim mesmo que se domina uma mulher. E se ele por ventura cair e se magoar, não o deixarei chorar. O que é isso? Homem não chora! Também não permitirei que meu filho seja um rapaz sensível, afinal de contas isso é coisa de mulher. E terei o meu filho macho perfeito: forte; insensível e frio. Desde cedo, os nossos rapazes aprendem que masculinidade é um estatuto desejado, pois representa poder, dominância, controle. Embora aquilo que chamamos de masculinidade tenha também a sua componente biológica, requer uma constante validação social. Essa validação social basicamente comprova que para "ser homem" não basta "nascer" homem, há uma série de comportamentos e valores que a pessoa deve incorporar na sua vida. Um homem muito macho geralmente pratica algum desporto e/ou tem várias parceiras sexuais Alguns dos comportamentos mais inofensivos e comuns que promovemos nos homens de modo a validar a sua masculinidade prendem-se com desporto; competitividade e sexualidade. Por exemplo, um homem muito macho geralmente pratica algum desporto e/ou tem várias parceiras sexuais. Em contraposição, a construção da feminilidade é feita através da sensibilidade; da submissão e da emoção. Uma mulher que se preze é sensível, emociona-se facilmente (passando até por histérica ou louca) e submete-se ao poder masculino. Sendo a masculinidade algo que só existe se for validado, é importante haver um ritual, um espectáculo. Por isso é comum o uso público da agressão e/ou violência, já que a força física é uma importante componente do conceito de masculinidade. É geralmente através da força que muitos homens impõem a sua masculinidade na sociedade. E a presença constante da violência é a maior prova disso. Somos cúmplices nessa construção de masculinidade Como sociedade nós colocamos essas expectativas nos nossos homens. Somos cúmplices nessa construção de masculinidade que obriga os homens a silenciar o seu lado emocional e a colocarem-se no lugar de provedores invencíveis. O que acontece então ao homem que não conseguir corresponder a tais expectativas? O que é do homem que não consegue provar vezes sem conta a sua masculinidade? O que faz o homem para preservar o 'pouco' que resta da masculinidade perdida? É altura de questionar as interacções que ocorrem entre os vários intervenientes e em diversos contextos (casa; escola; trabalho; família; etc) que implicitam noções problemáticas de género e de poder. Através da socialização lhes é ditado o que é e não é permitido ser e sentir Os homens de hoje são criados dentro de um espectro limitado de possibilidades. Através da socialização lhes é ditado o que é e não é permitido ser e sentir. As instituições e papaéis sociais já estão definidos e perpetuam mitos e estereótipos. A boa notícia é que normas sociais são criadas por nós e por nós aprendidas. Nessa lógica, é possível desaprender também. É possível pensar em modelos de masculinidade que se baseiam em algo para além da força e dominância. Enquanto não desafiarmos visões, valores e crenças que delimitam aquilo que é masculinidade e aquilo que é feminilidade, estaremos sempre a viver em situações perigosas tanto para os homens como para as mulheres. Uma nova forma de viver a masculinidade é uma oportunidade para desenvolver nos nossos homens conhecimento e aptidões multi-dimensionais Procurar mudanças nos conceitos de masculinidade (e por tabela de feminilidade) possibilitará a libertação dos corpos e vidas de mulheres que há muito são os campos de batalha onde estas forças se manifestam. Uma nova forma de viver -e ensinar- a masculinidade é uma oportunidade para desenvolver nos nossos homens conhecimento e aptidões multi-dimensionais, que lhes permitirão serem pais, filhos, tios, primos, professores, médicos, dançarinos, cantores ou o que quer que eles queiram ser, mais presentes, mais sensíveis, mais compreensivos e sobretudo, mais humanos. [Texto publicado en Escreve, Eliana, Escreve] |
PRAZA_340 | O desbocado crescimento da dêveda apesar dos duríssimos cortes aplicados ao gasto público, provocou a mais severa degradaçom da atençom educativa, sanitária e dos serviços de protecçom social que a Administraçom finge nom observar enquanto a sociedade vai aumentando o volume do descontentamento contra o governo. | No 23 de dezembro comparecia o Conselheiro mor do Conselho de Contas da Galiza para informar o Parlamento da situaçom das contas públicas e da qualidade do seu controlo. As manchetes da imprensa destacavam a advertência do senhor Palmou da insustentabilidade dos orçamentos públicos caso persistir o imparável crescimento da dêveda acumulada. Como factores positivos destacava o Conselheiro o menor grau de endevedamento relativo da Galiza e os signos de melhora percebidos na situaçom económica geral, como também o abrandamento dos tipos de juro que gravam a dêveda contraída. O desbocado crescimento da dêveda apesar dos duríssimos cortes aplicados ao gasto público, provocou a mais severa degradaçom da atençom educativa, sanitária e dos serviços de protecçom social O desbocado crescimento da dêveda apesar dos duríssimos cortes aplicados ao gasto público, provocou a mais severa degradaçom da atençom educativa, sanitária e dos serviços de protecçom social que a Administraçom finge nom observar enquanto a sociedade vai aumentando o volume do descontentamento contra o governo. O sistema de partidos, escusado insistir, está em queda livre. Vivemos tempos constituintes é a ideia que se vai estendendo para o horror dos círculos do poder e os seus arautos. A manifestaçom mais flagrante da submissom das prioridades sociais ao imperativo económico é a torpe vulneraçom introduzida no artigo 135 do texto constitucional mediante acordo subscrito entre os partidos turnantes a fim de garantir a prioridade do serviço da dêveda por riba de qualquer necessidade social. A inovaçom incorporada ao texto constituicional (intocável até nova ordem, convém nom esquecer) comporta a entronizaçom da prima de risco sobre as o risco de exclusom, do euro sobre o voto, da honra à dêveda soberana sobre a honra ao cidadao soberano. A dêveda, em verdade, alcança níveis alarmantes, tanto em magnitude como em ritmo de crescimento: 35,5,1% do PIB em 2007, 96,6% na actualidade em apenas seis anos e meio; 9,4% de crescimento cada ano, quer dizer, 100.000 milhons de euros mais cada doze meses. O quadro da dêveda cobra todo o seu sentido se reparamos na sua dinámica de crescimento. Convém evocar a tal efeito a fábula da Rainha Vermelha frente a Alícia, lá no outro lado do espelho: As contas públicas galegas som um bom exemplo do diagnóstico da Rainha Vermelha – No meu país – aclarou Alícia, ainda sufocada –, quando um corre tam rápido e tanto tempo como seguido como nós figemos, acaba chegando a algumha parte. – ¡Um país bastante lento! -replicou a Rainha - o que é aqui, é preciso correr tanto como um poder para permanecer sempre no mesmo lugar. As contas públicas galegas som um bom exemplo do diagnóstico da Rainha Vermelha. Observemos, a dêveda emitida para cobrir os orçamentos de cada ano foi crescendo inexoravelmente até situar-se em 2,51 mM euros em 2014. Neste mesmo ano, o serviço da dêveda acumulada (juros mais devoluçons) requereu 2,07 mM euros, equivalente a 82,5% da emissom efectuada, deixando apenas livres 434 milhos de euros para atender o resto das demandas orçamentais. Quer dizer, 17% da dêveda emitida, 4,3 % apenas da totalidade de ingressos orçados para o ano. A reestruturaçom ordenada da dêveda em prazos e condiçons talvez seja a saída mais verosímil Falámos até agora das contas públicas anuais, mas, o realmente inquietante é o volume acumulado da dêveda e as exigências que comporta. O Boletim económico do Banco de España informa-nos que a dêveda pública galega ronda os 10.000 milhons de euros em 2014 (228.220 no conjunto das CCAA) que vem sendo o 17,5% do nosso PIB (em Catalunha supera o 31%). Como devolver 10.000 M euros com 260.000 desempregados na rua é algo que de momento preferimos ignorar. A reestruturaçom ordenada da dêveda em prazos e condiçons talvez seja a saída mais verosímil. No entanto, cresce a maré social e mesmo parece ecoar a indignaçom da Rainha Vermelha: que lhe cortem a cabeça! |
NOS_25604 | Asinan un convenio para promover o deporte | A Federación Galega de Fútbol (FGF) acolleu na xornada desta quinta feira o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), nun acto no que estiveron presentes o presidente da AGFG, Ángel Negrete, e presidente e o director xeral do dominio, Manuel González e Darío Janeiro. O convenio, que amplía a colaboración do dominio co único deporte no que Galiza conta cunha selección competindo oficialmente de modo internacional, permitirá o desenvolvemento de campus formativos sobre esta disciplina entre os e as máis novas, así como sesións e charlas informativas en centros educativos. A primeira destas actividades será en Gondomar entre os días 23 e 27 deste mes de agosto. Alí, rapazas e rapaces de entre 8 e 17 anos coñecerán as habilidades, técnicas e tácticas do fútbol gaélico "dun modo ameno e divertido, mesturando xogos do propio deporte con outros de corte máis lúdico". Este campus estará dirixido por membros do club local, o Turonia Gondomar FG, en colaboración con Concello de Gondomar, e contará coa presenza dos seleccionadores galegos na súa xornada final. No acto presentouse tamén a camiseta oficial das Gaélico Escolas, que levarán os e as participantes nestas actividades. Ademais, deuse conta da posta en marcha dunha web informativa sobre o proxecto onde a AGFG e PuntoGal comunicarán as actividades desenvolvidas e darán a coñecer os fundamentos do fútbol gaélico. "Un paso adiante" para o fútbol gaélico O presidente da Asociación de Fútbol Gaélico, Ángel Negrete, destacou a transcendencia deste convenio de patrocinio: "Grazas ao compromiso continuado de PuntoGal, que se remonta ao ano 2018, podemos continuar avanzando como proxecto de referencia na escena do fútbol gaélico internacional, promocionando o nome da nosa terra e cultura por todo o mundo". Na súa intervención sinalou que Gaélico Escolas pretende "dar un paso adiante na implantación do fútbol gaélico na Galiza, e ser un proxecto de referencia en Europa. Até o de agora, gran parte do traballo da Asociación foi dar a coñecer na sociedade a existencia deste deporte, obxectivo que cremos que, aínda sendo evidentemente minoritario, foi acadado. Agora é o momento de entrar na seguinte fase, a de consolidación, e esta pasa por crear unha estrutura sólida de deporte base, onde as nenas e nenos teñan o fútbol gaélico coma unha opción máis dentro da súa oferta deportiva, porque sen base non hai futuro". Un deporte "vinculado á identidade galega" Pola súa banda, o presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou que con este convenio PuntoGal "trata de fomentar o deporte vinculado á identidade galega". "O fútbol gaélico -apostilou- é unha actividade deportiva que leva o nome da Galiza por todo o mundo, e de modo moi especial polos países de raíces celtas, e estou seguro de que este apoio á Federación Galega de Fútbol Gaélico vai contribuír a difundir entre a nosa mocidade esta modalidade que tan ligada está ao nome da Galiza". Finalmente, Darío Janeiro salientou o feito de que PuntoGal "ve aliñados os valores do fútbol gaélico, a inclusividade e o traballo en equipo" cos que eles mesmos promoven. |
PRAZA_7199 | O Executivo central saca adiante a lei de Seguridade Cidadá, a denominada 'lei mordaza', co rexeitamento de toda a oposición, que promete derrogala na vindeira lexislatura. O BNG critica o "estado de excepción" instaurado nun debate no que se expulsou un coro da tribuna. | O Goberno central sacou adiante este xoves co único apoio do grupo Popular a lei de Seguridade Cidadá, cuxo contido foi rexeitado por todos os grupos da oposición que se comprometeron a derrogala na próxima lexislatura se contan coa maioría suficiente para facelo. O debate estivo salpicado por varios incidentes. Entre eles, a insperada intervención da Solfónica do 15M que desde a tribuna de convidados comezou a entoar a canción do Pobo, do musical Os Miserables -que fala das liberdades cidadás- ante a mirada sorprendida de Posada. O presidente do Congreso ordenou a súa expulsión inmediata da tribuna. O Goberno aprobou en solitario a 'lei mordaza' sen apoio ningún e co compromiso de toda a oposición de derrogala na vindeira lexislatura Pero ese non foi o único altercado. Xusto cando iniciaba a súa intervención do portavoz da Izquierda Plural, Ricardo Sixto, os deputados deste grupo protestaron desde os seus escanos, posto en pé, coa boca tapada por mordazas e as mans ás costas. O presidente do Congreso pediulles que as quitasen porque na Cámara - dixo- o que hai que facer "é falar". O grupo de Cayo Lara mantivo a súa protesta. Só despois dunha segunda chamada á orde, e antes dunha terceira que supuxese a súa expulsión do pleno, os deputados quitáronse as mordazas e volveron sentar nos seus escanos. Ao longo do debate, todos os portavoces da oposición manifestaron o seu rexeitamento ao texto que xa bautizaron como "a lei mordaza", cuxo ditame foi aprobado o 25 de novembro na Comisión de Interior do Congreso. A modificación da lei de Estranxeiría para dar cobertura ás devolucións en quente foi un dos aspectos máis criticados Un dos aspectos máis criticados durante o debate foi a decisión do Goberno de modificar a lei de Estranxeiría a través da lei de Seguridade Cidadá para dar cobertura legal ás "devolucións en quente" de inmigrantes que pasen a territorio español. Unha decisión que só foi defendida polo portavoz do PP Conrado Escobar. Os argumentos que utilizaron os portavoces da maioría dos grupos da oposición para rexeitar case na súa integridade a lei foron moi similares. Pero fundamentalemente centráronse en que é unha reforma "innecesaria" que "cerna as liberdades cidadás" e que significa o regreso ao antigo Tribunal de Orde Pública (TOP) franquista. Por estes motivos, todos os grupos da Cámara comprometéronse nas súas intervencións a derrogar a lei na próxima lexislatura se logran unha maioría de votos para iso. O portavoz do PSOE, Antonio Trevín, alertou que coa lei o que pretende o Goberno é recortar os dereitos "normais" de manifestación "convertendo ao cidadán crítico en inimigo da sociedade". Trevín recomendou a Rajoy que se o que quere é "acabar coas protestas" o que ten que facer é "rectificar as súas medidas de recortes sociais". A oposición denuncia unha reforma "innecesaria" que "recorta as liberdades cidadás" O socialista prometeu ao ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, que seguiu o debate só desde o banco azul, que se retiran a lei "non faremos sangue coa súa decisión" e colaborarán nunha nova reforma. Ricardo Sixto, da Izquerda Plural, centrouse en denunciar que con esta lei o Goberno o único que pretende é "resucitar o Tribunal de Orden Público franquista, de 1959, o chamado TOP, e con el, o regreso dos "grises", a polícía daquela. Sixto saíu en defensa dos seus compañeiros de escanos pola protesta que fixeron amordazados porque se trataba de "manifestar gráficamente o que vostedes van impor ao pobo", díxolles ao os deputados do PP Feliu-Joan Guillaumes, portavoz de CiU, acusou o Goberno de comportarse de forma "totalitaria", co cal calquera argumento que queira esgrimir "perde a razón". Os nacionalistas cataláns son os únicos que non quixeron comprometerse á futura derrogación da lei, pero si a cambiala "de arriba a abaixo profundamente". En nome de UPyD, Toni Cantó falou de "corrupción xeneralizada". "Son vostedes os que están baixo sospeita", non os cidadáns, que están a demostrar unha "paciencia e madurez extraordinarias". Polo PNV, Emilio Olabarría asegurou que as declaracións do ministro do Interior convidando aos que critican as devolucións de inmigrantes na fronteira a acollelos na súa casa, demostran "certa derrota política" e en todo caso ignoran o ordenamento xurídico español e internacional. O portavoz do PP, Conrado Escobar, defendeu con énfáse a lei e afeou aos grupos da esquerda "os numeriños que montaron" como sinal de protesta como o de taparse a boca con mordazas. O PP considera a lei "vangardista en materia de dereitos e liberdades" e cre que permitirá "manifestacións máis libres" Dirixíndose aos deputados do PSOE e IU, Escobar recomendoulles "non gritar e debater" porque "iso é o que debe facerse en democracia". O conservador rexeitou as críticas xeneralizadas á lei que cualificou de "vangardista en materia de dereitos e liberdades" asegurando que cando entre en vigor "as manifestacións serán máis libres porque estarán protexidas dos violentos". Tamén afirmou que, lonxe de limitar dereitos, mellora a lei vixente aprobada polo PSOE sendo ministro José Luís Corcuera, que foi denominada "lei da patada na porta". Aquel artigo foi declarado inconstitucional e custoulle o cargo ao ministro socialista. O BNG critica o "estado de excepción" que instaura o Goberno A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, subiu á tribuna a deixar claro a rotunda e total oposición do BNG á lei. Así, acusou o Goberno de facer unha lei "chea de restricións, limitacións e prohibicións para o libre exercicio das liberdades cidadás fundamentais". A deputada nacionalista afirmou que "esta lei non é necesaria, non só porque o Estado español estea entre os países da UE coa taxa máis baixa de delincuencia senón tamén porque existe un baixísimo nivel de incidentes nas numerosas mobilizacións na rúa". "O Goberno institucionaliza a represión e o recorte das xa mermadas liberdades da cidadanía", di o BNG A parlamentaria acusou o Goberno de se rexer "por principios antidemocráticos ao institucionalizar a represión e recortar aínda máis as xa mermadas liberdades da cidadanía co propósito de disuadila e atemorizala". Puxo de manifesto que "é unha norma que nos leva a un estado policial onde o obxectivo é silenciar e amordazar toda crítica, protesta ou mobilización social". Tanpouco aforrou críticas Rosana Pérez ao rodillo do PP que no trámite desta lei tan cuestionada non foi quen de aceptar ningunha das emendas presentadas polo BNG. Así, o Goberno mantén a "desmesurada listaxe de accións que se cualifican como infracións e as elevadas contías das sancións". Rosana Pérez explicou que manteñen a substitución da infración penal pola administrativa, "e polo tanto, a posibilidade de actuar de xeito imediato e contundente á marxe de garantías xurisdicionais, actuando con total discrecionalidade". Criticou asemade que se manteñan intactas moitas función que se lle otorguen ás forzas e corpos de seguridade do Estado, que "xa actúan en moitos casos desproporcionadamente". Defendeu Rosana Pérez a reformar a lei de 1992, a "da patada na porta", pero na dirección contraria porque esta supón "unha involución intolerábel dos dereitos fundamentais e nos leva a momentos históricos de permanente vixianza e control". O Bloque advirte ao Executvio que as protestas sociais irán en aumento "mentres sigan gobernando contra a maioría" A deputada do BNG relacionou o incremento das mobilizacións sociais ás políticas do PP que "converteron este Estado no campión da desigualdade e do aumento da probeza". Advertiu ao Goberno que as protestas sociais irán en aumento na medida na que "vostedes continúen gobernando contra a maioría" e censurou o Executivo por querer instaurar "un estado de excepción". Ademais, advertiu de que "por moito que intenten criminalizar as mobilizacións, ou tratar de impedilas, non poderán impedir que a cidadanía se manifeste libremente nas urnas". |
NOS_37633 | A mítica banda do Barbanza Heredeiros da Crus vén de pendurar un vídeo nas redes sociais en que intepretan un fragmento de canción contra o proxecto da mina de Touro. | A peza, con fasquía de himno, é nada menos ca unha versión de Hallelujah, composta por Leonard Cohen e publicada orixinalmente no álbum Various Positions (1984). Pódese ver na seguinte ligazón. |
NOS_50353 | A Moncloa prepara as contas para 2013 coa previsión de aumentar os recortes | Aínda que os PGE (siglas en español de orzamentos xerais do Estado) para 2012 non foron polo de agora aprobados e áchanse en pleno trámite parlamentario, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa comezou a deseñar as contas para o 2013. Perante o obxectivo do 3% de déficit, estes orzamentos incluirán un recorte "aínda máis duro" que o actual. Fontes gubernamentais recoñecen a Servimedia esta información, indicando que o Executivo ten xa en mente os orzamentos do ano que vén para reducir aínda máis o gasto público. Nesta liña, as contas de 2013 serán "peores" que as de 2012, admiten no Executivo, dado que o Estado debe reducir o déficit público desde o obxectivo do 5,3% fixado para este ano ao 3% que a Unión Europea impón ao Estado español para o seguinte exercicio. O Goberno terá que aplicar un axuste de aproximadamente 23.000 millóns de euros para reducir en 2,3 puntos o déficit de España en 2013, o que implicará novos recortes en gasto público que profundarán a política que o PP leva aplicando desde o seu desembarco na Moncloa. O Goberno é consciente, indican fontes de círculos próximos a Rajoy, de que o verdadeiro esforzo chegará no outono, coa tramitación parlamentaria dos orzamentos xerais para 2013. Antes das vacacións de agosto, dará o primeiro paso coa aprobación do teito de gasto e a presentación do cadro macroeconómico para o vindeiro ano Na prensa española recoñécese que entre @s ministr@s existe certa preocupación perante os orzamentos de 2013, xa que consideran que será difícil recortar máis do que se fixo nos primeiros meses deste ano. Alegan que os seus respectivos departamentos apenas contan con cartos tras os recortes e que iso fai que case non haxa onde meter unha nova "tesoirada". Hai ministr@s que xa avisan en privado que o 2013 "será peor" porque o Executivo español vai realizar máis axustes sen que a economía se teña recuperado. O escenario que prevé a Moncloa para 2013 inclúe un estancamento da economía cunha mínima suba do PIB do 0,2% e unha taxa de desemprego do 24,2%. |
NOS_56668 | Un xulgado de Cambados resolve contra a entidade, obrigándoa a devolver 7.560€ a un afectado ao entender que o consentimento foi prestado por falta de información e matizar que unha das sinaturas do contrato foi falsificada. Con todo, as plataformas de afectad@s prefiren a negociación colectiva pola vía política | O Xulgado de Instrución nº1 de Cambados vén de estimar "integramente" a demanda presentada por un d@s ao redor de 42.000 afectad@s pola que se deu en chamar 'estafa das preferentes'. Na súa resolución, a instancia xudicial condenou a Novagalicia Banco, entidade subscritora das participacións, a lle devolver ao seu cliente, un veciño de Meaño, os 7.560 euros que investira, para alén dos intereses contraídos desde o 28 de novembro de 2011, cando presentou a demanda. O banco foi tamén condenado a costas, isto é, terá que pagar todos os gastos derivados do xuízo. Segundo recolle este domingo un diario local, ollando a sentenza --contra a que cabe recurso perante a Audiencia Provincial de Pontevedra--, nos feitos probados recóllese que o demandante, un home de 52 anos que non rematou os estudos da EXB depositou 10.000 euros na sucursal de Dena a cambio do depósito de alta rendabilidade e sen ningún tipo de risco que lle ofreceu o director da oficina, garantindo que podería dispor dos cartos en todo momento. En 2009 quitou 2.400 euros para mercar un coche e, cando foi polo resto, en outubro de 2011, Novagalicia Banco informou de que non era posíbel, pois o contrato que asinara tiña por obxecto a adquisición de participacións preferentes. A condena vén argumentada porque o cliente non foi informado correctamente, ao non tratarse dun experto en produtos financeiros. "Dilixencia, transparencia, imparcialidade, boa fe, coidado e dilixencia" son os requisitos que deberan rexer este acordo, mais o xuiz botou en falta todos eles, polo que, após matizar que unha das sinaturas do contrato foi falsificada, declara "nulo" un consentimento "que foi prestado por erro" e resolve contra a entidade bancaria. Con todo, desde as plataformas das preferentes sempre se recalcou que a vía xudicial deberá ser a última porta en que chamar, esgotando primeiro o camiño da negociación colectiva en termos políticos na procura dun cambio na lei que permita a devolución dos cartos a todas as persoas afectadas. |
NOS_11748 | "Todas as comunidades queremos ter o máximo número de vacinas posíbeis, pero non se pode caer nunha política de confrontación mesquiña e patética", asegurou Caballero. | O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, criticou a "estratexia de confrontación estéril e desleal" do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, respecto á repartición de vacinas por parte do Goberno Estatal, e defendeu que Galiza foi dos territorios "que máis viais recibiu". Así se expresou o secretario do PSdeG este domingo no Carballiño (Ourense), onde asistiu á Festa do Polbo, acompañado polo alcalde da localidade, Paco Fumega. "Galiza está a liderar a vacinación con máis do 70% da cidadanía galega inoculada. Foi unha das comunidades que máis doses recibiu ao longo deste ano porque temos unha poboación máis envellecida, e iso fíxonos prioritarios", explicou Caballero, que instou ademais á Xunta a ser "responsábel". Neste sentido, o líder do partido socialista na Galiza insistiu en que "a lealdade e a cooperación son a mellor forma de conseguir facer fronte aos retos da vacinación". "Todas as comunidades queremos ter o máximo número de vacinas posíbeis, pero non se pode caer nunha política de confrontación mesquiña e patética", asegurou Caballero. Neste sentido, o secretario xeral do PSdeG recalcou que "o PP non quere falar dos problemas da Atención Primaria e da sanidade pública". "O que ten que facer o PP é corrixir os problemas da sanidade, fortalecela e sacar prazas estábeis para o persoal sanitario", sentenciou. Festa do polbo Por outra banda, Gonzalo Caballero aproveitou a súa presenza na festa gastronómica do Carballiño para destacar a súa organización xa que, a pesar de "non poder ter unha presenza multitudinaria nin as formulacións habituais doutros anos", a festa, "con renome internacional", conserva o seu "gran atractivo". Caballero recalcou a "importancia" de ser "prudentes" e "cumprir todos os protocolos para poder seguir levando a cabo actividades que poidan impulsar a hostalería e o turismo". "Ten que ser o verán da reactivación", argumentou o líder socialista. |
NOS_376 | CIG-Área Pública rexeitan o acordo asinado entre goberno central e os sindicatos estatais por entender que o mesmo "renuncia" a recuperar os postos de traballo perdidos e os dereitos laborais e salarios recortados. | CIG-Área Pública rexeita o acordo asinado, mesmo antes de ter lugar a Mesa Xeral das Administracións Públicas, polo goberno central e CCOO,UGT e CSIF. Un rexeitamento que parte do que o sindicato nacionalista entende que "é unha renuncia a recuperar todo o emprego público perdido durante todos estes anos" , para alén de non contemplar recuperar os dereitos laborais suprimidos e as condicións salariais recortadas. Un acordo, denuncian CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde, que supón dar un aval ao PP para que utilice o persoal das administracións públicas como arma para que lle aproben os orzamentos de 2017. "O contido deste documento non contempla a creación de emprego público en ningunha das administracións, non leva parello dotación económica, nin abre a vía para que se derroguen ou modifiquen os decretos lei que nos impuxeron ao longo destes anos e que impedían dotar as administracións públicas dos recursos humanos que precisan", afirmou a portavoz da Área Pública da CIG, Maricarme López Santamariña. É un acordo que a central nacionalista entende que é tamén "unha renuncia a poder recuperar todo o que nos foron roubando e vai imposibilitar a reposición de efectivos nas administracións". Sentenzas O documento serve o PP para solucionar un problema que teñen as administracións públicas a raíz da elevada temporalidade e precariedade, e que estivo no albo de sentenzas europeas. Unha precariedade da que López Santamariña responsabilizou "á política destrutiva" do PP e que afecta a entre un 30 e un 40% do seu cadro de persoal. Ensino O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, lembrou que tampouco asinaron nin ELA, nin LAB. Dixo que "é totalmente inaceptábel que haxa organizacións sindicais que estean en disposición de asinar este acordo". E firmou que UGT, CCOO e CSIF asinaron a "acta de defunción" da reivindicación da restitución dos dereitos laborais e salariais do profesorado e do conxunto de empregados/as públicos/as e tamén da restitución do persoal que se perdeu durante estes anos Durante estes anos no ensino público en Galiza perdéronse por volta de 3.000 docentes e que con este acordo "non se restitúe nin un deses. Sanidade pública Susana Méndez, da Executiva da CIG-Saúde, considerou que estamos diante dun acordo que non recolle concrecións, que mantén tamén para a Sanidade unha taxa de reposición do 100%, pero que "impide que se recuperen as máis de 3.500 prazas que se perderon desde o ano 2010". Méndez afirmou que esa recuperación de prazas é esencial para a sanidade pública galega porque "a inestabilidade e o aumento da carga de traballo supoñen unha diminución da calidade da prestación do servizo sanitario". |
NOS_19160 | Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso no conxunto da Galiza até os 33.355, que implican 784 menos que na xornada previa, así como os pacientes hospitalizados por este coronavirus, que baixan a 598 (26 menos). | Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta quinta feira, con rexistros até as 18 horas desta cuarta, baixan a 36 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI na Galiza (unha menos que o día anterior) e a 562 as ingresadas noutras unidades convencionais (-25), mentres que 32.757 pacientes están en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 682 hospitalizados. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete: A Coruña-Cee, Ourense-Verín-O Barco, Vigo, Compostela-O Barbanza e Pontevedra-O Salnés; aumenta na de Lugo-A Mariña-Monforte e mantense sen cambios na de Ferrol. No caso da área da Coruña, aínda que aumentan a 12 os pacientes Covid en UCI (+3), descenden a 136 os ingresados noutras unidades (-13); mentres que na de Ourense mantéñense cinco en críticos e baixan a 89 os hospitalizados noutras unidades (-4). Na área de Vigo redúcense a seis os pacientes Covid en UCI (-3) e a 74 os ingresados noutras unidades (-2); e na de Pontevedra caen a catro o críticos (-1) e a 88 os hospitalizados noutras unidades (-5). E na de Compostela descenden a seis as persoas ingresadas pola Covid en UCI (-1) e baixan a 88 as hospitalizadas noutras unidades (-2). Pola súa parte, na área de Lugo aumentan a dúas os pacientes Covid en UCI (+1) e a 50 os ingresados noutras unidades de hospitalización (+1). Mentres, na de Ferrol segue un en críticos e 37 noutras unidades, sen cambios. Menos casos activos Os casos activos no conxunto do país seguen en descenso no marco desta sexta vaga e sitúanse en 33.355, que constitúen 784 menos, ao haber de novo máis altas (3.234) que contaxios (2.455), ao que se suman varios falecidos. A pasada quinta feira había 49.182 infeccións activas. Con todo, a tendencia descendente non se mantén nas sete áreas sanitarias, xa que nas de Ourense (+59) e Lugo (+10) aumentan lixeiramente e nas outras cinco redúcense, coa de Vigo á cabeza (-311), seguida da Coruña (-273), Compostela (-159), Pontevedra (-86) e Ferrol (-23). Deste modo, con máis casos activos continúa a área da Coruña, con 7.284; seguida de Vigo, con 7.025; Compostela, con 5.871; Pontevedra, con 3.732; Ourense, con 3.707; Lugo, con 3.611, e Ferrol, con 1.728. Segundo o último informe actualizado esta cuarta feira polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza descende de novo até os 1.682 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a media estatal baixa a 1.060. Contaxios estabilizados Polo seu lado, os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segunda xornada consecutiva na contorna dos 2.400, con 2.455, que supoñen 19 máis que os 2.436 da cuarta feira, após rexistrarse 2.299 na terza e comezar esta semana con 1.652. Con todo, superan os 4.006 detectados unha semana atrás. Na xornada desta cuarta feira realizáronse outras 5.336 PCR que elevan a 3.654.731 as probas feitas desde o inicio da pandemia e 4.133 test de antíxenos, que suman 1.490.630 na Galiza, o que supón 9.469 entre ambas, 105 menos que as feitas o día anterior. A taxa de positividade —número de PCR positivas por cada cen realizadas— aumenta de novo a 16,1%, tras situarse en 13,1% na cuarta feira despois de baixar a 12,6% na terza e comezar esta semana en 14,3%, polo que segue por riba do limiar de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Persoas falecidas e curadas No que atinxe ás persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio da pandemia, ascenden na Galiza a 3.061, após notificar Sanidade outras cinco vítimas, todas con patoloxías previas. En concreto, os cinco óbitos notificados rexistráronse na terza feira 15 de febreiro; tres deles na área sanitaria da Coruña-Cee: dous homes de 92 e 82 anos de idade e unha muller de 81; mentres que na de Ourense-Verín-O Barco morreu un home de 86 anos e na de Pontevedra-O Salnés faleceu outro home de 89 anos. Mentres, curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria 444.235 persoas, logo de recibiren a alta 3.234 na última xornada no país. |
NOS_12356 | O Museo de Pontevedra exhibe a exposición Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia, organizada en colaboración coa Hispanic Society de Nova York, que repasa a evolución do traxe tradicional galego a partir das fotos tiradas pola fotógrafa americana na Galiza da década de 1920. | O traballo realizado pola fotógrafa e investigadora americana Ruth Matilda Anderson na Galiza aínda segue constituíndo unha fonte inestimábel de información. O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra exhibe, até o 16 de outubro, a exposición Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia, organizada en colaboración coa Hispanic Society de Nova York, que se encargou de proporcionar o material fotográfico, e comisariada pola pontevedresa Asociación Etnográfica Sete Espadelas. A mostra reproduce as vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes a Galiza entre 1924 e 1926 por encargo da sociedade neoiorquina. Unha experiencia que permite coñecer a Galiza dos anos 20 a través da lente da súa cámara e as anotacións do seu libro. "Nós coñeciamos desde hai tempo o traballo de Anderson" relata David Quiñones, un dos comisarios da exposición, en conversa con Nós Diario, "sobre todo algunha foto moi característica como a do mantelo de Betanzos. No ano 2017 comezamos a darlle voltas ao proxecto, e propuxémoslle a idea da exposición a Carlos Valle, que na altura era o director do Museo de Pontevedra, e comezamos a traballar. Foi un camiño longo porque non contabamos coas dificultades da burocracia: conseguir os dereitos das fotografías foi unha odisea, porque a Hispanic Society cedéralle os dereitos destas fotos a Abanca até 2020. O proxecto quedou na recámara e houbo cambio de director no Museo, pasamos por unha pandemia..., pero finalmente puidemos levar a cabo a exposición. E hai que dicir que a Hispanic Society se implicou moitísimo, até o punto de que volveron a dixitalizar todas as fotos de Anderson, grazas ao que contamos cunhas imaxes dunha calidade extraordinaria". Noventa anos do desembarco en Vigo da americana que tirou máis de 5.000 retratos de Galiza Un caderno de bitácora A obra de Anderson contén moita máis información da que dan as fotos, e iso enriquece o traballo levado a cabo por Sete Espadelas. "Hai moitas imaxes desa época realizadas por outros fotógrafos das que non te podes fiar en demasía", explica Quiñones, "hai moito traxe antigo colocado sobre roupa moderna, traxes que se puña a xente só para posar diante da cámara... Moitas cousas que distorsionan a realidade do momento. O bo de Anderson é que acompaña cada foto cun texto que a contextualiza: anota todas as circunstancias nas que se tirou a imaxe e iso permítenos saber se a roupa que levaba posta unha muller, por exemplo, era a que estaba usando cando ela a atopou ou se a tiña gardada da súa avoa e púxoa exclusivamente para sacar a foto. Ela apunta todos eses datos, o que converte o seu libro nun auténtico caderno de bitácora cunha información valiosísima". O inicio da modernidade A maior parte dos traxes que fotografou Ruth Matilda Anderson pertencen a un momento histórico de transición entre o traxe tradicional e o traxe de época, o que mostra como foi a entrada da modernidade na Galiza. "Eran traxes xa moi evolucionados a respecto do traxe tradicional", aclara Quiñones. "Realmente, trátase dunha exposición sobre como era a Galiza da década de 1920, aínda que o reclamo sexa a indumentaria tradicional", engade o comisario e membro de Sete Espadelas. "O que se mostra é un país que aínda estaba moi mergullado no século XIX e que comezaba a evolucionar cara a esa modernidade". A exposición, neste sentido, conta tamén con ferramentas de traballo orixinais da época que permiten recrear, na mente do público, como era a Galiza daquel tempo. "Non é o mesmo pór simplemente o traxe dunha redeira que pór o traxe ao carón da foto e das ferramentas que usaban as redeiras nesa altura", acrecenta Quiñones. "O obxectivo da Hispanic Society era precisamente deixar constancia do que estaba a piques de se perder, por iso Anderson puña moito empeño en entrar nas casas da xente e en que lle ensinasen as cousas vellas que tiñan gardadas". Un libro sen traducir Quiñones incide no enorme traballo de Anderson e na súa habilidade para conseguir que as persoas confiasen nela para mostrarlle as súas pertenzas e para deixarse fotografar. "Realmente ela estudara moi a fondo a cultura galega, coñecía moi ben o país e, ademais, empatizou moi ben coas mulleres, posibelmente guiada por ese coñecemento de que elas eran as que facían moitos dos traballos máis duros da casa". "Era unha persoa extremadamente culta e cun coñecemento do país sorprendente", di. "O outro día comentabamos medio de broma que se fose un home xa lle terían dedicado un Día das Letras Galegas. É bastante incomprensíbel que o seu libro non estea traducido xa ao galego, por complicado que resulte. En todo caso, hai varias institucións que están traballando niso e creo que chegará máis cedo que tarde". Ruth Matilda Anderson, tradutora da Rosalía de Castro feminista e galeguista |
PRAZA_11194 | Os investimentos que máis aumentan, un 21,5%, son os destinados a Turismo co foco posto no Xacobeo 2021, convertido no gran proxecto do Goberno galego | Os investimentos que máis aumentan, un 21,5%, son os destinados a Turismo co foco posto no Xacobeo 2021, convertido no gran proxecto do Goberno galegoMalia levar meses queixándose dos problemas de ingresos que ten a Xunta ao non recibir diversas cantidades que o Goberno central di non poder autorizar mentres estea en funcións, este xoves o presidente Feijóo anunciou novas rebaixas de impostos á cidadanía galega con máis patrimonio. O Goberno galego, que chegou a advertir da posibilidade de atrasos no pagamento de facturas ou salarios por falta de fondos, renuncia agora a cobrar impostos a quen herde ata un millón de euros e rebáixaos a quen merque tamén unha segunda residencia no rural, que cuantifica no 94% do territorio de Galicia. Á espera de que se divulgue o articulado exacto da lei de orzamentos e da súa lei de acompañamento para o próximo ano, textos aprobados este xoves polo Consello da Xunta e que agora serán remitidos ao Parlamento para o seu debate e aprobación definitiva, Feijóo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, salientaron esas dúas rebaixas de impostos por riba doutro tipo de medidas de incremento do gasto social en ano electoral ou de aumento das partidas destinadas ao Xacobeo, erixido en gran obxectivo do Goberno galego.Segundo as cifras do propio Goberno galego, coa rebaixa o imposto por herdar só será pagado polo 0,06% máis rico dos galegosSegundo avanzaron Feijóo e Martínez, a partir do 1 de xaneiro estarán exentas de impostos as herdanzas entre familiares directos de ata un millón de euros, sen contar nesa contía a residencia habitual, aumentando así o anterior límite de 400.000 euros ao que xa rebaixara a Xunta en 2016. Segundo as cifras do propio Goberno galego, con esta rebaixa só pagarán impostos por herdar o 0,06% dos galegos.Os orzamentos para o próximo ano tamén recollen rebaixas no Imposto de Transmisións Patrimoniais que se aplica ás compras de vivendas. Segundo o avanzado pola Xunta, e á espera de coñecer o detalle do texto articulado, as transmisións de vivenda habitual no rural, que ata agora estaba gravada cun tipo do 7%, será rebaixada ao 5%, mentres que para as vivendas non habituais, ou segundas residencias, o tipo baixará do 10% ao 6%, A propia Xunta cuantificou o que entende por "rural" no 94% do territorio galego.Ademais destas dúas rebaixas impositivas, a Xunta salientou este xoves que os orzamentos para o próximo ano, que volven superar os 10.000 millóns de euros tras unha década por baixo desa cifra, "preparan o Xacobeo 2021 e planifican a galicia da vindeira década para construír entre todos a Galicia que imaxinamos". Nesa liña de considerar o Xacobeo como o gran proxecto do goberno galego, a partida de investimentos que máis aumenta, un 21,5%, con 8,9 millóns de euros máis, e a destinada á area de Turismo. |
NOS_21674 | 'O home de Zara' emitirase en Amazon Prime. | A Xunta apoia con perto de 240.000 euros o proxecto de Ficción Producións para levar á televisión a vida de Amancio Ortega na serie O home de Zara, que acaba de ser adxudicataria dunha subvención da Administración galega. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado do director da Agadic, Jacobo Sutil, reuniuse cos responsábeis da compañía compostelá, Mamen Quintas e Julio Casal, para coñecer de primeira man os detalles do seu proxecto, que están a desenvolver xunto a Amazon Prime Vídeo para a súa emisión nesta plataforma. O ourensán Norberto López Amado será o director da serie, que, ao longo de oito capítulos, ofrecerá un percorrido pola traxectoria vital e empresarial de Amancio Ortega, inspirado na biografía escrita pola xornalista Covadonda O' Shea a partir das súas conversas co fundador de Inditex. Os capítulos, que se rodarán maioritariamente na Galiza, atópanse actualmente en fase de preprodución. Tamén para estes traballos previos, Ficción contou con apoio da administración galega como adxudicataria en 2015 dunha das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. Co 'O home de Zara', a produtora galega repite alianza con Amazon Prime Vídeo despois de levar a cabo a produción internacional '3 Camiños', que ten previsto a súa estrea a principios de 2021. Neste caso, a Xunta foi a principal impulsora do proxecto, cunha subvención de 1,5 millóns de euros a través dunha convocatoria específica para o sector audiovisual galego. |
NOS_44564 | O encontro de hoxe estivo condicionado polo veto de Polonia e Hungría á política financeira da Unión. | Os xefes de Estado e de Goberno dos 27 países membros da Unión Europea reuníronse esta quinta feira de forma virtual nunha xuntanza que, malia estar previsto que xirase arredor das medidas para loitar contra a pandemia, estivo condicionada polo recente veto de Polonia e Hungría ao Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e aos mecanismos que permitirán o desembolso dos 750.000 millóns de euros para a recuperación pos-Covid. Na xuntanza tres eran os puntos a tratar: o mutuo recoñecemento de tests entre Estados, o progreso na elaboración da vacina e o protocolo para a súa futura distribución, e análise dunha estratexia común no levantamento das medidas restritivas. Porén, a polémica destes días aboiaba no ambiente. Xa nas horas previas a tensión esta evidente. Por exemplo, o primeiro ministro de Austria, Sebastian Kurz, escribiu na súa conta do Twitter pouco antes de que pasadas as 18 horas dese comenzo a reunión por videoconferencia: "As reformas e o estado de dereito son a base para o desembolso de # fondos da UE. Non podemos transixir e tamén debemos controlar exactamente en que se gasta o diñeiro". Vinte minutos En calquera caso, o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, non quixo que a importante reunión fose secuestrada por este tema. Así, foron menos de 20 minutos ─os 20 primeiros, iso si─ os dedicados á cuestión dos fondos e do estado de dereito, tal e como informou o portavoz de Michel, Barend Leyts, na súa conta do Twitter. Porén a polémica continúa ao igual que as reunións, lideradas por Alemaña, que ostenta a Presidencia de quenda da UE. A presión sobre Polonia e Hungría, que esta semana encontraron apoio moral en Eslovenia, vai en aumento. Porén os Gobernos dos dous países manteñen o enroque. "En Bruxelas hoxe só se ve os países que deixan entrar aos inmigrantes como aqueles que están gobernados polo estado de dereito. Aqueles que protexen as súas fronteiras non se consideran como países onde prevalece o estado de dereito", sinalaba o primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán, nun comunicado. "Dicimos un forte 'si' á UE mais un forte 'non' aos mecanismos que nos castigan como a nenos e tratan a Polonia e outros Estados membros de maneira desigual", afirmaba o seu homólogo polaco, Mateusz Morawiecki, no Parlamento. |
PRAZA_20264 | Denuncia "continuos impedimentos", como solicitudes de identificación, agresións con porras, peticións de borrado de fotografías, ameazas de sancións. O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, defende a actuación policial e asegura que había 200 "profesionais" da manifestación de fóra de Galicia | A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de denunciar os "impedimentos" ao labor das e dos informadores por parte dos corpos de seguridade do Estado durante a actuación policial contra a manifestación en contra do desaloxo do Escárnio e Maldizer realizada o pasado sábado en Santiago de Compostela. O Colexio sinala que tivo coñecemento de "numerosas trabas á información", explicando que "se ben ao longo da marcha os e as xornalistas puideron realizar con normalidade o seu traballo", no momento no que os corpos de seguridade entraron a desaloxar as persoas que ocuparan o patio do antigo Colexio Peleteiro "obrigouse a todos os profesionais da comunicación a situarse por tras do cordón policial, nunha posición na que dificilmente podían informar sobre uns feitos que se estaban a producir a case cen metros de distancia e nun espazo non visible desde o punto no que se encontraban". Segundo a denuncia presentada ante o Colexio, un destes supostos axentes, que se negou en todo momento a identificarse, tentou mesmo arrebatarlle a cámara á xornalista Unha xornalista colexiada denuncia que de xeito continuo os axentes lles reclamaron ás e aos profesionais da información que se "identificasen". Esta solicitude de identificación mesmo era realizada por presuntos axentes que vestían de paisano e que non presentaban ningún tipo de credencial. Segundo a denuncia presentada ante o Colexio, un destes supostos axentes, que se negou en todo momento a identificarse, tentou mesmo arrebatarlle a cámara á informadora. Ademais destes feitos, o Colexio de Xornalistas tivo noticia doutras accións contra o labor das e dos xornalistas que cubrían a manifestacións, como agresións con porras por parte dos corpos antidisturbios, ameazas con sancións administrativas por fotografar policías ou a imposición do borrado de imaxes a un reporteiro gráfico. A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas sinala que xa lles trasladou ás autoridades o seu "malestar e preocupación" por estes feitos e pide consensuar un protocolo de actuacións que permita que o traballo dos e das comunicadoras se realice con total garantía e liberdade durante calquera tipo de dispositivo policial. O Colexio xa criticou no pasado os efectos da Lei Mordaza polas súas trabas á liberdade de prensa. Lembra que a Constitución outorga a toda a cidadanía o dereito fundamental a comunicar información veraz e que non é necesario ningún tipo de identificación para exercer a profesión, algo que decote esquecen ou semellan ignorar os axentes policiais, pois o uso do chaleco é un acordo entre o Ministerio do Interior e certas asociacións privadas que non obriga a toda a profesión. "Profesionais da manifestación", segundo Santiago Villanueva Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia, estivo esta mañá nos Almorzos da Radio Galega onde defendeu a actuación policial do pasado sábado. Villanueva asegurou que na marcha "había profesionais da manifestación". "Das 700 persoas aproximadamente que participaron na manifestación, máis de 200 viñan de fóra de Galicia", dixo, engadindo que "os materiais dos que se incautou a Policía Nacional no momento da manifestación, pero sobre todo antes da manifestación, eran de xente profesional. Non era un rapaz que acode a unha manifestación por empatía". Villanueva asegurou que na marcha "había profesionais da manifestación". "Das 700 persoas aproximadamente que participaron na manifestación, máis de 200 viñan de fóra de Galicia", dixo Afirmou que "os obxectos que levaban eran falsas pancartas; en realidade eran escudos preparados. Levaban un pau grande con arestas certamente cortantes a modo de sostén. E logo esa pancarta convertíase nun escudo de protección. Era un traballo realmente ben realizado que require unha preparación, unha organización. E esa xente que fixo ese escudo desde logo non é a primeira vez que o fai". Villanueva tamén subliñou que no momento de realizar o desaloxo e posterior tapiado do edificio histórico, a Policía limitouse "a cumprir o mandato xudicial" |
NOS_14676 | O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha patoloxía que rexistra entre 50 e 60 casos ao ano na Galiza. | Galiza rexistra entre 50 e 60 novos casos de cancro infantil cada ano cunha taxa de supervivencia que supera o 70%. Con motivo no día de onte da celebración do Día Internacional do Neno con Cancro, o médico do equipo de Oncoloxía Pediátrica do CHUS, Manuel Fernández Sanmartín, explicou que a prevalencia do cancro infantil "é moi estábel" desde que existen rexistros, cunha "pequena tendencia" a incrementar, inferior ao 1%. O doutor comentou que "non se notaron diferenzas" en comparación ao ano pasado, marcado pola pandemia da Covid-19, con outros exercicios anteriores. Sobre as prevalencias de cancro infantil, Sanmartín destacou que as leucemias e linfomas son os tumores que máis se dan no país, "poden representar case a metade, con entre 25 e 30 casos anuais", indicou. A estes séguenlle un segundo grupo no que se inclúen os tumores do sistema nervioso central e un terceiro que aglutina varios como sarcomas, renais o outros con "incidencia menor". Sobre se existe un perfil de paciente, o doutor sinalou "tumores de cada idade" xa que, as leucemias e neuroblastomas afectan aos máis pequenos en idade pediátrica; os relacionados cos ollos, como retinoblastomas, son máis específicos do primeiro ano; mentres que sarcomas e "algún linfoma" son habituais na adolescencia. Todo isto, puntualizou, "sen unha clara prevalencia" xa que se trata de "patoloxías con bastante frecuencia" vistas na súa unidade. Baixa incidencia Respecto disto, a Consellaría de Sanidade sinalou, nun comunicado de prensa, que a incidencia do cancro na infancia "é baixa". Ademais, destaca que co diagnóstico precoz e o tratamento en unidades asistenciais con experiencia, melloráronse "as taxas de supervivencia que, na actualidade, superan o 70%". Con todo, matiza que esta doenza "é a segunda causa de morte na infancia e adolescencia". Durante 2019, apunta Sanidade, rexistráronse uns 740 ingresos de crianzas menores de 14 anos nos hospitais públicos para recibir atención sanitaria á súa doenza oncolóxica e seguir algún tipo de tratamento. Así mesmo, Sanidade avanzou que na actualidade traballa "nunha nova ferramenta para mellorar a atención oncolóxica aos menores: o Rexistro Galego de Cancro Infantil". |
NOS_52510 | Teo, Monforte, Nigrán e O Porriño acceden a ese nivel. | O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse a 24, tres máis que o día de onte, ao activarse o aviso en Teo, Monforte, Nigrán e O Porriño e pasar a laranxa Culleredo. Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, continúan no nivel 3 pola pandemia os concellos de Ourense, O Barco, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, este aviso detéctase ao rexistrar sobre un centenar de casos. Mentres, en situación dúas -o nivel laranxa do mapa- sitúanse 14, un menos que o martes. Trátase de Ferrol, Fene, Neda, A Coruña, Culleredo, Lalín, Vilanova de Arousa, Marín, Vigo, Mos, Gondomar, Boborás, Barbadás e Xinzo de Limia. En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. Os positivos por Covid-19 detectados na Galiza nas últimas 24 horas por PCR volveron a repuntar tras sumar outros 461 -o que supón 20 máis que a xornada anterior-, deles 111 corresponden á área sanitaria de Vigo e 78 á de Santiago e Barbanza. |
NOS_52249 | Todo parece indicar que sopran bos ventos para a banda deseñada galega. Os datos anuais de produción melloran, o relevo xeracional está asegurado e a calidade dos traballos publicados é cada vez maior. No entanto, as dificultades comerciais e o desleixo das institucións públicas moderan o optimismo das persoas profesionais do sector, que ollan para os datos coa ilusión de quen ve abrollar o xermolo na terra traballada polas propias mans, mais tamén coa precaución de quen sabe da fraxilidade dos brotes se non se coidan coa debida dedicación. | A historia da banda deseñada galega é relativamente curta, mais non por iso pouco prolífica. Longos invernos e floridas primaveras pasaron desde que o mestre Xaquín Marín, Raimundo Patiño ou Rosendo Díaz "O Roxo" practicaban a transgresión en forma de viñetas e ilustracións nun momento político moi complexo, á vez que se asomaban por primeira vez ao mundo da novela gráfica en galego. Á terra aboada polos pioneiros chegaron xeracións posteriores para sementar figuras de referencia como Carlos Portela, Fernando Iglesias ou Miguelanxo Prado, aos que pouco tempo despois se sumaron outras como David Rubín, Kiko da Silva, Emma Ríos, Manel Cráneo e moitas máis. Nos últimos anos, autores e autoras noveis emerxen con forza no solo fértil sen deixar baleiros entre si. Nomes como Miriam Iglesias, Pablo Prado, Sergio Sink ou Anémona de Río resoan xa en certames nacionais e internacionais, todos eles vencellados á escola de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético, que Da Silva fundou en 2012 co obxectivo de formar novos valores e axudar a profesionalizar o sector. Temos ante nós unha extensa eira na que as tradición e experiencia conviven con renovación e experimentación e as xeracións se mesturan para ofrecernos cada ano a mellor colleita posíbel de banda deseñada galega. Unha paisaxe de luxo da que non todo o mundo pode presumir. Á cantidade e calidade dos creadores e creadoras únense agora os bos datos de publicación do último ano. De acordo co informe anual da Asociación Tebeosfera, difundido polo Consello da Cultura Galega, a produción de banda deseñada na Galiza duplicouse en 2019 con respecto ao período anterior, e remontou así unha breve etapa de estancamento para atinxir de novo datos próximos aos de 2016. Deste modo, o ano pasado saíron do prelo 35 títulos de banda deseñada no noso país, dos cales 33 viron a luz integramente en galego. Publicacións incluídas neste documento, como a revista A viñeta de Schrödinger, dirixida por Da Silva e levada a cabo coa participación de numerosos autores e autoras, ou a tradución ao galego d'O salón de té do oso malaio, de David Rubín, ofrecen testemuño da calidade nos contidos e nas edicións, da orixinalidade nas propostas e nas perspectivas e do dinamismo creativo que presenta actualmente a banda deseñada galega. A estes títulos virán sumarse outros publicados este mesmo ano con grande éxito, como a novela gráfica Coraçom de Terra, biografía de Carvalho Calero da autoría de Xico Paradelo, Irene Veiga e Iván Suárez. Actualmente atópanse xa na imprenta e verán a luz nas vindeiras semanas dúas obras tamén destinadas ao éxito: a versión galega d'O pacto do letargo, de Miguelanxo Prado, e o segundo volume de Aleida, de Víctor Boullón. De acordo co informe anual da Asociación Tebeosfera, difundido polo Consello da Cultura Galega, a produción de banda deseñada na Galiza duplicouse en 2019 con respecto ao período anterior, e remontou así unha breve etapa de estancamento A pesar destes aparentes motivos para o optimismo e a celebración, desde as dúas únicas editoriais galegas especializadas en banda deseñada reciben os datos de produción con moita precaución. O primeiro reparo xorde en relación ás propias cifras, pois un aumento anual nos títulos editados non significa necesariamente un aumento nas vendas nin na cantidade de exemplares impresos por tiraxe. A nivel comercial, o mercado galego é pequeno e compite con outros máis grandes que manexan maiores tiraxes e internacionalizan as súas impresións, o que dificulta que a produción de banda deseñada galega, feita na Galiza e publicada na nosa lingua, se traduza en beneficios económicos para autores e autoras, editoriais e imprentas nacionais. Concordan Da Silva e Cráneo, autores e fundadores das editoriais Retranca e Demo, respectivamente, en que as limitacións impostas por un mercado reducido, a falta de apoio institucional e as desvantaxes económicas e competitivas son os principais atrancos á hora de superar a precariedade estrutural que padece o sector. O futuro, polo tanto, implica desafíos nos que os poderes públicos e as novas xeracións de lectores e lectoras xogarán un papel fundamental. O reto de publicar sen apoios A edición de banda deseñada en galego, debido ás súas características, está intimamente ligada á de banda deseñada noutras linguas, coa coedición e a compra de dereitos para tradución como opcións de supervivencia para o sector. O motivo principal para esta estratexia é dotar de rendibilidade ao investimento que supón realizar unha publicación de calidade nunha lingua cun mercado tan reducido. No entanto, é unha arma de dous gumes, dado que as condicións impostas polas grandes editoriais propietarias dos dereitos e a competencia en desigualdade que existe no mercado, nomeadamente en relación ao castelánfalante, colocan en risco a edición en galego. Neste contexto, e ante o desinterese e abandono institucional, é unicamente a firme vontade dos autores e das autoras, xunto co compromiso editorial, a que permite que a maquinaria creativa continúe en funcionamento desde as trincheiras. Para reverter a situación de desvantaxe da banda deseñada galega no mercado, Da Silva apunta precisamente á necesidade de intervención das administracións públicas, que deberían garantir, mediante o financiamento e a promoción, que exista edición de creadores e creadoras para poder producir desde a Galiza e en galego, para que os dereitos e beneficios fiquen no país e para que o retorno non marche fóra. Un maior apoio a eventos de promoción e exhibición xa existentes, como Viñetas desde o Atlántico da Coruña, o Encontro de Banda Deseñada Histórica de Lugo ou o Salón do Cómic e Ilustración de Cangas, así como a promoción de novas iniciativas complementarias, é a unánime demanda do sector para con as institucións públicas. Co apoio preciso, afirman, daríase maior visibilidade ao que se está a facer, atraeríase a atención de público e profesionais e crearíanse oportunidades para editoriais e autores e autoras. Da mesma maneira, o aproveitamento das novas tecnoloxías para abrir a banda deseñada galega ao mundo é aínda unha materia pendente que tamén precisaría de axuda pública para materializarse. A nivel comercial, o mercado galego é pequeno e compite con outros máis grandes que manexan maiores tiraxes e internacionalizan as súas impresións, o que dificulta que a produción de banda deseñada galega, feita na Galiza e publicada na nosa lingua, se traduza en beneficios económicos para autores e autoras, editoriais e imprentas nacionais. Por outro lado, a banda deseñada galega constituíuse ao longo do tempo como un medio privilexiado para exercer de axente normalizador e transmitir a nosa cultura de forma lúdica, pero ben documentada. O seu compromiso histórico coa promoción da lingua, do patrimonio, da tradición e da historia da Galiza, unido á calidade técnica e artística dos e das profesionais, representan a posibilidade de facer país e potenciar a marca Galiza a través do xénero. Esta condición, sinalan os responsábeis das editoriais galegas, debería ser aproveitada polas institucións pertinentes e sería moi ben recibida polo sector, mais nada parece indicar que exista a vontade suficiente para dar pasos nese sentido. Á conquista de novos públicos Sexa como for, ningunha actuación pública de apoio ou promoción pode funcionar sen ter en conta o piar fundamental no que se alicerza a continuidade de calquera proxecto cultural: o público. A pesar dos atrancos que presentan as dinámicas comerciais para a banda deseñada galega, o feito de que a produción opere nas marxes do mercado e non estea dirixida polos intereses de grandes corporacións supón unha vantaxe a nivel creativo. A riqueza estilística e temática, así como a variedade de fontes e referentes que se manexan, facilitan que chegue a todo tipo de persoas e que se adapte a todas as idades. Partindo da base de que no país existe un público para a banda deseñada que é preciso conquistar, Da Silva aposta desde Retranca por compaxinar a edición barata, herdeira das maneiras de facer dos anos 70 e 80 e de utilidade didáctica, con edicións máis coidadas e bonitas, pensadas en termos de libro-obxecto para agasallo ou colección, que dan valor engadido, resultan máis atractivas para a xente e suscitan o interese de novos mercados. Cráneo, pola súa parte, considera que o segredo da continuidade está nas mans da xente máis nova. Por ese motivo, centra as súas reivindicacións nunha maior implicación das institucións galegas, a través de diferentes consellarías, no fomento da lectura en xeral e da banda deseñada en particular, co obxectivo de atraer e formar novos lectores e novas lectoras capaces de manter vivo un mercado galego que se alimente a si mesmo. Considera, como autor e como editor, que a banda deseñada está moito máis preto de conectar coas novas xeracións, xa que desenvolve unha linguaxe moi fluída e dinámica, con moito peso gráfico e visual, de maneira que a promoción da lectura deste xénero a través de programas de lectura nas escolas podería ser un medio estratéxico para atraer a infancia e mocidade. Alén diso, é importante que o propio sector aposte no público novo na produción e teña en conta as súas preferencias e características. Potenciar o cómic manga en galego –quer traducións quer produción propia – ou facer esforzos por conquistar o público feminino con proxectos pensados especificamente para as rapazas son algunhas das propostas de Cráneo con vistas a crear unha audiencia moza que, por agora, é minoritario, pero que ten moito potencial. Traballando para o futuro Aínda que desde as editoriais galegas de banda deseñada teñen moi claras as ideas a seguir para que o esforzo e a creatividade atopen a debida viabilidade económica, é difícil manexar plans de futuro nun sector tan pequeno que vive, en palabras de Da Silva, "en crise permanente". Porén, a confianza no talento existente no país xa está a abrir novos horizontes que poden favorecer a creación na nosa lingua. É o caso da implicación na publicación de banda deseñada por parte de editoriais xeralistas xa consagradas, como son Xerais e Galaxia. A súa entrada en escena supón a dispoñibilidade de novas plataformas para que autores e autoras encaixen os seus proxectos, o que se podería traducir en máis propostas, máis produción e máis oferta de mercado a curto prazo. Entre a ilusión e a pura supervivencia, o sector da banda deseñada galega encara o porvir como sempre fixo: traballando arreo para ofrecer produtos de enorme calidade artística e narrativa cos que competir no mercado, cos que conquistar lectores e lectoras e cos que explorar novos públicos aos que descubrir o bo facer que temos na Galiza. |
NOS_42999 | Fomento de Construcciones y Contratas ataca a oficialidade do galego no seu contencioso contra a Mancomunidade do Barbanza. A Mesa denuncia o desprezo dunha empresa que, ao seu ver, "non merece facer negocio no noso país" | A Mesa pola Normalización Lingüística e a Mancomunidade de concellos do Barbanza denuncian a actitude de desprezo á nosa lingua da multinacional FCC, que xestiona a planta de Residuos Sólidos Urbanos. FCC non admite que a mancomunidade use o galego no proceso que pode levar á cancelación de concesión do servizo e esixe a tradución dos 2.000 folios do expediente. A Mancomunidade iniciou o proceso de cancelación da concesión ao se detectar numerosas irregularidades tras a realización dunha auditoria na que se demostraban irregularidades e incumprimentos das condicións da adxudicación. FCC centra a súa defensa en non admitir a documentación en galego e reclamar a tradución do expediente. Non merece facer negocio A Mesa pola Normalización Lingüística mostrou o seu apoio á Mancomunidade e denunciou a hostilidade da multinacional coa nosa lingua e nega o dereito e a lexitimidade a solicitar a tradución do expediente. "Unha empresa que mostra tal desprezo por Galiza e a súa lingua non merece seguir facendo negocio no noso país", sinalou o presidente da MNL, Marcos Maceira para quen "tras este episodio está claro que FCC non debería ter ningún tipo de adxudicación pública en Galiza". Pola súa parte, o presidente da Mancomunidade e alcalde de Carnota, Ramón Noceda, defendeu que "a sociedade galega ten que coñecer este caso e enfrontarse a quen despreza os veciños e veciñas". Na rede estase a desenvolver unha campaña de denuncia dos ataques a nosa lingua co hashtag #paremososataquescontraogalego . |
NOS_36755 | A declaración dos policías da Unidade de Delincuencia Fiscal e Económica que investigaron a reforma da sede do PP detallaron como a formación política estatal pagou cos cartos da caixa B parte das reformas de 6 das 7 plantas da súa sede na rúa Xénova (Madrid). | O PP pagou en negro parte da reforma da súa sede na rúa Xénova de Madrid. Esta é a conclusión de Manuel Morocho, ex inspector xefe da Unidade de Delincuencia Fiscal e Económica. Esta quinta feira, 15 de abril, segundo día de declaración na Audiencia Nacional das e dos axentes que investigaron o pago de parte das obras coa caixa B do PP, Morocho detallou como da reforma entre 2005 e 2010 das sete plantas das que consta a sede, só un dos andares -o sexto-, se pagou legalmente. Xa no comezo, en 2006, das obras da planta baixa, o segundo espazo da sede que se remodelou, o PP aplicou un novo sistema de facturación duplicando as facturas "co fin de dar soporte á operativa que se ía facer", indicou Morocho. Ademais, emitíronse dúas certificacións de obra con distinto importe, apuntou o ex inspector xefe da UDEF. Para pagar a diferenza entre elas e despois de aplicarlle un desconto arredor do 8% que conviñeran entre a construtora e o PP, o partido aboou 184.000 euros procedentes da caixa B que Luis Bárcenas anotou en novembro de 2006 co concepto "arquitecto Gonzalo Urquijo". Urquijo era o director xeral de Unifica na península, a empresa encargada de deseñar e executar a reforma do edificio da rúa Xénova de Madrid. Despois deste pago aínda quedaban pendentes 480.000 euros, que foron ingresados na conta da empresa, mais que non se atopan nin na contabilidade oficial nin na paralela do PP. A reforma do segundo, terceiro, cuarto e quinto andar do edificio seguiron o mesmo patrón, revelou Morocho, facendo dúas certificacións con distinto prezo, un máis baixo sobre o cal Unifica emitía a factura, e outro co prezo real da reforma, a diferenza entre elas "pagouse en efectivo". Baixo distintos nomes como Gonz. Urquijo, Gonzalo (Arquitecto) ou G.U., rexistráronse os pagos desde a caixa B que xestionaba o daquela tesoureiro do PP, Luis Bárcenas. 195.000 euros en xaneiro de 2008, 258.000 en marzo, 235.000 en xuño e 200.000 en decembro. Só restaba unha planta por rematar, a sétima, a súa reforma comezou en 2009, ano que Bárcenas foi imputado polo caso Gürtel e deixou a súa responsabilidade como tesoureiro do PP. Para o último piso, Morocho detallou como o PP aplicou un novo sistema. Unifica comeza a "emitir un conxunto de orzamentos polas obras executadas" xunto a varios bloques de facturas. Para pagar ese andar chegaron a emitirse até 22 facturas. |
NOS_27933 | Hai máis de vinte anos Rebeca Quintáns (Arzúa, 1964) publicou Un rei golpe a golpe, a primeira biografía non autorizada de Juan Carlos I. A autora afondará este sábado, 27 de novembro, nos escándalos de corrupción da Casa Real e na súa conivencia co franquismo nas III Xornadas contra a Impunidade que organiza a Deputación de Pontevedra. | —Como é a situación en que se atopa a monarquía logo dos escándalos económicos e persoais que rodean Juan Carlos I?Están no peor momento da súa historia. Non hai deus que salve a monarquía española. A cantidade de escándalos, que ademais non vai cesar de crecer, ten que acabar necesariamente coa monarquía. Non está escrito de que maneira, iso dependerá de todos nós, mais dou por seguro que estamos a vivir os últimos días da monarquía española. —No seu libro Juan Carlos I. Biografía sen silencios, sinala que antes dos escándalos económicos do rei emérito coas comisións na construción do AVE á Meca ou en relación co lavado de cartos con Corinna Larsen, moitos empresarios xa lle entregaban suculentas cantidades económicas cando Franco aínda estaba vivo. Na palestra deste sábado nas Xornadas de Memoria en Pontevedra falarei de que a maioría de prácticas de corrupción de Juan Carlos I comezaron xa no franquismo, como no caso das intermediacións con comisións ilegais de por medio. No franquismo, Juan Carlos tamén comezou a relacionarse con banqueiros como Emilio Botín, que o axudaron a saber mover os cartos que ía gañando e en que contas os podía pór. O Santander é un banco que ten un montón de filiais en paraísos fiscais e Juan Carlos foi aprendendo a moverse niso. Botín foi un dos seus grandes asesores, logo continuaron outros. O máis importante de todos, antes de Corinna, foi Manuel Prado [o seu administrador privado durante máis de 20 anos]. Moitos dos seus amigos acabaron na cadea, onde nunca puidemos enviar Juan Carlos. —Sostén que de mozo, cando estaba en Estoril, Portugal, xa recibía cartos.Si, da alta burguesía e da aristocracia española. Á parte, Franco, despois da Guerra Civil pasaba á Familia Real un soldo dunhas 250.000 pesetas anuais da época, recibían doazóns do réxime para vivir como reis, con palacios, moita servidume e coches de luxo. —No seu libro afirma que o réxime se apoiou nel para perpetuarse. C0mo se concretou iso?Era a peza que daba estabilidade aos que xa tiñan o poder. Eles non tiñan relevo e Juan Carlos estaba educado no réxime, por Franco, e tiñan confianza nel. E ademais interesáballes intervir nos primeiros anos da transición na planificación das reformas que se ían facer e Juan Carlos dáballes garantías de que todo ía seguir igual, que non ían perder poder nin se ía ir contra eles polas cousas que acometeron no franquismo. Era garantía de que non ía haber unha revolución económica que lles fixese perder os privilexios que tiñan. O rei daba garantías de estabilidade aos franquistas de que as reformas non os ían prexudicar. —A imaxe do emérito está deteriorada cos escándalos de corrupción, mais non tanto a súa imaxe como político de Estado en relación á transición. Vostede, en cambio, desmonta o mito nos seus libros.Os "presuntos" delitos que nunca se puideron investigar van alén dos delitos económicos. O seu papel no 23-F podería ser cualificado como un delito de alta traizón de confirmarse o que sinalan múltiples investigacións. Na palestra deste sábado farei un repaso de como Juan Carlos percorreu practicamente todo o Código Penal e sinalarei até oito delitos diferentes que deberían ser investigados. Un deles, é o delito de malversación de caudais públicos empregando diñeiro público a través dos fondos reservados ou dos orzamentos de Patrimonio Nacional para ou ben pagar unha chantaxe que lle fixo unha amante ou ben para pagar a outra amante unha vivenda de luxo cerca de Zarzuela. Iso é roubar. E fíxoo, até o punto que sabemos, porque ten autoridade de ser o Xefe do Estado para facelo e coa garantía de que non vai ser investigado. É escandaloso como está formulada a monarquía española. Nas outras monarquías europeas non hai esta pamplina. —Cre que o rei emérito regresará ao Estado español?Parece que si, que ten moitas ganas. Pareceríame moi ben que non volvese. Pero se o fai, pois máis leña ao lume. Están moi equivocados se pensan que vai poder volver dunha maneira discreta e que a xente que se cruce con el en Sanxenxo ou onde sexa non lle vai facer unha mostra de desafecto. —En que se diferenza Felipe VI de seu pai?Felipe é máis novo e está moi pouco investigado polos xornalistas críticos. É cuestión de tempo. Hai diferenzas de estilo, non é campechano [ri]. Mais o que importa é que ten unhas condicións xurídicas, sociais e políticas idénticas ás que tivo seu pai e se lle dese a gana, faría exactamente o mesmo que el. As poucas cousas que nos van chegando apuntan a iso. A prensa estranxeira xa está publicando sobre a fortuna de Felipe VI, moi difícil de explicar... Foi el quen fixo que seu pai marchase a Abu Dhabi, pensando en si mesmo, para afastalo e que non lle salpicasen os seus escándalos. É unha conduta moi típica de Juan Carlos, sempre afastou a quen lle deixaba de convir, fíxoo con membros da Familia Real, incluído o seu propio pai. Quintáns tivo que empregarun pseudónimo por seguridade Patricia Sverlo foi o pseudónimo baixo o que Rebeca Quintáns publicou no ano 2000 Un rei golpe a golpe. A obra saíu á luz da man da editorial e revista vasca Ardi Beltza e co impulso do seu director, o xornalista vasco-galego Pepe Rei, finado en marzo deste ano. Ardi Beltza foi fechada un ano despois polo xuíz Baltasar Garzón con acusacións que logo foron revocadas. En 2016, e xa sen pseudónimo, Quintáns publicou Juan Carlos I. Biografía sen silencios. Confesa a Nós Diario a "dificultade inmensa" que tivo para distribuír esta nova obra. De facto, sinala o silenciamento ao que a propia autora e mais o libro son sometidos nos medios, córtase a xornalistas na televisión cando se refiren á obra e resulta difícil que se publiquen reseñas en medios. |
PRAZA_8600 | O 16 de marzo comezaba a presentación de Cancións de amor e liberdade, o terceiro disco da banda estradense Nao. A derradeira cita para poder escoitalos ao vivo antes do verán será este 20 de abril no Aturuxo de Bueu. | O 16 de marzo comezaba a presentación de Cancións de amor e liberdade, o terceiro disco da banda estradense Nao, editado grazas á microfinanciación. Conversamos con estes catro músicos antes do seu concerto no Torreiro da Festa en Vigo, penúltima cita desta xira. A derradeira cita para poder escoitalos ao vivo antes do verán será este 20 de marzo no Aturuxo de Bueu. A derradeira cita para poder escoitalos ao vivo antes do verán será este 20 de marzo no Aturuxo de Bueu Jasper, Gus, Paul e Amós son os nomes deste proxecto colectivo que naceu no 2005, co desexo de axitar mentes e a intención de facer música de calidade, en galego. A banda mudou, con baixas e novas incorporacións. Transformouse tamén o mundo da música, a súa difusión e como comunicar. Comezaron a gravar o disco en agosto e finalizaron en febreiro deste ano. Contabilizan máis de 12.000 quilómetros desde as distintas localidades nas que viven até os estudios Mafia no Carballiño. Oito anos despois, os Nao reivéntanse con este novo traballo. Primeiro foi o seu single Mafia, para poñerlle letra ao caciquismo e outros papeis, seguido do lanzamento de todo un himno xeracional (Heroes da Resistencia), que tivo como antesala un hardchorus, o primeiro que facía unha banda galega. Destas cuestións, da cultura, dereitos de autor e como sobrevivir en tempos de crise vai esta entrevista. Cambiaron as cousas desde o 2005 até agora na escena da música galega? Gus: Deunos tempo a vivir o remate da época dourada para a música, cando había máis cartos e máis festivais pra tocar. Agora todo é máis difícil e é como se cada vez che puxesen un peso máis grande. Agora hai menos cartos, menos bolos, menos sitios para tocar e máis dificultades para gravar; e unha banda para perdurar no tempo tense que enfrontar a todo isto. Cada vez está máis difícil se queres facer algo de calidade porque todo o demais xoga en contra de que o fagas. Non sei se o conseguimos ou non pero tentamos facer un traballo respectábel e para iso tes que perder pasta e poñer corazón. Jasper: Eu resumo en que traballas como un profesional pero cobras como un amateur. "Agora hai menos cartos, menos bolos, menos sitios para tocar e máis dificultades para gravar. Cada vez está máis difícil se queres facer algo de calidade porque todo o demais xoga en contra de que o fagas" Tamén houbo unha grande transformación en todo o que ten que ver co consumo da música e a comunicación, o uso das redes sociais... Como se adapta Nao a estes cambios? J: O que queremos é que a xente escoite os nosos temas e que os viva. Se loxicamente merca un CD, moito mellor porque fai que a cultura poida permanecer. Moitas veces queixámonos da colonización, da nosa falta de soberanía en todos os aspectos, pero o ataque máis forte é contra a cultura e temos que tomar conciencia de que se non apoiamos nós a cultura, os outros só van poñer trabas. Mercar un disco ou camisola, ir a un concerto, son xestos importantes para colaborar coa difusión e polo mantemento da cultura. A nós que a xente descargue o disco parécenos xenial porque o noso obxectivo vai máis alá, que se reflexione e que a xente faga súa a nosa música. As redes sociais para nós son importantes porque nos dá a vida manter ese contacto directo e facilítanos moito as cousas. Nós continuamos facendo pegadas de cartaces pero tamén sobes o cartaz ao facebook, podes estar do outro lado polos comentarios na canle do youtube e, en definitiva, adaptámonos ás novas realidades. "Moitas veces queixámonos da colonización, da nosa falta de soberanía en todos os aspectos, pero o ataque máis forte é contra a cultura e temos que tomar conciencia de que se non apoiamos nós a cultura, os outros só van poñer trabas" Que supón para os integrantes de Nao continuar en activo e oito anos despois cun novo traballo? J: É difícil manterse ao longo do tempo e sobre todo é un sacrificio persoal moi grande. Nós, á nosa idade, xa temos familia e fillos, supón un maior esforzo. Tamén é un sacrificio económico moi grande. Imaxino que os motivos económicos foron fundamentais á hora de apostar polo microfinanciamento para lanzardes Cancións de amor e liberdade, como foi ese proceso? J: Decidimos apostar polo microfinanciamento porque o primeiro disco o sacamos cun crédito bancario e cos cartos aforrados dos festivais, o segundo disco foi cos cartos dos nosos petos e tamén con algo do aforrado como grupo. Neste último vimos que o crowdfounding era un bo método para que aqueles e aquelas que nos queren e que nos seguen tivesen o xeito de axudarnos facendo unha colaboración mutua e troco. Toda a campaña foi moi sorprendente porque tiñamos a esperanza de que saíse ben pero non tiñamos ningunha certeza. Mantivemos contacto cos mecenas, que eran dos sitios máis dispares, e iso permitiunos ter un contacto directo cos fans da banda. G: Tamén serviu para darnos a coñecer, para que se soubese que iamos sacar novo disco e o contacto coas persoas seguidoras da banda foi para nós un estimulo. "Mantivemos contacto cos mecenas, que eran dos sitios máis dispares, e iso permitiunos ter un contacto directo cos fans da banda" Cal é a mensaxe que Nao quere transmitir coa súa música? J: Nao non é un grupo para bailar senón que é un grupo para crear conciencia. A nosa esperanza e ilusión é poñer unha semente de pensamento crítico nos que escoitan Nao. Con cancións de amor e liberdade queremos expresar esa necesidade de berrar aínda máis forte, hai que falar de cousas máis concretas. Xogamos coas duplas interpretacións e que a xente sexa quen constrúa o sentido tamén que teñen para eles os nosos temas nas súas vidas. Prodúcenos moita satisfacción que a xente se reapropie dos nosos temas para narrar o seu día a día e para mostrar a súa carraxe e o rexeitamento do que acontece. "Non houbo mitos de referencia, sempre por armas a nosa conciencia/ Somos unha familia que se fixo na rúa, netos desta ditadura" di Heroes da resistencia. Como foi a creación dese himno xeracional no que se está a converter o voso segundo single? G: Cando Jasper chegou coa letra, sentín que non había nada mellor, que a música era secundaria. É unha canción que fala de coherencia, de amizade, de ver que van pasando os anos e conservas as cousas boas e tamén as malas mais que ao final estás orgulloso da túa vida. J: Cando fixen a letra deste tema pensei en toda esa xente coa que compartín distintas experiencias ao longo da miña vida, tamén nos meus compañeiros de banda. Todo o que se di nese tema vivímolo todos, está enfocada mesmo en moitas vivencias que eu tiven na cidade de Vigo. Sei que hai moita xente que se sentiu identificada porque viviu iso mesmo que estou narrando. Quería falar deses heroes da resistencia. A unha persoa de 20 anos pódelle gustar, pero está claro que a unha persoa de entre 30 e 40 anos que lle tocou vivir o noso momento histórico aquí en Galiza, sabe do que falamos, máis alá de que sexa ou non nacionalista ou independentista. "Quería falar deses heroes da resistencia. A unha persoa de 20 anos pódelle gustar, pero está claro que a unha persoa de entre 30 e 40 anos que lle tocou vivir o noso momento histórico aquí en Galiza, sabe do que falamos, máis alá de que sexa ou non nacionalista ou independentista" O vídeo deste tema leva preto de 3.000 visitas en menos de quince dias, que quere visibilizar tamén esta aposta audiovisual? J: A banda é como un barco no que todos remamos e imos contracorrente. Aproveitámonos do bo facer da xente da produtora de Ziwa e de traballar con calidade, porque cartos non hai, e tivemos este vídeo. A idea que transmite é a que temos do grupo, de esforzo, de que a través da unión e a forza podemos todos ir xuntos cara unha dirección. É un chamamento á unidade. Tamén fala do sufrimento de facer o que nós facemos no eido musical, de que do esforzo sae a recompensa. G: Quere representar esa idea de ir contracorrente, e de que moitas veces tes que facer cousas absurdas, como subir nun barco a unha montaña, pero que paga a pena. Como está indo a vosa xira? J: A xira comezámolo no Carballiño facendo un concerto sparring para os mecenas que foi xenial. A primeira data que foi a da Capitol tamén a valoramos positivamente, pero con menos xente da habitual, tamén pasou noutras datas pero fomos remontando. G: O disco vai avanzando, vai chegando a máis persoal e iso nótase. Cando quitas un disco queres correr pero ás veces cómpre máis tempo, porque a música en galego non sae nos medios de comunicación (A xira está condicionada porque Gus vai ser pai en dúas semanas) O noso momento vai ser o verán para estar nos escenarios e que xa se coñeza máis este traballo. "A xente que chame, sen compromiso, porque nos dá a sensación de que dis o caché e a xente pasa de volver a chamar, porque cando hai vontade de acordo haberá acordo" Tendes xa datas confirmadas para o verán? Pol: Ningunha organización de ningún festival sabe a día de hoxe canto vai poder gastar así que temos contactos pero aínda está todo no aire. J: Temos vontade de tocar en moitos festivais, somos conscientes de que hai moitos festivais que teñen problemas económicos pero queremos ir a eles e estamos agardando a que se fechen eses contactos. A xente que chame, sen compromiso, porque nos dá a sensación de que dis o caché e a xente pasa de volver a chamar, porque cando hai vontade de acordo haberá acordo. Queremos tocar este verán en moitos lados. Nao non é eterno e se a xente quere ver a Nao tamén ten que presionar para que teñamos presenza nos festivais. Non imos durar toda a vida e se o panorama non se enxerga máis positivamente, esta banda non vai durar outros oito anos. Canto aos dereitos de autor e toda esta polémica, que posición tendes? J: A cultura é popular e nós non temos nada rexistrado. As nosas cancións son nosas e de todas as persoas que as escoitan. Se alguén vai facer negocio coas nosas cancións sen pedirnos autorización pois iso si que sería un problema. "Aínda que as axudas poidan ser boas, hai que evitar esta perversión e a cultura ten que autoxestionarse e autovalorarse" E outro debate: as subvencións á cultura, cal é a vosa postura? Amós: Se este sistema tivese sentido ou se todo funcionase como ten que funcionar non farían falta estas axudas. Funcionan como un instrumento de politiqueo máis. G: As subvencións xeraron correntes de movemento nas que todo o mundo se posicionou e foi incoherente para arrimarse á pasta. Aínda que as axudas poidan ser boas, hai que evitar esta perversión e a cultura ten que autoxestionarse e autovalorarse. Se a xente defendese activamente a cultura sendo parte dela, colaborando, sendo protagonista da mesma, non farían falta. J: Tería que ser equilibrado e non o é. Hai que tentar crear unha rede pero non a través da subvención senón a través das experiencias que poden crear comunidade como os centros sociais, salas, locais de ensaio, asociacións culturais e veciñais, redes de festivais que se apoien, bandas. É necesario apostar por construír nese sentido. "Quixemos facer un disco redondo, moi traballado, por se puidese ser o noso último traballo" Por último, cara onde camiña Nao? P: As ganas seguen sendo as mesmas pero só nos queda comprobar canto tempo podemos continuar. Mentres manteñamos esta ilusión, farémolo. A: Quixemos facer un disco redondo, moi traballado, por se puidese ser o noso último traballo. J: Mínimo continuaremos até o 2014, no que faremos 10 anos. G: Agora mesmo tamén estamos a gozar do noso momento porque respectando e queréndolles moito aos compañeiros cos que compartimos antes Nao, agora estamos nun moi bo momento, de conexión musical, de madurez. |
PRAZA_7788 | Na rúa sabemos dende hai tempo que nos están a roubar. Tamén se sabe nos bares parlamentarios e na policía. O que pasa é que cando falamos de cartos en B, por exemplo, preferimos poñer de escusa ao gremio de fontaneiros. Aquela transición á que todos os redentores defenden dicindo que "era o único que se podía facer" e que agora, máis que nunca, parece pactada nun lúbrico clube de intercambio. | Se Franco daba unha volta na cama e dáballe as costas a Carmen sabía que do outro lado, sobre a mesiña de noite, estaba a man incorrupta de Santa Teresa. Como quen ten un despertador de Hello Kitty. E alí estivo corenta anos, ríxida por artrose, exercendo de talismán para o ditador e, polo tanto, de obxecto de vudú para o pobo. Franco apropiárase da extremidade de xeito ilícito. "La mano no se pierde, se va con el Caudillo para guiarle en la conducción de la Patria", díxolle o capelán do asilo ás Carmelitas, as súas lexítimas propietarias, para consolalas. E aferrados ao capricho, a familia incorporoulle diamantes ao relicario e a insignia da Laureada de San Fernando. Unha especie de sobresoldo. España sabía do espolio, incluso que a man de incorrupta nada, pero tamén que Franco, para quedarse con algo, non tiña por que pedirlle permiso a ninguén. España sabía do espolio, incluso que a man de incorrupta nada, pero tamén que Franco, para quedarse con algo, non tiña por que pedirlle permiso a ninguén Na rúa sabemos dende hai tempo que nos están a roubar. Tamén se sabe nos bares parlamentarios e na policía. O que pasa é que cando falamos de cartos en B, por exemplo, preferimos poñer de escusa ao gremio de fontaneiros. E a clase política –xeralmente-, coa ética financiada de xeito ilegal, aproveitou a nosa pasividade para facernos ver que logo de traballar dabondo para conquerir a famosa transición agora toca cobrar os honorarios. Aquela transición á que todos os redentores defenden dicindo que "era o único que se podía facer" e que agora, máis que nunca, parece pactada nun lúbrico clube de intercambio. Na rúa sabemos dende hai tempo que nos están a roubar. Tamén se sabe nos bares parlamentarios e na policía. O que pasa é que cando falamos de cartos en B, por exemplo, preferimos poñer de escusa ao gremio de fontaneiros Na ditadura tamén existía a corrupción pero non había espazo nas portadas nin conferencias de prensa en Alemaña. Despois, cando chegou o 78 e a ilusión dos que loitaron se asinou con tinta china, brindouse porque todos, ao día seguinte, eramos xa "iguais perante a lei". Co paso do tempo descubriuse que non, que é máis factible que te indulten por regularizar cartos en Suíza que por bailar espido sobre un contedor. Pero dá igual porque "roubar, rouban todos" e o menos incómodo é normalizar os desfalcos e quedar "a pre". A Coruña, por exemplo. Nos 90. Dúas señoras de misa de once e cardados violetas, enfastiadas de tanta portada con roldanes e filesas, decidiron ir tomar un cafecito a María Pita non sen antes pararse a reflexionar: -Me dijeron que Paco Vázquez anda robando en el ayuntamiento. -Ay, no sé, pero te tiene La Coruña preciosa. "Roubar, rouban todos" é a frase que fixo máis dano á democracia logo da de "si, prometo" E así, rubricando o conformismo cun suspiro, as dúas señoras convertíronse en nós. "Roubar, rouban todos" é a frase que fixo máis dano á democracia logo da de "si, prometo". Sóltase sempre para deixar de discutir e volver ao estado normal, nunca para unirse contra o despropósito. Hoxe as mans incorruptas non están quedas nas mesiñas de noite, están aplaudindo comisións de investigación. Non están adobiadas con diamantes, tan só cos descoidos de subraiadores fosforitos. Perdón, presuntos subraiadores fosforitos. |
NOS_31250 | A pregunta lanzouna Vanessa Nieves a través do comunicado que leu, en nome d@s estafad@s coas preferentes e subordinadas, ás portas de Monte Pío, a residencia oficial de Feijóo, blindada polos antidisturbios. A resposta: a arbitraxe chegou a dous de cada dez casos e hai 60.000 familias agardando por unha solución | A Sara quen lle vendeu as participacións preferentes foi a súa propia sobriña, após saber que viña de recibir unha herdanza. A Avelino o director do banco, "que era o meu amigo", pagoulle un café despois de asinar un papeliño conforme "todo canto tiña" ía parar a preferentes. A Cesáreo non lle quedan folgos despois de completar a pé o treito que separa a céntrica Praza de Galiza en Compostela da residencia oficial de Feijóo, en Monte Pío. Olla para o reloxo: "Máis de dúas horas andando", di, sorprendido do que foi quen de aguantar. E Pilar, que na anterior mobilización nacional celebrada na capital galega foi a encargada de ler o manifesto, desta volta mallaba sen tregua co seu bastón nun cartaz coa cara do presidente da Galiza. Son bocadiños de catro historias dos milleiros que teñen que contar as por volta de 80.000 afectad@s pola comercialización fraudulenta de participacións preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco. Cadaquen ten as súas vivencias propias: desde os 33 anos que Avelino traballou para Citroën aforrando o que agora lle teñen "secuestrado" até a herdanza que lle deixou a Sara unha tía do seu home por coidar dela ou os anos que Cesáreo botou na emigración. Porén, tod@s partillan unha realidade: "fomos estafados", na maioría dos casos, por persoas achegadas ou mesmo por familiares e amizades. A multitudinaria manifestación que realizaron este sábado --da cal fixeron parte representantes do BNG (o voceiro nacional, Xavier Vence; o voceiro parlamentar, Francisco Jorquera; o secretario de Organización, Bieito Lobeira; e os responsábeis da formación frontista en Compostela, Rafael Vilar e Rubén Cela) e do PSdG (entre el@s, o secretario de Organización, Pablo García; e o voceiro deste partido no Concello compostelán, Francisco Rey-- arrincou ás 11.30h e rematou pasadas as dúas da tarde nun Monte Pío blindado pola policía: oito furgonetas de antidisturbios aparcadas, outras dúas pechando a mobilización e nas inmediacións carros da policía municipal e unha furgoneta da policía adscrita. "Somos Bárcenas ou que?", preguntaban un grupo de afectad@s namentres a cabeceira do protesto se achegaba ao seu destino. "Señor Feijóo: demita e váiase" Aínda que cobremos, non pagaremos ou Non pararemos até que cobremos foron algunhas das consignas que se berraron antes, durante e despois da leitura do comunicado, leitura á que procedeu Vanessa Nieves, unha d@s seis expuls@s en marzo do Congreso español o día en que se lle deu luz verde ao decreto que confirmaba a quita. A moza foi interrompita varias veces con berros de Lume! en contra d@s 15 deputad@s eleit@s na Galiza que votaron en Madrid a favor desa norma, a Lei 6/2013. Colocáron@s nun cartaz coas súas fotos e leron un a un os seus nomes e apelidos. Despois de cada nome, berros de "traidores!" e "ladróns!". Especial mención para Antonio Pérez Insua, "dobremente traidor e dobremente ladrón" porque tamén vendeu preferentes. "Que foi da arbitraxe para todos que o PP nos prometeu antes das eleccións?", preguntouse Vanessa. A resposta aparece impresa nuns panfletos con información que se repartiron durante a manifestación: a arbitraxe chegou unicamente a dous de cada dez casos, polo que fican por volta de 60.000 familias agardando unha solución. Non son pouc@s @s afectad@s que recoñecen teren votado ao PPdG nas eleccións do 21 de outubro de 2012 porque confiaron na promesa dese café para tod@s. Agora levan as mans á cabeza, maldín a Feijóo e piden unha e outra vez a súa demisión: "se o único que pode facer en Madrid é presumir de barón do PP, demita e váiase". Queixáronse de que levan desde agosto pedindo unha reunión con el e que aínda non os recibiu. "Debe parecerlle pouco o calado da estafa", ironizou namentres lía o manifesto. Por certo, que o micro puido empregarse grazas á colaboración dun bar do lugar que cedeu o punto de luz cuxa instalación rexeitou o Concello de Compostela nun documento que asina Juan de la Fuente, concelleiro do PP imputado na operación Pokemon. As mobilizacións continúan. Na vindeira semana (o día 28) debateranse dúas proposicións do BNG no Parlamento galego e no Congreso, a onde se desprazarán afectad@s para reclamar, en directo, os seus aforros. Tamén se fan seis meses do peche de estafad@s no Concello de Gondomar e prepáranse accións de cara ao 15 de xuño, "cando en Madrid executarán o roubo". Co himno galego rematou máis unha manifestación de centos de persoas, moitas de idade avanzada, que, como dixo Vanessa, "non estamos derrotadas". E, como aviso a navegantes (do PP), a moza acrecentou: "este pobo do que só vos lembrades para vir recadar votos non vai confiar máis en quen defende ladróns". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.