ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_12991 | Tres dos catro colectivos do 'novo proxecto común' pechan un primeiro documento mentres "continúa o proceso cara á constitución dun novo proxecto político e electoral" no que tamén segue inmerso o Encontro Irmandiño | Cumpriuse o previsto, aínda que con lixeiras variacións. Máis Galiza, Acción Galega e o Espazo EcoGaleguista veñen de pechar o primeiro "acordo político e programático" que xorde do que se vén dando en chamar 'novo proxecto común' e que emana dos "obradoiros de ideas" nos que os tres colectivos máis o Encontro Irmandiño veñen traballando dende hai semanas. Como adiantou Praza Pública, as formacións que participan nas conversas fixaran o 15 de maio como data para fiar un primeiro acordo, se ben en días pasados os irmandiños apostaron por adoptaren un ritmo diferente, en aras de garantir que o proxecto xorde "de abaixo a arriba", con protagonismo das asembleas que funcionan en diversas comarcas do país. Sobre esta base os catro grupos xuntáronse este martes en Compostela e tres deles "chegaron a un acordo" que "será presentado de xeito inmediato á cidadanía para sometelo a un proceso aberto de deliberación pública e participativa". Continúan os contactos cara á confluencia co EI, o proceso está a seguir "dous ritmos", explican Significa isto unha ruptura co EI? Fontes próximas á negociación subliñan que non. Ben ao contrario, os contactos continúan de cara á confluencia e, simplemente, explican, o proceso está a seguir "dous ritmos" diferentes. Así, os catro "constatan a vontade de todas as partes" para "continuar" a traballar "cara á constitución dun proxecto político e electoral" que, salientan, terá un carácter "democrático, progresista, galeguista/nacionalista" e "cun "compromiso radical cos principios éticos, a rexeneración política e a participación cidadá". Nesta liña, nun comunicado conxunto -o segundo que emiten dende o inicio das conversas- as catro forzas políticas "expresan o seu acordo en respectar as dinámicas e metodoloxía de cada organización", ao tempo que manteñen "a colaboración e o diálogo entre elas coa mira posta no obxectivo común". Segundo as fontes consultadas esa converxencia podería chegar en poucas semanas e, en calquera caso, antes dos meses de verán. Tras esta primeira clarificación do proxecto en forma de acordo a tres bandas ademais do momento e a forma en que confluirá o Encontro Irmandiño co resto de forzas resta tamén saber quen acompañará a +G, EcoGal e Acción Galega nesa unión. Como ten relatado este xornal, nas últimas semanas varias forzas ubicada no ámbito galeguista e orientadas ao centro político tenderon á confluencia con AGA, mentres que Máis Galiza só estivo a manter contactos neste ámbito, alén da propia Acción Galega, co Partido Nacionalista Galego. |
NOS_24178 | Pavlos Fyssas foi acoitelado nun bar. Organizacións de esquerda, sindicatos e movementos sociais volven alertar do auxe do neonazismo | Pavlos Fyssas estaba nun bar do centro de Atenas cun grupo de amigos. Dous militantes do grupo neonazi Amencer Dourado entraron no local, achegáronse a este mozo de 34 anos e espetáronlle un coitelo no corazón para deseguido, darse á fuga. Outra versión sinala que foi apuñalado no transcurso dunha liorta. O apuñalado é un rapeiro anti-fascista, militante na organización anti-capitalista Antarsya. Combinaba compromiso e música, cun hip hop de combate que levaba desde 1997 batendo. A nova do seu asasinato propagouse coma o lume. Organizacións de esquerdas e sindicatos, alén de movemento sociais, alertan de que hai tempo que os neonazis pasaron calquer liña vermella. O auxe electoral de Amencer Dourado conlevou agresións a inmigrantes, sindicalistas, homosexuais, feministas,... e, agora, asasinato. Detencións e protestos Un dos asasinos xa foi detido. A policía confirmou a súa militancia en Amencer Dourado (algunhas enquisas dan a esta formación o segundo posto nuns comicios). Nas últimas horas decorreron manifestacións e protestas de condena do asasinato e rexeitamenton do fascismo. En barrios e vilas houbo concentracións nas que se sinalou directamente a AD como responsábel do asasinato. |
NOS_21868 | A eurodeputada Lidia Senra, representante de AGE no grupo europeo do que forma parte Esquerda Unida, leva a Bruxelas unha delegación formada por 65 persoas para "visibilizar a situación da cultura galega". | Representantes da Comisión Europea recibirán a delegación galega dentro do Parlamento Europeo, no marco dunhas xornadas de exposición e debate organizadas pola eurodeputada Lídia Senra. As actividades comezan na terza feira cunha gala de benvida no Centro Galego de Bruxelas, baixo o título "Europa, capital Galiza" onde se sucederán diferentes presentacións e actuacións artísticas galegas. Xa na cuarta feira iniciaranse as xornadas de debate e reivindicación no Parlamento Europeo, que se prolongarán durante todo ese día e até a quinta feira ao mediodía. En diferentes mesas nas que se abordará a situación que atravesa a creación e distribución cultural galega, os dereitos da cidadanía a acceder á cultura e o dereito das e dos traballadores a vivir disto, a produción en lingua galega, a cultura de base, o patrimonio cultural, e tamén haberá tempo para intercambiar impresións con persoas de experiencias culturais doutras nacións sen Estado como son o País Vasco ou Irlanda. Entre a delegación podemos atopar nomes como Uxía, Abe Rábade, Chus Pato, Teresa Moure ou Oriana Méndez. Entre a delegación podemos atopar nomes da música como Uxía, Santi Cribeiro, Sérgio Tannus ou Abe Rábade; do audiovisual como Carlos Ares, Luís Avilés e César Souto; da literatura como Chus Pato, Xabier Cordal, Teresa Moure ou Oriana Méndez; ou do teatro, como Belén Pichel ou Roberto Pascual, entre outros moitos. Segundo Senra, "a cultura galega está sendo actualmente sometida a un baleirado económico e está sendo desprezada por parte de poderes neoliberais que en lugar de apostar por ela e de apoiar a riqueza cultural dunha nación como Galiza parecen estar máis polo seu afogamento e pola uniformidade". Neste sentido, a europarlamentaria critica, entre outros temas, que o Goberno da Xunta teña reducido nos últimos catro anos un 44% os seus orzamentos destinados a cultura. |
NOS_25760 | Diversos medios de comunicación falan de varios militantes chavistas asasinados por simpatizantes de Capriles nestas horas. Estase a crear un escenario de inestabilidade e caos, propicio para golpes de estado, advirten desde o goberno após as mobilizacións alentadas desde os grupos da dereita. | Sumir Venezuela no caos para xustificar un golpe de estado que veña devolver a orde. Nas últimas horas estanse a suceder numerosos actos violentos, protagonizados por partidarios de Capriles, en diferentes partes do país, desde barricadas que cortan estradas até incendios de sedes do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e de centros de saúde, ou ben agresións a cargos ou simpatizantes chavistas. Mesmo se fala de ata catro partidarios de Maduro asasinados. A isto engádese a violencia contra reporteiros de radio e televisión públicas venezolanas, ou mesmo traballadores de empresas públicas. Segundo medios venezolanos, no barrio La Limonera, estado Miranda, un grupo de radicales antichavistas tería asasinado ao militante do PSUV Luis Ponce, e ferido a outras tres personas. Tamén no estado de Táchira houbo outro asasinato a mans de opositores:o de Henry Rangel Aroza, militante chavista, segundo informou o gobernador, Vielma Mora. Algúnhas fontes elevan a sete os 'chavistas' asasinados nas últimas horas por '"grupos de choque" da dereita: 3 no estado de Zulia, 2 en Caracas, 1 en San Cristóbal e 1 en Cumana Ao tempo, desde a patronal estase a levar a cabo peches de empresas, comercios e negocios, para alén de parar o transporte en mans privadas. Caravanas de vehículos de opositores estarían a bloquear rúas e estradas, así como a percorrer en actitude "provocadora" recoñecidos barrios onde apoian a revolución bolivariana. E tamén os medios de comunicación antichavistas están a xogar o seu papel na estratexia: Así, diferentes medios están a transmitir fotos de militares trasladando e queimando material electoral, con logos do Consejo Nacional Electoral (CNE), asegurando que son fotos destes comicios y que mostran a fraude electoral de Maduro. Mais as fotos son de hai varios anos atrás, de eventos de incineración de material electoral que se fan públicamente para se desfacer, moito despois de pasados os comicios, do material. Os medios de comunicación antichavistas, e non só os de Venezuela, están a xogar un papel fundamental na estratexia Xustificar o golpe de estado Todo iso, realizado baixo un insistente discurso de Capriles e os seus poderosos altofalantes mediáticos da existencia de "fraude" ou "roubo electoral". Desde o goberno, acúsase ao candidato opositor de procurar unha situación de caos e inestabilidade que xustifique un gole de estado. Capriles exixíu o domingo un novo reconto electoral. Maduro sinalou que non se opoñía a esa auditoría. Mais o opositor, malia ese compromiso do vencedor nas eleccións por maioría absoluta, incrementou as acusacións de "fraude" e alentou aos seus seguidores a saír á rúa. |
NOS_52623 | A AAAG fala de "descontento xeralizado" na profesión diante do proceso ao tempo que afirma que recibiu numerosas de reclamacións de asociados seus ao respecto de "presuntas irregularidades que se estarían a producir na selección de intérpretes". | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que aglutina a perto de 300 profesionais, lamenta nun comunicado os "atrancos" que afirma que está a vivir a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) `Martes de Carnaval', tras as dimisións de tres membros do tribunal do concurso público desenvolvido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre as persoas que dem itiron figura Tito Asorey, quen ía dirixir 'As Galas do defunto' (unha das dúas partes nas que se configura a produción Martes de Carnaval). Nun comunicado Aslorey argumentaba que os motivos da súa dimisión proceden da "falta de acordo coa administración" en canto ao procedemento xurídico que regula a selección do elenco desta montaxe, xa que a aplicación deste proceso "dificultaba enormemente" o proceso artístico do propio Asorey como director. Ante estes feitos, a AAAG lamenta os "atrancos que se están a producir nesta montaxe". Cuestiona, "unha vez máis", o proceso de selección que a Agadic impuxo para o CDGpois considera que "non é o máis axeitado" para unha institución coma esta, ao non ter en conta "as particularidades laborais e artísticas dos actores e actrices e directores e directoras, tal e como indica Asorey no seu comunicado". AAAG lembra que transmitiu en diversas ocasións á directora do CDG, Fefa Noia, e ao director da Agadic, Jacobo Sutil, estas preocupacións así como as posibles consecuencias. "Descontento xeralizado" A Asociación afirma que "detectou o descontento xeneralizado que existe na profesión" diante do proceso "e en base a multitude de reclamacións que recibiu por parte dos seus asociados ao respecto de presuntas irregularidades que se estarían a producir na selección de intérpretes no citado proceso". Por isto, solicitou explicacións ao director do Agadic. "Consideramos que a Agadic non cumpriu coa necesaria transparencia e evitou ofrecer explicacións públicas das dimisións, así como as razóns que as motivaron". Insta Agadic a dar "explicacións públicas oportunas e suficientes". Así mesmo, agarda un compromiso firme da Agadic para que esta sexa "a derradeira ocasión en que se desenvolva un concurso destas características" e que a partir de agora se procure entre todos "un novo modelo que satisfaga a todas as partes implicadas: actores e actrices, directores e directoras e a propia administración" |
QUEPASA_245 | Este 12 de xullo de 2020 2.7 millóns de galeg@s escolleron a nova composición do Parlamento Galego nunhas novas Eleccións Autonómicas. | Como nas municipais, o PP arrasa en Coristanco. O BNG segunda forza. Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte As promesas do 2020 As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións. As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte. 06-07-2020: As promesas electorais (I): Xustiza democrática. Outras accións da campaña 19-06-2020: O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos. 17-06-2020: O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha. 15-06-2020: Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X. |
NOS_994 | A CIG vén de presentar '100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza'. Unha campaña que, en palabras do seu secretario xeral, Suso Seixo, achega propostas e alternativas orientadas a unha saída da crise favorábel á maioría social. | Suso Seixo (Curtis, 1952) é o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), central que está a impulsar unha campaña para situar a preocupante destrución de emprego que se está producir en Galiza no primeiro plano do debate tanto social como nas institucións. Un dos eixos desa iniciativa son as "100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza". "Non estamos a propoñer facer a revolución", afirma Seixo esbozando un medio sorriso, "son propostas factíbeis que facemos para que se adopten políticas distintas e que favorezan á maioría social". Unha campaña, din, para poñer o paro no epicentro do debate e achegar propostas, alternativas... O problema fundamental que ten este país é a falta de traballo, con todo o que iso implica: emigración, pobreza e exclusión social, debilitamento da propia clase traballadora, co que iso implica á hora de defender os seus intereses...Por iso poñemos no primeiro plano o debate sobre o emprego e o crecemento económico. Facer ver que aquí hai posibilidade de impulsar outras políticas económicas, que é fundamental crear traballo, recuperar a base industrial e material deste país para poder aspirar a unha condicións minimamente dignas. Entrevista completa no nº68 do Sermos Galiza, xa nos quiosques e disponíbel para ser descarregado na nosa loxa |
NOS_56855 | A empresa compostelá, dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos, resultou a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega. | Durante o presente curso a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) asumiu a coordinación do histórico Premio Leixaprén que se vén organizando desde 1999 co obxectivo de galardoar, desde o ensino, persoas, entidades ou institucións que se caracterizan polo uso normalizado da lingua galega. A principio deste curso escolar creouse un comité de selección para que presentase candidaturas caracterizadas por unha defensa activa da lingua galega e que tivesen unha especial incidencia social, quer pola súa continuidade e eficacia ao longo do tempo quer pola exploración de novas vías para a normalización do idioma. Desta maneira, tendo en conta o carácter emprendedor e empresarial da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade, decidiuse que o ámbito de actuación nesta edición fose o mundo da empresa. O comité de selección propuxo as seguintes candidaturas: Imaxin-Software, R Telecomunicacións, Alimentos Amorodo, Martín Códax e Seguridade A-1. O xuri do premio estivo formado por membros dos Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino que durante un mes puideron exercer o seu dereito a voto. Despois de facer o reconto de votos, a empresa gañadora foi Imaxin Software. A entrega do Premio Leixaprén 2012 será o vindeiro sábado 26 de maio nun xantar que se realizará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela e o galardón consistirá nunha figura alegórica do artista Álvaro Negro. "Desde a CGENDL querémoslle dar os parabéns públicos a todas as empresas finalistas neste premio, e tamén a todas aquelas, que, malia a implantación de prexuízos e a desprotección social da nosa lingua que se está a practicar desde o poder autonómico, manteñen a dignidade de empregar a lingua propia dos galegos". |
NOS_40095 | A Roda en Barreiros, Cornado en Arzúa, Outeiro Redondo en Castrelo de Miño ou Ventosiños en Coeses de Lugo non son máis que catro exemplos de 48 de recintos circulares da Idade de Bronce actualmente localizados na Galiza. Porén, non deixan de medrar as descubertas de construcións desta tipoloxía no país. | O estudo dos recintos circulares na Galiza deu unha volta en 2006 coa descuberta da Roda en Barreiros. Malia que autores do século XIX como Manuel Murguía, Benito Vicetto, José Villamil e Castro ou Federico Maciñeira tiñan documentado nos seus traballos círculos líticos, os xacementos aparecidos nos últimos 15 anos son dunha tipoloxía diferente. Neste sentido, a aparición dunha construción circular en Barreiros mentres se realizaban as obras de desmonte da autovía do Cantábrico mudou as cousas. A Roda, unha formación arquitectónica de perto de 50 metros de diámetro limitada por un foxo de entre tres e catro metros de diámetro e un de profundidade, cun círculo formado por dous muros, que articula un parapeto con máis tres metros no seu punto máis elevado, foi considerado no seu momento como unha edificación singular, catalogándoa no primeiro momento os técnicos da Xunta da Galiza como un castro. A sorpresa inicial deu paso a achádeos similares en Coeses, Lugo. O seu descoñecemento e a falla de atención polos historiadores non ten unha explicación definitiva. A este respecto o arqueólogo Luís Cordeiro sinala a Nós Diario que "pode deberse a que a maioría son xacementos moi pouco visíbeis, que non están asociados a lendas da tradición oral e non fan parte do patrimonio inmaterial". Neste sentido, non descarta que a medida que avancen as investigacións esta segunda hipótese sexa descartada. 48 recintos circulares no territorio galego O número de recintos circulares na Galiza xa chega a 48. Segundo explica Luís Cordeiro, que prepara coa profesora Pilar Prieto unha publicación sobre este tipo de xacementos, "actualmente temos achado 48 construcións situadas en lugares moi diferentes e ao longo de toda a xeografía galega". Aínda así, Cordeiro destaca que "están case sempre localizados en zonas intermedias, próximos a rupturas de pendentes e que se van adaptando ao terreo". Moitas veces están na ladeira, como Monte Buxel (Redondela), co terreo en pendente. E, como sinala Pilar Prieto, parecen localizacións invisíbeis na paisaxe". "Temos atopado sobre 19 que aparecen vinculados aos cursos fluviais dos ríos Miño e Sil e aos seus afluentes Narla e Lor", continúa Cordeiro en declracións a Nós Diario, quen significa que "na Galiza central, no Deza, están localizados arredor de seis e despois hai algúns outros dispersos por outras zonas do país, como Redondela, as comarcas de Ourense ou o Barbanza, aínda que as diferenzas por provincias poden ser artificiosas". A este respecto, advirte das dificultades para localizar estes xacementos e de diferentes resultados en función dos solos. Cordeiro destaca a súa proximidade a campos de mámoas. "En Portomarín está moi perto de mámoas, e en Coto Grande tamén ten visibilidade sobre un campo de mámoas. Pero temos que ter moita cautela porque se cadra pertenzan a períodos diferentes e non sabemos moi ben como se relacionan", apunta Cordeiro, que indica que "nalgúns casos como Cornado (Arzúa) ou Ventosiños (Lugo) atópanse na proximidade de castros". 'Henges' que non son 'henges' Os recintos circulares galegos foron asociados nun primeiro momento cos 'henges' das illas británicas. A este respecto, Cordeiro afirma que o termo "foi usado ao principio polos escavadores da Roda de Barreiros porque era o tipo de monumento máis axeitado, pero os 'henges' británicos comezan no Neolítico e chegan até aproximadamente o ano 1500 AC. Os círculos galegos semellan ser posteriores, de finais da Idade do Bronce, nun período que podería ir entre o 1600 e o 900 AC". Porén, non dúbida en afirmar que "a cousa máis semellante aos recintos circulares galegos son os 'henges'. Cordeiro non se atreve a aventurar unha orixe para este tipo de edificacións. Iso si, afirma que "aínda que hai algúns recintos na Meseta, non coñecemos nada exactamente similar na Península Ibérica". Porén, considera que "temos unha paisaxe monumental que nos fai revisar o termo castro e a medida que se vaian analizando teremos indicios deste mundo diferente". "Poderiamos falar dunha paisaxe sacra de finais da Idade do Bronce, da que iremos sabendo máis a medida que se vaia escavando e confirmando. Fálase en efecto de foxos nalgúns deles e no caso da Roda de Barreiros infórmase dunhas pedras deitadas no seu interior tipo menhir, alí dispostas", continúa Cordeiro, que afirma que están "vinculando estes xacementos a unha función ritual". O enigma aínda está por aclarar Os estudos sobre os recintos circulares na Galiza da Idade de Bronce están nunha fase embrionaria. Luís Cordeiro sinala que "aínda estamos en cueiros sobre os mesmos" e non descarta novas explicacións en función dos estudos arqueolóxicos e dá por feito a aparición de novos xacementos. |
NOS_25988 | Ministerio de Sanidade e comunidades non fixou prezos máximos polo que os farmacéuticos poden fixar os prezos que queiran. | O artigo máis demandado nos últimos días, a proba de antíxenos, está esgotado en moitas farmacias e en grande parte subiu de prezo. Así o informan a asociación de consumidores Facua e o Consello Xeral de Enfermaría. "Nin o Ministerio de Sanidade nin as comunidades fixaron prezos máximos, favorecendo así as marxes de beneficio desproporcionadas que se están a producir", denuncian desde Facua. O Consello Xeral de Enfermaría vai máis aló e pídelle ao Goberno español que regule de inmediato o prezo das probas que se venden nas farmacias "para evitar especulacións" que están a provocar diferenzas de prezo infladas entre uns establecementos e outros. Poñen como exemplo o que xa se fixo coas máscaras para evitar prezos abusivos. "Hai seis meses que o Goberno decidiu liberalizar a venda de tets e agora, coa sexta vaga que nos bate con forza, estamos perplexos ao ver como nalgúns establecementos subiu máis da metade o prezo das probas de antíxenos "Iso, unha evz máis, prexudica o comprador final, o cidadán da rúa", dixo Florentino Pérez Raya, presidente do Consello Xeral de Enfermaría. O Consello Xeral de Enfermaría vai máis aló e pídelle ao Goberno español que regule de inmediato o prezo das probas que se venden nas farmacias omo exemplo o que xa se fixo coas máscaras para evitar prezos abusivos. Pola súa banda, os farmacéuticos acusan os fabricantes de ser os responsábeis do incremento. Francisco Criado, membro da xunta de goberno do Colexio de Farmacéuticos de Málaga, asegura que o prezo subiu porque está "practicamente duplicado" en orixe debido a esta gran demanda. É dicir, as empresas que subministran estas probas de autodiagnóstico aumentaron o prezo que teñen que pagar as farmacias, o que repercute á súa vez nos clientes. Ese mesmo día, Facua buscou antíxenos en 150 farmacias de Barcelona, Madrid, Sevilla, Valencia e Vitoria. Só cinco deles os tiñan, con prezos que oscilaban entre os 4,95 e os 10 euros. |
NOS_18611 | Baixo unha fianza de 6.000 poderán saír en liberdade provisional os cinco integrantes de La Manada, condenados a nove anos de prisión por abuso sexual con prevalemento. Así o decretou a Audiencia Provincial de Navarra cun voto particular dun dos tres maxistrados. | Os acusados poderán saír do cárcere en tanto non haxa sentencia firme. O vindeiro 7 de xullo faría dos anos -o prazo máximo para a prisión provisional, aínda que podería ser ampliada ate a metade da condena- que ingresaron nela, despois de abusar dunha muller durante as festas de San Fermín en Iruña. La Manada foi absolta do delito de agresión sexual, o que provocou unha xigantesca vaga de protestas por todo o Estado español. |
NOS_48162 | Un estudo de CCOO indica que 543.000 persoas na Galiza viven con menos de 8.871 euros anuais. A taxa de pobreza das persoas menores de 24 anos é superior á media xeral | Un total de 542 892 persoas na Galiza, 18,8 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza, fixado en 8871 euros anuais para unha persoa soa. Esta é una das conclusión do estudo elaborado por CCOO co gallo de que esta quinta, 17 de outubro, é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza Os últimos datos públicos confirman que son "moitas, demasiadas, as persoas que viven unha situación dramática", sinala Maica Bouza, secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO. Nos últimos anos, malia a suposta recuperación económica, a renda distribúese na Galiza dun xeito "desequilibrado e inxusto", o que ten como consecuencia un incremento das desigualdades sociais entre o 2013 e o 2017. Para Bouza reviste "especial gravidade" a situación da poboación máis nova: as persoas menores de 16 anos teñen unha taxa de pobreza de 21,65 % e as de menos de 24 anos do 23,48 %, porcentaxes "moi por riba da taxa de risco de pobreza xeral". Tamén hai un nesgo de xénero, pois as taxas de pobreza femininas son máis altas ca as masculinas. CCOO defende que as redes de protección social desempeñen un papel "determinante", a comezar polo sistema público de pensións e de protección por desemprego, e continuando polas rendas de inserción, que deberían cubrir as necesidades básicas das persoas. "As dúas primeiras van ligadas en maior medida á vida laboral", apunta a secretaria de Emprego do sindicato, mais, como se recolle neste estudo, "a situación de pobreza conflúe coa de baixa intensidade no traballo". |
NOS_53661 | O derbi galego de Segunda despraza hoxe a 4.000 seareir@s do Deportivo ao Anxo Carro, que presentará unha entrada histórica para un partido que pode supoñer un paso decisivo nas aspiracións de quen se leve o triunfo. | Xornada para a historia do Lugo. Case 8.000 persoas encheran esta tarde o Anxo Carro no que será a maior asistencia de sempre nun campo que estará dividido case ao 50 por cento para cada afección, posto que 4.000 -máis outros moitos que se desprazan sen localidade- serán @s seareir@s do Dépor que viaxarán até a cidade da Muralla para presenciar un encontro que ten moito de festa -como xa ocorreu en Riazor na primeira volta- pero tamén de relevancia polos tres puntos. Precisamente, o conxunto lugués xa demostrou na Coruña -empate a cero tantos- que pode competir perfectamente contra calquera e buscará hoxe acadar a vitoria que rozou hai uns meses ante o conxunto de maior potencial da categoría. Os xogadores de Setién poderían seguir soñando coas eliminatorias polo ascenso de sumar hoxe os tres puntos. Pola súa parte, o Dépor ten nove de vantaxe sobre o terceiro e o ascenso na súa man. Sería case unha realidade de vencer no Anxo Carro, onde chega coas feridas abertas do ridículo asinado a pasada semana en casa, candogoleado pola Ponferradina (0-3). O regreso de Bergantiños ao once de Fernando Vázquez será a gran novidade dos coruñeses nun encontro que servirá para demostrar o bo nivel dos futbolistas galegos, con varios sobre o céspede, como na pugna que se espera no medio centro entre Bergantiños e Juan Domínguez fronte a Pita e Seoane. |
NOS_46199 | O indiscutíbel protagonista da reentrada literaria en Laiovento será Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Compostela, 1990). O escritor e profesor ao que a Real Academia Galega dedicará o Día das Letras o ano que vén centra catro dos títulos, en realidade reedicións revisadas, programados pola editorial para este outono. | En Elucidacións na sombra, orixinal de 2010, Manuel Castelao (Compostela, 1956) analiza A sombra de Orfeu e Auto do prisioneiro, dúas pezas dramáticas de Carvalho para "incardinalas no non ben estimado folgo teatral do autor" e, de paso, pescudar "nos problemas crónicos do teatro galego". Tamén de 2010 data Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación, ao coidado de Pilar García Negro (Lugo, 1953). "Esta edición de textos -homenaxe no centenario do seu nacemento- recolle unha pequena antoloxía significativa do traballo do maior e mellor polígrafo da súa xeración", escribe García Negro, "con achegas fundamentais para o estudo das nosas letras, tanto polo seu rigor canto pola súa vixencia". A Vida e obra do ferrolán ocupa a José-Martinho Monteiro Santalha (Cerdido, 1947), quen revisa e acrecenta a súa biografía interpretativa publicada por vez primeira en 1993. Voz e silencio saíu por primeira vez en Edicións do Cumio en 1991. Agora recupéraa revisada Laiovento. Trátase dunha longa entrevista con Carvalho a cargo do poeta e investigador Francisco Salinas Portugal (Bande, 1955). O ensaio é un dos campos en que Laiovento mantén un maior compromiso de publicacións. Ademais das obras arredor de Carvalho Calero, este trimestre tamén dará espazo ás Irmandiñas, da historiadora Aurora Marco (Teruel, 1948), un monográfico sobre mulleres militantes das Irmandades da Fala. E da man de Julio I. González Montañés, Anxo Angueira e Ramón Mariño Paz, unha edición do Entremés galego ao feliz e real parto da nosa Raíña (1707), escrito por Salvador Francisco Roel. Máis alá do ensaioNo apartado narrativo, Rexina Vega (Vigo, 1966) sacará a versión orixinal galega de Ninguén dorme, un relato brutal, contundente, sobre o corpo e os seus límites. Música para os días de inverno, de Pablo Nogueira Campo, é o outro título do xénero para este trimestre. Á última das coleccións aberta por Laiovento, a de poesía Ventoalto en 2016, incorporarase un veterano cuxos primeiros libros fixeron parte do canon da chamada Xeración dos 80: Manuel Forcadela (Tomiño, 1958). Fábula de aves supón a súa primeira obra poética en papel do autor desde Música de cinza (2008). |
PRAZA_1164 | O PPdeG lanza en máis dunha ducia de concellos a advertencia de que poderían quedar baixo a influencia das políticas bolivarianas se non goberna o PP tras o 24-M. Audio no interior | En Venezuela chove apenas un terzo dos días do ano e, na maior parte do seu territorio, a temperatura media anual non baixa dos 20 graos. A poboación da súa capital supera os 3 millóns de persoas e a práctica totalidade da súa costa está bañada polo mar Caribe. Alí as taxas de fecundidade son das maiores do mundo e a idade media da poboación non chega aos 30 anos. As condicións xeográficas, demográficas e, sobre todo, xeopolíticas de Venezuela pouco ou nada teñen que ver coas de Galicia en xeral e, menos aínda, coas de calquera concello galego. No entanto, nestes días multiplícanse as advertencias de que varios municipios do país, máis dunha ducia, poden mutar en Venezuela tras o 24-M. Quen lanza esta advertencia é Alberto Núñez Feijóo. Na súa frenética axenda de campaña o presidente da Xunta e do PPdeG percorre multitude de concellos cada día. En moitos deles, especialmente naqueles que están gobernados por formacións distintas do PP ou nos que o seu partido ten risco de perder o poder, Venezuela está ben presente. Segundo as alocucións lanzadas polo presidente en cada un destes mitins hai, cando menos, catorce concellos de Galicia con risco alto de pasar a ser Venezuela ou, no seu defecto, Grecia. Segundo as verbas de Feijóo este risco paira especialmente sobre diversos concellos da provincia de Lugo, onde o xefe de filas dos populares se emprega especialmente a fondo para tentar recuperar a Deputación. Meira, Pol, Mondoñedo, Guitiriz ou Ribadeo, advirte, corren o risco de caeren baixo o influxo das políticas bolivarianas. O mesmo sucede en Sarria, a vila que viviu un convulso mandato municipal por mor das obras de encanamento do río e onde este luns acudiu Feijóo para apoiar o candidato conservador á reelección, José Antonio López. O líder do PPdeG xa lanzou esta advertencia en máis dunha ducia de concellos "Se queredes un partido que ten unha ideoloxía como os grandes países de Europa, Alemaña ou o Reino Unido e non queredes partidos que teñen ideoloxías do século pasado" cómpre votarlle ao PP, convidou. Do mesmo, advertiu, "se queredes que Sarria siga sendo Sarria, un pobo da provincia de Lugo e un pobo galego, e non queredes que Sarria se converta nun pobo de Venezuela ou non pobo de Grecia", a única garantía de que isto non suceda é manter o bastón de mando en mans dos populares, que representan a "maioría moderada, galeguista e centrada". Feijóo pide o voto para o PP "se queredes que Sarria siga sendo un pobo da provincia de Lugo e non un pobo de Venezuela" Arteixo, Sada, Tomiño, Tui ou Padrón tamén foron escenarios dunhas advertencias que, asemade, o titular da Xunta emitiu tamén en dous dos concellos nos que o seu partido está a ser investigado polas respectivas Xuntas Electorais por mor da presunta carretaxe de votos: Amoeiro e Riotorto. No caso da vila ourensá Feijóo resaltou de que "os servizos públicos, sanidade e educación" non poden ser "confiados a partidos que din que o réxime venezolano é moi respectable" e que non condenan a "falta de liberdades que hai en Caracas". Na localidade da montaña lucense Venezuela serviu para retrucar, precisamente, ás acusacións de manipulación do voto de anciáns "con demencia" que agora investiga a Garda Civil. |
NOS_34535 | A semana pasada, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que as previsións que manexaba a Dirección Xeral de Saúde Pública pasaban por iniciar a vacinación aos menores de 30 anos a partir do 9 de agosto. | O presidente da Xunta anunciou esta quinta feira a apertura da autocita para vacinarse destinada aos adolescentes, tendo en conta que esta segunda feira, con dúas semanas de antelación sobre as previsións iniciais, dixo que comeza en toda Galiza a inmunización do grupo de 20 a 29 anos con hora 'forzada'. Persoas nese tramo de idade empezaron xa o proceso de vacinación na área de Santiago-Barbanza, con mil doses de Moderna que se reservaron para eles esta quinta feira na Cidade da Cultura, coincidindo co final da inmunización dos da trintena de idade nesta área sanitaria. Esta cuarta feira, o propio presidente da Xunta laiábase de que non había vacinas abondo e que por iso non se estaba a vacinar a mocidade. Algo do que responsabilizaba ao Goberno español. 24 horas despois, o mesmo presidente da Xunta anuncia apertura da autocita de vacinación para os adolescentes de 16 a 19 anos A semana pasada, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que as previsións que manexaba a Dirección Xeral de Saúde Pública pasaban por iniciar a vacinación aos menores de 30 anos a partir do 9 de agosto. Será dispensada na primeira semana de agosto e esta sexta feira poranse en marcha a autocitación para outras 11.000 vacinas Ademais, indicou que a autocita para acudir ás picadas "non é desbotábel" que se "vaia abrindo a outros colectivos" como xa se fixo cos estudantes Erasmus ou "de forma xeral", cuestión da que polo momento non se avanzou máis. Xa esta cuarta feira, Feixoo avanzou que será a vindiera segunda feira cando comece a vacinación deste grupo de mozos, que xunto co colectivo que vai de 16 a 19 anos presentan unha incidencia acumulada de mil casos por cada 100.000 habitantes, como confirmou este o presidente. En cuestión de "horas" cubríronse as 6.000 primeiras prazas. Será dispensada na primeira semana de agosto e esta sexta feira poranse en marcha a autocitación para outras 11.000 vacinas. |
PRAZA_13311 | O Estado, e non directamente os bancos, recibirá un préstamo europeo de cantidade e xuros por definir que repercutirá na débeda pública e no déficit. O economista Xabier Vence amósase convencido de que as finanzas españolas veñen de ser intervidas nunha operación que "pagaremos entre todos" | Que pasou, por que pasou e como nos afecta? No medio do marasmo desencadeado este sábado polos resultados da videoconferencia entre os ministros de Economía e Finanzas da zona euro xorden, cando menos, estas tres preguntas. O Estado español, que non os bancos españois, recibirán un préstamo, que non unha inxección, de cantidade e tipo de xuro por definir. A marxe de manobra é ampla, ata 100.000 millóns de euros, e dende o Goberno central a operación preséntase como "moi boa", "extremadamente positiva", porque os cartos sairán máis baratos que se houbese que conseguilos pedíndollos a entidades financeiras, isto é, aos famosos "mercados". É, polo tanto, un rescate, unha intervención? Ou é unha mera "liña de crédito" de balsámicos efectos? Á marxe de lecturas eufemísticas e do xogo político-mediático, é un rescate. "Na práctica non é un rescate exactamente igual que o de Grecia ou Portugal, pero sí que o é no fondo", di Vence Deixando á marxe a dúbida semántica de se este tipo de operacións chamadas "rescates" son en realidade "afundimentos" un experto en traducir a linguaxe económica e financeira ao idioma da cidadanía, o economista Xavier Vence, non ten dúbidas ao respecto. "Na práctica non é un rescate exactamente igual que o de Grecia ou Portugal", pero si que o é "no fondo". "A única diferenza", explica, é que "non vai haber unha intromisión tan explícita nas políticas económicas en xeral", pero o control do Eurogrupo e tamén do Fondo Monetario Internacional "vanas condicionar todas", porque "van ser eles os que van marcar as liñas mestras" da aplicación da asistencia, da chegada dos cartos. Pero, por que é un rescate? A comezar, porque o Fondo Europeo "lle presta ao Estado, o Estado inxéctao no FROB [Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria] e este, á súa vez, "méteo nos bancos na forma en que considere". É, polo tanto, o Goberno español o que se endebeda, "incrementando a débeda pública na contía correspondente". Esa débeda obrigará "a ir pagando xuros cada ano", que se afrontan "co orzamento ordinario" e polo tanto, "aumenta o déficit", como deixou entrever o ministro de Economía, Luis de Guindos, e como negou Rajoy. E é aquí onde entran as consecuencias para a cidadanía de a pé. "Como o diñeiro vén ao Estado, é o Goberno o responsable último de dar conta do préstamo concedido" e iso "hai que pagalo entre todos". Como? Gastando menos en servizos públicos, para poder gastar máis en devolver a débeda contraída. E isto, di Vence, é unha "consecuencia inevitable". O Executivo español non podía suturar sen axudas as feridas causadas polo negocio do ladrillo na banca E por que razóns máis é un rescate? Porque o Executivo español non podía suturar sen axudas as feridas causadas polo negocio do ladrillo en ata un 30% da banca, con casos espectaculares como o de Bankia, pero tamén Catalunya Caixa ou a propia Novagalicia Banco, dado que a entidade galega -co seu incerto futuro- será unha das primeiras receptoras do diñeiro europeo. "Se o Estado español quixese captar eses cartos nos mercados, non os captaría", porque "non está en condicións de captar ata 100.000 millóns de euros nos mercados, porque non habería quen mercase esa cantidade de bonos e, de facelo alguén, sería a un tipo de xuro desorbitado". Isto é, se o gabinete de Rajoy saíse por libre a pedir fondos ninguén llos emprestaría ou faríao nunhas condicións inasumibles. E todo isto, para que? "No fondo", reflexiona Vence, o rescate español non é máis ca unha peza dunha engranaxe máis ampla, dunha "operación desesperada de salvamento do euro", outra máis, neste caso "con cargo ao orzamento dos españois". Pero, malia ao afirmado por Rajoy antes de voar a Polonia para presenciar as evolucións da selección española de fútbol, a situación da moeda única "segue a ser moi delicada", asevera o economista. O acordo deste sábado e a súa concreción -as cantidades, o tipo de xuro e as contrapartidas coñeceranse contra finais de mes- son só "un parche temporal" que "imos pagar caro" pero que "non resolve o problema do euro". Se "non se adoptan medidas de maior alcance, o euro pode caer igual". Circunstancias políticas, como a posible vitoria nas eleccións gregas dos partidos contrarios aos recortes impostos, e circunstancias político-económicas, como a ausencia dun papel determinante do Banco Central Europeo para protexer a débeda soberana dos Estados, poden desencadear novas dificultades nun tempo case inmediato. As finanzas españolas están, polo tanto, rescatadas, dun xeito novidoso, pero rescatadas, e estano ademais impactando no déficit, mascarón de proa da política do actual Goberno. Rajoy "negou dúas veces" ese impacto, subliña vence. "Pero non creo que o faga por ignorancia", conclúe. |
NOS_23143 | O Instituto Nacional de Estatística confirma que Galiza é un dos territorios do Estado español onde se traballan máis horas e onde os salarios son máis baixos. | Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados nesta terza feira confirman que na Galiza trabállanse máis horas e cóbranse peores salarios que a media do Estado español. Unha circunstancia que se prolonga desde hai anos mais que nestes últimos semestres acentuouse. E esta tendencia, ademais, dase nun escenario de empeoramento xeral das condicións laborais. Segundo o INE, no noso país o salario bruto medio por traballador e traballadora é de 1.675 euros mensuais, o cuarto pola cola a nivel de Estado. A media estatal en canto a salario mensual buto supera os 1.900 euros (en concreto, 1.928). No que atinxe ao custo laboral por traballor e mes (que inclúe remuneracións e as cotizacións sociais), na Galiza este é de 2.293 mentres que a media do Estado español anda nos 2.583 euros, case 290 euros máis. Botar horas O escenario de baixos salarios en Galiza nonb se debe, desde logo, a que se traballen menos horas. O contrario, o noso país supera a meda estatal de horas traballadas. Así, mentres no conxunto do Estado español as horas de traballo por mes son, de media, 136; na Galiza rondan as 137. Os datos do INE mostran como por terceiro trimestre consesutivo hai un retroceso salarial no conxunto do Estado. Unha situación que demostra que as empresas cada vez gastan menos en salarios. |
NOS_20636 | O Parque de Bonaval foi este sábado o cenario eleito por Compromiso por Galicia para apresentar as súas candidaturas ao Parlamento galego. A aposta central é a prol do autogoberno: "As decisións de Galiza, en Galiza", dixo Bascuas. | Compromiso apreséntase nestas eleccións como a "nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viábeis a esta terra", afirmou o seu candidato á presidencia da Xunta, Xoán Carlos Bascuas. "Estreamos a nova etapa nestas autonómicas, e iremos dando a coñecer á cidadanía o noso proxecto político de futuro, que está pensado só para Galiza", dixo. "O centro de decisión está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender as necesidades dos cidadáns" A receita básica, o reforzamento do autogoberno: "As decisións de Galiza, na Galiza. Sempre. O centro de decisión está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender as necesidades dos cidadáns, que non queren ser subsidiarios, queren traballar, que lles deixen traballar, que lles quiten os atrancos, e para iso estamos aquí nós, para facer política de cerca". Bascuas fixo un apelo directo a todas as persoas galeguistas a que adiran o proxecto de Compromiso: "Precisamos todas as mans, os corazóns e as mentes de todos os galeguistas para que o noso proxecto cambie Galiza para sempre". |
NOS_21804 | O 31 de outubro comezarán en Glasgow as sesións da 26ª Conferencia da ONU sobre mudanza climática. As deliberacións desenvolveranse sobre o pano de fondo do sexto relatorio do Panel Intergobernamental sobre Mudanzas Climáticas (siglas inglesas, IPCC). Elaborado por 234 expertas de 66 países despois de consultar máis de 14 mil artigos e investigacións, asinado por 195 Estados, condensa a evidencia científica máis robusta. O relatorio confirma que a temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial, que o incremento é superior nos continentes que nos océanos, e que máis que se duplica no Ártico. | O aumento de enerxía na atmosfera acelerará o ciclo da auga producindo fenómenos meteorolóxicos extremos cada vez máis frecuentes, "fenómenos extremos relacionados co nivel do mar que antes decorrían unha vez cada 100 anos poderían acontecer con periodicidade anual contra o final do século". Acelerarase o desxeo nos polos, Grenlandia e glaciares. Nas cidades intensificaranse as ondas de calor. De o aumento acadar os 2ºC traspasarase un limiar crítico para a agricultura e a saúde. Os escenarios posíbeis O relatorio compara 5 escenarios no horizonte 2061-2100. No máis optimista, o incremento das temperaturas será de 1,4ºC (intervalo 1-1,8); no máis probábel de 2,7ºC (2,1-3,5) e no máis pesimista de 4,4ºC (3,3-5,7). Para mantérmonos dentro do escenario máis optimista é imprescindíbel reducir as emisións netas globais de CO2 á metade en 2035 e a cero en 2050. En 2020, no Estado español de cada 4 unidades de enerxía consumida, 3 proviñan de combustíbeis fósiles (48% do petróleo, 23% do gas natural, 4% do carbón); no conxunto do planeta, máis de oito de cada 10 unidades de enerxía emiten CO2 (31% petróleo, 27% carbón, 25% gas). Non debemos confundir enerxía eléctrica, onde a porcentaxe procedente de fontes renovábeis é alta, con enerxía total. A inmensa maioría dos automóbiles, camións e carriñas, autobuses, avións, caldeiras de calefacción e tractores queiman combustíbeis fósiles. Galiza e o Estado español son sociedades ricas, porén resulta difícil imaxinar que nun prazo de 14 anos eliminemos e substituamos a metade, e en 30 anos a totalidade, dos motores e caldeiras. Endesa merca carbón para a central térmica das Pontes en previsión dun inverno máis frío do habitual ou dunha nova suba do prezo do gas natural. A lección é que en países ricos, á primeira dificultade, recuamos na descarbonización. Como afrontarán a transición os países máis pobres? A temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial Esta dificultade leva o IPCC a considerar máis probábel que as emisións non comezarán a reducirse até 2050 e que as cero emisións netas se acadarán en 2100. Neste escenario, 2,7ºC de suba máis probábel nun intervalo 2,1-3,5, a cantidade de enerxía concentrada na atmosfera será maior, intensificando a frecuencia e violencia dos fenómenos meteorolóxicos e provocando a superación do limiar de viabilidade agrícola en extensos territorios. Intensificaranse os conflitos polo acceso e a xestión da auga e as migracións de refuxiados climáticos. Este prognóstico suscita graves cuestións sobre a viabilidade do crecemento económico, a desigualdade e a capacidade do capitalismo e o libre mercado para superaren a crise ecolóxica e climática. Crecemento económico e equilibrio ecolóxico Enténdese por desacoplamento o crecemento económico compatíbel coa redución do impacto ambiental. Unha investigación do European Environmental Bureau (EEB) confirma que non existe evidencia empírica de desacoplamento entre o crecemento económico e a presión sobre o ambiente en materiais, enerxía, auga, gases de efecto invernadoiro, substancias contaminantes da auga e perda de biodiversidade. O EEB describe 7 mecanismos que o impiden. Aumenta o gasto enerxético necesario para conseguir materias primas pois xa se extraeron as de máis doado acceso. As melloras en eficiencia no uso de materiais e enerxía son total ou parcialmente compensadas polo uso alternativo dos recursos e diñeiro aforrado en novos bens e servizos. As solucións tecnolóxicas crean ou exacerban novos problemas ambientais, por exemplo ao desalgar auga para o rego de froitas tropicais se emite CO2. Subestímase o impacto ecolóxico da economía de servizos que se suma, e non elimina, o da produción de bens físicos. O potencial da reciclaxe é limitado pois require o uso de enerxía e materias primas, entre elas grandes cantidades de auga. A mudanza tecnolóxica non se centra nos factores de produción relacionados coa transformación ecolóxica e nas innovacións que poderían reducir a presión sobre o medio natural. Finalmente, algúns casos de desacoplamento conséguense mediante o deslocamento das actividades de maior impacto ambiental aos países pobres. O EEB conclúe que "afrontar o colapso ambiental podería esixir claramente unha redución de escala económica da produción e o consumo nos países máis ricos". |
NOS_58290 | A Consellaría de Política Social presenta un plan de actuación que implicará a realización de probas PCR ás e aos residentes antes de regresar a estas infraestruturas para evitar novos surtos de gran alcance como até o de agora. Ademais, pasarán unha corentena de sete días illados das e dos compañeiros. | O protocolo ideado pola Consellaría de Política Social para que as e os usuarios das residencias de maiores poidan saír a pasar o Nadal coas súas familias implicará que se abandone o centro unha única vez (sexa por cinco ou máis días) e que, ao regresar, as persoas se sometan a probas PCR. Así o trasladou esta cuarta feira a Xunta, que insiste en que as e os residentes "deben permanecer nun grupo familiar estábel" mentres dure a súa estancia fóra da infraestrutura na que vivan habitualmente. Na práctica, o departamento que dirixe Fabiola García prefire que as persoas maiores fiquen durante as festas nos centros "para evitar contaxios". No entanto, entendendo que o propio en moitos casos é que saían coas familias só se poderá saír unha vez. É dicir, non poderán ir a pasar Noiteboa nunha casa, regresar e volver reunirse con achegadas de novo en Ano Novo. De feito, nin tan sequera se permitirá unha ausencia de unha ou dúas xornadas. Política Social avisa ás familias de que programen "cunha duración mínima de cinco días" e restrinxan a estancia "a un único domicilio familiar". Non se poderá pasar parte do Nadal cuns familiares e outra parte con outros, como sucede en moitos casos. Sen relación con outras persoas "O grupo co que vaia estar a ou o residente debe comportarse como un núcleo de convivencia estábel, evitando interaccións con outras persoas", din desde o Goberno galego, ao tempo que propoñen usar máscara mesmo no fogar. Unha vez de volta aos xeriátricos, as usuarias serán sometidas a probas PCR ou test de antíxenos para comprobar se están contaxiadas do coronavirus. Aliás, a maiores estarán confinadas nunha habitación -"preferentemente individual"- durante outros sete días, con independencia de que teñan síntomas da Covid-19 ao volver ou de que dean negativo aos exames médicos. Tan só se obviarán en doentes do virus nos últimos tres meses. |
NOS_55154 | A portavoz do BNG, Ana Pontón, compareceu telematicamente para anunciar a decisión do Consello Nacional de manter as candidaturas aprobadas en marzo. | A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, compareceu hoxe nunha rolda de prensa telemática após o Consello Nacional do partido, celebrado tamén de maneira virtual. A líder transmitiu a decisión da asemblea de revalidar ao completo as candidaturas aprobadas en marzo, que cualificou de "extraordinarias", cunha elevada presenza de mulleres e cun destacado protagonismo de xente nova. Desta maneira, mantéñense Olalla Rodil como cabeza de lista por Lugo, Noa Presas por Ourense e Luís Bará por Pontevedra. Xosé Luís Rivas será número dous pola Coruña, aínda que fará as veces de líder desta circunscrición que encabeza a propia Pontón como candidata á presidencia. As listas incorporaban nomes novos ás filas da formación política, entre os que destacan Mercedes Queixas e Rosana Pérez pola Coruña, Daniel Castro e Carme Aira por Lugo, Iago Tabarés e María González por Ourense ou Alexandra Fernández e Manuel Lourenzo por Pontevedra. O cambio, máis preciso ca nunca "Se o cambio antes era urxente, agora é absolutamente imprescindíbel", declarou rotundamente Pontón. A portavoz sinala que non ofrecen "solucións máxicas" para o momento actual, mais si o traballo por unha Galiza "que non vaia a menos" nos diferentes eidos: educativo, laboral, legal... Neste senso, criticou que o actual presidente "pensa que pode agochar 11 anos de retroceso nunha pandemia" e por iso convoca eleccións no medio dunha crise. "Se o cambio antes era urxente, agora é absolutamente imprescindíbel", declarou rotundamente Pontón Pontón destacou o enorme potencial da Galiza e súa "capacidade para poder erguernos no medio desta situación". Así, o "reto" que se presenta no horizonte é o de "reconstruír o país a través dun cambio galego: desde nós e para nós, con políticas pensadas desde a nosa realidade". Manipulación mediática O cambio "sólido e solvente" debe ter, segundo manifestou Pontón, o "social" no centro, para garantir un futuro digno. Un o momento extraordinario como o que vivimos precisa de "política con maiúsculas ao servizo das maiorías sociais". Chamando a fuxir da confrontación partidista, declarou que precisamente por iso "non é o momento de Núñez Feixoo, porque o que necesitamos é o contrario do que el fai". A nacionalista criticou especialmente a xestión dos medios públicos, da que o comité intercentros da CRTVG denunciaba o uso da cobertura do coronavirus "para lle facer a precampaña a Feixoo". É por iso que entende como unha "mostra de cinismo político" que agora o presidente da Xunta fale dunha "campaña curta e de baixa intensidade". A crise non minguou os azos Pontón afirma que se algo non mudou son as ganas e os azos de traballar para se converter na primeira muller presidenta da Galiza e demostrar que hai "outra forma de entender o país". No medio dun contexto tan complexo como o actual, considera indispensábel "pór en marcha o cambio galego que representa o BNG". Para atender a emerxencia social e rescatar os servizos públicos, garantir unhas condicións dignas para a cidadanía galega, a nacionalista expresou a súa convicción de que "o 12 de xullo podemos abrir unha nova etapa" que permita reactivar a sociedade galega. Candidatura do BNG pola Coruña Ana Pontón Mondelo. Compostela. Portavoz Nacional do BNG, e candidata á Presidencia da Xunta. Xosé Luís Rivas "Mini". Boimorto. Deputado no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional. Mercedes Queixas Zas. A Coruña. Escritora e traballadora do ensino público. Rosana Pérez Fernández. A Pobra do Caramiñal. Foi deputada no Congreso. Fai parte do Consello Nacional. Ramón Tomé Fernández Alfonzo "Mon". Ferrol. Dirixente da CIG-Industria, vinculado ao conflito do sector naval. Daniel Pérez López. Carballo. Avogado. Iria Carreira López. Arzúa. Médica residente. Fai parte da Dirección Nacional de Galiza Nova. Carlos Babío Urquidi. Sada. Activista da memoria histórica. Patricia Torrado Queiruga. Porto do Son. Ensaísta sobre a historia das mulleres galegas. Rafa Vilar González. Compostela. Escritor. Daniela Ferrández Pérez. Compostela. Historiadora e activista LGBT+. Serxio Domínguez Louro. Cee. Técnico de depuración de augas. Fai parte do Consello Nacional. Elvira Branco Pérez. Ribeira. Licenciada en Bioloxía. Fai parte do Consello Nacional. Anxo Núñez Fernández. Outes. Estudante e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Cristina López Sánchez. Betanzos. Traballadora da Xunta. Fai parte do Consello Nacional. Xoán Manuel Sande Muñiz. A Laracha. Traballador da sanidade pública. Escarlata Pampín López. Ames. Xeóloga e adestradora de patinaxe. Manuel Soto Castiñeiras. Catedrático de Enxeñería Química. Activista ecoloxista e membro de ADEGA. Xiana González Pico. Narón. Estudante de Administración e Dirección de Empresas. Activista no feminismo e en Avante LGBT+. Xoán Carlos Sar Oliveira "Kuka". Fisterra. Tenente de alcalde no concello. Fai parte do Consello Nacional. Lidia Castro Gabete. Arzúa. Enfermeira. Responsábel de Galiza Nova na comarca da Montaña. Xosé Deira Triñanes. Boiro. Ex-alcalde, e activista na Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s. Rubén Gasalla Gasalla. A Coruña. Sección sindical da CIG en Inditex. Concha de la Fuente Pérez. Compostela. Traballadora da CRTVG. Suso Seixo Fernández. Teo. Foi secretario xeral da CIG, e é un dos denunciados dos 19 de Meirás. SUPLENTES Cristina Andrade González. A Pobra do Caramiñal. Traballadora do ensino. Antón Chouciño Garrido. Culleredo. Técnico informático e concelleiro. Xoán Freire Otero. Compostela. Traballador do SERGAS. Concha Lopes Outeiro. Teo. Traballadora da Xunta. Faustino Seco Penedo. Ares. Traballador do ensino público. Candidatura do BNG por Pontevedra Luís Bará Torres. Pontevedra. Deputado no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional. Montserrat Prado Cores. Cambados. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional. Alexandra Fernández Gómez. Vigo. Estudante de arquitectura. Foi deputada de En Marea no Congreso. Manuel Lourenzo Sobral. Soutomaior. Traballador do ensino público. Fai parte do Consello Nacional. Carmela González Igrexas. Vigo. Traballadora da Xunta e activista do movemento veciñal. Paulo Ríos Santomé "Kai". Moaña. Secretario Xeral de Galiza Nova. Fai parte do Consello Nacional. Cristina Fernández Davila. Ponteareas. Traballadora do ensino público. Xosé Manuel Méndez Díaz. A Guarda. Traballador do ensino público. Ariadna Fernández González. Lalín. Veterinaria e activista cultural. Xosé Lois Leirós Gude. Vilagarcía de Arousa. Voceiro da Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornad@s. Iria Villar Rodal. Cangas. Enxeñeira Técnica Agrícola. Adrián Rodríguez Bravo. Vigo. Técnico socio-cultural especializado en diversidade funcional. Sandra Fernández Agraso. Sanxenxo. Traballadora do comercio. Pablo Carracedo Goldar "Jásper". A Estrada. Músico (pertenceu a "Nao") e traballador do ensino público. Jéssica García Cruz. Redondela. Estudante de mestrado de profesorado. Militante de Galiza Nova. Fai parte do Consello Nacional. Francisco Chivite Mosquera. Mondariz-Balneario. Veterinario. Foi Subdirector Xeral de Gandaría. Raquel Pérez Fernández. Vigo. Sindicalista da CIG. Activista na Marcha Mundial das Mulleres. David Marcos Ramos. Mozo emigrante en Praga (Chequia). Natural de Vilagarcía de Arousa. Técnico de operacións en plataformas de xestión de dispositivos móbiles. María Dolores Dopico Aneiros. Pontevedra. Directora de ESDEMGA (Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda da Galiza). André Abal Mauricio. Moaña. Responsábel da Emigración do BNG. Míriam Ferradáns Ferradás. Bueu. Poeta. Lois Pérez Castrillo. Vigo. Técnico de proxectos europeos. Foi alcalde da cidade. SUPLENTES: Ana Belén Martínez Piñeiro. Vigo. Bibliotecaria. Daniel Rodas Chapela. Vigo. Traballador da inspección pesqueira. Olaia Chaves Fariña. Vigo. Activista de Mar de Lumes. Xosé Manuel Atanes Limia. Vigo. Traballador do ensino. CIG-Ensino. Pedro Cortegoso Gago. Marín. Traballador da sanidade. Candidatura do BNG por Lugo Olalla Rodil Fernández. Ribeira de Piquín. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional. Daniel Castro García. Ribadeo. Estudante de filoloxía. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Carme Aira Díaz. Lugo. Secretaria Comarcal da CIG-Saúde. Mario Outeiro Igrexas. O Corgo. Traballador do ensino público. Fai parte do Consello Nacional. Iago Suárez Fernández. Chantada. Estudante de tradución e interpretación. Militante de Galiza Nova. Rosana Prieto Florines. Pantón. Técnica de turismo. Míriam Bermúdez. Viveiro. Licenciada en ciencias da educación. Xosé Ferreiro Fernández. Outeiro de Rei. Traballador do ensino. Mónica Rodríguez. A Pobra do Brollón. Artesá. Emilio Sánchez Igrexas. Monforte de Lemos. Marmorista. Iria Castro Fernández. Castroverde. Autónoma no sector da tradución. Diego Fernández Martínez. Cervo. Estibador portuario. Ma Asunción Gómez Neira. Carballedo. Traballadora do ensino. Rubén Arroxo Fernández. Lugo. Arquitecto técnico e adestrador deportivo. Tenente de alcalde na cidade de Lugo. SUPLENTES: Andrea Martíns Fernández. Ribadeo. Traballadora do ensino. Mónica Roca Ares. Guitiriz. Enfermeira e delegada CIG-Saúde. Marco López López. Xove. Traballador da administración de xustiza. Beatriz Cedrón Vilar. Lugo. Traballadora social. Bernardo Valdês Paços. Lugo. Economista e profesor da USC. Candidatura do BNG por Ourense Noa Presas Bergantiños. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro. Ourense. Avogado. María González Albert. A Rúa. Licenciada en xornalismo. Empregada na respostaría creativa. Foi alcaldesa desta vila. Diego Lourenzo Moura. Verín. Graduado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de alcalde. Fai parte do Consello Nacional. Ernesta Seoane Álvarez. Celanova. Delegada da CIG nun centro especial de emprego. Xosé Manuel Puga González. Barbadás. Traballador do GDR O Vieiro-Leboreiro. Mariana Rivera Civeira. San Amaro. Estudante e militante de Galiza Nova. Eugenio Quintas Alborés. Verín. Médico. Rebeca Paz Vázquez. Leiro. Traballadora de Correos. Francisco García Suárez. Allariz. Foi alcalde desta vila. Fai parte do Consello Nacional. Sonia Álvarez Feixóo. Ourense. Presidenta da Asociación "Arrolos de teta" e activista da CIG-Ensino. Xosé Carballido Presas. Ourense. Traballador da Xunta. Foi Director Xeral na Consellaría do Medio Rural. Raquel Fernández Fernández. A Gudiña. Educadora social. Alfredo Suárez Canal. Ourense. Foi Conselleiro do Medio Rural. SUPLENTES: Xosé Diego Pérez Fontes. Ourense. Traballador de cociña no CHOU. Noa Fernández Gómez. Rubiá. Avogada. Xosé Manuel Fírvida Plaza. Barbadás. Traballador público. Tamara Álvarez Vázquez. A Teixeira. Autónoma no comercio. Santi Rodríguez Cid. Cartelle. Labrego e youtuber. |
NOS_8141 | Foi un dos tres grandes Pedros á fronte dunha Galiza rebelde que tentou virar a súa sorte nas décadas finais do século XV. Unha derrota que puxo fin a unha historia de seu e que abriu a porta a un tempo onde aínda está o país. | A situación da Galiza actual non se explica sen as súas repetidas derrotas á volta dos dous últimos séculos da Idade Media. Se nas décadas finais do século XIV remata derrotado fronte a Castela o partido galego, liderado por Fernando de Castro e posteriormente por Xoán Andeiro, defensores dunha Galiza dirixente no contexto ibérico, virada de costas a Castela, unida a Portugal e abrazada ás nacións do Atlántico no contexto Europa da guerra dos cen anos, a operación volve repetirse un século máis tarde co triunfo dos exércitos dos Reis Católicos diante da rebelión galega. Neste contexto sitúase a execución de Pedro Pardo de Cela, un dos máis significados dirixentes daquel movemento, a canda o conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, e o conde Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido popularmente como Pedro Madruga. A morte de Pedro Pardo de Cela, for esta o 17 de decembro de 1483, como indica a tradición e a documentación clásica, ou nos primeiros días de outubro dese 1483, segundo achega a información de Xosé Carlos Breixo ou Eduardo Pardo de Guevara, explícase no marco dunha guerra colonial de conquista e na conseguinte aplicación de medidas excepcionais. Así, José García Oro, no seu estudo sobre a Galiza dos séculos XIV e XV, escribe que a execución do mariscal se produce no marco dunha sorte de lei marcial, cuestión que se deduce tamén das declaracións das propias testemuñas do seu suposto testamento pero tamén do intervalo de 10 días que media entre a súa detención na casa de Afonso Iañez no Castro do Valadouro e a súa morte na praza de Mondoñedo. A execución de Pardo de Cela consegue o duplo obxectivo de sementar o terror, exemplarizando na súa figura, e de descabezar a resistencia galega, idea que desliza o propio Vasco da Ponte ao afirmar "vendo os señores falecido ao conde de Lemos e morto Pedro Pardo acordaron todos ser unha". Malia a isto, a rebelión galega alóngase uns anos máis após da súa morte nas figuras de Pedro Madruga, polo novo conde de Lemos, de Rodrigo de Castro, continuador do seu pai ou avó, Pedro Álvarez Osorio, e das fillas do propio Pardo de Cela. Unha delas, Constanza de Castro, a máis nova entre as súas herdeiras, morre en combate uns meses máis tarde loitando contra as forzas castelás que a tiñan cerca no castelo de Caldaloba, en Cospeito, a canda o seu marido Fernán Arés de Saavedra, que salva a vida. O exilio galego a Portugal e Bretaña A vaga represiva provocada polo acción das forzas casteláns remata por expulsar ao exilio portugués e bretón arredor de 1.500 galegos. Hernando del Pulgar, secretario de Estado, conselleiro real e cronista oficial dos Reis Católicos, na súa Crónica de los Señores Reyes Católicos Don Fernando y Doña Isabel de Castilla y de Aragón, dá cumprida información da represión exercida contra os galegos e das características do seu exilio. Así, escribe en 1487 que "no Reino de Galiza había moitos homes que por mortes e delitos estaban condenados a penas de morte e desterro, e outras penas corporais, e estes eran en gran número, os cales por medo ás penas, fuxiran ao Reino de Portugal, Ducado de Bretaña e a Francia". Noutro lugar da crónica, concretamente no capitulo 98 da segunda parte, onde se refire ao labor dos exiliados, precisa a súa cifra sinalando que "foi tan grande o terror da xustiza que executaban, que no espazo de tres meses ausentáronse da terra máis de mil cincocentos ladróns". Se queres seguir a ler só tes que ir ao quiosque máis próximo polo Nós Diario ou facer a compra na nosa loxa online. Que non che volva pasar isto: tramita xa mesmo a túa subscrición! |
PRAZA_13239 | Asociacións cidadás e colectivos ecoloxistas rexistran no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para propiciar un cambio "radical" no tratamento dos residuos, dándolle prioridade á reciclaxe e á reutilización sobre a queima | Tras a mobilización, a concreción. Despois de varios meses de protestas contra a que semella cada vez máis abandonada pretensión da Xunta de instalar unha planta incineradora de residuos no concello ourensán do Irixo as asociacións cidadás e colectivos ecoloxistas que impulsaron esa reivindicación dan un paso máis. Non se trata só de frear a incineración no Irixo, senón en toda Galicia, din, e por iso a súa aposta é elevar a rango de lei a prioridade dos "tres erres", reducir, reutilizar e reciclar, por riba da queima de lixo. Con este obxectivo ste luns rexistraban no Parlamento a súa iniciativa lexislativa popular "para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galicia". O grupo promotor da iniciativa salienta que os seus obxectivos non son novos. Non en van, lembran, a Lei de Residuos de Galicia de 2008 xa establece os "tres erres" como "obxectivo prioritario" e as directivas europeas na materia, traspostas á lexislación do Estado en 2011, "formularon o obxectivo de transformar a actual nunha sociedade do reciclado". Neste contexto chegou o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) no mesmo 2011, un documento que, na súa opinión, "cumpre só na teoría os obxectivos" da lexislación anterior, xa que no seu orzamento "a suma de prevención, información, educación ambiental, recollida selectiva e outras medidas de reutilización e reciclaxe atinxe o 18,1%", mentres que "o 48% dos investimento destínase a unha nova planta de eliminación por incineración". Ademais, din, a Xunta "está a favorecer opcións altamente impactantes" como a prevista "Sogama do sur", xa sexa no Irixo ou noutro lugar, e os "continuos recrecementos do vertedoiro da Areosa", anexo ao complexo de Sogama, en Cerceda. A ILP propón unha estrutura de plantas comarcais de reciclaxe e compostaxe e un canon de 25 euros por tonelada de lixo incinerado "Faise necesario clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía que establece a prioridade dos tres erres", subliñan, non só para cumprir medidas xa vixentes senón tamén para evitar que cómpre ddeixar de "empregar a atmosfera como vertedoiro para gases acedos, metais pesados, dioxinas e dióxido de carbono", os cales "finalmente acaban caendo de novo sobre os solos, os cultivos e as augas das comarcas próximas ás incineradoras". Por todo isto reclaman a aprobación dunha ILP cuxa eventual -e pouco probable, coa actual configuración da Cámara- aplicación comezaría por modificar o PXRUG, destinando non menos do 15% á "redución" de residuos e non menos do 60% "á preparación para a reutilización para a reciclaxe". Paralelamente, a incineración ficaría "excluída, con ou sen recuperación de enerxía -caso de Sogama- das actuacións a promover pola Xunta para o tratamento de residuos". E, cales serían as alternativas a esa desaparición da incineración? Entre outras, a implantación da compostaxe doméstica "como modelo prioritario, especialmente nos núcleos de poboación dispersa", así como a "compostaxe comunitaria en pequenos núcleos, barrios e espazos urbanos". Estas accións complementaríanse con plantas de reciclaxe e compostaxe comarcais "de tal forma que ningunha delas teña unha capacidade de máis de 100.000 habitantes equivalentes" ou, o que é o mesmo "40.000 toneladas ano". Polo tanto, a lei suporía pór en marcha unhas 25 plantas en todo o país, que se complementarían cun sistmea de recollida "porta a porta" en poboacións de menos de 10.000 habitantes. Así e todo, a incineración non ficaría prohibida. As entidades xestoras de vertedoiros, incineradoras "e outras instalacións de eliminación" pasarían a pagar un canon "non inferior a 25 euros por tonelada de material entrante", o que suporía uns 130 millóns de euros dende o inicio das actividades de Sogama, nos anos 90. Neste contexto os promotores da iniciativa sintetizan a súa intención: "que se cumpran as leis". Un dos voceiros da Plataforma Incineradora no Deza Non, Xosé Manuel López, explica para Praza Pública que "tanto os precedentes como as medidas que se levan anunciado nos levan a pensar que non se van cumprir" as directrices legais que conducirían a relegar paulatinamente a incineración e por iso cómpre "facer cousas concretas que muden substancialmente o panorama". Con independencia de que as declaracións de diversos representantes políticos presenten como incerto o futuro da incineradora do Irixo dende a plataforma seguen alerta. "As cousas están aí aínda que non se fale delas", di López, mostra do cal é "o acordo do Consello da Xunta" que di "que a incineradora se vai facer nun período de catro anos". "Se non seguimos traballando, isto vai acontecer", resume no que, lembra, é o inicio do "traballo" para recoller as preceptivas 15.000 sinaturas da ILP. Web de Incineradora no Deza Non |
NOS_17065 | Un informe da UXT e Comisións Obreiras indica que case un 89% das persoas inactivas por estar ao coidado dalgunhas persoas no fogar son mulleres. Só 227 homes demandaron permisos para dar atención a crianzas, maiores ou adultas enfermas pero neste caso predomina a existencia de retribucións. | 2020, ano que pasará á historia pola pandemia do coronavirus, fechou con numerosos cambios económicos, sociais e laborais. Un dos colectivos que saíu mal parado das consecuencias da Covid-19 foi o das mulleres pois, segundo un informe de UXT e CCOO, 10.000 delas tiveron que deixar o mercado laboral para estar ao coidado do fogar e da familia. Esta mudanza na súa dedicación implica que vivan "sen remuneración" 10.000 persoas máis que antes da pandemia. Así, o grupo esta formado por 179.900 profesionais que están en situación de inactividade. Co seu estudo, o sindicato -xunto coa central de Comisións Obreiras- quere amosar a "desigualdade" que continúa a existir no mundo profesional. Malia que esta problemática xa se daba, o pasado exercicio quedou máis ao descuberto. O 88,6% das persoas que non buscan emprego por ocuparse de crianzas, adultas enfermas ou persoas maiores son mulleres. En 2020, dadas as circunstancias fornecidas polo virus, 1.353 mulleres tiveron que pedir permisos nas súas empresas fronte a 227 homes. Para incrementar esa diferenza, o estudo amosa que "a asunción de coidados familiares por parte dos homes aumenta nos permisos retribuídos, mentres que os permisos non retribuídos son maioritariamente femininos". As mulleres tamén tiveron que solicitar xornadas a tempo parcial (até un 93%) fronte ao resto de homes ou reducións por atender a menores de 12 anos. "Ambas as agrupacións coincidiron en indicar que máis do 57% de persoas que están en ERTE na Galiza son mulleres, o que supón 5,35 puntos máis que a media estatal", subliñaron, cunha preocupación que xustifican os datos das enquisas de poboación activa, entre outras estatísticas. O documento realizado por UXT abrangue, igualmente, a realidade das traballadoras no que se refire aos tipos de contratación. "O 26% das mulleres ten un contrato temporal, fronte ao 22% dos traballadores homes. Entre a poboación asalariada con contrato de duración indefinida descontinuo o 65% son mulleres", lamentaron. |
NOS_4443 | O 3 de agosto de 2020, o rei emérito Juan Carlos I marchou do Estado español con destino Emiratos Árabes Unidos, acurralado polos numerosos escándalos xudiciais que o perseguían. Agora, coa maioría destes escándalos sobresidos pola súa inviolabilidade ou pola prescrición temporal, a súa volta está máis próxima que nunca. Ou quizais xa estea aquí? | A figura de Juan Carlos I segue a dar moito que falar oito anos despois da súa abdicación. Se ben nas últimas semanas o seu nome apareceu nos medios pola decisión da xustiza británica de negarlle a inviolabilidade por un presunto delito de acoso e difamación a Corinna Larsen, o monarca tamén está vencellado a múltiples especulacións e teorías da conspiración. Unha das últimas en coller forza nas redes sociais é a de que o rei emérito non se atopa en Emiratos Árabes Unidos, onde se mudou hai case dous anos, senón que está xa de volta no Estado español e, concretamente, na vila de Sanxenxo. Segundo algunhas persoas usuarias de Twitter, nas últimas semanas están a darse unha serie de circunstancias que poderían apuntar á presenza do monarca no concello. Emiratos Árabes, a ditadura misóxina na que se refuxiou Juan Carlos de Borbón Unha usuaria en específico, chamada Alicia Muñiz (@voncaramel), recompilou nun fío de Twitter todas estas circunstancias. Segundo esta persoa, cando Juan Carlos visita Sanxenxo, onde posúe unha das súas moitas residencias de verán, cúmprense catro factores. En primeiro lugar "póñense a arranxar cousas sen que haxa eleccións", e "aumenta a seguridade de maneira expoñencial e desproporcionada". Soy de Sanxenxo, y llevo más de una semana afirmando que EL REY EMÉRITO ESTÁ AQUÍ, de "estrangis", intentando pasar desapercibido, pero estar, está aquí.Abro hilo explicándoos el porqué 🧵— (M)Alicia Muñiz (@voncaramel) April 18, 2022 Por outra parte, asegura que nas visitas do rei emérito á Galiza, os corpos e forzas de seguridade do Estado requiren o Documento de Identidade (DI) a todas as persoas nas proximidades de onde estea nese momento Juan Carlos I. Por último, o cuarto factor é que supostamente os servizos de intelixencia instalan inhibidores de frecuencia para evitar a posibilidade de que alguén comparta unha foto do monarca ou dos seus achegados en redes sociais. Cúmprense os catro factores Segundo esta usuaria de Twitter, os catro factores "cumpríanse xa antes da Semana Santa". No seu fío, lembra que hai un par de meses, un equipo de reparacións levou a cabo unhas reformas na propiedade que Juan Carlos I posúe en Sanxenxo. Tamén fai referencia á polémica foto que parte da familia real tirou con Juan Carlos I en Emiratos Árabes Unidos con motivo de celebración da Semana Santa. Na imaxe, na que ademais do rei emérito aparecen as súas dúas fillas e cinco dos seus netos, chamaba a atención que un deles, Pablo Urdangarín, semellaba non ter pernas. Juan Carlos I di que seguirá vivindo nos Emiratos Árabes pero viaxará ao Estado español "con frecuencia" Casa Real aclarou no día de onte que a foto fora recortada para preservar a intimidade do monarca, evitando así que se coñecese a súa ubicación real. Algo que para a usuaria de Twitter tamén pode ser "para que non se vexa que está no Estado español". No seu fío, tamén adxunta mensaxes privadas doutras persoas que aseguran que, nas últimas semanas, sufriron fallos de conexión a internet, mesmo nos seus fogares, e foron conscientes dun maior despregamento policial en varias zonas de Sanxenxo. Situación de normalidade Preguntada por estes episodios de perda de conexión de internet de maior presenza policial, a portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Sanxenxo, Sandra Fernández, sinalou a Nós Diario que na formación non son conscientes de que a situación non fose de normalidade para esta época do ano. No que se refire aos problemas de conexión, Fernández explicou que no concello sempre houbo problemas deste tipo, pero que nos últimos meses estaban comezando a arranxarse, e que mesmo a empresa contratada estaba a traballar para mellorar a calidade da conexión. "Cando os traballos da compañía provocan algún corte de conexión temporal, o Concello adoita avisar con tempo". Por outra parte, recoñece non decatarse de que a presenza policial sexa maior que outros anos. "Sempre hai controis en Semana Santa e no verán", afirma a portavoz. "Quen si estivo esta Semana Santa foi o antigo presidente do Goberno español, Mariano Raxoi, acompañado da súa escolta", matizou. |
NOS_28614 | Esta noite rock e música de cámara danse a man cos versos de Manuel María, no espectáculo "Lúas de Outono" que terá lugar no Teatro Rosalía da Coruña. | Cando se cumpren doce anos do seu falecemento e sendo este o ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, Manuel María recibirá a homenaxe da cidade que el escollera para vivir unha vez chegado á súa xubilación. O Teatro Rosalía da Coruña acollerá o espectáculo "Lúas de Outono" que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos vén celebrando anualmente por estas datas e que este ano xa chega a súa edición número oito. Será hoxe terza feira ás 20:30 horas, sendo a entrada gratuíta e libre até completar o aforo. No espectáculo, os poemas de Manuel María sentiranse a ritmo de rock e de música de cámara con Os Diplomáticos de Monte Alto e o Grupo de Cámara composto pola soprano Esperanza Mara, o piano de Miguel Vizoso, o clarinete de Marina Abuín que interpretarán cancións musicadas por Xosé Carlos Seráns. Os Diplomáticos teñen máis de 25 anos de percorrido musical, con algunhas interrupcións, mais sempre desde Monte Alto, o barrio da cidade en que tamén se asentou Manuel María cando pasou a residir na Coruña. Na presentación de "Lúas de Outono", o seu líder Xurxo Souto confesou unha "alegría infinita por participar neste acto cargado de dignidade e beleza". Lembrou a intensa relación de Manuel María coa Coruña e, en especial, co barrio de Monte Alto e afirmou que "coa súa palabra, a súa obra, todo se ilumina e aparece un país" para destacar que "foi Manuel María quen inventou a música galega, iluminouna co selo Xistral e os seus temas foron musicados en infinidade de ocasións. Hai máis de cen poemas del musicados e ás veces cantamos cancións que nin sabemos que son del". En canto ao Grupo de Cámara, está composto por diferentes profesores de Conservatorio e integrantes de distintas formacións que se uniron para homenaxear a Manuel María executando a música creada por Carlos Seráns. Música e Manuel María O secretario da Fundación, Alberte Ansede, manifestou na presentación do acto que nas "Lúas de Outono" "sempre procuramos que a obra literaria de Manuel María chegue ao público mediante as máis diversas manifestacións artísticas". Efectivamente, nas edicións anteriores os protagonistas foron a música, o teatro, a creación audiovisual, os recitados poéticos, a danza e a maxia. "Na presente edición volvemos á música, mais en estilos completamente distintos á edición anterior: incorporamos por primeira vez o rock e a música de cámara nun intencionado contraste que mostra que da boa poesía pódense facer lecturas musicais moi diferentes e emocionar a públicos moi dispares". Isto é o que tratarán de facer os Diplomáticos de Monte Alto coa súa proposta de rock bravú e as composicións musicais de Carlos Seráns realizadas para o Grupo de Cámara que interpretarán cinco pezas sobre poemas de Manuel María. A presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, agradeceu a colaboración institucional e artística na homenaxe e destacou esa intensa relación que, ao seu ver, e na obra de Manuel María, existe entre a música e a poesía. "Para nós é unha honra contribuír a difundir o seu legado. Este ano fixemos un esforzo para que a súa palabra chegase ás bibliotecas municipais e os concellos da provincia e agora queremos tamén colaborar en que, máis unha vez, a súa obra se escoite, que a súa poesía sexa lida, recitada e cantada, que é un dos obxectivos da Fundación Manuel María, tentar que os seus versos cheguen de maneira directa tanto no recitado como nas cancións", sinalou na presentación do espectáculo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, e responsábel da área de Cultura. |
NOS_31770 | Nesta edición a Feira de Compostela conta con 14 casetas. A Alameda acolle o encontro cos libros e as súas autoras até o 6 de maio. | A Feira do libro de Compostela chega a súa XXXI edición cun menor número de participantes e o interrogante do seu futuro pola redución de inversións nesta industria que fan as institucións públicas, entre elas a Xunta de Galiza. Este ano os encontros entre librarías e público comezaron en Ferrol e continúan a itinerancia agora en Compostela até o 6 de maio, en Lugo do 15 ao 20 de maio, en Ourense do 1 ao 6 de xuño, en Vigo do 29 ao 8 de xullo, na Coruña do 1 ao 10 de agosto e en Viveiro do 13 ao 16 de agosto. Entre os atractivos da Feira está a presenza de escritores e escritoras en contacto directo co público. ParticipaciónNesta edición a Feira de Compostela conta con 14 casetas en que participan a Biblioteca Pública Ánxel Casal; o Consorcio Editorial Galego; Editores de Compostela; Gran Enciclopedia Galega. Tamén as librarías Ler, de A Pobra do Caramiñal; Aenea da Compostela; Brañas, de Carballo; Brea de Betanzos; Cartabón e Libros para Soñar ambas as dúas de Vigo; Pedreira de Santiago e Urco Editora. Entre os atractivos da Feira está a presenza de escritores e escritoras en contacto directo co público. Dentro da programación deste ano visitarán a Alameda na segunda feira, ás 18:30 horas, Xosé Neira Vilas e Uxía Blanco e ás 20 horas falarán Marcos Pérez Pena e Antón Lado; na terza feira 1 de maio presentarán a súas obras ás 19 horas Fran Zabaleta e Juan Sacha Full e ás 20 horas estarán Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta; na cuarta feira ás 19 horas asinarán libros Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro e ás 20 horas Mario Regueira e Manuel Bragado; na quinta feira presentan libro Daniel Salgado e Pedro Feijóo; na sexta feira asinarán libros ás 19 horas Xurxo Ayán e Manuel Gago e ás 20 horas estará José Luís Iglesias; o sábado 5 de maio pasarán pola feira ás 19 horas Anxo Angueira e Xabier Cordal; o último día, domingo 6 de maio, estarán na feira ás 18 horas Paula Carballeira e ás 19 horas Cristina Prieto e Irene Castelos Cortizas. |
NOS_55151 | O Sermos Galiza nº106 chega para un 25 de xullo no que a soberanía será a protagonista. Reportaxes, entrevistas e seccións diversas para o número que recibe o 25 de Xullo. Xa á venda na nosa loxa. | O semanario Sermos Galiza nº106 xa está na rúa. Un número centrado no Día da Patria, unha xornada na que a defensa da soberanía farase explícita mentres Felipe de Borbón desembarca en Compostela para render pleitesía ao 'Patrón de España'. Publicamos co gallo do 25 de xullo un artigo do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, titulado 'En Pé'. A reforma fiscal aprobada polo goberno español e as súas consecuencias en Galiza é outro dos temas analizados neste nº106, así como tamén resumimos os temas da semana a través de varias fotografías. Entrevistamos a Alfredo López 'Tokio', que vai presentar en Viñetas desde o Atlántico a súa segunda novela gráfica, 'A Cusa do crime', unha historia policial na que se retrata o Vigo dos anos 80. "O debuxante precisa facer ilustracións con bisturí". Pico Sacro tras as pegadas de Castelao Noventa anos despois de que o nacionalismo tomase o roteiro do Pico Sacro para realizar un acto político, un cento de persoas volveron percorrer as pegadas, nunha xeira que fica recollida en fotografías. Tamén falamos do vertedoiro ilegal en pleno corazón as Fragas do Eume, da iniciativa de Carballo para concienciar sobre a contaminación dos océanos ou a primeira sentencia a prol dos traballadores do Celga que exixe á Xunta a súa readmisión. O festival Revenidas, a situación do recinto feiral decano de Galiza ou o conflito do lixo en Lugo tamén son debullados neste número. En Internacional falamos de Gaza e en Viaxes na Miña Terra (VNT) percorremos as Lagoas de Pradorramisquedo. Todo isto e moito máis, neste Sermos Galiza. |
NOS_14622 | Emma Pedreira (A Coruña, 1978) participa hoxe na colección 'Relatan... Nós' coa historia Bicefalus interruptus. En conversa con Nós Diario, debulla algúns dos temas que aborda no seu singular relato e explica as razóns que a levaron a ser tamén a creadora das ilustracións a través dos collages que o acompañan. A autora de Os libros que hai en min (Cuarto de inverno, 2021) é unha das escritoras convidadas ao I Festival Literario de Allariz (FLAZ) que se realizará nese municipio durante os días 1 e 2 de xullo. | Un dos primeiros temas presentes no seu relato é a situación da sanidade pública cos cambios introducidos pola pandemia. A atención telefónica prexudica máis que beneficia, como nesta historia, a vida das persoas que precisan de consello médico?Cando me propuxeron formar parte do proxecto, comentáronme que habería que tratar de retratar os últimos tempos, a última década cando menos. Aínda que non fixen este relato ad hoc, si que o escribín tras unha conversa a raíz das vacinacións e os seus efectos secundarios, da situación de isolamento das persoas durante a pandemia e como se aproveitou o estado de emerxencia para desmantelar –un pouco máis, se é posíbel- o noso sistema público de saúde. Todo isto aparece no relato. Emma Pedreira: "Os libros son como unha vitamina que pode axudar a que te reconcilies co mundo" A soidade e a incomprensión das persoas doentes, non só da Covid senón doutras doenzas que foron deixadas á marxe para darlle unha prioridade ficticia ao virus, só destapou que a medicina a distancia, telefónica ou en liña non serve para nada, xa que precisamos do compoñente humano dunha consulta médica presencial. Convivir con varios "eu" é algo difícil nunha sociedade como a actual na que se demanda uniformidade no carácter das persoas?Vivir sendo eu diferente ao resto da masa social xa é abondo definitorio dunha marxinalidade. Se te afastas do rabaño xa non tes moitas opcións para a volta (aínda que supoño que tampouco hai moito interese en desandar o camiño da fuga). Imaxina compaxinar varios "eu" na mesma persoa. Introduce na historia as relacións de parella e o comportamento diante de situacións problemáticas. Coñecerse é a base de achegar solucións nun caso como o que conta en Bicefalus Interruptus?Non creo que as relacións de parella leven o peso deste texto. Hai dúas personaxes e media (quero evitar o spoiler) e a única intención "romántica", por así dicilo, é unilateral. N. e E. manteñen unha amizade desde hai tempo e a situación que aquí se desenvolve só fai que unha das dúas persoas reflexione sobre os verdadeiros sentimentos que hai despois de tantos anos como amigxs, sobre todo no medio da tensión dunha situación tan surrealista como a que acontece con N. Tampouco hai solución, como non adoita habela na vida real cando se trata de sentimentos non correspondidos. Charla a tres bandas con Xela Arias, Emma Pedreira e Laura Romero No relato tamén hai unha colaboración artística a través dos collages que realizou. Quixo transmitir algo especial con eles?Este texto, un dos máis estraños que escribín até agora, precisaba dunha explicación coherente e que non fose a típica explicación do final da historia na que se narra como aconteceu todo ou que rompe a fluidez do relato contando que todo foi un soño. Non quería iso. Quería extremar a sensación de monstrosidade, de estarmos sendo criaturas de laboratorio e non explicando o contexto do relato fago que o narrado teña unha maior verosimilitude. Pero ao mesmo tempo non quería perder o xogo co onírico, con esa febre delirante que a moitas de nós nos trouxo como efecto secundario a vacina. De aí que as colaxes sexan un complemento do texto, falando da evolución do N2 e do distanciamento de N1 e E. Formalmente teñen unha base de acrílico e colaxe analóxica que representan os catro tempos da evolución do relato. |
PRAZA_17684 | No Estado o PSOE está sendo capaz de ter unha iniciativa que non se lle recordaba dende a primeira lexislatura de Zapatero e en Galicia rexurde o vello debate sobre a esquerda española e a esquerda galega | Onte partillaba cun amigo, mestre e compañeiro, como xente coma nós, militantes irreverentes, é capaz de facer un mundo dos temas máis miúdos porque temos unha serie de principios que se circunscriben a unha ideoloxía concreta que busca a capacidade de xerar a hexemonía necesaria como para poder operar no concreto, é dicir, a través de leis, iniciativas e proxectos que leve a cabo a nosa xente cando está nas institucións. E iso contrastaba coa xente de fóra. Máis alá do 0,1% que representan as señoras e señores metidos na militancia diaria, o único que quere a xente ao final non son grandes relatorios con máis énfase na defensa do marxismo, do nacionalismo, do populismo ou do socialismo, senón que ao final o único que piden che piden é o que lles esixen nos seus traballos, nin máis, nin menos. A un traballador páganlle polo traballo que é capaz de facer e a un político para poñerse de acordo con outros e sacar adiante iniciativas que fagan un pouco mellor a vida da xente do común. No contexto actual non temos tempo de coller perspectiva, de valorar o feito estes anos e de ser capaces de recoller a capacidade posta en mans dunhas poucas persoas para mellorar a vida da xente e as que si se dedican a iso son persoas batidas polo fogo inimigo e amigo como temos comprobado neste último ano. Cando rematei o encontro co meu amigo víñame á cabeza o primeiro acto da primeira campaña electoral que eu vivín. Alá polo 2014, catro persoas collemos un coche e aparecemos nunha parroquia de Cambre porque tiñamos un acto de Podemos para as Europeas nun centro cultural asignado pola xunta electoral. Tres horiñas antes fomos con flayers a repartir e anunciar entre a veciñanza o acto. As poucas persoas que nos recoñecían era porque lles soaba o rollo ese do da coleta que aparecía na tele dicíndolle catro verdades aos cafres de sempre. Total que un par de compañeiras prepararon unhas intervencións de 20 minutos contando o programa, aparecemos á hora asignada, montamos o noso actiño e cando xa estaba todo listo démonos conta que non aparecería ninguén. Ao recoller apareceu unha señora. As caras de ilusión notábansenos ás leguas pero a señora viña por equivocación, polo recital de Castelao que tiña lugar ao día seguinte no Día das Letras Galegas. A señora levouse unha sorpresa porque só votaba ao PSdG e non coñecía nada do que lle espetamos alí pero creo que nesas Europeas grazas ao bo facer das miñas compañeiras deu unha oportunidade a outra xente. Ninguén coñecía a nosa bandeira pero todos recoñecían a nosa ilusión e enerxía por construír algo distinto. No Estado o PSOE está sendo capaz de ter unha iniciativa que non se lle recordaba dende a primeira lexislatura de Zapatero e en Galicia rexurde o vello debate sobre a esquerda española e a esquerda galega Todo esto ben a colación do debate que quero centrar e as preguntas que quero lanzar. Nestes tempos os (re)cambios están introducindo de novo os vellos dilemas no noso espectro político actual que moitas persoas pensábamos superados. No Estado o PSOE está sendo capaz de ter unha iniciativa que non se lle recordaba dende a primeira lexislatura de Zapatero e en Galicia rexurde o vello debate sobre a esquerda española e a esquerda galega. Creo que chegados a este punto toca unha labor de centrifugado e de ser capaces de mirarse de arriba a abaixo e preguntarse que se pode aportar. A risco de seguir cos recordos, neste punto tamén se me veñen á mente os interminables debates ata as tantas que tiña cunha compañeira que agora é deputada. Debates sobre o papel que tiña que ter Podemos neste país e como nun sitio cunha forza que fixo unha boa lectura do 11M, como AGE, se podía aportar para poder lanzar o aparello xa creado a cotas máis altas. Ao final convertíase nunha cuestión sobre que cultura política se tiña que desprender dunha organización de novo cuño e como implementala a todos os niveis. E isto engarza co punto de saturación irrespirable que hoxe vive o espectro da nova política en Galicia. A cuestión central e que hai que ter clara é o que aporta cada un e como unha amalgama tan heteroxénea é capaz de crear sobre uns principios sólidos, así como que conxunto de ideas son capaces de identificar a cada parte. Hai forzas que teñen eses debates canalizados ou resoltos e hai outras que non. Polo tanto eu empezo pola miña casa. Neste ano que queda para os próximos comicios, que serán as municipais e as europeas, en Podemos Galicia necesítase reflexión, formación e moito traballo. Lanzo as seguintes cuestións: Que somos capaces de aportar ao futuro deste país que outros non aportan? Que queremos ser? Ata onde debemos chegar? Cales son os obxectivos? Que batallas se queren dar? A capacidade que teñamos de dar resposta a estas preguntas marcará o futuro e a viabilidade da nosa organización. Se non se fai este traballo máis vale que vaiamos liscando e buscando a porta de saída porque chegarán outros que nos marcarán o camiño e o que hai que facer, e pode ser que non nos guste. As novas bandeiras farán que a señora da parroquia de Cambre lles dea outra oportunidade a outra xente porque ao final a xente non perdoa que non fagamos o traballo e non aportemos solucións. Publicidade |
NOS_56186 | Macron e Le Pen encabezan as enquisas para loitar pola Presidencia francesa nunha case segura segunda volta electoral, que se desenvolvería o 24 de abril. Antes, o día 10, 12 candidatos optan a dar a sorpresa, co esquerdista Mélenchon situado en mellor posición que os cinco outros aspirantes a desbancar a dereita. | A campaña electoral arrincou a pasada segunda feira oficialmente en Francia, co presidente saínte Emmanuel Macron como claro favorito nas sondaxes. Até agora, a campaña quedara relegada a un segundo plano político-mediático pola guerra en Ucraína e pola negativa de Macron a debater co resto de candidatos antes da primeira volta dos comicios, que terá lugar o próximo 10 de abril. Co inicio oficial da campaña electoral, os 12 candidatos ao Palacio do Elíseo débense someter a novas regras electorais. Durante a primeira fase da campaña, entre xaneiro até o pasado domingo, os medios franceses debían respectar "o principio de equidade" de tempo de palabra e de antena, en función do peso político dos candidatos. Coa campaña electoral oficial en marcha reina xa "o principio de igualdade", polo que os medios deberán outorgar o mesmo tempo de palabra e de antena a todos os candidatos e os seus portavoces. Entre a primeira e a segunda volta ─que terá lugar o 24 de abril se ningún candidato obtén a maioría dos votos na primeira volta─ tamén rexe o principio de igualdade entre os dous candidatos que loitarán polas chaves do Elíseo. 12 candidatos A guerra en Ucraína, os efectos económicos que deixou a pandemia da Covid-19 e a crise social son os principais temas que marcan estes comicios, coa dereita e a ultradereita como favoritas mentres a esquerda estala en fraccións, onde ningún dos seus candidatos presidenciais logra imporse até agora entre o electorado, segundo as enquisas. Un total de 12 persoas aspiran á Presidencia: oito homes e catro mulleres. Entre eles destácanse o actual presidente, Emmanuel Macron, a líder da ultradereita Marine Le Pen, a conservadora Valérie Pécresse, o ultradereitista Éric Zemmour, o líder esquerdista Jean-Luc Mélenchon, a socialista e alcaldesa de París, Anne Hidalgo, e o ecoloxista Yannick Jadot. Segundo a sondaxe publicada por Le Monde o pasado domingo, Macron obtería 28% dos votos, Le Pen 17,5%, Mélenchon 14%, Zemmour 11,5%, Pécresse, 10% e Jadot 7%. Ademais, o comunista Fabien Roussel, 3,5%, e Hidalgo, tan só 2%. "Voto útil" na esquerda Hidalgo considera que se está a ver prexudicada polos chamamentos ao "voto útil" que, neste caso, irían parar a Mélenchon, líder de Francia Insumisa. A alcaldesa de París, filla de españois de San Fernando (Cádiz), considera que ela é quen mellor defende as ideas da "esquerda europea e republicana". Nunha recente entrevista na cadea de televisión BFMTV, criticou o programa de Mélechon porque "quere saír de Europa e saír da OTAN". Porén, a ex candidata socialista Ségolène Royal considera que o útil sería votar o 10 de abril por Mélenchon na primeira volta, ante as malas expectativas da esquerda, dividida con seis candidatos. O ex presidente socialista François Hollande defendeu o discurso de Hidalgo. "Non sería útil ter un presidente que sairía da Alianza Atlántica, non sería útil ter un presidente que poría a ambos os dous lados da mesa a Rusia e os países democráticos", dixo a semana pasada. "Chega un momento en que hai que ter un presidente útil, non simplemente un voto útil", advertiu. Mélenchon, de 70 anos, provén da ala máis esquerdista do Partido Socialista e foi ministro de Lionel Jospin. Fundou en 2016 A Francia Insumisa (o equivalente de Podemos). Entre as ideas que defende destacan pór fin á V República e redactar unha nova Constitución para restar poder ao presidente ante o Parlamento, instaurar o referendo de iniciativa cidadá, saír da OTAN, renegociar ou abandonar os tratados europeos e estabelecer a xubilación aos 60 anos. |
PRAZA_3942 | O presidente da Xunta carga a responsabilidade na xerencia da área sanitaria de Santiago e nega que houbese "intencionalidade" por parte do Sergas, que recuou logo de anular prórrogas de contratos xa asinadas polo persoal. | Feijóo atribúe a rescisión de contratos a enfermeiras que atendían o coronavirus a un erro de "interpretación" e nega intencionalidade por parte do SergasFeijóo bota balóns fóra e asegura que a rescisión de contratos prorrogados a enfermeiras que atendían enfermos con coronavirus --rectificada ás poucas horas de se ordenar-- foi un erro de "interpretación" e que esa non era a intención do Sergas.O pasado mércores, a xerencia da área sanitaria de Santiago rescindiu unilateralmente a varias enfermeiras eventuais a prórroga dun contrato xa asinada ao considerar que xa non eran necesarias na planta de afectados polo coronavirus onde traballan desde hai un mes. Chamadas unha a unha pola Dirección de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para comunicarlles a anulación das devanditas prórrogas --que foran confirmadas o martes anterior e asinadas había días pola maioría delas--, varias das afectadas denunciaron publicamente a situación e un episodio máis na "precaria" política de contratación do Sergas. "Somos empregadas de usar e tirar", dixo Eventuais en Loita. O día seguinte, tras difundirse o caso, a xerencia da área compostelá volveu chamar ás enfermeiras para anunciarlles que o seu contrato seguía en vigor ata finais de abril. "É evidente que houbo unha interpretación, que non era intencionalidade do Sergas, por parte dunha ou dúas xerencias", asegura FeijóoA área compostelá atribuíu a rescisión a "un erro de coordinación entre departamentos" e pediu desculpas. Este venres, preguntado polo caso, Feijóo asegurou que "é evidente que houbo unha interpretación, que non era intencionalidade do Sergas, por parte dunha ou dúas xerencias", en referencia á de Compostela, dirixida por Eloína Núñez, curmá do presidente da Xunta."No resto de xerencias non houbo ningún incidente e polo tanto esa rescisión foi anulada", engadiu Feijóo, que preguntado pola necesidade de menor eventualidade no persoal sanitario, asegurou que a Xunta "claro" que quere "estabilidade para os contratos". Ademais, presumiu de que Galicia "foi a primeira comunidade que deu estabilidade a todos os médicos residentes e a toda a enfermería que finalizaba a residencia este ano". Ao tempo, advertiu de que o Sergas leva feitos "centos de contratos para mellorar o cadro de persoal" e que "seguirá facendo OPEs, que é o único sistema para dar estabilidade". Desde o PSdeG, o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta que faga "contratos estables ao persoal sanitario" para "fortalecer" o sistema público. "Non chega con aplaudir cada día ás oito da tarde", engadiu o líder dos socialistas galegos, que considera "inaceptable" que se chegara a comunicar ás enfermeiras que atenden os casos de coronavirus en Santiago a rescisión dos seus contratos. Caballero insistiu en reclamar á Xunta "unha nova política sanitaria" que, no camiño de "fortalecer" o sistema público, "ofreza contratos laborais estables e dignos a todos os profesionais dispoñibles en Galicia".Pola súa banda, Galicia en Común instou o Sergas a ampliar máis aló do 30 de abril o contrato das enfermeiras eventuais ás que se lle comunicara a rescisión. En rolda de prensa telemática, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, apuntou que "Non pode ser" que a vinculación laboral deste persoal "en primeira liña" na loita contra o coronavirus remate a finais de mes. PSdeG e Galicia en Común instan o Sergas a facer "contratos estables" ao persoal e "fortalecer" o sistema sanitarioAsí, o líder de Galicia en Común reclamou á Xunta que o contro se amplíe para facer fronte á crise da Covid-19 porque, segundo di, esta crise volve demostrar "a imperiosa necesidade de reforzar a sanidade pública". No caso das enfermeiras, cuxa precariedade é denunciada desde hai tempo polas profesionais, desde o Sergas insístese en que a eventualidade "non é unha situación habitual" na sanidade pública do país e que "o 85% dos traballadores está en vínculos estables", tal e como dixo o seu xerente, Antonio Fernández-Campa. O propio Feijó elevou esa porcentaxe ao 88%, mentres que un estudo de Eventuais en Loita aseguraba que un terzo das enfermeiras é eventual. Os testemuños do persoal relatan casos de centos de contratos en poucos anos, moitos menos cotizados e múltiples denuncias de precariedade e explotación laboral. |
PRAZA_15228 | A UE pon esta condición para inxectar 5.500 millóns na entidade, que reducirá o seu tamaño nun 60%, eliminará oficinas e despedirá 2.500 traballadores, máis de mil na súa rede galega, antes de ser vendida ou liquidada. Bruxelas impón tamén quitas aos afectados polas preferentes. | Duro golpe a Novagalicia Banco. A Comisión Europea impón unha redución de tamaño de máis do 60% á banca nacionalizada (Bankia, Catalunya Caixa, Banco de Valencia e a propia entidade galega) de aquí a 2017. É esa a condición que esixe a troika para autorizar unha inxección de capital de 37.000 millóns de euros do fondo de rescate da UE e garantir así a súa viabilidade. A entidade galega recibirá uns 5.500 millóns de euros, cos que sería viable se dedica ao negocio minorista en Galicia e se se levan a cabo uns 2.500 despidos e a redución caseá metade das súas oficinas, segundo a UE. Ademais, imponse unha quita aos afectados polas preferentes, que terán que asumir "fortes perdas", segundo aclarou o comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que deixou en mans de Madrid a responsabilidade de aclarar como se levarán a cabo esas quitas. NGB botará un máximo de 2.500 traballadores, algo máis de 1.000 da rede galega, e prevé ser rendible a partir do vindeiro ano A redución de traballadores imposta polo rescate en NGB ascende a un máximo de 2.500, como informou a entidade, que prevé ser "rendible" a partir de 2013. Dentro da rede de Novagalicia (a que opera en Galicia, Asturias e Castela e León) deberán suprimirse 213 oficinas e 1.023 empregos a finais de 2015, ademais de vender EVO Banco antes de que remate 2014. Logo de autorizar a venda de Banco de Valencia a Caixabank, Bruxelas advirte que o Goberno español comprometuse a vender Catalunya Caixa e Novagalicia Banco antes de que conclúa o período de reestruturación de cinco anos. No caso de que a venda non sexa posible, as autoridades españolas deberán presentar un plan de liquidación ordenada. Así, NGB terá cinco anos para reestruturarse, pero o seu futuro pasará por "integrarse noutra entidade financeira", aínda que poderían ampliarse as posibilidades aos "investidores". "A opción da venda é a mellor e a máis barata", insistiu. Ademais, e para levar a cabo esta dura redución de tamaño de máis do 60%, Novagalicia Banco deberá centrar o seu modelo empresarial en préstamos ao por menor e ás pemes do seu territorio histórico. Así, terán que abandonar os créditos a favor d epromocións inombiliarias, ademais de limitar a súa presenza no mercado ao por maior. Segundo a Comisión Europea, iso contribuirá a reforzar o seu capital e os seus niveis de liquidez e reducir a súa dependencia do financiamento no mercado almacenista e do Banco Central. "Novagalicia, Catalunya Banc e Bankia non son capaces de saber xestionar no ámbito das promotoras e por iso non poderán operar", asegurou Joaquín Almunia, vicepresidente da Comisión Europea. Por outra banda, as condicións impostas pola UE tamén serán prexudiciais para os afectados polas preferentes. Segundo os plans de reestruturación aprobados polo Executivo comunitario, os accionistas e titulares de preferentes e débeda subordinada deberán contribuír tamén aos plans de reestruturación. A súa achega reducirá a axuda estatal necesaria en ao redor de 10.000 millóns de euros, segundo os cálculos de Bruxelas. HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_58214 | O BNG empraza Feixoo a cumprir "coa ética" | "O drama das residencias da terceira idade pon o Parlamento ante a obriga ética e moral de investigar o que pasou para detectar erros, corrixilos e apostar por un novo modelo de coidados das persoas maiores que garanta o dereito a unha vellez digna", así se manifestou a portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e líder da oposición, Ana Pontón, en relación á negativa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a que se investigue a xestión dos centros xeriátricos durante a crise do coronavirus. E é que esta terza feira, 22 de setembro, o pleno do Parlamento galego debate a proposta do Bloque para crear precisamente unha comisión de investigación, polo que Pontón xa quixo aproveitar para pedir o apoio do PP, emprazándoo a "deixar de lado os vetos". "Pido a Feixoo que non use as súas deputadas e deputados como un rolo para impedir que se investigue a xestión das residencias de maiores, senón que acepte esta comisión, que reclaman as propias familias, como unha oportunidade para aprender dos erros e evitar repetilos, unha oportunidade para cambiar o modelo e facelo con profundidade", salientou a nacionalista. Ademais, Pontón considerou que tamén sería unha oportunidade para que o xefe do Executivo "amosase con feitos o seu anunciado diálogo". "Que demostre que a súa apelación ao diálogo non é un titular de prensa, senón que está disposto a empezar a lexislatura recollendo a petición que fan as familias das persoas falecidas en residencias plasmada na proposta do BNG desta comisión de investigación", alegou Pontón, "tendo en conta que o propio PP recoñece a través dos ceses na Dirección Xeral de Maiores que algo se fixo mal", esgrimiu. |
NOS_52618 | A directora xeral seguirá 5 anos máis na ponte de mando do Fondo. As dificultades das economías emerxentes eliminan as opcións de estados como Brasil ou Rusia. | Christine Lagarde seguirá 5 anos máis á fronte do Fondo Monetario Internacional (FMI), un novo mandato que a directora xeral obtén ao non se presentar candidaturas alternativas á súa no proceso de selección e ao recabar o apoio maioritario dos integrantes da institución. Se no 2011 as economías emerxentes fixeron palanca da súa solidez para forzar cambios e reformas na principal institución financeira mundial, neste 2016 esa forza xa non existe. As dificultades económicas que atravesan laminou as posíbeis aspiracións. Lagarde, avogada e ex-ministra francesa, leva no cargo desde 2011, sendo a primeira muller en dirixir o FMI. Con este segundo mandato acumulará 10 anos á fronte da institución financeira. Os seus antecesores, Rodrigo Rato (2004-2007) e Straus-Khan (2007-2011). |
NOS_5380 | Ankara sinala o Estado Islámico como principal sospeitoso do acto terrorista.O HDP afirma que a parella que casaba eran militantes desta formación da esquerda pro-curda. | Un mínimo de 50 persoas mortas e ducias de feridas é o balanzo provisional do atentado suicida que este sábado tivo lugar nunha voda que se celebraba en Gaziantep, sur de Turquía, e onde boa parte dos asistentes eran curdos. O balanzo oficial falaba nun principio de 34 persoas falecidas e 94 feridas, mais esa cifra aumentou e calcúlase nun mínimo de 50 as persoas mortas. O atentado suicida levouse a cabo no medio dunha voda que estaba a se celebrar na rúa, algo habitual na zona. O presidente turco apontou o Estado Islámico como o principal responsábel. Desde o HDP, partido da esquerda pro-curda, afírmase nun comunicado que as persoas que ían contraer matrimonio militaban na súa formación, de aí que na festa houbese un gran número de curdos. Gaziantep está a apenas 50 quilómetros da fronteira siria. É un territorio, segundo medios internacionais, nos que hai unha forte implantación do HDP, o que fai que o Estado Islámico o sitúe como obxectivo dos seus ataques. De feito,o primeiro atentado suicida do Daesh en Turquía, en xullo de 2015, foi contra un mitin do HDP en Suruç, perto de Gaziantep. |
NOS_36261 | Os relatos de mouros e mouras son o argumento das V Xornadas de Literatura de Tradición Oral que se celebrarán os días 19 e 20 en Lugo, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. | Co título xenérico "Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular" durante os dáis 19 e 20 terán lugar as V Xornadas de Literatura de Tradición Oral que teñen comna meto obxectivo adentrar ás persoas participantes na cultura popular galega. O encontro, que se realizará no Salón de Actos da Deputación de Lugo, contará coa participación de, entre outras, Antonio Reigosa, Alexandre Parafita, Rafael Quintia, Mar Liñares, Isidro Novo e Jesús Suárez López. Mouros e mouras históricos e míticos, os imaxinarios compartidos con outras culturas, as imaxes femininas na mitoloxía popular ou o sexo e o poder na cultura tradicional son algúns dos contidos que se porán sobre a mesa no transcurso das xornadas. A metodoloxía empregada para a xornada irá da análise das lendas, o estudo dos tipos de relatos, reflexión arredor da súa función social e convidar a incentivar o traballo de campo afondando nas metodoloxías a empregar para a recompilación, o arquivo e a divulgación das narracións orais. |
NOS_56015 | Convocada pola CIG, CCOO e UGT, a manifestación solidarizouse cos tres sindicalistas condenados a prisión por integrar un piquete na folga do comercio de 2009. Vídeo no interior | Unha manifestación multitudinaria percorreu as rúas de Pontevedra en solidariedade con Marcos Cadórniga e Carlos Alján, da CIG; e Carlos Búa, de CCOO, condenados a tres anos de prisión por participar na folga do comercio e alimentación en 2009. A marcha partiu pasadas as 11.30 horas da Praza da Ferrería e á súa cabeza situáronse os máximos responsábeis dos tres sindicatos convocantes. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que o motivo da mobilización é trasladarlles a solidariedade das centrais os tres afectados e "amosar o noso rexeitamento a unha condena que é totalmente desproporcionada, xa que fixa tres anos de cadea para tres persoas que o único que fixeron foi garantir o dereito á folga dos traballadores/as". Xuntanza co fiscal O secretario xeral da CIG anunciou que este mércores, 18 de xullo, teran unha xuntanza co fiscal xefe de Galiza, encontro no que o sindicato nacionalista informaralle do rexeitamento da central "á actitude de represion sindical que manten o inisterio Fiscal". Neste sentido, Seixo denunciou que mentres os responsábeis dunha crise que bate con dureza a milleiros de familias gozan de "total impunidade", traballadores e sindicalistas teñen que afrontar procesos xudiciais. Marcha A manifestación, unha vez en marcha, detivose fronte á sede do Partido Popular. Alí berráronse consignas como "Hai que deter o fascismo do PP" ou "Aquí está a cova de Alí Babá". Despois, procedeu a se dar lectura a un comunicado conxunto por parte do historiador Francisco Calo Lourido Na intervención, alen de lembrar os nomes dos sindicalistas condenados, tamen se deu o do xuíz que ditou a sentenza e a fiscal que fixo a petición de cadea, Juan José Trashorras García e Rosalina Carrera Cotado. Ao mesmo tempo, criticouse a actitude de Gadis, empresa cuxa denuncia deu pé ao xuízo. Tamén deixaron moi claro que as mobilizacións solidarias con estes tres compañeiros continuarán nas vindeiras semanas e incidiron que este tipo de actitudes represivas non van facer que "abandonemos a defensa dos nosos dereitos e dunha vida dignas, para as xeracións presentes e futuros". Finalmente, aseguraron que non van permitir que os compañeiros entren en prisión e que non van parar "até conseguir que vos sexa retirada a condena". |
NOS_13617 | O voceiro nacional de Anova ve no xa ex-alcalde de Teo ao futuro presidente galego, inda que matizou que será un "espléndido" rexedor, nunha entrevista na Radio Galega. | Xosé Manuel Beiras preferiría que Martiño Noriega fora o candidato a presidente galego e non á alcaldía de Santiago de Compostela. Así o manifestou o voceiro nacional de Anova este domingo nunha entrevista para a Radio Galega. "Ó mellor en termos políticos interesaríame máis que se deixase de ser alcalde de Compostela", dixo, inda que matizou "que sería un espléndido alcalde". Beiras considera que o papel de Anova debe ser secundario nas municipais e mostrouse aberto a pactos. Sobre a situación de Anova fronte ás municipais, Beiras dixo que o papel da formación será secundario. "Hai que deixar á cidadanía civil e nós contribuír. A nosa militancia integrouse nas Mareas, pero non para convertelas en caixas de resonancia de Anova", asegurou. Sobre posíbeis pactos electorais, mostrouse aberto. "Se apostamos por frontes amplas antes das eleccións, é porque queremos fomentar as alianzas. Mais sobre compromisos determinados", afirmou Beiras. "O Parlamento galego non existe" Tamén falou do nacionalismo galego, que considera que está en "descomposición" porque "temos o síndrome do colonizado". Fixo referencia a que "permitimos que desaparecera o Parlamento, que non existe como concepto, porque o PP conseguiu recuperar o partido único", e que "en vez de rebelarnos, estamos domesticados, pero a cidadanía non, que será quen rache con este réxime podre". Preguntado pola súa relación con Pablo Iglesias, o voceiro de Anova dixo que "agora que é unha figura estelar é difícil vernos". Criticou a estratexia de Podemos "que se foi afastando dunha liña rupturistas para ser o relevo do PSOE". Pola súa banda, Martiño Noriega delegou este sábado a alcaldía de Teo no primeiro tenente de alcalde, mais negouse a renunciar ao cargo para evitar que o BNG goberne no municipio compostelán. Unha cuestión que foi criticada pola fronte nacionalista, que acusou a Noriega de "aferrarse ao cargo", un feito que cualificou como "propio da vella política". |
PRAZA_4200 | A ONG Igaxes vén de publicar un informe "urxente" que analiza o impacto da actual situación na mocidade e crianzas máis vulnerables. Faino a través de 559 entrevistas coas persoas que participan nos seus programas, que revelan unha perda xeneralizada de emprego e ingresos. | "Asistimos aos inicios da crise social máis importante en décadas. O freo dos ingresos en moitos miles de fogares está a xerar unha situación de emerxencia que deixa a moitas familias sen poderen cubrir necesidades básicas". A ONG Igaxes, centrada na atención á infancia e a xuventude en situación vulnerable, presentou este mércores un informe "urxente", que amosa o impacto da crise sanitaria nas crianzas e mocidade en Galicia. A ONG Igaxes presentou este mércores un informe "urxente", que amosa o impacto da crise sanitaria nas crianzas e mocidade en GaliciaO documento, baixo o título de Do confinamento á exclusión, foi realizado nas ultimas semanas a partir da consulta á mocidade e ás familias coas que a entidade traballa nos seus diferentes programas de atención directa. Nesa consulta participaron un total de 123 nais e pais de 80 familias diferentes e, ademais, 436 mozas e mozos entre 16 e 29 anos.A entidade alerta de que se multiplican as solicitudes de axuda aos servizos sociais municipais e ONGs e medra cada día o número de persoas que gardan fila ás portas dos centros de reparto de alimentos. "Situacións que criamos superadas reaparecen con forza: a alimentación e as necesidades máis básicas non están aseguradas en miles de fogares", salienta Carlos Rosón, director de Igaxes, que fai un chamamento a "buscar novas maneiras de loitar contra vellos problemas e propoñer e esixir políticas apropiadas que dean resposta a esas situacións". "Situacións que criamos superadas reaparecen con forza: a alimentación e as necesidades máis básicas non están aseguradas en miles de fogares"Toda a poboación analizada atopábase xa en risco de pobreza ou exclusión antes do estado de alarma. De feito a ONG lembra que mesmo antes desta crise un de cada cinco nenos, nenas e adolescentes de Galicia vivían nun fogar pobre, un total de 80.000 crianzas e mozos e mozas.Porén, ata hai dous meses o 74% das nais e pais con crianzas consultados estaban empregados, e hoxe só o 43% seguen traballando e o 18% están afectados por ERTE. Tendo en conta que a meirande parte delas carecían de aforros, a perda do emprego ou os ERTE lévaos a afrontar os gastos diarios só con prestacións e axudas. Se antes chegaban a fin de mes con dificultades, agora deben facelo cun 30% menos de ingresos, no mellor dos casos, destaca o informe, que engade que por sectores, o maior impacto concéntranse nos servizos non esenciais máis orientados ao consumo: hostalería e comercio. Ademais, 6 de cada 10 fogares en situación ou risco de pobreza onde viven menores ven agravada ou moi agravada a súa situación, que xa era precaria. Ata hai dous meses o 74% das nais e pais con crianzas consultados estaban empregados, e hoxe só o 43% seguen traballando e o 18% están afectados por ERTEO informe subliña igualmente que os efectos da destrución de emprego están a ter un peso maior sobre as mulleres, que xa partían dunha taxa de inserción sete puntos inferior á dos homes. O estudo revela que unha de cada dúas traballadoras viu alterada a súa situación laboral nesta crise. "O risco de empobrecemento é, polo tanto, superior entre as mulleres. E a vulnerabilidade é aínda máis acusada no caso das nais soas con fillos/as a cargo", destaca Igaxes. "O risco de empobrecemento é, polo tanto, superior entre as mulleres. E a vulnerabilidade é aínda máis acusada no caso das nais soas con fillos/as a cargo"Segundo datos da Rede Galega contra a Pobreza, un 47% das familias con crianzas e un único adulto están en situación de pobreza ou exclusión. Esta taxa duplica a do resto de familias. Do total de familias cun único adulto consultadas neste informe, o 78% eran monomarentais. E Igaxes lembra que "as súas posibilidades de inserción ou mellora de emprego están seriamente limitadas polas súas dificultades para a conciliación familiar". O informe advirte de que de cada dez familias con fillos/as encabezadas por unha muller soa (monomarentais), catro sairán do estado de alarma sen emprego e outras dúas en ERTE.A ONG lembra, ademais, que "as dificultades de moitos fogares para seguir a actividade escolar durante a crise sanitaria puxeron en evidencia unha realidade moi anterior: o alumnado máis desfavorecido non pode aprender en igualdade de condicións". E pide "políticas educativas orientadas a facer posible que todos os alumnos e alumnas poidan partir cada novo curso desde a mesma liña de saída". Ademais, propón a implantación en Galicia dun sistema de medición do éxito educativo desagregado por índices de renda, "para observar ata que punto as desigualdades sociais están na base de moitas desigualdades educativas".A ONG pide "políticas educativas orientadas a facer posible que todos os alumnos e alumnas poidan partir cada novo curso desde a mesma liña de saída"Igaxes lembra qua a mocidade que xa parte dunha situación de maior fraxilidade sofre máis a precariedade, unha precariedade laboral que xa existía antes desta crise e que agora se ven incrementada. O impacto da crise sobre o mercado de traballo foi máis forte nas categorías laborais máis precarizadas e de máis baixa cualificación e afectou de forma especial á mocidade: o número de mozos e mozas de 16 a 29 anos rexistrados en abril nas oficinas dos servizos públicos de emprego aumentou un 16% con respecto a marzo.Neste senso, sinala o informe, mentres que antes da crise do coronavirus o 23% das mozas e mozos (16-29 anos) en risco de exclusión estaban empregados, actualmente só seguen traballando o 8,5% e o 10,8% están en ERTE. Nesa franxa de poboación de 16 a 29 anos, un 84% das mulleres en risco de exclusión están agora desempregadas (6 puntos máis ca os homes) e outro 9% están afectadas por un ERTE. Con moita diferenza, o sector económico no que máis se inserta a mocidade en situación vulnerable é a hostalería (38,01%), precisamente un dos que se verá máis afectados pola crise sanitaria a longo prazo.O impacto da crise sobre o mercado de traballo foi máis forte nas categorías laborais máis precarizadas e de máis baixa cualificación e afectou de forma especial á mocidadeO informe de Igaxes chaman a atención, especialmente sobre a situación da mocidade tutelada e ex tutelada. A crise frea as súas posibilidades de inserción laboral na sociedade, fundamental para que poidan acadar unha verdadeira autonomía, senón que tamén "frea en seco todas as oportunidades formativas (formación profesional, cursos AFD, prácticas en empresas, etc.) que lles permiten a estas mozas e mozos adquirir unha mínima empregabilidade".Tamén chaman a atención sobre a mocidade migrante, nunha situación semellante aos mozos e mozas tutelados. Igaxes reclama "que se estableza unha moratoria automática do seu permiso de traballo", algo que teñen garantido só mentres son menores de idade- polo menos ata os 21 anos. E, igualmente, demanda "estender a protección a aquelas mozas e mozos estranxeiros maiores de idade, moitos dos cales veñen de perder o seu traballo", pois "só un novo contrato por un ano e a xornada completa os habilitará para renovaren os seus permisos.Igaxes aposta pola implantación "dunha renda mínima universal ambiciosa" para "manter a cohesión social e impedir que as desigualdades se extremen aínda máis e se cronifiquen durante varias xeracións"A entidade lembra que ao longo do mes de abril, o Goberno central foi poñendo en funcionamento un catálogo de axudas para dar resposta aos distintos supostos nos que podían verse os millóns de persoas que viron de algún xeito alterada a súa situación laboral. Porén, salienta que "sería prematuro valorar en que grao estas axudas permitirán aliviar as cargas dos fogares". E subliña que "a pandemia está a poñer de manifesto que o actual sistema de protección social non é suficiente para afrontar unha crise desta magnitude".Igaxes aposta pola implantación "dunha renda mínima universal ambiciosa". "Só así será posible manter a cohesión social e impedir que as desigualdades se extremen aínda máis e se cronifiquen durante varias xeracións. Non facelo implicaría condear a miles de nenas, nenos e adolescentes a unha vida en exclusión que a inmensa maioría non lograrían abandonar", destaca a ONG. |
NOS_14031 | A arqueóloga Nieves Amado está a desenvolver o seu traballo investigador nas comarcas de Monterrei e A Limia. Nas súas buscas entre a documentación dos mosteiros apreciou que a presenza das mulleres tiña unha relevancia especial, pois eran propietarias e poderosas, nalgúns casos mesmo máis que unha raíña. | "Estou a revisar documentos da zona da Limia e de Monterrei, e desta época, no Altomedievo, parte do século X e XI, chámame a atención a visibilidade da muller. Analicei algúns destes documentos e vin que había unha gran presenza feminina". A que conta é a arqueóloga e membro da Sección de Patrimonio do Consello da Cultura Galega Nieves Amado, e faino ao fío dunha súa publicación nas redes sociais co cancelo #8-M2021, "As mulleres galegas do ano mil". Trátase dunha relación de nomes femininos de orixe xermánica, "xa que estamos saíndo da época visigoda, que ocupou, previamente, o lugar dos suevos", que resultan da análise de documentación dos mosteiros das comarcas de Celanova, A Limia e Monterrei. "Para esta época tampouco hai máis documentación que esta, a dos mosteiros", explica a arqueóloga, "hai documentos boísimos que contan das doazóns que se facían aos mosteiros, compra-vendas entre particulares..." e neles asinan, como propietarias, un gran número de mulleres que posuían "patrimonio privativo, isto é, non llo podía quitar ninguén nin tiñan que contar co permiso do marido para asinar, vender, cambiar, doar...". "Hai moitísimo protagonismo das mulleres nesta época en compras e vendas, así que a sensación que temos de que canto máis atrás imos na historia peor é a situación da muller, neste caso non é así, senón que foi peor despois, até os séculos XVIII e XIX", destaca Amado. Para Nieves Amado, integrante do Geaat (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da Universidade de Vigo, podemos dicir que esta liberdade e poder "vén da Lex gótica, que definía que a herdanza se repartise equitativamente entre os fillos e as fillas". "Así elas asinan, deciden, traspasan, venden... Son donas dos seus actos e transloce deses documentos", recalca a investigadora. Naquela altura, "estamos a falar dunha época na que aínda había presenza musulmá, non tanto na Galiza", e unha vez desaparecido ese dominio, "digamos que se volveu crear o mundo, non había Estado e, dalgún modo, volveron de novo a empezar". Un novo comezo que partía de terras ermas, de concentrar a poboación nos dominios que se podían controlar, "empezouse repoboando o norte da Galiza até o Miño e nos séculos IX e X, con Afonso III, estendéronse até as fronteiras do sur, no Douro", conta a investigadora da Uvigo. "O que facían os reis era nomear condes, xente de confianza, normalmente nacidos do Miño para abaixo, e concedíanlles presuras (modo de apropiación territorial para repoboar) para que integrasen os seus territorios no reinado galaico-astur e, á parte de que estes aristócratas se integrasen no reino, tamén eran premiados coas terras que conquistasen ou repoboasen". Mais chega o feudalismo, xa no século XII, e a situación muda. Os dominios do señor feudal concéntranse doutro modo e o papel da muller comeza a ir en declive. "Segundo vai avanzando a Idade Media e se van señorializando as terras, a medida que se vai creando o reino feudal, entón os señores fanse coa vida e coas terras de todo o que había no lugar, o campesiñado xa non ten propiedades". As mulleres galegas do ano 1.000, campesiñas, condesas e abadesas Adosinda, Alagundia, Aragonta, Egilona, Enderquina, Ermesinda, Flamula, Getina, Gilvira, Goda, Godigia, Gosenda, Gugina, Guntrode, Horabona, Ilduara, Leodegundia, Lupa, Matreduce, Menegundia, Mumadona, Ocorabia, Onega, Odrocia, Ostrubeda, Pinoti, Recemera, Rosula, Saisana, Scevanto, Sunila, Toda, Trasuinda, Trudilde, Velasquita, Vilone, Zacaria... Son só algúns dos nomes publicados nas redes sociais de Nieves Amado reivindicando o seu papel "poderoso" na Alta Idade Media galega. Entre elas destaca Mumadona de Guimaraes, unha condesa galega fundadora do mosteiro e do castelo desta vila portuguesa, "que puido ser a que máis poder tivo na Alta Idade Media", di Amado, "tiña propiedades por toda Galiza e ostentou tanto poder ou máis que unha raíña". |
NOS_47010 | Que facer cando todo está perdido no medio do mar? Como cada sexta, eis a proposta de cinema que nos achega Andrés Castro. | CANDO TODO ESTÁ PERDIDOTítulo orixinal: All is LostAno: 2013Duración: 106 min.Nacinalidade: Estados UnidosDirector: J.C. ChandorGuión: J.C. ChandorFotografía: Frank G. DeMarcoMúsica: Alex EbertReparto: Robert Redford SINOPSETras unha colisión cun contenedor, o casco dun veleiro queda gravemente averiado. O tripulante (Robert Redford) fará todo o posible por reparar a embarcación a pesar das inclemenzas do tempo, os tabeiróns e as escasas reservas. Unha loita a vida e morte entre un home e o mar. CRÍTICA Un home só no mar, á deriva, sen poder comunicarse con ninguén, sen auga, sen víveres e con poucas esperanzas de saír con vida. E ese home é nada máis e nada menos que Robert Redford. Arriscada aposta do case octoxenario actor estadounidense, non só pola exixencia física que supón unha película así, senón tamén pola temática e as formas. Algo máis de hora e media de duración onde apenas articula un par de palabras, nin sequera para maldicir, tendo que transmitir practicamente todo só con accións e xestos. Trátase máis dunha película de aventuras vista desde unha perspectiva existencial e intimista O soño de calquera actor que invoque aos clásicos. Comeza dando un pequeno speech pedindo perdón, e logo pouco máis sae dos seus beizos. Unha aposta case suicida, pero que de seguro elixiu polo reto persoal que iso supuña e pola orixinalidade do proxecto. Lembra a "A vida de Pi", pero sen tigre, e sen a espectacularidade da película de Ang Lee. E tamén pode lembrar a unha situación parecida, pero no espazo, que sufriu este mesmo ano pasado, Sandra Bullock na impresionante "Gravity" de Alfonso Cuarón. Na de Redford non hai tantos efectos especiais nin por asomo. Trátase máis dunha película de aventuras vista desde unha perspectiva existencial e intimista. Un home que perde todo pero que segue loitando onde moitos tirarían a toalla. O vello contra o mar. Simple, honesta e sen artificios. Nin sequera hai música, apenas... A sensación de soidade e case abafante. O son do mar, da madeira quebrada e o vento son apenas os compañeiros de viaxe que acompañan ao protagonista. E a pesar diso, a minimalista banda sonora de Alex Ebert, usada en contadas ocasións, acadou o Globo de Ouro na recente última edición destes galardóns. Agradécese moito o esforzo físico e interpretativo de Redford. De feito unha película tan mínima non chegaría ao gran público sen a súa presenza. E iso nos tempos que corren de películas 3D e demais, é xa unha pequena vitoria para o cinema. Redford carga con todo o peso da película nas súas costas e pódese dicir que sae moi ben parado. Mantén unha forma física envexable para a súa avanzada idade pero o certo é que non aguanta moi ben os primeiros planos, quizá por mor das operacións de estética que lle borraron un punto de expresividade. Iso si, nos planos medios e xerais está xenial. Na dirección J.C. Chandor, coa segunda incursión no cine tras "Margin Call" no 2011, que obtivo moi boa acollida por parte da crítica. Firma tamén o guión polo que se intúen uns amplos coñecementos mariños. Dá toda unha lección maxistral de cómo sobrevivir en alta mar dando detalles minuciosos de navegación case imperceptibles para neófitos pero que os que teñan algún coñecemento saberán valorar. De seguro converterase en cinta de referencia nas academias náuticas. Película minoritaria para o gran público por obra e graza dun renacido Robert Redford. Volveremos a velo este mesmo ano na segunda parte do Capitán América… Unha de cal e outra de area Sundance Kid? |
NOS_18567 | O concello de Carballo foi tremendamente castigado a nivel urbanístico na década dos 60 pola especulación. Desde a chegada do BNG ao goberno municipal en 2003, un dos piares nos que traballaron foi en reverter esta problemática rehumanizando o entorno. Dentro desta liña de actuación política lanzouse o proxecto Derrubando muros con pintura, que hoxe é unha cita recoñecida a nivel internacional no campo da arte urbana. | Carballo era unha vila moderna con numerosos vestixios datados de comezos do século 20 e até aparecía nos libros de urbanismo como modelo de boa planificación. Chegadas as décadas dos 60 e 70, o concello foise convertendo nun referente de todo o contrario debido á especulación. Co éxito deste programa, decídese dar un impulso máis en 2015 e créase o Rexenera Fest No ano 2003 o BNG accede ao goberno municipal e na área de Turismo sitúase o concelleiro Xosé Regueira. Dentro do programa político do BNG para humanizar o municipio e reverter os estragos urbanísticos, Regueira lanza o proxecto Derrubando muros con pintura en 2013, consistente en empregar a arte urbana para embelecer os problemas estéticos de muros de formigón en medio de espazos públicos ou medianeiras. Co éxito deste programa, decídese dar un impulso máis en 2015 e créase o Rexenera Fest dentro da programación anual de Derrubando muros. Este festival dura dez días durante o que artistas locais, galegas e internacionais pintan murais de grande formato nas rúas. "Agora mesmo a arte pública en Carballo está consolidada", sinala Regueira A través de acordos con particulares empezaron desde o concello a cambiar o espazo urbano por medio da arte. Desde o consistorio tiñan claro que había que tratar as e os artistas participantes como parte dun sector económico. "Aquí non facemos concursos de ideas porque non nos gusta ese costume de que ás e aos artistas sempre se lles chame a certames cando iso mesmo non pasa con outras profesións", sinala o concelleiro Xosé Regueira, e salienta que desde o goberno se solicita ás e aos artistas unha proposta e un caché para executar, "e pagámoslles como o que son, profesionais". Agora mesmo a arte pública en Carballo está consolidada, sinala Regueira. No concello xa había un grupo de artistas plásticos con anterioridade ao inicio da iniciativa Derrubando muros, polo que desde o goberno intuían que o proxecto sería acollido con interese pola veciñanza. "Na actualidade a arte pública en Carballo está consolidada e a relación entre a arte e a cidadanía deu tales resultados que até as crianzas cando ven unha fachada en obras xa pensan que vai haber un novo mural, cando ao mellor é unha reparación sen máis", asegura Regueira, quen engade que a arte urbana "xa é símbolo cotiá no concello". |
PRAZA_5142 | O ateísmo é unha peculiaridade ideolóxica moi infrecuente e moi localizada en certos lugares e en certas épocas da historia da nosa especie. | O recente funeral polas vítimas do atentado en Madrid hai dez anos oficiado por Rouco Varela, un personaxe da recente historia política de España, resultou un rito demoníaco. Rouco conseguiu transformar a cerimonia nunha expresión persoal, unha misa de autor, e conseguiu mesturar dor, morte e violencia. O que xa era algo reprobable, unha cerimonia relixiosa de Estado dunha única confesión relixiosa, transformouse nun acto verdadeiramente partidista, sectario e excluínte. Algunhas cousas queren ser unha expresión de prepotencia e en realidade fan visible o contrario, unha debilidade latente. Canto máis a Igrexa romana abuse do seu poder e patrimonialice o Estado máis se desautoriza ante a sociedade. Canto máis a Igrexa romana abuse do seu poder e patrimonialice o Estado máis se desautoriza ante a sociedade Cunha Igrexa católica como a española, co papel que xogou ao longo da súa historia no sostemento e implicación na Coroa, en España é imposible non identificar relixión con esa institución. Pero chegará un día en que se poida falar de relixión sen pensar inmediatamente en personaxes como Rouco nin tan sequera na Igrexa católica. A relixión é algo demasiado importante como para deixarllo aos curas. Se temos a humildade de considerarnos como o que somos, unha especie animal, comprobaremos que a inmensa maioría dos especímenes da nosa especie que poboaron e poboan este planeta son seres relixiosos. Partindo desa constatación, e deixando de lado por un momento a conciencia eurocéntrica e o patriotismo de elites intelectuais que se consideran superiores aos demais, deberiamos inferir que o ateísmo é unha peculiaridade ideolóxica moi infrecuente e moi localizada en certos lugares e en certas épocas da historia da nosa especie. Quedar encerrados nesa dialéctica coa Igrexa como institución é caer na súa trampa No caso español, precisamente polo papel que a Igrexa católica xogou na historia, o anticlericalismo é un trazo constitutivo do progresismo. Todas as correntes rexeracionistas tropezaron en maior ou menor medida co poder da Igrexa, os seus intereses e as súas manobras políticas. Aínda hoxe, aí están as recentes manifestacións da ultradereita católica, ou sexa o groso da dereita, contra o malvado Zapatero. Pero quedar encerrados nesa dialéctica coa Igrexa como institución é caer na súa trampa. Algunha vez lemos a católicos afirmar que eses bispos tan reaccionarios politicamente, tan afastados da sociedade e tan insensibles non son a Igrexa ou non a representan. A verdade é que non creo que teñan razón, neste momento esa é a Igrexa, esas son as súas autoridades, as súas estruturas de poder, a súa axenda política e tamén a súa interpretación da historia, da sociedade e do ser humano. Con todo esa reclamación de que o cristianismo é ou pode ser outra cousa sen dúbida ten todo o fundamento e hai relixiosos ao noso ao redor e polo mundo ofrecendo consolo e axuda a oprimidos e marxinados. Non cómpre aquí dilucidar a mensaxe de Cristo, aínda que lle quitásemos de enriba a evolución da igrexa e, sobre todo, o rumbo que lle imprimiron Saulo de Tarso e Agustín de Hipona, descubririamos unha doutrina tan contraditoria e aberta como desconcertante, a daquel que, segundo Lucas, non veu establecer a paz na Terra, senón a disensión. Con todo, non podemos explicar a cultura europea, a occidental se se quere, sen o cristianismo, esa herexía do xudaísmo. É o noso patrimonio e o noso fundamento. O xudaísmo foi unha relixión que creou un suxeito que carga tanto coa súa liberdade individual como coa cadea da culpa, o cristianismo estendeu ese xene dun pobo a todos os "goyim", os pobos "xentís". Foi ese suxeito libre, tenso, agónico o que creou a modernidade europea. Bento Espinosa, fillo de xudía galega e xudeu portugués, exiliado entre exiliados, é o primeiro intelectual europeo con toda a súa alegría e desesperación. Se existen o concepto de dignidade persoal e o concepto de dereitos humanos é porque naceron do cristianismo. O Vaticano, esa criatura monstruosa nada da coxuntura da política e a relixión, ten unha historia verdadeiramente curiosa e estrambótica que nos debe levar a ser tan precavidos sobre as súas intencións como escépticos sobre as súas admonicións, pero hai unhas décadas sentou alí un home, Angelo Giuseppe Roncalli, de quen Hannah Arendt escribiu unha aguda descrición, que arroxou unha pedra a un lago de augas estancadas. A inmobilidade volveu ao estanque até facerse fedorento. Este papa Francisco polo de agora podemos pensar aínda que é un enigma, aínda que dubidemos moito de que sexa alguén que vaia a arroxar outra pedra a un estanque de augas xa pestíferas, pero dado o poder que aínda ten a Igrexa romana é inevitable que atendamos máis ou menos ao que vén desa corte. Non hai moitos anos o Vaticano pretendeu que un texto constitucional da Unión Europea sinalase o cristianismo como inspirador da lexislación. É unha pretensión fundamentalista e con transfondo político, pero tamén sería absurdo ignorar que nosa moral, e polo tanto as nosas leis, baséanse na tradición cristiá europea; non nas "Analectas" de Confucio, por exemplo. Con todo o cristianismo non é nin a única tradición, está o xudaísmo, o Islam e o pensamento filosófico coa súa independencia e a súa crítica da relixión, nin tampouco unha realidade tan actuante como o foi nin tan exclusiva, pois tras as limpezas étnicas contra xudeus e musulmáns, o Islam é novamente unha realidade social europea. Quen cre na democracia, por forza aborrecerá o nacionalcatolicismo español ou calquera outra forma de teocracia Quen cre en que as persoas teñen dignidade por si mesmas, con independencia de que crea que esta provén directa ou indirectamente dun deus, quen cre na democracia, por forza aborrecerá o nacionalcatolicismo español ou calquera outra forma de teocracia. Ningunha relixión debe imporse ou condicionar a vida da cidadanía. Con todo creo que se debe pensar cal é o papel lícito da relixión, as relixións, na sociedade. Por todo o escrito, creo que tampouco é completamente acertado resumilo en que a relixión é algo puramente particular, dalgún modo ha de recoñecerse a súa existencia. Aínda que, desde logo, non nunha constitución, como é o caso da actual e obsoleta constitución española. Conviría discutir o mesmo termo de relixión e a súa veciñanza co de "relixiosidade" pero tamén se sae deste lugar. Con todo, as mesmas artes achégannos, e en parte substitúen, a procura de transcendencia nas nosas vidas, como evidenciou Rudolf Otto ou como nos mostra o pensamento, que é unha procura poética, de María Zambrano. |
NOS_52073 | Os resultados de Catalunya e Euskal Herria son desiguais para o nacionalismo. Mentres que en Euskal Herria caen EH Bildu e GBAI -que desaparece do Congreso- e sobe en escanos o PNV, en Catalunya repunta con forza Esquerra, que pasou dos 3 escanos de 2011 a 9. | En Euskadi, o PNV (24,76%), que en 2011 acadou 5 escanos, obtén 6 parlamentares nas eleccións deste 20D, aínda que é superado en votos por Podemos (25,97%), que se fai con 5 escanos. O PSE-EE PSOE (13,26%) consegue 3 deputados, cando en 2011 lograra 4, e EH Bildu (15,07%) faise con 2 –Amaiur acadara en 2011 6 escanos-. O PP (11,62%) baixa dos 3 aos 2 escanos. En Nafarroa, UPN-PP (28,95%) mantense nos dous escanos que obtivera en 2011. A continuación, sitúase Podemos (22,96%), con 2 escanos, e o PSOE (15,54%), con 1. Nas anteriores eleccións xerais, Amaiur e GBai acadaran cadanseu parlamentar. Create your own infographics En Comú Podem, que irrompe no mapa catalán destas xerais con 12 escanos e o 24,70% dos votos, sitúase como primeira forza en Catalunya. Mais a noticia está en Esquerra (15,99%), que dispara o seu número de parlamentares ao pasar dos 3 de 2011 aos 9 de 2015. Create your own infographics O PSC (15,69%) acada 8 escanos, fronte aos 14 que obtivera hai catro anos, e Democracia i Llibertat (15,12%), formación na que se integra Convergencia, sitúase na cuarta posición, con 8 escanos –CIU fixérase con 16 en 2011-. Ciudadanos (13,04%) logra 5 parlamentares e o PP (11,13%) baixa dos 11 escanos de 2011 aos 5 de 2015. |
PRAZA_10278 | Unha femia adulta apareceu nun colexio electoral en Candín (León), moi preto da fronteira de Galicia, onde o derradeiro exemplar foi observado no ano 2005. O animal foi fotografado por varias das persoas que acudían a votar, sorprendidos pola súa presenza, desaparecida tamén na parte leonea dos Ancares | A xornada electoral do pasado domingo deixou algunhas sorpresas en varias localidades, pero poucas como a que se viviu en Candín (León), unha pequena vila a só 12 quilómetros da fronteira con Galicia. Alí, ás portas do colexio electoral puido verse dende a primeira hora da mañá unha femia de pita do monte, adulta e de bo tamaño. O animal está extinguido en Galicia dende hai case quince anos (o derradeiro exemplar documentado foi visto en 2005) e o mesmo sucede na parte leonesa dos Ancares.Por iso a súa presenza chamou a atención de moitas as persoas que se foron achegando a votar, que tiraron varias fotografías do paxaro, recollidas polo xornal La Nueva Crónica. Unha das testemuñas sinala que o animal "subía e baixaba da árbore, logo entrou dentro do recinto e parecía moi tranquila. Despois si se asustou un pouco cando se xuntou un pouco de xente para vela, moitos fixéronlle fotos, era unha imaxe preciosa vela por alí". Finalmente, a pita do monte foi recollida por un axente medioambiental para que lle fose colocado un chip de seguimento.Houbo un tempo, non hai moito, en que a pita do monte era o símbolo dos Ancares e aínda se poden ver algunhas imaxes deste fermoso animal nalgunha web turística. Porén, a ave está ausente destas montañas dende hai tempo e a súa presenza na parte central e oriental de Asturias é tamén moi escasa, reducíndose a súa poboación en toda a Cordilleira Cantábrica nun 70% dende os anos 80.A súa caza foi prohibida en 1979 e a partir de 1986 foi catalogada como especie protexida, pero acabou desaparecendo de Galicia por múltiples causas que afectaron ao seu hábitat. Houbo plans para reintroducila nos Ancares galegos, entre eles o plan Life da Unión Europea comezou a aplicarse no ano 2010 en Castela-León, Asturias, Cantabria e Galicia, pero a Xunta retirouse en 2013 por mor da aplicación de recortes. A Galicia correspondíalle un investimento de 612.180 euros, dos que a Xunta tiña que achegar a metade.Nos Ancares consérvase, si, dous exemplares disecados no albergue da Campa de Fieiró, en Cervantes. Un deles foi cazado por Manuel Fraga nos anos setenta. Sobre a pita do monte Fraga dixo que era "o tiro máis prestixioso, que xustifica todos os desprazamentos" e nunha entrevista publicada por El Mundo en 2007 relataba que "matei o último antes de que o declararan especie protexida. O peor é que tamén protexeron os animais que lles pisan os ovos. Son tan parvos que os deixan no chan". "Así que había más pitas do monte na serra cando se podía cazar", concluía |
NOS_3622 | "Non queremos rachar os vínculos co noso pasado", manifestou 'Iván Márquez', un dos dirixentes da organización. | A guerrilla das FARC comunica que manterá as súas siglas unha vez que sexa partido político, se ben cambiará de Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia a Forza Alternativa Revolucionaria de Colombia. Así o manifestou o número 2 da organización, Luciano Marín Arango, alias 'Iván Márquez'. "Dentro de pouco estaremos realizando o congreso fundacional do novo partido político que seguramente se chame Forza Alternativa Revolucionara de Colombia. Non queremos rachar os vínculos co noso pasado, fomos e seguiremos a ser unha forza revolucionaria", dixo Márquez no acto simbólico no que a ONU levou o derradeiro contentor con armas das FARC. Jean Arnault, xefe da misión da ONU en Colombia, confirmou que as FARC fixeron entrega de 8.112 armas, así como perto de 1,3 millóns de cartuchos que foron destruídos. |
NOS_3282 | O catedrático de Historia Medieval da USC vén de publicar 'El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (1065-1140)', un novo achegamento á figura do bispo compostelán, que volve á actualidade grazas á serie 'O final do Camiño'- | - A serie 'O final do Camiño' suscitou moito interese arredor do bispo Xelmírez e vostede vén de presentar novo ensaio sobre el...- Si, a ficción serve para suscitar interese, pero logo convén contrastar a ficción coa realidade. - Nese sentido, a serie foi fiel aos feitos históricos?- Tiveron unha asesoría histórica solvente, que fai José Miguel Andrade, pero logo hai unha peripecia, un argumento, unhas situacións que non teñen por que responder á realidade histórica, que é o propio da creación artística. Son dous ámbitos diferentes, pero complementarios, que poden xerar interese da serie cara o libro, e do libro cara á serie. - A ambición de Xelmírez era tan desmedida como aparece no filme?- Home, ambición non lle debeu faltar, parece indubidable, aínda que é moi difícil facer unha caracterización psicolóxica dun personaxe dun tempo tan afastado como a Idade Media. O interese polo poder, que en todo político sempre hai, tería que estar tamén en Xelmírez, isto parece claro, pero non sei até que punto. Xelmírez tal vez estivo interesado no mantemento de Galiza e parte do territorio de Portugal, mesmo ao sur do Douro, como unidade política. - Que tería sido de Compostela ou deste país sen Xelmírez?- É imposible sabelo. A historia é o que pasou, non o que puido pasar. Foi moi influínte no seu tempo, contribuíu a orientar algunhas evolucións, iso é innegable. Tivo un papel relevante na historia da Galiza do seu tempo. E as súas decisións foron cambiando de signo, como non podía ser menos. - Dito doutra maneira: cal diría que foi o seu legado, as súas contribucións máis importantes?- Hai unha contribución no ámbito do reino desde o punto de vista da evolución política posterior: a súa posición respecto do poder nacente en Portugal. Xelmírez, fronte a iso, sempre se mantivo á marxe, non estivo interesado, como estiveron outros aristócratas galegos, no proxecto político que se estaba desenvolvendo en torno a Teresa de Portugal e logo en torno ao seu fillo Afonso Henriques. El reservouse o espazo da Galiza actual para que fora o seu ámbito de influencia política, diferente da influencia que podían ter os arcebispos de Braga. Iso ten unha influenica. Como terían sido as cousas se a posición de Xelmírez fose distinta? Non podemos dicilo, puideron pasar moitas cousas: que Galiza se tivese integrado no proxecto político portugués, ou que se tivese producido unha unificación máis ampla, co conxunto do reino leonés. Todas as posibilidades seguirían estando abertas. Xelmírez sempre se mantivo á marxe do proxecto político que se estaba desenvolvendo en Portugal. El reservouse o espazo da Galiza actual para que fora o seu ámbito de influencia política. - El mesmo mandou deixar por escrito a historia do seu legado na 'Historia Compostelana', e nel mesmo se conta o seu propio latrocinio das reliquias de Braga. . Sobre este episodio vólvese con moita frecuencia, pero dun xeito un tanto simplificado. Na 'Historia Compostelana' dise que é un latrocinio "pío", piadoso, e -en realidade- non é algo que Xelmírez inventara. O roubo de reliquias é unha práctica que ten moi longa tradición en Occidente e que deu lugar a unha literatura, a literatura dos 'furta sacra', dos roubos sagrados, porque se facían cunha xustificación: "imos retirar estas reliquias porque aquí non reciben un culto axeitado, e ímolas levar a outros sitios". Considerábase un roubo, pero sagrado, era un xeito de amparalo. E iso é o que se fai aquí: el vai a Braga a operar nas igrexas que dependen de Santiago, iso hai que dicilo tamén, e trae as reliquias aquí. Este é o amparo teórico, claro que en Portugal consideraron as cousas doutra maneira, considerárono un roubo. E neste asunto hai que considerar dúas cousas: os feitos reais que aconteceron no ano 1102 e a narración dos feitos que se fixo bastante despois, no 1111, que corresponde máis ao contexto político do momento. Convén distinguir estes niveis, aínda que a historia sexa fermosa. Hai que contextualizalo. Por debaixo diso que hai? O interese de Xelmírez en prestixiar a súa sede con novas reliquias, e hai que pensar que Braga se convertera en sede arzobispal e desde o punto de vista eclesial, era unha rival. - Na presentación do seu libro, Villares destacou que Xelmírez fora un gran politico a falta de monarcas galegos. - O problema da monarquía nese momento hai que entendelo nese contexto, non con categorías actuais. Galiza ten unha longa tradición de individuación política desde o tempo no que foi provincia romana, logo reino dos suevos, logo na época altomedieval é unha peza do sistema de sucesión que é o goberno entre herdeiros, iso é o que pasa despois de Fernando I. O reino divídese en tres partes, García recibe o goberno de Galiza, Afonso o de León e Sancho o de Castela. Iso era unha forma de transmisión de poder. E Galiza nese xogo, que non perdía o horizonte do reino de Hispania, porque todos eles se consideraban reis en Hispania, tamén García, supoñía unha tradición destas características en Galiza. Houbo un momento, antes do pontificado de Xelmírez, cando era novo, que a posibilidade de que Galiza tivera de novo un reino estivo aberta. Houbo unha posibilidade a través de Raimundo de Borgoña, que tiña por unha banda -en canto que casado con Urraca, a filla de Afonso- aspiracións ao trono conxunto, e había a posibilidade que como Conde de Galiza designado por Afonso VI puidera desembocar nunha situación na que Galiza volvese ser reino independente. É posible, pero nada diso pasou, porque morreu antes que Afonso VI, de forma que reinou Urraca e as cousas foron noutra dirección. Pero nun principio, Xelmírez tal vez estivo interesado no mantemento de Galiza e parte do territorio de Portugal, mesmo ao sur do Douro, como unidade política. Nalgún momento. Logo iso xa non puido ser e el orientouse noutra dirección diferente, na de manter a súa posición de influencia política na terra de Santiago e do conxunto de Galiza, sempre ao amparo do rei de León. Xelmírez conseguiu un señorío de características excepcionais - O seu labor foi máis político que eclesial, non?- Temos que partir dunha noción diferente das cousas. Neste momento, a comezos do século XII, a igrexa non é só a comunidade de crentes. É tamén a comunidade política, entón o papel dun eclesiástico non se reduce á súa función episcopal. Ten unha proxección política dobre: por unha banda, e faino e moi ben, está imbuído da ideoloxía hierocrática, que os sacerdotes, bispos e Papa, actúen como orientadores da sociedade, tamén dos gobernantes e dos reis, que teñen que estar sometidos á 'autorictas' dos clérigos. E, por outra, Xelmírez en tanto que señor dunha cidade e dun territorio, el exerce o poder político: administra xustiza, recada impostos, acuña moeda, emprega o exército, etc. Isto realízao no ámbito do seu señorío. Este dobre xogo é o que fai que un bispo deste tempo teña unha proxección política extraordinaria. E hai que dicir que desde ese punto de vista, Xelmírez conseguiu un señorío de características excepcionais, tanto pola extensión do territorio que abranguía, pola importancia da cidade e tamén o conxunto de atribucións de exercicio de poder que realizaba nese ámbito. - Estamos diante dun dos máis importante persoeiros galegos da época. O profesor Andrade Cernades dixo que Xelmírez ben merecía un filme propio...- Dá para moitos, igual que para moitos libros de historia, e xa hai publicados moitos. Pero Xelmírez seguirá dando para novos libros no futuro, porque a fonte que mandou compoñer, a 'Historia Compostelana', é dunha riqueza extraordinaria, que se pode examinar sempre desde novos puntos de vista, e sempre relacionala con novas cousas. É unha figura inesgotable. É moi importante por iso, porque mandou compoñer os testemuños grazas aos cales podemos coñecer unha serie de cousas que doutro xeito se nos escaparían. E particularmente cousas que teñen que ver co exercicio do poder. |
NOS_13406 | Convoca unha concentración en Ares esta sexta feira, ás 20:00 horas, na Praza do Concello. Cualifica de "escandalosa" a falla de información, critica as "decisión tardías e contraditorias" e pide a transferencia a Galiza das competencias en seguridade marítima. | Volve Nunca Máis, se algunha vez é que se foi. O amplo movemento nado a raíz do desastre do 'Prestige' chama a una concentración esta sexta feira en Ares (20:00 horas, Praza do Concello) con motivo do embarrancamento do 'Blue Star'. "O accidente do quimiqueiro na costa de Ares puxo máis unha vez en evidencia a situación de indefensión da costa galega, e o auténtico despropósito na actuación do Goberno español, titular das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña", indica a plataforma nun comunicado. Nunca Máis pon o dedo sobre as preguntas que ao longo destes días continúan sen resposta: "descoñécese cal foi a orixe do sinistro, chamada de socorro do buque (de existir), medidas adoptadas antes do embarrancamento",. A isto engaden as críticas a "decisións tardías e contraditorias tomadas durante a xestión posterior" ao varamento. "Resulta escandalosa a absoluta falta de información en que volve incorrer o Goberno español", acrecentan. A Plataforma Nunca Máis chama as entidades do sector pesqueiro e marisqueiro e ao conxunto da sociedade. a participar na mobilización. Unha concentración na que demandan varias cuestións que considera básicas: Información pública, transparente e detallada; diálogo permanente coas entidades do sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectado; que as decisións relativas á protección do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira deben ser públicas ("a xestión do 'Blue Star' non pode ser un negocio"). Pide Nunca Máis tamén a "adopción das medidas precisas para evitar o derrame das 105 toneladas de combustíbel do buque", así como "garantir a dotación de medios, sistemas e protocolos de control de calquera incidente marítimo que se poida producir na ría de Ares". Por último, reclaman a "transferencia á Galiza das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña". |
PRAZA_15803 | Neste 2016 celébrase o centenario dun intelectual cuxa figura foi devorada polo secuestro do Santa María e esquecida polo país. Agora, aproveitando a efeméride, búscase emendar a desmemoria. | 'Confirmación de fe' e 'Xa non quero a liberdade': poemas inéditos de Xosé Velo "Non se pode falar do Santa María sen falar de Xosé Velo, pero si se pode falar de Velo sen o Santa María". Estas palabras pertencen, tal e como lembra o editor Paco Macías, a Victor Velo, fillo dun intelectual cuxo centenario celebrarase ao longo deste 2016. A súa figura resulta tan poliédrica como descoñecida nun país, Galicia, afeito aos claroscuros e a darlle as costas, segundo as circunstancias e as motivacións, a algúns persoeiros que non encaixan, xa sexa polo seu perfil libertario ou polo unha identidade disidente. Esa é a idea que expoñen dende a Comisión Procentenario Xosé Velo algúns dos seus membros. "Hai dende fai décadas un muro de silencio ao redor de Xosé Velo, simplemente polo feito de que era un home incómodo e radicalmente libre. Resultaba difícil de enmarcar", sinala Aser Alvarez, quen xunto a Paco Macías, Hixinio Arauxo, Margarita Ledo, Víctor Velo, Manuel Mera ou Lois Codias conforman unha promotora con trazos internacionais. Ese carácter global vén dado pola implicación de autores portuguesas como son Miguel Urbano, as brasileiros Elisabeth Lorenzotti e Ana Mascia Lagoa ou os cataláns Lúa Velo ou Xavier Montayá. Todos eles, en maior ou menos medida, implicáronse nun Centenario que este venres 22 de xaneiro, día no que se cumpren 55 anos do secuestro do Santa María, presentou no Museo do Pobo Galego as actividades previstas para efeméride. A celebración é simplemente a escusa e os actos, os medios para acadar un obxectivo claro: deitar luz ao redor da súa figura. "Con Xosé Velo está todo por facer", resume Paco Macías, responsable de Edicións Positivas, antes de engadir que "o silencio en Galicia sobre Velo é un escándalo". Para corrixir a desmemoria, o grupo promotor do Centenario desenvolverá unha serie de liñas de actuación ao longo deste ano. En primeiro lugar, están a organizar un Congreso en Santiago para finais de setembro e comezos de outubro. Será un encontro de carácter internacional que reúna aos investigadores e autores que furaron na súa traxectoria. En segundo lugar, está previsto a elaboración dun documental encabezado por Aser Álvarez cuxo obxectivo é a divulgación da figura de Xosé Velo. Publicarase, ademais, a través da editora Positivas a obra completo dun autor pouco coñecido, pero que segundo Macías conta cunha "dimensión e un valor únicos". Finalmente, manterase unha páxina que servirá de arquivo histórico con todo o material relacionado co autor e de libre acceso para o público. E todo co obxectivo de difundir e espallar a traxectoria, vida e obra dun Xosé Velo ao quen a promotora quere brindar "unha programación que lle faga xustiza". "Xosé Velo é un gran descoñecido e ese descoñecemento é froito dun país pouco civilizado", sentencia Álvarez. Esencial do galeguismo "Nacido en Celanova en 1916, Xosé Velo é un dos persoeiros galegos máis interesantes e descoñecidos do século pasado". Con esta rotunda definición ábrese a páxina web sobre o centenario, un espazo chamado a ser o gran arquivo da súa obra, ademais de constituírse como un lugar virtual para resarcir a súa figura, que estivo eclipsada sempre polo asalto ao Santa María. "Sempre manifestou un compromiso inquebrantable con Galicia, pero nunca foi reivindicado por ninguén por ser un acráta e un home libertario" "Pero Velo era moito máis ca iso. É un home de gran importancia no galeguismo, creou xunto a Celso Emilio Ferreiro as Mocidades Galeguistas de Celanova. A nivel político, sempre manifestou un compromiso inquebrantable con Galicia, pero nunca foi reivindicado por ninguén por ser un acráta e un home libertario", sinala Aser Álvarez, quen sinala "a importante e necesaria labor de emprender un exercicio de memoria neste país sen memoria e neurótico". O silencio e o Santa María Cómpre, polo tanto, redescubrir as caras ocultas pola acción do Santa María. Nese senso, débese recuperar ao Velo poeta, o Velo ensaísta, o Velo exiliado, o Velo orador ou o Velo docente. "Velo rexeitaba por completo a conduta que levaba a pactar coas faccións supostamente máis moderadas do réxime franquista. Por iso resultaba incómodo" Talvez todas as súas dimensións quedaron ocultas non só polo secuestro do Santa María -a mítica operación que a comezos dos anos sesenta emprendeu un grupo de tan só dúas ducias de persoas e que buscaban poñer o foco internacional sobre as ditaduras de Franco e Salazar-, senón tamén pola súa actitude fronte á certa deriva da oposición exterior e interior ao franquismo. "Velo rexeitaba por completo a conduta que levaba a pactar coas faccións supostamente máis moderadas do réxime franquista. Por iso resultaba incómodo e por iso foi silenciado. Ademais, hai que unirlle que ao ser un idealista e un home tan libre, xamais contou co paraugas nin do nacionalismo nin dos comunistas", explica Paco Macías. Mesmo sobre o propio secuestro do Santa María hai lagoas e silencios, xa que sempre se apuntou a que a organización do plan pertencía a Henrique Galvao, un dos líderes do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), formado por exiliados lusos e españois que loitaba contra as ditaduras de Salazar e Franco. "Iso é falso, o cerebro da operación non foi Galvao. O ideólogo foi Pepe Velo, hai evidencias e probas moi claras", segundo afirma Macías. Obras completas Entre as intencións deste Centenario está a publicación, da man de Positivas, das obras completas de Xosé Velo, conformado principalmente por textos ensaísticos, artigos de prensa e poesía. Está prevista neste 2016 a publicación de dous volumes, un dedicado á obra poética e outro centrado na reedición de Morra España, Viva Hespaña (1966). Deste xeito, está prevista neste 2016 a publicación de dous volumes, un dedicado á obra poética e outro centrado na reedición de Morra España, Viva Hespaña (1966). Ademais, realizarase a tradución dunha obra de investigación de Xavier Montanyá, Piratas de lla Libertat. Por último, elaborarase unha biografía revisada, produto de todo o traballo neste ano, que emende o esquecemento. Estará coordinado por Luis Codias. Con estas publicacións, preténdese constituír un corpus bibliográfico de rigor sobre o autor. "Un autor cuxa obra é radicalmente contemporánea, que trata temas vixentes na actualidade e dende unha perspectiva moi clarificadora", asegura Aser Álvarez, que tamén quere destacar a singularidade dunha obra, por desgraza, inconclusa e desaparecida. " ¡Velo realizou unha obra chamada A rebelión dos sinais, un percorrido pola historia universal para a infancia pola que se interesou a Fundación Ford para a súa publicación e distribución", engade Álvarez. Documental e rigor Aser Álvarez será precisamente quen coordine a elaboración dun documental divulgativo. Non será nin moito menos a primeira incursión neste xénero audiovisual do realizador, xa que no Centenario de Celso Emilio lanzou o documental 100x100 CEF. Nesa peza está, quizais, o xermolo do gran interese de Álvarez pola figura de Velo. "Cheguei a Pepe Velo a través de Celso Emilio, porque os dous compartiron momentos importantes das súas respectivas traxectoria, como a creación das Mocidades Galeguistas. Moitos dos fíos levaban, dun xeito ou doutro, a Pepe Velo", admite Álvarez, quen confesa a súa admiración polo intectual. "En todo o traballo de documentación e entrevistas realizadas até o momento non atopamos aínda ninguén que falase mal del. Todos recoñecen a súa xenerosidade e tamén a súa capacidade de conciliación. Pensemos que era unha persoa que ao chegar a Venezuela foi quen de unificar os tres centros de galegos de Caracas, o cal parecía imposible", remarca. Os organizadores do Centenario buscan derrubar o "muro de silencio" que arrodeou a Velo con accións concretas e divulgativas Sobre esta peza documental, Álvarez ten claro os seus obxectivos. "Que sirva, en primeiro lugar, para a difusión da súa figura. Despois, como elemento fundamental para a elaboración da biografía escrita, como parte da documentación. E todo feito co máximo rigor", conclúe. Ademais, está previsto que a raíz de todo este traballo se elabore unha unidade didáctica para o ensino primario e secundario, unha ferramenta que sexa útil para dar a coñecer nos primeiros chanzos do mundo académico a historia e a obra dun Velo que, antes que autor e intelectual, foi docente. Así o demostra o seu periplo vital. En todos os lugares que aos chegou por mor da vida e mais do exilio abriu escolas e academias. Na súa natal Celanova, en Vigo e Venezuela fundou centros de ensino. Este é un resumo urxente, o retrato apurado sobre un persoeiro arrodeado dun "muro de silencio" que, neste 2016, os organizadores do Centenario busca derrubar cunha serie de accións concretas e divulgativas. A mecha prendeu este venres no Museo do Pobo Galego, a partir de agora chegará todo o demais. |
NOS_8717 | A nova dirección dos populares galegos ten por diante pór a punto o partido para enfrontar as eleccións locais de 2023. Neste contexto cobra especial urxencia elixir as candidatas e candidatos da formación nas cidades, onde a conflitividade interna manda na vida de boa parte das agrupacións locais. O congreso local do PP de Santiago de Compostela é a primeira proba de lume. | O Partido Popular vive instalado no conflito e na interinidade en boa parte das cidades galegas. Agás en Pontevedra, onde se dá por feita a candidatura do actual voceiro, Rafael Domínguez; e en Vigo, con Marta Fernández-Tapia como candidata in pectore tras imporse nun conflitivo congreso local ao ex conselleiro, Javier Guerra; o resto dos principais núcleos de poboación teñen por diante nos vindeiros meses o proceso de renovación orgánico e a elección do cabeza de cartel para as municipais. A fronte compostelá A principal fronte de conflito está situada neste momento en Santiago de Compostela, entre o candidato "oficialista", Borja Verea, e a alternativa dos antigos pilladistas, Fernando Mayo. Precisamente, un e outro oficializaron esta terza feira a súa proposta para o congreso que os populares composteláns realizarán o 14 de maio. Fontes das dúas candidaturas, en declaracións a Nós Diario, coincidiron en sinalar que o congreso se trata dun proceso aberto onde calquera pode gañar. Neste sentido, explícase o chamado de Verea á unidade na presentación da súa lista. A situación non pinta mellor na Coruña cunha guerra aberta entre as familias do partido por controlar a candidatura das municipais de 2023. A un lado, o sector da voceira municipal, Rosa Gallego, non renuncia a situala como cabeza de cartel. Opinión diferente mantén o grupo nucleado arredor do senador do PP Miguel Lorenzo, sempre atendo ás indicacións de Romay Becaría. Neste escenario, ábrese a vía do presidente da Autoridade Portuaria da cidade, Martín Fernández Prado, concelleiro responsábel de Urbanismo durante a alcaldía de Carlos Negreira. O caso ourensán Ourense presenta un PP en fóra de xogo após os cambios de posición seguidos en relación co Goberno de Xácome e as diferenzas dunha parte das concelleiras e concelleiros con aqueles próximos a Baltar. A dimisión a mediados da lexislatura do anterior alcalde e candidato, Jesús Vázquez, facilita a José Manuel Baltar impor a unha persoa da súa confianza como cabeza de cartel, porén a operación non vai estar exenta de problemas. Ramón Carballo será o candidato do PP en Lugo agás que un merlo branco o aparte da cabeza de lista, algo que non parece probábel coas expectativas electorais actuais da formación na cidade. Neste sentido, semella descartada a opción da eterna promesa da dereita luguesa, Quique Rozas, e do novo aspirante, Antonio Meijide. Martina Aneiros ou Jose Manuel Rey A situación de Ferrol presenta unhas circunstancias particulares. Malia que o nomeamento da concelleira Martina Aneiros como delegada da Xunta na comarca dá pé a pensar no seu posíbel lanzamento como cabeza de lista para as locais, tampouco se descarta que volva intentalo o ex conselleiro e antigo alcalde ferrolán José Manuel Rey. |
PRAZA_20020 | A ningunha mente pensante, desas que tanto saben de leis, se lle ocorreu, polo visto, pensar algo tan sinxelo e tan elemental como que unha restrición ou mesmo suspensión das visitas dun maltratador aos seus fillos pode salvarlles a vida | Hoxe cheguei ao límite. Hoxe dixen ata aquí!. Para min rematou xa a escasísima tolerancia que aínda me quedaba e que tentaba conservar ante a falsidade, ante o teatro de postureo con que se tenta tapar esa enorme mentira que nos contan: Que a lei, a xustiza, a nós, mulleres vítimas da violencia de xénero, e as nosas crianzas, nos protexen. De novo a vida dun neno foi brutalmente segada por unha alimaña á que lle chamaban pai, e, de novo, a lei, a xustiza, foi cómplice nese asasinato. O autor material soamente disparou o tiro de graza, ese co que consumou o crime que entre todos xestaron. Había constancia de ameazas, de coaccións, de anuncio do que ía facer. Tamén eran coñecidos os seus problemas psiquiátricos. Factores de sobra para estar alerta e exercer esa prevención da que tanto predican eses que din defendernos, e que case ningún leva a práctica. Pero claro, todos sabemos que aquí somos moi de facer as cousas "polo libro ", e que o argumento estrela é "proba", malia que esto poida custar vidas. A ningunha mente pensante, desas que tanto saben de leis, se lle ocorreu, polo visto, pensar algo tan sinxelo e tan elemental como que unha restrición ou mesmo suspensión das visitas dun maltratador aos seus fillos pode salvarlles a vida. Que ante a dúbida dun perigo, cómpre previr. Non agardar a que a traxedia se consume. Tamén semellan ignorar que un maltratador é quen de calquera aberración con tal de facer dano á muller que ousou rachar as cadeas envelenadas que a ligaban a el e que considera da súa propiedade, é non hai nada que doa máis a unha muller que un fillo. A ningunha mente pensante, desas que tanto saben de leis, se lle ocorreu, polo visto, pensar algo tan sinxelo e tan elemental como que unha restrición ou mesmo suspensión das visitas dun maltratador aos seus fillos pode salvarlles a vida Que llo arrebaten, que o maten, é matala tamén a ela para sempre. Dito doutro xeito: esa mala besta xa acadou o seu obxectivo: acabar con ela, sen importarlle nin ter reparo algún en facelo a costa da vida do seu propio fillo. Queren probas, Señorías, queren evidencias? Pois aí a teñen: o asasinato de Javier! Un de tantos outros que se puido ter evitado. Que lles parece, abonda, ou ainda hai que agardar que aconteza algunha traxedia mais? Hoxe, cando como tantas outras veces, xa non hai remedio, foi tamén, unha vez mais, o día dos minutos de silencio, do xesto cariacontecido detrás das pancartas, de escoitar, de paso, algunha que outra arenga que, nun gran número de ocasións, non é o momento nin o lugar para lanzalas. Non soporto escoitar como se enchen moitas bocas falando de patriarcado, de feminismo, pero sen mover un dedo para facer algo real. É obvio que existe, e que é o xermolo deste masacre que estamos a sufrir, pero non é menos obvio que non podemos rematar con séculos de desatino dun plumazo. E unha tarefa ardua e que vai para longo. Precisamente por eso cómpre establecer prioridades, e a maior delas é traballar, loitar para que estas leis inxustas, carentes do máis elemental sentido común, que semellan protexer a o maltratador e castigar as vítimas, se reformen. Que protexan, pero de verdade. Acaso alguien pensa que cando esta nai, calquera nai a que un malnacido lle arrebate o que mais quere, tente atopar unha explicación, unha razón, para tan terrible crime a vai consolar que lle falen de patriarcado, de feminismo? O único que entenderá é que ao seu fillo o mataron porque a lei o permitiu, e contra eso hai que loitar xa. Esa é a prioridade. Evitar mais asasinatos. Tan difícil é de entender? Iso si, teño que recoñecer que as arengas e os minutos de silencio tal vez non sexan efectivos, pero si infinitamente máis cómodos, e mais lucidos, ond vai parar! |
QUEPASA_808 | Autor: Fernando Selma (1752-1810). Cronoloxía: Orixinal gravado en 1782. | Entendemos por gravado o resultado do traballo realizado sobre unha superficie de madeira, metal, linóleo ou pedra litográfica, chamada prancha ou matriz, por medio de instrumentos cortantes, punzantes ou de ácidos que atacan a superficie. O resultado é a estampa, soporte xeralmente de papel ao que se trasladou a imaxe por medio da tinta ao poñer en contacto a folla de papel coa prancha gravada e tinguida, exercendo presión cun tórculo ou prensa vertical. Por extensión tamén recibe o nome de gravado a estampa así realizada, de xeito que se confunde o proceso co resultado. Autoretrato de Rafael Sanzio (1483-1520) A Virxe do Peixe é un cadro de Rafael Sanzio, tamén chamado Rafael de Urbino (1483-1520), pintor italiano do Renacemento. Aínda que se descoñece a data exacta da obra, pódese datar no 1513, época na que Rafael estaba traballando nas estancias vaticanas. O cadro de Rafael está pintado coa técnica do óleo sobre táboa, e ten unhas dimensións de 215 x 158 cm. Represéntase nesta obra unha Sagrada Conversa, típica do Renacemento italiano, na que aparece a Virxe María con manto azul e alzada mediante un sinxelo pedestal, suxeitando ao Neno coas mans. Tanto a Virxe coma o Neno son contemplados, á esquerda do espectador, polo Arcanxo Rafael e por Tobías, que leva na man dereita o peixe co que soe ser representado, e á dereita do espectador por San Xerónimo cun libro nas mans e co tradicional león aos seu pés. Rafael incorpora así á súa obra un recorrido bíblico que durante moito tempo exhibiuse na capela de Santa Rosalía da igrexa napolitana de San Domenico, antes de que chegara a mans do vicerrei e que este lla entregara ao rei español Felipe IV. As figuras forman parte das mellores creacións de Rafael, especialmente a da Virxe, cuxa expresión e mirada baixa só podían ser obra do artista de Urbino. O conxunto, de gran forza compositiva, é representativo do nivel artístico alcanzado por quen na mesma época decoraba as estancias vaticanas. Si ben a autoría desta táboa esta fora de toda dúbida, algúns expertos sinalan que nela puido participar Giulio Romano, o que é perfectamente posible dado que foi un dos alumnos predilectos de Rafael. Fernando Selma (1852-1810) Os gravados, como este, xogaron un papel fundamental por difundir entre a poboación as obras dos grandes pintores, as cales, de non ser así, serían descoñecidas para gran parte do público. Fernando Selma foi un célebre gravador español nacido en Valencia. Fixo os seus estudos na Academia de San Carlos (Valencia) e na Academia de San Fernando (Madrid). Pensionado por Carlos IV e protexido pola Academia de San Fernando, aproveitou ao máximo os consellos dos seus mestres, Francisco Bayeu e Manuel Salvador Carmona, manifestando nos seus debuxos, ao pouco tempo, unha corrección e delicadeza que participaba da dozura e suavidade do seu carácter. Foi nomeado académico de mérito (1780) e Director Honorario (1783) da Academia de San Carlos de Valencia; académico de mérito da Academia de San Fernando (1783) e da de San Carlos de México (1796). No 1799 obtén o cargo de gravador de cámara de Carlos IV polos méritos adquiridos nos traballos realizados para a Secretaría de Estado e de Despacho, así como polas cartas mariñas e planos de costas, actividade á que se dedicou exclusivamente ata a súa morte. Despois de morrer en Madrid no 1810, moitas das súas obras foron vendidas pola súa viúva á Real Calcografía Nacional, entre as que se atopaba o orixinal da "Virxe do Peixe", do que a Fundación Fernando Blanco ten unha reprodución. Once son os gravados que se conservan na Fundación Fernando Blanco, dun total de trinta e seis que, procedentes da Real Calcografía Nacional, o Ministerio de Instrución Pública doou á entidade ceense no curso 1915-1916, conformando no seu momento unha recompilación dos máis afamados gravadores, tales como Bartolomé Maura, Fernando Selma, Joaquín Ballester ou Eugenio Lemus, o que non fai senón confirmarnos a gran calidade desta colección en boa parte desaparecida. Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN Custoria ou Ostensorio. Cristo Crucificado (óleo). Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema. Gramófono. Modelo Locomotora de Crampton. Telégrafo de Morse. Cámara escura fotográfica. Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). Óleo de Fernando Blanco de Lema. |
NOS_53917 | O rendemento de ambos conxuntos na primeira xornada é unha incógnita. O Deportivo, pola súa parte, preséntase en Riazor no Teresa Herrera máis polémico. | É inevitábel ter a sensación de que o fútbol cada vez comeza antes, porque é rotundamente certa. Se a presente tempada (2022/23) arrancou xa no día de onte, 12 de agosto, cun Osasuna-Sevilla, hai 10 anos (2012/13) facíao case unha semana máis tarde, o 18 de agosto. E hai 20 (2002/03) as primeiras patadas ao balón na Primeira División adiáronse até o 31 de agosto, mentres que na 92/93 o partido inaugural non chegou até o 9 de setembro, case un mes máis tarde que na actualidade. Iso provoca situacións anómalas, como que os equipos disputen partidos oficiais sen ter totalmente definidos os seus cadros de xogadores, xa que o mercado de traspasos non baixa a persiana até o 1 de setembro. Tanto Celta de Vigo como Club Deportivo Lugo, de novo os únicos representantes da Galiza na elite, son vítimas desta deriva no fútbol profesional, pois ambos os conxuntos aínda teñen moitas operacións por diante -tanto altas como baixas-, o que levará a que os onces que presenten nesta primeira xornada poidan variar sensibelmente con respecto aos da cuarta data. Así, a escuadra celeste debuta na Liga (hoxe, 17 horas) nun Balaídos aínda en obras ante un galeguizado Espanyol no que destacan dous galegos, Diego Martínez no banco e no ataque o goleador Joselu, descartado polo presidente do Celta pola súa idade, 32 anos. Ademais, nas filas pericas tamén están o ex celeste Sergi Gómez e Edu Expósito, que xogou no Dépor entre 2015 e 2019. Se non hai novidades de última hora, o Chacho podería formar con Marchesín; Hugo Mallo, Unai Núñez, Aidoo, Galán; Fran Beltrán, Óscar Rodríguez, Carles Pérez, Cervi; Paciencia e Aspas. O Lugo, pola súa parte, tras unha cómoda salvación que fixo del o decano da Segunda División e de dicir adeus aos seus tres capitáns, presenta no Ángel Carro (segunda feira, 19.30 horas) a proposta de Hernán Pérez, substituto no banco albivermello do técnico do seu primeiro rival, o Albacete de Rubén Albés. A diferenza do Celta, tratar de prognosticar un once do Lugo sería como tirarse a unha piscina sen saber se hai auga. O Deportivo preséntase en Riazor no Teresa Herrera máis polémico O desleixo por parte do Real Club Deportivo co Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos de verán e outrora coñecido como "a gran festa do fútbol galego", deveu nunha progresiva decadencia desde comezos do presente século que se agudizou durante os tres últimos anos. Nesta ocasión (hoxe, 20.30 horas), á escasa entidade futbolística do rival, o Metalist de Kharkiv -ascendido á máxima categoría ucraína hai dous meses-, engádese a polémica polo indisimulado nazismo dos Simmer Polecats Crew, o sector máis radical da súa afección, o que levou os Riazor Blues a boicotear o torneo e a anunciar que non estarán nas súas bancadas de Marathón Inferior. Dúas horas e media antes, ás 18.30, o Dépor Abanca xogará o Teresa Herrera feminino contra o Familicão portugués. |
NOS_20170 | O animal quedou atrapado no 'palangrillo' dun barco na ría de Cedeira e foi trasladado á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario que a Cemma ten en Nigrán | O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, acolle o lobo mariño cincento Rube para a súa recuperación. Esta acción forma parte da colaboración que vén mantendo desde o ano 2003 Xunta coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), para a recuperación dos mamíferos mariños que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos. O animal quedou atrapado o 17 de novembro no palangrillo dun barco na ría de Cedeira e foi trasladado á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario que a Cemma ten en Nigrán. Unha vez ingresado comprobouse que se trataba dun macho de menos de dous meses de idade e que pesaba 11 quilos, sendo un dos lobos mariños máis pequenos tratados en Galiza. Presentaba feridas no corpo, estaba desnutrido e deshidratado e cunha leve afección respiratoria. A súa evolución foi favorábel, o que lle permitiu gañar peso e quedar fóra de perigo, polo que superou a primeira fase da recuperación e procedeuse a trasladalo ao Igafa para superar a segunda fase, a previa á súa liberación. Deste modo, Rube permanecerá varias semanas nunha piscina exterior de auga corrente salgada do Igafa e posteriormente será embarcado para a súa solta en alta mar. |
NOS_35746 | Será o 23 de febreiro na Malatesta, Compostela. Haberá poesía, música, teatro e intervencións de diferentes colectivos e organizacións para lembrar e homenaxear o independentista asasinado en novembro de 2017. | O asasinato de Duarte Abad Loxo o 10 de novembro de 2017 causou un gran pesar no independentismo e no soberanismo, campos nos que comezara a militar ben mozo. Quince meses despois daquela morte, a Sala Malatesta (Compostela) acollerá o 23 de febreiro un acto nacional de lembranza e homenaxe a Duarte impulsado por amigos e compañeiros. O acto será presentado por Isabel Risco e Xurxo Souto e contará coa intervención de poetas como Laura Ramos Cuba, Sechu Sende, Charo Lópes ou Ramiro Vidal. A música correrá a cargo de Pauliña, Leo Arremecaghoná, García MC, Mini, Manolo Bacalhau, Menina Arroutada e Os Enxebres de San Lázaro. Xoán Mejuto e Iria Ares interpretará fragmentos de 'Rastros', obra de Roberto Vidal Bolaño que Teatro do Aquí estreou en 1998 en Vilagarcía e na que un dos protagonistas era preso independentista. O ramo ao acto poñerano unha serie de intervencións de representantes de colectivos e organizacións: Joam Lopes, polas Juntas Galegas pola Amnistía (Juga) e Beatriz Doldán (Comités Anti-Represivos) - actualmente extintas, eran organizacións de solidariedade para cos presos e presas independentistas do EGPGC-. Cristina Rodrígues, de Que Voltem á Casa, Suso Seixo, exsecretario xeral da CIG; Elvira Souto (Mesa pola liberdade dos presos independentistas, tamén extinta) e Francisco Rodríguez, exdeputado do BNG nas cortes españolas. O prezo da entrada é 5 euros e destinarase a recadación íntegra da Homenaxe a Que Voltem a Casa! Natural de Noia, onde naceu en 1967, Duarte Abad foi condenado en 1989 por pertenza ao Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), cumprindo 13 anos de prisión en diversas cadeas do Estado español. Unha vez en liberdade, realizou o Doutorado en Historia, especialidade na que ten feito diversos traballos, nomeadamente sobre as Irmandades da Fala ou Francisco Tettamancy, entre outros. Traballou na hostalería da zona vella compostelá e posteriormente na Coruña como vendedor de peixe, tarefa que desenvolvía por diferentes puntos da comarca. As persoas que o coñeceron e trataron destacan del o seu carácter aberto e afábel. "Era tan grande como boa persoa", descríbeno, "un neno grande" cunha enorme vitalidade. Cualidadades todas elas á que engaden o seu firme compromiso cun país polo que sentía paixón. "Un patriota", resumen. |
NOS_25664 | O verán é unha época do ano na que máis papaventos voan a causa do tempo de lecer e das boas condicións meteorolóxicas. Se ben é habitual pensar no papaventos como un xogo infantil, ao longo da súa historia representou tamén un papel relevante en actividades moi diversas, como a estratexia militar ou a investigación científica. | Paxaros de papel voan cruzándose, xirando e tinxindo o ceo de cores, até que caen, para alzaren de novo o voo, fluíndo co vento, que os mantén vivos, que os soporta no aire. Ao longo do verán, as praias do mundo énchense de papaventos, que sobrevoan as cabezas dos espectadores e espectadoras que as contemplan como un dos espectáculos máis coloridos e populares da historia. A pesar de que a acción de voar un papaventos é considerada como un xogo de crianzas, estes tiveron ao longo da historia moitas máis utilidades que a súa faceta lúdica. De feito, foron creados para seren empregados como dispositivos de sinalización militar. Posteriormente, tamén foron usados como instrumentos científicos para a medición de fenómenos atmosféricos. A día de hoxe, os papaventos están moi relacionados con varias actividades deportivas e de lecer, como elemento de arrastre, no kitesurf (deslizamento na auga sobre unha táboa tirada por un papaventos), o kite buggy (pequeno coche de tres rodas sen motor propulsado con ese mesmo sistema) ou as zorras arrastradas sobre a neve por papaventos; ou como elemento planador, como é o caso do ala delta, ás veces tamén combinados con motor, como os ultralixeiros. Segundo a tipoloxía estabelecida polo Convenio sobre Aviación Civil Internacional para os corpos que se moven polo aire, os papaventos deben ser considerados aeronaves. As aeronaves máis lixeiras que o aire enmárcanse no grupo dos aerostatos e as máis pesadas, no dos aerodinos. Un exemplo de aerostatos con motor é o dirixíbel e, sen motor, un globo aerostático; os aerodinos con motor son os avións e, sen el, os planadores, os xa citados alas delta ou os propios papaventos. O feito de pertencer ao grupo dos aerostatos permite que o papaventos deba ser considerado como unha máquina voadora, a primeira deseñada pola humanidade. Tradición A tradición popular conta que o inventor do papaventos foi un campesiño que atou o seu gorro a unhas cordas para que non llo levara o vento. Certo ou non, o papaventos é considerado o primeiro aparello co que o ser humano iniciou as estratexias de voo. A súa orixe remóntase á China do ano 1200 a. C., onde se empregaba como instrumento militar. Os movementos e cores dos papaventos funcionaban como mensaxes mediante as cales se comunicaban na distancia diferentes destacamentos militares. Cóntase que durante a guerra de Chu-Han, entre 206 e o 202 a. C., o xeneral Zhang Liang levou a cabo unha estratexia ben singular cos papaventos, ao elevalos sobre as posicións inimigas, nunha xornada con pouca visibilidade, levando suxeitas neles unhas crianzas, que comezaron a entoar cancións desde o aire. A melodía provocou que os soldados inimigos sentiran unha gran morriña e abandonaran a loita, propiciando a vitoria da dinastía Hang, cuxas tropas dirixía o xeneral Liang. A anécdota, verídica ou non, mostra a importancia que tivo na estratexia militar a orixe do papaventos. De feito, non sería até a dinastía Tang (618-907 d. C.) cando se comezaron empregar os papaventos como xoguetes. Despois de seren usados polos exércitos como elemento auxiliar nas guerras, para a transmisión de sinais, para medir distancias e mesmo para a elevación de observadores, os papaventos serían empregados tamén para a fotografía aérea e, de maneira moi significativa, na actividade científica. O primeiro uso coñecido neste campo produciuse no ano 1752, cando Benjamin Franklin levou a cabo un célebre experimento elevando un papaventos cun longo arame, suxeito por un fío de seda humedecido e unido a unha chave, co fin de demostrar que os raios eran un fenómeno de natureza eléctrica, experiencia que lle serviu tamén para inventar o pararraios. O experimento de Franklin foi o precedente de moitos estudos meteorolóxicos. A aeroloxía, o estudo das altas capas da atmosfera, naceu no momento no que os globos libres puideron elevarse de maneira segura e estábel a grandes alturas. Desde entón, os globos e os papaventos convertéronse en técnicas esenciais para as medicións meteorolóxicas. Outros experimentos O papaventos tamén desempeñou un papel imprescindíbel no desenvolvemento da industria aeronáutica. Como forma máis primitiva de máquina voadora máis pesada que o aire, axudou en gran medida á creación da máquina voadora máis complexa, o avión, sobre todo no estabelecemento das teorías aerodinámicas, como demostran os traballos do inventor australiano L. Hargrave, cuxo papaventos de caixa mellorou, en 1893, a relación de elevación e arrastre dos primeiros planadores. Pouco antes, o pai da aeronáutica, o británico G. Cailey, usara papaventos de tipo arco modificados para construír o planador no que se realizou o primeiro voo tripulado. Os propios irmáns Wright experimentaron con papaventos de caixa para conseguiren dominar o control da dirección do seu avión. Ao longo da historia foron moitos os artistas de diversas disciplinas que usaron o papaventos como motivo artístico. No referido á literatura, o visionario Jules Verne fixo voar un dos seus personaxes nun papaventos para explorar a illa de Chaiman na súa novela Dous anos de vacacións, publicada en 1888. A respecto da pintura, os papaventos representaron con frecuencia motivos pictóricos. É de obrigada mención o famoso óleo de Goya O Papaventos, de 1778, enmarcado no estilo Rococó. Un século despois, en 1880, Carl Spitzweg tamén decidiu representar os papaventos no seu óleo Voando papaventos, no que o pintor alemán mostra unhas crianzas xogando con este elemento. Na arte contemporánea hai tamén coñecidas experiencias que os escollen como motivo central da creación artística. A siciliana Alessia Marrocu levou a cabo un proxecto de arte no ceo para o cal construíu un conxunto de papaventos a voaren sobre a paisaxe como se dos soños humanos se tratasen. O artista francés François Beaurain realizou unha experiencia con varios papaventos simultáneos no ceo. Colocou neles pequenos LED para capturar cunha cámara, durante a noite, os movementos de longa exposición dos papaventos e, a través da superposición de imaxes, empregando a técnica do timelapse, crear paisaxes debuxadas con luz. |
PRAZA_12272 | Os delegados socialistas votan para elixir secretaria ou secretario xeral tras unha sesión na que o candidato á reelección optou polo ton institucional e a ex ministra, por tentar explicitar contradicións nas propostas do seu rival. | A sorte está botada para os candidatos á secretaría xeral do PSdeG. Os 460 delegados chamados a elixir entre Pachi Vázquez votan despois de escoitaren senllos discursos nos que o candidato á reelección optou polo ton institucional e Espinosa por tentar explicitar contradicións no seu rival, todo entre un ambiente no que os partidarios de ambos se esforzaron en amosar forza a base de aplausos e coreos, pero tamén na propia posta en escena. Así, cando Vázquez foi chamado á tribuna para intervir, Espinosa irrompeu no plenario rodeada de varias dirixente socialistas. A continuación entrou o aínda secretario xeral, vencendo no primeiro aplausómetro. Como na presentación do informe de xestión, Pachi Vázquez evitou o corpo a corpo e preferiu lanzar mensaxes máis ou menos subliminais á súa opoñente que, en todo caso, non ocuparon unha parte fundamental do discurso. No que puido ser interpretado como unha mensaxe de ruptura cara a quen foi un dos seus principais valedores, José Blanco, o do Carballiño prometeulles aos seus un partido sen "paternalismos que nos veñan dicir o que temos que facer", un "proxecto sen ningún tipo de tutela, que sexa el mesmo o que tome as decisións". Este, di, é "un modelo que ás veces me dá dores de cabeza" pero que deriva no "traballo en equipo, cohesionado e unido" e "que pensa en galego" dende "a esquerda, cos valores da liberdade, da solidariedade e da igualdade". Vázquez reivindica un partido "sen paternalismos, que non nos veñan dicir o que temos que facer". Xunto a esa reivindicación da esquerda e do galeguismo, Vázquez, que interveu en primeiro lugar tal e como determinou o sorteo previo, tomou como propios algúns dos asuntos máis controvertidos do Congreso Federal do PSOE: "eleccións primarias para elixir a persoa máis capacitada que teña posibilidades de gañarlle á dereita" ou "listas abertas", promesas que despois aproveitaría Espinosa, no treito máis combativo da súa intervención. "Primarias, sen ningunha dúbida, listas abertas, tamén. Listas abertas, por certo, non vale dicilo hoxe, non vale votar unha cousa en Sevilla e dicir aquí que se vai facer. Non vale dicir unha cousa nun sitio e outra, noutro", sinalou, entre os aplausos dos seus partidarios. Espinosa: "Primarias si e listas abertas tamén, pero non vale votar unha cousa en Sevilla e outra aquí" Se este foi un dos treitos máis aplaudidos das palabras de Espinosa, Vázquez logrou espertar un auditorio que desconectara no treito de críticas ao Goberno de Feijóo con propostas en clave de "progreso". "Recuperar a nosa lingua como elemento que nos une" despois de que o PP tentase "destrozala", garantir unha "sociedade laica", con "neutralidade relixiosa en todos os actos públicos" ou rematar cos "privilexios hipotecarios dos bens da Igrexa, que ten que pagar como todos", foron algunhas das promesas dunha alocución con aire de investidura que logrou enganchar os partidarios do candidato á reelección. Pola súa banda, o momento álxido de Espinosa chegou en dous puntos: a referencia ás mulleres, "que hoxe queremos dirixir o socialismo galego" e, sobre todo, a mención ao que situou como referente fundamental do seu proxecto "galeguista e socialdemócrata", "ese leal amigo que se nos foi hai poucos meses, Isaac Díaz Pardo", unha lembranza que logrou pór en pé á práctica totalidade dos presentes. Malia á luva branca que caracterizou a campaña interna, os discursos remataron con berros de "Elena, Elena" seguidos polos de "Pachi, Pachi". O alcalde de Lugo e presidente do Congreso, Xosé López Orozco, optou pola distensión: "Non me digades que non paga a pena pertencer a un partido como o noso", sinalou, ante o aplauso xeral. |
PRAZA_4906 | O BNG pide unha "auditoría a fondo" que determine os custos reais do Gaiás e sospeita que os gastos en varias actividades culturais superan o importe previsto. | A Cidade da Cultura consome 27.000 euros ao día. Esa é a cantidade que o Gaiás supón para Galicia, segundo denuncia o BNG a través da súa deputada Ana Pontón, que ve esta cifra "un dispendio inasumíbel nun momento de grave crise económica". O Bloque volveu poñer o foco sobre o complexo logo de adxuntar unha serie de documentación cos contratos subscritos en 2011 e 2012 e que demostrarían o incremento "de maneira substancial" no gasto nos contidos deste espazo cultural respecto ao inicialmente previsto. O Bloque sospeita que os gastos en varias actividades culturais son maiores ao anunciado nun principio Ana Pontón insistiu en que o BNG seguirá reclmando á Xunta máis documentación para poder coñecer "de xeito pormenorizado" todos os gastos de varias actividades culturais, xa que na formación nacionalista sospeitan que poden ser superiores ao inicialmente dito. En concreto, lembran que "faltan os contratos dos seis comisarios da exposición Gallaecia Pétrea". Como exemplo, o Bloque lembra que o concerto de Björk custou medio millón de euros, mentres que o espectáculo de Cirque du Soleil elevouse aos 215.000, tal e como se pode comprobar na documentación que lle achegou á prensa. A parlamentaria nacionalista reclamou, ante todas estas dúbidas, "unha auditoría a fondo" por parte do Consello de Contas para que determine os custos reais do complexo cultural e que inclúa tamén unha análise dos números da Fundación Cidade da Cultura e da Fundación Gaiás. "As asociacións culturais e a cidadanía teñen dereito a coñecer o destino dos cartos públicos e o seu uso", lembra o BNG, tras reclamar toda a documentación das contratacións e denunciar que a Xunta "segue a ocultar información". O BNG pide unha "auditoría a fondo" por parte do Consello de Contas Ana Pontón lembrou que o BNG reclamou, a través do artigo 9, toda a documentación sobre as contratacións porque as asociacións culturais e a cidadanía "teñen dereito a coñecer o destino dos cartos públicos e o seu uso". Ademais, denuncia que o Goberno galego, en vez de privilexiar a cultura galega "apoia a cultura de fóra e a empresas sen sede social no noso país, tal e como aconteceu coa montaxe e transporte da exposición Gallaecia Pétrea a cargo dunha empresa con domicilio social en Madrid. A documentación "incompleta" remitida ao grupo parlamentario do BNG, dixo, confirma que a devandita exposición superou o millón cen mil euros, "a pesar de que o conselleiro cando preguntamos por este asunto no Parlamento, negou esa cantidade". En canto á paralización dos dous edficios pendentes do Gaiás acordada no Consello da Xunta, o BNG tamén reclama que o Executivo envíe ao Parlamento galego toda a documentación, así como unha comparecencia do presidente Feijóo para explicar con detalle o acordo. O Bloque quere coñecer as indemnizacións previstas nos contratos, así como se o pacto se axusta á legalidade. "Ningunha empresa é unha ONG e hai zonas escuras nese acordo", di. |
PRAZA_12964 | Vanessa Veiga aparcou o atletismo sendo unha promesa para formar unha familia. Sete anos e tres fillos despois, a galega competirá no maratón dos Xogos Olímpicos de Londres, unha disciplina que case non coñecía hai uns meses. | Vanessa Veiga (Gondomar, 1979) completou un imposible. Ou case. A Federación Española de Atletismo confirmoulle esta mesma semana a súa praza no equipo de maratón para os Xogos Olímpicos de Londres. Era unha noticia sabida logo da súa vitoria no campionato de España da especialidade o pasado mes de decembro, un triunfo que chegou logo de sete anos retirada do deporte e pasados xa os 30 anos. Porque esta atleta galega, residente en Toledo, decidiu deixalo con 24 anos. Casada co plusmarquista español de maratón, Julio Rey, trasladouse á capital manchega sendo xa unha promesa do atletismo, como campioa española júnior de cross e promesas e con toda unha carreira por diante. Pero quería ter fillos. "Decidín que iso era máis importante", conta. Tivo tres -dúas nenas e un neno- e o deporte de elite quedou a un lado. Pero un día dixo que quería volver. "Ao meu marido non lle fixo moita graza, non o tomou ben", di Veiga, que lembra como a súa familia consideraba imposible que volvese ter un nivel nin tan sequera semellante ao dos seus inicios. "Non querían que sufrise nin que levase paus, pero meu sogro miroume a cara e desde o día seguinte púxose a traballar comigo", conta. Sendo unha promesa do atletismo, decidiu deixalo para ter fillos. Tivo tres e volveu á elite sete anos despois O seu sogro era e segue sendo o seu adestrador, o home que a convenceu de que era posible estar en Londres neste verán. "Nin se me pasaba pola cabeza chegar aos Xogos", recoñece unha atleta que nunca disputara un maratón até hai pouco máis dun ano. Volveu probar no cross, pero un problema físico "derivado da presión", convenceuna para centrarse no asfalto. "Gozaba máis desas carreiras e todo o mundo me dicía que tiña as característicias ideais para correlas; dáseme ben, teño cualidades e son moi traballadora, así que ao final as cousas tiñan que saír", di entre risas. "Decidín correr un medio maratón para probar", recoñece. Gañou o campionato de España Pero sabe que a súa situación foi e é "moi atípica". "Estiven moito tempo afastada do deporte e decidín correr un medio maratón para probar e sorprendeume o resultado porque case non adestrara". Gañou o campionato de España. Foi daquela cando se propuxo dar o salto aos máis de 42 quilómetros da proba máis mítica do atletismo. "Prepareime e decateime de que podía loitar por unha praza olímpica; o obxectivo era conseguir a marca mínima, nada máis", asume. E abofé que a conseguiu. Gañou o campionato de España de maratón na súa primeira carreira e acadou praza directa para os Xogos Olímpicos. Sete anos e tres fillos despois. E non se conforma. "A verdade é que na carreira non sufrín o que pensaba que se tiña que sufrir", chega a dicir, o que lle dá máis folgos de cara ao futuro. Desde o pasado mes de decembro, o seu adestramento só ten Londres como obxectivo, ademais de mellorar unha chea de detalles nos que unha corredora afeita ao cross nunca reparara. "Acumular máis quilómetros, mellorar a forza... Agardemos que no verán todo este traballo dea resultados". "Cada persoa está predestinada a facer algo ou ter un don nesta vida" Sabe que é admirada e que, no seu caso, falar de conciliación laboral é case unha milagre. "Non sei nin como fixen, nin como fago... Supoño que se me aparecería a Virxe", asegura. "Cada persoa nesta vida está predestinada a facer algo ou ten un don para algunha cousa; todo o mundo me dicía que tiña moita clase para correr, pero nun momento decidín que era máis importante ser nai. Cando crin que tiña máis tempo libre, volvín ao atletismo, pero con moito traballo e esforzo", recoñece. O mesmo que require agora compaxinar adestramentos e coidado familiar. "Cóstame moito, pero son unha persoa moi organizada; deixo os rapaces ás nove no colexio, recollo a casa e marcho adestrar". Así día tras día, unha xornada que non podería levar a cabo sen a axuda "do marido, dos sogros e dos pais". "Con eles todo é máis doado; adaptan os seus horarios a min e o feito de que meu home tivese experiencia no deporte axuda moito porque sabe perfectamente o duro que é", aclara, tras recoñecer que os méritos dos seus triunfos non son seus, "senón dun equipo". "Se eles non me botasen as mans que me botan, eu non podería facer nada disto", insiste. "Hai algún tempo diría que me conformaba con competir en Londres, pero agora non; darei o 400%" Agora, e malia que cre "tecnicamente imposible" optar a unha medalla, Vanessa Veiga non se rende. "Se me preguntases hai tempo, diríache que me conformaba con estar en Londres, pero agora non é así; quero chegar alí no mellor momento de forma da miña vida e para logralo estou sacrificando moitas cousas; non me conformo con nada", explica, tras aclarar que un maratón "é unha carreira moi longa, onde dous e dous non son sempre catro". "O importante é mellorar a miña marca, pero non me marco unha meta porque darei o 400% do meu corpo", advirte unha atleta e nai que sabe que compartirá equipo con outra galega, Alessandra Aguilar, que non ten a praza confirmada debido a unha sanción que rematará de cumprir en poucos días. Se non hai sorpresas, compartirá equipo de maratón con outra galega, a lucense Alessandra Aguilar "Alessandra sempre a considerei unha fixa no equipo porque sempre foi a mellor maratoniana, con diferenza; se logra conseguir un estado de forma igual, parecido ou incluso algo menor ao habitual, a praza é súa", aclara quen entende que o tempo de espera sexa "unha tortura" para a atleta lucense. Xa non o é para ela, que dedicará calquera éxito aos seus cativos. A aqueles que "aínda non son moi conscientes do que supón o que fago", pero que xa se van decatando do mérito da súa nai. "Mamá, por que todos te admiran tanto?", preguntoulle unha das súas rapazas hai pouco. É evidente. |
NOS_31638 | Horas decisivas na decantación definitiva do procés, após o incuestionábel triunfo do SI no referendo do 1-O, a guerra económica aberta por grandes corporacións que deslocan a súa sede social fóra de Catalunya e o contra-ataque unionista coa manifestación masiva deste domingo, engordada por miles de persoas vindas de fóra do Principat. | Neste momento a incógnita principal é se na súa comparecencia parlamentar desta terza feira o president Carles Puigdemont declarará ou non a independencia de acordo co prescrito pola Lei de Referendo, o texto legal suspendido polo Tribunal Constitucional que contemplaba a proclamación do Estado catalán independente no caso de o SI se impor no referendo de autodeterminación. O debate no seo do bloco soberanista é se o Govern debe aterse á literalidade da Lei do Referendo e proclamar a independencia xa de forma unilateral -a coñecida como DUI- ou procurar un subterfuxio que lle faga gañar tempo, do tipo dunha declaración diferida da independencia, isto é, que adíe no tempo a súa plena entrada en vigor após un proceso de negociación (con mediación) con Madrid. Neste debate hai un soterrado xogo de posicións entre os distintos segmentos do soberanismo. Días atrás produciuse unha rechamante toma de posición por parte do conseller Santi Vila (persoa de confianza de Puigdemont, embora a súa condición de independentista tépedo) a prol dun "desarmamento" dos dous bandos en conflito: "Pido un cesar o fogo, mais España aínda non nos dá tregua". Vila propón que nen Madrid nen Barcelona tomen nos próximos días "decisións que podan ser irreparábeis", o que traducido significa que nen DUI nen activación do artigo 155 da Constitución que suspenda a autonomía. Face esa postura de Vila alzáronse na fin de semana dúas voces moi significativas no seo do soberanismo. A primeira, a de Jordi Cuixart, presidente de Òmnium Cultural e imputado pola Audiencia Nacional por sedición. O líder do colectivo independentista defendeu que sen DUI "non haberá ningunha mediación internacional". "Agora estamos fortalecidos e é chave dar lle saída á Lei de Referendo". A segunda voz corresponde á deputada da CUP, Mireia Boya, quen a meio dun chío enviou un clarísimo recado a Puigdemont: a declaración de independencia debe ser inmediata e debe producir efeitos xa, non se pode condicionar a nengunha eventual negociación e/ou mediación. Se, no canto de ir a unha DUI, o Govern opta por unha declaración descafeinada ou diferida no tempo sería tanto como "lexitimar a violencia do 1-O", sería tanto como "rendernos", argumenta a parlamentar da CUP. No hi ha declaració retòrica possible davant els 2M d vots defensats amb el cos l'1oct. Seria legitimar la violència policial, rendir-nos.— Mireia Boya Busquet (@yeyaboya) 8 de outubro de 2017 |
NOS_25450 | A xornada de paro do 14N chega apoiada por máis de setenta organizacións, colectivos e entidades galegas, que respaldan así a Folga Xeral convocada por CIG, CCOO e UGT para alén doutras centrais sindicais. Un amplo e heteroxéneo abano de voces que coinciden na necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas e medidas contra as maiorías sociais | A Folga Xeral do 14N chega avalada por unha multitude de adhesións e apoios de organizacións e forzas non só do eido sindical ou político, senón de campos como o cultural, o social, o ambiental ou do ensino, entre outros moitos. Unha maré de respaldos que coinciden en chamar á cidadanía a secundar a xornada de paro e as mobilizacións desta cuarta feira incidindo na importancia de mostrar o rexeitamento á vía escolleita por Bruxelas e os gobernos do PP para sairen da crise. No sindical, e para alén de CIG, CCOO e UGT, a xornada de paro está apoiada por centrais como a CUT, CNT, CGT ou USO. No que atinxe ao eido das forzas políticas, a Folga Xeral conta co apoio de BNG, PSOE, AGE, CxG, Causa Galiza, Nós-UP ou MpB, entre outros. Mais un dos elementos salientábeis do 14N é que nas últimas semanas boa parte do tecido cultural, social, educativo ou profesional da Galiza foron amosando o seu apoio á convocatoria, tal e como vén de facer público o Foro galego de Inmigración. Boa parte dese tecido concrétase na Alianza Social Galega, que hai uns días publicou unha declaración de apoio á Folga Xeral, contra un escenario de políticas e medidas que conlevan "o empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente". Asinaron esta declaración máis de 60 organizacións e entidades: A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación Pola Paz; Asociación Fuco Buzán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confederación Intersindical Galega (CIG); Confraría Pescadores Póboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGs; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega d Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma Defensa Ensino Público; Plataforma Defensa Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa Ensino Público; Plataforma polo Emprego (Asociación); Plataforma Queremos Galego; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Sindicato Traballadores e Traballadoras Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; Unión de Autónomos de Transporte Carretera e Mar; UGT Galicia; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade |
NOS_50099 | A formación, que participou nas eleccións na coalición Galicia en Común-Anova Mareas, pospón unha "reflexión profunda" na súa XIII Asemblea Nacional. | A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida (EU), máximo órgano de dirección entre asembleas, acordou este sábado realizar "unha reflexión profunda" após o "desastroso" resultado das eleccións do pasado 12 de xullo. O marco para este debate será a súa XIII Asemblea Nacional, que aínda non ten data, pendente, entre outras cuestións, da evolución da pandemia, pero que se acordou adiantar. Nun comunicado EU subliña que os resultados electorais do 12 de xullo sitúan Galiza nunha nova maioría absoluta do PP tras anos de "recortes" en materias "tan fundamentais como a sanidade, a educación, e os servizos sociais", polo que afirman seguirase "coa senda da precariedade social". EU cualifica de "desastroso" o resultade electoral da coalición e entende que pon de manifesto que a ferramenta construída desde "o esforzo colectivo" non resultou "suficiente" para converterse "nunha alternativa política na Galiza". "Após máis de oito anos construíndo alianzas que foron capaces de cambiar a realidade política do país coa irrupción de AGE", reivindica que a organización, que ten á exdiputada Eva Solla como coordinadora nacional, "traballou e demostrou con xenerosidade e compromiso políticos" a vontade de construír desde os esquerda "espazos colectivos capaces de transformar a sociedade". Por este motivo, EU sostén que "o camiño da unidade non cambia" e "seguirá sendo un alicerce fundamental e irrenunciable da organización". Pero entende que os resultados do 12 de xullo marcan "o peche" dun ciclo político na Galiza. Por iso, conclúe que a organización abre un proceso de análise e de "reflexión profunda" que "debe darse no marco da XIII Asemblea Nacional", onde se decidirá a liña política da formación para o futuro. |
NOS_49560 | O responsábel de Organización do BNG valora como "éxito rotundo" a afluencia á manifestación do Día da Patria e destaca a capacidade de mobilización social do Bloque. "Non hai outra organización en Galiza con esta capacidade". | -Calculades que unhas 15.000 persoas tomaron parte na manifestación do BNG do 25 de xullo. Que valoración facedes deste nivel de asistencia? -É un éxito rotundo e moi necesario no contexto político deste ano. Miles de persoas volveron tomar parte nunha manifestación que é a expresión política de que Galiza é unha nación e que iso tamén ten reflexo nas rúas. A nivel interno, da nosa base social, a mobilización supón unha inxección de ánimo e evidencia que o nacionalismo ten unha enorme potencialidade. Cara fóra, esta manifestación escenifica forza e potencia. Os actos do BNG polo 25 de Xullo, e non me refiro só á manifestación mais tamén ao Festigal, evidencian que non existe organización política en Galiza con esta capacidade de mobilización social e de artellar, coas súas propias mans, unha xornada deste tipo. Algo imposíbel sen os centos de militantes e simpatizantes que con traballo e compromiso fixeron que estes actos fosen realidade. Dicían que o nacionalismo estaba acabado e amosouse que non é certo -Vese que estades satisfeitos da resposta... -A manifestación reuniu miles de persoas e no Festigal aínda non temos os datos definitivos de afluencia mais a recadación permítenos agoirar que houbo máis xente que no ano anterior. É importante que os nacionalistas nos creamos o que somos e non o que digan de nós. Dicían que o nacionalismo estaba acabado e amosouse que non é certo, que a potencialidade do BNG vai alén dos resultados electorais. Nós non nos medimos en platós de televisión mais na rúa, e na rúa somos hexemónicos. Temos principios, coherencia e unha base social extraordinaria. -A manifestación do 25 de Xullo do ano pasado foi unitaria, impulsada por unha comisión cidadá. Desde entón foron moitas cousas as que aconteceron. Había preocupación, cautela, no BNG perante o que podía resultar este Día da Patria en canto a asistencia? -Había certa cautela, si. Non tanto pola fórmula de convocatoria diferente á de 2015, pois ese 25 de xullo nutriuse de miles de persoas do BNG, iso non debe sorprender a ninguén; como polo que podían ser as consecuencias anímicas dos resultados das eleccións ou da situación interna após a Asemblea Nacional. Porén, os termómetros indicaban que ía ser unha manifestación importante. Os actos previos, as festas polas comarcas para promover acudir este día, o aluguer de autobuses... indicaban que a xente ía responder e ía acudir este 25 de Xullo. E fíxoo. Nós non nos medimos en platós de televisión senón na rúa, e na rúa somos hexemónicos -O 25 de Xullo sitúa o BNG nunha situación acaída para encetar unha campaña electoral como a das galegas? -Para nós o 25 de xullo non é unha data electoral, é de reivindicación patriótica. Certo que desta vez dáse nun contexto pre-eleitoral e que a mobilización sérvenos, por dicilo así, para nos poñer en condicións. É unha campaña na que España vai ter menos presenza e no que o debate vai ter que ser sobre Galiza, centrado aí. E nós temos as propostas, as ideas, as alternativas e as candidaturas pensadas en Galiza e para Galiza. Somos a única organización nacionalista que existe como tal. O importante é que creamos en nós. |
PRAZA_7848 | É previsible que as poutadas dos últimos recortes agravasen a situación dos investigadores españois e que un maior número estea a buscar o seu futuro fóra do país, pero polo momento é complicado sustentar con datos calquera hipótese respecto diso. | "A fuga de cerebros é un topicazo", dicía o mércores o deputado do PP Alejandro Fernández durante a última comparecencia no Congreso da responsable de I+D do Goberno, a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela. Pouco antes, o deputado de UPyD Carlos Martínez Gorriarán acusara o Goberno de provocar, precisamente, a fuga de cerebros, e en Twitter, o deputado de Esquerda Unida Alberto Garzón ironizaba coa afirmación de Fernández. O tres tiñan algo en común: ningún fundamentou con datos as súas afirmacións. A única que si esgrimiu cifras foi a propia Vela que respondeu cunha enquisa do INE na que se afirma que un 21% dos científicos españois marcharon vivir fóra de España nalgún momento entre 2000 e 2009, pero que unha cifra similar, o 20,7%, foi cuberta por estranxeiros que viñeron traballar aquí. Con esas cifras argumentou, coas mesmas referencias e case a mesma argumentación que a ex ministra do ramo, Cristina Garmendia, que máis que fuga de cerebros o que hai é "mobilidade". E hai un ano, unhas palabras do ministro de Cultura, José Ignacio Wert, negando a fuga de cerebros, tamén acenderon as redes sociais. O certo é que máis aló dos datos do INE, que alcanzan até 2009, o primeiro ano dos recortes e o momento xusto no que os investigadores españois contaban con máis recursos á súa disposición da historia, non é sinxelo obter datos que permitan avaliar con información precisa a magnitude da presunta fuga. O Ministerio de Economía e Competitividade, do que depende a xestión da I+D, non conta cun rexistro de saídas e entradas de investigadores, e tampouco existe un rexistro similar en Exteriores. Ademais, dada a liberdade de movementos dentro da UE, o presunto destino da maior parte dos cerebros fuxidos, resulta aínda máis complicado seguir o trasfego dos científicos. Poucos españois investigan no estranxeiro, un 8,4% do total, e só un 7,3% dos investigadores que traballaban en España era estranxeiro Un dos estudos máis recentes sobre este asunto, impulsado polo National Bureau of Economic Research, tampouco parece sustentar a hipótese dunha saída masiva de investigadores españois acirrados pola crise. Nunha enquisa realizada en 2011 a 17.182 investigadores dos 16 principais países produtores de ciencia do mundo reflectíase que a mobilidade no sistema español de I+D era moi reducida. Poucos españois investigaban no estranxeiro, un 8,4% do total, e só un 7,3% dos investigadores que traballaban en España era estranxeiro. Esta falta de foráneos colócanos xunto a países como Italia ou Brasil, que tamén teñen menos dun 10% de estranxeiros, pero tamén xunto a unha potencia como Xapón, que queda no 5%. Os máis caseiros, xunto aos xaponeses É previsible que as poutadas dos últimos recortes agravasen a situación dos investigadores españois e que un maior número estea a buscar o seu futuro fóra Países como Canadá (49%), EEUU (38,4%) ou Alemaña (23,2%) atraen moito máis talento que España. Pero moitas destas potencias científicas tamén o exportan en maiores cantidades. O 23,3% dos investigadores alemáns enquisados traballaba no estranxeiro en 2011, o 26,4% dos holandeses e o 25,1% dos británicos. Ademais, o estudo sobre a mobilidade dos investigadores das grandes potencias científicas do mundo indica que os españois que saen case sempre regresan. Un 86,7% faino. Só os xaponeses mostran máis apego polo seu país, cunha taxa de retorno do 92%. É previsible que as poutadas dos últimos recortes agravasen a situación dos investigadores españois e que un maior número estea a buscar o seu futuro fóra do país, pero polo momento é complicado sustentar con datos calquera hipótese respecto diso. |
NOS_16869 | O presidente da Xunta dixo que o seu goberno é a única garantía de estabilidade nas autonomías. Adiantou que haberá "renovación de caras" no PPdeG e avalou os cambios en Madrid. | O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este domingo que tomou a decisión de continuar en Galiza tras consultalo co presidente do seu partido e do Executivo central, Mariano Rajoy, durante unha entrevista na Radio Galega. Feijóo dixo que o seu goberno é a única garantía de estabilidade nas autonomías, onde os populares conservan a única maioría absoluta, e criticou as alianzas en outras comunidades. "Os galegos me votaron para ser o presidente da Xunta e, en consecuencia, trato de ser coherente", afirmou. "Todos temos que poñernos as pilas, empezando por min", recoñeceu Feijóo, que avalou os cambios feitos por Rajoy Avanzou que haberá "renovación de caras" no PPdeG, que ten previsto realizar o seu Comité Nacional o próximo ano, mais considerou que a prioridade agora son as eleccións xerais. "Todos temos que poñernos as pilas, empezando por min", recoñeceu Feijóo, que avalou os cambios feitos por Rajoy no partido. O presidente da Xunta manifestou que o PP ten que cambiar de políticas para "acompasar a recuperación económica". Nese sentido, explicou que as medidas sociais das últimas semanas son posíbeis agora polas políticas de axuste do seu goberno. Tamén falou dos novos alcaldes das mareas, con quen dixo estar disposto a colaborar "se teñen o mesmo respecto que a Xunta ten cos concellos". Sobre as próximas eleccións autonómicas, Feijóo considerou que "por primeira vez non hai unha alternativa ao PP, senón un cúmulo de coalicións co único obxectivo de que non goberne o que gaña as eleccións". |
NOS_35165 | Dúas compañías celebraron con Rosalía de Castro o Día Internacional da Poesía. Iso si, dun xeito particular. | A compañía Iberia Express, filial 'low cost' de Iberia, celebraba o 21 de marzo entregando aos seus clientes un marcapáxinas con poemas de Federico García Lorca e de Rosalía de Castro, e contándoo nas redes sociais, claro. Nada noticiable para unha acción común de marketing coma esta se non for pola reacción que causou nunha empresa da competencia. A protagonista foi Norwegian Airlines, quen xa fora noticia o pasado febreiro por rotular un avión coa faciana de Rosalía, e que respondeu así ao anuncio de Iberia Express, tanto no Twitter coma no Facebook: "Felicidades por la iniciativa, Iberia Express. Ahora sólo os falta dedicar a Rosalía un avión entero... como éste: http://bit.ly/EI-FVL". A brincadeira foi acollida polos usuarios de forma diferente: moitos deles escacharon á risa e compartiron a ocorrencia, mentres que outros moitos recrimináronlle a súa acción. Entre tirapuxa e tirapuxa, o rostro de Rosalía segue percorrendo os ceos de Europa, iso si, coa definición de "Spanish author". E un xornalista galego, Santiago Garrido, informa día a día na súa conta de Twitter por onde pasa. O pasado 18 de marzo atravesaba por primeira vez Galiza, nun voo Londres-Madeira, e el contábao xusto no momento en que pasaba por Padrón. As marabillas das redes sociais. |
NOS_24559 | "O obxectivo é facer de Madrid a capital do español en Europa", xustificou a presidenta. | A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, situou á fronte da Oficina do Español, un novo departamento dependente da Consellaría de Cultura, Turismo e Deportes, ao ex portavoz de Ciudadanos en Valencia, Toni Cantó. O salario andaría por volta dos 75.000 euros brutos anuais. O Consello de Goberno da Comunidade de Madrid presidido pola dirixente madrileña aprobou esta cuarta feira a súa nova estrutura, segundo informaron fontes do Executivo madrileño. "A lingua española é un activo cultural, social e económico que compartimos con case 600 millóns de persoas en todo o mundo e que ten un potencial extraordinario que a Comunidade de Madrid vai explotar. O obxectivo é facer de Madrid a capital do español en Europa. Logralo tería grandes beneficios non só no ámbito cultural e académico, tamén no turístico, económico e empresarial", destacaron estas mesmas fontes. Entre os fins da Oficina do Español atópanse "a promoción da Comunidade de Madrid como capital europea do español, interlocución con institucións para impulsar as oportunidades económicas do español e a colaboración activa con entidades dentro do ámbito da Comunidade de Madrid que traballan polo impulso do español". Tamén se buscarán sinerxias con entidades culturais internacionais para realizar accións de posta en valor do español, e xestionaranse informes e encontros que fomenten o debate ao redor da potencialidade do español. Cantou abandonou a metade de marzo Ciudadanos. Días despois Cantó xa empezou a facer campaña activa pola presidenta madrileña. |
NOS_5336 | Enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos | A Comisión Europea anunciou esta quinta feira a apertura dun expediente ao Estado español pola extensión da concesión da autoestrada AP-9, en Galiza, sen lanzar unha licitación pública. Bruxelas enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos, ao considerar que España, do mesmo modo que Italia, non cumpriu coas súas obrigacións nesta materia. En concreto, pon o foco sobre a extensión do contrato da AP-9 que conecta Ferrol coa fronteira con Portugal. No caso de Italia, o Executivo europeo sinala un episodio similar coa autoestrada na provincia de Livorno. Agora as autoridades españolas teñen dous meses para contestar as dúbidas expostas por Bruxelas, en caso de non responder satisfactoriamente, o Executivo comunitario podería enviar un ditame motivado e, como último paso, mandar o Estado español ao Tribunal de Xustiza da UE. |
PRAZA_15967 | O informe preliminar da autopsia do corpo achado nunha nave de Rianxo non atopou signos de violencia, pero si "indicios claros de criminalidade" Convocadas concentracións de repulsa ao asasinato machista de Diana Quer | Convocadas concentracións de repulsa ao asasinato machista de Diana Quer A maxistrada do xulgado número 3 de Ribeira decretou este luns prisión incomunicada e sen fianza para o asasino confeso de Diana Quer. José Enrique Abuín acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a xuíza, en funcións de garda. O acusado xa se atopa na prisión de Teixeiro, acusado de dous delitos: detención ilegal e homicidio doloso, o que indicaría que a xuíza ve indicios dos delitos de secuestro e asasinato. Por outra banda, o informe preliminar da autopsia practicada ao cadáver achado dentro dun pozo nunha nave abandonada en Rianxo e que se cre que se trata de Diana Quer, indica que o corpo non presenta signos evidentes de violencia, aínda que si "indicios claros de criminalidade". Así o indica o auto co que a maxistrada enviou o asasino confeso ao á cadea. Segundo informaron fontes xudiciais, este informe apunta a que o cadáver se corresponde co dunha muller nova, de entre 18 e 20 anos, de "cabelo longo e escuro". A causa da morte, polo momento, atópase "a estudo" e "non se acharon signos de violencia pero si indicios claros de criminalidade", apuntan as mesmas fontes. O xulgado encargado do caso ten previsto reabrir este martes a investigación tras a posta de disposición xudicial do autor confeso do asasinato da moza madrileña. Ademais, a Garda Civil ofrecerá detalles da detención nunha comparecencia ante a prensa na Coruña. A investigación foi arquivada de forma provisional fai case nove meses. Para prender o asasino confeso de Diana Quer foi esencial o testemuño da moza que denunciou un intento de secuestro en Boiro o pasado 25 de decembro José Enrique Abuín, coñecido como "El Chicle", autor confeso do asasinato de Diana Quer, chegara ao xulgado este luns pouco antes das nove da mañá. Estaba citado para declarar polo intento de secuestro dunha muller o pasado día 25 en Boiro e pola desaparición de Diana Quer. A detención de Abuín foi posible grazas ás investigacións da Garda Civil por mor dun intento de secuestro doutra muller o pasado 25 de decembro en Boiro e dado que figuraba na lista de sospeitosos pola desaparición de Diana Quer. Non obstante, para prendelo foi esencial o testemuño destoutra moza e a súa precisa descrición do individuo e mais do vehículo en que intentou levala. Foi determinante, asemade, o testemuño da esposa do presunto asasino. Tras manter hai meses ante os axentes que o seu marido estivera con ela a noite da desaparición da moza madrileña, deu en mudar a súa versión e deixou sen coartada a Abuín. Loito oficial na Pobra e Rianxo Concentración en Rianxo como repulsa ao asasinato de Diana Quer / Hadriana Ordóñez, edil de Igualdade de Rianxo O remate do 2017 e o inicio do 2018 estivo marcado pola aparición do corpo sen vida de Diana Quer tanto na Pobra, onde foi secuestrada, como en Rianxo, municipio no que se produciu o achado do cadáver. Ambos municipios acolleron concentracións de repulsa ao crime e os seus plenos municipais aprobaron tres días de loito oficial, ademais de expresaren o seu rexeitamento da violencia machista. |
NOS_46653 | A difícil situación económica pola que atravesan moitas familias galegas fixo que os litixios asociados ao alugueiro de vivenda disparáranse na Galiza 39% no último ano. | Galiza está á cabeza do Estado español no que a aumento da litixiosidade relacionada cos arrendamentos urbanos se refire. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o crecemento dos procesos xudiciais no mercado galego do alugueiro foi de 39% o pasado ano, cun total de 593 preitos en 2019 que contrastan cos 166 do exercicio anterior. O principal motivo de disputa son os impagamentos das rendas e, en menor medida, polo incumprimento das cláusulas estipuladas no contrato de arrendamento. En 2019, na Galiza dictáronse 454 sentencias por débedas nas mensualidades, o que supón un alza de 47%, xa que en 2018 contabilizáronse un total de 309. O aumento deste tipo de preitos, que representan 76,5% do total, sitúan a Galiza como o territorio no que máis aumentan este tipo de procedementos de todo o Estado español, seguida de Asturias (33,7%) e A Rioxa (25,5%). Menos oferta A suba dos prezos do alugueiro e a difícil situación económica pola que atravesan moitas familias, e que se pode ver agravada pola crise da COVID-19, están detrás de moitos destes impagamentos. Na Galiza, máis de 20% dos fogares está en réxime de alugueiro, unha porcentaxe que foi en aumento nos últimos anos, por unha parte por un cambio de mentalidade da poboación, mais tamén polas dificultades para acceder a unha vivenda en propiedade. O aumento da demanda reduciu por baixo das 3.300 o número de vivendas no mercado galego do alugueiro. A situación é especialmente complicada en cidades como A Coruña, Compostela, Vigo e Lugo, onde os arrendamentos vacacionais tamén contribuíron a contraer o mercado e a tirar dos prezos á alza. Se a isto sumamos o escaso investimento da Xunta en materia de vivenda de protección, que impide ás familias galegas atopar un fogar acorde coa súa situación económica, o aumento da litixiosidade pode marcar tendencia na Galiza. Caída da rendibilidade Os impagamentos fan que a rendibilidade neta das vivendas en alugueiro experimenten unha "brusca" caída. Así, desde a Axencia Negociadora do Alugueiro sinalan que xa é habitual atopara impagamentos de rendas de tres meses que mesmo poden chegar aos seis, o que "tira por terra a rendibilidade neta, que baixaría catro puntos até situarse, como máximo en 3,5% para este ano", sinala o seu director, Sergio Zurdo. Con todo, sinala que o alugueiro segue a ser a elección máis rendíbel en comparación co resto de produtos financeiros e que as rendibilidades netas poden acadar 7,93%, sempre que se tomen medidas preventivas para evitar impagamentos e desfeitas. Nesta liña, Zurdo indica que pór un prezo de alugueiro competitivo permite exixir aos inquilinos maiores garantías para evitar no futuro posíbeis impagamentos. |
NOS_30561 | Daniel Rodas acusou a Rosa Quintana de asumir un Plan da sardiña imposto polo Goberno central que vai ser a ''ruína'' do sector. ''Ela segue de festa en festa, ignorando os problemas" afirma o deputado nacionalista. | O Plan da sardiña deseñado polo goberno español vai conducir o sector galego á "ruína" segundo considera o BNG. Unha situación na que ten a súa responsabilidade, afirma o deputado nacionalista Daniel Rodas, a Xunta de Galiza e a conselleira do Mar."O novo Plan da sardiña non recolle os criterios reclamados polo sector" alén de ser foito dunha "pésima xestión" coa administración portuguesa. O borrador trasladado polo goberno central foi rexeitado polo sector que ante o que podía acontecer reclamou un encontro co Goberno galego para consesuar un plan de recuperación da sardiña. Dito plan recollía os mesmos criterios do plan do ano 2000: Reducir os días pesca, reducir os topes a 2.000 quilos por embarcación, medidas de protección de alevins capturando 500 quilos de xouba e unha veda ata cinco meses con 90 días de parada biolóxica dos que 30 serán subvencionados e 60 opcionais. Mais, denuncia Daniel Rodas, o Goberno galego, unha vez máis, fixo "caso omiso" das demandas do sector. Daniel Rodas lembrou que o acordo entre o sector e a Xunta tiña como obxectivo ser o referente do Estado ante Portugal pero non foi posible ao asinar o Goberno central e o portugués un plan alleo ás reclamacións da flota galega. "De festa en festa" Para o deputado, o acontecido merece unha resposta urxente do Goberno galego polo que pediu a retirada da orde, unha xuntanza co sector afectado e a demisión de Rosa Quintana. O BNG cre de vergoña que o propio Feijóo e Rosa Quintana seguen de "festa en festa e de caldeira en caldeirada" ignorando os graves problemas da flota. |
PRAZA_18315 | "Cremos na reinserción e no dereito das persoas a rehabilitárense tras cumprir unha condena", se ben "diante da división xurdida e co fin de manter o ambiente de concordia, decidimos non incluír a banda no cartel desta edición", din dende o Resurrection Fest | Hai catro anos o cantante da banda de rock As I Lay Dying, Tim Lambesis, foi condenado a seis anos de prisión nos Estados Unidos por un tribunal que considerou acreditado que contratara un sicario disfrazado de policía para matar a súa muller. Lambesis saíu da cadea a finais de 2016 e neste mes de outubro a organización do Resurrection Fest de Viveiro anunciou que a súa banda estaría presente na vindiera edición do festival, en xullo do ano que vén. Ante as numerosas críticas xurdidas nos últimos días pola presenza de Lambesis no emblemático festival mariñao a súa organización vén de decidir cancelar a actuación de As I Lay Dying. Lambesis foi condenado despois de que o tribunal considerase probado que contratara un sicario para matar a súa muller "Ante a polémica xurdida", explican dende o Resurrection Fest nun comunicado emitido este 21 de outubro, "queremos incidir na nosa postura absolutametne condenatoria ante a violencia de xénero". "Dende a organización -agregan- somos conscientes de que é unha lacra" ante a que cómpre "unha sensibilidade especial" e "ao igual que outras formas de intolerancia ou presión", non ten "cabida dentro do noso festival nin da escena da que somos parte". Neste sentido, coidan "proba do noso compromiso" que nas trece edicións xa celebradas, o Resurrection "foi un exemplo de convivencia", con "notas moi altas en termos de seguridade" nos inquéritos entre as persoas asistentes. Formación de As I Lay Dying, con Tim Lambesis no centro "Cremos na reinserción e no dereito das persoas a rehabilitárense tras cumprir unha condena", se ben "diante da división xurdida e co fin de manter o ambiente de concordia, decidimos non incluír a banda no cartel", din dende o Resurrection Segundo a organización do festival, a decisión de contratar os As I Lay Dying para 2019, "igual que farán moitos outros dos principais festivais europeos", é que "cremos na reinserción social e no dereito das persoas a rehabilitárense tras cumprir unha condena". "Entendemos -agregan- que esta opinión é compartida por unha gran parte dos asistentes ao festival, que solicitaron á banda nas enquisas". Así todo, "diante do debate e da división xurdida" e "co fin de manter o ambiente reinante de concordia entre toda a comunidade do festival", o Resurrection Fest "decidiu, tras falar coa banda, non incluíla no cartel desta edición". Dende o Resu agardan que "todo o mundo entenda esta situación". "O Resurrection Fest é un evento para todo tipo de públicos sen importar idade ou grupo social" e isto "obriga a tomar decisións ás veces difíciles", din. O Resurrection Fest arrastra dende hai máis dunha década ducias de miles de persoas a Viveiro e foi distinguido como un dos mellores festivais de rock, metal e heavy de Europa. |
PRAZA_5160 | Consideramos que o PP, desde o goberno central e as autonomías onde goberna, pretende utilizar este instrumento de xestión para fragmentar e afondar na privatización do sistema, favorecendo a creación de entidades empresariais acollidas ás novas formas de xestión privada | As Áreas de Xestión Clínica (AXC) promovidas polo goberno central representan, no caso de que cheguen a implantarse, un ataque contra o Sistema Sanitario Público e un serio risco para a súa sustentabilidade. Ademais contribúen a marxinar aínda máis á Atención Primaria (AP), en detrimento da equidade e a racionalidade do sistema. As Áreas de Xestión Clínica (AXC) promovidas polo goberno central representan, no caso de que cheguen a implantarse, un ataque contra o Sistema Sanitario Público e un serio risco para a súa sustentabilidade O concepto da xestión clínica asociase tradicionalmente a dotar de máis capacidade de decisión aos profesionais, a mellorar a integración dos servizos asistenciais, ao traballo por procesos e á toma de decisións baseada na evidencia científica. O modelo que pretende impoñer o goberno non responde a estas formulacións; moi ao contrario, esta proposta vai dirixida a avanzar na privatización, utilizando a vía da microxestión de servizos asistenciais. Pretenden cambiar o actual modelo sanitario, baleirando de contido e responsabilidade á Atención Primaria Pretenden cambiar o actual modelo sanitario, baleirando de contido e responsabilidade á Atención Primaria. A Lei Xeral de Sanidade asignou á AP a función de xestionar e coordinar os procesos asistenciais e a atención dos pacientes no sistema. A AP está orientada no noso país a prestar unha atención integral ao paciente, facilitar a accesibilidade aos servizos, coordinar os procesos asistenciais e traballar por programas priorizados. Coa novas Unidades preténdese trasladar estas funcións a unhas estruturas, as AXC, que serán controladas polas especialidades hospitalarias, dada a desproporción de poder existente na actualidade entre a AP e a hospitalaria. Hai que recordar que o presuposto de AP non alcanza o 15% do gasto sanitario, e que dende a aplicación dos recortes sanitarios se reduciu nun 16%, mentres que o hospitalario medrou un 2%. Non é razoable nin eficiente traspasar funcións propias do nivel primario (como a promoción, prevención, asistencia, coidados de enfermaría, rehabilitación, reinserción social, investigación e docencia) a unhas estruturas hexemonizadas polas especialidades hospitalarias, baleirando así de contido á AP. Hai que recordar que o presuposto de AP non alcanza o 15% do gasto sanitario, e que dende a aplicación dos recortes sanitarios se reduciu nun 16%, mentres que o hospitalario medrou un 2% Aínda que se publicitan como unha forma de mellorar a coordinación de servizos e de niveis, a realidade é que o fragmentan o sistema en múltiples entidades que deixan sen competencias á AP. As AXC substitúen as Áreas de Saúde que, segundo a Lei Xeral de Sanidade, teñen a responsabilidade de garantir a xestión integrada de todos os centros sanitarios a nivel territorial. No actual modelo a atención integral e o desenvolvemento de programas deberían estar coordinadas por AP. Coa implantación da Xestión Integrada xa deron o primeiro paso para o desmantelamento deste modelo ao eliminar as Xerencias de AP, que foron absorbidas polas Xerencias Hospitalarias, faena que agora pretenden rematar. Estas AXC poderanse desenvolver aplicando múltiples fórmulas organizativas (AXC -Centros de Saúde ou servizos hospitalarios-, Áreas ou Institutos de Xestión Clínica que agrupan a diferentes servizos ou unidades, EBAS, combinacións de estruturas de primarias e especializada etc), co que fragmentan o sistema e deixan a AP sen a posibilidade de controlar os procesos asistenciais. Incrementan a burocracia, a irracionalidade e os gastos administrativos. A proposta de AXC inclúe o desenvolvemento de novas estruturas administrativas, pero mantendo as xerencias, xefaturas de servizos e equipos de AP. Todo isto multiplica as estruturas burocráticas, limita a xestión racional dos centros e xera conflitos e enfrontamentos de poder, co que se fai imposible o goberno do sistema, ademais de aumentar o gasto sanitario a expensas duns maiores custos administrativos. Incrementan a burocracia, a irracionalidade e os gastos administrativos Favorecen a creación de modelos diferenciados dentro do sistema, e o incremento das desigualdades asistenciais, especialmente en AP Favorecen a creación de modelos diferenciados dentro do sistema, e o incremento das desigualdades asistenciais, especialmente en AP. O carácter voluntario da adscrición ás novas unidades, o rexeitamento de gran parte dos profesionais a integrase, os contratos programa que diversifican a oferta de servizos e os incentivos vinculados ao aforro, favorecen o xurdimento de dous modelos diferentes dentro do sistema (os de Xestión Clínica e os de Xestión Tradicional). Está claro que se potenciará os que se vinculen ás AXC, marxinando os profesionais que non acepten a integración. Os centros de AP, que acepten transformarse en AXC, poderán ter carteiras de servizos propias, o que, xunto co a ausencia de planificación por necesidades e problemas, favorecerá o desenvolvemento de ofertas diferenciadas que respondan aos intereses das empresas ou dos profesionais que as integren, en detrimento das necesidades da poboación, co que se rompe coa equidade e se contribúe a incrementar as desigualdades e a irracionalidade do sistema. En Galicia o actual goberno ten demostrado o seu nulo compromiso coa Sanidade Pública e coa AP. O severo recorte orzamentario castigou os profesionais (un 14% menos orzamento de 2010 a 2014) e á AP: a redución do gasto, a anulación do Plan de Mellora e a posta en marcha das Xerencias Integradas anularon a capacidade de xestión deste nivel asistencial. As decisións deste goberno están orientadas á privatización crecente e a reforzar o hospitalocentrismo. Non se contempla a AP como eixo para o necesario cambio de modelo asistencial. Un goberno con tantos conflitos de interese coa sanidade privada non ten credibilidade para propoñer a estratexia da xestión clínica na sanidade pública. O proxecto de AXC que pretende implantar é unha decisión política, e non só unha cuestión técnica ou xerencial como adoitan afirmar. Un goberno con tantos conflitos de interese coa sanidade privada non ten credibilidade para propoñer a estratexia da xestión clínica na sanidade pública Ademais, a modificación do Estatuto Marco do persoal estatutario, feita polo goberno central en xullo de 2013, pode representar unha ameaza seria no ámbito laboral. Por todo o exposto consideramos que o PP, desde o goberno central e as autonomías onde goberna, pretende utilizar este instrumento de xestión para fragmentar e afondar na privatización do sistema, favorecendo a creación de entidades empresariais acollidas ás novas formas de xestión privada (Lei 15/97) con presuposto propio e capacidade para competir. Pretenden desmantelar o sistema sanitario, crear un mercado sanitario interno que os neoliberais levan anos tentando desenvolver, facer cómplices aos traballadores sanitarios das políticas de recorte do gasto, e facilitar a entrada ao sector privado no sistema público. Ademais anulan o modelo de saúde comunitaria, coordinado por AP, afondando na marxinación deste nivel asistencial ao que deixan sen ningunha capacidade de influencia, incrementando a burocracia, a irracionalidade e o gasto do Sistema Sanitario Público. O PP, desde o goberno central e as autonomías onde goberna, pretende utilizar este instrumento de xestión para fragmentar e afondar na privatización do sistema Por iso reclamamos: a paralización da implantación das AXC tal como se está facendo, a recuperación das Xerencias de AP, a restauración dos orzamentos da sanidade pública, e o impulso dun amplo debate social para frear o desmantelamento dos servizos públicos que están a realizar os actuais gobernantes desde o propio poder. |
NOS_19173 | Oconcello de Ribadeo está situado entre o mar Cantábrico e a marxe esquerda da ría e o río Eo. A costa esténdese desde a Malata e a punta dos Corvos até O Porto, fronte á Veiga. | Cara ao mar aberto forma parte da Rasa Cantábrica, unha plataforma aplanada e elevada que cae directamente ás augas, moi exposta, con alternancia de cantís de diferentes alturas e areais; e na ría é máis abrigada, con paredes escarpadas e marismas. Paraxe: A Mariña / Concello: Ribadeo / Dificultade: Baixa / Percorrido: 25 quilómetros (lineal en coche) + camiñadas Ten unha enorme importancia ecolóxica (diversidade de ecosistemas e especies) e xeolóxica (formas de erosión costeira, dobras, fallas…), polo que conta con numerosas proteccións: Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, LIC/ZEC e Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) Ría do Eo, ZEPA Ría de Ribadeo e LIC/ZEC, Lugar de Interese Xeolóxico e Monumento Natural Praia das Catedrais. Propomos un percorrido lineal desde o comezo do esteiro do Eo até o remate da praia das Catedrais. Como punto de partida escollemos a Ponte do Porto, entre as localidades de Porto de Abaixo (Ribadeo) e A Veiga (Asturias), desde onde podemos ter unha boa vista do esteiro e do comezo da ría. Seguimos a estrada cara a Ribadeo, que vai todo o tempo a carón da ría (hai varios puntos con vistas panorámicas e nos que se poden observar aves e un esteiro con muíños de marea) e chegamos á zona urbana de Ribadeo e ao porto, onde podemos aparcar e facer un percorrido a pé. Seguindo logo pola estrada costeira, pasamos por debaixo da ponte dos Santos e facemos unha parada no Cargadoiro (onde hai unha área de interpretación sobre o ferrocarril mineiro), no forte de San Damián, na punta da Pena Furada, na Pena dos Apóstolos, e na illa Pancha co seu faro (hai un miradoiro). Continuando o máis preto posíbel da costa podemos ir facendo paradas en moitos puntos, como a praia das Rochas Brancas, a praia dos Castros, os cantís do Ollo, a enseada Olga da Arnela, as puntas do Mourón e Gallín (entre as que está a enseada de Loureiro), a enseada da Vella, A Serra, a enseada de Coedo, A Cavanarda, a punta Lapela… E chegamos así a Rinlo, parada obrigada, co seu porto abrigado, e os restos abandonados de antigas cetáreas. Seguimos camiño até a punta Corveira, a enseada das Cegoñas, a praia dos Xuncos, a praia dos Marbadás, Os Castros, a punta das Covas, as praias das Illas, de Seborollo, do Cadramón e do Esteiro, a punta de Chas, a Praia das Catedrais/Augas Santas e rematamos no regueiro Malata, fronte á Pena dos Corvos. Podemos completar a viaxe subindo ao monte de Santa Cruz ou ao Mondigo, desde os que hai unhas espectaculares vistas da zona. |
NOS_44643 | O recentemente falecido Mijaíl Gorbachov foi unha das figuras chave da política mundial no século XX. Coñecido polo seu papel á fronte da URSS, que levou á disolución do bloque soviético, protagonizou controvertidas campañas publicitarias aplaudidas polos seus seguidores e cuestionadas polos seus detractores. | Corría 2007 cando a firma francesa de bolsos e maletas de luxo Loius Vuitton lanzaba unha polémica campaña publicitaria ambientada na caída do muro de Berlín. O seu protagonista era, precisamente, o derradeiro mandatario da URSS, Mijaíl Gorbachov. Na imaxe apréciase o ex presidente soviético na parte traseira dun automóbil de época que circula xunto o muro de Berlín, cunha maleta de Vuitton ao seu carón. O lema da publicidade reza: "Viáxase para descubrir o mundo ou para cambialo? Muro de Berlín. De volta dunha conferencia". Falece Gorbachov, o derradeiro mandatario da Unión Soviética Segundo ten publicado o diario francés Le Monde, foi Gorbachov quen deu a idea de localizar a escena no muro de Berlín e destacaría o importante que foi para el ter contribuído á súa caída en 1989. A fotografía tomouna unha das creativas máis prestixiosas do sector, a estadounidense Annie Leibovitz, quen tamén retratara no marco da campaña publicitaria da firma de luxo francesa os tenistas André Agassi e Steffi Graf abrazados nun sofá dun cuarto dun hotel de Las Vegas e a actriz Catherine Deneuve nunha estación de tren parisina. A retribución recibida foi parar á fundación creada polo propio Gorbachov. E, segundo a firma francesa, foi precisamente o destino dos fondos o que o levou a aceptar a campaña publicitaria. Pizza Hut Mais para anuncio comercial polémico o protagonizado polo ex líder soviético para a marca estadounidense Pizza Hut. No spot publicitario, Gorbachov e a súa suposta neta chegan a unha sucursal da pizzería en Moscova. Varios comensais recoñéceno e os de maior idade repróchanlle o caos en que está sumido Rusia. Os mozos, pola contra, salientan a liberdade que supuxeron as políticas do ex presidente soviético. Mikhail Gorbachev in Pizza Hut commercial, 1997. pic.twitter.com/lzDpNYn9Zs— Soviet Visuals (@sovietvisuals) August 31, 2022 "Grazas a el temos moitas cousas... como Pizza Hut", contesta a aparente matriarca da familia, á que todos os comensais contestan cun "brinde" en honor a Gorbachov cos seus anacos de pizza. O spot foi retransmitido internacionalmente mais nunca viu a luz en Rusia, segundo Newsweek. Nunha entrevista para Sputnik, Pável Palázhchenko, portavoz da Fundación Gorbachov, explicou por que o político aceptou filmar estes comerciais contrarios ao defendido polo socialismo. O destino dos fondos foron organizacións benéficas que axudaban, entre outros, nenos e nenas enfermas de leucemia. |
NOS_2353 | Unhas 7.000 persoas participaron no Festival Euroárabe Amal que se celebrou estes días en Compostela. "Rabat" conseguiu tres galardóns, mellor longametraxe de ficción, mellor actor foi compartido para Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari, e o de mellor director para Jim Taihuttu e Victor Ponten. O premio á mellor actriz foi para Soufia Issami. | A edición 2012 do Festival de Cine Euroárabe Amal que se celebrou en Compostela conseguiu este ano un éxito de particición que confirma a consolidación dun proxecto que xurdiu hai dez anos da Fundación Araguaney. Máis de 7.000 persoas asistiron aos pases das 31 películas que participaron na selección oficial. O xurado deste ano, composto por Dna. Sanâa Alaoui, Presidenta do xurado, D. Tahar Houchi, Dna. Maria Mera, D. Afonso Pato, D. Khaled El Haggar e D. Jesús Núñez Villaverde, así como Coralie Yap Chine, Coordinadora do Festival non o tiveron nada doado pola grande calidade das creacións presentadas.Premios Os premios desta edición son:Mellor longametraxe de ficción: 5.000 euros e trofeo a "Rabat", de Jim Taihuttu e Victor Ponten, Países Baixos (2011) Mellor longametraxe documental: 3.500 euros e trofeo a "Le thé ou l`electricite", de Jerome Le Maire, Bélxica/Marrocos (2012) Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 euros e trofeo a "Ensemble", de Mohamed Fekrane, Francia (2011) Mellor curtametraxe documental: 1.200 euros e trofeo a "Eid", de Saaheb Collective, Palestina (2011) Mellor director: 4.000 euros e trofeo a Jim Taihuttu e Victor Ponten, de "Rabat", Países Baixos (2011) Mellor actriz: Trofeo a Soufia Issami, pola súa interpretación en "Sur la planche", de Leila Kilani, Marrocos/Francia (2011) Mellor actor: Trofeo a Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari de "Rabat", Países Baixos (2011) Premio Amal Express de 500 euros e trofeo a "El juego de la corrupción", de Ramón Herrera e Álvaro Menéndez Premio da TVG de 3.000 euros, 3 pases da película na cadena e trofeo a longa de ficción "Sur la planche" de Leila Kilani, Marruecos/Francia (2011) Premio del público de 1.500 euros e trofeo a "Sherezade et le dèlice casher" de Agnès Caffin, Francia (2010) |
NOS_29222 | BNG, AGE e PSdeG denuncian o interese ideolóxico oculto nas contas presentadas pola conselleira Beatriz Mato. | Os grupos da oposición non comparten o anteproxecto de Orzamentos para 2013 presentado polo goberno galego, e iso, faise ver en cada unha das intervencións parlamentares que se están a desenvolver no seo do proceso lexislativo en curso. Se ben desde o executivo defenden que os presupostos achegados "son realistas, prudentes e inminentemente sociais", pola súa banda, BNG, AGE e PSdeG denuncian os recortes orzamentarios presentados desde a Xunta, dos que din "son responsábeis das altas taxas de desemprego". Prado (BNG): "Vostede quere facer valer a premisa de Goebbels pola que unha mentira contada mil veces se facía verdade" Nin unha soa das cifras achegadas pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, convenceu @s voceir@s das outras formacións políticas que denunciaron o seu discurso "de autobombo e propaganda", asegurou a deputada nacionalista Montse Prado. Nin o baile de datos achegados desde a Consellaría lle serviron a Mato para ocultar as cifras de desemprego e exclusión social que converteron no último mes a Galiza no segundo territorio con maior destrución de emprego. Aliás, o 50% de paro xuvenil, reflicte "un drama social", asegurou o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, que dá boa conta do "fracaso das súas políticas como a reforma laboral", acrecentou Prado. Malia que Mato teimou en aseverar que os orzamentos presentados pola Xunta de Galiza "blindan os servizos públicos" e son "os mellores posíbeis", desde as bancadas da oposición denunciaron que as contas públicas apresentadas tomaban parte dun "plan ideolóxico" de "destrución e privatización dos servizos públicos e as políticas sociais". Fajardo (AGE): "No seu discurso vostede non deu nin unha soa cifra de persoas que non poden comer carne tres veces á semana" Neste senso, Beatriz Mato, intepelou ás formacións políticas asegurando que o goberno do Partido Popular incrementaría "nun 38% a Renda de Integración social (RISGA)" e que esta volvería "ser ampliábel". Porén, AGE e BNG denunciaron que a súa era "unha política de beneficiencia" ao reducir nun "40% as políticas activas de emprego" --aseverou Prado-- ao tempo que "destinan 13 veces menos ao banco de alimentos que aos seus asesores" --denunciou Fajardo. Malia a man que lle botou a voceira do Partido Popular, Marta Rodríguez Arias --quen converteu o debate orzamentario nunha disputa partidista nun intento por desviar a atención fóra dos recortes-- Mato non puido agochar que ao longo dos últimos catro anos, o executivo do que toma parte, desmantelou boa parte dos servizos sociais postos a andar con anterioridade. Gallego (PSdeG): "É tempo de deixarse de maquillaxe" "Vostede quere facer valer a premisa de Goebbels pola que unha mentira contada mil veces se facía verdade", lle espetou a deputada nacionalista Montse Padro á conselleira de traballo ao tempo que denunciou que "o plan de emprego xuvenil" presentado no anteproxecto de lei "non é máis que un plano de mobilidade" que faga máis doado emigrar. Neste senso, o deputado de AGE lembroulle á conselleira as verbas pronunciadas por ela propia na anterior lexislatura en que aseguraba que a mocidade galega non emigraba senón que abandonaba o país "porque quería viaxar"; unha aseveración que bate coa realidade, como lle retrucou a deputada socialista Carmen Gallego, "é tempo de deixarse de maquillaxe", subliñou. No entanto, desde as bancadas do PSdeG, tiveron que capear o temporal perante as acusacións populares que lles lembraban algúns dos seus posicionamentos na anterior lexislatura, cando apoiaran, "e mesmo defenderon", indicou Rodríguez Arias "a externalización dos servizos sociais" entre outras cuestións. |
NOS_47415 | Un encargo foi o punto de saída de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, o libro de Xosé Manuel Sánchez Rei que viu a luz en maio da man de Editorial Canela. Un percorrido pola vida do músico e artesán que reuniu nun único espazo tradición e innovación. E puxo nome a un legado que continúa vivo. | —Que aprendeu Xosé Seivane Rivas na casa que lle fixera decantarse polo oficio de construtor de gaitas?Vouche contar unha anécdota. Cando era pequeno, Seivane foi con seus pais, Francisco e Estrela, a unha festa en Meira. Desapareceu entre a xente, súa nai non o atopaba e estaba moi preocupada. Francisco díxolle "seguro que está ao pé do gaiteiro", e alí o atoparon, fascinado cun gaiteiro moi famoso da comarca, do que logo aprendeu melodías. Súa nai, Estrela, tiña un ouvido moi fino e cantáballe melodías antigas dos anos vinte do século vinte. Melodías seguramente anteriores que el trataba de reproducir coa súa gaita e que despois el transmitiu. Seus pais mercáronlle unha gaita vendo a súa afección e Seivane convenceu un ferreiro para facerlle uns escariadores, pezas imprescindíbeis para fabricar o instrumento, coas que a desmontou e estudou. Despois faría a súa primeira gaita. No servizo militar o capitán do rexemento díxolle que estaba moi ben afinada e pediulle máis. Logo da 'mili', Seivane retomou o tema. —Botou a andar o obradoiro en plena fuerra civil española, semella unha idea algo aloucada.Cando volve de facer o servizo militar vai tendo xa certa sona, inicialmente na zona máis próxima. Hai gaiteiros que van onde el porque precisan que lles arranxe unha peza da gaita, un fol ou así. El é habilidoso, non só coas gaitas. Arranxaba paraugas, culatas para as escopetas. Era moi versátil nos labores manuais. —Logo de casar con Fuencisla, trasládase a Ribeira de Piquín. Alí tamén desenvolve o seu oficio, que combina co de barbeiro. Continúa facendo gaitas, monta grupos coma os Amigos e mais Os Airiños da Ribeira. Con ese grupo foi co que conseguiu máis fama como gaiteiro. El tamén tocaba o clarinete e en moitos casos adaptaba o clarinete á gaita. Era moi habilidoso e moi versátil, coller un instrumento estandarizado coma o clarinete e adaptalo para un instrumento como a gaita naquela época ten un gran mérito. —Tivo que acumular un bo feixe de anécdotas nos primeiros anos do obradoiro. Unha das máis comentadas é como se chegaba até alí. Unha estrada vella, con moitas curvas, que impón moito respecto. E unha vez que alguén chegaba canda Seivane tiña que tocar unha melodía, unha peza para deleitalo. Era habitual chegar pola mañá e que houbese un gaiteiro de Vigo que pedira un fol, outro doutra zona que quería arranxar un punteiro e outro a palleta. Era como un centro de encontro para moitos gaiteiros da época. Naquel momento funcionaba o teléfono, como se conseguiu que chegase ao obradoiro é outra historia en si mesma, pero moitas encargas chegaban directamente por carta. —Xosé Seivane bebe da tradición, mais fica claro que non tivo medo a innovar. Que papel xogaron os músicos-clientes nas súas investigacións?Seivane sempre tivo un ouvido atento ao que lle pedían os gaiteiros. Ía un gaiteiro ou gaiteira e dicía "esta gaita afina moi ben, pero quero que afine coa técnica aberta e mais coa fechada". El investigaba durante meses como ter un punteiro que afinase coa técnica moderna e coa antiga. A evolución da gaita foise marcando polas relacións entre gaiteiros e gaiteiras e artesáns. Ese foi outro dos méritos que ten como artesán, Seivane sempre estivo investigando para conseguir máis posibilidades do instrumento. —E os fillos, como chegan a axudar o pai?Desde pequenos mamaron aquilo, no libro digo que eles naceron cun punteiro debaixo do brazo. Despois de xubilado, Seivane marcha a Cambre cos seus fillos Xosé e Álvaro, chegado de Barcelona. Alí unifican obradoiros. E é un punto interesante, como unha persoa de maneira autodidacta comeza a facer unha gaita en plena guerra vivil, e isto dá nun dos obradoiros de gaita máis recoñecidos do mundo. —Cal era a súa concepción do instrumento e mais da música tradicional?Seivane podía limitarse a reproducir instrumentos, pero optou por innovar constantemente. Para el a gaita era o instrumento nacional da Galiza. Sen nunca perder de vista o pasado, el foi capaz de facer que evolucionase a mellor. Polo que teño escoitado del, sempre dixo que había que dignificar a música tradicional galega, poñéndoa á altura correspondente aos seus músicos e músicas. Hoxe escoitamos unha gaita nunha romaría, nunha feira, nunha alborada, pero tamén nun escenario cunha orquestra sinfónica de fondo. E iso é tamén grazas a Seivane. Dignificar a gaita tras a ditadura franquista "Gustaríame destacar como grazas a Seivane se dignifica a figura do gaiteiro. No século XIX era unha figura ilustre, lemos a Rosalía falando do gaiteiro que entra pola vila. Era unha figura respectada tamén antes da guerra, nos anos 20 e 30. O gaiteiro era moi importante na vida cultural e social do país. Era o que había en moitos sitios. Nas vilas e aldeas era unha figura fundamental. A partir da guerra trónzase esa imaxe e referencia. Pasa a ser unha figura militarizada, ridiculizada tamén". "É no remate da ditadura e no comezo da monarquía parlamentar cando se revitaliza de novo a figura do gaiteiro. E Seivane tivo unha repercusión moi notoria nesa dignificación. Ademais, el tamén foi transmisor. No libro aparecen máis de corenta melodías compostas ou transmitidas por Seivane. Grazas a Daniel Bellón e Pedro Lamas, hoxe contamos con ela, eles fixeron a transcrición". |
PRAZA_729 | O Bloque pechou o pasado exercicio cun saldo positivo de 51.000 euros. A dirección da formación destaca que o seu saneamento está a ser posible grazas á "entrega militante". | Hai hai apenas media década as contas internas dos partidos semellaban un segredo e preguntar por elas, un exercicio de mal gusto. Nos tempos en que o crédito bancario -no caso galego, esencialmente das desaparecidas grandes caixas- fluía sen problema cara ás arcas destas organizacións a xestión tendía á opacidade e só era público o legalmente obrigado. É por iso que, por exemplo, en marzo de 2014 o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sorprendía ao estrearse no cargo detallando as débedas do partido e o plan de "saneamento" para mingualas -os 2,2 millóns que atopou reducíronse un 22,5%, segundo os datos máis recentes-. Un exercicio semellante é o que vén desenvolvendo a dirección do BNG elixida en 2013, que tras o último Consello Nacional da formación vén de facer públicas as súas contas do pasado ano, coa redución da débeda á metade como unha das cifras máis destacadas. Nunha comunicación remitida á súa militancia e difundida despois ao público en xeral a través da súa web o Bloque amosa que iniciou o 2015 cun endebedamento algo inferior aos 2 millóns de euros. Son, nomeadamente, 1,98 millóns, o que implica unha redución do 50,99% a respecto dos 4,04 millóns de euros do ano 2012. Ao longo do pasado exercicio económico a amortización da débeda supuxo, segundo os datos publicados, un 53,7% do total do orzamento de gastos: 1,02 millóns de euros sobre un total de 1,89 milóns. "Supera tamén o inicialmente previsto a partida destinada á defensa xurídica de militantes e simpatizantes que padeceron denuncias ou persecución derivada da súa actividade política", salientan. Alén da xestión da débeda e deixando á marxe as finanzas da campaña electoral das europeas de maio, xa publicadas con anterioridade, o BNG pechou as súas contas do exercicio económico cun superávit de 51.000 euros. Iso sucede porque os ingresos, afirman, "superaron en 223.741,11 euros o inicialmente previsto polo Consello Nacional". Neste capítulo o montante máis relevante foi o dos "ingresos propios", con máis de medio millón de euros en cotas da militancia e outro tanto en achegas dos cargos públicos da formación. Ademais, as subvencións por representación no Parlamento e no Congreso supuxeron 300.000 e 500.000 euros, respectivamente. O Bloque formula un orzamento de 1,8 millóns de euros e destaca que o saneamento está a ser posible pola "entrega militante" Este é o escenario no que, antes de afrontar as campañas electorais o Consello do BNG formula un orzamento para 2015 de 1,8 millóns de euros cunha idéntica previsión de gastos. Fano, din dende a organización, nun contexto no que ven as contas como "síntoma de consolidación e mellora organizativa", polo "incremento substancial de ingresos" de militantes e simpatizantes. "A entrega militante -aseguran- e o traballo da base social fan do BNG un caso único no concerto de formacións políticas existentes na Galiza e no Estado", porque "non hai ningunha outra na que o compromiso da militancia supoña unha porcentaxe similar nos ingresos, segundo os informes de fiscalización oficial". De cara ao futuro os "obxectivos primordiais" seguirán a ser "a superación da débeda contraída" e depender aínda máis "dos ingresos propios da organización". Así, por exemplo, citan decisións como a renuncia ao envío masivo de papeletas nos procesos electorais ou a "sobriedade nos soportes básicos de campaña". |
NOS_22247 | A curtametraxe Matria, de Álvaro Gago, é a grande vencedora da 15ª edición do Festival de Cans. Os premios do xurado á mellor curta de ficción, á mellor interpretación feminina e mais o dos veciños así o certificaron. | A obra de Gago, que narra a dura vida dunha muller traballadora e a súa relación coa filla, engade os recoñecementos en Cans a un amplo palmarés obtido en festivais nacionais e internacionais. Ademais, o cineasta xa gañara o premio á mellor curta en 2015, daquela por Curricán. Segundo explican desde a organización do festival, este tamén foi o ano en que a animación gañou peso no certame. Luis Usón gañou o premio ao mellor guión por Afterwork, Raúl Costafreda á mellor banda sonora por Sea, ambas as dúas obras de animación. El reloj, de Borja Santomé, foi a mellor a curta de animación. Nesta edición, Cans estreaba categoría: cinema de non ficción. O galardón levouno Europa, de Hugo Amoedo. Os demais premiados foron as Also Sisters -á mellor realización-, Eloi Sánchez Palau -á mellor intepretación masculina por Después de la bandera- e A cat in the window de Félix Brixel e La mujer invisible de Noemi Chantada -mencións especiais dos xurados. |
NOS_7444 | O Concello de Pontevedra avoga por un novo modelo de xestión cultural capaz de atender as demandas do público e as necesidades do sector durante e despois da Covid-19. Nós Diario conversa con Carme Fouces, concelleira de Cultura, após a presentación da programación cultural para este outono na cidade. | —Pontevedra estende o seu compromiso coa cultura galega até finais de ano. Como resiste o pulso cultural da cidade? Desde sempre, e máis nesta época tan dura que nos está tocando vivir, o Concello de Pontevedra apostou pola cultura galega. O que fixemos agora foi recuperar todos os concertos adiados durante o confinamento e completar a programación con artistas novos, como Sés ou Carlos Núñez, para facer o que nos toca como Administración: dar soporte e relanzar a cultura do noso país, que o está pasando moi mal para sacar adiante os seus proxectos creativos. Neste momento temos que prepararnos para dar a mellor resposta no peor momento. —De aí a necesidade de definir un plan estratéxico que permita sentar as fases da xestión cultual do futuro? Queremos facer unha análise do sector, na cidade e na comarca, para dispor de datos claros cos que empezar a traballar nun consello de persoas vinculadas a todos os ámbitos culturais, actores e consumidores, co obxectivo de deseñar unha programación a longo prazo. Podemos aproveitar a ocasión para facer da necesidade virtude e rachar con certas inercias que nos estaban lastrando para seguir sendo o referente cultural galego que somos. —Ese traballo contra vellas maneiras de espallar a cultura, xa comezou durante o confinamento? Nese momento iniciamos un traballo inmenso cun dos proxectos emblema do Concello: o Salón do Libro. Nun tempo récord transformámolo nun salón virtual para dar resposta á situación que estabamos vivindo nese momento e, sobre todo, atender o público que estaba pendente de asistir a esa cita e pagarlle a todas as persoas que ían desenvolver os seus proxectos culturais nese marco. Non se puideron manter todas pero si a maioría, sempre retribuídas, que foi unha queixa habitual do sector durante o confinamento. Todo o mundo facía cousas de balde. E parecía que iso tiña que ser así, pero a xente da cultura tamén come e ten que atender os seus gastos e é algo que temos que ter en conta. Temos que prepararnos para dar a mellor resposta no peor momento A partir de aí, na desescalada, quixemos facer unha demostración da forza que temos como país cultural. Acollemos o primeiro gran concerto de Guadi Galego e de Xabier Díaz, que foi unha mensaxe de confianza para o resto de Administracións de todo canto podiamos ser capaces de sacar diante. Foi un éxito, e iso animou a outros concellos a facer máis pola cultura do país, que é o que nos ilumina. —Vai ser posíbel garantir a programación cultural de aquí a final de ano? Temos algunhas propostas que imos manter independentemente da capacidade de público e da súa demanda porque dependen, en exclusiva, da nosa contratación. É o caso do ciclo 'Ponteatro' e tamén dalgunha actuación musical como a de Ele ou Manel, dentro de 'As Matinés do principal'. Despois, hai dous artistas, Sés e Carlos Núñez, que xa manifestaron a intención de suspender os seus concertos se non se pode superar a capacidade de 60 persoas que agora marcaría dentro do auditorio onde está previsto que teñan lugar. Eu confío en que as circunstancias melloren, pero de non ser así, quedarían adiados, e as nosas portas sempre abertas para levalos a cabo en canto sexa posíbel. —Como está sendo a resposta do público? Está respondendo moi ben ás exposicións pictóricas, artísticas e plásticas. Xa o fixo durante o verán, mentres estivo aberta a mostra de Morquecho, un dos grandes artistas plásticos vivos do país; e agora, as visitas continúan para facer memoria dos dez anos de Na beira do río. Diálogos na pintura. A maiores, a xente está moi pendente do Culturgal, de como vai ser, para o que haberá que esperar a ver as condicións que se dan máis perto da última fin de semana de novembro. As entradas para o teatro, voan. Os concertos tamén gozan dunha gran demanda. E xa temos a Filharmónica ensaiando para o concerto de aninovo, coa posibilidade de ofrecer un pase dobre. Durante moitos anos, a cultura foi cativa dos números e iso condicionou a programación de actividades menos masivas pero dunha calidade excepcional. —O futuro pasa por multiplicar os pases de propostas máis reducidas? É verdade que a cultura, durante moitos anos, foi cativa dos números. As cifras máis altas eran sinónimo de éxito, e isto condicionou a programación de actividades menos masivas pero dunha calidade excepcional. Agora que traballamos con números máis discretos temos que aproveitar para ofertar outras propostas, novas expresións culturais, diversas, que nos devolvan a contornos máis humanos. Non hai máis que ver o fracaso do Xacobeo, fiado a grandes eventos imposíbeis de reconducir cando esa é a única visión. Cambio no modelo de xestión cultural Pontevedra avanzou a finais de setembro a disolución do organismo autónomo Pazo da Cultura o vindeiro 31 de decembro, data a partir da cal o Pazo da Cultura, o Recinto Ferial, a Sala de Exposicións do Pazo e o Teatro Principal pasarán a ser servizos propios do Concello. "Os organismos autónomos creáronse nos anos 90 coa idea de captar fondos que non fosen públicos. No caso de Pontevedra os resultados foron moi discretos e o que viamos era a necesidade de tirar da estrutura municipal para poder adaptar e dotar os espazos á nova era. Viámonos moi lastrados", afirma Fouces. "Tiñamos tres opcións: fechar as portas até que a pandemia fose historia, dotar o organismo autónomo de máis dun millón de euros ao ano para polo a funcionar ou disolvelo para integralo dentro do Concello e aproveitar todos os recursos municipais para ser verdadeiro soporte do sector cultural". |
NOS_13685 | O presidente da Federación FGF, Rafael Louzán, condiciona o regreso da 'Irmandiña' á dispoñibilidade económica. | O presidente da Federación galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, recoñece contactos coas seleccións de Costa Rica e Paraguai para intentar pechar un partido coa selección da Galiza. Mesmo apuntou que mantén contactos con Berizzo, ex adestrador do Celta e actualmente en Paraguai, neste sentido. A volta da 'Irmandiña', iso si, estará condicionada á dispoñibilidade de cartos, como tamén apuntou o propio Louzán. O presidente da FGF fixo estas declaracións nun encontro en Vimianzo organizado polo Comité de Adestradores e no que, entre outros, estivo presente Fernando Vázquez, treinador do Deportivo, e que lle lembrou a Louzán o incumprimento da "promesa" ao chegar ao cargo na FGF de recuperar con normalidade os partidos da selección galega. En 2005 reparábase a anomalía histórica de que Galiza fose a única nación do Estado sen selección propia, pero o PP, nada máis chegar á Xunta en 2009, eliminaba unha cita que nunca sentiu como propia. A 'Irmandiña' só volvería en en 2016 ante Venezuela. |
NOS_17597 | O humor pode ser un bo remedio para afrontar o estrés ou a ansiedade. Os tempos de confinamento dispararon a imaxinación das galegas e galegos e Nós Diario peneira as redes na procura das ocorrencias máis virais destes días. | "Queda na casa carallo, que non fai falla saíre!", canta a música rianxeira Sabela Galbán Rodríguez, autora da muiñeira do coronavirus. "Estabamos ben sen vós, non sei se me explico ao xeito", cántalles aos "fodechinchos" que "de nós viñéronse a rire" e pasar o tempo do confinamento en terras galegas. A muiñeira de Galbán acumula xa máis de 30.000 reproducións en redes sociais. "Declárome privilexiada por poder ter teito, por poder ficar na casa, na aldea, con instrumentos, libros, ordenador e horta, e solidarísome con todas as persoas que están nunha situasión máis complicada. A muiñeira é un minuto de brincadeira, mais o que digho, díghoo ben en serio", di ela en redes sociais, despois de que os medios se fixeran eco do seu éxito coronavírico. Desde o Valadouro, Andrés de Vilas dedica un titorial ás urbanitas "que colapsan os supermercados e que deixan sen alimentos a quen lle fan falta". Este veciño da Mariña ensina nun vídeo como se pasa a corentena no rural, "na aldea, desa da que moitos da capital rides". Vilas tira do rolo das brincadeiras xuridas a raíz das compras de papel hixiénico en abundancia, fonte de numerosos memes, GIF e máis vídeos, e declara: "A nós non nos fai falta, se nos dá a gana imos cagar ao souto, o 'bosque' como dicides vós!". Tanto o papel hixiénico como os "fodechinchos" son os claros protagonistas do humor partillado nestes días a través das redes sociais. Velaquí máis exemplos: #fodechinchos pic.twitter.com/1EHNNVHcgQ— Re Chou Chío (@re_chouchio) March 14, 2020 Así sementan papel hixiénico no rural galego para combater a escasez 😂😂#COVIDー19 #EsteVirusLoParamosUnidos pic.twitter.com/ZVggU3Zzwt— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) March 15, 2020 |
PRAZA_10325 | Conversamos coa profesora Helena González sobre a súa obra 'Rosalía feminista'. Xa o di ela: non é unha escolma máis, senón un reto. Un convite a tomar un camiño na lectura de Rosalía. Unha senda na que da emoción pode partir a loita contra a opresión do patriarcado. | "Deberás desbotar inercias, rexeitar prexuízos e disporte a ler desde o "triángulo das furias", como di Ana Romaní; desde a reviravolta exacta en que se albisca a revolta silandeira das mulleres". Con palabras coma estas comeza o limiar do libro 'Rosalía feminista', (Xerais), da profesora Helena González. Que, xa o di ela: non é unha escolma máis, senón un reto. Un convite a tomar un camiño, na lectura de Rosalía. Unha senda na que da emoción pode partir a loita contra a opresión do patriarcado. Falamos coa autora.Levas tempo traballando co tema de Rosalía e o feminismo. Quizais algunhas das reflexións que fixestes en 'Canon y subversión', por exemplo, -que coordinaras con María do Cebreiro- puideron levar, dalgunha maneira, a esta nova obra…Non tanto 'Canon y subversión', que foi como o primeiro resultado de todo un traballo que se levaba tempo facendo desde o feminismo para repensar a Rosalía. Aquí en Barcelona estamos Chus Lama -unha das maiores expertas en Rosalía- e eu traballando neste tema, e Rosalía segue sendo fóra, ademais, a mellor carta de presentación do país. Saíu 'Canon y subversión' e eu seguín traballando sobre Rosalía. Mais o que me interesaba, desta volta, era facer intelixible a Rosalía para o noso tempo."O que me interesaba era facer intelixible a Rosalía para o noso tempo"Cando Fran Alonso colleu a dirección de Xerais, un dos seus proxectos foi este. Chamoume para preguntarme se querería facer unha antoloxía sobre Rosalía que xa tiña título: 'Rosalía feminista'. Eu díxenlle que si, pero só se me deixaba desordenala. Porque o que me interesaba, como dicía, era achegar a Rosalía aos lectores e lectoras do noso tempo desde unha lectura feminista. Desordenala desde os conceptos e as ideas dos debates feministas do noso tempo.En que sentido?O obxectivo non era explicar, debullar, comentar como ler a Rosalía, senón tracexar posibles camiños de lectura a partir dalgúns conceptos do pensamento feminista do noso tempo desde os que suxire unha reinterpretacións dos poemas. Por iso fixen un índice que propón unha lectura que non é histórica, agás no feito de que Rosalía escribiu, primeiro, como feminista, desde a perspectiva da "vindicación das mulleres", e despois desde a vindicación da nación. O cal sitúa o discurso da nación nun lugar diferente do que asumiu a historiografía literaria."O obxectivo non era explicar, debullar, comentar como ler a Rosalía, senón tracexar posibles camiños de lectura a partir dalgúns conceptos do pensamento feminista do noso tempo"Insisto en que en todo isto son debedora das lecturas das feministas dos 80, pero a historiografía literaria revestiu a Rosalía duns tintes épicos que non lle correspondían. Porque as mulleres somos protagonistas, e non metáforas, de cada tempo histórico. Por iso eu propoño unha lectura de Rosalía a partir das figuras femininas dos seus poemas, como se fose un teatro no que van aparecendo os diferentes personaxes.Eras ti a que falaba, hai xa tempo, en relación con iso, do "paraugas totalizador" no que se convertía a nación, tapando outros aspectos coma o feminismo.Si, o concepto non é meu: é "totalizing umbrella" en inglés, e eu traducino como paraugas totalizador. O que pasa é que cando coinciden o discurso da nación e o discurso da muller o discurso da nación acaba por comportarse como o que atinxe a todo o conxunto, e o discurso da muller como se só atinxise a unha parte do conxunto: as mulleres. Así é como se formulaba o tema naquel momento, pero a estas alturas xa somos capaces de interceptar discursos... O que quería dicir é que Rosalía non só escribe a nación. Rosalía escribe as mulleres e a nación, por esta orde: primeiro as mulleres e despois as mulleres e a nación."Rosalía escribe as mulleres e a nación, por esta orde: primeiro as mulleres e despois as mulleres e a nación"Dicías antes que querías suxerir camiños de lectura. Comeza o limiar do libro dicindo: "Isto non é unha escolma. É un reto"... Para un lectorado que deberá "desbotar inercias" e facerse responsable da súa lectura...Si, claro. Na selección de poemas que fixen hai moitas lecturas de teoría feminista, de teoría política, de crítica literaria feminista… Pero o que quero é seducir a quen le, levalo por un camiño e que se faga responsable da súa lectura. Eu creo que poder da lectura.O libro parte, di tamén o limiar, dunha evidencia: que Rosalía escribiu antes a "vindicación das mulleres" de 'Lieders' e 'La hija del mar' ca 'Cantares Gallegos'. Si, primeiro 'Lieders' e 'La hija del mar'. 'Lieders' é un manifesto que sitúa a Rosalía entre as voces feministas do seu tempo. Nese sentido, Rosalía non é unha excepción: é unhas das voces que quixeron colocar as mulleres como suxeitos do seu tempo. Coma George Sand, coma Mary Wollstonecraft…Como fixeches a selección dos poemas? Poderían ser máis, ou outros…Facendo unha lectura integral da poesía de Rosalía en galego e en castelán, aínda que acabei optando máis polos textos galegos. Primeiro saíronme como a metade máis de poemas, pero entendía que unha antoloxía ten que ter uns límites razoables. Fun detectando, entón, as reiteracións. Nas figuras por exemplo. Unha das figuras principais é a da muller diante do matrimonio, que representa o desafío da muller diante do principal atranco para que as mulleres poidan ser suxeito. Por iso hai tantos poemas no libro sobre o amor: contra a sedución, contra o amor romántico, contra o matrimonio...Un dos elementos que quixen achegar con esta antoloxía foi tratar de facer que os poemas falen entre eles. É o caso de San Antonio Bendito: eu poño primeiro o San Antonio Bendito de 'Cantares Gallegos' e seguido o poema de San Antonio de 'Follas Novas'. Se non van xuntos, non se entende. E eu non aviso de quen fala: unha moza nova. Pero a continuación vén un poema que fala en contra do matrimonio, e así enténdese o conxunto.En calquera caso: cando eu pensaba esta antoloxía, non pensaba no que Rosalía pensa. Unha interpretación da súa poesía en clave biográfica pode levar a excesos. E o que eu propoño é unha lectura a través das figuras femininas: de corpos e experiencias de distintas mulleres. Porque en Rosalía non hai unha única muller que fala, senón moitas mulleres que teñen vidas diferentes e toman decisións diferentes: as mozas, as vellas, as suicidas -unha figura que non se adoita destacar de Rosalía, que son mulleres que toman decisións tan difíciles como tentar acabar coa súa vida- e moitas máis: as viúvas, as viúvas de vivos…"En Rosalía non hai unha única muller que fala, senón moitas mulleres que teñen vidas diferentes e toman decisións diferentes"No relato dominante, se casas serás feliz. En Rosalía, as viúvas están soas, sofren moito, pero tamén son suxeitos de ira e outras emocións e son quen de facerse cargo de si mesmas. E para facer unha lectura completa hai que entender isto. Elas quedan soas cando o home emigra, sofren unha dor infinita, tentan suicidarse sen conseguilo e finalmente deciden marchar elas tamén á emigración porque na Galicia que coñecen non conseguen vivir. E isto, ao que moitas veces non se dá importancia, é politicamente moi relevante. Na visión tradicional, a viúva de vivo é unha nai que queda soa esperando a que el volva…"En Rosalía, as viúvas están soas, sofren moito, pero tamén son suxeitos de ira e outras emocións e son quen de facerse cargo de si mesmas"Unha Penélope. Si, unha Penélope que é unha nai que espera. En Rosalía a viúva é unha muller que toma decisións, que poden ser decisións radicais: eu marcho, sabendo canto vou botar de menos a miña terra… No libro quixen presentar emocións coma o medo, a ira, a vinganza, e tamén a felicidade, como politicamente empoderadoras. Fixen unha interpretación das figuras femininas desde a teoría crítica das emocións. E o xogo máis libre que me permitín foi o da última parte, a de 'Se podes bailar, é a túa revolución': aí si hai unha lectura moi concreta do baile, da celebración das mulleres, da súa felicidade.En relación con iso -e isto é só a miña apreciación como lectora- a lectura feminista dos poemas pode non resultar ás veces tan clara, polo menos se non se chega ao final de cada parte do libro. Mais xa dicías antes que está pensado para que se fagan interpretacións de conxunto de poemas tirados de distintas obras de Rosalía.Tampouco ao ler os títulos? Interésame, como editora, o que dis. Mais hai algo importante, que é, si, o que comentaba antes: hai unha vontade de arquitectura no libro. A idea non é que se lea cada poema solto e iso está buscado. Non se pode ler cada peza por separado.Supoño que tamén pode pasar que, claro, unha feminista do tempo de Rosalía non é unha feminista de agora. E hai que facer un esforzo por situarse no seu tempo histórico.Claro. Un exemplo é o que falabamos antes do matrimonio. O tema daquel tempo é a institución matrimonial. O meu libro está feito para o noso tempo, pero temos que pensar que non vai aparecer no tempo de Rosalía, por exemplo, unha linguaxe que entón sería impensable. Hoxe o concepto de violencia de xénero, por exemplo, non é só un concepto teórico ou filosófico: é un concepto legal. Nada que ver con cando Rosalía escribía sobre o tema. E claro que podes botar de menos cousas, se o pensas desde a perspectiva de hoxe: non hai nada trans, por exemplo.En 'El caballero de las botas azules' pode habelo, non si?. Si, claro, algo de travestismo, polo menos. Pero referíame aos poemas.Queres resumir a idea principal de cada unha das partes do libro?Comeza con 'Daquelas que falan', onde está ese manifesto tan claro que é 'Lieders'. Dixo o historiador Xosé Ramón Barreiro que 'Lieders' semella un contrato prematrimonial. E eu engado que Rosalía dille a Murguía, a través dese texto, que é unha muller libre e autónoma. Sería, así, coma o acordo que escribiu John Stuart Mill antes de casar con Harriet Taylor Mill, de respecto entre iguais.Despois hai varias autopoéticas, sobre o desexo de Rosalía de ser escritora, e despois quen fala -en 'Cantares Gallegos'- xa non é Rosalía, senón unha meniña. E xa dicía antes que a tentación de facer lecturas autobigráficas da obra de Rosalía é redutora, e de feito é negarlle a capacidade de ser unha grande escritora. Evidentemente, hai cousas que se poden ler en clave biográfica, pero non pode ser a única clave."A segunda parte, 'Abdicar de min. As lañas do amor romántico', son os poemas que avisan dos perigos do amor romántico"A segunda parte, 'Abdicar de min. As lañas do amor romántico', son os poemas que avisan dos perigos do amor romántico. Primeiro van uns poemas sobre a paixón como algo fermoso, despois as advertencias contra os homes sedutores, e despois os poemas contra o amor romántico como dispositivo de domesticación das mulleres e contra os problemas do matrimonio como dispositivo, tamén, de domesticación.Seguindo a teorización de Judith Butler, veñen despois os poemas sobre as 'Vidas precarias', na terceira parte. Porque hai persoas coas que empatizamos e persoas coas que non, vidas que consideramos que deben ser choradas e vidas que non. Coma as das mulleres que teñen unha vida marcada pola precariedade: as vellas, as orfas, as pobres, as nais que son case sempre nais pobres pero con entidade suficiente tamén, ademais de ser nais. Ou a emigrante e a estranxeira."Hai persoas coas que empatizamos e persoas coas que non, vidas que consideramos que deben ser choradas e vidas que non"Na cuarta parte, 'Soas, sen amor, sen amo', vaise vendo como a obra de Rosalía permite construír figuras femininas autónomas, mulleres con capacidade de axencia. A primeira condición é estar soas. Pero estando soas non están sometidas da mesma maneira á presión do patriarcado. Sofren moito, senten unha dor infnita, pero toman decisións.Por iso sitúo primeiro a soidade, despois as suicidas, despois as viúvas, e despois o medo, a ira, a violencia e a vinganza: mulleres que reaccionan contra a agresión, coma a de 'Castellanos de Castilla' ou a de 'A Xustiza pola man'. A seguir vén a parte sobre as viúvas de vivos: a soidade, a dor, o desexo de morte e a decisión de emigrar, que entón era sentida como peor que a morte. E isto permítenos, a través de Xohana Torres, ver a Penélope de "eu tamén navegar". Finalmente está a parte da celebración da revolución, 'Se podes bailar, é a túa revolución'."Sitúo primeiro a soidade, despois as suicidas, despois as viúvas, e despois o medo, a ira, a violencia e a vinganza: mulleres que reaccionan contra a agresión" Algo máis que queiras comentar?Quizais que a idea que me permitiu pensar o libro foi o verso de Ana Romaní sobre o triángulo das furias. O triángulo feminista, en relación coa política das emocións: coa dor, coa vinganza, coa ira, como posibles piares sobre os que as mulleres poden erguerse como suxeitos políticos. |
NOS_41169 | Primarias falidas ou primarias cun só candidato. Esta terza feira fechouse o prazo e, como estaba previsto, só se apresentou unha candidatura para concorrer como cartaz do PSdeG ás próximas eleccións galegas. A do secretario xeral, Gonzalo Caballero. O sector crítico abstívose de competir. | As primarias resolvéronse pola vía rápida, pola da incomparencia dos hipotéticos rivais de Gonzalo Caballero. As críticas ao secretario xeral só afloraron en forma dun post en Facebook do parlamentar Juan Díaz Villoslada, contrincante do vigués na pelexa pola secretaría xeral. O núcleo de dirixentes próximos a Valentín González Formoso, líder do sector que mantén distancias coa cúpula galega, preferiu desta volta non medir os apois de que dispón cada quen no seo do PSdeG. Caballero tórnase así no primeiro candidato á Xunta eleito entre as forzas con presenza no Parlamento galego. Faino cunha antelación de no mínimo dous anos, argumento que o sector crítico esgrimiu contra el entre bastidores. A xente próxima a González Formoso argumenta que o secretario xeral avanzou as primarias para cortar o paso a unha eventual alternativa que puidese xurdir das próximas eleccións municipais, a se realizaren en maio de 2019. |
NOS_39908 | O activista angolano escreve aos companheiros detidos e à sociedade que este protesto chega ao fim, informa Redeangola.info | É a notícia do fim da greve de fome de Luaty Beirão. Em carta enviada à redacção do Rede Angola pela família de Beirão, escrita pelo activista ontem e dedicada aos seus 14 companheiros detidos e à sociedade civil, Luaty Beirão, ao fim de 36 dias, anunciou o fim da greve de fome que iniciou dia 21 de Setembro em protesto contra o excesso de prisão preventiva. A "Carta aos meus companheiros de prisão", começa, tal como as detenções dos activistas, na data que deu inicio àqueles que se contabilizam hoje em 129 dias de detenção: 20 de Junho de 2015. "Junho vai longe. Passámos muitos dias presos em celas solitárias, alguns sem comer, com muitas saudades de quem nos é próximo. Pelo caminho sentimos a solidariedade da maioria dos prisioneiros e funcionários. Tivemos apoio de família e amigos." "Junho vai longe. Passámos muitos dias presos em celas solitárias, alguns sem comer, com muitas saudades de quem nos é próximo" Detidos em diferentes estabelecimentos prisionais por cerca de três meses – Estabelecimento Prisional de Calomboloca, Unidade Prisional do Kakila, Hospital Psiquiátrico e Comarca Central de Luanda – , unanimemente acusados de "actos preparatórios para prática de rebelião e atentado contra o Presidente da República", de momento, todos os activistas se encontram no Hospital-Prisão de São Paulo. Luaty Beirão, internado na Clínica Girassol, em Luanda, desde o dia 15 de Outubro – transferido pelos serviços prisionais por se encontrar em estágio avançado de greve de fome -, conseguiu, devido ao acesso a mais visitas e consumo de informação, aperceber-se dos movimentos de solidariedade e indignação em relação ao processo. Info tirada de Redeangola.info, meio com o qual o Sermos Galiza tem um acordo de intertroca de conteúdos informativos |
PRAZA_15151 | Os nacionalistas presentan dúas propostas de modificación da lei hipotecaria para garantir a posibilidade da dación en pagamento ou de transformar as hipotecas en alugueiros. Vídeo no interior. | "Que a banca se responsabilice". É un dos obxectivos principais das dúas modificacións legais que o BNG vén de propoñer no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados co mesmo obxectivo: atallar os desafiuzamentos procedentes, en boa medida, dos anos de bonanza económica e abundancia de ladrillo e créditos bancarios. Ata agora "a banca gaña e as persoas perden", pero o Bloque, di o seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, aposta por que "se faga cargo o culpábel e non a vítima". Por este motivo xunto a medidas que a formación frontista xa viña reclamando, como a extensión da dación en pagamento, o BNG propón tamén implicar na solución ás entidades bancarias, moi especialmente ás intervidas polo Estado. Nomeadamente, os nacionalistas propoñen unha modificación legal na que os bancos nacionalizados, caso por exemplo de Novagalicia Banco, sitúen as vivendas que posúen nas denominadas "sociedades de xestión de activos -unha caste de versión reducida do célebre banco malo- e, unha vez alí, "a finalidade principal sexa a de constituír bolsas de vivenda pública e solo para construción de vivendas públicas, con destino ao seu alleamento ou alugueiro". Trátase, explican, de facer efectivo "o dereito constitucional á vivenda, especialmente das persoas e colectivos con menos recursos económicos". O Bloque aposta pola extensión da dación en pagamento e a creación dunha bolsa pública de vivendas para persoas desafiuzadas Do mesmo xeito, as iniciativas do BNG diríxense tamén a lograr cambios na "lexisilación procesual, hipotecaria e civil" para que esta deixe de impedir "que os xulgados adopten medidas intermedias que ponderen o dereito da entidade financeira a que lles sexa resarcida a débeda contraída", pero tameń "o dereito de acceso a unha vivenda digna de persoas cuxo incumprimento" das obrigas "de afrontar os pagamentos" da hipoteca "vén motivada por causas alleas á súa vontade", como pode ser a perda do emprego. Neste sentido, o Bloque ve a necesidade de que, nos procesos de poxa dunha vivenda, o "executante poida formular unha proposta de dación en pagamento do total da débeda polo valor acacdado na poxa, sempre que a situación debedora se considere que foi de boa fe, por ter sido proovocada por causas alleas á súa vontade". Ademais, explica o voceiro de vivenda da formación, Cosme Pombo, tentarán elevar ao rango de lei "a creación dunha bolsa de vivendas para persoas desafiuzadas ou con problemas económicos, así como unha moratoria que se poida trauducir de diferentes formas segundo cada caso". Con estas e outras medidas, di Vázquez, téntanse aplicar solucións fronte á "burla macabra" das medidas que está a aplicar o Goberno central tras o fracasado diálogo co PSOE, formación que, remarca, "foi responsábel tamén no seu momento de non adoptar ningunha medida". "Os poderes públicos teñen que defender o dereito a unha vivenda", acrecenta Pombo, xa que "se hai milleiros de casas baleiras e milleiros de familias sen casa, hai que ofrecerlles unha solución". |
NOS_53781 | O proxecto de iluminación da ponte de Rande non só desencadeou un tirapuxa entre PP e PSOE a conta das competencias reais da Administración galega e do Goberno estatal sobre a iniciativa que lidera a concesionaria da AP-9, Audasa. A idea de alumar a infraestrutura que dá soporte á autoestrada do Atlántico sobre a ría de Vigo volve incidir nun problema cada vez máis recorrente: a obsesión pola iluminación ornamental e o seu impacto no medio natural. | Audasa xa ten sobre a mesa os tres proxectos definitivos que aspiran a iluminar a ponte de Rande. Tres propostas que exixen un investimento de entre 200.000 e un millón de euros. A opción máis barata, presentada por Biar Ligthing, calcula un desembolso de 226.000 euros para iluminar os tirantes da infraestrutura. Signify propón alumar e colorear os tirantes, o taboleiro e os piares por 505.000 euros. Por último, Setga ofrece dúas posibilidades. Unha de 650.000 euros que iluminaría o taboleiro da ponte mediante a fixación de 600 proxectores de luz, e outra de un millón de euros, que incluiría o alumeado ornamental dos piares e dos tirantes da ponte. Adeus ao ceo nocturno O anuncio de Audasa, e as primeiras probas da iluminación nocturna doutras infraestruturas como a ponte do Burgo, en Pontevedra, volve alzar a voz dos colectivos en defensa do ceo nocturno. Alertan do empeño crecente por iluminar todo o que non necesita ser alumeado. "O gran problema, con diferenza, é a mensaxe que se dá", destaca Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Ío. "Eu pregúntome que necesidade estética hai de poñerlle luces de cores á ponte de Rande. E por que é mellor iso que a escuridade da noite", analiza Martin Pawley en declaracións a Nós Diario. "A luz é unha agresión", engade, "pero vivimos tan en desconexión coa natura que a xente xa non sabe o que é a noite. Buscala é cada vez máis difícil". "A luz é unha agresión. Buscar a noite é cada vez máis difícil." Nos mellores ceos da Galiza pódense ver unhas 4.000 estrelas, explica o divulgador. Nas zonas máis afastadas de cidades como Vigo, apenas unhas 100. E iniciativas como a de Audasa, di, agravan o problema e alentan unha obsesión pola iluminación ornamental totalmente inxustificada. "Mais seguro que imos ver novos intentos nos próximos anos porque é unha vía de negocio". Martin Pawley lembra que a iluminación artificial serve para facilitar o tránsito das persoas e dos vehículos dentro das cidades. "Asumimos que é necesario para contribuír á mobilidade", aclara, máis fóra diso, incide, "está demostrado que meter luz artificial polas noites altera as condicións naturais dos ecosistemas nocturnos". Pagada ecolóxica A contaminación luminosa implica problemas graves e diversos. O primeiro, apunta, de carácter medioambiental. "A introdución de luz artificial mata moitas especies vivas: aves, anfibios, peixes, plantas e, sobre todo, insectos. De feito, a perda de polinizadores é o maior desafío que enfronta o planeta xunto ao cambio climático". E aínda máis, advirte Martin Pawley, "a luz consome enerxía, en boa medida, procedente da queima de combustíbeis fósiles. Así, a produción de luz nocturna ten un grande impacto na pecada ecolóxica. "Está demostrado que meter luz artificial polas noites altera as condicións naturais dos ecosistemas nocturnos". A luz artificial en horario nocturno tampouco é inocua para as persoas, que se vén afectadas polas alteracións das condicións naturais da noite, sobre todo no que se refire ao sono, "un dos grandes problemas da saúde pública". Con todo, Pawley pon o foco no impacto económico, patrimonial e cultural de grandes proxectos de iluminación ornamental como o que se prevé levar a cabo sobre a ponte de Rande. "En todo o Estado gástanse uns 1.000 millóns de euros en iluminar a noite. A metade dos 60 ou 70 que se poden chegar a gastar na Galiza, sobra", sinala o divulgador astronómico. "Os concellos gastan millóns ao ano en luz que non precisan, e son cartos que lles regalan ás eléctricas". Pawley avoga por devolverlle a escuridade á noite, por non estragar a paisaxe nocturna con luces de cores innecesarias e por afear o patrimonio cunha carga prescindíbel. Desde a Agrupación Astronómica Ío apostan polo desenvolvemento sostíbel da paisaxe a través da noite. |
NOS_12317 | Lugares comúns e algún que outro buraco de guión, pero o filme funciona e déixase ver con moito agrado, en parte, e sobre todo, polas espectaculares escenas de acción, excelentes de coreografía e cunha realización que combina moi ben secuencias longas cunha montaxe eficaz. | Ás veces, ten a súa recompensa perder o tempo mergullándose entre a inxente oferta que hai agochada dentro do algoritmo do menú principal que teñen as plataformas de contido á carta. É o caso de Upgrade, unha pequena xoia de ciencia-ficción, segunda longa de Leigh Whannell e o filme que lle abriu as portas de Hollywood para dirixir a interesante, e feminista, última versión de O home invisíbel. Upgrade / Leigh Whannell / Australia-EUA / 2018 / 99 min. Upgrade propón un futuro próximo dominado pola tecnoloxía e os tecnócratas, como Eron Keen, alter ego oficioso, e obvio, de Elon Musk. Eron crea un microchip que pretende implantar nos seres humanos para cambiar o mundo. Casualmente o seu amigo Grey, un mecánico do analóxico nun mundo dixital, sofre un asalto no que matan a súa esposa, deixándoo a el tetrapléxico. Eron ofrécelle o seu novo xoguetiño co que non só poderá volver andar, senón que tamén lle proporcionará novas habilidades, moi útiles para vingarse dos asasinos da súa namorada. Ecos de Cronenberg, na fusión home-máquina, e de Asimov, no nesgo filosófico, así como chiscadelas e reminiscencias de Fahrenheit 451, Robocop, Matrix ou Ex-Machina, aínda que a semellanza máis evidente é con Venom, malia que Upgrade é do mesmo ano e, incluso, estreouse antes. Por momentos, só semella cambiar simbionte por microchip pero, ollo aquí, engade as doses de sangue e gore das que carece, por desgraza, o filme da DC sobre a personaxe ideada por Randy Schueller, que tería funcionado mellor co ton proposto en Upgrade. Lugares comúns e algún que outro buraco de guión, pero o filme funciona e déixase ver con moito agrado, en parte, e sobre todo, polas espectaculares escenas de acción, excelentes de coreografía e cunha realización que combina moi ben secuencias longas cunha montaxe eficaz. Destaca, de lonxe, o efecto snorricam que se marcan cando o chip prodixioso toma o control do protagonista. O curioso e sorprendente é que Whannell, e o seu dire de foto, Stefan Duscio, logran utilizar este recurso en secuencias xa iniciadas, cando o normal é que dito efecto comece coa secuencia. Hei de investigar como o conseguiron porque mola un montón... E non, non é CGI. Outro dos acertos recae nunha trama que xoga ao despiste todo o tempo. O prota non é quen de dar co malo, cando o público xa sabe quen é case desde o minuto un. Xoga tan ben que ao final, aínda que previsíbel tamén, supón un alivio bastante importante. Upgrade pasou por case todos os festivais de ciencia ficción de renome, destacando o Premio do Público que acadou en Sitges. |
NOS_8396 | O Goberno español fixara como obxectivo acadar esta porcentaxe a finais de agosto. Na Galiza só tres concellos, os de Avión, Beariz e A Lama, están por debaixo dese limiar. | O pasado mes de abril, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, daba conta das previsións do Executivo estatal de cara á vacinación nos meses posteriores. Falaba entón de acadar un obxectivo: que a finais de agosto estivese vacinado 70% da poboación. Na Galiza son moitas as localidades que xa superan a porcentaxe de persoas coa pauta completa de vacinación fixada por Sánchez. De feito, segundo os datos da Consellaría de Sanidade, todas as urbes galegas rebasaron xa ese limiar, que foi o fixado para alcanzar a coñecida como inmunidade de rabaño, teoría cuestionada por moitos científicos e científicas, que sinalan que a única garantía para rematar co virus é ter vacinada á totalidade da poboación. O propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e varias persoas integrantes do Comité Clínico que asesora á Xunta en medidas sanitarias, sinalaron en numerosas ocasións que esa porcentaxe quedara "desfasada", pero din descoñecer aínda o dato co que se conseguiría a inmunidade grupal. En calquera caso, segundo os datos actualizados por Sanidade este domingo, Galiza conta con 81,7% da súa poboación diana coa dobre pauta administrada e 74,3% da poboación xeral. No que atinxe ás cidades, A Coruña conta con 78,01% da súa veciñanza inmunizada; Lugo, con 80,33%; Ourense, con 80%; Pontevedra, con 77,41%; Vigo rexistra xa 75,60%; Compostela, un 81,02%, e Ferrol, un 80,56%. Compostela, con 81,02% da poboación diana coa pauta completa, é a cidade galega máis adiantada no proceso de vacinación Doutra banda, os concellos Vilar de Barrio (91,44%), Montederramo (91,42%), Baleira (91,18%) e Abadín (90,77%) son os que nestes momentos presentan unha maior porcentaxe de poboación diana con pauta completa contra o coronavirus, destacan desde a Consellaría. Os cinco primeiros postos complétanse co concello de Larouco, cun 90,30% de poboación inmunizada. A outra cara da moeda represéntana os municipios de Avión e Beariz e A Lama, coas porcentaxes máis baixas de inmunización. As tres localidades son as únicas da Galiza que quedan por baixo de 70%, con 63,01%; 65,38%, e 66,68%, respectivamente. |
PRAZA_19225 | A Xunta optou por manter as clases este venres e suspender as actividades educativas ao aire libre a partir das tres da tarde. O vento estragou parte das cubertas do estadio de Riazor da Coruña Uns 180.000 clientes de Fenosa quedan sen luz en Galicia durante o temporal | Uns 180.000 clientes de Fenosa quedan sen luz en Galicia durante o temporal Bloqueo ferroviario coa estación de Santiago como epicentro da indignación das persoas usuarias. O temporal que afecta a Galicia inzou a noite do xoves ao venres de diversas incidencias como cortes de luz, anegamentos, caídas de pólas e elementos de cubertas de edificios e mais incidencias no tráfico, caso por exemplo do corte da N-VI en Lugo e a N-540 en Guntín. Pero, desta volta, o centro dos problemas está na rede ferroviaria, con múltiplos atrasos e cancelacións entre denuncias de falta de información. Dende primeira hora desta mañá a circulación de trens entre Pontevedra e Ourense ficou interrompida "debido a causas meteorolóxicas adversas entre as estacións de Filgueira e Frieira", segundo Adif, que nun comunicado actualizado ás oito e media da mañá advirte, de xeito xenérico, de que "os trens con orixe en estacións galegas poden sufrir demoras nos seus horarios habituais de paso polo mesmo motivo". Esa demora acadou, por exemplo, os 64 minutos no caso do tren de media distancia entre Vigo e A Coruña, que chegou á capital con este retraso contra as nove da mañá. Renfe contratara ás 15:00 do venres 10 autobuses e 14 taxis Foi tamén contra as nove cando puido ser retirada a árbore que caera sobre as vías en Ordes e que impediu o paso dos trens de media distancia procedentes da Coruña. Esta é unha incidencia semellante á acontecida en Neda, que obrigou a deter o Alvia que saíra de Ferrol con destino a Madrid, así como os comboios entre Ourense e Barra do Miño. Unha "avaría das instalacións entre Redondela e Vigo" ou demoras na contorna dos 45 minutos entre Ourense e O Carballiño completan un mapa que, no caso do 'Rexional' Vigo-Ponferrada, provocou que os pasaxeiros fosen desprazados en autobús, o mesmo que un Tren Hotel entre Monforte e Pontevedra Ás tres da tarde Renfe informaba de que a liña Ourense-Vigo se mantiña "interceptada" por mor de "desprendementos de catenaria e caídas de árbores". No resto das liñas que transcorren por Galicia, di a empresa pública, os trens sofren atrasos xeralizados e "nalgúns casos" realízanse "transbordos por estrada". Para realizar estes "plans alternativos" a compañía contratou 10 autobuses e 14 taxis "ata o momento" e agrega, a través dun comunicado, que Adif está a "informar puntualmente" a través da súa web e das redes sociais. Danos en Riazor e actividade educativa A Xunta optou por manter as clases este venres e suspender as actividades educativas ao aire libre a partir das tres da tarde Outras das incidencias máis rechamantes da noite produciuse no estadio de Riazor da Coruña, onde a intensidade do vento levou por diante parte das cubertas do estadio de Riazor, afectando especialmente ás zonas xeral e Marathon. Estes estragos e a adversa previsión meteorolóxica para o serán deste venres levaron o Deportivo, a LFP e o Concello a decidiren a suspensión do encontro. Neste contexto a Xunta optou por manter a actividade nos centros educativos cunha única excepción: as actividades no exterior. Segundo un comunicado difundido pola Consellería de Educación, a programación tanto escolar como extraescolar ao aire libre fica suspendida a partir das tres da tarde deste venres, pero as clases impartiranse con normalidade durante o resto da xornada. Alerta vermella no litoral, laranxa en terra Todas estas incidencias son o resultado do achegamento a Galicia de dúas borrascas case seguidas que, informa Meteogalicia, "provocan moi malas condicións mteorolóxicas nas primeiras e nas derradeiras horas da xornada". Así, na franxa litoral das provincias da Coruña e Pontevedra mantense a alerta vermella ata as 3 da tarde, con ondas superiores a 8 metros. A partir desa hora a alerta pasará a laranxa e agárdanse tamén ondas de 6 a 8 metros; mentres, no litoral de Lugo a alerta é laranxa durante toda a xornada, con ondas de 5 a 7 metros. A partir das seis da tarde chegará, segundo Meteogalicia, outro dos peores episodios do temporal. As predicións indican refachos de vento superiores aos 100 quilómetros por hora ata o remate da xornada e precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. Localmente, a chuvia podería superar os 15 litros por metro cadrado en só unha hora. |
PRAZA_3876 | Os illotes da costa coruñesa contan xa co visto e prace da Xunta para seren declaradas Espazo Natural de Interese Local (ENIL), que protexerá o seu hábitat e definirá os seus usos. | As illas de San Pedro, na Coruña, logo de once anos de espera, contan xa co visto e prace da Xunta para seren declaradas Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Pasarán a ser, xa que logo, unha zona protexida e reservada para o estudo científico e, con permiso, para o marisqueo e a pesca. Medio Ambiente da Coruña recoñece "certa sensación de desagrado" pola "falta de comunicación" da Xunta á hora de informar da aprobaciónEste visto e prace do Executivo autonómico, coa aprobación do plan de conservación, chega logo de que desde abril de 2018 o Concello, coa Marea Atlántica no goberno local, presentase o proxecto. Desde aquela, como aclara María Pita, o seu persoal técnico "tivo que responder a todo tipo de requirimentos da Consellería de Medio Ambiente". Por iso, a nova foi acollida "con sorpresa por parte do departamento, máis aínda tendo en conta nas datas e nas circunstancias en que se produce". O departamento de Medio Ambiente do Concello amosa tamén "unha certa sensación de desagrado pola falta de comunicación do Goberno autonómico da devandita aprobación, cando a autoría do Plan corresponde en exclusiva ao equipo técnico da Concellerí", di. Con todo, o Concello destaca que este trámite rematado "permitirá contar cun instrumento que define os usos que se poderán facer destas illas e que consolidará o rico hábitat da zona". Ademais, evitará a instrospección nela de persoas que non teñan fins científicos sobre a contorna ou permiso legal para a súa explotación pesqueira e marisqueira. Neste último aspecto, ao finalizar este período de confinamento a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ten previsto celebrar unha reunión coa Confraría de Pescadores e Mariscadores da Coruña para lles informar dos detalles do Plan e para estudar posibles vías de colaboración.Desde Riazor, seguindo o paseo marítimo, fronte ao peirao do Portiño, aparecen estes catro illotes que suman unhas sete hectáreas de superficie e un importante valor xeolóxico e medioambiental que buscaron durante anos unha protección definitiva entre atrancos e dilacións. A Illa Vendaval, Illa do Pé (ou Illa de San Coral), as Tres Illas e O Aguillón, xunto a pequenos illotes como O Merlón, Os Fernandiños ou O Rompedoiro, conforman un conxunto que foi declarado provisionalmente Espazo Natural de Interese Local (ENIL) hai once anos e logo en novembro de 2017, despois de que o proceso iniciado polo goberno local bipartito decaera co PP á fronte da alcaldía.Para lograr esa protección definitiva, o Concello da Coruña presentou en abril de 2018 o Plan de Conservación á Xunta. O proceso de participación pública, no que se podían presentar alegacións, rematara xa hai máis dun ano e o goberno local da Marea Atlántica queixárase da dilación ante os tempos da Consellaría de Medio Ambiente. |
NOS_27237 | Pasou de 289 millóns de euros en 2016 a menos de 12 millóns en 2017, denuncian os socialistas. | Hai una importante caída dos investimentos do Ministerio de Fomento en Galiza, que pasou de 288,6 millóns de euros en 2016 a 11,6 en 2017, un 96 por cento menos. Esta foi a denuncia que realizou realizou hai uns días en sede parlamentar s portavoz de Obras Públicas do grupo socialista, María Pierres. A deputada advertiu que nos dous últimos anos deixaron de executarse 1.300 millóns de euros en Galiza, "o equivalente a 15.000 postos de traballo". Pierres citou os datos da Federación Galega da Construción, quen apunta o "desplome" da licitación de obra pública en Galiza, pasando de 500 millóns en 2016 a pouco máis de 100 en 2017, mentres Seopan (patronal da construción) apunta que o Estado licitou en Galiza menos do 3 por cento do total do Estado. De por parte, a portavoz de Economía do BNG, Noa Presas, denunciou tamén esta semana o que considera unha dupla discriminación orzamentaria do Estado con Galiza: Inviste menos que hai unha década e, deixa sen executar unha parte moi significativa do presupostado. De feito, só no bienio 2015-2016 "esa falta de execución fixo perder a este país 996 millóns de euros consignados para as obras do AVE". Neste contexto,o BNG pregunta pola comisión de seguimento da execución dos orzamentos do Estado en Galiza anunciada polo propio presidente da Xunta en sede parlamentaria. "O agravio era tan escandaloso que non tiveron mellor ocorrencia que anunciar no pasado mes de abril a creación dunha comisión de seguimento para fiscalizar a execución orzamentaria Goberno central, aínda que o de facer seguimento e fiscalizar os compromisos do Estado, debera irlles no soldo", salientou. |
NOS_20075 | Nin o Ministerio de Defensa nin Navantia terán que aboar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) polas parcelas que ocupan en Ferrol. Así o vén de decidir o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). | A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de estimar os recursos de apelación tanto do Ministerio de Defensa como de Navantia, de maneira que considera que ambas as partes poden ficar eximidas do pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) polas parcelas que ocupan en Ferrol. Benefícianse, así, da exención á que está suxeita o Estado. O tribunal do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol rexeitara os recursos contra a denegación da exención e as liquidacións do IBI de 2010 e 2011 apoiándose nunha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que estimaba que a exención podería ser beneficiosa para Navantia. O tribunal europeo advertía entón de que quedaría afectado o libre intercambio comunitario e de que se infrinxiría o Tratado Fundacional da UE, sinala Europa Press. É o TSXG quen determina agora que a exención que lle corresponde ao Estado non representa unha vantaxe para Navantia e que debe recoñecerse, tal e como xa ditaran o Tribunal Supremo e o Alto Tribunal Galego. |
PRAZA_3169 | A intensidade da doenza mantén a cualificación de "baixa", pero mantense á alza. Os ingresos hospitalarios pola enfermidade achéganse aos 500, dos que a metade foron xa dados de alta. Dos 351 casos que tiñan indicada a vacina, 206 non estaban vacinados. | Dende o inicio da actual tempada e ata o xoves 23 houbo xa case medio milleiro de ingresos hospitalarios por gripe, exactamente 456A gripe xa está aquí. A incidencia da enfermidade leva catro semanas nun claro ascenso e está acadando niveis elevados, cunha difusión xeral en todo o territorio, segundo os informes que cada semana elabora e publica o Sergas. A pasada semana a intensidade da actividade gripal mantiña a súa cualificación de "baixa", pero prevese que na semana que vén de rematar (do 20 ao 27) acade xa o nivel "medio", próximo aos picos máximos rexistrados nas tempadas 2016-17 e 2017-18.Dende o inicio da actual tempada 2019-20 e ata o xoves 23, houbo xa case medio milleiro de ingresos hospitalarios por gripe, exactamente 456 (236 xa dados de alta); entre eles, 64 con virus da gripe B, 1 con virus da gripe C, 1 con virus B e máis A e 390 con virus da gripe A.Entre as dez persoas falecidas despois de ingresar por unha gripe, 9 tiñan indicada a vacina e 7 non estaban vacinadas33 dos casos requiriron asistencia en UCI e rexistráronse un total de 10 falecementos, 4 deles por gripe. Destes 10 casos, 9 tiñan indicada a vacina e 7 non estaban vacinados. Entre os 456 ingresos hospitalarios, 351 tiñan indicada a vacina, por idade ou por presentaren factores de risco para unha gripe complicada. Deles, case dous de cada tres, un total de 206, non estaban vacinados.Nesta tempada, a vacinación antigripal na poboación de 65 ou máis anos aproximouse ao 60% e superou en máis de dous puntos porcentuais os datos dun ano atrás. A Consellería de Sanidade insiste cada ano na importancia de que as persoas incluídas nalgún dos grupos preferentes renoven a vacinación cada ano, "xa que a vacina antigripal non só limita o número de casos de gripe, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas da enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte".No último ano dispoñible, o 2016, morreran en Galicia por mor da gripe un total de 43 persoasNo último ano dispoñible, o 2016, morreran en Galicia por mor da gripe un total de 43 persoas, unha quincena máis que no ano anterior e 36 máis que en 2014, mínimo histórico da serie, e moi por riba do que viña sendo habitual dende mediados da década anterior, cando o número de falecementos non adoitaban pasar da vintena. Así e todo, estes números están moi por baixo dos anos 90 do século pasado e aínda máis dos de principios dos anos 80, previos á lei que universalizou de vez a asistencia sanitaria pública -en 1986- e ao nacemento do Sergas -en 1991-, cando chegaron a falecer de gripe máis de 150 persoas en Galicia nun só ano. |
NOS_29394 | Un caderno monográfico coordenado por Duarte Correa aborda a realidade dalgúns pequenos estados de América Latina aos que apenas prestamos atención no día a día mais nos que os intereses de EUA e o imperialismo norteamericano ditan as leis. | Por razóns técnicas esta semana o Sermos Galiza non chegou a todas as leitoras e leitores a quinta feira. Demorou a súa chegada, aos quiosques e ás moradas d@s suscritoras/es, até a sexta feira. Aliás, un erro impediu que o AFondo 'A América Latina invisíbel' fose editado correctamente. Porén, a versión corrixida foi pendurada na nosa loxa e xa podes facerte co caderno por só 0,50€. Se fores subscritora podes acceder a el de maneira gratuíta facendo unha conta de usuari@. Duarte Correa coordina o segundo AFondo arredor de América Latina. Un caderno monográfico que visa ollar tamén para outras realidades que amiúdo non son obxecto de análise. Pequenos Estados que ao non faceren parte desa maioría de territorios que desenvolven procesos políticos e sociais transformadores son, as máis das veces, esquecidos. Da man de autoras e autores que coñecen ben estas (outras) realidades achegámonos a Honduras, Paraguai e Guatemala. Países onde o militarismo estadounidense, as institucións económicas internacionais e o imperialismo ditan as leis e poñen e quitan gobernos. 8 páxinas para coñecermos o rosto invisíbel da outra América Latina Da man de Cintia Verónica Ruiz, coordinadora da Comisión de Paz e libre determinación dos pobos da Asemblea permanente polos DH da Arxentina, abordamos algunhas consideracións previas arredor da intervención dos EUA en América latina e o Caribe, unha estratexia de política exterior que se remonta a comezos do século XIX e a proclamación da Doutrina Monroe coa que EUA acuñou á súa veciñanza do Sul como 'patio traseiro'. A partir de aí, todos os países latinoamericanos foron considerados parte dos intereses do imperio e, polo tanto, obxecto da súa intervención --as máis das veces pola vía militar. Disto sabe ben Honduras, un dos exemplos máis recentes. "Desde o golpe de Estado contra Zelaya en 2009, os prezos máis que se duplicaron e os salarios caeron máis da metade", sinala Gerardo Torres Zelaya, xornalista hondureño. Eleccións en Honduras A piques de se realizaren eleccións ao Congreso nacional de Honduras conversamos con Gilberto Ríos, secretario xeral da Organización Política Los Necios e dirixente do Frente Nacional de Resistencia Popular (FNRP). Ríos avánzanos que de se realizaren "con todas as garantías" os comicios "é seguro o trunfo" . Nas páxinas interiores do AFondo achegámonos a Paraguai após do golpe perpetrado polo Partido Colorado contra Fernando Lugo. Da man do xornalista Pelao Carvallo revisamos a situación actual do país e como o goberno de Cartes supón unha "ofensiva neoliberal proianqui para contrarrestar a influencia socialdemócrata liderada por Brasil". Tamén así, Andrés Cabanas, xornalista e escritor guatemalteco nos aproxima á realidade do seu pais que se atopa, di, entre o neoliberalismo militarista e a refundación do Estado. Presentámosche oito páxinas coas que facérmonos unha idea do que acontece nesas outras realidades da América Latina. |
NOS_3567 | 25º aniversario da morte de José Otero Abeledo | Esta sexta feira, na Fundación Laxeiro de Vigo, ás 18 horas, inaugúrase a instalación sonora coa que o Colectivo NEG (Misha Bies Golas, Alejandra Pombo Su, Jorge Varela e Diego Vites) propón, co gallo do 25º aniversario do pasamento do artista, un achegamento á figura de José Otero Abeledo 'Laxeiro' a partir dun texto que o propio autor pronunciou en 1978, na Galería Torques de Santiago de Compostela. A instalación. realizada expresamente para a Fundación Laxeiro, reivindica a faceta máis irreverente e provocadora do artista, unha actitude que definiu a súa relación co sistema da arte durante toda a súa traxectoria. Con esta exposición, a Fundación Laxeiro conmemora aniversario do pasamento do pintor, incidindo nunha das constantes da súa figura, a defensa radical da súa independencia como artista, para lembralo dunha forma que manteña viva a súa memoria, isto é, convidando a artistas do momento a reflexionar sobre Laxeiro, retomando nesta ocasión a relación da Fundación coa música contemporánea, materializada no festival internacional que organizou durante sete anos. A colaboración con Vertixe Sonora retoma este compromiso que, no futuro, se materializará noutros proxectos. O título da exposición Recordoleterlorintorel fai alusión ao currículo que ideou Laxeiro para a súa exposición na Galería Torques, na que, con palabras inventadas, fai unha crítica sarcástica á configuración do sistema da arte. O Colectivo NEG sérvese desta acción de Laxeiro para chamar a atención sobre a falta de sintonía, que con frecuencia se dá, entre o mundo da creación artística e o sistema no que se insire, unha circunstancia que semella non ter cambiado na actualidade. A partir desta idea, NEG propón unha instalación sonora na que as palabras de Laxeiro van superpoñéndose até conformar unha peza sonora indescifrábel, como indescifrábel é tamén o discurso orixinal, formado por palabras inventadas para parodiar os seus méritos como pintor, en forma de currículo absurdo. E absurdo era para el todo o aspecto administrativo que inevitabelmente acompaña a traxectoria profesional dos e das artistas, para conseguir ser tidos en conta no ámbito da crítica, o comisariado e a historiografía da arte. Recordoleterlorintorel preséntase así como un berro co que reivindicar o proceso da creación artística en si mesmo, independente do sistema da arte que funciona como mecanismo de lexitimación das prácticas artísticas individuais, alleo moitas veces, ás circunstancias nas que cada artista constrúe a súa obra. |
NOS_50492 | Dez mortos, entre eles os 3 atacantes, e 48 feridos no atentado. Unha furgoneta atropelou varias persoas na Ponte de Londres e despois houbo acoitelamentos nun mercado próximo, Borough. O ataque prodúcese a poucos días das eleccións lexislativas. É o segundo atentado en Inglaterra en apenas 15 días. A primeira ministra, Theresa May, afirma que cómpre revisar a estratexia anti-terrorista e dar máis poderes ás forzas de seguridade. Hai unha ducia de persoas detidas. | Un novo ataque terrorista en Londres, o segundo en apenas 15 días en Inglaterra, deixa sete persoas mortas e perto de medio cento feridas, para alén dos tres atacantes abatidos pola Policía. Unha furgoneta branca a gran velocidade atropelou varios peóns na Ponte de Londres. Dela baixaron tres persoas que se dirixiron até o próximo mercado de Borough, zona de lecer nocturno, onde acoitelaron varias persoas, segundo a versión dos medios británicos. Os tres supostos terroristas foron abatidos pola Policía. Levaban adosados o que semellaba chaleques con explosivos mais que resultaron ser falsos. A primeira ministra, Theresa May, e a Policía, falan de ataque terrorista, se ben este aínda non foi reivindicado. May sinalou que após os ataques terroristas que se produciron este ano no Reino Unido é mester "revisar" a política anti-terrorista e avogou por dotar de más poderes ás forzas de seguridade. "Hai demasiada tolerancia do extremismo no noso país", afirmou. Hai unha ducia de persoas detidas en relación ao atentado desta noite. O ataque, que tivo lugar ás 21:00 GMT, é o segundo que sofre Inglaterra en apenas 15 días. Hai dúas semanas, en Manchester, un atentado nun concerto causou 22 mortos e 64 persoas feridas. Cinco meses antes, 5 persoas foran asasinadas noutro ataque na ponte de Westminster. Este último ataque terrorista ten lugar a catro días das eleccións lexislativas británicas. O alcalde de Londres, Sadiq Khan, falou dun "ataque deliberado e covarde" contra inocentes. O Ministerio de Asuntos Exteriores, a través do Consulado xeral de España en Londres habilitou2 números de teléfono de emerxencia: 07712764151 para chamar desde Reino Unido e +447712764151 para facelo desde o estado español. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.