ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_41621 | A asemblea local do BNG decidiu non entrar no goberno pola "perda de confianza no PSOE". O grupo municipal nacionalista quedará completamente renovado coas saídas das concelleiras de Isabel Pérez e Marta Arribas. | A asemblea local do BNG de Ourense decidiu, en concordancia coa análise realizada polo consello local días atrás, non subscribir un novo acordo para facer parte dun goberno de coalición no Concello de Ourense. Desta maneira, o grupo municipal do BNG pasará desde hoxe á oposición despois de permitir cos seus votos a investidura de Agustín Fernández como alcalde, en substitución de Francisco Rodríguez. As razóns que motivan a decisión concéntranse na "perda de confianza" no PSOE, que segundo a fronte nacionalista lles tería producido a demora na renuncia de Rodríguez, despois de ser imputado no caso Pokémon, e a recente decisión do seu substituto de renovar un contrato no concello á súa filla. Renovación no grupo municipal Asemade, a organización local do Bloque acordou tamén remodelar o seu grupo municipal que quedará completamente renovado tras as renuncias de Isabel Pérez –actual voceira-- e Marta Arribas. No seu lugar incorporaranse á corporación municipal Susana García, responsábel local, e previsibelmente Ximena González. Semanas atrás Xosé Somoza xa se incorporara ao grupo municipal nacionalista, en substitución do dimitido Fernando Varela. Segundo aseguraron en conferencia de prensa con estas decisións pretenden dotarse de "plena autonomía" no seu quefacer institucional co obxecto de revitalizar o seu "perfil político propio". |
NOS_21339 | En conferencia de imprensa, a dirixente de EU informou de que esta quinta feira a súa organización cursou "distintos convites á esquerda plural do país" para concorreren coligados a Europa. Un deses convites foi para o BNG. | O Espazo Ecosocialista -parceiro de EU en AGE, como Anova- e outros colectivos sociais tamén foron destinatarios dos convites, que terían como propósito, en primeira instancia, abrir un proceso de traballo conxunto "na procura desa coincidencia programática de mínimos". As alusións ao BNG na comparecencia de imprensa foron constantes por parte da vice-portavoz de AGE. "Creo que están [@s do BNG] coa folla cambiada", di Yolanda Díaz Destarte, considerou un "erro" que se poñan "vetos" á hora da configuración dunha alianza eleitoral, en clara alusión ao BNG [que defende a constitución dunha candidatura soberanista e non participada por ninguha forza que teña o seu centro de decisión en Madrid] EU tería transmitido formalmente ao BNG a "necesidade" de "conversar e partillar o diagnóstico". Palabras amábeis estas. Non tanto estoutras: "Ao BNG EU dille que son tempos de grandeza e non de sectarismos". Estas xa constitúen directamente unha crítica: "Creo que están [@s do BNG] coa folla cambiada". |
NOS_40980 | O organismo estatal contratará dous bancos de inversión -que cobrarán entre 700.000 euros e un millón cada un- para facilitar a venda de Novagalicia Banco, pechando así a porta a crear dende a entidade nacionalizada unha banca pública | Antes de final de ano, probabelmente en setembro ou outubro, Galiza ficará definitivamente sen ningún músculo financeiro propio. O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) decidiu acelerar o proceso de venda de Novagalicia Banco (NCG), obxectivo para o que vai contratar senllos bancos de investimento para que realicen unha análise das dúas entidades que mantén en proceso de resolución. Estas empresas cobrarán 700.000 euros cada unha, polo que ademais de perder o pouco que quedaba dunha banca propia galega, case un millón e medio de cartos públicos perderase na operación, que mesmo pode saír máis cara, xa que no caso de que sexan os mesmos bancos os que tamén se encarguen do proceso de venda, percibirán 300.000 euros adicionais. A venta de NCG -para a que xa están postulados varios fondos de investimento estranxeiros e de natureza especulativa- pecha así a porta a utilizar a unión bancaria que saíu da ruína das vellas caixas por imposición gobernamental para a partir dela crear unha entidade pública galega, como reivindicaron varias organizacións, entre elas o BNG. A función dos dous bancos de investimento que facilitarán a operación aos fondos interesados será analizar os balances de NCG e identificar as continxencias que máis poden preocupar a un potencial comprador, así como cuantificar e propoñer fórmulas para minimizar o seu impacto negativo no proceso de desinvestimento, ou sexa, poñerlles as cousas doadas, para o que mesmo é posíbel que intenten impoñer novas reducións de persoal. Outras das dúbidas que xorden é a posibilidade de que o gran patrimonio cultural galego que posúe NCG procedente das antigas caixas fique en mans destes fondos especulativos e posíbeis compradores. |
NOS_8399 | Varias ducias de vehículos percorreron o tramo de Oroso a Compostela lucindo bandeiras e simboloxía nacional galega. | Unha caravana de vehículos percorreu na mañá deste Día da Patria Galega o tramo entre o Concello de Oroso e Compostela para visibilizar a simboloxía nacional. Bandeiras da Patria, coa serea de Casetlao ou do Reino Suevo luciron de xanelas e ventás dos vehículos ao longo do percorrido. A iniciativa estaba organizada polo colectivo Estreleira no que cualificou como "num acto de celebraçom, irmandade e resistência". "Nom escolhemos por acaso esta localizaçom de Oroso: pois aliás de estar perto de Compostela e ser de fácil acesso, na Ponte de Sigueiro tivo lugar umha das batalhas da revoluçom galega de 1846, momento fundacional da nossa luita contemporánea de libertaçom nacional". No marco desta iniciativa, varias persoas penduraron da Ponte de Sigüeiro 2 grandes bandeiras nacionais, a do reino suevo e a da Patria. O 'Proxecto Estreleira' constituíse e deuse a coñecer este domingo, 27 de xuño, no cumio do Pico Sacro. Alí, un grupo de persoas da Galiza, nacionalistas e independentistas presentaron as bases e as liñas esenciais desta iniciativa social que nace co obxectivo de "divulgar e popularizar masivamente os nosos símbolos máis senlleiros". |
PRAZA_10569 | O Goberno galego só divulgou un único convenio dos varios centos que asinou no que vai de 2019 | O Goberno galego só divulgou un único convenio dos varios centos que asinou no que vai de 2019Máis de tres anos despois da aprobación da Lei de Transparencia galega, obrigada pola lei estatal previa impulsada polo PP que agora critica, a Xunta segue a evidenciar o seu reiterado incumprimento. O Goberno galego vén de notificar cun ano de atraso unha resposta a unha petición expresa de transparencia sobre un convenio que no seu momento non fixera público. Faino indicando que o convenio xa si está publicado na base de datos de convenios, que acumula meses sen incorporar ningún novo acordo.Segundo a Lei de Transparencia, as distintas consellerías non só teñen a obriga de publicar trimestralmente no Diario Oficial de Galicia o listado de convenios que asinan con outras institucións ou empresas privadas, algo que si están a cumprir, senón tamén de facer público de xeito íntegro o seu texto en internet. Para regular ese rexistro de convenios o Goberno galego leva anos tramitando un novo decreto e mentres a obriga de facelos públicos en internet acumula notables atrasos. No que vai de 2019 só hai un publicado dos varios centos que xa asinou todo o Goberno galego. De 2018 o cumprimento desa publicidade é moi dispar dunha consellería a outra e en 2017 chegou a acumular nove meses de parálise.Ante o atraso na publicación dos convenios en internet, este diario formulou o 4 de xullo do ano pasado unha petición expresa de transparencia, outra das modalidades de acceso a información pública contemplada na Lei de Transparencia, para acceder ao acordo asinado un mes antes co que a Xunta cedeu espazos da Cidade da Cultura é empresa Indra. Un ano despois, este mércores a Xunta notificou a resolución coa que dá acceso a ese convenio, documento no que expresamente se admite que o prazo para decidir sobre a petición era dun mes. A resolución coa que a Dirección Xeral de Relacións Institucionais dá acceso ao convenio ten data do 23 de xullo do pasado ano, pero a notificación da mesma chega un ano máis tarde. Na resolución a Xunta non facilita directamente o convenio solicitado senón que remite á base de datos de convenios en internet, onde se pode comprobar que o convenio en cuestión só foi divulgado alí despois da petición expresa deste diario e mentres outros convenios máis antigos seguían acumulando máis atraso sen ter a obrigada publicidade. O texto en cuestión sobre o acordo da Xunta con Indra limítase a indicar que a empresa pagará un alugueiro polo espazo da Cidade da Cultura que ocupe o seu Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Sociosanitarias (CETISS), pero non se especifica o importe, que se remite a unha tramitación posterior. Esta mesma semana a Fundación Cidade da Cultura fixo pública a súa memoria anual correspondente ao ano pasado na que reflicte que o complexo recibiu en 2018 tantos asistentes a eventos privados como visitantes ás exposicións públicas. |
NOS_30863 | Clean Energy Ship (CES) é o nome da asociación de alumnado da Universidade de Vigo (UVigo) que está a traballar coa empresa Marine Instruments para o deseño dun trimarán que farán navegar propulsado pola luz solar e que competirá, en xullo de 2022, na regata Solar Energy Boat Challenge de Mónaco. Nós Diario conversou con Lorena Gil, coordinadora do grupo, Tomás Prado, responsábel do equipo técnico, e Roi Martínez, encargado da mercadotecnia. | Como nace este proxecto e quen o conforman? Basicamente naceu da colaboración de Marine Instruments coa Universidade de Vigo, a través da relación dun dos nosos profesores con Francisco Pino, fundador de Marine. Esta empresa xa levaba tempo pensando no tema, e tiña incluso outros proxectos como Regata Solar onde traballa con mocidade que está a cursar o Bacharelato e que se ocupa da elaboración de maquetas de barcos. Pino quería participar na regata de Mónaco e quería contar con xente da universidade, alumnado, e tamén estabelecer as bases para crear unha asociación que puidese traballar dentro da escola, que puidese dar proxección ao proxecto e mantelo activo durante uns anos. Cando comezamos, en 2020, eramos cinco estudantes, agora o equipo integrámolo 12 persoas. Unha vez teñen o casco, que é o seguinte? Cal é a maior dificultade do proceso? O deseño do casco fíxoo unha empresa contratada por Marine Instruments, e tivemos o problema do confinamento por mor da Covid-19, porque a fabricación do casco só pode ser presencial. Aínda que nós non deseñamos a embarcación, si que estivemos seguindo todo o proceso para aprender e poder axudar no futuro. Agora deseñaremos todos os sistemas que o barco debe levar por dentro, xa temos o casco e a estrutura do barco rematada e faltan de detalles menores. O barco ten moitos sistemas, e sendo enerxía solar terá que levar placas, baterías, mecanismos de control... O peso da embarcación é algo a ter en conta, mais non é o problema principal, os fabricantes xa teñen experiencia para darlle un peso mínimo, estamos arredor dos 120 kg, que para unha embarcación de seis metros de eslora é moi pouco. A partir de agora, teremos que fabricar as placas solares, facer os cálculos precisos para non ter problemas coas baterías, un control adecuado porque dentro dun ano debemos participar na regata, que conta cun funcionamento estrito ao que nos temos que adaptar, e iso tamén é unha das limitacións, facer todos os sistemas e a súa integración, iso é realmente complexo. Ademais de contar con Marine Instruments, buscarán patrocinio ou algunha colaboración? Agora é cando temos que conseguir contactos e patrocinios para poder custear, de cara ao futuro, a participación nas competicións, que son bastante elevadas, xa non son só os custos de produción, que son caros, senón cuestións de transporte, levar o barco até Mónaco e as persoas que teñan que ir, a mantenza, o estabelecemento no que traballemos... Temos dous grandes piares, que son Marine e a UVigo, que nos permite sacar adiante o proxecto, mais no noso plan entra incluír novos patrocinadores. Fálennos da regata e da importancia da presenza do trimarán en Mónaco. Esta competición céntrase na navegación recreativa e nela participan universidades de toda Europa. Son regatas que se centran en embarcacións propulsadas por enerxía solar pero de diferentes tipos, tamaños, con e sen piloto... O noso trimarán ten tres foils, cunha función semellante á dos aleróns, e irá pilotado. A experiencia que podemos adquirir en Mónaco o vindeiro ano é, en primeiro lugar, a de coñecer outros equipos e o seu modo de traballo. Mais tamén é importante para a Universidade de Vigo e é salientábel ter representación neste tipo de eventos, como se ten noutros ámbitos tecnolóxicos. A presenza galega cun equipo da UVigo nun ámbito tecnolóxico dese tipo é importante. |
PRAZA_11326 | A ex-ministra Pastor, número 2 do PP por Madrid, apúntase ao discurso de Feijóo e promete traballar para que chegue axiña a alta velocidade, cuxo investimento defende a ministra socialista Calviño en Lugo. O BNG denuncia o precario servizo ferroviario en Ourense e En Común chama a mobilizar a quen queira evitar un pacto PP-PSOE. | Agora que está na súa recta final, logo de anos de polémicas, atrasos e promesas incumpridas, o AVE torna en protagonista principal da campaña en Galicia. Aférrase Feijóo desde hai semanas ás súas dúbidas sobre a chegada no prazo que dera o anterior executivo do PP, mesmo aludindo á imposibilidade de empregar a alta velocidade entre Lugo en Madrid en 2021 malia que nunca se proxectou nin comprometeu un AVE a Lugo. Nadia Calviño responde ás dúbidas de Feijóo sobre os prazos do AVE advertindo que o investimento é "moi superior ao dos últimos anos"Foi nesa cidade onde o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou nun dos primeiros actos electorais da campaña galega ás xerais xunto á alcaldesa, Lara Méndez; o presidente da Deputación, José Tomé; ou a ministra de Economía, a galega Nadia Calviño, que respondeu ás dúbidas sobre a alta velocidade en nome do Executivo de España. Advertiu de que "ningún atraso do AVE a Galicia" se derivará da "falta de dilixencia do Goberno" central e lembrou que o investimento neste ámbito "foi moi superior ao que se produciu nos últimos anos, precisamente co obxectivo de cumrpir ese prazo para empezar a facer as probas en 2020". Tanto ten que se estean instalando as vías e haxa trens xa circulando en probas no treito máis próximo a Zamora, o marco está posto e a axenda marcada. Se foi en Lugo onde unha ministra en funcións tratou de contrarrestar o discurso de Feijóo e a Xunta, unha ex-ministra, Ana Pastor, retrucaba desde Pontevedra, malia que desta vez comparece aos comicios como número 2 por Madrid. Ana Pastor, número 2 por Madrid, prometeu "traballar para que o AVE chegue axiña" a Galicia e cargou contra o tratamento de Pedro Sánchez a Galicia"Desde o Parlamento imos traballar para que o AVE chegue e chegue axiña, que non se perda nin un só día por que non haxa Orzamentos Xerais do Estado", dixo Pastor, acompañada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. A ex-presidenta do Congreso dixo seguir "representando os intereses de Galicia", país que, segundo dixo, "é unha das comunidades que máis sufriu o goberno de Sánchez". "Quitounos o diñeiro que era noso e segue debéndonos cartos", engadiu en referencia aos 700 millóns que o Executivo central, denuncia, se negaba abonar á autonomía, outra das demandas que, desde Lugo, Caballero cualificou como "mentira", ao igual que as continuas queixas de Feijóo sobre decisións desde Madrid que terían prexudicado a industria galega. Falou tamén o BNG de infraestruturas ferroviarias nun mitin en Allariz onde a súa portavoz nacional, Ana Pontón, pediu "rebelarse" contra "a discriminación das forzas estatais". Desde a vila alaricana, lembrou que "non é de recibo que, a día de hoxe, Ourense teña que soportar a burla da intemodal dun PP e dun PSOE que din unha cousa e a súa contraria segundo quen se sente na Moncloa".O BNG tamén falou de infraestruturas, pero centrou as súas críticas no percario servizo ferroviario de Ourense"Non é de recibo que o servizo de tren de proximidade deixe tiradas as persoas usuarias un día si e outro tamén; non é de recibo que a cidadanía que viaxa en tren desde Ourense ou cara a Ourense soporten o tarifazo do Avant, pagando até un 60% no billete que o mesmo traxecto no eixo atlántico que conforman A Coruña-Santiago-Vigo", destacou, tras sinalar tamén o feito de que a comunicación entre esta cidade e Lugo "sexa un traxecto case imposible por tempos e horarios". Horas antes, pola mañá ante os xulgados de Fontiñas en Santiago, Pontón reivindicou a "forza imparable das mulleres" e pediu o apoio ao BNG para "avanzar contra a violencia machista". Nun acto xunto ás candidatas Carme da Silva e Olalla Rodil e outras corenta mulleres, o Bloque quixo tamén celebrar a forza das "galegas, feministas e loitadoras pola igualdade" e reclamar "máis recursos contra a violencia de xénero"."Hai que mobilizar a xente que non quere un acordo PSOE-PP"Galicia En Común, pola súa banda, celebrou na Coruña un acto no que participou o artista e activista Marcelo Expósito, xunto ao deputado Antón Gómez-Reino e o senador e ex-concelleiro na Coruña, José Manuel Sande. O evento apelou á cultura como ferramenta de cambio e nel o cabeza de lista pola provincia coruñesa apelou a "mobilizar a xente nova, as mulleres e o conxunto da cidadanía progresista que quere evitar que Pedro Sánchez faga coalición co PP e quere un goberno de esquerdas con Galicia presente no centro da acción política". Precisamente, Pedro Sánchez rexeitou este venres unha "gran coalición" co PP, ao tempo que Pablo Iglesias lle respondía que a alternativa é un goberno con Unidas Podemos e Pablo Casado advertía do perigo dun PSOE que, segundo di, quere conformar un Executivo "frankenstein" con Podemos e partidos nacionalistas, incluído EH Bildu. Ademais, a candidata pola Coruña por Más País, Carolina Bescansa, celebrou un acto no Panteón de Galegos Ilustres para lembrar a "quen nos construíron poética e politicamente como país". A política compostelá pediu aos "decepcionados" a "maior forza" posible para lograr un goberno de progreso e non un bloqueo. |
NOS_55785 | Urxe identificar e levar ante a Xustiza as persoas responsábeis da masacre para que non se volva repetir | O comité de Nacións Unidas para a Protección dos Traballadores Migrantes e as súas Familias instou esta terza feira aos Gobernos do Estado español e Marrocos a abrir "inmediatamente" unha investigación "exhaustiva, independente e transparente" sobre o asalto ao valo de Melilla que tivo lugar a pasada sexta feira e que se saldou con polo menos 23 subsaharianos mortos. Nun comunicado, o comité condenou os incidentes rexistrados na zona e recalcou que aínda "se debe determinar se as vítimas morreron ao caer do valo, nunha estampida ou como resultado de accións cometidas por gardas fronteirizos". Xustiza Así, este grupo experto pide aos dous países "levar aos responsábeis ante a Xustiza" para "evitar que traxedias como esta se repitan" no futuro. Ademais, pediu a Marrocos, ao Estado español e outros países da Unión Europea garantir rutas "seguras" para unha migración "ordenada", ademais de tomar medidas para garantir o respecto do dereito para solicitar asilo. "Estamos consternados pola morte destes migrantes, que tentaban cruzar a fronteira en busca dunha vida mellor no marco dos seus Dereitos Humanos lexítimos", recolle o texto. BNG, EH-Bildu, CUP, Compromís, Más País-Equo, Junts e ERC reclaman que comparezan Sánchez e Marlaska polas mortes en Melilla O comité expresou ademais a súa "preocupación e tristeza pola traxedia". "Lamentamos as violacións ao dereito á vida, que é enmarca na Convención Internacional dos Traballadores Migrantes. (...) Lembramos aos Estados que os migrantes non deben ser suxeitos a ningún trato cruel, inhumano ou degradante", sinalou o comité. Dereito á vida nas fronteiras "Os Estados deben garantir que todas as políticas e prácticas fronteirizas respectan os Dereitos Humanos e garanten o dereito á vida, a dignidade, a seguridade e a integridade física dos migrantes en todas as circunstancias", insistiu. O comité, que trasladou aos familiares das vítimas as súas "máis profundas condolencias", fixo fincapé na necesidade de introducir medidas que garantan o acceso á Xustiza para as vítimas e os seus familiares, á vez que ofrece "reparación". Primeiras vítimas após o acordo entre España e Marrocos: Ascenden a 37 os mortos ao tratar de saltar o valado de Melilla Neste sentido, instou ao Goberno marroquí a preservar os corpos dos falecidos, a identificalos e ofrecer o apoio necesario para o seu traslado, no caso de que sexa necesario. "Facemos un chamamento a todos os Estados para que respecten os Dereitos Humanos dos migrantes, incluídos os solicitantes de asilo", sinalou, antes de recalcar que a "detención é unha medida excepcional de último recurso". |
NOS_29251 | O Concello forma parte do Padroado deste centro xeriátrico, sobre o que as familias denunciaron "deficiencias e neglixencias". O Bloque tamén exixe á Xunta que actúe ante a falta de reaccións por parte da Administración municipal. | O grupo municipal do BNG en Celanova denuncia que o alcalde do municipio elude as súas responsabilidades no Padroado da residencia de maiores da Vila. Segundo as e os nacionalistas, o rexedor tardou menos de quince días en asinar como presidente da Fundación Curros Enríquez (da que depende o centro) pero "leva ano e medio fuxindo da súa responsabilidade coas usuarias, as traballadoras e as familias". En concreto, o concelleiro Leopoldo Rodríguez acúsado de "negarse a asumir o papel de membro nato do Padroado que lle corresponde á Alcaldía". Malia que si houbo sinatura, din que non se fixeron accións concretas como si viñan facendo outras corporacións desde a creación da fundación "hai máis dun século". Para o Bloque é fundamental que o Concello "formalice inmediatamente" e que se poña en marcha o acordado no pleno. É dicir, a ampliación da presenza municipal no órgano reitor do centro residencial. Os xestores xa pediron unha subvención de 72 euros e aínda non se resolveu, algo que o BNG considera un compromiso ineludíbel pola situación que teñen denunciado as familias. "Estes pasos son urxentes, como puxeron de novo de manifesto as denuncias sobre deficiencias e neglixencias denunciadas esta mesma semana polas familias", indica Rodróguez. A través do colectivo REDE, as e os achegados das residentes falaron de que apareceron persoas "con contusións que non se xustificaron" pero tamén de que se atende "mal" ou de "fallos graves nas instalacións eléctricas" ou de que se está a reutilizar o material para traballar coas usuarias a pesar de que vai en contra dos protocolos sanitarios e de seguridade. Por iso tamén exixen a intervención da Xunta xa que o grupo de Goberno "segue mirando para outro lado, negándose a cumprir unha obriga institucional e negándose a prestar a axuda que agora máis que nunca precisan as usuarias, as traballadoras e as familias". Unha reacción rápida dalgunha das partes podería solucionar, na medida do posíbel a situación "precaria" tanto de persoal como de material. |
NOS_35731 | Máis un semanario saído do prelo, con seis páxinas dedicadas a un feito a salientar: 'A derradeira leición do mestre' de Castelao, emblema da resistencia galega contra a barbarie fascista, está en Galiza. Aliás, reportaxes sobre o autopagamento, entrevistas a Xosé L. Méndez Ferrín, Ana Romaní e Miren Etxezarreta. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa. | 'A derradeira lección, na Galiza'. A data é histórica. A partir da sexta feira 5 de outubro, A derradeira lección do mestre poderá verse por primeira vez na Galiza, 73 anos despois de que Castelao o pintase no exilio de Bos Aires. Descuberto no primeiro Día da Galiza Mártir, a imaxe do mestre asasinado cuxo rostro inspirou Alexandre Bóveda converteuse en símbolo da barbarie de Atila e da resistencia galega ao fascismo. Neste semanario adicamos seis páxinas a este feito. Unha reportaxe de Daniel Salgado, complétase con opinión e achegas de historiadores, familiares de vítimas do franquismo ou escritores sobre unha obra chave. O Museo da Limia organizou durante 2018 charlas e debates ao redor da memoria da lagoa de Antela, dragada a finais dos anos 50, e o presente da comarca. Sesenta anos depois da súa desaparición trabállase para que a súa historia non quede no olvido. 'Lembranzas da terra da pataca'. Nas últimas semanas sucedéronse os actos de homenaxe a un dos grandes da literatura galega, Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), polo seu 80 aniversario. Os actos continuarán este outono. Precisamente, o Ateneo Atlántico organiza o 18 de outubro en Vigo a palestra "Ferrín e o compromiso político". Tiramos dese fío para conversar, de vagar, sobre a súa traxectoria política e demóstranos que ten unha memoria envexábel. "A loita segue mercendo a pena". A comisión de investigación no Parlamento de Galiza sobre as consecuencias dos recortes sanitarios dos gobernos do PP na Galiza parece un deses goles que o porteiro (Feixoo, neste caso) non agarda. Unha xogada saída da coordinación da oposición (En Marea, PSdeG, BNG) que, malia a súa minoría na Cámara, tece apoios comúns e colaboracións conscientes do impacto das políticas do PP sobre a sociedade galega. 'A oposición quer marcar o ritmo'. 'A economía arxentina de novo á beira do abismo'. O sociólogo e economista arxentino Julio C. Gambina analiza as consecuencias que para o seu país ten o "rescate" financeiro brindado polo Fondo Monetario Internacional. Gambina denuncia expresamente que as políticas de axuste condicionadas a esas "axudas" supoñen unha clara ofensiva contra as clases traballadoras e populares. 'Vía Galega conmemora o 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas'. A iniciativa soberanista quere reivindicar o recoñecemento oficial de Galiza como "nación europea", dando a coñecer o empeño do nacionalismo galego de principios do século XX por lograr a asunción internacional do feito nacional. Entrevistamos a economista Miren Etxezarreta (Gipuzkoa, 1936), profesora da Universitat de Barcelona, actualmente xubilada, vén de visitar Galiza para participar nas xornadas convocadas por GUE/ NGL e promovidas pola eurodeputada Lídia Senra "O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa". "As pensións teñen que pagarse con impostos xerais". 'De Zara a Gadis ou AP-9: unha rebelión contra o autocobro'. "Por favor, pague nas caixas de sempre, non nas de autocobro". A apelación das traballadoras de Lefties e Zara á clientela é unha chamada de alerta sobre un proceso que se estende por Galiza, de supermercados a autoestradas, de comercios a gasolineiras; e con consecuencias no emprego e condicións laborais. Rematado en 975 e depositado na Catedral de Girona en 1078, o mapa elaborado polos monxes de Tábara certifica o carácter hexemónico da área galega no contexto político cristián. As supostas cabezas dos reinos cristiáns, segundo a historiografía españolista, non existen nesta cartografía policromada, que é asinada por unha muller como debuxante principal. 'O beato de Girona, a Galiza do seculo X' Entrevistamos Ana Romaní: "Os medios públicos galegos teñen pendente ser os medios galegos". Vén de obter o Premio Nacional de Xornalismo Cultural. "Foi unha sorpresa moi emocionante", admite. Que ademais chegaba nun intre difícil para a súa carreira xornalística: antes do verán, a dirección da Radio Galega decidía suprimir o formato do Diario Cultural, o espazo que, durante 28 anos, se ocupou da materia na emisora pública. "Non comparto nin o criterio nin os obxectivos nin a fórmula actual", di, en referencia á partición e reparto da información cultural ao longo da grella radiofónica. 'Arredor das serpenes na cultura galega'. O tema ao redor das serpes deu e segue a dar para moito, coas súas variantes comúns tamén a todos os pobos en contos e lendas. Asuntos aínda moi vivos na Galiza rural, a pesar de tantos novos mitos. Sobre os mitos e lendas de serpes escribe o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén nunha nova entrega da sección Eira das Mouras. E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, David Otero, Marga Do Val, Belem Tajes, Mario Regueira, Pepe Barro, Xulio Carballo, Andrés Castro, Colectivo Xea, Montse Pena, Tokio e Nachortas. |
NOS_31915 | Será o 17 de febreiro en Teo. Apostar na maior autonomía das confluencias locais é unha focaxe distinta á aquela coa que traballa Luís VIllares, quen se inclina por avanzar na articulación dun único suxeito político. | Unha constelación de mareas municipalistas con "soberanía política". Esa semella a opción de Anova e o discurso que anima a formación liderada por Antón Sánchez a convocar unha Conferencia política o 17 de febreiro en Teo, concello que ten como alcalde un dos dirixentes da organización, Rafa Sisto. "A xornada de debate", esclarece Anova nun comunicado, vaise centrar "no traballo político a desenvolver para reforzar a soberanía política das mareas municipalistas e impulsar a estratexia de Unidade Popular no horizonte de 2019". Esta liña difere sustancialmente da estratexia do núcleo de dirección de En Marea, liderado por Luís Villares, partidario de ir articulando o partido instrumental como un suxeito político con maior coordenación entre os territorios. A Conferencia Política vén precedida da realización desde o pasado mes de decembro de diversas Xeiras [encontros para o debate] nas principais vilas e cidades do país, unha iniciativa que visaba tamén "facer unha análise compartida sobre a deriva autoritaria que vive o Estado español e debater sobre os proxectos de confluencia política nas que participa [Anova]". .Na orde do día da Conferencia Política está, por tanto, unha avaliación global do "momento político" e a análise da "axenda do cambio que impulsarmos as mareas municipalistas e os gobernos de Unidade Popular nos concellos galegos". Anova defende "ampliar" a "influencia política e social" das confluencias locais "como ferramenta estratéxica para desaloxar ao Partido Popular dos gobernos municipais e abrilos á participación da cidadanía como suxeitos de políticas de cambio político, social e económico no ámbito local". |
NOS_883 | Tres estudantes galegas participarán na terceira edición do programa Xeración Docentes. | O programa Xeración Docentes da Fundación Princesa de Girona vén de escoller tres estudantes da facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo en Ourense. Son parte dos 30 alumnos e alumnas do Estado que a primavera que vén terán a oportunidade de realizar as súas prácticas nunha escola rural de referencia en Estremadura, Aragón e Galiza para se converter en "docentes transformadores" con capacidade para traballar de forma colaborativa e xerar solucións aos grandes retos educativos. Aprendizaxe transversal "Nos últimos anos estamos a observar que é nas escolas do rural onde máis se está a innovar e a traballar de forma multidisciplinar, xa que gozan dunhas condicións que favorecen ese tipo de perspectiva metodolóxica innovadora", afirma a Nós Diario Isabel Mociño, profesora e mentora das alumnas seleccionadas pendentes aínda de elixir o seu destino en Aragón ou Estremadura. "O programa parte de tres territorios con risco de despoboamento onde as escolas rurais son un elemento de vertebración e cohesión social a coidar moito, dado como están a responder ás necesidades da sociedade actual". O potencial existe, recalca Mociño. "Na Galiza temos uns recursos que outros nos están dicindo que son excelentes, pero que aquí ignoramos cando non imos en contra deles". Así, a profesora da UVigo chama ás institucións galegas implicadas na educación a reflexionar sobre a capacidade do rural. "O feito de traballar nunha aula multigrao, onde conviven nenos e nenas de distintas idades, exixe unha metodoloxía activa para podelos atender a todos". Ademais, a aprendizaxe é máis transversal, o alumnado aprende dos seus iguais e dos maiores como modelo, a conexión coa contorna é máis inmediata "e como tes un grupo pequeno que podes levar contigo, teñen ocasión de vivir experencialmente o que están aprendendo". Potencial transformador Nas aulas do rural o alumando é protagonista da súa aprendizaxe e cada vez máis é a primeira parada profesional para moitas docentes que inician a súa carreira. "As docentes viven esa forma activa de ensinar de modo directo e moi en conexión coas propias familias", polo que a formación de futuros mestres e mestras neste contexto permitirá que tamén sexan "transformadoras" cando vaian a outros centros non rurais, "conscientes de que as aprendizaxes son moito máis significativas". O alumando seleccionado por Xeración Docentes, augura Mociño, vivirá non só unhas un prácticas máis longas senón tamén máis enriquecedoras. "Terá ocasión de comparar dous contextos educativos diferentes, o da Galiza e o que cheguen a coñecer en Aragón ou Estremadura, pero tamén a oportunidade de ser parte dunha comunidade de aprendizaxe que porá en común a experiencia de todas as participantes". Algunhas virán á Galiza co obxectivo común de pensar na educación do futuro, de facer da súa estadía "unha auténtica renovación da escola transferíbel a calquera centro de ensino". |
NOS_16313 | Do 6 ao 11 de abril decorrerán os Días Europeos da Artesanía, uns eventos aos que se unen o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) e a Real Academia de Belas Artes, que organiza unha charla para esta terza feira. | O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de Lugo súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía, do 6 ao 11 de abril, cunha programación que busca facer visíbeis os oficios artesáns e situar a artesanía galega no marco desta efeméride. Así, durante as xornadas, a artesá Carola Carrot dirixirá a elaboración dun mural de esgrafiado na porta principal do Centrad, un proceso para o que se permite a presenza de público no lugar. Trátase dunha superposición de capas de morteiro de cal con cargas de árido ou tinguidas para recortar as superficies de maneira que quedan á vista as capas inferiores e dar lugar a un mural en relevo con contraste de texturas. Ao mesmo tempo, no Centro de Cestaría do Paseo do Río Rato desenvolveranse obradoiros de cestaría a cargo de Idoia Cuesta, Lola Tourón e Carmen Fieiras. A restauración de celosías de vimbio vivo, a iniciación á cestaría de medula, a elaboración de estruturas xeométricas coa técnica niño ou a creación de bandexa de vimbio con nó celta serán algunhas das técnicas a experimentar. O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, explicou durante a presentación deste programa que "se priorizan as actividades ao aire libre, que facilitan que a cidadanía se achegue á artesanía e se interese por técnicas tradicionais que se manteñen". Castro tamén fixo mención a que se facilitará "acceso á Colección de Instrumentos exposta de forma permanente no Centrad, unha das mostras máis importantes de Europa no relativo á música medieval e cremos que esta conmemoración é unha boa oportunidade para seguir impulsando o seu coñecemento". Conferencia na Real Academia de Belas Artes Por outra banda, e con motivo do 1 de abril, a Real Academia Galega de Belas Artes dedícalle o Día das Artes Galegas 2020-2021 ao arquitecto Domingo de Andrade. Con este motivo, ás 20 horas deste serán, na sede da Academia na Coruña ten lugar a conferencia "Andrade, proxectista de templo", no programa "Martes das Artes". O arquitecto e académico de número José Ramón Soraluce será o encargado de pronunciar este relatorio, no que se contará tamén coa presenza do presidente da Real Academia de Belas Artes, o pintor Manuel Quintana Martelo. |
NOS_5873 | Reclama tamén unha xunta urxente de portavoces para incluír o sinistro no debate plenario da vindeira sesión e a creación dunha comisión de investigación parlamentar na Galiza. VÍDEO NO INTERIOR. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o voceiro parlamentar da organización frontista no Parlamento de Galiza, Francisco Jorquera, compareceron publicamente esta sexta feira (8 de xullo) para dar conta das accións políticas que desenvolverá a formación após coñecérense as conclusións do informe elaborado sobre a Axencia de seguridade ferroviaria europea a respeito do accidente de Angrois. O Bloque reclama convocar unha Xunta de Portavoces urxente e a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego Unhas conclusións que calificaron como "demoledoras" e que "avalan o que sempre denunciou o BNG", sinalou Francisco Jorquera. O documento comunitario sinala a falta de independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) e insta á reabertura deste órgao para a elaboración dunhas pesquisas que vaian alén do erro humano como causa directa do sinistro para afondar naqueloutras que motivaron o accidente. Neste senso, desde o BNG, avanzaron que solicitarán de novo a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego, unha cuestión á que o PP se negou en reiteradas ocasións, até tres, ao longo dos últimos anos. Aliás, reclamarán a convocatoria urxente dunha Xunta de Portavoces para incorporar á orde do día da vindeira sesión plenaria un punto de debate sobre os novos dados coñecidos arredor do maior accidente ferroviario da historia do país. Vontade política Desde o BNG, instan o PP a abandonar "escusas de mal pagador" e apoiar a creación da comisión pois, lembrou o voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, o regulamento prevé a súa creación arredor de calquera asunto de interese público". "Se hai vontade política a comisión pode constituírse", acrecentou, e habilitar os meses de verán para desenvolver os traballos arredor dela, como aconteceu co órgao constituído a respeito do proceso de fusión das caixas de aforro galegas. Así mesmo, subliñou o voceiro nacionalista, "se hai vontade política" os grupos parlamentares poderían chegar a un acordo que dea continuidade aos traballos da comisión "durante a vindeira lexislatura". Ana Pontón pide "rachar a rotina de que ninguén quere asumir responsabilidades" perante accidentes como o de Angrois Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG e deputada no Pazo do Hórreo, Ana Pontón, instou a "rachar a rotina" que coida existe no Estado español "de que ninguén quere asumir responsabilidades" cando se producen sinistros da magnitude do de Angrois ou do accidente do metro de Valencia. Pontón, reiterou a demanda do BNG de que a ministra de Fomento, Ana Postor, demita do seu cargo --reclamación á que se sumou AGE-- mais fixo extensíbel ese feito á súa renuncia como deputada no Congreso español e ao ex-ministro José Blanco como eurodeputado en Bruxelas. "É inexplicábel e inadmisíbel" que "responsábeis políticos" que "fixeron diminuír a seguridade" ferroviaria no tramo --onde, cumpre lembrar, non foi activado o sistema de freado automático (ERTMS)-- e "dunha investigación fraudulenta sigan nos seus cargos". Desde o Bloque insisten en que "teñen as mans machadas de sangue" e reclaman a súa saída das insititucións públicas. "É inexplicábel e inadmisíbel que responsábeis políticos que fixeron diminuír a seguridade ferroviaria e dunha investigación fraudulenta sigan nos seus cargos" Aliás, desde o Bloque reclaman a reabertura da CIAF porén, con novos integrantes que garantan a independencia da investigación, como sinala a Axencia de seguridade ferroviaria europea e "caia quen caia". Feijóo A respeito das declaracións pronunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao fío do informe europeo e nas que acusaba o BNG de facer política da dor das vítimas Ana Pontón asegurou que son unha "mostra de cinismo e falta de ética". Así, acusou o mandatario de ter feito como "única contribución á xustiza e á verdade" no caso de Angrois "votar non" á comisión de investigación e "sumarse á mentira oficial de Ana Pontón de que todo estaba ben e non había que investigar nada". "Se queren xustiza que deixen de agocharse baixo mentiras de estado", sentenciou a portavoz nacionalista. |
NOS_23809 | "Que cada pau aguante a súa vela", espetou o antigo cargo de Adif cando foi preguntado pola responsabilidade de avaliar o peso do factor humano na condución do tren. | O ex director de Operacións e Enxeñaría de Adif Alfonso Ochoa, no cargo cando ocorreu o accidente do Alvia na curva de Angrois (Santiago de Compostela), declarou esta quinta feira na Cidade da Cultura, no marco da oitava xornada do xuízo no que están acusados o maquinista e o antigo director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. O xuízo do Alvia continúa na quinta feira coa declaración dun ex director xeral de Adif Na súa declaración, Ochoa non dubidou en sinalar o maquinista, Francisco Garzón, como responsábel directo do accidente que ocasionou 80 mortes e deixou máis de 140 persoas feridas. "Se tivese freado catro segundos antes, o tren non descarrilaría", aseverou o ex dirixente de Adif. Tamén asegurou que o sistema de control de velocidade ERTMS, que non foi instalado no tramo de vía no que tivo lugar o sinistro, non garantía que o maquinista frease o convoi a tempo. Ochoa contradixo así a intervención desta terza feira dunha traballadora de Thales, empresa coencargada de instalar o ERTMS na liña Ourense-Santiago, que sostivo que a ausencia deste sistema na curva da Grandeira provocou que o Alvia non freara. A ausencia do sistema de control de velocidade ERTMS na curva de Angrois provocou que o Alvia non freara "Que cada pau aguante a súa vela", espetou o antigo cargo de Adif cando foi preguntado pola responsabilidade de avaliar o peso do factor humano na condución do tren. Ochoa sinalou que debe ser Renfe quen leve a cabo este traballo, e que Adif só "ten que avaliar o factor humano das persoas que traballan para Adif". Sistemas de seguridade na vía e no convoi Alfonso Ochoa tamén valorou a decisión de non instalar o sistema ERTMS en toda a liña Ourense-Santiago, aplicándoo só até o quilómetro 80 e non até a estación da capital galega, tal e como nun primeiro momento estaba proxectado. Na súa opinión, a decisión foi "correcta". O maquinista que levou o Alvia sinistrado até Ourense, sobre a perigosidade da curva da Grandeira: "Era de dominio público" Porén, Ochoa defendeu que a decisión non dependeu de Adif, senón do Ministerio de Fomento. En canto ao sistema ERTMS do interior dos convois, que no momento do accidente non estaba vixente por provocar interferencias nos trens, afirmou que soubo da súa desconexión o mesmo día que se levou a cabo, despois de que Cortabitarte lle enviase un correo. En calquera caso, sostivo que non depende de Adif o tempo en que o sistema de seguridade embarcado siga desconectado, e asegurou que non foi consciente de se Renfe, como responsábel do mecanismo ERTMS no interior dos trens, trasladou a Adif as alternativas que propoñía a compañía Bombardier para liquidar as incidencias. [VÍDEO] Garzón: "Non había ningún sinal até o comezo da curva" "Se o equipo embarcado é de Renfe, por que intervén Adif?", inquiriulle o avogado do Estado. "O posto de mando ten que saber en que condicións circula o tren", respondeu Ochoa, para despois matizar que Adif só é responsábel no que atinxe á "circulación", por cuestións de "capacidade", pero non "á seguridade". |
PRAZA_11996 | A razón última do apoio ruso a Bashar al-Asad é inseparable da dispoñibilidade dunha base naval na costa siria que lle garante unha presenza moi importante no Mediterráneo. A base de Tartus devén tamén da era soviética, froito dun acordo celebrado en 1971 e aínda hoxe está atendida por persoal da Armada rusa. | Como en tempos pasados, Moscova exhibiu nas últimas semanas a sempre controvertida autonomía da súa diplomacia. Vetou na ONU, con China, a resolución contra a Siria de Bashar al-Asad e mandou a Damasco ao ministro de exteriores Lavrov co propósito de persuadilo para que presentara a dimisión e traspasara o poder ao vicepresidente Farouk al-Saharaa. Certo ou non o cometido desta misión, que recolle parcialmente o plan de arranxo proposto pola Liga Árabe, soa a ultimato e expresión dun derradeiro apoio condicionado de Moscova, se ben todo puidera ser unha posta en escena sen maior transcendencia. Lavrov concluíu a súa visita con alusións ao borrador dunha nova Constitución que nas actuais coordenadas dificilmente calmará o conflito. Nada mais saír de Damasco o diplomático ruso, as tropas sirias reiniciaban o asedio a Homs, multiplicándose as vítimas entre a poboación civil, a que máis sofre esta longa espiral de tensión e probablemente quen tamén máis padecería caso de darse unha intervención militar exterior seguindo o patrón libio. Rusia, xa dende o período soviético, ten en Damasco o seu mais fiel aliado en Oriente Próximo. Dispón dunha incidencia sen igual en Asad por ser o maior provedor de armamento de Siria, que adquiriu un 7 por cento do total dos 7,8 mil millóns de dólares de ventas de armas rusas no exterior en 2010, unha migalla se o comparamos só cos 30.000 millóns da última operación pechada en 2011 polo Pentágono con Riad, tamén destacadísimo defensor dos dereitos humanos na rexión e no mundo. Cabe apuntar que Obama non só liberalizou a venda de armamento senón que case cuadriplicou as cifras do negocio. Todo sexa polo emprego. Pero a razón última deste apoio ruso tan difícil de fender é inseparable da dispoñibilidade dunha base naval na costa siria que lle garante unha presenza moi importante no Mediterráneo. A base de Tartus devén tamén da era soviética, froito dun acordo celebrado en 1971 e aínda hoxe está atendida por persoal da Armada rusa. Putin, á vista do deterioro das relacións do Kremlin con Occidente por mor da guerra de 2008 en Xeorxia e os plans de Washington para situar o escudo antimísiles ás portas de Moscova, pactou co presidente Asad a conversión do porto nunha base permanente en Oriente Medio, con opción a acoller armas nucleares de Rusia. Desde 2009, Moscova acometeu a renovación da base naval de Tartus e o dragado do porto para permitir o acceso dos seus maiores buques de guerra. Esa base de apoio loxístico naval en Siria é agora parte da Flota do Mar Negro. Co novo século, Rusia promoveu un novo enfoque no desenvolvemento das relacións cos países árabes, pasando a primeiro plano as consideracións de tipo económico. A cooperación con Arabia Saudita e outras monarquías do Golfo Pérsico como tamén cos países norteafricanos medrou en significación ata superar a relación comercial con Siria que en 2009 non superaba os mil millóns de dólares de intercambio. Non obstante, isto non afectou ao esencial. É pouco probable que Bashar al-Asad logre manterse no poder. Se a oposición interna persiste, cousa segura ao contaren co destemido e igualmente interesado apoio dos países occidentais, o aval de Rusia, China e Irán pode servir de ben pouco. As armas fabricadas en EEUU e Francia substituirán ás rusas, como xa aconteceu en Exipto hai corenta anos, e algunha potencia occidental farase cargo de Tartus. A derradeira esperanza para Rusia é abrir paso a un acordo interno, practicamente imposible de acadar mentres Asad continúe en Damasco. |
NOS_29000 | Unha iniciativa particular procura que se recoñeza oficialmente o termo. | Pode sorprender, sobre todo nas Rías Baixas, mais 'furancho' non figura no dicionario da Real Academia Galega, nin no escrito nin na versión de internet. O termo designa aquelas pequenas adegas particulares que venden o excedente de viño que o propietario elabora para o seu consumo, xunto cunhas tapas ou racións. Tamén se lles coñece como 'loureiros'. Habelos, hainos, e non poucos, mais non no dicionario da RAG. Por iso, e como conta Faro de Vigo, unha iniciativa particular solicitou á Academia Galega que a palabra pase ser recoñecida oficialmente. O rotativo vigués informa que a RAG está a valorar a solicitude. E explica que a incorporación de novas palabras ao dicionario pode partir de tres fontes: a proposta do propio persoal que elabora o dicionario, a partir dos propios académicos, ou ben a partir da propia sociedade. FdV tamén sinala que as tres últimas palabras incorporadas ao dicionario da RAG en internet son Exoplaneta (planeta que orbita arredor dunha estrela fóra do sistema solar), asterismo ( figura que forma un conxunto de estrelas que poden pertencer á mesma constelación ou a constelacións diferentes) e meteoroide ( corpo celeste, xeralmente un fragmento dun cometa ou asteroide, que orbita arredor do Sol). Incorporáronse a petición dun colectivo de astronomía. |
PRAZA_14721 | Jorquera pecha a carreira electoral nun intenso mitin marcado polas apelacións a apoiar a quen "ten o seu centro de decisión en Galiza" | Como na última campaña das eleccións galegas, o BNG pechou a carreira electoral do 21-O en Vigo. O daquel 26 de febreiro de 2009 fora o mitin de campaña máis numeroso da historia do Bloque e, probablemente, un dos máis amargos. Os inquéritos prognosticaban que o PP recuperaría a maioría absoluta e os dirixentes nacionalistas comezaban a destilar desánimo. Exactamente o contrario foi o que aconteceu este venres. Os militantes e simpatizantes que acompañaron os candidatos no derradeiro acto da campaña semellaron dispostos a inxectarlle ánimo aos aspirantes a deputados e deputadas, a comezar por Francisco Jorquera. Hai tres anos e medio poucos pensaban que houbese partido, desta volta o aspirante á presidencia non o dubida: "as eleccións están abertas" e decidiranse "por un puñado de votos". Jorquera: "As eleccións decidiranse por un puñado de votos" O líder nacionalista non dubida de que nas rúas do país hai "un descontento maioritario co PP" e con Feijóo, que é "o primeiro en saber" que isto acontece e "por iso tenta desmobilizar" co obxectivo de "reter no Parlamento a maioría que perdeu na sociedade". Pero "se concentramos o voto nacionalista e de esquerdas no BNG, o PP ten as eleccións perdidas", arengou. Reclama apoio para o Bloque porque é o que ten "un proxecto de país, pensado para as maiorías sociais" e "non para servir os intereses dos poderosos". Pero ademais "ten o seu centro de decisión en Galiza". "O voto caseiro, cen por cen galego" Porque precisamente esta foi a segunda gran mensaxe do peche de campaña do BNG. Lanzouno Jorquera e lanzárona todos os oradores e oradoras da noite. "A dereita quere gañar as eleccións dividindo o voto que pode cambiar as cousas" pero "nós, a xuntar forzas no BNG" que é "onde le doe a Feijóo", proclamou o cabeza de lista por Pontevedra, Carlos Aymerich. "Pídovos o voto da mobilización e o do voto consciente, o voto caseiro, caseiro, o voto cen por cen galego", reclamou o portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. Guillerme Vázquez: "O BNG non é un invento electoral" O Bloque, asegurou Vázquez entre o entusiasmo do público, é a forza que pode "mirar aos ollos" da cidadanía sen temor, porque "foi o nacionalismo político e sindical quen estivo na trincheira do lado dos esmagados pola política do PP". "O BNG non é un invento electoral para logo desaparecer; estivo, está e estará despois do día 21. "O futuro -anima Vázquez- é de quen se atreve a conquistalo e Galiza non precisa de ningún exército estranxeiro" porque estes "son sempre de ocupación". O país necesita "un exército de galegas e galegas bos e xenerosos". "O exército galego para liberar a nosa terra", atronou. A tropa nacionalista marchou con moral á casa, rumbo ás urnas. Pola megafonía do pavillón vigués soou Power to the people. Jorquera lembrou: "un señor tan impresentábel como Conde Roa foi alcalde de Santiago por catorce votos" |
NOS_49137 | O BCE anuncia subas graduais dos tipos de xuro durante os próximos meses. | O Euríbor situouse esta segunda feira en 1,612% na súa taxa diaria, o seu maior nivel desde febreiro de 2012. Trátase dun novo salto desde a cifra de 1,482% que rexistrou a finais da semana pasada que eleva a media mensual provisional do Euríbor para agosto a 1,236%, moi por encima da taxa de 0,992% de xullo. O Banco Central Europeo encarece o acceso ao financiamento De confirmarse, a falta de coñecer os valores que marcará a terza e a cuarta feira, trataríase do dato mensual máis elevado desde maio de 2012, cando se colocou en 1,266%. Esta alza do índice suporá un aumento significativo para aqueles que lles toque a revisión da súa cota. Por exemplo, para unha hipoteca variábel de 150.000 euros a 30 anos e cun diferencial do Euríbor máis 1%, a cota mensual a pagar pasará de 458,12 euros a 572,3 euros, o que supón un encarecemento mensual de 114,18 euros ou, o que é o mesmo, de 1.370 euros máis ao ano. A Unión Europea decreta o retorno á austeridade O índice de referencia para a maioría de préstamos hipotecarios a tipo variábel no Estado español acentuou a súa escalada despois de que a finais da semana pasada saltasen rumores acerca de que algúns membros do Banco Central Europeo (BCE) estarían a favor dunha suba de tipos de 75 puntos básicos na reunión de setembro, por encima dos 50 puntos básicos que esperaba o mercado. Nova etapa na política monetaria do BCE O economista xefe do BCE, o irlandés Philip Lane, anunciou que a próxima reunión de setembro do Consello de Goberno da institución "será o comezo dunha nova etapa" na normalización da política monetaria da zona euro. O banco central, afirmou Lane, aplicará un enfoque "reunión por reunión" na fixación dos tipos de xuro e defendeu que unha aproximación máis gradual ao axuste da taxa reduce os riscos para a estabilidade e permite introducir correccións se é necesario. O BCE lembra aos gobernos "que perderon a súa soberanía hai tempo" O economista xefe do BCE defendeu que é menos probábel que a mesma suba de tipos acumulada durante un intervalo fixo xere máis efectos adversos para a estabilidade de prezos se se implementa na forma "dunha serie calibrada de varios pasos en lugar dun número menor de maiores incrementos de taxas". Lane avisa deste modo dun aumento progresivo dos tipos de xuro marcados polo BCE durante os próximos meses. |
PRAZA_10041 | Técnicos municipais retiraron na mañá deste luns a placa que homenaxeaba a José Antonio Primo de Rivera e a un grupo de veciños do bando nacional. A actuación completa un longo proceso no que o Concello conseguíu vencer as resistencias da Igrexa | Cangas do Morrazo deixou este luns de exhibir na fachada da antiga colexiata da vila a placa de homenaxe a José Antonio Primo de Rivera e a un grupo de veciños do bando franquista falecidos na Guerra Civil. A primeira hora mañá técnicos municipais procederon a retirar os elementos que compuñan este conxunto de elementos colocados na ditadura, completando así un proceso de anos nos que o Concello, entidades sociais e varios grupos políticos traballaran para a eliminación desta simboloxía.O Concello de Cangas e a Asociación Memoria Histórica de Cangas puxéronse en contacto en repetidas ocasións coa xerarquía da Igrexa católica, remitindo mesmo unha carta ao propio Papa Francisco, mantendo unha xuntanza con Julián Barrio, Arcebispo de Santiago, co obxectivo de vencer as resistencias a esta retirada. O asunto fora tamén tratado no pleno municipal, onde a iniciativa contou coa maioría dos votos dos grupos alí representados.A resposta da Igrexa católica fora que o Concello debía poñerse en contacto coas familias dos veciños homenaxeados baixo a cruz franquista, pero que máis aló desa deferencia, non poría impedimentos. Nos últimos meses o Concello conminara á Igrexa a proceder á retirada definitiva da cruz, da placa e dos demais elementos de simboloxía franquista neste espazo público, dando cumprimento así á Lei de Memoria Histórica. Advertíralle, ademais, que de non facelo, o Goberno local se ocuparía da obra, remitíndolles posteriormente a factura. Finalmente, Concello e Igrexa chegaron a un acordo para levar a cabo a acción.A actuación desta mañá, que pon fin a case 80 anos de homenaxe ao Franquismo na fachada da ex-colexiata de Cangas, completa as iniciativas de retirada de simboloxía da ditadura, que dende o inicio da lexislatura supuxeron a eliminación doutras placas, escudos e demais elementos ilegais. |
PRAZA_6202 | O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense ditamina o amaño de tribunais de oposición e anula dúas prazas denunciadas pola CIG no Concello de Xinzo de Limia. | O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense vén de ditaminar o amaño de tribunais de oposición, anulando dúas prazas denunciadas pola CIG no Concello de Xinzo de Limia, segundo asegura a central nacionalista. "O enchufismo practicado de forma impúdica durante anos polo PP de Ourense nas diversas institucións en que goberna -seguindo o modelo pautado pola Deputación- vén de ser desvendado nunha nova sentenza xudicial", di en nota de prensa. O xuíz anula as oposicións do Concello de Xinzo nas que obtiveron praza a parella do alcalde e a filla dun dirixente do PP de Ourense Desta volta, o xuíz da sala 1 do Contencioso-Administrativo de Ourense dá a razón á CIG-Monterrei-A Limia e anula as oposicións do Concello de Xinzo nas que obtiveron praza a compañeira sentimental do actual rexedor, Antonio Pérez, ademais da filla dun destacado dirixente da formación na provincia. A sentenza anula as dúas prazas conqueridas por familiares de cargos do PP e debulla o procedimento "até demostrar a existencia dunha trama que implica militantes de toda a provincia". Segundo a CIG, e sumado á "máxima desviación de poder" do alcalde da vila, "demóstrase que os tribunais de oposición estaban compostos integramente por funcionarios da Deputación de Ourense e/ou militantes do PP, incumprindo a normativa legal de estaren conformados por 'persoal neutral' sen responsabilidades nen interese político directo". Tal e como resume o sindicato, o primeiro concurso-oposición "amañado" obtivo unha praza de administrativo (grupo C.1) A.M.F.N, que a sentenza sitúa como parella do alcalde de Xinzo, nun proceso plagado de irregularidades. Á composición do tribunal, conformado con persoal do organismo provincial que controla o PP, súmase a concorrencia doutras dúas opositoras que nun dos casos non se apresentou ao exame e noutro o deixou en branco. Para o xuíz, o alcalde, alén de incumprir o "deber de asbterse na maior parte do proceso selectivo", designou un "tribunal ad hoc composto por persoas sobre as que ostentaba algún tipo de poder ou influencia para que se adxudicase a praza á súa parella, cousa que así ocorreu". Engade, ademais que "non deixa de sorprender que todos os membros do tribunal traballasen para a Deputación Provincial de Ourense", da que forma parte o rexedor. O presidente do tribunal (J.L.S.M.) é parte da corporación de Monterrei polo PP, un dos vocais (J.A.B.P.) é tamén concelleiro do PP en Esgos, e o secretario do tribunal (J.E.G.C.) foi alcalde en Nogueira de Ramuín. No segundo dos casos, M.C.P.L. que no ditame xudicial é recoñecida como filla do ex delegado de Medio Ambiente de Ourense polo PP , Agustín Prado Verdeal, conseguiu a praza de Letrada Municipal (grupo A.1) en base a outro proceso similar onde "a práctica totalidade dos membros está estreitamente vencellada ao PP". A praza adxudicouse "a pesar de que ostentaba méritos e capacidades moi inferiores aos de varios dos demais candidatos na oposición". Tamén recolle que o pai da enchufada matiña "un estreito vínculo" co ex-presidente da Deputación, Xosé M. Baltar.Dos catro funcionarios provinciais do tribunal, "tres ostentan ou ostentaron cargos políticos relevantes polo PP", citando a J.L.S.M, concelleiro en Monterrei, J.A.B.P, concelleiro en Esgos e J.E.G.G, alcalde de Nogueira de Ramuín,e o cuarto "tratábase da parella do alcalde do Carballiño". A sentenza indica que a inclusión no tribunal de varias persoas que ocupan cargos representativos, de elección ou designación política, "constitúe unha infracción do disposto ao efecto no artigo 60.2 do Estatuto Básico do Empregado Público (Lei 7/2007). Deste xeito "vulnerouse a imaxe de imparcialidade e obxectividade que debe presidir o proceso selectivo". A sentenza indica que as prácticas "alimentan a idea xeralizada de que para poder acceder a estes postos non basta con competir en igualdade de condicións" Ademais de anular as resolucións das prazas, revogándoas e deixándoas sen efecto, a sentenza indica que estas prácticas "alimentan a idea xeralizada de que para poder acceder a estes postos non basta con competir en igualdade de condicións, por mérito e capacidade, se non que é necesario dispor dalgún tipo de vínculo político, amizade ou parentesco cos círculos do poder". |
NOS_14806 | A decisión podería tomarse "nas vindeiras semanas, non en meses", dixo a primeira ministra finlandesa, Sanna Marin, que por outra parte asegurou que aínda deben estudar "todas as consecuencias e riscos" a curto e longo prazo. | Os gobernos de Finlandia e Suecia confirmaron a pasada semana a apertura de senllos debates parlamentarios para estudar o seu posíbel ingreso na OTAN, segundo sinalaron ao xornal británico The Times funcionarios de ambos os países. Esta cuarta feira a primeira ministra de Finlandia, Sanna Marin, e a súa homóloga sueca, Magdalena Andersson, pronunciaronse a respecto desta cuestión nunha rolda de prensa conxunta. A decisión, dixo, podería tomarse "nas vindeiras semanas, non en meses", se ben asegurou que aínda deben estudar "todas as consecuencias e riscos" a curto e longo prazo. Pola súa parte, Andersson precisou: "Este é un momento importante na historia. O panorama da seguridade mudou por completo e temos que pensar que é o mellor para a seguridade e paz de Suecia". A UE e a OTAN buscan integrar novos Estados de Europa do leste Segundo o xornal Svenska Dagbladet, o Goberno sueco tería a intención de presentar a súa solicitude de adhesión á Alianza Atlántica no seu próximo cumio, que decorrerá en Madrid os días 29 e 30 de xuño. Porén, a primeira ministra rexeitou confirmar esta información. Na mesma liña apunta The Times, que esta segunda feira aseverou que o ingreso destes países escandinavos na OTAN podería producirse este mesmo verán. Segundo esta mesma información, os ministros de Exteriores dos países que integran a Alianza abordaron a cuestión a pasada semana xunto a representantes de ambos os gobernos. As autoridades de Rusia negaron a pasada semana que a inclusión de Finlandia e Suecia na OTAN permita aumentar a seguridade en Europa en plena guerra de Ucraína. O portavoz do Kremlin, Dmitri Peskov, subliñou que a alianza "xa representa en si mesma unha ferramenta para provocar a confrontación". A OTAN aproba duplicar os batallóns que ten no leste europeo Moldova e Xeorxia, máis perto da UE Cómpre lembrar, noutra orde, que a pasada semana a Comisión Europea entregou o cuestionario de adhesión á Unión Europea (UE) a Moldova e Xeorxia, dous países que seguiron o ronsel de Kíiv e solicitaron o seu ingreso formal no bloque tras a invasión rusa de Ucraína. |
NOS_22748 | Tras a aparición a pasada quinta feira dunha carta que confirma a venda ilegal de armas e municións á Bolivia, o Goberno arxentino denuncia o ex presidente Mauricio Macri por colaborar coa represión posterior o golpe de Estado contra Evo Morales en 2019. | O ex presidente de Arxentina Mauricio Macri foi denunciado polo Goberno austral na tarde da segunda feira (hora arxentina) por contrabando agravado e tráfico ilícito de armas de fogo e municións ás Forzas Armadas de Bolivia durante o golpe de Estado contra Evo Morales en 2019, segundo confirmou o actual presidente, Alberto Fernández. A ministra de Seguridade de Arxentina, Sabina Frederic, confirmou que ademais de Macri, presidente entre 2015 e 2019, tamén foron denunciadas Patricia Bullrich, Jorge Faurie e Óscar Aguad, que formaban parte do seu gabinete. A denuncia está asinada polo Ministerio dirixido por Frederic, polo titular do Ministerio de Xustiza e Dereitos Humanos, e pola Administración Federal de Ingresos Públicos. Frederic explicou á medios arxentinos que tres xendarmes foron pasados a retiro, e que as persoas implicadas encabezadas por Macri fixeron posíbel "este desvío do material anti tumulto, sobre todo o que aparece mencionado no agradecemento da carta". A carta a que se refire foi publicada a pasada quinta feira polo ministro de Relacións Exteriores de Bolivia, Rogelio Mayta. A misiva, datada o 13 de novembro de 2019, está escrita polo daquela comandante xeral da Forza Aérea boliviana, o xeneral Jorge Gonzalo Terceros Lara, que agradece e confirma á embaixada arxentina na Paz a entrega de 40.000 cartuchos para armas anti motíns, 23 difusores de gases lacrimóxenos e 71 granadas de gas para dispersar multitudes. Un día antes, o 12 de novembro, Jeanine Áñéz autoproclamárase nunha sesión sen quórum da Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia como presidenta de facto do Executivo boliviano. Acusada de sedición, autoría de golpe de Estado e violación da Constitución, así como da represión das mobilización contra o golpe nas vilas de Sacaba e Senkata, que deixaron 27 persoas mortas por disparos de bala, Áñez permanece en prisión preventiva nunha cárcere da capital de Bolivia. Pouco despois de coñecerse esta información, o presidente arxentino apuntou á Radio 10 que o feito de que o Goberno liderado por Macri "acepte rupturas internacionais noutros países e colabore cos que reprimen para favorecer o golpe, é dunha gravidade enorme". Xa o domingo, o ministro de Xustiza e Dereitos Humanos, Martín Soria, adiantara que traballaban "sobre unha denuncia con distintos organismos do Estado, porque tamén violaron tratados e convenios". |
QUEPASA_1019 | Fisterra ponse de Semana Santa. | As parroquias do párroco Desiré Kouakou Tanoh (Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee, Corcubión, Redonda e Toba) uniranse para vivir as celebracións da Semana Santa un ano mais. Celebracións que son recollidas no cartel composto por unha foto diseñada polo ceense Manuel Casáis, no cal aparece a imaxe do Santo Cristo pertencente a Parroquia de Brens que foi recentemente restaurada. Repite por segundo ano consecutivo Leticia Alvariñas no diseño do logo en forma de corazón cos nomes das 7 parroquias. Os actos relixiosos comenzarán o Domingo, día 14 as 12:00 horas, coa Bendición de Ramos na Praza das Palmeras de Cee. Despois, os fieis irán en procesión ata a Igrexa acompañados do grupo Fumes do Cal de Ameixenda. O Martes Santo, día 16, terá lugar as 19:00 horas no templo da Xunqueira un Acto Penitencial. A novidade deste ano a marcará o Mércores Santo as 20:00 horas coa realización dun Vía Crucis procesional polas principais ruas de Corcubión. Xa o Xoves Santo, día 18, as celebracións iniciaranse en Cee as 18:00 horas e se prolongarán ata as 23:00 horas, na que destacará un ano mais o acompañamento procesional da Banda de Música de Cee e nesta e as demais celebracións a participación do Coro Interparroquial. A xornada do Vernes Santo iniciaranse igualmente as 18:00 horas no templo ceense, coa celebración da Paixón do Señor e a sua posterior procesión en silencio. Xa as 22:00 horas o grupo de xóvenes de confirmación interpretarán a obra "¿Quién mato a Jesús?" na cal o público asistente xogara un destacado papel. Finalizará o chamado Triduo Pascual, o Sábado de Gloria, coa Vixilia Pascual as 22:00 horas en Cee e a sua posterior Festa Pascual amenizada pola solista Lupe. Pecha a programación o Domingo de Resurrección, o día 21, onde as celebracións realizaranse as 10:00 horas en Buxantes e Toba, as 11:00 horas en Ameixenda e Brens e as 12:00 horas en Corcubión e Redonda. |
NOS_39214 | O Congreso dos Deputados debaterá a conversión de NCG Banco nun banco público galego por iniciativa do deputado Francisco Jorquera na aposta do BNG por unha "banca de carácter público xestionada con criterios de país". | O BNG defenderá este mesmo mes no Congreso, unha proposición de lei para que se reforme a normativa vixente que permita a conversión de NovaGalicia Banco nun banco público e galego. O obxectivo é que, fronte ao "espolio", o aforro proprio reverta no desenvolvemento de Galiza como eixo imprescindíbel para o financiamento empresarial e da economía produtiva. "A crise económica orixinouse no sector financeiro. Froito da súa excesiva concentración, e volcado en actividades de alto risco totalmente desvencelladas da economía real e produtiva" sinalou o candidato á presidencia da Xunta do BNG para quen Mariano Rajoy está a afondar aínda máis nas causas que produciron a crise do sector financeiro. Entre elas, fixo fincapé na privatización e a concentración do sector e no uso dos recursos públicos, o que reverte no conxunto da sociedade as perdas do sector financiero. Para o deputado nacionalista, no Estado Español "o principal problema non é a débeda pública, senón o altísimo nível de endebedamento privado, da banca privada, que está asfixiando a moitas empresas e dificulta a creación de emprego ao non poder acceder ao financiamento", explicou Jorquera. Remate para a economíaA perda de institucións financeiras supón, ao seu ver, un "tiro de graza" á economía galega xa que é estratéxico que os aforros revertan no propio país. A difícil coxuntura obriga a optar entre dúas posibilidades que, para o deputado nacionalista son perxudiciais para Galiza. Unha sería que Nova Galicia Banco teña sede en Galiza mais que fondos de investimento foráneos adquiran o capital maioritario e outra sería a "subasta a prezo de saldo" para a súa adquisición por un banco privado" no que se referiu ás recentes declaración do banqueiro Botín en que mostraba interese en adquirir a marca.Fronte ao "espolio e a expatriación", o BNG aposta "crear en Galiza unha banca pública, e transformar a NovaGalicia Banco nun banco público galego" Nese sentido opta por consolidaar a participación pública –o capital maioritario está intervido polo FROB- e consolidalo no tempo, coa correlativa composición dos órganos directivos e xestores. Francisco Jorquera presentou a proposta do BNG e a iniciativa que levará ao Congreso nun acto público celebrado en Pontevedra diante de representantes sociais e empresarias no que estivo acompañado polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores e o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xabier Vence. |
NOS_22047 | Un traballo de oito anos que comeza como un xogo entre o cineasta vilalbés e a súa avoa nos días de vacacións que pasa na Galiza antes de retornar ao Reino Unido, onde vive emigrado- | O cinema etnográfico adoita ser unha das mellores formas de elevar á categoría de universal a cultura, tradición, costumes e comportamento humano dunha zona concreta do planeta. Filmes coma Trinta lumes ou O que arde mostraron ao mundo que os Ancares e o Courel poden conectar cos usos e costumes de zonas remotas do Xapón ou Serbia, por exemplo. Algo semellante sucede co documental de Jacobo Lagüela, un filme dedicado á súa avoa Julia que se converte nunha homenaxe a todas as avoas do rural. Julia / Jacobo Lagüela / Galiza / 2022 / 70 min Un traballo de oito anos que comeza como un xogo entre o cineasta vilalbés e a súa avoa nos días de vacacións que pasa na Galiza antes de retornar ao Reino Unido, onde vive emigrado. Jacobo filma a rutina diaria da súa avoa na súa casa de Sancovade. Vestirse, tender a roupa, dar de comer ao porco, os coellos, recoller os ovos, andar á horta, pelar as patacas, facer unha tortilla. Rutinas diarias que se converten en poesía para a memoria colectiva de todas as persoas que temos (ou tivemos) familiares no rural. No prólogo nótase unha Julia algo incómoda coa cámara. Non sabe moi ben onde mirar e a realización semella improvisada. Unhas secuencias que calquera podería refugar na sala de montaxe, pero que Lagüela decidiu manter, non só polo valor sentimental que teñen para el, que tamén, senón porque describen á perfección a rutina no rural e tamén conforman un relato da evolución na relación avoa-neto que se foi producindo durante eses oito anos de gravacións que, en definitiva, foi tempo compartido entre eles. Da incómoda Julia do prólogo, pasamos a unha Julia que se vai soltando e sendo ela mesma descubrindo unha matriarca loitadora que mantén intacta a retranca e un envexábel sentido do humor malia ser consciente de que é a última dunha saga de agricultores. Non se pode coñecer a ninguén sen coñecer tamén o seu medio e a súa familia. Lagüela céntrase en cada recuncho da casa, que é unha personaxe máis; segue os paseos de Julia nas súas conversas coas veciñas e veciños da parroquia; e coñecemos á familia da maneira máis nosa: a través dunha comida familiar. A música de Baiuca mestúrase cunha acertada selección de gravacións e imaxes de arquivo cedidas pola Filmoteca de Galicia, sacadas do NO-DO ou da Fundación Carlos Velo, conseguindo esa conexión co pasado da Galiza, concretamente entre os anos 1927 e 1959. Un documental íntimo e persoal que lembra que "non hai que esquecer de onde vés". Tivo pase exclusivo a finais de febreiro no Auditorio de Vilalba. Axiña dará que falar. |
PRAZA_19370 | O Parlamento rexeita abrir a comisións sobre o sinistro do Alvia que solicitaban En Marea e BNG nunha votación secreta na que todo o Grupo Popular se opuxo e os socialistas se abstiveron VÍDEO | Vitimas de Angrois increpan o PP por negarse a investigar o accidente | VÍDEO | Vitimas de Angrois increpan o PP por negarse a investigar o accidente Por cuarta vez, "non". Os votos do PP rexeitaron este martes a creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre o accidente ferroviario de Angrois, no que faleceron 80 persoas o 24 de xullo de 2013 na compostelá curva da Grandeira. O clima de cada vez maior incomodidade para os conservadores galegos pola vertente política do sinistro agudizouse pola petición dos grupos propoñentes, En Marea e BNG, dunha votación secreta que permitise votar "en conciencia" a deputadas e deputados, fundamentalmente coa intención de sumar algún voto socialista. No entanto, e malia a ausencias como a do presidente da Xunta, a proposta foi tombada polo PP, mentres que os representantes do PSdeG optaron, como nas tres ocasións anteriores, pola abstención. "De que teñen medo? Que hai tan forte que teñan que ocultar para que, tendo maioría, neguen a comisión de investigación? Quizais, teñen medo de que se coñezan as súas mentiras", formulou a voceira do BNG, Ana Pontón. Mentiras tras o sinistro e "escusas mentireiras" para non investigalo, acrecentou o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, quen censura que os populares manteñan como cerna do seu argumentario que o Parlamento galego carece de "competencias" para investigar o sucedido co Alvia en Santiago. O Regulamento da Cámara permite indagar en "calquera asunto de interese público" pero o PP, censura, permite afondar na "súa negra historia" como xa fixo no Congreso a través de Rafael Hernando, o "camisa azul" que cualificou esta petición como "miserable", reprocha -o presidente da Cámara, Miguel santalices, chamouno á orde por ese cualificativo e retirouno da acta da sesión-. O PP reiterou a negativa na votación secreta promovida por En Marea e BNG, mentres que o PSdeG mantivo a abstención O encargado de levar á tribuna a negativa do PP foi neste caso o deputado Martín Fernández Prado, voceiro de infraestruturas, quen instou a ter en conta a "solidariedade coas vítimas e as súas familias" de "xeito colectivo" pero "tamén indivudal, xa que eu, como moitos galegos, tiña amigos entre as vítimas". "Esclarecer as causas" do accidente "coa maior profundidade e rapidez" é "unha demanda xusta", asegura o deputado conservador. Pero facelo "nos foros adecuados" e non abrindo unha comisión parlamentaria en Galicia que responde, ao seu entender, a "usos demagóxicos e partidistas". O "ámbito competencial" da Xunta rematou no "socorro ás vítimas" e por iso o Parlamento non debe investigar o accidente nunha comisión que "tería pouca capacidade para investigar", máis aínda porque "os directivos da Administración Xeral do Estado non responden ante os parlamentos autonómicos". Por todo isto o PP propuxo, como nas últimas semanas, substituír a apertura da comisión por pactar unha declaración institucional para "solicitar a redacción dun informe independente" sobre o accidente. Isto é, o mesmo que demandou o Parlamento Europeo, lembra. Pero o mesmo que, tamén, rexeita impulsar o Ministerio de Fomento. Ana Pontón: "De que teñen medo? Que hai tan forte que teñan que ocultar?" A negativa dos populares foi, precisamente, un dos piares da postura do PSdeG para se manter na abstención. "É o PP quen ten a decisión, non nós" e "se o noso grupo votase a favor, non garantiría que se crease", argumentou Xoaquín Fernández Leiceaga, quen di concordar con que a esixencia e depuración de responsabilidades polo accidente "ten que ir máis alá das penais e das avaliacións técnicas" para chegar á política, pero "non é no Parlamento de Galicia onde hai que facer este traballo". "Outras comisións que xa se produciron aquí" -en referencia implícita á do Prestige" amosan que a Cámara galega carece de "capacidade para que os informes pertinentes sexan emitidos e as testemuñas necesarian se produzan" e isto conduciría á "frustración" das vítimas. "O ámbito adecuado é o Congreso dos Deputados", conclúe. Antón Sánchez: "Non poñan escusas, votan isto aquí e en Madrid tamén impiden a investigación" A postura de PP e PSdeG foi lamentada por Pontón e Sánchez. "Este non é un Parlamento de segunda, temos o dereito a traballar para coñecer un accidente ocorrido en territorio galego", sinalou o vicevoceiro de En Marea. "Non poñan escusas, porque votan isto aquí e en Madrid tamén impiden a comisión de investigación" para, coida, ocultar "cousas moi graves" como a retirada do sistema de freado automático "co que non se tería producido o accidente". "Lamento que PP e PSOE perdan a oportunidade de que fagamos algo útil", agrega Ana Pontón, quen ve claro que "o problema non son as competencias, senón que o PP "se nega" e decide "inhabilitar este Parlamento". "Se non hai control político sobre os gobernos non hai democracia", conclúe. Xuntanza coas vítimas As vítimas reiteraron tras a xuntanza con Rueda que ven "clave" a investigación para "facer xustiza" A nova negativa a abrir unha comisión de investigación estivo precedida, desta volta, cunha recepción a representantes da Plataforma Víctimas Alvia 04155 por parte do vicepresidente Rueda na súa calidade de presidente en funcións -está previsto que Feijóo si estea na Cámara este mércores para a sesión de control, xa que non se acolleu á licenza por paternidade-. Alén de tentar amortecer o efecto político do novo veto atendendo á petición da plataforma, o encontro non foi alén das posturas xa coñecidas de antemán. Para Carlos Vázquez Padín, voceiro do colectivo nesta ocasión, sería bo que os grupos acordasen a declaración institucional suxeriada polo PP, pero o "clave" para "facer xustiza" é a apertura dunha comisión de investigación, subliña. Limitarse a impedila en Galicia mentres "os mesmos partidos" a bloquean tamén no Congreso "é trampa", censura a plataforma, que "agradece as intervencións" de Ana Pontón e Antón Sánchez. No momento da votación representantes das vítimas increparon os membros do PP con berros de "asasinos". |
NOS_18668 | As obras de dragado e rexeneración da ría do Burgo que, segundo indicou o Goberno estatal, comezarán este ano, son unha longa reivindicación de sectores como o das mariscadoras. Porén, estas reclaman á Xunta e ao Estado que deixen de "pasarse a bola" sobre quen as debe compensar economicamente polo tempo que as obras lles impidan traballar. | As e os mariscadores da ría do Burgo, na Coruña, criticaron os "cruzamentos políticos" entre o Goberno estatal e a Xunta da Galiza por mor das compensacións económicas que percibirán durante as obras de dragaxe e rexeneración da ría do Burgo, que foron licitadas polo Executivo estatal nas últimas horas a falta de publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). A través dun comunicado, o colectivo de mariscadoras lamenta que as dúas Administracións "pasen a bola" unha á outra sen daren unha "solución ao problema". "Queda pendente que o Goberno e a Xunta senten a falar co sector e tomen as medidas necesarias para as compensacións económicas", reclama. Segundo as e os mariscadores, despois de tres meses foi "imposíbel" reunirse con representantes de ambos os Gobernos e reprochan que as "ignoren". "É unha actitude incomprensíbel nunha Administración dun país democrático", censuran. O colectivo, que reúne a ao redor dun centenar de traballadoras e traballadores, apunta o Goberno do Estado como "titular dos terreos" e "contratista" das obras, pero tamén sinala que o Executivo galego ten "as competencias marisqueiras". Ante o anuncio de que as obras comezarán este mesmo ano, as e os mariscadores piden ao delegado do Goberno español na Galiza, Javier Losada, que convoque un encontro entre a Avogacía do Estado e os letrados da Xunta para determinar "de quen é a competencia" de abonar as compensacións. " Politicamente están enrocados e non resolven a situación", reprocha o sector, que se mostra satisfeito con que as obras de dragaxe, "tan esperadas", teñan lugar este ano. "Esperamos que se realicen no primeiro semestre", conclúe. Ademais, o colectivo anunciou no mesmo comunicado que xa enviaron "toda a documentación" relativa á investigación por contaminación da ría á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. Continúa así, explica, a denuncia presentada en 2010. |
NOS_13184 | Até agora a Audiencia Nacional só investigou o caso das prexubilacións dos exdirectivos. Hai pendentes varias denuncias, como as referidas ás condicións do resgate ou comportamentos irregulares de antigos responsábeis das entidades. | Os exdirectivos de NGB que entraron esta semana na prisión da Lama fixérono en relación a un caso, o das prexubilacións. Que é só unha das denuncias presentadas a respecto do acontecido no proceso de fusión das caixas galegas. Hainas que fan referencia ás condicións do resgate e outras a comportamentos irregulares de ex-directivos. Lembrábao estes días o secretario nacional de CIG-Banca, Clodo Montero, a respecto da serie de denuncias presentadas ante a Fiscalía Xeral do Estado, algunhas das cales lle deu traslado á Fiscalía Anticorrupción. Montero apunta neste sentido á denuncia contra o ex-director da Corporación Caixa Galicia, José Luis Méndez López. Méndez López e o seu fillo, José Luis Méndez Pascual, conselleiro delegado, estarían supostamente involucrados en operacións de compra-venda de activos desta entidade financeira por baixo do valor de taxación fixado pola propia caixa. Pisos, garaxes e locais que venderon á muller de J. L. Méndez (posterior á separación de bens) por baixo do prezo taxado. Isto é o que denunciou o sindicato nacionalista. Así, e sempre segundo esta denuncia, Rosa Pascual, muller do ex-director de Caixa Galicia e nai dun conselleiro delegado da Corporación CG, adquiriu en tres operacións desenvolvidas entre decembro de 2009 e novembro de 2010 catro vivendas, un local e sete garaxes en Compostela e A Coruña polas que pagou uns 1.500 mil euros. Unha cantidade case 300.000 euros por baixo do prezo de taxación que a propia Caixa Galicia estabelecera para eses inmobles, 1.800.0000 euros. |
NOS_47045 | A vida de Farruco Sesto Novás (Vigo, 1943) pegou unha virada cando, aos 18 anos, emigrou a Venezuela. Desde entón, a súa vida traza unha liña directa entre Galiza e Venezuela. Arquitecto, escritor, durante once anos estivo na primeira liña política, como ministro de Cultura, Vivenda e de Transformación Revolucionaria dos gobernos de Hugo Chávez. | - Vés de participar na Homenaxe galega ao Che Guevara, acto que decorreu en Compostela a comezos de mes. Que sentido mantén a figura do Che no século XXI, non só para América Latina senón tamén para o resto do planeta? - É unha figura clave nun mundo non sempre fácil de entender co rumbo que leva, co neoliberalismo desatado, onde a verdade non importa, non hai principios, non hai valores. Nun mundo cuxa mellor definición faina o actual presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, cando di que "ou es gañador ou es perdedor". O soño dun mundo distinto, baseado nun sentido da igualdade, da xustiza, do amor, é máis importante ca nunca. E non hai figura creo eu que represente iso con maior desinterese que a do Che Guevara. Un exemplo de desprendemento, de xenerosidade, de entrega… Para moitos de nós e, para alén dos individuos, para os pobos que tratan de emanciparse, o Che é importante. Por iso eu sentín gran pracer de ser convidado a este acto, onde lin un poema que xa ten o seus anos, é de 1967 (Pandeirada do Che). Ao mellor hoxe escribiríao doutro xeito (ri) mais creo que ten o seu valor.A Homenaxe foi un acto moi bonito e moi ben organizado. - Que cre que pasará en Cuba? En abril Raúl deixa o cargo e hai moitas expectativas, xa non digamos todo tipo de vaticionios e prognósticos, sobre o que pode ser esa nova etapa… - Coñezo ben Cuba, onde estiven moitas veces. A revolución é sólida, está afincada. Haberá novas circunstancias, claro que si, cambiarán cousas, tamén; mais a revolución, cos seus valores e os seus proxectos, pervivirá. Dáme a sensación de que é unha revolución indestrutíbel. Non sabemos como vai ser o mundo do futuro mais a revolución é un exemplo para os pobos. Haberá cambios, claro, xa os está a haber, a vida non é a mesma agora que hai 50 anos nin hai 10 anos. Pero esta revolución chegou para ficar, estou certo. Hai dúas Venezuelas, a real e a mediática - De Cuba a Venezuela. Cal é a realidade venezuelana hoxe en día? Desde fóra non sempre é fácil coñecer esa realidade, hai un ruído, un discurso que é maioritario e reiterativo nos principais medios de comunicación que presentan un país colapsado e ao bordo da guerra civil… - Hai dúas Venezuelas, a real e a mediática. Por certo, aos venezuelanos acúsannos de populismo e non hai nada máis alleo á realidade. Chavez xa dicía aquilo de "non somos populistas", explicaba que unha cousa era o populismo e outra o poder do pobo. O populismo ten moitas expresións: ten unha expresión económica, unha expresión social, unha expresión cultural… e ten tamén unha expresión mediática. Eu non vin cousa máis populista que os medios de comunicación españois, con contadas excepcións. Hai unha Venezuela sometida a unha guerra, unha guerra integral, unha forma de facer a guerra sometida, que é moi feroz e moi cruel e que xera moitas dificultades. O único que nos falta é que nos bombardeen. Todas as outras circunstancias de guerra están presentes alí. E pese a iso, hai unha consciencia de pobo, que resiste, que gaña eleccións, que quere seguir co proxecto revolucionario e todo iso no medio dunhas circunstancias moi difíciles, na que queren destrozarte, arrinconarte… E nin con eleccións nin con violencia poden derrotar o pobo, esa Venezuela real, a que quere libre e democraticamente desenvolver un proxecto fermoso. Nada a ver coa Venezuela que está nos medios, e que leva a que mesmo xente de esquerdas acabe asumindo ese discurso e teña moita precaución para falar de Venezuela, semella que é un tema prohibido… O 'Viaxe ao país dos ananos', que tan polémico e controvertido fora, continúa presente, mais felizmente non é así toda a emigración galega - Hai sectores na esquerda europea que nun principio simpatizaban, apoiaban o que se coñece como 'revolución bolivariana' mais que nestes anos descabalgaron dela, como trazando unha diferenza entre a etapa de Chavez e a de Maduro, da cal se desvinculan… - Creo que non o senten así, o que pasa é que sometidos á chantaxe mediática, que non dá tempo a dar explicacións… E tamén un certo oportunismo nunha parte da esquerda. Pero hai moito apoio a Venezuela, eu vexo que hai moitas asociacións e colectivos, que hai mobilizacións e actos por todo o Estado español… - Antes preguntáballe polo legado do Che, agora fágoo con Chávez, Vostede coñeceuno ben, foi ministro de gobernos seus, escribiu sobre el… - Se tivese que definir a Chávez cunha soa palabra sería a palabra dignidade. As palabras da revolución burguesa que foron de progreso no seu momento foron 'liberdade, igualdade e fraternidade'. Chávez incorporou a palabra dignidade, que é moi latinoamericana, moi martiana. Mais para nós é clave, a dignidade do ser humano, o amor, pero isto sería tema doutra conversa ben longa (ri). A dignidade de calquera persoa, a dignidade de calquera pobo, o dereito a loitar, a se emancipar contra todo tipo de discriminación, de explotación…iso está vivo. E o exemplo de que está vivo é a revolución venezuelana. Poderana denigrar, calumniala, silenciala.. mais aí está. E fíxate todo o que pasou! E aínda así gañamos tres eleccións nos últimos meses e imos gañar outra máis [refírese ás presidencias de 20 de maio]. Chávez está presente, vivo, no corazón e mente dun pobo que non só o ama senón que está convencido do proxecto que el encarnaba, de desenvolvemento da conciencia do pobo. Chávez dicíanos aos ministros que a primeira tarefa era darlle o poder ao pobo, e o primeiro poder é o coñecemento, e iso tivo o seu efecto. - Levamos apenas 10 minutos de conversa e xa pronunciou varias veces a palabra 'amor', o que pode chocar a moitos, un concepto así nunha conversa de política, de procesos revolucionarios… Vostede mantén que o amor é fundamental - É clave! Por que alguén é revolucionario? Por que alguén quere transformar o mundo? Porque ten unha sensibilidade contra a inxustiza. Chávez falaba da "razón amorosa" ou "a causa humana". Iso todos os revolucionarios o saben. O que pasa é que Chávez explicitábao. O Che, nunha carta que escribe a un director dun xornal de Uruguai, di "déixeme dicirlle, a risco de parecer ridículo, que o verdadeiro revolucionario está guiado por grandes sentimentos de amor". Chávez fala diso, do amor e do afecto como ingredientes nunha revolución e iso relaciónao co sentido de dignidade que falabamos antes… que está presente nesa revolución. Amor contra o odio - Vimos duns anos nos que en Sudamérica están volvendo ao poder opcións conservadoras, en Brasil, en Arxentina…Estamos nunha etapa de refluxo? - Hai pensadores que falan dun movemento pendular: ora hai unha vaga progresistas, ora vén unha conservadora. Eu non creo niso, creo que son procesos e obviamente o Imperio está sempre aí, socavando… Hai uns anos era a través de golpes militares, ditaduras… agora desenvolven outros métodos: afogar as economías, os golpes xurídicos como pasou en Honduras, Paraguay ou Brasil.. Ou sexa, é unha loita, e aí tamén están os pobos e nós estamos convencidos de que vai haber avances, aí están as loitas dos pobos arxentino, brasileiro… somos un continente en loita, e o futuro é dos pobos. Eu sempre sentín que o que tiña que facer era escribir pero a vida non mo permitiu - Unha cuestión complexa e delicada: o papel da comunidade galega durante todos estes anos de 'proceso revolucionario' en Venezuela… - É complicado, si. Non teño datos precisos. Eu coñezo moitos galegos, de primeira, de segunda e de terceira xeración que están con este proceso. Evidentemente, en Venezuela, desde unha análise de clase, a loita de clases é un escenario moi vivo. Cando ves a fotografía dunha marcha bolivariana e a fotografía dunha marcha da oposición vese claramente a composición social de cada unha. Algo que tamén se ve claramente no resultado das eleccións por sectores urbanos, por clases. As grandes maiorías están co proceso bolivariano. As clases medidas están divididas e a gran maioría dos que teñen maiores ingresos están coa oposición. E na comunidade galega en Venezuela pasa iso. É unha comunidade moi grande, hai de primeira, de segunda e de terceira xeración. Aqueles que desenvolveron máis consciencia ou están máis integrados no pobo e que ven Venezuela como o seu país e non como unha simple oportunidade de facer cartos, pois esa persoa está co proceso bolivariano. Eu traballei con Celso Emilio Ferreiro [o de Celanova estivo alí de 1966 a 1973]. Escribiu alí 'Viaxe ao país dos ananos', que tan polémico e controvertido fora. Mais son sectores que continúan presentes, felizmente non é toda a emigración galega. - Vai volver a escribir en galego? Vostede propio recoñeceu que comezara a escribir o galego máis por razóns políticas que literarias e a pesar de levar décadas sen facelo no idioma propio de Galiza, non desbotaba retomalo… - O horizonte da vida dun faise máis corta. Eu sempre sentín que o que tiña que facer era escribir pero a vida non mo permitiu. Cun horizonte máis próximo estou a ver como cadro para poder dedicar tempo a escribir, que é o que quero facer. Poesía, narrativa, contar as experiencias dun… hai moito por facer, moitas tarefas por diante e o tempo acúrtase. Galiza ten unha potencialidade enorme, un pobo marabilloso, e sen embargo está gobernado polo PP! - Mantén algún tipo de contacto coa literatura galega? - Non en moito detalle pero si, sígoa. Claro, non coa asuididade que se precisaría… - "Farruco Sesto é o mellor poeta galego vivo, como case ninguén sabe", escribira Méndez Ferrín en 1980.. - (Ri) Estábase a meter con alguén, seguramente. Téñolle moito cariño, témonos afecto e admíroo moito. El quería chamar a atención sobre unha obra que non circulaba por aquí, e logrouno, aínda que dicindo unha cousa que non se axustaba á realidade (ri). - Como ve Galiza actualmente? - Gostaría escribir sobre iso. - E que escribiría? - Nós aprendemos moitas cousas de Chávez. O que falabamos antes do amor e a dignidade, un principio da política. Tamén aprendemos a historia como instrumento, a cultura, o papel da historia, da identidade… Tamén a importancia da unidade, a unidade é fundamental en política, unir todas as forzas, cantas máis se poida, porque o inimigo é moi poderoso, é planetario, o bloque hexemónico funciona como un so adversario aínda que teña moitas caras mentres que nós fraccionámonos moito. Todo iso, en torno ao cal se desenvolveu a miña vida, eu ás veces reflexiono sobre Galiza e o tema do poder, o poder do pobo. Sería tamén algo para conversar máis de vagar. Eu creo que Galiza ten unha potencialidade enorme, un pobo marabilloso, e sen embargo está gobernado polo PP! Para min isto é difícil de entender. Se aplicasen algunhas das leccións do que acontece en Latinoamérica ao mellor podían cambiar un pouco o rumbo… - A esquerda en Europa semella ensimismada moitas veces nun debate eterno sobre si propia, sobre cara a onde ir, cal é o seu sentido, un debate moitas veces acuciado ao comprobar como os seus propios referentes – clase traballadora, maioría social…- opta eleitoralmente por outras opcións… - Non debemos perder os principios. Aquilo tan famoso que dicía Marx de que non se só trata de comprender o mundo senón tamén de transformalo. Se ti te sentes de esquerdas a túa tarefa é transformar o mundo. E iso é construír un mundo onde non haxa inxustiza, onde na diversidade haxa igualdade. Ser de esquerdas é eliminar todo tipo de explotación. E se cres que iso non cabe, que esa non é a función, entón é que ao mellor non és de esquerdas. Ninguén pode impoñer leccións a ninguén, hai cousas que ti tes que construír por ti propio, un contrapoder, un poder alternativo para facer fronte ao outro poder, a ese bloque hexemómico. Todo isto son retos para a esquerda, non pasan de moda. E para algúns é o que dá sentido á nosa vida. |
QUEPASA_382 | Onte rematou a quinta edición do Rexenera Fest, festival de arte urbana que transformou seis medianeiras da vila carballesa en auténticas obras de arte. | Pouco menos de dúas semanas tardaron os artistas escollidos para a quinta edición do festival Rexenera Fest en plasmar as súas creacións nos muros e paredes da capital de Bergantiños. De diferentes estilos, técnicas e tamaños, estes novos traballos súmanse aos pintados nas pasadas edicións, así como aos murais do proxecto incial Derrubando Muros con Pintura, para roldar xa as 100 obras en total. A loita contra o patriarcado, a infancia roubada, a alegría e o postivismo da terceira idade, a importancia da comunicación verbal entre as persoas… son algún dos temas que protagonizan os deseños que xa locen para sempre nas rúas de Carballo. E todos cun denominador común: a particular maneira de proxectar e pensar o mundo que teñen cada un dos creadores que interviron nesta iniciativa. Millo (Italia), na rúa Poñente O pintor italiano trouxo a Carballo unha proposta moi en sintonía coa súa obra de cidades en branco e negro. Os protagonistas son dous adultos con cara de nenos que portan un faro e barco tradicionais galegos. O mural fai reflexionar, así, sobre a importancia da comunicación e socialización das persoas. Satr (China), avenida da Cristina O significado da obra desta xove muralista chinesa, que adoita representar animais en perigo de extinción, vai conectado coa súa propia forma de pintar: espontánea e capa sobre capa. Neste caso, plasmou un tigre salvaxe. Pichiavo (Valencia), rúa Luis Calvo Os valencianos empregaron a parede de maior extensión deste ano e de todo o festival. Nela deixaron pegada do seu habitual diálogo entre a arte clásica e a contemporánea, na que prima o pintado por capas así coma o diálogo coa xente que se achega a observar a obra. Milu Correch (Arxentina), Fórum A muralista arxentina xa estivo na pasada edición do Rexenera, ao que volveu para pintar a obra que tiña pensado facer o ano pasado pero que foi vetada polos donos da medianeira. Nunha parede de propiedade pública para evitar, así, controversias , Milu optou por unha mensaxe potente que consiste nun berro, a través das súas cores, ao empoderamento feminino. Lidia Cao (Ordes), rúa Vila de Negreira Cun diseño no que prevalecen as tonalidades azuis e violetas, a ilustradora galega Lidia Cao, a representación galega deste ano no festival, quixo representar a fin da infancia, ese punto crítico da educación dos pais que inflúe sobre todo nos nenos da casa. Marina Capdevila (Barcelona), avenida de Bergantiños Esta pintora catalana adoita empregar figuras de idade nas súas creacións. Neste caso, as protagonistas do seu mural son tres avoas carballesas que aparecen bañándose nas augas termais. Unha homenaxe ao Carballo dos anos 80, así como á alegría e á positividade da vellez. |
NOS_37594 | Lara Méndez defende a actuación da institución no caso de Ana Gómez, asasinada en Becerreá. | "Esta persoa non presentara ningunha denuncia, o que se lle dixo foron as pautas a seguir que se lle din a calquera persoa que é vítima de maos tratos: como debe actuar para que logo se poida actuar desde servizos sociais", así respondeu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ás voces que piden unha investigación sobre a actuación da Casa da Muller no caso de Ana Gómez Nieto, a muller asasinada pola violencia machista en Becerreá. Ana Gómez solicitou información na Casa da Muller o día en que foi asasinada, previamente fixérao no Concello de Becerreá Gómez Nieto visitou a institución o mesmo día en que foi asasinada polo seu compañeiro para solicitar información sobre as axudas coas que contaba para se independizar. Porén, desde a Casa da Muller --de acordo co relato da rexedora luguesa-- sinaláronlle que debería presentar unha denuncia previamente para activar o "protocolo". "Seguise totalmente o protocolo", sinala, "non se pode actuar se non hai unha denuncia previa e así o di o protocolo de actuación". Lara Méndez coida que o proceder da Casa da Muller foi correcto e que Ana Gómez non ficou "desamparada" senón que estivo "ben atendida" por unha institución que, subliñou, atende "3 mil casos nun ano" por violencia machista. "Seguiuse totalmente o protocolo" Lara Méndez respondeu así ás asociacións contra a violencia machista de Lugo que solicitan sexa investigada a actuación da Casa da Muller tendo en conta que Ana Gómez estivo alí o mesmo día en que foi asasinada e despois de ter acudido en diversas ocasións á traballadora social do Concello de Becerreá. Neste senso, a asociación Si, hai saída xa avanzou que instará a Fiscalía a investigar de oficio o proceder da institución. |
NOS_44758 | "É preciso revisar e actualizar a lexislación vixente para que recolla de maneira clara a realidade e a existencia de montes veciñais en man común que non son nin de titularidade pública nin privada. Son de propiedade colectiva, unha terceira categoría", explicou o deputado do BNG Néstor Rego. | Diversas iniciativas rexistradas na Cámara Baixa exixen ao Goberno do Estado unha rectificación para permitir que as comunidades de montes veciñais poidan seguir mantendo a titularidade inmemorial recoñecida legalmente dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas. Tamén piden recoñecer no Código Civil a propiedade de carácter colectivo ou comunitario. Así o expuxo o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, no marco da reunión que mantivo con representantes de distintas comunidades de montes da comarca do Baixo Miño e mais coa Asociación Galega de Montes. "A Organización Galega de Comunidade de Montes Veciñais en Man Común xa trasladara ao BNG a súa preocupación pola situación que se está xerando polas actuacións das Xerencias Territoriais do Catastro que atentan directamente contra os intereses das comunidades de montes", expuxo Rego. De facto, as oficinas territoriais están a informar de que os terreos, propiedade da comunidade, situados dentro da demarcación marítimo-terrestre pasarán a considerarse titularidade do Estado. Nese sentido, Rego instou o Goberno español a reformar a Lei de costas para que as "titularidades de carácter comunitario poidan existir legalmente dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas". O nacionalista lamenta que "a lei trate por igual todo tipo de propiedades", polo que propuxo revisar o contido da norma para permitir que na zona poidan coexistir outras titularidades que respecten ese carácter non privado". Aliás, o BNG tamén reclamou na Cámara Baixa que se promova a modificación do artigo 338 do Código Civil co obxectivo de que se recoñeza, de maneira expresa, a propiedade "de carácter colectivo ou comunitario, como a que se dá no caso dos montes veciñais". En opinión de Rego, "non é acertada" a equiparación dos bens de titularidade privada cos montes veciñais en man común, que teñen un carácter colectivo ou comunitario". 700.000 hectáreas "É preciso revisar e actualizar a lexislación vixente para que recolla de maneira clara a realidade e a existencia de montes veciñais en man común que non son nin de titularidade pública nin privada. Son de propiedade colectiva, unha terceira categoría", explicou Rego. Precisamente, esta fórmula ten unha "importancia capital na Galiza" posto que ocupa a cuarta parte do territorio. Hai máis de 700.000 hectáreas xestionadas por 2.800 comunidades de montes na Galiza. |
NOS_13544 | A última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) dá conta de que o bipartidismo español está en crise. O PP apenas tería nestes momentos o 35 por cento dos sufraxios. Está en queda libre. Mesmo así mantería unha sólida vantaxe, cuase 5 pontos, a respeito do PSOE. O BNG subiría moi levemente verbo das xerais. | O CIS fixo público hoxe o seu último traballo, realizado antes do estourido do caso Bárcenas, en concreto entre os días 4 e 14 de Xaneiro. As noticias son pésimas para o PP, tantas que en intención directa de voto apenas chega ao 15,8 por cento do voto, un rexistro inaudito para unha formación que ten o goberno e que ademais dispón dunha amplísima maioría absoluta na cámara. En intención directa o PP xa estaría por detrás do PSOE (17 por cento). En troca, unha vez pasados os dados pola cociña, o CIS estima un voto final para o PP do 35 por cento face o 30,3 do PSOE. IU e UPyD continúan a súa escalada e tiran proveito da crise bipartidista. A coalición liderada por Cayo Lara tocaría o patamar do 9,4 por cento, mentres que a formación de Rosa Díez chegaría ao 6,8 por cento. En ambos casos a progresión a respeito das xerais de Novembro de 2011 é evidente (nesa ocasión obtiveron o 6,92 e o 4,69 por cento, respectivamente). A intención directa do BNG é o 0,3 por cento. O CIS estima un voto final para o BNG do 0,8 por cento, lixeiramente superior ao obtido pola formación nacionalista galegas nas últimas xerais, cando revalidou as dúas actas coas que conta no Congreso dos Deputados ao atinxir un 0,75 por cento. En voto final, o CIS prognostica un 2 por cento para ERC, 1,3 por cento para PNV e un 2 por cento para ERC. |
NOS_15590 | O acto conxunto en Donostia entre Bildu, BNG e CUP -que malia non formar parte da coalición, xa que non se presenta, dixo estar en "completa sintonía" con Os Pobos Deciden- converteuse nun canto á solidariedade internacionalista contra a Troika gobernante. Vídeo de Xavier Campos no interior. | Josu Juaristi (Bildu), Xavier Campos (BNG) e David Fernández (CUP) foron os tres oradores que participaron en Donostia nun acto electoral de Os Pobos Deciden, a coligación que une ás dúas primeiras forzas e da que a CUP non participa -decidiu non concorrer a estes comicios- pero coa que segundo o seu parlamentario, "están en completa sintonía". Campos, membro da Executiva do Bloque, asegurou ante un ateigado recinto que "a Unión Europea é intrinsecamente antisocial e antidemocrática, responde aos intereses dos lobbys e grandes poderes económicos e actúa en contra dos pobos e as persoas". "Queremos levar unha voz polo dereito a decidir, e decidir quere dicir neste momento termos capacidade real de opoñerse ás políticas neoliberais imperantes e poder levar a cabo políticas confrontadas con elas", engadiu. "Din os españois que se Catalunya se independizar, tería que deixar a UE. Eu díxenlle de brincadeira a David Fernández: esa é unha oferta, un 2 por 1, imposíbel de rexeitar" "Din os españois que se Catalunya se independizar, tería que deixar a UE. Eu díxenlle de brincadeira a David Fernández, pois esa é unha oferta, un 2 por 1, imposíbel de rexeitar", brincou o membro da Executiva Nacional do BNG. O candidato de EH Bildu, Josu Juaristi, afirmou que a súa forza política "quere camiñar cara á independencia da man do pobo galego e catalán. Seremos na UE a voz en defensa dos dereitos que como pobo e persoas nos corresponden e como non, tamén queremos ser a voz en Bruxelas da Galiza e os Països Cataláns rebeldes". Por último, David Fernández, da CUP, dixo estar en "completa sintonía crítica aberta á UE neoliberal e antisocial da fraude, a débeda, as desigualdades, o paro e a exclusión" da candidatura, á que lle desexou os mellores resultados. "Ou a hora dos pobos, ou a tiranía dos mercados", concluíu |
NOS_12393 | O Goberno de Rusia seguirá cumprindo o Tratado de Ceos Abertos mentres "continúe en vigor", a pesar do anuncio dos Estados Unidos de abandono do acordo en resposta aos supostos incumprimientos por parte das autoridades de Moscova, | O Goberno de Rusia seguirá cumprindo o Tratado de Ceos Abertos mentres "continúe en vigor", a pesar do anuncio dos Estados Unidos de abandono do acordo en resposta aos supostos incumprimientos por parte das autoridades de Moscova, segundo informou onte o viceministro de Asuntos Exteriores ruso, Alexander Grushko. "Debemos aplicar un enfoque pragmático. Mentres o Tratado continúe en vigor, temos a intención de respectar todos os dereitos e as obrigas derivadas", afirmou o viceministro ruso, en declaracións á axencia de noticias rusa Sputnik. Grushko manifestou a confianza en que outros países sigan a mesma liña de actuación que Rusia: "Partimos de que as demais nacións actuarán da mesma maneira, cumprindo de boa fe os seus compromisos". Esta mensaxe chega horas despois de que o Goberno dos Estados Unidos anunciase que onte iniciaría o proceso para a retirada do Tratado de Ceos Abertos, co argumento de que Rusia non permite determinados voos de observación. O tratado, do que forman parte tamén aliados clave da UE e da OTAN, permite que os Estados membros realicen voos de observación ─con aeronaves desarmadas─ co obxectivo de obter información de primeira man sobre as actividades militares sospeitosas doutros países, en aras da transparencia e da confianza mutua. O acordo foi negociado hai tres décadas e segundo Washing- ton as forzas rusas estanse a aproveitar del para obter información sobre infraestruturas estadounidenses chave. Non obstante, o Departamento de Defensa dixo que "explorará opcións" para proporcionar "imaxes adicionais" aos seus aliados para mitigar os eventuais efectos que poidan resultar da súa saída do tratado. Saída de tres tratados Donald Trump levaba meses valorando a ruptura. Coa medida, xa son tres os acordos militares multilaterais que abandona desde a chegada á Casa Branca, tras sacar os EUA do pacto nuclear con Irán e do Tratado sobre Forzas Nucleares de Rango Intermedio subscrito coa URSS en 1987. Tamén se retirou do acordo de París contra o cambio climático. Témese agora polo futuro de START, o pacto que limita as armas nucleares de longo alcance de Rusia e os EUA e que caduca en febreiro do 2021. |
NOS_20472 | O palmarés da 33ª edición de Cineuropa, escollido polo propio público do festival, deixa cinco filmes galardoados, un en cada sección: Dronningen, Papicha, Un día más con vida, La llorona e For Sama. Tres dos cinco están asinados por mulleres e en catro, elas son as protagonistas, como resultado dunha edición que apostou polo peso feminino diante e detrás das cámaras. | Cineuropa deu a coñecer na tarde da pasada terza feira 26 de novembro a decisión do público en canto aos premios do festival. Cinco filmes por cada unha das categorías a competición, que por vez primeira poderán ser vistas poos que non puideron sistir ás súas proxeccións. A sección oficial europea estabelece Dronningen (Raíña de corazóns) como o filme gañador. Produción danesa asinada por May El-Toukhy, aborda o drama da familia dunha familia desestabilizada pola chega pola chegada do fillastro, polo que a nai sente certo desexo que a leva por unha perigosa tobeira, coma a do Coello Branco. No panorama internacional, Cineuropa galardoa a coprodución entre Alxeria, Francia e Bélxica Papicha, con 8,35 puntos. A realizadora Mounia Meddou narra a historia dunha muller que, na Alxeria de 1997, durante a Guerra Civil, decide loitar pola súa liberdade nunha sociedade cada vez máis conservadora. For Sama, da realizadora siria Waad Al-Khateab, levou con 9,13 puntos o premio Docs Cineuropa. Este traballo, que asina xunto a Edward Watss, foi filmado en Alepo durante a guerra de Siria, no que unha muller nova loita por seguir coa súa vida entre as bombas. Un filme que, din desde Cineuropa, «sería unha imprudencia e un exercicio de arrogancia valorar este filme só por motivos estritamente cinematográficos». Latidoamericano outorgou o recoñecemento a La llorona con 7,46 puntos, un drama do Guatemalteco Jayro Bustamante que foca a atención na historia de vinganza de Alma contra Enrique, un xeneral retirado que é absolto por un xenocidio que si cometeu. O realizador, afirmaban desde a ornización, «convoca a figura de La llorona con lóxica incontestábel» para facer xutiza poética cun asasino que «sae ileso dos xulgados pero non así do plano espectral». Raúl de la Fuente e Damian Nenow fixéronse co premio animaeuropa, sección inaugurada nesta edición do festival. O público valorou con 8,77 puntos Un día más con vida, filme que se mergulla na historia do xornalista polaco Ryszard Kapuściński durante a súa viaxe a Angola, último campo de batalla da Guerra Fría, un lugar onde o saúdo equivocado pode custar a vida. Os directores condensan o espírito da personaxe en feitos concretos, fuxindo dun erro habitual dos bioipics, conseguindo explicar unha vida enteira en poucos días. Xurado Novo Por outra bando, na gala de clausura do festival tamén se deu a coñecer o palmarés outorgado polo Xurado Novo, coas categorías de mellor filme, dirección, guión e intérpretes. Zombi child foi considerada como mellor longametraxe desta edición, mentres Abbas Fahdel foi mellor dirección polo seu traballo en Yara. Kristina Grozeva e Petar Valchanov levaron o premio ao mellor guión polo texto de Bashtata (The father). En canto á interpretación, Mariana di Girolamo foi recoñecida como mellor actriz polo seu papel protagonista en Ema. Alessandro Antonelli e Pietro Orlando obtiveron ex aequo o galardón equivalente na categoría masculina polo documental Selfie. Outra oportunidade Por primeira vez, o festival Cineuropa non remata coa súa gala de clausura. A nova dirección, a cargo de Laura Seoane, decidiu ofrecer este ano unha oportunidade para que o público compostelán vexa os filmes gañadores. De tal xeito, na cuarta feira 27 de novembro proxectaranse no Teatro Principal as gañadoras das seccións internacional (Papicha, ás 20 horas) e europea (Raíña de corazíbs, ás 22 horas). A quinta feira 28 de novembro poderase ver a vencedora da sección de animación no Teatro Principal (Un día más con vida, ás 17 horas), mentres que no Salón Teatro acollerá as premiadas nas categorías de cinema latinoamericano (La Llorona, ás 19 horas) e documental (For Sama, ás 21 horas). A entrega do premio a Emma Suárez porá o broche final á 33ª edición do festival. |
PRAZA_3761 | A escoita é hospitalaria porque não oferece resistência ao outro. Prepara e medeia a dimensão dialética da política participando da existência, medos e sofrimentos de outras pessoas, ou seja, surgindo como comunidade, transcendendo o sofrimento privatizado, tornando-o público. | "A liberdade só existe onde a inteligência e a coragem conseguem superar a fatalidade " Roger Caillois /Victoria Ocampo. Correspondencia, París/ Buenos Aires,1956Enquanto o andazo durar, entregamo-nos a uma comunicação sem tanheiras. O confinamento torna-nos mais solidários, talvez porque a reclusão, somada à saturação da comunicação e das hiperconexões, de repente nos fez perceber como estamos sozinhos em companhia do ego narcisista, quando os laços sociais são substituídos pelo conforto do mesmo e a voz pròpria. Tudo o que nos expõe ao outro, ao estranho e o indesejável, tudo o que nos contamina, fora substituído por palavras mais grandes que os acontecimentos, talvez sob a influência dessa propensão a declarações grandiosas que dificilmente ocultam o que está sendo esclarecido devagarinho sob os pés: que o surto não acontece mais em um canto remoto do planeta, que todos esses anos aumentou o fosso entre os princípios declarados e a realpolitik, que quem dispõe de condições de trabalhar de casa está confortavelmente isolado, contanto que siga com prudência as diretrizes de segurança, encanto outros grupos vulneráveis, mesmo o de trabalhadores sindicalizados que gozam de uma cobertura decente, terão de fazer escolhas difíceis, optando entre renda e proteção. Enquanto isso, millhares de trabalhadores de baixa renda do setor de serviços, cuidadoras, labregos e lagregas, desempregados e sem teito estão sendo abandonados. E que o acesso a medicamentos vitais estam longe de ser um direito humano e um bem comum universalmente disponível porque governos e organizações sem fins lucrativos não assumiran a responsabilidade por sua fabricação e distribuição quando as empresas farmacêuticas não encontraram lucro suficiente.Da pandemia imos sair com uma democracia mais fraca ou mais forte? Acho que a justicia social, a democracia e liberdade de expressão não entendem de excecionalidades. Tal é a sua fragilidade, por isso precissam não ser desleixadas. Ouvimos a Pedro Sánchez dizer que o vírus não faz distinção entre territórios, ideologias ou classes sociais.Quando Sánchez afirma isso refere que o virus transpõe as fronteiras, completamente alheio à própria ideia de território nacional. A que o virus não discrimina porque nos trata com igualdade perante o risco da doença ou da perda. O virus delimitaria o precàrio da nosa condição humana porque expôs instantaneamente a marcada divisão de classes no atendimento de saúde. Mas nao é supresa nenhuma que nem a exposição ao contágio, nem a gravidade do confinamento, nem mesmo o risco e a incerteza econômica e trabalhista são iguais para todos. Qualquer doença (mais ainda se for uma pandemia que já atinge paises pobres) distingue entre classes e territorios, sendo a distribuição de riscos tão profundamente desigual que já não é preciso imagirnarmosdesenrolando-se violentamente além nas fronteiras da União Europea. Mesmo é possível que o impacto do surto tenha um impacto sobre grupos de idade mais jovens radicamente diferente em paises pobres e em zonas de alta pobreza ( (já a gripe espanhola de 1918 teve uma maior incidència onde havia escassezes alimentares s subnutrição). O pano de fundo de desigualdade garantirá a discriminação do vírus. O vírus por si só não discrimina, mas nós humanos certamente o fazemos, moldados e movidos como somos pelos poderes casados com o autoritarismo de estado, a xenofobia e o capitalismo sem límites e a sua propensão a esquecer a magnitude geográfica do andazo em questão, por mais que tenha sido declarada uma pandemia.Enquanto o andazo durar, a repetição teimuda de gíria belicista pode gerar uma sensação de mais "incerteza" ou "perigo" na população, especialmente quando começam a ser regulares discursos militares grandiloqüentes. Significativa estratégia de comunicação a do governo espanhol (o que contrasta com o do primeiro ministro canadense) tendo como um dos seus principais rostos ao chefe do Estado-Maior da Defesa, Miguel Ángel Villarroya, a afirmar na sexta-feira que "nesta guerra irregular e estranha, somos todos soldados" e ainda ontem, em sua primeira aparição semanal, espetando: "Hoy la Guardia Real se ha incorporado a las tareas del Estado de Alarma[…]poniendo de manifiesto que su Majestad el Rey es el primer soldado de España».Alguns de nós teriam gostado mais de ouvir falar de cidadania, solidariedade, responsabilidade, fraternidade e ciência, mas é claro que alguns de nós não prestamos serviço militar. Sin novedad en el frente.Se a doença distingue entre classes no reparto de riscos, também é profundamente desigual a distribuição de vítimas em uma guerra: "soldados [seremos] todos", mas nas guerras as vítimas são principal e esmagadoramente civis. Portanto, se todos somos soldados, quem são os que enfermaran, quem são os que morrem. E se não acredita, sempre pode aderir-se ao esquadrão de pensamento único, a Fundación para el Análisis y Estudios Sociales (FAES) de José María Aznar , segundo a qual o único remédio eficaz contra a expansão do coronavírus é o destacamento do exército espanhol em todos os cantos do "território". nacional. É verdade que em toda parte (China,Italia, França..) os uniformizados estabelecem ou montam hospitais de campanha e realizam outras tarefas logísticas. Mas no reino da Espanha, a maioria dos partidos políticos unionistas ( aqueles que se apropriaram do que a Constituição diz ou não diz), o que eles esperam e reivindicam das forças armadas não é principalmente que desempenham um papel logístico, mas elas traçar uma marca no território que visualize quem mais ordena aqui. Enquanto milhares de trabalhadores vivem confinados com o pânico constante de perder o emprego, o destacamento do exército "em toda a Espanha, independentemente de territórios ou poderes"(Pedro Casado, PP) passou a realizar tarefas chocantes, como a desinfecção de algumas áreas no entorno do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), estações de ônibus e trem ou centros de saúde, algo que uma empresa civil especializada faria perfeitamente, com profissionais de limpeza e desinfecção que podem ser tão úteis quanto os sanitários e continuar sendo remunerados e não perder assim o emprego devido a um ERTE. Porque o destacamento do exército não é apenas sanitário, mas propagandístico e sectario ao serviço do que Sanchez tinha dito ao anunciar o estado de alarme, que as autonomias não devem estar a carão mas por trás do governo central .Uma coisa é estreitar os "laços sociais" e promover a "solidariedade" e a "predisposição" dos cidadãos a seguir medidas como as de confinamento, e outra muito diferente, o gregarismo e servidão inscrita na noção de "soldado". A guerra e a retórica patriótica, que é substancialmente um discurso territorializado sobre o que poder exerce a sua soberania, estão enchendo o discurso dos políticos , aquí e também no resto do mundo, mas na raiz da crise não há conflito armado, mas uma pandemia. O poder do estado e a exploração capitalista encontram formas de reproduzir e fortalecer seus poderes no interior das zonas de pandemia, quer en forma de ERTE quer no alvo de produção,a comercialização e a provisão de uma vacina eficaz contra o COVID-19.Enquanto o andazo durar, vivemos sob uma legislação excepcional, que concede poderes especiais ao governo, que activou o exército para controlar a população civil e que recentemente centralizou o poder. Vivemos com certa normalidade a presença desnecessário dos militares na roldas de imprensa do governo e o uso e abuso do vocabulário de guerra. Mas também é un discurso classista: a seridade do choque econômico e, acima de tudo, a distribuição da fatura que ela provocará será resultado de decisões políticas que já estão sendo tomadas desde o poder. A aplicação inevitável do bálsamo keynesiano de emergência – não sei se existe uma alternativa a uma injeção maciça de dinheiro ante a paralisação geral da atividade – nos faz imaginar sem muito esforço se o que virá depois dos resgates de emergência será um tsunami de austeridade a conta dos de sempre. Porque a profundidade e resistência do choque econômico e, mais importante ainda, a distribuição do pagamento dos custos será o resultado de decisões políticas que já estão sendo tomadas em instâncias de poder arestora.Enquanto o andazo durar, o risco para uma democracia é enorme já que o debate público que deveríamos estar a fazer sobre o que está acontecendo e que cenários possamos debulhar pode-se transformar num simples cenario dicotómico de bom e ruim. A excepcionalidade não pode e não deve servir para que o inimigo referido acabe passando do virus para outras coisas, como certos grupos sociais. Se dissermos que temos que ir todos a uma e ao mesmo tempo e nao concorda plenamente, es o "inimigo". É característico da soldadesca o apelo acrítico á unidade , e máis en estado de alarme. Porém, mesmo em uma crise humanitária de saúde, eu reivindico o respeito pela pluralidade, o direito de pensar que o poder é poder – se calhar máis em intre de excepcionalidade- e deve ser controlado. Na esteira da pandemia, não pode isentar o criticismo a risco de se instalar no imaginario colectivo a ideia de que a democracia incomoda quando uma conjuntura perigosa. Porque quando ações excepcionais são implantadas com elas também um discurso excepcional é instalado para normalizar o que não é normal, correndo o risco de que a excepcionalidade se torne permanente, que o que agora está a canlear não recupere o fluxo de seu. E o pior dos riscos: que o pânico oferecer carta branca para o autoritarismo.Diante de "infortúnios" como a atual pandemia, aumenta o sentimento de apoio ao governo e um sentimento de mais confiança no Estado. Eis o que sob o anovado abraço paternal é afortalado mesmo sem retórica: "Una nación herida que libra una guerra no convencional", afirmou na quarta-feira o líder do PP, Pablo Casado. Não devemos desleixar essas palavras, refrendadas depois pola extrema dereita. Além da mera casuística "Este vírus lo paramos unidos", que Moncloa usa e nos faz pensar no "Mejores unidos" de Ciudadanos Cs para vindicar o unionismo, mostra a matriz ideológica da direita espanhola compartilhada por Sánchez como se sua formulação tivesse efeitos taumatúrgicos, que em um contexto de militarização das ruas, tange o único sino da unidade patriótica. Enquanto durar, não me tranquiliza ouvir dizer os militares #QuédateEnCasa,"nosotros trabajamos por tu seguridad".Nem estamos em guerra nem são profissionais de saúde.Enquanto o andazo durar, vemos como qualquer dissidência como antipatriótica começa a ser questionada. Tudo isso merece uma reflexão final.Porque, por um lado, parece lógico aceitarmos restrições temporárias sobre algumas liberdades básicas como a do deslocamento para tentar minimizarmos o custo humano da pandemia. É um acordo ou pacto asisado mas sem perdermos de perspectiva algumas cousas que tendem a fascinar, como a capacidade chinesa de controlar efetivamente sua população, fazendo uso intensivo das tecnologias de vigilância e monitoramento, talvez a parte menos interessante da abordagem chinesa, da qual aquí não estamos isentos porque o biopoder é global e militar. Não sabemos se a excepcionalidade durará semanas ou meses. Parece necessário construirmos uma cultura democrática de exceção, baseada na cooperação, na solidariedade e no primado do cuidado e no uso democrático do conhecimento científico, mas por outra parte o medo do vírus também está a presentar-se como medo dos outros. Se esa diferencia se tornar fenda e nos afastar os uns dos outros, o poder sairá afortalado. E os trabalhadores e as classes subordinadas em vez de unidas, mais afastadas. Seria sequer concebível insistirmos em uma preocupação mundial de saúde que deveria transcender a racionalidade de mercado ?Talvez, afinal, enquanto o andazo durar, pode tirar proveito das horas dramáticas para redescobrir certas coisas importantes que relegamos entanto os científicos trabalham a eito para conseguir caracterizar o andazo e nos enfrentamos ao caos numérico e a informação assustadora, especialmente na África e o Sul Asiático, que os jornalistas ocidentais que jornalistas ocidentais ignoraram completamente. Considere comprender que talvez seria possível começarmos a pensar e atribuir valor para além dos termos que o poder estatal ou financieiro nos apresenta.Enquanto o andazo durar, ese medo nos tornará mais cooperativos e confiantes, ou mais egoístas e desconfiados? A distância social artificialmente gerada pelo encerramento e o seu imaginario tende criar um senso kantiano de proximidade e solidariedade entre vizinhos e estranhos: agimos como achamos que todos deveriam. Mas sabemos pela historia que em situações extremas a lógica da cooperação cede ás lógicas do egoísmo e da selvática competição por recursos escassos e dissolução de laços de solidariedade.Enquanto durar, vamos ver a conversão de neoliberais ao intervencionismo. Nos últimos anos, vimos como gerentes do público, alcançando gerentes de hospitais públicos têm sucumbido ao gerenciamento just-in-time eo toyotismo. Ao desinvestirmos em prevenção e preparação emergencial médica nos encontramos em uma situação em que nos faltam tanto suprimentos elementares quanto funcionários públicos de saúde e leitos de emergência. Dende o ano 2000, o número de camas per cápita diminuíu en todos os países da OCDE segundo o último informe publicado por esta organização. Em número de leitos, a Espanha fica abaixo de quase todos os seus vizinhos na União Europeia. Não é que eles não entendam que a cobertura médica constitui um "direito humano", formalidade com a qual querem dizer que todo ser humano tem direito ao tipo de atendimento de saúde que ele precisar, mas abjuraram compreendê-la como uma obrigação social, que decorre de viver em sociedade com os outros. Houve de aparecer um novo coronavírus especialmente letal para populaçoes geriátricas, para nos decatar que teríamos que estar de acordo quanto a um mundo social e econômico no qual é radicalmente inaceitável que alguns tenham acesso a uma vacina que pode salvar suas vidas enquanto a outros é negado esse acesso com base no fato de não terem condições de pagar ou de garantir o plano de saúde capaz de paga-lo.Será capaz de abrir a nova perspectiva viral para um xeito de reimaginar o nosso mundo a fim de insistir que os materiais exigidos para a vida, incluindo o cuidado médico e sociosanitário, seriam igualmente disponíveis independentemente de quem somos ou se dispomos dos meios financeiros?Até aqui, enquanto o andazo durar, nada de novo para a lógica extrativista e consumista. Já vimos alguns casos anedóticos de fuga de Madrid, acúmulo de papel higiênico e roubo de equipamentos de proteção. Resta ver que lógica prevalecerá se o surto se prolongar e as condições de confinamento endurecer. O experimento poderia nos oferecer a oportunidade de deitar un herdo positivo, alén diso diverso, dependendo dos níveis pré-existentes de coesão e confiança comunitària de cada país. Depois de alguns anos de cortes na hospitalização e na capacidade de saúde comunitària movidos pela maximizaçao dos ganhos ,talvez a proposta de uma saúde pública e universal revigorou um imaginário do bem comum e da urgência da solidariedade internacional – um imaginário que agora precisa esperar para poder se realizar como uma política social e como compromisso público neste país.Porque o que percebemos no governo "rotundamente progresista" carrega lastro simétrico ao novo nacionalismo de direita.Foi o vírus real e não o computador, como diz Byung-Chul Han, que causou a comoção. Enquanto durar, talvez devêssemos ouvir mais e melhor. Com paciência. mas sen deixar de mobilizar recursos comunitàrios e políticos a fim de reivindicar um aumento massivo na produção de kits para diagnóstico, equipamentos de segurança e medicamentos vitais para serem distribuídos gratuitamente aquém e além Occidente. A escoita é hospitalaria porque não oferece resistência ao outro. Prepara e medeia a dimensão dialética da política participando da existência, medos e sofrimentos de outras pessoas, ou seja, surgindo como comunidade, transcendendo o sofrimento privatizado, tornando-o público. |
NOS_2697 | O expresidente da Deputación de Ourense atópase no Complexo Hospitario Universitario de Ourense (CHUO) con diagnóstico de coronavirus. | Xosé Luís Baltar, de 79 anos e retirado da vida política, foi condenado en 2014 a nove anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación continuada en relación aos 104 contratos que asinou para a institución provincial entre os meses de xaneiro e marzo de 2010 sen dar publicidade ás prazas. Cando se abriu o procedemento xudicial, Baltar solicitou a baixa de militancia no PP, o partido agora preside na provincia o seu fillo, Xosé Manuel Baltar, igual que a Deputación de Ourense. |
NOS_4755 | A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volveu ocupar os sete campus en contra do proxecto privado de Abanca. A lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa foi admitida a trámite no Parlamento cos votos do PP. | "O que hoxe se aprobe, vai vir para quedar", advirte en conversa con Nós Diario Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino e portavoz da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública pouco antes do inicio dunha nova concentración ante a reitoría da USC, na Praza do Obradoiro, contra a universidade privada de Abanca mentres avanza a súa tramitación o Parlamento da Galiza. Esta mobilización social tivo a súa réplica nos outros seis campus universitarios da Galiza. "É un momento transcendental. Por iso, desde o ámbito sindical e social debemos asumir un labor fundamental: concienciar a sociedade da importancia deste momento". A de Abanca, incide, "é a primeira universidade privada que se vai constituír no país pero tamén é a porta de entrada para outros proxectos que se van crear no futuro". Bermello fala "dun camiño sen retorno" no que a loita social en defensa da universidade pública debe marcar o debate e a axenda política a sabendas de que "pelexamos contra un muro moi difícil de derrubar, que é a maioría absoluta do PP". Mercado de títulos A lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa superou o pasado 25 de maio o debate das emendas á totalidade presentadas por BNG e PSdeG para avanzar na súa tramitación co único apoio do PP. "Ten que haber unha contestación social que acompañe as análises e críticas que se fixeron, mesmo por parte das universidades públicas, que argumentaron moi ben o que suporía a autorización dunha universidade como a de Abanca, que non entra para complementar a oferta que xa existe senón para duplicala e competir directamente retirándolle alumnado e fondos ás universidades públicas", resume Bermello. Ás mesmas conclusións, afirma, chegaron organizacións sindicais coma a súa. Desde CIG-Ensino advirten da perda de postos traballo e do asentamento dun sistema de endebedamento do alumnado sen recursos para facer fronte a unhas matrículas desorbitadas. Estamos ante unha universidade dirixida a facer negocio coa expedición de títulos que abre a porta ao empresariado "Estamos ante unha universidade dirixida a facer negocio coa expedición de títulos que abre a porta ao empresariado. Neste caso vinculado ao sector financeiro de Abanca, mais nun futuro a outro próximo aos Rivera-Fernández -conselleiro delegado de Estrella Galicia e ex presidente do Dépor- arredor de Cesuga", aclara. O voceiro da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública censura o papel das privadas como parapeto das carencias que "os Gobernos provocan nos centros públicas ao denegar autorizacións de graos e mestrados". E pon como exemplo o mestrado en profesorado de educación secundaria. Mentres nas universidades públicas galegas a matrícula rolda os 600 euros, nunha privada pode chegar aos 6.000. "A Xunta impide que se oferten máis prazas públicas nun momento de alta demanda para cubrir as xubilacións que temos" derivando o alumnado cara a "meros centros de estudo, moitos online, sen cualificación profesional nin investigación suficiente; que apostan por ofrecer máis mestrados que graos, que é onde está o negocio". |
PRAZA_14850 | Máis de 3.000 familias galegas perderon a súa casa nos seis primeiros meses deste ano. Colectivos como Stop Desahucios denuncian que as administracións "non poñen ferramentas para arranxar o problema" e advirten do drama social que sofren moitos cidadáns. | Máis de 3.000 familias galegas perderon a súa casa ou negocio nos seis primeiros meses deste ano. En total, 3.037 desafiuzamentos segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), o que supón xa unha cifra de máis do dobre que en 2009 e dun 60% máis que en todo 2010 e todo 2011, onde se efectuaron pouco máis de 2.000 nos doce meses. E os números empeorarán cando finalice o reconto do que queda de exercicio. Máis de 3.000 familias galegas perderon a súa casa no primeiro semestre do ano a un ritmo de case 17 desafiuzamentos ao día Son dramas humanos provocados polo embargo ao que son sometidos aqueles cidadáns que non poden facer fronte á hipoteca. Familias sen teito afogadas polos bancos que reclaman os seus cartos mentres son rescatados recibindo miles de millóns de euros das administracións. As cifras arrepían. Se en 2012 o ritmo de desafiuzamentos en Galicia situouse nos nove ao día, no que vai de 2012 case se dobrou até rozar os 17 diarios, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central. Así, o aumento destes desafiuzamentos desde 2007 a 2011 é do 185% (desde 701 a 2.003), polo que supón multiplicar case por tres o seu número desde que comezou a crise económica. En total, máis de 9.000 desafiuzamentos desde entón en Galicia, que podería superar os 10.000 ao final de ano, xa que agora o CGPJ tamén contabiliza os datos dos xulgados de primeira instancia e, polo tanto, daquelas pequenas localidades sen servizos comúns de notificación. Galicia sufriu máis de 9.000 desafiuzamentos desde o comezo da crise económica No conxunto de Estado, e tan só no que vai de 2012, as autoridades xudiciais procederon ao embargo de máis de 500 inmobles ao día até xuño, que fai un total de case 95.000 desafiuzamentos. Desde 2008, a cifra supera os 260.000 expedientes e tras estes trámites agóchanse dramas que inclúen suicidios ou intentos como os acontecidos nos últimos días en diversas localidades. E mentres isto ocorre, o CGPJ decidiu a pasada semana non asumir o contido dun informe elaborado por seis maxistrados nos que se criticaba os abusos do sistema legal de desafiuzamentos. Ao tempo, colectivos como Stop Desahucios ou plataformas diversas loitan para que os gobernos cambien a lei e reclaman a dación en pago ou a posibilidade de renegociar o importe do aluguer para aquelas familias ameazadas de embargo e sen recursos. Os bancos que aceptan estas solucións son minoría e as respostas das administracións practicamente nulas. Por iso, xa xorden outras alternativas. En Galicia apareceu Doafund, unha web posta en marcha por dous galegos co obxectivo que axudar a pagar as cotas hipotecarias de persoas con dificultades económicas para así evitar que as entidades bancarias poñan en marcha os procesos de desafiuzamento dos seus inmobles. Pero ao mesmo tempo, colectivos como a Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra mobilízanse para axudar os afectados polos desafiuzamentos , intentar paralizalos e "conseguir que as administracións lle dean unha saía á xente que queda sen opción ningunha". "Hai casos nos que conseguimos que o Concello lles facilite un bono-hotel para un hostal durante uns meses ou incluso que se faga cargo do aluguer ata que haxa unha solución, pero a maioría das veces derívante a Cáritas ou ONGs porque Asuntos Sociais non funciona para nada", explica Suso Pazos, un dos membros desta rede de apoio. "As administracións adoitan derivarte a Cáritas", din na Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra Recoñece que se lle "veñen as bágoas" cada vez que acode á axuda dunha familia en perigo de embargo, pero asume que as solucións que chegan das administracións sempre son "temporais e unicamente flotadores para ir tirando". "Teño visto nenas de oito anos con problemas de saúde ou persoas que quedaron sen casa por non pagar nove meses cando recibían menos de 200 euros ao mes de axuda", conta, tras advertir da continua petición que fan á Xunta e ao propio Concello de Ferrol para que habilite "as vivendas de protección oficial que teñen baleiras" para esta xente con problemas. "Polo menos ata que atopen unha solución", lembra, tras queixarse de que as autoridades "nunca poñen ferramentas reais para arranxar o problema". "Nin a dación en pago é a solución; resolven a débeda pero quedan sen casa" María, de Stop Desahucios Compostela, advirte que "tras o verán, o número de embargos incrementáronse moito". Ademais, lembra que a dación en pago "non sempre é unha solución", xa que en moitos casos "a xente queda na rúa", polo que reclaman "o aluguer social desa mesma vivenda, sobre todo cando hai menores na familia". Aínda así, que os bancos concedan a devandita dación en pago é complicado porque "moi pouca xente cumpre cos requirimentos". "Ten que estar toda a familia en paro e sen cobrar, ao igual que os seus avalistas", lembra María, que advirte que en moitos casos, a dación resolve a débeda pero "para nada" o problema. "Se non teñen cartos e xa non teñen casa, que lles queda?", pregúntase. Este mesmo luns, o pleno ordinario no Concello de Vigo tivo que ser suspendido e aprazado logo de que varios menbros da plataforma Stop Desahucios, xunto a traballadores despedidos do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (IMD), interrompesen os concelleiros. Para este martes, hai convocada en Santiago unha concentración fronte ao sucursal do BBVA de Conxo en apoio a un veciño ameazado de desaloxo pola entidade bancaria. |
NOS_1925 | O partido maioritario defende no Congreso a obriga de que as menores de 18 anos conten con autorización familiar para abortar porque o seu "desenvolvemento intelectivo non é suficiente". | A deputada popular Marta González foi a encargada de defender en sesión plenaria a proposición de lei coa que o Partido Popular pretende modificar a Lei de saúde sexual e reprodutiva e para a interrupción voluntaria do embarazo. Na súa intervención política González tirou de argumentos que mesmo van en contra de si propia. E é que a parlamentar asegurou que "os dereitos das mulleres" embora existiren "non son absolutos". Máis no concreto, González amosou mesmo o seu asombro porque na lexislación vixente se considere "mulleres" as menores de 18 anos e asegurou que estas non poden decidir libremente sobre a interrupción dun embarazo non desexado porque "o seu desenvolvemento intelectivo non é suficiente". Desde o Partido Popular definen como unha "aberración xurídica" o recollido na Lei 2/2010 e apelan á "alarma social" e "grande conmoción" que tería xerado a norma para argüír a iniciativa que agora será tramitada nas Cortes españolas logo de se aprobar a súa toma en consideración esta terza feira (14 de abril). O PP tira do argumentario de deputados do PSOE Para reforzar a súa posición a deputada do PP valeuse das declaracións públicas de diversos cadros políticos socialistas en 2010 nas que se distanciaban da lei durante a súa tramitación parlamentar. Argumentos esgrimidos por Alfonso Guerra, Ibarra, Peces Barba ou Pérez Tapias --deputados ou exdeputados do PSOE-- resoaron na Cámara en verbas do grupo popular para sinalar que "unha adolescente non ten autonomía suficiente" para tomar unha decisión "tan trascendental" como o aborto. Para o PP que as menores de 18 anos poidan abortar nas condicións actuais é unha "aberración xurídica" As forzas da oposición --agás UPN, Foro Asturias e Unió Democrática de Catalunya-- amosaron o seu desacordo coa proposición de lei presentada. Quer por cuestións de forma ou de fondo unha ampla representación parlamentar acusou o partido que apoia o goberno de empregar "os dereitos das mulleres" como unha "moeda de troco" en período electoral e de presentar pola "porta de atrás" e através do grupo parlamentar, unha proposición de lei que "non se atreven" a defender desde o executivo. "Electoralismo", "fanatismo" e "clasismo" Aliás, sinalou a deputada do PSOE, Carmen Montón, "queren eludir os informes preceptivos do Consello de Estado e do Consello Xeral do Poder Xudicial". As acusacións de "electoralismo", "fanatismo" e "clasismo" cara ao Partido Popular foron lanzadas desde a tribuna por diferentes forzas políticas pois, dixo Joan Tardá de ERC, "a vostedes sempre lles quedará Londres" para abortar. Pola súa banda, a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, acusou a forza maioritaria de querer contentar "unha minoría moi minoritaria" a costas "da maioría social" que apoia a actual regulación pois, sinalou, "a proposición [de lei] non responde a ningunha demanda social" e a "alarma" da que fala o Partido Popular "é a que vostedes xeran mentindo". Onintza Enbeitia (Amaiur): "Vostedes confunden dereito con dereitas, a máis reclamo de dereitos máis dereita nos meten coa lei do embude" Os grupos parlamentares debruzáronse sobre os dados de 2013 --os últimos rexistrados-- segundo os cales das 25 mil interrupcións voluntarias de embarazo practicadas "só 113 casos foron de menores" e entre elas "o 88% foron acompañadas" por un ou máis familiares, explicou o deputado do PNV, Agirretxea. "Vostedes confunden dereito con dereitas", arremeteu a deputada de Amaiu, Onintza Enbeitia, "e a máis reclamo de dereitos máis dereita nos meten coa lei do embude". A parlamentar basca asegurou que "as mozas precisan liberdade para elixir, para ser sen imposicións de xénero" e unha "educación acaída ao tempo no que se vive". "Non cansen tanto en nos protexer, con ser libres conformámonos", sentenciou. Porén, algunhas forzas da oposición, entre elas Foro Asturias e UPN, bateron contra a proposta do Partido Popular embora avanzar que a apoiarían. Ambos deputados acusaron o grupo popular de presentar un "retoque leve, puntual e express" no que definen como "é máis que non facer nada". Tanto UPN como Foro sinalaron que presentarán emendas ao texto, un feito ao que tamén podería sumarse o propio grupo propoñente. |
NOS_50899 | A figura de Xosé Luís Méndez Ferrín exerceu sempre grande influencia no mundo da literatura, en especial, no ámbito poético. Son agora os poetas os que saen ao ámbito público para defendelo despois da demisión da Academia. Falan de "cainismo" e sosteñen que se deu unha "conxura" contra o autor de Con pólvora e magnolias. | Unha entrada no seu blogue rulou a través da rede transmitindo a opinión de Xabier Cordal sobre o episodio que leva a Ferrín fóra da Academia. Cordal defende a xestión do seu paso por Tabernas que define cos termos de actualización e compromiso. "A actualización da RAG á altura da era dixital, o ingreso de nomes clave da literatura galega contemporánea, a homenaxe a figuras que representan o talento e a insubmisión coma Lois Pereiro ou Roberto Vidal Bolaño, o compromiso co idioma no que se envorcou a sede de Tabernas, enfrontada nos tribunais coa Xunta de Galicia mentres conseguía máis presenza pública e máis recursos: é todo iso o que vemos desaparecer" defende. Grupo de asalto Cordal é contundente ao falar dun "grupo de asalto" ao que responsabiliza de que Ferrín marche da Academia. "O grupo de asalto contra o equipo actual da RAG -porque non só foi a Presidencia que remata hoxe a artífice dunha época- pode mandar en bandexa de prata, a quen corresponda, a cabeza de quen considerou o inimigo a bater. Pero Méndez Ferrín, como afirmou hoxe Manuel Bragado, é un diamante moral; esperamos que non sexan tan torpes como para crerse capaces de luxar nin apenas o máis cativo episodio dun percorrido que engrandecería calquera país e calquera idioma" . A conxura dos necios A Cordal dálle palmas na rede Anton Dobao quen, en dúas entradas de facebook deixa clara a súa posición no acontecido na RAG. A primeira cita non é propia. Bota man de Johnathan Swift para afirmar canda el: "Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, identifícase por un sinal: todos os necios se conxuran contra el". A seguir, a metáfora da caza e escopetas non deixa lugar a dúbidas. "A peza de caza xa foi cobrada. Agora limpan as escopetas. Era maior a peza, pero non a única. A caza continúa. Gardádevos dos engados" sinala Dobao.No seu blogue "As crebas", Miro Villar pendura a carta de demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín e en só unha frase deixa ver o conflicto interno de Tabernas. "Máis unha vez, outra vítima do cainismo na sociedade da Nación Galega" sinala. Oportuno e valente recurso "Melancolía e profunda tristeza" lle provocou a Manuel Bragado, director de Xerais, a demisión dun escritor co que está unido non só con vínculos editoriais senón tamén afectivos. Manuel Bragado valora en varios aspectos a xestión do escritor diante da Academia mais, no seu artigo de defensa no seu blogue Brétemas, sinala de maneira especial un dos temas que saltou a primeiro plano da polemica."Non se pode esquecer que foi a oportunísima e valente presentación do recurso da Academia contra o Decreto de Plurilingüismo a clave deste periodo no que a entidade intensificou tamén a súa presenza na sociedade galega coma nunca até agora o fixer"."Lembraremos sempre a Ferrín como o home que fixo ao pobo galego sentirse parte da Academia. Quen puxo a Acedemia, indiscutibelmente, ao servizo do pobo galego" escribe en Sermos Galiza o escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón. ·"O meu corazón está encollido" engade para preguntarse se "a Academia seguirá sendo a casa de todo o pobo galego, ou volverán ás tebras de tempos pasados". |
NOS_35591 | A proposición non de lei presentada polo deputado Miguel Anxo Fernán Vello (En Marea), logrou o apoio unánime da comisión de Cultura do Congreso, que aprobou que se realicen as xestións pertinentes para que as esculturas de Abraham e Isaac retornen ao seu lexítimo propietario, o concello de Santiago. | A comisión de Cultura do Congreso español vén de aprobar por unanimidade a proposición non de lei presentada por Fernán Vello (En Marea) e na que se pide que se realicen as xestións necesarias para que as esculturas de Mestre Mateo en mans da familia Franco retornen ao Concello de Compostela. Incluso, dise na PNL, no seu caso, pedindo a intervención da Fiscalía Fernán Vello apelou a que as esculturas de Isaac/Ezequiel e Abraham/Xeremías, realizadas polo taller do Mestre Mateo, "deixen de ser produto dun espolio, dun latrocinio, dunha pillaxe do patrimonio artístico e pasen a ser de novo propiedade pública", en alusión ao concello de Santiago, que tal e como figuran nas escrituras de compra venda que o deputado de En Marea exhibiu na Comisión, "é o verdadeiro propietario das dúas tallas pétreas". O parlamentar instou o Ministerio de Cultura a "non permanecer de brazos cruzados perante un espolio manifesto". O Pazo de Meirás non é o único patrimonio de Galiza que posúe a familia Franco embora sexa o máis coñecido Mais non é o único. No Pazo de Cornide os Franco posúen dúas pezas feitas no séculos XII e XIII polo Mestre Mateo. Dúas pezas talladas entre 1188 e 1211 por Mateo para que figurasen nesa xoia universal que é o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Abrahan/Xeremías e Isaac/Ezequiel. Como chegaron estas obras de arte a poder dos Franco? Descoñécese con exactitude. Sábese que en 1947 o Concello de Santiago merca as dúas pezas ao Conde de Ximonde, Santiago de Puga y Sarmiento, que as tña no seu pazo da Ulla. 60.000 pesetas foi a cantidade que pagou o goberno compostelán polas dúas tallas, tal e como figura no documento de compra. Documento no que tamén se estipulaba que se esas pezas abandonaban a capital de Galiza terían que pagarlle ao vendedor 400.000 pesetas. Pois ben, as pezas non están en Compostela senón nunha propiedade dos Franco na Coruña, no Pazo de Cornide. Antes estiveron en Meiras, o pazo insignia da familia do ditador. |
NOS_18699 | Esta terza feira entra en vigor a limitación da velocidade nas cidades, unha medida que pretende reducir a mortalidade e a sinistralidade nos cascos urbanos e da que Pontevedra foi a pioneira. | Desde esta terza feira 11 de maio, a velocidade de circulación en vías urbanas baixa aos 30 km/h con carácter xeral, unha medida que, ademais de perseguir a redución da mortalidade e da sinistralidade, reaviva o debate sobre mobilidade e o papel do coche na concepción dos espazos urbanos. A entrada en vigor do novo código afecta a todos os concellos galegos, sexan estes máis ou menos urbanos e, nalgunhas localidades non suporá moitos cambios posto que xa son varios os municipios que teñen implantado o sistema que prohibe circular a máis de 30 km/h na cidade. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, sinalou en declaracións a Europa Press, que a aplicación dos novos límites "cambia moito" segundo o concello pois "nada ten que ver a realidade dun municipio grande coa dun pequeno". O rexedor arousán apuntou que o maior problema ao que poden enfrontarse as administracións locais á hora de aplicar a normativa da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) é o custo económico da renovación de sinais, aínda que tamén aclarou que "non se trata dun custo desproporcionado". Varela cre que os municipios deben afrontar o debate sobre a mobilidade nas súas zonas urbanas para, deste modo, reducir accidentes, ruído e contaminación, en concordancia coas estratexias europeas. Pontevedra, a pioneira O primeiro concello en implantar esta redución da velocidade foi Pontevedra. Fíxoo en 2010 e cun éxito que fai da cidade a imaxe da efectividade da medida no seu obxectivo primordial: facer descender a sinistralidade e a mortalidade nas estradas urbanas. Pontevedra festexou o pasado 18 de febreiro unha década sen atropelos mortais no seu centro urbano, despois de rexistrar unha media de 3 falecidos anuais neste tipo de accidentes entre 1997 e 2007. "A velocidade 30 é unha cuestión de sentido común. Todo isto fíxose para salvar vidas, ao principio foi difícil, pero cando a xente pensa nesa cuestión, ten que darnos a razón", di o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, que lembra que o límite a 30 km/h estendeuse a todos os viarios do termo municipal, incluídos os de zonas rurais. Ademais, o rexedor subliña que non só baixou o número de accidentes e deixou de haber mortes, senón que en combinación con elementos disuasorios como rotondas ou pasos elevados, favoreceu a fluidez do tráfico en Pontevedra. Fernández Lores cre que, para que "facer real" que os coches se movan a menos de 30 km/h, a instalación de radares "non funciona", polo que é preciso apostar pola introdución de barreiras físicas, como pasos elevados. "O deseño urbano é o que ten que facer que a velocidade e o tráfico sexa acougado. É a única medida que funciona", resalta o primeiro edil. O papel do coche "Estamos a desfacer o andado. Antes o moderno era poder deixar o vehículo na porta de casa e agora estamos a falar doutras cousas, de aparcadoiros disuasorios, da intermodalidade nas cidades, de carrís bici, de reducir a velocidade", sinala Alberto Varela, que considera que o debate sobre a mobilidade e o papel dos vehículos no espazo urbano "non ten volta atrás". "A clave de todo é reducir o tráfico ao necesario para que a cidade funcione. E dedicar máis espazo aos peóns, reducir espazo á mobilidade motorizada e tamén os aparcadoiros, porque estás a xerar un tráfico de axitación, buscando aparcadoiro, que provoca atascos permanentes", engade Fernández Lores. "O coche e o teléfono móbil son inventos importantes. Pero o que non podemos é estar todo o día co teléfono móbil, nin andando en coche distancias de menos de dúas ou tres quilómetros", remarca o alcalde pontevedrés. Coa baixada a 30 km/h, que poden modular os gobernos locais para ir máis aló na medida, a DXT tamén busca outros obxectivos, como reducir as emisións de CO2 e a contaminación acústica, que ten no tráfico rodado un dos seus maiores factores. |
NOS_35130 | A última fita de Ignacio Vilar estréase esta fin de semana no WorldFest de Houston, e chega tamén a Barcelona por mor da semana das Letras Galegas. | Este domingo estréase 'Sicixia', con coloquio posterior co seu director, no WorldFest de Houston, que se celebra do 21 ao 30 de abril na cidade texana, onde se proxectarán outras 88 longamentraxes procedentes de todo o mundo. Alí competirá na categoría de filme estranxeiro, onde opta aos galardóns de mellor filme estranxeiro e premio especial do xurado, entre outros. Por outra banda, a fita de Vilar estrearase no emblemático Cinema Maldá de Barcelona no marco da Semana das Letras Galegas . Poderá verse un pase diario desde o 12 ao 18 de maio ás 20.30 horas. |
NOS_39528 | As bandas de hip-hop e rock en galego presentan cadanseus novos temas. | Lume e Rebeliom e Soñar son os últimos traballos que lanzan Rebeliom do Inframundo e o grupo de rock, NAO. Ambas as dúas bandas veñen de presentar o lanzamento dos seus novos traballos discográficos. Rap galego A banda de hip-hop liderada polo Nervo estreará o novo disco o 23 de abril. Catorce temas nos que mesturan novas sonoridades sen perderen a esencia do rap máis clásico. Rock, reggae, folck e mesmo electrónica danse a man nun disco que conta coa colaboración da viguesa Iria Medranho e do cantor irlandés Brian Brody. Como xa é costume, Rebeliom no Inframundo trae letras combativas mais tamén con remerencias amorosas constantes. Un feito que avanzan no deseño gráfico do propio traballo elaborado por Ratona Pérez. Un corazón que fai as veces de cocktail explosivo. Entretanto non lanzan o seu primeiro avanzo en forma de vídeo musical deixámosvos Lume, a peza que incorporaban ao traballo colectivo editado pola súa produtora, Língua Nativa, o selo discográfico do rap lusófono. Rock do país Quen si que decidiu estrear vídeo antes de rematar a edición do seu traballo son NAO. A banda de rock de Cuntis, encabezada por Jasper, presentou esta terza feira O sol e a treboada, o primeiro tema de Soñar, o disco co que o grupo inicia a súa despedida e que foi gravado en Son Estudios (Ames) e Garate (Andoain, Guipuzkoa). Mais que non cunda o pánico, aínda hai NAO para moito e veñen cargados de forza cun tema íntimo porén, cargado de reivindicación como é costume e pondo na primeira liña a visibilidade das liberdades sexuais. |
NOS_24402 | Adega considera que o PP e Ecoembes, promotores dos cartaces, incumpren a Lei de residuos e empregan esta información errónea para "xustificar a desastrosa xestión mediante a incineración e o vertido que practica Sogama". Por tanto, exixen a retirada da campaña | Unha campaña de sensibilización sobre os 3Rs promovida pola Xunta de Galiza e a empresa Ecoembes insta a depositar a materia orgánica no balde xenérico, de cor verde, ao identificala como "residuos que non se poden reciclar", canda os cueiros, os embases que non son de plástico ou pezas de roupa. Perto da metade dos regugallos sólidos urbanos son materia orgánica, e son xustamente estes os máis doados de reciclar polo que con esta sensibilización emprendida pola Xunta o que se pretende é "xustificar a desastrosa xestión mediante a incineración e o vertido que practica Sogama". Quen así o denuncia é a asociación ecoloxista Adega, que reclama a retirada da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor "por faltar á verdade", para alén de "facer propaganda" do incumprimento da Lei 22/2011 de residuos no que atinxe á materia orgánica. A citada normativa recolle a materia orgánica na definición da reciclaxe, e insta a fomentar a compostaxe para o tratamento destes refugallos e o compost como substitutivo dos fertilizantes químicos. |
PRAZA_7422 | Aseguran non crer o plan de reestruturación e reclaman interlocutores diferentes. As protestas espállanse a Barcelona, onde delegados sindicais veñen de iniciar un peche de 24 horas nunha oficina. | Que poxen xa a entidade e que os traballadores teñan así "uns interlocutores diferentes" á hora de abordar a reestruturación de Novagalicia Banco. Así o aseguron os sindicatos da entidade, que están rotundamente en contra do plan xa presentado pola entidade e que implica máis de 2.000 despidos nos vindeiros catro anos e o peche de case 330 oficinas nos próximos dous exercicios. Os sindicatos din non crer xa na viabilidade do proxecto actual de Novagalicia e optan por que se venda Logo dunha xuntanza cos responsables de planificación e recursos humanos de NGB, os sindicatos aseguran xa non crer na viabilidade do proxecto, polo que optan porque a entidade sexa vendida canto antes. As centrais accederon este martes á documentación na que se detallan os plans de Novagalicia -en inglés e sen copia para eles- nos que o único que se detalle son, unha vez máis, o número de despidos e o peche de oficinas. Pouco máis sacaron en claro, polo que urxen a José María Castellano a que se dirixa ao FROB para que acepte a poxa inmediata do banco galego e non nos prazos alongados que veñen marcados desde Bruxelas e que, denuncian, serán impostos sen negociación aos empregados. Os sindicatos volverán ser chamados esta semana para poñer fin ás xuntanzas previas ao inicio da negociación do ERE. Pero non confían en avance ningún, polo que apostan decididamente por outra alternativa que pasa por outros donos e outros representantes cos que negociar. O que si segue en pé son as protestas. Os traballadores manifestaranse o vindeiro sábado 12 en Compostela, dous días antes de que, o máis seguro, comece o período de consultas para o ERE. Ademais, a estas protestas únense outras noutros puntos dos Estado. De feito, os 17 delegados sindicais de CCOO de Cataluña en Novagalicia Banco veñen de iniciar un peche de 24 horas na oficina de Gran Vía en Barcelona para protestar contra o ERE previsto. |
NOS_13379 | Perde o pobo. Como en calquera conflito civil. Especialmente as mulleres e outros colectivos que se beneficiaron dos avances en protección social e de modernización. Avances, porén, freados pola corrupción campante nas últimas décadas. Mais tamén no taboleiro da xeopolítica hai quen perde. E quen gaña. | Pouco máis dunha semana foi o tempo que lle levou ao movemento talibán para se facer co control do Afganistán, dúas décadas despois de ser apartado do poder tras a invasión dos Estados Unidos en resposta aos ataques do 11 de setembro de 2001. As alarmas soaron na comunidade internacional, e se ben houbo unanimidade en pedir a fin da violencia e o respecto aos dereitos humanos, a posición das potencias mundiais no taboleiro xeopolítico difire en gran medida. Non todas gañan nin perden o mesmo co regreso dos talibán ao Goberno afgán. Estados Unidos Joe Biden é o centro de todas as críticas, internas e externas. O presidente estadounidense aseguraba hai seis semanas que era "moi improbábel" a vitoria talibán, malia as opinións contrarias das axencias de intelixencia. Ademais, as imaxes da evacuación en helicóptero da embaixada en Kabul trouxeron á memoria as da saída de Saigón, na Guerra do Vietnam. "Non se vai dar a circunstancia en que se vexa a xente no tellado da embaixada no Afganistán", dicía Biden en xullo. Nas últimas horas, o seu ministro de Exteriores, Anthony Blinken, comparecía en varios medios nun exercicio de 'control de danos' e insistía en que Kabul nada tiña que ver con Saigón. Tamén o propio Biden defendía a decisión da retirada: "Un ano ou cinco anos máis de presenza militar estadounidense non marcarían a diferenza se o Exército afgán non pode controlar o seu propio país. A presenza estadounidense sen fin no medio do conflito civil doutro país non era aceptábel para min". E o senador Bernie Sanders, da ala máis á esquerda do Partido Demócrata ─formación de Biden─, escribía en Twitter: "A política internacional importa: despois de 20 anos de esforzo dos EUA, da perda de 2.448 soldados e dun billóns de dólares gastado, o Afganistán ficou cun Goberno corrupto e cun Exército incapaz. Neste momento, debemos facer todo o que poidamos para evacuar os nosos aliados e abrir as nosas portas aos refuxiados". UE A cuestión dos refuxiados é a que máis preocupa dentro do bloque comunitario. Porque ninguén dubida ─dan fe as imaxes do aeroporto de Kabul, onde cinco persoas morreron na marabunta de civís tentando embarcar─ que Europa vivirá unha nova crise migratoria como a que se produciu tras a guerra en Siria. Margaritis Schinas, vicepresidente da Comisión Europea, sinalaba en entrevista en La Stampa que "Europa xa non pode esperar" a respecto dunha normativa común para afrontar de maneira equitativa entre os 27 a presión migratoria e dos refuxiados. Os ministros de Exteriores da UE manterán hoxe unha reunión de emerxencia por videoconferencia para facer "unha primeira valoración" dos acontecementos, segundo informou onte en Twitter Josep Borrel, o máximo representante da diplomacia comunitaria. "O Afganistán está nunha encrucillada. A seguridade e o benestar da súa cidadanía, así como a seguridade internacional están en xogo", declarou. ONU Tamén hoxe está prevista unha reunión do Consello de Seguridade da ONU para analizar o novo escenario afgán tras a fuxida do presidente, Ashraf Ghani, ao Uzbekistán ─para "evitar un baño de sangue", defendeu─. O secretario xeral, António Guterres, puxo o foco nos aspectos humanitarios, salientando onte nunha mensaxe que estaban a chegar informes de graves abusos dos dereitos humanos no país. Irán Dentro da rexión, os inimigos declarados de Washington centráronse na súa saída. "A derrota militar e a retirada dos EUA do Afganistán deberían servir de ocasión para restaurar a vida, a seguridade e unha paz duradeira no país", declarou onte o novo presidente do Irán, Ebrahim Raisi. Hamas Hamas, a organización político-militar islamista que controla a faixa de Gaza, en Palestina, mostrou a súa satisfacción pola vitoria dos talibán. Nun comunicado emitido onte felicitábase pola "derrota da ocupación estadounidense en toda a terra afgá" e loaba os insurxentes polo "valente liderado na súa vitoria, que foi culminación da longa loita dos últimos 20 anos". Rusia Outro actor directamente involucrado na política rexional é Rusia. O enviado do Kremlin ao Afganistán, Zamir Kabulov, afirmou que a rápida vitoria talibán foi "inesperada", e que Rusia fora demasiado optimista sobre a capacidade das forzas afgás adestradas polos EUA e pola OTAN. Kabulov sinalou que o recoñecemento do Goberno talibán por parte de Moscova dependerá "do comportamento das novas autoridades". O embaixador de Rusia no Afganistán, Dmitry Zhirnov, reunirase hoxe con representantes dos talibán. China As análises internacionais dedican moitas liñas a valorar quen é o gran vencedor dos últimos acontecementos no taboleiro xeopolítico. Se EUA, a priori, é o gran derrotado, a maioría coincide en apuntar a China como o maior beneficiado do regreso talibán. Ahmed Rashid, autor de Taliban (2000), libro de referencia para entender a diversidade étnica afgá e as relacións internas e co Paquistán, sostén que Beijing será quen consiga os contratos para explotar os recursos naturais e minerais, dado que é o único que ten capacidade para facelo. Razón, argumenta Rashid, para que a China dese un paso atrás nas conversas de paz de Doha. Ademais, dentro da liña chinesa de non se inmiscir nos problemas internos doutros países ─e que ninguén o faga nos seus─, conseguiu o compromiso talibán de que o Afganistán non servirá de refuxio para os independentistas uighur, a minoría musulmá maioritaria na provincia baixo soberanía chinesa de Xinjiang, fronteira co Afganistán. Neste sentido, outras análises consideran que a China se favoreceu da estabilidade que a presenza do Exército dos EUA ─malia a proximidade ás súas fronteiras─ trouxo a esa rexión a respecto do extremismo islamista. Un portavoz do Goberno chinés declaraba que están listos para afondar nas relacións "de amizade e cooperativas" co Afganistán. "Os talibán expresaron en reiteradas ocasións o seu desexo de desenvolver boas relacións coa China, e que agardan a participación da China na reconstrución e desenvolvemento do Afganistán", declarou a portavoz Hua Chunying, pedindo aos talibán que cumpran coa súa promesa de negociar o estabelecemento dun "Goberno islámico aberto e inclusivo". |
NOS_44559 | Calquera de nós coñece hoxe a palabra velutina en referencia a ese insecto tamén chamado vespa asiática e iso malia a non aparecer nos dicionarios académicos, nin con este valor nin con outro. | Con todo, na prensa a palabra velutina é usada, na moda e na cosmética, desde o século XIX. A Gaceta de Galicia, en novembro de 1889, ao falar da moda presenta unha "falda fourreas en velutina verde botella" facendo referencia á composición do tecido, semellante ao veludo. Con este significado a palabra procede do francés veloutine. En xaneiro de 1894 El Regional de Lugo inclúe a velutina entre as teas adecuadas para confeccionar, no período de loito, a roupa da viúva: nos primeiros catro meses deberá levar vestido liso ou redondo de velutina, cachemira ou pano de Alep pasando a vestido de seda negra nos seis meses seguintes. E como debe ser o traxe de medio loito para señoritas? Pois han de levar vestido de pano amazona negro, chaqueta xastre, sombreiro de feltro e moita velutina. Mais hai aínda un outro valor para esta palabra. Aparece en Noticiero de Vigo de abril de 1905 que publica o folletín El testamento rojo, de Montepin. Aquí aparece unha muller que se encontra "correcta" para saír á rúa logo de pasar unha lixeira nube de velutina pola súa face até conseguir unhas meixelas rosadas. Darse velutina chegou a ser unha expresión popular para indicar que algo de falso había nunha aparencia determinada. Son as outras velutinas. |
PRAZA_17146 | Trátase do Atlantic Fest, Festival de la Luz, Revenidas, Ribeira Sacra, Sinsal, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival, que suman 300.000 espectadores cada verán. Destacan que xeran centos de postos de traballo, invisten máis de tres millóns de euros no país e son un factor esencial de visibilización dos concellos onde se celebran | Atlantic Fest, Festival de la Luz, Revenidas, Ribeira Sacra, Sinsal, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival veñen de conformar a Asociación Festivais de Galicia. Os oito suman preto de 300.000 espectadores e espectadoras cada verán e, como destacaron este luns en rolda de prensa, xeran centos de postos de traballo, invisten máis de tres millóns de euros no país e son "un factor esencial de visibilización dos concellos onde se celebran". Na presentación na nova entidade, respresentantes das oito citas destacaron que o obxectivo é fortalecer o sector dos festivais musicais en Galicia, subliñando que "non se consideran competencia", senón que "compartendo coñecementos e baixo un esforzo coordinado facilitarán a creación e consolidación de novos públicos no territorio" así como á "construción dun modelo produtivo que beneficie estratexicamente a todas as partes implicadas: público, institucións, territorio e organizadores". Suman 300.000 espectadores e espectadoras cada verán, xeran centos de postos de traballo, invisten máis de tres millóns de euros no país e son "un factor esencial de visibilización dos concellos onde se celebran" Na rolda salientaron igualmente o obxectivo de organizar festivais "únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente". Neste senso, Xabier Alonso -coordinador do proxecto- indicou entre as súas metas "a visibilización e posta en valor dun sector profesional que xera emprego e retorno económico, social e medioambiental para o territorio e para outros sectores". Tamén a regulación de boas prácticas que favorezan a competencia sana, como é o caso da avaliación do impacto sobre o territorio. "O reto é construír un modelo de festival en calidade, profesionalización e seguridade", indicou Jordi Lauren, do festival SonRías Baixas. Os promotores da asociación resaltan que para acadar estas metas contan con profesionais que están "entre os máis cualificados de Galicia e España" para proporcionar ao públicos "experiencias únicas, cheas de música, actividades e vivencias que só é posible vivir en Galicia". Carlos Montilla, director do festival Ribeira Sacra, destacou que este esforzo enmárcase nunha "carreira a medio prazo". Os 8 festivais: Ribeira Sacra Sinsal SonRías Baixas Revenidas WOS Vive Nigrán Atlantic Fest Festival de la Luz |
NOS_25841 | A preocupación aumenta nas localidades costeiras | Mentres os partidos do Goberno español se esforzan en presentar esta medida excepcional como o único mecanismo legal para evitar a mobilidade entre territorios e o contaxio entre poboacións con diversos niveis de exposición ao coronavirus, aquelas localidades da Galiza litoral, cun importante peso en segundas residencias, non deixan de recibir persoas de fóra do país. Así as cousas, en moitas vilas a situación xa se parece á da tempada estival. Nas últimas semanas, diversas voces denunciaron esta situación. A un tempo, veciñanza e alcaldes de distinto signo político demandaron medidas para evitar posíbeis contaxios pola chegada de persoas procedentes doutros puntos do Estado e reclamaron alternativas ás diversas Administracións sen que estas actuasen. Neste contexto, o delegado do Goberno estatal, Javier Losada, vén de pór de manifesto que "non se detectou que viñese xente de fóra á Galiza, nin hai nada que leve a pensar que se estea rexistrando unha mobilidade irregular entre provincias". O socialista restou credibilidade ás queixas, nalgúns casos formuladas por rexedores do seu propio partido, como o máximo mandatario do Grove, José Cacabelos. Ademais, o responsábel gobernamental obviou certas incidencias rexistradas polas forzas de seguridade do Estado que remataron con expedientes de sanción. A versión de Javier Losada é desmentida por múltiples informacións achegadas desde diversos puntos do país. Veciñanza de Muros denunciou a presenza, na parroquia de Tal, de Lidia Bedman, dona do dirixente de Vox, Santiago Abascal, ocorrendo outro tanto ao longo de toda a xeografía galega. O fenómeno vese favorecido polas particularidades do turismo na Galiza, onde ocupa un lugar de relevo o residencial, ligado á propiedade dunha segunda morada. Esta modalidade de vacacións aumentou dun modo considerábel a partir do primeiro quinquenio do século, asociado á burbulla inmobiliaria e a unha actividade construtiva orientada a un mercado alleo ao galego. A chegada de turistas, no Congreso A problemática colouse no Congreso, durante a sesión plenaria do debate sobre a prórroga do estado de alarma. Respondendo a unha intervención do deputado do BNG, Néstor Rego, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, afirmou: "Vereino, falarei co ministro de Interior para ver se está ocorrendo ou non. Vou informarme exactamente deses fluxos de mobilidade". A posición expresada por Sánchez na súa contestación a Rego, malia non implicar ningún compromiso concreto na perspectiva de resolver a situación, foi duramente criticada na prensa española, ao entender que estaba contribuíndo a criminalizar a cidadanía de Madrid. A este discurso apuntáronse desde xornalistas de El País, como Anabel Díaz, até profesionais de EsRadio, como Luís Herrero. As autoridade galegas e españolas seguen sen anunciar ningún tipo de medida para controlar o acceso do turismo á Galiza unha vez rematado o estado de alarma, mesmo sendo conscientes dos riscos para a saúde da poboación galega. O informe elaborado pola Consellaría de Sanidade para avalar a convocatoria electoral -documento asinado polo director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, e polo subdirector xeral de información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada- sinalaba que "un factor que pode alterar a situación de control da infección na comunidade é a entrada múltiple de persoas procedentes doutros territorios cun nivel de infección superior, que poden iniciar cadeas que pasen desapercibidas nun inicio". A actitude de Alberto Núñez Feixoo non contribúe á normalidade, pois fixo pública a súa intención de permitir o acceso ao país a turistas de territorios cun estado epidemiolóxico semellante ao da poboación galega. De feito, convidou a visitar masivamente Galiza no verán e negouse a fechar o territorio, argumentando que non ten competencias. As dúbidas resultan evidentes, máxime tras a súa actuación ao comezo da pandemia, onde deu a benvida á cidadanía madrileña chegada ao país. |
NOS_39835 | Os goles de Gayá (pp), o coruñés Lucas e Toché derrubaron ao conxunto levantino (3-0) no que foi o mellor partido da tempada dos branquiazuis. Ultras valencianistas resultaron feridos antes do partido. | Outro Dépor, radicalmente distinto ao visto na práctica totalidade do que vai de campaña, esnaquizou en Riazor (3-0) a un Valencia que viña en grande forma pero que defraudou nun partido de rivalidade que pode significar un antes e un despois para os branquiazuis, que mudaron por completo de actitude e cun once con numerosos cambios foron sempre moi superiores ao seu adversario e conectaron por primeira vez cun estadio entregado. O adestrador acertou e destacaron algúns dos que entraron no once, como o caso de Wilk ou de Lucas Acertou por fin Víctor Fernández, que sacou ao equipo do pozo cunha aliñación na que as variacións comezaban xa desde a portería -moi seguro Fabricio- e pasaban pola defensa (volvía Insua), o centro do campo (entraba un portentoso Wilk) ou en punta, coa estrea do coruñés Lucas Pérez, moi activo e ovacionado pola bancada. Funcionou todo, xogadores como Fariña por fin ofreceron a imaxe que deles se espera. Até Juan Carlos -teoricamente descartado- tivo minutos ao final, ao igual que o moi acertado Toché. Pero foi na entrega onde o Dépor -ao contrario do visto en moitos partidos anteriores- marcou diferencias. Loitou cada balón, non dubidou nunca, rachou coa indolencia amosada, por exemplo, en Sevilla. E goleou. Primeiro con tanto en propia meta de Gayá logo dun córner, despois coas magníficas xogadas de Lucas e Toché. Así regresou a esperanza a Riazor. Por outra parte, antes do encontro, na zona de San Roque -preto do estadio- tres ultras do Valencia -do grupo Yomus, de carácter neo-nazi- resultaron feridos ao ser atacados por seareiros coruñeses, o que motivou a intervención dos antidisturbios, que se saldou sen detencións |
NOS_18725 | As redes sociais comezan a facerse eco dunha das grandes incoherencias que chaman a atención nas medidas adoptadas polo Goberno español: a imposibilidade de pasear coa túa filla ou fillo e poder facelo co teu can. | "Comprendo saír con cans, pero e os nen@s? Non son tanto coma os cans? Isto si merece unha explicación argumentada", escribía o día 18 de marzo na súa conta de twitter o profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto. O Goberno español declaraba días antes o estado de alarma pola emerxencia sanitaria do coronavirus e deixaba pechadas nas súas casas a milleiros de nenas e nenos sen posibilidade de saír ao exterior. Posteriormente, nunha segunda normativa, rectificaba, en parte e de maneira cativa, esta prohibición aclarando que "durante a vixencia do estado de alarma as persoas só poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada". Abría a porta a que as nenas e nenos puideran saír para acompañar a nais ou pais que tiveran que ir á compra ou a outra actividade considerada "esencial". Medidas en Europa Noutros estados europeos as medidas tomadas nos confinamentos non coincidiron coa aprobada polo Goberno español. En Bélxica as autoridades acordaron permitir a actividade física ao aire libre como saír a correr ou montar en bicicleta, coa posibilidade de ir acompañadas por outras persoas coas que convivan no mesmo domicilio, incluídas nenas e nenos. En Francia aconteceu algo semellante aínda que nos últimos días o Goberno endureceu a norma e agora só permite "saír a pasear ás nenas e nenos ou facer deporte coa limitación de, como máximo, un quilómetro do domicilio habitual, unha hora como máximo e unha vez ao día". Un caso singular é Noruega, onde o Goberno realizou unha rolda de prensa especial para nenas e nenos para explicar a situación e ás súas preguntas. Petición en Change.org A filósofa e pedagoga Heike Freire abriu o pasado 16 de marzo unha petición na plataforma Change.org que xa acadou máis de 17.000 sinaturas. Nela que denuncia que as medidas contra o coronavirus que adoptou o Goberno español "ignoraron a infancia por completo". Afirma que "aínda que son cidadáns de pleno dereito, as nosas nenas e nenos non só están confinadas nas súas casas, senón que as súas necesidades e dereitos desapareceron do debate público en torno a esta crise". Lembra que "polas súas características especiais, polo feito que están en período de crecemento, as nenas e nenos forman parte das persoas máis vulnerábeis que necesitan especial atención". Por este motivo demanda "que se recoñeza ás nenas e aos nenos como cidadáns de pleno dereito" e que "se preste especial atención ás súas necesidades vitais na xestión do confinamento, e que se estudien as posibilidades de ofrecerlles a todas e todos, calquera que sexa a súa procedencia social e o seu lugar de residencia, a posibilidade de estar ao aire libre, recibir a luz do sol, moverse e xogar, de maneira ordenada e sen poñer en perigo a saúde pública". Na petición explica o respecto a eses dereitos que tiveron países como Francia, Bélxica, Holanda ou Alemaña. Da proposta de Heike Freire resultaron unha serie de achegas con ideas para mellorar a actual restrición. Entre as máis directas estaría a posibilidade de que nenas e nenos saíran do domicilio acompañadas dunha persoa adulta por zonas concretas, tendo prioridade aquelas que vivan en vivendas de espazo reducido ou mesmo dedicar unhas horas do día para este tipo de actividade. Estas medidas presentáronse ás autoridades e aínda non obtiveron resposta. |
NOS_24001 | O 28 de xuño conmemórase en todo o mundo o Día do Orgullo LGBTIQ+, unha data que reivindica o dereito de todas as persoas á súa propia identidade e a amar libremente. Lonxe do que poidamos pensar, e aínda que se lograron certos avances, persiste a discriminación e a exclusión por orientación sexual e identidade de xénero. Analizamos nesta reportaxe algúns libros galegos que reflexionan sobre estes temas, desde os diversos xéneros literarios. Porque a literatura é unha arma ateigada de futuro. | Xamais habitaremos unha sociedade xusta e igualitaria se non somos conscientes da invisibilidade e o ostracismo ao que son condenadas aínda a día de hoxe moitas persoas. En pleno século XXI, a sociedade segue a cuestionar os dereitos humanos, e ante iso, temos a obriga de reivindicar a igualdade e a xustiza. O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall no Greenwich Village de Nova York en 1969, acontecemento que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual, e que se celebra internacionalmente como o Día do Orgullo LGBTIQ+. Esta conmemoración naceu da rebelión cidadá contra a inxustiza, a discriminación, e a constante persecución social e policial, e deu orixe a un movemento polos dereitos sexuais en todo o mundo. E cada ano, seguimos descubrindo que o camiño é longo, e que as ameazas de retroceder supoñen unha espada de Damocles difícil de derrubar. Ante a barbarie, os libros eríxense como unha luz, pois ofrecen a posibilidade de ollar outras realidades, de visibilizar situacións e personaxes que desde sempre viñeron existindo pero que nas manifestacións artísticas ficaban moitas veces ausentes. Os últimos anos, tamén parello a estas ameazas dos sectores da dereita e da ultradereita, as editoras están na retagarda lanzando aos andeis das librarías ensaios, novelas, poemarios, e literatura infantil e xuvenil que sementan esperanza en forma de diversidade. A nosa literatura non é allea a este proceso, e por iso recompilamos nesta reportaxe unha pequena mostra de obras que viron a luz nos últimos anos, cun afán de ofrecer referentes e de contar algunhas cousas case por primeira vez en forma de palabras. Desde o ensaio, para coñecer de que falamos O mellor que podemos facer sempre que queiramos coñecer máis sobre un tema é acudir ao ensaio, e precisamente a editorial Xerais vén de tirar do prelo A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Neste libro, Daniela Ferrández Pérez, valenciana de nacemento e galega de adopción, recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. Tal e como conta a historiadora na introdución, "hai cen anos, recoñecer e aceptar a existencia da diversidade sexual e de xénero abría unha gran fenda no discurso obrigatorio, polo que as disidentes foron perseguidas e apartadas, relegadas ás marxes, apresadas durante décadas". E iso foi así até que, como conta, "os disidentes sexuais comezaron a conectarse entre si, a formar comunidade, e máis tarde, colectivo". E por iso, este libro é unha viaxe, por veces dura pero moi necesaria, para ter consciencia da historia, na que se explican as varias etapas polas que atravesaron as persoas disidentes desde o 1875. Así, a autora comeza examinando unha primeira etapa, até o 1936, na que fala dos invertidos na Galiza de hai un século, e aí reserva un papel para o Entroido, a manifestación cultural na que comezaron a deixarse ver as persoas que non se identificaban co xénero de nacemento. Xa na segunda etapa, entre os anos 1936 e 1977, aparece a pantasma do franquismo, que converte a loita nun "camiño de pedras para a disidencia sexual", e cando se endurecen as penas carcerarias e as multas para as persoas que se afastaban dos ideais do réxime e que defendían a súa liberdade sexual e persoal. Tras eses anos escuros, a partir do 1977 aparecen os primeiros colectivos que xeran comunidade e ofrecen refuxios seguros. A memoria LGTBIQA+ entra nos museos de Lugo O libro céntrase en falar dalgúns deles, como a Fronte de Liberación Homosexual Galega, a Coordinadora de Colectivos Gai de Galiza, ou as travestis de Vigo. A autora aproveita os capítulos finais do libro para achegarnos de forma individual o que foi o movemento lésbico na década dos oitenta, e tamén de que forma se defenderon as persoas trans nun mundo que non ía tan rápido. O libro eríxese, pois, coma un imprescindíbel para quen queira achegarse ao que foi a realidade das disidentes sexuais no país, unha tarefa sistematizada na que a autora empregou moitísima bibliografía escrita, prensa pero tamén testemuños orais, como os de Laura Bugalho, Trinidad Falcés, Sesé Canitrot e Soledad Reaño, Nanina Santos, Pablo Andrade, Aurora X e Braulio Vilariño. Outro dos libros de cabeceira para coñecer máis do que é a historia e o que se está facendo desde o movemento LGBTIQ+ é Nxs, xs inadaptadxs. Representaçoes, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza, unha obra colectiva que publicou no 2020 Através Editora despois dun proceso de micro mecenado no que acadou os apoios necesarios. Como ben salienta Daniel Amarelo no limiar desta edición, "o sentido é o de mapear a diversidade sexual e genérica galega, nas suas diferentes materializaçoes e teorizaçoes. Nesta paragem commun, recebemos ativistas, escritorxs, académicxs, médicxs, jornalistas, artistas, professorxs, etc, e empreendemos uma viagem pola cartografia do corpo andrógino em que habitamos". Despois desta introdución, topamos cun artigo de María Xesús Nogueira, no que se nos fala da representación das identidades sexuais non normativas na literatura galega contemporánea, no que se constata o nacemento de propostas que tratan a diversidade nos últimos tempos, pero cunha crítica que aínda anda un pouco perdida nalgúns momentos. Seguimos cunha reflexión de Xosé M. Buxán Bran sobre a teoría queer e a súa manifestación na arte galega contemporánea, na que se destacan mestrxs que experimentan neste terreo e obras artísticas que reflicten a diversidade. E xa a continuación, leremos outras propostas, todas elas ben interesantes e frutíferas, sobre a dramaturxia queer e o movemento contestatario estético, da man de Afonso Becerra, os travestismos nos espazos escénicos, por Gena Baamonde, o tratamento informativo das identidades LGBTIQ+, por Candela Barro, a identidade e a orientación de xénero desde o mundo de vista científico, por Iria Veiga, a visibilidade lésbica e a docencia queer, por Ana Ojea, a importancia da comunidade nas experiencias trans, por Xácia Ceive, o cruising na Galiza, por Danny Barreto, a historia detrás da revista O aturujo galego, por Antón Lopo etc. Alén destes estudos, tamén atopamos dez relatos diversos escritos por Carlos Callón e unha breve referencia ao traballo que levan a cabo colectivos e asociacións coma Arelas, Nós Mesmas ou Coletivo Agrocuir da Ulhoa. Neste libro, que se pode ler coma unha guía infinita coa que aprender e concienciarse, destaca moito a coidada edición, con imaxes e ilustracións que acompañan os textos e axudan a visibilizar todo o que se fai na Galiza no campo da diversidade afectivo–sexual. Amais diso, todos os textos están escritos en galego reintegrado, o que axuda a buscar esa linguaxe propia coa que as persoas LGBTIQ reivindican para expresarse e escribírense a si mesmas. A transmatria e os campos de plumas, a poesía que loita "Nunca deberas esquecer esa memoria / crer que as vitorias se constrúen elas soas / pensar que as conquistas xa ficaron. / Vai sendo hora de lembrarmos os elos da liñaxe, / os triángulos malditos. / As bágoas malditas por amar". Daniel Asorey é un dos poetas actuais que máis reivindica nos seus libros o dereito á identidade das persoas e a non ficar calades. No 2019 publicou Transmatria (Xerais), un poemario co que gañou o XXI Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu, e que foi escrito, como el ten comentado, coa carraxe a flor de pel. Transmatria lembra o valor da sociedade desposuída e contén unha mensaxe ateigada de rebeldía, insubmisión, vitalidade e futuro, Este camiño seguiuno despois, en 2021, cando se publicou Contra natura (Deputación da Coruña), unha obra que lle mereceu o Premio Miguel González Garcés de Poesía en 2020. Os dous poemarios relaciónanse moi intimamente, de xeito que ben poderían ser un continuum, cuns versos nos que a loita e a reivindicación son as características principais. E desde a contemporaneidade facemos unha viaxe pola historia da man de Jesús Castro Yáñez, poeta da Pastoriza que se encargou de traducir e antologar Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe (Sushi Books, 2021). Buscando dialogar coas persoas máis novas, este libro recompila creacións de Safo, Catulo, Sor Juana Inés de la Cruz, Wu Tsao, Emily Dickinson, Walt Whitman, Konstantinos Kavafis, Federico García Lorca, Gloria Fuertes, María-Mercè Marçal, Mary Jean Chan, Pat Parker, Jane Jordan etc. En todas elas, a pesar da diferenza de épocas, está presente a reflexión arredor da identidade, polo que conseguen achegar moitos dos debates de hoxe ás novas xeracións. Castro Yáñez anímanos no limiar cunha forma do máis orixinal: "Non sei se viñas acompañando a alguén ou se acaso viches no horizonte unha festa e quixeches participar. Aproveita, xa que mollaches os pés. Quedou bo día para mergullarse". Crear referentes desde a LIX As persoas máis novas, mozas e cativas, son o presente e o futuro e por iso é importante que teñan dispoñíbeis historias que lles ofrezan referentes diversos, porque como se adoita dicir, o que non se nomea, non existe. Neste sentido, o ensino é a grande esperanza, e aí, xa existen mestras e mestres que traballan con libros que falan doutras formas de ser e de estar no mundo que antes non se tiñan en conta. Un destes libros é Identidade (Galaxia, 2021), unha historia persoal escrita en forma de teatro por Nee Barros Fernández (que nas redes se coñece como @neeumatiko) e que trata os complexos temas da liberdade, a necesidade de ser e, como ben di o propio título, a identidade. Baixo a forma do teatro, este texto breve aborda a transexualidade e faino dunha forma moi persoal e cunha linguaxe que chega ás novas xeracións. É, polo tanto, unha proposta pioneira, pois na literatura galega existen poucos textos que traten con certa valentía esta temática, e que o fagan desde o terreo da experiencia. Identidade defínese coma un libro de forte compoñente política, supón un posicionamento claro ante o mundo, e reclama unha loita para que as persoas sexan sempre escoitadas e tratadas desde a súa diversidade. Sobre o mundo da transexualidade tamén contamos con 22 segundos (Xerais, 2017), unha exitosa historia creada por Eva Mejuto, un relato no que se conta en primeira persoa sucesos da infancia e da adolescencia dun mozo transexual que, desde ben cativo, sabe que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Até que o seu avó lle di un día que "o que non se di é como se non existira", Álex só vivira de portas cara dentro, e decatouse de que "xa era hora de existir". Neste sentido, a autora pontevedresa constrúe unha historia coa que as persoas máis mozas empatizan debido ao emprego das redes sociais e da novas tecnoloxías. Eva Mejuto: "As entrevistadas resaltan que, malia os avances, a igualdade do colectivo LGTBIQA non é real" Eli Ríos escribiu en 2018 DX (Urco Editora), unha novela de ciencia ficción distópica, na que atopamos dous personaxes dos que non se identifica o seu xénero, unha característica buscada pola autora co obxectivo de facer reflexionar o lectorado arredor dos estereotipos. A través de Andre e Morgan, a autora vainos levando da man, con capítulos breves que incitan á acción, para presentarnos unha situación do máis alegórica sobre o mundo actual, no que a ciencia se pon sempre ao lado do diñeiro e poucas veces ten en conta as persoas e os seus desexos. A novela torna, pois, nunha deconstrución destes dous personaxes que deben axudarse nunha situación límite que se desenvolve no ano 2030 pero que ben podería ser no presente. Xa no terreo máis da literatura infantil, destacamos Monstro rosa (Apila Ediciones) unha proposta de Olga de Dios que mereceu, entre outros, o Golden Pinwheel Award 2013 e o Premio Apila 1ª impresión 2013. Nel cóntasenos o camiño que percorre o personaxe de "Monstro rosa", que non é aceptado pola sociedade por ser máis grande que os demais. Non pode entrar na súa casa nin xogar cos outros, pero aínda así tenta ser feliz. Até que un día chega a un lugar onde "si saía o Sol, ás veces chovía e tamén outras veces víase o arco da vella". O libro conta cunha forte compoñente visual, e como a mesma autora destaca "creei ilustracións dixitais coa frescura e soltura dos debuxos sobre papel. Tamén me interesaba simular as técnicas máis utilizadas pola infancia como é o rotulador ou as ceras sobre papel". |
NOS_33343 | Xunto a Victoria Besada e Begoña Pérez-Fernández, no Instituto Oceanográfico de Vigo (IOV), e Antonio Bode, no Instituto Oceanógrafico da Coruña (IOC), forma parte do equipo de investigadores que o vindeiro novembro publicará en Environmental Research os resultados do seu estudo sobre a persenza de contaminantes nos ovos de gaivota, que xa se poden consultar en liña. | En que consiste o estudo que vai publicar Environmental Research en novembro?É un traballo que fixemos para ver se os ovos de gaivota patiamarela, que é a máis habitual por aquí, nos servían como bioindicador de contaminación. Era unha forma de ver como están os contaminantes na zona e se eramos capaces de diferenciar as illas Cíes e Vigo analizando ovos dos dous lugares. O estudo indica que os ovos son válidos como bioindicadores e que sitios que están tan preto un de outro teñen diferenzas significativas na cantidade de contaminantes, probabelmente debido ao que están a comer unhas e outras gaivotas. Que tipo de contaminantes eran os que buscaban? Centrámonos en analizar os contaminantes que son máis habituais nos programas de control de contaminación, porque contaminantes hai milleiros, pero non se poden analizar todos e, entón, selecciónanse grupos que representan tipos de contaminación. Neste caso analizamos metais pesados, pesticidas e outros compostos clorados e tamén contaminantes bromados. Nos tres grandes grupos atopamos diferenzas estatisticamente significativas nas concentracións entre Vigo e As Cíes. De forma que, se estivésemos a facer isto a nivel global, seríamos capaces de diferenciar a contaminación dun lugar e do outro, simplemente analizando os ovos da gaivota. Isto é, dalgunha maneira, o máis importante. Houbo sorpresa cos resultados obtidos?A información de que a zona das Cíes está máis limpa que a zona do porto de Vigo xa a tiñamos, xa estabamos a traballar con mexillón de rocha, sedimentos... que son as matrices habituais para analizar a contaminación, así que xa sabiamos da diferenza. De aí tentamos comprobar que esta nova matriz tamén servía. Agora sabemos que, naqueles lugares nos que sexa máis complexo atopar mexillón ou outro tipo de matriz, os ovos de gaivota serven e funcionan ben. O equipo de Vigo centrouse na parte química e o compañeiro que nos axudou desde o Oceanográfico da Coruña, Antonio Bode, ocupouse de ver a cadea alimentaria: o nivel trófico do grupo de gaivotas de Vigo e das Cíes, se se estaban a alimentar doutro tipo de comida. Pero non houbo grandes diferenzas, que foi algo que nos chamou á atención, o nivel trófico dunhas e doutras é moi semellante, pero as de Vigo estaban máis centradas nun tipo de comida ou tiñan menos variedade de alimento que as das Cíes. Como afectan estes contaminantes á cadea trófica? É una situación que se pode reverter? Este tipo de contaminantes teñen, como parte do problema, que son moi persistentes no medio e, unha vez que chegan, van estar durante décadas causando problemas, porque nalgúns casos son tóxicos. Polo tanto, reversíbeis poden ser a longo prazo e sempre que deixemos de seguir botando este tipo de contaminantes no medio. En xeral, afectan a toda a cadea trófica, os metais pesados son os máis coñecidos pero, entre os pesticidas, nos clorados que analizamos hai algún tan coñecido como TDT e tamén hai outros tipos que, na maioría dos casos teñen prohibido, o uso desde hai anos, o problema é que son tan persistentes que aínda os seguimos a atopar. Os animais que están na parte alta da cadea trófica, como poden ser as aves mariñas, acaban por concentrar estes contaminantes porque comen peixes, que tamén están a comer plantas do fondo mariño... É dicir, a través da cadea trófica estes compoñentes contaminantes van bioacumulándose e biomagnificándose |
PRAZA_15294 | CC.OO. abriu unha conta corrente para apoiar as traballadoras da limpeza da Base Aérea de Albacete, en folga dende o 29 de setembro. Cada vez é mais habitual o regreso a estas prácticas para soster os movementos de reivindicación laboral. | Toñi non pode crer que, aos seus 60 anos, volvese ver como se fan indispensables as caixas de resistencia, "coma nos anos 70". Chámalle banco de alimentos ou unha conta corrente onde facer unha doazón, pero trátase do mesmo, dunha caixa na que todos meten un pouco para que poidan resistir os que están na loita. É o caso de Toñi, Antonia Ruíz Jiménez, e as súas 25 compañeiras que traballan de limpadoras na Base Aérea de Albacete e as 11 que o fan na Maestranza Aérea da mesma cidade. A empresa murciana Ecomed débelles 11 mensualidades e elas están en folga indefinida desde o 29 de setembro, tras esgotar as vías de negociación. Chámalle banco de alimentos ou unha conta corrente onde facer unha doazón, pero trátase do mesmo, dunha caixa na que todos meten un pouco para que poidan resistir os que están na loita Toñi é delegada sindical por Comisións Obreiras e representa as súas compañeiras cando sentan a tentar resolver un conflito no que está implicado non só Ecomed senón tamén o Ministerio de Defensa. "Somos terreo de ninguén, non se responsabiliza de nós nin a empresa de limpeza nin Defensa, e somos moitas familias pasándoo moi mal". Ao teléfono, a voz de Toñi soa resolta, viva, con forza pero tamén con emoción e, nalgún momento, crébase. Para as súas compañeiras, ela non é só a delegada. Polas tardes chámana por teléfono coa escusa de preguntarlle como van as cousas, se se sabe algo, pero necesítana tamén porque ela é a forte e escoita e dá ánimos e dilles que todo se arranxará. "Despois de 20 anos traballando en Defensa criamos que alí tiñamos a nosa casa" lembra Antonia, que durante estas dúas décadas pasou por múltiples subrogacións de diferentes contratas, cada dous anos unha diferente, ata que Ecomed se fixo co concurso a finais de 2009, e comezou o desastre. "Ecomed ten triturada toda Andalucía e Murcia. Nós sabemos que Defensa está a pagar relixiosamente os nosos salarios a Ecomed pero a empresa desviou o diñeiro a outra cousa porque interpretou que nós somos como o seu banco particular. Saber que eles cobraron, pero ti non... non o entendo". Neste non entender inclúese por que o Ministerio consente este traballar gratis de case 40 persoas limpando as súas instalacións, por que non pode pagarlles directamente, por que non adxudica o servizo a outra empresa solvente, por que non denuncia, por que non fai algo. Neste non entender inclúese por que o Ministerio consente este traballar gratis de case 40 persoas limpando as súas instalacións, por que non pode pagarlles directamente, por que non adxudica o servizo a outra empresa solvente, por que non denuncia, por que non fai algo "Hai traballadoras indignadas que pensan que Defensa podía facer máis. Eu aí xa non entendo. Pero posiblemente. Non vou entrar. Cando tivemos que ir atendéronnos ben". Toñi é comedida e rompe unha lanza polo coronel responsable de contratación, quen, cando comezaron os atrasos, collía o teléfono diante dela e chamaba á empresa para ver que pasaba e uns días despois cobraban, "pero chegou un momento no que xa non podían facer nada". Toñi leva tempo esperando unha reunión, que non chega nunca, con este responsable. "Eu son unha triste delegada que sei de limpeza pero cando chega a mesa de negociación estes van cos seus gabinetes xurídicos e eu co sindicato". Aqueles tempos pomposos Desde esa terra de ninguén, desde ese lugar frío e difícil que é a folga indefinida, desde as súas casas, desde a rúa, desde as súas contas bancarias rotas, a gratitude máis incondicional de Toñi é para o sindicato: "algunhas estabamos máis fortes de diñeiro pero outras non e ás que non empezámolas a axudar discretamente, sen que o resto se decatase, porque nisto hai quen o entende e quen non. Pero cando as que si podiamos axudar se nos empezou a facer costa arriba e xa tampouco podiamos afrontar nin iso, o sindicato axudounos e abriu unha conta solidaria". Remedios, Maribel, Gloria, Merce... Toñi nomea ás súas compañeiras de Actividades Diversas en Comisións Obreiras de Albacete. "É a única cousa -asegura Toñi- que nos queda aos traballadores cando non temos nin forza nin vontade. Se non fóra por eles, máis dun e dous dixeron que quitaban a vida, que xa non podían máis, e eles puxeron diñeiro do seu peto particular. Para nós é máis que un sindicato, é apoio, é bágoas, son persoas que estiveron ás once da noite animando unha persoa cando as súas palabras eran tan fortes como tirarse pola xanela ou non ter nada que perder". "Porque eu teño os meus fillos pero hai persoas separadas e persoas que non teñen recursos e non poden vivir sen eses 700 euros. Entón botan man de veciños e de amizades" Toñi vive co seu marido. Tiveron dous fillos, que xa se independizaron. Unha filla avogada e un fillo mecánico de tractores. Ambos teñen traballo. O seu marido cobra unha prestación por invalidez de 400 euros. O salario base de Antonia é de 600 euros que grazas a complementos como a antigüidade chega até os 780, en once mensualidades. Cando terminaron de pagar os estudos da súa filla, o matrimonio decidiu meterse nunha hipoteca. "Concedéronma cando estaba pomposa, pero o meu marido pasou de gañar 1.500 euros a 400 e agora a min non me pagan e teño que facer fronte a unha hipoteca de 550 euros e pagar a luz e o gas e a comida. Empezas tirando dos aforros e logo segues cos teus recordos e vendes o de ouro que tes e así vas tirando...". Antonia emociónase e advírteme que o que me conta non é só a súa historia, que fala tamén en nome das súas compañeiras e moitas delas están bastante peor que ela. "Porque eu teño os meus fillos pero hai persoas separadas e persoas que non teñen recursos e non poden vivir sen eses 700 euros. Entón botan man de veciños e de amizades". A casa de Toñi e do seu marido está a 13 graos porque non pon a calefacción para que non se dispare o recibo do gas, que non sabe se poderá pagar, e prefire reservar o pouco gasto que faga para cociñar "pero non un cocido que dura cinco horas, senón o que é ferver unha auga rápida para facer unha sopa". E aníñase no sofá cunha manta e a televisión apagada para gastar pouca luz. Para Toñi, isto que lle está pasando é "como un mazazo". En tres meses, moitas familias como a súa pasaron de estar acomodadas a estar necesitadas. "Foi como pechar os ollos e ao abrilos atoparte noutra posguerra, como 20 anos atrás". Ela lembra que o seu pai era capaz de traballar dúas horas máis ao día ao terminar a xornada para que os seus fillos puidesen calzar, que cargaba a súa bicicleta de leña en pleno verán para acumular para o inverno, mentres os demais rían, pero logo chegaba o inverno e os outros ían buscar madeira cando xa non quedaba nada. "Os meus pais eran os que me axudaban pero na xente da miña idade son os fillos os que están a axudar aos pais. Veñen os teus fillos a abrirche a neveira a ver se necesitas algo, ou lévanche enganada á barbería porque se non ti non vas, e iso féreche porque sempre os coidaches ti e estás afeita a iso". Non hai rescate para o desgraciado Por estas datas, o ano pasado, Toñi sairía á rúa pasear e ver os comercios, facer compras para Nadal. Agora non o fai e non quere saír. Non quere ver os escaparates cheos de cousas que non pode comprar Por estas datas, o ano pasado, Toñi sairía á rúa pasear e ver os comercios, facer compras para Nadal. Agora non o fai e non quere saír. Non quere ver os escaparates cheos de cousas que non pode comprar. "É o pan de cada día en múltiples casas de toda España, medorentos de que soe o teléfono por se é alguén que che reclama algo, ou que veña o carteiro cun certificado dunha falta de pagamento. Antes os bancos, cando ingresabamos nóminas, se viña un recibo e non había cartos eles asumían eses 20 ou 30 euros. Pero agora cando non hai diñeiro e pasan a luz ou o gas, cóbranme 16 ou 20 euros de intereses que teño que pagar eu, e a min quen me vai a devolver eses intereses?, esa é a xustiza que hai? Está a axudarse ao que máis ten, están a defender a quen están quedando co diñeiro, a eles si se lles rescata, e ao desgraciado de turno como eu, quitámoslle a casa". "Está a axudarse ao que máis ten, están a defender a quen están quedando co diñeiro, a eles si se lles rescata, e ao desgraciado de turno como eu, quitámoslle a casa" A Base Aérea de Los Llanos é un lugar moi grande, case unha vila, con cociñas e botiquín, que require, como calquera outro lugar, de limpeza. Toñi cre que, desde que están en folga, é a tropa quen limpa as instalacións. "Na base alardeábase do bo equipo de limpeza e agora somos como pecado, non se fala de nós. Se hai 1.200 persoas alí, pois non recibín ningunha chamada nin vin a ningún en manifestacións. E falo do persoal civil porque eu entendo que os soldados hai moitas cousas que non poden facer debido á disciplina militar pero os civís si, e hai dous días chamabámonos compañeiros e nós estivemos cando se manifestaron outros funcionarios", lembra Toñi con amargura. A elas chámanas "persoal non produtivo", pero se non hai limpeza non hai condicións para producir, replica Antonia, "necesarias si, pero produtivas non". |
PRAZA_4931 | A xuíza López Suevos dá o paso previo á apertura de xuízo oral contra sete dos trece edís do equipo de goberno compostelán por pretender pagarlle o avogado ao concelleiro Adrián Varela na súa defensa no caso Pokémon. | O concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, chegou ao goberno da capital de Galicia "descoñecendo completamente o funcionamento da Administración pública", segundo lle explicou á xuíza instrutora do caso Pokémon, Pilar de Lara. Uns meses máis tarde, coa caída en desgraza de Conde Roa, comezou a lamentar que o novo alcalde, Ángel Currás, "pase" dos demais edís do Goberno, agás "dous ou tres concelleiros. "Chega un punto no que ou sobrevives ou entras nunha espiral de suicidio", sinaloulle á maxistrada, ante a que tamén considerou que á fronte do gabinete do que forma parte está unha panda de "descerebrados". Na parte do sumario sobre a que xa non pesa o segredo pódese escoitar tamén como Varela lle dedica a outros edís cualificativos máis grosos como "frígida", "mal follada", ou "subnormal". Boa parte dese goberno ao que descualifica está agora a un paso do banco dos acusados a causa de tentar facilitarlle a Varela a súa defensa xudicial con cartos públicos. A denuncia dun particular asumida pola Fiscalía derivaba, no outono de 2010, na imputación de sete dos trece membros do Goberno que dirixe Ángel Currás. Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, María Castelao, Francisco Noya e Luis Bello participaron na sesión da Xunta de Goberno local que aprobou pagarlle o avogado a Varela para defenderse, precisamente, da súa imputación no caso Pokémon. Ese pagamento non se chegou a producir, toda vez que o proceso foi detido a causa da polémica que creou. Non obstante, a denuncia na que a voceira municipal, María Pardo, vía "unha intencionalidade política clara" si seguiu o seu curso. A Xunta de Goberno pretendía pagarlle ao edil a súa defensa no caso Pokémon A través dun auto publicado este luns a xuíza Ana López Suevos explica por que concorren "indicios de criminalidade" no xeito de proceder destes edís, ata o punto de deixalos no paso inmediatamente anterior á apertura de xuízo oral. A decisión de pagarlle o avogado a Varela, lembra, estivo apoiada nun informe da Asesoría Xurídica do Concello no que o secretario advertía de que cabía realizar ese gasto, peros se a imputación de Varela tiña a súa "orixe ou causa directa" nunha "actuación administrativa ou doutra índole realizada no cumprimento" do seu cargo e se "a devandita actuación non" fora realizada "con abuso, exceso, desviación de poder ou en converxencia con intereses particulares" ou que finalmente "se declare a inexistencia de responsabilidade criminal". "Todos" sabían que se trataba da Pokémon "Todos" os participantes naquela sesión da Xunta de Goberno local, di a xuíza, "coñecían que a causa penal á que fora chamado a declarar" Varela "era a coñecida como Pokémon, que investigaba unha suposta trama de corrupción". Algúns deles "coñecían incluso que o señor Varela estaba imputado por presuntos delitos de suborno, falsidade documental e prevaricación" e, polo tanto, "actos supostamente cometidos non no exercicio das súas funcións", senón realizados "con abuso, exceso, desviación de poder ou en converxencia con intereseses particulares propios ou do seu grupo político" que poden bater cos "intereses propios da Corporación local", polos que lle corresponde "velar" ao goberno local. A xuíza cre que non houbo "ningunha prevención acerca do importe dos gastos" e cre que os "intereses" de Varela se puxeron por riba dos do Concello A maxistrada aínda ve máis motivos para seguir adiante. "A asunción de gastos" non estaba condicionada "á absolución de Adrián Varela" e aínda por riba, foi o propio Varela "quen libremente designou o avogado a quen atribuía a súa defensa" e non o Concello. Nesta liña, "o acordo adoptouse sen aprobar partida orzaemntaria concreta" e sen "introducir ningún límite cuantitativo, o que unido a que se permitiu a don Adrián designar libremente o seu avogado, supuxo que non se adoptase ningunha prevención acerca do importe dos gastos", sen a"asegurarse" de que estes non ían ser "excesivos para o erario público municipal". Así as cousas, López Suevos diríxese á Fiscalía, órgano que xa observou un posible delito no xeito de proceder dos edís, para que en dez días formule un escrito de acusación e solicite apertura de xuízo oral ou ben recomende arquivar a causa. Se o procedemento continúa como ata agora, a metade máis un dos membros do Goberno local compostelán sentarán no banco dos acusados. Mentres, o propio alcalde permanece imputado pola propia operación Pokémon. |
NOS_53274 | A organización nacionalista recolle a proposta da CIG para recuperar de forma inmediata a normativa anterior ás reformas de PSOE e PP. | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, mantiveron unha reunión de traballo nesta terza feira e avanzaron unha iniciativa no Congreso para que o Goberno do Estado derrogue "de maneira inmediatas" as reformas laborais dos anos 2010, 2011 e 2012. Ambas as dúas organizacións inciden nas "consecuencias negativas" para os traballadores e traballadoras da aplicación da actual normativa neste contexto de crise e por iso defenden que, "en tanto no sexa aprobada unha nova lexislación que permita avanzar en dereitos", sexa recuperada a normativa anterior ao ano 2010. "As últimas reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP afondaron na liña neoliberal de individualización e desregulación das relacións laborais. O obxectivo destas reformas foi restar dereitos ao traballadores e traballadoras e derivou en aumento da pobreza e da precariedade laboral" sinala Néstor Rego. O deputado do BNG enfatiza a necesidade de "actuar de maneira inmediata para frear esta situación que estamos a vivir por decisións unilaterais da Patronal e sen control ningún por parte das Administracións Públicas". Rego avanzou que a formación nacionalista trasladará ao Congreso a proposta da Confederación Intersindical Galega, por medio dunha Proposición Non de Lei, para a derrogación inmediata de todas as reformas laborais. Pola súa parte, o Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, agradeceu ao BNG a disposición a trasladar ao Congreso esta proposta da central nacionalista, que considera urxente na medida en que "na actual crise derivada da pandemia a vixencia e aplicación desta regresiva lexislación constitúe unha auténtica ameaza para o mantemento do emprego e dunha mínimas condicións salariais e laborais dignas. "O diálogo social tense convertido no enterrador dos dereitos laborais e de calquera expectativa de que significase unha dignificación do posto de traballo. Ese mesmo diálogo social do que tanto se fala na actualidade está a contribuír a un empeoramento das condicións de traballo e a reducir o salario da clase traballadora" destaca Paulo Carril. "As actuacións políticas están sendo moi lentas e, pola contra, a patronal está sendo moi rápida coa aplicación de ERE e ERTE", aponta o Secretario Xeral da CIG mentres insiste na necesidade de derrogar as Reformas Laborais que contribuíron ao empobrecemento xeral das maiorías sociais. |
PRAZA_13741 | O festival Revenidas volve encher de música a ría de Arousa os vindeiros días 20 e 21, combinando de novo gastronomía e música e, desta volta, cun ollo posto no Sáhara | Que son As Revenidas? Estritamente, sardiñas salgadas e asadas nunha grella. Así son coñecidas en boa parte do entorno da ría de Arousa e moi especialmente en Vilaxoán, unha pequena vila pertencente ao Concello de Vilagarcía onde uns dos froitos máis prezados do mar da comarca adquire unha dimensión que transcende o gastronómico dende que a asociación Repichoca decidiu ensanchar as lindes da estrita festa gastronómica. O vindeiro sábado 21 as grellas arderán no campo da festa a poucos metros da estatua que homenaxea a Pantera Rodríguez, o finado boxeador que rematou presentando o Luar, pero dende vinte e catro horas antes Vilaxoán será xa unha festa ou, mellor dito, un festival: o Revenidas 2012, que na súa novena edición amplía o seu carácter e ademáis de trouleiro e gastronómico é tamén solidario. A unha das poucas citas festivaleiras do verán que mantén o tipo en calidade e cantidade de artistas malia á fonda crise engádese este ano unha ollada ao Sáhara que se concretará nunha jaima instalada no recinto do festival. Nese espazo recadaranse fondos para o proxecto Bubisher, que tenta instalar unha biblioteca permanente nos campamentos de refuxiados tras levar anos traballando na zona cunha biblioteca ambulante. Pero baixo a carpa non só se recadarán cartos. Tamén haberá música e teatro para nenos e maiores e poderanse achegar libros para os máis pequenos do Sáhara. Todo parte de varios dos integrantes de Repichoca, que dende hai cinco anos acollen na cada verán na súa casa a Abdel, un rapaz saharauí que xa non volverá a Galicia a través do programa Vacacións en Paz porque vén de cumprir 12 anos. A Abdel gustaríalle volver para estudar a ESO pero mentres, explican os seus acolledores, "disfruta de cada momento en Arousa". Pero, ademais da parte solidaria, Revenidas é tamén unha fiestra á ría arousá cunha excelente banda sonora. Por unha entrada de 10 -abono en venda anticipada- ou 15 euros é posible gozar da acampada ao pé da praia, dotada con servizos como baños, duchas de auga quente ou limpeza. Coas necesidades básicas cubertas e as sardiñas no bandullo a música correrá a cargo de máis de quince grupos entre os que se atopan galegos como Os Cempés, Guezos ou O Sonoro Maxín, xamaicanos como The Skatalities, vascos como Esne Beltza ou franceses como The Booze. Iso será pola noite, porque durante todo a xornada do sábado, ademais da parte gastronómica quen se achegue a Vilaxoán terá á súa disposición actividades de balde como teatro, clown, percusión ou charangas. Dende a asociación organizadora un dos seus membros, Xoán Quintáns, sinala que "este tipo de festivais custa moito esforzo e cartos", concretamente, "máis de 50.000 euros" e por iso "precisamos o apoio de todos e todas, entidades públicas, privadas e público". Nesta liña, o alcalde vilagarcián, Tomás Fole, amósse convencido de que "os festivais que sobrevivirán a esta profunda crise serán os que se apoien" nesas "catro patas". "Revenidas está de sorte", abonda Chito Barreiro, tamén membro de Repichoca, xa que "cumpre con todos os requisitos". Dito isto, a Revenidas só lle faltaría unha cousa que semella ben difícil de atopar: unha escusa para non ir. Web do festival |
PRAZA_5711 | O PP gaña nas sete cidades, pero con perdas moi importantes con respecto a 2009, que tamén sofre o PSdeG-PSOE. Podemos rolda o dez por cento dos apoios nas urbes e supera o BNG en todas agás Pontevedra. AGE perde apoios con respecto ás autonómicas de 2012. En conxunto, as tres forzas roldan o trinta por cento. | Os datos das sete cidades galegas amosan unha fotografía moi semellante en todas elas. O PP gaña en todas, pero con porcentaxes de voto que non chegan ao trinta por cento, agás en Ourense. Superan os socialistas en todas elas, con diferenzas que van dos tres puntos de Vigo aos doce puntos de Compostela, e en conxunto estas dúas forzas pasan de sumar o oitenta por cento dos votos en case todas as cidades a ter menos do cincenta en todas elas. Para o PSdeG-PSOE, o alivio é a comparación cos desastrosos resultados obtidos nas urbes nas eleccións autonómicas, inferiores en todos os casos. O PP gaña en todas, pero con porcentaxes de voto que non chegan ao trinta por cento, agás en Ourense Os votos que perden PP de PsdeG-PSOE van para outras forzas, sobre todo cara á esquerda, e principalmente Podemos, que rolda o dez por cento dos apoios nas sete cidades (e os supera en Vigo, A Coruña e Ferrol). Os votos sumados de AGE, Podemos e BNG superan o trinta por cento dos votos en todas as urbes, agás Lugo e Ourense, onde roldan o 25%. Podemos supera o BNG en todas as cidades, agás Pontevedra, pero a súa irrupción semella detraer importantes apoios de AGE, que con respecto ás autonómicas de 2012, perde entre tres e oito puntos nas sete prazas. Os votos sumados de AGE, Podemos e BNG superan o trinta por cento dos votos en todas as urbes, agás Lugo e Ourense, onde roldan o 25% Na Coruña, o PP (26,78% dos votos), superou o PSdeG-PSOE (21,97%), pero ambos os dous partidos perderon 17 mil votos cada un, pasando de sumar o 83% dos votos a ter apenas o 47%. Pero se cadra a gran sorpresa foi o resultado de Podemos, que cun 12,33% se situou como terceira forza, por diante de AGE (12,09%) e BNG (5,97%). En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde trece puntos, o PsdeG-PSOE gaña dous, AGE perde oito e o BNG dous. En Ferrol, tamén gaña o PP (29,64%), por diante de PsdeG-PSOE (21,45%) e AGE (13,68%). Podemos sitúase como cuarta forza (11,41%) e o BNG é a quinta (5,96%). Ao igual que no resto do país, cómpre salientar a forte caída dos dous principais partidos, que obtiveran o 46% e o 39% hai cinco anos. En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde doce puntos, o PsdeG-PSOE gaña un, AGE perde sete e o BNG dous. Podemos supera o BNG en todas as cidades, agás Pontevedra, pero a súa irrupción semella detraer importantes apoios de AGE, que con respecto ás autonómicas de 2012, perde entre tres e oito puntos nas sete prazas En Santiago de Compostela o PP obtén o 29,14% dos votos, por diante de PsdeG-PSOE (17,87%) e AGE (15,59%). Podemos é tamén aquí a cuarta forza, cun 8,82%, por diante do BNG (8,26%). Entre as tres forzas superan o trinta por cento dos sufraxios, máis que os populares. En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde catorce puntos, o PsdeG-PSOE gaña un, AGE perde seis e o BNG mantense. En Vigo, moita igualdade nos resultados finais. O PP é a forza máis votada, cun 25,48%, tres puntos máis que o PsdeG-PSOE (22,65%), pero ambos os dous partidos perden 22 mil votos cada un. AGE, cun 13,45% dos apoios, Podemos (12,43%) e BNG (6,69%), superan en conxunto o trinta por cento dos sufraxios. En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde nove puntos, o PsdeG-PSOE perde dous, AGE perde seis e o BNG tres. En Pontevedra, PP (28%) e PsdeG-PSOE (21,06%), superan ao BNG, terceira forza, e que a diferenza doutras urbes, crece en porcentaxe de votacións (10,23% en 2009). AGE é a cuarta forza (10,49%) e Podemos a quinta (10,25%). En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde dez puntos, o PsdeG-PSOE gaña tres, o BNG perde oito e AGE tres. Para o PSdeG-PSOE, o alivio é a comparación cos desastrosos resultados obtidos nas urbes nas eleccións autonómicas, inferiores en todos os casos En Lugo, o PP obtén o 32,55% dos sufraxios, por un 23,36% do PsdeG-PSOE, perdendo seis mil e cinco mil votos cada un. AGE ten o 10,49%, Podemos o 9,45% e o BNG o 6,13%. En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde doce puntos, o PsdeG-PSOE gaña un, AGE perde cinco e o BNG un. En Ourense, o PP supera por pouco o trinta por cento dos votos (32,49%), pero sofre unha gran caída dende o 2009 (46,88%). O mesmo lle sucede ao PsdeG-PSOE, segunda forza, que pasa do 40,12% de hai cinco anos, ao 24,19% que obtén na actualidade. AGE (9,31%), Podemos (8,89%) e BNG (5,36%), suman máis de un de cada catro votos. En comparación coas eleccións autonómicas de hai dous anos, o PP perde seis puntos, o PsdeG-PSOE mantense, AGE perde tres puntos e o BNG dous. |
NOS_15458 | Unha plantación simbólica de ducias de árbores desta especiue na Praza da Ferrería denuncia a "eucaliptización" do noso país. | Un acto simbólico – unha plantación na Praza da Ferrería de ducias de eucaliptos- serviu na mañá deste sábado, 3 de xuño, para, por unha banda, abrir boca á manifestación da tarde contra Ence e Elnosa e, por outra, denunciar a eucaliptización de Galiza. Un acto que decorre mes e medio despois de que centos de persoas participasen nunha plantación simbólica semellante na Praza do Obradoiro de Compostela. A acción decorre no marco do día internacional do Medio Ambiente e está organizada por APDR, Adega, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices. Desde estas entidades tense alegado reiteradamente que o monocultivo do eucalipto, alén das súas secuelas meio-ambientais (perda de biodiversidade, maior risco de incendios, erosión dos montes), causa tamén unha "perda patrimonial" en espazos protexidos como castros, minas romanas ou xacementos arqueolóxicos. A Rede Cousas de Raíces demandou á Xunta que impida a "forestación de terras agrarias" e que emule o goberno portugués decretando unha moratoria para novas plantacións de eucaliptos, alén de reclamar que se prohíba a especie Eucaliptus Nitens, a máis numerosa na Galiza e tamén a máis daniña. Desde Adega e outros colectivos teñen denunciado que o eucalipto vai camiño de ocupar o medio millón de hectáreas na Galiza. Cobre case o 17% de todo o territorio galego. En Portugal, onde cobre o 9%, o goberno decretou unha moratoria nas plantacións desta especie até 2030. |
NOS_24541 | Nicolás Maduro chamou ao pobo a "manter a paz" e non "caer en provocacións", e deu por "derrotado o golpe de estado", mais, advertiu," van querer seguir a desestabilizar". Maduro apela a Capriles a que "non sexa irresponsábel" e que pida aos seus seguidores que deixen de saír á rúa "con violencia". Segundo a fiscal xeral, xa son sete as persoas asasinadas por grupos de opositores desde o domingo. Os EUA aínda non recoñecen a vitoria de Maduro. | A fiscal xeral de Venezuela, Luisa Ortega, informou nunha comparecencia pública que a vaga de violencia impulsada pola oposición deixou até o momento a cifra de sete persoas mortas e 61 feridas. Nas últimas horas houbo informacións varias e mesmo contraditorias sobre o número de falecidos, polo que a declaración da fiscal é o primeiro dato oficial a este respecto. Aliás, houbo ducias de sedes do PSUV e centros de saúde queimados e numerosas agresións ou intentos de agresións física a chavistas ou mesmo familiares de cargos e dirixentes chavistas. En Caracas cidade unha persoa morreu após recibir varios disparos dun grupo de antichavistas que abriron fogo contra simpatizantes de Nicolás Maduro que na zona de La Limonera celebraban a vitoria do candidato do PSUV. Mortos a tiros Aliás, un grupo de opositores sobre motos dispararon contra simpatizantes chavistas en El Valle, matando dúas persoas. Neste atentado resultaron feridos un cámara de Barrio TV e un traballador de Radio Alí Primera A Asemblea Nacional vai pedir que se investigue penalmente a Capriles para determinar as súas responsabilidades na vaga de violencia En Maracaibo, nas proximidades da sede do Consello Nacional Electoral (CNE), foi asasinado un rapaz de 24 anos, militante do PSUV e traballador de mantemento do Hospital Universitario. Segundo testemuñas presenciais, o mozo foi tiroteado por simpatizantes da oposición, que ían encarapuchados. Desestabilizar Nunha intervención televisada, Nicolás Maduro acusou Capriles de "ser responsábel dos mortos que hoxe estamos velando" e chamou á oposición a "reflexionar. Non sexan irresponsábeis, non poden saír á rúa con violencia". O presidente venezolano afirmou que "derrotamos o golpe de estado, mais eles (pola oposición) van querer desestabilizar". E, apuntou, "se queren vir por min, veñan, mais non vaian contra o pobo". Maduro acusa os caprilistas de querer atinxir o poder a toda costa, mesmo "pasando por riba da vontade popular" e instou os medios de comunicación a que "se posicionen, ou coa paz ou coa violencia", en referencia ao apoio das grandes cadeas privadas ás protestas impulsadas por Capriles. Unhas protestas, incidiu o gañador das eleccións do domingo, de cuxas tráxicas consecuencias (mortos e feridos) "hai responsábeis con nomes e apelidos", responsábeis que hai que procurar entre a dirixencia opositora. A Asemblea Nacional venezona pronunciouse tamén a favor de que se investigue penalmente a Capriles para depurar as súas eventuais responsabilidades na vaga de violencia. |
NOS_5046 | O candidato do BNG á presidencia da Xunta mantivo unha xuntanza con representantes das e dos traballadores do sector, tanto de estaleiros como auxiliares | Unha delegación do BNG, encabezada por Francisco Jorquera, reuniuse con representantes sindicais das distintas empresas do sector naval de Vigo, tanto dos estaleiros principais como das industrias auxiliares para presentarlles proposta a proposta do BNG a prol de crear unha Banca Pública Galega e tamén para ter un diálogo cos representantes dos traballadores do naval sobre os problemas do sector e as medidas a tomar. Jorquera manifestou que "ambas cuestións están estreitamente vencellada". Así, o candidato do BNG á presidencia da Xunta puxo de manifesto que "a crise que está a padecer o naval obedece a distintos factores, a suspensión do tax lease foi un deles pero non o único, pois outro deles é a falta de financiamento para construír barcos, que dificulta que poida haber contratacións". Neste sentido, subliñou que "ferramentas como a Banca Pública Galega que propón o BNG serían moi útiles para iniciar a recuperación dun sector que para a economía de Vigo e do conxunto de Galiza é vital". "A Banca Pública Galega sería moi útil para a economía de Galiza" Ademais, Jorquera defendeu "un cambio de estratexia por parte do Goberno, nun momento no que un dos factores que está provocando o estrangulamento da economía produtiva é precisamente a ausencia de crédito, e nun momento no que se están mobilizando inxentes cantidades de recursos públicos para sanear con cartos de todos a banca privada". Por iso, reclamou que "o lóxico sería nacionalizar esa banca, facela pública, e que Galiza se dote de instrumentos financeiros para impulsar a súa economía produtiva e evitar que o aforro dos galegos sexa expoliado para investilo noutras partes do Estado". "E iso sería útil para todos os sectores produtivos de Galiza", subliñou. "Unha sentenza absolutamente desproporcionada" Por último, Francisco Jorquera manifestou a "total solidariedade" do BNG con Antolín Alcántara e Ramón Sarmiento, os sindicalistas condenados a 9 e 6 meses de cárcere por defender os dereitos dos traballadores. Afirmou que "o BNG considera a sentenza xudicial absolutamente desproporcionada". |
NOS_24323 | O goberno envía un requerimento a Carles Puigdemont para que aclare se declarou ou non a independencia. Ese paso, o requerimento, é obrigado para a aplicación do 155 da Constitución española. | O goberno español enviará un requerimento ao presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, para que aclare se na sesión desta quinta feira no Parlament de Catalunya declarou ou non a independencia. O requerimento é un mecanismo obrigado para activar o artigo 155 da Constitución española mais non necesariamente implica dar este paso. Após o Consello de Ministros extraordinario da mañá desta cuarta feira, Mariano Rajoy compareceu ante a imprensa para anunciar o envío deste requerimento e evitar a "confusión xerada". O propio presidente do goberno admitiu na comparecencia que o requerimento é o paso previo para activar o artigo 155 da Constitución. Así pois, a carta de Puigdemont de deixar en suspenso a declaración de indepencia para abrir unha negociación ou diálogo bate coa ameaza pairando da aplicación do 155. Non hai ninguén en Madrid para recoller a luva de Barcelona. Un artigo, o 155, que está xa sobre a mesa do goberno español, tal e como lle demandaban desde hai semanas diferentes sectores políticos e sociais. Rajoy aposta por situar na resposta do president a responsabilidade de que se active o 155. Que di o 155? O artigo 155 ten unha redacción sinxela mais a aplicación xa non o é tanto. Inspirado no artigo 37 da Lei Fundamental de Bonn (constitución alemá) nunca, nestes 40 anos, se barallou a posibilidade de aplicar esta medida de carácter excepcional polo que nunca se desenvolveu nunha lei. A medida implica que o Estado toma o control político da comunidade. O texto prevé que o goberno español poida adoptar as "medidas necesarias" para "obrigar" a unha comunidade autónoma ao "cumprimento forzoso" das súas "obrigas" constitucionais ou derivadas doutras leis. Os supostos nos que se pode aplicar, que a comunidade incumprise a Constitución ou atentase gravemente contra o interse xeral. O artigo establece o procedemento. Primeiro, o goberno español debe enviar un requerimento ao presidente desa comunidade, neste caso, Catalunya. É o que aprobou facer o Consello de Ministros extraordinario desta cuarta feira. De facer este, Puigdemont, caso omiso, o executivo español debería presentar a súa proposta de medidas ao Senado, que é a Cámara á que lle corresponde aprobalas por maioría absoluta. O artigo 189 da Cámara alta regula o procedemento en relación ao 155 da constitución. O goberno debe de presentar unha proposición clara de cada unha das medidas concretas que pensa adoptar e cabe posibilidade de emendas. O 155 permite ao goberno español tomar o control de todo nesa autonomía? Ao non especificar ningunha medida, o 155 dá moita marxe ao executivo central, sempre que teña apoio do Senado. Pode desde destituír cargos, disolver o parlament ou tomar o control das finanzas da Generalitat, entre outras. |
NOS_52315 | Un cartel de luxo confluirá na capital galega a partir do 11 deste mes | O número 11, este ano, leva a Nova Orleans. A partir do 11 de novembro e até o 11 de decembro, o Outono Códax sobe ás táboas 11 propostas que inclúen jazz, swing, blues e soul, centrando a ollada na cidade de Luisiana. O cartel desta decimo primeira edición do festival de música negra de Compostela promete facer da cita un dos acontecementos musicais da tempada. Desde Nova Orleans chegan, en exclusiva para o festival, Aurora Nealand & The Royal Roses, unha banda liderada por unha das saxofonistas más destacadas da nova escena musical da cidade. O clarinetista e escritor Tom Sancton, que participará como convidado no concerto de Aurora Nealand e que participará na charla temática que terá lugar o 11 de decembro, tamén procede da cidade estadounidense. O Auditorio de Galiza será o escenario do concerto de apertura, un dos pratos fortes do evento: a cantante Judith Hill, unha das grandes voces do soul contemporáneo. Corista habitual de Stevie Wonder, Chacka Khan ou George Benson, Prince tomouna da súa man durante os dous últimos anos da súa vida converténdoa na súa corista principal e producíndolle o seu primeiro disco, Back in time. Hill chega ao Outono Códax, no marco da xira de presentación do seu último disco Baby, I'm Hollywood. Buscando as pontes que unen a esencia de Nova Orleans con Santiago de Compostela, a presenza galega vén presidida por The Carlos Childe Band (con estreitos vínculos coa cidade), que presenta o seu terceiro disco, Where Y'at (unha expresión local de Nova Orleans que se utiliza coloquialmente como saúdo). O guitarrista Víctor Aneiros (Ferrol, 1960), cunha longa traxectoria no blues e oito discos editados, xúntase agora coa que fose cantante da Big Bottom Band, Paula Martins, para crear Martins Aneiros Band. A banda tocará coa cantante de blues Izo FitzRoy, que chega ao Outono Códax para presentar o seu novo álbum How The Mighty Fall. Néstor Pardo chega ao Outono Códax 2021 para presentar o seu último proxecto persoal no que mestura a música africana, os espirituais e o gospel. E The Allnight Workers, reúnense nove anos despois da súa disolución para pechar o festival. No seu día foron definidos como un "supergrupo de rhythm and blues salvaxe aderezado con jump blues e swing". Pero cando estaban en plena fase de expansión grazas ao seu segundo disco decidiron disolverse. O festival presentará tamén actuacións do carismático bluesman Big Daddy Wilson -músico procedente de Carolina do Norte, aínda que estabelecido en Alemaña-, do combo madrileño Nola Brass Band -que presentarán a música de Jimi Hendrix adaptada para orquestra brass- e de Theo Lawrence, un músico, cantante e compositor franco-canadiense que representa a mestizaxe de culturas e sonoridades símbolo da cidade de Luisiana. A programación do Outono Códax 2021 completarase cunha charla temática en torno á escena musical de Nova Orleans na que intervirán expertos da talla de Aurora Nealand, Carlos Childe, Jacobo Rivero ou Tom Sancton, unhas xornadas gastronómicas de cociña cajún (a propia desa zona dos EEUU), a presentación de dous libros, cinco sesións pinchadas e tres catas de viño coa maridaxe de outono. Conexión directa entre a Galiza e Nova Orleans O guitarrista galego Carlos Childe comezou a tocar jazz tradicional de Nova Orleans tras visitar a cidade por vez primeira en 2015, convidado polo trompetista Will Smith (compoñente da Preservation Hall Jazz Band) e o percusionista Kerry Hunter, e namorarse do son dese estilo de música. Desde entón leva vivindo a cabalo entre Luisiana e Europa, tocando co seu proxecto en locais do French Quarter (o coñecido Barrio Francés de Nova Orleans) e colaborando con músicos da cidade. |
NOS_38889 | O Goberno galego anuncia que prepara un decreto mediante o cal a Xunta responderá en castelán as queixas e suxestións que se lle fagan nese idioma. É a derradeira dunha serie de medidas lexislativas que se iniciaron hai agora 300 anos. | No debate electoral da TVG Feijóo xa nos anticipou algo do que ía chegar ao se dirixir en español ás interpelacións da candidata de Ciudadanos, mais agora a idea parece tomar corpo legal. Durante os derradeiros 300 anos, ducias de normas, leis, decretos, circulares e outras cousas aseguraron a prevalencia, a superioridade, dos usos do castelán sobre o galego, ou, dito de outra maneira, protexeron os intereses dos falantes de español en detrimento dos dereitos lingüísticos das maiorías galego falantes. O recente anuncio do Goberno galego en funcións, en plena campaña electoral, de promover unha norma que regule os usos de galego e español nas relacións administrativas, unha piscadela aos votantes máis próximos ás teses de Galicia Bilingüe, pechará, polo de agora, unha cadea lexislativa iniciada hai 300 anos. Templanza e disimulo En 1716 culmina a publicación dos Decretos de Nueva Planta, unha serie de normas que levan á desaparición dos antigos reinos (salvo Navarra) e, como consecuencia, o sometemento de todos os súbditos a un único rexime xurídico, o de Castela e á aplicación de unha soa lingua administrativa en todo o "novo" reino: o castelán. Eran medidas impopulares que exixían templanza e disimulo para as impoñer: "Los corregidores pondrán el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin darán las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto deseado sin que se note el cuidado". "Y que de oy en adelante no se permita imprimir libro alguno en otro idioma que Castellano…" Antes, en agosto de 1715, o Consejo de Castilla pedía ao rei Filipe V: "Que se actue y los instrumentos se escrivan la lengua Castellana. Y que de oy en adelante no se permita imprimir libro alguno en otro idioma que Castellano…" "… y los procesos, así Civiles como Criminales se deveran formar en lengua Castellana y en papel sellado, como así mismo todos los demas instrumentos y escripturas que se ofrecieren hacer y otorgar en aquellas Islas…" "… así en lo civil como en lo criminal actuando en lengua Castellana, a reserva de aquellos pequeños lugares que por su miseria y cortedad, será justo se dispense en esta condición asta que la comunicación y trato frecuente haga menos difícil y costosa su introducción en ellos". Na segunda metade do século, cara a 1768, encontramos de novo, neste caso no artigo VII da Real Cédula de Aranjuez, unha norma imperativa canto ao uso das linguas no ensino, nos xulgados e na curia diocesana, asinada por Don Carlos, por la gracia de Dios, Rey: "Mando que la enseñanza de primeras letras, latinidad y retórica se haga en lengua castellana generalmente, dondequiera que no se practique, cuidando de su cumplimiento las audiencias y justicias respectivas". En letra clara, sen abreviaturas e sen brancos No século XIX son abundantes as referencias á unidade lingüística. Durante este século os decretos prohibitivos estendéronse sucesivamente a tribunais, notarías, á toponimia urbana, ao rexistro civil.... Xa en 1801 Godoy ditamina que "en ningún Teatro de España se podrán representar, cantar ni baylar piezas que no sean en idioma castellano" e en 1857 a Ley Moyano de Instrucción Pública, no artigo 88 prescribe: "La Gramática y Ortografía de la Academia Española serán texto obligatorio y único para estas materias en la enseñanza pública" e a Ley del Notariado, de 1862, no artigo 25 conclúe que "los instrumentos públicos se redactarán en lengua castellana y se escribirán en letra clara, sin abreviaturas y sin blancos". Isabel II, un ano antes de deixar de ser raíña, aínda tivo tempo para regular a lingua das producións teatrais e, en Real Orden de 1867, prohíbe o uso dos "dialectos" no teatro: "En vista de la comunicación pasada a este ministerio por el censor interino de teatros del reino, en la que se hace notar el gran número de producciones dramáticas que se presentan a la censura escritas en los diferentes dialectos, y considerando que esta novedad ha de influir forzosamente a fomentar el espíritu autóctono de las mismas, destruyendo el medio más eficaz para que se generalice el uso de la lengua nacional, la Reina (q. D. g.) ha tenido a bien disponer que en adelante no se admitirán a la censura obras dramáticas que estén exclusivamente escritas en cualquiera de los dialectos de las provincias de España". Falar español ou calar Os felices 20 non traen mellor sorte para o galego. En 1923, un Real Decreto dictando medidas e sancións "contra el separatismo", advirte no seu artigo 2 que "...no podrá usarse por las personas investidas de autoridad otro idioma que el castellano, que es el oficial del Estado español, sin que esta prohibición alcance a la vida interna de las corporaciones de carácter local o regional, obligadas, no obstante, a llevar en castellano los libros de registros". No ano seguinte, 1924, aparece a que probabelmente sexa a primeira norma de etiquetaxe. Trátase do regulamento para a elaboración e venda de especialidades farmacéuticas que no artigo 30 estabelece que os produtos: "Deberán tener sus etiquetas, envolturas y prospectos redactados en español y sólo se admitirá la traducción complementaria del prospecto a otros idiomas, conservando como original y en forma preferente el texto español". Finalmente, nesta década, abórdase de novo o ensino. As instrucións dadas até entón non debían ser moi atendidas xa que en 1897, en instrucións dadas ás Escuelas Pías de Cataluña, que non cumprían o ditado na Real Cédula de Aranjuez, indícase: "Una Real Cédula del 1768 manda en su cap. 7 que la enseñanza de las primeras letras, latinidad y retórica sea en adelante en lengua castellana, recomendando a los Superiores Regulares al extender el idioma general de la nación para su mayor harmonia y enlace recíproco. En su cumplimiento, desde el 15 de septiembre de 1768, en nuestras escuelas se enseñe el abc en lengua castellana." "Hable a los discípulos a lo menos en la escuela, en lengua española, haciendo estudio de ella, y hablandola correctamente, para con ello cumplir las Ordenes reales y enseñarla ya que no con reglas a lo menos con el uso a los jovenes a quienes obligue o a callar o a hablar dicho idioma". Nunca nos 300 anos anteriores se deu tal concentración de norma legal de privación de dereitos lingüísticos como nos derradeiros 8 anos de goberno Feijóo Para acabar con isto, en 1926 unha Real Orde fixa sancións para os mestres: "Art. 1. Los maestros que proscriban, abandonen o entorpezcan la enseñanza del idioma oficial en aquellas regiones en que se conserva otra lengua nativa, serán sometidos a expediente, pudiendo serles impuesta la suspensión de empleo y sueldo". Art. 2: "En caso de reincidencia podrá acordarse su traslado a otra provincia donde no se hable más que la lengua oficial". Aínda restaba o rexistro civil para correxir tanta anomalía. Faino en 1938: "Debe señalarse como origen de anomalías la morbosa exacerbación en algunas provincias del sentimiento regionalista que llevó a determinados registros buen número de nombres que no solamente están expresados en idioma distinto del oficial castellano, sino que entrañan una significación contraria a la unidad de la patria" . E, finalmente, "... tratándose de españoles, los nombres deberán consignarse en castellano". Deixámolo aquí. O que veu despois é desafortunadamente ben coñecido. Só reparar nunha cuestión: nunca nos 300 anos anteriores se deu tal concentración de norma legal de privación de dereitos lingüísticos como nos derradeiros 8 anos de goberno Feijóo. Dáme por pensar que a súa última proposta se inspira directamente na "Circular sobre el uso del idioma nacional por los funcionarios: Todos los funcionarios que en acto de servicio se expresen en otro idioma que no sea el oficial del Estado, quedarán ipso facto destituidos, sin ulterior recurso". |
NOS_5218 | Exixen a retirada das novas leis agrícolas do Goberno do primeiro ministro Narendra Modi. | A India vive, desde hai dous meses, mergullada en intensas protestas do campesiñado contrario ás novas leis agrícolas do Goberno do primeiro ministro Narendra Modi. Os últimos días, coa celebración o pasado 26 de xaneiro do Día da República, aumentaron os incidentes con violentos enfrontamentos entre forzas policiais e manifestantes malia que nun principio as mobilizacións comezaran de maneira pacífica. A concentración maior de agricultores desde o inicio do conflio ten lugar fóra da capital cun campamento improvisado. Os incidentes tiveron lugar cando agricultoras e agricultores tentaron acceder cos seus tractores á zona vella da capital, afastándose da ruta permitida polas autoridades. As queixas das e dos manifestantes apuntan cara as leis creadas polo Goberno indio que consideran "anticampesiñas" por liberalizar o sector e favorecer aos grandes compradores privados a expensas dos produtores. Con esta norma os produtores deben negociar os prezos coas empresas dentro da cadea de distribución. Noutras das zonas, Baghpath, as protestas chegaron ao seu fin e desde a veciñanza alegaron que a policía empregou a forza para evitar as protestas. Mentres, desde a policía afirmouse que a mobilización se resolveu mediante deliberacións e os agricultores que protestaban foron enviados "de maneira pacífica" a casa a cuarta feira pola noite Protestas da oposición Os líderes de 16 partidos da oposición dixeron que boicotearán o discurso do presidente a ambas as dúas Cámaras do Parlamento sobre as leis agrícolas. Mentres tanto, os agricultores mantivéronse firmes asegurando que os incidentes foron consecuencia de elementos "antisociais" que orquestraron a violencia o día da República. |
NOS_57181 | O veredicto impón tamén unha indemnización de 7.500 euros e a recuperación do seu salario desde a data do despedimento. | O Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela vén de declarar nulo o despedimento dunha muller embarazada efectuado pola empresa Integral Management Future Renewables S.L. (Imfuture), de modo que obriga esta compañía a readmitila. Así figura nun veredicto con data do 9 de agosto de 2022, no que tamén se fixa que a empresa debe indemnizar a muller con 7.500 euros por danos morais, así como abonarlle o salario de tramitación desde a data de despedimento. Contra a sentenza cabe interpor recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). En consecuencia, a sala declara nulo o despedimento ao considerar que "hai datos relevantes que permiten deducir, obxectiva e razoabelmente, que o despedimento obedeceu ao seu estado de muller embarazada". Declarado nulo o despedimento dunha traballadora de Santiago que solicitara un permiso para casar A sentenza recolle que a muller foi despedida en novembro de 2021, cando se achaba no segundo trimestre de xestación, mentres que a compañía tiña coñecemento deste feito desde xuño. Así, fai fincapé no escaso tempo transcorrido entre o inicio da súa baixa por incapacidade temporal, en outubro de 2021, e o seu despedimento, só un mes despois. Por tal motivo, o xulgado compostelán considera que "a extinción do seu contrato vulnerou o dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo", á vez que entende que houbo un "dano moral implícito na lesión do dereito fundamental", que identifica cunha falta moi grave en materia de relacións labores. TSXG declara nulo o despedimento dun traballador dunha empresa de transportes de Ourense por ser pai A través dun comunicado, a CIG aplaudiu a sentenza contra o que considera "lamentábeis prácticas empresariais discriminatorias que penalizan as mulleres por seren nais". "En pleno século XXI e con toda a lexislación que hai en materia de igualdade, que se sigan producindo este tipo de situacións é cando menos indignante", lamentou o sindicato. |
NOS_45709 | O primeiro pleno de 2022 xirou en torno á comparecencia do titular de Sanidade para falar do impacto da pandemia sobre a Atención Primaria (AP). Comesaña defendeu a xestión da Xunta e BNG e PSdeG responderon con 2 datos: Galiza destina 262 millóns de euros menos que a media do Estado a AP e hai agora 967 médicos menos que en 2009. | O conselleiro compareceu esta terza feira no Parlamento para falar do impacto da sexta vaga da Covid na Atención Primaria. Unha comparecencia a petición propia, apuntaba o PP; mais que fai após vetar os populares a petición da oposición de que comparecese nun pleno extraordinario, lembran BNG e PSdeG. "Vén tarde. Pedimos hai tempo que viñese e faino cando baixa a sexta onda", reprochoulle Montserrat Prado, portavoz de Sanidade do Bloque. Compareceu García Comesaña e fíxoo en solitario. As cadeiras azuis correspondentes aos membros do Goberno galego estaban baleiras agás a do propio conselleiro. Ninguén do Executivo acudiu a apoialo na Cámara. Comesaña defendeu a xestión realizada pola Xunta e se ben recoñeceu o "impacto" da mesma sobre a Atención Primaria apuntou que noutros territorios a situación fora peor. A variante Ómicron, "cunha maior transmisión", chegou en decembro, cunha taxa de vacinación que evitou a presión hospitalaria doutras vagas mais que levou a unha maior afluencia aos centros de saúde, onde parte do persoal estaba de vacacións ou dúas libres e persoal no que houbo contaxios. Todo isto, explicou o conselleiro, derivou nunha 'treboada perfecta' sobre a AP. Para reducir ese impacto sobre os centros, explicou o conselleiro, activáronse unha serie de medidas, desde levar a vacinación e as PCRs a outros puntos até que o certificado Covid se dispensase en farmacias. Usar mal a AP Comesaña defendeu as iniciativas postas en marcha pola Consellaría para reducir a asistencia presencial. Así, citou o proxecto piloto que se desenvolve en dous centros, un en Culleredo e outro en Lugo, para identificar o que cualificou como "sobredemanda". Dos 450 motivos de consulta atendidos durante esta fase, informou, case a metade correspondían a citas que ou ben podían ser trasladadas a outro día ou atendidas por alguén que non fose o médico de cabeceira (por ser de carácter burocrático). A respecto do persoal, apuntou que "non é sinxelo" abordar este problema: "O persoal é o que hai, non hai profesionais formados nesta especialidade". Recortes e escusas Non convenceu o conselleiro a BNG e PSdeG. Montserrat Prado lamentou que as políticas destes anos situasen Atención Primaria "ao borde do precipicio". A deputada lembrou a Comesaña que entre 2021 e 2017 ("a partir dese ano deixaron de ofrecer datos") xubiláronse 331 médicos de AP máis só se repuxeron 211. "Nos vindeiros anos xubilaranse 400 máis, que van facer?", preguntou. Afirmou Prado que Galiza está "na cola do Estado" en investimento en Atención Primaria, e cifrou en "262 millóns de euros" máis os que anualmente debería investir a Xunta en AP para igualar a media das comunidades do Estado. Para a nacionalista, a política da Consellaría responde á "voadura controlada" da sanidade pública que, denuncia, persegue o PP. "Canto aumentaron os seguros sanitarios privados desde que gobernan? Canto aumentou porcentualmente o carto que vai da Administración á sanidade privada?". Pola súa parte, o portavoz de Sanidade socialista, Julio Torrado, resumiu a política do Goberno galego cara a AP nun dato: "Hai agora 976 médicos menos que en 2009", dato que negou o conselleiro, que aseverou que agora hai 100 profesionais máis. Torrado tamén lamentou que da intervención do conselleiro só se desprendesen xustificacións para explicar a situación da AP: "A culpa é da xente que pide mal as citas ou do Ministerio", e lembrou que os problemas da Atención Primaria existían "antes da pandemia": |
PRAZA_11278 | O 'horror' polo discurso posmoderno. O impulso de "escribir a verdade". A procura dunha linguaxe denotativa. O humor –e o amor-. Son algún dos piares sobre os que está construído 'O mundo dos vivos' (Chan da Pólvora), o novo poemario de Samuel Solleiro | O 'horror' polo discurso posmoderno. O impulso de "escribir a verdade" –"creo todo, absolutamente todo, o que escribín", di. A procura dunha linguaxe denotativa. O humor –e o amor-. Son algún dos piares sobre os que está construído 'O mundo dos vivos' (Chan da Pólvora), o novo poemario de Samuel Solleiro. O autor respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre este libro."É igual, o que teñas", dille Satanás a Solleiro tras pedirlle a alma, que o escritor non dá encontrado. Hai non moito tempo chamoute Chus Nogueira -non Satanás- para pedirche algo para a súa 'Antoloxía da poesía galega próxima'. E entón tiveches que remexer no que efectivamente "había". Como nace este libro a partir daquela busca? Ademais da falta de tempo para pensar en editar, non te sentías seguro quizais co que tiñas gardado?Non me sentía seguro, e con razón, porque era moi malo, pero ademais é que había moi pouco e todo disperso. Ao final nesa antoloxía, que saíu en 2017, acabáronse incluíndo só dous inéditos, cada un do seu pai e da súa nai. Non están mal, creo, pero ningún se parece nada a 'O mundo dos vivos'; o que este libro lle debe a esa antoloxía é, ante todo, o xesto: o poñerse a teclear con idea de "facer algo", a fascinación polas cousas, a busca dunha voz e dun lugar de enunciación. O que basicamente vén sendo sentar a escribir un libro, vaia.Xa o primeiro poema sitúase na relación co tempo, que tamén estaba no teu anterior poemario publicado, 'Punk'. "Son os anos inmediatamente anteriores ao inicio da vulnerabilidade: a suprema hostia, o lategazo. Facemos ver que todo nos suscita unha certa indiferencia", di. Neste e noutros poemas parece haber como unha consciencia dun espertar cando, tras un tempo de certo cinismo -falabamos diso na entrevista que fixeramos sobre 'Punk', dicíasme que a posmodernidade fora como un finxir estar de volta de todo-, comezan a caer sistematicamente dereitos que parecían conquistados. Pode haber algo disto? "Probablemente o meu horror polo discurso posmoderno sexa moito maior agora"Si, probablemente o meu horror polo discurso posmoderno sexa moito maior agora. Cando 'Punk' se publicou, en 2013, xa andaba coa mosca detrás da orella, pero cando o escribira, en 2007, aínda comungaba en boa medida con todas esas trapalladas cínicas e esteticistas. Por iso 'O mundo dos vivos' parte dun impulso extremadamente naíf, case cursi, de escribir a verdade.Entendo por verdade algo a medio camiño entre "o verosímil" de calquera novela medianamente ben escrita e "o real" do xornalismo -no bo sentido da palabra-, pero que tampouco é "o auténtico", esa idea romántica. É máis como cando dis que unha obra calquera, de calquera xénero, "ten moita verdade". Ten máis que ver con encontrar o que hai de universal en historias individuais e con como, grazas a eses elementos, esas historias dan chegado a todo o mundo ca co feito de que sexa real o que se conta ou non. 'O mundo dos vivos' parte dun impulso extremadamente naíf, case cursi, de escribir a verdade"Por poñer un exemplo non literario, eu creo que unha canción como 'Mr. Lonely', un "hit" de Bobby Vinton de comezos dos 60, contén moita verdade; e créoo porque a min me salta sempre unha lágrima, a pesar de que a experiencia de sentirse só por estar no exército non ten nada que ver -por sorte- co meu contexto. Agora acabo de ver na Wikipedia que Vinton si que escribiu a canción estando no exército. Emocionaríame igual a canción se non fose o caso? Talvez si -e desde logo as cancións emocionan por moitos máis elementos á parte da letra-, pero eu partín da base de que era máis probable lograr unha empatía máis sólida se partía de cousas verdadeiras. Pode haber algunha imaxe, algún detalle, que non pertenza á miña experiencia persoal, si, pero creo todo, absolutamente todo o que escribín. "Eu partín da base de que era máis probable lograr unha empatía máis sólida se partía de cousas verdadeiras"O resultado do proceso de escrita de 'O mundo dos vivos', di a contracapa (escrita supoño que por Antón Lopo), é un libro "que loita contra a significación excesiva e as metáforas devoradoras". Estás de acordo con isto? Como se relaciona con 'Punk', ao respecto?Estou de acordo, si. N'O mundo dos vivos' intentei rescatar para a poesía na medida do posible a linguaxe denotativa. Volvendo ao que comentaba antes, o impulso de escribir desde a verdade é algo, en realidade, bastante manido. Pero eu creo que cando unha poética se constrúe coa metáfora como material principal é moito máis difícil que esa verdade se transmita, ou polo menos require unha lectura moito máis especializada para que suceda. Eu escribo frases normais, con suxeito e predicado, e intento que nada signifique moito máis do que di. "N'O mundo dos vivos' intentei rescatar para a poesía na medida do posible a linguaxe denotativa"Tampouco creo que sexa posible porque iso non o controlo eu, e tamén é o bonito do asunto, pero así está artellado o libro. Metáforas claro que as hai, é imposible evitalas totalmente, pero gústame que haxa sempre as mesmas e que sexan, digamos, as "clásicas": a luz, o corazón etc., e non tanto construír eu outras. Canto a 'Punk', é un libro escrito desde unha voz poética que non "é" a miña, senón a dun personaxe de ficción que ten só algunha cousa de min, case nada. Non é que este libro estea escrito contra 'Punk', pero ás súas costas un pouco si.No poema 'Claro que existe' recóllese o título do libro: "O mundo dos vivos e o mundo dos mortos son esferas que orbitan e se aproximan sobre as tres da mañá do horario de inverno", di. Ese mesmo poema lembra que "o pasado existe" como algo presente e quizais tanxible. En todo o libro hai moitas referencias ao pasado, ao que podería ser a infancia, quizais a memoria. Por que?Non sei ben. Creo que parte da proposta do libro consiste en recuperar a consciencia do que supón estar aínda sobre a terra. Nese sentido hai unha certa fascinación acerca de como pode ser que houbese xente que estivese aquí unha vez e xa non estea. É unha reflexión algo pueril, parece dun neno de seis anos, pero supoño que só podes falar do que vive contrapoñéndoo ao que non vive. "Hai unha certa fascinación acerca de como pode ser que houbese xente que estivese aquí unha vez e xa non estea. É unha reflexión algo pueril, pero supoño que só podes falar do que vive contrapoñéndoo ao que non vive"Nas presentacións do libro utilizo discos vellos de 7" que compro nos días anteriores en tendas de segunda man por un euro, e seleccionalos tamén é un exercicio de acceso a un pasado que algunha vez estivo vivo. Por exemplo, comprar un disco do trompetista Roy Etzel, que non ten nin entrada na Wikipedia, para recitar por riba, é unha ollada (discretísima, pero unha ollada) a ese momento dos anos 60 en que unha persoa anónima na Coruña decidiu que comprar un 7" do tal Roy Etzel era unha boa idea, e despois a ese momento, talvez dos noventa, en que lle pareceu que o máis sensato era desfacerse del. Ultimamente, non sei por que, estas cousas emociónanme.Algo que volve estar neste libro, como nos teus libros anteriores, como 'Gran tiburón branco', é o humor. Unha ollada ao un pouco patético que é todo. Pero nunca desde unha falsa superioridade. Senón desde o amor, que o libro non deixa de proclamar. Como se relacionan o humor e o amor neste libro?O humor é un ingrediente da vida e gústame que penetre nos libros nunha proporción similar á que ten na vida. Non son capaz de tomar en serio un libro sen ningunha concesión ao humor, e menos aínda un que sexa unha pura concesión ao humor de principio a fin. Tampouco creo que haxa vidas onde non haxa un mínimo de humor, por amargo que sexa, e se as hai tampouco son as que máis me interesan; nin, líbreme Deus, as opostas. "O meu impulso foi precisamente atreverme a volver sacar temas que xa se daban un pouco por esgotados. Pasa tamén co do amor"Como co da xente que estivo pero xa non está que comentaba antes, son temas que parecen case ridículos por obvios, pero o meu impulso foi precisamente atreverme a volver sacar temas que xa se daban un pouco por esgotados. Pasa tamén co do amor. Cando falo do amor refírome a amor que sinto eu de verdade -xa sexa pola humanidade ou por espécimes concretos dentro da humanidade-, e así sen pensalo moito diría que é un amor que se parece un pouco máis ao da literatura mística ou relixiosa -sendo eu a cousa máis atea que pariu nai- ca ao do romanticismo.En varios dos poemas está presente o feito de escribir ou máis ben deixar de escribir. Nun deste poemas explicas claramente que, se foses rico e non tiveses que traballar, escribirías. Nos últimos anos, a precarización -ese eufemismo de explotación- laboral aumentou moito. E a cultura, ou o xornalismo por exemplo, foron expulsando ou colocando nunha posición máis marxinal aínda, precisamente, a quen non ten cartos para pode permitirse "comprometerse" coa Cultura. Teñen algo que ver con isto estes poemas teus sobre a non escrita?Si, tendo en conta que non escribir foi o que máis fixen na última década, non podía non ser un dos temas principais do libro. Gústame, e creo que é honesto, que un libro faga explícitas as condicións materiais da súa propia escrita. No meu caso traballo desde hai anos como tradutor, que por unha banda é moi interesante pero por outro, dado que o xesto é moi similar ao de escribir, tende a quitarche a gana de facelo. Ademais, como autónomo, acabas monetizando o tempo dunha maneira algo desagradable pero case inevitable, e tamén diso falei. "Gústame, e creo que é honesto, que un libro faga explícitas as condicións materiais da súa propia escrita"Creo que é inaceptable que o diñeiro e o traballo non estean moito máis presentes na literatura, ou mesmo que siga vivo o discurso que di que falar de cartos é reaccionario, cando é todo o contrario. Como escribir libros, aquí e agora, moi poucas veces é unha actividade lucrativa, creo que é un ámbito onde se notan moito cousas coma a clase social de toda a vida. Poder dedicarlle moito tempo a escribir depende en boa medida dos ingresos, dos aforros ou das familias. E non pasa nada, pero está ben que se note dalgunha maneira. 'O mundo dos vivos' ten só 22 textos porque eu son pobre. Se fose rico igual tiña 50.Hai varias referencias literarias, que explicitas ao final do libro. Rimbaud, entre elas. Que papel cumpren neste libro, en relación coas referencias de 'Punk', por exemplo?Un momento, son dúas cousas diferentes: o que sae ao final do libro son plaxios. Frases que anotei en cadernos que despois fun reciclando e descontextualizando até facelas miñas. Puxen a listaxe de nomes ao final a modo de agradecemento, pero non creo que fosen referencias detectables, e tampouco funcionan como citas. As referencias que si que hai no libro son poucas, menos ca en 'Punk' ou noutros libros, e case todas da cultura popular (Ned Flanders, o Príncipe de Bel-Air...). A excepción a isto é Rimbaud, que aparece porque é quizais o caso máis coñecido, e un dos máis radicais, de alguén que deixou de escribir para dedicarse a actividades máis lucrativas. Hai un libro moi interesante que reúne as cartas que lle mandaba á familia desde Abisinia, onde fala de cartos, de enfermidades, de xeografía e de calquera cousa menos de poesía. Eu fixen un dos textos do libro, 'A forza', a partir dun anaco dunha delas que traducín, de cando xa está moi enfermo e está intentando volver a Francia. Ao final ese esforzo por "intentar volver" é similar ao que intentei facer eu neste libro e similar ao que todos facemos nun ou noutro ámbito, antes ou despois. "Ese esforzo por "intentar volver" é similar ao que intentei facer eu neste libro e similar ao que todos facemos nun ou noutro ámbito, antes ou despois" O poema final fala de luz recuperada. E vén despois doutro que fala de que un día se apagará o corazón, e moito antes o ordenador. Quero dicir que, aínda que é un poemario dunha persoa de 35 (supoño que agora máis) anos que axusta un pouco as contas ao que era con 25 -a soberbia, quizais-, a impresión que deixa, polo menos a min, é a de luz e de vida. Para min, é un poemario non sei se dicir optimista. Como o ves ti?A min é que me custa ver o optimismo e o pesimismo como dúas actitudes opostas. Non sei explicalo ben, pero ambas cousas me resultan compatibles, coma se un enfoque servise para enfrontarse a uns problemas, e outro, a outros. Nas cousas pequenas da vida teño certa tendencia ao pesimismo: se vou facer un trámite xa vou polo camiño pensando que a oficina vai estar pechada, esas cousas. "A min é que me custa ver o optimismo e o pesimismo como dúas actitudes opostas"Pero no importante quero pensar que non son así. Fártame tamén que o imaxinario do escuro e do mísero siga tendo máis capital simbólico ca o do luminoso, cando este é moito máis difícil de lograr de forma sincera. En moitos ámbitos seguimos prostrándonos ante a figura do maldito, do macho sufridor, e en 2019 é de xulgado de garda.E tamén hai música de fondo, como en 'Punk' e supoño que en todo o que escribiches. Cal é e que papel xoga?Aquí a música foi unha ferramenta para axudarme co ritmo e, en certo modo, tamén co ton. Utilicei dúas cancións en bucle: a obertura da banda sonora de 'Le mépris', unha peli de Godard, que logo volvemos usar no tráiler do libro e, en menor medida, a peza new age de Suzanne Ciani 'The Velocity of Love'. "Aquí a música foi unha ferramenta para axudarme co ritmo e, en certo modo, tamén co ton"Non é que sexan as miñas músicas preferidas nin nada, pero eran as que funcionaban para o efecto concreto que quería lograr e que non sei ben como explicar. En realidade tampouco recordo unha gran presenza da música en 'Punk', salvo polo título, que aludía máis á actitude ou á estética dese movemento ca á música. Supoño que isto se debe á miña impopular opinión de que a poesía e a escrita de cancións teñen bastante menos que ver entre elas do que se di.A construción da masculinidade atravesa todos os teus libros, e era tema central en 'dz ou o libro do esperma'. Como te levas hoxe con ese libro, en concreto, en relación con ese tema? (Dígoo porque dalgunha maneira meteuse nun terreo daquela non moi común e que hoxe está moito máis presente na sociedade, na literatura…Co tema, ben. Co libro, peor. Segue parecéndome un tema necesario e pouco traballado -máis ca en 2006, pero pouco-. O problema é que 'dz' era un libro onde se confundía pretender transmitir unha idea con transmitir efectivamente esa idea. Aí estaba a trampa. Que a contracapa dun libro diga que fala de x non quere dicir que o libro fale de x. Todo aí era superficial, ultraenxeñoso, iso que en inglés chaman smartass. "O problema é que 'dz' era un libro onde se confundía pretender transmitir unha idea con transmitir efectivamente esa idea. Aí estaba a trampa"Eu era o autor e xogaba cos personaxes coma se fosen indios e vaqueiros. E cos lectores, de paso. Ao mellor construía unhas personaxes femininas que eran totalmente planas, e daba igual porque todo era irónico e si, escribía así, pero "en realidade" era para parodiar os que escribían así de verdade e eu estaba por riba de todo. Unha trapallada: escribía así porque seguramente coxeaba do mesmo que dicía criticar. Agora doume conta. "Eu era o autor e xogaba cos personaxes coma se fosen indios e vaqueiros. E cos lectores, de paso"Onte, sen ir máis lonxe, rematei de ler un libro –'My Father, the Pornographer', de Chris Offutt -na tradución española de Ce Santiago-, que é un "memoir" pero podería ser perfectamente unha novela, e é basicamente unha aproximación ao mesmo tema pero escrita desde a empatía e o respecto por lectores e personaxes, con pouso e complexidade. Non lle chega á cintura ao de Offutt, pero estou máis satisfeito coa abordaxe -menos cacarexada- do mesmo tema de 'Gran tiburón branco', que a día de hoxe é, xunto c'O mundo dos vivos', o único libro meu que salvo da queima.'Punk' xa se atopaba, quizais, coma 'O mundo dos vivos', entre a narrativa e a poesía. E 'Gran tiburón branco', que é narrativa, ten partes bastante líricas. Mesturar xéneros non é ningunha novidade que precise explicación mais, 'O mundo dos vivos' funcionaría igual se estivese publicado nunha colección de narrativa? Na entrevista sobre 'Punk' dicíasme que hai cousas que podes facer con máis facilidade ou liberdade se o marco é "poesía", porque doutra maneira poderían resultar medio ridículas…Neste caso nin sequera creo que sexa unha mestura de xéneros: é poesía escrita en prosa como xa se facía no século XIX. A razón é ante todo formal, rítmica: os puntos, as comas e os puntos e comas xa me daban todo o abano de pausas necesario e non precisaba engadirlles o salto entre versos, que sería un cuarto tipo de pausa. Quizais en textos máis abstractos sexa útil ese salto, pero non nestes. "Neste caso nin sequera creo que sexa unha mestura de xéneros: é poesía escrita en prosa como xa se facía no século XIX"Pero si, se un valor teñen os xéneros é xestionar as expectativas. O mesmo libro punto por punto pero coas capas rosas da colección de narrativa de Xerais, por exemplo, sería un libro de narrativa horrible, pero supoño que simplemente porque non se corresponde coas expectativas de quen le un libro de narrativa. Tampouco digo que as expectativas estean para respectar todas, ollo, pero si que cómpre saber cales se queren respectar e cales non e xogar un pouco con elas.Algo máis que queiras comentar? Non. Ou si. No momento en que sae esta entrevista, segundo Antón Lopo -que non ha ter motivos para mentir- xa só quedan os exemplares d'O mundo dos vivos' que están distribuídos nas tendas, por iso se alguén o quixese comprar non debería esperar moito. Non sei se pode soar arrogante aclarar isto, pero seguramente soe menos arrogante se engado que a edición foi moi pequeniña. E está ben que así sexa, para que non acaben os libros dun ciscados polo mundo adiante coma eses 7" de Julio Iglesias que, de tanto publicarse, están hoxe tirados de prezo aínda que sexan os de cancións tan bonitas como 'Abrázame' ou 'Gwendolyne'. |
NOS_16694 | A resolución das axudas á creación escénica convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais deixaba este 2020 fóra varias compañías con máis de 30 anos de traxectoria, segundo denunciaba esta semana a Academia Galega de Teatro. Os cambios nas bases, que deixan de lado a valoración obxectiva das profesionais artísticas (agás a dirección), xa levan tempo provocando malestar no sector, que atravesa un momento especialmente crítico polo impacto da Covid-19. | A Academia Galega de Teatro (AGT) facía esta semana público un comunicado no que denunciaba o seu "rexeitamento" aos cambios nas bases das axudas á creación escénica 2020. Até este ano, o proceso de escolla dos espectáculos subvencionados contaba, fundamentalmente, con dúas fases diferenciadas. A primeira consistía nunha valoración de criterios automáticos, realizada por unha comisión de persoal funcionario da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que contabilizan os puntos atendendo a unha serie de parámetros analizados obxectivamente. Na segunda, unha comisión de persoas relacionadas co sector das artes escénicas valoraba os criterios artísticos da memoria do proxecto de forma subxectiva, con máximas moi xenéricas como "repercusión na creación e fomento de públicos". O cambio Nos últimos anos, 2019 inclusive, estas subvencións reservaban un apartado da valoración obxectiva ao equipo artístico, no que se tiñan en conta as titulacións oficiais relacionadas coas artes dramáticas e musicais, os premios recibidos e a traxectoria profesional. Isto mudou en 2020, onde a sección desaparece por completo, de maneira que só se consideran a formación, traxectoria ou premios acadados pola dirección. A exclusión, denunciaba a Academia, ignora "o peso e a contribución artística ás montaxes de actores e actrices, profesionais da escenografía, da iluminación, do vestiario e doutras tantas disciplinas". Isto incorre nun menosprezo da formación e da traxectoria destes axentes creativos. Ademais, o novo sistema tampouco recollería no balance a traxectoria das compañías, valorando exclusivamente a actividade dos últimos dous ou tres anos, dependendo da categoría, e "desprezando o papel que puidesen ter xogado na creación do tecido teatral galego". "Historia polo chan" Todo isto provocou que na resolución da convocatoria de 2020 varias compañías cunha traxectoria profesional de máis de tres décadas –así como outros proxectos cun equipo profesional moi experimentado– quedasen fóra. É o caso de Teatro do Noroeste. Desde este grupo, Eduardo Alonso, quen fora o primeiro director do Centro Dramático Galego e actualmente vicepresidente da Academia Galega de Teatro, explica a Nós Diario como "as que eran as nosas fortalezas –un elenco consolidado, de renome, e unha longa traxectoria– deixaron de contar". As formacións como a súa senten así "toda a nosa historia tirada polo chan". "As que eran as nosas fortalezas –un elenco consolidado, de renome, e unha longa traxectoria– deixaron de contar", di Alonso Tanxarina, proxecto con 38 anos ás súas costas, atópase nunha situación semellante. Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán' sinala a importancia de apoiar a entrada das novas fornadas, mais sen esquecer as que levan moitos anos na estrutura teatral, dous aspectos que non terían por que ser excluíntes. "Hai unha liña específica para nova creación", apunta Alonso. Mais esta tampouco atende as necesidades da realidade do sector. "Moitas veces saen da ESAD [Escola Superior de Arte Dramática], crean compañías para unha produción, sen vontade de que duren anos", explica Cunha. As bases de Agadic tampouco se adaptarían a este modelo. A comisión O proceso deixa nas mans dunha comisión –escollida pola propia Agadic– a valoración subxectiva do equipo artístico, sen baremos específicos fóra de epígrafes moi xerais e sen que a resolución poida "ser discutida sobre bases obxectivas", denunciaba a AGT. Aliás, segundo Alonso, estas persoas concretas adoitan ser difíciles de nomear, pois non é un cargo popular no sector. Doutra banda, conta que o espectáculo que presentaba Noroeste (Último verán en Santa Cristina) era un texto que reflexiona sobre a memoria histórica. Algo que puido ou non ter que ver coa escolla da comisión, mais que en todo caso deixa suxeito a criterios moi individuais que poden ser especialmente pouco propensos a admitir certas propostas incómodas. Noroeste presentouse a todas as convocatorias deste ano, pero só recibiu axuda na de reactivación logo da pandemia, para espectáculos que xa estaban en curso, "casualmente" a única que non se decide por comisión, senón con puntos obxectivos. Se queres continuar a ler esta reportaxe, só tes que mercar o Nós Diario desta sexta feira nos quiosques ou na nosa loxa online. Para non ter que dar máis voltas, podes facer de maneira ben sinxela a túa subscrición! |
NOS_15973 | Os dados relativos ao segundo trimestre do ano rexistran un descendo do número de persoas desempregadas do 8,43% respecto ao período anterior e do 11,20% en relación ao ano pasado. | Esta quinta feira (23 de xullo) fixéronse públicos os resultados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre do ano. Neste senso, na Galiza rexistrouse un notábel descenso do número de persoas desempregadas sendo que 23.200 (o 8,43%) saíron do paro a respeito do trimestre anterior. Así pois, a cifra de persoas desempregadas sitúase en 252.500, o 11,20% (31.900) menos que no mesmo período do ano anterior. A taxa de ocupación é de 53,49% cun total de 1.009,9 persoas ocupadas, 22.400 máis que no primeiro trimestre e 18.400 a respeito do pasado ano (1,85%). No conxunto do Estado español os resultados da EPA rexistran unha caída do desemprego de 295.600 persoas, o 5,4%. Así pois o número de persoas paradas sitúase en 5.149.000. |
NOS_10039 | Se algunha conclusión se pode tirar conta de discos deste 2013 a piques de rematar é que Rosalía se consolida como a maior letrista para a nosa música. Uxía, Tempo Catro, Najla Shami, Naid, Xosé e Xiana Lastra con María Manuela e Mini e Mero, Narf , Joaquín Pixán con Alejandro Zabala e agora A Cada Canto, entre outras propostas, puxéronlle música aos seus poemas. | Naid con "Rapoemas" ou Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego con "Rosalía XXI" adiantaron o que sería o grande ano de Rosalía como letrista, na estala de Amancio Prada, Los Tamara ou Luz Casal, todas elas voces para a grande poeta que vería como o 2013 coa conmemoración dos 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos" se convertería tamén nunha explosión de publicacións nas que os seus poemas pasarían a ser cancións nos máis diversos ritmos, en ampla variedade de estilos. A Cada Canto: "Rosa d´Adina" A proposta de A Cada Canto pecha o ano de Rosalía con "Rosa d´Adina" (Músicas de Salitre), seis poemas trasladados á voz de Guadi Galego e Xabier Díaz coa guitarra de Guillerme Fernández e o acordeón de Xosé Lois Romero, unha formación que por segunda vez asinaría por segunda vez un disco, logo de se apresentar cunha proposta que nacía polo encontro dos catro músicos sen, en principio, aventurar continuidade. "Dende a Limia", "Tecín", "Este meu camiño", "Levoume o río", "Onde pousei a infancia" e "Aló" son os seis poemas que A Cada Canto recolle no seu disco. Narf: "Nas tardes escuras" Unha proposta nova e unha Rosalía distinta á que até agora temos sentido é a que nos achega Narf, nome musical de Fran Pérez, no libro-CD "Nas tardes escuras" (El Patito Editorial). Cunha traxectoria claramente afincada no mundo do rock cun encontro nos últimos tempos coa música de raíz de orixe africana, Narf toma todo o seu fardel para elaborar unha lectura persoal e única de Rosalía, potente, vibrante, coa filosofía do rock que fai esquecer calquera posibilidade de tirarlle a enerxía e a forza dos seus versos. Narf abraza Rosalía con voz e guitarra en doce temas, maiormente tirados de Follas Novas, versos directos, coa forza da autora á que lle imprime a solidez da súa guitarra. En "Nas tardes escuras" nada lembra á Rosalía xa cantada. Todo é novo, distinto, desgarrador como o rock de esencia por veces, abeirando o pop noutras. Nalgún dos temas, Narf quixo que o poema se impuxera de maneira especial sobre a súa guitarra e deixouno ir case só, coma se un recitado se tratara. Tempo Catro: "Rosalía de Castro, Os ollos que falan" Publicado pola AS-PG, o CD, "Rosalía de Castro. Os ollos que falan" preséntanos á Rosalía máis viva e combativa, en clave de folk, música clásica, jazz ou tango, unha variedade de rexistros que ofrecen unha maneira distinta de cantar á poeta. A voz de Begoña Lorenzo xunto coa música de Andrés Pazos, Suso Iglesias -autores da música-, Javier Cedrón , Antonio Romero e Pablo Salgueiro de Tempo Catro, danlle a nova sonoridade aos versos da poeta en once cancións que teñen como base outros tantos poemas de "Cantares Gallegos", no 150 aniversario da súa publicación. Un dos obxectivos do novo traballo é, segundo Begoña Lorenzo, "darlle relevancia á obra e á figura de Rosalía de Castro, tamén con fins didácticos e de difusión, do que a música pode ser unha ferramenta". "Os diferentes ritmos ofrecen unha proposta variada coa música folk como base, mais tamén rezuma a clásica, jazz, tangos e outros ritmos que lle dan moita pluralidade sonora ao proxecto" destaca. Najla Shami: "Na lingua que eu falo" O novo traballo de Najla Shami recolle poemas de Rosalía musicados pola propia autora ademais de pezas propias nas que se achega ao universo rosaliano. Najla Shami é compositora e cantora de orixe palestina e nacida en Santiago. Jazz, funk, blues, música de orixe árabe, brasileira ou galega mestúrase na súa traxectoria e marcan a liña coa que autora, cun canto intimista, se achega agora a Rosalía. Uxía: "Rosalía pequeniña" Rosalía pequeniña sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki". Así presenta á autora de "Cantares Gallegos" a escritora Begoña Caamaño no limiar que abre o disco-libro no que Uxía ofrece novos ritmos para que as crianzas canten á poeta. Recolle os seus poemas nun amplo abano de ritmos, desde a muiñeira ao rock. Uxía contou para este traballo coas voces de Sés, Guadi Gallego, a Señora Carme ou Aline Franzao, os arranxos de Sergio Tannus, os sons de Isaac Palacín, Benxamín Otero, Pablo Seoane, Santi Cribeiro ou o propio Magín Blanco. "Como chove miudiño", "Has de cantar" "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa", "Alborada" ou "Maio longo" son algúns dos poemas musicados nun disco que inclúe tamén unha recreación do poema de Curros dedicado a Rosalía. Xiana e Xosé Latra «A miña primeira Rosalía» "A miña primeira Rosalía" (Xerais) xunta un amplo grupo de artistas que van desde María Manuela -que tamén ilustra o libro CD- a Mini e Mero, Rodrigo Romaní ou Nani García, coordinados por Xosé e Xiana Lastra. O traballo xunta biografía, antoloxía e doce poemas musicados e cantados, entre eles, "O forno está sin pan", "Vente, rapasa", "Tecín soia", "Negra sombra", "A xustiza pola man" ou "Máis o que ben quixo un día". Joaquín Pixán e Alejandro Zabala "Cantares Gallegos" Editado por Andante Producciones xunto coa Consellaría de Cultura, en "Cantares gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación" o tenor Joaquín Pixán e o pianista Alejandro Zabala recollen poemas de Rosalía musicados por compositores como García Abril, Gaos e Octavio Vázquez. Canda eles, Joaquín Rodrigo, Jesús García, Jesús Legido, Juan Durán ou Tomás Marco asinan músicas para os poemas de Rosalía que Joaquín Pixán interpreta coa súa voz. |
PRAZA_11042 | O presidente da Xunta atribúe a Pedro Sánchez a "peor crise política da democracia" nun discurso marcado pola contraposición da súa xestión coa do Goberno de España e por un calculado distanciamento coa actual cúpula do PP estatal. Os principais anuncios, en materia de natalidade | A data na que foi fixado o derradeiro debate de política xeral da lexislatura galega anticipaba que ía estar inevitablemente marcado polo contexto estatal e, nomeadamente, pola convocatoria das novas eleccións xerais por falta de acordo para formar o novo Goberno de España. Así o anticipara o PP e así o ratificou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando apenas transcorreran uns poucos minutos do discurso co que abriu a sesión. Non ía poder expoñer a situación política galega e os seus plans de futuro sen antes "avaliar as consecuencias da parálise" no Executivo central."Vémonos prexudicados pola inestabilidade crónica de España, porque Galicia é España", proclamou o presidente para debuxar un panorama estatal de "permanente pugna electoral" e "expectativas partidistas" que chegan a "pervertir as institucións". Todo, acusou, por culpa dun Pedro Sánchez a quen mesmo atribúe a "manipulación do calendario electoral" no último ano ata conducir España á "peor crise política da democracia".O presidente da Xunta atribúe a Pedro Sánchez a "peor crise política da democracia" nun discurso marcado pola contraposición da súa xestión coa do Goberno de España e por un calculado distanciamento coa actual cúpula do PP estatalCo marco trazado, o dunha "parálise" estatal promovida polo PSOE, o titular do Goberno galego trazou a principal idea forza da súa intervención. "Quero para España o exemplo que damos os galegos", o que dá a Xunta, porque "por riba de todo son persidente de Galicia e nunca fun nin serei refén de ningún partido, nin sequera do meu", dixo no que pode ser lido como un afastamento da liña oficial marcada pola cúpula de Pablo Casado. Nese afastamento tamén é posible encadrar as referencias á loita contra a violencia machista, unha "realidade" que "non é aceptable negar" nin "diluír" noutros "problemas". "Ninguén dos que estamos aquí deberiamos negarnos que estamos comprometidos contra esta lacra", afirmou tras citar medidas contra a violencia de xénero aprobadas polo seu Goberno, pero tamén polo bipartito."Aspiro a preservar o modelo de Galicia", di Núñez Feijóo, un modelo "centrado" que converte o Executivo que dirixe nunha "excepción" porque, por exemplo, vai presentar os Orzamentos Xerais de 2020 "cumprindo o prazo legal", anunciou tras semanas a amagar coa posibilidade de non chegar a presentalos pola retención do financiamento estatal, os "700 millóns" que volveu reclamar neste pleno. Feijóo fía a vindeira década ao éxito da "Galicia xacobea", que "ten que ser a mellor Galicia da historia para os galegos"Dez anos despois de recoller o que definiu como "a peor das Galicias posibles", en referencia á xestión do Goberno de PSdeG e BNG (2005-2009), Feijóo di estar en disposición de "abordar" a "Galicia da nova década", que estará marcada por tres Xacobeos", os dos anos 21, 27 e 32. "A Galicia xacobea da próxima década ten que ser a mellor Galicia da historia para os galegos", asegurou nun contexto no que, alén de mencións difusas ao contexto internacional, as únicas fontes de incerteza situounas no Goberno socialista de España. Porque "as galegas e os galegos si poden durmir tranquilos no que respecta á Xunta", proclamou no que semella pretender ser unha reformulación irónica das recentes declaracións de Sánchez sobre posibles pactos con Unidas Podemos.Principais anunciosAlén da confrontación co Goberno de España e da énfase en erixir a súa década na Xunta como "modelo" para o conxunto do Estado "fronte á parálise e ao desgoberno", a segunda principal liña do discurso de Feijóo no derradeiro debate de política xeral da lexislatura pasou, como adoito, por varios anuncios máis ou menos concretos. Tras os recentes datos que confirmaron un novo mínimo histórico de nacementos no país, o presidente mantén que "adoptamos máis medidas ca nunca" de "apoio á natalidade" e "seguiremos por ese camiño".A gratuidade das escolas infantís "a partir do segundo fillo" destaca entre os anuncios formulados por Feijóo no seu discursoNeste sentido -e como xa avanzara o equipo de Feijóo a varios medios antes do pleno-, o presidente afirma que a Tarxeta Benvida (o cheque bebé impulsado pola Xunta nos últimos anos) será ampliado para que as familias que teñan "un terceiro fillo" reciban "2.400 euros anuais dende o seu nacemento e ata que faga os tres anos". Ademais, di, a coñecida como caixa finlandesa terá unha composición "máis completa". No ámbito da educación infantil, avanza, as escolas dependentes da Xunta serán "totalmente gratuítas para todas as familias" que logren praza nelas "a partir do segundo fillo" en 2020. A Xunta mesmo contemplaría a gratuidade total se "colabora" o "próximo Goberno central".A incógnita sobre volver ser candidatoO presidente optou pola ambigüidade nas referencias ao seu futuro políticoAlén das medidas máis concretas o discurso do presidente no derradeiro debate de política xeral da lexislatura estivo marcado, como xa sucedera na mesma sesión da lexislatura anterior, pola incógnita a respecto do seu futuro político. Non en van, ademais de reivindicarse implicitamente a si mesmo como "modelo" para España, o presidente expresouse con ambigüidade a este respecto. "O de menos é o futuro dos que estamos aquí" e "o de máis é que Galicia ten despexado o seu para os próximos doce meses", dixo no que semella unha referencia a esgotar a lexislatura.Dito isto, non obstante, Feijóo agregou algo máis. O "reto" é "garantir un futuro certo para os próximos doce anos" e para isto "as galegas e os galegos poden contar coa Xunta de Galicia e poden contar comigo" porque "non hai maior honra que servir a Galicia". A incógnita segue sobre a mesa e os grupos da oposición tentarán despexala en cadanseus discursos. Nunha primeira avaliación do discurso de Feijóo xa anticiparon a súa conclusión: para PSdeG, Común da Esquerda, BNG e o Grupo Mixto conformado por membros de En Marea, este non é só o derradeiro debate da lexislatura, senón tamén o derradeiro de Feijóo como presidente tras unha "década negra". |
NOS_23499 | Centos de persoas saíron á rúa para exixir políticas sociais e non "barcos nas rotondas". | "Escoitaron? É o son do seu mundo derrubándose e o do noso rexurdindo". Coas verbas escritas polo movemento zapatista deron por concluída a leitura do manifesto veciñal que puxo o ramo á manifestación decorrida no barrio vigués de Coia esta sexta feria (12 de decembro). Após días parando os traballos que visan colocar un barco de comezos de século na rotonda da rúa Castelao, a veciñanza mobilizouse para expresar o seu "cansazo" ás políticas gobernamentais de Abel Caballero e exixir "os nosos dereitos", afirmaron. Ao berro de "Non pode ser, o barco na rotonda e as familias sen comer" denunciaron "as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas" mais tamén decisións políticas que nada teñen a ver cos intereses da veciñanza "dos barrios" onde "os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos", apuntan no manifesto. Ao igual que reivindicaron ao longo da semana nas sucesivas concentracións que obrigaron a paralizar as obras da rotonda, exixen que os máis de 300 mil euros orzamentados para a colocación do Alfageme sexan destinados a políticas sociais e a proporcionar axuda á veciñanza do barrio. Aliás, advertiron que na segunda feira volverán a frear o traballo d@s operari@s municipais. |
NOS_1229 | Resolve que existen evidencias científicas abondo que certifican o carácter invasor desta especie. | O Comité Científico Estatal de Flora e Fauna Silvestres do Ministerio de Medio Ambiente resolveu por unanimidade tanto dos seus integrantes como dos expertos consultados que existen abondantes evidencias científicas que certifican o carácter invasor do eucalipto, polo que recomendan a súa inclusión no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (RD 630/2013), segundo informa Adega. "Calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización", afirma. "Calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización" O Comité tomou esta decisión após que lle fose solicitada desde o Concello de Teo. Este municipio como algúns outros en Galiza, aprobou o pasado ano unha moción a prol da biodiversidade e contra a eucaliptización que incluía unha solicitude ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiento para a inclusión do eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras. Un acordo que o concello trasladou ao Ministerio (Dirección Xeral. de Calidade e Avaliación Ambiental). Desde Madrid responderon ao concello de Teo que probara o carácter invasor do eucalipto, polo queo municipio solicitou un ditame ao Comité Científico Estatal de Flora e Fauna Silvestres. O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico "nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan". Eis algunhas das razóns: Provocan o empobrecimento das cadeas tróficas, alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo; xeran perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, ou teñen un elevado risco de indendios pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ao eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar. |
NOS_5297 | Mais un ano, a Festa do Avante centrará a actualidade cultural, política e social de Portugal ao longo de tres días, do 7 ao 9 de setembro | Falar da Festa do Avante! é facelo dun evento que desde a súa primeira edición, en 1976, marca o paso con Portugal. O 7, 8 e 9 do vindeiro mes de setembro, o Avante volve ao Seixal para acoller as ducias de milleiros de visitantes que se mergullan nas súas actividades. Portugues@s, si, mais tamén galeg@s, brasileiro@, alemáns e alemás, frances@s, italian@s... Nao há festa como esta! presumen en Portugal. E é certo. "A Festa do Avante! é o espaço com maior índice de fraternidade por metro quadrado existente em Portugal" A programación desta edición xa está pechada e xa foi presentada. Haberá teatro, deporte, cine, ciencia, fotografía e música, moita música, con actuacións que van desde Ana Moura a Peste & Sida, de Shooglenifty a Anti-clockwise, de Diabo na Cruz a Blasted Mechanism, entre moitas outras propostas de case todos os estilos musicais: do fao ao rock, do metal ao folk, do jazz á mestizaxe. "Luta, festa, militância, compromisso" Mais o Avante non é só música, nin moito menos. É moito máis. Todo está preparado para que os diferentes espazos da Quinta da Atalia, no Seixal (Central, internacional, xuventude...) sexan eses tres días de setembro un fervedoiro de propostas, casetas, camaradería, militancia, compromiso, convivencia, diversión... O Avante está organizado polo PCP, o Partido Comunista Português. Por iso, alén de festa hai política, moita política. Da política feita desde os ideais ("o mais belo de todos os ideais: o ideal comunista de liberdade, justiça social, paz, fraternidade, solidariedade" afirman na web da festa). |
PRAZA_9859 | O evento, que se ía celebrar o 30 de abril, foi denunciado polo BNG, que acusaba o rexedor de "tentar mercar a vontade das veciñas e dos veciños" cunha "paparota" pagada con diñeiro público. | O pasado 2 de abril o Concello de Sobrado dos Monxes publicou un bando convidando a todos os veciños e veciñas empadroadas, con idades comprendidas entre os 18 e os 59 anos, a unha Cea de Irmandade que se celebraría no pavillón municipal o 30 de abril. O evento, de balde para os e as asistentes, e polo tanto pagado polo Concello, incluiría unha orquestra. Para asistir, os veciños e veciñas só terían que recoller o seu convite previamente na propia Casa do Concello. O Bando viña asinado, loxicamente, polo alcalde, Lisardo Santos (PSdeG-PSOE).O BNG denunciouno ante a Xunta Electoral, ao entender que a cea "pagada con diñeiro público" incumpría "a todas luces" a "normativa electoral"Pouco despois de publicarse o anuncio, o BNG denunciouno ante a Xunta Electoral, ao entender que a cea "pagada con diñeiro público" incumpría "a todas luces" a "normativa electoral". "O alcalde de Sobrado fai un bando para convidar con fondos públicos, co diñeiro dos veciños e das veciñas, a unha 'paparota' para a xente, en lugar de empregar o diñeiro en servizos e obras moi necesarias que a xente leva tempo demandando e que nestes anos nada fixo por levalas a cabo", do o Bloque.Ante esta denuncia o Concello respondeu que o evento non fora organizado polo consistorio, senón que se trataba dunha "reunión veciñal promovida polos residentes" na localidade. Sobrado dos Monxes ten 1.799 habitantes, dos que 824 teñen entre 20 e 60 anos.Agora a Xunta Electoral de Zona vén de darlle a razón ao BNG, anulando a celebración desta cea e lembrando que a Lei Electoral prohíbe que dende a convocatoria dos comicios ata a súa celebración non pode haber "actos organizados ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteñan alusións ás realizacións ou aos logros obtidos". "Lisardo Santos considera ao Concello de Sobrado o seu cortello e intenta mercar a vontade das veciñas e dos veciños cunha comedela indecente", di o BNGNeste caso a Xunta Electoral conclúe que, malia as alegacións do Goberno local, "é palmario que é o Concello o que se compromeu a organizar o evento". E considera que a cea pode "entenderse como un acto publicitario ou de logros municipais", polo que procede a anular a convocatoria. O Concello de Sobrado decidiu trasladar a Cea de Irmandade para o venres 31 de maio, cinco días despois das eleccións municipais.O BNG felicítase pola anulación e critica o rexedor. "Lisardo Santos considera ao Concello de Sobrado o seu cortello e intenta mercar a vontade das veciñas e dos veciños cunha comedela indecente, para conseguir o seu voto nas próximas eleccións", di a formación. |
PRAZA_13845 | O ex copresidente de Novacaixagalicia evita falar do afundimento das caixas, das indemnizacións millonarias a directivos ou das preferentes, pero defende a vía da arbitraxe. Aclara que non tomou decisións en NCG Banco e asegura que a Xunta nunca facilitou ás caixas a millonaria auditoría de KPMG que avalaba a fusión. Feijóo négao. | Nin autocrítica, nin asunción de responsabilidades nin temas polémicos. O ex director de Caixanova e ex copresidente de Novacaixagalicia avanzou as súas intencións á hora de presentarse ante a Comisión de Economía do Congreso. "Son director xubilado de Caixanova desde hai seis anos e ex copresidente de NCG. Nin como un nin como outro tiven funcións executivas, carecendo de poderes do Consello. Exercín como presidente ou copresidente cun carácter constitucional ou representantivo", dixo. Gayoso empezou a comparecencia aclarando que el non tiña funcións executivas, senón representativas Empezou botando balóns fóra e seguiunos botando durante o seu discurso inicial, no que fixo un repaso en forma de números á actividade de Caixanova desde 2008 e até a súa desaparición, presumindo de xestión e de resultados malia que o obxectivo da comparecencia era coñecer a situación das antigas caixas antes da fusión, así como da entidade resultante. Logo, insistiu: "Eu estiven á fronte de Caixanova, pero non estou no banco nin estou en Caixagalicia. Non teño lexitimidade para falar en nome de Novagalicia Banco". En canto á fusión, aclarou que non estaba el en contra, senón o consello de administración, e lanzou un dardo a Feijóo ao recoñecer que "nunca" tivo no seu poder a millonaria auditoría de KPMG que avalaba a operación. O presidente da Xunta negouno, en declaracións tras o Consello, suxerindo que o ex copresidente de NCG si tiña que coñecer o informe. Gayoso fixo un resumo e defendeu o papel de Caixanova na economía galega e tamén a fusión, que considerou un movemento que "se fixo para apoiar o negocio na rexión, os servizos de banca minorista e a obra social", da que presumiu especialmente. Tamén da escola de negocios da entidade, dos intercambios estudantís ou da creación da Universidade de Vigo. Nin unha soa palabra sobre as preferentes, sobre as indemnizacións millonarias a directivos (polaa que está imputado) ou sobre a situación financeira que obriga a Novagalicia Banco a solicitar máis de 10.000 millóns de euros ao FROB. Porque Gayoso falou como ex director de Caixanova e nunca como copresidente de Novacaixagalicia nin como responsable de calquera cousa que tivese que ver con Novagalicia Banco, do que louvou os seus xestores. Logo, presionado polas críticas dos deputados, pareceu querer falar das preferentes, pero volveu evitalo. "É un tema baixo un proceso xudicial e eu non podo opinar", aegurou, tras recoñecer que "é un problema social enorme" e defender a vía da arbitraxe defendida pola Xunta e Novagalicia Banco. "Pode dar solucións satisfactorias para os clientes e para a entidade e resolver boa parte do problema", sentenciou. Gayoso aclarou que "nunca" tivo no seu poder o informe de KPMG que avalou a fusión Tamén evitou falar sobre as millonarias indemnizacións aos directivos das caixas para volver botar balóns fóra. "É xusto que eu diga que non cobrei nin un euro nin pla miña xubilación, nin nunca. É un asunto que está en mans da Audiencia Nacional e alí ire a explicalo, pero agora non pode facer consideracións". En canto á fusión, Gayoso tampouco quixo "volver abrir en canal o tema", pero aclarou que "quen se opoñía á fusión era o consello de administración" e non el, para a continuación asegurar: "Nunca tiven en poder o informe de KPMG". "A fusión está feita e o que me preocupa a min é que NCG sexa un banco solvente, sólido e capaz", continuou. "Se isto segue así, os valados do Congreso non serán suficientes para protexernos. Haberá que poñer un foso con tabeiróns financeiros", díxolle o socialista Cortizo Nas respostas dos deputados, o galego do PSOE, Miguel Cortizo, foi moi duro con Fernández Gayoso. "Se isto segue así, os valados ou somieres do Congreso non serán suficientes para protexernos. Haberá que poñer un foso con tabeiróns financeiros, que son máis perigosos", aseguroulle o ex delegado do Goberno, tras cualificar a comparecencia dunha "tomadura de pelo". "Acaba de ensanchar vostede a miña confusión ata límites incribles, así como a de milleiros de cidadáns; así que vostede está xubiliado e non ten poderes executivos desde 2006? Pois daquela equivocámonos de persoa", engadiu. "Cuns números tan perfectos, como consta do seu discurso, como se pediron máis de 10.000 millóns ao FROB? As comparecencias nesta comisión están debuxando un mundo feliz", continuou Cortizo, que coincidiu con todos os deputados en criticar as palabras de Gayoso. "Sexa honrado e diga a verdade", pediulle o político socialista, que lle preguntou por que se negaba a fusión e por que a acabou aceptando. Non foron menos críticos o resto de deputados. Desde o PNV tamén se preguntaron, como o resto, que sentido tiña a comparecencia se os xestores financeiros acudían para dicir "que todo era perfecto". "É consciente da percepción dos cidadáns sobre o que vostede di? É unha intervención extraterrícola", aseguroulle Joan Coscubiela, da Izquierda Plural. Olaia Fernández Davila, do BNG, recordoulle que el si que tiña responsabilidades, que se cambiou a Lei de Caixas para que el puidese seguir de presidente e que aceptou o cobro de indemnizacións millonarias por parte dos directivos. Ademais, reprochoulle que non respondera "pregunta ningunha" sobre o que os deputados e os cidadáns queren saber, como o caso das preferentes ou as negociacións para a fusión. "Quen mentiu? O BNG non vén a esta comisión a facer o paripé", aseguroulle. "Expique o das preferentes, o drama que viven os afectados con pequenos aforros fundamentais", engadiu. Até o deputado do PP criticou a Fernández Gayoso por facer "unha laudatio" ao fina da súa carreira. "É como un toureiro que se gusta cando tourea pero erra cando entra a matar", manifestou, logo de dicir que el "é tamén un responsable do desastre financeiro galego". "Pecou dunha extremada codicia en anos de vacas gordas", díxolle, tras criticar as elevadas indemnizacións del e doutros directivos e reclamarlle que "devolvan os cartos ao erario público". Debeu ser unha sensación nova para o ex director de Caixanova, que tivo todo o auditorio en contra. Desde o primeiro até o último dos deputados, que viron na súa intervención inicial "un paripé", "unha tomadura de pelo" ou "unha inutilidade". |
NOS_15296 | O Congreso de elección do relevo de Raxoi ten dúas voltas. A primeira, o voto da afiliación, axendado para o 5 de xullo. A segunda, o voto das e dos compromisarios, no propio congreso, días 20 e 21. Será nesa segunda volta, cos dados da primeira na man, cando o PPdeG determine a quen apoia para tomar as rendas do partido. Así o precisou Feixóo esta quinta feira nunha entrevista na SER. | Feixóo non se vai inclinar a priori por ningunha das opcións en xogo e agarda ao primeiro veredito da militancia. Este só sería definitivo se algunha das candidaturas obtén na primeira volta máis do 50 por cento dos votos, supera a segunda máis votada en 15 pontos ou suma a vitoria na metade das circunscricións. Non é probábel que ningún dos tres aspirantes en teoría mellor colocados -Soraya Sáenz de Santamaría, María Dolores de Cospedal e Pablo Casado- alcancen semellantes limiares, polo que a decisión final ficará en mans das 3.000 compromisarias eleitas tamén ese 5 de xullo -nunha urna distinta- pola militancia. A dúbida de Feixóo en teoría estaría entre Cospedal e Casado, dada a súa coñecida rivalidade con Soraya. Mais esa inimizade política non ten sido feita pública en ningún momento por Feixóo, así que tampouco cabería desbotar unha reviravolta do inquilino de Monte Pío se se der a circustancia de que o voto militante puxese a ex vicepresidenta moi por cima da ex ministra de Defensa. Sería difícil de entender que o PPdeG non apoiase Soraya se esta se impor con clareza na primeira volta. Cospedal é en realidade a favorita de Feixóo, aínda que este se resiste a facelo público. Deixou, si, unha pista sobre as súas preferencias nunha entrevista en RNE, conversa en que evocou que a ex secretaria xeral do PP -deixou o cargo estes días para, dixo, non se prevaler de ningunha vantaxe no proceso congresual- o chamou no seu momento para testemuñarlle o seu apoio se dese o paso -que non deu- a se postular como líder estatal."Eu iso non o podo esquecer, obviamente mais neste momento as urnas están abertas", dixo. E Pablo Casado? Dirixente próximo a José María Aznar, é quen apresentou un maior número de avais ao formalizar a súa candidatura, arredor de 5.000 (Cospedal, por volta de 3.200; Sáenz de Santamaría preferiu non precisar cantos). Todo indica que Casado ten menos apoio orgánico do que Cospedal e menos predicamento entre a militancia do que Soraya, mais a súa baza é a de se apresentar como a única terceira vía posíbel. Ten un contra considerábel: a causa instruída contra el por unha maxistrada polas irregularidades do seu máster. Na eventualidade de dar a surpresa e poñerse en cabeza o 5 de xullo, Monte Pío tería que avaliar se dar o seu respaldo a un candidato sobre o que pesan sospeitas xudiciais. Na súa entrevista en RNE, Feixóo restou importancia ao liderado de Casado na recolla de avais: "3.000, 4.000 ou 5.000 avais no conxunto de persoas con dereito a voto [por volta de 800 mil] non é unha percentaxe importante, aínda que sen dúbida significa que hai 5.000 compañeiros que avalaron Pablo". O resto dos candidatos -José Manuel García-Margallo, José Luis Bayo, José Ramón García-Hernández e Elio Cabanes- non teñen opcións reais. |
NOS_13091 | O desxeo dos glaciares europeos bate récords e os fenómenos meteorolóxicos extremos provocan graves danos, segundo conclúe o avance provisional do Informe sobre o Estado do Clima 2022 da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). | Os efectos visíbeis do cambio climático intensificáronse durante o últimos oito anos, que foron os máis cálidos desde que hai rexistros, e nos cales se observou como a suba do nivel do mar se acelerou, o desxeo dos glaciares europeos bate récords e os fenómenos meteorolóxicos extremos provocan graves danos, segundo conclúe o avance provisional do Informe sobre o Estado do Clima 2022 da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). A OMM publicou este domingo o documento coincidindo coa inauguración da XXVII Conferencia das Partes da Convención Marco de Cambio Climático da ONU na localidade balneario de Sharm-O Sheik, en Exipto. A análise da organización meteorolóxica estima que na actualidade a temperatura media mundial de 2022 superará en 1,15 graos centígrados (entre 1,02 e 1,28ºC) a media térmica do período preindustrial, o comprendido entre 1850 e 1900 e que a media do decenio 2013-2022 superará en 1,14ºC (de 1,02 a 1,27ºC) o valor de referencia da etapa preindustrial. Medran as emisións de gases polo "claro retroceso" da produción enerxética renovábel Ese valor excede mesmo as estimacións realizadas polo Grupo Intergobernamental de Expertos de Cambio Climático da ONU (IPCC), cuxo último informe de avaliación, o sexto, prognosticaba un aumento da temperatura mundial entre 2011 e 2020 de 1,09ºC. "Sinais e consecuencias alarmantes" O documento analiza que os sinais e as consecuencias do cambio climático son cada vez "máis alarmantes" debido a que desde 1993 duplicouse a velocidade de suba do nivel do mar, que aumentou case 10 milímetros desde xaneiro de 2020 e que este ano alcanzou un novo máximo. Isto significa que 10% do incremento do nivel do mar rexistrado a escala mundial desde que comezaron as medicións por satélite hai case 30 anos concentrouse nos dous anos e medio últimos. Os plans actuais dos Estados impiden limitar a 1,5ºC o quecemento global En canto á calor do océano os autores destacan que tamén se alcanzaron niveles récord en 2021, o último ano avaliado, e que os últimos 20 anos a calro nos océanos aumentou a unha velocidade especialmente elevada. O secretario xeral da OMM, Petteri Taalas, advertiu de que canto maior sexa o quecemento, peores serán as consecuencias e engade que os niveis de dióxido de carbono na atmosfera son "tan elevados que apenas poderemos limitar o quecemento a 1,5 °C, o obxectivo menos ambicioso do Acordo de París". "Xa é demasiado tarde para moitos glaciares e o desxeo continuará durante centos, ou mesmo miles de anos, e iso carrexará graves consecuencias para a seguridade hídrica", aseverou Taalas. |
NOS_46340 | A sucesión de Feixoo pon ao descuberto as costuras do PP na Galiza. | Alberto Núñez Feixoo prepárase para cumprir esta fin de semana o soño de toda unha vida. O aínda mandatario galego será nomeado presidente dos populares no congreso de Sevilla porén deixa a formación na Galiza nunha situación de interinidade e de marcada división interna entre as familias. A batalla pola sucesión de Feixoo xa se dá por descontada no debe do partido para os próximos meses. A primeira xornada do congreso dos populares cinxiuse ao guión. Agás José María Aznar, a quen a Covid non o deixou participar no conclave e tivo que intervir por videoconferencia, na sesión de tarde sucedéronse os discursos dos pesos pesados da formación, comezando polo presidente andaluz, Juan Manuel Moreno Bonilla, e rematando polo candidato á presidencia do partido, Alberto Núñez Feixoo. Entre eles Mariano Raxoi, o presidente saínte, Pablo Casado e a totalidade dos baróns territoriais, toda unha mensaxe de quen mandará no PP no vindeiro período. Feixoo comezou pagando favores a aqueles dirixentes que o apoiaron no asalto á presidencia do PP. Neste sentido, explícase a designación como coordinador xeral da formación do portavoz do Goberno andaluz, Elías Bendodo, man dereita de Juan Manuel Moreno Bonilla, unha persoa chave no derrocamento de Casado. Feixoo quer membros do seu Goberno na directiva do PP español Agárdase que Feixoo reserve no comité de dirección do partido a súa cota ás propostas do presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e da mandataria madrileña, Isabel Díaz Ayuso. A este respecto, dáse por feita a presenza no mesmo de Alfonso Serrano, portavoz do PP na Asemblea de Madrid. O relevo na Galiza A cabeza da maioría dos membros da delegación galega presente en Sevilla estaba na Galiza e máis concretamente no complicado proceso de relevo de Feixoo que teñen por diante. Tanto é así que o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado dedicou as súas primeiras palabras a sinalar que a formación "tomará decisións a partir da próxima semana", farao "sen apuros, sen présas" e con garantías de manter "a estabilidade" até o remate da lexislatura. "Resolvamos a cuestión como o fagamos, o PPdeG seguirá sendo garantía de estabilidade e gobernabilidade", concluíu Tellado, a quen algunhas fontes sitúan con Feixoo en Madrid. Os populares asumen que se abre un período conflitivo para o partido na Galiza. A este escenario, contribúe a resistencia de varios dirixentes territoriais a aceptar o proceso de sucesión deseñado polo círculo de Feixoo, a vontade de conseguir cotas de poder no futuro Executivo galego e as dúbidas que suscita Alfonso Rueda como novo líder do PP na Galiza. Unha parte da organización acusa o actual vicepresidente da Xunta de carecer de tirón electoral e preséntano como un candidato perdedor. A estrutura organizativa do PP galego teme que un conflito no proceso de recambio de Feixoo pase factura nas eleccións locais, os comicios onde a formación consegue os peores resultados electorais e que van ser chaves para Feixoo polo seu carácter de primarias das eleccións estatais de 2024. Casado renuncia ao escano no Congreso dos Deputados As intervencións máis agardadas da primeira xornada do congreso dos populares eran as de Pablo Casado e Alberto Núñez Feixoo. O presidente saínte cualificou o seu último mes á fronte do partido de "agridoce, que comezou cun sentimento de inxustiza superado logo por un de profunda gratitude". Pablo Montesinos: "O Estado español perde un gran presidente do Goberno, que é Pablo Casado" Afirmou que "eu sempre dixen a verdade, custase o que custase, enfrontáseme a quen me enfrontase" e confirmou a súa renuncia ao escano, porque "o mellor é dar un paso a un lado". Pola súa parte, Núñez Feixoo significou que "subín esas escaleiras como consecuencia de 30 anos de entrega persoal e profesional, e de 20 anos de militancia política (...) estou moi orgulloso do meu partido. Percíbovos consciente da nosa responsabilidade, porque estamos xuntos". |
NOS_46283 | Washington anunciou esta quinta feira que deixa a organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Os EUA dan este paso cando a UNESCO ten de nomear a súa próxima lideranza e soan para a súa dirección xeral varios candidatos musulmáns. | Nova decisión controvertida da Administración Trump e novo aceno de claro aliñamento da potencia imperial co Estado sionista. Os EUA abandonarán a finais de decembro a UNESCO e nun comunicado do Departamento do Estado ligan esta decisión ao pretenso "escoramento" desa organización de Nacións Unidas a prol das teses palestinianas e contra os intereses de Israel, aliado preferente dos EUA en Oriente Próximo. Washington alega tamén que a UNESCO precisa dunha "reforma fundamental na súa organización" e de saneamento económico polas súas "crecentes débedas". A directora xeral da Unesco, a búlgara Irina Bokova, expresou o seu "profundo lamento" por esta decisión da Administración Trump. Fontes diplomáticas sinalan que un dos desencadeantes do abandono norteamericano da UNESCO sería a inclusión da cidade de Hebrón, na Cisxordania ocupada ilegalmente por Israel, na lista de patrimonio mundial en risco que elabora esta organización das Nacións Unidas, unha catalogación que Tel Aviv percibiu como unha agresión aos 200 colonos israelitas que moran nesa urbe. As relacións entre os EUA e a dirección xeral da UNESCO ficaron xa moi deterioradas cando, en 2011, a axencia da ONU recoñeceu Palestina como estado membro. Nese momento, Israel declarou a guerra á equipa dirixida por Irina Bokova -que conclúe mandato ao final deste ano-, a criar o caldo de cultivo que acabou por levar os EUA a abandonar a organización. Washington, en todo caso, manterá a partir de 2018 un estatus de estado observador. |
NOS_42939 | Desaloxa Dolors Sabater, que desde as eleccións de 2015 lideraba un goberno do que facían parte Guanyem Badalona, ERC e ICV-EUiA. | O bloque do 155 –PP, PSC e Ciudadadanos- sumou forzas en Badalona, a terceira cidade catalá (220.000 habitantes) para despexar da alcaldía a Dolors Sabater e poñer como rexedor o até de agora portavoz socialista, Àlex Pastor. Sabater gobernaba desde as eleccións de 2015 un goberno do que facían parte Guanyem Badalona, ERC e ICV-EUiA. Foron tres horas de pleno extraordinario. O PP xogou a manter a tensión até o último minuto, mesmo pedindo un receso para decidir que votar. Mais ninguén dubidaba, embora a teatralidade de Albiol (exalcalde de Badalona e portavoz do PP -10 concelleiros-) por facerse de rogar que apoiarían o candidato do PSC (3 edís). Un paso que tamén sumou o Cs -1 concelleiro-. Así pois, os partidarios da moción sumaron 14 edís fronte 12 en contra e 1 abstención. O novo alcalde, Àlex Pastor, defendeu a moción por "responsabilidade" e para, dixo, poñer o Concello en mans "dos cidadáns". "Badalona non é independentista e a alcaldesa actuou como se tivese unha maioría que non ten ni nesta sala nin na cidade". Dolors Sabaté, de por parte, reprochou ao PSC que "traizoe" o seu programa electoral para "facer o xogo" a García Albiol e "abrir as portas" ao PP. |
NOS_2829 | No vindeiro mes de xuño chegará ás librarías de todo o país o libro Os restos do franquismo en Galiza. Escrito por Manuel Monge, está editado por Laiovento e conta coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, así como de historiadoras, investigadoras, presas políticas, xornalistas, asociacións memorialistas, culturais e entidades de todo tipo "que informan e mobilizan á cidadanía". | No vindeiro mes de xuño chegará ás librarías de todo o país o libro Os restos do franquismo en Galiza. Escrito por Manuel Monge, está editado por Laiovento e conta coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, así como de historiadoras, investigadoras, presas políticas, xornalistas, asociacións memorialistas, culturais e entidades de todo tipo "que informan e mobilizan á cidadanía". Actualizado até marzo de 2020, xa coa chegada do Coronavirus, recolle tamén no seu interior todas as distincións e rúas que ten o rei Juan Carlos na Galiza, "que moi pouca xente pode defender hoxe despois de coñecer novos casos de corrupción da monarquía Borbónica". Na capa presenta unha fotografía do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, realizando o saludo fascista, unha imaxe de alto impacto que "resume moi ben os restos do franquismo e a necesidade da recuperación da memoria histórica", sinala o autor, que sostén que hai que entender eses restos do franquismo que dan nome ao libro "dun xeito amplo, non limitado á simboloxía franquista, porque a supervivencia do franquismo ten múltiples manifestacións. Que o ministro da ditadura Rodolfo Martín Villa, por exemplo, teña hoxe a Medalla de Ouro de Galicia, é unha vergoña para Galiza e unha clara expresión dos restos do franquismo". O seu obxectivo é contribuír "a que todas as organización políticas tomen un pouco máis en serio a eliminación desta simboloxía e actúen cun mínimo de coherencia. Se unha alcaldía do PSOE retira en Ferrol en 1981 a rúa Salgado Torres (falanxista e represor) non podemos ter a esa mesma persoa na Coruña dando nome a unha avenida e a un colexio". |
PRAZA_14848 | Magnolias para Marías, que sae nos medios dicindo cousas como que un autor non debe refuxiarse nunca baixo o paraugas das institucións, engade que aceptar o premio sería unha falta de vergoña, comprométese a non aceptar tampouco o Cervantes se no futuro llo conceden, cando é un dos candidatos máis claros e así asegúrase que non llo van conceder nunca, e suxire que o ministerio destine os cartos do premio a dotar as bibliotecas públicas. | Veño de ler unha noticia inaudita que pouca xente comenta. O escritor Javier Marías acaba de rexeitar o Premio Nacional de narrativa. Non é o primeiro caso, certo, nin sequera é a primeira ocasión en que el mesmo o fai, pero si a de maior transcendencia. A nivel mundial o caso máis coñecido fora o de Sartre co Nóbel, no cinema o de Woody Allen coa Academia de Hollywood. Entre nós, seguramente me falla a memoria porque só son quen de lembrar o de Agustín Fernández Paz nos defenestrados Premios Nacionais da Cultura en 2009. O escritor Javier Marías acaba de rexeitar o Premio Nacional de narrativa. Non é o primeiro caso, certo, nin sequera é a primeira ocasión en que el mesmo o fai, pero si a de maior transcendencia Dirán polo baixo os que agora calan que Javier Marías non precisa os cartos, que é un fillo de seu pai e os 35.000 euros que deixa de gañar son para el catro cans. Non o sei. Dirán aínda os máis rastreiros que a perda en diñeiro se compensa coa xogada mediática e que uns teñen unha maneira de saciar a vaidade e sacar a cabeza e outros teñen outra pero todas veñen dar no mesmo, son estratexias. Unha merda! Pólvora para estes ananos e magnolias para Marías, que sae nos medios dicindo cousas como que un autor non debe refuxiarse nunca baixo o paraugas das institucións, engade que aceptar o premio sería unha falta de vergoña, comprométese a non aceptar tampouco o Cervantes se no futuro llo conceden, cando é un dos candidatos máis claros e así asegúrase que non llo van conceder nunca, e suxire que o ministerio destine os cartos do premio a dotar as bibliotecas públicas. Que contraste coa maioría que, aquí e acolá, mendiga unha ponencia nun congreso inútil no inútil Gaiás, unha cadeira nunhas xornadas ou nun simposio sobre un clásico, un convite a Frankfurt ou a Buenos Aires... Que contraste coa maioría que, aquí e acolá, mendiga unha ponencia nun congreso inútil no inútil Gaiás, unha cadeira nunhas xornadas ou nun simposio sobre un clásico, un convite a Frankfurt ou a Buenos Aires... Debo recoñecer que Javier Marías non é un dos meus referentes literarios. É máis, tiven a oportunidade de tratalo persoalmente e non é un home co que me entendese marabillosamente: demasiado à la Henry James. Se as institucións en xeral merecen ser ignoradas polos artistas, as que hoxe gobernan en España máis, e as que gobernan en Galiza esgotan todos os cualificativos Se as institucións en xeral merecen ser ignoradas polos artistas, as que hoxe gobernan en España máis, e as que gobernan en Galiza esgotan todos os cualificativos. Un artista galego que acepta homenaxes, favores e palmexadas do presidente ou do cacho-consellería de cultura, argumentando que os poderes públicos representan ao país e non unha ideoloxía concreta e bla, bla, bla... é un artista de corte, un bufón sen gracia, un mantido sen "valor" nos dous sentidos do termo. O compromiso do cidadán é social e político, maniféstase no grao e na dirección da súa implicación nos conflitos da comunidade. Pola contra o compromiso do artista consiste xustamente no que fixo Marías, en rexeitar o contacto e a protección das institucións Pero é que Javier Marías non rexeita a quen ocupa as institucións na actualidade por carcas, rexéitaas todas! O cal confunde ao público e aos seus colegas en grao sumo. Por unha parte o seu atrevemento suscita admiración, pola outra receo. A institución desairada maldíceo en privado pero se cadra non tanto coma o fan os seus compañeiros de oficio. Que pretende? Non podemos responder a iso pero parécenos que o seu xesto é unha das mellores mostras do compromiso do artista que vimos hai tempo. O compromiso do cidadán é social e político, maniféstase no grao e na dirección da súa implicación nos conflitos da comunidade. Pola contra o compromiso do artista consiste xustamente no que fixo Marías, en rexeitar o contacto e a protección das institucións. Chapeau. |
NOS_23466 | O IV Foro Labrego de Agroecoloxía analiza a relación entre agricultura e cambio climático ademais de observar as respostas que os poderes públicos e as propias labregas están a deseñar e a poñer en práctica. | Organizado pola Asociación Herbamoura, co apoio do Sindicato Labrego Galego (SLG), o IV Foro de Agroecoloxía aborda por vez primeira a crise de emerxencia climática desde o punto de vista da actividade agrícola. A agricultura climaticamente intelixente pode pór en perigo a pouca terra agraria que nos queda e facernos máis dependentes da produción de alimentos. Na apertura do encontro, a secretaria xeral do SLG amosouse desconfiada diante das solucións agrícolas que se están a propor para Galiza, como a denominada "agricultura climaticamente intelixente", que nos fará aínda máis dependentes da produción de alimentos, ou a captura de carbono en sumidoiros, que podería "facer perigar a pouca terra agraria" que queda no territorio. Neste sentido, Isabel Villalba avogou pola agroecoloxía, xa que, segundo estudos facilitados por Amig@s da Terra aínda inéditos, "a agricultura ecolóxica consome 50% menos de enerxía que a convencional e entre un 46 e un 66% menos de emisións de gases con efecto invernadoiro". Saberes tradicionais Doutra banda, expertas defenderon a necesidade de recuperar e conservar os coñecementos tradicionais en materia de sementes, a fertilidade dos solos agrarios ou o apoio "e mesmo a substitución dos motores mecánicos pola forza animal; pero enriquecidos polos avances científicos e polo propio coñecemento e experiencia persoais nun escenario sempre cambiante". Cómpre recuperar os coñecementos tradicionais en materia de sementes, fertilidade dos solos e o uso da forza animal. Fronte a agricultura climaticamente intelixente salientaron o apoderamento dos labregos e labregas galegas para facer súa a produción sostíbel de alimentos. Políticas contra o cambio climático Canto as políticas de loita contra o cambio climático, Begoña de Bernardo, presidenta de Véspera de Nada, cuestionou "un sistema económico que depreda recursos e queima combustíbeis fósiles" co único "obxectivo de seguir medrando"; e que ademais, afirmou, "sustenta o benestar dunha minoría de países en base ao empobrecemento da maior parte do planeta". A ex eurodeputada Lidia Senra cuestionou o labor da Unión Europea por non recomendar medidas que diminuirían drasticamente a emisión de gases con efecto invernadoiro, como "a redución do comercio internacional" ou a proliferación de "sistemas agroalimentarios sostíbeis". A única solución efectiva, subliñou "pasa por un cambio no modelo de produción e de consumo dominante e por unha transición seria cara á agroecoloxía". |
NOS_30260 | O Festival de Cans chega a súa ducia sen parar de se renovar. Un novo programa con moito cine, unha ampla proposta musical, novas iniciativas e toda a veciñanza xa en acción para que do 20 ao 23 de maio, a aldea máis cinematográfica do país sexa "invadida" polo mundo do audiovisual. | Unha ducia de ovos, como recén saídos do galiñeiro, son a imaxe do cartaz do XII Festival de Cans que se desenvolverá do 20 ao 23 de maio nunha aldea no que os chimpíns están xa a punto para non parar de circular durante os tres días nos que se converten na capital do audiovisual galego. Nesta edición, inauguran seccións e espazos como os Concertos na Placa, o Muro dos Chimpíns ou o programa infantil "MiniCans". Desta volta, Cans continúa cos seus sinais de identidade e coa oferta dun programa con máis de medio cento de actividades no que non faltan as novidades, entre elas, un gorentoso programa infantil para que o grupo de "fieis" ao festival aumente e cada vez con menor idade. Para coñecer o Festival máis rural do audiovisual compre familiarizarse co seu vocabulario, distinguir o torreiro dos galiñeiros, montar en chimpín, moverse con soltura por carreiros e corredoiras e posuír unha chisca de "aglogamour" mais, neste último caso, de non ter, Cans é bo sitio para conseguilo. José Luís Cuerda, director con estrela Moitas propostas e tamén nomes coñecidos nesta nova edición na que José Luís Cuerda protagoniza o coloquio na Leira de Alicia e colocará unha das novas estrelas no Torreiro, canda Javier Gutiérrez, gañador do Premio Pedigree´15. Non será xa, a partir deste ano, o único "paseo da fama" de Cans xa que a organización inaugurará o Muro dos Chimpíns, co finde que os Premios Pepe Puime quedan tamén inmortalizados na aldea. O veciño Juan Rivas será de quen quede pegada no primeiro deles. Máis novidades? Pois o MiniCans, un programa con proxeccións e actividades para a cativada, os Concertos na Placa, que nesta primeira volta terá como protagonista a Luar na Lubre ou a nova sección "Rebobinado" á que chegará A Esmorga da man de Ignacio Vilar, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira. A concurso irán 19 curtas e 20 clips finalistas que participarán na sección oficial e que formarán parte tamén do programa de Cans no que se proxectará a longametraxe "A cambio de nada", de Daniel Guzmán, premiada no Festival de Málaga, estrearase o filme Meigallos, de Virginia Curiá, ; e o documental Torre de Breoghán, de Jorge Coira, precederá o concerto de Luar na Lubre no festival. As mans da veciñanza "Competirán polo Can de Pedra vellos amigos de Cans como Ángel Manzano e tamén haberá tempo de descubrir novos e prometedores realizadores/as como Carlos Martínez-Peñalver Mas ou Alejandra Sotelo", sinalou o director do festival Alfonso Pato. "Veremos as primeiras imaxes das primeiras longas de cineastas que amosaron as súas curtas en anteriores edicións de Cans",engadiu, "como Dani de la Torre ou Simón Casal. Tamén haberá gratos descubrimentos cruzados polo vaivén do éxodo, como o vigués afincado en Londres Pablo Romero - Fresco ou o chileno afincado en Vigo Cristóbal Arteaga".As entradas do festival están xa á venda e as indicacións pódense atopar na súa páxina web. "Sen os veciños isto non é posible", destacou a presidenta de Arela, Keka Losada, organizadora do Festival nunha intervención na que se emocionou ao contar ao lle ir a dar o pésame a familia de Carme, unha veciña colaboradora falecida a pasada semana, o fillo e o neto dixéronlle que contara coa súa casa porque era ese o desexo da avoa. |
PRAZA_8715 | Vendeu parte dos seus títulos a un prezo tres veces menor ao que tiñan no momento no que se suspendeu a cotización e modificou a man a data de notificación, segundo a CNMV. | Outra vaca no millo. O ex conselleiro e accionista de Pescanova, Alfonso Paz-Andrade, vendeu no pasado mes de febreiro 150.392 accións por un importe de 2,55 millóns de euros, rebaixando así a súa participación na compañía ata pouco máis do 3%, segundo se desprende dos rexistros da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Paz-Andrade vendeu tres paquetes de accións entre o 22 e o 27 de febreiro A sociedade Nova Ardara Equities, controlada maioritariamente por Paz-Andrade, foi a que vendeu tres paquetes de accións entre o 22 e o 27 de febreiro e a un prezo que foi dos 16,53 aos 17,07 euros por título. Xa na primeira operación, vendeu case 100.000 accións a 17,07 euros, para logo desfacerse de 25.000 por algo menos de diñeiro e outras 25.000 máis o 27 de febreiro a un prezo de 16,53. O empresario vendeu os títulos a un prezo tres veces superior ao do momento da suspensión da cotización da compañía A través desta operación, Paz-Andrade vendeu parte dos seus títulos en Pescanova a un prezo superior ao que estaban cando lle foi suspendida a cotización pola CNMV o 12 de marzo. Daquela, as accións intercambiábanse xa a 5,91 euros por acción, case tres veces menos. O caso é aínda máis sospeitoso se se repara na comunicación remitida á CNMV, onde figura como data de notificación o 28 de febreiro, unha data que sae riscada a man e sobre a que se le, tamén a man, 26 de abril de 2013. Paz-Andrade modificou a man da data de notificación e podería ter vulnerado a normativa Alfonso Paz-Andrade seguiu así o camiño marcado polo presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, que vendeu unha gran cantidade de accións hai uns meses, pero que tampouco comunicou o movemento nas súas participacións no prazo de catro días hábiles bolsistas, tal e como marca a Lei de Mercado de Valores. Tanto un como o outro poderían ter vulnerado a normativa. |
NOS_2224 | A Xunta incluíu no decreto de actualización de medidas para a contención da Covid-19, que entrou en vigor a pasada medianoite, a posibilidade de cruzar "sen ningunha restrición" territorios que estean fechados para realizar desprazamentos permitidos a municipios no mesmo nivel. | Aínda que esta posibilidade xa fora incluída con anterioridade e deuse por feito verbalmente, a Xunta decidiu recollelo explicitamente no último decreto de medidas publicado no DOG, onde se indica que "non estará sometida a ningunha restrición a circulación en tránsito" a través dos fechamentos perimetrais, sempre que o destino final estea entre os permitidos. Isto aplícase tanto para os fechamentos municipais por alta incidencia ou por área sanitaria vixentes como ao propio fechamento perimetral da Galiza, se é necesario vulneralo para acceder a un concello cuxa mobilidade está permitida. Soutomaior, o único fechado A maiores, o decreto publicado no DOG ratifica os fechamentos e mobilidade acordados polo comité clínico da terza e que están vixentes desde esta sexta feira. Con iso, o único municipio fechado perimetralmente é de Soutomaior, onde a hostalaría debe permanecer fechada ao publico e as reunións limítanse a conviventes. Así mesmo, continúan fechadas perimetralmente a totalidade das áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra, cuxos concellos só teñen mobilidade entre eles. Nestas áreas a hostalaría só pode abrir en terraza ao 50%, até as 18 horas, e as reunións limítanse a catro persoas, conviventes ou non. Neste mesmo nivel alto quedan os concellos de Cariño, Tordoia e Porto do Son; os de Guitiriz, Lourenzá e Pobra do Brollón; os de Mos, Mondariz e Pazos de Borbén e o de Boborás. Neste caso, a mobilidade está permitida só entre eles. Finalmente, o resto dos concellos galegos queda no terceiro nivel, con restricións de carácter medio, que permiten unha capacidade do 30% no interior de bares, restaurantes e cafetarías e do 50% nas terrazas -até as 18 horas. Así mesmo, está permitida a mobilidade con concellos no mesmo nivel e reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas. Entre outros municipios, a este nivel incorpóranse a da área sanitaria de Ferrol, que até agora permanecía fechada perimetralmente pola presión UCI. O decreto do DOG, con erros O decreto publicado no Diario Oficial de Galiza -e que entrou en vigor a medianoite- incorría, no entanto, nalgún erro na listaxe de municipios incluídos en cada nivel de mobilidade. Con todo, desde a Consellaría de Sanidade precisaron que se corrixirán noutra publicación esta sexta feira e que a mobilidade quedará tal e como se anunciou. |
NOS_19303 | As táboas do Teatro Principal e do Auditorio da Galiza acollen até o vindeiro 4 de xuño o certame de artes escénicas A escena!, que na súa edición de 2020 aposta pola produción de compañías orixinais galegas e por unha óptica feminina a través dos programas EscenaGz e Territorio das Mulleres. | O programa de artes escénicas compostelán Á escena!, que contará cun total de 36 funcións de 27 compañías diferentes de danza, teatro e circo no Teatro Principal de Santiago e o Auditorio da Galiza até o vindeiro 4 de xuño, arrincou durante a xornada de onte coa representación de O Montacargas, de Ainé Producións & Acusmaser. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a intención de "fomentar a difusión" dos creadores galegos e de "polos en contexto e relación con creadores do resto do Estado", de forma que unha das liñas temáticas do programa é EscenaGZ, con compañías orixinais galegas. Outra da temáticas que se destacaron é a de Territorio das Mulleres, na que se enmarcan obras que tratan desde a opresión da muller como A conquista da escola de Madhubaia -de Teatro do Atlántico- ou Jauría -de El Pavón Teatro Kamikaze- até a falta de liberdade en contextos familiares e pechados que propoñen Marelas Produciones con Liberto, Una hora menos con Ana ou a compañía Entrecajas coa obra Mrs. Dalloway. O proxecto estrea tres obras: O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Spotlight, primeira produción da compañía de danza Can Cun Quinqué; e O mozo da última fila, de Redrum Teatro. Ademais, debuta na Galiza a obra Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Tanttaka Teatroa, coa participación de José Sacristán con Señora de Rojo sobre fondo gris e Aitana Sánchez Gijón con Juana, da man de Teatro Español e a compañía de danza Losdedae, entre outros moitos. Por outra banda, o programa conta con espectáculos dirixidos á familia e unha nova proposta chamada #posfunción, na que membros do equipo técnico e artístico de trece compañías debaten sobre a obra e a súa temática unha vez finalizada.O programa de artes escénicas compostelán Á escena!, que contará cun total de 36 funcións de 27 compañías diferentes de danza, teatro e circo no Teatro Principal de Santiago e o Auditorio da Galiza até o vindeiro 4 de xuño, arrincou durante a xornada de onte coa representación de O Montacargas, de Ainé Producións & Acusmaser. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a intención de "fomentar a difusión" dos creadores galegos e de "polos en contexto e relación con creadores do resto do Estado", de forma que unha das liñas temáticas do programa é EscenaGZ, con compañías orixinais galegas. Outra da temáticas que se destacaron é a de Territorio das Mulleres, na que se enmarcan obras que tratan desde a opresión da muller como A conquista da escola de Madhubaia -de Teatro do Atlántico- ou Jauría -de El Pavón Teatro Kamikaze- até a falta de liberdade en contextos familiares e pechados que propoñen Marelas Produciones con Liberto, Una hora menos con Ana ou a compañía Entrecajas coa obra Mrs. Dalloway. O proxecto estrea tres obras: O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Spotlight, primeira produción da compañía de danza Can Cun Quinqué; e O mozo da última fila, de Redrum Teatro. Ademais, debuta na Galiza a obra Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Tanttaka Teatroa, coa participación de José Sacristán con Señora de Rojo sobre fondo gris e Aitana Sánchez Gijón con Juana, da man de Teatro Español e a compañía de danza Losdedae, entre outros moitos. Por outra banda, o programa conta con espectáculos dirixidos á familia e unha nova proposta chamada #posfunción, na que membros do equipo técnico e artístico de trece compañías debaten sobre a obra e a súa temática unha vez finalizada. |
NOS_9180 | Pontevedra acollerá do 13 ao 16 de maio actuacións de solistas e conxuntos de diferentes traxectorias e estilos que apostan por se expresar no idioma propio. Actuacións ao vivo, gratuitas e en diferentes localizacións da cidade. | Antón Reixa chamaba -aló polos principios dos 90- a fundar unha Internacional de grupos que "cantamos en raro", unha federación inter-solidaria de conxuntos que se expresaban en linguas 'minorizas' fose esta o galego, o euscaro, o gaélico ou o tamazight. A idea non prosperou, o mundo cambio abondo mais cantar en galego segue a ser -para moit@s- cantar "en raro". Para rachar con iso naceu o Galegote en Pontevedra, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística e que este ano chega á súa IV edición. O Galegote deste 2015 decorrerá do 12 ao 16 de maio e permitirá gozar nos escenarios de cantantas e grupos de estilos distintos e variados: De Narf e Caxade a Superoito e Martelo, pasando polo Leo i Arremecaghoná e Os Amigos dos Músicos. O jazz terá o seu protagonismo con David Regueiro Swingtet. Querido extraño e Mike Grelo conforman a representación local. Ademais, dous grupos portugueses (The birds are indie e A Jigsaw) súmanse a esta quinta edición, que decorrerá en diferentes emprazamentos da cidade e será con carácter gratuíto para así achegar a música en galego ao maior número de persoas posíbeis. Sala Karma, El Pequeño, Cervecería Trueque, La Gramola, O Grifón, Lusco e Fusco, ademais da Praza de Méndez Núñez e a de Cinco Rúas serán os escenarios da iniciativa. |
NOS_11029 | A central nacionalista realizará mobilizacións en diferentes cidades e localidade no Día internacional da clase traballadora para tirar a careta "á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben". | 'Contra a pobreza, emprego e salarios dignos' é o lema co que a CIG chama a este 1º de Maio, unha data na que a central nacionalista realizará manifestacións e mobilizacións en diferentes localidades de Galiza. "Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega", recoñece a Confederación Intersindical Galega. Para a CIG, "a dura realidade que a día de hoxe padecemos as e os traballadores" reflíctese en dados: 195.300 postos de traballo destruídos desde o ano 2007; cifras históricas de desempregad@s con 275.800 persoas no paro; perda de poboación activa en idades entre 20 e 39 anos; perda de emprego fixo e a xornada completa, substituído por emprego temporal e a tempo parcial; redúcense os salarios e aplícase unha política fiscal que favorece ás rendas máis altas, o medre económico de Galiza é inferior á media do Estado; destrúese unha parte importante do noso tecido produtivo en sectores básicos como o agrogandeiro, pesqueiro, naval ou eólico.... Esta situación é consecuencia, para a central nacionalista, dunhas políticas económicas e laborais determinadas e "promovidas desde a Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional, executadas obedientemente no Estado español polo PP,".. |
NOS_9755 | A iniciativa surge de um grupo de docentes pertencentes à lista de professorado substituto de Língua Galega e Literatura | A DPG ( Associação de Docentes de Português na Galiza) vem de iniciar uma campanha para a melhora das condições e qualidade do ensino da língua portuguesa na Galiza. Em colaboração com um grupo de docentes do ensino público galego vem esta campanha procura a sensibilização e denúncia das "condições de precariedade laboral e má gestão em que se encontra atualmente o ensino da língua portuguesa na Galiza". A iniciativa surge de um grupo de docentes pertencentes à lista de professorado substituto de Língua Galega e Literatura "que considera injusto e prejudicial para a qualidade educativa a prática que a administração educativa galega vem desenvolvendo quando é preciso cobrir uma substituição de língua portuguesa no secundário (e até nas escolas de línguas) recorrendo, uma vez esgotada a listagem específica de português para EOI, à listagem de Língua Galega e Literatura do secundário por ordem de posição nas listagens sem ter em consideração se a pessoa tem formação, comprovada e colocada no seu expediente, na matéria". Perante isto decidiram escrever uma reclamação e apresentá-la à administração com entrada no seu registo. A campanha de consciencialização e denúncia faz-se através de uma ação pública entre os agentes afetados e envolvidos, através do envio de informação aos centros educativos, associações de pais e mães dos centros, documento para os docentes substitutos de adesão à denúncia originária, entre outros. Tamén recolhida de assinaturas. |
NOS_7746 | O exército israelí di que os bombardeos forman parte dunha operación contra o terrorismo da Yihad Islámica. | O Goberno de Israel levou a cabo na tarde desta sexta feira unha serie de bombardeos contra diversas poboacións da Franxa de Gaza, que deixaron, cando menos, oito falecidos e máis de 40 persoas feridas. Desgarrador: Israel asesina a una niña palestina de 5 años en la Franja de Gaza ahora. pic.twitter.com/7TIsPuCxhr— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) August 5, 2022 Así o denunciou o Ministerio de Sanidade de Gaza, que nun primeiro momento notificara sete pasamentos, contabilizándose un oitavo momento despois. "O número de mártires aumentou a sete, incluída unha rapaza de cinco anos, como resultado dunha agresión israelí contra a Franxa de Gaza", explicaba a autoridade sanitaria no seu Twitter. GENOCIDIO: Israel bombardea un edificio en la Franja de Gaza y asesina a 8 palestinos entre ellos una niña de 5 años. pic.twitter.com/VBkeIgC0lj— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) August 5, 2022 Tal e como se pode apreciar nas imaxes tomadas polas propias forzas militares de Israel, varios proxectís lanzados colisionaron directamente contra un bloque de vivendas, que rematou por colapsar. Israel detén no seu domicilio o gobernador palestino de Xerusalén Fai apenas catro días, o 1 de agosto, as autoridades israelís apresaron o gobernador palestino en Xerusalén, Adnan Ghaith, no seu domicilio no barrio de Silwan, sen que se desen a coñecer os motivos da detención, a número 17 desde que Gaith asumiu o cargo en 2018. Operación contra o terrorismo Pola súa parte, as Forzas de Defensa de Israel (FDI) xustificaron o bombardeo afirmando que se trata dunha operación contra o terrorismo da Yihad Islámica, no marco dunha redada que Israel realizou en Cisxordania a comezos de semana, e na que foi asasinado un adolescente palestino. Segundo o exército israelí, a operación de bombardeo, nomeada Amencer, resultou na morte do comandante das forzas militares da Yihad Islámica Taisir al Jabari. O seu falecemento foi confirmado pola propia milicia. TERRORISMO: Israel bombardea la Franja de Gaza y asesina a 8 palestinos entre ellos una niña de 5 años. pic.twitter.com/gi9cnE7Y08— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) August 5, 2022 Aliás, as FDI contabilizan "entre dez e vinte terroristas mortos" en seis zonas distintas da Franxa de Gaza. O primeiro ministro de Israel, Yair Lapid, e o titular de Defensa, Benny Gantz, aseguraron nun comunicado conxunto que "non permitirán que os grupos terroristas diten a axenda nas localidades e fronteiras israelís". |
NOS_47951 | A iniciativa, pioneira no Estado, está impulsada pola Federación Galega de Fútbol (FGF) e esta tempada será de probas. | A Federación Galega de Fútbol (Futgal) activa esta tempada a Quiniela Galega, unha iniciativa pioneira no Estado , que consta dunha aposta semanal sobre 13 partidos, un bote acumulábel nun partido adicional (sistema jackpot) e unha aposta a maiores para os nove primeiros partidos. Cada boleto inclúe 9 encontros da Terceira Galega, 2 partidos da 1ª Feminina e dous partidos de Preferente. O proxecto foi elaborado polo Grupo de Investigación GEN, un equipo internacional de máis de 50 economistas con base no campus de Ourense da Universidade de Vigo. Segundo as estimacións de GEN, o sistema pode xerar entre 2,4 e 10,2 millóns de euros anuais en ingresos A quiniela ponse en marcha cun período de probas na temporada 2016-17 para se consolidar na seguinte campaña como unha quiniela popular, cun prezo de 0,50 euros a aposta. A súa primeira fase na tempada 2016-17, coa parte do traballo adicada a ensaios e probas reais cos apostantes (sen premios en metálico), fixación de prezo, creación e rexistro de marca. Na tempada 2017-18 comezará a aposta como producto online e boleto físico, para chegar a todos os públicos, e iniicarase o procedemento de recadación e reparto de premios. Segundo as estimacións de GEN, o sistema pode xerar entre 2,4 e 10,2 millóns de euros anuais en ingresos, en función do prezo que se fixe para o boleto, a súa implantación e éxito no mercado. O sistema está pensado para actuar directamente sobre o posicionamento das marcas dos clubes galegos e tamén potenciará o fútbol feminino, que será incluido por vez primeira nun sistema reglado de apostas. A Quiniela Galega foi presentada polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen subliñou que a iniciativa "é toda unha innovación no mundo do fútbol, permitiranos obter recursos, aproveitar os recursos dos que agora mesmo só se benefician as casas de apostas e poñer o fúbol galego na vangarda de proxectos pioneiros". |
NOS_51314 | [ACTUALIZADA ÁS 22h] Regresan as seleccións nacionais absolutas de fútbol aos terreos de fútbol e fanno ao abeiro da Federación Galega de Fútbol. O encontro do combinado masculino terá lugar o 20 de maio contra Venezuela. | Galiza-Venezuela. Este vai ser o duelo futbolístico que representará a volta da selección galega absoluta aos campos de xogo, unha volta que coincide con ano electoral. Terá lugar o 20 de maio, antes de que comece a Eurocopa e, á espera de confirmación oficial, probabelmente teña lugar no estadio de Riazor, pois o de Balaídos estará, a esas alturas, en obras. A Federación Galega de Fútbol, que preside Rafael Louzán, acolle así as demandas das voces que levan anos reivindicando a volta da selección galega. E tamén recolle as demandas de futbolistas como os galegos Iago Aspas (Celta) e Lucas Pérez (Dépor). Nun comunicado de prensa, o ex presidente da Deputación de Pontevedra (PP) salienta que "desde un primeiro momento, a Xunta Directiva considerou como unha oportunidade histórica o regreso da selección galega absoluta". Cómpre lembrar o posicionamento contrario do Partido Popular a organizar partidos da selección nacional, que deixaron de ter lugar cando Alberto Núñez Feijóo asumiu a presidencia da Xunta. A Federación Galega de Fútbol salienta que a data escollida "non é froito dunha casualidade", pois se enmarca na semana en que se conmemora o Día das Letras Galegas. Sinala, ademais, que o partido representa unha "homenaxe á numerosa comunidade venezolana afincada en Galiza e, por extensión, a toda Latinoamérica". O combinado venezolano encara o partido coa selección nacional como parte da preparación para a Copa América Centenario, na que deposita esperanzas, após chegar á semifinal na edición de 2011. Venezuela disputará os partidos do grupo C fronte a México, o Uruguai e Xamaica. O partido do combinado feminino terá lugar semanas despois Segundo a Federación, está "moi avanzado" o partido da selección nacional absoluta feminina, aínda que anunciou que se xogará o partido "máis adiante", debido a que a competición ligueira dos principais equipos galegos estará en xogo e para darlle "protagonismo propio" ao combinado feminino "sen ter que compartilo co equipo masculino". Dez anos sen partido As seleccións nacionais de fútbol volveron rexurdir en 2005, grazas ao impulso da Secretaría Xeral de Deportes, da que era responsábel o BNG. A reestrea do combinado galego produciuse un 29 de decembro, nun partido contra o Uruguai no que a Irmandiña gañou por 3 tantos a dous. En anos sucesivos, Galiza xogou contra o Ecuador, Camerún e o Irán, até que en 2009 o PP gañou as eleccións galegas e unha das primeiras medidas de Feijóo como presidente foi acabar coas Irmandiñas baixo a escusa dos cartos. E isto a pesar de que as seleccións contaban con importantes patrocinadores, como Caixanova e Gadisa, que, xunto coa venda de entradas, permitían sufragar os gastos. Nos últimos anos, Siareiras Galegas organizou partidos entre combinados para reivindicar o carácter oficial das seleccións nacionais. |
NOS_1573 | Indignación nas redes sociais pola confusión no comunicado de condolencias do presidente do gobenro español, Mariano Rajoy, ao incluír no texto un parágrafo referido ao terremoto da cidade de Gansu, en China. | "Quero transmitirlle o meu máis sentido pésame pola perda de vidas humanas e contiosos danos materiais que trouxo o terremoto que tivo lugar esta madrugada en Gansu". O parágrafo que se colou no "corta e pega" do comunicado do Goberno do Estado, asinado polo presidente Mariano Rajoy, provocou a indignación das redes sociais. O Goberno incluíu o parágrafo da mensaxe de pésame polo sinistro ocorrido a pasada segunda feira na China no comunicado que emitiu para mostrar o seu pesar pola traxedia de Compostela. O departamento que difundiu a mensaxe do presidente, Mariano Rajoy, viuse na obriga de rectificar e remitir de novo o documento eliminando o parágrafo referido ao terremoto de Gansu. No comunicado, Rajoy maniféstase "consternado pola noticia do descarrilamento dun tren Alvia nas cercanías de Santiago de Compostela", a súa cidade de nacemento, como lle lembran en twitter, afeando o seu desleixo nun momento como este. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.