ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_41073 | A Asociación de Gaiteiros Galegos recoñece que a falta de contratación vai ser un duro golpe para as contas das asociacións culturais da Galiza. Grupos como Os Cantoxos confesan que a sorte é que "normalmente non se vive disto". | A situación de inestabilidade actual está a crear dificultades a moitos sectores ligados á cultura das verbenas na Galiza. Non hai programación na maioría das vilas do país e iso nótase. Ademais das orquestras, outros dos grandes damnificados da parada imposta ou autoimposta ás comisións de festas son os grupos de gaiteiras e gaiteiros. Este 'bicho' –como xa se coñece vulgarmente o coronavirus– acabou por facer calar o fol das gaitas co que a poboación galega espertaba moitos días de verán. Apenas hai ruadas e alboradas, mais algunha queda por aí que traslada unha mínima sensación festiva nun contexto de preocupación. "O tema está paradísimo", resume Miguel Reimundez, da agrupación @s Pantox@s. Polo de agora a eles consérvanlles na axenda a presenza no "festival de rock de Parga, no que xa estivemos o ano pasado". Como a esta banda pásalle a moitas que nin van coa comisión pedindo donativos e lanzando fogos nin amenizan a sesión vermú con gaitas, acordeóns e bombos a todo son. Nin vodas saen. A gran vantaxe con respecto ás orquestras é que, segundo os que se dedican a esta arte musical, case ningunha persoa fía os seus ingresos por completo aos percorridos polos municipios nas festas patronais. Se fose así o susto sería moito maior, reflexionan, pero quen máis e quen menos ten o seu traballo cotiá e ocupa o tempo libre en facer un ingreso extra indo polas vilas. "Normalmente non se vive disto, como moito hai xente que pode estar dando clases en centros cívicos, colexios...". Porén, o presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xaneco Tubío, puntualiza que "cada vez hai máis profesionais autónomos que no verán viven de tocar". E o dano económico xa non é só a nivel persoal dun grupo de moi concreto e fechado. O representante da organización recorda que "a maioría dos grupos pertencen a asociacións culturais e o golpe é moi grande porque o financiamento destas institucións sae do estío". Unha estación e unha tempada que dan por perdidas, malia que en Pardiñas si fixeron unha mostra de instrumentos tradicionais e hai intentos de animar a situación noutras zonas do territorio. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa. |
NOS_54626 | O PP vetou unha proposta que demandaba o remate destas obras pendentes e a posta en andamento de medidas para a súa posta a disposición ao parque de alugueiro da Xunta | Na Galiza hai por volta de 50.000 vivendas abandonadas a medio construír. Unha imaxe que non é rara ao longo do territorio e que salpica o país, desde paisaxes urbanas a rurais. Unha consecuencia para a deputada socialista María Pierres da "mala xestión urbanística que a Xunta aplicou" e que permite esa situación A lei do solo do 2016, dixo, no seu artigo 135 fala de que o deber de edificar inclúe o deber dos propietarios de rematar as edificacións para cuxa execución obtiveron a preceptiva licenza. Esta norma, entende a parlamentar, "habilita a administración a forzar a terminación das obras mediante multas coercitivas pero que en ningún caso están a facerse efectivas". O PP vén de vetar una proposición non de Lei que reclamaba unha solución para as 50.000 vivendas inacabadas en toda Galiza. O Partido Popular mesmo se negou a apoiar que se reclamase á Sareb (o coñecido como Banco Malo) a finalización das obras que ten paralizadas. A iniciativa, presentada polo PSdeG, demandaba o remate destas obras pendentes e a posta en marcha de medidas para a súa posta a disposición ao parque de alugueiro da Xunta, especialmente naqueles concellos onde hai demanda de alugueiro social. Carlos Coto, arquitecto e membro da Asociación galega para a defensa do patrimonio cultural galego, sostén que o camiño a percorrer é o de apostar en rehabilitar o que hai e non en construír máis. "En Galiza non hai ningunha cidade nin vila que precise de súpeto novas vivendas. Estamos en regresión demográfica, non hai motivos para continuar a ampliar o parque de vivendas, consumindo territorio, destruíndo paisaxe". Galiza ten que ter unha estratexia clara en materia de vivenda, ten que ter unha planificación clara a escala de toda Galiza e ter claro o que temos que facer". Vivendas baleiras Na Galiza hai un total de 300.000 vivendas baleiras, segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa 18,6% do total das existentes no noso país e que son 1.606.001. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2001 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un aumento de 22,3 por cento. |
PRAZA_18630 | Persoas, colectivos e institucións estamos chamadas a combater a violencia de xénero na nosa contorna inmediata, onde segue moi presente, pero tamén en calquera lugar do mundo onde unha muller estea a ser discriminada. | Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio marcados por Nacións Unidas para o período 2000-2015 trouxeron importantes avances na igualdade de xénero a nivel mundial, especialmente no acceso ao Ensino Primario. No entanto, as mulleres e as nenas seguen sufrindo discriminación e violencia en todos os lugares do planeta, polo que foi preciso que nos novos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados polos Estados membros da ONU se dedicase un deles a avanzar nesta loita. Deste xeito, o ODS 5 avoga por "lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar todas as mulleres e nenas" no horizonte de 2030 e queremos lembralo neste 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Estímase que o 35% das mulleres de todo o mundo teñen sufrido violencia física ou sexual. Ademais, 49 países carecen de leis que protexan ás súas habitantes da violencia machista. De igual modo, aínda que van diminuíndo prácticas nocivas coma os casamentos infantís e a ablación, que caeu un 30% na última década, case 15 millóns de rapazas menores de 18 anos contraen matrimonio cada ano, é dicir, unhas 37.000 ao día. Así mesmo, uns 133 millóns de nenas e mulleres teñen sufrido algunha forma de mutilación xenital nos 29 países de África e Oriente Medio onde esta mala praxe é máis habitual. Aplicala conleva un alto risco de hemorraxia, infeccións prolongadas (mesmo por VIH), complicacións posteriores no parto, infertilidade e ata a morte. Persoas, colectivos e institucións estamos chamadas a combater a violencia de xénero na nosa contorna inmediata, onde segue moi presente, pero tamén en calquera lugar do mundo onde unha muller estea a ser discriminada. Persoas, colectivos e institucións estamos chamadas a combater a violencia de xénero na nosa contorna inmediata, onde segue moi presente, pero tamén en calquera lugar do mundo onde unha muller estea a ser discriminada. Os municipios e deputacións de Galicia, coma o Concello de Ponteareas, podemos facelo sumándonos ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, rede a través da que un cento de administracións locais e provinciais concentran os seus esforzos para impulsar proxectos de desenvolvemento nos países do Sur e actividades de sensibilización en Galicia. Actividades como os contos e obradoiros da Tropa de Trapo que o vindeiro 14 de decembro chegarán ao Auditorio 'Reveriano Soutullo', dentro do Plan de Igualdade municipal, e aos que asistirá alumnado da vila. Á proposta súmanse outras coma os concertos do grupo de caboverdianas 'Batuko Tabanka' ou as exposicións itinerantes, que os concellos socios poden acoller de balde. A igualdade de xénero é unha constante transversal tanto nas actividades de concienciación coma nos proxectos de cooperación do Fondo Galego, se ben noutros supón o eixo central A igualdade de xénero é unha constante transversal tanto nas actividades de concienciación coma nos proxectos de cooperación do Fondo Galego, se ben noutros supón o eixo central. Así acontece co programa que nestes intres se executa canda a Fundação Encontro en Mozambique para previr doenzas, adiccións e embarazos precoces na mocidade a través do deporte, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentiva a participación e liderado das rapazas. O mesmo sucede cos pequenos sistemas de abastecemento de auga financiados na vila mozambicana de Nhamayábue co fin de evitar mortes polos ataques de hipopótamos e crocodilos no río Zambeze, sobre todo entre as donas, que son habitualmente as encargadas de encher os bidóns e lavar a roupa. Cabo Verde é outro dos países onde na última década se centrou o traballo do Fondo Galego para fomentar a igualdade, con accións para rehabilitar as vivendas de familias encabezadas por mulleres, establecer plans municipais de equidade de xénero ou incrementar a presenza feminina nas listas electorais. Nos parlamentos de 46 países, as mulleres ocupan na actualidade máis do 30% dos escanos, cando menos nunha das cámaras. No eido laboral, as mulleres gañan de media un 24% menos que os homes. Son só algunhas porcentaxes nas que cómpre ir mellorando, porque a igualdade de xénero resulta básica para acadar un mundo pacífico e próspero, polo que é preciso garantila no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente e á representación nas instancias políticas e económicas onde se toman as decisións. Publicidade |
NOS_50502 | Esta terza feira, día 13, comeza a campaña de vacinación antigripal na Galiza para a poboación xeral. Faino nun contexto de pandemia co obxectivo de axudar a controlar mellor esta patoloxía respiratoria fronte a Covid-19. Até final de ano, Sanidade pretende garantir máis de 80% de cobertura entre os grupos de risco. | Desde esta terza feira até o 31 de decembro, Galiza conta con máis de 900 puntos activos de vacinación contra a gripe distribuídos por todo o territorio. Aos centros de Atención Primaria habituais hai que sumar residencias de maiores, centros de menores e centros de atención á discapacidade, ademais de centros sociais ou veciñais, principalmente do rural, onde persoal sanitario convocará con antelación os grupos de risco máis próximos. Comeza unha campaña chave para o conxunto da poboación, xa que chega no medio dunha pandemia que provoca procesos infecciosos con síntomas moi parecidos aos da gripe. Polo tanto, inciden as autoridades sanitarias, a vacinación contra esta patoloxía respiratoria estacional adquire unha relevancia especial, para reducir as dúbidas e protexer a poboación de risco de posíbeis complicacións que agraven a súa saúde. Neste sentido, un dos obxectivos da vacinación masiva é mellorar o control da gripe fronte a Covid-19. É dicir, evitar a coinfección polo novo coronavirus e o virus da gripe, unha combinación que ademais de dificultar o diagnóstico pode empeorar a clínica dos doentes máis vulnerábeis. Grupos de risco 'Contra a gripe temos vacina'. O lema escollido este ano pola Consellaría de Sanidade, unha mensaxe que pon o acento na dispoñibilidade e na eficacia dun fármaco que na campaña 2019-2020 alcanzou 65% de cobertura entre as persoas maiores de 65 anos, 50% entre o persoal sanitario e 55% entre as embarazadas, todos eles grupos da poboación diana da campaña. Co propósito de reducir a incidencia da gripe entre estes colectivos, ampliados, a Dirección Xeral de Saúde Pública aspira a lograr 75% de cobertura entre os maiores de 65 anos e o persoal sanitario e superar 60% entre as embarazadas. Obxectivos moi "ambiciosos" que tamén buscan rebaixar, "na medida do posíbel, o impacto asistencial da patoloxía respiratoria no sistema sanitario". Así, desde hoxe, están chamadas a vacinarse de forma prioritaria as persoas maiores de 60 anos e todas aquelas con patoloxías crónicas ou factores de risco. Tamén as mulleres embarazadas e as persoas que viven en residencias. A maiores, este ano Sanidade incorporou aos grupos diana as mulleres en puerperio, até os seis meses despois do parto, así como aos conviventes con persoas de risco, ademais de traballadores esenciais como policías e bombeiros, e traballadores expostos directamente a aves ou porcos en granxas e explotacións, mais tamén a aves silvestres. Alta demanda No arranque da campaña contra a gripe, que desde hai unha semana atende xa as peticións do persoal sanitario, o conselleiro Julio García Comesaña anticipou unha "alta demanda" por parte da poboación para vacinarse. "Reclamamos a subministración diaria de vacinas, sobre todo nos centros grandes,se queremos evitar aglomeracións e segundas visitas innecesarias. Un interese que confirman a Nós Diario desde a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec), que malia a súa solicitude dunha "dotación extraordinaria de enfermeiras de Atención Primaria para superar a taxa de persoas vacinadas, o aumento da vacinación no domicilio dos doentes e evitar aglomeracións nos centros de saúde", comezan a campaña sen ningún reforzo. "O Sergas investiu na especialización de enfermeiras de Atención Primaria. Porén, seguen nos hospitais, pola rixidez do sistema de contratación, e son máis necesarias que nunca, tamén para facer fronte á xestión da Covid-19", censuran. Sobrecarga O colectivo de enfermeiras especialistas asegura que as axendas de traballo para os primeiros días de campaña están completas. "A demanda é moi alta e isto vaise traducir nunha forte presión para o sistema". O primeiro en padecer a sobrecarga, din, é o persoal de admisión, "que leva semanas atendendo as consultas da poboación que se quere vacinar. Reforzouse a campaña informativa pero non se tomaron decisións até o último momento, como a apertura das axendas de traballo para poder citar con antelación", salientan. Subministración Neste sentido, manteñen que desde o Goberno galego seguen sen atender unha "vella reivindicación" das profesionais. "Reclamamos a subministración diaria de vacinas, sobre todo nos centros grandes. Este ano faise máis urxente se queremos evitar aglomeracións e segundas visitas innecesarias. Cómpre unha entrega diferenciada para evitar a rotura de stock", aseveran desde Agefec. "Queremos facilitar o acto único de atención. Se un doente vén facer unha cura ou o seguimento de anticoagulación, o ideal sería que tamén levase a vacina. Pero vai ser difícil as primeiras semanas se non garanten a subministración diaria". Reforzo da vacinación de proximidade Como cada ano, os doentes máis vulnerábeis, dependentes e participantes nos programas de hospitalización a domicilio serán vacinados nas súas casas. Unha experiencia que pretende alcanzar, tamén, o seu grupo de conviventes. Co obxectivo de ampliar a cobertura e reducir a incidencia da gripe, a campaña de vacinación deste ano reforzará a súa presenza en asociacións veciñais e aldeas da contona rural. "Trátase de facilitar o acceso á vacina e de sortear as dificultades da poboación maior e dispersa do rural para se desprazar aos centros de saúde", din desde Agefec. |
NOS_17643 | Foron 200 as propostas de resolución a debate. Da oposición @s populares só aceptaron seis na súa literalidade. Alcanzáronse 11 acordos. | O PP empregou a súa maioría absoluta no Parlamento como un ariete co que derrubar, unha tras outra, as diferentes propostas de resolución presentadas polas forzas da oposición. Das 160 presentadas só aceptou seis na súa literalidade. Vetou así propostas a prol de actuacións en sanidade, educación, infraestruturas, auto-goberno... Das seis aceptadas sen cambios pol@s populares, catro eran do Grupo Mixto (Carme Iglesias) e dúas de AGE. O PP non obtivo unanimidade en ningunha das súas iniciativas. Houbo unanimidade na aprobación dunha condena dos crimes do franquismo, houbo acordo PP e PSOE para medidas "contra a corrupción" (PP vetou unha do BNG sobre este tema que tiña o apoio de toda a oposición), houbo o PP en solitario recriminando o proceso soberanista catalán, houbo apoio de AGE ao BNG na resolución a prol do dereito a decidir do pobo galego... Só se aprobaron aquelas resolucións que, por activa ou pasiva, o PP quixo que se aprobasen. A maioría absoluta do PP só deu a luz verde a unha das 40 propostas do BNG, AGE obtivo o apoio conservador en 2 das súas iniciativas e Carme Iglesias en 4 Das 40 propostas presentadas polo BNG, só foi aprobada unha, a referida a reactivar a Comisión de investigación das Caixas de Aforro coa emisión e aprobación dun ditame antes do remate do actual período de sesións. Tras a votación, a vice-portavoz nacionalista, Ana Pontón lamentou a "falta de dialogo do Partido Popular" e a utilización da súa maioría absoluta na Cámara para tumbar todas as propostas nacionalistas "destinadas a defender os intereses de Galiza e a súa cidadanía". Tamén foi submetida a votación unha proposición do PP de condena "a todo tipo de actos de terrorismo" e de "rexeitamento a calquera tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou minusvalore a violencia terrorista". O texto da proposta facía obviamente alusión a Resistencia Galega, nun contexto marcado pola recente estourido dun explosivo na sede do concello de Baralla. Votárona a favor BNG e PSdeG e en contra AGE. Heteroxéneas AGE e BNG tentaron que se aprobase unha resolución para crear unha comisión de investigación sobre o sinistro ferroviario de Angrois, mais PP vetouna (e PSOE abstívose). O PP e o resto de forzas aprobaron 2 propostas de resolución de AGE, unha sobre desenvolvemento rural e outra demandando políticas que favorezan o incremento salarial dos traballadores. Carme Iglesias obtivo a unanimidade en tres das súas resolucións: desenvolver o termalismo, saneamento de ríos e rías e o xa mencionado da condena ao franquismo. O Partido Popular non acadou a unanimidade en ningunha das súas propostas de resolución, se ben tivo apoios puntuais en 5 das 39 que presentou. |
PRAZA_333 | ENTREVISTA Raquel Martí, directora do comité español da axencia da ONU para as persoas refuxiadas en Palestina, visita Galicia para poñer o foco na grave crise humanitaria que padece a poboación de Gaza, onde "é difícil falar de dereitos humanos mentres haxa unha ocupación militar" de Israel. | Raquel Martí é a directora executiva do comité español da UNRWA, a axencia das Nacións Unidas que atende as persoas refuxiadas de Palestina. De visita en Galicia para manter xuntanzas con institucións que colaboran co organismo internacional na asistencia ao pobo palestino, como o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Martí pon o acento na necesidade de actuar de inmediato para que os efectos da devastación provocada pola ofensiva israelí do pasado verán non sigan a medrar. O bloqueo de Israel e a falta de fondos para a reconstrución son os principais obstáculos nunha situación na que, advirte, a principal prexudicada é a infancia. Supoñemos que boa parte do seu esforzo é que se perciba a magnitude do problema. Falamos dun terzo das persoas refuxiadas do mundo... Cando acaba unha ofensiva militar como a do verán pasado Gaza deixa de ser noticia e non se volve falar dela a non ser que haxa un incidente máis importante. Xa parece que a situación se liquidou e que non hai crise humanitaria, por iso tratamos de poñer o punto de mira nos posibles doadores, como o Fondo Galego ou a Xunta de Galicia, para informar de que a situación é crítica e de que cómpre manter a axuda humanitaria. Falamos de salvar vidas; xa morreron varios nenos por hipotermia e agora mesmo está paralizada a reconstrución por moitos motivos, pero un deles é a falta de fondos. A xente está a vivir nas ruínas das súas casas, sen ningunha posibilidade de refuxiarse do frío e das treboadas. Esta situación non é sustentable, non é humano ter así a estas persoas, por iso é necesario un esforzo dos doantes. Xa sabemos que aquí a situación non é doada, que estamos a afrontar unha crise, pero falamos da vida e da morte. Son situacións que nos poden parecer afastadas, pero implican, por exemplo, problemas tan cotiáns tamén nesta parte do mundo como non poder pagar o alugueiro, non é certo? O noso plan para a reconstrución de Gaza orzamentouse en 720 millóns de dólares que se comprometeron na conferencia do Cairo, en novembro pasado. Ía ser financiado polos gobernos que forman parte da ONU e só nos chegaron 135 millóns. O plan paralizouse porque as nosas contas quedaron a cero. Avaliamos 96.000 vivendas das que 8.000 están completamente destruídas e o resto teñen danos maiores e menores. É necesario reconstruílas e, mentres, prover un lugar para vivir. O que planificaramos é o aluguer; ou ben recolocar con familias, veciños e amigos e axudalos cun subsidio ou, se non teñen a quen recorrer, alugar pisos. UNRWA tiña que facerse cargo e agora atopámonos con que non podemos facer fronte aos alugueres nin á reconstrución. A única saída que vai ter esta xente é volver ás nosas escolas, nas que temos aínda 12.000 persoas acollidas porque non puidemos recolocalas. Estamos nunha situación crítica para unha poboación que sufriu unha ofensiva de 51 días, que en moitos casos perdeu a toda a súa familia e á que lle temos que dicir que non podemos pagarlles ou reconstruírlles as súas vivendas. Isto desemboca nunha grandísima frustración e en manifestacións contra as axencias da ONU na franxa. "O plan de reconstrución, que ía ser financiado polos gobernos, paralizouse e as nosas contas quedaron a cero" A poboación de Gaza séntese decepcionada coa ONU? Senten que a comunidade internacional é responsable da súa situación. Creouse unha axencia da ONU para asistir os refuxiados de Palestina pero, se de súpeto a poboación queda desasistida, é unha traizón. A comunidade internacional dálles as costas, como non se van a sentir frustrados se teñen un futuro completamente bloqueado, valla o adxectivo, e aínda por riba non lles axudamos? Chama a atención que, mentres se insiste en que hai que pagar as débedas entre Estados, neste caso diversos países se comprometan a pagar, non paguen e non pase nada... Eu non sei realmente se o problema se debe a que cada goberno ten os seus sistemas burocráticos para desembolsar fondos e tardan un tempo en desembolsalo. Esa pode ser unha razón, outra, que están vendo que o mecanismo de reconstrución non funciona e pensan: para que desembolsar os fondos se non entran materiais para a reconstrución en Gaza e os que entran, fano con contagotas. É unha pescadilla que morde a cola: o mecanismo non funciona, non desembolso os fondos e mantemos a situación sen ningún avance. E quen sofre as consecuencias é a poboación. Nese desbloqueo, tamén, o Estado de Israel ten un papel fundamental? O Estado de Israel controla este mecanismo e é o que determina a rapidez coa que entra material de construción en Gaza. Israel creou un mecanismo no que principalmente o que tenta é asegurar que os materiais non acaban en mans dos grupos armados, pero é tan sumamente concienzudo e complicado que é inoperativo. Se non alixeira o mecanismo é moi difícil que poidamos levar a cabo unha reconstrución a tempo, antes de que o inverno remate e poida haber máis nenos e bebés que morran no camiño. "Se a comunidade internacional presionase a Israel quizais poderíamos chegar a tempo" O resto de países non preme o suficiente porque, precisamente, quen está diante é Israel? A solución está na comunidade internacional. Se presionasen a Israel para que levantase o bloqueo ou para que, polo menos, este mecanismo de reconstrución fose máis rápido, quizá poderiamos chegar a tempo. Até que punto a ONU e a UNRWA se senten frustradas? Durante os ataques chegaron a acusalos de ser unha voz de parte... A UNWRA séntese moi frustrada porque temos capacidade para asistir a toda a poboación refuxiada de Gaza, temos a experiencia e o persoal, pero o que non temos é a capacidade de decidir sobre a entrada de materiais de construción e axuda humanitaria. Por iso en moitas ocasións nos sentimos coas mans atadas para poder axudar á poboación. O Goberno israelí mantén que non van contra a poboación civil. Pero decisións políticas como estas indican o contrario... O bloqueo de Gaza é un castigo colectivo. Para poder controlar por motivos de seguridade, como eles alegan, o que fan é castigar a toda a poboación. É un castigo colectivo que ademais é ilegal. Pero ademais, cando hai unha ofensiva militar, as primeiras vítimas son civís. Nesta ofensiva houbo 538 nenos que perderon a vida cos bombardeos de Israel, 142 familias perderon, polo menos, tres dos seus membros. Algunhas perderon até 17 membros e hai barrios enteiros que desapareceron. Quen paga o prezo máis alto é a poboación civil. Agora hai unha investigación do Alto Comisionado de Nacións Unidas e estanse investigado os crimes de guerra que se puideron cometer. "É difícil falar de respecto aos dereitos humanos mentres haxa unha ocupación militar" Fala de que Israel se salta a legalidade internacional pero, onde está o límite? Existe? É o que nos gustaría. O límite está na violación da legalidade internacional e dos dereitos humanos. Os palestinos teñen negados todos os seus dereitos, non hai un só que sexa respectado. Ese é o límite que temos que poñer, con independencia do lado do que esteamos. É difícil que esteamos en situación de dicir que se respectan os dereitos humanos mentres se produza unha ocupación militar dun territorio, polo que o primeiro paso sería acabar coa ocupación de vez. Alude recorrentemente á infancia, porque máis da metade da poboación de Gaza son nenos e nenas. Están en xogo as próximas xeracións do pobo palestino? En Gaza é o 51% da poboación, máis de 800.000 nenos. O que está en xogo é un desenvolvemento normal para estes nenos, que están a sufrir constantemente a violencia da ocupación. Un neno de seis anos en Gaza pasou xa por seis guerras e nunca puido saír de Gaza polo bloqueo que exerce Israel. Estes nenos non puideron desenvolverse como unha persoa normal e arrastan moitísimos traumas. Non poden alcanzar todo o seu potencial humano e atoparémonos cunha xeración con graves deficiencias psicolóxicas. Por iso poñen tanto o acento na necesidade de medidas psicosociais, alén das grandes medidas políticas? "Hai nenos con constantes ataques de ansiedade, cando hai unha treboada pensan que os están bombardeando" Si, e é moi difícil de transmitir aos doadores internacionais. Cando ocorre unha catástrofe desta envergadura os doadores pensan en necesidades básicas como alimentos e medicamentos, pero non na cuestión psicolóxica, que é máis devastadora que perder a casa ou o traballo. O trauma é moito máis difícil de superar e arrastra secuelas durante toda a vida que impiden desenvolverse. En Gaza hai nenos que levan catro anos baixo un trauma severo e os seus pais xa ven incapaces de apoialos. Hai nenos con constrantes ataques de ansiedade, que sofren incontinencia urinaria, que levan dende a última ofensiva sen poder falar. Hai nenos que se aferran aos seus pais e que se o seu pai ou a súa nai teñen que saír, padecen un ataque de ansiedade a causa do pánico. Cando hai unha treboada pola noite, aos nenos danlles ataques porque pensan que os están bombardeando e acaban en urxencias. Cando teñen que incorporarse ao colexio e concentrarse nos estudos son incapaces. Por exemplo, nos primeiros exames tras a ofensiva de 2009 uns 40.000 de 240.000 nenos foron incapaces de aprobar unha soa materia. Isto lévaos a estar totalmente frustrados, a sentirse incapaces e a deixar de estudar. Cabe a posibilidade de que se estenda en capas amplas da poboación, tamén na dos países doadores, a sensación de impunidade para as accións de Israel e dos Estados que o avalan? Até agora foi así E que ten que pasar para que deixe de ser así? Que se visen na obrigación de cumprir a lexislación internacional e que, no caso de incumprimento, houbese consecuencias. Hai máis sensibilidade cara ao problema en administracións máis pequenas, como concellos ou comunidades autónomas, alén da súa cor política? Pódese ter un apoio maior cara a un lado ou outro. Pódese pensar que uns teñen máis razón que outros, pero no momento en que pos sobre a mesa a violación dos dereitos humanos, aínda que se sexa pro palestino ou pro israelí, xa non estamos a falar de activismo, senón de respectar os dereitos humanos. Cando poñemos iso sobre a mesa non hai ninguén, independentemente da súa posición política respecto de Israel e Palestina, que non o entenda e non se sensibilice. Fálase da solución de dous Estados como un horizonte para solucionar estes problemas. Se algún día se acada esa meta haberá outra, e así sucesivamente? "Prefiren un único Estado a unha ocupación baixo a que non teñen ningún dereito" O que agora está a pedir maioritariamente a poboación palestina é a solución dun único Estado. Dado o enquistamento, a construción de asentamentos e do muro e de todos os obstáculos que impiden a construción de dous Estados, a xente pide poder ter os mesmos dereitos civís que a poboación de Israel. E se para iso teñen que estar baixo un único Estado, prefíreno a estar baixo unha ocupación na que non teñen ningún dereito. É o que eu lle escoito á xente en Palestina. E até que punto é iso viable? Unha cousa é o que quere o pobo e outra, o que queren os políticos. |
PRAZA_2407 | A convocatoria das eleccións xerais implica o inicio dos trámites ligados aos comicios do 20 de decembro. Estes son os prazos para votar por correo. | A publicación no BOE da convocatoria das eleccións xerais implica tamén a posta en marcha dos prazos para os diferentes trámites ligados aos comicios do 20 de decembro, entre eles, o voto por correo. Dadas as datas nas que se celebran os comicios, nas proximidades das festas do Nadal, é previsible que a actividade postal das datas faga especialmente recomendable non agardar ás datas límite para completar os trámites, que se poden iniciar dende este mesmo martes. Estas son as principais datas a ter en conta para exercer o sufraxio postal: Malia tratarse dun voto a distancia, indicado para quen non poidan achegarse ao seu colexio electoral na xornada das eleccións, a normativa vixente indica que tanto a solicitude como a entrega da documentación do voto por correo debe realizarse de maneira presencial. Existe, non obstante, unha excepción: as persoas que padezan unha enfermidade ou discapacidade temporal ou permanente poderán delegar os trámites, sempre e cando quen realice a solicitude e entrega no seu nome estea autorizada "notarial ou consularmente" e amose un certificado médico oficial. Para quen resida temporalmente fóra do Estado español os trámites son máis complexos. Para exercer o dereito ao voto cómpre estar inscrito no Rexistro de Matrícula dun consulado como "non residente", trámite que se pode realizar no mesmo momento en que se recolla, na propia oficina consular, a solicitude de voto por correo, tamén dispoñible na web do Ministerio de Exteriores. Unha vez entregada a solicitude no consulado -entre o 27 de outubro e o 21 de novembro-, a Oficina do Censo debe remitir a documentación e as papeletas entre o 24 e o 30 de novembro, e o electorado ten que enviar o seu voto por correo certificado e urxente entre o 30 de novembro e o 16 de decembro. Instrucións de voto para residentes temporais no estranxeiro Instrucións de voto para residentes permanentes no estranxeiro |
NOS_42651 | Segundo un estudo publicado pola CIG desde 2009 só aumenta o número de persoas que perciben un salario medio bruto anual igual ou inferior á metade do salario mínimo. | Unha análise das rendas salariais permite ver unha imaxe máis ampla arredor das condicións laborais e realidade socioeconómica que atinxe as traballadoras e traballadores de calquera territorio. Neste senso, desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) veñen de facer público un estudo arredor dos salarios en Galiza entre 2009 e 2013. A organización sindical salienta a merma do poder adquisitivo da clase traballadora, a queda dos salarios medios anuais e o incremento de condicións salariais que sitúan a maior parte d@s operari@s por baixo so Salario Mínimo Interprofesional. E é que desde 2009 a 2013 as rendas salariais caeron 3,5 puntos en relación co PIB. Neste senso, se en 2009 representaban o 48%, o pasado ano ficaron nun 44,5%. Asemade, cada traballadora percibe de media no noso país 17.770 euros anuais, un 2,5% menos que hai catro anos e por baixo da media estatal (18.505). Segundo os dados analizados pola CIG e tirados pola Axencia Tributaria, durante este período --que, aliás, coincide co estourido da crise económica-- as faixas de renda que incrementaron o número de persoas son aquelas iguais ou inferiores á metade do salario mínimo. Até o punto de que no noso país atopamos 177.543 persoas que perciben menos de 1.872 euros ao ano. Isto é, a metade do SMI. Para a central sindical este feito reflicte o modelo de emprego xerado polas políticas neoliberais e marcado pola temporalidade e a precariedade laboral, como evidencian tamén outros indicadores como o paro rexistrado de maneira mensal ou a EPA. Para alén disto, en Galiza o 61% das persoas que traballan cobran menos do salario medio e o 30,9% inferior ao SMI. Esta realidade acrecenta as diferenzas entre as traballadoras e traballadores. Neste senso, salienta que as rendas máis altas percibidas son 77 veces superiores ás máis baixas. |
PRAZA_9719 | Na senda da boa acollida das dúas primeiras edicións do festival de blues, Gisele Jackson chega este 31 de marzo ao epicentro do vermú dominical lucense | O blues comeza a soar antes en Lugo neste 2019. Na senda da boa acollida das dúas primeiras edicións do festival Blues Museum, que en 2017 e 2018 achegou formacións como Travellin' Brothers, Aurora&The Betrayers e The Cyborgs en datas noutrora desertas de citas musicais na cidade da Muralla, desta volta o blues ecoa xa en primavera. Comeza a facelo este 31 de marzo (13:30), no epicentro do vermú lucense de domingo, na rúa do Bispo Basulto, a medio camiño entre a Praza do Campo e a Catedral, e con entrada de balde.Na senda da boa acollida das dúas primeiras edicións do festival de blues, Gisele Jackson chega este 31 de marzo ao epicentro do vermú dominical lucense O blues comeza a chegar este ano a Lugo da man dunha referencia internacional do xénero, Gisele Jackson, toda unha obreira destas músicas cun amplo currículo. A cantante de Baltimore curtiuse en durante lustros en xiras de nomes consagrados como Ray Charles ou Donna Summer e ascendeu aos ceos da Billboard con Love Commandments. Porque Gisele é blues, pero tamén house e dance malia vir da escola do soul máis clásico.Os principais clubs de jazz dos Estados Unidos, pero tamén numerosos países de Europa e Asia escoitaron xa á artista que este 31 de marzo pon en Lugo os primeiros compases da primavera. Confiaron nela artistas como Bette Midler ou Perico Ponte para abriren os seus concertos, pero tamén tivo encargas de sona mundial como cantar na toma de posesión do presidente estadounidense Bill Clinton, entre outras moitas.O concerto de Gisele Jackson presente ser un primeiro petisco "do que vai vir despois", en xullo, na terceira edición do Festival de Blues de LugoCinema, teatro, televisión e mesmo campañas publicitarias internacionais foron ligados á carreira musical dunha artista que chega a Lugo coa intención de que o público quede con gañas de máis blues. Non en van, Deputación e Concello lucense avanzan que xa están a traballar na "nova programación do Festival de Blues", a terceira edición, que será presentada proximamente. O deste domingo é, daquela, un petisco "do que vai vir despois"."É unha cita para gozar do blues" pero tamén para "abrir boca", di a responsable de Cultura do ente provincial, Pilar García Porto. A terceira edición do festival de blues lucense será outra volta en xullo, confirma. Nas dúas anteriores os concertos estiveron ademais acompañados dunha parte formativa, como clases maxistrais con referentes do xénero impartidas en enclaves senlleiros como os xardíns do Museo Provincial. |
NOS_9639 | Galina Botnar (1976, Dubasari, Moldavia) é profesora de acordeón na Escola Municipal de Música da Coruña e é a encargada dos arranxos musicais de Pirilampo. Nesta entrevista, como emigrante que fala galego, dá a súa opinión sobre o caso de Jungle World, centro infantil que impide ás profesoras usar o galego no centro. | Como foi a súa toma de contacto co galego? A raíz de comezar a traballar na Escola Municipal de Música da Coruña. Foi alí cando comecei a abrir os ollos ao galego, porque apenas un ano antes só falaba en castelán. Tamén comecei a descubrir as distintas fonéticas da xente en función do seu lugar, porque non fala igual galego unha persoa de Lugo que outra de Arteixo. Quen me introduciu realmente no galego foi Xosé Lois Seixo –cantante de Pirilampo- pois el aprendeume o significado de moitas palabras. Para facer os arranxos musicais e compoñer a melodía dun poema é moi importante coñecer o fondo da letra. A última música que escribín foi para un poema de Manuel María, "Natureza", e encólleseme o corazón. Como unha moldava acaba na Coruña compoñendo a melodía de cancións en galego? Realmente, foi a través meu marido, que emigrou por media Europa traballando en distintos conservatorios como saxofonista. Por influencia duns amigos e por interese cultural, acabou en Galiza. Unha vez que conseguiu a residencia, tivo lugar a agrupación familiar. Aos poucos, fun entendendo que as palabras se dicían de distintas maneira en función de quen as dixese: patata/pataca, cebola/cebolla… Empecei co galego con palabras moi básicas e agora as miñas composicións musicais escríboas en base a letras galegas. Non escribín ningunha en castelán. Por que me teñen que impoñer á forza unha sopa de sobra e non os grelos da miña avoa? Que opinión ten do caso que sufriu a profesora Belén Tajes en Jungle World, empresa que non lle permite cantar en galego? Como emigrante resúltame vergoñento e dóeme, dóeme na alma. Tamén me doe como persoa que sufriu o mesmo problema ca ela. É triste que non lle deixen usar o idioma dos seus tataravós e da súa terra e non vexo correcto que se sufra esa presión por parte dos xefes. Como poden poñerme un tapón na boca para que non cante en galego? Por que me teñen que impoñer á forza unha sopa de sobra e non os grelos da miña avoa? O idioma materno ten que manterse por riba dos demais e o plurilingüismo é o máis bonito dunha cultura. Di que sufriu o mesmo problema que Belén… Na miña infancia, meus pais prohibíanme falar moldavo cando ía á escola de música. Dicíanme que o falase só na casa porque de facelo fóra ían considerar que era da aldea e que tiña pouco nivel. Pode dicirse que sufrín maltrato psicolóxico na miña casa, pero son consciente que me facían isto para protexerme. En cambio, aquí estou a día de hoxe, que mesmo acabo de axudarlle o meu fillo cos deberes de galego. En que idioma lle mandaban falar os seus pais? En ruso, porque era o idioma mellor considerado. A día de hoxe, o meu idioma, o moldavo, chámase oficialmente romanés, cando eu non son romanesa. A miña sangue foi vendida. Só hai que ver a gastronomía do meu país, que nun 85% turca. Regaláronnos como país ao imperio turco e ao ruso. Que sente polo galego? Gústame e atráeme e penso que hai que defendelo. Onde vai ir o galego se hoxe e mañá vas estar falando castelán? Tamén queda pisado polo inglés. Non teño nada en contra do inglés pero estase buscando un idioma internacional e o local, a lingua propia, pisámola cos pés. Encántame como cantan en galego os maiores e a xente nas tabernas. Oílos cantar unha muiñeira, un pasodobre, a "Rianxeira"… impresióname. E cantan coa cabeza ben alta. Os seus alumnos e alumnas fálanlle galego? Por desgraza, dei con moi poucos alumnos que me falasen galego. Dinme que sempre falan en castelán, menos na casa dos avós, que falan galego. Iso si, despois van a clases de inglés e de alemán. Sinto un pouco o que sufrín nas miñas propias carnes. Que fai falta para que a xente fale máis galego? Penso que hai que darlle máis importancia á literatura e que os pais sexan máis conscientes da lingua. Hai que levar o galego con distintas actividades a centros públicos, bibliotecas, teatros… con oferta para nenos desde pequenos. Pódense facer concertos didácticos, xogos… Hai que encher os parques de galego. Pero cada vez que hai que recortar se recorta no galego. |
NOS_13717 | A Plataforma en Defensa do Ensino Público da Galiza chama a secundar as mobilizacións, que serán simultáneas en 12 comarcas, e a pór a cambadela ao Real Decreto-lei español de racionalización do gasto público, que invade competencias da Xunta | Até doce comarcas do país acollerán esta terza feira concentracións simultáneas para exixir ao Goberno galego o cesamento dos recortes na educación pública. Convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, o obxectivo destas acción é evitar a aplicación do Real Decreto-lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. Así, as protestas están fixadas para as 19:30 horas en Santiago --Praza do Toural--, Ferrol --diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza--, Ourense --Rúa do Concello,11--, Vigo --Príncipe, diante do Marco--, A Coruña --Praza de Pontevedra--, Pontevedra --Praza da Peregrina--, Lugo --Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla--, A Guarda --Praza do Reloxo--, Verín --Praza do Concello--, Vilagarcía --Praza de Galiza--, Foz --Praza de Galiza-- e ás 20:00 horas en Ribeira --Diante do Concello-- e no Barco de Valdeorras --Praza do Concello--. A Plataforma, constituída en autoconvocatoria o 25 de abril, está integrada por representantes da comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades. No seu manifesto, denuncian que as medidas aprobadas polo Goberno español --que se veñen sumar aos recortes aplicados pola consellaría de Educación nos últimos anos no ensino galego-- buscan reducir o profesorado dos centros, despedindo miles de docentes, incrementar o número de alumnas e alumnos e masificando as aulas, reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, son contrarias á calidade do ensino e significan maior fracaso escolar, tal e como recolle o sinalado manifesto. |
NOS_5716 | Co golpe de estado patrocinado por Washington virtualmente conxelado, o Goberno de Maduro e a oposición venezuelana manteñen aberta a mesa de negociación en Barbados, con Noruega como país mediador. | Noruega, un estado que non pertence á UE e que non ten vínculos históricos con Venezuela, é quen lidera o proceso de mediación internacional entre o Goberno de Nicolás Maduro e os sectores da oposición que lanzaron un golpe falido contra as autoridades lexítimas de Caracas. Esta quinta feira, o goberno noruegués emitiu un comunicado oficial en que daba conta de que "os representantes dos principais actores políticos de Venezuela continúan as negociacións iniciadas en Olso no marco dunha mesa que traballa de maneira continua e expedita". Por súa parte, o vicepresidente sectorial de Comunicación, Turismo e Cultura, Jorge Rodríguez, representante do goberno de Maduro nestas conversas, debruzouse sobre a xanela da rede social Twitter para lanzar o cancelo #DiálogoAvanza. O comunicado de Noruega chega após o chanceler venezuelano, Jorge Arreaza, ter acusado a UE de tentar destruír o proceso de diálogo. "As instituciones da Unión Europea empéñanse en perturbar e tratar de destruír o proceso de diálogo en Venezuela. Non respectan a soberanía nin o dereito á paz. Qué pensaría Jean Monnet [un dos fundadores das institucións comunitarias europeas]?", escribiu nas súas redes Arreaza. |
NOS_5744 | O presidente francés, debilitado por unha significativa perda de popularidade, insiste en acometer unha reforma laboral baseada no abaratamento do despedimento e na desregulación das condicións de traballo. | Macron afronta esta terza feira a súa primeira greve xeral como presidente. Un protesto convocado pola CGT e outros sindicatos, como SUD, Unión Nacional de sindicatos autónomos e a organización estudantil Unef, contra a reforma laboral queMacron pretende aprobar o vindeiro 22 mediante decreto lei. Philippe Martínez, secretario xeral da CGT, afirma que esta reforma é "peor" que a aprobada polo goberno de Hollande o ano pasado e que xerou unha forte contestación social. As primeiras horas da xornada de greve deixan pegada especialmente en sectores como o transporte público, industria e administración. Hai convocadas máis de 200 manifestacións en diferentes puntos de Francia. Menos dereitos O leitmotiv da reforma do vixente código do Traballo é a desregulación. O presidente xustifica o recorte de dereitos e garantías para flexibilizar as condicións laborais nun mercado laboral cada vez máis "líquido" (sic). A redución das indemnizacións por despedimento improcedente é unha das medidas estrela. Desta maneira, limítase a un tope de tres mensualidades de salario a compensación a unha traballadora con menos de dous anos de antigüidade, a metade da indemnización vixente até agora. Nun baremo progresivo, o tope aumenta até as 20 mensualidades no caso de antigüidades superiores aos 30 anos. Ese teito supón un abaratamento efectivo do despedimento, o que na práctica facilitará o cesamento do persoal indefinido. Tamén se facilita o despedimento colectivo, nunha medida que claramente procura satisfacer os intereses das grandes compañías transnacionais. Coa reforma de Macron os Expedientes de Regulación de Emprego poderán levarse a termo inda que a empresa que declare dificultades económicas xere beneficios no estranxeiro. Negociación colectiva O ámbito no que a reforma laboral de Macron atinxe un maior alcance e dureza é no referido á representación legal das traballadoras e a negociación colectiva. Os Comités de Empresa pasan a se denominar "Comités Sociais e Económicos" e absorben as competencias dos comités de hixiene e seguridade e condicións do traballo. A negociación colectiva sufrirá un duro revés dado que nas pequenas e medinas empresas limitarase a representación sindical e prevalecerán os acordos a nivel de empresa sobre os convenios colectivos de ámbito superior. Desta maneira as condicións de traballo, horarios, xornada e salarios poderán acordarse por baixo do recollido nos convenios sectoriais. No caso das PEMEs de menos de 50 asalariadas, ademais, recóllese a posibilidade de que a dirección da empresa negocie directamente á marxe do Comité de Empresa podendo mesmo convocar referendos entre o plantel para a aprobación de modificacións (nas empresas de menos de 20 traballadoras), nun evidente intento de laminar a capacidade de resposta das organizacións sindicais. |
PRAZA_11221 | Algúns barrios da Coruña e Vigo son as zonas do país cunha poboación máis nova, cunha idade media que mesmo baixa de 30 anos. Pola contra, son moitas as parroquias que superan os 60 anos de idade media e nas que os e as maiores de 65 anos son a maioría do padrón | Hai moitas galicias, fendas interiores marcadas polas diferenzas de renda, polo carácter urbano ou rural e, tamén, pola idade media da poboación. Galicia é un país envellecido no seu conxunto, pero aínda así ten áreas moi envellecidas, mentres que outras manteñen aínda importantes cantidades de poboación nova. As diferenzas son importantes entre uns e outros concellos, pero moito máis importantes se o que se analizan son os datos das distintas seccións censuais, máis ou menos barrio a barrio nas grandes cidades e parroquia a parroquia nos concellos da zona rural.Determinados barrios da Coruña e Vigo son as zonas de Galicia cunha poboación máis nova, cunha idade media que mesmo baixa de 30 anos Ames é o concello coa menor media de idade e o único por debaixo de 40 anos (39,63). Ségueno Salceda de Caselas, Oroso, O Porriño, Ponteareas, Arteixo, Barbadás e Culleredo. No outro extremo, San Xoán de Río é o concello máis envellecido de Galicia, cunha media de idade de 62,48 anos. Ségueno Lobeira, Calvos de Randín, Verea e Larouco.Pero se imos ás seccións censuais, atopamos que determinados barrios da Coruña (no barrio do Ventorrillo) e Vigo son as zonas de Galicia cunha poboación máis nova, cunha idade media que mesmo baixa de 30 anos (29,8 anos a máis nova) ou que os supera por pouco. Tamén en Ames (Bertamiráns), Pontevedra, Ribeira, Culleredo e Ponteareas atopamos núcleos con medias de idade por debaixo dos 35 anos.A sección censual cunha idade media máis elevada están na Pobra do Brollón e chega aos 63 anosPola contra, son moitas as parroquias que superan os 60 anos de idade media. Sitúanse nos concellos que contan coas medias de idade máis elevadas, xa referidos, mais tamén na Fonsagrada, Navia de Suarna, O Irixo, A Pobra do Brollón, Maceda, Monterrei ou Navia de Suarna. A sección censual cunha idade media máis elevada están na Pobra do Brollón e chega aos 63 anos.Poboación menor de 18 e maior de 65 anosA estatística do INE segmentada por seccións censuais amosa tamén as zonas cunha maior porcentaxe de poboación menor de 18 anos ou con máis de 65 anos, con resultados semellantes e igualmente enormes diferenzas entre unhas e outras áreas. Barrios da Coruña e Vigo, pero tamén de Culleredo, Pontevedra ou Ames presentan unha maior proporción de poboación nova, superando o 30% de habitantes por debaixo dos 18 anosDe novo son determinados barrios da Coruña e Vigo, pero tamén de Culleredo, Pontevedra ou Ames os que presentan unha maior proporción de poboación nova, superando o 30% de habitantes por debaixo dos 18 anos e con porcentaxes de residentes con máis de 65 anos que en moitos casos non chegan ao 5%.No outro extremo, hai 43 seccións censuais nas que os menores de 18 anos fican por debaixo dese 5%. Destacan algunhas parroquias de Montederramo, Lobeira, Parada de Sil, A Fonsagrada, Cartelle, Vilar de Barrio ou Verea, con porcentaxes por debaixo do 3%.Hai 43 seccións censuais nas que os menores de 18 anos fican por debaixo do 5%Hai, ademais, unha ducia de seccións nas que a poboación por riba de 65 anos de idade supera o 50%. Sitúanse na Pobra do Brollón, Calvos de Randín, Verea, Ramirás, A Teixeira, Lobeira, Maceda, Cartelle ou Boborás, zonas ademais nas que a porcentaxe de menores de 18 se move entre o 3% e o 6%. |
NOS_47208 | A Plataforma exixe medidas eficaces para poñer fin á crise xerada polos baixos prezos que está a obrigar a pechar numerosas explotacións. | A Plataforma pola Defensa do sector Lácteo galego convocará un novo calendario de mobilizacións que incluirán tractoradas nas comarcas produtoras e unha gran manifestación en setembro. Unha decisión coa que queren volver "exixir" unha solución definitiva a un problema - os baixos prezos do leite- que está a obrigar a pechar explotacións e a bataer con dureza na viabilidade do rural galego. Representantes do sector amosáronse contrarios por entender que era claramente insuficientes ás propostas que o Ministerio de Agricultura e Alimentación aprobou como resultado da xuntanza mantida nesta cuarta feira coa interprofesional láctea. Froito deste rexeitamento, anuncian que decorrerán diversas mobilizacións en agosto. A primeira delas terá lugar en Santa Comba o 1 de agosto. Para setembro prevese unha gran manifestación, como a que percorreu Compostela este 17 de xullo e que reuniu a máis de 20.000 persoas na capital de Galiza. A "urxencia" da situación, aclaran desde o sector, fai precisas adoptar medidas contundentes, algo que non fan nin Xunta nin Ministerio, sinalan, de aí as mobilizacións. O alcalde de Boimorto, Xosé Luis Rivas Cruz 'Mini' denunciou a falla de medidas do Ministerio e a pasividade da Consellería de Medio Rural, por "negar"o problema que atinxe xa a máis de 3.000 gandeir@s. |
NOS_7640 | O Deportivo e a Real Sociedade estrearon a primeira xornada da Liga sen gol ningún, nun partido carente de ritmo. As intervencións de Lux, por parte do equipo coruñés, e de Rulli por parte do conxunto donostiarra impediron que as ocasións mudasen o marcador. | Os metas arxentinos de ambos os conxuntos provocaron que o partido que enfrontou esta tarde o Deportivo coa Real Sociedade en Riazor rematase en táboas (0-0). O equipo coruñés, que comeza a Liga cun resultado positivo pero con dúbidas de colocación no terreo de xogo, non logrou realizar o primeiro disparo entre os tres paus até o minuto 44, cun balón nas botas de Mosquera, que non lograba sorprender o meta da Real. Anteriormente, Jonathas trataba de bater a Lux, primeiro cunha chilena e despois cunha vaselina. Na segunda parte, contra o minuto 51, Borges puña a proba a elasticidade de Rulli cun forte disparo que acabou despexando o meta do equipo vasco. A continuación, probaba sorte Juanfran e no seguinte córner, Lucas lograba meter o esférico na rede, mais estaba en fóra de xogo, posición que non pasou desapercibida para o colexiado. Fayçal era o seguinte en disparar a porta cun balón interceptado por Rulli. A partir do minuto 70, a Real Sociedade dispuxo de dúas ocasións claras por parte de Vela e Xabi Prieto, mais Lux e Lopo impediron que se movese o marcador. Coa entrada de Fede Cartabria no terreo de xogo, o Depor gañou frescura, mais non logrou desfacer o empate final. 0 - Deportivo: Lux; Laure, Lopo, Sidnei, Fernando Navarro; Celso Borges, Pedro Mosquera; Juanfran (Fede Cartabia, m.74), Fayçal Fajr, Cani (Oriol Riera, m.63); e Lucas Pérez. 0 - Real Sociedad: Rulli; Zaldúa, Diego Reyes, Íñigo Martínez, De la Bella; Markel Bergara, Rubén Pardo; Xabi Prieto, Carlos Vela (Chory Castro, m.88), Bruma (Canales, m.85); e Jonathas. Árbitro: Mateu Lahoz, do colexio valencián. Amoestou Zaldúa (min.9) e Markel Bergara (min.65), por parte da Real Sociedade, e a Mosquera (min.14), Laure (min.49) e Lopo (min.88), por parte do Deportivo. |
NOS_4902 | A canteira de Casalnovo leva 23 anos operando a escasos metros do Parque Natural de Corrubedo. Adega volve denunciar a actividade "manifestamente incompatíbel" destas instalacións. | Explosións, ruído de maquinaria pesada e o pó en suspensión son algunha das consecuencias que sofre o Parque Natural de Corrubedo por mor da canteira de Casalnovo, unha explotación situada a escasos metros que desenvolve a súa actividade desde hai 23 anos. A asociación ecoloxista Adega denuncia que as instalacións de procesado de rocha para area e grave e o parque de maquinaria están dentro da superficie do espazo protexido. Adega tamén alerta de que a canteira provoca sedimentos que son arrastrados pola auga até a lagoa do Carregal. Lembra tamén que hai uns meses unha voadura en Casalnovo guindou unha rocha de 4kg contra unha casa a medio quilómetro da explotación . De aí que a asociación ecoloxista sinale que no parque natural máis visitado da rede galega os prexuízos da canteira non sexan só naturais. Neste contexto, Adega volve exixirlle á Xunta de Galiza maior protección para o Parque de Corrubedo, pois continúa sen contar cun Plano de Ordenamento dos Recursos Naturais (PORN) actualizado e sen un Plano Reitor de Uso e Xestión (PRUX), malia ser obrigatorio por lei. Consecuencia da falta de protección, "multitude de actividades agresivas téñense desenvolvido na súa contorna e mesmo no seu interior", denuncia a asociación ecoloxista. O PP meteu o Plano de Ordenamento dos Recursos Naturais no caixón Adega acusa o Goberno do PP de "meter no caixón" o Plano de Ordenamentos dos Recursos Naturais redactado en 2007 polo bipartito. Elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, o plano custou 80.000 euros e foi "esquecido" desde que o PP chegou á Xunta. "Alén de adaptarse á nova lexislación europea, estatal e galega, o documento estabelecía unhas condicións ambientalmente máis dignas para este emblemático espazo: ampliaba a superficie do Lugar de Interese Comunitario (LIC) un 79%, o que supón máis de 16.500 hectáreas, e conectaba o parque co sector norte, no concello de Porto do Son, tamén na Rede Natura através dun corredor ecolóxico", salienta Adega. A asociación ecoloxista alerta de que, con estes antecedentes, o complexo húmido de Corrubedo atópase na "encrucillada". Ou "vira nun santuario representativo da natureza galega" ou segue sendo "un espazo á deriva no que os seus valores e potencial fican ao servizo dos intereses especulativos, urbanísticos e industriais". |
NOS_55135 | O prezo dos alimentos incrementouse no que vai de ano na Galiza en 5,9%. Neste sentido, rexistran unha alza no último ano de 9,4%, cifra moi por riba das retribucións salariais. Así, os custos dos produtos alimentarios de primeira necesidade teñen aumentado nos últimos 20 anos até 62%. | A inflación cébase coa cesta da compra. O prezo dos alimentos e as bebidas non alcohólicas disparouse en abril, último mes con datos, en 9,4% en comparación co mesmo mes de 2021. Neste sentido, trátase do incremento máis elevado de toda a serie histórica desde que hai rexistro no Instituto Nacional de Estatística (INE). Mesmo a súa alza foi superior á do propio Índice de Prezos do Consumo (IPC), que ficou en 9,1%. Os maiores incrementos Unha mostra do encarecemento da compra é que 12 dos 20 produtos que máis subiron de prezo en abril foron alimentos ou bebidas. Significáronse polo seu incremento o aceite de oliva, cun aumento de 42,5%; a pasta, cunha suba de 25%; as fariñas e outros cereais, cuxo prezo encareceuse 23,2%; os ovos, cunha suba de 21,6%; as salsas e outros condimentos, que encareceron 15,2%; outros produtos de panadaría, 14,5% máis caros, o leite enteiro e desnatado, cunha suba de 14%; a manteiga, cuxo prezo aumentou 12,8%, e os legumes e hortalizas, con 12,8% de incremento. O custo doutros alimentos medrou, tamén, por riba da inflación. Así, marcou un incremento de prezo de 12,7% a carne de ave, de 12,6% as froitas en conserva, de 12,1% os alimentos de bebés, de 11,6% as marmeladas e o mel, de 11,4% a carne de vacún, de 10,9% os iogures, de 10,7% a carne de ovino, de 10,7% o café, de 10,2% o arroz, de 10,1% o pan, de 9,7% o peixe fresco, de 9,6% outras carnes e de 9,5% a froita fresca. Unha suba xeneralizada O alcance da suba xeneralizada dos alimentos ten causado sorpresa en moitos economistas. Así, por exemplo, a Fundación das caixas de aforro, Funcas, vén de recoñecer que "se produciron importantes desviacións con respecto ao esperado nos alimentos", destacando "outros aceites comestíbeis", cunha suba de 96%. Pola súa parte, o economista da Universidade de Santiago de Compostela Bernardo Valdés sinala a Nós Diario que "hai unha vinculación entre a alza de prezos e o incremento dos custos de produción e neste momento estánselle repercutindo unha parte dos mesmos ao consumidor final". As cifras de 2022 veñen elevar uns prezos dos alimentos cuxa alza é sostida e continuada desde hai 20 anos. En todo este período só minguaron no exercicio de 2009, coincidindo co estoupido da crise económica que deu pé á 'Gran Recesión'. Asemade, ao longo destas últimas décadas, o seu incremento situouse en 62%, conforme aos datos recollidos no seu histórico polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Neste sentido, non é un fenómeno exclusivo da Galiza, senón que responde a unha tendencia a nivel mundial que ten como punto de inflexión 2007, cando se comeza o consolidar o actual comportamento. As patacas, 137% máis caras As patacas son un dos produtos cunha suba máis elevada nestes 20 anos, até rexistrar un aumento nos seus prezos de 137%. Ao tempo, o prezo dos aceites, ovos e froitas frescas duplicouse, medrando o dos legumes e hortalizas en 93% e o do pan en 77%. O custo do peixe aumentou 66%, o da carne de ovino 60%, o da carne de polo en 45% e o do leite e derivados lácteos arredor de 40%. Neste sentido, o conxunto dos alimentos de orixe vexetal presenta uns custos moi volátiles, que flutúan de xeito acusado de exercicio en exercicio. A dependencia exterior O incremento do prezo dos alimentos está moi condicionado pola realidade económica internacional. Porén, ten un impacto maior naquelas nacións que son deficitarias na súa produción. A este respecto, o economista Marcelino Fernández Mallo, sinala a Nós Diario que, mentres "o eucalipto ocupa arredor de 600.000.hectáreas de superficie -20% do territorio da Galiza-, dedícanse 114.900 hectáreas á suma de cereais en gran, leguminosas, tubérculos, oleaxinosas, hortalizas, froitas, viñedo, oliveiras e hortas familiares". Marcelino Fernández Mallo significa que "a Galiza dedica 1% da súa superficie a cereais en gran, España dedica a ese mesmo concepto 12%. En hortalizas, a comparación é similar: 0,1% da superficie dedicada na Galiza fronte a 0,5% de España; en froitas, 0,7% na Galiza fronte a 3% en España". A produción interna A Galiza dedica a cultivos para o consumo humano 3,9% do seu territorio, mentres o Estado destina aos mesmos 25,5%. Segundo Marcelino Fernández Mallo, "a resposta dos distintos países ao incremento radical de prezo en moitos artigos dependerá da súa capacidade de produción interna". |
NOS_46314 | Volverá este ano a se enviar ao espazo un artefacto desde un colexio galego, tal e como aconteceu en maio de 2016 desde o IES Marxu Mallo de Ordes. É o compromiso da NOSA, a Axencia espacial escolar galega. Un proxecto que, para alén de goce, implica altas doses de traballo, responsabilidade e coordinación. | A finais de xaneiro máis de 150 alumnos de tres centros de ensino de Galiza, o IES Marruxa Mallo de Ordes, o IES Miraflores de Oleiros e o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, reuníanse na localidade ordense. Alí nacía a Nosa, a Axencia espacial escolar galega, nome decidido a través de votación popular, e que se marcaban un obxectivo: enviar un artefacto ao espazo. O proxecto bebe da experiencia que o IES Maruxa Mallo realizou en 2016 e que lle levou, o 13 de maio, dese ano a enviar unha sonda á estratosfera, a uns 30.000 metros de altitude. Todo un acontecemento que se retransmitiu ao vivo por internet e que conseguiu ser noticia en medios galegos e mesmo do resto do estado español. "Requeriu traballo, coordinación e responsabilidade", resumían en conversa con Sermos Galiza alumnos participantes na iniciativa MarumaSat, na que os profesores, como Xosé e Raquel, xogan un papel fundamental. Para que esta sonda chegase á estratosfera houbo meses de traballo detrás. Tarefas que se canalizaban e realizaban a través dos grupos de traballo constituídos: de deseño, comunicación, económica, audiovisual, científica e meteorolóxica. Eles encargáronse de todo, desde a elección do nome e lema do proxecto ("Cos pes no chan e os ollos nas estrelas") até a procura de financiamento, pasando polo seguimento meteorolóxicos, elaboración dos dispositivos, contacto cos medios de comunicación... Docentes como Xosé recoñecen e parabenizan o traballo,a constancia e o compromiso amosados polos estudantes. Constancia Recoñecen que o momento máis crítico desta 'operación estatal' foi a recuperación da sonda espacial lanzada cun globo. "Foi o momento máis difícil, por dicilo así, estivemos a piques de tirar a toalla", recoñecen. O aparato foi caer a 8 quilómetros das coordenadas previstas, na Estrada. Investiron horas de busca e nada, non a daban atopado. Foi entón, lembran, cando un dos alumnos tivo unha idea: "A través dunha aplicación de móbil logrou determinar a ubicación do teléfono que ía na cápsula, e que non se danou". Na recuperación participaron efectivos de Protección Civil e dos Bombeiros de Ordes. Unha mostra da implicación coa que se viviu esta iniciativa no Concello. "Si, a xente de Ordes foi apoiando cada vez máis", recoñecen. Tamén o traballaron alumnos e docentes participantes no proxecto, que presentaban e achegaban á xente con calquera desculpa, como a celebración da Festa do Champiñón, a onde asistiron cun stand. Esta iniciativa implicou que as persoas participantes tivesen que afrontar retos, solventar e resolver problemas, traballar en equipo, aprender... e todo en torno a un proxecto pioneiro. E, como lembran con orgullo, desde un centro do ensino público en Galiza. "Non hai nada que envexar ao ensino privado", sosteñen. Ampliar Este ano volverá a vivirse a experiencia de enviarse unha sonda á estratosfera. Xa non será só un centro senón tres os que tomen parte na iniciativa, a través da Nosa. Unha nova aventura coa que aprender máis, coordinarse a maior nivel e asumir novos retos. |
NOS_5327 | A sede da Marea Atlántica, na Praza do Humor da Coruña, amenceu este sábado coas vidreiras escachadas, lastras por toda a parte, pintadas e grandes estragos no interior. | O ataque sucedeu de noite e a primeira hora da mañá, a Policía Local xa estabelecera un perímetro de precinto arredor do local, que se atopa na céntrica Praza do Humor. Ademais dos desperfectos no exterior, o interior das instalacións tamén amosaban danos. As pintadas na fachada contiñan mensaxes de apoio ao movemento okupa. O suceso aconteceu dous días despois do despexo do CSO A Insumisa. Ese dia, a Policía Local cargou contra as persoas que protestaban contra o desaloxo. Á tarde, as cargas repetíronse, desta volta a cargo da Policía Nacional. |
QUEPASA_929 | A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total | Novos datos do IGE sobre as pensións, que nos permiten afondar na crise demográfica que afronta a nosa comarca e todo o país. A pensión media nos 19 concellos das 5 comarcas da Costa da Morte sitúase 752€. Unha media que está moi lonxe dos 930€ da media do conxunto de Galicia, onde sobresaen un par de puntos interesantes: os homes teñen unha pensión un 35,6% superior ao das mulleres; e hai un 10% da poboación pensionista que sobrevive con menos de 429,95 euros. Na bisbarra, as cifras son precarias. Só superan os 800€ de pensión 7 concellos (Corcubión, o único que mesmo supera os 900, Cee, Fisterra, Dumbría, Ponteceso, Muros e Carnota, que practicamente se sitúa nesa cifra). Por contra, os pensionistas de 6 concellos non chegan aos 700€ (Cabana, Muxía, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Santa Comba), as zonas máis dedicadas ao sector primario, sen industria e sen incidencia do sector público. Por comarcas, sen dúbida a do Xallas é a máis baixa, con 642€ de media, mentres que as de Muros e Fisterra son as máis pudiente con 831€ e 817€ respectivamente. É certo que as pensións subiron uns 30-40€ con respecto ao 2016 e uns 100€ con respecto a 2011. Pero o poder adquisitivo non puido medrar. Pensión media por Comarcas (2018) Comarca Pensión media (€) Fisterra 817,61 Comarca de Muros 831,63 Bergantiños 747,03 Terra de Soneira 673,23 Xallas 642,66 Pensión media por Concellos (2018) Concello Pensión media (€) Cabana 676,49 Carballo 753,23 Coristanco 703,41 Laracha, A 737,63 Laxe 698,97 Malpica 776,44 Ponteceso 833,3 Cee 878,32 Corcubión 930,09 Dumbría 825,40 Fisterra 827,03 Muxía 699,39 Carnota 798,63 Muros 850,89 Camariñas 711,79 Vimianzo 653,10 Zas 662,79 Mazaricos 649,53 Santa Comba 639,20 Número de pensionistas concello a concello A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total, un 3,5% máis que en 2011, dato que demostra o avanve do envellecemento na bisbarra. En Galicia xa son 667000 os pensionistas, o que supón un 24,7% da poboación galega (2.699.000), dando conta de que a nosa bisbarra está 5 puntos máis envellecida que o total do país. Pensionistas 2011 2018 Cabana 1421 1482 Carballo 6530 7432 Coristanco 2104 2078 A Laracha 2716 2942 Laxe 865 947 Malpica 1939 1920 Ponteceso 1927 1922 Cee 1754 1820 Corcubion 374 383 Dumbría 999 1000 Fisterra 1193 1303 Muxía 1455 1649 Carnota 1645 1535 Muros 2585 2631 Camariñas 1529 1604 Vimianzo 2143 2253 Zas 1582 1578 Mazaricos 1549 1529 Santa Comba 2916 3041 Total 37226 39049 % Pensionistas/poboación total 26,1 29,6 |
PRAZA_2830 | Somos moitas as que nos sentimos cos pés na propia Terra e as mans a exerceren os nosos dereitos, aquí e agora. Eis a única maneira de estar no mundo con orgullo, para tender as pontes precisas e crear redes de mudanza colectiva, que nos liberen de tantas dominacións. | Noa Presas, Olalla Rodil, Carme Adán e Carlos Callón. Velaí os nomes das persoas que encabezan aquí e agora as listas de Nós-Candidatura Galega para as próximas eleccións xerais. Se eu quixese destacar algún argumento a prol desta aposta, centraríame, sen ningunha dúbida, en recoller os seus sorrisos, a súa enerxía positiva feita vontade de transformación. Os seus nomes representan o empeño de construírmos, coas nosas mans, unha Galiza con mocidade e emprego digno; a aposta por un desenvolvemento sustentábel no noso rural; o futuro do noso tecido produtivo; o orgullo de posuírmos unha lingua que nos fai tan especiais como todos os pobos que habitan este planeta terra; a defensa da educación e da sanidade públicas, dos dereitos sexuais e reprodutivos; o compromiso cos dereitos colectivos..., e a alegría, como maneira de estarmos no mundo. Olalla, Carlos, Noa e Carme son persoas que podes atopar na tenda da esquina, a facer deporte –unhas a correr, outras na piscina–, participando para evitar que unha familia perda a súa casa por un desafiuzamento, enchéndose de carraxe pola escravización laboral, gozando do concerto dun dos grupos de música da súa vila, manifestándose contra a violencia machista ou a recoller o lixo dos nosos ríos nunha andaina ecoloxista. Son persoas áxiles, entusiastas, teimudas, dispostas a debuxar aquí e agora camiños para realidades de esperanza. Somos moitas as que nos sentimos cos pés na propia Terra e as mans a exerceren os nosos dereitos, aquí e agora. Eis a única maneira de estar no mundo con orgullo, para tender as pontes precisas e crear redes de mudanza colectiva, que nos liberen de tantas dominacións. Carme, Noa, Carlos e Olalla teñen discursos novos, ar fresco que consegue resoar nos nosos ouvidos. Porque o fan sabedoras de seren un dos chanzos desa escaleira por que subimos, decidida e alegremente, galegas e galegos. Porque se saben parte desa longa ringleira en que se dan as mans desde un Antón Vilar Ponte a unha Olalla Fernández Davila e a unha Rosana Pérez Fernández, que tiveron que ir a Madrid para exixir xustiza e verdade. Por iso, no ronsel de tantas outras voces que reclamaron unha Galiza soberana, deron un necesario paso adiante para se converteren en referentes, co obxectivo de seren a imaxe de tantas outras persoas que teñen a nosa nación no centro. Somos moitas as que nos sentimos cos pés na propia Terra e as mans a exerceren os nosos dereitos, aquí e agora. Eis a única maneira de estar no mundo con orgullo, para tender as pontes precisas e crear redes de mudanza colectiva, que nos liberen de tantas dominacións. Carlos, Carme, Olalla e Noa transmiten, con humor e rebeldía, o mandato de Nós-Candidatura Galega: desenvolver propostas políticas que parten do recoñecemento da dignidade galega para, desde ese pobo a que pertencemos e que debe posuír todos os dereitos posíbeis, traballar por unha sociedade crítica e diversa, por un mundo feminista e antipatriarcal. Somos un pobo xeneroso e con recursos. Porque o empobrecemento do noso país non destruíu as nosas potencialidades nin a nosa capacidade creativa. Somos un pobo que quere exercer os dereitos coas súas propias mans. Aquí e agora. |
NOS_36001 | O portavoz de En Marea, Luís Villares, apelou á unidade na rolda de imprensa en que fixo balanzo do plenario que desenvolveu o partido durante a xornada do sábado. Así, chamou a "non perder ningún esforzo" e a que "ninguén dos que impulsaron" En Marea fique "fóra do proxecto". | "Xuntos somos invencíbeis porque a xente premia a unidade". Con estas palabras Luís Villares, portavoz de En Marea, facía un chamamento á cohesión na rolda de imprensa en que fixo balanzo do plenario que organizou a forza política ao longo do sábado. Insistiu en "non perder ningún esforzo" e dixo que "non queremos que ninguén dos que impulsaron este proxecto fiquen fóra". Villares referíase nestes termos a Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña; Martiño Noriega, alcalde de Compostela, e Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, que xa avanzaran que non asistirían á reunión marcada para hoxe. Unha cita en que En Marea estabeleceu a folla de rota de cara ás eleccións municipais de 2019. O portavoz de En Marea fixo fincapé en que o partido sae moi reforzado e cohesionado do plenario e comunicoulle "unha mala noticia ao PP: que o seu tempo de contrabando chegou á súa fin". Coa ollada posta nas Deputacións Na xornada do sábado, as persoas participantes aprobaron documentos relativos, entre outras cuestións, ao devalo demográfico e ás infraestruturas do país. Ademais, apostouse en desenvolver "fórmulas non invasivas que cooperen de xeito horizontal para que todo ese esforzo e traballo teña reflexo nas Deputacións provinciais, xa que, malia estar en contra, somos conscientes de que non se pode renunciar a estes orzamentos". Na xuntanza tamén se deu conta do espazo de En Marea no Congreso, co fin de mellorar e reforzar os lazos, segundo sinala o partido nunha nota de imprensa. Miguel Anxo Fernán-Vello, portavoz de En Marea no Congreso, e Francisco Casal, deputado no Parlamento, tomaron a palabra ao respecto para destacar os temas fundamentais tratados en ambas as cámaras: incendios, igualdade, pobreza enerxética, AP9, Lei de Depredación ou Angrois. A autonomía da mareas locais A viceportavoz de En Marea, Ana Seijas, foi a encargada de expor o documento relativo ás eleccións municipais de 2019, en que se puxo de manifesto a necesidade de que En Marea sexa "un espazo que vertebre a suma de esforzos para espallar o cambio que o municipalismo iniciou en 2015". Seijas destacou a "disposición no espazo político, respectando a autonomía das mareas locais, para favorecer a coordinación e cooperación dos actores do cambio, e ser o lugar de encontro de todas as que traballan a prol de recuperar a ilusión desde o local". O documento exposto por Seijas, que recolle a creación de grupos de traballo e mareas sectoriais de cara a presentación de propostas programáticas e a creación dun banco de ideas, foi aprobado por 197 votos a favor, ningún en contra e 6 abstencións, segundo informa En Marea. Antes de encetar o plenario, na mañá do sábado, Xosé Manuel Beiras, compareceu diante dos medios, con Villares, para censurar a actitude dos parlamentares críticos coa dirección de En Marea. |
NOS_27216 | Hai 50 anos, 5 de maio de 1970, o petroleiro noruegués Polycommander accidentábase e posteriormente incendiábase nas proximidades das illas Cíes, provocando unha traxedia social, ecolóxica e económica de grandes dimensións. Traemos á actualidade un episodio da memoria máis recente. | A crónica das diversas catástrofes ambientais asociadas aos accidentes marítimos está aínda por facer. Sen saír da ría de Vigo e con anterioridade ao suceso do Polycommander atopamos os sinistros do Janina e Yanxilas. O primeiro foi un buque francés que se incendiou nas proximidades da fronteira con Portugal e que rematou por provocar en 1957 a segunda marea negra coñecida da historia da Galiza. O segundo, propiedade dunha navieira grega, bateu contra os fondos das illas Cíes á volta de 1965, vertendo 16.000 toneladas de petróleo que afectaron toda a costa da comarca de Vigo e do Morrazo. A continuación da traxedia do Polycommander, Galiza continuou rexistrando accidentes navais na totalidade da costa. Así, en marzo de 1976, o estoupido e incendio do Urquiola na ría da Coruña botou ao mar 100.000 toneladas de fuel, xerando un dos maiores desastres ambientais da península. Outro tanto aconteceu en 31 de decembro de 1978 co Andros Patria, sinistrado nas proximidades de Malpica e cuxo vertido afectou toda costa galega desde Caión (A Laracha) até Ribadeo. Os naufraxios máis recentes do Casón en Fisterra, do Mar Exeo na ría da Coruña ou do Prestige na Costa da Morte evidenciaron a falla de protección da fachada naval da Galiza. O 5 de maio de 1970 o petroleiro de bandeira norueguesa Polycommander, en ruta desde a localidade libanesa de Sidón até a poboación francesa de Dongues cunha carga de 49.414 toneladas de petróleo, embarrancou mentres tentou saír da ría de Vigo. O navío viuse na obriga de tomar terra na cidade para evacuar unha tripulante, Karin Alstad, que precisou de atención médica urxente e rematou internada nunha das clínicas da cidade. Á volta das 4.20 horas, cando manobrou para retomar a viaxe ao seu destino, tocou fondo nos arrecifes de Muixiero, situados fronte á praia de Figueiras, na illa de Monteagudo, no arquipélago das Cíes e encallou. A resposta gobernamental converteu o accidente nunha traxedia pola súa falla de coordinación e medios O impacto da embarcación cos baixos das Cíes provocou un furado nos seus tanques de carga, que non tardaron en verter o seu contido ao mar, estimando as autoridades, naquela altura, unha fuga de 15.000 toneladas de petróleo, isto é, 16 millóns de litros. O mercante non tardou en incendiarse, após producirse diversas explosións por motivos aínda hoxe non ben aclarados. Porén a versión oficial apuntou ao contacto do combustíbel altamente inflamábel da carga coas chispas do motor dun pesqueiro que estivo traballando nas proximidades do barco accidentado. O sinistro saldouse sen ningunha vítima mortal, alongándose durante máis dun día os labores de rescate. A tripulación, formada por 29 persoas, conseguiu salvar á vida nunhas circunstancias excepcionais, facendo parte da mesma tres mariñeiros galegos de Ribeira, Francisco Ramallo Paz, Manuel Lorenzo Fernández e Manuel Baamonde Paz. Os pesqueiros presentes na zona xogaron un papel decisivo no salvamento destas persoas e nos traballos de extinción do incendio, que se demoraron durante máis dun día pola ausencia de medios materiais e polas condición climatolóxicas adversas. 'Un borrón de tinta escura' As consecuencias ambientais e sanitarias da catástrofe non tardaron en facerse presentes. Malia a tentativa das autoridades por negar primeiro a existencia da marea negra e despois os seus prexuízos, o chapapote fíxose visíbel até o punto de recoñecer a súa presenza os propios medios oficiais do réxime. Mentres o almirante Boado, o máximo responsábel á fronte do operativo, non dubidou en sinalar aos medios de comunicación que "o fuel tampouco é prexudicial para os fondos mariños", o xornalista Diego Carcedo escribiu naquelas datas no xornal El Pueblo Gallego "o mar é como un borrón de tinta escura. Aparecen manchas en Cangas, aparecen manchas en Sobreira, aparecen manchas en Canido, aparecen manchas en Samil". Unha gran nube de fume negro e de cinzas cubriu durante días diversas localidades do Val Miñor e a marea negra afectou toda a costa galega desde a comarca do Morrazo até a fronteira con Portugal. Sen ir máis lonxe, o 9 de maio El Pueblo Gallego afirmaba que "as hortalizas das parroquias de Belesar, Denán, Barreiro, Mañufe, Morgadáns, San Pedro, Santa Cristina e do propio Gondomar foron sensibelmente danadas", recollendo que "os residuos do fume procedentes do Polycommander provocaron grandes danos no Val Miñor". Uns días antes, concretamente o 7 de maio, levou á súa portada que "hai unha gran mancha de petróleo entre as illas Cíes, a península do Morrazo e a costa de Baiona". A resposta gobernamental converteu o accidente nunha traxedia. Mentres o réxime forzou a maquinaria estatal para responsabilizar do acontecido o capitán do barco, que chegou a ser condenado en solitario, a actuación do Estado caracterizouse pola súa falla de coordinación e de medios. A defensa do litoral recaeu en exclusivas nas xentes das localidades costeiras, significándose as barreiras artesanais levantadas pola veciñanza de Baiona. As pegadas Polycommander Os restos do chapapote do Polycommander continúan presentes na xeografía da catástrofe após 50 anos. A presidenta da Confraría de Baiona, Susana González, recoñecía a volta de 2017 que as percebeiras da zona podían observar os restos do fuel do barco en diversos lugares da costa do Val Miñor. Outro tanto sinalaban as investigadoras do Centro de Investigación Mariñas en 2007 en relación cos baixos mariños das illas Cíes. Como afirmaba o divulgador ambientalista Félix Rodríguez de la Fuente, presente en Vigo nos días seguintes ao naufraxio, "as consecuencias do acontecido no medio natural será para sempre". |
PRAZA_7852 | O Executivo aproba o proxecto de reforma da administración local, que permite baleirar de competencias os concellos que non cumpran estritamente os obxectivos de déficit. As Deputacións poderán asumir os servizos dos concellos pequenos. | "O 82% dos 68.285 concelleiros españois non poderán recibir remuneración", anunciou o ministro de Facenda Cristóbal Montoro, arroupado por declaracións da vicepresidenta Santamaría sobre as bondades da política gratuíta e voluntaria en cidades e pobos españois. Segundo Montoro, só "12.188 concelleiros" cobrarán. Montoro expuxo un aforro derivado destas reformas fixado en 1.397 millóns de euros. Con todo, en declaracións a eldiario.es tras a rolda de prensa, confesou non saber cantos concelleiros traballan sen cobrar a día de hoxe, e polo tanto, cal é a diferenza real entre a situación actual e a que vivirán os concellos a partir de agora. Montoro confesou non saber cantos concelleiros traballan sen cobrar a día de hoxe, e polo tanto, cal é a diferenza real entre a situación actual e a que vivirán os concellos a partir de agora É máis, segundo a web Politikon, isto xa ocorre: "En case todos os municipios de menos de 10.000 habitantes a regra é que os concelleiros non cobren nada (nalgúns tampouco o Alcalde, que segue compatibilizando o cargo co seu traballo). Pois ben, isto afecta a un total de 7.364 concellos, ao redor do 90%, e a un total aproximado de 52.960 concelleiros. É dicir, que o 77% dos rexedores non cobran un soldo por desempeñar o seu labor. Nos municipios de entre 10.000 e 20.001 persoas adoita haber ao redor de dous-tres liberados. Se asumimos tres, isto eleva ao 81% os concelleiros que non cobran nada polas súas funcións municipais. É dicir, aproximadamente oito de cada dez concelleiros desenvolven as súas funcións por un compromiso persoal, non económico". En total, o Goberno prevé con esta reforma un aforro potencial de "7.129 millóns no perido 2013-2015". 5.500 dos cales serán froito da clarificación de competencias e da eliminación de duplicidades, é dicir, de evitar que dúas administracións presenten un servizo. Ademais das citadas cifras, calcúlase un aforro de 73 millóns pola desaparición de mancomunidades e entidades locais menores. Outros 145 millóns de aforro procederán da redución de persoal eventual e de cargos locais e outros 1.397 millóns, pola limitación do sector público local. O informe do anteproxecto de lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local pon en mans do Goberno importantes ferramentas para baleirar de competencias os Concellos endebedados. O anteproxecto de Lei irá ao Consello de Estado e logo volverá ao Consello de Ministros: "Os principios son a estabilidade financeira e a mellora dos servizos, así como a non duplicidade de competencias con competencias estatais e autonómicas". Segundo o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, trátase de "unha das reformas máis ambiciosas que se fixo no noso país". A reforma permitirá ás comunidades autónomas rescatar servizos que agora delegan, ou ben cederllos aos Concellos a través dun convenio no que se determine o seu custo. Iso si, o que non fixo o Goberno foi reducir 20.000 concelleiros como prometera o xefe do Executivo. Os socialistas acusan o goberno de usar esta reforma para baleirar aos concellos de sentido e abrir a man á privatización de servizos públicos básicos O Goberno buscou o acordo co principal partido da oposición para pactar unha lei co apoio de ambas as formacións. O acordo non se puido pechar porque os socialistas acusan o goberno de usar esta reforma para baleirar aos concellos de sentido e abrir a man á privatización de servizos públicos básicos. Montoro, con todo, asegurou que non se limitan as competencias dos concellos", senón todo o contrario: "É unha reforma municipalista". Con todo, as Deputacións saen reforzadas e ao redor de mil mancomunidades desaparecen. En cidades de máis de 500.000 habitantes terán "a referencia do secretario de Estado para o seu salario, nómina que irá baixando por tramos de poboación até os municipios de mil a dous mil veciños, cuxo alcalde cobrará un 20% desa cantidade. Os alcaldes de municipios de menos de 1.000 habitantes non cobrarán. Cada ano a lei de orzamentos establecerá o límite máximo e mínimo para os empregados públicos locais. Hai unhas diferenzas salariais inadmisibles de todo punto". As entidades locais e as súas empresas e organismos deberán cumprir uns estándares de calidade e de eficiencia. As que non cumpran estes parámetros, ou desaparecerán ou deberán ceder as súas competencias ás deputacións Ademais apróbase o regreso de interventores e secretarios ao corpo de funcionarios estatais, o que concederá independencia á xestión financeira municipal, segundo o Goberno. Por outra banda, todas as entidades locais e as súas empresas e organismos deberán cumprir uns estándares de calidade e de eficiencia, e render contas en tempo e forma. As que non cumpran estes parámetros, ou desaparecerán (mancomunidades e sociedades municipais) ou deberán ceder as súas competencias ás deputacións (para os municipios de menos de 20.000 habitantes). |
NOS_2127 | Estamos ante unha historia emotiva cunha fotografía e guión brillantes onde se nota o cariño do director pola cidade pero, sobre todo, destaca na relación entre neto e avós. | Fellini en Amarcord, Carla Simón en Estiu 1993, Jean-Claude Lauzon en Léolo, Bergman en Fanny e Alexander ou a Roma de Cuarón son claros exemplos de cineastas que, en maior ou menor medida, tiran das súas lembranzas de infancia para facer filmes memorábeis. Branagh fai o propio en Belfast, e faino cun estilo e forma que lembran bastante o multipremiado filme de Cuarón, co cal comparte homenaxe ao barrio onde creceron, fotografía en branco e negro e tamén característicos paneos de cámara, aínda que, nisto último, Branagh está moito máis comedido. Belfast / Kenneth Branagh / Reino Unido / 2021 / 98 min. No fondo nunca saberemos canto hai de ficción, canto de inspiración e canto de realidade sobre a infancia de Branagh, mais iso importa ben pouco. O director norteirlandés márcase unha pequena gran historia de familia baixo a inocente mirada dun cativo que vive en Belfast cos seus pais, irmán maior e avós nun barrio onde impera unha boa relación entre a veciñanza, tíos, curmáns e demais familia. Transcorre en 1969, concretamente durante os violentos disturbios entre católicos e protestantes. Buddy, que é así como se chama o neno, integra rapidamente as tensións da zona como algo normal e, malia ter un pai que ve cada dúas semanas, vive feliz e intenta entender, coa axuda e a complicidade dos seus avós, os grandes temas que lle preocupan (relixión, matemáticas e amor) mentres descobre o cinema. O home que matou Liberty Valance, Só ante o perigo, Hai un millón de anos ou Chitty Chitty Bang Bang quedan gravadas a lume na memoria do pequeno Buddy, que quedará con ganas de ver o filme favorito da súa avoa: Horizontes perdidos de 1937 que, de seguro, verá de maior. Jude Hill, de 11 anos, interpreta con moita soltura o alter ego de Branagh. Impresionante no plano secuencia do primeiro disturbio. Destacan tamén a gran Judy Dench e o xenial Ciarán Hinds, avoa e avó respectivamente. Quizais desentoa un pouco a elección de persoas tan atractivas como Caitriona Balfe e Jamie Dornan para facer de nai e pai... mais é de entender que nas lembranzas de calquera crianza, mamá e papá adoitan ser os máis guapos e mellores do mundo. Estamos ante unha historia emotiva cunha fotografía e guión brillantes onde se nota o cariño do director pola cidade pero, sobre todo, destaca na relación entre neto e avós. Preparen os panos. Un dos agasallos cinematográficos do ano que demostra que, ás veces, as cousas máis sinxelas son as máis fermosas e memorábeis. Toda apunta a que petará forte ás portas dos Oscar; na "antesala" xa gañou o de Mellor Guión |
NOS_37868 | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) crea un directorio na súa web para facilitar a compra directa as produtoras. | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) súmase ás entidades que tratan de favorecer a comercialización dos produtos alimenticios das pequenas produtoras, que sofren as consecuencias do feche dos mercados de proximidade. Faino cunha guía de venda en liña que se pode consultar na súa páxina web e que ofrece ás consumidoras os datos de contacto de máis dunha vintena de operadores que levan a compra a casa. A través dun comunicado, o consello regulador recoñece as dificultades que están a ter as produtoras ecolóxicas para dar saída ás súas colleitas. "Á vista deste escenario tan complexo, no Craega pareceunos conveniente activar unha plataforma na web para poñer en contacto os nosos operadores co consumidor final", explica o seu presidente, Francisco López Valladares. Respecto á prohibición por parte da Xunta da celebración dos mercados tradicionais, o directivo do Craega sinala que "son moitos os operadores certificados que recorren a estas canles curtas para comercializar os seus produtos. De aí que, xa desde ese primeiro momento, optásemos por poñer en marcha unha guía online que lles servira de soporte a todas para seguir adiante coa súa actividade". Como explica, pese a que nun primeiro momento a guía estaba dirixida só a produtoras, foron sumándose empresas transformadoras e comercializadoras que tamén prestan servizo a domicilio. Deste modo, ademais de hortalizas, froitas, carne, ovos, algas ou infusións, na plataforma tamén é posíbel mercar conservas ou viño. "Para nós, o importante é que as consumidoras teñan ao seu alcance a mellor alimentación posíbel, tanto as que están a traballar para facer fronte a esta pandemia, como as que permanecen confinadas para evitar máis contaxios. Agora, máis que nunca, é primordial garantir o acceso aos produtos de proximidade, ecolóxicos e saudábeis", insiste o presidente do Craega. |
QUEPASA_1117 | Raquel Fondo preséntase como candidata á alcaldía Ana Pérez Imia debullou o Proxecto Político "Mellorando Ponteceso" | Os 5 edís non adscritos, os 3 de APIN e os do 2 PP anunciaron este sábado 1 de maio a moción de censura que van presentar este luns no Concello de Ponteceso. Raquel Fondo, como candidata á alcaldía, fixo un repaso por estes últimos 2 anos que os levaron de nomear a alcalde ao seu compañeiro no grupo socialista Lois Carballido, a liderar unha moción na súa contra. Unha moción asinada polos 10 concelleiros da oposición, (o goberno quedaría formado polos 5 edís non adscritos co diálogo continuou cos outros dous grupos) presentada "con toda a esperanza e a intención do mundo" pero sendo conscientes de que a súa viabilidade depende da Secretaria Municipal e da Xustiza. En 10 días, se a Secretaria a aproba (cómpre lembrar que xa presentara, a instancias do alcalde, un informe negativo sobre unha hipotética moción), tería que presentarse no pleno, e iría a votación. Nese caso seguramente recurriría o grupo de goberno co que tería que decidir un xuíz/a. Se a Secretaria non a deixa presentar, os edís presentarían un recurso instando de novo á Xustiza, pero meténdonos xa en prazos administrativos e xudiciais, que poderían provocar que se agotase a lexislatura."Instamos á persoa que corresponda que valore que esta moción está apoiada por case toda a corporación. A situación de parálise do Concello é evidente", pediu Fondo. Fondo falou de "coacción", de "falta de diálogo", de "persoa altiva", de "tensións internas"… dando valor á frase "!o que mal empeza mal a acaba". "Cansámonos do diálogo unidireccional, de que nos usase como bonecos". Fondo lembrou que aos 6 meses de mandato tivemos reunión co presidente da Deputación, Valentín Gonzáez Formoso, que "normalizou a situación e deulle un aviso ao alcalde que escoitara ao seu equipo, pero todo foi en bano. As liortas internas foron a máis, e o alcalde só respondía "o alcalde son eu"." Ao final, "os 5 edís fomos expulsados pola Provincial do partido sen escoitarnos". Lembraron que 6 dos 8 concelleiros da oposición xa pediron a súa dimisión, e que "tras moitos bloqueos, non nos queda outra opción de intentar chegar a este punto para intentar desbancar ao alcalde para non perxudicar máis aos veciños". Recordou que "segue sen esclarecer os feitos de declaración de vídeos e audios na alcaldía, con casos de presunta falsificación de facturas, prevaricación"… Proxecto político: "Mellorando Ponteceso" Tocoulle a Ana Pérez Imia presentar o proxecto político para presentar a moción de censura, composto por 4 follas. "Metímonos nesto por fcer o ben do pueblo, pero vímolo truncado dende o principio por Carballido". Deixou as ideas principais do "que nos gustaría facer durante estes dous anos, sobre todo en canto a xestión. Queremos mellorar o documento dende a participación veciñal, cunha ordenanza que aprobe a creación do "Consello da Veciñanza". Queremos mellorar o diálogo. Queremos mellorar a economía, os orzamentos non son realistas. Comprometémonos a pagar as facturas, mesmo as que levan no caixón dende hai 6 anos. Queremos mellorar as inversións. Queremos mellorar o turismo. Queremos poñer fin aos propblemas dos traballadores municipais. Pola súa parte o voceiro do PP Daniel García Cotelo amosou o seu apoio ("estamos unidos neste obxectis") porque "chegou o momento", "o alcalde non nos representa", que quedou demostrada no último pleno deixando claro que é un alcalde de palla. Quixo facer fincapé e mandar un recado a "Valentín Gzlez. Formoso e Xosé Regueira: con quen tendes que falar é con estas persoas. Reunión coa Deputación para sacar adiante o POS Precisamente os edís quixeron explicar que pasou coa reunión coa Deputación. Ana Pérez Iria recoñeceu que foi convocada polas redes sociais (non por correo), pero que "APIN e PP non foron invitados ata unha hora antes da reunión, e por chamada, non por correo". "Traballamos, non nos dedicamos á vida polítiica", explicou Cotelo. "Esperamos que fagan unha convocatoria como debería, imos a acodir todos, dende logo, porque o último que queremos é a perda do POS. REUNIÓN VECIÑAL A agrupación "Somos mais de Ponteceso que Pondal" celebra este domingo 2 de maio, ás 16:30 unha asamblea informativa para todos os veciños e veciñas e que terá lugar na Asociación de Veciños do Couto. Respetarase todas as medidas anti Covid, así como o aforo (35 persoas max) , entraráse por orden de chegada e sairase en orden inversa. |
NOS_21819 | Alumnado de Pedagoxía e Educación social da USC denuncia a perda de docencia en dúas materias. Desde a universidade "pasan a bóla duns a outros", apuntan. | Desde o 27 de xaneiro o alumnado de primeiro curso de Educación social e Pedagoxía da Universidade de Santiago non está a recibir aulas de dúas materias. A profesora e profesor titulares das asignaturas de Teoría da Educación e Economía da Educación están de baixa laboral porén, non foron substituíd@s e o estudantado fica desde hai máis dun mes sen docencia. A situación atinxe máis estudantes doutros cursos a quen tamén imparten aulas José Manuel Touriñán e Silvana Longueira. "É imposíbel seguir así", sinala Aida Lorenzo, alumna do primeiro curso de Grao en Educación Social e tamén delegada. Desde hai dúas semanas o estudantado encetou unha rolda de xuntanzas para exixir que sexan substituíd@s @s docentes dunhas materias "que pagamos e das que imos ser avaliados", afirma Lorenzo en conversa con Sermos Galiza. Mais de momento non obtiveron resposta. "Pasan a bóla duns a outros", explica. "A responsabilidade é da Xunta" "Tentamos ir chanzo por chanzo, primeiro falando cos docentes e logo co xefe de departamento" quen "tería que reorganizar" a área de traballo para garantir que se manteñan as horas de docencia mentres non se resolven as baixas. "Non nos deron resposta", continúa Aida Lorenzo, polo que decidiron acudir ao decanato quen após reunirse con representantes do estudantado combinou unha xuntanza co propio reitor da USC, Juan Viaño. "Foi moi correcto" mais non lles resolveu nada. "Din que é responsabilidade da Xunta". "Non pedimos nada extra, só que se garanta o noso dereito a ter docencia" O estudantado botou man do correo e fixeron chegar senllas cartas explicando a súa situación á Consellaría de Educación, a de Facenda, o Valedor do Pobo e da Comunidade Universitaria. "Non pedimos nada extra, só que se garanta o noso dereito a ter docencia", asegura Aida Lorenzo quen non dubida en sinalar que a situación do estudantado de Pegadoxía e Educación social é froito dos "recortes" no ensino público. Aliás, acrecenta, "non se fai notar de igual maneira nunhas facultades e noutras". Lorenzo afirma que a "rama social e educativa" está a ser obxecto dunha maior precarización. Neste senso, lembra, "todo médico ou matemático ten que ter unha educación". Desde o alumnado advirten que "continuarán as mobilizacións" de non se dar solución ao problema. Polo de agora recompilaron máis de 200 sinaturas entre o estudantado atinxido pola falta de aulas mais din que ampliarán a campaña "a toda a universidade". "É bon unir forzas", apunta. |
NOS_22353 | Unha delegación da plataforma Que Voltem para a Casa mantivo esta semana encontros en Madrid con representantes de En Marea, ERC, PNV, Bildu e Compromís para pedir apoio para o achegamento a Galiza dos presos independentistas así como a fin da "excepcionalidade" nos seus graos penitenciarios. "Saimos con bos sinais destas xuntanzas", confesa Cristina Rodríguez, de Que Voltem. | Unha delegación de 'Que Voltem para a casa', a plataforma de amigos e familiares dos presos independentistas galegos, reuniuse esta semana en Madrid con representantes de diferentes grupos parlamentares no Congreso español. Cristina Rodríguez e Jessica Rodríguez mantiveron xuntanzas con representantes de En Marea (Alexandra Fernández e Fernán Vello), ERC (Gabriel Rufián), Bildu (Oskar Matute), PNV e Compromís; reunións nas que lles expuxeron a situación dos presos independentistas e nomeadamente daqueles dereitos que etenden que están a ser concultados, como o seu traslado a Galiza ou a progresión de grao penitenciario. "desde Gabriel Rufián até Alexandra Fernández ou Oskar Matute, comprometéronse a axudar para acabar coa excepcionalidade na que están os presos independentistas" "O contexto político semella ser un pouquiño máis favorábel, trasladáronse os presos cataláns a Catalunya, fálase de achegar os presos vascos a Euskal Herria… Así que dixemos: agora ou nunca". Cristina Rodríguez conta como decidiron dar o salto a Madrid para levar ao corazón simbólico da política española, o Congreso, os dereitos dos presos independentistas. Un salto no que, inciden, tiveron a axuda de colectivos como Esculca e de persoas como a deputada Alexandra Fenández. "A receptividade por parte de todos os grupos cos que nos reunimos foi moi boa", afirma Fernández, "comprenderon que as demandas que lles expuxemos". Tamén houbo contactos con deputados do PSOE mais a título individual. Paso a paso Sobre a mesa, dúas peticións: que se traslade os presos independentistas a Galiza – na actualidade ningún deles cumpre as penas en prisións galegas- para acabar así coa dispersión que castiga a eles mais tamén a familiares e amizades. "O contexto político semella ser un pouquiño máis favorábel, trasladouse aos presos cataláns a Catalunya, fálase do traslado dos presos vascos… Así que dixemos: agora ou nunca" A segunda, a progresión no grao penitenciario. Dous dos presos independentistas, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega 'Teto', están sometidos ao grao 1. Este grao implica 20 horas encerrado na cela, trabas para realizar calquera tipo de actividade, dificultades para cursar estudos académicos, intervención das comunicacións… , "Unha prisión dentro da prisión", resume Cristina. Embora ser unha medida transitoria e provisional que se ten que revisar cada tres meses, presos independentistas galegos lévana sufrindo desde que entraron en cadea, a finais de 2011. Que Voltem confía en que a receptividade dos grupos parlamentares se poida traducir e concretar en medidas que permitan facer efectivas estas demandas. Cristina Rodríguez lembra que hai meses mantiveran reunións con diferentes grupos no Parlamento galego: "Co PSdeG non foi posíbel mais si que mantivemos xuntanzas con BNG, En Marea e PP". Procurábase unha declaración institucional unánime do Parlamento a favor do achegamento dos presos a Galiza mais finalmente non puido ser. Desde Que Voltem non perden nin os ánimos nin os folgos. Xa están a traballar nun completo dossier con toda a información necesaria para que serva de base a novas propostas e movementos para lograr que "se acabe a situación de excepcionalidade dos independentistas presos e que se respecten e cumpran os seus dereitos", finaliza a portavoz da plataforma. |
NOS_47387 | Portugal, o Reino Unido, Francia, Alemaña... son varios os Estados que celebran o día das brincadeiras o 1 de abril. Na Galiza tamén existe a tradición. Eis o refrán "O 1 de abril van os burros onde non deben de ir". | Máis de 20 Estados e países celebran o 1 de abril o seu día das brincadeiras e de xogar a enganos. No español ten a súa propia xornada, o 28 de decembro, Día dos Inocentes, ao igual que parte de América Latina, mais na Galiza o refraneiro popular pon de manifesto que o 1 de abril é o día propio: "O 1 de abril van os burros a onde non deben ir". En Menorca tamén se celebra o Día d'enganar debido á influencia británica durante do parte do século XVIII. En Historia de Galiza, Ramón Otero Pedraio sinala o 1 de abril como o día das brincadeiras e das trampas e recolle unha tradición que, malia esmorecer nas últimas décadas, aínda se mantén. A orixe da data O rei Carlos IX aprobou un novo calendario de festexos, que puña fin ao que fixaba que o Aninovo caía no 1 de abril. Daquela a información circulaba moi amodo, polo que non poucas persoas seguían a celebrar o Aninovo o 1 de abril e non o 1 de xaneiro. No Reino Unido chámase April Fools' Day, en Francia é o Poisson d'avril e en italia o Pesce d'aprile. En Alemaña, Austria e Suíza a tradición de contar mentiras o 1 de abril lévase até os medios de comunicación, ao igual que acontecía no Estado español co 28 de decembro. Canadá, Croacia, Eslovaquia, Finlandia, Bélxica, Valonia, Xapón, Líbano, Os Países Baixos, Flandes, Dinamarca, Portugal, Brasil, Porto Rico, os EUA, Australia, Romanía e Suecia son outros dos países onde se conmemora o 1 de abril como día das brincadeiras. Pola contra, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, México, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela conmemoran o día das brincadeiras o día 28 de decembro. |
PRAZA_7308 | As persoas inscritas en Podemos en Galicia poden votar dende hoxe a ata o vindeiro martes 30 para escoller os órganos locais da formación (Secretaría Xeral e Consello Cidadán) en 45 concellos. | As persoas inscritas en Podemos en Galicia poden votar dende hoxe a ata o vindeiro martes 30 para escoller os órganos locais da formación (Secretaría Xeral e Consello Cidadán). A votación, telemática, realízase a través da web do partido e aínda que estaba previsto que comezase ás nove da mañá, o seu inicio foi adiado unhas horas por problemas técnicos. Podemos conta en Galicia con ao redor de 13 mil persoas inscritas (unhas sete mil na provincia da Coruña, catro mil na de Pontevedra e ao redor de mil en Lugo e outras tantas en Ourense), segundo o último censo, publicado a mediados de novembro. Por localidades Vigo é a que suma máis afiliacións, cun total de 2.251 (o que lle dá dereiro a elixir un Consello Cidadán con 25 membros); A Coruña chega a 1.961 (21); Compostela a 721 (17); Lugo a 647 (17); Ourense a 605 (17); Pontevedra a 504 (17); e Ferrol a 486 (11). Fóra das cidades, hai doce vilas galegas que tamén superan os 100 afiliados e afiliadas e que, polo tanto, tamén poderán escoller o seu propio consello cidadán: Narón: 244 (11 membros), Ames: 176 (7), Oleiros: 165 (7), Vilagarcia: 159 (7), Cangas: 156 (7), Arteixo: 154 (7), Ponteareas 125 (7), Culleredo: 118 (7), Moaña: 116 (7), Cambre 109 (7), O Porriño: 108 (7) e Marín: 104 (7). Outros concellos, como Redondela, Sada, Carballo, Teo, A Estrada ou Monforte, quedaron no último censo lixeiramente por debaixo das cen persoas inscritas, non podendo de momento constituír un consello cidadán propio. Serán 19 os concellos que en Galicia contarán cun consello cidadán local. Noutros 26 concellos tamén haberá votacións para escoller secretario ou secretaria xeral Polo tanto serán 19 os concellos que en Galicia contarán cun consello cidadán local e máis de 200 as persoas que integren estas direccións locais, que serán paritarias. Moitas delas preséntanse agrupadas en listas, e outras fano de forma individual, xa que o formato de votación é de listas abertas, podendo realizar cada persoa tantos votos como postos a elixir, e podendo escoller persoas de distintas listas. Nestas localidades votarase ademais unha persoa para ocupar a Secretaría Xeral local. Noutros 26 concellos tamén haberá votacións para escoller secretario ou secretaria xeral, ao terse presentado en todos eles algunha persoa do círculo local para optar a liderar o partido nesa localidade. É o caso de Ribeira, A Pobra, Arzúa, Neda, Valdoviño, Ares, Cerceda, Mugardos, Betanzos, Fene, O Grove, A Estrada, Cambados, A Guarda, Gondomar, Tomiño, Lalín, Vilanova, Baiona, Burela, O Saviñao, Viveiro, Chantada, O Carballiño, Allariz, Verín e O Barco. A elección dos consellos cidadáns locais son un paso máis no proceso de estruturación de Podemos, desta volta a nivel local. Serán este órganos e tamén os que terán na man unha decisión tan importante como a fórmula escollida para presentarse ás eleccións municipais de maio, aínda de a decisión final seguramente será adoptada polo conxunto de persoas inscritas no círculo local. Podemos xa acordou non presentarse con esta marca aos comicios municipais e apostou por facelo a través de candidaturas cidadás ou agrupacións de electores. Porén, aínda debe decidir a súa confluencia con algunha das plataformas cidadás xa en marcha, coma as mareas en Galicia (ou con outras denominacións) ou os distintos ganemos impulsados en todo o Estado. Hai unhas semanas Carolina Bescansa reiterou que a decisión de confluír ou non con outras forzas e propostas dependía unicamente da "xente de Podemos en Galicia" Hai unhas semanas Carolina Bescansa reiterou que a decisión de confluír ou non con outras forzas e propostas dependía unicamente da "xente de Podemos en Galicia". Que as apoien ou non, ademais das cuestións programáticas en cada localidade, estará supeditado a que as candidaturas se elixan a través de primarias abertas, que haxa un "debate aberto" para a elaboración dos programas e que os pactos postelectorais, salientan, sexan sometidos "a referendo". En xaneiro iniciarase o proceso para elixir os órganos de Podemos a nivel galego Os resultados anunciaranse o 2 de xaneiro, momento en que se proclamarán os candidatos e candidatas elixidas. Nese momento iniciarase o proceso para elixir os órganos de Podemos en cada unha das comunidades autónomas, tamén en Galicia. Do 7 ao 25 de xaneiro poderán presentarse candidatos e candidatas á secretaría xeral e ao Consello Cidadán, que estará formado por 34 persoas, "de forma provisional en tanto non se decida autonomamente noutro sentido". Do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro levarase a cabo a campaña electoral e do 9 ao 13 de febreiro realizaranse as votacións. Candidatos/as á Secretaría Xeral nos concellos con Consello Cidadán A Coruña: Isabel Faraldo Calvo, Isaura Rey Garrido, José Luis Fontecha Vázquez, Yordan Casañas Correoso Santiago de Compostela: Víctor Casas Pou, Florentino Balado Pachón, Enrique Castro Rodríguez Ferrol: Alberto Vila Tojo, Jesús Carlos del Río López, José Ángel Rodríguez Añón, Gonzalo Bellas Narón: Natalio Gómez López, Alfonso Casal Pita, Francisco Porto Saavedra Arteixo: Nacho León Galiano Oliveira, Gabriel Fernández Martínez Culleredo: Manuel García Leis, Juan Antonio García Boga, Francisco Sancines Rial, Juan José Taibo Noya, Iñaki Hermo Catoira Cambre: Manuel Núñez Arias, María Eugenia López González, Yago Barcia Oleiros: Salvador Díaz Blasco Ames: Genma Otero Uhía, Manuel Pardo Lugo: Javier Folgueira Lozano Ourense: Alfonso Víctor Ferreiro, Jorge López Blanco Vigo: José Manuel Prieto Martínez, Luis Leiro Pontevedra: Marcos Fontán Cortizo, José Ángel Araújo Cangas: Nelson Quinteiro Roa, Samuel Mauricio Rahier Vilagarcía de Arousa: Juan Manuel da Silva Suárez Moaña: Patricia Manzano Jiménez, Carlos Alberto Pizcueta Fernández Ponteareas: Jonathan Martínez Tellado, José María Fernández Alonso, Patricia Reche González O Porriño: Patricia Sío Bacelo Marín: Ramón Costa Santiago, Roberto García Estévez, Santiago Mascareñas Nogueira |
NOS_1691 | A CRMH propón á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que considere como "acción urxente e inmediata" dar este paso. | A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) ten claro que o último comunicado da Fundación Francisco Franco - no que negaba que o ditador fusilase e acusada os republicanos de realizar un "xenocidio de católicos"- é un paso máis no "relato negacionista" dos asasinatos franquistas. Un relato no que a Fundación non só equipara vítimas e verdugos, afirma a Comisión, senón que mesmo converte as vítimas en verdugos. Por iso, a CRMH pedirá á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que considere como "acción urxente e inmediata" presentar unha denuncia contra a Fundación Franco por delito de odio, mentres se segue a explorar a vía para a súa ilegalización por apoloxía do franquismo. A Comisión sostén que existen ferramentas legais para frear este tipo de condutas a través do Código Penal, e sinala o Artigo 510.1, c) do CP, que tipifica como delito de odio condutas que "publicamente neguen, trivialicen gravemente ou enaltezan os delitos de xenocidio, lesa humanidade ou contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado, ou enaltezan os seus autores...". Por último a CRMH subliña que "non é casual este rexurdir do discurso franquista" no Estado español, que a Fundación Franco, di, persigue, "nunha estratexia propia ou deseñada desde outras instancias". |
NOS_9739 | Un pleno extraordinario inicia este 25 de outubro a xornada na que Sober fai un recoñecemento institucional ás persoas represaliadas en 1936. | Detrás dunha foto de Maruja Vázquez Suárez, mestra socialista asasinada en 1936, hai unhas palabras escritas polo seu pai. "Maruja Vázquez Suárez – mestra de Miño – fusilada polos fascistas de Pontedeume el 21 de Agosto de 1936. ¡Cobardes!", lese. A concelleira de Sober, Paula Vázquez Verao interpreta a mensaxe como unha chamada á memoria daquel home que caeu nunha forte depresión despois do asasinato da filla, naquel día que, ademais de a Maruja mataban tamén o futuro de seu pai. A Joaquín Vázquez lémbrano en Sober indo todas as tardes a un pequeno buraco a xeito de cova que fixera en Vilaescusa e que popularmente se coñece como "casiña do capitán". A de Maruja Vázquez Suárez é unha das historias que a concelleira -concelleira non adscrita e membro de AGE- Paula Vázquez Verao recupera no seu blog. Canda ela, outros homes e mulleres de Sober recuperan nomes, imaxes e biografías que foran esquecidas case na súa totalidade. "Non había memoria. Mesmo para min foi unha sorpresa descobrir que en Sober houbera un forte activismo social e un forte sindicalismo agrario e obreiro. Nin podiamos imaxinar que a represión fora tan forte", comenta Paula Vázquez Verao. En Sober celébrase esta mañá do 25 de outubro un pleno extraordinario para homenaxear ás vítimas do franquismo. Todos os grupos da corporación apoiaron este acto institucional que volve a á memoria veciños e veciñas que case ninguén lembraba. A concelleira Paula Vázquez Verao, promotora da iniciativa, difunde as súas historias desde un blog. Foi xa hai anos cando topou cunha realidade que descoñecía non só ela senón a maior parte da veciñanza. Nun acto en Lugo a vista foiselle para o libro de Carlos Velasco Represión e alzamento militar en Galiza (A Nosa Terra) e ali deu cos primeiros nomes. Logo veu a investigación de Mª Xesús Souto sobre a represión na provincia de Lugo no que continuaron aparecendo pegadas das vítimas que en Sober se esqueceran. A partir de aí, Paula Verao canda outras persoas do concello comezaron dúas vías de recuperación, por unha banda a investigación e pola outra o recoñecemento institucional. A 25 de outubro de 2014, case oitenta anos despois, o Concello de Sober, por unanimidade, lembra aos veciños e veciñas que foron vítimas da represión imposta polo golpe militar de 1936. A investigación xa non é fácil. Hai historias que se saben, episodios que doen e se lembran con terror, persoas que aínda falan, mais documentar datos é xa complexo. No blog de Paula Verao aparecen biografías de homes e mulleres que padeceron a represión mais ela sabe doutros casos dos que nin o nome se coñece. Un dos que máis impactou na memoria colectiva, foi o dun home e unha muller asasinados na súa casa. Ela estaba a punto de dar a luz ao seu fillo. Foi en Fondón, Gundivós. "Mesmo para min foi unha sorpresa descobrir que en Sober houbera un forte activismo social e un forte sindicalismo agrario e obreiro. Nin podiamos imaxinar que a represión fora tan forte", di Paula Vázquez Verao Espiral de violencia Na declaración institucional que aproba este sábado 25 o pleno municipal de Sober dáse conta da dimensión da represión no concello. Fala dunha "espiral de violencia" con asasinatos, encarcelamentos, roubos e torturas. Vinte vítimas mortais e dúcias de apresadas con 356 rexistros documentados de persoas de Sober nas cadeas de Monforte e Lugo por causas políticas entre 1936 e 1940. "A maioría da poboación de Sober percibía e percibe que a represión do rexime Franquista foi unha barbarie", di o documento aprobado pola xunta de voceiros local por unanimidade no que se restitúe publicamente a memoria das vítimas que sofriron a represión en Sober. A declaración ten unha lembranza de recoñecemento tamén para a corporación democrática saída das eleccións de febreiro de 1936 e condena que os seus membros fosen afastados das súas funcións despois do golpe militar. Desde hai anos, Paula Vázquez Verao agarda por este día, polo recoñecemento institucional a homes e mulleres que defenderon os dereitos sociais e as liberdades en Sober e que foron brutalmente represaliadas. A eles e a boa parte da sociedade que sofreu a violencia e as distintas modalidades represivas que o franquismo impuxo. "Un dos que máis impactou na memoria colectiva, foi o dun home e unha muller asasinados na súa casa. Ela estaba a punto de dar a luz ao seu fillo". No seu blog prestan especial atención á opresión que sofreron as mulleres, ás tres procesadas por rebelión militar e auxilio á rebelión -dúas labregas de Doade-, á mestra asasinada , máis tamén ás torturas, roubos e violacións ás que foron sometidas, para eliminar calquera posibilidade de rebelión naquel concello que, sen que xa a veciñanza o lembre, homes e mulleres defendían os seus dereitos con entusiasmo. Recolle, por exemplo, que a memoria oral de Sober di que na Pena de Proendos raparon a todas as mulleres co fin de que delatasen aos seus familiares fuxidos. Escoitou Verao tamén a testemuña de persoas que lle contaron que a unha muller lle deron a beber gasolina con augarrás para que matala lentamente. Casos que seguirá documentando e que continuarán botando luz sobre a memoria esquecida de Sober despois do chegado día no que o concello recoñece ás persoas que deron a súa vida na defensa dos dereitos e liberdades. |
PRAZA_15145 | Na mostra A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos son os propios artistas os que escollen unha obra súa, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega. | O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) abrirá as súas portas este xoves despois de 4 anos en obras e 10 millóns de euros investidos. O edificio está ubicado no parque de Frigsa e recibíu numerosos recoñecementos internacionais pola súa singularidade arquitectónica. Haberá xornadas de portas abertas todos os días pola tarde para que os lugueses e luguesas poidan visitalo. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. A idea dos arquitectos Nieto-Sobejano, autores do proxecto, é a dun parque-museo, é dicir, un edificio que xorde da relación coa paisaxe. En realidade gran parte do edificio queda semisoterrado baixo un amplo xardín que se vincula ao próximo Parque da Milagrosa A exposición de Arte Contemporánea coa que o MIHL comezará a súa andadura inauguraráse o día 29. Trátase dunha exposición colectiva dos principais artistas contemporáneos galegos que acollerá obras cedidas polo CGAC e creacións chegadas dende Nova York de artistas como Murado ou Paco Leiro. A mostra leva por título A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos e nela son os propios artistas os que escollen unha obra súa, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega. A comisaria da mostra será a lucense Mónica Alonso. Antón Bao destacou que será a mostra máis importante das que se realizarán en Galicia neste ano. |
NOS_41486 | O Xulgado do Penal número 1 de Vigo vén de notificar a "suspensión do cumprimento da sentenza executoria" pola que resultaron condenados a tres anos de prisión ambos os dous traballadores Serafín Rodríguez e Carlos Rivas "mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto". | A mobilización social deu os seus primeiros froitos: O Xulgado do Penal número 1 de Vigo acordou a "suspensión do cumprimento da sentenza executoria" pola que resultaron condenados a tres anos de prisión os traballadores Serafín Rodríguez e Carlos Rivas "mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto" polo Consello de Ministros polo Consello de Ministros. A xuíza lembra na súa resolución que a lexislación establece que a petición de indulto non suspenderá o cumprimento da sentenza, mais motiva a decisión "atendendo ás circunstancias actuais concorrentes en relación ao condenado, ao delito e á natureza e duración da pena a executar, e en particular as sobrevidas tras a denegación de indulto, tal como instancias solicitadas e resolución da Sala Terceira do T.S." Solidariedade Carlos Rivas e Serafín Rodríguez estaban a piques de entrar na prisión de A Lama. Foran condenados a tres anos de prisión cada un por entender a xustiza que eran responsábeis "dun delito contra o dereito dos traballadores". O motivo? Participar nun piquete informativo durante a folga do transporte de mercadurías de abril de 2008 na provincia de Pontevedra. O xulgado de Vigo aplicoulles a pena máxima posíbel e en 2011 a Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo. Nestas últimas semanas decorreran diversas iniciativas demandando o indulto para estes dous traballadores. Así, e malia intensa choiva, máis de 5.000 persoas se manifestaron en Vigo a principios de febreiro en apoio ao indulto. O propio parlamento galego dera o apoio a unha iniciativa do BNG e por unanimidade acordara solicitar o indulto. |
NOS_19907 | A entidade sinala que premer a opción de galego na atención telefónica o servizo "está colapsado". Vídeo no interior. | Despois de varias denuncias recibidas na Liña do galego sobre as deficiencias na atención telefónica en galego por parte da Axencia Tributaria, A Mesa decidiu dar o paso "e comprobar directamente" esa realidade. Unha experiencia que recolle nun vídeo que en apenas unhas horas xa recibiu máis de mil visitas. Premer na opción de 'galego' e entrar nun "bucle" no que é imposíbel materializar a opción. "Só con moita insistencia e algo de sorte aparece alguén que amabelmente se ofrece a atender en galego malia termos marcado a opción correspondente". Mais na maior parte dos casos, reiteran, non é así e ser atendido telefonicamente en galego é unha tarefa case que imposíbel, "polo que Facenda non somos todos". A Mesa lembra que 2040 traballadores de centros de chamadas en Galiza perderon o emprego vítimas da "deslocalización" e do "desprezo pola lingua". |
NOS_53863 | Santiago Ferrer Moreira é adestrador nacional de atletismo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, e analiza como o confinamento a causa da pandemia do coronavirus afectou ao deporte e, máis en concreto, ao desenvolvemento da tempada atlética. | Nado en Poio en 1957, Santiago Ferrer Moreira é adestrador nacional de atletismo e colaborador do sector de lanzamentos da Federación. Na súa época como atleta chegou a ser internacional absoluto é, a día de hoxe, está considerado como un dos técnicos máis carismáticos e recoñecidos na Sociedade Ximnástica de Pontevedra tanto pola súa gran traxectoria como polos seus máis de 45 anos de vinculación coa entidade. Como a todo o resto dos sectores, o confinamento a causa da pandemia do coronavirus afectou ao deporte, e en concreto ao desenvolvemento da tempada atlética. Como afecta a corentena ás atletas? Desde o meu punto de vista supón rachar co ritmo, así que podemos equiparala a unha lesión de longa duración, con todo o que iso supón para unha atleta. Partindo desa base, logo cada atleta ten as súas circunstancias. Como adestrador, mandoulles exercicios ás súas atletas? Si, e se non menten, sorpréndeme favorabelmente que a maioría estean a facelos. Que clase de exercicios? En principio, traballo xeral para todas, xa que esta pandemia xorde nun ciclo que chamamos segunda pretempada e, polo de agora, aínda descoñecemos a súa duración. Pódese adestrar en condicións desde a casa? Pódense facer cousas, dependendo da dispoñibilidade e ganas de cada un, pero nunca son as condicións ideais. Ademais de tentar manterse en forma, tamén sería necesaria unha alimentación máis estrita, agora que estamos máis encerrados? A alimentación sempre debe ser tida en conta, e máis agora. Non só en calidade, senón que tamén en cantidade, xa que o consumo diario debe ser menor debido ao confinamento. Que sector atlético cre que é o que vai saír máis afectado do confinamento? Creo que todos ven afectados por igual. Ao corredor fáltalle correr en distancias e os de forza explosiva (concursos) o ximnasio, a pesar de que todos necesitan adestrar de todo en maior ou menor medida. Canceláronse todas as probas deportivas até novo aviso. No caso de que se retome a tempada este ano, as atletas deberían ter un período de pretempada? Na miña opinión, a tempada regular está perdida; agora ben, na situación de que se retome, haberá que tratar cada caso individualmente, pois inflúen idades, disciplinas, o que se fixo até o de agora, etc. Se se retomase, cree que as federacións de atletismo deberían baixar as marcas mínimas, xa que as atletas estarían en peor estado de forma ao non poder adestrar en condicións? En categorías de menores non ten por que, e nas as maiores é máis complexo, pois inflúen os niveis, pero si se debe articular algunha forma para que non prexudique ás deportistas. É partidario de manter a tempada ou de comezar unha nova? Para dar continuidade a esta tempada tería que solucionarse en breve o confinamento, mais coa información da que dispoñemos non o vexo a curto prazo, polo que probabelmente teremos que ir pensando nunha nova. Xa se coñeceu a nova data dos JJOO de Tokio 2020, que lle parece que os pospuxeran ao ano que ven? Resulta lóxico, o ben ou o mal é para todos, e debemos concienciarnos de que o está ocorrendo é moi serio. Para finalizar, que mensaxe lle daría ás atletas do seu clube? Que pensen en afrontar o presente para gozar do futuro. Como dixen ao principio é como recuperarse ben dunha lesión de longa duración, que é a mesma para todos. Paciencia! |
PRAZA_11717 | A sentenza é recorrible ante o Supremo, polo que o president non será inhabilitado de inmediato, senón cando o alto tribunal confirme o ditame. | O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) condenou o president da Generalitat, Quim Torra, a un ano e medio inhabilitación por un delito de desobediencia por non retirar os lazos amarelos dos edificios públicos na precampaña das eleccións xerais do pasado mes de abril. A sentenza é recorrible ante o Supremo, polo que Torra non será inhabilitado de inmediato, senón cando o alto tribunal confirme o ditameA Fiscalía pedía para Torra 20 meses de inhabilitación e unha multa de 30.000 euros mentres que o partido de extrema dereita Vox, que exercía a acusación popular, reclamaba dous anos de inhabilitación e unha sanción de 72.000 euros. No xuízo, o president reclamou a súa absolución, alegou que desobedeceu a orde da Xunta Electoral de retirar os lazos ao considerala "ilegal", e cargou contra a independencia do tribunal que o condenou, formado polo presidente do TSJC, Jesús María Barrientos, e os maxistrados Mercedes Armas e Joaquín Elías Gadea. A sentenza do TSJC non é firme xa que o president pode recorrela ao Tribunal Supremo. Isto implica que Torra non será inhabilitado de inmediato, senón que a súa saída obrigada da política empezará así que o alto tribunal confirme o ditame do TSJC. O president xa anunciou que antes quere que a Xustiza europea se pronuncie sobre a imparcialidade dos maxistrados do tribunal, algo que o TSJC rexeitou ao final do xuízo. |
PRAZA_14885 | Entre os 20 proxectos que financia a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología hai dous galegos: Galiciencia e Biodiversión´12. | A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) pon en marcha a partir desta semana 20 proxectos de actividades na Semana da Ciencia en España, que se realizarán durante o mes de novembro. En total, desenvolveranse baixo o devandito abeiro da Fundación un total de 340 actividades, coas que se prevé convocar a un público estimado de 215.790 persoas, na súa maioría mozas e mozos. Dous dos vinte proxectos son galegos. Galiciencia busca fomentar as vocacións científicas Galiciencia, organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia co apoio da Xunta, é unha feira científica anual que reúne equipos de estudantes de varios niveis educativos procedentes de toda Galicia e que busca fomentar as vocacións científicas. Después de superar os 2.200 participantes na edición de 2011, agarda acadar os 3.000 na súa sétima edición. O obxectivo é dar cabida a iniciativas tanto nos campos das Ciencias Experimentais coma a investigacións relacionadas co ámbito das Humanidades. Ao redor desta feira da ciencia desenvólvense outras actividades paralelas que van dende obradoiros até concursos de fotografía científica, pasando por intentos de batir record guinness. Biodiversión busca o achegamento á ciencia por parte de estudantes de primaria, desde un punto de vista lúdico e divertido, tendo como principais obxectivos a incentivación a temperá idade do interese pola ciencia. Na súa cuarta edición, Biodiversión englobará dúas accións: Por unha banda talleres prácticos nas instalacións do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (IIAG CSIC): Nestes obradoiros os estudantes poderán realizar experimentos sinxelos que servirán de base para expor os obxectivos das liñas de investigación que se desenvolven no Centro. Polo outro lado tamén haberá talleres prácticos en colexios. Neste caso un equipo de divulgadores científicos do IIAG CSIC diríxese coa maleta pedagóxica ao centro e durante cinco horas realízan catro talleres prácticos. Ademais celebrarase a III edición do concurso de debuxo Biodiversión e a II edición do concurso de relatos Biodiversión. Manual de Galego Científico O 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego A Liga Estudantil Galega organiza o vindeiro mércores 7 de novembro a presentación do Manual de Galego Científico, obra de Carlos Garrido e Carles Riera. A presentación enmárcase na celebración do Día da Ciencia en Galego (4 de novembro). O acto terá lugar na aula 3 da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela ás 20 horas. A Liga Estudantil Galega manifesta que "a normalización da lingua do noso país pasa polo seu uso nos máis diversos ámbitos, especialmente no ámbito técnico, onde se emprega en menor medida". O encargado de presentarnos o libro será Carlos Garrido, un dos seus dous autores. Carlos Garrido é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e do consello de redacción da revista Agália. |
PRAZA_14673 | O líder de AGE di nun mitin que as retalladas "matan máis xente que ningún grupo terrorista do estado español" e Feijóo reclámalle "respecto para Galicia" | Sobe o ton da campaña. O pasado luns o líder de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, protagonizaba un mitin en Lugo. No medio das críticas aos recortes impulsados polos Gobernos galego e central o tamén portavoz nacional de Anova concluíu que, con retalladas como as aplicadas en materia sanitaria, "Feijóo mata máis xente que ningún grupo terrorista do Estado español". O servizo de comunicación de AGE difundiu a través de Twitter a frase de Beiras, que comezou a espallarse ao pouco tempo e foi respondida dende o perfil oficial do actual presidente e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, que considerou "lamentables" as verbas do candidato. Horas despois, xa este martes, a bóla de neve xerada polas verbas do líder de Alternativa continuou a medrar. Desde Ourense, Feijóo reclamaba "respecto para Galicia" ao tempo que consideraba que, de novo en Twitter, consideraba que "as verbas do señor Beiras se cualifican por si soas e non vou alimentar unha política de enfrontamento e división". Despois de que, no propio mitin de Lugo, Beiras sinalase ironicamente que o líder conservador "por fin arremete" contra el -"como xa me mataron tantas veces e resucitei tantas outras, tiñan pánico", sinalou- non foi Feijóo, senón a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, de visita na capital luguesa, quen engadiu máis leña ao lume dialéctico. Segundo a número dous de Mariano Rajoy "as declaracións de Beiras o único que poñen de manifesto é que este señor non está capacitado nin para estar no Parlamento de Galicia nin para gobernar". Para De Cospedal "semella" que o nacionalista "perdeu o seu san xuízo". De Cospedal asegura que Beiras "non está capacitado para estar nun Parlamento" Foi neste contexto no que chegou, a través dun comunicado remitido aos medios, a reafirmación de Beiras nas súas declaracións. "Non teño a menor dúbida de que os recortes en sanidade están matando xente", subliña o líder de AGE, quen se pregunta "que é?" o que acontece "cando unha muller con cancro de mama ten que agardar un ano en lista de espera polo tratamento" ou "cando a crise económica que está levando á miseria a moitas familias incrementa as depresións e a taxa de suicidios". "Quen é o responsábel?", pregúntase. No mesmo sentido, Beiras asegura que isto "non é algo que diga só o Beiras", senón que Adolfo Pérez Esquivel, "nada menos que todo un premio Nobel", asegurou en diversas ocasións "que a débeda e as políticas do FMI constitúen un auténtico xenocidio nos países nos que se aplican". Pola súa banda, de novo dende as redes sociais, Anova retrucaba ás verbas de De Cospedal: "Cospedal di que Beiras non está capacitado para estar no Parlamento. Algúns pensamos que é un perigo que ela estea nun Parlamento", din. |
NOS_26794 | Nese territorio que non é nin a terra nin o mar, sobre o que se despregan as mareas e onde se cruzan universos, escribiu Antón Lopo Corpo, o libro de poemas co que vén de gañar a sexta edición do premio Lueiro Rey. "O elemento central é a noda, ese espazo híbrido que non é auga nin area, e que eu chamo perímetro nómada", define. | Textos breves e con variedade formal, escritos nun curto período de tempo o pasado verán -"a atmosfera estival percíbese", di-, conforman unha obra que se sitúa no entre, na intersección. De aí, as continuas referencias de Lopo á idea de "noda". "Entendo a poesía como noda, ese lugar entre o eu e o nós, ou entre o eu e o outro", esténdese. E co corpo, núcleo fundamental do traballo literario e artístico do autor, no centro. "O corpo vertebra o libro, coa súa porosidade, con todo o que del se prolonga. Por exemplo, a lingua", engade, "aínda que os poemas tamén falan da morte, da verdade, da dor e da violencia, e, sobre todo, da fusión, de fundirnos nun espazo común". Polo tanto, de política: "Claro, é que eu non concibo a miña poesía, a poesía de ninguén, sen ser política. Todos somos suxeitos políticos". Desde que en 2005 aparecera Dentro, Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) non publicaba poesía. "O que non quere dicir que non seguise traballando", explica. Lampíricos, unha acción a medio camiño entre a performance e a poesía oral, ocupou os seus labores poéticos. "Mais este libro queimoume nas mans, quíxenme desprender del axiña. Se cadra, porque me causa algo de estrañeza e arrasábame. Coido que é un libro interesante desde o punto de vista dunha poética en desenvolvemento". Entre Dentro e Corpo, Lopo converteuse en editor. E esta circunstancia, confesa, influíu na escrita da obra gañadora do Lueiro Rey. "No proxecto Chan da Pólvora tratamos de facer unha especie de editorial de autor, de desenvolver un discurso. E é un dos traballos máis excitantes e incitantes que fixen", sinala, "toda esa enerxía que deixas e que recibes, de novo esa especie de noda, xera coñecemento compartido". Ese medio ambiente contribuíu a xerar "as ganas e a necesidade" de se "diluír" en Corpo. O xurado do VI Premio Lueiro Rey constituírono os escritores Luís Cochón, Silvia Penas e Mercedes Queixas e mais os críticos Armando Requeixo e Ramón Rozas. Como secretaria obrou Carmen Carreiro, presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe. O galardón, convocado, polo Concello de Fornelos de Montes, recaeu nas pasadas edicións en autoras como a propia Silvia Penas, Eli Ríos, Isaac Xubín, Luís Valle e Marcos Abalde. |
PRAZA_7948 | Non precisamos futuros ideais nin pasados miltonianos. Habitar o malestar cultural dunha sociedade que tirá que aprender a morrer para vivir de novo e re-significar a humanidade e a phronesis – prudencia, é requisito fundamental para curar a ferida mirándoa frente a frente, mais non ignorándoa. | Ao único amigo que escoita o que penso: o silencio. Á única amiga que escoita o que sinto: a música. Hai eufemismos moi sutiles na forma e carentes de fondo. Eufemismos evasivos. Abundan moito nos protocolos diplomáticos e no taboleiro de xadrez da realpolitik. Mais hai tamén eufemismos que combinan a sutileza formal e a brutalidade de fondo dun xeito que abraia. Sen linguaxe evasivo e a cara descuberta. Gústanme este tipo de eufemismos, os segundos, e non porque teña unha sádica delectación pola barbarie, senon porque me desvelan claramente con qué clase de persoas teño que tratar e cales son as súas intencions, por moi vomitivas que sexan. John Brennan, o novo boss da CIA, non se anda con chiquitas e ensina diáfanamente as súas cartas. O 7 de febreiro deixouno ben claro nunha tensísima sesión no senado estadounidense. O uso de drones – avions sen tripulación – para matar de forma selectiva a membros de Al Qaeda ten toda a súa lexitimidade. Así de seco e rotundo o dixo, cun estoicismo que pon os pelos de punta pola súa estarrecedora frialdade, despois de engadir, ademais, que conviría rexeitar a necesidade de calqueira caste de lexislación específica para este tipo de aventuras de cowboy con paranoia supremacista á que tan acostumados nos ten a nosa entrañable axencia de xenocidio e in-seguridade planetaria. De seguir na súa liña, no futuro, moitos serán os libros que tirán que falar da CIA coma o matadoiro humano con máis eficiencia tecnolóxica e capacidade de organización da historia contemporánea de occidente. Esta perla de John Brennan, porén, non chega nin á sola dos zapatos á xustificación que ofreceu por escrito aos senadores antes de someterse á quenda – prefabricada – de preguntas e respostas en directo que decidirán a súa confirmación como futuro director da CIA, a saber, que os devanditos drones deberán usarse de forma coidadosa e responsable, e que o goberno utiliza xa esa tecnoloxía de acordo con rigorosos procesos de control. O máis vomitivo das perlas de Brennan non é a súa forma, tampouco o seu contido. O máis triste é que non teñen oposición nin alternativa, pois a meirande parte dos senadores demócratas e republicanos que sentan o seu cu nas cadeiras asisten ao show con silencio cómplice. Hai unas semanas, Tzvetan Todorov, nun artigo titulado ¿Neoconservadorismo á francesa?, publicado no diario EL PAIS, definía o neoconservadorismo coma unha doutrina xeopolítia fabricada a posteriori e como consecuencia dos atentados do 11-S nas torres xemelgas. O seu núcleo duro, tan diáfano como pragmático, e, ao mesmo tempo, tan mesiánico e maniqueo, ven a dicir o seguinte : Hai que (obriga) "intervir" (acción) noutros países (exterior) para "erradicar o mal" (purificar) que impera neles e impoñer (violencia) o "ben". Non fai falla facer moito malabarismo hermenéutico para concluir que do que se trata é de defender unha pauta de conducta na política exterior basada na obriga dunha acción extra-muros do propio estado coa intención de purificar ao outro/s dun mal que ameaza, non só ao resto do planeta, senon tamén aos cidadans vinculados a un estado protector que suspende os dereitos civís coa excusa de fortalecer a national security. A definición de Todorov dá no cravo, e ademais, engade: "O neoconservadorismo é moralismo e idealismo, e é diferente das doutrinas xeopolíticas coma o realismo, segundo a cal a política exterior dun país díctaa os seus intereses, sen que preocupe en absoluto o destino doutros pobos". Máis adiante, recalca: "Neste aspecto está emparentado con outras formas de mesianismo coma o colonialismo, que se xustifica na superioridade da civilización occidental, e o comunismo, que pretende garantizar aos pobos que o adoptan un porvir radiante". Efectivamente, ningunha estructura de dominación colonial, sexa cal for a súa especificidade histórica, política e económica, pode xustificarse sen a imposición de altas doses de moralismo e idealismo despegado da realidade, tanto no mesmo proceso de cristalización do sistema colonial/neocolonial coma na súa posterior xustificación, cando se trata de insinuar, non poucas veces, que é de sentido común aceptar as consecuencias positivas – sic - dun proceso colonial. Deste idealismo moralista do que fala Todorov a decretar a lei do silencio sobre un pasado de imposicions e violencias sistémicas de todo tipo, só hai un paso, e témome que tanto a cara oculta desa ideoloxía chamada comunismo – na súa praxe política - coma a cara oculta desa outra ideoloxía chamada liberalismo – na súa praxe económica – hai xa tempo que saiu do armario a ensinar tódalas súas vergoñas. Algo tirán que dicir, xa que logo, diante do confesionario laico de incompetencias, barbaridades, soberbias e crimes cometidos contra a humanidade. Mentras John Brennan vomita o seu lixo verbal xurando o seu cargo de director da CIA ante Deus e a constitución norteamericana, mentras Antonio Muñoz Molina recolle o premio Jerusalem das mans tinguidas de sangue de Simon Peres… e mentras Bieito 16 anuncia a súa recente dimisión como representante de Deus na terra, en Europa andan, traxicómico contrapunto, na procura de héroes: escritores, científicos e grupos mediáticos e editoriais, obsesionados con re-re-reconstruir novamente unha idea de Europa como remedio ao colosal aborto político-institucional, monetarista e militarizado no que deveu dende o Tratado de Maastricht, veñen de reunirse o 28 de Xaneiro en París coa intención de presentar un Manifesto pola Unión Europea: Umberto Eco, Julia Kristeva, Bernard Levy, Peter Schneider, Antonio Lobo Antunes, Claudio Magris, Salman Rushdie, Fernando Savater, Vargas Llosa.. entre outros, compartiron a conclusión de que Lady Europa está chea de perigos e ameazas. Ata aquí, nada sospeitoso, agás o feito de que non se mencione en absoluto o crecimiento progresivo de movimentos sociais e políticos de extrema dereita con cada vez máis implantación e influencia nos parlamentos Europeos, e agás o feito de comprobar, día tras día, que semellan non importar as múltiples razons, motivos e circunstancias do euro-escepticismo: a simple intención de mostrarse euro-escéptico co elitista, xenófobo e desfragmentado modelo social, político e económico da UE convírtese en razón suficiente para ser estigmatizado a priori e sen posibilidade de debate, de xeito que exabruptos igual de populistas que os exabruptos verbais que os mass-media Europeos desprezan en boca de calqueira presidente Latinoamericano que verbalice a súa intención de oporse frontalmente ao modelo neoliberal de desenvolvimento – Patria o muerte – son cómicamente substituídos por exabruptos idénticos dentro da UE, a saber: Europa ou Caos e Unión política o muerte . Éstas son, en concreto, as dúas máximas repetidas en París polos Euro-intelectuais que fan do seu amor filiativo a Europa unha caste de nacionalismo pan-europeo nostálxico e evasivo que imita todos os fundamentos éticos, estéticos e epistemolóxicos sobre os que se edifica o nacionalismo cultural: a mentira. Este conservador e reaccionario pan-eurocentrismo, que dalgún xeito intuín/intuíamos xermolar xa hai uns anos e sobre o que tratei/tratamos de alertar en Rebelion.org non debería extrañarnos que funcione coma o cemento cultural de non poucos escritores, artistas e científicos obsesionados con buscar unha narrativa fundacional afín á Europa-fortaleza que habitamos a día de hoxe. Dende sempre, o vínculo máis ou menos intenso entre estética, coñecimento e poder é un feito histórico, e camiñar dende esta intuición é o mellor punto de partida para unha crítica literaria, política e cultural digna de tal nome para este século 21. Vínculo ao que, ademais, habería que engadirlle a profunda importancia que adquire o discurso xornalístico para a de-formación da opinión pública e a imposición sutil das modas culturais de época. E para mostra, un botón : por alí estaba, en París, compartindo té e pastas cos nosos euro-intelectuais - ou, azarosa sorpresa! -, Don J. Luís Cebrián, a quen non se lle enrugou ren o entrecello ao pedir un pacto inmediato polo emprego despois de executar un ERE automático e masivo en El País e cargarse o suplemento cultural de Galicia que nos traía ar fresquiño dende a capital. E xa que os exabruptos e os eufemismos causan silencio, murmurios e censura na alta corte, cando saen da boca dun cowboy bárbaro e soberbio coma John Brennan, máis silencio cando saen da boca dun asesino coma Simon Peres, e máis silencio aínda cando sae do silencio dun escritor coma Muñoz Molina – eu pensaba, coitado de min, que as conciencias cotizábanse a máis de 10.000 dolares no mercado - quixera contribuir con estas consideracions de plebeo republicano: A Europa realmente existente é un inferno para a procura da felicidade colectiva, e a Europa ideal que imaxinan boa parte dos seus grandes escribas e intelectuais hai xa moito tempo que deixou de importarlle aos soños da meirande parte da sociedade civil europea. O divorcio entre o mainstream literario e cultural europeo e a vida cotiá é tan profundo que xestos tan honorables coma o de John Berger, negándose a recoller un premio literario pola nobre obriga de ter que ir a apañar patacas, pasan tristemente desapercibidos. Se puidese ser actor neste teatro, diría que a miña Europa ideal sería aquela na que non haxa que pedir permiso a ninguén para traballar, comer, pensar e crear. Ou sexa, vivir. E diría, tamén, que sería desexable que os nosos euro-intelectuais aprendan, no sucesivo, e a partir de xa, a mirar alén do seu euro-embigo, porque mentras se obsesionan con reconstruir existencial e políticamente, a golpe de arquitectura mental cartesiana, as vísceras da podre Europa neoliberal, ésta desfragméntase e féchase en sí mesma a unha velocidade e cun descaro que sobarda. Non fai falla educar ás novas xeracions, nin no coñecemento de héroes nacionais coma Garibaldi ou Juana de Arco, como se ven facendo tradicionalmente nas escolas europeas cos mitos nacionais, e que Umberto Eco criticou acertadamente, nin no coñecimento de héroes realmente Europeos –sic- coma Lord Byron, que se foi a loitar a Grecia polos gregos- Eco dixit -, como insinuou a proposta pedagóxica e cultural que ofreceu a posteriori o mesmo Umberto Eco. Europa non precisa héroes nin mitos nos seus cimentos culturais para convencer da necesidade global dunha pedagoxía laica que promocione valores de paz, xustiza e liberdade civil. Non precisa de héroes nin mitos nos seus cimentos para convencer da necesidade global dun republicanismo federal e solidario e dunha pedagoxía intercultural. Deberían pasar xa os tempos nos que se buscaba na Kultur o que non se atopaba máis alá do mundo secular, a saber, un mero consolo existencial para aliviar interiormente o desasosegó que causaba – e sigue causando – a contemplación da violencia que arraiza dende as entrañas da miseria económica. Os fundamentos éticos e epistémicos que cohesionan moralmente a unha comunidade, real ou imaxinada, e viceversa, son, ao meu modo de ver, un punto de partida irrenunciable para convivir no seu seo. Ofreceron algo disto ao auditorio os nosos benqueridos euro-provincians? No. Absolutelly not. Non é a teta que da cartos no mercado nestes momentos. Probablemente nunca. Non deberían, xa que logo, resultar apocalípticas as palabras de Rafael Argullol, senon realistas e sensatas, e refírome ao seu recente artigo publicado en El País o 3 de febreiro titulado Europa relega su cultura. Un artigo que, con todo, non deixa de estar inzado de saudosismo cultural e lugares comuns sobre o que é ou debería ser eso chamado a cultura Europea - coma se tal cousa existise coma un todo armónico e coherente sen contrapuntos nin oposicions – e que mesmo chega a sentir nostalxia pola súa presencia na vida pública, o cal non é senon síntoma da vella leria do intelectual que non pode resistirse a que o seu caudaloso acervo de capital cultural acumulado sirva de orientación á Polis. O certo é que nada, absolutamente nada nin ninguén garantiza que a fusión da cultura e o poder político, coma se fosen un só corpo, e por sí mesma, garanta unha boa orientación deste último para evitar recaer en novos episodios de barbarie. Con todo, inseridos neste malestar cultural permanente de cromatismo múltiple, no que a cultura está a adequerir un aura de relixiosa e salvífica solemnidade para solucionar os males do mundo todo dun plumazo, cómpre reparar nestas palabras de Argullol, porque revelan un síntoma da ambivalente condición á que o grande mercado está relegando á cultura: "O que ata fai relativamente pouco se consideraba en Europa cultura transformouse en Arqueoloxía, co risco de que a propia Europa se convirta nunha peza arqueolóxica que, nun futuro non moi distante, exporase á mirada dos novos poderosos" Hai tanto que reflexionar sobre o verdadeiro contido da primeira liña de Argullol! Que, por que, de que modo e dende que posición social se consideraba cultura en Europa até fai pouco? Así pois, entre a concepción netamente arqueolóxica e museística da cultura e a concepción instrumental, compracente e servil coas mentiras, tratos e tretas da realpolitik, é evidente que temos un espazo social e mental dende o que fuxir, tanto do saudasismo nostálxico coma do servilismo político, e ese espazo non pode ser outro que o da imaxinación ética e estética sen concesions a ningún conformismo cínico. Non precisamos futuros ideais nin pasados miltonianos. Habitar o malestar cultural dunha sociedade que tirá que aprender a morrer para vivir de novo e re-significar a humanidade e a phronesis – prudencia, é requisito fundamental para curar a ferida mirándoa frente a frente, mais non ignorándoa. Se a boa mediciña e os bos médicos curan os corpos, penso que non é difícil intuir cales son os horizontes que debería marcarse a creación cultural, veña do lugar, clase xénero ou ideoloxía que veña. |
NOS_35229 | Este 15 de agosto celébrase o Día das Galegas nas Letras, desta volta, dedicado a María Victoria Moreno. | A seguir reproducimos a entrevista realizada pola xornalista Lara Rozados á escritora Fina Calderrey arredor da figura de María Victoria Moreno. A conversa foi publicada orixinalmente no caderno A Fondo do semanario en papel. A escritora e mestra Fina Casalderrey (Xeve, 1951) é autora de moitas das novelas máis destacadas da literatura infantil e xuvenil galega: Asústate, Merche! (1994), O misterio dos fillos de Lúa (1995) ou O estanque dos parrulos pobres (1996), por citar só algunhas. A súa afinidade literaria, persoal e afectiva con María Victoria Moreno queda reflectida nesta conversa sobre a que foi amiga e referencia, a quen este ano se lle dedica o II Día das Galegas nas Letras. Como coñeceu a María Victoria Moreno e como foi a súa relación persoal con ela?Todo comezou naqueles primeiros cursos de galego no ensino. Xa ves, veu unha extremeña aprendernos galego. Veu falarnos con paixón de Cabanillas e de todos os autores que permanecían para nós tapados con quilos de mala pintura. Veu ela falarnos deles neses primeiros cursos de galego, en Pontevedra e noutras zonas. Ela foi unha das nosas mestra de mestres. Lembro que ela falaba a moita velocidade, case aprendín a ser taquígrafa tentando non deixar atrás nada do que contaba. Pero relendo despois os apuntamentos, as cousas que dicía non só eran amenas e interesantes, senón que contaxiaban aquela paixón que ela poñía no que contaba, de Na noite estrelecida (de Cabanillas), e das pequenas cousas que ela sabía e che ía debullando. Despois fixémonos amigas pouquiño a pouco... "Era tan sabia que ata podía aparentar impertinente" Lembro unha crítica que fixera, sen ter aínda confianza comigo, de O misterio dos fillos de Lúa, que remataba "O defecto que lle vexo é que me gustaría telo escrito eu". Lembro tamén ler poesía xuntas... Canta poesía sabía esa muller! Sabía atopar versos para todo, sabía mirarlles as tripas... Nesa profundidade serena da amizade, sen ter que dar contas a ninguén... Aprendín tanto dela... Notábaselle esa sensibilidade na escrita.Na escrita e na vida. Ata o seu xeito de lear os cigarros tiña un rito poético. Dunha volta, viñamos de Santiago, dun acto, as dúas na súa "Teresita" (só a ela se lle puido ocorrer poñer ao seu coche -vermello, por certo- un nome de muller), ela conducía e pediume que lle lease un cigarro. Eu, que tantas veces a vira facelo, tentei imitala, pero cando llo entreguei, dixo "Isque é un vurullo de cuspe!"Sabía moitísimo de literatura! Eu dicíalle "Es tan sabia que ata es quen de aparentar impertinente", con todo o cariño do mundo. "Si?", respondía cun sorriso pillabán que pretendía inxenuidade. E non se cortaba cando alguén dicía unha incorrección ou unha mentira, ou mesmo unha frase mal construída... Rebentábana eses usos do infinitivo "Dicir que...", ou o abuso dos xerundios… mesmo lles dedicara un soneto aos xerundios. Tería merecido máis recoñecementos... Dos lectores e lectoras, do alumnado… tenos, pero pola parte dos premios... Se cadra por esa parte dos premios, da crítica, máis institucional, foi algo esquecida... Pero que significou para a LIX galega?Pois ela foi das pioneiras, cando escribiu Mar adiante (1973), por exemplo, nese momento en que esta literatura estaba nacendo. Unha escritora galega, porque escribía en galego, amaba Galicia e, como ela mesma dicía, "Eu nunca lle puxen os cornos a Galicia"; de certo, defendeu Galicia coma unha Galega "da tribo". Foi, cando aínda eran moi poucos/as quen facían literatura infantil e xuvenil de forma continuada, alá polos setenta, das que estaban aí. Tamén entrou na literatura xuvenil cando aínda non había en galego moito onde escoller, velaí aquela Anagnórise tan potente destinada á xente moza, e non tan moza, que afonda nos sentimentos que xorden nunha conversa entre unha muller madura e un rapaz nunha simple viaxe en coche. "María Victoria era unha escritora galega, porque escribía en galego e amaba Galicia" É de salientar o seu respecto polos lectores e lectoras máis novos, considerándoos persoas intelixentes e escribindo sen medos nin tabús.Si, ela demostrou que todos os temas poden ser tratados a todas as idades. E como mestra, como viviu esa relación con María Victoria Moreno e coa súa obra, como traballou os seus textos na aula?Por suposto que traballei cos seus textos, mesmo os teño convertido en guión teatral. Ademais era un luxo contar con ela, que era unha persoa especialmente xenerosa. Nunca tivo pelos na lingua para dicir o que pensaba, era unha persoa moi especial, tamén no trato. Como anécdota, en Sobrevives? puxera Anagnórise na mesiña de noite do protagonista, un rebelde con causa, a carón d' O vixía no centeo, de Salinger. O rapaz era unha calamidade e falaba mal dos libros, non lle gustaba ler… A ela, cando o lera, parecéralle fatal, despois xa se decatou de que a interpretación que un lector espelido daba a aquilo era xusto a contraria. Así era… Como profesora, tivo tamén ocasión de comprobar o efecto que tiña a lectura dos seus textos na xente moza?Eran inxeccións intravenosas directas de sentimentos. A maioría das súas historias tiñan moito dese pouso, é a súa unha literatura chea de mensaxes profundas. Lembro aquela sorte de testamento vital que escribiu sobre a súa experiencia co cancro, desacougante, esperanzadora e, sobre todo, unha peza literaria. Recolle nese libro o delicioso detalle de que lle daba de beber auga á filla en vaso de cristal tallado para espertar nela a sensibilidade… Como valora que este ano sexa a escollida para o II Día das Galegas nas Letras?Vouvos dar os parabéns, é un xeito de lle facer xustiza a María Victoria. Somos moi dados a ter amnesia con respecto a persoas importantes no noso camiño. Eu penso que María Victoria, desde onde estea, estará dicindo seguramente "Xa era hora, penso que o merezo". Falsamente humilde non era, así que diría algo así como "Moi ben, rapazas, eu merecíao". |
NOS_35296 | A dirixente nacionalista fixo un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro domingo 3 de abril en Santiago de Compostela, reclamando medidas a favor das maiorías sociais. | A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, trasladouse no día de hoxe ao mercado de Santo Agostiño, na Coruña, no marco da campaña 'Os prezos soben, os teus cartos baixan', coa que o BNG denuncia que "a escalada de prezos está empobrecendo as familias, a clase traballadora, levando ao límite moitas empresas e mesmo sectores produtivos esenciais na Galiza". Durante a visita, Pontón centrou as propostas da formación nacionalista en tres medidas concretas, "pensadas para atallar a factura eléctrica". En primeiro lugar, instou a subir os impostos ás eléctricas "para que parte do seu lucro se traslade á maioría social" Da mesma maneira que Bruxelas concedeu unha excepción Ibérica, o Goberno central debe mostrar sensibilidade e admitir a excepción galega, que non sería máis que a tarifa eléctrica galega que propón o BNG desde fai anos En segundo lugar, volveu insistir na necesidade dunha tarifa eléctrica galega para que a Galiza "se beneficie de ser produtora de electricidade". Por último, exixiu pór fin aos beneficios "caídos de ceo" do 'lobby' eléctrico. "Un dos elementos que máis afecta á inflación é o prezo da luz e, da mesma maneira que Bruxelas concedeu unha excepción Ibérica, o Goberno central debe mostrar sensibilidade e admitir a excepción galega, que non sería máis que a tarifa eléctrica galega que propón o BNG desde fai anos, para que a Galiza teñan unha compensación polos custos sociais e ambientais de producir e exportar electricidade e se beneficie da súa riqueza", argumentou. Subir os impostos ás eléctricas En relación á subirlle os impostos ás eléctricas, a voceira nacional do Bloque destacou que o beneficio do sector superou os 11.000 millóns de euros en 2021, un incremento superior a 200%. Para Pontón, parte dese "escandaloso" beneficio debe trasladarse aos colectivos máis afectados a través dos impostos, co obxectivo de "axudar a compensar" o impacto da escalada de prezos, en particular o da factura da luz. "Sería unha tremenda irresponsabilidade que o Goberno do Partido Socialista (PSOE) e Unidas Podemos pretenda salvagardar os astronómicos beneficios das eléctricas, non podemos ter un goberno que non queira aproveitar parte dese lucro para beneficiar á maioría social", reivindicou. A nacionalista criticou que por agora o Goberno español foi en dirección contraria ás propostas do BNG, e lembrou cando fai seis meses o Executivo estatal decidiu baixar o imposto de xeración de enerxía, que "implicou un aforro para multinacionais como Iberdrola, Naturgy ou Endesa cifrado en 1.500 millóns de euros". "Propaganda e fume" de Feixoo Pontón tamén sinalou o aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, do que criticou que sigue sen adoptar ningunha medida concreta para atallar a escalada de prezos e o seu impacto na economía galega, máis alá de "buscar culpábeis" e de !facer anuncios que non se concretan no Diario Oficial da Galiza (DOG). "Hai un goberno que ten competencias en materia de industria, agricultura, pesca ou comercio, pero instalado nos anuncios, Feixoo vaise despedir da Galiza con propaganda e fume", lamentou, ao tempo que fixo un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro domingo 3 de abril en Santiago de Compostela, reclamando medidas a favor das maiorías sociais. |
NOS_47974 | Rocío Peruchela estrea a súa faceta como editora en Monforte de Lemos | Fotógrafa, libreira, responsábel e deseñadora da páxina web Aldeas galegas, e agora tamén editora en galego, Rocío Peruchela é un bo exemplo de muller que se fixo a si mesma a través dun profundo amor polo país. Viviu a emigración urbana de Barcelona e Madrid para logo volver coa intención de colaborar na tranmisión dun mundo que coida en desaparición. Coa ollada posta no futuro cre nas oportunidades e as máis de 30.000 visitas mensuais que ten o seu portal danlle a razón. Toda unha homenaxe á súa parroquia de Piño, na Pobra do Brollón. Avante Pouca A orixe de que o mundo da aldea centre moitas das súas actividades ten unha explicación biográfica? Foron as circunstancias. Fun a última en nacer na aldea e emigrei moi nova, con 18 anos, a Barcelona. Vivín toda a época das Olimpíadas. Logo a vida levoume a Madrid, onde montei unha sala de computadoras. Daquela naceu a miña filla e decateime de que todo o que gañaba era para pagar alugueres e vivía privada da liberdade que tiña na aldea. Non quería ese mundo para a miña filla e decidín volver con ela. Ao chegar, atopei que estaba todo máis abandonado que antes. Desaparecera parte da poboación e parte da vida que eu coñecera. Nese intre propúxenme recuperar unha parte e transmitila a través de gravacións e difundilas por internet. Avante Media Ese foi o comezo da páxina web Aldeas galegas?Foi si, no inverno de 2004. Comecei co proceso da matanza do porco, algo que aínda se vivía, e continuei coa horta. Aproveitei os meus coñecementos de programación, que logo fun perfeccionando. É unha páxina que visita moita xente maior e está adaptada neste sentido, coa posibilidade de aumentar ou diminuír o texto. De onde lle vén o interese pola fotografía?Do meu avó, que era de San Facundo e rematou por casar na Pobra do Brollón. Era fotógrafo. Facía fotomontaxes coas fotografías pintadas. Deixoume o seu laboratorio e aproveitei tamén o feito de dispor da páxina web. Fixen varias exposicións centrándome nos oficios, nas tradicións e na aldea. Fixen unha reportaxe sobre a última persoa que sementaba liño e mesmo me animei a ter eu na miña terra. Tamén me propuxen recuperar algunhas variedades de sementes de millo. Como é a vida do libro galego pola súa experiencia? Hai xente que cando chega á libraría pregunta polo libro en galego como se non fose algo habitual. Eu teño unha sección propia para o libro galego mais habilitei unha infantil na que mesturo as dúas linguas: galego e castelán. Os que non teñen prexuízos son as nenas e os nenos que, aínda que falen castelán, son máis as familias que tiran polo castelán. Por sorte logo hai casos para a esperanza. O outro día un avó advertiulle ao seu neto que escollera un libro en galego e o pequeno contestoulle "si, e que?". Seguen os mesmos prexuízos coa lingua e hai quen afirma que non o sabe ler. Faltan máis traducións ao galego; o problema é que igual non teñen mercado. Hai que seguir insistindo e encher os escaparates das librarías de obras en galego. Avante Toda Ese é o motivo que a levou a comezar unha nova experiencia como editora?Pola miña experiencia descubrín que había unha gran demanda de persoas que escriben en lingua galega e queren publicar as súas obras en papel a prezos baixos, sen ter que facelo por internet. Por este motivo rexistreime como editora co nome de Peruchela Edicións e este mesmo mes de novembro presentarei as primeiras obras. Son os poemarios De vida, morte, amor e indiferenza, de Pilar Sánchez, que será o primeiro que publique, e A vida nas botas, do escritor e músico Antón Valcarce. Tamén presentaremos outro libro de Pilar Sánchez, desta vez narrativa, que leva por título Estamos de conto. Aproveitarei para difundilos en directo a través da web e tamén nas redes sociais para que as persoas que non poidan asistir á presentación teñen a posibilidade de seguilas desde as súas casas. |
NOS_38519 | O partido instrumental aspira a estar representado en perto da metade dos concellos do país, avanzou este domingo Luís Villares. A idea é que as agrupacións locais podan comparecer nas municipais de maio unificadas baixo a marca común de En Marea, co obxectivo de obter así escanos en todas as deputacións provinciais. | En 2015 a confluencia ficou sen presenza nas corporacións provinciais de Lugar e Ourense. Evitar a repetición deste escenario é un dos factores que leva á dirección de En Marea a postular candidaturas baixo unha mesma marca no maior número de concellos posíbeis. En cantos? Nunha entrevista este domingo na Radio Galega Luís Villares puxo o listón en por volta de 150 concellos, unha cifra que duplicaría os rexistos acadados pola confluencia en 2015. A intención de Villares bate con dous atrancos. O primeiro, a decisión de Podemos de ir ás municipais cunha marca que inclúa o seu nome —salvo nos concellos urbanos con alcaldías rupturistas—. O segundo, a propia situación interna de En Marea, á beira do cisma, desde o momento en que o bloque crítico —Anova, Esquerda Unida e Podemos— non recoñece a lexitimidade da vitoria de Villares nas recentes primarias. O debate sobre os orzamentos Na entrevista, o portavoz orgánico e parlamentar do partido instrumental enfatiza que En Marea ten liberdade de voto e que eventualmente podería rexeitar os orzamentos do estado aínda que estes fosen finalmente apoiados por Podemos. En función dos acordos que posibilitaron a súa integración no grupo confederal, remarca Villares, a confluencia galega tería dereito "a establecer a súa propia disciplina de voto e o seu propio sentido de voto distinto do grupo confederal". |
PRAZA_12128 | Volven os máis jrandes. Heredeiros da Crus ofrecerán o sábado 3 de marzo en Ordes o seu primeiro concerto en sete anos, celebrando as dúas décadas do grupo, un momento histórico para o que levan ensaiando varios meses. Símbolo dunha xeración, a do bravú, a do Xabarín Club, recibiron ducias de milleiros de peticións de entradas, deixando aberta a posibilidade de facer máis concertos este ano. Falamos con Tonhito de Poi. Audios no interior. | Volven os máis jrandes. Heredeiros da Crus ofrecerán o sábado 3 de marzo na LP45 de Ordes o seu primeiro concerto en sete anos, celebrando as dúas décadas do grupo, un momento histórico para o que levan ensaiando varios meses. Símbolo dunha xeración, a do bravú, a do Xabarín Club, recibiron ducias de milleiros de peticións de entradas, deixando aberta a posibilidade de facer máis concertos este ano. Ribeira, festa da Dorna de 1992, un grupo de rapaces que se fan chamar Heredeiros da Crus e que levan un tempo ensaiando nun galiñeiro en Poi dan o seu primeiro concerto. En 1994 publican o seu primeiro disco, A Cuadrilla de Pepa a Loba, no que se inclúen himnos como Quero josar ou O fillo de José. Despois chegaron Está que te cajas!! (1996) con temas como emblemáticos como O teu fillo fuma porros ou A chaqueta de lana, e Des Minutos (1997), Erecsiones munisipales (1999), All right Chicago (2000) -o primeiro álbum en directo gravado por unha banda de rock en galego-, Recambios Tucho (2001) e Chicarrón (2004). E ducias de concertos en Galicia e fóra dela (mesmo en Londres ou Nova York), cancións e vídeos para o Xabarín Club ou versións da mítica My Sharona. Despois de 2005 cada un seguiu o seu camiño: Javi funda o grupo Jabon Blue coa colaboración de Tucho, Tonhito fai o mesmo con A Banda de Poi, Fran participa na banda acústica Mustang... Este sábado regresan, coas Agoraphobia de Boiro como teloneiras. Falamos con Tonhito de Poi sobre o regreso. Como vos sentides a unha semana do regreso: excitados, nerviosos, enferruxados...? Enferruxados, nada. Estamos engraxados e a pleno rendemento e cunha tensión brutal, estamos como un tigre de bengala a punto de saír a cazar. Con Heredeiros destes centos de concertos, e despois tamén cos vosos proxectos por separado. Pero sentídesvos case como a primeira vez? É moito máis tensión que a primeira vez que tocabamos, porque naquela época non tiñas que demostrar nada, e agora tes a obriga de mostrarte e de demostrar. Como están sendo os ensaios? Ensaiamos seguido, mirando cada nota, cada acorde, e entregándonos, acabamos os ensaios suando. En cada ensaio ensaiamos todo o concerto seguido, para practicar os cambios, as afinacións, e mirando a ver se resiste ben o corpo. Temos dous locais de ensaio, un en Aguiño e outro no Araño. Hai expectación en toda Galicia, pero supoño que no Barbanza a cousa será unha loucura, non? Buf, alugáronse autobuses, ocuparon case todas as prazas hoteleiras que hai en Ordes..., monopolizaron todo. Saen autobuses de Ribeira, de Corrubedo... "Gústanos a LP porque o primeiro contacto ten que ser así como a troneira dun volcán, ten que haber calor, ten que haber presión" Escollestes a LP45 de Ordes, que quedou moi pequeno para a demanda de entradas. Arrepentídevos de non ter optado por un pavillón? A demanda de entradas que tivemos daba para encher o Coliseum da Coruña un par de veces ou un campo de fútbol. Por exemplo, as últimas 300 entradas que puxemos á venda en Internet tiveron máis de 16 mil peticións en vinte minutos, até que caeu o servidor. Pero gústanos a LP porque o primeiro contacto ten que ser así como a troneira dun volcán, ten que haber calor, ten que haber presión, o público ten que estar cerca de nós e ter contacto carnal, para que estoupe todo. Ademais queríamos que houbese un bo son, e vai haber un son moi bo. Escollémolo por iso. Cantas peticións entradas recibistes? Unha burrada, aínda me chamaron onte de Londres un grupo que viña a Ordes, mesmo sen entrada, eu levo semanas con máis 200 mensaxes diarias no Facebook. Fomos o número un en Ticketmaster en toda a España e quedou a xente de Madrid ou Barcelona preguntando quen eran eses Heredeiros da Crus. Hai unha xeración que vos seguiu, que xa vos viu en directo e que quere repetir, pero hai outra, máis nova, que nunca tivo esa oportunidade... Si, e precisamente e esa xente a que buscamos, a que nunca nos puido ver. "De momento imos facer este concerto e despois xa veremos" E pensastes como vai continuar isto. Vai haber máis concertos este ano? Non o sei, eu de momento ao rematar o concerto marcho para a selva amazónica, cun chamán ao que lle estou gravando un disco que é brutal, e agora el volve para a Amazonía e vaime guiar até a súa tribo; é unha viaxe da que tiña moitas ganas e por fin conseguín facelo. E o resto tamén segue cos seus proxectos. Con Heredeiros xa veremos que pasa, non quero facer grandes planes, de momento imos facer este concerto e despois xa veremos. Vaivos faltar Medín no concerto, que anda por Escocia... Intentámolo, intentámolo, pero non puido ser. O noso Medín está alá e está moi ben considerado, é músico de estudio en Escocia, traballando para a Warner, e podía coller quince días para vir, pero para este directo necesitabamos ensaiar xuntos durante moitas semanas seguidas. Que ides tocar? Pódese contar? Van ser as nosas cancións máis coñecidas. Si que vai haber algunhas sorpresas que seguramente só coñezan os fans, algunha canción que estaba no primeiro cassette, e algo así, pero non imos inventar nada. Pero o espectáculo vai ser impresionante. Cal foi o voso mellor concerto? O mellor concerto de todos, o que a min máis me impactou, foi a primeira vez que tocamos en Castrelos diante de vinte mil persoas. Non foi tanto pola cantidade, porque o último concerto que demos na Coruña foi en Riazor con máis de 50 mil persoas. Pero o de Castrelos foi impresionante, porque pasamos de estar tocando nos bares, de pé enriba do ampli e parando para ir ao baño. Ese día, cando levantei a cabeza, treméronme as pernas. "O concerto máis duro foi aquel en Caranza, en Ferrol, cando me deron unha pedrada na cabeza" E o peor, ou o máis duro? O concerto máis duro foi aquel en Caranza, en Ferrol, cando me deron unha pedrada na cabeza e tiveron que sacarme en ambulancia e a xente berrando 'tonhito, tonhito'. Estivo guai, porque ao médico que estaba de garda, que me atendeu, cambiáranlle a garda e non puidera ir ao concerto. E díxome "mira, non puiden ir ver a Heredeiros, e Heredeiros viume ver a min", e estivemos cantando uns temas. Pero a pedrada foi tan brutal, que perdín o coñecemento, e foi un momento duro, había moito sangue. Pero foi todo ben, prometemos volver o ano seguinte, e volvemos. E xa dixemos, "os de Caranza duros coma pedras, e o que estea libre de pecado, que tire a primeira pedra, pero na última canción". Fostes un fenómeno para unha xeración, que quedou marcada polo bravú, o Xabarín e outras cousas que estaban pasando a finais dos noventa. Érades conscientes de todo o que estaba pasando? Que importancia lle dades? Importancia, toda, porque os sentimentos da xente son importantes. Pero nós non eramos conscientes en absoluto, para nada. Despois, co paso dos anos, si, cando comezamos a ver as primeiras tatuaxes de Heredeiros, até vin un tío co Pato Joshua tatuado na cacha..., iso dáche un pouco de vértigo. Ou despois dalgún concerto brutal, chegabamos ao camerino e parabamos a pensar e diciamos "Chicos, somos conscientes do marabilloso concerto que están atravesando as nosas vidas?". Acórdome dun concerto en Vilagarcía, que o camerino era un destes containers das obras, e a xente comezou a rodealo e tivo que vir a policía para que puidésemos saír. Agora coas redes sociais si que temos o feedback da xente. E foi ese feedback, sobre todo o da xente que nunca nos puido ver, o que nos deu a idea de facer este concerto. Páxina oficial do grupo |
NOS_57884 | A Comisión Electoral Central de Rusia vén de dar conta dos primeiros resultados das eleccións presidenciais que tiveron lugar este domingo e que deixaron como claro vencedor Vladimir Putin. | Vladimir Putin sae reforzado das eleccións presidenciais de Rusia ao acadar máis de 73% dos votos segundo os primeiros resultados ofrecidos pola Comisión Electoral Central. Segundo a información fornecida polo organismo, o candidato do Partido Comunista, Pável Grudinin, acadou 15,89% dos apoios e o líder do Partido Liberal Demócrata, Vladimir Zhirinovski, 6,88%. A candidata Xenia Sobchak, de Iniciativa Cidadá, obtivo 1,39% dos votos e Grigori Yavlinski, de Yábloko, 0,78%. Sergei Baburin, da Unión Popular de Rusia, conseguiu 0,62% e Boris Titov, do Partido do Crecemento, 0,6%. Participaron das eleccións máis de 1.500 observadoras e observadores internacionais de 115 países e 14 organizacións e en total foron convocados 109 millóns de rusas e rusos a esta xornada electoral. Nunha comparecencia pública, Putin ofreceu un discurso en que agradeceu ao pobo ruso o seu apoio e chamou a conservar a unidade, "para ir cara adiante necesitamos todo o mundo. Imos pensar no futuro. Estamos condenados a un grande éxito". |
NOS_32755 | A Confederación Hidrográfica Miño-Sil emite un informe desfavorábel á modificación puntual do plan urbanístico de Mos que tramita o Concello para dar cabida ao proxecto deportivo e de ocio. | Un novo informe, este da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pon trabas ao avance da tramitación da modificación puntual do PXOM (o Plan Xeral de Ordenación Urbana) de Mos necesario para dar encaixe ao macroproxecto deportivo e de ocio impulsado polo Celta de Vigo. O pronunciamento desfavorábel refírese, por un lado, á "dispoñibilidade xurídica da auga" para o desenvolvemento do plan que acubilla a modificación puntual do PXOM presentada, o "destino das augas pluviais que se xerarán polo desenvolvemento da modificación puntual, o cumprimiento das normas de calidade da vertedura e a admisibilidade do medio" e, por último, aos usos permitidos en terreos de dominio público hidraúlico, zonas de servidume e policía, e zonas inundábeis. A modificación puntual, aprobada inicialmente polo pleno municipal o pasado mes de setembro, acumula xa outros informes contrarios, caso do da Deputación de Pontevedra e da Demarcación de Estradas, e colleita centos de alegacións que reflicten a contestación social ao proxecto, que afecta a montes comunais do municipio. A comunidade de montes de Tameiga, tras ter coñecemento deste último informe negativo, pon de relevo o "cúmulo de evidencias sobre o desastre ambiental e urbanístico que implicaría levar a cabo o macro centro comercial nos montes de Tameiga". "O informe non pode ser máis contundente, xa que non só informa en contra de todos os aspectos competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil senón que evidencia as graves carencias e deficiencias do proxecto presentado, algo no que coinciden todas as administracións independentemente da cor do seu goberno", sinalan desde a comunidade de montes, que subliñan a "falta de rigor" da redacción. A este respecto, denuncian unha "persecución e acoso contra a veciñanza comuneira que levanta a voz", en alusión ás denuncias contra veciñas e veciños opositores ao proxecto por parte da alcaldía, mesmo neste momento da pandemia. A maiores, a comunidade de Tameiga alude ás "evidencias", por parte da comunidade científica, que vinculan enfermidades acoutadas a especies concretas que pasan ao ser humano coa perda de biodiversidade. "Se algo temos que aprender desta pandemia é a coidar e preservar os nosos montes", conlúen. |
NOS_31393 | O Parlamento da Galiza deberá resolver a vindeira semana una petición para constituír unha comisión de investigación | O Parlamento da Galiza deberá resolver a vindeira semana unha petición do BNG para constituír unha comisión de investigación sobre a participación do Partido Popular da Galiza no financiamento irregular da formación a nivel estatal. A proposta dos nacionalistas, sinala en relación á causa polos papeis de Bárcenas que "na documentación do procedemento xudicial tamén se fai referencia ao informe de 2006 do entón xerente do PPdeG, que rexistra "mordidas" a empresas por valor de 1,8 millóns de euros, moitas das cales recibiron contratos millonarios do Goberno da Xunta". A solicitude ten poucas posibilidades de prosperar pola maioría absoluta dos populares malia que algúns dos feitos están relacionados coa etapa de Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda á fronte do partido na Galiza. Así, desde o BNG lembran que "ao fío do proceso xudicial fixéronse públicas diferentes informacións que implican de cheo o Partido Popular da Galiza, como confirmou o ex tesoureiro, Luís Bárcenas, ante o xuíz, declarando que en 2010 o PP de Pontevedra entregou 50.000 euros en negro na sede de Xénova". Os nacionalistas significan na súa iniciativa que "existe un longo historial que vincula o PP galego coa trama de financiamento ilegal tendo en conta que Pablo Crespo, considerado número dous da Gürtel, foi secretario de organización do partido na Galiza durante case unha década e confesou que se repartían sobres entre cargos do PP galego e que o 75% do orzamento das campañas electorais era diñeiro negro". Crespo, home de referencia durante anos do clan do Salnés, non é un descoñecido para Feixoo, quen o mantivo como vocal de Portos da Galiza na súa etapa como presidente do ente público. A mudanza na estratexia procesual de Crespo e a súa disposición a colaborar coa xustiza para se acoller a beneficios penitenciarios que lle permitan cambiar de grao e saír da cadea é unha das principais preocupacións dos populares galegos. Crespo, actualmente cumprindo unha condena de 18 anos de prisión polas pezas Fitur e Gurtel 1, comunicou, na última semana de febreiro por escrito, á Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana e á Fiscalía Anticorrupción a súa total disposición a colaborar e ordenou a repatriación do todo o diñeiro agochado en Suíza, cuxa contía se elevou a 2.035.000 euros. Os contactos da defensa xurídica de Crespo coa Fiscalía e a documentación que estarían negociando entregar poderían provocar un terremoto na Galiza. Neste sentido, e como recollen diversas fontes, o antigo secretario de organización dos populares galegos estaría disposto a achegar recibos que confirmarían pagos en B a dirixentes do partido e ingresos desa mesma natureza na caixa da organización. A este respecto, a decisión de Crespo está creando tamén nerviosismo en determinados grupos empresariais galegos que levan décadas colaborando coa formación, algúns desde os tempos de Alianza Popular e que son conscientes do dano que iso causaría. Crespo sinalou en diversas ocasións posuír documentación sobre a contabilidade paralela do PP, mais nunca até agora amosou disposición en facela pública. Así, por exemplo, en 2015, nunha entrevista ao diario español Público adiantou "que había xente que se negaba a asinar xustificantes de recepción por unha cuestión de prudencia, mais non eran a maioría. Asegúrolle que a cuestión non é que eu teña dous, 10 ou 40 recibos de pagos en B. A cuestión é que teño moitísimos máis, porque eu recibín donativos e apuntaba cada donativo". |
NOS_48745 | Poucos son os que se atreven a falar da represión durante e despois da guerra, algunhas pantasmas aínda sobrevoan a comarca dos Ancares. No ano 2014, veciñanza da parroquia de Rao, en Navia de Suarna, quixo impedir os traballos de exhumación no cemiterio de Salvador Voces Canóniga un guerrilleiro do Bierzo morto pola Garda Civil en outubro de 1948. En 2016 tamén houbo quen se opuxo á recuperación do corpo de José García Espinosa, 'O Pelegrín', paseado entre As Cruces e A Alence, nas Nogais, en setembro de 1936. | Desde o comezo do golpe militar, o aparello represivo na comarca dos Ancares comezou a organizarse, labor que debeu levar algún tempo. De feito, o primeiro "paseo" documentado foi o de Alfredo Pérez Fernández, en Galegos, Navia de Suarna, o 14 de agosto de 1936, perpetrado, disque, polos "Sarrianos", un grupo formado por falanxistas de Láncara e Sarria. Algúns datos apuntan a que esa demora na organización na comarca se debeu, en gran parte, á falta de colaboración entre a Garda Civil española e a Falanxe, ao menos nos concellos de Becerreá e Cervantes. Segundo fontes orais, a principios de agosto do 36, na paraxe da Moura, moi preto de Becerreá, un garda foi insultado por un grupo de falanxistas ao impedir que lles requisaran os cartos a un home que viña da feira despois de vender uns xatos. Outro garda, de nome Anselmo, enfrontouse a dous falanxistas no Portelo, 'O Portugués' e Manuel de Vilarello, cando estaban a requisar os produtos que uns homes da Braña (O Bierzo) levaban á feira de Pedrafita do Cebreiro. O 16 de febreiro de 1937, Antonio Rosón Pérez, "hermano del Jefe de Información, Prensa y Propaganda de la Falange Española de Becerreá", declarou (Causa 339-37) contra o brigada da Garda Civil Emilio Baliño, comandante do posto de Becerreá, acusándoo de ter actuado con pasividade e "negligencia en el cumplimiento de su deber" durante os sucesos acontecidos na vila o 19 de xullo de 1936, cando os republicanos convocaron unha manifestación para amosar a súa repulsa polo golpe militar do día anterior. Na declaración, Antonio Rosón, que non estaba presente o día dos feitos, di que "por manifestaciones de personas de solvencia, por las que tuvo conocimiento de que el Brigada Comandante del puesto parlamentó con los rebeldes y que les hizo manifestaciones en el sentido... que no le importaba ni le interesaba la ocupación de la iglesia... Al arrancar el automóvil con dirección a Lugo, hizo manifestaciones o gestos marxistas". Cando o sacristán, de nome Antonio, lle propuxo "albergarse dentro de la iglesia para defenderla a tiros... el declarante dice que ofreció su prestación personal, pero le hizo ver la dificultad derivada de la falta de armas". Esa ausencia de colaboración entre a Falanxe e a Garda Civil tamén se documenta no concello de Cervantes. No mes de febreiro de 1937, sendo alcalde da nova xestora Manuel Cedrón Fernández, destitúese até o daquela secretario municipal Pascual Rosón Pérez. Se ben o motivo foi o nomeamento irregular asinado polo anterior alcalde, a corporación municipal, en sesión extraordinaria do día 26 de febreiro, acordou que testificaran "cuantas personas se crean perjudicadas con la actuación de Don Pascual Rosón Pérez en los últimos meses". Veciñas e veciños de Vimieiro, San Miguel, Covas, Santalla, Castelo de Cais, O Comeal, Pandelo, Olmos, Pando, Cabanaxaraz, Vilar de Donís, Moreira, Piornedo, Chao de Vilarín, Porcís e Paderne acusan o secretario e xefe local da Falanxe de esixirlle cartos, unhas veces destinados ao exército, e noutras sen dicir a dirección. Este é un estrato do capítulo de hoxe do coleccionábel 'Os nomes do terror'. Se queres seguir coa lectura só tes que achegarte ao quiosque ou acceder á nosa tenda online para mercar o Nós Diario de hoxe. Porén, para axilizar o traballo para a próxima vez formaliza a túa subscrición agora! |
PRAZA_15390 | A Xustiza desestima o recurso do colectivo que preside Gloria Lago, que pretendía que alumnos e familias puidesen elixir o idioma no ensino. O Goberno galego terá agora que decidir os cambios no decreto, logo de que o tribunal tumbase o núcleo da norma. | Outra reprimenda á política lingüística da Xunta... E van moitas. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non estimou, nin tan sequera parcialmente, un novo recurso en contra do decreto do plurilingüismo instaurado polo Goberno do PP no ensino en Galicia. Neste caso, a Xustiza desestimou o que impuxera Galicia Bilingüe, ao considerar contraria á lei a súa petición, que non era outra que permitir que os pais puidesen escoller a lingua nas aulas, non só na que se imparten as clases, senón a dos libros ou a das comunicacións oficiais da Consellería de Educación. O TSXG rexeita os seus argumentos porque entende que non se "exclúe" o castelán nin se conculca o principio deo "cooficialidade". O TSXG desestima o recurso de Galicia Bilingüe, que pretendía que familias e alumnos elixisen o idioma das aulas Para o alto tribunal, esta reclamación do colectivo presidido por Gloria Lago iría contra a lei e a propia Constitución, xa que, tal e como lembra, corresponde á Administración determinar o idioma que se usa nos centros do ensino, e non aos pais nin aos alumnos. Ao igual que nas catro sentenzas anteriores, e en base a elas, o TSXG declara ilegal á consulta vinculante ás familias -e polo tanto o artigo 5.2 do decreto-, así como a posibilidade de que o alumno emprego na aula o idioma que lle pete, o artigo 12.3. A sentenza recorda que a Constitución só recoñece "unha esfera da elección" aos pais no caso da formación relixiosa e moral para que a reciban de acordo ás súas propias conviccións o que, "implicitamente, deixa fóra de devandita posibilidade" a relativa á lingua no ensino. O TSXG argumenta que o modelo elixido pola Xunta para garantir a cooficialidade do galego e do español constitúe "unha das opcións legalmente posibles" dentro do modelo de bilingüismo e conxunción que instaura o Estatuto de Autonomía de Galicia. "A administración educativa non pode someter a votación un aspecto fundamental como a lingua", di. O ditame aclara tamén que se debe admitir unha marxe de apreciación á administración autonómica, de modo que se se move nunhas "marxes de racionalidade e proporción lóxicas" á hora de distribuír horarios e materias que deben impartirse nunha e outra lingua, o modelo non poderá ser considerado contrario a dereito. Galicia Bilingüe tamén solicitaba que se evitase que a consulta aos pais sobre a lingua materna dos seus fillos puidese deixar "ao libre arbitrio" do centro ou dunha "instrución" da Consellería de Educación a aplicación do resultado da consulta: aula, curso ou centro educativo. A sentenza aduce que este motivo "queda libre de contido" pola recente sentenza da mesma sala do 21 de novembro polo que se anula devandito capítulo, o 5. Agora corresponderalle á Xunta mover ficha. Logo do primeiro dos ditames, en resposta aos recursos da Mesa pola Normalización, CIG-Ensino e Queremos Galego, o Goberno galego asegurara que tomaría unha decisión sobre unha posible modificación do decreto logo de coñecer todas as sentenzas pendentes, incluídas aquelas que ían no sentido contrario ás maioritarias. A Xunta debe agora modificar o decreto, logo de asegurar que esperaría ao resultado de todas as sentenzas, incluídas as de colectivos contrarios á normalización Agora, a Xustiza vén de deixar claro que o cerne sobre o que se baseou a contrarreforma lingüística do Goberno e Feijóo non é legal. A nova sentenza non só insiste en que é a Administración a que debe decidir a lingua do ensino en base a criterios pedagóxicos, senón que pon barreiras ás intencións dos colectivos máis radicais de determinar desde as familias o idioma dos libros ou das comunicacións oficiais dos centros. |
NOS_35223 | O Goberno español superará a quinta feira o primeiro trámite para aprobar o orzamento de 2022. PNV, EH Bildu e ERC anunciaron esta sexta feira que non presentarán ningunha emenda á totalidade. | Nin PNV nin EH Bildu nin ERC presentaran emenda á totalidade ao proxecto de orzamentos españois para 2022. Así o anunciaron na mañá da sexta feira. EH Bildu foi o primeiro dos tres grupos en anunciar que non presentará emenda á totalidade coa vontade de dar continuidade ás conversas das últimas semanas co Goberno español. "Iso non quere dicir que demos un cheque en branco. Que ninguén pense que por non presentar unha emenda o Goberno ten asegurado o noso apoio. O Goberno terá que gañar os nosos votos", avisaron. Nun comunicado, a formación afirma que as negociacións co Goberno español van polo bo camiño. "Esperamos chegar a puntos de consenso nas próximas semanas". "De momento estamos a recibir un feedback positivo, temos unha interlocución e un intercambio estábel e continuo, e priorizouse manter a xanela de negociación aberta", engade. Bildu vincula a negociación á derrogación da reforma laboral, "que non se pode alongar máis". "Os tesoirazos da última semana responden a isto, e cando os prazos están a piques de expirar é necesario adoptar accións. Esiximos ao Goberno que cumpra a súa palabra", sentencia. Tamén relacionan o seu voto nos orzamentos á lei audiovisual española e din ao Goberno español que debe introducir os cambios que lle reclaman os axentes vascos, porque por agora "é excluínte respecto ás linguas" oficiais. O portavoz do PNV, Aitor Esteban, anunciou que a súa formación non presentará emenda á totalidade ao alcanzar un acordo co Goberno español para a asunción íntegra da xestión do Ingreso Mínimo Vital (IMV). "Permítenos avanzar cara a unha nova etapa de negociación das emendas parciais con certo optimismo", dixo. En todo caso, avisou de que isto non supón que o PNV acabe apoiando o conxunto do orzamento ao termo da tramitación en decembro, e lembrou que aínda están pendentes acordos sobre cuestións como o tren de gran velocidade. Acordo en relación á Lei do audiovisual e as linguas oficiais A respecto de ERC, o presidente do grupo parlamentario no Congreso español, Gabriel Rufián, explicou que chegaron a un acordo co Goberno español para a protección do catalán, o vasco e o galego na industria audiovisual, unha condición que expresara publicamente o presidente da Generalitat, Pere Aragonès. Segundo dixo Rufián, o Goberno español acordou negociar con ERC a porcentaxe concreta de produción audiovisual en catalán na lei do audiovisual. Con todo, non deu detalles de que porcentaxe quere ERC que sexa. E engadiu: "Xogámonos un sector industrial enteiro e unha chea de postos de traballo". A Mesa pola Normalización Lingüística deu os parabéns ao Goberno español e a ERC polo acordo e lembra que as forzas políticas galegas amosaron en múltiples ocasións a súa unanimidade neste sentido. "Onte mesmo", recorda o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "o Concello de Santiago aprobou por unanimidade a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado e axiña farán o mesmo o resto dos Concellos do país, como xa fixeron tamén todas as forzas políticas do Parlamento Galego en dúas ocasións e como recordou o BNG no Congreso en datas recentes". O BNG xa adiantara que esa sería a súa resposta Antes de transcender a decisión de ERC, PNG e EH Bildu, xa o BNG advertira de forma indirecta que non ía emendar ao completo as contas da equipa de Pedro Sánchez. Así o deixou entrever o deputado nacionalista Néstor Rego nesta terza feira, cando amosou o seu compromiso de presentar emendas nos OXE para reclamar a inclusión de partidas específicas co obxectivo de que se leve a cabo a redacción do proxecto completo para a humanización da avenida Rosalía de Castro, no Milladoiro (Ames), entre outras cuestións. Por exemplo, a emenda nos anteriores orzamentos para a mellora dunha infraestrutura en Cerdedo-Cotobade vai continuar sendo unha demanda. "O BNG vai seguir insistindo con todas as forzas para lograr que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana poña solucións aos actuais problemas de accesibilidade e seguranza na N-541", afirmaron hai escasos días. |
PRAZA_12582 | A oposición galega pide ao presidente da Xunta que dea a cara e aclare a súa postura ante a nova tesoirada en sanidade e educación anunciada polo Goberno central. Para o socialista Pachi Vázquez, o axuste de 10.000 millóns supón "o tiro de graza" aos servizos públicos, mentres a nacionalista Ana Pontón considérao "un golpe de estado" contra o autogoberno. | "A gatas e arrastrándose, xerando desconfianza e incertidume". Deste xeito anunciou o Goberno de Mariano Rajoy, segundo o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, os novos recortes de 10.000 millóns en sanidade e educación. Tanto os socialistas galegos como o BNG cargaron con dureza contra unha tesoirada que consideran "agresiva" e tamén contra o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, polo seu "silencio cómplice". Ambos os dous partidos pediron ao xefe do Executivo galego que dea a cara e "aclare" a súa posición ante este axuste que para os nacionalistas supón tamén "un golpe de estado ao autogoberno". O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, amosou a súa preocupación "polo novo escenario que se abre" no Estado tras o novo anuncio de recortes en sanidade e educación, o que considera o "tiro de graza" a estes dous servizos públicos, e censurou a actitude de Núñez Feijóo ao ser "cómplice necesario" ante unha tesoirada que, segundo cálculos dos socialistas, suporía "entre 700 e 800 millóns menos" para os sistemas sanitario e educativo galegos. O PSdeG calcula que o recorte suporá "entre 700 e 800 millóns menos" para a educación e a sanidade galegas Ana Pontón, voceira do BNG no Parlamento, coincidiu tamén no "silencio cómplice" de Feijóo ante uns recortes que considera "un golpe de estado contra os dereitos sociais e o autogoberno galego". Ademais, emprazou ao presidente da Xunta a que "aclare cal vai ser a súa posición perante este atentado", aínda que agoirou que "será fiel á política agresiva do PP" en lugar de "defender a Galiza e aos seus cidadáns". "Feijóo ten que nos aclarar –engadiu- que posición vai manter nun asunto tan relevante para o país, que vai ter consecuencias dramáticas e negativas. A súa primeira obriga como presidente é defender o noso autogoberno, a nosa sanidade e a nosa educación", dixo Pontón, nunhas declaracións nas que coincidiu con Pachi Vázquez, que advirte que as decisións adoptadas polo Executivo de Rajoy "non son unha cuestión económica, de mercados, senón ideolóxica". "Non o ismos consentir; os que prometeran non tocar a sanidade e a educación agora tocan todo, especialmente a sanidade e a sducación", censurou o líder dos socialistas. "O que hai que regular son os mercados e poñer a economía ao servizo da sociedade", di o BNG Vázquez, ademais, reprocha á Xunta e ao seu presidente que estean "fuxidos" sen asumir ningunha responsabilidade e lembra que, nestes tres anos, Feijóo xa recortou 1.200 millóns de eurosen educación e sanidade. Para Ana Pontón, pola súa banda, estes recortes do Goberno central "non van solucionar a crise, senón que van agravala, destruindo máis emprego nestes ámbitos concretos e incrementando as desigualdades sociais". "O que hai que regular son os mercados, evitar que se poida especular coa débeda pública, en definitiva poñer a economía ao servizo da sociedade e non a sociedade ao servizo dos especuladores", engadiu a voceira nacionalista. Xa por último, tanto o PSdeG como o BNG criticaron con dureza a forma na que o Executivo anunciou o recorte de 10.000 millóns de euros. Para os nacionalistas, o comunicado foi un método "antidemocrático" ao modificar uns Orzamentos aprobados polo Parlamento galego. "Demostra como o PP está inmerso nunha estratexia de desmontar o autogoberno, cando para saír da crise, ou temos máis capacidade para enfrontar os problemas dende Galiza ou camiñaremos cara un modelo que xa coñecemos e xa sabemos cales son as súas consecuencias", engadiu. Os socialistas, pola súa banda, insistiron en que a noticia foi comunicada aos españois "por abaixo". |
NOS_1731 | O ex deputado do PPdeG toma a decisión logo de verse forzado a demitir como Presidente do CXCEE por mor dunhas polémicas declaracións machistas. | Manuel Castelao Bragaña vén de renunciar ao título de fillo adoptivo do Concello de Negreira. O nomeamento honorífico foralle outorgado en 2001. O ex deputado do PPdeG adoptou esta decisión por mor da polémica que o obrigou a demitir da presidencia do Consello Xeral da Cidadanía Español no Exterior, logo dunhas declaracións nas que afirmou que "as leis son como as mulleres, están para ser violadas", que lle valeron fortes críticas da oposición quen as cualificou de "apoloxía do terrorismo machista". Aliás, a semana pasada o Concello de Valga acordaba por unanimidade a apertura dun expediente do que podería concluír a retirada o título de fillo predilecto tamén nese municipio. |
NOS_2344 | O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou ao empresariado o documento para adaptar as prácticas do alumnado en tempos de pandemia. A Xunta, permitiría, por exemplo, unha redución nas horas ao mínimo legal se se chega a un momento de maior excepcionalidade. | Ao igual que non se renuncia ao ensino, neste caso presencial pero con peticións de plans a cada centro ante unha hipotética corentena, a Consellaría de Educación ten un plan para que a Formación Profesional manteña a súa estrutura habitual dentro da nova normalidade. Para iso, a Xunta pide flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo ás empresas que ofrezan prácticas. O conselleiro do ramo, Román Rodríguez, presentou esta quinta feira o documento coas instrucións ás empresas, cámaras de comercio galegas e outras entidades. A idea non é implantar os cambios de inmediato, pero si que se quere preparar a todas as partes ante un posíbel novo confinamento. Para que as e os estudantes non perdan o curso nin tempo de educación de cara á súa incorporación total ao mercado laboral, a consellaría propón dúas chaves para a actuación das compañías que oferten prácticas. En concreto, pídelles flexibilidade horaria e de prazos e unha aposta no teletraballo se fora necesario. A forma telemática, sempre que se ofreza a posibilidade, é o mellor modo de completar os módulos de Formación Profesional nunha situación excepcional. Así mesmo, na súa intervención Rodríguez comentou que nestas circunstancias é aceptábel que se reduza o período de formación nos negocios até o mínimo estabelecido. Este é de 220 horas nos cursos de grao medio e superior e de 130 horas nos básicos. Máis tempo e fórmulas para evitar ese proceso Se ese fora o caso, "completaríase mediante prácticas en obradoiros propios dos centros ou mediante unha proposta de actividades asociadas ao entorno laboral". Respecto dos tempos, estes poderían alongarse até o 31 de agosto. Por outra parte, a norma mesmo permitirá evitar o módulo de prácticas ás e aos estudantes que acrediten un mínimo de seis meses de experiencia laboral con conexión aos estudos que estea facendo. No caso da FP Dual, respectarase o estabelecido nos convenios entre a Administración, os centros e as empresas. Para Rodríguez, esta batería de iniciativas van dar unha "seguridade" ao alumnado "sen perder a calidade e o contacto co mundo laboral". |
NOS_42270 | López amósase partidario de suspender a Lei de Dependencia | O Valedor do Pobo, Benigno López, considera "imprescindíbeis, xustas e necesarias" as medidas de axuste e os recortes adoptados polos gobernos galego e español, e alén diso instou os responsábeis da Xunta e do Executiv central a explicárenas á poboación para que esta aprenda a "soportalos". Nesta liña, Benigno López, amosouse partidario de que se "suspenda" a aplicación da Lei de Dependencia, que "naceu morta", debido ás dificultades que ten o seu desenvolvemento pola falta de recursos económicos. "Entendo que ningún dirixente, sexa do grupo político que sexa, salvo que non estea no seu san xuízo, vaia tomar unhas medidas correctoras ou de austeridade que vaian en contra de da cidadanía por gusto", manifestou na súa intervención, na que subliñou que o pobo é "sacrificado e consciente da realidade que o rodea". Neste sentido, considerou que "estas medidas que producen sufrimento, teñen que entenderse como xustas, necesarias e imprescindíbeis". "Ao mellor estamos obrigados a soportalas e entendo que o pobo galego está tamén comprometido a soportalas e sufrilas", apostilou. |
NOS_38478 | As entidades convocantes tamén solicitan que un tramo pase a ser considerado zona urbana. Na marcha reivindicativa participaron algúns representantes políticos como o deputado do BNG no Congreso Néstor Rego, que reclamou ao Estado español que atenda ao acordo da investidura sobre a autoestrada. Por outra parte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, lamentou que o Goberno de Sánchez reclame ante a Xustiza contra Audasa por 26 millóns de euros que pide esta última, pois pensa que acabarán "pagando os galegos". | Fartas de que ningunha promesa chegue a facerse realidade, a Asociación de Veciñas e Veciños de Teis, Chapela e Trasmañó mobilizaron a ducias de afectadas polas peaxes existentes na Autoestrada AP-9 entre Vigo e Redondela. A xente, co apoio dalgunhas formacións políticas, clamou unha vez máis tanto pola conversión da autoestrada nun tramo urbano desde as torres de Padín como, no seu caso, pola eliminación do cobro por usar a infraestrutura nesa zona. En concreto, os motivos que levaron a veciños e veciñas á protestar de novo foron instar ao Ministerio de Transportes a que elimine a portaxe que existe entre Redondela e Vigo. Tamén queren que un pequeno tramo sexa urbano e que se poñan en marcha medidas contra a contaminación acústica que padecen a diario. Igualmente, coa manifestación -que comezou na rotonda de Padín e foi até a Avenida de Bos Aires, no acceso á propia instalación-, desde Teis, Trasmañó e Chapela reclaman que se instalen pasos elevados seguros na Xorxa e na Trapa e que se fagan unhas obras da adenda en Chapela. "Unha das reivindicacións históricas da veciñanza de Vigo e Redondela é a eliminación das portaxes do tramo entre estes dous concellos. Non pode ser que a día de hoxe se continúe pagando por un percorrido de 10 minutos que conecta dous concellos limítrofes", defendeu o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que participou na actividade reivindicativa acompañado de máis representación do Bloque, pero da comarca. O nacionalista solicitou, tamén, que o Goberno do Estado español cumpra o pacto da investidura para estabelecer "a gratuidade" para usuarios habituais ou a "absorción do incremento do 1% anual acumulativo durante vinte anos". Compensacións Sobre as peaxes tamén se pronunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que dixo recibir "con decepción" a decisión do Executivo de Pedro Sánchez de reclamar pola vía xudicial os pagos que pediu a concesionaria, algo que considera un intento de que "a bonificación a paguen os galegos". Referiuse así aos 26 millóns de euros que quere cobrar Audasa polos pasos de Rande e A Barcala, pois o custe deixou de ir a parar á concesionaria da infraestrutura en 2017 porque o Ministerio de Fomento asumiu os tramos. |
NOS_37042 | Dentro dos actos da Semana Internacional contra o Apartheid, BDS-Galiza dirixiuse aos grupos parlamentares para mostrar a súa preocupación polas relacións empresariais con Israel que manteñen algunhas compañías galegas. O activista de BDS-Galiza, explica o momento no que se atopan as súas reclamacións e a campaña polo boicote, os desenvestimentos e as sancións a Israel. | -Denuncian que o tráfico de armamento entre o Estado Español e Israel aumenta. Teñen datos que comprobe esta afirmación? Temos. Existe un informe recente realizado polo Centre Delás e varias ONGs catalás (Defensa, seguretat i ocupació com a negoci) onde se revela que as importacións entre 2003 e 2012 foron de máis de 115 millóns de euros. Tamén no pasado mes de xaneiro, o goberno de Israel publicou unha lista de clientes da súa industria armamentística en que o Reino de España aparece cun volume de negocio que ronda os 300 millóns na última década. Os produtos máis "demandados" foron mísiles, drones e plataformas de armamento por control remoto, alén de tecnoloxía e armamentos "probados en combate" e destinados ao control interno e ao control de fronteiras. Un caso paradigmático é o da empresa Guardian Spain, que treina axentes de varios corpos policiais (estatais e autonómicos) en Israel. "O goberno de Israel publicou unha lista de clientes da súa industria armamentística en que o Reino de España aparece cun volume de negocio que ronda os 300 millóns na última década" -Iría entón a contracorrente doutros gobernos que están a activar medidas para boicotear comercialmente Israel. Que países se están a destacar nesta liña? Os países nórdicos posiblemente sexan os máis comprometidos co boicote. Destacan casos, como o de Noruega, onde un plan de pensións estatal excluíu dos seus investimentos dúas empresas involucradas na construción en asentamentos. Fixeron algo semellante varios fondos de investimento dos Países Baixos, Dinamarca ou Luxemburgo. Curioso é o que acontece en Alemania, onde o apoio de Merkel a Netanyahu contrasta con medidas tomadas polo seu goberno, como excluír as empresas radicadas en asentamentos dos acordos de cooperación científica e das concesións de alta tecnoloxía, ou a retirada da maior empresa ferroviaria alemá da construción da vía férrea que atravesará os TTOO a instancias do ministro xermano de transportes. -En 2013 o Parlamento Galego aprobou a primeira Declaración Institucional en favor dos dereitos do pobo palestino. Foi só un feito simbólico ou tivo algunha repercusión máis aló do pazo do Hórreo? Pois aínda que simbólico foi un paso importante por tratarse dun dos primeiros casos, senón o primeiro en Europa e que esperamos se repita este ano. Varias organizacións como o Movemento BDS Internacional se fixeron eco dela e serviu tamén para dar máis visibilidade á Al-Nabka palestiniana dentro da sociedade galega. -BDS solicítalle á Xunta que se dirixa ás empresas galegas para advertir sobre os problemas de negociar cos asentamentos israelís ilegais. Confían en que o goberno de Feijóo responda a súa petición? Con esa esperanza se fixo, non só polo interese de evitar que empresas do país colaboren coa colonización de Palestina, senón tamén para que estas sexan informadas sobre os problemas que estes negocios poden conlevar nun futuro próximo tendo en conta a rapidez con que avanza a campaña BDS en moitos países occidentais e as medidas que están tomando numerosos estados europeos para evitar a venda de bens producidos nos chamados territorios ocupados como produtos made in Israel. -Falan de "problemas e riscos" para as empresas por faceren negocios cos asentamentos israelís ilegais. Pode identificar eses problemas e riscos? No informe do relator da ONU Richard Falk, recomendase que os países investiguen ás empresas que se vexan beneficiadas polos negocios cos asentamentos e polas políticas coloniais de Israel, e indica que se debería plantexar a prohibición da importación de produto desa zona e esas recomendacións, como acabamos de indicar, comezan a ter eco en diferentes lugares. O Reino Unido, por exemplo, xa publicou directrices neste sentido alertando particulares e entidades empresariais das consecuencias de facer negocios con empresas dun estado como Israel que quebranta as normas do dereito humanitario internacional. Por outro lado, como acabamos de dicir o desenvolvemento da propia campaña acabará tendo repercusións a non moi longo prazo neses negocios. "As empresas do grupo Inditex son das que negocian con Israel" -Teñen coñecemento de que empresas están a negociar con Israel? Temos, claro. Traballamos cun listado sacado de distintos rexistros públicos. As empresas do grupo Inditex, por exemplo, por citar un caso de sobras coñecido na Galiza. -Nesta Semana Internacional contra o Apartheid dirixíronse a portavoces dos grupos parlamentares para que se sensibilicen e contribúan ao boicote. Tiveron xa resposta? Aínda non a tivemos, se ben é certo que houbo pouco tempo material. En calquera caso confíamos en que os grupos parlamentares responderán positivamente. O contrario seria ficar por detrás dos sectores máis sensíbeis e solidarios da sociedade galega que mostran un apoio firme e cada vez máis amplo ás reivindicacións do pobo palestino e á campaña de boicote a Israel. -A cidadanía está a mostrar o seu apoio ao pobo palestiniano. Unha das últimas accións centrouse no ámbito escolar. Vostedes denuncian que Israel ameaza con pechar 30 escolas palestinas en Xerusalén por non empregaren o temario sionista. Que relevancia ten o apoio e a denuncia internacional? Este apoio nótase nas políticas de Israel, que se mostra cada día máis irritado polos efectos do boicote. Boa proba disto son actitudes como a de Tzipi Livni, ministra de Xustiza e negociadora xefa israelí no proceso de paz, nas que advirte sobre os efectos do boicote en caso de non avanzar no proceso de paz. Moi significativa tamén é a creación dun programa de ofensiva mediática contra as organizacións que promoven o boicote e os esforzos dos servizos de intelixencia e o propio goberno para vincular o movemento BDS con organizacións terroristas e estados inimigos. De feito, promover o boicote dentro do propio Israel, como fan as organizacións humanitarias, é considerado delito.Na Galiza, despois do grande apoio que recibiron o ano pasado os manifestos en favor da campaña BDS nos ámbitos da cultura, o xornalismo, o deporte e o colectivo LGTB, este ano decidimos promover un manifesto entre os membros da comunidade educativa que incide na pretensión do ministro Wert, presionado por Israel, de incorporar como materia obrigatoria o holocausto xudeu ignorando outros xenocidios igualmente infames. |
NOS_21034 | Estaban as tres ingresadas no Chuac e tiñan patoloxías previas. | Tres novas vítimas mortais elevan a 12 o número de falecementos na Galiza polo COVID-19. Segundo informan as autoridades sanitarias, faleceron nas últimas horas unha muller de 68 anos de idade e dous homes de 93 e 74 anos. As tres estaban ingresadas no Complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) e tiñan patoloxías previas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, este sábado o número de casos de coronavirus en Galiza ascende a 721, -o Ministerio de Sanidade eleva a cifra a 739- deles 195 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 6 altas de pacientes e 12 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.137. No conxunto do Estado español este sábado había 24.926 casos rexistrados. Hai 1.331 persoas falecidas. Delas, 804 en Madrid. Semana Nesta sexta feira foron 4 as persoas que morreron a causa do coronavirus. Un home de 79 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e que tiña varias patoloxías previas, unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Esta muller vivía nunha residencia en Celanova, onde persoas e usuarias agardan resultados. A listaxe de vítimas da sexta complétase cun varón de 70 anos de idade que estaba ingresado no Chuac e un home de 89 anos de idade que estaba ingresado no Hospital de Monforte e que presentaba múltiples patoloxías complexas previas. Era veciño de Chantada e recibira recentemente unha visita dunha achegada de Madrid, que deu positivo ao virus tamén. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. |
NOS_41090 | O home e a besta en loita dicotómica. Cadansúa representación do ben e o mal. A superioridade espiritual do ser humano feito a imaxe e semellanza divina. A submisión das bestas nunha sociedade fortemente agrarizada afeita a temelas ou amansalas. Na igrexa miúda de San Martiño de Moldes atopamos un maxín iconográfico que se inscribe na pedagoxía do arrepío, e que ben seguro axudaría os seus visitantes a colocarse no lugar moral axeitado. | Acontece en non poucas ocasións que no rural galego consérvanse auténticas alfaias que a condición socioxeográfica axuda a preservar. San Martiño de Moldes é un pequeno edificio que atopamos na estrada de Melide a Agolada. Áchase completamente aprisionado polas vivendas veciñas e polo seu cemiterio. A advocación, que fora principal na Galiza preapostólica, non amosa ao exterior ningunha referencia que si atoparemos nos retablos dun interior que coas sucesivas reformas perdeu todo pouso románico. Esa perda inclúe a práctica totalidade da fábrica agás a portada sur e a fachada oeste. O primeiro estudo coñecido levado a cabo por investigadores -entre os que destaca Fernández-Oxea (Ben-cho-Shey) certifica esas perdas antes da década dos trinta do século XX. San Martiño de Moldes foi construído a finais do século XII, o gran momento da arte galega. A época das obras da catedral medieval de Compostela, debedora da escola do arcebispo Xelmírez que tivo o seu eco fóra e dentro das nosas fronteiras. En Moldes as lápidas ateigan o espazo e nese escenario levaríanse a cabo os cantos funerarios de salmos como o 'salva me ex ore leonis' Neste recuncho do centro de Galiza tamén se deixan notar esas influencias perceptíbeis no tímpano occidental de Moldes, tanto na temática como na morfoloxía. A lectura non é sinxela pola erosión que foi sufrindo o relevo. Mais malia a dificultade percibimos un par de figuras en ambos os tímpanos conservados que están interactuando -e non de maneira amistosa-. No tímpano occidental temos unha figura ollando cara a nós, a cabalo dun animal e agarrándoo pola mandíbula. Non é unha iconografía que resulte sinxela a ollos contemporáneos. Porén estamos diante dunha peza que forma parte dun grupo de tímpanos que recollen o mesmo tema e que nos axudan a comprender, analizar e contextualizar o conxunto. Son sete o total dos exemplos, moi próximos entre si. Santa María de Taboada dos Freires, Pazos de San Clodio, Santa Olaia de Beiro, San Martiño de Moldes, Santiago de Taboada, San Miguel de Oleiros e San Xoán de Palmou. Este último protagonizou as portadas dos xornais nos primeiros anos do século XXI logo de estar desaparecido boa parte do XX. Deu conta Fernández-Oxea deixando por escrito a pista da colocación do de Palmou na solaina dunha casa do lugar, dato acompañado por fotografía en 1936. Outra imaxe -moi coñecida e máis ampla- permite saber que o tímpano estaba efectivamente na solaina da casa Rielo en Lalín. O tímpano aparece á venda varias décadas despois nunha galería de Milán. Estamos diante dunha peza que forma parte dun grupo de tímpanos que recollen o mesmo tema e que nos axudan a comprender, analizar e contextualizar o conxunto O museo de Pontevedra conseguiu recuperalo e hoxe atópase alí depositado. Observando os relevos vemos o mesmo que en Moldes. A figura humana a cabalo dun animal enmarcada por arquiños lobulados. O home separa con forza a mandíbula do animal que mira en dirección destra. En Moldes as figuras oriéntanse á esquerda, a única das escenas deste tipo que vai cara ao norte, e cuns arquiños moito menos marcados. Se ben en Palmou levan un ritmo homoxéneo noutros, como Taboada dos Freires ou o noso Moldes, o ritmo é libre. Aínda que gardan escrupulosamente a lei de adaptación ao marco, nestes segundos semella estar reinterpretada, xa que non son as figuras as que se adaptan aos arquiños senón que son os arquiños os que se adaptan ás figuras. Esta característica fainos pensar que Palmou sería a cabeza de serie e lévanos a relacionala coas portadas laterais da fábrica románica da catedral compostelá. Na portada de Platerías podemos observar a decoración polilobulada enmarcando arcadas afuracadas no segundo piso. Motivo decorativo de tradición francesa que, presumiblemente, repetiríase na fachada norte. Na meridional santiaguesa, a única románica conservada, temos figuras con trazos estilísticos semellantes aos de Palmou, feito que leva a identificar unha influencia directa e mesmo a un taller itinerante de discípulos dos mestres que traballaron nas dúas portas xelmiríanas. Cómpre lembrar aquí a problemática relativa ao frontispicio de Platerías e a recepción algo caótica de fragmentos da desaparecida porta Francíxena e que o eixo norte-sur respondía a un programa inicial vetero e neotestamentario respectivamente. Precisamente o noso tímpano recolle unha escena do antigo testamento. Sansón en loita co león é a iconografía máis aceptada. Episodio do Antigo Testamento narrado en Xuíces, 14. Outras posibilidades achegadas foron a de David e o León e mesmo se chegou a interpretar a do apóstolo cabaleiro pola advocación dunha das igrexas que presentan este motivo e o feito de que algunhas patas e cabezas mostren características ecuestres. Esta posibilidade queda completamente descartada por anacrónica. Unha desas figuras acabaladas é a de Taboada dos Freires. Por sorte garda inscricións que nos permiten datala e tamén coñecer o seu artífice, algo moi pouco frecuente no románico galego. O Mestre Pelagius fixo aquela e polos paralelismos estilísticos con Moldes podemos concluír que tamén se encargou da nosa portada, que deste xeito queda datada arredor de 1190. Como xa se mencionou, no deseño de San Martiño trázanse certas particularidades, como a diferente orientación da figura e un baixo relevo diferenciado na boca do león. O episodio bíblico narra como días despois de esnaquizar aquel león que viñera contra el, Sansón volve polo mesmo lugar e movendo o seu corpo morto comprobou que había un panal de abellas o cal tomou para extraer o mel e levárllelo aos pais. Hai autores que propón que ese relevo caligráfico saíndo da boca do león de Moldes represente as abellas da pasaxe bíblica nunha duplicidade narrativa de dúas escenas correlativas. Outros estudos prefiren interpretar que é a lingua do animal. En calquera caso estaríamos, como sostén a profesora medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, ante un programa iconográfico de carácter salvífico, moi apropiado para o contorno destas igrexas rurais que teñen unha relación inmediata co cemiterio. En Moldes as lápidas ateigan o espazo e nese escenario levaríanse a cabo os cantos funerarios de salmos como o salva me ex ore leonis. Así, e seguindo a investigación da devandita medievalista, a iconografía estaría pois -como é habitual na Idade Media- a prol de apoiar os actos litúrxicos. Todo parece pois ratificar a temática de Sansón e o León como válida. Os referentes desta imaxe témolos, como toda a bibliografía dá conta, en canzorros do beiril de Platerías, de Santa María Salomé e en San Salvador de Asma -acompañado do letreiro SANSO-. O salto aos tímpanos prodúcese nestes exemplos da cerna da nosa terra, seguramente con modelos de debuxo como recurso de transmisión. Isto explicaría os erros de interpretación que favorece as diferenzas entre eles. Unha das máis comentadas é a vestimenta de Sansón, que no caso de Moldes está ausente. Neste sentido hai que chamar a atención da posibilidade do uso de policromía. Era habitual que a escultura se vise completada pola pintura e deste xeito vestisen figuras que chegan a nós espidas. De presentar policromía esta tamén acompañaría o tímpano sur. Nel aparecen dous cuadrúpedos sentados enfrontados en sinal de loita coas patas e con longos rabos que se erguen por detrás percorrendo verticalmente o tímpano. Unha imaxe que hoxe semella inocente, pero que coa policromía plasmaría esa permeabilidade iconográfica co alén. Espirais e rosetas Oarciprestado de Abeancos é o escenario de xurisdición da nosa construción nun momento en que pasa a formar parte do bispado de Mondoñedo. Un territorio moi en relación cos Camiños de Santiago. As influencias déixanse notar en características como o axadrezado xaqués que foi viaxando desde a catedral aragonesa até o noso finisterrae polo camiño francés. As dúas portas románicas que conservamos gañan unha gran plasticidade co uso dese elemento que fecha os grupos de arquivoltas con arestas aboceladas de senllos portais. Simple no caso da porta sur e cun certo abucinamento na principal. O axadrezado inscríbese elegantemente cara ao cimacio da esquerda, na dereita: flores xeometrizadas. Ambos os cimacios apoian sobre capiteis corintios na portada sur. Na principal temos capiteis zoomórficos e o mesmo xogo da alternancia de motivos nos cimacios. Os tímpanos repousan sobre batentes de carácter apotropaico. Chama a atención o leste da porta sur en moi bo estado de conservación amósanos os seus dentes ameazantes ante calquera tipo de mal que queira pasar o limiar. As dúas portas románicas gañan plasticidade co elemento que fecha os grupos de arquivoltas con arestas aboceladas de senllos portais Unha vez dentro acóllenos unha igrexa pequena, diáfana, cun coro alto de madeira mais pouca pegada románica. Fronte a nós un retablo barroco. Adivíñase detrás un oco semicircular que suxire a existencia da desaparecida porta norte. Á dereita da porta un antigo capitel corintio fai de pía de auga bendita. Nos muros do coro alto dúas rosetas escavadas na pedra. As rosetas son particularmente abundantes nos muros de Moldes. Rosetas que foron respetadas na reedificación dos muros laterais. A esquina superior esquerda do frontispicio oeste está labrada cunha espiral e unha roseta, símbolos que adoitan relacionarse co ciclo do día (espiral-sol) e a noite (roseta-estrela). Este tipo de gravados foran moi queridos xa nas relixións animistas. Pretiño da nosa igrexa temos un castro que ben puido atesourar toda esa simboloxía. San Martiño volve ser pois esa advocación na Galiza cunha forte tradición espiritual vencellada ás distintas culturas que nos habitaron. |
NOS_33017 | O colectivo reivindica o seu dereito á discrepancia mais sempre desde "a lealdade ao BNG" e desexa "á nova dirección do Bloque a mellor fortuna na andaina que se inicia" | No mesmo día en que Carlos Aymerich formalizaba a súa renuncia como deputado, o colectivo do que fai parte, Abrente, emitía un comunicado. Nel Abrente reiteraba, "de novo", o seu compromiso "de traballar dende o BNG para reconstruír a unidade de acción do nacionalismo galego a partir da súa realidade actual". Abrente afirma que "con lealdade á organización e no exercicio do dereito democrático á discrepancia continuaremos a exercer a nosa responsabilidade de propoñer e debater na organización e na sociedade galega aquelas alternativas que creamos axeitadas na acción social ou institucional para mellorar as condicións de vida da cidadanía e avanzar cara ao exercicio concreto da soberanía galega". Por último, Abrente desexa á nova dirección do BNG, saída da XIV Asemblea Nacional, "a mellor fortuna na andaina que se inicia". |
NOS_7873 | Laura e Cristina son dúas rapazas que comezaron a divulgar contido gastronómico en galego a principios de ano. A través dunha conta chamada "Como arrecende", comparten receitas e consellos sobre cociña nas redes sociais Instagram e Twitter. Buscan que existan máis publicacións sobre gastronomía nas redes sociais en lingua galega, para achegar o seu gran de area ao proceso de normalización da lingua en ámbitos menos habituais, como é o mundo culinario nas novas redes. | -En que consiste "Como arrecende"? Por que decidiron poñelo en funcionamento? "Como arrecende" é unha conta de cociña e de difusión de fraseoloxía galega relacionada coa gastronomía. Botamos a andar o proxecto en febreiro, nun momento no que a tónica do día a día era a de fechamentos perimetrais e prohibición de quedar con persoas non conviventes. Nesta aventura atopamos a forma de conxugar dúas das nosas paixóns: a cociña e as redes sociais, ademais de mantérmonos unidas e distraídas nun momento anímico difícil para ambas, lonxe dos nosos fogares e familias. Decidimos creala porque botabamos en falta na rede contido en galego como o que nós consumiamos habitualmente, aínda que hai que dicir que polo camiño descubrimos unha pequena e acolledora comunidade de contas de cociña na nosa lingua. Oxalá cada día sexamos máis. -Cal é o obxectivo do proxecto? Penso que continuar aprendendo día a día para mellorar a calidade das nosas publicacións e, sobre todo, pasalo ben achegando a cociña e o galego a quen queira que lle interese pasarse pola nosa conta. -Que tipo de receitas comparten? En xeral son receitas fáciles, rápidas e accesíbeis para calquera persoa. Están pensadas para xente que non dispón de moito tempo, orzamento ou experiencia na cociña, pero que gustan de comer ben e de probar cousas novas de todo tipo: compartimos receitas de entrantes, acompañantes, pratos principais e sobremesas. Intentamos tamén buscar certo equilibrio e que boa parte das nosas receitas sexan aptas, ou cando menos adaptábeis, para persoas que manteñen unha alimentación vexetariana e vegana. -Por que decidiron apostar por ese formato para difundir o seu contido? Acabamos de aterrar en Twitter, mais os nosos comezos foron en Instagram. Escollemos esta rede porque o formato de fotografía era o que mellor se adecuaba ao que queríamos publicar. Intentamos coidar a estética das publicacións o máximo posíbel e interactuar moito cos nosos seguidores, que son a nosa pequeniña comunidade. En Twitter o noso obxectivo é chegar a un público máis amplo e dar a coñecer o que facemos. -Que acollida está a ter polo de agora o seu proxecto? Pódese dicir que desbordou por completo as nosas expectativas, aínda que eran bastante modestas. Pensabamos que nos seguiría simplemente o noso círculo de amizades e familia máis próxima, pero para a nosa sorpresa, comezou a seguirnos e recomendarnos moita outra xente que non temos o pracer de coñecer de xeito presencial. -Plans de futuro? Gustaríalles probar con outros formatos? Neste momento estamos centradas en darlle continuidade ao proxecto actual. Somos conscientes do potencial de formatos como Reels ou Tiktok, pero polo de agora non os contemplamos. Pensamos que familiarizarnos con eles e producir contido para máis plataformas require un tempo que por desgraza non temos. O primordial para nós agora mesmo é desfrutar do que facemos sen abafarnos. -Este tipo de proxectos poden axudar a que a xente se anime a falar en galego. Si, por suposto. Temos constancia de que nos seguen varias persoas de fóra da Galiza que desexan aprender o noso idioma e doutras tantas que cambian a súa lingua á hora de interactuar connosco. En xeral, lonxe de atopar reticencias ou prexuízos absurdos, cremos que o feito de publicar en galego fixo que nos seguise moita máis xente. Hai vontade de cociñar e hai vontade de facelo en galego! |
NOS_32339 | Hoxe, cando se fan 80 anos do golpe de estado do 36, bota a andar o Congreso Internacional "1936 ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria". Falamos con Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC e un dos organizadores do encontro, ademais de director do proxecto 'Nomes e Voces' que investigou sobre a Guerra Civil e a represión franquista en Galiza. | - Cúmprense 80 anos do golpe de estado que nos levou a 40 anos de franquismo. Que nos queda por coñecer deste tempo?- Quédanos por reinterpretar, non por coñecer. Hai un feixe de cousas que coñecemos pero que non entendemos. Temos unha visión de vencedores e vencidos, que nos dá cada bando, pero nos faltan outros elementos para entendelo. Hai moitas memorias, memorias subalternas que fomos coñecendo ultimamente, co tema das foxas, por exemplo, hai memorias de mulleres que non eran dirixentes políticas e que nos mostran unha cousa distinta. O cotiá permítenos entender cousas que non se entenderían doutro xeito. E o que nos falta para entender o que pasou o 18 de xullo foi o acontecemento, o golpe. Naquel momento a confusión foi enorme e logo, historicamente, nolo foron aclarando fundamentalmente os vencedores, que nos foron explicando por que fixeran aquelo, porque gañaron a guerra e durante 40 anos manexaron unha memoria de 'Gran Hermano', totalmente orwelliana, e nos 40 anos seguintes chegamos a un acordo de reconciliación que implicou o esquecemento, pero nós como historiadores o que queremos é volver a mirar ese pasado con 80 anos de distancia, máis repousado e limpando as capas de cebola e as lousas que foron poñendo enriba sucesivos intereses conxunturais, pero hoxe merecémonos explicacións que non temos e preguntas que nunca nos fixemos. - Por exemplo?- Por exemplo, durante todo o ciclo de recuperación da memoria recuperamos e honramos as vítimas, non? Pero desde o punto de vista dos historiador fáltanos entender quen e por que as matou, cousa que todo o mundo sabe nas vilas e nas cidades, pero non quixemos indagar, porque segue a ser unha cuesitión incómoda. Pero para entender o conxunto temos que entender por que ocorreu. E iso é algo que ese novo relato que intenta entrar no asunto que estaba vedado, e non só polo pacto de silencio, senón por todos. É empírico que nos últimos 20 anos ninguén entrou niso e estase empezando a facer agora. E non só aquí, en Navarra acaba de saír un libro que explica como aconteceu e por que quen matou a quen. Cando se trata de asuntos de matiz xenocida que implica matanzas debemos coñecer, entre outras cousas porque é unha recomendación da ONU de 1945, para garantir a non repetición. Trátase de coñecer a verdade e de coñecer os motivos e analizar o contexto, os porqués, para iso non podemos eliminar un actor, que son os golpistas. "Non lle podemos chamar represión a asasinatos en masa e fusilamentos desde o 36 até o 41 e represión ao que facían en Madrid ou en Santiago os polícías contra os estudantes nos anos 60" - Podémoslle chamar xenocidio?- Non, iso é unha cuestión que temos que discutir. O que pasa é que analizalo como un xenocidio permítenos entender moitas claves. O que é evidente é que non lle podemos chamar represión, iso é algo que temos moi claro desde hai moitos anos. Non lle podemos chamar represión a asasinatos en masa e fusilamentos desde o 36 até o 41 e represión ao que facían en Madrid ou en Santiago os polícías contra os estudantes nos anos 60. Non é o mesmo, parece obvio, así que hai que resignificar, reentender e tamén renomear moitas cousas. E a iso nos referimos cando falamos dun novo relato. - Ti dirixiches o proxecto 'Nomes e Voces' que leva case unha década estudiando todo isto. Como está o proxecto neste momento?- O proxecto esgotou os seus recursos no ano 2012. Neste momento sígueo mantendo a USC con recursos propios do grupo de investigración Histagra da Facultade de Historia. Síguese mantendo a web pero non se está incorporando nada. E temos un proxecto que presentaremos no congreso, dun novo portal que se chamará Terra e Memoria, que unirá todos os fondos orais de Nomes e Voces do antigo Historga. Estamos a falar de 2.000 entrevistas, pero non todas de Guerra Civil, e outras sobre emigración, mundo rural, sociedade rural, etc. - O congreso pretende sentar as bases para a reconceptualización da memoria e da historia do franquismo. Explícanos iso.- Temos que repensar a historia á luz do que hoxe sabemos, e á luz dun montón de investigacións que foron deglutidas e resumidas no vello paradigma da reconciliación, que se foi elaborando desde finais do franquismo e que dura até hoxe. Ese paradigma permítenos entender algunhas cousas, pero non outras, porque nos impide mirar a matanza da Guerra Civil e do golpe de estado con ollos europeos. E obríganos a mirar todo iso con ollos estrictamente españois. Se o miramos con ollos europeos vemos que o que pasa aquí é bastante precoz, antes de que haxa matanzas noutros países xa as hai aquí, e é o mesmo ciclo. Comeza nos anos 20 e remata en 1945. Nese ano o fascismo perde en Europa pero aquí mantense. Redefínese, pero mantense. Hai que revisitar todo isto e poñer as bases para reconceptualizalo. Por que somos tan cautelosos? Porque sabemos que hai unha memoria colectiva, pública e oficial e aceptada que parte dese paradigma de reconciliación que cumpriu a súa función. O que nos preguntamos é se hoxe temos dereito a facernos novas preguntas. Acaba de haber un golpe de estado en Turquía. Quen o imaxinaba? Ninguén. Cando a democracia é maltratada pasan estas cousas. O que precisamos é reler ese pasado, tendo en conta que levamos 40 anos de democracia. O que marca as lecturas do pasado sempre é o presente. "Desde o punto de vista dos historiador fáltanos entender quen e por que as matou, cousa que todo o mundo sabe nas vilas e nas cidades, pero non quixemos indagar, porque segue a ser unha cuesitión incómoda" - En que diferencias os procesos de memoria en España doutros países con circunstancias similares?- O curioso é que son bastantes parecidos. Neste congreso traemos moita xente de fóra: de Finlandia, dos Estados Unidos, e doutros países europeos. De feito é unha continuidade doutro que fixemos en 2010 que xa intentara traballar coa memoria en Europa e en América. Porque o que queremos é ver con moitos outros investigadores que ven o mesmo tipo de fenómenos, o mesmo tipo de procesos de memoria noutros países. E non era tan diferente. Viuno moi ben o franquismo cando utilizou esa idea como slogan publicitario, lembremos, nos anos 60. O mesmo ministro que estaba reconceptualizando e creando un servizo de estudos da Guerra Civil no seu ministerio, foi o que inventou aquilo de 'Spain is different', que era a esencia do réxime. Pero non era diferente. Eles querían ser diferentes, que eran unha dictadura, o que era extraño na época, entón querían convertir esa diferenza nun sinal de identidade positivo. O que nos demostra a capacidade do franquismo e a súa intelixencia comunicacional, que foi tremenda. Xustamente foi capacidade de xerar esas lousas que hai que seguir levantando. - Que diferenzas atopas entre como se desenvolveu a guerra en Galiza e no resto do Estado? Aquí o bando nacional triunfou de forma inmediata. Iso como nos afectou?- É que a guerra empeza moi tarde. Pensemos no golpe de estado. Un golpe consiste en sacarlle o poder a quen o ten. En Galiza non hai guerra, o que hai é un golpe, e este dura moito tempo, porque o seu obxectivo é tomar o poder e o poder está en Madrid. Durante un feixe de meses fálase dunha guerra de columnas que quere tomar Madrid e todo se dirixe cara alí. Pero Madrid non cae. A partir de novembro do 36, cando isto non pasa, é cando realmente todos os actores empezan a actuar en lóxica de guera. A idea de que hai unha guerra civil en España é da BBC, outra vez os comunicadores. E aí se consolida esa idea a nivel internacional e nos medios de comunicación. Pero esa é outra das capas que hai que sacar. Se o miramos desde aquí o vemos doutra forma. Para nós é un golpe de estado demorado que intenta tomar o poder. Que acontece? En Galiza toman o poder rapidamente, pola vía de que os coroneis se cargan aos xenerais e aos almirantes. Os sacan do medio e os fusilan e falan no seu nome. Na Coruña teñen que bombardear o Goberno Civil despois de reducir ao Capitán Xeral, e un dos primeiros fusilados é precisamente o gobernador civil da Coruña, un rapaz de 29 anos. - Noutros lugares armouse o pobo.- Non, non se armou o pobo. Había unha demanda por parte das organizacións políticas, como pasou hoxe en Turquía, que fixo Erdogan? Mandou un tuit e unha mensaxe para que a xente saíra as prazas. Pois aquí foi o mesmo, aquí a xente saíu ás prazas, había un gran estado de mobilización, gañara a Fronte Popular, había organizacións obreiras, había un estado de mobilización antifascista, porque o fascismo era unha realidade en Europa, igual que hoxe o é o islamismo. Hitler xa chegara ao poder, Alemaña estaba rearmándose. Había un debate sobre se había que frear ou evitar unha futura guerra mundial. E iso empézase a resolver, como din os franceses, na Guerra de España, non na Guerra Civil, nunha guerra que primeiro se produce aquí. A xente sae ás prazas, claro que si, a xente reclama armas. E estamos falando dunha época na que a xente usaba armas, os rapaces podían ir con revólveres ás festas. Situémonos naquel momento. Non eramos ianquis, pero non andabamos tan lonxe. A xente reclamou armas, pero esa reclamación non a cumpriu o goberno de Casares, e ao final fórmase outro goberno si que vai repartir esas armas, porque había combates en Barcelona, Madrid e outras cidades. Pero deixemos ese mito que nos traen os vencedores e os vencidos. En Ferrol a xente foi buscar as armas ao Arsenal para defender a República. E así é como nolo contan, pero non foi así como sucedeu. "A inmensa maioría da dereita non era golpista. O líder era Gil Robles, que tivo que fuxir para que non fusilaran" - Como foi entón?- Dunha forma moito máis confusa que teremos que analizar. É que non o sabemos, o pasado é un territorio extraño, no que cada quen nos conta cousas distintas e neses días hai poucos rexistros. Nós temos que reconstruír ese caleidoscopio. Seguramente non foi tan heroico e bastante máis complexo. Que as organizacións obreiras pediron armas é verdade, que se construíu o mito de que se deran armas teríanlle gañador aos militares… é un mito. Case tan mítica como a idea que ten a esquerda de que as eleccións do 33 se perderon porque votaron as mulleres. E non tivo nada que ver con iso. Os mitos responden na súa maioría á realidade, pero non a toda. En todo caso, as armas repartíronse nuns sitios e noutros non, e nalgúns sitios gañou o golpe aínda repartíndose e noutros non se repartiron e gañaron os republicanos. Todo isto ademais é moi madrileño. En Barcelona non se repartiron. - En Bilbao o Gobernador Civil, que era galego, repartiu armas e ademais tiña controlados os golpistas desde ben antes. - Iso pasou en todas partes. Na nosa exposición ves que os falanxistas estaban na cadea. Claro que se sabía que podía haber un golpe de estado, claro que se sabía que había unha minoría, o que non se imaxinaba ninguén é que esa minoría golpista actuara coa determinación que actuou. Porque iso non ocorrera nunca, nin en 1923 nin en 1876, non ocorrera desde 1868, e aínda así nunca con esa determinación. Porque estamos falando do exército e de que un coronel saca a pistola e lle di ao seu xeneral que se non está de acordo con el o vai fusilar. E iso determina un pacto de sangue e a partir de aí non hai marcha atrás. O que contas de Bilbao non é moi distinto do que pasou na Coruña. O comisario de Santiago tiña a todos os golpistas controlados, verás os informes na exposición. O que pasa é que ninguén agardaba que o comandante fixera o que fixo. Seguramente nin el, que era republicano e masón. - Pasando xa á exposición '80 anos. Santiago 1936'. Como era Compostela antes do golpe?- O que queremos reflectir é unha Compostela onde a democracia é unha cousa que non se estaba aprendendo, xa se coñece desde hai moito tempo. Acababan de saír dunha dictadura, tiñan moita gana de democracia e eran terriblemente plurais, tiñan posicións distintas e había unha enorme pluralidade de organizacións políticas. E eran capaces de ter posicións comúns persoas que logo estaban en bandos distintos, cousa que tamén queremos resaltar. Había unha disputa polas rúas. Os católicos deixaron de saír no Corpus durante tres anos, hai unha queixa das Madres de Compostela da praia de Vilagarcía porque había moita mestura de sexos, bañadores moi ceñidos… A República tamén era unha liberación da xuventude, que facía deporte e sacaba os seus corpos a pasear, e iso a moita xente non lles gustaba, pero iso íase resolvendo en liberade até que pasa o que pasa. Un pequeno grupo dá un golpe de estado, e dáo moi ben. "Todos os empresarios eran republicanos en case todas as zonas" - A esquerda afirma que o tempo da República era unha marabilla, mentres que a dereita que era un caos. - A inmensa maioría da dereita non era golpista. Os golpistas e os falanxistas eran moi poucos e a esquerda non era toda obreira, nin era toda marxista. había moitísima esquerda republicana -o principal partido chamábase Izquierda Republicana-, e era un partido burgués, e había un Partido Radical-Socialista que era burgués, e moi radical desde o punto de vista dos avances civís, pero todo iso desapareceu. Había mesmo un anarquismo potentísimo que hoxe non existe, aínda que exista a súa cultura. Estamos a falar dun tempo completamente distinto. Non idealicemos o presente co pasado. Aquel pasado era diferente e iso é o que queremos explicar na mostra tamén. Onde van os radical-socialistas, os anarquistas? E os republicanos, os liberais, os rexionalistas? Claro, estamos pensando nos golpistas, que eran os falanxistas, ex militares da lei Azaña e militares. E tradicionalistas. E sectores das xuventudes de Acción Popular moi radicalizados e o Bloque Nacional de Calvo Sotelo, pero é que Calvo Sotelo tiña 17 deputados de 475. De que estamos falando? Non era un líder da dereita como sempre nos fixeron crer. O líder era Gil Robles, que tivo que fuxir para que non fusilaran. Claro, releamos todo iso. Mira, pódelo comparar co 23F. Pero cal foi a súa lóxica? Enmendar o erro o 36: tomar o centro do poder, cando estaba todo o poder reunido. Fraga xa o dixo: "Como golpe de estado fue buenísimo, menos mal que salió por la televisión y por la radio". Cal é a diferenza? Que o 23-F non se atreveron a facer o que ameazaban con facer. Por que? Porque 40 anos non pasan en balde, porque eran máis vellos e non, non o fixeron. Se querían gañar terían que fusilar á xente. Querían facer un golpiño, porque o pacto de silencio empeza a partir do 23-F, non empeza antes. A xente quere esquecer o medo á guerra e o recordo da guerra. O ruído de sables non era ruído, era un golpe e dérono. A partir do 23-F, e co triunfo socialista, quérese pechar o pasado. - Como lle afectou a Santiago economicamente o golpe? Noutros lugares as empresas estaban en mans de republicanos…- Si, claro, todos os empresarios eran republicanos en case todas as zonas. Non é que foran republicanos, é que eran o poder, e eran os máis dinámicos. E era un contexto de progreso democrático, de avance das ideas, cunha conciencia de progreso moi clara que implicaba tamén aos empresarios. Gironella xa explica isto na novela máis vendida en España nos anos 50, 'Los cipreses creen en dios'. Retrata unha Girona na que a maioría dos empresarios eran republicanos: os do téxtil, os do cemento, e vai dicindo de que partido eran. E os máis exitosos, de Izquierda Republicana. Aí houbo un freo no proceso de modernización da economía que en Galiza era incipiente. Non, non era incipiente. Empezara a desenvolverse desde 1880 aproximadamente coas conservas, aínda que era localizado, coa industria marítimo pesqueira, asteleiros… tiña un desenvolvemento económico moi notable e equiparable ao europeo. Con retraso, pero desde o ano 36 ao 56 temos a posguerra máis longa de ningún país europeo. Non é que todo se paralice, é que todo tira para atrás, con perda de capacidade tecnolóxica, culturais, intelectuais e de capital humano, brutais. Todo o mundo científico e cultural creado antes do 36 desaparece. E a Institución Libre de Enseñanza é substituída polo CSIC, que é un organismo, como eles din, "para crear ciencia católica ao servicio de deus". |
NOS_36184 | O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou esta quinta feira a redución do IVE que se lle aplica ao gas do 21% actual ao 5%. Unha medida que será efectiva a partir do 1 de outubro. | O Goberno español rebaixará o IVE do gas do 21% ao 5%, segundo anunciou esta quinta feira nunha entrevista concedida á Cadea Ser o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, que enmarcou a medida nas "rebaixas fiscais selectivas" que "van en beneficio da clase media traballadora". A baixada será efectiva a partir do 1 de outubro e, en principio, ao igual que outras medidas aplicadas para diminuír o impacto da crise, concluirá o 31 de decembro. Sánchez cualificou o contexto actual de "alta incerteza" derivada "da guerra", se ben, a crise inflacionista comezara en 2021. O presidente español advertiu de que non se prevén restricións de enerxía este inverno. Tamén se referiu na entrevista aos orzamentos do Estado para 2023. Preguntado polo medio, adiantou que haberá un incremento da partida dedicada ao gasto militar, que no último ano xa experimentou subas debido á compra de armamento para Ucraína. A UE pide aumentar o gasto en armamento Sánchez tratou de saír ao paso das críticas do incremento do gasto militar sinalando que non se trata só de gastar en armamento, "non só falamos de disuasión, senón de economía, emprego ou ciberseguridade". A respecto da saúde do Goberno, eloxiou o papel da coalición e asegurou que Yolada Díaz "está sendo leal coa liña argumental". Ademais de citar a reforma laboral, que cualificou de "fito que quedará no legado deste Goberno de coalición", tamén se referi ás relacións con Alxeria tras o achegamento a Marrocos. Puxo de manifesto que "estamos traballando para que se poida reconducir" a relación con Alxeria. Pode Alxeria cortar o subministro de gas ao Estado español? Ademais, sobre o PP, apuntou que gostaría de que "arrimase o ombro" en "cuestións que son de sentido común como a rebaixa dos bonos de transportes". "Como iso non ocorre, vémonos na obriga de pactar con outras forzas políticas", engadiu. Tamén cargou contra as relacións do PP coas empresas enerxéticas, "Feixoo é bastante dócil con aqueles intereses que o puxeron á fronte do PP", dixo ao respecto. |
PRAZA_6602 | A taxa de cobertura volve descender en Galicia, sitúase no 57,5% e é cinco puntos inferior á de hai un ano. Tan só uns 56.600 desempregados perciben prestacións contributivas, mentres que hai máis de 67.000 que cobran subsidios ou rendas de inserción. | Coinciden todos os principais sindicatos. O dato máis preocupante das cifras facilitadas este xoves polo Goberno central respecto ao paro rexistrado non é o aumento no número de desempregados en Galicia -que xa é malo dabondo- senón o que se refire ás estatísticas relativas ás coberturas para esas persoas en desemprego. A finais do mes de agosto, había 2.300 beneficiarios menos de prestacións que un ano antes e só 56.600 cobran prestacións contributivas Segundo as cifras achegadas polo Ministerio de Emprego, o número de beneficiarios de prestacións en Galicia era de 124.392 a finais de agosto, 2.298 menos que o mes anterior. Pero o caso é que deste total de parados con prestacións, tan só 56.625 perciben prestacións contributivas, bastante menos da metade. O resto dos casos son beneficiarios de subsidios (55.105) ou rendas activas de inserción (12.662). Pero a taxa de cobertura aínda é máis preocupante. Nese pasado mes de agosto -o último mes contabilizado nestas estatísticas- situábase no 57,5%, máis de cinco puntos menos que un ano antes, cando chegaba ao 62,6%. Isto significa, xa que logo, que en Galicia hai unhas 92.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral pero non cobran prestación por desemprego ningunha. A taxa de cobertura en Galicia sitúase no 57,5%, máis de cinco puntos menos que un ano antes A taxa de cobertura, por outra banda, é case tres puntos inferior á do conxunto do Estado, que se sitúa no 60,4% e que descendeu en catro puntos no último ano. Hai, xa que logo, 112.547 parados que non teñen ningún tipo de cobertura, "co forte risco de exclusión social que isto supón", tal e como denuncian CIG, CCOO e UGT. No conxunto de Estado, o número de persoas que cobran unha prestación tamén segue a reducirse: se nun ano o paro baixou un 5,9%, os beneficiarios fixérono un 12,2%. Na actualidade hai 2.528.005 persoas que perciben algunha prestación. Os Orzamentos do Estado prevén un recorte do 15% para prestacións por desemprego Precisamente, os Orzamentos Xerais do Estado de 2015 recollen un recorte do 15% na partida para prestacións por desemprego. As estimacións do Executivo central son que máis de 2,5 millóns de persoas as cobren durante o ano que vén, aínda que só un millón percibirá unha prestación contributiva, xa que moitos beneficiarios perderán o seu dereito a ela ou nin tan sequera o xerarán. O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, asegurou este mesmo xoves na Cadena Ser que non se trata dun recorte, senón que, dada a evolución do emprego que o Goberno agarda para o vindeiro ano, moita menos xente necesitará unha prestación. "Non se reducen as prestacións, hai menos xente que a vai utilizar, centos de miles", dixo. Tan só dous autónomos máis en setembro Por outra banda, a Federación de Organizacións de Profesionais, Autónomos e Emprendedores (OPA) sinalou que Galicia gañou dous autónomos entre agosto e setembro. Segundo o colectivo, o dato tírase dos resultados dispares entre as provincias, xa que mentres A Coruña suma 31 autónomos e Ourense 29, Lugo conta con 51 traballadores por conta propia menos e Pontevedra con sete menos. |
NOS_4452 | O antigo secretario de organización de Podemos e deputado por Santa Cruz de Tenerife no Congreso até a pasada sexta feira, Alberto Rodríguez, vén de anunciar accións xudiciais contra a sentenza do Supremo que o condena por lesións a un policía. A decisión de Rodríguez ten unha lectura política que deixa ao descuberto as tensións internas no espazo político de Unidas Podemos. | O antigo secretario de organización de Podemos e deputado por Santa Cruz de Tenerife no Congreso até a pasada sexta feira, Alberto Rodríguez, vén de anunciar accións xudiciais contra a sentenza do Tribunal Supremo que o condena por lesións a un policía e a resolución da presidenta da Cámara Baixa, Meritxell Batet que o suspende como deputado. A decisión de Rodríguez ten unha lectura política que deixa ao descuberto as tensións internas no espazo político de Unidas Podemos e as diverxencias entre esta formación e os seus parceiros do Executivo, o PSOE. A pasada sexta feira, Meritxell Batet resolveu, contra o criterio dos letrados do Congreso dos Deputados, privar dos seus dereitos parlamentarios a Alberto Rodríguez. A resposta da formación morada non se fixo agardar e a súa secretaria xeral, Ione Belarra, anunciou a presentación dunha querela por prevaricación contra a presidenta da Cámara Baixa. O paso adiante da máxima responsábel de Unidas Podemos non tardou en ser apoiada por dirixentes do partido, como Pablo Iglesias, e respondido con contundencia desde o PSOE cun fechamento claro de filas arredor de Batet. A situación deu ao pouco un xiro radical. No marco dunha escalada da tensión entre socialistas e morados, o coordinador xeral de Izquierda Unida e ministro de Consumo, Alberto Garzón, desmarcouse de Belarra e adiantou que Unidas Podemos non tiña previsto acción xudicial ningunha, correspóndolle executala a Rodríguez. Na mesma liña, manifestáronse outros dirixentes do espazo, como Yolanda Díaz, quen onte se desmarcaba da solicitude de Unidas Podemos de dimisión de Batet e quen chamou a "baixar a tensión" e a deixar de "xerar máis ruído no noso país", así como a traballar "polo que temos que traballar". As diverxencias en Unidas Podemos As posicións en Unidas Podemos en relación ao caso Rodríguez responderon aos aliñamentos internos. Así, o sector próximo a Yolanda Díaz, do que neste momento fai parte Garzón, mantivo silencio e opúxose a iniciar accións legais contra Batet. O grupo crítico coa ministra de Traballo, encabezado por Belarra e Irene Montero, amosou con claridade a solidariedade con Rodríguez e defenderon unha actitude máis belixerante cos socialistas. A resposta de Alberto Rodríguez non tardou. Así, nun comunicado público, denunciou a suspensión da súa condición de deputado e criticou a sentenza xudicial, cualificándoa de "inxusta", porque "nunca existiu a comisión dos feitos que se me adxudican e que levou como consecuencia a unha cadea de decisións en desacordo coa lei por parte da presidenta do Congreso". Neste mesmo sentido, anunciou a contratación como avogado de Gonzalo Boye, o letrado de Carles Puigdemont, para representalo nas accións legais que ten previsto desenvolver no ámbito da xustiza internacional. Rodríguez deu conta da súa baixa en Podemos e abriu a porta a novos proxectos políticos no ámbito do nacionalismo canario. Nesa dirección, destacou a súa baixa en Podemos e a súa renuncia "á participación en estruturas de partidos estatais no ámbito canario, unha vez comprobado en múltiples ocasións os límites destas desde unha perspectiva arquipeláxica autocentrada". As frontes de Unidas Podemos Unidas Podemos ten diante súa unha verdadeira encrucillada. A formación morada debe enfrontar a un PSOE cada día menos disposto a cumprir o acordo de Goberno para aprobar aspectos centrais da súa alternativa programática. Neste sentido, os atrancos dos socialistas á derrogación da denominada Lei mordaza ou da reforma laboral están elevando a tensión no Executivo. Precisamente, esta cuestión centra o conflito entre Díaz e Nadia Calviño, nun escenario onde a Comisión Europea ten a última palabra. A fronte interna preocupa en Unidas Podemos. A medida que se achega a formalización da candidatura de Yolanda Díaz son cada día máis numerosas as voces críticas co seu proxecto, atopándose entre elas as ministras Belarra e Monteno, así como o sector maioritario do PCE, co seu secretario xeral, Enrique Santiago, á cabeza. |
NOS_49460 | Asegura que foi froito do seu traballo que a Consellaría de Educación exixise a suspensión dun coloquio organizado polos Comités no IES Ánxel Fole. | A organización liderada por Gloria Lago asegurou através da súa conta oficial na rede social Twitter que o seu "traballo" "vai dando froitos". Expresábase así Galicia Bilingüe en relación coa expulsión de alumnado do IES Ánxel Fole no decorrer dun acto cultural organizado pola organización estudantil, Comités. El trabajo de Galicia Bilingüe va dando frutos. La Xunta cancela la charla de un grupo radical en el IES Anxel Fole. Ese es el camino.— Galicia Bilingüe (@GaliciaBilingue) 19 setembro 2014 O colectivo afirma que o "camiño" é prohibir actos organizados por "grupos radicais" como denominou os Comités e gabouse de ter contribuído para a Xunta ter cancelado a videoproxección e coloquio decorrido na cuarta feira (17 de setembro). O acto consistía na presentación do libro e documentario sobre o xurdimento de ERGA e foi disolto por orde da Consellaría de Educación pouco despois de comezar argüíndo que a autorización --que lles fora concedida desde a dirección do centro-- fora solicitada por unha persoa menor de idade. Co seu chío, Galicia Bilingüe deixa entrever responsabilidades na cancelación do acto e vén confirmar a perda de autonomía das direccións dos centros de ensino público que coa nova normativa educativa teñen que dar conta á Xunta das actividades que se desenvolven nas súas instalacións. |
NOS_32002 | En 2019 adquiriu Povisa, en Vigo, e en 2020 Polusa, en Lugo. Agora, o grupo sanitario Ribeira asume a xestión asistencial do Hospital Juan Cardona de Ferrol. | O grupo sanitario Ribera, propietario de Povisa en Vigo e Polusa en Lugo, chegou a un acordo coa Fundación Santo Hospital de Caridade para asumir a xestión asistencial do Hospital Juan Cardona que a entidade ten en Ferrol. Este acordo non inclúe a compra do inmóbel, que segue sendo propiedade da Fundación. A operación está pendente das autorizacións administrativas correspondentes, segundo trasladou a actual dirección do hospital ferrolán. A Fundación Santo Hospital de Caridade seguirá vinculado a este centro hospitalario, pois seguirá sendo propietario do inmóbel e manterá toda a xestión da súa obra social. Con esta operación, o grupo Ribera continúa agrandando o seu campo de actividade na sanidade privada e consolida a súa presenza na Galiza. O Hospital Juan Cardona ten máis de 22.000 metros cadrados e é o único centro hospitalario privado de Ferrol. Conta con 183 camas, catro quirófanos, seis unidades de hospitalización e unidade de coidados intensivos (UCI), así como un persoal de 300 profesionais. Ribera é un dos maiores grupos empresariais especializados en proxectos sanitarios. O seu accionista principal, cun 90%, é o grupo Centene Corporation, compañía líder no sector asegurador sanitario estadounidense. O grupo bancario español Banco Sabadell, é o outro accionista, cun 10%. Xestiona oito hospitais no Estado español e outros proxectos en Europa e Latinoamérica. O modelo Alzira Ribera Salud é un dos xigantes da sanidade privada privada no Estado español e implantou o chamado "modelo Alzira", o sistema de xestión que entrou en funcionamento no País Valenciá en 1999 e que chegou a prestar servizo daquela a máis de 250.000 persoas. O portavoz da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, o médico Xosé Dios, lembra que o grupo foi propietario do Hospital Alzira, "na Valencia de Zaplana e do PP máis corrupto de Europa" e que "segundo o xuíz, tivo unhas perdas millonarias". Finalmente, o citado hospital foi rescatado para a sanidade pública polo Goberno de Ximo Puig. Por conta das concesións outorgadas polo PP de Valencia, a empresa obtivo 580 millóns de ingresos en 2018 e deu cobertura a máis de 750.000 pacientes cun cadro de persoal que superaba os 6.000 profesionais. A sanidade privada na Galiza Segundo o médico Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, " a sanidade privada vive parasitando o sistema público. Máis de 80% do seu negocio provén de concertos e acordos puntais coa sanidade pública", |
PRAZA_4891 | Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber presentan unha proposta para que as instalacións, hoxe case sen uso, acollan todo tipo de actividades culturais, proxectos artísticas e iniciativas empresariais emprendedoras, seguindo o exemplo de Barcelona, Tarragona ou Cartagena. | Que facer cunha infraestrutura coma a praza de touros de Pontevedra, un espazo situado no centro da cidade e que apenas é utilizado ao longo do ano, fóra da feira taurina que se celebra durante cinco días do verán? Que facer, sobre todo, tendo en conta o escaso interese amosado pola sociedade galega por este espectáculo (só o 0,8% afirmou ter asistido a unha tourada, segundo datos do INE de 2011), sobre todo polas xeracións máis novas? Unha actividade, polo tanto, que hoxe en día é sostida a través de subvencións públicas. Son as cuestións ás que Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber queren ofrecer unha solución, cunha proposta de reconversión das instalacións. O proxecto pasaría por "abrir o espazo para a cidadanía", convertendo o edificio nun espazo para eventos musicais, culturais, empresariais e deportivos de audiencia ampla, do que na actualidade "a cidade carece", destacan. A proposta prevé o uso tanto das súas instalacións interiores como do actual coso, que a través de módulos permitiría actividades diversas, con distintas necesidades de espazo: música, teatro, deporte, exposicións, promoción dos artistas emerxentes e do novo circo galego, ou de iniciativas empresariais emprendedoras son algunhas das ideas postas sobre a mesa. Galicia, Mellor Sen Touradas propón para o espazo "unha xestión independente, coa participación do Concello de Pontevedra, axentes sociais e económicos da cidade", que a través da creación da Fundación Cultura "garantirá o obxetivo sociocultural da infraestructura, que funcionará baixo o nome Praza da Cultura". Destacan que este contedor cultural tería unha actividade superior aos 200 días ao ano e, polo tanto, converteríase nun xerador de emprego para a cidade, contraposto á infrautilización que actualmente sofre. "Temos a oportunidade de decidir entre un lugar onde na actualidade torturan, martirizan e matan animais por diversión, cun emprego precario e escasos días de ocupación, ademáis de estar subsidiado con cartos públicos; ou un contenedor cultural que xerará emprego e sinerxía na cidade. A escolla non debería ser complicada, conclúen. Estas dúas entidades presentaranlle a súa proposta ao Concello de Pontevedra de forma oficial nas vindeiras semanas, acompañada dunha petición de que o Goberno municipal se comprometa co obxectivo da fin das touradas na cidade. Exemplos en cidades de todo o mundo En Pontevedra optaron por propoñer un proxecto cultural e de ocio e non un centro comercial, "sabendo que xeran moito emprego pero non é nin de calidade nin de continuidade" Nos últimos anos foron varias as antigas prazas de touros, habitualmente situadas no centro das cidades, que polo seu escaso uso ou outros motivos foron reconvertidas noutros usos. O exemplo témolo en Barcelona, onde este espazo é hoxe un centro comercial, Las Arenas, "capaz de xerar centos de empregos e miles de horas de traballo efectivas" e cuxo "volume de negocio multiplica en moitas veces ao seu uso anterior", destacan dende Galicia Mellor Sen Touradas, que sinalan no entanto que en Pontevedra optaron por propoñer un proxecto cultural e de ocio e non un centro comercial, "sabendo que xeran moito emprego pero non é nin de calidade nin de continuidade". En Catalunya, onde este espectáculo de tortura animal foi prohibido en 2012, as antigas prazas de touros (que xa arrastraban anos de inactividade) están sendo reconvertidas noutros usos Pero o de Barcelona non é o único caso. En Catalunya, onde este espectáculo de tortura animal foi prohibido en 2012, as antigas prazas de touros (que xa arrastraban anos de inactividade) están sendo reconvertidas noutros usos. Por exemplo, en Tarragona o espazo acolle concertos e outras actividades culturais. De igual xeito, en Lloret o antigo coso é agora un centro comercial e aparcamento; en Figueres transformouse nun pavillón polideportivo; en Girona é agora a Audiencia provincial de Xustiza; e en Sant Feliu de Guíxols a praza funciona agora como estación de autobuses. Pero tamén en Cartagena o lugar será reconvertido no novo Museo de Arte Contemporánea da Rexión de Murcia, onde os restos romanos convivirán con parte da estrutura do coso taurino. E atopamos igualmente exemplos destas actuacións en Évora (Portugal), hoxe un hotel; en Trujillo (Perú), onde se está a construír un centro comercial na antiga praza; ou en Zacatecas (México), hoxe igualmente un establecemento hoteleiro. |
NOS_27482 | Poesía, música, fotografía e outras experiencias creadoras estarán no Pub Borrazás grazas a este colectivo nado en 2005. | O colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar desenvolverá un encontro artístico o 25 de maio ás 20:30 horas no Pub Borrazás (Rúa do Orzán, 165). Participarán, entre outras, Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino Garcia, Diego Villar, François Davo e Begoña Paz. A Porta Verde do Sétimo Andar é un colectivo nado en 2005 en Vigo, co obxectivo de impulsar a literatura e a lingua galegas. Publicaron até o de agora varios poemarios colectivos (o primeiro pódese descargar de balde aqui) e contan cunha colección propia co nome de Q de Vian Cadernos, para visibilizar creadores e creadoras deste país. Os seus encontros artísticos sempre sorprenden e son moi participativos. Aqui pódese ver un dos realizados no café Uf de Vigo en 2009. |
PRAZA_14970 | A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE considera que a lei española pode ser incompatible coa europea ao non protexer os hipotecados das posibles cláusulas abusivas. De confirmarse o ditame nunha sentenza, crearíase xurisprudencia que podería frear os desaloxos. | A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE (TUE), Juliane Kokott, ditaminou este xoves que a lei española de desafiuzamentos vulnera a normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz dos consumidores fronte a posibles cláusulas contractuais abusivas nas hipotecas. A normativa española pode ser incompatible coa europea ao non permitir a un xuíz frear os desafiuzamentos Aínda que é só unha opinión, a fiscal do TUE considera que a normativa española pode ser incompatible coa europea ao non permitirlle aun xuíz frear os desafiuzamentos, xa que o procurador europeo considera que un xuíz si debería poder deter un desaloxo se considera que hai cláusulas abusivas. De confirmarse este ditame nunha sentenza, crearíase xurisprudencia que permitiría frear outros desafiuzamentos, tal e como adianta a Cadena Ser. O ditame da avogada xeral responde a unha cuestión presentada polo xulgado mercantil de Barcelona, que debe dirimir unha denuncia presentada por un cidadán contra CatalunyaCaixa, que forzou a súa expulsión da vivenda que ocupaba en xaneiro de 2011 por falta de pagamento da hipoteca. O cidadán en cuestión solicita que se declare nula unha das cláusulas do préstamo hipotecario e que, en consecuencia, o procedemento xudicial de execución hipotecaria sexa considerado tamén nulo. Nas súas conclusións presentadas este xoves, a avogada xeral lembra en primeiro lugar que, ao non existir en dereito da UE unha harmonización das medidas de execución forzosa, corresponde aos estados membros establecer as modalidades procesuais. O ditame precisa que a normativa estatal non pode obstaculiar a invocación dos dereitos do consumidor contra as cláusulas abusivas No entanto, o ditame precisa que a regulación procesual estatal non pode conducir a que se obstaculice a invocación dos dereitos garantidos ao consumidor pola directiva europea contra as cláusulas contractuais abusivas. Neste sentido, a avogada xeral estima que "a regulación procesual española é incompatible coa directiva, pois menoscaba a eficacia da protección que esta persegue". "Non constitúe unha protección efectiva contra as cláusulas abusivas do contrato o que o consumidor, por mor de ditas cláusulas, deba soportar indefenso a execución da hipoteca coa consecuente poxa forzosa da súa vivenda, a perda da propiedade que a acompaña e o desaloxo, e que só con posterioridade estea lexitimado para exercitar a acción de danos e prexuízos", resalta Kokott. Ao contrario, a norma europea esixe "que o consumidor dispoña dun recurso legal eficaz para demostrar o carácter abusivo das cláusulas do seu contrato de préstamo, en virtude do cal, se se dá o caso, se poida deter a execución forzosa". A avogada insiste en que o xuíz debe ter a posibilidade de suspender a execución forzosa ata que se comprobe o carácter abusivo do contrato A avogada xeral insiste en que o xuíz debe ter a posibilidade de suspender a execución forzosa ata que se comprobe o carácter abusivo dunha cláusula contractual, de modo que se impida que o procedemento executivo cre en prexuízo do consumidor unha situación que posteriormente sexa de moi difícil ou imposible reparación. O ditame da avogada xeral non ten carácter vinculante, pero o Tribunal segue as súas recomendacións no 80% dos casos. Os xuíces empezan agora a deliberar e a sentenza ditarase nun momento posterior. |
NOS_21547 | O economista e escritor Marcelino Fernández Mallo prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'. | Esa é unha das primeiras solucións que receita Feijóo para a política española: baixar impostos. E anuncia con orgullo un plan que pretende reducir 15.000 millóns os ingresos públicos. Nada novo. A dereita mantense fiel ao dogma neoliberal de reducir impostos en calquera conxuntura. Tanto ten que o PIB medre ou caia, que o emprego suba ou se reduza, que as rendas gañen ou perdan poder adquisitivo, que a inflación estea baixo control ou desbocada, que a débeda pública amose cifras elevadas ou moderadas. A resposta dos partidos da dereita adoita ser a mesma: "Hai que baixar impostos". As políticas neoliberais aférranse á chamada Curva de Laffer para defender a teoría de que a baixada de impostos estimula a actividade e aumenta a recadación. Dito así, a fórmula semella cando menos simple; a relación entre impostos e recadación dependerá de múltiples circunstancias, a primeira delas cales dos impostos se tocan e sobre todo a que contribuíntes afectaría a medida. Resulta obvio tamén que a situación das contas públicas, a disposición dos distintos axentes económicos e a propia conxuntura condicionará o efecto dunha baixada de impostos. Pero é que ademais os partidos conservadores fan unha lectura interesada da Curva de Laffer, que xa de seu resulta unha teoría cuestionable. A 'Curva de Laffer' O que vén dicir a Curva de Laffer soa a obviedade: segundo Arthur Laffer, un tipo impositivo do 0% implica cero ingresos, ao igual ca un tipo impositivo do 100%. No medio, queda un intervalo de tipos impositivos que aumentan a recadación ata un punto máximo a partir do cal a recadación empeza a diminuír. Xa que logo, non sempre unha suba do tipo impositivo medio implica máis recadación; se o tipo é moi alto, subilo máis restrinxiría a actividade e seguramente os ingresos. Pero isto non quere dicir de ningún modo que calquera baixada implique un aumento dos ingresos; iso so ocorrería se os tipos impositivos estivesen elevados. Vexamos logo o nivel de imposición que existe en España, e por derivación en Galicia, onde a situación é parella, na contorna da Unión Europea. Na gráfica que ilustra o texto obsérvase que a presión fiscal en España está 5,8 puntos por debaixo da media dos 27 países que forman a Unión Europea e presenta unha diferenza de case que 13 puntos respecto a Francia, país cunha maior capacidade recadatoria. Por debaixo de España tan só atopamos Eslovaquia, Estonia, Malta, Letonia, Lituania, Bulgaria, Romanía e Irlanda. Se nun exercicio de absoluto simplismo, aplicásemos o criterio da Curva de Laffer aos países da UE, habería que reducir impostos posiblemente en países como Francia, Bélxica ou Dinamarca e subilos en Irlanda, España ou Polonia. Impostos para que? España presentou no ano pandémico de 2020 un gasto público do 52,4% sobre PIB por un 53,1% dos países da Unión Europea. A pandemia igualou unhas cifras que nos anos anteriores amosaban diferenzas importantes. En 2019, por exemplo, a UE gastaba de media un 46,5% fronte ao 42,1% de España. Vemos no gráfico que nese ano de 2019, último anterior á Covid, España acadou uns ingresos públicos do 35,4% fronte aos 41,2% da UE. En resumo, España recadou uns seis puntos menos e gastou catro puntos menos ca os seus socios europeos. Parece lóxico: se unha economía recada menos, tamén deberá gastar menos. A cuestión é entender para que se utilizan os impostos. En primeiro lugar, para manter as contas públicas saneadas, factor clave para a estabilidade dunha economía. España presenta unha débeda pública do 118%, unha cifra disparada que non anima a baixar impostos precisamente. Lembremos que un dos requisitos de converxencia fixados en Maastricht para ingresar no Euro era unha ratio de débeda do 60% do PIB; estamos no dobre desa cifra. En segundo lugar, os impostos serven para prestar servizos públicos básicos para a seguridade, o benestar e a convivencia cidadá. España ten o quinto gasto en educación máis baixo da UE; en sanidade gasta un 6,6% do PIB fronte ao 9,9% de Alemaña, o 9,3% de Francia ou o 9,2% de Suecia; é o país da Unión Europea co nivel de desemprego máis elevado cunha cifra que duplica a media. Vistas as cifras anteriores, cabería preguntarse cales son, segundo o novo líder da dereita española, as partidas ás que habería que aplicar o recorte de 15.000 euros en impostos. Non sempre unha suba do tipo impositivo medio implica máis recadación En terceiro lugar, a política fiscal debe ter como obxectivo a redución das desigualdades sociais. Neste eido, España resulta ser o país da UE cun maior nivel de desigualdade, o cal se incrementou durante a pandemia. Este dato penoso suxire, en efecto, a necesidade de baixar os impostos nos tramos menores de rendas, que ademais sofren especialmente o aumento de carga fiscal que provoca a inflación (os ingresos tenden a aumentar co cal se pasa a un tramo superior da base impoñible sen que o poder adquisitivo real aumente). Pero tamén implica a necesidade de incrementar os tipos impositivos ás rendas altas e ás sociedades cunha maior rendibilidade de modo que as contas públicas empecen a compensar o déficit de ingresos que padecen. En síntese, a proposta de Feijóo de baixar impostos máis semella unha boutade dirixida a reforzar a súa posición como líder dunha dereita con moitas frontes abertas ca unha fórmula axeitada para resolver os múltiples e moi fondos problemas que a economía española presenta. |
NOS_28206 | O profesorado Celga despedido con sentenza favorábel do TSXG será readmitido como persoal non fixo discontinuo pola Consellaría de Educación segundo lle foi comunicado á CIG-Ensino | O profesorado Celga será readmitido pola Consellaría de Educación segundo lle foi comunicado á CIG-Ensino. O goberno galego executará, desta maneira, as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que daban a razón ao colectivo docente recoñecendo a relación laboral que existira coa Xunta de Galiza e o seu despedimento improcedente cando o profesorado reclamou os seus dereitos laborais. Serán incorporad@s ao cadro de persoal como indefinidas discontinuas todas aquelas persoas que conten cunha sentenza favorábel do Superior de Xustiza, segundo informa nun comunicado a central sindical nacionalista que reclama ao goberno galego a convocatoria inmediata dos cursos Celga deste ano. En conflito desde 2013 A máxima instancia de Galiza fallou en catro ocasións, até o momento, en favor d@s docentes e rexeitou o recurso suplicatorio presentado pola Consellaría de Educación. As sucesivas instancias recoñeceron os dereitos laborais do profesorado e a actitude "represiva" da Consellaría de Educación procedendo ao seu despedimento logo de iniciaren unha longa batalla en defensa dun contrato laboral e a súa correspondente alta na Seguridade Social. O conflito remóntase ao ano 2013 cando @s docentes denunciaron a súa situación laboral. "Traballamos sen contrato nin Seguridade Social para a Xunta", aseguraban naquela altura en declaracións a Sermos Galiza. Malia que Inspección de Traballo deu a razón ao colectivo docente e á CIG-Ensino, Educación procedeu ao despedimento d@s traballador@s. A finais de 2014 contábanse por ducias as sentenzas favorábeis en primeira instancia e, nos últimos meses, xa son catro as persoas ás que o Tribunal Superior de Xustiza lle ratifica esta posición. |
PRAZA_16799 | A CIG, con case o 70% da representación, convoca un paro os vindeiros 9 e 10 de maio, 6 e 7 de xuño e 4 e 5 de xullo que será indefinido se nin a patronal nin a Xunta atenden as dúas demandas. | Outra folga máis en Galicia e outro conflito na sanidade. O sector das ambulancias irá á folga os vindeiros 9 e 10 de maio, 6 e 7 de xuño e 4 e 5 de xullo nun paro que podería virar en indefinido se nin a patronal, nin a Xunta atenden as súas demandas. Así o aunciou este martes en varias localidades a CIG --que conta con case o 70% da representación sindical--, tras advertir das reivindicacións dos traballadores: a marcha das empresas que, segundo denuncian, "incumpren as condicións mínimas deste servizo público", a convocatoria dun novo concurso "que garanta as condicións laborais e a calidade", a retirada "de todos os elementos de presión e de precarización das condicións de traballo" e a sinatura do convenio colectivo. A CIG convoca folga os vindeiros 9 e 10 de maio, 6 e 7 de xuño e 4 e 5 de xullo A decisión de ir á folga foi acordada polo persoal nas asembleas que se levaron a cabo en cada unha das comarcas, tal e como destacou o representante da CIG en Compostela, Inácio Pavón, que denunciou o "abandono absoluto, entre a soberbia e a fuxida cara adiante dunha patronal unicamente preocupada polo seu rendemento económico", así como "o desprezo da Xunta cara a un servizo básico como este, maltratado durante anos". O persoal reclama que as empresas cumpran as condicións mínimas, un novo concurso ou a sinatura cun convenio colectivo a marcha das empresas que, segundo denuncian, "incumpren as condicións mínimas deste servizo público", a convocatoria dun novo concurso "que garanta as condicións laborais e a calidade", a retirada "de todos os elementos de presión e de precarización das condicións de traballo" e a sinatura do convenio colectivo Así, o delegado de Ambuibérica na base de Padrón, Ramón Núñez, asegurou que o servizo se presta cada vez "en peores condicións" polo número elevado de baixas, a falta de persoal, o estado das ambulancias, a falta de materiais de traballo ou de condicións hixiénico-sanitarias "nas que non se inviste", como limpeza e desinfección de uniformes, bases ou equipos material de traballo. "En moitas ocasións se lles di aos traballadores que teñen que collelo nos hospitais porque a empresa non os facilita", asegura. "As empresas recoñecen agora que se meteron nun concurso moi por debaixo do seu custo real", advirte Pavón, que cre que esta situación ten como consecuencia "que se resintan enormemente a calidade do servizo e as condicións laborais". "Como a Xunta parece que non lles acepta estas renuncias, pretenden que as súas perdas as paguen os traballadores e traballadoras", quéixase. "As empresas recoñecen agora que se meteron nun concurso moi por debaixo do seu custo real", denuncia a CIG A CIG denuncia unha situación "insostíbel", con máis de dous anos se convenio colectivo, rebiaxas salariais ou modificacións importantes das condicións de traballo, "incumprindo acordos anteriores". Tamén advirten de "atrasos" nos pagamentos das nóminas deste ano, como no caso de Padrón, impagos de determinados plus ou "expedientes de sanción para atemorizar o persoal" que, segundo denuncian, "chegaron a recibir traballadores que nin estaban de servizo ou levaban tempo fóra da empresa". A CIG acusa a Xunta, Sanidade e 061 de "mirar cara a outro lado" e de ignorar as reiteradas solicitudes de reunión. "Hai dous anos entregaron os concursos a ofertas que claramente non cubrían cos gastos reais e agora fan como se non fose con eles. Néganse a recibirnos e son os verdadeiros responsábeis desta situación de abandono que denunciamos", afirmou Pavón. Logo de diversas mobilizacións e ante a negativa a reunirse da Administración, as asembleas apoiaron "moi maioritariamente" ir á folga, nalgúns casos, como o de Santiago, cunha asitencia de máis dun cento de traballadores e un apoio unánime. Pavón, ademais, denuncia que o conflito "está sendo tratado como un problema de orde pública, con ducias de chamadas aos cuarteis da Garda Civil da comarca". "De xeito irregular someteuse aos traballadores a auténticos interrogatorios nos que, entre outras cousas, preguntábaselles se estaban afiliados á CIG, se ían asistir á asemblea, que se ía falar e pretendendo que posteriormente se lles informara do falado. Algo absolutamente intolerábel e completamente ilegal que xa están estudando os servizos xurídicos da CIG", rematou. |
NOS_17952 | Como vector para un proxecto viábel, para revitalizar o barrio e "dignificar a memoria de Carvalho". | Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, Sociedade Cultural Medulio, Ateneo Ferrolán, Asociación Veciñal de Ferrol Vello, Fundaçom Artábria e o BNG presentaron publicamente na mañá desta segunda feira en Ferrol un manifesto coa fin de solicitar ao Goberno local que conte co tecido asociativo da cidade à hora de definir os usos da casa natal de Carvalho Calero: "sen perder a perspectiva de que este proxecto de rehabilitación ten que ter como elemento vertebrador os usos de tipo culturais". Antonio Casal, secretario da asociación Ferrolterra Antiga, destacou que o importante deste manifesto é abrir o debate e definir un plan de usos que fagan o proxecto viábel, para revitalizar o barrio e dignificar a memoria de Carvalho Calero. Casal considera que o proxecto para a casa de Carvalho Calero e o conxunto de vivendas debería ser consultado cos veciños e veciñas do barrio e coas entidades que levan anos traballando e reivindicado a memoria de Carvalho Calero. Diante deste anteproxecto considera que a casa debe ser destinada a fins culturais e usos nesa liña e debe servir para que os veciños e veciñas do barrio teñan un espazo de referencia de usos culturais. Unha idea compatible coa coherencia de que este proxecto debe estar dedicado á figura de Carvalho Calero. Sinalou que o Concello debería convocar as entidades co fin de abrir o debate sobre os seus usos máis realistas e máis beneficiosos para o conxunto da veciñanza que os que aparecen na proposta inicial.. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG manifestou que diante da proposta feita polo Goberno local para a rehabilitación da casa de Carvalho Calero, "tiñamos clara que a maneira e o obxectivo que se perseguía con ese proxecto non era o que se levaba anos reivindicando por numerosos colectivos desta cidade". Desde esa perspectiva, sinalou, consideran que hai 3 aspectos que son fundamentais: o vector condutor para ese proxecto de rehabilitación ten que ser usos de tipo cultural, que as alternativas existentes teñen que ser discutidas e debatidas con todos aqueles colectivos e entidades que durante tantos e tantos anos levan reivindicando a figura de Carvalho e que estas apostas deben de contar cunha dotación económica nos próximos orzamentos municipais. |
PRAZA_7784 | O caso Bárcenas confirma a presenza abafante da corrupción no corazón mesmo do sistema político español. A esta altura, o problema principal non é que existan estas prácticas ilegais e/ou carentes da ética esixíbel nunha sociedade democrática avanzada: a cuestión decisiva é como reaccionan ante a corrupción os representantes políticos, a xudicatura, a elite empresarial e o propio corpo social. Servirá para algo esta amarga experiencia? | O caso Bárcenas inunda, como é lóxico, o espazo mediático. Para non repetir anteriores argumentos relativos á gravidade da corrupción presente no escenario político do Estado español, quixera salientar tres aspectos que aparecen nas amplas derivadas que xorden a partir deste episodio. Resulta pintoresco constatar a utilización, por parte de Rajoy e Cospedal, do tópico argumento conspirativo para artellar unha coartada defensiva ante as novas xornalísticas que describen algunhas supostas actividades do ex –tesoureiro da rúa Génova. Que un partido coa importante acumulación de poder que actualmente posúe o PP decida botar man dun vitimismo tan obsceno coma este revela o nivel de inseguridade argumental no que se atopan os seus dirixentes. No canto de reflexionar sobre as razóns que explican o notábel crédito suscitado por esas informacións no corpo social prefiren a fuxida retórica para buscar uns hipotéticos culpábeis –que, ademais, non son identificados- do calvario que está atravesando o partido gobernamental. O que Feijoo non pode ignorar é o que as hemerotecas demostran: entre 1991 e 1996 foi un alto cargo das Consellarías de Agricultura e de Sanidade e posteriormente ocupou postos relevantes na Administración xeral do Estado (INSALUD e Correos) Núñez Feijoo aportou, nesta treboada de cifras e letras, un argumento chamativo. Para evitar unha explicación sobre o financiamento do seu partido na segunda metade da década dos 90, o actual presidente da Xunta lembrou que naquel momento non estaba afiliado ao PPdG e, xa que logo, non podía asumir algunha responsabilidade compartida nesta cuestión. O que non pode ignorar é o que as hemerotecas demostran: entre 1991 e 1996 foi un alto cargo das Consellarías de Agricultura e de Sanidade e posteriormente ocupou postos relevantes na Administración xeral do Estado (INSALUD e Correos). Mais alá das consideracións xurídicas que se podan formular, resulta admisíbel –no plano político- practicar semellante disociación entre a persoa que aceita un relevante cargo político e o comportamento do partido que propiciou o seu nomeamento? Nun sistema democrático de calidade, o máximo dirixente actual do PP debería asumir como propias dúas tarefas básicas:informar do que pasou nos tempos nos que Pablo Crespo xestionaba as finanzas da organización e pedir desculpas polas prácticas inadecuadas rexistradas. As responsabilidades políticas do PPdG non prescriben, sobre todo se temos en conta os habituais alegatos sobre as liñas históricas de continuidade que presiden a propia existencia deste partido. Como se pode dixerir a obscena contradición daqueles líderes que pola mañá predican a máxima austeridade para a gran maioría da poboación e polo serran ingresan un soldo adicional procedente do partido? Para rematar o tríptico, atopamos unha circunstancia que apenas merece críticas na opinión publicada. Trátase da percepción de retribucións salariais por parte daqueles dirixentes do PP que tamén desempeñaban tarefas institucionais nos gobernos ou nos parlamentos. Ninguén defende expresamente a lexitimidade do cobro de cantidades "en negro" pero case non se discute a "normalidade" destes suplementos salariais "en branco". Poren, estamos ante un comportamento incongruente e cínico:os partidos non son empresas privadas senón que constitúen organizacións sen ánimo de lucro que reciben importantes cantidades procedentes dos orzamentos públicos. Como se pode dixerir a obscena contradición daqueles líderes que pola mañá predican a máxima austeridade para a gran maioría da poboación e polo serran ingresan un soldo adicional procedente do partido? Se pensan que o exercicio da actividade política non está suficientemente remunerado deben facer propostas concretas e sometelas ao debate social. O que non é de recibo é a reiterada exhibición desta dupla moral. Como reaccionan ante a corrupción os representantes políticos, a xudicatura, a elite empresarial e o propio corpo social. Servirá para algo esta amarga experiencia? O caso Bárcenas confirma a presenza abafante da corrupción no corazón mesmo do sistema político español. A esta altura, o problema principal non é que existan estas prácticas ilegais e/ou carentes da ética esixíbel nunha sociedade democrática avanzada: a cuestión decisiva é como reaccionan ante a corrupción os representantes políticos, a xudicatura, a elite empresarial e o propio corpo social. Servirá para algo esta amarga experiencia? |
PRAZA_11773 | O evento celebra a súa terceira edición con máis dunha vintena de actividades dirixidas á rapazada de entre 0 e 6 anos | O evento, con entrada de balde, celebra a súa terceira edición con máis dunha vintena de actividades dirixidas á rapazada de entre 0 e 6 anosO Auditorio de Galicia, en Santiago, acolle este sábado 28 de decembro a terceira edición da Festa do Apego, o programa de apoio á crianza da rapazada en galego que segue a espallarse por concellos de todo o país e no que en Santiago xa se inscribiron máis de 400 familias. Con entrada de balde ata completar a capacidade de cada espazo, o evento, que se desenvolve desde as 12 do mediodía ata as sete e media da tarde, ten máis dunha vintena de actividades para distintos grupos de idade entre os 0 e os 6 anos.Este é o resumo das actividades facilitado desde o servizo de normalización lingüística do Concello de Santiago:Feiriña e espazo de recursosSituado no vestíbulo, consta de sete postos, nos que os servizos municipais informarán sobre os seus programas relacionados coas idades do Apego (Educación, Centros Socioculturais e Programa Apego). Ademais, catro empresas privadas (Couceiro, Gaia Ecocrianza, Xogos Brazolinda e Escola Semente) presentarán libros, música, xogos e outros materiais e servizos relacionados coa crianza. Este espazo estará aberto de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.Na Sala Isaac Díaz Pardo, as familias atoparán outro interesante espazo denominado Alíalí, con Fabaloba. Permanecerá aberto entre as 12:00 e as 14:00 e as 16:30 e as 19:00 horas. Unha oportunidade para saber de libros, música, xogos, xoguetes, aplicacións, materiais... cos que facilitar a crianza e a educación en galego, explicados e presentados de maneira amena para grandes e pequenos para poder, velos, tocalos e experimentar con eles.MúsicaA Festa do Apego contará con dúas propostas musicais. Ás 12:30 horas, As parábolas de Pakolas, no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock e outros estilos e con letras axeitadas para estas idades.E ás 19:30 h. María Fumaça estreará O veleiro verde. Este novo proxecto musical naceu como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, un neno con diversidade funcional que forma parte dos artistas que encherán o escenario e que amosarán como a diferenza, vivida con normalidade, amplía os horizontes e fai o noso mundo máis grande. O espectáculo é tamén para todas as idades.TeatroO teatro chega á Festa do Apego da man de Teatro ao Cubo e o seu espectáculo Nube, nube, sol, dirixido a menores de ata 3 anos. A obra, que comeza ás 12:00 h. mergúllanos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna, a través do corpo, da xestualidade, do conto e da música.Ás 17:00 h. Elefante Elegante representará Patapatum para nenos e nenas a partir dos 3 anos, unha reflexión sobre o tempo, a infancia, e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. A música, as máscaras e os xestos dos personaxes, sen palabras, crean un universo cómico que viaxa do realismo á hipérbole da nosa vida diaria.Contos e monicrequesTampouco podían faltar as sesións de contos e de monicreques: Bichocas, por Atenea García (12:00 h, ata 3 anos); Utopías, tamén con Atenea García (17:00 h, todas as idades); Barquiño de pau, de A Tropa de Trapo (13:00 h, a partir de 3 anos); e O castiñeiro do Apalpador, por Fantoches Baj (18:00 h, a partir de 3 anos).ObradoirosNa Festa do Apego tamén podemos atopar distintos obradoiros ao longo da xornada. Ás 16:30 h., Mercedes Prieto ensinará a pais e nais a oír, cantar e moverse coas súas crianzas. E fará un percorrido polas doces melodías que tranquilizan os/as bebés das diferentes culturas (12:00 e 18:00 h). A proposta de Xandobela é distinta, con obradoiros morcego e outro boliche, dous espazos simultáneos nos que traballar coas mans e aprender a construír, con material de refugallo, ferramentas que nos axudan a pasalo ben. Os horarios: De 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 horas.Xogos, proxeccións e librosHaberá un espazo de xogo libre con Miudiño de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 horas. Tamén están programados xogos de mesa con Brazolinda no mesmo horario. Quen opte polo audiovisual, poderá ver proxeccións de diferentes pezas para idades preescolares, e tamén haberá un espazo lector cunha selección de libros infantís para mirar e ler.BebetecaHaberá servizo de bebeteca, con facilidades para aleitar, asear os bebés, e descansar; e un servizo de cafetería na cantina do Auditorio, cun menú adaptado ás familias con crianzas. Cómpre reservar. |
PRAZA_13842 | Lendo as novas, vendo a tele, tuiteando, unha xa non sabe se é espectadora da agonía ou de El Mundo Today. Di alguén que "unha vez existiu un estado de dereito". O triste é lembralo como esa xuventude insultante que exhiben as fotos da época da universidade e das excursións sen final. | A literatura pode repetirse moito máis que a historia, a diferencia é que non temos o compromiso de aprender dela. Ou temos que deixar de suscribir unha das partes desas dicotomías tan gravadas á lume das que costa desprenderse. Falar de onte, ou de hoxe mesmo, decindo, resumidamente ,que este é o peor dos tempos, a idade da loucura, das tebras e da desesperación.. Eu engadiría que este é o tempo das metades. Nesta metade do ano, nestas ogallá foran douradas medianías, o que ven instalarse é a mediocridade . Lendo as novas, vendo a tele, tuiteando, unha xa non sabe se é espectadora da agonía ou de El Mundo Today. Di alguén que "unha vez existiu un estado de dereito". O triste é lembralo como esa xuventude insultante que exhiben as fotos da época da universidade e das excursións sen final.. Algo que habita neses agochos da memoria que non nos atrevemos a rescatar, e perdón polo inadecuado da palabra. E non pensen que non estou tentada de de engadir :"e o que virá". Os auténticos xogos da fame comezarán agora :eses xogos non tanto de tronos como de maletas para empaquetar a doente dignidade. Podemos escribir unha fábula inconclusa e recoller do que se fala en moitos bares, na rúa, nos ascensores. Nos bares se falaba moito da preguiza dos empregados públicos, dos cafeliños e os periódicos. Agora se vai falando máis da condición mileurista no funcionariado, non moi coñecida por todos. Ese mileurismo antes desprezado e agora case mítico. Nos ascensores se pregunta moito polas familias, polos enfermos, polos dependentes. Voltar a esa infancia de berce adulto precisa do sacrificio, emocional e económico, de ter disponibles as vintecatro horas do día. Sen maior protección que a organización familiar. Ser considerados un problema menor é a peor das invisibilidades. Pero o que indigna e produce arrepío dos últimos recortes é esa consideración de parados de longa duración coma uns preguizosos que buscan unha precariedade voluntaria Do paro, vaia perogrullada, xa se fala en todas partes. Pero o que indigna e produce arrepío dos últimos recortes é esa consideración de parados de longa duración coma uns preguizosos que buscan unha precariedade voluntaria: que espabilen. A vella pedagoxía de letra con sangue. Se todo esto do que falo non te roza é que aínda non viñeron a por ti. Podemos seguir a construir un laberinto individual de supervivencia ou cultivar ese perigoso pensamento de ir asumindo, contentándonos e tragando con todo. Ou moito peor: pensar que somos mellores porque non nos tocou. Outorgarlle a estes tempos salvaxes que estamos a vivir a natureza da normalidade é unha forma máis que pasiva de rendición. Benvidos ó desastre. |
PRAZA_17285 | Augas de Galicia achega datos a Adega nos que asume que todos os cursos de auga que arrodean a antiga explotación mineira teñen contaminación por metais pesados e alta acidez. A certificación destas afectacións supón un atranco máis para o polémico megaproxecto previsto na mesma zona. A empresa promotora nega que a contaminación fique ratificada VÍDEO | "Fuxide, correde, bulide": alerta veciñal e chamada á mobilización contra a mina de Touro VÍDEO | A empresa promotora lanza unha campaña de propaganda a prol da mina e afirma que a apoia unha "maioría silenciosa" | VÍDEO | "Fuxide, correde, bulide": alerta veciñal e chamada á mobilización contra a mina de Touro VÍDEO | A empresa promotora lanza unha campaña de propaganda a prol da mina e afirma que a apoia unha "maioría silenciosa" Todos os ríos e regatos que arrodean a antiga mina de cobre de Touro e O Pino están contaminados. Confírmao Augas de Galicia cos datos das analíticas realizadas en todos os puntos de control da contorna dunha explotación mineira que agora quere reabrir Cobre San Rafael, participada pola multinacional Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, malia o forte rexeitamento social. Os resultados das análises, solicitados pola entidade ecoloxista Adega o pasado 9 de abril, son demoledores e engaden máis presión á Xunta ante a mobilización cidadá e política que lle reclama que denegue a autorización para o novo proxecto megamineiro previsto. Augas de Galicia confirma nos resultados das analíticas solicitadas por Adega a contaminación de todos os ríos da contorna da antiga mina de Touro "Ante estes resultados de Augas de Galicia, a Xunta de Feijóo non será tan insensata de aprobar o Proxecto Touro, non si? Beatriz Mato [conselleira de Medio Ambiente] tamén o debe ter claro. Quen contaminou, que pague", apurouse a manifestar a plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non nas redes sociais unha vez coñecidos os datos. Os datos non lles sorprenden aos seus membros. "O que sorprende dos datos é que a Xunta non tomase medidas cando coñecía de sobra a situación", di a plataforma contraria á mina Rubén Souto, un dos voceiros da plataforma e veciño da zona, aclara que son "moi conscientes" do que teñen porque o levan "vivindo desde que pechou a anterior explotación", no ano 1986 e logo de 13 anos de traballos. "Houbo colectivos que denunciaron anos esta contaminación, os altos niveis de metais pesados nas augas e os vertidos; que saian á luz non nos sorprende, o que sorprende é que Augas de Galicia e a Xunta non tomasen medidas antes se coñecían de sobra a situación", explica. Pola contra, os donos dos terreos analizados negan a información de Adega. A propia Explotaciones Gallegas, xunto a outras tres firmas máis, aseguran nun comunicado que "a presenza dalgúns metais nas augas débese á propia litoloxía do terreo, non á antiga actividade mineira" e insisten en que "en ningún caso o cadmio, arsénico, mercurio e chumbo poden proceder da mina porque non existen niveis anómalos no xacemento dos mesmos". Para estas compañías, Augas de Galicia "tan só remitiu numerosos datos de mostraxe que foron interpretados de maneira tendenciosa e nesgada por Adega". As empresas donas dos terreos analizados negan que a Xunta certifique a contaminación Para a entidade ecoloxista, pola contra, o resumo do achegado polo organismo público dependente da Xunta é que "a práctica totalidade dos cursos de auga que arrodean a antiga explotación mineira de Touro-O Pino amosan contaminación por metais pesados e alta acidez, afectando a calidade das augas superficiais e soterradas nunha extensión mínima de 65 quilómetros cadrados na contorna da mina, cando menos dende os últimos 10 anos". Xa que logo, unha advertencia do que foi e do que podería pasar cunha nova megamina de ampla extensión. "A práctica totalidade dos cursos de auga amosan contaminación por metais pesados e alta acidez" Os resultados facilitados por Augas de Galicia a Adega refírense ás analíticas realizadas nos puntos de control de vertidos, de aforo, de calidade das augas ou captacións, entre outros. Todos eles son negativos, o que "constata", segundo a entidade ecoloxista, "o fracaso dos supostos tratamentos de rexeneración", xa que moitas das antigas instalacións mineiras "seguen a ser unha fonte continua de contaminación das augas superficiais e sorterradas", sendo a "principal fonte de contaminación por metais pesados na bacía do río Ulla". No mesmo sentido se expresa a plataforma Mina Touro O Pino Non."Cobre San Rafael teima en vendernos que a rexeneración foi correcta e exemplar, cando estes datos demostran o contrario; a contaminación xa foi denunciada moitas veces, pero a súa constatación chega agora dun organismo público e oficial, que é quen ten que vixiar que non pase", explica Souto. Efectos da contaminación nun regato na contorna da antiga mina de Touro / © Mina Touro O Pino Non Contaminación en todas as augas da contorna da mina Os datos que achega Augas de Galicia sobre as estacións de control de calidade demostran a elevada contaminación. No que ten que ver coas augas soterradas, por exemplo no rego de Pucheiras, a calidade ambiental é moi baixa pola presenza de substancias das denominadas prioritarias en canto á calidade das augas. Achouse cadmio e níquel, ademais de superarse as medias anuais de cobre e zinc e unha alta acidez. Hai tamén cantidades doutros metais que superan os valores fixados para as augas de consumo. "A contaminación por metais pesados das augas soterradas esténdese no tempo até a actualidade, xa que recentes ensaios realizados entre 2017 e 2018 seguen amosando altas cantidades de cobre e zinc (substancias preferentes)", lembra Adega. "A contaminación por metais pesados das augas soterradas esténdese no tempo até a actualidade" Do mesmo xeito, os resultados da estación que monitoriza a captación de augas superficiais para consumo humano amosan que se superaron en dous anos (2010 e 2013) os niveis de cadmio, ademais de darse valores altos noutras substancias contaminantes en 2016. No río Lañas, pola súa banda, tamén hai datos que amosan recentes picos de pH ácido en 2017 e superación dos valores paramétricos de aluminio e manganeso, o que requiriría dunha intensa depuración das augas para un posible consumo humano. En canto aos datos do río Ulla, detéctanse picos de ferro en 2008 e 2013, aínda que Adega destaca que os datos analíticos neste caso son insuficientes para valorar a calidade das augas e a súa evolución no tempo ou situación actual. No que ten que ver coas mostraxes de vertidos, os datos facilitados por Augas de Galicia demostran, segundo Adega, que "unha enxurrada de metais pesados baixa desde a mina ao Ulla". Así, aparecen importantes concentracións de cobre e zinc, ademais de cantidades de aluminio e manganeso tamén por riba dos valores paramétricos en todos os puntos. Moitos destes datos negativos déronse en ana´lises recentes e corresponden ao curso medio do río, a máis de 10 quilómetros das antigas cortas mineiras. Adega aclara que os datos das analíticas demostran que "unha enxurrada de metais pesados baixa desde a mina ao Ulla" Ademais, a bacía do río Brandelos tamén conta cunha "intensa contaminación por substancias preferentes, fundamentalmente cobre e zinc", así como unha elevada acidez, así como outras moitas substancias daniñas nun río que drena tanto a antiga corta de Bama como a de Arinteiro. No caso do río Lañas, que drena unicamente esta úlitma corta, a problemática é similar. Ademais, os resultados analíticos das "canles sometidas a tratamentos de rexeneración", tal e como indica Augas de Galicia, amosan a persistencia de altos niveis de metais pesados mesmo despois dos supostos "tratamentos", como aclara Adega. A plataforma veciñal contra a mina amosa a súa "incerteza" ante o informe que debe emitir a Xunta sobre o novo proxecto Os resultados, segundo aclara a entidade ecoloxista, non fan máis que confirmar as analíticas que a propia Adega realizou en 2017 en dous puntos e "debuxan unha preocupante situación". "A contaminación das bacias fluviais que drenan as antigas cortas de Bama e Arinteiro é patente, abranguendo uns 65 km2 de territorio", lembran. "Confírmase o que leva anos sendo denunciado, pero o que nos causa incerteza é pensar por que non se ten actuado antes para subsanar os problemas e en que tipo de informe vai emitir a Xunta sobre o novo proxecto, visto o visto", din desde a plataforma Mina Touro O Pino Non, colectivo que xunto coa Plataforma en Defensa da Ría de Arouse e outras moitas entidades chaman á manifestación coa que intenterán "encher" o Obradoiro o vindeiro domingo 10 de xuño. |
PRAZA_9581 | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia desbota a emisión da gala ao non recibir resposta por parte da CRTVG ás súas peticións de mellorar as condicións de retransmisión e situala "nun horario razoable" pola canle principal. | A Televisión de Galicia non retransmitirá este ano a gala dos Premios de Teatro María Casares. A decisión chega por parte dos organizadores, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que explica nunha nota os "diferentes motivos" que a levaron a descartar a emisión do evento pola canle pública. A AAAG desbota a emisión da gala ao non recibir resposta da CRTVG ás súas peticións de mellorar a retransmisión e situala "nun horario razoable"Segundo explican, a AAAG decidiu, tras o debate interno en varias asembleas da asociación, a necesidade de "mellorar as condicións de emmisión por parte da TVG" da súa gala anual ou, en caso de non conseguilas, "buscar outras alternativas". Foi así como, tras este "mandato asembleario", solicitouse ao longo dos últimos meses reunións cos responsables de Programas da televisión pública para "propoñerlles cambios e melloras na retransmisión". Pero esa xuntanza, en palabras da entidade, "nunca tivo lugar". Así, a AAAG optou por enviar por escrito á CRTVG a petición para "mellorar diferentes aspectos da retransmisión", solicitándolle que fora poola primeira canle da TVG "e nun horario razoable". O ano pasado emitiuse pola G2 ás 22.45 horas. "As peticións foron ignoradas e ofrecéronse dende a TVG as mesmas condicións dos últimos anos nos que a gala dos María Casares ficaba reducida ao streaming na web e á emisión pola segunda canle en horarios poucos favorables para a audiencia", explica a AAAG, que considera que a CRTVG "falla neste senso e noutros moitos na súa obriga de difundir a cultura propia en xeral e a teatral en particular". Contactada por este diario a CRTVG, declinou facer valoracións públicas ou responder ás críticas da AAAG. "A TVG ofreceu as mesmas condicións dos últimos anos: unha gala reducida ao 'streaming' na web e á emisión pola segunda canle en horarios poucos favorables para a audiencia"A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, ademais, cre que "nin os María Casares nin o sector escénico encaixan nas coordenadas marcadas polo lema de #Cultura365, impulsado pola CRTVG dende o momento en que se desvirtuou a marca histórica do Diario Cultural con gran protesta dentro do sector cultural". E lembra que a decisión de que non se emita a gala chega "nunha época de forte cuestionamento do labor público xeral do ente, tal e como evidencia a iniciativa dos Venres Negros, impulsada por parte do persoal da CRTVG, ou a convocatoria de folgas o pasado mes de decembro". Ademais, recordan que ofrecerán a posibilidade de ver a gala a través da empresa ourensá Aleuto Medios Dixitais, que se encargará da retransmisión a través de streaming, que se poderá seguir por Youtube a partir das 21 horas do xoves 21 de marzo. |
PRAZA_2997 | A valoración da economía viuse abaixo no último trimestre, pasando dun valor de -11 a -19, sendo este o valor máis baixo en toda a actual lexislatura autonómica, a tan só uns meses da celebración de eleccións ao Parlamento galego. | O IGE publica trimestralmente a súa Enquisa conxuntural a fogares, que inclúe o coñocido como Índice de Confianza do Consumidor (ICC), un indicador que "permite obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción do consumidor respecto ás súas expectativas de gasto e aforro así como da situación económica persoal e xeral da Comunidade Autónoma", en palabras do propio instituto estatístico.A valoración da economía viuse abaixo no último trimestre, pasando dun valor de -11 a -19, sendo este o valor máis baixo en toda a actual lexislatura autonómicaO ICC constrúese coas respostas da poboación a catro preguntas, relacionadas coa súa percepción sobre a situación económica futura do fogar, a situación económica futura da Comunidade Autónoma, a capacidade futura de aforro do fogar e a evolución futura do número de parados. O resultado, entre -100 e +100, pode ser positivo (unha percepción de que a situación económica vai ser mellor no futuro) ou negativo (unha valoración pesimista, que pensa que a cousa vai empeorar nos meses seguintes.A Enquisa conxuntural a fogares publicada este venres amosa os resultados máis negativos nos últimos seis anos. De feito, hai que viaxar ao primeiro trimestre do ano 2014 para atopar unha percepción máis pesimista. A valoración da economía viuse abaixo no último trimestre, pasando dun valor de -11 a -19, sendo este o valor máis baixo en toda a actual lexislatura autonómica, unha evolución negativa que chega a poucos meses da celebración de eleccións ao Parlamento galego.No último trimestre empeorou notablemente a percepción sobre o futuro inmediato da situación económica en Galicia, presentando o seu valor máis reducido dende finais do ano 2013Dentro das compoñentes que conforman o índice, a que presenta un valor máis negativo é a que se refire ao emprego, considerando os galegos e galegas que o desemprego e a precariedade van aumentar nos vindeiro meses. No último trimestre tamén empeorou notablemente a percepción sobre o futuro inmediato da situación económica en Galicia, presentando o seu valor máis reducido dende finais do ano 2013. Tamén se mantén en niveis moi baixos a percepción sobre a capacidade futura de aforro, un indicador que de forma invariable amosa unha opinión moi negativa entre os galegos e galegas dende hai unha década. O único indicador que se mantén en valores próximos a cero (nin optimismo nin pesimismo) é o referido á situación financeira persoal, aínda que tamén vén empeorando dende mediados do ano 2019.Aqueles fogares con ingresos mensuais superiores aos 3.000 euros son os únicos que manteñen unha visión optimista (+2) da situación económica de GaliciaHai, por suposto, grandes diferenzas na percepción que sobre a situación económica presente e futura teñen as persoas con distintos niveis de ingresos. Así, aqueles fogares con ingresos mensuais superiores aos 3.000 euros son os únicos que manteñen unha visión optimista (+2) da situación económica de Galicia e da súa evolución futura, aínda que nos últimos dous trimestres descendeu dende +14,5.No resto de fogares, con menores ingresos, a valoración é negativa, especialmente nos que contan con menos cartos á súa disposición. As familias con ingresos inferiores aos 600 euros son especialmente pesimistas (-41) coa situación económica, o mesmo que os que ingresan entre 600 e 1000 euros cada mes (-32). A percepción da economía empeora nas seis categorías de ingresos, con caídas no último trimestre que se moven entre os seis e os oito puntos. |
PRAZA_8849 | Hai uns días xornaleiros do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) tentaron ocupar de novo o predio de Las Turquillas, propiedade do Ministerio de Defensa. Fixeran un chamamento para que se achegase quen quixese axudar. E alá foi un galego, Efrén Legaspi, que o conta para Praza. | Hai uns días xornaleiros do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) tentaron ocupar de novo o predio de Las Turquillas, propiedade do Ministerio de Defensa. Fixeran un chamamento para que se achegase quen quixese axudar. E alá foi un galego, Efrén Legaspi, que o conta para Praza. O outro día collín o autobús e fun a Osuna. Dende alí camiñei e fixen autostop até a entrada da finca de Las Turquillas. Quedei sen batería no móbil antes de chegar, así que as únicas fotos que vos podo amosar son dos campos vistos dende a estrada que rodea a propiedade. Aínda que vivín durante anos en Andalucía, nunca tiña estado naquela zona mais que de pasada. Nas Turquillas o exercito mantén oitenta eguas e unhas ducias de burros para criar mulas. A finca ocupa unha extensión de mil duascentas hectáreas. Nos concellos da comarca teñen un corenta por cento de paro. Non conseguín ver as bestas dende preto, pero de seguro que son fermosas. A xente coa que estiven alí por un par de días é xente traballadora. Isto non é unha valoración miña. Un corpo criado no latifundio dos anos sesenta é evidencia do que digo. A pel, a fibra pura, a estatura, as pernas, os pes, as dúas mans.... o ergonómico que chega a ser o lombo para adaptase á tarefa. No lume de oliveira a xente fala. Fala do traballo no hospital comarcal, do coidado de anciás, de cando había traballo na construción en Málaga. Falan sobre que facer en España se acabas de rematar a carreira de mestra, sobre a recollida da oliva e do espárrago, da campaña na Francia, de como a máquina vai acabando cos xornais... Comparamos os prezos da auga da traída nos diferentes pobos dos que viña a xente. No lume de oliveira a xente escoita. Cando non queda outra, tense que trucar o contador. Tampouco imos falar aquí de por que existe o PER, se funcionou ou non funcionou, nin por que a reforma agraria rematou por ser outra gran promesa incumprida Pola maña cedo recóllense caracois. Este ano choveu moito, así que o cereal está moi verde e medrado. A choiva veu no seu tempo, así que foi boa para o agro. Tamén encheu as lagoas e chegaron os flamencos. Cando empezan a voar en formación é imposible non seguilos coa mirada. Pero nas primeiras horas do día tamén chegan os mosquitos, e despois a calor. Non nos imos complicar con datos sobre a propiedade da terra en Andalucía, a súa evolución, ou a ausencia da mesma ó longo do tempo. O traballo a xornal en grandes propiedades alleas segue a ser a base do sustento de moita xente. Tampouco nos imos complicar con cifras sobre as subvencións europeas que reciben os grandes propietarios, o coñecido como "subsidio dos ricos". O monto que manexaba a xente no campamento refiren un pouco mais de trescentos mil euros ó ano en carto europeo para unha terra que da de comer a oitenta eguas. Tampouco imos falar aquí de por que existe o PER, se funcionou ou non funcionou, nin por que a reforma agraria rematou por ser outra gran promesa incumprida. Non cometín a imprudencia de comprobar o dato para matar a verdade, pero o que alí me dixeron é que as Turquillas levaban no mesmo sitio dende o tempo de Napoleón. O pasado día primeiro de maio entraron de novo, pero tiveron que marchar nesa mesma noite. Acamparon na porta e fixeron un chamamento a calquera que quixese apoiar a súa decisión de volver entrar. E ala fun O Sindicato Andaluz de Traballadores –antes de Obreros del Campo- xa ocupara as Turquillas hai uns meses. Conseguiron ficar 18 días. O pasado día primeiro de maio entraron de novo, pero tiveron que marchar nesa mesma noite. Acamparon na porta e fixeron un chamamento a calquera que quixese apoiar a súa decisión de volver entrar. E ala fun. Había moita xente do SAT, pero outra non. Ninguén me preguntou de onde viña. Ó escoitarme falar sábese que son galego, pero fai tempo que me sinto coma un andaluz estrañado. O sábado intentouse entrar novamente na finca. Eramos un par de centos de persoas. Todos e todas demostraron que a ocupación non quería nin ía ser violenta. De feito só o feito de escribir aquí violenta é unha sorte de derrota; bórrena das súas pantallas. Formamos en ringleira e comezamos a camiñar ate o interior da finca. Un cordón de gardas impedía avanzar, así que volvemos para a porta de entrada. Os corpos destes gardas tamén son corpos traballadores –e corpos traballados-, só que desta volta con ergonomías e tarefas ben diferentes. O sábado intentouse entrar novamente na finca. Eramos un par de centos de persoas. Todos e todas demostraron que a ocupación non quería nin ía ser violenta Camiñamos polo perímetro da propiedade mentres os gardas ían mudando o cordón até cubrir o novo punto de entrada. Despois de avanzar unha ducia de metros polo cereal de avea, volvemos parar diante do cordón. Un xogo xogo do gato e o rato. O ambiente era relaxado para todo o mundo, así que estou por dicir que os gardas tamén estaban a gozar da súa excursión campestre. Visto que a autoridade competente non admitía a proposta, volvemos tranquilamente para o campamento. Cañamero e Gordillo colleron o tren esa tarde para chegar pola noite a Madrid e participar nun programa da televisión. Parte do xogo xógase alí. Nós vimos o debate en dous teléfonos con conexión a internet, unha ducia de oíntes por aparato. Cortábase constantemente, pero o que escoitei deixoume o corpo cheo de carraxe. Cañamero e Gordillo foron recibidos e tratados por algunha xente con maldade. Non atopo outra verba e así o penso. Pola nosa parte, despois de apagar a televisión pasamos unha noite de moitos risos. Leña de oliveira, guitarra flamenca e acontecidos e contos varios. Funme pola maña cedo, pero a xente segue alí, facendo quendas e esperando que os competentes muden de idea. Onte lin na prensa que Cañamero visitara parlamentarios en Madrid para que axudasen a dar a coñecer o que se fai por aquí abaixo na procura de traballo e dignidade. Tal vez estea errado nisto, pero teño a impresión de que no caso de Cañamero a distancia que existe entre "o mundo do que fala" e "o mundo dende o que fala" é bastante menor da que existe en moitos dos seus interlocutores. Teño a impresión de que no caso de Cañamero a distancia que existe entre "o mundo do que fala" e "o mundo dende o que fala" é bastante menor da que existe en moitos dos seus interlocutores Non piden a propiedade da terra, só o dereito de traballala. Tampouco queren que marchen as bestas, queren compartir con elas o que lles sobre das mil duascentas hectáreas. Aquí e agora isto non e un acto simbólico, é unha urxencia. A verdade actualizase sempre nun momento en un lugar concreto. O que eu vin alí foi xente boa. Por cousas coma esta, a xente do SAT ten pendente penas que suman cincuenta anos de cadea e case medio millón de euros de multas. É porque era o único do campamento que neses días falaba galego que decidín escribir esta carta e deixala na Praza. PD. Unha aperta forte para Carmelo e familia, que me levaron á súa casa para que me lavase. |
NOS_21361 | O Dépor visita un Castilla con vellos coñecidos da Copa de Campións de 2021 mentres o Pontevedra, o filial celeste e o Lugo buscan afastarse do descenso. | Sete vitorias, un empate e cero derrotas. Ese é o balance das oito primeiras xornadas da Primeira RFEF para un excelso Rácing de Ferrol que é tamén o equipo menos goleado da liga —catro goles en contra— e que este sábado, ás 17 horas, recibe na casa un Córdoba que busca arrebatarlle a primeira posición. O equipo afronta o duelo coa ilusión de agasallar un novo triunfo á afección verde e, sobre todo, cun grupo unido. "A xente asume o seu rol, non hai egos nin 'galos', somos todos iguais e imos polo mesmo camiño", dixo na previa Joselu, que ante o Ceuta puido disputar a segunda metade substituíndo —por molestias musculares— un incombustíbel Manu Justo que xa anotou cinco goles. Saídas difíciles para Pontevedra e Celta B O Pontevedra desprázase este sábado a León para medirse ante a Cultural (19 horas) nun partido crucial para afastarse dos postos de descenso, que agora marcan, empatados a sete puntos, os granates e mais o Celta B. Os de Antonio Fernández, se ben continúan invictos como locais, seguen errando a domicilio, cun empate —en Riazor— e tres derrotas no que vai de liga. "Non hai frustración, temos que seguir insistindo", dixo o técnico, que busca sumar os tres puntos após cinco xornadas sen gañar. Nunha situación semellante afronta a fin de semana o filial do Celta, que o domingo viaxa a Linares (16h) para enfrontarse ao terceiro clasificado. Será un partido emocionante, pois os andaluces contaron por vitorias os seus catro encontros na casa e os celestes, se ben aínda non gañaron en Barreiro, amósanse imbatíbeis nas súas saídas, cun triunfo e tres empates. O pasado visita o Dépor En xuño de 2021 o Deportivo xuvenil fíxose coa Copa de Campións após derrotar na final o Barça, previa eliminación do Real Madrid. Boa parte dos xogadores que daquela defenderan a camisola branca volverán ter diante este domingo (18h) o equipo coruñés, ante o que, por entón, claudicou (1-0). Os branquiazuis deron xa sinais de mellora na estrea de Óscar Cano ante o Linares (2-1), e agora agardan reafirmar as boas impresións ante un Castilla que é oitavo. O Lugo quere deter a seca Sete xornadas consecutivas leva sen gañar un Lugo inmerso na zona crítica da clasificación. A escuadra albivermella recibe este domingo o Burgos (16.15h), terceiro, nun enfrontamento vital de necesidade. "Precisamos de todos, do equipo e da afección. Estamos unidos e moi motivados para conseguir a vitoria", dixo o centrocampista Xavi Torres. Partido crucial en Balaídos Finalmente, na segunda feira (21h) o Xetafe visita Balaídos nun momento delicado para o Celta, que vén de sufrir unha contundente derrota en Valladolid (4-1). O partido antóllase decisivo para Eduardo Coudet, cuxa continuidade, porén, non semella estar cuestionada, cando menos, polo de agora. Os celestes queren deixar atrás as malas sensacións e afastarse dos postos de descenso, agora a só dous puntos. |
NOS_57195 | A sospeita sobre a posíbel demencia do presidente dos EUA, Joe Biden, continúa a alimentarse. Na quinta feira tiráronlle unha fotografía na que se podía ler unha tarxeta con instrucións básicas na que se lle indica que entre na Sala Roosevelt e sente na súa cadeira. | O presidente dos EUA, Joe Biden, foi fotografado na quinta feira cunha tarxeta na que se podían ler instrucións simples que alimentan máis a polémica ao redor da súa suposta demencia. Ocorreu cando os medios de comunicación gravaron e tomaron fotografías dunha reunión sobre a enerxía eólica. Durante a comparecencia, Biden ergueu unha tarxeta de notas, separada do resto da documentación, en cuxo anverso podían lerse instrucións para o presidente. "Vostede entra na Sala Roosvelt e saúda os participantes", recollía o primeiro punto, "vostede toma o seu asento", continuaba, cos pronomes resaltados, en maiúscula, sobre o resto do texto. Após "Entra a prensa", a seguinte instrución instábao a facer "comentarios breves". Finalizaba cun "Vostede agradece aos participantes" e un "Vostede vaise", outra vez cos pronomes en maiúscula. Xornalistas como Clay Travis, de Outkick e de Fox Bet Live, non teñen dúbida: "Literalmente teñen que escribir todas as instrucións básicas para Joe Biden. Nunca vin instrucións como esta para ningunha persoa que dirixa unha reunión á que asistise na miña vida. Aposto a que ti tampouco. Biden ten demencia. Está claro para calquera persoa cun cerebro funcional. O Tribunal Superior dos EUA anula a protección do dereito ao aborto Medios de comunicación como Fox News, de tendencia republicana e crítico con Biden, fixéronse eco desta última polémica. A canle norteamericana recolle, porén, declaracións dunha ex funcionaria de Comunicación da Casa Branca nas que asegura que o ex presidente Barack Obama tamén empregaba un formato de notas semellante. Non é a primeira vez que se filtran as instrucións que recibe Biden. No mes de marzo, saltaba á luz unha tarxeta na que se lía "Puntos de preguntas e respostas difíciles de Putin". En xullo do pasado ano, o presidente recibía unha nota que rezaba: "Señor, hai algo na súa barba". 'Sleepy Joe' Os continuos despistes do xefe do Executivo dos EUA levárono a merecer o alcume de 'Sleepy Joe' [durminte, en galego]. Entre as moitas actitudes que fan desconfiar do seu estado a nivel cognitivo destaca o momento en que se perdeu no patio da Casa Branca, a súa residencia oficial, ou cando non puido ler de maneira axeitada un texto do teleprónter. A última tivo lugar hai escasos días, cando caeu dunha bicicleta cando trataba de baixar dela. Tamén tiveron eco as declaracións nas que cualificaba o presidente ruso de "criminal de guerra", cando minutos antes apuntara xusto o contrario, ou cando o chamou "carniceiro". Os balbucidos frecuentes, as vacilacións, os problemas de orientación e o feito de amosarse ante as cámaras, ao rematar unha intervención, perdido, saudando a ninguén e dando voltas sobre si mesmo espertan a alarma sobre un deterioro cognitivo. |
PRAZA_1304 | O alcalde lucense en funcións opta por manterse en segundo plano ante as negociacións do seu partido con Lugonovo e o BNG, que esixen a retirada do actual rexedor para abordar un posible pacto. Na contorna dos socialistas aínda se contemplan todos os escenarios. | "Non o sei, agora estou metido completamente en sacar isto adiante, convencer os lucenses de que a nosa opción é a mellor". O pasado abril o actual alcalde en funcións de Lugo, Xosé López Orozco, respondía deste xeito en Praza Pública á pregunta sobre onde se vía "dentro de catro anos". Un mes despois, xa cos resultados electorais do 24M sobre a mesa, o veterano rexedor lucense contempla, como se dunha partida de xadrez se tratase, os movementos das negociacións para conformar goberno na cidade. Nesta partida el é a peza que reclaman os grupos que teñen a chave do goberno. Tras unha semana en segundo plano o socialista reapareceu fugazmente este luns para ratificar que se manterá nunha postura de "silencio intelixente" ata que sexa preciso. As eleccións municipais deixaron un panorama moi fragmentado na capital da Muralla. O PP segue a ser a forza máis votada, pero perdeu 3 edís, case 8.000 votos e 13 puntos de apoio cidadán, unha caída máis pronunciada que a do propio PSdeG, que tamén ten 3 concelleiros menos cunha rebaixa de algo menos de 6.000 votos e uns 9 puntos. O resto da corporación divídese entre catro grupos máis dos que cando menos dous, Lugonovo e BNG, son necesarios para sumar a maioría absoluta que require a lei electoral para investir un alcalde distinto ao da forza máis votada. Eis a cuestión. Lugonovo e BNG esixen a retirada de Orozco para abordar a negociación Tanto a plataforma liderada por Santiago Fernández Rocha, con 3 edís, e o Bloque, con Rubén Arroxo á fronte e 2 escanos, esixen que Orozco renuncie á súa acta para comezar a negociar. "Reiteramos a nosa postura de non falar con imputados ou persoas con responsabilidade política en casos de corrupción tan graves como o da Pokémon", din dende Lugonovo. "O BNG non permite a presenza de imputados nos cargos institucionais", subliña Arroxo. O PP, á espreita Nesta conxuntura é na que Orozco opta polo silencio. Ante o risco de ser "escravo do que fale" opta por ser "dono dos meus silencios", di. "Vou gardar silencio durante este tempo para ver se se chega a algún tipo de solución" por parte dos negociadores nomeados polo seu partido, Luis Álvarez e Manuel Núñez. Álvarez, secretario xeral do PSdeG local e voceiro en funcións do goberno municipal, si vai alén do silencio para lembrar que o PP lucense está á espreita e que un fracaso das negociacións derivaría nun goberno dos de Jaime Castiñeira. Lugonovo e o BNG, di Álvarez, "deberan pensar seriamente" se os seus votantes "lles van perdoar que a Alcaldía de Lugo remate nas mans do PP". Álvarez: "Non imaxino que, por posturas irrenunciables, poida resultar alcalde o señor Castiñeira" "Que ninguén pense que o PSOE aceptará negociar que se poña sobre a mesa a renuncia de Orozco, é o noso candidato", reiterou en días pasados o socialista, que apela á "transparencia e claridade" ante a cidadanía para rexeitar que o actual alcalde abandone a escena. "Non imaxino un escenario no que, por posturas irrenunciables de partidos que nin de lonxe tiveron o noso resultado, poida resultar alcalde de Lugo o señor Castiñeira". "Daquela -resalta- esas forzas terían que ser quen desen explicacións", di Álvarez, quen ademais dubida de que "moitos militantes do BNG" ou "a xente de Lugonovo" prefiran un goberno dos populares antes que un encabezado por Orozco. Castiñeira: "Mentres haxa unha posibilidade de que poidamos gobernar, ímola aproveitar" Dadas as posturas, hai marxe para o acordo? As fontes consultadas por este diario indican que os posibles escenarios son aínda diversos, dende unha renuncia de Orozco para facilitar o pacto ata un goberno do PP en minoría sobre o que pairase a sombra da moción de censura dende o minuto cero. O que non se contempla arestora é que a dirección nacional do PSdeG exerza presión para forzar o abandono de quen asentou o partido nunha cidade que, antes de Orozco, fora na práctica un monocultivo dos conservadores, e nun escenario no que o político é lindeiro co emotivo e persoal. Mentres, Lugonovo celebran cadansúas asembleas este luns e martes e Castiñeira avisa: "Mentres haxa unha posibilidade de que poidamos gobernar o Concello de Lugo, ímola aproveitar". |
NOS_30937 | Aínda que se presenta oficialmente a sexta feira 21 de novembro, o Culturgal 2014 xa revelou moitas das claves e actividades da edición 2014, que se desenvolve os días 5, 6 e 7 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. | Será a primeira edición na que haberá que pagar entrada despois do ensaio do pasado ano coa entrada voluntaria e corresponsable. A entrada para persoas adultas terá un prezo de 2 euros e os menores de 12, 1 euro. A organización pensou tamén naqueles que visitan a Feira os tres días polo que habilita un bono de 3 euros para poder acceder ao recinto cantas veces se queira. Esta semana ademais rematou a votación on line para escoller o Premio do Público 2014, sendo o gañador o programa radiofónico Diario Cultural, que competía na querencia dos internaturas co Cineuropa e o Salón de Cómic "Viñetas desde o Atlántico". Ana Romaní, directora do programa de radio, recollerá o diploma acreditativo nun acto festivo que terá lugar o domingo 7 de decembro ás 17h no marco da Feira. Ademais o Diario Cultural emitirase en directo desde a Feira a sexta feira 5. Non será o único espazo de radio que se achegue ao Culturgal; ese mesmo día José Miguel López traerá o Discópolis de Radio 3 a Pontevedra e o sábado 6 será o equipo de Somos Quen (Radio Galega) o que emita en directo desde o Pazo da Cultura. Máis de 130 actividades A gastrocultura estará representada en varias actividades e presentacións de proxectos, dentro dun programa de máis de 130 actividades durante os tres días. Será posible achegarnos ao novo proxecto de Guadi Galego da man da discográfica Fol Música e, aínda que sexa a súa faceta menos coñecida, ver como canta e toca a guitarra o cociñeiro Pepe Solla. O Grupo Nove, ao que el pertence, presentará o seu libro sobre a nova cociña galega. No terreo do libro, as editoriais presentarán novedades e os seus títulos destacados do ano e no apartado audiovisual repetirase maratón webseries e haberá oportunidade de ver os filmes Encallados, Costa da Morte e A Esmorga, esta última con posterior cea temática previa reserva. Ao redor de 70 expositores danse cita nunha Feira que chega a súa sétima edición e pola que o pasado ano pasaron 15.000 persoas. A noite do sábado 6 está reservada para un proxecto especial, o que está a desenvolver Caxade coa Banda de Música de Bandeira. Sesenta músicos no escenario para orquestra o celebrado disco A dança dos Moscas. As entradas xa están á venda en www.servinova.com a un prezo de 10 euros. |
NOS_13694 | A asociación Amigos do Patrimonio de Toén naceu en outubro de 2019 co obxectivo de pór en valor e estudar o patrimonio do concello. Os doce integrantes iniciais da asociación teñen claro o potencial patrimonial de Toén, e traballan para visibilizar esa realidade, tanto pola súa conta como en colaboracións co propio concello. Para 2022 agardan poder realizar o primeiro gran estudo do castro de Trelle, que até o día de hoxe só espertou o interese de Florentino Cuevillas e de mestres universitarios. | Como naceu a asociación? Amigos do Patrimonio de Toén naceu en outubro de 2019. Xa viñamos tendo contactos entre as doce persoas que a fundamos. Tiñamos a inquedanza de pór en valor o patrimonio do concello e dalo a coñecer. Somos xente que vivimos case todos na mesma zona, en Moreiras, mais somos persoas moi dispares e de gremios diferentes. Desde persoas que estudaron Historia até afeccionados. Tamén xente doutros concellos que levaba tempo a facer traballos de recompilación nas súas parroquias. Colleunos a pandemia cando estabamos a rematar de constituír a asociación, e iso fixo que estivésemos medio ano paralizados. En agosto do ano pasado, un incendio que houbo en Moreiras e que fixo visíbel unha mámoa, obrigounos a activarnos inmediatamente. Cal é o obxectivo dos integrantes? O noso obxectivo e duplo: recoñecer e dar a coñecer o patrimonio do concello. Iso pasa por descubrir novos xacementos que aínda hoxe en día están ocultos no concello; unha vez descubertos, estudalos, como xa se está a facer con outros xacementos arqueolóxicos de Toén. Ademais, queremos facer unha cronoloxía histórica deste concello, porque é algo que nunca se fixo. Somos unha zona moi rica a nivel patrimonial, pero aínda nos queda moito por coñecer. Que tipo de iniciativas queren desenvolver desde a asociación? Agora mesmo estamos colaborando co Concello de Toén para pór en valor a mámoa de Moreiras e unha necrópole que xa está catalogada desde hai trinta anos. A idea pasa por facilitar o acceso a ambos os xacementos para que se poidan estudar e coñecer, ademais de sinalizar a súa localización, coa intención de evitar posíbeis afectacións. Tamén intentar levar a cavo escavacións en xacementos da contorna, como o castro de Trelle. É un castro de grandes proporcións, pero que máis aló dunha cata de Florentino Cuevillas nos anos vinte e de mestres universitarios nos anos setenta non foi estudado. É un conxunto cunha gran complexidade, xa que está entre tres concellos e varias comunidades de montes, polo que temos que pór de acordo todas as partes implicadas. Se todo vai ben, a idea é iniciar o proxecto no ano 2022, pero é un proceso lento. Recibiron moito apoio por parte da veciñanza do concello? Tivemos moi boa acollida no concello, incluso xente que nunca se interesara por estes temas. Foi algo que me sorprendeu moito. O incendio de Moreiras que sacou á luz a mámoa converteuse nun punto de inflexión para a asociación. A partir dese momento, recibimos moitas chamadas nas que nos preguntaban polos xacementos arqueolóxicos. O boca a boca da veciñanza axudounos a gañar visibilidade máis rápido. Tamén hai persoas que participan ao mandar fotografías, localizacións que nós descoñecemos, historias sobre as súas parroquias... Que políticas debe implantar a Administración para fomentar a súa protección? Na Galiza temos un potencial patrimonial inxente. Cada concello do país, por remoto que sexa, conta cunha riqueza patrimonial moi considerábel. Neste marco, a Administración debe facilitar que asociacións como a nosa, que non deixamos de ser afeccionados, poidamos desenvolver os traballos necesarios para pór en valor todos eses xacementos. Tanto a nivel local, nos concellos, como a nivel comarcal e nacional, deberíase tecer un marco de apoio. Iso tamén pasa por botarnos unha man no estudo dos xacementos, así como por levar a cabo unha protección efectiva dos distintos asentamentos. A catalogación é indispensábel para cumprir isto. |
NOS_24945 | A 5.000 axentes policiais beneficiarios. | As condecoracións no corpo da Policía española comportan o pagamento de prestacións económicas aos axentes en recoñecemento e agradecemento polos seus servizos. Este diñeiro destínase a aumentar a pensión do axente condecorado. Aínda que é unha práctica común aos corpos de seguridade no caso da Policía española o custo é millonario. Cada ano a Dirección Xeral da Policía destina perto de 13 millóns de euros a estes pagamentos, unha contía 15 veces maior que a que inviste a Garda Civil nos seus recoñecementos, segundo informa El Independiente e recolle El Nacional. O Goberno español cifrou en máis dun millón de euros mensuais o importe que dedica ao abono das condecoracións pensionadas aos case 5.000 axentes policiais beneficiarios. O Goberno español cifrou en máis dun millón de euros mensuais o importe que dedica ao abono das condecoracións pensionadas aos case 5.000 axentes policiais beneficiarios. Cifra que anualmente se sobe até os 12.891.832 euros. Os mesmos sindicatos policiais atopan este gasto desmesurado. O sindicato Unión Federal de Policía ( UFP) denunciou que con esta cantidade de diñeiro poderíanse construír instalacións. O sindicato tamén sinalou que non só se gastan cantidades desmesuradas, senón que os criterios para condecorar os axentes son, como mínimo, "nesgados". Dependendo da medalla recíbese unha compensación ou outra: ouro (incremento do 20% da pensión), prata (15%), vermella (10%) e branca (ningún incremento na pensión). A UFP denuncia que en moitas ocasións as condecoracións serven como un "intento encuberto da pensión de xubilación de determinados membros" do corpo. |
NOS_27388 | A Deputación da Coruña vén de poñer en marcha 'Quero cantar', un concurso musical para grupos musicais de nenos e nenas de ata 12 anos. | O I concurso musical infantil "Quero Cantar" busca animar a nenos e nenas de menos de 12 anos a usar a nosa lingua a través da música nunha competición que se desenvolverá en tres fases e rematará no mes de maio cunha gala que terá lugar no Teatro Colón da Coruña. "Queremos animar a rapaces e rapazas a que mostren a súa creatividade e promover, de xeito lúdico, o uso da nosa lingua", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura na Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín que agarda que "Quero cantar" promova a creación de bandas musicais de pequenos e pequenas por medio deste novo concurso que bota xa a andar. Do día 15 de xaneiro a 15 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar en "Quero cantar". Poderán inscribirse grupos musicais formados por un máximo de dez persoas, das cales cando menos a voz ou voces solistas ou as participantes de ser coral a agrupación deben ter menos de 12 anos de idade. As cancións terán que estar en galego e os grupos deberán enviar unha maqueta en formato audiovisual ou só audio con música orixinal e inédita que non fora difundida. As solicitudes , acompañadas da documentación composta pola relación de compoñentes, descrición das necesidades técnicas, biografía do grupo e aceptación das bases e cesión dos dereitos da imaxes, remitiranse ao correo electrónico [email protected] ou entregaranse no Rexistro Xeral da Deputación. "Estamos a vivir un momento extraordinario da música feita para crianzas na nosa lingua. Son moitas as propostas de músicas e músicos que decidiron dirixirse ao público infantil coas súas composicións e en cada concerto comprobamos que as cancións son xeniais instrumentos para a normalización da nosa lingua", sinala Goretti Sanmartín para quen 'Quero Cantar' pode formar parte deste novo tempo para a canción en galego destinada a nenos e nenas, neste caso na súa propia voz. As dez propostas mellor clasificadas gravarán en estudio a súa canción que será editada no CD Quero Cantar 16. Un xurado designado pola Deputación realizará a primeira selección das maquetas e será unha votación pública a través da rede Facebook, que se desenvolverá dos días 18 a 22 de abril , quen decida as dez propostas que formarán parte do disco que se editará tras o concurso. As cinco máis valoradas pasarán á fase final que será a gala do Teatro Colón da Coruña na que cada unha das agrupacións interpretará en directo a súa canción. Cada grupo recibirá 200 € en concepto de desprazamento. Os tres grupos gañadores recibirán 300, 200 e 100 € en material musical o primeiro, segundo e terceiro clasificado. O que quede no primeiro posto terá oportunidade de gravar un videoclip da canción gañadora. Poden consultar as bases nesta ligazón. |
PRAZA_10767 | O vindeiro luns 19 de agosto comeza a rodaxe da nova película de Ignacio Vilar e Vía Láctea Filmes, que este martes foi presentada en Redondela. O filme relata, no século XVII e XXI, a historia desta muller de Cangas, acusada de bruxería pola Inquisición | O vindeiro luns 19 de agosto comeza a rodaxe de María Solinha, a nova película de Ignacio Vilar e Vía Láctea Filmes, unha gravación que se desenvolverá en localizacións de Redondela, Cangas e Illa de Toralla. As actrices Grial Montes e Laura Míguez protagonizan unha película que reconstrúe a historia de María Solinha, unha viúva rica acusada de bruxería en Cangas e posteriormente queimada pola inquisición no ano 1621. Con todo, o filme tamén se sitúa no presente, facendo unha viaxe de ida e volta entre o século XVII e a actualidade. As dúas actrices protagonistas estudaron no Centro de Artes Escénicas de Vigo, lugar onde o pasado mes de maio se levou a cabo un casting para a selección de intérpretes para o filme"A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo dragón", resume Ignacio Vilar o contido dun filme que contará cun reparto 100% galego, entre o que tamén destaca Santi Prego, Antonio Durán "Morris", Sheyla Fariñas, Fernando González, Alfonso Agra, Mela Casal, Fran Lareu, Melania Cruz, Jorge Varandela ou Mabel Rivera. As dúas actrices protagonistas estudaron no Centro de Artes Escénicas de Vigo, lugar onde o pasado mes de maio se levou a cabo un casting para a selección de intérpretes para o filme.A historia comeza cando, na actualidade, un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. Mais o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal."A través da historia as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a discriminacións e persecucións por querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese nas mans femininas"O fiilme foi presentado este martes na praia de Cesantes, en Redondela, nun acto no que participaron a alcaldesa da localidade, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o responsable de Agadic, Jacobo Sutil.Carmela Silva destacou a importancia de que o cinema galego recolla historias de mulleres e poña o foco nas persecucións que sufriron ao longo da historia aquelas que se rebelaron contra o poder establecido. "Falemos das nosas mulleres, de mulleres galegas, que falan da nosa historia, de todas nós e, neste senso, María Solinha é unha desas tantas mulleres que foi perseguida, violentada e finalmente asasinada", dixo Silva, que engadiu que "ao traveso da historia as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a discriminacións e persecucións por querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese nas mans femininas".A historia de María Solinha Hai poucas referencias escritas sobre a vida de María Solinha (ou Solinho/Soliño), unha muller que no entanto ficou no imaxinario popular e na literatura poética galega. Solinha viviu a cabalo dos séculos XVI e XVII en Cangas do Morrazo, que daquela era xa unha importante vila mariñeira. Nese tempo a localidade foi atacada en numerosas ocasións por piratas de orixe holandesa ou francesa e tamén por naves turcas berberiscas, que entraron na Ría de Vigo en 1617.Pedro Barba, home de María Solinha, morreu nun dos ataques dos turcos, e as súas posesións pasaron á súa dona. A entrada dedicada a Solinha na Wikipedia relata que froito da invasión gran parte de Cangas quedou destruída e moitos propietarios de terras, empobrecidos, buscaron "utilizar a Inquisición para denunciar as bruxas, xeralmente mulleres con posesións importantes", de xeito que tanto a Inquisición coma o denunciante repartían as ganancias obtidas. Nove mulleres en total, entre elas Solinho, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxaría. Torturada, confesou ser bruxa e os seus bens foron requisados.Conta Encarna Otero no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega que "María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida". "Pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo", engade. |
PRAZA_8428 | Puy acusa a oposición de "danar a imaxe" de Galicia por pedirlle contas ao presidente a causa da súa relación con Marcial Dorado, "un feito intranscendente". O titular da Xunta descarta que a filtración proceda do PP e coida que se trata dunha cuestión "persoal". Audio no interior | Como as protestas ante as vivendas de cargos do PP dos grupos anti desafiuzamentos. Como as críticas de calibre groso en sede parlamentaria. As críticas e peticións de explicacións lanzadas pola oposición cara ao presidente da Xunta a causa da publicación no diario El País das súas fotos co narcotraficante Marcial Dorado son tamén para o PP un ataque á democracia en xeral e, particularmente, ao réxime político xurdido da Transición española e asentado na vixente Constitución. Diversos cargos conservadores veñen mantendo estas teses dende hai días e este domingo concretounas o seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, para que a actitude de PSdeG, AGE e BNG está a "cuestionar as institucións democráticas". A xuízo de Puy "o que pode danar a imaxe de Galicia" non son as instantáneas do actual presidente a bordo do barco dun narco nos tempos en que ocupaba a secretaría xeral da Consellería de Sanidade. Ben ao contrario, sinalou nunha entrevista na Cadena SER, ese é un "feito basicamente intranscendente" e o que "pode danar a Galicia" é "o intento, por grupos que no arco político están situados no extremo, de desprestixio de todas as institucións e de todo o sistema político que nos demos en 1978" e que "permitiu a España disfrutar dun período de democracia, paz e tranquilidade" durante "décadas". Puy coida que "o que pode danar a Galicia" non son as fotos de Feijóo, senón as críticas da oposición "Hai grupos que están aproveitando" para "dicir que o sistema no seu conxunto está apodrecido", abonda Puy, se ben considera que o "episodio" de Feijóo e Dorado é "menor" e "non vai contribuír ao obxectivo de facerlle unha emenda á totalidade ao sistema democrático", toda vez que se trata "dunha foto que unicamente expresa que nunha data determinada dúas persoas estiveron xuntas", con independencia de que haxa "moitas interpretacións e insinuacións sobre cuestións que van alén das fotos". Feijóo, asegura, só pecou de "inxenuidade" porque non sabía das actividades do narco. "É evidente que cando un ten a mala sorte de ter un amigo ou familiar que anda en negocios turbios non ten por que sabelo", así e todo, matiza, o seu xefe de filas nin sequera "era amigo do señor Dorado", senón "amigo dun amigo do señor Dorado". O presidente descarta que as imaxes fosen filtradas por alguén do PP e enmárcaas nun "ataque persoal" Neste contexto, o parlamentario popular admite que o presidente está "preocupado" por ser obxecto "dun ataque persoal", cousa que non implica "distraccións" na súa tarefa na Presidencia, dende a que lle está a dar "enorme transparencia a este asunto". En clave "persoal" fala tamén o propio Feijóo este domingo nunha entrevista no diario El Mundo, na que declara que a publicación das fotos "non é un ataque político", senón "persoal", porque "sacarlle a un político unhas fotos dezanove anos despois é absurdo". "Daquela eu non era presidente e a outra persoa non tiña ningunha condena", acrecenta, convencido de que están "sacadas de contexto" e "tarde ou cedo saberase o como, o quen e o porqué desta pretendida e frustrada infamia. Así as cousas, despois de chegar a insinuar que a filtración das imaxes podía proceder das filas socialistas, Feijóo agora evita esa tese e rexeita tamén que a orixe da polémica poida estar no propio PP. "É falso, un compañeiro de partido non fai iso", asegura, volvendo falar en termos de "ataque persoal". "Nos últimos días pensei detidamente en que persoas coñecín, con quen comín ou ceei" explica, para despois concluír que "non cre" ter "amizades perigosas", se ben "fixen milleiros de fotos con descoñecidos (...) e non sei o currículo de todos". "Non podo responder pola hononrabilidade de todas as persoas coas que saio en fotos na miña vida, pero si pola miña", afirma. |
NOS_46557 | Hai 50 anos, o 3 de decembro de 1970, deu comezo o "Proceso de Burgos", co que o réxime franquista pretendeu escarmentar a oposición democrática, nunha operación política, finalmente, derrotada pola mobilización popular. Galiza non ficou á marxe dunhas protestas que remataron dobregando o franquismo. | O 3 de decembro de 1970 arrancou en Burgos un consello de guerra contra 16 nacionalistas vascos. O proceso, onde se xulgou un grupo de militantes da organización Euskadi Ta Askatasuna (ETA), estivo conducido por un tribunal militar presidido polo capitán xeneral, Tomás García Rebull, e rematou coa sentenza a pena de morte de Teo Uriarte, Jokín Goristidi, Xaivier Izko, Xavier Larena, Unai Dorronsoro e Mario Onaindia. Ao tempo, foron condenados a longos anos de prisión Bittor Arana Bilbao, Josu Abrisketa Korta, Ione Dorronsoro Ceberio, Enrique Gesalaga Larreta, Jon Etxabe Garitacelaya, Gregorio López Irasuegui, Itziar Aizpurua Egaña, Julen Calzada Ugalde e Antton Karrera Agirrebarrena. O desenvolvemento do xuízo serviu para evidenciar a natureza antidemocrática do franquismo, para situar no primeiro plano o problema nacional vasco e doutros pobos do Estado e para internacionalizar o conflito político español. A este respecto, resultou fundamental a actitude mantida diante do tribunal por parte dos procesados e das súas defensas xurídicas, que converteron o proceso nunha sorte de causa xeral contra o réxime do xeneral Franco. Asemade, a decisión dos nacionalistas na defensa da alternativa e da motivación política da súa loita deu novos folgos á oposición democrática, significándose as mobilizacións masivas en Euskal Herria, que non tardaron en recibir a solidariedade doutros pobos do Estado e de Europa. A reacción popular e a presión internacional obrigou, finalmente, o ditador a conmutar as seis condenas a morte. O 31 de decembro de 1970, Francisco Franco fixo pública a posición do seu Goberno de recuar na aplicación da pena capital aos militantes da ETA, após testar o apoio social ás súas demandas, decisión que foi recibida con satisfacción polo conxunto da opinión democrática que durante semanas expresou a súa solidariedade coa loita do pobo vasco. Neste contexto, as principais cidades galegas viviron xornadas de protesta en apoio aos procesados, respondendo ás convocatorias das organizacións antifranquistas. O Partido Comunista da Galiza (PCG) non dubidou en animar ás mobilizacións, sinalando o editorial do seu voceiro, A Voz do Pobo, de decembro de 1970, que "o consello de guerra está sendo o punto converxente da presente situación política" e declarando que "o imperativo, segue sendo, pois, facer todo, todo por salvar a vida dos mozos patriotas vascos". O outro impulsor principal das protestas no país, a Unión do Povo Galego (UPG) distribuíu o 2 de decembro unha folla voandeira onde chamou á solidariedade cos procesados, instou a mobilización en apoio á loita do pobo vasco e saudou o secuestro de Eugenio Behil, cónsul honorario en Donostia da República Federal Alemá, acción que resultou chave para a internacionalización do conflito. Vigo albergou as principais protestas na Galiza en apoio aos nacionalistas vascos procesados en Burgos. Así, o 3 de decembro produciuse un paro dunha hora dos traballadores dos estaleiros de Vulcano e Barreras, afirmando o voceiro do PCG que "Vigo foi tamén teatro de varias manifestacións e concentracións en solidariedade coa ETA: concentración de estudantes na rúa de Príncipe, disolvida pola policía; misa nos xesuítas; concentración obreira e manifestación que cortou o tráfico en Marqués de Valadares e berros de liberdade, amnistía e Gora Euskadi Askatuta. A manifestación na que participaron numerosas mulleres continuou até a rúa Gamboa onde hai abundantes sociedades vascas". Santiago de Compostela foi outro dos centros de solidariedade cos vascos. A primeira das mobilizacións decorreu o 26 de novembro, cunha marcha polas rúas da cidade, un fechamento de catro horas do estudantado na catedral co obxectivo de forzar o apoio do cardeal Quiroga Palacios e un corte de tráfico na rúa da Senra. Ao día seguinte, realizouse unha manifestación desde Mazarelos ao Toural, que rematou co canto do Himno Galego, do Venceremos nós e de Loitemos, un poema de Lois Diéguez musicado por Benedicto. Ao longo de todo o mes de decembro organizáronse diversos actos de protesta, salientando os encerros en distintas facultades, onde destacou o vivido en Filosofía e Letras. O apoio aos nacionalistas xulgados en Burgos tamén se deu noutras localidades galegas pero con menor incidencia. Así, en Ourense, o 29 de novembro un grupo de persoas fecháronse na catedral durante toda a xornada e remitiron unha carta ao bispo Temiño, que rexeitou a solicitude. Pola súa banda, en Ferrol levouse adiante outro fechamento na catedral, onde a solidariedade co pobo vasco partillou espazo coas reivindicación dos obreiros en folga da empresa Megasa. |
NOS_49227 | Ataviadas con algunha prenda de vestir violeta, Mulheres nacionalistas galegas e Conas ceives chaman á acción feminista conxunta contra a débeda privada transformada en pública, contra os desafiuzamentos que afectan en maior medida as mulleres ou contra a dispersión d@s pres@s galeg@s. | Convencidas de que "a loita" pola soberanía "é feminista", as organizacións Mulheres nacionalistas galegas (MNG) e Conas ceives canda outros colectivos feministas do País fixeron un chamamento conxunto á mobilización do domingo 3 de marzo en Compostela na liña de ocupar "un importante espazo" no embate "contra o capital e contra o patricarcado". Así as cousas, constituirán un bloco propio, #FeministasEmResistência, en que "exixir xuntas dereitos que nos son propios". Ataviadas con algunha prenda de vestir violeta, a cor que simboliza o feminismo, MNG e Conas ceives reporánse contra a débeda privada transformada en pública, contra os desafiuzamentos que afectan en maior medida as mulleres, contra os "ataques" da policía á cidadanía, contra a corrupción, contra a criminalización dos movementos sociais e contra a dispersión d@s pres@s [email protected]: premendo nesta ligazón poderás ler o manifesto completo de Conas ceives |
NOS_8285 | Fan 8 xornadas de greve. "Temos a moral máis alta ca nunca", afirman. | Oito xornadas de greve de Bershka na provincia de Pontevedra e o seguimento continúa a ser total. "Temos a moral máis alta ca nunca", recoñece Transi Fernández (CIG), que atende a chamada de Sermos Galiza mentres participa nun acto das traballadoras desta marca de Inditex no centro comercial Gran Vía de Vigo. "Está non nós Ana Miranda [representante do BNG en Bruxelas], que falou da posibilidade de levar este tema perante a Unión Europea". En concreto, sería perante o Comisario de Economía comunitario. O que as traballadoras xa solicitaron foi a mediación no conflito do Consello galego de relacións laborais (CGRL). Após a xuntanza sen acordo da pasada terza feira, o cadro de persoal considera que é hora de que haxa unha intervención que inste á empresa a se sentar a negociar a serio. "O seguimento da folga é do 100% e levamos xa 8 días", indica Fernández. As traballadoras consideran insuficiente a proposta económica de Bershka, que accedeu a abonarlles o plus de 80 euros do que gozan as súas compañeiras da Coruña pero non así o de 50 euros. Durante a negociación, a parte social amosouse disposta a rebaixar a cantidade á metade (25 euros) para desbloquear o conflito, máis a dirección ofreceu unicamente 10 euros. Para esta sexta feira, as traballadoras prevén desprazarse até a sede de Inditex, en Arteixo, para volver a concentrarse ante as súas portas. As traballadoras da provincia de Pontevedra piden que se lles apliquen as melloras logradas en provincias como a da Coruña, o que permitiría rematar coa discriminación laboral tanto entre as distintas marcas do grupo téxtil (Bershka e Kiddy's Class de Pontevedra foron as únicas que se negaron a pactar as melloras) como entre as empregadas fixas eventuais. |
NOS_7353 | Hoxe sexta feira presentamos na libraría Cartabón de Vigo o A Fondo que en novembro dedicamos á promoción da lectura. Falamos co seu coordinador, Francisco Castro, escritor e editor, que nos conta as principais eivas neste eido e como superalas. | - O teu artigo do A Fondo titúlase "Menos gramática e máis fantasía". A educación é clave e ti fas un chamamento a mellorala. Cales son as súas principais eivas?- A eiva máis grande é que no fondo as leis educativas non se toman en serio a promoción da lectura. É máis papel mollado, máis declaración de intencións que outra cousa. E outra eiva é o feito de que nunca haxa unha dotación importante de cartos para que as bibliotecas escolares estean nutridas. Sempre poñemos o exemplo de Finlandia, como o espello onde hai que mirarse, e cando rañamos un pouquiño no sistema educativo finés, alí non están obsesionados con ter un computador por alumna na aula, ou non están preocupados por sacar unha boa cualificación nos informes PISA, aínda que logo a sacan, senón que todo o sistema educativo gravita arredor do núcleo central da escola, que é a biblioteca e o libro. Outra eiva brutal é que nas escolas de Maxisterio non hai formación en promoción da lectura. Non hai nin unha soa materia relacionada coa literatura infantil e xuvenil. Por dicir tres que se me ocorren. "No fondo as leis educativas non se toman en serio a promoción da lectura" - E que medidas se poderían tomar neste eido?- Claramente buscar unha dotación orzamentaria clara para as bibliotecas escolares. É dicir, que os seus responsables teñan ao seu dispor unha cantidade de cartos lóxica para poder nutrir as bibliotecas. Logo, obviamente, introducir nos plans de estudo de Maxisterio materias que nos permitan garantir unha formación clara neste eido. Outra clarísima sería permitir que as asociacións de escritores, como Galix, por exemplo, poidamos participar e axudar nesa formación. É curioso como para mentalizar os cativos en eduacación viaria axiña envían policías ou para falar de trastornos alimentarios envían persoal sanitario, sen embargo a ninguén se lle ocorre pensar que os escritores poderíamos facer moito e ben, como se fai noutros países, na promoción da lectura. Eu creo que iso é clave. E logo que caia un raio e lle cambie a mentalidade aos nosos poíticos e entendan que é crucial isto para a saúde democrática dun pobo. "Eu aínda non vin nin desde Madrid nin desde a Xunta ningunha clase de acción que nos faga pensar que se toman en serio a cuestión da promoción da lectura" - Á marxe das cuestións educativas, que medidas se poderían tomar na promoción da lectura?- En seguida se lles enche a boca aos nosos políticos dicindo "hai que facer un pacto de estado para nonseiqué". Eu aínda non vin nin desde Madrid nin desde a Xunta ningunha clase de acción que nos faga pensar que se toman en serio a cuestión da prmoción da lectura, xa non quero cinguirme á lectura de obras galegas, só lectura. Eu teño claro que é máis importante fomentar a lectura que apoiar o libro, e o digo como editor que vive do libro. É básico. Porque se non hai lectores obviamos falar de sistema literario. - Se xa temos malos índices de lectura en xeral, máis baixos son aínda en galego. Que avaliación fas da lectura na nosa lingua?- Non a fago eu, faina o Consello da Cultura. Hai un par de semanas publicaron un estudo sobre os hábitos de consumo cultural en Galiza e a verdade é que quedamos moi mal situados. Cando os políticos fan as súas avaliacións e din se unha sociedade ten motivos para o optimismo ou non case nunca reparan nese tipo de cousas. Somos un país no que se vai pouco ao cine, lemos pouco, case non pisa nunca os teatros. Loxicamente a avaliación non pode ser máis negativa. |
NOS_50282 | A asociación ecoloxista advirte da presenza de metais pesados e acedume nunhas augas "case mortas", ao tempo que lamenta o "poder que ten Endesa na localidade e en todo o país" para "facer e desfacer ao seu antollo". | A delegación territorial da asociación ecoloxista Adega en Ferrolterra vén de denunciar, a través dun comunicado, as actuacións de Endesa na contorna do río Eume para "facer e desfacer ao seu antollo", no marco do décimo aniversario da inauguración do lago das Pontes. E precisamente sobre esta denominación pon o foco a entidade. "Estase a facer un mal uso da linguaxe por parte das administracións públicas e os medios de comunicación de masas, xa que o que hai nas Pontes dista moito de ser un lago, nin tan sequera un encoro". Adega fai énfase en que o lago é realmente "unha balsa mineira repleta de auga proveniente no seu día do Eume", un río que, afirman desde a asociación, "sufriu unha auténtica agresión medio ambiental nos seus ecosistemas coa finalidade de encher de auga este enorme oco mineiro". HEMEROTECA (2012) | Ecoloxistas analizarán os niveis de metais pesados no lago das Pontes, perante o desleixo da Xunta Cómpre lembrar a este respecto que o espazo acuoso foi erguido sobre o antigo recinto da mina, desartellada en 2007, polo que nos seus fondos, precisan desde Adega, "alberga toneladas e toneladas de refugallos altamente tóxicos para a natureza e os seres vivos". É seguro o baño? "Nesa balsa mineira as augas están case mortas pola falta de CO2 e de nutrientes, xa que case a totalidade está en hipoxia, o que fai que non haxa vida como debería ter se fose un lago", engaden, ao tempo que cuestionan "como o Concello das Pontes e a Xunta permiten o baño" nunha balsa na que "nin os tratamentos continuos con cal resolven o acedume e os metais pesados". Así, sinalan que as analíticas realizadas das augas demostran que "ano tras ano aumenta o seu acedume", así como os metais pesados, cuestión que afecta o río Eume, "co perigo que isto supón para o ecosistema das Fragas do Eume, un bosque atlántico único en Europa polas especies doutros períodos glaciares que aínda conserva". "Non pode considerarse un lago", precisan desde Adega "O que Endesa fixo nas Pontes co beneprácito da Xunta da Galiza e as autoridades locais non se pode considerar de forma ningunha unha restauración medioambiental, xa que ese balsa non ten ningún valor medioambiental nin presta servizo ningún ao ecosistema, nin tampouco volveu ao estado orixinal que había antes do oco mineiro", lamentan. Neste senso, inciden no "poder de Endesa non só na localidade, senón en todo o país". "Só así pode explicarse que a unha balsa mineira repleta de augas mortas, acedas e altamente tóxicas poida denominarse lago das Pontes", conclúen desde Adega. |
PRAZA_14138 | Segundo o estudo, publicado este xoves, só a heroína, o crack e a metanfetamina superan os prexuízos causados pola bebida, da que se destaca sobre todo o seu dano social. Na investigación 300 expertos escoceses analizaron os efectos de 19 substancias. | Tan só o consumo de heroína, crack ou metanfetamina é máis prexudicial que a inxesta de alcohol, segundo o estudo que este xoves publica o British Medical Journal. A investigación estivo dirixida por sete investigadores de distintas institucións escocesas, coa participación de até 300 expertos que analizaron os efectos, na saúde de cada persoa e no seu entorno social, de 19 substancias. Este estudo engádese ao polémico texto publicado por The Lancet en 2010 que afirmaba que o alcohol era a droga más perigosa. O estudo non diferenciou entre substancias legais e ilegais. Os resultados afirman que no que respecta ao dano causado na saúde, heroína, crack, metanfetamina, alcohol, cocaína e tabaco son as seis substancias máis novivas. Mentres, éxtase, LSD ou o cánabo causarían un prexuízo menor. En cato ao dano social provocado por estas substancias, a clasificación é semellante, pero a orde invértese: heroína, alcohol, crack, metanfetamina, cocaína e tabaco. Este estudo valorou especialmente o alcance social de cada droga, e por exemplo salienta que o pasado ano morreron no Reino Unido 8.644 persoas por causa do alcohol, e só dúas polo cánabo. Os investigadores, nas súas conclusións, queren chamar a atención sobre a perigosidade das substacias legais e fan unha recomendación ás autoridades para que "incrementen a información dos cidadáns sobre o dano potecial de cada droga, tanto se son legais coma se non o son, e que atopen formas de reducir a demanda de substancias psicoactivas en lugar de penalizar o seu uso". |
NOS_11082 | A hostalaría é o sector económico máis castigado pola pandemia. Os dados achegados pola propia patronal estatal tomando como referencia as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman unha caída da facturación desde o comezo da pandemia na Galiza de 2.000 millóns de euros. Ao tempo, a extensión da variante Ómicron do coronavirus está a provocar un retraemento no consumo, con consecuencias moi graves para todo tipo de locais. As restricións sen axudas aprobadas esta cuarta feira polo Goberno galego anuncian outro golpe na debilitada economía do sector. | A pandemia rebaixou en 38% as vendas da hostalaría galega durante 2020. A súa achega ao Produto Interior Bruto(PIB) pasou de representar 4,8% en 2019 a 3% en 2020. Ao tempo, fecharon 27% dos negocios de restauración e 22% dos establecementos dedicados ao aloxamento, unha porcentaxe que nos autónomos reduciuse no primeiro caso a 15,% e no segundo a 12%. Así, as cousas neste período destruíronse aproximadamente 7.000 empregos. A patronal estatal do sector cifra a caída da facturación do complexo hostaleiro galego desde o comezo da pandemia en 2.000 millóns de euros. As cifras, recollidas no Anuario da Hostalaría presentado o pasado 21 de decembro, toma como referencia os indicadores sobre actividade fornecidos polo Instituto Nacional de Estatística e as súas conclusións están na liña doutros relatorios realizados desde as administracións públicas. Os dados respecto da caída de ingresos non lle sorprenden Lois Lópes. Lópes, xerente da Nave de Vidán en Compostela, sinala a Nós Diario que o seu negocio "deixou de facturar arredor de 50.000 euros no mes de decembro como consecuencia da cancelación das comidas e das ceas de empresa de Nadal". "No meu caso", continúa Lópes, "preto de 1.000 reservas non se fixeron efectivas e iso aconteceulle a todos locais onde as comidas de empresa ou de amigos representa unha parte importante da súa actividade". "A facturación do lecer nocturno caeu entre 65% e 87%" Julio Negueruela é asesor empresarial e presta os seu servizos profesionais a varios locais hostaleiros da comarca de Compostela. Así, en declaracións a Nós Diario, destaca que a caída dos ingresos en estabelecementos de lecer nocturno "sitúase entre 65% e 87% sendo estes negocios os que máis teñen sufrido o impacto económico da pandemia". Na mesma liña, significa o golpe á conta de resultados dos hostais e pensións, "cunha baixada de facturación entre 60% e 70% en relación a 2019". A historia de Compostela repítese noutras cidades galegas. Serxio Perille rexenta en Ferrol a cafetaría Imos Aló e recoñece a Nós Diario que "as vendas no meu local caeron máis de 50% pero isto é a norma en moitos negocios da cidade, até o punto que os meus distribuidores me comentan que esa é a media na hostalaría de Ferrolterra". Porén, considera que a situación máis complicada padécena "os locais de lecer nocturno, que coas medidas aprobadas onte están sometidos a un feche encuberto". Azucena Rico é propietaria de Malvada, un local mítico da noite ferrolá. "A facturación baixou moito porque realmente abrimos en xullo e desde entón traballamos daquela maneira", afirma Rico a Nós Diario, mentres destaca que "o lecer nocturno é o sector máis castigado economicamente pola pandemia". "Cada vez que hai un problema coa pandemia botáselle a culpa ao nosos sector, neste ocasión había risco en Atención Primaria e en vez de reforzar a Atención Primaria féchannos a nós". "20% dos pubs de Compostela non chegaron a abrir" Sergio Fernández rexenta o pub Século IX en Compostela e pub Tbo longue en Noia. "A baixada da facturación notámolo todos. No meu caso en Compostela debe andar arredor de 50% pero hai moitos locais como o meu que están traballando a perdas", afirma Fernández a Nós Diario, mentres "destaca que en Noia de 11 locais de ocio nocturno en 2020 agora están tres abertos e en Compostela 20% dos pubs seguen fechados desde o comezo da pandemia e algúns non teñen traza de abrir máis". Os hostaleiros consultados por Nós Diario consideran que o avance da variante Ómicron e as restricións aprobadas onte polo Goberno pode ser o golpe definitivo para moitos negocios do sector. No mesmo sentido, amosan a súa preocupación porque a Xunta da Galiza estalle reclamando a diferentes hostaleiros do lecer nocturno a devolución do diñeiro procedentes dunhas das axudas sacadas a concurso público en outubro de 2020. Lópes considera as limitacións aprobadas pola Xunta da Galiza o 28 de decembro como "un feche encuberto". "A estas alturas non imos cuestionar a decisión do Goberno galego de proceder ao feche dos locais pero o que teñen que facer é indemnizar aos negocios obrigados a tal decisión", sinala Lópes, quen denuncia "as moitas dificultades das administracións para acceder ás liñas de axuda, dándose mesmo o caso dunha vez concedidas reclamar a súa devolución a algúns dos beneficiarios". "Unha pistola no peito ao lecer nocturno como nos filmes de mafiosos" Perille destaca que "a chegada da variante Ómicron está a provocar moito medo na xente e iso nótase nos locais de hostalaría". Neste sentido, pon como exemplo o acontecido en Noiteboa, "un día de traballo tradicionalmente bo pero onde este ano caeu moito a clientela". Ao tempo, critica as limitacións da Xunta ao lecer nocturno, "porque non merece a pena abrir un negocio durante dúas horas" e acusa ao Goberno galego de "pórlle unha pistola no peito ao lecer nocturno como nos filmes de mafiosos" Rico non dubida en cualificar as restricións da Xunta da Galiza de "feche encuberto" e lamenta "a forma e o fondo da decisión". "Noitevella é unha noite na que se factura moito, realmente aquí viña a ser a mellor noite de traballo de ano, cuxos ingresos daban para tirar até marzo", afirma Rico, quen pon o foco "na improvisación de anunciar as medidas a só uns días de Noitevella, cando moitos locais xa teñen comprado mercadoría e contratado camareiros extras", conclúe Rico, convencida que a medida "vai favorecer a realización de festas clandestinas con moita menos seguridade que nos nosos locais". Fernández considera a proposta do Goberno galego "contraproducente, improvisada, a poucos días vista dunha das datas máis importantes do ano para o lector nocturno en canta a facturación se refire". "Pode ser o golpe definitivo para moitos locais que foron resistindo até agora", advirte Fernandez, quen considera que a decisión da Xunta "vai incentivar festas privadas ou na rúa sen ningún tipo de seguridade". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.