ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_28963 | A entidade renuncia á compra do luso EuroBic mais quere seguir medrando na península | O pasado mes de febreiro, Abanca anunciaba a súa intención de facerse con 95% do banco portugués EuroBic, unha operación que permitiría á entidade galega chegar a todos os distritos de Portugal, onde xa conta con 71 sucursais após a compra en 2018 de Deutsche Bank PCB. Pero a entrada de Abanca no capital da entidade estaba condicionado a un proceso de due dilligence que se viu marcado pola crise da COVID-19 e que provocou un importante deterioro dos seus activos. Este deterioro condicionou a oferta final do banco presidido por Juan Carlos Escotet, que finalmente decidiu renunciar á compra de EuroBic, "a pesar de dedicar importantes esforzos e recursos á devandita transacción", ao non cumprirse as condicións pactadas no seu momento. Segundo as contas da entidade do primeiro trimestre do ano, EuroBic viu reducido o seu beneficio en 66%, até os 4,5 millóns de euros, mentres que os depósitos minguaron en 640 millóns de euros respecto ao pasivo declarado ao feche do exercicio. Pero a fuga de depósitos e a caída do beneficio non son os únicos motivos que botaron por terra a nova adquisición. Eurobic leva meses sumido nunha crise reputacional que está detrás da perda da confianza de moitas clientas. Escotet xa falaba en febreiro, cando anunciou a operación, de que a mesma fixérase de forma "acelerada pero prudente" polo interese das accionistas en vender "no mellor tempo posíbel". Entre esas accionistas figura Isabel dos Santos, filla do ex presidente de Angola e acusada polo país africano de branqueo de capitais e malversación na súa etapa como presidenta da petroleira Sonangol, que controla 42,5% do capital da entidade. Segundo medios portugueses, a súa negativa a aceptar a oferta realizada por Abanca foi a que provocou a renuncia do banco galego a seguir adiante coa operación. De feito Escotet xa advertira que non participaría no seu capital "de non haber un mínimo de 75% de control". Compra frustrada Con esta mudanza de parecer Abanca perde a oportunidade de fechar a segunda operación corporativa en Portugal e sumar unha entidade con 182 oficinas repartidas por todo o país e preto de 1.500 traballadoras e traballadores. "É unha operación con todo o sentido estratéxico", dicía entón Escotet, xa que lle permitía chegar a distritos como Bragança, Guarda, Viana do Castelo e as illas Açores, nos que a entidade galega aínda non teña presenza coa sua rede actual. EuroBic, segundo os datos correspondentes ao feche do exercicio 2019, conta cuns 266.700 clientes, un volume de negocio de 11.699 millóns de euros, un volume de crédito de 5.198 millóns de euros e 6.148 millóns de euros en depósitos. Interese en Portugal Mais o fracaso da operación non acaba co apetito comprador de Abanca, que xa adiantou que seguirá analizando operacións de compra que acheguen sinerxías ao seu proxecto en Portugal. De feito, a entidade defende nun comunicado que neste país conta cun proxecto "sólido e en crecemento, con presenza nas principais cidades e centros económicos que lle permitiu situarse como a primeira entidade financeira en advisory banking". Portugal parece ser agora o obxectivo prioritario de Abanca para crecer, mais o sector bancario español tamén contempla movementos de concentración para cumprir cos requirimentos de Bruxelas. Neste senso, o banco galego non queda fóra das cábalas sobre posíbeis operacións corporativas. En varias ocasións Escotet, de orixe asturiano, intentou facerse con Liberbank. A operación nunca chegou a bo porto pola falta de interese da entidade con sede en Oviedo en procesos de integración. "Os esforzos nesa dirección están esgotados", afirmaba o pasado mes de xullo, desbotando así a posibilidade de materializar esta operación nun futuro "inmediato". Pero agora a COVID-19 deixa un panorama moi distinto no sector, cos bancos cotizados entre as empresas que máis perdas acumulan en bolsa no ano. Abanca, pola contra, non se viu afectada polo impacto da crise nos mercados ao non ser unha compañía cotizada, mais si Liberbank. Con todo, desde a entidade insisten en que "non hai présa" e que analizarán alternativas "complementarias" e "rendíbeis". |
PRAZA_18854 | "Os servizos da Comisión Europea sinalaron a vixilancia mariña na costa de Galicia como obxectivo de verificación en 2019", responde agora o comisario Cañete a José Blanco tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos realizados entre 1949 e 1982 | "Os servizos da Comisión Europea sinalaron a vixilancia mariña na costa de Galicia como obxectivo de verificación en 2019", responde agora o comisario Cañete a José Blanco tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos realizados entre 1949 e 1982"Os servizos da Comisión Europea sinalaron a vixilancia mariña na costa de Galicia como obxectivo de verificación en 2019". Con esa resposta por escrito ao eurodeputado socialista José Blanco, o comisario europeo de Enerxía, o popular Miguel Arias Cañete, revela que a UE vén de poñer o foco en como España está a vixiar a radioactividade do litoral galego despois de anos sen interesarse polos posibles efectos dos residuos nucleares vertidos por varios países entre 1949 e 1982 en augas internacionais do Atlántico.Hai un ano, coincidindo co 35 aniversario dos últimos vertidos á denominada Foxa Atlántica de residuos nucleares, que sumaron máis de 140.000 toneladas, este diario publicou unha investigación sobre o limitado ou nulo coñecemento que admiten ter sobre o estado deses bidóns unha ducia de entidades estatais e internacionais. Esa ausencia de información levou a En Marea, PSdeG e BNG a formular diversas preguntas e iniciativas no Parlamento de Galicia, o Congreso dos Deputados e o Parlamento Europeo. Nas respostas que se foron obtendo ratificouse que ningunha administración nin organización interestatal ten en marcha ou previsto ningún programa de supervisión regular do estado deses bidóns e do efecto de posibles fugas. Ningunha organización internacional controla de xeito periódico os residuos nucleares da Foxa Atlántica, mentres que o Goberno central mide regularmente a radiación nas augas litorais, procedemento que agora a Comisión Europea estuda verificar en 2019A nivel estatal, o Goberno central salientou que os residuos están en augas internacionais pero asegurou que controla de xeito periódico a radioactividade das augas costeiras sen que ata agora detectase que chegase a elas ningunha variación atribuíble a causas non naturais.Pola súa banda, no Parlamento Europeo varios eurodeputados preguntaron a diversos departamentos da Comisión Europea pola cuestión, obtendo varias respostas. Sobre os residuos da Foxa Atlántica, o propio comisario Cañete admitiu que "a Comisión non ten coñecemento de ningún programa en curso para inspeccionar o estado dos contedores". O comisario de Medio Ambiente e Asuntos Marítimos, Karmenu Vella, tamén respondeu que o Goberno español non lle transmitiu ningunha necesidade de que a UE estude o estado deses bidóns, algúns dos cales levan case 70 anos no fondo do mar, nin tampouco informou de que España teña ningún plan para facelo. Nesa sucesión de preguntas, o socialista José Blanco interesouse por como a UE está a supervisar que España cumpra coa súa obriga de analizar de xeito periódico a radioactividade do seu litoral, obtendo unha primeira resposta na que se sinalou que a Comisión verifica de xeito periódico, con programas trianuais, como os estados membros realizan esa vixilancia da radiación nas súas instalacións nucleares e no seu territorio en xeral, incluídas as súas augas costeiras. Porén, engadiu que no actual programa de verificación da Comisión para o período 2018-2020 non estaba previsto verificar a actuación de España nese eido. Blanco repreguntou a Cañete se existiría a posibilidade de incluír no actual programa de verificación ou no seguinte a supervisión do que está a facer España nese eido, ao que, tras meses de sucesivas cuestións tanto do socialista como doutros eurodeputados, como a nacionalista Ana Miranda, o comisario vén de dar resposta. Segundo Cañete, as verificacións da Comisión sobre como os estados membros vixían a radioactividade nos seus territorios e augas litorais realízanse a través dun "programa continuado de tres anos que os servizos da Comisión actualizan cada seis meses" e no que "os obxectivos de verificación se seleccionan en función da súa relevancia radiolóxica ou do seu interese público". Nesa liña, di agora Cañete como gran novidade, "en xuño de 2018, os servizos da Comisión sinalaron a vixilancia mariña na costa de Galicia como obxectivo de verificación en 2019", engadindo que "a Comisión segue o asunto de cerca e, en decembro de 2018, revisará a planificación da verificación, na que se confirmarán os obxectivos de verificación para 2019". |
NOS_47555 | Destina 245.000 euros, 55.000 menos que a cantidade que destinou a este fin no ano anterior ou que os que pagou a Enrique Iglesias por gravar un vídeo en Galiza. | Prosegue o corte e recorte de fondos por parte do goberno galego para todo o que sexa promocionar, normalizar ou incentivar o galego. Desta vez son as axudas ás entidades locais de Galiza para promocionar o uso da lingua galega as que sofren unha nova tesoirada polo executivo de Núñez Feijóo. A convocatoria de subvencións para este ano foron publicadas esta semana no Diario Oficial de Galiza (DOG) e establecen un total de 245.000 euros. Ao famoso e polémico vídeo de Enrique Iglesias, a Xunta destinou 300.000. Un 20% máis. A partida de 2015 supón, ademais, un recorte a respecto dos 300.000 que dedicara o goberno galego o ano pasado en axudas aos concellos para normalizar o idioma propio do país. O recorte continúa unha liña que vén desde 2012, cando esta mesma finalidade contaba con 520.000 euros anuais de orzamento. Os fondos, destinados a concellos con máis de 3.000 habitantes, poderán dedicarse á creación, mantemento ou reforzamento de servizos lingüísticos, así como a promover programas de dinamización da nosa lingua. Teima en minguar O eido da promoción do galego,é dos máis prexudicados polos recortes orzamentarios do goberno de Feijóo. En 2009, ano do desembarco de Núñez Feijóo na Xunta, os fondos para a normalización do galego foron de 21,5 millóns de euros. Nas contas autonómicas para o exercicio 2015 esa cifra é de menos de sete millóns de euros, 6,7 millóns. Máis dun 70% de recorte. Manuel Fraga, no seu último orzamento como presidente e con Núñez Feijóo de vice-presidente, destinou 19 millóns de euros a promocionar o galego. |
NOS_15806 | A portavoz do BNG en Europa participou en Bruxelas na Conferencia sobre o Futuro de Europa na que reclamou "respecto" pola lingua galega fronte a "política de destrución" de Feixoo. | "A lingua propia do meu país, Galiza, é unha desas linguas que debe ser protexida. Tristemente, debe ser protexida dos ataques que sofre por parte do seu propio Goberno", expuxo Ana Miranda esta terza feira en Bruxelas. A promoción das linguas desprotexidas de Europa centrou a mesa redonda organizada pola Fundación Europea Coppieters e a Fundación Iratzara no marco da Conferencia sobre o Futuro de Europa na que participou a voceira nacionalista en Europa. Na súa intervención defendeu redobrar os esforzos e o investimento para protexer comunidades lingüísticas como a galega, "fronte a política de destrución e minorización que leva a cabo o Goberno de Núñez Feixoo", precisou no caso do galego. Miranda botou man de palabras das de Castelao parea iniciar a súa participación na que lembrou os continuos avisos do Consello de Europa ante as dificultades que atopa a lingua propia da Galiza en ámbitos como a xustiza e a administración, así como no ensino. Neste eido, Ana Miranda criticou que en virtude do Decreto do plurilingüismo, naGaliza é imposóbel que os nenos e nenas poidan desenvolver as súas etapas educativas en galego. "O Goberno de Feixoo está botando o galego das escolas", denunciou, ao tempo que criticou que "15 anos" de parálise "na protección do galego por parte da Xunta". Máis financiamento "Fronte a esta situación de desamparo cómpre redobrar os esforzos para aumentar a protección do galego e do resto das comunidades lingüísticas na Galiza e en Europa", salientou Miranda, quen sinalou a necesidade de incrementar o financiamento de contidos nestas linguas, nos medios e no sector audiovisual. Neste sentido, fixo referencia a discriminación que acaba de facer o Goberno do PP co xornal 'Nós Diario', negándolle subvención pública malia ser un medio de comunicación escrito integramente en lingua galega. Outras realidades lingüísticas Xunto a Ana Miranda, na mesa redonda participaron Davyth Hicks, secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade Lingüística-ELEN; Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua; e Lisandru de Zerbi, tenente de alcalde e delegado de Lingua e Cultura Corsa e Xuventude do Concello de Bastia (Córsega). A mesa foi moderada por Iñaki Irazabalbeitia, membro da Coppieters Foundation e ex eurodeputado. Posteriormente interviron representantes políticos de Irlanda, Catalunya, Flandes e Escocia. Todos os poñentes coincidiron en salientar que falar a lingua propia é un dereito que de debe ser respectado e que a Unión Europea ten que habilitar mecanismos para por fin á discriminación. |
PRAZA_18264 | Fomento lembra que o espazo que ocuparía a gran superficie, no lugar de Recaré, está afectado por unha reserva de solo para a nova autovía procedente do Porriño que evitaría as perigosas curvas actuais da entrada á cidade | A demarcación de estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, vén de tombar a pretensión do Concello de Vigo dunha tramitación acelerada da ordenación urbanística para un novo centro comercial no lugar de Recaré, na parroquia de Bembrive, na entrada á cidade desde O Porriño. O espazo, lembra Fomento, está afectado por unha reserva de solo para a saída do túnel que permitiría rematar o último treito pendente de entrada a Vigo da Autovía das Rías Baixas (A-52), que á súa vez evitaría as perigosas curvas da actual A-55. O proxecto do centro comercial é o terceiro en planificación nun radio de tres quilómetros, xunto co de Porto Cabral e o do Celta no veciño concello de Mos. Fomento lembra que o espazo que ocuparía a gran superficie, no lugar de Recaré, está afectado por unha reserva de solo para a nova autovía procedente do Porriño que evitaría as perigosas curvas actuais da entrada á cidade O centro comercial de Recaré foi incluído no plan de urbanismo (PXOM) da cidade aprobado de xeito definitivo en 2008 pero anulado polo Tribunal Supremo en 2015 por non someterse ao procedemento completo de avaliación ambiental estratéxica. O Concello, amparándose na modificación legal introducida pola Xunta na Lei do Solo para evitar que se paralizasen grandes proxectos na cidade mentres non se elabora un novo plan de urbanismo, iniciou a tramitación por separado da ordenación urbanística que dea cobertura legal ao centro comercial (a través dunha denominada alternativa de ordenación provisional) e solicitou que tampouco fose sometida ao procedemento completo de avaliación ambiental estratéxica. Porén, agora o Goberno galego, amparándose nun informe negativo de Fomento, rexeita esa ordenación urbanística por considerar que é incompatible tanto coa nova autovía como cos accesos á actual A-55, o que obriga a reformular o proxecto do centro comercial, ademais de considerar que debera ser sometido ao procedemento completo de avaliación ambiental. Ámbito do centro comercial, cos límites en vermello, e dos accesos, en azul, xunto á actual A-55, en Bembrive [Ministerio de Fomento] O treito final en túnel da A-52, que sairía onde se planifica o centro comercial, foi recuperado o pasado abril por Rajoy de anos de esquecemento, pero o actual Goberno socialista di que non foi garantido o seu financiamento A autovía que se interpón no proxecto do centro comercial é o último treito da A-52, que chega desde Benavente e remata actualmente no Porriño e non en Vigo. A entrada na cidade desde ese punto realízase a través doutra autovía, a A-55 Tui-Vigo, construída a partir do desdobramento da vella estrada nacional, cuxa sucesión de curvas constitúe un dos maiores puntos negros da Península que a Administración só é quen de combater con radares e limitacións a 60. Hai anos que Fomento planificou o remate da A-52 co seu último treito de entrada en Vigo a través dun túnel que evite as curvas da A-55. Malia que a obra foi adiándose, Fomento mantivo todo este tempo unha reserva de solo que impide o desenvolvemento doutros proxectos ao longo do seu posible trazado, como ocorre agora co lugar de Recaré, zona aproximada na que sairía o túnel da nova autovía. Túnel que foi recuperado do esquecemento hai medio ano polo daquela presidente Mariano Rajoy, que anunciou que o incluiría nun plan de infraestruturas que agora o novo Goberno central socialista está a reavaliar asegurando que non fora garantido o seu financiamento. O proxecto de Recaré forma un triángulo case equilátero cos dos centros comerciais do Celta e Porto Cabral, separados os tres entre si tres quilómetros en liña recta Canto ao centro comercial, o proxecto de Recaré súmase aos de Porto Cabral e o Real Club Celta, planificados en senllos montes comunais próximos e que veñen recibindo unha importante contestación social, ademais de reparos de diversas administracións no caso do Celta. Malia que os tres están separados entre si menos de tres quilómetros en liña recta nun triángulo case equilátero, non teñen en conta o efecto acumulativo que suporía que os tres chegasen a estar en funcionamento á vez. No caso do proxecto agora vetado por Fomento en Recaré, a Xunta tamén apunta efectos paisaxísticos "moderados" polo potencial impacto que tería unha construción que podería acadar os 25 metros de altura. |
PRAZA_3591 | Flor Maceiras, actriz e docente teatral, é a recoñecida este ano co Premio de Honra Marisa Soto dos María Casares | Flor Maceiras, actriz e docente teatral, é a recoñecida este ano co Premio de Honra Marisa Soto dos María CasaresSendo nena, Flor Maceiras recibiu un regalo especial. Que non era outro que o teatro. A posibilidade de descubrilo a través dun grupo teatral escolar que montara o entón mestre Manuel Lourenzo. Desde aquela, non quixo facer outra cousa. Pasou, como actriz, por compañías como Elsinor Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro Proscrito, Teatro Maltés ou o Centro Dramático. Desde hai xa dúas décadas dirixe a Escola Municipal de Narón, da que saíron tantos actores e actrices da escena galega actual. Estas dúas facetas, a de docente e a de actriz, converten a esta muller "nun elo fundamental do pasado, do presente e do futuro da nosa profesión". Así o cre a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que a escolleu este ano para ser recoñecida co Premio de Honra Marisa Soto dos María Casares, galardóns tamén condicionados pola crise do coronavirus, neste caso co adiamento da gala que se ía celebrar o vindeiro día 26. Falamos con ela. Antes de nada, a pregunta difícil de evitar: que supón para vostede recibir este recoñecemento?"Marisa Soto foi unha das persoas que con máis convicción pelexaron para que houbese formación"Pois hai algo deste premio que me agrada especialmente. Ao cariño grande que supón por parte da profesión, que xa é algo impagable, únese o feito de que Marisa Soto foi unha das persoas que con máis convicción pelexaron para que houbese formación, e cando non a había. Ela empeñábase en traer a Galicia a grandes profesionais para que desen cursos, e en implicar as institucións para que colaborasen. Fixo moito por fomentar a formación teatral o dereito da xente a formarse.Dirixe a Escola de Teatro de Narón desde hai máis de 20 anos. Dela saíron moitos dos actores e actrices máis coñecidos de hoxe. Que a fixo especial?"O obxectivo de normalizar a vida teatral xa estaba claro desde que naceu a Escola de Teatro de Narón, no 1981"Eu penso que, en primeiro lugar, a formulación do Padroado de Cultura de que o teatro é un ben necesario e que a xente ten dereito a velo e a practicalo. Para que se poida practicalo pódese promover o teatro amador ou o adestramento, a formación, para que poida haber un teatro profesional. E iso foi o que se fixo en Narón. Para que a xente puidese ver teatro creouse unha programación teatral estable.E unha cousa leva á outra: dificilmente se pode soster un teatro profesional se non se crea público, da mesma maneira que non pode haber teatro profesional se non hai teatro amador. Pois ese obxectivo de normalizar a vida teatral xa estaba claro desde que naceu a Escola, no 1981. En Narón a xente sabía que había teatro regularmente, igual que noutros sitios sabe que hai fútbol.Supoño que tamén será importante o feito de que houbese acordo niso entre as distintas formacións políticas. Iso non adoita pasar. "Era a propia veciñanza a que promoveu a actividade cultural. E despois esa dinámica mantívose politicamente"É que había xa un compromiso de base. Cando se creou a primeira Escola de Teatro era a xente das entidades veciñais a que se apuntaba ás actividades que o concello promovía. O propio goberno municipal, no posfranquismo, era de formación veciñal: unha candidatura veciñal. Agora hai unha alcaldesa pero, por exemplo, o alcalde anterior, Xosé Manuel Blanco, foi actor na primeira formación da Escola.Quero dicir que era a propia veciñanza a que estaba promovendo esa actividade cultural. E despois esa dinámica mantívose politicamente. O concello de Narón fai desde os anos 80 unha aposta enorme polo teatro, non sometida aos vaivéns políticos. Cando se empezou, había días que igual había oito persoas no público. Podían ter decidido non programar máis teatro, pero decidiron aguantar o tirón. E aí están os resultados. Por iso falamos tanto dese vello tema da creación de público…E como se consegue iso? Que pensa do tamén vello debate das residencias? Cal debería ser o modelo a seguir en Galicia?"Chamamos subvención ao que noutros sectores se chama investimento" Penso que caemos facilmente na idea de que ten que haber un modelo que sirva para todo o país, e non ten por que ser así. Falamos de industrias culturais pero non temos o 15% de orzamento para cultura que ten Quebec, que é en parte de onde vén esa idea. E chamamos subvención ao que noutros sectores se chama investimento.Para min, o primeiro é asumir o papel que unha cultura xoga nunha comunidade. O papel da cultura como expresión dun pobo. Despois estarán xa os elementos cos que nos teremos que dotar, entre eles o CDG, que debe ser un motor do teatro. É o CDG o que pode facer grandes apostas, como o fixo. Pero todo iso está agora desmantelado. Creo que a intención política é que non exista o teatro, que non xogue o papel que de maneira natural debe xogar, de espazo de encontro e de crítica, que é o que o teatro debe achegar á sociedade.O teatro non é un privilexio, é un dereito da cidadanía, e hai que buscar maneiras de que a xente teña acceso ao teatro para non facelo algo tanxencial, marxinal, anecdótico. Nós vimos da militancia, do compromiso, do activismo: o teatro sempre estivo ligado á reivindicación cultural. Aínda que todo iso está agora un pouco perdido… Pero tamén é verdade que agora segue habendo un empeño enorme de xeración de público, e penso por exemplo en cousas marabillosas que se fan en teatro infantil e familiar…Dicías que había cousas que estaban un pouco perdidas… Houbo un tempo no que quizais non se reivindicou o que se debía, no que o propio sistema favorecía que cada compañía se ocupase só de si mesma, e no que quizais a xeración de público non se coidou como debera: había bastantes axudas..."Había unha comunidade que se arroupaba e puido xerarse certa comodidade"No teatro houbo que sobrevivir á precariedade. Que non dá moitas veces para vivir… Mais este certo adormecemento, que si puido haber, non creo que sexa exclusivo do teatro. Eu son unha voraz lectora de poesía e teño a impresión de que en todos os ámbitos se dá este fenómeno. Había un circuíto de xente que servía de colchón, que se apoiaba mutuamente… E ademais é difícil manterse sempre no combate duro.Mais si, había unha comunidade que se arroupaba, e puido xerarse certa comodidade. E despois tamén é certo que os tempos cambian, que ten que haber un período de adaptación: emerxen cousas novas, hai xente que está a facer auténticas marabillas, socialmente moi interesantes. Propostas que se posicionan, que falan das cousas que pasan, que levan ao escenario o que afecta á sociedade. Porque é un oficio no que debemos intervir no lugar e no tempo que nos toca vivir. Quero dicir, que a pesar do precario da situación temos uns mecanismos de resistencia espectaculares.Iria Pinheiro fixo unha obra de teatro-documento espectacular sobre a violencia obstétrica. 'As do Peixe' conectara tamén moi ben co público falando dun grupo de mulleres de clase traballadora… Xa que menciona iso, hai teatro social -de moitos tipos- que funciona ben e que quizais crea público. Se cadra precisamos máis…"Non podemos montar hoxe un texto con ollos dos 80, nin dos 90, nin de 1.900" O meu traballo ten moito diso, e de feito a Escola de Teatro de Narón non é unha escola de estilo, senón que trata de adestrar no oficio de maneira integral. E si penso que o teatro ten que falar dos problemas da sociedade. E desde hai un tempo se cadra iso foi perdendo gas, pero tamén hai un refresco desa tendencia: a obra que mencionas de Iria é moi potente e valente, e non só pola temática, tamén por temas de produción, polo que arrisca. Hai moitas historias de xente que perdeu moito no persoal para sacar adiante proxectos de teatro.O teatro ten unha función que debe cumprir e niso ten que ir adaptándose. Por exemplo, facer un Shakespeare ou un Eurípides hoxe en día sen unha mirada de xénero… 'Hamlet' montouse, claro, moitas veces, e algunha vez cun ton edípico, por exemplo, que ademais de contravir o texto presenta unha señora que non pinta nada, á que non lle pasan cousas… Na personaxe da raíña de Dinamarca hai cuestións que son perfectamente identificables sobre as vivencias dunha muller que vive cuns códigos moi diferentes aos de hoxe. É certo que nos tempos de Shakespeare non había feminismo, pero a desigualdade de xénero estaba aí e no texto hai moitas cousas que podemos identificar se queremos. Quero dicir, que non podemos montar hoxe un texto con ollos dos 80, nin dos 90, nin de 1.900…Nese sentido, as xeracións novas se cadra poden axudar a dar visións novas… Xa que menciona o feminismo. Falo da ESAD..."Agora que se fala tanto de teatro de mulleres, hai que lembrar a mulleres coma as de Malbarate ou Salamántiga. O que facían, naquel tempo, si que era unha revolución"Si, e xente que leva toda a vida. Temos que ter claro que todo existiu xa antes de nós. Eu traballei con Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño, pero antes deles xa había. Estivo antes o teatro das Irmandades, había unha escola de declamación… Quero dicir, que temos que saber que nada nace con nós. É pretencioso falar de que con nós empezou… Certo que houbo figuras que deron un paso adiante, como foron Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño, pero tamén estaba Dorotea Bárcena e outras grandes mulleres: Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto tiñan a compañía Malbarate, e Luisa Merelas, Elina Luaces e Amalia Gómez tiñan Teatro da Salamántiga.Agora que se fala tanto de teatro de mulleres, hai que lembrar a mulleres coma elas. O que facían, naquel tempo, si que era unha revolución. Forman parte da historia do teatro, pero unha parte da historia que case non se conta. Lembro unha obra de Malbarate, 'Xogos á hora da sesta', na que estaban tamén Ernesto Chao e Cándido Pazó, na que interpretaban un parque infantil nun barrio. Hoxe estase a votar a organizacións políticas que nunha democracia deberían estar prohibidas. E naquela obra estaba moi ben reflectido como nun grupo humano poden irse xerando condutas que levan ao que hai hoxe: xenofobia… É unha soberbia non lembrar todo isto, non ter en conta o que xa levaba moito tempo aquí. Está ben falar das marabillas que se fan agora, pero hai que lembrar o que estivo aquí sempre.Eu referíame a que as cousas tamén melloran cando a xente ten un maior acceso á formación. Que é o que cambia isto?"Hai quen está indo traballar á tele sen cobrar e dando as grazas. Xente que vive doutra cousa e que no seu traballo ten un discurso reivindicativo dos dereitos laborais, pero que cando vai á tele di que como vai pedir polo convenio"Si, claro. E non me refiro só á Escola de Narón. Eu penso que a diferenza é que, se non tes acceso, tes que dar moitas máis voltas. Antes a opción que había era facer cursos ou ir estudar fóra. Era un proceso complexo no que tiñas que ir aprendendo sobre ti mesmo, sobre o que facías mal, e ir despexando, mellorando… Se tes a posibilidade de ter unha formación sistematizada e regrada tes que dar menos voltas. E a partir de aí tes que ir adestrando para ter o desenvolvemento necesario no plano físico, mental, emocional…Se te chaman para traballar, tes que estar preparado para ser competente, como en calquera oficio. É como a literatura ou o xornalismo: tes que saber escribir. E hai xente que publica libros e non sabe escribir, ou que fai xornalismo e ademais de non saber escribir pretende sentar cátedra. Pois no teatro é o mesmo. Hai unhas competencias mínimas a dar, e as escolas axudan a isto. Mais formación integral implica tamén, por exemplo, saber que hai un convenio de teatro. Hai quen está indo traballar á tele sen cobrar e dando as grazas. Xente que vive doutra cousa e que no seu traballo ten un discurso reivindicativo dos dereitos laborais, pero que cando vai á tele di que como vai pedir polo convenio, que xa que o chamaron para a tele… E se unha persoa quere actuar, ten que saber que hai un convenio de teatro e un convenio do audiovisual.Antes falaba de compromiso, de activismo… O teatro galego, e a cultura en xeral, non existiría hoxe sen iso. Mais, xa que falamos de dereitos laborais, se cadra era bo deixar de falar tanto de compromiso coa cultura e comezar a poñer por diante os dereitos laborais, se nos consideramos profesionais. Non vaia ser que ao final, a forza de precarizalo todo, só poida vivir diso a xente de familia ben ou que ten algún tipo de apoio nese sentido… Igual pasa no xornalismo."O que noutros sectores se considera un investimento, no teatro considérase unha 'subvención', e iso é un discurso intencionado"Falaba antes do discurso da subvención. O que noutros sectores se considera un investimento, no teatro considérase unha "subvención" e iso é un discurso intencionado. Ás eléctricas non se lles "dá", senón que se inviste nelas. E nós falamos de industrias culturais pero non temos investimentos de industrias culturais. Quero dicir, que o teatro debería ser considerado coma calquera outra profesión. Dille a alguén da sanidade ou do ensino que traballe por debaixo do convenio… Eu entendo que hai xente que pensa que é mellor cobrar menos porque necesita o traballo…Pero hai que reflexionar sobre isto e deixar de propagar a idea de que no teatro dá igual. É unha profesión como outra calquera. Da mesma maneira, non se pode estar funcionando como profesional se non se ten estrutura para iso. Non se pode estar facendo bolos se non se ten unha alta na Seguridade Social… Non pode ser, en fin, que a palabra Cultura xustifique o maltrato laboral, a explotación nin a falta do rigor que necesita o oficio. E iso tamén é unha obriga laboral.Tamén fixo dobraxe, recitais poéticos… Antes da ser a directora da Escola de Teatro, supoño.Si, a dobraxe foi antes: anos de moita intensidade, tamén de moito combate sindical... Os recitais de poesía son algo ao que volvo sempre. Aínda hoxe recito ás veces, pero o que non fago é actuar en espectáculos como actriz: teño un problema de saúde hai 11 anos e tiven que concentrarme no traballo da escola, o cal tamén se cadra foi bo para a escola. Xirar cun espectáculo como actriz é algo que me resulta xa fisicamente imposible.Tamén imparte obradoiros nos que aplica técnicas teatrais… "É un empeño meu usar técnicas de traballo teatral, para obradoiros sobre igualdade de xénero por exemplo"Hai anos que me chaman para formación de persoal docente, para traballar habilidades comunicativas por exemplo. É un empeño meu usar técnicas de traballo teatral, para obradoiros sobre igualdade de xénero por exemplo. O teatro é unha ferramenta educativa tremenda. Para identificar estereotipos de xénero, por exemplo, pódese traballar de forma moi natural e moi sinxela. E é moito máis barato, eficaz e simple que, por exemplo, preparar un tema de discusión. Todo acaba acontecendo, comprendéndose, de forma natural: acaba pasando.Non lle pregunto por Manuel Lourenzo porque xa falamos antes del…Pois Manuel foi quen me ensinou a ler porque era mestre. Pero ademais tiña un grupo teatral escolar no que estaba Luisa Merelas. Ela tiña 12 anos e eu 5. E era impresionante vela actuar. Eu quedaba abraiada véndoa, e tanto me gustou que aí quedei. Para min, o meu oficio comezou aí. Manuel xa nos facía ir ao teatro coa nosa peseta, que despois se usaba para mercar material escolar. Era unha forma de educar, de facer valorar o oficio. Jenaro Marinhas del Valle dixo que o teatro debía ser coma un xoguete para o pobo, co que puidese aprender. Eu tiven a sorte de que Manuel Lourenzo me regalase o teatro. |
PRAZA_4127 | A Xunta elaborou e distribuíu unha guía con recomendacións específicas para estes locais que, ao igual que outros establecementos, dende este luns poden operar con cita previa e unha serie de medidas de seguridade | Dende este luns as perruquerías, entre outros establecementos comerciais, poden recuperar a súa actividade, dentro das accións da Fase 0 do desconfinamento. Porén, deben cumprir cunha serie de medidas de seguridade para previr os contaxios de coronavirus. Ademais das obrigas que todos os establecementos deben seguir (cita previa, distancia de seguridade, a obriga de evitar aglomeracións de persoas, medidas de hixiene e desinfección a necesidade de fixar horarios de atención preferente para as persoas maiores de 65 anos...), a Xunta elaborou e distribuíu unha guía con recomendacións específicas elabora polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).Cando non sexa posible manter a distancia de seguridade, será necesario o uso de máscaras e reorganizar as áreas de traballo deixando un posto baleiro entre clientes nas zonas de tocadores e lavacabezasO documento especifica que, cando non sexa posible manter a distancia de seguridade, será necesario o uso de máscaras e reorganizar as áreas de traballo deixando un posto baleiro entre clientes nas zonas de tocadores e lavacabezas. Tamén recomenda que cada estilista teña o seu propio material de traballo desinfectado, que non poderá compartir, ao igual que non se poderán compartir os produtos empregados salvo que estean hixienizados. De igual xeito, aconsella valorar se se poden manter as zonas de espera e suxire retirar todas as revistas para evitar a súa manipulación por distintas persoas.Algunhas das medidas recomendadasAs perruquerías deben atender sempre con cita previa para controlar o aforo e establecer un horario de atención preferente para as persoas maiores de 65 anosA empresa deberá elaborar, con carácter previo, un plan de limpeza e desinfección. E, igualmente, establecer protocolos para evitar o contaxio no caso de que xurdan síntomas da enfermidade estando no traballo.As persoas traballadoras especialmente sensibles á Covid-19 deberán ser valoradas polo persoal sanitario do Servizo de prevención de riscos laborais. As traballadoras e traballadores que presenten febre (> 37ºC) ou síntomas respiratorios deben quedar no seu domicilio. De igual xeito, as que estiveron en contacto estreito, entendido como máis de 15 minutos a distancias inferiores a 2 metros, cunha persoa enferma tampouco deben ir traballar, mesmo en ausencia de síntomas durante polo menos de 14 días.Deben valorar se se poden manter as zonas de espera e recoméndase que retiren todas as revistas para evitar a súa manipulación por diferentes persoasDistancia de seguridade e máscaras: As autoridades sanitarias recomendan respectar, sempre que sexa posible, a distancia de 2 metros. Nas tarefas nas que non se poida respectar (a maior parte das que se realizan nunha perruquería) será necesario utilizar unha máscara de protección.Cita previa: Atender sempre con cita previa para controlar o aforo. Establecer un horario de atención preferente para as persoas maiores de 65 anos.Reorganizar as zonas de traballo deixando un posto baleiro entre clientes nas zonas de tocadores e lavacabezas.Recoméndase non compartir entre estilistas os produtos (xampús, xeles, máscaras, etc.) e non usar a bandoleira para portar as ferramentasValorar se se poden manter as zonas de espera. Retirar todas as revistas, tablets e catálogos de información para evitar a súa manipulación por diferentes persoas.Lavar as mans con frecuencia durante 40-60 segundos con auga e xabónRecoméndase non compartir entre estilistas os produtos (xampús, xeles, máscaras, etc.). De ter que facelo hixienizar o envase entre usuarias. Recoméndase non usar a bandoleira para portar as ferramentas.Débense ventilar con máis frecuencia os locais de traballo. Débese aumentar a frecuencia da limpeza/ desinfección de espazos de traballo e superficies, en especial as que se tocan máis.Fomentar o pago por medios electrónicos (tarxeta, móbil). Se non é posible, ter un recipiente para depositar os cartos. |
PRAZA_16867 | As conversas entre Xunta e traballadores volven fracasar mentres Rueda asegura que se rompeu un preacordo que tiña con catro sindicatos, algo que nega o comité de folga, que acusan o vicepresidente de "mentir". | Non só non houbo acordo, senón que o conflito recrúa. As conversas que, máis de tres semanas despois, retomaron Xunta e o comité de folga de Xustiza este mércores acabaron cunha nova ruptura das negociacións. E coa revelación que o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, fixo ao coñecer o novo fracaso: había un preacordo con catro dos sete sindicatos --SPJ-USO, CSIF, UGT e CCOO-- para pór fin ao paro este mércores, pero botáronse atrás, segundo o número dous do Executivo. Os representantes dos traballadores, pola contra, negan ese preacordo e "retan" a que a Administración o amose. Rueda dixo estar "indignado" e revela que chegara a un preacordo con catro sindicatos, que se botaron atrás, para pór fin á folga Rueda, malia non participar nas conversas deste mércores, compareceu e dixo estar "perplexo" e "indignado". Visiblemente molesto, revelou que ese preacordo aumentaba o incremento salarial reclamado polo funcionariado de Xustiza e incorporaba un plan de recuperación do traballo atrasado do 80%. Pero o comité de folga, no que tamén están STAJ, Alternativas na Xustiza-CUT e CIG, acabou por dicir non, segundo o vicepresidente da Xunta. Este preacordo, segundo Rueda, garantía que o funcionariado galego estivese sempre por riba da media das autonomías, tal e como reclamara o Parlamento. E acusou os sindicatos de entorpecer o acordo ao procurar "recuperar os cartos perdidos" durante a folga, un 10% deste de maneira automática. Ademais, o vicepresidente da Xunta asegurou que esta última oferta da Administración "xa perdeu a súa validez" e que "non vai haber ningunha suba máis". "Isto non é poxa ningunha nin un xogo de nenos", dixo, tras advertir de que "non vai haber futuras reunións convocadas pola Xunta". "A Xunta non pechou un acordo por 12 euros", denuncian os sindicatos Fontes do comité de folga, pola súa banda, acusan a Rueda de "mentir", negan que existise ese preacordo con catro centrais e "retan" o vicepresidente a que o amose. "A unidade sindical segue vixente", remarcan. Os sindicatos acusan a Xunta de non pechar o acordo "por 12 euros" logo de que aceptasen unha suba lineal de 140 euros para todos os corpos e que o incremento se completase en tres anos. "Se o Goberno non é capaz de pechar o acordo por 12 euros, vai ter que dar moitas explicacións", explica o comité de folga. A xuntanza deste mércores chegou 23 días despois da última, cando xa se superan os 70 días e as dez semanas de folga e con preto de 20.000 xuízos suspendidos e aprazamentos até 2020. Ao igual que nos últimas xuntanzas, por parte da Xunta lideraron as negociacións a secretaria xeral técnica de Vicepresidencia, Beatriz Cuíña; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín. Da outra banda, o comité de folga con representantes dos sete sindicatos. Foron moitas horas, incluíndo os recesos, desde que as conversas comezaran ao mediodía e os representantes do Goberno levantasen da mesa sobre as 7 da tarde. O Goberno asegura que "non vai haber ningunha suba máis" nin "futuras reunións convocadas pola Xunta" Aínda que as posturas seguían moi enfrontadas, dos dous lados recoñecíase a posibilidade de modular as súas posturas. Tamén desde a Xunta, que aparentou intransixencia desde que comezara o conflito, asegurando unha e outra vez a imposiblidade de modificar as súas propostas económicas pero presentando este mércores outra oferta máis diferente. Na anterior, o Goberno ofrecía un incremento de entre 133 e 105 euros mensuais segundo a categoría, mentres que o persoal reclamaba 180 máis para todos. Agora, a Administración poñía sobre a mesa unha suba de 122, 127 e 135 euros segundo o corpo e os sindicatos aceptaban unha suba lineal de 140. Unha media de 128 euros máis por funcionario fronte a eses 140. Pero todo rachou. Por eses 12 euros por traballador. A negociación centrouse nesa suba do complemento autonómico no salario, onde se mantiña o desacordo, pero o conflito abrangue outras reivindicacións como a anulación dos descontos por baixa laboral durante os primeiros días ou a cobertura de vacantes para reducir a elevada carga laboral e falta de medios que sofre a Xustiza en Galicia e que denuncian os sindicatos, que desde o principio advertiron da "discriminación" que o funcionariado sofre nas súas condicións con respecto aos compañeiros doutras autonomías ou dependentes do Ministerio. Ademais, neste mércores, os letrados da Administración da Xustiza reivindicaron tamén unha suba do seu salario cunha primeira mobilización deste colectivo, que reclama ao Ministerio un incremento de acordo coa súa categoría profesional da escala A-1, como a do resto de corpos superiores da Administración Xeral do Estado. Ao tempo, este xoves comezan tamén os paros dunha hora de xuíces e fiscais, que ameazan cunha folga indefinida a partir do vindeiro 22 de maio. |
NOS_17064 | Estamos ante un libro que nos dirixe cara a algo tan básico e tan importante na vida das crianzas como son as cores. As cores como punto de partida para explorar o mundo, sen dúbida un elemento que esperta un interese inmediato e que permite unha serie de interesantes xogos poéticos que son unha escusa para deixar voar a imaxinación | Na longa carreira de Yolanda Castaño dentro da poesía galega teñen un papel especial dúas liñas que a miúdo son deixadas de lado á hora de pensar nunha panorámica da autora. A primeira é a poesía para público mozo, un eido moitas veces esquecido e que, porén, segue a ser un dos elementos máis destacados dentro de calquera literatura e que, ademais, ten na nosa lingua unha tradición especialmente viva e interesante. A segunda é esa unión entre poesía e imaxe que, máis aló da simple ilustración, trata de tensionar os camiños cara a unha dimensión artística emparentada cunha comunicación poética diferente. É esta unha perspectiva que quedou patente no emblemático O puño e a letra (Xerais, 2018) en diálogo aberto coa banda deseñada, pero que tamén podemos rastrear en colaboracións como as da autora con Xosé Tomás. Paleta Planeta / Yolanda Castaño e Xosé Tomás / Baia Edicións / 2021 / 34 páxinas / 17,20 euros A parella artística de poeta e ilustrador leva xa uns cantos volumes comúns orientados á xente moza e parece que, como moitas das colaboracións entre creadoras, esta foi envellecendo e mellorando co paso dos anos. Cando menos, nótase un estilo e unha ambición diferente na linguaxe conxunta coa que está tramado este Paleta Planeta. Estamos ante un libro que nos dirixe cara a algo tan básico e tan importante na vida das crianzas como son as cores. As cores como punto de partida para explorar o mundo, sen dúbida un elemento que esperta un interese inmediato e que permite unha serie de interesantes xogos poéticos que son unha escusa para deixar voar a imaxinación e deixarse desafiar con algún dos seus percorridos. As cores formaron sempre unha parte importante do discurso do surrealismo, e esta é unha pegada que podemos identificar rapidamente nas historias que Yolanda Castaño constrúe cos poemas deste libro. Ideas moi afastadas entre si que nos levan a quilómetros de distancia ou que nos convidan a forzar unha mirada lúdica sobre a realidade. O azul dos tellados da Bretaña é o mesmo das roupaxes dos tuaregues, o amarelo do ollo do moucho podemos atopalo tamén nas areas do deserto... Sen dúbida unha asociación de ideas que xoga ao intuitivo e que nos mergulla nun universo que ten moito de onírico, pero desde o que non deixa de reivindicarse tamén a mesma liberdade que permite a súa creación. E por suposto, se esas ideas son fascinantes enunciadas nos versos, tamén o é o mundo de soños que o debuxo de Xosé Tomás consegue reflectir. Imaxes apaisadas a dobre páxina onde se xoga con ese protagonismo das cores. |
NOS_48494 | O conselleiro de Sanidade sinalou o Ministerio de Sanidade como culpábel da falta de persoal. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu esta segunda feira en que o problema da sanidade pública galega "non é cuestión de pór diñeiro, senón de formar especialistas". Neste sentido, Comesaña sinalou o Ministerio de Sanidade como encargado de regular as unidades docentes que forman profesionais sanitarios, e acusouno de levar desde 2018 "sen dar ningún paso neste sentido". O PSdeG exixe 140 millóns de euros para "equiparar" o investimento da Xunta na Atención Primaria co resto do Estado O conselleiro galego fixo estas declaracións antes da súa participación na xornada de actualización do Programa Galego de Atención ao Infarto de Miocardio. As súas palabras chegan despois da petición realizada polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de asignar "140 millóns de euros adicionais" nos próximos orzamentos para "equiparar o investimento en Atención Primaria da Galiza co resto do Estado". Comparecencia no pleno Esta terza feira, o conselleiro de Sanidade comparecerá ante o pleno do Parlamento galego a petición propia — comparecencia previamente solicitada polo BNG—. A maiores, o PSdeG introduciu unha interpelación que deberá responder Comesaña durante a sesión desta semana con "preguntas concretas" sobre, por exemplo, a falta de efectivos. Médicos advirten a Xunta: "A actividade asistencial é inasumíbel" Asemade, o portavoz socialista, Luis Álvarez, formulará unha pregunta na sesión de control ao presidente da Xunta sobre os problemas na Atención Primaria e no servizo de Atención Primaria. |
NOS_57306 | As centrais sindicais CIG, UXT e CSIF emitiron un comunicado conxunto en que denuncian as novas manifestacións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, en relación ao funcionariado do concello por poñer en cuestión tanto as persoas que están de baixa laboral como o salario que perciben as e os traballadores municipais. | O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non cesou nin durante as súas ferias de criticar os traballadores e traballadoras municipais do concello por estaren o 6% en situación de baixa laboral ou por cobraren, segundo o parecer do rexedor e líder de Democracia Ourensá, elevados salarios. Ante os seus últimos e polémicos chíos en que expresaba a súa opinión sobre baixas e soldos, as tres centrais sindicais CIG, UXT e CSIF veñen de emitir un comunicado conxunto en que denuncian os ataques de Jácome e sinalan que a función pública "está perfectamente regulada na lexislación" en canto á súa remuneración e forma de acceso, "especialmente mediante a garantía dos principios de igualdade, mérito e capacidade", enfatizan no escrito, e engaden que se garante a liberdade de opositar a cada unha das prazas de todas e todos os cidadáns. Denuncian así mesmo que o rexedor acuse de "enchufismo" o cadro de persoal e que cuestione as baixas laborais Denuncian así mesmo que o rexedor acuse de "enchufismo" o cadro de persoal e que cuestione as baixas laborais. En canto as críticas vertidas polo alcalde nas redes sociais sobre o salario do funcionariado, as tres centrais sindicais lamentan que sexa o propio alcalde quen ataque os dereitos retributivos das e dos traballadores cando el vén de "colocar un salario desorbitado a 27 amigos seus no concello", o cal está a representar "case un millón de euros máis ao ano en gasto de persoal en Ourense". Esixen as forzas sindicais que o alcalde permita o funcionariado desenvolver as súas funcións "como o viñan facendo" e lembran que este colectivo está a suplir a carencia de máis de 150 traballadoras e traballadores na cidade de Ourense e facendo igualmente que a administración non se resinta e funcione. Emprázano nese sentido a que agradeza o funcionariado polo seu traballo que realiza cubrindo a falta de efectivos e solicítanlle que dea curso á RPT aprobada pola maioría sindical e a administración. "Apróbea en xunta de goberno, saque a oferta pública de 2018 con máis de 130 prazas e será a continuación cando nos terá da man para revisar aqueles aspectos que se considere", aseguran no comunicado, engadindo ademais que "deixe os funcionarios facer o seu traballo con tranquilidade". |
NOS_25339 | Convocada por SOS Sanidade Pública. | SOS Sanidade Pública convocou unha manifestación en Santiago o 14 de novembro en contra do "desmantelamento" e "privatización" da Atención Primaria (AP) por parte da Xunta. Nun comunicado, explica que as entidades que forman esta plataforma coinciden na situación "moi grave e preocupante" que vive a Atención Primaria "como consecuencia da insuficiencia orzamentaria". Entre outras problemáticas, apunta á falta de persoal após os recortes dos últimos anos, a non substitución de vacacións ou baixas, as listas de espera que superan o mes nalgúns lugares, así como a limitación de consultas presenciais. De tal forma, demanda un "importante" incremento orzamentario, ampliar o persoal de centros de saúde, potenciar a atención presencial e poñer a atención primaria "no centro do sistema". Igualmente, SOS Sanidade Pública fai unha chamamento a concellos e deputacións para que apoien activamente esta mobilización. Ademais, a plataforma avoga por unha iniciativa para a recuperación da AP elaborada polos traballadores e apoiada pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública. |
PRAZA_14152 | Galicia, a principios de setembro volveu dar sorprendentemente o mellor de si. A "coalición técnica" de Compromiso-Anova-EsquerdaUnida é unha xenial noticia para o país e para o mundo enteiro. Podería recitar de memoria os reproches e faltas de respecto que se poderían facer dende cada unha destas tres patas a calquera das outras dúas, e por suposto podería cantar a viva voz as ideas-faes-forza do Partido Popular para disparar contra o tri-hexa-partito que se pode albiscar no horizonte. Pero o certo é que as asembleas, é dicir, as persoas de Esquerda Unida, Anova e Compromiso x Galicia demostraron ter unha vontade clara de traballar, digámolo afrancesadamente, pola igualdade, a liberdade e a fraternidade. | As persoas que marchamos de Galicia hai uns cantos anos, como calquera outro emigrante do mundo, supoño, mantemos unha relación de amor/odio co noso país. Imos recollendo por onde vivimos identidades novas, como afortunadamente aprendín con Aamin Maalouf (Les identitats que maten, 1998) cando cheguei a Barcelona hai 11 anos. Pero sentimos sempre polo noso país algo que quizais só se pode entender lendo a Manuel Rivas. O realismo máxico galego faise pluscuamperfecto nos cidadáns da diáspora. E aí está a política, é dicir, cómo organizarse, cómo gobernar Galicia, cómo facela mellor, máis xusta, máis libre, máis alegre, máis verde. Achegueime aos debates do que se chamou nun primeiro momento Novo Proxecto Común non por resquemor co BNG, se non por unha especie de intuición político-sentimental. Esta intuición, claro, tiña trampa, pois estaba condicionada por algún discurso de Xosé Manuel Beiras, polo 15-M, por Mònica Oltra e Joan Baldoví, por Xoán Hermida, por Manuel Dios, por Vicenç Navarro, pola coalición Iniciativa per Catalunya - Esquerra Unida i Alternativa... estaba claro que, como maquiavélicamente diría Feijoo, chegou o momento. Galicia, a principios de setembro volveu dar sorprendentemente o mellor de si. A "coalición técnica" de Compromiso-Anova-EsquerdaUnida é unha xenial noticia para o país e para o mundo enteiro Tras moitos debates e moitas amizades virtuais nos grupos de Facebook do Novo Proxecto Común e posteriormente no "fork" de Compromiso por Galicia, cheguei a unha nova situación de amor/odio. Nesa rede social estaba representada a pequena escala o peor e o mellor das actitudes da poboación galega. Moito traballo, moi boa vontade, persoas moi interesantes, pero tamén trolls (virtuais e orgánicos) e minifundismo con vocación imperecedeira. Abandonei eses grupos de conversa cunha certa sensación de decepción, aínda que é bo destacar que o fixen sobre todo para centrarme no meu traballo, que falta me fai. E Galicia, Galicia, a principios de setembro volveu dar sorprendentemente o mellor de si. A "coalición técnica" de Compromiso-Anova-EsquerdaUnida é unha xenial noticia para o país e para o mundo enteiro. Podería recitar de memoria os reproches e faltas de respecto que se poderían facer dende cada unha destas tres patas a calquera das outras dúas, e por suposto podería cantar a viva voz as ideas-faes-forza do Partido Popular para disparar contra o tri-hexa-partito que se pode albiscar no horizonte. Pero o certo é que as asembleas, é dicir, as persoas de Esquerda Unida, Anova e Compromiso x Galicia demostraron ter unha vontade clara de traballar, digámolo afrancesadamente, pola igualdade, a liberdade e a fraternidade. Ao mellor non vos decatades do reto histórico que supón enganchar os mellores vagóns desperdigados da esquerda e o galeguismo e poñelos a andar co obxectivo do ben común. A potencialidade da locomotora verde-azul-vermella (permitídeme chamarlle "Bencomún") é espectacular se se conseguen pactar uns obxectivos reais que hoxe por hoxe a brutalidade do goberno liquidador do PP pon en bandexa: vivenda, traballo, saúde e educación para todos (incluidas as inmigrantes), limitacións á banca especuladora, lingua, autogoberno, transparencia e democracia real. Vexo a todas as persoas desta coalición poñéndose rapidamente de acordo en cada un destes temas. Ao mellor non vos decatades do reto histórico que supón enganchar os mellores vagóns desperdigados da esquerda e o galeguismo e poñelos a andar co obxectivo do ben común Ah, e por certo, se se chegase á hipotética situación de que o PP perdese a maioría absoluta, rapidamente se poderían entender o BNG e "Bencomún". Pensádeo por un momento. E xa teriamos un polo forte polo que turrar do PSdG cara políticas de xustiza social real e maior autogoberno. Tamén pode ser que PSdG, BNG e "Bencomún" non sexan quen o 21-O de convencer á maioría do electorado galego. Pero estarían xa postos os alicerces dun movemento que será imparábel a medio prazo. Quen me coñeza xa saberá que sempre teño a referencia catalá na cabeza. Asignádelle a quen queirades o papel de PSC, ERC e ICV-EUiA. Si, xa sei que non é o mesmo: o caso galego, per suposat, é mellor. E desculpade o meu optimismo, pero é que son novo e sen casar. |
NOS_21544 | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou varias concentracións en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). Vídeo da concentración de Compostela no interior. | A aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE) provocou grandes protestas no sector. Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebrou varias concentracións en sinal de protesta na que participaron pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto. As concentracións tiveron lugar en Compostela (Praza do Toural), A Coruña (Praza de Pontevedra), Ourense (Xefatura Territorial de Educación), Lugo (Subdelegación do Goberno), Vigo (MARCO), Pontevedra (Praza da Peregrina), O Barco de Valdeorras (Praza do Concello), Ferrol (Edificio Administrativo da Xunta), Carballo (Praza do Concello) e Lalín (Praza do Aviador). |
NOS_6741 | Bonecos feitos con pacas de palla son outro recurso moi empregado nas estradas galegas para informar de casamentos. | Non hai casamento neste país do que non teña coñecemento a vila enteira onde residen as persoas involucradas, pois as súas amizades e familiares adoitan encargarse de informar da voda aos catro ventos. Nas estradas da Galiza, postes eléctricos e edificios é frecuente achar pancartas que anuncian o "si, quero" das formas máis peculiares, desde o clásico "marchamos de voda" a outras fórmulas que expoñen as intimidades da parella. O que xa semella ser unha tradición consolidada en boa parte do territorio galego dá agora un paso máis coa adquisición de valados publicitarios para tal fin. "Imos de voda con Javier e Sonia. Traspásase negocio para pagar voda. Con cariño da vosa familia e amigos". Ese é o lema que pode lerse hoxe nun valado situado no concello da Estrada. Outro anuncio de casamento visto na Estrada. (Foto: Nós Diario) A tradicional saba branca pintada con aerosol de cor vermella e negra fica agora relegada fronte a novos e inxeniosos métodos, como o uso de pacas de palla. Outro anuncio de voda visto por Nós Diario, tamén na Estrada, mostra unha recreación do noivo e a noiva a partir de fardos vestidos coa indumentaria propia dunha cerimonia de casamento. "O de Agrobotica e a de Pavero dan o 'si, quero!'", pode lerse na faixa que acompaña os bonecos. |
NOS_5012 | O alcalde de Pontevedra lembra que cando a empresa adquiriu a pasteira "sabía que a data de caducidade era 2018" e incide en que a veciñanza quere "outros usos na Ría" | O alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, rexeitou de xeito rotundo que se produza calquera "tipo de negociación" da Xunta con ENCE que poida permitir que a pasteira continúe despois de 2018 na ría de Pontevedra. O rexedor insiste en que a Ría "debe ter outros usos" e que iso é o que quere a cidadanía. O rexedor pontevedrés recordou, nunha entrevista na Cadea Ser, que ENCE, cando "comprou" a fábrica, xa sabía que "tiña a data de caducidade" fixada para 2018. Así, Fernández Lores lamentou que co gallo da crise económica se "poidan pechar todas as empresas" e se poidan eliminar "todos os postos de traballo agás ENCE", ou se "poden espoliar todos os aforros e non pasa nada, pero ENCE hai que defendelo por riba de todo". E esa pasteira, lembrou, dá uns beneficios que "repercuten nos accionistas e pouco na cidade" Cambiar as regras de xogo a prol dos especuladores Na mesma entrevista na Ser, Lores acusou o goberno español de, coa nova lei de Costas, "variar as regras de xogo para beneficiar os especuladores", o que entende que é "unha vergoña" e un "escándalo". |
NOS_22336 | A terceira edición do Poemagosto, festival de poesía, levará a Allariz actividades para todos os públicos este sábado. Mercedes Peón e O Leo i Arremecághona porán o broche de ouro á xornada. | Está a piques de comezar a terceira edición do Poemagosto, o festival que organiza a Fundación Vicente Risco en colaboración co Concello de Allariz. E é que a partir das 11h deste sábado, encetará o programa coa actuación de Ce Orquestra Pantasma, con animación para crianzas, no patio do Museo do Coiro. A partir das 12.15h, Eli Ríos transmitiralles aos pequechos e pequechas o conto Marta e a Píntega e ás 13h, o escritor Anxo Angueira ofrecerá un recital con poemas de Rosalía de Castro. Aliás, a partir das 13.30h terán lugar a mostra de cantos de desafío e un concurso de regueifas. Xa na xornada da tarde será a quenda do recital de poesía, en que participarán Rosalía Fernández Rial, Alba Cid, Gonzalo Hermo, Iolanda Zúniga, Carlos Rafael, Celia Parra Díaz, Lois Antón, Arancha Nogueira, Nuria Vil e Ismael Ramos. O festival concluirá coas actuacións musicais, que se desenvolverán desde as 20.30h comezarán na carpa instalada no exterior do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Serán Mercedes Peón e a súa banda e o Leo i Arremecághona quen poñan fin á terceira edición do Poemagosto. |
PRAZA_17898 | Un lugar digno e respectuoso, como as cunetas e os fondos dos rìos nos que xaceron asasinados en Galiza homes e mulleres de ben pola furia fascista desatada por unha guerra criminal dirixida por un indigno xeral chamado Francisco Franco | Un lugar digno e respectuoso, como as cunetas e os fondos dos rìos nos que xaceron asasinados en Galiza homes e mulleres de ben pola furia fascista desatada por unha guerra criminal dirixida por un indigno xeral chamado Francisco Franco que estableceu, na súa ilexítima sublevación e a súa vitoria contra un goberno lexitimamente constituído, un estado ditatorial totalmente irrespetuoso cos dereitos humanos. Franco morreu, a ditadura con el, pero seguímos téndolle medo e témolo que tratar con dignidade e respecto non vaia ser que desperten os demos que levou dentro e vólvase a ouvir o ruído de sables que inxenuamente algúns pensan que xa están absolutamente envainados e consigan que este infausto golpista renaza das súas cinzas. Pois ben, a ditador morto e demócrata posto, os restos daquel deberían ser soterrados ordinariamente, entregados á familia como un acto de humanidade democrática e se nin a familia o quere e Franco non ten onde caerse morto, os municipios teñen cemiterios de soterramento para indixentes, bastante máis dignos e respectuosos que o seu novo acompañante. Así cumpriríase o que se pretende dende o goberno actual. Aínda que o lugar natural dos seus restos sería no fondo dalgunha tapia dese corral de mortos que falaba Unamuno. Publicidade |
PRAZA_19364 | A mineira de San Fins, filial de Valoriza Energía, presenta denuncia contra o secretario executivo da asociación por acceder ao recinto mineiro e tomar mostras que revelaron a "alta carga contaminante" das augas | Un membro da asociación ecoloxista Adega vén de ser denunciado por unha empresa do grupo Sacyr por entrar no recinto mineiro que xestiona en Lousame para tomar mostras de auga contaminada. Así o vén de anunciar o colectivo, que coñeceu a noticia a través da Garda Civil e que denuncia que, "ante a falta de argumentos, imponse a estratexia do medo e a de matar o mensaxeiro". O denunciado é Fins Eirexas, secretario executivo de Adega, que tomou mostras de auga contaminada nas minas de San Fins O afectado é o secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, denunciado por ter entrado "en terreos privados sen permiso" e, como lembra o colectivo, "armado dun medidor de pH e unha garrafa de plástico". Foi a compañía Tungsten San Finx SL -constituída por Valoriza Minería, filial de Sacyr, para facerse coa mina de wolframio en Lousame e reiniciar a súa actividade- quen denunciou esta persoa logo de que o mes de maio pasado tomase mostras das augas residuais mineiras para ofrecer "datos obxectivos sobre o grao de contaminación dos efluentes da mina". Os resultados das mostras confirmaran a "alta carga contaminante" das auga mineiras "En Adega quixemos contar con datos actualizados sobre o potencial contaminante destes efluentes e achegámonos até a explotación para tomar diversas mostras", explica a asociación ecoloxista, que lembra que os resultados "confirmaron a alta carga contaminante das augas mineiras", polo que integraron o núcleo das alegacións presentadas contra un proxecto polo que moita cidadanía xa amosou a súa inquedanza ante o posible impacto na ría de Noia. O caso é que a empresa solicitara a Augas de Galicia permiso para verter ao dominio público un millón de metros cúbicos por ano de augas procedentes das galerías inundadas e das entulleiras. Segundo Adega, estas verteduras serían deitadas polo rego de San Fins (ou da Rabaceira) até a ría de Noia, "podendo supoñer un perigo para o ecosistema da ría e a produtividade marisqueira". No expediente da solicitude, análises da propia Administración apuntaban a alta carga de metais pesados das augas mineiras, mesmo quilómetro e medio río abaixo da explotación. Ante as alegacións masivas por parte de veciñanza, colectivos sociais e políticos e diversas entidades ecoloxistas (tamén as de Adega asinadas polo propio Eirexas), a filial de Sacyr pediu a suspensión do procedemento por tres meses para proceder a "novos estudos de tratabillidade e calculos hídricos e estruturais". "En lugar de revisar o seu chafalleiro proxecto, Tungsten San Finx SL dedicouse a buscar elementos para amedrentar as entidades que tentamos defender a saúde, o ambiente e o interese público", quéixase Adega, que lembra que a denuncia é por ter accedido ás súas intalacións sen permiso e que unha das mostras tomada, no defunto rego da Rabaceira, presentaban niveis contaminantes que multiplicaban por 28 os máximos legais. Adega ve "ridícula" a denuncia e advirte que o terreo onde se tomou a mostra non é propiedade da empresa senón da comunidade de montes Adega cualifica de "ridícula" a denuncia e pregúntase "dende cando está prohibido achegarse ao Dominio Público Hidráulico" ou "onde están as medidas de contención e seguridade das minas San Fins, un recinto aberto ao que calquera pode acceder". Ademais, asegura que o terreo da mina Buenaventura, no que se tomou a mostra, non é propiedade da empresa, senón que pertence á Comunidade de Montes de Silvarredonda. "Tungsten San Finx SL é titular dunha concesión mineira, non dos regos nen dos terreos que explota, cunhas medidas de saúde ambiental e seguridade pública ben precarias", remata a entidade ecoloxista, que recomenda á compañía que se "ocupe de responder ás graves deficiencias e riscos do seu proxecto en lugar de denunciar a actividade de Adega en defensa da saúde, do ambiente e do dereito á información da cidadanía". Ademais, pide a Augas de Galicia queu remate xa coas "medidas de graza para coa empresa" e conclúa o expediente "resolvendo a denegación do perigoso proxecto". |
NOS_42543 | A organización frontista demanda unha reorientación dos fondos encamiñada a desenvolver unha estratexia propia para Galiza e advirte que o goberno galego terá que afrontar devolucións do diñeiro recibido por mor de "iniciativas de baixo interese e nulo impacto". | O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, cifrou esta segunda feira (24 de marzo) en 2.000 millóns de euros os fondos europeos que Galiza perdeu por mor da "austeridade" aplicada pola Xunta. Para exemplificar as consecuencias da xestión destas partidas orzamentarias o líder da organización frontista describiu o caso "máis escandaloso" acontecido co fondo tecnolóxico de cuxo orzamento, 400 millóns de euros, só foi executado "menos do 30 por cento". Tres euros perdidos por cada un que non é investido Esta xestión pública derivou na perda de "tres euros" por "cada euro que deixou de pór" o executivo de Alberto Núñez Feijóo. Unha actitude que para o BNG reflicte "o mal negocio" das políticas de "austeridade" e que mesmo calificou como "auto-trampas" empregadas para cadrar as contas da Xunta ao deixar sen executar algunhas das partidas. A devolución de fondos europeos xa foi sinalada polo interventor xeral da Deputación da Coruña, José Manuel Pardellas, quen alertou das "obrigas de reintegro" en subvencións europeas por obras non pertinentes ou que nunca chegaron a funcionar. A Xunta de Feijóo deixou sen executar o 60% dos fondos europeos recibidos Segundo Xavier Vence arredor do 60% dos fondos de cohesión non foron administrados. Así, dos 5.300 millóns previstos só se empregaron 3.300. Esta decisión política deixará Galiza sen 2.000 millóns de euros para o vindeiro período e demostra, segundo o líder do Bloque, "que a política rexional non conseguiu os obxectivos declarados" en boa medida por non se executaren os proxectos mais tamén, considerou polo desenvolvemento de "políticas xenéricas" que "non son suficientes", dixo Vence, para corrixir "as desvantaxes territoriais". Neste senso, desde o BNG demandan unha outra estratexia deseñada de acordo coas especificidades do país e non "sometida á estratexia estatal", denunciou en relación coa RIS3 e que aínda se atopa en fase final. |
NOS_54865 | A televisión pública do país veciño vén de lembrar nun documental os portugueses caídos na Guerra Civil española. E comezan por Manuel Graciano Araújo, un xornaleiro e canteiro que vivía na Estrada e que foi fusilado por galeguista e comunista. | Graciano era natural de Viana do Castelo, onde residía a súa familia, mais vivía na Estrada, onde traballaba como xornaleiro e canteiro. Membro do PCE, foi acusado de galeguista e comunista e internado no campo de concentración da Illa de San Simón. Posteriormente foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e executado o 28 de decembro de 1936 na mesma cidade, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco. A acusación pola que o asasinaron dicía así: "Se valía, siguiendo consignas que claramente sabemos que vienen de Rusia, de sedicentes propagandas galleguistas y de un falso afecto a nuestra región, para combatir la única e intangible realidad nacional con la creación de antihistóricos y artificiosos hechos diferenciales". A historia foi recuperada pola RTP coa colaboración de Dionisio Pereira, que ten publicado unha obra na que afonda na historia dos portugueses na Galiza, 'Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)', na editorial Através. Dionisio Pereira cifra en 370 as persoas de nacionalidade portuguesa residentes en Galiza que foron represaliadas de diferentes maneiras, das cales 68 foron asasinadas. No documental da RPT, titulado 'A guerra também foi nossa' (programa Linha da Frente, emitido o 19 de novembro), Pereira cifra en 370 as persoas de nacionalidade portuguesa residentes en Galiza que foron represaliadas de diferentes maneiras, das cales 68 foron asasinadas. O historiador galego explica que Graciano traballaba de xornaleiro facendo estradas e "formou parte dos grupos que defendían a República". Tiña 29 anos e deixou viúva e dous fillos. O día anterior ao seu fusilamento deixou escrita esta mensaxe para o cónsul portugués de Vigo: "Ex. Sr. hoje chegou minha hora, sinto como Portugues não poder abrazar a bandeira da Patria querida, mais não tenho tempo que Vde. Benha junto de min. Um adeus a Portugal. Sou filho da Patria Querida". Ao día seguinte era fusilado en Pontevedra e descansa no cemiterio de Santo Amaro. En xaneiro 2014 foi homenaxeado na Estrada polas asociacións Vagalume e Verbo Xido. Outro caso: Abílio Barbosa Araújo O documental tamén conta a historia doutro portugués emigrado na Galiza que foi paseado: Abílio Araújo Barbosa. Soterrado polos veciños de Gondomar logo de ser asasinado, o seu corpo foi exhumado en 2010 polo Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración cos forenses do Instituto de Medicina Legal de Santiago, grazas ás políticas impulsadas polo bipartito neste eido. |
NOS_2915 | Un cambio constitucional centralizador provoca a reacción da poboación de Karakalpakistán. | A cidade de Nukus, capital de Karakalpakistán, unha república autónoma integrada no territorio de Uzbekistán, viuse sacudida nas últimas horas polas protestas protagonizadas por dúcias de miles de personas. A razón é a súa oposición á introdución de cambios no texto constitucional do Estado. O Goberno central pretende introducir máis de 200 modificacións que, entre outras, inclúen a eliminación da palabra "soberana" na descrición da república, así como o dereito de Karakalpakistán a separarse de Uzbekistán mediante referendo. O Goberno declarou a concentración como "ilegal" O de hoxe é o terceiro día consecutivo de protestas nunha rexión que ocupa o 40% do territorio de Uzbekistán. Polo de agora, a información escasea, pero nas redes sociais abundan vídeos do conflito. Pola súa parte, o Ministerio do Interior declarou a concentración como "ilegal" e manifestou a súa firme intención de "facer cumprir a lei", pois "un grupo criminal, agochándose detrás de consignas populistas" está facendo un intento "de apoderarse de institucións estatais, dividir á sociedade e desestabilizar a situación sociopolítica en Uzbekistán". |
PRAZA_14428 | A auditoría encargada polo Estado á consultora Oliver Wyman revela que a banca española precisa máis de 50.000 millóns de euros para sanearse. O Estado pedirá 40.000 millóns de rescate bancario á UE. | "Pedimos 6.000 millóns de euros, que cubrirían con exceso as necesidades dos dous decretos", isto é, dos requisitos impostos polo Goberno central ás entidades financeiras a instancias da Unión Europea. Estas palabras pronunciábaas a mediados de xullo o presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, na presentación da campaña de imaxe coa que a entidade pretendeu amosar o seu "compromiso" co país, ademais de pedir "perdón" polas prácticas das antigas caixas. Naquela comparecencia pública Castellano matizaba, non obstante, que "a cantidade determinarase en setembro", deixando a porta aberta a que puidese ser menor. Setembro chegou e, cando está a piques de rematar, estes venres a consultora Oliver Wyman fixo públicos os resultados da auditoría da banca española que lle encargou o Goberno central. E o resultado súmalle algo máis de mil millóns de euros ás previsións de Castellano. Novagalicia é a terceira entidade do Estado con máis necesidades de capital Novagalicia Banco precisa 7.176 millóns de euros para sanearse, o que a converten na terceira entidade do Estado con maiores necesidades de capital. Supéraa sobradamente Bankia, con 24.743 millóns -tamén por riba das previsións- e está tamén por diante Catalunya Bank, con 10.825. E ningunha máis. O resto dos bancos españois, tanto os intervidos como os que non o están, precisan menos cartos. Por tras de NCG atópase o tamén nacionalizado Banco de Valencia -3.462 millóns-, o Banco Popular -3.223 millóns-, Banco Mare Nostrum -2.208 millóns- e Ibercaja, Liberbank e Caja 3, que necesitan 2.108 millóns. Agora resta saber cantos destes fondos sairán directamente das arcas públicas, se ben o secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, avanza que, finalmente, a cantidade que o Estado lle pedirá á Unión Europea para o rescate bancario non serán "máis de 40.000 millóns de euros". Neste contexto, as únicas entidades bancarias que contan con excedentes de capital, e polo tanto, poderían afrontar un escenario económico adverso sen recapitalizarse, son só sete: Banco Santander , BBVA, Caixabank, Kutxbank, Sabadell, Bankinter e Unicaja. Nomeadamente, o excedente do Santander é de 25.297 millóns de euros, o BBVA conta con 11.183, Caixabank ten un colchón de 5.720 millóns, Kutxabank conta con 2.188, o Sabadell ten 915 e o excedente de Bankinter e Unicaja está en 399 e 128 millóns, respectivamente. Necesidades de capital da banca (fonte: Banco de España) Entidades Necesidades en escenario adverso Bankia -24.743 Catalunyabank -10.825 Novagalicia Banco -7.176 Banco de Valencia -3.462 Banco Popular -3.223 Banco Mare Nostrum -2.208 Ibercaja+Liberbank+Caja 3 -2.108 Unicaja +128 Bankinter +399 Sabadell +915 Kutxabank +2.188 Caixabank +5.720 BBVA +11.183 Santander +25.297 TOTAL DAS NECESIDADES - 53.745 |
NOS_42803 | As probas celebraranse o 25 de novembro no Pazo provincial dos deportes organizadas por Special Olympics Galicia e FADEMGA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galiza) | O vindeiro domingo 25 de novembro Lugo acollerá os XVI Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galiza. Nesta edición, os xogos, organizados por Special Olympics Galiza e FADEMGA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galiza), e promovidos pola asociación ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo), en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, servirán para render unha homenaxe póstuma a Pepe López, directivo de ambos os dous colectivos.O xeito de participar nos XVI Xogos de Baloncesto formúlase a partir de catro categorías de idade: mínimos, infantís, xuvenís, absolutos e sénior; e cinco niveis de competición: un primeiro que se corresponde cun bo nivel de xogo, o intermedio, o inicial, e os dous últimos que contemplan as probas adaptadas, dirixidas a persoas con discapacidade intelectual con necesidade de apoio extenso e xeralizado. |
NOS_23631 | Países como Antigua e Barbuda e Australia xa abriron a porta a realizar referendos para decidir se seguen coa monarquía como forma de xefatura de Estado. | O falecemento a pasada semana da raíña de Reino Unido, Isabel II, supuxo o remate dun dos períodos políticos máis lonxevos no mundo. A súa morte provocou e provoca múltiples consecuencias que se deixarán notar nos vindeiros meses. Loito no Reino Unido até unha semana após o funeral de Isabel II Unhas desas derivadas é saber cal será o futuro da Commonwealth após a desaparición da súa principal valedora. O seu fillo e sucesor, Carlos III, non conta co consenso que si representaba Isabel II e que lle permitiu manter a unión do organismo. Neste sentido, moitos destes países xa levaban anos dando a entender que, no momento do falecemento de Isabel II, darían os pasos necesarios para converterse en repúblicas cunha xefatura estatal propia. Carlos III, proclamado novo monarca do Reino Unido O último país en cambiar a monarquía pola república foi Barbados. A finais de 2021, e coincidindo co 55 aniversario da independencia do país, Sandra Mason asumiu o cargo de presidenta de Barbados, substituíndo Isabel II como xefa do Estado. Porén, a antiga colonia británica asegurou que mantería os vínculos de amizade cos integrantes da Commonwealth. Primeiros referendos A primeira ex colonia do imperio británico que tomou a iniciativa foi Antigua e Barbuda. O seu primeiro ministro, Gaston Browne, xa adiantou que, nun prazo de tres anos, convocará un referendo para que a poboación poida decidir se este país do Caribe constitúese como república ou segue baixo a coroa do Reino Unido. Antigua e Barbuda, outra nación da Commonwealth que aposta na república após a morte de Isabel II Australia é un dos grandes territorios que aínda segue baixo a xefatura de Estado da monarquía británica. O seu primeiro ministro, Anthony Albanese, subliñou esta segunda feira que "non é apropiado" pór sobre a mesa un posíbel referendo mentres están a decorrer os funerais institucionais de Isabel II. Non é probábel que a poboación australiana poida votar até, cando menos, o comezo da vindeira lexislatura, se quere seguir con Carlos III como xefe de Estado. O propio Albanese asumiu ese compromiso no caso de volver ser elixido como primeiro ministro de Australia. |
NOS_47856 | Menú de lagostinos rebozados en flocos de millo con maionesa picante, arepas con carne de polo e queixo de Arzúa e torta rápida de limón e bolachas. | Lagostinos rebozados en flocos de millo con maionesa picante Este prato é ideal para o aperitivo. Os lagostinos fican moi crocantes e a maionesa picante dálle un toque delicioso. Ingredientes (2 persoas): 400 g de lagostinos, 70 g de flocos de millo do almorzo (sen azucre), 2 ovos aceite de oliva suave, 3 culleres de maionesa, 2 culleres de sobremesa de mollo Sriracha. Elaboración: Podemos empregar lagostinos frescos ou desconxelados. Comezamos tirándolles a cabeza e a casca, deixando a última parte da cola para decorar. Unha vez pelados salgámolos un pouco e cravámolos en espetos de madeira comezando pola parte da cola. Esto axudaranos a manipulalos mellor e ademais evitaremos que se encollan ao fritilos. Nun prato batemos os dous ovos e reservamos. Noutro prato botamos os flocos de millo e coa axuda dun morteiro esmagámolos un pouco. Poñemos a quentar abundante aceite de oliva nunha tixola ou cazo e imos mollando os lagostinos en ovo, logo pasándoos polos flocos até que queden ben cubertos e finalmente fritíndoos até que fiquen dourados. Despois de fritilos colocámolos sobre un prato con papel absorvente para tirar o aceite sobrante. Finalmente facemos o mollo de maionesa picante. Para iso mesturamos a maionesa coa sriracha, podemos botarlle máis ou menos mollo picante segundo o gusto. Servimos os lagostinos nos espetos acompañados do mollo nun cunco. Arepas con carne de polo desfiada e queixo de Arzúa As arepas son unha comida moi famosa en países como Venezuela ou Colombia. Son unha especie de tortiñas feitas con auga e fariña de millo, cómense como acompañante ou recheas do que máis nos guste. Ingredientes (2 persoas). Para o recheo: 2 peitugas de polo, 3 cebolas, 1 pemento vermello, 3 allos, 2 tomates, 3 caienas secas, 1 aguacate, queixo de Arzúa. Para a masa: 250 g de fariña de millo branco precocida (a máis coñecida é da marca P.A.N.), 450 g de auga, 1 culler de aceite, 1 chisco de sal. Elaboración: Comezamos preparando a masa. Botamos nun cunco a fariña de millo e o sal e mesturamos. É importante que sexa fariña de millo branco precocida, a fariña de millo normal non serve. Engadimos a auga pouco a pouco e imos remexendo cunha culler de madeira. Amasamos coas mans e deixamos repousar 15 ou 20 minutos. Unha vez repousada a masa, mollamos as mans e facemos oito boliñas. Deixamos un anaco sobre un pano. Para facer as arepas imos empregar unha tixola ou unha prancha, antes untámola un pouco cun pano de papel e un pouco aceite para evitar que se peguen. Imos poñendo as boliñas na tixola e esmagámolas para aplanalas, deixamos cinco minutos de cada lado até que collan algo de cor. Para o recheo cocemos nunha pota con auga e un pouco de sal as peitugas de polo acompañadas dunha cebola enteira e pelada, deixamos 30 minutos a lume medio. Mentras tanto picamos as outras dúas cebolas, os allos e o pemento en anaquiños e rustrimos cun pouco de aceite e sal, pasados uns minutos engadimos os dous tomates cortados en anacos. Cando o polo estea listo, sacámolo da auga e gardamos o caldo. Desfiamos as peitugas coa axuda de dous garfos. Botamos as caienas cortadas en anacos e o polo desfiado ao rustrido de pemento, cebola e tomate e imos engadindo culleradas do caldo onde cocimos as peitugas, pasandoo antes por un coador. Cando as verduriñas estean ben pasadas deixamos de engadir caldo, agardamos a que reduza un pouco o líquido e retiramos do lume. Pelamos e esmagamos cun garfo o aguacate nun cunco. Finalmente abrimos as arepas cun coitelo e enchémolas coa carne, o aguacate e un pouco de queixo de Arzúa. Servimos quentiñas. Torta rápida de limón e bolachas Esta torta é case máxica, faise moi rápido e o resultado é marabilloso. Ten un sabor moi fresco e suave, ideal para rematar o xantar con bo sabor de boca. Ingredientes (2 persoas): 370 g de leite condensado, 200 ml de nata, 200 ml de leite, 300 g de queixo crema, 175 ml de zume de limón (4 limóns aprox), 175 g de bolachas maría. Elaboración: Imos empregar o bordo dun molde desmontábel de 19 centímetros de diámetro máis ou menos. Colocamos o bordo do molde, sen a base, no prato no que imos servir a torta e cubrímolo con papel de forno. Podemos untar cun pouco de manteiga o molde para axudar a pegar mellor o papel. Nun cunco botamos o leite condensado, a nata, o leite e o queixo. Batemos á man cun batedor de globo até que fique homoxéneo. Teremos unha crema moi líquida polo momento. Cortamos un dos limóns pola metade e cortamos dous toros finiños. Imos partir estes toros á metade e colocalos nos bordos do molde para decorar. Logo esprememos os limóns até obter 175ml de zume. Cando teñamos o zume preparado, imos engadíndoo á mestura de nata e leite pouco a pouco mentres batemos a man co batedor de globo. Observaremos como comeza a espesar até ter unha crema máis densa. Integramos ben e reservamos. Despois colocamos no prato co molde unha primeira capa de crema, e logo a primeira capa de bolachas. Repetimos o proceso até ter catro ou cinco capas de bolachas e estendemos ben a última capa de crema. Deixamos repousar na neveira unhas cinco ou seis horas até que se solidifique, e antes de servir desmoldamos e relamos un chisco de limón por enriba. Tamén podemos decorar con toros de limón ou folliñas de menta. |
NOS_202 | Tivo que soportar como dúas funcionarias públicas da Xunta se negaban a atendela en galego, con respostas como ""Yo solo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego" ou enxalzaban o franquismo diante súa. Adela Figueroa recoñece que non é a primeira vez que ten problemas nunha administración por pedir, como lle garante a lei, o dereito a ser atendida en galego. | -Que sentiu neses momentos, cando a resposta á petición a esas empregadas públicas de que lle falasen en galego derivou en menosprezo e mesmo apoloxía do franquismo? -Era algo totalmente absurdo, parecían dúas persoas [estas funcionarias] sacadas dun cómic, xa pensei que este tipo de xente non existía. Notei que sobre todo una delas tentaba humillarme. -Coñecíaas ou tivera algún problema con elas anterioremente? -Non, non as coñecía de nada. -Non houbo ningunha persoa funcionaria neses momentos que intervise? -Estaban alí os dos servizos xurídicos que estaban escoitando todo, mesmo unha das funcionarias se levantou para ir xunto a eles. Eu despois fun falar con eles e respondéronme que aquilo non ía con eles. -Foi á delegación da Xunta a pedir información sobre estatutos de clubes de montañismo…. -A funcionaria que me atendeu deume una documentación e preguntábame cousas como para que quería todo aquilo. Eu amabelmente pedín se podía atenderme en galego. Foi entón cando comezou todo, púxose bastente violenta. -Anunciou que ía denunciar o acontecido… -Xa o fixen, mandei a queixa a todos os estamentos oficiais, á Xunta, á Xunta de Persoal, ao Valedor do Pobo, ao secretario do presidente da Xunta… -Confía en que esta denuncia teña algún tipo de efecto? -Xa me chegou que o delegado da Xunta de Galiza en Lugo recibira esa queixa e que ía investigar o que aconteceu. Recoñece publicamente que eu tiña dereito a ser atendida en galego. -Pasoulle esta situación algunha vez máis nunha administración? -En Pontevedra, nunhas dependencias municipais, hai uns catro ou cinco anos. A funcionaria que me atendeu pedinlle amabelmente se podía contestarme en galego. Maia a súa reacción foi dicirme que ela era española e que non tiña por que falarme en galego e que tiña dereito a falarme español porque estaba en España. Desa vez non presentei queixa, preguntei en alto se había alguén que me puidera atender en galego e ofrecéronse dúas rapazas novas que estaban traballando alí, rapazas coas que xa falara antes e dirixíranse a min en castelán. Creo que o persoal funcionario debería ser máis consciente de que o galego é un patrimonio moi importante que hai que preservar. Deberían ter máis empatía co administrado e se este fala galego, responderlle en galego por propia iniciativa. De todos xeitos, quero destacar que a gran maioría das funcionarias fan un traballo espléndido pero si que no idioma poderían ter un pouco máis de empatía. Se eu falo galego e me responden en castelán é como se estivesen poñendo unha distancia. Se entre todos non defendemos o galego, o galego vaise. -Estamos lonxe de que nas administracións públicas haxa un respecto aos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes? -Estamos lonxe, moito, dunha normalización lingüística real. |
NOS_47191 | Senadores demócratas dos estados de Hawai, Montana, Dakota do Norte e Novo México presentaron un proxecto para preservar os idiomas en risco de extinción, como o 'olelo' (Hawai). | Un total de 25 millóns de dólares -por volta de 22,2 millóns de euros- para apoiar e promover programas de inmersión lingüística en idiomas nativos americanos. Esa é a intención do proxecto presentado por cinco senadores do Partido Demócrata e cunha duración de 5 anos. Brian Schatz (Hawaii), Jon Tester (Montana), Mark Heinrich (New Mexico), Heidi Heitkamp (North Dakota) e Tom Udall (New Mexico) impulsan esta iniciativa, que queren que sexa lei, para preservar os idiomas nativos en risco de extinción, segundo informa nacions,blogspot. Na actualidade a inmersión aplícase en Hawai e Montana, sobre todo no primeiro estado, onde se procura reverter o preocupante retroceso da lingua 'olelo'. En Hawai hai 4 escolas públicas e 30 privadas onde se desenvolver a inmersión lingüística. Segundo o censo de 2010 o número de falantes de olelo neste arquipélago é de 16.000 persoas. Cómpre lembrar que até 1987 estivo vixente unha lei norte-amerocana de 1896 que prohibía o ensino da lingua hawaiana nas escolas públicas. |
PRAZA_1415 | Do 3 ao 5 de xullo Hercules & Love Affair, Hidrogenesse, Glass Animals, Javiera Mena, La Bien Querida, Fernando Alfaro ou Dorian actuarán neste paradisíaco escenario. | O pasado ano o Festival do Norte fixo mudanza. De Vilagarcía trasladouse á Illa de Arousa, e de maio a xullo, en boa medida buscando evitar as chuvias da primavera. A escolla do lugar foi inmellorable, nun escenario idílico tanto para os concertos coma para a zona de acampada; foi tamén un acerto a escolla do cartel, coa presenza de The Horrors, Is Tropical, Veronica Falls, Austra ou El Último Vecino; ou fórmulas para a extensión do festival por toda a vila, en horarios distintos á noite e con actividades gastronómicas e para os máis pequenos; mesmo se coidaron pequenos detalles, coma o deseño das estruturas físicas do festival, premiadas polo COAG. Houbo algúns fallos na estrea (críticas ao transporte, por exemplo), pero sobre todo errou o clima, cunha chuvia que nalgúns momentos dificultou a asistencia aos concertos e reduciu a asistencia. Así e todo, e confiando en que este xullo o tempo se axuste algo máis ao calendario, o Festival do Norte regresa á Illa, co obxectivo de asentarse nesta localización paradisíaca e de novo co apoio do Concello, que realizou unha clara aposta polo evento, que leva o nome da Illa de Arousa por todo o Estado. De novo, un cartaz de primeiro nivel, co primeiro concerto en Galicia de Hercules & Love Affair. O a presenza doutras bandas emerxentes a nivel internacional, como Glass Animals, ou da chilena Javiera Mena. E, sobre todo, unha moi coidada selección do pop estatal, con nomes ben coñecidos coma Hidrogenesse, La Bien Querida, Fernando Alfaro, Grupo de Expertos Solynieve, Perro ou Dorian. Destaca tamén o concerto de despedida en Galicia dos cataláns Standstill. O Festival do Norte presenta tamén unha boa representación de bandas galegas, encabezadas por Chicharrón, Trajano!, Alex Casanova ou Cazador. E un bo feixe de dj's, coma Amable & Viktor Ollé e Dj Maadraassoo, todos residentes do Razzmatazz barcelonés, ou Isaac Torgal. Haberá tres escenarios: o Son Estrella Galicia, ubicado na Praia do Bao, preto do Parque Natural do Carreirón; un máis íntimo, no Auditorio da vila, por onde pasarán Los Punsetes ou Neil Halstead; e outro máis distribuído por algúns bares da localidade, onde actuarán entre outros Cooper ou Fernando Alfaro. O prezo das entradas irá incrementándose a medida que se acheguen as datas de celebración do festival: Ata o 22 de xuño o abono custará 35 euros, que serán 40 ata o 2 de xullo. En taquilla o prezo será de 45. A entrada dá dereito a acampada. E é que o Festival do Norte vívese dende a mañá á noite, con música dende a mesma praia. |
PRAZA_14649 | A reacción do BNG e da coalición de IU e Beiras fronte esta enxurrada de empobrecemento e recesión inducida é facerlles frente e paralos. Resistencialismo xustificado na gravidade do momento histórico, mais que non achega, en ningún dos dous casos, propostas en positivo cara á construción dunha Galicia do futuro. | Verdadeiramente o conxunto dos recortes principiados por Feijóo en abril do 2009 e seguidos no nivel estatal por ZP, dende maio do 2010 e por Rajoy, dende decembro do 2011, xerou unha terríbel espiral de menos actividade, máis desemprego, menos recadación fiscal, máis recortes e menor cantidade e calidade dos servizos públicos. Unha espiral suicida como a xerada pola política de austeridade do presidente Hoover nos USA dende fins do 1929 até fins do 1933 e que só salvou Roosevelt coa súa acción decididamente socialdemócrata do New Deal. Diante desta suicida política da dereita conservadora o PSOE, campión canda Feijóo na xeración de desemprego, fai parte do mesmo problema e carece de credibilidade para liderar ningunha política alternativa Diante desta suicida política da dereita conservadora o PSOE, campión canda Feijóo na xeración de desemprego, fai parte do mesmo problema e carece de credibilidade para liderar ningunha política alternativa, porque non foi quen a desenvolvela cando podía. Porque, en realidade, ZP asumiu as mesmas receitas ca o PP ao reformar os dous xuntos a Constitución hai un ano, coa finalidade de priorizar o equilibrio orzamentario sobre a creación de emprego, o crecemento económico e o benestar. PP e PSOE demostraron preferir o balanceo do budget á creación de jobs, en afortunada comparanza de Obama. É dicir as contas sobre a creación de emprego e riqueza. A reacción do BNG e da coalición de IU e Beiras fronte esta enxurrada de empobrecemento e recesión inducida é facerlles frente e paralos. Resistencialismo xustificado na gravidade do momento histórico, mais que non achega, en ningún dos dous casos, propostas en positivo A reacción do BNG e da coalición de IU e Beiras fronte esta enxurrada de empobrecemento e recesión inducida é facerlles frente e paralos. Resistencialismo xustificado na gravidade do momento histórico, mais que non achega, en ningún dos dous casos, propostas en positivo cara á construción dunha Galicia do futuro. Porque semella que a alternativa ás receitas da dereita non serán vellos modelos fracasados no Leste de Europa, Cuba ou Corea do Norte nin ocorrencias antisistema. A alternativa pasará por defender propostas eclécticas e mixtas, que faciliten o financiamento aos pequenos e medianos empresarios e o propio emprendemento empresarial, canda a blindaxe dunha sanidade, educación e servizos sociais universais e de calidade. É dicir, reformar e mellorar o sistema de economía mixta que xerou, na nosa Europa, a meirande concentración de riqueza e mellor reparto da mesma da historia do mundo contemporáneo. A alternativa pasará por defender propostas eclécticas e mixtas, que faciliten o financiamento aos pequenos e medianos empresarios e o propio emprendemento empresarial, canda a blindaxe dunha sanidade, educación e servizos sociais universais e de calidade Velaí que non exista alternativa política a esta espiral de empobrecemento e recortes sen propostas en positivo e centradas que vaian moito máis aló ca de paralos e de facerlles frente. |
NOS_56597 | Xerais rescata medio cento de inéditos do autor de Celanova | En 1937, Celso Emilio Ferreiro estivo ao bordo dunha morte certa. Significado dirixente da facción máis arredista das Mocidades Galeguista durante a República, aceptou a mobilización no bando nacional para salvar o pelello. Pero comentarios antifascistas nun día de permiso valéronlle prisión e risco de fusilamento. Salvouse de novo, e dese suceso nacería o estremecido poema Longa noite de pedra. Non foi esta a única interrupción do seu silencio poético daqueles anos. Francisco Xavier Ferreiro Loredo, un dos seus fillos, vén de rescatar case medio cento de poemas inéditos escritos en castelán na fronte de Asturies. Publica Xerais. Birimbao. Poemas de mí para tí (1937-1939) ilustran así "unha época pouco coñecida de Celso Emilio", expón o fillo a Nós Diario. Que saen á luz 40 anos despois do seu pasamento grazas a unhas fotocopias dos manuscritos orixinais. "Estaban en mans dunha profesora de Córdoba filla dun amigo do meu pai", relata Ferreiro Loredo, "que lle enviou copias á miña nai. Pero os escritos orixinais están perdidos. Non sei porque non están no arquivo da familia". Hai tres anos que acabou de confeccionar o traballo de exhumación. O volume estrutura as composicións en tres partes, tituladas polo fillo do poeta. Poesía de parapeto, Birimbao. Poemas de mí para tí e Memorias de mis caminos acollen versos amorosos e sobre a guerra, ás veces mesmo políticos, a vertente da súa obra que despois lle proporcionaría máis sona como escritor. "A política aparece, si, pero ao escribir desde a fronte de Asturies e no bando nacional, non era como para andar escribindo poesía política", sinala Ferreiro Loredo. A pegada lorquiana, omnipresente na poesía en castelán daquel tempo, tamén emerxe neste Celso Emilio mozo: "Quiero volver a tu lado, / mi luna, mi abril, mi viento. / Tengo las rutas sabidas, / estoy cansado y sediento". Birimbao contén un limiar do crítico e biógrafo do poeta Ramón Nicolás -Máis ca un rescate literario-, e outros diversos materiais, entre eles imaxes inéditas, un importante aparello de notas, a transcrición de documentos de época, unha cronoloxía poética ou a reprodución da caligrafía de Celso Emilio en poemas do seu Cartafol de poesía, publicado en Celanova xusto antes do 18 de xullo de 1936 con, estes si, poemas en galego. |
NOS_33714 | A outra é a Soberana 2. Se algunha delas acada a autorización final, sería a primeira vacina contra o coronavirus concebida e producida en América latina. O Goberno cubano calcula que en agosto estárán fabricadas as doses necesarias para inmunizar a poboación da illa. | Cuba principiou esta semana a vacinar 48.000 voluntarios e voluntarias co seu antíxeno experimental anticovid Abdala, o segundo da illa que pasa á fase tres de ensaios clínicos, a última antes da súa aprobación, anunciaron os científicos responsábeis do proxecto. "Pensar que temos autorizado o segundo candidato o noso na fase 3 de desenvolvemento clínico é algo que realmente nos motiva e dános moita enerxía para seguir traballando", dixo o vicepresidente do grupo estatal BioCubaFarma, Eulogio Pimentel. O directivo destacou que no mundo hai 22 candidatos vacunais contra o coronavirus que están en fase tres e "o 23 sería Abdala". Como moi tarde, no mes de agosto fabricariamos as doses requiridas para inmunizar toda a nosa poboación, e logo seguiremos producíndoas, a fin de fornecelas a outros países amigos "A capacidade inventiva dos nosos científicos, tecnólogos, propiciou que o 10% deses candidatos (...) proveñan dunha pequena illa como a nosa", engadiu. Catro candidatas Os científicos cubanos traballan en catro candidatos a vacinas contra o coronavirus: Soberana 1 (en fase 2), Soberana 2 (fase 3), Abdala (fase 3) e Mambisa (en fase 1). Un quinto, Soberana +, é unha reformulación de Soberana 1, destinado a convalecentes da enfermidade. Cuba marcouse a meta de vacinar este ano toda a súa poboación de 11,2 millóns de habitantes, e prevé completar en agosto os 33 millóns de doses que require, segundo fontes científicas, considerando tres doses por persoa. Cuba asegura ter a máis alta taxa de recuperación de pacientes en América fronte ao Covid-19, co 94.2% dos que contraeron a enfermidade até o 20 de marzo, segundo o Ministerio de Saúde Pública. "Como moi tarde, no mes de agosto fabricariamos as doses requiridas para inmunizar toda a nosa poboación, e logo seguiremos producíndoas, a fin de fornecelas a outros países amigos", dixo o doutor en Ciencias Eduardo Martínez Díaz, presidente do grupo empresarial das Industrias Biotecnolóxica e Farmacéutica ( BioCubaFarma) |
PRAZA_3865 | Varios equipos da USC traballan na prevención, na mellora da diagnose e en novos fármacos contra a Covid-19. O investigador Martínez Costas obtivo xa financiamento do Instituto de Saúde Carlos III para desenvolver unha vacina. | Prevención, diagnose e terapia. Neses tres ámbitos da loita contra o coronavirus están a traballar xa investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través dos laboratorios do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).Varios grupos de investigadores da USC traballan na consecución de vacinas, na mellora da diagnose e no desenvolvemento de fármacos contra o coronavirusA investigación galega achega esperanzas a unha loita que centra agora na prevención futura da enfermidade, a través de vacinas, no desenvolvemento de novas formas de diagnose, con test serolóxicos específicos, e no avance con novas terapias a través de fármacos antivirais e da optimización da súa administración, con maior eficiacia e menor toxicidade. De feito, e tal e como destaca a propia USC, o investigador José Martínez Costas, do CiQUS, obtivo xa financiamento do Instituto de Saúde Carlos III para o desenvolvemento dunha vacina fronte á Covid-19 en base a unha nova metodoloxía patentada na Universidade compostelá que permite "resultados en marxes de tempo reducidos e a baixo custo". Como explica Martínez Costas, a metodoloxía a partir da que se traballará é válida fronte contra calquera patóxeno. "Facemos que células de calquera orixe fabriquen microesferas e introduzan dentro delas os antíxenos víricos" aclara. Estas partículas "purifícanse moi facilmente e teñen capacidade intrínseca para estimular ao sistema inmune, o que as converte en ideais como vacinas para o coronavirus, doenza que afecta principalmente a persoas de idade avanzada cuxo sistema inmune adoita estar debilitado", engade o investigador. O investigador Martínez Costas obtivo xa financiamento do Instituto de Saúde Carlos III para o desenvolvemento dunha vacina fronte á Covid-19O equipo do CiQUS traballará na produción da vacina mentres que o ensaio en animais levarao a cabo outro equipo do Centro de Investigación en Sanidade Animal de Valdeolmos (Madrid). Se se comproba que a estratexia achega resultados positivos, o equipo buscará financiamento adicional para iniciar ensaios clínicos. O destacable é, ademais, que se ben resulta moi complexo determinar un prazo de tempo definitivo para dispor dunha vacina efectiva, a metodoloxía desenvolvida na USC permite obter resultados preliminares sobre a efectividade do composto nun prazo inferior a procedementos convencionais. Así, a formulación inicial podería estar dispoñible nun prazo de entre dúas e tres semanas, como explica o investigador, aínda que o posterior desenvolvemento dunha vacina é un proceso complexo e longo que require efectividade e seguridade. A metodoloxía de Martínez Costas agora financiada para a súa aplicación fronte Covid-19 xa foi probada de xeito satisfactorio fronte outros dous virus.Tamén no desenvolvemento de vacinas traballa o grupo de María José Alonso, que avalía estudos preclínicos para unha nova vacina contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus. Este equipo intégrano persoal investigador de IDIBAPS, do National Center for Biotechnology, do Barcelona Supercomputing Center e de IRSICAIXA co financiamento do Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya. A metodoloxía desenvolvida na USC permite obter resultados preliminares sobre a efectividade da vacina nun prazo inferior aos procedementos convencionaisEste grupo propón o deseño dunha vacina baseada en ARNm (ácido ribonucleico mensaxeiro) do virus, "unha alternativa prometedora fronte a vacinas convencionais polo seu gran potencial, rápido desenvolvemento, fabricación a baixo custo e administración segura". A misión do equipo da USC é desenvolver vehículos (que simulan virus artificiais) para a protección e transporte do RNAm á célula diana.Test fiable e rápidoAdemais, outros grupos da USC traballan na diagnose e seguimento de enfermos do coronavirus. Así, o profesor Jesús Rodríguez Requena está implicado nun proceso de desenvolvemento de novos test para a diagnose e identificación fiable e rápida de pacientes seropositivos, nunha investigación na que tamén participan grupos do CSIC.En canto ao seguimento de pacientes, o investigador José M. Castro Tubío céntrase na identificación a evolución da infección por coronavirus, especialmente no relacionado coa aparición de novas mutacións. Nunha primeira fase desta liña de traballo, o grupo dedicarase ao desenvolvemento dun método de xenotipado destes virus mediante a tecnoloxía de secuenciación en célula única.Novas terapiasNo que ten que ver coa busca de novos fármacos, os equipos de investigación traballan na optimización da formulación de compostos, así como na súa administración para conseguir unha eficacia e seguridade máxima. No desenvolvemento de novos fármacos, os grupos do CiMUS liderados por Mabel Loza e María José Alonso, no eido da formulación, procuran financiamento para varios proxectos a nivel europeo e estatal ou en asociación con empresas.Dous grupos do CiMUS traballan na busca de novos fármacos e procuran financiamento a nivel europeo e estatal ou en asociación con empresasAsí, atópanse pendentes de resolución dous proxectos solicitados á UE: o primeiro, de xeito conxunto con máis de dez socios, sobre screening masivo vía intelixencia artificial de candidatos a fármacos antivirais, outro cuxo obxectivo é o testado da actividade vírica de candidatos a estes mesmos medicamentos, así como un terceiro relacionado co reposicionamento de fármacos. Nesta mesma área, informa a USC, enviouse unha expresión de interese á convocatoria de GAIN da Xunta coa que se pretende mellorar a eficacia e reducir a toxicidade dos fármacos actualmente utilizados no tratamento da Covid-19. |
PRAZA_4354 | O coronavirus supuxo só o último dunha longa serie de atrasos e mudanzas dun edificio rematado en decembro cuxo custo pasou de 24 a 27 millóns malia ver recortadas as súas habitacións de 80 a 60 | O coronavirus supuxo só o último dunha longa serie de atrasos e mudanzas dun edificio rematado en decembro cuxo custo pasou de 24 a 27 millóns malia ver recortadas as súas habitacións de 80 a 60O edificio rematouse o pasado decembro, coa súa entrega a Paradores, pero a súa apertura quedou paralizada polo coronavirus. Agora a entidade estatal vén de anunciar que finalmente o Parador de Muxía entrará en funcionamento o xoves 25 de xuño, o mesmo día en que reabrirán o resto de establecementos da rede. Porén, este xoves, ao tempo que Paradores anunciaba a súa apertura, a súa propia web só ofrecía dispoñibilidade para o establecemento de Muxía, de catro estrelas, a partir do domingo 28 de xuño, cunha tarifa de 130 euros a noite en habitación dobre sen almorzo (este supón 36 euros máis), que en xullo e agosto supera a maioría dos días dispoñibles os 200 euros e que en outubro baixa a 100 euros.O Parador de Muxía foi prometido no Plan Galicia co que o Goberno central de José María Aznar pretendía compensar a catástrofe ambiental do afundimento do Prestige en novembro de 2002. "Construirase un novo parador na Costa da Morte: 24 millóns de euros", sinalaba a información ao respecto do Consello de Ministros que o anunciou o 24 de xaneiro de 2003. Porén, máis de 17 anos despois o investimento ascendeu a 27 millóns de euros malia que as prazas se reduciron de 80 a 60. Tras a inclusión no Plan Galicia dun parador na Costa da Morte, o proxecto tardou en arrancar. Malia que o investimento foi estatal, sería a Xunta a encargada de definir o edificio, pero o concurso público para deseñalo non se convocou ata 2008. Coa volta do PP ao Goberno galego, argumentouse que ese proceso fora mal realizado, o que paralizou o proxecto, que non foi desbloqueado ata 2010, cando se anunciou que o edificio contaría con 80 prazas.Tras colocarse a primeira pedra en 2011, en 2012 o Goberno central anunciou a súa paralizaciónA súa construción encomendouse á empresa pública Tragsa e en 2011 púxose a súa primeira pedra, pero a crise fixo que os seguintes pasos avanzasen lentamente, ata o punto de que en 2012 o daquela ministro do ramo, José Manuel Soria, anunciou a súa paralización no marco dunha serie de recortes xerais en toda a rede de Paradores. O presidente Feijóo escenificou unha protesta pública contra o Goberno central do seu propio partido, o que na práctica non fixo que a obra se acelerase.O parador de Muxía, o porto exterior da Coruña e o AVE á Meseta son as únicas obras rematadas ou en avanzado estado de execución das oito grandes actuacións anunciadas no Plan GaliciaA obra volvería coller forza en 2016, cando o Goberno decidiu modificar o proxecto e reducir de 80 a 60 as súas prazas. Malia iso e unha nova ampliación dos prazos de execución, o seu custo fixouse en 27 millóns, tres máis dos previstos cando foi anunciado por Aznar.Coa súa entrada en servizo, o edificio será unha das tres grandes obras rematadas ou a piques de estalo (xunto co porto exterior da Coruña e o AVE á Meseta) do Plan Galicia das oito que contemplaba aquel documento. |
NOS_49777 | O lume iniciado á noite en San Xoán de Río fica extinto, mentres o outro incendio orixinado en Vilariño de Conso permanece controlado. Estímase que deixan máis de 100 hectáreas calcinadas. | O incendio que se orixinou a noite do pasado venres en Vilariño de Conso permanece controlado, deixando segundo as primeiras estimacións, unha superficie de 35 hectáreas afectada. O foco iniciouse pasadas as 21 horas na parroquia de Castiñeira e ficou estábel arredor das 3 da madrugada deste sábado, explicaba a Consellaría do Medio Rural.Ademais, quedou extinguido outro lume rexistrado en San Xoán de Río, deixando unha superficie calcinada de 80 hectáreas, segundo se estima. Este teríase iniciado ás 20 horas de onte na parroquia de Seoane de Argas e deuse por apagado ás 6.30 horas do sábado. |
PRAZA_2944 | ENTREVISTA Diego Ameixeiras vén de publicar A noite enriba, novela metaliteraria que homenaxea o xénero negro e, en especial, a David Goodis. | A noite enriba, (Xerais) a nova obra de Diego Ameixeiras, pertence, por suposto, ao xénero negro. Mais tamén é un libro sobre novelas e sobre a escrita. E unha novela existencial. Aínda que, que boa novela non o é? Nela, o autor de Asasinato no Consello Nacional ou Dime algo sucio homenaxea a David Goodis. "Aquí é imposible atopar grandes clásicos esquecidos de novela negra nunha biblioteca pública porque o concepto de cultura segue sendo demasiado elitista", di. Pois iso. Un escritor (ti, en realidade) quere facer unha biografía novelada de David Goodis. Isto serve de fío á novela. Por que David Goodis? (O libro ten bastante de reividicación del). A segunda gran xeración da época dourada da novela negra norteamericana acolle tres nomes fundamentais: Jim Thompson, Chester Himes e David Goodis. Thompson é o líder indiscutible da banda. Hai moita metralla narrativa neses clásicos que hai que ler mil veces como O asasino que hai en min e Pop.1280. Pero tamén son moi fanático do brutal sentido do humor de Himes e do seu xeito de presentar os problemas raciais nos EEUU dende o seu retiro de París. Sen adscribirse á corrente lírica do xénero, como o esquecido Bill Ballinger, penso que Goodis é o máis pesimista e tráxico deste formidable trío de titáns, un nihilista á altura doutros tipos xeniais como James M. Cain ou Horace McCoy. Ninguén coma Goodis escribiu sobre a fraxilidade, a marxinación e esa poética do perdedor que a min sempre me pareceu fascinante. Creo que é unha voz asombrosa. "Ninguén coma Goodis escribiu sobre a fraxilidade, a marxinación e esa poética do perdedor que a min sempre me pareceu fascinante" O seu editor dille isto: "Nalgunhas páxinas consegues que o narrador se disolva totalmente no texto. Unha novela así sempre funciona, aquí hai un mecanismo. Non contas a historia, obsérvala á altura dos ollos dos personaxes". Parece unha reflexión túa. É? A historia contén algúns diálogos que transitan nesa dirección. En canto sabes de que trata a túa novela, penso que hai que tentar non describilo demasiado. Sospeito que se saes vivo dese desafío é que acabas de escribir unha boa historia. A min gústanme as novelas nas que o escritor abandona a súa vaidade e non quere demostrarme dende a primeira páxina que é máis importante que o argumento que me está contando. Na miña opinión, esa é a postura máis honesta para enfrontarse a unha historia. Nese sentido, a novela ten moito de reflexión sobre o propio feito de escribir. É a túa novela, -xa se dixo na presentación en Santiago-, máis metaliteraria. Por que? Ou por que neste momento? Fálase, ademais, da escrita como adicción, como un proceso desequilibrante… Non atopo un motivo concreto. Probablemente se deba a que é a miña décima novela, un número redondo, e a que sentía a necesidade de deixar constancia que me gustan as vellas novelas baratas de Bruguera que leron os nosos pais, onde hai bastante máis oficio que en moitos best-sellers actuais de capa dura. Ao contrario do que lle ocorre ao protagonista de A noite enriba, para min escribir é un proceso equilibrante que me axuda nunha certa orde interna da miña vida. Iso non quere dicir que desconfíe dos escritores lánguidos e atormentados. "Gústanme as vellas novelas baratas de Bruguera que leron os nosos pais, onde hai bastante máis oficio que en moitos best-sellers actuais de capa dura" Nun dos diálogos do libro coméntase que os existencialistas franceses detectaron as dimensións filosóficas da obra de Goodis. E algo diso tamén ten a túa novela. De existencial, polo menos (a angustia de vivir, etc). Aínda que tamén o poden ter as outras (menos). Que cres disto? Os franceses sempre foron grandes lectores de novela negra e contan cunha crítica especializada que trata o xénero como se merece. Aquí é imposible atopar grandes clásicos esquecidos de novela negra nunha biblioteca pública porque o concepto de cultura segue sendo demasiado elitista. Hai que recoñecerlle ao existencialismo francés un gran gusto literario. Que viran que nesas novelas baratas había tanta literatura como en Dostoievski demostra que tiñan un olfato moi fino. Volves a Oregón, (Ourense), por certo. Por algún motivo especial? E creo que te basaches nalgunhas noticias de sucesos reais acontecidos en Ourense. Crimes sen resolver. Podes falar dese proceso de busca? "Alongarme somente foi o xeito de ficar para sempre", escribiu Valente en Sete cántigas de alén. Na Praza das Mercedes está todo dito. Volvo a Ourense porque é a miña casa e a miña cidade, aínda que actualmente a observe dende os cen quilómetros que a separan de Santiago. Dende que lin A esmorga de Blanco Amor na adolescencia ou Miss Ourense de Bieito Iglesias converteuse para min nun espazo irrenunciable. "Dende que lin A esmorga de Blanco Amor na adolescencia ou Miss Ourense de Bieito Iglesias Ourense converteuse para min nun espazo irrenunciable" Ninguén lembra a Vicente Mallón cando morre. A un vello mestre da literatura popular, que reivindicas e reivindicaches sempre, o pulp. Eses autores que sacaban como unha novela á semana. De que maneira están presentes neste libro e por que é necesario volver reivindicalos? Pois porque case ninguén os reivindica como se merecen. Hai anos, cando xa tiña a idea de A noite enriba na cabeza, entrei nunha librería de Braga e levei unhas cantas novelas vellas de Ross Pynn e Dennis McShade. O libreiro despediume cun abrazo emocionado. Son magníficos, pero en Portugal case ninguén os lembra. Aquí ocorre algo semellante. Os escritores de novelas baratas son auténticos proscritos. Admiro a súa honestidade e a súa capacidade de traballo. Cada vez que escoito a palabra "subliteratura" éntranme ganas de sacar a licencia de armas. A historia galega e a americana vanse mesturando nunha estrutura dividida en tres partes, cunha narración coral. Como en Conduce rápido, hai unha trama principal, varias secundarias que se cruzan… pero a biografía de Goodis é un pouco como o fío. Foi así como pensaches a estrutura? Que diferencia as tres partes? A novela salta de Ourense a Filadelfia pasando por Barcelona a través dalgúns movementos no tempo. Sempre traballo a fondo a estrutura das novelas, pero tampouco me obsesiona seguir un itinerario perfectamente marcado. Non está mal permitirse algunha improvisación ou perderse nesa néboa que todo escritor debe atravesar antes de pechar o desenlace da trama, como dicía Patricia Highsmith. No desenvolvemento da historia, efectivamente, fíltranse algúns datos da biografía de Goodis que me pareceron interesantes. "Sempre traballo a fondo a estrutura das novelas, pero tampouco me obsesiona seguir un itinerario perfectamente marcado" Volve haber, nesta novela, delincuentes de abaixo e de arriba. Entre os de arriba, xente corrupta que vende postos de traballo por cartos. Nese sentido, se Matarte lentamente estaba máis marcada pola crise e Conduce rápido por unha situación concreta (personaxes postos en situacións límite), é como se en A noite enriba volveses situar os personaxes nun sistema que se desmorona. Reacción á realidade actual, ou non necesariamente? A novela fala fundamentalmente de literatura e do xogo de escribir. Penso que o pequeno caso de corrupción que aparece nun determinado momento da trama ocupa un lugar bastante secundario. A poética da fraxilidade, da derrota, do fracaso. Sae naquela conversa arredor de Goodis. E é un pouco cara a onde conduce esta novela. Que non ten final feliz, precisamente. Ten que ver co que sempre defendes de non facer novela burguesa, que console á sociedade benpensante? (Tamén é cara a onde vai conducindo a historia). O xeito en que debes enfrontarte ao desenlace dunha novela é unha decisión que vas tomando sobre a marcha. Ten moito de revelación. Entendo que A noite enriba non ten un final especialmente luminoso, pero tentei encaixalo coa atmosfera que se describe no desenvolvemento da historia. "O xeito en que debes enfrontarte ao desenlace dunha novela é unha decisión que vas tomando sobre a marcha" "Só tes que ir a Filadelfia e deixar que a historia colla corpo por ti. Que sexa algo orgánico", recoméndanlle ao escritor. Ti non fuches a Filadelfia. Nin a Estados Unidos. Mais, como foi ese proceso de reconstruír a historia de Goodis? Fundamentalmente, empreguei tres fontes imprescindibles: Goodis, la vie en noir et blanc, a estupenda biografía de David Goodis que escribiu Phillipe Garnier; Vidas difíciles, o coñecido ensaio de James Sallis sobre Thompson, Himes e Goodis, e os estudos preliminares e apéndices de Javier Coma que aparecen nas traducións españolas dalgunhas novelas de Goodis publicadas na mítica colección Black de Plaza & Janés, con aqueles debuxos portentosos de Jordi Bernet. Con todo iso sobre a mesa de traballo penso que me presentei armado ata os dentes para comezar a escribir cun mínimo de garantías. Creo que a personaxe de Selma pode ter tanta forza na novela como a tiña a protagonista de Todo OK. Hai outras personaxes femininas ben interesantes. Podes falar de Selma, de como é e de como a construíches? Selma é unha rapaza heroinómana e extremadamente agresiva dende un punto de vista emocional. Gustoume imaxinala como esa compañeira fiel dun escritor de novelas pulp nas últimas horas da súa vida. Creo que é un personaxe que comparte as mesmas angustias que o protagonista, aínda que carece do seu talento para a creatividade. 'A noite enriba', na Tenda de Praza Diego Ameixeiras, na Tenda de Praza |
PRAZA_13754 | A Sociedade Galega do Medio Ambiente inclúe dúas berlinas de alta cilindrada nun contrato co que tamén alugará vehículos de tipo profesional, como furgonetas ou pequenos turismos | A finais de setembro de 2009 a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) iniciaba os trámites para renovar parte do seu parque móbil. Mentres o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, acabado de chegar á Xunta, ultimaba o procedemento para poxar automóbiles que utilizara o Executivo bipartito e tamén o de Manuel Fraga, a entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente puña sobre a mesa 152.640 euros máis 24.422 de IVE -daquela o tipo era do 16%- para incorporar ao seu parque móbil cinco vehículos en réxime de arrendamento. Entre eles figuraba unha "berlina media grande" de, cando menos, 240 cabalos e 6 cilindros, con cambio automático, "climatizador bizona" e "tapizaría de pel", polo que a empresa pública estaba diposta a pagar ata 1.200 euros ao mes. Ademais, no mesmo concurso incluíase unha "berlina media" dun "mínimo" de 139 cabalos por 1.100 euros ao mes. As características do primeiro dos automóbiles correspondíanse, por exemplo coas do Citroën C6 que emprega o presidente da Xunta, as do segundo poderían ser as dun Audi 100. Ambos, en definitiva, vehículos semellantes aos que a Xunta se dispuña a tentar vender. Case tres anos despois daquela operación a entidade que preside Luis Lamas vén de iniciar un novo procedemento para o "arrendamento de vehículos sen condutor a longo prazo". Desta volta trátase de cinco coches polos que, en conxunto, a entidade ofrece ata 2.500 euros ao mes, cun montante total para catro anos de ata 122.400 euros que se converterán en 144.432 se o concurso se pecha antes do 1 de setembro -cousa bastante improbable, dados os prazos- ou en 148.104 se o fai despois, xa co novo tipo do IVE en vigor. Dese máximo de 2.500 euros ata 1.460 -ambas cantidades sen IVE- corresponden a dous turismos de tipo "berlina familiar grande", cuxas características é posible atopalas no correspondente prego de condicións. En 2009 xa arrendou vehículos de alta gama por 1.200 euros ao mes Segundo ese documento tratarase de dous coches tipo "sedán", cunha cilindrada mínima de 1.990 centímetros cúbicos e, cando menos, 160 cabalos. Ademais, Sogama require que os automóbiles que arrendará teñan cambio automático, pintura metalizada, climatizador e control de velocidade. Retrovisores eléctricos, faros de xenón, "aceso automático de luces", "sensor de chuvia e estacionamento" ou dispositivo de limpeza de faros son outras das características duns coches que serán de cor negra, azul, gris ou branca. Ao contrario do acontecido en 2009, desta volta a tapizaría é de tea e non de pel. Vehículos profesionais Os algo máis de 1.000 euros que restan do contrato repártense entre outros tres coches máis axustados, a priori, ao labor profesional que desenvolve Sogama. Así, por 510 euros a entidade incorporará un coche de cinco portas "con portón" e prestacións máis básicas, como cambio de marchas manual ou faros antinéboa, entre outras. Do mesmo xeito, por 260 euros arrendará un vehículo do "segmento comercial mini-pequeno" de tres portas e un portón, cun "mínimo" de 65 cabalos. O paquete péchase con outro vehículo de marcado carácter industrial, con tres portas, portón e tracción ás catro rodas, polo que Sogama abonará ata 320 euros ao mes. Non é esta a primeira ocasión na que Sogama combina nun mesmo procedemento de contratación coches que poderían ser considerados 'de representación' ou oficiais con outros máis vinculados á actividade da empresa, isto é, o tratamento de residuos e a divulgación ambiental. Así, no devandito concurso de 2009, tamén composto por cinco coches, xunto aos vehículos de gama alta arrendábase tamén un turismo pequeno de 65 cabalos e tres portas -cun perfil aproximado dun Seat Ibiza- e un todoterreo con tracción catro por catro e 125 cabalos que se correspondía coas especificacións técnicas de, por exemplo, un Nissan Terrano ou un Toyota Land Cruiser. |
NOS_18418 | As expertas en sociolingüística María Pilar García Negro e Henrique Monteagudo debullan para 'Nós Diario' as consecuencias no sistema educativo da norma impulsada por Núñez Feixoo en 2010. | Alberto Núñez Feixoo recalou na presidencia da Xunta en 2009 facendo unha promesa que non tardaría en cumprir: derrogar o Decreto 124/2007 impulsado polo Goberno bipartito, que regulaba o uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo destinando o mesmo número de horas á docencia en galego que en castelán. O mandatario popular impulsou en maio de 2010 do Decreto 79/2010 "para o plurilingüismo no ensino non universitario da Galiza" —que entrou en vigor no curso escolar posterior—, unha nova norma que xustificaba a supresión da anterior da seguinte forma alegando que esta se orientara "cara á obtención dunha competencia adecuada en lingua galega sen o estabelecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias en lingua castelá, o cal podería chegar a mudar o modelo de conxunción de linguas". O novo decreto abría a porta a que o alumnado se expresase, "nas manifestacións oral e escrita", en castelán nas materias impartidas en galego. Tamén dispuña que cada centro educativo, previa consulta ás nais, pais ou titores legais, podería determinar a lingua vehicular de todas as materias —agás as de idiomas—. Porén, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza tombou ambas as disposicións ao considerar que eran contrarias á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Si ficou en vigor a opción das escolas de impartiren "até un terzo do horario lectivo" nunha terceira lingua alén da galega e a castelá. Daquela Núñez Feixoo defendera que a norma supuña "pensar no futuro", coa fin de que as e os cativos educados na Galiza puidesen "competir en igualdade de condicións nun mundo máis global". Hoxe, após unha década de "bilingüismo harmónico" —como o cualificou o presidente en numerosas ocasións—, o decreto semella ter incumprido unha das principais metas reflectidas no texto: garantir ao alumnado a adquisición dunha "competencia plena" en lingua galega unha vez superada a etapa educativa. Isto é o que vén de evidenciar a Nova Escola Galega a través da publicación do monográfico Dez anos de plurilingüismo?, coordinado por Mariló Candedo, profesora de Pedagoxía Social na Universidade da Coruña (UDC). Un "eufemismo" para "excluír o galego" A profesora honoraria da UDC, escritora e sociolingüista María Pilar García Negro sinala, en conversa con Nós Diario, que o concepto de plurilingüismo "non existe": "É un eufemismo utilizado para excluír o galego dun campo fundamental como é o ensino, quen é plurilingüe é a humanidade de por si. O humanista e democrático é a opción de que cada sociedade poida practicar libremente o uso dunha lingua, oral e escrito, en todos os ámbitos". Para ela, a aprobación desta norma en 2010 supuxo "unha nova agresión ao uso social e público do galego". Aliás, salienta a "enorme" resposta por parte da cidadanía durante estes anos: "A Mesa vén advertindo de forma constante sobre esta cuestión, e foron quen conseguiron que soase a alarma en institucións como a ONU ou o Consello de Europa", sostén, ao tempo que insta o persoal afectado —profesorado e alumnado— a que "tome conciencia" dunha cuestión que é "un asunto político de primeira orde". Na mesma liña apunta o coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (RAG) Henrique Monteagudo: "O decreto tivo o efecto negativo que xa previamos no seu momento, porque foi aprobado con informes contrarios de moitas institucións. Partiu como un ataque á norma anterior, por estratexia política, mais non responde a unha demanda social nin ás necesidades da lingua". Isto constátase no informe que a RAG publicou en abril alertando de que 35% do alumnado castelanfalante remata a ESO "cunha escasa competencia" en lingua galega, algo que tamén apón ao "incumprimento" do propio decreto: "Como pode haber centros que oferten 50% da docencia en inglés?. Falta máis vixilancia e control". |
NOS_8975 | Como cada edición, lerase un manifesto -baixo o lema "Fascismo, nunca máis!" e haberá unha lembranza especial para os desaparecidos Chato Galante -torturado polo tamén recentemente falecido Billy 'El Niño'-, Antonio Nores e Pepe Francés, integrantes da asociación que faleceron nos últimos meses. | A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) levará a cabo este domingo, 19 de xullo, o seu xa tradicional Acto Nacional na illa de San Simón. Mais, a diferenza do acontecido en anos anteriores, a Covid-19 obriga a que no sitio das 500 persoas que cada ano se desprazaban desde todos os puntos da Galiza á que fora sede dunha cárcere franquista tan só estean presentes unha trintena de representantes dos diferentes colectivos que conforman a IGM. Como cada edición, lerase un manifesto -baixo o lema "Fascismo, nunca máis!" e haberá unha lembranza especial para os desaparecidos Chato Galante -torturado polo tamén recentemente falecido Billy 'El Niño'-, Antonio Nores e Pepe Francés, integrantes da asociación que faleceron nos últimos meses. |
NOS_49116 | Hai libros que naceron para ser amados, para ser acariciados coas mans, contemplados como unha obra de arte e gozados páxina a páxina. Esta antoloxía da autoría de Eugénio de Andrade é un deses libros que tanto amamos. | Podería comezar por dicir que unha antoloxía das cantigas medievais galego-portuguesas e da poesía portuguesa elaborada por un dos maiores poetas que deu Portugal é xa unha moi poderosa razón para amar un libro. Mais non é só o contido do volume nin a personalidade do antólogo o que fixo que nós teñamos un amor especial por ese libro desde hai anos. Sucede que poucas veces sentimos tanto gozo cun libro de poesía entre as mans como coa Antologia Pessoal da Poesía Portuguesa de Eugénio de Andrade (Póvoa de Atalaia, 1923-Porto, 2005), publicada pola desaparecida editora Campo das Letras en 1999, e iso é así pola beleza do libro no seu conxunto, especialmente pola calidade e as características da edición. Igual que podemos estar varias horas contemplando os frescos de Fra Angelico ou o Descendemento da Cruz de Rogier van der Weyden, non nos cansamos de ter entre as mans este libro que adquirimos en Braga nunha das nosas viaxes a Portugal. Se un fose editor e puidese publicar a obra completa das grandes voces da poesía galega contemporánea, sería ese o meu espello editorial dunha obra completa. Antologia Pessoal da Poesía Portuguesa / Eugénio de Andrade / Campo das Letras / 2002 / 545 páxinas Campo das Letras foi creada no Porto en 1994 polo histórico dirixente do Partido Comunista Portugués Jorge Araújo e desapareceu en 2009 por razóns económicas, como acontece sempre coas empresas da cultura. Pero neses quince anos de existencia, este selo editorial publicou uns 1.400 títulos, de autores portugueses e estranxeiros, recollidos en máis de setenta coleccións, unha delas Campo da Poesía, cunha tipografía, un papel e un deseño que buscaba sempre destacar o título e o nome do autor ou da autora, lograr a través da sobriedade da capa a máxima beleza e exquisitez, procurar o pracer da lectura e incluso un corpo dunha dimensión perfecta para coller o libro e pasar comodamente as páxinas. Quen de verdade ame os libros é difícil que non sinta un inmenso gozo cun libro como o que hoxe traemos a esta sección. Hai libros que naceron para ser amados, para ser acariciados coas mans, contemplados como unha obra de arte e gozados páxina a páxina. Esta antoloxía da autoría de Eugénio de Andrade é un deses libros que tanto amamos. Nós non tivemos a fortuna de tratar ao poeta, nin sequera a de podelo escoitar algunha vez ou velo de lonxe, e menos aínda o alto privilexio de manter unha longa e deliciosa conversa con el na súa casa do Porto, como si tivo a nosa benquerida amiga Carme Vidal nos tempos aqueles de A Nosa Terra. Mais, entre os escasos libros seus que forman parte da nosa humilde biblioteca, temos esta antoloxía que relemos a miúdo e conservamos con tanto amor. Só tocar cos dedos a suavidade da sobrecuberta do libro e contemplar as catro flores de Picasso que a ilustran é un gozo extremo. |
NOS_14172 | O Borbón recibirá a delegación a vindeira cuarta feira, o mesmo día no que a Mesa do Congreso terá que tomar unha primeira decisión sobre o grupo parlamentar. | Felipe VI recibirá En Marea a vindeira cuarta feira, 20 de xaneiro, na rolda de consultas para propor un candidato á presidencia do goberno español. Un aceno que desde diversos sectores sinalan como un recoñecemento de que a coligazón impulsada por Anova, EU e Podemos é unha candidatura de seu con dereito a grupo parlamentar. A recepción será o mesmo día no que a Mesa do Congreso español terá que tomar unha primeira decisión sobre os grupos parlamentares solicitados por En Marea, En Comú Podem e Compromís-Podem. Segundo Europa Press, o alcalde de Compostela destacou esta sexta feira que En Marea vaia ser recibida polo rei español como "candidatura propia" e, en consecuencia, exixiu un grupo parlamentar. Nesta liña, Martiño Noriega considera que os impedimentos para que En Marea teña grupo de seu non son xurídicos ou legais, mais "políticos". Felipe VI comezará esta segunda feira a rolda de consultas, que encetará co partido que atinxiu menor representación (Nueva Canarias) para finalizar con aquel que máis deputados atinxiu (PP). Entre mentres, recibirá a delegacións das diferentes organizacións con representación nas Cortes españolas. No día en que ten audiencia En Marea tamén acudirán cabo do Borbón PNV e a catalá DiLl (a marca de CDC). Quen xa anunciou que non acudiría é ERC, que rexeita reunirse co rei até que este reciba Carme Forcarell, a presidenta do Parlament de Catalunya |
NOS_6268 | Galiza está situada na pista nunha posición de privilexio para que engale o sector aeronáutico. A aposta hai unha década de auxiliares do metal en abrirse a este mercado, o impulso do centro de investigación de Rozas para aeronaves non tripuladas e o pulo na formación neste eido en universidades como a de Vigo son os motores deste despegue. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 359 do semanario en papel Sermos Galiza. | Os dados que manexan os 'gurús' económicos auguran un 'maná' no sector aeronáutico: nas vindeiras dúas décadas a frota mundial de avións duplicarase até chegar case a 50.000 unidades. Os UVIs (aeronaves non tripuladas, os drons) xerarán un negocio na próxima década de máis de 70.000 millóns de euros, unha cifra que se actualiza á alza cada vez que se coñece unha nova potencialidade ou función para estes aparatos. Os cálculos do propio Estado español son que aquí se pasará de 4200 UVIs en activo a máis de 50.000 antes de 2050. Así pois, o aeronáutico é un dos sectores económicos cun futuro máis gorentoso ao tempo que xa no presente é unha actividade que, como salientan desde o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), creado en 2007, é xerme dun grande impacto económico e social: fabrica produtos de alto valor engadido, xera emprego cualificado… Galiza ten boas cartas na man para despegar neste sector, un dos que se cre, co das novas enerxías, que máis vai crecer nos próximos anos. Actualmente representa 1200 empregos e desde o CAG agardan fechar o ano chegando aos 1400. Hai sete anos os postos de traballo que representaba este sector era 300. A facturación o ano pasado superou os 130 millóns de euros, un lixeiro aumento do 2% respecto do exercicio anterior. Mais o ritmo de crecemento, consideran no Consorcio, vai ir a máis. Hai unha década parte da rede de auxiliares do sector do metal aproveitou a súa experiencia e know‑how (saber facer) para procurar novos nichos nos que operar ante as turbulencias de clientes clásicos como o naval ou metalurxia. Nestes anos, a industria do metal galega púxose a facer trens de aterraxe, pezas para motores Boeing, portas… para a industria aeronáutica. Os cinco maiores construtores aeronáuticos do mundo son o consorcio europeo Airbus, a estadounidense Boeing, Embraer (Portugal), Bombardier (Canadá) e o xigante estatal chinés Comac. Algúns deles teñen na Galiza subministradores de pezas e compoñentes, nunha interacción que cada vez vai a máis. Airbus, por exemplo, gasta case 2000 millóns de euros anuais en contratos para subministros de compoñentes en diferentes países, entre eles Galiza. [Podes ler a información íntegra no número 359 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_23756 | Luis Villares e Lidia Senra defenden en Pontevedra o comercio xusto e os produtos de proximidade. | O portavoz de En Marea, Luis Villares, e a cabeza de lista e integrante da candidatura En Marea-Compromiso por Europa, Lidia Senra e Xoán Hermida, visitaron este sábado a feira orgánica de Catro Ponlas, en Pontevedra. Alí defenderon o impulso dos produtores locais e do agro galego como unha das liñas prioritarias que en Marea defende en Europa. Senra defendeu un tipo de produción, a de proximidade, e no marco da soberanía alimentaria que "no plano internacional permite que os produtores doutros países poidan producir a súa propia alimentación". Un factor que redunda, afirma, na idea central de "xustiza social" que a formación pretende impulsar dende as institucións europeas, así como nos concellos galegos. A candidata subliñou a importancia e o valor un xeito de producir que leva aparellado o pagamento dun prezo xusto. "En definitiva, este é o modelo que temos que apoiar, e é preciso reivindicalo como base para que os labregos e labregas poidan vivir dignamente do seu traballo. Así como para potenciar o desenvolvemento local e crear riqueza local", afirma. Na mesma liña se expresou Villares. Na posterior presentación da candidatura local de Asamblea Cidadá de Bueu, o portavoz snalou que "a aposta de En Marea é por unhas condicións laborais xustas aquí, no local, pero tamén no internacional". |
PRAZA_10421 | A cuarta sonda lanzada por un grupo de institutos de todo o país conseguiu ratificar experimentalmente a teoría da relatividade especial de Einstein 119 anos despois de ser formulada. Ademais, bateu o récord de altitude acadada por unha cápsula da Axencia NOSA. | O pasado 28 de maio a Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) lanzou dende Ordes a súa cuarta sonda MarumaSat, que buscaba -entre outros experimentos- probar a teoría da relatividade especial enunciada por Einstein, estudando os muóns froito da descomposición dos raios cósmicos. Perseguía, ademais, acadar un novo récord de altitude, chegando aos 36000 metros na estratosfera. A sonda foi atopada catro días despois no concello ourensán de Maceda, a uns 150 quilómetros de Ordes, poñendo fin así a xornadas de moita incerteza. O achado da cápsula permitiu recuperar o vídeo gravado durante o seu ascenso, así coma os restantes aparellos mediante os cales se levaron a cabo os experimentos programados. A Axencia Espacial Escolar Galega fixo balance este xoves dos logros acadados polo MarumaSat IV, salientando principalmente que a sonda conseguiu o seu obxectivo de "ratificar experimentalmente a teoría da relatividade especial de Einstein 119 anos despois de ser formulada". Ao proxecto dos institutos IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros e IES Marco de Camballón de Vila de Cruces uníronse este ano o CPI O Cruce (Cerceda), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago) e IES Ferrol Vello (Ferrol).A análise do tempo de gravación das cámaras, tanto a lateral como a superior para as tomas de contrapicado, permitiu determinar, coa axuda do simulador de voo, a altura á que ascendeu a MarumaSat IV, moi próxima ao obxectivo fixado e que bateu o máximo histórico da NOSA: un total de 35.553 metros, case que 36 quilómetros.Os vídeos gravados amosan "imaxes espectaculares", destacan os institutos participantes. "Por primeira vez conseguimos un primeiro plano do globo que cuadriplica sobradamente o seu tamaño e que estoupa ante os nosos ollos dun modo nunca visto. Conséguense asemade unhas tomas de carácter máis panorámico sobre a costa atlántica galega, así como unha visión clara do Cantábrico tamén asturiano, aínda que non moito máis ao Leste por mor das nubes fixadas na costa á altura dos Picos de Europa", destacan.Unha complexa recuperación da sondaNa fase de lanzamento e ascenso un inesperado refacho horizontal de vento fixo que se perdese parte da carga, a saber, a malla coas dúas subcápsulas presurizadas de habitabilidade –o que frustrou este experimento– e a radiosonda Vaisala, polo que o dispositivo de recepción de datos en terra a tempo real tivo que suspenderse; ademais complicaría o labor de recuperación da cápsula.Así as cousas, foi necesario recalcular a simulación de voo tendo en conta o novo peso da cápsula. O punto de caída marcado situaba esta ao Sueste do santuario dos Milagres, próximo á localidade ourensá de Maceda. Os labores de peiteado da zona prolongáronse durante todo o día, inutilmente e, mesmo, ao longo da tarde do mércores 29 coa axuda dos drons de Protección Civil de Maceda e co dos radioafeccionados.Ás 8 da mañá do sábado 1 de xuño o alumno de 4º da ESO de Ordes Rafa Regos partiu coa súa irmá, nai e seu pai cara aos puntos máis altos de Baños de Molgas para tratar de captar o sinal do emisor. Finalmente, despois de horas de procura, pisando metro a metro o terreo, o MarumaSat IV apareceu cen metros ao Sur do Miradoiro da Mámoa de Calvelos (42.278188, -7.666513), a 1.700 metros do lugar onde se estivera buscando nun comezo. Durante aqueles días non chovera, de modo que os elementos electrónicos da cápsula continuaban en perfecto estado e, ademais, non foran manipulados por ninguén. |
PRAZA_1807 | A xestión publica do servizo de augas é unha necesidade básica para que a auga volva ser un dereito humano esencial e non poida ser tratada como unha simple mercadoría. | O episodio da chamada "crise da auga" acaecido en Ferrol amosa os perxuizos que para a cidadania causa a xestión privada da auga. Segundo o plego de contratación que deu lugar á creación de Emafesa, corresponde ao socio privado a xestión e explotación do ciclo da auga. Polo tanto o socio privado da empresa mixta é o responsable último do subministro de auga e da súa potablilidade. A xestión privada dá lugar, aparte do acontecido estes días, o incremento de tarifas e a certas connotacións medioambientalmente insostibles, como o incremento de bombeos de augas pluviais, pois a maiores bombeos, maiores beneficios empresariais. Ademais o non existir órganos reguladores nin indicadores de xestión, non se pode avaliar a calidade da prestación do servizo. Por iso cando se decide privatizar existe unha perdida real do control por parte da administración pública e un empeoramento da prestación do servizo. Polo tanto, sería esencial agora que por parte do Concello se levara a cabo unha auditoría e unha fiscalización que puidera dar lugar á rescisión da concesión administrativa por incumprimentos da adxudicación e por non se ter garantido a correcta prestación do servizo. A xestión publica do servizo de augas é unha necesidade básica para que a auga volva ser un dereito humano esencial e non poida ser tratada como unha simple mercadoría. |
QUEPASA_206 | 28-04-19: Falece un home que caeu a unha fosa dun zurro. 28-04-19: Rescata ao seu compañeiro mentres pescaban en Fisterra. | Fin de semana de sucesos de gravidade. O venres falecía un home ao caer a unha fosa en Sofán. O domingo un home caía ao mar en Fisterra mentres pescaba e tivo que ser rescatado polo seu compañeiro. Ademais, rexistráronse dous graves accidentes e un rescate. Accidente en Laracha Corrían as 7:00h deste domingo cando se producía unha saída de vía tiñan que acodir á DP-1913 P.K.9 (Laracha). O vehículo circulaba en dirección a Coiro e por causas descoñecidas saíuse da vía pola marxe esquerda e bateu contra unha árbore, voltando despois para o carril dereito.Os sanitarios levaron ao ferido, de gravidade ao CHUAC. Un falecido en Dumbría Durante esta mañá de domingo, os Bombeiros de Cee tiveron que achegarse ao luar de Rebordelo 4, Salgueiros, Dumbría, para acceder a unha vivenda na que o propietario non sabían nada de el dende a tarde anterior. Unha vez no lugar os Bombeiros acceden ao interior forzando unha fiestra e a porta de unha habitación, e atoparon o home falecido no sofá do salón. Outro accidente O sábado 27, arredor das 15:10h, houbo un accidente na AC-552, no Km.64.500, en Vimianzo, cun ferido por saída de vía, que non podía saír do interior do vehículo. Os Bombeiros de Cee fixeron labores de seguridade na zona de traballo, axudaron áao ferido a saír do vehículo, axudaron á súa inmovilización do ferido aos sanitarios do 061, para ser trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira (Cee). |
PRAZA_7406 | A Parroquia Cristo da Victoria, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social traballan desde hai anos para facer posíbel a utopía dunha vida digna desde a realidade deste barrio vigués. A xornalista Zelia García conversa con Diego Lores, da ODS de Coia. | A Parroquia Cristo da Victoria, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social traballan desde hai anos para facer posíbel a utopía dunha vida digna desde a realidade deste barrio vigués. No último mes convocaron unha cadea humana percorrendo Coia e unha concentración fronte ao Concello para manifestar "que estamos cansas de non chegar a fin de mes, de non poder pagar recibos, de que nos digan que non hai cartos, temos dereitos. Fixemos coincidir estas mobilizacións coa negociación dos orzamentos do concello de Vigo, porque cando se estaba a falar dos cartos das viguesas, tiñamos que demandar para que se invista máis nas persoas", explica Diego Lores, da ODS de Coia. Conversamos con Lores para coñecer máis de perto a realidade deste traballo invisibilizado e en minúsculas destes colectivos sociais fronte á pobreza. No último mes convocaron unha cadea humana percorrendo Coia e unha concentración fronte ao Concello para manifestar "que estamos cansas de non chegar a fin de mes, de non poder pagar recibos, de que nos digan que non hai cartos, temos dereitos" Coia é un barrio obreiro, que naceu para acoller á xente que viña traballar á industria nos anos 60. Na actualidade é unha zona envellecida, e na que se viven novas situación de empobrecemento. Das 14.000 persoas desempregadas anotadas no antigo INEM de Coia só algo menos de 5.000 reciben algún subsidio, dunha poboación de 30.000 persoas empadroadas nesta zona. "En Coia sempre houbo coñecemento do que eran as dificultades para chegar a fin de mes, os problemas dos consumos de alcol e drogas nos oitenta, mais na actualidade se viven novas situacións de exclusión e empobrecemento", sinala Lores. Unha oficina para loitar contra a desigualdade Das 14.000 persoas desempregadas anotadas no antigo INEM de Coia só algo menos de 5.000 reciben algún subsidio, dunha poboación de 30.000 persoas empadroadas nesta zona Para ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse) e para sumar forzas na loita contra a desigualdade e a precariedade, desde setembro de 2007 leva funcionando a oficina de Dereitos Sociais de Coia, nunha sala que lle cede a Parroquia do Cristo da Victoria, e tamén xestionan casos e ofrecen atención telefónica vía web e polo correo electrónico. Esta iniciativa xurdiu á semellanza da primeira oficina de dereitos sociais no Estado Español, que naceu en Barakaldo, da man de Berri Otxoak a mediados dos noventa. Nos últimos 18 meses, e nomeadamente no último semestre, as horas non lles chegan para atender as numerosas situacións de veciños e veciñas desbordadas polas novas circunstancias que lles obriga a vivir a crise: "o aumento de usuarias e usuarios está motivada pola nova pobreza, que é aquela xente que se viña apañando cos traballos, paros, subsidios ou prestacións, e comezan a ter problemas pola ausencia de todo isto. Teñen problemas de impagos, da luz, auga, aluguer, e chega un momento no que se volven ás casas de nais e país, e avoas e avós. Hai un reagrupamento das familias arredor das pensións das persoas maiores". Violencia cotiá e normalizada "Agora están moi de actualidade os desafiuzamentos pero antes hai una historia moi violenta e normalizada que son os impagos de luz e auga ou comunidade. Un corte de luz significan 27 euros de re-enganche. Ficar sen luz e que esteas na casa, é dunha violencia terríbel para persoas con nenos, maiores, ou simplemente pola comida que se estraga sen neveira", salienta Lores, quen critica que desde os servizos sociais non se atendan estas situacións de emerxencias tan graves e tan comúns. As dificultades de relación con Fenosa "Hai una historia moi violenta e normalizada que son os impagos de luz e auga ou comunidade. Un corte de luz significan 27 euros de re-enganche. Ficar sen luz" Os cambios no modelo de empresa da eléctrica Fenosa tamén afecta a moitas das persoas usuarias desta oficina de dereitos sociais, que mudou de emprazamento e tamén no modo de abordar os impagos e no modelo de relación. Así, na actualidade, "cando vas á oficina re-negociar o pago dunha débeda só hai teleoperadoras e programas informáticos que falan e non deixan marxe de manobra. Antes había una persoa de referencia coa que negociabas o pago da débeda e un plan de pagos. Agora as persoas que están alí, diante dun ordenador non poden facer nada porque Unión Fenosa ten subcontratada una empresa, que é que coa que ti tes que falar. Antes había un mínimo de flexibilidade, e ademais nun contexto no que o recibo da luz non para de subir. As persoas que viven esta situación senten unha indefensión terríbel, cando falamos dunha necesidade básica; mesmo ameazan con quitarlle o suministro, que lles rescindían o contrato senón pagaban", subliña Lores. Acción social horizontal Fronte á privatización e mercantilización dos servizos sociais, o asistencialismo e a caridade como receita do sistema fronte as situación de empobrecemento, desde este espazo de acción social horizontal composto pola Parroquia, a ODS e o GAS apostan pola solidariedade como alternativa. "A parroquia continúa botando unha man, nun plano de horizontalidade. Na parroquia todos os meses páganse recibos de luz, auga ou aluguer . Actúa como colchón, como unha veciña máis, tenta botar una man grazas as colectas e a unha mínima subvención que se recibe. A alternativa tamén é o troco e o intercambio segundo as necesidades que se comparten". "Aquí vese o que é igrexa da xente en minúsculas, das persoas, que comparte e busca respostas lúcidas a esta miseria que temos. E a parroquia sempre estivo moi aberta ao barrio e colabora con moita xente que non quere ter que ver coa relixión" Diego Lores explica o papel que xoga esta comunidade cristiá de base: "é un espazo desde a fe que sempre axudou e axuda a organizarse a veciñanza, a dar respostas no barrio, e tamén para xuntarse con outros grupos. É un espazo que, sendo distinto, é moi complementario porque opta por xuntas dar resposta desde abaixo aos problemas que temos. Aquí vese o que é igrexa da xente en minúsculas, das persoas, que comparte e busca respostas lúcidas a esta miseria que temos. E a parroquia sempre estivo moi aberta ao barrio e colabora con moita xente que non quere ter que ver coa relixión". Alternativas: conciencia social e renda básica das iguais Esta semana organizan na cidade de Vigo dúas palestras con esta temática, coincidindo coa presenza en Vigo de Félix Coeln, candidato ao Parlamento alemán polo Partido Pirata, para socializar a renda básica Ademais da atención a través da oficina de dereitos sociais, da acción social a través da solidariedade e do troco, desde este espazo de mobilización optan por outras opcións para mudar a situación actual: "as alternativas pasan por esixir os nosos dereitos, mudar o paso de todo está mal e non podemos facer nada, ao feito de termos aos nosos veciños e veciñas que nos poden botar una man e xuntos podemos ter o gusto de que nos vexan e sinalar aos responsábeis. É importante que nos vexamos con algo máis de dignidade. Os que están presentes nos distintos poderes son os responsábeis, e manifestar isto é sanador e liberador, liberarnos da culpabilidade da situación na que vivimos e mobilizarnos". Desde a ODS de Coia tamén apostan por dar a coñecer a posibilidade de novos dereitos, como é a instauración da renda básica das iguais no noso país. Esta semana organizan na cidade de Vigo dúas palestras con esta temática, coincidindo coa presenza en Vigo de Félix Coeln, candidato ao Parlamento alemán polo Partido Pirata, para socializar a renda básica, como se pode levar adiante e outras experiencias noutros territorios. Nestas charlas tamén se tratarán temas como o futuro do emprego, o dereito a unha vida digna e as consecuencias do desenvolvemento tecnolóxico. Terán lugar o martes 8 de xaneiro ás 20 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo), e o venres 11 de xaneiro ás 18 na Asociación Ser Facer (Pza Santa Rita 3 baixo) . |
NOS_31803 | Boa parte da causa contra as 12 persoas acusadas no xuízo ao procés ciméntase na presunción de que a concentración de simpatizantes soberanistas o 20 de setembro de 2017 diante da sede da Consellaría de Economía no centro de Barcelona, mentres se estaba a producir un rexistro policial, foi un acto violento inducido polos líderes independentistas. Jordi Sànchez foi interpelado especificamente pola súa actividade en twitter daquela mañá. Os seus chíos eran unha chamada a unha mobilización pacífica. | O Ministerio Público continúa sen achegar probas que dean suporte xurídico ás súas acusacións —rebelión, sedición, malversación—contra os 12 reos. Esta quinta feira, na sexta sesión do xuízo, o fiscal interrogou o ex presidente da Assemblea Nacional Catalana, Jordi Sànchez, sobre os acontecimentos do 20 de setembro, cando miles de persoas foron convocadas para expresar o seu protesto perante unhas dependencias da Consellaría de Economía sitas no centro de Barcelona que estaban a ser obxecto dun rexistro policial. "Unha decisión xudicial ten de ser respeitada, mais iso non a exime de ser obxecto de protesta. Por iso fixemos un apelo aos cidadáns de Catalunya a se mobilizaren", explicou Sànchez perante as perguntas do fiscal, quen se interesou polo número e polo contido dos chíos emitidos polo dirixente da entidade cívica soberanista aquela mañá. En realidade, os chíos de Sànchez foron todo menos unha incitación á insurxencia. Ara mateix Guàrdia Civil està entrant departamen Economia i de la vicepresidència. Actitud noviolenta de defensa de les institucions.— Jordi Sànchez (@jordisanchezp) 20 de setembro de 2017 "Equivocáronse moito. Nós queriamos votar. Eles declararon a guerra. Saíamos a defender as institucións pacificamente", escribiu Sànchez aquel dia de setembro. Sànchez —aspirante falido por Junts per Catalunya á investidura da presidencia da Generalitat (o xuíz Pablo Llarena impediu a súa saída da cadea para defender a súa candidatura no pleno da cámara catalá—asumiu o discurso de Junqueras e Romeva de se definir como preso político: "Estou aquí por ter sido presidente da ANC". |
PRAZA_2530 | En 2013, 439.650 traballadores e traballadoras por conta allea tiveron ingresos anuais inferiores aos 15.000 euros brutos (1.071 ao mes en 14 pagas), fronte a 392.725 que si superaron esa cantidade | "Eu son mileurista". Así titulou Carolina Alguacil a carta ao director que en 2005 publicou en El País, inaugurando un termo que neses anos de crecemento económico e enriquecemento dun sector da sociedade designaba un sector da poboación moi concreto: novo e ben formado, pero con salarios que non chegaban aos mil euros mensuais ("O mileurista hai tempo que decidiu marchar de casa, e gasta máis dun terzo do seu soldo en alugueiro (...) O mileurista non aforra, non ten casa, non ten coche, non ten fillos, vive ao día"). O mileurismo era na súa orixe unha categoría da que escapar, que moitos soñaban con deixar atrás. Se os primeiros mileuristas recibían as migallas do auxe económico da década pasada, a recesión iniciada en 2008 golpeou máis aos sectores máis desprotexidos e acabou por transformar o concepto, convertendo para moitos e moitas esa condición de mileurista nun obxecto de desexo inalcanzable. Salarios baixos, empregos a tempo parcial ou encadeamento de contratos para moitas persoas que traballan de maneira intermitente, debuxan un escenario de subemprego Hai tempo que os sindicatos e outras organizacións sociais advirten da crecente importancia do fenómenos dos e das "traballadoras pobres". Se a realidade de quen non atopa un emprego é moi dura, hai milleiros de persoas que sofren verdadeiras dificultades para chegar a fin de mes, mesmo recibindo un soldo. Salarios baixos, empregos a tempo parcial ou encadeamento de contratos para moitas persoas que traballan de maneira intermitente, debuxan un escenario de subemprego, unha masa moi ampla de traballadores e traballadoras que en Galicia non chegan a ser mileuristas. Son, ademais, maioritariamente novos e novas, un enorme paso a atrás con respecto a aqueles e aquelas mileuristas de 20 e 30 anos da pasada década. Un escenario que expulsa máis e máis mozos e mozas ao exilio económico. Os datos achegados polo IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social, amosan que en 2013 (último ano para o que hai datos completos) apenas 392.725 asalariados e asalariadas galegas ingresaron máis de 15.000 euros brutos, o que dividido en 14 pagas equivale a un soldo bruto mensual de 1.071 euros. Pola contra, 439.650 traballadores e traballadoras por conta allea tiveron ingresos inferiores, non chegando nin sequera a esa condición de mileuristas. Deles, 339.700 ingresaron menos de 12.000 euros brutos (857 euros mensuais). En 2013, 439.650 traballadores e traballadoras galegas por conta allea tiveron ingresos anuais inferiores aos 15.000 euros brutos, fronte a 392.725 que si superaron esa cantidade Se analizamos a situación por grupos de idade, vemos como a situación é moito peor entre os asalariados e asalariadas de menos de 35 anos. 78.000 tiveron ingresos superiores aos 15.000 euros brutos, pero a gran maioría (191.200) non chegou a eses 1.071 euros brutos mensuais. Mesmo na franxa de idade seguinte (35-44 anos) segue habendo unha masa moi importante de traballadores e traballadoras con ingresos por debaixo desa cantidade: 121.725 gañaron menos de 15.000 euros brutos anuais, mentres que 130.225 superaron esa cifra. |
NOS_55917 | Fortes enfrontamentos de manifestantes e axentes nos barrios negros desta cidade de Carolina do Norte. No que vai de ano máis de 170 persoas de raza negra morreron por actuación policial no que vai de ano. | Keith L. Scott, dafroamericano de 43 anos, faleceu como censecuencia dos disparos efectuados contra el pola policía. Estaba lendo un libro nun aparcadoiro mentres agardaba que o seu fillo chegase do colexio, denuncia a familia, que cualifica o acontecido de asasinato. "Ía armado e os axentes víronse nunha situación de risco morte inminente", afirman desde o corpo policial. Keith L. Scott pasa a engrosar a ampla lista de persoas de raza negra mortas en Estados Unidos a mans da policía. Máis de 170 no que vai de ano, segundo o reconto do The Washington Post. A nova do falecemento de Scott estendeuse rápido na comunidade afroamericana de Charlotte, que saíu á rúa a protestar polo que se nega a asumir como feitos isolados. "Deixade de matarnos", rezaban unhas pancartas, "Sen xustiza non hai paz", recollían outras, lembrando o lema dos graves disturbios de Los Ángeles en 1992, orixinados a raíz da absolución dos policías brancos que deron unha brutal malleira (gravada en vídeo) a un cidadán negro, Rodney kinght. Nos barrios negros de Charlotte houbo esta pasada noite disturbios e enfrontamentos coa policía. As autoridades falan de 12 axentes feridos. Empregaron bombas de gas e abundante material anti-disturbios contra os manifestantes, parte dos cales responderon guindando pedras e botellas. O 35% dos 850.000 habitantes desta cidade de Carolina do Norte son afroamericanos. A morte de L. Scott chega poucas horas despois de se coñecer outro asasinato dun afroamericano desarmado a mans da policía, Terence Crutcher. Desta volta en Tulsa, Oklahoma. E uns días antes a policía matou a tiros en Ohio a Tyree King, de 13 anos, un rapaz negro que levaba unha pistola de balíns. Mark Steyn, analista do Washintong Post, publicou hai meses un artigo ('A ver quen lles di nada') no que alertaba da forte militarización da policía estadounidense, afeita a resolver os problemas a tiros e sen que iso implicase consecuencias xudiciais para eles. Unha situación que, apontaba, facía prever que esta forma de actuaae por parte da policía non ía desaparecer |
NOS_35767 | Levan o seu caso até un xulgado da Coruña, onde protestaron esta quinta feira. A vista celebrarase o día 26 e as traballadoras reclaman o pago de 2,4 millóns de euros que o empresario se comprometeu a asumir cando adquiriu terreos da antiga GEA en Vigo. | Traballadoras do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) concentráronse esta quinta feira nos Xulgados da Coruña para reclamar unha solución ao conflito que manteñen cunha inmobiliaria propiedade do empresario Luis Fernández Somoza. Dezaoito anos despois de que pechara a empresa despois dun concurso de acredores, e trece desde que Fernández Somoza adquirira en poxa pública terreos de GEA coa obriga de abonar as débedas co persoal, un grupo de duascentas traballadores segue pendente dun xuízo civil para que o empresario cumpra as condicións da poxa. Entre os anos 2014 e 2015 producíronse negociacións entre as traballadoras e as diferentes empresas que na poxa se fixeron con fincas destinadas ao cubrir parte das débedas, pero este colectivo dunhas duascentas traballadoras decidiu non aceptar unha quita do 30%. Fernández Somoza ofrecíalles uns 900.000 euros e elas, en asemblea, rexeitaron a oferta. Outros colectivos si asumiron unha quita similar en acordos con outras empresas. As traballadoras levan desde 2006 esperando a que Fernández Somoza cumpra, pero o empresario aduce que a rebaixa do prezo do solo non lle dá para pagar o que comprometera. Esgotada a vía laboral, a vía civil levou ás traballadoras a un xuízo na Coruña, sede da inmobiliaria. Admitida a demanda, a vista terá lugar o próximo día 26, e o xuíz decidirá se hai xuízo ou se xa conta con material documental suficiente para emitir sentenza. As traballadoras exixen o pagamento de 2,4 millóns de euros. Despois de 13 anos de pelexa con Fernández Somoza, saben que, de perder, este recorrerá ao Supremo... "Pero esta xente, que a maioría ten máis de 60 anos e levan case vinte de loita, tampouco se vai render", di Marcos Conde, delegado da CIG que acompaña as traballadoras nas protestas e nos xulgados. |
NOS_21929 | A estratexia de confrontación iniciada polos traballadores de Ence tras a fin da prórroga "ilegal" concedida á pasteira abriu unha fenda aínda máis fonda entre a cidadanía e o persoal da factoría. As redes sociais, ademais das rúas e dos despachos políticos, son escenario de tirapuxas e ameazas. | Desde que a Audiencia Nacional tombou a prórroga da concesión a Ence outorgada polo Goberno de Raxoi en funcións, a saída da pasteira da ría de Pontevedra avivou o debate social. A tensión entre quen defende a marcha da celulosa de Lourizán mais do seu potencial contaminante e de quen avoga pola súa continuidade, nomeadamente a empresa e o Partido Popular, formación política con importantes lazos con Ence, foi a máis. Nas últimas datas, persoal de Ence, próximo ao PP e a CCOO, boicoteou o pregón inaugural das festas da Peregrina e sacudiu as rúas da cidade de Pontevedra con barricadas de lume. Os actos de protesta tamén o foron de violencia, por momentos, entre intentos de agresión mesmo ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o lanzamento de mobiliario público que espertaron un cruce de acusacións. Prexuízos medioambientais e ofensas persoais Mais a discusión sobre a saída de Ence da ría traspasa os discursos dos representantes públicos. Atopa peor acomodo entre a veciñanza que leva anos sinalando os prexuízos medioambientais da pasteira e reclamando a súa clausura, sen perder de vista o futuro laboral dos traballadores. Calquera mensaxe de denuncia pública deixa tras de si un ronsel de insultos, ameazas e ofensas que veñen agravar o conflito. Vedes esa inmensa columna de fume?É ENCE gaseando á cidadanía de Pontevedra.É isto o que algúns pretenden que aturemos?Pois vese que si.Nin un minuto máis! ENCE fóra! pic.twitter.com/m1YtKfR8WS— Aarón Fr. Outón (@aarondemarin) August 21, 2021 Os chíos fotográficos que denuncian as emanacións da factoría, capturadas desde diferentes puntos da contorna alimentan o debate sobre a calidade das emisións ou o futuro dos postos de traballo. O cumprimento da lei contra a continuidade de Ence, a quen colectivos como a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) responsabiliza da situación laboral do seu propio persoal "por se negar a cumprir a Lei coa máxima de 'ou Lourizán ou nada'". Mais o debate e os argumentos viran axiña en confrontación e ataques directos a quen urxe a saída da pasteira de Pontevedra. "Vendeobreros, rata nacionalista, ojalá pudiera fusilarte"Estas son as ameazas e insultos que levo recibindo desde onte pola noite por parte dos seica traballadores de ENCE. pic.twitter.com/UhxdJsOk7k— Aarón Fr. Outón (@aarondemarin) August 22, 2021 Estratexia equivocada Aarón Franco é veciño de Marín mais tirou a foto que se fixo viral desde Poio. En conversa con Nós Diario láiase da actitude e da resposta "agresiva" dos traballadores, non só polo que a el lle afecta senón polo impacto xeral na veciñanza. "Están errando na súa estratexia. Contra quen teñen que tirar é contra a empresa, que desde hai moitos anos sabe que a concesión caducaría, por máis que retorcese a lei para sorteala coa prórroga ilegal dun Goberno en funcións". O único que están a lograr, salienta, "é que xente que non estaba posicionada claramente en contra de Ence e entendía que o persoal de Ence mirase polo seu traballo, se poñan en contra". "Quen os estea aconsellando, estao facendo moi mal", conclúe. Desde a Asociación pola Defensa da Ría coinciden con esta análise. Aseguran que os últimos acontecementos protagonizados polos traballadores de Ence agravaron a ruptura coa cidadanía de Pontevedra. "Equivócanse de inimigo", sentencia Antón Masa, presidente da APDR, en declaracións a este xornal. Segundo aclara, este conflito responde a un problema máis grave: ver quen son os responsábeis da situación que atravesa o persoal da factoría e de como a están vivindo. O inimigo é a empresa "Nin o Concello, nin o BNG, nin o PSOE nin a APDR nin moito menos a cidadanía somos inimigos deles. O inimigo é a empresa, que tivo 30 anos para buscar un emprazamento alternativo. Pero Ence sempre resolveu os seus problemos pola vía do amiguismo", afonda Masa, sen lle importar a situación do seu persoal chegado 2018. E os traballadores, engade, "en vez de exixirlle á empresa outra localización, sempre defenderon a súa posición". Quedar en Lourizán. E agora, en vez de dirixirse á pasteira e reclamarlle unha saída no tempo que lle queda deciden atacar a quen interpuxo recursos contra a súa continuidade na ría e enfrentarse a representantes políticos, ecoloxistas e veciñanza. "Pero é a empresa quen os vai deixar sen traballo, non nós", precisan desde a APDR, receptora, tamén, de ameazas que consideran graves, expresadas nestes termos, rememora Antón Masa: "Se temos que marchar de Lourizan correrá o sangue en Pontevedra". "Isto non se pode dicir", incide, porque supoñen agresións moi serias. Vapor de auga contaminado Para Aarón Franco, a sumisión dos traballadores é "un exemplo da alienación, de como a clase traballadora defende os intereses empresariais, tomando por propios intereses que son absolutamente alleos", de forma que o único que logran é "ser utilizados para resolverlle a papeleta á empresa e a Núñez Feixoo, porque é a Xunta quen ten as competencias en materia industrial". Franco defende os chíos exemplarizantes que inzan as redes sociais combatendo "argumentos falsos que repiten desde hai moitos anos". As emisións de Ence non son só vapor de auga, incide. "Os propios informes da empresa din que eses vapores conteñen óxidos de xofre, dióxido de carbono". E contra isto, remarca, elixen a violencia, as ameazas e a ridiculización persoal en redes sociais, que levou ao feche de varias contas tras as denuncias de usuarios e usuarias, explica. É o froito da "desesperación", di, pero "a estratexia do medo non nos vai dobregar". "Non só importan eles", engade Aarón Franco. "Quen fala de todas as mariscadoras que quedaron polo camiño, de todo o emprego conserveiro que se podería xerar se se recuperase Lourizán como banco marisqueiro?". Custo social do boicot Con todo, a revolta colectiva e máis severa dos traballores da celulosa minguou tras o boicot ás festas da Peregrina, aseguran. "Tivo certo custo social. Moita xente que non está de acordo con que Ence siga na ría pero tamén preocupada polo que poida pasar cos postos de traballo desmarcouse das súas accións", di Masa, quen incide na teima do persoal "por facer ver que é legal que a factoría continúe en Lourizán porque lle deron unha prórroga, ilegal". Ahí segue, gaseándonos e enmerdando todo impunemente día tras día. Vista dende Poio...😓. BASTA XA! CUMPRIMENTO DA SENTENZA!! ENCE,FÓRA DAS NOSAS VIDAS!!! pic.twitter.com/jvzV36qIzd— Santi Balea (@SBalea) August 24, 2021 Precisar até que punto as ameazas responden á iniciativa particular ou a unha acción dirixida desde os comités é complicado, advirte. "O que éstá claro é que abriron máis unha brecha que xa había entre os propios traballadores e a sociedade civil de Pontevedra", conclúe Antón Masa. |
NOS_21528 | A Galiza foi a segunda autonomía do Estado español cunha maior taxa de persoas que falecen por suicidio por cada 100.000 habitantes. | O psiquiatra do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Daniel Núñez Arias asegurou que a Galiza "conta con máis persoas" con depresión que a media do Estado español, aínda que os "cadros depresivos son máis leves". 15% de adolescentes presenta síntomas graves de depresión, segundo un estudo Así o deixa patente os datos recollidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 2021. Neste sentido, a Galiza foi a segunda autonomía do Estado español cunha maior taxa de persoas que falecen por suicidio por cada 100.000 habitantes. De media, faleceu unha persoa ao día por suicidio no ano 2021 Núñez Arias e outras persoas expertas participaron no foro virtual 'Depresión e Suicidio'. Un encontro telemático no que se puxo de evidencia que, segundo os datos da Enquisa Europea de Saúde de 2022, "a porcentaxe de poboación que sofre depresión na Galiza é de 5,54%". Mortes por suicidio O xefe do Servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Vigo, o doutor José Manuel Olivares, explicou que 90% das persoas que morre por suicidio teñen antecedentes dunha enfermidade mental tratábel. No foro, os expertos coincidiron na necesidade de visibilizar e falar de suicidio. "Durante décadas oímos que falar diso é incitar e non é verdade. Falar de suicidio protexe", asegurou o doutor Núñez Arias. O Sergas propón tratar as depresións desde o computador Por outra parte, os datos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) constatan que 331 persoas faleceron por suicidio en 2021. En canto ao perfil, o "máis repetido" é o dun home entre 50 e 80 anos, e lamentaron que "se observa un incremento no número de adultos novos e mulleres". "O suicidio é un fenómeno complexo e multicausal, pero unha fórmula eficaz para abordalo e diminuír a curva é fomentar, a través de estratexias de promoción da saúde mental, a resiliencia aos factores de estrés e o correcto tratamento dos trastornos mentais", explicou a coordinadora de Saúde Mental da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, María Tajes. |
NOS_45516 | Esta fin de semana a selección galega de rugby feminino ten unha cita en Alacant para disputar o torneo estatal no que tamén participarán Catalunya e Euskadi. As convocadas proceden dos equipos CRAT UDC, Zalaeta, Universidade de Vigo, Campus Ourense Rugby e Academia de Coimbra. | O estadio Nelson Mandela de Torrevella (Alacant) acolle esta fin de semana o torneo estatal de seleccións de Rugby Feminino coa participación de Galiza. Catalunya e a actual campioa desta competición anual. O torneo, nunha primeira fase, divídese en dous grupos. No primeiro xogará Galiza contra Catalunya e Andalucía, no segundo atoparanse Madrid, Euskadi, Castilla y León e País Valencià. Na historia desta competición dominan as selecións de Catalunya (oito títulos), Euskadi (seis títulos) e Madrid (tres títulos). A mellor clasificación da nosa selección foi un segundo posto hai cinco anos e a do ano pasado cun cuarto posto. Na fase de grupos Galiza xogará primeiro contra Andalucía (Sábado, 12:15 horas) e logo contra Euskadi (Sábado, 15 horas). A fase final comezará o domingo a partir das 10 horas. Os partidos polo tereceiro e cuarto posto maila final transmitiranse a través da páxina da FER e todo torneo pódese seguir a través da Federación valenciana e LasTeles. Xogadoras convocadas Para este Campionato de España Feminino de Seleccións as xogadoras convocadas polos adestradores Rogelio Sabio Barreiro e Javier Lista Romay para esta fin de semana son dos equipos CRAT UDC, Zalaeta, Universidade de Vigo, Campus Ourense Rugby e Academia de Coimbra. por parte do CRAT UDC viaxan Vanesa Rial López, Selene Roz, Isabel Lamas Lavandeira, Elsa Porto Vieiros, Berta García Alonso, Turena Mikaela Lorié Cruz, Elena Roca Moro, Mónica Castelo Mejuto, Estefanía González González e Shaan Waru; do Zaleta participa Sylvie Cristinat; do Universidade de Vigo estarán Sara Silva Loureiro, Arancha Alonso, Mª Carmen Rodríguez, Estela Araujo e Carmen Mariño; por parte do Campus Ourense Rugby están na selección Ana Rodríguez Vidal, Lucía Alonso, Cecilia Martinez, Nerea Fernandez, Berta Rodriguez, Ana de Martin e Rebeca Otero ; do equipo portugués da Académica de Coimbra participan as galegas Silvia Vázquez Vallo e Laura Vázquez Vallo. |
NOS_38861 | O Goberno francés tenq ue fechar 70 escolas após abrilas na primeira semana de desconfinamento. | Francia fechou xa 70 escolas de educación primaria após reabrilas na primeira semana de desconfinamento por mor da descuberta de casos positivos en coronavirus, segundo indicou esta segunda feira, 18 de maio, o ministro de Educación galo, Jean-Michel Blanquer. Francia comezou o pasado 11 de maio as fases do desconfinamento de maneira progresiva. Os feches confirmados das 70 escolas decidíronse porque "hai un protocolo sanitario estrito", argumentou o ministro, ao tempo que engadiu que esa posibilidade "xa estaba contemplada". Dentro da volta gradual á normalidade, no ensino primario 30% do alumnado xa voltou ás aulas presenciais. O resto continúa a recibir as clases a distancia, como aconteceu durante o confinamento. |
NOS_8541 | Moaña, Fene, Barreiros, Viana do Bolo, As Neves e Toques son concellos onde o BNG contaba con gobernar. Porén, a un día de constituírse os plenos, o PSdeG non asegura o seu apoio ao nacionalismo e pode facilitar ao PP esas alcaldías. | A menos de 24 horas para a constitución das corporacións municipais e a investidura de alcaldes e alcaldesas nos 313 municipios da Galiza, hai seis concellos onde o resultado das urnas deu a entender que habería alcaldía do BNG coa apoio do PSdeG dentro ou fóra do goberno; mais o que ficaba claro era que o PP non ía ter o bastón de mando. A executiva nacional do BNG trasladou publicamente a súa preocupación pola posición do PSOE en determinados municipios Porén, esta sexta feira 14 de xuño e a un só día de que se constitúan os concellos, a executiva nacional do BNG trasladou publicamente a súa preocupación pola posición do PSOE en determinados municipios do país, ao que acusa de estar a manter "unha posición que non garante a constitución dun goberno municipal alternativo ao PP, sendo o Bloque a opción política con maior apoio electoral que podería liderar esa alternativa en clave nacionalista e de esquerdas", afirman desde a fronte. En Moaña, Fene, Barreiros, Viana do Bolo, As Neves e Toques o BNG non ten confirmación da posición do PSdeG a favor da investidura A dirección do Bloque, reunida na maña da sexta feira, citou como exemplos os concellos de Moaña, Fene, Barreiros, Viana do Bolo, As Neves e Toques onde as responsabilidades locais do BNG non teñen confirmación da posición do PSdeG a favor da investidura e "todo indica que a formación socialista abriría a porta a un executivo do PP". O BNG ratifica por medio do seu comunicado a súa "vontade de garantir gobernos alternativos ao PP", e denuncian que esta alternativa "pode quedar no aire en concellos de moita importancia se o PSOE mantén unha posición irresponsábel". Desde a executiva nacional esixen ao PSOE que actúe para reconducir a situación e advirten de que a veciñanza non entendería que o partido de Sánchez dese o goberno ao PP cando podería gobernar o Bloque. O BNG ratifica por medio do seu comunicado a súa "vontade de garantir gobernos alternativos ao PP" En Moaña, o PSOE suspendeu as negociacións co BNG porque o nacionalismo defendeu que as concellarías de Urbanismo e Obras debían estar separadas para asegurar un cogoberno conxunto. O PSOE demandaba para sí esas dúas áreas nunha soa. A alcaldesa Leticia Santos escribiu esta tarde nas súas redes un novo chamamento en que afirma: "Lamento perder hoxe unha parte importante do meu equipo, agardo que non sexa unha perda definitiva e tendo a man ao diálogo e ao entendemento. Moaña escolleu que BNG e PSOE gobernaramos xuntas, como até o de agora, e sinto moito que este mandato das urnas non se vaia a dar". Santos engadiu que "pase o que pase mañá eu xa gañei porque esta experiencia á fronte do concello, o tempo compartido coas persoas que me acompañaron e os retos acadados, xa compensaron as miles de horas de dedicación, o esforzo, o sacrificio do tempo persoal restado á familia e ás amizades". En Viana do Bolo o BNG fíxose en 2015 coa alcaldía ao empatar co PP a 5 actas. O alcalde nacionalista Secundino Fernández integrou o único edil do PSdeG no goberno. Nas últimas eleccións o Bloque volveu empatar co PP a 4 edís, mentres o PSdeG medrou alcanzando 3 actas. O día 30 de maio Secundino Fernández xuntouse co PSdeG coa idea de acordar un reparto de goberno proporcional aos resultados das urnas, baseado en que a alcaldía recaese no Bloque, a tenencia de alcaldía no PSdeG e o programa de goberno fose consensuado. Porén, o PSdeG esixiu para alcanzar un acordo que tanto a alcaldía como a xunta de goberno e o programa fosen en solitario para cada partido durante dous anos. No Bloque non queren partir en dous o tempo do mandato e continuaron a defender a idea dun goberno conxunto argumentando que a vontade da veciñanza nas urnas foi na dirección de goberno de coalición encabezado pola forza máis votada. O concello de Barreiros, na Mariña, non tivo outro alcalde que non for da dereita española (UCD e PP) desde a implantación do réxime de 1978. Sería agora a primeira vez que unha alcaldía de signo distinto gobernase Barreiros. As urnas do 26 de maio quitaron a maioría absoluta ao Partido Popular (pasou de 6 edís a 5) e déronlla á suma do BNG (5) co PSdeG (1). Todo apuntaba a que Ana Ermida sería a primeira alcaldesa nacionalista de Barreiros, mais na reunión de negociación coa edil do PSdeG as conversas estancáronse e ficaron emprazadas a unha nova xuntanza para esta quinta feira. Ermida acudiu á xuntanza co programa do BNG para negociar, mais a concelleira do PSdeG María Carme Veiga, que acudiu con Mar Iglesias, secretaria de organización provincial do partido, expuxo o seu desexo de liderar a concellaría de Servizos Sociais e ter unha remuneración a modo de dedicación exclusiva. Até o de agora, a única a dedicación exclusiva existente no consistorio de Barreiros era a do alcalde popular. Gumersindo Galego (PP) é o actual alcalde en funcións de Fene desde que o pasado 6 de abril de 2018 prosperase a moción de censura contra Juventino Trigo (BNG). A moción foi apoiada por Somos Fene (que estaba encadrada nas mareas) e coa abstención do PSdeG. As formacións que integraban o goberno local (BNG e Esquerda Unida) votaron en contra. A veciñanza de Fene castigou nas urnas do 26 de maio a moción de censura, baixando o PP unha acta (de 7 a 6) e desaparecendo do concello os membros de Somos Fene (nestas eleccións presentáronse baixo as siglas Compromiso por Galicia). Pola contra, o ex alcalde Juventino Trigo obtivo unha suba para o BNG de 2 actas, chegando ás 6 e ficando a só 100 votos de ser forza máis votada. O PSdeG tamén subiu unha acta, alcanzando as 4, e Esquerda Unida mantén 1. Así as cousas, o BNG tería de novo a alcaldía co apoio de Esquerda Unida pero é necesario contar co apoio do PSdeG desde fóra ou desde dentro do goberno. Este apoio non está aínda anunciado. |
PRAZA_5141 | A multinacional traballa cunha empresa "estratéxica" que lle achegaría o financiamento necesario para continuar co proxecto, segundo di nun comunicado no que aclara que a Xunta lle garantiu a vixencia da autorización ambiental "ata decembro de 2017". | Advertiuno o alcalde de Cabana de Bergantiños e veno de confirmar Edgewater. A multinacional canadense está a buscar financiamento para relanzar o proxecto mineiro que a Xunta confirmou que paralizara definitivamente o pasado 11 de marzo. Nun comunicado aos seus accionistas, a compañía aclara que "traballa con dilixencia para atopar o mellor socio" para a mina a ceo aberto de Corcoesto e advirte de que "as negociacións seguen adiante cun socio particular" que cre que é o máis conveniente para continuar coa iniciativa empresarial. Edgewater "traballa con dilixencia para atopar o mellor socio" que lle permita relanzar a mina de Corcoesto Edgewater asegura que se estás negociacións chegan a bo porto, este "socio estratéxico" -posiblemente unha empresa de construción civil- traería beneficios para a compañía e para os seus accionistas "e satisfaría os criterios impostos polo Goberno de Galicia para permitir o proxecto". José Muiño, rexedor de Cabana de Bergantiños, concello onde se ubicaría a mina, aclarou nunha entrevista esta mesma semana que había empresas dispostas a "ser o apoio económico" que permitise á multinacional arranxar os problemas financeiros que lle impediron contar co visto e prace da Xunta para o proxecto mineiro. A empresa di estar "firmemente convencida" de que seguirá adiante co proxecto mineiro e lembra que a DIA segue vixente George Salami, presidente de Edgewater, insiste no comunicado que a empresa "está firmememente convencida" de seguir adiante co proxecto mineiro que foi rexeitado masivamente pola cidadanía, a oposición e numerosos colectivos sociais e veciñais. Pero o socio co que negocia a multinacional tería "unha forte infraestrutura", así como "experiencia en moitas outras industrias". Ademais, tería acreditada a súa solvencia económica e técnica, segundo advirte o dirixente da firma mineira. Edgewater lembra que "historicamente" gozou do "apoio e a aprobación" de todo tipo de administracións e lembra que "logo de recentes consultas co Goberno", foilles confirmado que a declaración de impacto ambiental (DIA) "ten validez durante cinco anos, ata decembro de 2017". Non obstante, a plataforma Salvemos Cabana segue agardando unha resposta do Valedor do Pobo, ao que recorreu para coñecer se a cancelación do proxecto implica tamén a anulación da autorización medioambiental e se, polo tanto, obrigaría a calquera outro proxecto a empezar de cero. |
NOS_9142 | Galiza é este ano nación convidada ao célebre Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña. Unha nutrida delegación de artistas desprazouse á cidade bretoa a tal efecto. A organización do certame, que atinxe a súa edición 49, salientou o carácter nacional do país. Mais a Xunta do PP manipulou os textos e onde puña "nación galega" puxo "territorio galego". Ducias de persoas manifestáronse este sábado en Lorient en defensa da nación galega. | Entidades soberanistas bretoas convocaron a protesta. Na cabeceira, unha pancarta que situaba Bretaña e Galiza no mesmo combate pola autodeterminación. "Debemos decidir!", en galego e en bretón, completaban a mensaxe. Na marcha polas rúas da cidade víronse bandeiras das dúas nacións atlánticas. Os convocantes xa o advertiran: "Galiza e Bretaña non son territorios nin rexións, son nacións sen Estado". "Estamos cansos deses discursos", engadían. Nota: foto de @gaelroblin. |
PRAZA_3256 | Reclaman incentivos fiscais, melloras de servizos públicos e infraestruturas "dignas". A iniciativa, impulsada polas federacións de asociacións veciñais de ambas as dúas provincias, segue o ronsel de entidades como Teruel Existe, cuxos representantes visitarán a cidade das murallas nas vindeiras semanas | A plataforma veciñal Galicia Baleira presentouse este xoves en Lugo, propoñendo 20 medidas para loitar contra o despoboamentoA provincia de Lugo tiña 491.955 habitantes en 1960 e hoxe rolda os 329.000. De igual xeito, a poboación de Ourense descendeu neste tempo dende os 488.241 ata os 307.000. Unha poboación, ademais, moi envellecida e que se foi concentrando nas vilas e cidades, deixando especialmente baleiros os concellos máis rurais. As dúas provincias comparten moitas das súas problemáticas no relativo á carencia de servizos públicos ou á falta de infraestruturas e, ao igual que fixeron outras provincias do Estado, como Teruel (a través da plataforma social e electoral Teruel Existe), veñen de comezar a organizarse. Este xoves presentouse en Lugo Galicia Baleira, unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense (Limiar). Fíxoo mantendo encontros con representantes de Concello, Deputación Provincial, Xunta e Subdelegación do Goberno central, e propoñendo 20 medidas para loitar contra o despoboamento.Reclaman incentivos fiscais, melloras de servizos públicos e infraestruturas "dignas"Entre elas figuran incentivos fiscais para empresas e autónomos, actuacións de promoción económica e para favorecer a venda dos produtos con orixe nestas provincias, a mellora dos servizos públicos, incidindo sobre todo na sanidade, o ensino, a creación de gardarías no rural ou a atención ás persoas maiores. Tamén se fai fincapé na reivindicación de infraestruturas "dignas", mencionando expresamente a conexión por ferrocarril e tamén a autovía entre Ourense e Lugo.Subliñaron que estas medidas son imprescindibles para frear o progresivo despoboamento que sofren estas zonas, unha tendencia que "se non se para, non haberá futuro"Nas vindeiras semanas recibirán en Lugo a representantes de Teruel Existe, unha entidade que sitúan como referencia e que naceu hai 20 anos, acadando en novembro un escano no Congreso e dous no SenadoO presidente de a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez Varela, destacou que Lugo e Ourense "compartimos un obxectivo común: o problema da Galicia baleirada" e subliñou que "a diagnose está clara: reduciuse poboación, cada vez hai máis vellos e menos nenos e necesitamos servizos". Vázquez Varela exercerá a presidencia os dous primeiros anos, e os dous seguintes o presidente de Limiar, Manuel Mosquera, mantendo despois a rotación entre as dúas entidades. A vindeira semana a plataforma presentarase na cidade da Burgas, onde tamén manterán encontros con representantes das distintas administracións para presentarlles as 20 medidas propostas.Asi mesmo, Galicia Baleira manterá encontros con partidos políticos, co obxectivo de que sitúen os problemas das zonas rurais e o despoboamento, entre as prioridades dos seus programas, destando que esta cuestión "non entende de cores políticas". Os integrantes da nova plataforma anunciaron tamén que nas vindeiras semanas recibirán en Lugo a representantes de Teruel Existe, unha entidade que sitúan como referencia e que naceu hai 20 anos na provincia aragonesa, dando nas últimas eleccións o salto electoral, obtendo un deputado no Congreso e dous escanos no Senado."Non precisamos unha lexislatura do rural, senón un modelo de xestión autonómica que dea resposta ás necesidades dos concellos garantindo a súa suficiencia orzamentaria", dixo José ToméO Presidente da Deputación provincial de Lugo, José Tomé, recibiu no Pazo de San Marcos a unha trintena de integrantes de Galicia Baleira, celebrando que "a sociedade civil faga súa a loita contra o despoboamento", converténdoa "nun dos retos do noso tempo". Tomé reivindicou "o pleno desenvolvemento do noso modelo autonómico" e neste senso declarou que "non precisamos unha lexislatura do rural [en referencia crítica ás promesas de Núñez Feijóo en 2016], senón un modelo de xestión autonómica que dea resposta ás necesidades dos concellos garantindo a súa suficiencia orzamentaria e que promova un desenvolvemento harmónico do conxunto do territorio".O presidente do ente provincial destacou algunhas das iniciativas desenvolvidas pola Deputación para fomentar o emprego e mellorar os servizos públicos nas zonas rurais, como o programa Prende! Bota Raíces no rural ou a rede pública de residencias para maiores, sinalando que "son exemplo do que demandan estas zonas xa que queren contar cos mesmos servizos públicos que os residentes nas cidades".Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que o 80% da superficie do concello corresponde a parroquias rurais, e subliñou os esforzos necesarios que se debe realizar "para acadar que toda a veciñanza, resida na capital ou nas parroquias, teña os mesmos dereitos e oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida alí onde considere". |
NOS_6814 | Rosalía de Castro viaxará polos ceos de toda Europa, xa que a partir de marzo vai figurar a súa imaxe nun novo Boeing 737-800, de 186 prazas, da compañía Norwegian. Ademais, vén de aprobarse a proposta para que o aeroporto de Lavacolla pase a levar o nome da escritora. Vimos de falar con Afons Claver, director de comunicación de Norwegian Airlines. | - A partir do mes de marzo a imaxe de Rosalía de Castro estará na cola dun dos avións de Norwegian. Por que a autora galega?- Si, a partir do mes de marzo pintarase o avión. Hoxe preanunciámolo porque pintalo aínda levará unhas semanas. A compañía, desde o ano 2002, ten a política de decorar os seus avións con figuras históricas que foron pioneiras nas artes, nas ciencias, na política... e xeralmente xente que marcou camiño e romperon esquemas. Isto está relacionado con que Norwegian fai moitos anos comezou a facer voos domésticos dentro de Noruega e rompeu o que antes eran un monopolio estatal. Para aliñarse con esta imaxe de pionerismo e de rachar esquemas decidiuse recoñecer estes personaxes históricos. Entendemos que Rosalía encaixa dentro deste esquema, tanto polo feito de recuperar o galego como lingua de cultura do Rexurdimento, como por sen unha grande defensora dos dereitos da muller, e en xeral, dos dereitos dos desfavorecidos. Rosalía marcou un camiño. - Tedes coñecemento de se é a primeira vez que se utiliza a imaxe de Rosalía nun avión?- Eu creo que si, pero non estou seguro. Non sei se algún avión de Iberia se chamou -que non é o mesmo que pintar- Rosalía de Castro no pasado. Pero certamente creo que é a primeira vez que a súa imaxe aparece nun avión. "Rosalía encaixa polo feito de recuperar o galego como lingua de cultura do Rexurdimento e por ser unha grande defensora dos dereitos da muller, e en xeral, dos dereitos dos desfavorecidos" - Tivestes contacto con algunha institución galega durante o procedemento?- Si, puxémonos en contacto hai moitos meses coa Fundación Rosalía de Castro e axudáronnos moito a atopar e xestionar a imaxe, porque precisabamos unha imaxe que tivera moita calidade, porque claro, témola que facer moi grande para poder poñela na cola dun avión. A Fundación Rosalía de Castro axudounos dunha maneira desinteresada e foron moi amábeis. - Algunha máis?- Non, soamente tivemos trato coa Fundación. "A Fundación Rosalía de Castro axudounos dunha maneira desinteresada e foron moi amábeis" - Con Rosalía de Castro xa son 85 os avións da compañía que están decorados con imaxes de personaxes da historia, das artes e da ciencia de países nórdicos, do Reino Unido e do estado español. Por que decorar os avións con estas imaxes?- Para reivindicar o espírito pioneiros destes personaxes porque cremos que encaixa co espírito pioneiro de Norwegian. En moitos casos, quizais non tanto no de Rosalía porque é moi coñecida e moi admirada na Galiza, pero hai outros personaxes, por exemplo a poeta Gloria Fuertes, foi unha personaxe que caeu no esquecemento, ou Clara Campoamor, a feminista, e a raíz de que Norwegian decidira crear un avión coas súas imaxes moita máis xente pasou a coñecer a súa figura e obra. Cremos que é unha maneira de volver a poñer en circulación certos valores . - Desas 85 imaxes cantas son en homenaxe a mulleres?- Malamente un 40%. Pero se te fixas nas españolas é 50%-50%. Temos a Cristóbal Colón, Juan Sebastián Elcano e Miguel de Cervantes por unha banda, e a Clara Campoamor, Gloria Fuertes e Rosalía de Castro. |
NOS_5842 | Son os enterramentos máis antigos atopados na Terra de Lemos desde a aparición en Sober na década dos 40 das coñecidas como "Momias de Proendos". | No castro mineiro romano de San Lourenzo, en Cereixa (A Pobra do Brollón) un equipo arqueolóxico vén de atopar tres tumbas medievais datables no século XII. Un achado que se produce no marco do proxecto de escavación promovida pola Asociación de Veciños María Castaña de Cereixa. Serían os restos funerarios máis antigos da Terra de Lemos dende o achado nos anos 40 das "Momias de Proendos" en Sober, datadas tamén en época medieval. Cando menos unha das tumbas é do tipo coñecido como "de orelleiras" por presentar sendas pedras situadas a ambos lados da parte da cabeza para mantela ergueita. "O cristianismo cre na resurrección, de aí as orelleiras, para que cando esta se producise, a cabeza do defunto estivese orientada ao altar" comenta Xurxo Ayán, director do proxecto. Nun dos enterramentos apareceron, ademais, dúas contas de colar, o que fai pensar aos arqueólogos que se trate dunha muller. Por isto xa alcumaron esta tumba como a "Tumba de María Castaña", veciña ilustre da parroquia de Cereixa. As tumbas están escavadas directamente no substrato rochoso a xeito de foxas e delimitadas na súa contorna por unhas pedras fincadas. Están orientadas leste-oeste, como é habitual no cristianismo. Pola tipoloxía das propias tumbas, e cruzando con outros materiais asociados, o equipo data o achado en torno ao século XII, aínda que non descartan que puidesen ser máis antigas. Para tratar de datalas, vanse facer unhas analíticas de Carbono 14 dos carbóns atopados, así como análises das cerámicas a cargo do Incipit-CSIC e a Universidade do País Vasco. O proxecto do Castro de San Lourenzo ofrece visitas guiadas gratuítas ao xacemento ata o 15 de agosto. Hai dúas visitas diarias ás 11:00 e 19:00. |
PRAZA_20238 | O que fora presidente ata o febreiro pasado deixou a entidade sen indemnización pero con dereito a 24 millóns de paga e o vicepresidente e máximo dirixente do Pastor acumulaba 16 millóns segundo o último informe do banco A Barrié: o dano colateral da venda do Pastor sume na incerteza accións sociais e culturais INTERACTIVO | O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión | Logo da quebra de Banco Popular, os numerosos xestores que tivo a entidade nos últimos anos deixárona cunha importante mochila que, entre pensións e indemnizacións, achégase aos 116 millóns de euros. A cifra corresponde unicamente a antigos membros do consello de administración dunha firma que o pasado martes puxo fin a case 90 anos de existencia -tras a súa intervención por parte do BCE e a súa venda ao Santander polo prezo simbólico de un euro- e que levou consigo tamén o Pastor, logo de dous séculos e medio de vida. Os xestores do Popular nos últimos anos deixaron a entidade cunha mochila de 116 millóns entre pensións e indemnizacións A cifra máis grande corresponde ao que foi presidente do Banco Popular durante trece anos e ata febreiro pasado, Ángel Ron. O compostelán de 54 anos deixou a entidade sen indemnización, pero con dereito a cobrar arredor de 24 millóns de euros de pensión, a razón de 1,1 millóns anuais. Durante o seu mandato á fronte da entidade, á que se incorporou en 1984 a través da súa dirección en Galicia, o valor bolsista caeu un 92%. O galego Ángel Ron deixou a entidade sen indemnización pero con dereito a 24 millóns de euros de pensión Outro galego, José María Arias Mosquera, mantense até o final do Popular como vicepresidente da entidade e presidente do Pastor. A peche de 2016, segundo o último informe de remuneracións dos conselleiros do banco, acumulaba unha pensión de case 16 millóns de euros (15,678). O tamén compostelán e conde de Fenosa -título nobiliario herdado do que lle concedeu Franco ao marido da súa tía, Pedro Barrié de la Maza- converteuse en 2001 en presidente da entidade bancaria galega que, unha década despois, é absorbida polo Popular para logo acabar este subsumido polo Santander tras unha aposta errada por Emilio Saracho como substituto de Ron. Agora, como presidente da Fundación que leva o nome do seu tío político, procurará garantir. Foron os dous, Ron e Arias, os que aclararan ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as bondades para Galicia da absorción por parte do Popular do Pastor aló por outubro de 2011. Agora, o primeiro goza do seu retiro logo dunha crítica última etapa na entidade bancaria mentres o segundo mantén a presidencia da Fundación Barrié pero desaparece de calquera responsabilidade bancaria. Suman, entre os dous, case 50 millóns de euros de pensión acumulados. Arias Mosquera, presidente do Pastor, acumula unha pensión de case 16 millóns de euros Nese último informe de remuneracións do Popular aclárase que teñen dereito a estas pensións os membros da dirección do banco e do consello que ostentasen esa condición na xunta xeral de 2016 e que durante vinte anos exercesen as súas funcións na entidade. Refírese a unha pensión que "sumada á pensión da Seguridade Social, ascende a unha cantidade igual á retribución fixa bruta [...] que en cómputo anual percibisen do banco". Con todo, tamén se inclúen cláusulas que o dereito a percibir estes pagamentos por parte dos conselleiros executivos "estará suxeito a que non se produzan determinadas actuacións pola súa banda que puidesen xerar un quebranto para o banco que puidesen facer que este levara a cabo contra eles unha acción social de responsabilidade". Ron (centro), durante un discurso de Feijóo en 2013 / ANA VARELA Saracho, 4,5 millóns por tres meses na presidencia Os dirixentes galegos non foron os únicos que saíron ou saen do Popular con cobros millonarios. O outro vicepresidente, Roberto Higuera (que foi conselleiro delegado do banco desde setembro de 2008 ata o 26 de xuño de 2009) acumulaba a decembro unha pensión de 9,119 millóns. Ademais, o que fora número dous do banco entre xaneiro de 2013 e xullo de 2016, Francisco Gómez, abandonou o cargo de conselleiro delegado en xullo pasado cunha pensión de 20,34 millóns máis unha indemnización de 1,15 millóns. A pensión de Gómez estaba incluída nos 53,45 millóns de euros que tiña contabilizados Popular a peche de 2016 en materia de compromisos con antigos administradores. Pedro Larena, pola súa banda, foi fichado pola entidade como conselleiro delegado a finais de xullo de 2016 e estivo apenas cinco meses no cargo. Deixou o Popular cunha indemnización duns 5 millóns. O seu contrato non incluía "ningunha indemnización en caso de extinción do seu contrato", pero si "un pacto de non competencia post-contractual" cunha duración de tres anos desde a data de extinción do contrato e unha compensación equivalente "á suma dos compoñentes fixos anuais da súa retribución que percibise de permanecer no banco polos anos de duración do pacto". O ano pasado, Banco Popular rexistrou unhas perdas marca de 3.485 millóns de euros. Emilio Saracho, último presidente do Popular, cobrou 4,5 millóns por tres meses á fronte da entidade que acabaron na quebra Emilio Saracho, último presidente do Popular, fracasou no seu intento de evitar a quebra da entidade e vendela nas mellores condicións posibles ao mellor ofertante. Aterrou na entidade en febreiro pasado cun bonus inicial de 4 millóns de euros para compensalo polo seu traslado desde Londres, onde era executivo de JP Morgan, cuxas retribucións son moi superiores ás do banco español. Durante o seu período á fronte do banco, as accións caeron máis dun 60%, polo que se perderon uns 2.200 millóns de capitalización. No entanto, Saracho cobrou 4,5 millóns ao sumárselle o seu soldo (fixo anual de 1,5 millóns) aos 4 millóns de prima de fichaxe. O contrato tamén inclúe un bonus de saída por traballar como asesor externo durante un ano, pero a intervención da entidade fai prever que sexa invalidada. |
PRAZA_16394 | A principios dos 90, a lingua propia era a inicial para o 62% da cidadanía maior de 15 anos; vinte anos despois, só para o 43%, mentres o español xa é o idioma materno maioritario na franxa entre os 5 e 65. A RAG advirte da "tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán" A RAG alerta da creba da transmisión interxeracional do galego e pide á Xunta que actúe Feijóo di que o galego na infancia é unha "prioridade" pero que Galicia está "en mellor situación" xeral que Catalunya e Euskadi | A RAG alerta da creba da transmisión interxeracional do galego e pide á Xunta que actúe Feijóo di que o galego na infancia é unha "prioridade" pero que Galicia está "en mellor situación" xeral que Catalunya e Euskadi "Algo está fallando cando o noso ordenamento legal desde os inicios da autonomía prevé avanzar cara a unha situación de normalidade do galego e de igualdade co castelán e, pola contra, unha parte crecente dos e das galegas sente unha presión cada vez máis forte para abandonar o galego e adoptar o castelán". O novo informe da Real Academia Galega (RAG) sobre Lingua e sociedade en Galicia 1992-2016 insiste na perda progresiva de galegofalantes, especialmente entre a xente máis nova, e na creba da transmisión interxeracional da lingua propia. E insta a Administración a actuar de maneira "eficaz" para contrarrestar unha deriva perigosa para o idioma. A RAG advirte da "tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán" e dunha política lingüística "de baixa intensidade" No informe, que actualiza os datos xa publicados de entre 1992 e 2013, destaca a "tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán" na sociedade galega desde os anos 90 e advirte dun"modelo de política lingüística de baixa intensidade" que "pode resultar axeitado para situacións onde a finalidade sexa o mantemento lingüístico", pero que "semella insuficiente para reverter, ou polo menos frear, procesos de substitución". A RAG, como xa fixera noutras ocasións, sinala o polémico Decreto 79/2010 -que veu substituír o anterior que garantía un mínimo do 50% das materias no ensino obrigatorio en galego- como un dos causantes do "retroceso" que está a sufrir o idioma no ámbito educativo e tamén como posible influxo na diminución do seu uso entre os máis novos a nivel xeral. Os procesos de substitución lingüística do galego polo castelán na xente máis nova, que se desaceleraran entre 2003 e 2008 (ver gráfico anterior), volveron reforzarse entre 2008 e 2013, polo que, segundo a Academia, "cómpre explorar" a relación desta tendencia coa aplicación do devandito decreto, "dado que estes datos van parellos á súa aplicación", polo que "puido influír de forma substancial". A Academia sinala do decreto do plurilingüismo como causante do "retroceso" do idioma no ensino e posible influxo no seu devalo noutros espazos Nunha análise das últimas enquisas do IGE, a RAG repara en que hai unha década (2008), seguía a producirse un descenso do número de persoas que aprendían a falar en galego, ao tempo que aumentaban as que aprendían a falar nas dúas linguas e diminuía a porcentaxe de poboación que só aprendía a falar en castelán. Xa en 2013, no final da primeira lexislatura de Feijóo, esa tendencia á bilingüización ralentízase, aumentando a porcentaxe das que aprenden a falar en castelán e concluíndo que entre as menores de 65 -e incorporando a franxa entre 5 e 15 anos- o español xa era o idimoa inicial maioritario. Nunha enquisa do CIS de 2016 na que tamén se preguntaba pola lingua inicial amosábase como a lingua materna do 44,7% das persoas de 18 ou máis anos era o galego, fronte ao 30,7% que din ter o castelán e o 23,6% que teñen ambas. Coincide cos últimos datos do IGE en 2013, que inclúe toda a cidadanía de 15 ou máis anos, con porcentaxes do 43% para a lingua propia, 30% para o castelán e 25% en ambas. Máis de dúas décadas antes, en 1992, o galego era a lingua inicial para o 62% dos galegos maiores de 15 anos, polo 26% que tiña o castelán e o 11% que tiraba de ambos. O avance no bilingüismo non impediu que a lingua propia seguise o seu retroceso. A tendencia indica, tal e como advirte a RAG, que o galego tan só é a lingua inicial do 40% da poboación a tal hora. A principios dos 90, o galego era a lingua inicial para o 62% das persoas maiores de 15 anos; 20 anos despois éo só para o 43% Ademais, como sinala tamén a Academia, de ter en conta a poboación máis nova --desde os 5 anos-- e deténdonos nos 65, o idioma inicial maioritario xa é o español (do 38%), fronte ao 34% que teñen o galego e o 28% os dous. Alén disto, outra enquisa do IGE de 2013 sinalara que tan só o 18,35% dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos aprenderan a falar só en galego, cun rápido descenso dende o 32,43% de 2003. O 45,49% comezara a falar en castelán e un 31,46% nos dous idiomas por igual. As consecuencias, xa que logo, son obvias de ter en conta os últimos datos sobre o uso do galego. Sitúase en arredor do 20% entre a poboación de 5 a 9 anos, de menos do 30% na franxa de 10 a 14 e do 30% na que vai dos 15 aos 19. Como lembra o informe da RAG, "máis do 75% da poboación galega de máis de 75 anos fala maioritariamente na lingua propia de Galicia, porcentaxe que diminúe ao 30% ou menos nos menores de 20 anos, é dicir, unha diferenza de 45 puntos porcentuais". Os datos non fan máis que reflectir o "aparente paradoxo" do que advirte a Academia, xa que, mentres por unha banda nos últimos anos houbo "unha mellora das competencias bilingües" entre a cidadanía galega, pola outra tamén houbo "unha ruptura da transmisión interxeracional e uns usos decrecentes do galego por parte da poboación máis nova, especialmente en contextos urbanos e periurbanos". Malia a mellora das competencias bilingües, prosegue a ruptura da transmisión interxeracional e o uso decrecente do galego entre os máis novos A "desruralización, terciarización e avellentamento" son tres elementos clave que explican esta evolución nas últimas décadas, pero tamén a "presión do sistema educativo e dos medios de comunicación". "En definitiva, a asociación excluínte da competencia e o uso do castelán coa educación e o progreso social, ademais do peso de arraigados preconceptos contra o galego, que están nas raíces do proceso de substitución do idioma propio do país polo castelán", engade a RAG. O decreto do plurilingüismo "crebou a tendencia de mellora da presenza do galego nas aulas e do seu uso formal e informal" A institución lembra que as leis educativas e os decretos lingüísticos de aplicación "melloraron a presenza do galego nas aulas, favoreceron os usos formais e estabilizaron os informais". No entanto, destaca que "esta tendencia parece verse crebada pola aplicación do Decreto 79/2010", ao rachar cunha "relativa estabilización" desde os anos 90 que se rompe, "perfilando un descenso neste ámbito". "A aplicación do devandito decreto supuxo un retroceso en todos os ámbitos analizados", insiste. Para a Academia, "a experiencia doutras comunidades mostra que mediante unha actuación intelixente, eficaz e sostida no tempo se pode conseguir refrear e mesmo reverter o retroceso dun idioma minorizado". E pídelle á Xunta que actúe para parar do devalo constante da lingua propia. Unha vez máis. |
NOS_21326 | O sector mobilizarase en Compostela o día da investidura de Rueda e pide dimisións "ao máis alto nivel" | Asociacións e colectivos do sector do mexillón convocaron este sábado, coincidindo coa toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta da Galiza, unha nova mobilización en Compostela para denunciar a xestión do Executivo galego no conflito pola mexilla entre bateeiros e percebeiros. A protesta servirá tamén para exixir a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, ás que acusan de xerar "unha problemática que nunca existira en 70 anos" de presenza de bateas nas costas galegas. Segundo argumentan, ten que haber asunción de responsabilidades "ao máis alto nivel" na Consellaría do Mar, pola aprobación duns plans que xeran "grandes prexuízos" no sector e que están baseados nuns informes que, denuncian, "nunca puideron ser contrastados". O sector do mexillón exixe a dimisión da conselleira do Mar Non entenden os ataques por parte da Consellaría a un sector que, lembran, "foi estratéxico durante a pandemia e que non deixou de traballar e que agora se ve castigado por unha decisión administrativa que lles impide o acceso á cría, un recurso "fundamental" Pasividade da Xunta En declaracións a Nós Diario, o vicepresidente da Organización de Produtores de Mexillón da Galiza (Opmega), Juan Fungueiriño, recoñece que as persoas que traballan no sector "están desesperadas" pola falla de mexilla, ao que se suma o feito de que a mexilla que están a meter nas bateas "é de mala calidade". Neste escenario, Fungueiriño denuncia que "a Xunta segue a mirar para outro lado". É por isto que deciden retomar a acción ─xa se mobilizaran na Illa de Arousa en decembro e o pasado abril en Compostela─, pois entenden que "estando calados parece que non hai problema, cando hai un problema e é moi serio", advirte o directivo de Opmega. Un grupo de bateeiros increpan á conselleira do Mar nun acto en Vilaxoán Desde Amegrove, outra das asociacións de produtores de mexillón convocantes, insisten en destacar que os mexilloeiros están desesperados porque "nas zonas verdes ─nas que poden recoller─ non hai cría ningunha", o que pode supor unha caída de produción "moi importante, de 30 ou 40% facilmente". Desde a entidade explican que, noutras campañas, o normal era escoller a mexilla de maior calidade, a que ten máis posibilidades de crecer na batea, "pero este ano houbo que meter a que había", sinalan desde Amegrove, e "aínda así, hai moitas bateas que non teñen metida toda a que teñen que meter". A consecuencia desta situación, a produción de mexillón vaise ver afectada. "Son moitos millóns de quilos e moitos cartos que van perder as familias que dependen deste sector", alertan os produtores. Falta de protección Xunto a isto, denuncian que nas zonas onde hai algunha mexilla, como Doniños (Ferrol), están a sufrir agresións, que pasaron de ser físicas e verbais a ataques aos seus vehículos. "Cada vez que imos alí estamos a sufrir ataques, pedradas aos coches e rodas picadas, sen que se faga nada desde a Administración para protexernos e para permitirnos polo menos ir con tranquilidade ás zonas verdes", lamentan. O conflito territorial pola cría de mexillón xera división entre produtores e confrarías Promesas incumpridas O conflito pola mexilla xurdiu a raíz da publicación dunha orde da Consellaría do Mar na que restrinxía a recollida da cría de mexillón en boa parte da costa galega para, teoricamente, preservar as zonas de produción do percebe. Fíxoo o 30 de novembro 2021, na véspera de iniciar a campaña de recollida da cría do mexillón. Desde o sector presentaron alegacións que, segundo recoñecen, aínda non foron respondidas. En marzo a Consellaría abriu a man no que atinxe aos prazos de captura, mais non das zonas, aínda que en abril, en base a informes científicos ─os que presentan os bateeiros non os ten en consideración─ prometeu abrir inmediatamente tres zonas con moita mexilla e pouco percebe. Porén, "a conselleira míntenos descaradamente na cara", din, porque a realidade é que seguen todas elas fechadas. |
NOS_10439 | O ministro De Guindos tampouco pecha as portas a unha reestruturación da débeda, algo que o goberno alemán vén de reiterar que "non contempla". | O Estado español está disposto a negociar un terceiro rescate para Grecia, o que supón un cambio a respecto das declaracións e afirmacións que na última semana realizara o presidente español, Mariano Rajoy, nas súas referencias a Grecia e o referendo. O ministro de Economía, Luis de Guindos, asegurou esta segunda feira que o Estado español está aberto a negociar un terceiro rescate para o país heleno. Ademais, o ministro subliñou a contade de que Grecia sega a formar parte do euro malia o resultado do referendo do domingo. Porén, o goberno alemán, ao contrario que o español, descarta un terceiro rescate para Grecia mais ofrécese a negociar. Un voceiro do ministro de Finanzas, Wolfgang Schäuble, explicou á axencia Reuters, que a posibilidade de perdoar parte da débeda non estaba na axenda. Esta segunda feira A. Merkel e F. Hollande van realizar unha xuntanza, reunión na que a cuestión grega vai ter unha gran importancia. Para mañá, terza feira, está convocada unha cita do Euro-grupo para analizar a 'crise' e que se prevé de gran importancia para o futuro de Atenas e da zona euro. |
NOS_16732 | Álvaro Iglesias coverte o contrabaixo en protagonista da música de raíz. | Tocou cos mellores: con Anxo Lorenzo, con Carlos Núñez, con Pancho Álvarez ou con Rodrigo Romaní. Colaborou con Ardentía, con Faltriqueira ou con SonDeSeu. Álvaro Iglesias publicou o seu primeiro disco a solo en 2018, Alma, arriscando e convertendo aquel traballo no primeiro disco de música celta no que o contrabaixo se convertía no instrumento solista, e non só saíu indemne do desafío, senón que logrou un acabado refinado e sorprendente. Logo viñeron catro temas que lle puñan banda sonora ao filme de Óscar Doviso Luarada. E agora, por fin, aparece o seu segundo álbum, no que todos aqueles achádegos consolídano como un inexcusábel da música galega de agora mesmo. Vagalume / Álvaro Iglesias / Zouma Records - Inquedanzas Sonoras / 2021 / Dez pezas / En plataformas dixitais Os seus argumentos son incontestábeis: pulcritude e refinamento na execución e un coidado equilibrio entre tradición e modernidade nas composicións. Vagalume ten un certo regusto a bandas pioneiras como Milladoiro ou Na Lúa -no que tiñan de aggiornamento da música folk, como entón se lle chamaba- mais sen renunciar ao seu tempo, a todo o que levamos escoitado nas últimas décadas. A extensa carreira de Iglesias como músico de estudo acompañando a músicos de todo tipo, permítelle ademais matizar calquera peza sen violentar a súa natureza esencialmente tradicional. Para facer mesturas é preciso coñecer ben os ingredientes, e Alvaro Iglesias coñéceos de cor. Pezas como "Acuneirina", "Canto de Rebordechao" ou "Ma Ceiba" introducen unha vigorosa inxección de creatividade que insiren o repertorio celta noutros territorios que, porén, acaban acomodándose ás pautas do noso. A flexibilidade permite que un estilo permaneza vivo e non derive nunha fórmula e isto é o que Vagalume consegue ao longo dos seus dez cortes. O disco benefíciase das colaboracións, que permiten airear -e mesmo acentuar, en ocasións- o protagonismo do contrabaixo, cuxa presenza como líder non sobrecarga en ningún momento o repertorio. Un dos grandes achádegos de Iglesias é, precisamente, lograr que un instrumento orientado ao acompañamento se transforme na voz principal sen que en ningún momento cause estrañeza, sen que nada pareza forzado. A continuidade queda fixada no repertorio, e o novidos nunha sonoridade que non desmente a raíz. En síntese, a demostración de como soar contemporáneo cunha instrumentación desusada de estirpe tradicional. |
NOS_16868 | En 2018 a plataforma creou unha unidade móbil de axuda contra as reclamacións a disposición de todas as mariñás. Das queixas rexistradas, moitas céntranse nas eivas na cobertura pediátrica ou nas longas esperas do servizo de Cardioloxía ou o de Rehabilitación. | En 2018 a Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña puxo en marcha unha unidade móbil de axuda contra as reclamacións (Umar). Esta unidade ofrece información sobre a situación da sanidade pública nas comarcas mariñás, resolve dúbidas sobre listas de agarda ou derivacións e axuda as veciñas a redactar e mesmo rexistrar reclamacións polos motivos anteriores. Onte a plataforma fixo unha valoración da traxectoria da Umar, que segundo afirman as súas integrantes "tivo unha acollida moi boa por parte da poboación". Porén, denuncian, o mesmo día da súa posta en marcha as responsábeis recibiron presións da directiva do Hospital da Costa.Con todo, o traballo da Umar proseguiu. A plataforma informou de que ao longo destes meses rexistrou máis de 1.500 reclamacións colectivas ou individuais. "Reclamamos pola falta de pediatras, polas eivas na cobertura das doutoras de familia ou pola falta de profesionais en servizos como fisioterapia ou logopedia", relatan. Se ben a Umar presta os seus servizos a primeira segunda feira de cada mes nun centro de saúde diferente; nalgúns, ante o elevado número de reclamacións, tiveron que aumentar o horario do servizo. "Chegamos a rexistrar até 300 reclamacións nalgunha ocasión", salienta o colectivo impulsor. As integrantes da plataforma explican que os servizos que máis queixas concentran son os de Cardioloxía, pois os tempos de agarda por consulta poden chegar até o ano; os de Rehabilitación, con máis dun ano de espera; os de Pediatría, por falta de cobertura de persoal, e os de logopedia, con moitos atrasos para facer as resonancias no sistema público. Desde a plataforma valórase que moitas das queixas foron "satisfactoriamente tramitadas para as pacientes". Manifestación en febreiroA Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña tamén anunciou a pasada cuarta feira a celebración de asembleas informativas polas comarcas mariñás, para informar a poboación sobre o estado do sistema de saúde da zona, as súas eivas e animala a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 9 de febreiro en Compostela. A Mariña, precisan, precisa incorporar profesionais en Atención Primaria, o persoal de apoio ou recuperar servizos. |
NOS_26450 | O Goberno vasco insiste na necesidade de estender o estado de alarma para afrontar do mellor modo a pandemia, defendendo que deixar as medidas en mans dos tribunais non é unha solución idónea. Tamén acusa o Executivo español de actuar "pensando" nas eleccións da Comunidade de Madrid do próximo4 de maio. | "Coa esperanza posta" na prórroga do estado de alarma, "unha vez salvado o obstáculo electoral madrileño", así se expresou hoxe Josu Erkoreka, vicelehendakari e conselleiro de Seguridade do Goberno de Euskadi. "A ninguén se lle ocorre agora que en Euskadi se poida restabelecer o ocio nocturno con absoluta liberdade, sería seguramente un enorme problema de saúde pública", puxo como exemplo o membro do Executivo vasco nunha entrevista con RNE. Erkoreka sinalou que é preciso que moitas medidas continúen en vigor para poder combater de modo eficaz a pandemia, polo que non se pode renunciar á prórroga das mesmas, e rexeitou que sexan os tribunais os que decidan sobre as restricións. Neste sentido, afondou na situación en Euskadi, onde os tribunais "foron particularmente restritivos no apoio a estas iniciativas", o que se convertería nun "problema serio" se as medidas de control dos efectos da Covid-19 dependeran deles. Decisión xudicial Outra mostra da decisión do poder xudicial no control da pandemia foi a de ordenar a reapertura de casinos, bingos e salas de apostas na Comunitat Valenciana, o pasado 15 de abril, por parte do seu Tribunal Superior de Xustiza, que se baseou en que na recomendación do Ministerio de Sanidade só se prevía o seu fechamento se a situación se atopaba no grado epidemiolóxico máis alto, e argumentaba que non teñen constancia de que se "vaian producir perturbacións graves dos intereses xerais" por deixalos abrir. A opinión formulada polo vicelehendakari non é compartida polo Goberno do Estado. O ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, defendeu esta cuarta feira desde Iruña (Nafarroa) que "en principio semella que non vai ser necesario articular máis mecanismos do estado de alarma". Campo incidiu en que hai que traballar na solución á situación derivada da pandemia con unidade, e "chega con que o Goberno diga unha cousa para que a oposición se sitúe na contraria", resolveu o ministro. Non haberá unanimidade nos tribunais para responder ás medidas contra a pandemia unha vez que remate o estado de alarma, afirmou Francisco Javier Pueyo, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa. O xuíz recomendou cambiar a lexislación para adecuarse ás medidas especiais en materia de saúde e indicou que "a lei de 1986 necesita unha actualización para despexar esas dúbidas xurídicas". Con respecto ao fin das medidas de excepción, o vicelehendakari, Josu Erkoreka, destacou que semella que desde o Goberno do Estado se está a agardar a que haxa un clamor unánime para dar o paso e "que ninguén o perturbe" no Congreso, mais nunha situación tan tensa ve imposíbel que se poida producir. |
PRAZA_7121 | Esta semana preséntanse nos barrios composteláns de San Pedro e Fontiñas os traballos audiovisuais realizados por un grupo de rapaces e rapazas ao abeiro do proxecto. Persoas chegadas doutros países e residentes na cidade relatan a súa historia. Videos no interior. | Imane, Marlyn, Ghizlane, Luis, Stanly, Estrella, Paula, Ayoub, Yaiza, Sofía, Lara, Ailin... Veciñas e veciños dos barrios composteláns de San Pedro e Fontiñas. Rapazas e rapaces que naceron noutros países e que agora son unhas picheleiras e picheleiros máis. Todas e todos eles participaron nos últimos meses no obradoiro audiovisual realizado ao abeiro do proxecto Barrios Abertos, unha iniciativa da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) que tamén se está a realizar en Asturias e Castela-A Mancha e que busca a integración social, cultural, educativa e sanitaria das persoas de orixe estranxeira, facendo dos barrios "o núcleo primario da sociabilización". Durante catro meses 15 rapazas e rapaces asistiron a un obradoiro de técnicas audiovisuais, impartido por ACPP e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), no que se pretendía que, ao mesmo tempo que aprendían a realizar un documental ou unha peza informativa, reflexionasen sobre a súa propia integración nos seus barrios e sobre o que eles e elas podían achegar desde a súa cultura de nacemento á súa cultura de acollida. O resultado, catro pequenas pezas informativas a xeito de reportaxe (sobre integración, participación, solidariedade e multiculturalidade) e un documental de maior duración (Como imanes: Iguales pero diferentes), poderase ver este mércores ás 19.30 na AAVV A Xuntanza do barrio de San Pedro, unha proxección que se repetirá o 9 de decembro no Centro Sociocultural das Fontiñas, coa presenza de alumnado do IES Antonio Fraguas. As presentacións fanse nos barrios, sinalan dende ACPP, "para promover a participación comunitaria e porque todo o que sae do barrio debe volver a el, e someterse ao opinión da veciñanza". As presentacións fanse nos barrios, sinalan dende ACPP, "para promover a participación comunitaria e porque todo o que sae do barrio debe volver a el, e someterse ao opinión da veciñanza" No documental Como Imanes cóntanse tres historias: unha ten como protagonista a carnicería halal que existía no barrio de San Pedro e que amosa o día a día deste establecemento. Outra céntrase nunha costureira paraguaia, á que acompañan durante unha tarde, presentando tres historias de vida de tres persoas inmigrantes residentes no barrio. O resultado de todo o proceso vivido nos últimos meses foi "mellor do esperado", destaca Alejandro Quiñoá delegado de ACPP-Galicia: "Con rapaces de orixes moi distintas conseguiuse formar un grupo que seguiu facendo cousas xuntos máis aló do proxecto, xerando un núcleo de socialización". En canto ás propias pezas, contadas por eles e elas, coa súa visión do barrio e coa súa versión do seu propio relato, "proporciónannos elementos máis introspectivos, aos que non poderíamos achegarnos coa nosa visión dende fóra", sinala. Nas pezas, as rapazas e rapaces fan tamén reflexións en primeira persoa sobre as súas vidas no barrio, as súas culturas de orixe ou á súa adaptación á cultura local. Estas reflexións permiten, segundo Alejandro Quiñoá, ver como estas persoas viven o contraste que se pode producir entre a cultura das súas casas e a cultura de socialización da rúa ou dos centros de ensino. O proxecto Barrios Abertos rematará este mes. Está a realizar os seus últimos obradoiros e actividades e o vindeiro 21 de decembro presentará a guía de servizos e asociacións presentes nos barrios que foi elaborada polas persoas migrantes. Esta guía recompilará información sobre as organizacións coas que se pode colaborar, sobre os servizos públicos e privados que ofrece o barrio e sobre os distintos trámites que se necesitan cumprir cando se chega ao país. Esa presentación servirá tamén para facer unha reflexión e valoración final sobre os resultados do proxecto, que centrou boa parte da súa actividade no ámbito educativo, poñendo en valor as vantaxes de vivir nun entorno multicultural e contribuíndo a previr os discursos de odio e rexeitamento ao diferente. "O fundamental é comezar a devolverlle ao barrio todo o que nos deu durante este proceso", afirma Alejandro Quiñoá. O obxectivo deste proxecto, desenvolvido nos últimos meses, era promover a integración, entendéndoa "como a participación da poboación migrante na actividade cotiá do barrio e en que sexan conscientes dos seus dereitos como cidadáns, e que os reclamen". Outra das características do proxecto foi o seu carácter comunitario, moi ligado ás entidades sociais que traballan día a día nestes dous barrios: "Non tería sentido polo que impulsásemos ningún movemento asociativo novo, senón que o que facemos é coordinar o proxecto coas redes de movementos asociativos que traballan nos dous barrios". |
PRAZA_7231 | O alcalde vigués responder así a unha nova paralización das obras, forzada pola veciñanza do barrio. Cualifica a BNG, EU e Anova de "partidos marxinais" e di que "as épocas en que unha minoría paraba a cidade remataron" | "O barco vaise instalar". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, responde deste xeito á oposición veciñal á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, unhas obras que xa foron paralizadas en dúas ocasións e que espertan críticas polo seu elevado custe: 100.000 segundo o Concello e 300.000 segundo os veciños. Este luns pola mañá nin sequera un forte dispositivo policial en apoio das obras puido impedir que ducias de veciños e veciñas do barrio se concentrasen no lugar, cortando o tráfico na Avenida Castelao, unha das arterias principais da cidade e obrigando finalmente as maquinas a cesar a súa actividade e a retirarse. "Non pode ser, o barco na rotonda e as familias sen comer" é un dos berros máis repetidos polos e polas manifestantes, que sinalan que os cartos que o Concello pretende gastar nesta polémica obra poderían ser investidos noutras partidas, nomeadamente en axuda social ás persoas que no propio barrio están a pasar por grandes dificultades. Os veciños e veciñas de Coia, que este luns pola tarde celebraron unha asemblea, seguen ao pé da rotonda, acampados pola noite, facendo quendas para evitar que o Concello complete o seu proxecto. Semella que Abel Caballero quere manter neste conflito unha posición de firmeza, e o rexedor xa advertiu que "o barco vaise instalar" e minimizou a oposición social a este proxecto, formada -dixo- por "partidos marxinais que están varridos politicamente e o único que queren é facer ruido". Caballero afirmou que a colocación del barco nesa rotonda "é un clamor de toda a cidade" e advertiu de que "as épocas en que unha minoría paraba a cidade remataron". En referencia directa a BNG, EU e Anova, Caballero afirmou que "conseguiron reunir 150 personas, as mesmas que para unha voda". "Se cren que nos van facer retroceder e parar a idea, están completamente equivocados", dixo. Non é a primeira vez que o alcalde socialista busca manter un pulso con veciños, traballadores ou colectivos sociais mobilizados na cidade. Aí está, por exemplo, o conflito que mantén coa Asociación de Veciños de Teis. O Concello, ademais, respondeu ás críticas a través dun comunicado oficial, no que afirma que o custe das obras "ascende a 100.000 euros en total, en concepto de preparación do espazo e adecuación do mesmo para o seu novo uso, moi lonxe do que interesadamente están a trasladar as persoas que se amosan en contra". Sinala, igualmente, que dende que o barco pasou a ser propiedade municipal, no ano 2000, gastáronse 630.000 euros nel, entre reparacións e mantemento, "do que o 95% foi gastado polos gobernos locais anteriores á chegada de Abel Caballero á Alcaldía". Pola súa banda, os veciños e veciñas de Coia preparan un escrito, que presentarán ante a Fiscalía, no que recollen algunhas supostas irregularidades destas obras, entre elas a falta de expediente público ou a relación que mantén a construtora encargada desta actuación (Civis Global, antes denominada Movexvial) co Goberno municipal, da que é unha das principais adxudicatarias, acumulando obras por valor superior aos 35 millóns de euros só neste ano, como recolle Vigo Dixital. Os veciños e veciñas de Coia preparan un escrito, que presentarán ante a Fiscalía, no que recollen algunhas supostas irregularidades destas obras, entre elas a falta de expediente público ou a relación que mantén a construtora co Concello A manifestación que o pasado venres percorreu as rúas do barrio pechouse cun manifesto que destacaba que "a nosa loita non é so por evitar que chanten o barco nesta rotonda, vai máis alá. É un berro, unha expresión do cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas. Eles viven nesa "cidade fermosa" dos grandes cruceiros, das obras faraónicas, mentres que nós vivimos nos barrios, nas rúas onde os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos". O texto dicía tamén que "estes días lonxe de se escoitar o ruído das máquinas na rotonda, escoitáronse as voces e os berros dun barrio, dunha cidade que aposta por construír vida desde abaixo, desde a xente". E, citando a mobilización zapatista engadía: "Es el sonido de su mundo derrumbándose. Es el del nuestro resurgiendo. El día que fue el día, era noche. Y noche será el día que será el día". |
NOS_38026 | Feixoo advirte que terá que seguir a usarse a máscara, tamén nalgunhas zonas do exterior. | O comité clínico que asesora á Xunta está a traballar nun protocolo sobre as máscaras que se aplicará unha vez que o Goberno español derrogue o seu uso en exteriores. "Están a deseñar os lugares nos que non será obrigatoria", dixo en Vigo Núñez Feixoo, que puxo como exemplos zonas rurais, aldeas, espazos de lecer amplos ou "na maior parte das rúas". Mais tamén apuntou a que a máscara vai seguir a ter que usarse, tamén en determinadas zonas do exterior. A idea é poder fornecer máis información ao respecto na rolda de prensa da cuarta feira, cando se dá conta polo miúdo dos acordos do grupo de análise. Un anuncio que chega após o feito por Pedro Sánchez a pasada sexta feira e no que situaba o 26 deste mes como a data para a fin da obrigatoriedade de levar a máscara en exteriores. Decisión que xa o propio Feixoo criticou ás poucas horas afirmando que este tipo de anuncios unicamente procuraban beneficiar o Goberno. As capacidades, a exame O presidente da Xunta avanzou tamén que o comité clínico estudará incrementar a máximo capacidade permitida en recintos que acollan distintos tipos de actos até "o 60% ou o 75%" na reunión que manterá esta terza feira. Preguntado tras participar nun acto en Vigo, Alberto Núñez Feixoo avanzou que o comité de expertos que asesora o Goberno galego "vai revisar as capacidades de distintas expresións sociais colectivas" no seu próximo encontro. "Probabelmente imos incrementar á alza as persoas que poden convivir nun recinto, xa sexa pechado ou aberto", explicou. Lembrou que, neste momento, as capacidades estabelecidas "móvense na contorna do 50%" da capacidade dos espazos. Con todo, apuntou á posibilidade de que "nalgúns lugares" poidan aumentarse até "o 60% ou o 75%" para a celebración de determinados actos. Neste sentido, precisou que a Dirección Xeral de Saúde Pública estuda ampliar a porcentaxe máxima de ocupación en "algúns lugares" en colaboración co comité clínico. Posíbeis cambios nos concellos Malia estes temas de máximo interese, está previsto que as e os expertos tamén estuden a situación epidemiolóxica dos concellos, dado que agora hai tres no chanzo medio-alto de risco e o resto atópanse no medio-baixo. É posíbel que Malpica, Soutomaior ou Camariñas baixen de nivel dada a evolución epidemiolóxica dos últimos días, se ben as prohibicións poderían ir a máis en Castroverde por ter a incidencia acumulada máis alta do país. En calquera caso, Galiza aparece, xunto coas Illes Balears e a Comunitat Valenciana, como os tres únicos territorios do Estado español no mapa do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades. |
NOS_58251 | O actual presidente de Paraguai, Federico Franco, asegurou que vetaría unha posíbel candidatura do destituído Fernando Lugo pois di que procura "manchar" os comicios que terán lugar no país o vindeiro ano. | Após facerse co goberno mediante un xuízo político pouco rigoroso na práctica, Federico Franco, advertiu nunha conferencia o pasado sábado que non permitiría a Fernando Lugo presentarse ás eleccións presidenciais de 2013. As declaracións de Franco prodúcense após anunciar Lugo que procuraría recuperar o goberno "por vías democráticas". Neste sentido, e malia que a Constitución do Paraguai impide aos presidentes seren re-elixidos, non dispón nada a respecto daqueles que fosen sometidos a un procedemento de impeachment sen rematar o seu mandato. No entanto, Fernando Lugo aínda non presentou a súa candidatura formalmente. Segundo o actual presidente --que asegurou respectará "a Constitución e as leis"-- o obxectivo do ex-bispo sería procurar apoio na Unasur de se producir a impuganción da súa candidatura e evitar que se recoñeza a validez das eleccións. Porén, Franco advertiu --adiantándose aos acontecementos-- que impediría tamén a entrada ao país de observadores internacionais procedentes da Unasur pois ao seu entender, esta organización "non é neutral" e atópase controlada polo presidente venezolano, Hugo Chávez, e a ALBA. As mobilizacións sociais marcan a oposición ao goberno Após ser destituído Fernando Lugo, sucedéronse no país --e fóra das súas fronteiras-- numerosas manifestacións de apoio, porén tamén se veñen sucedendo importantes mobilizacións sociais en contra dos incumprimentos do novo goberno. Neste sentido, a pasada semana Paraguai viviu unha nova onda de manifestacións obreiras e campesiñas contra a política de retención do pagamento aprobada polo executivo de Federico Franco. A diminución do comercio exterior após o bloqueo internacional que sucedeu a destitución de Fernando Lugo, está a prexudicar a política gobernamental que ve reducidos de maneira notábel os seus ingresos. Aliás, os retrasos no pagamento das axudas sociais postas en marcha polo presidente Lugo, e o xa endémico problema da propiedade da terra están a ser as principais reivindicacións nos procesos mobilizadores. |
NOS_44810 | As afeccións vasca e catalá desafiaron a ameaza de sancións e asubiaron con forza no Camp Nou, igual que fixeran nas finais de 2009 e 2012. [Vídeo no interior] | Houbo apupada e sonora. As afeccións do Barcelona e do Athletic de Bilbao, que fican xuntas no estadio, asubiaron con forza o himno español, antes do comezo da final da Copa do Rei de fútbol no Camp Nou. Desafiaron as ameazas de sancións da Comisión Antiviolencia e as peticións de suspender o encontro. Repetiron a apupada das finais de 2009, en Mestalla, e 2012, no Calderón. Milleiros de bandeiras de Catalunya e Euskal Herria enchen de cor a bancada do Camp Nou. O Goberno español condenou os feitos e convocou unha reunión este luns para valorar posibles sancións. Espectacular! Que ho vegi tot el món! https://t.co/NBQAyT2JiX— 27 Setembre 15 (@27Setembre) 30 maio 2015 |
NOS_37111 | Após décadas desaparecido, o 'merdeiro', unha figura tradicional do entroido de Vigo, leva desde 2006 de volta nas rúas viguesas grazas ao traballo e implicación de diferentes colectivos de base. Esta fin de semana, volveu demostrar que na Galiza tamén hai tradición de entroido urbano | Contra o que se cre, tamén existe un entroido urbano na Galiza, afastado dos desfiles de carrozas con cheiro a imitación brasileiro-española. Un exemplo disto está en Vigo, a cidade máis poboada do país. Após décadas desaparecido, desde hai uns poucos anos unha figura clave do entroido nesta cidade, o merdeiro, volve ser o protagonista. Na súa recuperación tomaron parte diferentes persoas e colectivos, con especial protagonismo para o Centro Social de A Revolta e @s veciñ@s do Berbés. O merdeiro xa está a enganchar ás xeracións máis novas e non poucas crianzas devecen por participaren nos seus cortellos, que percorren as rúas da zona vella da cidade olívica. Rivalidade mariñeiro/labrego Vestir no entroido de merdeiro era unha tradición nos mariñeiros de Vigo. A finalidade era 'incordiar' durante o entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixe apodrecido. Na súa orixe podería estar a rivalidade entre mariñeiros e labregos. A vestimenta era unha imitación dos escabicheiros (camponeses que recollían os restos de eixe ou escabiches e valeiraban os pozos negros da ciudade para abonar s súas terras). A súa existencia está reflectida na imprensa de finais do século XIX e principios do XX e tamén por estudosos do folklore galego como Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo. Documentario Nestas semanas estase a traballar nun documentario no que se aborda esta figura. Os e as promotoras sinalan que "a gravaçom abrange desde as primeiras saídas dos merdeiros no entruido de 2011 até o verao de 2012. Entrevistamos às principais pessoas responsáveis da recuperaçom: ao desenhador da máscara Pancho Lapeña, ao autor do livro "O Merdeiro, un persoaxe do entroido vigués" Xerado F. Santomé, e ás mulheres e homens que participam das saídas desta figura e da organizaçom e planificaçom das mesma". Fotos: Galizacontrainfo.org |
NOS_21587 | Eduardo Sanches Maragoto é desde o outono pasado o novo presidente dunha AGAL que vén de apostar por unha confluencia normativa que acepte tamén o padrón portugués, subindo á maré do importante aumento de alumnado desta lingua que se está a dar en todo o país. Só neste curso os estudantes de portugués medraron un 114%. | – O pasado outubro gañastes as eleccións da AGAL case á búlgara. Ademais da proposta da confluencia normativa, cales son os proxectos que estades a levar adiante?– Temos dúas liñas de traballo principais. Unha que é o acompañamento da Lei Paz Andrade e a outra é o reforzamento entre a identidade galega e o reintegracionismo. Ambas as propostas facían parte do programa electoral e foron aprobadas por maioría esmagadora, como dicías. A primeira considerámola urxente porque é unha oportunidade histórica do reintegracionismo. O Parlamento decidiu que tres dos obxectivos históricos que tivo o noso movemento eran estratéxicas para Galiza. E nós queremos empurrar todo o que sexa posíbel para efectivizar esa lei, sobre todo no ensino. De feito, en colaboración con outras entidades, como Docentes de Portugués na Galiza ou a Academia Galega de Lingua Portuguesa, estamos levando información a todos os centros de ensino para informar das posibilidades de introducir o portugués. A outra ten máis que ver coa comunicación, e pretendemos amosar á sociedade un reintegracionismo aberto a colaborar co conxunto da comunidade lingüística galega. Queremos estar moi presentes no movemento normalizador en xeral e interaxindo con el, e para iso creamos ferramentas para mellorar o galego no Twitter, temos un canal de Youtube que está a ter moito éxito, imos estar presentes en datas emblemáticas da cultura galega, como por exemplo, no día 24 para reivindicar a Rosalía, logo as Irmandades, Manuel María, etc. "O reintegracionismo recoñece con este paso que se pode ser reintegracionista de moitas maneiras" – En canto ao da iniciativa Paz Andrade, desde aquel anuncio do Goberno, con Feijoo e o presidente portugués, non se soubo máis do tema.– A iniciativa Paz Andrade foi unha iniciativa popular do movemento reintegracionista e o que é chamativo é que foi aprobado por unanimidade por todas as forzas do Parlamento. E iso é un feito insólito, moitas poucas leis conseguiron na Galiza iso. Nós xa sabiamos que o difícil ía ser implementala, que pasase do papel ao ensino, aos medios... por iso consideramos que o reintegracionismo ten unha oportunidade histórica no sentido de empurrar. Debemos esixirlle ás institucións que a cumpran pero non debemos esquecer que a sociedade civil ten que estar presente facendo propostas para que se cumpra. E niso estamos. – Houbo avances despois daquel anuncio?– O que é un feito é que se o portugués avanza é grazas ao esforzo de moitísimas persoas que o están facendo avanzar en cada centro de ensino. E tamén que o portugués no último ano aumentou moitísimo: pasou de 861 alumnos o curso anterior a 1.841 este. É dicir, medrou un 114% nun só curso. Entón, é verdade que a administración está facendo deixación de responsabilidades neste asunto, pero tamén é verdade que as persoas síntense reforzadas nos centros de ensino para faceren o seu traballo e para impulsar iniciativas neses sentido. Entón a lei é importante. Outra cousa é que dependendo do Goberno vaise cumprir máis ou menos, pero é a sociedade civil a que ten que esixir que se cumpra. – Outra das vosas liñas de traballo que está a ter moito éxito é a editorial Através.– Si, é outra das liñas. De feito, este consello representa unha liña continuísta aos dous consellos anteriores. É un dos grandes éxitos da AGAL nos últimos anos. Están a publicar a un ritmo de un libro por mes, e poucas editoras independentes o poden dicir. – Escritores de sona empezan a publicar en reintegrado.– Aínda que iso non quere dicir que logo teñan que pasar a escribir en reintegrado, como é o caso de Helena Miguélez, que acaba de gañar un premio grazas a ese libro en Através. – Aproveitastes ocos que había no sistema literario galego. Porque se ningunha editora quixo publicar ese libro...– O reintegracionismo, sobre todo a través das súas relacións coa Lusofonía ten que aproveitar esa oportunidade e estao facendo. Nós tamén distribuimos por Portugal. – Que tal de resultados alí?– Os resultados non teñen que ver só co produto. Ten que ver com moitas outras cousas, co coñecemento do autor, con estar integrado nos circuitos culturais dun determinado país, e sempre van ser máis pobres que na Galiza, pero non por iso temos que deixar de aproveitalos. "Temos que recoñecer que moitas persoas chegan máis facilmente hoxe en día á nosa proposta ortográfica a través do estudo do portugués que do coñecemento ou do estudo da nosa norma ortográfica concreta" – Vaiamos xa ao tema da confluencia normativa…– Foi o resultado dun debate público e aberto que rematou nunha asemblea e foi apoiado de forma amplísima polos socios. E con ela recoñecemos que no reintegracionismo había dúas tradicións gráficas que se diferenciaban basicamente en que as palabras que acaban en -on nas nosas falas podían ser representadas con -om ou con -ão. E a AGAL até antes desa asemblea só recoñecía unha delas, pero moitos socios utilizaban a outra, ou as dúas dependendo do contexto. E, despois dun debate, que eu penso que foi superfranco, a asociación decidiu que non valía a pena presentar dúas normas á sociedade, cando había diferencias moi pequenas entre as dúas, así que decidimos camiñar no sentido que xa o fixeron outras linguas, como o valenciano e o catalán, ou mesmo o portugués e o brasileiro no acordo ortográfico de hai uns 25 anos. Entón a partir de agora a AGAL vai ter unha única norma con variantes en vez de ter dúas normas. Sería un proceso moi semellante ao que aconteceu no propio galego oficial coa normativa de mínimos e a normativa oficial antiga. Na práctica isto facilita a colaboración entre os reintegracionistas e tamén coas propias institucións e con organismos de todo tipo. "O portugués no último ano aumentou moitísimo: pasou de 861 alumnos o curso anterior a 1.841 este. É dicir, medrou un 70% nun só curso" - En que escribe, por exemplo, a directiva da AGAL?Eu, por exemplo, escribo niso que antes se coñecía como a norma da AGAL, pero agora vai ser ampliada, vai ser máis flexíbel. E eu vou continuar a escribir exactamente no mesmo que escribín sempre. - Isto da confluencia produciu unha fuga na Comissom Lingüística da AGAL, con demisións, que está en 'stand-by' até abril. - Efectivamente houbo persoas que se foron, aínda que moi poucas, porque consideran que a AGAL se debía limitar a defender a norma que creou nos anos 80, mais a sociedade mudou moitísimo desde entón e esa norma necesitaba unha ampliación porque xa moitos socios usaban outras variantes, máis próximas do portugués, e iso no fondo non deixa de ser algo parecido ao que aconteceu na normativa oficial entre os partidarios dos mínimos e do ILG. Todos están recoñecidos na nova norma e digamos que axuda a clarificar o panorama. - Usaches o pasado para referirte á norma AGAL. Podémoslle seguir chamando norma AGAL?- Si, a norma AGAL vai ser ampliada, iso foi o que decidiu a asemblea, pero ás veces utilizo iso en pasado para que se entenda ben o concepto. Porque hai persoas que aínda se seguen a referir á norma AGAL exclusivamente á terminación -çom, por exemplo. Ou o indefinido feminino umha. A partir de agora tamén van ser recoñecidas as outras formas, como moitas outras normas do mundo. - Esta nova asociación, a Associaçom de Estudos Galegos, di que van establecer o padrón da AGAL. - Eu non me quero meter nas declaracións que eles fan, pero nós, a AGAL, vai dar cabida a calquera uso gráfico que teñan os reintegracionistas, tamén o deles. Digamos que a norma da AGAL está escrita desde o ano 83 e esa norma vai figurar toda, absolutamente toda, nesta nova norma. O reintegracionismo recoñece con este paso que se pode ser reintegracionista de moitas maneiras, que non hai unha única maneira de chegar ao reintegracionismo. Antigamente chegábase só ao reintegracionismo a través dunha vía, que era a vía militante, asociativa, e as persoas ían aprendendo esa norma como podían neses ámbitos, pero esa norma non tiña ensino nin medios de comunicación que as puidesen proxectar, como teñen as normas, entón o reintegracionismo agora recoñece outras maneiras, a través do ensino do portugués, da emigración a Portugal, da Internet, etc. - Agora xa hai deputados en Madrid reintegracionistas, non?- Si, hai dous, que eu saiba. - Cal é o outro?Raimundo Viejo por Barcelona, que é un reintegracionista histórico, e pola Coruña Antón Gómez-Reino. Son reintegracionistas de práctica, publicamente exprésanse en reintegrado. "O noso obxectivo debe ser falar coa sociedade no seu conxunto, non só cos que teñan interese en debates lingüísticos ou filolóxicos" - Un dos demisionarios da Comissom Lingüística, Mauricio Castro, denunciaba unha deriva cara ao "lusitanismo". El reivindicaba unha posición nacional e alertaba nesta entrevista de que hai xente que asume que a loita do galego está perdida e que a única solución é o portugués…- Eu creo que iso non é verdade, o que pasa é que o reintegracionismo ten que ler os momentos nos que estamos, e agora mesmo non fai moito sentido o debate filolóxico ou normativo. Non estamos ás portas dunha negociación coa normativa oficial para negociar se imos poñer ç ou z, nh ou ñ. Os obxectivos da AGAL e desa asociación son idénticos: reforzar a cultura galega a través da relación co mundo portugués, mais a AGAL o que fai é recoñecer que hai moitas maneiras de dalo e que non é só o confrontamento normativo ou a discusión filolóxica a única actividade á que se debe dedicar o reintegracionismo. Hai moitas maneiras de ser reintegracionista, de chegar a el. E o noso obxectivo debe ser falar coa sociedade no seu conxunto, non só cos que teñan interese en debates lingüísticos ou filolóxicos. O reintegracionismo, polas circunstancias en que se encontra agora tanto el como o conxunto da cultura galega, ten que se esforzar en dar a coñecer outras variedades do galego no mundo, en conseguir que as variedades galegas teñan contacto con outras e non en discutir a acentuación, por exemplo. Porque ese interese non existe máis que en certos círculos, mais nós queremos ampliar a nosa influencia, e para iso temos que recoñecer que moitas persoas chegan máis facilmente hoxe en día á nosa proposta ortográfica a través do estudo do portugués que do coñecemento ou do estudo da nosa norma ortográfica concreta. Esa é a cuestión, pero en absoluto nós estamos avogando por nada parecido ao lusitanismo, de feito temos unha liña de traballo -que está a ser superdesenvolvida- que se encarga de desfacer preconceptos en relación a iso, de facer notar que existe unha relación enorme entre a identidade galega e as propostas do reintegracionismo. |
NOS_20725 | O Bloque trasladou o seu apoio ao calendario de mobilziacións previsto para a CIG para estes meses e nos que non se descarta unha greve xeral. | Representantes das direccións do BNG e da CIG mantiveron un encontro no que falaron de cuestións como os efectos das reformas laborais ou a situación do sistema público de pensións, Desde o Bloque anunciou a levar ao parlamento o debate do futuro do sistema público de pensións, solicitando a creación dunha comisión para analizar e garantir o seu futuro en Galiza. "Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo para privatizalo", afirmou a portavoz nacional, Ana Pontón. Pontón anunciou unha batería de iniciativas "para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais". A portavoz nacional avanzou o apoio do BNG ao calendario de mobilizacións previsto pola CIG, -que mesmo baralla unha greve xeral-, e que ten unha das súas citas na manifestación nacional para o 28 de xaneiro en Santiago. |
NOS_47739 | A corta e replantación de eucalipto afectou A Mourisca, en Cervo. Adega e Mariña Patrimonio denunciaron os feitos perante o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo. | A Mourisca é un xacemento arqueolóxico situado nunha chaira do monte Motín, no concello de Cervo. Está formado por dúas estruturas circulares duns 30 m de diámetro e máis dúas mámoas. "Como non se teñen feito prospeccións nin estudos na zona, non se pode desbotar a existencia doutros elementos arqueolóxicos", afirman desde Adega e Mariña Patrimonio, dous colectivos que denuncian os "graves danos" que sofreu este xacemento. "Os danos foron ocasionados no transcurso dos labores de corta e replantación de eucalipto que afectaron a toda a superficie do recinto circular e máis do parapeto que o define. As remocións de terra, xunto coa utilización de pas mecánicas no recinto, danaron gravemente a estrutura arqueolóxica de A Mourisca", sosteñen. Denunciaron estes feitos perante o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo. Adega e Mariña patrimonio lembran que antes de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Inventario de calquera posible xacemento, póñense en contacto con arqueólogos para que visiten o lugar e valoren a autenticidade do xacemento. No caso de A Mourisca foron sete os arqueólogos que visitaron o xacemento "e todos eles coincidiron en que é un sitio arqueolóxico único en Galiza e todos coincidiron, ademais, na necesidade de inventariar e protexer este singular ben patrimonial". En base a isto, o 27 de xaneiro de 2014 solicitamos no Servizo de Patrimonio de Lugo a inclusión no Inventario destas dúas estruturas circulares. Se ben se incluíu no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos estas estruturas como Referencias coas claves GA27013REF.03 e GA27013REF.04, isto supón que non sexa recoñecido oficialmente como xacemento e, por tanto, o lugar queda sen a debida protección. En maio, informan Aderga e MP, desde ese departamento anunciaban intención de que A Mourisca pasase de 'referencia' a 'xacemento'. "Lamentablemente a corrección chega tarde para evitar os danos que se produciron no xacemento, por iso pedímoslle á Dirección Xeral de Patrimonio que adopte medidas para que o Servizo de Patrimonio de Lugo non repita erros con consecuencias tan graves", solicitan as entidades. |
PRAZA_12394 | O 29 de xaneiro, data da última asemblea do BNG, non só voou polos aires a estrutura de partidos en Galicia senón que correu algo máis. A militancia da esquerda política fartou de ser súbditos do partido e pasou a ser cidadáns libres con franxas de pensamento autónomo e capacidade de resolver contradicións. É o momento de arriscar. A preguiza intelectual leva inevitablemente ao conservadorismo político | Non foi nin unha casualidade nin tampouco unha conspiración. Algúns viñamos observando, de certo que non pasivamente, como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos. O movemento d@s indignad@s, ao marxe das súas propostas concretas máis ou menos certeiras, veu situar enriba da mesa unha desafección clara e rotunda da cidadanía cara aos partidos tradicionais e as formas que estes teñen de entender a política. Tratábase maioritariamente de xente nova que nin tan sequera entrara a formar parte dos mesmos, por que algo lle cheiraba mal nas súas dinámicas internas. Unha sensación que por outro lado tiñamos vivido aqueles que noutro tempo participamos das estruturas partidarias. Algúns viñamos observando como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos Hai uns meses tiven ocasión de asistir a un debate sobre os vintecinco anos do parlamento galego. Nesa mesa redonda, e a pesar de que nela participaban algúns dos analistas máis sisudos do panorama galego, todos eles defenderon dogmaticamente a estabilidade da estrutura de partidos en Galicia como algo pechado e inamovible. Non entenderan nada do que estaba a ocorrer na rúa. Unha vez máis as ciencias sociais amosan unha clara desvantaxe metodolóxica sobre as ciencias naturais. De novo, como ocorrera co desmembramento do bloque soviético, coa primavera árabe, os analistas pillounos co pe cambiado e sen saber que dicir máis aló dos tópicos e dos lugares comúns. O 29 de xaneiro, data da última asemblea do BNG, non só voou polos aires a estrutura de partidos en Galicia senón que correu algo máis. A militancia da esquerda política fartou de ser súbditos do partido e pasou a ser cidadáns libres con franxas de pensamento autónomo e capacidade de resolver contradicións. As persoas con ansias de cambio social e defensa da nación observaron que as antigas estruturas en declive non servían para formular unha proposta nacional de cambio As persoas con ansias de cambio social e defensa da nación observaron que as antigas estruturas en declive non servían para formular unha proposta nacional de cambio. Os activistas sociais e políticos, outra hora enfrontados por matices indescifrables e por miserias humanas, podían xuntarse arredor dun novo proxecto alternativo, nacional e de esquerdas. Agora tratábase de facer política no século XXI, coas contradicións propias do momento que nos tocou vivir. Contradicións dun modelo esgotado no que ademais de produtores témonos convertido fundamentalmente en consumidores, onde a supervivencia do planeta pasa a primeiro plano e onde a liberdade adquire novas dimensións políticas e económicas afogadas por un sistema monopolista onde os oligopolios teñen vertebrado un modelo totalitario global e onde os gobernos son meros xestores das directrices emanadas desde institucións privadas ao seu servizo. Trátase de facer política superando as propostas ideolóxicas do século XIX-XX e afrontando os retos deste inicio de século complexo e vertixinoso. Substituíndo as estruturas propias de modelos de asalto ao poder, construídas en situacións totalitarias ou de grandes carencias democráticas, por modelos de organizacións amplas e plurais cooperativas que permitan incorporar á maioría social receptora dun programa de cambio estrutural. Enfrontámonos a perigos inmensos para os dereitos sociais, nacionais e planetarios e por ende sabendo situar cales son as contradicións principais do noso tempo. Non valen escusas esencialistas que sitúan algunhas contradicións importantes pero necesariamente integrables como centrais e excluíntes. Non valen escusas principistas que sitúan elementos ideolóxico-teolóxicos por riba dos principios políticos e éticos para a defensa do ben común e da nación. Quebrouse o formato de nacionalismo ideolóxico e polo tanto é posible vertebrar un proxecto nacional desde o recoñecemento nacional da nosa realidade e na búsqueda de maiores cotas de autogoberno cidadán Non vale buscar escusas en elementos nominalistas. Quebrou o formato de nacionalismo ideolóxico e polo tanto é posible vertebrar un proxecto nacional desde o recoñecemento nacional da nosa realidade e na búsqueda de maiores cotas de autogoberno cidadán (nacionalismo político). A soberanía pode expresarse con diferentes resolucións políticas nun espazo común, desde o autonomismo forte ata o independentismo, pero debemos ser honestos: as propostas federalistas deben partir da soberanía das partes e non quedar reducidas ás decisións que por maioría se toma en consellos chamados federais con residencia fora nunha versión política dos paraísos fiscais. Tamén debemos ser leais á hora de abordar a cooperación política. Temos que construír un proxecto formado por homes e mulleres libres, culturalmente plural pero necesariamente aberto e participativo. Non valen compartimentos estancos, nin a superioridade política ou de ideas de uns sobre outros. Debemos ser colaborativos no político e creativos na construción de sínteses culturais de ideas. Non valen compartimentos estancos, nin a superioridade política ou de ideas de uns sobre outros Se non somos quen de facer iso, debemos con honestidade preguntarnos en que se diferencian os nosos proxectos políticos dos partidos de vangarda que con tanta contundencia criticamos. É o momento de arriscar. A preguiza intelectual leva inevitablemente ao conservadorismo político. Non valen escusas! |
NOS_24887 | Alén da paixón pola lingua, a cultura e a literatura galegas, Ricardo Carvalho Calero e Álvaro Cunqueiro partillaron unha fonda amizade ao longo das súas vidas, desde que se coñeceron sendo mozos na cidade compostelá. | R icardo Carvalho Calero nacera no Ferrol e amaba fondamente os seus eidos natais, como tamén devocionaba a Compostela na que se fixo universitario e na que pasou o último cuarto de século de vida sendo o gran profesor, estudoso e escritor que todos recoñecemos nel. Mais, xunto con estas dúas cidades, Lugo foi o espazo ao que máis intimamente se sentiu vencellado. E isto foi así tanto dende a vertente sentimental (namorou e casou con María Ignacia Ramos Díez, nacida no Cádavo e medrada na rúa de San Roque de Lugo), dende a profesional e vivencial (residiu en Lugo e foi profesor e director do Colexio Fingoy durante tres lustros, entre 1950 e 1965) e tamén dende a autorial (na cidade amurallada xestou e publicou gran parte da súa obra maior, tanto poética e narrativa coma ensaística). De por parte, o Lugo de Posguerra foi para Carvalho Calero o espazo cotián no que departir e compartir angueiras cos amigos e colegas escritores, por veces no Círculo das Artes (onde conferenciou en diversas ocasións), mais con frecuencia nas mesas do Café Méndez Núñez, nas que durante lustros se reuniu un célebre faladoiro do que foron seareiros habituais moitos dos escritores que vivían na cidade ou a visitaban. Carvalho Calero estudou e analizou moita da escrita dos seus coetáneos lugueses, mais hai algúns nomes e obras aos que dedicou especial atención. Entre eles a poesía de Pimentel e Iglesia Alvariño ou a narrativa de Fole, tamén o ensaísmo de Fernández del Riego e Piñeiro, aos que habería que sumar o seguimento puntual doutros poetas máis novos como Manuel María e Novoneyra. Agora ben, se hai un escritor norlucense ao que Carvalho Calero se sentiu particularmente vinculado, amigable, autorial e admirativamente, ese foi, sen dúbida ningunha, Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e Carvalho Calero coñecéronse sendo estudantes na Compostela de finais dos anos vinte e primeiros trinta. Daqueles tempos fica unha instantánea, xa histórica, onde están co común amigo Francisco Fernández del Riego. Cunqueiro chegara á universidade compostelá despois de facer o bacharelato en Lugo, onde fora condiscípulo de Ignacia Ramos, a que pronto había ser muller do seu amigo Carvalho Calero, e compartiu co de Ferrol, dende a primeira hora, leceres intelectuais (faladoiros no Derby e no Español, asistencia a conferencias e exposicións), adhesións sociopolíticas (os dous militaron nas filas do Partido Galeguista, con responsabilidades diversas) e tamén iniciativas publicistas e editoriais: os dous dan a coñecer os seus primeiros libros de poesía en galego nese tempo; Carvalho Calero, Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934); Cunqueiro, Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933). Varios destes libros saíron, amais, do prelo de Casal, común amigo de ambos, e constituíron unha achega decisiva á poesía galega de Preguerra, que o propio Carvalho Calero saudaba e analizaba xa naquela altura, salientando e loando a arte do seu compañeiro Cunqueiro en artigos como "Ollada encol da lírica galega contemporánea" (Nós, 87, 1931) ou "Balance e inventario da nosa literatura" (Nós, 108, 1932). En xusta correspondencia, Cunqueiro inseriu composicións de Carvalho Calero na revista Galiza, que dirixía en Mondoñedo, e velaí os están "Cançon das lavandeiras", "Medra a lua" e "Aperta" nos tres primeiros números da revista, publicados entre 1930 e 1932. Que o entón mozo Carvalho Calero recoñecía o singular talento literario de Cunqueiro fica claro nas respostas que a primeiros de 1936 deu ao famoso "inquérito" para a ideada Antoloxía de poesía galega que o SEG encargara a Xosé Filgueira Valverde. Alí, acláralle ao polígrafo pontevedrés: "Dos poetas mozos, Bouza Brey representa a máisima realización e Álvaro Cunqueiro a máisima posibilidade". E ante a pregunta de onde lle gustaría aparecer situado na escolma engade: "Quixera ocupar na Antoloxía un lugar antre Euxenio Montes e Cunqueiro, despóis do primeiro e denantes do segundo. Falando dos poetas que teñen pubricado libros, considero a miña estética menos avanzada ou estremada que a de Manuel Antonio e Cunqueiro e máis avanzada que a de todos os máis". Esa andaina irmandada como poetas continuou na Posguerra. Carvalho Calero e Cunqueiro forman parte da escolleita nómina que veu os seus versos recollidos na histórica colección Benito Soto de Pontevedra; o de Ferrol, con Anxo da terra (1950), o de Mondoñedo con Dona do corpo delgado (1950). E tamén compartiron cabeceira nos casos de Mensajes de Poesía, Alba e Aturuxo, esta última, por certo, impulsada dende Ferrol co decisivo apoio de Carvalho Calero. A longo dos anos sesenta, setenta e oitenta, Carvalho Calero e Cunqueiro non deixaron de seguir atenta e xenerosamente un a obra do outro, enviándose os seus libros dedicados. Carvalho Calero recensionou, entre outros, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca en Vida Gallega; a lectura escenificada de A noite vai coma un río no Faro de Vigo; As crónicas do sochantre novamente en Vida Gallega; Se o vello Sinbad volvese ás illas outra volta no Faro de Vigo; e Un hombre que se parecía a Orestes en Grial e, sobre todo, dedicoulle capítulo propio na súa magna Historia da literatura galega contemporánea (1963). Cunqueiro, pola súa banda, saudou dende as ondas de Radio Nacional de España na Coruña o 20 de novembro de 1961 a aparición de Salterio de Fingoy, obra, gababa, "dun gran poeta galego". Tanta e tan fonda foi a estimanza que, cando Cunqueiro ingresou na Real Academia Galega o 21 de abril de 1963, fíxoo á proposta de Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, Domingo García-Sabell e, como non, Ricardo Carvalho Calero, pois este xa era académico de número dende o 17 de maio de 1958. Un último episodio evidencia a fraternidade persoal e respecto e admiración mutuas que se profesaron: Cunqueiro foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Santiago o 28 de xaneiro de 1980. O principal promotor de tal nomeamento foi Carvalho Calero, catedrático de Lingüística e Literatura Galega. El foi quen lle impuxo a medalla da universidade naquel acto e quen pronunciou un sentido discurso de recoñecemento no que remataba parabenizando "ao meu amigo Álvaro, ao meu irmán Álvaro, poetae tenero, meo sodali". O doce poeta, o irmán ao que dedicou un longo texto recollido en Futuro condicional (1982) no que xunguía as súas voces, fillo de Eva o ferrolán e de Lilith o mindoniense, mais ambos os dous descendentes de Adán, fraternos por sempre, como a cauda daqueles versos: "Por riba de Lilith, de riso tolo e lume,/ e de Eva, de terra e doce pranto,/ na fraternidade paterna, vello Álvaro,/ recebe a aperta do teu irmán,/ Ricardo". |
NOS_8427 | As farmacéuticas da Galiza advirten de que a falta de exames de control a persoas con tensión alta, diabetes ou colesterol, entre outras doenzas crónicas, nestes tempos de pandemia pode acabar afectando máis ao sistema sanitario e as e os propios afectados. Porén, destacan que a xente si mantivo os seus tratamentos grazas á axuda das redes veciñais e á axuda dos concellos | Un dos efectos máis esquecidos da pandemia é a falta de control en doentes con patoloxías crónicas. Aínda é agora cando as farmacias comezan a facer controis de saúde relacionados con estes problemas, mais foron moitos meses sen atención. "Ao principio vendéronse moitos tensiómetros pero non puidemos ensinar a usalos correctamente e a corentena prexudicou a pacientes como os hipertensos, que non tiveron control" explica a vogal do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Nina Villasuso. A idea dos profesionais é dar prioridade ás probas de afeccións como a diabetes ou o colesterol neste verán na medida en que se poida porque aínda non é posíbel conseguir cita para centros de Atención Primaria se non se trata de problemas máis graves. "Os centros de saúde non están medindo estas cousas e hai un estudo da Sociedade Española de Farmacia que fala de que se deixou de facer exercicio e se gañou peso, empeorando as patoloxías", insiste a representante. O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes Vence, destaca que estiveron "ao pé do canón combatendo o virus" malia a escaseza de material de protección, sobre todo nas primeiras semanas do fechamento nas casas. "É certo que recomendamos pospor o recoñecemento de certos parámetros de control de saúde de pacientes cando non eran estritamente necesarios para evitar situacións de risco innecesarias para os nosos profesionais" puntualiza. A realidade é, como apuntan as persoas expertas consultadas, que cando a xente retome a normalidade poderá atoparse con valores moito más descontrolados que de forma habitual e precisar do médico. O que tranquiliza aos profesionais da oficina de farmacia é que a xente si estivo atenta a dar continuidade os seus tratamentos con medicinas malia a recomendación de ficar na casa. Villasuso comenta que "ao empezar o estado de alarma as primeiras veces a clientela veu aprovisionarse e logo achegábanse familiares de persoas maiores ou asistentes sociais a coller as receitas". Na primeira liña "Provincias como Valencia alertaron dunha histórica caída da dispensa de receitas", subliña Leyes cando se lle pregunta se o coronavirus provocou o abandono de pautas na Galiza. A este respecto, di non ter datos contrastados pero se nos estudos posteriores detectan esta eiva no sistema "comprería instar as Administracións sanitarias a articular mecanismos que permitan evitar novas caídas en caso de que se produzan gromos e novos confinamentos". Á marxe de que non se realizaran determinados exames, as e os farmacéuticos si viviron a chegada do coronavirus en primeira persoa. Non só porque a xente fose a procurar medicamentos en masa ao principio, e visitase os negocios unha e outra vez solicitando máscaras, xeles alcohólicos e luvas. Cos equipamentos de Atención Primaria fechados para case todo, estas expertas convertéronse en referencia para saber da Covid-19 e tamén de calquera outro problema de saúde, quer máis leve, quer máis grave. Nas localidades máis pequenas deuse unha onda de solidariedade entre a veciñanza, pero a vogal tamén se sente "moi orgullosa da profesión". "Antepuxemos a nosa vocación e o noso papel asistencial en todo momento e, considero que, saímos desta crise reforzados como colectivo", engade Leyes. Haberá que agardar para coñecer o impacto psicolóxico na poboación. Dispensáronse máis ansiolíticos e antidepresivos pero puido ser por facer acopio nas casas. "Os efectos do confinamento vanse seguir percibindo ao longo dos seguintes meses, co cal para ter unha valoración real do impacto cumpriría agardar até finais de ano", di Santiago Leyes Vence. |
NOS_49440 | Unha boa parte da súa familia está afectada pola estafa. Sen ela o saber, os aforros de Patricia Carnota -mesmo a indemnización por despido- foron dar en preferentes e subordinadas e só soubo que estaba afectada cando no fin do 2011 precisou dos cartos e quixo recuperalos. Agora é unha das persoas máis activas da plataforma de persoas afectadas de Compostela. | -Como decidiu poñer os seus cartos en accións preferentes? Eu non decidín. Cada vez que tiña algún aforro chamaba á persoa de confianza e pedíalle consello. Dicíalle que quería unha especie de prazo fixo, e que o puidera sacar cando o necesitara. Esa persoa xestionou os cartos confirmándome que si, que os podía retirar cando quixera. Xogou cos meus cartos tanto en preferentes como en subordinadas. Nunca desconfiei nada. Xa nin ía á sucursal. Unha grande parte da miña familia está metida, sen saber ninguén o que estabamos a facer. -Metía todos os seus aforros? Todo. Mesmo unha vez que me deron unha indemnización por despido dunha empresa na que levaba traballando sete anos metín alí todos os cartos. Foi xa nas últimas emisións, cando xa o tema estaba en pleno auxe. Despois souben do roubo, da estafa, mais nunca pola persoa de confianza que me vende. Estaban saíndo nos medios de comunicación e aínda se estaban a comercializar os produtos. Por lei, a partir do 2007 había que asinar un cuestionario de idoneidade e eu seguín metendo en 2010 e nunca asinei nada. Nin tiña información de para onde ían os meus cartos nin a data de vencimento. Segundo o FROB tíñase que dar esa información mais nós non sabíamos se vencía en 2050 ou era a perpetuidade. -Vai ir á arbitraxe? Irei se son chamada, porque entre preferentes e subordinadas teño arredor de 10.000 e a arbitraxe é para menos de 10.000 segundo o criterio que disque están a aplicar agora. Queren sacar teoricamente a 20.000 persoas afectadas, unha limpeza de imaxe porque o conflito estáselles a ir das mans. Na miña familia están a valorar todos ir por vía xudicial se non son chamados á arbitraxe. Eu non son inversora, nunca me preocupei polos xuros. -Como se decata de que vostede está afectada? Quixen facer unha viaxe en decembro de 2011 e fun á entidade bancaria cando xa estaba feita a fusión -eu metera en Caixanova- e xa me dixeron que non os podía sacar. A persoa de confianza díxome que ela me deixaba os cartos a título persoal mais non me dixo a razón para que non os puidera mover. Cando xa se anunciara o roubo volvín preguntar e aínda mo negaron. Decidín ir a outra sucursal da entidade e foi cando souben que tamén era afectada. -Comezou entón a participar nas mobilizacións? Comezo a mirar por internet e atopei as plataformas. A de Santiago estaba constituíndose, agregueinos ao facebook e recibín unha comunicación de reunión. Asistín e funme metendo. Agora que quedei no paro podo implicarme máis. Fun varias veces ao Congreso dos Deputados en Madrid, e fun testemuña directa de como o PP votou a favor da lei que legaliza a estafa e participo en todas as mobilizacións. Por defender esta estafa masiva xa me anunciaron que me ían chegar multas ou penalización por estar nos actos. "A xente maior que ten alí os aforros da súa vida, xente emigrante e mariñeira que están xubilados, estano a pasar moi mal". -Que se atopa naquel primeiro contacto coa plataforma? Xente perdida. Hai términos que non entendemos aínda hoxe. Xente representando a pais maiores, herdeiros de persoas que morreron.. Atopamos mesmo casos de avogados e economistas afectados, para que logo digan que as persoas formadas non mercaran. O que temos en común e que todos somos analfabetos en temas bancarios. Tamén hai persoas que non asinaron nada, que non hai documento algún da compra. E xente moi desesperada. -O tempo non foi calmando a tensión? Cada vez é maior. Temos persoas afectadas polos nervios, tomando medicación. Hai quen está evitando ir a tanta xuntanza e actos porque están preocupados pola saúde. A xente maior que ten alí os aforros da súa vida, xente emigrante e mariñeira que están xubilados, estano a pasar moi mal. A día de hoxe aínda hai persoas que se están enterando de que son afectadas, cando as chaman para asinar a quita e o canxe ou cando presentan a declaración da renda. -A vostede chamárona da entidade nalgún momento? Aínda onte para asinar a quita e eu dixen que non e ademais mostrei o malestar porque só nos chaman agora e non cando se deron conta de que negociaran con produtos tóxicos, híbridos. Nunca nos chamaron, mesmo cando vían que os nosos aforros estaban correndo perigo. Agora chámanos para asinar canto antes a quita e a canxe. Tiveron oportunidade de salvar a moita xente e non o fixeron. "Calculamos que quedan arredor de 60.000 que aínda non recuperaron os seus aforros" -Até cando vai durar a súa loita? Desde a plataforma pretendemos seguir ata que todos recuperemos o cen por cen dos aforros. Este é o noso obxectivo final. E non nos vale quita nin canxe. Non somos inversores, somos aforradores. Ainda que se dí que o 17 de xuño remata o prazo de recibir solicitudes de arbitraxe, nós seguiremos reivindicando que este prazo se amplie porque aínda queda moita xente sen ter presentada a solicitude por non saber a día de hoxe que teñen este producto. Ademais calculamos que quedan arredor de 60.000 que aínda non recuperaron os seus aforros, co mesmo perfil de outros que foron chamados á vía da arbitraxe. Se agora o criterio é chamar aos de menos de 10.000 €, cal é o criterio que estiveron a aplicar ata agora? -Agora dirixen as súas mobilizacións cara ás institucións, a quen responsabilizan? O responsable é o goberno do PP por aprobar leis que en lugar de apoiar aos estafados, legalizaron o roubo, e cos nosos cartos rescatan á banca. O propio Parlamento europeo aclarou que non pon límites á arbitraxe e que é o goberno do estado o que nos ten que dar unha solución aos estafados. Que De Guindos colla a totalidade do rescate bancario e non tente solucionar a crise a nosa costa. Que saquen os cartos de impostos da xente que ten grandes fortunas e que non rouben ás persoas que están a sufrir por perder os seus aforros. Os responsábeis son o FROB xa que NGB está nacionalizado. E hai moita xente do PP que se sinte traizoada. Incluso o outro día varias persoas romperon os seus carnets en público ao sairen do pleno de Santiago ao ver que o alcalde non se puxo do lado dos estafados. |
NOS_18993 | O número de operadoras xa supera as mil no noso país. | A produción ecolóxica en Galiza continúa a sumar bos dados. A produción ecolóxica superou no noso país os 50 millóns de euros de facturación, unha cifra superior á rexistrada no exercicio anterior, 2016, cando foi de menos de 42 millóns de euros –e fora 25% máis que en 2015-. O número de operadores no Consello regulador de agricultura ecolóxica de Galiza (Craega) supera xa o milleiro. A maioría dos mesmos están na provincia de Lugo (430). Por actividades, a producción animal e vexetal e as comercializadoras son as que máis destacan. O Craega ten certificadas por volta de 30.000 hectáreas de terreo. O leite e os seus derivados son os produtos certificado por este selo que teñen máis importancia na facturación. En segundo posto figuran os procedentes de actividade conserveira. |
PRAZA_8399 | O presidente da Xunta obvia que Taín asegura que houbo contactos telefónicos con Marcial Dorado alén do ano 2000 e remítese á súa comparecencia parlamentaria do vindeiro mércores mentres volve proclamar que "rematou a infamia" sobre as súas fotografías. | O pasado luns a sala de reunións do PP no Parlamento quedou pequena para acoller os e as xornalistas que ían cubrir a rolda de prensa do presidente da Xunta sobre as súas fotografías con Marcial Dorado publicadas por El País. Este xoves aconteceu o propio na habitual comparecencia dos xoves tras o Consello da Xunta. De pouco serviu que Alberto Núñez Feijóo ofrecese explicacións sobre asuntos de diversas áreas de xestión do Goberno e tampouco que se fixese acompañar do vicepresidente, Alfonso Rueda, que expuxo un proxecto de lei sobre racionalización da Administración autonómica. Os informadores lanzaron toda unha batería de preguntas a respecto da relación do narcotraficante co xefe do Goberno. A maioría rebotaron simbolicamente no atril presidencial. Feijóo, visiblemente molesto por que a polémica monopolizase a súa comparecencia, optou por atrincheirarse na súa propia versión dos feitos, a que ofreceu tres días antes. Entre rostros de tensión dos seus máis estreitos colaboradores o xefe de filas da dereita galega aferrouse novamente ás declaracións ofrecidas polo xuíz Vázquez Taín -que encarcerou a Dorado en 2003- en diferentes medios de comunicación para proclamar que "a infamia rematou". Ademais, e malia ao baile de datas a respecto do seu último contacto co narco -el situouno a finais dos 90 e o maxistrado refire chamadas telefónicas alén do ano 2000-, Feijóo ve demostrado que non hai "contradición" ningunha. "Me remito ás palabras do xuíz" e faino ademais "palabra por palabra" subliñando, non obstante, que non falou con Taín "nos últimos meses". "A última vez que falei con el foi na entrega do Códice Calixtino". Feijóo asegura que o seu relato e o do xuíz concordan "palabra por palabra" "O xuíz falou con claridade meridiana", afirma, nun contexto no que, para calquera cuestión que non sexa o xa dito, se remite á súa comparecencia parlamentaria do vindeiro mércores que, promete, ha ser "interesante". Mentres, entre respostas máis ou menos iradas aos xornalistas -"é unha pregunta ou é unha afirmación?, espetou nunha das ocasións nas que foi cuestionado- o titular da Xunta amósase "convencido" de que "hai que estirar" as instantáneas de 1995. "Os que querían montar unha infamia non o poden seguir estirando agás que sigan na infamia", tamén ante as "explicacións dun presidente responsable na Cámara", di, en referencia a si mesmo. O presidente obvia aclarar se concorda coa proposta de censura previa que lanza o seu homólogo madrileño Os eventuais contratos asinados entre a Xunta e as empresas de Dorado, as semellanzas e diferenzas deste caso coas fotografías de Anxo Quintana que lle serviron ao PP para esixir a dimisión do nacionalista cando era vicepresidente... estas e outras cuestións ficaron no tinteiro, igual que a posición do presidente a respecto das palabras do presidente rexional de Madrid, Ignacio González, que na mañá deste mesmo mércores pedía, nunha entrevista na emisora de Federico Jiménez Losantos, "límites" nos contidos que poden publicar os medios de comunicación, xa que "todo vale a efectos de publicación" e, no caso de Feijóo, a información "estalle producindo un dano social no medio da opinión pública". "Dado que isto tivo unha repercusión nacional, supoño que [Ignacio González] quedaría moi sorprendido cando ve unha cousa nun xornal e, ás corenta e oito horas, ve un pronunciamento dun xuíz noutro xornal", responde Feijóo. O presidente "supón" que "é impactante para calquera responsable público" coñecer ver unhas imaxes como as que el protagoniza. Non obstante, non di abertamente se concorda coa aposta por recuperar a censura previa. |
PRAZA_15916 | ENTREVISTA Di Aurora Marco que aprendera de Carvalho Calero a seguir dous criterios. Valorizar o propio e deitar luz sobre as figuras menos relevantes, máis anónimas e ignoradas. Sobre eles, e sobre o traballo de investigación que realiza desde os 80, érguese a súa nova obra, Elas. | As biografías de máis de 400 mulleres. Unhas xa ben coñecidas. Outras non tanto. Outras completamente esquecidas ou silenciadas. Este é o contido fundamental da nova obra da investigadora Aurora Marco, Elas. Un libro de luxo para coleccionistas, acompañado de acta notarial con número de serie, -pois só se editaron 155-, e dunha carpeta con simbólicas e orixinais serigrafías, todo recollido nun estoxo de considerable tamaño. Elas segue o camiño iniciado por As precursoras ou o Dicionario das mulleres galegas. A teima de Aurora Marco, desde os anos 80, por rescatar do esquecemento a memoria das mulleres que destacaron nos máis variados ámbitos. Foi un encargo de A Xanela Editorial ou era xa un proxecto teu? José Manuel Calviño, o editor, encargoume un libro sobre as mulleres desde os tempos antigos ata os nosos días. Pero eu decidín poñer como límite 1975, porque ir alén suporía facer un volume inmenso e porque ademais iso xa requiriría un traballo colectivo: non podería facelo soa. Este libro segue os mesmos criterios que o Dicionario das mulleres galegas: responde ao mesmo afán globalizador, de recoller os contributos de mulleres que se adiantaron ao seu tempo en distintos campos. Mais non son só as mulleres máis "relevantes". Son tamén persoas de extracción humilde: dos oficios, artesanía… que foron moi importantes para a sociedade. "Este libro segue os mesmos criterios que o Dicionario das mulleres galegas: responde ao mesmo afán globalizador, de recoller os contributos de mulleres que se adiantaron ao seu tempo en distintos campos" Hai entradas que coinciden coas do Dicionario e outras que non. Nunca dou por acabada unha biografía. Sempre busco máis información, corrixo erros.. Ampliei as biografías que tiña e engadín mulleres novas, algunhas delas procedentes de fontes orais. Por exemplo, unha muller de Cangas, da que só tiña o alcume, que fora unha carpideira moi famosa. Axudáronme as miñas amigas de Cangas. Deron coa filla, que foi quen me proporcionou a información sobre Josefa Ángela Soto Prol. Unha muller cunha forza incrible, que tivo 18 fillos e que traballou en oficios múltiples: barreu rúas, fixo redes, tivo unha carnicería, limpou o cemiterio… Pero o oficio polo que foi máis popular é o de carpideira. Chamábanlle A Torrosa ou A Pechencha. Atopei a referencia sobre ela nun libro de Marcial Gondar. A familia gardaba recortes de prensa de reportaxes que lle fixeran. Outra muller que me interesou moito é a pedagoga Lucía Gifford de Covián, autora do Primer catecismo de los niños, que comprende porcion (sic) de cosas útiles y necesarias de ser sabidas en una edad temprana, impreso na Tipografía de Puga da Coruña no (1842). Non se trata dun catecismo relixioso senón dun libro didáctico que contén nocións elementais de diversas materias: matemáticas, xeografía, historia, ciencias naturais, sociais, doutrina cristiá, etc. Escrito cunha linguaxe asequíbel, cunha estrutura sinxela a base da fórmula pregunta-resposta, posibelmente se trate dun dos primeiros manuais escolares escritos por unha muller con certa preparación cultural, unha rara avis naquel ermo da educación feminina, pois ata o 57, coa Lei Moyano, as mulleres non tiveron dereito á educación. Encontrei este libro na Galiciana dixital, e non atopei máis datos sobre a súa autora. Que outras fontes utilizaches? Dicionarios, enciclopedias, historias temáticas, historias locais, repertorios bibliográficos, monografías, libros de memorias… E moita información procedente de xornais e revistas, ademais de catálogos de exposicións… e ata programas de festas. Pasei tres ou catro anos metida na hemeroteca da USC, no Instituto Padre Sarmiento, na Fundación Penzol, nas bibliotecas do Museo de Pontevedra, na municipal de Pontevedra, na Real Academia Galega… No Círculo de Artesáns da Coruña consultei os libros de actas e alí encontrei moitas referencias . Foron tamén moi importantes as fontes orais. A metodoloxía oral é fundamental para recuperar traxectorias de persoas afastadas do poder. "A metodoloxía oral é fundamental para recuperar traxectorias de persoas afastadas do poder" A lectura de Elas lembra algo que xa explicaron historiadoras como Carmen Pallares: as mulleres desempeñaron moi diversas profesións e oficios. Desde sempre. Non é só de agora. Non eran só nais e labregas. Eu son debedora, para a etapa antiga, medieval e moderna, do traballo de Carmen Pallares, Ofelia Rey, Serrana Rial… e en cada biografía que escribo cito a procedencia da información. A min cabréame que me copien descaradamente sen citarme. Así, Elas comeza na antigüidade, e desde aí ata a idade moderna baséome moito no traballo de historiadoras. Xa a información sobre o XIX e XX é máis froito da miña perseverancia de anos, desde os 80. Mais é verdade o que dis: sempre houbo mulleres en todos os ámbitos. O que ocorre é que moitas veces só se presta atención ás aristócratas, nobres e fidalgas, porque están citadas nos testamentos, doazóns… "Sempre houbo mulleres en todos os ámbitos. O que ocorre é que moitas veces só se presta atención ás aristócratas, nobres e fidalgas" Como di María Reimóndez moitas veces, se ademais non coñecemos ás que viñeron antes, é como se sempre tiveramos que estar xustificándonos. Como se fósemos as primeiras. Así é. As mulleres actuais no partimos de cero, pois as que nos precederon deixaron a leira decruada e a semente botada para que poidamos recoller os froitos vizosos. Moitas desas mulleres non puideron recoller os seus froitos en vida. Foron discriminadas, sobre todo as que se dedicaron a actividades de tipo intelectual. Na prensa do XIX chamábanlles ratos de biblioteca, pedagogos con saias, bachilleras, necias e insufribles. A finais do século houbo debate sobre a educación das mulleres e algúns defendíana, pero a maioría criticábanas. "Na prensa do XIX ás mulleres intelectuais chamábanlles ratos de biblioteca, pedagogos con saias, bachilleras, necias e insufribles" Falas tamén, precisamente, de moitas escritoras dese tempo. Que non só estaba Rosalía. Xa o contaras en As precursoras. É que durante moito tempo parecía que no XIX só escribiran Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. Pero desde os anos 40 hai mulleres que escriben: poemas, textos en prosa… e mesmo algún libro. Manuela Cambronero de la Peña publicou un drama, Sáfira, e unha novela, Inés. Houbo tamén moitas mulleres publicistas, ademais das creadoras, que eran sobre todo poetas. As poetas molestaban, pero non tanto como as novelistas. Polo que os homes non pasaban era porque unha muller escribise teatro ou novela. Dicían cousas como que era perigoso para a súa saúde. Avelina Valladares Núñez, por exemplo, escribiu moita poesía. Ademais de tres artigos científico-divulgativos. "Desde os anos 40 do XIX hai mulleres que escriben: poemas, textos en prosa… e mesmo algún libro" Ante a celebración dunha Exposición Agrícola en Santiago, o 23 de xullo de 1858 dirixiu unha carta á Sociedad Económica de Amigos del País en que reflexiona sobre cultivos que considera de utilidade para o agro galego: a "rubia" (planta da que se obtería un excelente pasto), a "gualda", da que sabe ten unha boa produción o solo galego e sería beneficiosa para as colleitas, e unha terceira que se coñece como "freijós". O segundo leva por título El ochavo milagroso, sobre supersticións populares, e foi publicado en El Eco de Galicia da Habana en 1885. No terceiro, Exposición al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, Arzobispo de Compostela, que data do 2 de maio de 1878, fai unhas consideracións sobre cuestións propias da Cuaresma, onde solicita que os fieis da diócese compostelá puidesen ter o privilexio de usar o unto durante a Semana Santa e vixilias do ano. Outra muller, Emilia Quintero Calé, foi tradutora… Nas biografías recolles datos, pero nalgunhas tamén achegas a túa interpretación. Cando teño datos abondos si, procuro interpretar, facer comentarios, valorizar. Non podo agochar a admiración que sinto polas mulleres que nos precederon, en todos os ámbitos. Tamén as represaliadas e guerrilleiras, por suposto. No ámbito médico-sanitario, por exemplo, Isabel Zendal Gómez foi a primeira enfermeira en misión internacional recoñecida pola OMS. Era a única muller da expedición. Levaban a vacina da variola. "Non podo agochar a admiración que sinto polas mulleres que nos precederon, en todos os ámbitos" Subliñas moito o dato de que non só atendiches a mulleres das clases acomodadas. É que non me interesaban só os perfís de "prestixio", as biografías máis "espectaculares". Tiña claro que ía pousar a ollada en mulleres de distinta extracción social que realizaran importantes achegas á sociedade. Son, normalmente, mulleres que deixaron un ronsel no seu radio de acción, entón aparecen na historia local, en monografías… Ou sei delas polas fontes orais. O libro vai acompañado de serigrafías. E as autoras que as fixeron non tiñan fotos das mulleres das que se falaba nel. Nin as biografías. Só lles pasamos unha pequena listaxe. Captaron moi ben o espírito que lle quería dar á publicación: coñecer, recoñecer, facer xustiza a homenaxear as mulleres. A todas as mulleres que me foi posible, e son máis de 400. "O espírito que lle quería dar á publicación é coñecer, recoñecer, facer xustiza a homenaxear as mulleres" E comeza en Exeria… E acaba en Lola de Penelas, oleira de Gundivós, que arranxaba e creaba pezas. A cambio dábanlle patacas, centeo, millo… algún xornal.. As que chegan a 1975 naceran polos anos 20 ou 30. Outras mulleres que non están podían merecer estar, pero non desenvolveran a súa traxectoria aínda no 1975, aínda que se cadra xa comezaran coa súa actividade. Si están mulleres que naceran no 40 e que eran deportistas moi novas, porque si tiñan desenvolvida a súa carreira. "Ao lado de figuras relevantes, hai outras ignoradas, anónimas, sobre as que é preciso deitar luz" Explicaches que este libro non é nin unha historia das mulleres nin un novo Dicionario das mulleres galegas. Non é unha historia porque eu non son historiadora e porque non é o obxectivo. Si que fai un percorrido en orde cronolóxica, no que se pode ver a evolución da historia das mulleres. Tampouco é un dicionario, porque non son o tipo de entradas resumidas dun dicionario. Aquí aumentei, reelaborei, redactei biografías de novo, corrixín… É un libro novo feito co material que xa tiña. Seguín dous criterios que aprendín de Carvalho Calero, con quen me formei. Un, valorizar o propio. Outro, que ao lado de figuras relevantes, hai outras ignoradas, anónimas, sobre as que é preciso deitar luz. Estou moi contenta con este libro, resultado dun traballo colectivo coas artistas, a maquetadora… Todas mulleres, menos o editor. As autoras das serigrafías son Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Diaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. As obras orixinais están expostas na sede Afundación da Coruña e poden verse ata o 5 de febreiro. NA TENDA DE PRAZA: Outras obras de Aurora Marco, na Tenda de Praza |
NOS_24528 | A oposición, decorrida a pasada fin de semana, incluíu numerosos erros na opción na lingua propia da Galiza. Após a denuncia dunha das candidatas, A Mesa pola Normalización Lingüística xa está a tramitar unha queixa. A denunciante lamenta os problemas de "tradución" nunha proba para a Administración pública do país. | As redes sociais ferven cunha nova afronta ao galego por parte da Xunta da Galiza. A usuaria @carla_brion denunciou publicamente os erros de tradución que atopou no exame para as oposicións aos Servizos Sociais do país esta mesma fin de semana. "No exame dos psicólogos da Xunta, na súa versión en galego, había numerosos erros de tradución", recoñeceu a opositora a Nós Diario. Após compartir imaxes a través de Twitter foron moitos os chíos falando de que este problema é algo habitual nas probas organizadas pola Administración pública. Para a usuaria, que explica que decidiu escoller a opción do exame en galego, semella que este foi pasado ao idioma cooficial da terra "co tradutor de Google". Así atopou palabras en castelán, pronomes fóra de lugar e outros erros, algúns dos que deu conta con fotografías como a que acompaña esta nova. Na súa opinión, atopar estes fallos "nun exame público" é "bastante grave" e mesmo "pode dificultar" as respostas. Malia que nunha pregunta sobre a bulimia enténdese o que é a "sintomatología" ou os "atracones", a comprensión pode enlearse en frases como "salvo que a muller expréseo", "evitar o seu victimización primaria", "que aparentemente apártense" ou "coñecella tamén", por sinalar algúns exemplos. A reacción de entidades e partidos políticos En paralelo ás críticas xurdidas por parte da comunidade galegofalante ou que simplemente defende o uso axeitado da lingua, A Mesa pola Normalización Lingüística reaccionou tramitando unha queixa a través da Liña do Galego. Aliás, o grupo do BNG no Parlamento rexistrou preguntas sobre esta cuestión "inaceptábel" ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo. |
NOS_57338 | No último treito horario para que o electorado xeral acudise a vota, até as 19 horas, a participación na elección catalás deste domingo era de 45,73%, 22 puntos e medio por debaixo da cifra de 2017 que constituira un récord de participación. | O impacto da pandemia séntese nas urnas. Se ás 13 horas deste domingo votara o 22,78% do electorado, cinco horas máis tarde os datos non melloraban. Ás 18 horas a porcentaxe de participación nas elecións era de 45,73%, 22 puntos e medio por debaixo de 68,26 rexistrado en 2017. A partir das 19 horas chega a quenda horaria para que acudan ás urnas as persoas contaxiadas de Covid-19, polo que non se agarda que a porcentaxe de participación poida sufrir un repunte no tramo final da xornada. Así pois, Catalunya vive unha xornada de forte abstención, coa segunda participación electoral máis baixa da súa historia. Ademais da abstención relacionada co virus, hai varios factores que poden influír nesta caída: franxas horarias, votación por correo e demora na creación dunhas cantas mesas. Por circunscripción, a participación en Barcelona é do 22,51% (-12,07 puntos); en Girona, o 24,19% (-11,01); en Lleida, o 24,18% (-10,23); e en Taragona, o 22,70% (-12,41). Un total de 1.225 cataláns residentes en Andorra participaron nas eleccións á presidencia da Generalitat, 2.249 menos que nos comicios de 2017, cando foron 3.474. Un total de 1.466 electores pediron o voto, o que conforma 10,52% do censo total, constituído por 13.941 persoas, mentres que en 2017 pedírono 3.951 dun censo total de 13.135, segundo informou o Consulado de España no país alpino a través de Twitter. Máis de cinco millóns de cataláns e catalás foron chamados a votar nestas eleccións, un total de 2.763 locais electorais repartíronse polo territorio, 83 máis que nos últimos comicios ao Parlamento, e o número de mesas ascendeu a 9.139, 900 máis que hai tres anos. Neste ano hai tamén houbo maior número de titulares e suplentes das mesas pero máis de 34.000 persoas presentaron alegacións para non formar parte dunha mesa. Ante esta situación a Xunta Electoral española (XEC) autorizou o traslado de suplentes entre colexios electorais se se producise vacante nalgunha mesa. Outra das anomalías previstas é que os resultados finais, por mor das medidas de seguridade ante a Covid-19, se coñezan máis tarde do habitual. A participación nos anos anteriores As eleccións ao Parlamento catalán de 2017 congregaron unha participación récord, chegando a 79,9%. Algo menos elevada fora a participación dos comicios de 2015, con 74,95%. Neste caso, a situación sanitaria apunta a que porcentaxe de votos será máis baixa, a menor que se lembra en Catalunya corresponde a hai case 30 anos, en 1992, cando se rexistrou unha participación de só 54,87% do electorado. Os datos doutros territorios que celebraron eleccións desde que a pandemia da Covid-19 chegou á Península Ibérica, foron a Galiza, que rexistrou unha participación de 58,88%, e Euskadi, onde porcentaxe de 52,86% do electorado acudiu ás urnas. Na outra banda, na das cifras máis elevadas, están as solicitudes do voto por correo, que chegou até as 284.706, 350% máis que nas últimas eleccións parlamentarias. O voto exterior tamén sofre unha importante caída, e queda nas 15.852 persoas que solicitaron o voto desde o estranxeiro, menos da metade que nas eleccións de 2017. |
PRAZA_19570 | CC.OO. sinala que o borrador da reforma da lei elaborado polo Ministerio de Xustiza só garante a existencia dunha oficina por comunidade autónoma, unha vez que comecen a funcionar as novas aplicacións informáticas. AXG-CUT denuncia unha "privatización encuberta" do servizo | Na primavera de 2015 o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, paralizou a anunciada reforma do Rexistro Civil, que motivara unha continuada mobilización dos traballadores e traballadoras, que denunciaban o intento do Goberno de privatizar este servizo, que pasaría a ser xestionado polos rexistradores mercantís e da propiedade. Os sindicatos xa sinalaron naquel momento que esta paralización era meramente "conxuntural" e que respondía ás reticencias dos propios rexistradores da propiedade de asumir estas tarefas, sobre todo cando o proceso de dixitalización da base de datos do rexistro estaba aínda moi incompleto. Nas últimas semanas o tema regresou á actualidade, despois de que o Ministerio de Xustiza lle entregara aos sindicatos a súa proposta de reforma da Lei 20/2011 de Rexistro civil, que segundo as centrais non garante a continuidade das actuais oficinas existentes en cada partido xudicial. Ademais, critican que a reforma eliminaría as competencias delegadas que neste momento teñen os xulgados de paz. CC.OO denuncia que os responsables ministeriais estarían incumprindo ademais os compromisos que lles expresaran aos sindicatos o pasado 7 de febreiro, nunha xuntanza na que anunciaran que a demarcación territorial sería "a mesma que a actual, con 431 oficinas abertas". A nova configuración e funcionamento do Rexistro baséase nun "modelo organizativo asentado sobre unha Oficina Central e unhas Oficinas Xerais en cada comunidade autónoma", mudando a actual estrutura construída a partir dos partidos xudiciais O 22 de febreiro, na xuntanza que Rafael Catalá mantivo cos conselleiros e conselleiras de Xustiza das comunidades con competencias na materia (entre elas Galicia), o ministro revelou que "a nova configuración e funcionamento do Rexistro" baséase nun "modelo organizativo asentado sobre unha Oficina Central e unhas Oficinas Xerais en cada comunidade autónoma", mudando a actual estrutura construída a partir dos partidos xudiciais, cunha oficina en cada un. No artigo 22 da Lei reformada só se garante que "en cada Comunidade Autónoma situarase cando menos unha Oficina Xeral do Rexistro Civil". A norma permítelle a cada autonomía a creación "dunha Oficina Xeral do Rexistro Civil por cada 500.000 habitantes", engadindo que "por razón da singular distribución da poboación ou polas características do territorio, se poderán crear outras Oficinas Xerais en cada Comunidade Autónoma". Si sinala unha excepción para Canarias e Baleares que "en atención ás dificultades de acceso derivadas do carácter insular dos seus territorios contarán en todo caso con cando menos unha Oficina Xeral do Rexistro Civil en cada unha das illas". CC.OO. subliña igualmente que "os Xulgados de Paz carecerán de competencia ningunha en materia rexistral, e só poderán recibir solicitudes para a súa remisión á Oficina correspondente". E engadían que "segundo o proxecto, a demarcación territorial actual, incluídas as oficinas delegadas nos Xulgados de Paz" unicamente se mantería "ata a completa implantación das aplicacións informáticas que permitan o funcionamento do Rexistro Civil de forma integramente electrónica". Alternativas na Xustiza - CUT alerta de que o texto presentado polo Ministerio "contén unha privatización encuberta tan perigosa como a anterior" De igual xeito, Alternativas na Xustiza - CUT alerta de que o texto presentado polo Ministerio "contén unha privatización encuberta tan perigosa como a anterior". O sindicato afirma que a reforma "desmantela practicamente na súa totalidade o Rexistro Civil, desposuíndoo das súas competencias e outorgándoas a mans privadas, coa consecuente destrución de emprego público e acabando cos piares fundamentais nos que se basea o Rexistro Civil desde o ano 1870, que non é outro que un Rexistro Civil áxil, eficiente, próximo ao cidadán e gratuíto". Ademais, AXG-CUT tamén denuncia o risco de que as actuais 34 oficinas do Rexistro Civil existentes en Galicia (unha en cada partido xudicial) queden reducidas a unha ou a un número non moi superior. E critica a supresión das competencias que actualmente posúen os xulgados de paz de ámbito municipal, pedíndolles a alcaldes e alcaldesas "que se mobilicen en defensa dos intereses e dereitos dos seus concidadáns, e evitar así que teñan que realizar desprazamentos de centos de quilómetros". 34 oficinas en Galicia Galicia conta neses momentos con 34 oficinas do Rexistro Civil, unha en cada partido xudicial Galicia conta neses momentos con 34 oficinas do Rexistro Civil, unha en cada partido xudicial. A Coruña, Arzúa, Betanzos, Carballo, Corcubión, Ferrol, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Ortigueira, Padrón e Santiago de Compostela na provincia da Coruña. A Fonsagrada, Becerreá, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria e Viveiro en Lugo. Bande, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Ribadavia e Verín en Ourense. E A Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Lalín, Marín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra. Borrador da reforma da Lei 20/2011 de Rexistro civil, remitido polo Ministerio de Xustiza aos sindicatos |
NOS_10843 | O Concello facilitará aos pubs que traballen como cafetarías para evitar ao empresariado todas as perdas derivadas do feche das actividades de hostalaría polas noites. É unha medida que tenta axudar o sector ante as consecuencias da pandemia. | Meses de protestas e reivindicacións en toda Galiza é o que precisou o sector do ocio nocturno para que as administracións promovan as primeiras iniciativas de axuda tanxíbel aos negocios. O Concello da Coruña vén de anunciar que, de maneira temporal até oo 31 de xaneiro, permitirá que os pubs cambien as licenzas que teñen concedidas por outras de cafetaría de maneira que as perdas provocadas polo coronavirus non sexa tan elevadas. Fontes do equipo da alcaldesa, Inés Rey, explicaron que esta decisiónn tomouse "ante a situación que padecen os negocios de hostalaría como consecuencia da pandemia e, especialmente os dedicados ao lecer nocturno". Cabe recordar que os horarios de feche son moito máis limitados nos casos en que se pode abrir e que, en realidade, dadas as prohibicións da Xunta desde o 7 de agosto na contorna da Coruña teñen restrinxidas as aperturas. Ante as necesidades dun sector que, en gran parte, sostén a economía do país e da cidade, o Consistorio atendeu as demandas para que non todo sexan perdas. Si até o de agora o empresariado sentiu que o culpabilizaban dos contaxios, polo de agora na Coruña terán un pequeno impulso. Nas condicións que estabelece a Xunta "Permitiráselles a todos aqueles negocios de hostalaría que están en posesión dunha licencia tipo II, un permiso que actualmente aglutina a maioría de pubs da cidade, a realizar a mesma actividade que os establecementos encadrados na licenza de tipo I, que se refire a cafetarías, restaurantes, bares e café bares", concretou Rey, sobre esta medida. Terán que manterse dentro dos requisitos que estabelece o Goberno galego para estos locais, mais terán algunha parte de ganancia que non poderían obter de seguir fechados.Para a rexedora era preciso tomar algunha decisión compensatoria porque "xisten moitas familias na cidade que viven destes negocios que levan fechados meses polas restricións autonómicas e debemos facer algo para axudalos".Agora queda comprobar cantos locais de lecer nocturno se suman a este cambio temporal de licenza no municipio. |
NOS_38718 | Os debates sobre a Risga e a apertura no verán dos comedores escolares puxeron no primeiro plano un país no que a pobreza, a necesidade e a carencia deixaron de habitar en 'guettos' para se instalar en non poucos fogares. | Galiza, o país de 'chegar e encher', a terra da 'fartura', a nación de 'como para unha voda', volve ver como a fame ensina a patiña por baixo das portas dalgúns fogares. Os debates parlamentares destes días sobre a necesidade de axilizar a Risga (renda de integración social) ou a apertura dos comedores escolares no verán para atender a nen@s de familias sen recursos, permitiu que se visibilizase en primeiro plano nos principais medios do país unha realidade até o de agora invisibilizada: Na Galiza do século XXI hai carencias, necesidades, penurias, escasez... volve aparecer por baixo da porta a pata da fame. Hai perto dun 20% da poboación galega que está en risco de ficar descolgada. No limiar da pobreza, con ingresos só de prestacións ou axudas... O PP acusou á oposición de facer alarmismo, de dar unha imaxe de país que non se corresponde coa realidade, de facer demagoxia. Desde a oposición, négase esa acusación. "Galiza vive unha auténtica situación de emerxencia nacional", di Francisco Jorquera (BNG). O portavoz parlamentar nacionalista lamenta que Feijóo "negue a evidencia" e opte por botar balóns fóra. Contundente tamén Xesús Ron, deputado de AGE na Cámara galega: "O sectarismo do Partido Popular e o capitalismo pretenden facer culpábeis as vítimas" antes que recoñecer a realidade que hai en Galiza após máis de cinco anos de crise. Toda a información sobre este asunto nunha dupla páxina no número 101 do semanario Sermos Galiza, xa disponíbel nos quiosques e na nosa loxa |
NOS_54783 | O Instituto Federal Electoral (IFE) informou de que está listo para a xornada electoral que terá lugar hoxe en México. Os pronósticos do tempo sinalan que haberá chuvias fortes durante estas eleccións nesa zona e , aínda así, a previsión do IFE é de que a asistencia sexa moi importante. | "O IFE está listo ao cen por cento, un millón de cidadáns foron capacitados para facer autoridade electoral, dous millóns de representantes dos partidos están listos para vixiar o proceso", asegurou o presidente do ente, Leonardo Valdés.Valdés percorreu onte as instalacións da megasala de prensa e os postos colocados polos distintos medios de comunicación que realizarán a cobertura informativa da elección. 80 millóns de cidadáns están rexistrados no listado nominal de electores para estes comicios 2012 O funcionario dixo que os paquetes electorais foron entregados para que sexan instaladas a totalidade das casas no territorio nacional e afirmou que se aplicaron os procedementos e protocolos para a entrega do material para as votacións.A dependencia federal presentará tres mensaxes en cadea nacional co fin de informar a cidadanía sobre o desenvolvemento da xornada cívica.O primeiro será para invitar a cidadanía a emitir o seu sufraxio; mentres que os outros dous se ofrecerán ás 20:00 hora local para coñecer o peche da votación e o inicio do Programa de Resultados Electorais Preliminares (PREP). E ás 23:45 hora local transmitirase o último cos resultados do conteo rápido, o cal dará unha idea acerca das tendencias de votación para a Presidencia da República.Preto de 80 millóns de cidadáns están rexistrados no listado nominal de electores para estes comicios 2012. As autoridades calculan que a concorrencia ás urnas podería flutuar entre o 60 e 65 por cento. |
NOS_51006 | O candidato da ultra-direita parte como claro favorito para o segundo turno das eleições, agendado para o 28 de outubro. Em 7 de outubro obteve uma vantagem sobre Haddad de quase 18 milhões de votos. No Brasil da post-ditadura nunca um candidato perdedor no primeiro turno conseguiu ganhar na segunda volta. | O inquérito realizado por Data Folha para Teleglobo e A Folha de São Paulo é especialmente desalentador para o candidato petista. Em votos válidos, excluídos os brancos e nulos, Jair Bolsonaro obteria 58 por cento dos sufrágios face 42 por cento dos que conseguiria o candidato do partido liderado por Lula Da Silva. O resultado em bruto seria também claramente favorável para o ultra-direitista: 49 por cento de votos para ele, 36 por cento para Fernando Haddad, 8 por cento para brancos e nulos e 6 por cento para pessoas que não manifestaram que irão fazer o 28 de outubro, dia marcado para o segundo turno destas eleições. A margem de erro do trabalho, em que se entrevistaram 3.235 pessoas, é de 2 por cento. Isto significa que no melhor dos casos para o candidato do PT este conseguiria 44 por cento e no pior dos cenários para Bolsonaro o ultra atingiria 56. O estudo de Data Folha foi feito a 10 de outubro, quando a opinião pública brasileira não conhecia que o guru económico de Bolsonaro, Paulo Guedes, estava a ser investigado pola Procuradoria [fiscalia] por uma pretensa fraude à custa do fundo de pensões de empresas propriedade do estado. Mais favorável para Haddad é o trabalho feito por Big Data para a revista Veja. Segundo este inquérito, a diferença entre Bolsonaro e o petista seria apenas de 8 por cento de voto: 54 face 46. Essa sondagem foi realizada sobre a base de 2.036 pessoas e tem uma margem de erro de 2,67 por cento. No primeiro turno das eleições, Bolsonaro superou Haddad em quase 18 milhões de votos. Na segunda volta de 2015, Dilma Rousseff conseguiu vencer o candidato da direita, Aécio Neves, por pouco mais de 3 pontos e após totalizar 54,5 milhões de votos, 23 mais dos obtidos o passado 7 de outubro por Haddad. Neves atingira 51 milhões, o que indica que Bolsonaro ainda tem margem de melhora a respeito do primeiro turno (arrecadou 49). |
NOS_10143 | O Concello da Baña convoca unha concentración o 16 de xaneiro para demandar unha mellor cobertura do servizo. As familias teñen que desprazarse até Negreira, Santa Comba ou Compostela nos días festivos, nas fins de semana ou cando a pediatra está de vacacións. | En 2018, o municipio da Baña contaba con 240 nenas e nenos censados. Unha pediatra aténdeas no centro de saúde local as terzas e quintas feiras laborais entre as 8 e as 15 horas. O problema para as familias chega cando ten lugar unha urxencia pediátrica, ou cando a pediatra de servizo enferma ou está de vacacións, pois non se cobre a súa praza. Mónica González, concelleira de Cultura, Emprego, Política Social, Educación e Deportes, explica a Nós Diario que o Concello reclamou en diversas ocasións ao Sergas a substitución da profesional sanitaria. "Mais a resposta sempre é a mesma, xustifican que non se fai porque os médicos de familia cobren o servizo", afirma González en declaracións a Nós Diario. Unha veciña da Baña, que prefire non dar o seu nome, narra a este medio a súa experiencia como nai dunha crianza de dous anos. "A esa idade, e até os tres anos, os médicos de familia non poden atendela. Nunha ocasión na que enfermou, e a pediatra non estaba, tratei de que o fixesen, mais remitíronme ao centro de saúde de Mazaricos. Decidín acudir ás urxencias, en Compostela, onde a hospitalizaron ao chegar", di, "noutros casos, en fin de semana ou festivo, temos que desprazarnos a Negreira ou a Santa Comba". Ante o prolongado silencio administrativo, o Concello da Baña optou por convocar unha manifestación diante do centro de saúde o 16 de xaneiro. "Contamos co apoio do director, que tamén tratou de facer presión para que cubrisen as ausencias", afirma Mónica González. A concelleira adianta que se levarán a cabo as concentracións "que sexan necesarias" até que a Baña conte cun servizo adecuado para as familias. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_11223 | O alumnado emprega o castelán de forma maioritaria cos seus mestres e mestras e tamén cos seus compañeiros e compañeiras, con porcentaxes semellantes ás de hai cinco anos. Un cambio na metodoloxía empregada polo IGE impide a comparación dalgúns indicadores cos datos anteriores | A Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego publicada polo IGE inclúe unha gran cantidade de datos sobre o uso que se fai do galego nos centros de ensino, tanto nas aulas como nas relacións entre os distintos integrantes da comunidade educativa. Un cambio na metodoloxía empregada impide a comparación dalgúns indicadores cos datos que se rexistraran hai cinco anosA Enquisa do ano 2013, a primeira publicada dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao goberno e a aprobación do Decreto de Plurilingüismo, xerara unha fundada preocupación, ao descender de forma abrupta os indicadores de uso do galego. Por exemplo, a porcentaxe de mozos e mozas que dicían recibir as súas clases na lingua do país pasaran do 61% ao 46%. E o mesmo sucedía á hora de preguntar pola lingua empregada polo alumnado para relacionarse con mestres, mestras e cos propios compañeiros.Os últimos datos coñecidos, correspondentes ao ano 2018, son moi semellantes, pero a realidade é que frean a caída que se producira entre o ano 2003 e o 2013. Iso si, un cambio na metodoloxía empregada impide a comparación dalgúns indicadores cos datos que se rexistraran hai cinco anos.Á hora de preguntar pola lingua na que os e as estudantes reciben as clases, responden aos exames ou escriben nas aulas anteriormente as opcións reducíanse a "só en castelán", "maioritariamente en castelán", "só en galego" e "maioritariamente en galego". Porén, na enquisa de 2018 introduciuse unha opción intermedia ("igual en galego ca castelán"), que divide as respostas que antes optaban por unha das dúas linguas.No ano 2013 un 54% dicía recibir as clases maioritariamente en castelán e un 46% en galego. Agora estas porcentaxes pasaron a ser do 28% e do 13%Así, agora seis de cada dez alumnos e alumnas di recibir as clases nos dous idiomas por igual. E o mesmo sucede á hora de preguntar pola lingua na que responden aos exames ou escriben nas clases, non porcentaxes semellantes. No ano 2013 un 54% dicía recibir as clases maioritariamente en castelán e un 46% en galego. Agora estas porcentaxes pasaron a ser do 28% e do 13%.De igual xeito, no 2013 un 58% dicía responder os exames en castelán e un 42% en galego; agora as porcentaxes pasaron a ser do 30% e 13%. Á vista destes datos semella, en todo caso, que o galego continuou a perder peso nas aulas.O 23% dos rapaces e rapazas falan cos seus mestres e mestras exclusivamente en castelán (tres puntos máis) e outro 45% faino de forma maioritariaOs restantes indicadores, que si poden ser comparados aos de anos anteriores, non rexistran grandes cambios e amosan un estancamento, o que significa un freo ao proceso de desgaleguización da escola, pero que non implica recuperación ningunha. O castelán segue a ser a lingua dominante na relación que o alumnado establece co profesorado e tamén cos seus propios compañeiros e compañeiras. Así, o 23% dos rapaces e rapazas falan cos seus mestres e mestras exclusivamente en castelán (tres puntos máis) e outro 45% faino de forma maioritaria. Apenas o 32% emprega o galego para falar con eles e elas, tres puntos menos que hai cinco anos.O 34% di falar só en castelán cos seus compañeiros e outro 38% faino de forma maioritariaAínda máis elevada é a proporción de mozos e mozas que usa o castelán para relacionarse cos seus propios compañeiros e compañeiras, o que amplifica a capacidade da escola como modulador de usos lingüísticos máis aló das aulas e dos propios contidos lectivos. O 34% di falar só en castelán (case catro puntos máis) e outro 38% faino de forma maioritaria (tres puntos menos). Mentres, o 10% di falar só en galego (un punto máis) e outro 17% faino maioritariamente (un punto menos).Iso si, os datos do IGE amosan grandes diferenzas entre os usos lingüísticos que se producen nos centros de ensino en función da lingua falada habitualmente polos e polas estudantes. Deste xeito, entre o alumnado galegofalante (aquel que fala só ou maioritariamente en galego), o 85% fala en galego cos seus compañeiros e compañeiras, fronte ao 80% de hai 5 anos. O dato actual é moi semellante ao que se daba hai unha década, no 2010. Entre os galegofalantes hai un 15% de mozos e mozas que mudan a súa lingua á hora de relacionarse cos demais alumnos.Pola contra, o alumnado castelanfalante, máis dun 95% mantén esta lingua para falar cos seus compañeiros e compañeiras, tres puntos máis que hai cinco anos. Non chega ao 5% a porcentaxe de mozos e mozas que muda ao galego no patio da escola |
NOS_50908 | O ex-primeiro ministro italiano foi declarado culpábel dun delito de abuso de poder e indución á prostitución de menores | Aínda non entrará en prisión mais a sentenza é firma. O ex-primeiro ministro italiano e líder do primeiro partido da oposición foi condenado por un tribunal de Milán a 7 anos de cadea e inhabilitación vitalicia para a carreira pública por abuso de poder e indución á prstitución de menores no coñecido como caso Ruby. Segundo o Ministerio fiscal Silvio Berlusconi empregara a súa responsabilidade pública para liberar á moza de 17 anos (en 2010), detida por furto e após un ano "por ter pagado servizos sexuais á menor". Desde a súa entrada na política en 1994 o ex-primeiro ministro italiano foi condenado a máis dunha década de prisión porén el continúa a asegurar que é inocente. Porén, embora a sentenza non sexa firme, desde a Fiscalía pescudarán en posíbeis declaracións falsas durante diversos procesos xudiciais en que se viu involucrado Berlusconi. |
NOS_4354 | A agricultura ecolóxica medra no país, segundo un informe presentado onte polo seu consello regulador. O ano 2020 foi desigual para os diferentes sectores que traballan baixo esta denominación e o leite segue a ser o gran beneficiado. No transfondo negativo cintinúa a baixa repercusión da produción vexetal. | Os datos presentados esta sexta feira polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) sobre o comportamento deste sector durante o ano 2020 sinalan un panorama desigual para este tipo de produción na Galiza. A pandemia tivo os seus efectos nalgúns produtos e noutros amosan unha situación allea ás circunstancias froito da emerxencia sanitaria. O seu secretario, Javier García, apunta a Nós Diario que a pandemia afectou, sobre todo, aos produtos de alto valor engadido mais non a os outros. "A produción ecolóxica medrou na Galiza malia a chegada da Covid-19", confirma. En relación ao futuro, desde este organismo agardan "un crecemento positivo para este 2021 polas novas incorporacións e polo interese nos operadores en engadir novos produtos". O informe presentado salienta que nunha década a superficie de produción ecolóxica pasou de 14.167 ha. en 2010 até 32.055 ha. en 2020. As comarcas de Lugo e Ourense seguen a ser onde se sitúa a maior parte das explotacións e representan un 82% da superficie inscrita en agricultura ecolóxica na Galiza. Como aspecto positivo o ano da pandemia fechou con 1.310 explotacións inscritas, o que representa un 10,83% máis que o ano anterior. Os dous polos territoriais están nas comarcas de Lugo en relación á produción (369 operadores) e as de Pontevedra en relación á Industria (122). No total de operadores, tanto en industria como en produción, hai un incremento dun 11% en relación a 2019. Na análise do Creaga as vendas certificadas como ecolóxicas medraron un 16,8% en relación a 2019. Houbo 15,58 millóns de euros máis que en 2019 coa produción animal como sector con maior peso con 63,12 millóns de euros, un 58% das vendas certificadas. A facturación medrou máis nas comarcas da Coruña, con 27,2 millóns de euros, un 30% máis que o ano anterior. As comarcas de Lugo teñen o maior volume de produto certificado, con 35,53 millóns de euros. O leite segue á cabeza Leite e seus derivados foron o piar dos produtos de orixe animal e os que máis venderon, cunha facturación de 38,2 millóns de euros. Seguíronlle as carnes (15,28 millóns de euros), conservas de peixe (14,3 millóns de euros) e nos ovos (7,8 millóns de euros). Os produtos vexetais medran nos tubérculos, recolleita silvestre e na horticultura. Pola contra, en 2020 baixan as producións vencelladas á restauración, como son os produtos cárnicos (-3,2%), os produtos de cuarta gama e gourmet englobados noutros elaborados, -10%, e os viños vinagres e sidras cunha caída do 7%. A falta de peso da produción vexetal Concha Blanco, unha das poucas mulleres que forma parte no Craega. Representa o sector vacún ecolóxico polo Sindicato Labrego Galego (SLG), un ramo "demasiado representado" na institución ao seu entender en detrimento da horta que, explica a Nós Diario, "está desaparecendo polas dificultades que teñen cos pagos coa Seguridade Social". Defende o "modelo tradicional de aldea que ten como base a horta" unha actividade que "ás que temos vacas non nos queda tempo de traballar". Recoñece que dentro do seu sector a pandemia afectou ás explotacións que traballaban a carne "pola importancia da hostalaría". Gabriel Lopes, da Federación Rural Galega (Fruga), é moi crítico co traballo deste organismo do que se deu de baixa hai dous anos. "A produción vexetal está abandonada aínda que a maior parte dos operadores somos deste sector", explica a Nós Diario, "e iso que as hortalizas, por exemplo, é algo que demanda moito a sociedade galega", engade. Explica os datos do informe favorábeis ao leite pola importancia do operador francés Président e discrepa de que a maior parte da promoción estea enfocada cara o exterior. "Non se ten en conta a venda directa e de proximidade", sentenza. |
NOS_5035 | O que reciben @s gandeir@s galeg@s polo leite é o prezo máis baixo do Estado é un dos máis baixos da Unión Europea, malia supor a súa produción o 40% do leite do Estado. | A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa en que demanda ao Goberno Central que interveña para frear a discriminación de prezos que practican as cadeas de distribución de Francia e Alemaña contra o leite galego. Lembrou a grave crise que atravesa o sector lácteo galego, agravada "pola suba dos custos de produción e o diferencial de prezo". Desde o 2005, mentres os ingresos d@s gandeir@s galegos pola venda de leite medraron un 0,9%, os custos de explotación fixérono nun 29,6%, co que a súa renda caeu nun 43%. Isto está provocado en boa medida porque o prezo que reciben é dos máis baixos da Unión Europea e o máis baixo do Estado español: un 5,5% menos que a media estatal, un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda. A deputada non exime a Xunta de responsabilidades nesta crise: Galiza conta co 40% da produción láctea do Estado e co 50% dos produtores e produtoras "polo que o Goberno galego debería liderar a defensa do sector no Estado en lugar de dedicarse, como fixo nos últimos anos, a eliminar importantes instrumentos dos que o Goberno anterior se dotara para defender o sector e que deron importantes resultados". Perante isto, Davila demándalle aos ministerios de Agricultura e Economía que "non permitan que a distribución francesa e alemá actúe de xeito que favoreza a discriminación de prezos das empresas sobre o leite galego". Tamén solicita que o Goberno "formule con urxencia as modificacións normativas que aseguren a aplicación axeitada dos contratos no sector lácteo". |
NOS_8550 | A ministra explicou que o Goberno estatal investiu 13.000 millóns de euros en novos programas de armamento. | A ministra española de Defensa, Margarita Robles, anunciou na seguna feira que o Goberno estatal fará público o seu plan de aumento do investimento militar, mentres que a súa homóloga francesa, Florence Parly, chamou todos os Estados europeos a "gastar máis e gastar mellor" para rendibilizar eses investimentos. Robles e Parly ofreceron onte unha rolda de prensa conxunta en Madrid tras a sesión plenaria do Consello Hispano-Francés de Defensa e Seguridade, que non se reunía desde hai nove anos. Nela, coincidiron na necesidade de consolidar ese anunciado gasto en defensa, un compromiso reeditado tras a invasión de Ucraína. "Fronte a aqueles que ignoraban que os valores de liberdade, paz e seguridade podían estar ameazados, a guerra de Putin puxo de relevo a necesidade de que sexamos conscientes de que hai que defendelos", subliñou Robles, que sostivo que "investir en Defensa é investir en paz". Alcanzar 2% de investimento militar Tamén onte, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez anunciou que o Estado chegará ao 2 % do investimento militar acordado polos países da OTAN a través dun plan plurianual que Robles avanzou que o Goberno fará público proximamente. A OTAN aproba duplicar os batallóns que ten no leste europeo En calquera caso, a ministra explicou que o Goberno investiu 13.000 millóns de euros en novos programas de armamento nos últimos tres anos e medio. "Non é nada novo, xa vén da política que está a seguir este Goberno en investimentos en Defensa", afirmou. Neste punto, a ministra francesa explicou que o problema non é só aumentar o gasto militar senón facelo "ben" a través da industria de defensa europea, para poder contar con soberanía nesta materia e que o investimento repercuta na economía dos países e a creación de emprego. "Se cada Estado membro segue investindo con materiais totalmente distintos, non poderemos garantir a eficacia dos investimentos", avisou despois de que os Estados español e francés reafirmasen o seu compromiso nos proxectos de cooperación en que traballan, como o futuro avión de combate europeo, o 'eurodron' e os helicópteros Tigre. Neste sentido, Robles recoñeceu a "preocupación" do Goberno polos atrasos que sofre o 'caza' europeo por desacordos entre industrias. |
NOS_42071 | Os populares impulsaron nestes doce meses, en colaboración con independentes, TEGA ou tránsfugas, mocións para quitarlle 3 alcaldías ao PSOE e 2 ao BNG. | Apenas un ano transcorrido desde as últimas eleccións municipais (24 de maio de 2015) e o Partido Popular xa tivo tempo de impulsar e presentar cinco mocións de censura en Galiza, a unha media dunha cada dez semanas. Os populares, quer aliados con tránsfugas, con independentes ou con anteriores apoios dos alcaldes que procedeu derrocar con estas mocións; obtiveron así 5 alcaldías: 3 do PSdeG e 2 do BNG. A primeira moción de censura do mandato municipal iniciado a finais de maio de 2015 foi en agosto, en Boimorto. Gonzalo Concheiro (PP) lograba a alcaldía grazas ao apoio dun concelleiro non adscrito do PSOE, que dixo que así enmendaba o "erro" de ter dado a cadeira de alcalde ao BNG. O nacionalista Xosé L. Rivas, Mini, deixaba a alcaldía entre aplausos e apertas da veciñanza. "A moción en Boimorto foi una operación mafiosa, haxa ou non haxa cartos", dixo nunha entrevista con Sermos Galiza. O ciclo de mocións comezou en agosto pasado en Boimorto e tivo o seu, polo de agora, último capítulo esta semana en Santa Comba A comezos deste mes de maio, e 9 meses após chegar a alcaldía con aquela moción, Concheiro presentaba a súa demisión ao estar inmerso nunha investigación en curso por presunta estafa vencellada a unha empresa aseguradora de accidentes de tráfico. Tensión A seguinte moción de censura decorreu en Oia en novembro, tamén impulsada polo Partido Popular. Rosa María Otero (PSOE) era expulsa como alcaldesa, posto que pasaba ocupar Cristina Correa (PP) grazas ao apoio de Converxencia Galega (que antes apoiara a socialista). No pleno houbo momentos de tensión e unha forte presenza policial. Algúns dos concelleiros que apoiaron a moción tiveron que ser escoltados por patrullas da Garda Civil. A primeira das tres mocións de censura que levamos no que vai de 2016 tivo lugar en Noia, onde gobernaba o PSOE, que tivera o apoio dos independentes de NOIA. Estes pasaron apoiar a moción de censura presentada polo PP e que deu a alcaldía a Santiago Freire embora a oposición de socialistas, Marea de Noia e BNG. En Pontecesures o PP acadou un acordo cun concelleiro de TeGa e unha independente para presentar unha moción de censura en Pontecesures (comarca de Caldas) e botar da alcaldía a comezos de maio a nacionalista Cecilia Tarela (BNG), que goberna co apoio do PSOE. "Nesta moción de censura hai moito interese en ladrillo e formigón", denunciaba Tarela. "A moción de censura non sorprende, hai que ter en conta que noutras lexislaturas foron concelleiros do PP [o edil de TeGa e a independente] e volven ao redil", engadía nunha entrevista. E Santa Comba é, polo de agora, a última vila onde o PP consegue a alcaldía cunha moción de censura. Os populares, co apoio de TEGA, arrebataron esta mesma semana o PSOE a alcaldía deste concello. Mais semella que a de Santa Comba non será a última moción de censura que haxa en Galiza neste mandato municipal, Tambores de moción redobran en concellos como Sarria ou Muros, que poderían ser os seguintes. |
NOS_48789 | Como en boa parte das músicas populares, as orixes do canto alentejano atópanse no traballo. No de homes e no de mulleres. Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco desde 2014, esta arte subalterna protagoniza Alentejo Alentejo, poderoso documental de Sérgio Trefaut e unha das pezas que apontan a conexión lusófona da MICE do Museo do Pobo Galego. | Trefaut, cuxo filme de ficción Raiva (2018) está a acadar "moi boa acollida" segundo os organizadores da Mostra de Cinema Etnográfico (MICE) de Compostela, rexistrou hai cinco anos a realidade actual do canto alentejano. "Unha forma única, que transmite o pasado de Portugal a través das voces apaixonadas dun presente cambiado", di a información facilitada pola MICE. E que nas tabernas de contorna rural se reproduce a si mesmo de xeración en xeración. Alentejo Alentejo detense no rito e na historia dunha música cuxas raíces formais pérdense no período prerromano. Proxectarase dentro da sección paralela do festival Trazas. "O filme é unha viaxe cara ao Portugal actual, descubrindo o cante e a vida daqueles que cantan e parecen expresar a profunda voz da terra", engaden desde a organización do certame cinemoatográfico. Tamén portuguesa é Marias da Sé, de Filipe Martins. A peza percorre a Sé do Porto, barrio popular ao pé da catedral que vai resistindo a aburguesamento a apenas uns metros do centro turístico. Documental por intres ficcionado ou ficción sen actores profesionais, rodada na rúa, "retrata de maneira divertida a vida dun grupo de mulleres desta zona emblemática ao tempo que aborda o problema da xentrificación". Nunha entrevista concedida ao Jornal da Universidade do Porto, o cineasta explicaba como as mulleres da Sé que protagonizan a súa obra "se senten ameazadas e pouco apoiadas polo poder político" ante a desposesión causada polo turismo. "Mesmo nas iniciativas que elas organizan, desde rusgas a sesións de fado vadío. Acaban por seren mentoras destas tradicións, e fano conscientemente para protexer este espírito", engade. Marias da Sé proxectarase por primeira vez no Estado español na sección oficial da mostra. Estará presente o director. Do Brasil Na sección oficial participan ademais dúas fitas brasileiras. Boca de Fogo é unha curtametraxe dirixida por Luciano Pérez Fernández. Trata dun locutor deportivo, o que dá nome á obra. "No corazón de Pernambuco, cidade de Salgueiro, a calor castiga os seguidores do equipo nas gradas. Na radio, Boca de Fogo. Non existe ningún comentarista deportivo coma el", reza a sinopse. Como a anterior, estre en Galiza é igualmente Curupira, bicho do mato, de Félix Blume. Blume traslada a cámara ao interior da Amazonía e recolle o son da selva. "Curupira é unha reflexión sobre os mitos e os lugares no mundo contemporáneo, un thriller sonoro no medio da xungla", sinala o resumo da MICE. A Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego atinxe a súa décimo cuarta edición. Con dúas seccións paralelas, Trazas e Impropias, os seus filmes veranse do 25 ao 31 de marzo en diferentes salas de Compostela. Nota: arriba, fotograma de Curupira, bicho do mato. Abaixo, fotograma de Marias da Sé. |
NOS_24728 | Iniciativas novidosas, con alcance, transversais e con implicación social. Son as características que a Asociación Culturgal valorou á hora de seleccionar os tres proxectos que serán sometidos á votación popular. Un deles será o gañador da primeira edición do Premio do Público Culturgal que se entregará na feira das industrias culturais o día 1 de decembro. | Culturgal bota a andar nesta nova edición un premio que se outorgará a unha iniciativa novidosa que se escollerá por votación popular entre tres candidaturas que a organización escolle. A Asociación PuntoGAl, o Festival de Cine de Cans e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra son, nesta primeira edición as tres candidaturas propostas pola organización para optar á primeira edición do Premio do Püblico Culturgal. A votación comeza este venres día 25 de outubro e prolongarase até o 15 de novembro, periodo no que se poderá optar entre estas tres iniciativas seleccionadas pola Asociación Culturgal de entre as propostas polos diferentes gremios de industrias culturais que toman parte na súa directiva. A votación está aberta na páxina de Culturgal e a única limitación é que só admitirá un voto por IP. O premio entregarase nun acto público na propia feira o domingo día 1 de decembro. "O premio, escollido por votación popular, entregarase nun acto público no Culturgal o domingo día 1 de decembro" Para a escolla das distintas iniciativas, a directiva optou por valorar o carácter novidoso e a súa proxección de futuro, a condición transversal e que fomenten a implicación social. Os votos recibidos na páxina de Culturgal serán os que decidan a iniciativa gañadora desta primeira edición do premio. Desde a organización de Culturgal destacan da Asociación PuntoGal o seu traballo de cara a "consecución dun dominio propio" que recibiu a aceptación do ICANN no pasado mes de xuño. En canto ao Festival de Cans, que chegará no 2014 a súa décima edición, valoran o se tratar dun festival transversal "que apoia o asociacionismo a través da implicación de todos e que logra cada ano reunir milleiros de persoas combinando cine, concertos, desfiles de chimpíns, pasarrúas, coloquios e moita festa". Con respecto ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil promovido polo Concello de Pontevedra, que se celebra no Pazo da Cultura, o mesmo recinto que o Culturgal desde o 1999, destacan que "mantén unha identidade vinculada ao libro. En todos os formatos, sen límite á imaxinación, pero sempre o libro." |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.