ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_53479
Profesionais sanitarios da Galiza foron os encargados de elaborar a 'Guía de práctica clínica sobre atención paliativa ao adulto en situación de últimos días', encargada polo Ministerio de Sanidade.
Esta guía aborda a atención á cronicidade na poboación e incide en que se deben abordar as "conversas difíciles desde o principio" con doentes con enfermidades non curábeis. O coordinador clínico desta guía e médico de familia na Galiza, Rosendo Bugarín, destacou a "metodoloxía nova" deste documento que lle tocou "elaborar a Galiza por petición do Ministerio de Sanidade, na que inclúe a abordaxe de expertos estatais e internacionais en coidados paliativos". O doutor Bugarín valorou que neste documento "hai un cambio de estratexia no enfoque" dos coidados paliativos, ao ampliar a súa abordaxe en enfermos crónicos máis aló de soamente os casos oncolóxicos. Así, explicou que a "cronicidade é moi frecuente e xera sufrimento". Por iso, considera que esta guía, que conta con máis de 200 páxinas, será "útil" tanto a profesionais de hospitais como de Atención Primaria, ademais de a pacientes e ás súas familias. De feito, ao final inclúe un anexo dunha trintena de páxinas con indicacións para familiares e achegados de pacientes en situación de últimos días de vida. Bugarín resalta aspectos desta guía en especial no ámbito da comunicación entre familia, paciente e profesional médico co fin de "planificar de forma anticipada" e fixar "unha estratexia adecuada". Por iso, defende que esta comunicación entre paciente, familia e profesionais sanitarios "ten que ser transparente" co obxectivo de evitar o que se coñece como a "conspiración do silencio". Outra das novidades que achega esta guía, segundo manifestou un dos seus coordinadores clínicos, radica en que representa "unha ferramenta de traballo" para os profesionais médicos, "pero tamén achega" materiais para pacientes e as súas familias. Participación galega O doutor Bugarín resaltou que a participación na elaboración desta guía de coidados paliativos por encargo do Ministerio de Sanidade para distribuír a todos os territorios do Estado "é exclusivamente galega". "Síntome moi orgulloso", aseverou. Sobre a súa elaboración resaltou que esta guía inclúe "un enfoque diferente á anterior", que abordaba os coidados paliativos de modo "máis xeral", mentres que agora está "máis centrada nesa etapa de final de vida". Sobre a súa metodoloxía, incidiu en que como novidade "é das primeiras sometidas a un proceso de exposición pública". Sobre o contido, ademais do aspecto da comunicación, que representa un "auténtico reto en Atención Primaria", o doutor Bugarín apuntou aspectos centrados na "hidratación e a alimentación artificial", sobre o que puntualizou que "unha persoa que está ao final da vida non morre de sede nin deshidratada", polo que alimentala de forma artificial supón, advertiu, "unha prolongación do sufrimento".
PRAZA_1760
"Nunca renunciaría a representar a miña terra no Día de Galicia", di o presidente da Xunta, que lanza reproches a Martiño Noriega, enxalza a figura de Juan Carlos I e de Felipe VI e márcase como reto manter "a identidade secular" de España.
Feijóo aproveitou o seu discurso como delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo para defender a "tradición" e lanzar -sen citalo- reproches ao alcalde de Compostela, Martiño Noriega, por rexeitar acudir ao acto e asumir un papel que el mesmo levou a cabo. "Nunca renunciaría a representar a miña terra no Día de Galicia, e moito menos a poder facelo nun dos seus símbolos máis indiscutíbeis", asegurou o presidente da Xunta, que empregou tamén a súa intervención para defender a unidade de España baixo a monarquía e reinado de Felipe VI. "Nunca renunciaría a representar a miña terra no Día de Galicia", dixo Feijóo en clara alusión a Martiño Noriega "O protagonismo corresponde ao pobo español, inspirado por un Rei, don Juan Carlos I, que soubo interpretar o latexo do seu país. O Rei Felipe VI, cuxa representación ostento, encarna unha tradición que se axeita aos novos tempos para exercer neles o seu liderado e que responde á Monarquía constitucional votada polo pobo en 1978", asegurou Feijóo, que en primeira persoa do plural apostou por "seguir xuntos". "Xuntos queremos seguir para non perder unha identidade secular, e afrontar mellor as dificultades. A España de hoxe é de todos os que traballaron e traballan nela e por ela. Pertence aos nosos devanceiros e aos que veñan despois de nós. Por iso, o reto é que esta realidade viva se manteña plural, como punto de encontro dos pobos que a compoñen", advertiu Feijóo, tras definir Galicia como "un deses pobos", de "personalidade aberta, xenerosa e tolerante que lle permite estar no mundo e que o mundo estea nela". O presidente da Xunta enxalzou as figuras de Juan Carlos I e de Felipe VI e pediu "non perder a identidade secular" de España Feijóo pediu ao Apóstolo protección para españois e galegos e tamén para o rei Felipe VI, "como garante da España dos pobos, das linguas, das autonomías e da democracia constitucional que nos une". Ademais, o presidente da Xunta insistiu en facer alusións aos novos tempos políticos, asegurando -como xa fixera noutras ocasións- que "o cambio que non se apoia na tradición é un cambio sen memoria, condenado a cometer erros do pasado", aínda que advertiu tamén que "a tradición queu non acepta o cambio, perece". Por último, Feijóo tamén pediu protección ao Apóstolo, "dunha maneira moi especial", para as 79 persoas "que hai dous anos deixaron a súa vida no accidente de Angrois, así como para as familias que aínda os choran e para os feridos que aínda están sobrepoñéndose ás súas secuelas". "A mesma Galicia que tratou de auxilialos cunha actitude exemplar aquel día nunca os esquecerá", rematou.
NOS_17289
O ser humano non remata en si mesmo. E a súa dimensión colectiva tampouco acaba nos outros seres humanos. Para Estíbaliz Espinosa (A Coruña), a idea de irmandade non é reducíbel. É irredutíbel. A explorala nas súas diferentes versións dedica o libro de poemas As neuronas irmás, co que vén de gañar a 15ª edición do premio Afundación.
"Este libro está moi relacionado con outro, titulado Curiosidade, que se publicará dentro de 15 días", expón a Sermos Galiza, "e que traballa sobre a simbiose entre ciencia e literatura, coa curiosidade do ser humano como motor". A partir dese continuo preguntar, dese interese pola totalidade do que envolve ás persoas, Espinosa adéntrase no vínculo -emprega a palabra "irmandade"- entre "o ser humano e a natureza, sobre todo na parte cósmica". Mais non só. Porque o propio concepto de irmandade, etimoloxicamente ligado á fraternidade democrático revolucionaria, remite a outras vías tamén percorridas pola poeta. "A irmandade entre mulleres, é dicir, a sororidade, e o feito de ter un irmán e a súa perda", por caso. A continua reivindicación "da intelixencia das mulleres" a través de científicas como a bióloga inglesa Rosalind Franklin (1920-1958) ou a inventora austríaca -e actriz- Hedy Lamarr (1914-2000) conforma outros dos alicerces da obra. Os territorios lindeiros entre o saber científico e a literatura sempre preocuparon a Estíbaliz Espinosa. Indagou neles xa en Zoom. Textos biónicos, publicado na Rede en 2007 e en libro dous anos despois. "É que eu nunca considerei que a ciencia e a literatura estivesen separadas. Por exemplo, a filosofía gustoume sempre. E os antigos gregos non distinguían", sinala, antes de lembrar a importancia da mítica serie de televisión Cosmos, escrita e presentada por Carl Sagan, na súa visión da escrita. "Carl Sagan si escribe poeticamente, liricamente", asegura, "e no seu programa de divulgación tamén falaba de Eratóstenes, ou da Biblioteca de Alexandría. Eu sempre vin de maneira natural os fíos que unían a ciencia e as humanidades". Outras voces das que Espinosa bebeu inclúen á gran poeta polaca Wislawa Zymborska ou ás novas comunicadoras científicas galegas: Déborah García Bello ou Xurxo Mariño. "Para divulgar a ciencia tes que empregar a escrita", esténdese sobre un tema que a apaixona, "tes que imaxinar metáforas, porque o noso cerebro funciona con metáforas. O cerebro é un moble literario. E explicar ben algo é tamén literatura". A beleza da linguaxe, como afectan á ciencia as condicións sociais en que esta se produce, ou a maneira de contar a súa propia historia, tamén fan parte dos intereses da autora. Logo de case nove anos sen publicar libro en galego -papel a punto de (2011) escribiuno en galego pero apareceu traducido ao castelán-, Estíbaliz Espinosa regresará ás librarías con Curiosidade, "que é como a nai de As neuronas irmás", antes de final de ano. E a obra premiada por Afundación -en colaboración co Pen Clube e a Xunta- estará na rúa contra a primavera. Do xurado formaron parte as escritoras Berta Dávila, María Neves Soutelo, Mario Regueira, Luís González Tosar -presidente- e Xabier Castro -secretario.
NOS_6058
Os casos da COVID-19 esténdense fóra da China, desatando a "histeria colectiva" en países como Italia.
O aumento exponencial durante os últimos días no número de casos da COVID-19 fóra da China está a provocar un incremento parello da preocupación entre a poboación e as autoridades, que temen unha pandemia. A Organización Mundial da Saúde (OMS), non obstante, aclarou onte que xa non usa o termo "pandemia" despois das críticas sufridas en 2009, cando cualificou deste modo o brote de gripe porcina N1H1, que finalmente acabou por ter unha afección menor. Daquela, as empresas farmacéuticas Roche e Glaxo conseguiran beneficios millonarios despois de que a OMS recomendase aos Gobernos o almacenamento de grandes cantidades de Tamiflu e Relenza. En 2010, a British Medical Journal, unha das revistas médicas de maior prestixio, publicou un estudo onde acusaba a OMS de ocultar os vínculos financeiros entre os seus expertos e estas farmacéuticas fabricantes dos dous antivirais. Unha década despois, a OMS está actuar con maior cautela, e malia non falar de pandemia si advertiu de que a COVID-19 se mantén como "emerxencia internacional" e é probábel que siga a estenderse, segundo asegurou onte un portavoz da organización. A OMS declarou esta emerxencia internacional ─o termo oficial é "Emerxencia para a Saúde Pública de Interese Internacional" (PHEIC, nas siglas en inglés)─ o 30 de xaneiro. O obxectivo foi e é, sinalan, que os países con sistemas sanitarios máis débiles ─nomeadamente, os do continente africano─ se manteñan en alerta e traballen con anticipación. "Psicose" Verónica Barberis, deseñadora italiana residente en Milán, capital da Lombardía, considera que a situación é de "psicose". En conversa con este diario, explica que malia os expertos coincidiren en sinalar que non hai perigo, que "é unha simple influenza", a xente entrou en estado de "pánico". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_10701
Dos catro grandes accionistas de Atalaya Mining, a multinacional que agora pretende reabrir a mina de Touro, tres aparecen nos Paradise Papers con filiais nas Illas Virxes Británicas, Bermuda e Delaware Bahamas, estados sen riqueza mineira pero que son algúns dos paraísos fiscais máis famosos. Eis un extracto da información publicada ao respeito no semanario Sermos Galiza.
Atalaya disporá do 80% da mina situada no Concello de Touro, quedando o 20% nas mans dos actuais propietarios galegos. Para relanzar a mina galega de cobre, e tamén para seguir explotando a de Río Tinto (Huelva), Atalaya lanzou unha ampliación de capital neste mes de decembro. Nun intento de convencer os investidores, inmediatamente dixo que os seus catro actuais accionistas de referencia participaban nesta ampliación. Así, dos 39,62 millóns de euros ofrecidos nos mercados internacionais; os suízos e singapurenses de Trafigura Beheer B.V. fixéronse co 22,8%; os chineses de Yanggu Xiangguang Copper Co. Ltd, co 22,7%; os norteamericanos de Liberty Metals & Mining LLP, co 14,5% e o capital estadounidense de Orion Mine Finance (Master) Fund I LP, co 13,9%. Deles catro, unicamente os chineses non teñen intereses en sociedades offshore, segundo a base de dados do Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ nas súas siglas en inglés). Esta base de dados recolle miles de documentos filtrados por axentes especializados en construír sociedades pantallas, documentos procedentes entre outros dos famosos Papeis de Panamá e, máis recentemente, os Paradise Papers. Sermos Galiza ofreceu aos voceiros de Atalaya Minning na Galiza e Andalucía a posibilidade de explicar a presenza dos seus principais accionistas en tantos paraísos fiscais. A mineira declinou facer comentarios. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 277, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
PRAZA_5585
O xurado recoñeceu o seu texto "Os exemplos", destacando "a súa capacidade de conectar coas xeracións máis novas e por tender pontes xeracionais entre esforzos normalizadores de onte (a Xeración Nós) e hoxe (a Xeración Xabarín)
O xurado do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores, organizado polo Concello de Carballo, reuniuse este sábado para decidir o texo gañador deste certame, ao que se presentaron 33 traballos, e decidiu concederlle o galardón ao artigo titulado "Os exemplos", de José Casás García. Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade de conectar coas xeracións máis novas, por tender pontes xeracionais entre esforzos e exemplos normalizadores de onte (a Xeración Nós, por exemplo) e hoxe (a Xeración Xabarín, por exemplo) e por facer ver a importancia de iniciativas e de referentes novos que poñan en valor a lingua galega. O xurado destacou "a súa capacidade de conectar coas xeracións máis novas e por tender pontes xeracionais entre esforzos normalizadores de onte (a Xeración Nós) e hoxe (a Xeración Xabarín)" O premio está dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores, entre eles Praza Pública, o domingo 18 de maio. José Casás García (Cerceda) é xornalista, licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela, e Máster en Comunicación e Industrias Creativas. Traballou como redactor en prácticas na Radio Galega e no Consello da Cultura Galega. Agora mesmo é director de comunicación da empresa PositiBos. O xurado do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa e colaboradora de diversos medios; Mariña Pérez Rei, profesora e gañadora da edición de 2013; Cristina Abelleira, xornalista carballesa; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto. Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita. O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores, entre eles Praza Pública, o domingo 18 de maio Nas nove edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón ou Mariña Pérez Rei.
NOS_13367
Ao tempo que reafirmou o pacifismo do BNG como forza que non acepta ningunha vía distinta á da defensa das ideas por medios democráticos, Ana Pontón dixo ver con "moita cautela" operacións como a despregada este domingo contra persoas ás que se situaría na dirección de Resistencia Galega.
"Somos unha forza política que non acepta o uso de ningunha vía que non sexa a da defensa das ideas por medios democráticos", salientou Ana Pontón esta segunda feira ao ser inquirida polos medios a respecto das detencións de pretensos integrantes de Resistencia Galega. "Vemos con moita cautela este tipo de operacións", dixo, ao tempo que remarcou que no pasado xa se produciron detencións que acabarían revelándose como "inxustas". "Temos a máxima precaución á hora de analizar ou valorar. Unha vez que estes casos cheguen á xustiza, veremos cal é o resultado final para poder valoralos. As persoas son inocentes mentres non sexan xulgadas e, por tanto, ímonos manter nesa presunción de inocencia", concluíu.
PRAZA_7433
Carlos Callón, presidente da Mesa, celebra a súa absolución tras a denuncia que o ex xuíz decano da Coruña presentara contra el por recordarlle que debía respectar o topónimo oficial da cidade. Fraga Mandián ten cinco día para recorrer a sentenza, algo que xa anunciou que faría.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, foi absolto anos despois. O pasado martes chegou a sentenza que o absolvía da denuncia que presentara o ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, por lembrarlle nunha nota de prensa a súa obriga de cumprir a lei logo de que declarara nun xornal non ter "ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". O dirixente da asociación en defensa da lingua celebra o diatme da xuíza Natalia Paz Domínguez, na que aclara que as súas declaracións "non exceden da crítica e se atopan comprendidas na liberdade de expresión e información". Callón lembrou o "disparatado" dunha denuncia dun xuíz contra un cidadán "que lle lembra que debe cumprir a lei" "É un novo éxito xudicial para a lingua galega e unha vitoria máis dentro do longo proceso de caza de bruxas contra o noso idioma", lembrou este mércores nunha rolda de prensa na que destacou "o disparatado" dunha denuncia "presentada por un xuíz por terlle lembrado que había que cumprir as leis e, nomeadamente, a Lei de Normalización Lingüística". "É un disparate a denuncia, pero tamén o longo procedemento", engadiu Callón, que recordou que el foi a terceir persoa "denunciada polo mesmo motivo" por Fraga Mandián, logo dun veciño de Oleiros e do deputado do BNG, Carlos Aymerich. "A sentenza é un correctivo moi grande para el, que debería escoitar o clamor social e ler a sentenza", recomendoulle. Callón "desexa" que o proceso conclúa aquí, pero Fraga Mandián advertira de que recorrería a súa absolución Así, Callón advertiu de que o ditame da xuíza do Xulgado de Instrución número 1 da Coruña "recórdalle ao ex xuíz decano nun longo texto que a forma A Coruña é a única legal e oficial, facendo incluso un repaso completo da normativa e de anteriores sentenzas". "Desexamos que este proceso conclúa aquí", asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que non está seguro de que sexa así, xa que Fraga Mandían xa advertira que recorrería a sentenza se el era absolto. Dispón de cinco días desde que se emitiu o ditame para presentar ese recurso. Ademais, Carlos Callón lembrou que, malia o éxito xudicial, o feito de que a sentenza estea escrita en castelán demostra que o galego "segue en estado de proscrición", xa que el mesmo pediu en numerosas ocasións que as comunicacións xudiciais lle fosen enviadas en galego. "Menos do 3% das sentenzas emitidas en Galicia están en galego e o programa informático dos xulgados instalado pola Xunta non permite o uso sa lingua propia do país", insistiu. O BNG deu este mércores os seus "parabéns" a Carlos Callón e reiterou que "defender a lingua galega, o idioma propio de Galiza, non pode ser delicto". Por outra banda, Callón animou tamén a cidadanía a acudir o vindeiro día 27 á "manifestación nacional" que se celebrará en Santiago de Compostela para "reclamar a derrogación" do chamado decreto do plurlingüismo, logo de que o TSXG "declarase ilegal o seu núcleo", aínda que a plataforma Queremos Galego aproveitará tamén para protestar contra as "continuas discriminacións" que sofre o idioma propio en numerosos ámbitos.
NOS_24789
Unha marcha convocada en protesto pola próxima visita a Nantes de Marine Le Pen -oferecerá un mitin este domingo- resultou nunha batalla campal nas rúas da cidade.
A esquerda anti-fascista francesa está disposta a dar a batalla nas rúas para impedir a chegada de Marine Le Pen ao Eliseo. Iso é o que cabe deducir do duro confronto nas rúas entre unha marcha de manifestantes con simboloxía anarquista e comunista e as forzas policiais. Non fica moi claro quen provocou o confronto. Aparatos incendiarios foron arrebolados desde a marcha até o destacamento policial que respondeu con inusitada violencia, canóns de auga e gases lacrimóxenos incluídos. Segundo o correspondente de Russia Today que cubría a marcha, centos de manifestantes corearon o berro "Tout le monde déteste la police" mentres se producía o confronto. "O fascismo non pasará" foi unha das palabras de orde do protesto, que, segundo meios franceses, deu reunido por volta de 2.200 persoas, que expresaron o seu apoio ás persoas inmigrantes -no albo de Le Pen- e, cos seus berros, descualificaron a Fronte Nacional por o considerar o brazo política da patronal. O maior continxente dos manifestantes -arredor de 800- pertencerían a grupos anarquistas, segundo a versión policial oferecida ao rotativo Le Monde.
NOS_49028
Poden crerme: o que compareceu en Anoeta non foi unha equipa de futebol, foi un simulacro. Cero intensidade. Cero tensión. Cero pases con xeito. Cero tiros entre os tres paus. Á Real bastoulle premer un chisco o acelerador na primeira media hora de xogo para solventar o match. O Dépor equivocaríase gravemente se pensase que xa está salvado.
Hai uns mínimos que cómpre dar no deporte profisional. Son cuestións básicas, tipo entrega, suor, compromiso, correr, presionar o rival. Nada diso fixo o Deportivo en Anoeta. Hai un mínimo básico se unha equipa quer puntuar nun campo de futebol como o da Real Sociedad: chutar algunha vez entre os tres paus da portería contraria. Dado que o Dépor encaixou un tanto na primeira media hora de xogo -unha excelente cabezada de Willian José a centro portentoso de Yuri-, na hora restante tratábase de existir como equipa de futebol e facer as cousas que se supón que se lle teñen que facer para meter un gol. Nada, absolutamente nada diso fixo o Dépor. Na conferencia de imprensa posterior ao encontro, un abatido Pepe Mel explicou que o principal problema do Dépor é que carece de xogo asociativo. Ou sexa, que incumpre o primeiro mandamento do catecismo de Johan Cruyff, aquel segundo o verdadeiro segredo do futebol consiste en pasarlle a bola a alguén que leve a túa mesma camiseta. "Cada vez que roubabamos o balón errabamos o pase posterior", laiouse amargamente Mel. Certo, mais tan certo como iso é que o Deportivo apenas presionou a saída do balón da Real Sociedade e que tampouco foi capaz -agás nos minutos en que, cun nulo Çolak no banco, Joselu apareceu sobre o céspede para facer dueto con Andone- de adiantar as liñas para empurrar as da equipa vasca algo máis perto da portería defendida por Rulli. O Dépor talvez estea a especular coa considerábel avantaxe que lle leva ao Sporting de Xixón neste tramo final do campionato. Se callar os seus futbolistas até consideran que mesmo sen sumar un só ponto máis acabarán safando. Fan mal en fiarse. Non se pode xogar andando en Primeira División. Non se pode depender de outros -das desgrazas doutros- para sobreviver. O Sporting ten un calendario mellor por diante. O Dépor é ben que se espila e que, nomeadamente fóra, acuda aos campos coa debida profesionalidade. O Dépor non estivo en Anoeta. Non debería ausentarse de ningún outro estadio no que fica de campionato. É o mínimo que se agarda deles. Real Sociedad: Rulli, Zaldúa, Raúl Navas, Iñigo Martínez, Yuri, Zurutuza, Illarramendi, Carlos Vela (Canales, min. 73), Xabi Prieto, Oyarzabal (Granero, min. 90) e Willian José (Juanmi, min. 65). RC Deportivo: Lux, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Luisinho, Borges, Álex Bergantiños, Fayçal Fajr (Bruno Gama, min. 80), Emre Çolak (Joselu, min. 70), Kakuta (Ola John, min. 56) e Andone. Gol: 1-0, Willian José (min. 28). Árbitro: Ocón Arráiz (c. rioxano). Cartóns amarelos a Albentosa (min. 44), Raúl Navas (min. 45), Fayçal Fajr (min. 50) e Álex Bergantiños (min. 70). Incidencias: partido correspondente á 33ª xornada da Liga Santander disputado no estadio de Anoeta perante 19.925 espectadores.
NOS_27706
Milleiros de persoas marchan desde Cangas e Moaña para exixir a mellora dos servizos de saúde na comarca do Morrazo, repoñendo servizos e acabando coa precariedade laboral.
Éxito de participación na manifestación conxunta da veciñanza de Cangas e Moaña, que onte partiron de cadansúa vila para exixir a mellora da Atención Primaria na sanidade pública nestes concellos. O punto de encontro fou en Vilela, fronte ao supermercado Lidl, onde as actrices Mónica Camaño, de Cangas, e María Salgueiro, de Moaña, deron lectura a un manifesto. Nel, denunciaron as barreiras de entrada á sanidade privada, que están a favorecer á privatización, o que á súa vez supón a desprotección das persoas con menos recursos. Tamén lembraron que a situación previa á crise da Covid xa presentaba déficit de profesionais polos recurtes orzamentarios practicados polos sucesivos gobernos de Alberto Núñez Feixoo. Esta situación se viu agravada coa pandemia, pois a atención presencial desapareceu e os controles diminuíron, o que atrasou a diagnose de novas patoloxías. A veciñanza respondeu ás peticións das entidades convocantes, a Asociación A Voz da Sanidade e a Plataforma pola defensa da Sanidade Pública, co apoio de SOS Galicia e de ambosos concellos, e amosou o seu "enfado e rexeitamento" a todos os recurtes que repercuten na saúde das persoas usuarias e na precariedade laboral das profesionais. Lista de peticións Tamén fixeron oír as súas exixencias, entre as que figuran incluír unha ambulancia de reforzo para o Morrazo, a reapertura do consultorio de O Hío, en Cangas; a volta das urxencias a Moaña, onde, lembran, 2.800 persoas quedaron sen médico o non repoñer as prazas de tarde, e mellorar o servizo de psiquiatría e psicoloxía (teñen un só psiquiatra para Moaña e Cangas, cunha lista de espera de 11 meses), entre outras. Na mesma liña, piden acabar coas listas de espera, desdobrando consultas e incrementando o persoal; repoñer a atención pediátrica en Aldán e a quenda de tarde en Cangas, incrementar o orzamento sanitario co obxectivo acabar coa precariedade laboral, así como cubrir as prazas vacantes nos centros de saúde. En resumo, como apuntaban as organizacións convocantes, trátase de non consentir que a saúde se convirta nun negocio privado, de aí a importancia de defender o dereito a sanidade pública.
NOS_50951
Arco Iris, como acusación particular, reclama 4.380 millóns de euros pola catástrofe e di que a marcha de Reino Unido da UE fai "máis difícil meterlle o dente" á aseguradora británica.
Esta semana finalizaba o prazo para que as partes persoadas no xuízo do Prestige presentasen o documento que recolle as alegacións para solicitar o pagamento de indemnizacións por danos ambientais. A representación legal do colectivo ambientalista Arco Iris presentou o escrito definitivo de petición de reclamacións, pedindo 4.380 millóns de euros, a cantidade na que a Fiscalía cifrou os danos causados polo afundimento do petroleiro en 2002. Arco Iris sinala que o escrito elaborado pola súa representación legal foi "revisado e reformado" após o resultado do referendo británico sobre a Unión Europea e o triunfo da opción de abandonar a UE. O colectivo afirma que a legalidade europea, que era vinculante á presente peza executoria, agora vaise converter, indica o colectivo, "en papel mollado". A compañía aseguradora, The London P&I Club, é británica. Por iso, entende Arco Iris, "só é aplicábel" á compañía aseguradora, como responsábel civil directo, o ordenamento xurídico español e a xurisprudencia internacional en materia de medio ambiente. O 'Brexit' "cambia radicalmente as cousas", indican desde este colectivo, e fai "máis difícil aínda meterlle o dente" á aseguradora.
PRAZA_17607
A compañía comunicoulle a situación ao Comité de Empresa, ofrecéndolles aos 28 traballadores da planta pontevedresa a súa recolocación noutras factorías do grupo. A renovación da concesión dependía do Goberno central. A cloreira iniciou a súa actividade en Lourizán no ano 1968. Para a APDR trátase "do primeiro paso para sacar da ría" a ENCE. A Xunta saltou a lei cando prorrogou un ano a autorización a Elnosa na ría de Pontevedra
Electroquímica del Noroeste (Elnosa) pechará o vindeiro 29 de xullo ao caducar a concesión que ata agora lle permitiu operar no complexo de Lourizán (Pontevedra) que comparte con ENCE. A compañía cloreira, propiedade do grupo portugués CUF, comunicoulle xa a decisión ao Comité de Empresa. A renovación da concesión dependía do Goberno central, unha petición sobre a que a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa non se pronunciou nas últimas semanas. A empresa dedicada á fabricación de cloro comezou a súa actividade en Lourizán en 1968, por iniciativa de ENCE. En 2003 foi adquirida polo portugués Grupo José de Mello. Segundo publica Faro de Vigo, a empresa adiantará o ERE previsto para agosto e que afectará a 16 traballadores. O resto do cadro de persoal, unhas 28 persoas, negociará a súa recolocación noutras factorías do grupo, especialmente na de Torrelavega. Previamente, durante o mes de agosto ocuparase dos traballos de desmantelamento da factoría. "Na APDR entedemos isto como o primeiro paso para sacar da ría o complexo Celulosas-Elnosa", di Antón Masa A Asociación para a Defensa da Ría (APDR), que leva anos reclamando o peche da planta, celebrou xa a noticia, subliñando que "a enseada de Lourizán libérase da empresa que durante décadas verqueu mercurio na Ría de Pontevedra". "A loita ten resultados. É unha vitoria de todos os colectivos sociais que loitan pola desaparición do complexo ENCE-Elnosa", engade a asociación. "Aínda que a empresa o presente como un peche patronal, nós xa viñamos dicindo que Elnosa non podía continuar porque se lle remata a concesión", destaca Antón Masa, que subliña a importancia de que Costas "decida o peche do expediente da concesión de Elnosa e decreten a caducidade". "Unha cousa é que a empresa diga que pecha as portas e outra é que sexa o Estado quen decrete que Elnosa non pode continuar", engade. "Mesmo co PP no Goberno, Costas levaba un ano coa petición de renovación sobre a mesa, pero non vían claro facer o mesmo que fixeron con ENCE", comenta Masa, que di que "na APDR entedemos isto como o primeiro paso para sacar da ría o complexo Celulosas-Elnosa". "Estamos presionando ao PSOE para que revise a prórroga concedida por Rajoy a ENCE, pois o procedemento foi cando menos irregular", sinala. "A enseada de Lourizán libérase da empresa que durante décadas verqueu mercurio na Ría de Pontevedra. A loita ten resultados", destaca a APDR Hai unha semana unha sentenza do TSXG determinou que a Consellería de Medio Ambiente saltou a lei cando prorrogou un ano a autorización a Elnosa. Esta actuación ilegal da Xunta permitiulle á factoría seguir desenvolvendo a súa actividade á beira da ría de Pontevedra un ano máis, evitando que tivese que pechar. Hai sete meses, ademais, o Goberno galego volveu adoptar unha decisión para favorecer a continuidade da factoría en Lourizán, concedéndolle a Elnosa autorización para cambiar a súa tecnoloxía e non seguir utilizando mercurio na produción de cloro, procedemento prohibido poa Unión Europea. A empresa dedicada á fabricación de cloro comezou a súa actividade en Lourizán en 1968, por iniciativa de ENCE O cambio de Goberno en Madrid, coa chegada de Pedro Sánchez, deixaba no aire a renovación da concesión a Elnosa. Hai uns días a APDR mantivo unha xuntanza coa Executiva local do PSdeG-PSOE en Pontevedra. Nesa reunión a entidade reclamoulle aos socialistas a súa "implicación" para abordar a resolución do expediente de caducidade da concesión de ELNOSA, "impedindo que o fagan os cargos de confianza da administracións que lle precedeu no Goberno e, consecuentemente, decrete a súa caducidade". O PSdeG-PSOE comprometeuse a transmitir a Madrid "a necesidade de tomar decisións que favorezan a saída de Ence e Elnosa da ría e o traslado da súa produción a outra localización".
PRAZA_12369
O Athletic permanece inquebrantable ao paso do tempo, erguido sobre a canteira de Lezama, e aproveitando o seu prestixio para recoller novos valores noutros puntos de Euskal Herria que contribúen a forxar un equipo competitivo e traballador. Este gran momento, cun bo posto na Liga, como finalista na Copa do Rei e brillante cuartofinalista na Europa League tras humillar ao Manchester United, dáse no 2012. 23 vascos contra Cristianos, Messis, Mourinhos e Guardiolas. A nova que tiña que abrir cada día os informativos é esa: o Athletic prántalle cara a todos eles, só cun fato de aldeaniños.
Agora que Dépor e Celta están no camiño de volver á primeira división da liga Española (chámase Liga BBVA, que ten coña o tema coa que está caendo), e que a ilusión agroma de novo entre os siareiros galegos, quixera facer algunhas consideracións sobre o fenómeno futbolístico. O primeiro de todo, dicir que estou a reconciliarme coas bancadas de ámbolos dous equipos, pois Riazor sempre foi un campo de altibaixos. Cando o Dépor ía ben, as bancadas enchíanse e a xente animaba, pero cando viñan curvas, os acabados de chegar volvían a poñer a TVG para ver ao Madriz. Algo así aconteceu a pasada campaña, cando os coruñeses (aínda hai aí coruñeses?) baixaron a segunda. Pero ver agora que a cidade volve a estar empuxando cada fin de semana devólveme a esperanza no fútbol galego. Este reaxir atlántico coincide cun dos mellores momentos na historia recente do Athletic Club, un dos históricos da Liga, cun listado de títulos aínda impresionante, e cunha identidade absolutamente única no deporte mundial Este reaxir atlántico coincide cun dos mellores momentos na historia recente do Athletic Club, un dos históricos da Liga, cun listado de títulos aínda impresionante, e cunha identidade absolutamente única no deporte mundial. Nos tempos da Lei Bossman, dos dereitos futbolísticos estratosféricos, dos galácticos e da internacionalización absoluta do fútbol, un clube vasco mantén, como se fora a aldea de Astérix, unha proposta afastada dos estereotipos actuais. O Athletic permanece inquebrantable ao paso do tempo, erguido sobre a canteira de Lezama, e aproveitando o seu prestixio para recoller novos valores noutros puntos de Euskal Herria que contribúen a forxar un equipo competitivo e traballador. Este gran momento, cun bo posto na Liga, como finalista na Copa do Rei e brillante cuartofinalista na Europa League tras humillar ao Manchester United, dáse no 2012. 23 vascos contra Cristianos, Messis, Mourinhos e Guardiolas. A nova que tiña que abrir cada día os informativos é esa: o Athletic prántalle cara a todos eles, só cun fato de aldeaniños. Llorente, Muniain, Amorebieta, Susaeta, Herrera ou De Marcos son o exponente contemporáneo dun clube que cincelou máis dun século de éxitos con Zarra, Gaínza, Sarabia, Dani e centos de xogadores máis que desafiaron sempre o establecido. Crer hoxe neste modelo é algo máis cun exercicio de fe, e un modo de entender o deporte afastado do modelo que está presente nos media. Pero este fenómeno vai acompañado dun elemento case único: unha afección especial. Se Compostela é a catedral entre as catedrais, San Mamés é a catedral do fútbol porque aquí a paixón combina colores, entendemento do que se ve, a aprecio polo propio. O Athletic non existiría sen os seus seareiros, e os seareiros non profesarían a súa crenza nos xogadores se estes fosen outros. É un complemento necesario, dúas caras dunha moeda que paga un compromiso de por vida. Ser do Athletic non é calquera cousa: é amor ao vermello e ao branco, é berrar coma un león, entregarse ao deporte pero sobre todo á deportividade, profesar a relixión do imposible e tamén, aínda que soe anticuado, elegancia. O éxito presente do Athletic obedece a un personaxe extravagante, o rosarino Marcelo Bielsa. Un adestrador que podería escoller case calquera clube para traballar, porque é un dos mellores do mundo, o mellor segundo Guardiola O éxito presente do Athletic obedece a un personaxe extravagante, o rosarino Marcelo Bielsa. Un adestrador que podería escoller case calquera clube para traballar, porque é un dos mellores do mundo, o mellor segundo Guardiola. Bielsa é un "científico do fútbol" segundo John Carlin, Azkargorta di del que desenvolve coma ninguén "a cultura do esforzo sen renunciar xamais ao último alento". "Martxelo" quixo vir a San Mamés a probar sorte. Quizais é certo que está tolo, como lle din na Arxentina, pero a súa proposta está toleando a esta cidade. Apenas uns meses despois de aterrar, o Athletic xoga coma os anxos. Divirte, atúa os xigantes e funde a furia da tradición coa entrega de San Mamés. Tiven a honra de estar presente na Catedral o pasado xoves, cando os de Bielsa eliminaron o subcampión de Europa, o United, nun enfrontamento épico, no que Rooney, Giggs e o resto de estrelas inglesas roeron a herba sen apenas opción. Sinto orgullo de ser un dos case 40.000 que despediron ao mito Giggs cando foi substituído, un dos que aplaudiu os siareiros de Manchester cando estes caeron rendidos ante a ameaza leonina. Rematei de entender que isto é outra cousa: é algo que, se se proba, non se pode dicir que non. Hai quen di que o fútbol non ten ideoloxía, e neste caso é certo. Do Athletic son Basagoiti, Urkullu, Patxi López e Jone Goirizelaia. Esta institución é a única porque funde a todos os vascos sexa cal sexa a súa ideoloxía, e iso non é moco de pavo neste país Hai quen di que o fútbol non ten ideoloxía, e neste caso é certo. Do Athletic son Basagoiti, Urkullu, Patxi López e Jone Goirizelaia. Esta institución é a única porque funde a todos os vascos sexa cal sexa a súa ideoloxía, e iso non é moco de pavo neste país. Pero permítome afirmar que este equipo liderado por Bielsa si ten algo de ideolóxico. Non sei exactamente a que resposta, pero sei a que non obedece. É a antítese do neoliberalismo. Bielsa vai en chándal, conduce un Ibiza, leva as gafas penduradas dunha corda e non participa da vida social coa que agora ligan os futbolistas de éxito. O Tolo vai por outro camiño, o do compromiso, a entrega e a pureza. Nestes tempos de crise, sombras e pesimismo, o fútbol emerxe aquí coma un bálsamo destinado a reaxir a esperanza da xente. O Athletic pode gañar dous títulos este ano, ou ningún. O que non vai mudar é o aspecto de San Mamés, entregado aos xogadores pase o que pase. A pegada que está marcando Bielsa tardará en desaparecer, se o fai algún día. Sí que me permito un consello a Dépor e Celta: lembrade que, coma os da casa, os de ningún sitio. O ano que vén, agárdavos San Mamés outra vez.
NOS_49883
Quince bandas galegas e internacionais encherán Bueu de festivaleiros do 3 ao 5 de agosto na 15ª edición dun SonRías Baixas. Alí poderemos ver a Estopa, Dubioza Kolectiv, Zoo, Arco, Amparanoia, Sés, Todos Tus Muertos, Narco e Dakidarría, entre outros.
Rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues, música de raíz… do máis popular ao máis alternativo, do máis consolidado ao máis innovador, o SonRías consolidouse como un dos festivais de referencia no verán galego cunha particular mestura de música, praia e gastronomía nun entorno prixilexiado. Así o afirmou Félix Juncal -alcalde de Bueu- ao definilo como o "inicio do momento álxido do verán cultural, musical e lúdico na zona", e como "unha proposta de turismo sostible e de calidade". Na sexta feira 4 abrirá o Escenario Super Bock a forza combativa de Sés, ás 20h. Despois, ás 21h30, chegará a alegría mestiza de Amparanoia; ás 23h30, o punk-reggae dos arxentinos Todos Tus Muertos; á 1h o rock combativo dos sevillanos Narco; e pechará a festa por todo o alto o ska combativo dos Dakidarría a iso das 2h30 da madrugada. Nese mesmo escenario, o sábado 5 a actividade arrincará ás 20h15 co rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco; tralo que chegará un dos platos fortes do festival, contra as 21h45, a rumba festiva dos Estopa; e, de seguido, ás 23h45, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv; pecharán esta edición do SonRías a descarga enerxética dos valencianos Zoo, á 1h45 e unha nova sesión do Dj SonRías, a partir das 3h30. Ademais dos concertos, hai múltiples actividades complementarias, como a Casa SonRías, a singular casa de comidas musical na que podemos presenciar como os Poetarras preparan Rodaballo guisado e Anguriñas ao allo con gambón. Na ambientación musical, abrirán a programación do segundo escenario The Soul Breakers, ademais de Wöyza, Hexany e Guerrera. Ademais, haberá proxección de curtas musicais, co FIC Bueu, onde se proxectarán seis curtametraxes de temática musical, froito dunha colaboración entre ambos os dous festivais.
NOS_12563
Unha das causas polas que a presenza das mulleres artistas parece inexistente é que foron practicamente ignoradas polos estudos da historia da arte, e é que moitas das súas obras se atribuíron a varóns coetáneos ou figuran no apartado de anónimos.
A colección do Museo de Pontevedra posúe obras asinadas por mulleres do século XIX e XX, pero descoñecemos se entre os moitos anónimos podería haber algunha muller. Durante moito tempo elas só podían exercer como afeccionadas, algo común nas mulleres pertencentes á aristocracia ou a familias acomodadas que recibían aulas de debuxo e pintura, para que lle servisen de distracción nos seus momentos de ocio. Só estas e as que eran familiares de artistas, en cuxos obradoiros colaboraban, podían formarse, pero a maioría das súas obras atribúense ao dono do obradoiro ou cítanse como 'obradoiro de'. A escultura foi valorada, durante moito tempo, como un traballo vinculado á artesanía e non se consideraba adecuado para a muller. Por iso debemos resaltar o mérito de Dolores Rodeiro Boado (1853-?), a única escultora galega do S. XIX, filla do escultor Francisco Rodeiro (1813- 1873), pero cuxas obras se confunden coas do seu pai, do que existen dúas imaxes relixiosas no Museo. Dunha familia aristocrática procedía Carmen Babiano Méndez Núñez (1852-1914), que recibiu clases do pintor Ramón Vives Ayné (1814-1904). O sistema de aprendizaxe consistía na copia de láminas, e no Museo consérvanse moitos debuxos copiados por ela e por outras mulleres da segunda metade do século XIX, das que coñecemos pouco máis que o seu nome. De Carmen Babiano sabemos que participou en exposicións colectivas e concorreu a numerosos certames e concursos artísticos, ilustrou en La Ilustración Gallega y Asturiana e figurou entre os debuxantes da "Sociedad Arqueológica de Pontevedra". Algún dos seus óleos como As pitas (1880) recibiron premios, pero tras a súa voda, en 1882, a súa actividade pictórica desaparece do ámbito público. Durante tempo, as mulleres só podían exercer na arte como afeccionadas e non eran recoñecidas Ademais dos pintores que impartiron clases particulares, existían centros de ensinanza como as Sociedades de Amigos del País ou as Escuelas de Arte y Oficios, que amosaron interese pola docencia da muller, aínda que se orientaba a tarefas de ámbito doméstico e nalgún caso do mercantil. Entre estas sociedades e as clases particulares formáronse moitas artistas do primeiro terzo do século XX, como as que están representadas na colección do Museo: Oria Moreno (1881-1978); María Corredoira (1893-1970) e Elvira Santiso (1883– 1961). Ao igual que os seus compañeiros de xeración, participaron nas exposicións rexionais, pero as críticas da súa obra cítanse en grupo, sen diferenciar as que debían ser destacadas pola súa valía artística, e a referencia á súa arte adoitaba facer alusión á delicadeza coa que pinta o "belo sexo", sen más apreciacións estilísticas. Tanto Elvira Santiso como María Corredoira conseguiron logros importantes. Elvira Santiso puido vivir dos encargos e das clases que impartía no seu domicilio e na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, labor docente pola que recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio. María Corredoira foi recoñecida con destacados nomeamentos en institucións artísticas, pero os nomes de ambas tardaron anos en saír á luz porque non se incluían nos estudos. E se elas permaneceron no esquecemento, máis o fixeron as que non puideron acadar unha carreira profesional. Foi o caso da escultora madrileña Carmen Alcoverro, (1872- ?), filla do escultor José Alcoverro y Amorós (1835-1908), autora do Busto de Enrique Campo (1910), co que conseguiu unha Mención Honorífica na Exposición Nacional de 1910. Pero tras o seu matrimonio, en 1911, abandonou a escultura. A escultura foi valorada como un traballo vinculado á artesanía e non se consideraba adecuado para a muller Un exemplo de muller artista que traballa na intimidade da súa casa foi María Roesset (1882-1921). Foi unha extraordinaria pintora que realizou innovacións plásticas próximas á vangarda, pero permaneceu no esquecemento ata 1895, ano no que se publicou un artigo sobre a súa obra. Un caso ben diferente é o de Maruja Mallo (1903-1995), unha das artistas máis sobresaíntes da vangarda española. A súa obra captou a atención de personaxes como Ortega y Gasset, Gómez de la Serna, Picasso e André Bretón. Participou nas principais exposicións e grupos da vangarda e tras a Guerra Civil marchou á Arxentina, onde pinta a Cabeza de Negra (1946), que actualmente forma parte da colección do Museo. Nos mesmos anos que Maruja Mallo estuda Belas Artes en Madrid, faino tamén Julia Minguillón (1906-1965), cuxa obra se desenvolve principalmente tras a Guerra Civil. Julia Minguillón enviou á Exposición Nacional de 1941, La Escuela de Doloriñas, cuxo bocexo se atopa no Museo, e obtivo unha Medalla de Primera Clase, a primeira e última obtida por unha muller. Porén, a crítica destaca máis a tenrura feminina da súa obra que o seu estilo. Nos anos da posguerra emerxeu a denominada Escuela de Madrid, caracterizada por unha pintura figurativa non académica que fuxía de tópicos e reinterpretaba a realidade desde as formas estruturadas do cubismo e o cromatismo fauve. Baixo esta influenza podemos citar tres pintoras representadas no Museo: a galega María Antonia Dans (1922-1988), a manchega Gloria Merino (1930) e a murciana Sofía Morales (1917-2005). Todas elas estudaron Belas Artes, fixaron a súa residencia en Madrid e conseguiron un currículum cheo de exposicións, premios e bolsas, ao igual que moitos pintores coetáneos, con todo, o modo de ser tratadas pola crítica foi diferente. Mª Antonia Dans, tras pintar un importante mural en 1956, recordaba como a crítica eloxiaba a súa obra porque parecía pintada por un home, en vez de aceptar o talento dunha muller. E sobre Gloria Merino, en 1959, un crítico defende a súa obra porque como muller tiña en si mesma todas as posibilidades da virilidade. Ambas souberon ofrecer unha visión das súas respectivas terras, cun estilo influenciado por Benjamín Palencia y Zabaleta. Na segunda metade do século XX emerxen movementos de vangarda como o informalismo, no que se desenvolve a obra da escultora galega Elena Colmeiro (1932), que non só se enfrontou á dificultade que supoñía, para unha artista, dedicarse á escultura, senón que tivo que facerlle ver ao público que a cerámica é un material máis da escultura. Elena sempre afirma que ser muller nin lle prexudicou nin lle favoreceu, pero non lle sucedeu o mesmo a Juana Francés (1924- 1990), a única muller do Grupo El Paso, no que só estivo dous meses, polas críticas dalgúns compañeiros. Outra muller que tamén tivo dificultades para ser pintora foi María Victoria de la Fuente (1927-2009), que contaba como seu pai se resistía a que estudase Belas Artes polo ambiente bohemio e a súa reticencia a que debuxase espidos do natural. Pero a súa obra é un magnifico exemplo tanto da figuración expresionista próxima a Bacon, como do realismo intimista. As mulleres artistas nacidas nos sesenta entran na colección do Museo a través do certame "Novos Valores", convocado pola Deputación de Pontevedra desde 1982. Exemplos representativos son Berta Cáccamo (1963) e Pilar Álvarez Pablos (1967). En 1990 créase a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde o número de mulleres supera ao de homes. Almudena Fernández Fariña (1970) e Tatiana Medal Francesch (1971) formaron parte da primeira promoción e participaron, en 1994, na exposición 30 años en el 2000, na que a proporción de homes e mulleres comezaba a inverterse. [Esta peza foi publicada no A FONDO Museo de Pontevedra, referencia da arte, no Sermos Galiza 210, á venda na loxa]
NOS_49808
A pedra está definitivamente no tellado do Concello. Os comuneiros votaron maiormente non ao centro comercial Porto Cabral e o goberno municipal de Vigo terá que decidir si, como anunciou pouco antes, desoe aos titulares do monte e dá luz verde ao equipamento comercial e de ocio. 344 votos fronte a 297 manifestaron a vontade de frear o proxecto de Eurofund.
344 votos para o non e 297 para o si. 47 votos inclinan a balanza da Comunidade de Montes contra o proxecto de Porto Cabral. Do censo de 780 comuneiros, 676 participaron no comicio. Son os titulares de 300 hectáreas de monte en man común que o terreo terá que expropiar mesmo coñecendo a vontade da veciñanza a que non se constrúa o complexo comercial. O goberno municipal será agora o que teña que mover ficha, unha vez sabedor da negativa da veciñanza ao proxecto promovido pola empresa Eurofund. O goberno municipal de Vigo adiantou pouco antes de que se producise a votación, que o complexo Porto Cabral disporía dos terreos en Liñeiriños, decidise o que decidise a Comunidade de Montes de Cabral. A Concelleira de Urbanismo, Carmela Silva foi tallante nas horas previas á votación á hora de defender a execución do PXOM e o proxecto. O BNG defendera a través de iniciativas presentadas tanto no Concello de Vigo e no Parlamento Galego que o Concello non declarase o proxecto de interese público, que non se lle concedese licenza comercial por parte da Xunta así como desenvolver medidas para estimular a actividade do pequeno e mediano comercio. Segundo o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o propio Concello quen tería que iniciar a expropiación dos terreos, agora coa oposición manifesta dos comuneiros que hoxe votaron maiormente contra a execución do centro comercial. A falta de confianza no propio proxecto contribuíu a decantar o voto dos comuneiros que coñecen o alto grao de desocupación doutras áreas comerciais, un 50% na Praza Elíptica e un 37,50 % no Centro Comercial Camelias. O proxecto promovido polo grupo de investimento estranxeiro, Eurofund Investments contemplaría unha nova área de comercio e ocio na que mesmo se deseñaba un lago artificial para surf, idea que non cadraba nunha cidade rodeada de mar e cunha área deportiva próxima. Este mesmo venres, o Centro Cultural de Cabral A Becerreira acollía a estrea do documental "SOS Comuneiros de Cabral", unha reportaxe na que a veciñanza do barrio así como distintos responsábeis de organizacións políticas ou persoas implicadas no proceso como o avogado Nemesio Barxa, o Presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira e outros completaban o retrato sobre o proxecto de centro comercial Porto Cabral, un equipamento para o comercio e ocio co que a empresa "Eurofund" quere ocupar terreos do parque de Becerreira e boa parte do monte veciñal de Cabral, terreos que, pola súa titularidade non se poden vender. Dirixido por Xisela Franco co profesor e investigador en montes comunais Alfonso Álvarez Canella como guionista, o documental dá conta da mobilización de Cabral na defensa dos montes veciñais en perigo pola ameaza do macro centro comercial da empresa "Eurofund". A empresa ofrecíalles á Comunidade de Montes 12 millóns de euros polo chan.
NOS_16542
A formación denuncia que só se procura construír "un caso mediático que dure meses".
Podemos foi imputado como persoa xurídica por presunto financiamento irregular tras a denuncia dun antigo avogado da formación. O titular do Xulgado de Instrución número 42 de Madrid, Juan José Escalonilla, tomou esta decisión após analizar as acusacións de José Manuel Calvente contra o partido por poíbeis delitos de malversación e administración desleal. Ademais, o xuíz tamén imputou o secretario de Comunicación de Podemos, Juan Manuel do Olmo, estreito colaborador do vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, e o tesoureiro e a xerente do partido, Daniel de Frutos e Rocío Esther Val, respectivamente. Escalonilla citou os tres membros de Podemos para o 20 de novembro en calidade de investigados despois de tomar declaración o pasado 29 de xullo a Calvente, que ratificou a denuncia presentada ante a Garda Civil hai varios meses, tras ser despedido en decembro. Naquel momento, o avogado acusounos de cesalo por estar a investigar "graves irregularidades" no seo da formación. Desde Podemos, pola súa banda, aseguraron que foi destituído tras abrírselle un expediente por acoso sexual e laboral que, hai uns días, foi arquivado por un xuíz. Calvente explicou que entre as "irregularidades" que atopou na contabilidade de Podemos había gastos sen xustificar ou que non estaban previstos nos orzamentos e o pago de sobresoldos. Unhas imputacións que os morados negan de maneira rotunda, mais que resultaron suficientes para que Escalonilla solicitase á formación de Iglesias unha gran cantidade de información sobre o financiamento do partido e outros documentos a distintas institucións como o Tribunal de Contas, o Rexistro Mercantil ou o Rexistro de Cooperativas de Madrid. Con todo, en Podemos non ven moito percorrido á investigación. Esta terza feira, a representación legal do partido presentou un recurso pedindo a nulidade da declaración de Calvente xa que o xulgado só lles enviou 41 minutos de comparecencia ante Escalonilla cando, en realidade, testificou durante case tres horas e media.
NOS_13369
O presidente do PP resístese a dimitir, mentres a presión de dirixentes territoriais como Alberto Núñez Feixoo, Isabel Diaz Ayuso e Juanma Moreno aumenta.
O presidente do Partido Popular (PP) a nivel estatal, Pablo Casado, citou na cuarta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, xunto co resto de baróns populares nas diferentes autonomías, para intentar achegar posturas antes da Xunta Directiva Nacional que decorrerá a vindeira semana. Así o confirmaron fontes da cúpula do PP a Europa Press, e engaden que Casado puxo o encotro para as 17 horas da cuarta feira, corenta e oito horas despois da reunión do comité de dirección da formación política, que durou máis de sete horas e na que o presidente do Partido Popular resistiuse a dimitir como dirixente da formaciñon, tal e como os baróns lle terían exixido. No encontro, Pablo Casado agarda poder achegar posturas cos dirixentes territoriais do PP ante a posíbel convocatoria dun congreso nacional de urxencia no vindeiro mes de marzo. Polo de agora descoñécese se os baróns territoriais , claramente posicionados en contra do actual presidente do PP e do seu secretario xeral, Teodoro García Egea, acudirán á reunión. Xunta Directiva Nacional O presidente do PP estatal, Pablo Casado, convocará a vindeira segunda feira unha reunión da Xunta Directiva Nacional, máximo órgano do partido entre congresos, segundo acordou esta tarde o comité dirección do PP logo de máis de sete horas de debate interno. Casado anuncia esta reunión da Xunta Directiva para dentro dunha semana, un prazo que lle permitirá manter contactos co obxectivo buscar consensos cos territorios. Fontes do seu equipo aseguraron á axencia Europa Press que a súa intención sería "reforzar" a Executiva integrando persoas próximas a 'baróns' territoriais como Alberto Núñez Feixoo ou Juanma Moreno. A pesar das fortes presións internas, o líder do PP negouse a presentar a súa dimisión e apostou por medir as súas forzas cos baróns territoriais nunha Xunta Directiva Nacional, o órgano que ten capacidade para convocar os congresos do partido. En concreto, os Estatutos do PP sinalan que a celebración dun congreso extraordinario exixe debate previo, fixado na orde do día da Xunta Directiva, e resolución final de convocalo adoptada "pola maioría de dous terzos dos compoñentes da mesma", que supera os 300 membros.
NOS_31305
Os positivos en garderías, escolas e institutos baixaron con respecto a onte. Porén, a Xunta mantén fechadas un total de 70 aulas repartidas por toda a Galiza, a maioría nas áreas educativas da Coruña e Vigo.
Non só as residencias de maiores son un dos focos de máis surtos de coronavirus nestas últimas semanas. Os centros educativos da Galiza tamén están a rexistrar numerosos contaxios, aínda que nestes casos, en xeral, o prognóstico non reviste tanta gravidade. A Consellaría de Educación informou esta cuarta feira da baixada do número de casos activos, que pasaron de 1.298 a 1.263 en tan só 24 horas. A grande maioría das e dos infectados está nos colexios e nos institutos, máis tamén hai casos nas escolas infantís. De feito, en Lugo segue fechada a gardaría Golfiños despois de varios días. Esta é a única infraestrutura que chegou a esta situación polo momento. Por áreas educativas, Vigo está na cabeza en canto a persoas da comunidade educativa afectadas pola pandemia. Hai un total de 374 casos e instalacións con até 18 contaxiados como o CPR Plurilingüe Apóstol Santiago. O CPR Mendiño, tamén na cidade, fica con 12 doentes. Na contorna da Coruña fálase de 239 enfermas e enfermos, tanto no que se refire ao alumnado como a profesorado e persoal que traballa nos colexios. O CEIP Fogar de Carballo é o máis prexudicado con 22 infectadas. Malia esta diferencia nos números, na Coruña hai 19 aulas clausuradas temporalmente, unha máis que no sur galego. En total, están sen uso 70 espazos debido ao gran ritmo de contaxio que permite que en Lugo haxa 172 positivos, en Pontevedra outros 146 e en Compostela 172. Nestas demarcacións hai un máximo de 8, 7 e 6 casos rexistrados por infraestrutura, se ben son os menos. Xa en Ferrol teñen coronavirus 107 persoas e en Ourense o número está en 100.
NOS_2279
"Se for un verdadeiro demócrata, debería esquecer o Poder Xudicial e impulsar xa unha comisión de investigación onde se depuren as posíbeis responsabilidades políticas". Con estas palabras veñen de dirixirse ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois a Alberto Núñez Feijóo a través dunha carta.
Após a cuarta feira, o PP rexeitara no Parlamento galego a creación dunha comisión de investigación para esclarecer os feitos que rodean o sinistro de Angrois, a Plataforma Vítimas Alvia 04155 dirixiuse ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, para lle afear o posicionamento. "Se for un verdadeiro demócrata, debería esquecer o Poder Xudicial e impulsar xa unha comisión de investigación onde se depuren as posíbeis responsabilidades políticas", sinalan as vítimas na misiva, que foi tamén remitida aos medios de comunicación. Tras deixar a porta aberta o PP a apoiar unha investigación parlamentar unha vez haxa sentenza xudicial sobre o caso, as vítimas recoñeceron estar "perplexas" polas palabras do presidente da Xunta. "Por se non o ten claro", salientan, o PSOE "rebaixou a seguridade do proxecto orixinal e enganou os cidadáns dicindo que a liña de alta velocidade a Santiago contaba co sistema de seguridade ERTMS". Un sistema, defenden, que tería evitado as 80 mortes e as máis dun cento de feridas e feridos. "Fixeron unha investigación técnica sobre a que Europa sentenciou que nin era independente nin analizaba as causas principais do accidente" Desde que o PP comezou a gobernar, con Mariano Rajoy á cabeza, "non só non fixo nada para solucionalo, senón que se produciu a desconexión do sistema de seguridade do tren e negouse que for unha accidente da alta velocidade, antepondo outros intereses á verdade". A plataforma lembra na carta que "fixeron unha investigación técnica sobre a que Europa sentenciou que nin era independente nin analizaba as causas principais do accidente". Responsabilidades políticas En relación ás declaracións en que Feijóo deixou a porta aberta a investigar politicamente os feitos unha vez haxa sentenza xudicial, as vítimas aluden á separación de poderes e advírtenlle de que "enganar a cidadanía dicindo que conta con todos os sistemas de seguridade ou presentar unha investigación independente cando non é certo e a realiza persoal de Renfe nada ten a ver co penal, pero si co político". "Hai xente boa e honesta que nos apoia, e xente que o único que defende son os seus intereses, onde se sitúa vostede, señor Feijóo?" E, sobre a manipulación, das vítimas á que se ten referido o presidente da Xunta, a plataforma sinala que ninguén as manipula nin utiliza a súa dor, posto que elas non o permiten. "O que si é verdade é que hai xente boa e honesta que nos apoia, e xente que o único que defende son os seus intereses, onde se sitúa vostede, señor Feijóo?". A plataforma reitera as súas reivindicacións na misiva, a comezar por "saber a verdade e que paguen politicamente os posíbeis culpábeis". "Non queremos que vostede nin ninguén vele por nós agora se non o fixeron antes para evitar o accidente".
PRAZA_11473
Galicia ten o próximo ano a oportunidade de rematar con 11 anos de gobernos conservadores con maioría absoluta. Esta vez, se cadra, é a que conta cunhas condicións máis favorables para que isto aconteza
As eleccións do pasado domingo 10 de novembro deixaron para a esquerda galega un resultado histórico, mellor incluso que o acadado o pasado 28 de abril. 13 dos 23 deputadas e deputados que se escollen en Galicia formarán parte do PSdeG (10), Unidas Podemos (2) e o BNG (1), que ademais volta ao Congreso dos Deputados tras conseguir representación por última vez hai 8 anos, nas eleccións que en novembro de 2011 deron unha maioría absoluta ao Partido Popular de Mariano Rajoy.Pese ao avance do PP nesta repetición electoral, onde conseguiu recuperar 4,5 puntos respecto a abril e ser de novo primeira forza a nivel galego (só en Pontevedra o PSdeG conseguiu manterse como primeira forza), a suma das tres forzas progresistas mantén unha vantaxe sobre a dereita de 9,54 puntos, situándose nunha porcentaxe de voto do 53,6%. Este nova correlación de forzas foi celebrada polos líderes dos diferentes partidos como a constatación de que en Galicia hai unha alternativa a Feijóo de cara as autonómicas que o actual presidente terá que convocar en 2020. Se ben é certo que a esquerda galega non fixo máis que sumar votos e poder institucional nas últimas convocatorias electorais, esta situación non ten por que desembocar, como se dun río se tratase, no desaloxo de Feijóo de San Caetano e a instalación dunha nova maioría progresista no Pazo do HórreoMais é todo tan sinxelo? Si e non. Se ben é certo que a esquerda galega non fixo máis que sumar votos e poder institucional nas últimas convocatorias electorais (o PSdeG goberna 5 das 7 principais cidades e o BNG outra, e as coalicións de ambos nas deputacións de Pontevedra, Lugo e A Coruña), esta situación non ten por que desembocar, como se dun río se tratase, no desaloxo de Feijóo de San Caetano e a instalación dunha nova maioría progresista no Pazo do Hórreo tras 11 anos de maiorías absolutas conservadoras.Se algo ten demostrado o dos Peares nesta última década é intelixencia e un manexo dos tempos políticos exquisito. Non debemos esquecer que xa en 2016, cando as enquisas tamén alborexaban a perda da maioría absoluta do PP e a posibilidade dun goberno de esquerdas, Feijóo adiantou as eleccións, collendo á gran parte dos partidos da oposición co pé cambiado. O resultado xa o coñecemos todas e todos.PSdeG e BNG parten desta vez nunha posición de vantaxe: ambos teñen líderes consolidados, Gonzalo Caballero e Ana Pontón respectivamente, e contan cun estrutura de partido e cadros que os sustenten de cara a próxima cita coas urnas. Ademais, Caballero viaxa co vento de cola proporcionado polos bos resultados do PSOE estatal e o recente pacto firmado con Unidas Podemos que, se nada se torce, situará de novo a Pedro Sánchez na Moncloa; mentres o escano acadado polo BNG na Carrera de San Jerónimo é a constatación dunha tendencia alcista do nacionalismo e provocará, asemade, unha maior presenza da fronte nos medios de comunicación. Non abonda con criticar a Feijóo (que tamén); é necesario confrontar un proxecto político que reflicta a idea do país que se albisca cun goberno progresista e active ao electorado para acudir ás urnasAsí todo, estas vantaxes coas que contan ambas forzas non son suficientes. Ambas teñen dous retos por diante: por unha banda, construír un relato da Galicia que queren: non abonda con criticar a Feijóo (que tamén), senón que é necesario confrontar un proxecto político que reflicta a idea do país que se albisca cun goberno progresista e active ao electorado para acudir ás urnas. Por outra banda, dar a coñecer novas voces que gañen protagonismo de cara a unha campaña que, de seguro, vai esixir o máximo de todas e todos os implicados.Máis complexa é a situación da que daremos aquí por chamar "esquerda alternativa": Unidas Podemos, Anova, En Marea, Compromiso por Galicia ou Equo. Sen coñecer cal vai ser ao final a fórmula que empregarán para concorrer ao Parlamento de Galicia (e quen conformará parte dela ou delas), calquera previsión pasaría por facer política ficción e non un (modesto) análise. Galicia ten o próximo ano a oportunidade de rematar con 11 anos de gobernos conservadores con maioría absoluta. Esta vez, se cadra, é a que conta cunhas condicións máis favorables para que isto aconteza. Os partidos teñen ante si unha gran responsabilidade, a de deseñar unha estratexia que xere ilusión na cidadanía. 2020 vai ser, sen dúbida, un ano entretido.
NOS_40900
O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, e o secretario xeral de Sortu, Arkaitz Rodríguez, leron un documento no 10 aniversario da fin da violencia armada de ETA.
EH Bildu e Sortu trasladaron ás vítimas de ETA que a súa dor "nunca debeu ocorrer". "Queremos dicirlles de corazón que sentimos moito o sufrimento padecido e que nos comprometemos a alivialo na medida do posíbel", dixeron Arnaldo Otegi e Arkaitz Rodríguez nunha comparecencia no Palacio de Aiete de Donostia esta segunda feira. Baixo o título 'Declaración do 18 de outubro', o coordinador xeral de EH Bildu, Otegi, e o secretario xeral de Sortu, Rodríguez, leron o documento, no 10 aniversario da conferencia Internacional de Aiete e da fin da violencia armada de ETA. No primeiro punto da declaración sinálase que dez anos despois de que ETA anunciase o cesamento definitivo da violencia, "cumpriuse integramente ese compromiso", é dicir, que a fin da actividade da organización foi "total e absoluto", e que o proceso de desarmamento e disolución levouse a cabo de forma adecuada, "tal e como definen os estándares internacionais". "Non houbo fraude, non foi un cálculo táctico. O tempo transcorrido puxo de manifesto o carácter estratéxico da decisión adoptada entón" Destacaron a ausencia de escisións de ETA, que "evitou a aparición de graves problemas posteriores noutros procesos de similares características". "Non houbo fraude, non foi un cálculo táctico. O tempo transcorrido puxo de manifesto o carácter estratéxico da decisión adoptada entón". No segundo punto, engadiron que a decisión é para sempre. O terceiro punto aborda o tema das vítimas. Subliñaron que a paz xusta e duradeira esixe o recoñecemento e a reparación de todas as vítimas, o que debe ser concedido a todas elas. "Non esquecemos a ningunha delas". "Queremos expresar o noso pesar e dor polo sufrimento padecido, e desde ese sincero sentimento afirmamos que aquilo nunca debeu suceder, que ninguén pode gustar de que todo aquilo ocorrese, nin que se prolongase tanto no tempo. Tiñamos que chegar antes a Aiete". Con todo, subliñan que o pasado non ten volta atrás. "Pero estamos convencidos de que polo menos é posíbel alivialo, desde o respecto, e a memoria. Queremos dicirlles de corazón que sentimos moito o sufrimento que padeceron e que nos comprometemos a alivialo na medida do posíbel. Sempre nos terán dispostos para iso ". Fin da política penal "de excepción" O cuarto punto inclúe os presos e presas. Din que "a experiencia internacional demostra que é necesaria unha solución á cuestión dos presos políticos". A declaración de Aiete tamén o recollía. Piden a fin da política penal de excepción e unha "solución integral". "Queremos reivindicar que os presos participaron activamente activa na aposta firme e decisiva con respecto ás vías pacíficas e democráticas. Sen eles non sería posible". No último punto, pídese unha solución democrática ao "problema político que está na orixe do conflito". Reclamaron "respecto á nosa identidade nacional" e poñer a decisión en mans da sociedade vasca para "construír un futuro diferente".
PRAZA_11041
Profesionais da área sanitaria viguesa convocan dúas xornadas de paro os días 7 e 8 de novembro e os compañeiros do resto de áreas decidirán o 3 de outubro se se unen a esta nova protesta nos centros de saúde
O Sergas afronta novos paros e mobilizacións. Polo momento, foron os médicos da Atención Primaria da área de Vigo os que convocaron folga para os vindeiros 7 e 8 de novembro ao considerar "insuficientes" as medidas levadas a cabo pola Consellería para paliar a sobrecarga asistencial que denuncian desde hai tempo. A vindeira semana, o 3 de outubro, serán profesionais da Primaria de toda Galicia os que decidirán se se unen a esta convocatoria que se suma ás protestas, folgas e concentracións que nos últimos meses se levaron a cabo nos centros de saúde do país. Médicos da área sanitaria de Vigo convocan dúas xornadas de folga os días 7 e 8 de novembro; os profesionais do resto de áreas decidirán se se unen aos parosOs médicos de Vigo volven denunciar os escasos minutos que poden dedicarlle a cada paciente, a obriga de atender doentes sen cita ou a problemática que vén ante as xubilacións "masivas" de profesionais nos vindeiros anos. En asemblea, os convocados advertiron do "fracaso" do contrato de continuidade, das "ridículas" ofertas públicas de emprego e das "insuficientes" medidas para mellorar a asistencia e paliar a escaseza de persoal. Ante esta situación, decidiron tamén levar a cabo concentracións ante os centros de saúde da área viguesa todos os xoves do mes de outubro e contan con organizar unha manifestación en Santiago para o próximo 26 de outubro. Con todo, rexeitaron un paro indefinido que tamén foi proposto. Agora, serán o resto das áreas sanitarias os que en asemblea decidirán se se unen a esta folga de dous días en novembro, unha medida que non é compartida por outras organizacións en defensa da sanidade pública. Ás protestas continuas da Atención Primaria únense ás mobilizacións da enfermaría eventual, que tece xa alianzas na busca dunha gran protestaAs protestas na Atención Primaria únense ás que a enfermaría leva realizando tamén desde hai meses da man de Enfermeiras Eventuais en Loita. Este colectivo, que mobiliza máis de 7.000 persoas e representa unhas 10.000, reuniuse xa cos sindicatos e manterá unha rolda de contactos con outras entidades no intento de convocar unha gran manifestación contra a "depreciación da sanidade pública" e pola fin da precariedade, ademais de esixir unha macro oferta de emprego ou acabar coa taxa de reposición. A loita das enfermeiras eventuais rachou os marcos da protesta sanitaria en Galicia, onde os movementos de protesta na Atención Primaria foron tamén variados e cambiantes. O conflito sanitario en Galicia non rematou tan sequera coa creación desa ampla mesa de diálogo impulsada polo Sergas para abordar o futuro da Atención Primaria, unha das medidas que sindicatos e colectivos reclamaran para desconvocar a folga de tres días que estaba prevista en abril. O Consello Técnico, a inclusión de cinco puntos "irrenunciables" nas conversas e o cambio no modelo de negociación detiveron aqueles paros, pero non o malestar xeral, que agromou en poucas horas. Tampouco o plan con máis de 100 millóns anunciado por Feijóo en plena campaña electoral. A Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP), que agrupaba sindicatos, sociedades científicas e diferentes entidades profesionais, dividiuse até quedar case sen funcionamento. Profesionais das áreas sanitarias galegas constituíronse nesa nova organización, Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS), que apoiou os paros dos médicos da área de Vigo do pasado mes de maio e convocou outra exitosa folga en xuño que a Xunta reduciu a un 21% de apoio.
NOS_33571
Acto simbólico para apresentar a manifestación do 24 de xullo en Compostela
Desempregadas, precarias, emigradas ou estudantes sen bolsa para poder estudar. Ese é o perfil da mocidade na Galiza actual, onde a taxa de desemprego da xente nova ascende até 36%. Contra isto, o colectivo 'A mocidade galega pola independencia' –que soma o apoio de 24 organizacións– ocupou na mañá desta quinta feira as oficinas da Secretaría Xeral de Emigración e de Turismo de Galiza. Nesta acción simbólica apresentaron publicamente a convocatoria de manifestación para o próximo 24 de xullo, ás 20 horas, na Alameda de Compostela. "Escollemos este lugar nesta acción de ocupación para lembrar que o espazo público é de todas e, sobre todo, para lembrar as razóns que nos levan a manifestarnos", declararon no vestíbulo do edificio. O manifesto da organización recolle os alarmantes dados de desemprego xuvenil e de precarización das condicións laborais, que abocan a mocidade a postos de traballo temporais. "Todas coñecemos a realidade das ETT, empresas voitre que xogan coa nosa necesidade e ofrecen soldos inferiores ao salario mínimo", acusan. As perspectivas de futuro cada vez máis minguantes causan, segundo apuntan desde a organización, o sangrado de case 115.000 mozas que se viron forzadas a marchar do país desde o comezo da crise. "A emigración bate na mocidade moito máis forte que en calquera outro colectivo. Cada día vemos máis difícil albiscar un futuro digno na nosa terra", afirman. Un goberno galego submiso e cómplice A violencia machista, as recortes na sanidade e no ensino público, o despoboamento do rural, a desaparición da lingua, o turismo masificado que encarece vilas e cidades, o modelo insostíbel de explotación forestal e a precariedade das pensionistas son só algunhas das razóns que enumeran para se manifestar na véspera do próximo Día da Patria. O colectivo xuvenil reivindica "o dereito a unha vida digna na nosa terra" e sinala nomes concretos como causantes da situación. "Facemos directamente responsábeis as políticas no eido da emigración e do traballo, a Xunta de Galicia e o goberno de Núñez Feijóo, sempre submiso ás ordes que chegan de Madrid, que non son outras que a aplicación dunha axenda de políticas neoliberais que nos condena á miseria", explican. A mocidade independentista alerta sobre o devir autoritario do Estado español, "cárcere de pobos, que encadea e dispersa ás que loitan pola liberdade, que silencia as que pensamos diferente e persegue ás que nos organizamos nos barrios e nos centros sociais". A repúbica galega como único camiño A situación revólvese. Asumindo que Raxoi e Feixóo como simples pezas dun "sistema capitalista que nos afoga como clase", desde o colectivo explican que "sabemos que non chega cunha reforma dun réxime podre e herdeiro do fascismo, precisamos unha ruptura con este Estado". Por isto, a xuventude independentista ve "como única saída a creación dunha república galega que rache cos autoritarismos dos herdeiros de Franco e cun Estado que nos quere esmagar como pobo".
NOS_31921
Pobre imaxe dos celestes, que recibiron unha goleada que aínda puido ser maior.
Nin afouteza nin corazón. Seis goles como seis soles que traen os celestes de volta para Galiza do Bernabeu. Caer no campo do Real Madrid entra dentro do probábel para calquera equipa mais a malleira recibida polo Celta foi para poñerse roibo. E iso que os celestes iniciaron o encontro con posicionamento, apostando en controlar o medio do campo para controlar o balón e tecer xogadas que lle permitiran enfilar a área madridista. Mais pouco durou e a febleza defensiva volveu ficar clara. O Celta deu mala sensación. Unha tempada que non foi a que se agardaba mais que nesta última recta foi empeorando: Só un partido gañado dos últimos 10 desputados. Só 1 punto de 24 fóra de casa. A esperanza de entrar en prazas europeas que houbo en boa parte da tempada preséntase agora como se quilo fose unha tolería porque a realidade é que o Celta pode acabar nos últimos postos. Ficha Real Madrid (6): Navas, Varane, Nacho, Kroos, Benzema (Asensio, min.64), Modric, Bale (Lucas Vázquez, min.71), Marcelo, Casemiro, Achraf, Isco (Mayoral, min.64). Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Radoja, min.71), Brais Méndez (Iago Aspas, min.82), Boyé (Tucu, min.46), Maxi Gómez. Goles: Bale (1-0, min.13); Bale (2-0, min.30); Isco (3-0, min.32); Achraf (4-0, min.52); Sergi Gómez (5-0, p.p., min.74); Kroos (6-0, min.81). Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Hugo Mallo (Celta).
NOS_38652
Os Mossos desaloxan os centos de manifestantes que querían chegar ao mosteiro de Poblet, onde decorre o único acto na axenda do rei español en Catalunya.
A visita de Filipe VI provocou protestas en diferentes partes de Catalunya. Unha sabotaxe na liña AVE en Xirona, faixas en varias partes do país contra a visita do monarca e unha gran marcha de centos de persoas a Poblet marcaron a mañá e quentaron o ambiente para a chegada do séquito real ao mosteiro de Poblet, blindado para a ocasión. Fóra do mosteiro houbo algunhas cargas dos Mossos. As protestas durarán todo o día e rematarán pola noite, cunha cazolada convocada por Omnium. Á primeira hora, unha sabotaxe na liña AVE en Xirona afectou ao tráfico de trens. Queimáronse diversos obxectos e isto afectou á catenaria, causando danos na fibra óptica e polo tanto no sistema de sinalización. O incidente tivo lugar á primeira hora da mañá e apareceron símbolos contra a coroa. Pola mañá, centos de persoas reuníronse na Espluga de Francolí para iniciar unha marcha cara Poblet. Baixo o lema "Catalunya non ten rei" e, en medio de consignas e pancartas contra o monarca, camiñaron até o mosteiro, fortemente blindado. De feito, o persoal de seguridade só permitiu ase os xornalistas acreditados seguir a visita. Horas antes, en varias partes do país despregáronse bandeiras contra a monarquía.
PRAZA_19767
O volume de negocio total roldou en 2016 os 42 millóns de euros, case o dobre do que se rexistraba en 2011. Hai case un milleiro de operadores rexistrados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
O valor das producións ecolóxicas galegas crece ano a ano, situando este sector nunha posición cada vez máis importante. En 2016 o volume de negocio dos produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) chegou aos 41,7 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior e case duplicando o nivel de 2011. Tamén creceu o número de operadores (tanto produtores como elaboradores), que pasou de 797 a 945. E, igualmente, a superficie de terreo certificada, que creceu dende as 20 mil hectáreas ata case as 28 mil. Tamén creceu o número de operadores (tanto produtores como elaboradores), que pasou de 797 a 945 Os datos foron presentados este mércores en Compostela polo presidente de CRAEGA, José Antonio Fernández Álvarez, que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Lonxe quedan os tempos en que a produción ecolóxica se movía en números puramente anecdóticos. Ata o ano 2001 o volume de negocio anual non chegaba o millón de euros e o número de empresas e particulares produtores ou elaboradores superaba por pouco a centena, con menos de dúas mil hectáreas totais de terreo. O crecemento dende entón foi moi rápido, ata o ano 2010, cando o sector ecolóxico tamén sentiu o efecto da crise, ralentizando a súa progresión, pero sen deixar de medrar. No 2015 e sobre todo no 2016 o número de operadores, superficie rexistrada e volume de negocio volveu experimentar alzas notables. Leite, carne e conservas de peixe son os produtos que concentran as maiores vendas, con ao redor de 25 dos case 42 millóns de euros totais, experimentando un importante crecemento nos tres casos Leite, carne e conservas de peixe son os produtos que concentran as maiores ventas, con ao redor de 25 dos case 42 millóns de euros totais, experimentando un importante crecemento nos tres casos. Pensos e alimentación animal, ovos, viños e licores, acuicultura, recollas silvestres e produtos apícolas superan o millón de euros de volume de negocio en todos os casos. José Antonio Fernández, presidente do Craega, afirmaba hai tres anos en conversa con Praza que "no momento en que cheguemos á metade da media de consumo por habitante de Alemaña, aumentará moito a produción", e nese momento, cando a produción sexa maior, "os prezos igualaranse aos dos produtos non certificados". E concluía que "ti cando compras un produto ecolóxico, sabes o que estás comprando".
NOS_6528
Poesía e música danse a man na festa das letras que o Concello de San Sadurniño prepara para a tarde do domingo 18 no Pazo da Marquesa. A celebración do Día das Letras ofrecerá a música de xoán Curiel e a poesía de Aldaolado.
A partir das seis da tarde, o domingo 18, será a hora da principal cita do Concello de San Sadurniño coa conmemoración do Dia das Letras Galegas. Xuntará a música de Xoán Curiel xunto co grupo Aldaolado nunha festa na que, ademais, se entregarán os premios da terceira edición do concurso literario "ARTEllando na lingua" que convoca a asociación ARTElladas e que ten aberto aínda o prazo de presentación até o 13 de maio. Novidade da festa é que por vez primeira terán lugar os actos no Pazo da Marquesa, espazo recuperado para usos públicos no concello. Pola condición de poeta de Xosé María Díaz Castro, en San Sadurniño optaron por convocar unha nova proposta que está a levar a poesía aos escenarios achegándoa a novos públicos. O grupo formado polas poetas Lucía Aldao e María lado levan ao Pazo da Marquesa o espectáculo "Con dez poemas por barba!", un recital con ritmo, música ao vivo, xogos literarios, reflexión, creatividade e mesmo humor. Canda elas, a festa convocará á música do cantante e compositor Xoán Curiel que ofrecerá un concerto con temas do seu traballo "Magnético Zen", mellor álbum en lingua galega na quinta edición dos premios da música independente outorgados pola Unión Fonográfica Independiente. Pop en galego con aromas de músicas do mundo, que chega a San Sadurniño despois de ter rematado a súa xira por Arxentina e antes de participar no mes de xuño no Azores Fringe Festival. Poesía, teatro, banda deseñada ou relato curto cun mínimo de 40 palabras e un máximo de 500 na nosa lingua son parte das bases dun concurso que se divide en categoría infantil, xuvenil e maiores de 19 anos son os eixos do concurso "ARTEllando na lingua" do que se darán os premios no transcorrer da festa do Día das Letras no Pazo da Marquesa.
PRAZA_14319
O debuxante ourensán David Rubín adianta en Praza que a segunda parte da súa obra 'El Héroe' chegará ás librarías a finais de novembro coa editorial Astiberri. Aproveitamos a ocasión para analizar con el nunha ampla entrevista o lanzamento, a crise e o sector da banda deseñada en Galicia.
"Non son imparcial á hora de falar de David Rubín. Dende o primeiro debuxo que vin del, atraeume o seu xeito tan persoal e desbordante de forza que tiña. Envéxoo dende aquela". Con estas palabras, o ilustrador Paco Roca describía a Rubín (Ourense, 1977) no prólogo que lle regalou para abrir a primeira parte de El héroe (Astiberri, 2011). Nestes días, Rubín anda a ultimar a que será a segunda entrega da súa particular revisión do mito de Heracles e o propio autor adianta para Praza.com que El Héroe. Libro dos chegará as librarías a finais de novembro. Aproveitamos a ocasión para falar co debuxante sobre a súa obra, a crise e a banda deseñada galega. O segundo tomo sairá a finais de novembro. Como está a ser o proceso de creación nesta segunda parte? En realidade, co primeiro libro escribín a historia enteira. O guión estaba pensando para un só volume, pero fóiseme de páxinas. Pensaba que andaría por 300 páxinas e ao final case chegamos ás 600. Era demasiado para un único tomo, polo que se decidiu dividilo en dúas entregas. De todos xeitos, o segundo foi máis sinxelo de rematar porque xa sabía por onde me movía. O guión estaba feito e xa tiña 300 páxinas ás costas. Desa forma, tes máis controladas as personaxes e contas cunha idea ben clara de como queres narrar a historia. Síntome seguro, non é como cando comezas cunha obra. Nos inicios sempre dubidas máis e dáslle moitas voltas ás cousas. Neste caso, co segundo libro, fun coma un foguete. Pese a que os dous libros conforman unha única obra, nesta segunda entrega quixen ir un pouco máis alá. Cando comezo cunha obra nova sempre quero superar o nivel da anterior, experimentar, ir por outros camiños. Por iso non me quixen quedar no mesmo punto que no primeiro, busquei ir máis alá. Creo que neste tomo o debuxo está mellor logrado e a narrativa tamén. Tratei de non me repetir en estruturas narrativas nin en técnicas de debuxo, quería achegar cousas novas. Resulta difícil non repetirse nunha mesma obra de 600 páxinas? Si, pero conséguese. O único que tes que facer é darlle máis voltas aos miolos e traballar un chisco máis. Cando fas un guión completo e comezas a debuxar despois, decátaste que en tal capítulo estás a repetir unha estrutura que xa empregaches no cuarto. Pois dáslle unha volta e fas cambios e así non te repites. De onde vén o seu interese polo mito de Heracles? Por un lado, sempre me gustou a mitoloxía. Polo outro, encántame o mundo dos superheroes. E afondando nestes asuntos, acabas por decatarte de que, por exemplo, a historia de Superman está moi pillada de Heracles. Non deixa de ser unha versión moderna dese mito. "Eses superheroes de agora quedaron estancados. Racharon esquemas no seu momento e agora levan 70 anos ancorados no mesmo" O dos superheroes xa estaba inventado moito antes do cómic americano... Claro, para min os mitos gregos son os primeiros superheroes da historia. Os actuais obedecen a un modelo norteamericano creado nos anos trinta e corenta do século pasado. Mais ese modelo non deixa de ser unha reformulación moderna deses mitos antigos. E que pasa? Pois mira, eses superheroes de agora quedaron estancados. Racharon esquemas no seu momento e agora levan 70 anos ancorados no mesmo. Nos setenta chegaron Frank Miller e Jack Kirby e e hai un xiro. Quedou niso e as editoriais como Marvel acabaron obsesionadas con manter a pureza dunhas personaxes que nunca evolucionan... E resulta moi aburrido. A min, persoalmente, paréceme un crime facer unha historia con catro superheroes repartindo hostias e que o resultado sexa tan aburrido. Partindo dese aburrimento, quixen facer a miña visión e meterlle os ingredientes que me gustarían ver nunha historia de superheroes, sen censuras nin autocensuras. De aí xurdiu a idea de recuperar a Heracles e facerlle, en certo xeito, unha homenaxe ao autor máis importante da historia Jack Kirby. Iso si, buscaba o seu substrato, homenaxear a emoción que lle daba as súas historias... Só iso, non quería recuperar nin repetir o aspecto formal do seu traballo. Eu quería facer un tebeo do século XXI. Quería un tebeo de pasado mañá, non de onte. "Ves como os medios tratan as cousas segundo os seus intereses. Por exemplo, o 15M. Hai quen ve ese movemento como unha revolución de auténticos heroes. Outros, en cambio e segundo o medio que sexa, presentan aquilo como un fato de vagos" Neses ingredientes que lle meteu á historia obsérvanse elementos do manga e unha mestura do mito antigo con elementos contemporáneos da cultura e da comunicación de masas. Hai tamén unha crítica ao sistema de comunicación, de como os medios son capaces de crear heroes de deseño onde non hai nada... Xustamente. Este heroe só quere ser heroe, pero non lle deixan. Móstrano doutra maneira. Ao final se desvirtualiza todo o seu ser e as súas accións. Iso é o que está a pasar no mundo de hoxe. Ves como os medios tratan as cousas segundo os seus intereses. Por exemplo, o 15M. Hai quen ve ese movemento como unha revolución de auténticos heroes. Outros, en cambio e segundo o medio que sexa, presentan aquilo como un fato de vagos, de tíos que lles dá todo igual e que son uns vándalos. Esa desvirtualización xeral quería reflectila no cómic, aínda que esteamos a falar de deuses gregos e superheroes. Un ten que reflectir na súa obra o tempo e o mundo no que vive. De feito, no tomo dous hai bastante máis contido político. En que aspecto? Eu saquei o tomo uns quince días antes de que comezase o 15M. Todo o que pasou despois impresionoume moito. Decateime de moitas cousas e tomei a vida doutro xeito. O guión dunha obra é algo vivo que evoluciona e que vai mudando. Como a miña contorna e a miña vida cambiaran e xa non eran o mesmo, pois iso tiña que quedar plasmado no tomo dous de El héroe. Ese contido político non é algo concreto, é un elemento que impregna a historia e que vai influíndo en Heracles, que no primeiro tomo é un rapaz que lle dá todo igual e que despois se converte nun mito adolescente. Flipa consigo mesmo! Ao final do Tomo 1, dáse conta de que por ese camiño non vai a ningures e que ademais é un monifate. Conciénciase de que debe tomar cartas no asunto e gobernar a súa propia vida. Con ese proceso de madurez atopo un xeito de falar sobre como vexo eu esta sociedade. Falo de como creo que debería evolucionar esta sociedade, nuns tempos nos que hai demasiados titiriteiros na sombra. Uns tempos nos que espertamos dunha ilusión. Esa ilusión era de falsa liberdade e de falsa democracia. Iso era unha gran mentira. O cómic busca polo tanto que a xente se divirta, como non, pero tamén busca que se tome conciencia de como vivimos. "Uns tempos nos que espertamos dunha ilusión. Esa ilusión era de falsa liberdade e de falsa democracia. Iso era unha gran mentira" Vivimos nunha ilusión como a de Heracles? Non era unha ilusión, era unha mentira ben planificada. Non é unha cousa etérea que aparecese da nada. Non estamos na caverna de Platón. A maioría de nós non ve a realidade. [Pausa] Si, é coma se estivésemos na caverna sabendo que hai unha porta e que, detrás dela, están as cousas de verdade. Non é que descoñezamos o que hai, é que temos uns tipos suxeitándonos o cogote e facéndonos mirar a parede na que se proxectan as sombras. A verdade, hai que espertar. Ímonos decatando de que a sociedade viviu nunha puta mentira. Até agora vivíamos felices nesa mentira, agora nin iso! Xa lle vimos as orellas ao lobo... Pero é tarde. Xa nos está a roer as pernas e non nos dá tempo a fuxir. E que fas cando non tes tempo para escapar dun lobo? Pois o único que podes facer é enfrontarte a el, loitar. Pregunta clásica para os debuxantes: A ilustración estivo sempre en crise? Si, claro. Iso é verdade. Para moita xente, a banda deseñada sempre foi a irmá parva da arte. Nunca se tiña en conta. Moito antes de que se descubrise esa crise, xa estabamos afeitos a recibir paus e a gañar pouca pasta. Tamén é certo que notamos que as cousas van a peor, que hai menos encargos, que hai que negociar máis a pasta... É unha putada, pero dentro do que cabe... Pois mira, o sector vai tirando. Eu chego a fin de mes. Non ando con luxos, pero tampouco tiven unha vida de luxos, nin sequera cando estaba no cine, que gañaba bastantes cartos. A min dáme para vivir tranquilamente. "Os dereitos das miñas obras están libres para o galego. Só precisa que un editor decida mercalos e producilos en Galicia. E non teño ofertas" Pódese vivir disto en Galicia? En Galicia e dende Galicia, si. Para Galicia? Non, imposible. Hai moita xente aquí que vive disto, o truco está en ir publicando as obras en varios países. Publicas en España e despois noutros sitios. E intentas publicar en galego, que non é fácil. Por desgraza, os dereitos das miñas obras están libres para o galego. Só precisa que un editor decida mercalos e producilos en Galicia. E non teño ofertas. Parece que fai vostede un chamamento. Si, porque estou farto. Cada vez que promociono un libro, sempre cae a pregunta: Por que non publicas en Galicia? Como se fose culpa miña! Como non vou querer! Eu simplemente son autor, non editor. A min páganme por facer unha historia, non pago por publicar historias. A min gustaríame poder lanzar unha historia que Astiberri publicase en España e unha coedición en galego dunha editora galega. Pero nada... Mira, para a editorial Astiberri, é mellor así porque seguirá vendendo máis. Falouse con Astiberri de publicar unha minitirada en galego e dixéronme que non. E non porque non quixesen. Basicamente foi porque con algún libro xa o fixeron. Sacaban unha edición en castelán, outra en galego, outra en vasco e outra en catalán. Vendíanse moi ben en todas as linguas agás o galego. Que pasou en Galicia? Venderon máis exemplares en castelán que en galego. Iso non pasou en Cataluña nin en Euskadi. "Non axuda que algúns se dediquen a disparar os compañeiros, como Gemma Sesar ou El Patito Editorial" Estou a lembrar unha frase que me dixera Gemma Sesar, de El Patito Editorial, sobre a banda deseñada en Galicia: "Non hai industria, seguimos a ser catro francotiradores". Iso débese á falta de apoio, erros editoriais ou é que non hai mercado? O mercado de banda deseñada en Galicia medra, é mellor ca nunca... Pero segue a ser moi baixo. É simple estatística. Galicia é un lugar no que non se le moito. Nesa lectura, a literatura galega significa unha minoría. E dentro desa minoría, hai unha minoría aínda máis pequena que le cómic. Ese é o problema. Si, no cómic galego somos uns poucos francotiradores. Ademais, non axuda que algúns se dediquen a disparar os compañeiros, como Gemma Sesar ou El Patito Editorial. Eu, de feito, a única editorial coa que nunca publicaría sería con El Patito. Nunca publicaría cun selo que maltrata os autores e as súas obras. Así, directamente... Pois si Como disparan? Imos deixalo aí... Tampouco hai que afondar no tema. Teño discutido en público con eles e esa é a miña opinión ao respecto. Afondar nos porqués sería botarlle amarillismo a esta entrevista. Non serve para nada... Pero, vaia, non é algo illado, que pense eu só. Pensámolo moitos autores. Os que publican en El Patito como Emma Rïos ou Álex Cal non son donos da súa propia obra. Eles non deciden con que editorial publican. Os dereitos véndense a determinada editorial e os autores non ven un peso. En El Patito non contribúen a que o autor galego gañe diñeiro co seu traballo. Ademais, fan moitos feos e vese que son xente mala. Non me interesan.
NOS_30638
Ex ministro de Cultura con Zapatero, César Antonio Molina (A Coruña, 1952) está agora instalado no espazo de Ciudadanos. Segundo puido saber Sermos, participou canda Francisco Vázquez nas conversas que darían lugar ao lanzamento da candidatura do catedrático de Teoría da Literatura José María Paz Gago á alcaldía da Coruña por Ciudadanos. A súa coñecida fobia anti-nacionalista exprésaa esta quinta feira nunha apoloxía de Manuel Valls en forma de artigo de opinión nas páxinas de El Mundo.
Barcelona está nunha situación límite, á beira da apocalipse, se acreditamos na paisaxe dantesca que debuxa César Antonio Molina na súa columna desta quinta feira en El Mundo. A capital catalá estaría en mans "como noutras épocas terríbeis, de nacionalistas fanáticos e de anarquistas ao modo de antisistemas do século XXI". Menos mal, vén argüír o escritor e avogado, que fronte a estes "extremistas" aínda ficaría "xente de ben que quer seguir contribuíndo para o desenvolvimento e grandeza da súa cidade". Esa xente de ben ten o líder perfecto no candidato á alcaldía de Barcelona de Ciudadanos, Manuel Valls, a quen Molina apoia afervoadamente. Alén de glosar o seu currículo como político galo que chegou a primeiro ministro con Hollande como presidente da República, o ex ministro de Zapatero lamenta que a candidatura do francés nado en Barcelona non vaia recibir o apoio dos "partidos constitucionalistas". Sería esencial para tirar da Alcaldía a unha Ada Colau á quen o tamén ex deputado do PSOE ve tan nefasta que até lle apón a responsabilidade de non ser capaz de previr "os atentados terroristas" que sofreu a cidade. Engrosa así Molina o sector de ex cadros do PSOE que se pasaron con armas e bagaxes á órbita de Cs. Nel áchase tamén Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña. De feito os dous teñen moito a ver coa fragua da candidatura de Paz Gago a María Pita.
PRAZA_11286
Necesitamos máis feminismo no xornalismo, non cabe neutralidade nin equidistancia nun asunto que atenta directamente contra os dereitos humanos da metade da poboación
Non precisamos poñerlle micrófonos diante ao agresor para que ofreza as súas declaracións que rebordan testosterona e que revitimizan á vítima, e que a min, como muller, tamén me agridenUnha alumna da Universidade de Santiago de Compostela foi aldraxada con comentarios de carácter sexual, presuntamente, polo profesor Luciano Méndez, coñecido por comportamentos anteriores na mesma liña que xa lle implicaran unha suspensión temporal de emprego. O caso en si está en todos os medios, cunha profusa análise do sucedido e das reaccións de ambas as partes implicadas: agredida e agresor. Esta equidistancia no tratamento dos medios é a que resulta insoportable e contraria á ética xornalística. Os medios de comunicación poden ser aliados para a igualdade ou para o patriarcado e cando nós, como xornalistas, escollemos un determinado enfoque e unhas fontes para as nosas noticias, estamos posicionándonos. E con este caso estamos vendo, de novo, moitos cómplices machistas. A violencia sexual (verbal ou física) é dos aspectos peor tratados no xornalismo se o analizamos con mirada de xénero. Contamos con códigos, guías, recomendacións, boas prácticas etc., que non vou mencionar porque son moitas, pero hai unha cuestión na que todas coincide: non se pode xustificar a agresión. A razón de que esta alumna fose humillada na súa clase non foi nin a súa indumentaria, nin unha posible enfermidade mental do profesor, nin unha arroutada: foi o machismo. Non precisamos poñerlle micrófonos diante ao agresor para que ofreza as súas declaracións que rebordan testosterona e que revitimizan á vítima, e que a min, como muller, tamén me agriden. Non quero saber dos seus impulsos incontrolables ante o que considera como a máis mínima provocación, nin se ten capacidade de dar clase á xente en topless ou non. Non é un monstro, nin un xenio tolo, nin un enfermo; só é un machista.Necesitamos máis feminismo no xornalismo, non cabe neutralidade nin equidistancia nun asunto que atenta directamente contra os dereitos humanos da metade da poboaciónQuero saber sobre os protocolos en caso de acoso sexual nas universidades galegas, quero saber que medidas se pretenden tomar neste caso, quero saber como van reparar o dano psicolóxico da rapaza agredida, quero saber por que unha persoa expedientada e abertamente machista segue a dar aulas, quero saber se hai máis casos de violencias machistas contra alumnas. Preciso fontes expertas que me falen de relacións de poder e submisión no acoso, de iniciativas para a prevención das violencias machistas (psicolóxicas, sexuais, físicas, simbólicas…) que sexan exemplares noutras universidades e que puidesen ser referenciais para que isto non se volve repetir. Hai múltiples enfoques que permitirían loitar contra as violencias machistas pero ningún pasa por poñer un micrófono que permita xustificarse a un presunto agresor. Necesitamos máis feminismo no xornalismo, non cabe neutralidade nin equidistancia nun asunto que atenta directamente contra os dereitos humanos da metade da poboación.
NOS_37230
Segundo unha das superviventes do último naufraxio no buque viaxaban 950 persoas. O pasado ano a cifra superou as 3.200.
Un cemiterio. Niso se tornou nos últimos anos o Mar Mediterráneo. Os conflitos na Siria e Libia obrigan a fuxir a millentas persoas que rematan por se embarcar en buques cuxo destino é a costa de Italia, mais tamén Grecia. No que vai de ano faleceron máis dun milleiro de persoas que se suman á morea de falecidas no 2014. Segundo ACNUR a cifra superaría as mil persoas só na última semana, porén, o número non é exacto. Segundo unha testemuña supervivente do naufraxio acontecido en Lampedusa este domingo o número de tripulantes do pesqueiro sinistrado elevaríase a 950, en troca das 700 relatadas durante as primeiras horas. Até o momento foron resgatadas 28 persoas con vida mais os servizos pesqueiros italianos e a Armada continúan á procura. A traxedia de Lampedusa --a máis numerosas dos últimos anos-- súmase ás acontecidas no Mediterráneo durante as últimas dúas décadas. Desde ACNUR cifran só no 2014 en 3.224 persoas o número de falecidas, entre elas centos de crianzas. Neste senso, a imprensa internacional recompilou unha cronoloxía das dúas últimas décadas que reflicte o incremento dos naufraxios e das cifras de falecidas, toda vez que o número de tripulantes en cada embarcación tamén aumenta. Tres naufraxios no que vai de ano Só no que vai de 2015 foron rexistrados dous sinistros --para alén do desta fin de semana. En febreiro, cando menos 300 persoas morreron no Canal de Sicilia, 29 delas por hipotermia e as demais froito dun naufraxio cando viaxaban desde Libia. A pasada semana (13 de abril) outras 400 desapareceron fronte á costa de Libia cando se dirixían cara ao continente europeo. A UE propón enviar barcos de guerra á costa libia para frear o tráfico de armas e petróleo mais non defende solucións á crise humana "De se confirmaren as cifras, nos últimos días terían morto máis de mil migrantes no Mediterráneo", sinalou a portavoz do Alto Comisionado de Nacións Unidas en Italia, Carlotta Sami. Esta segunda feira representantes de Exteriores dos Estados membros da UE reúnense en Luxemburgo para abordar a cuestión, xuntanza á que están convidad@s tamén responsábeis de Interior. Segundo un documento ao que tivo acceso a axencia de noticias Reuters, a proposta da xefa de diplomacia europea, Federica Mogherini, inclúe o envío de buques de guerra á costa libia mais non á fin de dar resposta á crise humana senón ao tráfico de petróleo e de armas. Neste senso, o documento de traballo --elaborado con anterioridade á última traxedia en Lampedusa-- mantén o posicionamento da UE polo que se rexeita a garantir unha frota de resgate europea para evitar, din, o "efecto chamada" entre a poboación e as "mafias". Un feito no que se amosou favorábel o executivo español.
NOS_11167
Moitas persoas responderon á chamada de Adega para protestar contra a "falta de medios" durante a vaga de incendios que está a axexar o país. Esta quinta feira haberá novas concentracións diante de todas as delegacións da Xunta da Galiza nas cidades.
Veciñanza de Lugo e Ourense saíu á rúa esta terza feira, convocada pola asociación ecoloxista Adega, para denunciar a situación que se está a vivir no país por mor dos incendios forestais que, denuncian, están a causar un 'Prestige interior'. Ante a delegación territorial da Xunta en Ourense, Adega asegurou que a magnitude desta vaga de lumes "supera xa todo o previsto" e supón "unha catástrofe ecolóxica", xa que "se están destruíndo" as serras orientais galegas, áreas de "alto valor ambiental". Así, Adega lamenta a especial afectación ao Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e o ZEC do Macizo Central, mais tamén os danos nos concellos de Carballeda de Valdeorras ou Oímbra, onde numerosas persoas tiveron que abandonar as súas vivendas, nalgúns casos calcinadas polas chamas. En consecuencia, Adega mostrou a súa solidariedade cos veciños afectados e pediu unha comparecencia pública da titular de Medio Ambiente do Goberno galego, Ánxeles Vázquez. "Consideramos lamentábel e inxustificábel que a titular non comparecese aínda para concretar e cuantificar cantas hectáreas de espazos naturais protexidos están a ser arrasados polas chamas", critican os ecoloxistas, que piden, aliás, explicacións das medidas que desde o departamento "deberíanse estar a desenvolver para evitar os efectos dos incendios sobre as emblemáticas xoias naturais". O lume avanza sen control e as hectáreas arrasadas superan xa as 19.000: estes son os incendios que seguen activos "Instamos a conselleira a que compareza publicamente para dar conta de cal é a situación actual e para que diga cales eran as medidas que se tomaron para minimizar os efectos do desastre ecolóxico", reclamaron. Baixo berros de 'Lumes nunca máis!', a asociación lamentou que o lume "non dá tregua aos montes galegos" e aseguraron que eles "non a darán nas rúas". Por iso reivindicaron o esforzo especial dos dispositivos de prevención e extinción nos espazos naturais de maior valor ecolóxico e ambiental da Galiza, "pero non só nos meses de verán", senón "durante todo o ano". Protesta en Lugo En Lugo, a veciñanza concentrouse diante da delegación da Xunta, nunha cita na que estiveron presentes distintos colectivos, así como representantes de partidos políticos, como o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo. O acto decorreu coa lectura dun manifesto, ao que seguiu un poema da escritora Olga Novo. Un dos portavoces de Adega, Froilán Pallín, congratulouse da "resposta da xente" a esta convocatoria, á vez que anunciaba que as mobilizacións seguirán. En concreto, convocaron unha concentración ante todas as sedes da Xunta esta quinta feira, ás 20 horas. As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta Sobre a situación actual, Pallín reclamou "responsabilidades políticas" ás consellarías de Medio Rural e de Medio Ambiente. "En calquera país do mundo estaríanse a tomar medidas. Aquí están a arder xoias ambientais", protestou. O BNG reclama medidas Durante a súa participación na convocatoria, Rubén Arroxo, que estivo acompañado do parlamentario nacionalista Xosé Luís Rivas 'Mini', aproveitou para trasladar toda a súa solidariedade ás persoas afectadas polos lumes, así como o agradecemento do BNG aos efectivos que loitan contra o lume. "É importante que os veciños afectados polo lume estean acompañados polo conxunto das administracións, que deben prestar todo o apoio e colaboración para que recuperen as súas vivendas e que, máis aló da circunstancia de que teñan ou non seguro, conten co acompañamento e as axudas necesarias para que canto antes poidan recuperar as súas casas e restabelecer as súas vidas", dixo. A maiores, o BNG puxo o foco na falta de medios, de tal maneira que, a 18 de xullo, "hai brigadas antiincendios incompletas, coa metade de efectivos dos que marca a normativa Pladiga", aínda "non se constituíron a maioría das brigadas municipais" e "faltan convenios cos concellos para dotalos de recursos básicos" como motobombas. A Xunta aproba un Pladiga que nace inzado de críticas pola "falta de medios humanos" "Temos un Goberno do PP que continúa sen ordenar o territorio, sen limpar o monte, sen investimentos suficientes en prevención e cando chega o verán, -cada vez máis secos- repítese a vaga de lumes", sinalou o deputado.
NOS_12437
En 2016, Adrián Moreira comezou a mergullarse no seu Traballo de Fin de Grao (TFG), baixo a dirección do catedrático Adolfo Cordero. O estudo centrouse nas covas do Folón, na parroquia de Coruxo, en Vigo, unhas cavernas graníticas nas que descubriron 115 especies de artrópodos nos que se distinguiron, entre outros, un platidésmido do que só hai catro especies ibéricas, dúas das cales se atopan na Galiza.
Como nace a idea de facer este traballo sobre as covas do Folón? A miña casa está a dez minutos das covas, así que buscando tema para o TFG co meu director, o profesor Adolfo Cordero, resultounos interesante investigar nelas. Incluímos o traballo nun ENIL (Espazo Natural de Interese Local) e empezamos a traballar usando, nun comezo, sensores de temperatura e humidade para saber como eran as covas a nivel de climatoloxía, xa que por dentro circula un río e debiamos saber se iso influía ou non, e tamén coñecer que seres habitaban alí. Fixemos pequenas mostraxes manuais, con trampas de caída, como un bote de cristal, normalmente cunha sobresaturación de auga e sal para que os insectos caesen e se conservasen, e tamén un tubo de ensaio con queixo azul, unha trampa na que o insecto quedaba encerrado, o que nos permitía capturar hexápodos que non estaban á vista. Non deixabamos as trampas máis de 15 días tentando non ser agresivos coa contorna, porque non sabiamos a cantidade de fauna que podía haber. No confinamento démoslle o último impulso, mais o que nos custou foi identificar todos os espécimes porque moitos son moi raros e hai que atopar a persoa especialista. Fálenos dos insectos que descubriron neste tempo. Nas primeiras apreciacións apareceu algún opilión, e era a primeira vez que se describía nas áreas de Pontevedra e do sur de Ourense; pero si se referira na cova do Rei Cintolo (Mondoñedo). Logo apareceron outras especies, como a araña Meta menardi, que é a primeira vez que se nomea na Galiza e ten unha distribución ampla en Europa, Turquía e Irán. E quizais, o que máis podería sorprendernos foi o Dolistenus iberoalbus, un animal que se describiu recentemente, en 2015, e conta só con catro especies ibéricas, das que dúas se atopan na Galiza. A primeira vez que se describiron foi pola zona de Avión e descubríronse un pouco por accidente e por todas estas particularidades, se cadra, é o descubrimento máis importante. En total son 12 as novas citas na Galiza e na área de Pontevedra, así que o resultado foi máis que gratificante. E tamén apareceron especies como Lithobius schubarti, un cempés totalmente branco do que detectamos a súa primeira presenza na Galiza. E logo as exclusivas da área de Pontevedra, como o opilión Nemastomella dentipatellae ou a Stenophylas sequax. Todo o que apareceu novo é moi importante. Sei que urxen a necesidade de conservar este espazo... É unha das nosas ideas, darlle a protección que consideramos que deben ter, para que non se deterioren, como xa vimos que está a pasar. O acceso a elas é fácil, sobre as zonas comúns, e cando empezamos a traballar alí vimos que había pintadas e mesmo cabichas en zonas máis profundas das covas. Xa en 2016 tentamos tratar co concello o tema da conservación, pero aínda non tivemos resposta. Que hai de novos proxectos? Estou a facer un mestrado de Biodiversidade terrestre, de carácter interuniversitario na Galiza, e estou xa co Traballo de Fin de Máster (TFM). Realizamos un estudo faunístico ampliado ás covas da Trapa, que están entre o parque natural do monte Aloia e a serra do Galiñeiro, que pertencen a Tui e son moi parecidas ás covas do Folón, tamén graníticas por colapso do sistema, pero non tan profundas. Comparamos os dous sistemas e vou desenvolvendo un diagrama para calcular o número de especies que debería haber, mediante unha curva de rarefacción para saber se estamos preto de atopar todas as especies que habitan as covas ou non, no Folón e na Trapa, onde é todo novo. Agardo presentar o TFM o 3 de marzo.
NOS_35192
Un grupo de empresarias e empresarios coruñeses crean unha plataforma para organizar actividades que creen imaxe de marca. Malia estar no centro da cidade, a fama doutras rúas oculta a súa situación no rueiro. É só unha das iniciativas que están a xurdir na Galiza para impulsar as vendas do comercio de proximidade, xa que o sector apenas conta con axudas específicas.
A hostalaría, e mesmo os hospedaxes, teñen unha maior visibilidade polas restricións ás aperturas ou a limitación de capacidade pola Covid-19. Porén, tamén o pequeno comercio está a sufrir as consecuencias da pandemia e, máis alá das axudas para as persoas autónomas, non reciben impulsos das Administracións nun momento no que confluíron dous cambios na maneira de consumir: houbo unha baixada pola desconfianza da poboación e tamén se detectou unha maior migración cara as compras na internet. Cando a Xunta impón restricións na capacidade dos estabelecementos tamén inclúe ás tendas e negocios de proximidade, mais estes están a resistir como poden esta nova crise porque nunca acumulan tanta demanda como pode ter un bar ou unha cafetaría. Dada a falta de axudas e visibilidade por parte das institucións públicas, o sector sabe que ten que renovarse e ofertar cousas diferentes para atraer consumidoras en calquera punto do país. Por iso xorden iniciativas como a de Yolanda Naya e as e os seus compañeiros, que queren darse a coñecer entre a veciñanza da Coruña e crearon a plataforma 'A Transversal'. Naya é a primeira que recoñece que se algo define a practicamente todas as empresas situadas nas rúas Canuto Verea e Voluntariado, no pasadizo de San Andrés e na praza da Galera iso é "o orixinalidade". Na diferenciación está a chave "É bastante improbábel que o que mercas nesta zona o poidas atopar noutro sitio da cidade", reflexiona. Para os que coñecen de preto o comercio coruñés, esa afirmación é moi certa. Pero o problema é que a zona comercial non ten toda a repercusión que lles gustaría. Malia estar entre a rúa Real e San Andrés, dous puntos céntricos, e ser lugar de paso para todo o mundo, poucos se quedan co nome das rúas e, en consecuencia, con esa imaxe de marca tan súa. Agora, grazas aos coñecementos de marketing de Naya, bautizaron o entorno como 'A Transversal' para organizar actividades conxuntas. Baixo ese paraugas hai 24 estabelecementos de todo tipo (La Liada; Mie Moe; Cajón de Sastre; Loco Blow Tatoo; De Lirios; Platabaluú; The Socks Store; Oliva&Co; Patapalo; Mundo Galego; Ruve; I3D Imprimetresde; Beauty; Comercio Xusto; Richard's Barbers; Nails Coruña; Banneton; Ave Paraíso; La Esmeralda; Gaolo; Inspiración; The Newlook; O Ceo e O Candil) que queren "transformar a debilidade de ser un sitio de paso nunha oportunidade". Naya conta que cando se lle ocorreu a idea de unir forzas, todo o mundo coincidía en que a zona tiña potencial pero "estaba sen explotar" e este é o primeiro paso. Detrás de cada rótulo hai historias de superación, de emprendemento, de loita... Que teñen dereito a saír adiante co apoio das consumidoras, malia que o comercio electrónico estea a gañar forza. A importancia do comercio local "Hai que revitalizar o comercio local e se podemos conseguilo faremos algo máis serio con tarxetas de fidelización, sorteos, regalos, cestas... Como fan as grandes cadeas", destaca a impulsora da 'Transversal'. Após dun setembro destinado ás compras vinculadas á escola, queren que outubro e novembro deixen de ser meses parados. O que procura este colectivo é darse a coñecer cunha imaxe, pero tamén acabar coa estacionalidade das compras. Este mes, desde o 15 de outubro e até o 15 de novembro sortearán 250 euros en premios entre a clientela. En concreto, coas compras ou consumos repartiran papeletas para dúas ceas nos locais O Ceo e O Candil. Tamén están en xogo dous vales de 50 euros cada un para regresar á 'Transversal' e darlle un cariño ao comercio de proximidade. A Naya non lle faltan ideas para este espazo "alternativo, con personalidade propia e negocios de autora"- . Mesmo pensa en montar descontos polo Día de Rosalía. Haberá que agardar a ver como funcionan os primeiros reclamos.
NOS_22297
As peaxes da principal vía de comunicación da Galiza, a autoestrada AP-9, volverán subir en 2019 por riba da media do sector, encarecendo a viaxe entre Ferrol e Tui para todas as usuarias da infraestrutura.
Mentres se resolve o futuro da súa titularidade, Audasa, a concesionaria da Autoestrada do Atlántico, volve practicar a partir deste 1 de xaneiro unha nova suba das peaxes para as usuarias da AP-9, a vía de 219 quilómetros que vertebra Galiza de norte a sur, entre Ferrol e Tui. Como cada ano, atendendo á variación que recolle a fórmula de revisión automática pactada polo Goberno de Mariano Raxoi en 2002, as peaxes das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado español subirán de medida o vindeiro exercicio 0,84%. No caso da vía galega xestionada por Audasa, a esta suba hai que engadir outros dous conceptos que a sitúan como a autoestrada que máis incrementará os seus prezos en 2020. Trátase dun 1% adicional para que a concesionaria recupere os 227,2 millóns de euros que investiu nos traballos de ampliación da ponte de Rande, o aumento do número de carrís na circunvalación de Santiago e o enlace con Sigüeiro e, xunto con esta partida, a compensación pola gratuidade na viaxe de volta no mesmo día no treito entre Pontevedra e Vigo, que pagan todas as usuarias. Nos seis primeiros meses do ano, Audasa ingresou por este concepto 71,4 millóns de euros. A de 2020 será a derradeira anualidade na que se incorpore este último concepto, introducido en 2013. Porén, as contías correspondentes ás ampliacións de Rande e Santiago, que se comezaron a abonar en 2018, seguirán engrosando os prezos das peaxes até 2038, a non ser que se produza o tan demandado desde Galiza cambio de titularidade, promovido polo BNG no Parlamento galego, e que abriría a porta a abaratar e mesmo suprimir as peaxes nesta autoestrada, ou cando menos negociar con Audasa a modificación das fórmulas de revisión do prezo das mesmas. Os beneficios de Audasa As peaxes da AP-9 son a principal fonte de ingresos da concesionaria da vía. Nos seis primeiros meses do ano, Audasa ingresou por este concepto 71,4 millóns de euros. Isto permitiulle acadar entre xaneiro e xullo un beneficio neto de 18,7 millóns de euros, 17,5% máis que no mesmo período do ano anterior, precisamente grazas aos incrementos de prezo nas peaxes, que non foron proporcionais ao aumento do tráfico. Mentres que o volume de tráfico subiu 2%, os prezos fixérono 3,5%, segundo recoñeceu a propia compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMC). Os beneficios de Audasa foron esta segunda feira o branco das críticas da portavoz do BNG. Ana Pontón lembrou que desde 1977 as peaxes da AP-9 aumentaron 1.800% e que desde que Audasa ten a concesión recadou 2.500 millóns de euros. De continuar con esta progresión, en 2048, cando finalice a concesión, os ingresos polas peaxes da concesionaria acadarán 14.500 millóns de euros. Na súa intervención, Pontón tamén alertou de que 22.000 usuarias carecen de alternativa ante esta suba, que será especialmente dolosa para as transportistas. Puxo como exemplo que un camioneiro que cubra a dúas veces ao día a ruta entre A Coruña e Vigo deberá desembolsar 2.833 euros en peaxes, unha cifra que lastra as economías e a competitividade das empresas e os sectores produtivos da nazón. De confirmarse, a suba das peaxes da AP-9 ao comezo do ano sería de 2,6%. Así, as persoas que realicen o traxecto entre A Coruña e Vigo pasarán a desembolsar 16,85 euros (0,45 euros máis que agora). En todo o traxecto, entre Ferrol e Tui, as peaxes custarán 22,1 euros (0,55 euros máis). No caso dos transportistas, a suba será maior. Pagarán case un euro máis (0,95 €) por cubrir a ruta entre A Coruña e Vigo, e 1,25 euros se o fan entre Ferrol e Tui. Neste último suposto, o traxecto suporá un gasto de 48,35 euros en peaxes, unha cifra que ronda os cen euros nos traxectos de ida e volta.
NOS_25888
O grupo folk pon o ramo cun comunicado nas redes a case dúas décadas facéndonos sentir lumes nos pés.
"Xa di a copla que o que primeiro comeza primeiro ha de acabar-e, e así queremos hoxe comunicarvos o remate da cumprida xeira dos Quempallou". Así comeza o comunicado que esta terza feira Quempallou subiu ás redes sociais e polo que dá por finalizada a súa traxectoria, 18 aniños ben cumpridiños de música, festa, baile e o que faga falta. "Marchamos ben contentos co traballo feito e compartido con tanta e tanta xente ao longo de tanto tempo. Só nos resta agradecervos fondamente o terdes estado aí nestes anos, compartindo con nós tantas músicas, bailes e berros de ledicia e rebeldía polo que é de tod@s. Lume sempre". Quempallou naceu en abril de 1999 e foi evoluíndo até o sexteto que era na actualidade, cun pé na música tradicional galega e outro na curiosidade e os ollos ben abertos. Fixeron bailar nos terróns da festa, en prazas e rúas, en salóns... Deixan discos redondos, desde aquel homónimo 'Quenpallou? (2002) até o recente 'Quarteirón II' (2016). Polo medio, faíscas musicais como 'Polo Aire' (2007), por exemplo.
PRAZA_6108
O Concello de Ribadeo reitera a necesidade de declarar a contorna de Augas Santas como parque natural para evitar a masificación e os riscos para o medio ambiente e os visitantes. A Xunta presenta un proxeto de medidas inmediatas de información e sinalización e un plan de conservación do monumento natural "a medio prazo".
A pasada Semana Santa as fileiras de vehículos para achegarse á praia de Augas Santas, a popularmente coñecida como As Catedrais, en Ribadeo, eran quilométricas. Polo medio do engarrafamento o alcalde ribadense, Fernando Suárez (BNG), gravaba en primeira persoa a aglomeración para, despois, pendurar os vídeos en YouTube como chamada de atención. "En Ribadeo estamos moi orgullosos de recibir cada ano máis visitantes, tamén de que un dos reclamos máis efectivos sexa a universalmente coñecida Praia das Catedrais. Agora só queda que a coñezan, a maiores dos de Ribadeo e o resto de cidadáns do mundo, os responsables da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente". Tres meses despois, no inicio do verán, chegan os primeiros plans para protexer esta contorna natural da sobre explotación turística, que o goberno local agarda que non queden en "boas palabras". Tras o "colapso" daquelas xornadas festivas, nos que a praia chegou a recibir unhas 20.000 persoas nun só día, Suárez escribiulle ao presidente da Xunta para esixirlle axuda. "Só contamos co apoio da Deputación de Lugo, que na medida das súas posibilidades nos está a apoiar, pero polo demais asistimos a un silenico clamoroso", explicaba daquela". Na misiva o rexedor evidenciáballe ao presidente a necesidade de "garantir a protección e conservación do patrimonio natural", garantir "a integridade e seguridade dos visitantes" e "compatibilizar e dinamizar o seu uso para favorecer a economía turística da comarca". Como pano de fondo o Concello reiteraba a súa aposta pola declaración de Parque Natural como "instrumento idóneo" para este caso. A pasada Semana Santa chegaron a Augas Santas unhas 20.000 persoas nun só día Neste contexto o Consello da Xunta revisaba o pasado xoves un informe no que expresaba a súa intención de "facer un plan de conservación do monumento natural das Catedrais" e de aplicar varias medidas de xeito inmediato. A noticia foi recibida con cautela polo alcalde para evitar a "frustración colectiva". O plan da Xunta chegaba apenas dous días antes do acto de izado simbólico da bandeira azul no areal, ao que o Concello convidara a nova conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para "coñecer de primeira man as intencións e compromisos reais da Xunta". As medidas "inmediatas" da Xunta A pé de praia Vázquez admitiu que o plan de conservación é un proxecto a "medio prazo" -para o vindeiro verán- mentres que outras medidas de menor repercusión si serán aplicadas de xeito "inmediato". Entre elas figura a información aos visitantes sobre "risco de achegamento ao bordo do cantil en puntos concretos", melloras da sinalización ou a dotación de tres guías informativos dende o día 24 para achegar datos sobre "normas de uso público e acceso ao monumento natural ou información turística da comarca". Trátase, din, de "evitar a alteración dos hábitats e especies protexidas pola acción das pegadas fóra das sendas habilitadas, así como outro tipo de actividades como os aparcadoiros irregulares ou postos de venda ambulante non autorizada". "Tamén -di a Xunta- facilitará a conservación ao minimizar a reactivación dos procesos erosivos", que tamén "constitúen un risco para a integridade física dos visitantes". O alcalde reitera a petición de declarar a praia e a súa contorna como parque natural Malia recibir ben calquera medida de protección o alcalde ribadense subliña que todos os plans actuais son insufientes, a comezar pola propia "delimitación da praia e a súa contorna máis inmediata", que actualmente, afirma, non é dabondo porque "non recolle as posibilidades de actuación de aparcadoiros, apeadoiros de Feve ou de poder peonalizar o acceso da estrada". En última instancia Fernando Suárez reitera a necesidade de apostar pola declaración de parque natural. Senón, advirte, "entre todos imos acabar matando a galiña dos ovos de ouro". "Eu quero que veña xente a Ribadeo -subliña-, pero penso que fraco favor lles imos facer aos visitantes se van a sitios masificados e se acaban aparecendo en romarías, como é no que se está a converter a praia das Catedrais".
NOS_57804
A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto data de 1996, polo que a veciñanza das Somozas e o BNG piden que se declare "obsoleta e caduca".
Arredor dunha trintena de veciños e veciñas da parroquia de Recemel (As Somozas) concentrouse no mediodía desta cuarta feira fronte ao edificio administrativo da Xunta da Galiza en Ferrol, a fin de exixir á Administración a "paralización inmediata" da canteira das Viñas. As persoas afectadas consideran que a forma máis axeitada de "garantir a seguridade das persoas e a integridade da poboación e o medio" é o cesamento da actividade extractiva neste espazo. Acompañada do deputado do BNG no Parlamento Ramón Fernández, a veciñanza presentou un escrito dirixido a Augas da Galiza, a dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e a dirección xeral de Calidade Ambiental solicitando que se cumpra a resolución aprobada por unanimidade da Cámara o pasado 16 de setembro. O texto, presentado a proposta do Bloque, insta o Goberno galego a "adoptar as medidas que sexan precisas" na explotación mineira para velar pola seguridade "das persoas, arroios, ríos, vivendas e circulación viaria". O parlamentario da formación frontista asegurou non entender "como durante todos estes meses os servizos da Xunta pasan por alto os danos e prexuízos que se están a producir". A avaliación ambiental data de 1996 A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da canteira das Viñas foi aprobada polo Goberno de Manuel Fraga en 1996, malia que a empresa non chegou a iniciar daquela a extracción de minerais. Para a veciñanza e o BNG, esta declaración debe considerarse "obsoleta e caduca" e cómpre someter o proxecto a unha nova DIA, xa que a normativa actual ten "moitas máis garantías".
NOS_39709
A Xunta evita confirmar se comunicou ou non ao Estado cales son os seus tres principais proxectos Next Generation, cuestión solicitada pola ministra Nadia Calviño hai un mes.
O Goberno galego non confirma se xa comunicou ao Estado cales son os seus tres principais proxectos cos que aspira a conseguir fondos europeos Next Generation. O traslado desa información foi solicitado en setembro pola vicepresidenta económica do Executivo español, Nadia Calviño. Tampouco saben na Xunta indicar cales serían os seus dous ou tres proxectos principais. O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, sostivo en comisión parlamentaria esta terza feira, 6 de outubro, que "non se pode resumir en dous ou tres proxectos" a candidatura galega que opta aos fondos europeos. Así se expresou despois de que Calviño requirira hai un mes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que lle trasladase os "dous ou tres proxectos máis emblemáticos" da Galiza para os Next Generation. A ministra referiuse á intención de elaborar un "mapa" coas prioridades por comunidades. Precisamente, sobre esta cuestión preguntou a Guldrís a deputada do BNG Noa Presas no Parlamento. A nacionalista queixouse sobre a falta de concreción nas respostas en relación a se a Xunta remitiu ou non esas "dúas ou tres" propostas ao Estado. "Quedei como estaba", lamentou Presas. Presas reprobou o "sectarismo" e "falta absoluta de diálogo" e "transparencia" por parte da Xunta Igualmente, a deputada reprobou o "sectarismo" e "falta absoluta de diálogo" e "transparencia" por parte da Xunta en relación coa candidatura para fondos europeos de reconstrución. Presas cargou ademais contra o "proceso de privatización clara" que rodea a proposta galega, e puxo como exemplo o "alpendre da Xunta liderado por Abanca que vai decidir sobre as prioridades deste país". Así se referiu á sociedade público-privada que creou a Xunta con empresas para pór en marcha os proxectos europeos. "Está a esperar a que esas prioridades as decida o señor Escotet [presidente de Abanca] ou lle van vir impostas?", cuestionou con ironía a deputada ourensá.
NOS_55933
Os seus nomes eran Josefa Parada, Cipriana Oujo, María Fernández e Cipriana Crujeiras, coñecidas tamén como as heroínas de Sálvora. Sen temer polas súas vidas cun mar embravecido, apañaron unha dorna para rescatar os superviventes dun naufraxio que se saldaría con 213 persoas mortas. Unha exposición lembrará a súa historia en Ribeira, concello que aínda non ten unha rúa dedicada ás salvadoras do mar.
Un total de 213 persoas faleceron no mar da Illa de Sálvora na madrugada do 2 de xaneiro de 1921. 53 foron rescatadas. O vapor Santa Isabel, cunha pasaxe case ao completo formada por persoas que tiñan a emigración como destino, rompía nas augas de Arousa nunha noite de temporal. Poucas persoas quedaba na illa xa que a maior parte da veciñanza continuaba en terra, onde foran conmemorar a casas familiares o inicio do novo ano sen poder regresar pola perigosa situación do mar. O Santa Isabel saíra no primeiro de ano da Coruña e Cádiz era o seu destino para transbordar cara América. Vilagarcía e Vigo, portos dunha traxectoria que non ía chegar ao seu fin xa que o inmenso temporal da noite fixo encallar a embarcación a poucos metros do faro da illa de Sálvora. O impacto foi tan brutal que o barco quedou fora de comunicación, imposibilitado mesmo para enviar unha mensaxe de socorro. Poucos homes e mulleres estaban naquela noite en Sálvora mais iso non impediu que tres dornas se botasen á mar, con oficio para dominar a bravura das ondas. Contra a morte nunha dorna salvadora Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández tripularon unha dorna que fixo varias millas en catro viaxes co fin de rescatar aos poucos superviventes que aquela noite salvaron a vida nun mar de cadáveres. Tiñan entre 25 e 14 anos. A súa dorna encheuse de náufragos e tivo forza mesmo para remolcar un bote salvavidas, dos poucos que non rebentaron co impacto, cargado de superviventes. Cóntase que máis dunha ducia de vidas puideron salvarse grazas a súa valentía. Cipriana Crujeiras tivo tamén un papel relevante no rescate das vítimas do naufraxio. Canda elas, homes e mulleres de Sálvora e Ribeira arriscaron naquela noite as súas vidas para tentar que a traxedia do Santa Isabel non se convertese no episodio máis negro das súas augas. A valentía das catro mulleres e da veciñanza de Sálvora débelle Ribeira a condición de "Moi Nobre, Moi Leal e Moi Humanitaria Cidade", título que formou parte do ronsel de recoñecementos que por aquel entón recibiron e que fai aínda inexplicábel que salvadoras da illa non conten aínda co nome dunha rúa no concello, malia terse aprobado no pleno municipal. Tampouco prosperou o proxecto de destinar unha das casas arruinadas de Sálvora a casa-museo das heroínas da illa. O Auditorio Municipal de Ribeira abrirá aínda sen data concreta, 93 anos despois, unha exposición que lembrará o naufraxio do vapor Santa Isabel e a memoria das catro mulleres e as máis de cen persoas da veciñanza que colaboraron no rescate. Preparada pola directora do Museo Municipal de Ribeira, Pilar Casas, a mostra recollerá obxectos, documentos, fotografías e informacións sobre as homenaxes posteriores. Unha maqueta do barco e unha recreación dun camarote serán outros dos elementos da exposición. No artigo "Sálvora: Illa das mulleres salvadoras", publicado na Revista Ardentía da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Luís Teira da Confradía da Dorna de Ribeira lembra a historia do terríbel naufraxio que volve agora á memoria a través dunha exposición.
QUEPASA_807
Unha Folga común polo 8 de marzo.
Reclamo o meu lugar no mundo; o teu, o noso, o de todas. O anaco de territorio que pisan os meus pés de muller. E conxuro o silencio, o veo deitado sobre as mulleres sabias, sobre as que nos deron o leite e peitearon as nosas trenzas; as que abriron os camiños e gardaron as sementes. As que nos contaron os contos todos. Conxuro o medo á ira dos que noutrora amamos e agora son verdugos das nosas liberdades. Conxuramos o substantivo masculino excluínte onde nos pechan e nos silencian, enmudecen e anulan. Conxuramos a todos os depredadores, chuchadores do noso tempo e o noso ser, que pospoñen as nosas vidas, para vivilas… cando? Conxuramos a pobreza que se aferra ás unllas das mulleres e fai niño nas carnes secas e nas nenas mortas para darse en velenosa herdanza. Conxuramos a dor das coitelas da mutilación e o terror ante a besta que aniquila a inocencia. E collo as mans quentiñas das mulleres que me axudan a saír das tebras, que alumean o camiño. E collo tamén a man das que veñen detrás, das que aínda non son. Xuntas saímos todas das catacumbas. Milleiros de mulleres paríndonos unhas ás outras, dándonos á luz… Somos as sen nome. Pero temos nome. Digo o meu nome e o teu .Feminino singular, feito plural indomábel. O noso nome, furacán que fura a noite escura. Porque temos en nós a semente para construír un mundo novo. O ronsel da liberdade. Os coidados da Terra. E non imos renunciar a plantar esa semente. Atoparemos a terra fértil!. Viki Rivadulla. Texto lido na inauguración da mostra "Bruxa!".
PRAZA_3106
É moi meritorio que o acordo de goberno entre o PSOE e UP inclúa medidas para erradicar a trata. Xa veremos cal é a intensidade práctica desas medidas, porque a demanda cidadá non existe.
O 23 de outubro Luciano Méndez mandou unha alumna da súa facultade á última fila da aula porque lle ensinaba as tetas. Así se reiniciou a loita contra o profesor machista. Saíu na prensa e os grupos feministas volveron posicionarse.Un dia antes, o 22, o ex-líder de Xóvenes Agricultores ficou libre con cargos por explotar a mulleres paraguaias en Compostela, como a bestas, pagándolles até a un euro por servizo. Tamén por roubarlles un bebé. Desde que desarticularon a mafia, esas mulleres non recibiron nin o máis mínimo apoio.A mudez feminista foi absoluta.Os conflitos que se viven e senten neses colectivos teñen máis que ver co abuso do profesor. A trata e a prostitución apenas se detectan, son problemas de inmigrantes, igual que as violacións das marroquís nos invernadoiros de Huelva, completamente ignoradas.É moi meritorio que o acordo de goberno entre o PSOE e UP inclúa medidas para erradicar a trata. Xa veremos cal é a intensidade práctica desas medidas, porque a demanda cidadá non existe.
NOS_53701
Os recortes de Mariano Raxoi, o 'caso Urdangarin' e as medidas económicas do Goberno boliviano de Evo Morales protagonizaron o 'Sermos' do 26 de abril de 2012.
O 26 de abril de 2012 viu a luz na rede a edición dixital de Sermos Galiza, unhas semanas antes de que saíse do prelo o semanario. Co gallo do décimo aniversario daquel suceso rescatamos os contidos máis salientábeis dos publicados aquel día. A incomparecencia de Núñez Feixoo no Parlamento, os recortes do Goberno de Mariano Raxoi e o 'caso Urdangarin' centraban a actualidade aquel día. Feixoo, o Caladiño O grupo popular no Parlamento da Galiza impediu a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para explicar as medidas de axuste e recortes adoptados polo Goberno español —daquela presidido por Mariano Raxoi— e os seus efectos na Galiza, no contexto da crise económica iniciada en 2008. O estudantado, en pé de guerra contra os recortes "O estudantado galego botarase ás rúas o vindeiro 10 de maio nunha folga con que pretenden que as súas queixas cheguen aos corredores de San Caetano". Así principiaba esta información que facía referencia a un paro convocado por Galiza Nova contra os recortes no ensino promulgados por Raxoi. Manifestación estudantil. Raxoi afía as tesoiras para os Orzamentos de 2013 Na mesma liña que nas dúas pezas anteriores, nesta noticia Sermos daba conta do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que naquela altura estaba a artellar o Executivo de Mariano Raxoi, que xa advertira de recortes "aínda máis duros" que no ano precedente. Jorquera rexeita o pacto que o xenro do rei mendiga coa Fiscalía Francisco Jorquera, entón portavoz do BNG no Congreso e candidato á Xunta da Galiza, opúñase de maneira taxativa a un acordo xudicial para o xenro do rei Xoán Carlos I, Iñaki Urdangarín, e demandaba que as investigacións proseguisen "salpiquen a quen salpicar". Evo Morales: "En poucos anos veremos os beneficios desta nacionalización" O daquela presidente de Bolivia, Evo Morales, gabábase do decreto que viña de asinar para completar a nacionalización da Rede Eléctrica Española no país andino. "En poucos anos veremos os beneficios desta operación", dixo. Acto a prol da nacionalización en Bolivia. O Correlingua arranca en Ourense coa paixón d@s máis nov@s polo galego O Correlingua, de cuxa presentación para a edición de 2022 informou esta semana Nós Diario, organizábase naquelas datas. O alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures leu o manifesto desa edición tras gañar o correspondente concurso.
PRAZA_11856
Ana Miranda denunciou a aposta da Xunta pola incineración como modelo hexemónico de xestión de residuos, como demostra na súa opinión o proxecto da planta do Irixo. A eurodeputada advirte de que esta escolla incumpre a normativa europea.
Ana Miranda denunciou este xoves no Pleno do Parlamento Europeo que o Goberno galego está incumprindo a lexislación da Unión Europea en materia de xestión de residuos, ignorando a normativa que recomenda a "prevención, reciclaxe e reutilización" como sistemas "prioritarios", mentres sinala a incineración como "ultima opción". Miranda salientou que Galiza "xa incinera o 42% do lixo que xenera" e que a proxectada pranta no Concello do Irixo "consolida a incineración como sistema hexemónico no tratamento de residuos", ignorando os postulados da Directiva sobre Xestión de Residuos e Directivas afíns nos Estados Membros da Unión Europea. O BNG tamén denunciou no Parlamento que a proxectada planta de incineración para o sur de Galiza tampouco cumpre co requisito de "avaliación de impacto medioambiental" preceptivo segudo a lexislación europea, "ao optar por un procedimento abreviado" posible grazas aos cambios normativas introducidos pola Xunta, "e todo iso sendo unha instalación prevista para incinerar a metade dos residuos que produce unha poboación de 3 millóns de habitantes", recalcou. Ana Miranda realizou, en galego-portugués, a súa primeira intervención no plenario, despois de que hai unhas semanas tomase posesión do seu escano, e de que xa intervira en comisión.
NOS_57295
A defensa considera "desproporcionada" a petición, que sería a terceira, e considera que, de aceptarse finalmente, podería incorrerse en "abuso procesal".
Hai tres anos a Garda Civil detiña 9 militantes independentistas, membros de Causa Galiza, aos que acusaba de delitos como enaltecemento do terrorismo ou integración en banda armada. Tres anos despois, o proceso continúa na fase de instrucción, nun "limbo xurídico" como denuncian as persoas encausadas; que aínda prode prorrogarse máis. A Fiscalía vén de solicitar unha nova prórroga, sería a terceira, nas investigación. Fontes da defensa confirmaron a Sermos Galiza esa petición da Fisalía e indicaron que esa solicitude está agora mesmo na fase de posición de partes, sendo o xuíz quen finalmente decida. "A experiencia dinos que neste tipo de causas o xuíz accede a todo o que pide o fiscal", sinalan. Unha nova prórroga alargaría aínda máis esta fase, previa ao xuizo oral. Non hai motivos que xustifquen ese novo prorrogamento, entende a defensa, que mesmo, de se aceptar a petición da Fiscalía, non desbota recorrer a otras instancias polo que considera que pode ser un "abuso procesual" contra estes 9 independentistas. A finais de 2017 a Audiencia Nacional desbotou os recursos para que se segregasen as causas da Operación Jaro I (9 persoas imputadas de Causa Galiza) e Operación Jaro II (3 imputadas de Ceivar) e que se tratasen penalmente por separado. A petición dos avogados das persoas encausadas non prosperou, optando a AN por manter fusionadas ambas nun único proceso. "Vaise a un 'macrosumario' contra o independentismo organizado" denunciaban naquela altura a Sermos Galiza desde as persoas encausadas. "As acusacións son nalgúns casos de até 17 anos de prisión, non é una brincadeira", indicaban. Situaban este escenario nun "clima xeral" no que desde o Estado español están a desenvolver unha "ofensiva" contra o independentismo, nomeadamente en Catalunya.
NOS_16497
Nun acto en Compostela con motivo do 8 de marzo, Pontón acusou a Feixoo de "faltarlle o respecto ao feminismo".
O BNG realizou este domingo un sinxelo acto con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa intención de reivindicar a "todas as mulleres imprescindíbeis" durante a pandemia do coronavirus, en palabras da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón. A carón da estatua das Marías, na Alameda de Compostela, e acompañada dunha ducia de mulleres da súa formación portando panos morados, a líder nacionalista asegurou que a actual situación non supuxo para as mulleres "unha mellora" das súas condicións laborais, senón máis "precariedade". Pontón salientou o traballo de sectores feminizados como as limpadoras, as caixeiras de supermercados, as enfermeiras e as empregadas das residencias, que puxeron "en risco a súa saúde" durante a pandemia. "Como portavoz nacional do BNG, pero sobre todo como muller, reivindico darlles visibilidade e denunciar que un ano despois os aplausos a estas mulleres non tiveron como resposta unha mellora das condicións laborais", proclamou. Segundo a líder nacionalista, os distintos gobernos "non fixeron nada" nesta liña, senón que a crise sanitaria ha servido como "coartada para conxelar os dereitos" xa conquistados. Sinalou como un exemplo "moi claro" que "oito de cada dez" postos de traballo destruídos correspondéronse con mulleres e que houbo "miles" que perderon o seu emprego para volver ao fogar para exercer labores de coidados. Por este motivo, Pontón viu con "indignación e asombro a campaña orquestrada polo dereita -PP- e a extrema dereita -Vox-", que "cuestionan" o dereito das mulleres para manifestarse por este 8 de marzo. A criminalización da loita do 8M A portavoz nacional do BNG negou que as mobilizacións deste ano teñan o compoñente de "masivas", senón que haberá simplemente "actos reivindicativos que contan con todas as medidas de seguridade, como xa fixemos o 25 N", asegurou, en referencia ao Día contra a Violencia Machista. Pontón advertiu que non aceptará a mensaxe de "hai que quedarse na casa", xa que ao longo dun ano de pandemia "houbo manifestacións, concentracións e mobilizacións de todo tipo sen que ninguén cuestione este dereito". "O que se quere criminalizar, no fondo, é a loita do 8 M", sentenciou. No seu discurso tivo palabras para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que entende que está a "abonar o terreo" ao discurso da extrema dereita ao "culpabilizar ás mulleres" polas manifestacións do 8 de marzo do ano pasado, a días da declaración do primeiro estado de alarma. Pola contra, Pontón apunta que a Xunta "non impulsou nin unha soa medida" neste sentido ao longo dos 12 anos que leva Feixoo á fronte. Neste sentido lembrou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que sinalou en 2018 que a Xunta puxo uns servizos mínimos dun modo "malicioso" en distintos departamentos públicos.
NOS_14711
Pide á cidadanía saír "o mínimo imprescindíbel".
O xefe da UCI do complexo hospitalario da Coruña (Chuac), David Freire, alertou da situación "crítica" na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e instou á "responsabilidade individual" e a saír "o mínimo imprescindíbel". En declaracións remitidas aos medios de comunicación, asegura que se está a vivir unha situación "similar" ou "peor" que a de marzo. "A UCI ten agora unha ocupación na unidade Covid próxima ao 75%". "Todos os días ingresa algún paciente novo, até dous ou tres, mesmo catro", engade. Por outra banda, incide en que hai pacientes "máis novos" e algúns "sen patoloxía previa". "É importante ter todo isto en conta xa que se non a pandemia vai poder connosco", recalca. Por iso, apela a reducir o contacto social e no caso do hospital recomenda tamén limitar as visitas "ao mínimo". "Só un familiar por paciente, que sexa menor de 70 anos e só naqueles casos que se considere imprescindíbel". "Acudir ao hospital, por exemplo, para falar cun médico ou algo importante, asinar un consentimento", cita como exemplos. E é que, no actual contexto, insiste en que se está "ante un problema de responsabilidade individual". Por iso, pide "saír de casa só o estritamente necesario como ir ao traballo, ao médico, ao hospital". "O mínimo imprescindible", asevera o xefe da UCI no Chuac.
NOS_19001
O discurso reaccionario que foi derrotado na segunda volta das eleccións presidenciais francesas apunta a triunfar, e por ampla marxe, nos comicios lexislativos do Reino Unido. O Partido Conservador, que defende restrinxir de maneira severa a inmigración, case duplica a intención de voto do Partido Laborista, aproximándose a un apoio popular do 50%. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 245. Eis un extracto.
Abandonar a UE, restrinxir a inmigración e fortalecer o Estado. As que foron ideas-forza da campaña de Marine Le Pen (Fronte Nacional) nas eleccións presidenciais en Francia cruzaron a canle da Mancha para se converteren no mantra do discurso de Theresa May. A actual primeira ministra e candidata conservadora nos comicios lexislativos do 8 de xuño iniciou a súa campaña axitando con forza as bandeiras antiinmigración e mais o Brexit para facer irreversíbel a ampla vitoria que prognostican as sondaxes. En grande medida a aposta torie é conquistar o espazo electoral que outrora hexemonizaba o xenófobo UKIP, que nos recentes comicios locais desapareceu do mapa político británico ao obter un só concelleiro das 4.851 actas que se escollían. "É importante que continuemos, e continuaremos, dicindo que queremos reducir a inmigración neta a niveis sostíbeis. Cremos que iso significa decenas de milleiros", prometeu a pasada segunda feira Theresa May nun acto de campaña. Os plans do partido conservador anticipan unha política fortemente antimigratoria, toda vez o pasado ano 2016 foron 273 mil as e os estranxeiros que entraron no Reino Unido. Reducir esa magnitude a decenas de milleiros exixirá dunha blindaxe que May confía que lle ha de permitir o Brexit. Coa saída da UE, "teremos a oportunidade de garantir que temos o control das nosas fronteiras porque poderemos estabelecer as nosas regras para as persoas que veñen da Unión Europea". Un clamoroso aviso a navegantes.
PRAZA_11199
O imputado de Adif no accidente di, pola súa banda, que "a instrución foi exahustiva canto á infraestrutura", da súa competencia, "e non o foi tanto canto ao resto de elementos"
Renfe "descoñece total e absolutamente os feitos e circunstancias que se mencionan no documento achegado". Así vén de dirixirse a empresa pública á Audiencia Provincial da Coruña despois de que esta paralizase o pasado venres as súas deliberacións sobre o accidente de Angrois tras recibir unha declaración xurada dun mecánico de Talgo denunciando que poucos minutos despois do sinistro foron borrados datos informáticos sobre posibles avarías do tren.A Audiencia, que tiña que decidir se avalaba xa a proposta de xulgar o maquinista e o ex-xefe de seguridade de Adif, freou a deliberación ante a denuncia do ex-mecánico de Talgo sobre o presunto borrado de datos de avarías do Alvia tras o accidenteA Audiencia tiña que decidir se avalaba a proposta do xuíz instrutor de xulgar xa como responsables do accidente en similar grao ao maquinista do tren, Francisco Garzón, e ao daquela director de Seguridade na Circulación de Angrois, Andrés Cortabitarte, pero ao coñecer a denuncia do mecánico paralizou a deliberación e pediu que as partes alegasen o que considerasen oportuno.A denuncia formulada polo mecánico máis de seis anos despois do sinistro obtivo como primeira resposta por parte da propia Talgo unha negación das súas acusacións sumada a un anuncio de accións legais contra el. A empresa tamén sinalou que esa persoa fora despedida en maio de 2018. Agora Renfe, a empresa pública para a que traballaba Talgo, nega á Audiencia da Coruña ser coñecedora dos feitos denunciados.Pola súa banda, o avogado do imputado de Adif, Andrés Cortabitarte, tamén remitiu un escrito á Audiencia no que sinala que a denuncia do mecánico non afectaría ás súas pretensións de que se lle levante a imputación. O director de Adif insiste en que non era competencia súa realizar a avaliación de riscos da liña que o instrutor considera que debía ser feita, e que a responsabilidade do accidente foi unicamente do maquinista por non frear a tempo. O imputado de Adif no accidente di, pola súa banda, que "a instrución foi exahustiva canto á infraestrutura", da súa competencia, "e non o foi tanto canto ao resto de elementos"Pero nas súas consideracións sobre a denuncia que agora formula o mecánico sinala que esta "corrobora que a instrución foi exhaustiva canto á infraestrutura [as vías que dependen de Adif] e non o foi tanto canto ao resto de elementos que puideron incidir na produción do resultado". "O tren pertence ao subsistema material rodante, que é competencia da empresa ferroviaria (Renfe Operadora)", sinala.A defensa de Cortabitarte pide que, con independencia do que se decida sobre a denuncia do mecánico, a Audiencia continúe coa súa deliberación sobre a súa propia desimputación.Á Audiencia tamén comunicaron as súas posturas varias vítimas, que se adhiren á petición da plataforma de afectados de que se tome declaración ao mecánico e a varios responsables de Talgo para aclarar a veracidade da denuncia. O mesmo reclama o avogado do maquinista, que amosa as súas dúbidas sobre a fiabilidade das peritaxes realizadas ao tren tras o sinistro, nas que non se atopou ningún fallo que puidese contribuír ao descarrilamento.
PRAZA_14520
O líder dos socialistas lánzase á campaña galega para apoiar a Pachi Vázquez, que centra a súa mensaxe en "emprego, sanidade, educación e dependencia" e en asegurar que non "dirá unha soa mentira, porque para iso xa está Feijóo"
Na campaña autonómica de 2009 o PP de Alberto Núñez Feijóo botou man de Mariano Rajoy en innumerables ocasións. Mentres o candidato á Presidencia da Xunta centraba os focos o daquela líder da oposición no Estado percorría pequenas vilas, acompañado aos líderes locais e pedindo o voto para o seu aspirante. Tres anos despois os conservadores dosifican a presenza de Rajoy e, pola contra, os socialistas multiplican a participación do secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, que este venres se lanzou a "patear" o país para resumir a alternativa que, ao seu xuízo, existe o 21 de outubro: "elixir entre un presidente dos galegos, Pachi Vázquez e alguén que aplique os recortes de Rajoy". Rubalcaba insta a elixir "entre un presidente dos galegos e alguén que aplique os recortes de Rajoy" En tres actos de pequena dimensión, en recintos reducidos e micrófono en man, Rubalcaba centrou a mensaxe en Rajoy porque, asegura, el e mais Feijóo "van xuntos" e dicir o contrario sería "dicirlle á xente que é parva" pero, "alguén pensa que Feijóo non é o monaguillo de Rajoy?", pregúntase. Neste contexto é no que o líder do PSOE le tamén as eleccións galegas en clave estatal: o 21-O pode ser o primeiro "basta xa" a un PP que, censura, segue a "mentir" e "ocultar", a comezar polos recortes de pensións. "Quere vostede dicirlles aos pensionistas galegos se lles vai vostede a actualizar ou non a pensión?" O Goberno central "débelles" unha suba do 2,3%, a do custo da vida. "e non o vai facer", asegura. "O programa máis curto do mundo" Nas súas tres intervencións, en Cerceda, Vilalba e Silleda, Rubalcaba apostou por cederlle o protagonismo ao candidato, Pachi Vázquez. Sensiblemente máis cómodo nas distancias curtas que nos mitins ao uso o cabeza de cartel do PSdeG amosoulles aos seus simpatizantes o "programa máis curto do mundo", de só "catro palabras: emprego, sanidade, educación e dependencia", resume. "Os pensionistas non van pagar os medicamentos, ímosllelos cobrar aos que nos meteron na crise", di Vázquez "Galicia está mal pero non ten por que estar así", di Vázquez. "Todo o mundo sabe que van recortar as pensións, que aos enfermos de diálise lles van cobrar as ambulancias, pero non ten que ser así". Non será, afirma, se á Xunta chega un "goberno de progreso con maioría socialista", que "en vez de gravarlles aos pensionistas", aplique "impostos á banca, que é a xente que nos meteu neste lío". Por esa vía, di, poderíanse recadar 52 millóns ao ano. Do mesmo xeito, "atrévome a dicirvos que lle digades a todos: se ganamos nós, non van pagar os medicamentos, porque llelos imos cobrar aos que nos meteron na crise". Impostos ás grandes áreas comerciais ou tributos "verdes" son outras das propostas que, explica Pachi Vázquez, manterá durante unha campaña na que "non lle vou contar unha mentira a ninguén". Porque "só hai unha cousa peor que perder unhas eleccións: gañalas e que te insulten pola rúa por enganar a todos". "Xa non queren traer a Rajoy, como van querer?", ironiza.
PRAZA_19928
Coas resultas da Operación Lezo puidemos enxergar o sentido real da operación fiscais desenvolvida polo ministro de Xustiza e que substituíu os responsábeis na Fiscalía Xeral do Estado, nas Superiores de Euskadi e Murcia e na Fiscalía Anticorrupción.
As pescudas que estamos a coñecer referentes á Operación Lezo confirman, si, a convicción de que o PP autonómico de Madrid desenvolvíase, polo menos até o 2015, nun estado de corrupción sistémica, que aqueixaba ao conxunto dos seus niveis. Neste senso, mesmo a recoñecida culpa in vigilando da lideresa Esperanza Aguirre semella xa superada. Avisos abondo tivo das trapalladas do Ignacio González e do Francisco Granados e non actuou de xeito ningún, polo que non pode afastar de si a sombra da sospeita. Ben, a corrupción é sistémica no PP de Madrid e no PP do País Valenciano. Mais, que pasa no nível estatal? É un problema dunhas poucas mazás podres no cesto? Non, verdadeiramente. O peor da crise aberta o 19 de abril é constatar como o aparello da madrileña rúa Xénova e os Ministerios de Xustiza e Interior non só actuaron pasivamente fronte á corrupción que enchoupaba o partido, senón que fixeron uso de todas as ferramentas que tiñan na man para diluír as pescudas xudiciais en curso. Porque coas resultas da Operación Lezo puidemos enxergar o sentido real da operación fiscais desenvolvida polo ministro de Xustiza e que substituíu os responsábeis na Fiscalía Xeral do Estado, nas Superiores de Euskadi e Murcia e na Fiscalía Anticorrupción. Unha operación coordinada coa reforma da Lei de Axuizamento Criminal (que limitou a seis meses o tempo máximo de instrución penal, agás informe a prol da Fiscalía) e cos esforzos do PP estatal por minimizar xudicialmente a operación Gurthel e cantas pescudas xudiciais tiran do fío das súas vergoñas. Nestas circunstancias, a moción de censura promovida por Unidos Podemos, En Marea e En Comú Podem constitúe unha ferramenta de limpeza democrática no fondo, malia que nas formas amosarase de máis ese protagonismo sobreactuante propio do Pablo Iglesias. Constitucionalmente a moción de censura non é un mecanismo excepcional. Todo deputado pode presentar unha por cada período de sesións, é dicir dúas ao ano. E ninguén enferma por iso. Serán, en todo caso, as outras forzas políticas as que xustifiquen por que non botar fóra do Goberno a un partido enchoupado na corrupción e enfrontar un Goberno de concentración para unha curta lexislatura centrada na rexeneración democrática. A ARRINCADEIRA. Frear o fascismo Entre Macron e Le Pen non collen as terceiras vías. A primeira prioridade da Europa hoxe é frear o fascismo.
NOS_23853
A partir do próximo sábado 2 de xaneiro as lectoras e os lectores de Nós Diario poderán gozar cos novos pasatempos que incorpora o xornal, así como as modificacións que van sufrir algúns dos actuais.
Xoán Costa é, ademais de filólogo, docente e presidente de Sermos Galiza, o autor, canda Xerardo Rodríguez Roca, dos pasatempos do noso xornal que explica a dobre finalidade destes entretementos. "Desde o comezo, pretenden ofrecer diversión e ao mesmo tempo aprendizaxe". Sobre todo cos xogos de palabras, "buscamos que os usuarios e as usuarias teñan máis fluidez e maior dominio do galego e que se habitúen a facer na nosa lingua o que posibelmente facían noutras linguas", di o autor. No próximo ano haberá dous xogos novos, un deles titúlase "7 palabras" e é unha especie de encrucillado en branco, nun cadro de sete por sete que ten a particularidade de que todas as palabras se cruzan, e así, o termo do tres horizontal é igual ao do tres vertical, por exemplo. "É unha serie limitada que durará até o final do primeiro semestre de 2021", conta Xoán Costa. O outro xogo novo será "Unha para todas", baseado nos encrucillados de vocabulario coa característica de que aparece escrita unha palabra e todas as demais serán sinónimas da descuberta e, por tanto, non terá definición, senón que a persoa que o faga deberá deducir as demais palabras. Como iso non é fácil, algún dos outros termos levará escrita algunha letra. A sopa de letras do diario agora chamarase "Vento mareiro" e tratará textos e poemas relacionados co mar, que tamén poderá contar con ligazón a músicas ou imaxes alusivas As novidades tamén lle afectan ao Sermos Galiza O suplemento do sábado incorpora novidades nas súas sopas de letras, que no ano que remata estaban centradas en escritoras e escritores e na nova tempada mudará o nome para "Letras con música" e nelas aparecerán letras de cancións. A propia sopa levará un código QR incrustado para que co teléfono móbil, mentres se fai o pasatempo, se poida escoitar a canción en cuestión ou, se é o caso, o poema musicado. Ademais, relata Xoán Costa, "introducimos os clásicos encrucillados en branco, que até agora non aparecían pero foron moitos os lectores e lectoras que os pediron".
PRAZA_6553
Montse Dopico entrevista a Francisco Xavier Redondo Abal, autor do ensaio Bibliotecarias e bibliotecarios infames, editado por Laiovento.
"¡Muera la intelectualidad traidora!". "¡Viva la muerte!". Non foron só os berros histéricos que proferiu o xeneral Millán-Astray nun momento de acaloramento. Son dúas frases que expresan o medo á democratización da cultura que levou as elites do franquismo ao desmantelamento do sistema de escolas e de bibliotecas que a Segunda República conseguira erguer, e con el á depuración dos bibliotecarios e bibliotecarias que con el se comprometeran. Homes e mulleres represaliados por faceren o seu traballo. Por tentar que a lectura e o coñecemento non fosen só privilexio duns poucos. Francisco Xavier Redondo Abal conta as súas historias no ensaio Bibliotecarias e bibliotecarios infames, editado por Laiovento. O libro dálle continuidade a ensaios anteriores teus, como O fulgor e as tebras e Proceso a unha biblioteca. A represión de bibliotecarios e bibliotecarias é, así, un tema que levas anos investigando. Comezaches debido á falta de estudos sobre esta cuestión? En efecto, así é. Existe un enorme baleiro na historiografía sobre esta cuestión, agás pequenas achegas que tratan o tema cando investigan a biografía dun facultativo que rematou investigado e/ou depurado. Mais, hai que subliñar que, nestes casos, algúns autores prefiren non mergullarse demasiado nun asunto tan delicado como a represión sufrida polos integrantes do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Incluso no tratamento das incautacións, espolios e depuracións de bibliotecas, públicas ou privadas, existe certa reticencia cara ao seu estudo. Malia todo, por fortuna, o panorama vaise aclarando e pasesiñamente comezan a xurdir estudos serios e rigorosos de investigadores como Inmaculada de la Fuente, Ana Martínez Rus, Ramón Salaberria, Enrique Pérez Boyero, por citar só algúns. "Existe un enorme baleiro na historiografía sobre esta cuestión, agás pequenas achegas que tratan o tema cando investigan a biografía dun facultativo que rematou investigado e/ou depurado" As fontes son, sobre todo, expedientes de depuración dos funcionarios e funcionarias represaliados. Tiveches dificultades para acceder a elas? En absoluto. A verdade é que todo foron facilidades. Especialmente no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, o centro onde se atopan todos os expedientes de depuración. Eu coñecía da súa existencia, mais achegueime cunha venda nos ollos. Alí, os seus encargados guiaron as miñas pescudas e ofrecéronme consellos nas búsquedas da documentación que, ao fin, foron dunha grande utilidade. Ademais das consultas, eles tamén facilitaron reproducións de moi boa calidade dos expedientes solicitados. "Cando as autoridades do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes da Segunda República decidiron dar pulo á lectura socializada, as elites secularmente dominantes sentíronse agredidas" Xa en O fulgor e as tebras explicabas que as bibliotecas creadas na Segunda República foran destruídas porque a política das autoridades republicanas de democratizar a cultura era vista como unha ameaza para as elites que o franquismo protexía. Por que eran tan perigosas as bibliotecas? Porque as bibliotecas son os lugares que custodian os libros e estes son o pasaporte para o espíritu crítico, a reflexión, a toma de conciencia e, en consecuencia, a liberdade. Por iso, cando as autoridades do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes da Segunda República (con Marcelino Domingo primeiro e Fernando de los Ríos despois) decidiron dar pulo á lectura socializada, as elites secularmente dominantes sentíronse agredidas. Que toda a poboación tivese acceso á lectura foi considerado unha declaración de guerra que, ademais, ameazaba os seus intereses de clase. Socializar a lectura, facela accesíbel a todos os cidadáns sen reparar na súa condición social ou no seu lugar de residencia (rural ou urbano), creaba mentes libres e independentes, persoas que poderían pensar e decidir por si mesmas. E iso era moi perigoso. En consecuencia, os instrumentos que farían posíbel semellante avance, as bibliotecas e os centros de lectura, tamén foron considerados perigosos. E así, xunto aos mestres e as mestras, os profesionais das bibliotecas foron un inimigo a combater dende xullo de 1936. Non só a rede de bibliotecas escolares e municipais creada polo goberno republicano foi obxecto de destrución. Tamén as bibliotecas de asociacións culturais, ateneos, liceos, partidos, sindicatos obreiros... Na zona republicana, segundo explicas, o que se fixo foi incautar bibliotecas privadas para levar os seus fondos a bibliotecas públicas. Cales foron, así, as principais diferencias entre a política bibliotecaria de republicanos e franquistas? As incautacións de bibliotecas privadas nos territorios que quedaron baixo a legalidade republicana tiveron como obxectivo salvagardar aqueles tesouros bibliográficos para evitar a súa destrución, tanto dos saqueos das milicias revolucionarias como dos bombadeos franquistas (e alemáns e italianos). O Estado republicano nunca xamais comerciou co patrimonio artístico e documental e a súa obsesión foi poñer lonxe das frontes bélicas as bibliotecas e os arquivos (privados ou non), agardando un desenlace positivo do conflito. Ademais, organismos como Cultura Popular seguiron apostando por levar a lectura a hospitais, trincheiras, retagardas, etc. Entre marzo de 1937 e abril de 1938, Cultura Popular gastou case sete millóns de pesetas na adquisición de libros. Sabes cal foi o orzamento para as bibliotecas públicas nos Presupostos Xerais do Estado de 1952? Menos de catro millóns. "Entre marzo de 1937 e abril de 1938, Cultura Popular gastou case sete millóns de pesetas na adquisición de libros. Sabes cal foi o orzamento para as bibliotecas públicas nos Presupostos Xerais do Estado de 1952? Menos de catro millóns" Por outro lado, a política bibliotecaria franquista durante a guerra é doada de explicar: bibliotecas incautadas e examinadas, centros de lectura depurados do que eles mesmos chamaban "pornografía disolvente" (é dicir, Valle-Inclán, Pérez Galdós, Voltaire, Marx... ), destrución, censura e medo, moito medo... Coa vitoria franquista as bibliotecas convertéronse en espazos mortos, elitistas, confesionais e reaccionarios. O proceso depurador de bibliotecarios e bibliotecarias é parte da destrución de libros e bibliotecas. Tratábase de afastar os "desafectos" e premiar os fieis ao Novo Estado, independentemente da súa cualificación profesional. Cales foron as consecuencias para o sistema bibliotecario, en termos xa non só sociais senón culturais e científicos? A depuración dos integrantes do CFABA foi, en primeiro lugar, un aviso a navegantes. Non había xa lugar á modernidade, aos avances en materia bibliotecaria, á innovación, á apertura... As vellas elites do corpo facultativo retomaron os camiños anteriores a 1931 e impediron calquer progreso biblioteconómico: conceptos traídos dos países máis avanzados (Francia, Estados Unidos...) ficaron esmagados ante as vellas/novas doutrinas nacional-católicas: fondos bibliográficos cun enorme peso dos temas relixiosos, por exemplo, preponderancia das interpretacións dos libros sagrados, haxiografías de santos, comentarios ao Vello e Novo Testamento, etc, volverán a ser parte fundamental de todas as bibliotecas... Por suposto, censura ou prohibición de centos de autores e obras pouco acordes co novo espírito patriótico vencedor, tamén esquecemento do Século das Luces, da Ilustración, cunha volta á admirada Idade Media, os Reis Católicos, Felipe II... Con este panorama, non resulta esaxerado afirmar que varias xeracións víronse privadas da cultura xeral e permaneceron nun ermo cultural de moi difícil saída. "As vellas elites do corpo facultativo retomaron os camiños anteriores a 1931 e impediron calquer progreso biblioteconómico" Unha lei de 1939 ampara as depuracións que xa se viñan realizando. Un dos aspectos que teñen en común os xuízos é a súa falta de garantías. Nos expedientes aparecen acusacións tan ridículas como poder permitirse comer bocadillos. Hai pautas de represión distintas para distintos sectores da poboación? (Mulleres, membros de determinadas organizacións sindicais...) Ao igual que nos consellos de guerra, aquelas pantomimas onde o acusado xa estaba condeado antes do inicio do xuízo-farsa, na incoación dun expediente de depuración o investigado carecía de todas as garantías legais, as acusacións soan a esperpentos e o castigo estaba decidido de antemán. Que o acusado fora inocente, presentara un prego de desgargo razoado ou que acompañara a súa súplica con declaracións de persoeiros de "recoñecida solvencia", pouco importaba. O investigado reprentaba, segundo as autoridades franquistas, á AntiEspaña, á masonería ou barbaridades similares. Por tanto, merecía un castigo exemplar. "As mulleres que integraban o CFABA sufriron un verdadeiro calvario. Por mulleres e por instruídas" As mulleres que integraban o CFABA sufriron un verdadeiro calvario. Por mulleres e por instruídas. Non hai que esquecer que aquelas mulleres bibliotecarias comprometidas co proxecto educativo republicano foron obxecto dunha persecución atroz. Á súa condición de xénero, hai que engadir que eran persoas cultas, independentes, resolutivas, libres, excepcionais... Crían na igualdade e na solidariedade e entenderon a socialización da lectura como un arma de progreso social. María Moliner, bibliotecaria depurada, chegou a afirmar que naquela Valencia republicana de 1937 e 1938 asediada pola guerra, unha muller valía máis que cinco homes. E tiña razón: tal era a determinación daquelas bibliotecarias irrepetíbeis. Ningunha delas tiña cabida nos parámetros machistas, fascistas e integristas da Nova España. O seu rol, segundo as novas autoridades, quedaba reducido ao fogar e o coidado dos nenos. Porén, malia a depuración e o castigo, moitas continuaron traballando. Iso si: en silencio. Apuntas os nomes non só das vítimas, senón dos "verdugos". Os responsables das institucións que comandaron a represión. Fomentouse, ademais, a delación de compañeiros. Cales foron, así, os principais responsables do desmantelamento do sistema bibliotecario? De que xeito se apoiaron tamén na complicidade de funcionarios que acusan a outros? Resulta innegábel que algúns integrantes do Corpo Facultativo non viron con bos ollos a chegada da Segunda República e que tampouco tomaron como seus os impulsos innovadores propugnados polas autoridades republicanas. Moitos militaron antes da chegada da Segunda República en organizacións relixiosas integristas ou políticas, como a Unión Patriótica do xeneral Primo de Rivera. Coa instauración do sistema democrático, integráronse en grupos reaccionarios como Falange Española, Renovación Española, CEDA, as JONS... Incluso durante a Guerra Civil, algúns que permaneceron en territorio leal á República formaron parte da Quinta Columna. Eran as vellas elites do Corpo Facultativo, funcionarios que aprobaran as súas oposicións no último decenio do século XIX ou a principios do XX. Por exemplo, Miguel Artigas e, sobre todo, Gómez del Campillo. Este será o xuiz instrutor único que investigará aos seus propios compañeiros de profesión, invitará a declarar contra os investigados a outros bibliotecarios e arquiveiros nun lamentábel exercicio de delación e, por último, proporá sancións que serán elevadas por Artigas ao Ministro de Educación Nacional, José Ibáñez Martín, destacado dirixente da Asociación Católica Nacional de Propagandistas, para a súa sanción definitiva. Entre as vítimas, escolliches afondar nos casos de Teresa Vaamonde, María Brey, Ramón Iglesia, María Muñoz, Luisa Cuesta, Nicéforo Cocho, Juan Vicens e Juana Capdevielle. Que perfís representan? Escollín estes nomes pola súa vinculación a Galiza: eran naturais do noso país ou, nalgún momento da súas vidas, desempeñaron os seus traballos profesionais na Galiza. En xeral, estes homes e mulleres presentan un perfil ideolóxico progresista, eran vitalistas, moi preparados profesionalmente con estadías no estranxeiro, coñecían varios idiomas e, como remate, sufriron a represión dos vencidos en todas as súas variantes: postergación, expulsión, cárcere, exilio e incluso asasinato, como foi o caso de Juana Capdevielle. Cando comecei este estudo non sabía onde ía chegar e a abundante documentación atopada desbordoume. Por iso decidín empregar un criterio nacional para abordar a cuestión, sen desbotar que nun futuro poida ampliar o traballo a todo o Estado español. "Ramón Iglesia Parga, compostelán de nacemento, é hoxe practicamente un descoñecido no seu país malia ser considerado un americanista de primeira liña" Un dos criterios da escolla foi reivindicar nomes esquecidos, como o de Ramón Iglesia. Cales foron as principais achegas científicas de bibliotecarios represaliados coma el? Ramón Iglesia Parga, compostelán de nacemento, é hoxe practicamente un descoñecido no seu país malia ser considerado un americanista de primeira liña. Como Iglesia, o resto dos mencionados no libro teñen unha considerábel produción bibliográfica dende moi diferentes ópticas. Mais o que para min resulta fundamental foi rescatar do esquecemento os nomes destes homes e mulleres únicos, sobresaíntes e, sobre todo, inocentes. Porque como dixo a bibliotecaria exiliada Teresa Andrés, "Nos enterró el olvido". Quixera non rematar esta conversa, se o permites, sen expresar o meu agradecemento sincero e infinito a Edicións Laiovento. En concreto, ao meu gran amigo Francisco Pillado Maior, con quen conversar é un luxo impagábel; a Sandra Vilaseco, pola súa infinita paciencia conmigo; a Afonso Ribas e Xosé Carreiro, que non desmaiaron até sacar este libro ás rúas. A Manuel Rivas, cuxo fermoso limiar foi un agasallo luminoso. A todos, grazas. "No contexto actual de crise económica, semellante actuación representa un golpe mortal ás bibliotecas de titularidade pública, un ataque frontal á esencia dos centros de lectura" Mirando a actualidade, acaba de aprobarse o canon por préstamo bibliotecario, que semella unha volta atrás. Que opinas deste tema? Dacordo cunha directiva da Unión Europea, o Goberno español aprobou o pasado 18 de xullo o Real Decreto 624/2014 implantando o canon por préstamo bibliotecario. En definitiva, o decreto impulsa o pagamento que terán que facer as bibliotecas públicas por exercer un servizo que as propias leis lles confiren, como é o préstamo de libros aos usuarios. No contexto actual de crise económica, semellante actuación representa un golpe mortal ás bibliotecas de titularidade pública, un ataque frontal á esencia dos centros de lectura. As bibliotecas quedan, deste xeito, ameazadas e a súa superviviencia como servizo público fica nun risco moi elevado. As medidas obtiveron un amplo rexeitamento das asociacións de profesionais e, ademais, hai que engadir que os poderes públicos en ningún momento buscaron o consenso, o debate ou a posta en común para acadar acordos. Eu son neste terreo moi pesimista pois o que está a acontecer non se diferenza moito do que está ocorrendo coa sanidade ou o ensino público. Todo responde a un plan preconcebido: esmagar o público, finiquitar as conquistas sociais que tanto esforzo custou implementar. E se protestas, aí están os antidisturbios...
PRAZA_6808
O Goberno do Estado nomea indirectamente unha maioría absoluta do Consello do Poder Xudicial (CXPX), órgano de goberno dos xuíces que determinan os maxistrados que chegan ao Tribunal Supremo (TS) e á Audiencia Nacional (AN), que son os que levan a meirande parte do control real da actuación regulamentaria e político-administrativa do Goberno do Estado.
A intromisión do Goberno do Estado na administración xudicial está a pór en risco a meirande parte dos controis que nos recoñecen como un Estado democrático de dereito. Intromisión que ten a súa orixe no outorgamento cidadá (novembro 2011) dunha maioría absoluta nas dúas Cámaras estatais, que lle dan ao PP o control dos Poderes lexislativo e executivo estatais. E nos graves defectos da regulación xerada polo PSOE e PP no tempo desde que aprobaron a Constitución. Este control determina que a maioría que apoia ao Goberno do Estado elixa indirectamente unha maioría absoluta do Tribunal Constitucional (TC) Este control determina que a maioría que apoia ao Goberno do Estado elixa indirectamente unha maioría absoluta do Tribunal Constitucional (TC). Isto quere dicir que as leis aprobadas pola maioría absoluta do Parlamento estatal van ser controladas canto á súa constitucionalidade por ese TC indirectamente nomeado por Rajoy e que fixa unilateralmente a súa axenda. Adiantando as cuestións que interesan (Catalunya, por exemplo) e adiando as que non conveñen (lei de taxas). Polo mesmo, os recursos de inconstitucionalidade contra leis autonómicas van ser decidido por un árbitro caseiro, case sempre favorábel aos intereses centralistas, pois que o Executivo estatal nomea indirectamente ao TC. Mais este control falla tamén no que atinxe ao control da normativa regulamentaria e da actividade administrativa. As taxas limitan substancialmente o acceso á xustiza e, xa que logo, o control da legalidade da actividade administrativa. E o Goberno do Estado nomea indirectamente unha maioría absoluta do Consello do Poder Xudicial (CXPX), órgano de goberno dos xuíces que determinan os maxistrados que chegan ao Tribunal Supremo (TS) e á Audiencia Nacional (AN), que son os que levan a meirande parte do control real da actuación regulamentaria e político-administrativa do Goberno do Estado. Si, acertaron vostedes. Controlan indirectamente aos que lles controlan. Velaí que sexa urxente unha fonda reforma, quizais constitucional, que garanta a independencia da xustiza Velaí que sexa urxente unha fonda reforma, quizais constitucional, que garanta a independencia da xustiza, hoxe reducida aos niveis de Xulgados, Audiencias e, parcialmente, Tribunais Superiores. No caso da Galicia cumpriría, ademais, vincular a xustiza ao noso sistema de autogoberno e facela rematar a todos os efectos no TSXG.
NOS_22263
Dublín non quer a devolución dos 13 mil millóns de euros que, a xuízo da Comisión, constitúen axudas ilegais do Estado irlandés á multinacional tecnolóxica Apple.
De 2003 a 2014 Apple teríase beneficiado de exencións fiscais por valor de 13 mil millóns de euros. En 2013, por exemplo, Apple Sales Internacional, compañía con sede na illa, pagou polo imposto de sociedades apenas o 1% dos seus lucros. En 2014, a cantidade aínda foi máis irrisoria: o 0,005%. Bruxelas entende que estas exencións fiscais, produto dunha sofisticada enxeñaría contábel, constitúen axudas ilegais e insta Apple a devolver os 13 mil millóns a Dublín. A posición de Irlanda -coincidente coa de Apple e dos EUA- é de defensa do seu sistema fiscal. O ministro de Finanzas irlandés, Michael Noonan, afirmou: "A decisión [de Bruxelas] non me deixa máis opción que a de procurar o acordo do goberno [irlandés] para apelar. Isto é necesario para defender a integridade do noso sistema fiscal, para fornecer certeza fiscal aos negocios e para desafiar a intromisión das regras da UE en materia de axudas estatais nas competencias fiscais soberanas dos estados membros". Apple recorreu a decisión de Bruxelas e alertou que a súa posta en prática tería consecuencias sobre o emprego en Europa. No ano fiscal de 2015 a compañía estadounidense obtivo en todo o mundo un beneficio neto de 35.000 millóns de dólares.
NOS_2538
A Real Academia Galega recorda que no pazo de Meirás gárdanse unhas 3.200 obras das máis de 11.000 que formaron parte da colección persoal da escritora coruñesa. Para a entidade, esa declaración significaría "garantir a súa protección e uso público".
A biblioteca do pazo de Meirás acubilla uns 3.200 dos máis de 11.000 volumes que Emilia Pardo Bazán chegou a reunir na súa biblioteca persoal. Con motivo da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, que dita que os herdeiros de Francisco Franco devolvan o inmóbel ao pobo, a Real Academia Galega (RAG) solicita que o conxunto da biblioteca de Pardo Bazán sexa declarado Ben de Interese Cultural. O obxectivo: "garantir a súa protección e uso público". A Academia, que celebra a sentenza, agarda que a decisión xudicial "facilite a recuperación dos libros da escritora que aínda continúan en Meirás". "Consideramos que a biblioteca ten un extraordinario valor documental, histórico, biográfico e intelectual pola significación dos títulos e porque é a crónica íntima da escritora", afirma Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, nun comunicado de prensa emitido o día de onte. "Desde hai anos a RAG traballa na unificación dese patrimonio no edificio da rúa Tabernas, que foi residencia coruñesa da autora, para facelo accesíbel a investigadores e a todas as persoas interesadas na obra de Emilia Pardo Bazán", engade. Pardo Bazán foi nomeada presidenta honoraria da RAG en 1905 e a sede da institución desde 1978 está no que foi o fogar da escritora na súa cidade natal, no número 11 da rúa Tabernas da Coruña, tras a doazón da súa filla Blanca en 1956. A biblioteca da RAG conserva, segundo a institución, perto de 8.000 volumes da autora. "Parte deles atopábanse no domicilio coruñés, pero a Academia conseguiu recuperar a maioría do pazo de Meirás tras o incendio que se rexistrou neste edificio en 1978 e poñelos a disposición das persoas que investigan a vida e a obra da autora", explica a RAG no comunicado. Os demais títulos, engade, non puideron recuperarse polo momento das Torres de Meirás. Ademais, o legado de Pardo Bazán conservado na RAG inclúe manuscritos, galeradas, notas de traballos e fotografías e outros documentos persoais. Os documentos abranguen case todos os campos cultivados pola escritora, desde o relato curto, a novela, a poesía e o teatro até a crítica literaria, artigos e crónicas xornalísticas ou conferencias, así como unha importante colección de receitas de cociña. A descrición do arquivo pode atoparse en liña no Arquivo Dixital da Galiza onde, ademais da descrición dos documentos, os usuarios e usuarias poden acceder a 9.700 imaxes dixitalizadas.
NOS_29998
Foi en 2008 cando o Parlamento aprobou por unanimidade reclamar ao Estado as transferencias de tráfico. Porén, no Congreso, PSOE e PP impediron que prosperase. Agora, o debate volverá á Cámara Baixa, logo de que este 27 de abril o Hórreo dera luz verde á nova solicitude para a Galiza lograr as competencias de tráfico e seguranza.
O pleno do Parlamento galego aceptou a trámite a proposición de lei para debate no Congreso dos Deputados pola que se reclaman as transferencias á Galiza en materia de tráfico,circulación de vehículos e seguranza viaria. A iniciativa chegará á Cámara Baixa sen unanimidade, co apoio de 30 votos favorábeis, os do BNG -grupo impulsor da proposta- e os do PSdeG. O PP, pola súa banda, optou pola abstención. Porén, no ano 2008, a reclamación das mesmas transferencias lograra o apoio unánime do Parlamento galego, incluíndo o dos populares, e foi defendida en 2010 no Congreso por membros do Parlamento galego do PP, PSdeG e BNG. Mais finalmente, o voto contrario do PSOE -entón no Goberno estatal- e a abstención do PP impediron que prosperase. Este antecedente tróuxoo a colación esta terza feira, 27 de abril, o deputado do Bloque Luís Bará. "Só o BNG votou o mesmo na Galiza e no Congreso porque os partidos centralistas están a outra cousa: obedecer o que digan en Madrid", espetou. Alberto Pazos (PP) advertiu que era o POSE quen tiña a chave porque estaba no Goberno José Luis Rodríguez Zapatero. Ante isto, o socialista Pablo Arangüena apoiouse en que hai dous anos o PSdeG presentou no Parlamento a reclamación desta competencia para a Galiza. A transferencia que reclama o BNG atinxe a rede viaria, dispersión da poboación, clima, orografía, parque móbil e elementos que "explican a alta sinistralidade", mais tamén resulta chave, resaltou Bará, "para crear a policía galega integral que, a pesar de contar cunha lei aprobada en 2007, segue sen ser desenvolvida". 12 anos sen transferencias Bará aproveitou o debate para reprochar a Alberto Núñez Feixoo que, durante os 12 do seu mandato, non se lograse unha soa nova transferencia. "Feixoo dixo sempre Galiza, Galiza, Galiza e sempre máis Galiza", replicou Pazos aludindo ás 52 transferencias conseguidas durante a Xunta de Manuel Fraga.
QUEPASA_488
Os traballos realizáronse nas estradas que comunican Baizana e Vilar (por A Parrocha); A Costa e A Devesa e o acceso a O Cadro.
O Concello de Zas continúa mellorando a súa rede viaria. Precisamente nos pasados días remataron os traballos realizados en distintas parroquias do noso municipio co fin de mellorar, por unha parte, a seguridade vial e, por outra, os accesos a vivendas e a explotacións agrarias. O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. por un total de 90.947 euros con cargo ao POS+ 2018, consistiu no asfaltado de 3 treitos de diferentes lonxitudes situados nas parroquias de Loroño, Vilar, San Adrián de Castro e Zas afectando a unha superficie total de 22.174´12m². Os traballos consistiron na limpeza de cunetas e taxeas e na aplicación dun dobre rego asfáltico sobre o firme existente. Para o Goberno local, encabezado por Manuel Muíño, a conservación e mellora da rede viaria municipal é unha prioridade polo que nos próximos meses levaranse a cabo máis actuacións en diferentes estradas de titularidade municipal.
PRAZA_18509
Redrum Teatro, en coprodución co CDG e o Concello de Pontevedra, estreará o vindeiro xoves 15 de novembro 'Invisibles', adaptación escénica do libro de Montse Fajardo no que se recollen sete relatos reais de vítimas do maltrato. Praza.gal entra nos ensaios da montaxe. ENTREVISTA | Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"
ENTREVISTA | Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal" A arte, como brazo armado da realidade, sempre atopará artillería pesada na fauna e no seu reino. Entre as bestas, adormecen as metáforas perfectas para explicármonos cunha exactitude máis propia da biofísica que da literatura. Por iso, non hai mellor coiraza contra os agravios que a pel do rinoceronte. Nin mellor imaxe có cardume que, guiado polas correntes, nos cerca a conduta como colectivo social. E mesmo hai quen asegura que "se metes unha ra na auga moi quente, porá todas as súas enerxías en pegar un chimpo para salvar a vida; pero se a metes en auga fría e logo vaslla quentando, morre na auga fervendo sen decatarse do perigo". Os mecanismos do maltrato que a xornalista Montse Fajardo relata o seu libro gañan formas e volumes na escena Así funcionan os mecanismos do maltrato e dese xeito explícao unha das protagonistas de Invisibles, libro no que a xornalista Montse Fajardo recompilou sete historias reais de vítimas da violencia de xénero. Eses relatos, editados en 2017 por Edicións Matriarcas e o Concello de Pontevedra, gañarán formas e volumes na escena grazas a Redrum Teatro que, en coprodución coa Concellería de Igualdade de Pontevedra e o Centro Dramático Galego, estrea a súa adaptación escénica. Baixo a dirección de Marián Bañobre e coa interpretación de Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, Invisibles estréase no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro xoves 15 de novembro, tras celebrar a preestrea o martes 13 no Auditorio Municipal de Catoira. "Descubrín o libro a través de Llerena Perozo, quen o recomendaba nas redes sociais. Dicía que debería ser de lectura obrigada nos institutos. Achegueime así ao Invisibles de Montse Fajardo e vin clara a posibilidade de levala a escena. Aí había historias para o teatro", sinala Sheyla Fariña, a actriz que impulsou un proxecto escénico que, xa na recta final dos seus ensaios no Auditorio de Catoira, define como "unha montaxe que amosa á realidade concreta da violencia de xénero sufrida por sete mulleres, pero que cuestiona ao mesmo tempo a invisibilidade. Pregúntase que é o verdadeiramente invisible nesta lacra social". Shelyla Fariña: "Amosa a realidade concreta da violencia de xénero sufrida por sete mulleres e cuestiona ao mesmo tempo a invisibilidade" Así, a invisibilidade maniféstase nunha sociedade que tende a autoprotexerse ao agochar, en palabras de Fariña, "o maltrato de base e o machismo imperante". Unha sociedade, ademais, que durante moito tempo tentou evitar e segue a evitar tratar en público determinadas cuestións, o cal empurra as vítimas "ao sentimento de vergoña, á culpabilidade, á incomprensión e ao silencio", elementos que se reflicten na obra de Fajardo e que se trasladan á súa adaptación teatral do mesmo xeito que se recolle unha idea fundamental: non hai ninguén que dea o perfil para o maltrato. Non hai un estamento social definido, nin unha profesión, nin un ámbito concreto nin unha franxa de idade propensa. "Por ese motivo, para levala a escena, facía falla contar con tres actrices diferentes que representasen tres xeracións distintas para reflectir esa falta de perfil, que quede clara a idea de que lle acontece a calquera", destaca Fariña. É dicir, calquera pode ser ra sen decatarse de como a temperatura da auga vai en aumento. Ao cabo, nesa súa transparencia agóchase a invisibilidade. A utilidade do teatro Presentación da obra no Concello de Pontevedra / Concello de Pontevedra Para a dirección, Fariña recorreu a Marián Bañobre neste proxecto escénico que, dende o seu punto de vista, significa un auténtico reto profesional. "E tamén unha gran responsabilidade por como contar a historia destas sete mulleres, ás que hai que respectar moitísimo, como tamén hai que respectar o traballo de Montse Fajardo e o seu libro, un libro que eu defino como valente", sinala Bañobre, antes de engadir o último grao da responsabilidade. "Son moitas as responsabilidades que se senten nesta obra, comezando pola historia destas mulleres e rematando pola resposta do propio público: como vas chegar aos espectadores? De que xeitos? É unha obra que precisa que o público empatice e que se identifique, sen sensacionalismos", reflexiona Marián Bañobre, quen recoñece un punto de inspiración na concepción creativa de Yolanda Domínguez, que comprende as expresións artísticas como efectos de acción social. "Para que se non? É dicir, Invisibles debe chegarlle ao público, ter un efecto nel, espertar unha reflexión para mudar a orde das cousas, comezando por cambiar a normalización do que é anormal. Esa é a parte útil do teatro", destaca Marián Bañobre. Marián Bañobre: "Invisibles debe chegarlle ao público, ter un efecto nel, espertar unha reflexión para mudar a orde das cousas, comezando por cambiar a normalización do que é anormal. Esa é a parte útil do teatro" Con eses obxectivos en mente, Marián Bañobre encargouse da dramaturxia de Invisibles partindo da base de que cumpría captar na montaxe a "alma do libro". "Traballouse moito no arco de toda a obra coa intención de meter as sete historias, respectando o relatado no libro de Fajardo, pero incluíndo algunhas partes ficcionadas. Mais sempre partindo como mínimo de anécdotas relatadas polas protagonistas do libro", recoñece Bañobre. Dese xeito, podemos coñecer as historias visibles de Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. As anécdotas que se desprenden dos seus relatos, sérvenlle á dramaturxia para incluír outro protagonista, talvez, invisible e que cómpre ter presente na escena: o "espectador social". Con este termo, a directora refírese a todo o que envolve as vítimas: as reacción sociais e colectivas, a contorna e a súa resposta cando se rompe o silencio. Unhas respostas recoñecibles que van dende a incomprensión á acusación. "Estou acusada de denunciar, acusada de deixarme chamar puta, de ser parva, de non dar o perfil", relata en escena o personaxe de Ana tras denunciar os malos tratos ante unhas autoridades que acaban non só por interrogala, senón tamén por cuestionala. O 'Invisibles' escénico aposta por incluír no seu libreto a historia dunha adolescente e ten unha "clara vocación" de achegarse ao público máis mozo Dentro das licenzas teatrais, o Invisibles escénico aposta por incluír no seu libreto a historia dunha adolescente, unha fase vital que non está recollida en estrito senso nas historias relatadas do libro. "Parécenos interesante incluír a adolescencia, porque é nesa fase cando se comezan a definir as relacións sociais e as de parella, cando comeza a se formar unha idea do mundo e do encaixe na contorna social. E resulta preocupante os datos que se desprenden dos adolescentes, de como comprenden as relacións e aceptan como normais certas cuestións ben perigosas como os celos, como o control ou outras visións nocivas do amor romántico", explica Sheyla Fariña, que tamén recoñece nesta montaxe teatral (que malia destinarse a todos os públicos) ten "unha clara vocación" de aproximarse ao público adolescente a partir de 2019, achegándose a institutos e colexios. Precisamente para tratar de atallar certas cuestións e, en definitiva, para exercer "a parte útil do teatro" alí onde é máis necesario.
PRAZA_18925
"Non pode ser que teñamos un Ministerio que custa 60 millóns de euros e se dedica a memeces coma o sexismo nos xoguetes ou a nata dos roscóns", afirmou De Olano, membro da dirección estatal do PP, no marco dunha crítica xeral ao Ministerio de Consumo. Nas pasadas festas, diversas institucións galegas volveron divulgar iniciativas contra os estereotipos de xénero nos xoguetes, entre elas a Xunta
Hai anos que gobernos de diversas cores políticas desenvolven accións a prol da igualdade de xénero no ámbito da infancia, caso das campañas contra os estereotipos de xénero nos xoguetes. Estas iniciativas adoitan ter especial énfase en datas como as do Nadal e Reis que vimos de pasar e así sucedeu tamén nestas festas 2021-2022, xa fose con campañas novas ou volvendo difundir outras de anos pasados.Así, por exemplo, o Concello de Lugo ou a Deputación de Pontevedra divulgaron cadansúas iniciativas creadas especificamente para este ano, como a guía Xogamos pola igualdade ou o concurso Búscase talento, entre outras. Ao tempo, a Secretaría Xeral de Igualdade, dependente da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta, volveu espallar a campaña Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo, protagonizada dende 2019 polos populares personaxes infantís d'Os Bolechas.O departamento do Goberno galego volveu difundir a devandita campaña nas redes en vésperas do día de Reis. Case ao mesmo tempo, un deputado do PP por Lugo cualificou este tipo de iniciativas como unha "memez". Jaime de Olano, membro da dirección estatal do partido como vicesecretario de Participación, resumiu así a súa consideración cando estas campañas proceden do Ministerio de Consumo do Goberno de España, que en vésperas do Nadal lanzou unha guía para a elección de xoguetes sen estereotipos sexistas e mais a campaña Huelga de juguetes, coa mesma mensaxe."Non pode ser que teñamos un Ministerio que custa 60 millóns de euros e se dedica a memeces coma o sexismo nos xoguetes ou a nata dos roscóns", afirmou De Olano, membro da dirección estatal do PPNo marco dunha crítica xeral ao Executivo da coalición de PSOE e UP en declaracións aos medios en Lugo -tamén divulgadas polas redes sociais e o web do propio partido-, De Olano afirmou que "non pode ser" que "teñamos un ministerio que custa 60 millóns de euros" e que "se dedica a memeces coma o sexismo nos xoguetes ou a nata nos roscóns", en referencia a outra campaña do mesmo departamento sobre o consumo de produtos de Nadal.O deputado do PP de Lugo e membro da dirección de Casado encadrou estas consideracións nunha esixencia de dimisión do ministro Alberto Garzón polas declaracións que realizou a finais de decembro ao xornal británico The Guardian, nas que subliñou a diferenza entre a produción cárnica en explotacións extensivas e sostibles e a que desenvolven explotacións intensivas como as macrogranxas, cos consecuentes efectos sobre o medio ambiente e a calidade dos produtos. O parlamentario, igual que o resto da dirección do PP e diversos medios de comunicación, considerou que estas consideracións implican "denigrar o sector gandeiro".
QUEPASA_518
Última hora (16/07 - 19:15): Medio Rural confirma que o incendio quedou extinguido. Última hora (23:30): A Xunta sinala que o incendio quedou "Controlado" Última hora (20.30): Aberta a comarcal Ac552. Última hora (19.30): Estabilizado, segundo Medio Rural, cunha superficie afectada de 30 hectáreas. A estrada AC552 segue pechada
Segue activo un lume no concello de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. e gracias a un forte vento de nordés, afectou 25,64 hectáreas, das cales unhas 20 corresponden a monte arborado e as 5,64 restantes a raso. No seu control levan traballado 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros (algún mesmo procedente de Laza (Ourense)). A Estrada AC552 tivo que se pechada e o tráfico é desviado en Berdeogas e Berdoias, pero reabrise arredor das 20:30h. Os Bombeiros de Cee tiveron que custodiar o Club da Balsa, que quedou rodeado polo lume. Arredor das 23:30h, quedou "controlado". Unha vez superadas as 20 hectáreas Medio Rural xa o calificou como #IFBerdoiasVimianzo e ofrece información. Bombeiro en Berdoias-Foto: Pepe Formoso Lugar do incendio de Berdoias-Foto-Pepe FormosoHai numerosos medios aéreos e dotacións de Bombeiros traballando no lugar.A Garda Civil xa pechou a estrada Ac552. @Incendiosgalic1 @IncendiosES pic.twitter.com/jZdf5OMjOG — Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 15, 2020 Estabilizado o incendio de Berdoias tras 30 hectáreas arrasadas segundo @incendios085. A Estrada segue pechada. #IFBerdoiasVimianzo@Incendiosgalic1 @IncendiosES pic.twitter.com/bO2SjsACmD— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 15, 2020 A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Incendios 2020 Xullo 2020: A parroquia de Montouto sobre o terceiro incendio nos últimos meses 01-06-2020: Un incendio forestal arrasou 13 hectáreas arredor da Punta Nariga. 05-04- 2020: Mazaricos sofre o segundo incendio da corentena. 31-03-20: Os Bombeiros conseguen extinguir un incendio en Santa Comba a pesar do forte vento.
NOS_9760
Son moitas as galegas que teñen experimentado cambios na súa menstruación nos últimos meses e os comentario fican moitas veces entre persoas de confianza. No entanto, hai varios estudos en marcha sobre este asunto. O último en transcender confirma un aumento na duración do ciclo.
Diversos estudos, incluso no Estado español, investigan a relación das alteracións da menstruación coa vacina fronte á Covid-19. E pouco a pouco transcenden os resultados como é o caso do informe publicado na revista Obstetrics & Gynecology e financiado polos Institutos Nacionais de Saúde dos EUA que asegura que aquelas mulleres que recibiron unha dose experimentaron unha maior duración do seu ciclo. As persoas autoras deste estudo, dirixido pola doutora Alison Edelman -da Universidade de Saúde e Ciencias de Oregón- destacan que unha vez recibida a picada co tratamento os ciclos menstruais varian lixeiramente dun mes a outro. Malia atoparse no marco da "variabilidade normal", as persoas expertas inciden en que pode haber case un día máis de incremento en relación a aquelas cidadás que non se vacinaron. Dentro da mostra investigada, a maioría das vacinadas recibiron Pfizer e Moderna. De media, a primeira dose de vacinación asociouse cun aumento de 0,71 días na duración do ciclo e a segunda dose cun aumento de 0,91 días. Estudo doutros efectos Neste caso, o aumento da duración non se vencellou a ningún cambio no número de días de sangrado. No entanto, tamén hai testemuñas recollidas en diversos medios e por equipos de investigación de mulleres que si experimentan outras variacións despois de que se lles inocule o fármaco aínda que non estea confirmada unha relación causa-efecto. No Estado español, a Axencia Española do Medicamento ten recibido notificacións dos posíbeis efectos adversos e até o mes de xullo de 2021, por exemplo, un 77% correspondían a mulleres. No último estudo cuxos resultados chegan desde os EUA, indican que precisarían seguir investigando para saber a influencia dos medicamentos "noutras características" do período, como "os síntomas asociados e as características do sangrado".
NOS_49155
[ACTUALIZADA ÁS 18.15h] Os dados de participação indicam que mais de 4 milhões de pessoas exerceram o seu direito ao voto até as 16h em Portugal, uma cifra superior á das anteriores legislativas.
De acordo com informação do Ministério da Administração Interna, até as 16h mais 4,2 milhões de pessoas exerceram o seu direito ao voto nos distintos colégios eleitorais do país, o que representa 44,38% dos 9,6 milhões de eleitores com direito ao voto. É uma subida de 2,4 pontos percentuais face às anteriores legislativas. Até o momento, as eleições estão a se realizarem sem incidentes e registam pouca presença de eleitoras. Levando em conta o descontentamento e a resignação que marcam o sentimento geral da população, a impressão é que a abstenção será alta. Nas parlamentares de 2011, a abstenção atingiu o patamar do 41,9%. Os colégios eleitorais fecharão as suas portas às 19h (hora portuguesa 20 horas na Galiza), agás nos Azores, onde fecharão uma hora depois, ao terem um fuso horário próprio.
NOS_14280
As candidaturas que concorren este 25 de setembro intensifican a súa presenza virtual en busca de reforzar o perfil dos seus cabezas de lista, mobilizar o seu electorado e atraer a votantes indecisos.
As redes sociais convertéronse durante os últimos anos nun escenario electoral que ningún candidato ou candidata quere desaproveitar. Por iso, as eleccións galegas deste ano xóganse tamén no espazo virtual, cunha intensa loita por amplificar o impacto mediático de cada proxecto político. Reforzar o perfil público dos seus cabezas de lista, mobilizar o seu electorado e atraer a votantes indecisos, son algúns dos obxectivos que perseguen as campañas nas redes. Analizamos as mensaxes das principais forzas que se presentan aos comicios galegos do 25 de setembro. Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) O actual presidente da Xunta e aspirante a unha terceira reelección non parte só con vantaxe segundo as enquisas, é tamén o candidato con máis seguidores e seguidoras nas redes. En Twitter conta con máis de 9.500 e en Facebook supera os 16.000 no seu perfil. Feijóo aposta en Twitter por mensaxes propias coas que lanzar as ideas forza da súa campaña, que intercala con rechíos a membros do seu equipo. Porén, o candidato do PP non acostuma a interactuar cos seus seguidores en ningunha das redes sociais. Destaca nestas primeiras xornadas de campaña o día 10 de setembro, durante o mitin central que compartiu en Pontevedra co líder popular Mariano Rajoy, onde se incrementou o seu impacto nas redes, segundo amosou a ferramenta 'O chiómetro!', desenvolvida para estes comicios por Gonzalo Rivero, científico social e estadístico especializado en política. Ellos dicen "Feijóo", nosotros decimos Galicia. Ellos dicen "no es no", nosotros decimos en Galicia sí #EnGaliciaSi pic.twitter.com/g5CuM1ZxOF— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 10 de septiembre de 2016 Ana Pontón (@anaponton) A candidata do BNG á presidencia da Xunta é a aspirante máis próxima nas redes sociais e tamén das máis activas. Pontón combina mensaxes dos actos de campaña e notas de prensa elaboradas polo seu partido con noticias de prensa relacionadas con temas centrais do programa nacionalista e mensaxes máis persoais. En Twitter está preto de alcanzar os 6.000 seguidores e seguidoras mentres que en Facebook conta con case 5.000. Ao contrario que Feijóo, a aspirante do Bloque interactúa con frecuencia ás mencións. Un exemplo da súa proximidade nas redes son os vídeos onde fala cara a cara aos seus seguidores. Este domingo, "antes de ir durmir", pechou a xornada animando a seguir o debate entre candidatos na TVG e lanzando unha mensaxe a superar as enquisas. Luís Villares (@VillaresLuis) O cabeza de lista de En Marea para o 25S empezou a mover os seus perfís públicos despois de resultar elixido como candidato da confluencia. Malia iniciarse nas redes recentemente, conseguiu xuntar un bo número de seguidores e seguidoras. En Twitter ten xa máis de 4.600 en apenas un mes. En Facebook case 4.000, moi activos á hora de compartir os seus contidos. As contas son xestionadas por el mesmo e polo seu equipo, como recoñece no seu perfil. Villares utiliza diferentes estratexias en función da rede social. En Twitter acostuma a compartir as mensaxes dos seus mitins e actos electorais, mentres que en Facebook utiliza fundamentalmente o vídeo como ferramenta para chegar o electorado. Esta segunda feira, segundo 'O Chiómetro!', era o candidato con máis mencións nas redes ao comezo da mañá. Xustiza social é repartir con quen non ten, botar auga no vaso baleiro. As inxustizas non son casuais, son causais. pic.twitter.com/d2tg0WLoD8— Luís Villares (@VillaresLuis) 11 de septiembre de 2016 Xoaquín Leiceaga (@XoaquiFLeiceaga) O candidato do PSdeG é o que menos presenza ten nas redes sociais. O seu perfil propio en Twitter conta con algo máis de 2.000 seguidores e seguidoras, mais non o actualiza desde o pasado día 9. Leiceaga centra a súa campaña virtual nun perfil criado 'ex professo' para estas eleccións (@Leiceaga2016 ), onde lanza mensaxes do seu programa político acompañadas de imaxes dos actos que realiza. Na súa páxina persoal de Facebook non chega aos 700 seguidores. Coñecendo o modelo de comedor escolar de Ames.Comprometemos libros de texto gratuitos e 2.500 profesores + en 4 anos pic.twitter.com/EFQb6BfDJ7— Leiceaga 2016 (@Leiceaga2016) 12 de septiembre de 2016 Xoán Bascuas (@Xoan_Bascuas) O aspirante de Compromiso por Galicia conta cun bo número de seguidores nas redes. En Twitter ten case 4.000 e a súa actividade nos primeiros días de campaña centrouse en compartir as mensaxes lanzadas pola conta oficial da súa formación. En Facebook acada os 5.000, onde sube principalmente fotografías e convocatorias dos actos electorais. Un candidato comprometido cos galegos de calquera recuncho do mundo. @Xoan_Bascuas #GaliciaeoqueImporta pic.twitter.com/gSZe3X1Kkj— @Compromiso.gal (@Compromiso_gal) 10 setembro 2016 Cristina Losada (@christinalosada) A número un de Ciudadanos pola Coruña partía cun perfil coñecido nas redes. A súa actividade como xornalista e recentemente como escritora convértena na candidata máis seguida, con 6.400 en Twitter, só por detrás de Feijóo, onde aposta principalmente por rechouchiar os contidos da conta de Ciudadanos en Galiza. Cousa distinta ocorre en Facebook, onde a súa actividade de campaña é mínima e conta só con 700 seguidores e seguidoras. En Vigo, con @Albert_Rivera, delante de uno de nuestros autobuses de campaña. #GaliciaNaranja @CsGalicia pic.twitter.com/tAuzwl2Yef— Cristina Losada (@christinalosada) 11 de septiembre de 2016
NOS_39762
Os principais indicadores da pandemia seguen a rexistrar novas marcas na quinta vaga da Covid. A maior incidencia segue a castigar os grupos de idade máis novos á espera de iniciar a vacinación. Porén, a velocidade de crecemento dos contaxios comeza atenuarse ao tempo que entran en vigor novas restricións.
Galiza vén de rexistrar esta sexta feira o récord de contaxios diarios desta quinta vaga da Covid, unha marca que os expertos non descartan superar na recta final desta semana. "Non sería de estrañar que Galiza rozase os 1.800 ou 2.000 casos novos diarios entre hoxe e mañá para fechar a semana con 10.000 novos infectados", explica a Nós Diario o médico internista Nacho Ramil, que segue de perto a evolución epidemiolóxica da Covid desde a primeira vaga. Segundo os últimos datos actualizados pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, Galiza suma 15.109 casos activos, 1.593 novos positivos diarios e 37 hospitalizados máis que eleva a cifra total de pacientes Covid até os 212, dos cales 23 se recuperan en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade de todas as probas diagnósticas supera 12%, moi lonxe de 5% fixado pola OMS para dar por controlada a pandemia. Segundo o Ministerio de Sanidade a maior incidencia da Covid segue a afectar ao grupo de 20 a 29 anos, cuxa vacinación arranca a semana que vén. Supera os 2.000 casos novos por cada 100.000 habitantes, marca á que se achega tamén o colectivo de 12 a 19. O pico, a primeiros de agosto "Seguimos crecendo e é de esperar que sigamos sumando activos en todo o territorio durante esta semana e probabelmente a que vén", sinala Ramil. Mais precisa que de continuar a desaceleración do crecemento de contaxios a respecto das semanas interiores "podemos alcanzar o pico de incidencia desta quinta vaga, sendo optimistas, nos primeiros días de agosto". Os casos irán en aumento pero o ritmo de subida irase atenuando de se manter a caída incipiente da razón de taxas, que amosa a situación da incidencia a respecto da semana anterior. Así, Ramil proxecta un incremento das infección activas até un máximo de "entre 25.000 e 27.000". A dúbida principal, engade, "dada a situación actual, con máis da metade da poboación vacinada, o nivel de transmisión coñecido e as medidas de restrición adoptadas, é saber como vai ser o descenso". En todo o Estado hai territorios que xa están anticipando unha baixada da aceleración dos contaxios que cómpre poñer en relación co alto índice de positividade e coa "cantidade de tests que se están a realizar por cada caso positivo, á baixa de forma global en todas as comunidades. Iso, pode indicar a existencia dun infradiagnóstico" que comprometa o control da pandemia, advirte. Doutra banda, Nacho Ramil, salienta os resultados que ofrece o equipo de CovidBens nas augas residuais da área metropolitana da Coruña, cun "crecemento exponencial" da carga viral de SARS-CoV-2 e a variante Delta xa por diante da Alfa; polo non descarta ningunha opción tras alcanzar o pico de contaxios: "pode comezar un descenso claro ou pode iniciarse unha desaceleración que simplemente manteña unha suba máis pausada". A hospitalización seguirá á alza Cun pico de incidencia nos primeiros días de agosto na contorna dos 25.000 casos activos, Nacho Ramil estima un incremento das hospitalizacións cuxa marca se alcanzaría entre sete e 10 días máis tarde e que podería alcanzar os 350 ingresos totais polo coronavirus, "unha sexta parte menos dos que poderían chegar a rexistrarse coa incidencia actual se non tivésemos vacinas". Estes fármacos severidade da doenza e afundiron a mortalidade que "pasou dun 2% a case un por mil casos", o que non impide que poida haber falementos puntuais de persoas inesperadas". Cambios nas restricións Desde esta medianoite, Galiza busca frear a transmisión do coronavirus baixo o mandato de novas restricións. O DOG extraordinario publicado a pasada quinta feira recolle boa parte das medidas avanzadas polo presidente da Xunta tras a reunión semanal do Comité Clínico, mais tamén introduce cambios a respecto dalgúns límites anunciados por Alberto Núñez Feixoo. Tras informar do feche total do lecer nocturno nos 36 municipios con maior incidencia da Covid, a Xunta autoriza a apertura das terrazas de pubs e discotecas até a 1 da madrugada a 50% da súa capacidade nos concellos en nivel máximo e alto. Ademais, permite reabrir bingos, casinos e salóns recreativos nos sete concellos en nivel máximo -Sanxenxo, Cambados, Meaño, O Grove, A Pobra, Boiro e O Barco-. Poderán realizar a súa actividade sempre que non superen 30% da súa capacidade e controlen o acceso mediante certificado de vacinación, test negativo ou documento acreditativo da superación da enfermidade. Doutra banda, o Goberno galego autoriza concertos en todos os concellos galegos, independentemente do nivel de contaxios, con público sentado que poderá oscilar entre as 2.500 persoas e as 5.000 en localidades con menos incidencia. Neste caso, o grupo de municipios do nivel medio baixo, tamén poderán organizar espectáculos ao aire libre con público de pé, que non poderá superar 33% da superficie útil do recinto e un máximo de 2.000 asistentes. Dereito de reunión O DOG extraordinario que recolle as novas medidas anti Covid da Xunta non recolle as restricións anunciadas por Núñez Feixoo chamadas a limitar o dereito de reunión de non conviventes. Porén o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza autorizou esta sexta feira as restricións solicitadas en espazos públicos e privados mais de madrugada. Estarán en vigor até o 7 de agosto.
NOS_7195
O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse esta sexta feira a 25, un máis que na quinta, tras entrar nesta situación Ferrol e Lalín. Saíu O Porriño, que pasa ao laranxa.
O semáforo actualizado pola Consellaría de Sanidade deixa en 25 os concellos coa alerta máxima pola incidencia da Covid-19. Trátase de nivel 3. Son Ourense, O Barco, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Nigrán, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Compostela -máis de 112-, Lugo -máis de 112- e Ourense -máis de 120. Mentres, en situación 2 -na cor laranxa do mapa- sitúanse 19, cinco máis que esta quinta feira. Do total, 11 repiten nesta lista: Neda, Fene, A Coruña, Culleredo, Marín, Vigo, Mos, Gondomar, Boborás, Barbadás e Xinzo de Limia. Na alerta laranxa entraron sete concellos -Malpica de Bergantiños, Muros, Noia, Oroso, Vilaboa, Redondela e Monterrei- por empeorar os seus datos, mentres que un -O Porriño- entrou por melloralos, xa que até esta quinta estaba na vermella. En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de Covid-19 á semana por 100.000 habitantes -só Vigo e A Coruña, neste caso- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. Aumenta o número de casos Sanidade segue sen ofrecer os datos exactos de incidencia por concellos e os casos positivos. No seu último parte, informa de que nas últimas 24 anos se detectaron 514 positivos por PCR. É a cifra máis elevada nesta segunda onda e a segunda de toda a pandemia. Os casos activos tamén experimentaron un incremento, neste caso de 205. O total sitúase en 5.880. É a cifra máis alta após a comunicada na quinta feira, 5.675, e da do 8 de abril de 2020, cando había 5.481 casos activos.mplica 318 máis que as rexistradas na quinta feira e realizáronse 616.297 PCR fronte ás 609.516 da xornada anterior.
PRAZA_13643
Medicos sen Fronteiras alerta de que entre os 120 mil desprazados a taxa de motalidade (dous falecidos diarios cada dez mil persoas) duplica os niveis de emerxencia. A ONG reclama unha meirande implicación de ACNUR xusto cando vai facer un ano da independencia do país.
Máis de 120.000 persoas que foxen da violencia no estado do Nilo Azul (Sudán) loitan por sobrevivir nun pedazo de terra inhóspita do condado de Maban, en Sudán do Sur. As infraestruturas, a atención médica e a auga son practicamente inexistentes, deixando a estas persoas totalmente dependentes da axuda humanitaria. Os recursos, en especial a auga, están ao límite en todas partes, pero a situación agravouse nos últimos días, por mor das fortes chuvias na rexión, que están provocando inundacións e limitando o subministro de auga potable. Médicos Sen Fronteiras alerta de que a taxa de mortandade xeral en Jaman, un dos campos de refuxiados duplica practicamente o nivel de emerxencia. A taxa bruta de mortandade no campo (incluindo adultos) é de 1,8/10.000 ao día. Mentres, a taxa de mortandade infantil en Jaman é de 2,8 por 10.000 ao día. O estudo foi levado a cabo antes das intensas chuvias dos últimos días, que incrementaron perigosamente o risco de contraer enfermidades para uns refuxiados que xa están moi debilitados. De repetirse agora, as taxas de mortandade serían mesmo máis preocupantes. Os recursos, en especial a auga, están ao límite en todas partes, pero a situación agravouse nos últimos días, por mor das fortes chuvias na rexión "Estas persoas fuxiron da violencia en Sudán e fixeron unha longa e dura viaxe na procura de seguridade. Polo camiño perderon membros das súas familias e a moitos amigos, e os que deron chegado a Sudán do Sur tiveron que instalarse nuns campos de refuxiados cuxos terreos se atopan agora mesmo completamente inundados. Todas estas persoas vense expostas a morrer a causa de enfermidades que serían previbles se tivesen unhas mellores condicións de vida", afirma Tara Newell, coordinadora do equipo de emerxencias de MSF en Jamam. "O pasado xoves 28 de xuño, as intensas chuvias inundaron a meirande parte do campo. As letrinas rebordaron e contaminaron a agua embalsada, que xa non é apta para o consumo humano, así que o problema da escaseza de auga potable é cada vez máis grave. Ademáis, moitos dos residentes do campo, mesmo nenos, durmen coa roupa mollada baixo mantas empapadas, o que aumenta a súa vulnerabilidade á hipotermia", explica Newell. Fronte a esta situación tan desesperada, MSF pide ás axencias e autoridades competentes que aumenten a subministración de auga potable Fronte a esta situación tan desesperada, MSF pide ás axencias e autoridades competentes que aumenten a subministración de auga potable, sobre todo nos campos de Jamam e Batil e no Km18. Din que os refuxiados que están no Km18 deben ser reacollidos canto antes noutro lugar en condicións. Os servizos do campo de refuxiados de Batil deben cubrir as necesidades dos refuxiados reacollidos. As estradas que dan acceso aos campos necesitan mantemento para evitar que as choivas impidan o acceso. E fan falta plans concretos e recursos apropiados para a inevitable chegada de máis refuxiados.
NOS_51521
Do Spain is different á Cidade da Cultura ou de ministro de Franco a pai da Constitución. A capacidade camaleónica de Fraga Iribarne é ben coñecida de todos, mais agora, cando se cumpren cen anos do seu nacemento, a compañía teatral ButacaZero quere reflexionar sobre a actualidade do seu legado.
A obra aínda non está escrita, mais poderiamos imaxinala como un percorrido entre Benidorm e Santiago de Compostela, entre a febre da construción na costa levantina para sacralizar o boom turístico da década de 1960 e os vinte anos de obras dese desproporcionado coloso que é a Cidade da Cultura. No fondo de todo ese movemento de ladrillo hai un nome: Manuel Fraga Iribarne. Só que o que se construía era algo máis que un conxunto de edificios, era un concepto de Estado. A compañía teatral ButacaZero vén de anunciar un espectáculo que se chamará así, Iribarne, e que virá precedido dun proceso de investigación escénica que visa a deitar unha nova mirada sobre o rastro dunha figura que, en gran medida, foi responsábel do deseño da sociedade na que vivimos. "Estamos falando dunha persoa que deseñou as bases dun Estado supostamente democrático despois de ser ministro da ditadura" "A idea xurdiu precisamente dunha viaxe que fixemos Esther Carrodeguas e máis eu por toda a costa valenciana", explica o director Xavier Castiñeira, quen, xunto coa dramaturga Carrodeguas conforma o núcleo de ButacaZero. "A paisaxe era unha sucesión de benidorms, máis grandes ou máis pequenos, pero ese era o modelo de poboación que se impuxera en toda aquela zona. E decatámonos de que era un invento de Fraga: a España do turismo, dos paradores, da queimada... E de volta na Galiza, vendo a Cidade da Cultura, comezamos a pensar na importancia desa figura na creación do Estado no que vivimos. Un personaxe que se mantén en primeira liña durante o franquismo, durante a Transición, durante a creación do Estado das Autonomías... Un dos escollidos para suceder a Franco, cunha extraordinaria capacidade de supervivencia que lle permite reconstruír a súa propia imaxe e crear a súa particular Baviera e cando é rexeitado na política estatal. De aí naceu o noso interese pola súa figura". O ano 2022 marca o centenario de Fraga Iribarne e o décimo aniversario da súa morte, polo que a oportunidade de revisitar o seu legado parecía adecuada á data. "Tocaba facer algo sobre Fraga con todo o que iso poida implicar, aplausos e censuras", declara Castiñeira. "El é o construtor dunha certa Galiza, dunha certa España, e tamén do Partido Popular. Estamos falando dunha persoa que deseñou as bases dun Estado supostamente democrático despois de ser ministro da ditadura. Ao mesmo tempo, era un tipo moi peculiar, cunha gran capacidade de traballo e cun enorme anhelo de protagonismo, de ser o primeiro en todo. Mais nós non queremos falar da súa biografía, iso fano mellor o ensaio ou a televisión. Nós pretendemos falar do seu legado desde un teatro político onde haxa debate e contradicións. Cremos que ese é o papel do teatro". Para levar a cabo o seu proxecto, Castiñeira e Carrodeguas pretenden abrir o proceso de creación do espectáculo ao público durante todo o ano, a través das redes sociais, cunha serie de improvisacións teatrais froito da investigación escénica, compartindo, ao tempo, as entrevistas que se realizarán con relevantes figuras do panorama social e político. "Partimos dunha pregunta: Cal é o impacto de Fraga na sociedade actual? A partir de aí iremos investigando e definindo a dramaturxia e a posta en escena para estrear o espectáculo en 2023". "O teatro é unha palestra política e resulta importante empregala para reformular ideas que talvez xa non resultan operativas para a sociedade, para facer preguntas que nos coloquen no presente", di Castiñeira Un novo teatro político? O proxecto de ButacaZero coincide cunha vaga de obras teatrais que responden a preguntas semellantes sobre un pasado histórico no que a sacralizada versión oficial sobre a transición impediu afondar: A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria A quinta o cuadrante, ou Semente de Nós de Sarabela Teatro tamén tratan de recuperar outras voces que deixaran de escoitarse sobre o noso pasado. Ou N.E.V.E.R.M.O.R.E., de Chévere, sobre un suceso máis recente como o afundimento do Prestige e movemento social arredor de Nunca Máis. "O teatro dá lugar a repensar máis que a expoñer, non precisa da acción dramática do argumento", opina o director. "O teatro é unha palestra política e resulta importante empregala para reformular ideas que talvez xa non resultan operativas para a sociedade, para facer preguntas que nos coloquen no presente. Quizais estamos asistindo ao nacemento dun novo concepto do que é o teatro político". Castiñeira confesa que está un pouco canso de entrar na espiral de estrear un espectáculo cada ano e que precisa entrar en procesos máis calmados que ofrezan unha maior recompensa creativa. "ButacaZero vai facer cinco anos e hai un feito histórico que se repite nas compañías galegas cando chegan a esa idade: ou desaparecen ou cambian de orientación", explica con humor. "Agora mesmo, afortunadamente, non temos a necesidade de estar sobre os escenarios constantemente, e podemos permitirnos entrar nun proceso de investigación longo poida comunicar directamente co público. É un cambio de perspectiva na compañía no que damos prioridade a reflexión"
PRAZA_11584
As cifras galegas de recollida separada están a moita máis distancia dos datos de Euskadi e Navarra (39%) ou Cataluña (34%) e mesmo Asturias (26%), e permanecen estancadas dende hai máis dunha década. O destino principal dos residuos mesturados é a incineración. Sogama só recupera o 5% dos residuos que xestiona.
En Galicia só se recollen de forma separada o 15% dos residuos, unha porcentaxe que se se sitúa case catro puntos por debaixo da media española, que rolda o 19%, segundo as cifras correspondentes ao ano 2017, e que o INE publicou hai uns días. Galicia fica moito máis atrás que outros territorios, como Euskadi e Navarra (preto do 40% de recollida separada), Cataluña (34%) e mesmo Asturias (26%) e Baleares (21%).As cifras galegas de recollida separada, ademais, mantéñense practicamente estancadas dende hai anos, mesmo cunha tendencia a descenderAs cifras galegas de recollida separada, ademais, mantéñense practicamente estancadas dende hai anos, mesmo cunha tendencia a descender. A porcentaxe, situada no 2017 no 15%, moveuse entre o 15% e o 16% ata o 2013; chegou a ser do 17,5% en 2014 e 2015, para finalmente caer de novo ata o actual 15%.A cantidade total de residuos recollidos foi descendendo de forma paseniña ata o ano 2013, o momento máis duro da crise económica, pasando de 1,22 millóns de toneladas a 1,08. Porén, dende entón experimentou un leve ascenso, ata situarse nos 1,12 millóns no ano 2017. Durante a última década, os residuos recollidos de forma separada chegaron a un máximo no ano 2015, con 202.000 toneladas. Porén, dende entón a cantidade reduciuse ata as 168.000 toneladas.A maior parte dos residuos mesturados non se recuperan nin se reciclan, sendo o seu destino principal os vertedoiros (72,4%) e a incineración (15%)Galicia é un dos territorios do Estado que menos residuos xera por habitante, con 414 quilos ao ano, un dato só mellorado por Madrid (403 quilos). Galicia sitúase 70 quilos por debaixo da media española (484 quilos por habitante e ano). Con todo, a realidade é que no que se refire aos residuos mesturados, o indicador de Galicia é máis negativo, sumando só 40 quilos menos que a media española e sendo mellorado por Euskadi, Navarra, A Rioxa, Cataluña e Madrid, que producen menos residuos mesturado por habitante que Galicia. A maior parte dos residuos mesturados non se recuperan nin se reciclan, sendo o seu destino principal os vertedoiros (72,4%) e a incineración (15%), segundo as cifras que ofrece o INE para o conxunto de España. Só se recicla o 12,6%. Os residuos separados teñen unha taxa de recuperación moi superior, por riba do 99% nos casos do papel e do vidro e do 70% nos plásticos.Pódense relacionar estes datos cos que anualmente ofrece Sogama sobre o tratamento de residuos que leva a cabo na súa planta de Cerceda. Alí xestiónanse os residuos xerados por 295 concellos, que suman 2,2 millóns de habitantes, a práctica totalidade do país, agás os nove que levan o seu lixo a Nostián e os nove que o fan en Lousame. O modelo Sogama vén sendo criticado polas moi reducidas taxas de recuperación que presenta.Sogama só recupera o 5,4% dos residuos que xestiona, destinando o 74% á "valorización enerxética", é dicir, á incineraciónA súa memoria de actividade correspondente ao ano 2018 amosa que a planta tratou un total de 804.262 toneladas de residuos, das que case o 74% (594.394) foron "valorizadas enerxeticamente", é dicir, incineradas para a produción de enerxía eléctrica.A porcentaxe de residuos recuperados foi do 5,4%. Recuperáronse 14.880 toneladas de envases, 9.266 toneladas de férricos, 833 toneladas de aluminio, 17.657 toneladas de vidro, 169 toneladas de brick, 87 toneladas de PEAD, 116 toneladas de papel e cartón, 115 toneladas de film, 82 toneladas de plástico-mestura e 65 toneladas doutros plásticos. Isto suma un total de 43.270 toneladas de materiais recuperados. Ao redor de 186 mil toneladas foron destinadas ao vertedoiro de Areosa.
NOS_28678
Consideran que incumpre a Lei de Patrimonio de Galiza e obvia as medidas correctoras recollidas na Declaración de Impacto Ambiental.
A Asociación Profesional "Ribeira Sacra Rural", a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na comarca de Sarria, o Colectivo Ornitolóxico "Cigüeña Negra" e o Sindicato Labrego Galego piden que se abra unha investigación sobre os permisos administrativos concedidos ao proxecto do novo parque eólico de Endesa en Paradela por se son constitutivos de presuntos delitos de prevaricación por omisión, contra o patrimonio cultural e o medio ambiente. A zona na que sae está a instalar o parque está vinculada á Ribeira Sacra e conta un Plan de Dinamización Turístico a través dun consorcio específico. Así, as denunciantes lembran que tería que efectuarse unha valoración previa do proxecto dende unha perspectiva da protección da paisaxe da comarca, máis tendo en conta, sosteñen, que opta a ser declarado Patrimonio de Humanidade pola Unesco. Ademais, apuntan na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do parque publicada pola Xunta non se fai referencia ningunha ao Camiño de Santiago como Ben de Interese Cultural (BIC), declaración que, explican, segundo o decreto 2224/1962, lle outorga unha especial protección tanto na propia ruta como na denominada "zona de amortecimento", contemplada no artigo 13 da Lei 5/2016, de Patrimonio Cultural de Galiza. Sen medidas correctoras Os colectivos denunciantes insisten en que a devandita Lei 5/2016 estabelece que as obras e actividades no ámbito delimitado dos Camiños de Santiago deben de ser compatíbeis coa conservación e protección dos valores propios e, en xeral, teñen que manter as características principais do territorio que conforman. Tampouco teñen constancia as entidades que se teñan adoptado as medidas correctoras recollidas na DIA no tocante ás medidas de protección da atmosfera e o plan de seguimento da avifauna. En concreto, aseguran non terse realizado as comprobacións necesarias para determinar a existencia ou non de parellas reprodutoras de especies ameazadas na área de afección directa da instalación que si están presentes na contorna, tales como a tartaraña cincenta (Circus pycargus) e a gatafornela (Circus cyaneus).
PRAZA_13688
Os ministros de Finanzas da UE acordan unha inxección urxente de 30 mil millóns para calquera emerxencia no sector financeiro. A cambio, Bruxelas impón condicións aos bancos rescatados e novas obrigas de política económica (posiblemente a suba do IVE). Misións da troika visitarán Madrid cada tres meses. O capital inxectarase a través do FROB e computará como débeda pública.
Os ministros de Finanzas da UE acordan esta madrugada na xuntanza do Eurogrupo unha inxección urxente de 30 mil millóns para calquera emerxencia no sector financeiro, facendo concreta a decisión e a petición de axuda por parte de España que se fixera pública en xuño. Ese cartos, que chegarán a finais deste mes, irán destinados en primeiro lugar a algunha das entidades nacionalizadas, como Bankia ou Novagalicia Banco. O capital inxectarase a través do FROB e computará como débeda pública, en contra do afirmado nalgunha ocasión polo Goberno central. Europa tamén aprobou relaxar os prazos esixidos a España para que cumpra co obxectivo de déficit imposto (3%). España terá un ano máis (até finais de 2014) para rebaixar até ese nivel o 8'9% actual. Para este ano, o obxetivo de déficit reláxase até o 6,3% do PIB (en lugar do 5,3% inicialmente previsto). España deberá reducir a seu déficit ao 4,5% o ano que vén e ao 2,8% en 2014. O memorándum completarase e asinarase o 20 de xullo, aínda que previamente terá que ser ser aprobado por algúns parlamentos nacionais. Supón unha intervención externa da economía española, se cadra menos drástica que a sufrida por Grecia, Portugal e Irlanda, ou en calquera caso ponlle nome e define unha intervención de facto que xa existía e pola que nos últimos dous anos as principais decisións de política económica eran impostas, comezando pola reforma constitucional. En calquera caso, Bruxelas imporalles condicións aos bancos rescatados e tamén novas obrigas de política económica (posiblemente a suba do IVE, un meirande control das contas públicas e pode que recortes de salario para os traballadores públicos). Misións da troika (os famosos homes de negro) visitarán Madrid cada tres meses e asumirán de facto poderes sobre a supervisión financeira da banca Ademais, misións da troika (os famosos homes de negro) visitarán Madrid cada tres meses e asumirán de facto poderes sobre a supervisión financeira da banca; igualmente, espérase que a UE impoña en breve profundos cambios en todo o sector financeiro. Bruxelas esixirá un ratio de capital moi esixente, do 9%, para todos os bancos, que podería afogar aínda máis o crédito e a recuperación. Ademais, entre as condicións acordadas para a axuda, estaría a imposición de que os produtos financeiros coma as participacións preferentes teñan perdas, é dicir, non se garante que as persoas que foron engañadas para mercar este produtos reciban integramente os seus cartos. En calquera caso, en setembro saberase a cantidade exacta do rescate bancario, que podería roldar os 100 mill millóns, unha vez que se teñan todos os datos das análises ás situacións dos bancos. As esixencias e reformas concretas coñeceranse, seguramente, entre este mércores, cando Mariano Rajoy intervirá no Congreso dos Deputados, e no Consello de Ministros do venres 13, no que se farán efectivas algunhas das medidas que dende hai día vai apuntando o Goberno, comezando pola suba do IVE confirmada este luns por Cristóbal Montoro, a eliminación da deducción por vivienda e algunha primeira medida relacionada cos funcionarios. Olli Rehn: "É esencial que o Goberno español tome as medidas de consolidación fiscal necesarias para cumprir os novos obxectivos" O vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn non quixo revelarlles aos xornalistas se entre os axustes que se esixen a España están os recortes nas pensións e nas prestacións por desemprego. Porén, afirmou que "é esencial que o Goberno español tome as medidas de consolidación fiscal necesarias para cumprir os novos obxectivos". Ademais, pediu medidas encamiñadas a "reequilibrar as contas da comunidades autónomas". A pesar do que parece evidente e das declaracións dos responsables europeos, Luis de Guindos apresurouse a afirmar no seu twitter que "ninguén me impuxo nada". O ministro de Economía cualificou de "moi positivos" para España os acordos e negou ter asumido "máis imposicións" ou "compromisos adicionaís de ningún tipo" en política económica.
NOS_56860
Receitas de ensalada grega, de musaka e de torta de queixo con iogur e mel,
Ensalada grega A ensalada grega é moi sinxela pero a vez moi completa. O principal desta ensalada é que os ingredientes sexan frescos e de calidade. Ingredientes (2 persoas): 2 tomates, 1 cogombro, 1 cebola morada pequena, 50g de olivas negras, 180 g de queixo feta, aceite de oliva, ourego seco,limón, sal. Elaboración: En primeiro lugar pelamos o cogombro, a continuación cortámolo xunto co tomate en dados non moi pequenos e cortamos tamén a cebola en tiras. Botamos todo nun cunco e aderezamos con sal, aceite de oliva e un chorriño de zume de limón por enriba. Mesturamos ben e engadimos as olivas e o queixo feta cortado en dados. Botamos por enriba un pouco de ourego seco e servimos. Musaka No segundo imos desfrutar dun dos pratos máis coñecido do receitario tradicional grego, unha moussaka. Ingredientes (4 persoas): 2 berenxenas, 400 g de carne de tenreira picada, 1 cebola, 2 cenorias, 3 tomates maduros, 1/2 vaso viño tinto, tomiño seco, pementa negra moída, e sal, 50 g de fariña de trigo, 50 g de manteiga, 500 ml de leite, 60 g de queixo relado. Elaboración: Comezamos lavando as berenxenas e cortámolas en láminas finas, idealmente empregando unha mandolina. Botámoslles sal por enriba e colocámolas sobre papel absorbente para quitarlles o amargor. Mentres tanto picamos a cebola e as cenorias en brunoise, picamos tamén o allo en anaquiños e reservamos. A continuación rustrimos a lume baixo as verduriñas cun pouco de aceite durante uns 15 minutos. Salpimentamos a carne, engadímola á mestura e dourámola durante uns minutos a lume medio. Engadimos o tomiño e os tomates, pelados e cortados en anacos. Cociñamos a fogo medio durante 20 minutos. Pasado este tempo engadimos o vaso de viño e deixamos outros 10 minutos remexendo de cando en vez. Cando estea lista retiramos do lume e reservamos. Para facer a bechamel derretemos a manteiga nun cazo e engadimos a fariña. Cociñamos durante 5 minutos remexendo cunha culler de madeira para que non se queime. O truco é cociñar ben a fariña para que non saiba a fariña crúa. Quentamos un pouco o leite para que estea morno e engadímolo pouco a pouco á fariña remexendo constantemente cun batedor de globo. Seguimos remexendo até que espese. Por último botámoslle sal e pementa ao gusto e reservamos. Para a montaxe colocamos unha capa de berenxena e enriba unha capa de carne. Repetimos o proceso esmagando para que quede ben compacta e cubrimos a última capa coa bechamel e o queixo relado sobre ela. Metemos no forno, que previamente quentamos a 160 graos, durante 20 minutos. A continuación encendemos o grill do forno e deixamos outros 3 minutos á máxima potencia para gratinar. Servimos quente. Torta de queixo con iogur e mel As tortas de queixo que coñecemos hoxe en día teñen a súa orixe na Antiga Grecia, aínda que na época facíanse sen forno e sen ovo. Para rematar o xantar temos unha versión desta sobremesa que ben podería ser a orixinaria e que ten un toque de mel e tomiño que a fai única. Ingredientes (8 persoas): 500 g de iogur grego, 200 g de galletas de avea, 60 g de manteiga, 400 g de queixo crema, 40 g de azucre glas, reladura dun limón150 g de chocolate branco para fundir, tomiño fresco, mel Elaboración: Botamos os iogures nun pano de cociña limpo sobre un cunco, unimos as catro puntas do pano e esprememos para escorrer o máximo líquido posíbel. Reservamos o iogur escorrido e tiramos o líquido. Metemos as galletas nunha bolsa de plástico para conxelar e cun rolete esmagámolas ben. Cortamos a manteiga en anacos e derretémola no microondas a baixa potencia, remexéndoa cada 30 segundos. Cando estea ben líquida mesturámola coas galletas esmagadas. Forramos un molde redondo duns 23 cm de diámetro con papel de forno e estendemos a masa de galletas na base, alisándoa para que quede co mesmo grosor. Reservámola na neveira. Mesturamos o queixo crema co iogur escorrido, o azucre e a reladura do limón cun batedor de globo eléctrico até obter unha crema suave e homoxénea. Cortamos o chocolate en anacos e derretémolo no microondas a baixa potencia, remexendo cada pouco tempo para que se funda ben e non se queime. Engadimos o chocolate derretido a crema de queixo e remexemos cunha lingua para integralo. Botamos a crema de queixo sobre a masa de galletas, igualamos a superficie ben cunha lingua e metémola na neveira un par de horas para que gañe consistencia. Logo desmoldamos a torta e antes de servila, quentamos un par de culleradas de mel e botámoslle as follas de tomiño. Finalmente vertemos o mel coas follas sobre a torta para decorala.
NOS_8371
Esta lexislatura contará tamén cunha comisión de investigación sobre a fusión, bancarización e venda das caixas de aforros galegos. É a terceira vez que se crea e desde a oposición pediron ao PP que non a volva "secuestrar" e facer fracasar e que permita que se esclareza o "fiasco" dunha fusión avalada por Núñez Feixoo.
O Parlamento galego aprobou por unanimidade nesta terza feira, 20 de outubro, crear unha comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, "incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX lexislatura e retomados sen conclusión na X lexislatura". Así reza a solicitude de creación da comisión que xuntou as propostas presentadas polo PP e BNG e que tamén contou co apoio do PSdeG. A pesar da coincidencia na votación, o debate foi duro e tenso. A portavoz do nacional do BNG e líder da oposición na Galiza, Ana Pontón, foi taxativa ao esixir ao PP que permita coñecer a verdade sobre o proceso que "empezou coa fusión das caixas e terminou coa liquidación do sistema financeiro do país na maior estafa colectiva a Galiza cun custo de 9.000 millóns de euros". Para iso, sinalou a nacionalista, "é para o que ten que servir a comisión de investigación, que debe concluír os traballos iniciados por comisións precedentes que foron sistematicamente bloqueados pola maioría do PP". Nese sentido, Pontón reclamou aos de Núñez Feixoo que non volvan cometer a "fraude" de dar luz verde a unha comisión de investigación para despois "secuestrala". A ese respecto, o vice portavoz do PSdeG, Pablo Arangüena, tamén exhortou a bancada popular a que "permita que o órgano desenvolva o seu traballo e non sexa un paripé e un simulacro para enganar a cidadanía". O socialista aludiu así á petición de reactivación desta comisión logo de que a Audiencia Nacional sinalase recentemente que Caixanova estaba saneada e fora forzada a fusionarse cunha Caixa Galicia con serios problemas. É de "vergoña", argumentou pola súa banda Pontón, que "dez anos despois da fusión das caixas, nove anos despois da nacionalización polo FROB e sete após a súa venda a un banco venezolano teñamos que seguir traendo a debate a creación da comisión de investigación para saber a verdade". Para o BNG, a comisión ten que dar explicacións para esclarecer "por que se arruinaron as caixas, por que fracasou a fusión, por que blindaron os directivos para cobrar unhas indemnizacións que a xustiza declarou ilegais, e saber a verdade de por que o Goberno de Mariano Raxoi fixo unha venda ruinosa na que perdemos máis de 9.000 millóns para que as nosas caixas acabasen nas mans dun empresario venezolano". Alías, Pontón enumerou outras respostas que espera que a comisión dea: "determinar os responsábeis da perda das caixas e do patrimonio cultural das entidades, do actual espolio do aforro galego, do nivel de concentración bancaria que dificulta o acceso ao crédito ao tecido produtivo do país ou permite comisións bancarias abusivas". O PP "acababa de chegar" O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ausentouse do debate (si acudiu á votación) e foi Pedro Puy, portavoz parlamentar do PP, quen tomou a palabra despois de Pontón. Puy repasou os antecedentes da crise económica e como apenas "un mes e medio despois" de que Feixoo gañase as eleccións comezou unha reestruturación "moi fonda" do sistema financeiro, incluídas as caixas galegas, nas que, afirmou, o obxectivo era manter "a galeguidade e non perder os centros de dirección", como se aprobou no Parlamento pero que logo recorreu o Tribunal Constitucional. E precisamente sobre os distintos apoios á fusión das caixas produciuse un confronto na Cámara. E é que aquela proposta lexislativa fora impulsada polo BNG e inicialmente contara co apoio das tres forzas políticas, pero o PSdeG non acabou votando a normativa. "Nada do que pasou desde o estalido da crise é neutro, hai ideoloxía nas decisións que se adoptaron e impulsaron a concentración bancaria, a centralización do poder financeiro e o proceso de privatización das caixas. Só hai que ver as leis que aprobaron PP e PSOE, que mesmo permitiron blindar a presenza dos ex directivos nas caixas para pilotar o proceso de fusión que culminou en fiasco, non sen que antes se adxudicaran indemnizacións millonarias", espetou Pontón. A ese respecto, Pablo Arangüena acusou o BNG de ser "o parvo útil" do PP no proceso de fusión e de ter "conselleiros" nas caixas, ao que Pontón replicou que era o PSdeG quen tiña representación nas direccións, citando expresamente Mar Barcón (ex deputada e ex edil da Coruña) e Salvador Moreda (ex presidente da Deputación da Coruña). Arangüena puxo énfase en que se tratou dunha fusión "desastrosa apadriñada por Feixoo", cando o alcalde de Vigo xa dicía que se trataba dun "engano" e ao que o PSdeG amosaba "enormes reparos" a pesar dunha "suposta auditoría que logo soubemos que nin era auditoría nin avalaba nada" e que o PP empregou de coartada. "Unha imaxe vale máis que mil palabras" "Din que unha imaxe vale máis que mil palabras e nesta foto vemos o ex director xeral e o ex presidente de Caixa Galicia, o ex presidente de Caixanova e o ex director de Caixa Vigo. No medio, Alberto Núñez Feixoo brindando pola fusión das caixas en maio de 2010", relatou desde o atril Ana Pontón, sinalando que tamén ao presidente galego había que investigar polo seu papel na bancarización e venda das caixas. "Se Feixoo tivese a conciencia tranquila non tería obstaculizado a investigación parlamentar, porque só quen ten algo que ocultar impide que se investigue", dixo a nacionalista. Sobre as imaxes tamén falou Pablo Arangüena, que apelou a fotos de Feixoo con "delincuentes de luva branca", co "ex directivo de Pemex detido" ao que Feixoo "apadriñara", e "con ese outro amigo seu, menos de luva branca pero que traficaba cunha substancia branca", dixo en referencia ao narco Marcial Dorado. "Hai quen entende que é un deporte de alto risco facerse fotos con Feixoo", sinalou Arangüena.
NOS_53335
A Consellaría borra baixas de menos de 10 días, denuncia a CIG, que reclama que se repoñan e que se actualice a situación dos centros de ensino diariamente, e non dúas veces á semana, como acontece actualmente.
Ducias de delegadas e delegados da Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizáronse onte ás portas da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade para reclamar que cubran as baixas que se están a producir nos centros educativos. A denuncia da central sindical chega despois de constatar que a Consellaría borra cada día unha media de 20 solicitudes de baixa elevadas polas escolas e institutos, negándose a repor calquera baixa que non supere os 10 días, polo que elimina todas as restantes. Sostén a federación de Ensino da CIG que isto "é aínda máis grave se temos en conta que a Consellaría volve chamar só 2 días á semana" aos centros, polo que o proceso de asignación de baixas acaba adiándose até o seguinte día de avaliación, o que aproveitan desde a Xunta para borrar esas solicitudes. As participantes na concentración exixiron á Administración "unha rectificación urxente nesta política de cobertura das baixas e que sigan realizando os chamamentos todos os días", ao tempo que instan os centros a continuar subindo todas as vacantes que precisen, reiterando a solicitude após ser borradas por Educación. Para o Goberno semella que "o ensino galego xa superou a Covid", ou cando menos "iso é o que demostra", destaca o sindicato, incidindo nas "numerosas queixas que lle chegan de persoal substituto". Asemade, esta situación leva a que na práctica "non se estean a cumprir as mínimas medidas anti-Covid que se mantiñan este ano", como os grupos burbulla, que desaparecen cando o profesorado de garda ten que pasar por varias aulas. Prioridades "Aínda que todas as vacantes son necesarias", insisten en que hai casos que deberían cubrirse no mesmo día, como as titorías de Infantil e Primaria, o profesorado de educación especial ou de atención a alumnado con NEAE. Esta estratexia xera que este curso "sexa incluso máis caótico que o anterior e que o alumnado estea moito máis desprotexido", cunhas consecuencias que se perciben día a día, denuncian, provocando "peores resultados académicos e maior inestabilidade emocional de alumnado e persoal docente", por mor da supresión dos desdobres, inestabilidade dos claustros e non cobertura das substitucións.
PRAZA_3768
Toca repensar a vida. Ou exercemos a solidariedade sendo donos da mesma e soportamos o duelo cando chegue (que ha de chegar), ou deixamos que sexa o sistema quen decida cando e como
"-Es que a mí me gustan los inconvenientes. -A nosotros, no -dijo el Interventor-. Preferimos hacer las cosas con comodidad. -Pues yo no quiero comodidad. Yo quiero a Dios, quiero poesía, quiero peligro real, quiero libertad, quiero bondad, quiero pecado. -En suma -dijo Mustafá Mond-, usted reclama el derecho a ser desgraciado. -Muy bien, de acuerdo -dijo el Salvaje, en tono de reto-. Reclamo el derecho a ser desgraciado. -Esto, sin hablar del derecho a envejecer, a volverse feo e impotente, el derecho a tener sífilis y cáncer, el derecho a pasar hambre, el derecho a ser piojoso, el derecho a vivir en el temor constante de lo que pueda ocurrir mañana; el derecho a pillar un tifus; el derecho a ser atormentado. Siguió un largo silencio. -Reclamo todos estos derechos -concluyó el Salvaje. Mustafá Mond se encogió de hombros. -Están a su disposición -dijo." Aldous Huxley escribiu unha distopía que, quizais motivada polo esborralle da economía co 'crac' do 29, falaba xa no 1932 dunha sociedade na cal o Estado decide ao seu antollo o que lle pertence ao ser humano e o que ten que ser eliminado por innecesarioPara quen non lese 'Un mundo feliz', isto vai ser difícil de entender, aínda que non alleo a unha realidade punzante. Aldous Huxley escribiu unha distopía que, quizais motivada polo esborralle da economía co 'crac' do 29, falaba xa no 1932 dunha sociedade baseada na hipnopedia, no control da reprodución (en mans dunha tecnoloxía futurista) e na cal o Estado decide ao seu antollo o que lle pertence ao ser humano e o que ten que ser eliminado por innecesario ou -e este 'ou' é importanteperigoso. Porque nos felices anos 20 era ben certo que o home era imparable (ata que se descubriu que, precisamente, era o home o que remataba con si mesmo). No mundo feliz, o que seguiu á fame do real, non se plantexaban as relacións monógamas: non hai sitio para ningún tipo de intimidade entre dúas persoas, máis alá da ledicia esporádica do sexo. A complicidade que podería chegar a establecerse entre dúas persoas é potencialmente 'subversiva' e, polo tanto, ten que ser erradicada. Ford é unha eminencia do universo Huxley e, a súa idea do traballo en cadea, o modelo ideal para o sistema de produción do Estado. Cada persoa ten asinada unha acción e, desde que 'nace' ata que morre, a súa vida laboral fica nesa sinxela acción. O tempo libre pódese adicar ao pracer ou, no caso de sentirse lixeiramente deprimido, un pode consumir a droga que o Estado dispensa aos seus cidadáns: o soma. Cando a tristura acade límites insospeitados serán necesarias unhas felicísimas 'vacacións de soma', as cales presumiblemente podrecen o cerebro ata facer do mesmo un encefalograma plano. Así son os días no mundo feliz: rutineiros e, polo tanto, sen posibilidade para errar o tiro. O ser humano prescindiu de calquera indicio de individualidade. Non elixe porque non hai opcións para elixir. É o Estado quen decide, ergo o home non pensa. Soamente percorre o camiño que lle vén dado. Na contra, non sofre. Non hai enfermidades, xa que a tecnoloxía inmuniza os embrións e decreta a mesma esperanza de vida para todos eles: o punto xusto, a virtude aristotélica: nunca máis, pero tampouco menos. Destacar é imposible, aínda que tampouco é que teña moito sentido nun sistema no cal non existe a consciencia do individuo. Os logros pertencen a toda a humanidade, unha maquinaria xigante que require da perfecta sincronización de todas as súas pezas. A cada peza a súa función, e a bailar. O que vivimos dende fai uns días é un mundo feliz. As nosas liberdades foron coartadas e restrinxidas por orde do Estado. O noso ego, a lei do forte, tradúcese na necesidade de decretar ordes que nos obriguen a obedecer ante unha situación excepcional, ante un Estado de alarmaÉ neste punto onde toma importancia a figura do antiheroe trillado. Bernard ocupa a parte alta do escalafón. Bernard é un Alfa, e por debaixo dos Alfas, outras moitas castas. Algo así como o estamento feudal, pero modernizado, porque o mundo non muda tanto como queremos crer. O problema de Bernard é simple: non está acondicionado para a vida. É máis intelixente que a media (Oh, sorpresa!), pero físicamente inferior aos seus iguais. Inadaptado. Burlado polo ollo crítico. Bernard négase a tomar soma e prefire soportar a lucidez da tristura. Un BDSM mental, vamos. Ata os moi inferiores Épsilon (relegados ás tareas máis mundanas) mófanse da súa complexión. A épica do fillo pródigo que se ergue contra o seu pai é literatura eterna e ata bíblica. O pai resposta con furia, facendo o mesmo que o sistema fai con aqueles que fuxen da marxe establecida: non os recoñece como seus. Bernard é a peza que fai que todo o sistema, a priori perfecto, deixe de funcionar. Soa estrano? pois ben: O que vivimos dende fai uns días é un mundo feliz. As nosas liberdades foron coartadas e restrinxidas por orde do Estado. O noso ego, a lei do forte, tradúcese na necesidade de decretar ordes que nos obriguen a obedecer (redundante, máis certo) ante unha situación excepcional, ante un Estado de alarma. Ollo, que as tiranías comezan nas épocas de axitación social e, neste caso, nós mesmos lle brindamos ao poder a súa mellor baza. O control exércese (polo noso ben?), porque somos incapaces de nos conter dun xeito natural. Aquí o paradoxo: somos aqueles que nunca entenderon por que o pobo permitira os imperios e o abuso do poder. A guillotina, a lenda negra. Que non pasen! e a galopar, galopar, ata enterra-los no mar. Ata que soan as tripas, e aí perdemos os modais, porque la llamada de la selva dicta que a moralidade, en tempos de guerra, é unha desvantaxe. Así que nós, os revolucionarios, ficamos na casa convertidos en heroes. A versión moderna de Ícaro, que en vez de voar cara o Sol durme unha sesta de tres horas cunha serie de Netflix como BSO. Pero non nos equivoquemos: non estamos sendo solidarios. Estamos obedecendo. Estamos tentando non estorbar e ata exercemos o Estado Policial cos nosos veciños. Toca repensar a vida. Ou exercemos a solidariedade sendo donos da mesma e soportamos o duelo cando chegue (que ha de chegar), ou deixamos que sexa o sistema quen decida cando e comoAsí que, máis que criticar a aqueles que desoen, deberíamos pensar por que razón nós estamos cumprindo, e quen se beneficia do noso beneplácito. O medo cotiza á alza. Toca repensar a vida. Ou exercemos a solidariedade sendo donos da mesma e soportamos o duelo cando chegue (que ha de chegar), ou deixamos que sexa o sistema quen decida cando e como, pero non máis este perpetuum mobile que carga coas culpas daquilo que non elixe. Ou Bernard ou os que triunfan. Ou o sentido, ou a palabra.
NOS_25589
O Celta asalta Mestalla e dá forma ao soño europeo
Vencer en Mestalla non é doado, mesmo cando o Valencia se atopa en momentos baixos. Sábeo ben o Celta que acumulaba 14 anos – desde 2002- sen obter unha vitoria no campo ché. Logrouna este domingo, nun partido traballado e serio que abre as portas dos célticos a soñar con Europa. O Valencia precisaba a vitoria e foi un rival perigoso, que se ben xogou con altibaixos, nunca deixou de ser rocoso e firme. Así foi durante 70 minutos. Mais os últimos 20 foron nos que o Celta marcou os seus dous tantos e converteu Mestalla nun polvorín contra o seu propio adestrador. No minuto 79 marcouse un dos goles da xornada. Gran pase de Nolito e xenialidade de Orellana, con deixada de tacón a Guidetti, que marcou dun tiro potente e axustado. E poucos minutos despois, taconazo de Planas (que entrou en substitución de Guidetti) para Hugo Mallo, quen regatea o seu marcador, gaña a liña de fondo e remata con potencia, sen case ángulo, para marcar o segundo gol dos celestes. Ficha Valencia CF: Ryan, Vezo, Mustafi, Santos, Siqueira (Gayá, min.51), Danilo, Javi Fuego, Santi Mina, Rodrigo (Feghouli, min.71), André Gomes, Alcácer (Negredo, min.79) RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Marcelo Díaz, Wass, Beauvue (Pape Cheikh, min.71), Orellana, Nolito (Bongonda, min.88) e Guidetti (Planas, min.83) Goles: 0-1, min.79: Guidetti; 02. Min.84: Hugo Mallo Árbitro: Undiano Mallenco.
NOS_8114
Descenso no número de contaxios.
A Consellería de Sanidade notificou esta cuarta feira 227 novos positivos por Covid-19 en 24 horas, case un cento menos que o día anterior e tras realizarse ao redor de 8.000 PCR, unha cifra similar. Con todo, os datos tamén reflicten que tanto a presión hospitalaria, con 375 persoas ingresadas, como a cifra de casos activos, que se sitúa en 5.598, volveron subir por segundo día consecutivo. Na parte dos ingresados, segundo consta na web de Sanidade para informar sobre a incidencia da pandemia, con cifras solicitadas até as 18:00 horas desta segunda feira, os centros hospitalarios galegos suman 375 persoas con coronavirus, unha repunta de 10 con respecto a un día atrás. En concreto, son 319 en planta -nove máis- e 56 en UCI --unha máis--. Das sete áreas sanitarias, tan só a da Coruña-Cee reduciu a cifra de pacientes Covid ingresados, até os 86. Por outra banda, Galiza suma nos datos desta terza feira 227 novos positivos por Covid-19, unha baixada de case un cento, que saen á luz despois de realizarse 8.032 PCR en 24 horas -oito menos que o día anterior-. A de Pontevedra-O Salnés é a única área sanitaria na que soben os contaxios, con 70 nun día -27 máis-, e colócase como principal foco. Ademais, a web de Sanidade recolle que a taxa de positividade das probas sitúase en 3%, máis dun punto porcentual por baixo da rexistrada hai un día. Isto supón que Galiza leva xa catro días baixo o limiar do 5% que establece a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia. No que respecta aos casos activos en toda Galiza -a cifra total de persoas que están diagnosticadas de Covid-19-, rexistraron unha suba por segundo día consecutivo, despois de que esta segunda feira rachase a tendencia á baixa que viña rexistrándose desde o 19 de novembro. En concreto, a web de Sanidade reflicte que hai 5.598 infectados por coronavirus, 38 máis que hai un día. Ademais, tres das sete áreas sanitarias notificaron unha repunta nesta cifra. E unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia seguen subindo e son xa 1.319 tras a confirmación de sete novos falecidos por parte das autoridades sanitarias nas últimas horas.
NOS_34203
Segundo día de campaña e segundo día de propostas. Eis as principais propostas das formacións políticas a só 15 días das eleccións xerais.
Nós Candidatura Galega acudiu ao Culturgal, onde reivindicou o "orgullo da cultura e a lingua propia" como "sinal de identidade" dunha lista que se define como "100% de país". En Marea presentou oficialmente o seu programa electoral "20 ideas para o 20D". O PSdeG cargou contra Rajoy e Rivera, mentres o PPdeG celebrou un acto en Ourense coa presenza de Baltar. Nós Candidatura Galega A candidatura de Nós estivo presente no Culturgal, que se celebra estes días en Pontevedra. "Porque estamos orgullosos do noso, porque temos imaxinación, talento, artistas inmensos que poñen en valor a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa forma de ser, todo o material creativo de NÓS Candidatura Galega está feito por e dende creadores galegos", explicou o candidato pola provincia da Coruña, Carlos Callón. "Nos últimos catro anos, Galicia perdeu un 25% do emprego que se xera arredor da nosa cultura, fundamentalmente persoas novas que non poden desenvolver as súas ideas", denunciou antes de asegurar que "os impostos teñen que servir para algo máis que para engordar o Instituto Cervantes", destacou a número un por Pontevedra, Carme Adán. Callón e Adán estiveron acompañados dalgúns dos e das artistas que colaboran coas súas obras na campaña de Nós, como os debuxantes Luis Dávila 'Bicheiro' e Xosé Lois García 'O Carrabouxo'. Nós resaltou que o material da campaña quere poñer en valor o "enorme" potencial da cultura galega. "Unha das primeiras apostas no Congreso será a redución do IVE cultural, porque o cinema, o libro, o teatro, o audiovisual non poden ser penalizados a través de impostos", manifestou o cabeza de lista pola Coruña. En Marea As candidaturas de En Marea presentaron o programa electoral da formación para o 20D"20 ideas para o 20D". Un texto que cualificaron como "carta de cidadanía" para que a cidadanía galega teña voz no Congreso. "Un goberno de cambio que altere en 180 graos as políticas de destrución do común levadas a cabo polo PP". O cabeza de lista pola Coruña, Antón Gómez Reino, presentou o capítulo 'Rescatar á cidadanía', cuxa primeira aposta para por por derrogar o artigo 135 da Constitución e "construír un á inversa, que trate de consolidar o gasto público e social", segundo declaracións recollidas por Europa Press. A continuación tomou a palabra a número dous por Ourense, Sofía Díaz, que falou do apartado de "defensa dos recursos e do ben común", cuxos obxectivos pasan por "camiñar cara a un novo modelo produtivo e económico, baseado no ben común das persoas". Pola súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra, Alexandra Fernández, defendeu o capítulo de "Rescate da democracia e os dereitos humanos", onde En Marea avoga por entender a "política como ética e combater os privilexios que agora teñen uns poucos", apuntou. O número un por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, explicou que o programa aposta pola desaparición do Senado e das deputacións. PSdeG O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, adicou a xornada a cargar contra o PP e Ciudadanos. Besteiro asegurou nun acto en Viveiro que "con Rajoy e Feijóo aplaudindo, Galiza perde cada ano 600 millóns", e criticou que o AVE a Lugo "co actual ritmo inversor, nin en tres séculos". O secretario xeral dos socialistas galegos tamén cargou contra o líder de Ciudadanos. "As dereitas, a de Rajoy e a de Rivera, só utilizan Galiza para dicir que bonita é, que ben se come, que boa xente". PPdeG O PPdeG celebrou un mitin en Ourense, onde o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para os populares "por Galicia e por España" apelando á "experiencia de xestión" e a "traxectoria" do seu partido. "A maioría dos alcaldes de Ourense teñen máis experiencia que Pablo Iglesias, Albert Rivera e Pedro Sánchez", sentenciou Feijóo, que estivo acompañado polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, que foi obxecto antes do comezo dunha protesta baixo o lema "Baltar atenda, as mulleres non se venden".
PRAZA_20184
Dende este venres e ata o 17 de setembro poderá verse no Museo Centro Gaiás a exposición Flor Novoneyra, un cento de cadros construídos sobre os os versos do poeta e que constitúen o "testamento pictórico" do artista.
Dende este venres e ata o 17 de setembro poderá verse no Museo Centro Gaiás a exposición Flor Novoneyra, unha mostra que supón un encontro entre dous grandes da cultura galega: Lamazares e Uxío Novoneyra e que o propio artista do Deza define como o seu testamento pictórico: "Quero que o meu testamento pictórico sexa esta 'Flor Novoneyra' porque coma el penso que 'Inda é nova a Terra' e que todo o importante que temos que decir xa nolo ten dito ela". Flor Novoneyra está formada por máis dun cento de pezas inéditas realizadas por Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor transcribe versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental que o pintor bautizou co nome do seu pai. A exposición supón, así, un diálogo entre pintura e poesía, o encontro entre o pintor que quería ser poeta, como Lamazares se ten descrito ao longo da súa carreira, co poeta namorado da pintura. "Unha das razóns polas que preferín a pintura sobre a poesía é porque tantas cousas que puiden escribir, escribiunas Novoneyra", dixo Lamazares. A cultura labrega fai de fío conductor entre estes dous xenios das artes galegas, a aldea, a infancia, as vivencias de dous homes unidos á natureza e á poesía como vía de escape. Lamazares percorre nesta mostra todos os poemarios do autor e os poemas de Novoneyra flúen no cadro sen deixar nada ao azar. As pinturas de Antón Lamazares, traballadas como soños, variacións, brillos e capas que nos trasladan a grandes teas rothkianas están elaboradas a base de cores da nosa terra, da nosa luz e do noso imaxinario. E o soporte, humilde e transgresor, traballado como a terra se traballa na aldea, sementado, mollado e secado: o cartón. Ademais dos cadros de Lamazares, exhíbense cincuenta caligramas do poeta, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na literatura galega. A través dun espazo sonoro, o visitante reencontrarase tamén nesta exposición coa voz de Novoneyra, considerado un gran dicidor de versos. A mostra complétase con retratos do autor do Courel realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera ou Lorente e cunha escolla de exemplares das súas obras. Case cinco décadas despois de que a súa aparición revolucionase a plástica en Galicia, Lamazares segue a ser hoxe un dos pintores galegos con maior proxección internacional. A súa obra, recoñecida dentro e fóra da comunidade, se ten exposto nos museos máis prestixiosos de España e en galerías internacionais de referencia. Influenciado polas vangardas, pintor-nómada que viviu en Nova York, París, Madrid e Berlín, a contorna rural que marcou a súa infancia no val do Deza deixou unha fonda pegada no seu imaxinario. O seu interese pola poesía e a súa relación de amizade con poetas son dúas constantes do seu universo creativo. A exposición, con entrada de balde, está comisariada por María Díaz Rey, directora da galería About Art en Pontevedra, e conta coa colaboración da Fundación Uxío Novoneyra a través da implicación da viúva e un dos fillos do poeta, Elba Rei e Uxío Novoneyra. Nestes meses de mostra haberá visitas didácticas, pensadas para centros de ensino e outras entidades, e tamén visitas didácticas. Dossier da exposición
PRAZA_10821
Nos começos do século XIX, umha Espanha depauperada e desnortada conseguia inscrever duas palavras-chave nos dicionários de todo o mundo: guerrilha e liberalismo.
Nos começos do século XIX, umha Espanha depauperada e desnortada conseguia inscrever duas palavras-chave nos dicionários de todo o mundo: guerrilha e liberalismoNos começos do século XIX, umha Espanha depauperada e desnortada conseguia inscrever duas palavras-chave nos dicionários de todo o mundo: guerrilha e liberalismo. A primeira para nomear a mobilizaçom popular armada e informal contra exércitos de ocupaçom disciplinados e poderosos; a segunda para designar governos sujeitos ao império da lei emanada do povo. Foi aquele um momento estelar que elevou a Espanha proto-romántica a paradigma das liberdades frente ao pacto reaccionário que vigorava na Europa pós-napoleónica.Finalizado o ciclo revolucionário 1791-1793 aberto pola Constituiçom francesa de 1791 e o regime de Terror de 1793 e desbaratada a aventura imperial napoleónica, a Europa dinástica e absolutista aprestava-se a afogar o vírus insurreccional que ameaçava a ordem restabelecida. O Antigo Regime negava-se a perecer a mãos da plebe finalmente apouvigada.Há uns meses via a luz um brilhante opúsculo1 dedicado a resgatar um texto fulcral de teoria política: A liberdade dos modernos (1819) de Benjamim Constant (1767-1830). Constant, suíço de nascimento e francês de exercício e vocaçom, viveu umha vida vertiginosa de amores sucessivos ou simultáneos, duelos e conspiraçons, por onde desfilárom Napoleom e madame Staël (amante de Constant, como a própria irmã desta), Goethe e Schiller e, finalmente, Luís Felipe de Orleans a cuja cerimónia de entronizaçom nom quixo faltar Constant, levado em angarelhas na ocasiom em homenagem ao novo rei constitucional. Corria o ano da insurrecçom de 1830 imortalizado por Eugène Delacroix num quadro de todos conhecido, A Liberdade guiando o povo.A vida de Benjamim Constant cobre esse interregno de ordem vigilada da França pós-napoleónica que decorre entre a restauraçom borbónica de Luís XVIII de 1814-1815 e o brote revolucionário de 1830 que derrubou o último Bourbon da dinastia, Carlos X, para entronizar o rei cidadao Luís Felipe.Na Espanha, o ideal liberal, engendrado na mobilizaçom geral de 1808 e concebida na Constituiçom de 1812, debatia-se contra a confabulaçom absolutista juramentada na Santa Aliança (Paris, 1815)Na Espanha, o ideal liberal, engendrado na mobilizaçom geral de 1808 e concebida na Constituiçom de 1812, debatia-se contra a confabulaçom absolutista juramentada na Santa Aliança (Paris, 1815) do czar Alexandre I, os Impérios Austríaco e Prussiano e, finalmente, dos Reinos italianos e finalmente confirmada no Congresso de Verona de 1822.A entente contra-revolucionária vai repor Fernando VII no trono de Madrid em 1814 e este nom perderá tempo em derrogar da Constituiçom de 1812 dando passo ao sexénio absolutista. O contragolpe constitucionalista chegará decontado com o pronunciamento de Riego o primeiro de Janeiro de 1820. Fernando VII viu-se forçado a restaurar a Constituiçom de Cádis que abriu o triénio liberal 1820-1823. Cinco anos antes, no mês de Setembro de 1815, o pronunciamento liberal de Juan Díaz Porlier fracassara na Corunha, castigado com ignominiosa condena por enforcamento depois de juízo sumaríssimo, prévia degradaçom da sua condiçom militar. Corriam tempos de destemidos conspiradores e temerários patriotas empenhados em submeter o poder monárquico absoluto à soberania constitucional emanada do povo, maioritariamente ausente, aliás.A fugaz primavera constitucional do Triénio Liberal 1820-1823 seria finalmente abafada pola força expedicionária francesa de Os Cem Mil Filhos de Sam Luís, enviada por Luís XVIII com a bençom da Santa Aliança consagrada em Verona. A expediçom, inspirada por Chateaubriand e comandada polo Duque de Angulema, dava passo á Década Ominosa que finalizaria em 1833 com o falecimento do calamitoso rei Fernando e a Regência de Maria Cristina no intre da menoridade de Isabel II.O fracassado intento de reverter a Década Ominosa legou-nos um sentido poema romántico e um quadro comovedor. O protagonista da desventurada tentativa foi José Maria Torrijos, regressado do seu exílio britânico para a infausta ocasion com um punhado de homens em dezembro de 1831. Nove dias depois será fusilado com quarenta e oito fiéis na praia de Sam Andrés de Málaga. O poema de Espronceda — Helos allí: junto a la mar bravia cadáveres están ... — e, sobre todo, o emocionante quadro retrospectivo de Antonio Gisbert (1888) servirám de digno epitáfio áquela aventura serôdia que pretendia restabelecer a monarquia constitucional. Um ideal perigoso naquela altura.O pequeno livro do professor Rivero ilumina com sábia concisom o texto e o contexto do histórico discurso de Benjamin Constant em defesa do liberalismo constitucional contra a dupla ameaça do despotismo revolucionário jacobino e do retorno da antiga ordem, absolutista e clerical. Umha monarquia constitucional ao estilo británico como remédio á amarga disjuntiva entre o poder da plebe e o poder omnímodo cifrava as esperanças de Benjamin Constant. Era a mesma liberdade dos modernos que inspirara os Riego, Porlier e Torrijos.A Europa da Restauraçom, 1814-1830, foi um período de agudo confronto teórico entre os Lafayette, Benjamin Constant, François Guizot, alinhados em torno ao constitucionalismo monárquico, e os Bonald, Chateaubriand e Joseph de Maistre congregados arredor do Trono e o Altar. Foi entom quando Espanha arvorou ante Europa a bandeira da liberdade.O triunfo liberal na Espanha e em Itália ecoou de imediato no Porto desencadeando a insurrecçom militar em agosto de 1820O dia um de julho de 1820, dia de Santo Teobaldo, padrom dos carvoeiros, rebentava na vila de Nola, próxima de Nápoles, umha insurrecçom popular. O movimento, encirrado pola sociedade secreta dos carvonari, conseguiu entronizar como monarca constitucional um filho de Carlos III de Espanha de nome Fernando, obrigado-o a adoptar a Constituiçom espanhola de 1812 e ceder o trono em seguida ao seu filho Francisco. Ao tempo, as tropas carbonárias entravam vitoriosas em Nápoles arvorando a bandeira vermelha, azul e negra em homenagem ao fogo da caridade u fume da esperança e o negro do carbom gremial. Puro romantismo insurgente e libertário, devoto de simbolismos.O triunfo liberal na Espanha e em Itália ecoou de imediato no Porto desencadeando a insurrecçom militar em agosto de 1820, confirmada em breve em Lisboa. O Manifesto da Nação Portuguesa aos Soberanos e Povos da Europa de 15 de dezembro de 1820 é um texto impregnado de retórica patriótica e solenes protestos de lealdade ao rei D. João VI infelizmente forçado a residir em Brasil desde 1807. A patriótica proclamaçom tem a tonalidade de um saudoso lamento pola orfandade anárquica em que se encontrava o país. Provisoriamente, adoptar-se-á a Constituiçom espanhola de 1812, no intre da aprovaçom das Bases constitucionais de março de 1821 que serviria de prelúdio á proclamaçom constitucional do ano seguinte.Naquele mesmo ano de 1821, Jeremy Bentham animava os portugueses a seguirem o exemplo espanhol: ¡Portugueses, ouvide a minha voz desde a Inglaterra (...) Tomade exemplo dos vossos amigos de Nápoles, adoptade a Constituiçom Espanhola de 1812, adoptade-a toda inteira...!Acabarám adoptando os termos liberal e liberalismo como categoria política consagrada, em justo reconhecimento a aqueles temerários militares e conspiradores que conseguírom elevar Espanha a paradigma de paese di libertáDesde os conciliábulos das sociedades secretas, a Constituiçom de Cádis chegava em março de 1821 ao Piemonte, o outro grande reino italiano junto com o Nápoles, ou das Duas Sicílias, e obrigava o rei Victor Manuel I a abdicar no seu irmão Carlos Félix. A resistência espanhola de 1808 e a Constituiçom de 1812 consagrárom Espanha como paese di libertá2Na esteira do pronunciamento de Riego e do Triénio Constitucionalista que se seguiu, a voz dos liberais franceses partidários da liberdade dos modernos e a ala radical dos whig britânicos acabarám adoptando os termos liberal e liberalismo como categoria política consagrada, em justo reconhecimento a aqueles temerários militares e conspiradores que conseguírom elevar Espanha a paradigma de paese di libertá.1 Ángel Rivero (2019): Benjamin Constant. La libertad de los modernos, Alianza Editorial. Introducción, traducción y notas de Ángel Rivero.2 Gonzalo Butrón Prida: "La inspiración española de la revolución piamontesa de 1821", Universidad de Cadiz, 2012. Disponível na rede é umha excelente introduçom ao impacto do primeiro liberalismo espanhol na Itália.
PRAZA_14320
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional defende que debe ser entendida como unha "politica pública" e que Galicia debe resistir os intentos de recentralizar estas accións que ao seu xuizo se están producindo.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) fixo pública unha proposta dirixida aos partidos politicos que concorren ás eleccións do 21-O e ao goberno que se forme despois dos comicios e centrada principalmente na demanda de que Galicia potencie a súa acción exterior. O IGADI considera que "que Galicia o faga para a promoción dos seus intereses é un exercicio de responsabilidade" e afirma que "contamos con valores específicos que ningún goberno central vai potenciar na dimensión necesaria nin coa sensibilidade e coñecemento precisos". E conclúe: "Cómpre ir construíndo unha marca propia no mundo, entre todos, de xeito teimudo e coordinado". "Cómpre ir construíndo unha marca propia no mundo, entre todos, de xeito teimudo e coordinado" En consecuencia o instituto demanda que Galicia desenvolva "unha acción exterior centrada na defensa e promoción dos seus intereses específicos, isto é, que parta da nosa identidade no sentido máis amplo (lingua, condición marítima, presenza empresarial, diáspora, etc.) para proxectala no mundo con afán universalizador, poñendo en valor as nosas capacidades, atributos e singularidades, cunha taxa de retorno que se traduce en autoestima pero igualmente en oportunidades de crecemento, de creación de riqueza e de emprego". Engade que "sen menoscabo da importancia da diplomacia económica debe integrar outras potencialidades que poden reforzar o seu peso específico e gañar impacto e efectividade" e salienta principalmente "os vínculos coa lusofonía". Rexéitase "calquera hipótese recentralizadora" que "en aras dunha demagóxica economía de recursos elimine as achegas positivas e complementarias que poida aportar" Cren, ademais, que a acción exterior debe ser entendida "como política pública". Finalmente, rexéitase "calquera hipótese recentralizadora" que "en aras dunha demagóxica economía de recursos elimine as achegas positivas e complementarias que poida aportar". Neste senso suxírese a creación dunha conferencia sectorial Estado-CCAA en materia de acción exterior "acompañada de medidas de recoñecemento e dignificación dos servizos exteriores autonómicos que contribúan a renovar o facer diplomático estatal".
PRAZA_2676
O autor de Memorias dun neno labrego, a obra máis lida da literatura galega, morreu este venres na súa casa de Vila de Cruces aos 87 anos ENTREVISTA (Xaneiro de 2015): "A miña identidade galega naceu aos poucos meses de chegar a Bos Aires" ENTREVISTA (Abril de 2012): "Arrancaban os mozos do agro e metíanos á forza no frente de guerra"
"Eu só quería contar o que pasaba na aldea, fronte á visión idílica, bucólica e humorística que había". Sen máis. Así respondía Neira Vilas cando lle preguntaban por Memorias dun neno labrego e pola feliz excepción na nosa literatura que supoñen os seus 600.000 exemplares vendidos. Sobrábanlle as teorizacións. Só quixera -salientaba nas entrevistas- dicir a verdade. Fronte á visión chocalleira e folclórica do rural. Escoitalo a el, na súa casa de Gres, (Vila de Cruces), era, tamén, por momentos, como ouvir o seu personaxe, Balbino, décadas despois. "Coma quen dis, un ninguén". Un "ninguén" que falou por todos os outros ninguén, que somos nós. Non só os rapaces de aldea. Anos despois, nos 70, chamáronlle literatura social-realista. Denuncia da opresión dos subalternos. Pero el xa o fixera. Coma Blanco-Amor, a quen citaba como referente. E non precisaba etiquetas. Aínda que os letreiros, os debates sobre onde encaixalo nunha historia literaria en permanente (de)construción, son o de menos, se cadra. Do que ninguén dubida é de que houbo un antes e un despois de Memorias. E non só iso. Porque Neira Vilas non era, non é, só Balbino e as outras dúas obras do alcumado ciclo do neno: Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho. Neira Vilas era, -é-, tamén Xente no rodicio, -outra vez, a procura da verdade, mesmo que doia, mais desta volta do contexto urbano-, ou Querido Tomás. Ou Remuíño de sombras, novela coral de estrutura fragmentaria que expande a riqueza narrativa da súa obra. Tamén é a LIX, que inaugurara, dalgunha maneira, con Balbino. Á que deu títulos como Espantallo amigo, O cabaliño de buxo ou A marela Taravela. Ou poesía: Dende lonxe ou Poesía recadada, entre outros. E moito, moito, ensaio. Ninguén sabía máis ca el da prensa da emigración en Cuba. E de tantas outras cousas. E non é de estrañar. Porque dedicou toda a súa vida a investigar e a escribir. A descubrir. Outra vez, a mesma teima: contar a verdade. Dese xeito que o ensaio e o xornalismo de hoxe refugaron, e que para el e os autores da súa xeración era como unha garantía de achegarse á obxectividade, aínda que esta sexa utopía: os datos. O detalle. A concisión. A mesma que desprega en Lar, Pan, Nai, recentemente editados. Nunca cansaba. O seu ritmo de produción era difícil xa non de superar, senón de igualar, malia a súa idade. Editaba e reeditaba. Facía e refacía. Descorría, sempre Nunca cansaba. O seu ritmo de produción era difícil xa non de superar, senón de igualar, malia a súa idade. Editaba e reeditaba. Facía e refacía. Descorría, sempre. Acompañalo, na Fundación que leva o seu nome, era unha viaxe polo tempo. Pola memoria. Da infancia en Gres á emigración a Buenos Aires, onde el mesmo dicía que descubrira a súa identidade galega, como sinala en Memoria da emigración. "Comecei a ter conciencia de Galicia, do seu idioma, da súa historia… en Arxentina. Aos seus meses de estar alí escribíame coa familia en galego. Os membros das Mocedades Galeguistas tiñamos moi presente a Castelao, pero non só a el. O meu activismo pola cultura galega comezou en Bos Aires e ata hoxe…", explicaba nunha entrevista recente en Praza. Nos encontros da Biblioteca do Centro Galego de Buenos Aires os mozos das que despois serían as Mocedades Galeguistas tiñan os mellores mestres. Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco Amor… "Despois participei en moitas iniciativas para difundir o libro galego: fundamos a editorial Follas Novas, fixemos exposicións por América…", contaba en Praza. E América foi Arxentina, -a partir do 49- e foi Cuba -desde o 61-. E máis furar na memoria. "Traballei durante 22 anos na sección galega do Instituto de Literatura e Lingüística de Cuba. E sen cobrar. Levaba o meu traballo ao día, e ademais dirixía a sección galega. Hoxe queda o Fondo Gallego, que é o maior fondo bibliográfico sobre a emigración galega en América", dicía Neira Vilas. Mais non só houbo libros. Contouno el mesmo en Días de Cuba. Como parte activa, que foi, da primeira época da revolución. "O que vivimos entón foi un estado de emoción colectiva: o pobo podía gobernar, era unha realidade. Todos colaborabamos. Todo o mundo era solidario. Faciamos traballo voluntario... Eu estudara xornalismo en Arxentina, pero seguín o consello de Blanco Amor de non converter a miña vocación nunha profesión. Durante moitos anos traballei na industria, ata que comecei a traballar en Zunzún, unha revista literaria para nenos. Zunzún era unha revista moi importante. Tirabamos 250.000 exemplares", lembraba, orgulloso. E contestaba discursos baseados no prexuízo. "Son os norteamericanos os que dominan a propaganda, os medios de comunicación do mundo. E tentan desacreditar a Fidel Castro e ao Che. Eu coñecín aos dous e o que vin neles foi cualidades humanas. O Che díxolle a unha señora que el era irmán de a quen lle doese unha labazada que lle desen a outra persoa en calquera parte do mundo. Métodos de alfabetización de adultos que se utilizaron en Cuba están a empregarse agora en España... Iso foi o que construíron Fidel e o Che, coa filosofía de José Martí…", apuntaba nesa mesma conversa. Os recoñecementos. Poucas figuras, coma el, erguen tal unanimidade. Tivo -case- todos os premios. Mais Neira Vilas estivo, como di outro dos seus libros, Vinte anos retornando. En viaxes de ida e volta, ata a definitiva, a primeiros dos anos 90: o regreso a Gres coa súa compañeira, Anisia Miranda. A Fundación Neira Vilas. Os múltiples proxectos culturais. Os recoñecementos. Poucas figuras, coma el, erguen tal unanimidade. Tivo -case- todos os premios. Tamén os das mans ás que tivo que achegarse á volta da emigración. Desde un credo oposto. Fóronlle outorgadas as medallas Castelao. O Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. É Premio da Crítica Española e Premio da Crítica Galega. Premio Laxeiro e Trasalba. Mais é, sobre todo, dos "ninguén". Da humildade. Do que representaba a voz de Balbino. Da procura da verdade. E da xustiza.
PRAZA_3735
Non estamos en tempos de guerra, estamos en tempos de coidado. Non fai falta disciplina, senón agarimo e sentido cívico. As nosas persoas maiores non son prescindíbeis. Son o máis prezado que temos porque viviron tempos peores que este e saben a importancia de estamos xuntos/as, de coidarnos entre nós, e de sobrevivir en tempos escuros
A miña avoa Herminia viviu a guerra de nena. A guerra acostumouna ao medo e á paciencia diarios, puxo fin á súa escolarización (que apenas durou dous anos) e fíxoa valorar, ante todo á familia e aos veciños e veciñas. Con máis de noventa anos, recitaba coa súa irmá unha ratafía interminable de nomes de nenos e nenas e e de adultos novos e vellos, que vivían ou viviran no seu barrio da infancia e dos que atesouraban toda sorte de historias coas que pasar as interminables tardes de chuvia e inverno.A miña avoa Herminia viviu a guerra de nena. A guerra acostumouna ao medo e á paciencia diarios, puxo fin á súa escolarización (que apenas durou dous anos) e fíxoa valorar, ante todo á familia e aos veciños e veciñasA miña avoa Herminia viviu os tempos longos da fame; traballou dende moi nova picando caolín para unha fábrica de cerámica, non deixou de ir co seu sacho a mariscar na enseada da ría, coidou da miña nai en xornadas esgotadoras, agardou polo meu avó no peirao de Vigo a que viñera dos seus embarques transatlánticos e ensinoume a ter unha despensa para a malas rachas chea de comida, de coidados e de palabras. Sabía cando había lúa para plantar e de onde viñan o ventos. Pasamos xuntas un cancro; ela non o soubo, eu si o sabía. Ela non curou, eu si. Ningunha das dúas vivimos a enfermidade loitando; vivímola coidándonos e deixando que nos coidaran. Non nos sentimos valentes senón vulnerábeis, así que nos apertabamos moito. Compartimos palabras e inquietudes, e puiden coidala un pouquiño mentres morría nunha cama dun hospital público na que as enfermeiras e a médica deixáronme despedirme dela pouco a pouco, con dignidade, porque sabían que era importante e necesario.Lémbrome moito dela estes días: porque me legou as súas palabras para que as compartira en tempos duros coma este; porque a súa maneira de apertarme foi a súa mellor herdanza; porque me ensinou que coidar da familia, ante todo, e da comunidade, despois, son o máis importante. Non estamos en tempos de guerra, estamos en tempos de coidado. Non fai falta disciplina, senón agarimo e sentido cívico. As nosas persoas maiores non son prescindíbeis, nin valen máis que ningún emporio. Son o máis prezado que temos porque viviron tempos peores que este e saben a importancia de estamos xuntos/as, de coidarnos entre nós, e de sobrevivir en tempos escuros.Non estamos en tempos de guerra, estamos en tempos de coidado. Non fai falta disciplina, senón agarimo e sentido cívicoA miña avoa morreu hai un ano, cando xa pasara a metade do inverno. Pero se hoxe vivira estaría tranquila por saber que podería ir a un hospital público se o precisabamos. Sei que me apertaría moi forte, que coidaría de min e dos demais e que desdobraría, pouco a pouco, o seu almanaque de lúas e de palabras para a primavera.Vou pensar nela moito estes días e agardar a que florezan, outra vez, as rúas e as flores da herba dos tellados que vexo dende a miña fiestra.
NOS_52530
Patrimonio dos Ancares sitúa a súa antigüidade entre 4.000 e 6.000 anos.
Colectivo Patrimonio dos Ancares documentou 20 novas mámoas no concello de Baralla, xacementos que, aunta, "non figuran nin no Plan Básico Autonómico nin no visor de Aproveitamentos Forestais, ferramentas fundamentais para a consulta dos espazos arqueolóxicos suxeitos a protección". Esta descuiberta foi na Serra do Rañadoiro, entre as parroquias de San Martín de Neira de Rei, Teixeira e Vilachambre. Próximas unhas das outras, distribúense por unha penichaira situada a 900 metros de altitude. "Os achados producíronse cando nos achegamos a ver a única mámoa catalogada por Patrimonio que hai no lugar para preparar unha futura ruta, o que certamente nos sorprendeu xa que a maioría das novas mámoas atópanse en mellor estado ca catalogada". Este colectivo informa que as dimensións "destes enterramentos do período Neolítico, cunha antigüidade que vai dos 6.000 aos 4.000 anos, oscilan entre 13 e 22 metros de diámetro, e unha altura entre 0,40 e 1,5 metros". "Á vista da cantidade de enterramentos, podemos establecer que estamos diante dunha das maiores concentracións tumulares da provincia de Lugo, só detrás das necrópoles da Millarada, en Cospeito, e do Monte de Santa Mariña, entre os concellos do Incio, Samos e Sarria, polo que imos dirixirnos ao Concello de Baralla para que os poña en valor".
NOS_7212
Fast Eddie Nelson (One Man Band: Rock, Mississipi Blues, Folk) desde Barreiro e após tocar por toda Europa, e Los Saguaros (Garage, surf, rock) desde Coimbra e a Marinha Grande, encherán a capital de GZ da suorosa paixón musical.
Este sábado, 14 de marzo, Compostela acolle o 'Menos Mal Festival', a festa (no sentido máis amplo, abrasivo e potente do concepto) do rock and roll portugués en Galiza. Tan lonxe, tan perto. O veciño do lado do que descoñecemos case que todo mentres apampamos perante calquera parvada de factura anglosaxona e/ou española. Para acordar do apampamento, un conxuro traído polos homes e mulleres do ce cedillado e composto de catro ingredientes potentes: Fast Eddie Nelson, Los Saguaros, e os Djs Nuno do Roque e Vinnie Jones. Os dous primeiros actuarán no Cachán Clube a partires das 21:30 horas. Os Djs armarán a festa post-concerto no Embora, xa a partires das 00:00 horas. Oriundo da cidade do Barreiro, Fast Eddie Nelson, alter ego de Nelson Oliveira, comezou escrreber, gravar e editar música no inicio dos anos 90. Integrou proxectos como Gasoline, The Sullens, Los Santeros, Big River Johnson e Fast Eddie & the Riverside Monkeys, e ten editado os últimos traballos en solitario. Que imos atopar? Pois como informan desde Lixo Urbano, un percorrido musical a navegar libremente entre o blues, o rock, o bluegrass, o algún psicadelismo. Un cruce de rock, o Mississipi Blues e Folk que ten levado en concertos por toda Europa Desert rock´n´roll Mais Fast Eddie Nelson non vén só. Aí van estar Los Saguaros, un dúo composto por Diogo Augusto (Hell Hound, Sonic Reverends, The Jack Shits) e Samuel Silva (Sonic Reverends, The Jack Shits) que irrumpiu en2013 entre a Marinha Grande e Coimbra. Xa informan os de Lixo Urbano que o seu desert, garage e surf rock, todo combinado e que poderia ser a banda sonora dun filme western pasado no deserto do Arizona. Os Los Saguaros raramente usan a voz e dependen case sempre só dunha bateria e unha guitarra.
NOS_4014
En plena crise institucional PP e PSOE promoverán mudanzas normativas que melloren a percepción da Casa do rei entre a cidadanía e blinden a pervivencia da mesma.
Para alén da incorporación da Casa do rei á Lei de transparencia --como foi anunciado polo Goberno de Mariano Rajoy após a imputación de Cristina de Borbón-- populares e socialistas artellan mudanzas lexislativas que limiten a inmunidade d@s membros da institución, unha das cuestións máis controvertidas nos últimos días logo de se coñeceren os casos de corrupción en que se viron implicad@s o xenro e filla de Juan Carlos I, mais tamén a propia figura do monarca. Neste senso, socialistas e populares conincidirían en impedir que o sucesor do rei goce da irresponsabilidade do monarca, porén a súa figura estaría protexida xudicialmente a través da figura do aforado. Así, e ao igual que acontece c@s deputad@s este só podería ser xulgado polo Tribunal Supremo. Desde o PSOE recoñecen estar a traballar nunha "regulación máis precisa" que lle outorgue "unha maior protección xurídica" á institución monárquica naqueles casos en que --como aconteceu nos últimos meses-- o príncipe teña que asumir a axenda do rei por ausencia temporal deste. Están a preparar unha posíbel abdicación do monarca? O deputado socialista Ramón Jáuregui asegurou nos últimos días que "hai tarefas pendentes na axenda reformista" que desde o PSOE cren preciso abordar, porén, matizou o parlamentar "sen necesidade de alterar o marco xurídico-político nin o modelo de Estado actual" que considerou "funciona ben". A introdución de mudanzas lexislativas arredor da monarquía española suporía un lavado de cara para a institución nun dos momentos en que a Casa do rei goza de menos apoios. No entanto, desde o PSOE deixan claro que non se está a artellar unha modificación constitucional que apunte cara ao fin da insititución, senón máis ben o contrario, que a blinde e garanta a súa pervivencia para alén de Juan Carlos I. Após 35 anos da Restauración borbónica, os dous partidos maioritarios --que durante décadas se alternaron no poder-- poderían estar a negociar mesmo unha lei de abdicación que garanta o traspaso de poder entre o rei e o príncipe coa seguridade xurídica suficiente como para non dar cabida a ningunha dúbida. Habida conta que a Constitución española fixa no artigo 57.5 a necesidade de se aprobaren por lei orgánica "as abdicacións e renuncias" na Casa do rei. O pacto PP-PSOE garantiría a maioría suficiente para que este procedemento lexislativo se desenvolvese pola vía de urxencia e leitura única sen necesidade de abrir o debate arredor do actual marco xurídico-político e o modelo de Estado centralista cuxa cúspide é, a monarquía. Pois, para socilistas e populares este "funciona ben".
NOS_48416
O concello de Vilalba atópase no centro-norte da Terra Chá, entre a chaira e as serras do Xistral e A Carba.
A localidade máis importante é a vila de Vilalba, un centro tradicional onde se concentran a maior parte dos servizos. A súa contorna conta con importantes valores naturais e un importante patrimonio histórico-artístico e etnográfico. A actividade económica de Vilalba depende en gran medida da gandaría e dos produtos derivados, entre os que teñen sona os queixos de San Simón da Costa, a cría de capóns e as galiñas de Mos. Paraxe: Terra Cha | Concello: Vilalba | Dificultade: Baixa | Percorrido: 6 quilómetros ida e volta ou 8 circular Unha visita a Vilalba paga a pena por moitas razóns, xa sexa para dar unha volta polo casco histórico e coñecer as rúas tradicionais; a Torre, convertida en Parador de Turismo ou as augas termais do Alligal de Codesido. Os espazos naturais de maior relevancia do concello sitúanse nas serras e nas zonas húmidas que rodean os cursos fluviais, que están protexidos nos LIC/ZEC Serra do Xistral e Parga Ladra Támoga. Nas proximidades do casco urbano atópase o río Madanela ou Madalena, que se forma con varios regos que nacen na serra da Carba, e que e despois de pasar por Vilalba conflúe co Trimaz para formar o Ladra, afluente do Miño. Unha pequena ruta, duns 3 quilómetros, acondicionada e sinalizada, que segue o curso do río Madanela a carón da vila de Vilalba, combina os valores naturais (bosque de ribeira, plantas acuáticas...) e etnográficos (muíños, caneiros) da área e, a maiores, inclúe desde 2006 o "Paseo dos Soños", promovido pola Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María da Terra Cha que, en colaboración co Concello de Vilalba, colocan cada ano neste percorrido, na honra dunha persoa ou un grupo de persoas, unha escultura, coa que conmemoran, celebran e recoñecen a importancia da súa actividade cultural. Cada estatua é á vez un fito situado a 100 metros de distancia do anterior e cada tramo entre elas coñécese como un "hectómetro literario". O percorrido pódese comezar en distintos puntos e facelo de ida e volta, ou circular incluíndo o centro da vila para visitar a zona histórica. Para facer só o camiño de ida e volta podemos ir co coche a calquera das dúas puntas. Collendo a estrada que vai a Baamonde e a uns 500 metros, o cruzamento á dereita leva até o muíño do Rañego, desde aí camiñamos até a ponte e o muíño dos Pasos, a área da Madanela (a carón da capela do mesmo nome), a praia fluvial e a área de lecer, o muíño e a ponte dos Freires e rematamos na ponte da estrada de Vilalba ás Pontes, onde tamén podemos comezar para facer o percorrido no sentido contrario, ou achegarnos á área de lecer da Madanela, que se atopa máis ou menos na metade do traxecto e dispón dun amplo aparcadoiro.
NOS_35785
A posición do grupo maioritario nas Cortes españolas contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza, Euskadi ou Navarra.
A Comisión de Interior do Congreso español debateu esta terza feira (17 de febreiro) unha proposta presentada por diversas forzas políticas, Amaiur, Izquierda Plural, PNV e BNG, solicitando a revisión da solicitude de asilo político presentada polo activista Hassanna Aalia e que lle foi denegada o 19 de xaneiro. A iniciativa foi rexeitada cos votos do Partido Popular e apoiada por todas as forzas da oposición. A posición do grupo parlamentar popular en Madrid contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza onde a pasada semana foi aprobada unha declaración institucional unánime na que se solicita a revisión da solicitude presentada polo activista sahariano e o recoñecemento do seu dereito de asilo habida conta do futuro que lle agarda de ser prendido polas autoridades marroquinas. Aalia foi condenado a cadea perpetua por un tribunal militar após ser xulgado en dúas ocasións pola súa participación no campamento de Gzdein Izik.
PRAZA_4567
Nesse contexto emerge entre o poder na Galiza a ideia disso que Foucault chamou o "grande encerro", a proletarização forçosa das mulheres que não estivessem sob o controlo de alguma autoridade masculina.
"… é un asunto de dereito consuetudinario que non ten nada que ver nin co código civil dos españois nin coa política". M. MANDIANES CASTRO1 Queixava-se Manuel António nos anos vinte do esmorecimento da indústria dos prateiros de Padrão, "mais cada vez que atopo a un d'os operarios que aínda a siguen, eu penso ver un rezagado d'o século, medio artesán e medio artista, según quería a vella arela, que teima defender n-os nossos tempos os derradeiros esteos d'unha conceición mais humán e dinificadora d'o traballo e que houbera merecido o cordial aludo d'a santa palabra de Mathma Gandhi"2. Não abundam na nossa Terra as referências ao independentista indiano, cuja luta desobediente se reduz muitas vezes à sua versão sloganizada. Ainda, procura-se paradoxalmente nele uma justificação de passividade, quando era um homem que assegurava que "existe um mal que é pior que a violencia: a covardia". Para mudar isto, recentemente Joám Evans Pim3 recordou a aposta de Gandhi num soberanismo integral, relacionando as incessáveis fiandeiras indianas que desafiaram o Império Britânico com a democracia paroquial galega. As fiadas organizadas na Galiza polas mulheres, e outros trabalhos-diversões colectivos como as esfolhas, foram umha fonte inesgotável de criatividade popular: músicas e danças, cantigas, desafios, adivinhas, jogos, contos… E também –como observou Nicolás Tenorio nas de Viana do Bolo- espaços de acertados debates e deliberações sobre os assuntos comunais. Todo isto fez que o poder visse os fiadeiros como uma intensidade autónoma perigosa que devia diluir. A antologia dos documentos desta repressão é inesgotável: começam no s. XVI nos sínodos de todos os bispados galegos e só se detêm a meados do s. XX, quando se deixa de cultivar o linho. As autoridades criticavam sobretudo que o linho dava "demasiada" autonomia económica às mulheres que, alias, eram as que organizavam e controlavam os fiandeiros como um espaço festivo e promíscuo. "Ayuntamiento de sexos", "juntas infernales", "diaboli festum"… todo o repertório do imaginário do aquelarre era mobilizado contra a autonomia das fiandeiras. Um dos agentes desta repressão foram os jesuítas, que gostavam de comparar o Reino de Galiza com as colónias de América. Sobre estes indígenas de aqém-mar escreverá Pedro González de Ulloa todo um involuntário programa político: "uno por uno son afables y dóciles; en comunidad, suevos; capitaneados, ostrogodos y a pelotones, portugueses, con quienes confinan". Nesse mesmo livro, aponta acerca dos fiandeiros que ele próprio perseguia: "El comercio del otro sexo es comúnmente con lino, que benefician y venden en rama o en tela. Es laborioso sin duda, pero útil, si a esto no se le añadiese muchísimo de delincuente. Guardo silencio por decoro debido a las señoritas mujeres"4. O clero compostelano não se conterá tanto, e na sua condena das fiadas vê-se bem como consideravam tão perigosa e autonomia sexual das mulheres quanto a económica: "en muchas partes convocan las madres de familia a otras mujeres por la mayor parte solteras, y a que las más licenciosas concurren en mayor número y con más prontitud y gusto, no tanto por hilar cuanto por ejecutar más libremente, llegando la noche, sus peligrosas deshiladas, porque a este tiempo concurren los jóvenes, particularmente aquellos que con alguna o algunas tiene amores peligrosos o acaso perniciosos a la honra y conciencia de unos y otros"5. A esta pequena indústria rural soma-se, entre os homens, uma forte emigração atlântica e o recrutamento forçoso para as guerras espanholas, de modo que a meados do s. XVIII por volta de 15% dos fogares do noroeste galego estavam geridos por mulheres solteiras. Nesse contexto emerge entre o poder na Galiza a ideia disso que Foucault chamou o "grande encerro", a proletarização forçosa das mulheres que não estivessem sob o controlo de alguma autoridade masculina. Em Návia de Suarna, por exemplo, entre 1793 e 1804 foram levadas perante os tribunais 41 moças; "siendo justo que el pueblo se exterminase de mujeres de tan relajada conducta", lê-se na condena ao desterro de Rosa Díaz6. Se o grande encerro não foi mais adiante foi, entre outros fatores, polo dessinteresse das autoridades locais, que ignoravam os mandatos estatais e da Igreja. Ninguém dissolve os fiandeiros, e a Diócese de Santiago queixa-se de que "tales excesos crecían con la indolencia de las justicias, que toleraban en las repúblicas concejiles"7. *** Parece que há relação entre a autonomia feminina e a democracia paroquial. Contudo, os concelhos abertos eram território de homens. No concelho aberto de Pedrafita do Zebreiro participavam assim: "Se estám ele e ela, vai ele; se esta a mãe e um filho de 17 ou 15 anos, ou mais, vai o filho. Se só está ela, vai ela", explicava o pedáneo da época8. A tarefa de representação tomava-o o homem da casa, mas pode que os fiandeiros fossem um espaço onde elaborar a influência das mulheres nos assuntos públicos. Em todo caso, de que se falaria nessas repúblicas concelhis? Iriam além dos assuntos meramente locais? Não há documentos nem atas dessa democracia oral –polo menos dos concelhos mais recentes-, mas há lembranças. Por fortuna Manuel Garcia Barros Ken Keirades tivo a ideia, na sua não declarada autobiografia, de reproduzir uma conversa durante uma esfola na sua casa de Berres, a começos de s. XX. Falam o seu pai e uns vizinhos, e é uma testemunha impagável. Tratam das eleições, do Estado 'providência', da guerra, do cárcere… É longa de mais para reproduzir aqui completa, mas paga a pena citar algum trechinho, com a certeza de que é bem mais profunda do que qualquer sessão do parlamentinho (é sabido que o trabalho manual ajuda a pensar). Mas deixemos que o Mingos tome a palavra: "As eleucións tal e como se veñen facendo, son unha farsa noxenta (…). A nosoutros póñennos aquí a pelexar, e arriba enténdense os uns cos outros, e pra nós a conta é sempre a mesma: pagar. Eu iría a votar de moi boa gana, pro non por Xan nin por Pedro, senón por botalos abaixo a todos. ¿Para qué nos sirven a nosoutros os gobernos? Non vexo pra qué, non sendo pra quitarnos os cartos. (…) Se se desfán os camiños, nosoutros temos que arranxalos; se desmora unha fonte, nosoutros temos que poñela a avío: lavadeiros temos os que nós puxemos". Os labregos de Berres (na Estrada) ainda não conheceram a "incompetência planificada", e não cientes das suas capacidades. O seu apartidismo não tem nada a ver com o apoliticismo reacionário: é rebelde. Continuam a debater se o Estado dá realmente em serviços (justiça, ensino…) tanto como rouba em impostos às classes trabalhadoras, e de aí passam a questionar o militarismo patrioteiro: "En canto ó Exército, eu non sei se será unha cousa necesaria. Dícennos que é para defender a patria. Pro iso da patria segúraseme unha cousa algo confusa, e hai muitos que pensan que a patria son eles. A patria, din os libros de escola, é a terra onde nacemos, e coido que non está mal dito. Mais o que eu vexo é que moitos o que queren é chupar dela; e cando nos arrincan os fillos para defender á patria, non é máis que para defender os privilexios de uns e as bicocas dos outros. Aí estamos coisa guerra de Marrocos, que enxamáis se acaba, sacrificando homes e diñeiro que non ten traza". Resolvem que ir votar ou não é o de menos, pois só eles próprios, auto-organizando-se, poderão lavrar uma Terra Livre. Vão mais lá do conhecido "libertarismo espontáneo" galego, meramente reactivo, e propõem ideias concretas, mesmo atacando a indignidade do cárcere: "o importante é que os labradores señan sociedades en cada parroquia, para se defenderen e tratar de arranxar os seus asuntos, sin depender de caciques nin da sua culimaia, como teño escoitado que se fai noutras partes do mundo. (…) O mellor sería –di Mingos- que non nos disen nada, pro que tampouco nolo pedirán. Que nos deixen en pas, que xa nos arreglaríamos, pola conta que nos tiña. -Eu xa tiña pensado niso –diso o Lourenzo-, e coido que non debía haber máis que parroquias, con libertade de poder axuntarse en federacións, ou como millor visen, conservando cada unha o seu ser. -Todo iso é moi bonito –ouservóu o Xorxe-, mais eu non sei cómo resultará a cousa. Esquencedes que somos de mala condición para nos levar ben uns cos outros, e sin autoridade, a máis de que tampouco estamos preparados. -Sí –contestou Mingos-. Somos de mala condición, e inorantes, pro somos como nos fan. Asústannos con todo, facéndonos vivir apouquentados. Diste xeito fanse escravos, servos, xente amergurada, pro non se fai xente boa e útil. A xente faise espelida e boa con educación e convencimento, non con ameazas. E algún que se fuxise da razón, xa buscaríamos maneira de facelo voltar ó rego, sin necesidade de cárceres; a nosa xustiza asegúrovos eu que había ser máis xusta que esa que se nos fai escrebindo nos papés"9. Terra Ancha, 5 de dezembro de 2013 P.S: Cousas da telepatia carcerária, poucos minutos depois de rematar este artigo chegou-me um feixinho de cantigas medievais de parte de Ernesto Vázquez Souza, sobre os concelhos: os urbanos e controlados e os abertos e democráticos. Destaca uma de Pero de Armea que, embora seja de escárnio, retrata uma mulher a falar na assembleia: "Vós andades dizend'em concelho Que sobre todas parescedes bem; E com tod'esto, nom vos vej'eu rem, (…)" Depois de tudo, não é o mesmo temor masculino perante a mulher pública que está trás a perseguição dos fiadeiros? Primeiro a retórica da mulher falangueira, depois a do aquelarre. NOTAS 1. M. Mandianes, O río do esquecemento, Vigo, Xerais, 2003, p. 174 2. Manuel Antonio, "Cousas de Padrón", Galicia, 12/4/1925 3. J. Evans Pim, "Gandhi na eira". O Golpe. Revista de Pensamento Arredista, nº 2. 4. P. González de Ulloa, Descripción de los estados de la casa de Monterrey en Galicia, Madrid, CSIC, p. 28. 5. Arquivo Diocesal de Santiago, Sínodos, 1730, leg. 1214. 6. P. Saavedra, La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica, 1994, pp. 252-256 7. Arquivo Diocesal de Santiago, Sínodos, 1740, leg. 1215. 8. C. Lisón Tolosana, Antropología Cultural de Galicia, Madrid, Siglo XXI, 1974 (2ª edición), p. 116-117. Há abundante informação sobre o concelho abertro até os anos 60 nas páginas 56-58 e 113-123. 9. M. García Barros, Aventuras de Alberte Quiñói, Vigo, Castrelos, 1976 (2ª ed), PP. 231-243
PRAZA_7455
Hai uns meses o Xulgado do Social de Ourense non admitira unha demanda labora dun arquitecto por incluir esta expresión "coloquial, superflua e impropia dun escrito xudicial". Agora o TC ampara o seu emprego e decreta que o xulgaado violou o dereito á tutela xudicial efectiva.
"La misiva se antoja artificial, insustancial y vacía de contenido, manda carallo. Si no se pone un toque de humor ni de ironía uno se colgaría en un arbusto ante el drama y la tragedia que supone todo despido". É un fragmento do escrito no que en marzo de 2011 o arquitecto Jorge Gómez Muguruza demendaba a unha empresa polo impago dunha serie de traballos que realizara para ela. O Xulgado do Social de Ourense non admitira a súa demanda por incluír "expresións coloquiais e impropias dun escrito xudicial" O Xulgado do Social de Ourense non admitira a súa demanda por incluír "expresións coloquiais e impropias dun escrito xudicial" e pediulle que as retirara. Porén, Gómez Muguruza respondeu que "o estilo e a redacción" do seu escrito estaban "dentro do exercicio lexítimo" dos dereitos á libertade de expresión, opinión e de defensa". Agora o Tribunal Constitucional vén de amparar o uso da expresión "manda carallo" nas demandas laborais e na súa sentenza deixa claro que non hai lei ningunha que impida que se empregue. O TC engade que o xulgado ourensán violou "o dereito á tutela xudicial efectiva do arquitecto", impedindolle o aceso á xurisdición "sen artellar causa legal ningunha". A sentenza do alto tribunal conclúe que os xuices incorreron nunha "arbitrariedade ao non admitir a demanda con bases que non teñen fundamento legal algún".
NOS_24265
Hoxe remata un concurso que organiza na rede a Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla no que busca as 10 palabras máis fermosas do galego en perfecto castelán.
O Consello Regulador desta Denominación de Orixe, organismo integrado na Consellaría de Agricultura que utiliza sempre o español nas súas publicacións en redes sociais, organizou este maio un concurso -titulado "En galego"- no que convidaba a buscar as 10 palabras máis bonitas da nosa lingua. Os e as participantes poden gañar unha estancia de dúas noites no Parador dos Reis Católicos en Santiago. Para animar a participación publican mensaxes na súa páxina de Facebook onde afondan no uso ritual da lingua, do tipo "No queremos dar pistas pero, ¿nunca te han dicho lo "riquiña" o "riquiño" que eres?. Si es que el gallego tiene un montón de palabras de uso cotidiano que seguro te encantan". Ou "Si hay algo de lo que nos gusta presumir, es de nuestro origen 100% gallego". Ou "estamos seguros de que has oído, conoces o incluso utilizas alguna palabra en gallego. Porque nuestro idioma es universal y gusta a todo el mundo, como nuestro queso". A reacción dos internautas non se fixo agardar e nos comentarios das últimas semanas houbo reaccións de todo tipo, desde os que os acusaban de "hipócritas", "incoherentes", "patéticos" ou "colonizados" até os que usaban a retranca propoñendo verbas como "Sanjenjo", "ajóujere", "morrita" ou "Panjón", ou dicindo "Todo sea por las bonitiñas letriñas galleguiñas". Aínda así, no concurso participaron 266 persoas, coas propostas habituais nestes casos, como riquiño, bico, bolboreta, morriña, lembranza, agarimo e, como non neste ano de Celta europeo, afouteza. As dúas verbas con máis posibilidades son morriña e riquiña/o, promovida polos propios organizadores.
PRAZA_838
Cando se achega o 70 aniversario da liberación de Mauthausen, CuartoPoder.es publicou a relación completa dos ao redor de 10.000 españois enviados a campos de concentración alemáns, entre eles uns 180 galegos, dos que 122 morreron alí.
Este 5 de maio celébrase o 70 aniversario da liberación de Mauthausen, a rede de campos de concentración nazis encargados de recluír os Inimigos Políticos do Reich, dende esquerdistas alemáns, prisioneiros soviéticos, homosexuais, artistas ou científicos opostos a Hitler. Entre eles, había ao redor de dez mil españois, algúns deles refuxiáranse en Francia tras o remate da Guerra Civil e foron entregados polo réxime de Vichy. Outros, incorporados ás forzas aliadas (calcúlase que o fixeron preto de 35 mil) ou á resistencia francesa foran capturados polas tropas alemás. Coincidindo co aniversario, Cuarto Poder publicou hai uns días, acompañada de reportaxes e entrevistas, a relación completa dos ao redor de 10.000 españois enviados a campos de concentración alemáns, entre eles uns 180 galegos, dos que 122 morreron alí. Na información pódese consultar a localidade de procedencia de cada un dos prisioneiros e se foi liberado o faleceu nos campos, e a data de falecemento ou liberación, en cada caso. A lista foi elaborada por Cuarto Poder a partir da investigación dos historiadores Benito Bermejo e Sandra Checa. A Coruña, con 21 persoas, é a localidade galega con máis presos nos campos nazis, seguida de Vigo (11), Ourense (7), A Pobra do Caramiñal (6), Pontevedra (6), Ferrol (5), Vilagarcía (5), Lugo (4) ou Mugardos (4) 78 dos prisioneiros procedían da provincia da Coruña, 35 de Ourense, 34 de Pontevedra e 33 de Lugo, sendo a propia cidade da Coruña, con 21 persoas a localidade galega con máis presos nos campos nazis. Vigo (11), Ourense (7), A Pobra do Caramiñal (6), Pontevedra (6), Ferrol (5), Vilagarcía (5), Lugo (4) ou Mugardos (4) suman tamén grupos numerosos. O historiador Benito Bermejo denuncia que "70 anos despois España segue ignorando o exterminio nazi dos republicanos" No especial publicado por Cuarto Poder, que tamén lle dedica un apartado a Francisco Boix, o fotógrafo español que documentou en imaxes a barbarie nazi, o historiador Benito Bermejo denuncia que "70 anos despois España segue ignorando o exterminio nazi dos republicanos", destacando que o envío dos refuxiados republicanos aos campos partiu das propias autoridades franquistas. Segundo relata Bermejo na súa investigación, se as condicións no propio campo de Mathausen eran duras, más aínda o eran as dos campos anexos de Gusen ou Hartheim, especialmente este último, onde eran enviados os máis vellos ou enfermos. Alí moitos servían de cobaias aos médicos nazis, sometidos a macabros experimentos e operacións. Así morreron 16 dos 122 galegos falecidos. Nos últimos anos comezaron a realizarse as primeiras homenaxes sobre este grupo de galegos que pasou polos campos nazis de exterminio, destacando sobre todo o traballo Galegos en Mauthausen, de Enrique Barrera Xa non está vivo ningún dos case sesenta galegos que saíron vivos dos campos nazis. O último faleceu hai uns anos en Teis (Vigo). Entre os supervivintes atopamos historias curiosas, coma a de Juan José Casal Chao Chucho, cabo da Mariña Republicana nacido en Fene, pois foi o único que regresou a España mentres aínda vivía Franco (a maior parte quedou a vivir en Francia). Fíxoo en 1970 e traballou nunha empresa auxiliar de Astano. Ou Marcelino Pardal Pouso Xelo, que nos anos trinta era futbolista do Racing de Ferrol, e que en boa medida salvou a vida pola súa habilidade futbolística pois foi incorporado polos nazis a un dos equipos dos campos, que xogaban partidos por cuestións propagandísticas ou de simple entretemento; trala liberación quedou a vivir na localidade francesa de Beziers. Nos últimos anos comezaron a realizarse as primeiras homenaxes sobre este grupo de galegos que pasou polos campos nazis de exterminio, destacando sobre todo o traballo Galegos en Mauthausen, de Enrique Barrera. Precisamente, a investigación de Barrera alentou a homenaxe que en 2012 as entidades Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán realizaron en Ares aos 22 prisioneiros procedentes das comarcas de Ferrolterra.
NOS_6923
O deputado no Congreso Néstor Rego, xunto a Goretti Sanmartín e Rubén Cela, membros da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, reuníronse en Madrid esta cuarta feira co Grupo Socialista para negociar un posíbel acordo para apoiar a investidura de Pedro Sánchez ao redor de aspectos claves da "axenda galega". As negociacións seguen abertas "á espera dun acordo"
Segunda reunión do BNG co PSOE no Congreso en Madrid para perfilar as condicións do apoio do deputado nacionalista Néstor Rego á investidura de Pedro Sánchez, o candidato socialista, como presidente do Goberno. O nacionalismo galego leva, entre outras cuestións, á mesa de negociación a transferencia da AP-9 e a rebaixa das peaxes, a creación dun estatuto de empresas electrointesivas, a solución á situación de Endesa, as transferencias pendentes a Galiza, a problemática dos e das emigrantes retornadas ou a creación de máis Xulgados de Violencia de Xénero. "A transferencia da AP-9 e a consecución de rebaixas e bonificacións nas súas peaxes é imprescindíbel para o BNG por ser unha das maneiras de rematar cunha discriminación histórica do noso país", sinalan as nacionalistas nun comunicado de prensa após a reunión na que participaron, xunto a Néstor Rego e Adriana Lastra -que participaron na primeira das xuntanzas-, a concelleira en Compostela Goretti Sanmartín e o responsábel de Relacións Internacionais, Rubén Cela, por parte do BNG; e Rafael Simancas, un histórico dos socialistas madrileños, deputado e ex portavoz na Asemblea madrileño. No caso do estatuto de empresas electrointensivas "trátase de buscar unha solución á crise industrial que afecta a varias localidades e comarcas do país poñendo en risco un importante número de postos de traballo", explica o BNG. A respecto das transferencias, lembran as nacionalistas, "Feixoo leva unha década sen conseguir nin unha soa transferencia para Galiza cando hai cuestións que é urxente xestionarmos de maneira directa como as transferencias de Salvamento Marítimo como puidemos ver no caso do accidente do Blue Star". O Bloque tamén pide rematar coa discriminación das persoas emigrantes retornadas e a creación de máis Xulgados de Violencia de Xénero nas cidades galegas. As negociacións co Partido Socialista "seguen abertas á espera dunha nova xuntanza para acadar un acordo", di o BNG.
NOS_12819
Un colectivo de veterinarias e veterinarios de Medio Rural reclama que a Xunta informe se os dous concursos de selección que ten en marcha inclúen prazas para o persoal en abuso de temporalidade, o que sosteñen, sería unha fraude de lei, baseándose na xurisprudencia dos tribunais da Unión Europea.
Un grupo de 32 profesionais veterinarios indefinidos non fixos da Consellaría de Medio Rural, nalgúns casos con até 20 anos de servizo, cuestionan a convocatoria dun "proceso selectivo extraordinario de consolidacións", no que sospeitan que a Xunta da Galiza pretende sacar a concurso prazas para asignar o persoal en abuso de temporalidade, o que supón "unha fraude de lei", salientan. Despois de requirir a Valedora do Pobo e o Consello Galego de Colexios Veterinarios que reclamen á Xunta información sobre a inclusión destas prazas en fraude de lei en dous procesos de contratación, e que de ser así se exclúan estas prazas. Explican que "a Administración non quixo regularizar a nosa situación e mantivo as traballadoras e traballadores nunha situación que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera abusiva". No canto de corrixir "os erros cometidos", "aceleran os procesos para que ás vítimas non nos reste máis que a saída dunha loita xudicial moi longa e custosa", explica o colectivo veterinario, que critica que as e os traballadores que "sofren o abuso" sexan sancionados coa convocatoria "de procesos selectivos de concurso-oposición", o que consideran "inxusto e desproporcionado". "Só pedimos que se respecten os nosos dereitos e que sexamos tratados dentro das marxes que estipulan as sentenzas" da Unión Europea, reiteran, pedindo seguridade xurídica e agardando que tanto o Consello como a Valedora intercedan "pola nosa causa e non nos abandonen á nosa sorte". Prazas a base de sentenzas O conxunto de profesionais narran que, as súas prazas, "foron xeradas por cada un de nós por diferentes sentenzas xudiciais que obrigaron a Xunta a incorporalas", polo que non entenden que, tras dúas décadas, "debamos demostrar que sabemos facer o noso traballo", despois de que fora nomeado en agosto o tribunal dos concursos, cuxa data será publicada en outubro. O colectivo, que se sinte "abandonado" polas entidades que median nestes conflitos, destaca que durante a relación laboral con Medio Rural, "respondemos sempre en beneficio de todas as gandeiras e gandeiros", en moitos casos, asumindo riscos "sen ningún tipo de compensación económica", ao tempo que contan con "cargas persoais importantes debido á idade que temos", polo que non ven xusto "enfrontarse aos posíbeis aspirantes ás prazas que ocupamos de maneira indefinida desde hai 20 anos".
NOS_660
A unha semana para a chegada deste festival, tres comedias e un drama compiten o xoves 4 nun pitching público polo premio ao mellor proxecto de webserie en lingua galega.
O premio do Carballo Interplay ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a gravación dos primeiros tres capítulos, convirte o festival nun campo aboado para este formato. Así, tres comedias e un drama compiten este ano polo galardón que na pasada edición conquistaron os Porco Bravú con 'Peter Brandon', unha comedia con tintes dramáticos que se estreará o 5 de maio, ás 22h30, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. 'Peter Brandon' é un falso documental que amosa a vida do popular cómico Pedro Brandariz fóra dos escenarios e, no camiño, satiriza o sector audiovisual galego coa complicidade de caras coñecidas como Xosé Antonio Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco, entre moitos outros. Con claras referencias ás series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual, Peter Brandon está asinada polos gañadores do Mestre Mateo á mellor webserie nas edicións De 2015 e 2016, os Porco Bravú: Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido). Tres comedias e un drama compiten este ano polo galardón que na pasada edición conquistaron os Porco Bravú con 'Peter Brandon', unha comedia con tintes dramáticos que se estreará o 5 de maio Un día antes, o xoves 4 ás 19h00, catro proxectos de webserie competirán nun pitching público polo beneplácito do xurado. Trátase do drama existencialista 'Albedrío', creado por J.S. Raimundi e Álex Vázquez e protagonizado por Melania Cruz e Tito Asorey; da comedia de situación 'Efectos Secundarios', creada e protagonizada por Pablo Cobos e Paula Ballesteros-Arias; da comedia con pequenas tinturas dramáticas 'Hai vida en Bran', creada e protagonizada por Ángela Andrada, que se acompaña por un nutrido grupo de personaxes que rompen estereotipos; e máis da comedia fantástica 'Megamadriñas', que mestura o mellor da épica dos superheroes co máis enxebre do rural galego, baixo a batuta de Antón Coucheiro, Paulo Rubal e Joseba Muruzabal. 35 webseries de todo o mundo Trinta e cinco webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da cuarta edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de maio na vila coruñesa e que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Alí poderemos ver 5 webseries galegas, 12 do resto do Estado e 18 do resto do mundo: desde Alemaña a Chile, pasando por Israel ou Nova Zelandia. Trinta e cinco webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da cuarta edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de maio na vila coruñesa e que repartirá máis de 5.000 euros en premios. O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das webseries a nivel global. Como vén sendo habitual nas últimas edicións, o humor terá unha presenza abafadora (25 das 35 webseries finalistas son comedias), pero as temáticas son moi variadas: ciencia ficcción, horror, aventura, sátira política... Tamén haberá oco para o drama, o documental e o thriller. E, por suposto, un amplo abano de mesturas e experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo. As 35 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -un de versión orixinal en galego, tres internacionais e dous do Estado- nas tardes da quinta 4, da sexta 5 e do sábado 6, no Auditorio de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta até completar aforamento.
NOS_13650
O escritor faleceu esta sexta feira (27 de novembro). O seu corpo velarase no Panteón de Galegos Ilustres desde as 18 horas de hoxe e celebrase unha cerimonia de despedida na Igrexa de Santiago de Gres, onde descansará canda a súa muller, Anisia Miranda, finada en 2009.
Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu esta mañá na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos. Nunha entrevista publicada por Sermos Galiza no número 166 do semanario en papel aseguraba ter sido "un activista da cultura galega até hoxe". Nesa conversa, que reproduciremos íntegra esta tarde no diario dixital, Neira Vilas afirmou que a súa obra por excelencia, Memorias dun neno labrego "vai máis alá de min. Como di Freixanes: 'Balbino desbórdate', non precisa de min". Autor do maior best-seller das letras galegas, 'Memorias dun neno labrego', Neira foi un prolífico escritor que publicou máis de 70 libros para adultos, para nenos, ensaio, novela... Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi un traballador incansable a prol da cultura e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está escrita a historia de Galiza nos últimos 75 anos. Con 20 emigrou a Arxentina, onde abrazou a causa do nacionalismo e onde creou as Mocedades Galeguistas, das que foi secretario xeral, e fundou a editorial Follas Novas. Alí convertiuse "nun activista da cultura galega e da dignidade de Galiza digamos até hoxe. De por vida", declarou a Sermos nunha entrevista hai poucas semanas. Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos Logo de casar con Anisia Miranda, unha moza cubana de ascendencia galega, trasládase a Cuba, onde creou o maior centro bibliográfico sobre a emigración galega en América, ademais de organizar eventos e conferencias relacionadas coa cultura galega. A parella regresou a Galiza definitivamente en 1992, cando a Xunta arranxa a súa casa natal e a convirte en Fundación Neira Vilas, cunha biblioteca, un pequeno museo etnográfico e unha sala de exposicións e concertos, que pronto se converte no centro cultural da comarca. Non deixou de escribir, dar conferencias e atender a todo o mundo que o precisaba até os últimos días da súa vida. Este mesmo ano publicou en Galaxia 'Romaría de historias'.Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos. Saberemos del, da súa produción que seguirá o seu camiño, nos vindeiros meses.
NOS_47726
O secretario xeral do PPdeG estivo estes días no centro da polémica pola súa crítica ao posíbel uso do galego como lingua vehicular no ensino.
As declaración de Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, en que criticou o uso do galego como lingua vehicular no ensino e manifestou a súa oposición ás políticas de inmersión lingüística non sorprenderon nas filas do Partido Popular. "É a fe do converso", sinala a Nós Diario un antigo deputado do PP, crítico co estilo e as formas do secretario xeral dos populares e quen afirma que "Tellado sempre está disposto a ir máis alá na defensa das posicións do partido, prestándose a botar gasolina en calquera conflito, se cadra para agochar o seu pasado". A biografía política oficial de Miguel Tellado arranca como asesor de comunicación no gabinete do alcalde popular de Ferrol, Juan Juncal, porén, con anterioridade, tiña destacado na súa etapa na universidade como militante do Movemento Estudantil Universitario (MEU), unha organización xurdida dunha escisión dos Comités Abertos de Facultade (CAF) na década do 90 e impulsada e dirixida por algúns militantes do BNG. Situábase ideoloxicamente na órbita da esquerda e do nacionalismo e contaba cunha forte implantación na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde Tellado cursaba estudos. As persoas que coñeceron o actual secretario xeral dos populares galegos neste tempo non dan creto a respecto da súa evolución anterior. "Tellado naquela altura non tiña ningunha militancia partidaria, como si acontecía por exemplo con Xaime Subiela, que era o auténtico líder do grupo e que agora traballa de asesor con Yolanda Díaz no Ministerio de Traballo, pero como o conxunto das persoas que nos movíamos en MEU na Facultade de Políticas, definíase nunha clave de esquerdas e galeguista", sinala a Nós Diario unha compañeira de Tellado daquela época, quen lembra que "tiña moi presente a tradición obreira de Ferrol". A saída de Tellado da Facultade de Ciencias Políticas implicou o inicio dunha nova etapa persoal e política. Após abandonar Santiago de Compostela e retornar a Ferrol, desembarcou profesionalmente no equipo de comunicación de Juan Juncal, alcalde da localidade entre 2003 e 2007, en coalición con Independentes por Ferrol de Juan Fernández, entrando en contacto co círculo do PP ferrolán, a cuxa sombra iniciou unha carreira política que chegou até hoxe. Precisamente neste momento, tomou contacto co antigo conselleiro de Política Social e concelleiro de Juncal, José Manuel Rey Varela, ou co presidente do PP coruñés, Diego Calvo, cos que actualmente conforma o que algúns sectores populares denominan a "troica ferrolá". O patrocinio de Rey Varela e Calvo foi decisivo na súa traxectoria política posterior. Así, non tardou en recalar como xefe de gabinete da Consellaría de Traballo e Benestar na etapa de Beatriz Mato, ocupando ese mesmo cargo na alcaldía de Ferrol a partir de 2011 e saltando ao Parlamento da Galiza en 2012. O ton duro das súas intervencións, o estilo implacábel coa oposición e a súa falta de complexos á hora de defender as posicións do partido fixeron que Alberto Núñez Feixoo reparase nel para novas responsabilidades, designándoo en 2014 portavoz do PP e en 2016 secretario xeral. Un secretario xeral sen mando O nomeamento de Miguel Tellado como secretario xeral do Partido Popular da Galiza foi unha decisión unilateral de Alberto Núñez Feixoo. Segundo explicou naquela altura o presidente da Xunta da Galiza, a elección debeuse á necesidade de dispor dunha persoa dedicada a tempo completo á organización do partido e sen responsabilidades gobernamentais, após a experiencia do seu antecesor no cargo, Alfonso Rueda. Porén, as fontes populares consultadas por Nós Diario consideraron que na escolla de Tellado pesou o seu perfil de "duro", a carencia dun poder territorial que puidese alterar os equilibrios internos e a necesidade dun nomeamento que non se puidese interpretar en chave sucesoria.
NOS_53738
"Esmorecemento, baixa contratación, reducida produción, escasa distribución e burocratización". Eis o diagnóstico da situación do Centro Dramático Galego que, nun comunicado difundido esta sexta feira, fai a Asociación de Actores e Actrices de Galiza.
A agrupación, de carácter sindical e que xunta "gran parte da profesión da intepretación e a dirección escénica en Galiza, realiza este posicionamento xusto cando a compañía pública acaba de anunciar a súa nova produción, Neorretranca e posmorriña -dirixida por Gena Baamonde a partir de textos de Esther F. Carrodaguas e Roi Vidal Ponte-, que se estreará o vindeiro abril. "Amosamos a nosa procupación pola baixa contratación de intépretes e a escasa produción", sinala a Asociación a respecto da "dinámica marcada para o CDG pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)". Que decretou un único espectáculo por ano con elencos de dez intérpretes. "Isto non responde nin ás necesidades di público nin ás expectativas do sector, e moito menos ás funcións da institución", engade o sindicato. Este "custiona a convocatoria do proceso de selección" de actores e actrices para Neorretranca e posmorriña. "Este tipo de procedementos, sometidos ás normas da función pública xeral, non se adecúan á realidade do noso sector", critica, como vén facendo reiterdamente, "nin á dimensión creativa do feito artístico e pasa por alto as particularidades laborais e artísticas do sector". A Asociación de Actores e Actrices xa denunciara convocatorias semellantes para Martes de Carnaval e Divinas Palabras Revolution. "Nesta externalizouse a contratación dos dous protagonistas e os outros sete decidíronse en libre concorrencia. Fixemos públicas presuntas irregularidades pero non en defensa deste marco legal, senón para evidenciar a imposibilidade da súa aplicación no noso ámbito laboral e, ao tempo, esixirmos unha solución", di a nota. Segundo o gremio, estes problemas na escolla dos elencos son "unicamente unha mostra, a máis visíbel, dunha burocratización que entorpece e asfixia o normal funcionamento da institución". A asociación recorda que trasladou a Agadic -a entidade da Xunta da que depende o Centro Dramático- "todas estas procupacións e necesidades urxentes". A mesa de negociación que se habilitou entre diferentes agrupacións das artes escénicas e a Xunta "obviou calquera debate que non se referise en exclusiva á selección de elencos e non buscou unha solución consensuada para unha institución con máis de 30 anos de historia". "É responsabilidade da Consellaría de Cultura, a través de Agadic, procurar unha solución que garanta o futuro do CDG", conclúe a Asociación de Actores e Actrices de Galiza.