ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
QUEPASA_351
05-03-19: Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica. 04-03-19: A Xunta si apoia a creación do Centro de Día de Malpica.
Este mércores chegou ata o Parlamento Galego a falta de centros para maiores na Costa da Morte. Facíao a raíz dunha denuncia do PSdG que considera que a Xunta discrimina aos concellos socialistas de Camariñas, Corcubión e Ponteceso por non apoialos a poñer en marcha Centros de Día, mentres si apoia a construción dun Centro no concello popular de Malpica. Unha situación en todo caso algo tramposa, porque a axuda para o concello malpicán fica no 50% das obras (uns 150.000€) de acondicionamento do edificio da Casa do Oleiro, pois a titularidade e a xestión serán municipais; mentres que os concellos socialistas solicitaban a posta en marcha de sendos centros baixo a xestión da Consellería, que é a competente neste caso. Por aí foi a argumentación do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, ante a pregunta da deputada socialista Loli Toja. Rodríguez sinalou que "a Consellería de Política Social, a través do Consorcio ofreceu a mesma axuda para o acondicionamento dun espazo) para Corcubión e Camariñas", pero é certo que Corcubión xa conta cun local acondicionado e equipado para centro de día e, Camariñas, segundo manifestou a súa propia alcaldesa, disporá dunha axuda económica da Deputación da Coruña de 360.000 euros para construír o seu. Toja lembroulle que a Xunta si que rexeitou financiar conxuntamente coa Deputación a obra en Camariñas. "Castigo" Para Loli Toja o goberno galego "castiga" con estas decisións "aos maiores dependentes dos dous concellos a desprazarse cada día 45 quilómetros por estradas comarcais ata Cabana e Muros". Toja focalizou no caso de Corcubión, onde xa ten un edificio perfectamente acondicionado despois de rehabilitalo e adaptalo cun investimento de 300.000€, en boa parte financiado pola Deputación. O rexedor corcubionés explicaba que "a axuda ao Concello de Malpica é unha trampa, porque un concello tan pequeno como o noso non pode, porque coa Lei de Estabilidade de Montoro é imposible que un Concello poida contratar todo o persoal necesario para poñer en marcha un Centro de Día". En todo caso, a Xunta non parece disposta a abrir novos centros de día de xestión autonómica, e segue invitando aos concellos a abrir centros municipais ou privados, como vai facer Ponteceso cun pioneiro proxecto de Centro de Día e de Investigación Xerontolóxica desenvolto por un profesional de altura na súa terra, en Pazos. Dende Ponteceso esperan o ok da Xunta para a modificación da ficha urbanística para comezar as obras.
NOS_8228
CIG, UXT e CCOO reclaman que non se adoiten medidas drásticas até que haxa alternativas industriais que garantan o emprego nas comarcas afectadas polo feche das térmicas.
O Goberno español, os sindicatos UXT e CCOO e as empresas Naturgy, Endesa, Iberdrola e EDP deron hoxe por fechado o Acordo para a Transición Xusta coa adhesión de EDP ao mesmo. Segundo destacan desde os ministerios de Traballo e de Transición Ecolóxica, os puntos de actuación prioritaria do pacto pasan polo mantemento do emprego nos territorios e a súa dinamización económica e industrial. Neste senso, indican que unha das principais iniciativas do acordo é a elaboración dun plan específico de apoio á formación profesional e inserción laboral de persoas traballadoras ─tanto das centrais térmicas como das auxiliares─ que facilitará a adecuación dos plans formativos á demanda de novos perfís. A evolución deste plan seguirase desde o rexistro activo de persoas desempregadas vinculadas á actividade das centrais térmicas, que xestionará o Instituto para a Transición Xusta, un organismo de nova creación dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. En relación á xeración de actividade económica nas zonas afectadas polo fechamento das térmicas, os convenios de Transición Xusta prometen captar oportunidades no ámbito da transición ecolóxica tendo en conta as características de cada territorio e favorecendo a implantación de iniciativas vinculadas á produción. Escepticismo na Galiza Pero na Galiza esta declaración de intencións non acaba de convencer. Aínda que o Acordo para a Transición Xusta se asinou en xuño do pasado ano, no caso das Pontes e Meirama (Cerceda) seguen sen contar cun documento propio que, segundo o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, "é o primeiro instrumento, urxente e necesario, para decidir a gobernanza de como afrontar o proceso de fechamento das térmicas". Até que ese documento non estea asinado e as directrices ben marcadas, o responsábel sindical cre que se teñen que paralizar os procesos de fechamento "mentres non haxa un acordo sindical que dea garantía de futuro aos traballadores e traballadoras das centrais". Nesta liña, denunciou a situación do persoal das auxiliares de Meirama. "É deplorábel que non se conte con eles para os labores de desmantelamento da central térmica. E fálase de transición xusta? Para quen? Para as empresas, que son as que están facendo a transición para manter o oligopolio e o espolio dos nosos recursos e con eles os prezos da enerxía e da electricidade, que na Galiza están levando a que fechen empresas e que a xente non teña a máis mínima garantía de benestar social por ser vítima da pobreza enerxética". Pola súa banda, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, reclamou máis recursos públicos e compromisos políticos "nun momento no que fan falta proxectos para crear alternativas reais aos traballadores directos e auxiliares", sinalou. Na mesma liña, José Antonio Gómez (UXT) sinalou que non rexeitan que haxa que avanzar cara a un modelo "sostíbel", pero cuestionou o procedemento. "Pódese garantir a viabilidade da planta un tempo", dixo sobre As Pontes, pero habendo alternativas "non se pode desenchufar de súpeto a planta", apuntou.
NOS_22523
Todos os indicios apontan para expertos informáticos subcontratados pola axencia de intelixencia norteamericana como responsábeis da filtración. Fica desbotada a hipótese de ser Rusia quen entregase o material ao portal de Assange.
Non é a primeira vez que persoal subcontratado polas axencias de intelixencia norteamericana filtran información relevante sobre as súas actividades de espionaxe, quer no interior dos EUA quer a nível global. De facto, un dos máis celebres filtradores, Edward Snowden, actualmente asilado en Rusia, traballaba para Booz Allen Hamilton, unha consultora contratada por National Security Agency (NSA). Nos últimos anos, e debido a que a política de austeridade tamén atinxiu a CIA, a axencia viuse obrigada a recorrer a especialistas informáticos en réxime de subcontrata, ao ter moi limitada a capacidade para alargar o seu cadro de persoal fixo. Mentres, a CIA recoñeceu implicitamente a veracidade dos documentos filtrados -que sinalan operativos para espiar masivamente através do hackeo dos sistemas operativos de Android e Apple, ben como para desencriptar plataformas tipo WhatsApp- ao afirmar que as revelacións de Wikileaks "equipan nos nosos adversarios con ferramentas e información para nos facer dano". A declaración pertence a Ryan Trapani, portavoz da axencia. A CIA afirma tamén que ten prohibido realizar labores de espionaxe no interior dos EUA. Mais Wikileaks lembra que en 2014 a axencia admitira ter hackeado os computadores da Comisión de Intelixencia do Senado dos EUA para facer desaparecer informes relativos á práctica de tortura por parte de persoal do servizo de intelixencia. As filtracións de Wikileaks continúan a producir reaccións na esfera internacional. China instou esta quinta feira ao goberno norteamericano a que non ampare as prácticas que se lle imputan á CIA, en tanto que o fiscal chefe de Alemaña anunciou unha investigación sobre un dos elementos centrais das revelacións da plataforma de Julian Assange, a existencia dun centro de ciber-espionaxe en Frankfurt desde o que se monitorizaría toda Europa, Oriente Próximo e África.
NOS_23820
Este domingo 11 de outubro celébrase a segunda edición do Poemagosto, o Festival da Poesía de Allariz que nos trae versos, músicas e moito máis.
Este festival xunta poesía e magosto nunha xornada na que haberá recital poético, actividades para nenos, música, presentacións de poemarios, produtos da terra, arte e artesanía... Todo comezará coas pandereteiras Escachaferreñas ás 11.30 e continuará coa presentación do número 4 da revista poética "euOnça" a cargo do seu editor, Wladimir Vaz. Logo haberá maxia e presentarase o poemario "As marxes do tempo" de Antom Laia, quen dará paso ao contacontos 'Manda castaña!'. Antes do xantar Carlos Callón falará sobre a súa última obra, "Atravesar o fantasma". Xa pola tarde terá lugar o recital de poesía no que as e os poetas citados son: Eli Ríos, Antom Laia, Teresa Ramiro, Lorena Rei, Carlos Callón, Alfredo Ferreiro, Noelia Gómez, Virgínia do Carmo, João Madureira e Wladimir Vaz. O poemagosto rematará ás 19.30h cun concerto de Sés na carpa a carón do Festival Internacional de Xardíns. As actividades matinais e o recital de poesía celebraranse na Praza de Abaixo (en caso de choiva, na Praza de Abastos) e o xantar na Fundación Vicente Risco.
NOS_20829
ELA, LAB, STEE-EILAS e ESK chaman á "defensa dos servizos de tod@s"
Os sindicatos ELA, LAB, STEE-EILAS e ESK veñen de convocar para o vindeiro 31 de maio unha xornada de folga no sector público de Hego Euskal Herria en defensa "duns servizos públicos universais, gratuitos e de calidade".Os catro sindicatos reclaman ás institucións vascas e navarras que non apliquen "as medidas de Madrid" e deixen sen efecto "as medidas restritivas tomadas até o de agora". "Non serve só realizar bonitos discursos", advertiron os responsábeis das catro centrais nunha comparecencia conxunta en Bilbo. Alén diso, estes sindicatos reivindican políticas de creación de emprego e a modificación das políticas fiscais, reforzando os servizos públicos, "máis necesarios ca nunca".
NOS_31169
Cimeira do presidente da Xunta e o conselleiro de Industria cos alcaldes da Costa da Morte afectados polos planos do Grupo Villar Mir. A mensaxe do goberno galego é que en 15 días haberá un ditame dos servizos xurídicos sobre a pretensión do empresario, isto é, sobre a segregación das centrais hidroeléctricas. O conselleiro Francisco Conde admite, iso si, que o plano industrial apresentado por Ferroatlántica non oferece "ningún tipo de garantía" sobre a "continuidade da actividade".
A tese oficial de Monte Pío é que este é un asunto puramente técnico, ou sexa, que se podería autorizar a segregación se a oferta de Ferroatlántica cumpre os requisitos legais. Nese sentido, o conselleiro de Industria dixo días atrás que na resolución do expediente non influiría o feito de o dono e o principal executivo do grupo -Juan Miguel Villar Mir e Javier López Madrid, respectivamente- estaren imputados na Operación Lezo, unha trama de presunto financiamento irregular do PP. Feijóo e Conde transmitiron aos alcaldes esta idea na reunión que mantiveron con eles esta sexta feira en San Caetano. Mais no encontro introduciuse un matiz non menor por parte do conselleiro: o plano industrial apresentado por Ferroatlántica non dá suficientes garantías de a "actividade" se manter na Costa da Morte. A este aspecto aferráronse naturalmente os alcaldes, e aferraranse a bon seguro os traballadores, para manteren a súa oposición aos planos da empresa. O ditame xurídico da Xunta sobre a proposta de Ferroatlántica estará pronto nun prazo de quince días, informaron Feijóo e Conde os alcaldes. A oposición política no Parlamento galego critica a focaxe administrativista co que a Xunta está a tratar este asunto. Non se trataría dun tema xurídico, senón netamente político, sosteñen. O envolvimento de Villar Mir e López Madrid nas pesquisas xudiciais e policiais sobre o financiamento fraudulento do PP ten aumentado enormemente a presión sobre Feijóo. De autorizar os planos da empresa, choverían sobre el as acusacións de En Marea, PSdeG e BNG sobre a pretensa devolución dos favores emprestados por Villar Mir (quen xa aparecía nos papeis de Bárcenas) ao partido no goberno.
NOS_13209
Os sindicatos manterán unha reunión con Liberty House, multinacional interesada en mercar as factorías de Alcoa, o día 3 en Compostela.
A aparición dunha empresa que ten a intención de mercar as factorías de Alcoa en San Cibrao acelerou nas últimas horas as accións para tentar evitar que se faga efectivo o expediente de regulación de emprego (ERE) previsto para o vindeiro 4 de agosto. A Xunta, como autoridade laboral competente na Galiza, enviou esta sexta feira un requirimento á multinacional para que retire o ERE que ameaza 534 empregos da planta de aluminio e máis de 400 nas auxiliares. A decisión tomouna o conselleiro de Industria, Francisco Conde, após manter unha reunión co comité de empresa que informou que manterá unha xuntanza a vindeira segunda feira con Liberty House, a multinacional interesada en adquirir as plantas. Paralizar o ERE e negociar a venda "É fundamental que os Gobernos galego e español eviten que a multinacional consuma a parada das cubas e faga efectivos os despedimentos", sinala a Nós Diario Paulo Carril, secretario xeral da CIG, "ademais é urxente que se convoque a mesa multilateral e que sexamos capaces de paralizar o ERE, así como que colla máis forza a continuidade da actividade produtiva, cunha intervención pública", engade. A confirmación do interese de Liberty House polas factorías indica, segundo Carril "que é mentira todo o que Alcoa di en relación a que é inviábel a produción de aluminio primario na factoría da Mariña". Con esta multinacional manterá unha reunión o comité de empresa o 3 de agosto, un día antes de que finalicen as negociacións para o ERE que pensa realizar Alcoa. "Segundo sabemos, a multinacional xa ten avanzada unha negociación coa Administración española e reuniranse tamén a segunda feira co Goberno galego", explica Victor Ledo (CCOO) a Nós Diario, "e coa actual postura de Alcoa as Administracións non lles queda outra que mollarse os días seguintes", sinala. Desde UXT, Javier Carreiro apunta que a nova empresa "ten que pór o seu proxecto enriba da mesa para que non se paralicen as cubas que implicaría despedimentos". Piden cárcere polos incidentes con Alu Ibérica A Fiscalía pide 12 e 15 meses de cárcere para dous traballadores da planta de Alu Ibérica da Coruña -antiga Alcoa- pola protesta de marzo de 2019 en defensa da planta ante o Congreso dos Deputados. Segundo os traballadores, non "arremeteron" contra os axentes da policía e, ao contrario, afirman que foron "vítimas" dunha carga "desproporcionada". Estas demandas "ratifican" a petición da xuíza de Instrución 25 de Madrid e, polo momento, non hai data para o xuízo oral.
NOS_32768
A forza do actual Presidente Jacob Zuma logra un 62,16% de respaldo popular, o que lle permitirá un segundo mandato. O ACN dedicou a vitoria a Nelson Mandela, coincidindo co vinte aniversario da súa chegada á Presidencia.
Tras o reconto do 99,7% dos distritos electorais a Comisión Electoral Independente confirmou que as eleccións xerais na República de Suráfica resultaron nunha nova maioría absoluta do Congreso Nacional Africano (ANC. A participación atinxiu máis do 73% e a Unión Africana visou a limpeza dun proceso electoral que se desenvolveu sen incidentes de relevancia. A forza política que liderou Nelson Mandela e coa que o actual Presidente Jacob Zuma optaba á reelección por cinco anos máis, recolleu o apoio de 11,5 millóns dos votos emitidos (62,16%), tres puntos por baixo dos resultados dos comicios anteriores. Malia o impacto negativo logo da morte, a mans da policía, de varias decenas de manifestantes durante unha folga da minaría e o escandaloso investimento de 20 millóns de dólares na residencia privada do Presidente, o ANC mantén desta maneira practicamente intacto o liderado político do país que ostenta desde a queda do réxime segregacionista en 1994. "As urnas corroboraron ao ANC como a única esperanza verdadeira para a maioría do pobo" celebrou o Presidente Zuma Zuma valorou o resultado logrando asegurando que "as urnas corroboraron ao ANC como a única esperanza verdadeira para a maioría do pobo surafricano, en particular os pobres e a clase traballadora". Aliás, prometeu pór en marcha un "Plan nacional de desenvolvemento" co que pretende promover o crecemento económico "incluínte" e máis a creación de emprego. Tras o ACN a segunda forza volveu ser Alianza Democrática (AD), de orientación neoliberal e con base fundamental na minoría branca, que obtivo un 22,22% e aproximouse a contabilizar 4 millóns de votos. AD mantense firme no seu feudo electoral, a provincia de Cabo Occidental, onde logrou o 60% dos sufraxios. Pola súa banda a formación esquerdista Loitadores pola Liberdade Económica (EFF), liderado polo exdirixente xuvenil do ANC Julius Malema obtivo un 6,35%, a pesar de ter transcorrido menos dun ano desde a súa fundación en xullo de 2013. As minorías zulú e afrikáner, terán presenza na Asemblea Nacional, ao lograren o Inkhata e o Partido Nacional da Liberdade, 9 e 6 escanos respectivamente O grande derrotado dos comicios foi o Congreso do Pobo, cindido do ANC, que apenas logrou un 0,7% face o 7,4% de 2009. A nivel provincial, onde se escollían as lexislaturas das que sairán os respectivos Primeiros Ministros así como os 90 escanos da cámara baixa, o ANC obtivo uns resultados semellantes que nas eleccións a nivel nacional. O partido de Zuma alzouse vencedora na importante rexión de Gauteng (da que fan parte Johannesburgo e a capital, Pretoria) e noutras 7 provincias. Vitoria dedicada a Mandela no vinte aniversario da súa Presidencia Jacob Zuma quixo dedicar esta nova vitoria a Nelson Mandela, cando se cumpren vinte anos do inicio da súa presidencia logo da vitoria do ANC nas primeiras eleccións democráticas tras a queda do apartheid. "Estamos particularmente emocionados polo feito de que recollimos esta abrumadora decisión do noso pobo nun día importante da historia do noso país" dixo o actual lider do ANC. O 10 de maio de 1994 Madiba tomaba posesión como primeiro presidente negro de Suráfrica, despois de obter un 63% de apoio popular nos comicios do 27 de abril dese ano. Facíao con 72 anos de idade e tras pasar os 27 últimos preso no cárcere de Long. O 10 de maio de 1994 Madiba tomaba posesión como primeiro presidente negro de Suráfrica Da acción de goberno de Mandela salientan o desenvolvemento económico, da vivenda e da educación dentro do obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación, así como a aprobación dunha reforma agraria inda por culminar. Para alén da superación do réxime racista anterior, a etapa política iniciada coa chegada de Mandela á Presidencia do país tivo efectos evidentes na poboación. A pobreza absoluta, que en 1994 atinxía o 41%, reduciuse en dez puntos até o 31% nas dúas últimas décadas e arestora son máis de 16 millóns as persoas que reciben subsidios e axudas por parte do Estado. Suráfrica fai parte hoxe do bloco dos países emerxentes, os denominados BRICS, canda Brasil, Rusia, Indica e China. Porén, son numerosos os reptos pendentes no país, e frecuentes as voces críticas que sinalan falencias como a falta de distribución da riqueza, que continúa fundamentalmente en mans da minoría branca e dunha pequena elite negra.
PRAZA_20879
O pasado ano rexistráronse subas do 5% ou 6% na Coruña, Vigo, Compostela e Pontevedra e do 4% no conxunto do país, cifras moi semellantes ás dos tres anos anteriores. Dende o 2015 os prezos medios en Galicia subiron máis de 100 euros e máis aínda nas grandes cidades
O prezo dos alugueiros leva varios anos en ascenso en Galicia, sobre todo nos centros das grandes cidades. O encarecemento comezou no ano 2015 e dende entón vén mantendo unha aumento continuo de entre o 3% e o 5% no conxunto de Galicia. Podíase pensar que a pandemia de Covid-19 iniciada o pasado mes marzo e a crise económica consecuencia da situación sanitaria frearían este ascenso, pero non foi así.A pandemia de Covid-19 e a crise económica consecuencia da situación sanitaria non frearon o encarecemento dos prezos, que manteñen a mesma tendencia de anos anterioresSegundo os datos do Observatorio da Vivenda da Xunta de Galicia, o 2020 significou un novo incremento do alugueiro medio en Galicia, que pasou nun ano de 420,6 a 438,5 euros, un ascenso do 4%, moi semellante aos dos tres anos anteriores. A suba foi aínda maior nas sete cidades, cun ascenso superior ao 5%. Porén, tamén nos concellos de menos de 5.000 habitantes os prezos subiron un 2,5%.Dende o ano 2015 o prezo medio dos alugueiros pasou de 363,1 a 438,5 euros, 75 euros de ascenso, un 20,7% máisDende o ano 2015 o prezo medio dos alugueiros pasou de 363,1 a 438,5 euros, 75 euros de ascenso, un 20,7% máis. Nas sete grandes cidades o aumento foi de practicamente 100 euros (de 386,8 a 486,5), un 26% máis, pero tamén nas vilas de 20.000 a 50.000 habitantes os prezos se encareceron un 16%, nos concellos de 5.000 a 20.000 medraron un 15% e nas localidades de menos de 5.000 o crecemento foi do 14%.A Coruña e Vigo son as dúas cidades galegas máis caras para vivir, cun prezo medio do alugueiro de 530 e 521 euros, respectivamente. No último ano os prezos encarecéronse entre o 5% e o 6%, un ritmo moi semellante ao de anos anteriores. Dende o ano 2015 o custo mensual de pagar un alugueiro medrou 115 euros na Coruña e 110 en Vigo, subas ao redor do 27%. Dende o ano 2015 o custo mensual de pagar un alugueiro medrou 115 euros na Coruña e 110 en Vigo, subas ao redor do 27%A situación en Pontevedra e Compostela é moi semellante, con prezos medios de 486 e 469 euros respectivamente e un aumento do 6% no último ano, nun nivel parecido ao da Coruña. En Ourense, Lugo e Ferrol os alugueiros son máis baratos e o crecemento dende o 2015 foi menor. Mesmo así, na cidade naval medraron máis de 52 euros, 71 euros na cidade da Muralla e 67 na cidade das Burgas. Durante o ano 2019, os alugueiros encarecéronse un 3% nestas tres urbesO prezo da vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en GaliciaO prezo da vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en Galicia e no conxunto do Estado español, que reflicten documentais coma o publicado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) e recollen as análises realizadas por Cáritas, que alertou de que 149.000 persoas habitan en vivendas inadecuadas en Galicia, e 205.000 fano en vivendas inseguras. O encarecemento dos alugueiros, unido á carencia de vivenda pública e protexida, levou á expulsión de moitas persoas de determinados barrios dos centros das cidades e, ademais, a un gran crecemento dos desafiuzamentos. No ano 2019 cada día cinco familias galegas foron desaloxadas da súa vivenda por non pagar o alugueiro, a cifra máis alta dende 2013.O distrito 15004 da Coruña (entre a praia de Riazor e Praza de Galicia) continúa a ser o barrio galego máis caro para vivir, seguido dos tamén coruñeses 15003 (A Pescadaría) e 15001 (Cidade Vella) e dos 36201 e 36203, no centro de VigoNos centros das cidades o encarecemento dos alugueiros nos últimos anos foi aínda maior. O distrito 15004 da Coruña (entre a praia de Riazor e Praza de Galicia) continúa a ser o barrio galego máis caro para vivir, cun prezo medio que supera os 700 euros mensuais (712), cun aumento do 5% no último ano e do 18% dende o 2017. Os tamén coruñeses 15003 (A Pescadaría) e 15001 (Cidade Vella) superan tamén os 600 euros de media, cun incremento aínda máis importante no último ano.Inmediatamente despois aparecen dous distritos céntricos de Vigo: o 36201 (que abrangue as principais rúas do seu Ensanche, como Rosalía de Castro e García Barbón), o 36203 (O Castro e Gran Vía), que tamén roldan os 600 euros, prezos nos que entran todo tipo de vivendas, dende casas de gran tamaño a estudios ou pisos dunha soa habitación.En Pontevedra, o distrito máis caro é o céntrico 36001, en Santiago o Ensanche e en Ourense o 32003 (nas proximidades da Rúa do Paseo e o Parque de San Lázaro)En Pontevedra, o distrito máis caro é o 36001, que abrangue a maior parte do centro da cidade, cun alugueiro medio de 558 euros mensuais. E en Santiago, o Ensanche compostelán (15701) ten alugueiros cun importe medio de 549 euros.Atopamos prezos algo máis reducidos no distrito 32003 de Ourense (nas proximidades da Rúa do Paseo e o Parque de San Lázaro) cuns 478 euros. E tamén o 27001 de Lugo (no interior da muralla), que chega aos 424 euros. Finalmente, en Ferrol o 15402 (no barrio da Magdalena) está en 389 euros.O distrito coruñés 15006 (Catro Camiños, Os Castros) é o que máis se encareceu dende o ano 2017, cun aumento do 25,5% en só tres anos, con cifras semellantes ao 36203 de Vigo (O Castro e Gran Vía) e ao 15706 de Compostela (Avenida de Barcelona, Conxo, Santa Marta...). No outro extremo, o 15401, no centro histórico de Ferrol, é o único destes barrios no que os prezos baixaron dende o ano 2017.
NOS_34434
O alcalde de Pontevedra non dubida que hai un "pacto en toda regra" da oposición e advirte: "Non vou gobernar con estes orzamentos nin de coña".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ten claro que a unión de PP. PSOE, Ciudadanos e En Marea para impor un "orzamento da oposición" ao goberno de Pontevedra non é algo ao chou. Hai, afirmou o rexedor, un "pacto en toda regra" no apoio duns a outros para introducir 22 emendas ás contas e modificar así o cerne das mesmas. "Unha moción de censura encuberta e covarde", resumiu Lores. O alcalde ten claro que hai un acordo da oposición para "tentar tombar este goberno", ao tempo que denunciaba que as emendas aprobadas implican "destrozar" un orzamento que para Lores era "o mellor que fixemos desde que estamos a gobernar". Lores acusou PP, PSdeG, Marea e Cs de procurar "impedir" que o BNG goberne en Pontevedra, coutando a marxe de manobra do goberno local, tentando "destruír" un modelo de cidade "con éxito". "Non imos aprobar estos orzamentos con estas ideas nin de coña porque estaríamos atados de pés e mans", destacou o alcalde, que xa avanzou que no BNG "faremos o que consideremos mellor para os cidadáns de Pontevedra". Nesta liña, todo aponta a que o orzamento actual sexa prorrogado. O pleno da vindeira segunda feira debería debater os orzamentos para 2017 tal e como foron emendados pola oposición, mais o goberno local emitiu un voto particular no que amosa a súa disconformidade. Isto implica que se a oposición non rectifica e apoia o proxecto inicial, o BNG retirarao do pleno. O concelleiro de Facenda, Raimundo González, lembrou que o orzamento pasou por un proceso "amplísimo" de debate e incorpora "numerosas" propostas realizadas por colectivos sociais. A oposición -que actuou de forma conxunta e concertada no debate das contas en comisión- censurou que o BNG pretenda gobernar con maioría "sen tela" e nega que haxa un pacto. Os orzamentos serán "mellorados", afirmou Rei Núñez, de En Marea. Para Jacobo Moreira, do PP, o goberno do BNG está "isolado" e "non sabe gobernar", mentres que Agustín Fernández (PSOE) dixo que "o alcalde igual ten que irse se non é capaz de negociar un orzamento"
NOS_15440
O coordenador xeral da formación, Cayo Lara, e o candidato á presidencia do goberno español, Alberto Garzón, defenderán na Presidencia Federal senllos informes na defensa dunha candidatura de "unidade" nas xerais.
Após os resultados das eleccións municipais recollidos polas candidaturas de Izquierda Unida a dirección política da formación liderada por Cayo Lara dará un xiro na súa aposta e defenderá a confluencia nunha listaxe de "unidade" para os comicios ao Congreso español o vindeiro mes de novembro. Así o recollen diversos medios de comunicación, como eldiario.es, que citan fontes próximas á equipa de Alberto Garzón, eleito o pasado ano candidato á presidencia do goberno español e unha das voces que máis defenderon nos últimos meses a posibilidade de concorrer aos comicios sen as siglas de IU. Porén, Garzón atopou reticencias no seo da formación --a comezar polo propio coordenador xeral, Cayo Lara. Os resultados electorais, nomeadamente os obtidos en Madrid e o cisma interno xerado na federación madrileña tornáronse nun dos principais detonantes deste golpe de leme. Así as cousas, non todas as federacións apostan nesta opción. Euskadi, Navarra, Canarias, Entremadura e Castela-A Mancha non concordan coa liña oficial embora non defenderen unha alternativa unitaria. As eleccións en Madrid como detonante Neste senso, na Presidencia federal desta sexta feira (5 de xuño) para alén da leitura dos informes de Lara e Garzón, o máximo órgao de IU iniciará o proceso de expulsión da federación de Madrid (IUCM) cuxa dirección presentou onte a súa demisión en bloque. IUCM di ter padecido unha "aniquilación desde dentro" que atribúe a Garzón e Centella (PCE) As razóns desta saída, segundo @s dirixentes madrileñ@s débense ao "fracaso sen precedentes" nas municipais e autonómicas do 24 de maio. Un feito que atribúen, entre outras cuestións, a que "dirixentes federais" pedisen "o voto para outras formacións que non son IU", en relación á candidatura de Ahora Madrid. "Nen a Adolfo Suárez cando montou CDS após deixar UCD lle pasou algo semellante", afirmaron. "Pelexamos mais non. Foi unha aniquilación desde dentro", din, da que responsabilizan a Alberto Garzón e ao secretario xeral do PCE, Luis Centella. A respeito dunha posíbel confluencia entre IU e Podemos --logo de que o Huffington Post publicase unha información na que se afirmaba unha integración de Izquierda Unida na organización de Pablo Iglesias-- Alberto Garzón desmentíu que esa for a folla de rota através da súa conta de Twitter. "Non ser muleta de ningún partido. Só instrumento da xente", apuntou.
NOS_4672
A Semana do Cine de Lugo proxecta 'A Memoria da Raia', un documental sobre a fronteira como refuxio para as persoas que fuxiron da guerra.
A fronteira galego-portuguesa como refuxio para os fuxidos da guerra. Como vía de escape para a supervivencia económica nos anos da fame. Como encontro de tradicións culturais compartidas. E, sobre todo, como espazo de solidariedade humana. Este é o tema tratado por A Memoria da Raia, un dos documentais que veñen de ser proxectados na Semana do Cine de Lugo. Miriam González, Iris Justo e Andrea Pérez dirixen este filme, que puidera verse tamén no OUFF, en Ourense. A Memoria da Raia forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe unha exposición fotográfica e un fanzine. "Queriamos facer unha pequena peza para presentar no festival de curtas de Verín VIA XIV, xa que unha das súas categorías é A raia. Ao final esta peza converteuse nun documental. Decidimos facer estes tres formatos para mostrar a historia desde diferentes perspectivas audiovisuais. Por un lado, a exposición con fotografías e ilustracións dos protagonistas, contornas e paisaxes. Por outra banda, como no documental non metemos todo o entrevistado, decidimos recompilalo nun fanzine", indican as directoras. O documental céntrase, sobre todo, nos fuxidos e no estraperlo. "As temáticas foron escollidas grazas á xente que falou. Nós principalmente queriamos saber como vivían cando eran máis novos e este foi o contexto que lles tocou vivir. A posguerra e o contrabando formaron parte da vida da xente que entrevistamos, todos entre 70 e 95 anos", explican. As persoas entrevistadas son veciños e veciñas dos dous lados da Raia, ademais da antropóloga Paula Godinho e o historiador Fernando Dasairas. A peza apóiase tamén en abondosa documentación fotográfica, ademais de incluír unha pequena dramatización. As imaxes proceden "de fondos documentais, arquivos e fotografías da xente que entrevistamos. Na Raia houbo grandes autores como Antonio Fernández Pérez, un escritor exiliado que recibiu numerosos premios polas súas obras. Pensamos que era interesante falar sobre el", apuntan as directoras. O obxectivo de A Memoria da Raia é "facer un retrato o máis aproximado posíbel da realidade que se viviu na Raia, na que había un grande compañeirismo e solidariedade, pero tamén episodios escuros. Un exemplo disto foi o tráfico de persoas e as delacións entre contrabandistas. A pesar de que primou o sentimento veciñal de unión, sobre todo na cuestión dos refuxiados, tamén houbo acontecementos menos amábeis", matizan. Identidade A reflexión sobre a identidade actúa como "motivo do documental. A fronteira, naqueles momentos, significaba a diferenza entre vivir ou morrer, entre poder saír adiante economicamente ou sufrir máis necesidades. Como consecuencia desta influencia xerouse unha maneira propia de comprender o mundo cunhas visións comúns, polo que a cuestión da "nacionalización" se tornou moito máis difícil tanto para Madrid como para Lisboa. A distancia coas capitais fronte á proximidade dos veciños que tiñan distinto pasaporte converteron a zona nunha especie de rexión na que había uns trazos propios que a diferencian do resto", conclúen. A Memoria da Raia foi "o noso primeiro proxecto profesional de envergadura. Cando nos acercamos máis ao tema fomos descubrindo a súa profundidade. Naquel momento tratámolo da mellor maneira que puidemos. Grazas a este traballo fomos descubrindo parte da nosa historia e iso é fundamental para calquera xeración", reflexionan.
NOS_35339
No control detectáronse "incumprimentos graves que non poden garantir a seguridade dos produtos elaborados" na factoría.
A Axencia española de seguridade alimentar (Asean) rinforma que a Consellería de Sanidade decidiu paralizar a actividade nunha fábrica de queixos do Seixo, Taboada (Lácteos Casa Macán S.L) e a retirar os seus produtos do mercado de maneira cautelar, por mor dos resultados duns controis realizados na factoría e que apontan a "graves incumprimentos", No control detectáronse "incumprimentos graves que non poden garantir a seguridade dos produtos elaborados" na factoría. Os produtos afectados por esta alerta sanitaria son: Manteiga cocida de vaca, queixo D.O Arzúa Ulloa, queixo D.O Tetilla, queixo D.O Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en lascas. Os produtos foron distribuídos ademais de na Galiza en territorios como Catalunya e Castela-A Mancha.
PRAZA_16667
Alberto Núñez explicitou un misterioso prazo dun ano para presentar con maior énfase formal as súas credenciais para a substitución de Rajoy. Ou estaba falado entre ambos ou o potencial candidato cometeu unha imprudencia innecesaria que lle pode orixinar custes non previstos.
Sabíase que, dende hai un certo tempo, Alberto Núñez Feijoo ten un obxectivo fulcral na súa carreira política: suceder a Mariano Rajoy na dirección do PP e, xa que logo, ser o candidato á Moncloa nas vindeiras eleccións xerais. Sabía que era unha cita incómoda, sen a benevolencia habitual que adoita gozar nos seus encontros xornalísticos e que, por tanto, presentaba riscos evidentes Instalado nesa perspectiva, tiña que visitar "Salvados" para enfrontar o test que lle ía formular Jordi Evole. Convén non esquecer unha premisa básica: se foi alí é porque quería demostrar -dentro e fóra do PP- que está en disposición de sortear con éxito este tipo de retos. Sabía que era unha cita incómoda, sen a benevolencia habitual que adoita gozar nos seus encontros xornalísticos e que, por tanto, presentaba riscos evidentes. A coartada da ignorancia non existía e tampouco resultaría procedente a queixa posterior polo resume das súas respostas realizado na edición final do programa. Se a prioridade fose reforzar a súa imaxe na política galega, o intercambio con Evole nin era necesario nin tampouco recomendábel. Asumir erros na loita contra os incendios ou nas súas relacións con persoeiros vinculados ao mundo do contrabando de tabaco -e logo do narcotráfico- constitúe unha peaxe necesaria pensando na súa carreira política estatal pero non ten moito sentido cando non os asumiu nas comparecencias realizadas no Parlamento galego. Alberto Núñez explicitou un misterioso prazo dun ano para presentar con maior énfase formal as súas credenciais para a substitución de Rajoy. Resulta curioso ese horizonte temporal porque ninguén coñece con precisión os plans do actual inquilino da Moncloa. Ou estaba falado entre ambos ou o potencial candidato cometeu unha imprudencia innecesaria que lle pode orixinar custes non previstos. Unha última pregunta fica no ar despois de escoitar e ver o que sucedeu en "Salvados": sería imaxinábel unha entrevista destas características no universo mediático galego? Ao longo da entrevista foi inevitábel comentar a situación de Cataluña. Nese apartado, Feijoo fixo unha afirmación sorprendente: o Estado está practicamente desmantelado naquela Comunidade. A Axencia Tributaria, Correos...e pouco máis. Ademais de ignorar aspectos tan relevantes como o pago das pensións ou das prestacións por desemprego, o presidente da Xunta cometeu un erro impropio de alguén que presume de coñecer a filosofía da vixente estrutura territorial española: confundiu a Administración central co Estado. Tanto el como Pujol, Mas ou Urkullu forman parte da arquitectura estatal que se construíu a partir de 1978.Non entendelo así abre a porta á perigosa conclusión de que é necesario un proceso de recentralización de competencias para conseguir que ese Estado así concibido recupere o que supostamente perdeu nas últimas décadas. Unha última pregunta fica no ar despois de escoitar e ver o que sucedeu en "Salvados": sería imaxinábel unha entrevista destas características no universo mediático galego? Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ace9876f&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ace9876f&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=391&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ace9876f' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=391&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ace9876f' border='0' alt='' /></a>
PRAZA_2649
O alcalde de Becerreá estrea a súa saída do PSdeG apoiando unha moción popular para minguar capacidade á Xunta de Goberno e os populares acéptanlle unha emenda para dotalo de "recursos" como deputado non adscrito.
"Non sei se como Ronaldo ou, máis ben, como De Gea, non sei como estou". Manuel Martínez, comezaba deste xeito o primeiro pleno da Deputación de Lugo dende o inicio da súa expulsión do PSOE por votar conxuntamente co PP e causarlle, segundo a dirección socialista, un "gravísimo dano" ao partido. O alcalde de Becerreá reclamaba coñecer se xa constaba como deputado non adscrito dende o inicio da sesión ou se formalmente aínda era membro do Grupo Socialista. No entanto, antes de chegar a ese punto xa pactara de novo e por partida dupla co grupo do PP, desta olta para retirarlle competencias ao Goberno que preside o socialista Darío Campos. "A impaciencia é prima da soberbia e a soberbia é un pecado capital", proclamou Martínez para advertir que, cando menos de momento, non é legalmente un "tránsfuga", consideración que o BNG lle atribuíu nos últimos días. No entanto, alén da posta en escena, permitiu co seu voto que o PP sacase adiante a moción na que reclamaba reformar o Regulamento da Deputación para trasladar ao pleno parte das competencias da Xunta de Goberno e, no mesmo paquete, regular o uso dos locais que os grupos políticos teñen asignados na institución, entre outros aspectos. Segundo a expresidenta e voceira popular, Elena Candia, "esta non é unha iniciativa política", senón un plan para "mellorar o funcionamento da institución", xa que a Xunta de Goberno, di, "non é representativa da vontade da corporación" por estar sustentada unicamente en 12 deputados -os mesmos nos que o PP se apoiou mentres gobernou-. Así, contratacións, concesións ou mesmo obras de urxencia terán que pasar polo pleno grazas a unha iniciativa que recibiu o visto e prace do PP e mais de Martínez tras incorporarlle unha emenda a petición do propio alcalde de Becerreá, consistente en, "visto a situación que se aveciña", mellorar "as condicións de traballo dos non adscritos", isto é, dos deputados coa condición que el ostenta dende este martes. Fíxoo, di, porque terá que compatibilizar o labor de deputado coa de alcalde e mais a de docente. Martínez votou co PP tras incorporar unha emenda para "mellorar as condicións de traballo dos non adscritos", condición que el mesmo ten de agora en diante Para o voceiro socialista, Álvaro Santos, o plan do PP non procura "estabilidade", senón "un show" para facer ver que "o goberno non ten capacidade", aínda que isto implique atrasar trámites ordinarios do ente provincial. "Con esta moción -acusa- non veu presentar anda de interese para os cidadáns, veu presentar unha moción de Manolo Martínez". Mentres, para Candia o "espectáculo esperpéntico" é o que está a caracterizar o gabinete de PSdeG e BNG, mentres Martínez fala con "claridade". Os populares celebran a aprobación dunha moción que, afirman, é un "acordo de mínimos para traballar nunha proposta que recoñeza o pleno como órgano decisivo" e que, na práctica, pode supoñer que os populares poidan condicionar boa parte da acción do Goberno de socialistas e nacionalistas, sempre e cando conten co apoio de Martínez. Daríase así o escenario de que as iniciativas e mesmo os orzamentos poderían ser ditados por un PP que, no entanto, en ningún caso poderá tombar o goberno mediante unha moción de censura, xa que non conta cos votos que a lei esixe para facelo.
PRAZA_20451
Arelas, a asociación de familias de menores trans, critica a Unidade de atención á transexualidade dos menores anunciada este xoves pola Xunta. Cristina Palacios cre que o Goberno galego buscou "facer a foto" e cre que o vindeiro martes os populares se oporán á toma en consideración da norma
O vindeiro martes o Parlamento votará a toma en consideración da Proposición de Lei Integral de Identidade de Xénero de Galicia. A norma, promovida polos colectivos LGTBI e semellante a textos aprobados noutras comunidades autónomas, conta co apoio de EnMarea, PSdeG-PSOE e BNG; a súa aprobación depende da posición do PP, aínda non desvelada, pero que previsiblemente será negativa, segundo indican as entidades sociais que a impulsan. Este xoves, cinco días antes dese debate parlamentario, o Goberno galego realizou varios anuncios en materias que afectan directamente ao colectivo LGTBI e moi especialmente ás persoas trans. Ademais, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou convenios con dúas asociacións. Este xoves, cinco días antes do debate parlamentario, o Goberno galego realizou varios anuncios en materias que afectan directamente ao colectivo LGTBI e moi especialmente ás persoas trans Para Arelas, a asociación de familias de menores trans, que se negou a acudir á sinatura dese convenio, os anuncios realizados este xoves buscaban unicamente "facer a foto" e sementar unha imaxe favorable do Goberno galego antes da votación do martes. "Querían facer unha utilización das entidades LGBTI, sobre todo das entidades trans", destaca a presidenta de Arelas, Cristina Palacios, que di que "o compromiso do PP coa igualdade, os colectivos LGBTI e as persoas trans vaise demostrar o vindeiro martes no Parlamento, á hora de votar a toma en consideración da Lei de Identidade de Xénero". Palacios valora negativamente, ademais, os dous anuncios realizados este xoves pola Xunta. Por unha banda, o Goberno galego anunciou a creación da unidade de referencia para atención á transexualidade en menores, composta por un equipo multidisciplinar composto por pediatras, endocrinos e profesionais da saúde mental, e qe estará situada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Arelas critica, en primeiro lugar "que un neno ou unha nena de Lugo ou de Vigo teñen que ir a Santiago". "Ese neno ou nena non ten ningunha enfermidade. Non sei se ao resto da persoas as mandan a unha unidade específica por ser como son", di Cristina Palacios. "Querían facer unha utilización das entidades LGBTI, sobre todo das entidades trans" Ademais, a entidade critica a presenza destacada nese equipo de psicólogos e psiquiatras. "Seguimos coas mesmas de ter que pasar por psicólogos e psiquiatras para que diagnostiquen a identidade da ou do menor. A única persoa que pode definir a identidade dunha persoa trans, adulta ou menor, é a propia persoa", destaca. "Menos mal que din que a unidade busca despatoloxizar a transexualidade. Parece que queren ver se a forza de mandalos a psicólogos e psiquiatras algún ou algunha desiste de ser trans", engade. "Menos mal que din que a unidade busca despatoloxizar a transexualidade. Parece que queren ver se a forza de mandalos a psicólogos e psiquiatras algún ou algunha desiste de ser trans" "O que si queríamos era un grupo de traballo, no que houbese verdadeiros especialistas, xente formada de verdade para poder facer cirurxías, que en Galicia non se están facendo e si noutros lugares do Estado", reclama. Palacios sinala que "cando tivemos unha xuntanza co Xerente do Sergas, non hai moito, xa lle trasladamos o noso malestar coa creación dunha 'unidade de referencia' ou como queiran denominala" que na súa opinión "segrega" os menores trans do resto dos nenos e nenas. O outro anuncio realizado este xoves polo Goberno galego é o dun Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, un órgano que para Cristina Palacios podería ser positivo pero no que, denuncia, "non se conta coas asociacións LGTBI". "Ningunha entidade sabiamos que se ía crear isto. É coma se se crea un Observatorio de Violencia de Xénero sen contar coa entidades de mulleres maltratadas. Sería absurdo", engade.
NOS_38842
O acto organizado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensiino Público decorreu no Museo Pedagóxico de Galiza, onde o escritor e profesor Xabier P. Docampo contou a súa propia experiencia como alumno no ensino franquista.
Un anel de chumbo que o profesor poñía no dedo ao neno que collía falando galego. Un anel que este neno tiña que 'pasar' a aquel compañeiro ou compañeira de escola que atopase falando galego. E así sucesivamente. O neno que chegase o final do día con ese anel, tiña que pagar un peso de multa. Esta foi unha das historias reais que o premio Nacional deLiteratura Xabier Docampo viviu en carne propia e que esta cuarta feira contou durante o acto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. O acto decorreu no Museo Pedagóxico de Galiza e tiña unha intencionalidade clara: escenificar as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE, 'actualizándoa' para o século XXI. España e Relixión Xabier Docampo resaltou o doado que é comparar a LOMCE co ensino no franquismo. "Era unha escola que se centraba na Relixión, que era o elemento central arredor do cal xiraban todos os saberes", explicou. Coa LOMCE refórzase a confesionalidade e chegamos ao absurdo -engadiu- de que haxa compañeiros que sexan sancionados por negarse a partipar en actividades relixiosas. "Chegabamos todos falando galego mais a única lingua que existía, desde que entrabamos pola porta, era o castelán"; e a segregación "brutal" que sufría o alumnado foi outra das experiencias narradas polo mestre e escritor. O clasismo, a xerarquización, o autoritarismo e a masificación das aulas foron outros aspectos que repasou o escritor durante a súa intervención nunha das aulas do Mupega. Este acto contra a aplicación da LOMCE e os recortes no ensino público terán continuidade nos actos reivindicativos que organiza para o 4 de xuño a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en todas as cidades ás sete da tarde, agás en Ferrol que vai ser ás oito.
NOS_48109
Máis de 100.000 persoas mudaron na Galiza ao mercado libre da enerxía en 2021, o que sitúa o país coa maior taxa de cambio do Estado español.
A enerxía está detrás de boa parte das subas de prezos dos últimos meses, até o punto de que o pasado marzo foi o mes co recibo da luz máis caro da historia. Estes incrementos, que se veñen sucedendo desde o inicio da pandemia da Covid, motivaron que moitas persoas decidisen dar o salto e buscar tarifas máis baratas no mercado libre. Neste senso, segundo as estatísticas presentadas onte pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), a Galiza foi o territorio que maior taxa de cambio rexistrou entre a clientela que decidiu deixar o mercado regulado (a coñecida como tarifa PVPC, ligada aos prezos da luz nas poxas diarias) cara ao mercado libre. En concreto 5,4% dos fogares galegos optaron por esta vía, por diante das Canarias (4,8%) e Castela A Mancha e Murcia (en ambos os casos con 4,7%). No extremo oposto sitúanse Asturies (1,7%) e Cantabria (2,6%). Segundo os datos do regulador, foron 100.390 os contratos que pasaron en 2021 do mercado regulado ao mercado libre na Galiza, aos que hai que sumar outros 139.579 cambios entre comercializadoras dentro do propio mercado libre. No sentido oposto, do libre ao regulado, rexistráronse 30.707 cambios o pasado ano e só 36 entre empresas que operaban dentro do propio mercado regulado. Algunhas propostas en chave galega para transformar o sistema eléctrico As máis de 100.000 persoas que decidiron dar o salto o pasado ano contrastan coas 34.516 que o fixeron en 2018 ou as 32.483 de 2019, mentres que en 2020 xa foron 40.273 as que optaron por cambiar de mercado. Datos estatais No conxunto do Estado houbo un total de 5 millóns de cambios de comercializadora no mercado eléctrico en 2021 e 1,04 millóns no do gas. Os movementos desde o mercado regulado (PVPC) ao mercado libre alcanzaron 1,25 millóns (24,8% do total) e duplicáronse respecto aos de 2020 (0,57 millóns de cambios, 15,6% do total). As estatísticas publicadas pola CNMC tamén mostran os movementos no mercado gasista, no que o pasado ano se produciron 1,04 millóns de cambios, 30% máis que en 2020, a maior parte (93,2%) cara a comercializadoras do mercado libre, tanto de clientes que xa estaban nesta opción e elixiron outra empresa (82,6%), como das que estaban na tarifa regulada ( TUR) e optaron polo mercado libre (10,6%). Pola contra, o 6,6% dos fogares (68.342) optaron por pasarse do mercado libre ao regulado. 'Ganchos' comerciais Os cambios de mercado non implican necesariamente que as grandes eléctricas perdesen parte do seu negocio. De feito, moitas persoas o que fixeron foi aceptar as ofertas das propias compañías que, valéndose de que tamén contan con distribuidoras, ofreceron prezos fixos moi competitivos á clientela no mercado libre, negociando contratos internos de compravenda de enerxía entre as súas sociedades. A realidade enerxética galega (I): A gran dependencia enerxética A este respecto, desde a CNMC sinalan que cada persoa debe valorar cal é a opción que máis lle convén, ao tempo que lembran que na súa páxina web contan cunha ferramenta, o comparador de ofertas, ao que se pode acceder desde un código QR na propia factura e que pode axudar a tomar esa decisión.
NOS_26850
O deputado do BNG Manuel Lourenzo critica que non exista nin sequera un diagnóstico da situación que permita abordar a problemática da saúde mental no ensino.
"Os problemas de saúde mental, que xa estaban aquí de antes, están a rexistrar un incremento exponencial segundo denuncia a propia comunidade educativa", subliñou onte o deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Manuel Lourenzo, que incidiu en que isto é xerado por "cuestións estruturais do sistema que se agravaron co contexto pandémico e agora co bélico". Para enfrontar a situación, Lourenzo reclamou á Xunta que desenvolva e poña en marcha un plan de atención á saúde mental no ámbito do ensino, que permita resolver o que hoxe é "unha materia pendente" no sistema educativo galego. Nesa liña, o deputado cuestionou que non exista nin un estudo de referencia que poida achegar "unha fotografía obxectiva de cal é a realidade da saúde mental no noso sistema educativo". Non se pode abordar ningunha solución, destacou, se non sabemos a porcentaxe de alumnado que toma psicofármacos, as patoloxías que padecen ou os efectos secundarios que poden provocar estes medicamentos. Estas doenzas provocan "medo, falta de control sobre a súa propia vida, sensación de vulnerabilidade, frustración e incomodidade dentro do que é a propia relación nas aulas", nunha problemática que, reiterou, non se resolve unicamente na escola. Montes en man común Ademais, a parlamentaria nacionalista María Albert, criticou a decisión do PP de votar en contra da proposición non de lei do BNG para mellorar a nova Lei de Montes veciñais en man común, que procuraba recoller "as demandas do sector". Esta proposta, apuntou, permitiría blindar as entidades de montes en man común despois da denuncia da Organización Galega de Comunidades de Montes por un intento de ilegalización por parte da Xunta, un ataque "sen cuartel e con obxectivos pouco confesábeis que o Partido Popular está a facer por terra, mar e aire contra as Comunidades de Montes do noso país", afirmou Albert. Xa no Congreso, o lexislador do BNG, Néstor Rego, anunciou unha serie de iniciativas para que o Estado atendas as demandas da veciñanza de Gondomar polos problemas de Internet, rexeitadas por estar en lingua galega, tras ser redirixidas á Administración estatal desde o Instituto Galego de Consumo.
NOS_15255
A guerra é entre o hotel cinco estrelas mais antigo da cidade e a livraria mais antiga. A decisão estava entre conservar uma livraria com 117 anos de história ou utilizar esse espaço para construir um SPA. E já há vencedor. De momento.
A livraria e alfarrabista Moreira da Costa, com 117 anos de história no Porto e com mais de 70 anos instalada no mesmo local, poderá permanecer após ganhar luta jurídica a Hotel Infante de Sagres que a queria despejar para construir um SPA. Esta aclamada "joia de charme" dos hotéis portugueses reabriu as suas portas em Abril 2018, após uma extensa restauração e renovação, que incluía a construção de um SPA com entrada prevista pela cave da livraria com a que comparte parede-meia. Um hotel de luxo Mandado construir pelo comendador Delfim Ferreira, o homem que nos anos sessenta do século passado possuía a maior fortuna de Portugal após enriquecer com os negócios da industria elétrica, e inaugurado em 1951, o Infante Sagres é considerado o mais antigo hotel de luxo do Porto, reclamando o título de primeiro cinco estrelas da cidade, e acolhe agora o primeiro Vogue Café da Europa. Era o alojamento portuense preferido por Mário Soares e ali dormiram vários membros da realeza europeia e outras personalidades, como Dalai Lama, Bob Dylan ou os U2.O grupo de The Fladgate Partnership, que além do Infante Sagres detém também os hotéis The Yeatman Vintage House, é dono de casas históricas de vinho do Porto como a Taylor's, Fonseca, Croft e Krohn, assim como das empresas de distribuição de vinhos On-Wine e Heritage Wines, manifestou não ter nada contra a livraria, mas entende que o Infante Sagres é uma joia da cidade no qual já investiu 10 milhões de euros na recuperação dos seus elementos históricos, tais como os magníficos tetos, sublinhando que o grupo fez, inicialmente, várias propostas à livraria para ajudar a encontrar soluções mas "agora, com esta decisão do tribunal, vamos analisar o que é possível para terminar o projeto". Obélix contra o império Em declarações ao Jornal de Notícias, os donos da Moreira da Costa manifestaram o seu contentamento pelo desfecho judicial: "Éramos a aldeia do Obélix a lutar contra um império e foi o apoio das pessoas da cidade que nos permitiu resistir nos últimos anos. Não foi fácil, mas cá estamos com a loja aberta."É, sem dúvida, motivo de alegria para os donos e, segundo dizem, também para a cidade "Somos a livraria mais antiga da cidade, e as pessoas já a têm como deles e não como nossa, é da cidade" e apesar das muitas crises passadas, das obras no bairro, da conjuntura do país nos últimos anos, apesar de tudo isso, o casal à frente da livraria Moreira da Costa está pronto a ficar "mais 40 anos" até porque "as pessoas estão a voltar às livrarias" e à procura do objeto físico.
NOS_29641
O paro, convocado pola CIG, desenvolverase esta sexta feira e afecta a todo o persoal do transporte sanitario urxente e non urxente de Galiza.
A CIG ten convocada unha xornada de folga no sector das ambulancias de Galiza para esta sexta feira en protesta pola parálise na negociación do convenio colectivo do transporte sanitario. Denuncian que a patronal non só non achega ningunha proposta, senón que se escuda na cuestión económica para "non mover nin unha coma do convenio". Xesús Pastoriza, Secretario de Transportes da FGAMT-CIG, lembra que o pasado ano, o SERGAS adxudicou os lotes do transporte sanitario urxente e este agosto resolveu o non urxente "e practicamente todas as empresas gañaron con ofertas á baixa temerarias, algunhas ofrecendo até un 12% menos do prezo estipulado". Pastoriza tamén apuntou á responsabilidade da administración galega por tolerar que se presenten ofertas á baixas e adxudicar os contratos e este tipo de empresas, "cando sabe que logo tentarán trasladar esta rebaixa ás condicións do seu persoal". Xunto a isto, tanto Pastoriza como Néstor Torea, delegado da CIG no sector, denuncian a elevada atomización que se está a producir no sector, xa que para un mesmo contrato poden concorrer multitude de empresas distintas agrupadas nunha unión temporal, chegando a existir casos de UTEs integradas por seis compañías distintas para o mesmo contrato. Esta división, ademais, dificulta a coordinación do persoal (cada un dunha empresa distinta) e "polo tanto, tamén repercute na calidade do servizo que se presta aos usuarios e usuarias". Entre as demandas está a restrición do contrato de prácticas, a limitación no convenio da realización das horas extraordinarias ou a creación da terceira paga extraordinaria, ao igual que xa aparece recollido en boa parte dos convenios colectivos.
PRAZA_20725
Resulta inconcibíbel que a esquerda non se una tras un programa de mínimos como o que foi ideado hai case un século por John Maynard Keynes e deu lugar á era máis brillante da democracia e da economía capitalista.
Un gravísimo atentado contra os dereitos laborais acaba de ser retransmitido en directo e non se viu que nin un só dos nosos medios mainstream, celosos defensores da orde constitucional, denunciase o seu carácter despótico. Os traballadores da empresa privada que, contratada pola sociedade mercantil estatal AENA, xestiona o control de seguridade dos pasaxeiros no aeroporto barcelonés de El Prat, decidiron convocar unha folga indefinida. O Goberno de España impúxolles uns servizos mínimos do 90% (sic!) e mais a presenza de funcionarios da Garda Civil, é dicir, da policía entre cuxas atribucións está precisamente a custodia dos aeroportos. A xogada foi perfecta. Na década pasada rendéuselle tributo á dogmática neoliberal e comezou a privatización deste servizo estratéxico. Despois, os traballadores das empresas adxudicatarias tiveron que soportar uns recortes salariais brutais que agora, cando a crise disque xa está superada, non se compensan. E este persoal foi colocado nunha situación laboral impropia dun Estado que se define como social e que recoñece o dereito á folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses. Tomemos nota e preguntémonos: este capitalismo segue a ser compatíbel coa democracia? En 2016, en Nos mythologies économiques, Éloi Laurent chegou á conclusión de que a economía, entendida xa como unha fe, se converteu na gramática da política. O neoliberalismo atopou na UE un marco institucional ideal. A actuación das administracións española e catalá no conflito aeroportuario amosa claramente a realidade do pensamento atrincheirado en todos os niveis de gobernanza: non é que os poderes públicos non interveñan, é que interveñen a prol dos actores económicos máis poderosos. Tomemos nota e constatemos: a regresión social que supón o empeoramento das condicións de traballo recibe o apoio activo das institucións democráticas! Laurent lémbranos que as desigualdades son, alén de inxustas, ineficientes. Alimentan unha clase social que se limita a vivir de rendas, reducen os recursos destinados á saúde, á educación e á innovación, danan o medio e paralizan a sociedade e a democracia. A desigualdade é contraria ao dinamismo económico e ten un elevadísimo custo social. O exemplo do sistema sanitario dos EUA é significativo: a reforma implementada polo presidente Obama supuxo o aumento do número de beneficiarios do seguro médico e, á vez, unha baixada do gasto do sistema. Tomemos nota e digámolo ben claro: non queremos seguir pagando unha factura tan alta! A gramática neoliberal demostrou ser incompatíbel coa democracia. Colocar os mitos económicos por diante da política é unha aberración que nos conduce ao desastre institucional, social, económico e ambiental. Neste contexto resulta inconcibíbel que a esquerda non se una tras un programa de mínimos como o que foi ideado hai case un século por John Maynard Keynes e deu lugar á era máis brillante da democracia e da economía capitalista. A policía debe recuperar o control de seguridade nos aeroportos. E, mentres tanto, os traballadores deben poder reclamar o poder adquisitivo que se lles roubou, e necesitan que o Estado lles garanta os seus dereitos. Por xustiza, por eficiencia e porque o contrario é un paso máis cara á barbarie.
PRAZA_9867
O IGADI vén de publicar a décima edición do seu informe anual de análise da acción exterior galega, titulado A lusofonía en Galicia: entre a lei Paz Andrade e a EGAEX, coa participación de Jesús Gamallo (Director Xeral de Relacións Exteriores) e Valentín García Gómez (Secretario xeral de Política Lingüística)
A pasada semana o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) publicou a décima edición do seu informe Nós no Mundo, unha reflexión anual arredor da acción exterior galega, que nesta ocasión está dedicado á relación de Galicia co ámbito da lusofonía, atendendo principalmente ás tendencias máis presentes nos últimos meses e ás perspectivas de futuro inmediato."A proxección de Galicia na comunidade lusófona convértese nunha oportunidade para garantir a san existencia dunha vizosa industria cultural galega"O informe, titulado A lusofonía en Galicia: Entre a lei Paz Andrade e a Estratexia Galega de Acción Exterior, ábrese cunha anáise da propia Lei Paz Andrade a cargo de Xosé Carlos Morell e unha reflexión sobre o papel da lusofonía na estratexia galega de acción exterior realizada por Jesús Gamallo (Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE) e Valentín García Gómez (Secretario xeral de Política Lingüística).Gamallo e García Gómez destacan a avantaxe coa que conta Galicia por "estar dacabalo das linguas portuguesa e castelá, dúas das poucas linguas europeas con expansión universal". E subliñan que "a proxección exterior de Galicia na comunidade lusófona convértese daquela nunha oportunidade mesmo para garantir a san existencia dunha vizosa industria cultural galega, porque só aquela comunidade lingüística pode ofertarlle unha escala axeitada para poder medrar e deixar de contraerse". "Se queremos unha industria cultural autónoma e ceibe, que non dependa maioritariamente de subsidios e outros apoios circunstanciais, a opción de facer medrar a cooperación cos países da lusofonía resulta ineludible", engaden. Os dous altos cargos da Xunta conclúen que "a lusofonía non só é un vector de internacionalización, senón ademais un puntal da nosa afirmación, da nosa identidade e do noso futuro como cultura e pobo de seu"."A lusofonía non só é un vector de internacionalización, senón ademais un puntal da nosa identidade", destacan os dous altos cargos da XuntaO informe complétase con outros nove traballos, de temátiva variada, a cargo de economistas como Joam Lopes Facal, xeógrafos como Rubén C. Lois ou sindicalistas como Xesús Ramón González Boán. Tamén destaca a achega de Antonio Fontenla Ramil, vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia, a de Carla Sofia Amado Responsable polo Centro Cultural Português do Camões de Vigo, ou a de Xosé Lago García Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal.
NOS_23566
O canón do río Mao ofrécenos unha das paisaxes máis espectaculares da Galiza, chea de patrimonio natural e cultural.
O río Mao é un dos máis importantes da Terra de Caldelas. Nace na serra de San Mamede, e percorre Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira até morrer no río Sil á altura de Barxacova. Entrado en Montederramo, o Mao discorre á beira do mosteiro de Montederramo, convento medieval, primeiro beneditino e logo da orde do Císter, fundado posibelmente no século X e catalogado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1959. Continúa a súa viaxe pola penechaira caldelá pasando á altura de Vilariño Frío, onde está o encoro de Leboreiro, construído en 1949. Cóntanos o escritor e cronista Olegario Sotelo Blanco, na súa obra Antropoloxía Cultural de Terra de Caldelas, que nese lugar "nos anos vinte [do século pasado] facíase unha festa na ponte de Vilariño Frío, sobre o río Mao, que consistía en pescar as troitas á man e logo fritilas con touciño nunha lousa, que era como os gastrónomos da comarca dicían que se preparaban mellor". E é a partir dese encalco, o de Leboreiro, cando o río Mao comeza a fluír encaixado en cantís, entre os montes. Partimos onde nace a luz Comezamos o noso itinerario de hoxe na 'fábrica da luz', na actualidade albergue, cantina e centro de formación. Esta fábrica debe o seu poético nome a que naceu como central hidroeléctrica. En 1914 a empresa La Gallega levantou La Escalada, unha das primeiras instalacións edificadas na Galiza para aproveitar a enerxía da auga e producir electricidade. Xunto coa central, a empresa construíu unha canle, a 'canle vella', pola que discorre parte do roteiro do Mao. A auga que levaba ese canal ía parar á 'fábrica da luz', onde estaban as turbinas que xeraban a electricidade que subministraba a Monforte de Lemos, Ourense e a moitas das aldeas da Ribeira Sacra. Se queres seguir a descubrir os segredos que garda o canón do río Mao podes facelo no caderno 'Gozar' que sae publicado mañá co teu Nós Diario. Estará dispoñíbel nos quiosques, librarías e na nosa tenda para a súa lectura na nube. Se queres asegurarte de que sempre chegas a tempo de mercar o xornal, o mellor é que fagas xa a subscrición!
NOS_25289
O actual presidente dos socialistas na Galiza agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que o seu empeño fundamental vai ser "seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia".
O secretario xeral do Partido dos Socialistas da Galiza (PSdeG), Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que proporá á executiva do partido a Xaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica. A partir do seu nomeamento, que terá lugar no pleno da vindeira semana, Gonzalo Caballero avanzou que Leiceaga asumirá a coordinación da Interparlamentaria do PSdeG, estabelecéndose como ponte de contacto entre os deputados e senadores galegos en Madrid, os parlamentarios autonómicos e o eurodeputado. Ademais, o líder dos socialistas galegos sinalou que Leiceaga é "un activo fundamental" no seu equipo, e que levará adiante a coordinación da redacción do programa de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Seguirá, por tanto, vinculado a tarefas organizativas no PSdeG. Pola súa banda, Leiceaga agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que o seu empeño fundamental vai ser "seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia".
NOS_31341
A conselleira, Rocío Mosquera, apoia a decisión do servizo de Pediatría do CHUS que rexeita efectivizar a demanda da familia de Andrea.
A Consellaría de Sanidade avala a decisión adoptada polo servizo de Pediatría do CHUS de non desconectar Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel para a que a súa familia pide unha morte digna. Así o expresou a conselleira, Rocío Mosquera, en resposta á interpelación da deputada do PSdeG, Carmen Acuña, quen lle preguntou pola aplicación da Lei de garantías de doentes terminais aprobada en xullo deste ano. Mosquera alega que @s profesionais non se lles pode pedir a adopción da "eutanasia activa" e asegura que, como trasladou a xerencia do CHUS através dun breve comunicado, non se está a producir "obstinación terapéutica" no tratamento da paciente. No comunicado o Hospital Clínico afirma que están a actuar "tal e como estabelece a normativa vixente, no exercicio dunha boa práctica clínica" polo que "está comprometido coa limitación do esforzo terapéutico", acrecentan.
NOS_36543
O secretario xeral da CIG lamenta o "aval" que as principais centrais estatais deron ás políticas do PP coa sinatura de acordos de 'diálogo social' e pon a énfase en pedir compromisos para unha saída da crise "en chave favorábel á maioría social".
O goberno galego do PP, a patronal e os sindicatos CC OO e UXT escenificaban esta cuarta feira a sinatura do que desde a Xunta xa se deron presa en cualificar como a necesaria recuperación do diálogo social. Falamos co secretario xeral da CIG, Suso Seixo, da forma e fondo dunha sinatura de acordos que, afirma, non se terían dado se non fose por ser este ano electoral. -Goberno galego, patronal, CCOO e UXT xuntos asinando uns acordos a prol, segundo os propios promotores, de dous dos sectores máis desfavorecidos pola crise: desempregados de longa duración e mocidade. Que valoración fai a CIG desta sinatura e da representación da recuperación do 'diálogo social'? Eses acordos non son solución ningunha aos problemas de fondo e son, pola contra, unha imaxe electoral que interesa, e moito, ao Partido Popular. Un dos acordos diríxese aos parados de longa duración e outro á mocidade. No primeiro caso cómpre lembrar que se hai desempregados de longa duración é consecuencia das políticas adoptadas polo PP, que agora quere ofrecerlles estas farangullas. Ofrecen 426 euros durante seis meses e entendo que para quen non ten nada é un alivio. Mais non é a solución. Solución sería, en primeiro paso, unha renda de inserción laboral, como vimos reivindicando desde a CIG desde hai anos. E, o máis importante, solución sería facer políticas dirixidas a crear emprego. "Que o PP empregue estes temas para se facer unha foto é lamentábel, mais que haxa sindicatos que se din de clase e que lle vaian lavar a cara o PP pois..." -E en canto ao acordo asinado e dirixido á mocidade... Nese acordo fálase de formación e de incentivar a contratación. Bon, non son propostas novas. O de incentivar a contratación acaba moitas veces sendo axudas e cartos para o empresario. E canto á formación, ese non é o problema, temos a xeración mellor formada, o problema é que non hai traballo. As listas de emigrados está chea de mozos ben formados. Que o PP empregue estes temas para se facer unha foto é lamentábel, mais que haxa sindicatos que se din de clase e que lle vaian lavar a cara o PP pois... é máis lamentábel aínda. -Mais se estes acordos asinados non valen por non ser resposta á situación actual, cal sería esa resposta? A CIG presentou no seu momento unha Iniciativa Lexislativa Popular que contemplaba 100 medidas e propostas concretas e factíbeis para crear emprego e tentar mudar a situación. No eido laboral, fiscal, económico... achegabamos medidas e apostamos en dar o debate: é posíbel facer outras políticas, a favor da maioría social, mais o que pasa é que ao PP non lle interesa. Pódese crear emprego e que sexa emprego de calidade, pode haber outra fiscalidade onde o que máis teña pague máis... Con esta ILP púñamos sobre a mesa que era posíbel unha saída á crise e que esa saída se fixese en beneficio das maiorías sociais. "Eses acordos non van ao fondo dos problemas e non valen para saír da crise" -Que CCOO e UXT senten co PP a asinar eses acordos afecta a unidade de acción sindical? Absolutamente. O que están a facer UXT e CCOO non ten nada a ver co que está a facer a CIG. O PP protagonizou os maiores ataques contra a clase traballadora desde a Transición, políticas submetidas aos intereses do grande capital. Ademais, impulsa leis e medidas de recortes de dereitos sociais e políticos, aposta na represión, aposta na criminalización de todo o que sexa non ir polo seu rego. Medidas anti-sociais. E para nada lle importou a opinión dos sindicatos até agora, que é ano electoral. E como veñen as eleccións, recorren aos 'tontos útiles' de UXT e CCOO para asinar uns acordos que non teñen nada a ver co que están vendendo que son. Entón, que unidade sindical pode darse con centrais que avalan iso? -Incide en varias ocasións no dado de que 2015 é ano electoral para explicar esta sinatura do acordo... O PP precisa recuperar imaxe ante a cercanía coas urnas, procura esa foto de 'pacto social' con patronal e sindicatos. Até agora pouco lle importou e aprobaba o que lle petaba en materia laboral, e non só aí, sen ter en conta a ninguén. -Tamén falou antes da represión e criminalización. Sindicalistas da CIG, e non só, foron obxecto estes anos de multas, sancións, xuízos... hai unha ofensiva contra as liberdades e dereitos por parte do goberno? Nós xa no seu momento denunciamos que para o PP todo o que sexa contestatario ten que ser reprimido, esa é a súa lóxica, a lóxica que vai acadar un nivel máximo coa 'Lei Mordaza', mais que xa levamos padecendo tempo. Queren eliminar a presunción de inocencia. Vemos cousas tan graves como que se falsifiquen informes policiais nas denuncias contra militantes nacionalistas. Estamos nun estado de excepción de baixa intensidade. E estámolo a sofrer todas as organizacións sociais que nos opoñemos a este modelo, nomeadamente os sindicatos máis contestatarios.
PRAZA_7964
A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende potenciar o uso do galego no ámbito sanitario, quere recuperar esta figura da medicina coa pretensión de destacar as persoalidades da nosa historia recente que deben servir como referente colectivo no exercicio profesional e no compromiso co país.
O primeiro artigo médico escrito en galego durante o franquismo foi publicado polo oftalmólogo Antón Beiras no ano 1957. No limiar defendía o idioma como vehículo adecuado para a ciencia e a práctica médica. As paixóns deste home exemplar, falecido prematuramente en 1968, foron a medicina e a investigación (acadou notoriedade pola invención do Vigoscopio, un complexo aparello para tratar o estrabismo), mais destacou sobremaneira polo seu compromiso con Galicia e a súa lingua. O seu colega e amigo Sánchez Salorio defíneo como un "galeguista optimista". Militou nas Mocedades Galeguistas e foi un dos fundadores da editorial Galaxia. O primeiro artigo médico escrito en galego durante o franquismo foi publicado polo oftalmólogo Antón Beiras no ano 1957 A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende potenciar o uso do galego no ámbito sanitario, quere recuperar esta figura da medicina coa pretensión de destacar as persoalidades da nosa historia recente que deben servir como referente colectivo no exercicio profesional e no compromiso co país. No acto de homenaxe, organizado en colaboración co Colexio de Médicos de Pontevedra, que se vai celebrar en Vigo o día 2 de marzo, participarán, entre outros, Alonso Montero, amigo persoal do doutor, e Xosé Manuel Beiras, sobriño do homenaxeado. O uso do galego segue a ser tan residual como hai trinta anos cando os tres médicos do hospital de A Coruña que falabamos galego eramos coñecidos e sinalados por tal condición A firmeza amosada por Antón Beiras para empregar o galego, na fala e na escrita, durante a ditadura franquista, non foi unha actitude prevalente na práctica médica. Pola contra, o uso do idioma ten moi escasa penetración no entorno sanitario e, aínda hoxe -a pesares dos adiantos normativos acadados dende a transición que situaron o galego como lingua oficial deste país-, a súa presenza no mundo da sanidade é moi escasa. Nos hospitais e nos centros de saúde a actividade desenvólvese maioritariamente en castelán. O uso do galego segue a ser tan residual como hai trinta anos cando os tres médicos do hospital de A Coruña que falabamos galego eramos coñecidos e sinalados por tal condición. Por iso é necesario recuperar para a memoria colectiva a conduta militante daqueles que, como Antón Beiras, non abandonaron o compromiso coa lingua, mesmo nos tempos difíciles. Pero non abonda con ter referentes senón que é preciso elaborar estratexias que permitan favorecer a expansión do idioma nun entorno tan impermeable como o sanitario. Nese senso ISAGA está a elaborar un portal de educación sanitaria, que porá a disposición de sanitarios e usuarios, cun importante arsenal de material divulgativo no noso idioma. O galego é o patrimonio cultural máis importante de Galicia. Hoxe está en perigo de extinción. As actuais autoridades non se senten na obriga de protexer este enorme ben que nos concedeu a historia. Pola contra, amosan desprezo e belixerancia contra da lingua, á que sinalan coma unha carga do pasado –da que cómpre desprenderse- en vez de entendela como unha grande riqueza para a Humanidade, para nós e as futuras xeracións. Falar galego en Galicia debería ser o máis natural e cotiá en calquera ámbito cidadá e profesional. Temos un país anómalo e disfuncional que precisa honrar, aínda, a aqueles que usan a propia lingua na vida diaria e no exercicio da profesión Temos un país anómalo e disfuncional que precisa honrar, aínda, a aqueles que usan a propia lingua na vida diaria e no exercicio da profesión. Neste senso ISAGA promove esta homenaxe ao doutor Beiras, para lembrar que debemos continuar na resistencia, que cómpre manter o optimismo e a ilusión como el fixo nos tempos escuros.
PRAZA_12253
O ex deputado Pablo Cobián organizou, segundo a investigación do caso Campeón, unha xuntanza en San Caetano con Carlos Monjero, propietario dunha das empresas da trama, co conselleiro de Infraestruturas. O seu obxectivo sería "interceder" na concesión de obras públicas.
O operativo de vixilancia a presuntos implicados na Operación Campeón, na sede do Goberno galego. O 6 de abril de 2011 un funcionario da Brigada Móbil Terrestre de Vixilancia Aduaneira, corpo dependente da Axencia Tributaria con rango policial, sitúase na cafetaría do complexo administrativo de San Caetano, sede central da Xunta. O seu obxectivo era presenciar o encontro entre un dos presuntos líderes da trama Campeón e o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández. Segundo as investigacións incluídas no sumario da operación, ao que tivo acceso Praza Pública, Aduanas tivo coñecemento de que se produciría o encontro a través de varias mensaxes de texto intercambiadas entre Carlos Monjero, un dos propietarios da asesoría luguesa Proitec, e o daquela deputado do PP Pablo Cobián, que tería "intermediado" para que a reunión se puidese celebrar. Cobián, supostamente, trataría de "interceder" na concesión de obras públicas. Segundo o recollido na investigación, a intención inicial de Monjero era que Cobián lograse un xantar co conselleiro. "Dime Agustín que xantar complicado. Que nos pon hora para ir a velo, que dis??", pregunta o actual ex parlamentario nunha mensaxe telefónica do 2 de abril. "Vale", responde o propietario de Proitec, a quen o sumario sitúa como unha das empresas que traballa para Laboratorios Nupel, propiedade de Jorge Dorribo e centro da presunta rede corrupta. "Continuando coas súas manobras para a obtención de contratos públicos, Pablo Cobián" lograra "unha xuntanza" entre Hernández e Carlos Monjero, na que tamén estaría presente "unha persoa vinculada á sociedade Ferrovial, identificada como Javier Rodríguez", resume un informe da Axencia Tributaria. Segundo a investigación, Cobián tentaría "interceder" ante Infraestruturas co obxectivo de lograr obras para empresas da trama Inicialmente fixada para a unha e media da tarde, a reunión con Hernández adiantouse un chisco porque Cobián "tiña que facer unha foto" con el, imaxe que a propia Xunta fixo pública -naquela altura, o Goberno galego adoitaba propiciar encontros entre conselleiros e deputados do PP que tamén eran candidatos ás municipais de 2011, caso de Cobián, que optaba á alcaldía de Oleiros-. Así as cousas, "contra as 12:40" Cobián accede á cafetaría da Xunta, "inspecciona o seu interior" e, ao non atopar a Monjero, chámao por teléfono. O empresario, confirma "que está a chegar". Sempre atendendo ao incluído no sumario cuxo segredo se vén de erguer parcialmente, Monjero e Cobián conversaron uns quince minutos ata a chegada do terceiro participante, "identificado como Javier Rodríguez, da compañía Ferrovial". Pouco despois chegaría ao lugar do encontro o conselleiro Hernández, "acompañado dunha muller sen identificar" e "dirixíndose á mesa onde están sentados" o deputado e os empresarios. Tras unha conversa duns "cinco minutos", Hernández parola con outras persoas presentes na cafetaría e abandónana. A continuación, Monjero "recibe unha chamada no seu teléfono móbil" e entran na Consellería de Infraestruturas, cuxa entrada se atopa a poucos metros da cafetaría. Cobián, Monjero e Rodríguez permanecerían unha media hora con Hernández e, despois, foron xantar ao restaurante da estación de autobuses compostelá, situada nas inmediacións de San Caetano. Monjero "pasa a calificarse amigo do conselleiro" O "resultado da entrevista "co conselleiro é posible coñecelo a través dunha conversa telefónica de Monjero, intervida a traves dun picazo telefónico por orde xudicial. O socio de Dorribo dille ao seu interlocutor "que todo moi ben". Segundo esa conversa, Hernández explicoulle "ao de Ferrovial" que "ao ir con esa xente -en referencia a Monjero- fará algo". "É amiga miña [esa xente] e agora vas traballar", asegura que sinalou Hernández. Segundo as forzas de seguridade, a conclusión deste episodio vén ser que "se pon de manifesto que, grazas á intervención de Pablo Cobián" ante Hernández, "Carlos Monjero pasou a calificarse" como "amigo do conselleiro". Cobián tería mediado para procurar ata once adxudicacións e así gañar o favor do socio de Dorribo No propio informe, datado en xuño de 2011, explícase que "ata o momento", as intercesións de Pablo Cobián tiveran como "obxectivo" que ata once obras lle puidesen ser adxudicadas "á sociedade de Carlos Monjero e Javier Rodríguez": "dúas obras que por erro foron adxudicadas a unha sociedade asociada coa de Carlos Monjero", un "treito de estrada entre Cercedo e Campolameiro adxudicada pola dirección xeral de Estradas posiblemente antes do concurso", unha obra que "posiblemente sexan dúas" no futuro "hospital pontevedrés Monte Carrasco", a obra do "auditorio de música na cidade de Lugo", unha "obra de Portos de Galicia" que finalmente "non foi adxudicada", a "obra da lonxa de Vilagarcía de Arousa", "posible obra na zona do Barqueiro", "obra no centro de día en Mera (Oleiros)", "obra do Porto Seco en Monforte de Lemos", o "centro de Emerxencias 112 -na Estrada-" e outra obra "posiblemente en Lugo". Pero, con que obxectivo mediaba Cobián ante Infraestruturas para tentar que lle fosen adxudicadas obras a Proitec? Segundo consta no sumario, o parlamentario non obtería un beneficio directo destas operacións, senón que as tería feito para gañar o favor de Monjero para que este, á súa vez, o favorecese ante Dorribo, de quen os investigadores consideran probado que si recibiu cartos.
NOS_24498
Un total de 40 organizacións políticas que integran a Alianza Libre Europea (ALE) realizan esta fin de semana en Compostela, co BNG como anfitrión, a XII Asemblea Xeral baixo o lema 'Tempo de autodeterminación'.
Unha fronteira non pode deter os anceios dun pobo de xustiza social. Una máxima que alicerza as bases sobre as que se asenta a XII asemblea de ALE, que reúne a 40 organizacións na capital de Galiza. Máis de 40 organizacións da ALE representan a diversidade nacional, lingüística e a loita polos dereitos dos pobos na Eurocámara, entre eles Aralar, EA, ERC, Bloc Nacionalista Valenciá, PSM-Entesa, Nova Canarias e do Partido Andalucista, dentro do Estado español. Partido Nacionalista Escocés (SNP), Partido Nacionalista de Flandes (N-VA), e do Partido de Gales (Plaid Cyrum) entre outros, até un total de 150 representantes que se darán cita en Galiza. Mocidades A XII Asemblea Xeral da ALE realízase conxuntamente coa asemblea das organizacións da mocidade da ALE, con Galiza Nova como anfitrioa, e das fundacións das formacións políticas, neste caso baixo a organización da Fundación Galiza Sempre. O encerramento da asemblea correrá a cargo de Camilo Nogueira, membro honorario da ALE e eurodeputado do BNG entre 1999-2004
NOS_25144
Vinte e seis compañías de Galiza, Arxentina, Chile, Francia ou Portugal encherán a programación da 22 edición de Galicreques, que comeza este sábado en Santiago de Compostela. Un desfile de xigantes e cabezudos pola cidade vella contra a unha do mediodía será a primeira das máis de 40 funcións da gran festa do monicreque.
Segundo o seu director Jorge Rey, o festival presenta dúas importantes novidades este ano. Por unha banda, os programadores esforzáronse en procurar obras e espectáculos dedicados á mocidade "co obxectivo de crear novos públicos". Pola outra, os bonecos mestúranse co teatro de actor, a danza ou a música en non poucas montaxes. Haberá tres estreas absolutas: Os golfiños e o xigante, de Fantoches Baj, o domingo 15 ás 12.30 na Fundacións SGAE; Enredos de amor y odio, dos madrileños Mazzú Teatro, o sábado 21 ás 18.00 no mesmo sitio; e mais Bala Perdida, de Títeres Cachirulo sobre un texto de Manuel Rivas, o domingo 15, ás 18.00 no Teatro Principal. En total, 11 compañías galegas participan no encontro, que se prolonga deica o día 22 de outubro: Caramuxo Teatro, Larei Lará, Teatro Marionetas Trécola, A xanela do Maxín, Títeres Brincadeira, Danthea Teatro, Títeres Alakrán, Micromina, Fantoches Baj, Cachirulo e Carmen Domech. Sete espectáculos internacionais veránse por primeira vez no Estado en Compostela. Viento, dos arxentinos El Colectivo, Un botón en mi cabeza, dos chilenos Arriba Las Humanos ou O día que a morte sambou, dos brasileiros Valéria & Habib entre eles. A compañía granadina Etcétera recibirá, nunha gala o sábado 21 de outubro, o Premio Galicreques 2017. A maiores, máis de 1.200 alumnas e alumnos de colexios e institutos pasarán por diversas funcións nacionais e internacionais. "O noso compromiso é achegar novos espectadores ao xénero escénico", salientan desde a organización. A asociación cultural Barriga Verde organiza desde hai 22 anos o Festival Galicreques. Nesta edición, a colaboración insitucional procede do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, Agadic, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE. O Teatro Principal, o centro sociocultural de Santa Marta, a Fundación SGAE ou a biblioteca Ánxel Casal son os escenarios que acollerán as actividades do Galicreques.
QUEPASA_931
Fabricante: Underwood Typerwiter Company (New York) Distribuidor en España: Guillermo Truninger S.A. Cronoloxía: Principios século XX
Vista lateral Esta elegante máquina de escribir é todo un clásico no campo das antigüidades polo seu deseño intemporal, pola súa solidez e pola súa fiabilidade. O corpo da máquina é de ferro fundido e está esmaltado en negro, presentando aberturas laterais e traseiras que deixan ver o complexo mecanismo. Conserva tamén os filetes dourados e os logotipos e calcas orixinais. Na parte frontal, sobre o teclado, vemos o nome UNDERWOOD, que aparece tamén impreso sobre o carro. Na parte traseira leva impreso o nome da empresa e unha longa lista de patentes do modelo. O teclado, pola súa parte, está formado por pezas redondas con fondo branco e símbolos negros, reforzadas con aneis niquelados. Cando alguén pensa nunha "vella máquina de escribir" seguramente imaxina algo moi parecido á Underwood no 5. E non é de estrañar, por que este é o deseño de máquina de escribir é o de maior éxito da historia. Despois da súa aparición Underwood estableceu o estereotipo da máquina de escribir ata a introdución de IBM Selectric en 1961. Cando se introduciu no mercado era só un dos centos de deseños competitivos e extremadamente variados, pero sobre o 1920 tódalas máquinas de eescribir imitaban a Underwood. Quizais a Underwood nunca vira a luz de non ser pola disputa entre Thomas Underwood e a empresa Remington. No 1895, Thomas Underwood, fabricante de cintas para máquinas de escribir e papel carbón, propúxolle á Remington Company renovar o contrato de subministrador de cintas, pero a empresa informoulle de que rexeitaba os seus servizos por que pretendía producir as cintas ela mesma. Tras este rexeitamento, e profundamente doído, Thomas Underwood mercou os dereitos dunha máquina nova ideada polo alemán Franz Xaver Wagner, lanzándose á fabricación de máquinas de escribir cun éxito inusitado. As Underwood máis escasas e valiosas son as no 1 e as no 2. Só se fabricaron arredor de 12.000 exemplares entre 1896 e 1900. Están etiquetadas como "Wagner Typewriter Company" e difiren en formas sutís das Underwood posteriores. Unha diferencia é a ausencia do selector de cor da cinta que pode verse no lado dereito da máquina protagonista deste artigo. Os modelos Underwood 3, 4 e 5 fabricáronse dende finais de 1900 ata finais de 1931. O no 3 é un modelo de carro ancho, o no 4 escribe 76 caracteres e o no 5 escribe 84 caracteres. Factura de 1925 A Underwood nº5, como dicía antes, foi a Underwood por excelencia. Millóns de exemplares deste modelo de máquina de escribir foron utilizadas por secretarios, xornalistas, funcionarios gobernamentais e escritores durante a primeira metade do século XX, posto que demostrou ser moi práctica en varios sentidos, a pesar de moitas características de deseño non resultasen especialmente innovadoras. Ao contrario que outras máquinas que imprimían a partir de tipos individuais, a Underwood adoptou o formato de barra de tipos, o cal demostrou acomodarse mellor a escrituras mais veloces. Máis importante foi o feito de que permitía ver o que se escribía grazas ao seu mecanismo de "golpe frontal", posto que as máquinas de "golpe inferior" imprimían na parte baixa da planta ou superficie de impresión, e había que levantar o carro para poder ver o que se escribira. As Underwood optaron polo teclado QWERTY ou universal que era o mais coñecido, aínda que existían outros sistemas dispoñibles. A Underwood no 5 dispoñía de 84 caracteres distribuídos en catro filas de teclas, e unha soa tecla para cambiar a maiúsculas, o que facilitaba a mecanografía ao tacto e unha maior rapidez de escritura. Finalmente, a compañía Underwood foi comprada por Olivetti a comezos da década de 1960. O Instituto da Fundación Fernando Blanco de Cee combinou sabiamente, dende as súas orixes, a educación humanística e científica coa aprendizaxe de materias prácticas e necesarias para o desenvolvemento econoómico da comarca (contabilidade, comercio, mecánica industrial, idiomas, etc). Dentro deste tipo de ensinanzas aplicadas hai que destacala mecanografía, que se imparte por primeira vez en Galicia na Fundación Fernando Blanco, concretamente no curso de 1902-1903, cando se adquire unha máquina da marca New Century Calligraph. Así aparece recollida esta adquisición na Memoria de dito curso: "... se han adquirido 16 mesas sistama Moreno para 32 plazas en la Escuela de Niños, por causa del aumento habido en la matrícula de dicha clase; 17 mapas murales de Torres Campos, recientemente editados con arreglo á los adelantos pedagógicos; dos colecciones de mapas Reinoso; tres mapas murales de Paluzie, de ellos dos de Europa y uno de España; una máquina de coser sistema Singer para la Escuela de Niñas; una máquina de escribir sistema New Century para la enseñanza de mecanografía; métodos de solfeo por Eslava y Arangures; etcétera". Exercicio de mecanografía en 1903-1904 Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIÓN Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). ÓÓleo de Fernando Blanco de Lema.
NOS_21581
Unha maré de persoas respondeu á convocatoria de SOS Sanidade Pública contra os recortes sanitarios e contra a precarización. Feixoo, deslocado a Madrid para participar na manifestación de PP, Ciudadanos e Vox contra o Goberno de Pedro Sánchez, foi o gran protagonista das consignas que se berraron en Compostela.
Milleiros de persoas ateigaron a praza da Quintana, en Compostela, onde recalou a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública contra os recortes da Xunta de Galiza en materia de sanidade, contra a precarización á que se ven sometidas as profesionais e contra a privatización do servizo. A marcha partía pasadas as 12 horas da Alameda de Compostela tras a faixa que rezaba "Sanidade Pública en Perigo". As consignas máis coreadas tiveron o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, como protagonista. Ademais das alusións ao seu desprazamento a Madrid, onde participa da manifestación da ultradereita española contra o Goberno de Pedro Sánchez –"Feixoo, menos Madrid, escóitanos aquí" ou "E co lío que hai aquí, Feixoo está en Madrid–, escoitouse "Feixoo atende, a sanidade non se vende". Tamén houbo espazo para as reivindicacións do sector das ambulancias. En declaracións aos medios, Manuel Martín, portavoz da plataforma, que nunha recente entrevista con Sermos Galiza advertía de que o dereito á sanidade na Galiza está condicionado polos recortes do Goberno de Feixoo, denunciou que "toda a cidadanía e traballadoras e traballadores sanitarios están en rebelión porque é inadmisíbel que un bo sistema sexa desmantelado polo afán de Feixoo de dar unha oportunidade ás multinacionais privadas que están a desembarcar na Galiza". Isabel Risco: "As grandes multinacionais sanitarias viron na Galiza unha oportunidade de negocio e contan coa colaboración dese gran comercial que é Alberto Núñez Feixoo" Na Quintana foi a actriz Isabel Risco quen se encargou de recibir ás miles de persoas que conseguiron acceder á praza, "a Organización Mundial da Saúde e as revistas máis prestixiosas recoñecían que este era un dos mellores sistemas sanitarios do mundo e agora está a ser derrubado aos poucos para deixar espazo ao sector privado", sinalaba Risco, "co obxectivo de deixar espazo ao sector privado". "As grandes multinacionais sanitarias viron na Galiza unha oportunidade de negocio e contan coa colaboración dese gran comercial que é Alberto Núñez Feixoo", denunciaba a actriz, que concluía salientando que a loita é "o camiño" e "a solución". O portavoz de SOS Sanidade Pública puxo o foco na escaseza de traballadoras e traballadores da saúde e na súa distribución desigual e chamou a tomar medidas a respecto dos custos crecentes da atención sanitaria, que levan á exclusión. Esta situación, denunciou, "deixa en situación de desatención as persoas máis vulnerábeis, como as estranxeiras en situación administrativa regular e irregular, as persoas maiores de 65 anos, as mulleres embarazadas, as menores e as que precisan atención urxente". Manuel Martín reivindica "a cobertura universal dun sistema público, gratuíto, de calidade e accesíbel a todas as persoas" Martín reivindicou "a cobertura universal dun sistema público, gratuíto, de calidade e accesíbel a todas as persoas". Citou tamén os conflitos laborais que se viven no sector das ambulancias, nas urxencias e nos PAC e chamou a recuperar "os profesionais que están fóra do sistema sanitario galego". Nesta liña, o portavoz da plataforma expuxo que un dos capítulos máis "deteriorados" nos últimos anos é o de "persoal", ante a masificación e ante os contratos que duran "días, semanas e mesmo horas" no Sergas. Isto, dixo, levou a que "por vez primeira todos os colectivos da sanidade estean mobilizados". Após denunciar as condicións laborais de que traballan en precario na sanidade pública, reclamou un servizo de Atención Primaria en pé de igualdade coa sanidade especializada, tempos de consulta suficientes para garantir a calidade da atención á poboación enferma, abrir unha mesa de diálogo entre administracións, responsábeis políticos e sindicais e a negociación directa coa xente dos PAC e dos responsábeis dos servizos das urxencias". Martín finalizou a súa intervención berrando contra a privatización do sistema sanitario e reivindicando un plan para mellorar a atención primaria e hospitalaria e a fin dos "recortes do PP". Coa manifestación deste domingo, a plataforma SOS Sanidade Pública denunciou que coa escusa da crise, o Goberno de Feixoo recortou desde 2009 "un 20% o gasto sanitario, suprimiu máis de mil prazas de persoal e 500 camas hospitalarias". O resultado dos tesoirazos: a "ocultación das listas de agarda", a masificación na Atención Primaria, con máis de 60 pacientes por médico ao día, o deterioramento dos PAC, o colapso das urxencias e a dimisión dos xefes de Servizo de Vigo. E Feixoo, en Madrid Máis de vinte colectivos e plataformas participaron da mobilización, na que tamén toman parte os líderes dos principais partidos da oposición: Luís Villares (En Marea); Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG), que criticaron o presidente da Xunta por acudir a Madrid en lugar de atender as demandas do pobo galego. Villares afirmaba, "mentres Feixoo pasea nunha marcha convocada por falanxistas en Madrid, unha maré humana maniféstase en defensa da sanidade pública, mellores servizos, mellor atención, non máis recortes, recursos suficientes en atención primaria e en hospitais e contra o recorte na sanidade". Gonzalo Caballero, pola súa parte, insistía en que "o presidente da Xunta debería estar gobernando Galiza en vez de poñerse a disposición de Casado e o seu pacto coa ultradereita". Ana Pontón, que pediu a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, subliñou que "Feixoo ten moi claro onde quería estar hoxe, en Madrid, con ese trifachito do PP, Ciudadanos e Vox, abrazando un discurso de extrema dereita, en contra dos intereses de Galiza" e da "idea rancia e carca do Estado español que comparte coa ultradereita". [A imaxe da portada é de @outes]
NOS_25649
Unha empresa altamente cualificada con experiencia nos ámbitos da carpintaría, deseño gráfico e artístico, ebanistaría e rotulación.
C omo se pode compatibilizar o traballo manual, o gusto por cada peza, o agarimo e a dedicación do labor artesanal coas necesidades económicas e loxísticas das empresas do noso tempo? É posíbel personalizar produtos de ebanistaría mantendo baixo control os custos e o tempo de execución?. Preténdese aí propor as liñas para reorientar a política industrial. A importancia deste tema ben merecería unha andaina de discusións a fondo, pois temos necesidade dunha estratexia industrial acertada. A resposta CNC Allariz. CNC Allariz é unha empresa especializada en responder ás demandas de clientes profesionais e particulares nas áreas de ebanistaría e servizo de corte de materiais a medida, cun amplo abano de posibilidades tanto para quen queira deseñar ou adquirir unha peza única como para quen teña como misión crear formas innovadoras no deseño de interiores de locais de negocios ou dotar os seus produtos dun toque artesanal que marque a diferenza. O persoal de CNC Allariz está altamente cualificado e ten experiencia nos ámbitos da carpintaría, deseño gráfico e artístico, ebanistaría e rotulación. Poden encargarse de darlle a forma final a esa peza ou proxecto que soñas para a túa casa ou local comercial ou crear para ti, desde cero, unha experiencia única e irrepetíbel. Ou todo o contrario, facer diso que parecería que só puidese ser individual algo facilmente reproducíbel. Como é posíbel? CNC responde ás siglas de Control Numérico por Computadora. Esta tecnoloxía combina unha maquinaria moi precisa cun sistema de dirección por ordenador, un software especializado que lle permite ao persoal técnico tanto o labor de deseño de cada peza como o método de realización do corte sobre o material. O sistema baséase no control dos movementos da ferramenta mediante a súa relación co eixo de coordenadas. Desta maneira conséguese un corte moi preciso (até 1 mm) en moi pouco tempo. A versatilidade desta tecnoloxía, tanto nos materiais susceptíbeis de ser traballados como en relación ás pezas que se poden confeccionar con ela, amplía dun modo exponencial as posibilidades de combinar a personalización cunha xestión sustentábel dos custos. Aplicacións CNC Allariz ofrece servizos de deseño e corte en madeira e produtos derivados (taboleiros de aglomerado, MDF, contrachapado etc.) e tamén en derivados do plástico. O persoal da empresa pode asesorar que material é o máis axeitado segundo o proxecto e o orzamento que se precise. As aplicacións desta tecnoloxía son múltiples. Sobre todo para necesidades de cortes especiais (curvos, orgánicos, ornamentais, tallado, baixorrelevo, baleirado…). Pódense deseñar móbeis a medida con formas imposíbeis para a moblaría industrial; facer letras ou debuxos, esculturas en 3D etc. Mostra de que o único límite para CNC Allariz é a imaxinación é o seu proxecto ASMR, altofalante ecolóxico. Mediante un deseño innovador e moi eficiente en madeira, este altofalante "natural" —xa que non necesita conectarse a nada para funcionar— amplifica o volume dos teléfonos móbiles. Práctico, sustentábel e fermoso. Outra das aplicacións nas que é punteira CNC Allariz é a clonación de pezas. Utilizando un escáner 3D, o persoal técnico da empresa pode replicar calquera peza. Esta é unha necesidade cada vez máis demandada en procesos de reconstrución e rehabilitación de materiais, desde un retablo a un secreter; as súas posibilidades son infinitas e permiten darlle unha nova vida a moitos obxectos ou conseguir que pezas de arte deterioradas polo paso do tempo volvan brillar como antano. A guitarra 'Maruxa Xacobeo' Un dos proxectos máis senlleiros e espectaculares de CNC Allariz é o de Sabrafén, marca comercial do prestixioso luthier Carlos Pérez Sabrafén, dedicado á fabricación de guitarras artesás desde hai décadas. Da colaboración entre CNC Allariz e Sabrafén xurdiu o proxecto 'Maruxa Xacobeo'. A fabricación dun instrumento musical, caso dunha guitarra, require dun complexo esforzo para encaixar, como nun mecano, todas as pezas que cómpren para que cumpra a súa función sen perder un ápice de beleza e deseño. Este é o caso das guitarras de Sabrafén, que engaiolan artistas internacionais pola calidade do seu deseño e das súas magníficas prestacións musicais. A guitarra 'Maruxa Xacobeo' é unha peza que non vai pasar desapercibida, tanto entre os afeccionados á música e aos seus instrumentos como entre o público xeral. O seu deseño está inspirado na vieira, un dos grandes símbolos da cultura galega, emblema do Camiño a Compostela desde a Idade Media. Na fabricación desta guitarra empregáronse principalmente madeiras autóctonas, entre elas o castiñeiro e o freixo. Estética e acustica A escolla das madeiras, minuciosamente decidida por Sabrafén, responde á necesidade de equilibrar a estética do instrumento coa particular acústica, sobre todo no timbre, que engade cada tipo de especie arbórea. A utilización da tecnoloxía de control numérico na fabricación das guitarras explica moi graficamente as súas vantaxes: aforra traballo mecánico, acurta prazos de execución e consegue, dun modo máis preciso, obter as pequenas pezas que se necesitan para armar un instrumento desa envergadura e con ese grao de complexidade.
NOS_49655
O persoal docente substituto concentrouse ás portas dos edificios administrativos da Xunta en Compostela para reclamaren o restabelecemento do contrato de verán ao que tiñan dereito após traballaren máis de cinco meses e medio
Profesorado substituto convocado pola CIG-Ensino concentrouse unha cuarta máis diante da Consellaría de Educación en Compostela para esixir o restablecemento do contrato de verán ao que tiñan dereito @s docentes que traballaren máis de 5 meses e medio. A central esixe ao departamento que dirixe Jesús Vázquez que rectifique e deixe sen efecto esta decisión que afecta o persoal docente que desenvolve a súa labor en condicións máis precarias. CIG-Ensino denuncia que Educación adoptou esta nova medida de recorte de xeito unilateral, e advirte de que continuará coas mobilizacións se non repón un dereito conquerido en 2006, após "importantes mobilizacións". Durante a concentración, o secretario nacional da federación de Ensino no sindicato nacionalista, Anxo Louzao, lembrou que esta decisión afecta "ao profesorado que traballa máis en precario, que ten que estar continuamente á disposición da Administración, ao que se chaman dun día para outro e ten que incorporarse en calquera centro do país con contratos dun día, unha semana ou dun mes". En concreto, a medida afecta a ao redor de 1.000 profesor@s, mais trátase dun colectivo "en aumento" xa que cada vez son máis @s interin@s que fan substitucións. "Esta consellaría é unha fábrica de parados e paradas, rematará o mandato con máis de 3.000 prazas suprimidas", queixouse Louzao, quen recordou de paso os concertos educativos "innecesarios" que se manteñen con centros de ensino "que mesmo segregan o alumnado por razóns de xénero".
NOS_20912
O PSdeG insta ao presidente galego a non introducir máis "elementos de tensión" ao desconfinamento cunha cita electoral que supoña unha "maior mobilización e un aumento dos niveis de contactos".
"Rectifique", pediu o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ante o empeño do mandatario galego por colocar as urnas no mes de xullo. "Non hai ningún informe científico nin médico que poida dicir que no mes de xullo haxa mellores garantías" para votar que, "por exemplo, na primeira quincena de setembro", aseverou Caballero esta sexta feira, 15 de maio, en rolda de prensa telemática. O líder do PSdeG acusou ademais Núñez Feixoo de estar "fechado en si mesmo" e de "illarse en San Caetano" da "preocupación das galegas e galegos". A pandemia ten unha evolución "altamente incerta", resaltou Caballero, polo que considerou "difícil poder facer previsións" sobre un calendario de comicios, xa que "non se pode descartar que exista un rebrote". A este respecto, sinalou que os informes nos que se basea Feixoo para decantarse por xullo para votar non contan cunha "evidencia suficiente", motivo polo que considerou que detrás dos argumentos do presidente da Xunta hai "unha decisión política" e a vontade de que o lehendakari vasco Iñigo Urkullu marque a "axenda", xa que tamén está a pular para que Euskadi vote en xullo. Gonzalo Caballero quixo lembrar que a postura que o partido Socialista sostivo no pasado mes de marzo foi a de suspender as eleccións galegas programadas para o 5 de abril, esgotar a presente lexislatura se for necesario, e convocar comicios para setembro. Ante un momento de "incertidume", en que se "descoñece como vai ser o proceso de desconfinamento", Caballero requiriu a Feixoo que se centre na transición á "nova normalidade" e que faga fronte á crise sanitaria, económica e social.Seguindo esa liña, instou ao presidente galego a non introducir máis "elementos de tensión" ao desconfinamento cunha cita electoral que supoña unha "maior mobilización e un aumento dos niveis de contactos". "Non é apropiado mesturar a axenda electoral coas fases", dixo Caballero.
NOS_10189
A localidade galega será sede dun campionato que en anos anteriores acolleron cidades como Londres, Budapest, Pequín ou Chicago.
A Xunta Executiva do Mundo de Tríatlon aprobou a adxudicación das da edición de 2023 do Campionato Mundial dese deporte á cidade de Pontevedra, onde se coroarán os campións e campioas do planeta nas categorías Elite, Sub-23 e Paratríatlon, así como para a distancia estándar de grupos de idade, a Súper Sprint e Aquabike. Deste modo, a xoia da coroa do calendario anual no tríatlon internacional chega a Galiza despois de ter lugar en anos anteriores en localidades como Londres, Budapest, Pequín, Auckland, Chicago, Gold Coast, Lausana e Edmonton. "Estamos encantados de que Pontevedra, que demostrou ser un anfitrión fantástico de múltiples deportes no calendario mundial de tríatlon, agora reciba ás mellores triatletas do mundo para as finais do campionato en 2023", dixo a presidenta do Mundo de tríatlon e membro do Comité Olímpico Internacional (COI), Marisol Casado. Pola súa banda, José Higaldo, presidente da Federación estatal deste deporte, destacou que a organización da gran Final das Series Mundiais supón para Pontevedra "completar un ciclo, porque é a única competición que lle quedaba por acoller". "Sempre apoiou os maiores proxectos de carreiras internacionais, como o Campionato de Europa en 2011, o Europeo de dúatlon en 2014, o Mundial multideporte en 2019 e, agora, a Gran Final no 2023", lembrou. Precisamente da proba de 2019 saíu campión Javier Gómez Noya, o mellor tratleta galego de todos os tempos, quen considera que o feito de que en 2023 a Cidade do Lérez sexa de novo sede dun gran torneo é "unha alegría absoluta, pois Pontevedra é garantía de éxito, de saber facer as cousas. Estou convencido de que tanto as deportistas como as cidadás van acoller esta noticia coa máxima ilusión", apuntou un Gómez Noya, que fixo memoria recordando que correu "case todas as Finais Mundiais de tríatlon nalgunhas das cidades máis incríbeis do mundo, pero as palabras non poden describir o emocionado que estou por que unha pequena localidade como Pontevedra, a miña cidade natal, estea agora entre as mellores para acoller eventos de tríatlon". Lores: "É o broche de ouro" Na mesma liña se expresou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen se mostrou "entusiasmado" cunha nova que pon en valor "o compromiso da cidade co tríatlon e os seus eventos". "Para nós supón completar un ciclo, porque é a única competición que nos quedaba por organizar, así que é como pór un broche de ouro, por iso queremos que sexa un evento memorábel, pensado como unha gran cita e para a felicidade e satisfacción das e dos atletas, así como de toda a gran familia do tríatlon", asegurou. Miguel Anxo Fernández Lores concluíu a súa análise destacando o legado de Javier Gómez Noya -"entre nós, como parte da gran familia que formamos Pontevedra e o tríatlon Internacional, temos Javier Gómez Noya, un dos nosos cidadáns ilustres e unha persoa que representa os valores centrais do Olimpismo: a excelencia, a amizade e o respecto, que tamén identifican á perfección as apostas de Pontevedra e a Federación Española de Tríatlon na organización de grandes eventos deportivos- e a súa aposta porque Pontevedra siga "levando no sangue o deporte e a vitalidade, vibrando con cada carreira, con cada corazón en marcha para competir con alegría". Actividades Paralelas Esta clase de campionatos de clase mundial sempre se caracterizan por acoller unha serie de actividades paralelas ao seu arredor, e o Mundial de Tríatlon de 2023 non vai ser unha excepción. Así, os e as participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man o "sector marisqueiro e pesqueiro" das Rías Baixas, os atractivos naturais da Galiza cunha visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas ou a rica historia da contorna no Centro de Interpretación dos Petroglifos de Pontecaldelas e Campolameiro. Ademais, desde a organización salientan que a proba contará cun Plan de Seguridade e de Servizos Médicos que mobilizará máis de 200 efectivos entre Policía, Garda Civil, Protección Civil, Cruz Vermella e voluntarias.
NOS_20331
Ignacio Ramonet (Redondela, 1943) vén de visitar Galiza para pronunciar unha conferencia na Coruña e para participar nunha homenaxe ao xornalista e escritor Ramón Chao en Vilalba. Director de Le Monde Diplomatique en español e teórico do altermundismo, o experto en xeopolítica reflexiona nesta conversa sobre a actualidade política en Europa, a crise da socialdemocracia e o "imperio da vixilancia". Publicamos un extracto da entrevista recollida no Sermos Galiza 248.
Como ves a situación política europea, co auxe dos partidos de extrema dereita e a aparición de novas formacións alternativas? O primeiro fenómeno dominante é a suba da extrema dereita, que está a ocorrer no norte de Europa. Unha extrema dereita que era inexistente hai un par de décadas e que agora está presente en moitos países. En Francia vímolo recentemente; en Austria estivo a piques de gañar a presidencia; nos Países Baixos medrou considerabelmente e nos nórdicos goberna directa ou indirectamente, porque o seu grupo é bisagra e permite que se aprobe ou non unha determinada lei. Este auxe é consecuencia das políticas neoliberais, que crearon toda unha franxa da poboación marxinada, é dicir, os perdedores da globalización. Vázquez Montalbán dicía: "Na globalización hai globalizadores e globalizados". Os globalizados son as vítimas e empezan a formular problemas, xa teñen un efecto de masa. E como protestan? Non contra a globalización, que é un fenómeno abstracto, senón contra unha das súas aparencias, que é a presenza das persoas estranxeiras. Isto é o que levou ao poder a Trump, un individuo totalmente imprevisíbel. A xenofobia xorde fronte á globalización e ao poder financeiro. A crise da socialdemocracia parece unha serie por capítulos. Os partidos socialistas non responderon adecuadamente, e por iso están a desaparecer: en Italia, Francia, España... Non teñen teoría do momento: ou son demasiado liberais ou demasiado arcaicos. As primarias son un elemento que permite elixir pero que xera unhas tensións internas que producen fracturas. Ninguén pode imaxinar que Susana Díaz vaia colaborar con Sánchez, que se vai atopar á fronte dun partido moi reducido. De feito, hai membros do PSOE histórico que están pensando en crear novas organizacións. E isto vémolo en Francia, onde o ex primeiro ministro francés, Valls, foise con Macron. Asistimos a unha crise da política, a xente non confía nos políticos. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 248, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_20795
O paro rexistrado no país aumentou en máis de 24.000 no último ano e en 2.115 persoas no mes de Nadal, onde o número de traballadores en ERTE incrementouse en máis dun 25%.
O ano da pandemia levou por diante máis de 18.000 empregos en Galicia e deixou 24.000 persoas máis inscritas nas oficinas de emprego. Nin a campaña de Nadal puido co impacto da COVID e as restricións derivadas. Nin tan sequera se reduciuu o número de traballadores incluídos en ERTE, que volveu aumentar en decembro malia a chegada das festas e o incremento de actividade económica. O paro rexistrado en Galicia aumentou en 2.115 persoas en decembro e en máis de 24.000 no último ano, un 14,7%Os datos difundidos este mércores polos ministerios de Traballo e Seguridade Social son claros. O parou rexistrado aumentou en 2.115 persoas no mes de decembro con respecto a novembro, quedando a cifra total de persoas paradas en 189.587. Son 24.279 máis que hai un ano, o que supón un aumento do 14,7%. Galicia destruíu máis de 18.000 empregos en 2020 e supera por pouco o millón de afiliados á Seguridade SocialNon son mellores os datos de afiliacións á Seguridade Social, que caeron en 7.723 en decembro en Galicia, que supera por pouco o millón de cotizantes (1.002.161). Destruíronse case 8.000 empregos no mes de Nadal e 18.098 no último ano, no ano da pandemia. O número medio de afiliacións á Seguridade Social diminuíu con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. Ourense é a provincia que presenta a maior caída nas afiliacións (-2,33%), con 2.405 menos, seguida da Coruña (-2,01%), Lugo (-1,74%) e, por último, Pontevedra (-1,33%).O paro rexistrado, ao contrario que noutras ocasións, sobe de maneira semellante en todos os sectores e só baixa en 656 persoas no colectivo sen emprego anterior, mocidade que se incorpora a algunha campaña de Nadal. No entanto, nin as festas salvaron o emprego. Neste mes de Nadal asináronse 20.000 contratos menos que no decembro de 2019Unha boa proba da redución de actividade económica está no descenso no número de contratos. No pasado mes de decembro asináronse en Galicia 57.472 contratos, case 4.000 menos que en novembro e uns 20.000 menos que no mesmo mes de Nadal do ano pasado. O 91% destas contratacións, ademais, foi temporal. O incremento das persoas en ERTE provocado en novembro polas novas restricións mantense en decembro, cun total de 33.772 traballadoresOs efectos da pandemia impactan no mercado laboral, cunhas cifras que este mércores incluíron outro dato clave: o número de traballadores en ERTE, incluídos nestes expedientes asociados ás consecuencias da COVID e das súas restricións, especialmente na hostalería. Malia o descenso constante que desde o mes de maio se produciu no número de persoas incluídas en ERTE en Galicia, o incremento provocado en novembro polas novas restricións mantense en decembro, cun total de 33.772 persoas acollidas a estes expedientes de regulación temporal de emprego.Son case 7.000 persoas máis respecto ao mes de novembro incluídas en ERTE en decembro, afectado polo aumento de casos e de incidencia do coronavirus e polas medidas restritivas aplicadas en numerosos concellos, especialmente no sector hostaleiro. Supón un aumento de máis do 25% no número de traballadores acollidos a esta figura dos ERTE, pendente de renovar agora polo Goberno central á vista dunha evolución da pandemia nada positiva e cos efectos dos encontros de Nadal aínda por avaliar. En total, en Galicia son case 34.000 traballadores e traballadoras en ERTE que nas estatísticas laborais manteñen a súa cualificación como ocupadas, á espera de volver á a actividade, aínda que cunhas perspectivas laborais máis que incertas pola evolución da pandemia.
PRAZA_13058
A recomendación dos 10.000 ten que servir para abordarmos unha reforma que responda á nosa realidade, e que de non facerse pode conducirnos ao colapso demográfico, económico e social da nosa terra. A Xunta de Galicia ten que encabezar esta reforma. Establecendo un planeamento dos sectores estratéxicos que non deberan someterse a criterios localistas, ventaxistas nin electorais. Planos estratéxicos que saian da Xunta tamén para controlar o crecemento demográfico e os fluxos migratorios. Vertebrados nas comunicacións e transporte, pero tamén no planeamento económico e de servizos.
A UE ven de recomendar que os Concellos teñan un mínimo de 10.000 habitantes. Non coñezo de onde sae esa cifra, os estudios que ten detrás nin a eficacia desa medida, aínda que se supón que o obxectivo máximo da recomendación é asegurar a solvencia das administracións locais e dos servizos que prestan. Sería un grave erro aplicar en Galicia, ou en calquera outro territorio esa conclusión dun xeito apriorístico Pois ben, supoñendo que existe unha análise previa racional e medianamente científica que conclúa nesa máxica cifra sería un grave erro aplicar en Galicia, ou en calquera outro territorio esa conclusión dun xeito apriorístico. O seu sería aplicarmos esa análise fundamentada na nosa realidade urbanística e humana e sacarmos unha conclusión real que igual nada ten que ver con esa cifra máxica, nin sequera cunha cifra concreta de poboación, como tampouco tería sentido poñer límites máximos ou mínimos á extensión das cidades. Dispersión, envellecemento demográfico, abandono do interior cara á costa e do rural cara á cidade son outros problemas aparte da prestación dos servizos básicos que non se resolven tampouco cunha cifra máxica sexa cal sexa. A recomendación dos 10.000 ten que servir para abordarmos unha reforma que responda á nosa realidade, e que de non facerse pode conducirnos ao colapso demográfico, económico e social da nosa terra Así e todo, a recomendación dos 10.000 ten que servir para abordarmos unha reforma que responda á nosa realidade, e que de non facerse pode conducirnos ao colapso demográfico, económico e social da nosa terra. A Xunta de Galicia ten que encabezar esta reforma. Estaturariamente ten atribuídas competencias respecto ao territorio e debera, ademáis de asumir o liderado da reforma, ser o primeiro actor na mesma. Establecendo un planeamento dos sectores estratéxicos que non deberan someterse a criterios localistas, ventaxistas nin electorais. Planos estratéxicos que saian da Xunta tamén para controlar o crecemento demográfico e os fluxos migratorios. Vertebrados nas comunicacións e transporte, pero tamén no planeamento económico e de servizos. Aeroportos, portos marítimos, portos secos, comunicacións, transporte... E tantas outras competencias supramunicipais teñen que plantexarse cun criteiro racional. Non pode ser que non teñamos un aeroporto internacional e perdamos combinacións aéreas por criterios localistas. Ou que mesmo, en hora punta, alguén puidese chegar desde o centro da Coruña ao aeroporto da Lavacolla en tren antes que ao de Alvedro en coche, por exemplo. Un chanzo abaixo aparecería a verdadeira reforma do territorio tutelada pola Xunta nos seus plans estratéxicos. Os servizos que prestan os concellos e Deputacións unha vez finiquitadas estas, terían que agruparse en mancomunidades de xestión. Así, poñeríamos en valor as áreas metropolitanas nas grandes urbes e o papel fundamental das comarcas aglutinando os servizos que por separado son inviables económicamente en cada concello. Os servizos que prestan os concellos e Deputacións unha vez finiquitadas estas, terían que agruparse en mancomunidades de xestión Todo isto sen esquecer que o último chanzo co que nos atopamos é a parroquia, unidade mínima na nosa realidade social. Os nosos átomos. A esencia das relacións humanas e da nosa memoria. O berce tamén da democracia participativa. Ningún estudio debería rachar estas relacións. Asi, analizadas as necesidades de abaixo a arriba, a redistribución e mancomunidade da xestión dos servizos que resolvan estas necesidades, e un planeamento integral dos mesmos evitando duplicidades, localismos. Asegurando a súa viabilidade, prevendo e evitando fluxos migratorios e facilitando o crecemento demográfico, teríamos as pautas da nova reordenación. Unha vez feito isto, xa queda para outros trazar novas divisións administrativas, e fundir concellos se for necesario e eliminar ou non a cantidade sobrante de cargos públicos para por en marcha a maquinaria. Dez mil non é a solución. Dez mil é a escusa.
NOS_16100
Unha obra que pon no centro o vigor dos obxectos non podía ter mellor acollida que a que lle dá Apiario.
A editorial sempre coida cada un dos seus libros que compón de maneira diferenciada, pero é na colección "Pan de Abella" destinada á publicación de plaquettes onde levedan as pezas máis artesás. Agosto é desde a súa manufactura, na que se inclúe o deseño de Mauro Trastoy, unha pequena alfaia. Agosto | Míriam Ferradáns | Apiario, 2019 | 12 euros A relación entre os obxectos e os suxeitos pasa pola transferencia. Acontece xa desde a cita de Christian Bobin, autor co que Míriam Ferradáns conecta a través do ton confesional e da importancia que os dous lles conceden ás cousas pequenas, neste caso aos tulipáns, como guías de experiencia. A evocación inconsciente que acenden os obxectos prende sempre nas marxes. Son as cores violentas dos tulipáns as que furgan na dor anestesiada de branco. Mais pronto vai avanzando en círculos concéntricos, a medida que as flores se aproximan á putrefacción, para sacar á luz a cerna: a morte. Precisamente estas ilacións e as súas traxectorias requiren o fraseo da prosa, mesmo ás veces a forma da sentenza. Tamén precisan o diálogo e o espazo, tratado cunha dimensión teatral, onde se materializa a presenza das cousas e as correspondencias co eu lírico ou, en ocasións, con outras persoas que unicamente se nomean a través dos pronomes persoais. Só os obxectos existen nos seus nomes, aínda que xurdan do erro como acontece cos tulipáns confundidos con turbantes, e como tales existencias poden ser axentes: "Os tulipáns obsérvanme, seguen os meus pasos". Os contrastes semánticos callan tamén no recurso estilístico da antítese. Os pares dicotómicos vida e morte, beleza e fealdade, branco e vermello, forza e delicadeza, auga e terra ou grande e pequeno articulan a maior parte dos textos mentres acompañan á protagonista no seu percorrido desde a vulnerabilidade negada á asunción de verdades, que só poden vestirse de fermosura: "Quero atopar a beleza". Son moitas as semellanzas co anterior poemario, Nomes de fume, entre elas a reflexión sobre a perda ou a tensión entre transcendencia e rutina. Pero algunhas das diferenzas, como a depuración lingüística e o fortalecemento das imaxes, consolidan a voz de Míriam Ferradáns dentro da lírica actual. Este Agosto, desconcertante desde todos os puntos de vista da estética, tamén se vale dos opostos para comparecer ante nós: fráxil e intenso, breve e complexo, duro e curador.
NOS_13365
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reunirase esta sexta feira, 30 de abril, coa ministra de Economía, Nadia Calviño, para expor a candidatura do Executivo galego aos fondos Next Generation sen que previamente se detallasen na Cámara galega. A crise industrial, Ence ou a situación de Ferrolterra tamén estarán sobre a mesa.
A candidatura da Xunta da Galiza para optar a fondos europeos de recuperación Next Generation (que contén 354 proxectos dos cales 247 son públicos e 107 de empresas) será tema central na reunión que este 30 de abril manteñen en Madrid o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, e a vicepresidenta económica do Goberno español, Nadia Calviño. Esta candidatura, afirmou esta quinta feira, 29 de abril, o presidente ao remate da reunión semanal do Consello da Xunta, "encaixa" co espírito dos fondos europeos e o plan de recuperación do Goberno de España. Así, Feixoo viaxa a Madrid para despachar sobre os proxectos públicos e privados, sen que estes últimos fosen postos en coñecemento do Parlamento galego e os grupos políticos. Se ben os partidos recibiron unha listaxe cos títulos dos proxectos públicos que optan a fondos, esta quinta feira seguían se ter a lista dos pertencentes a empresas e que a Xunta inclúe na súa candidatura. Non foron entregados na Cámara, dixeron, por "confidencialidade" empresarial. Precisamente, Feixoo foi preguntado polos medios sobre como se vai manter a confidencialidade desas iniciativas empresariais se han de ser filtradas pola nova sociedade que esta semana se constituíu para a selección previa e impulso dos proxectos, e na que participan Abanca, Reganosa e Sogama, ademais da Xunta. O presidente esgrimiu que as empresas non terán que "destripar" o seu proxecto a esta sociedade, senón que iso o farán posteriormente ante a entidade bancaria que escollan se queren pedir financiamento. Porén, a dúbida paira sobre a liberdade de escolla de entidade financeira se previamente o proxecto pasa polo filtro dunha sociedade que ten Abanca como único banco integrante. Segundo informou o mandatario, a crise industrial na Galiza ou a continuidade de Ence en Pontevedra serán outras das cuestións que debaterá coa ministra Calviño. Nese sentido, Feixoo aproveitou para expor a necesidade dun "pacto de Estado" para salvar a comarca de Ferrol.
QUEPASA_78
Tras unha reunión cos responsables da escola infantil Os Pequerrechos, os proxenitores dos usuarios afectados afirman sentirse enganados.
Arredor de 40 familias usuarias da escola infantil Os Pequerrechos de Carballo terán que buscar un novo centro de cara ao próximo curso escolar 2019-2020 debido ao inminente peche desta gardería. Así, logo de recibir o pasado venres un correo electrónico no que se lles indicaba o peche das instalacións o próximo 9 de setembro, arredor dunha decena de pais e nais manifestáronse onte ante ás portas do centro. Trala concentración, mantiveron unha reunión cun dos responsables do centro, quen tampouco lles aportou, en principio, ningunha solución. "Non din máis ca que nos busquemos a vida", aclararon algunhas das nais ao sair do encontro, no que tampouco se lles deixou claro o tempo que a gardería deberá estar pechada para realizar as reformas que esixe a Xunta de Galicia. "No correo, a uns pais poñíanos que as obras serían no curso escolar 2019-2020, a outros que se realizaría durante un mes e, polo tanto, que sería temporal", indicou Elena Lorenzo, unha das nais afectadas. A solución podería chegar agora da man do centro As Estreliñas, que ante a demanda e urxencia da situación xa se plantexa hablitar unha aula para acoller os rapaces afectados, segundo indicaron as proxenitoras.
PRAZA_7079
Na Galiza a saúde mental é o parente pobre da sanidade, e a saúde mental dos máis novos, a máis abandoada. O documento técnico que os mellores expertos do Estado elaboraron, e no que as propias administracións autonómicas colaboraron, calan moitas "bocas grandes" do goberno do PP e dos seus voceiros e "mandados" de turno.
A Cátedra de Psiquiatría Infantil da Fundación Alicia Koplowitz – Universidade Complutense de Madrid, presentou este ano o primeiro Libro Branco da Psiquiatría do Neno e do Adolescente. Xustifícase este documento pola necesidade de coñecer a realidade da atención en saúde mental aos menores nos diferentes territorios do Estado español. O momento, por máis que serodio, é acaído por canto o Ministerio de Educación español ven de incluír no catálogo de especialidades médicas a Psiquiatría Infantil, unha demanda antiga e reiterada das asociacións de doentes e de profesionais sanitarios. Este traballo da Cátedra chega co aval dos seus autores, un comité constituído por profesionais de recoñecido e indubidábel coñecemento, traxectoria e prestixio de todo o Estado, e máis polos responsabeis de saúde mental das Comunidades Autónomas (CCAA). Tamén de Galiza. A metade de todos os trastornos mentais aparecen antes dos 14 anos, e o 70% antes dos 17 Algúns datos xerais deste texto, xa coñecidos, son de enorme interese, e moi significativos, para a definición das políticas sanitarias públicas: que a metade de todos os trastornos mentais aparecen antes dos 14 anos, e o 70% antes dos 17; que un 20% dos adolescentes menores de 18 anos teñen algunha alteración emocional ou de conducta, e 1 de cada 8 un trastorno mental; que hai unha inxente cantidade de nenos e adolecentes que, sen cumprir criterios de trastorno mental, son suxeitos de sufrimento; que das 800.000 persoas que se suicidan cada ano no mundo (máis nos países con ingresos medios-baixos), a idade media está entre os 15 e os 44 anos; que padecer un trastorno mental favorece ser vítima de violación dos dereitos humáns -tamén nos cativos-; e que a nivel mundial existen enormes diferencias nos recursos asistenciais dispoñibeis. Desta realidade epidemiolóxica non se zafa o noso vello país, atlántico e bretemoso, enorme e policromo, paciente e orgulloso, empobrecido e "austerizado", no que viven 380.000 nenos e rapaces menores de 18 anos, un 14% da nosa poboación -fronte ao 18% no total do Estado, uns 8.3 millóns, o que se explica polo noso envellecemento poboacional-. Até hai un ano, non se dispoñía da especialidade médica de Psiquiatría do Neno e do Adolescente Mais indo á análise da situación, o documento aborda aspectos preliminares que considera relevantes e clarificadores. Unha eiva que recolle é que, até hai un ano, non se dispoñía da especialidade médica de Psiquiatría do Neno e do Adolescente, sendo asumida esa función por psiquiatras e psicólogos clínicos xeralistas, que se formaban posteriormente como podían, acadando malia todo, nos últimos anos, unha moi alta cualificación e nivel técnico e científico. O Estado español era un dos cinco da Unión Europea que carecía desta formación e titulación, agora xa aprobada –aínda que non posta en marcha-. Lembra o texto que nos ocupa, que dende o ano 2005 existe unha directiva europea (2005/36/CE) que recoñece esa especialidade e as características técnicas da mesma, a efectos de homologación de titulacións. A seguir, detállanse as directivas e documentos que fundamentan e orientan as políticas asistenciais e sanitarias neste aspecto da saúde, e que deberían ser guía para as administracións competentes. O que non falta son propostas, recomendacións e soporte teórico cientificamente validado para deseñar as accións acaídas cara unha axeitada intervención sobre os parámetros de saúde mental dos nenos e dos adolescentes Así, a OMS ten presentado o Proxecto de Plan de Acción Integral sobre Saúde Mental 2013-2020, en colaboración cos estados membros da UE, con recomendacións sobre "servizos, políticas, leis, plans, estratexias e programas" a desenvolver en saúde mental e, adicionalmente, recomendacións sobre a atención a nenos e adolescentes. Pero é que no 2005 a Comisión Europea elaborou xa o Libro Verde Mellorar a saúde mental da poboación. Cara unha estratexia da Unión Europea en materia de saúde mental, con referencia á atención aos máis novos, e recomendacións e obxectivos moi concretos, implicando a coordenación de suxeitos diversos (nomeadamente escola e familia). Mais aínda, no Estado español, e dende diferentes ámbitos técnicos e profesionais, insistíuse reiteradamente no cumprimento das conclusións da Estratexia en Saúde Mental do Sistema Nacional de Saúde 2009-2013, referidas a estas etapas etarias (enfoques preventivos para grupos de risco, intervencións comunitarias fronte a conductas violentas, avaliación e prevención de condutas aditivas, protocolización dos trastornos mentais graves, coordenación entre os servizos sociais, educación e xustiza, facilitación da accesibilidade aos recursos públicos especializados, entre outras). Tamén se definiron obxectivos neste eido no Plan Estratéxico da Infancia e Adolescencia 2013-2016. Todo indica, xa que logo, que o que non falla son propostas, recomendacións e soporte teórico cientificamente validado para deseñar as accións acaídas cara unha axeitada intervención sobre os parámetros de saúde mental dos nenos e dos adolescentes. Tanto preventivos como curativos. Malia as orientacións e propostas da OMS, da UE e mesmo do Estado, a plasmación práctica destas directrices, competencia das CCAA -ao teren a sanidade transferida- é máis que pobre e miserenta en termos xerais, con excepcións singulares. Así, ao marxe de opinións e avaliacións "de parte", o certo é que a radiografía que o Libro Branco realiza, con datos obxectivos, aportados polas diferentes administracións autonómicas, son claros e incontestabeis. E o lugar no que queda Galiza, dentro deste páramo, leva á desolación e á indignación. Vexamos, que vai de números: Nove CCAA (53%) teñen plans específicos de saúde mental para nenos e adolescentes. Galiza non está entre elas Nove CCAA (53%) teñen plans específicos de saúde mental para nenos e adolescentes. Galiza non está entre elas. Tampouco hai un plan xeral, dende que o goberno de Núñez Feixóo paralizou o "Plan Estratéxico de Saúde Mental", posto en marcha durante o goberno bipartito do PSdG-BNG. A recomendación de incluír a atención nestes dispositivos até os 18 anos cúmprese en 11 CCAA (65%). Galiza non está entre elas (estando o límite nos 16 anos). Respecto a dispositivos básicos asistenciais, que o documento divide en "ambulatorios", "hospitais de día" e "hospitalización de curta estadía", dez comunidades autónomas posúen todos eles (59%). Novamente Galiza non está entre elas: non se dispón de ningún Hospital de Día. En todo caso, o fundamental é coñecer en qué medida os dispositivos existentes cubren a demanda e as necesidades asistenciais. Sigamos logo. Dispositivos ambulatorios. Centros de consulta externa para doentes non ingresados, que son os que soportan a maior cárrega asistencial. Galiza ocupa o noveno posto de entre 16 comunidades (o País Valenciano non aportou datos neste apartado), cunha ratio de 2.4 centros/100.000 hab (os datos son axustados polo total da poboación potencial), fronte a comunidades como Madrid (4.6), Euskadi (4.4) ou Illas Balears (3.7). Respecto da media do Estado (2.7) sitúase por debaixo. Cómpre dicir que os oito dispositivos na Galiza están nas cidades, polo que dada a nosa dispersión poboacional, evidénciase unha limitación na accesibilidade, de viviren nas vilas e aldeas do territorio. Hospitais de Día. Galiza non ten ningún centro destas características. Ningunha praza (0.0/100.000 hab), mentras que en Cataluña a ratio é de 31.5/100.00 hab, 19 en Andalucía e 15 na Comunidade de Madrid. Hospitalización Curta Estadía. Galiza ocupa o posto duodécimo, con sete camas, cunha ratio de 2.1/100.000 hab. As máis altas tenas Euskadi (5.9), Cataluña (4.4) e Castela-A Mancha (4.0). Respecto da media do Estado (2.5), a galega é inferior. Psicólogos clínicos. A Consellería de Sanidade dispón de 12 psicólogos clínicos infantís no sistema público de saúde. Unha ratio de 3.1/100.000 hab, ocupando o posto 15 das 17 CCAA. En Cataluña son uns 200 psicólogos, cunha ratio de 14.6, case cinco veces a galega. En Euskadi é de 8.5, e 7.7 en Navarra. Destacar que a media estatal é de 5.2 psicólogos/100.000 hab, polo que Galiza está un 40% por debaixo (sendo esta unha taxa moi baixa per se). Psiquiatras. Galiza ocupa o posto 14 das 17 CCAA, con 11 psiquiatras adicados á atención infanto-xuvenil. A ratio é de 2.9/100.000 hab, mentras que é de 9.3 en Euskadi (tres veces máis), 6.4 en Cataluña e 6.3 en Navarra. A media estatal está en 4.7/100.000 hab, polo que estamos tamén un 40% por debaixo da media! Na Galiza a saúde mental é o parente pobre da sanidade, e a saúde mental dos máis novos, a máis abandoada Para que seguir. Na Galiza a saúde mental é o parente pobre da sanidade, e a saúde mental dos máis novos, a máis abandoada. O documento técnico que os mellores expertos do Estado elaboraron, e no que as propias administracións autonómicas colaboraron, calan moitas "bocas grandes" do goberno do PP e dos seus voceiros e "mandados" de turno. O discurso que continuamente pregoan dende a Consellería de Sanidade, de que a saúde mental é unha prioridade sanitaria, queda desmontado cando os datos preséntanse sen maquillaxe e son avaliados por autoridades e expertos independentes. É pervertir a política democrática pasar da confrontación lexítima de ideas e proxectos, ao "todo vale", psicopatizando ca mentira e a impostura o debate ideolóxico e de modelos. Esa perversión devén conduta "democraticida" cando as decisións amparadas nas falsidades, agochan intereses ilexítimos dunha minoría a costa da exclusión de maiorías sociais, abocándoas a ser infraclase, e condeándoas ao sufrimento e privación. Porque cada decisión política, tamén en política sanitaria, ten efectos nas persoas. Curta vida política ao Presidente Núñez Feixóo e á Conselleira Rocío Mosquera!
NOS_20169
Calendario Laboral Galiza 2020: consulta os festivos galegos e as pontes neste novo ano
Consulta o calendario laboral da Galiza 2020: un total de 14 festivos a nivel de Estado e tres pontes ao longo deste novo ano. O calendario laboral da Galiza para o ano 2020 contará con 14 días festivos, entre os que se inclúen San Xosé, San Xoán e 25 de xullo. A eles hai que sumar o Xoves Santo, data escollida polo Goberno galego, que se suma aos oito festivos de designación estatal e os dous que establece cada concello. Tres pontes na Galiza para planificar con familia e amigos Así, os traballadores e traballadoras galegas gozarán de polo menos tres pontes neste ano 2020. Os días: 4 e 6 de xaneiro; 1, 2 e 3 de maio e 10, 11 e 12 de outubro. Xa nos podemos ir planificando para facer o noso labor de enxeñería particular que supón conciliar vacacións escolares e laborais. Festivos estatais 2020 na Galiza Os oito festivos que serán comúns para todo o Estado en 2020 son: 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), venres 10 de abril (Venres Santo), a sexta 1 de maio (Día Internacional do Traballo), o sábado 15 de agosto (Asunción da Virxe), a segunda 12 de outubro (Festa de España), a martes 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e a venres 25 de decembro (Natividade do Señor). En Semana Santa, a xoves 9 de abril será festivo en todas as comunidades autónomas, agás Catalunya e Valencia. Ao ser festivo común a todo o territorio estatal o Venres Santo (10 de abril), os traballadores e traballadoras da maior partedos territorios poderán gozar de catro días de descanso ou de tres no caso das zonas antes mencionadas. Pola súa banda, a xoves 19 de marzo (San Xosé) si será día festivo na Galiza, ademáis de en Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco. Así mesmo, o sábado 25 de xullo será festivo só na Galiza e País Vasco. Cómo cadrar o calendario laboral na Galiza? Cada vez que sae o calendario laboral estudámolo con atención tentando ver como cadrar esas vacacións e esas pontes que seguramente os nosos fillos e fillas gozarán, o calendario de festivos na Galiza para o 2020 queda así: 1 de xaneiro (mércores) Festivo estatal 6 de xaneiro (luns) Festivo estatal 19 de marzo (xoves) Día do Pai 9 de abril (Xoves Santo) Festivo estatal substituíbel 10 de abril (Venres Santo) Festivo estatal 1 de maio (venres) Día do traballo. Festivo estatal 24 de xuño (mércores) San Xoan. Festivo galego 25 de xullo (sábado) Día da Patria Galega. Festivo galego 15 de agosto (sábado) Asunción da Virxe. Festivo estatal 12 de outubro (luns) Festa de España. Festivo estatal 8 de decembro (martes) Día da Constitución. Festivo estatal 25 de decembro (venres) Nadal. Festivo estatal Que festivos 2020 corresponden a Galiza? Os festivos galegos 2020 para Galiza serán os seguintes: 19 de marzo, xoves 9 de abril, xoves Santo, non é festivo en todas as comunidades 24 de xuño, mércores, San Xoan 25 de xullo, sábado, Día da Patria Galega A maiores, cabe destacar que cada concello escolle os seus dous días locais.
PRAZA_18926
Non se pode facer máis con menos (e o que dixo o contrario está no cárcere). Ca que está caendo da Pandemia, sumada aos recortes efectuados polo PP nos últimos 12 anos, fai que os orzamentos que se necesitan para unha atención sanitaria de calidade non se poda realizar.
Non se pode facer máis con menos (e o que dixo o contrario está no cárcere). Ca que está caendo da Pandemia, sumada aos recortes efectuados polo PP nos últimos 12 anos, fai que os orzamentos que se necesitan para unha atención sanitaria de calidade non se poda realizar.No ano 2022 a realidade económica para a Sanidade Pública na Galiza, será máis do mesmo: menos orzamento que no 2021 (si contamos o IPC) e 72 millóns menos que no ano 2009, cando Feijoo chega o goberno da Xunta. Si a disculpa para non poñer os reforzos que se precisan en sanidade, é a "falta de Médicxs" é unha falacia (ver o meu artigo dedicado a ese tema publicado en Nós). No MIR anual, preséntanse 13.000 licenciadxs e convocan 6.500 prazas. Médicxs hai e moi bxs: quedan 6.500 todolos anos sin praza; o que non hai é a vontade política necesaria, e a inversión correspondente, para darlles traballo na Sanidade Púbica e optan por marcharse a servizos sanitarios que prestixen a profesión de Médicx e lles de estabilidade e un salario digno, algo que na Galiza é imposible como se demostra que non teñen profesionais para suplir xs que se ausentan dos consultorios.As últimas "ocurrencias" do SERGAS, pasan por recuperar xs Médicxs xubiladxs, por inventar unha nova categoría profesional onde o/a Médicx traballa en AP e a maiores fara Gardas, suprimir dun plumazo a actividade de determinados cupos Médicxs e incluso servizos, sexan de PAC ou cupos de Centros de Saúde, bloquear axendas de Médicxs, aumentar a Burrocracia inútil para realizar informes e certificados que non valen para nada, e a última (ata que veña a seguinte ocurrencia) é de que como xs Médicxs de AP "non están saturadxs" fagan tamén agora de RASTREXADORXS, co cál as consultas, convírtense nun maratón de cousas prescindibles e deixar de atender o que verdadéiramente é importante como a clínica do día a día.Vemos que a capacidade de reacción da administración é moi escasa e sempre en contra de todxs (só co apoio do grupo do PP) e dende logo, non vai na dirección axeitada de levar a cabo as conclusións do Consello Técnico de AP, nas súas 15 Comisións Técnicas, creadas para facer un Novo Modelo de AP na Galiza. Teñen as conclusións dende novembro do 2020 e no caixón siguen.O de pechar os 14 servizos en Vigo e no Baixo Miño, dende logo é unha REPRESALIA pola enorme mobilización realizada en A Garda, acto que se corresponde co malestar da xente, que xa non se cre as mentiras de Feijoo e está saíndo as rúas en moitas localidades de Galiza (chuvia fina que culminou, pero non terminou, ca masiva manifestación de Compostela).A idea xeral das mobilizacións, é dicirlle a Feijoo que: ou dedica máis orzamento ó Sistema Sanitario Púbico, ou as secuelas que déixe esta falta de atención de calidade, serán únicamente responsabilidade súa.O que está sucedendo, é unha pena, pero ésta é a realidade...e cada día que pasa irá a peor!
QUEPASA_1045
No programa deste ano participarán preto de 512 alumnos de diversos colexios e institutos dos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía, Laxe e Carnota.
A Escola de Vela Cataventos presentou este martes a décimoquinta edición do programa "O Mar na Escola 2019, Xogando co Vento", un proxecto no que participarán este ano preto de 500 alumnos de diversos colexios e institutos da Costa da Morte. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño conta, ademais, coa colaboración da Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte. Unha iniciativa fermosísima, que leva o mar, a través do deporte da vela, ás escolas ademais en horario lectivo. Un xeito de saír das aulas e coñecer o seu contorno de primeira man. Á presentación, celebrada no Concello de Carnota, acudiron Manuela Gómez Marketing & Business Developer Manager Stolt Sea Farm; Emilio Ferro, Director Relacións Institucionais. Prodemar, Stolt Sea Farm; Roberto García, xefe do Servicio de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte ; José Marcote, Alcalde Concello Fisterra; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Gallega de Vela; Fan Puga, Técnico de Deportes Concello Camariñas; Carlos Pazos, Técnico de Deportes Concello Corcubión; Diego Castiñeira, Técnico de Deportes Concello Muxía; Manolo Calo, Técnico de Deportes Concello de Cee e Ramón Noceda Caamaño, Alcalde Concello Carnota.
PRAZA_19498
Feijóo obvia propostas da oposición en materia de igualdade e salienta os avances dos últimos anos, recoñecendo o papel do PSOE
"Teño curiosidade de ver como lle queda o lazo morado a Baltar no seu traxe de machista e macho da política". Así comezou este mércores o portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, as súas preguntas na Cámara autonómica ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha sesión centrada por todos os grupos en cuestións de igualdade co gallo do Día da Muller. "Todos e todas puidemos escoitar esas gravacións nas que [Baltar] ofrecía emprego a cambio de favores sexuais", dixera pouco antes a portavoz do BNG, Ana Pontón. Malia as sucesivas referencias de ambos os dous grupos á investigación por acoso sexual e suborno que pesa sobre o presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar, por supostamente ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais, nada respondeu Feijóo sobre a cuestión. Do mesmo xeito que tampouco recolleu ningunha das numerosas iniciativas políticas en materia de igualdade que lle propuxeron os tres partidos da oposición. Optou o presidente, pola contra, por defender os avances na materia acadados nos últimos anos, nos que recoñeceu o traballo realizado polo PSOE. Foi a nacionalista Ana Pontón a primeira en reprocharlle a Feijóo o seu apoio a Baltar. "Non ampare a quen acosa", díxolle, nunha intervención na que tamén lle botou en cara que a pasada fin de semana defendese "non politizar" a igualdade. "Se a desigualdade non é un problema político, que é para vostede? Un accidente xeográfico?", preguntoulle, e pediulle que "non financie con cartos públicos a desigualdade, deixe de financiar con cartos públicos aos centros que segregan aos nenos e as nenas polo seu sexo". Feijóo respondeulle a Pontón reiterando que non cre nun "feminismo con etiquetas" e botándolle en cara que PSdeG e BNG mantiveron os concertos con centros segregadores cando gobernaron entre 2005 e 2009. "Canto diñeiro gastou o Goberno galego para sensibilizar a Baltar de que o que fixo está mal?", preguntou Villares a Feijóo, quen acusou a En Marea de non ter respecto polo PP a conta dunha mensaxe en Twitter de Carmen Santos A quenda de preguntas de En Marea foi o momento máis tenso da sesión deste mércores. Villares fixo especial fincapé en censurar o apoio do PP ao seu presidente en Ourense con preguntas como "canto diñeiro gastou o Goberno galego para sensibilizar a Baltar de que o que fixo está mal" ou "canto gastou Baltar en convencelo a vostede de que o que fixo está ben". Porén, Feijóo obviou esas críticas e optou por atacar a En Marea por unha mensaxe en Twitter publicada o pasado domingo pola súa vicevoceira, Carmen Santos: "Hoxe todas na loita feminista. Revindicamos q nn nos asasinen señores do @ppdegalicia. Politizades con pasividade." O presidente acusouna de "non ter ningún respecto a este grupo nin a este goberno" e pediulle unha rectificación, asumindo a estratexia do grupo parlamentario do PP, que en todas as súas intervencións no Pleno desde este martes lle bota en cara a Santos a mensaxe. Villares contestou a Feijóo lembrándolle que é a oposición a que debe interpelar ao goberno, e non ao revés e, argumentou que respecta que os populares "se indignen por un erro gramatical, pero o que a En Marea lle indigna é que morran mulleres". E Feijóo replicou a Villares dicíndolle que non lle pode dar leccións de igualdade logo de que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, eloxiase o abrigo de pel dunha xornalista nunha rolda de prensa e comentase nunha mensaxe privada que a outra "azoutaríaa ata que sangrase". Pontón: "Non ampare a quen acosa, non financie con cartos públicos a desigualdade" A intervención do portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, foi a máis propositiva. O socialista reclamou diversos plans de promoción do emprego feminino ou mesmo a inmediata aprobación dun novo Plan de Igualdade por parte da Xunta, xa que o último rematou en 2015. Porén, nin as propostas do PSdeG, nin as de BNG e En Marea tiveron resposta por parte de Feijóo, máis alá de anunciar que o novo Plan de Igualdade da Xunta para o período 2017-2020 será aprobado aínda este mes de marzo. O presidente aproveitou para reproducir, no Día da Muller, a estratexia que vén desenvolvendo desde a pasada campaña electoral de amosarse conciliador co PSdeG fronte aos seus enfrontamentos con En Marea. Ata o punto de que, na súa intervención, eloxiou que os avances en igualdade rexistrados nos últimos anos, nos que centrou boa parte do seu discurso, débense en parte ao "concurso do PSOE".
PRAZA_9970
A cabeza de lista ao Congreso polo PSOE na provincia da Coruña cre que o vindeiro domingo está en xogo "a involución ou o progreso" e advirte de que "están en cuestión alicerces fundamentais da nosa convivencia que críamos consolidadas".
A cabeza de lista ao Congreso polo PSOE na provincia da Coruña cre que o vindeiro 28 de abril está en xogo "a involución ou o progreso" e advirte de que "están en cuestión alicerces fundamentais da nosa convivencia que críamos consolidadas". Lamenta a fragmentación na esquerda, pero defende a colaboración e os acordos nese ámbito e non coa dereita. "Únennos moitas máis cousas e, sobre todo, un modelo de sociedade que compartimos", di. O PSOE semella estar nunha boa posición de cara ao 28A, como se fai campaña nesta situación?As campañas son sempre moi intensas, pero se cadra esta algo máis porque están logo moi preto as municipais e entendemos que estes comicios van ter tamén un efecto de tracción e moi positivo. O PSOE está nunha boa posición, non só porque o digan as enquisas, que non son a principal referencia, senón porque estamos no goberno e podemos facer propostas e achegas sobre o que levamos feito en tan pouco tempo. A nosa mensaxe é esa: trasladar que cunha lexislatura consolidada de catro anos e con estabilidade podemos facer aínda máis e reverter todos os recortes que afectaron os piares do Estado de Benestar, afondar na política social e no que importa á xente, que foi tan debilitado tras os anos do PP. "Xogámonos a involución ou o progreso; non estamos falando do que pode pasar, senón do que xa está pasando en Andalucía"A posible irrupción da extrema dereita fai que esta campaña sexa máis importante que outras?É moi decisiva. É certo que sempre o dicimos, porque sempre son importantes, pero a diferenza agora é que nos estamos xogando a involución ou o progreso. Pode parecer que se está apelando ao medo, pero non é así porque non estamos falando do que podería pasar, senón do que xa está pasando en Andalucía, con esas decisión políticas dun bloque das dereitas que ten a folla de ruta marcada pola ultradereita, por Vox, mentres PP e Ciudadanos lle fan seguidismo. Hai moitas cuestións que críamos consolidadas e que agora se poñen en cuestión: a sanidade pública e a ameaza de privatización que promove claramente a extrema dereita; o modelo territorial de convivencia e estable dos últimos 40 anos, aínda que haxa que afrontar reformas lóxicas na Constitución; a igualdade entre homes e mulleres... Son alicerces fundamentais da nosa convivencia que resulta que volven estar en cuestión. "Hai alicerces fundamentais da nosa convivencia que críamos consolidadas e volven estar en cuestión"Nunha campaña con tanta relevancia estatal, non está a custar moito meter a axenda galega no debate político?Galicia non pode quedar á marxe dos grandes temas. O que lle importa á xente é o que lle afecta no día a día: o emprego, a sanidade, a educación, as pensións... E Galicia, por exemplo, ten un problema agora moi importante coa sanidade ou coas decisións de ámbito empresarial que atinxen a política industrial. Está en xogo ter un sector industrial potente e non basearse só no sector servizos, e nese ámbito temos un problema específico con compañías electrointensivas. Co tema de Alcoa semella que non se dá atopado un amaño...Parece que este tema xurdise agora de súpeto, cando xa levamos tempo advertindo dun problema co prezo da enerxía que inflúe en casos como o de Alcoa, Ferroatlántica ou outras firmas. Hai unha proposta que pretende dar estabilidade ao sector, un estatuto de consumidores electrointensivos que é un punto de partida, pero que é para consensuar e para sumar.Que outros problemas urxentes ten Galicia e se deberían afrontar?Os problemas do sector primario, do sector agrogandeiro e do envellecemento da poboación, un tema que me parece fundamental. O reto demográfico e as eivas en moitos territorios de Lugo e Ourense que se abandonan por falta de oportunidades de vida, de recursos... Eses son os grandes temas que temos que afrontar como país e que temos que colocar na axenda estatal.A esquerda, habitualmente dividida, afronta en Galicia unha fragmentación importante. Preocúpalle que se poidan perder moitos votos por esa banda?A esquerda sempre tivo o problema da fragmentación, algo que lle está a pasar agora á dereita e que nunca lle pasaba. Pero temos que poñer en valor a capacidade de diálogo porque as maiorías xa remataron e iso fórzanos a dialogar e a falar. Hai a quen parece que lle proe, como se a democracia ou a política non fose iso. Entendo perfectamente que cada forza intente ocupar o seu espazo, que o nacionalismo reivindique a súa posición e que outros o fagan tamén... Desafortunadamente para a esquerda, agora hai unha fragmentación tamén nunhas forzas que en anteriores comicios foron xuntas. Iso divide máis o voto e non lle permite á esquerda sumar con máis forza, pero é unha realidade e hai que asumila así. Precisamente por iso, nós reivindicamos a necesidade do apoio ao PSOE para que teña unha forza dabondo para se asentar e contrapoñerse ás propostas da dereita que nos levan á involución."Canto máis sumen as esquerdas, mellor; sempre defendín a colaboración entre a esquerda, porque nos unen moitas máis cousas, sobre todo un modelo de sociedade que compartimos"Aposta por un acordo do PSOE con outras forzas de esquerda?Canto máis poidamos sumar as esquerdas, moito mellor. Eu sempre defendín, no ámbito municipal, galego ou estatal, a colaboración e a afinidade política coa esquerda e non coa dereita. Téñoo clarísimo porque nos unen moitas máis cousas e, sobre todo, un modelo de sociedade que compartimos. Que non se perdan votos polo camiño que nos permitan sumar no bloque da esquerda si é preocupante.Daquela, descarta que o PSOE pacte con Ciudadanos...Agora mesmo falar de pactos non é moi respectuoso coa cidadanía que vai votar. Tamén é difícil falar de pactar nada cun partido que che pon un cordón sanitario pero se abraza á extrema dereita ou ao PP, un partido declarado corrupto con sentenza xudicial. Chama a atención. A interlocución non pode ser moi fluída, senón todo o contrario. O que queremos no PSOE é ter unha maioría suficiente, a maior que poidamos ter, e poder consolidar a folla de ruta que empezamos nestes últimos meses, e evidentemente, con acordos e apoio doutras forzas de esquerda para afondar nese modelo de sociedade de igualdade de oportunidades e de protección social. E que España e Galicia avancen nunha sociedade do século XXI e non teñamos que mirar cara atrás, temendo que volvan tempos previos á democracia. O incrible é que teñamos que estar falando disto.
NOS_48289
Logo do adiamento do Día das Letras Galegas a 31 de outubro de 2020, collía forza a proposta, con notábel apoio de diversos sectores sociais, de ampliar a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero durante o vindeiro ano. Esta opción semella descartada á agarda da decisión oficial, pois, segundo declaracións de integrantes da Real Academia Galega a Nós Diario, a institución xa tería levado a cabo unha sondaxe entre as académicas e académicos para coñecer o sentir maioritario, no que o resultado sería negativo.
O pasado 17 de maio, alén de pola virtualidade, chegou marcado pola petición por parte de diversas entidades de alongar a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a 2021. Esta decisión, que corresponde á Real Academia Galega (RAG), non se tomará até despois do 31 de outubro, para cando se trasladou o plenario institucional, facéndoo coincidir coa data do 110 aniversario do ferrolán. Durante este mes terán tamén lugar catro seminarios, as quintas feiras, sobre o autor. Foi unha escolla que se tomou o 3 de xullo por unanimidade, trazando un roteiro que aínda terá que ser ratificado na asemblea de setembro, valorando a evolución da situación sanitaria. O propio 17 de maio fíxose un esforzo por manter o acto na casa natal do autor en Ferrol, nunha situación extraordinaria, ao que se suma, segundo explica a Nós Diario o presidente da Academia, Víctor Freixanes, unha aposta decidida nos contidos dixitais para que a figura e obra de Carvalho "teña toda a difusión posíbel". Neste senso, Freixanes apunta a un cambio de paradigma na convocatoria das Letras Galegas, que a partir de agora se van "universalizar desta maneira" para crear un "novo modelo da cultura galega co mundo". "Temos a modernidade suficiente para facer fronte a unha excepcionalidade coma esta", afirma, co apoio dos datos de triplicación das visitas aos contidos web do autor. Alongar o Ano Carvalho A persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas escóllese no pleno posterior á celebración da efeméride, o que tende a acontecer xustamente contra xuño ou xullo. No caso de 2020, esta decisión non se coñecerá previsibelmente até a primeira quincena de novembro. Mais segundo fontes integrantes da RAG en declaracións a Nós Diario, no último plenario do organismo teríase producido unha sondaxe da opinión das académicas para coñecer o sentir do colectivo, especialmente ante o inquérito por parte de múltiples medios de comunicación sobre a posibilidade de prorrogar o Ano Carvalho Calero a 2021, considerando que coas condicións actuais non se lle pode dedicar a atención que con normalidade recibe a figura homenaxeada. Os resultados desta consulta darían por "descartada" a posibilidade de ampliar a homenaxe. Malia o apoio social que recibiu esta proposta, nomeadamente desde o ámbito do asociacionismo, a Academia optaría por considerar o reforzo dos medios tecnolóxicos neste novo modelo como suficiente e mesmo pioneiro na forma en que as Letras se van celebrar a partir deste ano. A decisión, que aínda non é firme pero semella anticipar bastante o que acontecerá despois de outubro, parece encamiñada a provocar malestar ante a negativa. Os argumentos, segundo as fontes internas consultadas, apuntarían ao sentir de certas "presións ou coaccións". O 2 de xuño de 2019 a RAG facía oficial a homenaxe do Día das Letras 2020 a Carvalho Calero, a única candidatura presentada nesa ocasión. O nome do que fora primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega levaba roldando a institución máis dunha década, coa denuncia dunha marxinación histórica que se coloca quer na opción lingüística quer na política, que o escritor e intelectual defendera, en especial na última etapa da súa vida. Para alén das voces de entidades e colectivos como a Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Federación Galiza Cultura, Mesa, Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Fundación Manuel María, así como unha boa parte dos centros sociais do país, a propia Xunta, a través do responsábel de Políticas Culturais, Anxo Lourenzo, declaraba que vía "argumentos" para esa extensión, se ben respectaba que é a RAG quen "ten a potestade" e a "lexitimidade" para situarse a respecto diso. Para quen irán as Letras Galegas en 2021? O sentir popular parece optar por que as Letras de 2021 leve nome de muller. O de Xela Arias é un dos que teñen soado con máis forza nestes últimos tempos. Outras das candidaturas das que xa se escoita falar son as de Plácido Castro ou mesmo Federico García Lorca, quen como é ben sabido deixou escritos na nosa lingua os famosos seis poemas. O legado de Carvalho Desde maio, esta cabeceira asumiu o seu compromiso coa divulgación da obra e legado do mestre ferrolán coa publicación de dúas páxinas diarias nas que diferentes persoas especialistas en múltiples facetas da súa obra e vida trataron aspectos que dan conta dunha personalidade senlleira e calidoscópica que permite albiscar, cal polígrafo, o século pasado. Igualmente, con motivo do Día das Letras Galegas editábase un especial do semanario Sermos Galiza de carácter divulgativo titulado "Vivir con autenticidade", que incluía oito artigos das máis recoñecidas estudosas e estudosos da obra e da figura de Calero. Pasado maio, Nós Diario continúa con esta liña de aposta na divulgación da inmensa e por veces descoñecida produción do mestre cunha escolma de textos da súa autoría que aínda se atopan en moitos casos dificilmente accesíbeis.
NOS_55654
Os aranceis que impuxo Donald Trump a produtos europeos como o viño están a prexudicar ao sector na Galiza. A medida temporal imposta en outubro continuará a partir de setembro se non se reverte unha vez coñecida a sentenza da Organización Mundial do Comercio sobre as axudas a Airbus.
A decisión da Oficina do Representante Comercial de Estados Unidos de América (EUA) de manter os aranceis que impuxo á Unión Europea (UE) de 25% para algúns produtos como o viño non sentou nada ben no sector na Galiza. No ano 2019, segundo os datos do Ministerio de Industria, o sector galego do viño exportou 13,9 millóns de euros a EUA. No que vai de ano (xaneiro-maio) as exportacións deste sector suman un total de 6 millóns de euros. En opinión do secretario xeral do Consello Regulador da DO Ría Baixas, Ramón Huidobro, "calquera noticia que non sexa a eliminación dos aranceis en EUA é negativa para nós" por ser "cargas impositivas que dificultan a capacidade de exportación ao conxunto das adegas". Huidobro indica a Nós Diario, con todo, que "nos consta que desde os Ministerios de Agricultura e Comercio, así como desde a UE, están a realizarse xestións ao máis alto nivel para tratar de reconducir a situación". Alén diso, Huidobro considera fundamental que "a OMC apresure a sentenza na causa aberta que ten contra Boing xa que vai permitir buscar unha solución pactada". Neste sentido, indica que "non parece lóxico que algo relacionado co sector aeronáutico acabe prexudicando ao elo máis débil da cadea, o sector agrolimentario". A Xunta pide ao Goberno español contundencia A Consellaría de Medio Rural sinala a Nós Diario que xa lle trasladou ao Goberno español a necesidade de que fose "especialmente belixerante na UE para reverter a imposición de aranceis por parte dos EUA". Desde a Xunta rexeitan a decisión de Trump en manter eses aranceis e din confiar "en que o Goberno central, xunto coa Unión Europea e os estados membros do Consorcio, poidan reverter a actual dinámica nas relacións comerciais". As adegas asumen os aranceis Desde a da Asociación Galega de Viticultura (AGV-Fruga) notaron o peso dos aranceis todos estes meses. Roberto Rivas, o seu presidente, explica a Nós Diario que as adegas "seguimos operando cos EUA e que continúen é unha mala noticia", asegura, "agardo que non aumenten", engade. Entende que "a guerra comercial está a afectar ao sector primario" coa única saída, polo de agora, de "negociar coa distribución e case sempre asumindo a propia adega os aranceis". Esta situación repercútelles moito na baixada de prezos cuns ingresos menores. Na súa adega, Viña Moraima, comezaron as exportacións a EUA en 2012 e agora mesmo 70% da produción vai para o mercado internacional. "EUA foi perdendo peso en favor de México no noso caso, tivemos esa sorte", asegura, "mais os importadores fan cada vez menos pedidos", explica. Desde AGV-Fruga botan en falta máis implicación por parte das administracións, nomeadamente da galega. "Non vimos estratexia algunha, da Xunta só temos boas palabras e poucos feitos", sentencia.
PRAZA_15724
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria, veciñanza, comerciantes e SOS Sanidade Pública poñen cifran á crise que vive a contorna do establecemento sanitario, trasladado en setembro. Alertan do peche de 14 establecementos e de que outros 52 poderían facelo nos vindeiros meses.
Non é a primeira vez que pasa. Despois que o 31 de decembro de 2011 pechase as súas portas o Hospital Xeral de Lugo, trasladados os seus servizos ao novo Hospital Universitario Lucus Augusti, os establecementos comerciais do barrio da Residencia -que mesmo tomara o seu nome das instalacións sanitarias- sufriron unha inmediata crise, que puxo en cuestión a continuidade de moitos deles. De igual xeito, en Vigo o peche o pasado mes de setembro do Hospital Xeral da cidade está a provocar un "deterioro social e económico" do barrio no que se ubicaba, segundo sinalan veciños, veciñas e comerciantes, que levan meses reclamando que se aproveite a infraestrutura para usos sanitarios. O obxectivo é dobre: por un lado dar resposta ás evidentes eivas que en materia sanitaria presenta a área viguesa. E, polo outro, contrarrestar a perda de actividade humana e comercial da contorna O obxectivo é dobre: por un lado dar resposta ás evidentes eivas que en materia sanitaria presenta a área viguesa sen ter que recorrer aos centros privados, como sinala a Xunta de Persoal do hospital e tamén colectivos en defensa da sanidade pública. E, polo outro, contrarrestar a perda de actividade humana e comercial que nos últimos tempos está a vivir a contorna, rúas como Pizarro, Vázquez Varela, Padre Feijoo, Santa Rita, Venezuela, México, Bolivia, Nicaragua e unha parte de Gran Vía. "Apenas 4 meses despois do traslado dos servizos ao Novo Hospital de Valadares e un importante número de negocios empezan a resentirse perdéndose empregos e actividade económica. As empresas afectadas inclúen tendas, bares, cafeterías, restaurantes, farmacias, empresas relacionadas coa sanidade, farmacias, quioscos de prensa, floristerías, taxistas ou pequenas empresas industriais", sinalan dende estes colectivos, que veñen de levar a cabo un estudo para poñer cifras exactas á crise que está a afectar ao barrio e ao seu tecido comercial. 52 das 66 que seguen abertas están en risco de pechar a curto-medio prazo. Poden perder o seu traballo un total de 167 empregados/as A enquisa realizada por SOS Sanidade Pública, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria a Asociación de Veciños e o Colectivos de comerciantes do Área do Hospital Xeral de Vigo, sinala que dende setembro pecharon no barrio 14 empresas (o 17,5% do total), especialmente bares, cafeterías ou restaurantes. En total, perdéronse 33 empregos e, en xeral, os ingresos dos distintos establecementos reducíronse nun 82%. Ademais, explican que "a totalidade do resto de empresas e comercios sufriron unha importante redución de actividade e é moi probable que moitos acaben pechando a curto prazo". En concreto, afirman que 52 das 66 que seguen abertas están en risco de pechar a curto-medio prazo; delas 32 son tendas e 21 bares, cafeterías, restaurantes e hoteis. Están en risco de perder o seu traballo un total de 167 empregados e empregadas, engaden. SOS Sanidade Pública sinala que os servizos ofrecidos no Xeral poderían "desconxestionar o servizo de urxencias do Novo Hospital" As entidades que levaron a cabo este estudo esixen que se "renove a actividade asistencial no edificio", situando nel "os servizos sanitarios que Vigo necesita" e piden que se faga "antes que se deterioren definitivamente os equipos cirúrxicos e diagnósticos, outros equipamentos, locais de consultas e instalacións". SOS Sanidade Pública sinala que os servizos ofrecidos no Xeral poderían "desconxestionar o servizo de urxencias do Novo Hospital". Subliñan que "as présas políticas da Xunta por inaugurar o Novo Hospital e da Concesionaria privada por empezar a cobrar o canon pola xestión do mesmo, a incapacidade dos xestores do SERGAS para organizar o traslado, a pechadura do edificio do Hospital Xeral (e da maioría dos centros de especialidades) e o abandono do Plan de Recursos previsto pola anterior administración para garantir a asistencia sanitaria integral de toda a poboación, están a deteriorar a atención en toda a área sanitaria". E fan fincapé no paradoxo de que a apertura do Novo Hospital incrementase "as carencias de recursos sanitarios" nunha das áreas de toda Galicia que xa amosaba máis deficiencias na súa sanidade pública. "As présas políticas da Xunta por inaugurar o Novo Hospital e da Concesionaria privada por empezar a cobrar o canon están a deteriorar a atención en toda a área sanitaria" SOS Sanidade Pública propón, por exemplo, que no edificio se sitúen "os recursos perdidos polo peche dos Centros de Especialidades de Coia", que acollía as consultas de dermatoloxía, xinecoloxía-obstetricia e hematoloxía-sintrom), e da Dobrada (medicina interna, otorrinolaringoloxía, traumatoloxía, dixestivo, uroloxía, cardioloxía, cirurxía xeral, anestesia, hematoloxía-sintrom). Ou que se instale un Centro de Alta Resolución e un Servizo de Urxencias Extrahospitalario "que acabe coa dispersión de recursos" na área sanitaria viguesa.
NOS_15587
Por volta de 500 persoas participan na mobilización independentista, que chama a traballar e implicarse para alargar e ensanchar a base social do independentismo.
Medio millar de persoas tomaron parte este 25 de xullo na manifestación que convocou Causa Galiza en Compostela baixo o lema 'Independentismo en marcha'. Unha mobilización que saíu da Alameda para rematar na Praza do Toural após percorrer varias rúas da capital galega. As consignas e berros a favor da liberación nacional e social da Galiza e a solidariedade para cos presos e presas independentistas foron dúas constantes ao longo da mobilización, 'vixiada' por un bo número de axentes da policía española, varios deles á paisana. O manifesto lido no Toural fuxiu de pesimismos paralizantes. Describiu a realidade do país como de "emerxencia nacional", tanto no campo demográfico, como no social, no económico ou lingüístico e cultural. Fronte a isto, a independencia é a ferramenta para rachar "coa continuidade da dependencia" de España. "Darmos um novo passo adiante" Causa Galiza chamou á implicación, ao traballo e ao compromiso para "ativar um processo popular que a meio e longo prazo possibilite a rutura democrática nacional com o Estado porque esta é a única saída possível à tragédia coletiva que vive a Galiza". Nesta liña, sinalou que embora estes 40 anos baixo condicións de "morinorización e represión" o independentismo galego foi quen de pervivir e de manter o facho da defensa da independencia nacional. "Agora, corresponde a quem recebemos o facho nesta carreira de fondo, seguir desenvolvendo o processo que nos leva à independência nacional e darmos um novo passo adiante: construir o projeto político e desenhar a estratégia que fagam possível esta perspetiva, com vocaçom de massa; com introduçom e incidência social e com capacidade para romper o círculo vicioso da repressom. Um projeto livre de covardias, que chame as cousas polo seu nome e fortaleza dia após dia o músculo popular independentista".
PRAZA_2808
O autor británico participará este luns ás 19.30 nun encontro organizado por EnMarea no Paraninfo da Universidade, no que tamén intervirán Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez
Que é o que fai que a esquerda europea escoite con atención a este inglés, insultantemente novo (ten 31 anos) e con cara de neno bo? Que é o que Owen Jones achega ao debate político, nun momento de recomposición de maiorías, nun momento de transformación das canles comunicativas, nun momento en que as clases populares están a votar de forma masiva ao UKIP en Inglaterra ou á Fronte Nacional en Francia, e no que as ata hai pouco sólidos partidos socialdemócratas en Grecia, España, Francia ou Reino Unido amosan uns evidentes signos de debilidade? Owen Jones estará na Coruña este luns, nun encontro organizado por EnMarea, que comezará ás 19.30 horas no Paraninfo da Universidade, e no que tamén intervirán Antón Gómez-Reino (número 1 pola Coruña), Yolanda Díaz (número 2) e Ángela Rodríguez (número 2 por Pontevedra), presentado por María Antonia Trillo, de Economía Podemos Galicia. Haberá tradución simultánea. Jones, que asesora a Podemos en políticas mediáticas e de dereito da comunicación, participará noutros actos esta semana, o mércores en Madrid e o venres en Valencia. En The Establishment, Jones analiza como unha pequena elite xestiona o poder e se mantén nel, con papel moi destacado do control dos medios de comunicación e das portas xiratorias Jones deuse a coñecer hai catro anos coa publicación de Chavs: The Demonization of the Working Class, un libro no que analizaba os estereotipos negativos deitados polo Partido Conservador (e posteriormente polos laboristas) e os medios de comunicación sobre a clase obreira, trasladando o foco da desigualdade cara ao esforzo individual no canto das situacións estruturais ou as políticas públicas. Se a primeira obra falaba dos de abaixo, no seu segundo libro centrouse nos de arriba. En 2014 publicou The Establishment: And how they get away with it, que en castelán foi traducido moi oportunamente como El Establishment: La casta al desnudo, e no que Jones analiza como unha pequena elite xestiona o poder e se mantén nel, con papel moi destacado do control dos medios de comunicación e das portas xiratorias. Jones escribe habitualmente, ademais, en The Guardian e é moi activo nas redes sociais, sobre todo a través de youtube e está a adquirir un importante protagonismo no proceso de renovación da esquerda británica, no que o novo líder laborista, Jeremy Corbyn, terá moito que dicir. Owen Jones, de feito, é fillo, neto e bisneto de militantes socialistas na moi industrial e obreira cidade de Sheffield e traballa con algúns políticos da ala esquerda do laborismo. Aquí van dez razóns para ir á Coruña a escoitar a Owen Jones e o seu acento do norte de Inglaterra. En Chavs sinala a sacralización da clase media como espazo social de referencia, definida sobre todo en termos de consumo, e a definición das desigualdades como un produto do esforzo persoal e condicionantes individuais Con Chavs, Jones conseguiu poñer o foco no esquecemento ao que a socialedemocracia someteu á que fora a súa tradicional base social: as clases traballadoras e os grupos máis desfavorecidos polas situacións de desigualdade. A sacralización da clase media como espazo social de referencia, definida sobre todo en termos de consumo, provocou varios efectos: esluíu o discurso político da esquerda, axudando a que outros partidos, de centro, dereita ou mesmo de extrema dereita competisen por esa base electoral; consolidou -tamén na esquerda- o discurso de que as desigualdades tiñan unha causa individual -de esforzo- e non colectiva ou estrutural; e, ademais, deixou á marxe aos desclasados, aos marxinados. Canto máis desigual é unha sociedade, máis necesitas demonizar os de abaixo para xustificar esa desigualdade, sinala. As críticas de Jones e outros autores están contribuíndo a impulsar unha certa refundación da socialdemocracia, ben sexa dentro dos partidos tradicionais (coma no Reino Unido da man de Corbyn) ben a través de novos movemento. Jones cita a Geoffrey Howe, ministro con Margaret Thatcher, que sinalou que "o verdadeiro triunfo do Thatcherismo non foi transformar un partido, senón dous". Explora tamén o fenómeno, crecente en moitos países, do voto das clases traballadoras, desempregados e con baixos ingresos, a forzas de extrema dereita, coma o UKIP ou a Fronte Nacional. O autor analiza "o fracaso da esquerda", que non soubo canalizar "a rabia da xente", dirixida cara aos banqueiros e clases altas, cara aos inmigrantes ou cara aos funcionarios. Centra unha parte importante das súas análises nos medios de comunicación e no seu papel na conformación de ideas e estados de opinión Centra unha parte importante das súas análises nos medios de comunicación e no seu papel na conformación de ideas e estados de opinión. "Boa parte dos medios de comunicación son un instrumento político, traballando en favor dos obxectivos dos seus propietarios; as elites políticas e mediáticas decote mestúranse, compartindo as mesmas visións sobre como debe funcionar a sociedade", escribe. Nos seus artigos e declaracións públicas anima a unha reflexión crítica dende a esquerda sobre o funcionamento da Unión Europea, unha achega importante, sobre todo no Reino Unido, onde o malestar coas institucións europeas está sendo capitalizado polo UKIP e, máis recentemente, polo Partido Conservador. Jones alenta a esquerda a retomar o debate ideolóxico que foi perdendo progresivamente nas últimas décadas Jones alenta a esquerda a retomar o debate ideolóxico que foi perdendo progresivamente nas últimas décadas, fronte á asunción do enmarcamento (framing) dos distintos temas realizado pola dereita, a asunción do terreo de xogo ou do campo do posible definido polas elites. Cita neste senso a fiestra Overton (Overton window), a ventá que estreita o rango de ideas que a xente pode atopar "aceptable", de senso común, e que determina a viabilidade política dunha idea, máis definida por esta coherencia con este marco e non tanto polas preferencias individuais da poboación. En The Establishment, Owen Jones popularizou en toda Europa un concepto moi semellante ao de casta empregado en España por Podemos, analizando os nexos de poder entre as elites políticas, económicas e mediáticas, que se intercambian, axudan e retroalimentan, e as súas estratexias. Demanda, neste senso, a supresión das portas xiratorias (revolving doors) e lembra que o 46% das grandes empresas británicas teñen algún deputado ou deputada (ou ex) no seu consello de administración ou entre os seus principais accionistas. Denuncia os procesos de espolio do Estado levados a cabo polo sector privado e os mecanismos empregados polas grandes fortunas para pagar menos impostos Recupera, ao igual que sucedeu en España dende a aparición do 15M, o concepto de soberanía, alertando contra a "ilusión" da xente, de crerse "soberanos" e de ter o poder de cambiar os fundamentos da sociedade a través do seu voto. Contrapón, ademais, a necesidade dunha "revolución democrática" para devolverlle aos cidadáns e cidadás esa capacidade, unha caste de reivindicación de democracia real, definida a través dunhas determinadas políticas económicas e reforma do funcionamento das estruturas de decisión. Denuncia os procesos de espolio (scrounge) do Estado levados a cabo polo sector privado, que reclama que dende o público se financien infraestruturas, baixadas de impostos, complementos salariais ou rescates de empresas. Owen critica o que denomina "socialismo dos ricos". Tamén chama a atención sobre os mecanismos que as grandes fortunas e compañías atopan para pagar menos impostos. Owen Jones foi acusado de ser máis efectivo co diagnóstico que coa proposta de solucións para as crises da sociedade e da esquerda. Mesmo así, nos seus libros fai algunhas propostas organizativas (pensadas, sobre todo, para o Reino Unido), chamando aos movementos sociais a un traballo conxunto e a unha renovación de estratexias políticas e comunicativas. "A xente quere unha sociedade máis xusta e equitativa. A razón de que a casta siga gañando a discusión non é que teña mellores ideas, senón porque está mellor organizada", escribe. "As formas tradicionais de oposición á elite -sindicatos, partidos tradicionais- caeron. Alí onde debería haber unha resposta contra o establishment, hai un baleiro en termos políticos", engade. Chama, polo tanto, a unha renovación de discursos, a un novo encontro entre sectores hoxe separados e sen referente. Podes ver aquí o programa de Salvados Viva la clase media, no que Jones foi entrevistado hai unhas semanas Canle de youtube de Owen Jones
NOS_46135
A cuarta vaga podería darse este mes debido á "fatiga pandémica"
A previsión da chegada da cuarta onda da Covid-19 disparou a preocupación das expertas e dos expertos. Unha das científicas máis reputadas do Estado español, Margarita del Val, atreveuse a sinalar unha data no calendario: finais deste mes de marzo. A doutora en Bioquímica e coordinadora da Plataforma Interdisciplinaria de Saúde Global posta en marcha polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) sinala que haberá outra vaga despois de que remate esta. Segundo o Instituto de Saúde Carlos III, en novembro determinouse que había un 10% de persoas que pasaron o virus da Covid, "en xullo era un 5% e agora debemos estar nun 15%, queda un 85%. Mentres haxa tantas persoas vulnerábeis e levantemos as medidas de restrición, que xa o estamos a facer, seguirá habendo vagas", sinalaba a científica. A cuarta onda vén ligada á "fatiga pandémica", definida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a "desmotivación da poboación para cumprir cos comportamentos protectores e as medidas de seguridade recomendadas". Esta reacción "natural e esperada tras longos meses baixo restricións", apunta a OMS, supón unha "ameaza aos esforzos para controlar a propagación do virus". O psicólogo clínico no Sergas e vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza (COPG), Víctor Torrado Oubiña, explica en conversa con Nós Diario que o problema de saúde mental vén derivado polo "estrés que supón a incerteza e o medo ao virus, sumado ás restricións que nos privan dos reforzadores que utilizamos para evadirnos psicoloxicamente". "A capacidade de enfrontamento para vencer o estrés que a xente tiña antes sumado á situación actual fai que esa capacidade se vexa superada, o que derivará nun aumento de casos de ansiedade e depresión", indica o psicólogo. Os efectos desta "fatiga pandémica puidéronse observar durante os primeiros días do alivio das máximas restricións impostas na Galiza, por exemplo, nas grandes cidades había colas para poder estar na terraza dun bar", sinala o psicólogo Víctor Torrado Oubiña. Pola súa banda, a voceira do Movemento Galego da Saúde Mental, Rosa Cerqueiro, afirma que este feito "non se debe esaxerar", comenta en conversa con Nós Diario. "Algúns especialistas atrévense a ofrecer porcentaxes dos trastornos que poden ter lugar e están a dar unha sobredimensión do asunto", apunta Cerqueiro. O trastorno mental e o malestar emocional "son dous conceptos que non se deberían entender como o mesmo", xa que o primeiro implica un diagnóstico psiquiátrico e o segundo "é algo que podemos afrontar sen precisar axuda de especialistas". Ambos os profesionais sosteñen que na loita contra a fatiga pandémica é moi importante o "autocoidado e concienciarnos de que o obxectivo a conseguir é algo colectivo". "A gran maioría da xente está a cumprir coas restricións, os que non o fan son poucos", apunta Cerqueiro. Métodos como o mindfulness ou a meditación, di, "poden axudar a coidarnos mellor psicoloxicamente", algo que tanta falla fai nestes tempos de pandemia.
NOS_53902
Entrevistamos o avogado Gustavo García. O seu despacho sufriu nestes días un ataque. Descoñecid@s pintaron esvásticas nas paredes, depositaron excrementos polo chan, cravaron coitelos en retratos de represaliad@s e escribiron lemas da extremadereita.
"Estafado" pola televisión pública. Así dixo sentirse Gustavo García, letrado da Fundación galega contra a Impunidade. El propio recoñece que se esta conversa se realizara na terza feira "a entrevista que che daría sería moi distinta". Coñecido pola súa actividade en prol dos dereitos civís e laborais vinculado no pasado ao sindicato CIG, está "case convencido" de que a extremadereita galega non tivo nada a ver co ataque ao seu despacho. Porén, non quere pechar ningunha liña de investigación e só ten claro que "o que aconteceu foi polo meu traballo". Por que vinculou o ataque co fascismo turco? Veume á cabeza esa posibilidade porque no despacho hai pintadas que poñen PKK dentro dunha diana porque eu teño moita relación cos curdos. Fun ao Parlamento europeo un par de veces cando se decidía se Turquía entraba na UE, como parte da delegación curda para informar á comisión sobre a situación dos dereitos humanos e da represión. Nos anos 90 xa me detivera o exército aló e un par de anos máis tarde volveron prenderme en Istambul, a policía. Até me detiveron hai dous anos en Londres por viaxar canda curdos. "Fun ao Parlamento europeo un par de veces, cando se decidía se Turquía entraba na UE, para informar da represión ao pobo curdo" Aliás, hai unha muller amiga miña desde hai máis de 15 anos, que foi guerrilleira que quedou mutilada pola metralla e veu á Galiza, estivo na casa da miña familia... e agora é a embaixadora oficiosa dos curdos en París. Estaba moi coordinado con ela para facer o meu traballo e levei unha impresión moi grande ao me enterar por un xornal de que entraran na súa oficina no medio de París e matárona a tiros, a ela e a outras dúas mulleres que traballaban alí. [Fala de Sakine Candiz, quen en 1978 fixo parte da fundación do PKK, o Partido d@s traballador@s do Kurdistán, que Ankara prohibiu e que foi cualificada de 'organización terrorista' polos EUA e por Europa. O 11 de xaneiro de 2013 executárona dun tiro na cabeza cando se atopaba no emprego, na sede do Centro de Información do Kurdistán, en París] O despacho estaba todo revolto. Porén, tiña tres estantes cheos de libros de curdos que quitaron para fóra, ciscáronos no medio e botáronlle enriba merda. Colocaron os curdos como centro da historia. Despois está a pintada do PKK nunha diana e outra máis que se refire aos Lobos Grises [nome dun grupo da ultradereita turca que opera fundamentalmente en Alemaña]. Malia todo isto, é absurdo pensar que van vir os turcos aquí para isto. Eles pegaríanme un tiro na caluga, non farían esta pallasada. Parécelle máis fiábel esta posibilidade que a dun grupo fascista da Galiza? Hai pouco o centro social A Revira, en Pontevedra, sufriu un ataque nesa liña. Eu agradezo moitísimo a solicitude que BNG e AGE fixeron no Parlamento para que o Goberno galego investigue a extremadereita galega, mais dubido que sexa algo así. Ese é un rollo moi rancio, nos anos 60 facíase, quen tiña unha libraría con libros de Marx, por exemplo, rompían os escaparates e facían isto que me fixeron a min con esvásticas por todas partes. Mais esas organizacións xa non existen e até onde eu sei os fascistas galegos son nacionalistas e falan portugués [refírese ao Movimento de Resistência Ariana, autores da agresión a un mozo nun pub gay de Compostela]. O que non farían sería unha hecatombe con Castelao, nin con Bóveda nin con Ánxel Casal. Está a traballar para que o 20-N bote a andar máis unha fundación, 'Adriana Calvo'. Cal será o seu cometido? Pois virá ser o mesmo que a Fundación galega contra a Impunidade, mais terá un ámbito de actuación máis amplo porque se ocupará de denunciar todos os crimes contra a humanidade: dos curdos, dos arxentinos, dos chilenos, dos armenios... O que pretendemos, para alén de reivindicar as vítimas dos xenocidios, é falar de quen as matou, que non apareceron nunha cuneta porque si. "O que pretendemos, para alén de reivindicar as vítimas dos xenocidios, é falar de quen as matou, dar nomes" Damos nomes como Eduardo Vieira, o fundador de Vieirasa, a quen lle puxemos cartaces por todo o Berbés denunciando que foi un represor e con pintadas como 'Esta empresa medrou co sangue dos asasinados no Bou Eva'. Este señor pode querer facerme dano, mais non é un facha; fai o paripé para que pareza que o é. Do que estou seguro é de que o que pasou foi polo meu traballo. Como valora a atención que deron ao acontecido no seu despacho na televisión pública? A eles dinlle precisamente moitos deses nomes e non os publicaron. Despois de me facer perder toda a mañá, nin sequera quitaron a miña entrevista! A única información que lles interesou foi a xustificación que o PP vai dar no Parlamento: que creo que non hai ningún grupo terrorista da extrema dereita galega que haxa que investigar. Non lles interesaba informar senón cubrir as costas ao goberno que lles está a pagar. O que me aconteceu foi moi grave, mais o que fai o PP cos medios públicos e moito peor aínda. Ese partido e ese goberno dos que fala non condenou o ataque. Iso paréceme penoso. "O que me aconteceu foi moi grave, mais o que fai o PP cos medios públicos e moito peor aínda" Foi a primeira vez que lle entraron no despacho? Bon, na sexta feira á noite [en referencia ao 1 de novembro] xa romperon o cristal do portal cunha pedra envolta nun pano e entraron. Aquí non hai máis que dous andares de oficinas. Metéuseme na cabeza que alguén entrara na miña e desde ese día boto en falta o meu teléfono móbil. Porén, facer non fixeron nada. O domingo á noite non durmín alí, que eu estaba a durmir alí nunha cama que teño para avanzar co traballo. Na segunda feira tiven un xuízo en Pontevedra e cando cheguei na terza á primeira hora atopeime con todo iso. "Que o PP non condenase o ataque paréceme penoso" Aínda que foi moi desagradábel porque no despacho teño moitísimas cousas e quedaron desfeitas, estou a recibir apoios e solidariedade das catro esquinas do mundo. Ao final está a servir para que a Fundación que presentamos o 20-N teña a repercusión que merece e que non se conseguira. Fixéronme moito ano mais agora, co tempo andado e após dous días desfeito, estou a lle ver o lado positivo.
NOS_6945
A área de Ensino da CIG vén de remitir unha carta á Dirección Xeral de Centros da Consellaría de Educación para reclamar que autorice nos institutos a creación de departamentos de segundas linguas e "non discriminar o portugués e o alemán".
O obxectivo, segundo indica o sindicato, é acabar coa "anomalía" que ocorre nos centros, especialmente en Secundaria, nos que se imparte como segunda lingua portugués ou alemán onde, porén, non está permitido contar con departamento propio. Como expón o escrito, a situación baséase nunha "norma obsoleta", un decreto de 1996 polo que se aprobou o regulamento orgánico dos institutos, e no que se admite o departamento de francés –algo que desde a CIG defenden–, mais non de linguas, como o portugués. A organización pon como exemplo o IES San Paio de Tui, o primeiro que introduciu o portugués como segunda lingua, que neste curso acaba de recibir a notificación da Inspección Educativa da supresión deste departamento, aínda cando mantén a oferta deste idioma, unha situación que xa se dera previamente no IES Barral de Ponteareas. A fin de "acabar con esta discriminación" e igualar dereitos co francés, a CIG chama a Xunta a abrir unha negociación para reformular o regulamento orgánico dos centros e dotar de todos os dereitos en igualdade de condicións o profesorado desta especialidade. Nese sentido, alude ao "espírito" da Lei Paz-Andrade, "que seis anos despois, aínda ten moito percorrido para que a Consellaría facilite a implantación do portugués no noso sistema educativo", estima o sindicato.
PRAZA_2803
O goberno local presenta un proxecto de orzamentos "realista" no que "fai prioritarias as políticas de gasto social e o investimento na mellora da vida da xente". PSOE e PP coinciden nas súas críticas a unhas contas "tardías e oportunistas".
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, presentaron este venres o proxecto de orzamento municipal para 2016 e que alcanza os 242,3 millóns de euros. Son 9,6 millóns menos que os presupostos deste ano, un descenso do 3,8% que o goberno local xustifica pola súa negativa a "inflar os ingresos para aumentar o gasto", algo que, segundo di o rexedor, era unha práctica habitual do anterior executivo. O gasto social medraría en máis de 6 millóns de euros nun orzamento de 242,3 millóns, 9,6 menos que en 2015 No proxecto presentado, o gasto social global medraría en máis de 6 millóns de euros, cun incremento dun 21% respecto a 2015. Ferreiro asegura que as contas están "baseadas na visión e nas liñas políticas" do goberno local e adaptadas "á realidade económica e social existente". Por iso, asegura, os orzamentos céntranse nunha "serie de obrigas fundamentais coa cidadanía, como son mellorar a calidade de vida da veciñanza e asegurar o benestar dunha parte da poboación que está seriamente afectada por este momento socioeconómico". "É unha proposta realista", insistiron Ferreiro e Vieito, que contrapuxo estas contas aínda en proxecto coa "sobreestimación dos ingresos levada a cabo en anteriores exercicios polo anterior goberno coa finalidade de ter máis gasto teoricamente dispoñible". "As previsións de ingresos non se inflan deliberadamente de xeito artificial, senón que se corresponden coas previsións derivadas da evolución real e recadación efectiva dos distintos tributos e restantes capítulos de ingresos", insistiu o rexedor. Ferreiro cualifica de "realistas" unhas contas nas que "non se sobrestiman os ingresos para aumentar teoricamente o gasto" O documento xa foi enviado na mañá deste venres ao grupo do PSOE, co que pretende o goberno negociar a súa aprobación, algo para o que considera que hai "unha boa predisposición". "Sería bo antes de final de ano", dixo referíndose a un pacto que se plasmaría coa aprobación definitiva das contas en xaneiro. Ademais, Ferreiro cre "normal" que o orzamento teña que ser prorrogado "tres ou catro semanas" ante un cambio de goberno e advertiu que non haberá problemas co gasto corrente grazas á prórroga activada. Non pensa igual o grupo socialista, que cualificou de "tardíos e oportunistas" as contas. O seu voceiro municipal, José Manuel Dapena, definiu como "comedia" o proceso da Marea cos orzamentos e acusou o goberno de "ser incapaz de elaborar uns presupostos en tempo e forma", ademais de advertir das "consecuencias e prexuízos que sufrirán os cidadáns", malia que Ferreiro xa aclarou que non haberá efecto negativo ningún. O portavoz do PSOE foi máis aló e denunciou o "puro fume efectista, pura propaganda e puro oportunismo" do proxecto, que cre que terá que empezarse "de cero" para poder "encaixar" tamén un texto socialista con achegas cidadás. Desde o PP, pola súa banda, critican que os orzamentos non sexan aprobados antes de que comece 2016 e o seu voceiro, Carlos Negreira, considera a prórrroga un incumprimento legal que provocará a "paralización" de iniciativas novas como a renda social municipal. Segundo os populares, quedarán sen efecto os convenios con entidades sociais e deportivas. PSOE e PP coinciden en criticar o proxecto: os socialistas veno "tardío e oportunista" e os populares cren que incide na "parálise" Prioridade no gasto social O goberno da Marea Atlántica destaca unhas contas que "fan prioritarias aquelas políticas que teñen que ver co gasto social e co investimento na mellora da vida da xente" e lembra que o vindeiro ano haberá un aforro en gastos correspondentes a grandes infraestruturas, xa que "a urbanización do parque de San Pedro de Visma, o Adolfo Suárez, ou as obras da Mariña comían gran parte dos orzamentos". Ademais, o goberno local tamén destaca que tamén se reduce a partida relacionada co refinanciamento da débeda "herdada de anos anteriores". "Hai que recordar que aforraremos nun ano tres millóns de euros", subliñou o alcalde, mentres que a responsable de Facenda incidiu tamén no "importante aforro de custos financeiros" que supón a operación, que ascenden a dous millóns de euros, "recursos que quedan liberados para destinar a outros gastos". A concellaría que máis aumenta o seu orzamento é a de Xustiza Social, que inclúe 2,1 millóns para a Renda Social Municipal Así, a área municipal que máis fondos perde é Rexeneración Urbana, xa que o ano pasado incluía nas súas partidas os máis de 10 millóns para as obras da Mariña e outros 2,7 para o parque de Visma. Ademais, a concellería que máis aumenta o seu orzamento é a de Xustiza Social, que incluirá os 2,1 millóns para a Renda Social Municipal, á marxe das novas concellarías de Participación e Igualdade. En canto ao correspondente ao gasto social global, crecerá en máis de 6 millóns de euros, o que supón un incremento dun 21% respecto a 2015 e un incremento do seu peso nas contas dun 11% a case un 14%. Ademais, o gasto en políticas de medio ambiente e mobilidade tamén medran en 3 millóns, mentres que os recursos a actividades culturais e deportivas aumentan un 6%, ata os 25,37 millóns.
NOS_41851
A fiscalía considera que os danos causados na Serra do Xistral son "críticos e imposíbeis de reparar". A denuncia partiu de Adega e a empresa está vinculada á familia do ex alcalde de Ortigueira Antonio Campo (PP)
Seis anos despois de que a asociación ecoloxista Adega denunciara a actividade dunha canteira ilegal no concello de Muras vinculada á familia do ex-alcalde de Ortigueira Antonio Campo (PP), os "danos graves e críticos" ocasionados nunha zona protexida da serra do Xistral durante a extracción da cuarcita que recobre os edificios da Cidade da Cultura sentarán esta cuarta feira no banco d@s acusad@s. A Audiencia provincial de Lugo enxuíza dous socios de Pedra Natural de Muras S.L. e o director facultativo da obra polo que a fiscalía considera un dano ecolóxico "imposíbel de reparar". Antecedentes En agosto de 2007 Adega interpuxo unha denuncia contra a explotación mineira Angelita, promovida por Epifanio Campo --irmán do ex rexedor de Ortigueira-- após unha resolución da Xunta ditada en 2006 en que se lle exixía a paralización inmediata da actividade ao non contar nin con autorización nacional nin con licenza municipal. Para alén disto, as máquinas saíronse das zonas de explotación delimitadas na Declaración de Impacto Ambiental que lle concedera en 2003 a Administración Fraga, invadindo terreos do LIC (Lugar de interese comunitario) Serra do Xistral no que estaba constatada a presenza de hábitats prioritarios. Da mina Angelita saíu a cuarcita con que se recubriron os edificios do complexo 'cultural' que se ergueu no monte Gaiás. Malia carecer de permisos, en 2003 foille adxudicado o contrato para suministrar o mineral por un total de 6,6 millóns de euros: a licitación non se publicou en diarios oficiais e unicamente se presentaron dúas ofertas, unha das cales foi rexeitada porque non entregou a tempo a documentación requerida. Adega sostén tamén que Pedra Natural de Muras vendeu unha partida de cuarcita para recubrir a residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío, construída durante o mandato de Fraga.
PRAZA_16522
ENTREVISTA | Pedímoslle a María Montenegro (MMM), Luísa Ocampo (MNG) e Pilar Estévez (PFG) unha valoración da folga feminista deste xoves e a súa opinión sobre os pasos necesarios para a consecución dos obxectivos e demandas postas sobre a mesa. A elevada mobilización no 8M axudou a que moitas empresas garantisen o dereito a folga CRÓNICA: O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia O éxito do 8M obriga o PPdeG a moderar o discurso tras atacar a folga feminista como "o máis machista que se pode facer"
A elevada mobilización no 8M axudou a que moitas empresas garantisen o dereito a folga CRÓNICA: O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia O éxito do 8M obriga o PPdeG a moderar o discurso tras atacar a folga feminista como "o máis machista que se pode facer" Milleiros de mulleres galegas participaron este xoves na folga convocada polo movemento feminista. Unha folga laboral, de coidados, estudantil e de consumo que se notou nos centros de traballo e, sobre todo, nas rúas, con masivas manifestacións en todas as cidades e vilas que desbordaron mesmo as expectativas máis optimistas. Pedímoslle a María Montenegro (Marcha Mundial das Mulleres), Luísa Ocampo (Mulheres Nacionalistas Galegas) e Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega) unha valoración da mobilización deste 8 de marzo e tamén a súa opinión sobre os pasos necesarios para a consecución dos obxectivos e demandas postos sobre a mesa. Todas elas coinciden en cualificar de "éxito total" a folga e en destacar a necesidade de manter a mobilización e a unidade feminista. "Todo o mundo entendeu as reivindicacións que estaban postas sobre a mesa. E persoas que nunca se achegaran ao feminismo agora o ven como algo clave" "A manifestación do domingo pasado en Vigo fora xa un exitazo, pero nunca pensamos que os actos de onte ían ser tan multitudinarios como foron. Houbo 50 mil persoas en Vigo, pero mesmo en vilas máis pequenas a participación foi importantísima, por exemplo xuntando 3000 persoas en Burela", destaca María Montenegro (MMM). "Todo o mundo entendeu as reivindicacións que estaban postas sobre a mesa. E persoas que nunca se achegaran ao feminismo agora o ven como algo clave", di. "Foi moi emocionante", sinala Pilar Estévez (PFG). "Demostrouse, por se había algunha dúbida, que o feminismo non eramos catro tolas. Tiñamos moita razón e temos moita razón no que defendemos e isto é o que nos vai levar, teimudamente, a cambiar o mundo, para acadar unha sociedade mellor para todas", di. "Este 8 de marzo é xa un fito histórico que quedará na memoria colectivo de todas as mulleres deste país, unidas ás mulleres de todo o mundo. Fomos quen ser as protagonistas da nosa propia historia", conclúe. "Este 8 de marzo é xa un fito histórico que quedará na memoria colectivo de todas as mulleres deste país. Fomos quen ser as protagonistas da nosa propia historia" Estévez subliña que o éxito non foi casual e que é a consecuencia do traballo desenvolvido polo movemento feminista galego "durante meses". "Levamos meses impulsando esta folga xeral, facendo un chamamento a saír ás rúas, a poñer estes temas no centro do debate, a situar o problema da desigualdade nun papel protagonista", di. De igual xeito, Luísa Ocampo (MNG, integrada tamén na PFG), afirma que "o que sucedeu onte na Galiza foi un feito histórico que non só se amosou nas grandes manifestacións e no feito de que as mulleres estivemos nas rúas dende as primeiras horas da mañá, senón en todo o proceso que precedeu a esta mobilización". Ocampo fai fincapé no valor da "unidade", que se acadou "en todas as cidades agás na Coruña, no que foi un feito moi negativo", sinala. En todo caso, salienta que "conseguimos unir todas as vontades de diferentes organizacións feministas e traballar conxuntamente para que isto fose finalmente o éxito que foi. Abonda con ver as imaxes, a absoluta diversidade de mulleres que estabamos nas manifestacións, de todas as idades, de todos os sectores". "Notábase nas rúas esa fraternidade, e ese desexo que tiñamos de estar vivas, de ser libres, combativas, rebeldes e de ser, sobre todo, felices" "Notábase nas rúas esa fraternidade, e ese desexo que tiñamos de estar vivas, de ser libres, combativas, rebeldes e de ser, sobre todo, felices", di Ocampo. "Felices, porque conseguir o que se conseguiu onte custa moito". Ocampo destaca, ademais, a importancia da mobilización das mulleres xornalistas para o éxito das mobilizacións: "As mulleres xornalistas tiveron un papel moi destacado. Foi fundamental para que se vira reflectido nos medios de comunicación. Demostrouse que se os medios de comunicación apoian as loitas e, en concreto, a loita feminista, e ás mulleres lles chega a información, a resposta é inmensa". E agora que? O mundo despois do 8 de marzo "a folga de onte vai cambiar moitas cousas a nivel individual: as mulleres, as familias, todas as persoas que se achegaron ao movemento feminista estes días fixeron unha reflexión individual importante" "Estamos aínda reflexionando e valorando o que pasou onte. Ímonos reunir para falar entre todas sobre o que temos que facer a partir de agora", sinala Montenegro, que en todo caso opina que "A cousa non pode quedar aí. Algo tan grande non pode quedar na nada". "Creo que a folga de onte vai cambiar moitas cousas a nivel individual: as mulleres, as familias, todas as persoas que se achegaron ao movemento feminista estes días fixeron unha reflexión individual importante. E estes cambios individuais van axudar a que socialmente cambien algunhas cousas", sinala. "Isto non é unha perrencha dunhas horas que queda aí, queremos que se nos teña en conta. Estamos organizadas e estamos convencidas de que isto obriga a facer cambios estruturais. Temos que decidir que cambios imos demandar de maneira inmediata, cales a medio prazo e cales a longo prazo. Nós non queremos ser unha eterna oposición, queremos que as políticas se fagan dende o feminismo e que o sistema cambie. Sabemos que se pode facer, temos apoio e agora estas demandas teñen que ser escoitadas", subliña a representante da Marcha. "Os partidos e o propio Goberno vanse sumar a todo isto, porque lle van sacar rédito político. O noso papel como organizacións feministas é tentar canalizar esas actuacións", engade. Pilar Estévez, pola súa banda, di que "temos claro que debemos incidir no ámbito político" e, neste senso, "traballar na forma en que este movemento se traduce en cambios concretos". "O movemento feminista debe estar vixilante, os representantes políticos están obrigados a plasmar en leis aquelas propostas ás que se están comprometendo publicamente", afirma. "Sabemos o que é o PP. Sen unha mobilización constante, o PP non vai defender medidas as medidas que estamos esixindo. Só loitando todos os días imos conseguir cambios reais" "Foi un éxito, pero isto ten que continuar", sinala Luísa Ocampo, que afirma que "se non sabemos seguir unidas e organizadas, isto non vai ter percorrido e pode quedar en nada". "Eu creo que, efectivamente, pode haber declaracións e anuncios de medidas que son apenas papel mollado, como xa foi o famoso Pacto de Estado, que naceu sen ningún tipo de apoio a nivel orzamentario ou de persoal. Diso estamos fartas", di. "Sabemos o que é o PP. Sen unha mobilización constante, o PP non vai defender medidas as medidas que estamos esixindo. Só loitando todos os días imos conseguir cambios reais", engade. "Pero eu confío plenamente en que isto vai seguir para adiante porque seguiremos así, unidas, valentes e organizadas", conclúe. "Que as organizacións mixtas, políticas e sindicais, dean un paso para un lado e que recoñezan que o feminismo e as mulleres somos o suxeito activo desta revolución" "Que pido a partir de agora? Que as organizacións mixtas, políticas e sindicais, dean un paso para un lado e que recoñezan que o feminismo e as mulleres somos o suxeito activo desta revolución. Só así amosarán que realmente están pola liberación das mulleres. Os protagonismos non son bos en ningunha loita, pero nas loita das mulleres son o peor que pode pasar. Entre nós entendémonos, entre as mulleres, entre o feminismo, o problema é cando median intereses partidarios que buscan votos e outros réditos", reflexiona Ocampo.
NOS_46007
Durante unha cabalgata de reis.
Traballadores e traballadoras de Aluminios Cableal concentráronse diante da empresa, no Polígono do Tambre, en Compostela para exixir a readmisión dun delegado da CIG despedido por baixa por IT. Segundo denuncia o secretario comarcal de Industria de Compostela, Benedicto Blanco, o traballador foi "perseguido" por un detective privado estando de baixa e a empresa alegou para xustificar o seu despedimento "que colleu no colo a un neno de 11 meses durante a cabalgata de Reis". Para o sindicato este despedimento "é inadmisíbel" e é consecuencia "das reclamacións que o delegado viña facendo á empresa para mellorar as condicións laborais do conxunto do cadro de persoal".
NOS_58577
A taxa de positividade sobe a 28,5% con 2.899 novos contaxios.
Segundo os últimos datos publicados pola Consellaría de Sanidade, consolidados ás 18 horas do domingo, na Galiza hai 49.988 casos activos da Covid-19 (1.715 máis que na xornada anterior). Por áreas sanitarias, Vigo fica á cabeza con 11.849, seguida de Compostela-O Barbanza, con 9.297; A Coruña-Cee, con 9.065; Pontevedra-O Salnés, con 6.489; Ourense-Verín-O Barco, con 5.421; Lugo-A Mariña-Monforte, con 4.677, e Ferrol, con 3.190. Do total de persoas doentes, 53 están ingresadas na UCI (+1) e outras 331 en unidades convencionais de hospitalización (+23). As restantes permanecen nos seus domicilios baixo seguimento da Atención Primaria. Así mesmo, desde o inicio da pandemia faleceron 2.770 galegas e galegos diagnosticados coa Covid-19. Aliás, nas últimas 24 horas detectáronse 2.899 novos contaxios (-633) e practicáronse 8.240 probas PCR, cunha taxa de positividade de 28,5%. Desde o inicio desta pandemia a Galiza rexistrou 256.719 contaxiados por coronavirus, dos que 57.145 corresponden á área de Vigo; 55.572, á da Coruña; 38.368, á de Compostela; 32.456, á de Ourense; 31.046, á de Pontevedra; 26.397, á de Lugo; e 15.735, á de Ferrol. Por outra parte, segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade o pasado 30 de decembro, a incidencia acumulada a 14 días alcanzou no país os 1.408 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 1.775 de media no Estado.
NOS_29952
As primeira sentenzas contra o recorte da paga extra do ano 2013 son a favor da CIG-Ensino e obrigan a consellaría a pagar os xuros desde que se apresentou a reclamación en vía administrativa.
O Contencioso Administrativo da Coruña ditaminou a favor da CIG-Ensino no contencioso contra o recorte da paga extra ao profesorado do ano 2013. Os dous xulgados recollen no seu ditame a obriga da Consellaría de pagar os xuros legais desde que se presentou a reclamación en vía administrativa. As primeiras sentenzas que se ditaminan en Galiza seguen na liña das que recoñeceran o pagamento dunha parte da extra de Nadal de 2012, referíndose neste caso á extra de xuño de 2013. Para o sindicato nacionalista, trátase dun "comportamento absolutamente antidemocrático e irrespectuoso da Xunta co seu persoal, toda vez que o goberno galego era plenamente consciente de que a xustiza ía recoñecer o mesmo dereito que vén recoñecendo para a paga do 2012". A CIG reclamara xa na Mesa Xeral de Función Pública á Xunta que aportase a parte da paga extra de xuño de 2013, unha vez que a xustiza xa recoñecera a obriga de pagar a parte proporcional da extra de Nadal do ano anterior. "É unha auténtica irresponsabilidade e unha burla ao profesorado que cando xa existen sentenzas claras que condenan a administración galega a facer fronte ao pagamento dunha parte da paga extra, o goberno mire cara outro lado para prolongar todo o posíbel no tempo un pagamento que finalmente terá que efectuar", valoran desde o sindicato nacionalista que tamén promoverá reclamacións contra os recortes das extras de 2014.
NOS_34515
O Parlamento debate o proxecto achegado pola Xunta, que chega co único apoio do PP. O BNG pide a devolución do texto por ser "desnecesario e nesgado" en relación coa norma aínda vixente, aprobada polo bipartito en 2008
O Pleno do Parlamento galego debate esta terza feira o proxecto de Lei de Vivenda, que chegou á Cámara co único apoio do PP. A norma, que presentou o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vén substituír a aprobada en 2008 polo goberno bipartito. Desde o BNG, Isabel Sánchez defendeu a devolución deste texto por consideralo "desnecesario e nesgado", priorizando "os intereses das empresas promotoras" por riba do dereito constitucional a unha vivenda digna. O proxecto da Xunta reduce até un 50% as sancións ás promotoras nos supostos de incumprimento da lei Así, o proxecto que aprobou o Consello da Xunta o 19 de abril reduce á metade as sancións ás promotoras nos supostos de incumprimento da lei, baixo o argumento de que é "máis axustado" á normativa sobre esta materia que está vixente noutras comunidades. Nas táboas, o máximo das multas leves pasa de 6.000 a 3.000 euros; as graves, de 60.000 a 30.000; e as moi graves baixan do millón a 600.000 euros. O mínimo mantense para as sancións leves, e redúcese de 6.000 a 3.000 euros nas graves e de 60.000 a 30.000 nas consideradas moi graves. Seguindo coa análise da norma, a deputada nacionalista criticou especialmente durante o debate que "nun momento de crise como o actual" a nova lei non aborde "en ningún punto" os desafiuzamentos nin a promoción do aluguer entre as persoas con menos renda e entre a mocidade. Por iso, a xuízo de Sánchez, a proposta da Xunta é "un documento inútil para resolver os verdadeiros problemas da vivenda en Galiza". Isabel Sánchez: "A nova lei é un documento inútil para resolver os verdadeiros problemas da vivenda en Galiza" O BNG entende que a "preocupación real" do Goberno galego á hora de achegar esta proposta é "dar saída á estocaxe de vivendas baleiras de promotores e bancos", mais sen abaratar os prezos e sen promocionar o aluguer. Nesta liña, e cuestionando desde a propia letra da lei o compromiso anunciado pola Xunta de favorecer a vivenda protexida, o proxecto debatido no Parlamento prevé unha redución da reserva de solo para este tipo de construcións, baixando do 40% que previu o bipartito para os concellos de máis de 20.000 habitantes até o 30% que fixa agora esta norma. "E unha vez aplicadas as excepcións pode reducirse aínda máis, por baixo do 10%, nos concellos de máis de 5.000 habitantes", tal e como fixo constar a deputada Isabel Sánchez. Proponse unha redución do 40% ao 30% da reserva de solo destinado a vivenda protexida, e a porcentaxe pode ser menor aínda ao aplicar excepcións Botando man do texto, na disposición adicional sétima sinálase que os municipios poderán saír dese 30% para "adecuarse á demanda potencial" valéndose do Rexistro de Demandantes da Xunta. Trátase de multiplicar por 10 o número de persoas inscritas e dividilo entre o total de habitantes do concello. Falando en termos porcentuais, o mínimo obrigatorio nos 22 concellos de máis de 20.000 veciñ@s será un 64% máis baixo que coa lei actualmente vixente. Tal e como denuncian desde o BNG, o único concello que se achegaría ao 30% de reserva de solo para vivenda protexida é Vigo. En Compostela baixaría até o 18,37% e na Coruña até o 15,91%. Do resto da Galiza, unicamente Lugo e Ames superarían a barreira do 10% de pisos a prezo taxado sobre o total de inmóbeis. "Se se reduce a reserva de solo, dificilmente se pode ampliar a oferta", ironizou Sánchez, quen alertou de que, para alén da cantidade, "a nova lei tamén rebaixa a calidade", xa que a superficie máxima baixa dos 140 metros cadrados aos 120 e elimínase a exixencia dunha superficie mínima, fixada até o de agora en 40 metros cadrados. Na súa intervención, a nacionalista advertiu tamén de que este proxecto de lei vai contribuír "aínda máis ao deterioro nas políticas de vivenda", cunha rebaixa acumulada no orzamento de 283 millóns de euros, "60 millóns inexecutados só no último exercicio" e "parálise" dos programas de vivenda e rehabilitación, mentres se aproban "importantes" rebaixas fiscais para a compra de segunda ou terceira vivenda "sen importar o nível de renda".
NOS_2247
Máis da metade das mulleres que habitan na Galiza viven no rural. Mulleres traballadoras, nais, fillas, irmás, coidadoras, emprendedoras e profesionais que loitan por derrubar o muro da invisibilidade mais tamén por borrar as dificultades de acceso á terra, vivenda ou transporte coas que baten a diario. O abandono, o illamento e os problemas de accesibilidade resumen as carencias dun territorio que reclama igualdade, recoñecemento e servizos. No Día Internacional da Muller Rural, mulleres de todas as idades e perfís urxen políticas específicas que garantan a vida e o futuro do medio rural.
Segundo o último padrón municipal de habitantes, correspondente ao ano 2020, divulgado polo Instituto Galego de Estatística, na Galiza habitan 2.701.819 persoas, das cales 1.401.666 son mulleres. Destas, 51,58% viven no rural, sinala a Nós Diario Verónica Marcos, presidenta de Fademur, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza, que conta con perto de 70 organizacións locais e comarcais dedicadas á loita pola igualdade e o progreso das mulleres no medio rural. Un rural que vai a menos, salienta. "Cada vez con menos servizos. Menos médicos, menos colexios, menos bancos". O declive que describe Marcos é consecuencia do abandono, máis grave por parte das institucións que da propia cidadanía, apremada a facer a maleta e marchar ante a falta de alternativas de vida. A presidenta de Fademur pon como exemplo o seu propio concello, As Nogais, na comarca dos Ancares. "Teño médico só tres días á semana. A oficina de Abanca fechou. E o colexio, practicamente é unha escola unitaria porque o alumnado de Primaria viuse reducido a dúas aulas, todo xunto". E como o seu concello, di, hai outros moitos na redonda e noutras comarcas galegas, que día a día ven empeorar as condicións da vida rural. "É como se te estivesen botando"a forza de dificultar o acceso a "dereitos e servizos esenciais cos que conta a xente que vive en contornos urbanos", conclúe Verónica Marcos. Transporte, vivenda, acceso a internet e a telefonía fixa, servizos de conciliación e coidados. Son algunhas das carencias que afecta sobre todo ás mulleres, tradicionalmente invisíbeis, pouco representadas e con escaso poder de decisión nun ámbito moi masculinizado. Sempre presentes, mais invisíbeis A experiencia de Ana Corredoria, gandeira e propietaria da granxa de leite ecolóxico A Cernada, en Palas de Rei, resume as eivas e as oportunidades que representa o rural. Naceu e criouse na comarca da Ulloa, sempre vinculada ao sector agrogandeiro. O que hoxe é o seu proxecto vital e profesional, foi, no seu momento, o proxecto de seus pais. Estudou Bioloxía na USC e regresou á casa coa idea de darlle continuidade a esa iniciativa gandeira ligada á transformación e comercialización de produtos lácteos. "O que a min me atraía do traballo de meus pais era o concepto de valor en orixe", ligado ao territorio. "A realidade que atopei cando asumín a dirección da granxa, en 2014, foi a dun rural e a dun sector moi masculinizado. Sendo as mulleres 50% da man de obra non tiñamos unha representación equivalente alí onde se toman decisións nin alí onde se dirixe o rumbo das nosas vidas". Alí onde a voz ten voto, recalca Corredoira, hai unha ausencia case total "da perspectiva, demanda e realidade das mulleres" que urxe un traballo de comunicación e empoderamento que bate de cheo con outra dificultade: ser visíbel. "Sempre estivemos aí, pero sempre suxeitas a ese traballo de portas para dentro. E sendo profesionais como somos no noso sector, porque sempre asumimos a maior parte das cargas de traballo, esa compoñente experta non se desenvolveu e xerou un problema de autoestima que fai que moitas mulleres, por exemplo, da xeración de miña nai, non se sintan capaces de facer moitas tarefas cando levan anos asumindo outras moitas ben máis difíciles". As mulleres son quen máis padecen a destrución de servizos no contorno rural e as que máis cargas aceptan en termos de coidados, aclara Ana Corredoira. Tamén as que máis ven condicionada a súa vida pola necesidade de conciliación da súa vida familiar e profesional. Por iso fai un chamamento á "sororidade" das mulleres rurais. "É o que nos fai máis poderosas en termos emocionais mais tamén con vistas a construír redes que nos permitan sacar adiante proxectos concretos e asumir outras responsabilidades que nos fagan ter máis peso na sociedade". Dificultades para vivir Ese obxectivo pasa polo rural, polo desenvolvemento do territorio mais de quen o ocupa. Neste sentido, Corredoira defende as vantaxes dese "rural bucólico e literario" que se adoita difundir: calma, paz, tranquilidade. "Todo iso é real, pero non pode converterse nunha cortina de fume que oculte a realidade de vivir no rural", deficitario de moitos servizos e elementos habituais no contorno urbano. Neste sentido, unha das cousas que máis limita á xente moza que se quere estabelecer no rural, advirte, é a posibilidade de "nos desenvolver a nivel persoal. E as mulleres somos máis conscientes desa realidade ante o feche continuado de escolas ou servizos de pediatría e a maior dificultade de acceder a unha rede de coidados". A gandeira fala directamente dun problema "para vivir" no rural. "E se é difícil vivir nese contorno vai ser moi difícil traballar e moito máis complicado emprender". Emprender no rural As empresas que se asentan no rural están en desvantaxe competitiva fronte ás que se instalan en vilas ou cidades. Desde os accesos máis básicos, por estrada, até as conexións por internet ou telefonía. "Se emprendes nun polígono industrial ou arredor dunha cidade vas ter vantaxes que non tes nunha aldea, moitas veces sen potencia de luz suficiente e sen acceso a internet", afirma Verónica Marcos, quen estima en 144.000 as familias galegas do rural sen conexión dixital. "E se a tes é máis cara e de peor calidade". "Nós mesmas estivemos sen teléfono fixo a semana pasada e levamos moito tempo padecendo este problema na nosa fábrica, unha limitación constante para a que non temos solucións reais, que non sexas parches temporais", rememora Ana Corredoira. Neste sentido, como tamén advirte Marcos, a gandeira da Ulloa asegura que o problema da Galiza e da España rurais "non é de baleirado, senón de abandono institucional e administrativo progresivo e silencioso". "Non é agresivo, porque ninguén nos obriga a deixalo, pero sen as ferramentas, os servizos e todos os elementos necesarios para nos desenvolver no territorio, o territorio abandónase". Silvina Muñoz chegou a Xaviña, na Costa da Morte, de forma fortuíta. Naceu en Mendoza, Arxentina e leva unha década na Galiza. Despois de dous anos en Compostela instalouse en Camariñas onde formou a súa familia e puxo en marcha Algareira, un obradoiro artesanal de repostería especializado en intolerancias. "É complicado", resume. "Sobre todo, saír adiante sen axudas directas que non te obriguen a endebedarte, e coas dificultades que implica ganar visibilidade desde un mercado local, sen moitas máis xente de paso que a propia comunidade". Nela recoñece un apoio necesario, ás veces insuficiente, ao que suma o alento de Fademur, "emocional e de formación" mais o propio esforzo por transformar as eivas e as propias queixas en oportunidades de negocio cara ao exterior. "No futuro gustaríame seguir aquí, pero con melloras, con servizos reais e máis posibilidades de progresar". Igualdade Tamén en materia de igualdade. Desde a Marcha Mundial das Mulleres, Ximena González advirte das eivas en prevención e acompañamento en caso de violencia machista e destaca as dificultades que teñen as mulleres do rural para acceder a calquera tipo de recurso que lles permita "saír dese círculo e alcanzar certa autonomía económica". Máis nun rural que perde servizos a gran velocidade. "A saúde das mulleres periga cando a Atención Primaria cambalea", di González antes de censurar a falta de políticas pensadas desde o propio territorio. Pon como exemplo a conciliación, "que se entende no rural igual que nas cidades, cando non ten nada que ver". A situación do rural, a dispersión, o avellentamento e a chegada de persoas mais novas para se asentar non poden responder á mesma lóxica nin ás mesmas políticas públicas que se conciben para as cidades, e aí sinala "un especial desleixo por parte das Administracións que non pensan políticas específicas para as mulleres do rural. Seguramente porque non falan nin contan con elas para saber das súas necesidades reais". Neste sentido, conclúe Ana Corredoira, "o gran obxectivo é traballar para as persoas e traballar desde o territorio. Debemos coñecer que acontece para poder lexislar e tomar decisións, e darlle prioridade ás persoas asentadas no rural que traballan no rural". Un obxectivo, di, que pide fuxir de políticas centralizadas que asimilan o medio rural e o urbano sen atender os retos dispares de ocupación e acceso á terra e aos servizos.
NOS_20088
Profesionais tanto da sanidade primaria como da especializada piden reforzar e ordenar a loita contra o coronavirus ante as complicacións asociadas á chegada do inverno. A gripe e as infeccións respiratorias estacionais convivirán coa Covid-19.
A curva de contaxios por coronavirunas na Galiza segue en ascenso. A detección de novos positivos aumenta e desde hai varios días supera o limiar dos cen casos diarios, segundo revelan os datos divulgados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade. A área sanitaria da Coruña é que máis contribúe a este incremento que a comunidade médica observa con preocupación. Sociedades científicas do Estado español emitiron un comunicado conxunto para advertir de que as medidas que se están tomando non son suficientes para controlar a transmisión da infección, polo que exixen solucións novas "coordinadas, rápidas e eficaces" entre todas as Administracións. De continuar esta tendencia, "existe unha alta probabilidade de volver a enfrontarnos a situacións asistenciais tan graves" como as que se deron no pasado, durante o estado de alarma. Aumento de ingresos e falecementos Desde a Galiza, o presidente do Colexio de Médicos de Ourense e portavoz da Sociedade Galega de Medicina Interna, José Luis Jiménez, defende que, malia ser desigual, existe un "aumento obxectivo" de novos casos de Covid-19 que nunhas semanas "se vai traducir nun incremento de ingresos hospitalarios, de ingresos en Unidades de Coidados Intensivos e posibelmente de falecementos". Estase demonizando a mocidade de forma inxunta. "A correlación non vai ser tan explosiva como en marzo ou abril", porque o perfil dos casos que se descobren agora mudou. Fanse máis probas e diagnostícanse máis persoas novas que antes non se detectaban aínda que probabelmente xa estivesen na base da transmisión comunitaria. Neste sentido, non cre que se volva producir un colapso do sistema como o que se deu durante a primeira onda da pandemia "pero si haberá unha suba significativa da demanda que vai coller o sanitarios bastante cansos". Toca hibernar a vida social A sociedade, asegura, respondeu de forma bastante razoábel. "Creo que neste momento se está demonizando a mocidade de maneira inxusta, porque o incremento de novos contaxios vén do aumento da relación social de todos da poboación en todas as súas facetas", o que inclúe a vida familiar, as amizades e mesmo actividades económicas puntuais que "teñen máis difícil o cumprimento da distancia de seguridade interpersoal". A sociedade ten que entender que hai que hibernar a vida social. A mellor medida para minimizar a posibilidade de contactos. Jiménez, médico internista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, defende que é o momento de facer máis para suplir as carencias do que se deixou de facer. "A sociedade ten que entender que hai que hibernar a vida social. Adiar todo o prescindíbel e restrinxir as relacións ao ámbito de convivencia máis próximo". A mellor medida para minimizar a posibilidade de contactos. Ás Administración públicas reclámalles o cumprimento daquilo que se decreta, os cambios necesarios para aplicar as medidas necesarias en cada territorio en función da súa situación epidemiolóxica e maior transparencia á hora de comunicar os datos que explican a realidade. Escaseza de recursos e organización "Após a ampliación de contrato ao colectivo médico que acababa a súa especialidade non se investiu máis no incremento de profesionais", lembra José Luis Jiménez, quen avoga por ordenar o traballo cos recursos que hai para anticiparse ás complicacións que vai traer a chegada do inverno, coa gripe, as infeccións respiratorias estacionais e a Covid-19. Toda patoloxía respiratoria vai ser clínica compatíbel coa Covid-19. Cómpren equipos específicos de atención á patoloxía respiratoria. Nalgúns casos vai ser difícil saber de que se trata. Imos precisar máis tempo e máis probas, sobre todo en Atención Primaria (AP) que talvez necesite dispoñer das tardes, "mais haberá que ordenar esa asistencia e pagala mellor". Campaña de vacinación antigripal Alvaro Carrera, presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec), reclama un "reforzo extraordinario de enfermeiras para AP garantindo unha dotación do 120% para a campaña da vacinación antigripal". A finalidade, di, é aumentar as taxas de vacinación e evitar aglomeracións nos centros de saúde, para o que apunta a posibilidade de recorrer a centros comunitarios "seguros" e de incrementar a vacinación a domicilio "captando o grupo familiar". Carrera tamén fai fincapé nos complicacións asociadas ao inverno. Así, cre conveniente reforzar os centros de saúde para dispoñer "de equipos específicos de atención á patoloxía respiratoria, xa que toda patoloxía respiratoria vai presentar unha clínica compatíbel coa Covid-19". Avecíñase unha crise de coidados tanto no ámbito familiar como no comunitario e sociosanitario. A maiores, defende a dotación estrutural de enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria, necesarias para liderar "o afrontamento da crise de coidados que se aveciña, tanto no ámbito familiar, como no comunitario e sociosanitario". Labores de rastrexo Desde a Agefec tamén se suman á solicitude de información máis detallada sobre a estrutura e funcionamento do sistema de rastrexo na Atención Primaria. "Cómpre unha integración funcional dos equipos de Saúde Pública coa Atención Primaria para mellorar a comunicación e corroborar a efectividade da busca de contactos" afirma, cuxo liderado deberían asumir as enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria. "Teñen maior capacidade de resposta ás inquedanzas dos contactos e acceso directo á súa historia de saúde, o que facilita respostas concretas ás súas necesidades". Unha demanda xeral que comparte o presidente do Colexio de Médicos de Ourense. "Temos moi pouca información sobre as tarefas de rastrexo, falta transparencia e coordinación, para que os médicos de AP saiban non só dos casos activos, senón tamén dos seus contactos estreitos, unha información que descoñecen salvo que a súa PCR resulte positiva".
PRAZA_19514
"Non vai haber ningún cambio na política de transportes", asegura o presidente.
"Non vai haber ningún cambio na política de transportes", asegura o presidente Xusto un ano despois de que o Tribunal Supremo anulase a prórroga xeral das concesións de autobuses de liña regular que o Goberno de Feijóo impulsara en 2009, este xoves o presidente galego anunciou o nomeamento dun novo director xeral de Mobilidade, o cuarto nos últimos tres anos e medio. Ignacio Maestro Saavedra, enxeñeiro con experiencia en materia de augas, será o responsable de organizar o novo concurso anunciado pola Xunta no que se aproveitará para reestruturar as liñas de transporte interurbano e facer máis racionais as preto de 150 concesións existentes en Galicia. Bugarín, experto en ferrocarrís, foi substituído en setembro de 2013 por Camino Triguero, que fora xerente do Xacobeo, e esta á súa vez un ano máis tarde por Helena de Lucas, enxeñeira aeronáutica O primeiro director xeral de Mobilidade dos gobernos de Feijóo foi Miguel Rodríguez Bugarín, enxeñeiro experto en ferrocarrís. Permaneceu no cargo máis de catro anos, ata setembro de 2013, pero nesa data decidiu volver ao seu posto de docente na Universidade da Coruña. Desde aquel momento, hai tres anos e medio, pola dirección xeral pasaron xa outras tres persoas. A Bugarín substituíno en setembro de 2013 Camino Triguero, licenciada en Económicas e xerente do Xacobeo antes do seu nomeamento como responsable de Mobilidade. Durou un ano, e en setembro de 2014 foi reemplazada por Helena de Lucas, enxeñeira aeronáutica. O nomeamento de Maestro Saavedra foi presentado por Feijóo este xoves como a "promoción dun subdirector" que, segundo o presidente, "coñece perfectamente a dirección xeral". O novo alto cargo, efectivamente, era ata o de agora subdirector xeral de Planificación Técnica no departamento de Transportes, pero chegou alí hai tan só sete meses logo de desenvolver boa parte da súa carreira profesional en diversos postos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Segundo Feijóo, o seu nomeamento prodúcese, ademais, obrigado pola "renuncia" por "motivos persoais" da súa antecesora. Pero matizando a continuación que "se algún conselleiro quere cambiar algún director xeral, está no seu dereito". [A navegación polo gráfico pode realizarse pinchando nas liñas ou abrindo un listado na parte superior esquerda. Nas vermellas a Xunta facilita os seus ingresos e están ordenadas segundo ese importe. Concentran o groso da reforma concesional. As negras son o resto de concesións existentes desde 2005] O novo director xeral de Mobilidade deberá afrontar nos próximos meses un dos maiores cambios no transporte público por estrada das últimas décadas. En 2009 o PP, coa abstención do PSOE, aprobou unha lei urxente pola que renovou dez anos as preto de 150 concesións de transporte público por estrada de Galicia, moitas das cales estaban a piques de caducar, a cambio de que as empresas introduciran progresivamente diversas melloras nos seus servizos e rebaixasen un 7% o custo do transporte escolar. Porén, en marzo do ano pasado o Tribunal Supremo anulou 129 desas prórrogas por contravir a normativa europea que impide medidas xerais dese tipo. A Xunta está obrigada agora a volver adxudicar a maioría das concesións, un proceso que o Goberno galego vén demorando ao tempo que quere aproveitar para reestruturar boa parte das liñas, deseñadas en diferentes momentos do século XX, para adaptalas ás realidades demográficas actuais. Segundo Feijóo, a remuda á fronte da dirección xeral "non vai supor ningunha demora" nese proceso e "non vai haber ningún cambio na política de transportes, ao contrario, hai que cumprir as sentenzas". Este xoves, boa parte do sector do transporte de viaxeiros por estrada estaba congregado nun hotel de Santiago nunhas xornadas técnicas ás que tamén asistiu a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que nada informou aos profesionais na súa intervención sobre a remuda á fronte da dirección xeral.
PRAZA_15672
Oslo revisa o caso dos milleiros de traballadores que cotizaron durante anos e non recibiron pensión ningunha e dará unha resposta nos vindeiros días. Un acordo bilateral entre o país nórdico e o Estado paralizaría a vía xudicial que manteñen aberta os afectados.
Unha nova fiestra de esperanza ábreselles aos milleiros de ex mariñeiros galegos en Noruega que pelexan polo cobra das súas pensións tras décadas ocupados no país nórdico. Logo da última das ducias de mobilizacións realizadas, desta vez en Compostela o pasado xoves, a asociación que agrupa este colectivo -Long Hope- agarda que se poida chegar a un acordo bilateral entre España e o Estado noruegués que permita paralizar unha vía xudicial na que tamén están moi confiados. Os cambios no Goberno noruegués provocan que acepte revisar un caso que dera por pechado e abra a vía do acordo bilateral Os cambios no Goberno noruegués provocan que este novo Executivo estea disposto a revisar o caso que antes daban por liquidado, malia que fora tratado en varias instancias como o Defensor do Pobo. A sociedade nórdica coñece xa unha problemática que antes ficaba agochada e o gabinete da primeira minstra, Erna Solberg, está disposto a reconsideralo. Así, o Goberno de Noruega transmitiulle a Long Hope que dará unha resposta "nos inicios do mes de xaneiro de 2016", tal e como confirma Øivind Østberg, avogado do colectivo que leva a demanda presentada contra o país nórdico e que ten previsto acabar no Tribunal de Dereitos Humanos. O letrado será quen reciba a comunicación do Estado noruegués. "O cambio no goberno e de ministros non ten importancia desde o punto de vista político, pero é doado pensar que é menos complicado para un novo ministro cambiar a posición que defendía o seu predecesor", confirma o avogado a Praza, que asegura "non saber nada de posibles acordos bilaterais" e que "tan só queda esperar". O avogado noruegués dos mariñeiros asume que o seu país "ten menos difícil cambiar agora a posición" que mantiña Ademais, achégase a data na que se presentarán as conclusións da vista celebrada en Estrasburgo pola negativa de Holanda a conceder pensión a traballadores de Austria que cotizaran naquel país. De ser o caso favorable aos austriacos o vindeiro 4 de febrero, o Goberno español -personado como parte- xa prometera empregar esta resolución para exixir a Noruega que resolva o caso dos mariñeiros galegos e devolva os impostos cobrados. Desde Long Hope aseguran que, de non saír adiante ningunha destas alternativas, non darán "nin un paso atrás" e irán "dereitos ao xulgado". "O noso caso é moi sólido xuridicamente e manteño o optimismo", insiste Øivind Østberg, que aclara que "de recibir unha resposta negativa", está "listo" para continuar coa vía xudicial ata o final. O voceiro de Long Hope, Alberto Paz, insiste na mesma idea e mantén a súa crítica ao actual Goberno do Estado e á Xunta "por non defender os seus nacionais". Pelexan pola inxusta situación que sofren arredor de 10.000 mariñeiros galegos e as súas familias, que loitan polo cobro das súas pensións. Son ex traballadores da mariña mercante que pasaron longas tempadas traballando en barcos de Noruega e que pagaron elevados impostos a Oslo, pero que agora, despois de retirados, ven como non perciben nada en forma de pensión de xubilación malia estar empregados con contratos legais e logo de pagar elevadas cotizacións sociais de ata o 45% do soldo, uns 520 millóns de euros en impostos. O Goberno noruegués rexeita o pagamento destas pensións argumentando que os mariñeiros non eran emigrantes ao non estar traballando fisicamente en terra, malia que si pagaban impostos e as súas empresas tiñan a sede no país nórdico. O problema afecta a todos aqueles mariños mercantes que traballaron para compañías de Noruega entre 1952 e 1994, ano no que o Estado se incorporou ao espazo económico da UE e regularizou unha situación da que quedaron fóra milleiros de españois. Segundo a asociación de mariños Long Hope, asociación que xunta os afectados, serían 12.000 os mariñeiros con dereito a estas pensións en toda España e deles, máis do 80% serían galegos.
NOS_25132
Con máis de cincuenta montaxes teatrais no seu haber e case cincuenta anos sobre as táboas, Luma Gómez recibiu o Premio de Honor da Fundación AISGE a unha traxectoria. A actriz Isabel Blanco destacou na entrega que Gómez "representa a máis pura nobreza do teatro galego" e describiuna como "Unha dama da escena que deixa un ronsel moi importante no seu percorrido vital". Mais a súa tamén é unha biografía de loita pola dignidade do teatro galego, pola consecución dos mínimos imprescindíbeis cos que o país se dotou para ter un teatro cunha identidade propia.
—Como recibe este premio a toda unha carreira despois de tantos anos de profesión e de loita? Un premio a toda unha traxectoria sempre é unha alegría. Un recoñecemento que, por outra banda, tampouco esperaba, así que resulta estupendo. —Co trixésimo aniversario da compañía Teatro do Noroeste xa houbo unha homenaxe á traxectoria da compañía, mais vostede xa comezara no teatro moito antes. Aquel recoñecemento por parte de Escena Galega [a asociación de compañía da Galiza] foi unha homenaxe a Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, tres das compañías pioneiras que comezamos co teatro profesional na Galiza. Supoño que foi un recoñecemento á xeración dos que comezamos con todo isto. —Vostede comezou no teatro afeccionado en Ferrol e logo foi, xunto con Eduardo Alonso a Madrid, onde puideron vivir en primeira persoa a eclosión do teatro independente. Si, primeiro na compañía Teatro Zoo, xunto con Eduardo, e logo eu pasei pola compañía La Picota. Foi un momento en que na Galiza apenas había oportunidade de facer teatro e na que en Madrid comezaban a moverse moitas cousas no teatro universitario, no teatro independente... O teatro comercial era menos interesante pola censura. Foi unha época moi fértil no mundo teatral, o nacemento dun movemento que cambiou todo, que logrou desenvolverse á marxe do teatro comercial, e que deixou un selo importante. —Despois daquela experiencia, volven á Galiza e participan no nacemento do teatro profesional, xunto con Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo e moitos dos que foran a Madrid a ver como funcionaba alí o teatro independente: Xulio Lago, Antonio Simón, Dorotea Bárcena... Si, en realidade eu quería volver porque Madrid, sen diñeiro, ten todos os inconvenientes dunha gran cidade e ningunha das vantaxes. E nós viviamos un pouco na bohemia e, ao final, quedábanos pouco tempo para o teatro. Daquela, á volta de Madrid, decidimos crear unha compañía de teatro profesional. Vidal Bolaño e Laura Ponte xa estaban aquí traballando nesa dirección, con Teatro Antroido, cos que comezamos a colaborar. A compañía Troula tamén quería dar o paso cara á profesionalización, igual que a Escola Dramática Galega de Manuel Lourenzo. Foi unha decisión colectiva á que se foi sumando xente. —Naquel momento, a creación do teatro profesional estaba moi ligada á idea dun teatro nacional. Existía un proxecto político de país. Claro, desde o primeiro momento nos queriamos conseguir o que daquela chamabamos "normalización teatral": que houbese un circuíto nacional onde representar as obras, que se desen axudas á creación... Algo que hoxe parece normal pero que naquela altura non o era en absoluto. Lembro que nun momento dado, antes incluso da autonomía, xa lle presentaramos ao Ministerio de Cultura un proxecto de compañía estábel que contemplaba cousas como a formación, a programación... Puñamos enriba da mesa todos os temas que despois foron aparecendo no debate sobre o teatro na Galiza. Tiñamos na cabeza as necesidades do país e tiñamos propostas para cubrilas, mais non era fácil convencer á administración. Pouco a pouco fomos conseguindo cousas; se cadra demasiado pouco a pouco, pero as nosas reivindicacións foron converténdose en realidade: hoxe hai axudas –escasas, pero hainas–, o Centro Dramático Galego [CDG] segue aí, creouse a Escola de Arte Dramática [ESAD]... Todo iso forma parte do deseño que tiñamos e que fomos arrincando das administracións. —Todo ese proceso está marcado por unha loita constante contra a administración que nunca sentiu a necesidade de ter un sistema teatral propio, ao contrario do que pasou en Euskadi ou Cataluña. Peso moito esa sensación de que a administración sempre está en contra? A verdade é que si. Aquí, exceptuando breves períodos, sempre gobernou un PP posicionado en contra de todo ese proceso, ou polo menos, pouco entusiasta con el. A idea de fortalecer a identidade nacional, o país, a través da lingua e da cultura propias nunca formou parte do programa de goberno, como ocorreu en Cataluña e en Euskadi. A nosa, efectivamente, foi unha loita por ir arrincando á forza concesións dun poder que se manifestaba en contra. E dalgunha maneira, tristemente, as cousas continúan igual: segue habendo que pelexar cada mellora. —Había un proxecto estético, un proxecto político, unha idea de país. Cre que segue existindo ese proxecto no teatro galego? Creo que non da mesma maneira, que a conciencia non é tan enérxica. Tamén hai que dicir que a realidade é moi distinta: naquel momento non había nada de nada, había que crealo todo. Mais creo que as novas xeracións tampouco se preguntan moito de onde vén todo o que teñen. Creo que se descoñece a historia interna do teatro galego. Algunhas veces teño comentado con persoas da Escola de Arte Dramática que se debería falar dese tema co alumnado, que deberían saber de onde vén o teatro do seu país. Creo que nese sentido hai moitas carencias e que, en consecuencia, hai moita dispersión nas reivindicacións do sector. Agora mesmo, as reclamacións fanse a través das asociacións profesionais, pero observo máis individualismo, menos conciencia colectiva de país. —Ese descoñecemento da historia leva a pasar por alto algúns fitos que deberían ser máis coñecidos como a creación de Teatro do Malbarate, unha compañía de declarada orientación feminista da que vostede estivo a punto de formar parte e que levou a cabo montaxes moi adiantadas á súa época. Ao final quedaron só Mabel Rivera, Rosa Álvarez e Marisa Soto, mais cando se argallou a creación de Teatro do Malbarate debiamos ser cinco ou seis persoas as implicadas. Eu decidín quedar con Teatro do Noroeste pero é certo que a formulación daquela compañía era claramente feminista. E si, esa parte da historia é moi descoñecida mais demostra que o teatro galego estivo en todas as loitas mesmo cando non eran tan populares como agora. —Teatro do Malbarate e Teatro do Noroeste coproduciron Galicia S.L., unha montaxe dunhas dimensións moi grandes para a época pero que mesmo agora sería case imposíbel levar a cabo. Nela, invitaron a moitos autores a escribir sketchs, algo que se converteu nunha marca de identidade de Noroeste, que sempre tratou de poñer en escena textos galegos contemporáneos. Si, ese sempre foi un dos nosos obxectivos: por unha banda, facer en galego textos do teatro universal de todas as épocas –Shakespeare, Brecht, Camus– e pola outra, invitar a autores galegos contemporáneos, aínda que non sexan dramaturgos, como Miguel Anxo Murado ou Suso de Toro. Hai que ter en conta que nós asegurámoslles que a obra vai ser montada e estreada, que non vai quedar nun caixón, e iso estimúlaos máis a entrar na escrita teatral. —Antes falaba do CDG, que foi unha das primeiras conquistas do teatro galego. Como ve a súa evolución e o estado actual dun Centro que perdeu a relevancia que tiña dentro do sistema? Pois véxoo con preocupación. Tirando dunha expresión que se empregou moito, o CDG foi o buque insignia do teatro do país. Tratábase de que o Centro producise espectáculos que as compañías privadas non podían permitirse. Producíanse obras cunha vintena de actores e actrices, con medios técnicos que as compañías non podiamos pagar… Agora contrátanse vinte e dous actores e actrices para toda a temporada. A verdade é que non sei como vai evolucionar: teño esperanza de que se reconduza a situación, de que se reorganice e que reapareza na vida teatral do país dun xeito máis sólido e máis decidido. Mais o presente é bastante escuro. —Vimos duns anos no que o CDG se viu inmerso en grandes polémicas, entre outras cousas polos procesos de selección de actores e actrices. A estas polémicas seguíronlle outras polos cambios nas condicións para a concesión de axudas, nas que xa deixaron de contar a experiencia de actores e actrices e a das compañías. Ten a sensación de que as xeracións máis veteranas do teatro galego deixaron de contar para a administración? Nós sempre defendemos que debe valorarse a experiencia, que os anos de rodaxe son fundamentais para a profesión teatral. E daquela, seguimos loitando porque esa capacidade teña un encaixe na concesión de axudas. Os procesos administrativos como a concesión de axudas hai que negocialos cada ano e ir mellorando. Para avanzar hai que negociar. Hai dous anos conseguiuse que se concedesen axudas a dous anos vista, para facilitar a estabilidade das compañías: é un avance que hai que consolidar. Temos que ter unha perspectiva ampla do que debe ser o teatro: non podemos conformarnos con pedir diñeiro cada ano para ir montando espectáculos. —Nese sentido, obsérvase unha certa distancia entre as compañías máis nova e as máis veteranas. Como ve agora esta cuestión, tendo en conta que Teatro do Noroeste foi pioneira en montar espectáculos co alumnado da ESAD con aquela versión de 2007 de Romeo e Xulieta? Daquela, Eduardo Alonso daba clase na ESAD e viu a necesidade de que unha parte do alumnado que destacaba puidese entrar no circuíto profesional. Pensou que se precisaba xente nova e comezou a traballar co alumnado da ESAD e doutras escolas como a de Manuel Lourenzo da Coruña, Casahamlet, ou a de Santiago, Espazo Aberto. Foi unha experiencia moi agradábel na que puiden comprobar a profesionalidade coa que se manexan as novas xeracións. —Durante un tempo esa convivencia entre diferentes xeracións nun mesmo espectáculo non foi algo corrente. Non, pero creo que agora esa fase está superada e que cada vez se montan máis obras nas que se xuntan persoas de moitas idades diferentes. Desas experiencias aprendemos todos. En teatro do Noroeste seguimos traballando con moitas persoas de aquel alumnado que agora xa son profesionais cun currículo extenso. —Que diferenzas nota na formación duns e doutros? Porque na súa xeración –aínda que vostede estivo nunha escola de arte dramática– tiveron que ir tirando de cursos e da pura experiencia. As primeiras xeracións do teatro galego formáronse diante do público. A base de lecturas e de cursos e poñéndose diante dunha audiencia. Nese sentido creo que conviría poñer en valor a práctica, a experiencia profesional. Eu pasei por dúas escolas de arte dramático e fun sacando os estudos por libre, mais eu xa tiña moita experiencia no teatro e iso deume moitas facilidades e resolveume moitos problemas. Creo que cantos máis coñecementos teóricos teñas, mellor, pero que a práctica é, ao final, o que dá a medida dun profesional. —Nese sentido, o ensino na Galiza non conta tanto cos profesionais con experiencia, ao contrario que en Portugal, onde as escolas organizan moitas actividades con elas –con directores, actores, escenógrafos...– para que o alumnado coñeza de primeira man a práctica profesional do teatro. Non, non se está facendo iso. Existen algúns casos illados, pero non está establecido nin regrado. E creo que sería de grande utilidade para as novas xeracións. —A propósito de Portugal, vostede tamén participou nos moitos intentos que houbo de lograr unha maior cooperación co teatro luso, que sempre pareceu a saída máis natural para o teatro galego. Non obstante, ningunha das iniciativas acabou de callar, semella que sempre se está empezando desde cero. Si, nós tivemos algunhas experiencias, mais creo que naquela altura, a nosa xeración non soubo ver a rendibilidade das coproducións. Non fomos capaces de ver a utilidade que tiña para crear lazos reais entre os dous teatros. E quizais teriamos que explotar máis ese camiño. Tentámolo por outros camiños, coa creación de foros de debate como o Teatragal ou de festivais coma o Festeixo [Festival de Teatro do Eixo Atlántico] mais aquelas iniciativas non tiveron continuidade. A nosa intención era crear unha grande comunidade profesional e cultural aproveitando as sinerxías que nos daba a identidade lingüística, pero o certo é que non o conseguimos. Hai que ter en conta tamén que naquela época comezaba a funcionar o Eixo Atlántico, que espertou moitas expectativas pero que, desde a política, foi abandonado axiña. Non houbo apoio político. —Despois de todos estes anos, como ve a evolución do teatro galego? Creo que a miña xeración puxo as bases para que se poida facer teatro en galego, para que haxa uns mínimos profesionais que permitan que haxa unha continuidade. Hai está o CDG –aínda coa evolución da que falabamos antes–, a Escola de Arte Dramática, as axudas... As novas xeracións foron chegando, foron atopando cousas que xa estaban feitas e incorporáronse á loita por mellorar o que xa existe. Agora mesmo xa hai moitas compañías formadas por persoas procedentes da ESAD. Desde ese punto de vista, creo que foi un éxito a creación dun sistema teatral propio que se mantivo no tempo. Talvez non é o sistema co que nos soñabamos, pero a posibilidade de avanzar segue aí, e temos que valorar que haxa un teatro propio do país.
NOS_16125
A listaxe de apelidos analizados ao longo destes capítulos finaliza cun par deles vinculados con dous fitotopónimos (Xunqueira e Xunqueiras), así como outros tres máis que teñen relación con determinadas persoas posuidoras de granxas ou casas de campo (Xiance, Xixirei e Xove). Os documentos, de diversos fondos arquivísticos, enmárcanse nun período comprendido entre 1087 e 1606. E, ademais de lembrar a figura do galego Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras (1539-1593), gobernador de Filipinas, concluímos esta entrega coa entrevista –sen dúbida reveladora– que lle puidemos realizar ao profesor Gonzalo Navaza, un dos investigadores máis destacados na onomástica e toponimia galegas.
Un dos apelidos que nos interesa desde hai ben tempo é Xiance, derivado do patronímico Iulianus e ao que se lle engadiu un sufixo en xenitivo para dar Iulianici, segundo nos ten apuntado Gonzalo Navaza. Aquel apelido só conta con 55 ocorrencias en toda Galiza, mais na forma Giance e concentradas nas terras de Lousame, Trazo, Boiro e Rianxo. Na actualidade non existe ningunha entidade de poboación así denominada, aínda que, segundo textos do século XVI, houbo un casal denominado deste xeito na freguesía de San Cristovo de Erviñou (Val do Dubra). Transcribimos as liñas iniciais dun documento que así o acredita e está datado o 19 de maio de 1552: "In dey nomyne, amén, sepan quantos esta carta de venta vyeren como yo, Jácome da Pena, vezino de la felegresía de San Crystobo d'Ermyñoy, que soy presente, digo que por quanto a mi me perteçe la parte e quyñón del casal de Giançe, syto en la dicha felegresía (...) y lo tengo, poseyo y labro por herençia y subsesyón de Juan Giançe d'Ervyñoy, mi padre defunto (...)". E traemos até aquí este exemplo pois ao longo destas entregas que fomos lanzando sobre onomástica e toponimia vimos casos nos que apelidos concretos desapareceron ou están a piques de desaparecer, aínda que perduren os topónimos que os orixinaron. Porén, este caso é xusto o contrario: aínda que algunhas persoas se apelidan Xiance, o berce toponímico esfarelou. Significativa desde antigo é a existencia pola contorna do Barbanza de tal "nome de familia"; algunhas das persoas usuarias del foron aqueles mercadores e navegantes que ergueron no século XVI tanto a capela de Alba (en Santiago do Deán) como a torre renacentista localizada no Caramiñal. De feito, esa mesma construción, na que ha residir o propio Valle-Inclán e que definiría como "la casa más bonita de Galicia", foi escenario do relato titulado "Mi bisabuelo" (na actualidade traducido ao galego por Rocío Viéitez). Así e todo, cómpre cavilar na posibilidade de que tal patronímico puidese ter influído na denominación do santo patrón dalgunha freguesía medieval. Porén, esta é fariña doutra muiñada. Verbo das investigacións de Navaza, de 'Iulianici' derivaría o topónimo Xiance (hoxe desaparecido) Do antropónimo xermánico Sigeredus, en xenitivo e en unión co termo granxa, fórmase o sintagma villa Sigeredi. Del, curiosamente, xorden algúns dos topónimos máis sonoros da Galiza: Xixirei e Sixirei. Dúas son as entidades de poboación con esta etimoloxía: Xixirei, en San Cristovo de Xavestre (Trazo); e Sixirei, na parroquia homónima de San Pedro de Sixirei (Baralla). A estes lugares habería que lles engadir Xirei, forma apocopada das anteriores e que se atopa en San Xiao de Parada de Labiote (O Irixo). Só o primeiro topónimo citado (Xixirei) ten reflexo na onomástica actual, porén na acepción non restaurada Gigirey. Son oito os municipios polos que abunda este apelido (Trazo, Val do Dubra, Compostela, A Pobra do Caramiñal, Ordes, Ames, A Coruña e Vigo) e non suman máis de 314 as ocorrencias rexistradas no INE. Que conste que na paleografía moderna é habitual ver este topónimo e apelido grafado de múltiples xeitos, entre eles: Sixirey, Gigirey, Sejarey, Sejarei, Sejerey, Sexarei e Çejarey... Algunhas destas versións pódense ver nun documento polo que Pero d'Ovellas, veciño de Compostela, pasa a ser titor de Xoán de Sexarei, fillo de Estevo e Tareixa de Sexarei. Fiquen aquí unhas liñas dese texto asinado o 15 de febreiro de 1519, que ilustra o antedito: "En la noble çibdad de Santiago (...), ante el señor Diego Pyllado, justiçia e alcalde hordinario en la dicha çibdad, e su jurdiçión por el reverendísimo e manífico señor don Alonso de Fonseca, arçobispo de Santiago, my señor, e en presençia de my, el notario público e testigos de yuso escriptos, paresçió presente Juan Sejerey, fijo de Estevoo de Çejarey e de Taresa de Sejerey, su muger, defuntos (...)". Dunha 'villa Sigeredi' proceden os topónimo Sixirei e Xixirei Entre os persoeiros que formaron parte do cabido diocesano de Santiago debemos citar o presbítero Sixeredo que, como sinala Antonio López Ferreiro, foi tesoureiro desta igrexa no ano 1087 (Segeredus, tesaurarius ipsius loci). No Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal infórmase de que do xenitivo do nome Iovius, e en unión co termo villa, fórmase unha villa Iovii. Deste sintagma agroma o topónimo Xove, que lle dá nome non só ao concello así chamado, senón tamén á freguesía de San Bartolo de Xove, ao lugar homónimo e ás entidades de poboación denominadas Xove Novo e Xove Vello, localizadas en Santa María de Labrada (Guitiriz). O referido nome latino empregouno, por exemplo, o humanista italiano, médico e historiador Paulo Giovio, en latín Paulus Oivius (1483-1552). Por outra banda, coidamos que pode resultar interesante sinalar que algúns emperadores romanos recibían títulos que os vinculaban coa divindade. Aqueles emperadores que se denominan Herculii ou Iovii son bo exemplo, pois aluden á súa relación co heroe Hércules ou co proxenitor deste, o supremo deus Xúpiter. O topónimo Xove orixínase a partir dunha 'villa Iovii' No plano da onomástica, debemos sinalar que non hai ningunha persoa que na actualidade se apelide Xove, mais ascenden a 403 as ocorrencias na forma non restaurada Jove. Esta distribúese por non menos de 11 municipios de Lugo e A Coruña (Monfero, Guitiriz, Xermade, Begonte, Ferrol, Fene, Neda, Narón, A Coruña, Culleredo e Lugo). Entre a documentación conservada no ACS existe un poder do arcediago Diego López de Samaniego, asinado o primeiro día de decembro de 1575, polo que habilita certas persoas para que "puedan pedir e cobrar del señor Juan de Trapa de Jobe, tesorero (...) de Su Magestad en la çiudad y probinçia de Tuy, los ochenta e un mill marabedís de juro pertenezientes a la obra e fábrica de la dicha Santa Yglesia". O galego Gómez Pérez das Mariñas y Junqueyras foi fundador da cidade Dasmariñas, nas Illas Filipinas Anos máis tarde, en Compostela, Bertomeu García Varela, veciño da vila de Muros e como procurador do seu cuñado, Domingos de Dios de Jove, apártase da querela criminal que tiña interposta o seu representado contra Juan de Corposanto de Güemez, pois sinalaba que "le abía echo despeñar de un texado de una casa, de que abía quebrado una pierna y la tenía liçiada y otras más cosas". Este documento data do 22 de abril de 1606. Da presenza de plantas xuncáceas agroman topónimos como Xunqueira e o seu plural Co termo latino juncu desígnanse varias especies de plantas xuncáceas dos xéneros Cyperus e Juncus, como achega o profesor Gonzalo Navaza. Se a tal termo se lle engade o sufixo derivativo –aria, fórmase o topónimo Xunqueira, así como o seu plural. Segundo o Nomenclátor de Galiza, 26 son as entidades de poboación deste xeito denominadas, xunto coa variante plural Xunqueiras e lugares como Coto de Xunqueira (na Fonsagrada), Xunqueira de Abaixo e de Arriba (en Láncara), Sas de Xunqueira (A Pobra de Trives), A Xunqueira de Lérez (Pontevedra), Xunqueira de Ambía (no concello e freguesía homónimos) e Xunqueira de Espadanedo (tamén na parroquia e municipio que levan ese nome). Alén destas últimas freguesías, debemos citar a de San Salvador de Xunqueiras (Pazos de Borbén) e San Pedro de Xunqueira (A Pobra de Trives). No plano da onomástica, só se constatan na Galiza as formas non restauradas Junqueiras, con 16 ocorrencias no concello de Rois; e Junquera, con 302 localizadas en 14 municipios, entre os que están Boqueixón, Vedra, Vila de Cruces, Touro e A Baña. E, se nos mergullamos na documentación histórica, localizamos un pergameo de 1227, conservado no AHN, polo cal Afonso VIII da Galiza lle confirma ao mosteiro de Xunqueira de Espadanedo (Juncaria de Spadanedo) certo privilexio que outrora lle concedera Fernando II. No que atinxe aos textos antigos nos que se rexistra tal apelido, sería de utilidade consultarmos os fondos da casa de Xunqueiras, custodiados no Arquivo do Ducado de Medinacelli, institución privada na que reside un anaco da historia medieval e moderna da Galiza. Neses fondos existen bastantes pergameos de escudeiros da caste dos Xunqueiras que gobernaron a fortaleza homónima e numerosas terras da Pobra do Caramiñal. Así, por exemplo, un dos destacados persoeiros que usaron ese apelido foi "Gómez Pérez das Mariñas y Junqueyras" (1539-1593), gobernador de Filipinas e fundador da cidade Dasmariñas. Tempo atrás, fixeron historia Elvira Eáns de Xunqueiras (filla de Martiño Rodríguez de Xunqueiras, que fora xuíz de Posmarcos), Estevo de Xunqueiras (que participa na conquista de Granada)... Ademais, coa forma en singular temos un documento (conservado no ACS) polo cal "Bras da Junquera, vezino de la felegresía de San Martino de Calbos de Socamiño, como tutor e curador" dos fillos que quedaron de "Pero Gonçales, carnicero", lle arrendaba a "Bieito Fiuza, veziño de la dicha felegresía (...), tres tarreos de heredad, los dos que están abaxo do casal de Peaje y el otro que está en la Agra do Casal, con los castineiros e nogueiras que están dentro de los dichos terreos". O documento leva data do 16 de decembro de 1579. Entrevista ao profesor Gonzalo Navaza: "A responsabilidade das institucións estribaría en concienciar a xente acerca da importancia identitaria do patrimonio onomástico" Vostede é especialista en onomástica galega. Como patrimonio inmaterial que é esta parte da lexicoloxía, considera que se lle presta o debido interese por parte das administracións? Debería ser maior. A diferenza doutros campos do patrimonio, protexer a onomástica non require grandes gastos, senón vontade. Na toponimia lévase feito moito, mais na antroponimia a Administración non fixo case nada e todo queda ao arbitrio das persoas administradas. A propia lexislación conduce a iso: os topónimos son competencia da Administración e poden ser obxecto de actuacións xenéricas; os nomes e apelidos son competencia de cada persoa e restaurar un apelido deturpado depende dela. A responsabilidade das institucións estribaría en concienciar a xente acerca da importancia identitaria do patrimonio onomástico. O 17 de outubro de 2003 apróbase a Convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, concretamente na 32ª reunión da Unesco. España ratifícaa en 2006 e, con base nisto, xorde a Lei 10/2015, do 26 de maio. Dentro desta lei, o artigo 2 aborda a "toponimia tradicional". Realmente o noso Estado cumpre co que aí se regula? E a Galiza? Nos nomes das poboacións está garantida a condición oficial do topónimo galego. Polo que se refire á toponimia de competencia municipal, creo que os concellos non sempre son respectuosos e recorren con demasiada frecuencia á "toponimia conmemorativa e honorífica", desaconsellada polos organismos internacionais. O que di da toponimia a lexislación que se ocupa do patrimonio non pasa dunha declaración de principios pero, acolléndonos a ela, podemos reclamar que non se sepulte un topónimo tradicional cun nome de nova creación, por exemplo. Baseándonos nisto, se na nosa terra hai formas toponímicas tradicionais como Guimarei, Nabeira, Buxán, Raxoi, Arousa... das que se valeron moitas familias para constituír os seus apelidos, estarían estes antropónimos tamén amparados pola citada lexislación e convención? Os apelidos poderían estar protexidos pola lexislación que ampara o patrimonio, pero teñen unha dimensión administrativa e legal particular. A Lei 40/1999 permite acomodar na forma e grafía galegas os apelidos deturpados, a pedimento da persoa interesada. Parece lóxico que os apelidos de orixe toponímica se escriban como os topónimos que os orixinaron, xa que o apelido constitúe un emblema do vínculo entre a identidade persoal e o lugar dos devanceiros. Na práctica non sempre é fácil. Se alguén quere restaurar a grafía galega nun apelido como os que dis non ha ter problema, mais sabemos que algunhas oficinas do Rexistro Civil, galegas ou de fóra, non facilitan moito o trámite, ás veces con argumentos descoñecedores da onomástica peninsular ou contrarios ao espírito desa lei, que recoñece a pluralidade lingüística do Estado. Para o trámite do Rexistro Civil debería abondar coa vontade da persoa interesada e un informe académico se for preciso. Para cando un dicionario no que se recollan todos os apelidos galegos ou a maior parte deles? É necesaria unha obra de referencia. Hoxe cumpre esa función nos rexistros civís galegos o opúsculo Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, da RAG, que pode descargarse de Internet. Desde hai anos vimos traballando Ana Boullón, Luz Méndez, Antón Palacio e eu mesmo nun Dicionario dos apelidos galegos; perto de 8.000 entradas, con rexistros históricos, caracterización xeográfica e etimoloxía de cada apelido. Poderá ofrecerse ao público en 2022. Cal é a súa valoración con respecto á alteración da orde habitual dos apelidos desde o plano da onomástica? As leis que o permiten responden a recomendacións de Europa tendentes a evitar discriminación por razón de sexo, pero os especialistas en onomástica tamén viñan reclamando flexibilizar a transmisión para evitar que os apelidos frecuentes fosen facéndose cada vez máis frecuentes e os infrecuentes tendesen a desaparecer, por simple razón combinatoria. Polo que sabemos, nos últimos anos vénse notando entre nós un incremento dos casos que alteran a orde; os apelidos beneficiados adoitan ser os toponímicos.
NOS_29572
Baixo o lema "República e ruptura", Anova deu comezo aos actos polo 25-X, que se desenvolven en Galeras.
Este 25 de xullo, Anova Irmandade Nacionalista volveu até o Parque de Galeras, en Santiago de Compostela, cun acto que se desenvolve baixo o lema "Tecendo as redes da república". Nesta xornada do Día da Patria Galega contan con dúas palestras, "Loitas sociais na Galiza actual" e "Municipalismo e Cidadanía". O voceiro nacional de Anova, Antón Sánchez, porá o ramo ao encontro facendo "un balance deste curso político", apuntando "as liñas de actuación dos vindeiros meses". Fala Antón Bouzas de @OsNinguens sobre pobreza,vivenda e política.#tecendoredes pic.twitter.com/S1RnwJ3OWK— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) July 25, 2021 Desde Anova afirman que queren "sumar vontades de cara a incorporar ideas como República, ruptura democrática e procesos constituíntes ao debate público que se está a dar na nosa nación". Xa no día de onte Compostela acolleu unha xornada de debate baixo o título "Unidade Popular e Procesos Constituíntes" coa asistencia de membros de Anova mais tamén doutros "espazos de ruptura" e das "nosas alianzas confederais como das esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás".
NOS_55290
A asociación terá a súa presentación pública o próximo sábado ás 17:30 horas no centro sociocultural de Vite, en Santiago de Compostela
A coordinadora provisoria da Assembleia Nacional Galega presentou publicamente o seu proxecto ante os medios na mañá desta terza-feira, na libraría compostelá de Couceiro. Mar Lopes, integrante da asociación, definiu a AGN como "un instrumento para a participación democrática, horizontal e asemblear da sociedade galega, sen vontade de lucro ou dependencia de ningún partido político". Segundo Lopes, este movemento cívico nace coa vontade de incidir na sociedade galega, sen por iso excluír a Galiza da diáspora ou estremeira, e pretende incluír no seu seo todos aqueles colectivos ou persoas que traballen nun proxecto integral do país. Entre os seus obxectivos cóntase "a naturalización do galego e a súa reintegración no contexto internacional da galaicofonía, o relacionamento cos pobos de nacións sen estado, a defensa do medio ambiente e do patrimonio, a promoción dunha economía galega sustentábel ou a difusión da cultura galega en calquera das súas expresións", enumerou Mar Lopes. Traballar desde a base, á marxe da vida institucional O escritor Manuel Miragaia, secretario da coordenadora, explicou que o ámbito de actuación da ANG sería fóra das institucións. "Os proxectos que levaremos a cabo serán os que vaian propoñendo as persoas asociadas, procurando atopar formas máis creativas e diferentes, integrando a xente de todas as idades", apuntou. "Queremos estar nas rúas, de xeito moito máis vivo e ligado aos movementos sociais, non nos auditorios ou institucións", declarou Miragaia. Así, cóntanse entre as súas actividades a promoción de figuras como Vimara Peres -galego fundador da cidade de Guimarães ou Porto- ou Pardo de Cela, a celebración dun Día da Autodeterminación, ou a creación de grupos de comunicación que exerzan presión nos medios ou redes sociais arredor de temas "esenciais para o país como a lingua, a cultura ou a sociedade". Un código ético que rexeita o sectarismo Outro membro da coordenadora, Arturo Novo Velo, destacou o código ético arredor do que se forma a asociación, que aínda debe realizar a súa asemblea constituínte. "A ANG non recibirá nunca subvencións públicas, senón que se financiará sempre a través das cotas ou de doazóns", explicou. Asemade, a norma ortográfica escollida para a comunicación da entidade será sempre a do padrón internacional e haberá incompatibilidade para formar parte da coordenadora se se mantén algún posto directivo en partidos políticos ou sindicatos. "Non queremos ser unha asociación cultural de corte folclorista ou un conxunto de persoas sectarias e intolerantes, senón que defendemos a soberanía, a participación cidadá e calidade democrática das institucións", aclarou Mar Lopes, quen tamén fixo un chamamento á participación feminina. "Nesta sociedade, as mulleres debemos tomar consciencia da importancia da nosa participación social e da nosa presenza en todos os núcleos decisivos da sociedade para que poidamos decidir por nós mesmas", afirmou. Paralelismo con Omnium Cultural Após ano e medio desde unha primeira reunión que foi o xermolo da ANG, desde a coordenadora explican que a entidade nace "ante o cansazo e saturación do país perante unha política galega en permanente confronto, sectaria e carente dunha cultura de cooperación". Cuestionados sobre os paralelismos coa Asemblea Nacional Catalana, Lopes indica que "se tivésemos que compararnos, veriamos mais paralelismos da nosa organización con Òmnium Cultural". Após un ano de trabas burocráticas no rexistro de asociacións, a Assembleia Nacional Galega terá o seu acto de presentación pública este sábado no Centro Sociocultural de Vite, en Santiago de Compostela. Será ás 17:30 horas e contará cunha palestra-debate e un recital das poetas Iolanda Aldrei e Concha Rousía. O cantautor César Morán pechará o acto cunha actuación musical.
NOS_92
A industria e o comercio de primeira necesidade concentra o volume máis alto de traballadoras libre de confinamento. Tendeiras, sanitarias, traballadoras sociais, repartidoras, operarios da construción. A decisión de manterse nos seus postos de traballo de forma presencial non sempre lles corresponde. Moitas comezaron a denunciar falta de prevención, ademais do afán das empresas de privilexiar o cliente, a produción ou o beneficio propio por riba da saúde propia e comunitaria.
Miles de traballadoras están chamadas a cumprir coa súa xornada laboral na Galiza malia a declaración do estado de alarma e a entrada en vigor das medidas adoptadas polas Administracións. Ao mesmo tempo que comezou un confinamento inicial de 14 días para a maioría da poboación empezaron proliferar as denuncias de sindicatos e persoal laboral ante a falta de medidas de prevención e o risco de contaxio por coronavirus en numerosos espazos de centros de traballo. Moitas empresas non están obrigadas a pechar e as direccións decidiron seguir adiante coa actividade habitual. Outras profesionais forman parte de servizos básicos para o abastecemento e o coidado da poboación, especialmente daqueles grupos máis vulnerábeis. "Traballadoras denuncian a ausencia de procedementos de actuación claros para asegurar a propia saúde e a das demais". Nun caso e noutro censuran a carencia de material de protección individual e a ausencia de procedementos de actuación claros para asegurar a propia saúde e non afectar a das persoas coas que entran en contacto. Automoción O sector da automoción foi un dos primeiros en reaccionar. Industrias auxiliares anticiparon durante a fin de semana unha tendencia que se foi estendo pola área metropolitana de Vigo para chamar a atención sobre a falta de cumprimento das medidas de seguridade, hixiene e distanciamento social que requirían as autoridades. A firmeza das traballadoras e das súas representantes levou, por exemplo, ao peche da planta Citroën desde hoxe mesmo. Con todo, as liñas de produción xa se resentiron estes días ante o plante dalgunhas factorías como Faurecia-Asentos da Galiza. Con data do 15 de marzo, o comité de empresa da fábrica adoptou, por unanimidade, a decisión de aplicar o artigo 21 da Lei de prevención de riscos laborais, por perigo grave e inminente. "Traballadoras de Faurecia-Asentos da Galiza reduciron a actividade da empresa a 5%". A dirección reorganizou as quendas para facelas progresivas, mais a imposibilidade de repoñer máscaras e, sobre todo, a exixencia das cadeas de montaxe de traballar "uns pegados a outros", sen distancia de seguridade levou as traballadoras, unhas 550 entre indefinidas e eventuais, a reducir a actividade ao 5% da habitual. Centros de chamadas O persoal dos centros de chamadas tamén foi dos primeiros en reaccionar. Traballadoras de Unísono e Bosch en Vigo, mais de Atento, na Coruña, denunciaron ante Inspección de Traballo a falta de cumprimento das medidas de prevención recomendadas para evitar o contaxio por coronavirus. "As empresas ignoraron todos os protocolos". As compañeiras seguen traballando sen distancia de seguridade e seguen compartindo cubículos, teclados e cascos con micrófono incorporado sen que ninguén adopte ningunha solución", recalca a este xornal Patricia Cordo, responsábel dos centros de chamadas da CIG. "Cada día pasan tres persoas polo mesmo posto de traballo, co risco que iso implica. Non dispoñen dun equipo de protección individual (EPI) específico" para afrontar esta crise sanitaria, engade. "Cada día pasan tres persoas polo mesmo posto de traballo. Comparten teclado, cascos e micrófono". Após as denuncias dos traballadoras, a estes centros de traballo comezou a chegar material novo, "pero non é suficiente", sinala Cordo, ao igual que tampouco o é, di, a porcentaxe de teleoperadoras á que lle autorizaron o teletraballo. "A maioría segue acudindo aos seus postos". Noutras oficinas reforzaron a limpeza e a desinfección dos espazos. "En Extel deixamos un posto libre entre compañeiras, pero a xente está preocupada porque o risco de exposición ao virus mantense", aclara a representante sindical, "sobre todo entre traballadoras con enfermidades previas ou que conviven con persoas vulnerábeis". Siderurxia A planta de Alcoa en San Cibrao segue traballando con normalidade a día de hoxe. Tamén as súas auxiliares, máis con novos protocolos de entrada e saída, reorganización de quendas e solicitudes específicas por parte do comité de empresa para vixiar de perto a saúde das traballadoras con patoloxías previas ou máis sensíbeis a un posíbel contaxio. "As entradas estanse facendo de forma gradual para evitar a coincidencia de moitas persoas nunha mesma zona", explica a Nós Diario Quique Rocha, portavoz da plataforma de empresas auxiliares de Alcoa na Mariña. "En Alcoa e nas súas auxiliares as entradas son graduais para evitar a coincidencia de moitas persoas nunha mesma zona". Perto dun millar de persoas suman o seu traballo á planta siderúrxica a través de factorías asistentes desde dentro do propio recinto industrial. Comparten espazos comúns coas traballadoras da factoría -máis dun millar-, algúns pechados por prevención, como é o caso do comedor. Polo demais, engade, "instalaron puntos de desinfección ao carón dos ficheiros e converteron as xornadas partidas en continuas para limitar a mobilidade". Con todo, advirte Quique Rocha, a produción segue sendo a gran prioridade, máis que o ordenamento dun protocolo de contención integral para todo o persoal afectado. Atención no fogar As traballadoras sociais e, en particular, as traballadoras dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF) -que prestan os concellos ben directamente ben a través dunha empresa- xuntan algunhas das condicións máis críticas en materia de prevención durante os primeiros días de confinamento das persoas que adoitan atender nas súas casas. "Son persoas vulnerábeis, dependentes, que poden non contar cunha rede de apoio familiar para afrontar unha situación excepcional como a que estamos vivindo", apunta Antonio Niño, secretario comarcal da CIG en Lugo que estes días traballa na definición das condición de traballo indispensábeis para que estas traballadoras non se vexan afectadas nin se convertan en foco de contaxio. Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar sofren condición críticas en materia de prevención". "A día de hoxe, non contan coas medidas de protección sanitaria necesarias e o desabastecemento compromete que o vaian ter". Ademais, esténdese, "moitas Administracións locais xa non dispoñen de material que achegarlles para a súa protección e a das persoas que visitan porque tiveron que poñelo a disposición da Autoridade", e isto complica máis as cousas. Alimentación Tendeiras do sector alimentario, repoñedoras e caixeiras de grandes áreas comercias que venden comida, repartidoras a domicilio, empregadas de gasolineira mais outras moitas profesionais de servizos técnicos e administrativos, ademais de sanitarios e industriais, seguen pendentes das súas xornadas laborais fóra da casa, en contacto con clientes e usuarias mais tamén coas propias compañeiras privadas de teletraballo e de equipos de prevención suficientes. Non todas se conforman, moitas, seguen negociando melloras que protexan a súa saúde e a das demais.
NOS_26496
O alto tribunal desbotou este recurso, ao tempo que reprochou á Xunta que "fixese valer un procedemento de avaliación de impacto ambiental claramente obsoleto, obviando a caducidade da DIA e as sucesivas proteccións legais que se foron outorgando á zona".
O Tribunal Supremo (TS) confirmou esta segunda feira a nulidade da autorización outorgada pola Xunta da Galiza ao proxecto de parque eólico do Iribio, concedida en 2019 empregando unha declaración de impacto ambiental concedida en 2005 para un proxecto que se ía desenvolver nos mesmos terreos pero "substancialmente distinto", detallan nun comunicado Adega, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Fundación Oso Pardo. Novo golpe xudicial a Greenalia: O TSXG paraliza cautelarmente a execución do parque eólico Campelo, na comarca de Bergantiños Estes tres colectivos foron os que precisamente en 2019 impugnaron a autorización do Goberno galego a este proxecto, promovido por Fergo Vento S.L. na Serra do Oribio. As asociacións entendían daquela que a autorización non se concedera "conforme a dereito", xa que a súa construción non era compatíbel coa conservación da riqueza natural e cultural deste territorio, nin co seu desenvolvemento sustentábel, e non cumpría as disposicións do Plano Director da Rede Natura 2000 na Galiza". Nun primeiro momento, as obras xa foran paralizadas preventivamente polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) en 2019, despois de que a Xunta non presentara a documentación regulamentaria. O TSXG anula a autorización da Xunta ao parque eólico do Iribio Despois de que o Executivo galego e a empresa promotora do parque eólico presentasen un recurso de casación ante o TS pola decisión do TSXG de paralizar as obras. Porén, o alto tribunal desbotou este recurso, ao tempo que reprochou á Xunta que "fixese valer un procedemento de avaliación de impacto ambiental claramente obsoleto, obviando a caducidade da DIA e as sucesivas proteccións legais que se foron outorgando á zona". Restauración dos espazos afectados Unha vez que o TS tombou definitivamente as pretensións da Xunta, os tres colectivos que recorreron a concesión da autorización solicitarán agora a "restauración das zonas afectadas polas obras" que se levaron a cabo antes da paralización das mesmas. A Xunta acorda paralizar as obras do parque eólico na Serra do Iribio Aliás, as asociacións ecoloxistas e animalistas subliñan que, con esta decisión, o TS fixa xurisprudencia "sobre a caducidade das declaracións de impacto ambiental", o que pode resultar determinante para moitos outros supostos tamén fóra do territorio galego, ao interpretar a normativa estatal". Segundo explican, esta "doutrina" non só afectará parques eólicos, senón que tamén "calquera tipo de proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental no que a Administración, obviando os prazos de caducidade que impón a normativa, outorgue autorización". Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía piden a actuación da Fiscalía no Iribio O TS salienta que os tribunais "poden declarar que o procedemento de avaliación de impacto ambiental que acompaña ás autorizacións non é válido, anulando a autorización, ao ignorarse pola Administración competente a súa obriga de tramitar o correspondente expediente de caducidade" amparándose nun principio que sostén que "a Administración non pode beneficiarse da súa propia neglixencia ou inactividade cando o resultado sexa contrario a dereito ou ao interese público".
NOS_24157
Esta cidade prepara-se para a última batalha pelo controlo da zona industrial, o último reduto de milhares de soldados ucranianos.
Eu pus como objectivo ver o Mar de Azov. Sabíamos que o caminho na direcção de Mariupol estava encerrado à população civil devido ao trânsito de tropas russas. Era muito provável que o dia resultasse num fracasso mas decidimos arriscar. Carregado de maços de tabaco, um dos melhores amigos de qualquer repórter numa guerra, e à boleia com um oficial do exército separatista de Donetsk, o Lada soviético conseguiu superar com êxito a missão de convencer os soldados de cerca de dez postos de controlo a deixar-nos passar. Já dentro de Mariupol, embrenhámo-nos no bairro que colide com o teatro. Com um jornalista italiano, aventurámo-nos nas imediações e contactámos com a população enquanto soavam disparos e explosões perto do porto. Uma família que vive numa cave de um albergue destruído convidou-nos a tomar chá. Os quatro filhos olhavam para nós com curiosidade enquanto a chaleira aquece em cima de uma grelha improvisada com lenha dos destroços. A manhã é fria. Chega um vizinho que vive no mesmo edifício e convida-nos a subir para vermos o mar a partir do último andar. Ruslan aponta o dedo para outro prédio: "Era dali que o Batalhão Azov disparava" Não podemos ir ao telhado porque nos podem confundir com franco-atiradores. É numa janela do sexto andar que Ruslan aponta o dedo para outro prédio. "Era dali que o Batalhão Azov disparava", explica. Do mar, nem sinal. O nevoeiro é tanto que é impossível vislumbrá-lo no horizonte. Então, propõe-nos levar o mais próximo possível do mar. Antes, traz várias tábuas de uma cama destruída para alimentar o fogo. Atravessamos as ruas com todo o cuidado, afastados uns dos outros, e vamos passando algumas barreiras militares. Mas nem sempre os maços de tabaco resultam. Somos obrigados a dar meia volta e o nosso guia decide partir. Sinais de vida Entregues à nossa sorte, vamos caminhando. Há um cadáver na rua embrulhado num cobertor. Seguimos e encontramos alguns civis que nos querem mostrar casas destruídas, pedir medicamentos e que contactemos as famílias que estão no exterior de Mariupol. É o caso de Mariana que tem uma filha em Paris. Quer dizer-lhe que está viva. Crónica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol Outra mulher culpa os russos pela destruição e aponta para uma casa em ruínas. Outros apontam o dedo aos ucranianos. Em frente a uma antiga sede da polícia, várias pessoas exaltam-se e acusam o exército ucraniano de, em 2014, ter massacrado 30 agentes que se recusaram a obedecer às ordens das novas autoridades legitimadas pelo golpe de Estado. Kiev mandou tanques e o edifício foi bombardeado. Por fim, o mar Tentamos novamente ver o mar seguindo um caminho alternativo. Começamos a ver um azul que se distingue do céu. Conseguimos. Do porto, prossegue a artilharia pesada e ligeira. Do lado direito, há uma parede que tem um mural com o símbolo do Batalhão Azov. Esta cidade foi, até à chegada das tropas russas e separatistas, um bastião militar desta unidade neonazi da Guarda Nacional ucraniana. Agora está confinada ao enorme complexo metalúrgico Azovstal, uma instalação fabril com 11 km2 que chegou a empregar 18 mil operários. Com dezenas de túneis e diferentes tipos de construções subterrâneas, é este o cenário da última batalha de Mariupol. Na linha da frente Tentamos ver uma maneira de nos aproximarmos desta zona industrial para recolher imagens. Ao longe, vemos uma pequena estação ferroviária e uma carrinha de caixa aberta. Pensamos que pode ser uma boa ideia fotografar a partir dali. Quando nos aproximamos, passa um carro pintado com um 'Z' e um soldado grita enquanto mete o dedo na cabeça: "Vocês estão malucos". Do outro lado da linha férrea, outro soldado assobia e pede para corrermos para ali. Finalmente, explicam o que se passa. Não sabem como mas conseguimos chegar ao posto mais avançado das tropas russas antes do Batalhão Azov. Espantados, uma dezena de soldados quer conhecer estes jornalistas estrangeiros que acabaram ali junto à linha da frente. Crónica desde o Donbass: "What the fuck" Então, convidam-nos a ver alguns RPG-7 que capturaram aos ucranianos. Pedem-nos toda a cautela. Podemos ser alvo de disparos do outro lado de um canal que separa o Azovstal deste embarcadouro. Avançamos e entramos numa casa. Mostram-nos dois cadáveres de combatentes da Guarda Nacional ucraniana e fazem questão de mostrar-nos os documentos que o comprovam. Quando regressamos, apontam para a carrinha de caixa aberta: "Cuidado, está armadilhada".
PRAZA_13024
Logo dunha modificación normativa que podería entrar en conflito coas bases do propio concurso
A Xunta declara deserto o concurso público para o outorgamento de licenzas de radio en FM. O Consello anunciou que queda deserto o devandito concurso para a "prestación de servizo de comunicación radiofónica de carácter comercial" logo do cambio normativo que provocou a entrada en vigor hai menos de dous meses do decreto de comunicación audiovisual radiofónica. O devandito decreto prevé "a posibilidade de declarar desertos os procedementos para o outorgamento de licenzas que se atopen en tramitación, no caso de existir incompatibilidade entre o réxime previsto nas bases da convocatoria e o réxime previsto no mesmo decreto", aclara a Xunta, que aplica esta opción "para evitar unha posible situación de inseguridade xurídica por incompatbilidades" entre as bases do concurso e a nova normativa. A Xunta ten en conta o ditame do Consello Consultivo que advertía das posibles irregularidades Así, a Xunta ten en conta o criterio do ditame emitido hai tempo xa polo Consello Consultivo sobre o decreto e no que se consideraba que a denominación de "emisoras de carácter comercial" non era correcta por "impedía concorrer a aquelas entidades que non tivesen ese carácter". Do mesmo xeito, o Executivo advirte que tamén "se observaba unha incompatibilidade entre o réxime xurídico de desistencia previsto no decreto e o réxime xurídico de caducidade establecido nas bases do concurso". "Mentres que as bases do concurso limitaban a prestación de servizos á tecnoloxía analóxica, o decreto abre a posibilidade de empregar calquera tipo de tecnoloxía, ben de tipo dixital ou doutra natureza", aclara o Goberno, que trata así de "salvagardar o interese público e protexer a seguridade xurídica de calquera posible licitador ou adxudicatario das ditas licenzas". Agora ábrese un prazo de seis meses para convocar un novo concurso. O concurso para licenzas de FM repetirase na Comunidade de Murcia e a súa adxudicación tamén foi aprazada na Comunitat Valenciana.
NOS_51653
O líder do PP replica as acusacións de Isabel Díaz Ayuso e demándalle "explicacións" sobre o contrato para adquirir máscaras que foi outorgado 'a dedo' ao seu irmán. "É un importe suficientemente relevante para pensar que houbo tráfico de influencias", di Pablo Casado.
O líder do PP, Pablo Casado, emprazou esta sexta feira á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, a aclarar se o seu irmán recibiu 286.000 euros en comisións por mediar nun contrato de máscaras en plena pandemia e asegurou que el, se chegase á Moncloa, non permitiría que un irmán seu cobrase un importe tan "relevante" por un contrato adxudicado polo seu Consello de Ministros. Tras expresar a súa "decepción" por un "espectáculo lamentábel" que di non merecer, precisou que o dossier sobre ese contrato sanitario non lle chegou de Moncloa. Así se pronunciou nunha entrevista na Cadea Cope, no medio da guerra aberta no seo do PP. Esta quinta feira, a presidenta da madrileña acusou a dirección estatal da súa formación de vinculala coa corrupción "sen probas" e de tentar urdir un plan para destruíla. Pouco despois, o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, anunciou a apertura dun expediente informativo polas súas acusacións "case delituosas" contra a cúpula do partido. Casado afirmou que el se limitou a pedir información no ámbito interno porque debe "velar" pola exemplaridade dada a súa responsabilidade como presidente do partido e rexeitou que fose con ánimo inquisitorial. "Todo isto ten que acabar" Ao seu entender, "o fácil" é demostrar que todo é correcto nese contrato e que "se pode facer hoxe mesmo" con "transparencia, principios e exemplaridade". Con todo, subliñou que non entende a reacción que tivo Díaz Ayuso ao "detonar esta cuestión dunha forma tan virulenta". "Todo isto ten que acabar", proclamou Casado, emprazándoa a que pregunte ao seu irmán. Neste sentido, instouna a xustificar que non houbo "ningunha transferencia" ao seu irmán e, se a houbo, "está xustificada coa lei en vigor". "Eu, se presidise o Goberno do Estado, non permitiría que un irmán meu cobrase 300.000 euros por un contrato adxudicado directamente polo meu Consello de Ministros", salientou. Dito isto, lembrou que a lei de 1995 de Contratos Públicos e Altos Cargos da Comunidade de Madrid "non permite contratar con familiares" e unha comisión dese importe "pode inducir a que houbo unha influencia real na adxudicación do contrato". Segundo dixo, é algo que "se tiña que aclarar en privado" evitando este "espectáculo lamentábel" aos españois e en especial aos militantes do PP. "Espero que se poida facer", sinalou, para lembrar que xa hai partidos que anunciaron que levarán este asunto á Fiscalía. Casado apunta a "tráfico de influencias" Casado sinalou que el non puxo "en dúbida" que o contrato sanitario estea "ben feito", mais indicou que "o problema" é ver se despois dese contrato houbo unha "transferencia de comisións a un familiar". "Máis aló de que sexa ilegal, a cuestión é se é entendíbel que o 1 de abril, cando morrían en España 700 persoas, se contrate coa túa irmá e recibas 300.000 euros de beneficio por vender máscaras. Esa é a cuestión", proclamou. Ao ser preguntado por se dá por feito que a comisión é dese importe, precisou que a información da que dispón é que "a comisión é de 286.000 euros", algo que, ao seu entender, é un "importe suficientemente relevante" para pensar que houbo "tráfico de influencias". Porén, reiterou que el non está "a acusar", senón que se dedicou a preguntar no ámbito interno pero non recibiu explicacións. Tras agregar que el non o dixera "publicamente" porque "non ten probas" e "desexa fidedignamente que non sexa así", recalcou el cumpría coa súa obriga. Ao seu entender, o "máis fácil" sería dicir se o seu irmán recibiu ou non esas comisións e, se as recibiu, dar explicacións porque "xa non é só é unha cuestión do Código Penal, senón da Lei do Alto Cargo da Comunidad de Madrid, que prohibe contratar con familiares ou persoas interpostas". Casado queixouse de que Ayuso o acusase publicamente de ir contra ela por "non sei que espureos intereses" cando "toda a súa traxectoria política foi velar pola exemplaridade" e "apoiar" Ayuso nas súas responsabilidades. O dossier "non vén de Moncloa" Fronte ás declaracións de Díaz Ayuso sobre o dossier, Casado afirmou que non o recibiu de Moncloa, se ben admitiu que contiña datos "fiscais e bancarios", polo que se podía inferir que viña dunha institución pública. Ademais, revelou que Ayuso lle comunicou que lle dicían en Moncloa que ese dossier llo pasaran desde Xénova. "E chamamos directamente á Moncloa, que nos din que iso é absolutamente falso", asegurou, para denunciar unha " preconstutución de probas" e "involucramento de organismos" no canto de "dar información" sobre o contrato de máscaras ao partido no ámbito interno. O líder do PP rexeitou que puxesen enriba da mesa esas comisións como suposta chantaxe para que se retirase da carreira do PP de Madrid, porque "o importante é que non haxa ningún problema de exemplaridade" en ningunha administración gobernada polo PP. "O congreso do PP de Madrid dáme igual. Son un convencido das primarias, presentarase quen queira", aseverou, para queixarse de ter que "aguantar" estes últimos meses unha "choiva mediática de desprestixio, difamacións e insidias". O xefe da oposición confesou estar "decepcionado" e "moi sorprendido" co ocorrido, apenas uns días despois dos comicios en Castela e León. "O que ocorreu é algo que non merezo persoalmente. Xamais retirei o meu apoio a Ayuso", indicou, para lembrar as responsabilidades políticas que lle deu. Aliás, sinalou que "xamais" lle dixo a ela que non contase coa súa confianza para non presidir o PP de Madrid e engadiu que é "algo moi secundario" en comparación co labor que ten na Comunidade. Nega a contratación dun detective Por outra parte, Casado negou que a dirección do PP contratase un detective para realizar labores de espionaxe á presidenta madrileña, algo que cualificou de "absolutamente falso". "Se alguén o fixese, sería cesado", proclamou, para engadir que o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, "aceptou a dimisión" do seu colaborador Ángel Carromero porque está "na picota" e non quere "prexudicar o Concello de Madrid". "O que se oíu só é unha gravación dun presidente da Empresa Municipal dicíndolle a un suposto detective 'oia, chegoume unha información e gustaríame contrastala con vostede'", sinalou, para engadir que se esa gravación se puxese íntegra veríase que "a el non o contactou absolutamente ninguén". Ante as informacións xornalísticas que se están publicando e sen "dar ningún nome", insinuou a posibilidade de que todo o relacionado co detective e a espionaxe sexa "un reclamo" como o que, segundo dixo, pasa co dossier da Moncloa.
PRAZA_3890
Segue a aumentar a cifra de mortes, con 13 novos falecementos, que elevan o rexistro total ata as 360. Pero tamén o fai o número de altas, que xa suman 1.143. Nas residencias de maiores, o número total de casos pasou de 1.285 a 1.327, un incremento de 42 positivos que representa case a metade do ascenso para o conxunto do país
Os últimos datos actualizados sobre a epidemia de coronavirus, difundidos pola Consellería de Sanidade este mediodía, amosan unha continuidade nas tendencias dos últimos días. Nestes momentos hai en Galicia 5.833 casos activos, 86 máis ca onte (+1,5%) e foron xa dadas de alta 1.143 persoas, 61 máis que o sábado. Segue a aumentar a cifra de mortes, con 13 novos falecementos, que elevan o rexistro total ata as 360.No que atinxe ás residencias de maiores e centros de atención á discapacidade, o número de casos activos pasou de 1.285 a 1.327, un incremento de 42 positivos que representan case a metade do aumento para o conxunto de Galicia. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes, indica a Consellería de Sanidade. Porén, o número total de falecementos producidos nestes centros é xa de 154, o 42,7% de todas as mortes causadas polo coronavirus no país.Mantense tendencia positiva nas UCI, cun novo descenso no número de persoas con coronavirus ingresadas nestas unidades. Este domingo son 140, tres menos ca onte, o que significa a cifra máis baixa dende o pasado 30 de marzo. Increméntase, no entanto, a cantidade de persoas ingresadas noutras unidades hospitalarias, rachando a tendencia á baixa da última semana.Galicia realizou dende o inicio da crise un total de 43.992 probas para a detección do coronavirus, das que a maior parte resultou negativa. De igual xeito, as boas novas chegan tamén a través do número reprodutivo básico, que informa da capacidade do virus para estenderse. Este indicador segue descendendo, situándose xa no 0,67, por debaixo da media do conxunto do Estado (0,8).Aínda que nas últimas 24 horas medrou o número de persoas hospitalizadas, a inmensa maioría dos casos activos de coronavirus permancen nos seus domicilios con síntomas leves ou sen síntomas. Son un total de 4.951 persoas en illamento domiciliario, máis do 85% do total.Áreas sanitariasDo número total de casos activos, 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol. Nas últimas 24 horas A Coruña foi a área que máis aumentou, pero Ourense segue a ser a que presenta unha maior incidencia da enfermidade.
NOS_43994
Propón fixar un prezo de referencia, cunha duración de 24 meses e revisábel trimestralmente, para que o prezo final de consumidores domésticos e profesionais cunha potencia contratada entre os 10 e os 15 quilowatts/hora se mova ente os 10 e os 60 euros por megawatt hora (mW/h).
A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de facer público un comunicado no que exixe tanto ao Goberno español como á Xunta a adopción de medidas para a intervención pública do sector eléctrico e dos combustíbeis, co obxectivo de "garantir prezos máximos xustos". O sindicato afirma que estas medidas son "imprescindíbeis para combater unha situación económica e social extrema que está a ter un impacto brutal nas clase populares", polo que defende que deben ser "profundas, amplas e integrais" no sector. "Para fixar unha tarifa eléctrica poida garantir unha vida digna e o desenvolvemento dunha actividade económica, social e industrial que cree postos de traballo e que permita o desenvolvemento dun proxecto de vida", engade o comunicado da central sindical. Neste sentido, a CIG propón fixar un prezo de referencia, cunha duración de 24 meses e revisábel trimestralmente, para que o prezo final de consumidores domésticos e profesionais cunha potencia contratada entre os 10 e os 15 quilowatts/hora se mova ente os 10 e os 60 euros por megawatt hora (mW/h). Medidas de intervención pública Asemade, o principal sindicato galego reclama unha tarifa eléctrica galega; modificar o sistema tarifario, "limpando a factura de todos os cargos"; unha rebaixa xeral no prezo da electricidade, retirándoa do 'pool'; e a creación dunha empresa pública galega de electricidade. Tamén pide estabelecer un control e límite do beneficio obtido polas eléctricas, cun tope máximo de beneficio-minoración do exceso de retribución, como mínimo de 15% do custo de xeración. Coa proposta da CIG, naqueles casos nos que as empresas superen esa porcentaxe deberán abonar unha taxa pública para financiar o abaratamento do prezo da electricidade. Xunto a estas medidas, exixe a reversión das actuais centrais hidroeléctricas; a fiscalización das concesións hidroeléctricas en vigor; modificar transitoriamente os impostos que actualmente están na tarifa eléctrica e que as concesións de instalacións de produción de enerxías renovables cumpra as condicións ambientais e estean vinculadas a proxectos de desenvolvemento económico ou plans industriais. Prezo máximo dos combustíbeis En canto ao acceso aos combustíbeis, a CIG traslada a "necesidade" de que o Goberno español fixe un prezo máximo de gasolina e diésel para paliar os altos prezos dos combustíbeis, cunha duración de 6 meses, "tomando como base o prezo medio que existía o 24 de febreiro de 2022", antes de que comezase a guerra en Ucraína.
NOS_27776
O presidente do Goberno español participa no primeiro debate de Estado de Política xeral desde que ocupa o cargo.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, comparece hoxe ante os deputados e deputadas do Congreso, durante o debate do Estado de Política xeral, para analizar a situación global do Estado español e detallar as novas medidas que o Executivo ten pensado aplicar para intentar superar a crise derivada da inflación. As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise É o primeiro debate do Estado de Política xeral no que Sánchez participa como presidente do Goberno español, xa que a última vez que decorreu unha sesión destas características tivo lugar en 2015, con Mariano Raxoi como presidente. O presidente socialista anunciou que o Estado español bonificará os abonos de tren de proximidade, radiais e media distancia de Renfe. A medida entrará en vigor o 1 de setembro, e permanecerá, como mínimo até que remate 2022. O Executivo xa bonificaba o primeiro viaxe dos bonos, 50% total do prezo, pero mentres esta medida estea vixente a bonificación será total, de 100%. Que medidas recolle o plan do Goberno español contra a crise? Sánchez tamén detallou que o Executivo estabelecerá un imposto sobre os beneficios das grandes empresas enerxéticas, co que "se recadarán 2.000 millóns de euros", segundo as estimacións do Goberno español; e outro imposto, de carácter excepcional, ás entidades financeiras que "están comezando a beneficiarse da suba dos tipos" de xuro, e co que agarda recadar outros 1.500 millóns de euros. O segundo imposto terá unha duración de dous anos, polo que a recadación final ascenderá até os 3.000 millóns de euros. Por outra parte, o Executivo estatal executará unha partida de 2.134 millóns de euros adicionais para becas, destinados a un millón de estudantes españois. Ademais, aquelas e aqueles estudantes maiores de 16 anos que xa conten con unha axuda recibirán tamén 100 euros mensuais a maiores. En materia enerxética, o presidente do Goberno español sinalou a posibilidade de que sexa necesario regular o consumo de aire acondicionado ou a calefacción nos vindeiros meses para fornecer o aforro de enerxía. Ademais, pediu un esforzo colectivo con medidas como "incrementar o teletraballo" e "fomentar o transporte público", entre outras. Reacción de Unidas Podemos Despois de que Sánchez anunciase estas medidas, a primeira en reacciónar nas súas redes foi a secretaria xeral de Unidas Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra. Como pedimos desde hace semanas, hoy se empieza a concretar el cambio de rumbo del Gobierno: recuperar el ritmo de avances sociales y acabar con los privilegios de las grandes empresas para estar a la altura de la gente. Gobernar juntas para profundizar la democracia.— Ione Belarra (@ionebelarra) July 12, 2022 Neste sentido, Belarra mostrou a súa aprobación ás medidas expostas polo xefe do Executivo estatal e asegurou que "hoxe comeza a concretarse o cambio de rumbo do Goberno: recuperar o ritmo de avances sociais e acabar cos privilexios das grandes empresas para estar á altura da xente".
NOS_8656
Entre as denuncias, a Fiscalía investiga os máis de 3.000 campesiñ@s asasinados no caso dos 'falsos positivos'.
A Álvaro Uribe acumúlanselle as denuncias pola súa actuación entre 2002 e 2010. A fiscalía da Corte Penal Internacional está a investigar varias denuncias contra o ex-presidente de Colombia por crimes contra os Dereitos Humanos e a Comisión de Paz do Congreso de Colombia ten datos sobre as súas actuacións contra a oposición. A primeira presenta un informe no que se difunden datos sobre o caso dos 'falsos positivos', o asasinato de máis de 3.000 campesiñ@s que as autoridades do goberno colombiano presentaban como guerrilleiros das FARC mort@s en combate. Segundo fontes da fiscalía estas mortes realizábanse "para aumentar os índices de éxito militar" na sociedade. A denuncia por acoso contra membros da oposición realizouna Yván Cepeda, Co-Presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia A denuncia por acoso contra membros da oposición realizouna Yván Cepeda, co-presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia e deputado polo "Polo Democrático". En declaracións aos medios de comunicación este defensor dos dereitos humanos asegurou que os servizos secretos de Uribe realizaron "delitos de persecución contra opositores, maxistrados, políticos e xornalistas" con detencións e seguimentos ilegais. Após estas accións algunhas remataban con asasinatos, segundo Cepeda. Ameazas de morte a Cepeda O co-presidente da Comisión de Paz do Congreso de Colombia denunciou estes días que recibiu ameazas de morte após as denuncias que realizou contra Uribe. O propio Yván Cepeda viviu de perto a violencia gobernamental. Seu pai, Manuel Cepeda, fora asasinado en 1994 e a Corte Interamericana culpara ao Estado desa morte logo das denuncias presentadas. O congresista colombiano asegura no seu blogue que a intención de atentar contra a súa vida é paralela a unha campaña de desprestixio que tenta desvirtuar o seu traballo parlamentario e "busca a intimidación no intre en que Álvaro Uribe comeza a súa campaña política".
NOS_9170
Os saqueos prodúcense a raíz do atentado que matou este sábado 13 militares en Kayseri e que foi condenado polo HDP. Desde o intento de golpe de estado de xullo foron detidos perto de 7.500 activistas da formación de esquerdas pro-curda.
Un atentado na cidade de Kayseri, no centro de Turquía, contra un autobús militar matou no mínimo de 13 soldados, nunha acción que se atribúe a TAK (Falcóns da Liberdade do Curdistán) e que axiña foi condenada polo HDP, a organización da esquerda pro-curda e terceira formación en presenza parlamentar. A condena, porén, de pouco lle valeu a un HDP ao que desde Ankara se está a sinalar e vencellar cada vez máis como compañeiros de viaxe de organizacións armadas curdas. Pouco despois do atentado, seguidores do partido do presidente Erdogan asaltaron sedes do HDP en diferentes cidades. Atacaron catro sedes en Estambul, así como sedes en Ankara, Kocaeli, Izmir, Çanakkale, Hatay e Erzincan. Destruíron e prenderon lume a parte das instalacións, para alén de pendurar grandes bandeiras de Turquía. Segundo diversos medios, as forzas de seguridade non interviron para impedir estes ataques. Mesmo indican que nun dos casos, os militantes do HDP que tentaban impedir o asalto foron detidos. Doce deputados, incluídos os 2 líderes de HDP, continúan no cárcere desde a súa detención en novembro. Un total de 56 alcaldes de znas curdas están tamén encarcerados, acusados de ligazón co PKK: Desde o falido golpe militar de xullo, que Erdogan aproveitou para impulsar unha vaga represiva, foron detidos 7.432 activistas do HDP, dos que 2.345 están presos.
NOS_24660
As casetas de feira, tamén coñecidas como pendellos, son patrimonio da nosa arquitectura popular. En moitos concellos do interior da Galiza aínda se conservan e se manteñen en uso, como é o caso dos municipios de Castroverde, Chantada ou o campo da feira de Parga, en Guitiriz.
A feira era para Ramón Otero Pedrayo "mercado e clube onde o labrego sabía gastar como señor o tempo e só ao final remataba o trato". O historiador ourensán non só falaba da feira como actividade comercial e de vertebración social que é, senón que tamén recollía a disposición do campo da feira como "momentáneos acampamentos tribais". E precisamente eses "acampamentos", non sempre momentáneos, son o que coñecemos como casetas de feira ou pendellos que poboan o interior da Galiza, conservados con maior ou menor fortuna. Manuel Caamaño recolle no seu libro As construcións da arquitectura popular dúas modalidades de pendellos ou casetas, as móbiles e as fixas, e define estas últimas como "edificacións a xeito de alpendre, construcións rústicas de planta rectangular cun longo que podía ir dos 8 aos 20 metros e un largo de entre 2 e 4. Estas edificacións fixas estaban, ademais, rematadas en cuberta lousada ou tellada, a unha ou dúas vertentes, sobre estrutura de madeira, na maior parte dos casos de castiñeiro ou carballo". Feita así a definición do pendello cómpre engadir que dispoñen tamén de dous bancos, un na fronte e outro no fondo, que se empregan para expor e almacenar a mercadoría e, como todo o resto do pendello, están fabricados basicamente con dous tipos de minerais: o granito e o xisto. Este último, moi abondoso sobre todo na zona máis oriental da Galiza, xustifica o publicado por Pedro de Llano na súa obra Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción, onde explica que "existe unha profunda relación entre a arquitectura popular e o medio que a rodea". Para o arquitecto "o espazo xeográfico non só está definido polos accidentes e os elementos naturais que o caracterizan senón tamén polas distintas obras nel realizadas" e nesa dirección, o espazo xeográfico lugués débelle moito da súa paisaxe ao campo da feira. As feiras tradicionais da provincia excederon sempre a súa función económica, pois foron e son importantísimas para a vida social, para a reunión e a diversión das xentes do medio rural, que en moitos casos só rompían o seu illamento nas festas parroquiais, nas romarías e nas feiras. Ás feiras non só concorrían compradores e vendedores, senón tamén artistas, músicos, ladróns, curiosos, paseantes e xentes de todo tipo. Hoxe en día estas feiras mantéñense, aínda que non en todos os casos os pendellos tradicionais seguen en pé. Desafortunadamente nalgunha destas casetas non se fixo un labor de recuperación ou protección e nelas caeron os teitos ou medrou a matogueira, feitos consecuencia de que quedasen en desuso. É o caso dos pendellos de Grolos en Guntín, onde se mantén a súa feira os días 23 de cada mes, e que contrasta coa situación do campo da feira de Chantada, onde si se levou a cabo unha restauración das casetas. Na situación deste último campo da feira, o de Chantada, están tamén os campos de Parga, en Guitiriz, ou de Nadela, en Lugo, tal e como apunta Manuel Muñiz, presidente da Asociación de amigos do patrimonio de Castroverde e membro de Terras de Lugo. O campo da feira e o mundo labrego galegoAs zonas arboradas e preferibelmente as carballeiras foron o lugar no que se instalaron os campos das feiras. Isto foi porque os mercados, na maior parte dos casos, desenvolvéronse arredor das transaccións de gando, sobre todo vacún e porcino, aínda que tamén se vendía gando ovino, caprino, cabalar ou avícola. Pero a poboación luguesa non só é e foi gandeira, nos campos da feira tamén se comerciou, e comérciase, con apeiros de labranza, produtos alimenticios, teas, roupas e calzado, olaría... Terras de Lugo e o seu proxecto 'Ruta das Feiras'A asociación Terras de Lugo, que engloba os concellos da comarca, elaborou na primeira década deste século o proxecto 'Ruta das Feiras', un ambicioso plan que tiña como finalidade a creación dun roteiro que unise todos os campos das feiras. Esta ruta de máis de 150 km e unha vintena de puntos de interese ligaba así os concellos de Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, a zona rural de Lugo, Outeiro de Rei e Rábade, lugares todos eles con campos de feira dotados de edificacións fixas ou pendellos. Tratábase pois, como no seu momento se asegurou desde a asociación, "de pór en valor as feiras tradicionais e as súas edificacións", patrimonio da arquitectura popular. Chegouse mesmo á colocación de paneis informativos en lugares coma Adai (no Corgo), Nadela (en Lugo) ou no campo da feira de Castroverde, mais aí interrompeuse o proxecto debido, comentan desde Terras de Lugo "á falla de apoios institucionais". Aínda así, conta Manuel Muñiz, "chegouse a facer unha camiñada que comezamos en Guntín para cruzarmos polo Cotoroxo e Costa da Ribada, camiño de San Román da Retorta, onde houbo feira". Muñiz apunta que "xa no concello de Friol fomos ao campo de Guimarei, onde se conservan pendellos e construcións ao seu redor, estivemos en Cotá e desde Cotá seguimos até Santiago de Gaioso, xa de Outeiro de Rei". O presidente da Asociación de amigos do patrimonio de Castroverde lembra que na área de descanso de Penas de Rodas e "baixamos ao campo da feira de Rábade, outra das feiras que continúa viva". Puntualiza tamén que en Nadela se mantén, no campo da feira, un encontro anual, ao igual que o lugar de Adai (O Corgo) e a súa cita, tamén anual, co gando cabalar. As feiras do pasadoA poboación dispersa, característica propia non só da comarca senón de todo o país, deu na necesidade da xuntanza periódica para a realización de transaccións comerciais entre labregos dunhas e doutras aldeas. Así naceron os campos das feiras, que aproveitaron espazos ao aire libre situados no centro das vilas ou en zonas próximas a unha localidade importante. Coa intención de amosar o gando criado, escolléronse espazos arborados como as carballeiras e para resgardar a mercadoría da intemperie e as inclemencias climáticas foi polo que se construíron as casetas que singularizan os campos das feiras de concellos como Castroverde ou Friol. Restaurar o mercadoO concello de Chantada é, a canda Castroverde, Friol, Guitiriz ou O Páramo, un dos territorios que conserva, restaurado e en uso os seus pendellos. Chantada levou a cabo as reformas dos pendellos na primeira década dos 2000, unha rehabilitación que permitiu dispor de espazo nas casetas para un total de 165 personas. O Páramo, pola súa parte, realiza a día de hoxe, na carballeira do campo da feira, o seu mercado habitual, os días 10 e 25 de cada mes. E en Castroverde mantéñense pendellos e feira e, por suposto, a tradición de comer o polbo. Os oficiosO mercado é lugar de compravenda de gando, produtos do agro, obxectos manufacturados etc. Pero tamén é un espazo de demostración do traballo artesán, como pode ser a fabricación de cadeiras. Así mesmo, a realización mensual das feiras, tradicional en todo o interior do territorio galego, serviu historicamente de punto de encontro para o mantemento de relacións laborais e sociais nun hábitat, como é do rural, caracterizado pola dispersión poboacional. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa.
PRAZA_19877
A mobilización do 17 de maio en Santiago porá sobre a mesa a "exclusión sistemática do idioma na maioría dos espazos" e a esixencia de poder empregar o galego "sen límites"
Como xa é case tradición, a plataforma Queremos Galego volve chamar a manifestarse no Día das Letras en Santiago. A "unidade a favor da nosa lingua" para poder empregala "sen límites" será desta volta o argumento central dunha mobilización que, din, pretender "poñer en evidencia os innumerábeis obstáculos para vivirmos en galego con normalidade" e a "exclusión sistemática do idioma na maioría dos espazos". Segundo o voceiro de Queremos Galego e presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, "a sociedade galega é cada vez máis consciente de que a exclusión da súa lingua é a negación do seu dereito a existir con dignidade" e por iso se produce un "aumento da demanda de galego en todos os ámbitos". No entanto, asegura, esa demanda "non só non é atendida, senón que nos últimos anos sufrimos un importante retroceso acelerado por quen ten a obriga do contrario", isto é, a Xunta, asegura. A protesta deste 17 de maio tentará, segundo Maceira, poñer sobre a mesa "as promesas incumpridas de posibilidade de uso pleno e normal da lingua propia" que levan tres décadas "recollidas no Estatuto e na Lei de Normalización Lingüística". Estas esixencias, unidas á "reacción" contra os "retrocesos" no uso do idioma, van "permitir reverter o proceso de substitución lingüística", mantén. "A garantía de futuro do galego está na forza e na dignidade do pobo galego", resume. A mobilización do 17 de maio en Santiago porá sobre a mesa a "exclusión sistemática do idioma na maioría dos espazos" e a esixencia de poder empregar o galego "sen límites" Ao contrario que noutras ocasións, desta volta a mobilización de Queremos Galego pon o foco no ensino, pero tamén noutros ámbitos. "A situación no ensino é indicativa", con medidas como a LOMCE ou o vixente decreto de uso das linguas, pero as reivindicacións sitúanse tamén "en ámbitos como a Administración, a economía ou o laboral". "Así, por exemplo, "curiosamente", a lei de transparencia do Estado "obriga a que Administración que deran importantes pasos cara á normalización, como os concellos, teñan que publicar toda a documentación en castelán". "Pedímoslle ao señor Feijóo -sintetiza Maceira- que mostre por fin a dignidade que debería ter o seu cargo e corresopnda a dignidade coa que o pobo galego mantén viva a súa lingua". Mentres a Xunta "incumpra a obriga de promover o uso do galego" estará a "mostrar estar tamén en contra da súa propia existencia como Goberno", conclúe.
NOS_52405
A formación nacionalista pedirá unha comisión de investigación para aclarar o "baleirado kamikaze" dos encoros galegos.
O BNG desenvolveu este domingo unha acción simbólica no encoro de Belesar, en Portomarín, para defender a aplicación dunha tarifa eléctrica galega e pedir o fin do "espolio enerxético que sofre Galiza". Na acción participaron diferentes cargos políticos e militantes da organización das comarcas de Lugo e Lugo sur; entre eles a deputada e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil. Mudar o marco eléctrico Rodil anunciou que o BNG solicitará a creación dunha comisión de investigación na Cámara autonómica sobre o "baleirado kamikaze" dos encoros galegos. "Á actividade das eléctricas sobre as nosas presas hai que porlle luz e taquígrafos para depurar responsabilidades, tanto empresariais como políticas", asegurou a deputada nacionalista. A viceportavoz do BNG sinalou ademais que os nacionalistas sacarán adiante unha proposta para "cambiar o marco eléctrico do Estado e fixar unha tarifa eléctrica galega", posto que Galicia, "como gran produtora de enerxía, ten dereito a decidir sobre o funcionamento dos seus recursos naturais e integralos a favor dos intereses dos galegos". Ao fío disto, Rodil remarcou os diferentes impactos que a produción eléctrica deixa na Comunidade, como "danos ambientais e custos sociais, económicos e ecolóxicos". "O mínimo é que se poida compensar aos galegos e pór eses recursos en favor do desenvolvemento do noso país", incidiu a deputada nacionalista.
PRAZA_980
Os alumnos de oito anos de 800 centros galegos pasarán a proba a finais de maio na que se avaliarán as competencias lingüísticas, en galego e castelán, e en matemáticas. O STEG propón o boicot, a CIG pide aos profesores que non colaboren e a Confapa promove a insubmisión das familias.
Arredor de 22.000 alumnos de oito anos levarán a cabo os vindeiros 27 e 28 de maio a proba de terceiro de Primaria que impón a Lomce e que se realizará nuns 800 centros educativos de Galicia. Esas son as previsións que este mesmo martes fixo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que quixo mandar unha "mensaxe de tranquilidade" ante a campaña de boicot levada a cabo por algún sindicato e federación de anpas e o rexeitamento frontal de toda a comunidade educativa ante esta "reválida". Uns 22.000 alumnos de terceiro de Primaria deberían levar a cabo a proba o 27 e 28 de maio en 800 centros educativos A Xunta insiste en que a proba é moi semellante á que xa se realiza en cuarto de Primaria e, aínda que este ano é orientativa, pretende achegar datos de resultados individuais por alumno, unha información que asegura que será "estritamente privada" e que só coñecerán pais e titores. Rodríguez definiuna como "ferramenta metodolóxica" para actuar en base a esa información e mellorar o proceso educativo. Sindicatos e organizacións de anpas coinciden en rexeitar esta proba, que cren que "entra en contradicción coa avaliación continua" ao "someter a un estrés innecesario a alumnado de oito anos de idade e porque cos resultados destas probas tense previsto establecer ránkings que servirán a posteriori para determinar que centros deben levar máis recursos, rompendo os principios de equidade e igualdade de oportunidades". Así o manifestan, entre outros, o STEG, CIG-Ensino, Confapa e Anpas Galegas sobre unha "reválida" que debe pasar todo o alumnado, incluído os que teñen necesidades educativas especiais, e que avaliará as competencias lingüísticas en galego e en castelán, así como en matemáticas, cuxa proba será en español como a materia. Sindicatos educativos e anpas censuran o "estrés innecesario" aos pequenos e a "ruptura dos principios de equidade e igualdade de oportunidades" "É unha presión e un estrés innecesario a rapaces de oito anos", coinciden as federacións de anpas, que ven na proba unha intención de elaborar "ránkings" e provocar a "segregación" e o "beneficio final da educación privada". Helena Gómez, presidenta da Confapa, aclara que a súa organización xa enviou uha carta ao conselleiro de Educaicón e ao Consello Escolar de Galicia pedindo que expliquen "que reforzos se van poñer en marcha no caso de que algún centrou ou alumno non supere a proba". "Non houbo resposta", insiste, polo que desde a súa entidade xa puxeron a disposición das familias un escrito para que envíen ao director do centro dos seus fillos e ao consello escolar para "prohibir que se lle faga a proba" ao alumno no caso de que non se dea resposta á cuestión. A Confapa promove que os pais envíen unha carta aos centros para "prohibir que se lles faga a proba" aos seus fillos Será esta unha das formas coas que se intentará evitar que os alumnos pasen unha "reválida" que boa parte da comunidade educativo considera "innecesaria e prexudicial". As Anpas Galegas, pola contra, coinciden no rexeitamento e "entende e comprende" o boicot que pretende algún sindicato, pero cren que "é moito máis eficaz facer unha denuncia conxunta" desta proba. Porque foi STEG quen propuxo claramente o boicto a unha proba que, como recordan, a partir do curso 2015-16 limitarán tamén "as opcións de continuación de estudos en niveis superiores para o alumnado que obteña malos resultados nelas". "Condenarán desde 3º de Primaria a unha parte non pequena do alumnado ao fracaso escolar e á exclusión", din. Por iso, pide aos claustros e consellos escolares que se "pronuncien masivamente" contra a realización destas reválidas e solicita ás nais e pais do alumnado que non os leven ao centro educativo ese día para "amosar o desacordo coa devandita proba e reivindicar a súa eliminación". O STEG propón non levar os nenos á clase ese día e a CIG propón aos docentes que "non colabore" na aplicación nin corrección É a súa maneira de "esquivar ou eludir" as probas, tras advertir que "non realizalas non acarreará consecuencias legais nin académicas" ao ser este ano de carácer orientativo. A posibilidade de que o PP perda a maioría absoluta e a lei educativa volva ser modificada engade sentido, segundo STEG, ao boicot a esta proba. O sindicato tamén advertía das intencións da Xunta de que fosen os docentes quen corrixan os exames, o que iría contra a propia Lomce, que impón unha "avaliación externa". O conselleiro Román Rodríguez aclarou que para a realización da proba constituirase en cada centro unha comisión de coordinación e que serán despois os seus equipos de profesores os que procedan a avaliación, pero non dos seus alumnos. "Nada extraordinario nin rarísimo" CIG-Ensino, pola súa banda, xa presentou unha emenda á totalidade perante a Permanente do Consello Escolar do Estado para reclamar a retirada do proxecto de real decreto polo que se regulan as probas da avaliación final de Primaria, Secundaria e de Bacharelato. Advirte que estas probas supoñen "unha nova discriminación social, xa que só pretenden medir resultados, sen ter en conta o contexto e as circunstancias económicas, culturais e familiares, nin as carencias e necesidades para conseguir os resultados necesarios". Así, o sindicato nacionalista xa "propón" ao profesorado que "non colabore nin na aplicación, nin na corrección das probas, para así expresar o noso rexeitamento a unha medida que vai afondar nas desigualdades e na redución de oportunidades para o alumnado". Desde Educación, non obstante, Román Rodríguez insiste en que non se busca "nada extraordinario nin rarísimo" e que a información que se obterá "nunca sobra". O director xeral de Educación, Manuel Corredoira, aclarou que a reválida só será "un referente máis" pero non "determinante". "É unha mellora sobre o que había, claramente, como indica o nome da lei", rematou o conselleiro.
NOS_54605
A Enquisa de poboacón activa (EPA) do III trimestre cifra en 34.800 as vivendas que hai na Galiza onde non hai ningún perceptor de ingresos. Son 2.900 menos que no II Trimestre e un 91,4% máis do que en 2009.
A Enquisa da poboación activa (EPA) do terceiro trimestre recolle que na Galiza hai un total de 34.800 fogares que non teñen ingresos. Vivendas onde non hai ningún perceptor de ingresos, nin por traballo, nin por prestación, nin axudas... Son 2.900 fogares menos que na EPA do II trimestre, un descenso parello ao descenso do paro nos meses de xullo, agosto e setembro, época de aumento do emprego estacional polo verán e a tempada turística. Porén, eses 34.800 fogares continúan a ser un 91,4% máis dos que había en 2009. No 2010 estaban sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. Durante 2011, 2012 e 2013 o número de familias nesa situación foi aumentando paulatinamente, chegando a 35.100 fogares en 2013. Comezou a descender en 2014 (34.300 familias), mais en 2015 volveu haber incremento, rexistándose 35.500 a mediados dese ano. O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son varios dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. En 72.100 moradas galegas todos os seus membros activos están no desemprego A isto hai que lle engadir aqueles fogares que teñen todos os seus membros activos no paro. Non entran, logo, rendas de traballo mais si poden entrar outras (prestacións, axudas...) Estamos falando de 72.100 vivendas en Galiza. Son 3.600 menos que as que había no II trimestre. Mais a comparación con 2009, ao igual que nas vivendas sen ningún tipo de ingresos, amosa a fenda que se xerou durante estes anos de crise. De 2009 ao terceiro trimestre de 2016 as vivendas onde ningún membro activo ten emprego aumentou un 69%.
PRAZA_5230
O Foro Galego de Inmigración lanza unha campaña para promover "unha resposta social ampla e contundente" ante o recorte "dos máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos" que, ao seu xuízo, se está a producir
O Foro Galego de Inmigración vén de lanzar unha campaña para promover "unha resposta social ampla e contundente" ante o recorte "dos máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos" que, ao seu xuízo, se está a producir e que afecta ás persoas migrantes. Para o Foro, os feitos de Ceuta e Melilla "confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente delictivas, e en todo caso irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no control desas fronteiras" A problemática é complexa, non só afecta aos sucesos que teñen lugar na liña de fronteira e ademais é permanente, pero a campaña xorde en boa medida como resposta aos dramáticos acontecementos que se están producindo en Ceuta e Melilla. Neste senso, o Foro sinala que estes feitos "confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente delictivas, e en todo caso irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no control desas fronteiras". E a plataforma denuncia a este respecto "o intolerable anuncio do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que van en contra dos máis elementais principios democrático e dos dereitos humanos". A campaña, que se estenderá até o mes de xuño, busca o apoio formal de colectivos, asociación, entidades, sindicatos e grupos políticos na defensa dos dereitos das persoas migrantes e contra a persecución policial e administrativa á que se atopa sometido este colectivo. E procurarán "visibilizar as agresións silenciosas e silenciadas que está a sufrir o colectivo de persoas migrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa". A campaña buscará "visibilizar as agresións silenciosas e silenciadas que está a sufrir o colectivo de persoas migrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa" Na campaña centrarán a súa actividade na denuncia da exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación irregular, nos "fortísimos recortes dos orzamentos públicos dedicados ao colectivo migrante en Galicia ou na denuncia da existencia dos CIES e das "continuas violacións de dereitos que se producen neles". Tamén farán fincapé "na intensificación das redadas racistas e da persecución sistemática das persoas migrantes" ou "na persecución específica do colectivo de vendedores ambulantes en Galicia". E referiranse igualmen ao aumento das situacións de explotación laboral do colectivo migrante, sobre todo nos ámbitos do emprego doméstico, das explotacións agrícola-gandeiras e do sector pesqueiro. O Foro enmarca este recorte dos dereitos humanos das persoas migrantes nun proceso máis amplo de ataque contra o conxunto da poboación e de debilitamento da democracia O Foro Galego de Inmigración enmarca este recorte dos dereitos humanos das persoas migrantes nun proceso máis amplo de ataque contra o conxunto da poboación e de debilitamento da democracia. Sinalan que a crise económica está sendo utilizada como "desculpa para que os gobernos centrais e autónomicos estean a por en marcha unhas políticas de fortísimos recurtes sociais, que rematan por converterse en limitación ou eliminación de dereitos socioeconómicos e mesmo cidadás e políticos básicos".
NOS_52095
Paulo Carril, secretario xeral do sindicato, considera un "atentado á democracia" que o PP lamine unha iniciativa lexislativa popular cuxa admisión foi aprobada por unanimidade na Cámara galega.
Un cento de delegados e delegadas da CIG concentráronse esta segunda feira 4 de decembro perante o Parlamento de Galiza para denunciar a manobra do PP, maioritario na Cámara, para baleirar de contido a ILP presentada hai case dous anos por este sindicato a prol dunha tarifa eléctrica galega e contra a pobreza enerxética. Unha concentración que decorría ao tempo que na Cámara se debatía o que ficaba desta iniciativa após pasar polo "cepillo" do Partido Popular- Paulo Carril, secretario xeral da CIG, cargaba contra o PP, ao que responsabilizaba dun "grave atentado á democracia" por desvirtuar e, de facto, anular unha ILP cuxa admisión fora aprobada por unanimidade polas forzas presentes no Parlamento de Galiza, que tivo o apoio do dobro de sinaturas necesarias, ben como de 50 concellos –entre eles de 6 das 7 grandes cidades galegas- e de 3 deputacións. "O Partido Popular quer deixar sen efecto" esa proposta. O que é especialmente preocupante nuns momentos en que a pobreza enerxética afecta miles de fogares de Galiza , ou perante "a situación de industrias asentadas en Galiza que desenvolven procesos produtivos intensivos", como Alcoa ou Celsa Atlantic, entre outras. Para Carril, Núñez Feijóo e o Partido Popular son "contundentes" contra os axentes e a propostas que procuran "reverter o espolio dos nosos recursos" mentres dá "bicos e apertas" aos responsábeis das grandes empresas que fan negocio con iso. Para o sindicato nacionalista, os argumentos esgrimidos desde o PP para rebaixar a ILP son "lamentábeis" e critica con dureza que "o PP renuncie a que poidamos utilizar un recurso tan valioso en beneficio do noso desenvolvemento económico e industrial e na xeración de emprego, ben como na mellora da calidade de vidas das galegas e galegos". Durante a concentración, presidida por dúas faixas nas que se reivindicaba "Tarifa eléctrica galega", coreáronse diversas palabras de orde, como "Na nosa Terra, tarifa galega", "Nós producimos, nós decidimos" ou "Feijóo, PP, respectade a ILP".
NOS_40006
Fanse habituais os xuízos no Estado español contra rapeiros polos contidos dalgunhas das súas cancións ou vídeos. Acusacións por 'inxurias á Coroa' ou 'enaltecemento do terrorismo', entre outras, nas que toma cartas até a Audiencia Nacional.
Josep Miguel Arenas é 'Valtònyc', un rapeiro mallorquí para o que a Fiscalía vén de solicitar 3 anos e 8 meses de prisión por "enaltecemento do terrorismo" e "inxurias á Coroa", ademais de 4.000 euros de fianza. Todo iso por unha canción, 'Circ balear', que xerou unha denuncia do presidente do Círculo Balear, entidade da illa sinalada como "españolista". Valtònyc é unha doa máis a sumar aos xuízos e denuncias que no Estado español se sucederon nos últimos tempos contra rapeiros, nunha dinámica que ten certa tradición no Estado: levar perante a xustiza a intérpretes polo contido dos seus temas. O 2016 arrancou, premonitoriamente, coa imputación de Ayax e Prok, dous rapeiros de Granada, acusados de inxurias e calumnias contra á policía por un dos seus temas. No estado español ou francés non é unha novidade que rapeiros acaben declarante perante o xuíz polas súas letras En Galiza, o lucense Volk GZ, integrante de 'Tinta Rebelde', foi xulgado en setembro polo vídeo dun dos seus temas, acusado de presuntas ameazas a Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe. Esta afirmou que ao escoitar a canción se lle puxeron os "pelos de punta" e que se sentíu "ameazada". Volk GZ explicou perante o xuíz que a letra era unha crítica sobre a dificil situación do galego. "Tento ver o galego no blogue de Gloria Lago, oh oh pero non o atopo/ Só leo parvadas, que só defenden mentes pechadas, o seu bilingüismo non/ Mentres Rajoy non sabe nen pronunciar un son, hai debuxos animados en inglés na TVG2." Mais se hai un rapeiro no Estado ao que as súas letras e comentarios levaron a ter que declarar en diversas ocasións perante a xustiza durante estes anos este foi Pablo Hasel. O catalán tivo que comparecer recentemente perante os Mossos por unha denuncia da Audiencia Nacional a raíz da súa canción 'Juan Carlos el Borbón'. Era a segunda investigación que o antiguo Tribunal de Orden Público (TOP) franquista realizaba sobre este cantante, ao que en 2014 condenou a 2 anos de prisión por incitar ao odio e enaltecemento do terrorismo. Hasel tamén foi albo de denuncias de políticos (o alcalde de Lleida) e xornalistas. Los Chikos del Maíz saben tamén o que é estar no punto de mira. A Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) solicitou a Podemos que suspendese o concerto dese grupo no peche de campaña podemita en Sevilla por, disque, "despreciar as vítimas". "Non é unha novidade" O propio Volk GZ, en declaracións recollidas na web de Ceivar, afirmaba a raíz do seu xuízo que "a represión de músicos no Estado español non é unha novidade". É certo. Pola Audiencia Nacional pasou, por exemplo,o grupo vasco SA (Soziedad Alkólika), que foi xulgado tamén por "enaltecemento do terrorismo" polas letras de cancións como 'Explota zerdo'. O tribunal absolveu en 2006 o conxunto de Gasteiz por entender que non había apoloxía de ETA. Máis recentemente, en 2012, a AN impuña unha multa de 900 euros para cada un dos tres integrantes de 'Ardor de estómago' por un delito de 'Inxurias á coroa' nun tema que, curiosamente, facía parte dun disco editado polo Concello de Segovia co gallo da IV Mostra de música xove. Un dos casos máis relevantes foi o acontecido en 1993, cando Rodríguez Galindo, daquela teniente-coronel da Garda Civil, demandaba o grupo vasco Negu Gorriak por un delito de danos á súa honra e difamación. A demanda respondía ao tema 'Ustelkeria' (Podredume), no que se falaba das relacións deste militar co narco-tráfico, en base a informacións saídas en varios medios (Egin, Diario 16, Egunkaria). Galindo pedía 90.000 euros e que esa canción non poidese nunca interpretarse ao vivo. No 2000 o Tribunal Superior absolvía Negu Gorriak, que celebrou a boa nova con 3 concertos de despedida: un en Baiona (4.000 persoas) e outros 2 en Donostia (13.000 persoas). Galindo foi condenado posteriormente a 75 anos de cárcere polo caso do secuestro, tortura e asasinato de Lasa e Zabala, 2 refuxiados vascos militantes de ETA. A Asociación de Vítimas de Terrorismo 'Verde esperanza' e diversos grupos teñen solicitado nos xulgados a paralización de concertos por entender que se aldraxaba ás vítimas ou enaltecía o terrorismo: Fermín Muguruza, SA, Su Ta Gar, Piperrak, Los Chikos del Maíz ou mesmo os italianos Banda Bassotti. E en Estados Unidos? No país onde naceu o rap ["A CNN dos barrios negros", como o cualificou Chuck D, de Public Enemy] o rap ten estado non poucas veces no epicentro de polémicas e controversias. A diferenza do Estado español raramente acabaron dirimíndose nos xulgados. Prevalece a primeira emenda, que protexe a liberdade de expresión. Citaremos só tres casos de letras de rapeiros que provocaron unha enfurecida reacción de autoridades políticas e policiais. Enfurecéronse, e moito, mais ninguén pediu que se metera no cárecer aos intérpretes nin estes foron xulgados. 'Fuck tha police' (Fode á policía) de NWA xerou a principios dos 90 un forte escándalo. A letra, dura, contiña unha restra de insultos á policía por racistas combinada con chamadas máis ou menos veladas a responder con violencia á violencia policial. O mesmísimo FBI tomou nota e remitiu unha carta á discográfica, Ruthless Records, ameazando con medidas. Os NWA foron vetados en varias cidades e sofreron boicots. Non tiveron que dar contas por esa letra perante a xustiza, certo, mais a vida fíxoselles complicada coa policía pendentes da mínima oportunidade de cachalos nas patacas. 'Cop Killer' de Body Count tamén montou unha boa. Xerou un aluvión de críticas, á fronte das cales se situou o daquela presidente George W. Bush. Publicada en 1992, axiña congresistas e senadores, así como representantes policiais e de asociacións 'dos bos costumes', solicitando que fose censurada. O responsábel da letra, o rapeiro Ice T, defendeuna no marco da liberdade de expresión e dixo que había que entendela no contexto. E cal era ese contexto? En abril de 1992 publicouse a sentenza do xuízo pola brutal malleira de varios policías a un mozo negro desarmado, Rodney King. O xurado branco absolveu os policías, embora as gravación da malleira ser retransmitidas polos canais de noticias, o que xerou uns disturbios en Los Angeles que se saldaron coa mobilización do exército, 54 mortos e miles de feridos. Bush acusou 'Cop Killer' de incentivar os disturbios. Ice T respondeulle que moitas grazas polo cumprido pero que non. KRS-One, coñecido como 'The Teacher' (O mestre) publicaba nos 90 'Sound of a police', canción na que rimaba co de que "os verdcadeiros criminais son os policías". Cun son de sirenas policiais de fondo, O mestre rapea un retrouso que se fixo clásico: "o son da policía / o son da besta". Sindicatos policiais e políticos cargaron contra canción e cantante, acusándoo de fomentar o odio contra as forzas de seguridade. Ao igual que nos outros dous exemplos, os responsábeis das acusacións desistiron de levar a cuestión aos xulgados por considerar que estes primarían a liberdade de expresión.
NOS_27730
O número de persoas desempregadas reduciuse no noso país en máis de 12 mil persoas no último mes. Galiza continúa liderando a taxa de contratos temporais.
O Ministerio de Traballo fixo públicos esta segunda feira (4 de agosto) o dados do paro rexistrado do mes de xullo. En Galiza sitúase en 240.279 as persoas demandantes de emprego, 12.031 menos que no período anterior. Por provincias Pontevedra continúa a ser a de maior desemprego rexistrado (96.276), seguida da Coruña (94.528), Ourense (26.202) e Lugo (23.273). Así mesmo, segundo o sector de actividade os servizos foron os que máis incrementaron o número de empregad@s (8.063) seguidos da construción (1.882) e da industria (1.492). Porén, o número de contratos temporais mantense de maneira notábel por riba das contratacións indefinidas --con ou sen bonificación pública-- Así no noso país o total de contratos sitúase en 91.604 dos cales só 5.466 son de carácter indefinido. Pola contra, o groso de novos contratos, 86.138, son temporais. Un feito que se repite no conxunto do Estado español.
NOS_16212
As cifras da enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre nos gustaron nada á CIG, CCOO e UXT. As tres organizacións demandan accións urxentes. Autónomas e autónomos de ATA aseguran que a seguinte enquisa terá resultados aínda peores.
Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre foron criticados con contundencia polas organizacións sindicais. Desde a CIG alertan da "grave situación" que implican estes datos. O seu secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, asegura que precisamos "unha saída galega e xusta da crise" e que se adopten toda unha serie de medidas que permitan "a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno en Galiza". Desde a central nacionalista insisten que "urxe derrogar as reformas laborais, da negociación colectiva, das pensións e do desemprego de 2010 e 2012 e unha conciliación con dereitos diante das necesidades de coidados xeradas pola pandemia". A análise dos datos cren que debe tomarse con moitas reservas, xa que o segundo trimestre de 2020 abrangue o período máis "irregular" no mercado de traballo, xerado pola covid-19. Con todo para a CIG a pandemia "puxo en evidencia as eivas do modelo capitalista". CCOO tamén amosa a súa preocupación polo aumento do desemprego nun período "marcado pola estacionalidade" que constata que "o emprego creado é precario, situación que prexudica especialmente as mulleres, e o sector industrial que continúa agonizando". Tamén sinalan que a Xunta destrúe emprego no sector público (-2800) en comparación con outras administracións. Polo seu lado, UXT ve "especialmente preocupantes" os datos do desemprego de longa duración, e insiste en que resulta imprescindíbel "seguir protexendo as empresas, os empregos e o tecido produtivo". O Sindicato tamén fai fincapé en que se trata de converter a recuperación nunha oportunidade de reforzar o sistema de protección social. Desde a Asociación de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA), o seu presidente estatal Lorenzo Amor, afirmou que estes datos son unha "choiva fina" e unha "pequena fochanca" comparados coa "tormenta" dos resultados que virán no cuarto trimestre. "Se non se pon remedio, a seguinte EPA vai traer datos catastróficos", apuntou nun comunicado.
NOS_43167
Máis de 33.000 hectáreas arderon na Galiza nas últimas dúas semanas, principalmente no Courel, Valdeorras e Vilariño de Conso.
A Xunta da Galiza deu por extinguido un incendio forestal de Quiroga, na parroquia de Outeiro, malia que os tres grandes fogos do Courel, Valdeorras e Vilariño de Conso, que acumulan máis de 28.000 hectáreas queimadas, seguen estabilizados ou controlados. Así, a principal novidade do último parte da Consellaría do Medio Rural, con datos recollidos até as 8.30 da mañá desta cuarta feira, é a extinción do foco de Quiroga, que foi apagado contra as 22.48 desta terza após calcinar 247 hectáreas. Aliás, desde as 20.25 horas continúa estabilizado outro incendio dunhas 20 hectáreas que se declaraba activo esta terza no municipio do Saviñao, concretamente na parroquia de Rebordaos, orixinado cando menos en tres focos diferentes, "o que mostra a súa intencionalidade", di Medio Rural. Bombeiros cargan contra unha Xunta "que non estaba preparada" para os incendios: "As brigadas municipais seguen sen contratar" De acordo coa última actualización, os outros tres grandes focos desta vaga de incendios que arrasou unhas 33.000 hectáreas na Galiza desde o pasado 14 de xullo fican sen cambios. O grande incendio forestal da Pobra do Brollón-Folgoso do Courel que leva queimadas 11.100 hectáreas —no que confluíron cinco fogos— continúa sen controlar, aínda que a Consellaría xa o dá por estabilizado. Segue tamén controlado o incendio da parroquia de Riodolas, en Carballeda de Valdeorras, que afecta o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, con 10.500 hectáreas queimadas; e continúa estabilizado o lume do municipio de Vilariño de Conso, que afecta o parque natural do Invernadeiro e que calcinou 6.500 hectáreas. 25 veciños e un bombeiro forestal con motobomba evitan que o lume arrase a parroquia de Folgoso Outros fogos xa extinguidos A todos estes hai que sumar outros incendios forestais xa extinguidos e que calcinaron unhas 4.600 hectáreas. En concreto, trátase de Cualedro —1 hectáreas—; Baiona —46 hectáreas—; Melón —dous fogos que suman 98 hectáreas—; Quiroga —98 hectáreas—; Ribadavia —67 hectáreas—; Covelo —37 hectáreas—; Cervantes, parroquias de Donís —75 hectáreas—, Noceda —182 hectáreas—, Cereixedo —65 hectáreas— e O Castro —0,5 hectáreas—; Rodeiro —110 hectáreas—; Palas de Rei —375 hectáreas—, e Antas de Ulla —54,1 hectáreas—. Esta listaxe complétase cos tres do municipio de Oímbra, nas parroquias de Rabal —2.100 hectáreas—, San Cibrao —370 hectáreas— e Videferre —919 hectáreas—.
NOS_25737
Tráfico abriu de novo o tramo da A-8 no alto do Fiouco despois de tela pechado ás 20 horas do domingo. Tan só aguantara cen horas abertas ao tráfico despois de estar cortado desde o día 6 até a pasada cuarta feira.
O alto do Fiouco abriuse de novo esta mañá despois de estar fechado desde este domingo ás 20:00 horas por néboa. O tramo da A-8 que xa estivera cortado desde o día 6 até a pasada cuarta feira volveu lucir as barreiras que impiden o acceso de vehículos por causa da falta visibilidade a causa da néboa. Só aguantara cen horas aberto até que ás 20 horas do serán do domingo volveu ser clausurada. O tramo está sometido a continuos cortes pola Dirección General de Tráfico despois de que no mes de xullo do pasado ano un accidente múltiple a causa da néboa se saldase cunha morte e corenta persoas feridas tan só cinco meses de ser aberto ao tráfico. O domingo volveuse fechar tan só cen horas despois da súa apertura, ao rematar un novo período de prohibición do tráfico que se prolongaba desde o sábado até mediodía da cuarta feira. Con anterioridade, Tráfico emitira varios anuncios de precaución até, finalmente, decidir pasar a interromper a circulación no tramo que une os concellos de Abadín e Mondoñedo.
NOS_39306
Dotada com 100 mil euros, é a máxima distinção literária que se concede em Portugal. Aos seus 73 anos, o mais importante escritor cabo-verdiano é premiado por uma obra narrativa que vai dos contos aos romances. Germano Almeida participou no relato colectivo O crânio de Castelao, publicado no semanário Sermos Galiza.
Germano Almeida ganha o Camões poucos días antes de a sua editora portuguesa -Caminho- tirar do prelo o seu último romance, O fiel defunto. Esta é a 30 edição do Camões, prémio que inaugurou a sua nómina de ganhadores com o português Miguel Torga, em 1989. Germano Almedia é o sexto escritor africano em vencer o prémio. As páginas do Sermos Galiza acolheram também um bocado da sua obra quando -e coordenados por Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da USC- participou na escrita coletiva dum relato a várias mãos, O crânio de Castelao, um folletim policial que em 2013 apareceu ao longo de várias entregas nas páginas do semanário. Germano Almeida compartilhou a narração com Miguel Miranda e Possidónio Cachapa, o brasileiro Bernardo Ajzenberg e o timorense Luís Cardoso, bem como com os galegos Xavier Queipo, Xurxo Souto, Susto de Toro, Quico Caval e Antón Lopo.
NOS_13803
O documento foi elaborado pola profesor de Dereito Administrativo da UDC Carlos Aymerich a solicitude da CIG. O sindicato insta a Xunta a actuar para evitar o que considera que pode ser unha "operación de especulación".
A venda de Ferroatlántica – que Villar Mir quer facer por 170 millóns de euros ao fondo TPG- debe de ser autorizada previa e expresamente pola entidade pública empresarial Augas de Galiza. Esta é a conclusión do estudio elaborado por Carlos Aymerich, profesor de Dereito da Universidade da Coruña, a petición da CIG. Non é o primeiro traballo que o xurista realiza a petición do sindicato nacionalista. Recentemente elaborou un sobre Alcoa e en 2017 fixera un informe xurídico sobre a intención daquela do grupo Ferroglobe de vender as centrais a un fondo canadiano. No estudio presentado esta segunda feira, Aymerich cita artigos do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, da Lei de Augas, sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE ou informes do Consello do Estado, para defender que a venda de Ferroatlántica debe de contar coa autorización de Augas de Galiza. A empresa quer evitar este trámite. Por iso alega que a venda faise mediante "transferencia de accións", o que considera que implica que só ten que facer unha comunicación da venda á Xunta pois non habería cambio de titular da concesión. Porén, Aymerich discrepa dese argumentario e defende que si hai unha mudanza: mudan os titulares últimos das accións. Así pois, é necesaria a autorización previa. De feito, aponta, se se vende sen autorización previa Augas debría devlarar a extinción da concesión. Aymerich instou a Xunta a actuar con "dilixencia" e coa finalidade de preservar o "interese público". Paulo Carril, secretario xeral da CIG, e Alfonso Mouzo, portavoz do comité, estiveron na presentación do informe. Para Carril, a Xunta debe de "actuar" para evitar o que pode ser unha "operación fraudulenta". A central nacionalista mostrou desde un principio as súas dúbidas sobre esta operación de venda.
NOS_47431
Balea Cultural é un medio de comunicación dixital que naceu en 2018 e que está especializado no xornalismo cultural. Os seus fundadores, Mario Fernández e Mauro Borrazás, buscaban confeccionar un espazo no que tratar sobre eventos culturais non tan comerciais. Brais Nogueira, que se uniu pouco tempo despois do seu nacemento, explica que o obxectivo de Balea Cultural é tender cara á profesionalización do medio ao tempo que lle dan presencia e voz a proxectos culturais feitos en lingua galega.
Como naceu Balea Cultural? Balea xurdiu porque os meus compañeiros Mario Fernández e Mauro Borrazás asistiron ao WOS Festival en Santiago e pensaron que estaría ben que existise algún medio de comunicación que cubrise eventos culturais de vangarda en galego e cunha perspectiva que fose máis aló do traballo feito por medios xeralistas e medios especializados que xa existían e que eles coñecían e que, realmente, a este tipo de música non se lle adoita prestar atención. A idea orixinouse así, e posteriormente eles xuntaron ás persoas que, baixo o seu criterio, debían formar parte do medio. Entre elas estaba eu, que escribo sobre todo de cinema. Foi aí cando entrei no proxecto, e pouco a pouco fun gañando peso no que veñen sendo as tarefas de sacar adiante a Balea, axudando tanto a Mario como a Mauro. Cantas persoas escriben actualmente no seu medio? O feito de non ser un medio profesional fai que no día a día de Balea esteamos catro persoas fixas a escribir. A iso súmanse as colaboracións das persoas interesadas. O feito de que non poidamos pagar os textos polo de agora é algo co que eu non estou conforme, porque non creo nesa máxima de que o xornalista non debe cobrar polo seu traballo. É algo no que traballamos para cambiar. Penso que ao longo de toda a historia do medio puideron pasar decenas de persoas por Balea. É difícil de cuantificar, porque son persoas que van desde colaboracións esporádicas até colaboracións habituais e periódicas. Como se leva a cabo a escolla de temáticas e contidos? A nosa prioridade, aínda que non sempre chegamos, é cubrir as cuestións que ocorren na Galiza. Todo o galego ten que ter prioridade, e mesmo nós intentamos dar pulo a proxectos feitos en galego. Iso non significa logo tratalos mellor ou peor, porque aí xa entra a calidade da proposta cultural. Pero que teñan presencia e voz nos medios parécenos fundamental. O feito de, como che dicía antes, non ser un medio profesional fai que non teñamos unha listaxe pormenorizada de todos os temas a tocar. Por unha banda, vai nos gustos das persoas que escriben, e logo buscamos un equilibrio entre iso e temas que consideramos moi relevantes e que pensamos que deben ser analizados. Xa mencionou o feito de que non son un medio profesional. Esa cuestión e as dificultades derivadas leváronos a pensar algunha vez en frear o proxecto? Esta situación xera moitas contradicións. Por unha banda é un proxecto noso e queremos loitar por el, mais por outra, todos os que escribimos en Balea temos que comer e compaxinar outras actividades estudantís ou profesionais. Intentamos que o medio non se resinta, pero é inevitábel que haxa meses nos que a cantidade de artigos publicados se reduza. Intentamos garantir a calidade ao máximo, pero o número de artigos non sempre é posíbel. Moralmente tampouco lle podemos pedir a ninguén que escriba con nós sabendo que esa persoa non vai cobrar. Dáselle apoio na Galiza aos medios culturais especializados? Neste punto quero ser moi franco, e deixar claro que esta opinión é miña particular. O problema dos medios na Galiza é que existe unha endogamia absoluta. Se nun medio político, os xornalistas son amigos dos responsábeis políticos, ármase un escándalo. Nos medios culturais iso non pasa. Gran parte dos medios culturais galegos teñen amizades e proximidade con persoas e institucións que, se ben non garanten o sustento económico deses medios, si que facilitan moito a súa existencia. O problema vén cando iso condiciona o teu contido e conduce a unha peor calidade dos artigos publicados.
PRAZA_10534
Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009. Ou, na actualidade, no PNV, no escocés SNP ou no galés Plaid Cymru.
Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009. Ou, na actualidade, no PNV, no escocés SNP ou no galés Plaid Cymru. Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009PNV, SNP e Plaid Cymru propoñen arestora proxectos claramente nacionais e soberanistas, mais fondamente inclusivos (migrantes de calquera etnia, nacionais retornados), ben alicerzados nos valores do desenvolvemento sostíbel e na igualdade. Propoñen proxectos sociais onde o precariado e as persoas máis vulnerábeis están no foco dos servizos sociais sen deixar de apoiar o emprendemento empresarial e o incremento da prosperidade. Países autocentrados económicamente e socialmente xustos. A cidadanía galega vive os seus problemas dende o recurte dos servizos públicos, as fragmentacións e localismos fomentados dende os Poderes e dende a atribución de culpabilidades aos que son febles ou diferentes. No noso País temos moitos problemas graves, dende a consunción demográfica, a irrelevancia económica, a emigración da nosa mocidade máis cualificada ou a perda da nosa lingua e cultura. É evidente que só dende un galeguismo político, transversal e de forte contid social se lle pode dar resposta a estes problemas. Mais o que hai hoxe, despois de dez anos de queda e implosión galeguista, non pode-aínda- nin construir nación, nin facer a xustiza social, nin ser gañador.A boa nova é que estes parámetros serían subscritos polas maiorías sociais galegas, por máis dun 30% da cidadanía, se o galeguismo político fose quen de dar coa linguaxe para ofrecer este duplo proxecto nacional e social. Promotor do desenvolvemento económico, nomeadamente industrial, mais dende a sostibilidade ecolóxica. Afirmante da soberanía nacional galega aproveitando as sinerxias estatais, europeas, lusófonas e iberoamericanas. Construtor dunha sociedade de servizos sociais avanzada que arrumbe coa pobreza e co precariado, ao tempo que agasalle o emprendemento empresarial que saiba xogar na normativa ambiental, fiscal e social propia dun país europeo avanzado. O galeguismo político é o único sector ideolóxico que pode conxugar estes principios nacional e social e ofrecermos un proxecto para a Galicia do futuro. Mais para chegar aló compre integrar aínda moitas sensibilidades e moitos sectores. Cómpre moita intelixencia e moita xenerosidade.
NOS_31970
A Mesa do Parlament ratificou a súa decisión inicial de admitir a creación de tres ponencias conxuntas para redactar esas leis, algo que querían bloquear socialistas, populares e Cs.
A Mesa do Parlament ratificouse en admitir a creación de tres ponencias conxuntas para redactar as leis do 'procés': de Facenda, de Seguridade Social e de transitoriedade xurídica; e rexeitou as peticións de reconsideración presentadas por PSC, PP e Ciudadanos. A ratificación tivo lugar após escoitar a Xunta de portavoces da Cámara, que se posicionou a prol desas ponencias conxuntas grazas á maioría de JxS e a CUP. O PSC, PP e CS van recorrer perante o Tribunal Constitucional, segundo informan na Cadena Ser. Lembran que até os servizos xurídicos da Cámara aconselleran procurar outra vía de trámite distinta que a ponencia conxunta pois non conta co apoio de todos os grupos. Porén, desde o independentismo lembraron que en pasadas lexislaturas tamén se empregou esta vía sen que contase con apoio de todos os grupos e iso non xerou ningunha controversia. As coñecidas como 'Lleis del Procés' que impulsan JxS e a CUP procuran ir camiñando cara a constitución dunhas ferramentas soberanas catalás, á marxe das do Estado español.
NOS_7540
Fechan os colexios e publícanse as enquisas a pé de urna. A da RTVE e a Forta indica que a suma de Podemos e do PSOE superará á suma do PP e de Ciudadanos. Na Galiza, En Marea podería sumar un escano, a custa do PSdeG-PSOE.
A enquisa a pé de urna RTVE e da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas (Forta), elaborada pola empresa Sigma Dos a partir de 132.000 entrevistas en 1.100 colexios electorais e 2.720 mesas, reflicte que a suma de Podemos e do PSOE superaría á suma de PP e Ciudadanos. Segundo esta enquisa, en Galiza o PP obtería 10 escanos; En Marea, entre 6 e 7; o PSOE, entre 5-6 e Ciudadanos, 1. As porcentaxes de voto descoñécense, pois a CRTVG omite a porcentaxe de votos a nivel galego. Por circunscricións, na Coruña o PP repetiría resultado, 3 escanos; En Marea obtería entre 2 e 3 (o 20D acadou dous deputados); o PSOE, entre 1 e 2 (o 20D contou con 2 parlamentares) e Ciudadanos mantería o seu. En Lugo repetiríase o resultado: 2 escanos para o PP, 1 para En Marea e 1 para o PSOE; en Ourense tamén se repetiría, con 2 escanos para o PP, 1 para En Marea e 1 para o PSOE e en Pontevedra daríase a mesma situación que o 20D, cando o PP sacou 3 deputados, En Marea 2 e o PSOE outros dous. Dados a nivel estatal O PP acadaría o 28,5% dos apoios e entre 117 e 121 escanos (o 20D sacara 123); Podemos tería o 25,6% e entre 91-95 escanos (o 20D a suma de Podemos, as confluencias e Unidad Popular en Común acadaran 71); o PSOE situaríase nunha porcentaxe de votos do 22% e con entre 81 e 85 escanos (o 20D obtivera 90) e Ciudadanos, o 11,3% e entre 26-30 escanos (o 20D lograra 40). Esquerra acadaría entre 10 e 11 escanos, mentres que CDC, que se presentara o 20D coa marca Democràcia i Llibertat, obtería 5 parlamentares. EAJ-PNV ficaría con 5 ou 6 escanos; EH Bildu lograría entre 3 e 4 e CCA-PNC acadaría 1. Enquisa de GAD3 para a Cope e o ABC A enquisa telefónica de GAD3 para a Cope e o ABC coinciden coa enquisa a pé de urna da RTVE e da Forta ao apuntar que a suma de Unidos Podemos e do PSOE superaría á suma do PP e Ciudadanos. Esta enquisa dálle ao PP entre 121 e 124 escanos; a Unidos Podemos, entre 87 e 89; ao PSOE, entre 84 e 86 e a Ciudadanos, entre 29 e 32.