ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_8993
O Goberno galego prevé un proceso "dilatado" para acordar coas constructoras as compensacións por non construír os dous edificios pendentes, cuxo freo foi aprobado polo Parlamento o pasado marzo
O pasado 26 de marzo o Parlamento galego dáballe luz verde a unha proposta cuxa aprobación foi unha sorpresa mesmo para quen a propuña. O BNG reclamaba que a Cámara galega sentenciase definitivamente os dous edificios da Cidade da Cultura que aínda non foron construídos, o Centro de Música e Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional, e a posición inicial do PP semellaba que todo seguiría o guión previsto. O seu voceiro no debate, Agustín Baamonde, realizou unha acendida defensa do proxecto que Manuel Fraga definira como o seu "soño" pero, unha orde de última hora de Alberto Núñez Feijóo, levou os 41 deputados conservadores a premer o botón do "si" e aceptar a iniciativa nacionalista, que tivo tamén o voto afirmativo de AGE e a abstención do PSdeG. Dous meses despois, a Xunta apela á "discreción" para cumprir o acordo". A moción aprobada en marzo era clara: "o Parlamento insta a Xunta a iniciar de inmediato os trámites necesarios para proceder á paralización definitiva dos dous edificios pendentes de construír" no complexo do monte Gaiás, os cales estaba previsto reanudar en 2014. Hai poucas datas, a través da deputada Ana Pontón, o BNG preguntou por escrito sobre "as actuacións e o prazo previsto pola Xunta" para o "cumprimento do acordo", así como sobre a marcha das "negociacións iniciadas coas empresas adxudicatarias en relación co seu custo", isto é, sobre as compensacións que recibirán por non facer as obras contratadas. E o Executivo non ofrece moitos datos amparándose na devandita discreción. "O proceso prevese dilatado no tempo e debe ser levado coa máxima discreción", argumenta a Xunta para non ofrecer datos das negociacións "Dende o preciso momento en que se aprobou" a moción, di a Consellería de Cultura e Educación, o Goberno "comezou a dar os pasos necesarios para que o proceso de negociación coas empresas" permita "proceder á máis pronta resolución dos contratos co mínimo custo para as arcas públicas galegas". Pero este proceso "prevese dilatado no tempo e debe ser levado coa máxima discreción", de aí que a impulsora da iniciativa non poida recibir información ao respecto, aínda que si unha gabanza sobre o "exercicio de responsabilidade" que supón a parálise, "en consonancia co actual contexto económico, afondándose deste xeito na liña política de xestión dos edificios do complexo baixo o principio de austeridade". Neste contexto, o Executivo si aproveita, non obstante, para afirmar que "continuará desenvolvendo nos edificios en funcionamento unha extensa programación que contribúa a asentar unha oferta cultural innovadora e que lle permita exercer de plataforma para a creación e a proxección exterior da cultura galega". A Consellería obvia, así e todo, que manter aberto o Gaiás custa arredor de 9.000 euros ao día, nun contexto no que os edificios deseñados por Peter Einseman consomen, vía Fundación Cidade da Cultura, 10,4 millóns de euros dos Orzamentos Xerais de 2013, o que equivale a 16 de cada 100 euros do orzamento cultural da Administración autonómica.
NOS_9239
Este procedemento restrinxe a difusión do contrato, impide a concorrencia e propicia prácticas incorrectas, denuncian desde a oposición. O PSdeG cifra nun 53% as adxudicacións feitas desta forma polo goberno galego o ano pasado.
O 53,4% das adxudicacións feitas pola Xunta en 2013 foron feitas polo procedemento negociado sen publicidade. O portavoz do Grupo Socialista preguntou na Comisión de Economía que explique o abuso deste procedemento que "propicia prácticas incorrectas". Méndez Romeu explicou que, de acordo cos datos do goberno galego, o 53,37 por cento das adxudicacións feitas en 2013 "non foron licitadas mediante anuncio público no DOG", ademais de outras comunicadas unicamente a través da plataforma de contratación da Xunta, o que supón 213 millóns de euros, "unha contía excesiva". Engadíu que as adxudicacións sen publicidade "superan con moito ás adxudicacións realizadas no eido das obras públicas, que novamente sufriron en 2013 unha drástica caída". Advertiu que mentres a Xunta tan só adxudicou 67 millóns de euros en obras públicas, a contía dos contratos sen publicidade é un 218 por cento superior. Méndez Romeu dixo que o capítulo de investimentos reais do goberno galego ascendía a 699 millóns de euros en 2013, si ben finalmente o investimento en obra pública supuxo menos do 10 por cento desta contía, o que revela a "escasa capacidade de investimento da Xunta". Esta cifra revela ademais a "gran cantidade de gastos que se camuflan baixo a rúbrica de investimentos, así como o moi baixo grao de execución".
NOS_24436
O texto en que traballa a Xunta aposta máis unha vez no mesmo modelo urbanístico que provocou a burbulla inmobiliaria e concede a mesma importancia aos aproveitamentos mineiros que a aqueloutros agrogandeiros, garantes do dereito á soberanía alimentar.
A Alianza Rural Galega rexeita a nova Lei do Solo en que traballa a Xunta de Galiza ao entender que "ningunea" o rural galego ao considerar "residual" o 90% que constitúe esa superficie. Aliás, o colectivo do cal fan parte Adega, CIG, Fruga e a Organización de Comunidades de Montes en Man Común consideran que a norma "consagra a discrecionalidade" e aposta máis unha vez no modelo urbanístico "que provocou a burbulla inmobiliaria". Cancela aberta á megaminaría, aos cultivos enerxéticos e á especulación Segundo sinalaron durante a súa intervención na comisión da lei do solo que se desenvolveu no Parlamento galego, o texto non planifica un ordenamento sustentábel do territorio e supón "unha importante regresión" a respeito do marco normativo vixente na actualidade, a Lei 9/2002, ao vascular cara aos usos urbanísticos e deixar aberta a cancela para a megaminaría, os cultivos enerxéticos e a especulación urbanística. A Alianza Rural Galega estima que o PP non está a valorizar a "multiplicidade" de usos produtivos nin o "importante" patrimonio rural que si recoñece a Lei 9/2002. Moi ao contrario, o texto que pretende aprobar a Xunta "sitúa nun mesmo plano determinados usos do territorio que non teñen a mesma repercusión sobre o medio e os seus habitantes", como os aproveitamentos mineiros, ao mesmo nível que aqueloutros agrogandeiros e florestais, obviando a función social, fixadora de poboación e garante do dereito á soberanía alimentar que os dous últimos desenvolven.
NOS_6302
O escritor galego fíxolle chegar este título a Fernández Díaz após o rexeitamento que fixo publicamente do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pese a ficar avalado polo Constitucional
Após o rexeitamento feito público polo ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, en relación á sentencia do Tribunal Constitucional que iguala as unións entre persoas de distinto ou do mesmo sexto baixo o termo 'matrimonio', o escritor galego Carlos Callón quixo facerlle chegar ao político conservador un agasallo en forma de libro: Amigos e Sodomitas. "Sigo crendo que o matrimonio define a unión dun home e unha muller e estou en contra do dereito a adoptar nenos por parellas do mesmo sexo. Creo que debe prevalecer o dereito do neno", valorou Fernández Díaz. "A ignorancia sándase lendo e, coa lectura, tamén se poden desterrar moitos prexuízos", respostou Carlos Callón, quen sinala que "os medos" do ministro "remontan na realidade a unha intolerancia que nace nos últimos séculos da Idade Media". Convida o escritor a que tanto o político do PP como todas as persoas que pensen coma el a "superaren ese odio irracional contra o diferente" e recorda que nin as unións entre persoas do mesmo sexo nin a sentencia do Constitucional ao respecto veñen descubrir nada novo. No libro que enviou a Madrid fálase do matrimonio entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz en 1061, aclarando que "que sexa o máis antigo dos cales se conserva documento non quere dicir que fora o máis antigo que existe".
NOS_16003
O ministro afirma que se contactou con 5 entidades interesadas e que coa operación "salváronse"os aforros dos depositantes e a oposición critica o proceso. "Facilitaron un pelotazo ao Santander".
A intervención e venda do Banco Popular-Pastor ao Santander foi a mellor solución. Así o dixo o ministro de Economía Luís de Guindos durante a súa comparecencia na comisión de Economía do Congreso. Foi a mellor decisión para preservar os aforros dos depositantes e para preservar a estabilidade do sector financeiro, afirmou. De non facelo, asegurou, a alternativa sería que o banco non podería abrir as portas por falta de liquidez e ter que ir ao concurso de acredores. O ministro insistiu en que o Popular tiña un problema de liquidez, destacando as fugas de capital dos días antes da súa venda. Unha venda que se produciu no marco dun proceso "transparente, aberto e neutral" no que se contactou con cinco entidades financeiras que no seu momento amosaran interese polo Popular. Desas cinco, dúas chegaron á fase final, sendo Santander quen acabou papando a entidade. Así pois, a crise do Popular solucionouse sen que afectase á economía española nin aos depositantes, resumiu Guindos. O portavoz socialista, Pedro Saura, considera "gravísimo" o sucedido e reprochou ao goberno non dar unha solución a tempo ao que era a sexta entidade financeira no Estado español. "Cómo se mantén durante cinco anos un banco zombi?". Yolanda Díaz, por En Marea-Unidos Podemos- En Comú Podem, acusou o goberno español de favorecer o Santander con este proceso. "Vostedes facilitaron un pelotazo ao Santander", dixo, engadindo "a conta de que, se non, non intervén a CNMV como si fixo co Liberbank".
NOS_32655
O cineasta Xacio Baño suma o seu filme ao "Proxecto Nimbos", a iniciativa que convoca desde o blogue "Acto de primavera" a máis de trinta cineastas para recrearen en soporte audiovisual a obra de Díaz Castro.
Autor da curtometraxe "Anacos", posibelmente a máis premiada do audiovisual galego dos últimos anos, a derradeira, o premio á mellor curta galega, premio patrocinado pola AS-PG, no certame Cinemacurtas, Xacio Baño incorpora agora un novo traballo ao "Proxecto Nimbos", unha iniciativa creada arredor do poeta Díaz Castro desde o blogue "Acto de primavera" e no que participan máis de trinta cineastas. Baño recrea en imaxes o poema "Ai capitán" que xa se pode ver na páxina do blogue creado polos críticos e programadores Xurxo González, Martín Pawley e José Manuel Sande. "Acto de primavera" publicou até o momento os filmes de Manuel Del Río, Manuel Álvarez, Carla Andrade, Otto Roca, RnL, David Castro e Xurxo Chirro. "Proxecto Nimbos" quer levar a obra de Díaz Castro ao audiovisual a partir de pezas de autoría que teñan como referencia os versos do autor que será homenaxeado o próximo ano no Día das Letras Galegas. Os cineastas que se comprometeron a participar no proxecto son Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés, Eloy Domínguez Serén, Simone Saibene, Sonia Méndez Alonso, Antón Caeiro, Uxía Blanco, Manuel Álvarez Álvarez, Alex Cancelo, Xoán Escudero, Ramiro Ledo Cordeiro, Pela del Álamo, Manuel del Río, Alberte Pagán e Lois Patiño.
NOS_4149
O capitalismo neoliberal experimentouse por primeira vez en Chile nos 70 baixo a ditadura de Pinochet. A presidencia de Ronald Reagan impúxoo nos Estados Unidos, converténdoo no modelo hexemónico. A súa impugnación avanza dous países. Que o substitúa unha alternativa favorábel á maioría dependerá da mobilización social e da intelixencia das forzas políticas progresistas.
"O Goberno non é a solución para o noso problema. O Goberno é o problema". Reagan sintetizou a ideoloxía conservadora: a redución de impostos aos ricos e ás empresas liberaría recursos para investimentos e creación de postos de traballo; a eliminación dos sindicatos permitiría que as forzas da oferta e a demanda fixasen salarios compatíbeis co pleno emprego; a redución ao mínimo dun Estado e burocrático deixaría espazo para o dinamismo e a eficacia da empresa privada. O programa de Biden O Plan de empregos para América de Biden presenta unha emenda á totalidade. O Estado asume o investimento e a creación de emprego, unha palabra, jobs, que aparece 80 veces, sempre asociada a bos, de calidade e con prestacións sociais. Empregos protexidos por sindicatos, unions, 24 referencias, que negocien as condicións de traballo, para o que se aprobará unha Lei de protección do dereito á organización. Salario cítase 14 veces, asociado a subir, mellorar, xustos. O Estado investirá en autoestradas, pontes, portos, aeroportos, distribución de auga, redes eléctricas, banda de alta velocidade, construción e restauración de dous millóns de vivendas, edificios comerciais, escolas e hospitais, investigación e desenvolvemento e educación e formación. Creará empregos en atención a domicilio e saúde para construír a infraestrutura dunha economía dos coidados e acabar coa pobreza das traballadoras do sector. Anuncia un plan para aumentar os impostos ás grandes empresas e aos máis ricos, até o 39,6%, moi lonxe de 70%-80% anterior a Reagan Anuncia un plan para aumentar os impostos ás grandes empresas e aos máis ricos, até o 39,6%, moi lonxe de 70%-80% anterior a Reagan. Recoñece a importancia do investimento público nos avances tecnolóxicos "desde os semicondutores até a creación de Internet" comparándose coa China que "está investindo agresivamente en I&D" (o adverbio correcto sería "intelixentemente"). Apoiará a industria local investindo en manufacturas domésticas. Unha intención atravesa o documento, afastar os traballadores das solucións de extrema dereita. É a política económica, mediante a creación de empregos de calidade, ben pagos e sindicados, a que pode unir os traballadores, tamén os brancos, coa loita pola igualdade de xénero e o combate contra a discriminación racial. A tentación ultradereitista arraiga entre os traballadores cando a democracia vira nunha plutocracia que precariza o emprego e exacerba a desigualdade, cando as elites liberais os desprezan ignorando a explotación e a marxinación. O intento de recuperación esténdese ás comunidades rurais e periféricas. Contradicindo o antagonismo urbano-cosmopolita vs. rural-pailán anúnciase unha asociación coas comunidades rurais e tribais "para crear empregos e crecemento económico na América rural". A vitoria popular en Chile Unha maioría de esquerda e independentes, por primeira vez na historia desde a paridade de xénero, redactará a Constitución chilena que substituirá a imposta por Augusto Pinochet. De 155 escanos, a coalición do PC e a Fronte Ampla, Lista Apruebo Dignidad, acadou 28 asentos, a Lista del Pueblo, nacida do levantamento de outubro de 2019, 27. Haberá 17 representantes dos pobos indíxenas, en particular do pobo mapuche Haberá 17 representantes dos pobos indíxenas, en particular do pobo mapuche. Con máis de dous terzos, esquerdas e independentes poderán introducir na Constitución as reformas demandadas polos sectores populares.Unha maioría resultado da acumulación de forzas desde a loita contra a ditadura ao movemento estudantil de 2011, as manifestacións contra o sistema privado de pensións, a irrupción feminista e o levantamento de 2019 que desembocou na convocatoria da Constituínte. O programa de Lista Apruebo Dignidad critica o modelo neoliberal instalado durante décadas e que "o Estado permanecese inactivo fronte á voracidade do mercado" e propón un proxecto de desenvolvemento nacional, demandando sistemas universais e públicos de saúde, educación e seguridade social e o dereito á negociación colectiva e a folga. O plan de Biden aínda debe ser aprobado no Congreso e o Senado e encontrará fortísimas resistencias como demostra a campaña vitoriosa de Amazon contra a sindicación en Alabama. A intervención do Estado chileno na economía e a construción de sistemas públicos de saúde, educación e pensións enfrontará unha oposición feroz por parte da dereita pinochestista representante do capital. Nin en Chile nin nos Estados Unidos está sobre a mesa a creación dun sector público empresarial poderoso. Porén, do sur ao norte, incluíndo o corazón do capitalismo global, ábrese paso un discurso de ruptura co neoliberalismo. Un discurso no que atopar argumentos para rebater o fundamentalismo de mercado de Feixoo, o libertarismo de Ayuso e o socioliberalismo de Calviño, Escrivá e Sánchez.
NOS_19693
O BNG reclamará no Congreso español que a dereita recúe e non saque adiante un texto "que nos devolve á caverna do franquismo". Pola súa banda, CIG-Ensino insiste no que xa advertiu nos últimos meses: "ante un ministro que actúa como valedor da patronal do ensino privado e da Conferencia Episcopal"
Nos territorios con linguas propias as reaccións de rexeitamento ao borrador da LOMCE non se fixeron agardar. Se a Generalitat anunciou xa que interporá un recurso perante o Tribunal Constitucional, na Galiza foron forzas sindicais e da oposición as que se repuxeron á norma Wert. A deputada do BNG no Congreso d@s deputad@s Rosana Pérez dirixirase na cuarta que vén ao ministro para demandarlle a retirada dun texto "que ataca os principios elementais da educación pública" para devolver este dereito fundamental "á caverna do franquismo". Centrouse Pérez no retroceso que se impón á hora de fomentar as linguas propias dos territorios, retroceso que tildou de "alarmante" ao ir contra a realidade plurilingüística do Estado para instaurar o español "como lingua única vehicular". Subvencións a centros privados onde se ensinará exclusivamente en español ou onde o alumnado está separado polo sexo; ou unha materia nova alternativa á Relixión que satisfai a demanda dos bispos e da Igrexa son medidas que sitúan o sistema educativo estatal "fóra" do laicismo e do público para devolvelo a tempos "pre-democráticos" cun Goberno central que escollerá o 65% dos contidos do currículo educativo cando as competencias están transferidas a cada territorio. Desde a formación frontista tamén o voceiro de Educación, Cosme Pombo, se pronunciou en contra da reforma española por atentar contra as competencias galegas en materia lingüística e negar o dereito ao acceso da educación básica obrigatoria. Após unha xuntanza mantida coa Plataforma galega en defensa do ensino público, da cal fai parte o BNG e que se realizou esta terza feira, Pombo recalcou que esta norma "despreza a nosa lingua, cultura e historia", para alén de atacar "os dereitos das nacionalidades históricas. Pola súa banda, a federación de Ensino do sindicato CIG, o secretario nacional Anxo Louzao insistiu no que xa vén denunciando nos últimos meses: "estamos diante dunha nova reespañolización e recolonización do ensino" que marca o punto de inicio de máis unha "cruzada centralista" contra a diversidade lingüística e cultural das nacións que fan parte do Estado. No canto de avanzar cara ao laicismo e á aconfesionalidade recollida na Constitución, non só se reforza a aprendizaxe da Relixión católica ao considerala unha materia específica con máis importancia que as linguas propias, senón que se estabelece unha materia alternativa a aquela, garantindo a permanencia da relixión no currículo escolar. "Estamos ante un ministro que actúa como valedor e representante directo da patronal do ensino privado concertado, da Conferencia Episcopal e dos sectores máis reaccionarios", quéixouse Louzao, quen considera a norma como unha tentativa de colocar na educación "a ideoloxía do PP".
NOS_25733
Tanto a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón como entidades veciñais de Chapela e Cedeira, no concello de Redondela instaron as administracións a que colaborasen coa xustiza en relación para esclarecer o presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.
O Goberno español desbotou esta segunda feira comparecer no procedemento aberto de dilixencias contra Aucosa, por verteduras na planta da compañía en Redondela. As verteduras foron denunciadas pola Fiscalía, e o proceso de dilixencias é o paso previo a que comece a investigación do presunto delito medioambiental. A xustiza dá a razón á plataforma pola defensa de San Simón e paraliza a ampliación de Aucosa En resposta a unha pregunta por escrito do deputado de Unidas Podemos Antón Gómez-Reino, o Executivo estatal expuxo que, de acordo cos artigos 6.4 e 43 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, e ao quedar acreditada a existencia de continuidade ecolóxica do ecosistema mariño co espazo natural terrestre obxecto de protección, "a administración competente para a xestión da Zona Especial de Conservación ( ZEC) Enseada de San Simón é a Xunta da Galiza". Desta maneira, a Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica descartou definitivamente comparecer nas dilixencias previas. Petición de colaboración Tanto a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón como entidades veciñais de Chapela e Cedeira, no concello de Redondela instaron as administracións a que colaborasen coa xustiza en relación para esclarecer o presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. Estas entidades explicaban que o Ministerio público formulou denuncia por vía penal, e o Xulgado de Instrución 2 de Redondela abriu dilixencias previas de investigación. As asociacións veciñais piden "desmantelar" as instalacións de Aucosa en Redondela Neste procedemento presentáronse xa informes policiais, analísticos de verteduras e un estudo pericial sobre as supostas irregularidades da empresa, que se dedica á fabricación de aceites e fariñas de peixe. Ese informe pericial conclúe que a autorización municipal de vertedura a Aucosa vulnera a normativa sobre saneamento e depuración de augas residuais e que, entre outras irregularidades, as medicións realizadas por un laboratorio para a empresa exclúen a existencia de nitróxeno nítrico de forma sistemática, a pesar de que é un parámetro crítico de control obrigatorio polo seu elevado potencial contaminante.
NOS_54351
Chámase Guidoiro Areoso e é un illote no medio da ría de Arousa que oculta debaixo da area uns cantos tesouros en forma de mámoas. Esta sexta feira celébrase no Consello da Cultura uns Encontros Monográficos arredor dese delicado espazo.
A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega abre uns Encontros Monográficos esta sexta feira (27 de novembro) cunha primeira edición dedicada ao Guidoiro Areoso (hai outro illote a carón chamado Guidoiro Pedregoso), no que se recollen os resultados das intervencións arqueolóxicas, a experiencia dos seus xestores e tamén a propia vivencia da cidadanía. Guidoiro é un illote situado na Ría de Arousa no que existen numerosas pegadas da ocupación humana durante a prehistoria recente. Neste lugar véñense desenvolvendo nos últimos anos unha serie de actividades transversais que implican a comunidade científica, as administracións públicas e as asociacións cidadás da zona, que levan anos traballando pola súa conservación. Aínda que foi obxecto dunha intervención arqueolóxica na década de 1980, recentemente o illote volveu chamar a atención destes axentes pola importante erosión litoral que vén sufrindo e que pon en perigo a conservación deste patrimonio cultural e natural. Entre os relatores intervirán arqueólogos que falarán da vulnerabilidade e da erosión dos xacementos, ademais da influencia humana no seu deterioramento. Ademais haberá un par de mesas redondas onde terán espazo tanto o Concello da Illa de Arousa, á que pertence, como a asociación local Pandulleiros, así como representantes de Patrimonio e do Consello da Cultura.
NOS_9285
Esa comunidade, indica o sindicato, "segundo os últimos datos oficiais está entre as primeiras en número de contaxios, seguen sen ter que comunicar a súa chegada".
Nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada a Galiza, as persoas procedentes de Aragón, Catalunya, Navarra, Euskadi e A Rioxa ademais de numerosos países europeos, americanos e todos os africanos, teñen a obriga de rexistrarse, independentemente de que presenten ou non síntomas compatibles coa COVID-19. Porén, indica a CIG-Saúde, as persoas procedentes da comunidade de Madrid, "que segundo os últimos datos oficiais está entre as primeiras en número de contaxios, seguen sen ter que comunicar a súa chegada". Diante disto, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denuncia que "é unha grave irresponsabilidade que a Xunta non inclúa a Madrid neste protocolo porque está agravando un problema de saúde pública, xa que se existe transmisión comunitaria da Covid-19, ao non haber rexistros, non se vai poder saber nin a orixe do foco, nin rastrear os contactos que puideran ter esas persoas". Xunto a isto, Abuín advirte das consecuencias que isto pode ter para a sanidade pública e para o seu persoal, polo incremento de casos que xa hai en Galiza e a presión asistencial que pode seguir medrando de non se adoptar as medidas necesarias. "As políticas deben ter en conta criterios técnicos e sanitarios e non afinidades políticas", conclúe.
NOS_32235
Após tres semanas de debate parlamentario no Congreso, os orzamentos xerais do Estado pasan ao Senado, tras sacalos adiante o PP na Cámara baixa. O Partido Popular aceptou só 7 das perto de 4.000 enmendas presentadas
Un total de 3.771 enmendas foron presentadas no Congreso aos orzamentos xerais do estado para 2013. Destas, só 7 foron admitidas: Tres acordadas con CIU, dúas con UPN, 1 co PNV e outra co Foro Asturies. Ningunha das mesmas implica un aumento do gasto. As contas pasarán agora ao Senado, onde se non se introducen enmendas ou se rexeitan os orzamentos, suporá a súa aprobación definitiva. As contas presentadas polo PP destinan unha boa parte ao pago da débeda. As partidas para gasto social sofren importantes recortes en eidos como o do desemprego. Desde o BNG xa se criticou, no trámite parlamentario do Congreso, unhas contas que "con retalladas orzamentarias que o goberno de Mariano Rajoy aplicará en Educación (-17%), Sanidade (-22%) e Igualdade, entrementres apenas hai reducións en Defensa, Interior ou a Casa Real que só baixa un 4%". No inicio do debate, os OXE recibiron 11 enmendas á súa totalidade, que foron rexeitadas polo PP facendo uso da súa maioría absoluta. No trámite de enmendas parciais foron presentadas 3.771, das que só 7 foron admitidas polo executivo español de Mariano Rajoy.
NOS_16971
O resultado das eleccións madrileñas tamén foi valorado na mesma noite electoral desde Galiza
Cada quen fala da feira segundo lle foi nela, dí o coñecido refrán galego. Mais a algúns foille tan mal que optaron por non dicir nin "mu" e preferiron gardar silencio. Nin Gonzalo Caballero nin PSdeG recorreron a redes sociais como twitter (a ferramenta que xa é o escenario habitual para anuncios e priemiras valoracións políticas) para dicir algo dos comicios que viñan de decorrer en Madrid e que deixaron o seu peor resultado histórico para o socialismo. Si que o fixo Pilar Cancela, deputada do PSdeG en Madrid, que expresou o seu recoñecemento a Ángel Gabilondo e asumiu que "a cidadanía madrileña falou maioritariamente". Para Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, o resultado dos comicios é "preocupante". "Preocupantes resultados: gaña a dereita trumpista e máis ultra. O centralismo madrileño, que tanto dano lle fai a Galiza, robustécese. Cada día máis evidente que Madrid non é a solución, é parte do problema", escribiu na súa conta de twitter, nun chío partillado polo Bloque. Preocupantes resultados:gaña a dereita trumpista e máis ultra. O centralismo madrileño, que tanto dano lle fai a Galiza, robustécese. Cada día máis evidente que Madrid non é a solución, é parte do problema.— Ana Pontón (@anaponton) May 4, 2021 Quen non cabían en si de alegría era o PPdeG, que sentían a vitoria de Díaz Ayuso como se fose propia. O propio presidente da Xunta, Núñez Feixoo, apresourouse a parabenizar á madrileña: "Os madrileños votaron en masa pola liberdade e, sobre todo, pola estabilidade do seu Goberno, esa que só pode ofrecer o PP". Máis alá foi o propio PPdeG, que entrou de cheo coa renuncia de Pablo Iglesias a seguir en política: "Tanta gloria leves como paz deixas", escribiron nas redes sociais após sinalar o "silencio atronador" dos deputados de Podemos Galiza. El muerto al hoyo y el vivo al bollo es lo que Yolanda Díaz ha pensado realmente en la despedida de Pablo Igledias... pic.twitter.com/cirq1MJP0D— Miguel Tellado (@Mtelladof) May 4, 2021 E nesa mesma liña seguiu o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado: "El muerto al hoyo y el vivo al bollo" é o que Yolanda Díaz pensou realmente na despedida de Pablo Iglesias".
NOS_55662
O debate sobre o futuro do planeta chegou por fin ás axendas dos partidos políticos da Galiza. Sucédense as proclamas e os discursos cargados de boas intencións, pero a práctica política ten seus límites. Ecoloxistas e sindicatos agrarios temen que os propósitos de cambio fiquen nos papeis da campaña electoral e despois, a nova sensibilidade que pareceu espertar coa mobilización social dos últimos meses, desapareza outra vez na práctica institucional. Mentres, o problema, o quecemento global, agrávase. "Esperemos que esta nova conciencia dos partidos non chegue tarde… e que sexa real". Os prazos, acúrtanse. O panel internacional de expertas alerta de que quedan 11 anos para que as condicións muden de forma dramática para amplas capas da poboación. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
Despois do verán, Luís Villares, líder de En Marea, lanzou a proposta dun Green New Deal, un programa de loita contra o quecemento global no plano galego. "Son temas que non están na axenda dos outros partidos", dixo. Apenas cinco días despois, o BNG celebrou un acto en Pontevedra para achegar as súas propostas. "É preciso actuar sen medo porque temos un problema que afecta á propia viabilidade do planeta", reflexionou a portavoz nacional, Ana Pontón. A finais de setembro, nun foro en Nova Iorque, Teresa Ribera, a ministra española de Transición Ecolóxica, manifestaba: "É imposíbel pensar nun crecemento infinito nun planeta finito". Animados por unha crecente mobilización social impulsada por mozas e mozos das universidades e do ensino secundario, polos sindicatos agrarios e polos ecoloxistas e decrecentistas, os partidos políticos van entrando na axenda do clima. A emerxencia climática, un termo moi do gusto das publicistas, instalouse no discurso até o punto de que o PP, sempre disposto á apropiación, xa o recolle en proclamas como a recente do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez: "Estamos en emerxencia financeira". Máis alá dos eslogans, ecoloxistas e sindicalistas (agrarias) que levan décadas topando coa indiferenza da clase política, agradecen a nova sensibilidade, pero desconfían do compromiso. "Hai evidencias desde hai tempo. Eu diría que desde o famoso informe ao Club de Roma de 1972. Así que é lóxico que ninguén dubide hoxe do problema que temos enriba. Quen non sexa ecoloxista hoxe ou é un inconsciente ou ten outros intereses", di Pepe Santos, membro do Comité de Defensa do Monte Galego. "A maior parte dos partidos coñecen os acordos de París de 2015, pero só os coñecen. A súa preocupación pola cuestión no día a día é inexistente. Pero isto non sucede só cos partidos. Pasa coas institucións e coas universidades, que deberían ser grandes focos desde onde proxectar os retos do futuro", di Isabel Vilalba, do Sindicato Labrego Galego. E resume: "Temos os datos, as evidencias, pero é como predicar no deserto". "Vale. Hai interese nos partidos. Teñen que tomar unha posición dada a inquedanza social. Fan declaracións. Pero a práctica política real queda moi lonxe das declaracións. Cando pasamos das proclamas ao concreto, aí botan o freo, valora desde Greenpeace Manoel Santos. O portavoz na Galiza da organización ecoloxista achega exemplos recentes de disonancias entre os discursos e a práctica. Conta como a moción para a declaración de emerxencia climática alentada polas ecoloxistas foi aprobada no pleno municipal de Vigo, pero non no da Coruña. "Por que? Se son practicamente os mesmos partidos… É máis, o mesmo día que se acordou esa declaración, no mesmo pleno de Vigo, rexeitouse outra presentada polo BNG que pedía repensar un túnel que ía incrementar o tráfico e, polo tanto, as emisións no centro. Non concorda". "Nós temos boa relación co que foi En Marea e Podemos porque nos pedían cousas que incorporar aos programas", conta Ana Varela, da asociación ecoloxista Petón do Lobo, moi activa na loita contra a minaría salvaxe no país. "No caso do BNG, pois depende do tema, vexo que hai cuestións ás que Ana Miranda lle presta moita atención, como no caso das rías ou da mina de San Finx, e noutras, como nos eólicos, teñen posicións diferentes. O resto? Pois o resto nada". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_5886
A Comisión Europea pide o apoio ao acordo dos líderes dos Estados da UE. O apoio do partido unionista norteirlandés do DUP é necesario para que o pacto saia adiante no Parlamento británico.
O primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciou na mañá desta quinta feira, 17 de outubro, que alcanzara a "un grande acordo" coa Unión Europea para o Brexit. "Agora, o Parlamento ten que resolver o Brexit no sábado, para que podamos seguir con outras prioridades, como o custo de vida, os servizos de saúde, a criminalidade violenta e o medio ambiente", dixo Johnson. "Cando hai vontade, hai acordo - temos un!", dixo pola súa banda Jean Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, na súa conta do Twitter ao respecto. Juncker definiuno como "xusto e equilibrado para a UE e o Reino Unido" e engadiu que é "unha proba do noso compromiso de atopar solucións". "Recomendo que (a cimeira da UE) apoie este acordo", engadiu. 🇪🇺🤝🇬🇧 Where there is a will, there is a #deal - we have one! It's a fair and balanced agreement for the EU and the UK and it is testament to our commitment to find solutions. I recommend that #EUCO endorses this deal. pic.twitter.com/7AfKyCZ6k9— Jean-Claude Juncker (@JunckerEU) October 17, 2019 Na carta ao presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, non se inclúen os detalles específicos do acordo mais asegúrase que as negociacións se centraron no Protocolo para Irlanda-Irlanda do Norte. Ao respecto, o Partido Democrático Unionista de Irlanda do Norte (DUP) afirmou pouco antes da decisiva xuntanza desta quinta feira que "non pode aceptar" o pacto . A líder do DUP, Arlene Foster, emitiu un comunicado onde manifesta as súas reservas sobre o que se negocia en materia aduaneira para Irlanda do Norte. Boris Johnson, require do respaldo do DUP, un partido con 10 escanos nun Parlamento de 650, para poder chegar aos 320 votos necesarios para ratificar o acordo de Brexit. Boa resposta dos mercados Así se coñeceu o pacto, o Ibex 35 virou e á media sesión subía preto do 1%, informa Europa Press, situándose ás portas dos 9.500 puntos. En concreto, o selectivo avanzaba un 0,87% ás 11.45 horas e se situaba nos 9.468 enteiros. O resto de bolsas europeas mudaban tamén de signo e subían un 0,26% (Londres), un 0,39% (Frankfort) e un 0,1% (París). Tamén a cotización da libra esterlina respondeu con fortes subidas na súa cotización. O troco fronte ao dólar agatuñaba até 1,2988 dólares, tras pechar na cuarta feira en 1,2830 dólares, o seu nivel máis alto desde mediados do pasado mes de maio.
NOS_48766
Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC), prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
En 2023 comezará a aplicarse a Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea (UE) 2023-2027. Imos resumir os cambios que traerá nas axudas ás explotacións, comezando con algunhas aclaracións previas. Por que é relevante a PAC para o agro galego? A PAC está integrada por tres compoñentes: regulación dos mercados, axudas directas e desenvolvemento rural. Os dous primeiros forman o "pilar 1", financiado integramente con diñeiro europeo (FEAGA); mentres que a política de desenvolvemento rural, "pilar 2", está co-financiada por fondos europeos (FEADER). Deste modo, a PAC xoga un triplo papel para o sector agrario e o medio rural de Galiza: i) establece os mecanismos de regulación dos mercados agrarios; ii) aporta un complemento á renda das explotacións; iii) financia investimentos no sector agrario e nas áreas rurais. A distribución de competencias é moi diferente neses tres compoñentes da PAC. As decisións sobre a regulación dos mercados están centralizadas na UE, condicionada á súa vez polos acordos na Organización Mundial do Comercio (OMC). Mentres que para as axudas ás explotacións, partindo de normas comúns na UE, os Estados, no noso caso o Goberno español, teñen unha ampla marxe de manobra. E para a política de desenvolvemento rural o reparto de competencias no Estado Español fai que as principais decisións correspondan á Xunta de Galiza. As axudas da PAC son un complemento relevante da renda das explotacións agrarias A PAC 2023-2027: algunhas notas xerais A definición da PAC 2023-2027 constitúe un proceso longo, complexo e aínda inacabado. A previsión inicial era que a nova PAC entrara en vigor en 2021, pero a demora na aprobación da normativa europea obrigou a retrasar iso a 2023, establecendo para 2021-2022 un período transitorio no que se seguen aplicando as normas da PAC anterior (2014-2020). A situación actual é que, publicados os regulamentos europeos (decembro de 2021), cada Estado presentou as súas propostas de aplicación (plasmadas no correspondente Plan Estratéxico da PAC), pero estes plans están aínda en negociación coa Comisión Europea. Para Galiza coñecemos o deseño das axudas ás explotacións e das medidas de desenvolvemento rural incluídas no Plan Estratéxico da PAC de España; pero o seu contido pode aínda experimentar cambios (e o demo moitas veces está nos detalles). Con esta reserva, imos resumir as novidades no segundo compoñente da PAC: as axudas ás explotacións. Principais novidades nas axudas ás explotacións De entrada, hai que salientar que as axudas da PAC constitúen un complemento relevante da renda das explotacións agrarias en Galiza, pero en moita menor medida que noutros territorios do Estado e da UE. Contrariamente a unha visión estendida, o agro galego está entre os que menos dependen das subvencións europeas. Os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura sobre as contas económicas do sector (referidos a 2019) indican que as subvencións aportan aquí o 11,7% da renda agraria, porcentaxe que supón a metade da media española (21,2%), só supera entre as 17 Comunidades Autónomas a Canarias e está a enorme distancia das cifras por encima do 35% de Castela e León ou Estremadura. Isto pon de manifesto que a forma na que se foron configurando as axudas da PAC na UE e a súa aplicación en España foron claramente desfavorables para o agro galego. Partindo desa situación, son catro as novidades principais que vai orixinar a PAC 2023-2027 nas axudas ás nosas explotacións: —Os actuais Pagamento Básico e Pagamento Verde vanse refundir na nova Axuda Básica, o que implica que todas as explotacións, para cobrar esta e outras axudas da PAC, deberán cumprir novos requisitos ambientais ("condicionalidade reforzada").—Para a aplicación da Axuda Básica en España establécese un novo mapa de 20 rexións, fronte ás 50 actuais, e seguirase avanzando na converxencia do pagamento por hectárea dentro que cada rexión (rexións delimitadas por usos da terra e comarcas).—Incorpórase a axuda redistributiva, obrigatoria na normativa europea, destinada a reasignar fondos desde as grandes cara ás pequenas e medianas explotacións. Aínda que en España esa redistribución farase só dentro de cada unha das 20 "rexións PAC" e priorizando máis as medianas que as pequenas explotacións.—A principal novidade: como mínimo, o 25% dos fondos deben destinarse aos novos eco-reximes, pagamentos ás explotacións que adopten prácticas beneficiosas para o medio ambiente. O previsible é que este esquema dea como resultado o mantemento ou un lixeiro incremento do volume global de axudas das explotacións galegas, se ben cunha redistribución entre explotacións, orientacións produtivas e comarcas. Aínda que existen importantes incógnitas sobre o impacto das novas axudas, especialmente dos eco-reximes.
PRAZA_15391
O espazo cultural pontevedrés viuse na obriga de interromper un concerto o pasado sábado e de baleirar o local de xente ante a esixencia da policía local. Denuncian que o Concello lles denegou a licenza hai meses pero que lles garantiu que non actuaría sen mediar denuncia por ruídos.
Cando nos últimos anos se viña falando da crise da música e da industria musical en Galicia ou das dificultades que as bandas atopaban para tocar en directo, decote se adoitaba engadir algunhas excepcións. E o Liceo Mutante de Pontevedra era case sempre a máis sobranceira. Un espazo gabado por artistas e público non só pola súa programación de calidade e polo trato que dispensaba a todos, senón tamén pola beleza do lugar e polo método de traballo escollido. Optárase por recuperar un espazo abandonado pero, procurárase pasar por riba dos obstáculos que sufriran algunhas experiencias moi valiosas coma fora a da Casa das Atochas na Coruña. Os promotores do Liceo Mutante optaron por aterse á legalidade pagar un aluguer e deseñar unha programación cultural moi intensa e variada para facelo rendible social e economicamente, situando Pontevedra na vangarda galega en moitos eidos, tamén o musical. O problema é que o local non contaba con licenza para a organización de concertos, a pesar de estar situado nas aforas de Pontevedra e de que dificilmente o ruído xerado podía molestar algún veciño. Dende a Asociación Cultural que o xestiona tentouse conseguir a necesaria licenza, pero dende o Concello obtiveron unha resposta negativa. Porén, animáronos a continuar desempeñando a súa función de divulgación cultural avisándoos, iso si, de que se recibian algunha denuncia por ruídos, a policía local veríase obrigada a actuar. Dende a asociación denúnciase que o pasado sábado 24 de novembro "sen mediar denuncia, a policía local de Pontevedra personouse no local con ánimo sancionador atendendo á citada orde do mes de agosto sen que mediara denuncia algunha por ruidos ou similares, emitindo a correspondente denuncia". Dúas semanas máis tarde, este pasado sábado día 8 de decembro, volveu persoarse antes do comenzo do concerto programado para esa data "coa firme intención de parar o evento", volvendo a facer acto de presencia durante a realización do mesmo, "polo que nos vimos na obriga de suspendelo e de desaloxar a todo aquel que se atopaba no interior do local", afirman dende a asociación. A Asociación Cultural recoñece que "a nosa situación non é a desexable, e que coa lei na man non temos razón" pero critica que "a policía está a actuar de xeito persecutorio e interrompendo unha actividade sen ánimo de lucro, de libre intercambio cultural, respectuoso coa veciñanza e coa cidadanía da vila de Pontevedra". Engaden que o Liceo Mutante seguirá loitando "polo que consideramos xusto, polo que cremos unha necesidade cultural demandada por un amplo sector da sociedade; por iso seguiremos adiante ata conseguir regularizar a nosa situación". Este xoves celebrarase unha asemblea que decidirá por votación dos socias e socios as medidas a adoptar.
PRAZA_13885
Os documentos, que circulan xa pola Rede, inclúen unha reforma do sistema de pensións que sempre foi negada por Rajoy, así como as condicións impostas ás autonomías que acudiron ao rescate.
O 15-M volve deixar en evidencia o Goberno de Mariano Rajoy. O movemento cidadán vén de comezar a difundir este mércores en internet unha morea de documentos que o Miniterio de Economía presentou, supostamente, no Consello Europeo do pasado 13 de xullo. Nestes informes, que non foron feitos públicos en España, detállanse polo miúdo o conxunto de recortes que ten previsto levar a cabo o Executivo español á volta do verán, tal e como adiantou VilaWeb. Máis e máis duros. Nun dos documentos anúnciase unha reforma no sistema das pensións que sempre negou Rajoy Así, entre os documentos, escritos en inglés e dos que nunca se informou no Estado, destaca un no que se apunta a unha reforma do sistema de pensións que nunca foi anunciada por Mariano Rajoy. Non só non anunciada, senón negada constantemente, ao igual que outras moitas medidas que prometeu non facer para acabar impoñéndoas. Ademais, tamén se aclara a intervención que levará a cabo o Estado nas autonomías que veñen de solicitar o rescate a través do acceso ao fondo de liquidez, como Catalunya, Valencia ou Murcia. O conxunto de medidas que levará a cabo o Executivo para cumprir cos obxectivos de déficito son moitas, pero pódese acceder a un resumo realizado polo propio Executivo aquí ou incluso a través de esquemas.
NOS_45919
Están acusad@s de fraude fiscal. Esta firma foi designada por NGB para asesorala perante as reclamacións de afectad@s polas preferentes. O actual ministro de Economía, Luis de Guindos, foi directivo desta auditora no Estado español
A Fiscalía Anticorrupción pide xulgar a 61 soci@s e ex-soci@s de PwH, unha das catro grandes auditoras que operan no Estado español en en Europa. A Fiscalía pide penas de entre 2 e 14 anos e seis meses de prisión por delitos contra a Facenda Pública española e a Facenda foral vasca. A suma defraudada superaría os 40 millóns de euros. A Fiscalía abriu a investigación en 2008. Desde PwH emitiron un comunicado no que negan "rotundamente" ter incurrido nos delictos dos que se lles acusa. PwH foi a auditora contratada por NGB como asesor para analizar as reclamacións de afectad@s polo calote das preferentes. Con este grupo tamén tivo relación o actual ministro de Economía, Luis de Guindos, que en 2008 desembarcou como responsábel do sector financeiro para o Estado español. A principios de 2010 deixaba esta firma para pasar a
PRAZA_18850
Silvia Pérez Freire, profesora da Universidade de Vigo e voceira da Rede Galega contra a Trata Sexual, foi recoñecida esta semana co premio á mellor tese de doutoramento sobre violencia de xénero en todo o Estado, nun traballo no que destaca que "a trata sexual é o chibo expiatorio social para non afrontar o fenómeno da prostitución". Falamos con ela
"A trata é o chibo expiatorio social para non afrontar o fenómeno da prostitución e seguir tolerando a explotación sexual"Silvia Pérez Freire, profesora da Universidade de Vigo, foi recoñecida hai uns días co premio á mellor tese de 2018 sobre violencia de xénero, concedido polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. O pasado ano presentou na USC o seu traballo Vitimización da trata sexual: imaxinarios e invisibilización, unha investigación na que salienta que a trata sexual se converte "no chibo expiatorio para non afrontar o fenómeno da prostitución e con elo, aspirar a eludir a nosa responsabilidade social co fenómeno". Pérez Freire é tamén portavoz da Rede galega contra a Trata sexual e nos últimos anos ten realizado numerosas investigación sobre a prostitución en Galicia, como o informe Estudo Exploratorio da Trata de Persoas en Galicia, editado pola Xunta no ano 2013, ou o libro El putero español (Editorial Catarata), publicado conxuntamente con Rosa M. Verdugo e Águeda Gómez, a quen entrevistamos hai tres anos.En España e en Galicia hai unha gran carencia de estudos en profundidade sobre o fenómeno da prostitución, o número de homes que a consumen e o número de mulleres que sofren a explotación sexual, pero os informes publicados barallan unha cifran aproximada de entre 8.000 e 10.000 prostitutas en Galicia e máis de 100.000 no conxunto do Estado. Calcúlase, así mesmo, que os españois gastan cada día máis 50 millóns de euros en pagar por sexo, un negocio que move máis de 18.000 millóns de euros ao ano."Unha muller non debe ser sancionada, perseguida nin investigada por exercer a prostitución, pero iso non significa que debamos permitir que a exploten sexualmente"A sociedade alármase ante a trata pero tolera en exceso o conxunto da prostitución e todos os seus mecanismos de explotación sexual? Totalmente, por iso eu expoño que a trata é o chibo expiatorio social para non afrontar o fenómeno da prostitución e seguir tolerando a explotación sexual. Esta última, a pesar de estar penada no noso país, non se persegue e este feito non é menor. Creo que é importante sinalar que en España non é ilegal prostituirse e así debe ser. Por que? Na miña opinión, unha muller non debe ser sancionada, perseguida nin investigada por exercer a prostitución, pero iso non significa que debamos permitir que a exploten sexualmente nin que comercien con ela. Temos que empezar a ser contundentes con isto, xa. Por outra banda, por moita visibilidade que estea tendo a trata sexual actualmente tampouco quere dicir que se estea a perseguir coa dilixencia e seriedade debida. España foi multada pola Comisión europea por atrasar máis de dez anos a transposición xurídica de varias directivas de obrigado cumprimento en materia de trata de persoas, que aínda a día de hoxe debemos completar así que… esperemos que máis cedo que tarde, nos poñamos a iso. "Os tratantes e os explotadores estanse trasladando a outros espazos máis protexidos para eles, os pisos. Aquí, estas inspeccións requiren de orden xudicial previa"A invisibilidade da prostitución e a súa mestura con outros procesos (procesos autónomos de migración que rematan en engano ou en situacións de gran precariedade) dificultan perseguir o negocio da explotación sexual?Non, necesariamente. Se un Estado condena e articula unha resposta eficaz ante algo que se considera inadmisible, as pretendidas confusións que agora se dan pola torpeza e falta de vontade real para afrontalo, se dilúen e perderían consistencia. A prostitución estase movendo das rúas e dos clubs cara aos pisos, con contactos que ademais se realizan moitas veces a través de Internet. Por que se produce isto? Que efectos ten, sobre todo para elas e para a invisibilidade da prostitución?Ben, este proceso é bastante fácil de comprender se temos en conta que o negocio do comercio sexual está moito máis organizado do que poderíamos pensar. Coa tipificación do delito da trata de persoas no 2010 empezou a instaurarse a necesidade de dar unha resposta institucional acorde co marco lexislativo. Aquí empezaron a sistematizarse as inspeccións policiais en contextos prostitucionais públicos: rúas e clubs, maiormente. A consecuencia foi que os tratantes e os explotadores se están trasladando a outros espazos máis protexidos para eles, internet e os pisos. Aquí, estas inspeccións requiren de orden xudicial previa, e con isto evitan a molesta e continua visita periódica dos corpos e forzas de seguridade. Temos que dicir tamén que tampouco é que estivesen conseguindo moito con estas inspeccións, pero iso é outra historia e por outros motivos, que abordo na tese. "O caso Carioca de Lugo é unha mostra máis da connivencia social e institucional co comercio sexual pero non foi algo illado"Na introdución da tese fas referencia a un caso terrible sucedido en Vigo hai algúns anos e sinalas que neste momento a actuación policial, sanitaria, xudicial... non sería igual. Melloraron estes aspectos? Si, houbo avances moi importantes nos últimos cinco, dez anos. Pero como tamén digo só é unha cuestión de graos e do noso nivel de esixencia. O caso Carioca de Lugo é unha mostra máis da connivencia social e institucional co comercio sexual pero nin foi algo illado nin é algo que non se poida extrapolar a moitas outras circunstancias, outra cousa é que non queiramos velo. Que efectos tería a legalización da prostitución? Sería positivo perseguir o cliente, como se fai por exemplo en Suecia?A través das leis defínese o que é ou non é admisible nunha sociedade. Con iso creas unha pedagoxía da conduta ligada a un marco de valores cos que se trata de socializar a unha poboación. Por iso creo que o clientelismo sexual debería ser sancionado, pero antes hai que minimizar o comercio sexual do noso país e para iso, hai que ter a vontade firme de que se cumpran as leis contra a explotación sexual e a trata. Empezando por aí xa estariamos iniciando algo que no futuro nos levaría ao demais. "O clientelismo sexual debería ser sancionado, pero antes hai que minimizar o comercio sexual do noso país"Falamos moito das prostitutas (e ás veces dos proxenetas) pero pouco dos clientes? Hai que facer fincapé na responsabilidade dos homes que pagan pola prostitución?Esta é unha cuestión clave e substancial neste tema. Afortunadamente xa se están a facer bastantes estudos sobre os puteiros, como no seu día se fixo sobre os maltratadores. Hai que tratar de entender e seguro que isto nos achega moito, pero sen esquecer cal é o marco de referencia do que partimos: a sexualidade e a afectividade son necesidades básicas das persoas e todos e todas temos dereito a promover a nosa saúde física, mental e social, pero isto implica uns límites, que pasan polo respecto dos dereitos das demais persoas, neste caso, polas mulleres, cousa que non ten lugar na prostitución. Por que? Porque se instrumentaliza sexualmente o corpo alleo á marxe do seu desexo e pracer e polo tanto, á marxe de facer uso da súa liberdade sexual, que queda supeditada á transacción económica, unha mera coartada para quebrar a súa vontade. Non é casual que sexan as mulleres as que estean designadas socialmente para exercer este papel, o da prostitución, como tampouco que sexan eles, os homes puteiros, os invisibilizados neste sistema de opresión."Non é casual que sexan os homes puteiros os invisibilizados neste sistema de opresión"Nos últimos anos varios estudos incidiron en que hai varios perfís de puteiros, distintos entre si, como xa destacáchede no libro El putero español. Notas que nos últimos anos mudou algo o seu perfil?Ben, hai uns doce anos tiven a oportunidade de investigar máis ou menos en profundidade sobre este tema, grazas a iniciativas promovidas sobre todo pola Universidade de Vigo e si, houbo cambios. Hai unha normalización absoluta das relacións sexuais comerciais e isto está en consonancia coa consolidación dunha ideoloxía capitalista neoliberal moi patriarcalizada, algo que xa apuntaba maneiras hai tempo pero que agora se constata sen tapuxos. "Hai unha normalización absoluta das relacións sexuais comerciais e isto está en consonancia coa consolidación dunha ideoloxía capitalista neoliberal moi patriarcalizada"Como se relaciona a prostitución coa construción da masculinidade nun sentido determinado? E que papel xoga no mantemento dunha violencia estrutural cara á muller, na violencia sexual ou nun pretendido dereito ao sexo do home? Pois fundamentalmente responde a que os homes se atopan nun escenario controvertido onde a profunda crise económica, por un lado, e os logros dos dereitos das mulleres, por outro; os sitúan nuns mandatos e/ou roles para os que aínda, na súa maioría, non están adestrados e claro, séntense incómodos. Iso, como pouco. A prostitución está sendo un refuxio para moitos homes puteiros derivado do que se percibe como unha precarización xeral da súa vida, algo co que as mulleres convivimos acotío, por outra parte. Deste xeito, o espazo prostitucional é unha illa fantástica onde todos os homes poden despregar as condutas máis inimaxinables no medio dunha realidade na que che están esixindo respecto, igualdade de oportunidades, corresponsabilidade... Claro, é un tipo de masculinidade enraizada nos valores tradicionais machistas, pero que aínda hoxe segue a ser hexemónica, a pesar de todo. E mentres dure, non acadaremos unha equidade real. Os argumentos que defenden que a prostitución "é un traballo como calquera outro", "mellor ser prostituta que limpar escaleiras" ou "hai mulleres que elixen isto libremente e debemos respectalo" están axudando ao mantemento do negocio da explotación sexual?Forma parte da mentalidade connivente co sistema de opresión, pero eu creo que isto ten pouco percorrido. Non podemos tratar o sexo como calquera outro produto de consumo. En calquera interacción de carácter íntima con outra persoa (sexa ou non sexual) interveñen elementos de corresponsabilidade ética que nos expón e identifica como suxeitos e de facerse doutra maneira, simplemente estariamos a falar doutros mundos. Reservar unha actividade que é nociva para o conxunto de toda a sociedade para a parte da poboación que conta con menos oportunidades e non lle queda outra é tamén unha perversión. Logo queremos falar de democracia real, de participación cidadá e da non discriminación. Claro que hai que respectar! Pero empecemos por respectarnos todos e todas e logo falemos do fenómeno e das estruturas de poder subxacentes nel. "A prostitución é unha illa fantástica onde os homes poden despregar as condutas máis inimaxinables nunha realidade que lles está esixindo respecto, igualdade, corresponsabilidade..."Como se pode compaxinar un obxectivo de darlles voz ás prostitutas con evitar que iso sexa aproveitado polos proxenetas para atopar novos espazos de representación e actuación, por exemplo a través de sindicatos como Otras? Isto é moi complicado, porque estamos a falar dunha grande industria e, como tal, constitúen un lobby económico que vai facer todo o posible para seguir enriquecéndose a custa das mulleres. Para iso, a primeira estratexia eficaz é instrumentalizar as oprimidas. Isto non tería tampouco moito percorrido se contaramos con medios máis comprometidos con certos niveis de calidade informativa, pero para iso tamén habería que ter un contexto que o propiciase e non é o caso. Os medios de comunicación no noso país tamén están sobrevivindo nunhas condicións que fan que teñan que facer moitas concesións, máis ou menos intencionadas, que están en contradición co exercicio da súa profesionalidade. "Constitúen un lobby económico que vai facer todo o posible para seguir enriquecéndose a custa das mulleres. Para iso, a primeira estratexia eficaz é instrumentalizar as oprimidas"Por outra banda, tampouco debemos abandonar a idea de achegarnos a coñecer unha realidade dende o punto de vista das persoas afectadas, que debe ter cabida na esfera pública. Partindo do respecto que todas e todos merecemos e cun pouco de sentidiño (é dicir, sen frivolidades) podería ser unha boa receita para afrontar dende os medios de comunicación calquera tema, pero máis aínda no que atinxe a situacións de violencia de xénero, como é tamén a prostitución. As mulleres en situación de prostitución son múltiples e diversas, de todas as ideoloxías e crenzas, algunhas con profundas raíces culturais e outras desarraigadas e vidas de case todas as partes do mundo. E quizais tamén a nosa veciña con quen fomos a escola. Calquera muller está en disposición de ser prostituíble nesta sociedade, algo que adoitamos esquecer moi oportunamente para non sentirnos interpeladas. Pero estámolo, cada muller o está, sáibao ou non, sexa ou non consciente diso.
NOS_28884
As melloras nos cinco centros sanitarios estaban aprobadas antes da afección da pandemia, pero decidiuse apurar os trámites para comezar os traballos o antes posíbel. A intención é que os novos espazos poidan albergar tanto pacientes de coronavirus como unidades dedicadas de unha ou outra forma á procura dunha solución para a Covid-19
Nesta segunda feira, Catalunya iniciará as obras de ampliación de cinco hospitais do país. Segundo o xornal VilaWeb, a mellora das infraestruturas sanitarias xa estaba previsto con anterioridade á pandemia. Porén aceleráronse os tramites para poder estar en condicións de dar resposta ás necesidades que vaia marcando o coronavirus. As modificacións van beneficiar as infraestruturas de Vilanova de Lleida, Bellvitge, Moisès Broggi, Can Ruti e o parque sanitario Pere Virgili. A idea é aproveitar os espazos que se xeneren para o tratamento da Covid-19 porque non se descartan novos gromos. Malia que as obras aínda comezan agora, o departamento de sanidade da Generalitat ten previsto que as obras duren "aproximadamente cinco meses". No entanto, unha vez se solucione esta crise sanitaria os metros cadrados ampliados en cada hospital dedicaríanse a outras cousas para as que xa estaban pensados.
NOS_35647
Suspendéronse ao atopar os médicos un po branco nas caixas de instrumental cirúrxico.
Un po branco atopado nas caixas de aluminio de instrumental cirúrxico obrigou a cancelar ducias de operacións nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. Nesta quinta feira foron 39 as suspendidas no HAC e 4 no Meixoeiro. O Sergas fala de "obsolescencia" das caixas que transportaban ese material e confían en poder resolver en días o problema. O feito foi denunciado por CCOO. Ao se facer pública esta situación, como medida preventiva, e "facendo prevalecer o principio de máxima seguridade para os pacientes", a dirección da EOXI (Estructura Organizativa de Xestión Integrada) de Vigo decidiu priorizar suspender aprazar algunhas intervencións programadas. Outras das medidas que adoptadas foron a utilización de contedores alternativos (non de aluminio); o empréstito de colectores por parte doutros centros sanitarios; e a utilización doutros soportes substitutivos das caixas como o "embolsado" do instrumental en bolsas estériles. De ser preciso, tamén se recorrerá á esterilización transitoria do material noutros centros. "A nova Central de esterilización do Meixoeiro, que fará no próximo mes de maio dous anos da súa entrada en funcionamento, está acreditada coa ISO 9001-2000 de calidade, sendo o único complexo hospitalario público galego que conta con esta acreditación, que garante o cumprimento dos procesos cos máximos criterios de calidade e seguridade. Precisamente, grazas aos seus mecanismos de control do seu Sistema de Xestión e Trazabilidade é posible detectar de xeito inmediato calquera alteración nos procedementos", defende o Chuvi.
NOS_43385
Alerta do impacto da factura nas familias, empresas e fábricas.
Após de nesta semana o PP rexeitar no Parlamento a iniciativa nacionalista que solicitaba bonificacións fiscais na factura da luz para as galegas e galegos por ser Galiza produtora e excedentaria de enerxía eléctrica, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, limitouse quinta feira a solicitar ao Goberno español que "empece a acertar" co seu plan de reducir os beneficios ás empresas eléctricas co fin de baixar a factura da luz. Con todo, o mandatario preguntouse se a medida estatal non suporá "dar unha patada cara a adiante" ao problema e que esta se traduza en pagar máis no futuro. Nese sentido dubidou de que se trata dun "parche" para tratar de ocultar a "inacción" do Executivo no último semestre. Así se pronunciou hoxe ante os medios, ao remate da reunión semanal do Consello do Goberno galego. "O que queremos é que o Goberno [español] acerte. Nada nos gustaría máis", manifestou, á vez que alertou dos problemas que supoñen as elevadas tarifas eléctricas non só para a cidadanía senón tamén para as empresas, as fábricas e o comercio. Non en balde, volveu afear a política enerxética "desordenada" do Executivo estatal. Dous discursos contraditorios na Xunta Feixoo manterá esta sexta feira un encontro coa vicepresidenta segunda do Goberno español e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, en que aproveitará, segundo anunciou, para afondar na axenda económica de asuntos de interese para a Galiza e para abordar a "crise industrial" que, co foco en Alcoa, Alu Ibérica, Ence (ao que a Xunta se nega a buscar emprazamento alternativo ante o feche obrigado pola xustiza) e o futuro das centrais das Pontes e Meirama, fai perigar uns "15.000 empregos". Esta exposición de Feixoo sobre a crise industrial que atravesa a Galiza e que anunciou que exporá a Yolanda Díaz, contradí o sostido mesmo polo vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. Precisamente, o conselleiro puxo hoxe en valor diante da ministra de Economía Nadia Calviño a "capacidade de resistencia" da industria da Galiza durante a pandemia e a súa vontade de seguir "innovando". Un escenario moi afastado da desertización industrial que afecta o país e que recoñeceu Feixoo. Robots cirúrxico Da Vinci Noutra orde, o Consello da Xunta autorizou esta quinta feira o investimento de 35,2 millóns de euros para que as sete áreas sanitarias galegas conten co material funxíbel necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci. Estes robots teñen múltiples vantaxes no estritamente cirúrxico xa que melloran a destreza nas intervencións laparoscópicas, ademais de incrementar a precisión e facilitar os movementos do especialista. Ademais, para as e os pacientes supoñen unha maior seguridade e calidade e, no que respecta aos hospitais, reducen a estadía postoperatoria. Vacinación sen cita A Xunta volve habilitar a vacinación contra a Covid-19 sen cita nos centros masivos galegos durante hoxe e na mañá do próximo domingo (de 9 a 15 horas). Ademais, para esta sexta, sábado e domingo pola mañá habilitaranse autocitas para a primeira dose.
NOS_9678
Xa no mes de marzo está previsto que decorra a gala dos Premios Mestre Mateo, que cambia cara un formato máis habitual en premios como os Feroz ou os Globos de Ouro.
O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presentaron esta terza feira unha ampla axenda de actividades coas que a cidade quere converterse no lugar de referencia do audiovisual galego en 2022. No municipio decorrerán os XX Mestre Mateo, o 19 de marzo, cun formato que vai ser novidade. "Buscará sorprender" e, polo que se adiantou, o sistema de organización vai ser similar a algúns premios da música, os Premios Feroz ou mesmo os Globos de Ouro, coas finalistas distribuídas en mesas arredor do escenario. Aliás, na rolda de prensa, comunicaron que a III edición da Semana do Cinema Galego ampliará quer a programación, quer a duración en relación ao ano anterior. Por outra banda, o XI Premio Sellier vai reivindicar o 125 aniversario dos primeiros filmes rodados no Estado español. A academia e o Goberno local comentaron estas previsións garantindo o seu compromiso de traballar de forma conxunta para, segundo a rexedora, "consolidar A Coruña como a cidade de referencia do sector audiovisual, o epicentro do audiovisual galego por número de empresas e polos postos de traballo que se xeran". O representante do propio sector recoñeceu que na localidade concéntrase un "enorme potencial artístico e industrial". Tanto é así que non só pensan nas actividades dirixidas ao público en xeral. Ao rematar 2022 decorrerán unhas xornadas profesionais que buscarán ser un punto de referencia para profesionais chegados de todo o Estado español. O presidente da Academia galega salientou: "Queremos situar a cidade no lugar que merece no panorama audiovisual español e europeo, e facelo tamén desde a óptica das e dos profesionais".
PRAZA_5652
Así o asegura Salvemos Cabana, que advirte de que a Xunta incumpre as principais disposicións legais do dereito comunitario no ámbito dos espazos protexidos e denuncia tamén ante Europa o Plan.
O Plan Director da Rede Natura recollido no Decreto 37/2014 vulnera ata seis Directivas da Unión Europea, segundo advirte a plataforma Salvemos Cabana, que vén de denunciar en Europa o devandito plan aprobado pola Xunta de Galicia. Segundo o colectivo contra a minería contaminante, o decreto que inclúe a aprobación deste polémico Plan é contrario en parte do seu articulado "ás principais disposicións legais establecidas polo dereito comunitario no ámbito dos espazos naturais protexidos", sendo claramente incompatible co Programa Xeral de Acción en materia de Medio Ambiente ata 2020, cuxo primeiro obxectivo declarado é o de "protexer, conservar e mellorar o capital natural da Unión". "O Plan é contrario ás principais disposicións legais establecidas polo dereito comunitario no ámbito dos espazos protexidos" Por todo isto, Salvemos Cabana denunciou a situación ante a Secretaría Xeral da Comisión Europea por "incumprimento do dereito comunitario". Segundo o colectivo, nas actuais circunstancias "fará vulnerables zonas de Galicia ata agora protexidas, dado que pode afectar potencialmente a un total de 59 Zonas de Especial Conservación (ZEC) e a 16 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA)". Esta denuncia únese á presentada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, xunto as asociacións veciñais de Cereo e Valenza, ante a Comisión Europea contra o mesmo Plan Director da Rede Natura ao considerar tamén que dá prevalencia e "total liberdade de acción" ás actividades extractivas fronte ao deber de protección e conservación de lugares protexidos Segundo advirte Salvemos Cabana, o Plan vulnera a Directiva 92/43/CEE (relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres), a Directiva 2000/60/CE (pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito de política de augas), a Directiva 2008/56/CE (pola que se establece un marco de acción comunitaria para a política do medio mariño), a Directiva 2008/99/CE (relativa á protección do medio e o dereito penal), a Directiva 2009/147/CE (sobre a conservación das aves silvestres) e a Directiva 2011/92/UE (relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente). O Plan Director da Rede Natura veta minas a ceo aberto, agás que a zona sexa considerada potencial mineira no plan sectorial ou estea nun "concello mineiro" como o que define a lei da minería Porque o documento aprobado pola Xunta recolle no seu artigo 23 que a Rede Natura "considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros a ceo aberto". Pero, non obstante, advirte de que "con carácter excepcional poderanse autorizar novas actividades extractivas a ceo aberto" naquelas zonas protexidas a nivel europeo "que sexan identificadas como zonas con potencial mineiro polo Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia ou que queden incluídas nun concello mineiro declarado ao abeiro do artigo 45 da Lei 3/2008". Un enguedello legal que pon alfombra vermella ás minas a ceo aberto. Tamén permite este Plan Director da Rede Natura 2000 a repotenciación de parques eólicos, a ampliación de centrais hidroeléctricas ou a instalación de novos aproveitamentos de produción de enerxía eléctrica renovable que estean incluídos "no Plan Enerxético de Galicia vixente" e cuxa viabilidade está condicionada polo disposto "na normativa sectorial correspondente". Ademais, o artigo 55 tamén sinala que se permitirá a instalación de actividades de acuicultura e instalación de explotacións acuícolas en plena Rede Natura, incorporando "os criterios, principios e normas establecidos no Plan Director de Acuicultura, adaptándose en todo momento á normativa sectorial vixente". O Plan permitirá actividades de acuicultura en plena Rede Natura e outras actividades "de alto impacto ambiental" Salvemos Cabana advirte de que con este Plan ábrese a porta, ademais de á minería e á acuicultura, a outras actividades de "alto impacto ambiental" como as concentracións parcelarias, que "poden derivar en monocultivos forestais ou o aumento da edificabilidade mesmo nas áreas de maior nivel de protección". A formulación que fai a Xunta contradí, segundo o colectivo, a lexislación europea aplicable á propia Rede Natura 2000, principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea cuxa finalidade por definición é "asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os tipos de hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade". Son seis as Directivas que vulneraría. Ademais, o Plan Director aprobado pola Xunta é "claramente incompatible" co Programa Xeral de Acción en materia de Medio Ambiente ata 2020 (VII PMA), cuxo primeiro obxectivo é "protexer, conservar e mellorar o capital natural da Uníón", pois "a UE segue perdendo biodiversidade e moitos dos seus ecosistemas están seriamente degradados". As propias autoridades comunitarias sinalan que "o PMA materializa o compromiso da UE, as autoridades nacionais e as partes interesadas de acelerar os avances nos obxectivos da Estratexia sobre a Biodiversidade ata 2020 e o Plan para salvagardar os recursos hídricos de Europa", debido aos "servizos esenciais" que a natureza presta ás sociedades humanas, di Salvemos Cabana, que se pregunta "cal é o concepto de protección da natureza que a nivel europeo defende o PP de Galicia ante a ofensiva extractivista e de explotación intensiva dos bens comúns que en esencia é a raíz da dramática crise ambiental, económica e social que estamos a presenciar nos últimos anos".
NOS_9131
O Consello das Mareas realizou a súa reunión constitutiva este 28X após as primarias da pasada fin de semana. Nun escueto comunicado de imprensa, a confluencia non dá pistas sobre como vai estruturar a dirección executiva.
A reunión constitutiva do Consello das Mareas (21 membros da candidatura oficial, 9 de Somos Quen, 5 da lista nucleada por Cerna) non despexou as principais incógnitas que pairan sobre a confluencia, a saber: como se vai estruturar a dirección (se esta vai ser plural ou monolítica) e que papel terá finalmente Luís Villares (defendido como portavoz único polos críticos, e sen voto na dirección por decisión dos seus compañeiros de viaxe). O único que fixo o Consello das Mareas foi acordar a criación da Comisión de Garantías (tan polémica na súa organización irmá española, Podemos) e dúas áreas, a de Acción Estratéxica e a de Coordenación do Espazo da Confluencia. A primeira das áreas devanditas terá un carácter nidiamente político, en tanto que a segunda será a que correspondería a unha secretaría de Organización "cunha división colexiada das responsabilidades entre os membros do Consello", informa a confluencia no comunicado. E o reparto de responsabilidades? E a escolla da Coordenadora Nacional (a denominación que En Marea dá á súa executiva)? Pois fican adiadas sine die. Primeiro terán de se pór en marcha a comisión de garantías e as áreas criadas hoxe e despois será o Consello o que estabeleza un "calendario" para "concretar a súa liña politica" e o que elixa a executiva. En definitiva, En Marea gaña tempo para resolver un asunto que non vai ser pacífico en termos políticos, o do encaixe dos sectores críticos na dirección e o rol de Luís Villares. Este mesmo sábado, nunha entrevista en Radio Coruña, Xulio Ferreiro, a cabeza visíbel da Marea Atlántica, voltou a deixar entrever que na súa opinión non debe haber ningún portavoz orgánico único na confluencia. O Documento Político oficial, o que gañou as primarias co 58 por cento dos apoios, negaba esa portavocía única a Luís Villares.
NOS_5106
É a voz da nova oficialidade do PSOE e o seu discurso está nas antípodas do de Pedro Sánchez. Abel Caballero chama a Ferraz a que disolva a xestora de Cancela e a substitúa por unha nova e nen contempla a hipótese dos acordos con Podemos, aos que chama "esquerda radical anti-sistema".
Nunha entrevista na SER-Galiza, o alcalde de Vigo e dirixente da ala susanista do PSOE cargou duramente contra Pilar Cancela, a presidenta da xestora formada no PSdeG após a queda do anterior secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. Apesar de que Cancela se moveu do non á abstención na investidura de Rajoy, os oficialistas están lonxe de asinar o armisticio con ela. Caballero afirma que a presidenta da xestora non ten capacidade política e que, se Ferraz non substitúe este órgao por un novo, o PSOE camiña cara "á desaparición". Caballero pide unha nova xestora, mais non un novo congreso, nen a escala federal nen a galega. Posiciónase así co sector oficialista, partidario de enfriar o partido para afastar o máis posíbel o momento do conclave do shock que nas bases do PSOE ten provocado a abstención que abriu a investidura de Rajoy. A nova maioría en Ferraz precisa tempo, entre outras cousas para procurar un referente que confronte cun Pedro Sánchez que xa anunciou que volta á estrada para "refundar" o PSOE. As críticas do alcalde de Vigo non se limitan a Cancela e alcanzan tamén o portavoz parlamentar e candidato, Xaquín Fernández Leicega. Cualifícaos de "actores importantísimos" no proceso que tería levado á rotura do pretenso proceso de unidade que, sostén, el tentou impulsionar após a demisión de Besteiro. No plano da definición táctica do partido, Caballero pon terra de por medio respeito do deseño do ex secretario xeral español, Pedro Sánchez, e mostra a súa reticencia a procurar unha entente con Podemos, formación á que cualificou de "esquerda radical anti-sistema".
NOS_28644
Como cada 17 de maio, a agrupación cultural ribadense agasallará cun caravel e un marcapáxinas de María Victoria Moreno a todas as persoas que este Día das Letras Galegas merquen un libro en galego.
A Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas cun acto simbólico dirixido ás persoas que no día da lingua merquen libros en galego. A agrupación repartirá, a través das librarías, caraveis e marcapáxinas, que contarán cun lema de María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano, así como cunha fotografía de Toni Deaño. Amais destes agasallos e dentro das actividades arredor do Día das Letras Galegas, a agrupación organizou este sábado 12 de maio ás 20:30h no Teatro de Ribadeo a presentación de Long Play, o último libro de poemas de Lois Pérez, polifacético artista do barrio da Piringalla (Lugo) en cuxa obra conflúen trazos da poesía clásica, a banda deseñada, o humor e a música.
NOS_11747
O líder de En Marea asegura en sendas entrevistas radiofónicas este domingo que a idea dunha candidatura unitaria "galega, progresista e responsábel" exclúe "aquelas formacións que non foron capaces de formar un goberno no Estado porque estas xa demostraron irresponsabilidade e incompetencia". O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, lanzou a campaña para o 10N acusando a Pedro Sánchez das crises do naval, da automoción, das electrointensivas e das centrais térmicas.
Un día despois de que a cúpula de En Marea decidirá presentarse ás eleccións xerais o próximo 10N malia o magro resultado de abril (apenas 17.700 votos), Luís Villares, o seu portavoz, concedeu dúas entrevistas radiofónicas nas que se preocupou de precisar a súa oferta dunha candidatura unitaria "galega, progresista e responsábel". En RNE, Villares dixo que esa candidatura "ten que ser ampla", pero "é obvio que non poderán estar aquelas formacións que non foron capaces de formar un goberno no Estado porque estas xa demostraron irresponsabilidade e incompetencia". "A oferta da candidatura única nace da constatación de que hai moita xente cabreada porque PSOE e Podemos pediron o voto útil pero foi completamente inútil, a toda esa xente hai que ofrecerlle a posibilidade de votar galego e progresista de verdade", insistiu Villares. Minutos despois na SER o líder de En Marea reiterou os argumentos: "Non ten sentido facer unha candidatura única de forzas progresistas galegas con quen non asumiu o mandato do voto útil que prometeron PSOE e Podemos poderían estar gobernando e nin asumiron esa responsabilidade nin se preocuparon de Galicia". Villares tamén sinalou que nas negociacións entre o PSOE e Unidas Podemos para a investidura de Pedro Sánchez non se trataron "os problemas de Galicia" malia que na mesa "había representantes galegos". Con estas declaracións, Villares segue marcando as distancias co espazo dos comúns (Podemos, Esquerda Unida e Anova), os seus antigos compañeiros no Parlamento e cos que sumara 14 deputadas e deputados nas eleccións galega de 2012. O PP eleva o ton: Tellado chama inútil a Gonzalo Caballero "Nós lamentamos que o PSdeG-PSOE de Gonzalo Caballero e do Delegado do Goberno, que tiña que ser o primeiro en defender Galiza e non a Pedro Sánchez, traizoasen a Galiza de forma permanente, de forma reiterada, de forma insultante, de forma inadmisíbel. Tanto Javier Losada como Gonzalo Caballero están claramente inhabilitados para facer política en Galiza, eu creo que se aspiran a un carguiño en Madrid, teñen moitas posibilidades, porque teñen demostrado ser os máis pelotas do PSOE en toda España. E desde logo teñen demostrado tamén que para Galiza son auténticos inútiles", declarou esta mañá á Radio Galega Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego, durante unha entrevista case monográfica sobre a débeda do Estado con Galiza. Tellado culpa a Pedro Sánchez e ao seu goberno de 15 meses da parálise na tramitación dos pedidos no naval na ría de Ferrol, da baixada das vendas no sector da automoción, da crise nas industrias electrointensivas e nas centrais térmicas do país. Miguel Tellado sinalou respecto das listas para o 10N que seguirán "as directrices que marque a dirección nacional" que determinará esta segunda feira o Comité Ejecutivo Nacional en Madrid. Pilar Cancela di que as listas do PSOE apenas sufrirán cambios Tamén avanza rápido a decisión sobre as candidatas e candidatos socialistas para o 10N. A deputada socialista no Congreso e que formará parte da Deputación Permanente durante o período electoral, Pilar Cancela, explicou na SER que as listas do PSOE "apenas sufrirán cambios", polo que ela mesma perfílase como a número 1 pola Coruña o próximo 10 de novembro. Cancela asume o "fracaso na acción política" e considera que o momento é "difícil, complicado" e que lle "da apuro volver dicir á xente que hai que ir a eleccións". A XIII Lexislatura, que comezou o 21 de maio pasado e rematará o 24 de setembro, durou 126 días; apenas quince días máis ca XI Lexislatura, a "lexislatura breve", que transcorreu durante 111 días entre o 13 de xaneiro e o 3 de maio de 2016.demostrado tamén que para Galiza son auténtico inútiles", declarou esta mañá á Radio Galega Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego, durante unha entrevista case monográfica sobre a débeda do Estado con Galiza.
NOS_4233
Desde ATA Galiza cren que as medidas anunciadas polo ministro Escrivá, lonxe de beneficiar, van prexudicar a maioría do persoal traballador.
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións vén de presentar unha proposta para que os traballadores e as traballadoras autónomas elixan a súa base de cotización en función das previsións de rendementos que terán, unha medida que non foi ben acollida por este colectivo, que cre que, lonxe de beneficiar, vai prexudicar á maioría das súas integrantes. A proposta, anunciada polo ministro José Luis Escrivá e trasladada ás principais organizacións de autónomos, permitirá cambiar a base de cotización trimestralmente para axustala aos rendementos de cada quen. O documento, que non deixa de ser unha proposta inicial, sinala tamén que no mes de outubro de cada ano Facenda enviará á Tesouraría Xeral da Seguridade Social o rendemento neto calculado no IRPF dos autónomos. A Tesouraría pasará entón a comparar as bases de cotización provisionais e o rendemento neto e procederá ben a devolver o pago de máis ou ben a reclamar o que falte se se pagou de menos. Segundo Escrivá, este sistema, que podería entrar en funcionamento en 2022, segue as recomendacións do borrador da Comisión do Pacto de Toledo, mais fixo fincapé na importancia de que sexa acordado coas representantes do colectivo. Pero entre os traballadores e as traballadoras autónomas o novo sistema proposto non acaba de gustar. Como recoñece a Nós Diario o presidente de ATA Galiza, Rafael Granados, "estamos dispostos a negociar, pero tal e como se presenta non estamos de acordo". Tamén considera que "nin é o momento nin a maneira". Refírese ao feito de que este beneficio só esta contemplado para traballadores e traballadoras autónomas en réxime de estimación indirecta. Non afecta por tanto aos de módulos, aos de estimación directa ou aos autónomos colaboradores. Como explica Granados, os autónomos en estimación directa "están a pasalo moi mal", e hai que pensar tamén noutros modelos, como os autónomos colaboradores, que se dan de alta na actividade en moitos dos casos para apoiar familiares en negocios que non teñen traballadores ao seu cargo e que "se lles soben a base pensaríano moitísimo antes de darse de alta". E logo está a crise derivada da Covid-19. Neste senso, sinala que pode darse o caso de que un traballador ou traballadora autónoma subcontratada por unha empresa teña que pagar máis á Seguridade Social que a propia sociedade que o contrata. Método de cálculo Outro dos aspectos que propón revisar é o método de cálculo. "Se collemos a base de facturación do ano 2019 e a aplicamos a 2020, moita xente estaría a pagar por riba dos ingresos reais que están dando no ano vixente. O cálculo non estaría actualizado", apunta. A medida, tal e como se propón, "non vai beneficiar ningún autónomo, só prexudicar", insiste. Na súa opinión, as medidas que tomen deberían priorizar as persoas con menos ingresos. "O que máis urxe neste momento é atender á base de cotización dos traballadores e das traballadoras autónomas que non chegan ao salario mínimo interprofesional (SMI). Ese sería o primeiro paso", indica Granados. "Estamos de acordo en que as persoas que non chegan ao salario mínimo en beneficios puidesen baixar a súa base de cotización, pero iso non vén estipulado na documentación que nos acredita o ministerio", lamenta o representante de ATA Galiza. Como sinala, á asociación chegan "moitas consultas" de persoas cunha facturación pequena que, pese a perder 60% dos seus ingresos non poden acceder ás axudas por cesamento de actividade. Na mesa do autónomo están a negociar coa Xunta medidas encamiñadas a amparar este colectivo "que quedou fóra" da protección das Administracións. Con todo, Granados recoñece que a situación das máis de 207.000 galegas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) "é moi crítica", mais insiste en que nun momento de crise como o actual non se poden tomar medidas que impliquen unha maior carga económica para un colectivo que está a sufrir como poucos os efectos da Covid-19.
NOS_592
Os ecoloxistas piden ao Goberno español que se encargue directamente da extracción do combustíbel do buque colisionado.
Desde a pasada segunda feira, todas as olladas están postas no mar de Xibraltar, onde o cargueiro OS35 ameaza con provocar un novo desastre medioambiental nas costas españolas. O navío, que sufriu unha grave colisión con outro buque, corre serio risco de partir pola metade e provocar unha vertedura de case 500 toneladas de combustíbel e aceite lubricante para maquinaria pesada. Un novo 'Prestige'? 38 barcos con materias perigosas pasan cada día pola costa galega En concreto, son 250 toneladas de gasoil, 215 de fueloil pesado e 27 toneladas de lubricante as que manteñen en alto a veciñanza e grupos ecoloxistas, que temen que se poida producir un sinistro "sen precedentes" nunha zona na que o sector marítimo xoga un importante papel na economía. Polo de agora, as autoridades locais trasladaron que xa se comezaron cos traballos de extracción destes compoñentes nocivos para evitar que entren en contacto co mar. Se ben xa se deu unha pequena fuga nun dos costados do cargueiro, as mesmas autoridades afirman que polo de agora conseguiuse conter e eliminar estes vertidos antes de que danen seriamente o medio mariño. Prestige: Un aire que mata A rotura parcial do casco ocorrida na cuarta feira obrigou a evacuar os 24 integrantes da tripulación e 6 técnicos que inspeccionaban e avaliaban os estragos nas infraestruturas do cargueiro. Pasadas as 17 horas de hoxe, a policía local de Xibraltar detivo unha persoa como presunto implicado no accidente. Un novo Prestige? Pese a que varios medios de comunicación compararon o caso do OS35 co desastre medioambiental vivido en 2002 polo afundimento do Prestige, o certo é que a carga do petroleiro que cubriu de negro as costas galegas era 154 veces maior que a deste cargueiro. O Blue Star esperta do fondo do mar a pantasma do Prestige Entre os meses de novembro e decembro de 2002, o Prestige verteu nas costas galegas 77.000 toneladas de crú, que se estenderon por todas a liña costeira do país. Algunhas das manchas deste vertido chegaron até o Mar Cantábrico, levadas polas mareas. Calcúlase que entre 200.000 e 300.000 aves morreron, ademais dunha incalculábel cantidade de especies mariñas. Pese a non ser comparábeis, o certo é que o risco de que a vertedura afecte gravemente o ecosistema mariño de Xibraltar está presente. Para colectivos ecoloxistas locais, este accidente pon de manifesto a falta de recursos no Porto de Xibraltar, e piden ao Goberno español que se encargue directamente da extracción do combustíbel para evitar que este acabe no mar.
NOS_42496
O ex-líder guerrilleiro é elixido pola Forza alternativa revolucionaria do común para liderar a súa candidatura nas eleccións de 2018
Rodrigo Londoño, 'Timochenko', será o candidato da Forza alternativa revolucionaria do común para as eleccións de 2018, segundo anunciou este partido, nado das cinzas da guerrilla das FARC. "Anunciamos que o noso candidato á presidencia da República será Rodrigo Londoño, quen estará acompañado de Imelda Daza como vicepresidenta", explicou en rolda de imprensa en Bogotá o número 2 do partido, Iván Márquez. A decisión foi adoptada por maioría. Nos vindeiros días daranse a coñever a totalidade das listaxes que presentarán ónde antiguos dirixentes guerrilleiros como Iván Márquez aparecen nas cabezas para asumir a representación no Congreso.
NOS_50648
Mais de 150 persoas de 18 países toman parte do 16 ao 18 de abril nunha cita que decorrerá baixo o lema 'Eramos, somos, seremos'.
A Fundación Galiza Sempre estará presente na asemblea xeral da Alianza Libre Europea (ALE-EFA)e da súa fundación política (Centro Maurits Coopieters) que decorrerá do 16 ao 18 de abril en Bautzen (Alta Lusacia) e na que haberá 150 persoas en representación de 18 países. Guillerme Vázquez, presidente de Galiza Sempre, e Ana Miranda, responsábel de Relacións Exteriores do BNG, representarán o noso país. O lema da xuntanza é 'Eramos, somos, seremos'. A delegación galega participará nas xuntanzas executivas e na asemblea xeral do grupo e da fundación política da que depende. Esta edición está adicada ao pobo sorbio e a súa loita por preservar e promover a súa lingua e identidade cultural. O sorbio é un pobo eslavo occidental recoñecido en Alemaña como minoría nacional ubicada nos estados federados da Saxonia e Branderbugo.
PRAZA_15344
Tanto na campaña electoral coma no debate parlamentar existiu unha ausencia significativa: os episodios de corrupción rexistrados durante os últimos meses na Galiza como consecuencia de diversas actuacións xudiciais que aínda non chegaron ao punto final do seu percorrido
Transcorrido máis dun mes dende os comicios ao Parlamento galego e celebrada a sesión de investidura de Núñez Feijoo como presidente da Xunta, pódese constatar unha circunstancia sorprendente. Tanto na campaña electoral coma no debate parlamentar existiu unha ausencia significativa: os episodios de corrupción rexistrados durante os últimos meses na Galiza como consecuencia de diversas actuacións xudiciais que aínda non chegaron ao punto final do seu percorrido. Nin as tres forzas políticas que conformaron, durante os últimos anos, a composición da Cámara do Hórreo nin a nova coalición que obtivo unha presenza destacada nestes comicios dedicaron unha atención relevante a esta temática. Tanto na campaña electoral coma no debate parlamentar existiu unha ausencia significativa: os episodios de corrupción rexistrados durante os últimos meses na Galiza como consecuencia de diversas actuacións xudiciais que aínda non chegaron ao punto final do seu percorrido A corrupción é, sen dúbida, un dos factores explicativos do notábel proceso de afastamento e desconfianza dunha parte significativa do corpo social a respecto das persoas que ocupan postos de representación nas institucións. A fondura e persistencia da crise económica multiplica a desafección que se ven rexistrando nos inquéritos que publican periodicamente os institutos públicos e privados especializados. Tal circunstancia non debe agachar a evidencia de que as prácticas corruptas rexistradas nos últimos anos na esfera da política contaron cun nivel de complicidade social moi notábel. Os casos de Camps, do PP balear ou dos alcaldes populares de Fisterra e Mazaricos certifican que unha parte importante do electorado non penaliza suficientemente a quen utiliza os cargos institucionais para realizar operacións contrarias aos valores éticos básicos e, na grande maioría dos casos, violentando as normas legais existentes. A experiencia dos últimos anos demostra, tamén, que as organizacións políticas non respostan do mesmo xeito cando algúns dos seus membros resultan involucrados nos casos coñecidos pola opinión pública. O criterio que se aplica actualmente no BNG –presentar a dimisión cando existe unha imputación xudicial sobre cargos públicos- constitúe un esixente modelo de asunción de responsabilidades políticas que non foi seguido, até o momento, polo PP e polo PsdG. Non é certo, pois, que nesta materia todos os partidos son iguais. As dimisións de persoas como Fernando Blanco, A. García Mata ou Fernando Varela tiveron o valor engadido de colocar nun primeiro plano a necesaria recuperación da confianza da cidadanía, asumindo o risco de que as propias sentenzas xudiciais –como foi o caso do chamado caso paneis de Ourense- establezan a inocencia penal dos encausados. O criterio que se aplica actualmente no BNG –presentar a dimisión cando existe unha imputación xudicial sobre cargos públicos- constitúe un esixente modelo de asunción de responsabilidades políticas que non foi seguido, até o momento, polo PP e polo PsdG A corrupción na política non debe ser subsumida ou desculpada por mor do deserto moral que caracteriza ao propio sistema económico vixente. O mal de moitos (Urdangarín, Méndez, Gayoso, Díaz Ferrán…) é unha epidemia que non debe servir de coartada para desautorizar e retirar a todos aqueles dirixentes políticos que, por acción ou por omisión, permiten o medre deste grave cancro no sistema democrático. Máis alá da hipocrisía ou demagoxia exhibida polo Grupo Parlamentar do PP, non se pode banalizar a importancia da total transparencia no exercicio da representación política Por iso entendo que foron desafortunadas as palabras pronunciadas polo voceiro de AGE, X.M. Beiras, con motivo dunha iniciativa relativa ao carácter público das declaracións de bens patrimoniais dos deputados e deputadas do Parlamento galego. Máis alá da hipocrisía ou demagoxia exhibida polo Grupo Parlamentar do PP, non se pode banalizar a importancia da total transparencia no exercicio da representación política. Esa e outras medidas (mais e mellores mecanismos de control, maior vixilancia no seo das organizacións políticas, cambios no financiamento dos partidos para evitar as perigosas dependencias con grupos financeiros, limitación de mandatos para dificultar os efectos perversos da excesiva permanencia nos cargos…) deben figurar na axenda prioritaria daquelas organizacións que desexen acometer seriamente a rexeneración do sistema político e a recuperación da empatía entre representantes e representados.
NOS_53468
O debate que acolleu na noite desta segunda feira a CRTVG aponta a que hai máis partido do que auguran as enquisas. O nerviosismo de Núñez Feixoo é unha mostra.
"O único que pode garantir xestión e certezas son eu". Feixoo tiña clara a mensaxe que quería trasladar no debate a 7 organizado pola CRTVG e que decorreu na noite desta segunda feira. "Ou eu ou o caos" en versión Monte Pío. Núñez Feixoo como o presidente de fiar fronte a unha amálgama de formacións que só procuran desbancalo. Non axudou á credibilidade desta mensaxe o nerviosismo que translucía o candidato do PP durante boa parte debate ou a súa ausencia de réplica aos datos que lle puñan sobre a mesa PSdeG, Galicia en Común, BNG ou Marea Galeguista en temas como número de camas recortadas na sanidade pública ou empregos perdidos nesta década no agro ou a industria. No plató había máis formacións que as mencionadas. Estaban Ciudadanos e Vox. Os primeiros querendo xogar a baza de ser representantes dos "galegos de clase media" (Beatriz Pino dixit). Os segundos, vivindo dun delirio: "Hai un clima criminal e violento nesta campaña electoral", dixo o seu candidato na súa primeira intervención. Na segunda reclamou a centralización da sanidade para que non estea en mans de "taifas nacionalistas". Pandemia O primeiro dos catro bloques do debate centrouse na xestión da pandemia da COVID-19. Ana Pontón (BNG), a primeira en intervir, fixo un repaso polos "erros" de Núñez Feixoo nestes meses (desde non solicitar fechar Madrid, epicentro da vaga contaxiadora, até non escoitar o que as propias profesionais da sanidade lle demandaban en canto a medios ou protocolos), ligándoos cos froitos de dez anos de "recortes" e "privatizacións" cuxos efectos agora se evidencian con claridade. Pancho Casal (Marea Galeguista) tamén cargou contra as "privatizacións" destes anos mentres que Gómez Reino (Galicia en Común) resumía nunha frase o que consideraba que representou esta década de Núñez Feixoo: "Galiza leva 10 anos en corentena". Gonzalo Caballero centrouse en defender a xestión do Goberno español e criticar a "deslealdade" do presidente galego e incidiu en que "non é o mesmo que goberne a dereita que a esquerda". Núñez Feixoo cualificou todas esas críticas como "intento de reescribir o que pasou", cargou contra o Executivo estatal e botou man de vitimismo ("para vostedes todo o que fai a Xunta está mal"). Porén, non retrucou ningún dos datos postos sobre a mesa: en recortes de camas, en ausencia de prazas públicas nas residencias, ou en falla de medios e material en plena pandemia. Política económica Tamén aquí Feixoo e a oposición con presenza no parlamento (PSdeG, o espazo de Galicia en Común representado en Grupo Común da Esquerda, BNG e a Marea) foron antagónicas. A crise de Alcoa, o esfarelamento do sistema financeiro galego, a perda de miles de postos de emprego en sectores como o industrial e o agro... Unha década de xestión de Gobernos do PP ía traducíndose en boca de Caballero, Gómez Reino e Pontón en exemplos dun escenario económico que leva tempo sendo preocupante. Mais Feixoo, embora titubear nalgunhas repostas, mantíñase no seu discurso destes anos: con outros á fronte do Goberno galego, todo sería peor. Botou a culpa da situación de crise do sector industrial á oposición e ao Executivo español, mais non ofreceu nin unha pequena esperanza en forma de proposta para facer fronte á crise económica e social que deixa a pandemia. Política social En relación ao bloque sobre política social, o presidente da Xunta apostou por crear emprego e pola sanidade pública. Presumiu de cifras en relación á sanidade, á educación e á dependencia. Uns datos que foron desmontados polos grupos da oposición. Comezou Gómez Reino, que lembrou as persoas dependentes que falecen sen que se lles recoñeza a prestación e que criticou que en 2019 tan só se construísen catro vivendas públicas. O representante de Galicia en Común e deputado de Unidas Podemos no Congreso aludiu ao feche da sala de partos de Verín, aos concertos con centros de ensino que segregan por sexo e á iniciativa de universidade privada de Abanca. Na mesma liña, Casal denunciou que Feixoo fechou "máis de 100 escolas públicas no rural" e prometeu un plan integral de choque contra o feminicidio, desmercantilizar os coidados, un plan de mellora da atención primaria, a recuperación das once áreas sanitarias, unha rede de escolas infantís e un parque público de vivenda. O representante de Vox, que se dedicou a interromper e a tratar de crear polémica durante o debate, puxo sobre a mesa a censura parental nas aulas, a eliminación da lingua galega e a creación dunha Consellaría de Familia. Caballero aproveitou a súa quenda para expor os recortes en materia de sanidade e para apostar nunha rede de residencias de maiores de carácter público e computadores para todo o alumnado. Pino pediu respecto para o persoal sanitario, escolas infantís gratuítas "de verdade" e infraestruturas propias do século XXI. A este respecto, criticou as peaxes da AP-9, malia que a súa formación, Ciudadanos, votou en contra en numerosas ocasións contra a transferencia da autoestrada. Pontón, pola súa banda, acusou a Feixoo de ser precursor "das políticas que pactan coa ultradereita" cando "en plena crise recortou axudas para vítimas de violencia de xénero" e cando aprobou "concertos con centros educativos que segregan por sexo". "Deulle ao Opus Dei 30 millóns para financiar unha educación machista e clasista", engadiu a candidata do BNG, quen se comprometeu a impulsar "non lazos, senón medidas reais, como dedicar o 1% do orzamento da Xunta á loita contra a violencia machista, que a conciliación non sexa unha carreira de obstáculos para as mulleres e escolas públicas gratuítas, ademais de horarios racionais". Tamén sinalou que as empresas que discriminen as mulleres non poderán contratar coa Xunta. Galicia en Común, BNG e Marea Galeguista afeáronlle a Feixoo que non abra os centros de día e lembráronlle que Galiza é o único territorio do Estado onde non se abriron, malia as reiteradas peticións de familias e profesionais. Derradeiro bloque Após un inicio bronco, Ana Pontón tomou a palabra para lembrar "o pin parental" que tratou de aplicar Feixoo á lingua galega no ensino. "Quere confinar a nosa lingua, que é a única que perde falantes de todo o Estado", puxo de manifesto a candidata do BNG, quen puxo en valor o traballo das "creadoras e creadores precarios". Referiuse, a continuación, á "vergoña da CRTVG", "convertida nun medio onde hai censura". Chamou a "cumprir a lei" e a "acabar cos nomeamentos a dedo". Beatriz Pino preguntoulle na súa intervención a Caballero se quere "revivir" a época de Quintana e Touriño, "quere volver 15 anos atrás?". Acusouno de "botarse en brazos de populistas e nacionalistas" e espertou a fantasma de Paco Vázquez, ex alcalde da Coruña. Gómez-Reino citou todos os casos de corrupción que afectan o Partido Popular, como o caso Pemex, o Carioca, o Campeón, o Pokemon, o Baltar ou o Conde Roa, entre outros. Feixoo contestou cargando con que manteña o seu escano no Congreso, "tamén Yolanda Díaz me acusaba de estar pensando en Madrid e quen está en Madrid é ela". Casal criticou a Feixoo por non conseguir transferencia ningunha para Galiza nos seus anos de goberno e lamentou que "non saiba que ten vostede as competencias en materia de industria". Tamén llo afeou Pontón, que ironizou co lema "Galicia, Galicia, Galicia", que "queda só nun slogan electoral". A candidata do Bloque subliñou que "un deputado do BNG no Congreso fixo máis nun mes que Feixoo en 11 anos", "non temos as mans atadas", reivindicou. Caballero apostou pola organización dun novo debate na CRTVG e cargou contra o presidente da Xunta por estar disposto a pactar con Vox. Pontón preguntoulle directamente a Feixoo se vai pactar cos ultraespañolistas e con Ciudadanos. Trátase, dixo, dunha "escisión do seu partido". O candidato do PP non quixo responder. O debate finalizou pasadas as 00.20 horas cos tradicionais "minutos de ouro", en que as candidatas e os candidatos dispuxeron de 60 segundos para tratar de convencer as electoras e electores.
PRAZA_11016
'Querido Caseiro' é unha conta de Instagram que recompila as "historias de terror" de pisos alugados por mozos e mozas de toda Galicia como denuncia das malas condicións dos inmobles e da indefensión que en moitas ocasións sofren os inquilinos e inquilinas.
Pouco antes do verán naceu Querido Caseiro, unha conta de Instagram nacida para contar as "historias de terror" de pisos alugados por mozos e mozas, como denuncia das malas condicións dos inmobles e da indefensión que en moitas ocasións sofren os inquilinos e inquilinas. Moi pronto comezou a recoller testemuños de estudantes de toda Galicia sobre as súas experiencias, relatos de tuberías atascadas, fiestras rotas, humidades, electrodomésticos defectuosos, fauna diversa (ratos, cascudas...) e sobre caseiros e caseiras non excesivamente dispostos a solucionar estes problemas ou con escaso respeto á intimidade dos e das residentes. Tamén sobre dificultades para recuperar as fianzas ou subas inesperadas nos prezos dos alugueiros."Despois de anos vivindo e escoitando toda clase de barbaridades sobre a enorme precariedade dos pisos démonos conta de que, lonxe de ser excepcións, eran cuestións sistemáticas"O grupo de estudantes que impulsou esta iniciativa que recolle as historias doutros mozos e mozas pasaran tamén por situacións similares. Bruno, por exemplo, conta que hai dous anos vivira "nun piso cheo de humidade ao que non podía convidar xente que tivese problemas respiratorios e no que aparecía mofo nos mobles e aparellos electrónicos durante a fin de semana".A denuncia deste tipo de situacións, que sofre dende hai décadas o estudantado (e en xeral a maior parte dos mozos e mozas e as persoas con recursos económicos limitados), chega ademais nun momento non que o prezo dos alugueiros está a crecer de forma moi importante en todas as cidades galegas, sobre todo nos barrios máis céntricos. En paralelo, en cidades de todo o Estado, tamén en Vigo e A Coruña, están a formarse asociacións de inquilinos e inquilinas para a mellor defensa dos seus dereitos e para fornecer de información a todas as persoas afectadas. Falamos con Bruno, un dos impulsores de Querido Caseiro.Como xurdiu a idea de abrir a conta de Instagram e recompilar estas historias?"É preciso que quen nos vemos afectadas por estas problemáticas creemos comunidade e organicemos a resposta á situación mediante a denuncia, a concienciación e, en última instancia, o traballo militante"Querido Caseiro xurdiu, en primeiro lugar, da nosa experiencia propia e a da xente dos nosos círculos. Despois de anos vivindo e escoitando toda clase de barbaridades sobre a enorme precariedade dos pisos e residencias de estudantes (e mesmo de xente que xa está no mundo laboral) démonos conta de que, lonxe de ser excepcións, eran cuestións puramente sistemáticas. Atopamos inspiración en contas do estilo, como @Chapuzas.USC, que denuncia o malestar das infraestruturas da Universidade de Santiago, ou @trabajosruineros, a nivel estatal, que expón as condicións de precariedade ás que se enfrontan as traballadoras.Cal é o obxectivo de Querido Caseiro?En primeiro lugar, procuramos sensibilizar a poboación en xeral e o estudantado en concreto arredor da cuestión da vivenda e dar conta de que se trata dun problema estrutural nos tempos actuais, moi lonxe de ser un conxunto de casos illados. Quixemos dar á conta un ton desenfadado e mesmo cómico, coa finalidade de chegar a un público maior e conectar de mellor xeito con quen sofre, coma nós, a precariedade na vida e na vivenda.En segundo lugar pensamos que é preciso que quen nos vemos afectadas por estas problemáticas creemos comunidade e organicemos a resposta á situación mediante a denuncia, a concienciación e, en última instancia, o traballo militante nos campos en que sexa preciso.Falta información sobre os dereitos que ten un inquilino e sobre a forma en que pode facelos valer?Si, isto vímolo todas nós desde que comezamos os nosos estudos fóra das nosas residencias familiares e agora vémolo máis que comprobado ao poñernos en contacto co resto do estudantado galego. Temos o propósito de realizar un traballo de divulgación sobre este tipo de cuestións agora que temos unha audiencia relativamente numerosa."Sería preciso revisar a lexislación en materia de alugueiros e que a Administración fose quen de intervir en favor de pisos accesibles para todas as estudantes e en condicións de habitabilidade"Credes que o estudantado, a mocidade e, en xeral, as persoas que viven de alugueiro, deberían organizarse para evitar estes e outros abusos?A miña opinión persoal é que si, a única resposta útil ao forte embate do Réxime actual e á enorme precarización á que nos vemos sometidas é a organización, vencellada sempre á formación e o estudo da realidade en que vivimos. En Querido Caseiro queremos servir de altofalante, mais a única vía para que as nosas protestas poidan cristalizar en solucións reais é a da loita consciente, organizada e unitaria.Notades cambios nos últimos tempos no mercado do aluguer? Nótanse os efectos da suba de prezos?Si, claro. A suba de prezos do vindeiro ano Xacobeo xa comeza a notarse agora e existe unha preocupación xeral sobre o que virá no próximo curso. Nos máis dos casos, a suba de prezos tradúcese na necesidade de deixar de lado actividades extracurriculares que contribúen á nosa formación, descoidar a nosa saúde pola imposibilidade de exercer segundo que deportes ou alimentarnos de xeito máis precario ou, simplemente, renunciar ao noso tempo de ocio e descanso, que cada vez nos é máis necesario, por ter que compaxinar o traballo cos estudos."A suba de prezos tradúcese na necesidade de deixar de lado actividades extracurriculares, descoidar a nosa saúde ou alimentarnos de xeito máis precario"Deberían poñerse en marcha accións decididas (medidas legais, algún tipo de vixilancia sobre os abusos) para evitar que pasen estas cousas, para garantir vivendas dunha calidade mínima a prezos aceptables?Por suposto. Sería preciso revisar a lexislación en materia de alugueiros e que a Administración fose quen de intervir en favor de pisos accesibles para todas as estudantes e nas condicións de habitabilidade que, polo menos, aseguren unha vida saudable. A día de hoxe temos a sensación de que case se nos castiga por querer estudar. Querido Caseiro en cinco testemuños"Pagamos 750 euros por un piso no que se estropeu a lavadora. A caseira díxonos que "xa lavou bastante" e que tiñamos que arranxala nós. Para máis inri, xa é a segunda vez que temos que durmir fóra porque a electricidade deixa de funcionar e temos que estar, literalmente, a dúas velas"."A nosa caseira ven todas as mañas as 9/10 a ver cómo está o piso e o único que fai e coller a louza que temos no fregadeiro e tirala a Unha tina. Non temos vasos xa, os rompe todos ao tiralos"."Vivíamos nun piso no que apenas entraba a luz do día e como consecuencia habia moitísima humidade. Ao principio só se me estropeara o ordenador, que debido a esa humidade deixou de funcionar e tiven que mercar un novo. Co paso dos meses tiven un problema de pedras no riñón e o médico díxome que o máis probable era polas condicións nas que viviamos nese piso""Cando o tipo foi revisar o piso dixo que todo estaba perfecto e que non había ningún problema. Sen embargo, cando tocou cobrar a fianza, deixou de respondernos ás chamadas. Falamos ca Inmobiliaria, e ao parecer o tío dicía que gastara todo o diñeiro en limpeza e reparacións, que non nos quería devolver nin un céntimo e que non nos dirixiramos a el""No noso piso deste ano tivemos que aguantar tuberias atascadas que provocan inundacións no baño e a cociña, ventás rotas pegadas con celo, unha lavadora que deixou de funcionar a metade de curso... Ademais de fugas de gas frecuentes para as que a única solución que ofrece a caseira é "limpar mellor a cociña" e apagóns de luz periódicos que nos deixan horas sen electricidade,
PRAZA_3103
Esta semana, un xornal de Lugo recollía a demanda dunha persoa que foi testemuña dunha agresión machista na súa comunidade de veciños, dun cambio no protocolo no proceso da denuncia nun caso como o seu, de xeito que a identidade da persoa que da a voz de alarma non lle sexa revelada ao agresor, e que, posteriormente, se evite que ambos coincidan nas dependencias xudiciais.
Esta semana, un xornal de Lugo, a cidade onde vivo, recollía a demanda dunha persoa que foi testemuña dunha agresión machista na súa comunidade de veciños, dun cambio no protocolo no proceso da denuncia nun caso como o seu, de xeito que a identidade da persoa que da a voz de alarma non lle sexa revelada ao agresor, e que, posteriormente, se evite que ambos coincidan nas dependencias xudiciais.Evidentemente, desde Si, hai saída, a asociación de axuda a vítimas de violencia de xénero da que formo parte, non puidemos por menos que engadirnos á devandita demanda, unha demanda que é absolutamente inxustificable que sexa precisa facela a estas alturas.Como é posible, cando nos están a vender cada día os nosos políticos, as Institucións, os avances, os despregamento de medios, os orzamentos, os estupendos e marabillosos protocolos, que a ninguén se lle pase pola cabeza algo tan obvio? Menos mal que todos os que interveñen neste proceso teñen unha esmerada formación, seica. Terán , non digo que non, mais do que é evidente que andan un tanto escasos é do mais elemental sentido común.Por unha banda, continuamente se está a instar a poboación a que, non soamente cando unha agresión machista sexa xa un feito consumado, senon que ante a sospeita de que nalgunha vivenda da súa veciñanza se estea a producir unha situación de violencia de xénero non dubiden en denunciala, algo que, sen dúbida, sería de gran axuda, vital, de feito, para tentar paliar este terrible feminicidio que non deixa de medrar e de cobrarse vidas. Mais pola outra, e rexeitando, como xa dixen antes, un sentido común básico, o agresor coñece desde o minuto cero a identidade da persoa que o denunciou coas conseguintes consecuencias que isto pode provocar. Moi lóxico todo! Mesmo as veces chegan a cruzarse no Xulgado, co risco que isto representa. Ou é que aínda queda por aí alguén tan inxenuo que cre que un malnacido que é quen de agredir, ou mesmo de matar a súa parella, a quen di querer, ou mesmo aos seus fillos, non pode chegar a facelo con quen o botou nas mans da xustiza? Supoño que para entender algo tan obvio tampouco é preciso facer un máster, digo eu!.O verdadeiramente grave é o que isto demostra, que é, nin mais nin menos, que, por moito que tenten convencernos do contrario, por mais campañas mediáticas que se fagan, no que a realidade da violencia de xénero, das súas vítimas, atinxe, moitos dos que teñen competencias e responsabilidades directas na materia, están aínda, e con todo o respecto o digo, a velas vir.E o peor é que tampouco teñen a humildade de recoñecelo, cousa que, por mais que pensen o contrario, os honraría, xa que evidenciaría vontade por mellorar, por levar adiante esa loita da que tanto falan e que, a vista está, acada poucos ou practicamente ningún resultado positivo, agás para os que atoparon na violencia de xénero un rendible negocio, polo que é impensable que baixen das súas peanas e se dignen a falar, a interactuar, coas que vivimos o día a día da violencia machista, de quen a sufre.Tan só contemplan o diálogo entre "iguais",entre os que manexan datos, estatísticas, orzamentos e teorías para arriba e para abaixo, sen entrar en razón e admitir que a loita contra a violencia machista non se pode facer soamente desde os despachos, baseándose tan só en títulos e diplomas, e menos ainda en cargos, aos que se pode chegar por moitas e diversas razóns coma todos sabemos. Que se queira admitir é outra cousa.O certo é que, ao fío de todo isto que estou a contar, non puiden evitar que me viñera a mente o recordo dunha campaña do goberno galego que comezou a levarse a cabo hai poucos anos, dous ou tres, creo lembrar, para, supostamente, previr e sensibilizar ao movemento veciñal, destiñada básicamente a entidades deste eido, en canto a violencia de xénero, xa que, alegaban, a proximidade pode xogar un papel fundamental para detectar as vítimas, a vez que animaban a cidadanía a denunciar.Foron, como é lóxico deducir, moitos os miles de euros que se invertiron nesa campaña e que contribuiron, eso si, a que as arcas dalgún que outro colectivo veciñal se viran un pouco mais cheas, ademais de actos mediáticos, fotos nos medios, e amplo desplegue de dípticos e outro material informativo que, evidentemente, custaron moitos cartos, pero, unha vez mais, non sei se dicir que a casa se comezou a construir polo tellado, ou que, directamente, se pasou do mais imprescindible e razoable: Preocuparse de formar ao persoal implicado da necesidade prioritaria de preservar o anonimato da testemuña denunciante, por mais que hai cousas, situacións, que non debería ser preciso que ningunha norma as dictara, que se terían que dar por sentadas, pero claro, o que debería ser, e o que realmente é non sempre coincide.Alguén implicado neste tema, no seu sano xuizo, se parou a pensar en que situación se atopa un veciño que, despois de denunciar a outro que é, ademais, agresivo, se queda libre, se atopa con él?.E se a parella, como, por desgraza, as veces sucede, retoma a relación?. Qué é o que debe facer, se, por exemplo, se cruzan no portal?, Saudalo coma se nada?. ("Bo día Paco!, menos mal que hoxe non chove!. Qué, como che vai desde que te denunciei?. Se che apetece despois nos tomamos unhas cañas!"). Pregar para que non lle parta a cara ou algo peor?.Un pouco de sensatez, por favor!.Ante un panorama tan desolador, non é de estrañar que moita xente, ainda escoitando unha agresión parede con parede, opte por calar, ante o temor de que, de dar a voz de alarma, o número de vítimas pase de unha a duas. Francamente, se alguén me asegura que isto non é para perder a esperanza, vai ter moi difícil convencerme, porque se falla a base, nada se pode sustentar.Nin todos os orzamentos do mundo poden evitar o fracaso, como xa se está vendo. É moi doado botarlle a culpa a sociedade, a eses cidadáns e cidadanas aos que moitas veces censuramos non dar un paso adiante e denunciar que unha muller, unha veciña, está a ser maltratada. É moi dodado acusalos de ser cómplices, co seu silencio, do agresor. Teño que recoñecer que eu mesma o fago as veces, levada pola impotencia, pola indignación que me produce ver a unha muller destrozada, que foi vítima non soamente do seu maltratador se non de aqueles que, sabendo, calaron, pero cando me paro a reflexionar, non podo deixar, de, en certa maneira entendelos.E mais, como podemos agardar que se teña nin a mais mínima consideración coas testemuñas se, en non poucas ocasión é a propia vítima a que, despois de denunciar, co sobrehumano esforzo que para isto ten que facer, fica completamente desprotexida?.Sinceramente, hai días nos que penso que xa non podo aturar mais tanto marketing, tanta campaña, tanto espectáculo, nunha palabra, mentras se ignora por completo que o mais básico está fallando.Ogallá algún día a situación mude, malia que, francamente, teño serias dúbidas.Eso si, namentres, si vostede é testemuña dunha agresión machista, denuncie, e despois, pregue para que non lle pase nada, porque, polo menos de momento, ninguén lle vai axudar a evitalo.
NOS_10723
Este A Fondo, coordinado pola escritora Marga do Val, pretende ser unha homenaxe ao poeta de Gres que levou sempre Galiza prendida na súa fala. Entre as máis de 15 persoas que escriben para o caderno destaca a presenza de alumnos e alumnas de centros de ensino galegos. Xa está dispoñíbel na nosa loxa.
"O escritor de Gres, situou a súa parroquia no mapa dos afectos de todos, de todas nós. Desde Gres a Bos Aires, desde a Habana e Cuba enteira a Gres, levou sempre Galiza prendida na súa fala. Nunca claudicou. Sempre co pobo, sempre alimentando o desexo por aprendermos, o desexo e o amor pola lectura. Fixo da súa escrita a vida; de todas e todos nós, de Galiza e o mundo, o argumento. Todos os nenos e todas as nenas que viven en Nós reciben este legado", sinala Marga do Val, coordinadora do A Fondo sobre Neira Vilas. Ao longo de catro páxinas, un total de 16 persoas, procedentes na súa meirande parte do ámbito do ensino, dan conta das súas experiencias con Neira Vilas. Son autores e autoras destas pezas José Expósito, xestor xultural en Pistacatro. Novo Circo en Galiza; Mar Álvarez, alumna de 1º de bacharelato no IES Ponte Pedriñas; Maka Arca, profesora de Lingua e Literatura Españolas no IES 1º de Ordes; Xesús Asorey, apicultor e director da Casa das Abellas de Abegondo; Manuel de Cal Vidal, estudante de 4º de Primaria do CEIP López Ferreiro de Compostela; Xosé Luna, escritor e mestre no colexio O Foxo da Estrada; Pili Gorís, osteópata; Uxía Rodríguez Nebra, estudante de 2º ESO no IES Antón Losada Diéguez da A Estrada e Fernando Fernández González, comercial da Editorial Galaxia. Tamén escriben Iria Vázquez Rodríguez, estudante de 1º de Dereito na ESADE, Barcelona; Manuel Diz Pereiro, tradutor; Paché Vázquez Sanmartín, profesora de lingua e literatura galegas no I.E.S As Ínsuas de Muros; Ramón Daniel Regueiro Espiño, estudante de 16 anos; Mariña Palacio Fernández, estudante de 16 anos; Xosé Febrero, avogado e Santiago Insua González, alumno de 4º de Primaria do colexio Antonio Magariños de Cambados. Ademais, componen este A Fondo dúas entrevistas. Na primeira delas, a dupla páxina, transcríbese unha conversa entre Marga do Val e Viviane Delfine Furtado, unha alumna do IES Perdouro de Burela que coñeceu Neira Vilas en marzo deste ano, cando visitou a Fundación acompañada dos seus compañeiros e compañeiras. Nesta entrevista, a moza orixinaria de Cabo Verde dá conta da encomenda que lle deixou Neira Vilas, a tradución de Memorias dun neno labrego a unha lingua africana. A outra entrevista que fecha este A Fondo é a María Xesús Neira Yagüe, bibliotecaria da Fundación Neira Vilas e sobriña do escritor recentemente falecido.
PRAZA_11143
Un dos fundadores do compostelán NUMAX, Ramiro Ledo, ponse á fronte dos Dúplex e Ferrol volve ter sala de cinema. Entre as primeiras películas da nova xeira está O que arde, de Oliver Laxe.
Na primavera de 2015, 626 días despois da última sala de cinema no centro de Santiago, a sala NUMAX lanzábase a un reto que semellaba ben audaz. Devolvía os filmes ao corazón da capital galega mediante un proxecto cooperativo que combinaba o cinema cunha libraría e un laboratorio audiovisual. Catro anos despois, o proxecto de NUMAX medrou e consolidouse mesmo por riba dos prognósticos máis optimistas das persoas que o impulsaron e o seu espírito xa vai alén de Compostela. Para mostra, o que sucede este 10 de outubro en Ferrol.Un dos fundadores do compostelán NUMAX, Ramiro Ledo, ponse á fronte dos Dúplex e Ferrol volve ter sala de cinemaNo caso ferrolán non foi necesario agardar seiscentos días dende que, a finais do pasado xuño, o anterior propietario do cinema Dúplex anunciaba a fin das proxeccións. O seu responsable non podía continuar co cinema ferrolán por motivos laborais. É neste punto no que entra en xogo un dos fundadores de NUMAX, o xornalista e realizador Ramiro Ledo, que tiña relación habitual coa sala ferrolá como distribuidor, eido no que tamén traballa a cooperativa compostelá.O anterior propietario dos Dúplex propúxolle a Ledo asumir a xestión da sala e el aceptou. Tras uns meses de acondicionamentos do espazo e axustes, este 10 de outubro o cinema volve ao barrio de Esteiro e cos Duplex, Ferrol volve ter sala de cinema -os máis próximos eran xa os do centro comercial Odeón de Narón-.Fitas independentes e comerciais, filmes en versión orixinal e actividades culturais centran a nova vida do cinema ferrolán, cuxos abonos serán tamén válidos en NUMAXOs anos máis fermosos da nosa vida (Claude Lelouch), Aute Retrato (Gaizka Urresti), El crack cero (José Luis Garci), Até sempre, meu fillo (Wang Xiaoushai) e Amacing Grace (Allan Elliot, Sydney Pollack) son os primeiros pases dunhas renovadas salas que ademais contan coa oportunidade de ter un pase d'O que arde, de Oliver Laxe, na véspera da súa estrea comercial.Fitas independentes, pero tamén comerciais, filmes en versión orixinal, actividades culturais, ou foramción audiovisual para a rapazada, na liña da desenvolvida por NUMAX, serán o centro dos novos Dúplex, que tamén teñen dispoñibles os seus abonos, con entrada a catro euros e descontos na libraría. Ademais, as persoas abonadas a Dúplex terán dereito a entraren como abonadas en NUMAX e as da sala compostelá poderán facer o mesmo na ferrolá.O cine regresa a Ferrol e faino, ademais, a diario.
NOS_31694
O corpo de inspectoras e inspectores de Traballo quedou habilitado, desde onte, para impoñer multas ás empresas que non respecten as normas de seguridade sanitaria contra a Covid-19. Os importes das sancións poderán ser de 2.046 até 40.985 euros segundo a súa gravidade. Até agora a súa función era transmitir as irregularidades ás autoridades sanitarias.
A Inspección de Traballo podía detectar, mais non sancionar, as irregularidades que atopaba nas empresas relacionadas coa protección da saúde como consecuencia da pandemia da Covid-19. A competencia era de Sanidade, polo que o seu cometido remataba coa advertencia á empresa e con pasar un informe ás autoridades sanitarias. Esta circunstancia deixaba, en moitas ocasións, sen sanción a irregularidade atopada. Agora un decreto publicado onte no Boletín Oficial do Estado (BOE) habilita este corpo de Inspección a abrir expedientes e a impoñer importantes sancións económicas que poden ir desde 2.046 até 40.985 euros. A cantidade da sanción conta cunha gradación relacionada coa gravidade da irregularidade detectada. A multa en grao mínimo iría de 2.046 até 8.195 euros; no seu grao medio, de 8.196 até 20.490 euros; e no seu grao máximo, de 20.491 até 40.985 euros. Infraccións graves Segundo o decreto aprobado onte, no apartado de irregularidades graves estarían aquelas situacións relacionadas coa non adopción de medidas axeitadas de ventilación, limpeza e desinfección en relación coas características e intensidade de uso dos centros de traballo, ademais de poñer a disposición do persoal auga, xabón e xeles hidroalcólicos. Considérase da mesma maneira grave que no lugar de traballo ou nos espazos espazos comúns do mesmo non se garde a distancia de seguridade mínima de 1,5 metros e non se adopten disposicións que eviten a coincidencia masiva de persoas. Estas medidas preventivas coinciden coas que se aprobaron o pasado 9 de xuño no decreto que regulou as condicións xerais da denominada "nova normalidade". Fraude nos ERTE A Inspección de Traballo iniciou a principios de xullo unha campaña para atender as denuncias presentadas en relación a fraudes en prestacións por desemprego e outros vencellados a expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) como consecuencia da pandemia. Entre as irregularidades que constataron figura a realización de horas extraordinarias con persoal reincorporado, mantendo persoas traballadoras en ERTE. A intención é que a Inspección faga na Galiza 747 visitas específicas para tratar este tema, a maior parte nas comarcas da Coruña (311), seguida das de Pontevedra (291), Lugo (79) e Ourense (66). Desde o sindicato de Inspectoras e Inspectores de Traballo e Seguridade Social (SITSS) a súa presidenta, Ana Ercoreca, sinala que "faltan medios, temos 1.050 persoas para todo o Estado español". Denuncias en PSA O día 3 de xullo CIG e CUT denunciaron en varias Administracións, entre elas ante a Inspección de Traballo, que PSA-Citröen mudou este mes, sen consultar coas organizacións sindicais, as medidas de seguridade pola pandemia na súa factoría de Vigo. A empresa, segundo explicaron daquela os sindicatos a Nós Diario, limitou o uso de vestiarios e duchas, polo que o persoal ten que acceder ao recinto con roupa de traballo. Da mesma maneira restrinxiron o acceso aos servizos e ás zonas onde hai máquinas de expedición de alimentos, reducindo os tempos de descanso, polo que non teñen posibilidade de acceder con liberdade nas pausas laborais. Por último denunciaron tamén que se aumentou a velocidade das cadeas, chegando a ritmos anteriores ao estado de alarma e empregando equipos de protección individual (EPI) sen que pasen por unha avaliación de riscos. Diante desta situación pedíronlle á dirección da multinacional explicacións. "A empresa asegurounos que non realizou ningún estudo e o persoal está a traballar todos estes días con máscaras e temperaturas de até 32º", expoñen os sindicatos. A Inspección de Traballo con este decreto poderá agora valorar se son certas estas irregularidades e actuar en consecuencia.
NOS_56502
Baixo o título "O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional", Nós Diario ofréceche a partir desta terza feira un interesante estudo sobre o escudo da Galiza. Este caderno dirixido polo investigador Héitor Picallo poderalo atopar nos quiosques ou na nosa loxa online.
Baixo o título "O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional", Nós Diario ofréceche a partir desta terza feira, 1 de setembro, un interesante estudo sobre o escudo da Galiza. Este caderno, que será publicado por entregas, é dirixido polo investigador Héitor Picallo. A partir de mañá nos quiosques ou na loxa. Nós Diario da a benvida a un novo curso coa estrea dun coleccionábel que se publicará de terzas a sextas feiras e que descubrirá coñecementos da Galiza desde distintas disciplinas e diferentes puntos de vista. A primeira colección que vai estar nas túas mans como lectora ou lector é unha interesantísima viaxe pola historia da heráldica do país. Baixo o título "O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional", o investigador, ilustrador e escritor Héitor Picallo (Cuntis, 1974) vai facer viaxar as mentes ao pasado e tamén a países como Cuba, Arxentina, Austria, Alemaña, Francia, Bélxica ou Dinamarca. Por eses Estados tamén foron as súas pesquisas para achegar unha información moi completa da heráldica a través de 18 entregas. Os capítulos, que comezarán a publicarse mañá, ocuparán as catro páxinas centrais de Nós Diario, polo que cando remate este primeiro coleccionábel terás a oportunidade de encadernalo para calquera consulta futura. Unha ollada ao século XIII De seguro están desexando saber as orixes do escudo da Galiza e, segundo che contará o experto, esas primeiras versións da enseña do Reino de Galiza hai que buscalas a finais do século XIII. No Segar's Roll, unha especie de libro de armería de 1282, xa inclúe 24 escudos reais entre os que se atopan o de Galiza, o de Portugal, o de Navarra ou o de España. Nesa primeira representación coñecida faltan elementos que van aparecer reflexados no caderno. É certo que este símbolo do país non ten unha gran presenza no exterior, pero si dispón de proxección internacional. O curioso é que ao longo da historia atopouse unha diferente representación para o escudo na Galiza e no estranxeiro. Por exemplo, xa no século XVI aparecen incorporadas as armas nestas terras e no resto de Europa fica só. Os motivos relixiosos tampouco formaban parte del, pois as cruces xurdiron nas visións da segunda década do S. XVI. Cara a finais dese século foise asentando unha imaxe concreta. Mais Picallo non só vai falar de heráldica nas súas páxinas, senón tamén de historia. E eses capítulos e retazos do pasado van amosar unha visión máis completa do escudo e da Galiza. O interese do autor a través desta colección é "analizar os escudos galegos desde as primeiras representacións, por volta de 1982, até o século XVIII aproximadamente, desde unha perspectiva internacional". [As persoas subscritoras recibirán o coleccionábel xunto co Nós Diario de terzas a sextas feiras. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes solucionalo ben rápido. Co teu apoio contribuirás a acrecentar un espazo galego socialmente responsábel de información diaria. "O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional" tamén estará dispoñíbel nos quiosques]
NOS_25023
A sucesión de Feixoo condiciona os nomeamentos do Goberno
A sede do Goberno galego en San Caetano acolleu onte o acto oficial de toma de posesión dos novos delegados territoriais da Xunta da Galiza. Unhas responsabilidades que non deixaron de perder peso nos últimos anos e cuxas competencias son simplemente administrativas. Neste sentido, as fontes do Partido Popular consultadas por Nós Diario destacan a escasa capacidade de decisión destes cargos e significan o seu papel "practicamente honorífico". "As decisións tómanse en Compostela e non nas delegacións territoriais", afirman. O propio Alberto Núñez Feixoo insistiu nesta idea no acto de toma de posesión. Así, o presidente galego instou os novos delegados a "ser a cara e os ollos" do Executivo nos seus respectivos territorios e a actuar como "teléfonos de atención ao cidadán", centrando posteriormente a súa intervención nos seus antecesores. Nesta liña, desde o Partido Popular comentan a Nós Diario que "a maioría deles eran persoas con máis perfil político que os actuais" e destacan "o peso no partido de José Manuel Cores Tourís, Corina Porro ou José Manuel Balseiro". Os intereses do presidente da Xunta están determinando a conformación do actual Executivo galego. Se Feixoo introduciu mudanzas no seu Gabinete pensando no proceso de sucesión, o nomeamento dos delegados territoriais respondeu á mesma lóxica. A este respecto, fontes do PP poñen de manifesto en conversa con este medio que a elección tentou compensar aqueles dirixentes da organización que viron frustradas as súas aspiracións no proceso de composición do primeiro nivel do Executivo, resaltando que Feixoo consultou os nomeamentos cos presidentes provinciais. Alfonso Rueda, o gran derrotado co actual Goberno, é compensado, en certa medida, co nomeamento das delegadas territoriais de Vigo e Pontevedra. A primeira delas, Marta Fernández-Tapias, antiga directora xeral da Administración Local, consegue imporse a Teresa Eguerique, a candidata proposta desde o PP vigués. A alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, toma o relevo de Cores Tourís na delegación de Pontevedra, unha responsabilidade á que chega avalada polo aparato do partido na zona, onde actualmente ocupa a secretaría de Organización. Gonzalo Trenor é unha persoa de Diego Calvo, o presidente do PP coruñés e candidato seguro ao relevo de Feixoo. O novo delegado da Xunta na Coruña é un veterano militante do partido, parlamentario na anterior lexislatura e actual secretario xeral da formación na zona. Ao elixido en Ourense, Gabriel Alén, antigo alcalde de Cenlle en substitución do histórico Manuel García Montero, tócalle xestionar nun contexto moi complicado, onde as diverxencias entre o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, e Feixoo gañan forza e o partido enfronta fortes divisións. O novo delegado territorial de Lugo conta con aval de Elena Candia. A presidenta do PP en Lugo que ficou fóra do Executivo e que mantén un enfrontamento aberto con José Manuel Balseiro introduciu a Javier Arias Fouz en 2017 como xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas e Vivenda. Arias Fouz é fillo dun antigo candidato do PP en Lugo e persoa próxima a Francisco Cacharro, Ramón Arias.
NOS_41756
Aumentaron en 115 respecto onte, a maioría deles (74), na área da Coruña.
Xa hai máis de mil casos activos de coronavirus na Galiza: son 1053, o que supón 115 casos activos máis ca onte. A maioría dos novos casos corresponden á área sanitaria da Coruña, 74, que representa 64% do total dos novos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.053. Deles 618 son da área da Coruña (+74), 99 da de Lugo (+6), 73 da de Ourense (+13), 52 da de Pontevedra (+1), 134 da área de Vigo (+16), 42 da de Santiago (-1), e 35 da de Ferrol (+6). Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos. O número de PCR realizadas é de 274.812. No que respecta a casos nas residencias, hai 2, correspondentes a persoas usuarias.
PRAZA_10615
A rexedora coruñesa di asistir "impávida" ás dificultades nas negociacións entre PSOE e Podemos para pactar a investidura de Pedro Sánchez. Recomenda "saír á rúa e escoitar a xente" e advirte de que o electorado non entedería ir a unhas novas eleccións e castigaría a esquerda.
Inés Rey, alcaldesa da Coruña, recibe a Praza.gal no palacio de María Pita, onde recoñece asistir "impávida" ás dificultades nas negociacións entre PSOE e Podemos para pactar a investidura de Pedro Sánchez. Recomenda "saír á rúa e escoitar a xente" e advirte de que o electorado non entedería ir a unhas novas eleccións, onde cre que a dereita sería a gran beneficiada. A primeira muller rexedora nun período democrático na cidade afonda na política estatal, na galega e na local, explica o seu proxecto e deixa claro que é tempo de pactos e acordos entre forzas progresistas. Acaba de aterrar, como quen di, no Concello. Desde fóra, a negociación coa Marea e o BNG pareceu máis tranquila ou doada do que parecía tendo en conta o clima do anterior mandato...Eu pedín expresamente que o ambiente anterior non condicionase este novo mandato. Eu non estaba antes, mudaron os interlocutores e non se pode mirar polo retrovisor permanentemente. As actitudes do último mandato non deberan repetirse, e nese esforzo por empezar un tempo novo, as conversas fluíron dun xeito máis natural e lóxico entre forzas de progreso. Hai algo do que deban aprender os protagonistas nas negociacións pola investidura en España?De nós, moito, penso que si. Asisto impávida ao escenario nacional; paréceme terrible que a semana que vén sexa a investidura e non saibamos se Pedro Sánchez vai ser investido ou non. Non entendo determinadas actitudes e creo que o electorado tampouco as vai entender se imos a unha repetición electoral. O tempo do bipartidismo ou das maiorías absolutas rematou e temos que resituarnos no marco político actual de pluralidade de forzas, onde se nos obriga a ser capaces de chegar a acordos. Na Coruña, o electorado apostou pola pluralidade e a mensaxe que se nos traslada é a da responsabilidade para poñernos de acordo. É máis positivo instalarse nun clima de diálogo e de propiciar os acordos entre forzas de similares características ideolóxicas e de espectro político, como na Coruña. A xente non quere a inestabilidade da trincheira permanente, enrocarse en posicións inamobibles e non ser capaces de chegar a un acordo de investidura... De cooperación,de coalición ou como se lle queira chamar. A min preocúpame e é unha crítica a todos, a todos. "Abonda con saír á rúa e escoitar a xente, porque parece que non a escoitamos; nunhas novas eleccións a dereita sairía beneficiada. É unha irresponsabilidade non chegar a un acordo"A súa cre que é unha opinión estendida?Pénsoo eu e pénsano moitos compañeiros e compañeiras, o que pasa é que eu dígoo publicamente e non teño problema en facelo: o electorado vai castigar a quen non sexa capaz de acadar acordos. Dígoo eu e escóitase na rúa, porque abonda con saír á rúa e ás veces parece que non escoitamos o que se fala entre a cidadanía. Penso que habería moitísima menos participación e iso favorece a dereita que, ademais, vai da man dunha ultradereita que xa quitou a careta e dun Ciudadanos cuxa actuación é inclasificable. Vostede estaría a favor dun goberno de coalición, como se albisca, de PSOE e Podemos?Non é tanto a fórmula que se lle dea, pero o que non me parece de recibo é que haxa quen se enroque en cálculos partidistas ou electorais entorpecendo a gobernabilidade do Estado porque o que fai iso é lastrar a capacidade lexislativa, que non exista unha política industrial ou de sustentabilidade a longo prazo... Temos o Estado paralizado e iso afecta tamén os municipios... Eu non teño interlocutor en Madrid. Quero chamar para falar de infraestruturas, de proxectos importantes para a cidade e, loxicamente, nos ministerios están en funcións e ninguén toma decisións. Ademais, temos uns orzamentos que fixo Montoro e quero lembralo. Se fósemos a varios meses máis ata a formación dun goberno, acumularíamos moito tempo así. Cun país da dimensión de España, creo que é unha irresponsabilidade. "As portas do goberno da Coruña non están pechadas, nin para a Marea Atlántica nin para o BNG"Que lle dixo ou que lle diría a Pedro Sánchez?Non falei con el. Non son quen de dar consellos a ninguén, pero a Pedro Sánchez e a Pablo Iglesias diríalles que, chegados a este punto, creo que un político debe ser capaz de reconducir unha situación deste calibre aínda que pareza que non haxa saída. Aí amósase a verdadeira altura política dos dirixentes e se están á altura da encomenda que teñen. Non descarta un futuro de goberno de coalición na Coruña...Si, díxeno. As portas do goberno non están pechadas e na política municipal non hai nada inmutable. A formación do goberno está pechada pero de cara á metade do mandato pode mudar a situación, non só de cara á Marea, senón tamén cara ao BNG. Dicía que non tiña interlocutores no Goberno central para temas importantes, que hai moitos na cidade...Teño interlocutores, o que non teñen é moita capacidade de decisiónsRefírome, por exemplo, ao futuro do porto unha vez que se confirme o traslado das principais instalacións a punta Lagosteira. Haberá unha solución semellante á que o Goberno central outorgou aos peiraos en Valencia?Creo que debemos buscar esa solución. A realidade xurídica do porto da Coruña non é a de Valencia, pero aínda así temos que apostar pola condonación ou unha forma parecida, mesmo unha condonación parcial. Está enriba da mesa e está falado xa co BNG. En canto o ministro de Fomento estea aos mandos, tratarei de falalo con el, pero xa estamos traballando no tema porque non podemos esperar a Madrid. Hai que facer ese consorcio público, sentar coa Autoridade Portuaria e co resto de administracións implicadas e non podemos estar á espera, senón telo preparado e listo, tamén para abordar a conexión ferroviaria con punta Lagosteira, que é fundamental para o futuro dos terreos portuarios. "Hai que buscar a solución de Valencia para o porto da Coruña: ou a condonación da débeda ou unha condonación parcial"O que parece claro é que houbo unha mudanza na posición da cidadanía respecto do futuro deses terreos.É que mudou todo desde 2004. Pasamos por unha crise moi profunda que fixo que nos cuestionaramos o noso modelo de desenvolvemento urbano. Se un le con detalle os convenios de 2004, tampouco creo que sexa algo esaxerado, pero ás veces instalámonos nese discurso de que construír pisos é facer rañaceos, e non se trata diso. Pero si que hai que darlles unha volta, reformulalos e adaptalos ao 2019, cun diálogo permanente co Goberno central e entre nós. Cre que será fácil chegar a acordos co resto de partidos neste tema?O proxecto ten que ser da cidade, do Concello, da corporación e de todas as forzas, non un proxecto do PSOE ou de Inés Rey. Todos teñen que ter voz e voto na Coruña do futuro porque reducilo a un proxecto de partido ou persoal é un erro. Imos ser capaces de acadar os consensos necesarios, e prefiro que vaia algo máis lento, non demasiado, e con unanimidade que non tirar cara adiante porque si. "A extensión que vai quedar nos terreos portuarios é inmensa e hai unha oportunidade para construír vivenda social e evitar expulsar a xente nova da cidade"En definitiva, vanse construír pisos nesa zona? Serán moitos?A extensión é inmensa e creo que é unha oportunidade para construír vivenda social porque se non a constrúes o prezo das vivendas dispárase e expúlsase da nosa urbe a xente máis nova. A idade media na maioría dos barrios é cada vez maior e temos problemas derivados da xentrificación, así que temos que lograr a maneira de picar a burbulla e iso faise impulsando vivenda social máis asequible para que os prezos no mercado inmobiliario non suban ou mesmo baixen. Pero A Coruña ten un grave problema coa existencia de milleiros de vivendas baleiras...Temos un proxecto respecto dese problema que levamos no programa e que incluímos no acordo co BNG. Cífranse en 17.000 as vivendas baleiras e hai moitísimas que, ademais, non están no mercado de alugueiro por moitos motivos. A través da empresa municipal queremos facer un inventario delas para poñelas en alugueiro a través dunha bolsa municipal, tamén coa axuda da Xunta, e ir movendo o mercado. Mesmo temos proxectos de alugueiros mixtos para introducir xente nova en edificios con xente maior porque a política de vivenda é tamén, e fundamentalmente, política social. Que pensa cando a acusan de ser herdeira do vazquismo?Pois paso. Que vou dicir? Teño 37 anos, levo traballando desde os 24 e non tiven cargo público ningún ata agora. Cando Paco Vázquez marchou do Concello, eu estaba empezando a traballar... Cando alguén non ten nada que dicir de min, porque non teño xestión detrás, acode a este tipo de cualificacións. Se ser vazquista é apostar por unha rede pública de bibliotecas e museos científicos, pola cohesión social... Pois serei vazquista. Pero non vou entrar nese marco discursivo. "Críticas ao modelo urbanístico de Paco Vázquez? Sexamos xustos, o PSOE gobernou 28 anos e outros, 4"Vazquismo tamén foi sinónimo dun modelo urbanístico do que aínda paga as consecuencias a cidade con varias sentenzas en contra importantes...Cal é o tipo de urbanismo? Se en 28 anos queremos facer unha emenda á totalidade, pois moi ben, pero hai que ser xustos. O PSOE gobernou 28 anos, o PP, 4; e a Marea, outros 4... Collamos os catro primeiros anos dun e doutros e comparemos. Refírome ao caso do edificio Conde de Fenosa e a algún outro máis cuxas resolucións xudiciais aínda está a pagar o Concello.O do Conde de Fenosa? Claro, e hai tres ou catro contenciosos máis nunha cidade que se desenvolveu desde 1983 e mudou completamente desde aquela. Comparémola con outras cidades, sexamos xustos. "Teño unha maneira diferente de facer poítica ou de ollar a cidade da que tiñan Vázquez ou Losada, por unha cuestión xeracional; mesmo este PSOE é diferente daquel"Pero aquel modelo urbanístico non é que sexa moi defendido agora...Non se pode comparar o ano 2015 co ano 1992, por exemplo. Nin aquí nin en ningures. A política do ladrillo pertence a unha época que rematou e que non vai volver nin debe volver. O desenvolvemento debe ser diferente porque a burbulla inmobiliaria foi un desastre absoluto. Se alguén me quere botar nas costas aquilo, pois vale. Teño que asumir que pertenzo a un partido que gobernou 28 anos esta cidade e que se me identifica con el, pero non coa xestión coa que non tiven nada que ver. Se tivese, asumiríao, pero teño outra maneira de facer política ou de ollar a cidade diferente á de Losada ou Vázquez por unha cuestión xeracional. Veño doutro ámbito e a cidade tamén é moi diferente... Mesmo o PSOE é diferente. 2019 non ten nada que ver con 1985. Dixo varias veces que non ía mudar as cousas ben feitas que fixera o goberno anterior, entre elas a renda social municipal. Con todo, que cambios ten previstos nela?Os técnicos traballan xa para analizar as deficiencias que tiña, pero é un proxecto positivo e bo. A miña política non é de terra queimada e non veño eliminar todo o que fixeron os anteriores gobernos porque sería un erro. Hai cousas da Marea Atlántica que están ben, que son positivas para a veciñanza... Como tamén as haberá do PP ou as houbo no bipartito anterior. Quen son eu para cargarme algo porque si?"Hai que mudar o concepto de mobilidade e facelo desde xa e non ao final do mandato; debemos apostar polo transporte público, a humanización, a peonalización ou as bicicletas"En canto á mobilidade, o carril bici foi unha clara aposta da Marea Atlántica e o uso de bicicletas é cada vez maior na Coruña, vai afondar nese modelo?Temos previsto mudar o concepto de mobilidade, pero facelo desde xa e non ao final do mandato. Temos unha aposta forte polo transporte público e aí inclúese a humanización e a peonalización, apostar polo plan de Salvador Rueda, reordenar as liñas de bus, pero tamén pensando que A Coruña non é unha aldea gala, un reduto illado na área metropolitana, senón a cabeza dela. Apostamos por crear un consorcio metropolitano de transportes e todo iso debe ir da man da estación intermodal para poder conectármonos internamente entre nós e conectarnos coa área. Por suposto que nesta aposta entra o fomento da bicicleta, tamén da bicis eléctricas, do carril bus, das vías mixtas e da idea de calmar o tráfico en determinadas zonas. Coa Compañía de Tranvías hai conflitos xudiciais por resolver...E hai varios, non só un. En total, cinco. Acábase de coñecer que a esa empresa tivo máis de catro millóns de beneficios o ano pasado, unhas cifras que son habituais ou mesmo maiores. Que lle parece que unha compañía que ofrece un servizo público tan importante teña esa conta de resultados?O meu papel non é opinar sobre os beneficios, senón sobre o servizo, se está ben, se as tarifas son axeitadas, se cobre o que ten que cubrir, se é eficaz e sustentable... Con todo, imos mellorar o bus urbano e a reordenar as liñas, a frota ten que tender a ter vehículos eléctricos ou híbridos e menos contaminantes, o importe debe ser o axeitado e debe fomentarse o uso. A partir de aí, temos que cooperar e lograr que se cumpra co esixible, pero non me podo meter en se gaña máis ou menos. Non criminalizo a quen gaña cartos, esixo que o que se preste se faga nas condicións óptimas para a cidade.Semella evidente que A Coruña precisa reducir a presenza de coches e que ten un problema...Na cidade entran diariamente 123.000 coches privados. É algo insostible para calquera cidade, máis aínda para A Coruña. "Hai zonas da Coruña onde a dobre fila é un mal endémico; nalgunha xente non hai sensibilidade e fai falta concienciala con campañas que non duren só tres meses"Non cre que falta concienciación, educación ou pedagoxía ante algúns comportamentos co coche na Coruña como o uso sistemático da dobre fila?É así. Xa falei coa policía local dese tema porque hai determinadas zonas onde a dobre fila é un mal endémico que amosa, ademais, unha insolidariedade brutal. Xa non é a dobre fila, é que hai xente que aparca en zonas para xente con mobilidade reducida, en paradas de bus, en zonas de carga e descarga... Non hai sensibilidade en moitos sectores da poboación. Se cadra a xente máis nova ten outra idea de mobilidade distinta, pero hai xente afeita a usar o vehículo para todo e iso hai que mudalo. Para logralo, fai falta concienciar a xente, claro que si. Pero como se fai logo de tantos anos de permisividade?Pouco a pouco e non drasticamente, pero sen pausar. Hai que iniciar un proceso que sexa de non retorno. Lembremos que, hai anos, os comerciantes da rúa Barcelona rebeláronse contra a peonalización e agora non hai ninguén que queira que volvan coches. Se te afás a unha cidade máis amable, non queres volver atrás. Inclúe esa idea campañas de sensibilización como as que axudaron a reducir a cantidade de lixo no San Xoán?Absolutamente. Ti podes ter levar a cabo unha xestión magnífica que, de non ser capaz de transmitila á sociedade, será imposible asentala. Pasou co da reciclaxe de residuos cando o Concello repartía os caldeiros do lixo e explicaba como separalo. Ao principio houbo algo de rexeitamento, pero as campañas conseguiron que agora sexa algo normal e habitual na cidadanía. Hai que concienciar a xente con campañas que non duren só tres meses. O Pazo de Meirás parece cada vez máis preto de ser recuperado para a cidadanía, vai adiante o Concello con iniciativas semellantes para recuperar a Casa Cornide?Vai cara adiante, claro que si. Temos unha concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica porque quería remarcar esa aposta pola aplicación da Lei da Memoria Histórica na cidade, onde temos moito labor que facer nese ámbito. Evidentemente, non teño a chave da Casa Cornide para entrar alí e devolverlla ao pobo, pero impulsaremos as medidas necesarias para recuperala.Agarda unha solución axiña polo conflito en Albada?Espéroo. Temos pedida unha reunión urxente coa Xunta e con Sogama para tratar de buscar unha solución para os refugallos. Así como en 2015 se permitiu almacenalos en Nostián, agora a Xunta non o permite. O que non me parece axeitado é que a Xunta se instale nun discurso de ameaza permanente, que se sancións, que se delitos medioambientais... En lugar de sentar co Concello para atopar unha solución. Non creo que sexa a actitude máis produtiva. Cre que hai algo de estratexia política?Cadaquén que o xulgue, o que si vexo é unha actitude de moi pouco respecto institucional, de moi pouco interese na procura das solucións. Quen se instale nunha actuación partidista porque hai eleccións autonómicas axiña, está equivocado. Aí hai un conflito por resolver sobre quen debe trasladar eses refugallos...No prego non aparece especificado que Albada teña a obriga legal de trasladar eses refugallos a Sogama ou de asumir o custo dese traslado. Esa é unha das cousas que temos que falar para ver canto vai custar iso ao Concello."Sabía que a suba dos salarios ía ser impopular porque outros fixeron que o fose; sempre considerei un erro a baixada do anterior mandato porque é a antipolítica"Nada máis chegar á alcaldía, afrontou a polémica pola suba do seu salario, agardábao?Sempre dixen que consideraba que a baixada de salarios que se practicou foi un erro porque é a antipolítica. Xente que viña mudalo todo e a facer política pero que non se consideraban políticos, o cal era contraditorio. Claro que é vendible baixar o salario ou mesmo traballar sen cobrar, pero iso non pode ser e a política ten que ser dignificada. Evidentemente, o pleno de organización é o primerio que se fai porque así o marca a lei. Pero hai quen poida dicir que a suba é excesiva.Coido que o meu salario é case igual ou mesmo menor ao do alcalde en 2011. Quen baixou drasticamente o salario foi o anterior goberno, pero houbo quen dicía logo que se pasaran de freada. Medidas coma esa pechan as portas a moita xente porque reservas o cargo a quen, polo seu patrimonio persoal, pode permitirse dedicarse practicamente catro anos de balde a este labor, ademais de pechar a porta a grandes profesionais aos que non lles compensa a retribución. Non é tanto canto che custa a alcaldesa, senón que aforras máis cunha xestión eficiente e eficaz dos recursos públicos, máis que con xente sen experiencia nin traxectoria. O barato pode saír caro. "A concepción da Coruña como aldea gala irredutible está superada; sempre foi unha cidade moi plural, aberta e acolledora, hoxe, hai 30 anos e hai 60"Sabía que ía ser unha medida impopular?Sabíao, porque outros fixeron que fose impopular. Pero teño unha responsabilidade e exposición pública que é impagable. Traballo sete días á semana e 24 horas, e non teño vida privada xa. Os concelleiros con responsabilidades importantes teñen que cobrar de acordo ao que fan, igual que a oposición, que ten moito que achegar. Ademais, lembremos, a proposta de retribucións saíu aprobada por unanimidade. O anterior alcalde, Xulio Ferreiro, dicía que a chegada da Marea Atlántica ao goberno supuña tamén rachar con vellos tópicos sobre A Coruña, sinalada como unha cidade pechada ou pouco galega cando a realidade era a contraria. Sendo dunha xeración achegada, pensa o mesmo?Esa concepción de aldea gala irredutible está superada. A Coruña sempre foi unha cidade moi plural, aberta e acolledora, hoxe, hai 30 anos e hai 60, como cidade aberta ao mar que é. É lóxico que a chegada de xente máis nova mude algunhas cousas, pero nese pluralismo e diversidade da Coruña, tamén hai que recuperar o orgullo de cidade que tiñamos. Instalarmos no pesimismo urbano non é positivo.
NOS_10148
Os axentes identificaron @s militantes que acudiron a un Congreso onde participaba a conselleira de Traballo para protestar polas taxas de paro que atinxen a mocidade e a falta de políticas activas de emprego da Xunta de Galiza. A Garda Civil e a policía española acúsaos de "alteración da orde pública" nun "acto oficial".
Perto dunha vintena de militantes de Galiza Nova foron retid@s por axentes da policía española e a Garda Civil no interior do Palexco da Coruña. A organización xuvenil do BNG desenvolveu esta quinta feira un protesto no interior do Pazo coincidindo cun acto da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, á que apuparon polas elevadas taxas de desemprego que atinxen á mocidade galega. O secretario xeral de Galiza Nova e unha membro da Dirección Nacional ademais de seren denunciad@s foron apercibid@s por preguntar por que se lles identificaba Após seren expuls@s do salón en que tivo lugar a comparecencia de Mato por varias parellas da Garda Civil, @s moz@s foron retid@s e identificados acusad@s de "alterar a orde pública" nun "acto oficial". Até o lugar, ademais, desprazáronse varias furgonetas da Policía Nacional e vehículos da Garda Civil, nun operativo que non deixa de ser sorprendente para unha protesta pacífica. Zarandead@s e empurrad@s En conversa con Sermos Galiza, o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, asegurou que a militancia fora "zarandeada e empurrada" ao tempo que se lles negou a posibilidade de abandonar o Palexco. Con posterioridade varios axentes da Garda Civil e da policía española exixiron @s moz@s a súa identificación e informáron@s de que serán denunciad@s. Aliás, explicou Mera, "eu e máis unha compañeira da Comisión Permanente fomos apercibidos por", asegurou a Garda Civil, manter "unha actitude pouco colaboradora" e "non portar o documento de identidade".
NOS_32732
Dramaturgo e actor mais tamén músico, fotógrafo ou con experiencia en cine, Fernando Epelde é o gañador do premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Con Stret Art Symphony, Fernando Epelde convertiuse en gañador da nova edición do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Non é a primeira vez que o nome do ourensán aparece no programa da MIT xa que como actor formou parte do elenco de A Tempestade, a coprodución coa compañía Voadora baseada na obra de Shakespeare no 450 aniversario do seu nacemento. Un xurado composto pola directora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Cristina Domínguez, o actor ourensán Toni Salgado e o escritor e crítico Camilo Franco e o director da MIT, Roberto Pascual por unanimidade optaron pola obra de Epelde para concederlle o galardón de Ribadavia por tratar, segundo fixeron constar, dunha historia arredor de situacións conflitivas da nosa contemporaneidade como o illamento ou os desencontros xeracionais. As novas formas de relación entre as persoas e a transformación de personaxes son tamén outros dos valores destacados polo xurado do Abrente. Destacan tamén as "novas posibilidades dramatúrxicas" do texto de Epelde, un actor e autor que gañou, entre outros, o Premio da SGAE en 2012 con La Playa de Madrid ou o Marqués de Bradomín por Om. A MIT pecha a súa trinta edición coa presentación de dous filmes que teñen o teatro como motivo, o dirixido por Alfonso Zarauza sobre o documental sobre as Ultranoites da Nasa e "O que hai que facer para non ir ao mar", a memoria do teatro profesional a través da historia de Tuto Vázquez e a actriz María José Mosteiro nun filme dirixido polo seu fillo Iago Vázquez.
PRAZA_7414
O Goberno galego asinou dous convenios de pouco máis dun mes de duración para "dar a coñecer" Compostela aos habitantes da cidade a través de espazos mercados na prensa
Contarlles o que é Santiago ás persoas que viven en Santiago. Esta é, cando menos sobre o papel, a intención de dous convenios subscritos o pasado novembro pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta con outros tantos xornais que tiveron un impacto global nas arcas públicas de 205.000 euros. Con esa cantidade o Goberno galego mercou espazos nos diarios impresos máis lidos na capital de Galicia durante algo máis dun mes, período no que, en virtude do acordo, presentaron como noticias informacións que, realmente, procedían do propio Executivo. Os dous convenios teñen o mesmo título xenérico, "difusión informativa das potencialidades de Santiago de Compostela" e foron asinados o mesmo día, o 8 de novembro. O de maior contía beneficia a La Voz de Galicia, S.A. e tivo un importe de 110.000 euros. Como contrapartida, a editora do xornal homónimo comprometeuse a "dar a coñecer aos cidadáns de Santigo de Compostela e comarca as potencialidades da cidade nos distintos ámbitos económico, social, cultural, turístico e institucional". "O obxectivo final é que os santiagueses teñan unha imaxe clara do que Santiago de Compostela representa na actualidade e as súas posibilidades no futuro", abonda o texto do convenio, que se estendeu ata o 29 de decembro. "O obxectivo final é que os santiagueses teñan unha imaxe clara do que Santiago de Compostela representa", di un dos convenios O departamento de Medios, con dependencia directa da Presidencia da Xunta, outorgoulle o segundo convenio a Editorial Compostela, SA, para ocupar espazos informativos no xornal El Correo Gallego por 95.000 euros. Neste caso, os cartos foron a cambio de "colaborar na difusión da información relativa á imaxe de Santiago de Compostela e comarca nos distintos ámbitos de actuación da Xunta de Galicia", a saber: "o Camiño de Santiago, a Cidade da Cultura, a capitalidade de Galicia, a cidade administrativa, as actuacións en I+D+i, especialmente mediante a colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, o tecido tecnolóxico e a competitividade, a cidade como destino turístico final e a súa proxección internacional". O diario, que centra a súa actividade en Compostela, asumiu tamén o compromiso de publicar "calquera outra información que poida difundir a imaxe moderna da cidade". Estas achegas prodúcense despois de que, como informou Praza Pública, o mesmo departamento autonómico repartise 800.000 euros entre diversas empresas editoras de diarios impresos en apenas catro meses, tamén a través da figura dos convenios. Como aconteceu durante a pasada lexislatura e tamén durante a xestión de gobernos anteriores, o gabinete de Feijóo emprega recorrentemente a figura do convenio para financiar os medios de comunicación, reservando un papel secundario para as axudas en réxime de concorrencia pública. Estas prácticas xa foron censuradas polo Consello de Contas e o PP comprometeuse a regular por lei o réxime de subvencións á prensa, algo que polo momento non se produciu.
NOS_42955
Critica o actual modelo e pide paralizar e revisar os parques en trámite.
O Consello da Cultura Galega (CCG) valora "positivamente" a implantación da enerxía renovábel para a Galiza, porén "a maneira en que se está a desenvolver resulta negativa para ámbitos da nosa sociedade tan sobranceiros como a cultura e mesmo a economía, xa que afecta as paisaxes, o medio e o patrimonio". É a reflexión que achega o informe elaborado por este organismo estatutario tras as solicitudes presentadas nos últimos dous anos por varios colectivos, diferentes administracións e outras entidades. Entre as medidas recollidas no estudo está a de "solicitar unha moratoria na autorización dos parques para poder revisar o Plan sectorial eólico da Galiza e o seu sometemento á avaliación ambiental estratéxica". O informe foi elaborado no marco das competencias do CCG como ente consultivo por unha comisión técnica de seis expertos. Coordinouna Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga e profesora na Facultade de Historia da USC. O resto de integrantes foron o xurista Carlos Amoedo Souto, o arqueólogo David Barreiro Martínez, a arquitecta Teresa Nieto Freire, o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, o economista Xavier Simón e o arqueólogo Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez. Blanco-Rotea, responsábel da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, foi a encargada de presentar esta terza feira o informe en conferencia de prensa, acompañada pola presidenta da entidade, Rosario Álvarez. Alí apuntouse que o CCG está disposto a "debater" e a "colaborar" para "conciliar o interese da enerxías renovábeis e a salvagarda do patrimonio cultural". Na Galiza existen 176 parques eólicos, situados en 121 concellos. Malia non existir un rexistro público oficial, estímase que na actualidade está en trámite a concesión de 275 parques máis, chegando aos 189 municipios: máis de 60% dos 313 do país. O impacto no patrimonio, na paisaxe e no día a día da veciñanza de moitas aldeas suscitou un debate social que levou á actuación do CCG. Enerxía eólica e paisaxes culturais na Galiza ─ese é o título do informe─ avoga pola moratoria na instalación de novos parques até que a Xunta revise e "corrixa os defectos" do seu plan sectorial, que data do ano 1997 e foi revisado en 2002. Aínda que a Administración anunciou a paralización até xullo de 2023 da recepción de novas solicitudes, o estudo defende parar tamén a tramitación desas 275 que están en trámite. Exigua Rede Natura Considera ademais que a instalación dos parques eólicos supera a capacidade de carga do sistema natural, "que racha coa imaxe da paisaxe tradicional e coa memoria colectiva dos seus habitantes". Por esta razón avoga por salvagardar os lugares que teñen valor pola súa riqueza natural, cultural, paisaxística, etnográfica ou histórica. Tamén salienta a necesidade de ampliar e definir con precisión o espazo relativo á Rede Natura. Só 12% do territorio galego está recoñecido como parte desta rede, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa en 27% do territorio. A súa ampliación leva anos paralizada pola Xunta, incumprindo o mandato do Parlamento galego de xuño de 2017 e as demandas da Comisión Europea.
NOS_48386
A lider do BNG lémbralle, ao recente investido presidente, que os problemas da Galiza diante da realidade da Covid-19 exixen cambios estruturais, pois "non sairá adiante con rutina".
A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) pediulle ao recente investido presidente Feixoo, "altura de miras" neste cuarto mandato e que os 42 deputados e deputadas dos que vai dispor o Partido Popular no Parlamento "non lle impidan ver os problemas das galegas e os galegos" para poder acadar "grandes acordos de país". A líder nacionalista, que participou no acto de investidura celebrado esta mañá no Pazo do Hórreo, afirma que esta será unha lexislatura "moi difícil e moi dura" que vai a obrigar a chegar a "acordos de país" diante dunha situación "crítica" marcada pola Covid-19. "A pandemia segue entre nós e atácanos no ámbito sanitario e no económico, recalca Pontón, e advírtelle ao presidente que Galiza "non sairá adiante con rutina", senón que é preciso por en marcha "cambios estruturais" e "aprender as leccións" que deixa esta crise. Ana Pontón, centrouse no seu labor e no do BNG para prometer que liderará a oposición na Cámara "de maneira construtiva e pondo por diante os problemas" da cidadanía.
NOS_58542
Foi en 1954 e a resultas do ataque armado 5 congresistas resultaron feridos. Os 4 independentistas que protagonizaron a acción pasaron 25 anos en prisión.
O primeiro de marzo de 1954 os independentistas portorriqueños Lolita Lebrón, Rafael Cancel Miranda, Irvin Flores e Andrés Figueroa entraron armados na sala do Capitolio de Estados Unidos, en Washington DC. Un asalto no que houbo unha trintena de disparos e cinco congresistas foron feridos. Os 4 independentistas foron arrestados e pasaron 25 anos en prisión. O propósito da súa acción era chamar a atención do mundo sobre a "situación colonial de Porto Rico e a represión do goberno de Estados Unidos contra o movemento independentista da illa caribeña". "Non vin matar a ninguén, vin morrer por Porto Rico!", berrou Lolita Lebrón no momento en que foi arrestada por disparar no Capitolio. Minutos antes, cando Lolita e outros tres independentistas chegaron á galería das visitas da Cámara, ela incorporouse e clamou: "Viva Porto Rico libre!", e sacou a bandeira do seu país. Logo abriron fogo utilizando armas automáticas. Unha historia que explicou en diversos artigos Carmelo Ruiz Marrero, xornalista e autor portorriqueño. "O ataque en Washington en 1954 ocorreu nun período de reformas ao sistema político de Porto Rico, que supostamente ían poñer fin o país nocamiño da democracia formal e a autodeterminación. Estas reformas tiñan o propósito de tranquilizar ao Comité de Descolonización de Nacións Unidas, o cal estaba a facer cuestionamientos sobre o caso de Porto Rico que incomodaban a Estados Unidos. Durante este período entre as décadas dos 40 e 50, aos portorriqueños permitíusenos por primeira vez elixir o noso gobernador e tamén se aprobou unha constitución mediante referendo. O ataque de 1954 non foi a primeira vez que en Washington DC se oían os disparos pola independencia de Porto Rico. O primeiro de novembro de 1950 dous independentistas tentaron matar o presidente Harry Truman. Un dos atacantes, Griselio Torresola, morreu no acto. O outro, Óscar Collazo, foi ferido e pasou 29 anos en prisión. Nesa década centos de independentistas foron encarcerados. Na década dos 70 suxeríuselle aos cinco nacionalistas presos en EEUU polas súas accións en Washington que pedisen un perdón presidencial. Eles rexeitáronse e dixeron que só aceptarían unha liberdade incondicional. En 1979 o presidente Jimmy Carter liberou os cinco sen condicións. Ao regresar a Porto Rico foron recibidos como heroes nacionais pola poboación que apoia a independencia".
NOS_42670
O peche de fronteiras decretado polo Goberno italiano esta semana colleu co pé cambiado o estudantado desprazado cunha bolsa Erasmus e es viaxeiras que decidiron continuar cos seus plans de ocio no país mediterráneo. As ganas de volver de quen se sentiu atrapado nas últimas horas chocou de fronte coa falta de solucións oficiais e alternativas para abandonar Italia.
Máis de 24 horas tardou Iolanda Alonso, traballadora do Concello de Vigo, en dar cunha vía para saír de Italia. Ao peche desta edición aínda non a fixo efectiva, mais confía en chegar a Barcelona ao longo desta xornada nun ferry que tiña previsto saír de Roma pouco antes da media noite. "Intento manter a calma polo meu fillo" recoñece a Nós Diario, "mais foron dous días difíciles, de xestións e busca de información". Iolanda viaxou o domingo a Italia por lecer a canda seus pais e o seu fillo. Tiñan billete de volta para o sábado, mais o illamento decretado por Giuseppe Conte, alentouna a adiantar a súa marcha. Quixo facelo en avión cando o Goberno prohibiu os voos procedentes de Italia. Foi o seu primeiro intento frustrado. "Despois tenteino vía Portugal, pero tamén eliminaron esa opción, así que probaremos a saír en ferry, porque non quero coller un coche e quedar atrapada no norte de Italia". Farano cunha declaración de responsabilidade que o persoal diplomático lles facilitou. "Foi a única axuda, ademais de dirixirnos a unha axencia de viaxes próxima para que cadaquén buscara unha solución pola súa conta". Erasmus Unha deriva "vergonzosa" para Javier Mariñas, estudante de Historia en Roma. Os acontecementos dos últimos días animárono a avaliar un posíbel regreso á Coruña. "Eu non tiña pensado marchar, pero a prórroga da suspensión das clases acelerou o alarmismo e a histeria", asegura a este xornal. "Non sabía como xestionar esta situación e por iso decidín achegarme ao Consulado". Con todo, ao ver que non ofrece ningunha saída coordinada, Javier opta por permanecer en Italia na compaña doutros colegas. "Meus pais están tranquilos, confían no meu criterio. Teño casa e amigos, e tampouco estou disposto pagar prezos esaxerados por un billete de saída".
NOS_48665
Os debates realizados no Pazo de Congresos "non tiveron perdedores e si un claro gañador, a cidadanía galega", enfatiza un Luís Villares que sobreviviu politicamente ao desafío que lle formularon os segmentos críticos, aos que se sumou Beiras -quen, a diferenza dos ausentes Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, si estivo no plenario.
Luís Villares -nunha comparecencia ao termo do plenario- puxo en destaque a aprobación por parte da asemblea dun documento que define En Marea "como alternativa política das maiorías sociais" e sobranceou a incorporación de moitas emendas ao relatorio oficial. Para o portavoz, que consegue selo único após derrotar a emenda dos críticos a prol dunha voceiría colexiada e rotatoria, o plenario foi "unha demostración de forza democrática e de capacidade de debate". Ás avesas dos partidos convencionais, razoou Villares, "nós entendemos que non ten que ser A ou B, que ten que ser A+B porque a suma de ambas ten que dar no alfabeto completo". En Marea sobranceou tamén que neste plenario se converteu na primeira forza política en retransmitir os seus debates íntegros en streaming, através dunha ligazón de Youtube en que se pode voltar a visualizar o desenvolvemento da asemblea. Críticas de Anova Por súa parte, Anova Irmandade Nacionalista emitiu tamén un comunicado en que mantén a súa visión crítica da evolución da confluencia e, após parabenizar as persoas que tomaron parte no plenario, chamou a "todos os espazos que, desde a orixe, estiveron implicados na construción da Unidade Popular a un proceso de autocrítica e compromiso para reverter a situación actual e fortalecer e dar azos e continuidade á ferramenta de ruptura que ten que volver ser En Marea". Critica Anova que a emenda á totalidade de Recuperar en Marea fose tramitada no plenario "como unha simple emenda máis". "O debate político non é unha cuestión de orde nin a introdución dun papeliño nunha caixa", argumenta a formación liderada por Antón Sánchez. Anova aludiu tambén á baixa participación no conclave (en que brillaron pola súa ausencia algúns dos seus referentes, entre eles Martiño Noriega). "Miramos, iso si, con inquedanza a diferenza entre as previsións e a participación final, o que nos suscita a reflexión de que debemos seguir traballando para conseguir o compromiso activo da maioría social da que somos parte", afirma.
NOS_5321
Nova exhibición do respaldo popular ao proxecto do BNG en Pontevedra. Por volta de 2.000 persoas tomaron parte esta sexta feira nunha cea multitudinaria no Recinto Ferial, a pistolada de saída dunha precampaña que comeza con surpresa: o debut de Miguel Anxo Fernández Lores -imbatido alcalde desde 1999- como vocalista.
"Imos cara adiante" foi o lema co que o BNG de Pontevedra realizou a súa xa tradicional cea no Recinto Ferial, un acto termómetro do respaldo cidadán a un proxecto que goberna este concello desde 1999, con amplo recoñecimento nacional e até internacional (a boa vila é coleccionista de premios e distincións por distintas iniciativas de humanización da urbe). A cea tivo o seu momento mítin, con intervencións da concelleira Anabel Gulías, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Gulías falou do grupo de goberno como unha equipa "cohesionada, honesta e comprometida", Pontón dixo ver Lores "máis en forma do que nunca" e o candidato á reelección afirmou que o proxecto Pontevedra trascende o propio BNG e xa pertence "a todas aquelas persoas que lle queren a Pontevedra, que queren un futuro mellor e están dispostas a deixar de lado prexuízos e ataduras e sumar forzas para avanzar". Pontevedra como proxecto e tamén como modelo, "referente positivo" non só a escala nacional, senón tamén internacional. "Nunca na historia viuse na cidade o actual volume de investimentos, tanto municipal como de outra administracións", dixo Lores. Toda cea que se precie debe gardar algún prato surpresa. Desa volta foi a estrea de Lores como vocalista no vídeo de lanzamento da precampaña do BNG, unha gravación en que o líder nacionalista se mide musicalmente con Mariña, a vocalista da banda Furious Monkey House, Cora Sayers ou Xaquín Moreda, integrante de Maravallada.
NOS_49256
Paxlovid é o novo fármaco antiviral de administración oral que comercializa Pfizer para mitigar os síntomas da Covid-19.
O Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP) da Axencia Europea do Medicamento (EMA) recomendou esta quinta feira a concesión dunha autorización de comercialización condicional para o medicamento antiviral oral Paxlovid, da compañía farmacéutica Pfizer, para o tratamento da Covid-19. Segundo informou o organismo regulador europeo nun comunicado, o comité avalou Paxlovid para o tratamento da Covid-19 en persoas adultas que non requiren osíxeno suplementario e que teñen un maior risco de que a enfermidade se agrave. Para chegar a esta conclusión, o CHMP avaliou os datos dun estudo no que participaron pacientes con Covid-19 e que mostraba que o tratamento con Paxlovid reducía significativamente as hospitalizacións ou os falecementos en pacientes que tiñan cando menos unha enfermidade subxacente que os puña en risco de padeceren Covid-19 grave. A análise realizouse en pacientes que recibiron Paxlovid ou placebo nos cinco días seguintes ao comezo dos síntomas e que non recibiron, nin se esperaba que recibisen, tratamento con anticorpos. Durante o mes seguinte ao tratamento, 0,8% —8 de 1.039— dos pacientes que recibiron este fármaco oral foron hospitalizados durante máis de 24 horas, en comparanza con 6,3% —66 de 1.046— dos que recibiron placebo. Non houbo ningunha morte no grupo de Paxlovid, mais si se rexistraron nove no grupo de placebo. É dicir, os datos mostraron que o antiviral reduciu o risco de hospitalización ou morte en 89% —nos tres días seguintes ao comezo dos síntomas— e en 88% nos cinco días seguintes ao comezo dos síntomas— en comparanza co placebo. A maioría dos pacientes do estudo estaban infectados co variante Delta. Segundo os estudos de laboratorio, espérase que Paxlovid tamén sexa activo contra a variante Ómicron e outras futuras. O perfil de seguridade de Paxlovid foi favorábel e os efectos secundarios foron "xeralmente leves". Con todo, a EMA lembra que "se sabe que o ritonavir afecta á acción de moitos outros medicamentos", polo que se incluíron advertencias e consellos na información do produto. Enviarase unha carta ás organizacións de profesionais sanitarios pertinentes para lembrarlles o problema. Sexa como for, o CHMP concluíu que os beneficios do medicamento "son maiores que os seus riscos para o uso aprobado" e agora enviará as súas recomendacións á Comisión Europea para que tome unha decisión sobre a súa aprobación en todos os Estados membros da UE. De que está composto? Paxlovid é o primeiro medicamento antiviral de administración oral recomendado na Unión Europea para o tratamento da Covid-19. Contén dúas substancias activas, PF-07321332 e ritonavir, en dous comprimidos diferentes. O PF-07321332 actúa reducindo a capacidade do SARS-CoV-2 de multiplicarse no organismo, mentres que o ritonavir prolonga a acción do PF-07321332, o que lle permite ficar máis tempo no organismo a niveis que afectan a multiplicación do virus.
NOS_46200
A maxistrada do Xulgado do Social 6 de Vigo aprazou o xuízo contra o ERTE aplicado na planta de Stellantis. Un atraso da representación sindical por outro xuízo contra a multinacional impediu a súa realización. Desde a CIG censuran a negativa da empresa a pospoñer a sesión pola importancia do que foi aprazado.
O xuízo previsto para onte no Xulgado do Social 6 de Vigo contra o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) aplicado na planta de Stellantis (antiga PSA Citröen) para afrontar a falta de aprovisionamentos foi aprazado por un atraso de representantes do sindicato demandante, a CUT. O secretario da sección sindical desta central na fábrica, Víctor Mariño, explicou que esta vista estaba prevista ás 12 horas, mais un atraso da representación da central por outro xuízo, tamén contra Stellantis, que a multinacional non quixo suspender, impediu que chegaran a tempo. O líder sindical criticou que Stellantis non quixera suspender a realización da sesión anterior, o que provocou que a maxistrada optara polo seu aprazamento sen data fixa para a súa realización. Desde a CIG rexeitaron tamén que a empresa non accedese a aprazar o xuízo no que demandaban sobre a situación do persoal que levan "até 30 anos sen ascender de categoría". Nun comunicado sinalan que malia que era importante "estabamos dispostos a pospoñer para que se fixera xustiza coas e cos traballadores a tempo parcial discriminados por este ERTE 2021" Protesta diante dos xulgados Traballadoras e traballadores concentráronse diante dos xulgados hoxe mesmo para denunciar a "precariedade" que, ao seu xuízo, provoca a aplicación do ERTE na planta e exixir a súa retirada. O pasado mes de marzo, a factoría viguesa aprobara, co apoio dos sindicatos SIT-FSI, UXT e CCOO, un ERTE por causas organizativas e de produción, no marco do "problema conxuntural" da falta de pezas que afecta á industria de automoción. As xornadas, daquela, poderíanse estabelecer entre o 5 de abril e o final de decembro cun máximo de 60 días laborais para cada operaria ou operario con contrato a tempo completo. Preguntado polos medios, o delegado sindical de CUT na planta, Pablo Martínez, considerou "pouco ético" que se aplicara un expediente de regulación de emprego por parte dunha empresa que "declarou 6.000 millóns de beneficios neste segundo semestre" e que "este ano repartiu 1.000 millóns de euros entre os seu accionariado". Neste sentido, criticou que o grupo automobilístico "cargue ás arcas públicas cunha crise provocada pola súa avaricia", mentres o seu persoal perciben "salarios miserábeis". Ademais, denunciou a "precariedade" que causa o que se atopa en vigor, que "só protexe á empresa" e "deixa fóra á metade do persoal". Alén diso, denunciou o "abuso" da dirección ao notificar só con 24 horas de antelación as paradas, "cando a lei di 5 días".
NOS_29761
A mostra da Fundación Luís Seoane Modernidades diverxentes. Seoane, Ver y Estimar céntrase na relación de Luís Seoane coa revista Ver y estimar e co seu director, o crítico Jorge Romero Brest, no Bos Aires de finais da década dos corenta e primeiros cincuenta.
A mostra da Fundación Luís Seoane Modernidades diverxentes. Seoane, Ver y Estimar é froito dun rigoroso traballo de investigación do comisario Pablo García Martínez, que se centra na relación de Luís Seoane coa revista Ver y estimar e co seu director, o crítico Jorge Romero Brest, no Bos Aires de finais da década dos corenta e primeiros cincuenta. A revista Ver y estimar (1948- 1955) respondía a unha sensibilidade nova no contexto porteño e internacional, ligada á situación da posguerra. O seu director, que procedía como Seoane do antifascismo cultural hexemónico nos anos anteriores ao final da Segunda Guerra Mundial, vai defender desde esta nova publicación unha modernidade cosmopolita que apoia a abstracción, asociada no seu discurso a valores de universalidade; co ollar posto no Nova York do expresionismo abstracto e confrontada co nacionalismo peronista. Modernidades diverxentes. Seoane, Ver y Estimar / Comisariada por Pablo García Martínez / Fundación Luís Seoane / A Coruña / Até 4 abril de 2021 A publicación, que dedica unha importante atención ás exposicións de Seoane desa altura e ao seu inicial muralismo, a pesar de apreciar os valores da súa plástica, non deixa de percibir nel un pouso romántico que estaría ligado á súa fidelidade figurativa e á ligazón temática coa memoria cultural galega, aspectos que son valorados criticamente. Cómpre lembrarmos que estes son os anos en que Seoane vai avanzar máis decididamente na construción do seu estilo pictórico, sen renunciar a un contido figurativo de raíz humanística -o máis cuestionado nas críticas de Ver y estimar- e de compromiso político. Como as obras presentes na mostra amosan, este proxecto discursivo e plástico tamén o fai Seoane desde a estreita ligazón co universal, aínda que de maneira "diverxente", a respecto dos modelos do abstraccionismo porteños. Nel a influencia das vangardas históricas é fundamental, aspecto que resalta de forma particular na obra destes anos. Nos seus óleos asistimos á evolución do seu estilo cara a un maior sintetismo, con figuras hieráticas que se reducen a esquemas figurativos, de contido simbólico e con formas organizadas en planos con cores contrapostas, de enorme poder de suxestión. Aspectos que son tamén manifestos nas súas paisaxes e nas naturezas mortas, obras máis valoradas polas críticas da revista Ver y estimar polo proceso depurativo ao que o pintor somete o seu estilo, que na natureza morta adopta unha sintética claridade formal e que propende cara a un cromatismo tamén estrito e simplificado que potencialmente podería levar á abstracción.
NOS_22615
O xuíz instrutor inicia unha investigación ao entender que existen indicios de infracción na actuación policial.
O xuíz instrutor que encabeza o proceso xudicial polo despexo dunha familia de Aríns (Compostela) decidiu o 6 de febreiro iniciar dilixencias previas contra, isto é investigar, a actuación policial desenvolvida por 5 axentes da policía española no desafiuzamento de Carlos e María o 19 de setembro de 2014. Así o decidiu após a denuncia presentada polo veciño de Compostela e activista de Stop-Despexos, Brais González, quen actuaba como mediador no conflito mais que foi detido e acusado xunto con outras 3 persoas dun suposto delito de desobediencia á autoridade e resistencia. Aliás, outras dúas persoas foron multadas e outras terían recibido nas últimas semanas sancións administrativas, segundo explican fontes de Stop-Desafiuzamentos Compostela. Na denuncia presentada por González asegura que "nada do relatado [no atestado policial] se axusta á realidade" e para o demostrar achega como probas dous vídeos gravados naquela xornada polos programas Correo TV e España Directo [minuto 53:10]. O activista sinala que non tería "rebasado o cordón policial" en ningún momento --como asegura a policía-- permanecendo entre este e a finca familiar. Un emprazamento acordado --en calidade de mediador-- co mando policial ao cargo do operativo. "Son os axentes os que se abalanzan sobre o denunciante sin motivo algún, primeiro un axente e despois catro máis, sin facer máis indicacións que a de: "estáte quieto" cando xa o estaba e sin que sirva de nada dicirllo", apunta a denuncia. "Son os axentes os que se abalanzan sobre o denunciante sin motivo algún, primeiro un axente e despois catro máis", sinala a denuncia presentada Após incoar dilixencias previas, o xuíz instrutor do caso --que tamén leva o proceso das 4 persoas denunciadas pola policía-- deberá determinar se existiu infracción na actuación dos axentes, como asegura o activista. Concentración Polo momento, para a cuarte feira 18 de febreiro está prevista a vista oral do xuízo contra as 4 persoas que fixeron parte do muro popular que tentou evitar o desafiuzamento de Carlos e María. "Tentamos que se anulase porque o proceso é o mesmo" que o que atinxe os axentes, asegura González, "mais o xuíz insiste en que non". Ás 10.15h está convocada unha concentración de apoio e solidariedade ás portas do xulgado. O xuízo foi aprazado por defectos de forma nas citacións xudiciais o pasado 28 de xaneiro. A este proceso presentáronse máis de 300 autoinculpacións baixo o lema "Eu tamén estiven en Aríns".
PRAZA_15542
O vicepresidente da Xunta di "comprender preferectamente" as protestas dos empregados públicos, pero insiste en que van cobrar máis que en 2012.
Nin se baixa o soldo nin Feijóo incumpriu as súas promesas. O vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, asegurou que o Goberno galego "comprende perfectamente" as protestas de funcionarios pola redución de salarios -dun 4% de media- que terán en 2013, porque se lles pide un sacrificio", aínda que remarcou que "o maior esforzo váiselle pedir" a aqueles coas retribucións máis altas, e que será "sensiblemente menor" para os demais. "Comprendemos perfectamente as protestas dos funcionarios, é verdade que se lles pide un sacrificio e pídeselles un esforzo, pero eu quero pór de manifesto que as retribucións que van recibir os empregados públicos da Xunta o ano que vén van ser superiores ás de 2012, creo que é algo que ten que quedar perfectamente claro", así se referiu o vicepresidente do Goberno galego este sábado ás rebaixas salariais a funcionarios do próximo ano. Rueda di agora que Feijóo dixo que aos funcionarios "non se lle pediría o mesmo sacrificio que en 2012" Preguntado sobre o incumprimento da promesa de Núñez Feijóo, que asegurara que non realizaría máis recortes a funcionarios nin lles pediría máis sacrificios, Rueda aclarou que "o que a Xunta de Galicia dixo é que non se lle volvería a pedir aos funcionarios o mesmo sacrificio que no ano 2012". "A todos nos gustaría que esas medidas non se tivesen que aplicar", apostilou. O vicepresidente da Xunta censura que EU e PSOE non critiquen recortes similares en Andalucía Sobre as críticas da oposición, Alfonso Rueda afirmou que respecta "as que se faga de forma pacífica", pero dixo que "resulta moi curioso como o PSOE e EU aplicaron e están a aplicar estas medidas por exemplo en Andalucía e alí, por parte do Partido Socialista e de Esquerda Unida non recibiron a máis mínima crítica".
PRAZA_7029
O ex xerente da formación provincial acusa o ex presidente da Deputación de gardar diñeiro negro na caixa forte do partido e reclama facturas emitidas ao seu fillo e a Santalices por unha empresa de publicidade e unha televisión local ourensá que estivo presidida polo actual director xeral da CRTVG.
De Lara leva documentación dun plan turístico da Deputación de Lugo A operación Pokémon apunta agora directamente a José Luis Baltar. A xuíza Pilar de Lara coida que o PP de Ourense "se podería ter financiado ilicitamente" desde 2003 e até a actualidade "a través dun elaborado sistema de facturación falsa e ficticia". Foi a declaración e a documentación achegada polo ex xerente da formación na provincia, Emilio Pascual, o que levou a maxistrada a abrir unha investigación que non só salpica a Baltar pai, senón tamén o seu fillo e actual presidente da Deputación e da organización popular, así como ao vicepresidente do Parlamento e home forte do baltarismo Miguel Santalices. Logo do testemuño deste xerente que traballou durante 17 anos no PP ourensán, a xuíza De Lara coida que o presunto financiamento irregular se realizou "utilizando, cando menos, que se saiba, dúas empresas: a empresa publicitaria Planos e á canle Telemiño, do grupo La Región, que tivo como presidente e conselleiro delegado ao actual director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, dende febreiro de 2007 ata decembro de 2008. "Nesta operación -agrega o mesmo auto- colaborarían empresas" investigadas na propia trama, como as filiais de Véndex PAU e Sermasa ou Aquagest "as cales abonarían, presuntamente, gastos do Partido Popular". De Lara abre unha investigación sobre o suposto financiamento ilegal do PP de Ourense tras o testemuño do seu ex xerente Neste contexto, a xuíza reclámalles a Planos e Telemiño as facturas emitidas "dende 2003 e ata a actualidade" a nome do PP, de Santalices e do actual presidente do PP ourensán e da Deputación Provincial, José Manuel Baltar. No caso de Planos, ademais, terá que informar da facturación con Inversiones Couto, Financiera y Comunicaciones Coruñesa, PAU, Leidove, Setex-Aparisa, Extraco, Creto e Promociones Gama. Telemiño ten que dar conta, ademais destas, das facturas a nome do dirixente do PP ourensán Amadino Rivera, do empresario Antonio Alén ou da empresa Promociones Gama. Baseándose no testemuño de Pascual a maxistrada entende que Baltar era "o encargado de recoller persoalmente" os cartos de empresas que achegaban cartos á formación popular "teoricamente, en concepto de doazón". Os pagamentos, di, "efectuaríanse no despacho do daquela presidente da Deputación Provincial" e posteriormente "albergaríanse na caixa forte existente ao efecto na sede do PP ourensán, establecendo así un sistema imposible de controlar por procedemento legal ningún". Ao incumplir a normativa, continúa a xuíza, os pagos non constan na contabilidade oficial do PP, "o que impide coñecer o destino de tales sumas de cartos". Pascual, sinala a xuíza, "non descarta que parte dos cartos fora a parar aos petos" do autonomeado cacique bo. Baltar sería o encargado de recoller persoalmente o diñeiro das empresas para gardalo na caixa forte da sede do partido A instrutora da Pokémon explica que, "segundo especifica a testemuña" e atendendo á documentación que este achegou, era José Luis Baltar o que pagaba con estes cartos a Telemiño ou á empresa Planos, as cales, á súa vez, "facturaban a outars empresas gastos ocasionados polo PP". Eses cartos, "xeralmente billetes de 100 e 500 euros", tamén serviron para "realizar pagos sen a existencia de facturas", segundo versión de Pascual. O importe das supostas doazóns "puido roldar os 200.000 euros" nun só ano. Este relato, di De Lara, "avalaría a hipótese de Vixilancia Aduaneira" sobre "os pagos realizados pola empresa Véndex ao señor Baltar o 20 de maio de 2011", na alcumada como "ruta do bacallau". Baltar fillo só responde pola súa xestión Neste contexto, o fillo de Baltar Pumar e actual presidente da Deputación de Ourense emitiu unha nota para volver desatenderse da xestión do seu pai á fronte do partido na provincia e para aclarar que el tan só "responde" pola que se fai desde xaneiro de 2010, cando substituíu o seu pai nun polémico e sospeitoso congreso que xa lle valeu ao patriarca unha condena xudicial. Ademais, aclara que unha das primeiras medidas que tomou ao chegar á dirección do partido foi prescindir do xerente por "falta de confianza" e o "pésimo concepto" que tiña do seu labor. Ademais, deféndese asegurando que as doazóns ao PP "son tramitadas legalmente". As sospeitas baséanse tamén en declaracións de Emilio Pascual, que noutro xuízo asegurara que o PP de Ourense non pagara a organización dun congreso provincial. Neste proceso Pascual falaba de máis de 70.000 euros facturados a unha empresa de Álvaro Pérez, el Bigotes, un dos líderes da trama Gürtel. Telemiño négao todo e asegura que a documentación entregada á xuíza demostra que as acusacións son "absurdas" Por outra banda, a televisión local Telemiño asegura que na documentación que xa entregou á xuíza instrutora "pódese comprobar" que "xamais" participou en "operación ningunha de financiamento de partido ningún, nin por suposto emitiu facturas falsas a persoa física ou xurídica ningunha". Nun comunicado, Telemiño cualifica de "absurdas e absolutamente carente de sentido e veracidade" as declaracións do ex xerente do PP de Ourense ante a maxistrada e aclara que a empresa "facilitou desde o primeiro momento o acceso á documentación solicitada", que probaría que "non existiu relación comercial con algunhas das persoas e empresas polas que se interesa a xuíza". "Os casos nos que si se produciu a prestación e facturación dalgún tipo de servizo están plenamente xustificados e documentados", insiste. Non obstante, BNG e AGE pediron xa a comparecencia de Alfonso Sánchez Izquierdo, actual director xeral da CRTVG, en relación á investigación aberta pola xuíza Pilar de Lara. Sánchez Izquierdo foi directivo de Telemiño no período investigado pola maxistrada, concretamente entre 2007 e 2009, polo que os dous grupos parlamentarios reclaman que aclare os feitos.
NOS_15112
Salvador Illa (1966) deixou de ser o ministro de Sanidade para presentarse como candidato á Presidencia da Generalitat de Catalunya polo PSC nas eleccións do 14 de febreiro. O socialista participou dunha entrevista coral organizada pola Agència Catalana de Notícies (ACN), na que respondeu preguntas de diversos medios.
-Ve prudente unha mobilización de cinco millóns de persoas para ir votar coa terceira onda descontrolada? Algúns bautizárono como o peor ministro da Unión Europea. Se é president, que fará diferente respecto da etapa no Ministerio para frear a pandemia? O noso país, España, Catalunya tamén, non fixo as cousas nin moito mellor nin moito peor que os países da contorna. Hai que ter un punto de prudencia e de humildade e fuxir desas afirmacións. Hai unhas cantas leccións para aprender da pandemia. A primeira é a necesidade de non facer política con ela e si de actuar unidos. Tamén hai que facer fronte aos negacionistas que xurdiron nalgúns países que non actuaron a favor da ciencia. 2021 será o ano da vacinación. A miña prioridade sería tomar medidas como o aumento de recursos e penso que en Catalunya deberiamos chegar a 7% do PIB en gasto sanitario. -E que faría diferente do actual Govern na xestión da pandemia? Da miña boca non saíu ningunha crítica ás decisións que tomou a Generalitat. É máis, apoieinas e continúo a facelo. Teño plena confianza nos servizos de saúde pública de Catalunya e nos profesionais que o dirixen. -Con quen está disposto a negociar a investidura? Conversarei con todos excepto cos que me queren pór en prisión. Apelo á ampla maioría de cataláns que quere pasar páxina, logo de dez anos dunha viaxe a ningunha parte, de perdermos o tempo, e esta pandemia chegou no peor momento: cun país dividido, cun Govern que está bloqueado e paralizado. A miña candidatura achega o que pide: pasar páxina, reencontrarnos, o diálogo dentro da lei. Quero un Govern de cambio, unha fórmula que xa funciona, creo que con éxito, no Goberno de España e no de Barcelona. En España, o Goberno do que tiven a honra de formar parte, conseguiu aprobar un orzamento, o máis social da democracia, logrou facer fronte a unha pandemia nuns termos de xestión similares ao resto de países europeos, e foi facendo prosperar proxectos que dan máis dereitos á cidadanía, como a lei por unha morte digna. -Aceptará os votos de Vox para a investidura? Xa o dixen moi claro, cun partido que me quere no cárcere non falaremos nin eu nin o PSC. -Buscará antes o apoio de ERC que o de Ciudadanos? Na política catalá hai unha enorme diferenza: eles pensan que a mellor opción é a independencia e eu penso que a mellor opción é o reencontro, centrado en protexer a saúde, recuperar a economía e garantir que ninguén quede atrás. Isto fai difícil chegar a acordos con ERC en materia de constitución dun Govern. Eu quero un Govern de cambio, que supere a situación en que nos atopamos. Insisto: apelo aos cataláns que queren pasar páxina. Esta xente pódeme dar unha forza moi importante e, sumada a outras formacións políticas, como por exemplo os Comúns, que tamén teñen un proxecto de progreso, podemos ter bastante forza para constituír un Goberno. -E sentiríase cómodo nun Govern de PSC e Comúns, con algún apoio puntual de ERC? Nunca me neguei a falar con todo o mundo e a buscar acordos factíbeis. Lévoo facendo durante toda a miña traxectoria política. O país ten que chegar a consensos importantes. A Catalunya foille ben cando estivo unida e traballou con obxectivos comúns. É factíbel volver facelo se nos centramos naquilo que nos une. -Vacinouse? Non. Fareino cando me toque. -Di que os debates que propón o independentismo son estériles e inútiles. Por que sentou como negociador á mesa de diálogo se tiña estas consideracións? Formei parte da mesa de diálogo non en representación da Moncloa senón do PSC. É un matiz importante. Alí negociábamos a investidura de Pedro Sánchez. Logramos unha serie de pactos que fomos cumprindo. Un era a posta en marcha dunha mesa de diálogo entre Gobernos que se reuniu en febreiro de 2020 e, se non se reuniu máis, foi porque había dificultades na contraparte catalá. Respecto das demandas independentistas, o noso marco de convivencia permite que as persoas que pensen que a independencia de Catalunya é a mellor solución o sigan defendendo. Agora, non teñen dereito a romper o marco de convivencia. Eu propoño unha solución: reencontrarnos. Respecto a quen defende a independencia, pido que me respecten tamén a min. Como o resolvemos? Sentando e falando. Cunha única condición: respectar o marco de convivencia, o estado de dereito. Diálogo dentro da lei.
NOS_31728
A memoria histórica vai alén da II República, a Guerra do 36 e a instauración do fascismo. A asociación Memoria Histórica de Valga así o entende e este sábado, 12 de maio, dedica unha mesa redonda ás chamadas escolas de emigrantes baixo o título Escolas de liberdade.
O encontro será ás seis da tarde na Escola de Ferreirós, na parroquia de Cordeiros. Este é un edificio fundado en 1913 pola Sociedade de Residentes de Cordeiro en Bos Aires a instancias do Sindicato Agrícola do lugar. Foi a maneira en que as cativas e os cativos puideron recibir ensino gratuíto. En Escolas de liberdade participarán a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco, especialista na represión franquista contra as mulleres; María Álvarez Lires, docente na Universidade de Vigo comprometida "coa transmisión de valores igualitarios que xeren o cambio necesario para acadar unha sociedade máis xusta e democrática", e a escritora Susana Sánchez Arins, que no seu último libro Seique (Através, 2016) "aposta pola memoria como forma de recoñecer as vítimas descoñecidas da barbarie".
NOS_29036
Ánxeles Cuña cuestiona a concesión á firma do alcalde popular de Campo Lameiro.
A deputada de En Marea, Ánxeles Cuña, denunciou no Parlamento de Galiza "a privatización e concesión da xestión" do parque arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Lás (Ourense) "a unha empresa dirixida por cargos pertencentes ao Partido Popular". Cuña explicou que no 2014 a empresa Espiral Xestión Cultural, "administrada por familiares de cargos do PP", recibiron da Xunta 543.842, euros até 2017 para xestionar o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica. A empresa, sostén a parlamentar de En Marea, foi creada no 2013, "isto é, con nula ou en todo caso moi reducida experiencia en xestión cultural, pero con dous administradores como Jorge Sayáns (fillo do alcalde do PP de Campo Lameiro) e Xulio Sayáns (do PP, con bastón de mando dende 1983)" Esta firma xa fora beneficiada con anterioridade para a xestión do parque arqueolóxico dedicado á arte rupestre de Campo Lameiro, sen necesidade de pasar pola mesa de contratación pública, denuncia En Marea. "Subrogáronselles 554,500 € para que continuasen a xestión de Ingenia Qued que entrara en concurso de acredores. Parte dos petróglifos de Campo Lameiro, foron danados por maquinaria pesada durante a roza do monte a consecuencia da mala xestión desta empresa no PAAR". En Marea reclama unha auditoría pública á empresa concesionaria, pois hai dúbidas sobre o proceso de adxudicación pero tamén da súa xestión en todo este tempo.
PRAZA_5877
A folga comezou este mércores e intensifica nesta fin de semana os seus efectos, coincidindo coa celebración do Arde Lucus. Os empregados de Urbaser demandan un convenio "digno" e a readmisión de 12 persoas, que foron despedidas.
A folga de recollida do lixo en Lugo chega ao seu terceiro día e coincidindo coa celebración do Arde Lucus, que reunirá na cidade decenas de miles de persoas ao longo da fin de semana, intensifica os seus efectos. As temperaturas son altas, e nas rúas xa hai 300 toneladas de residuos. A totalidade dos traballadores e traballadoras da concesionaria Urbaser está a secundar a folga indefinida en demanda dun convenio "digno", cun incremento salarial conforme coa suba do IPC, e tamén da readmisión de doce empregados, que foron despedidos. O Concello de Lugo fixou uns servizos mínimos que se nas primeiras xornadas de folga se situaban entre o 50% e o 70% para os traballos de recollida de residuos, a partir deste venres se elevan até o 100% no centro da cidade Estes despedimentos producíronse na primeira xornada do paro, alegando a empresa o "incumprimento dos servizos mínimos" e alegando "desobediencias" anteriores. Os e as traballadoras consideran estas decisións inaceptables e acusan a Urbaser de querer usar estas persoas "como moeda de cambio", ao transmitir a súa "dispoñibilidade" para negociar e retirar os despedimentos se se desconvoca a folga. O Concello de Lugo fixou uns servizos mínimos que se nas primeiras xornadas de folga se situaban entre o 50% e o 70% para os traballos de recollida de residuos, a partir deste venres se elevan até o 100% no centro da cidade (50% no resto). Porén, os e as traballadoras de Urbaser xa anunciaron que non cumprirán con estes servizos mínimos, que consideran "abusivos", pois destacan que uns servizos mínimos do 100% "vulneran o dereito de folga de calquera traballador". O Concello requeriulle a Urbaser o cumprimento destas porcentaxes e advertiu de que en caso contrario tomaria medidas legais para "asegurar a protección da salubridade pública, competencia municipal". Dende os sindicatos asegúrase que se propuxo que en cada quenda saia un condutor para cumprir con "eses servizos esenciais que necesita a cidade, pero a dirección da empresa impídeo". Os e as traballadoras lucenses xa recibiron o apoio dos comités de Urbaser noutras cidades galegas Os e as traballadoras lucenses xa recibiron o apoio dos comités de Urbaser noutras cidades galegas. BNG e Anova tamén manifestaron o seu apoio aos empregados en folga, que o pasado mércores protestaron no salón de plenos do Concello, e que nesa e noutras xornadas están deixando patente a súa protesta polo centro da cidade, con caravanas de vehículos e outras accións. A voceira do BNG, Paz Abraira, esixiulle ao alcalde Orozco "que modifique o Decreto de servizos mínimos que derivou no despido de 12 traballadores" e que lle "reclame á empresa concesionaria Urbaser, como responsable do servizo de limpeza de Lugo, que se sente a negociar de inmediato cos traballadores". Para o BNG, Urbaser "continua percibindo do Concello de Lugo unha elevada cantidade de cartos e aproveita as reformas laborais para incrementar os seus beneficios a costa dos salarios dos traballadores e traballadoras". De igual xeito, para Anova, "é evidente que o goberno municipal de Lugo non puxo os medios necesarios para evitar o conflicto e as manifestacións do Concelleiro de Medio Ambiente esixindo sentar a negociar chegan tarde e non son críbeis. Tiveron tempo e ocasión para mediar no conflicto antes de que se enquistara". Tamén denuncia que o goberno municipal de Lugo "está apoiando descaradamente a empresa", a través dos "abusivos servizos mínimos que decretou". "Actúan como uns matóns ao servizo da empresa impedindo o dereito de folga", conclúe.
NOS_40726
Colombia elixirá o relevo do conservador Iván Duque o 19 de xuño.
A primeira volta das eleccións deste domingo en Colombia acabou coas aspiracións das forzas políticas tradicionais do país, e corroborou a perda de influencia de Álvaro Uribe, ex presidente entre 2002 e 2010, que mantivera desde aquela un impacto decisivo a nivel electoral. Asemade, a vitoria de Gustavo Petro (Pacto Histórico), que acadou oito millóns e medio de votos (40.32%), constitúe a primeira ocasión na que unha candidatura de esquerda lidera unhas eleccións a nivel estatal. Na segunda volta, que decorrerá o vindeiro 19 de xuño, terá como rival na pugna para acceder á Casa de Nariño, sede da Presidencia, ao independente conservador Rodolfo Hernández (Liga de Gobernantes Anticorrupción), que deu a sorpresa ao superar a Federico Gutierrez (Equipo por Colombia), candidato apoiado polos partidos que sosteñen o actual Goberno do conservador Iván Duque, con case seis millóns de sufraxios (28,15%). Pola súa parte, Gutiérrez fíxose con arredor dun millón de votos menos (23,91%), quedando fóra da ronda final. Colombia vota coa posibilidade real de, por primeira vez, ter un presidente de esquerdas Malia imporse Petro na primeira volta, os medios colombianos apuntan que Hernández parte con vantaxe de cara ao balotaxe, ao recibir pouco despois de coñecerse os resultados o apoio de Gutiérrez e de candidatos minoritarios como Enrique Gómez (Movemento de Salvación Nacional), que obtivo 0,2%. Ao tempo, consideran previsíbel que John Milton Rodríguez (Colombia Justa Libres, 1,3%) tamén opte por reclamar o voto para Hernández. O "Donald Trump colombiano" O presidente do Congreso e senador do Partido Conservador, Juan Diego Gómez, adiantou que, nas vindeiras xornadas, farán pública de forma oficial a decisión do bloque que fixo campaña por Gutiérrez, que inclúe o Partido Liberal, o Partido da Unión da Xente, o MIRA, Centro Democrático e Cambio Radical. Hernández "paga impostos, é amigo da economía de libre mercado e poderíase dicir que é o [Donald] Trump colombiano", sinalou Gómez a El Tiempo. O aspirante á Presidencia do país —que está presente en máis de 30 investigacións por agresións contra funcionarios públicos e irregularidades na sinatura de contratos durante o seu paso pola Alcaldía de Bucaramanga, capital do departamento de Santander— fixo unha campaña baseada nas redes sociais e na loita contra a corrupción da clase política do país por medio de declaracións polémicas, chegando no seu día a asegurar a súa admiración por Adolf Hitler, para acabar retractándose argumentando que quería referirse a Albert Einstein. No caso de Petro, conta con dúas vías principais para conseguir os sufraxios que precisaría para converterse en presidente. A primeira, intentar achegar as e os votantes do Centro Esperanza liderado por Sergio Fajardo, que se quedou á beira dos 900.000 votos (4,2%), perdendo máis dun millón de apoios con respecto ás primarias nas que foi elixido. Porén, os medios do país matizan que é pouco probábel que se produza un transvase directo de votos, sen ter en conta que Fajardo aínda ten que facer pública a súa elección. Así e todo, a abstención é o principal caladoiro onde a campaña de Petro procurará estes votos. A pesar do 45,09% que non acudiu ás urnas, a abstención foi a máis baixa das últimas dúas décadas. "O Vichada? Pero iso que é? Cal é a capital?" Un dos intres máis polémicos da campaña foi cando o candidato Rodolfo Hernández tivo que preguntar que era Vichada —un dos departamentos nos que se divide Colombia—, o que non evitou que o domingo fora quen de ser o máis votado nesa demarcación. Desde a campaña de Petro amosáronse confiados en que os debates con Hernández durante a campaña da segunda volta permitiranlles obter votos dentro do seu electorado.
PRAZA_3155
A Fiscalía abriu unha investigación para determinar se ao alcalde, José María López Rancaño (PP), se lle podía imputar un delito de prevaricación por omisión. O rexedor ignorou durante seis anos a petición de que fose retirada unha barreira arquitectónica que dificultaba o acceso a unha xubilada en cadeira de rodas.
O Concello de Abadín eliminará finalmente a barreira arquitectónica que dificultaba que Pilar Fernández (Pilar Abeledo) entrase e saíse da súa vivenda. A muller, xubilada e cunha discapacidade do 84% que a obriga a desprazarse en cadeira de rodas, levaba case sete anos demandando que o Concello cumprise a Lei de Accesibilidade de Galicia, modificando unha situación creada por unhas obras da propia entidade municipal.A Fiscalía de Lugo abriu unha investigación para determinar se ao alcalde de Abadín, José María López Rancaño (PP), se lle podía imputar un delito de prevaricación por omisiónPilar denunciou moitas veces o feito ante o alcalde da localidade e, ademais, presentou un escrito ante a Valedora do Pobo, que lle deu a razón. "Faga o que faga e solicite o que solicite, a min xamais se me contesta", dicía Pilar Fernández en conversa con Praza.gal, enumerando as numerosas peticións oficiais e non oficiais realizadas ante o Goberno local. O seu problema mesmo chegou ata o Parlamento galego, onde se aprobou por unanimidade unha iniciativa que lle reclamaba ao Goberno local de Abadín que procedese "á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso a súa vivenda".Finalmente, foi a intervención da Fiscalía de Lugo a que conseguiu mover a posición do Concello, obrigándoo a atender a petición da afectada. O Ministerio Fiscal abriu unha investigación para determinar se ao alcalde de Abadín, José María López Rancaño (PP), se lle podía imputar un delito de prevaricación por omisión.As obras comezaron esta semana e nuns días estarán rematadasEn efecto, o pasado 12 de novembro, o Fiscal Xefe Provincial, Roberto Brezmes Caramanzana, ratificou a denuncia interposta pola Fiscal Instrutora do Xulgado de Mondoñedo, Claudia González Fernández, abrindo dilixencias de investigación penal contra o alcalde de Abadín por ser os feitos denunciados presuntamente constitutivos dun "delito de prevaricación, segundo o artigo 404 do Código Penal na súa modalidade omisiva, posto que a inactividade despregada na xestión do presente asunto polo alcalde de Abadín resultaría ser un comportamento que se aparta da busca da satisfacción do interese público como finalidade primordial da actuación administrativa, e trataríase dun comportamento inxusto e arbitrario e, ademais, prolongado no tempo máis alá de calquera prazo razoable...". O Xulgado nº 2 de Mondoñedo determinará se existe un delito de prevaricación por omisión por parte do rexedorEse mesmo día 12 de novembro, o Concello de Abadín contrataba a obra que se está a executar esta semana xunto á casa de Pilar Fernández. Prevese que nuns días a actuación estará rematada. Con todo, o Xulgado nº 2 de Mondoñedo determinará se existe un delito de prevaricación por omisión por parte do rexedorO problema iniciouse en setembro de 1993 cunhas obras de asfaltado levadas a cabo polo Concello que fixeron que a nova estrada ficase entre 12 e 14 centímetros por riba do nivel da porta da súa vivenda, dificultando o acceso (ten que entrar na casa a través do garaxe, dando toda a volta á vivenda) e, ademais, xerando un risco de inundación do inmoble."Ninguén lle poderá devolver a Pilar os seis anos da súa vida nos que foi totalmente dependente para poder saír e entrar da súa propia casa, nin compensala pola rabia e a impotencia sufridas durante todo este tempo", di o SLGDende o Sindicato Labrego Galego (SLG), que nos últimos anos defendeu con firmeza a posición de Pilar Fernández, destácase que "por desgraza, ninguén lle poderá devolver a Pilar os seis anos da súa vida nos que foi totalmente dependente para poder saír e entrar da súa propia casa, nin compensala pola rabia e a impotencia sufridas durante todo este tempo, todo polo puro capricho e arbitrariedade dun alcalde que así o decidiu, e dun equipo de goberno que o apoiou nesa decisión". O sindicato conclúe que "a forza e a enteireza de Pilar na loita polos seus dereitos foi toda unha lección de dignidade e un exemplo para o SLG, que seguirá comprometido en defender e denunciar calquera outro caso semellante a este que se dea en calquera aldea, lugar ou parroquia da Galiza rural"."Eu vexo que a xustiza non é xustiza, porque non é rápida. Que despois de anos e anos che dean a razón, iso non serve"Hai case un ano Pilar foi unha das protagonistas da Folga Feminista celebrada con motivo do 8 de marzo en Vilalba, coa lectura dun manifesto elaborado por ela, no que afirmaba a súa intención de "seguir loitando contra todo tipo de violencia e inxustiza, veña de onde veña". "Porque isto que me fan a min é un maltrato institucional contra o que seguirei loitando", dicía."Pasei toda a vida traballando e xusto cando debería xubilarme en paz, o Concello créame os problemas", denunciaba Pilar Abeledo en conversa con Praza.gal, unha entrevista na que dicía "irei eu para o cemiterio e estará a pista sen arreglar. Eu vexo que a xustiza non é xustiza, porque non é rápida. Que despois de anos e anos che dean a razón, iso non serve"."As persoas que sufrimos algunha disfunción física temos que ter o mesmo dereito que as demais, pero iso moitas veces non se cumpre. Ninguén sabe o que é estar nunha cadeira de rodas ata que non se pon no noso pelexo", concluía.
NOS_27533
Unha de cada catro persoas están en risco de pobreza na Galiza. Os datos de 2011 falan de 662.515 cun aumento anual de 50.000 cada ano. Desde o 1 de setembro, 20.000 persoas ficaron fóra do sistema de saúde público. A Rede Galega contra a Pobreza fala xa de que no territorio galego hai xente que está a pasar fame.
A fame non é xa tema do pasado ou de territorios afastados. Cando parecía desterrada do país, as entidades do terceiro sector social alertan do seu regreso. A pobreza deixou de estar limitada a colectivos concretos e é xa unha ameaza para boa parte da poboación ao tempo que as situacións radicais de necesidade agroman nun panorama que as políticas públicas de recortes están a agravar. ·"Calquera pode ser pobre, ou cando menos, a maior parte da poboación non está exenta da ameaza. A pobreza xa non está relacionado con determinados grupos sociais, étnicos ou con problemas. Unha situación normal como é unha parella cos dous membros en paro e dous fillos cando se lle rematan as prestacións deriva nunha situación de grande necesidade. Neste momento xa hai xente que non ten para comer" afirma Carlos Rosón, secretario da Rede Galega de Loita contra a Pobreza, unha entidade que agrupa a diversos colectivos dedicados ao chamado terceiro sector social como Cogami, Autismo Galicia, Fundación Meniños, Down Galicia, Fundación Secretariado Xitano ou Érguete.Os datos que barallan son alarmantes. 662.515 persoas están en situaciónd e risco de pobreza segundo o ano 2011, o último cos datos pechados, cun incremento previsto de 50.000 cada ano. Con respecto á infancia, denuncian que 72.000 nenas e nenos forman parte de familias que viven baixo o limiar da pobreza, 20% das crianzas son pobres segundo Unicef. No que chaman "privación material severa", é dicir, casos xa de extrema pobreza sitúan 65.000 persoas nunha situación que se ve agravada polos continuos recortes sociais. 20.000 quedaron fóra do sistema sanitario público desde o día 1 de setembro."O sistema mudou, xa non se pode comparar esta situación coa de hai tres anos. Non se vai volver a anterior así que compre construír un modelo novo. A pobreza, por dicilo dalgunha maneira "democratizouse" no sentido de que chega a quen non o pensaba e carecemos de políticas alternativas para esta situación" sinala Carlos Rosón.Desde a Rede Galega demandan que a pobreza entre na axenda política e por iso están a desenvolver xuntanzas con todos os grupos parlamentares para demandar atención para esixir liñas de acción inclusivas. "Traballamos na liña da autonomía persoal para que as persoas tomen as rendas das súas vidas, lonxe das políticas asistencias. As alternativas como os Bancos de Alimentos non poden ser substitutivas, compre artellar políticas de inclusión", afirma Rosón ao reclamar tamén un pacto de partidos pola inclusión social que ten que evidenciarse na elaboración dos propios orzamentos.Nese modelo que reivindica demanda que os dereitos sociais das persoas sexan recollidos e blindados. "Ata hai pouco tempo non cuestionabamos dereitos como a sanidade pública ou a xustiza gratuita e vemos como se está vindo abaixo. É preciso artellar un modelo que protexa os dereitos sociais e que teña incidencia política" defende. A EU reduce axudas mália contar con 120 millóns de pobres EAPN-Galicia participa tamén na Rede Europea Contra a Pobreza desde a que se está a desenvolver unha campaña pola que denuncian a inoperancia da Estratexia Europa 2010 e reivindican un maior compromiso na loita contra a pobreza e pola inclusión social. Segundo os dato sda rede 120 millóns de persoas se atopan en risco de exclusión social ou pobreza para o que a UE conta con dous programas, o Fondo Social Europeo centrado no acceso e mellora no mundo laboral -do que, ao dicir da Rede, están lonxe as persoas en situación de extrema pobreza- máis o Programa de Alimentos que remata a finais de 2013.Será substituído polo Fondo Europeo de Axuda aos Máis Necesitados, xestionado polos propios Estados membros co obxectivo de cubrir as necesidades básicas das persoas máis necesitadas. EAPN considera que "este Fondo que se presenta como "novo", realmente é unha rebaixa do nivel de compromiso e de solidariedade europea coas persoas que viven en situacións máis extremas en Europa, xustamente nos momentos en que estes son máis necesarios. Co novo Fondo pasaríase dos 18 millóns de beneficiarios dos últimos anos a 4 millóns, "os que estean en peor condición"".
NOS_9166
Máis de 1500 galegos víronse obrigados a exiliarse en Portugal e Bretaña por opoñerse a política centralizadora dos Reis Católicos. O 17 de decembro de 1483 -outras fontes citan o 3 de outubro- era decapitado en Mondoñedo Pardo de Cela.
Foi un dos tres grandes Pedros da revolta galega de finais do século XV. Máis un Pedro, como o Conde Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior, o "Pedro Madruga", cabeza dos intereses da Raíña Xoana e do partido portugués na guerra de sucesión e referencia da oposición aos Reis Católicos na Galiza do sur e que despois dun exilio portugués será asasinado ou desaparecido en 1486 no Castelo de Alba de Tormes en Salamanca. Un outro Pedro, o Conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, o principal entre os rebeldes galegos, morto en pleno alzamento contra dos Reis Católicos en febreiro de 1483 e a continualo, na dignidade e na loita, o seu neto Rodrigo Enríquez de Castro, o conde novo, a resistir a Isabel e Fernando en Ponferrada até 1486. O asasinato, a morte e o exilio destes catro rebeldes galegos exemplifican o proceso de substitución das clases dirixentes autóctonas, proceso iniciado por volta de 1230, co desterro e exilio daqueles que se opuxeron á unificación do Reino de Galiza co de Castela defendendo a causa de Dona Sancha fronte a Fernando III, o rei alleo, e que vivirá o seu momento álxido nas décadas finais do século XIV, con aqueles setecentos desterrados por Portugal, Franza e Inglaterra, a cuxa cabeza Fernando de Castro e Xoán Andeiro, defendendo unha Galiza cun papel reitor no contexto ibérico, virada de costas a Castela e abrazada ás nacións do Atlántico naquela Europa da guerra dos cen anos. A frustración da segunda revolta irmandiña, a derrota da nobreza galega e a consolidación do estado moderno, segundo escribiu Xosé Manuel Beiras no Atraso económico de Galiza, representa o fracaso da transición alén do feudalismo e a morte política de Galiza. A vida de Pedro Pardo de Cela exemplifica a oposición dunha parte importante da sociedade galega á política centralizadora dos Reis Católicos A vida de Pedro Pardo de Cela exemplifica a oposición dunha parte importante da sociedade galega á política centralizadora dos Reis Católicos. Irmandiño de primeira hora, como documentou Anselmo López Carreira exerceu de Alcalde de Viveiro nos primeiros momentos da Irmandade, aparece en outubro de 1477 asinando, canda outros nobres galegos, unha declaración contra as medidas asimilacionistas de Isabel e Fernando. Enfrontado a Santa Irmandade, auténtico exercito colonial enviado a Galiza para impoñer a política dos Reis Católicos, acude ao cerco de Lugo en auxilio de Pedro Álvarez Osorio que combatía na cidade contra Fernando de Acuña. Á volta de 1481, e practicamente até o seu asasinato en 1483, permanece cercado no seu Castelo da Frouxeira, mantendo combate contra unhas forzas mercenarias, de composición castelá e francesa, comandadas polo bretón Luís de Mudarra que tiña levantado o seu campamento en San Martiño de Mondoñedo, nas proximidades da torre fortaleza do Mariscal. A loita de Pedro Pardo de Cela, unha vez asasinado, vai ter continuidade coa súa filla Constanza e Beatriz. A primeira refuxiada na fortaleza de Caldaloba, na parroquia chairega de San Martiño de Pino, resistiría ás tropas castelás mandadas por Diego López de Haro até 1485, ano no que morre envenenada, resultando na altura tamén ferido o seu compañeiro Fernán Ares de Saavedra. Beatriz, canda a súa parella, Pedro de Bolaño, que acudiu a loitar a Ponferrada xunto a Rodrigo Enríquez de Castro, o Conde de Lemos, contra os Reis Católicos en 1486, manterá a memoria da rebeldía nos múltiples frontes xudiciais abertos contra a monarquía. A natureza e a dimensión da rebeldía galega fronte aos Reis Católicos fica perfectamente explicada, co exilio a Portugal e Bretaña de máis de mil cincocentos galegos nesa décadas dos oitenta do século XV, tal como estudou un autor nada sospeitoso de veleidades nacionalistas como Xosé García Oro. O Reino de Galiza vai desaparecer como realidade política, non administrativa, nos anos finais do século XV A morte de Pedro Pardo de Cela, fose está o 17 de Decembro de 1483, como indica a tradición e a documentación clásica, ou nos primeiros días de Outubro dese 1483, segundo achega a información de Xosé Carlos Breixo ou Eduardo Pardo de Guevara, explicase no marco dunha guerra colonial de conquista. Así Xosé García Oro, no seu detallado estudo sobre a Galiza dos séculos XIV e XV, fala de que esta produciuse no marco dunha sorte de lei marcial, cuestión que se deduce tamén das declaracións das propias testemuñas do suposto testamento do Mariscal. Sexa como for, a acción gobernativa da Santa Irmandade e de Fernando de Acuña, cuñado do inimigo de Pardo de Cela Xoán de Viveiro e irmán da madriña de voda dos Reis Católicos María de Acuña que opera como un autentico Virrei, responde a unha axenda colonizadora que será avalada coas propias decisións dos monarcas. O "proceso de doma" de Galiza afecta a totalidade das esferas da vida do País, ben no ámbito cultural e lingüístico, no ámbito económico ou no ámbito político. O galego que viña operando como lingua oficial na documentación escrita desde o século XIII, amplamente maioritaria ao longo dos séculos XIV e XV, só resistira uns lustros despois de que os Reis Católicas obrigasen en 1480 aos notarios a examinarse na Corte de Toledo. Os contratos agrarios, e por conseguinte a relación entre os labregos e os señores, endurécese nos anos finais do século XV como estudou María Xosé Rodríguez Galdo, ao tempo que se establece unha nova fiscalidade que da comezo ao espolio de Galiza e ao drenaxe do aforro. Un aspecto central deste proceso é a desnaturalización dos mosteiros galegos, de cuxo poderío económico dan conta os seus edificios, subxugados a unha lexislación especial dentro da Coroa de Castela, e sometidos a Orde de San Bieito de Valladolid após unha decisión real de decembro de 1487. Cando en toda Europa botaban a andar os estados modernos, Galiza fica fanada, frustrada, inerme ante a expansión de Castela O Reino de Galiza vai desaparecer como realidade política, non administrativa, nos anos finais do século XV. Galiza, a única nación entre as que foron provincias romanas que garda o seu nome titulando unha función político- institucional desde hai dous mil anos, conformará o primeiro reino medieval de Europa a comezos do século V, operando como realidade diferenciada entre finais do século VI e o inicio do século VII unha vez integrada na monarquía goda, posto que a coroa goda recoñecía tres nacionalidade diferentes, "Hispaniae, Gallie et Gallecie", formando posteriormente a primeira realidade política cristiá da Península, manterá a súa independencia até o século XV, se ben desde mediados do século XIII inicia un devalo como nación ceibe a consecuencia da presión anexionista de Castela. Así, cando en toda Europa botaban a andar os estados modernos, Galiza fica fanada, frustrada, inerme ante a expansión de Castela e presa na roda colonial. A día de hoxe, salvo honrosas e escasas excepcións, a historiografía xa non só se nega a analizar o proceso que viviu o País nese momento, senón que pola vía do silencio, agocha, anula e despreza a súa relevancia histórica. É a vella ladaíña da historiografía dominante que expulsa da historia aquilo que impugna o relato hexemónico e que arromba do debate o que non atopa encaixe no statu quo actual.
NOS_34362
O circo non dá tregua na Deputación de Lugo
O pasado 30 de maio, o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, volveu a apoiar co seu voto unha iniciativa do Partido Popular na que se criticaba duramente a xestión do goberno socialista en SUPLUSA, sociedade pública que xestiona a construción da rede provincial de residencias da terceira idade, solicitando un cambio na composición dos seus órganos de xestión, particularmente na súa presidencia que non poderá coincidir coa da Deputación, tal e como viña acontecendo desde a súa fundación. O alcalde de Becerreá xustificou o seu sentido de voto afirmando que no acordo asinado con Darío Campos para retornar ás filas socialistas, recollíase que a presidencia de SUPLUSA recaería en Manuel Martínez, algo que confirmou posteriormente o propio presidente da Deputación, así como os responsábeis do grupo provincial socialista. Alén das explicacións fornecidas polas diversas partes, o certo é que Martínez, coñecedor do rexeitamento que provoca entre a maioría dos socialistas de Lugo e do veto ao que foi sometido por estes de cara ao congreso federal, quixo facer valer o seu voto e mandar unha mensaxe ao PSOE de que sen o seu apoio a Deputación non é gobernábel. Os termos exactos do acordo entre Campos e Martínez seguen a ser un misterio. A confirmación por parte do presidente da Deputación da promesa realizada ao alcalde de Becerreá para dirixir SUPLUSA certifica que o ofrecido a Martínez para regresar ao PSOE supera o que estes fixeran pública con anterioridade. Segundo fontes socialistas consultadas por Sermos Galiza ao tempo que afirman "descoñecer na súa totalidade as cuestións pactadas entre Manolo e Darío, xa que este non puxo en coñecemento no partido o asinado", sinalan a existencia "dunha parte reservada do mesmo do que gardan copia á marxe dos asinantes, un membro da antiga xestora de Ferraz que participou no proceso e que actuaba como garantía do seu cumprimento". A formalización do retorno de Manuel Martínez á disciplina socialista concretouse nunha xuntanza celebrada na localidade valisoletana de Olmedo, na que á marxe do de Becerreá estiveron presentes Darío Campos e Mario Jiménez, portavoz da antiga xestora do PSOE e persoa de confianza da presidenta andaluza Susana Díaz. Así e todo, sábese que na parte reservada do acordo recóllense garantías para que Martínez poida desenvolver a súa actividade e medios materiais para o seu labor. Manuel Martínez contará con persoal de confianza ao seu servizo Un dos aspectos que está a provocar máis tensión entre os membros do goberno da deputación, así como entre a maioría besteirista do socialismo lugués, é o nomeamento por parte do alcalde de Becerreá de varios liberados que o axudarán no traballo na institución provincial. O perfil destes responderá a homes e mulleres de máxima confianza de Martínez, con peso nas agrupacións do PSOE da provincia e con capacidade organizativa, aspecto no que algúns queren ver o intento do de Becerreá de contar cunha estrutura paralela á da dirección do partido e do propio goberno de Campos. O primeiro destes nomeamentos farase efectivo no mes de Xullo é recaerá nun antigo compañeiro de Martínez no grupo provincial e na oposición a Francisco Cacharro, o focego Xaime Cancio. Sen dúbida algunha, o seu nomeamento provocará fisuras entre os socialistas, coñecedores do pasado de Cancio como militante de AP, ou líder e promotor dunha candidatura independente saída das filas socialistas ou da súa xestión ao fronte da delegación da Consellaría de Pesca en Lugo que provocou o seu cesamento polo propio Pérez Touriño. Un pacto de imposíbel cumprimento Dirixentes socialistas e membros do grupo de goberno da Deputación de Lugo non dubidan en afirmar que o pacto asinado entre Darío Dampos e Manuel Martínez é de imposíbel cumprimento. Segundo estas mesmas fontes, "non só hai unha parte significativa de membros do goberno que están dispostos a chegar até o final, mesmo a romper abertamente con Darío Campos, no caso de que se consume a pretendida colonización por xentes de Martínez da equipa socialista da Deputación, senón que a nova dirección do partido en Madrid e tamén a súa maioría en Lugo queréreno fóra do goberno". Así as cousas, foron precisamente as garantías que ofreceron as xentes de Pedro Sánchez desde Madrid as que paralizaron a publicación dun escrito asinado por arredor dun cento de militantes socialistas de Lugo no que solicitaban apartar do goberno e do PSOE ao de Becerreá. Esta situación de confronto explicaría as declaracións da pasada semana de Martínez en que ameazaba con abandonar o partido co caso de que persistisen os vetos contra el e a súa xente próxima.
NOS_55682
Ese tope mínimo nos créditos hipotecarios foi considerado "abusivo" polo TS. Novagalicia Banco estuda se anular os 90.000 préstamos que teñen esa condicionante
Non todo son malas novas. O Tribunal Supremo vén de considerar nun auto as cláusulas-solo como abusivas. O que implica que as entidades financeiras van ter que ir eliminando eses límites mínimos que se fixaban nas hipotecas a tipo variábel. De feito, o BBVA xa anunciou que eliminará esa condición de 425.000 préstamos. Novagalicia Banco limitouse a anunciar que vai estudar o que facer. Tería por volta de 90.000 hipotecas nesta situación. Calcúlase que en Galiza hai sobre 200.000 hipotecas deste tipo. Corta-pisa As clásulas-solo son los topes aplicados aos xuros hipotecarios para evitar que se reduzan chegado un límite incluso aínda que baixe o euríbor.O aforro para as familias que teñen este tipo de produto, de retirarse esa cláusula, podería ser dun aforro medio a mes de entre 80 e 85 euros.
NOS_6538
As autoridades israelís alegan o lanzamento dun proxectil desde a Faixa, mais Hamas négao. É o primeiro intercambio de fogo en case un mes e medio e o segundo desde o comezo da crise do coronavirus.
O Exército de Israel bombardeou na madrugada de onte varias posicións militares do Movemento de Resistencia Islámica, Hamas, ao sur da cidade de Gaza. O ataque produciuse, segundo as autoridades israelís, despois de se detectar o lanzamento dun proxectil desde o enclave palestino. Este é o primeiro intercambio de fogo en case un mes e medio e o segundo desde o comezo da crise do coronavirus. Segundo a axencia de noticias palestina Ma'an, o bombardeo tamén se desenvolveu ao leste da cidade de Beit Hanoun, no norte da Faixa de Gaza. Ademais, agregou que a artillaría israelí, situada detrás do corredor de separación na parte oriental do enclave, disparou varios proxectís cara a un sitio ao leste da área de Juhor ad Dik, ao sur da cidade de Gaza, e cara a outro sitio ao leste da cidade de Bait Hanun, ao norte. Ma'an tamén indicou que o bombardeo israelí deixara como saldo diversos danos materiais mais ningún ferido. Adxudicación do proxectil Tamén fontes da seguridade de Hamas, que goberna de facto o enclave desde 2007, confirmaron á axencia de noticias internacional EFE que os obxectivos atacados por Israel pertencían á súa organización e que non se produciran nin mortes nin danos persoais. Ademais, aseguraron non ter responsabilidade polo suposto lanzamento do proxectil desde a Faixa. O ataque prodúcese cando as autoridades israelís comezan a levantar as restricións impostas para frear a propagación do novo coronavirus, e pouco despois dos bombardeos de Israel sobre territorio sirio, que na madrugada da terza feira causaron 14 mortes entre as forzas iranianas e as milicias pro-Teherán que apoian o Goberno de Bashar Al Asad na veciña Siria.
NOS_28756
'Cantares gallegos' (1863) é a obra fundacional da literatura galega contemporánea. Non nace do nada. Está precedida dunha lenta recuperación da lingua galega na escrita, que comeza, no século XIX, por unha literatura utilitaria que recolle temas do debate político da altura, e mais por publicación de poesía, en xornais e revistas. Francisco Añón, Alberto Camino e, sobre todo, Xoán Manuel Pintos son nomes relevantes deste afán rehabilitador. Mais é Rosalía de Castro a que consolida de vez estes meritorios precedentes e a que garante a consolidación dun movemento iniciático que, sen ela, podería apagarse ou esmorecer. Dótao dunha obra maxistral que é, ademais, un manifesto en defensa do povo galego.
1. Contexto histórico A guerra contra o francés (1808 e ss.) supuxo unha inflexión na historia da Galiza: a defensa depende da auto-organización do proprio povo. O Estado liberal (1833) decreta o desaparecemento do nominal Reino e trocea a Galiza en catro divisións (as provincias actuais). Toda institución estatal nova (servizo militar obrigatorio –con posibilidade de compra da exención–, Guardia Civil, gobernos civís e militares, Deputacións e Concellos, política fiscal, Lei de Educación...), supón un reforzo da españolización, do control do goberno central e da utilización da Galiza como reserva de materias primas e carne de cañón nas empresas bélicas españolas. O problema da propriedade da terra –que a desamortización de bens eclesiásticos non resolve senón que agrava– e a falta dunha clase dirixente interna ao país con capacidade reitora aceleran a agresión á maioría social, que se ve abocada a unha emigración masiva, promovida polo capitalismo internacional (navieiras e banca) e polo proprio Estado. Á altura de 1860, a povoación galega é de 1,8 millóns de habitantes (o 11,5% da do Estado). Dela, o 6,8 mora nas cidades. A inmensa maioría no campo e na costa. A conciencia galega non está dormida. O levantamento liberal de 1846 (Mártires de Carral) aliméntase dunha indubitábel reivindicación galega. Sintamos a Antolín Faraldo: "Galicia, arrastrando hasta aquí una existencia oprobiosa, convertida en una verdadera colonia de la corte, va a levantarse de su humillación y abatimiento". Dez anos despois, en 1856, o Banquete de Conxo (estudantes e obreiros do brazo) afilia a sensibilidade galega ao máis aceso ideal progresista. A esta xeración –a de Aurelio Aguirre, Pondal, Murguía...– pertence Rosalía de Castro, moza que acode ás aulas e actividades do "Liceo de la Juventud", que é actriz amadora, leitora ávida, ten acreditados dotes artísticos e musicais e axiña se revela como escritora: o espazo de intervención pública posíbel para as mulleres. 2. Obra anterior Antes de 1863, Rosalía de Castro ten publicado o poemario La Flor (1857); un manifesto de vehemente ímpeto feminista, "Lieders" (1858); as novelas La hija del mar (1859) e Flavio (1861), onde brillan a sororidade e a independencia feminina; o poema "Eva", magnífica reversión do misóxino mito bíblico: a introdutora do pecado no mundo será a redentora das mulleres; seis poemas no Álbum de la Caridad (1862): cinco pasarán a Cantares..., indicio dunha revolucionaria fusión como a que vai dar lugar a esta obra. 3. A publicación dos Cantares... Para os seus contemporáneos, é unha obra auroral, que senta as bases literarias do movemento político de rehabilitación da Galiza. Inscrébese nel e impúlsao de forma decisiva. Nese movemento nacional a escritora sitúase resoltamente nas primeiras filas, e esa "grande obra" contou, grazas a ela, cun magnífico instrumento de lexitimación e de propaganda: lingua, patria galega e literatura culta unidas no mesmo libro. Foi a única obra de R de C reeditada en vida (1872), circulou amplamente en copias ou de forma oral e resultou ser un maná para tantos emigrados. Diríxese a un público ilustrado galego, para o persuadir da necesidade de defensa da Galiza; a un público español que debía informarse do verdadeiro ser galego; en xeral, a todos os seus compatriotas, para os curar dos mortais efeitos do auto-odio inoculados no corpo social galego. Este fito inaugural alimentará a literatura do XIX posterior. 3. A orixinalidade dos Cantares... Subliñemos rotundamente: CG é unha obra da literatura culta, non unha colección de refráns e cantigas populares ou unha exhibición de estampas da terra. O que chamou a atención na súa época foi precisamente a virtude de a autora dar forma integral nun libro á depurada capacidade poética da lingua galega, elevando o saber popular á máis alta categoría estética. Isto foi posíbel porque a escritora practicou con toda a consciencia e talento o principio de fusión do eu autorial coa elevación da cultura popular que, grazas a ela, cobraba vida escrita, isto é, vida formal e perdurábel. O grande acerto consiste en dar todo o valor ás formas e contidos das clases traballadoras, sen renunciar á súa propria intervención e á modernidade do seu pensamento. Non hai, pois, reprodución mecánica e si épica-lírica da vida do povo traballador, epónimo da Galiza toda e capaz, a través da súa voz, de erguer un clamor de albedrío nacional. Realiza unha crónica en tempo real dese suxeito colectivo, elevado por vez primeira ao rango de protagonista dunha obra literaria. Cultura viva, pois, non peza de museo. Ao longo dos seus 36 poemas van comparecer: a psicoloxía particular de vellos e novos; o erotismo feminino e masculino; o esplendor da festa; a emigración e as súas angustiosas consecuencias; a denuncia da xenofobia proxectada contra a Galiza desde Castilla-España1; a radical identidade dun país que non cabe na España que a maltrata. Ou sexa: un painel do que era a Galiza e do futuro que merecía. 4. Un libro íntegro en galego Nos poemas, nas notas a rodapé, nas dedicatorias e no prólogo-ensaio que abre o libro e é peza clave para ben interpretarmos o corpo poético. Por primeira vez, a apoloxía galega ousa retratar o ofensor, o agresor, para alén de proclamar o necesario orgullo e dignidade do proprio; por primeira vez, a Galiza aparece como superior a celebradas zonas de España, e como unidade significativa da par dela, da Franza, de Italia ou de Suíza (modelos de beleza). Unha nación, en suma, que ergue a súa voz para combater valente a galegofobia rampante e para demostrar que somos humanos dotados de raciocinio, sentimentos e cultura e non un rabaño submiso, tal e como se nos caracterizaba en abundante literatura española clásica e contemporánea. A autora, aliás, é consciente de que para que haxa botánica debe haber vexetación, isto é, obra en galego antes de os "sabios" indicaren a pauta gramatical correcta. Cumpría, dunha vez por todas, converter a potencia en acto. Ela así o fixo. 5. A composición do libro Reparemos en como todos os poemas da obra (36 na edición definitiva) non levan título, agás "A gaita gallega", resposta ao homónimo de Ventura Ruiz de Aguilera. Por que? Porque se trata dun heroi colectivo, dunha épica referida a toda a comunidade, onde vai brillar o protagonismo feminino. A "meniña gaiteira" que abre e cerra o poemario, a "rapaza morena" (igual a traballadora do campo e/ou do mar) é, nesta ópera de voces e de presenzas, a encargada de cumprir unha demanda comunal: cantar á Galiza na súa lingua e unir sentimento e conciencia da patria. Entre obertura e final, asistiremos, como en toda ópera, a un fantástico desfile de polifonía e de personaxes. A autora, actriz aclamada, é quen de dar voz verosímil e potente a múltiplos elementos: o emigrante inminente (poema nº 15); a emigrada anguriada polo desterro (17); as rapazas que expresan a súa autonomía sentimental e sexual e a súa liberdade de conduta (2, 7, 9, 13, 34...); o amante resentido e maldicedor (10) ou agarimoso e compasivo (12, 24); a viúva prematura pola morte do rapaz na emigración, en cuxa voz resoa a máis sentida elexía e a máis firme cantiga de maldizer nunca escrita en galego, en alianza de dor e de carraxe (28). Mais a obra non esgota aquí a creación dun repertorio novo, porque debemos engadir a utilización do verso (magnificamente ben usado en todos os casos) para compor un conto (25), auto-introducirse biograficamente (11 e 33) ou esmerarse na composición dunha letra acorde á alborada, o que, máis unha vez, para alén da condición claramente cantabile de tantos poemas, evidencia o talento musical da escritora. En suma: a lingua galega vale para calquer cometido literario, para calquer xénero. 6. Transcendencia Un antes e un despois marca esta obra na produción toda da escritora. O libro, "esaltado fruto de amor ô noso país", como ela o define en 1880, aúna as máis requintadas cualidades estéticas coa máis radical democracia e conciencia patriótica. Auténtica denominación de orixe para unha literatura (re)nacente. Escolma de textos [1] Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera, i anque sea torpemente, ôs que sin razón nin conocemento algún nos despresan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa... [...] Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre a España a inxusticia que ela á súa vez conosco comete (Do prólogo da autora a Cantares gallegos). [2] Nasín cando as prantas nasen,no mes das froles nasín,nunha alborada mainiña,nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa,mais a do triste sorrir,con espiñas para todos,sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato,todo acabou para min,que eras ti para min todo,miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di,cando sabes que morrerapor te contemplar felís? Duro cravo me encravachecon ese teu maldesir,con ese teu pedir toloque non sei qué quer de min,pois dinche canto dar pudenavariciosa de ti. O meu corasón che mandocunha chave para o abrir.Nin eu teño máis que darchenin ti máis que me pedir. [CG 2] [3] Fun un domingo,fun pola tarde,co sol que baixatras dos pinares,cas nubes brancassombra dos ánxeles,cas palomiñasque as alas batencon un batido manso e suave,atravesandovagos celaxes,mundos estrañosque en raios partenricos tesourosde ouro e diamante. Pasín os montes,montes e valles;pasín llanurase soledades;pasín os regos,pasín os marescos pés enxoitose sin cansarme. Colleume a noite,noite brillantecunha luniñafeita de xaspes,e fun con ela camiño adiante,cas estreliñaspara guiarme,que aquel camiñosólo elas saben. Dempois a auroraco seu sembrantefeito de rosasveu a alumbrarme,e vin estonces,antre a ramaxede olmos e pinos,acobexarxebranca casiñacon palomaredonde as pombiñasentran e saien. Nela se escoitandoces cantares,nela garulanmozos galantescas rapaciñasde outros lugares. Todo é contento,todo é folgarementras a pedrabate que bate,mole que mole,dálle que dálle,con lindo gustofaille compases. Non hai sitiño que máis me agradeque aquel muíñodos castañares,donde hai meniñas,donde hai rapacesque ricamentesaben loitare;donde rechinanhasta cansarsemozos e vellos,nenos e grandes,e, anque non querenque aló me baixe,sin que o souperana casa naide, fun ô muíñodo meu compadre;fun polo vento,vin polo aire. [CG 7] [4] Castellanos de Castilla,tratade ben ôs gallegos;cando van, van como rosas;cando vén, vén como negros. –Cando foi, iba sorrindo;cando veu, viña morrendo;a luciña dos meus ollos,o amantiño do meu peito. [...] Foi a Castilla por pan,e saramagos lle deron;déronlle fel por bebida,peniñas por alimento. [...] Morreu aquel que eu quería,e para min n´hai consuelo:sólo hai para min, Castilla,a mala lei que che teño. Premita Dios, castellanos,castellanos que aborreso,que antes os gallegos morranque ir a pedirvos sustento. Pois tan mal corazón tendes,secos fillos do deserto,que si amargo pan vos ganan,dádesllo envolto en veneno. [...] Van probes e tornan probes,van sans e tornan enfermos,que anque eles son como rosas,tratádelos como negros. ¡Castellanos de Castilla,tendes corazón de aceiro,alma como as penas dura,e sin entrañas o peito! [CG 28, fragmentos] [5] Probe Galicia, non debeschamarte nunca española,que España de ti se olvidacando eres, ¡ai!, tan hermosa. Cal si na infamia naceras,torpe, de ti se avergonza,i a nai que un fillo despresanai sin corazón se noma. Naide por que te levantesche alarga a man bondadosa;naide os teus prantos enxuga,i homilde choras e choras. Galicia, ti non tes patria,ti vives no mundo soia,i a prole fecunda túase espalla en errantes hordas,mentras triste e solitariatendida na verde alfombraô mar esperanzas pides,de Dios esperanza imploras. Por eso anque en son de festaalegre a gaitiña se oia,eu podo decirche:non canta, que chora. [Parte IV de "A gaita gallega"] [6] Como chove miudiño,como miudiño chove;como chove miudiñopola banda de Laíño,pola banda de Lestrove. [...] ¡Sol de Italia, sol de amore...!¿Ti paisax mellor alumas?¿Ti máis rosas, máis verdore,mellor ceu, máis soave coreves do golfo antre as espumas? Sol de Italia, eu non sospiropor sentirte ardente raio,que outro sol temprado miro;dosemente aquí respironun perene, eterno maio. [...] Alí está, sombra perdida,vos sin son, corpo sin alma,amazona mal feridaque ô sentir que perde a vidase adormece en xorda calma. Casa grande lle chamabannoutro tempo venturoso,cando os probes a improrabane fartiños se quentabanô seu lume cariñoso. Casa grande, cando un santovenerable cabaleiro1,con tranquilo, nobre encanto,baixo os priegues do seu mantocobexaba ô pordioseiro. [...] Ora todo silensiosocausa alí medo e pavura,mora esprito temerosonos salóns onde o reposofixo un niño ca tristura. [...] I antre aquel silencio mudoque a trubar naide alí chega,antre aquel ¡xa fun! tan rudo,vese inteiro un nobre escudoque a desir non son se nega. [CG 33, fragmentos]
NOS_38320
Pontevedra acolle este sábado unhas xornadas sobre xestión sustentábel do territorio que reúnen activistas e expertos, organizadas pola eurodeputada Lidia Senra.
'A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa´e o título das xornadas que este sábado, 8 de xullo, vai decorrer en Pontevedra organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra. "Necesitamos intercambiar opinión, experiencias, reflexionar e debater", afirma Senra, que sostén que "estamos nun momento no que as forzas neoliberais intentan a cada paso máis perverter o termo sustentábel e usalo para nomear accións e políticas súas impulsadas na Galiza e en toda Europa que en realidade de sustentábeis non teñen nada". De aí, engade, a necesidade "de analizar o que está a acontecer coa xestión do territorio, coa falta de respecto e desleixo que amosan as administracións". Entre as persoas que tomarán parte nas mesmas está Pedro Mota e Costa, chegado de Portugal, asesor de Xestión Autárquica e Finanzas Locais. Levará acabo un relatorio que versará sobre a 'Promoción da sustentabilidade local a través de discriminación financeira positiva'. Eduardo José Corbelle Rico, enxeñeiro de Montes e profesor universitario de Enxeñaría Agroforestal no Campus de Lugo; Belén Fervenza, responsable do sector de horta, froita e flor do Sindicato Labrego Galego (SLG); e María Ángeles Ríos Pintos, da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, falarán sobre o despoboamento do rural. "A xestión dos recursos hidrolóxicos. O aproveitamento enerxético dos caudais e os dereitos públicos e veciñais sobre as augas e o patrimonio termal", a cargo de Heitor Picallo Fuentes, enxeñeiro e investigador, membro da Plataforma pola Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis e Caldas de Reis; e Telma Lago Rodríguez, da Cooperativa Nosa Enerxía. Un coloquio porá o ramo a estas xornadas. 'Ameazas que afectan ao patrimonio cultural arqueolóxico. Propostas fronte ao esquecemento', con Antonio Costa, presidente da Asociación Irmandade Illa de Tambo; e Xesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación Umia Vivo.
PRAZA_18259
Dende que en xuño de 2018 Andalucía e Balears se incorporaron ao sistema de interoperabilidade só Madrid mantén uns atrancos que tamén se dan en Ceuta e Melilla, onde as competencias sanitarias son do Estado
Se vostede acode a unha farmacia asturiana, castelá, vasca, catalá, andaluza ou valenciana á procura dun medicamento que lle receitaron no seu ambulatorio do Servizo Galego de Saúde, a persoa que estea da outra beira do mostrador dispensarallo sen máis atrancos que pasar a súa tarxeta sanitaria por un lector e consultar no seu ordenador de que fármaco se trata. O mesmo sucederá en Aragón, Balears, Canarias, Cantabria, Extremadura, Murcia, Navarra ou La Rioja. En todas as comunidades autónomas agás en Madrid.O pasado xuño, pouco despois da moción de censura que desbancou o Goberno de Mariano Rajoy, o Congreso dos Deputados debateu unha proposición que Ciudadanos rexistrara en 2016 co obxectivo de que "calquera cidadán poida ser atendido e reciba os seus medicamentos en calquera punto de España". Segundo o partido de Albert Rivera, o xeito de lograr esta finalidade era implantar unha "tarxeta sanitaria única" que reemprazase as emitidadas polas comunidades autónomas en virtude das súas competencias sanitarias -no caso galego, transferidas hai un cuarto de século-. O propio Rivera afirmaba o pasado 8 de outubro nun almorzo informativo que "cando te desprazas de comunidade" é "complicado sacar unha receita". Dende que en xuño de 2018 Andalucía e Balears se incorporaron ao sistema de interoperabilidade só Madrid mantén uns atrancos que tamén se dan en Ceuta e Melilla, onde as competencias sanitarias son do EstadoCando esta iniciativa foi debatida -alén de C's tamén recibiu os votos a prol do PP, pero foi rexeitada- o certo é que o presentado polo partido laranxa e algúns medios como un problema xeral era só un atranco madrileño. Porque xustamente en xuño de 2018 se incorporaron plenamente ao sistema de interoperabilidade da receita electrónica os servizos sanitarios de Andalucía e Balears como emisores e receptores, isto é, tanto para expediren receitas de fármacos que poden ser dispensados noutras autonomías como para proporcionar medicación receitada noutros territorios. No caso galego a tarxeta está adaptada dende 2014 e o sistema funciona en ambas direccións dende marzo de 2017; outros gobernos autónomos fixeran o propio dende mediados de 2015, tal e como consta nas bases de datos do Ministerio de Sanidade.Así, mentres en 16 comunidades xa é posible tramitar receitas sanitarias electrónicas con normalidade, a Comunidad de Madrid é a que acumula un maior atraso. Así o acreditaba o pasado verán o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, que subliñaban ademais que faltaban por incorporarse ao sistema as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, onde as competencias sanitarias dependen do Estado a través do organismo INGESA, que substituíu o antigo INSALUD tras os traspasos autonómicos. En Madrid a interoperabilidade da receita sanitaria electrónica está aínda en probasEn Madrid, segundo o Ministerio, o "desenvolvemento" da interoperabilidade das tarxetas sanitarias para dispensar fármacos comezou en febreiro de 2016 e o sistema está en fase de probas dende novembro de 2016. O pasado setembro a Consellería de Sanidade do goberno madrileño indicou que xa estaban a probar esta tecnoloxía nalgúns centros de saúde e hospitais, segundo recolleu Redacción Médica.Mentres a implantación non sexa completa seguirán acontecendo feitos como os detallados por Pablo L. Orosa na Revista Luzes: residentes en Madrid que proceden de calquera outro punto do Estado vense obrigados a viaxaren a provincias lindeiras para recolleren medicamentos nas súas farmacias se non dispoñen dunha receita en papel. No que atinxe á interoperabilidade das historias clínicas, regulada por decreto dende 2010, informes do Ministerio indicaban no outono de 2017 que a consulta entre autonomías xa beneficiaba daquela ao 77, 88% da poboación.
PRAZA_20366
A conselleira espera que as hectáreas queimadas este ano non superen as 15.000, fronte ás 21.000 de 2016 ou as 12.000 de 2015
O período de máximo risco comeza o próximo sábado pero a Xunta non remitiu o plan para a súa consulta ás entidades do sector ata o pasado venres O período de máximo risco de incendios comeza o próximo sábado, pero a Xunta non remitiu o seu Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) ás entidades que forman o Consello Forestal de Galicia ata o pasado venres. Fíxoo mesmo despois de presentarlle as súas principais novidades aos medios de comunicación. Con só unha fin de semana polo medio para poder analizar un documento de varios centos de páxinas, este luns cinco das entidades presentes nese organismo consultivo decidiron non participar nel a xeito de protesta. Foron o Sindicato Labrego Galego, a Federación Ecoloxista Galega, a Organización Galega de Comunidades de Montes e a Asociación Forestal Frouma. Segundo as cinco entidades, ademais da demora da Xunta en trasladarlles o documento e da proximidade con que o fai ao inicio do período de máximo risco, "outra das prácticas da Consellaría para abondar neste entorpecemento é poñer a hora de comezo do Consello Forestal pasado o mediodía, para deixar pouco espazo ao debate e tratamento en profundidade das cuestións da orde do día". "Estas prácticas entorpecedoras das que falamos non son esporádicas, senón que constitúen o modus operandi habitual da Consellaría de Medio Rural", salientan. As entidades que este luns abandonaron o Consello Forestal fano de xeito puntual, en protesta polo proceder da Xunta, pero matizan que seguirán formando parte do órgano consultivo para "poder cambialo". A conselleira espera que as hectáreas queimadas este ano non superen as 15.000, fronte ás 21.000 de 2016 ou as 12.000 de 2015 Na reunión deste luns, como xa fixera o pasado venres o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, a propia conselleira, Ángeles Vázquez, salientou como unha das principais novidades a xeolocalización do persoal e os medios materiais do dispositivo de extinción de incendios, unha mellora tecnolóxica que vinculou novamente de xeito directo cunha maior seguridade. Fíxoo poucos días despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) responsabilizase á Xunta pola morte en 2010 de dous brigadistas que morreron porque tanto eles como unha motobomba que acudía no seu auxilio se desorientaron. A conselleira tamén indicou que o obxectivo para este ano é que as hectáreas queimadas non superen as 15.000 e que o número de incendios de máis de unha hectárea non supere os 559, cifras que se establecen en función das medias dos últimos anos. Como comparación, o ano pasado arderon en Galicia unhas 21.000 hectáreas, mentres que en 2015 foron unhas 12.000. De momento, no que vai de ano xa se queimaron en Galicia máis de 3.000 hectáreas.
NOS_24589
Até 100 traballador@s poderán ser chamados por cada concello madrileño sen lle facer un contrato nin cotizar por el@s á seguridade social. Porén, a persoa non se poderá negar se quere manter a prestación que cobra
A Comunidad de Madrid obrigará as persoas que están no desemprego a traballaren de balde para os concellos namentres cobren a prestación. Até oito horas diarias, unha xornada laboral completa. Será en virtude dun "plan de colaboración social" que se aprobou esta semana e que non conta co apoio das centrais sindicais, ao consideraren que a medida fomenta o emprego somerxido para evitar contratar @s traballador@s necesari@s para cubrir as vacantes que os recortes e a pretendida austeridade deixaron nas institucións públicas. En virtude do plan elaborado polo goberno que lidera Ignacio González e que xa foi publicado no Boletín da Comunidade Madrileña, polo que entrará en vigor "nos vindeiros días", os concellos poderán solicitar até cen empregad@s no mes que vén e serán premiados con subvencións públicas. A consellaría de Emprego di que así "os parados non se oxidan" e que esta actividade é "un complemento" á axuda económica que reciben e suporá "un reforzo da formación", malia que unicamente lles impartirán formación durante 60 horas en seis meses, 10 horas ao mes. Os traballos que se lles encomendarán serán "de interese xeral" e irán desde a rehabilitación de vivendas, vixilancia, reparación de rúas, xestión de residuos ou prevencións de incendios. Non serán contratad@s nin tampouco estarán dad@s de alta na seguridade social. Malia que esta práctica vén fomentada pola contrarreforma laboral aprobada polo Goberno español, está amparada nun real decreto que data de 1982 e a súa definición e orientación é moi similar aos traballos en beneficio da comunidade que o Código penal contempla para persoas condenadas, como alternativa a unha pena de cárcere. Cunha particularidade: estes últimos deben contar sempre co consentimento d@ penad@. Porén, @s desempregad@s madrileñ@s terán que os aceptar se queren seguir recibindo a prestación.
PRAZA_6256
A Axencia de Turismo adxudica a Unipublic a promoción do país "a través" da última tirada que se celebrará en Compostela. A cantidade é case o dobre do que o mesmo organismo gastou na edición do ano pasado nun anuncio promocional.
A Xunta leva tempo apostando pola Vuelta Ciclista a España. Cun perfil máis turístico que deportivo, esta aposta levou a que en 2013 a rolda saíse dende Vilanova de Arousa, cunha implicación económica directa da Deputación de Pontevedra. Para Feijóo aquel evento foi unha "inmensa satisfacción", porque a rolda ciclista se iniciaba nun "elemento idiosincrático da nosa iconografía como pobo". "A aposta da nosa comunidade pola Vuelta é máis forte ca nunca", explicou o presidente. A Xunta negoulle á oposición información sobre o que gastara na edición do ano pasado da Vuelta Agora, o Goberno galego prepárase para acoller a edición de 2014, onde Galicia volverá ter un papel relevante, sendo desta vez o escenario das cinco últimas etapas, incluíndo unha tirada final que rematará na praza do Obradoiro. A principios deste ano, a oposición intentou que a Xunta desvelase os cartos públicos que a Administración autonómica gastara na edición do pasado ano. Pero nada conseguiu. A Axencia de Turismo contestou os partidos que preguntaron pero sen revelar cantidade ningunha, aínda que foi a propia Axencia a que pagou un anuncio promocional adxudicado a Unipublic, propietaria e organizadora da Vuelta, que asumiu o encargo en abril de 2013 por algo máis de 165.000 euros. A Axencia de Turismo adxudicou a "promoción do turismo de Galicia" a Unipublic por máis de 289.000 euros Deste ano, o gasto será aínda maior, de case o dobre, e outra vez a través da Axencia de Turismo de Galicia, que vén de adxudicar tamén a Unipublic a "promoción do turismo de Galicia a través da etapa 21ª Santiago de Compostela-Santiago de Compostela (CIR) da Volta Ciclista a España 2014". A empresa organizadora da carreira asumirá este encargo publicitario por 289.256,20 euros. Estes cartos, á marxe dos que acheguen as deputacións provinciais e os concellos por onde discorran as diferentes etapas da rolda ciclista en Galicia, que rematará na praza do Obradoiro. Alí, a compañía propietaria da competición ofrecerá un "espazo privado na chegada da derradeira tirada da Vuelta" ante o Pazo de Raxoi. Haberá "cátering" e "barra libre". Todo por 150 euros máis IVE. Un espazo VIP por uns 180 euros. Case 290.000 euros co obxectivo de promocionar o turismo de Galicia, nunha estratexia da que o Goberno apoia polo retorno económico que disque ten unha Vuelta que permitiría aumentar a afluencia de visitantes ao país. Será nunha carreira que, malia a relevancia galega no seu percorrido, non poderá gozar dun equipo galego. O desaparecido Xacobeo deixou de levar as cores galegas por un millón de euros. "A Xunta non nos tiña cariño", coincidían en denunciar varios dos corredores daquel conxunto nunha entrevista en Praza Pública.
PRAZA_15923
Beatriz Figueroa, activista polos dereitos dos enfermos, participa nunha charla dirixida á comunidade educativa co gallo do Día Mundial conra o Cancro. Advirte da necesidade de "non afastar" os fillos dos afectados da realidade e pide "chamarlles ás cousas polo seu nome".
Hai xa case tres anos, Beatriz Figueroa comezou a súa batalla. En solitario, sen apenas apoio, esta enferma de cancro pelexou -e pelexa- por unha maior protección social e laboral para os doentes desta enfermidade que estean en tratamento. Fixo folga de fame, recolleu sinaturas e presentou medio millón no Congreso, onde tan só o PP votou en contra da toma en consideración da proposta na que solicitaba a incapacidade permanente, non definitiva, para os enfermos sometidos a un tratamento e mentres non se produza a súa curación. Ademais, reclama a exención do copagamento farmacéutico para os enfermos, obrigados a abonar o 40% do importe dos seus medicamentos mesmo cando perciben unicamente 426 euros como subsidio por desemprego tras esgotar o paro. Chegou ata a Defensora do Pobo, que acusou a Xunta de poñer en "risco" a saúde das persoas sen recursos nun duro escrito. Figueroa colabora coa comunidade educativa para que os nenos afronte da mellor maneira posible a enfermidade dos pais Na súa continua loita, e co gallo do Día Mundial contra o Cancro, esta activista polos dereitos dos enfermos engade outra perspectiva á realidade desta doenza desde a súa experiencia: a dos familiares e, nomeadamente, a dos fillos dos afectados. Convidada pola Federación Olívica de Asociacións de Pais de Alumnos (Foanpas), participou o pasado mércores nunha charla enfocada na comunidade educativa e nas familias dos máis pequenos. Nela incluíronse varios testemuños, moitos deles algúns dos centos que Beatriz Figueroa leva recibindo desde que en maio de 2013 denunciara publicamente a desprotección económica, social e laboral dos doentes. "O cancro segue a ser unha enfermidade que xera moitos medos e incertidumes entre as persoas que arrodean o enfermo. Falar do cancro non é nada doado e moito menos cando tes que dalo a coñecer a uns cativos", explica Figueroa. Unha desas experiencias relatada -e que emocionou o auditorio- foi a de Beatriz Rouco e o seu fillo de apenas 13 anos. Logo de detectárenlle unha leucemia, a empresa na que traballara 26 anos convidouna a marchar sen pagarlle indemnización ningunha. "E non denunciou porque tiña outra batalla que librar: seguir con vida". "Hai que afrontalo e non agochalo; é a maneira na que os nenos viran en persoas máis sensibles e empáticas" "O rapaz emociónase pero é moi enteiro; é duro pero hai que afrontalo e non agochalo; a mala experiencia converte os nenos en persoas sensibles e que aprecian máis todo o que teñen, tamén no futuro", asegura Beatriz Figueroa, que cre que "na sociedade do consumismo e do materialismo, vivir estas cousas, dentro do malo, fai que moita xente recupere valores que se perderon". "Os máis pequenos edúcaselles coa tendencia ao éxito, coa crenza de que todo vai saír ben... E afastámolos da realidade e dos adultos, pero eles serán os adultos do futuro e non lle podemos dar as costas ao que pasa; son momentos duros e difíciles, pero terán que abordalos coa axuda dos pais e dos profesionais", engade quen insiste en que aos nenos "hai que falarlles con naturalidade do cancro". "Se así se fai, no día de mañá terán máis empatía co sufrimento e as dificultades dos demais, serán máis solidarios e terán máis conciencia para unha actitude positiva de cara á sociedade", continúa. "Hai que falar con naturalidade do cancro e non afastar os nenos da realidade senón afrontala coa axuda dos pais e dos profesionais" Todo malia experiencias duras como as que se escoitaron en Vigo. Como a de Javier, un home que quixo deixar o tratamento, non polas graves consecuencias físicas, senón porque a incapacidade para traballar e os 426 euros que recibía impedían que a súa filla tivese todo o que el lle quería dar. "Non é unha parte amable, non é fácil afrontalo, pero facelo enriquece e afastalo non serve de nada", conta. Ademais, Beatriz Figueroa insiste, como os expertos, en que "hai que chamarlles ás cousas polo seu nome". "Evitar a palabra cancro non é bo e se non llo dis a un pequeno abertamente, acabará escoitándoo na súa contorna e asustarse", explica tras un coloquio no que se insistiu na necesidade de, con apoio profesional, se sitúe os rapaces ante a realidade, tamén como unha maneira de que a súa concienciación social e empatía cara aos demais aumente. Alba e Manuel, dous rapaces de menos de once anos, enviaron tamén á charla un relato sobre como enfrontaron o cancro da súa nai, que loita tamén na xustiza contra a decisión da Seguridade Social de denegarlle a incapacidade malia os seus problemas físicos. En abril ten o xuízo "aínda que apenas ten forzas para saír da casa". Falou tamén Susana, asturiana que perdeu o seu traballo -era pescadeira- e agora está en paro "sen incapacidade recoñecida para a súa profesión, pero si completamente imposibilidatada para poder exercela". Xa que logo, tratando de "reinventarse" facendo cursos "para poder volver ao mercado laboral". "A familia e os nenos, malia toda esa desprotección social e laboral, teñen que abordar o cancro da mellor maneira, como calquera outro enfermo", explica Figueroa, que xunto outros afectados e implicados nesta loita intentaron abordar a difícil situación de explicarlles aos máis pequenos a doenza e as súas posibles consecuencias. A activista lembra que "nos proxectos educativos non se contempla preparar os alumnos para a dor, o sufrmiento, o fracaso ou a morte". "Cando se atopan con estas realidades, a súa frustración é enorme e os seus recursos, escasos", di. "Queda moito por facer; moitas veces son os adultos os que evitan a realidade e afastan os seus fillos dela" Polo momento, Beatriz recibiu xa varios convites para levar a cabo charlas en centros escolares e o vindeiro 16 de marzo acudirá a un instituto vigués a abordar a enfermidade cos alumnos. Aínda así, advirte que "para poder achegar esta realidade ás aulas, os pais teñen que estar de acordo... Moitas veces son os adultos os que evitan enfrontarse a ela e afastan os seus fillos de quen a sofre ou llela explica". "Moitas veces só o entendemos os que o pasamos ou os que teñen persoas achegadas que o sofren; queda moito por facer pero é fundamental que os nenos de agora sexa adultos empáticos", remata.
PRAZA_4155
Ademais do medio cento de positivos detectados por PCR, rexistráronse outros 111 mediante proba de anticorpos. Nas últimas 24 horas houbo dous novos falecementos, o que eleva a cifra total de mortes a 588. A ocupación hospitalaria segue a descender, cun total de 26 pacientes nas UCI.
Os datos epidemiolóxicos e sanitarios da epidemia de coronavirus manteñen este venres en Galicia a mesma tendencia que se vén apuntando nas últimas semanas: unha lenta diminución no número de positivos rexistrados e tamén nas cifras de novas hospitalizacións que se engade á mellora xeral dos indicadores hospitalarios, coa saída das UCI e unidades convencionais de moitos pacientes.Este venres o Ministerio de Sanidade notifica en Galicia 50 diagnósticos positivos mediante probas PCR, as máis precisas. E, ademais, outros 111 positivos de probas realizadas cos diversos tipos de test anticorpos. No caso destes coñecidos como test rápidos, os datos non son necesariamente do último día e a súa fiabilidade é relativa, como vén advertindo o persoal que os realiza. As cifras son superiores ás rexistradas este xoves (37 e 63), pero en xeral manteñen unha tendencia á baixa. Moi lenta, iso si.Esa tendencia positiva reflítese na redución da incidencia xeral da enfermidade (número de casos novos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días), que pasa de 41,49 a 38,64. Galicia segue a situarse en cifras moi semellantes á media do Estado Español (que pasad de 40,15 a 38,39). Cómpre lembrar que os expertos sanitarios barallan o límite de 30 casos novos por cada 100.000 habitantes en 14 días como unha referencia á hora de sinalar como recomendable o avance no desconfinamento.Nas últimas 24 horas só se rexistraron dous falecementos en Galicia (ningún deles en residencias), o que eleva a cifra total de mortes polo coronavirus a 588.En total, segundo a información da Consellería de Sanidade, en Galicia hai nestes momentos 2.727 "casos activos" de coronavirus (sumando pacientes hospitalizados e aqueles casos máis leves que se atopan nos seus domicilios). Son 20 menos que os existentes este xoves (2.747). 2.505 deles atópanse nas súas casas.O que o Sergas segue denominando "curacións", pero que tamén reflicten negativos de test rápidos -como detalla o Ministerio- chegan ás 7.138. O Estado divulga datos da evolución do coronavirus en Galicia que a Xunta lle transmite pero non fai públicos.Nas últimas 24 horas houbo un total de 25 novas hospitalizacións pola Covid-19 en Galicia, e só unha delas en UCI. En total, o número de persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos pasou de 28 a 26. Ademais, a cifra de persoas hospitalizadas en planta tamén se reduciu, pasano de 205 a 196. Cómpre ter en conta, non obstante, que non todas as reducións significan necesariamente que se trate de pacientes de alta hospitalaria, xa que as novas normas do cómputo do coronavirus implican que un paciente con test negativo deixa de figurar na estatística da covid-19 aínda que sexa preciso que siga ingresado.Nas residencias de maiores e centros de atención á discapacidade seguen a mellorar os indicadores. Este xoves non se rexistrou ningún falecemento, ficando a cifra total de mortes en 266. Tamén descende o número de residentes e traballadoras infectados e infectadas de Covid-19 ata un total de 612 (eran 679 este xoves). A cifra chegou a ser máis do dobre a mediados do mes de abril. Entre os casos que seguen activos, 289 corresponden usuarios e usuarias de residencias de maiores, 213 a traballadoras e traballadores, 74 a usuarios e usuarias dos CAPD e 36 ao seu persoal.O número de PCR realizadas elevouse en 1.704, ata chegar ás 111.600. Nos últimos cinco días non houbo ningún no que as PCR realizadas en Galicia chegasen ás dúas mil, cando o habitual hai unhas dúas ou tres semanas era que o seu número superase amplamente as tres mil ao día. Isto fai que a proporción de PCR que teñen un resultado positivo se manteña ao redor do 3%, unha porcentaxe que case non variou dende o pasado 20 de abril. Por áreas sanitarias, dos 2.727 casos activos, 655 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 432 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 743 da área de Vigo, 470 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Nas últimas 24 horas reducíronse as cifras de todas elas, agás as da área sanitaria da Coruña, que se incrementou en 12 novos casos, e a de Compostela, que medrou en 22.En todo caso, a área sanitaria con máis positivos neste momento segue sendo Vigo e o territorio con máis incidencia da enfermidade (casos por habitante) é o que abrangue a área sanitaria de Ourense, seguido de Vigo e A Coruña. Pola contra, Pontevedra, Lugo e Ferrol son as áreas con menos casos por habitante.
NOS_54459
Até 19 persoas foron sancionadas en 2013 na Coruña ao abeiro dunha ordenanza municipal que impón 100 euros de multa por remexer nos contedores.
Como adiantaba Sermos Galiza hai meses, a policía da Coruña comezou a multar con 100 euros a aquelas persoas que remexesen nos contedores do lixo, probabelmente na procura de alimento. Segundo o goberno municipal, as sancións fixábanse de acordo cunha ordenanza local que visa sancionar "esta actividade" porque, din, "ensuxa a contorna". Após a publicación da memoria anual elaborada pola policía local e que cifra para 2013 en 19 os as multas por 'manipulación dos contedores do lixo' desde o grupo municipal do BNG na Coruña denuncian que "o PP castiga con multas as persoas famentas" e alertan de que "só unha administración inhumana, insensíbel e prepotente, só un estado policial, manda a policía contra as persoas que pasan fame". María Xosé Bravo, concelleira nacionalista, salientou que este tipo de multas só se recollen no 2013, pois, explicou, "nin a memoria de xestión do 2011 nin a do 2012 recollen sancións por buscar comida nos colectores". Neste senso, para a organización frontista a aplicación que se está a facer da ordenanza municipal de "limpeza" é "fraudulenta" e "inxusta" porque, acrecentou, estase a usar "para castigar as persoas en situación de pobreza extrema que se ven na obriga de buscar alimentos que os Servizos Sociais non son quen de fornecerlles". María Xosé Bravo (BNG): "Só un estado policial manda a policía contra as persoas que pasan fame" Estas multas prodúcense nun contexto de crise económica no que está a medrar de maneira notábel o índice de exclusión social e a porcentaxe de persoas en risco de padeceren pobreza extrema. Segundo o IGE son, precisamente, aquelas localidades da faixa atlántica --noutrora as máis equitativas socialmente-- as que están a sofrer un maior aumento na desigualdade social o que aboca a ducias de persoas --sen recursos-- a procuraren alimento, mesmo na rúa. Neste senso, desde o BNG entenden que a actitude do goberno do Partido Popular na cidade herculina "loita contra @s pobres e non contra a pobreza" polo que lle exixirán explicacións no vindeiro pleno municipal. Cumpre lembrar que esta postura "belixerante" face as persoas que remexen nos contedores do lixo xa foi levada a cabo noutros concellos gobernados polo PP. Por exemplo, o Ayuntamiento de Madrid --con Ana Botella á fronte-- multa con até 750 euros por "furgar no lixo" e "depositar os residuos de pequena entidade fóra da papeleira".
PRAZA_19909
A gala, que se celebrará o vindeiro 3 de maio en Pontevedra, está deseñada "dende unha perspectiva de xénero". Ademais, haberá espao para as distintas reivindicacións do sector musical.
A gala de entrega dos IV Premios Martín Códax, que se celebrará o vindeiro mércores 3 de maio en Pontevedra, reivindicará o papel das mulleres na música. O espectáculo está deseñado "dende unha perspectiva de xénero" coa que pretenden subliñar a súa importancia no sector e na profesión e traballar "por un mundo no que non perdamos a visión da metade das persoas que o habitamos", sinalou este xoves Areta Bolado, unha das integrantes da compañía de teatro A Panadaría, responsable da dirección artística da gala. O espectáculo contará cunha banda base composta integramente por mulleres que acompañarán as actuacións doutras compañeiras músicas, premiadas na anterior edición. Ademais, todos os gañadores e gañadoras da anterior edición van estar presentes na cerimonaia, actuando, entregando premios ou a través de versións paródicas das súas músicas ideadas e interpretadas pola Panadaría. Así mesmo, Iria Pinheiro, presidenta de Músicos ao Vivo, apunta que a gala deste ano "ademais de ser a gran festa da música galega vai ser un acto onde se reivindiquen as demandas do sector". Neste sentido mencionou a nova lei de espectáculos, as políticas municipais para regular a música ao vivo, a necesidade dunha maior presenza da muller na asociación e nos premios, a constitución dunha cooperativa de facturación galega e a importancia de promover unha educación musical de calidade. Un total de 57 artistas, grupos e proxectos optan aos premios nas súas 19 categorías. Ademais, a asociación Músicos ao Vivo outorgará o seu Premio Honorífico 2017 a Dorothé Schubarth, autora do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical. A gala será retransmitida en directo a través da web www.premiosmartincodaxdamusica.com e en diferido na TVG o sábado 6 de maio a partir das doce das noite.
NOS_10422
Inaer tamén se encarga de xestionar as aeronaves de Salvamento Marítimo e Emerxencias
Os helicópteros da Xunta, tanto os de Salvamento Marítimo e Emerxencias como os de loita contraincendios, son xestionados pola mesma empresa, Inaer. Unha xestión que acadou, no que se refire aos de combate contra o lume, en dúas veces polo mesmo procedemento: negociado sen publicidade. A dedo, como vén de denunciar o xornal El País . Malia cantidade dese contrato, por riba dos doce millóns de euros. En 2012, a Consellería do Medio Rural outorgou a Inaer o servizo para operar con helicópteros de loita contra incendios por ese procedemento argüindo que non tiña tempo para convocar o concurso. Inaer xa non é que se encargue só dos helicópteros, senón tamén de contratar as brigadas aerotransportadas, algo que até entón facía a Xunta. Os sindicatos denunciaron a privatización que iso supuña, e a CIG mesmo levou aos xulgados ao goberno autonómico por "prevaricación". Obrigada a convocar concurso Nesta ocasión, a Consellería estaba obrigada a convocar un concurso. E fíxoo. Presentouse ao mesmo Inaer e outra empresa, con experiencia tamén neste campo. Mais a administración autonómica optou por declarar deserto o concurso, aducindo incumprimentos puntuais. Ao ficar deserto, puido ir a un proceso de negociado sen publicidade. Desde a CIG denuncian que "xusto un día despois de que o presidente Feijoo anuncie o contido do proxecto de Lei de racionalización da Administración Autonómica temos constancia de que a Consellaría de Medio Rural vén de adxudicar a dedo por 12 millóns de euros un contrato cantado para o servicio de helicópteros da loita contra incendios e a contratación de brigadas. Un contrato para INAER e Natutecnia, empresas agraciadas o ano pasado con outro similar". Pola súa banda, a conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana asegurou que a administración galega se "axustou á lei" na adxudicación do servizo de helicópteros. Quintana defendeu esta terza feira o procedemento seguido pola Xunta de Galiza nesta materia e que a decisión final se debeu a un "concurso deserto" en que as empresas que concorrían ao concurso non "acreditaban o cumprimento" das condicións requeridas no prego.
NOS_5456
Prisciliano foi un carismático persoeiro, que nace cara ao ano 350, con toda probabilidade nun lugar da antiga Gallaecia. Foi consagrado bispo de Ávila cara ao ano 381 e axustizado en Tréveris no 385 por orde do emperador usurpador Máximo, baixo as acusacións de maniqueísmo e maxia vertidas por algúns dos bispos opoñentes, exasperados pola expansión da súa doutrina, de contido socialmente reivindicativo e de fácil asimilación para o pobo sinxelo. O historiador Xosé Estévez achéganos esta análise no Sermos Galiza 261. Eis un extracto.
Sobre o lugar de enterramento de Prisciliano na Gallaecia existen varias hipóteses. A da súa inhumación en Santiago foi sustentada polo francés Monseñor Duchesne e admitida por historiadores galegos como Manuel Murguía. Pero tamén contamos con outras teorías. Para o bispo Guerra Campos non sería desatinado afirmar que o corpo de Prisciliano e os seus discípulos acougarían xunto á capela dos Martores de Valga (Pontevedra). O arqueólogo Augusto Piay inclínase por situalo en Astorga, no desaparecido mosteiro de San Dictinio, e para o galeguista Celestino Fernández de la Vega non sería desaxeitado que os seus restos repousasen no monumento de Santa Eulalia de Bóveda. A personalidade de Prisciliano e o seu movemento suscitou sempre un extraordinario interese e foi tratado por numeroso autores, algúns xa citados neste artigo, e outros, cuxa listaxe sería moi longa. Para min os restos de Prisciliano poderían atoparse, unha hipótese suxestiva, na Ermida (Quiroga), un antigo castro e un santuario, cunha virxe moi venerada na bisbarra, un curruncho recóndito, abeirado de posibles profanacións. Só sería demostrable o contrario se se levasen a cabo escavacións arqueolóxicas na igrexa e nos arredores. [Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 261, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_25002
Un de cada dous xubilados cobra unha pensión inferior ao salario mínimo.
Un de cada dous xubilados galegos teñen unha pensión que non chega a atinxir o SMI, o salario mínimo. O que significa que hai 256.000 pensionistas que cobran menos de 655 euros ao mes. Unha porcentaxe moi superior á media española, onde 'só' o 39,3% destas pensións fican por baixo do SMI, 15 puntos menos (na Galiza é o 55%). Non é a única diferenza de comparar Galiza e España. Mentres o 21% das pensións de xubilación españolas se enmarcan no tramo entre os 655 e os 1.000 euros apenas o 18% das galegas se moven nese nivel. Mais a fenda é maior se imos ao tramo das pensións entre 1.000 e 2.000 euros. Case 3 de cada 10 xubilados españois (en conreto o 27,8%) cobran estas prestacións. Na Galiza tan só o 19% (9 puntos menos que a media do Estado) dos pensionistas gozan de xubilacións por esa cuantía. E con pensións por riba dos 2.000 euros? Pois o 11,7% dos xubilados españois gozan desas prestacións mentres en Galiza a porcentaxe anda no 7,3%. Segundo datos do IGE 303.666 fogares galegos teñen como sustentador principal a persoas de máis de 65 anos. En 5 anos, de 2011 a 2015, as pensións menores de 1.000 euros só gañaron un 0,1%, practicamente estabilizáronse, e as de maior contía perderon un 3,8% do seu poder adquisitivo.
NOS_57471
"Todo o que se aproba no Parlamento catalán é ilegal", lamenta Oriol Junqueras, vicepresidente da Generalitat.
O Tribunal Constitucional non sorprendeu e tal e como se agardaba suspendeu cautelarmente e por unanimidade a reforma do regulamento aprobada a pasada semana polo Parlament. O TC advirte os integrantes da Mesa das eventuais responsabilidades, tamén as penais, se non acatan esta decisión. O Constitucional admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade presentado polo goberno español contra esa reforma do regulamento, unha reforma que procura axilizar o que se coñece como 'desconexión'. Horas antes de se coñecer a decisión, o vicepresident da Generalitat, Oriol Junqueras, afirmaba nunha entrevista nunha radio que o TC "non está formado por xuíces de carreira senón pr militantes do partido que goberna, que é quen os nomea", polo que quen suspende leis acaba sendo o goberno. A respecto da reforma do regulamento do Parlament, Junqueras dixo que estaba pensaba para "o bo funcionamento de Catalunya" e remarcou que "non pasa nada por aprobar as cousas por lectura única", engadindo que "xa o goberno español aprobou a Constitución así". "Resulta que todo o que aproba o Parlament é ilegal, e o mesmo noutros lugares é legal".
NOS_46541
Antón Cortizas, mestre e escritor, expresa o seu desexo de que O Diario Galego -o proxecto que Sermos prepara para 2019- destaque pola súa veracidade, rigor e profesionalidade.
-Que esperas de O Diario Galego? Duración e contaxio. Sería un feito de normalidade para a nosa existencia como país. É o máis normal ter medios de comunicación no idioma que nós inventamos. -Por que é necesario? -É imprescindíbel. A nosa maior particularidade é o idioma, e dentro del, a comunicación a través do mesmo: das noticias, do arredor, do que está pasando. Paréceme de pura necesidade e sentido común ter un medio na nosa lingua. Espero tamén que sexa un diario que destaque pola súa veracidade, rigor e profesionalidade, e sobre todo, que non estea vendido a ninguén. -Que pegada podería ter no ensino e na creación literaria? -Como toda prensa, terá un apartado dedicado á cultura e polo tanto, será divulgador da parte literaria. Haberá xente que con grande mestría na man escriba columnas e outras pezas, converténdoo nun escaparate máis para manifestar a nosa literatura e a nosa maneira de escribir. Espero que estea cheo desas palabras lindas e harmoniosas da literatura como divulgadora da mesma. [Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]
NOS_56367
A chegámonos ao interior da Galiza para coñecer un treito do río Ulla que seguramente sexa dos máis bravos e salvaxes de cantos temos nos país. Falamos das Torrentes do Ulla, tamén coñecidas por Torrentes de Mácara, situadas no concello de Agolada.
Durante uns centos de metros o río Ulla baixa entre rápidos, fervenzas, pozas e unha abrupta paisaxe. As facianas que nos van amosar as Torrentes do Ulla serán diversas en función da época do ano que as visitemos. Nun paseo de final de verán, cun día de sol e calor, o río levará pouca auga e convidará a mergullarse nunha das súas pozas e gozar do spá natural e gratuíto con que nos agasalla a natureza, para así levar mellor as altas temperaturas. Porén, se a visita é nestas datas de outono e inverno, o conto cambia. Nomeadamente cando a escapada sexa logo duns días de choiva, poderase admirar a forza da natureza, a bravura que pode chegar a ter. A cantidade de auga, a súa enerxía e o seu ímpeto xunto ao son atronador amosan un espectáculo que fará sentir cativa a calquera persoa. Lugar ideal para afastarse da cómoda vida cotiá, deixarse sorprender pola natureza e descubrir unha marabilla da natureza galega. Dúas opcións de ruta Situámonos no treito alto do río Ulla, que ven de cruzar mansamente a comarca da Ulloa na que nace, pero da que se despide con ímpeto. Logo de cruzar as Torrentes, o Ulla recibe as augas que lle cede o río Pambre, momento no que este perde tamén o seu nome. Hai dúas posibilidades de ruta para achegarse ás Torrentes, en función do tempo ou dos intereses. Se gustamos do patrimonio cultural, podemos facer a camiñada logo de ir coñecer o Castelo de Pambre e tamén o Castro de Remonde. Logo da visita hai que coller a estrada LU-4008 dirección Ramil e Melide, e a dous quilómetros antes de cruzar unha ponte hai que tomar á esquerda por unha pista de terra cun cartel que indica o camiño a seguir até as Torrentes de Mácara. Quen elixa esta variante collerá o río desde abaixo, ascenderá para ir atopando pozas e fervenzas. Apuntar que o perfil da ruta ten certo desnivel, e mellor facela de vagar, con paradas e sen presa xa que o lugar ten inclinación e é escarpado. Na outra posibilidade de roteiro mergúllanos no río Ulla desde a parte superior, baixando pola marxe dereita mirando río abaixo. Pártese do Balneario de Frádegas, na parroquia de Santa Mariña de Amarante, en Antas de Ulla. O antigo balneario, hoxe lamentabelmente abandonado, foi en tempos coñecido e recoñecido polas súas augas sulfurosas, cun importante valor terapéutico. Paga a pena logo, antes de iniciar o descenso, visitar as ruínas do antigo conxunto termal que data de 1892, construído para ofrecer terapias e combater doenzas do fígado, dixestivas, da pel así como a reuma. Aínda que leva máis de cincuenta anos deshabitado intúese perfectamente entre as silveiras a súa estrutura; consta o conxunto cun edificio de dúas plantas cun patio interior e unha capela. Na planta superior estaban as dez habitación coas que contaba o hotel. A fonte sulfurosa que atraía a xente estaba na parte baixa do edificio principal contigua á sala de baños. Abandonamos o lugar e pouco a pouco imos deixando prados e lameiros e o bosque de ribeira comeza a facerse dono do lugar. Tamén de vagar, sen aviso, o Ulla vírase bravo e rebuldeiro. Como no caso do ascenso, a baixada hai que tomala con tranquilidade, especialmente hai que ter coidado se o chan está esvaradío. Polo demais, só deixarse levar pola corrente do río e gozar da contorna. Acubillo para a biodiversidade Aínda que cumpre ir atentas ao camiño, recomendamos paradas para gozar da paisaxe e a biodiversidade natural que ofrece. Son as Torrentes o fogar de especies das que xa temos falado aquí, e que gustan das augas limpas, frías e transparentes, como é a saramaganta, anfibio semellante a píntega pero de cores pardos e longa cola. Tamén do lagarto das silvas que poderemos ver collendo os raios de sol nunha pedra ou no tronco dun ameneiro. Atoparemos tamén, no camiño, unha manchea de érbedos, propios de ambientes mediterráneos que atoparon acubillo nas costas resgardadas do río. Río extremo, deporte extremo O río Ulla, na súa expresión máxima de vitalidade, foi escenario para un deporte dos chamados de risco como é o kaiak extremo. Durante uns anos e como forma de reivindicar este lugar organizouse un campionato de kaiak extremo. Mulleres e homes de toda a península dábanse cita nas Torrentes para descendelas dentro dun kaiak de plástico. Homes e mulleres desafiando á natureza accidentada e salvaxe e domando a súa forza. Río salvado Que hoxe, as galegas e galegos, poidamos gozar desta marabilla débese á loita contra a construción do encoro de Frádegas. Asociacións de pescadores, culturais, ecoloxistas e veciñas e veciños da contorna loitaron para que as Torrentes non quedaran secas pola avaricia. O campionato de descenso de augas bravas do que falamos, foi só unhas das accións que xuntou máis de cincocentas persoas que non pretendían outra cousa que o río Ulla, entre o lugar de As Augas (Antas de Ulla) e Ramil (Agolada), seguise vivo. Eira da Xoana A proposta que vimos de facer non podería concluír sen unha visita á Eira da Xoana, equipamento xestionado pola Fundación Eira e promovido pola Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), que pretende ser un lugar de encontro no que realizar proxectos e actividades respectuosas e comprometidas coa cultura e medio ambiente galego. Na pequena e humilde casa, grandes persoas botan a andar actuacións de respecto pola contorna e o patrimonio.
NOS_10748
Quer evidenciar as ''carencias'' do ensino público por mor das decisións políticas das administracións do PP.
A Plataforma Galega en defensa do ensino público anunciou a convocatoria dunha concentración o vindeiro 16 de setembro en Pereira de Aguiar, o día que Felipe VI inaugura o novo curso escolar. O secretario nacional de CIG-Ensino Anxo Louzao explicou que este acto, que vai decorrer no centro de ensino 'Ben Cho Sey', quer amosar as carencias e deficiencias do sistema educativo galego. Louzao entende que é de importancia que a sociedade saiba que a liña seguida pola Xunta implica diminución de calidade e abandono. O ensino público vai ter 63 unidades suprimida mentres no privado haberá 79 unidades novas. Aliás, o goberno galego o ensino público concertado, cun exemplo claro que é o convenio cos centros que segregan por sexo. Desde AGIR, Antía Balseiro denunciou o "machismo" que aniña nese tipo de medidas e decisións. Cosme Pombo, do BNG, denunciou que hai profesores que van ter que impartir aulas en diferentes colexios á vez, con todo o que iso significa. Tanto Pombo como Louzao lembraron que durante o goberno do PP perdéronse 3.000 profesores. Elvira Lombao, da Federación Provincial de Ampas de Lugo, lembrou que existe preocupación nas familias tanto polos recortes no ensino público e a falla de profesoradso como pola "nefasta" aplicación da Lomce.
PRAZA_6074
Agustín Hernández toma posesión como terceiro alcalde de Compostela no que vai de mandato entre promesas de normalidade e coa Casa do Concello blindada pola Policía. A oposición négalle lexitimidade democrática ao novo goberno, no que son maioría os edís non electos.
Tres anos e unha semana. É o tempo transcorrido entre a investidura de Gerardo Conde Roa como alcalde de Santiago e a toma de posesión no mesmo cargo de Agustín Hernández, a quen lle restan apenas dez meses ata as vindeiras eleccións despois de recoller este martes o bastón de mando de mans de Ángel Currás, rexedor durante dous anos e dous meses. Compostela estrea o terceiro alcalde en tres anos de mandato, unha situación excepcional en si mesma que o é aínda máis pola inédita razón de que a maior parte do equipo de goberno non emana das urnas que lles deron a maioría absoluta aos conservadores en 2011, senón da vontade da dirección do PP. Malia a chegar a este punto tras unha sucesión de escándalos e problemas coa Xustiza a escenografía configurada polos responsables municipais quixo tender á "normalidade institucional" que o propio Hernández proclamou no seu discurso. O novo alcalde quería que a "excepcionalidade" rematase nada máis culminar o pleno de investidura e, se cadra por iso, o novo goberno transmitía unha fasquía máis propia de quen vén de gañar unhas eleccións que dun gabinete de crise. Vestimentas de festa, amplos sorrisos e a zona do público inzada de altos cargos -a prensa foi desprazada a unha sala contigua para seguir o pleno por unha pantalla- eran as pezas da tremoia no interior do Pazo de Raxoi mentres, fóra, a Policía valaba a metade da Praza do Obradoiro para conter a protesta que congregara arredor dun cento de persoas. O goberno de Hernández, con maioría de non electos, chega tres anos despois da toma de posesión de Conde Roa Dous dos manifestantes eran detidos por saltar o cordón policial poucos minutos antes de que Currás pronunciase o seu derradeiro discurso como alcalde e tornase á condición de edil raso. O substituto de Conde Roa desexoulle ao seu sucesor mañas para devolverlle a Compostela "a súa natural serenidade institucional, estabilidade e continuidade". Tras xurar o cargo -só a nova edil e tamén deputada Marta González o prometeu- e xa co bastón de mando na man Hernández proclamou a apertura dunha "nova etapa", marcada pola "estabilidade, a confianza e a proximidade" e afastada das "circunstancias que teñen condicionado a vida deste Concello" nos últimos anos. Promesa de "transparencia" No mesmo ton postelectoral quen ocupara o vixésimo quinto posto na lista de Conde Roa presenta a "ilusión" e a "esperanza" como premisas para promiciar un "cambio de cultura política e das maneiras de actuar" no consistorio da capital. "É preciso poñer en práctica unha nova forma de facer política" e para iso pide a colaboración do funcionariado municipal, "por riba dos lexítimos credos e ideoloxías persoais" de cadaquén. Os membros do seu goberno, asegura, serán "exemplares dende o principio" e a casa do Concello, que seguía blindada polos antidisturbios, semellará un "deses vidros que permiten ver o interior e que ao mesmo tempo reflicten o exterior", unha "institución transparente que sexa o espello no que todos se poidan ver representados". O novo alcalde prometeu proximidade mentres a policía valaba a metade da Praza do Obradoiro Neste contexto Hernández disponse a "pechar de inmediato" a distribución de responsabilidades dun goberno do que tamén será voceiro, no que continúa Currás e que, afirma, quere "acadar o obxectivo de que esta cidade marabillosa sexa un orgullo para os que viven aquí e para o conxunto dos galegos e galegas". Para isto asegura ter "man tendida" cara á oposición, a mesma na que observa unha actitude de "postureo político", nomeadamente pola banda do BNG, cuxos edís abandonaron o pleno no momento en que os edís non electos tomaban posesión como protesta pola súa falta de "lexitimidade", di o voceiro nacionalista, Rubén Cela. A oposición censura a maioría de non electos Tanto Cela como o socialista Francisco Reyes discrepan da apertura desa nova etapa proclamada polos populares. "Non estamos a vivir nin sequera un punto e aparte", di Reyes, que ve no discurso de Hernández un recoñecemento da "anormalidade" provocada polo PP en Compostela e que tamén reflicte, ao seu xuízo, o "cordón de seguridade" despregado para "impedir que a veciñanza puidese achegarse" ao que "el mesmo definiu como casa común de toda a veciñanza". A maioría dos edís que gobernarán Santiago ata as eleccións "non pasaron pola lexitimidade dos votos", lembra Reyes, situación que, unido a todo o acontecido anteriormente, lévao a botar en falta que Agustín Hernández non comezase a súa estancia no cargo cunhas "desculpas". PSdeG e BNG lembran que o novo goberno non conta "coa lexitimidade dos votos" Tampouco o Bloque ve cambio ningún en Raxoi. "Continúa o mandato de Conde Roa e de Ángel Currás" pero "do peor xeito posible, cunha crise de lexitimidade en termos democráticos" que "non é froito da casualidade", senón dunha "absoluta anormalidade democrática" derivada de "tres anos cheos de malas prácticas e corruptelas". Cela "saúda", en todo caso, que Hernández avance a súa intención de contar coa oposición e os sindicatos, o que non implide "discutir a lexitimidade de que Santiago teña un grupo de goberno onde a maioría dos concelleiros e concelleiras non contan co aval das urnas". Tanto o Bloque como o PSdeG agardan pola resolución dos recursos contra esta composición do goberno e Hernández pídelles que "sexan responsables" e "non dificulten o normal desenvolvemento" da vida local.
PRAZA_10287
Asistimos con frecuencia ao que o autor estadounidense Thomas Frank denomina o "desprezo do home da rúa" de parte da "esquerda progre", que percibe nestas clases populares, viveiro de voto da dereita, un conservadorismo endémico tendente cara a intolerancia.
Ríos de tinta teñen corrido durante os últimos tempos para abordar o auxe dos nacional-populismos, que moitos identifican coa ultradereita pero que, tal e como ocorre en España, agóchanse baixo múltiples fachadas e siglas, tanto de centro-dereita coma de centro. Sobre as causas de tal fenómeno téñense expresado un bo número de autores, que evocan as máis das veces a crise financeira de 2008 como elemento detonante e punto de inflexión, imputando ao económico o espertar da "besta inmunda". Outros autores céntranse na socioloxía electoral destas correntes políticas, concluíndo algúns que o voto nacional-populista non é un voto popular stricto sensu, sendo a meirande dos seus electores son obreiros de dereita, radicalizados durante os derradeiros anos. Pola súa banda, o obreiro de esquerdas defínese pola súa non participación electoral, quedando patente a imposibilidade dos partidos socialdemócratas e socialistas para restablecer a identificación con esta franxa de poboación e mobilizar a un electorado particularmente volátil. Alertar sobre o rexurdimento fascista e vilipendiar até o extremo aquelo que representa non serve, non exerce efecto algún sobre case ninguén, de aí a urxencia de autocrítica desde a esquerdaSubliñaba xa nos anos trinta do pasado século George Orwell que "cando a extrema dereita medra entre as xentes correntes, é sobre ela mesma que a esquerda debera interrogarse", chamando a atención sobre a necesidade de comprender por que traballadores das clases populares apoian ao fascismo, e non a ideoloxías epidemicamente afíns. Alertar sobre o rexurdimento fascista e vilipendiar até o extremo aquelo que representa non serve, non exerce efecto algún sobre case ninguén, de aí a urxencia de autocrítica desde a esquerda. Un argumento interesante sobre este particular escoiteino recentemente nun debate de TF1 en boca do sociólogo francés Jean-Claude Michéa, segundo o cal, "inscribir a loita actual na loita antifascista histórica será necesariamente percibido por abaixo coma unha sorte de manipulación das elites liberais e os seus medios de comunicación servís para lexitimar a dominación planetaria do capital e desviar a atención dos electores cara obxectivos de substitución". Para reflexionar...Quizais a principal responsabilidade da esquerda no auxe da dereita nacional-populista proveña da súa crecente desconexión das clases populares. A esquerda aburguesada, preferindo a unha "clase de coñecemento emerxente", ou nun conglomerado de mulleres, minorías e xoves, investindo o groso dos seus esforzos nestas loitas de nova xeración, non cesa de afastarse do groso da clase traballadora, das categorías tradicionalmente populares, depauperadas a ritmo de crise económica e financeira, para quen as dereitas comulgan mellor coas súas coitas e representa mellor os seus intereses electorais. O admirado Pierre Bourdieu, xa a finais dos anos setenta e a década dos oitenta consideraba que a esquerda era a todas luces o reflexo dunha clase social educada, cada vez máis distante socioloxicamente das capas inferiores da pirámide poboacional, servindo o liberalismo cultural destas novas clases medias como mecanismo de distinción social, reforzando os prexuízos de arriba a abaixo e, de paso, afondando a brecha entre esta ideoloxía e aqueles aos que pretende representar e defender. Asistimos con frecuencia ao que o autor estadounidense Thomas Frank denomina o "desprezo do home da rúa" de parte da "esquerda progre"Asistimos con frecuencia ao que o autor estadounidense Thomas Frank denomina o "desprezo do home da rúa" de parte da "esquerda progre", que percibe nestas clases populares, viveiro de voto da dereita, un conservadorismo endémico tendente cara a intolerancia. Desde a esquerda, reprocháselle, de xeito altivo, "erros de percepción" ou mesmo "ter votado mal". É lugar común evocar as "malas opcións" feitas por "electores ignorantes" ou "mal informados". Para non ferir sensibilidades próximas, que as hai, evoquemos a pléiade de informacións que suxerían, de xeito máis ou menos inelegante, que as persoas que votaron a favor de Donald Trump ou do Brexit non tiñan un nivel de educación elevado, é dicir, que non comprendían as claves do voto. Certo que o valor do voto non é sempre ben comprendido e que este, amais dun dereito, é unha responsabilidade, e unha poderosa ferramenta! A xente ten dereito, e faltaría máis, a votar a quen lle pete, sempre que asuma o sentido do seu voto. Porque, aritmética democrática mediante, existindo relación causa-efecto, das eleccións individuais dos electores derivan as malas decisións impostas por un home político.
NOS_17455
O home fora denunciado o pasado ano por insultos e vexacións, mais seguía convivindo coa súa parella ao non existir unha orde de afastamento.
O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou esta cuarta feira o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para o home que na segunda foi detido por agredir a súa muller, que continúa ingresada en estado grave na UCI. Así, fica investigado por homicidio en grao de tentativa, sen prexuízo de posteriores cualificacións conforme avance a instrución do caso. Así o veñen de notificar fontes xudiciais, que indican que a xuíza titular do número 1 de Carballo, que é o competente para asuntos de violencia sobre a muller no partido xudicial, tamén acordou unha orde de protección para a vítima e para os fillos da parella, o que implica que o home non pode aproximarse nin comunicarse con eles. Deteñen o presunto agresor dunha muller en Carballo que se atopa en estado crítico Do mesmo modo, suspendeulle o exercicio da patria potestade e a custodia dos menores, que será asumida en exclusiva pola nai. O presunto autor desta agresión chegaba pasadas as 10 horas da mañá desta cuarta feira aos xulgados, aos que accedeu polo garaxe e a bordo dun coche da Garda Civil, do que saíu encapuchado. Os feitos polos que se lle investiga sucederon contra as 2.45 horas deste luns pasado no lugar de Fonte Caldeira, no municipio de Carballo, onde unha testemuña atopou á muller na rúa tras ser agredida e alertou á Benemérita. Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico, persoal sanitario da PAC de Carballo e unha ambulancia de soporte vital avanzado, que, tras unha primeira asistencia no lugar, trasladou á muller ferida, duns 43 anos de idade, ao Hospital da Coruña. Pola súa parte, os dous fillos menores de idade da parella permanecen baixo custodia dun familiar directo da vítima, aseguraron por parte de fontes consultadas. Permanece na UCI con "pronóstico grave" a muller agredida esta segunda feira en Carballo Detención O marido da vítima e presunto agresor, que carece de antecedentes, fuxiu tras a agresión e, logo de ordenar a súa procura a Garda Civil, entregouse na Comandancia da Coruña, onde foi detido contra as 10.15 horas da segunda feira, desde onde foi trasladado ao cuartel de Carballo. A Policía Xudicial da Garda Civil do municipio abriu unha investigación para esclarecer os feitos. Denuncia por vexacións Con todo, delegado do Goberno estatal na Galiza, José Miñóns, confirmou unha denuncia de hai un ano por vexacións e insultos ao home detido por agredir a súa parella no municipio de Carballo. "O único dato que temos é que non existía ningunha denuncia previa, por tanto non había orde de afastamento nese sentido e seguían convivindo xuntos", explicou Miñóns, para puntualizar que "si había unha denuncia de hai un ano por vexacións e insultos".
PRAZA_3629
Mobilizará 200.000 millóns de euros, dos que 117.000 millóns procederán das arcas públicas, para o conxunto das medidas económicas e sociais para facer fronte ao coronavirus. "Non imos deixar a ninguén atrás", afirmou Pedro Sánchez
O Goberno central aprobou un plan económico para facer fronte aos efectos da pandemia do coronavirus que vai supoñer unha mobilización de 200.000 millóns de euros de fondos públicos e privados, una cantidade que equivale ao 20 por cento do produto interior bruto (PIB) de España. "Non imos escatimar ningún esforzo. Non imos deixar a ninguén atrás", dixo o xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez.Mobilizaranse 200.000 millóns de euros entre fondos públicos e privados, o que equivale ao 20 por cento do PIB españolUn Consello de Ministros extraordinario, celebrado por primeira vez de forma telemática, discutiu as medidas. Á espera da súa concreción exacta no Boletín Oficial do Estado, entre o anunciado inclúese unha moratoria no pago das hipotecas para os traballadores que se atopen en situación de vulnerabilidade, que vexan reducidos os seus ingresos ou queden no paro polo coronavirus. No próximo mes, ademais, non se poderán cortar os servizos de enerxía e auga para estas persoas e estarán garantidos os de telecomunicacións.Unha partida de 600 millóns de euros estará destinada a financiar a prestación de servicios sociais das comunidades autónomas e os entes locais, centrados especialmente nos maiores e as persoas dependentes.O presidente do Goberno afirma que "ninguén será desafiuzado por estar atravesando unha situación difícil"Nesta crise, afirmou o presidente do Goberno, "ninguén será desafiuzado por estar atravesando unha situación difícil". Esta mobilización "colosal" de recursos públicos precisa do "apoio suplementario da sociedade civil", agregou e pediu que empresarios e traballadores asuman a crise como "temporal".Suspensión de contratos e redución de xornadaNa rolda de prensa posterior á reunión dos ministros, Sánchez indicou que as persoas que precisen adaptar ou reducir a súa xornada laboral, mesmo ata o 100 por cento, poderán facelo por motivos de conciliación e coidados, nun momento no que, entre as medidas para frear a expansión do virus, están o peche de escolas e centros de día para maiores e dependentes.Promoverase o teletraballo e a aplicación de expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), que se considerará que son de "forza maior", será máis áxil coa reducción dos tempos de tramitación e consultas. O persoal afectado terá dereito a paro e poderá cobrar a prestación contributiva sen que se reduza o tempo para o que xa tiña xerado o dereito e sen necesidade de ter cotizado o mínimo requirido. Os empresarios non terán que facer, nestes casos, as súas aportacións ás cotas da Seguridade Social.O cobro do paro non reducirá o tempo para o que xa se xerara o dereito a percibir unha prestación contributiva nin será necesario ter as cotizacións mínimasO presidente chamou aos empresarios a facer uso das suspensións temporais de emprego e as reducións de xornada e a evitar os despidos de persoal.No caso dos traballadores por conta propia, Sánchez indicou que se vai "flexibilizar" a prestación por cese de actividade, que se adoita coñecer coma o "paro dos autónomos", e que esta será "compatible" coa exoneración do pago de cotas á Seguridade Social. A Vicepresidencia do Goberno concretou que se trata dunha prestación "extraordinaria" para os autónomos cuxas actividades quedaron suspendidas ou que van ver caer a súa facturación un 75 por cento con respecto á media do semestre anterior. A vixencia da medida, indicou, é dun mes.Avais para empresas e protección das estratéxicasO Goberno anunciou unha liña de avais de ata 100.000 millóns de euros, que permitirán movilizar entre 150.000 e 200.000 millóns. "Imos proporcionar toda a liquidez que sexa necesaria", afirmou o presidente do Goberno, co fin de evitar que os problemas neste eido pasen a ser cuestións "de solvencia". Unha liña de avais de ata 100.000 millóns de euros buscará facilitar liquidez para as empresasAs empresas exportadoras e as pequenas e medianas empresas (pemes) contarán cunha liña de avais adicional de 2.000 millóns de euros e o Goberno tomará medidas para facilitar a reestruturación dos créditos de explotacións agrarias afectadas pola sequía. Apoiarase a dixitalización e a investigación e desenvolvemento (I+D) nas pemes para favorecer o teletraballo e haberá un réxime específico de suspensión de contratos públicos.O Estado español abordará unha reforma normativa para impedir que empresas de fóra da Unión Europea aproveiten esta crise para comprar entidades españolas estratéxicas. As baixadas na bolsa rexistradas nestes días afectaron a valores de grandes firmas, que poderían espertar o interese no exterior.Fondos para investigar contra o virusSánchez indicou que o Goberno destinará 30 millóns de euros para apoiar a investigación médica, coa vista posta nunha vacuna contra o coronavirus. Os fondos recibiranos o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto de Saúde Carlos III para que conten cos recursos "para facer fronte a esta emerxencia".O CSIC e o Instituto Carlos III terán 30 millóns de euros para investigación sanitaria e médica, coa vista posta en atopar unha vacuna contra o coronavirusO presidente do Goberno español destacou que os actuais son "momentos excepcionais que requiren medidas excepcionais" e indicou que a intención deste plan de choque económico é crear "un escudo social e económico". Hai que frear, dixo, a curva descendente do emprego e da produción para que, unha vez superada a emerxencia do coronavirus, haxa "unha recuperación e non un estancamento". A mobilización de recursos, agregou, é "a maior da historia democrática" do Estado.
NOS_6820
Aurelia Balseiro é museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo desde 2008. É autora da primeira das entregas do coleccionábel sobre os tímpanos medievais que estrea Nós Diario a terza feira, 5 de xaneiro. Neste entrevista comenta a función dos principais elementos exteriores dunha igrexa medieval, principalmente os situados na fachada occidental, e a súa función adoutrinadora e educativa.
Vostede prepara o primeiro fascículo desta serie sobre tímpanos medievais da Galiza. Cal é a finalidade desta entrega? Basicamente, trátase de proporcionar unha guía interpretativa do románico galego vinculado ás rutas xacobeas a través dun elemento concreto: os tímpanos, encadrados no programa iconográfico do edificio correspondente. A partir dunha escolma concreta e limitada de construcións de orixe románica, a premisa fundamental parte da difusión do coñecemento científico para achegar a todos os públicos a riqueza desta parte do noso patrimonio. A inmensa maioría da sociedade medieval era analfabeta. Neste sentido, podemos considerar que o programa iconográfico románico ten unha función alfabetizadora? Esa era a principal función, ensinar ou adoutrinar a sociedade nos preceptos relixiosos correspondentes, pero, tamén, hai un compoñente artístico fundamental que se desenvolve a través do románico e despois do gótico, que deixará unha impronta transcendente a través dos séculos. Cando falamos de románico temos en mente as grandes catedrais, os mosteiros, mais o románico galego é, cando menos en número, rural, como rural era a grande masa da poboación. Ten un programa iconográfico diferente, ou específico, o rural? Certamente hai grandes focos como Santiago de Compostela e as súas contornas de influencia que desenvolven importantes obradoiros e itineran o labor de mestres ou artesáns que logo traballan noutros sitios, levando consigo a experiencia e a repetición de modelos. Os historiadores e investigadores da arte descifran os códigos de comunicación dos programas iconográficos e ven os paralelismos entre uns e outros e si se observan no rural interpretacións máis populares de escenas representadas en tímpanos, capiteis e decoracións ou motivos reiterados en distintas construcións relixiosas, dun xeito específico segundo a pericia do artífice ou o poderío do promotor. Cal é a mensaxe ou mensaxes que queren transmitir os frontispicios? A entrada principal das construcións relixiosas estaba orientada cara ao oeste e, aínda que houbera accesos laterais, o frontis era o espazo principal de recepción e acollida dos fieis, de aí a súa importancia. Así, nesta zona principal desenvólvese parte do programa iconográfico conxunto a través de escenas bíblicas figurativas, inscricións, imaxes alusivas á advocación da igrexa…etc., acompañado, se cadra, con motivos decorativos vexetais ou xeométricos e conformando, a través dun código arquitectónico-escultórico, unha mensaxe claramente relacionada cos preceptos relixiosos imperantes daquela. Na actualidade, xustamente pola perda de poboación rural, boa parte dese patrimonio está en abandono ou desuso e suxeito a deterioro. Considera viable, ou mellor, posible, a conservación in situ ou cre que será inevitable a musealización? A perda de poboación do rural é a nai de todos os males que afectan a maior parte do noso territorio. Sen comunidade a parroquia esmorece, o abandono leva ao deterioro e este á desaparición de todo tipo de patrimonio material e inmaterial, por non falar de roubos e espolios. As solucións particulares non chegan a moito se non hai un plan director consensuado, conxunto e multidisciplinar que atenda todas as necesidades de protección, conservación e seguridade. De pouco serve un investimento concreto nun ben inmoble, se logo non hai mantemento, programación e uso, pero considero que cada caso específico ten as súas eivas e fortalezas, porén, ten que ser analizado polo miúdo dentro doutras accións xerais e de aí se derivaría a mellor opción.
NOS_42495
Actívase o proceso para os ERES no Grupo Popular-Pastor e Santander, que afectarán máis de 2.100 persoas, 20% das cales en Galiza. Falamos con Rosa Conde, secretaria da sección sindical da CIG no Popular-Pastor, adquirido hai uns meses polo Santander.
-Cal é impacto directo en Galiza dos expedientes de despedimento colectivo anunciados após a adquisición do Popular-Pastor polo Santander? -En principio, a rede do Banco Pastor non se vai ver afectada por estes dous expedientes, que si afectan o Popular e o Santander. Canto ao Popular, en Galiza temos catro departamentos na Coruña que fisicamente están en Orillamar, que eran parte dos servizos centrais do Pastor, uns centros que ficaron após a integración co Popular e traballan para a rede Pastor e Popular. Son servizos técnicos, departamento de servizos administrativos a sucursais, centro de operacións de activso, de formalización hipotecaria... Estamos a falar aquí dunhas 160 persoas neste centro. Tamén no Cantón, A Coruña, están afectadas persoas de prevención de riscos laborais. Despois hai afectado outro centro en Compostela. -De canta xente estariamos a falar en Galiza atinxida polo ERE? -En total, unhas 200 persoas. Pero aínda temos que concretar porque pode afectar algunha persoa máis. -Para alén dos efectos directos no emprego, que impacto ten no 'vinculo social' que as entidades teñen en Galiza? -En principio, nesta primeira fase, non debería, na medida en que a rede non se ve afectada, o que é o contacto día a día coa clientela non se vería atinxido. Mais está claro que cando se produza o que denominan integración tecnolóxica, que esperan facer no 2019, si. Aí xa nos van anticipando que nos espera unha nova reordenación de cadro de persoal e veremos como afecta. Aí si que vai afectar as redes, que son as que teñen o contacto co cliente. -Non é este o primeiro ERE que sofre o Popular nin o Santander... -En abril de 2016 houbera un expediente no Santander que afectou sobre 1.300 persoas; e no Popular un a finais do ano pasado que afectou 2.592, das cales por volta de 300 foran en Galiza. -Desde a CIG xa anunciastes un calendario de mobilizacións a raíz destes ERES... Cal é a vosa proposta? -O 14 deste mes de novembro facemos unha concentración de delegados na Coruña. Estes son uns expedientes de regulación de emprego e nós entendemos que hai outras vías. Hai que dar opción aos compañeiros que a dirección di que son excedentarios en servizos centrais a reciclarse e pasar á rede. Na rede hoxe en día hai unha deficiencia importante de persoal, algo que se nota no día a día na atención á clientela: colas en oficinas, etc... Ademais de sobrecargas importantes de traballo, que se agravaron cos EREs do ano pasado. Iso levou a prolongacións de horarios de xornada, que todos coñecemos no sector, que son diarias e supoñen fraudes á Seguridade Social e Facenda en horas non cotizadas. Se sumamos todas esas horas que se fan de máis evidentemente implicaría máis postos de traballo. Non sobra xente, ao contrario. De feito, o Santander fixo o ERE o ano pasado e nós xa denunciamos que con datos do propio banco, fixo contratacións a través de empresas de traballo temporal dun número de persoas aproximado ao das persoas afectadas polo ERE. -Este ERE denunciádelo como un paso máis no proceso de centralización e concentración, cos efectos que ten para Galiza... -Un proceso que non vén de agora. Por exemplo, no Pastor supuxo a desaparición de todos os servizos centrais, unhas 800 persoas que había traballando en Galiza e que acabaron na rúa ou tendo que marchar a Madrid. E iso é algo que nós poñemos enriba da mesa claramente, defender o emprego aquí, no noso territorio fronte a esas apostas en desmantelar nos diferentes territorios para centralizar en Madrid. -Que quedou daquela petición de Núñez Feijóo a Ana Botín, de manter a marca Pastor e os empregos en Galiza? -Nós insistimos na reunión co banco en que manter o emprego en Galiza pasa por conservar a marca Pastor, unha marca consolidada no mercado galego, enraizada, cunha vinculación social moi forte. De momento non temos resposta, estarán estudándoo. Esperar algo da Xunta? En xuño no Parlamento todas as forzas por unanimidade aprobaron unha moción de apoio a pedir ao Santander que se manteña a marca Pastor en Galiza e a defensa do emprego.
NOS_5071
Antía Otero é da Capela, e ten tan só 14 anos. En 2021 foi a primeira do ránking estatal de lanzamento de xavelina, rexistrando a sétima mellor marca de todos os tempos, o que dá unha idea do potencial dun nome a incluír xunto co das mellores na nova fornada do atletismo galego, casos de Xela Martínez ou Ainhoa Repáraz.
Este mesmo sábado, día 30, compite no Campionato Galego, a que aspira no torneo? Teño que cubrir a proba da remuda, na que vou por participar e por axudar o club, porque eu esta tempada non estaba a facer velocidade. Non é o seu forte, pero vese con posibilidades de arrimar o ombreiro... Si, é algo que fago por botar unha man, aínda que se saia do que habitualmente practico. No que máis destaca é na xavelina. É no que se quere especializar no futuro? Que é o que máis lle gusta das disciplinas de lanzamentos? A xavelina é a que máis me gusta, aínda que fago tamén bastantes lanzamentos de peso. Efectivamente, tamén tocou peso, fixo varios controles de disco, pero sobre todo xavelina, por que? É na disciplina na que vexo que me sinto máis cómoda, e cando lanzo gústame o que estou a facer. Por agora, pensa dedicarse en exclusiva á xavelina ou quizais, vista a súa polivalencia, probar nalgunha competencia que lle permita facer varias ao mesmo tempo, como sería o héptatlon? Non, agora mesmo, non. Antes si que competín en probas combinadas dese tipo, pero cada vez máis me vou cara a xavelina. É moi nova, pero xa conseguiu resultados bastante destacábeis. A curto prazo, cales son as metas que se marca Antía Otero? Este ano son de primeiro, e o que quero é clasificarme para o Estatal de aire libre, que se disputa no mes de xullo, pero o ano que vén xa me poño como reto poder ser campioa de España, porque penso que teño posibilidades. Estamos a falar dun ano vista, pero a longo prazo, cal sería o seu soño no atletismo? Creo que o de todo o mundo que practica este deporte, lograr gañar un Campionato de Europa ou un Mundial. Ten algún ou algunha deportista que sexa o seu ídolo ou a súa referencia? Si, é unha rapaza que é cubana, Aguilar. É unha lanzadora de xavelina que cando Moncho Fernández fai concentracións, como o pai de Moncho adestra esa deportista, eu véxoa lanzar e alucino. E despois, entre as galegas, Lidia Parada. E que tal leva o de compaxinar o deporte cos estudos? A verdade é que o levo bastante ben, suficiente para adestrar todos os días e a bo ritmo (ri). Como naceu a súa paixón polo atletismo? Pois é que non comezou polo atletismo en si. Eu xogaba ao fútbol, e ás veces mandábannos correr, por iso de practicar a velocidade, e aí comecei a ver como que corría bastante, e destacaba incluso ante os nenos. Logo, cando deixei o fútbol, decidín apuntarme a atletismo para ver que tal se me daba isto de correr, porque parecía que bastante ben. Cando comezas no atletismo póñente a probar de todas as disciplinas, para ver o que mellor se che dá. Ao principio facía velocidade, pero de súpeto en peso empecei a ir bastantes veces á semana, e o ano pasado fun a un campionato de España Sub-14 e tiven que facer moito peso e moito disco. Un día, por probar, porque me quedaban dous lanzamentos, con xavelina e martelo, vimos que a xavelina se me daba moi ben. Con todo, a xente dos lanzamentos sempre di que acaba botando en falta a variedade. Acabará por pasarlle? Hai veces que está moi ben saír da túa zona de confort, porque estar todos os días facendo o mesmo pode esgotar un pouco.
NOS_58315
A CIG asegura que o persoal non foi informado nin contou con equipos de protección individual (EPI).
Desde a CIG de Compostela denuncian que a falta do número suficiente de equipos de protección individual (EPI) pode converter as ambulancias da área sanitaria de Santiago e o Barbanza nun foco de infección. Informan de que na actualidade hai catro traballadoras e traballadores en corentena logo de ter trasladado pacientes que finalmente deron positivo en coronavirus. Explican que polo excaso número de equipos de protección só se deben empregar os EPI cando desde o propio 061 se lles informe da sospeita ou confirmación de contaxio. Algo que non ocorreu nestes casos, que porén, finalmente foron positivos. Sinalan ademais que nos dous casos as ambulancias seguiron traballando o resto da xornada logo destes servizos, tempo no que se que atenderon máis doentes, e que estas traballadoras marcharon aos seus domicilios coas súas familias e só horas despois foron informadas dos positivos detectados.
PRAZA_473
Carlos Reigosa presenta 'A vinganza do defunto', a quinta novela da serie sobre Nivardo Castro e Carlos Conde. Unha entrevista de Montse Dopico
Un home de 90 anos, Eliseo Sandamil, encárgalle a Nivardo Castro que investigue a súa morte cando esta se produza. Porque ten inimigos que o queren morto. Xa que o pasado non perdoa. E a memoria tampouco. Así comeza 'A vinganza do defunto' (Xerais), a última novela de Carlos Reigosa, e quinta da serie sobre Nivardo Castro e Carlos Conde. Nela, Vigo é, na II Guerra Mundial, punto de fuga para nazis e xudeus que buscan refuxio en América. E, no medio da miseria, xorden fortunas relacionadas con negocios cos nazis e aliados. 'A vinganza do defunto' trata un tema que estaba tamén na túa novela anterior, 'A vitoria do perdedor': a violencia que xera máis violencia… Hai unha conexión, pero son dous tratamentos distintos. 'A vitoria do perdedor' mostra a dinámica en espiral da violencia. Porque un asasinato nunca é o último. En 'A vinganza do defunto', o centro é a personalidade dun dos personaxes, Eliseo. Un tipo que non acepta a derrota, que mantén aos 90 anos a súa mentalidade de combate. Non está disposto a perder, por iso contrata un detective para que investigue a súa morte cando esta se produza, porque sabe que hai xente que lle ten ganas, que pode morrer asasinado. 'A vitoria do perdedor' é unha novela de fondo histórico, sobre un xusticeiro: un anarquista atrapado nunha espiral de vinganzas, na fase final da guerrilla antifranquista. 'A vinganza do defunto' é unha novela de intriga, de investigación. Todo o mundo lle chama novela negra a este xénero, e eu de hai 10 anos para aquí tamén o digo, porque claro, que eu diga que non fago novela negra… Nivardo Castro e Carlos Conde teñen unha relación estable con cadansúa muller, e outro tipo de conversas… Unha das cousas que non me gusta da novela negra é que, moitas veces, os personaxes non evolucionan. Eu a iso negueime. Nivardo e Carlos van cumprindo anos e van cambiando. En 'Crime en Compostela' tiñan 30 anos, e na última das novelas da serie van ter 75. Neste momento teño planificados tres libros máis, para pechar a serie. E o que quero darlle ao lector non é só historias de intriga, senón a biografía de Nivardo Castro e Carlos Conde. É certo que Carlos na seguinte novela vai volver estar só… De todas maneiras, en 'A vinganza do defunto' tamén hai moito de historia:: Vigo na Segunda Guerra Mundial, o volframio… Do primeiro fala tamén Fran P. Lorenzo en 'Cabalos e lobos', e do volframio Freixanes ou Fernando Méndez nas súas últimas novelas. Pero tampouco son temas moi tratados na nosa literatura... "Fago algo que nunca fixera, que é contar a historia a través de personaxes reais" E ademais fago algo que nunca fixera, que é contar a historia a través de personaxes reais. Paco Vázquez, porque publicou un estudo sobre os nazis en Vigo, e o xornalista Celso Collazo, que estivo en Vigo todos aqueles anos da II Guerra Mundial. E para que ía contar eu a historia, se había un xornalista que estivera alí e podía contala moito mellor. Ademais, Celso Collazo foi un correspondente internacional moi coñecido, e en Galicia moita xente non sabe quen é, o cal me asombra. Mais, alén da tentación histórica, é verdade tamén que as miñas novelas teñen algo de dedicatoria a unha cidade. E 'A vinganza do defunto' é a miña novela de Vigo. Que tamén conecta coa túa investigación anterior sobre a guerrilla antifranquista. A través do personaxe de Marcelino, por exemplo. Non sei se é certa esa relación da guerrilla co volframio. O que non pode ser verdade é que a guerrilla quixese atacar os seus propios compañeiros, porque moitos dos que traballaban alí eran presos republicanos. O personaxe do guerrilleiro é inventado, pero sóache o nome porque é o de Marcelino Fernández 'Gafas', e os apelidos dos seus compañeiros, César Ríos e Mario Morán. O que si é real é a descrición que fago do Fontao. Como no caso de Celso Collazo, aí axudoume unha testemuña, unha muller que viviu todo aquilo cando era unha nena. Ela contoumo todo. E eu creo que ese tipo de información dada por testemuñas e o máis valioso do libro. Moito mellor que se eu mesmo o contase a partir de libros e de documentación. O cal non significa que estea a contar a historia completa, senón a visión que me deu xente que a viviu. Da historia de Vigo como porto comercial e de fuga de nazis dás bastantes detalles. E de como comezaron a facerse fortunas. Como os conserveiros que vendían o "rancho-en-frío" ao exército franquista, por exemplo. "Aqueles cochazos eran de conserveiros que vendían latas de sardiñas ao exército e fixéronse ricos así" Celso Collazo lembra ben iso. Aqueles cochazos, que despois chamaban "haigas", ao primeiro chamábanlles "rancho-en-frío". "Aí vai un rancho-en-frío", dicían. Eran de conserveiros que vendían latas de sardiñas ao exército e fixéronse ricos así. E moitas outras cousas: ías de viaxe polo norte de noite, chegabas por exemplo a Oviedo e non vías nada. Pois achegábaste a Vigo e había unha luz espléndida… A Vigo marchaban todos os pintores porque alí conseguían vender cadros. Maside deixou o seu piso de Santiago e colleu un en Vigo co mesmo tamaño e distribución... Vigo era entón a única cidade industrial de Galicia, ademais de ser porto de aprovisionamento de combatentes e de cambio de flotas, ademais de lugar de fuga a América para nazis e xudeus. Tamén contas de cando Celso busca galeguistas por encargo de Xaime Illa, Paco del Riego e Ramón Piñeiro coa idea de reconstruír o Partido Galeguista. Xa que sempre se di que Piñeiro renunciou a refacer o PG… Celso era moi novo entón. O encargo que tiña era conectar cos galeguistas e tentar organizalos pero, claro, foi un fracaso total porque era unha época moi difícil. Aínda estaba matando xente o franquismo, e todo o mundo dicía que non, porque tiña medo. Despois foi cando crearon a editorial Sept, e despois Galaxia. Pero isto foi antes, coa guerra moito máis recente. Nunha conversa entre Nivardo e Carlos, un deles di que Paco Vázquez dixo que era españolista, católico e socialdemócrata, e que malia os problemas que iso puidera traerlle fora, coma Fraga e Beiras, coherente consigo mesmo. A opinión é túa? "Metín na novela a Paco Vázquez porque escribiu un estudo de 40 páxinas sobre os nazis en Vigo" Paco Vázquez nunca foi nacionalista e sempre o dixo. E dicía ademais que o PSOE sempre fora así: o PSOE de Indalecio Prieto, Largo Caballero… Mais eu metino na novela porque escribiu un estudo de 40 páxinas sobre os nazis en Vigo, non por outra cousa. Está claro, tamén, que A Coruña antes de Paco non é A Coruña despois de Paco. Mais eu tampouco quería defendelo a el nin nada así. Está na novela como está Celso, porque era a mellor maneira de contar a historia. Unha historia que comezara cos "vingadores" do Mossad israelí… Aínda que ti lévala máis ao familiar. É que o que me interesa máis é o tema da memoria: como fala de nós cando chega a súa disgregación final, cando xa non podemos controlala. A novela é iso. A historia de dous vellos, un retirado en Bariloche, Arxentina, e outro en Madrid. Dous vellos que non puideron esquecer, porque o pasado nunca deixou de doerlles. Eliseo vírase convertido nun criminal sen querer selo, presionado polos nazis. E nunca puidera sacar da cabeza o que fixera. Por iso contactara co maquis para que matasen os nazis, pero non o conseguira… E ese é o tema, a persistencia da memoria. Quería seguir o rastro da memoria, que nos delata cando xa non podemos controlala. Despois, no libro, tamén hai homenaxes, como a Manuel Vázquez Montalbán, pero non era iso o que máis me interesaba. Na parte histórica, citas temas delicados, aínda que coñecidos: a complicidade de Arxentina cos nazis escapados, as fortunas galegas feitas ao abeiro da guerra, os métodos do Mossad... E todo iso está documentado, é historia. Eu escollín o que mellor me funcionaba para a novela. Do exterminio dos xudeus, escollín Lituania, que ten unha historia complexa. De Arxentina, Perón daquela aínda era ministro, pero tiña unha simpatía grande polos alemáns, e os nazis foron alí moi ben acollidos. Moitos xudeus tentaron refuxiarse primeiro en Francia, e despois pasaron a España ou Portugal, desde onde tentaban saír para América. Carlos e Nivardo, -xa o falabamos antes-, póñense un pouco existenciais, comparado con como eran antes. "Téñenme dito que 'Crime en Compostela' é algo machista, e si que o é desde a perspectiva de hoxe" É que teñen 50 anos. Non están na mesma etapa vital que en 'Crime en Compostela', xa non son aqueles picaflores. E todo cambia: as conversas cambian, as actitudes… Pero non é só por idade. Eu creo que o maior cambio que hai nas miñas novelas é nas relacións home-muller. Porque mudou moito a sociedade niso. Téñenme dito que 'Crime en Compostela' é algo machista, e si que o é desde a perspectiva de hoxe. Porque o cambio nas relacións home-muller foi drástico. Eu non renuncio ao erotismo, mais agora trátoo dun xeito diferente. Nesta novela, de feito, había un momento no que Carlos Conde ía ir cunha prostituta. Pois os meus amigos, que leron a novela, dixéronme que non tiña sentido, tendo el unha relación igualitaria e respectuosa cunha muller. Ao final suprimín iso. 'Crime en Compostela' é moi fiel á súa época. Eu mesmo, non me sentiría cómodo agora escribíndoa como está escrita. Tería que volver ter 30 anos, e naquela época. O que si se mantén é a intriga, os diálogos rápidos… O suspense e a acción están sempre. Nesta novela tamén está Mondoñedo. Nivardo merca unha casa en Mondoñedo, na zona máis pobre. E vai alí coa súa parella. Falar de Mondoñedo é tamén un xeito de falar de Nivardo, porque como vas contar a vida de alguén sen falar da súa parella.
NOS_864
Xa hai resposta de Puigdemont ao requerimento -segundo prazo, segunda resposta- de Rajoy.
Na segunda resposta a Rajoy, Puigdemont di basicamente dúas cousas: 1.-Mantén a suspensión da declaración de independencia decretada por el no pleno do Parlament do 10-O. 2.-Se o Estado negar o diálogo e optar polo 155, o Parlament "se así o considera oportuno" submeterá a votación a Declaración de Independencia. Significa isto que o 10 de outubro Puigdemont non declarou a independencia? O que significa máis ben é que ese día suspendeu os efeitos previstos na Lei de Referendo (primeiro suspendida e logo anulada polo TC) ao non submeter a votación a DUI. Portanto, a mudanza sería que agora, se o Estado vai pola vía da suspensión do autogoberno, a Lei de Referendo recobraría toda a súa virtualidade e a DUI se votaría no pleno do Parlament. A DUI sería aprobada dada a maioría absoluta do soberanismo e, portanto, así si que se proclamaría o nacimento da República catalá. O que é seguro é que a partir desta resposta de Puigdemont o Estado activará o 155. Ese é un dado incontornábel da situación. O 155 requere unha certa tramitación (aprobación por parte do Consello de Ministros, debate no Senado), o que daría tempo máis que suficiente ao Parlament para se convocar unha reunión extraordinaria visando a votación sobre a DUI. O previsíbel é que ese pleno sexa prohibido polo Tribunal Constitucional, o que abriría un novo frente xurídico no confronto cada día máis encarnizado entre as institucións catalás e as españolas. Que ocorrerá coas institucións catalás se o Estado activar o 155? Segundo diversas fontes, o Estado destituirá Puigdemont e Junqueras -president e vicepresident- e constituirá un goberno técnico dirixido desde a Moncloa por Soroya Sáenz de Santamaría. O Estado asumirá o control directo dos Mossos d'Esquadra e destituirá Trapero como o seu chefe. Será un executivo de transición, mais non se convocarán eleccións con carácter imediato. O horizonte sería facelas en 2018. E que fará o soberanismo? Se non é quen de operativizar o Parlament, pola prohibición do TC o plano B sería impulsar unha Asemblea de Eleitos, con parlamentares e concelleiras e concelleiros. Será o ente político que votaría a DUI. Catalunya tería así dous poderes en paralelo, o tutelado polo Estado (que estabelecería unha sorte de protectorado) e este órgao asembleario. En principio, a idea maioritaria no seo do soberanismo é non concorrer a unhas eleccións "autonómicas" convocadas desde Madrid. O contra-ataque sería a Asemblea de Eleitos convocar unhas eleccións constituíntes para elaborar a primeira Constitución da República catalá. O problema é que esa Asemblea de Eleitos non disporía de corpos coercitivos propios, se finalmente o Estado é quen de controlar os Mossos d'Esquadra.
PRAZA_6800
Alberto Garzón, Lara Hernández e Yolanda Díaz participaron este sábado na Coruña no acto central do Encontro para un novo país, un proceso de asembleas abertas co que Esquerda Unida quere favorecer espazos de confluencia electoral
Esquerda Unida vén de iniciar un proceso de asembleas abertas, denominado Encontro para un novo país, que incluirá numerosas convocatorias a nivel local e que culminará o vindeiro 22 de novembro cunha grande asemblea que recollerá todas as conclusións e propostas achegadas polos cindadáns e cidadás nestes encontros que, asegura a organización, serán horizontais, abertos e vinculantes. O proceso traballa ademais con tres materiais de base (un documento guía, un texto con dez preguntas, e outro con 30 propostas) sobre os que articula os debates. Este sábado EU celebrou na Coruña o acto central deste Encontro para un novo país, nun Paraninfo da Universidade ateigado para escoitar as palabras de Alberto Garzón (responsable en IU do proceso constituínte), Lara Hernández (secretaría de converxencia) e Yolanda Díaz. Tanto nas súas intervencións coma no debate posterior co público asistente un tema primou por riba de calquera outro: a necesidade de construír para as vindeiras citas electorais un espazo de converxencia e unidade entre as forzas de esquerda, movementos sociais e cidadanía descontenta coas actuais políticas de recortes sociais e de dereitos. Tanto Alberto Garzón, como Lara Hernández e Yolanda Díaz destacaron que se está a vivir unha "oportunidade histórica" e alertaron do risco de "desaproveitala" se as forzas transformadoras non traballan por esa "unidade". "Ábrese unha fiestra de oportunidade que hai que aproveitar. Non quere dicir que sexa doado, require habilidade e intelixencia, pero creo que se se aproveita será unha oportunidade para a maioría social e para os proxectos de transformación dende os valores da esquerda, da ética e da xustiza social", di Alberto Garzón en conversa con Praza. "A situación social e económica é de tal gravidade que debe propiciar este encontro", engade. Garzón: "Por IU non se vai frustrar esta oportunidade histórica. Esperemos que todos e todas esteamos á altura das circunstancias" Será posible un entendemento, por exemplo, entre Esquerda Unida e Podemos? Cal é o maior obstáculo para chegar a un acordo para presentarse conxuntamente ás eleccións? "O principal obstáculo sería non saber ler o actual momento político, non ser conscientes de que estamos vivindo un cambio de época", responde Garzón, que en calquera caso se amosa optimista: "Creo que estamos vencendo estes obstáculos. Por IU non se vai frustrar esta oportunidade histórica. Esperemos que todos e todas esteamos á altura das circunstancias". "Trátase agora de expresar electoralmente o que expresamos nas rúas, nas loitas das mareas, do 15M, nas PAH, nas Marchas da Dignidade", subliña Alberto Garzón, que aclara que "non propoñemos a destrución de IU. IU é necesaria. Propoñemos ir á construción dun espazo político común con outras forzas e con cidadáns e cidadás. Pero as siglas son o de menos, eu quero a revolución, non me importa o nome que teña". O deputado concluíu na súa intervención no Paraninfo que "a batalla social xa a gañamos, agora hai que gañar a batalla política. É posible gañar". "Que non nos pase coma a eses equipos de fútbol que perden o partido no desconto", advertiu, ao tempo que alertou de que "se a oportunidade se desaproveita, dentro de dous anos miraremos os nosos hospitais, e serán propiedade dunha corporación privada". Yolanda Díaz: "Non podemos entender as organizacións políticas como un fin en si mesmo. Se alguén escolle ese camiño porá en risco esta oportunidade histórica de ruptura" En termos semellantes falou Yolanda Díaz, que dixo que "se non o facemos agora, perderemos unha oportunidade histórica". "Non podemos entender as organizacións políticas como un fin en si mesmo. Se alguén escolle ese camiño porá en risco esta oportunidade histórica de ruptura. O protagonismo debe ser da cidadanía", engadiu. "Debemos empoderar a xente, debemos constituírnos en res pública, debemos traballar con corazón e ilusión, pero tamén con razón e intelixencia, porque podemos derrotalos", dixo Na súa intervención, Lara Hernández fixo mención aos distintos procesos de conformación de candidaturas cidadás que se están producindo en cidades e vilas de todo o Estado. Falou non só de Guanyem en Barcelona e de Ganemos en Madrid, senón de moitas outras iniciativas que teñen moi avanzado o seu traballo, como Málaga, Hospitalet, Cádiz ou Córdoba. Hernández sinalou que nestes movementos conflúe "xente que quere construír mapas de esperanza política, persoas distintas que son consciente de que é máis o que nos une que o que nos separa". E destacou que "o neoliberalismo fíxonos converxer máis aló das nosas contradicións. Coincidimos no programa de transformación, coincidimos cando miramos a realidade, porque as propostas políticas da esquerda son reais. Cada vez que saímos á rúa atopámonos todos e todas. O que menos importa son os nomes". Lara Hernández: "Cada vez que saímos á rúa atopámonos todos e todas. O que menos importa son os nomes" Tamén Yolanda Díaz propuxo asentar esta converxencia no debate e redacción "dun programa de unidade popular: dez puntos, vinte puntos, trinta puntos". A viceportavoz de AGE e coordinadora de EU afirmou que "estou farta de nominalismos e de matices. Á xente que non ten para alimentar os seus fillos, á xente que está en paro e sen cobertura social, non lle importa nada todo isto". Traballemos na confluencia social para derrotalos", reclamou. "Hai razóns poderosas para tecer unha rede popular e gañarlles a batalla. Cando camiñamos xuntas, somos moi poderosas, témennos", concluíu. Yolanda Díaz propuxo asentar esta converxencia no debate e redacción "dun programa de unidade popular: dez puntos, vinte puntos, trinta puntos" De igual xeito, Lara Hernández destacou, como tamén o fixera Alberto Garzón, que "Galicia é o lugar que tomou a audaz decisión de iniciar un proceso de converxencia como o foi AGE, que rompeu barreiras e triunfou". Tamén Yolanda Díaz fixo mención a el: "Tivemos a intelixencia colectiva de poñernos de fronte, de darnos a man, de ser fraternos. Podemos recolle o malestar social, como AGE o recolleu no seu momento e o segue a facer", sinalou. "Ruptura xeracional" Alberto Garzón (Logroño, 1985) e Lara Hernández (Madrid, 1986) pertencen a unha xeración de mozos e mozas que está a sufrir de cheo os efectos dos recortes. Desemprego, falta de oportunidades, recortes no ensino ou a obriga da emigración na procura de oportunidades. Unha xeración que ademais de ser obxecto da crise pode ser tamén suxeito activo do cambio político. "A crise económica é de tal gravidade que derivou nunha crise institucional e ideolóxica, unha crise da concepción do mundo, unha crise de réxime. E esta crise é percibida de forma máis clara entre as persoas máis novas, podemos dicir, por exemplo, entre os menores de 40 anos", destaca Garzón. "Ser moza leva ao exilio ou a un futuro precario, ser nova significa unha ausencia de proxecto vital, de oportunidades. A miña xeración vai vivir peor que a dos meus pais e por iso o tempo apremia" Lara Hernández, que vive en Berlín dende 2012, destaca igualmente que hoxe "ser moza leva ao exilio ou a un futuro precario, ser nova significa unha ausencia de proxecto vital, de oportunidades. A miña xeración vai vivir peor que a dos meus pais e por iso o tempo apremia". "Temos unhas condicións materiais de vida moi diferentes ás dos nosos pais. O futuro é incerto: as pensións, o emprego, a sanidade pública, os dereitos conquistados polas xeracións precedentes..., todo está no aire como consecuencia da agresión neoliberal. Isto converte esta xeración nun actor especialmente relevante para as transformacións sociais", subliña Garzón. O deputado de IU no Congreso salienta que "isto, ademais, é transversal a todos os partidos políticos da esquerda. Pódese afirmar que estamos ante unha ruptura xeracional do país, que afecta sobre todo ás organizacións de esquerda".
NOS_19321
A Unión de Consumidores da Galiza (UCGAL) analiza os datos oficiais de reclamacións dos principais grupos de telecomunicacións que operan no país.
As queixas de usuarias e usuarios sobre o servizo que prestan as empresas de telecomunicacións son múltiples. Por este motivo a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) vén de examinar os datos de reclamacións dos operadores de telecomunicacións a través dos ofrecidos pola Secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (Setid) e pola Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións (Ouatel). Reclamacións segundo a OAUTEL O volume de reclamacións de servizos converxentes (aqueles que inclúen varios servizos dentro dunha mesma tarifa) oscila entre o 1,24 de Movistar e o 9,04 de Vodafone, situándose o resto de operadores entre o 1,79 de Euskaltel e o 4,35 de R. Cómpre considerar que o 81% das liñas fixas e o 86% das móbiles soportan servizos converxentes. Respecto das queixas sobre a atención ao cliente, os rexistros do organismo sinalan que Movistar presenta o menor volume (0,17) e Vodafone triplica o dato (0,51). En canto ás reclamacións sobre servizos móbiles, a Ouatel sitúa a Vodafone co peor índice de reclamacións (3,71) e a Orange co mellor (1,27). As reclamacións sobre o servizo fixo presentan un volume que vai desde o 2,7 de Euskaltel até o 33 de Orange, pasando polo 27 de MasMovil e o 19,5 de Vodafone. Reclamacións segundo a SETID As reclamacións sobre o servizo móbil varían entre o 0,45% de Vodafone até perto do 2,5% de Orange e Movistar. Nas contas prepago, as porcentaxes invértense, xa que flutúan entre o 0,087% de Movistar e o 2,22% de Vodafone. As reclamacións relativas a facturas sitúanse entre o 0,057% de Vodafone e o 1% de Movistar. Os tempos de resolución de reclamacións varían desde os 23 días de R ou os 19 de MasMovil até os 2,71 de Vodafone. Para o servizo fixo, a Setid amosa un abano que vai desde o 0,96% de MasMovil até máis do 5% de R e Telecable. Os tempos de resolución móvense entre os 5,30 días de Vodafone e os case 20 de MasMovil e R. Por último, as reclamacións sobre facturas presentan uns rexistros desde o 0,20% de MasMovil até o 1,41% de Telecable.
NOS_11713
Que cada ano a Academia recibe propostas e mesmo presións para conseguir o Día das Letras galegas é ben sabido. Que, desta volta, lle chegue da mocidade o apoio para o poeta Xosé María Díaz Castro, é pola, contra, unha noticia inesperada que terán que valorar as persoas que teñen dereito a voto no pleno. No IES Poeta Díaz Castro están a facer todo o posíbel para que sexa o escollido, mesmo un documental.
Se botaramos man do ronsel de nomes da nosa historia literaria e nos preguntaramos a quen apoiaría a mocidade para o Día das Letras Galegas abofé que en moi poucas ocasións a resposta se achegaría á realidade. Á Academia Galega chegaralle en días unha proposta para dedicarlle o ano ao poeta Díaz Castro e quen a avala é o alumnado do Instituto de Guitiriz, que leva o nome do poeta. Para amparar a súa petición, o centro non leva as mans valeiras, canda a súa vontade achegan un documental elaborado polo propio alumnado que presenta á figura do poeta de maneira singular, mesmo ao ritmo de rap. O próximo martes presentarán o seu documental na Real Academia Galega ás 12 horas e ás 16.45 compartirano con alumnado doutros centros e público xeral na Biblioteca do Centro Ágora. Desde o xoves 6 está ao dispor na canle youtube. Rapear Díaz Castro? Rapear Diaz Castro? Pois é posíbel. Fixérono en Guitiriz, nun documental musical de 15 minutos que desde hoxe mesmo está colgado na rede. En "A lus do mundo.Redescubríndo ao Poeta Díaz Castro" implicouse o centro enteiro, a comezar pola propia directora Olga Aguiar que aparece nos créditos como "directora de produción", papel no que se estrea con éxito. Botaron man dunha directora profesional, Cristina de la Torre estivo á fronte do proxecto desde o inicio ao fin, desde a coordinación de efectivos á montaxe, encargándose mesmo do deseño do cartaz, que tamén ten esta produción audiovisual que ten a "estrea mundial" no propio centro mais que logo rulará polo país todo predicando a grandeza do poeta da súa terra. Con entrevistas nas que buscan responder, entre outras cousas, á metafísica cuestión de se se nace poeta ou se fai e poemas musicados, en Guitiriz levan baixo o brazo un material de inusual valía, construído polo alumnado para apoiar ao poeta viciño. "A implicación foi moita e dá gusto ver como defenden a Díaz Castro, tamén coas súas novas linguaxes. Afondaron na súa figura e hai elementos verdadeiramente interesantes para a mocidade" explica Olga Aguiar dun proxecto que contou tamén coa participación de dúas figuras de excepción, a escritora Marica Campo e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, os dous moi vencellados ao centro. A profesora Xandra Tenreiro mais o alumno David Gómez son os autores da música. Centenario do nacemento "Creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou cos versos cando aínda era un rapaz, tamén como eles" apuntan na presentación do documental. A directora non oculta o seu entusiasmo co proxecto. A pouco que fale bótase a gabar as moitas calidades de Díaz Castro que o fan merecedor do recoñecemento. "Aporta unha mirada fresca sobre a poesía, destacándoa como unha maneira de aferrarse ao mundo e sentirse vivo" din, para definir ao poeta autor de Nimbos do que se fan o próximo ano os cen anos de nacemento en Guitiriz. No centro botan man deste dato para animar máis aínda a que a Academia se decante polo seu poeta porque poucas maneiras mellores se lles ocorre para conmemorar o centenario dun autor que deixou pegada na poesía galega e é un dos nomes de referencia obrigada na nosa historia literaria.