ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_30251 | O terceiro aniversario da maior traxedia ferroviaria da nosa historia chega co coñecemento do informe de Bruxelas que ditamina que a investigación técnica realizada non se axustou ás obrigas legais e desconsiderou aspectos centrais na explicación do sinistro. Aspectos que claramente apuntan a responsabilidades políticas. | Angrois celebra a finais de xullo as súas festas, o San Antonio, que decorren ao pé do lugar onde tivo lugar o peor sinistro ferroviario da historia de Galiza, onde estaba o campo da festa. O día do accidente un dos vagóns caeu alí, destrozando o lugar. Hai veciños, como José, que no primeiro aniversario da taxedia confesaban a Sermos Galiza, que "non se dá superado unha cousa así: os mortos, a desfeita..." Outros, como Martín, recoñecían que malia que esas imaxes nunca se esquecen "a vida segue". Non lles gostaba falar de "política", afirman, cando se lles pregunta a opinión sobre o veto ás comisións de investigación ou o descontento de gran parte das vítimas coas administracións. "Nunca están as cousas a gusto de todos". Pasaron xa tres anos do sinistro no que faleceron 81 persoas. Un aniversario que desta volta vén marcado polo informe de Bruxelas que pon en entredito a investigación realizada sobre o sinistro e que xa levou a vítimas e organizacións (BNG e AGE) a pedir unha nova investigación. Até o propio presidente da Xunta, Núñez Feijóo, dixo entender que se dea o paso e se abrise unha nova investigación. O sinistro Ás 20:41 horas do 24 de xullo de 2013 un tren procedente da estación de Chanmartí (Madrid) con destino Ferrol e 218 persoas a bordo descarrilaba na curva da Grandeira, Angrois, a apenas 3 quilómetros de Compostela. O número de vítimas, finalmente 81, situou o accidente de Angrois como a maior traxedia ferroviaria da historia de Galiza e do Estado español. Os focos da imprensa internacional viraron sobre a pequena parroquia compostelá e deu comezo unha longa peregrinaxe instucional e xudicial para as familias das persoas falecidas mais tamén para aquelas que conseguiron sobrevivir. O exceso de velocidade mais sobre todo unha curva que exixía pasar de 190 km/h. a 80 km/h. nun curto espazo tornouse na principal causa do sinistro. Segundo as autoridades ferroviarias (Adif e Renfe) a responsabilidade foi do maquinista, quen non conseguiu frear a tempo. Unha explicación que non convenceu nin convence. Non só a vítimas e familiares mais tamén o primeiro xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, apuntaban a responsabilidade do Ministerio de Fomento por diversas razóns. Dunha banda, o tren (un Alvia Talgo-Bombardier serie 730) non contaba co sistema de freado automático (ERTMS). debido a unha mudanza de última hora no trazado, publicitado no BOE como Tren de Alta Velocidade (TAV), mais cuxa vía foi finalmente de dimensións inferiores ás precisas para este mecanismo que tería evitado o accidente de existir un erro humano. Aliás, o tramo non contaba co sistema de balizamento que advertise da perigosidade da curva --este sería instalado a posteriori polo goberno. Doutra banda, e con posterioridade, novos dados achegados á investigación, entre outros pola defensa das vítimas através do documentario Frankenstein 04155, evidenciaron que o peso do tren superaba o legalmente permitido. De feito, na actualidade, tres anos despois do sinistro, continúan as obras para instalar nese tramo o sistema ERTMS. Obras que non se prevé que acaben até finais de ano. O xuíz quixo inicialmente imputar responsábeis de Adif e Renfe no caso. Mais após o fechamento da instrución, dun recurso por parte da Avogacía do Estado, e cun outro xuíz ao cargo, o maquinista, Francisco José Garzón, sería o único suposto responsábel penal por un delito de homicidio imprudente, imprudencia profesional grave e 144 delitos de lesións. Meses despois e logo dun recurso presentado perante a Audiencia Provincial da Coruña a instrución volve reabrirse. Segundo o tribunal existen diversas cuestións aínda por esclarecer. A Audiencia deixa a porta aberta a novas imputacións, entre elas as persoas responsábeis do tramo (Adif e Renfe). Responsabilidades Para alén do proceso xudicial, a Plataforma de vítimas do Alvia e as forzas políticas da oposición (BNG e AGE), exixen desde hai tres anos a depuración de responsabilidades políticas através de senllas comisións de investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso español. No deseño e abertura ao tránsito da vía adoptaron decisións gobernos do PSOE --con José Blanco á fronte de Fomento-- e do Partido Popular, con Ana Pastor como ministra. Ambas as dúas organizacións políticas vetaron en numerosas ocasións a constitución destes órgaos parlamentares. Na Galiza, argüíndo por parte do Partido Popular que a Cámara non conta con capacidade para a investigación de asuntos coma o sinistro de Angrois por non ter competencias en materia ferroviaria. No Estado español, atribuíndo esa competencia á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), unha entidade dependente do Ministerio de Fomento constituída polas mesmas persoas que deberían ser obxecto de investigación. "Xa perdemos a conta das veces que se botou abaixo a petición dunha comisión de investigación sobre o acontecido en Angrois", incidían daquela desde a Plataforma Alvia 014155. "A estratexia semella, en parte, a do Prestige: deitar toda a responsabilidade nunha única persoa (Mangouras no sinistro marítimo, o maquinista no ferroviario) e alongar o proceso todo o que se poida", opinaban. CIAF A CIAF concluíu nun informe que a causa do accidente fora o exceso de velocidade e que o único responsábel foi o maquinista quen, por un despiste ou erro humano [ía falando por teléfono con mandos de Renfe], foi incapaz de reducir a velocidade en tempo e forma. O carácter independente da CIAF e o resultado da investigación foron censurados pola oposición e as vítimas do Alvia que acudirían ás institucións europeas para defender o dereito a contar cun proceso con garantías. Da man do BNG a Plataforma de vítimas do Alvia 04155 reclamarían perante a Axencia de seguridade ferroviaria europea a elaboración dun informe que determinase se a CIAF cumpría coas súas obrigas de acordo co ordenamento xurídico comunitario. O documento foi realizado mais meses de presións por parte do goberno español impediron a súa publicación até xullo de 2016. No seu relatorio as autoridades comunitarias sinalan que a CIAF non era independente e que, por esa razón, a investigación realizada non se axustaba ás obrigas legais. Urxiu a reabertura da comisión e a elaboración dun outro informe así como dexou a porta aberta a presentar unha denuncia contra o Estado español polo incumprimento da Directiva 49/2004 de seguridade ferroviaria. O BNG, a través de na Miranda, form alizou esa denuncia. Fíxoo na mesma semana na que a ministra de Fomento era 'ascendida' ao terceiro cargo do Estado, presidenta do Congreso. A mesma semana en que esa ministra, Ana Pastor, daba 'plantón' ás vítimas nunha reunión no Ministerio. A mesma semana na que se fan tres anos da peor traxedia ferroviaria da historia de Galiza. |
NOS_83 | O Concello de Redondela vén de estrear novos nomes para estes espazos de lecer do municipio. A Concellaría de Normalización Lingüística, que xestiona a propia alcaldesa Digna Rivas, lembra desta maneira a persoas importantes para a cultura galega como María Miramontes -ligada á editorial Nós- e o pintor Luís Seoane. | O Goberno local de Redondela quere ensinar galego ás crianzas desde ben pequenas para que non esquezas as súas orixes. Ou polo menos é a sensación que dá a súa orixinal campaña para homenaxear persoeiros "comprometidos coa lingua e cultura galegas". A proposta do departamento de Normalización Lingüística, que depende da propia rexedora Digna Rivas, é achegar algúns datos culturais a nenas e nenos fornecéndoos naqueles lugares nos que van ser vistos como algo cotiá. Así, Redondela vén de renomear dous parques infantís como María Miramontes e Luís Seoane. Desde o Executivo municipal explican que esta iniciativa quere "dar visibilidade aos homes e mulleres" que tiveron ese compromiso co idioma e a cultura propia do país. Así, pouco a pouco as áreas infantís intentarán facer usuarias e usuarios máis reivindicativos e coñecedores da historia da Galiza e, polo de agora, ese reto comezou nos lugares de Cabeiro e Chapela. Letras galegas todo o ano A instalación situada fronte ao CEIP Porto Cabeiro chámase agora Luís Seoane, na honra do pintor e editor exiliado. "Dende o outro lado do Atlántico levou adiante numerosas e importantes iniciativas a prol da cultura galega e puxo en marcha, xunto a Isaac Díaz Pardo, o Laboratorio de Formas que sería o xermolo de Sargadelos", explican desde o Concello. Así o fan saber, dunha forma sinxela, cun cartel con retallos biográficos do creador. A mesma estratexia é a seguida no parque do Piñeiral do Creo, en Chapela, que foi dedicado a María Miramontes, compañeira de Ánxel Casal, editor da editorial Nós e alcalde de Compostela fusilado no 36. "Cómpre salientar que María Miramontes foi esquecida durante moito tempo e o seu nome no se unía ao traballo da imprenta cando, na realidade, era ela a encargada de coser os libros xa que, de profesión, era costureira. Tralo asasinato do seu home, exiliouse a Arxentina", inciden desde Redondela. Ademais, dáse a circunstancia de que está ao carón da Biblioteca Xela Arias. Así, como ve oportuno a alcaldesa, as Letras Galegas non quedan limitadas a un só día e, Redondela, "como Concello pioneiro en normalización lingüística, ten a obriga de seguir sendo un exemplo". |
NOS_32186 | Unha exposición sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo está a 'tomar' estes días a Alameda compostelá e vaino facer até a terza feira 3X. A mostra inclúe imaxes e información sobre unha tradición centenaria que data do século XVI. | A exposición é unha das actividades que impulsa a Asociación de Rapa das Bestas de Sabucedo, un máis dos múltiples eventos que realiza no cadro da Rapa 2018, que terá lugar entre os próximos días 6 e 9 de xullo. A previsión da organización é que, como xa ten acontecido en edicións anteriores, a pequena aldea de apenas 60 moradores acolla durante eses días un mínimo de 20.000 persoas visitantes. A axenda da Rapa 2018 ten a súa pistolada de saída na noite da quinta feira 5X, coa IX Gala na Honra e Louvanza dos Aloitadores e terá o seu ponto culminante na "baixa" dos cabalos e bestas desde o monte na mañá da sexta feira 6X e nos curros do sábado 7 (19 horas), domingo 8 (12 horas) e segunda feira 9 (12 horas). Rapa e música A música non podía ausentarse e a noite da sexta feira será a quenda do festival RapaSons. No cartaz, Davide Salvado, Fillos de Estramonio, Festicultores e Liviao de Marrao. Oficiará como apresentadora Isabel Risco. Unha Rapa global A Rapa é un fenómeno que levanta interese en moitos cantos do planeta. Tanto que -revelou o presidente da asociación, Henrique Bazal, no acto de apresentación da exposicion- por volta de 70 xornalistas de distintos países se teñen acreditado para cubrir o evento. Haberá representantes de meios do Estado español, Portugal, Francia, Italia, Países Baixos, México, Colombia e os Estados Unidos. |
NOS_44511 | A tarde do 2 de setembro de 2001 no Festival de Cans tivo como protagonistas dous octoxenarios xa ilustres: Xosé Manuel Beiras e Ian Gibson. O primeiro, como personaxe do documental Beiras, vivir 2 veces. O segundo, de Onde acaba a memoria, un filme que narra a súa peripecia mentres escribe o seu libro sobre Luís Buñuel. | A tarde do 2 de setembro de 2021 quedará marcada na historia do, xa maior de idade, Festival de Cans como un dos seus momentos cumios. Unha tarde que tivo de protagonistas dous octoxenarios ilustres en respectivas longametraxes documentais. Unha dedicada por completo a Xosé Manuel Beiras, baixo o titulo Beiras, vivir 2 veces; e outra, titulada Onde acaba a memoria, co biógrafo e historiador Ian Gibson como protagonista. Dúas longas de enfoque diferente mais cun nexo en común: a voz da experiencia. Beiras, vivir 2 veces está dirixida por Gaspar Broullón, Pepe Coira e Jorge Coira, o "Pedigree de Honra" desta edición "dous rombos" do Festival de Cans, producida por Ollo Vivo e cunha xenerosa lista de mecenas. Un documental feito coa intención de se achegar ao "Beiras persoa" e non ao "Beiras personaxe". E faino a través das súas propias verbas, de conversas diversas cos seus achegados, de fotografías, mapas... Eses mapas... Uns mapas utilizados por Beiras para situar a historia, apoiar a narrativa, en definitiva, contar... Unha maneira de contar, esta, propia doutra época e que, para un servidor, foi como estar vendo o meu avó Emilio contándonos aos netos, de maneira minuciosa e sen perder detalle, que é o que facía durante as súas viaxes. Un documental que non trata de branquear Beiras, nin xulgalo, nin idealizalo... Un documental sobre un pensador, un filósofo, un economista que acabou dedicándose á política pero que ben podería ter sido un gran pianista. Un documental que, após esta preestrea, terá o seu percorrido nas salas comerciais do país. Ao remate do coloquio cos directores e co propio Beiras, houbo tempo para presentar as primeiras imaxes, en exclusiva, de Proxecto Emperador, o próximo thriller de Vaca Filmes dirixido, desta volta, por Jorge Coira e protagonizado por Luís Tosar. O certo é que promete... Sen apenas tempo para tomar un refrixerio e ir ao baño, tocou a quenda de Ian Gibson, que chegou en chimpín xunto á súa parella Carole Elliott, o director Pablo Romero-Fresco, o produtor e compositor Xavi Font e unha animosa comitiva do máis agroglamourosa que quixo acompañar a estrea mundial de Onde acaba a memoria. O documental de Pablo Romero-Fresco parte da viaxe que o propio Gibson fai seguindo os pasos de Luis Buñuel, en 1933, a Las Hurdes para rodar Tierra sin pan, controvertida curtametraxe sobre a miseria humana (en todas as súas acepcións) narrada por Paco Rabal. Non se trata dun filme arredor de Buñuel, nin sobre a historia do cinema, que tamén... Trátase dunha biografía do historiador Ian Gibson, firme defensor dunha República Ibérica, mentres realiza unha biografía sobre Buñuel co gallo de completar a súa triloxía Lorca-Dalí-Buñuel. Un documental con grandes momentos, algúns surrealistas (o señor das abellas), outros devastadores (a estrada do 'paseo' de Lorca), outros abraiantes (o momento fan nas localizacións onde rodou Buñuel) e outros reivindicativos (o feche). Un filme, curiosamente, moito máis político que o de Beiras... A ovación final durou todos os créditos. Unha tarde memorábel no Festival de Cans... e o mellor está por vir. |
NOS_31817 | O portavoz nacional Xavier Vence cualificou o resultado do BNG de "fantástico". A candidata Ana Miranda enfatizou que no Europarlamento "vai haber nación galega". | "Un resultado fantástico que permite a representación de Galiza en Europa". O portavoz nacional do BNG Xavier Vence valorou desta forma os resultados de BNG e 'Os pobos deciden' nesta xornada. Vence e a candidata Ana Miranda compareceron arroupados polos integrantes da Executiva e militantes nacionalistas para destacar a importancia de ter europarlamentario. O portavoz nacional comezou facendo un "recoñecemento a toda militancia e simpatizantes do BNG nunha campaña marcada pola austeridade e nun contexto moi difícil e duro". Xavier Vence apuntou a que "tivemos todo en contra, e a pesar diso temos unha organización viva". Obxectivo cumprido Os 324.423 logrados por Os Pobos Deciden son para o portavoz "a culminación do obxectivo fixado: Galiza ten voz propia no Parlamento europeo". Unha representación atinxida nun escenario no que Vence tamén destacou "o estourido do bipartidismo españolista. A poboación dixo abonda". O portavoz concluíu a súa intervención cunha mensaxe clara: "A cidadanía vén de nos dicir claramente que precisamos un proxecto nacionalista de esquerdas e o BNG quere ser o motor dese proxecto". Ana Miranda: "Viva Galiza Ceive!" A candidata Ana Miranda, cunha intervención emocionada, quixo agradecer o apoio electoral desas perto de 80.000 persoas. Salientou o traballo feito nesta campaña por militancia e simpatizantes e resaltou que a "nación galega" vai estar no Europarlamento. Puxo o ramo ás súas palabras cun "Viva Galiza ceive!" aplaudido e coreado por militantes e simpatizantes. |
NOS_45556 | Traballadores da quenda de electrolise denuncian cunha foto a situación nos que os quere a multinacional. | A denuncia do que Alcoa está a facer na planta de San Cibrao ten diferentes vías e actuacións: manifestacións, escritos ao xulgado, barricadas.. e tamén a fotografía. Os traballadores dunha quenda de electrolise, dos que están directamente afectados polos despedimentos impulsados pola multinacional, fixéronse unha foto "en pelotas". "Alcoa déixanos en pelotas mais non tiramos a toalla" é a lexenda que figura na mesma, unha imaxe que axiña se estendeu de móbil a móbil a través de vías como whatsapp. E é que a loita polo futuro de Alcoa e a comarca continúa. Esta segunda feira, 19 de outubro, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anunciou que a vista para estudar a medida cautelar contra o ERE de Alcoa terá lugar o vindeiro día 28 deste mes na Coruña. As centrais sindicais CIG, CCOO e UXT informan de que, xunto ao comité de empresa, pretenden impedir con estas medidas cautelares que a multinacional inicie a parada das cubas de electrólises. "Permitir que Alcoa comece co apagado das cubas suporía un dano irreversíbel nas capacidades produtivas da fábrica de San Cibrao (Cervo) e lastraría calquera posíbel saída para garantir a continuidade dos empregos e da produción", advirten. Entre esas saídas, os traballadores seguen agardando pola intervención, mais na Xunta parece que non é a prioridade. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, manifestou que apoiará a intervención da planta de San Cibrao (Cervo) "se chegado o momento ese é o camiño". O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de convocar unha "gran manifestación" para o vindeiro sábado 24 de outubro en Lugo, onde rexistrará unha solicitude dirixida ao Goberno estatal para a intervención pública "temporal" da planta. |
PRAZA_777 | O Índice de Confianza do Consumidor do primeiro trimestre de 2015, publicado este luns polo IGE, ofrece unha notable mellora con respecto a hai doce meses, pero o pesimismo segue dominando nos fogares que ingresan menos de 1.500 euros. 6 de cada dez galegos chega con dificultades a final de mes. | Dende hai un tempo as estatísticas económicas, aínda que seguen lonxe de seren positivas, están a mellorar con respecto ás rexistradas nos meses e anos anteriores. Porén, as grandes cifras teñen lecturas máis complexas se se analizan polo miúdo. As máis das veces non se trata de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro, senón de que a crise afectou e afecta a cada persoa e clase social de forma distinta. Este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou os datos correspondentes ao primeiro trimestre de 2015 da Enquisa Coxuntural aos Fogares, que inclúe preguntas sobre as dificultades dos galegos e galegas para chegar a fin de mes e que ofrece información sobre o Índice de Confianza do Consumidor. Nos fogares que ingresan máis de 2.000 euros mensuais o indicador de confianza é xa positivo (entre 6 e 20 puntos), algo que non sucedía dende antes do comezo da crise económica Este Índice mellora notablemente, aínda que segue ofrecendo valores negativos, situándose en -9.94 puntos, fronte aos -17 do último trimestre de 2014 ou aos -25.29 de hai doce meses. Esta mellora aséntase nunha máis positiva percepción da situación xeral da economía e da evolución do desemprego, pero non na percepción dunha melloría da situación persoal do entrevista ou da súa capacidade de para aforrar no futuro. Ademais, se analizamos os datos en función do nivel de ingresos dos entrevistados, vemos como os valores son moi distintos. Así, os fogares que ingresan menos de 1.500 euros ao mes amosan resultados aínda moi negativos (entre -16 e -25 puntos), mentres que pola contra nos fogares que ingresan máis de 2.000 euros mensuais o indicador de confianza é xa positivo (entre 6 e 20 puntos), algo que non sucedía dende antes do comezo da crise económica. Un 58,37% dos e das galegas afirma que chega a final de mes con dificultades ou con moitas dificultades Polo tanto, pódese dicir que unha parte do país si está saíndo da crise, e ten ademais confianza no futuro (o que pode estimular o seu consumo), mentres que outra gran parte da sociedade (maioritaria, se cadra) non advirte aínda estas melloras. De feito, un 58,37% dos e das galegas afirma que chega a final de mes con dificultades ou con moitas dificultades. A cifra é apenas unhas décimas inferior á do trimestre anterior (59%) e un par de puntos menor que a de hai doce meses (60,25%). De feito, a porcentaxe de persoas que di chegar "con moitas dificultades" (o 13,2%) mesmo crece dende o trimestre anterior (8,59%) e é semellante á de hai un ano (13,17%). Neste caso, igualmente, aqueles fogares con ingresos reducidos recoñecen serias dificultades para rematar o mes. É a situación de oito de cada dez familias que gañan menos de mil euros (79,83%) e de sete de cada dez das que ingresan entre 1.000 e 1.500 (68,55%). Estes dous grupos non perciben en absoluto a recuperación económica, e neles a proporción de fogares con problemas practicamente non variou ao longo da crise, mesmo se incrementou. A situación dá a volta no caso das familias con ingresos mensuais superiores a 1.500 euros; neste caso, as que recoñecen "dificultades" roldan o 45%. Nas familias que gañan máis de 2.000 euros mensuais, tan só o 28% di pasar por problemas deste tipo. As familias que puideron facer algún gasto máis dedicaron este esforzo económico a "saír a cear, a cafetarías, ao cine ou ao teatro" ou a "facer algún extra en produtos de alimentación" Algúns indicadores ofrecen algunha luz que convida ao optimismo, pero estes sinais son aínda moi febles. Así, cando se lles pregunta aos e ás entrevistadas se se permitiron "algún extra" nos últimos tres meses, a porcentaxe de fogares que afirma que non puido facer ningún gasto extraordinario é de 22,96%, inferior á dos trimestres anteriores pero moi semellante: o pasado ano esta cifra era do 27,9% e hai dous do 28,37%. En canto ás familias que si puideron facer algún gasto máis, dedicaron este esforzo económico -sobre todo- a "saír a cear, a cafetarías, ao cine ou ao teatro" (un 61,88%) ou a "facer algún extra en produtos de alimentación" (un 47,7%), pero foron menos as que pagaron unhas vacacións ou unha viaxe (un 8,76%, unha cifra que leva anos sen crecer), as que realizaron "grandes compras" (un 23,33%) ou as que puideron aforrar (un 38,08%). Os datos son semellantes cando se lles pregunta aos cidadáns polas súas perspectivas de gasto para os vindeiros tres meses. De novo, as previsións de desembolso económico se dirixen a pagamentos máis cotiáns, coma alimentación ou restauración, e menos a grandes pagamentos. |
NOS_27565 | A deputada nacionalista Rosana Pérez rexistra unha pregunta dirixida á Mesa do Congreso en que exixe ao PP que se posicione sobre a dispersión penitenciaria. Un cálculo estimado revela que familiares e amizades deixan ao redor de 75 mil euros ao ano en visitar @s pres@s independentistas | O artigo 31 do Regulamento penitenciario confire ao goberno español a competencia para determinar o destino das persoas reclusas nos diferentes penais do estado. Porén, o artigo 12 da Lei orgánica xeral penitenciaria fixa unha limitación: cómpre evitar o desarraigamento social da poboación reclusa. Tal disposición non se acata a respecto de ningunha d@s 12 pres@s galeg@s. Dueñas (Palencia, 480km), Topas (Salamanca, 413km), Soto del Real (Madrid, 589km), Villabona (Asturias, 295km), Estremera (Madrid, 676km), Aranjuez (Madrid, 647km) ou Navalcarnero (Madrid, 616km), son algúns dos cárceres españois polos que pasaron Antom Santos, Santiago Vigo, Diego Santín, Carlos Calvo, María Osorio, Xurxo R. Olveira, Héctor Naya 'Koala', Roberto R. Fialhega 'Teto', Eduardo Vigo, Júlio Sayáns, Jose Manuel Sanchez Gorgas e Telmo Varela. Pola súa situación vén de preguntar o BNG no Congreso d@s deputad@s, rexistrando unha pregunta parlamentar remitida por Esculca á Dirección xeral de institucións penitenciarias no mes de xuño e que non recibiu ningunha resposta. A plataforma cidadá Que voltem à casa calculou en 2011 que os gastos ocasionados a familiares e amizades ascendían a 8.400 euros ao ano. Daquela @s independentistas pres@s eran só catro. Un cálculo estimado para os gastos actuais elevaría a cifra até os 75 mil euros anuais. Así as cousas, a deputada nacionalista Rosana Pérez constatou na pregunta dirixida á Mesa do Congreso que os criterios de adxudicación dun centro penitenciario onde cumprir prisión preventiva ou condena non ten estrita relación coa dispoñibilidade de prazas pois, tal e como advertiu Esculca, a reclusión lonxe da Galiza é frecuente en pres@s sometid@s ao réxime pechado --en primeiro grao-- e naqueloutr@s clasificad@s como FIES --intern@s de especial seguimento--, un réxime que foi ilegalizado en virtude dunha sentencia do Tribunal Supremo ditada en 2009. Porén, séguese aplicando. Preguntou tamén Pérez Fernández polas limitacións ás cales se ven suxeitas estas persoas reclusas, sen respectar o carácter temporal que o propio Regulamento penitenciario exixe para elas. Por todo o anterior, o BNG exixe unha resposta escrita en que o goberno español sinale a cifra de poboación reclusa galega encarcerada fóra da Galiza, as medidas que o PP vai adoptar para cumprir coa disposición legal do arraigamento familiar --contra a dispersión-- e se se vai "relaxar" a aplicación de medidas que limiten os dereitos d@s pres@s. |
NOS_50014 | Como cada quinta feira sae do prelo máis un semanario en papel, o nº83. Podes facerte cun exemplar nos puntos de venda habituais ou mercándoo na nosa loxa. | A suma de todos os bens e servizos producidos na Galiza durante un ano non darían para igualar a fortuna persoal que posúen Amancio Ortega e a súa filla Sandra Ortega. Queres saber como remata a historia do 0,26% de poboación galega que concentra máis da metade da riqueza do País? Contámoscho nun novo número do noso semanario, que vai xa polo 83. Eis algúns outros contidos: as varias crises da convención do PP central a Crónica Política a contaminación por cobre cébase coas rías de Vigo e Ferrol pola actividade portuaria e dos estaleiros. O que está a acontecer contámoscho nas páxinas de Galiza o sector oficial do PP e o aparato do PSOE traballan coa hipótese de antecipar as eleccións xerais e de ir a un proceso de reforma constitucional na vindeira lexislatura. Queres saber máis? Olla as páxinas de Política no País do minifundismo funcionan desde os anos 70 iniciativas de custodia do territorio que, a día de hoxe, traballan na recuperación e conservación de máis de 4.000 hectáreas. Para os coñecer atoparás unha ampla reportaxe nas páxinas de Social, completada cunha entrevista a Alfredo Pereira, presidente da Organización de comunidades de montes en man común unha sentenza do Xulgado do Social de Vigo considera improcedente o despedimento de catro traballadores no centro de atención á diversidade funcional San Xerome, da Guarda. A empresa négase a @s readmitir e investirá 150.000 euros de diñeiro público en liquidacións e indemnizacións. Debullamos o conflito nas páxinas de Traballo sabes que son os drones? Sabes que o seu uso civil --non militar-- está a medrar? E sabes que xa hai empresas de alimentación que os están a empregar para a entrega a domicilio? Iago Varela, de Mallando no Android, explícache todo isto en Tecnoloxía na sección de Internacional viaxamos até o Irán cunha reportaxe a dupla páxina que leva por título Breves impresións dunha crónica de viaxe na Ruta da Seda que asina o escritor Cesáreo Sánchez Iglesias encetamos as páxinas de Cultura cunha entrevista ao cineasta e escritor Alberte Pagán que realizou o xornalista Antón Escuredo. Sen saír da sección poderás relaxarte cun paseo polas fervenzas e muíños do río Barosa nas 'Viaxes na Miña Terra' e a nosa Okapi sae do Courel para visitar 'A illa de todas as illas' da man de Xabier P. DoCampo. na Contracapa conversamos con Carmiña Couceiro, unha muller que vive, literalmente, entre libros. Após traballar máis de 30 anos nunha das librarías da familia, partilla connosco a súa experiencia. Pasatempos, críticas --musical, literaria e de cinema--, a axenda cultural e artigos de opinión completan estas 32 páxinas que sairán do prelo na quinta feira. Tamén podes facerte cun exemplar do semanario mercándoo na nosa loxa. |
NOS_21905 | Aínda que o autor foxe da fórmula diarística, o que atopamos aquí son reflexións persoais, algunhas delas moi próximas ao xénero da columna de opinión, pois xérase debate arredor de temas de interese sobre o devir da comunicación e das relacións sociais. | O mundo avanza imparábel. A miúdo, corremos polas rúas cos móbiles nas mans e os auriculares nas orellas, sen escoitar, case sen ver. Son os ritmos que nos impoñen a globalización e a inmediatez das redes sociais. Pero ante iso, hai persoas que non se resignan e que reivindican outras formas de vivir, máis lentas, demoradas, reflexivas e que conviden ao pensamento crítico. Xavier Queipo é un home que se afasta sempre das tendencias, e que vén de publicar un libro que convida a deternos sobre a vida. Titulado Algoritmos, nel atopamos unha serie de anotacións moi persoais nas que comparte con nós, de forma moi xenerosa, a súa descuberta de libros, filmes e cancións, que se acompañan de debates internos cos que conectamos, e tamén coas mudanzas sociais que se foron producindo no tempo no que foron escritas, entre o 2011 e o 2018. Algoritmos / Xavier Queipo / Galaxia / 2022 / 17 euros / 168 páxinas Aínda que o autor foxe da fórmula diarística, o que atopamos aquí son reflexións persoais, algunhas delas moi próximas ao xénero da columna de opinión, pois xérase debate arredor de temas de interese sobre o devir da comunicación e das relacións sociais. Así, el fala da complexidade de defender outras formas de vida máis lentas pero tamén da necesidade das mesmas, ofrece ideas arredor da banalización e da redución do pensamento a fórmulas como o t-shirt, que non deixa de ser un dos efectos máis significativos da eclosión das redes sociais, e non esquece mencionar o perigo de caer nas mensaxes do politicamente correcto. Queipo, quen ten coñecido moitos países e lugares debido ao seu traballo como tradutor, realiza nesta obra un exercicio de xustiza, pois descúbrenos moitas obras literarias das que menciona a todas as persoas creadoras, tamén, e sobre todo, as que fan posible que un libro poida transitar dunha lingua a outra. Algoritmos é unha homenaxe ás persoas que aman os libros e que defenden a soidade en tempos de maiorías barulleiras. Por iso, e debido á súa construción interna, pode petiscarse de xeito desordenado, ao modo que propoñía Cortázar na súa Rayuela, ou coma se fósemos unhas flâneurs paseando na busca da felicidade. Iso si, resulta especialmente aditivo e cando chegamos á última páxina, de seguro que nos invade unha sensación de querer dialogar co autor a propósito destes últimos anos, nos que a pandemia nos cambiou tanto. Que pensará Queipo? Terá máis notas que se convertan en algoritmos literarios? Como el mesmo nos adianta, "A vida non para, a cabeciña tampouco, ou sexa que estas notas terán, por forza continuidade". |
NOS_52934 | A comunidade científica exixe acadar as cero emisións antes de 2050. Para alcanzar este obxectivo, cara ao final desta década as emisións de gases de efecto invernadoiro terían que diminuír un 45% con respecto a 2010, porén, os datos actuais sitúannos moi lonxe dese obxectivo. | Tras a inauguración do domingo, esta segunda feira comezaron en Glasgow, Escocia, os traballos da XXVI Conferencia das Partes da Organización das Nacións Unidas sobre o cambio climático (COP26), coa vista posta nas medidas para implementar o acordo da conferencia de París en 2015 para que o aumento da temperatura global non supere os 1,5 graos neste século con respecto aos niveis preindustriais (1850-1900). Durante 12 días, case 200 líderes mundiais debaterán como adaptar a economía mundial a uns obxectivos que dependen en boa medida da China, os Estados Unidos (EUA), India e Rusia, que emiten o 55% do CO2 no planeta. A implicación das principais potencias contaminantes, que bloquearan até o de agora os acordos, é imprescindíbel e urxente, sostén o Panel intergobernamental sobre cambio climático da institución (Ipcc polas súas siglas en inglés), que estima no seu último informe un quecemento medio de 4,4ºC nalgún intre cara ao fin deste século, de manterse a situación actual. Até 2021, o quecemento rexistrado é de 1,09ºC, isto obriga segundo o grupo de expertas a diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro a cero neto antes de 2050, como único xeito de poder cumprir os obxectivos marcados. Con todo, en determinados Estados, como é o caso de Alemaña, o nivel medio de temperatura xa se sitúa 1,6ºC por riba do estándar preindustrial. Un acordo irreal cos datos actuais Nesta década, a redución das emisións globais ten que supor un 45% en comparación con 2010 para manter a posibilidade de mitigar o aumento da temperatura, defende o Ipcc. Porén, cos compromisos actuais sobre a mesa, en 2030 botaranse á atmosfera un 16,3% máis destes gases que en 2010. Os datos recompilados pola comunidade científica explican diversos fenómenos que xa non se poden atribuír a outra fonte. Os sete exercicios transcorridos entre 2015 e 2021 foron os anos máis cálidos desde que se iniciaron os rexistros, mentres que o aumento do nivel medio do mar supera os 10 cm desde 1993 por mor da perda de masa dos mantos de xeo. A isto hai que engadir ondas de calor extremo en América do Norte (cunha temperatura máxima de 54,4 ºC en California) ou a rexión mediterránea (50,3ºC en Tunisia e 48,8ºC en Sicilia), chuvias extremas que xeraron inundacións como as vividas en xullo na China e no centro de Europa, que deixaron arredor de 200 persoas falecidas entre Alemaña e Bélxica, ou secas en lugares como América do Sur e África. "O éxito é posíbel" Malia a falta de medidas tanxíbeis en anteriores edicións, a secretaria executiva da ONU para o cambio climático, Patricia Espinosa, salientou antes do comezo da cimeira que o "éxito na COP26 é enteiramente posíbel", mentres que o presidente do cumio e ministro británico para o Desenvolvemento Internacional, Alok Sharma, apuntou que a xuntanza "é a última e mellor esperanza para manter estes 1,5ºC ao noso alcance". Até o de agora, foron os Estados menos contaminantes os que presentaron os plans máis ambiciosos para acadar un desenvolvemento sostíbel, polo que as esperanzas están postas nos EUA e máis na China, que suman o 42% das emisións de gases de efecto invernadoiro contabilizadas pola ONU. Por parte dos EUA, o seu enviado especial para o cambio climático, John Kerry, comprometeuse para asinar unha serie de medidas que permitan reducir o 45% das emisións até 2030. O presidente chinés, Xi Jinping, dirixirase á conferencia por medio dunha mensaxe escrita, a súa ausencia estaba prevista logo de non abandonar o territorio desde o comezo da pandemia da Covid-19. A estratexia do país céntrase nunha redución da demanda de carbón e no impulso das renovábeis, unha programación que leva a China a producir un terzo da enerxía solar mundial e a ser o primeiro produtor mundial de enerxía eólica. A finais de setembro, xa anunciou que deixaría de financiar centrais de carbón no estranxeiro como parte desta estratexia. Protestas A COP26 está marcada polas protestas para reclamar ás e aos responsábeis políticos que pasen das palabras aos feitos. As informacións ofrecidas polas entidades en defensa do medio ambiente indican que cando menos 100.000 persoas sairán á rúa na cidade escocesa, encabezadas por plataformas como Extinction Rebellion e Insulate Britain. Isto mesmo reclamou na cerimonia de apertura dos traballo da segunda feira Antonio Guterres, secretario xeral da ONU. "É o intre de dicir basta. Basta de atacar a biodiversidade, basta de matarnos a nós mesmos con carbono, basta de tratar a natureza como un retrete e de cavar a nosa propia tumba", resolveu. Tamén advertiu que "aínda que as recentes promesas sexan reais e críbeis, e hai serias dúbidas sobre algunhas delas, estamos aínda achegándonos a unha catástrofe". Adeus a cidades enteiras Asemade, o primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, que encabeza o Estado anfitrión da cimeira, alertou que é preciso actuar agora, co gallo de que con catro graos máis de temperatura "diremos adeus a cidades enteiras". "Canto máis tempo esteamos sen tomar medidas, peor será e máis alto será o prezo cando finalmente nos vexamos obrigados pola catástrofe a actuar", afirmou onte Johnson durante a súa intervención. |
PRAZA_16050 | O 13 de xaneiro de 1998, hai 20 anos, esta plataforma petrolífera destruíu a Ponte das Pías. En resposta ao caos xerado, Fomento encargou a ampliación da autoestrada ata Ferrol. A cambio desta obra e da supresión da peaxe no treito Vigo-Teis, a empresa obtivo a posibilidade de seguir cobrando en toda a vía ata o ano 2048, un cuarto de século máis. | A cambio desta obra e da supresión da peaxe no treito Vigo-Teis, Audasa obtivo a posibilidade de seguir cobrando en toda a vía ata o ano 2048, ampliando 25 anos máis unha concesión que ía rematar en 2023Hai 20 anos. Na madrugada do 13 de xaneiro de 1998 (un martes e 13, por certo) o forte vento fixo que o Discoverer Enterprise, unha plataforma petrolífera móbil de 254 metros de eslora atracada nun dos peiraos do estaleiro de ASTANO, rompese as súas amarras, quedando á deriva para acabar chocando e destruíndo a Ponte das Pías, que une Fene e Ferrol. O accidente (cuxas imaxes pódense ver no vídeo gravado aquela mañá por César Galdo) provocou unha situación de caos nos meses seguintes na comarca de Ferrolterra. A principal vía de comunicación da comarca desaparecera, e os milleiros de vehículos que cada día a usaban tiveron que buscar vías alternativas, recuperando o vello camiño de entrada e saída de Ferrol, a través da Estada de Castela en Narón e de Neda, xerando importantes atascos.A resposta do Goberno de José María Aznar foi aprobar, tres días despois do accidente, a construción do treito da AP-9 entre Fene e o acceso norte a Ferrol, 9 quilómetros que estarían ademais libres de peaxe. A cambio desta obra e da supresión da peaxe no treito Vigo-Teis, Audasa obtivo a posibilidade de seguir cobrando en toda a vía ata o ano 2048, ampliando 25 anos máis unha concesión que ía rematar en 2023.En 1973 Autopistas del Atlántico recibiu do Goberno franquista a concesión que lle permitiría cobrar por circular pola autoestrada entre Fene e Tui ata o ano 2012, subliñando o texto da adxudicación que a concesión non se podería estender máis aló do ano 2018. As obras comezaron en 1976 e en 1977 o límite do 2012 foi xa ampliado ata 2013. O primeiro Goberno do PSOE mercou Audasa, integrándoa na Empresa Nacional de Autopistas, e ampliou a obriga de pagar peaxe dez anos máis, ata o ano 2023, estendidos outros 25 anos nese 1998, tralo accidente das Pías. A autoestrada comezara a ser un gran negocio xa dende comezos dos ano 90 (en 1992 completouse a conexión entre Vigo e A Coruña) e en 2003 o Goberno de José María Aznar privatizouna a cambio de 1.586 millóns de euros. Este mesmo ano as obras de ampliación da Ponte de Rande foron aproveitadas pola empresa para asegurarse un incremento da peaxe dun 1% anual en toda a autoestrada durante os vindeiros 20 anosAsí pois, a tan demandada mellora das comunicacións na comarca de Ferrolterra (a construción dunha vía de alta capacidade entre Fene e Ferrol fora prometida por todos os Gobernos dende o ano 1991) e a gratuidade da peaxe nese treito vigués serviron para que Audasa seguise cobrando ata o 2048, case 70 anos despois da inauguración do primeiro treito. Aínda este mesmo ano as obras de ampliación da Ponte de Rande foron aproveitadas pola empresa para asegurarse un incremento da peaxe dun 1% anual en toda a autoestrada durante os vindeiros 20 anos. |
PRAZA_19172 | ENTREVISTA Falamos co catedrático de Filoloxía da USC Anxo Tarrío sobre a edición facsimilar de De catro a catro (Alvarellos), que coordinou, e que respecta non só os manuscritos do poeta, senón mesmo o seu formato orixinal de caderno de contas de tapa dura | Hai unhas semanas Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago publicaron unha edición facsimilar de De catro a catro, o único poemario de Manuel Antonio en vida. A edición, a cargo do catedrático de Filoloxía da USC Anxo Tarrío Varela, respecta mesmo o formato orixinal de caderno de contas con tapa dura na que o poeta escribiu a man os textos que o compoñen, un caderno que sempre o acompañaba. Os seus 19 poemas foron escritos polo rianxeiro nos anos 1926 e 1927 mentres estivo embarcado no pailebote Constantino Candeira, que navegaba polas augas do Mediterráneo No momento da súa presentación, Alvarellos salientou que se trataba "dun dos manuscritos inéditos máis agardados da literatura galega". A publicación inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes sobre a edición que Ánxel Casal publicou en Edicións Nós en 1928, e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata hoxe. Falamos con Anxo Tarrío sobre a propia edición e polo lugar que ocupa Manuel Antonio e a súa poesía na historia da literatura galega. "É sorprendente que, vivindo en aldeas, como eran Asados, Rianxo ou Padrón naquela altura, puidese Manuel Antonio reunir unha biblioteca non pequena e ben seleccionada como se descubriu ao morrer" Como é o contexto persoal no que Manuel Antonio escribe a obra? En política, o poeta proclamábase anarco-nacionalista e estaba moi próximo á Asemblea nacionalista que encabezaba Antón Vilar Ponte. Por outra parte, mantiña unha aversión ao caciquismo hexemónico e institucional conservador de España, ao carlismo e a xermanofilia. Tivo relacións estreitas cos amigos de Rianxo, como Rafael Dieste, quen, malia non se aliñar naquela organización nacionalista, mantivo unha estreita amizade con activistas, políticos, escritores e artistas da pintura galega, da que salientou como divulgador e fixo obxecto temático e articulador da súa peza teatral A fiestra valdeira (1926). Manuel Antonio, neste sentido, mantivo estreita comunicación e familiaridade con el. Tamén con Castelao, Carlos Maside, Álvaro Cebreiro e algúns máis dos renovadores da arte pictórica da etapa que denominamos Época Nós (1920-1936). Por outra parte, dende mozo, estivo atento ás evolucións da literatura das vangardas, neste sentido, é sorprendente que, vivindo en aldeas, como eran Asados, Rianxo ou Padrón naquela altura, puidese Manuel Antonio reunir unha biblioteca non pequena e ben seleccionada como se descubriu ao morrer en 1930 aos vinte e nove anos. "Unha das características desta edición facsimilar é o respecto pola cuberta e polo formato orixinal, pois, de outra forma, non respondería á condición de facsimilar que denominamos" Que elementos tivo en conta á hora de realizar esta edición? Que variantes se introducen con respecto a outras edicións? A máis importante é propiamente o feito de acceder eu ao orixinal do manuscrito, que non figura citado nas edicións posteriores á de 1928 da editorial Nós, da Coruña, agás a de Domingo García-Sabell, que foi o propietario del, do manuscrito. Unha das características desta edición facsimilar é o respecto pola cuberta e polo formato orixinal, pois, doutra forma, non respondería á condición de facsimilar que denominamos. Cal é a historia dese caderno? Manuel Antonio levábao sempre con el? Cal foi o percorrido posterior do caderno orixinal? Como xa digo, propuxémonos atender ao concepto de facsímile, polo que non puidemos menos que respectar o soporte tal como nos chegou ás nosas mans. Sospeitamos, efectivamente, que o caderno sempre estaría moi cerca do poeta ata que morreu, cando a súa nai o atopou entre os papeis do fillo e agasallou con el ao doutor Domingo García-Sabell, que a atendera a ela nas súas doenzas. Polo cotexo coa primeira edición de 1928, podemos aseverar que Ánxel Casal, o editor, seguiu escrupulosamente, ao pé da letra, ás indicacións que Manuel Antonio apuntou a lápis no orixinal. "Polo cotexo coa primeira edición de 1928, podemos aseverar que Ánxel Casal, o editor, seguiu escrupulosamente, ao pé da letra, ás indicacións que Manuel Antonio apuntou a lápis no orixinal" Como valora a influencia doutros autores e das lecturas do poeta na obra? Manuel Antonio foi un espírito moi rexo, no que se refire a non querer depender de ninguén que non fose o seu propio albedrío e criterio. Neste sentido, no se apreza ningunha influencia directa que tomase como pauta a seguir, a non ser a norma que defendeu de sempre: o respecto á orixinalidade, que sempre presidiu o seu quefacer poético, libre de xustillos, e o respecto ao ritmo e rima que lle imprimía aos seus poemas. Fuxía dos consonantes en –iño, -iña, como deixou escrito nun texto en prosa titulado "Fatigémos-nos". Desprezaba as poéticas decimononicas, sobre todo as manidas manifestación do romanticismo ruralista e eglóxico que abondaban noutros poetas. "Desprezaba as poéticas decimononicas, sobre todo as manidas manifestación do romanticismo ruralista e eglóxico que abondaban noutros poetas" É moi elocuente o epistolario que podemos ler dende o ano 1979, da man de Domingo García-Sabell, reunido coas cartas que lle dirixiu aos amigos. Alí, moi a miúdo, mostra o seu talante individualista, sen renuncias, mesmo intransixente, polo que atinxe ao fondo amor pola Terra ("a idolatría da Terra", como dixo nunha carta sobre Galicia) e pola liberdade. Pero non se trata dun amor de contemplación, senón crítico coas interpretacións manidas, sentimentais e románticas, sen renunciar totalmente a elas, como se pode detectar nalgún momento en De catro a catro, como o último poema, titulado "Adeus", cargado de nostalxia e sentimento da perda que quedaba atrás no barco no momento de pisar el terra na "vila natal". Fixo propios algúns pensamentos de Castelao, cando lle escribía a el en carta, datada en Rianxo en 1922, onde lle dicía: "cómpre ser primarios ou primitivos da nova Arte, que debe nascer da Gracia e da Beleza. No folklore é onde debemos deprender, pois alí é onde a nosa tradición quedou cortada". Como era a relación do poeta cos autores da literatura galega coetáneos, sobre todo cos da súa xeración? O seu xenio e soberbia non casaba con ninguén que lle fixese algo de sombra, malia ter recoñecido algúns talentos da época, pero non abondan os exemplos de gabanza deles, hai que procuralos indirectamente en escritos seus elaborados en prosa ou nas cartas que chegaron até nós. Gustaba dos paradigmas emerxentes da cultura europea, como o creacionismo ou o futurismo. Pero non comprendeu o cubismo e non vexo pegadas do dadaísmo. Aprézase nel o gusto das imaxes do creacionismo do chileno Huidobro e dos caligramas propios de poetas coma o francés Apollinaire e mesmo algún trazo das greguerías de Gómez de la Serna. "O seu xenio e soberbia non casaba con ninguén que lle fixese algo de sombra, malia ter recoñecido algúns talentos da época, pero non abundan os exemplos de gabanza deles" Que é o que fai que siga sendo tan actual, tan atractivo para a mocidade? Manuel Antonio é un poeta co que enganchan moi doadamente as novas xeracións, os novos lectores, dende a adolescencia. Polo seu talante rupturista coa poesía feita até entón e a orixinalísima textura literaria do rianxeiro, atento sempre aos achados de todo tempo e das vangardas das primeiras décadas do século XX. Por exemplo, citaba a Walt Whitman, Mallarmé ou Borges e entendía os seus poemas ou prosas. "Os orixinais, como o de Manuel Antonio, fornécenos a ocasión de achegarnos á metodoloxía de traballo dos poetas e literatos, en xeral" Hai algún outro manuscrito inédito da literatura galega que cre que sería interesante editar dun xeito semellante? Sospeito que debe haber moitos inéditos que se descubrirán co labor de investigación en arquivos e bibliotecas públicas e privadas, que poderían recuperarse e editar. Os orixinais, como o de Manuel Antonio, fornécennos a ocasión de achegarnos á metodoloxía de traballo dos poetas e literatos en xeral. Así, por exemplo, algún de Álvaro Cunqueiro sería interesantísimo exhumalo. |
NOS_47705 | A oposición cualifica de "barbaridade" unha norma na que se poden fixar taxas por circular por calquera vial do país. O goberno autonómico di que non aplicará a norma | Circular por estradas e viais de titularidade autonómica pode ter un custo económico para @s usuari@s. O PP aprobou esta semana en solitario no Parlamento de Galiza a nova lei de Estradas, que vén substituír ao orixinado a mediados dos 90 baixo o paraugas do goberno de Fraga. A nova norma xa recabou as críticas das tres formacións da oposición (BNG, AGE e PSdeG). O motivo? Que no articulado, sosteñen, ábrese as portas a fixar taxas e cobros por circular por eses viais. Refírense as formacións ao artigo 31, no que se fala de "xerar rendementos económicos" mediante a creación de "taxas". É dicir, cobrar por circular. O PP non nega isto, mais si que di que non aplicará ese artigo. Os populares, é máis, din que para poder aprobar esa taxa, cómpre elaborar unha nova lei, diferente desta, e no ámbito da Consellería de Facenda. Lei de augas Mais hai quen lembra que esta Lei de Estradas pode ser unha nova Lei de Augas. Sacar adiante leis con artículos nos que se permite fixar novas taxas e impostos, prometer qe non se van plaicar, e acabar aplicándoas. |
NOS_5255 | É difícil comprender a pintura galega da segunda metade do século XX sen Xulio Maside (Vigo, 1933). Médico anestesista de profesión, pintor figurativo con tendencia expresionista e pegada do cubismo, sobriño de Carlos Maside, foi ademais activista cultural de relevo. Participou, en 1961, na fundación da asociación compostelá O Galo. E nas décadas de 70 e 80, presidiu a Asociación Galega de Artistas Plásticos. Nesta conversa rexistrada no seu piso do Ensache de Santiago participan tamén a profesora e crítica María Antonia Pérez e a súa compañeira e biógrafa María Esther Rodríguez. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 294 de Sermos Galiza. | Por que comezou a pintar? Eu pinto desde os cinco anos, que recorde. Na Estrada. Porque eu vivín unha tempada na Estrada. Recordo que na escola o profesor me puña nunha mesa á parte, porque en vez de atender ás explicacións, debuxaba. E era moi inquieto. Debuxar e logo pintar éme natural. [María Esther Rodríguez] Di moitas veces que naceu pintor. Esa é unha frase para os xornalistas. "Nacín pintor pero logo estudei Medicina". Por que? Por imposición do meu tío Carlos Maside, que non quería que fose pintor. Porque el pasounas canutas, como todos os pintores. E segue sendo así. Hai algúns que non: Picasso, por exemplo [ri]. Pero eu estudei Medicina e seguín pintando. Pasei unha etapa no servizo militar en Madrid. Eu ía moito a unha vila de Castela, Arganda del Rey, porque había un grupo de galegos pintores e artistas. Quedaba alí unha semana. Impresionoume a paisaxe castelá e empecei a pintala. Logo volvín a Santiago e non lembro en que ano exactamente fxen unha mostra no Hostal... [MER]. 1961. Porque víronmas uns médicos de Santiago amigos e animáronme. Un deles eraFernández Albor. [María Antonia Pérez]. Quen eran os pintores galegos de Arganda? Jesús Caulón, que aínda non morreu. Fomos moi amigos. Un tío moi estraño. Tiven a sorte en Madrid de caer nunha pensión en que practicamente todos eran artistas: de teatro, músicos e sobre todo pintores. Entre eles Caulón. Era a pensión Aguado, no número 16 da Gran Vía, fronte a Telefónica. Outro que vivía na pensión era Rafael Taibo, un locutor da Ser que logo foi o que natelevisión relataba os concertos de grandes orquestras. Tiña unha voz maxestosa: "En estos momentos la orquesta se dispone...". Unha voz que non era como a miña, senón marabillosa. Quen foron os seus primeiros mestres? Home, o meu primeiro mestre foi meu pai. Que non foi pintor. Nós fomos á Estrada por razóns da súa saúde. Alí morreu moi novo. Debuxaba moi ben. Era executivoda empresa Fraga, a man dereita de Fraga, non Iribarne [ri]. De Isaac Fraga. Apoderado de toda a súa empresa. E por iso fomos a Madrid. Pero enfermou do peito e viñemos para A Estrada. Meu irmán e mais eu viñemos para Santiago aos nove anos, á casa da nai de Carlos Maside e de Maruja Maside. Na rúa do Vilar, 42, onde viviu e morreu Carlos Maside, xusto fronte ao Casino. Unha casa inmensa. Estudamos o bacharelato no instituto Xelmírez con grandes profesores. Carlos Maside facía de pai, quería facer de pai, pero non sabía. Tiña un carácter moi severo, aínda que no fondo era un bendito. Dicía: "Pintor? Diso nada! Estuda oque queiras". E eu: "Arquitectura". "Pero hai que ir a Madrid e iso custa moito diñeiro", retrucaba. "Pois daquela estudo Medicina". "Pois estuda Medicina". O que me veu fenomenal, porque me encantou a medicina. Traballei de médico no Hospital Xeral de Galiza e pola tarde e pola noite pintaba. Entón uns médicos amigos viron as miñas acuarelas e fxen unha pequena exposición na libraría Carballal da rúa do Vilar, que xa non existe. O libreiro puxo unhas cantas no escaparate e ao día seguinte vendéraas todas. Iso animoume a facer as dúas actividades. Falaba de que o seu pai foi o primeiro mestre pintor que tivo... Home, pero o meu primeiro mestre foi Carlos Maside, evidentemente. Era un debuxante marabilloso. Cando viu que eu pintaba dicíame: "non, non fagas iso. Estuda". E os primeiros pintores que admirou? A pintura castelá. Entón había grandes pintores. Os paisaxistas casteláns. Logo a pintura tradicional. O pintor que admirei desde o principio foi Van Gogh. A pintura francesa. Logo coñecín a pintura rusa, e como Maside tiña moitos libros, eu mirábaos e el explicaba: "Mira, isto é o expresionismo, aquí está o abstracto...". No 61 fai a súa primeira exposición no Hostal. Como era ser pintor moderno no Santiago daqueles anos? Moi ben. Xa che dixen antes que eu fixera unha exposición de acuarelas e vendín todo. Moitos compraron supoño que porque era amigo, pero vendín todo. Animoume moito. Logo desa fase inicial fun a Barcelona facer a especialidade médica. Entrei nun marabilloso taller de gravado. Fixen gravado e tamén litografías. Nun tempo escuro e censurado, como se informaban das tendencias contemporáneas da pintura? Maside estaba subscrito a vinte mil, a toda canta revista interesante había en París ou en Alemaña. Tiña, e agora teño eu, unha gran biblioteca. Estando xa afncado en Galiza, coñecín pintores que non tiñan nada que envexar os casteláns, ou os cataláns. Por exemplo Abelenda, ou Grandío, grande amigo meu, a quen coñecín en Madrid. E logo en Madrid tamén había un crítico de arte, Ramón Faraldo, de Lugo. Reuniámonos no Café Gijón, con Laxeiro, Faraldo, Grandío... É curioso, porque na miña estadía en Madrid apenas pintei. Debuxaba. Por que? Porque da xeración de Maside. Pero si con Arturo Souto. Veu, para estar perto de Galiza, a Portugal. [MAP]. Mais en Barcelona que pintura, que exposicións viu? En Barcelona ía a todas as galerías. Estaba como médico en Sant Pau e pola tarde baixaba ás Ramblas, ao Centro Galego e sobre todo ás galerías. Facía litografías. Nun taller que descubrín. Collía unha pedra para a litografía o dobre de grande que esta bandexa. E sen nunca ter feito litografía facía o debuxo e xa pasaba á impresión. O ácido, isto, o outro. E o profesor dicía: "Vostede como pinta directamente? Aquí todos fan primeiro un debuxo previo". [MAP]. Pero dos pintores que coñeceu en Barcelona, cal é o que máis lle impresionou? O grupo informalista, o de Tàpies. Eu non o entendía moi ben. Pero a base de falar coa xente aprendín a mirar a pintura informalista. Comprendín o que signifcaba. A pintura ate entón era a paisaxe, o retrato, a pintura imaxinativa pero representativa. O informalismo é a mesma pintura representativa pero das cousas que non estabamos afeitos a mirar e aprezar. Por exemplo, o paso do tempo sobre unha porta. Ou unha parede. Unha pedra. Unha madeira. Como poden ser obxecto de atención? Porque eran unha maneira distinta de ver. En Santiago, nos 60, tiñan noticia da pintura galega anterior á Guerra Civil? Si, por Carlos Maside. E contacto cos pintores exiliados? Pola nosa idade non tivemos amigos exiliados. Era máis a xente da xeración de Maside. Pero si con Arturo Souto. Veu, para estar perto de Galiza, a Portugal. [MAP]. No ano 63 Souto veu a Galiza. Eu refírome a antes. Teño idea de que estivo en Portugal. Ou Colmeiro, que estivo en París. Os de América. De Seoane tiñamos noticia directa, porque mantiña correspondencia con Maside. Mandaba información da pintura arxentina, sudamericana, mundial, recibíaa Maside e Maside falaba connosco. E que pensaban da obra dos exiliados? Souto segue encantándome. [MAP]. Con Colmeiro, que pasaba meses en Silleda, tiñan relación? Eu fun a Silleda, non era Silledaexactamente, onde vivía. Fun velo. Pero non me gustaba demasiado. Non era bo debuxante. Do grupo dos renovadores, desde logo Maside e logo Souto. E logo veu a xeración seguinte, Seoane, claro. Cando volve de Barcelona a Compostela, como infuía a situación política no ambiente artístico? Estabamos nunha etapa dura. Traballaba no hospital, onde o pasei de marabilla. Tiven compañeiros bárbaros. Eu, anestesista, debuxaba dentro do propio quirófano. Con betadine, que é unha substancia desinfectante, daba cor. Tiña operacións moi longas e daquela non había substitutos. A operación máis longa da miña vida empezou ás oito e pico da mañá e acabou ás once da noite. Eran os tempos do Gran Ditador, que carallo de ambiente ía haber. Tiñamos un grupo de amigos no Café Español, unha peña de intelectuais, onde ían Maside, Piñeiro, Otero Pedraio... Que daba uns discursos marabillosos. E dicía unha frase que me quedou gravada: "Eu, que son un home do século XIX". [MER]. É cando fundades O Galo? Morto Maside, herdei o seu estudio na rúa do Vilar, 42, 2o. Viñan amigos como Ventura Cores, como Salvador García Bodaño, como Mario Orxales. Salvador e eu tiñamos inquedanzas e iamos moitos á mesa camilla, como lle chamaban ás tertulias con don Ramón Piñeiro en Xelmírez, 15. Pensamos: "Son moitas as directrices de Piñeiro, que xa non somos nenos. Por que non facemos unha asociación cultural?" E nisto apareceron Ventura Cores, Salvador García, Bodaño e Mario Orxales. Decidimos montar unha asociación cultural que voase por si mesma. E decidimos poñerlle o nome do Galo. [MER]. A idea do nome foi de Aurichu [Pereira] Fixemos unha grande exposición no Hostal ondedecidimos prescindir dosdevanceiros, Maside incluído, e de Colmeiro e de todos os pintores anteriores de certa idade. Vinte Pintores Galegos. Trouxemos pintores moi bos pero que eran descoñecidos. Sobre todo en Santiago. Había pintores da Coruña, de Lugo, de Ourense e de Vigo que non se coñecían entre si. E, desde logo, a xente, non sabía deles. Trouxemos á inauguración a don Vicente Risco, un home cunha biografía moi fastidiada. Tamén trouxemos unha cantante galega que estaba en Barcelona, unha soprano. Non lembro como se chamaba. Esa mostra valeu para relacionármonos. Nós de Ourense non sabiamos que había pintores, e resulta que eran Quessada, Virxilio, De Dios... E de Vigo, Pesqueira, Pérez Bellas... [MER]. Nese intre aparece Óscar Refoxo. Porque, coa exposición, tivemos problemas co Goberno Civil. Ameazounos cunha multa de 25.000 pesetas, unha fortuna. Por que? Porque puñamos as cousas en galego. Puxémonos en contacto cun avogado por medo a ter que pagar. Ese avogado chamábase Óscar Fernández Refoxo, veciño meu na rúa do Vilar. E que eu non tiña nin idea de que podía ter esas inquedanzas. Logo foi presidente do Galo e morreu sendo presidente. Participaba na política clandestina? Reuniámonos nun bar, nunha cafetería, que aínda existe, O Gaiola. E alí tiñamos reunións arriba e logo nunha especie de cova que non sei se aínda existe, onde faciamos as reunións clandestinas. Alí coñecín eu a Méndez Ferrín, viña Abelendaque estudaba en Santiago... [MER] Non, Xulio. Alí estabas con Baena, o de Vigo, que despois mataron. Con Foz, que naquel momento era prochinés. Ían digamos que os anti réxime. |
NOS_31791 | A campaña da CIG para demandar alternativas que permitan o mantemento dos empregos e a actividade produtiva continuou esta sexta feira pasada en Meirama. A central nacionalista exixiulle compromisos reais a Naturgy para a reindustrialización dos municipios afectados. | A central nacionalista exixiulle compromisos reais a Naturgy para a reindustrialización dos municipios afectados polo cese da actividade da súa central térmica. Esta sexta feira 21 de febreiro manifestouse en Meirama para denunciar que nin o Goberno español nin o galego poñen mecanismos que garantan unha transición xusta. Desde esta organización sindical aseguran que a solución "ten que pasar por propor proxectos de futuro que minimicen o impacto socio-laboral que o peche da central ten nesta comarca". Desde a CIG insisten na reivindicación de que a Galiza sexa incluída "de inmediato" no Plan de Acción Urxente, que se asinen convenios similares aos pactados para Aragón, Asturias ou Castela e León, para que forme parte da denominada Plataforma Europea para as Rexións Mineiras en Transición. Con esta decisión a Galiza podería beneficiarse dos fondos que a nivel europeo se destinen aos territorios afectados polos procesos de descarbonización. "É fundamental que esta comarca estea incluída nestes plans, pero xa imos moi atrasados con respecto a outros territorios", asegura o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. Alerta de que "se o Goberno español e a Xunta non dan pasos a serio neste camiño, estaremos en seria desvantaxe para acceder ás axudas consignadas para a transición xusta e para desenvolver proxectos de futuro". Carril lembra que a única alternativa formulada por Naturgy pasa por converter a superficie que agora ocupa a central nun gran parque eólico mais "sen xerar emprego". |
PRAZA_11799 | O que me gusta desta Praza, deste novo medio, é que é moi privada. Os seus promotores son capitalistas comprometidos coa mellora da súa sociedade. Un grupo de individuos e unha vontade. | Por diversos avatares profesionais tiven a honra de participar nalgunhas fases da xestación de Praza Pública, entre elas a escolla do nome da cabeceira. E como xa dixen no seu día, este nome, que agora defendo con unllas e dentes, non é do meu total agrado. Porque o que me gusta desta Praza, deste novo medio, é que é moi privada. Un bo día unhas persoas tiveron unha idea, xuntaron o capital deles ao doutras persoas e montaron un proxecto empresarial que terá que buscar a súa rendibilidade (e confío sinceramente en que a van atopar). Porque só as cousas rendibles conseguen os seus obxectivos. Esas primeiras persoas, eses emprendedores, son capitalistas comprometidos coa mellora da súa sociedade. Un grupo de individuos e unha vontade. O panorama onde vai ter que pelexar esta praza privada, porén, está controlado dunha forma bastante inxusta polos medios públicos. Non estou falando a penas da CRTVG: ao lado dos medios de comunicación gobernamentais esténdese unha boa pléade de medios semigobernamentais (e adoito tamén progobernamentais), todos eles públicos porque están financiados nunha grandísima medida con diñeiro dos cidadáns, con eses cartos que non se gastan en axudas a pacientes de alzheimer e si en pagar salarios de xornalistas. Medios de comunicación públicos, promovidos dende o goberno. Medios subvencionados porque son medios de comunicación, e disque deben ser subvencionados. Medios subvencionados porque teñen algúns anacos en galego. Medios subvencionados porque si. Medios que se financian a través de contratos do goberno con produtoras audiovisuais ou grazas a motivos aínda peores. Medios de comunicación, en resumo, financiados por min mais contra a miña vontade. Ou como exemplifica o meu amigo Antonio ao falar de si, "eu pago La Región, pero non a compro". Chego a esta nave de Praza porque é un proxecto privado, creado e impulsado por individuos co seu esforzo. E outros chegan á mesma Praza porque é un proxecto "público", que lles pertence aos individuos. Tabernas teremos para debater as nosas diverxencias. Agora toca remarmos na mesma dirección. |
NOS_40929 | Clodo Montero, da CIG-Banca, fala da querela criminal presentada perante a Audiencia Nacional contra os ex-directiv@s das antigas caixas, Caixa Galicia e Caixanova, @s directiv@s de Novagalicia banco (NGB) e os membros dos Consellos de Administración das entidades. Un total de 79 persoas. | Semellaba que o conflito das preferentes estaba esgotado, lonxe da primeira plana informativa. É este querela unha forma de traelo a primeiro termo? Non é a primeira vez que a CIG recorre á xustiza ou presenta unha querela perante a Audiencia Nacional. Podemos lembrar a presentada con ELA.STV (sindicato nacionalista vasco) contra o Banco de España e o goberno pola súa xestión da crise. Ademais, e hai que recoñecelo, o precedente de Bankia abriu un camiño interesante que podiamos aproveitar. Era o momento e por iso a CIG, e plataformas de afectad@s, decidimos dar o paso. Cal son os argumentos principais nos que se basea esta querela criminal? Poderiamos resumilas en que houbo unha evidente manipulación do mercado secundario onde operaban as preferentes e en que tamén houbo manipulación na emisión desas preferentes. Hai tamén unha intención con esta querela ante a Audiencia Nacional de que os e as directivas das antigas caixas 'non se vaian de rositas'? (Sorrí) Desgrazadamente, vemos como non pasa nada con moitos dos directivos responsábeis directos dun calote monumental, que afectou a milleiros de milleiros de persoas en Galiza e no conxunto do Estado español. E iso é porque, non esquezamos, os gobernos da Xunta de Galiza e do Estado foron cómplices, ollaban para outro lado. Contra quen vai dirixida esta querela criminal? Por resumir, poderiamos dicir que contra os integrantes dos consellos de administración de Caixagalicia e Caixanova desde o 2003. Mais a querela tamén se interpón contra a caixa de aforros Novacaixagalicia e a entidade bancaria NCG Banco, S.A., como persoas xurídicas, como encubridores e como receptadores que se beneficiaron da dinámica que viña das caixas e que comeza no ano 2003. E hai algo de interese. De se admitir a demanda da Audiencia Nacional, entre @s imputad@s hai tamén políticos, porque neses organismos había nomes sobranceiros do PP e do PSOE. Entrevista completa neste Sermos Galiza nº94 |
NOS_19176 | Rodrigo Molinos 'Bolato' anunciou este domingo a posta en marcha dunha plataforma para a recuperación da illa da Creba. | Este domingo 8 de maio tivo lugar en Esteiro (Muros) a presentación do caderno 'A illa da Creba. Un baldío comunal', editado pola fundación Galiza Sempre. O acto, que levou por título 'Pola recuperación da illa da Creba', decorreu nun ateigado local social da Esteirana. A illa da Creba atópase na ría de Muros e Noia, a 200 metros da Punta Uhía, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros. A privatizada illa da Creba foi posta en aluguer para eventos e uso turístico O que fora portavoz do Comité en Defensa da illa da Creba, e membro da asociación cultural O Xeito, Rodrigo Molinos 'Bolato', anunciou a posta en marcha dunha plataforma para a recuperación da illa da Creba. "Non podemos deixar que os nosos netos digan de nós que non loitamos por recuperar a nosa illa. Poremos en marcha a Plataforma pola Recuperación da illa da Creba". Pola súa parte, o autor do caderno, Francisco Abeijón 'Pacucho', animou ás numerosas persoas que asistiron ao acto, así como á veciñanza en xeral, a exercer presión e reivindicar a recuperación da illa da Creba. "A veciñanza temos que facer presión para que as Administracións actúen e recuperemos a nosa illa", afirmou Pacucho. As rías galegas: unha vertedura contaminante cada 24 horas Unha idea na que insistiu a responsábel comarcal do BNG na comarca de Muros e Noia, Soledad Agra, que apuntou á mobilización como un factor chave para conseguir os obxectivos. "A única maneira de devolver ao pobo o que é do pobo é a mobilización social, é de xustiza", aseverou a representante nacionalista. En representación da entidade organizadora da palestra, e tamén editora do caderno 'A illa da Creba. Un baldío comunal', a fundación Galiza Sempre, interveu Bieito Lobeira, quen puxo o acento na necesidade de que a Galiza teña soberanía sobre o seu litoral. "A Galiza debe ter dereito a decidir sobre a illa e o seu litoral", demandou Lobeira. "O noso problema é que gobernan desde Madrid o noso mar", insistiu. Reactivación da loita Na historicamente privatizada illa da Creba construíuse nos últimos meses unha piscina, e, ademais, foi posta en aluguer con fins turísticos, así como para a celebración de eventos. Unha circunstancia que vén de reactivar a loita cidadá pola súa recuperación para o pobo. Baroña: o castro que bica o mar A loita desenvolvida pola veciñanza de Esteiro, propietaria dos terreos comunais da illa segundo referendan os documentos históricos, comezou a partir de que se inscribira parte da mesma como ben privado no Rexistro de Outes en 1922. Nos anos 80 e 90 a veciñanza viu como se construían na illa unha gran casa e un peirao privados. A Xustiza dictaminou en 1992 que as actuacións no peirao tiñan que ser repostas á situación previa. Porén, a sentenza nunca foi executada. |
NOS_21476 | A lonxa da Coruña recibiu a visita de Pablo Iglesias, quen se comprometeu, xunto a Díaz e Gómez-Reino, a reforzar o sector da pesca "porque é estratéxico para Galiza". | Defender un sector estratéxico para Galiza como é o da pesca será un compromiso fundamental para En Común-Unidas Podemos, segundo anunciou Pablo Iglesias na súa visita á lonxa da Coruña. O candidato á presidencia por En Común-Unidas Podemos declarou aos medios que é fundamental entender que Galiza é o puntal da pesca no Estado, polo que urxe apoiar un sector que "xera moitos postos de traballo", enunciou. O candidato e tamén secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, estivo acompañado pola candidata ao Congreso por Pontevedra, Yolanda Díaz, e o cabeza de lista pola Coruña, Antón Gómez-Reino. "Un goberno valente ten que facer valer un sector no que Galiza é punteira", afirmou Gómez-Reino De "orgullo" cualificou Iglesias o feito de poder estar na lonxa da Coruña, e resaltou que se trata do porto máis importante de Europa de descarga de peixe fresco. O candidato á presidencia do Estado incidiu en na necesidade de que "España negocie mellor as cotas pesqueiras en Bruxelas e apoie un sector tan necesario. Nesa mesma liña, o candidato pola Coruña, Antón Gómez Reino, resaltou tamén a necesidade de "defender na Unión Europea cotas dignas para o noso sector pesqueiro", e afirmou que un "goberno valente" ten que facer valer un sector no que Galiza é punteira como é o marítimo-pesqueiro. Brexit e pesca galega Sobre o Brexit e como a saída do Reino Unido pode afectar á pesca galega, Iglesias denunciou a "pouca importancia que tiveron os sucesivos gobernos de España en Europa" habendo máis de 80 barcos galegos faenando no Gran Sol e máis de vinte nas Malvinas cun saldo comercial de 40 millóns ao ano só en peixe fresco e conxelado, salientou. "Como pode ser que non saibamos aínda que pensa facer o goberno para facer valer os seus dereitos?" preguntouse o candidato á presidencia en relación á situación da pesca ante un posíbel Brexit, e comprometeuse a garantir os dereitos do sector pesqueiro galego. |
NOS_15189 | A Marcha Mundial das Mulleres, que coorganiza a mostra Corpos, feminismos e territorios, que se exhibe na entrada ao Concello, denuncia "censura". | O PP de Baiona exixíu ao alcalde da localidade, Carlos Gómez, a retirada inmediata da exposición fotográfica titulada Corpos, Feminismo e Territorios" da entrada do Concello ao considerar que as imaxes na mesma poden ferir a sensibilidade da veciñanza. "O grupo municipal popular é firme defensor da liberdade de expresión e sempre traballou pola igualdade entre homes e mulleres, ademais de ser partícipe incuestionable na loita activa contra a violencia de xénero. Con todo, estamos convencidos de que esta exposición non só non é afortunada senón que en nada beneficia ás mulleres e, aínda por riba, vulnera o respecto á sensibilidade dos cidadáns e cidadás", indican A Marcha Mundial das Mulleres, que coorganiza esta mostra, acusa o PP de Baiona de "censura" e indica que denunciou a exposición Corpos, Feminismos e Territorios que se expuña no Concello no marco do Outubro Diverso "baixo o pretexto de resultar ofensiva aos sentimentos relixiosos e amosar corpos de mulleres nús nun espazo habilitado para todos os públicos". MMM explica que esta exposición "ocupa un lugar público porque é no espazo público que o feminismo precisa facerse visíbel para disputar co discurso machista, remover, provocar e transformar". "A moral e as ideas relixiosas son, estas si, unha cuestión do ámbito privado de cada quen e non poden afectar nin influír nas decisións políticas. Non ven ao caso apelar a unha suposta ofensa dos sentimentos relixiosos para demandar a retirada da exposición [...] Rexeitamos que no nome de calquera crenza, se censure a nosa ollada e a das compañeiras sobre a nosa vida e a nosa existencia, e iso inclúe os nosos corpos", argumentan. A exposición Corpos, Feminismos e Territorios é unha "exposición fotográfica que aúna arte e reflexións e intervención política, e mesmo que non o fose, a censura da súa exposición pública no Concello de Baiona é inaceptábel",. Considera a Marcha que a pretensión de censurar esta exposición "é a enésima mostra do conservadurismo da dereita e apelamos ao resto de forzas políticas a non ceder ante estas posicións" |
NOS_15537 | Catro persoas independentes no primeiro tramo da proposta de candidatura nacionalista para a capital de Galiza. | Rubén Cela encabezará a candidatura do BNG en Compostela nas eleccións municipais após recibir o apoio do 97% das persoas participantes na Asemblea Aberta realizada esta quinta feira na capital de Galiza. Goretti Sanmartín será a número 2 e Rafa Vilar ocupará o terceiro posto na listaxe, que este sábado - como a do resto de cidades e vilas de relenacia – será ratificada no Consello Nacional do BNG. Na candidatura figuran persoas implicadas no movemento veciñal compostelá, no eido cultural, no compromiso feminista e ambientalista. No primeiro tramo van catro persoas non militantes da fronte nacionalista, que concorrerá a esta cita coas urnas como BNG-Asembleas Abertas. Rubén Cela afirmou asumir con ilusión esta encomenda e comprometeuse a ofrecer diálogo, "en contacto coa cidadanía e cos demais grupos; transparencia, para acabar coas prácticas escurantistas do actual Goberno local do PP; e cohesión para aplicar un modelo de cidade con idea de país". Proposta de candidatura 1. Rubén Cela. licenciado en Economía e actual portavoz municipal 2. Goretti Sanmartín, doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e activista do movemento feminista e integrante da Executiva do BNG. 3. Rafa Vilar. escritor e traballador na CIG, ademais de concelleiro 4. Concha de la Fuente. ex-presidenta da asociación veciñal "A Xuntanza" de San Pedro e traballadora da Radio Galega 5. Lois Calvelo, ex-presidente da asociación veciñal do Castiñeiriño e activista do movemento veciñal 6. Pilar Lueiro, profesora de galego e traballadora no grupo municipal 7. Odilo González, enxeñeiro informático e membro de Suevia Fútbol gaélico 8. Marta Domínguez, traballadora dunha planta de reciclaxe e activista da Plataforma de afectados/as polas participacións preferentes 9. Xosé Luis Mouriño, músico e artesán de instrumentos tradicionais 10. Lucía Carreira, presidenta da Asociación Cultural-Musical Solfa e ex-presidenta da Federación Galega de Bandas de Música Populares. |
NOS_43213 | Factoría K vén de editar 'Tempo de Exilio', antoloxía en galego de poemas escollidos polo propio Sarri, o escritor e refuxiado vasco con tres décadas de exilio nas costas. "Ás veces non hai cousa máis difícil ca volver a casa". Conversamos con Isaac Xubín, moito máis que o tradutor da obra. | Non se sabe moi ben onde acaba a persoa e comeza o mito. Ou quizás onde acaban ambos e conflúen co escritor. Ou onde estes tres -persoa, mito, escritor- se funden no exiliado. Joseba Sarrionaindia (Iurreta, 1958) habita no exilio desde que en 1985 fuxira dunha prisión onde estaba condenado por pertenza a ETA, agochado nun equipo de son. Aquela 'fazaña' dera lugar a un himno xeracional e skatalítico [o 'Sarri-Sarri' que os Kortatu ergueron sobre un ritmo de ledicia caribeña dos Toots & The Maytals]. E, tamén, deu inicio a unha viaxe vital e literaria en forma dun exilio que dura xa 29 anos. Como recoñece o seu amigo de proxectos xuvenís Bernardo Atxaga, ninguén sabe onde está Sarri, mais todos agardan os seus libros. Como enfatiza un outro seu amigo, Ruper Ordorika, "que Sarri volva sería todo un símbolo. Vivimos tempos esperanzadores de ver como todo se desmorona". Isaac Xubín (A Coruña, 1978) é o responsábel de verquer ao galego en 'Tempo de Exilio' as composicións elexidas para a ocasión por Joseba Sarrionandia, a quen xa traducira na antoloxía dos sete poetas vascos "Alén da fronteira"; un traballo polo que recibiu o Premio Lois Tobío 2012 da Asociación Galega de Editores. Xubín [que residiu seis anos en Euskal Herria] recoñece que traducir a Sarri é ver cumprida unha das ilusións da súa vida. Como sinala Luis Rei Núñez, director da colección Tambo, nunha entrevista a Sarri, "os lectores de "Tempo de exilio" poden achegarse, en edición bilingüe, a unha obra marcada polo peso dunha conciencia en rebeldía e polos refuxios atopados á beira dos grandes nomes da modernidade literaria." - 'Tempo de exilio' é a primeira antoloxía de Joseba Sarrionaindia. E edítase en galego. E, ademais, con poemas elixidos por el propio especialmente para a ocasión. Como foi todo isto posíbel? Desde mozo Sarri tivo relación coa literatura galega. Según el propio ten confesado en entrevistas, un primeiro contacto co galego foi 'Deitado frente ao mar' de Celso Emilio Ferreiro, aquel. A partir de aí foi chegando Cunqueiro, Castelao e moitos máis. Sarrionaindia con Koldo Izagirre editaron no seu día un poemario bilingüe de autores en galego traducidos ao euskera, 'Poemas Náufragos, Galegoz heldutako poemak', onde estaban Manoel Antonio, Luis Seoane, Amado Carballo... De feito, unha das seccións de 'Tempo de Exilio' leva o título de Poemas Náufragos. - Como foi todo o proceso? Presumo que non doado, entre outras cuestións porque el está fuxido desde 1985... - Factoría K levaba tempo con este proxecto en mente. Supoño que trasladarían a Sarrionaindia a posibilidade de facer unha escolma da súa obra para verquer ao galego. Comigo contactaron para facer a tradución e vía editorial chegoume a escolla de poemas feita polo propio Sarri, con notas e suxerencias súas de tradución, consellos, achegas... - Non impón traducir a unha figura, por dicilo así, tan 'totémica' como é a de Sarrionaindia? - Son moi afortunado. Pouca xente ten a sorte de ver cumprido un soño da mocidade, un deses soños ilusionantes. Eu, se aprendín euskera, foi motivado por xente como Sarrionaindia. Tamén Aresti, Kortatu, Negu Gorriak (sorrí)...que me levaron a tomar unha decisión nun momento concreto de querer aprendelo. Ou sexa que este libro, dalgún xeito, pecha un círculo. Despois, e desde un punto de vista lingüístico, é todo un reto. A súa lingua é moi especial. De feito, e se non fose polos seus propios consellos, axuda e notas, sería moi difícil traducilo, levaríame moito máis tempo. "Son moi afortunado. Pouca xente ten a sorte de ver cumprido un soño da mocidade. Un dos meus, traducir a Sarri" -Foi difícil logo lograr reflectir no galego o euskera de Sarrionaindia - Normalmente cando traduces poesía penso que é bo deixarse levar polo instinto, creo que unha persoa que fai tradución literaria en certa forma non deixa de ser consciente de que esta é en parte un proceso de creación. Ao final, aínda que non o queiramos admitir, sempre está ese egoísmo 'do autor', aínda que non sexa unha obra túa. Intentas manter a fidelidade do texto, por suposto, mais hai lugares ou recunchos da obra que che levan, felizmente, a deixar a túa pegada. - Na antoloxía hai poemas de carácter máis íntimo e outros máis, por dicilo así, sociais ou políticos. O feito de que ti vivises seis anos alá axudou a comprender esas claves? - O feito de vivir alí 6 anos, 4 en Bilbo e 2 en Gasteiz; así como de coñecer a propia historia vital de Sarri pois si que fai que coñezas máis as causas que o levaron ao exilio. No que respecta aos poemas máis persoais ou íntimos, el mantén o estilo, e non deixan de estar empapados desa situación de exilio. "Unha persoa que fai tradución literaria non deixa de ser consciente de que esta é en parte un proceso de creación" - É esa unha palabra, exilio, sen a que non se pode entender a Sarrionaindia e a súa obra? - Claro, a súa propia historia está marcada por iso, con aquel punto de inflexión da fuxida do cárcere. Aquilo, coa conseguinte canción, prendeu un lume... E ten unha condición, a de escritor, e escritor recoñecido,que non teñen outros exiliados vascos. A súa poesía está marcada pola ausencia, a lonxanía, esa sensación con respecto o seu país, e o compromiso dunha persoa que leva moito tempo fóra... O libro sorprende polos diferentes ángulos, as diferentes perspectivas e mensaxes do autor. - Ademais de tradutor ti tamén es escritor, tes publicado libros de poemas e gañado certames do prestixio do Lorenzo Baleirón (no 2011). Esa faceta permitiuche ver na obra de Sarrionainda outros ángulos? - Salvando as distancias, eu levo tamén moitos anos fóra do meu país. Iso fixo que, para min, como persoa e autor foi moito máis doado achegarme á obra de Sarrionaindia. Sempre foi algo que me marcou, como persoa e autor, a sensación de soidade, de viaxe... De feito teño moi en mente un dos primeiros poemas que lin de Sarri e que fala dos húmidos e longos trens. Sempre tiven esa imaxe das estacións de trens, trens cargados dunha connotación de desarraigo. "O libro sorprende polos diferentes ángulos, as diferentes perspectivas e mensaxes do autor" - O desarraigo é algo que semella moi presente na súa obra, xa nos poemas nos que rememora a súa nenez ou adolescencia aparece ese desarraigo, xa entón unha sensación de exilio... - A nivel lingüístico en País Vasco pode ser máis doado sentir ese desarraigo na propia terra, algo ligado a aquilo que dicía Rosalía de Castro de "estranxeira na miña propia patria". En Irlanda fun a un recital de poesía e foi un 'shock' ver como os poetas que recitaban en gaélico tiñan despois que volver a dicilo en inglés porque a gran maioría da xente non entendía. En Euskadi a situación actualmente non é esa, é moi positiva na miña opinión, mais nos tempos de Sarri si que podía ser parecido. - Que destacarías que achega esta antoloxía ao panorama literario galego? - O primeiro que destacaría é que o libro en si xa é unha aposta moi valente, non só por ser un libro de poemas relativamente grande, senón pola temática. Os editores habería que premialos: por apostar na poesía, por apostar na poesía vasca e por apostar nun autor que podería ser, digamos, incómodo. Calquera que se achegue a este libro vai atopar un golpe de aire fresco moi grande, aínda que sexa unha escolma de poemas que, algúns, teñen moitos anos. Eu creo que o lector galego vai disfrutar moitisimo lendo o libro. "Editar este libro é unha aposta moi valente, non só por ser un libro de poemas relativamente grande, senón pola temática" - Autor, tradutor do euskera ao galego de autores como Kimen Uribe ou Harkaitz Cano, vivindo 6 anos en Euskal Herria... como ves o panorama actual da literatura en vasco? - Pois, como todo en Euskal Herria, con moita esperanza. Creo que en Galiza cometemos o erro de mirar a moitos lugares á hora de facer comparanzas e tirar leccións e quizás non miramos a onde debéramos. Eu non digo imitar a Euskal Herria, mais en determinadas cousas, si. A situación da lingua vasca era moito máis semellante coa galega do que parecía. Hai xente que di que en Galiza hai auto-odio e en Euskal Herria non, e iso creo que é un erro, alí tamén o houbo e por iso en moitos lugares se perdera a transmisión xeracional do éuscaro. Agora non lembro ben quen, creo que era Argala, que contaba que el malia vivir na mesma casa coa súa aboa nunca falara con ela. Porque ela non falaba español e el non sabía euskera. Alí logrouse superar esa situación mediante unha serie de compromisos, de accións e de políticas. E alí lingüisticamente van a mellor, suben en número de falantes, e son unha sociedade dinámica, viva, implicada... tamén no idioma. Houbo e hai un traballo de base a mantenta. En Galiza sería bo mirar que experiencias desas son aproveitábeis para nós. - Hainas? - Claro que si. Unha cuestión que entendo moi importante é a do compromiso. E non me refiro ao político, senón á implicación, en asociacións veciñais, de barrio, en entidades deportivas... Interesarte e participar no teu entorno. En Euskal Herria entre as institucións e o individuo hai un tecido social moi amplo e dinámico; e iso só pode se traducir en boas cousas. O que se fixo aquí e o que se fai en materia lingüística non funciona. E iso non é algo que sexa só responsabilidade do actual goberno, que a ten. Os nosos males non veñen de hai seis anos. Durante todo este tempo non se deron desenvolvido accións ou modelos que fosen quen de cambiar a situación. - Como tradutor a ferramenta de traballo é o idioma. O estudo do IGE di que o 22% menores 15 anos non saben falar galego... - Tivemos unha confianza cega en que a xente ía falar galego de maneira natural, que era algo inmanente. Por iso aquí fixéronse campañas e políticas en materia do idioma tendo en certa medida como modelo Catalunya, cando é algo totalmente distinto. O problema aquí é moito máis profundo. Como o era en Euskal Herria, mais alí fixeron políticas que resultaron. Aló houbo un factor na recuperación do euskera que lle chamaron o 'sentimento de perda', mesmo Oskorri ten unha canción falando diso, en cuxa letra di que é momento de decidir se se quere ou non gañar a batalla polo idioma. De non querer, pois asumilo e xa está. Mais de dicir que si, non abondan palabras, hai que facer. Eu teño visto xente de cincenta e moitos anos, que nunca falaron euskera, poñerse a estudar o idioma polas tardes pola súa conta, e non porque lle fixese falta laboralmente ou para se relacionar, senón por unha cuestión ética. "Tiven moita sorte de poder traducir a Sarrionaindia, mais é un autor que tiña que estar traducido ao galego e a outros idiomas hai moitisimo tempo" - Hai canles, coñecemento mutuo entre as literaturas vasca e galega? - Non. De feito o propio Sarrionaindia tense referido a isto nalgunha ocasión. El conta o paralelismo das ex-colonias portuguesas e o coñecemento que moitas veces teñen entre si é mediante ou a través da metrópole, de Portugal, co que a mensaxe xa está deturpada. Penso que iso tamén pasa aquí, que miramos sempre para Madrid e todos somos culpábeis diso. Interesámonos por tal autor ou libro se resulta que gaña un premio dos que Madrid considera importantes, ou se vende ben alí... Ademais, unha das causas de que a literatura vasca non sexa coñecida aquí é que está inzada de cuestións incómodas para xente de aquí. Eu sempre digo que tiven moita sorte de poder traducir a Sarrionaindia, mais é un autor que tiña que estar traducido ao galego e a outros idiomas hai moitisimo tempo. Bon, eu se me chamasen para traducir Sarri ao español, non o faría (sorrí). Outro nome é Harkaitz Cano, un autor moi recoñecido desde hai tempo e que apenas se traduce. - E a literatura galega alí. Coñécese? Valórase? - Creo que os vascos teñen máis coñecemento sobre o que facemos aquí en Galiza. Pode que peque de optimismo mais eu nótoo así. O feito de que Joseba Sarrionaindia e Koldo Izagirre intercambiasen no cárcere poemas en galego, pois é indicativo. Hai unha lenda bonita que di que como os carcereiros lles prohibían ler en euskera ou escribir en euskara, facíano en galego, intercambiaban literatura galega (sorrí). Eu creo que os vascos en xeral queren a cultura que se fai en Galiza. É algo que mesmo dixo Kepa Junquera [que vén de ditar un traballo con Galiza como protagonista]. Literatura, música... teñen aprecio o que nos facemos neses eidos. Quizás porque eles si que ven a semellanza entre ambos os dous pobos. - Mais a música, polo menos na nosa xeración, si que chegou e de cheo: Kortatu e o RRV, os Negu... É certo, esa música chegou a todas partes. E a nosa música alí tamén chegou. O outro día contaba unha amiga que estivera hai un par de anos en Donosti e nun pub e durante un bo rato, estiveron botando música en galego: Diplomáticos, Os Resentidos... Que non escoitas nos pubs aquí! "Como os carcereiros lles prohibían ler ou escribir en euskera, facíano en galego, intercambiaban literatura galega" - E o panorama literario galego? - Bon, penso que quizás deberiamos ser un bocadiño máis atrevidos, e aí fago tamén crítica de min propio que non son moi atrevido á hora de escribir. A nivel de poesía si vexo xente que está dando un paso adiante na creación e concepción da poesía, falo de persoas como Gonzalo Hermo ou Francisco Cortegoso, entre outras. Eu son sempre optimista aínda que ás veces nas análises semelle pesimista. Se este país quixera sería un país marabilloso en todos os sentidos, entre elas o poder creativo, que entre os galegos non estivo nin está valorado como debera. Mais creo que hai razóns para a esperanza. - Como ves o panorama da tradución en Galiza? - O mundo da tradución en Galiza é unha das cousas que vexo con máis esperanza. Hai unha serie de pequenas editoriais agora mesmo que están a apostar na tradución: Rinoceronte, Hugin e Munin, Urco... Uff!, non quero poñer a citalas todas por se me esquezo dalgunha e a verdade é que teñen moito mérito todas elas. E non é só que escollan ben os autores, senón que teñen criterio, non se deixan levar por modas, por curto-pracismos, polo que marquen as grandes editoriais... E iso ten moito mérito, máis aínda na situación económica na que estamos. Iso é mostra de que hai unhas ideas e un compromiso coa calidade, de que hai xente que se preocupa por buscar, por querer coñecer e non estar simplemente á espera de que lle chegue a última obra de moda... "O mundo da tradución en Galiza é unha das cousas que vexo con máis esperanza" - Como chegaches ao euskara? - Pois é un pouco curiosa esa historia (rí) Meu pai naceu en Bilbo, fillo de emigrantes galegos, mais eu decidín ir aló por outros motivos. Eu estaba a estudar Filoloxía Galega, xa levaba 5 anos na Facultade e vía que aquilo non me convencía, que tiña que completar a miña formación. Por outro lado estaba aburrido do ritmo de vida, da situación persoal... entón, o que me pareceu máis perto para cambiar era Euskadi. E aló fun. Mais nesa decisión non tivo a ver que o meu pai nacese aló, iso non foi determinante. E escollín Bilbo por ser unha grande cidade e tería alí máis oportunidades laborais. -E en 6 anos aprendiches un idioma tan difícil como o euskera - Cando algo interesa e gusta... (sorrí) |
NOS_35685 | A plataforma cidadá realiza un acto reivindicativo na Coruña e insiste en que a sanción pola manifestación do 17 de maio é unha medida "de represión" para frear a mobilización social. | A plataforma cidadá Queremos Galego volveu presentar alegacións á sanción imposta pola delegación do Goberno español a respeito da manifestación nacional do Día das Letras, realizada o 17 de maio en Compostela. A multa chegou tres meses despois da mobilización "por uns supostos desperfectos que ninguén agás a delegación do Goberno puido observar", sinalou o voceiro da plataforma, Carlos Callón, en declaracións á imprensa. Preguntouse Callón "por que a policía non identificou os autores das pintadas que observou", tal e como consta na denuncia. Aliás, cualificou a medida de "represiva" e enfatizou que a sanción fai parte "dunha campaña orquestrada para criminalizar os movementos sociais". No concreto, a organización en defensa da lingua está acusada de "arroxar globos e ovos cheos de pintura" e de "realizar pintadas en entidades bancarias e locais comerciais". Na denuncia, á cal tivo acceso Sermos Galiza no momento en que lle foi notificada a Queremos Galego, aparecen enumeradas até oito rúas en que se terían producido estes actos, segundo a policía española fincada en Compostela, que figura como parte demandante. A plataforma cidadá sería responsábel de escribir nunha parede 'Turismo es colonialismo'; de pintar en senllas sucursais de Deutsche Bank e Banco Santander o lema 'Lume ao capital'; e de debuxar o símbolo do feminismo no estabelecemento Oysho, pertencente á cadea Inditex. A consideración destes feitos é de "infracción grave", sancionada con pena pecuniaria --multa-- de entre 300,02 e 6010,12 euros que deberá abonar a organización da manifestación. Na mesma altura e por feitos semellantes foi imposta a mesma sanción á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto en relación á mobilización nacional do 16 de xuño. |
NOS_55619 | A Xunta de Estremadura condeceulle o Premio Nacional 'El Anillo' de Deporte e Turismo 2020 pola organización do evento deportivo. | Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e Carmela Silva, presidenta da Deputación, foron as autoridades encargadas de recibir onte en Cáceres o premio 'El Anillo', en recoñecemento pola organización do Mundial Multisport, que a cidade acolleu en 2019. Os dous representantes políticos recibiron xuntos o galardón de mans da conselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Xunta de Estremadura, Nuria Flores, no transcurso da gala do III Congreso Deporte e Turismo de Estremadura que se desenvolveu no escenario do Complexo Cultural San Francisco da cidade de Cáceres. Para a entrega do Premio Nacional 'El Anillo' de Deporte e Turismo 2020, o xurado valorou "as excelentes condicións en que se disputou o Mundial en Pontevedra, a perfecta organización, a implicación de deportistas, voluntariado e cidadanía, así como o espírito de irmandade, un sentimento que transcendeu o ámbito deportivo do evento". Deporte, "revolucionario" O alcalde de Pontevedra subliñou "o orgullo dun premio como este vindo, amais, dunha cidade como Cáceres, e unha comunidade como Estremadura, que son unha potencia turística". Fernández Lores estendeu os agradecementos ao concelleiro de Deportes, Tino Fernández, que tamén asistiu á entrega, ao equipo de deportes do Concello pontevedrés e á Xunta. Pola súa banda, Silva, que felicitou a Lores e a cidade de Pontevedra polo galardón, puxo en valor a importancia do deporte ligado ao turismo. "É chave que entendamos que hoxe o turismo demanda emocións, experiencias, vivir en contornas en que as persoas sexan o centro de todo, e o deporte é a gran revolución do século XXI", sinalou. |
NOS_6060 | O festival Abride a Fiestra realiza a súa segunda edición este sábado 13 e domingo 14 de xullo. Un amplo programa de actividades con música, performances, visitas guiadas, regueifas, feira e moita poesía enchen a grande festa rosaliana. Abride a Fiestra celébrase na Casa-Museo da Matanza, en Padrón, para lembrar o pasamento da poeta nacional e está organizado pola Fundación Rosalía de Castro. Nós Diario estará presente cun posto para difundir o novo proxecto de comunicación de intereses galegos. | Chega á Casa-Museo da Matanza, en Padrón, a segunda edición do festival rosaliano Abride a Fiestra. O sábado 13 e domingo 14 de xullo sucederanse múltiples actividades conmemorando o aniversario do pasamento da poeta nacional. Concertos, performances, visitas guiadas, regueifas, conferencias, feira e moita poesía enchen unha programación de dous días organizada pola Fundación Rosalía de Castro. Nós Diario estará presente cun posto para difundir o proxecto de comunicación de intereses galegos, onde se distribuirán, entre outros materiais, a publicación de 12 páxinas con información sobre o diario galego, que inclúe, ademais, unha reprodución da maqueta da capa real do xornal que verá a luz ao iniciar o ano 2020. Ademais, o posto tamén contará cos produtos e libros xa editados por Sermos Galiza e os catro cadernos monográficos De Nós, incluído o último, Antroidos e máscaras. "Aproveitando as palabras que parece ser que dixo Rosalía no leito de morte: Abride a fiestra que quero ver o mar", o festival abre as fiestas e as portas para que as e os visitantes poidan realizar actividades de todo tipo", afirma Angueira O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, remarca en declaracións a Sermos Galiza, que, "aproveitando as palabras que parece ser que dixo Rosalía no leito de morte: Abride a fiestra que quero ver o mar", este festival abre as fiestas e as portas precisamente para que as e os visitantes poidan realizar actividades de todo tipo no interior e exterior da casa, na horta e no auditorio con actividades para todas as idades. A primeira edición "tivo moito éxito", sinalou Angueira, quen agarda que esta edición tamén obteña grande participación. O sábado arrincará o festival ás 19 horas cunha visita teatralizada a cargo dos Quinquillán, e dará paso ao recital poético con poetas da Galiza e internacionais que lerán poemas de Rosalía no Auditorio da Casa-Museo. O sábado porán o broche as actuacións musicais de Cristina Pato e Roberto Comesaña. O domingo pola mañá continuará o festival cunha feira de produtos rosalianos que durará toda a xornada e mais unha ludoteca para nenas e nenos. Tamén se realizará unha visita guiada pola horta da Casa-Museo a cargo de Carlos Dacal, así como polo interior da casa da man de Pedro Feijoo. A primeira edición "tivo moito éxito", sinala Angueira, quen agarda que esta edición tamén obteña grande participación Ao medio día Paco Nogueiras ofrecerá o concerto de carácter familiar Brinca vai e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín impartirá a conferencia Rosalía, A Matanza e Rodríguez del Padrón. Posteriormente comezará a visita guiada pola casa, co grafista e deseñador da maqueta de Nós Diario, Pepe Barro, e o "mini-concerto" de Secho no Piano de Rosalía. A xornada da mañá rematará coa conferencia de Carlos Castelao sobre As fotografías de Rosalía, a actuación regueifeira con Lupe Blanco e Kike Estévez, a performance poética de Andrea Sanjurjo e Fabián Niño e o concerto de Secho. A sesión da tarde arrincará coa proxección do filme Contou Rosalía, ás 16 horas. Tamén se realizarán visitas guiadas pola Casa, a primeira ás 16,30 da man do escritor e ensaísta Francisco Rodríguez, a segunda ás 18.30, que será guiada por Olga Novo; e haberá unha terceira para crianzas con Manuel Lorenzo Baleirón. Contra ás 17.30 horas iniciarán os concertos de Paco Nogueiras, Radio Bule Bule; o "mini-concerto" de Ugia Pedreira e Cristina Pato no Piano de Rosalía e posteriormente unha performance musical de ambas as dúas, Así mesmo, apresentarase o proxecto Amigos/as da Casa de Rosalía da man do presidente da Fundación, Anxo Angueira. A xornada achegarase á súa clausura coa apresentación do libro do Premio Escolar de Poesía, a entrega da Rosa de Galiza á familia de Villar Granjel e á Coral de Padrón. O broche corre a cargo do artista Davide Salvado. |
PRAZA_9833 | Unha vez rematado o prazo do 'voto rogado' para as persoas inscritas no CERA foron aceptadas un total de 21.110; as restantes 437.000 xa non poderán participar nas eleccións | Unha elección máis, como todas dende a reforma legal de 2011, a noite electoral das xerais do 28 de abril finalizará en Galicia cun elevado grao de certeza a respecto da posibilidade de que os votos das persoas inscritas no censo de residentes ausentes (ERA) -o popularmente mal chamado "voto emigrante- modifique o reparto de escanos que ditaminen as urnas no interior. Non en van, a participación dos integrantes deste censo non pasará do 4,6%.Unha vez rematado o prazo do 'voto rogado' para as persoas inscritas no CERA foron aceptadas un total de 21.110; as restantes 437.000 xa non poderán participar nas elecciónsUnha vez rematado o prazo de solicitudes para emitir o voto nas eleccións do 28A, o coñecido como voto rogado, foron aceptadas un total de 21.110 para as persoas inscritas no CERA das catro circunscricións galegas, segundo datos provisionais da Oficina do Censo Electoral (OCE). Daquela, as outras 437.387 que forman parte deste censo, o 95,4% xa non poderán participar. Por provincias, a maior proporción do CERA que tramitou a participación nos comicios está en Pontevedra e apenas pasa do 5%. A Coruña ficou no 4,91%, Ourense apenas superou o 4% e Lugo non pasa do 3,90%. Estes niveis son notablemente inferiores á media estatal, que tamén é moi baixa, do 8,41%, sempre segundo o balance provisional da OCE. Estas cifras non queren dicir que se vaian corresponder coa participación final, xa que non todas as solicitudes aceptadas se traducen posteriormente no envío do voto.A implantación do voto rogado freou de raíz as fraudes asociadas ao CERA, pero tamén complicou notablemente a participación das persoas que están temporalmente emigradasEstes datos rexístranse nun contexto no que, como en cada campaña dende 2011, estiveron sobre a mesa os atrancos para exercer o dereito ao voto dende o estranxeiro. A implantación do voto rogado equiparou os requisitos impostos ás persoas inscritas no CERA -que poden levar décadas emigradas ou que mesmo apenas pisaron territorio do Estado español- cos que ten que esquivar a poboación que emigrou temporalmente, por exemplo, a causa da crise económica. A participación destas persoas, inscritas no censo de residentes temporalmente no exterios, non no CERA, enfróntase a complicados trámites burocráticos.No caso galego, así e todo, a aprobación do voto rogado supuxo tamén un freo inmediato a un practicamente incalculable abano de prácticas fraudulentas que ían dende o envío masivo de papeletas sen comprobación de identidade ata a participación nas eleccións de persoas xa falecidas, todo isto xestionado en gran medida por empresas de correo estranxeiras e coa influencia de 'axentes electorais' dos grandes partidos. Un eventual regreso ao modelo anterior -a prometida contrarreforma non chegou a culminarse polo adianto electoral- sen novos requisitos de identificación e seguridade suporía abrir as urnas galegas a case medio millón de sufraxios sen control. |
NOS_12168 | Así o confirmaron fontes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicaron que o caso positivo dun médico de familia foi detectado no centro de saúde de Baltar. | Un médico de familia dun centro de saúde do termo municipal de Sanxenxo obtivo resultado positivo por coronavirus , polo que a área sanitaria adoptou os protocolos correspondentes. Así o confirmaron fontes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicaron que o caso positivo dun médico de familia foi detectado no centro de saúde de Baltar. As mesmas fontes explicaron que "xa se fixo a enquisa epidemioloxica" e "identificáronse os contactos", ademais de ditarse "os illamentos e as corentenas precisas". Con respecto ao centro de saúde, por parte da área sanitaria destacouse que "se reforzou de forma inmediata a limpeza e desinfección". |
NOS_4758 | O atleta lucense exhíbese na véspera de Toquio 2021 | Os deportistas galegos continúan mostran o seu extraordinario nivel a dúas semanas do comezo dos Xogos Olímpicos de Toquio 2021. Nesta ocasión foi a quenda de Adrián Ben, quen na Diamond League de Estocolmo finalizou en cuarta posición nos 800 metros lisos cun tempo de 1.44.18. Ese rexistro supón un novo récord da Galiza, ademais da súa Mellor Marca Persoal (MMP) e o quinto mellor dun deportista europeo no que vai de tempada, polo que o ceo parece ser o único límite nos Xogos Olímpicos para o lucense. Sada, Samer e Narón xa son de Primeira O vindeiro ano o atletismo galego Máster contará con tres equipos na máxima categoría estatal, logo de que Sada, Samer e Narón lograsen fechar a súa presenza nas fases de promoción disputadas nas localidades da Nucia (Alacante) e Zaragoza. Á primeira das mesmas acudían os equipos femininos do Samertolameu e do Club Atletismo Sada co principal e difícil obxectivo de reter a máxima categoría estatal diante de entidades do nivel deportivo e económico de Praias de Castellón e Fútbol Club Barcelona. As galegas, que competiron sen ningún tipo de complexo, demostraron a súa calidade e certificaron a permanencia, finalizando Sada na cuarta posición con 86 puntos e as de Moaña sextas con 76. Se todo iso acontecía na Nucia, en Zaragoza competían os homes do Atletismo Narón no seu encontro de Segunda División. Os naroneses acudían cun equipo moi ben estruturado e motivado na procura de plantar cara nesta importante cita e, finalmente, a suma dos puntos déronlles unha segunda posición que lles permitirá tomar parte xunto a Sada e Sametolomeu na Primeira División Estatal no 2022. |
QUEPASA_877 | A fin de semana deixaban como gran nova o campiobato de Liga das infantís do Balonmán Camariñas, tras vencer o Bm Ribadosar por 24-18 nun partido no que acodían 150 persoas ao pavillón do Areal para arroupar ás de Xabi Canosa. Toda unha alegría para a familia conserveira.Nos sénior, e pensando xa no derbi costeiro entre Calvo e Conservas da semana que vén (sábado ás 20:00h no Vila de Noia), os dous equipos da zona tiveron sorte dispar.Por Carballo, despois da derrota ante o líder, o Calvo necesitaba vencer para non perder comba e romper a serie de dúas derrotas seguidas fóra da casa. Non perdoaron e levaron o peso do partido traendo de volta os puntos.Pola súa banda, o Bm. Camariñas fixo un grandísimo partido, cunha gran defensa e un enorme derroche físico para atuar a unha dos grandes equipos da categorías, pero sen o premio dos puntos. Ademais, por Santa Comba, parece que é de cine pero é unha realidade. Unha semana máis os afeccionados do Bm Xallas tiveron que sufrir un final de infarto… con final feliz. | 1ª Estatal, xornada 18 Resultado: Bm. Camariñas - BM Lalín (21-26). Durante os primeros 20 minutos o cadro de Moncho Canosa foi capaces de xogar de ti a ti puidendo o Lalín irse de 2 só nos minutos finais. Na 2ª metade o ataque non era tan fluído e o Lalín ía abrindo distancia a medida que os locais ían baixando físicamente ata colocarse (17-23). Un último arreón deu emoción aos últimos minutos pero acabouse impoñendo a lóxica. En todo caso, gran xogo e boas sensacións na liña do 2019, ante un gran número de afeccionados que se desplazaron a Carballo e no que só a profundidad de banquillo evitou un resultado positivo para os conserveiros. Asemblea O pasado sábado celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria do Club Balonman Camariñas na Casa do Pedra donde se aprobou a confeccion da nova directiva que queda conformada da seguinte maneira. O presidete é Andres Cerdeiras; Eva Gerpe (Vicepresidenta), Mabel Mas (Secretaria), Manuel Castiñeira (Tesoureiro), e Óscar Manuel Martinez, Silvia Lijo, Manuel Romar, Perfeto Parapar, Rocio Vigo, Moncho Canosa, Héctor Fateira, Alberto Mas e Landrina Canosa como vocais. 1ª Estatal, xornada 18 Resultado: Luceros - Calvo Xiria (25-30) Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras, Cuco (3), Julián López, Fran Rey, Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (3), Carlos García (11), Chimpo (3), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete, Enrique Pena (1). Parciais cada 5´: 2-2 / 3-4/ 4-7/ 5-9/ 7-11/ 8-13 (Descanso) 11-16/ 16-20/ 18-22/ 21-23/ 23-25/ 25-30. Non fallaron os verdes, que se amosaron fortes dende o comezo, mandando no electrónico e na pista, cunha gran defensa, unha boa portería defendida por Antonio Mato, e movendo ben o balón para chegar aos extremos con asiduidade. Os carballeses dominaban con 4-5 goles de vantaxe pero cos locais sempre metidos no partido e respondendo. Nos últimos 10 minutos do segundo tempo os do Morrazo achegábanse no marcador e aparecían vellas pantasmas. Pero soubo manter a calma o cadro carballés, e cun claro 2-5 sentenciaban o partido. 2ª Autonómica Resultado: Balonmán Xallas - Balonmán Chapela (22-21) As numerosas baixas (Damián, Dani García, Edu, Daniel Trigo) facían chegar a plantel local mermado o encontro, máis foron quen de sobreporse os contratempos. A igualdade foi a tónica dominante do primeiro tempo, onde si ben é certo que sempre dominaron o marcador, as vantaxes eran mínimas, ata chegar o descanso 10-9. Na segunda parte o partido trocou, por un momento parecía que os locales ían romper o partido cando alcanzaron unha renta de 3 goles, máis unha mixta sobre Iván Campos atascou o ataque xalleiro que viu como o BM.Chapela lle daba a volta o marcador, situándoo en 20-21 no 28:34 do segundo tempo. Con apenas minuto e medio por diante, 2 boas defensas, sumadas a un gol de Mario dende o extremo, e Bruno cun lanzamento exterior, deron a vitoria o Xallas, que unha semana máis tivo que defender a última acción con uñas e dentes e finalizar o encontro detendo unha falta directa en contra. Iniciase así a segunda volta da competición cunha nova vitoria que permite seguir o BM.Xallas no liderato. MÁIS INFORMACIÓN Clasificación da 1ª Estatal. Clasificación da 2ª Autonómica Masculina. |
PRAZA_3566 | Neste lustro, o comercio mundial de armas pesadas medrou un 5,5 por cento, o fluxo de armamento aumentou significativamente cara a rexión de Oriente Medio e Arabia Saudita xorde como o primeiro importador a nivel mundial | A quen non lle interesa acabar coas guerras? Basta seguir a pista dos principais vendedores de armamento... Segundo o mais recente informe do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute), os cinco maiores exportadores son os EUA, Rusia, Francia, Alemaña e China, por esta orde. Catro deles son membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas….Analizando o quinquenio 2015-2019, o SIPRI chega a conclusións moi relevantes. Por exemplo, neste lustro, o comercio mundial de armas pesadas medrou un 5,5 por cento, o fluxo de armamento aumentou significativamente cara a rexión de Oriente Medio e Arabia Saudita xorde como o primeiro importador a nivel mundial. Dáse a circunstancia de que os EUA e Reino Unido, que a miúdo expresan unha gran preocupación pola intervención de Riad no Iemen, continuaron vendéndolle armas sen o maior reparo. O 73 por cento das importacións de armas de Arabia Saudita procederon dos EUA, e o 13 por cento do Reino Unido. Outro actor importante nesta rexión son os Emiratos Árabes Unidos, o oitavo importador mundial, tamén implicado nas guerras de Iemen ou Libia, dous territorios e pobos totalmente destruídos coa lucrativa colaboración de moitos países, entres eles, España. Os EUA seguen á cabeza, segundo o SIPRI. No período obxecto de estudo medraron as ventas un 23 por cento e incrementaron nun 36 por cento a participación no monto global superando nun 76 por cento as do segundo exportador mundial, Rusia. Os EUA venden armas a un total de 96 países e a metade de todo canto vende vai para Oriente Medio. E a metade de todo canto vende no Oriente Medio, vai para Arabia Saudita. As importacións da monarquía absoluta e islámica do rei Salmán bin Abdulaziz aumentaron nada menos que un 130 por cento, representando o 12 por cento das importacións globais de armas. China segue facéndose un oco neste truculento negocio, pasando de 40 a 53 clientes en todo o mundo. Tamén nisto hai países emerxentes. Francia, por exemplo, experimentou un incremento do 72 por cento. Ou Corea do Sur, que xa ingresou no top-ten dos exportadores mundiais ao incrementar as súas vendas nun 143 por cento. Tamén Israel, cun medre do 77 por cento. Exipto triplicou as súas compras ata se converter no terceiro importador a nivel mundial. Brasil representa o 31 por cento das importacións de toda América Latina.Os conflitos son unha garantía para o negocio. E non falta quen venda aos dous bandos. As tensións entre India e Paquistán, os dous estados nucleares, son un claro exemplo. A India foi o segundo maior importador de armas a nivel mundial e Paquistán o undécimo. Pero Libia, o xa citado Iemen ou ata o Nagorni Karabaj, por citar algúns, representan unha segura garantía de éxito para un boiante sector no que a palabra crisis, de primeiras, sabe a gloria. |
PRAZA_6631 | Á volta de poucos anos non haberá touradas na Coruña, nin en Sarria, nin en Padrón. E moi probabelmente a cidadanía esixa a derrogación da excepción á lei galega de protección dos animais que lle da abeiro legal a esta caste de impopulares espectáculos. | Hai dous motivos fundamentais para estar en desacordo coa celebración da feira taurina coruñesa. En primeiro lugar, o concello cede o Coliseum un sábado e un domingo practicamente de balde, pagando con cartos públicos o mantemento, limpeza e acondicionamento, subministracións e máis a banda de música. Xa que logo, a subvención indirecta municipal acada uns 100.000 €, segundo avaliacións de expertos. Con eses cartos cubriríanse os xantares de cen crianzas nun comedor escolar durante dous meses. Á vista da moi frouxa resposta dos seareiros ben se pode dicir que este gasto é un estrago de recursos públicos. Obsérvase avanzar en amplos sectores a idea de que a festa taurina é unha mostra de maltrato animal incompatíbel cos valores que profesa unha sociedade moderna e europea Mais, en segundo lugar, ao tempo de ser evidente a falla de afección taurina na Coruña e na Galicia, en xeral, obsérvase avanzar en amplos sectores a idea de que a festa taurina é unha mostra de maltrato animal incompatíbel cos valores que profesa unha sociedade moderna e europea. Neste senso, a manifestación deste domingo na Coruña foi un claro exemplo do xeito no que progresa esta toma de conciencia e como ten apoios moi plurais e transversais, no que atinxe á orixe social, pensamento político ou á idade dos manifestantes. As presións deste "lobby" sobre o Goberno local coruñés conseguiron o mantemento desta impopular feira, malia o seu absoluto fracaso económico A verdade un nunca podía supor a importancia que seica tiña a feira taurina da Coruña e, en xeral, o mantemento deste espectáculo na Galicia, para os taurinos españois. Porque ante a evidencia do seu risco de desaparición reaccionaron como se a unidade de España e a felicidade cidadá dependeran de se manter as touradas no noso país. E as presións deste "lobby" sobre o Goberno local coruñés conseguiron o mantemento desta impopular feira, malia o seu absoluto fracaso económico. A evolución imponse. Por razóns de idade e remuda social, os cidadáns que partillan as touradas son menos e menos influíntes A mensaxe enviada polo Goberno local e polo lobby taurino foi nidia: ás touradas poderán ir poucos, pero son merecentes dun trato privilexiado, quizais por ser os derradeiros mohicanos a gostar dun espectáculo que din tipicamente español, pero que non prendeu ao longo de 150 anos na Galicia. Mais a evolución imponse. Por razóns de idade e remuda social, os cidadáns que partillan as touradas son menos e menos influíntes. Á volta de poucos anos non haberá touradas na Coruña, nin en Sarria, nin en Padrón. E moi probabelmente a cidadanía esixa a derrogación da excepción á lei galega de protección dos animais que lle da abeiro legal a esta caste de impopulares espectáculos. |
NOS_19484 | Nesta terza feira, aprobouse o proxecto de lei que faculta o Executivo a determinar a prestación da asistencia social ás persoas usuarias da Casa da Galiza de Montevideo de forma integrada no sistema sanitario uruguaio. A representante do BNG, Ana Miranda, mostrou a súa solidariedade após unha decisión que afonda na incerteza de persoas usuarias e persoal laboral. | En outubro de 2018, a Directiva da Casa da Galiza de Montevideo (Uruguai) sinalaba que se atopaba "nunha situación moi comprometida" polo endebedamento, o que levou a auditores independentes da entidade a "cuestionar o principio de empresa". Xa en decembro de 2021 o Poder Xudicial decretou o fechamento da Casa da Galiza cunha débeda que nese momento ascendía a 100 millóns de pesos uruguaios (máis de 2 millóns de euros). Neste contexto, o Goberno uruguaio ordenaba en outubro de 2021 a intervención do sanatorio da Casa da Galiza. A Administración pretendía xestionar a institución mutualista médica "por un prazo máximo dun ano" para controlar o "alto nivel de endebedamento". Esta intervención supuña retirar dos seus cargos as autoridades do sanatorio, xusto cando estaba prevista unha xornada electoral no centro. Fontes do Ministerio de Saúde Pública do Uruguai defendían que a meta desta decisión era "garantir a debida asistencia médica dos usuarios da institución", así como adoptar todas as medidas para asegurar "a protección dos postos de traballo". Tamén afirmaban que desde o 2015 a Casa da Galiza presentaba balances deficitarios, o que "evidenciaba severos problemas de xestión". Preguntado por este suceso, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, expresaba a súa confianza na palabra do presidente uruguaio, Luis Lacalle Pou, quen defendía a intervención temporal para evitar unificar a Casa da Galiza con outros centros sanitarios do país. Finalmente, nesta terza feira, o Senado e a Cámara de Deputados do Uruguai aprobaban o proxecto de lei que faculta o Executivo a determinar a prestación da asistencia social integrada no sistema sanitario uruguaio que se destinará á afiliación e a parte do funcionariado da Casa da Galiza de Montevideo. Unha decisión que incumpre coa intervención temporal. Sede do Consello da Galiza A Casa de Galiza de Montevideo conta con máis dun século de actividade, xa que foi fundada en 1917 por un colectivo de emigrantes. A súa importancia foi tal que funcionou como sede do Consello de Galiza, o Goberno galego no exilio. Ao longo deste tempo, erixiuse como un dos centros hospitalarios máis importantes do país, cunha sede social que constituía unha das principais arterias de Montevideo. Da institución forman parte, entre outras dependencias, o Instituto de Secundaria Manuel Curros Enríquez e a biblioteca Alfonso R. Castelao, así como un gran patrimonio cultural, entre o que destacan diversas obras pictóricas e a escultura de Francisco Asorei coñecida como "A Santiña". Solidariedade do BNG coa Casa da Galiza uruguaia A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou esta quinta feira o desmantelamento da Casa da Galiza do Uruguai, após o tamén acontecido co patrimonio sociosanitario na Arxentina. "Non podemos esquecer que este patrimonio foi erguido en 1917 cos aforros e o esforzo da emigración galega", e que tanto as persoas asociadas como o persoal laboral denuncian o escuro procedemento seguido na toma de decisións e a falta de transparencia. A representante nacionalista insistiu no feito de que o presidente do Uruguai fose "aplaudido por Alberto Núñez Feixoo" e afirmou que ambos os dous mandatarios "coinciden na defensa do neoliberalismo sanitario". |
NOS_19678 | A cuarta feira, 29 de maio, A Coruña acollerá un acto de homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. | Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e unha das voces máis singulares e galardoadas do sistema literario galego, Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018) será homenaxeado a próxima cuarta feira, día 29 de maio. Organizan a xornada a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, que ás 18 horas colocarán unha placa na casa en que residiu (praza González Dopeso nº 1 A Coruña) e que ás 20.30 horas convocan o acto Xabier P. Docampo na voz da amizade, no Teatro Rosalía de Castro. "Serán as persoas que compartiron con Xabier moitos momentos da súa vida as que nos falen da súa obra, do seu compromiso, da escola, do seu activismo…", explican as entidades organizadoras, que sinalan que intervirán, entre outras persoas, Alfonso García Sanmartín, Xavier Senín e Fina Casalderrey, para dar conta da gran vocación de Xabier P. Docampo, o ensino, campo ao que se dedicou profesionalmente. Para falar do seu activismo social tomarán a palabra Suso de Toro, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado (que escribira un artigo para Sermos Galiza após o falecemento do seu amigo) e Paco Martín, Mª Xesús Fernández, Xosé Cobas e María Canosa debruzaranse sobre a literatura. O acto, que será conducido pola escritora Yolanda Castaño, contará coa presenza da contacontos Paula Carballeira, que lembrará a figura do homenaxeado a respecto do relato oral. A música virá da voz de Miro Casavella e poderán escoitarse as obras de Xabier P. Docampo "De cores e de amores", na voz de Daniel Laxe, e "Bolboretas", na de Uxía López. Unha das últimas entrevistas concedidas polo autor antes do seu falecemento foi publicada por Sermos Galiza a raíz da publicación de A nena do abrigo de astracán (Xerais). |
NOS_20840 | A CIG-Ensino fará entrega esta terza feira, no rexisto da Xunta, das sinaturas recollidas por toda Galiza en apoio ao persoal docente despedido pola Consellaría de Educación. | A central sindical nacionalista entregará este 17 de xuño millentas sinaturas de apoio ao profesorado dos cursos Celga. O conflito laboral que atinxe a Xunta de Galiza recompilou ao longo dos últimos meses milleiros de apoios por toda Galiza que exixen a readmisión d@s docentes despedid@s pola Consellaría de Educación e o cumprimento dos ditames emitidos polas Inspeccións de Traballo que exixen dar de alta a este colectivo na Seguridade Social. Desde que a CIG-Ensino denunciou publicamente as irregularidades que a Xunta --através da Secretaria Xeral de Política Lingüística-- estaba a cometer en relación ao persoal docente que imparte os cursos de lingua galega para adultos, o goberno de Alberto Núñez Feijóo fixo ouvidos xordos. Nen sequer o recoñecemento obtido pol@s traballadoras, que daba conta da existencia dunha relación contractual que non se estaba a desenvolver coas debidas garantías, fixo que Valentín García ou Jesús Vázquez recoñecesen a irregularidade en que se atopaba este colectivo. A CIG entregará esta terza feira millares de sinaturas de apoio ao profesorado dos cursos Cega E é que o persoal docente non estaba dado de alta na Seguridade Social. Mais moi ao contrario do que cabía agardar dunha administración pública, a Xunta decidiu incumprir os ditames de Inspección e despediu @s docentes. "Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta. Simplemente tiñamos obriga de facer declaración da renda mais ningún tipo de dereito", narraban en conversa con Sermos Galiza @s propi@s afectad@s. Actitude "represiva" "A Xunta as veces que nos reunimos, a título individual ou através dos sindicatos, non quixo recoñecer a nosa relación laboral. Dicía que eramos profesorado colaborador. En ningún momento tivo intención de negociar ou falar con nós. E, aliás, recorreu a resolución da inspección de Traballo, renegando de nós como traballadoras, malia que o informe di que somos persoal traballador da Consellaría de Educación e, no concreto, da Secretaría Xeral de Política Lingüística", subliñaban. Para o persoal do Celga fica claro que após todo o tempo decorrido a actitude da Xunta de Galiza é "represiva". Pois rematou por @s botar á rúa e oferecer a impartición dos cursos entre o profesorado de Lingua Galega. Todo por non acatar as súas obrigas legais, readmitir @s docentes e pagar as sancións que lle impón Inspección de Traballo polos anos en que se mantivo a situación irregular. Para o persoal do Celga fica claro que, após todo o tempo decorrido, a actitude da Xunta de Galiza é "represiva" Cos apoios recibidos en forma de sinatura, o colectivo de docentes do Celga exixirá máis unha vez que a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral @s readmitan. |
NOS_48987 | Non por acaso colocou o PP o debate do estado da nación na semana posterior ao 1-O. O PP vai usar a fondo a cuestión catalá -a demanda de autodeterminación- para negar avanzos ao autogoberno galego co argumento de que o benestar da Galiza depende da "capacidade redistributiva" do Estado. O debate vivirá esta cuarta feira (a partir das 10 horas) a súa primeira sesión, a do combate dialéctico entre Feijóo e os portavoces da oposición. A quinta feira será o segundo acto, o das propostas de resolución. | Antes do 1-O, os estrategas do PP tiñan claro que colocar o debate do estado da nación após a realización do referendo de autodeterminación beneficiaba os seus intereses. Após o 1-O -e tendo en conta que o foco se puxo nos últimos días sobre o uso desproporcionado da violencia por parte do Estado- xa non é tan evidente que Feijóo parta con vantaxe no primeiro debate do estado da nación do seu terceiro mandato consecutivo como presidente do executivo galego. En calquera caso, o PP non vai variar a súa estratexia. Venderá fundamentalmente un conceito, o da estabilidade. Face ao que cualifica como caos da oposición -tres forzas políticas que compiten entre si, e con situacións internas complexas no caso do PSdeG e de En Marea- e face á situación catalá, Galiza sería un oasis de seguranza e harmonía, segundo o relato da formación conservadora, grazas á existencia dun partido que dispón dun sólido apoio eleitoral (47 por cento dos sufraxios emitidos nas eleicións galegas de setembro de 2016). Xa esta segunda feira, Pedro Puy, portavoz do grupo parlamentar, avanzou que a cuestión catalá estará presente no debate porque "atinxe Galiza". E non será unha presenza colateral, porque, sobranceou Puy, para o PP cómpre "facer énfase" en que o país non sería "alleo" ao "conflito" entre as institucións catalás e as españolas. O asunto é "suficientemente grave" como para "Galiza tomar nota", xulga Puy. O PP defenderá que a eventual independencia de Catalunya -votada afirmativamente por 2 millóns de persoas este 1-O, 90 por cento dos sufraxios emitidos- sería "prexudicial" para Galiza "do ponto de vista intelectual, social e económico". Nese sentido, botará man de informes como o do Foro de Economía de Galiza -que preside o economista Santiago Lago- en que se estima en 1.000 millóns de euros/ano a factura que para as arcas galegas decorrería da fundación dunha República catalá (Catalunya representa 18 por cento do PIB estatal e deixaría de contribuír á facenda española). O ataque do PP terá como albos prioritarios o BNG e En Marea por teren emprestado apoio, con maior ou menor intensidade, ao referendo de autodeterminación. Canto ao guión da oposición, En Marea defenderá a súa proposta de renovación dun marco estatutario "que está sen desenvolver e está obsoleto", en expresión de Luís Villares, en tanto que o PSdeG circunstancialmente liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga -no primeiro plano após o seu pacto con Gonzalo Caballero- voltará a facer profesión de fe autonomista con algunhas pingas da proposta federalista impulsada no cenario estatal por Pedro Sánchez. Aliás, en determinados aspectos da cuestión nacional -nomeadamente no que ten a ver co financiamento- Leiceaga está máis perto do PP -na defensa da idea dun Estado magnánimo e redistribuídor- do que de En Marea e BNG. As Bases Democráticas A antítese do enroque centralista de Feijóo voltará a ser o discurso soberanista do BNG. Ana Pontón trasladará ao debate as Bases Democráticas para unha Nova Galiza recentemente apresentadas en sociedade pola formación nacionalista. A líder do Bloque cuestionará Feijóo por axir non como presidente do goberno dunha nación sen estado, senón como o dirixente dun partido político que, alén do máis, é neste momento sinónimo de corrupción e políticas anti-sociais. |
NOS_47464 | Compostela, Vigo, Pontevedra e Ourense experimentan cambios a respeito das eleccións de 2011. | O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, confirmou esta segunda feira (2 de febreiro) os nomes das persoas que encabezarán as candidaturas da formación nas 7 cidades galegas. Neste senso, Agustín Hernández (Compostela), Elena Muñoz (Vigo), Jacobo Moreira (Pontevedra) e Jesús Vázquez (Ourense) son as tres novidades a respeito das eleccións municipais de 2011. Repetirán cabeza de cartel Jaime Castiñeira (Lugo), Carlos Negreira (A Coruña) e José Manuel Rey Varela (Ferrol). Embora precisaren da ratificación preceptiva de Madrid, Rueda presentou as candidaturas como "garantía de estabilidade" e "alternativa" fronte "aos que son valentes para convocar manifestacións mais non para presentarse ás eleccións", sinalou en clara alusión a Podemos. O secretario xeral do PPdeG asegurou que a súa formación sairá "a gañar e non a esperar posíbeis pactos entre perdedores". Mudanzas no goberno da Xunta Entre os nomes salienta a presenza de dúas persoas integradas no goberno galego, Elena Muñoz --conselleira de Facenda-- e Jesús Vázquez --conselleiro de Educación e Cultura. A súa candidatura exixirá mudanzas no executivo, algo que segundo Rueda se producirá axiña. "Non será moito tempo" o que se manteñan no goberno, sinalou Alfonso Rueda, embora "non hai data" --acrecentou-- para fixar a súa saída. |
NOS_4984 | O próximo 7 de maio Alejandro Guillán, máis coñecido como 'Baiuca', publica o seu segundo traballo de longa duración, 'Embruxo'. Este disco, "cunha sonoridade e temática moi definida", trata o misticismo existente na cultura galega e mostra unha evolución persoal e profesional do produtor. | Tres anos despois da publicación do seu primeiro traballo de longa duración, Solpor, Baiuca, Alejandro Guillán (Catoira, 1991), lanza na próxima semana o seu novo disco, Embruxo, un traballo onde o produtor mostra a súa evolución na folktrónica a través do misticismo galego. Que o leva a crear este disco cun concepto tan definido como é a cultura mística galega? Como artista sempre busco dar un paso máis adiante. Solpor foi un disco no que non había un concepto máis aló da unión da música tradicional e popular coa electrónica. É certo que as letras que eu creo nese traballo falan dese apego coa terra, mais o resto do disco non ten un concepto claro. Para este segundo traballo propúxenme o reto de facer algo que non fixera até o de agora e profundar nun concepto definido era algo que tiña claro que quería levar a cabo. Ao principio tiña varias ideas na cabeza, até que comprendín que me interesaba todo o universo místico galego. Eu considero que todo o que teña relación coa Galiza ou coa mestura de tradición e electrónica, que xa viña de antes, non estaba feito desde a miña visión. Con Baiuca propoño música para mostrar ao mundo enteiro porque, que se coñeza como é a relación coa morte na Galiza, como son os seres mitolóxicos ou a antropoloxía, non quere dicir que no resto do mundo saiban como nos relacionamos con todo isto. Por iso este tema do misticismo galego me parecía interesante. Como foi a reacción cando propuxo este concepto para o disco? Pasoume un pouco como cando comecei con Baiuca e dixen que quería mesturar a música tradicional coa electrónica. A xente pensaba que ía ser bacalao cunhas pandereteiras ou cunha gaita. Neste caso, cando eu propuxen Embruxo imaxinaban que ía ser un disco como noutros estilos, por exemplo, o metal, onde se centran no paganismo desde un punto de vista moi máxico. Mais eu quería dar a miña visión do como entendo as relacións das coplas que existen sobre esta temática, unha visión máis humilde e próxima á realidade. Realizou algún tipo de investigación sobre o tema? Si, mais de forma moi vaga, poderíamos dicir, porque tampouco busco afondar en exceso. Decateime de que había certas coplas interesantes no Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamaría e en certos escritores de finais do século XIX e comezos do XX, como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, que falaban directamente do diaño, das meigas, das lavandeiras e de San Xoán, entre outros temas que me parecían moi interesantes. Tamén aproveitei para pórme en contacto con mestres que tiven en Catoira e para falar con compañeiras coa fin de coñecer, sobre todo, o universo literario que había sobre o misticismo galego. Con esta información fixen un crebacabezas de todo o que me parecía interesante para plasmar nas letras. Ao igual que en Solpor, volve contar na parte artística do proxecto con Adrián Canoura, que tamén dirixe os videoclips. Os dous vemos a relación entre o folclore e a innovación desde un punto de vista moi similar. Adrián Canoura é fundamental neste disco porque ten un coñecemento nestes aspectos místicos que eu non manexaba e foron moitas horas de conversas e de traspaso de informacións para poder plasmar estas ideas no disco. Con respecto aos vídeos, o que máis se aproxima ao traballo de Canoura é ese estilo máis experimental utilizando gravacións que xa existían, como se pode apreciar en temas como "Morriña", "Olvídame" ou "Caroi", mais ao igual que a miña música evolucionou dos samplers ás gravacións instrumentais propias, tamén quixen que el gravase novas imaxes para así poder crear as composicións audiovisuais de "Luar" e "Veleno". Fáleme un pouco máis sobre esa evolución musical súa. No momento en que ti decides gravar os teus propios sons estás decidindo como vai soar todo e iso cambia totalmente a idea que tes. Cando traballas con samplers ten unha riqueza diversa, porque ao final as texturas que aparecen de cada gravación son diferentes, e aquí puiden concibir neste disco como un concepto sonoro. Os instrumentos de percusión de parche como os pandeiros, as pandeiras ou os tambores teñen un protagonismo en todos os temas cunha sonoridade similar. Isto permitiume aprender moito sobre gravación, que antes non coñecía, e iso valóroo moito. Neste disco conta coa colaboración do experto percusionista Xosé Lois Romero. Si, malia que eu comecei a crear este traballo en marzo do ano pasado, xa o ano anterior empezara a traballar con Xosé Lois Romero na Galiza, porque tiña claro que se quería gravar instrumentos tradicionais el era a persoa adecuada para isto polo seu gran coñecemento. Tivemos procesos de meternos no estudio a gravar practicamente sen saber se iso ía ir a algún lado e sen ter ningunha canción feita. Gravamos ritmos e sons para que eu logo puidese traballar na miña casa con todo iso. A relación con el é de inspiración total, en cada viaxe -porque actualmente vivo en Barcelona- aprendo moito da súa experiencia e das cousas que me pode achegar e viceversa. Malia a diferenza de idades, temos unha relación moi interesante porque a el interésanlle cousas da miña idade e a min cousas da súa historia. Tamén conta con colaboracións de Rodrigo Cuevas, Lilaina e Cristian Silvia. Sería moi sinxelo escoller artistas que estean a destacar nese momento ou que teñan máis seguidores para poder contaxiarte desa repercusión, mais se unha cousa teño clara é que me gusta traballar con persoas coas que me sinto cómodo. Toda a xente que aparece neste disco é xente coa que me sinto moi cómodo e que teño grande admiración tanto musicalmente como persoalmente. A Cristian Silva coñézoo desde que tiña 12 anos; Lilaila, que tamén son compoñentes de Aliboira, crean un grande ambiente de traballo ao igual que Rodrigo Cuevas, que o coñecín hai dous anos e con quen teño unha gran relación. Antes comentaba que comezou a gravar o disco en marzo, tivo algún contratempo por mor da situación actual da pandemia pola Covid-19? Nunha sesión que tiñamos con Lilaila para poder gravar as súas voces, eu tiña que coller un avión á Coruña e non puiden viaxar por un falso positivo de Covid-19. Tiven que quedar en Barcelona e as gravacións fixéronse de forma telemática. Os compañeiros enviáronme ao meu ordenador o sinal de son e fun dirixindo, no que podía, esa gravación a distancia. Foi curioso non poder estar alí e facelo de maneira presencial, mais coas novas tecnoloxías, o que eu escoitaba en Barcelona era exactamente o que soaba no estudio da Coruña. Con que queda de todo este traballo realizado? O que gardo con moito agarimo deste proceso son as conversas con Adrián Canoura e Xosé Lois Romero; poder compartir con Rodrigo Cuevas a gravación do vídeo e da música; en definitiva, con todas as relacións sociais que se deron con este disco, xa que con Solpor non puiden ter este tipo de interaccións. Só espero poder ampliar nos seguintes proxectos estas redes, pois considero que é moi enriquecedor. Aínda non publicou este e xa está a pensar nos seguintes. Nunca hai que deixar de traballar. Rematei a miña parte deste disco en xullo do ano pasado e xa teño ganas de máis. Noutros tempos sempre tiven medo de quedarme sen ideas, mais desde que teño este proxecto de Baiuca síntome inspirado ano a ano e non quero deixar de crear mentres teña ideas e sinta que é interesante o que poida achegar. |
NOS_11687 | Adega arremete contra a factoría, que deixa unha pegada ecolóxica equivalente ás 3/4 partes da poboación da Galiza. Exixen que non use os postos de traballo "como escudos humanos" para non deslocalizar a produción a cambio dunha baixada no prezo da luz. A cidadanía paga un 3,95% máis desde o 1 de xullo | A factoría de Alcoa en Lugo consome tanta electricidade como o 74% dos fogares galegos. Así o sinala un informe que vén de facer público a asociación ecoloxista Adega, no que compara a enerxía que lle cómpre á fábrica de San Cibrao con aquela que usan outros sectores socioeconómicos da Galiza. Alén da elevada porcentaxe xa indicada, a pegada ecolóxica é igualmente destacábel, ao corresponder a un proceso, a electrólise do alumnio, "moi intensivo" no consumo de electricidade. Tomando en conta as consecuencias que a obtención desta enerxía ten no ambiente, e a recente suba da luz acordada en Madrid, dun 3,95% coa entrada do mes de xullo --e un encarecemento do 70% desde 2006--, Adega entende que a pretensión de Alcoa de obter prezos máis favorábeis "baixo a ameaza de peche e deslocalización" son "case obscenas". A multinacional leva 32 anos operando na Mariña lucense, e neste tempo non desenvolveu "ningún" sistema de autoconsumo enerxético para reducir a súa factura eléctrica, como poderían ser aqueles baseados na enerxía solar, eólica ou maremotriz. Alcoa "ameaza con levar o seu negocio a terceiros países con enerxía máis barata e menos restricións ambientais se non se lle dá o que pide". Pide, segundo Adega, electricidade a un prezo máis baixo, para poder minimizar os custos e manter o seu nivel de beneficios. Un ERE afecta desde o mes de abril a factoría da Coruña. Durará até 2013 e afecta a 420 traballador@s. En San Cibrao hai 1.200 no complexo e ao redor de 700 nas auxiliares. Adega arremete contra a factoría por usar os postos de traballo "como escudos humanos se non se atenden as súas esixencias". |
NOS_20907 | A edición de 2020 homenaxea a poeta Luz Pozo Garza | A sétima edición do recital poético-musical Mondoñedo é poesía vai ser este 2020, por forza, virtual. A organización decidiu manter actividades coa mesma data: o 1 de maio, Día das Quendas, festa coa que a vila celebra cada ano a entrada da primavera. Ofrecerán así, ás 16 horas, unha retransmisión, aínda que desta volta "as rúas, prazas e auditorios mindonienses teremos que imaxinalos", advirten. "Nunca imaxinamos un recital nun escenario infectado de todas as ausencias", confesan co anuncio da peculiaridade desta edición. Estrañarán o "aplauso entusiasta" desa audiencia "fiel e numerosa" cara a que queren manifestar o seu agradecemento. Así mesmo, móstranse seguros de que "ningún virus, nin esta COVID-19 nin outro capaz de enfermar o mundo, poderá matar a poesía". Mondoñedo é Luz A edición deste ano vai ir especialmente dedicada a Luz Pozo Garza. A poeta foi convidada ao festival en 2015, mais unha circunstancia persoal impediríalle asistir. De novo, "un contratempo acontecido o pasado 20 de abril quixo interpoñerse e negarlle a posibilidade de acompañarnos. Desta, equivocouse o deus do destino", afirman con tristura. Con todo, saben que a escritora "é e sempre será poesía" na nosa memoria, polo que a súa figura vai iluminar "esta edición tan estraña e insospeitada". Serán 24 as creadoras reunidas, entre elas poetas e músicos como Iolanda Aldrei, Chus Amieiro, Caxigueiro, Marta Dacosta, Míriam Ferradáns, Mª Xosé Lamas, Martiño Maseda, Rebeca Maseda, Juan Carlos Mestre, César Morán, Olga Novo, Henrique Rabuñal, Manuel Rivas, Lorena Souto, Paloma Suanzes, Eva Veiga ou Eduard Velasco. Acompañarán as lecturas dos poemas e interpretacións musicais, imaxes coa lembranza dos carteis e publicacións que ilustraron as seis edicións anteriores en agradecemento aos colaboradores gráficos e ao resto de persoas implicadas. |
NOS_27654 | Os efectos da política de recortes en sanidade que deteriora e precariza áreas como Atención Primaria, Pediatría, Urxencias ou Psiquiatría non afecta aos servizos relixiosos nos hospitais públicos e concertados de Galiza. A partida para capeláns aumenta ano tras ano: 54.000 euros mensuais en 2019 para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa en centros sanitarios públicos. | O Sergas ten orzamentada para 2019 unha partida de 670.185 euros destinadas a persoal relixioso, unha cifra superior á que destinou á mesma finalidade en 2018 (658.000 euros). Neste 2019 son 52 as prazas de relixiosos orzamentadas: 41 a xornada completa e 11 a media xornada. Unha partida que ten a súa orixe no convenio que en 1995 asinara o Sergas coas dióceses galegas e polo cal o sistema público de sanidade sufraga salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados de Galiza. Son gastos que figuran como "atención especializada". Ao longo destes anos, oposición parlamentar e colectivos en defensa da sanidade pública pediron sen éxito que esa partida fose a outros destinos máis necesarios. O PP defende contra vento e maré que, en virtude daquel convenio asinado cando Romay Beccaría era conselleiro de Sanidade, eses miles de euros de diñeiro público vaian para pagar relixiosos. "Dinnos que non hai diñeiro para médicos nin para enfermería mais si que hai para pagar sacerdotes", critican os profesionais da Sanidade Pública. As EOXI (estrutura de xestión integrada: en Galiza hai 7 que se encargan da xestión das 11 áreas sanitarias) con maior dotación 'relixiosa' son as de Compostela e Vigo: en cada unha, 9 capeláns: 7 a tempo completo e 2 a tempo parcial. 115.300 euros orzamentados para cada unha delas. compostelá e viguesa. A seguir, a zona sanitaria que abrangue o que eran as áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco; e máis a EOXI de Pontevedra e O Salnés, con 8 capeláns cada unha. Partida de 108.000 euros para a primeira e de 100.888 para a segunda. A EOXI da Coruña ten 7 prazas para relixiosos (93.700 euros), o mesmo número que a de Cervo, Lugo e Monforte (outros 93.700 euros). Por último, e con 4 capeláns -2 a xornada completa e outros ttantos a tempo paricial-, a área de Ferrol, cunha partida de case 43.300 euros. En só tres anos (de 2017 a 2019) o orzamento do Sergas destinado a pagar o persoal relixioso na sanidade pública achégase aos 2 millóns de euros Rexeitamento Manuel G. Moreira, médico de familia e un dos voceiros da plataforma SOS Sanidade Pública, incidía nunha conversa con Sermos Galiza na contradición de que se destinen eses cartos a contratar servizos relixiosos para a sanidade pública "mentres desde o Sergas se xustifica o recorte de persoal en cuestións económicas. Na mesma liña expresábase Xosé Dios, médico especialista en Atención Primaria e implicado en plataformas de defensa da sanidade pública. "É anacrónico e incomprensíbel", consideraba. "Dinnos que non hai diñeiro para médicos nin para enfermería mais si que hai para pagar sacerdotes", Contratación en función do número de camas A contratación de capeláns, tal e como explicaba a xornalista Beti Vázquez, no nº32 do semanario Sermos Galiza (xaneiro de 2013), faise en función do número de camas. Así, por menos de 100 camas, un capelán a tempo parcial. De 101 a 250, un relixioso a tempo completo e outro a media xornada. De 251 a 500, corresponderíalle 2 capeláns a tempo completo e 1 a tempo parcial. Entre 501 e 800 camas, 3 capeláns a tempo completo. De pasar das 800 camas, entre 3 e 5 relixiosos. |
NOS_326 | Todo o que precisas saber sobre as mudanzas que introduce a norma que vén de aprobar o Goberno estatal e que afectará o aborto, o embarazo, a educación sexual ou a saúde menstrual. | Garantías para o aborto Obxección de conciencia Pílula do día despois gratuíta Saúde menstrual Educación sexual Embarazo Xestación subrogada O Goberno estatal aprobou esta terza feira en primeira lectura o proxecto de lei de saúde sexual e reprodutiva, que busca reformar a 'lei de prazos' aprobada polo Executivo do PP en 2015. "É un novo avance para a democracia do país", destacou a portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez. Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras, Rodríguez celebrou que esta norma permitirá "continuar ampliando dereitos", tras a aprobación hai 12 anos da Lei do aborto socialista. Este texto está recorrido perante o Tribunal Constitucional polos populares. Neste senso, a ministra portavoz destacou que a nova lei ten tamén como obxecto "reverter algúns retrocesos" realizados polo PP coa súa maioría absoluta. As rapazas maiores de 16 anos poderán abortar sen o permiso dos seus pais e nais Garantías para o aborto O proxecto de lei aprobado esta terza feira, impulsado polo Ministerio de Igualdade, busca garantir o aborto na Sanidade Pública, permite a interrupción do embarazo a menores a partir dos 16 anos, elimina os tres días obrigatorios de reflexión e inclúe unha baixa incapacitante por interrupción voluntaria do embarazo, alén dun servizo de asistencia e acompañamento integral e especializado. Obxección de conciencia Do mesmo modo, garante a obxección de conciencia, que se regula de igual forma que na Lei de Eutanasia, para garantir que sempre haberá persoal dispoñíbel para a Interrupción Voluntaria do Embarazo. Aliás, a norma recolle que quen se declare obxector será de aplicación na sanidade pública e privada. A Corte Suprema dos EUA, a piques de suprimir o dereito ao aborto Pílula do día despois gratuíta Desde o Ministerio destacan tamén entre as medidas desta nova norma que os centros de saúde distribuíran a pílula do día despois de forma gratuíta e en centros servizos de saúde sexual e reprodutiva. Trátase dun produto que actualmente vale 20 euros na farmacia, segundo indicaron as mesmas fontes. O texto recolle tamén que as pílulas anticonceptivas de última xeración volverán estar cubertas pola Seguridade Social, e promoveranse os métodos de anticoncepción masculina para que non sexa só unha responsabilidade das mulleres. Saúde menstrual Por outra parte, esta lei dedica un apartado aos dereitos relativos á saúde menstrual das mulleres en todas as etapas da vida que inclúe, alén da xa anunciada baixa específica para as mulleres que teñan regras moi dolorosas e incapacitantes, que nos institutos, prisións, centros da muller, centros cívicos ou centros sociais, se repartirán gratuitamente produtos de saúde menstrual, como tampóns, compresas ou copa menstrual, co obxectivo de acabar coa pobreza menstrual. O Estado asumirá o custo da baixa por menstruación dolorosa: non exixirá tempo mínimo de cotización Educación sexual Tamén se recolle a repartición de forma gratuíta de métodos anticonceptivos en centros educativos vinculada a campañas sobre educación sexual. Isto inclúese no capítulo de Educación Sexual, onde se apunta que esta será integral nas principais etapas educativas co obxectivo de ofrecer coñecementos baseados no consentimento e as relacións fomentadas nos bos tratos. Embarazo Ademais, segundo indicaron as fontes de Igualdade, crearanse centros públicos de atención especializada en saúde sexual e reprodutiva e unha liña de atención telefónica; e formarase de forma específica en educación sexual e menstrual a profesores e profesoras, funcionarios e funcionarias de prisións, traballadores e traballadoras públicos. Noutra orde, esta nova norma inclúe medidas para fomentar as boas prácticas en todas as etapas do embarazo, especialmente no parto e no posparto; entre elas, a incorporación dunha baixa preparto desde a semana 39 de xestación, que non consumirá ningún día do permiso de maternidade. María Victoria Martins: "Segue en pé esa idea de que as mulleres non deben ter o mesmo desexo sexual que os homes" Xestación subrogada Aliás esta norma non perseguirá finalmente as parellas que recorran á xestación subrogada noutros países, malia que si declara esta práctica como violencia reprodutiva contra a muller. Tamén recolle outras violencias contra as mulleres relacionadas con este tema, como a esterilización forzosa para as mulleres con discapacidade ou o embarazo e aborto forzoso. |
QUEPASA_235 | Carlos Penedo Casmartiño, membro da plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras, volve por QPC para lanzar outro SOS polo patrimonio natural costeiro. | A Rede Natura en Galicia é o espazo da vergoña. É con diferencia a peor planificación do estado, nen tan siquera se pode chamar plan aproveitamento. Os plans de aproveitamento son a ferramenta que asegura a conservación de cada espazo protexido. O obxectivo é, ademais de dar seguridade xurídica, manter en estado de conservación favorable os hábitats e as especies. Se un pon o foco sobre as actividades que permite a Xunta, mesmo nas zonas catalogadas coma sensibles, atopamos proxectos como: instalacións para a produción de enerxía, cultivos forestais, explotacións de acuicultura, dragados, desmontes ou actividades extractivas poden autorizarse en toda a Rede Natura de Galiza. As Directrices da Rede Natura en Galiza non sirven para nada porque non se aplican. É verdade que, en Galicia non existe política de conservación, a Rede Natura galega é un auténtico desastre. Despois do anteriormente dito imos a casos concretos: a Repotenciación do parque eólico de Come, coa Rede Natura está presente. O desbrozo do territorio é descomunal, con mención especial a tres puntos: Pozo da Lagoa, petróglifos e mirador da Ghurita; o Tordeiro (cos primeiros fríos achégase dende as Illas Británicas, o Tordeiro, paxaro moi vinculado ao promontorio de Corme). Seguindo a mesma vergoña, imos ao monte Salgueiras, que vai soufrir a posible instalación dun parque eólico. Unha zona que llinda en Rede Natura co monte Branco, esteiro do Anllóns, praia de Balarés, Cantís do Canteiro e Brañas de Gondomil. As autoridades da Xunta e dos Concellos estan para cumplir as leis e non sumarse a este vergoñento estado da Rede Natura en Galiza. Mentres xa son máis de 80 as entidades que asinan o Manifesto Aldeas con Horizonte. Carlos Penedo Casmartiño, membro da plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras. Novas sobre os eólicos Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría. A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes. Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: "Róubannos a nosa Paisaxe". O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras. Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia. O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe. Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar. Abril 19: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes. Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o "megaparque" eólico de Bustelo, Campelo e Toural. Febreiro 18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte. |
NOS_5031 | No inicio das negociacións do ERE por parte de Alcoa aumentan as voces que piden a intervención da factoría de San Cibrao (Cervo) para salvar os postos de traballo. Os sindicatos critican á Xunta e piden responsabilidade ás Administracións galega e española para evitar a perda de postos de traballo. | Hoxe comezan as negociacións anunciadas de maneira unilateral por Alcoa para a aplicación dun expediente de regulación de emprego (ERE) na factoría que a multinacional ten en San Cibrao, Cervo. O desenvolvemento e o resultado da reunión multilateral mantida entre as administracións, empresa e sindicatos deixou en clara evidencia as intencións da empresa de continuar adiante co proceso e non atender ningunha das propostas presentadas polo Goberno español nin tampouco as peticións das organizacións sociais de ampliar no tempo as negociacións para salvar a factoría. Ecos dunha xuntanza telemática sen acordo "Alcoa considera que o marco apropiado para discutir o futuro da planta de aluminio de San Cibrao é a mesa de negociación cos representantes dos traballadores", aseguraba a multinacional nun comunicado ao remate da reunión e engadía que na mesa convocada polo Ministerio de Industria "non se expuxo proposta algunha que se sosteña con garantías e certeza" polo que "a empresa continúa centrada no proceso de consultas aberto cos representantes dos traballadores". Era, en poucas palabras, un feche a continuar negociando calquera alternativa en vindeiras xuntanzas. "Alcoa mantense enquistada, o seu presidente Álvaro Dorado aquí é un home de palla, estamos convencidos que non ten capacidade algunha de tomar decisións que veñen de Pittsburgh", explicaba a Nós Diario Víctor Ledo, secretario xeral de Industria de CCOO. "A proposta do Ministerio pode valer como punto de partida mais a intransixencia de Alcoa de non retirar o ERE fixo que nos chamáramos ao Goberno español a que axilizara todas as actuacións que anunciou para que sexan realidade e exixirlle tamén que aceptara todas as nosas achegas", relataba Paulo Carril, secretario xeral da CIG, a Nós Diario. Por parte da UXT, o responsábel da Federación de Industria, Construción e Agro (FICa UXT) califica a xuntanza de "decepcionante" e en relación á resposta da multinacional pensa que "se hai unha sobreprodución é normal nun estado de pandemia, todas as empresas están nesa situación e non toman a decisión de despedir". Críticas á Xunta "Foi lamentábel a posición da Xunta de facerlle o xogo á empresa", asegura Carril. Da mesma opinión é Victor Ledo que cualifica a actuación do conselleiro de Industria de "belixerante" durante toda a reunión. "Foi agresiva e con tintes electoralistas que sorprendeu ás partes por poñénrse de lado da empresa", explica o sindicalista. Sinala que el mesmo chegou a interrompilo para pedirlle que mudara esa postura, "a mesma que mantivo o día anterior nunha xuntanza co Ministerio pola Mesa das Pontes". Asegura que se lle pediu que "se tiña esa intervención mellor que abandonara a xuntanza pois semellaba que tiña a nota de prensa antes da reunión". A intervención como única saída ao feche da factoría "Entre as nosas achegas está a da intervención pública, que demostramos que era unha posibilidade legal", sinalaba Paulo Carril, "queremos un calendario concreto e disposición a que a intervención pública garanta que as cubas de electrólese non paren", engade. Desde CCOO comparten esta solución e apuntan que "a Xunta ten que presionar para que non se execute o ERE e o Goberno español debería desenrolar a súa proposta cos posíbeis inversores enerxéticos e industrias". Contando co prazo de negociación que se inicia hoxe cren que "se de aquí a un mes Alcoa non muda a súa posición habería que impedirlle fechar por vía administrativa e de maneira legal cunha intervención", unha posibilidade para a que teñen competencias ambas administracións. Inicio da negociación do ERE en Alcoa "Veremos a auténtica realidade de Alcoa que leva desde o primeiro día non querendo ter solucións senón executar un plan que ten deseñado que é o de fechar a factoría", afirma Carril. Para a central nacionalista "a problemática non se reduce a 564 despidos, tamén as auxiliares teñen que verse reflexadas en calquera proceso de discusión que haxa sobre o futuro do complexo industrial". Polo seu lado CCOO lembra que "o Ministerio non debe despedirse do conflito unha vez iniciado o período de consultas do ERE coa pataca quente para a Xunta que ten as competencias en Industria que é de Emprego, e terá que sustentar a autoridade laboral do expediente". |
NOS_27406 | O sindicato afirma que tratou con desprezo unha traballadora "á que provocou unha crise de ansiedade e baixa" | A sección sindical da CIG da CRTVG denuncia o trato de favor, "mesmo con posto e horarios á carta", que a compañía dispensa ao que hoxe ocupa o posto de editor de informativos de fin de semana da Radio Galega. "Un cargo de nova creación ao que este traballador pasou tras das denuncias dunha traballadora que, a raíz disto, se viu sometida a constantes desconsideración e faltas de respecto por parte deste cargo", afirman desde a central nacionalista. Un comportamento que a sección sindical da CIG denunciou por consideralo "puníbel" pero que foi negado pola CRTVG. Segundo explica a sección sindical, en setembro este cargo incorporouse, primeiro, como novo coordinador de informativos da fin de semana da Radio Galega e comunicou ao persoal que coordinaba que sairía habitualmente a primeira hora da tarde, porque, segundo xustificou, algunha sexta feira tería que facer entrevistas. Ese horario foi motivo de denuncia ante o Comité de Empresa da CRTVG en San Marcos por unha redactora, "unha vez que non se sabía quen ía asumir os posíbeis cambios na escaleta dos informativos do serán despois da saída do coordinador". A partir da denuncia, afirma este sindicato, o trato do coordinador cara a traballadora mudou, "pasando a mantela durante horas sen traballo e esperando ao remate da xornada para lle asignar varias noticias, ou repartindo o traballo de xeito que á traballadora lle coincidisen varios satélites ao mesmo tempo, ademais das malas contestacións e faltas de respeto recibidas a cotío". CIG afirma que o pasado 20 de outubro a redactora seleccionou dous cortes dunha declaración para que o coordenador escollese a que quería incluir no informativo, "sendo a resposta deste, despois de varios intentos e no último momento, "mete la que te salga de los huevos", a berros e pechándolle a porta do estudio nas narices. Como consecuencia, a traballadora sufriu unha crise de ansiedade, pola que tivo de ser atendida en urxencias, permanecendo a dia de hoxe de baixa por IT". Perante todo isto, critica a sección da CIG, a empresa se negou a recoñecer a existencia dese mal trato á traballadora e rexeitou abrir o procedimento reclamado polo CIG. |
PRAZA_6274 | O blog Diario de Palestina segue poñéndolles nomes e rostros á cifras de vítimas dos ataques do exército israelí en Gaza. Desta volta fala do cumpreanos de Linda, unha das fillas de Ahmad Yacoub, secretario da Asociación de Escritores Palestinos, que o conta a travésdun relato | O blog Diario de Palestina segue poñéndolles nomes e rostros á cifras de vítimas dos ataques do exército israelí en Gaza. Desta volta fala do cumpreanos de Linda, unha das fillas de Ahmad Yacoub, secretario da Asociación de Escritores Palestinos, que o conta a travésdun relato "Aniversario: unha candea e unha choiva de foguetes", ese é o título do seu relato; unha crónica sobre alguén que vive, que quere vivir e que ensina a vivir Ahmad Yacoub é o secretario da Asociación de Escritores Palestinos. É un poeta que sabe enxugar a dor de Palestina nos seus versos e disfrazala para as súas crianzas na vida real. Dende o undécimo piso de un edificio aínda non derrubado de Gaza, segue a vivir, aprendéndolle aos seus tres fillos a imaxinar un outro día, mentres soña esperto que iso quizais exista nalgún momento, e responde aos seus amigos, afastados, que están ben, que seguen vivos. E amais de ánimos, de poemas e de crónicas constantes sobre a situación en Gaza, Ahmad vive cos seus, e chora en silencio, para non contaxiar nin ira nin medo nin nostalxia nin mensaxes que soan a despedidas. O seu último escrito é un relato fantástico, mais non pola imaxinación das palabras que usa, senón polo imaxinativo que é para seguir vivindo e dando vida nunha Gaza que é só pesadelos. "Aniversario: unha candea e unha choiva de foguetes", ese é o título do seu relato; unha crónica sobre alguén que vive, que quere vivir e que ensina a vivir. ... Linda, a miña filla, levaba xa un mes pensando e imaxinando o seu aniversario. Todos os días me entregaba un plan que ao día seguinte eu modificaba. Linda quería facer unha festa grande. Quería invitar a toda a clase, os veciños e outros máis, que compartían con ela clases de música e ximnasia. Quería que eu comprase agasallos para cada un dos participantes na festa; como un bonito recoñecemento por participaren e polos regalos que ía recibir. Linda quería mercar 100 globos, que eu tería que inflar, de todas as cores e tamaños. Quería comprar un vestido novo de flamenco; quería ir á perruquería para que lle cortasen o pelo á francesa (garçon). E, por suposto, quería unha torta coa foto dela, enriba, feita con crema, e con sabor a caramelo. Quería varios tipos de zume. Quería música flamenca e de Shakira. Quería e quería e quería. De súpeto, estouparon os foguetes no ceo de Gaza e a terra moveuse coma nun terremoto e os cazas F16, xunto aos Dron, ían e viñan arroxando unha choiva de foguetes Eu, como son moi brando, díxenlle que si, que un día antes ía preparar a maioría das cousas que pedía. Mais, de súpeto, estouparon os foguetes no ceo de Gaza e a terra moveuse coma nun terremoto e os cazas F16, xunto aos Dron, ían e viñan arroxando unha choiva de foguetes. Os milicianos de Hamás lanzaron foguetes tamén e a situación acabou en catástrofe. Padecemos falta de electricidade dende hai anos, mais a falta de luz, xunto ao clima bélico, crea unha imaxe fantasmal na cidade. E se non hai electricidade iso significa que tampouco hai auga; significa que hai que subir as escaleiras até o undécimo piso, onde vivo coa miña familia, nun barrio costeiro ao norte da cidade de Gaza. Amais, a falta de lux é falta de vida e agora, cos bombardeos, estase a acabar coa vida de moitas persoas. Linda púxose moi triste e chorou ao perder a súa festa de aniversario e preguntoume: "¿que lle vou dicir ás miñas amigas e ós meus amigos?" Choraba tamén porque perdera os regalos. Mais eu prometinlle que, cando remate esta catástrofe bélica, farei o que ela quería. Con todo, nos meus adentros pensaba: "se sobrevivimos". Linda púxose moi triste e chorou ao perder a súa festa de aniversario e preguntoume: "¿que lle vou dicir ás miñas amigas e ós meus amigos?" Choraba tamén porque perdera os regalos Moitas veces láiome por terme casado e ter fillos; pregúntome: "¿que culpa teñen estas criaturas?" E volvo dicirme: "¿seica os pobos colonizados non han de ter fillos?" As verdadeiras vítimas son os nenos. ¿Canto medo pasan? ¿Cantos traumas sofren? ¿Cantas malas lembranzas almacenan nas súas memorias? ¿E no seu subconsciente? ¿Que tipo de personalidade van ter eses nenos, con toda esa violencia que están absorbendo? Os nenos do barrio, ¿non xogan a outras cousas que non sexa á guerra? Eu mesmo tiven unha infancia chea de sufrimento; resultado das varias guerras que vivín. Tiven que ler moito e en varios idiomas, tiven que viaxas a varios países e por varias culturas, tiven que discutir moitísimo, tiven que pasar por diferentes experiencias. Tiven que perder moitas cousas, e todo iso para chegar á tolerancia. Moitas veces non dou resposta ás preguntas dos meus fillos sobre as imaxes tráxicas que pasan pola tele. Dígolles que xa llo explicarei máis tarde, mais nunca o fago Moitas veces non dou resposta ás preguntas dos meus fillos sobre as imaxes tráxicas que pasan pola tele. Dígolles que xa llo explicarei máis tarde, mais nunca o fago. Pero os acontecementos sobre o terreo póñenme en apuros con eles no barrio ou na escola; e é que eles falan de todo e coñecen toda a tráxica historia. Adonís, o meu fillo maior, de 10 anos, dime: "¿por que teño que adaptarme á guerra? ¿por que non nacín noutro país sen guerra? ¿por que non podemos viaxar? ¿por que os israelís pechan as fronteiras? ¿e por que nos atacan e por que nós os atacamos, e por que, e por que, e por que? Nadim, o pequeno, ten 4 anos e entende o que di Adonís. Pon a man dereita preto da cabeza e comeza a cantar o himno nacional palestino. Faino con lingua de trapo e Linda insiste en celebrar o seu día. A cidade está pechada e as rúas baleiras. O panorama é triste e a cidade séntese humillada. A televisión pasa imaxes das vítimas dos bombardeos por todas partes na Faixa de Gaza. A gran maioría son nenos e nenas baixo ruínas, uns carbonizados e outros feitos anacos. Non quero que os meus fillos vexan iso. Cambio de canal, porque o peor drama chegou cando dixeron os nomes das vítimas e unha delas era amiga de Linda. O seu nome estaba na lista de invitados ao aniversario. Teño unha amiga xudía, unha señora de máis de 80 anos; unha supervivente do Holocausto. Naceu en Palestina e viviu entre Arxentina e Chile. É novelista en lingua castelá, pon no seu CV. Lugar de nacemento: Palestina. Actualmente vive en Xerusalén e coñecémonos hai anos pola rede e mantémonos en contacto de cando en vez. Ela lembra a data de nacemento de Linda e chama por teléfono para felicitala. Linda sabe dicir en castelán: —Hola, como está, señora? E sabe unhas cancións e comeza a cantar: "Bésame mucho". A señora fala dos foguetes que chegaron a Xerusalén, moi preto de onde vive, e interésase por saber se estamos todos ben e a salvo dos bombardeos israelís. E desexaba de todo corazón que todo remate e que cheguemos algún día a ter paz xusta e duradeira entre os dous pobos, e dous estados. O mesmo que eu desexo. Finalmente, a miña esposa puido preparar unha torta, grazas a que tiñamos algúns ingredientes na casa. Linda mudou a cara ao ver o pastel e comezou a sorrir. Nos nenos existe un milagre que se chama esquecemento. Ser feliz é o primeiro que buscan e a felicidade, aínda que sexa parcial e temporal, failles esquecer todo sufrimento. E por fin chegou a hora de celebrar a festa con 5 persoas, os que somos de familia. No momento de sacar as fotos estalou un foguete preto do edificio. E no canto de cantar "Happy Birthday to you", comezamos a cantar a canción de Timón e Pumba, coñecida por Stand by me. Linda cumpriu oito anos e neste período sufriu a Operación Chumbo Fundido e o drama de 2012, e todos os enfrontamentos dende 2006 até hoxe en día. Cantas veces máis vai vivilo se non se pon fin a este grave conflito que leva máis de sesenta anos? Hai xa anos e varias guerras, aprendín dende a primeira a facer o papel de pallaso ante os meus fillos. Cando hai unha explosión e se asustan, saltan nos seus asentos con caras pálidas, con ollos sen bágoas, coas bocas abertas sen berro, coas miradas cheas de angustia; mirando cara a min, e dinme: "papá, fai algo por nós". Eu mesmo non sei que facer, eu mesmo non son un heroe, e teño medo como calquera outro, e asústome. Pero ante a imaxe de pai fronte aos meus fillos, cambio traxedia por comedia e empezo a facer o pallaso, saíndome por primeira vez a canción de Stand by me, que comeza dicindo: "dom… dom… dom…", servindo así de psicoterapia para que os nenos saquen a rabia de dentro. E foi así que non houbo Happy Birthday nin flamenco nin Shakira, senón dom… dom… dom… Timón e Pumba. Linda insiste: cando remate todo o bombardeo, vai facer a festa como imaxinara. E eu digo para os meus adentros: "se sobrevivimos" Linda cumpriu oito anos e neste período sufriu a Operación Chumbo Fundido e o drama de 2012, e todos os enfrontamentos dende 2006 até hoxe en día. Cantas veces máis vai vivilo se non se pon fin a este grave conflito que leva máis de sesenta anos? Linda insiste: cando remate todo o bombardeo, vai facer a festa como imaxinara. E eu digo para os meus adentros: "se sobrevivimos". |
PRAZA_7737 | Os conservadores insisten en que as supostas prácticas irregulares se produciron cando Feijóo aínda non dirixía o partido; a oposición lembra que o presidente da Xunta foi alto cargo con Aznar e reclama a dimisión de Rajoy | Como na época na que arreciaba a sombra da sospeita polo caso Gürtel, aínda que coa substancial diferenza de que agora o PP tamén ten o poder no Goberno central. Os principais dirixentes do PP galego volvéronse esforzar este luns en separar a súa xestión das eventuais irregularidades contables ou cobramentos en negro que puidesen derivar dos coñecidos como "papeis de Bárcenas", isto é, a presunta contabilidade secreta que, segundo vén publicando El País, desenvolveu o ex tesoureiro da formación conservadora. Mentres en Madrid o voceiro do partido, Carlos Floriano, anunciaba "accións legais contra todos", medios de comunicación incluídos, e o propio Luis Bárcenas negaba a existencia da súa suposta libreta, en Galicia o voceiro parlamentario, Pedro Puy, e o propio Alberto Núñez Feijóo procuraban desentenderse do que poida acontecer no núcleo duro da formación. Antes de participar nun acto empresarial en Vigo o o presidente da Xunta amosaba o seu apoio á adopción "dalgunha medida ou acción xudicial" contra Bárcenas -non contra os medios- se ben admitía que el non o pediu abertamente ante os seus xefes de filas. Á marxe disto, considera que a comparecencia protagonizada por Mariano Rajoy o pasado sábado -sen preguntas e seguida pola prensa a través dunha pantalla- é un "exemplo de transparencia", polo contido e polo anuncio de publicar na web de La Moncloa a declaración da renda do xefe do Goberno central. El mesmo, asegura, valora facer algo semellante. Puy subliña que na época das supostas irregularidades Feijóo "nin sequera estaba en Galicia" As declaracións de Feijóo chegan nun contexto no que o cerne do argumentario do PPdeG segue a ser lembrar que as mencións a Galicia nas anotacións do ex tesoureiro están datadas nos últimos anos 90, isto é, cando quen estaba ao mando era Manuel Fraga. Nesta liña, o voceiro parlamentario dos populares asegura coincidir en que a cidadanía "merece todas as explicacións que se poidan dar", tamén en Galicia, se ben as "anotacións que non sabemos exactamente en que consisten" corresponden "a unha etapa temporal que está sub iudice" na que Feijóo "nin sequera estaba en Galicia" e na que "eu non tiña nada que ver coa estrutura orgánica do partido, nada máis que era un militante". "O presidente dixo que el se responsabilizaba do seu mandato, o que me parece lóxico", di o conservador. O PSdeG lembra a Feijóo como alto cargo de Aznar O feito de que Feijóo non presidise o PPdeG nos anos nos que, supostamente, se desenvolveu unha contabilidade 'b' non convencen nas filas da oposición galega. Para o socialista Abel Losada resulta "cando menos escandaloso" que o presidente se escude en que "non militaba no PP cando se produciron as presuntas irregularidades" xa que "o actual presidente da Xunta era alto cargo do Goberno de Aznar en 1999" -dirixiu o Insalud e Correos-. Feijóo, di Losada, debe "dar a cara" porque "o seu partido aparece vinculado á trama Gürtel a través de Pablo Crespo", ex secretario de organización dos populares galegos. AGE reclama que Rajoy dimita e convoque eleccións: "non imos aturar que se nos coloque un tecnócrata" Mentres os socialistas galegos anuncian que tentarán poñer en marcha unha comisión de estudo no Parlamento para adoptar medidas contra a corrupción, dende AGE o seu deputado Juan Fajardo, considera que Feijóo, "como presidente dos galegos, terá que dicirlle algo a Rajoy" para que este asuma responsabilidades. "Senón, estará asumindo" que os supostos pagamentos ilegais son certos, di. Do mesmo xeito, o parlamentario de Alternativa desbota que a publicación da declaración de impostos de Rajoy nunha web oficial "vaia solucionar" o problema. "O carto en 'b' non aparece na declaración", evidencia. Neste sentido, Fajardo subliña que o clima de "corrupción" esixe "a dimisión de Rajoy e convocatoria de eleccións", xa que "non imos aturar" que o relevo na xefatura do Goberno central se produza para "que se nos coloque un tecnócrata". Coa petición de responsabilidades e cesamentos coincide tamén o BNG, que a través da súa deputada Montse Prado considera que é "obriga" de Feijóo informar "da posíbel conexión con Galiza" neste "escándalo". "No BNG estaremos expectantes e demandaremos que se aclare calquera ramificación en Galiza", di. |
NOS_44462 | O director do Debate de Irmandade TV, Aurélio Lopes, entrevistou o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, co gallo do número 100 do semanario. VÍDEO NO INTERIOR. | "Sermos é produto dun impulso social" e "dunha constatación" que é a de Galiza ter unha lingua de seu, "aínda hoxe maioritaria", mais "minoritaria na oferta informativa". Así se expresaba Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza, na entrevista que Irmandade TV lle fixo con motivo do número 100 desta publicación. O director do único semanario en papel integramente en galego conversou con Aurélio Lopes arredor das motivacións que fixeron xermolar este proxecto xornalístico que cumpre xa dous anos de andaina nos quiosques do país. Mais tamén, arredor dos retos que ten por diante o xornalismo feito en Galiza perante a crise económica que atinxe o país e o propio sector da información. "Comunidade Sermos constitúe a base na que cimentar este proxecto" Para Xosé Mexuto, o desenvolvimento de Sermos Galiza nestes dous anos viuse moi condicionado por ter aparecido "no medio da crise máis profunda do capitalismo occidental". Porén, para o director de Sermos Galiza o futuro do propio proxecto pasa por ser quen de abrir máis o "leque" e sumar máis xente ao que desde o xornal denominan 'Comunidade Sermos', "un mundo social" que constitúe", sinalou, "a base" na que "cimentar" e alicerzar un medio de comunicación "autocentrado" que procura facer, explicou, "un xornalismo obxectivo, mais non neutral". "Ou somos medios sociais ou non seremos", salientou Xosé Mexuto. Eis o "ingrediente" co que entende poderá viabilizarse un proxecto en termos empresariais e convertelo nun medio de referencia para o país que reflicta "unha forma propia de interpretar a realidade e contar historias". |
NOS_43302 | O líder de Anova dixo esta terza feira que a ex secretaria xeral do SLG estaría disponíbel para ser candidata nas europeas. Anova, en troca, afirma nun comunicado que non é o momento de especular con candidat@s porque a Coordenadora Nacional aínda non puxo en marcha o proceso | Esta terza feira foi posíbel distinguir dous discursos distintos en Anova a respeito da persoa que, en representación desta formación política, asumirá a quinta praza na candidatura de Izquierda Unida (da "esquerda federal" na nomenclatura que utiliza a organización) ao Parlamento europeu. Así, e nun encontro coa imprensa após a xunta de portavoces do Parlamento, Beiras avanzou que Lidia Senra aceita a oferta para se candidatar a Bruxelas. "O único que fixo Beiras foi promover que se falase con Lidia Senra", di o líder de Anova Beiras ironizou a respeito dos rumores que circularon nas últimas datas en relación a quen asumiría finalmente a representación de Anova na candidatura. Veu dicer que a opción de Lidia Senra pon no seu sitio "todas aquelas hipóteses de mandar a Beiras a Bruxelas ou de que Beiras quería mandar a Martiño [a Bruxelas]", en referencia ao alcalde de Teo. "O único que fixo Beiras", dixo o líder de Anova falando de si proprio en terceira persoa, "foi promover que se falase con Lidia Senra". Ratificación pola militancia Explicou que, en calquera caso, a escolla de Lidia Senra ha de ser aínda ratificada pola militancia de Anova, o cal vaise facer, segundo dixo, "coa máxima celeridade posíbel". En realidade, a candidatura de Lidia Senra podería confrontarse coa postulación doutras persoas, e así o asinala a propia Anova nun comunicado pendurado na súa web. Especulacións sen fundamento Nese comunicado, Anova-Irmandade Nacionalista reférese aos rumores sobre hipotéticas candidaturas e cualifícaos de especulacións sen fundamento. Literalmente, Anova di o seguinte: "Finalmente e a respecto de especulacións sobre posíbeis candidatos/as por ANOVA para ir na lista que están aparecendo nos medios, nin que dicir ten que son iso, especulacións, dificilmente pode falarse con fundamento dese tema cando a Coordinadora Nacional aínda non botou a andar o método para escolla das persoas e que en principio será aberto a toda a militancia e por escolla directa entre todas as persoas que se presenten". O comunicado deixa todas as opcións sobre a mesa, mesmo a de se será ou non "aberto" o proceso a toda a militancia (aínda que subliña que "en principio" si o será). A resolver este asunto, entre outras tarefas, dedicarase a Coordenadora Nacional Extraordinaria de Anova que se irá reunir o vindeiro sábado e que, aliás, debruzarase sobre a situación criada na Permanente após a demisión do núcleo de dirección que non era partidario da integración de Anova na candidatura da "esquerda federal". |
NOS_35515 | Máis de 2.000 núcleos deshabitados na Galiza. | Galiza conta con máis de 2.000 aldeas abandonadas e 1.000 a piques de estalo, pois teñen 1 habitantes, pobadores, ademais, dunha avanzada idade. En só un ano, entre 2017 e 2018, ficaron sen persoas 79 núcleos. Emigración (máis de 483.000 galegos e galegas tiveron que marchar do país nestes 25 anos) e baixa natalidade (8 nacementos por cada 1.000 habitantes, a segunda taxa máis baixa de todo o Estado español) son dous factores a ter en conta para explicar isto, mais non os únicos. Cuestións económicas, sociais, mesmo culturais teñen que ser tidas en conta para avaliar o que é un dos grandes retos que ten o país: a desertización que chega a grandes áreas do rural. Na última década foron máis de 500 as aldeas que ficaron deshabitadas. En 2008 eran 1.471 os núcleos na Galiza que quedaron sen ninguna veciña. No último ano contabilizado polo Nomenclator do Instituto Nacional de Estatística, 2018, esa cifra superaba xa as 2.000: en concreto, 2.028. Así pois, 557 aldeas deshabitadas en apenas dez anos, a una media de una cada seis días. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_4872 | AGE e BNG, ao igual que grupos ecoloxistas denuncian un proxecto que prevé gastar 1,5 millóns de euros para levar auga dende a antiga balsa mineira de Meirama até o encoro de Cecebre, e que consideran "innecesario". Tamén se critica a construción dunha minicentral. | As persistentes chuvias dos últimos dous meses fixeron que o lago artificial que se está a crear nunha das antigas balsas mineiras de Meirama (Cerceda) estea xa preto de acadar o nivel a partir do cal o lago comezará a desviar a súa auga en dirección ao encoro de Cecebre, a través do río Barcés. A Xunta gastou 1.5 millóns de euros neste proxecto, que busca subministrar auga potable á comarca coruñesa, pero que forzas políticas como AGE e BNG, así como organizacións ecoloxistas, consideran innecesario. Ademais, estes grupos acusan a Xunta de beneficiar intereses privados con esta actuación e co malgasto de cartos públicos, en concreto a Gas Natural Fenosa e a Minicentrales Eléctricas de Galicia, S.L. Está previsto que as obras estean rematadas en decembro do ano que vén. O lago ten unha capacidade de 150 hectómetros cúbicos, sete veces máis que o embalse de Cecebre, e varios grupos, como ADEGA, xa puxeron en dúbida a calidade das súas augas, que se destinarán ao consumo humano: "a calidade das augas dunha balsa mineira, que moi probabelmente teñan unha alta acidez e unha importante cantidade de metais pesados (particularmente arsénico) debido á natureza das rochas encaixantes (xistos cun alto contido en sulfuros metálicos) ademais dunha baixa concentración de osíxeno". Pola contra, a Xunta defende a calidade destas augas e afirma que mesmo é superior á do río Barcés, que nutre Cecebre. En calquera caso, tanto as agrupacións locais de BNG e Esquerda Unida na Coruña, como Bloque e AGE no Parlamento galego teñen denunciado o gasto de cartos públicos nunha obra "faraónica e innecesaria" e que "non responde ás necesidades da cidadanía", como sinalou o grupo municipal de Esquerda Unida-Os Verdes na cidade herculina. A Xunta a obra baseándose na necesidade de garantir o subministro de auga nun prazo de vinte anos no marco dun suposto incremento poboacional e de consumo derivado dun suposto incremento lineal da poboación e do gasto da auga. Este incremento é posto en dúbida polo BNG, que ademais lle lembra ao Goberno galego que as políticas públicas deberían ir encamiñadas á redución do consumo de auga. Unha nova minicentral Minicentrales Eléctricas de Galicia, S.L. retomou o proxecto no momento en que o novo transvasamento de auga fixo rendible a minicentral, activando de novo a licenza o 22 de outubro de 2012 Para ADEGA, é a construción da devandita minicentral hidroeléctrica a verdadeira razón de ser do proxecto: "producir quilovatios camuflando o proxecto como unha infraestrutura de subministro". O Plano Hidrolóxico non permite novos aproveitamentos hidroeléctricos nas bacías de Galicia-Costa, agás repotenciacións e "modernizacións" e en calquera caso non se pode proxectar unha obra sen que haxa unha concesión administrativa previa para a explotación dos quilovatios. ADEGA pregúntase o motivo de non conectar directamente a balsa mineira co río, situado a poucos metros, pois a opción de construír un túnel de 1,4 quilómetros e 3,5 metros de diámetro resulta tecnicamente máis complicada e moito máis cara que facer un desaugue directo. E cren ver na construción da minicentral a explicación: "precísase unha significativa diferenza de cotas entre a captación (balsa) e o punto de entrega (central hidroeléctrica). Eis a razón do túnel, que actúa como tubería de presión para a minicentral". A Xunta nunca declarou a caducidade do aproveitamento hidroeléctrico ao pé do encoro de Cecebre, que fora concedido en 1998. Minicentrales Eléctricas de Galicia, S.L. retomou o proxecto no momento en que o novo transvasamento de auga fixo rendible a minicentral, activando de novo a licenza o 22 de outubro de 2012 e solicitando instalar as liñas de media tensión que conectarían a minicentral co tendido eléctrico de Fenosa. A Xunta gastou 1.5 millóns de euros neste proxecto, que busca subministrar auga potable á comarca coruñesa, pero que forzas políticas como AGE e BNG, así como organizacións ecoloxistas, consideran innecesario A este respecto, o BNG considera que os beneficiados do transvasamento entre Meirama e Cecebre "son Gas Natural Fenosa e esta minicentral e non a cidadanía, que pagará as obras e consumirá unha auga de peor calidade e máis cara". O Bloque sinala que o desaugamento do lago artificial ao río Barcés que tiña que facer a empresa Gas Natural Fenosa, segundo a resolución da declaración de impacto ambiental sobre a enchedura con auga do oco da mina de Meirama, agora vaina facer a Xunta, a través de Augas de Galicia. O BNG subliña que "a Xunta disfraza estas obras cunha suposta necesidade de abastecemento da Coruña e a súa área". De igual xeito, o deputado de AGE Antón Sánchez pídelle á Xunta que explique "que interese público ten unha obra que foi expresamente rexeitada" nos informes elaborados por Augas de Galicia. |
NOS_28171 | A señora Dalloway é unha peza fundamental do modernismo literario. Publicada por vez primeira en 1925, prodixio técnico da narrativa, esta historia dun día en que Virginia Woolf cruza os destinos de Clarissa Dalloway e Septimus Warren Smith non existía en galego. A editorial Irmás Cartoné acaba de corrixir a eiva da man de Celia Recarey Rendo. | Obra de azares e simultaneidades, nela emerxen as preocupacións de Woolf (Londres, 1882 – Sussex, 1941) pola emancipación feminina. A influencia cinematográfica, como practicamente en calquera libro de literatura avanzada da época, marca os seus procedementos estilísticos. "Polo ambicioso xeito de narrar da súa autora, as súas innovacións técnicas e a elección dunha protagonista", indica a editorial, "A señora Dalloway cambiou a novelística mundial desde a súa aparición". A trama transcorre en Londres nun día de xuño, igual que o Ulises sucede outro día do mesmo mes -o 16- pero en Dublín. Non por acaso houbo certa crítica que considerou A señora Dalloway a resposta de Virginia Woolf ao desafío literario formulado por James Joyce. O rastro da Grande Guerra, a paisaxe londinense nos anos vinte e unha perspectiva psicolóxica dos personaxes son outros dos elementos que respiran nun libro decisivo, revolucionario. A sorte de Woolf en galego Celia Recarey Rendo encargouse da versión galega. Catro anos antes fixera o propio para a mesma Irmás Cartoné con outro título capital de Virginia Woolf, Orlando, orixinal de 1928. A sorte da autora inglesa en galego é abondosa. En 1993, Manuela Palacios e Xavier Castro publicaron na desaparecida Sotelo Blanco a súa tradución de Cara ó faro (1927). A mesma editora sacou, en 2005,un dos ensaios máis emblemáticos de Woolf e, por extensión, do feminismo do século XX: Un Cuarto de seu. Traduciuno Iria Sobrino. As ondas (1931) apareceu en galego en 2004, na editorial Galaxia e con tradución de María Cuquejo. En en 2006, Ir Irindo xuntou cinco relatos -Retrato dunha londinense, A marca na parede, Kew Gardens, Unha novela non escrita e A muller no espello: un reflexo- no volume colectivo De espellos, trens e outros velenos, que incluía tamén traballos de D. H. Lawrence e Katherine Mansfield. Da versión galega ocupouse Begoña R. Outeiro. Arredor de Virginia Woolf compilou Belén Fortes doce ensaios obra de Camiño Noia, Helena González, Luísa Villalta, Inma López Silva, Manuela Palacios, Celia Armas, María Xosé Porteiro, Pilar García Negro, Margarita Ledo, Marilar Aleixandre, Ana Romaní e María do Cebreiro. Denominouse Escrita e mulleres e colocouno nas librarías Sotelo Banco en 2003. Nota: cuberta da edición galega da Señora Dalloway. |
NOS_21760 | O disco orbita arredor do que en tempos se chamou "rock progresivo", aínda que o regusto camp se substitúe aquí por unha busca que se achega a certas variantes do jazz contemporáneo. | "Alborada é unha homenaxe ao imaxinario da miña infancia, á Galiza rural e mariñeira, a dos meus avós, é a historia dun neno dunha vila calquera que, cun tambor no medio dunha alborada, quere voar ata as estrelas". Así define Adrián Charlín este disco que, ao tempo, é a presentación de Garza, un proxecto de electrónica ambiental que bascula cara ao ambiente, malia que a electrónica teña moito que ver no resultado. Malia a declaración de intencións, non se trata de música tradicional levada ao campo dos sintetizadores: en realidade, a evocación pode levar as persoas oíntes cara ás paisaxes que mellor se adapten á súa particular educación sentimental: como é ben sabido nestes tempos, non hai fronteiras. Alborada / Garza / Ferror Records / 2021 / Seis pezas / 10 euros Charlín exerce de batería en varias bandas, e iso nótase no tratamento que lle dá ao ritmo e as percusións, que semellan ter un papel director nun horizonte de teclados e sintetizadores que logran soar compactos, orgánicos, na construción de sensacións intelixentemente suxeridas a través de texturas atractivas. O disco orbita arredor do que en tempos se chamou "rock progresivo", aínda que o regusto camp se substitúe aquí por unha busca que se achega a certas variantes do jazz contemporáneo. Todo adubado con sopros de noise e de ambient, e unha notábel débeda co trip-hop, que perseguen unha contemporaneidade que non renuncia a mostrar unha personalidade propia. A creación de atmosferas vén das sonoridades electrónicas e, sobre todo, dun xogo coas intensidades que impón ritmos e sensacións e que constrúe a temperatura emocional de cada tema. Non deixa de ser curiosa esa simbiose que se adoita dar entre a música de club e a herdanza do rock industrial, que permite que ritmos accesíbeis sirvan de vehículo a pescudas sonoras máis complexas. En Alborada ese xogo esténdese e crea un imaxinario que igual vale para a relaxación que para un directo máis bailábel. Mención á parte merece a reaparición de Manuel Seixas (de Korosi Dansas) cantando unha peza case rosaliana, "Cravos". Xunto coa colaboración de Xackal na magnética "Galician Frecuencies", proporcionan a dose xusta de realidade que exerce de contrapunto á ensoñación. Un debut no que a música se transforma no conduto a través do cal se expresan as forzas naturais, no que a paisaxe fala por si soa con sonoridade nostálxica e inmersiva. Un disco que actúa de guía por horizontes interiores e que non debería pasar inadvertido. |
NOS_7447 | Un percorrido de 8k por Pedras Miúdas e monte Mesón, concello de Catoira. | Os muíños de vento de Catoira son únicos na Península Ibérica. Son construcións sinxelas de planta circular, con cuberta fixa e un dobre xogo de abanos unidos a un eixo que atravesa a construción. A cuberta fixa e o dobre xogo de abanos son as características que os fan únicos. Os muíños de vento son orientábeis, teñen que poder enfrontar as pas ao vento para aproveitar con máis eficacia a súa forza, para iso teñen que poder ser desprazadas, e conséguese movendo a estrutura e o tellado que a cubre ou todo o conxunto do muíño. Os de Catoira co seu dobre xogo de pas orientadas aos ventos dominantes na contorna non precisan ser orientados.Achegarse a eles é doado, pode ser un pequeno paseo costa arriba para ir aos de Pedras Miúdas ou unha camiñada para velos todos: os das Pedras Miúdas e os do monte Mesón, de Abalo. Os muíños de vento son orientábeis, teñen que poder enfrontar as pas ao vento para aproveitar con máis eficacia a súa forz Saíndo de Catoira en dirección a Vilagarcía xusto antes de pasar debaixo do viaduto do tren, temos un desvío á esquerda e nel, uns 300 m adiante, outro desvío á esquerda, de terra e costa arriba, que nos leva ao pé da lagoa de Pedras Miúdas, Espazo Natural de Interese Local, un fermoso lugar acondicionado para o paseo e o lecer. Deixando a lagoa á dereita hai un camiño que sobe os 60 m de desnivel que nos separan do alto no que se atopa o primeiro grupo de muíños -un camiño que cada paso cara arriba nos ofrece unha mellor panorámica da ría de Arousa, da contorna de Catoira e do tramo final do esteiro do Ulla-, os muíños de Tras da Veiga ou de Pedras Miúdas, os máis coñecidos e visitados, aínda que precisan dun repaso para recuperar o seu mellor aspecto e un pouco máis de respecto dos que pasamos por alí para que o conserven máis tempo. Ao chegar ao asfalto, baixa, á dereita, unha pista de terra pola que temos que camiñar para irmos aos de Abalo. Despois de andarmos un bo tramo pasamos por debaixo das vías do tren e seguimos á esquerda, ata chegar á entrada do lugar de Cores, aquí podemos decidir se seguir de fronte pola estrada ata a igrexa de Abalo ou ir á esquerda, en subida, ata pasar ao pé dunhas sobreiras onde collemos un desvío á dereita, unha pista de terra ampla pola que tamén imos dar á igrexa, por fóra da zona de casas e camiñando uns 300 m máis que pola estrada. Pasada a igrexa, ao pé das casas, atopamos o primeiro indicador dos que nos van levar sen perda aos muíños do monte Mesón, outros tres, dos que o da dereita e o único que conserva a vella estrutura, todos os demais son reconstruídos. A volta faise polo camiño da ida ata chegar ao pé do paso por debaixo das vías, que non faremos, se non que seguimos a pista que nos leva de volta á lagoa, onde rematamos. |
NOS_11302 | As medidas que está a adoptar o goberno español non dan resultados. As propias empresas de traballo temporal aseguran que vai ir a peor nos vindeiros meses. | Segundo un estudo realizado pola Asociación de Grandes Empresas de Traballo Temporal (Agett), o desemprego medrará nos vindeiros meses no Estado español. A previsión é que a ocupación baixe un cinco por cento chegando aos 17,4 millóns de empregad@s. O informe realizouno en colaboración con Analistas Financeiros Internacionais. Esta institución adiantou que no terceiro trimestre asistiremos á maior caída anual de emprego desde que comezou a crise. No terceiro trimestre producirase a maior caída anual de emprego desde que comezou a crise Unha das razóns deste mal dato é que a perda de postos de traballo no sector público chegará ao seis por cento, semellante á d@s empregad@s no sector privado.A investigación sinala que nos últimos tres trimestres, o número de asalariad@s no sector público baixara nuns 180 mil efectivos, cifra que aumentará a partir de setembro, cando se fagan evidentes as medidas adoptadas para cumprir co déficit fiscal.Seis millóns de desempregad@sAgett afirma no seu informe que as perspectivas do mercado laboral son negativas, pois no que resta de ano a desocupación podería chegar aos seis millóns de persoas. En xullo o paro rexistrado baixou en 27. 814 empregad@s, sobre o que Agett apuntou que de non ser pola redución de parados entre o colectivo sen emprego anterior, na súa maioría mocidade menor de 25 anos, o balance aínda sería peor. |
NOS_37104 | 'Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías' é o título do encontro, que decorre en Bruxelas. | A directora de Abertos ao galego, Celia Armas, participa en representación da Mesa pola Normalización Lingüística no Foro Rexional Europeo para as Minorías organizado pola ONU e que decorre en Bruxelas baixo o título Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías. Previamente á presenza neste encontro, Armas tomou parte na reunión do comité da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN). A ONU lembra na convocatorio deste Foro que "a educación é probabelmente o dereito lingüístico central das minorías e é tamén fundamental para o mantemento da diversidade lingüística. Unha lingua que non é aprendida, acabará esvaecendo". Fernand Vde Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos recolleu o pasado mes de xaneiro no seu informe preliminar algunha das vulneracións de dereitos lingüísticos que lle presentara A Mesa, salientando que "as minorías lingüísticas teñen dereito a usar o seu idioma nas súas interaccións coas autoridades e institucións estatais" e incidindo en que "isto segue sen cumprirse nalgunhas rexións". |
NOS_25965 | Ao longo desta semana a Adif recuperará o servizo de venda presencial que eliminou o 1 de xaneiro en cinco das oito estacións da Galiza. Mentres nas de Ortigueira, Burela, Viveiro, Redondela ou Guillarei se restabelecerá esta modalidade de venda, as de Ribadavia, O Carballiño ou Sarria deberán agardar a sinatura de contratos para que persoal externo, que despois será subrogado por Renfe, atenda nas ventás de servizo. | O 1 de xaneiro oito estacións de tren galegas deixaron de ofrecer o servizo de venda presencial de billetes. Dúas semanas despois, após un compromiso entre Teruel Existe e o PSOE a Adif anunciou que retomaría de forma temporal o servizo, mais onte confirmou a Nós Diario que non o ofrecerá en todas as estacións galegas que pecharon. Segundo fontes da Adif, as estacións do Carballiño, Ribadavia e Sarria están pendentes dun contrato, ao que se subrogaría despois Renfe, para a venda de billetes con persoal externo. "O persoal da Adif non pode realizar esta tarefa ao ser incompatíbel coas de xestión da circulación", afirman. Ao tempo, as mesmas fontes aseguran que as estacións de Viveiro, Ortigueira, Burela, Redondela e Guillarei retomaráse o servizo "ao longo desta semana". O organismo estatal lembra que ofrecerá a venda presencial temporalmente, mentres Renfe, a quen corresponde na actualidade, estuda como asumir esta xestión. Ramiro Bello, veciño do Carballiño, confirma que tanto a estación de tren desta vila como a de Ribadavia permanecen pechadas. "Na do Carballiño, un cartel pendurado na porta avisa de que non hai venda presencial", conta a Nós Diario. Incidencias no transporte Na cuarta feira, a Xunta anunciou a futura reunión entre o seu director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, co responsábel de Renfe na Galiza, Javier Pérez, para abordar os "incidentes rexistrados" no servizo ferroviario. Os problemas aos que fai referencia a Administración galega inclúen tanto ás infraestruturas como o material rodante. Nese encontro Maestro tamén demandará coñecer os plans da operadora sobre a venda de billetes nas estacións de menor amaño, abertas provisionalmente. O Carballiño reclama máis medios Ramiro Bello, natural do Carballiño, explica que hai uns meses a asociación xuvenil da que forma parte, Xuca, artellou unha serie de reunións e unha manifestación para denunciar a precariedade dos sistemas de transporte público. Así naceu a Plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño. "Antes do Nadal recollemos propostas de mellora entre as veciñas, temos que darlles forma e a semana que vén convocaremos de novo a plataforma para presentar o resumo e elaborar o documento definitivo", resume Bello. A intención das súas integrantes é presentar o documento definitivo nun pleno municipal, no que solicitarán o apoio de todas as forzas políticas para empregalo como unha base para "recuperar servizos". Este estudante denuncia que tanto as conexións ferroviarias como as de autobús que parten e chegan á vila son deficientes; tamén sinala a inacción das institucións políticas. "Danse todos os pasos para a desaparición do rural, está claro que non interesamos a ninguén", denuncia Bello. |
NOS_20755 | A Coruña acolle desde este sábado o XXIV Congreso Estatal de Astronomía, principal punto de encontro entre profesionais, asociacións e afeccionados ás ciencias do espazo. Unha oportunidade para coñecer e coñecerse, mais tamén para compartir e ampliar datos que poden ser a cerna de futuros descubrimentos. | É a cita máis importante da astronomía afeccionada. Durante catro días vai xuntar na Coruña arredor de 200 persoas: científicas, investigadoras e amadoras dos astros, convocadas pola Asociación Astronómica Ío, para falar de observación, reivindicar a divulgación ou teimar na protección do ceo nocturno. 'Igualdade, equidade, diversidade e inclusión' é o lema deste XXIV Congreso Estatal de Astronomía (CEA), que centra a atención na desigualdade de xénero na ciencia e na accesibilidade. "Pensamos que unha ciencia que inclúe a todas é unha ciencia mellor", reivindican desde o colectivo Ío, un propósito que explica e reforza a presenza do investigador do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía, Enrique Pérez Montero, na conferencia inaugural. Os sons do Universo Ademais de investigador é cego, destaca en conversa con Nós Diario. Tras afiliarse á ONCE hai 10 anos comezou a facer divulgación da astronomía para persoas invidentes sen descoidar o seu labor como investigador no ámbito das galaxias e da formación estelar. "Para iso, tes que empregar outros recursos á marxe da vista. Comezamos a traballar con maquetas, materiais táctiles e descricións .completas e coa sonificación", un recurso que sobrepasa o interese das persoas cegas e que busca aproveitar o son como elemento para a divulgación. Grupos de investigación liderados por científicos con discapacidade son máis produtivos e eficientes A astronomía vai moito máis aló das imaxes que o ollo humano pode captar a través dun telescopio. "Esas vistas poden dotarse de sons e mellorar a comprensión da mensaxe. O uso da voz, da música, a conversión de datos en audio adáptanse a calquera necesidade de comunicación", asegura Pérez Montero. Non só se trata de ver, hai outras experiencias sensoriais que explican a astronomía. A divulgación científica ocupa boa parte da súa axenda. Con todo, 90% do tempo é investigador. "As novas tecnoloxías permitíronme seguir traballando. Cun ordenador que che fala ou transmite a sons os datos pódese facer investigación a todos os niveis". E destaca unha publicación de Science desta mesma semana que apunta a maior produtividade de equipos liderados por científicos con discapacidade "son máis produtivos que outros menos diversos". Investigadoras noveis Como científica e muller, a astrofísica de Boiro Isabel Rebollido asegura que estamos nun momento chave "para cambiar a ciencia a mellor". Un esforzo que esixe inclusión e diversidade para facer a ciencia accesíbel ás mulleres, ás persoas con discapacidade e a todos os colectivos raciais ou discriminados. "Aínda hai moitos prexuízos que superar", afirma desde Baltimore (Maryland, EUA) onde traballa vinculada ao equipo científico do telescopio espacial James Webb. A presenza de Jocelyn Bell -o 21 de outubro na Coruña- é unha gran noticia, pola súas achegas científicas e o seu compromiso coa igualdade Non pisará a Coruña mais será parte da mesa de investigadoras noveis cunha intervención sobre a complexidade dos sistemas planetarios. "Adoitamos pensar nunha estrela cunha morea de planetas ao redor. Pero hai máis: cometas, asteroides, po, lúas, planetas ananos. E non somos conscientes da relevancia deses obxectos menos masivos na súa evolución". O que máis atrae a atención da xente é a posibilidade de encontrar vida, por iso Marte suscita tanta fascinación O lanzamento do James Webb, previsto pola NASA para finais de ano, ten moito que ver con este tema que centrou a súa tese doutoral. O telescopio explorará un sistema planetario "cunha arquitectura moi particular" na contorna da estrela Beta Pictoris. "A oportunidade que dá un telescopio tan grande nunha franxa de lonxitudes de onda que non se poden observar desde a Terra é incríbel. E é moi emocionante poder participar do proxecto no momento en que comezo a voar soa". Exploración espacial Alejandro Cardesín leva máis de 15 anos vinculado ao centro de astronomía da Axencia Espacial Europea en Madrid. O seu campo de traballo son as misións de exploración do sistema solar, nomeadamente as "misións marcianas". "A idea é coñecer o máis que poidamos como funcionan os planetas veciños. Marte é un dos máis atractivos. Está perto e é o máis apropiado para a busca de vida, de aí que aglutine 11 misións en marcha. Venus era un dos esquecidos. Conta só cunha misión xaponesa pero vén de gañar unha europea e dúas da NASA que achegarán coñecemento". En 15 anos, desde que se comezou a planificar Gaia, sabemos máis da Vía Láctea que nos 150 anos anteriores Cardesín acompañará Pedro Duque, Michael Küppers e Eva Villaver nunha mesa redonda sobre exploración espacial, antesala doutras propostas arredor da astronomía nun espazo que presume de unir profesionais e afeccionados. "Este exército de afeccionados que observan o ceo a diario é o que está máis perto da xente. Facilitan a divulgación e son unha fonte inmensa de datos". Gaia, unha gran misión para o século XXI Gaia é unha misión da Axencia Espacial Europea que busca "medir, catalogar e caracterizar con moita precisión a Vía Láctea", resume a astrofísica da UVigo Ana Ulla, membro do grupo galego para Gaia a canda Minia Manteiga e Ruth Carballo, presentes tamén no CEA, e enxeñeiros informáticos. Desde hai cinco anos participan na análise "dunha cantidade inxente de información" sobre as propiedades físicas, de posición, distancia e movemento das estrelas. "Os resultados son espectaculares" e darán lugar a un catálogo final "moi refinado e accesíbel, con millóns de datos que poderán seguir explotando xeracións de investigadoras". |
NOS_12611 | O waterpolo non é dos deportes máis populares na Galiza, feito que inflúe na cantidade de nomes importantes que destacan no panorama estatal e mesmo internacional. O máis recente é o do pontevedrés Álex Andión (2003), que tras brillar na súa cidade natal fixo as maletas para seguir medrando no potente Club Natació Sabadell. | A súa carreira no waterpolo comezou sendo vostede aínda pequeno, pero xa cunha certa idade, 12. Antes xogaba a fútbol, como se produce ese salto na adolescencia entre unhas disciplinas que, a ollos dun profano, só teñen en común as porterías e a utilización dunha pelota? Pois comecei no waterpolo por consello dun curmán meu, meténdome e interesándome desde entón pouco a pouco pero cada vez máis no deporte. No primeiro partido, cando vin o ambiente que había, os familiares nas bancadas, a xente... era moi distinto ao do fútbol. Alí notaba que cada xogador se cría unha estrela, mentres que no equipo no que comecei, o Club Waterpolo Pontevedra, todos eramos como unha familia, acolléronme moi ben e rematei por engancharme, así que o fútbol quedou abandonado a metade de tempada (ri). Aprendeu o deporte no Club Waterpolo Pontevedra, até que en 2019 fai as maletas e marcha para Cataluña. Que destacaría desa primixenia etapa formativa? Sobre todo o traballo na base, con Quique, que nos inculcaba moito a técnica e como había que defender. Logo, con esa base que adquires chegabas a cadete con Javi para traballar o físico, o que te axudaba a competir e ter un nivel maior que o doutros equipos de Galiza. Fala dunha diferencia de nivel de Pontevedra con outras zonas do país, pero logo cando marchou tamén puido ver a importante distancia que hai entre o waterpolo galego e o catalán. Tan grande é esa barreira? Si, hai unha gran diferenza, moi importante, sobre todo no tema de instalacións, que é un plus a ter en conta. Aquí, por exemplo, no Club Natació Sabadell, teñen unha piscina só para os que facemos waterpolo. Hai catro carrís para que as categorías poidan nadar e poñer porterías, mentres que na Galiza adoitan ter problemas coas piscinas, pois por exemplo agora Pontemuíños está fechada e os rapaces teñen que ir á Escola Naval. Alá o ximnasia ten un espazo reducido, mentres que aquí en Cataluña temos grandes instalacións e acceso a ximnasios e piscinas enormes. Todo iso representa un plus que contribúe a elevar o nivel, algo que logo tamén se evidencia na competición. Na Galiza hai catro equipos e dispútanse dez partidos en todo o ano, mentres que aquí podes chegar a xogar o triple ou dobre de partidos, ademais do Campionato de Cataluña ou o de España, entre outras competicións. Sempre é complicado saír da casa, e máis coa súa xuventude, pero semella evidente que se non tomara esa decisión non progresaría como o está facendo nin alcanzaría as metas que está conquistando en forma de títulos. A min preguntáronme se quería vir e non o pensei, porque o Sabadell é un dos mellores clubs do Estado e tamén de Europa en canto a instalacións e nivel de waterpolo, e como eu quería aprender e seguir formándome, estaba claro cal ía ser a miña decisión. Ademais de aprender moito, pouco a pouco está aumentando o seu rol no equipo. Está satisfeito coa súa posición? Como definiría o seu labor actual? O meu labor actual é o de ser un xogador de apoio, porque estou adestrando cos compañeiros, facendo as dobres sesións, e se hai un xogador que falla, eu sempre estou aí para o equipo. Ten compañeiros de tanto nivel que seguro varios estarán nos Xogos de París. Para vostede quizais sexa un pouco cedo, pero imaxino que a meta é esa. Si, por que non pensar en conseguir iso? Hai que sacrificarse, traballar duro e a ver que pasa. |
NOS_41845 | Cando faltan días para facerse 20 anos da catástrofe do 'Prestige' (ocorrida o 13 de novembro de 2002 fronte á costa galega) organizacións ecoloxistas e responsábeis municipais difiren sobre os efectos que aínda poidan persistir na costa galega. | Cando faltan días para facerse 20 anos da catástrofe do Prestige (ocorrida o 13 de novembro de 2002 fronte á costa galega) organizacións ecoloxistas e responsábeis municipais difiren sobre os efectos que aínda poidan persistir na costa galega. Dous dos rexedores de localidades consideradas como 'zona cero' nese momento, o de Muxía (Iago Toba) e a alcaldesa de Camariñas (Sandra Insua), inciden en que a costa está recuperada, mentres que desde as asociacións ambientalistas Arco da vella, Greenpeace ou Ecoloxistas en Acción aluden, máis, para os efectos que non se poden percibir tan facilmente. O TXUE confirma a sentenza da Audiencia da Coruña que obriga a aseguradora do Prestige a compensar o Estado español Desde Arco da vella, o seu representante, Francisco Lueiro, considera que as zonas se recuperaron "rapidamente". Ao fío diso, alude a estudos que apuntan ao feito de que, por este e outros sinistros anteriores, creásense na zona "unhas bacterias resistentes que devoran o petróleo". Pero a maior parte desta recuperación, atribúea ao labor dos voluntarios pola "resposta social tan importante". A ela, refírense tamén desde Greenpeace, cuxo coordinador na Galiza, Manoel Santos, remarca que entón se tiñan que ter en conta non só as consecuencias ambientais senón tamén os efectos sanitarios daqueles que recollían o fuel sen medidas de protección. Dos arquivos do barco: o 'Prestige' na memoria cidadá Avaliación completa "As persoas tiveron máis risco do que se pensa", apunta a este respecto. En canto á costa, sostén, pola súa parte, que faltou unha "avaliación completa" de toda ela para concluír, sen marxe de dúbida, que está recuperada na súa totalidade. "Hóuboos por parte de científicos, mais segundo as súas áreas". "Pero non se fixo todo un relato", engade, aludindo, entre outros, á base da cadea trófica ou os invertebrados. "Si se estudou as especies marisqueiras", precisa, en contraposición. Por todo iso, considera "moi difícil" determinar o efecto real, aínda que destaca, con todo, a capacidade de recuperación do mar 20 anos despois. Prestige: Un aire que mata Cristóbal López, de Ecoloxistas en Acción (organización que o día 13 de novembro estreará un documental sobre a catástrofe) pregúntase "que é recuperar?" ante a cuestión de se se pode dicir con rotundidade que 20 anos despois xa non quedan efectos desta catástrofe. "O peixe escapa, pero non o que non se pode mover", afirma. Por iso, considera que "non é unha recuperación total". "Parece que con diñeiro e coa tecnoloxía resólvese, pero non é así, hai especies en perigo de extinción e outras desapareceron", remarca. |
PRAZA_13659 | O primeiro Consello Nacional da formación aprobou a incorporación de Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas, entre outros, e impúxose a tarefa de mellorar a súa implantación en toda Galicia, especialmente entre os "sectores desencantados", coma a mocidade. | Compromiso por Galicia celebrou este sábado en Compostela o seu primeiro Consello Nacional. A formación continúa co proceso de integración das distintas forzas que a compoñen, neste caso a través da entrada de Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas) e Acción Galega no Consello Nacional de Máis Galiza. Entre outros, pasan a formar parte do organismo Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas. O Consello Nacional fixo unha proposta de regulamento electoral que inclúe a celebración de primarias abertas á cidadanía, sobre todo para escoller o candidato á Xunta. A proposta, realizada por Xulia Guntín, responsable de Alternativas políticas e programáticas, obedece segundo a formación ao obxectivo de "reforzar a idea de radicalidade democrática coa que naceu o proxecto". A secretaria de Organización, Sandra Araúxo salientou que "a aceptación social do proxecto é moi boa por todo o país", pero fixo autocrítica e reclamou un esforzo maior por "convidar a todos os colectivos: deportivos, veciñais..." e por "achegarse máis ás localidades", para procurar unha mellor implantación en todo o país. Así mesmo, a formación busacará neste achegamento "formatos atractivos para sectores desencantados" como por exemplo a mocidade. As primarias abertas buscan, segundo CxG, "reforzar a idea de radicalidade democrática coa que naceu o proxecto" Para o voceiro de CxG, Xoán Bascuas, este sábado foi un día importante porque "o proceso de CxG dá un paso máis na súa construción. Esta primeira reunión do seu Consello Nacional tradúcese na consolidación e no avance dunha proposta política moderna, progresista, asentada no país e orientada para o conxunto da súa cidadanía". |
NOS_46155 | Os vindeiros 2,3 e 4 de xullo historiadoras e historiadores dos tres países debaterán e reflexionarán en Bilbo sobre temas do pasado. | A iniciativa que nacera por vontade de Murguía, Revista Galega de Historia na Galiza diante do 75 aniversario do pacto tripartido que unía ao nacionalismo partidario galego, vasco e catalán, volve a se xuntar. Os días 2, 3 e 4 de xullo Bilbo acollerá o encontro de historiadoras e historiadores que falarán arredor do pretérito das tres nacións en diversas mesas, caso de Parlamentos, Asembleas representativas e actores. (S. XVI-XXI), Biografías de intelectuais, personalidades con carisma, Relatos e historiografías e O binomio centro-periferia na construción histórica de Galeuzca, entre outras liñas de investigación. Representacion galegaPola banda galega asistirán Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña, membro de FESGA e director de Murguía, Revista Galega de Historia, Xosé Estévez, profesor da Universidade de Deusto, especialista na historia do Galeusca, Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e o investigador Xoán Carlos Garrido ; representación á que somar comunicacións como a achegada polo profesor da Universidade da Coruña Carlos Velasco Souto. Estes presentarán nas distintas mesas referidas as seguintes ponencias: "Nomes, voces e verdugos. Balance e conclusions sobre a persecucion politica na Galiza 1936-1939", "Do españolismo monárquico ao republicanismo independentista galego: o arribismo político na primeira metade do s. XX a través de Álvaro de las Casas", "Navarra e a viaxe triangular do Galeuzca de 1933", "Castelao: Achegas biográficas para a clarificación da teoría nacionalista" e " Os alicerces inteletuais da naçom galega na obra historiográfica de Manuel Murguía (1865-1890)". Pola banda catalana, entre outros, estarán presentes o catedrático Jordi Casassas Ymbert e o profesor Carles Santacana, ambos da Universitat de Barcelona, Enric Pujol da Universitat Autònoma de Barcelona así como, entre outros, Agustí Alcoberro i Pericay, modernista e Director del Museu d'Història de Catalunya. A equipa anfitriona do encontro está formada por Joseba Agirreazkuenga, Eduardo J. Alonso Olea, Joseba Arregi Orue, os tres destacados historiadores e profesores da Euskal Herriko Unibertsitatea, así como Luis de Guezala da Sabino Arana Fundazioa, entre outros. |
NOS_32657 | Alta calidade e baixo orzamento. "Traballar en pequeno e pensar en grande". Ese é o plan de produción do filme "Dhogs", dirixido por Andrés Goteira, que iniciará a rodaxe no verán cun equipo artístico formado, entre outros nomes, por Celso Bugallo ou Marta Larralde. Para completar orzamento recorre ao micromecenado. | Pixel Films e Gaitafilmes xúntanse para producir "Dhogs", un fílme dirixido por Andrés Goteira e con produción de Sara Horta e Suso López. Intriga, algo de drama e un pouco de acción, son os elementos cos que presentan o filme que busca gustar e entreter "sen renunciar ao estilo propio". Marta Larralde, Celso Bugallo, Iván Marcos, Suso López, Milo Taboada e Alex Carro forman parte do singular equipo artístico que dará vida aos peculiares personaxes de "Dhogs". Calidade profesional co seu "pensar en grande" e micromecenado entre outras fontes de investimento a través do "traballa en pequeno" que compoñen a súa lenda de presentación. A equipa de produción conta ver o filme rematado a fins deste ano ou comezos do 2015 e a rodaxe conta iniciarse no verán. Botan a andar na plataforma verkami unha campaña de crowdfundign co obxectivo de completar o orzamento que é de arredor de 75.000 euros, que son realmente 60.000 ao lle restar a capitalización das dúas produtoras. A equipa do filme estima que o orzamento real superaría os 150.000 euros mais a cantidade estimada provén do proceso de "apertar o cinto" ao que someteron aos números. Teiman en que a película sairá "si ou si" mais do apoio colectivo devirá a calidade e acadar a atmósfera imaxinada. "Se chegásemos ao presuposto ideal todo sería máis sinxelo e poderiamos respirar moito máis tranquilos", explican. Na plataforma verkami quédanlle 3.000 euros para completar o orzamento. CONCEPTO 1 #DHOGSFILME from Dhogsfilme on Vimeo. |
NOS_49345 | Entre a segunda feira e hoxe fontes da Consellaría de Sanidade comunicaron 24 falecementos polos problemas sanitarios derivados do coronavirus. Nove dos decesos tiveron relación coas residencias de maiores. | A Xunta notificou hoxe o falecemento de catro persoas debido ao coronavirus. Todas elas tiñan patoloxías previas e a Covid-19 complicou a súa saúde até o punto de que non se puido facer nada por salvalas. Con estas novas mortes o número de vítimas da pandemia xa ascende a 1.336. Segundo fontes sanitarias, dous dos óbitos estaban relacionados con residencias. Morreu unha muller de 104 anos que era usuaria da San Antonio de Beariz e outra de 84 anos que estaba no Complexo Hospitalario de Vigo (Chuvi) e fora trasladada desde a Vila do Conde de Gondomar. Ademais, no hospital de Pontevedra tivo lugar o pasamento dunha doente de 70 anos e no de Ourense finou un varón de 91 anos. Malia que o feito de que haxa vítimas do virus continúa a ser preocupante, a evolución dos falecementos continúa á baixa desde que o domingo se comunicaran seis decesos. En concreto, nesta semana -de segunda a sexta feira- comunicouse que perderon a vida pola infección 24 persoas. A segunda feira foi a xornada cun rexistro máis alto, con sete notificacións. Tanto a terza feira como a cuarta finalizaron con catro vítimas e onte a Consellaría de Sanidade falaba de cinco casos nos que os equipos médicos non puideron facer nada contra a Covid-19. Deste total, 9 eran usuarias de catro xeriátricos. Especial incidencia tivo o de Vila do Conde en Gondomar, que xa leva despedido a catro residentes en cinco xornadas. Da residencia Soremay de Pontevedra procedían dous dos finados. Tamén en instalacións hospitalarias decorreron os óbitos de tres persoas que vivían nos centros de maiores de Asilo de Vilalba, San Salvador de Guntín e San Antonio de Beariz. |
NOS_47749 | Máis de 3.700 fogares galegos reciben esta sexta feira o primeiro pagamento. | A Seguridade Social efectúa esta sexta feira, 26 de xuño, o primeiro pagamento do Ingreso Mínimo Vital (IMV) a 74.119 fogares beneficiarios no Estado, entre os que hai 3.721 familias galegas, segundo informa Delegación do Goberno español. Son recoñecidos de oficio procedentes da prestación por fillo a cargo. No caso galego, estes fogares contan con 5.342 adultos e 6.088 menores a cargo, o que suma 11.430 persoas. Por provincias, abónanse prestacións en 1.393 fogares na Coruña, seguida de Pontevedra (1.325), Lugo (524) e Ourense (479). Os fogares recoñecidos de oficio son aqueles dos que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) tiña información suficiente sobre a composición do fogar para poder realizar a reconversión. A Seguridade Social avisoulles, previamente, por SMS e carta para que non tivesen que solicitar o Ingreso Mínimo Vital. O resto dos beneficiarios da prestación por fillo a cargo sen discapacidade ou con discapacidade menor a 33% que poidan ser beneficiarios da nova prestación deberán solicitalo, xa que non constaba información suficiente para reconverter de oficio a prestación. Nos primeiros dez días desde o inicio do prazo para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, rexistráronse no INSS 344.585 solicitudes no Estado, 13.814 delas na Galiza. O pasado 15 de xuño iniciábase o período para solicitar o ingreso mínimo vital, a nova prestación impulsada polo Goberno español para reducir o nivel de pobreza e exclusión. Segundo os datos que manexa a Delegación do Goberno, na Galiza pódense beneficiar destas axudas preto de 40.000 fogares. |
PRAZA_14678 | O deputado de IU Alberto Garzón participou este martes en distintos actos de AGE na Coruña e Ferrol e asistiu ao xuízo do Prestige, no que a coalición está personada como acusación. Garzón, moi vinculado á esquerda social a través de Attac, cre inminente o rescate e afirma que "o 15M é unha reivindicación da política no sentido máis clásico" | O deputado de IU Alberto Garzón participou este martes en distintos actos de AGE na Coruña e Ferrol e asistiu ao xuízo do Prestige, no que a coalición está personada como acusación. Garzón, economiste moi vinculado á esquerda social a través de Attac e o 15M, cre inminente o rescate e reclama "rachar coa troika para reformular o modelo de sociedade". "Ninguén cre os novos orzamentos, ten previsións de ingresos imposibles, e iso vai supor que dentro dun par de meses se presenten novos recortes" Podemos dar por feito que vai haber rescate en novembro? Que vai supor? O rescate vaise producir. Pero nós non consideramos que sexa un rescate senón que é máis ben un secuestro. Son cartos que se dedican a salvar os bancos e a seguir pagando a débeda e que xera condicións estritas sobre a economía real e sobre todo sobre os servizos públicos. Estamos ante un segundo rescate, pois xa houbo unha intervención previa que fixo que houbera un gran recorte no ensino e na sanidade xusto despois da presentación dos orzamentos do pasado ano. Ninguén cre os novos orzamentos, ten previsións de ingresos imposibles, e iso vai supor que dentro dun par de meses se presenten novos recortes. E presentaranse en calquera momento pero sempre cando menos prexudique os intereses partidistas do Partido Popular o mesmo que sucedeu o pasado ano coas eleccións en Andalucía. O rescate vai ter as mesmas consecuencias que en Grecia: redución das pensións, descenso dos salarios, aumento da xornada laboral ou flexibilización do mercado de traballo. "Xa cos instrumentos que temos hoxe poderiamos facer unha política diferente. Pero necesitamos rachar coa troika para reformular o modelo de sociedade" Hai alternativa ao rescate e aos recortes? Por suposto que hai alternativa, o que hai que ter é a vontade de poñela en marcha. Realizando unha reforma fiscal podería obterse diñeiro abondo para evitar os recortes en sanidade e ensino e centrar o aforro na racionalización do gasto público. O que fai falla é impoñerse á troika, negociar cara a cara e esixirlle que deixe de impoñer recortes e que permita que o BCE lles empreste cartos aos países, o mesmo que llos está emprestando aos banco. O primeiro paso é rachar coa troica, como propoñía Syriza en Grecia. Porque necesitamos novos instrumentos para poder facer unha política alternativa. Xa cos instrumentos que temos hoxe poderiamos facer unha política diferente. Pero necesitamos rachar coa troika para salvar a sanidade e o ensino e para reformular o modelo de sociedade. "A esquerda alternativa reconfigúrase entendendo que o importante son as ideas e o programa e non tanto as siglas. O que importa é levar a cabo un programa que permite cumprir unha esperanza que a cidadanía estaba agardando" Está rachando o bipartidismo en España? Estamos asistindo ao desplome dos dous grandes partidos. O PP desgástase por mor dos axustes e o PSOE por ter feito as mesmas políticas que o PP, por non terse diferenciado. A esquerda alternativa reconfigúrase entendendo que o importante son as ideas e o programa e non tanto as siglas. O que importa é levar a cabo un programa que permite cumprir unha esperanza que a cidadanía estaba agardando. A cidadanía o que quere é unha alternativa factible e non un conxunto de partidos pelexando continuamente. Iso vaise consolidando pouco a pouco e permite albergar a esperanza de que estamos entrando na fase de dunha alternativa moi sólida a pesar de proceder de tradicións distintas. E vaise facendo pouco a pouco como sucedeu en Grecia, onde Syriza primeiro obtivo o 4% dos votos e despois o 27%. Como ves as eleccións en Galicia? O PP quere que estas eleccións sexan unha reválida de Mariano Rajoy. Pero Feijoo está enganando a cidadanía cunhas informacións económicas que non cre ninguén. E a verdade saberase ao dia seguinte das eleccións. E mentres a cidadanía está falando dos temas que lle preocupan: sanidade, ensino ou servizos públicos, estase decatando da realidade e está saindo á rúa a demandar a verdade. "O 15M evoluciona e muta e vai perfilando a súa posición política. Deste xeito perde actividade na rúa pero gaña en solidez e vaise facendo máis critico" O 15M definiuse como un organismo vivo e evolucionou, mutou moito no seu ano e medio de vida. Como defines o seu momento actual e como cres que vai evolucionar? O 15M manifestou a frustración da xente e iso era case todo o que tiñan en común. Era un colectivo moi heteroxéneo que dicía 'basta xa' a distintos problemas, cada un diferente en función da súa tradición política ou das súas circunstancias. O 15M evoluciona e muta e vai perfilando a súa posición política. Deste xeito perde actividade na rúa pero gaña en solidez e vaise facendo máis critico. Este movemento do 25S, son as mesmas persoas do 15M, terá unha continuación o 27 de outubro en Madrid cunha concentración contra os orzamentos e propoñendo uns orzamentos alternativos. "Despois de catro anos de crise e nun momento no que a xente se repolitizou completamente e cada fala máis de política e economía o 15M converteuse nunha forza fundamental" Agora é máis político? O 15M mutou e madurou moito. E xa non ten nada desa antipolitica que podía reflectir unha parte do 15M nun comezo. Agora é unha reivindicación da política no sentido máis clásico. Nun contexto no que as decisións as toman institucións ás que non votamos, coma os bancos alemáns, cando o 15M propón rodear o Congreso e critica as institucións políticas, non vai en contra da política, senón que demanda máis política, un novo movemento constituínte e uns orzamentos máis sociais. Esta forza cristaliza en moitos movementos distintos e tamén cristaliza no ascenso en votos dos partidos que se identifican con ela. Non podemos entender o ascenso de IU sen ter en conta isto. Despois de catro anos de crise e nun momento no que a xente se repolitizou completamente e cada fala máis de política e economía o 15M converteuse nunha forza fundamental que reclama democracia non só política senón tamén económica. |
NOS_30074 | Mette Frederiksen, do Partido Socialdemócrata, foi a candidata máis votada nas eleccións que tiveron lugar en Dinamarca e xa puxo marcha o proceso de negocións con outras forzas políticas da esquerda para gobernar. En Groenlandia, pola súa parte, gañou o independentismo. | A primeira ministra de Dinamarca, Mette Frederiksen, presentou onte a súa renuncia á raíña Margarita pondo así en marcha o proceso de negociación para formar un novo Goberno despois de que as formacións progresistas, e en concreto o Partido Socialdemócrata que a propia Frederiksen lidera, se impuxeran nas eleccións que decorreron na terza feira. Dinamarca alén de 'Borgen': impuxo unha feroz campaña anticonceptiva en Grenlandia "Entramos na campaña coa promesa de formar unha coalición ampla. Parece que os daneses apoiaron iso e espero que o poidamos facer", dixo onte. A suma das formacións progresistas dá 87 escanos, o que permitirá á mandataria manterse no Goberno. O Partido Socialdemócrata conseguiu dous escanos máis que nas anteriores eleccións, cando obtivo 48, obtendo desta forma máis do dobre de asentos que o segundo partido máis votado no país, o conservador Venstre, que pasou de 43 a 23 escanos. O resto de partidos progresistas lograron obter 37 escanos, o que sumado aos asentos socialdemócratas, fan un total de 87. Con todo, a estes resultados habería que engadir un mandatario das Illas Feroe, así como dous de Groenlandia -ambos os territorios noratlánticos de Dinamarca- o que outorgaría ao denominado 'bloque vermello' a maioría, que se sitúa en 90. Pola súa parte, a portavoz da Alianza Vermello-Verde, Mai Villadsen, pediu á primeira ministra Frederiksen que non abandone o 'bloque vermello' na súa procura de formar un novo Goberno, despois de que Frederiksen deixase entrever a posibilidade de explorar un novo Executivo máis tirado cara ao centro. Groenlandia En Groenlandia, o independentismo continúa sendo maioría. O socialdemócrata Siumut (Adiante) gañou co 37,6 % do voto (nas anteriores eleccións conseguira 29,4%), avantaxando 13 puntos ao esquerdista Inuit Ataqatigiit (Comunidade do pobo) que conseguiu 24,6%, cando obtivera 33,4%, e queda segundo. Alerta en Dinamarca e Suecia por fugas de gas no Nord Stream Ambos os dous manteñen os seus escanos ao Parlamento de Dinamarca. O unionismo de Demoknaatit (Demócratas), Suleqatigiissitsisut (Coperación) e Atassut (Sentimento de Comunidade) non conseguirían representación así como tampouco as formacións independentistas de centro Nunatta Quitornai (Descendentes da nosa terra) e Narelaq (Punto de orientación). |
NOS_8279 | A negociación dun acordo entre o PP e o PSOE no Concello de Lugo para o destino do remanente dos pasados exercicios está a repetir o modelo de actuación que se produciu en Vigo, onde un pacto entre os dous partidos conseguiu a aprobación dos orzamentos municipais. | Case trece millóns de euros son os remanentes de exercicios anteriores para os que o Concello de Lugo terá que decidir destino. Deses millóns, dez teñen unha finalidade establecida por lei mais dos outros tres o pleno pode decidir o seu destino. "O PP e o PSOE están negociando un acordo de maneira oculta e a día de hoxe sen facer partícipe á cidadanía do pacto secreto", denuncia Paz Abraira, voceira do BNG no concello para quen a actuación política dos dous grupos "está a seguir a axenda de Vigo. O centro do acordo non son só os tres millóns, senón o interese en sacar adiante unha parte do Plan Xeral que está pendente de aprobación por parte da Xunta". Segundo a voceira nacionalista, PP e PSOE estaríanse a apoiar mutuamente en dous asuntos de crucial transcendencia política. "Desta maneira, o PSOE logra manter na alcaldía un alcalde imputado na Pokémon, consegue botar adiante unha serie de obras que serán o seu balance municipal, e o PP logra que se aprobe o Plan Xeral que queren sacar de enriba porque aspiran á alcaldía e, por outra parte, conseguen que Besteiro non pida a dimisión de Paula Prado", sostén Abraira. O pleno que se desenvolveu esta segunda feira, ao seu ver, no que en ningún momento se falou do contido do acordo e se desviou a atención cara á polémica do Garañón sería, para a voceira do BNG, un claro exemplo da actuación dos dous grupos municipais, o do goberno no concello e o que rexe a Xunta. "O PSOE pode manter un alcalde imputado e o PP non pide a dimisión de Paula Prado", di Paz Abraira Obras en tempo de crise O BNG fixo unha proposta para os remanentes na que se destinarían os cartos a partidas de gasto social e accións económicas e non exclusivamente para obras, como mantén que será finalmente o uso dos cartos sobrantes de exercicios anteriores. O grupo nacionalista anunciou que non ía participar en ningún proceso de negociación co PSOE mentres Orozco continúa como alcalde, dada a súa condición de imputado da Pokémon. Para Paz Abraira, o modelo de actuación reproduce o que levou ao pacto do PP e PSOE en Vigo para a aprobación dos orzamentos, e mesmo o "PP ten distribuído un argumentario en Lugo que é o mesmo que empregou para defender o seu acordo en Vigo", sinala, "As dúas forzas tocadas pola corrupción que se apoian entre si para sustentar o sistema bipartidista", denuncia Paz Abraira, dun acordo que quedaría tamén á vista na foto dos concelleiros do PP e PSOE nun acto institucional ao que o BNG non foi convidado. O PP e o PSOE deron o visto bon en Vigo recentemente a uns orzamentos para o 2014 que permitirán finalizar a Abel Caballero o seu período na alcaldía con certa tranquilidade. A voceira nacionalista no concello, Iolanda Veloso, valorou entón que o pacto "condena a Vigo a sofrer as políticas do PP logo de que Abel Caballero as asumise vendendo a cidade por uns orzamentos". |
QUEPASA_867 | Cal é o estado de saúde da túa empresa na rede? Sesión de auditoría con Arela Comunicación Sostible. | Fai moitísima falta a formación en materia de hostalería na Costa da Morte, non cabe dúbida. E ante a carencia de escolas oficiais (agás a excepción da Escola Municipal de Hostalería de Carballo) son entidades como a Asociación de Turismo CMAT as que teñen que intentar solventar esta carencia. Faino coa súa programación de actividades formativas gratuítas para os profesionais de Costa da Morte. Así, o Programa Formativo de balde para profesionais baséase en tres piares fundamentais do turismo: inglés, marketing e gastronomía. Un programa que se desenvolverá de setembro a decembro, impartidos por xente como "Octopus to the party" (que impartirá o curso de "Inglés básico e medio aplicado a hostalaría e aos informadores turísticos" do 15 de outubro a 7 de novembro); "Acerta Formación" (curso sobre mellora da competitividade en gastronomía local, do 30 de setembro ao 25 de novembro) ou "Entorno Anfibio" (módulo formativo sobre marketing online para destinos turísticos e deseño de programas culturais do 18 ao 30 de novembro). Os anfitrións das actividades serán os Concellos de Carballo e Zas, xa que os módulos de inglés e de hostalaría serán realizados no Fórum de Carballo; mentres que o de Marketing no Centro Sociocultural de Baio (Zas). O programa completo está dispoñible para a súa consulta e descarga na páxina web da CMAT, onde podedes ver ademais os prazos de inscrición. |
NOS_47462 | A nova actualización "blue check" aprobada para o programa de mensaxería instantánea notifica a abertura das mensaxes, un feito que para o editor de Mallando no Android, Iago Varela, supón o quebranto da privacidade d@s utentes. | A chegada do blue check, a nova notificación de Whatsapp, está a remexer as redes sociais. A empresa de mensaxería actualizou o software e, a partir de agora, incorpora unha terceira notificación confirmando que a persoa receptora "abriu a mensaxe" e, polo tanto, a leu. "Até o de agora tiñamos un duplo check que informaba, dunha banda, da saída da nosa mensaxe e, doutra, de que esta era recibida pola persoa destinataria", explica o editor de Mallando no Android e colaborador de Sermos Galiza, Iago Varela. Porén, desde agora Whatsapp tamén notificará a abertura da mensaxe. Varela amósase certo de que esta actualización supón "rachar coa privacidade" das persoas utentes pois "antes faciamos o xogo de ver a última hora de conexión para saber se alguén se conectara despois de enviarmos a mensaxe, mais iso podía eliminarse após unha actualización". No entanto, o blue check ou check azul, "aparece para todos", explica. Un truco para agochalo "O problema é que non poidas elixir" esa posibilidade, sinala o enxeñeiro en telecomunicacións que, así as cousas, descobre en conversa con Sermos Galiza algún dos "trucos" cos que canea a novidade incorporada por Whatsapp. "Pódese pór en modo avión o dispositivo antes de abrir a mensaxe, desta maneira non aparece a terceira notificación, mais é moi fastidioso", acrecenta. Iago Varela, Mallando no Android: "O problema é que non poidas elixir" A que responde esta nova actualización incorporada por Whatsapp? A esta pregunta Iago Varela responde que se trata dunha "tendencia" que están a seguir "todas as compañías de mensaxería". Segundo o editor de Mallando no Android, "tentan responder ás demandas dos utentes" que levan tempo reclamando a Telegram, Line ou Whatsapp coñecer se a persoa receptora da mensaxe leu ou non o que enviamos. "Queremos saber se chegou e se a leron, sobre todo cando non obtemos resposta", sinala. Algo que acontece, coida Varela, tamén cos correos electrónicos. Un elemento de control Así as cousas, salienta Iago Varela, este feito constitúe "un elemento de control" que, para alén de "rachar a privzacidade" pode ser "un perigo" se ollamos con perspectiva de xénero en relación a parellas posesivas, como xa o son, salienta "todas as redes sociais". Porén, este feito esténdese ao ámbito laboral e, por suposto, ás amizades. Sobre o futuro do blue check, Varela asegura que está a haber "moitos movementos" arredor del após 24 horas da súa aplicación, "ao mellor actualizan e o fan opcional" como xa acontecera coa hora de conexión. "Eu agardo que si", asegura. |
NOS_23302 | Adega dá a coñecer as persoas e colectivos gañadores dos seus premios 'Osíxeno e Dioxina', cos que salienta o mellor e o pero – ambientalmente falando- do ano. | Este sábado Adega fará entrega nun acto en Gondomar dos seus premios 'Osíxeno e Dioxina', uns galardóns cos que esta entidade quer recoñecer o mellor e peor ambientalmente falando do ano. Nesta 17 edición, o premio Osíxeno de Honra 2017 vai para recoñecer o traballo e a traxectoria en defensa do ambiente e do patrimonio de Agustín Ferreira, fundador de Anabam (Asociación Naturalista do Baixo Miño) e da Asociación Cultural Guardesa. Premios Osíxeno 2017 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano En categoría individual: Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, polo seu compromiso e activismo en defensa do patrimonio galego e contra o espolio da industria pasteiro-enerética. En categoría colectivo: Comunidades de montes de O Covelo, Coruxo, e Froxán (Galiza) e do Casal de São Simão (Portugal) polas súas actuacións a prol doutros modelos máis sustentábeis para e xestión dos montes, contra os lumes e a eucaliptización. Premios Dioxina 2017 ás accións máis nefastas para o ambiente -Premio Dioxina 2017, categoría individual: o conselleiro de Industria, Francisco Conde, "máximo responsábel do departamento que promoveu a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación". -Premio Dioxina 2017, categoría colectivo: os dirixentes da Consellaría do Medio Rural "polo seu desleixo na salvagarda da Lexislación de Montes e a súa conivencia co lobby pasteiro-enerxético, que mesmo provocou a eucaliptización de lugares tan emblemáticos como o Pedregal de Irimia". |
NOS_32935 | Rusia segue a negar o ataque a civís. | O voceiro do Ministerio de Defensa de Rusia, Ígor Konashénkov, informou da rendición de 150 soldados ucraínos desde o comezo do ataque militar ruso no día de onte. EDITORIAL | Non á guerra A maior parte das desercións tivo lugar na illa Zmeíni, onde un grupo de 82 soldados entregáronse de xeito voluntario a unha unidade das Forzas Armadas de Rusia. Outros 11 militares da 53 brigada mecanizada das tropas ucraínas rendíronse na localidade de Nikoláevsk. Asemade, varios efectivos da 36 brigada de infantaría da Mariña ucraína puxéronse en contacto coas milicias da República Popular de Donetsk para solicitar un corredoiro que lles permita ingresar no territorio do Donbass. Konashénkov asegurou que todos poderán reunirse cose seus familiares após asinen unha declaración xurada de que non volverán tomar parte do conflito. Obxectivos militares destruídos Por outra parte, o Ministerio de Defensa ruso precisou que o exército xa destruíu 118 obxectivos militares na Ucraína desde o comezo da ofensiva en solo ucraíno. Durante as primeiras 36 horas de avance do exército de Rusia, foron derruídas 11 bases aéreas, 13 centros de mando, 14 sistemas de misiles antiaéreos, 36 estaciones de radar, ademais de cinco avións de combate, un helicóptero, cinco 'drons', 18 tanques e outros vehículos blindados de combate, sete lanzacohetes múltiples, 41 vehículos militares especiais e cinco lanchas de combate. Pola contra, Konashénkov negou que se estean a atacar nas cidades ucraínas ou a civís, a pesar de que o Goberno de Volodimir Zelenski e os medios de comunicación internacionais desprazados na zona afirman que xa se produciron 137 mortes de civís e soldados, así como máis de 300 feridos.. |
NOS_45407 | Tres de cada catro persoas cre que hai sectores económicos e políticos que estiveron xerando alarma entre a poboación, alertando deses riscos de desabastecemento. | O Barómetro de Actualidade realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) que se publicou nesta sexta feira mostra que 85,5% da poboación do Estado español está a favor de que o Goberno estatal poña prezos máximos aos carburantes para aliviar os efectos da crise inflacionista das últimas semanas. Para esta enquisa, complementaria dos barómetros mensuais e dos seus estudos sectoriais, o CIS realizou 2.420 entrevistas telefónicas entre os días 25 e 31 de marzo, cunha marxe de erro de máis/menos dous puntos. Ante a pregunta de se o Goberno español debe pór prezos máximos aos carburantes para frear a escalada dos prezos, 85,5% móstrase a favor e só 8,4% maniféstase en contra. Máis da metade, 56% aproximadamente, afirmou temer que a guerra en Ucraína vaia afectar á subministración de carburantes no Estado español. Deles, 91% cre que o Executivo de Pedro Sánchez debe tomar "medidas enérxicas" para garantilo. En fronte, 34,3% cre que a guerra non causará eses problemas. Menos preocupación polos alimentos Ao ser preguntados se a guerra provocará problemas de subministracións de alimentos e produtos de primeira necesidade, non existe unha resposta unánime, pois 47,1% teme que si e 44,3% non cre que poida ocorrer. Neste sentido, entre quen cre que si haberá problemas, 84,6% entenden que o Goberno debería ser enérxico para asegurar as subministracións. Outro dato a sinalar é que 3 de cada catro persoas, 76% opina que hai sectores económicos e políticos que estiveron xerando alarma entre a poboación, alertando deses riscos de desabastecemento. Só 19,3% non cre que existiran eses movementos. Respecto ao recente paro de transportistas, máis da metade (53,3%) non percibiu riscos de desabastecemento, e mesmo 87,9% afirmou que non chegou a pensar en acumular produtos na casa. |
NOS_50199 | Os colectivos Amigos da Terra e Ríos Limpos denuncian a existencia de até 18 verteduras ao río entre 20218 e principios de 2020. | A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil vén de abrir un expediente sancionador ao concello de San Cibrao das Viñas polo rexistro de perto de 20 verteduras ao río Barbaña acaecidas entre os meses de xuño de 2018 e xaneiro de 2020. A entidade ecoloxista Amigos da Terra, xunto coa plataforma Ríos Limpos, estivo detrás da denuncia sobre a contaminación nunha "zona protexida". Ademais destes colectivos, persoas particulares criticaron os 18 episodios de vertido contabilizados. Amigos da Terra estima que todos eles implicaron danos cun custo de 184.745 euros. Ese sería o montante económico derivado das "afectacións no dominio público por derramar deterxentes".Nun comunicado, o colectivo destaca que existía unha autorización de verteduras do ano 2004 fronte á que, para a Confederación Hidrográfica, o Concello incumpriu as condicións estabelecidas nela ao "superar os límites máximos de emisión".Así, desde a plataforma ecoloxista reprochouse ao municipio ourensán unha conduta "antijurídica" e legalmente tipificada como "moi grave" xa que fora sancionado polos mesmos motivos noutras ocasións desde 2006. En concreto, impúxoselle unha sanción dun importe maior a 114.000 euros por unhas verteduras realizadas en marzo de 2010, xunto a algúns de decembro de 2010 por importe de 32.832 euros, entre outros. Amigos da Terra afirmou que este tipo de sancións "constitúen unha parte da educación ambiental necesaria" co fin de "previr" actos contaminantes, ao que suman tamén como necesidade unha "concienciación e sensibilización" que "non mostran" as administracións galegas. Adicionalmente, pediron aplicar outras sancións como a revogación de autorizacións ou o peche de determinadas instalacións e cualificaron á depuradora de San Cibrao de "inútil" para alegar que debe ser substituída por unha nova que se adecúe ás "necesidades presentes e futuras". |
NOS_12518 | O fiscal pide 8 anos de internamento e 3 de liberdade vixiada para o único acusado, menor de idade. | A testemuña protexida ratificou na súa declaración perante o Xulgado de Menores a súa versión do 'Caso Jimmy' e acusou o menor enxuizado e outras tres persoas de ser os autores materiais do asasinato do seareiro do Dépor Francisco Javier Romero Taboada. A testemuña sinalou estas catro persoas como as responsábeis: o menor de idade imputado por homicidio, 2 dos 4 ultras do 'Frente Atlético' que foron excarcerados no seu día e outro ultra atlético que foi detido pola Policía e está imputado polo xuíz de instrución. A estemuña está imputada na causa principal por lea tumultuaria, algo que a defensa dos acusados aproveitou para cuestionar a súa versión. O menor acusado de homicidio negou perante o xuíz a súa participación no asasinato e asegurou que as acusacións son falsas. O fiscal pide 8 anos de internamento e 3 de liberdade vixiada para este menor, único acusado polo asasinato e a quen o ministerio público tamén considera autor dun delito de lea tumultuaria e tenza ilícita de armas. Canda el sentan no banco dos acusados outros dous menores de idade, tamén implicados na pelexa. Para ambos os dous piden traballos en beneficio da comunidade. |
NOS_42354 | A crise humana causada polo maior éxodo após a II Guerra Mundial agravouse nos últimos meses, porén xa en 2014 a cifra de persoas desprazadas de maneira forzosa alcanzaba dados históricos. A indignación social contrasta coa inacción da UE e a comunidade internacional. Na Galiza xermolan propostas solidarias que urxen a actuación dos gobernos galego e español. | "Esta é a crónica dunha situación anunciada", asegura Carmen Escalande, integrante da equipa de comunicación de Médicos Sen Fronteiras (MSF) en conversa con Sermos Galiza. "Co que vivimos no mes de abril xa previamos que podía acontecer pois o pasado ano a Operación Mare Nostrum [desenvolvida pola UE] resgatou 170 mil persoas que o propio Frontex recoñecía como refuxiados", explica. O endurecemento das políticas que impiden o acceso das refuxiadas através das fronteiras terrestres incrementa o seu paso pola perigosa vía marítima. Porén, a Unión Europea optou por cancelar Mare Nostrum e substituíla pola Operación Tritón que "ten por obxectivo o control fronteirizo" mais non a "búsqueda e resgate" de persoas no Mediterráneo, sinala Carmen Escalande. A partir dese momento, no mes de abril, Médicos Sen Fronteiras lanzou os seus tres buques a augas mediterráneas, o Phoenix, o Argos e o Dignity I. Para alén diso, manteñen centros de atención sanitaria en Italia e Grecia, onde reciben as persoas refuxiadas que conseguen cruzar o Mediterráneo. "Pagan máis de mil euros por subir a esas embarcacións", di. Xunto a isto e perante o agravamento da situación nas fronteiras de Serbia, Macedonia e Hungría, despregaron os seus medios tamén nestes territorios. "Hai moitas deficiencias nos países receptores", denuncia. E non só en materia sanitaria, de alimento ou acubillo, tamén de "asesoramento para solicitar asilo". "Hai persoas dispersas, tiradas en hoteis abandonados", sinala en relación á costa grega e italiana. E a cifra de refuxiad@s continúa a aumentar. Líbano e Xordania, colapsados "Segundo as Nacións Unidas cruzan cada día a fronteira 3.000 persoas" por mor "do deterioro da situación nos países de orixe", nomeadamente na Siria. Asemade, explica Escalande, "Líbano e Xordania", os países que até o momento daban acubillo á maior parte de refuxiad@s (unha de cada catro persoas residentes no Líbano é siria), "están colapsados". Só na Siria téñense rexistrado 12 millóns de desprazamentos forzosos, 8 millóns de persoas fuxidas dentro do propio país e 4 que saíron fóra. Unha de cada catro persoas residentes no Líbano é siria Carmen Escalante afirma taxativa que estamos perante "refuxiados" e non "migrantes". "Responde a un concepto estabelecido hai moito tempo" como recolle o "Estatuto do Refuxiado" que define estas persoas como "aqueles que fuxen para salvar a propia vida" polo que "teñen dereito a solicitar asilo para garantir a súa protección e obteren refuxio". Non se trata pois dunha "motivación da persoa que por situación económica marcha para buscar unhas mellores condicións". "Os Estados membros da UE teñen que cumprir cos protocolos asinados" e garantir "refuxio e auxilio" a estas persoas Neste senso, Escalante lembra as obrigas dos Estados membros da UE. "Teñen que cumprir cos protocolos asinados" e garantir "refuxio e auxilio" a estas persoas. Desde Médicos Sen Fronteiras lembran que as imaxes que estamos a ver nas fronteiras terrestres e no Mediterráneo son o resultado do rexeitamento das solicitudes de asilo e visado, como aconteceu con Aylan Kurdi, a crianza cuxo corpo sen vida nunha praia turca deu a volta ao mundo através das capas da imprensa. A súa familia solicitara asilo en Canadá. Foille denegado. Tentaron cruzar e deron coa morte todos agás o pai. "Mentres chegan as solucións queremos que se reforce a operación de búsqueda e resgate, sabemos que non é unha solución mais senón vemos o que acontece", di Carme Escalante en referencia ao caso de Aylan Kurdi. "Esta é a única vía que lles deixamos para fuxir", sentencia. "Se hai traficantes é porque hai persoas coas que traficar". "A xente cruza porque está desesperada". "Esta é a única vía que lles deixamos para fuxir, se hai traficantes é porque hai persoas coas que traficar" Porén os Estados membros da UE non adoptarán ningunha medida concreta até o 14 de setembro cando se celebre unha cimeira extraordinaria para abordar a crise humana que e está a producir nas súas portas. Os gobernos comunitarios atópanse fortemente divididos. A postura alemá que, sorprendentemente encabeza aqueles executivos que apostan na acollida de refuxiad@s, atópase confrontada coa do primeiro ministro húngaro. Viktor Órban --quen mantén a construción dun muro de 175 km. na fronteira entre Hungría e Serbia-- está a endurecer as súas políticas fronteirizas. Un Plan de urxencia para refuxiad@s. Lalín e A Coruña ofrécense para dar acollemento Pola súa banda, o Estado español --que defende a política de cotas comunitaria pola que se repartirían @s refuxiad@s entre os distintos estados da UE-- está a regatear coa cifra que finalmente aceptará asumir. Desde o grupo parlamentar do BNG urxiron ao presidente da Xunta a desenvolver un "plan de urxencia" para dar asilo na Galiza ás familias refuxiadas. "Diante da denominada crise de refuxiados, que non é outra cousa que a expresión da terríbel inacción dos gobernos europeos ante o sufrimento humano, o grupo parlamentario do BNG insta á Consellaría de Traballo e Benestar a elaborar de inmediato un Plan de acollida de persoas refuxiadas con dotación orzamentaria, establecer cos concellos, que o demanden, unha liña de colaboración para o realoxo das persoas refuxiadas e facilitar o proceso a todas aquelas persoas e familias interesadas en colaborar nas tarefas de acollemento". Alberto Núñez Feijóo anunciou após o Consello da Xunta que o goberno comunicou a Madrid a súa disponibilidade para acoller "300 refuxiados sirios" no caso de que o executivo español así o solicite e unha vez que a Unión Europea acoute "o alcance e contido das obrigas de cada Estado membro", pois "as nosas instalacións e as nosas capacidades asistenciais acreditan que podemos darlles servizo", dixo. Desde a fronte nacionalista coidan que a "inacción" internacional reflicte "unha vez máis" que "o capitalismo non ten alma, ten carteira". Pola súa banda, o Concello de Lalín da man do seu alcalde, Rafael Cuíña (CxG) ofreceu instalacións municipais para acoller refuxiad@s de igual maneira que A Coruña comezou a tramitar a súa configuración como "cidade refuxio", unha iniciativa que tamén desenvolverán Barcelona e Madrid. |
NOS_5000 | A cantante e compositora mexicana Lila Downs presentará o seu último traballo Salón, lágrimas y deseo no Auditorio de Ferrol a partir das 21 horas, dentro do Festival Son[s], o sábado 25 de novembro. O álbum, premiado nos últimos Premios Grammy Latino, revístese de activismo político e indignación fronte á realidade. A entrada custará de 24 euros na billeteira do centro e de 18/20 euros anticipada. | Filla dunha recoñecida cantante mixteca e dun profesor de cinematografía nado en Minnesota pero de orixe británica, a personalidade e obra de Lila Downs ven marcada pola súa infancia bicultural. Estudou música en Oaxaca e antropoloxía en Minnesota, herdando a tradición musical da súa nai, indíxena mixteca, e aprendedo do seu pai a influencia de clásicos como Bob Dylan ou John Coltrane. Eis as fontes do estilo ecléctico da mexicana, que parte do folclore e vai engadindo pezas do jazz, do son cubano, do hip hop ou do rock. Salón, lágrimas y deseo responde ás turbulencias do mundo: a corrupción no seu México natal, os cambios políticos en Estados Unidos, a sociedade heteropatriarcal. A obra aliméntase dun sentir de rexeitamento pero tamén de compromiso, feminismo e reivindicación. A busca da verdade, a defensa da terra e a indignación tinguen unha colección de boleros tradicionais nos que participan artistas como Diego el Cigala, Andrés Calamaro, Carla Morrison, Mon Laferte e a agrupación oaxaqueña Banda Tierra Mojada. Coñecida tamén pola súa estética, Lila Downs caracterízase polos seus vestidos de india mixteca, que mestura coa iconografía e o universo colorista de Frida Kahlo. Comparada con Chavela Vargas, comparte coa dama del poncho rojo a defensa e reivindicación das raíces mexicanas e da música rexional de Oaxaca e dos pobos indíxenas. A artista oaxaqueña canta en español e inglés, pero tamén en diversas linguas nativas mexicanas, como o mixteco, zapoteco, maia, purépecha e náhuatl. Lila Downs gravou nove discos de estudio, obtendo un Grammy na categoría rexional mexicana co disco Pecados y Milagros (2012) e catro Grammy Latino polos traballos Una Sangre (2004), Raíz (2014), Balas y chocolate (2015) e Salón, lagrimas y sangre (2017). |
NOS_47145 | Nunha entrevista na Cadena Ser o presidente da Xunta dixo que dará explicacións sobre os floteis "se Pemex incumpre" se ben engade que el só foi "unha testemuña" do acordo entre a paraestatal e os estaleiros galegos. Tende a man a Besteiro e di que @s galeg@s están fartos dunha "oposición de pancarta". | Núñez Feijóo afirma que o compromiso de máis de 20 concellos galegos de asumir o custo que o repagamento farmacéutico tería para a súa veciñanza é un globo que se vai desinchar. O presidente da Xunta dixo, nunha entrevista na Cadea Ser, que "eles (por eses municipios) nunca pagaron un fármaco e teño. a sensación de que tampouco vai acontecer". O mandatario galego opta pola vía do descrédito ante un movemento de concellos (tamén os hai do PP) que coa súa postura no repagamento escacha o discurso de que non hai outra vía posíbel que a dos recortes e cobro por servizos. Feijóo mostrou a súa "sorpresa" por que haxa concellos que digan que van asumir eses pagos e lembrou que a lexislación do repagamento "é estatal, e nun estado de dereito as lexislacións aplícanse". Pemex: "Supoño que fará o que prometeron" Na entrevista na mencionada emisora o presidente galego tamén se pronunciou sobre os floteis de Pemex. "Supoño que Pemex fará o que se comprometeu por escrito a facer", dixo, para engadir que en caso de que a para-estatal non cumpra "darei explicacións", se ben el foi só "unha testemuña" dos acordos de Pemex cos estaleiros galegos. Situou para "finais de novembro, principios de decembro" a decisión definitiva da empresa mexicana sobre en que estaleiros construirán os floteis. Feijóo falou do compromiso da Xunta co naval ("evitamos que quebrasen varios asteleiros") e botou responsabilidades fóra pola destrución de milleiros de empregos neste sector no noso país: Almunia e o tax-lease por unha banda. Mandatarios de Navantia, "que teñen unha responsabilidade", por outra. Opta por non se pronunciar sobre NGB Sobre a poxa por Novagalicia Banco (NGB) e a perda de Galiza dunha ferramenta que xestionaba o 40% do aforro galego, o presidente autonómico sinalou que non sería bo pronunciarse pois antes hai que coñecer cal é a mellor das ofertas de compra e que ofrece cada un dos interesados. Por último, Feijóo mostrouse partidario de "tender pontes" con José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG. Mais iso si, preguntouse se Besteiro ía optar por facer do Partido Socialista "unha verdadeira alternativa de goberno" ou ben "vai xogar a unha oposición tripartita". E no referente á oposición, considera que @s galeg@s están fartos de "pancartas e insultos" e piden responsabilidade. |
NOS_33521 | O subcomité clínico que asesora a Xunta da Galiza sobre a pandemia, decidiu fixar esta sexta feira o nivel alto de restricións nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubía, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre. | O subcomité clínico que asesora a Xunta da Galiza na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 acordou na mañá da sexta feira o estabelecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións en nove concellos: Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre. Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Estas medidas entrarán en vigor ás 00 da segunda feira, 19 de abril. Máis de 25.000 persoas chamadas a participar nos cribados poboacionais Segundo informa a Consellaría de Sanidade nun comunicado, na fin de semana máis de 25.000 persoas están chamadas a participar nos cribados que procuran identificar novos casos asintomáticos entre a poboación. A Dirección Xeral de Saúde Pública convocará no Concello de Cambre 3.000 persoas, de entre 40 e 59 anos, para realización de probas diagnósticas. Ademais, 900 veciños e veciñas do Concello de Rois, con idades comprendidas entre 40 e 54 anos, serán chamados á realización de test de antíxenos. De acordo aos últimos datos epidemiolóxicos, Sanidade acordou citar a preto de 3.600 persoas, de entre 18 e 74 anos, nos concellos dos concellos do Barco, Cualedro e Rubiá; e a 3.100 persoas do concello de Vilanova. No que atinxe a área sanitaria de Vigo, Saúde Pública definiu a realización de probas PCR ao grupo de poboación con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Desta maneira, preto de 4.000 vigueses están chamados a participar nos cribados desta fin de semana. Por outra banda, na xornada de mañá, na área de sanitaria de Lugo, citaranse a 400 persoas no Concello de Meira e, a outras 400 persoas no municipio de Ortigueira. |
NOS_40444 | Desde o comezo da vacinación contra o coronavirus, o persoal sanitario galego subministrou un total de 6.508.220 doses. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará a vindeira semana a inocular a cuarta dose da vacina da Covid-19 ás 20.000 persoas que integran a poboación inmunodeprimida na Galiza. Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo na rolda de prensa posterior a reunión semanal do Goberno galego. Deste xeito, o Sergas entrará nunha nova fase de vacinación ao mesmo tempo que prosegue a inoculación da segunda dose ás crianzas de 5 a 11 anos. O presidente do Executivo galego tamén informou que a vindeira semana o comité clínico que asesora a Consellaría de Sanidade volverá a reunirse para "tomar algunha medida e facer axustes" nas restricións que seguen vixentes no país. Datos de vacinación Desde o comezo da vacinación contra o coronavirus, o persoal sanitario galego subministrou un total de 6.508.220 doses. Con estes datos, 2.445.064 galegos e galegas contan xa coa pauta de vacinación completa. Deles, 2.262.782 vacináronse segundo os criterios de idade; 27.710 son persoas dependentes institucionalizadas e 16.326 non instituucionalizadas. Ademais, 17.641 persoas con condicións de alto risco xa contan con polo menos dúas doses da vacina. Por probabilidade de exposición, teñen a pauta de vacinación completa 76.318 profesionais do ámbito sanitario, 28.779 profesionais do ámbito socio-sanitario e 14.781 traballadoras de actividades esenciais. |
PRAZA_5491 | Ehsan Ullah Khan, presidente da Fronte de Liberación do Traballo Forzado e importante activista paquistaní, visitou a sede da multinacional galega en Arteixo para mostrarlle a súa preocupación polas condicións laborais dos talleres téxtiles no sur de Asia. | "Non quería marchar de Galicia sen expresarlle a Inditex a miña preocupación polo traballo infantil". Quen así fala e Ehsan Ullah Khan, activista paquistaní, presidente da Fronte de Liberación do Traballo Forzado que el mesmo fundou, e coordinador nacional en Suecia da Marcha Global. De visita no país, onde participou en varios debates e faladoiros, a multinacional téxtil abriulle as portas para escoitar as súas reivindicacións sobre o control e prevención para evitar o emprego de nenos e as malas condicións laborais no sur de Asia. E logrou meterse nas entrañas do xigante para amosarlle as súas inquedanzas e reclamarlle que incremente a súa vixilancia ante as informacións -negadas sempre pola compañía- e algunha sentenza que a sinalan en ocasións como unha das firmas que emprega subcontratas onde as condicións laborais son máis que mellorables. Ehsan Ullah Khan aproveitou a súa visita a Galicia para amosarlle as súas inquedanzas a Inditex na súa propia sede Ullah Khan, tal e como el mesmo explicou, reuniuse con varios empregados de Inditex coñecedores do traballo da empresa no sur de Asia e insistiu en reclamar o respecto aos dereitos humanos, ademais de se interesar polo control ds correctas condicións laborais dos traballadores dos talleres que fabrican para a multinacional. Acompañado de imaxes e da súa experiencia persoal de ducias de anos contra o traballo forzado, este histórico activista non dubidou en solicitar un maior control e en contarlle á firma as súas vivencias como activista loitador contra o traballo forzado. O activista paquistaní adoita denunciar o traballo infantil que numerosas multinacionais téxtiles europeas empregan no sur de Asia e lembra que moitas delas, por exemplo, fabricaban ropa nos talleres de Bangladesh onde houbo milleiros de mortos logo de incendios que sacaron á luz importantes deficiencias e penosas condicións de traballo para os operarios. Inditex negou sempre estar vinculado con calquera destas fábricas no momento dos sinistros e adoita lembrar que, por exemplo no caso de Rana Plaza -do que agora se vén de cumprir o aniversario-, a relación co taller fora rachada anos antes. Segundo se pode comprobar nas memorias da compañía, e tal e como destaca a propia Inditex, a firma realiza máis de 1.500 auditorías externas e unhas 700 internas cada ano para asegurar que os talleres subcontratados cumpren cos códigos de conducta. O activista paquistaní é un histórico loitador contra o traballo infantil e tivo que marchar exiliado do seu país hai vinte anos Pero Ehsan Ullah Khan, ao igual que moitas ONG e movementos sociais, consideran que queda moito por mellorar. E por iso quixo dicirllo á cara a Inditex, que mantén contactos acotío con varias destas ONG ou asociacións como a Marcha Global. O activista paquistaní comezou a súa loita contra o traballo forzado con tan só vinte anos, entre ameazas e represión. Fundou a Fronte dos Traballadores dos Fornos de Ladrillo e organizou accións e manifestacións diversas, ademais de achegar asistencia legal a prol dos dereitos humanos dos operarios. Logo, para ampliar a súa loita contra a escravitude laboral, Ullah Khan fundou a Fronte de Liberación do Traballo Forzado e foi detido e torturado en varias ocasións. Ademais, está obrigado a vivir exiliado fóra de Paquistán desde 1995, logo do asasinato de Iqbal Masih, un dos nenos escravos aos que liberou, que foi un importante loitador polos dereitos humanos e "mártir" con tan só doce anos. Malia que o caso aberto contra el por sedición foi anulado en 2011, o goberno de Paquistán non lle permitiu volver ao país. Na actualidade, Ullah Khan é o coordinador nacional da Marcha Global en Suecia e traballa, a través de varias redes, contra o sistema de castas do sur de Asia. |
NOS_26549 | O Club Deportivo da Coruña cancelou, na xornada de hoxe, o contrato que vencellaba a institución futbolística e o adestrador Fernando Vázquez. | O Consello de Administración do Real Club Deportivo comunicoulle este mediodía ao seu técnico, Fernando Vázquez, que non continuará dirixindo o equipo, rescindindo deste modo o contrato que vincula a ambas partes. Xunto ao adestrador de Castrofeito tampouco continuará no Club o seu corpo técnico. O Consello de Administración do Deportivo publicou na súa web un agradecemento "sincero a Fernando e ao seu equipo" polo duro traballo desenvolvido nesta segunda etapa á fronte do conxunto deportivista. Logo de ter aceptado, recalcan desde a dirección, o "reto maiúsculo hai un ano de tratar de salvar a situación na que se atopaba a institución e telo feito antepondo en todo momento a ilusión, a motivación e a unión de todo o deportivismo fronte ás dificultades que se foron sucedendo. |
NOS_53125 | Segundo afirman fontes do PSdeG a Sermos, Pilar Cancela vai facer parte da nova dirección do Partido Socialista. | A presidenta da xestora do PSdeG é unha das apostas de Pedro Sánchez para conformar a dirección federal do novo PSOE, segundo as fontes consultadas por Sermos Galiza. A presenza de Pilar Cancela obedece a que o PSdeG é o quinto territorio en número de afiliadas do PSOE e a que Sánchez obtivo no noso país unha vitoria por unha percentaxe moi superior ao do resto do Estado (65 por cento do voto face o 27 da candidatura de Díaz). Cancela reforza así o seu peso político e perfílase como unha opción seria de futuro para liderar o PSdeG. Segundo puido saber Sermos Galiza, quen tamén vai competir con case total seguridade pola lideranza do PSOE na Galiza será o tamén sanchista Gonzalo Caballero. |
NOS_22792 | Despois de once anos de traballo, Maite Mouriño conseguira un posto de responsabilidade en "Equipos de Señalización y Control S.A." ESYCSA do que, afirma, é despedida agora após participar nas eleccións municipais como candidata n. 3 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas polo concello de Pazos de Borbén. Demanda a empresa por despedimento nulo por motivos políticos. | -Cantos anos levaba traballando na empresa ESYCSA? Case once anos. Ocupaba un posto de responsabilidade como xefa na Galiza da área de sistemas de certificación e xestión, auditoría interna e da área de sistemas TIC e tamén levaba o control da carteira de novas proxeccións e oportunidades da empresa e a lei de protección de datos. O meu posto dábame acceso a todos os procesos organizativos da empresa. -Como chegar a ese cargo na empresa? Empecei na base e fun ascendendo ao longo dos anos, con esforzo e moito traballo. A antiga dirección sabía de que organización era mais deuse un cambio tanto en ESYCSA como no Grupo ETRA ao que pertence e foi cando comezaron os problemas. -Cando percibe que está a ter dificultades laborais pola súa militancia política? Actúan no momento en que se fai pública a candidatura de Pazos de Borbén e mesmo me poñen un detective durante a campaña. -Como pode asegurar a relación entre ir na lista do BNG polo seu concello e o seu despedimento? Porque o poñen na carta de despido. Alí din claramente que é por ir como número 3 da candidatura. Tenta enmascarar cunha baixa como cortina de fume mais póñeno con claridade. Hai sete meses levara un golpe e os médicos obrigáranme a coller unha baixa. Nese tempo non pasou nada mais no momento en que se enteraron da candidatura tentaron empregar o argumento da baixa e así o redactan na carta do despido. Din que por ir de candidata nun partido político se sobreentende que vou facer un esforzo que contradí a miña baixa. Nese momento estaba en proceso de revisión de alta e non realicei nada diferente ao que estaba contradito polos facultativos. Teño claro que se non chego a ir nas listas non pasaría nada. Chegan ao extremo de citar mesmo fragmentos do que realicei durante da campaña como sorrir ou atopar e falar cun compañeiro. -Despois da campaña chega a incorporarse de novo á empresa? Fágoo xusto despois das eleccións e non pasa nada. De feito durante o proceso de baixa tiven contactos coa empresa por cuestións concretas debido a que era xefa e pola miña responsabilidade mais en ningún momento me comentan nada . Despois, viñéronme despedir fulminantemente. "Na carta de despedimento está claro que o fondo real é a miña condición de candidata ás eleccións". -Presentou demanda? Presentei, por despido nulo por discriminación política. Na carta de despedimento está claro que o fondo real é a miña condición de candidata ás eleccións. Tal e como está a reforma laboral contan que sexa un despido improcedente e sacarme de medio. Na demanda pedimos despido nulo e readmisión por discriminación política. Viñeron da asesoría xurídica do grupo desde Madrid para dicirme que seguían nesa posición. -Que efectos laborais ten para vostede? Teño moito que perder, a verdade, porque, ademais do despedimento queren botar por terra a miña profesionalidade e están vulnerando os meus dereitos fundamentais. De todas maneiras, teño decidido ir até o final porque, de non facelo, significaría que poden seguir actuando desta maneira sen que pase nada. -Estamos a falar dunha empresa que ten numerosas concesións nos concellos e administracións públicas -en Vigo, onde vostede traballaba, de maneira especial. O BNG asegurou que estudará a actuación da empresa na súa relación coas administracións públicas. Vexo correcta esta posición e mesmo o secretario de organización, Bieito Lobeira, sinalou que onde o BNG ten representación se vai valorar e vixiar as concesións da empresa. O que está claro é que non se pode consentir unha forma de actuar así. -En que situación se atopa agora? Estou no desemprego mais non deixo de pelexar. A situación é complicada porque ao ser un despido fulminante quedas sen nada. Teño que volver a empezar de cero, co agravante de que a empresa estame a desprestixiar profesionalmente e iso pode tamén traerme problemas para o meu futuro noutras empresas. |
NOS_52020 | Através dunha carta remitida a IpU, ECpMG, Anova, BNG, Equo, Podemos e EU convocan un novo encontro o sábado 31 de outubro en Compostela. | Compomiso por Galicia vén de remitir esta cuarta feira unha carta ás coordenadoras de Iniciativa pola Unión e o Encontro Cidadán por unha Marea Galega, mais tamén ás organizacións políticas Anova, BNG, Podemos, Esquerda Unida e Equo, na que as convoca a un Foro político o vindeiro 31 de outubro (sábado) ás 18h en Compostela. Entre as organizacións convocadas non se atopa Cerna nen tampouco outras formacións que se atopan adheridas á Declaración de Conxo (IpU) como o Partido Comunista do Pobo Galego, entre outras. No convite, Compromiso ofrécese como "mediador" para que "os partidos implicados e as plataformas expoñan publicamente os atrancos que ven na conformación dunha única candidatura de unidade", sinalan no comunicado remitido á imprensa. Na misiva, instan as forzas políticas e iniciativas a prol da unidade a explicar "o traballo que estades a facer" quer á "cidadanía" quer aos medios de comunicación. Neste senso, CxG sitúa como "irrenunciábel" o carácter "público" do acto. "Non ten sentido que todos falen dunha candidatura de unidade cando en verdade están dando pasos para que realmente haxa dúas" A iniciativa de Compromiso parte das decisións adoptadas na súa Convención Nacional decorrida o sábado 24 de outubro na que, din, acordaron "seguir a pelexar" por unha candidatura unitaria galega aos comicios do 20 de decembro. Unha proposta que coincide coa tese defendida polo alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, integrante da coordenadora de Iniciativa pola Unión. "Non ten sentido que todos falen dunha candidatura de unidade cando en verdade están dando pasos para que realmente haxa dúas, pero aínda ten menos sentido que, coincidindo en criterios programáticos básicos e non habendo diverxencias importantes entre as dúas plataformas, non se poñan dacordo en confluir", sinala Xoán Báscuas, secretario xeral de Compromiso. "É o momento de que se deixe todo atrás e se constrúa a unidade sen barreiras", acrecenta. |
NOS_1187 | A partir da vindeira segunda feira, 17 de setembro, os traballadores e traballadoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza, con sede en Vigo, estarán en folga. Protestan pola redución de persoal docente. A CIG cífraa en 20% desde 2014. | O cadro de persoal do centro denuncia ademais o "comportamento hostil e arbitrario" que mantén o inspector asignado á escola e responsábel de decidir as retalladas. "Esta empeñado en tratar a ESAD como un instituto de secundaria", critica a CIG nun comunicado. A folga durará tres días. O motivo central, o esganamento do profesorado e a esixencia de restitución dos seis postos de traballo perdidos nos dous últimos anos. "Para este curso académico, a dirección do centro reclamaba tres novas vacantes. A Consellaría de Educación non só non concedeu ningunha tras a inspección, senón que eliminou outras tres e axudicou 34 interinidades. En 2014 eran 42", sinala o sindicato. As retalladas coinciden ademais cun aumento de matrícula nos primeiros cursos. A central sindical cualifica de "particular asañamento" o do inspector Gonzalo Lorenzo Prozzo: "Entremétese nas prazas solicitadas e cambia o seu perfil, acosa cargos directivos e menospreza a autoridade do profesarado". A protesta, do 17 ao 19 de setembro, incluirá concentracións a segunda feira perante o edificio da Xunta de Vigo ás 12.00 e a terza e a cuarta, ás 11 na xefatura territorial de Educación en Pontevedra. |
QUEPASA_408 | Tamén o grupo de Adiante Vimianzo presenta unha moción no pleno sobre o P.E. | Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio A Asociación Parroquial de Berdoias (da parroquia de Berdoias-Vimianzo), o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) e a Asociación Cultural Colectivo A Rula veñen de presentar alegacións ó Documento Inicial (DI) do Parque Eólico (PE) de Berdoias e da súa infraestrutura de Evacuación (LAAT), que promove a sociedade Iberdrola Renovables Galicia S.A.Consideran que hai unha serie importante de "elementos patrimoniais (xacementos arqueolóxicos e bens etnolóxicos) que non se contemplan nin recollen no Documento Inicial do Proxecto do Parque e que constitúen boa parte do patrimonio cultural de Berdoias, unha rica parroquia como levamos comprobando meses en QPC na sección "Tesouros de Berdoias". Imaxe de Santa Cristiña Denuncian que os viraventos terán un impacto directo en bens como o dolmen da Casota, a mámoa de Freáns e as dúas estacións de arte rupestre do outeiro de Pedrouzo. Tamén denuncian o impacto pola "excesiva proximidade da LAAT de Evacuación ó núcleo de Sta. Cristiña e o seu patrimonio; e a afectación dos camiños do Parque a rutas culturais coma o Vieiro Fidalgo, a Vía Mariana, ou o Camiño de Santiago a Muxía (por Brandomil). Imaxe da ruta do Vieiro Fidalgo As entidades queren resaltar "a relevancia que dende o punto de vista histórico e do patrimonio cultural ten esta zona afectada polo proxecto de construción do parque eólico". E sobre todo cuestionan "a ausencia no proxecto de varios bens culturais catalogados e non catalogados e a falta dun estudo de campo en maior profundidade da zona afectada". Piden, deste xeito, unha "protección integral da zona polo elevado número de bens culturais que presenta. A Casota de Freáns Moción de Adiante Vimianzo Paralelamente, o grupo da oposición Adiante Vimianzo vén de presentar unha moción para o pleno. O grupo toma as alegacións das entidades sociais para pedirlle ao pleno que apoie as súas alegacións, que remita este acordo ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que sexa tido en conta na resolución do expediente; e que solicite á empresa promotora "a elaboración dun plan de mellora dos camiños rurais e forestais da parroquia de Berdoias", así como un "plan de delimitación e posta en valor dos conxuntos arqueolóxicos afectados polo parque eólico". Novas sobre os eólicos PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico. PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas. 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia". PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña. PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría. G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes. Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: "Róubannos a nosa Paisaxe". PE Salgueiras: O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras. PE Salgueiras: "O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades". PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais "Aldeas con horizonte": Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos. PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe. Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar. PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes. PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o "megaparque" eólico de Bustelo, Campelo e Toural. Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte. |
NOS_12059 | A prevalencia que o plan dá aos usos extractivos sobre o deber de protección dos hábitats e a infracción de 6 directivas e 4 decisións comunitarias son as razóns da denuncia presentada por varios colectivos, entre eles a Plataforma en Defensa de Corcoesto. | A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e as asociacións de veciñ@s de Cereo e Valenza presentaron unha denuncia contra o Plan Director da Rede Natura, recentemente aprobado pola Xunta. Esta denuncia presentada en Bruxelas e dirixida ao Secretario Xeral da Comisión. "Este plan fai prevalecer o interese económico sobre o ambiental. Chegando a establecer que aínda no suposto de avaliación ambiental negativa poderán autorizarse usos e actividades" Os motivos que argumentan @s denunciantes parten de que nese plan dase prevalencia aos usos extractivos sobre os de conservación, protección e coidado do hábitat, cuestións fulcrais nunha rede natura. A isto engaden que se comete a Infracción "de 6 directivas comunitarias e 4 decisións da Comunidade Europea en relación á necesaria conservación dos hábitats naturais , da flora, da fauna, o medio mariño, das aves silvestres e a agresión e non ampliación dos ligares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica". Minaría a ceo aberto nunha Rede Natura? 'Pode unha norma permitir a minaría ao descuberto nun espazo da Rede Natura?' pregúntanse os denunciantes. Unha cuestión que fan posto que, din, permite autorizar novas actividades extractivas ao descuberto naquelas áreas que sexan consideradas como zonas con potencial mineiro polo Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia ou que queden incluídas nun "concello mineiro" tal como está definido na Lei 3/2008, de Ordenación da Minería de Galiiza. "Este plan Director fai prevalecer o interese económico sobre o ambiental. Chegando inclusive a establecer que aínda no suposto de avaliación ambiental negativa poderán autorizarse usos e actividades". Os colectivos denunciantes apelan a que a Comisión da C.E. actúe "de xeito rápido, reestablezca a legalidade comunitaria eimpida que este despropósito da Xunta de Galicia vaia adiante, poñendo en gravísimo perigo a conservación do noso patrimonio ecolóxico- ambiental". |
NOS_19967 | O Grupo Celsa, que conta cunha planta de produción na Laracha, estuda pedir 200 millóns de euros ao Goberno para mitigar os efectos da Covid-19 | A siderúrxica catalá Celsa, cunha división na Galiza (Celsa Atlantic) estuda acollerse ao fondo de rescate do Goberno español para empresas estratéxicas co fin de sobrepoñerse ao impacto que a pandemia do Covid-19 ocasionou nos seus negocios, segundo informou a compañía nun comunicado. "Grupo Celsa analiza na actualidade detidamente as condicións dadas a coñecer polo Consello Xestor do Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas e estuda se procede acollerse á axuda pública temporal que ofrece o Goberno ás compañías que, como consecuencia da pandemia, necesiten financiamento adicional de forma transitoria", di a nota. En calquera caso, a compañía precisa de momento non pasou da fase previa de información, que faculta ás empresas solicitantes a estudar se deciden seguir adiante e solicitan acollerse á axuda xestionada pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais ( SEPI). De dar o paso, Celsa, unha das multinacionais europeas líderes en produtos longos de aceiro, que conta cunha planta no concello da Laracha, sumaríase a firmas como Air Europa e Duro Felguera, que xa se acolleron a este mecanismo. As axudas demandadas por estas tres compañías sumarían así 700 millóns de euros (400 millóns da aeroliña do grupo Globalia, 100 millóns á enxeñería asturiana e uns 200 millóns a siderúrxica catalá), pero xa hai en trámite solicitudes de axudas por parte doutras compañías por outros 300 millóns, co que en total as cantidades solicitadas ascenderían a uns 1.000 millóns de euros, 10% da contía total do fondo. En cifras, Celsa dá emprego a case 10.000 persoas de forma directa (33.233 con indirectas), ten 120 centros de traballo distribuídos por todo o mundo, factura uns 4.253 millóns de euros anuais (datos de 2018), produce 7 millóns de toneladas ao ano e recicla 8 millóns de toneladas. Nos últimos 15 anos os investimentos da compañía suman 2.682 millóns de euros. |
PRAZA_173 | Os gregos dispóñense a darlle o poder a Syriza, que pretende acadar a maioría absoluta nun país empobrecido e fracturado tras as duras políticas da troika. Un cuarto da poboación vive en risco de pobreza, o PIB caeu un 25% en seis anos e a débeda está no 174% do PIB. | Grecia. Que é Grecia? De consultarmos os libros de texto pódese ler que é o berce da democracia e da civilización occidental, algo que lembraba Alexis Tsipras este venres. Pero de recorrer aos medios de comunicación o que se le desde hai catro anos é que Grecia se converteu nun dos principais laboratorios nos que a Troika (BCE, UE e FMI) aplicaron as políticas de austeridade e recortes como receita contra a crise económica e o endebedamento. Resultado a día de hoxe? Un 23,1% dos gregos vive en risco de pobreza; o PIB caeu un 25% desde 2008; a débeda está no 174% do PIB; o paro xuvenil é do 52,8%; o salario mínimo baixou un 20% desde 2010, igual que o PIB per cápita; e os empregos públicos reducíronse case un 40% desde 2009. Máis do 23% dos gregos vive en risco de pobreza, a débeda está no 174% do PIB e o paro xuvenil é de case o 53% Despois de dous anos e medio de Goberno de Antonis Samarás, do partido de centrodereita Nova Democracia, os gregos dispóñense este domingo a entregar o poder a un actor político que nunca estivo á fronte do país: Syriza. A coalición, fundada en 2004 por varios partidos á esquerda do Pasok e que naquel ano logrou o 3,3% dos votos e o 4,7% en 2009, está a punto, segundo todas as enquisas, de tomar o poder coa promesa de "rachar coa Troika", "acabar cos memorandos [directrices económicas impostas aos países intervidos pola Troika]", "recuperar a dignidade do país" e "pór fin á traxedia humana que se vive en Grecia". Para iso, Tsipras dedicouse no final de campaña a apelar a "aqueles que non votaron á esquerda" porque "necesitamos forza para negociar con Europa, unha gran maioría que nos permita loitar polo noso país". É un intento por difuminar a etiqueta ideolóxica -Syriza significa Coalición de Esquerda Radical- e de presentarse como o único partido capaz de virar o rumbo das políticas económicas, para o que tenta atraer o voto de todos os que están a sufrir as consecuencias dos recortes e a crise. Alemaña envía mensaxes para evitar a vitoria de Syriza, que busca a maioría para "rachar coa troika" Algo que á chanceler alemá, adaíl das políticas de austeridade da UE, non lle fai ilusión ningunha: expertos xermanos coinciden en que Berlín tratou de enviar mensaxes ao electorado grego para que vote o candidato correcto (Samarás), e na capital alemá difúndese a idea de que o principio de condicionalidade -diñeiro a cambio de reformas e austeridade- corre perigo coa vitoria de Syriza. Pero, que máis consecuencias tivo en Grecia o "principio de condicionalidade"? No 33,5% dos créditos non se fixo ningún pago de intereses durante máis de 90 días; 70.000 millóns de euros fuxiron do sistema financeiro do país no últimos cinco anos; unha de cada catro pemes desapareceron desde 2008; os impostos que pagan os profesionais autónomos multiplicáronse por nove; os traballadores e xubilados viron multiplicados por sete os impostos en 2014 con respecto a 2009; 100.000 científicos gregos traballan no estranxeiro, segundo o departamento de Economía da Universidade de Macedonia. 70.000 millóns de euros fuxiron do sistema financeiro en Grecia, onde desapareceu unha de cada catro pemes en seis anos "Unha segunda Corea do Norte" O aínda primeiro ministro Samarás tentou axitar o medo ás consecuencias que podería ter un Goberno de Syriza nos últimos días de campaña: "De gañar Syriza, Grecia converterase nunha segunda Venezuela ou Corea do Norte, sen fronteiras seguras e abrindo as portas á inmigración ilegal". Á vez que Samaras endureceu as mensaxes, Tsipras foinos matizando: "Recoñecemos as nosas obrigacións fronte ás institucións europeas e os tratados europeos. Estes tratados prevén uns obxectivos fiscais que deben respectarse, pero non as medidas para conseguilos. A austeridade non forma parte dos tratados e tampouco a Troika". Samarás recorre ao medo e chega incluso a asumir mensaxes extremos contra a inmigración Se Tsipras non consegue os 151 escanos, necesitará o apoio doutros partidos para asegurar a investidura. Como potenciais aliados, emerxen dous partidos: To Potami e Esquerda Democrática, aínda que este último teno moi difícil para entrar no Parlamento. To Potami foi fundado en 2014 polo xornalista televisivo Stavros Theodorakis e as enquisas concédenlle entre o 5% e o 7% do voto. Theodorakis converteu en baza a súa disposición a "sentar a falar" con calquera que non busque "unha volta ao dracma", fuxindo da "rixidez" das ideoloxías tradicionais: "Quero un río forte e torrencial, [converternos en] unha terceira forza que poida establecer as condicións para gobernar dunha maneira diferente este país. Debe converterse no catalizador para que os gregos poidan cambiar de vida". En porcentaxes semellantes atópase o partido neonazi Amencer Dourado, cuxos dirixentes están encarcerados e participan nos mitins por teléfono. To Potami e Esquerda Democrática son os potenciais aliados de Syriza no caso de non acadar a maioría absoluta Os que seguro que non pactarán con Syriza serán os comunistas do KKE, aos que as enquisas lles conceden un 5%, lixeiramente por riba do Pasok, até non hai moito partido hexemónico en Grecia. O seu eurodeputado Kostas Papadakis deixouno claro nunha entrevista con eldiario.é: "Non apoiaremos a Syriza; estamos contra a UE, a OTAN e as cadeas do capitalismo. Syriza deixou moi claro que non vai desafiar á UE nin a OTAN. Nós dicimos, que clase de esquerda é esta? Non hai medo da UE a Syriza, non é a preferencia da oligarquía, pero é a nova socialdemocracia, útil para o sistema". E tampouco o parece fácil que o faga Evangelos Venizelos, candidato dun Pasok en mínimos, cunha pinza de entre o 3,4% e o 5% segundo as enquisas: "Ao gañar as eleccións con maioría absoluta Syriza tentaría aplicar o seu programa electoral, tal como é, o que sería un desastre para Grecia". En todo caso, como explica o politólogo Dimitris Christopoulos: "A xente espera pouco. O sentimento principal antes da chegada de Syriza ao poder non é un sentimento de esperanza e de radicalismo político como moitos observadores de fóra pensan. É un sentimento de recuperar un pouco de dignidade. Queren facer algo para estar un pouquiño máis felices. Non ten nada que ver coa esquerda ou unha visión radical de cambiar a sociedade". Christopoulos afirma ademais que "o discurso de Syriza, que era esquerdista, foi substituído por un discurso que, levado ao oitenta ou o noventa, sería un discurso socialdemócrata moderado". Autoorganización social Esa catástrofe non só se ve nas cifras, tamén nas iniciativas da sociedade civil para paliar as consecuencias. A organización Solidarty4All, organización apoiada por Syriza, dispón dunha rede de iniciativas para axudar en materia de vivenda, sanidade e alimentación. Así, nun dos seus locais no Pireo, nos arredores de Atenas, reparten con voluntarios comida e roupa a todo aquel que o solicite. Mohamed Adel, grego de orixe exipcia de 41 anos, acode "tres ou catro veces por semana". Tiña unha tenda de roupa de pel e leva tres anos sen traballo. Ten tres fillos, un autista, de 12, 8 e 4 anos, e ve o futuro "negro", independentemente do resultado electoral. Mentres Adel leva dúas bolsas con comida, nunha praza próxima ao local cocíñanse unhas lentellas para quen queiran un prato quente. "As familias non teñen electricidade, perden as súas causas, non teñen auga nin comida..." De onde saca a organización a comida? Sotiris Alexopoulos, un dos voluntarios, explica que "son doazóns que fai a xente. Pómonos ás portas dos supermercados, repartimos panfletos e esperamos a que a xente nos dea algo para logo repartilo". Alexopoulos describe o día a día en Grecia: "As familias non teñen electricidade, non se poden quentar no inverno, perden as súas casas, non teñen auga nin comida... E hai que facer un gran traballo psicolóxico, porque se avergoñan e teñen sentimento de culpa". E moitos deles tampouco teñen medicamentos. Nin seguro médico. A clínica social Metropolitan Community Clinic de Helliniko (Ática), nos arredores de Atenas, leva tres anos atendendo a quen non teñen seguro médico por estar desempregados ou ser inmigrantes. Pero tamén a quen teñen seguro médico pero non poden afrontar o copago dos medicamentos. Así, neste tres anos pasaron "máis de 35.000 consultas", como explica a voluntaria Fotini Sfantos, mentres mostra os rexistros de visitas e de pacientes. "Cada día recibimos unha media de 15 visitas", explica Sfantos, "e o día que repartimos medicamentos hai ringleira". A clínica social dispensa medicamentos doados por outros pacientes, pero iso non significa que poidan garantir un tratamento: "Agora mesmo hai un paciente que ten que tomar dúas pastillas diarias para o corazón, pero nós tardamos máis dunha semana en conseguir o medicamento -Brilique, de 81 euros cada envase-, tempo no cal estivo sen tratar". As clínicas sociais reparten os medicamentos aos que xa non poden acceder milleiros de persoas Aínda que na clínica ofrécense "todas as especialidades", o que enche de orgullo aos voluntarios é a farmacia. "This is the magic", anuncia Iliopoulou Vassiliki ao abrir a porta. Bióloga xubilada, explica que na farmacia traballan 85 persoas, xa sexa co transporte dos medicamentos, a súa revisión ou catalogación. Non en balde teñen medicamentos contra o cancro con etiquetas que marcan prezos de até 3.000 euros. Quen pode pagalo sen a axuda dun seguro médico? |
NOS_5953 | Segundo informa este domingo Faro de Vigo, a militancia que rexeita a integración da formación na listaxe de Izquierda Unida ás eleccións europeas está a organizar asembleas para "reflexionar sobre a permanencia" no proxecto de Beiras. | A militancia de Anova que non aproba a integración na listaxe de Izquierda Unida face as eleccións europeas estaría a organizar asembleas en que valorar "a permanencia" na organización que lidera Xosé Manuel Beiras, formación que ven "fóra do espazo nacionalista e entregada sen pudor a IU". A información publícaa este domingo o xornal Faro de Vigo, e nela fálase da posibilidade de artellar un novo proxecto político "aberto, desde abaixo e con posibilidade de integrar persoas do nacionalismo que están fóra ou que están noutros lugares incómodas". A nova formación estaría preparada para concorrer ás eleccións municipais de 2015. Anova, "unha simple negociación entre dirixentes" Segundo sinala o diario vigués, a asemblea máis activa é a do Val Miñor, xustamente onde agromou a Anova de Beiras. O primeiro coordenador nacional deste proxecto político xurdido após a asemblea do BNG realizada en Amio foi Antonio Araúxo, ex alcalde de Gondomar pola formación frontista e quen agora se mostra disposto a traballar por unha nova organización, desta volta escindida de Anova. Na súa conta persoal na rede social Facebook, Araúxo explica que "eu non sei se está morta mais desde logo non ten nada a ver co que algúns axudamos a crear hai dous anos. A estratexia e os principios políticos, o republicanismo como cultura, o asemblearismo, a irmandade, o partido movemento, etc, etc... quedou reducido a unha simple negociación entre dirixentes, de costas á militancia e por un posto seguro na lista de IU". Palleiro competirá con Lidia Senra face as europeas A posibilidade de ir na listaxe de Izquierda Unida ás europeas --que non en coligación-- impúxose por só once votos de diferenza no referendo realizado por Anova. Nos días seguintes demitiron da dirección tod@s @s dirixentes que se mostraron crític@s coa escolla, entre el@s Luís Eyré, Palleiro, deixando aberto o espazo a quen acreditase no proxecto. Porén, após Beiras apostar publicamente pola ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Lidia Senra como candidata ás europeas --nº5 na listaxe de IU--, Eyré voltou ás primeiras páxinas dos xornais anunciando que competirá con Senra polo posto, é dicir, para encabezar a mesma candidatura en que unhas semanas antes dixo non acreditar. |
NOS_36063 | O lume que queima o monte é o tema da semana neste Sermos 157. Na Galiza, non en California que é onde se centran outros medios. Lean e sintan a calor da tinta. Da tinta que fai posíbel o pixel. | Xa teño diante dos ollos a capa do Sermos 157. Estruturada em base a tres ideas, tres. Dela sobresaen unha serie de palabras: toxos e megalítico, monte e vivo. Lume e asasinaron. E de tres pasamos a seis, seis palabras antecipadoras de conceptos duais, certas como a vida mesma. A vida e a morte xuntas, coma sempre, como marca a tradición literaria. Comecemos polo lume. Hoxe, e desde hai anos, o lume arrasa os nosos montes. Mais o lume é unha ferramenta empregada polo ser humano, de maneira consciente, desde hai polo menos 400.000 anos. Ao principio para se aquecer, para preparar alimentos e como ferramenta agrícola. Máis tarde na industria. A industria!! Onde vai a nosa industria?? "O lume está asociado a prácticas agrícolas tradicionais pois desde os primeiros cultivos do Neolítico, do Megalítico agora cuberto de toxos como reza a capa de Sermos, foi unha ferramenta empregada para preparar a terra antes de sementar". Moitos rituais e festas, sobre todo os lumes de San Xoán, lembran hoxe a súa importancia no proceso de evolución humana. O lume está asociado a prácticas agrícolas tradicionais pois desde os primeiros cultivos do Neolítico, do Megalítico agora cuberto de toxos como reza a capa de Sermos, foi unha ferramenta empregada para preparar a terra antes de sementar. Moitas desas prácticas aparecen hoxe recollidas na toponimia, no refraneiro e na literatura popular. Rozas é un destes topónimos. Atopámolo desde Touro a Alfoz e d´A Pastoriza a Arteixo, sob esta forma ou algunha variante: As Rozas, A Roza, Roza Vella, Campo Rozado. Sarmiento faino sinónimo de Cachada(s) "hacia Pontevedra llaman cachadas al terreno que en otras partes llaman rozas" se ben documentamos o topónimo ben lonxe de Pontevedra, quer en Arteixo quer na Laracha achamos As Cachadas e formas similares. Tanto Rozas como Cachadas (se cadra tamén Cacheiras) derivarían da práctica de cavar a terra, amontoar os terróns para secaren e logo queimar e esparexer as cinzas. Igual orixe ten o topónimo Estivada ou Estivadas, tamén centrado na práctica de cavar e facer rozas. E As Queimadas posibelmente se refira á mesma práctica. Ollo, non confundir coa queimada, a popular bebida á que tamén se lle prende lume. Tamén desta práctica, a de queimar terróns e esparexer as cinzas podería vir o nome de lugar A(s) Cernada(s), ben abundante pola nosa xeografía. Relacionada co lume, se cadra agora facendo referencia a un accidente que provocou a destrución completa dunha "villa" está o topónimo Vilouchada, na freguesía do mesmo nome baixo a advocación de San Vicenzo. A orixe do nome estaría nunha "villa ustulata", isto é Vila Queimada ou Vila Rozada. Esta forma latina, "ustulata", é tamén hoxe empregada para designar unha especie de orquídea, a Orchis Ustulata e está na base da parte do forno denominada ucheira, da que falaremos noutra ocasión. Moito máis frecuente que Vilouchada é a Casa Queimada, con presenza na Pobra, en Cesuras ou en Ortigueira, entidades humanas hoxe habitadas que comparten denominación con outros lugares hoxe terra de cultivo mais que lembran, quen sabe, que alí existiu unha casa que ardeu e desapareceu. Tal é o caso de terras así denominadas en Arteixo, Paderne, A Merca ou Lousame. En Santa Comba e en Lugo podemos topar Vilar Queimado. Chaman a atención topónimos como Carballo Queimado, Castiñeiro Queimado ou o Toxo Queimado, todas elas terras de cultivo que poderían indicar algunha neglixencia no control do lume que, por veces, escapaba das rozas. Ou simplemente un acto incendiario.Hai moitas máis formas relacionadas co lume, compañeiro, e se cadra orixe, da evolución humana. Mais deixámolo aquí para que poidan ler tranquilamente o Sermos 157. Só máis unha cousa para finalizar. Un refrán, compendio de sabedoría popular. Aplíquenllo a quen quixeren: Fuxir do lume para caer na borralla! |
NOS_43589 | BNG e PSdeG preguntarán ao presidente por este tema no próximo pleno | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, centrarán as súas preguntas na próxima sesión de control ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, na "caixa B" do Partido Popular. Os portavoces parlamentarios acordaron esta terza feira na orde do día do vindeiro pleno do Parlamento, que terá lugar os días 23 e 24 de marzo. A sesión contempla a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e incluirá o debate dunha proposición de lei do BNG para alcanzar unha igualdade "real" no ámbito da ciencia e a investigación que os nacionalistas denominaron Ángeles Alvariño en recordo da oceanógrafa galega que denunciou ante Estados Unidos a discriminación por xénero. Mariano Raxoi comparecerá o vindeiro 24 marzo na Audiencia Nacional para testemuñar no xuízo aberto polas obras de reforma da sede central dos populares na rúa de Génova, en Madrid. O antigo presidente do Goberno do Estado non só deberá responder sobre o presunto uso de diñeiro negro para sufragar as obras do cuartel xeral dos populares, que o actual equipo de Pablo Casado tenta sacar á venda. Ademais, Raxoi será interpelado a respecto dos sobresoldos pagados a dirixentes da formación con diñeiro negro, da súa participación nesta operativa como beneficiario e das contías recibidas dunha cantidade de presunta orixe irregular achegada en 2010 polo Partido Popular de Pontevedra. Luis Bárcenas testemuñou durante o xuízo que a caixa B se liquidou en 2009 mais que o último ingreso na mesma o efectuou en 2010 o Partido Popular de Pontevedra. Así, sinalou que "desde 2009 non se achega nin un só empresario a facer un donativo ao partido. Desde ese momento, baléirase a caixa e entrégase todo ao presidente. As entregas a Raxoi e a Cospedal realízoas eu sempre. Remátase a caixa B en 2009. O saldo estaba a cero. Hai un embargo en Pontevedra de 70.000 euros. Avisámoslles de que tiñan que devolver esa cantidade. Entréganme 50.000 euros e fago dous sobres de 25.000 euros e entrégolle un a cada un, a Mariano Raxoi e a Cospedal". |
NOS_698 | O CIS sitúa o PSOE como gañador das eleccións xerais cunha estimación de 123 a 138 escanos, mais non prognostica maiorías claras para o goberno do Estado. Na Galiza o PSOE tamén sería a forza máis votada e entraría Vox pola Coruña. | A macroenquisa do CIS realizada para as eleccións xerais do 28A dá a vitoria a Pedro Sánchez con 30,2% de votos e entre 123 e 138 escanos, mais non se prognostican maiorías claras de goberno. O PP sería segunda forza, co 17,2% e entre 66 e 76 escanos; seguido de Ciudadanos cun 13,6%, que tería entre 42 e 51 escanos. Unidas Podemos obtería un 12,9% e entre 33 y 41 escanos, e Vox contaría cun 11,9% e entre 29 e 37 escanos. A suma das tres forzas da dereita non sumarían para ter maioría absoluta. Os escanos de Galiza Segundo o estudo do CIS, o reparto de escanos na Galiza quedaría con 9-10 para o PSOE, 8-9 para o PP, 2 para Ciudadanos e En Común-Unidas Podemos (ambas formacións entrarían pola Coruña e Pontevedra) e 1 deputado para Vox pola Coruña. En canto a porcentaxe de voto, o PSOE tería en Galiza 23% dos votos por 19,4% do PP. A seguir está Ciudadanos con 7,5% e En Común-Unidas Podemos, 5,7%. De por parte, En Marea atinxiría 1,4%. O apartado doutros partidos reúne 4,5% do voto. O CIS preguntou diferenciando En Común-Unidas Podemos da candidatura de En Marea, mais non contabilizou a opción electoral do BNG, a quen os últimos inquéritos prognosticaban a posibilidade de obter un escano. Presidente Á pregunta de quen preferiría que fose presidente do goberno español, 24% das persoas enquisadas na Galiza respondeu con Pedro Sánchez, por 16,8% Pablo Casado e 13% Albert Rivera. Pablo Iglesias, 5%. Máis de 15% dos galegos e galegas enquisadas polo CIS responderon á pregunta con "ningún deles". Un 65% das persoas preguntadas en Galiza para este estudo do CIS considera que a situación política actual no Estado español é "mala" ou "moi mala" mentres que apenas 2,3% responde que é "boa" ou "moi boa". A respecto da situación económica, 56% das persoas enquisadas responden que é "mala" ou "moi mala" e só "5,1%" consideran que é "boa". En base a esta sondaxe, para os galegos e galegas o paro continúa a ser o principal problema (45% das enquisadas), seguido dos "políticos e os partidos", que é o primeiro problema para 14% das preguntadas. Valoracion dos partidos Preguntadas pola valoración política das diferentes formacións con representación no Congreso, 56% dos galegos e galegas teñen unha valoración "mala" ou "moi mala" do PP, por un 49% que a teñen do PSOE e un 46% de En Marea. |
NOS_24538 | O portavoz nacional do Bloque empraza o goberno galego a "non consentir a degradación extrema" d@s operari@s destas firmas mentres a multinacional obtén beneficios de miles de millóns. | O BNG vai solicitar no Parlamento a intervención da Consellería de Traballo no conflito das subcontratas de Telefónica, unha petición anunciada esta segunda feira por Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque, durante a súa participación nas mobilizacións que no Polígono da Grela (A Coruña) protagonizaron traballador@s de Liteyca. Vence considera que a Xunta ten que intervir ante a "degradación extrema" das condicións laborais das persoas que traballan para subcontratas da que fora empresa pública de comunicacións, privatizada polo PP no mandato de Aznar. Vence preguntouse se estas condicións laborais degradadas nas que non se respectan nin os convenios "son unha mostra máis da recuperación económica que pregoa o PP", e salientou que a multinacional obtivo un beneficio neto en 2014 de 3.000 millóns de euros "a costa da degradación ata o extremo das condicións laborais das persoas que traballan nas empresas coas que subcontrata". O BNG tamén vai levar a situación do cadro de persoal de Liteyca ao pleno do Concello da Coruña, e o portavoz municipal e candidato de BNG-Asembleas Abertas, Xosé Manuel Carril, anunciou "unha moción en pleno instando a cumprir o convenio colectivo, á readmisión dos traballadores despedidos inxustamente, e en demanda dun novo sistema de contratas e subcontratas". A greve indefinida afecta en Galiza a medio cento de empresas e por volta dun milleiro de empregad@s. A greve comezou o martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen as e os traballadores do sector. |
NOS_6832 | Kawase sorprende cunha historia chea de lirismo e empatía entre todos os tipos de nais que vai propondo. | Naomi Kawase comeza a súa carreira cinematográfica facendo documentais baseados na súas propias experiencias vitais. Logra a "Cámara de Ouro" no Festival de Cannes de 1997 con Suzaku, converténdose na cineasta máis nova en gañar un premio neste certame. Anos despois pasa a formar parte do propio xurado de Cannes, a primeira persoa xaponesa que o consegue. Desde entón alterna documental e ficción, decantándose pola ficción a partir da mística Augas tranquilas (2014). Escribe, ou coescribe, todos os seus guións, tanto os libretos orixinais como os adaptados de novelas. Nais verdadeiras / Naomi Kawase / Xapón / 2020 / 140 min. En Nais verdadeiras adapta, xunto Izumi Takahashi, a novela da escritora Mizuki Tsujimura sobre unha parella acomodada que toma a decisión de adoptar un neno por mor de non poder concibir fillos. Anos despois, a verdadeira nai aparece para recuperar o que é de seu... ou recibir unha compensación. A sinopse apunta a un previsíbel enfrontamento por ver quen é a "nai verdadeira", mais que o título estea en plural debería dar unha pista de que non van ir por aí os tiros. Lonxe de pór o foco no conflito ou tratar de debullar que é ser "unha nai verdadeira", Kawase sorprende cunha historia chea de lirismo e empatía entre todos os tipos de nais que vai propondo. Cunha narración non lineal mestura presente e pasado para conformar os porqués das distintas tomas de decisións no tocante á maternidade. E faino paseniño. Sen présa. Sen posicionarse. As nais que ceden as súas crianzas en adopción, as nais adolescentes, as nais adoptivas ou as mulleres que decidiron non ter fillos están representadas, aínda que se centra sobre todo no campo adoptivo. Tampouco descoida a crítica social cara a unha sociedade nipona ultraconservadora, profundamente machista e na que priman as aparencias fronte case todo. Dentro da evidente ficción, Nais verdadeiras contén pasaxes de formalismo semi-documental a través dunha procurada realización arredor de conversacións que semellan testemuños reais coas actrices colocadas de maneira premeditada mirando á cámara. Isto achega un punto máis de veracidade a un melodrama no que prima a sensibilidade e a comprensión entre as mulleres. Os homes aquí son meras comparsas, tipos paternalistas, acomplexados, inútiles ou simplemente descerebrados. Un filme de sororidade para degustar a lume lento que supera, con creces, o test de Bechdel. Moita atención á casa de adopción que está ao pé dun acantilado fronte unha costa chea de bateas de ostras. Se nese momento poñen o cartel de "Arcade", a min cóame... |
PRAZA_10734 | A contía depositada nos xogos de azar presenciais pasou dos 1.100 millóns de 2014 aos 1.400 de 2017, último ano con estatísticas. As apostas nos salóns e as máquinas comecartos son as modalidades que máis crecen. Neste tempo, ademais, o gasto nos xogos online máis que se duplicou. | Os galegos e galegas cada vez xogan máis e cada vez perden máis cartos nos xogos de azar e nas apostas. Dende hai anos vén advertíndose contra o aumento de problemas xerados por estas prácticas, situacións de ludopatía e con graves consecuencias económicas para moitas persoas. Tense posto o foco na expansión das tendas e salóns de apostas, omnipresentes nos barrios de todas as cidades galegas, pero a realidade é que aumentan os cartos depositados en practicamente todas as modalidades de xogo. A realidade amosta, igualmente, que alén do impacto que estas casas de apostas poidan ter (seguramente acollen a moitos dos xogadores máis compulsivos), as máquinas comecartos dos bares (máquinas B) e as novas máquinas de apostas tamén instaladas en locais de hostalaría (ao redor de 3.600 en toda Galicia) recollen unha parte moi importante de todos os cartos gastados polos xogadores e xogadoras galegas.O gasto dos galegos nos xogos de azar presenciais pasou dos 1.100 millóns de 2014 aos 1.400 de 2017, último ano con estatísticasOs datos publicados polo Ministerio de Facenda indican que entre o ano 2014 e o 2017 (último exercicio para o que hai estatística a nivel galego), o gasto dos galegos e galegas nos xogos de tipo presencial (dende a lotería ao bingo, pasando polas máquinas comecartos ou as apostas en tenda) aumentou un 27%, dende os 1.100 millóns de euros de 2014, ata os máis de 1.400 de 2017. É previsible, ademais, que o indicador de 2018 manteña ou incremente esta dinámica de ascenso, pois no pasado ano a actividade das casas de apostas elevouse notablemente (e así o amosan os datos globais a nivel estatal). E hai que ter en conta que neste tempo tamén se desenvolveron moito máis as apostas online, que están a ter un crecemento aínda máis rápido. De feito, entre 2014 e 2017 o seu gasto no Estado Español aumentou máis dun 100%.Xogo por xogo, pódese observar como o gasto naquelas modalidades tradicionais, como as Quinielas, o cupón da ONCE e as lotarías (de todo tipo, dende a Bonoloto á Primitiva pasando pola Lotería Nacional ou o Euromillones) permanece estancado, case sen variación entre os anos 2014 e 2017. Con cantidades, iso si, moi importantes, sobre todo no apartado conxunto de lotarías. Crece un chisco a actividade en bingos e casinos, de 68 a 77 millóns de euros. E o mesmo sucede coas lotarías de Nadal e do Neno, que en tres anos pasaron de 174 millóns a 198 millóns de euros.As apostas nos salóns e as máquinas comecartos son as modalidades de xogo presencial que máis están a medrarSon as apostas presenciais (en tendas e salóns) a modalidade que máis medra nestes anos. Inexistentes ou practicamente inexistentes no ano 2014, en 2015 supoñen xa un gasto total de 103 millóns de euros, que dous anos máis tarde chegou aos 146 millóns. Con todo, a modalidade de xogo presencial máis importante en termos económicos é, con gran diferenza, a das Máquinas B (máquinas comercartos) instaladas en bares e outros establecementos. Aínda que hai variacións de distintos tipo de ano en ano, a evolución é crecente e en 2017 situou a cantidade total apostada en case 600 millóns de euros.Faise fincapé, igualmente, no impacto que estas prácticas están a xerar na mocidade, sobre todo a través dos devanditos salóns de apostas e tamén nas máquinas de apostas e no xogo online. E é que son as apostas online as que máis están a medrar nos últimos anos e as máis difíciles de controlar por parte da administración. As cifras a nivel estatal son moi elevadas e non deixan de crecer.No ano 2012 as apostas online sumaban 2.700 millóns de euros en toda España, cifra que se duplicou un ano despois e que superou os 10 mil millóns de euros no ano 2016. O pasado ano a contía total destas apostas superou xa os 17 mil millóns de euros, sobre todo en casinos online e nas apostas deportivas na rede.O pasado ano os galegos e galegas gastaron nas apostas online máis de 800 millóns de eurosNon hai datos específicos para Galicia, pero podemos realizar algunha estimación baseada no peso estatístico da poboación sobre o total do Estado Español. A poboación censada en Galicia supón o 5,78% do total español. Mesmo empregando unicamente un valor de referencia do 5% (en Galicia hai menos poboación menor de 65 anos, que emprega este tipo de apostas con maior frecuencia), podemos pensar que no pasado ano os galegos e galegas gastaron nas apostas online uns 868 millóns de euros, cifra aínda inferior aos 1.400 millóns que deixaron nas apostas e xogos presenciais, pero cada vez máis próxima a ese indicador.Como mostra, no ano 2014, a diferenza en Galicia entre as apostas presenciais (1.100 millóns) e as apostas online (325 millóns) era moi superior. |
PRAZA_19426 | O vindeiro 13 de marzo non xulgan unha usurpación ou un comportamento ilícito. Xulgan o noso dereito a vivir a cidade, a retomarmos os espazos e os afectos que nos foron expropiados. | Por veces Compostela ten un corpo propio e autónomo e quere ser a cidade que nos agrada, permitíndonos esquecer por un momento que non deixamos de ser aquelas hostes persoas xa para sempre derrotadas que cantaba Ferrín, ou polo menos permitíndonos soñar ser outras, irreverentes e irreconciliadas co desfolgo. A pesar de certa constante nacional-católica que pega forte nas pedras esluídas da aldea grande, de cando en cando algo sacude o esfiañado corsé que detén o tempo na cidade. E foi así que en novembro de 2011 asistíamos á Grande Reapertura da Sala Iago, un dos máis simbólicos pulmóns culturais dunha Compostela que entregou un tras doutros os seus cinematógrafos como rendéndose ao aburrimento e cedendo á liberdade vixiada dos centros comerciais. As veciñas e veciños que daquela decidiran desencadear unhas portas que a especulación alxemou (sometidas como estabamos ao papel de espectadores pasivos dos ires e vires dun esperpento municipal no que que a criminalidade e a corrupción se converteran nunha maneira activa de goberno) conseguiron sacudirnos as arañeiras e o certo tedio que nos tiña comestos. Atinaron ao devolvernos a Sala Iago e ao decidiren non propoñer complexos programas políticos, ou elaborados discursos para a felicidade dunhas poucas. Non se trataba xa de reactivar un cinema, ou dunha reivindicación cultural ao uso. Tratábase de algo moito máis elemental e común, e polo tanto de algo moito máis profundo: reivindicaron a vida como un elemento activo, participativo. Sacudíronnos e espertaron toda unha cadea de emocións. Rescataron do po todos os vencellos soterrados de xeracións enteiras que dunha ou outra maneira se viron medrar ao acocho (ou coa escusa) de dous centos de cadeiras, catro paredes, moreas de celuloides e unha pantalla no que fora o antigo edificio de Correos no corazón do Vilar. Durante unha semana escasa (pois ese foi o tempo que permitiron suspender a existencia amortizada da cidade) elaboraron un calendario de actividades co obxecto de devolverlle á veciñanza un espazo que sempre lle pertenceu. Volveu ennovelar as noites o invento dos Lumière. Batías forte na porta e podías facer in situ un avalío da ruína na que o devezo de lucro convertera aquel vello cinema. Alí deixábaste arrolar por ese ritmo co que freneticamente a especulación (sempre protexida institucionalmente, e sempre gozando de superior dereito ao da cidadanía a vivir a nosa propia cidade) trababa unha e outra vez, e ben forte, coas súas dentadas de ladrillo a nosa memoria colectiva, esgazándoa. Pouco lles importaba aos reais poderes da cidade someter á borralla este edificio. Por iso o compromiso coa Sala Iago foi un compromiso cos afectos de toda unha cidade. A desproporcionada actuación policial que lle puxo fin a esta outra existencia da Sala Iago foi un abrupto retorno á normalidade. Cumpriulles incorporar elementos dramáticos para facernos dubidar das nosas propias forzas. Unha mísera acusación de usurpación ou "okupación" non ía poñerlle fin á apaixoada alegría coa que vivimos a reapertura da Iago. Porque, quen ía criminalizar a quen veu poñerlle unha nova vida á esmoroada pedra da sala? Comezou daquela a invención policial cutre, propia de serie de entretemento: seica estaban alí os materiais para elaborar un "cóctel McGyver". A vaina non podía ser outra xa que de cinema se trataba. Na estela dunha narrativa policial e fiscal a cada pouco máis mermada e cada vez menos asimilábel á idea de xustiza que podemos ter o común da xente, elementos usuais en calquera vivenda convertéronse, mudando o que debera ser mudado, e en base á sospeita e á hipótese e cun adobío de patetismo mediático, nunha coartada coa que arruinar esta experiencia que é xa patrimonio común da veciñanza. O vindeiro 13 de marzo non xulgan unha usurpación ou un comportamento ilícito. Xulgan o noso dereito a vivir a cidade, a retomarmos os espazos e os afectos que nos foron expropiados. Castigan a nosa impertinente maneira de recompoñer colectivamente a nosa memoria. Malia todo, aquí nos teñen a todas e todos aqueles que dunha ou outra maneira estivemos na Sala Iago, alegres e satisfeitas da ternos rebelado contra a cotidianidade de centro comercial. Porque aínda nos ten un sabor a mel a memoria dunha tan brillante intervención contra o aburrimento e a derrota. |
NOS_6081 | Constatada a imposibilidade de unir forzas coa esquerda estatal -vista a dependencia de EU a respeito de Madrid-, o soberanismo comeza a despregar a súa propia axenda, coa República Galega como horizonte. | O BNG tomou a iniciativa esta semana. Primeiro, promoveu un encontro do soberanismo coa esquerda estatal, para ver se era posíbel algunha síntese. Segundo, e constatada a falta de autonomía de EU, chamou a actos simbólicos a prol da República galega. O primeiro, este sábado (12 h): unha cadea humana rodeará o Parlamento galego. No acto, vocacionalmente aberto a toda a cidadanía galega, estará o BNG, mais tamén a organización independentista Nós-UP. De feito, está previsto que o evento conclúa coa leitura de senllos comunicados por parte de Xavier Vence e Rebeca Bravo, portavoces nacionais de BNG e Nós-UP, respectivamente. Chama tamén a participar na cadea humana o Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), organización que tamén se move no ámbito do soberanismo e que nas recentes eleccións europeas fixo parte da plataforma Avante Galiza! de apoio á candidatura de Os Pobos Deciden. O soberanismo galego móvese arredor dun lema proposto polo BNG, Galiza pola República e polo dereito a decidir das nacións. O BNG promoveu as conversas habidas esta semana coa esquerda estatal, falidas após se verificar a dependencia de EU a respeito de IU e após se constatar a ligazón de Anova con esta organización de ámbito estatal. Mesa Galega de Partidos O obxectivo destas conversas -segundo salienta o BNG esta sexta feira nun comunicado de imprensa- era constituír unha Mesa Galega de Partidos que impulsase unha "axenda galega" para a ruptura democrática e para criar as condicións que permitisen abrir un proceso constituínte na Galiza, orientado á conquista da República Galega. Concluídas as conversas sen acordo, o BNG manifestou a súa disposición a continuar sumando forzas arredor deses obxectivos políticos. Por parte de Nós-UP, Carlos Morais, membro da dirección nacional desta formación soberanista, declarou a Sermos Galiza: "Estamos ante o primeiro paso da unidade de acción que non se conseguiu materializar nas reunións desta semana. O acto deste sábado simboliza a unidade do nacionalismo e o independentismo a prol da reclamación da República Galega". |
NOS_16738 | Nas sete principais poboacións galegas hai máis poboación maior de 64 anos que menor de 20. | A estrutura poboacional galega está bastante envellecida. Indicadores demográficos como a idade media da poboación ou o índice de envellecemento dan boa conta disto, como lembnra o Instituto Galego de Estatística (IGE) No referido ao primeiro deles, a idade media dos e das habitantes da Galiza é de 47,2 anos. A idade media nas sete ciudades galegas tamén supera os 40 anos, máis, con todo, e agás no caso de Ferrol, este indicador sitúase por debaixo da media galega. A cidade co indicador máis baixo é Pontevedra, cunha idade media de 44,1 anos en 2019. O índice de envellecemento mide a relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos. Na Galiza no ano 2019 toma o valor 158,2, o que quer dicir que, por cada 100 menores de 20 anos hai aproximadamente 158 persoas de 65 ou máis anos. Os sete grandes concellos galegos presentan valores máis baixos neste indicador que a media galega, agás Ferrol, que, cun índice de 188,1, supera ao galego. O concello co índice de envellecemento máis baixo é Pontevedra, onde a relación é de 106,1. Con todo, nos sete grandes concellos o indicador está por riba do 100%, o que implica que hai máis poboación maior de 64 anos que menor de 20. A pirámide demográfica asusta. A poboación galega maior de 65 anos representa 25% do total e duplica a porcentaxe dos menores de 16 anos, até o punto de non superar estes o 12% do conxunto do censo en 244 municipios. Ao tempo, as persoas en idade de xubilación superan as menores de 30 anos en 233 concellos galegos, significan o 40% do número total de residentes en 78 localidades e superan o 50% en Calvos de Randín, Gomesende, O Irixo, Lobeira, San Xoán de Río, A Teixeira, Verea e O Bolo. As excepción son, unha vez máis, as áreas metropolitanas das principais cidades do Eixo Atlántico e algunhas localidades costeiras das Rías Baixas. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.