ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_1306
A policía española detivo por orde da Audiencia Nacional 26 persoas acusadas de "pertenza a organización criminal con fins terroristas" e "resistencia" á autoridade.
A operación policial continúa aberta mais até o momento foron detidas 26 persoas en senllos despregamentos acontecidos en Madrid, Barcelona, Palencia e Granada, segundo informan os xornais El Diagonal e La Directa. As detidas foron vinculadas a grupos anarquistas e a Audiencia Nacional española --através do xulgado de Instrución nº6-- impútalles delitos de "pertenza a organización criminal con fins terroristas" (12 delas) e "resistencia á autoridade" (outras 14 persoas). O tribunal atribúeas á denominada Grupos Anarquistas Coordenados (GAC). Axentes das Brigadas de Información de Madrid, Barcelona, Palencia e Granada desenvolveron desde as 6:00 a.m desta segunda feira (28 de marzo) seis rexistros en centros sociais okupados autoxeridos como La Quimera e 13/14 en Madrid, para alén doutros once en vivendas particulares. "A policía negouse a amosar ningún tipo de orde" denuncian desde o CSO La Quimera de Lavapiés Nun comunicado emitido através do portal web de La Quimera afirman que "desde as 06:30 da mañá" o centro social "foi asediado e, após destrozar a porta, rexistrado durante horas". Asemade, acrecentan, durante o rexistro "a policía negouse a amosar ningún tipo de orde ou a dar explicación algunha do que estaba acontecendo". O pasado mes de decembro no marco da denominada 'Operación Pandora' foron detidas 11 persoas vinculadas con movementos anarquistas que a policía española acusou de "pertenza a organización criminal con finalidade terrorista". Estas persoas foron enviadas a prisión. Porteriormente serían postas en liberdade baixo fianza.
PRAZA_11375
Debo estar habitando un planeta distinto que Feijoó, porque vexo as cousas ben diferentes; tanto que eu penso que vida e contorna, que sociedade e medio ambiente van da man e son indisociables e é o noso deber protexela como parte indisociable de Galicia
Eu debo estar habitando un planeta distinto do que habita o lexislador en Galicia. O caso é que no planeta que eu habito, día si día tamén atópome con novas na prensa e nas redes sobre agresións ambientais, problemas de saúde asociados a procesos de contaminación ou perda de patrimonio cultural e ecolóxico por execución de obras, movementos de terra, etc.Parece que estas agresións, dispersas por todo o territorio galego non son tales para o Goberno da Xunta de Galicia, que as observa baixo o prisma da utilización do poder lexislativo de xeito sesgado cun férreo control sobre o dereito de acceso a información ambiental alongando o proceso de solicitude e incluso incumprindo os prazos previstos na lei que existe ó efecto.Eu penso que non son agresións dispersas polo territorio senón que son un conxunto de agresións coordinadas e centradas en sectores económicos de forte impacto ambiental e de grandes beneficios privados axudado polo desmantelamento da meirande parte servizos públicos no rural.O primeiro paso para o desmantelamento dun servizo público é un orzamento insignificante respecto da magnitude da necesidade real. Neste caso falamos que o orzamento adicado a actuacións ambientais da Consellería de medio ambiente (e ordenación do territorio e vivenda) é duns ridículos 61MM€ o ano.O segundo feito que se ten que dar para o desmantelamento territorial-ambiental é a obsolescencia normativa acompañada despois dunha nova redacción acorde os modelos explotadores do territorio que os espoliadores demandan. Efectivamente, despois dunha década de parálise lexislativa na Xunta de Galicia en materia de protección do medio ambiente tense comezado a actualizar as normas galegas baixo o prisma do "crecemento económico liberal" baleirando de contido transformador ditas normas a través da aprobación (sempre en solitario) de normas como a ben chamada lei de "depredación de Galicia" cuxo manifesto contra a devandita lei afirma que é unha auténtica porta aberta á explotación descontrolada do medio natural galego xa que pretende desregularizar ámbitos como o eólico, forestal, mineiro ou os usos hidráulicos, silenciando calquera debate público sobre o desenvolvemento que requirirían dun amplo consenso social e político.A seguinte norma crave no proceso do espolio de Galicia é a lei de ordenación do territorio que se atopa nestes momentos en estudo. O anteproxecto da devandita lei non fai máis que profundar na desregularización ecolóxica do territorio e a potenciación do carácter extractivo incontrolado ao ordenar o territorio sen ter en conta as singularidades ambientais, paixasísticas, xeolóxicas ou hidroxeolóxicas do noso territorio. En definitiva, ordena o territorio sen ter en conta o territorio limitándose a ofrecer unha visión antropoxénica regulando procesos de uso do chan. Non en balde a lei que hoxe atópase en revisión deixou sen desenvolvemento os plans de ordenación do medio físico, único instrumento con capacidade de protexer o territorio xa que ordenaba o territorio desde a perspectiva natural, ecolóxica ou paisaxística e que, como debería ser sempre, prevalecçia sobre os usos antropoxénicos do territorio.Por último para o definitivo desmembramento do erritorio en Galicia tense que producir una laxitud na aplicación das normas de orden superior como as directivas, regulamentos e outra normas europeas e polas que temos expedientes sancionadores abertos en Bruxelas.O resultado de toda esta desafección do executivo galego cara o territorio e o medio ambiente ten consecuencias directas para a poboación con procesos de contaminación como o que acontece na Límia en Ourense contaminada por nitratos pola nefasta xestión de purins e en proceso de investigación por parte de Comisión europea ou os continuos incumprimentos dos límites de emisións de partículas PM2,5 (as máis perigosas para a saúde) na Cidade da Coruña por nomear dous exemplos. Penso que non teño que destacar o plan forestal de Galicia, coñecido por todos nos, que da man do PP leva sendo incumprido dende a sua entrada en vigor alá polo ano 1992.Pero todo isto son normas, son papeis que teñen detrás das mesas onde se articularon a seres humanos que se encargan de tramitalos. E aquí tamén existe unha desafección polo territorio. Xomo todo o mundo debe supoñer, a Consellería de medio ambiente ostenta as competencias en materia de medio ambiente e concretamente a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos, e a súa preservación para as xeracións futuras. A alguén dos lectores sóalle que esta Dirección Xeral denunciase por exemplo a Dirección Xeral de estradas ou de enerxía e minas por destruír o patrimonio natural? Sóalle a alguén dos lectores que esta Dirección Xeral cumprise cas súas competencias no eido da eucaliptización ou do deterioro que supón para o medio natural a minería en O Pino-Touro, San finx.Sirva como exemplo a tramitación da lei de Patrimonio Natural de Galicia, feita de xeito express e de costas os colectivos ecoloxistas como a Sociedade Galega de Historia Natural ( SGHN), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Rede Galega de Custodia do Territorio ou a Sociedade Galega de Ornitoloxía ( SGO) que denuncian non só a incumplimento sistemático da anterior lei sinon que esta nova lei establece unha limitación á superficie máxima que pode ter unha área para ser declarada como parque natural, unha medida que "non ten parangón a nivel estatal". Como si se puidera poñer portas a Natureza.Por iso penso que debo estar habitando un planeta distinto que Feijoó, porque vexo as cousas ben diferentes; tanto que eu penso que vida e contorna, que sociedade e medio ambiente van da man e son indisociables e é o noso deber protexela como parte indisociable de Galicia. A miña idea é clara: a responsabilidade ambiental co territorio galego é parte da saúde da sociedade galega.
NOS_43378
A formación preséntase en Ourense na plataforma 'Pola Esquerda'. Defende o voto para a candidatura Nós nas outras tres circunscricións galegas: A Coruña, Pontevedra e Lugo.
'Nova esquerda socialista galega' só concorre ao 20-D na provincia de Ourense, facéndoo como 'Pola Esquerda' en alianza cun sector de Podemos que recentemente marchou do partido de Pablo Iglesias. Para as outras tres circunscricións galegas, a 'Nova esquerda' pide o apoio para Nós-candidatura galega, por entender que é a "proposta que mellor pode defender os dereitos sociais e nacionais de Galiza". Distánciase de 'En Marea' por, afirma, "prácticas antidemocráticas moi semellantes aos partidos do sistema".
NOS_4737
Coches anegados cando sube a marea por estar aparcados en lugares prohibidos, queixas pola presenza do galego en lugares de ocio ou cultura, malestar polo tempo e até queixas pola excesiva néboa. Máis un ano, os "fodechinchos" volven a ser unha das atraccións do verán.
O Museo do Pobo Galego converteuse na maña de hoxe no obxectivo de varios ataques deste colectivo. Neste caso, Tamara Sánchez afirma nas súas redes sociais "todo en galego. E só había unha folla de tradución por sala, claro que se hai máis xente pois adeus". Museo do Pobo Galego Outra usuaria das redes sociais, na mesma liña da anterior, sinala que "respecto moito que os textos estean en galego, pero gustaríame obter o mesmo respecto e poder entender algo en castelán após pagar a entrada". O emprego do galego molesta, particularmente, a este perfil de turistas. Así, vai uns meses, Jaime Vargas Zúñiga, doutor en ciencias xurídicas pola Universidade de Harvard, profesor e secretario xeral de Aspen insitute cargaba contra o Museo do Pobo Galego afirmando que "me parece inadmisíbel que os carteis estean integramente en galego e non español tamén". As queixas contra o uso galego nos lugares de cultura son habituais nos seus perfís. Neste sentido, a conta de twitter @FodechinchosG, un dos fenómenos deste verán con máis de 14.000 seguidores nun mes e medio, sinala que 11 de xullo, Fernando ML nas súas redes sociais crítica que "é asombroso que nun museo español as explicacións non aparezan no noso idioma e de feito sexa considerado como unha lingua estranxeira". Museo de Lugo A mesma crítica do Museo do Pobo Galego é recibida polo Museo de Lugo. Neste caso é Agustín Díaz Arce quen cualifica de "pouco interesante" a institución rexida pola Deputación de Lugo, pondo como mostra disto que "a maioría dos carteis están só en galego". A Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón non resulta, tampouco, do seu gusto. Nesta ocasións, as pexas veñen porque após pagar 2 euros", "todas as aclaracións e comentarios estaban en galego". As denuncias contra as institucións culturais galegas e o seu patrimonio chegan a outras dotacións. Por exemplo, recomendan non visitar o castro de Castrolandin, en Cuntis, argumentando que o castro só ten a información en galego. Os petróglifos sen cubrir Os petróglifos aparecen, tamén, no foco das súas críticas. Un deles, Hector M, afirmaba que "a verdade é que agardaba que polos menos estiveran baixo teito para deter a súa degradación". A cualificación de "fodechinchos" vai gañando espazo. A es respecto, @FodechinchosG entende que "ser fodechincho non é sinónimo de turista, todos somos turistas nalgún momento. Ser fodechincho é unha atitude, e pode estar presente tanto no visitante interno coma no turista estranxeiro, tamén hai galegos fodechinchos".
PRAZA_10892
Tras unha primavera na que o monte ardeu máis que en todo 2018 o verán foi calmo ata setembro, con Porto do Son e Monforte como principais focos de preocupación pola proximidade do lume ás casas e máis de 860 hectáreas ardidas. A fin do verán e o inicio dos meses outonais confírmanse como novo campo de batalla contra as lapas co quecemento global como pano de fondo
As pantasmas do catastrófico outubro de 2017 regresan neste setembro de 2019. Máis de 500 hectáreas ardidas en apenas vinte e catro horas dispararon este xoves todas as alarmas nos montes galegos. A combinación de altas temperaturas e do forte vento do nordés avivou as lapas dende o interior de Ourense e Lugo ata comarcas costeiras como a do Barbanza, superando o medio milleiro de hectáreas só nos incendios revelados pola Xunta na xornada do xoves e, outra volta, poñendo en perigo zonas habitadas. Cara ao serán do venres a superficie total ardida nos incendios comunicados pola Xunta xa superaba as 860 hectáreas.Tras unha primavera na que o monte ardeu máis que en todo 2018 o verán foi calmo ata setembro, con Porto do Son e Monforte como principais focos de preocupación pola proximidade do lume ás casasTras unha primavera axitada na que o monte galego ardeu máis que en todo 2018, o segundo mellor ano da serie histórica, o primeiro foco de preocupación dun verán ata agora calmo chegaba este xoves dende Porto do Son. O lume, xa controlado, iniciouse na parroquia de Miñortos, declarouse de madrugada e alcanzou case as 90 hectáreas en poucas horas ameazando varias vivendas. Os equipos de extinción tamén loitaban contra as lapas dende primeira hora en varios puntos da provincia de Ourense como Cenlle -unhas 45 hectáreas- e Lobeira -arredor de 85-, focos comunicados pola Consellería do Medio Rural aos que se engadían outros, de menor dimensión, revelados por axentes e bombeiros forestais a través das redes sociais.O incendio declarado na parroquia monfortina de Seoane avanzou rapidamente, puxo en perigo zonas habitadas, obrigou a desaloxos preventivos e arrasou máis de 350 hectáreasOs equipos de extinción da Xunta e estatais -aos que se engadiu a Unidade Militar de Emerxencias- traballaban en Porto do Son cando o noutro punto do país regresaban escenas que devolvían á memoria colectiva o fatídico outono de 2017. Pouco despois do mediodía declarábase un incendio na parroquia monfortina de Seoane que o forte vento do nordés estendeu con rapidez ata ben preto das casas, obrigando a desaloxos preventivos. Unha columna de mesto fume cubriu o ceo da capital de Lemos mentres o incendio obrigaba a cortar o corredor que une a localidade con Chantada e Lalín e mais a estrada de Escairón. O incendio en Sardiñeiro (Fisterra), declarado na madrugada deste venres, queimou xa 120 hectáreasO forte vento contribuíu a espallar o lume e o fume cara a Pantón, tamén con risco para vivendas, dando lugar a momentos de forte tensión mentres os refachos dificultaban o traballo das brigadas de extinción. A superficie afectaba rolda as 350 hectáreas no que, polo momento, é o incendio máis voraz desta vaga ás portas do outono tras un verán tranquilo nos montes galegos, acougo impulsado fundamentalmente pola climatoloxía, cun numerosos episodios de chuvia e escasos períodos prolongados de calor e vento. Contra o mediodía do venres quedou controlado e a superficie afectada ascendeu a 465 hectáreas.De madrugada, á lista de incendios comunicados oficialmente pola Xunta engadíase outro en Sardiñeiro (Fisterra). Está activo desde a 1.20 da madrugada e queimou xa 120 hectáreas, segundo as últimas estimacións, aínda provisionais. No terreo traballan 4 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).Nos últimos dous días, arderon en Galicia máis de 700 hectáreas, tendo en conta só os cinco maiores incendios. A última hora da tarde deste venres, outro foco importante prendeu en Carnota. O outono, novo campo de batallaMentres os prognósticos de Meteogalicia apuntan a que os ventos do nordés acalmarán un chisco durante a mañá deste venres para despois volver gañar forza, esta nova vaga de incendios supón, pola vía dos feitos, un recordatorio do vivido en 2017 pero tamén a confirmación dunha tendencia. O outono é, cada vez máis, un novo campo de batalla na loita contra os incendios forestais.Tal e como amosan os datos acumulados recollidos anualmente no Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), setembro e outubro son meses perigosos para o monte galego. Mentres que na última década o número de incendios nos meses do verán descendeu moi notablemente con relación á década anterior, os sinistros no outono incrementáronse. Como pano de fondo desta tendencia permanecen coñecidos factores estruturais, como a falta de ordenación e as cuestións vinculadas á política forestal galega. Pero, como veñen alertando voces expertas e tamén organismos oficiais como a propia Meteogalicia, a estes elementos engádese agora outro mesmo máis relevante: o quecemento global e a crise climática que trae consigo. Dende a Xunta, non obstante, volveuse a aludir á existencia de "desaprehensivos" e a incendios "interesados", en verbas do presidente da Xunta sobre o lume en Porto do Son.
NOS_34394
A banda de Sigüeiro representará mañá sábado a Galiza na final do Suns Europe, o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias que inclúe un concurso da canción e que se está a celebrar en Udine (Friuli).
A banda liderada por Manuele Caamagno xa está nesta cidade do norte de Italia, onde hoxe ofreceron un pequeno concerto previo ao concurso. Mañá sábado, os Caamagno participan co tema 'Lausanne', do seu último disco 'Para unha vez que saímos' (Lixo Urbano, 2016), unha canción de traza social no que contan a historia dunha familia de 'losers', aplicable a medio país. A letra, adaptada por eles, vén do poemario 'Crónica do chan' de Alberto Lema, tal e como nos contou Manuele Caamagno nunha entrevista este verán: "Nós adaptamos o texto libremente, pero conserva o espírito do poema, que nos gustou moito e no que nos vimos reflectidos. Case todo o mundo ten algún alguén que foi emigrante nos 70. Vimos o tema claro, saiunos esa liña soul debaixo e fixemos unha canción de forma alegre pero con contido triste". Familia Caamagno competirá con outras nove bandas: Doro Gjat (Friuli), Berdon (Ladinia), Veronika Usholik (Chukchi, Rusia), Brieg Guerveno (bretón), Steso (faroés), Imlé (gaélico irlandés), Aon Teanga: Un Çhengey (gaélico escocés, irlandés e da illa de Mann), Norma (frisón) e Gurude (cacasiano, Rusia). Segunda edición do Suns Europe Esta será a segunda edición do Suns Europe (o ano pasado o representante galego foi Caxade), que substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acolle diversas actividades do 1 ao 3 de decembro en Udine (Friuli), entre a que destaca este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias. Suns Europe non só é unha competición musical, tamén lle dá cabida a outras expresións culturais como o cinema ou a literatura, e elixe as mellores producións en linguas minoritarias do continente.
PRAZA_15171
O Tribunal Constitucional admite os recursos de inconstitucinalidade de Galicia e Estremadura, ambas as dúas comunidades gobernadas polo PP.
O Tribunal Constitucional (TC) vén de admitir a trámite os recursos de inconstitucionalidade interpostos polo Goberno de Estremadura e pola Xunta de Galicia, que se une ao de Canarias, contra a supresión das primas ás renovables. O Executivo galego presentou o recurso contra o Real Decreto Lei 11/2012, de 27 de xaneiro, co que se suspenden os procedementos de preasignación de retribución e dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de cogeneración, fontes de enerxía renovables e residuos. O Gobernode Feijóo entende que o decreto "invade competencias propias" da autonomía A Xunta entende que este decreto, recorrido xusto despois das eleccións, "invade competencias propias" da comunidade autónoma, polo que recorreu co obxectivo de "protexer" sectores de enerxías "eficientes" como a eólica, o biogás, a biomasa e a coxeración. En concreto, o Goberno de Feijóo entende que a norma estatal atenta contra a seguridade xurídica e xera "incerteza" nos axentes investidores, ademais de afectar "o lexítimo e pacífico exercicio" das competencias propias da autonomía. Tamén alega que terá "un impacto económico limitado" a curto prazo no que respecta ao déficit de tarifa, "un problema xa coñecido desde hai anos". Pola súa banda, o Consello de Goberno de Estremadura acordou interpor o recurso "en defensa dos intereses de todos os estremeños", baseándose nun informe do Consello Consultivo estremeño encargado polo Executivo rexional para determinar a idoneidade ou non da medida. Galicia e Estremadura interpuxeron este recurso de inconstitucionalidade contra a reforma do Goberno central, do mesmo xeito que o Executivo de Canarias, que xa a pasada semana valorou como "boa noticia" a decisión do Tribunal Constitucional, ao considerar que reafirma a tese "de que o triunfo das enerxías renovables será unha realidade".
NOS_26907
Á historia lembraráo como un dos máis sanguinarios ditadores de Latinoamérica. Jorge Rafael Videla morreu aos 85 anos no cárcere, condenado por estar ao fronte do máis cruel dos reximes, o que goberno Arxentina e fixo desaparecer máis de 30.000 persoas.
A militar dos desaparecidos, o brazo executor dunha das máis terroríficas ditaduras morreu na Arxentina, no cárcere, e condenado a cadea perpetua por unha xustiza que nunca recoñeceu. A imaxe rexia de Videla a declarar diante os xuices percorreu o mundo en varias ocasións, a que máis, cando Videla foi condenado pola apropiación de menores de mulleres desaparecidas nunha sentenza que se considerou histórica. A xustiza contemplaba a desaparición das criaturas como parte da estratexia de exterminio decretada por Videla. De 1976 a 1981 gobernou coa máis duras das mans unha Arxentina na que mozos e mozas que non respondían ao ideario dos militares desaparecían ou se vían na obriga de se exiliar.Máis de trinta anos despois, Videla morre no penal de Marcos Paz, condenado por múltiples crimes, entre eles os recollidos no famoso Plan Cóndor. "Un ser despreciábel deixou este mundo" afirmou Estela de Carlotto, presidenta de Avoas, o colectivo de mulleres que reclama os bebés desaparecidos durante a ditadura. Condenado, sen perdón Jorge Rafael Videla pasará a historia como o xenocida que protagonizou a etapa máis dura da Arxentina. Secuestros, prisión, desaparicións e asasinatos foron a tónica da súa maneira de poñer control sobre o país no que buscaba instaurar unha ríxida política neoliberal e no que quería ver imperar os estrictos comportamentos propios dun rexime que tiña na relixión e o exército os seus fundamentais piares. O fin chégalle aos 87 anos e na cadea, onde cumpría condena por delitos de lesa humanidade dos que nunca pediu perdón. As denuncias de colectivos de activistas, en especial Madres e Abuelas de la Plaza de Mayo continúan a pedir xustiza, memoria e aínda buscan aos fillos desaparecidos e aos netos que nunca coñeceron.
NOS_4515
Costureira e lavandeira, é unha das referentes da loita obreira contra a represión do réxime ditatorial do franquismo.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Marín homenaxeará esta quinta feira, 18 de agosto, Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida como A Capirota, cando se cumpren 86 anos da súa violación e asasinato a mans dun grupo de falanxistas. Multitude de actos lembran as persoas represaliadas polo Día da Galiza Mártir O acto decorrerá na praza que leva o seu nome, e nel participarán a catedrática de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid e autora de Lola, filla de Cangas, Asún Bernárdez Rodal; a mestra e investigadora da ARMH Ana Acuña Trabazo; e o grupo de folk A Revolta, que realizará unha pequena actuación musical. "As Asociacións de Memoria levamos anos pedindo que a impunidade dea paso á xustiza, porque o dereito á verdade e á reparación que exixen as vítimas é un deber moral da democracia", explica ARMH nun comunicado. Un informe da USC cifra en sesenta as foxas que aínda non se exhumaron A Capirota está considerada como unha das referentes da loita obreira contra o réxime ditatorial que instauraron os militares sublevados na Galiza e no resto do Estado español. A historia de Carmen Pesqueira Carmen Pesqueira naceu na Mouta, en Marín, o 1 de xullo de 1907. Foi filla de mariñeiros, e traballaba como costureira e lavandeira para poder manter o seu fillo, que criaba como nai solteira. A Ulloa lembra as represaliadas En agosto de 1936, cando os falanxistas xa tomaran a Galiza, A Capirota saíu na defensa dun home ao que un grupo de sublevados estaban a propinar unha malleira. Entre eles estaba o xefe da Centuria de Zapadores de Falanxe en Marín, Bruno Schweiger, un dos principais represores na comarca. Era o 18 de agosto. Esa mesma noite, a lavandeira foi secuestrada polos falanxistas e levada ao Pozo da Revolta, na parroquia de Mogor, onde foi violada, golpeada, torturada e finalmente, asasinada con varios disparos. As galegas violadas polo franquismo Ao día seguinte, os mesmos que a fusilaran "pasearon" o seu corpo polas rúas de Marín para que servise de exemplo do que sucedería con aqueles e aquelas que se levantasen contra o franquismo. 86 anos despois, A Capirota converteuse en exemplo, mais da loita contra a inxustiza e a barbarie.
NOS_52145
Queres saber de onde vén a letra que se está a converter no himno fronte ao coronavirus? Xa che adiantamos que a autoría non é do Dúo Dinámico.
A canción "Resistiré" estase a converter nun dos himnos da actual situación de crise sanitaria que atravesamos. O seu retrouso faise eco en todas partes, desde as varandas, os patios até os propios medios de comunicación. Mais moita xente atribúe a súa autoría ao Dúo Dinámico, que se ben foi a formación que a popularizou non está detrás da súa letra, que se inspira na resistencia da loita antifranquista. O auténtico compositor foi Carlos Toro Montoro, a partir dalgúns elementos musicais que a irmandan co I will survive da cantante Gloria Gaynor. Mais como pouso fundamental da letra está, sobre todo, a homenaxe a Carlos Toro Gallego, o pai do letrista e xornalista, quen fora condenado a morte polo réxime franquista e pasou máis de 15 anos en prisión. Así, a canción nace como unha inspiración de azos, forza e coraxe para o preso. A letra describe a soidade dunha cela, o medo ante a incerteza do mañá ou mesmo os abusos e malos tratos que con tanta frecuencia e de maneira normalizada se producían nas insitucións carcelarias. Natural de Jaraceijo (Cáceres), Toro era antes do golpe de Estado un activo militante da Unión Xeral de Traballadores, que pasaría logo a facer parte do Partido Comunista de España (PCE). Loitou no exército republicano e, rematada a guerra, foi detido e condenado a morte por delito de rebelión, pena conmutada por 30 anos de cárcere. Saíu de prisión en 1944 baixo réxime de liberdade condicional, pero foi detido de novo en outubro de 1947 en Madrid, nunha operativa para o desmantelamento de estruturas do PCE. Foi condenado daquela a 14 anos de prisión. Os soños desfeitos en anacos, a falta de recoñecemento da propia voz ou a ameaza da propia loucura toman outra lectura desde esta óptica.
NOS_38687
O colectivo matiza que iso non pode significar "unha sobrecarga asistencial" para eses centros, "mantendo unha relación bidireccional de colaboración entre os hospitais dos distintos niveis asistenciais".
A Sociedade Galega de Medicina Interna (Sogami) reclama que "se mobilicen todos os recursos necesarios para asegurar a cobertura das actividades dos servizos de Medicina Interna nos hospitais comarcais". O colectivo matiza que iso non pode significar "unha sobrecarga asistencial" para eses centros, "mantendo unha relación bidireccional de colaboración entre os hospitais dos distintos niveis asistenciais". A precariedade laboral esporea a fuga de internistas novos do Sergas Así o recolle Sogami nun documento de sete folios remitido ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e ao xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, en relación ás demandas do colectivo de Medicina Interna da Galiza. O documento advirte de que "a situación asistencial, con cargas de traballo ilimitadas, pon en risco, como é obvio, a administración duns coidados de calidade, impactando directamente na seguridade do paciente, ao incrementar a posibilidade de erro médico". Carga de estrés "nunca antes vivida" Sogami denuncia que os profesionais internistas están a sufrir unha carga de estrés "nunca antes vivida", froito da "continuada presión asistencial, incrementada nos últimos anos derivada dos factores comentados previamente, e a situación emocional agravada estes dous últimos anos ao estar á fronte do manexo dunha enfermidade emerxente". "Nos últimos anos asistimos a un aumento progresivo da demanda de asistencia nos servizos de Medicina Interna que non foi acompañado da consecuente adecuación dos persoais dos servizos dos hospitais da nosa autonomía", lamentan os médicos internistas. O Colexio de Médicos exixe á Xunta "as medidas necesarias" para paliar a "sobrecarga" dos internistas O documento sinala o avellentamento progresivo da poboación galego como un engadido á sobrecarga asistencial dos médicos internistas, ao ter que afrontar unhas demandas "que as outras especialidades non poderían solucionar". Ante esta situación, Sogami afirma no seu comunicado que se fan aínda "máis incomprensíbeis" as "mostras de desprezo" da administración galega aos profesionais internistas.
PRAZA_5482
A Plataforma Veciñal na Recuperación do Patrimonio Termal rexistrou un recurso de alzada dirixido á Consellaría de Industria polo proxecto de saneamento da burga Lume de Deus, unha das dúas termas de acceso público na localidade, un uso público que se vería ameazado.
A burga Lume de Deus é, xunto con outra situada na rúa Real, a única fonte termal de acceso libre e uso público entre as 19 existentes en Cuntis. En concreto é de uso veciñal entre o 1 de outubro e o 31 de xuño, mentres que no verán a auga, desviada, é de explotación única da empresa privada Termas de Cuntis. A Consellaría de Industria proxecta dende hai meses levar a cabo unhas actuacións de saneamento integral na burga, por iniciativa da empresa. Veciños e entidades sociais e políticas da localidade consideran estas obras moi "agresivas" e alertan de que poden poñer en risco a integridade da burga, de grande importancia patrimonial, ademais, ao incluír restos romanos, entre eles unha arqueta de 1.700 anos de antigüidade, da que hai pouco exemplos en Galicia. A Plataforma Veciñal na Recuperación do Patrimonio Termal levas varias semanas manifestando a súa oposición ao proxecto, que tampouco conta co apoio do Concello de Cuntis. O pasado 24 de abril a Plataforma rexistrou un recurso de alzada dirixido á Consellaría de Industria, denunciando que as obras buscan "obter certos dereitos dos que, ata o de agora, a empresa Termas de Cuntis, S.L. para nada gozaba". Os veciños e veciñas acusan a consellaría de levar a cabo unha "iniciativa unilateral" e de non ter en conta "a posibilidade da existencia doutros titulares lexítimos sobre o aproveitamento da auga da fonte, a pesar do seu carácter histórico e público". De feito, lembran que nos últimos tempos se veu limitando, sucesivamente, o acceso público ás fontes e termas existentes no Concello. Citan por exemplo as fontes de Castro e A Ferreira, que anteriormente eran de uso público e agora están en mans privadas. Nos últimos anos o caudal da terma Lume de Deus viuse gravemente reducido, até nun 80%, o que xa xerara protestas por parte dos veciños. De se executar o proxecto, din, "atentaríase contra a conservación dos usos e costumes dos veciños e veciñas deste concello", pois a empresa que explota este manancial pasaría a utilizar todos os sobrantes da fonte antes de que estes vertesen polo cano. Ademais, sinalan que se "limitan, de xeito arbitrario e inxustificable, os dereitos cidadáns" e lembran o prexuízo contra o patrimonio que poden supor as obras. Os veciños esixen que non se realice obra ningunha na burga até que se determine su propiedad, e alertan do perigo de que "se perda un testemuño arqueolóxico, aínda sen catalogar, que realmente representa un símbolo da súa identidade como pobo e que engarza con toda a cultura europea". Lembran que xa nunhas obras realizadas en 1908 a arqueta romana que recolle a auga foi danada, e temen que estas novas actuacións a destrúan por completo. Mesmo o alcalde, Antonio Pena (PP), denuncian que o sistema que prevé o proxecto da Consellaría de Industria "supón unha alteración no cauce, é una idea contranatura que pretende instalar unhas bombas de presión cuns pulsadores".
PRAZA_18074
"O maquinista foi só o brazo executor dunha cadea de responsabilidades que rompeu polo elo máis feble" di José Enrique Villarino, economista que se vén amosando moi crítico cos equipos de Blanco e Pastor en Fomento
"O maquinista foi só o brazo executor dunha cadea de responsabilidades que rompeu polo elo máis feble" di José Enrique Villarino, economista que se vén amosando moi crítico cos equipos de Blanco e Pastor en Fomento "O maquinista foi só o brazo executor dunha cadea de responsabilidades que rompeu polo elo máis feble". Así resumiu este mércores o accidente do tren Alvia na súa comisión de investigación no Congreso José Enrique Villarino, ex-cargo de Renfe e consultor ferroviario que se vén amosando moi crítico co deseño do AVE galego e coa xestión posterior do accidente, no que morreron 80 persoas. Ao seu xuízo, varias decisións previas que foron preparando o terreo para o sinistro foron tomadas cunha "evidente responsabilidade política" durante os períodos en que á fronte do Ministerio de Fomento estiveron os equipos do socialista José Blanco e da popular Ana Pastor. Porén, o comparecente non foi quen de dicir de quen foron esas supostas decisións políticas. Villarino, economista de formación e consultor en materia ferroviaria, ocupou entre 1986 e 2007, cando se xubilou desa empresa pública, diversos cargos en Renfe en áreas de planificación de servizos, proxectos estratéxicos e longa distancia e alta velocidade. Tras o accidente vén escribindo nun blog numerosos artigos críticos con Fomento, Adif e Renfe. Este mércores tanto PP como PSOE esforzáronse en poñer en dúbida os seus coñecementos técnicos en materia ferroviaria e en evidenciar que as súas son opinións políticas, mentres que grupos como En Marea ou ERC gabaron a súa valentía ao amosarse tan crítico co sistema ferroviario español. O propio Villarino admitiu na súa comparecencia que algunhas das afirmacións que realizou este mércores non as podería soster nun xulgado pero que consideraba que si debía dicilas nun foro político como esta comisión. Polas decisións que Villarino atribúe a políticos están imputados seis técnicos, pero ningún deles declarou nunca recibir ningunha orde política Villarino insistiu en atribuír a motivacións políticas algunhas das decisións que reduciron a seguridade da liña, en particular dúas: a tomada antes da súa inauguración en decembro de 2011 de recortar a instalación do sistema de control constante da velocidade propio do AVE (o ERTMS) ata uns quilómetros antes da curva de Angrois; e a tomada en 2012 de desconectar o sistema tamén a bordo dos Alvia malia que de estar activo frearía o tren antes da curva se non o facía o maquinista por un despiste como o que sufriu aquel día. Por esas decisións e o xeito en que se tomaron, presuntamente sen avaliar de xeito correcto o risco que supuñan, están imputados no xulgado seis técnicos de Adif, Renfe e a consultora Ineco, pero ningún deles declarou nunca recibir ningunha orde política. O comparecente non foi quen de apuntar aos propios ministros como responsables das decisións: "Imaxino que a máxima responsabilidade política non entraría neses detalles, senón que alguén diría que 'o ministro ten aquí unha urxencia'" Segundo o comparecente, si houbo unha "motivación política de acurtar prazos" do AVE Ourense-Santiago que ao seu ver se evidencia na coincidencia no tempo da súa inauguración "co cambio de Goberno". Porén, a inauguración produciuse o 10 de decembro de 2011, cando o socialista Blanco xa gobernaba en funcións tras perder as eleccións un par de semanas antes. Villarino tamén puxo en dúbida a posta en servizo do tren Alvia xa en 2012 coa popular Ana Pastor no cargo asegurando que a Audiencia Provincial da Coruña cuestionou a súa homologación, algo que non sucedeu. O propio comparecente non foi quen de apuntar aos propios ministros como responsables das decisións: "Imaxino que a máxima responsabilidade política non entraría neses detalles, senón que alguén diría que 'o ministro ten aquí unha urxencia'". Villarino, a preguntas de En Marea, tamén asegurou que en "charlas de café" persoal de Adif ou Renfe transmitiulle que houbo presións das empresas públicas para ocultar datos do sinistro, pero admitiu que non ten probas. Outro cargo de Fomento responsable da autorización da liña di que foi posta en servizo "conforme á normativa" Tras Villarino, na comisión tamén compareceu José Luis González Navarro, técnico da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria e previamente da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento. Segundo dixo, a autorización que dá a dirección xeral do ministerio para autorizar a posta en servizo da liña baseouse na documentación recibida de Adif e non é coñecedor de ningunha irregularidade na liña de AVE Ourense-Santiago nin de ningunha presión política: "A súa inauguración foi conforme á normativa", dixo. José Luis González Navarro, técnico da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria
PRAZA_8836
Fermin Muguruza abre este venres o Reperkusión'13, en Bemposta, no que o sábado o protagonismo será para Manu Chao. O músico vasco destaca que na crise "moita xente decatouse dalgunhas cousas e moitos dos que nos poñían unha etiqueta de comprometidos tiveron que darnos a razón".
Kortatu, Negu Gorriak, Dut, Fermin Muguruza Dub Manifest... A través de Muguruza pódese seguir a historia da música vasca dos últimos 30 anos. Porén dende hai un tempo centrou parte do seu traballo no mundo do audiovisual e non é tan habitual velo enriba do escenario. Este venres en Ourense hai unha magnífica oportunidade, na primeira xornada do Reperkusión'13, no que o sábado o protagonismo será para Manu Chao. A organización espera repetir o éxito da pasada edición, na que máis de 21.000 persoas pasaron por Bemposta. O primeiro día de festa comezará ás seis da tarde, con humor para pequenos e para grandes, circo e moita música. Ademais de Muguruza, tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo. Ademais de Muguruza, tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular Muguruza responde con amabilidade nas entrevistas, mesmo a aquelas preguntas que a bo seguro lle fixeron un milleiro de veces ao longo da súa carreira. Vén de falar con medios de toda Latinoamérica, onde continuará con esta xira que esta semana o trae a Galicia e que nas vindeiras semanas o levará mesmo a Australia. Algunha das entrevistas que concedeu ao longo do día non trataron en absoluto sobre música, senón sobre audiovisual, un campo no que o vasco traballa tanto ou máis, aínda que ás veces en proxectos que aúnan as dúas artes. É o caso de Zuloak, un falso documental sobre unha banda de Riot Girrrl, a través do que nos ofrece a súa visión do mundo da música e da súa evolución nos últimos anos. En Zuloak querías falar do movemento Riot Girrrl en concreto ou o máis importante era tratar en xeral o mundo da música pero dende unha perspectiva feminina? Son as dúas cousas. Eu quería falar do mundo da música pero sobre todo quería facelo a través da ollada da muller e reivindicar o seu papel e esa cousas que parecía que xa nos noventa ía ocorrer por fin: que elas tomasen os escenarios. E esperamos que ocorra dunha vez por todas. "A verdade é que unha das razóns de que veña ao Reperkusión é que Manu Chao me insistiu moito e faloume moi ben do festival" Ultimamente non dás tantos concertos. Como acabaches en Ourense? Custoulles moito convencerte? A verdade é que unha das razóns de que veña ao Reperkusión é que Manu Chao me insistiu moito e faloume moi ben do festival. A outra é que hai uns meses vin ao Festival de Cinema de Ourense para presentar a miña película Zuloak e estiven aquí coas rapazas da peli, demos un concerto... Os organizadores achegáronse e a verdade é que me caeron moi ben e convencéronme coa filosofía do festival e o lugar no que se facía. "Espero neste festival poñerme ao dia e coñecer estas nova fornada de bandas, que xa me dixeron que había moitas bandas novas cantando en galego" En calquera caso a relación musical entre Galicia e Euskadi vén de lonxe e en certas épocas foi moi estreita... Todo iso veu por fornadas, por xeracións e mesmo por décadas. O contacto na década dos oitenta foi moi importante, e había unha relación moi forte entre Kortatu, Os Resentidos e Siniestro Total. Nos 90, Nación Reixa gravou con músicos de Negu Gorriak. E nós seguimos tendo moito contacto con bandas coma Os Diplomáticos. E eu persoalmente, que agora estou máis afastado da música, sigo moi en contacto con Galicia a través de Filmanova. Pero espero neste festival poñerme ao dia e coñecer estas nova fornada de bandas, que xa me dixeron que había moitas bandas novas cantando en galego. Para iso serven as xiras: para coñecer nova música e nova xente. Que os que coñeces de toda a vida che presenten outras persoas e te informen dese empuxe que cada certo tempo se dá en cada pais. Eu comecei a vir a Galicia en 1985 e despois seguín vindo case cada ano. E a última vez en 2007 demos un concerto memorable en Santiago de Compostela "Moita xente decatouse dalgunhas cousas e moitos dos que nos poñían unha etiqueta de comprometidos ou independentes nos tiveron que dar a razón" A crise fixo que algo mudase no mundo da música? Hai máis contacto coa realidade social? Creo que si. Moita xente decatouse dalgunhas cousas e moitos dos que nos poñían unha etiqueta de comprometidos ou independentes nos tiveron que dar a razón. Eu veño da autoxestión, pero dende hai uns anos case todas as bandas teñen claro que teñen que facer todo eles mesmos. Nós somos xente humilde e nunca tivemos intención de aleccionar a ninguén, pero si que agora se demostra que tiñamos razón e que a nosa alternativa era válida e moita xente está vindo para o noso campo e aproveitando todo o traballo previo que fixemos durante anos. Moléstache que sempre se che apuxese esa etiqueta de músico comprometido, ás veces de forma pexorativa? Si que é certo que moitas veces se usa de forma pexorativa ou para tentar desprestixiar a alguén. Cando a realidade é que todos os grupos, tamén aqueles que parece que non din nada e asumen que eles simplemente son parte da industria do espectáculo, aqueles que fan mutis polo foro, pois o que están facendo é beneficiar e apoiar o status quo. É coma no audiovisual, cando se fala de "cine social" e despois chega unha película como Argo, que é un filme tremendamente ideoloxizado e que defende o traballo da CIA en todos os países, pois Argo seica é só "cine de entretemento". "É coma no audiovisual, cando se fala de "cine social" e despois chega unha película como Argo, que é un filme tremendamente ideoloxizado e que defende o traballo da CIA en todos os países, pois Argo seica é só "cine de entretemento"" Dá a impresión de que se quere relegar a música a unha forma de entretemento simple: pouco comprometida socialmente e con pouco risco artístico... Creo que hai bandas moi boas en todas partes. O que si me molesta é que parece que se creou o estereotipo de que a música de denuncia social ten que ser dun xénero moi determinado: ou rock ou a música mestiza. Acaba de morrer Margaret Thatcher e resulta que a música máis virulenta na súa contra á marxe do punk foi o pop que se fixo na súa época. E iso aquí nunca se deu. A última carta que lle escribiu Morrisey a Thatcher é para botarse a tremer ou cando lle cantaba o de Margaret na Guillotina. O pop en España sempre foi compracente, pero houbo tamén unha corrente que denunciou cousas de forma moi comprometida. Todo isto vai sempre en movementos cíclicos. Aquí, en Pais Vasco, hai unha plataforma de bandas impresionante que se chama BideHuts que veñen da escola do noso selo discográfico. E aí temos a Lisabo, a Anari... Houbo uns anos de impasse pero volven xurdir grupos moi interesantes. "Acaba de morrer Margaret Thatcher e resulta que a música máis virulenta na súa contra á marxe do punk foi o pop que se fixo na súa época. E iso aquí nunca se deu" Segues tendo problemas con esa presión que certos sectores de dereitas exerceron sobre ti en moitos momentos? Si, o feito de ser comprometido unha vez máis volveume custar a censura por culpa da extrema-dereita que está instalada no poder en España. Conseguiron sacarme dun festival no que ía participar en Madrid e tentaron facelo tamén cun concerto que ía dar en Valencia. E que finalmente puiden facer afortunadamente. "O feito de ser comprometido unha vez máis volveume custar a censura por culpa da extrema-dereita que está instalada no poder en España" Non mudou nada neste senso coa fin de ETA? Pensaba que si, que todo isto estaba superado, sobre todo grazas ao novo ambiente político que hai no Pais Vasco e despois de que ETA decidise deixar as armas. E despois tamén de que S.A fose a xuízo por ter sidos vetados e gañase o xuízo. E resulta que non, que hai xente que segue cunha obsesión con certo tipo de cultura. Como está a situación en Euskadi? Mantense a ilusión xerada pola fin da violencia? Todo flutúa. Nun primeiro momento o feito de que se puidese formar unha coalición da esquerda independentista, atraendo outros sectores dos movementos sociais, unha escisión do PNV e unha escisión de IU, todo iso xerou moitas ilusións. E permitiu que o 25% da poboación que antes non tiña representación a tivese. E agora hai un momento, non digo de frustración, pero si de incerteza. Porque hai un proceso de paz que debe avanzar e no que o Goberno español debe facer xestos.
NOS_11777
3 de xaneiro. A policía deu un paso máis na identificación do presunto autor do masacre de Estambul, a acción terrorista que causou a morte a 39 persoas nun nightclub. As autoridades turcas acaban de divulgar unha gravación co rosto do suposto autor da matanza, que continúa fuxido.
As autoridades turcas estarían a avanzar nas pesquisas visando a detención do pistoleiro que abriu fogo indiscriminadamente contra os centos de persoas que acugulaban un elistita local nocturno en Estambul a noite de fin de ano. Agora non só terían as pegadas do terrorista -asi como a arma homicida que este abandonou na súa fuxida-, senón tamén unha gravación co seu rosto, aparentemente un selfie realizado na Praza Tamskim, no centro de Estambul. Segundo as pesquisas policiais -recolllidas polo xornal turco Hürriyet-, a familia do sospeitoso estaría neste momento sob custodia das forzas de seguranza, que xa terían detido por volta de 14 persoas pretensamente vinculadas co masacre. O goberno turco proporá ao Parlamento esta mesma semana a estensión do estado de emerxencia por espazo dos próximos tres meses. No último mes, Turquía viuse abalada primeiro polo atentado que custou a vida ao embaixador ruso e despois por esta matanza nun local nocturno situado á beira do Bósforo. #BREAKING İstanbul gunman's selfie video is released by Turkish media. He is seen in Taksim Square pic.twitter.com/PG46e6AFcv— News This Second (@NewsThisSecond) 02 xaneiro 2017
NOS_28688
"Fixen un caldo de groria / que me soupo que la mar; / fixen un bolo do pote / que era cousa de envidiar", escribiu Rosalía de Castro en Miña casiña, meu lar. Estes versos serviron á fundación da poeta para, hai dous anos, lanzar a iniciativa Caldo de Gloria, que involucra locais de hostalaría de todo o país e algúns concellos nunha celebración da "épica diaria da supervivencia".
O acto consiste en que, seguindo as instrucións da poeta, restaurantes e bares de Padrón e doutros lugares de Galiza prepararán "un caldo humilde": "E na miña horta pequena / unhas coles fun catar. / Con un pouco de unto vello / que o ben soupen aforrar, / e ca fariñina munda, / xa tiña para cear". Ofrecerano como tapa. E colexios incorporarano ao menú. A escritora Ledicia Costas (Vigo, 1979) encargarase de cociñar o Caldo de Gloria na Fundación Rosalía de Castro, desde a que se faga "por todo o país, nas casas e nos restaurantes". Ese mesmo 24 de febreiro, a 182 anos do nacemento da autora de Follas Novas, e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, decorrerá a Alborada para Rosalía de Castro. "Facemos un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galiza", di a agrupación e mais a fundación, "para dar unha alborada de gloria na honra da poeta, ao igual que se fixo en 2013". Aquel ano conmemoráronse 150 anos de Cantares Gallegos coa participación de máis de 70 grupos de música tradicional. A maiores, os actos da Fundación Rosalía para a efeméride incluirán unha primeira alborada na Praza de Vigo de Compostela ás 11.00 da mañá. Media hora máis tarde, na estatua dedicada á escritora na Alameda iniciarase a marcha cara ao Hostal dos Reis Católicos, onde se fará a ofrenda na pía, intervirán representantes das institucións, tocará Canto d'Aquí e finalizará coa Alborada de Rosalía. Xa na Casa da Matanza, en Padrón, o Día de Rosalía rematará ás 17.00 horas de novo coa música de Canto d'Aquí e cun Caldo de Gloria aberto ao público despois das 19.00 do serán.
NOS_18631
Máis unha pregunta parlamentar dirixida á Comisión quere saber que información lle foi transladada a este organismo polo Goberno español sobre a explotación a ceo aberto que recibiu xa o visto e prace da consellaría de Medio Ambiente
Na mesma liña en que o BNG se pronunciou hai dez meses a través da eurodeputada Ana Miranda, máis unha pregunta dirixida á Comisión europea quere determinar canta información se maneza neste organismo ao redor das intencións de Edgewater, a empresa canadense que quere explotar unha mina a ceo aberto de 770 hectáreas de extensión nos montes de Corcoesto, afectando os concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. Do que se trata é de concretar se o proxecto, que recibiu xa o informe favorábel da Xunta a través da consellaría de Medio Ambiente, se axusta á normativa comunitaria en materia medioambiental, nomeadamente a respecto da normativa de augas. Para alén do uso de cianuro para separar o ouro das rochas, a explotación mineira aumentará tamén os niveis de radon, un gas catalogado como canceríxeno. A pregunta recolle os dados do informe realizado polo Instituto de investigacións mariñas da Universidade de Vigo que difundiu a Sociedade galega de historia natural, con quen contactou Sosa para coñecer de primeira man a información após vela publicada na imprensa española. Aliás, translada tamén á Comisión a "maioritaria oposición social ao proxecto" reflectida nas máis de 22.500 sinaturas en contra recollidas pola plataforma cidadá Salvemos Cabana. Por derradeiro, alerta do risco da "supervivencia" de "miles de empregos" asociados ao sector primario e ao turismo. A pregunta vai asinada polo eurodeputado Francisco Sosa (UPyD), quen se ten posicionado xa en contra da megaminaría respecto doutros proxectos, como o da explotación nos lagos de Salave, en Asturies.
NOS_19050
Nova acción cívica na procura da restitución do ben espoliado pola ditadura. Centos de persoas secundaron a marcha convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) co apoio de até 30 colectivos cidadás e percorreron a distancia, por volta de 5 quilómetros, entre Sada e o Pazo. Na marcha participaron representantes da oposición e integrantes dos 19 de Meirás, denunciados pola familia do ditador.
En declaracións a Europa Press, o portavoz da CRMH, Fernando Souto, declarou que con esta acción se tenciona encoraxar o goberno español para que actúe "valentemente" con vistas á recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público. A vía é a xudicial, enfatizou Souto, de acordo cos informes xurídicos que están en mans da CRMH e que mostrarían como o pazo foi adquirido pola familia Franco de forma fraudulenta cando na realidade pertencía ao patrimonio público. "Esta marcha solicita esa acción [ao goberno español], estamos no mesmo barco e queremos que actúe emprendendo a acción civil. A pelota está no tellado do Goberno e animámolo coas actividades e accións correspondentes", dixo Souto. Por súa parte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que participou na marcha, expresouse en termos críticos a respecto de como está a xestionar este asunto o Goberno Sánchez. Pontón criticou o que cualificou de "pasividade" do executivo central: "Non pode pasar nen un minuto máis sen que realmente o Goberno de Sánchez presente esa denuncia para que devolvan o pazo aos galegos e galegas", dixo. A líder nacionalista rendeu tamén tributo aos 19 de Meirás. "Pídenlles case 250 anos de prisión por pendurar unha faixa", dixo, cando en realidade quen se debería sentar no banco dos acusados serían os membros da familia do ditador "por levar durante bastantes décadas ocupando un pazo que é patrimonio das galegas e dos galegos". O xuízo contra os 19 de Meirás, enfatizou Pontón, constitúe toda unha "vergonza" nun "país democrático".
NOS_3151
Tamén fará un requirimento formal á empresa para que aclare a situación en canto á seguridade da fábrica en Pontevedra.
"Desde o Concello temos claro que a coa tranquilidade e co sono das pontevedresas e dos pontevedreses non vai xogar nin Ence nin ninguén" aseguro una mañá desta segunda feira a portavoz do Goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías, ao tempo que engadiu que "todas as formacións políticas deste Concello deberiamos ter a mesma postura de esixirlle á empresa que abandone esta política de confrontación e coacción e que aclare dunha vez por todas cal é a situación da pasteira neste momento". Anabel Gulías referiuse así ao vídeo que se difundiu na fin de semana no que o presidente da pasteira alertaba dun posíbel problema de seguridade na fábrica de Ence en Pontevedra se non se facía un investimento de 200 millóns de euros. Un vídeo que a portavoz do Goberno cualificou de "moi preocupante e case escandaloso". Tras coñecerse o vídeo, Anabel Gulías anunciou que o goberno municipal, no marco das súas competencias, fará un requirimento formal á empresa "para que aclare esa situación de inseguridade que o propio presidente da pasteira comenta no vídeo". Ademais notificará de oficio á Xunta e ao propio Ministerio para que verifiquen a situación e controlen a seguridade da fábrica. "Necesitamos saber e precisamos ter a certeza e a seguridade de que 84.000 veciños e veciñas de Pontevedra viven nun entorno seguro" insistiu. Tamén indicou que a difusión das declaracións do vídeo responden "a unha traxectoria e a unha liña de acción baseada en chantaxes, coaccións e ameazas, incluso para os propios traballadores" e que "dá a sensación de que para Ence todo vale". Por último e a teor do contido do vídeo conluíu que "unha de dúas: ou temos ao lado da casa un susto maiúsculo que afectaría ás persoas e que nos parece inadmisible, ou esto é un paso máis nesa estratexia de coaccións, mentiras e ameazas para saltarse a lei, para saltarse os intereses públicos e para seguir actuando con privilexios que son doutra época".
PRAZA_5326
Este encontro cultural de Santiago e a súa comarca celebrábase en Área Central o primeiro sábado de cada mes. Os seus organizadores, un grupo de cinco editoriais da cidade, acusan o sector de "non implicarse"
O pasado mes de outubro celebrábase a primeira edición da Feira das Culturas de Compostela, un encontro cultural de Santiago e a súa comarca que se celebraba no centro comercial Área Central o primeiro sábado de cada mes. Era unha iniciativa do colectivo Editores de Compostela, integrado por Alvarellos Editora, Contos Estraños Editora, Edicións Positivas, Hugin e Munin, Sotelo Blanco Edicións e Urco Editora e do propio Centro Comercial Área Central. Un proxecto que nacía e que funcionou sen axuda institucional e que, segundo vén de comunicar Paco Macías, responsable de Edicións Positivas, deixará de celebrarse ante a escasa implicación do sector. Macías sinala que a razón do adeus é "o desinterese de case todos os editores galegos, dos escritores, dos músicos, dos do teatro, do ensino, dos administradores, dos xornalistas" Nun artigo publicado en Letra en Obras, Macías sinala que a razón do adeus é "o desinterese de case todos os editores galegos, dos escritores, dos músicos, dos do teatro, do ensino, dos administradores, dos xornalistas, dos programadores, dos artistas plásticos, dos que se moven no mundo infantil, dos que queren vender música, teatro, dvd's… de todos os que imaxinedes. E, morta de morte morrida esta Feira, ninguén pregunta por ela. A súa morte non provocou nin preguntas". O editor destaca que a Feira buscaba "ser un encontro mensual de todos os sectores relacionados co que convencionalmente entendemos por cultura" e facíao "sen custes, sen subvencións, á maneira das Feiras tradicionais". Conclúe que "era un proxecto ben bonito, unha utopía necesaria nestes tempos e neste país. Aspiraba a ser un carburante que nos levase a todos a algures". Henrique Alvarellos: "Quedar quieto e esperar a administración pois, francamente, é unha estratexia mala. Se as institucións queren participar, que se acheguen elas" A idea fora anticipada polo propio Macías nun artigo publicado en abril en Letra en Obras: "Servirá esta mensual Feira das Culturas para que se vexan xentes e sectores que case nunca coinciden. Xuntándose, os da cultura, sempre matinan proxectos. E xuntos son máis fortes. O público ha de coñecer a inmensidade creativa que por aquí, en Compostela, hai. E xuntaranse todos os sectores sen o paraugas institucional. Non fai falta. E non é necesario nin conveniente". Unhas ideas que repetiu nunha reportaxe que Alberto Ramos fixo para Praza en xuño. "Este proxecto que lanzamos é moi sinxelo e agardamos que a xente o complique coas súas achegas e a súa participación", dicía, ao tempo que destacaba que "a feira de Barcelos, coas súas galiñas e os seus porcos, faise sempre, pase o que pase. E non teñen axuda económica nin subvencións institucionais". Henrique Alvarellos engadía a esre respecto que "temos que rachar coa dependencia, organizarnos doutro xeito e buscar solucións e, sobre todo, buscar o público. Quedar quieto e esperar a administración pois, francamente, é unha estratexia mala. Se as institucións queren participar, que se acheguen elas"
NOS_56618
Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Gabriela Mendes (Cabo Verde), Luiz Caracol (Portugal) e Budiño (Galiza) darán unha nova leitura á poeta nacional na nova edición do Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía cuxa dirección artística corre da conta da galega Uxía.
Este ritmo. O ritmo dos sentimentos. O de Gabriela Mendes cando interpreta este tema tirado do seu traballo discográfico Tradiçao. É este o ritmo con que bailarán os corpos e o maxín de quen este sábado 11 de xaneiro visite o Pazo da Cultura de Pontevedra para asistir a unha nova edición do Cantos na Maré, o festival de música(s) que dirixe a galega Uxía. Desta volta será Rosalía o eixo central dun baile por volta da lusofonía onde a poeta nacional vai ser re-interpretada nos moitos sotaques da nosa lingua. Canda a caboverdiana Gabriela Mendes subirán ao cenario Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Luiz Caracol (Portugal) e Budiño (Galiza). E no medio de tod@s, a poesía como fío condutor que une Cantares Gallegos coa vida cotiá de Cabo Verde e cos anceios familiares de Vítor Ramil, de familia galega --o avó era de Narón-- e que visita por vez primeira o noso País. "Remexe moito", dixo Ramil no Diario Cultural da Radio Galega ao falar do que para el supón cantar en galego e musicar a Rosalía. Puxo música a un poema que non fora aínda musicado e as notas foron xurdindo soas namentres recitaba os versos en alto. O seu é a estética do frío, a procura dunha linguaxe que fale "con propiedade" do Brasil do Sul, a súa terra, cunha imaxe moi diferente dese Brasil cálido, de entroido, festas e praias. Seguimos con poesía nun festival cualificado pola súa directora artística, Uxía, como "máis lírico e intimista" do que outras edicións. Coñecido é xa o Adeus ríos, adeus fontes interpretado por Amancio Prada, que tamén se ouvirá neste Cantos na Maré. A estas voces súmase o acento do galego da Galiza, o de Budiño, desta volta na súa faceta máis lírica. O repaso polos sotaques que se escoitarán no Pazo da Cultura de Pontevedra remata nel, en Luiz Caracol. Lisboeta que mistura ritmos angolanos, mozambicanos ou caboverdianos, puxo música a Mía Couto ou Pessoa. Falando para o citado programa da radio nacional galega, dixo que tamén é esta a súa primeira vez na Galiza e destacou o importante papel que este festival para a difusión da música lusófona. "Os meus pais vivían en África e sempre houbo moita mistura de música do Brasil coa daqueles países", sinalou. Con Gabriela Mendes interpretará un poema que musicou de Pessoa e tres temas do seu novo disco, Devagar. Dese traballo foi tirado o tema do vídeo musical que colocamos e que leva por título Samba do Bairru. Nota: estes temas son para bailar 'a lume lento'. Disque é ese ritmo dos sentimentos.
PRAZA_2624
A crítica e a emenda ao réxime do 78 realizada polos movementos que hoxe reclaman un cambio de base conéctanos a ese mesmo tempo e aos debates e loitas que acolleu. E é o que leva a que, 40 anos despois, eses debates se sigan dando en presente e sexan máis necesarios ca nunca.
Corenta anos despois segue sendo preciso repensar a forma en que se levou a cabo o proceso de reforma política e a maneira en que configurou o desenvolvemento político, económico e social das décadas seguintes O proceso de reforma -a Transición- polo que a ditadura franquista deu paso ao sistema democrático no que vivimos na actualidade segue configurando a realidade política, económica e social do Estado Español. Corenta anos despois segue sendo preciso repensar a forma en que se levou a cabo o proceso de reforma política e a maneira en que configurou o desenvolvemento político, económico e social das décadas seguintes. É necesario, ademais, que esta relectura do pasado recente non sexa patrimonio dun grupo de idade determinado. Se se lles esixe ás novas xeracións que se sintan incorporadas a ese consenso constitucional (todos os que na actualidade teñen menos de 55 anos eran menores de idade no referendo constitucional) e a unha determinada lectura sobre o pasado, débeselles permitir entrar activamente no debate. Os feitos históricos deixan de pertencer nalgún momento ás persoas e xeracións que os viviron, en virtude da súa capacidade para definir o presente. Existe un discurso oficial sobre a Transición, que se pode resumir nos conceptos de pacto, de consenso e de paz social, e tamén nunha serie de actores protagonistas, de líderes ou elites que aseguraron a consecución dese consenso: o Rei Xoán Carlos, Adolfo Suárez, Felipe González, Santiago Carrillo ou Torcuato Fernández Miranda. Porén, a obsesión por analizar este proceso como un exemplar e pacífico pacto entre elites no que todas as partes efectuaron renuncias -ademais de ser moi discutible- tivo como consecuencia unha progresiva despreocupación na sociedade española por ese período crucial e a consecuente mistificación do relato histórico. As versións oficiais esquecen precisamente o papel da cidadanía e das organizacións sociais, pero tamén o contexto socioeconómico no que se desenvolveu o proceso (do que a crise económica de finais dos 70 non pode ficar á marxe), a mudanza sociolóxica que tivo lugar en Galicia entre os anos sesenta ou oitenta ou mesmo o escenario internacional de pugna ideolóxica entre bloques, do que España, Portugal e Grecia foron tamén campo de batalla. Os feitos históricos deixan de pertencer nalgún momento ás persoas e xeracións que os viviron, en virtude da súa capacidade para definir o presente A historiografía sobre a Transición española, agás algunhas excepcións, reflicte un proceso do que a sociedade civil permaneceu ausente. A lectura que decote se fai do proceso de Transición política no Estado español é rexeitable, sobre todo, polo que implica de esquecemento da cidadanía, do pobo. A minusvaloración da voz da cidadanía no proceso de democratización, das organizacións sociais e da loita obreira continuou ao longo dos anos oitenta mediante a fagotización que os gobernos socialistas realizaron dos discursos e os proxectos de progreso e modernización. Estes actores sociais non tiñan a forza necesaria para liderar o proceso, pero a súa presión (dende abaixo) determinou o resultado final do proceso, nunha caste de tira-puxa Porén, a finais dos anos setenta había unha sociedade organizada (sindicatos, empresarios, Igrexa, asociacións de veciños, partidos políticos, colectivos de nova esquerda, asembleas obreiras…) cun conxunto de instrumentos de intervención na realidade (medios de comunicación, manifestacións, folgas, violencia política, lobbying…) que non poden ser obviados. Se cadra, estes actores sociais non tiñan a forza necesaria para liderar o proceso, pero a súa presión (dende abaixo) determinou o resultado final do proceso, nunha caste de tira-puxa. Carme Molinero defende neste senso que "metodoloxicamente o modelo transaccional -o pacto- é cómodo pero infecundo para explicar a Transición. O que importa da Transición en torno ao pacto consiste en dilucidar como foi posible acadar un pacto entre goberno e oposición e para iso é necesario non dalo por descontado, senón analizalo como problemático". A Transición como reforma, como pacto Na Transición española a perpetuación dos sectores no poder produciuse en forma de cambio Segundo Ramón Cotarelo, o proceso que tivo lugar no Estado Español a partir de 1975 presenta numerosas eivas que non permiten identificar a restauración democrática como un proceso completo de Transición. É discutible se en España se produce un cambio de lexitimidade, aínda que se pode aceptar o referendo constitucional de 1978 como momento fundacional dunha nova fonte de lexitimidade. Pero en calquera caso non se levou a cabo un proceso completo de eliminación do persoal político anterior e da súa simboloxía, e tampouco se produciu o que Cotarelo denomina "primeiro consenso", é dicir, o acordo sobre o pasado. Non é posible que a través dun voluntarista proceso de amnesia colectiva se pretenda establecer unha equidistancia entre a Segunda República e a Ditadura Franquista. A opción da ruptura, que politicamente estaba ben organizada e que mesmo xuntaba a forzas de centrodereita, coma a democracia cristiá, foise debilitando ao longo de 1976, por erros propios da oposición e pola acertada estratexia de Suárez, que conseguiu a maior parte dos representantes deste centrodereita sinceramente demócrata. Na Transición española a perpetuación dos sectores no poder produciuse en forma de cambio. A esquerda errou na súa análise da sociedade española e da fortaleza da propia elite política da ditadura. Non soubo advertir con tempo suficiente que a reforma era un proceso de adaptación dunha clase dominante que tiña conflitos internos, pero que tamén dispuña de recursos de adaptación, sobre todo porque contaba cunha gran base de apoio, formada por amplos sectores das clases medias e o empresariado. Suárez conseguiu convencer a toda a sociedade española, comezando polos partidos da esquerda, de que a súa reforma era o único camiño posible Suárez conseguiu convencer a toda a sociedade española, comezando polos partidos da esquerda, de que a súa reforma era o único camiño posible. A identificación da lexitimidade da reforma coa legalidade foi un dos argumentos máis difundidos e repetidos por todos os protagonistas e seguidores desta opción, algo que, dados os poderosos medios de comunicación cos que contaban estes sectores, converteu a reforma nun factor de senso común. Seguiuse deste xeito un dos principios que segundo Samuel Huntington garanten o éxito dun proceso de Transición: "Cree unha sensación de inevitabilidade sobre o proceso de democratización, de xeito que sexa amplamente aceptado, como unha necesidade e un camiño natural de desenvolvemento mesmo se para algunha xente resulta indesexable". A mobilización obreira fixo ver a inevitabilidade do consenso a importantes sectores do réxime, se se quería evitar unha portugalización do proceso Con todo, a presión popular dende abaixo, e nomeadamente a do movemento obreiro, foi un elemento crucial no momento de cambio de réxime: contribuíu á crise da ditadura, fixo inviábel a "democracia controlada" de Arias Navarro, forzou os reformistas do réxime a negociar e democratizar, e en definitiva, reforzou a oposición de esquerdas na súa relación e negociación co goberno reformista de Suárez. A mobilización obreira fixo ver a inevitabilidade do consenso a importantes sectores do réxime, se se quería evitar unha portugalización do proceso. A Transición caracterizouse deste xeito pola procura de difíciles equilibrios, pola necesidade do outro, non só por debilidade, senón na procura de credibilidade, de lexitimidade. Os efectos da desmobilización A desmobilización da sociedade predemocrática foi un elemento que favoreceu a estratexia de cambio deseñada polas elites políticas españolas. Podemos preguntarnos en calquera caso até que punto existe un interese en ocultar o papel da sociedade como axente político. Unha das consecuencias máis importantes deste proceso de relegamento dos movementos sociais foi unha progresiva atomización e pasivización da cidadanía, que se comezou a percibir nos últimos anos da Transición (cun aumento espectacular dos índices de abstención) e que recibiu naquel momento o nome de desencanto. Nas décadas seguintes, nun proceso se cadra máis acentuado en España mais recoñecible en todas as sociedades do primeiro mundo, os indicadores de organización social e de participación política chegaron a ser preocupantemente baixos, limitándose a cidadanía a referendar decisións adoptadas en niveis superiores de decisión. A versión oficial obrigou ademais a minusvalorar os cambios sociais impulsados durante a Segunda República, a resistencia antifascista durante a Guerra Civil e a longa oposición clandestina antifranquista, furtándonos a narrativa e as bases cidadanistas da nosa democracia. A democracia resultante dun proceso así definido configúrase como un conxunto de dereitos e liberdade outorgadas polas elites, non conquistadas polos cidadáns, o agromo para unha sociedade pasiva e sen capacidade de decisión. Unha das consecuencias máis importantes deste proceso de relegamento dos movementos sociais foi unha progresiva atomización e pasivización da cidadanía De feito, dende o 2011 o movemento 15M revelou o esgotamento da chamada Cultura da Transición, unha forza que foi quen de construír un Estado democrático e un Estado do benestar perfectibles pero valiosos, pero que había tempo que xa só existía como invocación. Esta Cultura da Transición, consensual, desproblematizadora e despolitizadora, aludía para Amador Fernández-Savater á configuración "que estrutura decisivamente o que se pode ver e facer no xogo político, a universidade, os medios de comunicación, as prácticas creativas e as maneiras concretas de organizar de forma cotiá o real". Todo o que ficaba fóra deste marco de senso común era denunciado como conflito e como problema. Os cidadáns estableceron un contrato tácito cos partidos, sindicatos e medios de comunicación, que realizaron funcións de representación durante décadas. E neste novo ciclo, iniciado en 2011, os cidadáns comezaron a reclamar que as condicións do contrato non se cumpriran. E reclamaron a devolución dos seus dereitos políticos, da súa voz, do seu dereito a autoorganizarse e a discutir un marco novo. Ao longo da crise económica comezaron a perderse moitos deses dereitos e o movemento consecuente foi reclamar a participación política de volta Nesa crítica aos consensos do 78 e ao réxime resultante, ás xeracións máis novas uníronse tamén importantes sectores dos mesmos grupos de idade que foron protagonistas desa Transición, sobre todo aqueles que tiveran un papel máis activo socialmente. O pacto da Transición consistiu en boa medida nunha cesión de representación política a cambio dunha serie de dereitos. "Aqueles loitadores veciñais que a finais dos anos setenta lograron a construción de centros de saúde, hospitais ou escolas nos seus barrios, están a ver na súa vellez a destrución da cousa máis grande que eles fixeron como xeración", como lembraba Xermán Labrador nunha entrevista. Ao longo da crise económica comezaron a perderse moitos deses dereitos e o movemento consecuente foi reclamar a participación política de volta. O sistema tivera a oportunidade durante décadas de reproducirse a si mesmo e cun chisco de flexibilidade podería ter renovado sen dificultades o pacto previo. A súa propia inmobilidade acabou por poñer en grave risco o conxunto do seu relato. A Transición foi como foi e quizais non podía ter resultado doutra forma, en función da correlación de forzas existente en 1976, 1977 ou 1978. Había un sector da sociedade mobilizado, partidario da ruptura, pero sen dúbida minoritario. A maioría, silenciosa ou non, era moito máis pasiva politicamente e primaba nas súas escollas os valores de paz social, de estabilidade, de seguridade e benestar material. A lexitimación estaba no consenso, entendida como superación do antagonismo, focalización no común, aposta pola converxencia. Porén, quizais o debate non debería centrarse tanto en se o conseguido na Transición foi suficiente ou non, ou en se a esquerda fixo demasiadas renuncias ou non. Quizais o verdadeiro problema radicou na aparente inmutabilidade, na ausencia de debate, na tácita e ás veces explícita prohibición de dar esa discusión nas décadas seguintes, nas que a sociedade española si madurara o suficiente para poder definirse de novo. O verdadeiro problema radicou na aparente inmutabilidade, na ausencia de debate, na tácita e ás veces explícita prohibición de dar esa discusión nas décadas seguintes O 15M foi nese senso a cidadanía recuperando a voz e a iniciativa, foi a cidadanía reclamando a responsabilidade e a soberanía sobre o seu presente, nun brutal exercicio de crítica e autocrítica, e foi a cidadanía reclamándolle aos partidos a devolución dunha parte das funcións de representación política que lles entregara, por comodidade, ao abeiro da cultura consensual da transición. O 15M, polo tanto, foi unha reacción contra o sistema político e o marco de estruturación social da Transición, que se xulgaba esgotado, e o primeiro paso para unha segunda Transición na que a sociedade civil reclamaba un papel máis activo, esixindo unha democracia participativa e deliberativa e un sistema económico máis igualitario e transparente, unha segunda Transición de código aberto e intelixencia colectiva. O movemento iniciado en 2011 diluíuse nunha serie de efectos e ecos, algúns máis exitosos e fortes e outros esgotados. Máis que respostas, ofreceu preguntas e abriu camiños, unha oportunidade para repensar o pasado e o presente deste país. Hoxe, a crítica e a emenda ao réxime do 78 realizada polos movementos que reclaman un cambio de base conéctanos a ese mesmo tempo e aos debates e loitas que acolleu. É o que leva a que, 40 anos despois, eses debates se sigan dando en presente e sexan máis necesarios ca nunca.
NOS_9690
O Congreso terá que decidir se acepta tramitar esta iniciativa que expón modificar catro artigos da Lei Electoral para rebaixar a idade de voto aos 16 anos, recoller ese axuste no censo e fixar tamén ese mínimo para poder formar parte dunha mesa electoral.
Esquerra Republicana defenderá esta terza feira no Congreso a súa proposta de cambiar a Lei Electoral para permitir o voto a partir dos 16 anos. Trátase dunha iniciativa que conta co apoio de formacións como Unidas Podemos e Más País, e que está recollida como unha posibilidade que o Goberno español menciona na Estratexia de Mocidade 2022-2030 aprobada o pasado mes de maio. Precisamente foi naquel momento, tras a aprobación dunha resolución neste sentido no Pleno monográfico sobre mocidade que tivo lugar no Parlamento catalán, cando a formación independentista rexistrou esta proposición de lei, que xa presentara dúas veces en 2016 e unha terceira en 2020, aínda que esta retirouna. Reforma da lei electoral e maior representatividade, propostas do BNG ante a tesoirada á Cámara O Congreso terá que decidir se acepta tramitar esta iniciativa que expón modificar catro artigos da Lei Electoral para rebaixar a idade de voto aos 16 anos, recoller ese axuste no censo e fixar tamén ese mínimo para poder formar parte dunha mesa electoral. No seu texto, recollido por Europa Press, ERC menciona unha resolución do 2011 na que o Consello de Europa apostaba por esa rebaixa e avisaba que "a evolución demográfica en Europa podería levar á crecente marxinación da mocidade no proceso político", correndo o risco de que este acabe sendo "dominado por cuestións principalmente de interese para persoas de maior idade". As rapazas maiores de 16 anos poderán abortar sen o permiso dos seus pais e nais Esquerra sinala tamén que entidades como o Foro Europeo da Mocidade, o Consello da Mocidade do Estado español e o Consell Nacional do a Joventut de Catalunya apoian que se poida votar unha vez cumpridos os 16 anos. Debate noutros países ERC lembra que a partir desa idade xa é obrigatorio pagar impostos, pódese traballar, dar consentimento para tratamentos médicos ou casar. Tamén apunta que Austria foi en 2007 o primeiro país membro da UE que permitiu o voto aos 16 anos, e que outros integrantes están a debatelo Ademais, este dereito xa rexe noutros países do mundo como o Brasil, Ecuador, Hungría, Eslovenia, Noruega, Arxentina, algúns Estados de Alemaña e o cantón suízo de Glaris. O 39,4% do Estado votaría pola república e o 31% a favor da monarquía Actualmente, o Congreso ten creada unha subcomisión para estudar posíbeis cambios do réxime electoral, pero de momento centrouse na derrogación do voto rogado que se esixe aos residentes no estranxeiro. Más País-Equo aproveitou esa reforma legal para presentar unha emenda coa rebaixa da idade penal, pero os grupos maioritarios descartárona remitíndose aos traballos da subcomisión de estudo.
PRAZA_5724
Adrián Varela, imputado na Pokémon, abandona a Concellaría de Deportes da capital galega antes de coñecer a sentenza xudicial dos seus compañeiros, acusados de prevaricar por aprobar pagarlle o avogado sen axustarse á legalidade, segundo a Fiscalía.
Non hai semana tranquila no Concello de Santiago. Tras condicionar, ao seu pesar, o derradeiro treito da campaña electoral co paso polo banco dos acusados dos sete edis imputados por presunta prevaricación, o concelleiro que está na orixe deste procesamento, Adrián Varela, tira a toalla no inicio da que debera ser unha das semanas grandes da cidade, a das festas da Ascensión. O ata este luns responsable de Deportes da capital é o terceiro concelleiro que deixa o goberno local por asuntos relacionados coa Xustiza e faino non polo caso Pokémon, no que está imputado por supostos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental, senón por "solidariedade". Nun comunicado remitido a diversos medios de comunicación Varela asegura que decidiu "asumir en primera persoa o custo político" da decisión que levou os seus compañeiros a ser xulgados, aprobar pagarlle o avogado para se defender, precisamente, na Pokemon. El séntese solidario "cos meus compañeiros que estiveron expostos a unha situación xudicial moi difícil", se ben mantén "a legalidade da decisión adoptada polo goberno local a petición miña" a cal, subliña, tivo "o aval dos técnicos competentes", en referencia ao informe do secretario municipal que, segundo a Fiscalía, non daba luz verde para que o Concello asumise a defensa de xeito "incondicionado". Tras un ano imputado Varela asegura que tamén deixa o posto para "non danar a imaxe da cidade" O segundo motivo polo que Varela abandona é "a presión á que estivo sometida a miña familia nos últimos meses". "Nin sequera a miña férrea vocación de servizo público pode máis que a a tranquilidade dos meus seres queridos", asegura. Un ano despois de que a xuíza Pilar de Lara decidise a súa imputación o dimisionario tamén considera que chegou o momento de dar un paso atrás para "non danar a imaxe da cidade á que servín con toda a miña lealdade e esforzo durante este tempo". No mesmo comunicado aproveita tamén para "agradecer" á cidadanía que lle concedese "a honra de representala nos últimos tres anos, nos cales non atendín outros intereses que os dos veciños da miña cidade". Un relevo complicado O escenario que o PP de Santiago ten diante de si é calquera cousa menos doado. Dados os anteriores corrementos de lista -Conde Roa dimitiu pola súa fraude fiscal, Albino Vázquez tras ser detido na Pokémon, Paula Prado renunciou para ser deputada e José María Hernández declinou entrar na corporación- a praza de Adrián Varela corresponderíalle agora a Daniel Grela, pai dunha das persoas supostamente enchufadas nunha gardería municipal xestionada por Véndex e investigada, precisamente, no marco da Pokémon. O seguinte posto na lista, o décimo noveno -o PP ten 13 edís na corporación- correspondeulle en 2011 a Josefa Saavedra, ex presidenta da AVT en Galicia e traballadora do propio Concello, condición que implicaría, con toda probabilidade, ter que asignarlle unha dedicación exclusiva para poder aceptar o posto. O PP compostelán, que tivo 13 edís nas municipais, está a piques de esgotar a súa lista No caso de que Saavedra aceptase xa só quedarían, a efectos prácticos, catro persoas dispoñibles na lista antes de chegar aos suplentes. Isto sucede porque o número 22, Aníbal García, faleceu durante o mandato e porque os números 24 e 25 estiveron no seu momento ocupados de maneira simbólica por Marta González, ex secretaria xeral de Igualdade e actualmente deputada no Congreso, e polo conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, dirixentes que dificilmente deixarían os seus actuais postos para integrárense no atribulado goberno compostelán durante apenas un ano, tempo qeu resta para as vindeiras eleccións municipais.
NOS_37720
Galiza xa non é ese país dos mil ríos que con tanta paixón describira Otero Pedrayo a mediados do século pasado. A progresiva humanización de amplas áreas do país e o descontrol sobre os vertidos domésticos e industriais que trouxo consigo transformaron ao longo dos últimos anos a imaxe idílica da paisaxe fluvial galega. Facemos unha diagnose dos ríos no Sermos Galiza 247. Eis un extracto
Quen está acotío en contacto cos ríos e ten unha certa idade sabe ben que, en liñas xerais, o estado da malla fluvial galega difire moito do que era hai non moito tempo. É certo que existe un plan de actuacións para a restauración de leitos fluviais –máis discutíbel sería se o importe que anualmente se lle destina é o necesario- e que hai iniciativas, públicas e tamén sociais –velaí o Proxecto Ríos de Adega, desde 2005-, que inciden na sensibilización, mais non o é menos que, lonxe de remitiren, os problemas que sofren son os mesmos que nos últimos anos. Fernando Cobo, profesor na Facultade de Bioloxía da USC e director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, considera que "o estado dos ríos galegos, en xeral, afástase significativamente da condición que lle corresponde", se para ese diagnóstico se considera o grao de desviación "observado nos nosos ríos a respeito das mellores condicións biolóxicas segundo o seu estado natural libre de presións ambientais". [Podes ler máis no Sermos Galiza 247, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_38590
O BNG e Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común participan na I asemblea europea en defensa dos bens comúns.
Estes días decorre en Bruxelas a primeira asemblea europea en defensa dos bens comúns, unha cita na que haberá presenza galega a través do BNG e a Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común. Nun comunicado, a fronte nacionalista sinala que vai reclamar que os gobernos galego e español deixen de ameazar coa privatizacion dos bens e recursos colectivos. É a primeira asamblea que se reúne a nivel europeo na defensa dos Bens Comúns, bens e recursos colectivos, que se ven amenazados por decisión gubernamentais que apostan pola privatización. No foro debateranse fórmulas para crear unha rede europea dos Bens Comúns. A portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, explicará en Bruxelas a situación única en Europa dos montes en man común en Galiza, acompañada de Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común. "Os gobernos deben identificar, crear, administrar, rexenerar e coidar os bens comúns, e non ameazalos con privatizalos e especular, como pasou en Galiza coa Lei galega de Acuicultura, con Corcoesto, coa amenaza sobre novos proxectos mineiros especulativos, coa ameaza de especulación, no monte ou coa privatización da auga", afirma Miranda.
PRAZA_6796
A CIG vén de convocar para o 13 de decembro a realización dunha cadea humana na Ponte das Pías para denunciar "o grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana" da comarca.
En xaneiro de 1984 milleiros de persoas formaron unha cadea humana de 20 quilómetros de extensión, rodeando a ría de Ferrol a través dos concellos de Narón, Neda, Fene e a propia cidade departamental, en protesta polo plan de reconversión naval. A acción, que a pesar de reunir varios milleiros de persoas non se chegou a completar por mor da forte choiva que caeu ese día, é aínda lembrada na comarca e foi unha máis das accións que ao longo dese ano denunciaron as medidas de axuste para os estaleiros. A CIG vén de convocar para o 13 de decembro a realización dunha cadea humana na Ponte das Pías para denunciar "o grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana" da comarca Trinta anos despois, a CIG vén de convocar para o 13 de decembro a realización dunha cadea humana na Ponte das Pías para denunciar "o grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana" da comarca. O sindicato anunciou este venres a posta en marcha dunha campaña para demandar actuacións inmediatas que permitan a reindustrialización e diversificación industrial da comarca. Fixo ademais un chamamento a todas as organizacións sociais para que participen na asemblea aberta prevista para o martes día 4 de novembro. A CIG lembra que, á vista dos últimos datos publicados pola EPA, a comarca de Ferrolterra é, con diferenza, a máis castigada de Galicia polo paro e a emigración. A taxa de desemprego, dun 30% na cidade de Ferrol, sitúase por enriba do resto das cidades galegas e as taxas de actividade e de ocupación son as máis baixas das sete cidades. Hai 10.000 persoas máis inactivas que activas. Os secretarios comarcais da CIG-Ferrol, Manel Grandal e Xesús Anxo López Pintos, advertiron ademais de que a emigración se está "incrementando de forma brutal", até tal punto que Ferrol "camiña cara a converterse nun mortuorio". Grandal denunciou que "nunca houbo unha planificación industrial nesta comarca" e que os sucesivos plans que se foron aprobando, incluído o máis recente, o Plan Ferrol, foron un fracaso O sindicato demanda que é "máis urxente que nunca pór en marcha medidas que permitan a reindustrialización e diversificación industrial da comarca", unhas medidas que "dependen de decisións políticas" e que deberían de estar a se adoptar xa. Grandal denunciou que "nunca houbo unha planificación industrial nesta comarca" e que os sucesivos plans que se foron aprobando, incluído o máis recente, o Plan Ferrol, foron un fracaso. De feito, lembraron que dos 45 millóns de euros cos que estaba dotado o plan no último ano só se utilizaron 800.000 para unha empresa. Consideran que a primeira decisión política a adoptar tería que ser a construción do dique flotante, vital para manter e incrementar o emprego. Nese sentido lembraron que o propio comisario de Competencia, Joaquín Almunia, sinalou recentemente que outros estados da UE negociaron directamente coa Comisión, que non só abriu a man, senón que mesmo axudou a dar solucións para que se puideran financiar con fondos públicos multinacionais como a Peugeot ou outros estaleiros europeos. Fronte a isto denunciou que mentres outros estados fan iso, "o goberno español e a Xunta de Galicia asubían para outro lado e escúdanse nas leis que eles mesmo decretan". A CIG demanda medidas de discriminación positiva coa comarca, "ao igual que se está facendo noutros países europeos nos que se favorecen zonas castigadas polo abandono de certas actividades, coma a mineira ou similares" Xunto a isto a CIG demanda medidas de discriminación positiva coa comarca, "ao igual que se está facendo noutros países europeos nos que se favorecen zonas castigadas polo abandono de certas actividades, coma a mineira ou similares", din. "Pódese facer, pero aquí non interesan esas políticas", engadiron. Alertaron da situación que se aveciña a partir do 1 de xaneiro, data na que se levanta o veto para a construción civil, porque "non se está facendo nada para que no inmediato un estaleiro como Astano poda construír, porque para iso habería que adaptalo e dotalo de persoal para poder afrontar programas e estar no mercado, cousa que non se está facendo". Por último, esixiron "que se revise, con urxencia, a lexislación que rexe a produción de enerxía eólica", xa que a actual está afectando de forma moi negativa ao sector e levou ao peche de empresas e a unha importante perda de emprego. "Eramos a comarca a potenciar nese campo e tirouse abaixo", concluíron.
NOS_19469
O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas foi parar este ano á compañía Os Monicreques de Kukas, pola súa obra Arquelina e pola traxectoria dunha compañía "pioneira na Galiza nun xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio". A resolución do ditame destacaba a "faceta artística, xeradora dun universo propio, e artesán, que implica a construción das marionetas e o seu mundo".
"Para nós é un premio moi especial porque é o máis antigo na cultura galega". Isabel Rey, que xunto co propio Kukas é a fundadora da compañía, confesa que senten moito pudor á hora de candidatarse para recibir premios. "Aos María Casares, por exemplo, nunca presentamos as nosas obras. Pero este premio dancho sen que te presentes, é un recoñecemento á nosa traxectoria e ao noso traballo que xorde do propio xurado, e iso dá moita satisfacción. Sentímonos moi orgullosos de que se recoñeza o noso labor ao longo do tempo". Se cadra é un paradoxo que sexa unha compañía de monicreques a que resuma na súa andaina 40 anos de teatro galego. Se cadra é nese xénero, moitas veces esquecido, onde se comproba o enorme salto que deu a escena do país nas últimas catro décadas. Marcelino de Santiago, 'Kukas', xa mantiña, con 14 anos, unha compañía de teatro amador coa que facía pantomima polas rúas. Todo se mesturaba nos anos finais do franquismo, nos que o activismo cultural posuía unha compoñente política moi marcada, e o teatro mesturábase coa poesía, coa música, coas artes plásticas. Non había demasiadas regras –ou non se coñecían demasiado– e iso proporcionaba unha liberdade creativa que acabou constituíndo o xermolo do que había vir nos anos seguintes. As diferenzas que atopamos entre o presente e aquela etapa, na que por forza había que constituírse en pioneiro, podería servir para elaborar un manual de socioloxía: "Naquela época o teatro mantiña moito máis contacto coa rúa, facíase moito ao aire libre e representábase en feiras e festas", conta Rey. "A conquista dos teatros e os auditorios veu máis tarde. Nos comezos, o teatro galego –e non só o dos monicreques– estaba moi ligado ás manifestacións populares. Agora traballamos con técnicas máis sofisticadas, mais tamén temos outro público diferente que non é o que tiñamos nos inicios". Normalizar a lingua Kukas formou en 1979, xunto con Rey, a compañía que primeiro se chamaría Monicreques e que acabaría sendo Os Monicreques de Kukas. Fabanola e o televexo –unha crítica da excesiva presenza da televisión na vida das persoas– foi a súa primeira montaxe, estreada na Feira do Queixo de Arzúa, unha obra que escribiu o propio Kukas ante a falta de textos en galego para a cativada. Rey lembra que daquela "os nenos e nenas falaban moito máis galego que agora, mais non existían actividades de ocio para eles na súa lingua; unha das razóns polas que acabamos derivando cara ao teatro de monicreques foi precisamente esa: o galego nin sequera estaba presente dun modo organizado na escola. A lingua estaba asociada exclusivamente ao contexto familiar, mais a cultura era completamente allea ás actividades para a infancia e a mocidade, toda a oferta que había era en castelán". Unha paisaxe que mudou substancialmente: "agora observas que nas cidades e nalgunha vilas grandes hai moitos nenos e nenas que non teñen o galego como lingua de partida e que non se expresan nel habitualmente, mais que o manexan polo contacto que teñen con el na escola ou a través dos libros. Para que algo se respecte e se normalice hai que vinculalo á vida social, ao xogo e á cultura, e ese era un dos nosos propósitos naquela época". "Agora faise un teatro moi encamiñado a concienciar sobre determinados asuntos dunha maneira moi dirixida. Nós sempre tivemos claro que non queriamos facer un teatro violento e buscabamos certo didactismo, mais sen caer na moralina", explica Rey Non é a única diferenza que se percibe co transcurso dos anos: "Cando nós empezamos, os nenos e as nenas ían sós ao teatro. Ían en cuadrillas e xuntábanse unha enorme cantidade deles. Ou levábanos os país e deixábanos alí mentres eles facían outras cousas. Agora é case imposíbel ver imaxes como aquelas: agora hai tantos adultos ou máis que nenos. Neste momento é habitual que por cada neno haxa un ou dous adultos polo menos". Talvez por iso a expresión "teatro familiar" substituíu a de "teatro infantil". Tamén na temática das obras destinadas ao público infantil as cousas cambiaron: "Na actualidade hai moito melindre no tratamento dos temas, faise un teatro moi encamiñado a concienciar sobre determinados asuntos dunha maneira moi dirixida. Nós sempre tivemos claro que non queriamos facer un teatro violento e buscabamos certo didactismo, mais sen caer na moralina", segue explicando Rey. "Lembro, por exemplo, A Don Esmirriao non lle gusta o bacallao, unha obra na que os animais trataban de convivir e non comerse os uns aos outros, facendo unha apoloxía do diálogo e do entendemento. Xa falabamos deses temas naquel momento, mais sempre a través de argumentos imaxinativos, sen eses subliñados que son tan habituais hoxe", engade. A dignificación do teatro para público infantil e xuvenil foi outra das finalidades que a compañía marcou desde o principio. "O público infantil entraña unha gran dificultade: se entra na obra é moi receptivo e agradecido, mais se o que ve non lle gusta, é moi sincero á hora de manifestar a súa desconformidade. En realidade, é moito menos manipulábel do que habitualmente se cre. E as ferramentas que tes que empregar para lle contar unha historia son as mesmas que as que tes que usar cos adultos, pero coa dificultade engadida de que tes que adaptar a túa linguaxe e o teu pensamento para que entendan o que queres dicir. E iso debes facelo sen falsos paternalismos, os cativos son individuos que simplemente teñen outra forma de ver o mundo e se rebaixas demasiado a túa linguaxe acabas caendo no relambido. Lembro que unha vez nos fixeron unha crítica por utilizar nunha obra un vocabulario moi complicado, todo porque nun momento dado se berraba 'Anatema! Anatema!'. E era unha obra para adolescentes! O teatro tamén ten que servir para aprender, para ampliar vocabulario, para asomarse a outros mundos". Cara á profesionalización A acta que lle concede o Premio da Crítica a Os Monicreques de Kukas subliña que tamén se pretende recoñecer o xénero do teatro de monicreques: é a primeira vez que as marionetas entran no palmarés. "Ás veces considérase o teatro de obxectos como un irmán pequeno do teatro de actor", explica Rey, "mais nós non o consideramos así: é unha forma de expresión completa que, en moitas ocasións, require dunha maior complexidade que o propio teatro de actor. Ten unha forma de empregar os mecanismos escénicos diferente, porén, os tempos de produción e as dificultades de posta en escena poden ser máis complicadas que as que require un espectáculo con actores. Tes que ter moi claro como vai ser a dramaturxia e a posta en escena antes de comezar cos ensaios". Os Monicreques de Kukas foron evolucionando desde o primeiro momento na súa busca de recursos expresivos para o teatro e na pescuda da propia historia. O segundo espectáculo que montaron foi o Barriga Verde de Manuel María, que recuperaba unha das grandes tradicións do teatro popular galego. Logo, viñeron varias obras nas que investigaban en técnicas diferentes, monicreques de luva ou de varas que contaban a historia de Peluquillas Langarillas, de Maisguarrita Phacher ou a Ruada dos vertidos radioactivos. "Hai compañías que se especializan nunha determinada técnica, en teatro de luva ou de fíos: nós nunca nos centramos nun único tipo de marioneta, sempre pensamos que cada historia require da súa técnica e empregamos os recursos que cremos que expresan mellor o que queremos contar", di Rey. "Kukas é un artista plástico e a visión estética dos espectáculos sempre foi unha prioridade, mais foi a partir dun curso que fixo co mestre Peralta del Amo cando comezou a investigar en serio na construción das marionetas, a aproveitar todos os procedementos e técnicas ao seu alcance para incrementar o potencial expresivo dos bonecos". Despois de catro décadas de profesión, a compañía quería rematar o seu percorrido coa creación da Casa dos Monicreques en Compostela, un proxecto que pretendía reunir todo o material empregado durante estes 40 anos nun museo Rey refírese a un curso realizado en 1989 en Vigo pola Asociación de Titiriteiros Galegos e que, segundo todas as testemuñas da época, foi o que profesionalizou a construción de monicreques na Galiza. "Por outra parte", continúa, "os espectáculos de marionetas daquela época eran, na súa maior parte, de creación colectiva e aquilo levaba a unha certa improvisación, cando non anarquía. E nós sempre tratamos de que houbese unha persoa que dirixise, que levase as rendas do espectáculo. Kukas e mais eu, nese sentido, formamos un tándem bastante peculiar e, en moitas ocasións, repartímonos ese papel de dirección. Mais sempre tivemos claro o obxectivo de traballar dun modo moi profesional á hora de crear un espectáculo e, sobre todo, de non facelo con sentido de inferioridade a respecto do teatro de actor". Ese camiño cara á profesionalización levou a compañía a experimentar co son pregravado nas voces dos personaxes. "Hai artistas ás que non lles gusta, mais nós fixabámonos nas compañías da Europa do Leste, que empregaban as gravacións con toda naturalidade. Por unha banda, comezamos a facer obras nas que había até 40 personaxes e era imposíbel darlles voces a todos; por outra, foi unha época en que na compañía, agás Kukas, eramos todas mulleres, co cal tampouco podiamos simular as voces masculinas. O son pregravado permitíanos ter aquela pluralidade de voces, aínda que tamén esixía ter todo moi medido, ensaiar moito os cambios. Ademais, a tecnoloxía da época era bastante primitiva se a comparamos coa que temos agora: bobinas, casetes, tocadiscos… Había que mesturar todo aquilo e facelo dunha forma moi precisa". A lista de nomes que participaron naquelas gravacións é un paseo pola historia do noso teatro: Ánxela Abalo, Xan Cejudo, Ernesto Chao, Susana Dans, Carlos Clemente, María Pujalte, Mela Casal, Pilar Pereira, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Belén Constenla, Miguel de Lira, Paco Souto, X. M. Olveira 'Pico', Luisa Martínez… "Todo o mundo se portou sempre de marabilla connosco, todos colaboraban encantados e mesmo creo que houbo persoas que non lles pareceu ben que non os chamásemos", conta Rey entre risos. "Lembro a Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira [os compoñentes de Mofa e Befa] chegando de viaxe de facer unha función en Madrid e ir directamente, ás tantas da noite, ao estudio para gravar as voces para unha obra. Era dunha xenerosidade absoluta e tamén, todo hai que dicilo, divertiámonos moito. Temos agora dixitalizadas gravacións dalgúns daqueles espectáculos e decatámonos de que mesmo poderían funcionar como teatro radiofónico". Os Monicreques de Kukas deron un paso máis alá mesturando o teatro de marionetas con diversas disciplinas. "Kukas nunca abandonou o mundo da pantomima, sempre mantivo unha certa mestura entre os dous xéneros nas súas obras. E nunca tivemos medo a dialogar con outras artes: fixemos mesturas coa danza, con proxeccións audiovisuais, con manifestacións plásticas…". Ao mesmo tempo, a compañía non dubida en desmentir o prexuízo de que as marionetas deben permanecer encapsuladas en envoltorios pequenos e comeza a deseñar espectáculos de gran formato: en 1994 adaptan O mariscal, de Cabanillas e Vilar Ponte, para unha montaxe do Centro Dramático Galego; en 1997, Unha noite no Pórtico do Paraíso represéntase na catedral de Ourense, empregando a arquitectura do edificio, iluminada por Baltasar Patiño, como escenario; do mesmo modo, inician unha serie de colaboracións coa Real Filharmonía de Galiza para pór en escena musicais como O retablo de Maese Pedro, Carnaval dos animais ou Cantata de San Nicolás, de Britte, En 2007 o Ministerio de Cultura convida a compañía a crear A Doncela Guerreira, un espectáculo complementario á exposición sobre as Misións Pedagóxicas. En 2015 o Festival de Ópera de Coruña encárgalle una versión da Frauta Máxica de Mozart en colaboración con Zoar. "Son obras das que se fan moi poucas funcións, mais que convocan unha cantidade de público que lle dan unha relevancia e unha proxección pública moi pouco habitual no teatro de marionetas", subliña Rey. Arlequina, a obra estreada o ano pasado para celebrar o cuadraséximo aniversario da compañía, acabou sendo un resumo desas catro décadas de historia: un espectáculo de gran formato, cunha extraordinaria elegancia plástica e musical cuxa protagonista era, non obstante, unha humilde boneca feita con papel de xornal. Quizais a meirande lección que proporciona o espectáculo reside aí, na ensinanza de que toda a mestría acumulada en catro décadas de percorrido nos conduce ao soño dun artista que fantasía cunha boneca inxenua e delicada. Unha lección de humildade.
NOS_5299
O Bloque Nacionalista Galego tomou na maña deste domingo ás rúas de Compostela para protestar contra a carestía da vida e reclamar dos diferentes Gobernos solucións ante a perda de poder adquisitivo do conxunto da sociedade.
Milleiros de persoas, máis de 8.000 segundo os organizadores, manifestáronse polas rúas de Compostela convocados polo BNG para denunciar o empeoramento das condicións de vida para as maiorías sociais e reclamar alternativas fronte a suba dos prezos que está reducindo o poder de compra. A mobilización do BNG conseguiu unir a colectivos e sectores especialmente golpeados pola crise. Así, na marcha estiveron presentes transportistas, labregos traballadores de empresas nun situación delicada e autónomos do sector da estética Praza da Quintana ateigada Ana Pontón fechou o acto nunha Praza da Quintana ateigada. Así, a voceira nacional do BNG comezou afirmando que "estamos aquí para cambiar ese guión, para facer valer Galiza, para reclamar valentía aos gobernos, para que se goberne desde a xustiza social e non desde os consellos de administracións das multinacionais". A dirixente nacionalista reparou nos beneficios das compañías eléctricas. "11.050 millóns de euros. Eses foron os beneficios do lobby eléctrico o ano pasado, un aumento de 226%. Iberdrola, Naturgy, Endesa, e Repsol mentres aquí as industrias electrointensivas están contra as cordas, afirmou Pontón. "Se a enerxía é fundamental para a nosa economía, para as nosas vidas, por que se deixa nas mans dun puñado de multinacionais que, basicamente, o que buscan é forrarse?", preguntouse Pontón, quen continuou "pois está claro, polas portas xiratorias que usan PP e PSOE. E aí temos encabezando a lista a Felipe González por Gas Natural e Aznar por Endesa. Pero non son as únicas. Non esquecemos o abrazo a Iberdrola e Bea Mato a Greenalia". "Os beneficios emigran" Pontón criticou que "Galiza non se beneficia da súa riqueza eléctrica" e criticou que "temos os nosos ríos cheos de encoros, os montes cheos de muíños, sufrimos os impactos ambientais e sociais e os beneficios emigran". "E este é momento de acabar con esta inxustiza. Acaban de negociar en Europa a excepción ibérica, e paréceme ben. Pero a mesma sensibilidade ten que ter o estado coa excepción galega, unha tarifa eléctrica máis barata para compensarnos polos custes sociais e ambientais. É unha cuestión de xustiza social e de igualdade", afirmou a voceira nacionalista. A voceira do BNG explicou as alternativas da súa organización para facer fronte á suba dos prezos. Neste liña, defendeu a "tarifa eléctrica galega, acabar cos beneficios caídos do ceo, empresa pública e galega de enerxía e subirlles os impostas ás eléctricas, para que contribúan a saír desta crise". A dirixente nacionalista significou en relación co momento político que "PP é o pasado nunha Galiza que mira cara o futuro, nunha Galiza onde cada vez son máis as persoas que queren un cambio, un cambio real, que permita construír esa outra Galiza posíbel"
PRAZA_4412
Postos en servizo en xuño de 2012 para poder circular por vías de alta velocidade e convencionais, tanto as investigacións xa rematadas en Seabra e Pedralba como a xudicial aínda en marcha en Angrois poñen o foco na liña máis que nos trens
Postos en servizo en xuño de 2012 para poder circular por vías de alta velocidade e convencionais, tanto as investigacións xa rematadas en Seabra e Pedralba como a xudicial aínda en marcha en Angrois poñen o foco na liña máis que nos trensHai agora oito anos, o 9 de xuño de 2012, a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor, presentaba en Santiago o novo servizo Alvia de longa distancia que a partir do 17 de xuño uniría Galicia con Madrid con trens Talgo híbridos encargados polo seu predecesor, o socialista José Blanco, e preparados para circular tanto por vías convencionais como de alta velocidade, permitindo así rendibilizar os treitos de AVE xa rematados. Oito anos despois os Alvia da liña galega sufriron xa dous accidentes e dous incidentes, segundo a clasificación da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), con investigacións focalizadas nas vías máis que nos trens.Á caída dun vehículo na vía que estaría tras a orixe do accidente con dous mortos en La Hiniesta, nas proximidades da cidade de Zamora, hai que sumar dúas avarías eléctricas nas estacións tamén zamoranas de Seabra e Pedralba que grazas á rápida reacción dos maquinistas se saldaron sen feridos e o baleiro de seguridade no AVE Ourense-Santiago que permitiu o accidente de Angrois, con 80 mortes, polo que está imputado un cargo de Adif ademais do maquinista do tren.Angrois (24 de xullo de 2013)Un cargo de Adif está imputado, xunto co maquinista, pola falta de seguridade da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente de Angrois en xullo de 2013, con 80 mortesA investigación xudicial sobre o maior accidente ferroviario das últimas décadas na península, con 80 mortos, aínda non rematou case sete anos despois e segue acumulando demoras. A última para analizar a denuncia dun ex-mecánico de Talgo formulada seis anos máis tarde que asegura que a empresa ordenou borrar do seu sistema informático eivas detectadas no tren antes do seu descarrilamento. Porén, á espera desas pescudas, o groso da instrución puxo o foco no baleiro de seguridade que presentaba a liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o sinistro, na que non había ningún sistema de seguridade que evitase ou paliase o previsible despiste que sufriu o maquinista do Alvia Madrid-Ferrol, que non freou a tempo antes da curva de Angrois.Polas presuntas eivas na análise de riscos da liña está imputado, ademais do maquinista polo seu despiste, o daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, que validou a liña antes da súa inauguración en 2011 e que tamén autorizou en 2012, apenas unha semana despois de que comezasen a operar os Alvia, que se desconectase a bordo dos trens nese treito o sistema de control constante da velocidade propio do AVE, o ERTMS. O sistema neses trens (non noutros que tamén circulaban pola liña) daba fallos de conexión coas balizas instaladas nas vías e provocaba demoras, un problema detectado máis dun ano antes do accidente de Angrois pero que Renfe non foi quen de solucionar ata outro ano máis tarde.Durante a investigación xudicial do accidente tamén se analizou o convoi, pero á espera do que poida dar de si a pescuda aínda pendente sobre o suposto borrado de eivas, nada relevante para a seguridade se detectou nas probas físicas do tren.Seabra (12 de agosto de 2017)Unha reparación mal comprobada na estación estivo tras o incidente que en agosto de 2017 puxo en risco un Alvia en SeabraUnha avaría eléctrica previa nas instalacións de seguridade da estación de Seabra, na liña convencional entre Madrid e Galicia, tras cuxa reparación o persoal de mantemento non comprobou que todo funcionase correctamente. Esa é a causa determinada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), do incidente alí ocorrido en agosto de 2017, cando o maquinista dun Alvia Madrid-Galicia tivo que realizar unha freada de emerxencia ao decatarse de que un desvío das vías estaba mal configurado malia que a sinalización non llo advertía. O tren non tiña parada prevista nesa estación, polo que circulaba a 90 quilómetros por hora, pero as vías estaban dispostas para desviar o convoi como se si tivese que deterse, configuración na que a velocidade máxima está limitada a 30 por hora, pero a reacción do maquinista evitou un descarrilamento.A investigación da CIAF concluíu que a causa directa do sinistro foi o fallo electrónico do sistema de seguridade "producido tras o arranque da instalación unha vez reparada unha avaría no subministro de enerxía eléctrica", pero sinala como factores coadxuvantes que os traballadores de mantemento que repararon a avaría "non accionaron" o sistema "varias veces para comprobar o seu funcionamento nin se realizaron probas de concordancia" entre o que indicaba a sinalización e a disposición real das vías. Unhas comprobacións que tampouco estaban establecidas nos protocolos de actuación de Adif.Pedralba (1 de xullo de 2018)Un cable da estación de hai 40 anos que nunca se cambiara causou o incidente con dous Alvia en Pedralba en xullo de 2018Un ano despois do incidente de Seabra produciuse outro nunha estación veciña, Pedralba, tamén na liña convencional, con outros dous Alvia que circulaban en direccións opostas e que tiñan que cruzarse nese punto, onde fallou un cable do sistema de sinalización con 40 anos de antigüidade do que "non existe constancia" que se revisara o seu estado durante todo ese tempo. O maquinista do tren 258 que saíra de Chamartín en dirección a Galicia deuse conta, como o dun ano antes, de que as agullas da estación estaban dispostas para desvialo a el a unha vía secundaria na que permitir o cruzamento dos Alvia malia que o semáforo de entrada á estación estaba en verde como se puidese circular recto pola vía principal a máis velocidade. O maquinista tamén freou a tempo e advertiu ao posto de control do que sucedía, comprobándose que o sinal verde era un erro e que efectivamente tiña que reducir a velocidade.Tanto en Seabra como en Pedralba as instalacións de seguridade e sinalización que fallaron están a ser renovadas de xeito simultáneo á construción da nova liña de alta velocidadeA investigación da CIAF determinou que nos días previos houbera tormentas "que puideron provocar" a fusión dun fusible "así como derivacións no cableado de sinalización" que "alimentaron eléctricamente o foco verde [...] facéndoo lucir". A análise das instalacións permitiu comprobar que o cableado instalárase en 1974 e renovárase parcialmente en 1985. O informe da CIAF considera como causa directa do incidente o fallo do cableado que fixo lucir o semáforo en verde de xeito incorrecto, como factores coadxuvantes as tormentas dos días previos e a antigüidade do cable e como factor subxacente que "non existe constancia de que se procedera a realizar as revisións aos cables de sinalización na estación de Pedralba conforme ao establecido" no procedemento de mantemento que obriga a analizar mostras de cando menos o 10% dos cables "cunha periodicidade non superior aos 5 anos".Tras os incidentes de Seabra e Pedralba tanto Adif como a CIAF salientaron que os posibles problemas coa sinalización na zona están a quedar resoltos a medida que avanza a construción da liña de AVE, que está a implicar tamén a mellora dos sistemas de seguridade da liña convencional.La Hiniesta (2 de xuño de 2020)O cuarto accidente ou incidente cun Alvia entre Galicia e Madrid produciuse este martes en La Hiniesta, chegando á cidade de Zamora, nun treito aínda de liña convencional paralelo ás obras da liña de alta velocidade e xusto antes de enlazar cos treitos desta que xa están en servizo ata Madrid.A caída dun vehículo na vía desde un paso elevado xusto antes de que pasase o Alvia provocou o seu descarrilamento e que a locomotora, ao contrario que o resto de vagóns que quedaron verticais sobre as vías, rematase a varias ducias de metros, envorcada e en sentido contrario, o que provocou a morte dun maquinista ademais do condutor do vehículo. A postura do tren xa está a provocar especulacións entre expertos ferroviarios sobre a posible influencia do seu deseño no sinistro, ao igual que o feito de que coa liña de alta velocidade xa aberta sería máis difícil que se producise, non só porque conta con maiores proteccións do exterior que as convencionais senón tamén polos sistemas que deterían a circulación no caso de caer algo sobre as vías. Pero será a investigación a que determinará as circunstancias concretas e os factores subxacentes do sinistro.3 dos 15 trens Talgo S-730 híbridos que custaron 78 millóns hai oito anos están actualmente inutilizados tras accidentes Hai agora oito anos cuantificouse en 78 millóns de euros o custo dos 15 trens Talgo S-130 (eléctricos) aos que se engadiron furgóns con xeradores para facer os S-730 híbridos (diésel e eléctricos para dúas tensións distintas, e con ancho de rodada tanto ibérico ou convencional como internacional ou de alta velocidade). Un deses trens, completamente inservible, leva case sete anos almacenado en Padrón tras o accidente de Angrois e os dous descarrilados en La Hiniesta, á marxe da envergadura dos seus danos, quedan agora á espera do que poida decidir sobre eles a investigación xudicial polas dúas mortes ocorridas.
NOS_7230
Dos 16 fondos de pensións máis importantes que operan neste momento no estado -aqueles que teñen máis de 100.000 persoas suscritoras- 11 áchanse en números vermellos e os 5 restantes oferecen rendabilidades por debaixo do IPC.
Volven a carga coa quebra do sistema público de pensións. Máis unha vez, como xa fixeran en 1996, datando a súa ruína en 2004, ou en 2010, cando retrasaron a idade de xubilación e o período de computo das bases de cotización, recuperase este argumento para debilitar o poder de compra das clases populares e beneficiar o sector financeiro, dado que son as entidades de crédito as titulares e as xestoras dos fondos privados de pensións. Só a desvergoña intelectual dos seus voceiros, a hexemonía ideolóxica das súas teses, o apoio dos grandes grupos mediáticos e os complexos da esquerda, posibilitan que continúen con este relato, posto que o único que quebrou ao longo de todos estes anos foron os plans privados de pensións. Non estamos descubrindo nada novo. Un organismo nada sospeitoso como o IESE, a grande covacha da economía ortodoxa, recoñecía nun estudo publicado en Febreiro de 2010, que na última década o 93,2% dos fondos do sistema individual obtiveron un beneficio interior á inflación e que o 99,3% dos fondos privados situáronse nunha rentabilidade menor a dos fondos do tesouro a dez anos. Outro tanto está a acontecer neste mesmo ano cos plans privados de pensións, cuestión que xa foi alertada por un traballo do INVERCO, até o punto de que dos 16 fondos máis importantes que existen no Estado Español, aqueles que reúnen a máis de 100.000 participes, 11 deles atópanse en números vermellos, entrando mesmamente varios deles en rentabilidade negativa a tres anos. O fondo de pensións do Santander perde no que vai de ano máis de 2 por cento e o "Plancaixa equilibrio", de Caixabank, o 1,2 Non se salva ningún desta situación. Así "Mi Plan Santander prudente", fondo de pensións xestionado polo Banco Santander que agrupa a máis de 215.000 persoas e que suma máis de 2.000 millóns de euros, perde no que vai de ano máis de 2% e un 0,22 actualizando os tres últimos anos. Se o plan con máis investidores presenta estes números, non é mellor a situación do "Plancaixa equilibrio", fondo de "Caixabank", que agrupa a 150.000 persoas e que se sitúa a cabeza canto a patrimonio, 3.400 millóns de euros, de todos os plans privados de pensións do Estado. O "Plancaixa equilibrio" cedeu no que vai de ano o 1,2%, afirmando a web da propia entidade unha rentabilidade negativa a 15 anos de 2,2%. Un caso e máis o outro, seleccionados por tratarse dos fondos con máis persoas investidoras e patrimonio, deixan claro que os plans privados de pensións van seguir xerando nesta década un beneficio interior a inflación. O fondo do Banco Popular, coa comisión de xestión máis alta das que permite a lei, cedeu neste 2016 o 2,7 por cento do seu valor O peor está por vir. A práctica totalidade das análises coinciden en afirmar que a rendabilidade dos plans privados de pensións van empeorar nos vindeiros meses e anos, como consecuencia da situación que debe enfrontar a banca europea e de xeito moi particular algunhas entidades como o Deutsche Bank, a práctica totalidade das italianas ou o Banco Popular. Precisamente o fondo de pensións xestionado por este banco, "Europopular Vida", atópase a cola destes 16 fondos, até o punto de perder neste ano o 2,7% do seu valor, ao tempo que presenta a comisión de xestión máis alta das permitidas por Lei. Non nos debe estrañar entón que as entidades de crédito á hora de vender estes produtos aos clientes fagan fincapé nos seus beneficios fiscais, xa que a rentabilidade, o factor que realmente marca a diferenza de cara a xubilación, foi, é e seguira sendo negativa.
NOS_44750
Os xuíces aseguraron que o ex alcalde actuou "concertadamente" cos tres empresarios "para tratar de deixar sen efecto" as sancións da Xunta polo depósito de materiais non autorizados.
O concelleiro e portavoz da Agrupación Local de Veciños en Coristanco e alcalde deste municipio polo PP entre 1991 e 2015, Antonio Pensado, non recorrerá o fallo da Audiencia Provincial da Coruña que o condenou a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público. Ademais, esta cuarta feira anunciou que a próxima semana presentará a súa dimisión. "A principios da próxima semana déixoo, xa teño ganas de descansar", dixo apuntando á posibilidade de que a próxima segunda feira formalice xa esta renuncia despois de tomar a decisión de non recorrer unha sentenza que considera probado que cometeu un delito de prevaricación ao autorizar, en 2012, a unha empresa a almacenar residuos de demolición e construción nunha leira do concello. "Resolución arbitraria" O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, destacou que a resolución do entón rexedor municipal foi "arbitraria e contraria á legalidade" e impuxo a mesma pena, como cooperadores necesarios do delito de prevaricación, aos tres irmáns administradores da compañía beneficiaria. A Audiencia da Coruña confirma que o Pazo de Meirás é do Estado, mais obriga a indemnizar os Franco Os xuíces aseguraron que o ex alcalde actuou "concertadamente" cos tres empresarios "para tratar de deixar sen efecto" as sancións da Xunta polo depósito de materiais non autorizados. Os argumentos da sentenza A pesar da inhabilitación, na sentenza, a Audiencia absolveu o ex alcalde dos demais delitos de prevaricación que lle imputaba o Ministerio Público, así como do de falsedade, e aos empresarios dos demais delitos de prevaricación e do de tráfico de influencias. O estado da corrupción Os maxistrados consideraron que non ficou acreditado que o entón rexedor municipal tratase de favorecer os tres empresarios, aos que supostamente os unía unha amizade, á hora de adxudicar obras.
QUEPASA_823
Continuamos da man da "Asociación Parroquial de Berdoias" e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XXVI):PREHISTORIA: PETRÓGLIFOS DA PARROQUIA DE BERDOIAS Os petróglifos son eses gravados nas rochas, a maioría de máis de 4000 anos de antigüidade, que forman parte das xoias patrimoniais enigmáticas, e das que, en moitos casos, aínda hoxe se nos fai difícil descifrar o seu fondo significado. Téñense atopado na parroquia, até o de agora, dúas estacións de petróglifos nun monte de Boallo, e outras dúas estacións nun monte de Berdoias, e que tratándose de localizacións en zonas extractivas de pedra é moi posible que outras xoias deste tipo rematasen destruídas. A descuberta das estacións de Boallo e das de Berdoias ocurriron dun xeito moi similar:Polo 1997 un cazador veciño, Manuel Soto Caamaño, localizaba no Outeiro do Recosto, en Boallo, unha estación de petrógifos.Pouco tempo despois, moi pretiño, Roberto Mouzo, un dos nosos mellores estudosos e divulgadores do Patrimonio comarcal, localizaba unha segunda estación, chamada a da Pedra Mosqueira. 1997, Nos petróglifos de Boallo con Manuel Soto e con Roberto Mouzo (Foto da Voz) No 2003, un grupo de cazadores da parroquia, Adrián Valiña, Luís Valiña, e Manuel Vieitez, localizan no monte do Pedrouzo unha estación de petróglifos (Pedrouzo 1).E tamén pouco tempo máis tarde é o mesmo Roberto Mouzo o que descobre moi pretiño, unha segunda estación (Pedrouzo 2). Ano 2003, cos cazadores que descubriron Pedrouzo 1 (Foto de La Voz de Galicia) PETRÓGLIFOS DE BOALLO: - A estación do Outeiro do Recosto:Nun panel de pouco máis dun metro cadrado está esta estación composta por uns gravados de carácter xeométrico: 9 combinacións de círculos concéntricos, de diferentes dimensións e número de aneis, e con coviña central. A pesar dos seus 4.500 anos de antigüidade o seu estado de conservación é bastante bo. Nun extremo do rocha, distínguense tamén un conxunto de 15 coviñas Estación de Outeiro do Recosto en Boallo Calco. Estación do Outeiro do Recosto, en Boallo - A estación de Pedra Mosqueira:Composta dunha combinación circular de tres aneis e coviña central, en bastante mal estado de conservación. Calco de Pedra Mosqueira (do C.A Rula e de Árbore Arqueoloxía e Restauración) PETRÓGLIFOS DE BERDOIAS: - Estación de Pedrouzo 1: Os traballos de fotogrametría permitiron localizar novos gravados nesta ampla laxe granítica, distribuidos en 4 paneis, e nos que se distinguen múltiples deseños de tipo xeométrico: un mínimo dunhas 9 combinacións circulares, de diferentes dimensións e número de aneis, e con coviña central.Igualmente hai coviñas e cazoletas de diferentes tamaños Calco dos 4 paneis de Pedrouzo 1 (do C. A Rula e de Árbore Arqueol. e Restaurac.) - Estación de Pedrouzo 2:Nun único panel presenta, como a primeira estación, gravados de carácter xeométrico e de temática abstracta, pero ten como diferencia a morfoloxía dos sucos ( algúns, máis anchos e fondos ) e diferente tipoloxía de motivos representados, uns a carón dos outros, o que nos fala de gravados pertencentes a diferentes períodos: Do prehistórico:- Ata nove combinacións circulares, de diferentes diámetros e número de aneis e coviña central.Dúas destas combinacións teñen acaroadas formas rectagulares , e outra ten acaroado tamén un deseño ovalado dividido en pequenos cadrados. - dous aneis en forma de 8, unha pequena cruz sobre un círculo... Do histórico: - cruces simples, cruces con pés circulares , cruces dobres con brazos rematados en círculos...etc Estación de petróglifos de Pedrouzo 2 Calco dos petróglifos de Pedrouzo 2 (do C. A Rula e de Árbore Arqueol. e Restaurac.) Detalle de Pedrouzo 2, petróglifos prehistóricos e históricos O colectivo A RULA, adicado á descuberta, investigación e divulgación, entre outras, de manifestacións artísticas tan singulares como son os gravados rupestres, fixo un excelente traballo de investigación dos petróglifos da parroquia de Berdoias.Coa elaboración de fotogrametría en 3D permitíu precisar unha mellor descrición destes gravados, e coas súas fermosas xeiras nocturnas feitas en agosto do 2017 e en xullo do 2018, contribuíu dun xeito decisivo ó seu mellor coñecemento e divulgación. * (A información deste texto e case todas as fotos proceden: da publicación da Rula "Na espiral dos círculos concéntricos" (2019) no que se lle adican os capítulos 11 e 12 ós petróglifos da parroquia de Berdoias.) TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros de Berdoias XXV: As casas-vivenda no lugar de Berdoias. Tesouros de Berdoias (XXIV): As vellas Casas-Vivenda (I): A Casa Grande de Alonso de Lema II e o Pazo de Martiño de Castiñeira. Tesouros de Berdoias (XXIII): Os pasos: portelas, portais, pasadoiros, portelos, poxados. Tesouros de Berdoias (XXII): Os camiños, os cercados, as pontes. Tesouros de Berdoias (XXI): Ermidas, Capelas, Cruces e cruceiros. Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I). Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros…. Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña. Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais. Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas. Tesouros de Berdoias (XV): As Lacenas de abellas (e II). Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas. Tesouros de Berdoias (XIII): Cabazos vellos, cabazos novos. Cabazos pequenos, cabazos longos…. Tesouros de Berdoias (XII): Os 99 cabazos da parroquia (I). Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda. Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos. Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos: Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia. Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata
PRAZA_11983
Manzaneda, a única estación de esquí de Galicia, segue sen neve e sen un futuro despexado. De momento, a única solución son as vontades xenéricas de salvar o complexo deportivo por parte dos implicados: Xunta, NovaGalicia Banco e concellos. A única decisión concreta foi a da Xunta de concederlle un préstamo participado de 500.000 euros para pagar a NGB 125.000 euros dun crédito anterior e as nóminas dos traballadores.
Manzaneda, a única estación de esquí de Galicia, segue sen neve e sen un futuro despexado. De momento, a única solución son as vontades xenéricas de salvar o complexo deportivo por parte dos implicados: Xunta, NovaGalicia Banco e concellos. A única decisión concreta foi a da Xunta de concederlle un préstamo participado de 500.000 euros para pagar a NGB 125.000 euros dun crédito anterior e as nóminas dos traballadores. A situación financeira é asfixiante. Quedan pendentes de liquidar do exercicio 2010 a maior parte dos 241.000 da débeda. Só a Xunta abonou os 115.900 euros que lle corresponden ao ter o 48 por cento do capital de Meisa, sociedade pública que xestiona a estación, pero está pendente a diferenza que lle corresponde a NovaGalicia Banco e aos concellos da Pobra de Trives e Manzaneda. Os dous alcaldes, Francisco José Fernández e David Rodríguez, sentados no concello de administración, teñen intención de pagar e someten esa decisión a continuidade do proxecto de estación. Ambos os dous consideran que "Manzaneda é estratéxico para o interior de Galicia e a súa desaparición sería un golpe mortal para a economía da zona". Tamén o desaparecido da escena política, José Luis Baltar, manifestara o seu compromiso de participar no capital da sociedade e ofrecía 1 millón de euros a cambio de coñecer os plans para o complexo. Polo que parece a súa dimisión non vai modificar a postura da Deputación de Ourense. O seu fillo e novo presidente, Manuel Baltar, en contacto cos portavoces da oposición xa manifestou a intención de apostar por Manzaneda. Non obstante os plans non frutifican e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala da necesidade de novos inversores e dun plan de viabilidade axeitado pero sen datas concretas, nin tampouco prazos. A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, secunda as ordes do xefe e o terceiro en discordia, o baltarista e xerente da Estación, David Ferrer percorre despachos e quilómetros sen nada que ofrecer. Segundo puido saber Praza, o nomeamento do xerente da estación de esquí foi unha aposta de Baltar, que esixiu a Feijóo o posto para Ferrer por ser fillo do antigo alcalde de Ourense e presidente da Deputación, David Ferrer. Feijóo, a través de Camen Pardo, cedeu pero só lle entregaron o despacho, xa que quedou desprovisto de competencias executivas. Ademais, as malas relacións entre o xerente e a presidenta de Meisa son visibles e o propio Ferrer queixouse e queixase aos seus colaboradores de que non lle explican nada. O último desaire tivo lugar na Feira Internacional de Turismo. Pardo e Ferrer estaban alí e a máxima responsable do Turismo galego non o saudou a pesar de que "estivemos cóbado con cóbado". No último consello de administración celebrado o 27 de xaneiro o xerente fixo chegar a todos un plan de viabilidade co que viña traballando nos últimos meses. Para sorpresa de todos os asistentes, Carmen Pardo, di que o documento non serve, e a Xunta decide encargar outro novo partindo dende cero. Os membros do consello quedan atónitos e asisten aos reproches públicos da presidenta cara o xerente pola pouca eficacia á hora de buscar inversores, empregando a frase: "pero non dis que non che collen o teléfono". Entre tanto os sindicatos asisten ao espectáculo e concéntrase periodicamente na Delegación da Xunta na cidade das Burgas. A Xunta responde que se está redactando un novo plan de viabilidade e que de momento a estación está salvada grazas ao préstamo de 500.000 de euros. O resto dos axentes mobilízanse na medida das súas posibilidades. O alcalde de Trives, Francisco José Fernández, reclama unha xestión público privada para a estación. O alcalde nacionalista de Manzaneda, David Rodríguez, pide que a Xunta se implique. Os rexedores forman un tándem pero con pouco marxe pola falta de recursos dos concellos ao ser moi pequenos. Pola súa banda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo aínda non lles deu cita para unha entrevista e só lles queda esperar, ademais de perdoar ás constantes débedas da estación coas súas administracións para non acabar de rematar un proxecto que ten 40 anos.
NOS_8590
A CIG exixiu, entre outras cuestións, que se convoque unha Mesa do Naval de Vigo; unha intervención pública para crear un 'holding' de estaleiros e industria auxiliar, onde a administración pública teña un papel preponderante.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) fixo un chamamento esta segunda feira para que a cidadanía se manifeste na quinta en Vigo, a partir das 19 horas desde Vía Norte, contra o "desmantelamento" do sector naval, que vai "camiño da irrelevancia" pola mala xestión empresarial e a inacción das administracións. Nunha rolda de prensa, o secretario comarcal do principal sindicato na Galiza, Alberte Gonçalves, lamentou que a industria naval na comarca de Vigo leva anos "en caída libre". CIG volve advertir sobre a crítica situación do naval de Vigo Criticou que nin o Goberno do Estado español nin a Xunta puxesen en marcha medidas para a súa modernización ou "tan sequera para garantir a súa supervivencia". Respecto diso, lembrou que os tres grandes estaleiros da ría de Vigo: Vulcano (agora Estaleiros San Enrique), Metalships e Hijos de J. Barreras, están en problemas. O primeiro deles cun "escenario de absoluta incerteza", o segundo con apenas carga de traballo para reparación, e o terceiro, recentemente adxudicado a Armón nun proceso de liquidación que suporá a "perda de 100 empregos", e que pasou por anos de "corrupción política e empresarial", así como de "represión sindical". Medidas para un sector "estratéxico" Gonçalves exixiu políticas e medidas para defender un sector "estratéxico" e que foi "motor económico" da comarca e de toda a Galiza, para asegurar a continuidade da produción e "blindar o emprego". A CIG exixiu, entre outras cuestións, que se convoque unha Mesa do Naval de Vigo; unha intervención pública para crear un 'holding' de estaleiros e industria auxiliar, onde a administración pública teña un papel preponderante. Sindicatos piden unha "política industrial real" para o naval de Vigo Tamén demandou medidas para manter o emprego en condicións dignas e estábeis, e para eliminar a "excesiva subcontratación"; unha "aposta pola formación" do persoal; contratación de empresas da contorna; e medidas de diversificación da produción. Finalmente, ademais de reiterar a "responsabilidade" das empresas e administracións, aludiu á "responsabilidade da sociedade", polo que insistiu en pedir á cidadanía que participe na mobilización, "a única forma de forzar un cambio de política".
PRAZA_20907
Alén dos "graves inconvenientes de carácter ambiental", Endesa esgrime que o alto custo da electricidade xerada co método probado deixaría a central pontesa "fóra do mercado eléctrico" e subliña que a fin da térmica non "foi un proceso sobrevido". O desmantelamento da factoría durará uns catro anos e a eléctrica asegura que se dispón a "activar" o seu plan para buscar proxectos empresariais que se instalen nas Pontes
A queima dunha mestura de carbón con biomasa ou lodos de depuradora non dará un tempo de desconto á central térmica de Endesa nas Pontes. A eléctrica vén de facer público o seu veredicto definitivo a respecto destas probas, que xa deixara entrever nos últimos tempos. As probas con estes "biocombustibles" non resultan economicamente rendibles nin ambientalmente viables e por iso segue adiante co peche que ten en marcha dende 2019, un proceso acelerado nos últimos dous anos pero con causas de moito máis longo percorrido.A eléctrica evidencia que o peche da térmica das Pontes "non foi un proceso sobrevido" e, tras o fracaso das probas para queimar carbón mesturado con lodos, retoma o plan de peche exposto en 2019O elevado prezo do carbón e da tonelada de CO₂ no mercado europeo de emisións contaminantes, as esixencia da Unión Europea para paliar o quecemento global e a aposta da antiga compañía pública controlada pola multinacional italiana Enel son algunhas das principais causas para a decisión que agora Endesa ratifica. A eléctrica apela a "un cúmulo de razóns, especialmente de carácter medioambiental", para retomar sen dilacións "o proceso de peche iniciado en decembro de 2019".A propia Endesa esgrime a sostida "perda de competitividade" da central pontesa que, subliña, viña funcionando con carbón importado ata "quedar excluída do mercado" na primavera de 2019. "Non foi un proceso sobrevido repentinamente", para explicar o contexto no que desenvolveu as probas con biocombustibles, supervisadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Xunta e o Concello das Pontes.O informe final sobre eses ensaios, segundo a compañía, evidencia "graves inconvenientes de carácter ambiental". A produción de electricidade coas devanditas mesturas de carbón e lodos causa "emisións de mercurio en valores próximos ao límite legal permitido" e ademais, asegura, a xeración de cinzas vira en "dificultade insalvable" ao crecer alén do 200%, "unha tonelada de cinzas por cada tres ou catro toneladas de CO₂ evitadas" con este sistema. Cada ano, calculan, a central xeraría máis de 100.000 toneladas de residuos perigosos.Alén dos "graves inconvenientes de carácter ambiental", Endesa esgrime que o alto custo da electricidade xerada co método probado deixaría a central pontesa "fóra do mercado eléctrico"A perda de potencia da central, máis custos de mantemento e mesmo a "degradación" da mestura de carbón e lodos cando é almacenada antes de ser queimada" son, sempre segundo a versión da empresa, as razóns que derivan na inviabilidade ambiental e tamén na ausencia de rendibilidade económica. Cada megavatio-hora (MWh) xerado custaría uns 65 euros e "con este custo, a térmica é inviable" porque "queda fóra do mercado eléctrico, no que se prevé para 2021 un prezo de 47,3 euros". Eses indicadores, mantén, fan desbotar o "elevado investimento" que requiriría adaptar a factoría.Catro anos de desmantelamento e plans de futuroNeste escenario, Endesa retoma os plans para desmantelar a térmica das Pontes, un proceso que, estima, "se prolongará durante catro anos". Mentres, a eléctrica sinala que mantén sen cambios o "acordo coa representación" do persoal "polo cal ningún empregado será despedido", senón que a fin da factoría trae consigo prexubilacións "voluntarias" e "un concurso de recolocacións". O actual plantel das Pontes está conformado por 81 persoas e no desmantelamento, agrega, serán precisos "outros 130 traballadores de empresas contratistas".A empresa di que retomar o peche implica "activar" o seu plan para buscar proxectos empresariais que se instalen nas Pontes e salienta os seus plans eólicos en GaliciaE, tras o desmantelamento? A eléctrica asegura que a decisión definitiva do peche implica tamén a "activación" do que denomina "plan Futur-e para a busca de proxectos empresariais que se implantarán" nas Pontes. Este proxecto, defende, "contempla a busca de alternativas empresariais á instalación que se pecha", cun "concurso internacional de ideas" no que agarda "alta implicación" da Xunta e do Concello. Baixo esta denominación inclúe tamén os seus plans eólicos en Galicia, onde se "propón desenvolver ata 1.500 megavatios de nova capacidade" con traballos para os que di estimar "máis de 1.200 empregos directos" para a construción dos parques (6 anos) e 125 cando estean funcionando.
PRAZA_13619
O volume do século XII, de incalculable valor, é atopado nun rocho do Milladoiro tras a detención dun electricista e da súa familia como presuntos responsables da súa desaparición da Catedral de Santiago, hai un ano.
Inicio de novela histórica, final de sainete ou simplemente, de trapallada. Vinte e catro horas antes de cumprirse un ano do salto á opinión pública da desaparición do Códice Calixtino, o círculo pechouse nun escenario con pouco de intriga vaticana e moito de cadro costumista. Nun garaxe do Milladoiro, localidade do Concello de Ames separada uns poucos metros de Santiago de Compostela, que cumpría funcións de rocho, tapado por ladrillos e sacos de cemento e cuberto por bolsas de plástico, pero en bo estado, aparecía a obra datada no século XII, de incalculable valor. Segundo testigos presenciais, nin o xuíz Antonio Vázquez Taín nin os axentes que efectuaron a operación puideron conter a emoción ante un achado que ten pouco de espectacular e moito de metáfora no que ao coidado do patrimonio histórico se refire. Como moitos monumentos de pedra que esmorecen baixo cascallos e esquecemento por todo o país, este monumento de papel e pigmentos, equiparado en máis dunha ocasión co Pórtico da Gloria polo seu valor histórico e artístico, semella que non pasou a mellor vida por pura casualidade, se cadra a mesma -ou non- que permitiu evitar os titulares referidos ao cumprimento dun ano en paradoiro descoñecido. Nas horas previas á aparición desta xoia do medievo galego, base documental das peregrinacións a Compostela que xa foi trasladada á Catedral para ser examinada, á historia fóronselle engadindo ingredientes propios da crónica de sucesos máis doméstica. Nin Erik o Belga nin ningún outro célebre ladrón de arte. O vixiado polas forzas de seguridade foi un veciño do Milladoiro, propietario do garaxe en cuestión, que prestou os seus servizos como electricista autónomo na Catedral durante máis dun cuarto de século e que foi obxecto dun despedimento que considerou improcedente, polo que disque reclamaba 40.000 euros. Moitos máis cartos ca eses 40.000 euros, máis dun millón, é o que atopou a Policía na casa deste antiheroe despois de detelo en plena rúa e noutros domicilios de Santiago, Negreira e O Grove. Despois, correrían a mesma sorte a súa dona, o seu fillo e a moza deste, como presuntos cómplices do roubo non só do Códice, senón tamén doutros valiosos volumes como un exemplar do Libro das Horas, cuxa desaparición fora tamén denunciada polo outro personaxe máis coñecido desta historia, o deán da Catedral, José María Díaz. Foi precisamente unha suposta operación para derrubar a Díaz dirixida dende o interior do templo unha das hipóteses máis manexadas durante o último ano e que, cando menos polo momento, tampouco foi completamente descartada. O Códice apareceu entre bolsas e ladrillos pero en bo estado e xa foi trasladado á Catedral Mentres o electricista continuaba asistindo con asiduidade aos actos relixiosos catedralicios as especulacións foron diversas, tanto como as dúbidas arredor da seguridade que rodeaba ao Códice, exposto nunha vitrina de seguridade coas chaves postas e controlado por un sistema de cámaras das cales ningunha o enfocaba directamente. Só tres persoas tiñan acceso directo a el, pero tardouse varios días en denunciar o roubo. Malia ser unha valiosísima obra de arte, non estaba asegurada. Sospeitas de que o ladrón viña "de dentro" Malia que son moitos os interrogantes que aínda están sobre a mesa o acontecido dende este martes si despexa un, que vén confirmar o declarado polo propio deán días despois da substración. "Quen o levou, sabía como chegar alí", asegurara daquela Díaz, ratificando ademais o que transcendía dos primeiros pasos da investigación: non fora necesaria violencia ningunha, nin contra persoas nin contra obxectos, para roubar o libro. Da curia compostelá saía naqueles días outra hipótese que non era menor, vinculada á convición de que a xénese do roubo estivera na propia Catedral ou no seu entorno, descartando así unha operación de maior envergadura. "Apareceu unha bolsiña de tea cunhas chaves e un cartón que puña 'chaves do arquivo da Catedral' e tivemos a certeza absoluta" da identidade do ladrón, di o deán Do mesmo xeito, durante os case doce meses de ausencia do Códice, foron diversas as voces que apuntaban á posibilidade de que o volume non saíra de Compostela ou dos seus arredores, como finalmente aconteceu. En calquera caso, resta aínda saber se as motivacións do presunto ladrón foron simplemente de vinganza laboral contra a curia. Do mesmo xeito, cómpre tamen despexar a incógnita de maior peso, o xeito en que o Códice será protexido de agora en diante, e se a súa custodia seguirá dependendo unicamente da Arquidiócese de Santiago. Polo momento, tras ratificar a súa autenticidade, foi trasladado a unha cámara de seguridade en instalacións policiais ata que se realice a súa entrega oficial á Igrexa, a finais de semana. "Aparentemente o Códice atópase en bo estado e é custodiado polos GOES [Grupos Operativos Especiais de Seguridade] á espera dunha peritaxe exhaustiva", precisou a Policía. A Policía sinala que o Códice se atopa "aparentemente, en bo Estado" e que o custodiará "á espera dunha peritaxe exhaustiva" Nesta liña, o propio José María Díaz asegurou, tras o achado do Códice e en declaracións á Cadena SER, que as súas propias sospeitas se dirixiron cara ao detido cando "vin un escondite con diferente material eléctrico" no recinto da Catedral, no que "apareceu unha bolsiña de tea cunhas chaves e un cartón que puña 'chaves do arquivo da Catedral". Nese momento, di, "tivemos a certeza case absoluta" e xa "non se trataba de atopar o ladrón, senón a peza" nun momento no que, asegura, se temeu que puidese ser "destruída", dada a "personalidade patolóxica" do presunto autor do roubo. "Nunha personalidade paranoica, todo cabe", asegura. Do mesmo xeito, o deán, satisfeito no eido "institucional" pero cunha "pesadume persoal que non hai quen me compense", ratifica tamén que o Códice Calixtino non foi o único obxecto substraído, senón que o electricista tería levado tamén consigo varios volumes máis que, en todo caso, non son máis ca "facsímiles" que "tiñamos para facer algún agasalllo a colaboradores nosos". "Sempre sospeitei que quen levara unha cousa, levara outra", di José María Díaz.
NOS_5867
A Consellaría de Medio Rural mantén a alerta de nivel 2 no concello de Cualedro. Xa a retirou en Rairiz de Veiga, onde polo momento nin a veciñanza nin as vivendas corren risco de ser alcalzadas. O conselleiro xa fala de lumes "intencionados" na maioría dos casos.
Once lumes rexistrados en distintos municipios, algúns deles próximos, calcinaron desde que se declararon e até as 9.00 horas de hoxe unhas 3.200 hectáreas. As últimas informacións recibidas por este diario xa falan, após a nova información recollida, na última hora de 6.700 hectáreas. En Cualedro, o lume que afecta á parroquia de Montes aínda mantén activada a alerta de "situación 2" pola proximidade das lapas ao núcleo habitado de Carzoá. A Consellaría do Medio Rural destacou de que o maior incendio é o que afecta ao termo municipal de Lobios, en concreto ao Parque Natural da Baixa Limia - Terra do Xurés, con preto de 1.000 hectáreas calcinadas. O lume de Vilariño de Conso ten 600 hectáreas queimadas, segundo as últimas estimacións dos equipos técnicos. Outros dous, o de Cualedro -que continúa coa alerta por proximidade a vivendas- e o de Vilar de Barrio, levan arrasadas máis de 500 hectáreas. O de Rairiz de Veiga, na parroquia de Sabariz, afectou a 260 hectáreas, pero o positivo é que xa se retirou a alarma pola proximidade da fronte a localidades habitadas. No caso de Vilar de Barrio, desapareceron xa arredor de 700 hectáreas de terreos forestais. En Chandrexa de Queixa o cómputo, cos equipos de emerxencia aínda no lugar, é dunha superficie calcinada de 400 hectáreas. Na Gudiña, o lume pasou por unhas 150 hectáreas de monte. No caso de Manzaneda, na parroquia de Cernado, hai queimadas unhas 100 hectáreas, e en Vilardevós abéirase esa cifra (80). No suceso de Ribas de Sil van máis de 20 hectáreas queimadas (é a cifra a partir da que a Consellaría de Medio Rural informa aos medios de comunicación) e en Laza segue activo outro incendio que avanzou 60 hectáreas. Nas últimas horas, os medios de extinción lograron estabilizar os dous incendios rexistrados no municipio de Maceda, na parroquia de Castro de Escuadro, e que finalmente se uniron nun único lume que danou as plantacións de 100 hectáreas. O de Cuntis segue controlado e dáse por estinguido o foco que se detectara en Quiroga logo de que as lapas deixaran sen vexetación 53 hectáreas. Investigar a culpabilidade O conselleiro do Medio Rural, José González, asegurou que case con total seguridade todos os incendios foron "intencionados". "Fanse nun momento no que comunícase que haberá chuvias e son incendios que se colocan nos sitios nos que saben que o vento vai provocar moitos danos", incidiu. "Xa está ben, non se pode permitir isto. Temos que acabar con esta lacra dos incendiarios", subliñou, advertindo de que a Xunta porá todos os medios dispoñíbeis para investigar e dar coas ou os culpábeis.
NOS_27199
Dedicamos o tema de primeira do Sermos Galiza 219 á crise na Confederación de Empresarios de Galiza, pois a organización empresarial vive un novo vaivén coa demisión do seu presidente, tras só nove meses no cargo, e evidencia unha vez máis o cisma aberto no seo da organización, sumida en loitas intestinas, escándalos, débedas e despedimentos. Publicamos un extracto da ampla reportaxe.
A incapacidade da patronal galega por resolver os seu problemas de viabilidade financeira e de afrontar os gastos diarios, malia depender a súa economía en boa medida de fondos públicos, ameazan a continuidade da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG). A recente renuncia do seu presidente, Antonio Dieter Moure, deixa o control da organización en mans dos representantes provinciais, os mesmos que forzaron a súa saída anticipada do cargo. Unha guerra de poder que comezou desde a súa elección, por só dez votos de diferenza sobre o seu rival José Manuel Pérez Canal, que chegou a impugnar os resultados. "Había certas tensións e desencontros que non contribuían ao bo entendemento", recoñeceu Dieter Moure días despois nunha entrevista para RNE, onde comparou a situación do presidente da patronal coa dun "reo" controlado polos responsábeis das catro provincias, de quen dixo que primaban os seus intereses persoais fronte aos da confederación empresarial. No momento da demisión, alegou "motivos persoais" para xustificar o cesamento. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 219, xa á venda nos quiosques e na loxa]
NOS_18042
O sindicato denuncia o "perigo" que supón volver ao traballo "sen que se realicen os test a todo o persoal", pois consideran sería unha "temeridade e unha irresponsabilidade" ao expoñer "a máis traballadores sen saber se temos persoal contaxiado que é asintomático".
Concluída unha reunión que CIG Correos definiu como "meramente informativa", o sindicato anunciou que a empresa pública ten a intención de comezar a "desescalada", incorporando o persoal para traballar. Seguindo o procedemento de actuación ditado polo Ministerio de Sanidade, os traballadores e as traballadoras considerados "sensíbeis" por padecer patoloxías previas, así como as persoas maiores de 60 anos sen patoloxías ou as que estean de baixa, terán que comezar a reincorporarse, "excepto os hepáticos e renáis crónicos" A CIG está "frontalmente en contra" da incorporación de calquera tipo de persoal e de iniciar unha desescalada "sen que se realicen os test a todo o persoal", o que consideran sería unha "temeridade e unha irresponsabilidade", pois significaría "expoñer a máis traballadores sen saber se temos persoal contaxiado que é asintomático". Por outra banda, cuestionan a veracidade do "novo sistema de notificación de afectados pola COVID-19" implantado pola empresa, pois "grazas a el desapareceron como por encantamento case todos os contaxiados". Así, "dos case 1.000 contaxios ou posíbeis contaxios, máis os 3.000 en corentena, pasouse a só 49 positivos confirmados por PCR ou test de anticorpos, con 11 altas; 389 probables ou posibles prescritos polos Servizos Médicos, con 195 altas; 2.720 en Illamento e corentena, con 1.496 altas". Para a CIG, estes datos "están manipulados". "Como é posible que desaparecesen a metade de casos de contaxio? Onde están?", pregunta o sindicato, para o que está "bastante claro" que se están a "maquillar as cifras para xustificar a desescalada".
NOS_16808
O BNG leva ao Parlamento unha proposición non de lei para frear a xestión privada e a perda de empregos que foi rexeitada polos votos en contra do PP. Até 200 postos de traballo están na corda bamba, 180 deles dependentes da consellaría de Traballo
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña sacou adiante nesta quinta feira unha nova acción no marco da campaña permanente posta en marcha hai algo máis de tres meses contra a destrución de 260 postos de emprego que, segundo alertan, levará adiante a Xunta de Galiza. Deles, un total de 180 pertencen á consellaría de Traballo. "É paradoxal que un organismo público se dedique a destruír parte do seu entramado público", criticou Héctor Sánchez, delegado do comité. Coas dúas concentracións fixadas para hoxe, nas escolas infantís do Ventorrillo e das Mariñas, @s traballador@s que dependen da consellaría de Traballo e Benestar protestaron contra todas as medidas que implican maior precariedade laboral, perda de dereitos sociais, destrución de emprego e o deterioro da calidade asistencial das persoas usuarias dos servizos públicos, así como polo "desmantelamento" de máis un centro, o Centro de Menores Soutomaior, en Ferrol, que esta mesma quinta fechou as portas. As protestas dest@s traballador@s chegaron até o Parlamento galego. Unha proposición non de lei presentada polo BNG instou á Xunta a paralizar a xestión privada e pór fin á destrución de postos de traballo nos centros dependentes do departamento que dirixe Beatriz Mato. Alén disto, o texto que defendeu o deputado nacionalista Manuel Parga reclamaba a reapertura dos centros que foron fechando. Mais os votos en contra do PP impediron que saise adiante. A día de hoxe, os centros afectados son os de menores de Montealegre en Ourense, o de maiores de Barbadás, o "peche encuberto" de centros de menores como o de Soutomaior ou A Carballeira, a residencia de maiores de Volta do Castro en Santiago, a residencia de tempo libre do Carballiño, as escolas infantís de Marín e Antela, centros de atención á diversidade funcional da Coruña, Sarria e Redondela, alén dos distintos equipos de valoración.
NOS_49012
A asociación ecoloxista tamén participará na marcha de protesta contra Ence e a política forestal derivada das súas necesidades que organiza a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra. A acción reivindicativa terá lugar o próximo 4 de xullo.
A Fundación Eira ligada á Asociación Ecoloxistas Adega e responsábel da Xestión da Eira da Xoana programou unha celebración moi particular do solsticio de verán e o San Xoán. Malia decorrer na cuarta feira, na xornada anterior ao festivo, os membros desta institución convocaron unha "deseucaliptización da chousa da Eira". Este acto co que comezará a xornada de festexos era unha práctica habitual no espazo antes da pandemia, mais escoller unha data sinalada e retomar este tipo de accións no contexto actual, é significativo e converte o acto nunha acción reivindicativa. De feito, Adega ten amosado a súa posición contraria á política forestal da Xunta e á moratoria á plantación de eucaliptos, por considerar que se fixo un efecto chamada como tamén denunciaron outros colectivos ecoloxistas. Máis aló desta limpeza, as e os participantes -que requirían comunicación previa polas restricións da Covid-19- tamén gozarán coa recollida de flores e os preparativos para a fogueira de cara á noite.Á marxe desta actividade, que deixara o pouso de denuncia pola política da Consellaría do Medio Rural, Adega tamén ten a mente noutras vertentes ligadas a ese decorrer do monte galego.Ence e o eucalipto Así insta á cidadanía a acudir á Marcha contra Celulosas o día 4 de xullo. A iniciativa, que protesta pola presenza de Ence na ría de Pontevedra pero tamén ante posíbeis novas factorías, terá dous puntos de saída desde as alamedas de Pontevedra e Marín ás 12 horas. A concentración, auspiciada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR), mesmo ten unha demanda de sinaturas simultánea á organización para o día 4 a través da plataforma Change.org. Entre as explicacións que formula o colectivo para pedir a saída de Ence, indican que "a desmedida eucaliptización dos montes galegos e, como consecuencia, a proliferación e voracidade dos lumes forestais, é unha consecuencia directa da necesidade de abastecer de eucalipto á fábrica". "O progreso e a riqueza anunciados, foron en realidade un freo ao desenvolvemento económico de Galiza e a peor das condenas para a nosa comarca!", engade.
PRAZA_8522
O candidato oficialista faise coa vitoria con pouco máis do 50% e acepta que se revisen "o 100% das caixas electorais". O opositor denuncia fraude e pide a revisión de toda as urnas.
O Consello Nacional Electoral (CNE) de Venezuela anunciou a vitoria de Nicolás Maduro nas eleccións presidenciais. O candidato chavista recibiu 7.505.338 votos, o 50,66%, 234.935 máis que Capriles, que obtivo 7.270.403, o que representa o 49,07% dos votos. Estas eleccións celebráronse apenas seis meses despois de que Chávez gañase con 10 puntos de vantaxe a Capriles (1,6 millóns de votos de diferenza). O resultado deuse por definitivo co 99,12% dos votos escrutados. A participación acadou o 78,71% dos 18,9 millóns de venezolanos convocados ás urnas. Capriles rexeitou estes resultados e pediu un reconto do 100% dos votos. "Eu dígolle ao candidato do Goberno que o derrotado no día de hoxe é vostede. Vostede é o derrotado, vostede e o seu goberno" O candidato da oposición, Enrique Capriles, rexeitou estes resultados e pediu un reconto do 100% dos votos. "Eu dígolle ao candidato do Goberno que o derrotado no día de hoxe é vostede. Vostede é o derrotado, vostede e o seu goberno", asegurou Capriles para esixir un reconto "voto a voto". Maduro, pola súa banda, lembrou ao falecido Hugo Chávez tras anunciar a súa vitoria e aceptou a apertura do 100% das urnas electorais para revisar os votos. Os centos de chavistas que se congregaron desde primeira hora da tarde do domingo ante o Palacio de Miraflores (sede de Goberno) para celebrar o que esperaban sería un folgado triunfo, fixeron do festexo un acto obrigado con pouca alegría e moito cansazo. Ante eles, o presidente encargado, cargo ao que accedeu tras a morte de Chávez, defendeu a validez do seu triunfo. "Podemos dicir que temos un triunfo electoral xusto, legal, constitucional, popular", afirmou Maduro nun discurso ante os seus seguidores desde o palacio de Miraflores no que volveu reiterar as denuncias de guerra psicolóxica e plans de desestabilización na súa contra. Maduro indicou que falou durante ao redor de 15 minutos por teléfono con Capriles sobre os resultados dos comicios e indicou que o líder opositor lle propuxo un "pacto" previo ao anuncio dos resultados oficiais, pero rexeitouno Despois do anuncio dos resultados o reitor do CNE Vicente Díaz, ligado á oposición, propuxo o reconto do 100% dos votos físicos que o sistema electrónico facilita como respaldo ao voto electrónico para contrastar os resultados. "Benvida a auditoría, xa estaba estipulada a auditoría", sentenciou Maduro, ao lembrar que este é "o único lugar do mundo" en que se fai auditoría do 54% das urnas en cada elección. "Os máis interesados na auditoría somos nós, eu solicítolle oficialmente ao Consello Nacional Electoral a realización dunha auditoría de cara ao país", ratificou. Maduro indicou que falou durante ao redor de 15 minutos por teléfono con Capriles sobre os resultados dos comicios e indicou que o líder opositor lle propuxo un "pacto" previo ao anuncio dos resultados oficiais, pero rexeitouno. Explicou que segundo esa proposta Capriles estaba "a condicionar que o poder electoral cumpra o seu papel e informe os resultados oficiais a unha auditoría que puidese durar semanas". O presidente encargado formulou, así mesmo, un chamado á oposición para que saiba administrar o resultado deste proceso "con humildade". "Fago este chamado, co espírito do meu comandante e pai, Hugo Chávez, por favor, saiban administrar o resultado que obtiveron con humildade, sen prepotencia, sen retar a Venezuela enteira, sen chamar á violencia", sostivo. Capriles reaccionou asegurando que non recoñecerá o resultado ata que non se conten todos os votos asegurando que tiña constancia de polo menos 3.200 incidencias na xornada. "Nós non imos recoñecer un resultado até que non se conte cada voto dos venezolanos", indicou ante os seus seguidores, entre os que había un sentimento de resignación matizado pola perspectiva dun futuro reconto de votos. "Nós en aras da democracia, da paz do noso pobo (...) nós queremos que se faga a auditoría, que se conte voto por voto", asegurou Capriles. O líder opositor, de 40 anos, afirmou que o derrotado das eleccións presidenciais foi Maduro e o seu Goberno. "Eu dígolle ao candidato do Goberno: o derrotado no día de hoxe é vostede. Vostede é o derrotado, vostede e o seu Goberno", apuntou. Ademais, negou os comentarios que fixo Maduro sobre a suposta proposta dun pacto. "Eu non pacto nin coa mentira nin coa corrupción, o meu pacto é con Deus e cos venezolanos", sentenciou, ao asegurar que a súa "boa intención" quixera ser "terxiversada e malpoñela ante o país". Sinalou que o Goberno que queda é un Executivo "mentres tanto" prometendo que fará todo o que estea ao seu alcance "no marco da Constitución (...) para que este país cambie". "Venezuela, dígolles con moita firmeza, esta loita non terminou", sentenciou. Tras o anuncio dos resultados o ministro de Defensa de Venezuela, Diego Molero, asegurou que a Forza Armada é garante do resultado dos comicios e fará respectar os resultados. "A Forza Armada non só estamos pegados á Constitución, senón que somos garantes de que ese resultado o respectemos e o fagamos respectar", afirmou Molero. "Un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo" Ao longo da campaña Maduro presentou estas eleccións como un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo, entre "revolución e retroceso" "Non volverán", "Chávez vive a loita segue" e "Chávez, xúrocho, o meu voto é por Maduro", foron algúns dos slogans coreados nos mitins de Nicolás Maduro durante a campaña electoral. As filas chavistas quixeron deixar claro que, aínda que Hugo Chávez marchara, os seus plans continuarán a través da figura de Maduro, elixido polo propio Chávez como o seu sucesor. Isto último era algo moi salientado dentro do Partido Socialista venezolano e o propio Maduro lembrouno estes días. Este mesmo venres o candidato chavista insistía neste aspecto nun artigo publicado no diario británico The Guardian, titulado Baixo o meu mandato a revolución continuará, e no que sinalaba: "Perdemos o noso extraordinario líder, pero o seu proxecto, construído colectivamente por traballadores, campesiños, mulleres, indíxenas, mozas e descendentes de africanos, está máis vivo que nunca". Ao longo da campaña Maduro presentou estas eleccións como un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo, entre "revolución e retroceso". "Eu non estou aquí porque me manteñan os cheques económicos da burguesía rancia caraqueña nin porque me axeonlle ante o imperialismo. A miña única aspiración era ver unha patria libre, de pé e socialista, e iso foi o que nos deu Chávez", proclamou nos seus mitins. As enquisas daban como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de vantaxe Máis de 18 millóns de venezolanos -dos 29 millóns que hai neste país- estaban chamados a votar. As enquisas daban como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de vantaxe. A diferenza definitiva pola que gañase era a grande incógnita dos comicios e o que determinaría en parte o xogo político dos próximos meses.
NOS_18534
O secretario xeral de Podemos na Galiza, Breogán Riobóo, vén de destituír o seu número dous, Borja San Ramón, que até o de agora era o secretario de Organización da formación morada no país. Foi substituído por Cristina Laya, a que era responsábel de mocidade de Podemos.
Logo de ser desautorizado por Pablo Iglesias en relación ás súas críticas a En Marea e á posibilidade de que Podemos concorrese en solitario ás eleccións galegas, Breogán Riobóo decidiu destituír o número dous de Podemos na Galiza, Borja San Ramón, debido á "perda de confianza", segundo publica este domingo La Voz de Galicia. O secretario de Organización foi substituído por Cristina Laya –até o de agora responsábel de mocidade de Podemos na Galiza- nunha reunión extraordinaria da formación morada que tivo lugar en Compostela na tarde do sábado. O pasado domingo Breogán Riobóo anunciara que os parlamentares Antón Gómez Reino e Ángela Rodríguez abandonaban os seus cargos orgánicos como responsábeis da Secretaría Política e de Igualdade, respectivamente, na Mesa Cidadán. Xustificouno na imposibilidade de acumular varias persoas. Porén, a corrente crítica de Podemos na Galiza advirte dunha ruptura entre estes dirixentes.
NOS_21207
O BNG pediu a intervención da Consellería para que instase o Concello de Compostela a retirar unha multa "que non ten motivo de ser". A representante da Consellería fala de "anécdota".
O BNG levou a debate na Comisión de Agricultura do parlamento galego unha proposición non de lei (PNL) a raíz da multa de 750 euros imposta polo Concello de Compostela a un gandeiro polos excrementos das súas vacas nunha pista do rural. A deputada Tereixa Paz dixo que non estabamos ante un "feito illado" toda vez que a ese mesmo gandeiro víñaselle de notificar unha nova sanción por feitos do mesmo tipo. E, ademais, tendo en conta que no concello de Compostela hai máis de 450 explotacións. O BNG criticou que estas sancións estábanse a impor "nunha zona rural" en base unha ordenanza municipal de residuos urbanos. E que tiveron a súa orixe na denuncia dun veciño, axente da policía local, do gandeiro, co que mantén un preito privado. "Podemos estar nun precedente de que calquera poida denunciar un gandeiro por mor da súa actividade". A parlamentar nacionalista pediu a Xunta que se dirixise ao Concello para instarlle a retirar esas sancións, por entender que non hai motivo para elas e que mesmo poderían ser contrarias a algunhas disposicións legais. AGE e PSdeG tamén se sumaron á petición da retirada de sancións. Mais o PP, na súa quenda, acusou o Bloque de levar á Comisión "unha anécdota" coa intención de "atacar o Goberno" e limitou o suceso do gandeiro a "un caso de conflito veciñal". A representante popular mesmo reprochoulle o BNG o levar ese tema a debate: "non é de recibo que nos pidan que tratemos este caso".
NOS_10115
As precipitacións, nubes e altas temperaturas mínimas que Meteogalicia prevé para este 31 de outubro son, segundo a organizadora, o único motivo da cancelación da festa de Samaín que a naviera Nabia organizara e publicitara para esa noite na illa de San Simón co aval da Xunta, unha celebración que levantou desde o seu anuncio unha treboada de indignación nas asociacións da memoria.
Colectivos memorísticos e familiares dalgunhas das persoas que entre 1936 e 1943 pasaron pola illa, convertida nese período en campo de concentración fascista, reclamaban esta mesma semana a cancelación do evento, nun acto impulsado pola Iniciativa Galega pola Memoria en San Adrián de Cobres, por consideralo "unha profanación dun espazo simbólico da memoria democrática, dun lugar que supuxo sufrimento, dor e terror", e por supoñer "unha indecente e insultante banalización do mal". No entanto, a empresa puntualizaba esta cuarta feira, en declaracións a Europa Press, que a suspensión da cea e festa e actividades previstas débese "unicamente" ás malas condicións meteorolóxicas. Nas mesmas declaracións, a organizadora apelaba á autorización concedida pola Xunta para realizar o evento, da que incidía en que non foi revocada, malia as críticas das asociacións. Porén, a Iniciativa Galega pola Memoria vincula a decisión á "marea de indignación democrática" xerada ante unha celebración que considera "totalmente irrespectuosa coas vítimas, as súas familias e o conxunto da sociedade" e amosa a súa satisfacción, ao tempo que mantén a súa petición para que San Simón pase a ser unha "illa da memoria", cun plan de usos e actividades "axeitados á súa historia como campo de concentración franquista".
NOS_13035
Luís Caruncho, pintor e escultor galego nado na Coruña en 1929, faleceu esta sexta feira en Madrid aos 87 anos de idade.
Representante da abstracción construtivista, Luis Caruncho é considerado un dos máis ilustres artistas galegos. Recuperador da innovación e da vangarda, o pintor e escultor fora recoñecido coa Medalla Castelao polo seu labor de proxección internacional e por ser un referente da arte galega contemporánea. O autor dunha pintura abstracta que conxuga xeometría e sentido lúdico foi membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e, entre os seus recoñecementos, alén da citada medalla Castelao, recibiu o Premio Nacional de Cultura e mais a Medalla de Artes Plásticas de Madrid. Como lembra a Xunta de Galiza nun comunicado, este verán, a obra de Luís Caruncho foi protagonista dunha mostra colectiva na Casa da Parra. Unha década antes, en 2004, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollera unha exposición antolóxica do artista coruñés. A súa obra tamén está representada en na colección de Afundación, a do Palacio de la Zarzuela (Madrid), a do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid); a do Museo da Fundación Pilar e Joan Miró (Palma de Mallorca) ou a do CGAC en Compostela.
NOS_29763
A mobilización terá lugar este sábado, 12 de agosto, a partir das 20:00 horas.
Máis de cen colectivos, entidades e organizacións apoian a manifestación contra as touradas que este sábado, día 12, vai ter lugar en Pontevedra. Desde entidades culturais a sindicatos, centros sociais, grupos de música, organizacións políticas, ambientalistas ou asociacións deportivas. A ampla listaxe de adhesións mostra o apoio dun amplo tecido social á reivindicación da plataforma Touradas fóra de Pontevedra. En 2009, as entidades que apoiaban esta mobilización eran apenas 14. Hoxe en día, superan o cento. A Plataforma destaca a importancia de asistir a un ha mobilización que se centra en tentar acabar coa última das grandes touradas que ten lugar no noso país, pedindo a súa abolición. Lembran que a inmensa maioría da sociedade galega rexeita este tipo de actos. A pregoeira nesta ocasión é a xornalista, guionista e escritora Diana López Varela.
PRAZA_11527
A Comisión Europea actúa tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos nucleares realizados na Foxa Atlántica entre 1949 e 1982
A Comisión Europea actúa tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos nucleares realizados na Foxa Atlántica entre 1949 e 1982Un ano máis tarde do previsto inicialmente, a Comisión Europea vén de asegurar que en 2020 verificará se España está a vixiar correctamente a radioactividade da costa galega. Unha supervisión que ten a súa orixe en diversas preguntas formuladas hai meses polos daquela eurodeputados galegos José Blanco (PSdeG) e Ana Miranda (BNG) despois de que Praza.gal publicase unha investigación sobre o limitado ou nulo coñecemento que unha ducia de entidades internacionais e estatais admiten ter sobre o estado dos milleiros de bidóns con residuos nucleares que entre 1949 e 1982 foron vertidos en diversos puntos do océano, na coñecida como Foxa Atlántica.Ninguén está a vixiar de xeito periódico o estado daqueles bidóns en augas internacionais pero os estados da UE teñen que vixiar a radioactividade nas súas augas costeirasNinguén está a vixiar de xeito periódico o estado daqueles bidóns, algúns dos cales levan xa máis de 70 anos baixo o mar. Tampouco se está a medir a radioactividade nos puntos de vertido, en augas internacionais, pero os estados membros da UE si teñen a obriga de vixiar a radioactividade nas súas augas costeiras. Tras varias preguntas ao respecto, a Comisión Europea acabou respondendo hai agora case un ano ao socialista José Blanco que neste 2019 porían o foco en como España está a cumprir coa súa obriga de vixiar a radioactividade nas augas costeiras galegas. "As datas da misión de verificación están sendo negociadas coas autoridades españolas", di a Comisión Europea sobre o momento concreto de 2020 en que actuará a súa misiónAquela declaración política tardou en concretarse e a costa galega foi incluída finalmente no programa de misións de verificación da Comisión Europea correspondente a 2020. Agora, tras unha pregunta ao respecto dos eurodeputados Pernando Barrena (EH Bildu) e Diana Riba (ERC) -que están a tramitar as iniciativas do BNG no Parlamento Europeo mentres non lle toque asumir o escano a Ana Miranda no marco do seu pacto nesa Cámara- a Comisión Europea ratifica que 2020 será o ano desa supervisión pero que aínda está a negociar as datas concretas con España. "A Comisión desexa confirmar que incluíu a verificación da vixilancia da radioactividade do medio mariño na costa de Galicia no seu programa de misións de verificación de 2020", di a resposta en nome da Comisión asinada polo aínda comisario de Acción polo Clima e Enerxía, o popular español Miguel Arias Cañete, que engade que "as datas da misión de verificación están sendo negociadas coas autoridades españolas".En respostas previas a Comisión admitiu descoñecer o estado dos bidóns cos residuos nucleares, non considerou necesarias novas análises e asegurou que España tampouco trasladou inquedanzas ao respectoEsta nova resposta de Cañete confirmando que supervisará o próximo ano como España analiza a radioactividade na costa prodúcese despois de que, a preguntas previas do socialista Blanco, admitise que a Comisión Europea descoñece o estado dos residuos vertidos en augas internacionais ou o seu impacto no medio. A Comisión Europea tamén respondera previamente que non considera necesario novos estudos sobre eses bidóns da Foxa Atlántica e que o Estado español non lle trasladara ningunha necesidade ao respecto nin tampouco ningunha incidencia nas súas análises periódicas sobre a radioactividade costeira. Análises que agora van ser supervisadas pola propia Comisión.
PRAZA_4646
Este domingo 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental. Este sábado tivo lugar en Compostela o Encontro galego de educación ambiental, que debateu a situación creada polos plans de Wert de eliminar dos temarios os contidos de biodiversidade.
A educación ambiental é unha corrente internacional de pensamento e acción cuxa meta é procurar cambios individuais e sociais que provoquen a mellora ambiental e un desenvolvemento sostible. Dende hai máis de 30 anos é considerada unha ferramenta estratéxica nas políticas ambientais desde o ámbito internacional ao local ou rexional. Este domingo 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, nun momento en que a súa continuidade nos programas educativos está posta en cuestión. Este domingo 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, nun momento en que a súa continuidade nos programas educativos está posta en cuestión A reforma educativa impulsada polo ministro Wert inclúe a eliminación dos contidos sobre biodiversidade dos estudos de bacharelato, o que foi de inmediato denunciado por investigadores e asociacións científicas. Como sinalaba Xabier Vázquez Pumariño nun artigo publicado en Praza hai uns días, "tal falla de respecto pola cultura científica, ou cultura a secas, non pode máis que reflectir unha ideoloxía profundamente reaccionaria e/ou un pensamento extraordinariamente cateto que sitúa a este ministro, e a aqueles que o aplauden, nunha posición intermedia entre un aiatolá e unha personaxe de Paco Martínez Soria". Esta fin de semana celebrouse, ademais, o Encontro galego de educación ambiental, baixo o título de "Novos escenarios, novas miradas". Organizado pola Federación Ecoloxista Galega, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental, o encontro buscaba "reflexionar e debater sobre a situación actual da educación ambiental en Galicia" e "promover un espazo de lectura crítica atendendo ás novas liñas de traballo que se están a emprender e aos novos escenarios nun momento que estamos a vivir de desmantelamento da educación ambiental". Un desmantelamento que, engaden os seus promotores, "alén de abocar ao sector á precariedade e ao paro, resulta completamente irresponsábel á vista dos desafíos da crise ambiental á que nos enfrontamos, encuberta pola crise económica". Un desmantelamento que, engaden os seus promotores, "alén de abocar ao sector á precariedade e ao paro, resulta completamente irresponsábel á vista dos desafíos da crise ambiental á que nos enfrontamos, encuberta pola crise económica" Ao longo do sábado presentáronse no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (Parque de Belvís) diferentes experiencias no eido da educación, a comunicación e a xestión ambiental en Galicia, así como espazos para a deliberación colectiva, a través dos que se pretende avanzar na construción de estratexias conxuntas. Finalmente, o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), como centro de referencia en educación ambiental en Galicia, celebra a efeméride ofrecendo unha nova ferramenta educativa a todos os profesionais deste ámbito. O Centro vén de poñer en marcha un espazo web onde se recompilan unha gran cantidade de documentos e recursos relacionados con este ámbito: textos básicos sobre a educación ambiental, recursos didácticos para que os educadores e educadoras poidan traballar con diferentes colectivos, documentos sobre a interpretación do patrimonio, ou itinerarios da natureza.
NOS_43215
Os feitos sobre os que se ditou sentenza aconteceron o 24 de outubro de 2019, cando o Auditorio Mar de Vigo acollía un mitin de Vox, con presenza de Santiago Abascal.
O mozo acusado de atentado contra a autoridade e de lesións por lanzar lastras a axentes da Policía española no marco dunha protesta durante un mitin de Vox en Vigo aceptou a pena de 2 anos de prisión e pagar unha multa de 240 euros. Así se pactou entre as partes esta cuarta feira, de modo que non foi necesario realizar o xuízo que estaba previsto na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. O acusado, Rubén R.P., recoñeceu os feitos e aceptou a pena imposta, após aplicárselle as circunstancias atenuantes de adicción (no momento dos feitos atopábase baixo os efectos de sustancias que minguaban parcialmente a súa capacidade volitiva) e de reparación do dano (o mozo xa consignou parte das indemnizacións aos axentes lesionados). Así mesmo, o tribunal determinou a suspensión de pena de prisión por un período de 3 anos, coa condición de que o procesado non delinca neste tempo e de que pague, antes do 30 de xuño, o que lle resta da responsabilidade civil, uns 148 euros. Os feitos sobre os que se ditou sentenza e que o acusado recoñeceu ocorreron o 24 de outubro de 2019, cando o Auditorio Mar de Vigo acollía un mitin de Vox, con presenza de Santiago Abascal e como acto de precampaña das eleccións xerais de novembro dese ano. Nos exteriores do recinto produciuse unha concentración dunhas 300 persoas, na que este mozo participou e, nun momento determinado, cando os axentes de Policía ordenaron dispersarse á xente, iniciouse un enfrontamento con lanzamento de valos e pedras. Inicialmente, a Fiscalía pedía para Rubén R.P. a pena de catro anos e medio de prisión, e o pago de 1.800 euros de multa. Finalmente, a condena rebaixouse ao aplicárselle as circunstancias atenuantes.
NOS_11568
Diante das instalacións de Ence ao pé da ría de Pontevedra e rodeada de candidatas e cargos orgánicos e institucionais do Bloque da comarca, Ana Pontón acusou Feixoo de "amparar as prácticas mafiosas" da pasteira para "frear un BNG en remontada".
A primeira das pintadas ameazantes contra Carme Da Silva apareceron o 24 de marzo na fachada do edificio onde vive, unha vez era público que a tenente de alcalde de Pontevedra sería número un do Bloque ao Congreso. A segunda apareceu esta semana, nun espazo público próximo á súa vivenda, unha vez iniciada a campaña. Para o BNG non hai dúbida: os responsábeis son o PP e Ence. Así o sinalaba na mañá desta quinta feira diante da pasteira a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, acompañada da propia Da Silva, do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e de candidatas e cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca. Para a nacionalista, trátase dun "escrache covarde" que ten como obxectivo "frear un BNG en remontada". A propia Da Silva sinalara ao respecto esta semana que "as dereitas teñen claro que o inimigo político é o Bloque". Pontón afirma que o PP e Ence queren evitar que "Galiza sexa decisiva no Estado da man dunha forza que conseguirá o trasladado de Ence fóra da ría". Nesta liña, a dirixente nacionalista asegurou que "conseguiremos ser decisivos e ter voz no Congreso para pararlle os pés a Ence, para acabar coas portas xiratorias e para pararlle os pés a esas políticas mafiosas que está amparando e propiciando o PP na Galiza". A portavoz do BNG acusou Feixoo de ser cómplice, "non vimos nin unha soa condena, nin vimos que estivese alarmado polo acoso a unha candidata doutra forza política". Porén, salientou que "non nos amedrentan nin van conseguir o seu obxectivo porque os galegos e as galegas van dar unha lección nas urnas desde esa corrente de simpatía cara o BNG". Contra Vox e Ciudadanos, BNG En declaracións aos medios, Pontón explicou que o BNG dispútalle os escanos en Pontevedra e na Coruña a Vox e a Ciudadanos e apostar no Bloque, dixo, significará que na Galiza "non entre esa dereitona carca, machista e antigalega". A dirixente do BNG aproveitou a ocasión para trasladar parte das propostas das nacionalistas para acabar coa corrupción, entre elas, "acabar portas xiratorias" que "as empresas do Ibex usan para comprar ex políticos do PP, e tamén do PSOE, para os seus intereses". Neste sentido, lembrou que ex ministros e ex presidentes "como Aznar ou González" ostentaron ou ostentan cargos nos Consellos de Administracións de multinacionais como Ence, Endesa, Gas Natural ou Iberdrola. "Alguén pensa que se gastan millóns de euros en salarios a cambio de nada? É a cambio de favores que pagamos todas e todos", concluíu.
NOS_44264
A Plataforma galega en defensa do ensino público acusa o goberno central de "dobre linguaxe e engano" e chama a se sumar á greve do 24 de novembro.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a comunidade educativa a se sumar e participar na greve e mobilizacións convocadas para esta quinta feira, 24 de novembro, contra a Lomce e as reválidas. O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao, denunciou que mentres o goberno simula que as reválidas desaparecen, prepara un decreto lei no que se vai estabelecer que, no futuro, terán valor académico. O maioritario rexeitamento tanto á LOMCE como ás reválidas obroga o goberno central a facer anuncios públicos que podem levar pensar que desaparecen as reválidas, indican desde a plataforma. Porén, hai unha "dobre linguaxe", un "engano" do goberno central, pois sementa a idea de que as reválidas desaparecen "e ten xa redactado un borrador de decreto lei no que se recolle que agora se adían mais que no futuro terán valor académico, tanto para ESO como para bacharelato". "Non di a partir de que curso, porque en lugar do ano poñen puntos suspensivos. Entendemos que á espera de que se acorde formalmente na Conferencia de conselleiros de Educación prevista para o día 28 de novembro", matizou o portavoz da plataforma. Louzao considera "contraditorio, inxustificábel e demagóxico" que se fale dun pacto educativo cando, tras aprobarse a resolución do Parlamento español que exixe a derrogación da LOMCE, desde o PP falen de levar esta cuestión ao Tribunal Constitucional "recorrendo a todos os mecanismos ao seu alcance para evitar a súa derrogación". A PGDEP manifestou tamén a súa preocupación polo "silencio" que mantén a consellaría de Educación a respecto desta cuestión e denunciou que nin sequera se sabe cal vai ser a súa posición na Conferencia Sectorial de Educación do vindeiro día 28. Unha posición que Louzao considerou que debería ser acorde coa posición da sociedade galega, de maioritario rexeitamento.
NOS_8097
O IPC modera en agosto a súa taxa interanual mais continúa en niveis elevados no Estado español, cun dato de 10,4% que é catro décimas inferior ao de xullo.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu unha décima en agosto en relación ao mes anterior, mais moderou a súa taxa interanual catro décimas, até 10,4%, ficando en niveis nunca vistos desde hai máis de 30 anos no Estado español, segundo os datos avanzados publicados nesta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O dato de agosto, que deberá ser confirmado por Estatística a mediados do mes que vén, é catro décimas inferior ao pico alcanzado o pasado mes de xullo, cando o IPC ascendeu a 10,8%, o seu nivel máis alto desde setembro de 1984. Con esta moderación de catro décimas, a inflación acaba cunha tendencia de tres meses consecutivos de ascensos na súa taxa interanual: en maio escalou até 8,7%; en xuño, superou os dous díxitos (10,2%), e en xullo, disparouse até 10,8%. A Galiza alcanza o seu nivel máis alto de inflación das últimas catro décadas O presente mes é, por tanto, o terceiro consecutivo no que a inflación supera as dúas cifras. Segundo o INE, a moderación do IPC interanual até 10,4% débese, principalmente, á baixada dos prezos dos carburantes e, en menor medida, dos combustíbeis líquidos. Pola contra, en agosto incrementáronse os prezos da electricidade —que se atopan en máximos desde a entrada en vigor da 'excepción ibérica'—, dos alimentos, da restauración e dos paquetes turísticos, entre outros. En termos mensuais —agosto sobre xullo—, o IPC rexistrou en agosto unha repunta dunha décima, fronte ao retroceso de tres décimas experimentado en xullo e o avance de 0,5% dun ano antes. A inflación na UE marca o récord de toda a súa historia chegando a 9,8% Sobe tres décimas a inflación subxacente O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente —sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos—, que aumentou en agosto tres décimas, até 6,4%, o seu valor máis alto desde xaneiro de 1993. Deste modo, a subxacente fica catro puntos por baixo da taxa do IPC xeral. No oitavo mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) situou a súa taxa interanual en 10,3%, catro décimas inferior á rexistrada no mes anterior. Pola súa parte, a variación mensual estimada do IPCH rexistra un incremento dunha décima. O INE publicará os datos definitivos do IPC de agosto o próximo 13 de setembro.
NOS_17145
O semanario 'Sermos Galiza' e o caderno 'Gozar' adiantan un día a súa saída, ao non haber 'Nós Diario' en papel este sábado. Corre a mercalos!
O semanario 'Sermos Galiza', que acompaña cada semana o exemplar de 'Nós Diario' do sábado, adianta un día a súa saída en Semana Santa. O músico Xabier Díaz protagoniza o 'Sermos Galiza' desta sexta feira Do mesmo xeito, o caderno 'Gozar' tamén estará a venda nesta sexta feira, ao non publicarse prensa en papel este sábado, como xa é tradición. Se non queres perder as noticias do día, os mellores artigos de análise e opinión e tanto o semanario 'Sermos Galiza' como o caderno 'Gozar', bule a un quiosco para mercar o teu exemplar. 'Nós Diario', sempre coa actualidade Que non haxa xornal en papel até a vindeira terza feira non quere dicir que 'Nós Diario' non se actualizará durante estes días. O noso equipo de redacción ten un compromiso coa actualidade, que hoxe, sábado, domingo e segunda feira seguirá a cumprir para achegar o máis importante da actualidade galega e internacional aos fogares das persoas subscritoras e lectoras. En 'Nós Diario' estamos todo o ano a carón da actualidade, e estes días non ía ser menos. Así que desfrutade destas xornadas de merecido descanso, sen esquecer este xornal para informarvos do que pase no día a día da Galiza.
NOS_10107
Achégase o 17 de maio e as presentacións arredor de Valentín Paz Andrade se aceleran. Fotografías do seu álbum familiar e poemas inéditos descóbrennos a súa face máis íntima.
O Consello da Cultura Galega é o responsábel da publicación do poemario inédito de Valentín Paz Andrade Canto do Pobo Disperso, que se presentou en edición facsimilar con transcrición e estudo introdutorio da profesora Mª Xesús Lama. O poemario está escrito en Bogotá en 1955 e nel destaca a presenza de Galiza como país emigrante. Se coñecermos deste xeito os poemas inéditos do autor ao que a Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas, temos tamén a posibilidade de nos achegarmos ao seu álbum privado coa fotobiografía que tirou do prelo Ouvirmos, editora que xa publicou o pasado ano un volume similar sobre Lois Pereiro, que será engadido na súa colección en que se atopan tamén outras figuras como Álvaro Cunqueiro, García Lorca, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María. Nesta ocasión, o álbum de Paz Andrade ofrécenos a posibilidade de percorrer en imaxes toda a súa traxectoria vital e profesional, desde o encarceramento que padeceu no franquismo até a súa faceta profesional. Miguel Anxo Seixas é o autor dos textos deste volume que recolle máis dun cento de imaxes do cartafol familiar de Paz Andrade. O libro estrutúrase en tres capítulos que dividen a súa biografía "1898-1936: Galiza labra a súa imaxe", "1936-1975: Cen chaves de sombra" e "1975-1987: Sementeira do vento". A Academia celebrará os actos oficiais do Día das Letras Galegas en Vigo, na sede da Fundación Penzol.
PRAZA_18997
Seis de cada dez explotacións pechadas no Estado durante 2016 eran galegas. Galicia conta agora con 1.000 granxas leiteiras menos que a comezos de 2015.
Os prezos medios que as explotacións gandeiras galegas reciben polo seu leite chegaron ao remate de 2016 encadeando medio ano de subas. Fixérono nun exercicio no que o sector combinou as mobilizacións con algunhas novas esperanzadoras, tales como a consolidación do proxecto de Leite Noso coa súa marca Deleite ou a unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños nunha nova cooperativa de maior dimensión. No entanto, estas subas producíronse despois de que, na primeira metade do ano, os prezos en orixe baixasen ata, un ano despois das grandes tractoradas, os niveis máis baixos da última década. Neste contexto, e á espera de coñecer o dato de decembro, o pasado ano péchase sen que o sector lograse acadar un prezo medio que cubra os custos e con medio milleiro de explotacións menos. Galicia conta agora con 1.000 explotacións menos que a comezos de 2015 O último informe do Fondo Español de Garantía Agraria, correspondente ao mes de novembro do ano que vén de rematar, rexistra 8.554 explotacións con entregas de leite en Galicia. Son 524 menos que a comezos de ano e unha redución de 1.052 a respecto de xaneiro do ano 2015. Malia seguir aglutinando máis da metade das explotacións leiteiras do Estado, o 60% das 873 explotacións gandeiras que botaron o ferrollo durante 2016 estaban en Galicia. Estes datos prodúcense nun contexto no que medio ano de subas non permiten, polo menos de momento, atravesar o limiar dos 30 céntimos, no que o sector ubica a fronteira a partir da cal é posible producir sen perder cartos. Os 29,7 céntimos acadados o pasado novembro son, con todo, o valor máis próximo a ese nivel dende as mobilizacións de 2015 e o posterior acordo lácteo, que parte do sector reduciu poucos meses despois a "papel mollado" pola súa escasa incidencia nos prezos, pola ausencia dun réxime sancionador e da definición dos prezos sostibles. Nos últimos meses consolidouse o proxecto de Deleite e botou a andar a cooperativa de segundo grao CLUN Este foi o contexto no que, nos últimos meses, avanzaron as devanditas iniciativas empresariais de Leite Noso e da unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños. No caso dos novos propietarios de Deleite a unión dos gandeiros reactivou a antiga factoría de Pascual en Outeiro de Rei, preto de Lugo, que inicialmente reabrira co fracasado proxecto de Alimentos Lácteos, polo que a Xunta apostara abertamente. Dende finais de 2015 o proxecto vén subliñando que prioriza a recollida de materia prima aos gandeiros que se atopaban nunha peor situación por mor dos baixos prezos e vén desenvolvendo, ademais, unha intensa actividade paralela con eventos culturais como o Festival do Leite, que tras o éxito da súa estrea en Santiago xa prepara unha segunda edición para este 2017, en Lugo, ademais de presentar novos produtos como, recentemente, unha liña de leite sen lactosa. No caso da unión das devanditas tres cooperativas, que botou a andar baixo o nome de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), o inicio da súa andaina estivo marcado pola intención, en verbas do presidente de Feiraco, José Montes, de ser o "xermolo do gran grupo lácteo galego" sen "incorrer en erros do pasado". Esta cooperativa de segundo grao está en marcha a todos os efectos dende este 1 de xaneiro e ten como primeiro presidente a José Ángel Blanco, d'Os Irmandiños.
NOS_43733
Veciñanza de Bande, do Val do Limia e de Celanova, asociacións ecoloxistas como Adega e Amigos das Árbores de Ourense, representantes políticos e de colectivos sociais dixeron non á invasión eólica nunha camiñada polos lugares emblemáticos do Monte Grande, en Bande, este sábado. Foi a resposta organizada pola plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova diante dos plans da empresa Greenalia de instalar no lugar unha central eólica de 12 aeroxeradores e que afecta os concellos de Bande, Rairiz de Veiga e Verea.
Unhas corenta persoas concentráronse na praza de Bande a primeira hora da mañá no punto de partida da I Marcha en Defensa do Monte Grande, que ademais de mobilizar veciñanza de Bande e da Baixa Limia, contou coa participación de grupos ecoloxistas -Adega e Amigos das Árbores, entre os case trinta colectivos e entidades de todo o país que apoiaron á convocatoria. Tamén asistiu o deputado provincial do BNG, Bernardo Varela, entre outros representantes nacionalistas. A Marcha culminou un mes de outubro no que Stop Eólicos Xurés-Celanova centrou a súa actividade na denuncia dos danos ambientais, patrimoniais e económicos que pode ocasionar o proxecto de central eólica que Greenalia está empezando a negociar coas cinco comunidades de montes afectadas e co propio concello de Bande. Nesa mesma área, apenas un quilómetro o oeste, xa funciona un polígono de dezanove aeroxeradores entre Bande e Verea, que tería continuidade co proxecto de Bay Wa para o Monte da Neve, en Celanova, con sete máquinas máis, e de máis do dobre de alto (180 metros) Durante a camiñada, duns once quilómetros, e que transcorreu desde Bande, pasando por Martiñán, até o corazón do comunal do Monte Grande, onde se erguen as plantacións de piñeiros que constitúen o principal aproveitamento do monte desde hai décadas, o arqueólogo Davide Pérez, un dos portavoces da plataforma, explicou as principais afeccións que tería o proxecto. Así, na visita á Lagoa Grande, nun conxunto de brañas que garanten o caudal de auga que baixa cara as aldeas, Pérez lembrou como os comuneiros rexeitaron a instalación alí dun punto de captación de auga para o servizo anti-incendios, ofrecendo a Medio Rural unha alternativa que estará operativa o próximo ano. Agora, a uns centros de metros da lagoa, Greenalia proxecta colocar un dos aeroxeradores. O movemento de terras para as pistas do polígono e a instalación do propio aeroxerador ameaza directamente este ecosistema. Máis arriba, nunha cota superior aos mil metros, o guía sinalou a situación de varios aeroxeradores máis no centro dunha plantación dunhas cincuenta hectáreas de piñeiro, listos para unha próxima corta, onde as máquinas serían visíbeis desde a Limia, desde o Leboreiro, ao oeste, e desde o Xurés, ao sur. O proxecto de Greenalia está dentro dunha das áreas sinaladas como de "aproveitamento eólico" no Plan Sectorial da Xunta (de 1997) que bordea ás Reservas da Biosfera do Xurés-Gerês e a reserva de Allariz. Nesa mesma área, apenas un quilómetro o oeste, xa funciona un polígono de dezanove aeroxeradores entre Bande e Verea, que tería continuidade co proxecto de Bay Wa para o Monte da Neve, en Celanova, con sete máquinas máis, e de máis do dobre de alto (180 metros). Pérez advertiu sobre que esa área de aproveitamento aínda tería capacidade para ampliar a instalación de aeroxeradores. A plataforma, que vén denunciando o impacto que o proxecto provocaría en lugares como a Fonte do Vieiro, ou no conxunto megalítico e no Foxo do Lobo do Monte Grande, xa pediu por rexistro unha entrevista coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas (PP) e fará a mesma solicitude nos concellos de Verea e Celanova. Stop Eólicos Xurés-Celanova subliña que non hai razón ningunha, máis alá do lucro dunha corporación enerxética privada, para este tipo de instalación no Monte Grande, e menos sen consulta previa á veciñanza (obriga que parece que ten intención de introducir o Goberno na próxima lexislación estatal) e cunha morea de impactos na saúde (pola proximidade ás vivendas), na paisaxe, no patrimonio e na fauna (está documentada a presenza do lobo e da aguia real, entre outras especies en protección) e na flora (con bosques de especies autóctonas de rexeneración natural que mesmo mereceron o apoio institucional para a súa conservación). A plataforma continuará a demandar do Concello de Bande e da Xunta de Galiza información precisa a respecto da fase na que se atopa a tramitación do proxecto, as características concretas e as afeccións previstas que contempla a empresa promotora, información toda ela que aínda non se fixo pública.
PRAZA_1876
Comerciantes e hostaleiros da vila lucense temen que os peregrinos eviten a zona por mor da celebración do espectáculo taurino suprimido en Sarria tras saír o PP do Concello. GMST e activistas locais tentan frear o evento cunha denuncia pola posible falta de licenza da praza de touros portátil.
Triacastela ten 721 habitantes e é un concello eminentemente agrario e gandeiro, con máis de 2.500 vacas. No entanto, ten un sector servizos moito máis desenvolvido do que cabería agardar nun municipio destas dimensións. En torno ás 6 da madrugada diversos locais hostaleiros serven almorzos a un ritmo máis propio de localidades maiores, e polas súas rúas proliferan as terrazas, os pequenos aloxamentos e mesmo conta con varios supermercados. Por Triacastela escóitase falar, sobre todo, galego, pero tamén español, inglés, francés ou italiano de forma frecuente. Todo isto responde, en boa media, ao Camiño de Santiago, cuxa reactivación nos anos 80 e 90 lle deu folgos a unha vila e a un sector servizos que agora se enfrontan a un posible boicot turístico por mor da teimosía do seu goberno local en montar unha tourada, prevista para o vindeiro día 22. "Aquí nunca houbo nada diso", testemuña unha nonaxenaria nada en Castro de Rei pero con vinculación familiar a Triacastela dende hai máis de medio século. Non en van, a tourada vén 'herdada' dende o veciño concello de Sarria, onde a saída do PP do goberno local tras as eleccións do 24-M propiciou a fin do espectáculo de tortura animal nas súas festas. O empresario que organizaba a tourada sarriá, apoiado por un edil do PP da vila e a través da asociación que viña organizando as festas mentras gobernou o PP propiciaron a mudanza, que a alcaldesa de Triacastela, a tamén popular Olga Iglesias, acolleu de bo grao. Boa parte da economía local susténtase nos peregrinos, que veñen amosando o seu rexeitamento á celebración da tourada A aposta por organizar o evento xerou uns receos que se acrecentaron coa aprobación da tourada no pleno municipal nos primeiros días de agosto, e que aumentaron aínda máis a pasada fin de semana, cando se realizou a montaxe da praza de touros portátil. A tourada non gusta a boa parte da veciñanza, especialmente nos negocios que tratan a diario cuns peregrinos que maioritariamente, comproban, están en contra deste tipo de espectáculos. Comerciantes e hostaleiros comunicáronlle a inquedanza á alcaldesa e, dadas as circunstancias, optaron por pendurar cartaces nas portas dos seus establecementos para deixar claro que non apoian a tourada. "Se se fai, non volvo" Boa mostra do prexuízo económico e turístico que pode traer consigo ligar o nome de Triacastela ás touradas son os testemuños ao respecto que a asociación animalista Vox Ánima recolleu entre a veciñanza de Triacastela e, sobre todo, entre peregrinos e peregrinas en ruta cara a Compostela. "Se isto se fai aquí, non volvo", di un habitual do Camiño Francés. "O Camiño representa valores que non teñen nada que ver con matar os animais e festas crueis", engade outro peregrino. "Non hai un peso para facer nada na vila, pero gastan en matar animais", engade unha veciña. "Non me gusta esa forma de maltrato animal nin lle vexo sentido en Triacastela", lamenta un veciño, que atribúe a organización da tourada ao "capricho persoal de alguén". "Só lle vexo prexuízos, por exemplo cos peregrinos", alerta. "Só lle vexo prexuízos, por exemplo cos peregrinos", di un veciño Esta "resposta da cidadanía e da economía local" é observada como "moi positiva" pola organización Galicia, mellor sen touradas (GMST), para quen a actitude do Concello é "máis propia do caciquismo que dun goberno democrático". En conversa con Praza Pública o seu voceiro, Rubén Pérez, lembra que GMST "reclamou que se fixese unha consulta" entre a veciñanza a respecto das touradas, algo que "non sería custoso nin problemático nunha vila tan pequena". "A resposta foi que non había cartos, pero si que hai para unha tourada -o Concello admite que pon uns 1.000 euros para, entre outras cousas, editar os cartaces que promocionan o espectáculo pola zona-". GSMT e activistas locais denunciaron a instalación da praza de touros portátil porque "semella que non ten as preceptivas licenzas" Alén da oposición ao maltrato animal, ás touradas en xeral e a esta en particular -unha petición en change.org suma xa máis de 7.000 sinaturas contra a tourada de Triacastela-, GMST está agora a colaborar "con activistas locais" para tentar frear a corrida pola vía legal. "Semella que a instalación da praza de touros non ten as preceptivas licenzas", e por iso "xa hai unha denuncia na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística" e "xa houbo contacto coa Policía Autonómica, que xa trasladou a documentación" á Xunta. De xeito paralelo prepárase unha mobilización antitaurina para o vindeiro día 22 na vila e diversos negocios advirten de que nesa xornada "se van negar a atender a quen non estea acreditado como peregrino", o que para Rubén Pérez "demostra que ven que vencellar unha localidade do Camiño a este evento non só é cruel, senón que ademais non é rendíbel".
PRAZA_5423
Case millón e medio de persoas desenvolven as súas actividades cotiás nos sete grandes núcleos de poboación do país. Compostela é a cidade na que a poboación flotante ten máis peso.
O reequilibrio territorial e o freo ao despoboamento do rural son, a partes iguais, promesas recorrentes e materias pendentes dos sucesivos gobernos galegos. Todos os executivos que pasaron pola Xunta aseguraron procurar medidas para equilibrar o territorio ao tempo que se afanaban en alentar a necesidade de incrementar a poboación para que o país non vaia minguando aos poucos. Discursos á marxe, o certo é que o rural está cada vez máis despoboado e a poboación que vai quedando, máis concentrada, ata o punto de que o padrón municipal xa reflicte que o 70% da poboación se concentra en menos de 60 concellos. Non obstante, esta concentración é, na realidade, aínda maior. Hai poucas datas o Instituto Nacional de Estadística (INE) fixo públicas as súas táboas de poboación vinculada baseadas nas cifras do censo de poboación e vivendas de 2011. A través deste indicador, deseñado para "dispoñer dunha mellor estimación da carga real de poboación que soporta un municipio", o INE mide a coñecida popularmente como poboación flotante, isto é, as persoas que teñen ligazón cun concello porque fan a súa vida cotiá nel, xa sexa porque viven alí, porque traballan ou estudan dentro das súas lindes ou porque pasan nel períodos de tempo máis ou menos prolongados ou recorrentes, tales como vacacións ou moitas fins de semana. Esta análise indica que as sete principais cidades galegas son aínda máis grandes do que parecen. Arredor de 1,4 millóns de persoas desenvolven a súa vida cotiá nas sete cidades galegas Atendendo ás cifras do censo as sete cidades sumaban en 2011 algo menos dun millón de habitantes. Non obstante, tendo en conta a poboación vinculada o número increméntase ata case chegar aos 1,4 millóns, o que implica que practicamente o 50% dos 2,8 millóns de persoas censadas en Galicia desenvolven a súa vida cotiá nalgunha delas, mentres que a outra metade se repartiría entre os 307 concellos restantes. A cidade na que máis pesa a poboación vinculada é Compostela, que case duplica os seus habitantes En termos absolutos o maior volume de persoas flotantes atópase en Vigo, que suma 77.937 ás 294.458 que recolle o seu censo. Non obstante, a cidade na que máis pesa a poboación vinculada é en Compostela. A taxa de vinculación -resultado de calcular a porcentaxe de poboación vinculada a respecto da residente- chega na capital galega ata o 176,95, toda vez que case duplica os seus habitantes se son tidas en conta as persoas que non residen pero fan vida alí. Os seus 94.614 son realmente 167.416, o que a converte na terceira cidade do país en poboación, só por tras de Vigo e da Coruña. A segunda cidade na que máis pesa a poboación vinculada sobre o total é Pontevedra, con 40.000 persoas máis das 82.000 que reflicte o seu censo. A continuación sitúanse A Coruña (98.423), Ferrol (28.644), Ourense (40.842) e Lugo (30.632). A cidade na que menos pesa a poboación vinculada é, precisamente, a que máis ten en termos absolutos, Vigo. Tendo en conta estes datos a única cidade galega que ficaría por baixo das 100.000 persoas entre residentes e vinculadas sería Ferrol, cuxos 71.000 habitantes censados pasan a algo máis de 99.800 coa suma dos 'flotantes'.
PRAZA_12490
As cidades galegas enchéronse de xente o 29-M. Atendendo aos datos facilitados polos sindicatos e as policías locais, o número de manifestantes en Vigo e A Coruña foi o maior do Estado en termos porcentuais, xa que tres de cada dez habitantes terían asistido ás marchas das principais centrais.
Destácano os titulares de numerosos xornais do Estado. Galicia liderou o 29-M as mobilizacións contra a reforma laboral do Goberno nunha xornada de folga xeral na que o paro tamén foi dos máis importantes no país. O número de manifestantes que ateigaron as principais cidades sorprendeu incluso aos sindicatos, que agardaban unha boa resposta pero que se enorgullecen dun "éxito rotundo" das convocatorias, só comparables ás da crise do Prestige. Á habitual masiva afluencia nas marchas dunha cidade obreira como Vigo engadíronse tamén elevadísimas cifras de manifestantes nunha urbe de servizos como A Coruña, e nun Ferrol que recuperou o ímpeto loitador das peores épocas da reconversión naval. Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra tampouco quedaron atrás. En total, arredor de medio millón de galegos nas rúas. Unha comparación das dúas principais cidades galegas coas máis poboadas do Estado deixa clara a resposta dos galegos nas manifestacións. Facendo unha media entre os datos que achegan os sindicatos e os que facilitan policías e administracións locais, Vigo e A Coruña serían as localidades de España con maior afluencia de manifestantes en termos porcentuais. Así, na urbe viguesa manifestaríanse nas rúas unhas 92.000 persoas nas marchas dos tres principais sindicatos (UGT e CCOO e CIG), o que equivalería a máis do 30% da poboación total (297.000), mentres que na Coruña sairían tras as pancartas algo máis de 72.000 persoas, preto tamén do 30% do censo da localidade (246.000). Afluencia ás manifestacións no Estado Cidade Afluencia Porcentaxe Vigo 92.000 31% A Coruña 72.500 29,5% Valencia 142.000 17,7% Gijón 46.000 16,6% Zaragoza 100.000 14,8% Barcelona 233.000 14,4% As Palmas 45.000 11,8% Palma 40.000 9,9% Madrid 265.000 8,1% Sevilla 55.000 7,8% Bilbao 25.000 7,1% Santander 5.300 3% Obviamente, e en termos globais, foron Madrid e Barcelona as cidades que lideraron a afluencia ás manifestacións, pero nuns termos porcentuais moito menores aos que chegaron todas as urbes galegas sen excepción. Ás cifras de Galicia, e sempre tendo en conta os cálculos dos sindicatos e das administracións locais, só se achegan (e de lonxe), cidades como Valencia ou Xixón, esta última tradicionalmente combativa contra os recortes á clase traballadora. Ademais, e á marxe das capitais estatal e catalá, tan só localidades como Sevilla, Zaragoza ou Valencia superaron a Vigo ou A Coruña no número total de asistentes ás manifestacións. Sindicatos e partidos da oposición ven nesta espectacular resposta da poboación o desencanto dunha sociedade que "coñece desde hai tempo os recortes do PP que outra xente empeza a coñecer no resto do Estado", como asegurou onte na Cadena Ser o presidente socialista da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. Pero ademais, tamén se recoñece a importancia da fortaleza do sindicalismo nacionalista no país, o que engade á mobilización de CCOO e UGT o poder de convocatoria e activismo da CIG e incluso da CUT, que onte bateron records de asistencia ás súas marchas tanto na Coruña como en Vigo. "A repercusión máis importante foi en en Galiza e Euskadi e non é casual", di Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que atribúe isto á "presenza do sindicalismo nacionalista", que vén desenvolvendo unha "dinámica distinta á doutras organizacións sindicais" na súa resposta á crise
NOS_35894
En abril remataba o prazo legal para declarar a Cova de Eirós (Triacastela) Ben de Interese Cultural e o Goberno galego apurou os prazos para o facer.
O Consello da Xunta aprobou declarar a Cova de Eirós (Triacastela) Ben de Interese Cultural na categoría de protección de xacemento arqueolóxico, en lugar de monumento, como propuña o expediente inicial, que foi incoado en abril de 2017. Durante o proceso o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes e a Universidade de Santiago de Compostela emitiron informes favorábeis á declaración. A Cova de Eirós é a única na Galiza con pinturas rupestres. Acolleu presenza humana durante 150.000 anos. Conta cun excepcional valor científico e patrimonial ao abranguer o xacemento paleontolóxico no fondo da cova e o xacemento arqueolóxico coa dilatada secuencia de ocupación. Asociacións como ADEGA e Salvemos Cabana loitaron durante os últimos anos pola declaración da cova como Ben de Interese Cultural. A asociación ecoloxista chegara a demandar a Consellaría de Cultura por incumprir as obrigas legais a respecto do máximo expoñente do Paleolítico na Galiza. Salvemos Cabana, pola súa banda, criticara a licenza concedida polo Concello de Triacastela a Cementos Cosmos para reiniciar a extracción mineira en Don Isidro. O extinto grupo parlamentar de AGE presentara unha batería de medidas para preservar a cova tanto no Parlamento de Galiza como na Eurocámara, ao entender que a licenza a Cementos Cosmos vulneraba o estabelecido no Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico e o Convenio Europeo da Paisaxe.
NOS_10732
Arredor de 56 vítimas mortais e decenas de persoas feridas nun novo ataque do Exército estatal que recrúa o conflito coas milicias rebeldes da Fronte Popular para a Liberación de Tigrai.
O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) vén de trasladar a súa "indignación" polos recentes ataques contra campos de refuxiados na rexión etíope de Tigrai, epicentro da guerra iniciada en noviembre de 2020, e teme que haxa cativos mortos e feridos polas citadas ofensivas. "Unicef expresa a súa indignación polos ataques aéreos contra campamentos para persoas desprazadas internas e refuxiadas en Tigrai", sinalou a directora executiva do organismo, Henrietta Fore, nunhas declaracións recollidas pola axencia Europa Press. Así, a entidade dependente da ONU apunta a un bombardeo decorrido hai tres días, que tería alcanzado unha escola na localidade de Dedebit, reconvertida hoxe en centro de acollida para persoas desprazadas pola guerra. Neste senso, o portavoz da Fronte Popular para a Liberación de Tigrai (TPLF), Getachew Reda, acusa o Exército estatal de ter protagonizado este ataque con avións non tripulados. As traballadoras e traballadores humanitarios estiman en 56 as vítimas mortais, se ben Unicef desbotou ofrecer cifras concretas, malia que si sinalou que os ataques das últimas datas "acabaron coa vida de decenas de civís e deixaron feridas moitas máis persoas". "Non respectar os campos de refuxiados e non protexelos dos ataques pode constituír unha violación do dereito internacional humanitario", lamentou Henrietta Fore. Aliás, a alta funcionaria de Unicef acusou "todas as partes" de perpetrar "brutais actos de violencia e violacións graves dos dereitos dos nenos e nenas en todo o norte de Etiopía".
PRAZA_14674
Os antidisturbios que detiveron o traballador do sindicato nacionalista na folga xeral do 29M acúsano de autolesionarse e de "provocar" por realizar o seu traballo de reporteiro gráfico. A defensa dos axentes reclámalle 600 euros de multa.
"Se dedicaba a provocarnos al grabarnos desde diferentes lugares, sobre todo de primer plano" ou "cuantos más agentes intervengan en la detención, menor daño se hace". Son algunhas das frases escoitadas na mañá deste martes no Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, onde se celebraba o xuízo contra dous dos catro axentes antidisturbios acusados de cometer presuntos delitos de danos e lesións durante a detención dun cámara da Confederación Intersindical Galega durante a folga xeral do pasado 29 de marzo. Senllos partes de lesións, un da médico de cabeceira do traballador do sindicato e outro da forense, "que recoñeceu todas as lesións -escordadura de hombreiro, danos nos pulsos e diversos hematomas-", non serviron para que o Ministerio Público solicitase sanción ningunha para os membros da Policía. A versión policial dos feitos contrasta notablemente non só coa do principal afectado, senón tamén coa ofrecida polos tres testemuños do xuízo. Aínda que o reporteiro gráfico da CIG recollía o desenvolvemento das primeiras horas da folga xeral nas inmediacións dun centro comercial cun equipo de gravación profesional -antorcha, monópode e cámara que sufriu na detención danos por valor de 700 euros-, o relato dos axentes foi radicalmente diferente. Sitúan o traballador non recollendo en vídeo o labor dos sindicalistas, senón actuando "de piquete, gritando como los demás". "Despúes sacó una camarita handycam y comenzó a grabar", aseguran. O cámara sufriu unha escordadura no ombro e diversos golpes e hematomas, que segundo os policías "se fixo el, ao resistirse" Do mesmo xeito, aínda que os testemuños e o propio cámara explican que este accedeu a amosar o documento que o acreditaba como xornalista en canto lle foi solicitado, os policías aseguran que non "parou a falar" e, no que atinxe as lesións, "el daño se lo hizo él, al resistirse", observación que contrasta notablemente tamén coas imaxes do acontecido, nas que se pode observar a varios axentes enriba do traballador, que a causa das lesións tivo que acollerse a unha baixa laboral durante 21 días. Neste escenario, a CIG lamenta a "connivencia" entre a Fiscalía e a avogada da defensa, que "solicitou unha multa de 600 euros ao traballador por unha falta de desobediencia contra a autoridade". O fiscal, explica o sindicato, "conformouse con 280 euros". Así as cousas, e malia á posición do Ministerio público, o letrado do cámara reclamou da xuíza a "apertura de dilixencias previas contra os polícias por presuntos delitos de lesións, danos e denuncia falsa". "En caso de que a petición non sexa atendida", detallan, o avogado solicita "de xeito subsidiario" unha multa de 600 euros para un dos axentes por unha falta de lesións, así como unha indemnización por unha falta de danos, 770 euros da reparación do equipo de gravación e 1.200 polos 21 días de baixa, neste caso para os dous antidisturbios. En calquera caso, o avogado do cámara ve "inaceptábel" que "a Fiscalía diferencie un e outro delito do xeito en que o fixo durante a sesión, cando teoricamente está para velar pola seguridade pública". Así, reprocha que "o interrogatorio dos policías foi unha luva de seda, mentres que as nosas testemuñas foron sometidas a un terceiro grao", ademais de "denunciar" que a Fiscalía "non se preocupe por perseguir unha actuación policial tan grave", na que "se detén un xornalista sen motivo, se lle agrede e se lle rompe o seu equipo profesional".
NOS_45691
Militantes da formación independentista despregaron unha faixa e denunciaron que os recortes do PP en seguridade ferroviaria están na base do accidente
Un grupo de militantes da formación independentista Nós-UP realizaron unha concentración perante a sede do partido Popular no concello de Mos. Un acto co que, afirman nun comunicado, procuran " assinalar os verdadeiros culpáveis das 79 mortes do acidente ferroviário de Angrois". Para Nós-Uunidade Popular "nem o maquinista, nem a chamada telefónica do interventor; fôrom as políticas de cortes do Partido Popular as que matárom a 79 pessoas: privatizaçom, precariedade laboral, carência de meios, desprezo pola Galiza… causárom este trágico acidente". Os militantes despregaron unha faixa na que pedían a ilegaklización do PP, para alén da demisión dos presidenets autonómico (Feijóo) e español (Rajoy)
PRAZA_15256
Ao igual que a sentenza da pasada semana, declara ilegal a consulta aos pais e a posibilidade de que o alumno empregue o idioma que elixa na clase. "A participación da familia non pode dar pé a que determine a lingua que se empregará na aula", di o Tribunal.
Outro pau á política lingüística da Xunta. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de aceptar tamén parcialmente o recurso interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto do plurilingüismo, anulando dous dos seus artigos, nunha sentenza semellante á que emitiu a pasada semana tras as denuncias da Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino. O TSXG declara ilegais os mesmos dous artigos que declarou na sentenza de hai unha semana O TSXG estimou en parte o recurso e decide anular os artigos 5.2 e 12.3 por ser "contrarios a dereito", ao igual que fixera hai unha semana na sentenza anterior. Xa que logo, declara ilegal o artigo 5.2, que establece que a lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais. Polo tanto, elimina a polémica consulta ás familias. "Non cabe dúbida de que devandito abandono da potestade de ordenación xeral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais, nais, titores ou representantes legais dos alumnos antes do comezo do curso sobre a lingua materna da súa filla ou filla", sinala a sentenza textualmente. "A participación da familia non pode dar pé a que a consulta ás familias determine, con carácter vinculante, a lingua que se empregará na aula" Deste xeito, cita o artigo 118 da O 2/2006 para situar a sede da corresponsabilidade das familias na educación dos seus fillos "nos centros educativos", garantindo a súa intervención nos seus órganos de goberno mediante a participación. "Mais isto non pode dar pé a que a consulta aos familiares dos alumnos determine, con carácter vinculante, a lingua que se empregará na aula". Ademais, lembra que o artigo 27.3 da Constitución só recoñece unha esfera de elección dos pais "en caso da formación relixiosa e moral". "O decreto impugnado non dispón de apoio legal nin posúe rango suficiente para a atribución do protagonismo vinculante aos familiares á hora de determinar a lingua que se debe empregar na aula na etapa de educación infantil", engade. Por outra banda, o artigo 12.3 do decreto, outro dos declarados ilegais, establece que "en todas as áreas, materias ou módulos" o alumnado "poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia", aínda que se buscará que "utilice a lingua" na que se imparte a materia. O TSXG reitera, neste punto, consideracións similares á sentenza emitida sobre os recursos da Mesa e da CIG. "Desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario, o mencionado artigo 12.3 é ilegal", sinala, xa que deixa liberdade ao alumno a utilizar unha lingua diferente á que se imparta na materia. Así mesmo, e aínda que o texto engade que se buscará a coincidencia entre a lingua de uso do alumno e a da materia ou módulo, esta afirmación "nada garante de cara a que finalmente se logre, porque aquela expresión non é imperativa, senón meramente indicativa ou de tendencia". "O que se traduce na incoherencia interna do precepto". Por outra banda, tanto a doutrina do Tribunal Supremo como ao do TC móstranse "contrarias" a que a lingua do ensino estea condicionada pola liberdade de opción dos interesados, polo que "non resulta lóxico que se outorgue dita liberdade ao alumnado". "O artigo 12.3 non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia da comunidade autónoma" Outro argumento que conduce á "ilegalidade" do artigo é que "resulta contrario ao fomento do uso progresivo do galego no ensino que, como mandato imperativo, contense no artigo 12.3 da LNL". "Non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta comunidade autónoma desde o momento en que se lle permite que non fale ou escriba na lingua galega cando é esta a o propia da área, materia ou módulo". No entanto, o TSXG rexeita recurso, ademais, sobre o resto de preceptos impugnados. Entre eles, o artigo 15 ou a disposición transitoria primeira do cambio de denominación dos equipos de normalización lingüística por equipos de dinamización lingüística. Neste aspecto, o tribunal considera que a cuestión terminolóxica 'per se' non demostra unha vontade reticente de non acatar as obrigacións da Lei de Normalización Lingüística. Noutro deles, a RAG entende que a asignación lingüística ao castelán da materia de Matemáticas "prexudica o galego" e quedaría relegado a outras materias menos "relevantes", e asegurando que vulnera tanto a LNL como o Plan Xeral de Normalización. O TSXG opina, no entanto, que, "a pesar de que se comprende que se cite o Plan de 2004, a Sala non pode acoller o valor normativo que se lle pretende outorgar", dado que "non chegou a atopar plasmación concreta nunha norma con rango de lei". Á súa vez, cita sentnzas do Tribunal Constitucional e do Supremo nas que non se deduce a esixencia do aumento da intensidade na asignación lingüística da lingua propia da comunidade autónoma como medida derivada da súa normalización".
NOS_22216
A primeira ministra británica, Theresa May, vén de admitir que na actualidade non conta cos apoios suficientes para someter a unha terceira votación no parlamento o Brexit.
Nunha intervención na Cámara dos Comúns esta segunda feira, a primeira ministra británica, Theresa May, puxo de manifesto que "con gran pesar, cheguei á conclusión de que tal e como están as cousas aínda non hai apoio suficiente na Cámara para volver someter o acordo a unha terceira votación significativa". Aínda así, asegurou que segue a manter conversas con membros da cámara para construír apoios e levar o acordo a votación esta semana co fin de garantir o Brexit. "Se non podemos, o Goberno comprometeuse a atopar unha maioría ao redor dunha vía para avanzar", sinalou. O mellor camiño é, segundo a dirixente, que o Reino Unido marche cun acordo da UE o próximo 22 de maio. May explicou que as alternativas ao seu plan pasan por atopar outra fórmula que faga posíbel un Brexit ordenado ou un segundo referendo. "Se a Cámara non aproba o acordo esta semana e non está preparada para ver o Reino Unido marchar sen un acordo quererá dicir que haberá unha prórroga longa, que deberá participar nas eleccións europeas e que non terá as garantías dun Brexit", salientou. Durante a quenda de réplica, o líder da oposición, o laborista Jeremy Corbyn, acusou May de "ignorar grandes partes do país" e aludiu ás manifestacións masivas que decorreron en Londres a pasada fin de semana nas que se pedía que se detivese o Brexit". "Agora que admitiu que non lle saen os números, aceptará que o acordo está morto e que é unha perda de tempo dar a mesma resposta por terceira vez?", inquiriulle Corbyn a respecto dunha posíbel terceira votación sobre o Brexit. Datas chave A pasada quinta feira, os xefes de Estado e de Goberno da UE acordaron por unanimidade conceder unha pequena prórroga ao Brexit até o 22 de maio coa condición de que a Cámara dos Comúns aprobe o acordo de retirada. O texto dos 27 recolle que se non se aproba ese acordo de retirada o Consello Europeo aceptará unha prórroga até o 12 de abril e espera que o Reino Unido comunique unha vía para avanzar antes da data para poder estudala.
NOS_47336
Dous ouros, unha prata, oito diplomas e aínda con posibilidades de sumar máis títulos a poucas horas de que rematen os Xogos certifican o bo momento no país para deportistas con algún tipo de diversidade funcional. Os Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 demostraron que o esforzo e a valía teñen recompensa.
O deporte paralímpico fálanos de exemplos de superación, de vontade de medrar e alcanzar os obxectivos malia as dificultades que hai no camiño. As e os deportistas con algunha discapacidade funcional non o tiveron fácil e, no caso galego, engádeselles a decisión de marchar fóra do país por motivos laborais ou para optar a unha mellor preparación. Con todo, dezaseis deportistas da Galiza (catorce máis dous de apoio) viaxaron até Toquio desafiando toda unha pandemia mundial para participar nos Xogos Paralímpicos que rematarán mañá na capital nipoa. Os ouros de Susana Rodríguez e Adi Iglesias As maiores satisfaccións para a Galiza no medalleiro viñeron do tríatlon e o atletismo. A médica e deportista viguesa Susana Rodríguez gañou o primeiro ouro galego dominando a proba de tríatlon e marcando un tempo final de 1:07:15. Despois, participou na final de 1.500 metros na clase T11 conseguindo diploma ao quedar en quinto lugar. O segundo ouro galego saíu da final de 100 metros lisos na categoría T13 e chegou da man de Adiaratou Iglesias, a atleta do club Lucus Caixa Rural, nunha espectacular carreira na que marcou un tempo de 11.96. A pesar de ser a máis rápida no tempo de reacción, Iglesias non saíu do todo ben e tivo que ir de menos a máis para terminar remontando e gañando a carreira. E para rematar a súa excelente participación en Toquio conseguiu a prata na final dos 400 metros lisos na categoría T13. Máis atletismo A proba de lonxitude T63 nestes Xogos Paralímpicos de Toquio foi outra na que salientou a participación galega co sexto posto conseguido pola gondomaresa Desirée Vila, que logrou un mellor salto de 4,02 metros polo que suma un diploma paralímpico. Esta pasada madrugada rematou sétima a 1ª serie semifinal dos 100 metros categoría T63 e non estará na final. A proba raíña por historia é o maratón. O vilabés Gustavo Nieves do Celta de Atletismo será o representante galego nos que serán os seus quintos Xogos Paralímpicos. A súa intención este sábado (23.50 horas) é obter medalla tras conseguir dous diplomas en Sydney 2000 e Londres 2012, e ter que retirarse en Río, pola calor, cando lideraba a carreira. Da natación ao baloncesto O máis veterano de toda a expedición galega foi o nadador vigués Sebastián 'Chano' Rodríguez que, con estes, disputou os seus sextos Xogos Paralímpicos após pasar por Sidney, Atenas, Pequín, Londres e Río. Aos 16 metais de toda a súa carreira (oito de ouro, catro de prata e outras tantas de bronce) sumará os dous diplomas conseguidos no Xapón nas probas de 200 e 50 metros ao finalizar oitavo nas dúas. Tamén en natación, Jacobo Garrido foi quinto en 400 metros libres da clase S9 nestes seus primeiros Xogos levando diploma coa súa mellor marca da tempada, 4.17.41. En tenis en cadeira de rodas, a participación do vigués Martín de la Puente non conseguiu pasar dos oitavos de final no cadro individual e en cuartos no de dobres, mais volve con diplomas. Tampouco tivo sorte Alejandro Vidal no seu debut nuns Xogos Paralímpicos ao caer en primeiro lugar, en oitavos de final contra o exipcio Mohamed Elzayat e despois contra o mongol Bolor Erdene Ganbat. En piragüismo a Galiza quedou sen opcións após a actuación do rianxeiro Adrián Mosquera (Club Rías Baixas de Boiro) que rematou quinto a súa semifinal do VL3 200 e queda fóra da final A. Outra posibilidade de medalla é a de Juan Antonio Saavedra en rifle de aire tendido 10 metros R3. O pontevedrés quedou na sétima ronda da final a décimas do podio. Terá outra oportunidade en 50 metros libre tendido R6 (domingo, 2.30 horas). En deportes de equipo con participación galega, María Victoria Alonso (baloncesto feminino) volve con diploma olímpico despois de que a selección española quedara en oitava posición por primeira vez na historia. Por último, o baloncesto masculino, no que participan Agustín Alejos, Manuel Enrique Lorenzo e David Mouriz, loitará pola medalla de bronce (domingo, 3.00 horas) após perder as semifinais contra os Estados Unidos de América.
NOS_57912
A mensaxe de Nadal do rei español, emitida por 25 canles de TV, foi visto por menos de sete millóns de espectadores. O peor dato desde que se miden as audencias desta comparecencia do Borbón. Aliás, e nos 10 minutos de intervención do monarca, reduciuse o índice de consumo televisivo.
Malia ser emitido por 25 cadeas de televisión, a mensaxe de Nadal de Juan Carlos de Borbón, rei español, apenas atinxiu os sete millóns de espectadores. É a peor audencia na historia dos discursos natalicios do monarca español desde que se mide o seu seguimento, que comezou a facerse en 1998. Aliás, na franxa horaria na que falou Juan Carlos reducíronse os índices de consumo televisivo. Xa que logo, e neses 10 minutos de discurso, cada vez son máis os e as cidadás que non sintonizan a televisión. E dos que o fan, tamén cada vez menos os que optan por seguir a mensaxe de El Rei. Aliás, na franxa horaria na que falou Juan Carlos reducíronse os índices de consumo telivisivo Malia a Casa Real vender diversas innovacións para o discurso deste ano, desde a postura 'informal' (apoiado na mesa e nons entado) até a dispoñibilidade da mensaxe en linguas cooficiais ou a súa retransmisión a través de youtube, os resultados de audiencia apuntan a que cada vez é máis a indiferenza ante a tradicional mensaxe natalicia de Juan Carlos aos españois. 'Apagón' Nos días previos ao 24 de decembro a través das redes sociais navegaron varias iniciativas e chamadas a non seguir o discurso do Borbón. Na Galiza, un dos hastag #galizanontenrei. A mensaxe do monarca español incideu en tópicos, como a necesaria unidade dos políticos fronte á crise, e veñladas referencias ao camiño soberanista de Catalunya. Un discurso parabenizado por PP e PSOE, mais criticado por IU, Amaiur, ERC, BNG, entre outras forzas. Estas consideran que a mensaxe de Nadal estivo, máis unha vez, alonxado da realidade e sen entrar a analizar ou falar das causas da crise e da situación actual.
NOS_42044
Expectación por ver se haberá ou non segunda volta. Co 86% do voto escrutado, o candidato continuador de Correa obtén o 39% dos votos polos 28,9% do conservador Lasso.
O proxecto impulsado hai unha década por Rafael Correa semella que vai ter continuidade. Co 86% do voto escrutado, Lenín Moreno, o candidato da alianza Frente Unido obtén o 39,09% dos votos mentres que o principal competidor, o conservador Guillermo Lasso está no 28,9%. O interese céntrase agora en saber se haberá ou non segunda volta. Se Moreno obtén o 40% dos sufraxios e saca unha diferenza de 10 puntos ao segundo, non haberá nova cita coas urnas. Se non é así, o 2 de abril realizaríase a segunda volta. Varios candidatos de formacións e partidos opositores xa anunciaron que pedirían o apoio para Lasso de se dar ese escenario. Rafael Correa, que deixa o goberno após dez anos de mandato, manifestou a súa satisfacción polo "triunfo contundente do pobo ecuatoriano" nestas eleccións. A vitoria de Moreno implicaría unha continuidade do proxecto. Desde a oposición insinúase que o proceso electoral non foi todo o transparente que debera mais ningún organismo electoral avala as sospeitas. A coligazón vencedora está integrada pola alianza PAIS, Partido Socialista Ecuatoriano, Partido Comunista Ecuatoriano, así como diversas formacións e movementos rexionais.
PRAZA_9912
Segundo Nacións Unidas, o número de turcos que pediu asilo político a través do mundo en 2017 foi de 33.000 persoas, representando 10.000 almas más que no exercicio anterior.
Desatada trala suposta tentativa de golpe de Estado do 15 de xullo de 2016, e aínda que banalizada e convertida en feito cotiá, a represión en Turquía non cesa, afectando a varias categorías da poboación. Dirixíndose de partida cara os fieis seguidores ou sinxelos simpatizantes de Fetulá Gulén, o predicador islamita exiliado nos Estados Unidos acusado de ser o cerebro da asoada, a caza foise ampliando a individuos sospeitosos de significarse, nun senso moito máis amplo, coa oposición ao presidente Recep Tayip Erdogán, xa sexa pola súa conivencia coa causa kurda ou doutras minorías, por defender as liberdades, por demasiado crítico e por todo aquelo que sexa, en definitiva, susceptible de ser interpretado coma un síntoma de condena ou animadversión cara aquel se pretende un Ataturk islamita, investido da misión divina de refundar o Imperio Otomano. Estímase que unhas 80.000 persoas teñen sido arrestadas, sendo prohibidas máis de 2.000 organizacións non gobernamentais e arredor de 200 medios de comunicación, atopándose case que 160 xornalistas en prisión no momento de redactar estas liñas. Estímase que unhas 80.000 persoas teñen sido arrestadas, sendo prohibidas máis de 2.000 organizacións non gobernamentais e arredor de 200 medios de comunicaciónPolíticos, maxistrados, médicos, profesores e traballadores de ministerios e organismos públicos diversos foron despedidos por supostos "lazos con grupos terroristas". Dous anos e medio despois de ser virados dos seus postos de xeito arbitrario, 150.000 funcionarios do sector público permanecen actualmente nunha incerta situación. E a cousa semella lonxe de rematar! Ben que o Estado de urxencia foi levantado en xullo de 2018, unha lei adoptada nese mesmo intre autoriza durante tres anos adicionais o despido sen previo aviso de empregados do sector público sospeitosos de manter nexos co terrorismo ou calquera outro grupo que constitúa unha "ameaza para a seguridade nacional". Así as cousas, de xeito evidente, unha das principais consecuencias desta situación é a constatación dunha vaga de emigración sen paliativos. Segundo asegura o xornal de Istambul Cumhuriyet, tras levar a cabo unha labor de investigación e indagar en diferentes fontes, o número de saídas de cidadáns turcos en 2017 foi algo superior ás 113.000, representando un aumento do 63% con respecto ao ano anterior. Mentres que este éxodo era tradicionalmente de kurdos e alevíes, comunidades historicamente enfrontadas ao poder central, sempre refractario ao recoñecemento das diferencias, por dicilo de xeito eufemístico; ou de opositores ben significados contra o poder en liza, a represión de Erdogan non fai distinción, golpeando a todos os seus contrarios, de xeito extenso a todos os seus opositores. Desde laicos até gulenistas, o espectro de quen fuxe do país ampliouse de xeito significativo. Segundo Nacións Unidas, o número de turcos que pediu asilo político a través do mundo en 2017 foi de 33.000 persoas, representando 10.000 almas más que no exercicio anterior. Ás persecucións do poder e a desconfianza crecente cara as institucións de xustiza hai que engadir a degradación da situación económica, que ilustra de xeito meridiano a hiperinflación, que foi de máis do 20% en 2018, e o afundimento da libra, que o pasado curso perdeu máis da metade do seu valor fronte ao euro e o dólar.Segundo Nacións Unidas, o número de turcos que pediu asilo político a través do mundo en 2017 foi de 33.000 persoas Entre os que foxen tamén figuran unha maioría de mozos, moitos con títulos universitarios. A carón dos desherdados da terra, dos críticos significados, dos opositores, reais ou imaxinados, e dos estudantes, atopamos emprendedores, homes de negocios e milleiros de persoas con elevadas fortunas, que non dubidan en vender os seus bens para escapar do país e instalarse no estranxeiro, vítimas das "purgas económicas" tralo golpe de 2016. Estímase que máis de mil empresas, desde as máis pequenas e medianas até grandes conglomerados e holdings, foron confiscadas e confiadas a administradores xudiciais. Privados de pasaporte, asignados a residencia vixiada ou, nalgúns casos, mesmo en prisión, responsables e directivos son etiquetados polo poder de suposta pertenza ao movemento de Fetulá Gulén. Estímase que un 12% dos millonarios turcos abandonaron o país entre 2016 e 2017. En cabeza dos países máis anhelados por estes emigrantes de luxo están os Emiratos Árabes Unidos e o Reino Unido, tendo demandado un visado de negocios para instalarse en Gran Bretaña uns 10.000 turcos estes últimos anos. Francia tamén figura á cabeza dos destinos privilexiados por tan particulares migrantes, que tamén acode a países como España, Portugal e Grecia, que acordan permisos de residencia aos estranxeiros que adquiran bens dunha certa entidade. Un éxodo en toda regra, que inclúe cerebros e capitais.
NOS_9566
A construción épica dunha República independente de homes libres durante a Guerra de Secesión norteamericana. Esa é a historia que conta Free State of Jones e esta é a crítica que lle fai o noso cinéfilo de cabeceira.
OS HOMES LIBRES DE JONES Free State of Jones (EUA 2016, 139 min.) Dirección e guión: Gary Ross Fotografía: Benoit Delhomme Música: Nicolas Britell Elenco: Matthew McConaughey, Gugu Mbatha-Raw, Mahershala Ali, Keri Russell, Thomas Francis Murphy, Brad Carter, Sean Bridgers, Christipher Berry, Jacob Lofland, Kensley Keys SINOPSE Farto de loitar polos intereses dos ricos, o soldado Newton Knight deserta do exército confederado en plena Guerra de Secesión norteamericana para liderar un grupo de granxeiros e escravos até conseguir crear un Estado independente. CRÍTICA Antes de nada aclarar que 'Jones' non é Matthew McConaughey, como se podería supoñer polo título e o cartaz... tampouco é un spin-off de 'Bridget Jones', coa que coincide en cartel... Os homes libres de Jones está referido a ese homes (e mulleres) que loitaron pola liberdade, en plena Guerra Civil norteamericana, nun condado do Mississippi de nome 'Jones'. Narra a historia de Newton Knight, un soldado confederado de orixe humilde que deserta da fronte farto de que os seus seres queridos morran mentres os ricos se apropien das terras e dos recursos naturais dos pobres mentres permanecen nas súas mansións exentos de loitar froito dunha absurda lei que llo permite simplemente por posuír escravos. Agóchase nuns inaccesíbeis pantanos onde coincide cuns escravos fuxitivos, o xerme dun grupo de foraxidos que plantará cara ás inxustas e racistas leis do condado roubando aos ricos para darllo aos pobres. Pronto Knight vai gañando adeptos e lidera unha revolta que acaba por crear un estado libre e independente da opresión racial imperante no resto de estados... Unha incríbel e inspiradora historia real que abrangue desde 1862 até 1876. Alternado puntuais flash-forwards que sitúan mellor o contexto, o filme percorre un dos períodos máis convulsos da historia dos Estados Unidos na que tamén se asentaron os cimentos dos dereitos civís dos negros, dereitos que, como todos sabemos, non se farían realidade até máis dun século despois. Non escatima en realistas escenas bélicas, aventuras no pantano, drama, romance, racismo, política e moita carga reivindicativa na que semella sentirse moi cómodo Gary Ross (Seabiscuit, Os xogos da fame). O grandilocuente tratamento que se lle da á figura de Newton Knight elévao a categoría de heroe nacional. Unha sorte de Robin Hood, Rob Roy e Braveheart xuntos coa faciana dun esforzado Matthew McConaughey (Dallas Buyers Club, Interstellar) que aguanta ben o tipo. Como compañeiros de reparto destaca Thomas Francis Murphy (12 anos de escravitude) nun rol que rememora ao 'sheriff de Nottingham', tamén o versátil Mahershala Ali (Cruce de camiños) como un dos escravos que se alían con Knight e a británica Gugu Mbatha-Raw (A verdade doe) pola que soprará os ventos o protagonista. Algunha nomeación aos Óscar pode caer por aí... E é que Os homes libres de Jones parece prefabricada, case en exclusiva, para optar a algún premio da Academia de Hollywood. A priori teno todo para reunir un bo ramallete de candidaturas: historia épica dun heroe (moi) norteamericano, hai carga social, trata de fronte o racismo, hai movementos de centos de extras á vella usanza, boas actuacións e ademais conta cun empaque de luxo... porén, o conxunto non acaba de convencer de todo. Nótase de lonxe que todo está demasiado preparado para impresionar ...e por riba sóbranlle minutos. Non dubido que algunha campá pode soar mais aposto a que non tantas como de seguro agardaban na preprodución. Ideal para amantes de filmes épicos baseados en historias reais.
NOS_3809
Un instituto formado por equipos de investigación de 16 universidades do Estado sitúan a economía de Galiza como a pecha-cancelas en crecemento nos exercicios 2016 e 2017.
Nubes negras para a economía galega. Ao medre 'a ralentí' que está a ter nos últimos meses -moi por baixo do ritmo da media española- engádense as malas previsións para estes anos. Hispalink, un instituto de estudos formado por equipas de investigación de 16 universidades españolas -entre elas, a da Coruña e Compostela-, predí que a economía galega vai ser en 2016 e 2017 a que menos medre de todo o Estado español. Así, aponta a que o incremento do PIB no ano en curso non pasará do 2.1%, catro décimas por baixo da media española, que acabará o ano cun incremento do 2,5 por cento. Cantabria e Castela-León están entre as que menos van aumentar en 2016 (2,2% cada unha), mais aínda así fican por riba de Galiza, que será a pechacancelas. Madrid e Baleares van ser, en base aos cálculos de 'Hispalink', os territorios que terán mellor comportamento económico neste exercicio, con perto dun 3%. Mais esta mala nova para a economía galega en 2016 manterase para o 2017, din estes analistas. Nese ano aumentará a nosa economía nun 1,7%, de novo a que menos medra de todo o Estado, posto que partillaremos -segundo esta análise- con Cantabria. A media española será dun 2%, con Baleares liderando o crecemento (2,4%). Sectores Na súa análise do 2015, este instituto de estudos aponta a como no comportamento da economía galega (1,8% de medre nese ano), a construción foi en porcentaxe a que máis achegou, cun incremento do 3,9%. Nos seus cálculos para 2016, desde 'Hispalink' prevén que a construción na Galiza supuña un aumento do 5,6% mentres que a industria aumentará nun 2,6%. Servizos e agricultura minguan ese incremento, con comportamentos modestos cando non negativos (caso da agricultura).
NOS_43170
As cifras sitúan a segregación racial e as diferenzas de clase no cerne da desigualdade.
Manuel Franco, profesor de Saúde Pública na Universidade Johns Hopkins, Usama Bilal, doutorando, e o catedrático da Universidade de Chicago, Richard Cooper, describen nun artigo de análise publicado polo diario español El País, como as "políticas segregacionistas" e "o abandono económico" de grandes sectores da poboación provocaron niveis de desigualdade social e sanitaria "inaceptábeis" en cidades como Baltimore. Após o asasinato de Freddie Gray o propio presidente dos EUA, Barack Obama, afirmaba que "se temos comunidades empobrecidas e despoxadas de oportunidades, onde as crianzas nacen na pobreza [...] é máis probábel que a mocidade remate na cadea ou morta a que vaia á universidade". O mandatario estadounidense apuntaba á falta de investimento como cerne dos problemas sociais que atinxen cidades como Baltimore, Ferguson ou Detroit e instaba a "pensar" como "nación e como sociedade" cal é a solución a esta realidade. (Premer no mapa para despregar). Porén, cal é a realidade económica e social que atinxe barrios como o de Freddie Gray ou Michael Brown? E, a que se debe? EUA desenvolveu durante décadas políticas segregacionistas que limitaron o acceso da poboación negra aos recursos Segundo o estudo desenvolvido por Franco, Bilal e Cooper no cerne da cuestión están "políticas segregacionistas" como a denominada redlining, unha medida desenvolvida durante décadas nos EUA que dividía as áreas metropolitanas das cidades en función do nivel de "seguridade residencial". Esta liña vermella determinaba o acceso a axudas públicas para vivenda; préstamos bancarios, seguros ou mesmo os prezos dos produtos nos supermercados, as posibilidades de acceder a un posto de traballo ou a un servizo de saúde en condicións. O xornalista Bill Dedman gañaría o premio Pulitzer en 1989 por unha serie de artigos publicados nos xornais The Atlanta Journal e o The Atlanta Constitution nos que abordaba esta cuestión. Mais, que ten a ver o empobrecemento da poboación coa cuestión racial? Cidades como Baltimore ou Detroit gozaron dun importante desenvolvemento económico vencellado á industria. A deslocación das facotías nos anos 60 e 70 "provocou un rápido aumento do desemprego" e o desenvolvemento do proceso white flight (voo branco), a fuxida da poboación branca cara aos extrarradios das cidades. En Detroit das 1.849.568 persoas que moraban en 1950 ficaron 910.294 á altura de 2010, o 82% negras. De igual maneira, Baltimore pasou das 949.000 habitantes nese mesmo ano a 622.000 en 2013. Os maiores índices de pobreza, mortaldade infantil e as rendas máis baixas correspóndense coas áreas de Baltimore habitadas maioritariamente por persoas negras Neste contexto, as diferenzas sociais e económicas entre espazos localizados nunha mesma cidade apenas a uns escasos quilómetros de distancia deixan realidades completamente opostas. Así, entre os barrios Sandtown-Winchester --no que moraba Freddie Gray-- e o Roland Park --de maioría branca-- hai 15 anos de diferenza na esperanza de vida. A porcentaxe de persoas negras é no primeiro de 96,6% fronte ao 7,9% do norte da cidade. A renda tamén varía sendo de 24.822 dólares na cara oeste da cidade (Sandtown-Winchester) fronte aos máis de 106 mil de Roland Park. Porén, a fenda aumenta no leste de Baltimore onde apenas chegan aos 14 mil dólares por habitante. Os índices de pobreza tampouco baten por igual. Fronte ao 1,9% do norte; nas caras leste e oeste da cidade ascenden ao 50% e 31%, respectivamente, sendo a esperanza de vida de 72 e 69 anos fronte aos 84 de Roland Park. Tamén así a mortaldade infantil que en Oldtown ascende ao 10 por cada mil nados vivos fronte ao 3,4 do norte. As taxas de criminalidade, desemprego e crimes violentos reproducen o mesmo patrón.
NOS_6205
O gromo da residencia DomusVi de Chantada mantense con oito casos de Covid-19, os únicos positivos detectados en xeriátricos na Galiza.
Segundo o parte informativo facilitado polas autoridades sanitarias este domingo, os seis usuarios contaxiados da DomusVi Chantada son os únicos residentes coa enfermidade activa na Galiza. Ademais, outros dous traballadores dese mesmo centro mantéñense contaxiados e representan os únicos casos de coronavirus entre os persoais das residencias galegas. O brote rexistrado na residencia DomusVi de Chantada rompeu na pasada sexta feira 14 días consecutivos sen casos activos en centros deste tipo, desde que o 16 de abril désese de alta ao último traballador infectado. No caso dos usuarios, hai que remontarse máis atrás para os últimos contaxios, vinculados ao gromo da residencia Coviastec de Silleda de mediados de marzo. Despois de coñecerse o brote detectado na residencia DomusVi de Chantada, fontes da Consellaría de Política Social sinalaron que todos os maiores estaban vacinados xa coa pauta completa contra a Covid-19. Con todo, unha das persoas que traballan no centro aínda non recibira a súa segunda dose ao non completar o período protocolario entre a primeira e a última. En todo caso, os afectados atópanse asintomáticos. Os últimos contaxios rexistrados entre os usuarios das residencias de maiores galegas producíronse entre o 17 e o 21 de marzo, cando se detectou un importante brote nun centro de Silleda, que chegou a ter 46 casos activos. Posteriormente, deron positivo algúns traballadores, aínda que desde o 16 de abril non había ningún usuario ou empregado con PCR positiva. Durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistraron un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse os sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada nestes centros o 18 de xaneiro. Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns gromos, as residencias de maiores galegas foron experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados. Así, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Comunidade galega, eran 445 os usuarios positivos, mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50. O 21 de marzo notificáronse os últimos contaxios en usuarios ata os detectados no centro de Chantada e desde o 16 de abril os centros permanecían sen ningún caso activo.
PRAZA_9435
Somos Cambados revela un certificado que lle atribúe o 20% da propiedade como resposta ás acusacións dos populares contra a alcaldesa socialista pola relación do seu marido cun investigado nos anos noventa
Somos Cambados revela un certificado que lle atribúe o 20% da propiedade como resposta ás acusacións dos populares contra a alcaldesa socialista pola relación do seu marido cun investigado nos anos noventaVicente Otero Pérez, Terito, histórico contrabandista falecido en 1995, segue figurando no Rexistro da Propiedade como dono do 20% da sede do PP en Cambados. Así o vén de denunciar, divulgando un certificado do rexistro, Somos Cambados, formación política que se pregunta por que o PP "ten a súa sede local nun inmoble propiedade dun dos patriarcas do contrabando da serie Fariña", que nos últimos meses volveu traer á actualidade a figura dese histórico contrabandista cuxa relación cos populares era amplamente coñecida."Se teñen pensado seguir con estas políticas e acusacións, por coherencia, igual víñalles ben valorar un cambio de sede", di Somos Cambados ao PP tras as súas críticas á alcaldesaO PP local vén denunciando que o marido da alcaldesa de Cambados, a socialista Fátima Abal, foi administrador dunha empresa inmobiliaria propiedade dun cuñado que, como contou El País, foi investigado como presunto lancheiro de contrabandistas e narcotraficantes nos anos noventa. Segundo ese diario, o marido de Abal desvinculouse desa sociedade cando ela foi nomeada portavoz local do PSOE, pero a empresa seguiu tendo o domicilio social na vivenda do matrimonio ata dez meses despois de que chegase, co apoio entre outros de Somos Cambados, á alcaldía dunha vila controlada historicamente polo PP.Antes as críticas reiteradas do PP, agora Somos Cambados revela que Terito segue figurando como propietario da sede local dos populares. A formación pregúntase se "no seu día, a concesión da medalla de ouro de Alianza Popular a Vicente Otero Pérez (alias Terito) tivo que ver coa decisión de ter alí a sede local" e censura a hipocrisía dos populares ao acusar agora á socialista. "Se teñen pensado seguir con estas políticas e acusacións, por coherencia, igual víñalles ben valorar un cambio de sede", remata Somos Cambados.
NOS_50642
A cidade do Lérez acollerá a finais de mes o Pont-Up Store, que recala en Pontevedra por terceiro ano consecutivo para facer da urbe "unha referencia a nivel global".
A programación da terceira edición do Pont-Up Store foi presentada esta mañá no Concello de Pontevedra para difundir as máis de 30 actividades encamiñadas a desenvolver a cultura do emprendemento. Nesta ocasión, contará cunha ampla presenza de empresas de base tecnoloxía, o que implicará transformar a urbe "nunha cidade innovadora capaz de acoller os emprendementos máis punteiros da Galiza, e por que non, do Estado", en palabras de Pedro Figueroa, o director do encontro. O Pont-Up Store encetará a súa andaina de 2016 o día 22, xornada en que terán lugar conferencias e encontros en distintos espazos de Pontevedra. Aliás, o 23 e o 24, amais de darse a coñecer os 33 proxectos emprendedores que ocuparán as casetas, o público poderá tomar parte nas actividades de dinamización propostas polas persoas emprendedoras. A organización explica que os 33 proxectos elixidos contan con menos de 42 meses desde a súa creación e foron seleccionados seguindo criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e social. Actividades As actividades acollerán desde música á obradoiros de elaboración de cervexa, de introdución na arqueoloxía, de impresión 3D e gravado láser e de loxas virtuais, entre outros; maratóns creativos; demostracións de robótica; sesións prácticas de pedagoxía Montessori; presentacións de discos e revistas... Corbacho: "O Pont-Up Store consegue facer funcionar ese binomio universidade-empresa e grazas o apoio das institucións converteuse nun encontro moi demandado" O vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, fixo fincapé durante a presentación das xornadas na grande aposta da Universidade de Vigo neste encontro, unha idea promovida desde o Campus Crea de Pontevedra que "naceu co obxectivo de levar á rúa o que se fai na Universidade e de crear alianzas entre o mundo académico e o tecido empresarial". "O Pont-Up Store consegue facer funcionar ese binomio universidade-empresa e grazas o apoio das institucións converteuse nun encontro moi demandado por novos emprendementos", engadiu. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, presentou a grande aposta desta edición, o "speed dating" Puntazo Exprés, que nace a partir da experiencia do programa "Pontevedra ten un puntazo" e de cuxa rede forman parte xa 70 empresas. Esta modalidade de participación ofrecerá a dez novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio en breves encontros cos responsábeis de cinco importantes grandes empresas e marcas galegas de diferentes sectores e terá aberto o seu prazo de candidaturas até o 15 de setembro. Guliás: "O Concello quere"trasladar á rúa este proxecto para que todo o mundo poida coñecer de primeira man unha iniciativa capaz de xerar emprego" Gulías salientou que o Concello quere "trasladar á rúa este proxecto para que todo o mundo poida coñecer de primeira man unha iniciativa capaz de xerar emprego e coa que se proba a capacidade que temos na Galiza de superar circunstancias económicas adversas botando man da creatividade, e co apoio de lanzadeiras como esta que deben poñerse en marcha desde as institucións".
NOS_5133
Vinte persoas asasinadas o sábado nun supermercado da cadea Walmart en El Paso, cidade cunha alta porcentaxe de poboación latina e inmigrante. O atacante, Patrick Crusius, de 21 anos, está detido. Investíganse se ten relación cun manifesto contra a inmigración publicado pouco antes do ataque. E este domingo, no mínimo 10 persoas mortas noutro 'tiroteo', desta volta en Dayton (Ohio). O tirador foi abatido.
No mínimo 30 persoas mortas e varias ducias feridas é o balanzo dos dous ataques con armas que tiveron lugar esta fin de semana en Estados Unidos, o primeiro deles en El Paso, Texas, e o segundo en Dayton, Ohio. Neste último hai, segundo informaron as autoridades, dez falecidas, entre elas o atacante, abatido pola policía. Hai 16 persoas feridas. O ataque armado tivo lugar na East 5th Street, perto dun local de lecer. Investíganse as causas e motivacións do autor do ataque. No mínimo 20 persoas mortas, entre elas varias crianzas, e 26 feridas como consecuencia dos disparos realizados por un tirador nunha tenda de Walmart en El Paso, Texas, nos Estados Unidos. O comercio estaba neses momentos repleto de clientes polas ofertas de compra de material de retorno ás aulas. Patrick Crusius, de 21 anos, e veciño de Dallas foi detido como presunto responsábel deste asasinato colectivo, o oitavo máis mortífero da historia dos Estados Unidos desde 1949. O ataque, aliás, ten lugar apenas unha semana despois de que outro mozo matase tres persoas nun festival gastronómico en California. O xefe de policía de El Paso, Greg Allen, informou que as autoridades atoparan un manifesto antiinmigración e investigan se é da autoría de Crusius.
PRAZA_16359
O colectivo Mina Touro-O Pino Non prepara a manifestación-tractorada do vindeiro domingo e contesta a Cobre San Rafael, que di que non se usarían substancias tóxicas nin perigosas nin balsa de residuos.
O proxecto megamineiro que a empresa Cobre San Rafael prevé levantar nun enorme espazo que abrangue os concellos de Touro e O Pino acumula o rexeitamento de boa parte da cidadanía, numerosos colectivos sociais e ecoloxistas, concellos da cunca do ría Ulla e da ría de Arousa, entidades científicas, mariñeiros... Todos contra unha mina a ceo aberto dunha extensión total prevista de case 700 hectáreas, das que se denuncian graves afectacións medioambientais e económicas, tal e como recollen as múltiples alegacións presentadas, e que eliminaría unhas 350 hectáreas de masa forestal e 150 de cultivos, ademais de supor unha actividade con varias voaduras diarias con explosivos a menos dun quilómetro de varios núcleos de poboación. A plataforma veciñal contra a mina pídelle á Xunta que non lle dea visto e prace ao polémico proxecto A oposición ao proxecto, liderada arredor da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non, reclámalle á Xunta que non lle dea o visto e prace e teña en conta toda a documentación contraria e as alegacións presentadas para emitir un informe negativo, pero dubida. O colectivo cidadán critica desde hai tempo o desleixo e silencio da Administración galega e mantén a presión cunha gran manifestación-tractorada que o vindeiro domingo 25 de febreiro sairá da antiga balsa de Angumil ata chegar ao Concello de Touro. Unha manifestación-tractorada percorrerá Touro o vindeiro domingo 25 Ademais, nun novo comunicado, intenta deitar luz sobre algúns aspectos da mina que cren que provocan confusión. Así, censuran que desde un principio se fala de "reapertura" ou "reactivación" da antiga mina de Touro, "un termo errado", di, de ter en conta que os terreos aos que afectaría o proxecto ocuparían 689 hectáreas, das que 492 "son, a día de hoxe, masa forestal e terreo agrario e tan só 197 pertencerían á antiga explotación". Así, a plataforma lembra que a maioría desas 500 hectáreas son "base produtiva de moitas explotacións" e aluden ao plano do proxecto no que se diferencian ben os pastos e montes das zonas de anterior actividade mineira. "O uso errado na linguaxe, neste caso, non é outro que o de minimizar e ocultar as verdadeiras dimensións do proxecto", din. Entre elas, vertidos contaminantes. "Falar de reapertura ou reactivación da antiga mina é errado: das 700 hectáreas do proxecto, só 200 pertencen á antiga explotación" Varios deles foron os que alarmaron de novo á veciñanza a pasada semana. O colectivo Aldea Viva volveu denunciar vertidos procedentes da drenaxe ácida dos terreos de Cobre San Rafael e da planta de tratamento e residuos que opera na zona. "Ningunha das empresas nin Augas de Galicia ofreceron hoxe explicación ningunha", advirten. Ademais, a plataforma veciñal contesta ás declaracións que San Rafael fixo en La Voz de Galicia esta fin de semana e na que asegura que "nin os minerais extraídos nin os produtos utilizados no seu procesado conteñen substancias tóxicas nin perigosas". Mina Touro-O Pino Non responde aludindo ao completo informe da SGHN, no que advirte do emprego de diversos compostos químicos ou produtos tóxicos e perigosos para a saúde, pero tamén ao propio documento do proxecto, onde a empresa tamén recoñece o uso destas substancias. Tamén critican que a compañía obvie as concentracións elevadas de metais e metaloides daniños. Cobre San Rafael tamén se defende advertindo que "non construirá a balsa de almacenamento de estériles que tanto preocupa aos colectivos, senón un depósito estanco que traballará en circuíto pechado e que garante ao 100% a ausencia de calquera saída ao exterior". No informe da SGHN xa se aclara que ese suposto depósito é, "en realidade, unha balsa de lodos permanente" cunha superficie de máis de 125 hectáreas e un muro de máis de 3 quilómetros de lonxitude e ata 81 de altura. Tamén advirte doutro gran depósito de estériles, que se indican no propio proxecto, estarían situado a 200 metros das vivendas do núcleo de Arinteiro e neles "quedarían almacenados para sempre as enormes cantidades de material potencialmente xenerador de drenaxe áceda de mina, os restos non degradados dos compostos químicos empregados para a separación do cobre nomeados con anterioridade e que son recoñecidos pola súa toxicidade". Os informes da SGHN e da FEG son os únicos dos solicitados pola Xunta feitos públicos e ambos foron negativos coa mina "O termo 'temporal' fai referencia únicamente a que o uso do mesmo non se faría durante toda a vida da explotación, malia que o material almacenado no depósito permaneza alí. Para sempre, converténdoo así na "balsa de lodos permanente" tal e como denomina a SGHN", indica, tras advertir dos riscos de rotura e as graves consecuencias que iso provocaría. Como lembra a plataforma, o informe da SGHN é un dos quince que encargou a Xunta de Galicia e que, xunto co da Federación Ecoloxista Galega (FEG), é o único que viu a luz pública. Ambos, como advirten, "son negativos".
NOS_17110
As bandas de música populares fan de Galiza toda unha potencia musical. A elas vai destinado este A Fondo, coordenado por Lucía Carreira. Podes facerte con el na nosa loxa.
Son 6.000 as persoas e ao redor de 90 as entidades adheridas á Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP). Galiza destaca a nivel estatal, superada só por Valencia, pola importancia do seu movemento bandístico. A el vai dedicado o A Fondo, coordenado por Lucía Carreira, a presidenta da asociación cultural e musical Solfa. "As bandas foron as verdadeiras escolas de música do país", afirma Xosé Carlos Seráns, director da Banda Sinfónica da FGBMP para este A Fondo. Subliña, na conversa, a importancia destas entidades á hora de popularizar determinado tipo de música considerada selecta. A música de banda conta cunha tradición en Galiza, destaca, superada só pol@s gaiteir@s. O caderno de análise de Sermos Galiza contrasta a calidade musical das bandas galegas co escaso apoio que reciben por parte da Administración galega e a falta de políticas definidas para o seu sostemento. "Evidenciase o escaso apoio institucional que teñen as bandas de música e o difícil que lles resulta a súa supervivencia", afirma Carreira. Exportadoras de músic@s "O caderno de análise de Sermos Galiza contrasta a calidade musical das bandas galegas co escaso apoio que reciben por parte da Administración galega." Da calidade das bandas da conta os seus bos resultados en certames internacionais e o feito de intérpretes nelas formad@s hoxe en día toquen en recoñecidas formacións alén o país. Así o recoñece, no seu artigo, o músico Manuel Paino: "Son moitos os exemplos de persoas formadas nas bandas galegas que hoxe están a formar parte das mellores orquestras clásicas de Europa ou que son referentes do jazz ibérico e europeu". A Fondo fai repaso, polo miúdo, das problemáticas que afectan ás bandas, dende as dificultades económicas, que repercuten no traballo en precario e mesmo á economía somerxida, até a súa españolización. Son escasas as creacións galegas que as bandas incorporan ao seu repertorio. "Ningunha banda ou moi poucas consideran o comprar música galego. Os compositores galegos teñen moitos problemas para que se compre a súa música", explica Xosé Carlos Seráns. Este A Fondo conta, ademais, con colaboracións de Armando Morales Blanco, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, e de José Manuel Fariña Jamardo, presidente da Banda de música de Valga. "Se repartiramos entre as bandas os 300.000 euros que vén de cobrar Enrique Iglesias, para que participasen en eventos, multiplicariamos os beneficios simplemente por investir no noso", destaca Fariña.
NOS_27243
Navigator Company, antiga Portucel, suma máis de 1.000 hectáreas na Galiza
The Navigator Company (antiga Portucel), a principal pasteira de Portugal, materializou en 2019 o seu anuncio de que ía desembarcar en Galiza para cultivar eucalipto. Unha manobra coa que superar o escenario que se lle formulou a esta empresa coa prohibición decretada polo Goberno de Portugal até 2030 na plantanción de eucalipto. Se aquí non se pode, deberon matinar en Navigator, pasemos o Miño a un territorio onde non hai problema algún para esta especie. Navigator adquiriu a mediados de 2019 en Galiza 500 hectáreas arrendadas para cultivar eucalipto. E posuía naquela altura "dois a três comerciais a angariar hectares adicionais", sinalábase en Jornal dos Negocios. Dous anos despois, esa superficie que a principal pasteira lusa explota na Galiza duplicouse até superar as 1.000 hectáreas. Estas explotacións espállanse xa por 12 concellos galegos con cadansúa unidade de xestión, "de acordo cos principios expresos na política forestal" da Xunta, destaca a compañía. Galiza produce a metade da madeira que importa Navigator para abastecer as súas fábricas, as importacións (o 25% do volume de madeira que usa) complétanse con árbores procedentes do Brasil e Uruguai. Pandemia En 2020, a empresa recoñeceu que a pandemia xerou dificultades na xestións dos arrendamentos de terra, ao dificultar os confinamentos a actividade regular do departamento comercial coas propietarias, tamén indica unha maior competencia sobre os mesmos terreos, a pesar do cal salientan que coas máis de 1.000 hectáreas arrendadas "globalmente os resultados foron atinxidos". Navigator, que opera na Galiza coas filiais Navigator España, SA, Bosques do Atlántico, SL e Navigator Tissue Iberica SA, analiza no informe que este ano presentou aos seus accionistas as súas vías de abastecemento, entre elas a relevancia dos parques loxísticos cos que conta na Galiza, que funcionan como puntos de entrega desde os que se envía a madeira por tren. Incendios En Portugal hai 811.000 hectáreas de eucalipto, o 26% do total da superficie forestal. En febreiro de 2018 entrou en vigor a norma que impide a plantación de eucaliptos até 2030, motivado polas ducias de persoas que faleceran en incendios nos anos anteriores.
NOS_40436
A referencia á Galiza profunda que a titular do xulgado de Primeira Instancia numero 7 de Marbella incluíu nun auto de medidas previas que resolve a custodia dunha crianza menor de tres anos desatou unha corrente de indignación e orgullo que transcende a Galiza non urbana. O uso pexorativo do adxectivo, asociado ao territorio, suscitou numerosas críticas, mais tamén alentou unha intensa reivindicación do medio rural como espazo de crianza e desenvolvemento.
Desafortunada, inadmisíbel e discriminatoria. Así cualifican na "Galiza profunda" a escolla por parte da titular do xulgado número 7 de Primeira Instancia de Marbella para xustificar, en parte, o auto de medidas previas que lle outorga a custodia dun menor de 13 meses a seu pai, residente en Marbella, en detrimento da nai, instalada agora na contorna da ría de Muros-Noia. A polémica nace das palabras elixidas pola xuíza e do trato desprezativo que lle outorga, en contraposición, á nova localización territorial da muller, unha pequena aldea do concello de Muros onde ten vínculos familiares. Segundo argumenta a maxistrada na súa resolución, Marbella "é unha cidade cosmopolita, que ten todo tipo de infraestruturas, con todo tipo de colexios para poder educar a un neno, públicos ou privados, cun bo hospital, (...) e que, en definitiva, ofrece múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que creza nun ambiente feliz". "O que non sucede coa pequenísima poboación na Galiza profunda á que se trasladou a nai, lonxe de todo, na que nin sequera ten opcións laborais, (...) e debería tentar buscar unha estabilidade profesional para poder atender as necesidades de futuro do menor". Estas dúas ideas centran a cerna da controversia e supoñen un extracto acoutado dun auto máis amplo "cuxo único xuízo lexítimo, acorde coa Lei e coa Constitución", di a Nós Diario a catedrática de Dereito Civil da USC María Paz García Rubio xira arredor do principio do interese superior do menor. "A decisión que ten que tomar a xuíza é a que sexa mellor para o intereses do menor". A catedrática aclara que se trata dun "concepto xurídico indeterminado" que a autoridade xudicial ten que "completar" de cada vez e que "en ningún caso pode basearse en motivos discriminatorios: nin por razón do sexo do proxenitor, nin por razón territorial nin económica". Unha razón inadmisíbel Cuestionada por este xornal sobre o uso da terminoloxía "Galiza profunda" nesta resolución xudicial e pola consideración que se lle outorga á hora de resolver sobre a custodia provisional da crianza, García Rubio destaca o risco de opinar de "cuestións xurídicas relacionadas con decisións xudiciais" alleas, ás que é difícil acceder na súa totalidade só a través do "reflexo xornalístico". De entrada, di, "estráñame que calquera xuíza ou xuíz sensato tomen iso como a razón fundamental da súa decisión. Supoño que o contexto é máis complexo, pero se así fose, sería inadmisíbel". Para a especialista en Dereito Civil da USC trátase dun "argumento discriminatorio" que atenta contra os valores e principios fundamentais da Constitución mais dun ordenamento xurídico que privilexia a igualdade e dignidade "de todas as persoas". A Galiza da emigración María Paz García Rubio estabelece un paralelismo entre a consideración que a maxistrada do xulgado número 7 de Primeira Instancia de Marbella ten da Galiza en pleno século XXI coa que exhibiron nos anos 50, 60 e 70 da centuria pasada algúns xuíces do norte de Europa. "Lémbrame o que sucedía cos nosos emigrantes, que cando querían exercer os seus dereitos como proxenitores e querían vir de vacacións ou reclamaban a custodia dos seus fillos tras separase, atopábanse, por exemplo, coa reticencia dos xuíces suízos porque entendían que se daba un conflito de civilizacións. Crían que as crianzas viñan a unha civilización distinta e inferior". E isto, recalca, é o que se deduce da afirmación "fóra de contexto" que fai a xuíza marbellí, asimilando a "Galiza profunda a un lugar de cultura inferior onde estaría en peores condicións e tería menos posibilidades de desenvolvemento humano e económico", conclúe. Sen perspectiva de xénero Tras acceder ao auto completo que deu orixe á polémica, a maxistrada experta en violencia de xénero Paz Filgueira salienta, nun sentido amplo, que toda a "súa argumentación carece de perspectiva de xénero e esquece as relacións asimétricas que concorren entre homes e mulleres". Neste sentido, precisa, a xuíza que o asina "penaliza a nai retirándolle a custodia dun menor dun ano de idade que estivo sempre a canda ela baseándose en estereotipos". A "Galiza profunda" é parte deses lugares comúns que frecuenta a resolución xudicial, incide Paz Filgueira, "un argumento pouco afortunado". "Non me parece nin rigoroso nin sólido per se", con independencia dos feitos e das circunstancias. O uso que lle dá ao adxectivo "profunda" non é acertado porque ten "unha connotación pexorativa, amparándose nun imaxinario social negativo que leva a pensar que calquera lugar que non sexa unha urbe, en calquera territorio, non só na Galiza, non goza das condicións necesarias para que unha persoa se poida realizar. Se se poñen os medios", calquera lugar da xeografía é propicio. "O rural non é identitario de algo desprezativo", conclúe Filgueira, "se o fose, sería responsabilidade das institucións públicas evitar ou erradicar esa visión negativa". Rexeitamento unánime Os ecos deste auto xudicial chegou ate elas. Tras a denuncia inicial dos grupos da oposición, a Cámara galega manifestou esta terza feira o seu rexeitamento á utilización da expresión "Galiza profunda" para calquera aldea, parroquia, vila ou cidade galega. "Este cualificativo implica unha valoración pexorativa e inxustificadamente negativa do país, que resulta inadmisíbel en calquera contexto máis aínda nunha resolución xudicial", recolle a declaración institucional. Na mesma liña expresáronse outros colectivos como o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais da Galiza ou a Federación Galega de Mulleres Rurais. "A xustiza debe garantir o interese superior de nenos e nenas, e a crianza no rural non é valorábel como negativo. É un prexuízo alarmante que dá unha imaxe errónea das condicións de vida das nenas e nenos galegos", afirman desde o Ceesg. "Considerar que unha crianza non vai medrar nun ambiente feliz ou vai carecer de oportunidades por non vivir nunha cidade é arcaico é un insulto intolerábel", engaden desde Fademur.
NOS_9880
Confirmáronllo ao presidente da Mesa nunha rolda de xuntanzas que está a ter cos diferentes grupos do Parlamento de Galiza
O BNG e PSdeG anunciaron o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que promove a Mesa e pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais. Unha ILP que xa supera as 25.000 sinaturas de apoio. A Mesa inicia esta semana diferentes contactos institucionais para a toma en consideración no Parlamento da ILP. Esta segunda feira, o presidente da entidade, Marcos Maceiras, reuniuse con delegacións de BNG e PSdeG. As deputadas do Bloque Nacionalista Galego Olalla Rodil e Montse Prado comunicaron ao presidente da Mesa o seu voto favorábel cara a este iniciativa. Do mesmo xeito a deputada socialista Concepción Burgo comprometeu o voto favorábel do seu grupo para que esta iniciativa lexislativa saia adiante. Maceira seguirá a súa rolda de contactos esta cuarta feira co Secretario Xeral de Política Lingüística (SXPL), e o presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ás 16:30 co grupo parlamentar do Partido Popular.
NOS_57931
Neste segundo trimestre hai 18.000 vivendas máis nesta situación das que había hai sete anos. Porén, a cifra descende a respecto do mesmo período de 2016, cando superaron as 37.500.
Na Galiza hai 35.800 fogares que non contan con ningún tipo de ingresos. Nin por traballo, nin por prestación, nin axudas... Unha cifra que duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban nesa mesma situación, sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. Durante 2011, 2012 e 2013 o número de familias nesa situación foi aumentando paulatinamente, chegando a 35.100 fogares en 2013. Comezou a descender en 2014 (34.300 familias), mais en 2015 volveu haber incremento, rexistrándose 35.500 a mediados dese ano. No terceiro trimestre de 2016 baixou e eran 34.800 os fogares sen ingresos. A EPA indica que no segundo trimestre de 2017 son 35.800 as familias nesa situación, 1.900 menos que as que había sen ningún ingreso no segundo trimestre de 2016. O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son algúns dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Os sindicatos levan tempo advertindo do risco de exclusión social para miles de familias. Non só para aquelas que non teñen ningún ingreso senón tamén para aqueles fogares con algún membro activo e onde todos están no paro, e mesmo daqueles cuxa subsistencia depende de salarios precarios. O número de fogares que teñen a todos os seus membros activos no paro é de 68.500. Houbo aquí un descenso desde o segundo trimestre de 2016, cando eran máis de 73.000 os que se atopan nesta situación.
NOS_10987
Tanto o PSOE de Ceuta como o de Melilla acusaron María Antonia Trujillo de facer declaracións "falsas e inaceptábeis".
A ex ministra de Vivenda do Estado español durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, María Antonia Trujillo, asegurou a última hora deste sábado que tanto Ceuta como Melilla "supoñen unha afronta á integridade territorial de Marrocos" e "son vestixios do pasado que interfiren" nas súas relacións co Estado español. A Fronte Polisario acusa o Estado español de incumprir o dereito internacional no Sahara A ex ministra, que realizou estas declaracións no congreso As relacións entre Marrocos e España: onte e hoxe, organizado pola Universidade Abdelmalek Essaadi de Tetuán, tamén subliñou que as dúas cidades "durante máis tempo foron árabes que cristiás", segundo citan medios marroquís. "Ante os efectos nocivos dunhas fronteiras non sas, a resposta política é o diálogo e non mirar cara ao outro lado ou o silencio... A reivindicación marroquí está plenamente xustificada, inscrita no seu ideario nacional e é irrenunciábel" chegou a asegurar Trujillo, segundo medios locais, falando sobre o interese da monarquía de Marrocos de incorporar Ceuta e Melilla ao seu territorio. Marrocos recibirá máis de 500 millóns de euros para impedir a inmigración á Unión Europea Para a ex ministra, "o peso dos argumentos históricos e xurídicos, que os hai e son relevantes [para que as dúas cidades sigan sendo españolas] cede ante o devir dos feitos que reclaman unha resposta política, ética, razoábel e aceptábel para ambos países mediante un diálogo aberto e sincero". Críticas do PSOE de Ceuta e Melilla Despois de coñecerse as declaracións de Trujillo neste congreso, tanto o PSOE de Ceuta como o de Melilla saíron ao paso destas aseveracións, asegurando que as palabras da ex titular de Vivenda "non representan" o sentir dos socialistas e "son falsas e inaceptábeis". "Para os socialistas, a españolidade das cidades autónomas é incuestionábel", escribiu o PSOE de Melilla na súa conta de Twitter, acompañando o texto cunha bandeira do Estado español. Novas mostras de apoio ao pobo saharauí: "España converteuse nun refén de Marrocos" As palabras da antiga ministra socialista chegan apenas uns meses despois de que o Goberno español, encabezado polo presidente Pedro Sánchez, cambiase por completo a súa postura con respecto ao conflito entre Marrocos e o Sáhara Occidental. O pasado 18 de marzo deuse a coñecer o envío dunha carta por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao rei Mohamed VI, na que, segundo a Casa Real de Marrocos, Sánchez cualificaba o "plan de autonomía" do país para o Sáhara Occidental como "a base máis seria e realista para a resolución" do conflito. Pedro Sánchez, a Mohamed VI: "A prosperidade de Marrocos está ligada á do Estado español" Esta proposta, presentada por Marrocos en 2007, deixa o Sáhara Occidental baixo a total soberanía marroquí, a excepción dalgunhas pequenas competencias que quedarían cedidas á Fronte Polisario, que actualmente rexe a autoproclamada República Árabe Saharaui Democrática, os territorios que segue sen controlar o Exército marroquí.
NOS_15400
O deputado Manuel Lourenzo insistiu en preguntar á conselleira Ethel Vázquez se o Goberno galego descarta definitivamente un transvasamento, así como un encoro na zona de Forzáns, en Pontecaldelas.
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento, Manuel Lourenzo, preguntou nesta cuarta feira á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, se a Xunta apoia un novo encoro no Oitavén, na zona de Forzáns. A cuestión de fondo desta pregunta era coñecer a postura da Xunta en relación ao posíbel transvasamento do propio Oitavén e do río Verdugo para abastecer de auga Vigo. A Xunta rexeita o transvasamento de Verdugo e Oitavén Precisamente, a conselleira insistiu en que o abastecemento de auga da cidade a e o suroeste da Galiza está "garantido", e remitiuse ao estudo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a este respecto. A propia Ethel Vázquez afirmou no día de onte que o Goberno galego non estudaba como unha opción o transvasamento dos dous ríos, senón que a continuidade do abastecemento depende doutros factores que non teñen que ver coa construción dun novo encoro que complemente o de Eiras, no concello de Fornelos de Montes. Pregunta do BNG Na súa intervención, o deputado nacionalista criticou a "reviravolta" da Xunta na postura sobre que medidas adoptar. Lourenzo insistiu en preguntar se o Goberno galego descarta definitivamente un transvasamento, así como un encoro na zona de Forzáns, no concello de Pontecaldelas. Centos de persoas urxen a Xunta a defender os ríos Oitavén e Verdugo Ethel Vázquez respondeu que "non podemos apostar por un encoro sen un aval ambiental que debe acreditar a Confederación", delegando na mesma esta cuestión, mais sen negar que estea en contra do mesmo. A conselleira subliñou que hai unhas "garantías de abastecemento de 100%" de auga nesa zona. "O que se estuda aí é para 2070", dixo sobre o que se proxecta de cara ao abastecemento a futuro.
NOS_25081
A borrasca extratropical desatouse esta madrugada, arredor das 6 horas. A Xunta decretou alerta laranxa e activou o plano especial de emerxencias ante o risco de inundacións.
Fortes refachos de vento, nomeadamente no litoral da Coruña, Pontevedra e A Mariña, e moi intensas precipitacións -que mesmo poderían atinxir os 40 litros por metro cadrado nas zonas máis afectadas- é o que @s meteorólog@s agardan que Gong -así se ten baptizado esta cicloxénese- traia a Galiza. Desde a Dirección Xeral de Emerxencias recoméndase que se reduzan ao mínimo imprescindíbel as actividades ao ar libre -incluídas as desportivas- así como os desprazamentos por estrada. Gong irá remitindo arredor do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra e na comarca da Mariña, e fará o propio por volta das 3 da tarde nas montañas de Lugo e Ourense. Nas zonas menos afectadas os refachos de vento atinxirán a cota dos 70 quilómetros/hora.
NOS_34096
O vindeiro 6 de outubro Lugo celebrará o día grande do San Froilán a ritmo de muiñeira. A música tradicional inundará as rúas da cidade o domingo das mozas coa XXI Mostra de Música Tradicional, dentro da programación das festas patronais.
Este 6 de outubro, Domingo das Mozas, a XXI Mostra de Música Tradicional Galega tomará Lugo. O encontro, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) co patrocinio do Concello de Lugo, contará coas actuacións de 17 grupos de toda a Galiza, que encherán o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas do San Froilán. O evento, nado co gallo de promover a música tradicional como protagonista da festa na rúa, constitúe a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais, segundo destaca AGG. Na presente edición participarán A Gaita de Sarandón (Vedra), A Requinta de Xián (Boqueixón), Boudebou Gaiteiros (Comarca do Salnés), Cántigas e Frores (Lugo), Faiscas de Solobeira (Cambados), Gómes Mouro (Ourense), Lagharteiras (Vigo), Os Estrobos (Ferrol), Os Monifates (Comarca da Barbanza), A Volta do Agro (Lugo), Pandeireteiras de Amigos da Gaita (Ribadeo), Pandeireteiras de Ultreia (Santiago), Pandeireteiras Ergutío (Baños de Molgas), Par de par (Ourense), Río de Anxo (Rianxo), Tumba e dalle (Barreiros) e Lagharteiras (Vigo). Pola mañá os grupos sairán dende a Porta do Campo Castelo ás 11.30 horas facendo un percorrido polo centro urbano amurallado. Pola tarde continuará o pasarrúas a partir das 17.30 horas. A seguir, a algueirada trasladarase á Praza de Santa María, onde se desenvolverá unha nova edición do Festival de música tradicional cos concertos de Maraghotas e Lagharteiras desde as 18.30 horas.
PRAZA_20495
Entre o 14 e o 31 de xullo estará aberta unha promoción que permite adquirir o dominio galego a prezos reducidos (25 euros máis IVE). A campaña acompáñase dunha imaxe gráfica, realizada por ReiZentolo, que homenaxea a revista Nós
Ao igual que vén facendo nos últimos anos, a Asociación PuntoGal celebra o Día Nacional de Galicia lanzando unha promoción grazas á que, durante uns días, se pode adquirir os dominios a un prezo reducido. En concreto, dende este venres 14 e ata o 31 de xullo, facerse cun dominio galego terá un custe máximo de 25 euros (máis IVE) nos rexistradores acollidos a esta promoción. Os rexistradores acollidos á promoción son os seguintes: Arsys, CdMon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH, sendo a oferta de Dinahosting (24,45 euros máis IVE) a máis barata. A información completa sobre esta acción pode atoparse no enderezo dominio.gal/promotion/promo25xullo. A campaña acompáñase, nesta ocasión, dunha imaxe gráfica realizada por Rei Zentolo, socios de PuntoGal, con motivo do primeiro aniversario do dominio, en 2015. O deseño, que se publicará tanto na web como nas redes sociais, é unha homenaxe á revista Nós composta con imaxes de inspiración tecnolóxica. Na actualidade hai 4.145 dominios .gal, unha cifra algo inferior á esperada, como indicaba recentemente nunha entrevista Edita de Lorenzo, directora xeral da Asociación Puntogal, pero que supón un punto de partida: "Nos últimos tempos confórtanos moito o feito de que empezan a verse máis, porque unha cousa é que haxa un número determinado de rexistros e outra cousa é que se empreguen", salientaba. Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a>
PRAZA_4039
Nunha xornada con 60 casos novos, os positivos activos chegan a 6.891, un incremento de 35, e os falecementos son xa 531. O Sergas contabiliza 1.816 persoas que recibiron a alta hospitalaria. As persoas que precisan atención na UCI volven baixar e quedan en 83; no pico da pandemia chegaron a ser 176
O Servizo Galego de Saúde rexistrou durante a fin de semana que vén de rematar ata 33 falecementos ligados ao coronavirus, 15 deles de persoas que viviran en residencias. É a parte máis negativa duns datos que, segundo a actualización ofrecida polo Sergas para este luns, 27 de abril, veñen marcados por unha notable redución dos novos casos da covid-19 detectados en Galicia, aínda que tamén por unha mingua no número de probas PCR -as máis precisas- incorporadas á estatística oficial.Nunha xornada con 60 casos novos, os positivos activos chegan a 6.891, un incremento de 35, e os falecementos son xa 531. O Sergas contabiliza 1.816 persoas que recibiron a alta hospitalariaOs datos oficiais da pandemia suman este luns os resultados de 2.134 novas probas PCR, un número aínda menor ao incorporado o domingo -as procedentes do sábado-, cando foron 2.697 e moito máis baixo que o sumado o sábado, cando chegou a información de 4.171 PCR do venres, o maior número nun só día ata agora. Coa cautela de que o número de test (cada persoa pode precisar máis dun) é clave para obter a fotografía real da expansión da doenza, este 27 de abril abrollan en Galicia 60 casos novos da covid-19 -dous menos que o día previo-.O número de positivos activos chega a 6.891; 35 máis que o domingo. Isto supón un incremento do 0,51%, a terceira xornada nos últimos catro días en que a suba é menor ao 1%. Mentres, as altas hospitalarias non se disparan pero si seguen a un ritmo un chisco superior; chegan ás 1.816 tras aumentar un 0,72%. [Podes repasar aquí polo miúdo as diferenzas entre novos casos e o aumento de positivos activos]O 45% dos falecementos son de persoas que viviran en centros de maioresNos últimos días o incremento de falecementos rolda a decena ao día. Son 33 máis que o venres, 12 máis nas últimas vinte e catro horas. Desta ducia de falecementos só dous corresponden a persoas que viviran en residencias de maiores -unha delas faleceu no propio centro, o DomusVi Barreiro de Vigo-. Non obstante, das 33 persoas cuxo falecemento ligado á covid-19 foi rexistrado durante a fin de semana, 15 viviran nestas residencias de maiores e dependente. No total das 531 persoas falecidas ata agora pola pandemia en Galicia, o 45% eran persoas que viviran en residencias de maiores. A media diaria de novos casos volve roldar o centoA diminución de casos dos últimos días, condicionada pola devandita diminución de probas PCR rexistradas na fin de semana, fai regresar a media de casos detectados por xornada en Galicia á contorna do centenar. A esa cota descendera tamén a fin de semana anterior -cando se fixeron máis probas-, pero durante a pasada semana a tendencia foi á alza durante varios días, ata roldar a media de 170 novos casos diarios.Así e todo, as cifras actuais están lonxe das acadadas no que ata agora foi o pico da pandemia, a finais de marzo, cando Galicia chegou a detectar maís de 400 casos por día nun momento en que o número de probas PCR era menor ao actual. Así, se a finais de marzo os novos casos de coronavirus detectados equivalían a arredor do 30% de probas PCR feitas, agora ese indicador está en arredor do 3%. Durante a pasada semana, por mor dos devanditos ascensos, chegou a superar o 5%.As UCI volven á tendencia á baixa, lixeira repunta da hospitalización totalAs persoas que precisan atención en unidades de coidados intensivos volven baixar e quedan en 83; no pico da pandemia chegaron a ser 176Estas cifras danse nun contexto no que o número de persoas ingresadas nas unidades de coidados intensivos, indicador clave para o eventual levantamento gradual das medidas de confinamento, regresou nos últimos dous días á senda descendente que viña experimentando durante máis de dúas semanas, interrompida cun leve incremento o pasado sábado. As persoas que precisan atención en UCI a causa da covid-19 en Galicia son agora 83, dúas menos que na xornada previa e xa cunha cifra afastada da máxima ocupación, a principios de abril, cando chegaron a ser 176.A diminución da ocupación das UCI por parte de persoas afectadas polo coronavirus non vai acompañada, este 27 de abril, cunha caída no número total de persoas hospitalizadas, toda vez que os ingresos en unidades ordinarias -en planta- aumentan un 3,47% e quedan en 507, o que supón unha suba do total da hospitalización dun 2,6%. De calquera xeito, a ampla maioría das persoas con positivos pola covid-19 aínda activos en Galicia seguen en illamento domiciliario -incluíndo residencias de maiores e dependentes-. Esa cifra chega este 27 de abril ás 6.301 persoas, un 0,32% máis -o menor incremento dende o comezo da pandemia e máis do 90% do total.Case a metade da suba de positivos activos, na área da CoruñaUn día máis, o groso do incremento no número de positivos activos concéntrase na área sanitaria da Coruña-Cee, aínda que a suba é menor que as da pasada semana, moito máis pronunciadas. Esta área sanitaria suma 15 positivos activos máis, chega aos 1.659 e supera por primeira vez os 300 casos por cada 100.000 habitantes.A área da Coruña supera por primeira vez os 300 casos por cada 100.000 habitantes pero a súa incidencia segue moi por baixo da de Ourense, con 430A incidencia da pandemia na área coruñesa segue, en calquera caso, moi lonxe da que padece á área da provincia de Ourense, que suma nesta ocasión 8 casos máis, ata os 1.315, e segue cunha incidencia moito máis elevada que a da media de Galicia, agora con 430 casos por cada 100.000 habitantes. As áreas de Vigo, Santiago e Pontevedra experimentan tamén leves ascensos, a de Lugo mantense plana e Ferrol rexistra tres menos.As áreas sanitarias, que a Xunta prefire ter como referencia para as eventuais medidas de desconfinamento, son o límite territorial máis concreto dentro dos datos públicos do Servizo Galego de Saúde sobre a pandemia. Na súa comparecencia ante a prensa e na televisión do pasado domingo, o presidente da Xunta asegurou que nuns 140 concellos galegos non se rexistra ningún caso de coronavirus, pero esta información non é pública.
NOS_41454
O sindicato galego reclama, entre outras cuestións, reducir as ratios nas aulas, unha medida que se puxo en marcha durante a pandemia e que demostrou ser "a mellor ferramenta para mellorar a atención do alumnado".
A CIG-Ensino vén de impulsar unha campaña coa que pretende demandar á Xunta un "cambio de rumbo" no ensino público a través da "dignificación" da profesión de profesor e profesora, cunha serie de medidas que buscan "recuperar dereitos" para os docentes e mellorar a calidade educativa. A campaña foi presentada esta quinta feira na sede nacional da CIG- Ensino, que empraza a "alzar a voz" de novo tras varios anos marcados polas mobilizacións e folgas no sector e máis dous cursos e medio de pandemia. As reivindicacións da central nacionalista articúlanse arredor de seis eixos: recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas, redución das ratios, ampliación do cadro de persoal docente, mellora da atención á diversidade, limitación da burocracia e reconsideración da saúde laboral. Ensino: novidades, estrutura e contidos dos novos decretos da Xunta "Xa abonda de desprezos e desconsideracións, sexamos contundentes para que se prestixie a nosa profesión da única maneira posíbel: coa dignifiación e a recuperación de dereitos", sinala a organización, nun comunicado no que acusa a Consellaría de Educación de "pisar" as condicións laborais do profesorado galego. Asegura que as últimas crises económicas provocaron "recortes" precedidos de "escusas centradas na necesidade de compartir sacrificios", unha demanda que, denuncia, "nunca se dá no sentido contrario" e que, máis tarde, "acompáñase de palabras de recoñecemento pola entrega dos profesionais que nunca rematan coa recuperación dos dereitos arrebatados e coa aplicación de melloras nas condicións de traballo". Así as cousas, exixe a recuperación do horario lectivo de 18 a 21 horas porque, sostén, o obxectivo non é "traballar menos", senón "facelo en mellores condiciones". Educación decide non cubrir as baixas de menos de dez días Tamén reclama a redución das ratios, unha medida cuxa posta en funcionamento durante a pandemia, defende a CIG, demostrou que son "a mellor ferramenta para mellorar a atención ao alumnado".
NOS_288
Oh!Limpiadas leva máis de dous anos xirando e gañando premios nos certames nos que o teatro de rúa se valora
As dúas compoñentes das Sincro son grandes profesionais: posúen flexibilidade expresiva, sentido do ritmo na pantomima e, sobre todo, a experiencia necesaria para culminar os gags dependendo da recepción do público. Iso, no teatro de rúa, é tan importante como ter un libreto ocorrente e, sen dúbida, o de OhLimpiadas é tan enxeñoso como intencionado. Sen que a reivindicación vaia tan lonxe como para que a audiencia perciba estar diante dunha obra "política", si que se sentirá aludida pola imaxe de dúas limpadoras que, na súa fantasía, abordan a xornada laboral como se dunha competición olímpica se tratase. Oh!Limpiadas / Compañía: As Sincro / Dirección: Javier Ariza / Elenco: Mónica Suárez, Berta Garriga / Vilagarcía de Arousa / Festaclown, 19 de agosto de 2021 O humor popular sempre ridiculiza o protocolo porque adiviña nas formas relambidas unha exclusión dos xa excluídos, unha outra forma de opresión. Se cadra, a épica que sempre acompaña o esforzo dos deportistas de elite merece que alguén lembre o sacrificio e o empeño necesarios para cobrar un salario, habitualmente miserento, sen que corran as medallas nin as hipérboles dos comentaristas deportivos. Mais a inventiva das dúas limpadoras da función devólvelle a súa dose de heroicidade a tantas mulleres traballadoras que miran de esguello as proezas olímpicas mentres refregan na sucidade dos outros. Malia todo é a comedia -esa arma de dobre fío- a que reina en Oh!Limpiadas. Unha comedia que fai gala de recursos sinxelos pero elocuentes, que xoga cos clixés para transformalos en ambigüidades de sentido e que busca a concisión narrativa, a precisión do ritmo e a atención aos detalles. E a ductilidade para agregar as improvisacións que sexan precisas en cada momento. En fin, a desenvoltura para gañar a aprobación do público. A obra leva máis de dous anos xirando por todas partes e gañando premios nos certames nos que o teatro de rúa se valora. E non perde un ápice de frescura. Pola contra, o feito de que coincida coas olimpíadas permite que a audiencia teña máis presente ese contraste entre soño e realidade, entre desexo de emancipación e obriga laboral. O humor branco sempre permite que se infiltre un anaco de mordacidade cordial, de amabilidade virulenta. Talvez o mellor da función é que non carece dunha certa poética emotiva: o cruzamento de clown, pantomima, acrobacia e comedia outórgalle unha aparencia de inxenuidade que permite que os vellos gags aparezan renovados e que os novos adquiran a pátina dos clásicos. O público recoñécese e ri e colabora. E quizais participa desa ensoñación que lle procura un lugar no podio aos humildes.
NOS_28276
Centos de cravos vermellos deron cor á convención nacional do BNG en Pontevedra, conducida polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que puxeron música e humor no Pazo de Cultura.
O Pazo de Cultura de Pontevedra quedou pequeno para o Encontro Nacional do BNG-Asambleas Abertas. As 800 butacas do recinto foron insuficientes para acoller o milleiro de persoas que encheu o acto da formación frentista. Decenas tiveron que seguilo de pé mentres outras tantas optaron por encher os galiñeiros. Un acto que, como adiantara Xavier Vence horas antes, serviu para "insuflar enerxía" as candidaturas nacionalistas. No acto estiveron representadas as novas apostas do BNG-AA para os comicios municipais do 24 de maio. Caras novas como as de Rubén Arroxo, en Lugo, e de Ledicia Santos, en Moaña; máis mulleres lideraron listas como o caso de Ana González, en Monfero, ou Ana Ermida, en Barreiros; e como aval da súas candidaturas os actuais alcaldes como Francisco García, en Allariz, ou Sandra González, en Tomiño. A penúltima intervención foi para o anfitrión Miguel Anxo Fernández Lores, que aspira a maioría absoluta nacionalista en Pontevedra para reafirmar o proxecto de goberno que arrancou hai 16 anos. A imaxe na que se miran as candidatas e candidatos do BNG, como alentou o portavoz nacional, Xavier Vence, no discurso final. Centos de cravos vermellos deron cor ao acto este 25 de abril, aniversario da Revolución portuguesa. O auditorio cantou en coro o 'Grândola, Vila Morena', nun dos momentos máis emotivos da convención nacional. O Encontro estivo conducido polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que puxeron música e humor no Pazo de Cultura. Algúns candidatos e candidatas comentaban ao remate, entre risas, algunha das brincadeiras que lle adicou o dueto. Os discursos Houbo reivindicacións contra "o espolio que sofre o país", polo sector gandeiro, o naval, o pesqueiro e enerxético, polas preferentes, a emigración e as privatizacións de servizos públicos. Por un BNG que "siga escoitando á xente", que aposta pola participación e pola transparencia, polos gobernos "ao servizo do pobo e non como beneficio dos especuladores", fronte á "xestión corrupta e mafiosa" de PP e PSOE. O desemprego a emerxencia social foron os eixos do Encontro. "Diante do drama brutal do paro, non miraremos para o outro lado. É indispensable despregar medidas para impedir que empresas que non respectan os dereitos laborais reciban un só euro dos nosos concellos", asegurou con vehemencia o candidato á Alcaldía de Vigo, Serafín Otero. O seu homólogo na Coruña, Xosé Manuel Carríl, fixo un chamamento contra as políticas de recortes. "Somos un pobo empobrecido polos partidos españois, mais somos un pobo con dignidade", afirmou. Mentres que Rubén Cela, candidato en Compostela, asegurou que "o 24M non abonda con pasar páxina, temos que cambiar de libro". Tamén houbo referencias ás novas forzas que se presentaran nas eleccións. "Nunca trataremos de disfrazarnos. Nacionalistas, nacionalistas, nacionalistas, e a moita honra", dixo Lores, que engadiu con ironía que "a ambivalencia só dá acubillo a tránsfugas, oportunistas e chaqueteiros". Vence pechou o acto, antes do himno nacional, cun poema de Manuel Curros Enríquez: "Cando eu me atopare / de donos liberto / i o pan non me quiten / trabucos e préstemos, e como os do abade / frorezan meus éidos, chegado habrá estonces / o maio que eu quero".
PRAZA_9289
A Comisión Europea, que desliga o seu procedemento de infracción de ningún accidente concreto, dille á eurodeputada do BNG Ana Miranda que ve "deficiencias" na "avaliación correcta de riscos", elemento polo que está imputado un cargo de Adif
A Comisión Europea, que desliga o seu procedemento de infracción de ningún accidente concreto, dille á eurodeputada do BNG Ana Miranda que ve "deficiencias" na "avaliación correcta de riscos", elemento polo que está imputado un cargo de AdifO pasado 24 de xaneiro a Comisión Europea anunciou que viña de abrir un procedemento de infracción contra España por considerar que "non cumpre os requisitos da lexislación da UE sobre seguridade ferroviaria". O executivo comunitario esforzouse en desligar a súa decisión de ningún accidente concreto, en particular do de Angrois, malia que todas as fontes consultadas admiten que a loita insistente das vítimas dese sinistro está detrás desa investigación europea. Agora a Comisión Europea revela que unha das cuestións polas que está a investigar a España é se están a facerse "avaliacións de risco adecuadas", elemento clave polo que está imputado un cargo de Adif na causa xudicial sobre o accidente de Santiago. A referencia expresa da Comisión Europea ás súas dúbidas sobre a adecuación das avaliacións de posibles riscos existentes nas liñas ferroviarias españolas aparece nunha carta coa que o executivo comunitario vén de responder á denuncia que presentou contra España en 2017 a eurodeputada do BNG Ana Miranda, que está a actuar como representante de feito das vítimas de Angrois en Bruxelas. Nese escrito o executivo comunitario ofrece máis explicacións sobre o procedemento sancionador aberto hai dúas semanas que as que fixo públicas daquela.O 24 de xaneiro a Comisión dixo que identificara "deficiencias" nas en como España investiga os accidentes e na supervisión da seguridade ferroviaria polo Estado, pero agora cita expresamente as "avaliacións de riscos"O 24 de xaneiro a Comisión Europea dixo que identificara "deficiencias" en como España investiga os accidentes ferroviarios (cuestión sobre a que a UE se vén amosando moi crítica con España desde 2016 polo caso concreto de Angrois) así como "deficiencias" tamén na supervisión da seguridade ferroviaria por parte dos organismos estatais encargados desa cuestión. Pero agora, na carta remitida á eurodeputada do BNG, engade que tamén ten dúbidas sobre se España está a facer avaliacións de riscos adecuadas, ou avaliacións correctas de riscos ("proper risk assessments", no orixinal en inglés), elemento que non mencionara hai dúas semanas. Na causa penal o instrutor propón xulgar a un cargo de Adif por rebaixar a seguridade da curva de Angrois "sen que conste que previamente se tivese avaliado o risco que ditos cambios puideran comportar"Esa cuestión, as análises de riscos que se deben facer antes de poñer en servizo as liñas ferroviarias ou cando se producen cambios significativos na súa seguridade, é o elemento clave polo que na causa xudicial polo accidente de Angrois está imputado, ademais do maquinista do Alvia que se despistou e non freou a tempo antes da curva, tamén o daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte. Hai dous meses o xuíz instrutor, apoiado despois polo fiscal, deu por rematada a investigación penal e propuxo xulgar tanto ao maquinista como ao cargo de Adif como responsables en igual grao do accidente. O maxistrado considera que Cortabitarte autorizou en 2011 a posta en servizo do AVE Ourense-Santiago no que ocorreu o sinistro e en 2012 a desconexión nos Alvia do control automático de velocidade "sen que conste que previamente se tivese avaliado o risco que ditos cambios puideran comportar para a seguridade". Unha conclusión á que o xuíz chegou apoiándose, entre outras probas, nun informe moi crítico coa actuación de Adif no caso de Angrois remitido ao xulgado pola Axencia Ferroviaria Europea.Na súa carta, asinada pola directora xeral de Transporte Elisabeth Werner, a Comisión insiste, como xa fixo hai dúas semanas, en desligar o actual procedemento de infracción contra España de ningún accidente concreto. Porén, a propia Comisión relaciona a carta de resposta ao BNG emitida con data do pasado luns, dez días despois de facer pública a investigación contra España, coa queixa enviada en 2017 por Miranda ligada ao caso de Angrois. A Comisión Europea insiste en que a súa preocupación non é que o sistema ferroviario español sexa inseguro senón en que os procedementos cos España supervisa esa seguridade non sexan tan efectivos como esixe a regulamentación comunitaria. Tras coñecerse hai dúas semanas o procedemento de infracción contra España, tanto as vítimas de Angrois como Miranda sinalaron que, malia que a investigación europea analizará a situación actual e non a pasada, deixa en evidencia as eivas de seguridade existentes no accidente de Santiago. "Se a UE di que España aínda non cumpre as normas de seguridade, como sería cando o accidente?", salientaron.
NOS_28136
Galiza administrou máis de 3,5 millóns de vacinas contra a Covid-19 desde o inicio do proceso de inmunización
Máis de 1,9 millóns de galegos e galegas das máis de 2,4 millóns a inmunizar contan con polo menos cunha dose da vacina contra a Covid-19, deles 1.738.140 persoas xa teñen a pauta completa. Administráronse 3.510.424 dose das 3.544.615 recibidas até a data, que representan 8.806 postas máis, un 99,03% das almacenadas. Até a data, 1.738.140 persoas da poboación diana a inmunizar na Galiza conta coa dobre pauta, após finalizar o proceso 4.282 persoas máis que o día anterior. Por condición de vulnerabilidade, os datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.468 persoas de alto risco (+10) e 15.016 completaron a pauta (+19); mentres que 17.643 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+4) e 17.488 contan coa pauta completa (+7). Ademais, 26.577 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+4) e 26.453 finalizaron o proceso (+6). En canto ás persoas vacinadas por probabilidade de exposición, 73.220 traballadoras do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+6) e 72.225 están inmunizadas (+73). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.441 profesionais do ámbito sociosanitario e 27.003 contan coa pauta completa (+70). Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto da Galiza, 44.719 persoas que desenvolven traballos esenciais e 43.20 completaron o proceso (+446). No tocante ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.723.250 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+4.943) e 1.533.033 teñen a pauta completa (+3.660). Grupos de idade Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose até o momento 131.334 persoas maiores de 85 anos (+9); 96.165 de 80 a 84 anos (+5); 134.422 de 75 a 79 anos (+2); 153.005 de 70 a 74 anos (+7); 162.240 de 65 a 69 anos (+99); 176.793 de 60 a 64 anos (+49); 182.582 de 55 a 59 anos e 195.907 de 50 a 54 anos (+44). A elas súmanse 203.786 persoas de 45 a 49 anos (+92) e 192.496 de 40 a 44 anos (+97). Deste xeito, até agora foron vacinadas 396.282 persoas de 40 a 49 anos, un 89,45% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade. Así, até o momento recibiron polo menos unha dose 1.628.730 persoas maiores de 40 anos na Galiza, que supoñen un 94,68% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade. Así mesmo, foron vacinadas 138.013 persoas de 35 a 39 anos (+356) e 105.317 de 30 a 34 anos (+1.960), o que supón 243.330 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 75,26% duns 323.300 a inmunizar na Galiza nesa franxa de idade. Tamén recibiron polo menos unha dose 38.663 persoas de 25 a 29 anos (+2.222); 9.996 de 20 a 24 anos (+39); 7.405 de 15 a 19 anos (+14) e 195 de 10 a 14 anos (+5). Por tanto, 1.928.319 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en toda Galiza, que constitúen un 78,56% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega.
NOS_25826
Polo de agora víronse afectados o Alvia 4064 Ferrol-Madrid e o Alvia 4105 Madrid-Ourense.
O incendio que afecta o concello de Losacio, nas inmediacións de Zamora, obrigou a suspender "até novo aviso" a circulación da liña de Alta Velocidade entre a Galiza e Madrid. Máis de 9.000 hectáreas afectadas e veciñanza desaloxada: o parte dos incendios activos na Galiza En concreto, o tramo afectado polo lume é o que vai entre o municipio de Otero de Bodas e Zamora. Segundo informou Renfe, os trens afectados até o momento son o Alvia 4064 Ferrol-Madrid e o Alvia 4105 Madrid-Ourense. Chegan as primeiras cifras de desaloxos polos incendios: máis de 700 persoas e 30 núcleos de poboación En todo caso, a compañía asegurou que xa se estabeleceu un plan de transporte alternativo por estrada entre Zamora e Sanabria para os viaxeiros dos trens afectados. Nun comunicado, Renfe sinalou que os viaxeiros poderán continuar a viaxe en tren desde Sanabria até chegar ao seu destino final. Da eventualidade laboral á seca, as chaves desta campaña de incendios "perigosa" Así mesmo, a empresa ferroviaria lamentou as molestias ocasionadas por esta situación e asegurou que informará da evolución desta incidencia a través da megafonía de estacións e trens, así como a través do persoal de atención ao viaxeiro e nos seus perfís de redes sociais.
NOS_24783
Os partidos con representación no Concello da Coruña amosan o seu rexeitamento ao ataque que esta madrugada -presumibelmente- estragou a sede da Marea Atlántica, na Praza do Humor da Coruña.
O BNG da cidade pendurou un chío na súa conta de twitter en que cualifican de "desprezábel calquera actitude ou acción violenta". "Este nunca será o camiño e amosa as carencias, a senrazón e a intolereancia de quen as comete", engadiu. Para a portavoz do Partido Popular na corporación, Rosa Gallego, "a violencia non se pode xustificar xamais. Desde a discrepancia política, todo o meu ánimo". Tamén se pronunciaron os socialistas coruñeses: "Rexeitamos o ataque inxustificado á sede da Marea Atlántica e amosamos a nosa solidariedade coa súa militancia". Desde o ámbito nacional, pronunciouse En Marea: "Condenamos, unha vez máis, todo tipo de actos vandálicos e, no caso do sucedido co local de Marea Atlántica, enfatizamos que, en democracia, non son tolerábeis as agresións contra os partidos políticos".
PRAZA_17806
Os actos terán lugar este domingo. O monolito que lembra a Francisco Arca e Secundino Bugallo, sindicalistas da CNT, foi destruído en catro ocasións dende o ano 2006. O Colectivo Portalén, organizador dos actos xunto con Capitán Gosende, denuncia que o Concello de Cerdedo-Cotobade "teima en manter rúas dedicadas a represores".
O 13 de agosto de 1936 en A Ponte do Barco (Cerdedo-Cotobade) apareceron os cadáveres de Francisco Arca Valiñas e de Secundino Bugallo Iglesias, que foran executados por franquistas. Ambos os dous eran canteiros e sindicalistas, dirixentes da Sociedade obreira El Trabajo de Figueiroa, que formaba parte da Federación de Agricultores e Obreiros do Concello de Cerdedo integrada na CNT desde 1933. Dende o ano 2006 veñen sendo homenaxeados nun monolito situado no lugar no que foron descubertos os seus restos e que destaca que "morreron por defender as ideas republicanas". A placa que homenaxea os dos canteiros asasinados foi xa destruída en catro ocasións e outras tantas veces reposta. Foi a Asociación Verbo Xido quen iniciou estas homenaxes, que agora continúan o Colectivo Portalén e Capitán Gosende. Este ano a homenaxe celebrarase este domingo 12 de agosto, cuns actos que comezarán ás 18 horas na Ponte do Barco e que continuarán ás 19 horas coa proxección do documental O canteiro de Sebil sobre a vida do represaliado cuntiense Xoán Xesús González, un filme realizado polo Quinteiro do Umia. En anos anteriores participaron varios familiares dos homes executados, entre eles un neto e un tataraneto de Secundino Bugallo que manifestaron "a súa firme decisión de continuar reivindicando de xeito incansable a memoria dos seus familiares e veciños a pesares dos impedimentos e boicots". O Colectivo Portalén, que organiza os actos destaca que este tipo de homenaxes son necesarias para "honrar a memoria dos represaliados polo franquismo", sobre todo nun concello como o de Cerdedo-Cotobade "no que o goberno local teima en manter rúas dedicadas a represores".
NOS_14805
PP, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto acordan unha proposta conxunta para o funcionamento da Deputación Permanente, o máximo órgano parlamentar entre lexislaturas, mentres se manteña a emerxencia sanitaria.
Todos os grupos con representación no Parlamento galego presentaron esta segunda feira unha proposta conxunta para o funcionamento da Deputación Permanente, "con carácter excepcional", mentres permanezan as situacións de estado de alarma no Estado español e de emerxencia sanitaria na Galiza. Os grupos da oposición PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Mixto (no que están as deputadas de En Marea) e mais o grupo do Partido Popular chegaron a un acordo para que a Cámara galega recupere parte da normalidade a pesar de terse disolto pola convocatoria das eleccións do 5 de abril, que ficaron canceladas polo coronavirus. Así, durante a vixencia da Deputación Permanente, o máximo órgano parlamentar entre lexislaturas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, comparecerá "dúas veces ao mes, en semanas alternas, para informar sobre a situación derivada da pandemia da COVID-19 e as medidas e previsións" do Goberno galego ao respecto. Esta foi unha demanda da oposición desde o inicio da crise, pois Feixoo só asistiu á Cámara galega nunha ocasión nestes case dous meses de estado de alarma. Segundo fontes consultadas por Nós Diario, a primeira comparecencia do presidente galego após este acordo podería ser esta mesma semana. O acordo tamén contempla que haberá "unha reunión semanal" durante o tempo previsto para o período de sesións ordinario do Parlamento e que, nas semanas alternas ás da comparecencia de Feixoo, haberá "mínimo" unha comparecencia dun conselleiro ou conselleira e "até nove preguntas orais dos grupos parlamentares".
PRAZA_17242
O presidente reitera a súa lealdade a Rajoy ante a moción de censura ao tempo que pide ao seu partido primar "os intereses xerais"
Contra as dúas da tarde deste xoves, poucas horas antes de que o PNV fixese pública a decisión sobre o seu decisivo voto na moción de censura contra Mariano Rajoy, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tentou nadar e gardar a roupa no debate sucesorio novamente aberto nas filas dos populares. Ao tempo que reiterou a súa "lealdade" persoal cara a Rajoy, Feijóo apelou ao seu partido a manter "a compostura" e primar "os intereses xerais" sentenciando ao tempo que "con independencia do poder o importante é a coherencia política", sen aclarar se se estaba a referir a unha posible perda do poder parte de Rajoy ou do PP. O presidente reitera a súa lealdade a Rajoy ao tempo que pide ao seu partido primar "os intereses xerais" Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno a Feijóo preguntóuselle de xeito reiterado e con diversas formulacións sobre a moción de censura e o futuro de Mariano Rajoy. Foi nunha desas preguntas sobre a súa valoración da proposta de Pedro Sánchez de que se Rajoy dimite retiraría a moción de censura cando Feijóo, tras criticar os bandazos do socialista, emitiu a súa principal mensaxe cara ao seu partido: "O que lle desexo ao meu partido é que manteña a compostura, que manteña os intereses xerais, e que a razón sempre é o mellor camiño para que un político se sinta satisfeito e coherente co que di e co que fai, iso é moi importante, con independencia do poder o importante é a coherencia política e a tranquilidade de actuacións e de decisións, iso é o máis importante". "Fun leal a Galicia e vou seguir séndoo ao presidente do Goberno, por esa orde, sendo leal a Galicia pódese ser ao presidente", di Feijóo Na rolda de prensa a Feijóo preguntóuselle de xeito reiterado polo seu propio futuro político como posible sucesor de Rajoy, cuestión que o presidente galego insistiu en tomar como "unha broma", insistindo en que "nestes momentos o que non podemos perder é o sentido do humor". "Son presidente de Galicia e o meu mandato finaliza a finais de 2020", dixo, para engadir que a "estabilidade" é "o mellor para os galegos". Feijóo dixo non ter "ningún protagonismo de poder" e insistiu na súa lealdade a Rajoy: "Fun leal a Galicia e vou seguir séndoo ao presidente do Goberno, por esa orde, sendo leal a Galicia pódese ser ao presidente". ("He sido leal a Galicia y voy a seguir siéndolo al presidente del Gobierno, por este orden, siendo leal a Galicia se puede ser al presidente", foron as súas verbas en castelán). Nesa liña, e preguntado de xeito expreso, Feijóo negou realizar nos últimos días ningún movemento ou chamada persoal a ningún dirixente do seu partido para postularse como alternativa a Rajoy. Tampouco falou, dixo, co lehendakari Urkullu, co que ten boa relación persoal, pero si "co meu compañeiro do PP en Euskadi para saber cal era a situación". E sobre o PNV, Feijóo gabou que "é un partido antigo, experimentado" e pediu "que acerte polos intereses de España e polos intereses dunha parte de España que é Euskadi". "Sigo pensando que o PNV o que quere é estabilidade e seguridade nas institucións", sentenciou antes de coñecerse a decisión da formación vasca.