ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_41144
En-Coletivo leva a prórroga das peaxes ante a Comisión Europea por entender que se tiñan que someter a licitación pública.
A asociación En-Colectivo, que defende ás usuarias afectadas polo cobro indebido das peaxes durante as obras de ampliación da ponte de Rande, abre unha nova fronte xudicial contra Audasa, a concesionaria da AP-9. Desta vez, a asociación denuncia ante a Comisión Europea o posíbel incumprimento da normativa da Unión Europea nas prórrogas da concesión da autoestrada galega. Así o explicaron esta quinta feira en rolda de prensa o presidente de En-Colectivo, Diego Maraña, e os avogados da asociación, Carlos Cenalmor, socio do bufete Gándara Moure, e Antonio Heredero, socio de Balms Abogados. En concreto, os letrados sinalan que os Reales Decretos 1809/1994 y 173/2000, que conceden sendas prórrogas a Audasa para a explotación da autoestrada até 2023 e 2048, respectivamente, incumpren diferentes Directivas da Unión Europea. Na argumentación da súa denuncia, En-Colectivo explica que as prórrogas da concesión orixinal incumpren a normativa por estender o período concesional da AP-9 sen publicaro correspondente anuncio de licitación, o que afecta á libre competencia, xa que non convocar concurso exclúe de forma ilegal a outros operadores que poidan explotar o servizo público da autoestrada en iguais ou mellores condicións. Por iso, queren que a Comisión inste ao Goberno español a dar solución a esta situación e lograr a anulación das prórrogas e a supresión das peaxes na AP-9 a favor da economía das galegas. O precedente italiano Maraña apuntou que "o feito de que contra Italia a Comisión Europea puxera en marcha un proceso similar fainos ser optimistas ante a nosa denuncia". Nese procedemento contra a República Italiana, Bruxelas ditaminou que as prórrogas efectivamente supoñan unha modificación do contrato orixinal e unha vulneración do regulamento comunitario.
PRAZA_8680
Será este sábado ás 12 do mediodía, organizada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte e conta co apoio da plataforma ContraMINAcción
Un mes despois da marcha que o 27 de marzo percorreu as rúas de Xinzo contra o proxecto mineiro para a extracción a ceo aberto de feldespato, este sábado unha nova manifestación volverá reunir a persoas de toda a comarca. Está convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte, que xa anunciara que haberia concentracións cidadás no mesmo lugar en todas as feiras do 27, até que a Xunta entendese "que non se nos pode quitar o que é noso, que non se poden tomar decisións en contra do bo xuízo, nin se poden tomar decisións en contra dos intereses da Limia e finalmente non se debería escoller unha mina en contra das persoas que vivimos e traballamos aquí". Ao remate da manifestación lerase un pequeno manifesto e darase conta da reunión que mantivo a Plataforma Veciñal Corno do Monte coa subdirectora xeral de Minas. A Plataforma Veciñal colgou na súa web un informe sobre a oposición ao proxecto, no que se describe a zona afectada, quen promove o proxecto, experiencias anteriores na Limia, os contidos das alegacións presentadas, o impacto ambiental que supón, os riscos sobre a saúde humana e o gran impacto socioeconómico que conleva. A marcha está apoiada pola plataforma ContraMINAcción, que reúne todos os colectivos que loitan contra os múltiples proxectos mineiros que ameazan distintos puntos de Galicia. ContraMINAcción anuncia o seu "total respaldo ás reivindicacións da veciñanza ameazada das parroquias de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos" e denuncia "a explotación destrutora de centos de hectáreas afectadas, explotación que faría imposible o traballo agrícola das terras afectadas -que se atopan entre as máis fértiles de Galiza e constitúen o principal motor socioeconómico da zona-, contaminaría as augas e o aire, secaría os pozos e hipotecaría para sempre o medio e xeito de vida dos e das habitantes destas parroquias". Dende hai meses a comarca da Limia vén posicionándose maioritariamente en contra dun proxecto mineiro que afecta máis de 400 hectáreas de terras agrarias nestes lugares. Nestas parroquias téñense investido millóns de euros do erario público en concentracións parcelarias e diversas infraestruturas para potenciar o uso agrícola do solo, un dos máis ricos e fértiles da bisbarra, como melloras de vías de comunicación ou regadío. Do mesmo xeito, as familias que traballan estas terras tamén teñen feito investimentos millonarios para poder facer posible unhas producións agrarias que esixen un alto grao de mecanización.
NOS_18940
"Non ten ningún sentido subir os impostos", insiste o presidente galego.
O presidente galego, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta ampliará a bonificación ao imposto de patrimonio, que pasará de 25% a 50% nos orzamentos de 2023. "Tomaremos decisións en materia fiscal", dixo, sobre unhas contas centradas, avanzou, en "protexer a actividade empresarial e as persoas". "Estamos a estudar outras medidas, pero adianto que non subiremos impostos". "É moito mellor baixar impostos que subilos, non ten ningún sentido subilos", recalcou esta sexta feira, nun foro organizado por La Voz de Galicia no que participou nun relatorio sobre 'Competitividade e innovación para unha Galiza con máis certezas'. Rueda avanzará as "liñas mestras" dos orzamentos a finais de mes no Parlamento "Estamos acabando de rematar un orzamento serio ao que lle faltan variábeis importantes para acabar de fechalo", afirmou tamén en resposta ás demandas de información sobre o mesmo da oposición. Esta mesma quinta feira Rueda afirmara, preguntado polos anuncios de Andalucía e Murcia de seguir o ronsel de Madrid na eliminación deste imposto, que Alberto Núñez Feixoo "non guía" a política fiscal da Galiza, se ben apostaba nas rebaixas de impostos. "Temos a nosa propia senda marcada e tomamos as nosas decisións conforme ao que lles conveña aos galegos", asegurou. Os recortes tributarios na Galiza, tal e como informou Nós Diario, impiden que as arcas públicas recaden nove millóns de euros máis por semana. Descentralizar os fondos europeos Na súa intervención desta sexta feira, o presidente volveu criticar a execución dos fondos europeos por parte do Executivo estatal. "A día de hoxe está a espertar máis incertezas que seguridades", manifestou, após rexeitar a xestión "centralizada" dos mesmos que, ao seu xuízo, está a supor, entre outras cuestións, "a incapacidade recoñecida para facer chegar os fondos ás pemes". Por iso, reclamou un "cambio de sistema absoluto" antes de falar da segunda fase destes fondos. "Que espabile o que ten que espabilar", engadiu sobre o Goberno. "Outra solución para xa é que se descentralicen os 'pertes'", indicou, sobre os proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica.
NOS_46798
O CGAC dera por feito que xa tiña novo director, Santiago Olmo. A noticia saíu publicada. Os dous candidatos galegos presentaron alegacións ao proceso. O centro da Xunta, sen máis explicacións, reabre o proceso e convoca aos aspirantes a unha proba de lingua. Será o vindeiro 25 de maio.
O día seguinte das eleccións municipais, o CGAC tentará pechar a elección doutro cargo, despois dun complicado proceso que se lle está a torcer á Xunta. O centro de arte que ocupa o edificio deseñado por Alvaro Siza en Compostela reabre, sen moitas máis explicacións, un proceso que daba por concluído e convoca aos tres candidatos finalistas a "efectuar a valoración do coñecemento de linguas de conformidade co establecido nas bases da convocatoria no seu punto 9.2". O cargo que xa tiña nome A convocatoria dunha nova proba non tería maior relevancia se non for porque o Centro deu por concluído o proceso coa entrevista final que conduciu á cabeceira da carreira pola dirección a Santiago Olmo, candidato que superaba por só unhas décimas ao seu máis inmediato seguidor, o galego Manuel Segade. A noticia saíu publicada nos medios e todo apuntaba en que en poucos días este comisario e crítico de arte, sen experiencia en dirección de centros que era unha condición que primaba a convocatoria, ocupara o posto que deixara vacante o portugués Von Haffe. Ao CGAC apremáballe tamén que alguén se puxera á fronte dunha programación está a piques de rematar, quedando o baleiro despois da previsión deixada polo anterior director. A tal hora, todo apunta a que desde a Xunta terán que buscar vías alternativas diante do retraso do proceso. Dado Santiago Olmo como novo director do CGAC, son as alegacións dos dous candidatos galegos e finalistas no proceso, Juan de Nieves e Manuel Segade, os que conducen a reapertura da convocatoria, engadíndose unha proba de linguas que quedaría sen realizar de non ser pola intervención dos dous aspirantes. Os tres están convocados para o vindeiro día 25 no que o xurado composto por José Manuel García Iglesias, Antón Castro, María de Corral e Estrella de Diego se terá que volver a xuntar para dirimir o final do complicado proceso de elección do futuro director do CGAC.
NOS_36129
Ducias de persoas secundaron a concentración convocada diante do Pazo de Raxoi para exixir a convocatoria de novas eleccións. Dez d@s 13 integrantes da equipa de goberno están imputad@s, incluído o alcalde, Ángel Currás.
Obreir@s nas cadeas e corruptos no poder. O lema máis que coñecido nas mobilizacións sociais, foi tamén o que se ouviu esta quinta feira na Praza do Obradoiro, en Compostela. Na entrada do Pazo de Raxoi, onde ten a súa sede o Concello de Santiago, foi convocada unha concentración que serviu de prólogo para o pleno municipal, o último deste mes e no cal tomaron parte @s 10 edís do PP que teñen aberta algunha causa xudicial en contra. Este partido, que goberna con maioría absoluta, só ten 3 integrantes que non están imputad@s. 14 organizacións pola demisión da equipa de goberno Foron 14 as organizacións que asinaron un manifesto que alerta de que a cidade fica "submetida a unha permanente inestabilidade institucional" desde maio de 2011, cando o PP gañou os comicios municipais por maioría absoluta e Gerardo Conde Roa sentou na alcaldía en Raxoi. Conde Roa "foi forzado a demitir" en abril de 2012 ao ser imputado nun delito de fraude fiscal por defraudar a Facenda máis de 200.000 euros, delito polo que foi xulgado e condenado para alén de ser imputado tamén, en febreiro de 2013, na operación Pokemon. Substituíuno no cargo o número catro da candidatura con que gañou as eleccións, o ex-tenente de alcalde Ángel Currás, quen "continuou a aplicar as mesmas políticas antipopulares e contrarias aos intereses da maioría. Currás está tamén imputado na Pokemon e negouse a demitir. Porén, imputada está tamén Rebeca Domínguez, a edil que ocupou a vaga que Conde Roa deixara vacante nas filas conservadoras. E Albino Vázquez Aldrey, concelleiro de Seguridade Cidadá, que demitiu do seu posto após eludir a prisión pagando unha fianza de 15.000 euros. Cal é a situación actual? Dez d@s trece concelleir@s que gobernan Compostela teñen unha causa aberta na súa contra. As últimas imputacións chegaron nas últimas semanas. Foron sete @s edís contra as que a titular do xulgado de instrución nº1 de Santiago, Ana López-Suevos, abriu un procedemento pola súa participación na xunta de goberno do 30 de maio en que se aprobou o financiamento con diñeiro público da defensa legal de Adrián Varela, concelleiro de Deportes imputado, tamén, na Pokemon. Da onda de imputacións, que foi cualificada pola voceira do Concello de Santiago, María Pardo, como "unha persecución política", só se libraron Currás --alcalde-- e Reyes Leis --tenente da alcaldía--. Malia faceren parte dese órgano de goberno, non asistiron á xunta do 30 de maio. Así é todo, son só tres @s edís que non están imputad@s --Reyes Leis, Luis Meijide e José M. Rosende--, acumulando varias causas abertas algúns concelleiros como o de Obras, Juan de la Fuente, imputado tamén no caso das facturas falsificadas para beneficiar asociacións veciñais próximas ao PP. "Quen vai ser o seguinte dos 3 que faltan?" Di o manifesto conxunto destas 14 organizacións que é esta a pregunta que se están a facer "todos os composteláns. "Seguimos gobernados por un grupo de presumidos delincuentes con nomes e apelidos", subliña o texto difundido, reproducindo a continuación as identidades d@s imputad@s: Ángel Currás, María Pardo, Rebeca Domínguez, Adrián Varela, Francisco Noya, Juan de la Fuente, María Castelao, Cecilia Sierra, Luís García Bello e Amelia González. "Todo indica que non se van ir voluntariamente, polo que cómpre exixir a súa saída". Por isto, anuncian mobilizacións populares para reclamar a demisión do alcalde e a disolución da corporación para que se convoquen novos comicios "e o pobo decida quen debe gobernar a capital da Galiza". O manifesto foi asinado por Agir, Anova, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, Comités, Esquerda Unida, Fruga, Galiza Nova, Gentalha do Pichel, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP.
NOS_50769
Valentín Bóveda é vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda que cada ano convoca actos en Poio e Pontevedra para conmemorar o Día de Galiza Martir. Neto tamén de Alexandre Bóveda, valora nesta entrevista a aprobación da declaración de reparación moral da figura do seu avó mentres continúa sen se se albiscar a anulación do xuízo sumarísimo que reclaman.
-Como se produce a declaración de reparación moral de Alexandre Bóveda, é iniciativa da familia ou nace de oficio do Ministerio de Xustiza? Foi solicitada por nós. Neste caso pola propia familia, ao amparo da Lei de Memoria Histórica que recolle a posibilidade de aportar documentación do proceso e probas da falta de culpabilidade para rehabilitar a figura moralmente, un proceso que, singularmente, non dá cauce legal para a anulación do xuízo sumarísimo. A lei esixe que de haber familiares vivos son eles os que o teñen que demandar e, de non houber, poden facelo as entidades. Incorporamso tamén o informe emitido polo alto comisariado da ONU que visitou Galiza e denunciou o incumprimento dos dereitos humanos ademais de pedir que se anularan os procesos de tres figuras concretas, Lluís Companys e Manuel Carrasco i Formiguera ademais do propio Alexandre Bóveda. Na nosa solicitude fixemos referencia na solicitude a esa reclamación ademais das iniciativas parlamentarias, que foran presentadas polo BNG para avalar a petición. O 4 de xuño, data do nacemento de Bóveda, rexistramos na subdelegación de Pontevedra a solicitude. -Como chega a resolución? Por correo certificado remitido polo Ministerio de Xustiza. Fun recollelo a Correos xunto con Ernesto Vázquez-Rey, membro tamén da Fundación Bóveda, e a verdade é que no momento emocionámonos. Á marxe diso, cómper darlle un valor relativo. Está ben que se rehabilite moralmente mais non é por iso polo que o solicitamos. A figura de Bóveda non precisa ser reparada mais con isto agora temos un documento que dá pé a traballar noutras iniciativas, por exemplo, na institucionalización do Día da Galiza Mártir. O PP estivo até agora en posturas enfrontadas e o PSOE mantívose na ambigüidade con respecto ás vítimas. O ano vindeiro faranse 80 anos do asasinato de Bóveda e falaremos del mais tanto na Fundación como en todo o movemento memorialístico consideramos que compre falar tamén doutras vítimas porque foron milleiros e teñen que coñecerse. "Queremos que cada ano se adique o Día de Galiza Martir a unha figura e que non fique só na conmemoración do 17 de agosto senón que sexa todo o ano" -A institucionalización da data persigue tamén dar a coñecer ás outras vítimas? De que maneira sería? Temos que reconducir a conmemoración. Bóveda é símbolo mais queremos que cada ano se vaia adicando monograficamente a unha persoa, que se fale tamén das súas vidas porque os seus asasinatos son consecuencia de como optaron por vivir. Queremos que se adique cada ano a unha figura e que non fique só na conmemoración o día 17 de agosto senón que se falara desa persoa durante todo o ano. Esa é a nosa proposta e gustaríanos que ao ano seguinte a Bóveda fora unha muller a quen se dedicase que, en definitiva, foron as que mantiveron a memoria en tempo de silencio. Cando falamos de que hai moitos Bóvedas, podemos dicir que tamén moitas Amalias. Grazas a moitas mulleres puidemos manter a memoria que se nos negou de raíz. -Como se canaliza esa proposta de institucionalización? O regulamento do parlamento contempla que un cidadán pode facer unha proposta e a súa demanda escoitada. Fun eu quen rexistrou, a título particular, a petición que deberá pasar pola comisión antes de ser debatida e votada. Neste caso, a resposta ao cidadán que solicita a institucionalización ten que vir razoada. Até agora había partidos que pasaban por riba e agora é preciso posicionarse. Falamos de dereitos humanos que se están a incumprir como din os organismos internacionais como a ONU. -En canto á declaración de reparación moral, vostedes solicitaron que fora entregada en man a Amalia, a filla de Bóveda. Que resposta obtiveron? Solicitamos ao Delegado de Goberno en Galicia que fixera un acto de entrega da reparación para que se visibilizara publicamente. Dixéronnos que antes do 17 de agosto, o que era a nosa intención, era imposíbel mais que seguen en disposición e facelo. A resposta é ambigua porque non fixeron nada para marcar unha data. "A reparación moral está aprobada polo Ministerio de Xustiza mais na anulación tería que entrar o poder xudicial e non hai canle algunha para solicitala". -En que punto está entón a anulación do xuízo sumarísimo que condenou a morte a Alexandre Bóveda? Está en punto morto. A reparación moral está aprobada polo Ministerio de Xustiza mais na anulación tería que entrar o poder xudicial e non hai canle algunha para solicitala. Estamos a traballar coa Querela Arxentina mais a situación está moi complicada. O máis sinxelo sería unha demanda social ampla que é como acceden a mudar as cousas. Todos os procesos continúan no mesmo caso, nun limbo. Agora hai unha lei que permite que se recoñeza que ese asasinato foi inxusto mais non se permite a anulación do xuízo. Custa pensar que hai persoas gobernando as institucións que ese din demócratas e que sigan negando a modificación da lei ou a derrogación e facto. A anulación dos procesos tiña que partir do propio ministerio. É absurdo que rehabiliten as figuras e non nos deixen canles para solicitar a anulación dos procesos que os condenaron. É un absoluto delirio. -Desde a Fundación convocan, un ano máis os actos polo Día de Galiza Mártir e o vindeiro ano será o oitenta aniversario do asasinato. Que agardan destas datas? Tiñamos varios obxectivos, un deles, que a data se espallara e se conmemorara fóra de Pontevedra, o que se está a conseguir. Queriamos tamén que os concellos institucionalizasen a data tamén co fin de ir arroupados na nosa solicitude ao Parlamento e tamén estamos a conseguir nese sentido que a conmemoración se fora espallando para gañar en memoria. Agardamos tamén que as novas forzas políticas como Compromiso por Galicia ou as Mareas se sumen tamén a nosa petición xa que, até hai pouco era só o BNG quen presentou iniciativas ao respecto e se podemos falar hoxe de rehabilitación da figura de Bóveda, en parte é grazas ao BNG. Chegamos a un novo 17 de agosto no que queremos mostrar á sociedade que o Estado nos dá a razón aos que nos xuntamos desde hai moitas décadas. Na Fundación hai un revulsivo de folgos para seguir a traballar tamén´n noutros eidos. En canto ao 2016, agardo que se aprobe a institucionalización nun ano que coincide non só co 80 aniversario do asasinato de Bóveda e a aprobación do Estatuto senón tamén co Centenario das Irmandades da Fala... unha confluencia da que poden saír cousas interesantes. Agardo que a nosa iniciativa sexa aprobada por unanimidade no Parlamento.
NOS_6591
Nova derrota do conxunto coruñés, que foi superior boa parte do encontro pero non conseguiu reaccionar ante o gol en contra.
O Deportivo caeu este sábado ante o Alavés pola mínima, nun partido no que os coruñeses acusaron de novo a súa falta de definición. Un gol de penalti sentenciou o equipo dirixido por Gaizka Garitano, que acumula a súa terceira derrota consecutiva e segue sen coñecer a vitoria no que vai de 2017. A superioridade da primeira parte foi insuficiente para facerse cos tres puntos en Riazor. Saíu o Dépor con novidades no once titular. Á portería volveu Germán Lux, o lateral esquerdo ocupouno Luisinho e Bruno Gama entrou na liña de tres cuartos. Empezou o encontro con dominio coruñés e a piques estiveron Gaël Kakuta e Sidnei de abrir o marcador en dous testarazos que marcharon fóra por pouco. A mellor ocasión para os coruñeses chegou aos vinte minutos. Unha gran acción colectiva finalizada outra vez por Kakuta bateu contra o traveseiro. A ocasión animou o Dépor, que buscou sen éxito marchar con vantaxe no descanso. Na segunda metade, o equipo da Coruña foi perdendo o control e, no minuto 68, o colexiado sinalaba a pena máxima que sentenciaría o partido. Raúl Albentosa derrubou Manu García, que se encargou el mesmo de transformar o penalti. Non conseguiu reaccionar ao gol en contra o Deportivo, que loitou até o final. Tivo a último no tempo engadido, pero a defensa vitoriana rexeitou o remate de Fayçal Fajr sobre a liña. RC Deportivo: Lux, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Luisinho, Guilherme, Borges (Joselu, min. 71), Kakuta (Carles Gil, min. 56), Emre Çolak, Bruno Gama (Fayçal Fajr, min. 83) e Andone. Deportivo Alavés: Pacheco, Kiko Femenía, Laguardia, Feddal, Theo Hernández, Marcos Llorente, Manu García, Toquero (Vigaray, min. 90), Camarasa, Ibai Gómez (Rubén Sobrino, min. 62) (Alexis, min. 90+4) e Deyverson. Gol: 0-1 Manu García, de penalti (min. 68). Colexiado: Jaime Latre (c. aragonés). Cartón amarelo a Guilherme (min. 33), Marcos Llorente (min. 42), Deyverson (min. 51), Albentosa (min. 67), Bruno Gama (min. 80), Lux (min. 86), Rubén Sobrino (min. 90+3) e Carles Gil (min. 90+5).
NOS_16770
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, criticou que o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feixoo, acudise onte á Conferencia de Presidencias sen unha proposta concreta da contía dos fondos europeos de reconstrución que reclama para Galiza."Non exerceu de presidente", considera.
Feixoo acudiu ao encontro, a ollos de Miranda, "sen ter os deberes feitos". Nese sentido, a responsábel censura que tampouco presentase propostas dos proxectos que poden ser financiábeis con estes fondos. A repartición dos 140.000 millóns de euros de Europa "é un tema suficientemente importante como para que Feixoo levase algunha proposta" para "facer valer os intereses galegos", apunta, lembrando que territorios como Catalunya ou València xa teñen un cálculo da cifra. Para Miranda, "a máxima achega" de Feixoo foi pedir que se rebaixe o IVE/IVE das máscaras, algo que "pode estar ben, pero dista moito de ser o adecuado". O presidente galego foi á reunión "para sentar a escoitar e a pedir que lle envíen documentación", entende Miranda, que cualifica de " sarcástico" que Feixoo resaltase que os fondos europeos deben "empregarse ben". "Na Galiza temos numerosos exemplos de fondos europeos mal utilizados baixo o seu mandato, como as numerosas depuradoras que non funcionan, o deficiente e mesmo inexistente saneamento de rías e ríos ou infraestruturas abandonadas", enumerou a representante da formación nacionalista, quen incidiu tamén na "reacción tardía" da UE para paliar as consecuencias da crise causada pola pandemia da Covid-19 e a "falta de solidariedade" cos pobos afectados.
NOS_3291
As institucións galegas informan de que o lume en Negueira de Muñiz foi controlado este domingo pola mañá. En Padrenda, Medio Rural alerta de que os lumes foron intencionados.
A Consellaría de Medio Rural actualizou está mañá o mapa galego de incendios para comunicar que o incendio forestal que calcinou cando menos 24 hectáreas en Negueira de Muñiz está estabilizado. O lume afecta principalmente a parroquia de San Pedro de Ernes, onde foi emitido este sábado o primeiro aviso da existencia das lapas. Mellor sorte tiveron no concello de Padrenda, onde na madrugada da sexta feira ao sábado tamén se viviron outros dous incendios, un deles cualificado de "estabilizado" e outro baixo control ese mesmo día, sendo reportados hoxe como extintos. Lumes intencionados Nos dous lumes da vila, Medio Rural explica que "se constatou que houbo varios focos", polo que coas informacións coas que contan até o de agora "todo apunta a que son intencionados", aseveran. Todo comezou ás 23.24 da sexta feira, cando se deu aviso do incendio forestal. Tres axentes, nove brigadas e seis motobombas participaron na súa extinción, tras arder 8 hectáreas foi controlado ás 7.07 da mañá. O segundo foco foi localizado á 01.50, e queimou 19 hectáreas antes de ser estabilizado á mesma hora que o primeiro, despois do traballo de dous axentes, cinco brigadas, catro motobombas e unha pa. Nesta campaña de verán, 30 persoas foron investigadas pola Policía pola presunta autoría de incendios forestais.
NOS_29661
A factoría coruñesa está en fase de liquidación e ten varias causas xudiciais pendentes. Alcoa, con todo, desbota recuperar as plantas da Coruña e Avilés.
A compañía Alcoa sinalou esta quinta feira, a través dun comunicado, que está a explorar a posibilidade de "alcanzar un acordo global que finalice todos os procedementos legais" relacionados coa venda das súas antigas plantas na Coruña e Avilés (Asturies). Ambas as factorías foron vendidas a Parter en 2019, nun proceso avalado polo Goberno estatal e apoiado polos representantes do cadro de persoal, salienta Alcoa. A coruñesa, Alu Ibérica, entrou en fase de liquidación o pasado 22 de febreiro. Alu Ibérica entra en fase de liquidación Deste modo, busca unha opción "que permita unha solución rápida e razoábel para todas as partes involucradas". "Alcoa sempre actuou con total transparencia e de conformidade coa lexislación española no proceso de venda. Porén, as accións dos posteriores propietarios tiveron un impacto negativo para os ex empregados de Alvoa que fican nas plantas, o que derivou en varios procedementos xudiciais", reza o comunicado- A empresa propón unha "transacción global moi razoábel" que permita unha "rápida solución" ás distintas causas abertas. A proposta, din, está condicionada a que se alcance un "acordo global" que sexa aceptado "por todas as partes interesadas". O comité de empresa de Alcoa ve "positivo" o acordo con Endesa: "O importante é arrincar as cubas en 2024" "Alcoa ten a intención de continuar adoptando todas as medidas legais que procedan contra os compradores das plantas, xa que son as súas actuacións as que crearon a situación prexudicial que afrontan a compañía e máis os seus ex empregados", engade. No caso de non alcanzar un acordo, a empresa cre "firmemente" que o seu recurso actual perante o Tribunal Supremo "debería prosperar". Por último, Alcoa lembra o acordo ao que chegou o pasado decembro cos traballadores para promover a viabilidade da planta de aluminio de San Cibrao (Cervo), na que agora centra "todos os esforzos, realizando os investimentos precisos, colaborando coas administracións implicadas e, sobre todo, mantendo o compromiso cos traballadores, cuxa implicación é fundamental".
PRAZA_3235
"Temos o obxectivo de loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú", subliña a AECC, cuxo último estudo advirte de que "as familias dos pacientes de cancro asumen o 45% do custo da enfermidade"
Unha ducia de moléculas contra o cancroNin "becho". Nin "a doenza". Nin, sobre todo, "longa enfermidade". Chámase cancro e é denomina un amplo catálogo de afeccións á saúde cuxa erradicación mediante a investigación científica e o sistema sanitario é reivindicado cada 4 de febreiro. Neste 2020, organizacións como a Asociación Española contra o Cancro (AECC) engaden aos seus labores de concienciación cidadá a loita das palabras. "A partir de agora, chámao cancro", convidan."Temos o obxectivo de loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú", subliña a AECC, cuxo último estudo advirte de que "as familias dos pacientes de cancro asumen o 45% do custo da enfermidade"Para o colectivo, chamar ao cancro polo seu nome é o xeito de que moitas persoas que o padecen "deixen de sentirse soas". "Temos o obxectivo de loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú", explican no lanzamento dunha campaña que, detallan, conta coas "armas máis poderosas, as realidades" das persoas "que loitan contra o cancro en todos os ámbitos posibles", dende o eido médico ao acompañamento das persoas enfermas.Na realidade do impacto do cancro nas persoas que o sofren céntrase tamén outra das accións da AECC por este Día Mundial contra o Cancro: a estimación dos custos económicos da enfermidade, dos tratamentos ao seguimentos e rehabilitacións, cando cómpren. Como alertaran colectivos de persoas enfermas dende hai anos, o estudo conclúe que o cancro é "o problema sociosanitario máis importante" actualmente no Estado, cun máis de 275.000 persoas diagnosticadas durante o pasado ano."O cancro custa 19.300 millóns de euros" nun ano no total estatal e "o tratamento é o máis custoso", resume o informe correspondente a 2019. Esa parte é a asumida maioritariamente polo sistema sanitario público, pero o propio estudo contén unha alerta: "as familias dos pacientes asumen o 45% do custo da enfermidade".Nova chamada de atención da activista Beatriz Figueroa"O cancro xera unha serie de necesidade que nin eran nin son cubertas, como clara e vergoñentamente evidencian os informes da AECC"Nestes custos tanxibles, que van dende gastos adicionais á imposibilidade de continuar a vida laboral durante os tratamentos e posteriores rehabilitacións, vén poñendo o foco nos últimos anos a viguesa Beatriz Figueroa, doente de cancro e activista a prol dos dereitos das persoas que o padecen. Neste sentido, Figueroa lembraba en vésperas deste 4 de febreiro que os datos fornecidos pola AECC son "demoledores"."Xa non son a tola da pancarta que tivo a ousadía e o atrevemento de denunciar por primeira vez as dificultades, alén do estritamente sanitario" que supón padecer cancro, ironiza Figueroa. "O cancro xera unha serie de necesidade que nin eran nin son cubertas, como clara e vergoñentamente evidencian os informes da AECC. Trátase de "vivir máis", pero tamén de "vivir mellor", resume.Neste sentido, a activista ve especialmente urxente a actualización da coñecida como Estratexia Nacional do Cancro, na que o Ministerio de Sanidade di estar a traballar. "Confiemos en que se cumpra", di nun comunicado, no que tamén se dirixe aos "responsables do Goberno acabado de estrear" para que "poñan a súa atención en que existe un problema sen resolver", toda vez que nas anteriores versións desa Estratexia, que despois corresponde aplicar ás autonomías, "non se contemplan medidas concretas e eficientes de protección económica, social e laboral despois de superar a enfermidade ou tendo en conta as secuelas de moitos enfermos".
NOS_4577
Solicitan que se garde un minuto de silencio polo asasinato de Jimmy, acusan o Consello de Administración de "falta de humanidade" e de "non defender á afección propia" para sumarse á corrente que saía de Madrid.
Crece a tensión entre o deportivismo. 51 claques do conxunto coruñés asinaron un manifesto que entregaron no club no que critican con dureza a actuación do Consello de Administración logo do asasinato do coruñés Jimmy perto do Vicente Calderón a mans do Frente Atlético. As peñas amosan a súa posición contraria a medidas como o peche da bancada de Maratón Inferior ou a venda de entradas a un euro "contra a violencia", que consideran supuxeron un insulto á afección local e pensadas "para agradar a Madrid". 'Unión, compromiso e xustiza para o deportivismo' é o título do comunicado, no que piden que teña lugar un minuto de silencio en Riazor en lembranza de Jimmy e así mesmo esixen das autoridades "que se centren en deter os seus asasinos". Tamén consideran que o trato da directiva que preside Tino Fernández coa familia da vítima foi "inhumano". Despois de condenar a violencia, as claques amosan o seu apoio aos Riazor Blues e á Federación de Peñas No comunicado critícase o Consello de Administración por non defender a afección deportivista e sumarse á corrente acusatoria que sae de Madrid. Nese sentido, e despois de condenar a violencia, as claques amosan o seu apoio aos Riazor Blues e á Federación de Peñas, cuxa directiva demitiu en bloque após as acusacións que lle fixo o presidente. Tamén hai críticas para o corpo técnico e xogadores por non amosar solidariedade cos seareiros nin co asasinado. Asinantes Asinan o comunicado as claques Turuto, Chaflan, Cheka, Jaballi, Dino's, Djalminha, O Roxo, Teixeiro, Barcelona, Del barrio, Chusma Blanquiazul, Miau- Miau, Chamberí, Lambreta, Bicho Ribera, Lemavos XXI, Visantoña, Perla de Arousa, Yacky, Pontedeume, Corazón Blanquiazul, Juan Domínguez, A Gaiteira, Laure, Indepordentes, Manuel Pablo, O Padriño, Penique, La cuesta, Centenariazo, Pablo Insua, O Grove, Pirata de Escarabote, 15 de Mayo, Tertulia, Camping Mariñana, Gaiteira, Bodipo, O Previo, de Santiago, Vilalba, Torcida da Cabana, Os que faltaban, Deza, Zalozain, A Garota, Fernando Vázquez, A Tablilla, Monte Pindo, Centolos e Al sur de Riazor. Varias delas participaron dunha xuntanza coa directiva -sen o presidente- para intentar achegar posturas e na que se pediu que desde o Consello de Administración se rectifique publicamente o feito após o crime do Manzanares.
PRAZA_19572
Os datos publicados polo INE, correspondentes ao 4º trimestre de 2016, amosan unha redución do custo laboral por traballador que pasa dos 1.448,48 euros de 2015 aos actuais 1.438,94 euros, o dato máis baixo en case catro anos. Os prezos subiron novamente en febreiro, ata acadar un ascenso interanual do 3,3%.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este xoves a Enquisa Trimestral de Custo Laboral correspondente ao cuarto trimestre do ano 2016, que serve como un indicador da evoución xeral dos salarios. Os datos amosan un descenso no custo salarial ordinario en Galicia, que pasa dos 1.448,48 euros mensuais por traballador do cuarto trimestre de 2015 aos actuais 1.438,94 euros, o dato máis baixo en case catro anos, por debaixo mesmo do nivel acadado a finais de 2013 (1.439,59). O diferencial coa media estatal (1.636,2 euros) rolda os 200 euros e amplíase con respecto aos anos anteriores. Galicia é a terceira comunidade autónoma con salarios máis baixos, superando unicamente a Estremadura e Canarias, e por debaixo dos datos de Andalucía, Castela-A Mancha, Castela-León, Murcia ou a Comunidade Valenciana. Analizando os datos por sectores, obsérvase como mentres que na industria os salarios manteñen unha leve tendencia á alza (1.654 euros de media, fronte aos 1.614 de hai tres anos), na construción e sobre todo nos servizos, os soldos levan anos en descendo. O custo salarial por traballador na construción en Galicia sitúase nos 1.429 euros ao mes, fronte aos 1.442 de 2013. No sector servizos (no que traballan 3 de cada 4 persoas en Galicia) o salario medio descende ata os 1.387 euros, fronte aos 1.394 de hai tres anos. E por debaixo mesmo dos datos de 2010 e 2011. Esta evolución negativa dos salarios coincide no tempo cun forte incremento dos prezos. En febreiro o IPC elevouse en Galicia ata un novo máximo do 3,3% interanual, a maior suba nos últimos cinco anos, impulsados polo incremento no custe da enerxía e o transporte.
NOS_28839
Balaídos e Anxo Carro serán este sábado escenarios a seguir para comprobar a disposición do público para encher os estadios. No deportivo, o Celta buscará aproveitarse da actual situación do Barça e o Lugo de deixar atrás a parte baixa da clasificación diante unha Ponferradina que quere continuar ollando cara arriba.
"Máximo respecto ao Celta", afirmaba o adestrador interino do FC Barcelona, Sergi Barjuan na rolda de prensa desta sexta feira na que, a preguntas dos medios de comunicación, valoraba o partido que ambos equipos xogarán hoxe en Vigo (16.15 horas, Balaídos). A formación celeste buscará un bo resultado diante un Barça con até oito baixas e coa particularidade de non ter aínda na bancada o seu adestrador definitivo. Esta semana tamén falou o líder do equipo galego, Iago Aspas, que aseguraba "desconfiar" dos problemas que poidan ter os cataláns. "Sempre ten un gran persoal. É certo que se lles foi o mellor ou un dos mellores do mundo. Mais tiveron e teñen grandes xogadores. Hai que saber a situación na que están, o que lles rodea", afirmaba. O dianteiro, suplente en Vallecas, fixo autocrítica. "Non atopei todo o fútbol que levo dentro, pero con tranquilidade e dando normalidade á situación. O fútbol son refachos. Levo tres goles, non carburamos nin eu nin o equipo tampouco. É certo que no comezo sempre me custa un pouco máis. Teño 34 anos e non só teño que achegar goles, teño que atopar o meu oco". Derbi dos Ancares sen restricións en Lugo O CD Lugo recibirá o sábado (16 horas, Anxo Carro) á Ponferradina nun dos encontros máis agardados pola competitividade entre ambos equipos e a gran presenza de afección do Bierzo. Unha vez rematadas as restricións, volve o denominado "derbi dos Ancares" con público, o anterior fora en setembro de 2018 e conseguira reunir, daquela, algo máis de 3.700 persoas. O club galego comunicou que enviou á Ponferradina 785 localidades que se situarán en xeral 1 e Preferencia Visitante. O equipo branquivermello vén de perder en Anduva diante do CD Mirandés nun encontro xogado entre semana que denotou as deficiencias que teñen os de Rubén Albés para manter o ritmo de xogo nos 90 minutos. A Ponferradina, polo seu lado, atópase no quinto posto da clasificación e ollando cara arriba mentres que o Lugo buscará non complicarse esta primeira parte da liga na que está decimo quinto empatado a puntos co Zaragoza e o Burgos. Loita nos primeiros postos da Liga RFEF A Primeira RFRF comezou no serán esta sexta feira co partido entre Unionistas CF e Celta B (sen rematar ao feche desta edición) e seguirá cos encontros entre Racing de Ferrol e SD Logroñés (19 horas, sábado) e UD Logroñés-Deportivo (17 horas, domingo). Os da Coruña tentarán manter o liderado diante dun rival directo e no seu propio campo. "Será un partido bonito, de bo ambiente. Nós imos tentar conseguir os tres puntos como en cada partido", afirmaba en rolda de prensa o deportivista Carlos Doncel. Con sete equipos agora en tres puntos neste grupo, considera "moi difícil que a pelexa se manteña entre estes sete, oito equipos. Agora si está moi igualado, pero dentro de sete, oito, nove xornadas falaremos doutras cousas". A pouca distancia deste grupo está o Racing de Ferrol que tentará enlazar hoxe na Malata dúas vitorias por primeira vez no que vai de tempada.
NOS_55772
Exixe á Xunta que paralice as probas de 3º de Primaria ou "do contrario" manterán a campaña entre as familias.
A Plataforma galega en defensa do ensino público asegurou que nesta segunda xornada de reválida en 6º de Primaria está a manexar unhas cifras de absentismo maiores nalgúns centros ás rexistradas na cuarta feira (11 de maio). A Plataforma di que todos os centros de ensino públicos están atinxidos por ausencias "Con estes dados o alumnado que non fixo a reválida de 6º no ensino público supera o 80% véndose todos os centros afectados", sinala nun comunicado de imprensa no que exixe á Xunta de Galiza que paralice as probas correspondentes a 3º de Primaria e que terán lugar os días 24 e 25 de maio. "Do contrario, máis unha vez, estariamos ante un novo acto de desprezo ao ensino público ao profesorado ao alumnado e as familias" polo que a plataforma "continuará facendo un chamamento ás familias para que o alumnado non faga as probas de 3º e desacreditar definitivamente a LOMCE e as reválidas". Neste senso, lembran que "ademais de despilfarrar diñeiro público e recargar ao profesorado e aos centros de traballo estéril" con estas probas, "estase sometendo ao alumnado a unha presión totalmente innecesaria".
NOS_24982
Ana Pontón carga contra a "doutrina do amiguismo" do PP, que reparte os fondos "de maneira partidista" e prima os concellos "nos que votan ben".
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo na mañá deste sábado, en Compostela, un encontro con alcaldes nacionalistas de toda a Galiza. Após a xuntanza, Pontón urxiu elaborar unha lei galega que regule, con criterios "transparentes", tanto o reparto anual de fondos da Xunta aos concellos como a participación das entidades locais nos ingresos propios da Administración. "Trátase, en definitiva, de termos unha Xunta que trate por igual todos os veciños e veciñas do país, con independencia de en que municipio vivan e de se votan ben ou mal", ironizou a líder do Bloque. Aliás, Pontón instou o Executivo de Alberto Núñez Feixoo a crear un "Plan Concellos" que recolla todas as axudas e subvencións destinadas aos concellos, así como unha ferramenta que permita unha "visualización anual e da serie histórica" das transferencias realizadas. "Cada concello galego recibe 50 euros menos por habitante que a media do Estado", lembrou a portavoz do BNG, quen tamén denunciou que esta "discriminación" é "especialmente sensíbel" para as sete cidades: "252 euros por habitante fronte aos 499 de media das grandes cidades do Estado que superan os 500.000 habitantes", dixo. O modelo das deputacións Neste contexto, Ana Pontón reivindicou a xestión das tres deputacións onde o Bloque comparte goberno co PSdeG —A Coruña, Lugo e Pontevedra—, xa que "operan con transparencia e igualdade no reparto de fondos municipais". A líder frontista contrapuxo esta situación coa da Deputación de Ourense, en mans do PP, xa que "reparte esas contías a dedo e con finalidade partidista", como exemplo do "caciquismo máis vello e rancio". Así, tamén criticou que a Xunta utilice tamén as transferencias locais "de maneira partidista" e "sen a igualdade e transparencia que require unha Administración que queira denominarse plenamente democrática". "A Xunta pretende repetir un ano máis a doutrina do amiguismo no reparto dos fondos públicos", alertou, ao tempo que censurou que "aqueles concellos onde votan ben van ter máis recursos, e aqueles onde non votan ben terán menos".
NOS_20157
O avogado que representa a familia do ditador vén de denunciar que lles impediron o paso para levar os bens tal e como lle permitira o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña. "Imos denunciar esta circunstancia perante o xulgado", afirma Luís Felipe Utrera-Molina. A situación dáse a coñecer na xornada que tanto a Xunta como a Avogacía do Estado, ao igual que o Concello de Sada fixeron os seus movementos para impedir o "espolio".
O letrado que representa a familia do ditador Francisco Franco no proceso legal polo pazo de Meirás e os bens que hai no seu interior, Luís Felipe Utrera-Molina, vén de comunicar que unha empresa de mudanzas intentou acceder esta quinta feira ao complexo sen éxito malia contar cunha sentenza favorábel do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña. Os Franco tiñan intención de comezar a analizar os obxectos a retirar da propiedade, agora en mans do Estado, pero o vixiante de seguridade denegou a entrada por carecer de "autorización para poder entrar". En consecuencia, o letrado asegurou que vai "denunciar esta circunstancia perante o xulgado", xa que o auto revogou o depósito temporal dos bens -incluídos os BIC do Mestre Mateo e a biblioteca da intelectual Emilia Pardo Bazán- en favor da Avogacía do Estado e deu un prazo dun mes para levar da edificación o que consideraran. Desde o punto de vista do representante legal da familia, os recursos presentados polo Estado, a Xunta, os concellos de Sada e A Coruña e a Deputación coruñesa polo prazo para a retirada de bens "non suspenden" a resolución xudicial, polo que os Franco poderían recoller todo e, en caso de que fora preciso, devolvelo nun futuro. Baixo esta premisa, Utrera-Molina pediu á Audiencia Provincial coruñesa que faga un novo requirimento ao Estado para que deixe entrar no complexo a aquelas persoas que teñan a autorización das e dos denunciantes. "Baixo apercibimento de incorrer en desobediencia", engadiu sobre o posíbel delito no que, na súa opinión profesional, podería incorrer a Administración do Estado español. Aliás, o letrado puntualizou que a idea -a priori- non era cargar hoxe as cousas senón "ver que teñen que levar, calcular os metros cúbicos e os vehículos". De onde si semella que xa foron retirando mobiliario é da Casa Cornide da Coruña malia que hai un proceso aberto reclamando, tamén, a devolución ao pobo. Como xa anunciara, se demandou á Xuntya autorización para levar as estatuas do Mestre Mateo e os volumes da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, pois se precisa ese visto e prace ao estar catalogados como Bens de Interese Cultural (BIC).Esta situación dáse xusto na xornada na que as distintas Administracións con intereses na propiedade -Xunta, Estado, Concello de Sada...- comunicaron as súas estratexias para intentar adiar a saída dos elementos, moitos deles considerados patrimonio nacional e integrados nun inventario, para tratar de vinculalos de forma inseparábel a Meirás.
QUEPASA_1067
ÚLTIMA HORA: A Xunta vén de suspender o procedemento de contrataciónn da concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (Lotes XG-800 a XG-891), aceptando a solicitude das empresas Autos Carballo SLU e Hedegasa S.L.
A chamada "revolución do transporte" xa está aquí. E por trámite de urxencia, pois o Consello da Xunta vén de sacar o concurso as 29 concesións de Transporte Integrado que tiña pendentes nos últimos meses, que unen o transporte escolar e o colectivo. Varias desas concesións afectan directamente á nosa comarca, provocando unha verdadeira marexada nas pequenas e medianas empresas de transporte de viaxeiros da Costa da Morte, que a día de hoxe non teñen nada claro se están en disposición de presentarse.Se ben conseguiron a comezos de ano gañar algún concurso da comarca bergantiñá formando unha UTE, os novos pliegos non son nada favorecedores aos pequenos negocios e parece que serán as grandes empresas as máis beneficiadas. Ademais das xa implantadas Arriva e Monbús, tamén aparecen en escena Alsa (que ademais dos interrexionais xa conseguíu o transporte urbano de Ferrol), Avanza ou ata Subús, que poden presentarse con todas as súas subempresas. Empresas internacionais que conseguen ofrecer mellores condicións ás administracións e apurar máis os costes. Se 6 de maio é o último día para presentar ofertas, a resolución, se non hai máis denuncias como a que presentou a Federación de Transporte de Galicia ante o TSXG (que non provocou cambios significativos nos pliegos) poderá saberse no verán. Nese momento poderase analizar o futuro das case 20 empresas da comarca, dos seus case medio millar de empregos directos, e de toda a economía que hai arredor dos seus case 200 autobuses (talleres, gasóleos…). Carta a Feijoo: "Que urxencia había?" Unha das cousas que máis se critica desta licitación é ter sacado os pliegos en pleno estado de alarma por trámite "urxencia". Así o valora o consultor Juanjo Ruiz, que vén enviarlle unha carta ao presidente da Xunta criticando a apertura destas licitacións. O barcelonés de nacemento pero costeiro de adopción, é bo coñecedor do sector do transporte, e mesmo foi asesor de Valeriano Martínez cando o propio Feijoo foi conselleiro de Política Territorial e o Director Xeral de Transportes ata o ano 2005. "A Xunta está quitando concursos tecnicamente mal feitos e economicamente mal valorados, por trámite de urxencia cando non hai ningunha urxencia", denuncia Ruíz. Número de viaxeiros "É inxusto que a redacción dos plegos leven á ruina aos licitadores que gañen os concursos en condicións económicas insostibles para os pequenos empresarios, que non teñen a capacidade financieira para aguantar o tirón á espera de que a Xunta lles compense posteriormente, o cal é imposible por ilegal, xa que modificaría substancialmente as condicións do contrato e forzaría á Xunta a unha actuación ilegal. A única saída que tería a Xunta sería quitar de novo as licitacións a concurso e, daquela, xa só estarían os grandes grupos, que teñen capacidade financiera suficiente, como pasou cós desafortunados plegos das ambulancias. O resultado sería a desaparición das pequenas e medianas empresas galegas pola vía dos feitos", explica Ruíz. Outro dos puntos que critica Ruíz é a que a valoración económica realízase en función dunha estimación de viaxeiros que se basea nos mesmos valores que na época 2010-2020, "cando todo o mundo é consciente de que a baixada de mobilidade vai ser brutal, pola caída grave de actividade tanto laboral como de ocio. Durante a crise de 2008, tardou 7 anos en recuperar os datos de consumo privado, pero a curva de recuperación do transporte colectivo é moito máis lenta, aínda en 2018 non se recuperara", explica. A todo isto, mentres non cambie a lei, un autobús de 55 prazas só pode levar 18 persoas, unha realidade que non se ten en conta no proceso. A trampa da integración Esta valoración económica á alza vese ademais multiplicada pola letra pequena da integración do transporte escolar e colectivo. Unha proposta que supón un importante aforro para a Xunta (valorado por Ruiz en ata 40 millóns), pero que provoca un maremoto nas empresas pequenas. Antes, a Xunta pagaba o custe completo de cada autobús escolar, fose o que fose o seu uso. Agora, con estes novos pliegos, as concesións baixan aproximadamente un 50%, pois a Xunta vai deixar de pagar integramente a amortización e os custes de persoal no autocar que fai ese servizo, a pagar só ás 4 horas de servizo realizado. O resto da xornada laboral, a empresa terá que buscarse a vida facendo transporte discrecional (clubs deportivos, excursións…), ademais de cubrir a liña de transporte regular asociada á liña escolar. "Que clase de excursión vai facer un empresario de Laxe, nas horas libres que lle quedan a un autobús entre deixar e recoller ao alumnado? Tería que ir a Santiago ou Coruña para buscar traballo, pero iso é absolutamente imposible de aplicar", denuncia Ruíz. Unha integración avalada polas ANPAS, a pesar de que supón ungran recorte para os escolares, que non poderán facer uso dos autobuses habituais para excursións, por exemplo, e terán que contratar novos autocares, provocando un gasto moito maior para as familias. É dicir, ata agora unha excursión do cole a un museo ou a unha praia, podía custar 2-3€ a cada familia, porque o centro podía usar o autobús que fai a súa liña escolar. Agora, ese bus ten que estar cubrindo unha liña de transporte "colectivo", polo que o centro terá que contratar outro autocar, un gasto que con probabilidade acabará repercutindo nas familias, que pasarán a pagar 10€, por exemplo por cada excursión. "Quen perden son os nenos", recoñecen dende o sector, que se ben entenden que había que reestruturar o servizo de transporte colectivo de Galicia, non era necesario destrozar algo que estaba funcionando, como é o transporte educativo, que non tivo unha soa queixa en décadas. Unha realidade que tamén hai que poñer en contexto, tendo en conta que Galicia é a comunidade que máis gasta en transporte escolar, en termos absolutos e relativos. Que provoca: "Oligopolio" Para Ruíz, a gran consecuencia destas licitacións é o "oligopolio dos grandes". "O resultado final vai ser o das ambulancias, despois do o concurso de hai 5-6 anos. A Xunta sacou concursos a prezos baixos, as empresas grandes baixaron aínda máis os prezos para conseguir os concursos, e pasados dous anos, deixaron os concursos, provocaron unha folga completa, e obrigaron á Xunta a sacar un novo concurso, xa sen competencia local, pois as empresas pequenas caeran polo camiño, e con moitos mellores prezos", explica. O favorecemento do oligopolio pode ser, para Ruíz, "unha das tres posibles interpretacións da actitude irresponsabél da Administración galega. A segunda pode deberse á "unha simple vinganza da Conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, contra os pequenos transportistas de Lugo e Ourense, que hai 4 anos lle fixeron un plante, abandonando as concesión. E a última sería que, obxectiva e deliberadamente, a Xunta considere que o mellor para Galicia é ter 4 operadores e non 150. A miña interpretación é que esta tolería responde a soberbia e ignorancia da Conselleira", denuncia con rotundidade. Carta de Juanjo Ruíz a Feijoo Antes de nada me voy a presentar para que no tenga que bajar hasta el final de este escrito para identificarme. Mi nombre es Juanjo Ruiz y tuve la suerte de asesorar a Valeriano Martínez cuando usted fue conselleiro de Política Territorial y él Director Xeral de Transportes hasta el año 2005. Fui el coordinador de las tres ingenierías que elaboraron el Plan de Transporte Metropolitano que usted implantó y posteriormente desarrollé el software que gestionaba los datos de la oferta y las colectas de dicho Plan. En la actualidad estoy asesorando a varias empresas en la segunda fase de licitación de las nuevas concesiones, como ya hice en la primera. Me dirijo a usted para trasladarle no ya mi sorpresa, sino mi indignación por la noticia que he recibido esta misma mañana de que la Consellería de Infraestruturas y Mobilidade ha vuelto a sacar y de nuevo por el trámite de urgencia la licitación de las 29 concesiones de esta segunda fase. No me voy a extender demasiado porque sé que sus responsabilidades, y más en este mo- mento, le tienen muy ocupado, por lo que no haré hincapié en los gravísimos errores técnicos de los pliegos en ambas fases que, si lo desea, le puedo trasladar en otro momento, sino para centrarme únicamente en algo que es tan obvio que la conselleira y su equipo no lo ha contemplado, pero antes he de hacer una breve introducción. Con vistas -loables- a reducir el coste de las obligaciones de servicio público y del transporte escolar, desde el equipo de la CIM y sus consultores se planteó la minoración de dichas parti- das en un supuesto erróneo, y que no era ni es otro que partir de la suposición de que la mengua en las partidas de amortización de los vehículos y del pago del personal contempladas en los pliegos se podía compensar con la realización de servicios discrecionales. Y digo que es erróneo porque he realizado los cálculos y la terca realidad demuestra que es imposible que dicha compensación se pueda llevar a cabo. Si lo desea, también puedo poner a su disposición los análisis que he realizado al respecto. Otro de los pilares que sustenta los ingresos recogidos en los pliegos es el número de viajeros y recaudación de dicha demanda y su proyección en los próximos 10 años. Dicha proyección no se justificaba de ninguna manera en los pliegos, pero esta ausencia de justificación se repite en otras partidas, por lo que tampoco me referiré a ello en este escrito. Ahora, en las circunstancias sanitarias que ha provocado la pandemia que sufrimos y las desastrosas consecuencias económicas en cuanto al empleo que predicen las autoridades económicas y estudiosos del gremio, el primero de los asertos citados sobre los que se sustenta la base económica de los pliegos -la compensación de la mengua de las partidas de amortización y de personal a través de los servicios discrecionales- no es imposible, sino una pesadilla en términos lógicos. Más grave aún es que los pliegos que se acaban de publicar mantienen los datos de la de- manda de viajeros regulares y su proyección los próximos 10 años, lo cual es un disparate y una osadía sin precedentes. Señor Presidente, creo recordar que usted no es economista pero no le costará comprender que a menor empleo, menor necesidad de movilidad recurrente por motivos de trabajo y que a menos ingresos familiares, menor demanda de desplazamientos por motivos de ocio y no hay ningún motivo para suponer que esta "verdad" vaya a cambiar en las actuales circunstancias. No le voy a negar que personalmente me interesa desde el punto de vista retributivo que se resuelvan los pliegos lo más pronto posible, ya que de esa forma podré cobrar a mis clientes. Tengo 62 años y trabajo por mi cuenta, por lo que cobrar no me va nada mal, pero no se trata de mi interés, ni el suyo, ni el de la conselleira ni el de mis clientes: Se trata del bien común. Al margen de consideraciones legales -que las hay- en cuanto a la posibilidad/idoneidad de sacar a licitación estas 29 concesiones en estas circunstancias tan anómalas, creo que hay que echarle un poco de "sentidiño común" al asunto e impedir que en dos o tres años a lo más tardar tengamos que gastar más dinero público, dinero de todos, para compensar a los licitadores que hayan salido victoriosos de este concurso o volver a sacar a licitación estas concesiones por el abandono de las concesiones por los ganadores para no quebrar. Y no nos olvidemos de las 100 concesiones que ya se han adjudicado y que se ven sujetas por una causa de fuerza mayor por una circunstancia sobrevenida a unas pérdidas en la demanda absolutamente inasumibles. Empecinarse en el error cometido no nos lleva a nada bueno. Ni su Gobierno ni usted mismo y, sobre todo, los gallegos, nos merecemos entrar en otro proceso de alegaciones y recursos, por lo que le ruego que si contrasta aunque sea solamente estos dos ítems a los que me he referido en este escrito, que obligue a la conselleira a paralizar estas contrataciones porque la solución a este desafuero es sencilla; esperemos a ver cómo responde la situación económica, recabemos datos de la demanda y, mientras tanto, mantengamos las concesiones como están. Es, a mi entender, lo más barato, lo más justo y lo más prudente. Gracias por su atención.
NOS_28524
No que atinxe ás entidades locais, Compostela é a cidade galega que máis demora os pagos, até dous meses.
O período medio de pago a provedores (PMP) da Xunta da Galiza ficou ao remate do pasado febreiro en 23,63 días, por riba da media estatal, de 22,86 días, segundo os datos que publica esta sexta feira o Ministerio de Facenda. A cifra galega supón un incremento respecto a os 23,02 días de media que se pagaba no mes de xaneiro. Porén, a media do Estado español vai á baixa. A pesar de que a Xunta era hai uns meses unha das administracións que máis axiña pagaba os seus provedores, agora cae até o décimo posto nesta estatística. O período medio de pago global dos gobernos territoriais reduciuse no mes de febreiro en 2,47 días, até chegar aos 22,86 días, co que encadea xa 15 meses consecutivos con prazos de pago por baixo dos 30 días, que é o prazo máximo estabelecido pola normativa. Con todo, Aragón (36,51 días), Asturias (33,02 días) e Catalunya (32,39 días) superan ese limiar dos 30 días. Tras eles, aínda que por baixo xa dese prazo, sitúanse Navarra (25,88 días), A Rioxa (25,74 días), Euskadi (25,12 días), Castela e León (24,19 días), Galiza (23,63 días), Madrid (19,65 días), Andalucía (18,10 días), Castela-A Mancha (15,58 días), Canarias (15,02 días), País Valencià (14,29 días) e Estremadura (10,42 días). No extremo oposto está Murcia (4,78 días). Pola súa parte, o PMP da Administración estatal descendeu en febreiro e fica en 24,97 días, o que supón unha diminución de 5,42 días a respecto de xaneiro. Entidades locais As entidades locais teñen un prazo de pagamento a provedores de 78,2 días en febreiro de 2022. Na Galiza, Compostela é a cidade coa maior demora (61,25 días), seguida de Ourense (56,02), Pontevedra (31,6), A Coruña (21,92), Lugo (16,29) e Vigo (9,93). Facenda non ofrece os datos de Ferrol, cuxo último PMP foi de 20,92 días.
NOS_16954
O ciclo De lugares e órganos: músicas e outras paisaxes de Compostela volta á capital da Galiza na súa quinta edición despois de ser adiado pola emerxencia da Covid-19. Constitúe este o reencontro dunha cidade co seu histórico motor musical, o órgano, e tamén a escaseza de recursos e persoal arredor dun artefacto histórico, patrimonio da Galiza que chega mesmo ao Brasil. Son poucas as persoas hoxe dedicadas ao oficio e interpretación deste instrumento tan particular como esencial na historia musical do país.
Belén Bermejo responde á chamada telefónica para esta reportaxe cunha leve e agradábel música jazz de fondo, da que baixa o volume nada máis falar. Esa mesma tarde terá, xunto con Andrés Díaz, un pequeno concerto no parque de Castrelos, en Vigo. Bermejo decidiu deixar o seu posto como profesora de Introdución ao Dereito Español na universidade do land de Innsbruck, en Austria, para centrarse na música e na organización de eventos que, como o que se iniciou a pasada cuarta feira 20 de agosto, enchen Compostela cada ano de entusiastas dunha música que baila da man da arquitectura e que, en certo modo, fala na linguaxe da pedra e da historia coa escusa da sonoridade. Unha experiencia na súa estadía austríaca provocou nesta xurista e música a curiosidade de coñecer cal era o "descoidado" estado deste instrumento no noso país: "Coñecín en Austria unha persoa que é construtor de órganos, foi o inspirador do proxecto de catalogación. Provocou que me preguntase a min mesma como estaría a situación na Galiza". Son numerosos os casos de malas restauracións de órganos na Península, perpetrados por individuos que, a cambio dunha pequena cantidade de diñeiro, poden acabar por deixar completamente inservíbel un instrumento de incalculábel valo Esta persoa, Herbert Kuen, foi o disparo emocional de saída dunha catalogación que, entre 2007 e 2010, tivo a ambición de percorrer o país numerando, describindo e documentando audiovisualmente os órganos de todas as súas dioceses ao abeiro da Dirección Xeral de Patrimonio, "un proxecto que, lamentabelmente, quedou incompleto tras a crise de 2008 e o cambio de Goberno na Xunta", afirma Bermejo. "Deixou de ter financiación, non inmediatamente porque estaba en vigor o período de contratación, pero púxoselle punto e final en 2010. Nesa primeira etapa de catalogación deunos tempo a cubrir tres das cinco dioceses galegas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Ourense-Astorga. Mais quedou fóra a de Santiago e a de Vigo-Tui. Por máis que o intentamos con diferentes institucións e gobernos, non só a Xunta, senón tamén concellos e deputacións, non houbo maneira de sacalo adiante", sostén. "Necesitabamos dispor de varios equipos pola xeografía galega. Pola nosa conta seguimos a título individual, Andrés Díaz e eu. Este catálogo constaba dun método desenvolvido por nós, non só a catalogación, tamén a difusión. É importante coñecer a principal praga que afecta aos órganos: o descoñecemento. Tiraban con eles ou algúns organeiros desaprehensivos ou amadores mesmo roubaban pezas", explica a xestora. "Presentamos a idea na Dirección Xeral de Patrimonio xa que non tiñan controlado cantos órganos había e onde se sitúan. Seguiremos insistindo para continuar co proxecto e rematar de catalogar. Propuxémolo de todas as maneiras posíbeis", corrobora Díaz, membro do equipo de Bermejo nesta aventura contra a desmemoria na catalogación dun patrimonio até entón descoñecido, mesmo nas propias dioceses. Unha historia, a dos órganos, organistas e organeiros da que "non se sabía practicamente nada" até a configuración deste catálogo, destaca Díaz. Este profesor de música e intérprete pon, ao igual que Bermejo, un especial acento sobre o descoñecemento e a falta de especialistas do órgano instrumental nun país que ten no seu haber preto dun centenar destes instrumentos integrados na arquitectura dos templos. A Galiza, epicentro organístico Son estruturas na marabilla da fusión mecánico-musical que viviron a súa época de esplendor nos séculos previos ao XIX, nun Antigo Réxime onde a liturxia era inexplicábel sen o acompañamento musical e no que a Igrexa posuía máis cartos e poder: "No século XVI os dous organeiros máis activos estaban en Vigo: Pedro Vélez e Pedro Martínez de Montenegro. Traballan por toda a Galiza, pero especialmente en Santiago de Compostela, lugar da catedral e mosteiros potentes", detalla. Ao redor do órgano orbitaba, pois, un grande investimento artístico e monetario: "A catedral de Santiago contaba no século XVIII con 30 músicos profesionais, ademais dos cregos e capeláns, que tamén cantaban. Tratábanse de orquestras con mestres de capela, organistas, instrumentistas de violín, fagot, trompa, contrabaixo… Mesmo con cantantes vidos de Italia", recalca Díaz. O músico sinala o século XVIII, da Revolución das Luces, que apagará na Galiza anos despois, como cumio desta arte de creación e interpretación. Esta maneira de vida deu como resultado a chegada desde diversos puntos da Península de organeiros –facedores deste instrumento– que afincaron aquí, predominantemente en Compostela e Vigo. Algúns, detalla Díaz, deixaron unha saga familiar que continuou os seus pasos anos despois: "Hai dúas grandes familias. Unha é a de Alberto de la Peña e o frade Felipe de la Peña, este último franciscano en Compostela. O primeiro construíu, entre outros, os órganos de Vilanova de Lourenzá e o de San Paio de Antealtares. O segundo deseñou o pequeno e xeitoso órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados, en Abades, Silleda". Neste párase Díaz, xa que, segundo comenta, trátase dun dos seus preferidos: "Está relativamente ben conservado, só lle faltan tres tubos dos 500. Para min ten máis valor que o de Santiago, pois falamos dun órgano construído hai 200 anos, unha testemuña viva do tempo, xamais electrificado". Este conserva os mecanismos de foles e panca, sinala o experto. "Logo temos outra gran familia, a dos organistas da catedral de Santiago, que viñeron de fóra para construír e quedaron aquí, os seus descendentes traballaron logo como organeiros. O primeiro foi Eugenio González e os seus fillos Manuel González Maldonado e Melchor, o último foi José Benito González, que morreu en 1827", conta Díaz. Outra figura moi relevante sería a do frade Simón de Fontanes, un destacado organeiro natural de Xeve, pero que será franciscano en Compostela. El fixo os órganos da catedral de Braga, que son dous instrumentos importantísimos do ámbito. Así, Fontanes expande esa arte ao norte de Portugal, xunto cos seus familiares e discípulos. A pericia destes organeiros e a súa descendencia na Galiza terá sona, indica o investigador, non só en Portugal. A artesanía do órgano galego irá tamén, co paso dos anos, alén dos mares, con profesionais como Simón Fernández Coutinho (Coutiño), que cando asenta en Porto "fará un órgano que está na vila de Tiradentes, no Brasil, na parroquia de São José de Rei", conta Díaz. O declive A crise herdada da guerra contra os franceses e as sucesivas desamortizacións liberais no século XIX "privan as catedrais e as colexiatas de gran parte dos ingresos. Un dos primeiros lugares onde recortar foron os órganos", explica Díaz. Da situación actual destes grandes instrumentos repartidos en mosteiros e igrexas, sobre todo das da diocese á que pertence, coñece Óscar Valado, director do Secretariado de Música Sacra da Diocese de Santiago e responsábel do departamento de Música da Conferencia Episcopal Española. No momento da chamada o sacerdote de paixón musical contaxiosa estaba, uns intres antes, subido no teito dunha igrexa da que están a reparar o tellado. Explica que, ao revés doutras estruturas dos templos, como o propio tellado ou os retablos, os órganos foron postos detrás de moitas outras prioridades: "Hai que pór en valor isto. Concienciar a xente, os concellos, da importancia que teñen os órganos como patrimonio. A ninguén se lle ocorrería, por exemplo, abandonar un retablo barroco precioso e deixalo para a couza. Un órgano non é soamente un retablo espectacular, senón un instrumento agochado detrás. Ás veces, mesmo os cregos están pouco sensibilizados neste patrimonio". "O órgano é unha obra de arte, é o retablo mAis o instrumento, o que ten precisamente de especial é que é algo que soa. O proceso de voltar a pór a soar un órgano histórico require dunha man de obra moi especializada" sinala Andrés Díaz O sacerdote alude principalmente á falta de formación nos oficios de organeiro e organista, acompañada dunha ausencia xeral de recursos que imposibilita moitas veces a posta ao día e o seu uso: "O factor económico é o máis relevante. As intervencións neles poden ser millonarias. Logo, se non hai cartos para prazas de órgano superior na Galiza non teremos xente que o estude. Con dous conservatorios como os da Coruña e Vigo, onde ningún ten a especialidade. Se un galego quere estudar órgano ten que marchar". Un estilo e maneira de vida, a do organeiro, afastado desa certa estabilidade do pasado que complica aínda máis atopar o persoal humano requirido para voltar a encher de música estes centenarios artefactos, xa que, explica Valado, "un pode ser concertista de órgano, mais hoxe é practicamente imposíbel vivir diso, tes que compatibilizalo coa ensinanza". No momento en que emerxe a música, explica, "hai un ar especial, os concertos teñen unha fusión espiritual, máis alá de que un sexa católico ou non. Ten algo transcendental, rara vez se ve á persoa que toca o órgano, a música envólvete e a iluminación é escasa. Non ollas os músicos, ollas as imaxes que tes diante. Se se trata dunha igrexa de grandes dimensións é incríbel, se o órgano é un órgano grande… en canto o organista acciona todos os rexistros e comeza a tocar en tutti, teslle que berrar a alguén ao carón para facerte escoitar. É algo espectacular", asegura Valado. Restauración, parte da arte "O órgano é unha obra de arte, é o retablo mais o instrumento, o que ten precisamente de especial é que é algo que soa. O proceso de voltar a pór a soar un órgano histórico require dunha man de obra moi especializada. Podemos contar na Península coa man das persoas expertas neste traballo, que é laborioso e complexo", recalca Díaz. El, Bermejo e Valado participaron o ano pasado nun proxecto arredor dos órganos en San Martiño Pinario: "Son uns órganos do século XVIII situados nun emprazamento único, cunha sillaría asombrosa. Dous órganos xemelgos para facer música dialogada, que rematan ese espazo cunha bóveda policromada", apunta Valado, que aproveita para subliñar o valor do instrumento non só para o templo que o acolle, tamén para o país e a vida cultural da vila ou cidade onde soa, pois "cada ano custa 300.000 euros reparar o tellado dunha igrexa, por exemplo. Eu penso que reparar estes instrumentos non se pode cualificar como 'caro'. Son cartos, pero sería devolver a ese espazo a música que se tocou hai séculos, mais tamén á cidade, é un investimento musical". "En San Martiño Pinario fixemos un estudo dos órganos calculando o que suporía a súa restauración, que incluía a balaustrada onde están, as madeiras… Estabamos falando duns 800.000 euros. Temos un país que considera a cultura unicamente en forma de eventos. Unha restauración non a pode facer calquera, ten que seguir criterios científicos. Non podes converter un órgano barroco ibérico nun órgano do século XX. Hai que respectar a esencia dos instrumentos que só pode coñecer xente especializada", expón Bermejo. Valado subliña o valor do instrumento non só para o templo que o acolle, tamén para o país e a vida cultural da vila ou cidade onde soa, pois "cada ano custa 300.000 euros reparar o tellado dunha igrexa, por exemplo. Eu penso que reparar estes instrumentos non se pode cualificar como 'caro'. Precisamente, o organeiro que estivo presente neste proxecto e noutros pola xeografía galega é Óscar Laguna, con máis de 30 anos ás súas costas e rehabilitacións de órganos como os da catedral de México, o da de Sevilla ou o do Pazo Real de Madrid, fala para esta reportaxe a punto de dirixirse a Santiago para o ciclo de conferencias e concertos que organiza Bermejo. "Por que son organeiro? Non o puiden evitar, isto reúne todas as artes: a música, a tecnoloxía, o aspecto estético, a escultura, a policromía…", di Laguna en reivindicación da beleza do seu oficio, unha mestría que aínda non ten disciplina propia nos estudos de rehabilitación. "Non hai un caudal de formación regrado como existe na maior parte das disciplinas artísticas, se alguén se quere formar en restauración en pintura si o ten. No caso do órgano só tes formación traballando nun obradoiro. Como a ninguén se lle pode exixir unha titulación que non existe e somos un colectivo moi reducido, preocúpame que non haxa moita xente moza interesada polo oficio", confesa o restaurador, de 51 anos e, segundo el mesmo afirma, dos máis novos da Península no seu traballo.
NOS_9924
Serafín Parcero acaba de publicar con Xerais a súa primeira novela longa, As illas dos deuses. Un relato ao modo dos 'biopic' cinematográficos que conta entre os seus protagonistas a Castelao e a illa de Ons. Unha novela entre policial e histórica co famoso discurso 'Alba de Gloria' como punto de partida.
"Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi unha figura chave da cultura galega do século XX e segue a ser un referente político para o nacionalismo galego. Malia que algúns dos feitos e referencias a este personaxe son verídicos, os feitos relatados, así como o resto dos personaxes, son froito da imaxinación do autor", así reza o texto introdutorio da novela As illas dos deuses, de Serafín Parcero e que agora edita Xerais. Esta que é a primeira das novelas longas do autor nace dun modo un tanto "azaroso" e pola necesidade de "reflectir un suceso dramático nun ambiente fechado, claustrofóbico e pensei nunha illa", conta Parcero. "Topei documentación sobre a illa de Ons mais por unhas circunstancias e outras, e tamén pola actividade laboral, a obra non avanzaba e, tempo despois, confrontando as ilustracións de Castelao con algunhas imaxes da illa de Ons, viñeron a min as musas", relata o autor, que asegura como "desde entón as cousas foron rodando, e en menos dun ano rematei a novela". Unha obra que se presentou, baixo o título Insula deorum, ao Premio Torrente Ballester e que resultou seleccionada entre as 18, de entre un cento, que optaban ao galardón. Pero a pesar de que non gañou, Serafín explica que "considerando que a obra tiña interese, fixen unha autoedición". Un traballo duro e frustrante na medida en que é "moi laborioso e ten pouca repercusión". Até que, tamén por azar, "achegueime por Xerais, leveilles un exemplar e decidiron publicala", relata. O transcurso entre 'Alba de Gloria' e 'Alba de Loito' "Co discurso quixen marcar dous tempos, Alba de Gloria, que sería o arranque, e Alba de loito, que é o momento no que Castelao, un dos protagonistas principais da obra, perde a vida", puntualiza Parcero. O primeiro texto da novela é o mandato da Dirección Xeral da Prensa, do Goberno de España, sobre o modo no que se debía informar do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e a primeira parte da historia leva por título Alba de Gloria. "A acción da novela vai decorrendo entre saltos no tempo, entre dúas épocas bastante duras, unha é a do Castelao novo, cando se enfronta cos primeiros momentos de dúbida sobre a carreira de Medicina fronte á súa dedicación á arte e á política", explica Serafín Parcero. "Tomo como escusa esa frase de Castelao que non sabemos se foi certa, 'fíxenme mestre por amor a meus pais e deixei a Medicina por amor á humanidade'", relata. E no remate, a Alba de loito, "a decadencia, as eivas na vista que lle impiden traballar correctamente, ese momento no que tamén o seu prestixio entre o mundo da emigración e dos exiliados empeza a ir a menos, e no remate aparece o cancro que acaba coa súa vida". "Son dous momentos bastante importantes e moi significativos na vida de Castelao" reflexiona o autor d'As illas dos deuses. E con todo isto, ao falar de en que xénero ou subxénero literario se encadraría As illas dos deuses, Serafín Parcero non dubida, "son moi afeccionado ao cine e na miña obra hai referencias a esa linguaxe", sinala, "así que cando me preguntan polo subxénero da miña novela respondo que é como o que os americanos chaman biopic, unha historia dramatizada, que na linguaxe cinematográfica é algo moi frecuente". O protagonismo da illa de Ons e de Daniel Castelao O desencandeante d'As illas dos deuses foi, segundo conta o seu autor, a confluencia un tanto accidental entre a illa de Ons e Castelao. A primeira chegou da necesidade dun escenario de reclusión, mais precisaba unha illa poboada, "e Ons arredor dos anos 30 tiña uns 200 habitantes". Despois da illa, xurdiu Castelao, ao ollar os debuxos do artista como "Vento mareiro", que na memoria de Serafín Parcero evocaban Ons. E, con todo, a elección dos protagonistas "é casual", insiste. "No caso de Castelao sei que é un reto, e pola miña parte igual un atrevemento" explica o autor. "O lectorado máis purista pode criticalo", a ousadía de "pórme no pelexo dunha figura tan icónica; porque hai dúas figuras que son recoñecidas por todo o espectro político, cultural e sociolóxico da Galiza, que son Rosalía e Castelao", recalca. "Non son historiador nin un grande estudoso da obra de Castelao, son un admirador do seu labor, encántame o seu traballo gráfico e a súa pintura, aínda que estea algo desvalorizada, e tamén me gustan as súas crónicas de viaxe, menos coñecidas, publicadas no Boletín Nós baixo o título de Diario, onde fala das súas experiencias en Francia, Bélxica e en Alemaña", aclara Serafín Parcero sobre o protagonista da súa obra.
PRAZA_12838
O partido gobernante está empeñado en retornar ao pasado, cunha sociedade dividida entre privilexiados e súbditos, e cunha sanidade dualizada: a beneficencia para os pobres e os seguros privados para a casta dirixente. Hai colectivos profesionais que tentan frear esta "contrarreforma" sanitaria e xa plantexan o dereito á obxección de conciencia na aplicación efectiva deste decreto por consideralo inmoral, inxusto e mesmo perigoso en termos de saúde pública. Haberá que actuar con rapidez pois certas medidas, unha vez implantadas, teñen difícil retorno. Está en xogo a nosa saúde colectiva.
A sanidade pública comezou no Estado español como un seguro colectivo, avalado polas cotizacións dos traballadores. Este modelo cambiou no período da transición. Desde a Lei Xeral de Sanidade (1986) a saúde pasou a considerarse un dereito universal dos cidadáns. Foi unha importante conquista social pois estabelecía que a atención da saúde da poboación estaba "orientada á superación dos desequilibrios sociais e territoriais". Iniciouse un camiño para integrar a todos os colectivos non protexidos co obxectivo de universalizar a asistencia. O sistema nacional de saúde (SNS) é hoxe, 26 anos despois, o máis importante elemento de cohesión e xustiza social. As persoas teñen dereito á asistencia pola súa condición de cidadáns e non pola cotización previa. O sistema nacional de saúde (SNS) é hoxe, 26 anos despois, o máis importante elemento de cohesión e xustiza social. As persoas teñen dereito á asistencia pola súa condición de cidadáns e non pola cotización previa Mais nunha apresurada carreira cara o pasado o PP xa conseguiu levar a sanidade pública á altura da década dos setenta. O goberno de Rajoy vén de aprobar, apelando a unha suposta urxencia -sen trámite parlamentario previo e co apoio exclusivo do grupo popular-, o Real Decreto lei 16/2012, no que recupera a figura do "asegurado". As persoas accederán á asistencia sanitaria en función da súa cotización. Volveremos así á desigualdade de tempos pretéritos, de xeito que os servizos de saúde atenderán só os asegurados e os acollidos á beneficencia. A aplicación desta norma, tan inxusta e regresiva, deixará sen cobertura moitos cidadáns. O PP utiliza a demagoxia para xustificar este drástico cambio de modelo: sinala como motivos a utilización da sanidade por persoas procedentes de Europa que veñen facer "turismo sanitario", e a sobrecarga producida pola atención aos inmigrantes irregulares. En realidade, estes son fenómenos residuais que non representan unha sobrecarga significativa para os centros sanitarios. Esta argumentación, falsa, indigna e inxusta, non debe agochar a realidade: esta lei sitúa a moitas persoas na desprotección e deixa sen médico e sen medicinas a diversos grupos de cidadáns. Esta lei sitúa a moitas persoas na desprotección e deixa sen médico e sen medicinas a diversos grupos de cidadáns Nada pode xustificar que se impoña, con premeditación e alevosía, unha lei tan lesiva para a poboación, negando ante os medios de comunicación o que resulta evidente: suprimen a atención sanitaria a certas grupos sociais. Deixan sen cobertura aos inmigrantes en situación irregular, mais tamén dificultan o acceso aos servizos a outros colectivos: aos mozos maiores de 26 anos non cotizantes, aos divorciados sen ingresos etc. Segundo os últimos datos da EPA (Enquisa de Poboación Activa) en Galiza hai 82.800 fogares con todos os seus membros activos en paro, que tamén terán problemas; de prolongarse a situación terán que solicitar atención cono PSR (persoas sen recursos). E os mozos que superan os 26 anos xa non poden ser beneficiarios da tarxeta dos pais; por tanto, se non están cotizando á Seguridade Social quedarán no desamparo e deberán acudir ao sistema de baixos recursos. Se temos en conta que o 50 por cento da mocidade está no desemprego podemos imaxinar o panorama. Están a condenar a xuventude máis preparada da historia deste país a un futuro laboral escuro (desemprego, traballo precario), pero ademais, humillados e ofendidos, terán que solicitar atención sanitaria da beneficencia pública pola súa condición de parados e non cotizantes. Ese é o seu modo de facer patria, esa é a maneira que teñen os actuais gobernantes de fomentar a confianza no futuro colectivo. En Galiza hai 82.800 fogares con todos os seus membros activos en paro, que tamén terán problemas; de prolongarse a situación terán que solicitar atención cono PSR (persoas sen recursos). E os mozos que superan os 26 anos xa non poden ser beneficiarios da tarxeta dos pais Tampouco é casual que, donde había só unha categoría, agora se establezan tres niveis na carteira de servizos do SNS: básica, suplementaria e accesoria. Deste xeito abren a posibilidade de que, nun futuro, o sistema público non se faga cargo de todos os servizos e poderán deixar certas prestacións nas mans das aseguradoras privadas. Só lles falta, para acabar de completar o espazo do negocio, crear un sistema de desgravación fiscal dos seguros privados, reclamada con insistencia pola patronal sanitaria. Non van tardar moito en facelo. Mais as claves desta norma están no retorno á esixencia do aseguramento para recibir atención e na exclusión de certos colectivos da cobertura sanitaria Nesta lei tamén se introduce o copagamento dos fármacos polos pensionistas (sinalados polo PP como salteadores de farmacias que acumulan toneladas de medicinas nas súas casas), limítase o copagamento da ortopedia ambulatoria e do transporte sanitario non urxente (utilizado, entre outros colectivos, polas persoas con insuficiencia renal para acudir á diálise tres veces por semana), exclúense fármacos do financiamento público etc. Todas estas, e outras que non cito, son medidas altamente lesivas para os cidadáns. Mais as claves desta norma están no retorno á esixencia do aseguramento para recibir atención e na exclusión de certos colectivos da cobertura sanitaria, invertindo así unha orientación cara a cobertura universal iniciada hai tres décadas. Hai colectivos profesionais que tentan frear esta "contrarreforma" sanitaria e xa plantexan o dereito á obxección de conciencia na aplicación efectiva deste decreto por consideralo inmoral, inxusto e mesmo perigoso en termos de saúde pública O partido gobernante está empeñado en retornar ao pasado, cunha sociedade dividida entre privilexiados e súbditos, e cunha sanidade dualizada: a beneficencia para os pobres e os seguros privados para a casta dirixente. Hai colectivos profesionais que tentan frear esta "contrarreforma" sanitaria e xa plantexan o dereito á obxección de conciencia na aplicación efectiva deste decreto por consideralo inmoral, inxusto e mesmo perigoso en termos de saúde pública. Haberá que actuar con rapidez pois certas medidas, unha vez implantadas, teñen difícil retorno. Está en xogo a nosa saúde colectiva.
PRAZA_867
O paro afecta a todos os servizos técnicos da compañía, pero tamén ao soporte de cobertura para Vodafone, R ou Jazztel. Os traballadores denuncian as súas precarias condicións laborais, moi distintas ás do persoal da empresa principal.
O pasado 28 de marzo os traballadores e traballadoras das empresas subcontratadas por Teléfonica para realizar labores técnicos de instalación de redes e telefonía e solución de avarías iniciaron unha folga en protesta polas súas precarias condicións laborais, unha mobilización impulsada por AST e secundada por CGT e Co.Bas. Outros sindicatos, coma a CIG, sumáronse ao paro esta semana, momento no que a folga comezou a ter incidencia en Galicia, dado o carácter maioritario desta central nestas empresas no noso país. Este martes a folga deixou sen atender máis de 1.300 incidencias no conxunto do país, a maior parte delas avarías que ficaron pendentes de solucionar. Ao mesmo tempo, unha cantidade similar de ordes de servizo tampouco foron realizadas. O paro está afectando a todo o soporte de datos, telefonía e Imaxenio televisión, pero tamén a todo o soporte de cobertura para Vodafone, R e Jazztel, que operan a través da liña de Telefónica. Tamén resulta afectado o servizo de telemarketing, que suspendeu o proceso de altas. Ademais, durante toda a xornada leváronse a cabo actos de protesta nas cidades galegas, en especial en Vigo, na Coruña e en Lugo, con concentracións ás portas tanto das principais contratas e subcontratas como da propia Telefónica e manifestacións polas rúas. Tamén se repartiron follas informativas para dar a coñecer as reivindicacións dos traballadores e traballadoras, que principalmente demandan o cumprimento dos convenios, limitación da subcontratación en cadea e recoñecemento do dereito á subrogación do persoal. "O noso traballo esixe desprazarnos por toda a provincia con xornadas de 11 e 12 horas diarias, tamén sábados. Con todo isto non cobramos o salario legal do convenio. A maiores temos que pagar o gasóleo e as comidas", destacan. "As empresas fan trampas nas nosas nóminas, descontándonos diñeiro do salario como anticipos que non cobramos. Cando un mes non alcanzas a produción mínima, por culpa dos desprazamentos ou moitas avarías, que non son responsabilidade nosa, descóntannos esta cantidade nos meses seguintes", engaden, lembrando que "Telefónica tivo uns beneficios próximos aos 4.000 millóns de euros o ano pasado, pero explotan de xeito indecente aos que facemos o seu traballo". Os traballadores e traballadoras lamentaron publicamente "os prexuízos que o paro poida estar a ocasionarlles aos clientes", pero lembran que se atopan nunha situación "insostible" e reclaman "solidariedade". É un sector altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de subcontratación para un único contrato coa empresa principal Ramón Fernández, da Federación de Industria da CIG, explicaba este luns en rolda de prensa na Coruña que este é un sector altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de subcontratación para un único contrato coa empresa principal. De feito, denuncia, dende a propia Telefónica foméntase a competencia entre as contratas, así como a incorporación dos seus extraballadores e extraballadoras (cesados/as nos sucesivos EREs de Telefónica) a esta cadea de subcontratación como autónomos/as, ou a través de pequenas sociedades de nova creación. Unha situación produto da privatización "Aos medios de comunicación non lles quedou máis remedio que falar, á súa maneira, das condicións precarias e infames de subcontratación que sofren os traballadores afectados" Os sindicatos, tanto en Galicia coma no resto de España, destacan a necesidade desta folga e o éxito acadado ata o momento, xa que -como sinala a CGT- "aos medios de comunicación non lles quedou máis remedio que falar, á súa maneira, das condicións precarias e infames de subcontratación que sofren os traballadores afectados, ante a decisión de dicir 'basta', por medio dunha folga indefinida". A CGT explica ademais que "todo este conflito nace, en primeiro lugar, pola entrega de Telefónica por parte do goberno Aznar ao seu amigo Alierta. Sufrimos un monopolio privado de personaxes que, mentres aumentan os seus ingresos, de un a sete millóns de euros anuais, converten un traballo técnico e de asistencia aos consumidores, nunha escravización de decenas de miles de persoas e nun servizo ao cliente deplorable e só encamiñado ao seu negocio". Telefónica perdeu máis de 50.000 postos de traballo directos por prexubilacións, ERE e pola desviación destes empregos cara a contratas e subcontratas Dende o proceso privatizador dos anos 90, iniciado polo PSOE e completado polo PP, Telefónica perdeu máis de 50.000 postos de traballo directos por prexubilacións, ERE e pola desviación destes empregos cara a contratas e subcontratas, que se encargan de facer o mesmo traballo por menos prezo, e que á súa vez incentivaron que moitos dos seus traballadores se convertesen en falsos autónomos. Empresas coma Montelnor ou Liteyca son só algunhas das moitas que en todo o Estado se encargan das funcións técnicas, de instalacións e solución de avarías, da compañías. Mentres que os empregados directos de Telefónica teñen un convenio de empresa, cun salario bruto mínimo de 2008 euros, os de contratas e subcontratas se acollen ao convenio do metal, de ámbito provincial e con distintas condicións en cada caso.
NOS_57543
Begoña García-Alén gañou o Premio Castelao de BD do ano 2020 coa obra Adeus amigos na que conta o estraño caso da desaparición do artista Bas Jan Ader nos anos setenta. Vén de ver a luz recentemente, xunto coa gañadora do ano pasado. Logo de oito anos desde a publicación da súa primeira obra esta viguesa segue sorprendendo a público e crítica coa capacidade para conceptualizar, para experimentar coa linguaxe do medio e buscar novas vías discursivas, co seu estilo, minimalista e sintético e abandeirado na onda máis experimental da banda deseñada.
Vén de publicarse agora Adeus amigos, a obra coa que gañou o Premio Castelao de BD 2020. É a súa obra máis próxima a unha narrativa convencional? Pois a verdade é que non sabería dicir. Para min foi un punto de inflexión no meu traballo. Cada obra está ligada ás posibilidades que tiña no momento de facela. Pola miña parte non hai un pensamento de: vou achegarme ao cómic tradicional ou vou facer algo máis experimental. O que intento é ter unha naturalidade no momento de facer o traballo, e neste si noto que é un punto de inflexión a respecto de traballos anteriores. Noutra dirección, non sei cal, pero si que vexo que hai un camiño un pouco distinto. Ten unha capacidade evidente para o cambio, de adaptar o estilo segundo o que estea facendo. Xoga coas estruturas e coas convencións da linguaxe da BD, penso que está máis interesada na forma que na narrativa. Por riba de todo estou interesada nas ideas. O punto de partida é ese; logo descubro unha forma e un contido que encerra esa idea, pero para min o desenvolvemento dos traballos é o importante. Non penso en algo estético antes que no contido ou no narrativo, vai todo xunto, intento que sexa coherente e dentro das miñas capacidades porque creo que cada momento está ligado a unha habilidade e a un xeito de pensar determinado. Pero, si, diría que para min o máis importante é a idea. Nunca diría que fago BD experimental, paréceme unha cousa un pouco snob. Forma parte dunha xeración que eu chamo a xeración fosfatina que compoñen autores e autoras de BD que buscan os límites do medio. Pódemos falar de BD experimental? Ben. Eu teño que falar por min. A min o termo non me gusta, nunca diría que fago BD experimental, paréceme unha cousa un pouco snob. Pero tal vez pola maneira de desenvolver o meu traballo, porque non parto de aí, a miña naturalidade non está ligada a que vou facer algo experimental; penso que os meus intereses tal vez estean ligados a áreas que complementan o cómic: a pintura, a arte en xeral; iso nutre o traballo e, talvez, afástao dunha visión, non sei como dicilo, máis ortodoxa. Non me preocupa nada tecnicamente á hora de enfrontarme ao traballo, preocúpame poder facelo, as miñas limitacións, o proceso, os erros. Pero non cousas que, ao mellor, están máis ligadas ao académico. Entón, hai unha experimentación? Si, sen dúbida, pero o da xeración... as etiquetas... dá moito medo. Si, sen dúbida, hai un grupo de xente que temos cousas en común. A formación, o modo de aproximarse ao traballo, pero eu non me definiría a min mesma como experimental. Si, pode que iso sexa máis cousa da crítica. Si, e tamén está moi ben. É algo que complementa e que é necesario. É importante ter outras visións do traballo propio pero ese non é o meu cometido e iso tamén é importante destacalo. Non forma parte do meu día a día, creo que non aproveito nada diso e que, probabelmente, sería un obstáculo. É algo que respecto, que está aí, pero que simplemente é o traballo doutras persoas. Agora son consciente de moitas máis cousas, hai xente que pon un diñeiro para que ti poidas publicar un libro e para min iso é tamén unha responsabilidade Van oito anos dende a súa primeira obra publicada, como foi o camiño? Xa atopou a súa linguaxe propia ou aínda precisa seguir evolucionando e experimentando? Aínda estou atopando a miña linguaxe. Sen dúbida síntome máis cómoda á hora de traballar pero é curioso, porque por unha parte tes moitas máis expectativas. Eu no primeiro libro non pensaba en como se ía vender, nin como se ía publicar, simplemente eu facía e había unha certa inxenuidade . Por outra parte, agora son consciente de moitas máis cousas, hai xente que pon un diñeiro para que ti poidas publicar un libro e para min iso é tamén unha responsabilidade. Entón hai un punto de tomar o traballo moi en serio. Penso que agora estou nun punto de inflexión no que teño en conta máis cousas que rodean o traballo e no que tamén intento preservar unha lixeireza e un pouco de divertimento á hora de facer as cousas. Síntome máis cómoda, vou atopando a miña voz e tamén penso que queda moito por facer. Sinto que aínda me queda moito por evolucionar. Antes falaba da pintura, ten pensado facer algo nesa disciplina? É que cando penso no cómic, doume de conta que para min, foi unha especie de funil perfecto no que podo envorcar todos os meus intereses nun mesmo medio: a pintura, a narración, o ritmo, o debuxo, todas as cousas que me interesan por separado están aí. Todo iso podo atopalo no cómic, e iso é moi emocionante porque non penso, por exemplo, na pintura por separado, senón que sempre hai unha narrativa e intento poñelo todo, facer algo –buscando un paralelismo coa cociña– máis reducido e integrar todos os meus intereses e centrarme moito porque agora mesmo a conceptuación á hora de facer o traballo é moi importante. Coa BD todos os intereses poden ter unha representación nun mesmo lugar. Falaba agora da redución, ese termo culinario, e vostede ten unha capacidade enorme para sintetizar, dise que a súa obra é minimalista. Recoñécese aí? Si, si que me recoñezo. É algo que está na miña vida e que se reflicte no meu traballo. É como unha intención de chegar ao núcleo. Cando teño unha páxina diante o que me pregunto é: neste debuxo se engado algo máis que é o que achega? Unha cousa que me encanta da banda deseñada é que con moi poucas cousas ti podes entender, unha atmosfera, un contexto, o que queres dicir; entón intento chegar ao núcleo diso. Tamén dentro de que encaixe nos traballos. Neste, por exemplo, a ausencia está moi presente e aínda que non partín desa idea á hora de facer a parte gráfica, está aí, moi representada a través de quitar en vez de engadir. É dicir, eu facía un debuxo máis completo e logo había unha subtracción até atopar o imprescindíbel. Aí tamén fai cómplice o lector, vostede conta o imprescindíbel e hai que encher os ocos, non si? Sí, sen dúbida, eu teño moito respecto polo lector, no sentido de que non estou pensando nel cando fago a historia pero entendo que é unha historia que para ser completada necesita ser lida. Pero tamén é un tema cognitivo que é algo moi interesante dos cómics: ti ves un muro e hai un ladrillo e entendes perfectamente que é un muro de ladrillo, non necesitas debuxar cada pedra. É algo co que me gusta xogar. É un momento de contrastes, por exemplo o Liceo Mutante está pasando un moi mal momento. Para moitos espazos está sendo complicado mais tamén vexo que a xente ten moitas ganas de facer e de nutrir esa escena. Agora foi o GRAF (Festival de autoedición en Barcelona) e aínda que non estiven seica foi moi ben, semella que hai ganas de retomar a normalidade. Eu teño as miñas contradicións, por unha banda estou moi esperanzada e sei que as cousas van ir mellor e por outro son moi pesimista (risas). Gozo moito de facer fanzines mais non tanto das feiras; encántame que existan pero non son a persoa que máis goza cos ambientes nos que hai moita xente. Oxalá se poidan facer máis e a xente continúe con ganas de facer fanzines e darlle vida a esta escena. Falando de Noche líquida, é unha editora propia ou está aberta a outros proxectos e outras artistas? Nun principio si que era un proxecto co que pensabamos abarcar outras propostas e facer cousas con outras persoas pero a realidade editorial demostrounos que non somos editores [risas]. Sinto que repito moito a palabra naturalidade pero resúltame importante achegarme as cousas que creo que podo facer ben e que poden ter un resultado positivo e, entón, non quero involucrar a ninguén se non sinto que podo facer un bo traballo e que vai dar en algo bo para esa persoa. Esta iniciativa, simplemente, serviunos como un paraugas para Andrés (Magán) e para min, resultou unha boa plataforma para presentar os nosos traballos. Sinto que fan unha aproximación como de rexeitamento do clásico é como: "claro, achégaste a unha visión máis vangardista" e para min non é así, de feito, encántame a narrativa máis clásica O seu interese pola BD chega xa sendo adulta, na facultade. Cre que non ter esa ligazón co cómic maioritario dende cativa condiciona o tipo de BD que fai? Si, penso que a túa experiencia condiciona o teu traballo, sempre. Outra cousa é que pense que ás veces nas entrevistas sinto que fan unha aproximación como de rexeitamento do clásico é como: "claro, achégaste a unha visión máis vangardista" e para min non é así, de feito, encántame a narrativa máis clásica. Sempre sentín, mesmo sen coñecer en profundidade a BD, que hai moito máis feito do que no ton das entrevistas deixamos ver. Por exemplo, agora leo Krazy Kat, que me encanta, e digo: se isto é moito máis moderno que o que podo facer eu! Todo ten o seu espazo mais é moi interesante o que xa está feito, aínda que, evidentemente, dependendo do momento da túa vida no que chegues a iso, tamén a visión e a interpretación é distinta. Isto é evidente pero é moi interesante ver como de adulto ás cousas poden interpretarse de formas moi distintas. Gozo moito con todas as lecturas, de feito, probabelmente o que máis me gusta pode ter unha óptica máis clásica que actual. Moitos dos autores e autoras que compoñen esa Xeración Fosfatina coincidiron na facultade. Pensa que hai unha influencia mutua, pode ser esa a explicación de que en Vigo exista esa deriva cara a un cómic experimental? Non son moi consciente diso, penso que o que si hai é un respecto mutuo, iso si que o noto moito, todos nos apoiamos dentro do espazo de cada quen. É dicir, cada un está facendo o seu traballo e non é que sexamos unha comunidade pero si que hai unha sensación de sentirte acompañada aínda que non esteas con ninguén, o que resulta moi bonito. Pode ser que compartir tempo na facultade de Belas Artes influíse irremediabelmente, aínda que as experiencias de cada un... Non é todo precioso e súper positivo mais no final o paso por aí influíu en nós dalgunha maneira que fixo que traballemos nunha liña semellante. Cales son as súas referencias na banda deseñada e na cultura? Ui! Dáseme fatal enumerar nomes. Agora mesmo estou lendo o Krazy Kat (George Herriman,1913-1944), Discipline (Dash Shaw, 2021), que é unha obra actual que me gustou moito. Apa Apa ven de sacar un libro con Lale Westvind e gustoume moito, tamén o seu traballo. E no cinema vin hai pouco Onde está a casa do meu amigo? (Abbas Kiarostami, 1987) que tamén me encantou. Non sei, en cada época atopo cousas que fan parte do meu día a día, ou polo menos intento que así sexa porque, por desgraza, ás veces hai que facer un esforzo. E logo sempre hai xente que está aí como Luc Tuymans, un pintor belga, ou Mike Kelley, que é un que sempre menciono e que me gusta xa dende a facultade. E tamén referentes galegos que sempre estiveron aí, Laxeiro, Luís Seoane. Son moi ecléctica. Dicía que non lle gustan as aglomeracións dos festivais e nas súas obras hai pouco texto e moi poucas personaxes humanas. Ten algo contra a humanidade? (Risas). Non, non, para nada. Son unha persoa con moitos contrastes e, por desgraza, hai unha parte de min que ten pouca fe na humanidade, pero iso á marxe dos cómics. Logo outra parte de min ten moitísima fe e pensa que vai ir todo ben e que hai xente marabillosa no mundo. É simplemente unha preferencia persoal porque son tímida, valoro a organización de eventos e o esforzo pero, honestamente, non son unha persoa desas que está aí de primeira, resúltame un pouco abafante. E en canto a ausencia das figuras humanas nos meus cómics penso que no principio era polo xeito de desenvolvemento á hora de facer cousas; nesta última obra hai moitas máis figuras humanas. Pode que noutro momento non puidese facer este libro e é algo natural, dentro de cinco anos poderei facer cousas que, agora mesmo, resúltanme imposíbeis. É algo que valoro do traballo, poder avanzar e ver onde podes chegar cos teus medios sendo honesta, creo que é moi importante facer un traballo sincero e ter en cada momento o que quero e o que podo. Outra cousa moi rechamante da súa obra é como usa a cor. Para min, como comentamos ao principio, forma parte da idea; eu non penso nun cómic e digo: vai ser vermello. Nunca. Pero esa idea no momento de desenvolverse, de facer os bosquexos... Por exemplo, neste cómic o lapis azul son os bosquexos e no momento de ir facendo penso, por que non? Pois iso, vouno integrando, entón aí hai cor, hai unha intencionalidade. Non é que todo teña un peso tremendo pero tampouco é algo que previamente seleccione. É algo integrado na idea que para min ten que ter sentido. Na miña cabeza sempre está a idea de que se algo funciona en branco e negro é que non precisa a cor; entón, intento guiarme pola necesidade do traballo e polo que se integra, e que todo sume. Máis que debuxar o que existe debuxa o real? Si, non o penso neses termos pero si que teño moito interese polo sintético, pola idea dun coche máis que polo coche. Agora é curioso porque vexo que se mesturan os pensamentos. Quero facer un coche e fago a idea do coche pero agora tamén penso: e por que non facer o que teño aquí diante? Penso que hai un peso cultural nas cousas que vemos e que están afastadas do noso, e que hai unha certa tendencia a ir por aí. Agora para min é o contrario: se quero debuxar algo, porque non o que coñezo, o que teño diante? É típico que de nova valores o que está afastado do teu círculo e que a medida que maduras vaias valorando o que tes perto. Se o que teño aquí é incríbel porque non debuxalo? Son dúas maneiras de facer que sinto que se están achegando no meu traballo. Eu comezo un traballo e logo deixo que el vaia onde teña que ir; se cadra non é a dirección que máis me gusta pero sinto que se xorden as cousas e hai que ir por un camiño, hai que ter valentía e ganas de experimentar e ver por onde van A min o que me produce a súa obra é unha aproximación desde o sensorial, desde o emocional máis que desde o concreto. Se eu vise a obra desde fóra e a vise como unha obra emocional causaríame rexeitamento [risas]. Moitas veces menciónase o poético, o emocional... uf! A min gustaríame que fose como frío, concreto. Pero a intencionalidade penso que é algo que hai que aceptar sempre. Eu cando fago o traballo hai un punto no que –non quero que sone místico pero...– non é meu. Eu comezo un traballo e logo deixo que el vaia onde teña que ir; se cadra non é a dirección que máis me gusta pero sinto que se xorden as cousas e hai que ir por un camiño, hai que ter valentía e ganas de experimentar e ver por onde van. Entón ás veces van a sitios que dende fóra digo, "uf, iso non me gusta nada". Pero aí está. Ese traballo xa non me pertence, é algo que está feito. No pasado afectábame máis esa lectura dos traballos e nos libros especialmente, porque é un obxecto que vai estar nunha libraría que vai ser lido, e a lectura é unha actividade moi concreta, botas moito máis tempo coa obra que vendo un cadro. Penso que tamén son temas de ego que hai que controlar un pouco, é como: mira, non te podes tomar tan en serio, déixao marchar e xa está. A min o que me importa e seguir traballando e facendo cousas. Para rematar, que está facendo? Teño outro proxecto no que xa estaba traballando antes de facer este Adeus Amigos e no que levo xa uns anos, é unha obra máis longa. Estiven un tempo atascada con el e aproveitei para facer o outro e presentarme ao Castelao mais agora xa o teño máis encamiñado e estou traballando nel, principalmente.
NOS_7137
A revista Viceversa. Revista galega de tradución vén de recibir o Premio Xela Arias 2021, outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación. A publicación é editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e coordinada polos docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Alberto Álvarez Lugrís e Ana Luna Alonso. Polo seu consello de redacción pasaron persoeiros tan importantes das letras galegas como a propia Xela Arias ou o seu pai, Valentín Arias.
Cal foi o punto de inicio da revista? Viceversa fundouse no ano 1995. Nese proceso participaron un grupo de persoas que estaban vencelladas ao Departamento de Filoloxía da Universidade de Vigo e á asociación de tradutores galegos. Naceu porque xurdira a necesidade de ofrecer textos académicos para a formación do alumnado en galego, e dar saída á produción científica que se comezaba a elaborar sobre a tradución na Galiza e vista desde o país... A revista preocupouse desde o principio de que todos os textos, tanto os de aquí como os de fóra da Galiza, fosen en galego. A normalización da lingua no ámbito académico era un dos obxectivos dos seus fundadores. Nese primeiro equipo estaban, entre outras, María Camiño Noia Campos, que foi a súa primeira directora, e Valentín Arias. Como evolucionou a revista desde o primeiro número? A estrutura básica da revista e as seccións son as mesmas. Porén, ampliouse a variedade dos traballos que se publican. A revista ten unha sección sobre ferramentas para facilitar o traballo de tradución e interpretación de textos, e ultimamente démoslle unha volta para incluír máis contidos relacionados coa didáctica. Nos vinte e cinco anos de vida que ten a revista, o número de profesionais que viven do sector da tradución en galego non fixo máis que aumentar. Dáselle cabida á mirada destes profesionais sobre a propia profesión e sobre a situación actual do sector. Ademais, intentamos ampliar a nómina de profesores do resto do Estado español e doutros países. Como se fai a escolla de persoas colaboradoras para cada número da revista? Temos a convocatoria de recepción de artigos aberta todo o ano, pero o número de cada ano féchase en setembro do ano anterior, para que se poidan levar a cabo os labores de edición e maquetación. Máis que escoller colaboradoras, recibimos propostas de textos que despois pasan por un comité de avaliación. Se hai algún tema de relevancia que consideremos que se debe tratar, o consello de redacción contacta coa profesional que máis coñecemento para que escriba sobre el. Temos outro apartado, chamado Traducións Xustificadas, no que as propias tradutoras fan unha reflexión sobre como traduciron unha determinada obra. Que supón para Viceversa recibir o Premio Xela Arias da Asociación Galega de Tradutoras? É o recoñecemento a toda unha traxectoria de vinte e cinco dedicados ao sector da tradución. Para a revista e para as persoas que entregaron o seu esforzo para sacar adiante o proxecto. Ademais, supón unha gran ledicia, xa que Xela participou do consello da revista desde a fundación de Viceversa até o seu pasamento. Para nós é un duplo recoñecemento. Tamén é unha oportunidade para dar a coñecer todo o traballo que hai detrás do sector da tradución. As institucións galegas coidan e apoian o suficiente o sector da tradución? En absoluto. Estivemos moitísimo mellor hai anos. O sector literario en galego ten un público potencial reducido, polo que necesita axudas e financiamento que, coas contías actuais, fan imposíbel acadar o obxectivo de cultivar a lingua e a literatura en galego. No caso da tradución, vivimos unha situación semellante. Necesitamos financiamento, non tanto para as tradutoras senón para enriquecer a cantidade de textos que a sociedade ten á súa disposición. Nestes últimos anos, as axudas descenderon drasticamente, e as que se outorgan fanse dunha maneira que, como mínimo, poderíamos considerar como opaca e carente de total criterio. A tradución é o último interese da Administración.
NOS_4738
Será trasladado ao cárcere de Dueñas, Palencia. A dirección da prisión de Villanubla recibiu centos de faxes solicitando a fin do réxime de isolamento que se aplicaba a este preso.
Roberto Fialhega 'Teto' levaba desde mediados do ano pasado sometido a un réxime de illamento absoluto na prisión de Villanubla (Valladolid), unha situación na que apenas tiña contacto con alguén que non fose cos carcereiros e isto a máis das veces a través dun interfono. O preso independentista vén de coñecer esta semana que vai ser trasladado a outra prisión, a de Dueñas, en Palencia, nun movemento que semella apontar á fin desterexime de isolamento no que leva seis meses. A prisión de Villanubla, "que reconhece que Teto nom deveria viver em isolamento absoluto", segundo afirmaban entidades como Ceivar ou Que Voltem!, alegaba para manter esta situación que non contaba cun módulo de primeiro grao, nin con outros presos na mesma clasificación que Roberto Filahega. "Portanto, mantém-no no módulo de isolamento". O traslado a Dueñas pode acabar con ese escenario. Ceivar quer parabenizar a todas as persoas, colectivos e organizacións que nestas semanas se implicaron en denunciar a situación de 'Teto'. Ademais, lembra que en menos dun mes a dirección da cadea de Villanubla recibiu 410 faxes instando a poñer fin ao illamento absoluto ao que se sometía o preso independentista.
NOS_26527
Néstor Rego considera a nova suba das peaxes unha vergoña e entende que o "grave incumprimento" por parte do Goberno estatal do asinado co propio BNG no acordo de investidura é un "desprezo a Galiza".
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego compareceu en conferencia de prensa para avaliar a nova suba das peaxes da AP-9 aplicadas no día 1 de xaneiro e que converteron esta autoestrada de novo na que máis sobe de todo o Estado español. Rego considera "inadmisíbel" que as peaxes sufran una nova suba "cando no acordo de investidura o BNG incorporou a previsión de que por primeira vez en corenta anos se produzan baixadas e descontos e, ademais, existen as partidas orzamentarias necesarias para poder aplicalas". O deputado anunciou que o BNG rexistrará nesta semana unha iniciativa no Congreso para que o Ministerio de Transportes aclare por que non aplicou estas baixadas. Considera que houbo tempo abondo para que as mudanzas normativas que hai que realizar vía decreto puideron estar previstas con antelación para que as novas tarifas entrasen en vigor no comezo do ano. "O Ministerio sabía con certeza que os Orzamentos do Estado ían ficar aprobados en decembro e imaxino que tamén sabía que o ano comeza no día 1 de xaneiro", ironizou. En todo o caso, Rego considera que tres semanas son máis que suficientes para que o Ministerio poida proceder a aprobar os cambios regulamentarios e neste mes de xaneiro que entren en vigor as novas tarifas con rebaixas e descontos para as persoas usuarias recorrentes. Se así non se fai, advirte Rego, o BNG chamará a sociedade galega a se mobilizar para obrigar o Goberno español "a cumprir o previsto no acordo de investidura e a asumir na práctica os compromisos coa Galiza". O deputado do BNG sinala que "existe un enorme enfado e descontento que diariamente nos fan chegar tanto particulares como profesionais do transporte polo incumprimento do Ministerio ao non veren reflectidas as baixadas das peaxes no comezo de ano, polo que esperamos que o Goberno e os partidos que o apoian reflexionen e rectifiquen canto antes. Rego lembrou que no Acordo de Investidura está previsto que non se proceda á suba do 1% acumulativo durante 20 anos previsto nos convenios asinados en 2011 (José Blanco-PSOE) e 2013 (Ana Pastor-PP), que se libere de portaxes o tramo Vigo-Redondela e que se estabelezan bonificacións de 100% para as persoas usuarias recorrentes (aquelas que fagan dúas viaxes ou máis no mesmo día).
NOS_19113
O número de desempregados no noso país é de 271.063, 209 persoas máis que no mes anterior e 7.724 menos que a finais de 2012. Mais nese mesmo período a afiliación á Seguridade Social reduciuse en máis de doce mil persoas, o que mostra o grao de destrución de emprego en Galiza.
A cifra de desempregad@s redcíuse en decembro no Estado español en 107.570 persoas. Unha baixada do paro que se produciu na inmensa maioría das autonomías do Estado español. Mais non en Galiza. No noso país decembro pasou deixando 209 nov@s parad@s. No país hai agora 271.063 persoas rexistradas nas oficinas de emprego. Son 7.724 menos que hai doce meses. Mais nese período a afiliación a Seguridade Social desplomouse en 12.757 persoas. Así pois, baixa a cifra do paro mais os dados de cotización mostran que se destrúe emprego.Hai agora un 1,37% menos de cotizantes que hai un ano. Na Galiza hai actualmente un 1,37% menos de cotizantes que hai un ano A redución da afiliación apunta a fenómenos diversos, desde a emigración ate a parad@s de longa duración que xa non renovan inscripción nas listaxes o ter esgotadas as prestacións,... en todo caso, que en Galiza haxa 13.000 afiliad@s menos á Seguridade Social que hai un ano (unha media, logo, de 1.000 afiliad@s menos por mes) sinala que a perda de empregos mantense malia os anuncios de 'recuperación'. Agricultura e pesca, industria e construción foron os sectores onde aumentou o desemprego. Só servizos tivo o comportamento contrario Destrúese traballo Esta mesma tendencia dase no conxunto do Estado español malia que o número de persoas anotadas nas oficinas de emprego se reducise en 147.385 durante o exercicio 2013. Mais a 31 de decembro había 85.000 cotizantes menos que nesa mesma data de 2012. Prestacións En total en Galiza houbo no mes de novembro 150.076 beneficiarios de algún tipo de prestación, segundo sinala a CIG, o que implica que un total de 120.778 persoas desempregadas non cobraron ningún tipo de prestación. "Unha cifra que mes a mes denota a grave situación pola que atravesan miles de persoas en risco de pobreza e exclusión social".
NOS_54769
O BNG trata nunhas xornadas como revisar e avaliar a actual normativa para mellorar a eficacia no combate contra esta violencia.
Bertamiráns (Ames), localidade ao pé de Compostela, aclolleu este sábado as xornadas do BNG de traballosobre violencia machista, un encontro no que dúas foron as cuestións en destaque. Por unha banda, este fenómeno nas novas xeracións. Por outro, como revisar a actual normativa para que sexa máis eficaz. Así mesmo, valoráronse diferentes experiencias e iniciativas no combate contra o machismo impulsadas desde diferentes ámbitos. Noa Presas, responsábel de Acción Feminista, afirmou que ven "con especial preocupación a vixencia deste tipo de violencia na mocidade". A deputada nacionalista lembrou como estudo máis recente o das universidades de Barcelona, Girona e Rovira Virgili sobre violencia machista neste ámbito académico, onde se denuncia que "o 62% das universitarias viviron este tipo de violencia aínda que as agresións denunciadas foi só do 9%". Para o BNG, dixo, a loita contra a violencia machista "é unha prioridade política", de aí esta xornada de traballo no marco dunha campaña social e institucional "para esixir que sexa unha prioridade en todos os espazos e contribuía a que 2017 sexa un ano de novos recursos e novas actuacións para combater a violencia contra as mulleres". Nesta liña, explicou que tras anos de aplicación da Lei 22/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero "é o momento de avaliar que modificacións precisa", ademais de reclamar "máis recursos e maior implicación por parte da sociedade e das institucións". Na xornada tamén se abordaron iniciativas do BNG en distintos ámbitos contra a violencia de xénero, como a do Concello de Pontevedra no ámbito urbano con campañas como #primAcoso ou as desenvolvidas polo concello de San Sadurniño no ámbito rural.
PRAZA_9472
As ONGD galegas impulsaron ao longo do ano 2017 68 proxectos de cooperación internacional en 23 países, principalmente en Centroamérica. Estas 46 entidades, nas que traballan 105 persoas, seguen a sufrir os efectos dos recortes
As ONGD galegas impulsaron ao longo do ano 2017 68 proxectos de cooperación internacional en 23 países, principalmente en Centroamérica. Estas iniciativas, cun orzamentos duns 6,1 millóns de euros melloraron as condicións de vida de máis de 108.000 persoas, sobre todo mulleres, promovendo melloras na educación, a saúde e no acceso á auga potable e fortalecendo a defensa dos dereitos humanos.Son as principais conclusións do Informe 2018 da Coordinadora Galega de ONGD. As ONGD no mundo, que se fixo público este mércores e que achega por primeira vez información sobre o traballo das organizacións galegas nos países empobrecidos, a súa base social e os fondos recibidos. Nesta ligazón poden consultarse os datos dos 68 proxectos de cooperación.As ONGD galegas impulsaron ao longo do ano 2017 68 proxectos de cooperación internacional en 23 países, principalmente en CentroaméricaGuatemala é o país con máis presencia de ONGD galegas, un territorio cunha crise social e política cronificada no que as organizacións galegas traballan dende hai anos. En 2017, leváronse a cabo 11 proxectos cun custe de 4 millóns de euros que contribuíron a mellorar a vida de 32.000 persoas. Na lista de países con máis fondos executados en proxectos de cooperación, aparecen despois O Salvador, Nicaragua, Perú e Honduras. África é o destino do 24% dos proxectos e do 16% do orzamento, sobre todo en países como Guinea Bissau, Burkina Faso e República Democrática do Congo. Unha masa social de 23.000 persoas en GaliciaA Coordinadora Galega de ONGD está formada por 46 ONG de Desenvolvemento que traballan en cooperación internacional, acción humanitaria e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Na actualidade máis de 23.000 galegas e galegos colaboran de forma directa coas ONGD. 21.422 son persoas socias que pagan unha cota económica: e delas o 60% (12.849) son mulleres. As mulleres son o 60% das persoas socias, o 68% das voluntarias e o 72% das traballadoras Outras 1.628 persoas participan como voluntarias no día a día das organizacións analizadas no informe. Un 68 % son mulleres e o perfil máis habitual son mozas de entre 25 e 34 anos seguido das mulleres de máis de 55 anos. No caso dos homes, o perfil maioritario é de 55 anos en adiante. 105 persoas traballan nestas ONGD. De novo, as mulleres son as que teñen unha maior presencia nos postos remunerados: un 72 % fronte ao 28 % de homes. Tres de cada catro ONGD contan con persoal contratado en Galicia. As condicións laborais dos homes e das mulleres son parecidas: predominan os contratos temporais (54 % das mulleres; 52 % dos homes) e as xornadas parciais son maioría (55 % das mulleres; 59 % dos homes). A gran feminización do sector non se ve reflectida nos postos de dirección: só a metade das presidencias e postos de máxima representación están ocupados por mulleres, unha proporción maior que noutros sectores pero que está por debaixo do peso real que elas teñen nas ONGD.O efecto dos recortes "Actualmente, o groso dos fondos que manexan as ONGD galegas depende máis da vontade individual da cidadanía galega que da vontade política das administracións públicas"A evolución dos ingresos das ONGD veu marcada dende 2010 polos recortes nos orzamentos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento das administracións públicas e, en menor medida, polos efectos da crise económica nas doazóns das persoas particulares. "Actualmente, o groso dos fondos que manexan as ONGD galegas depende máis da vontade individual da cidadanía galega que da vontade política das administracións públicas", destaca a Coordinadora. En 2016 as ONGD galegas ingresaron 10,7 millóns de euros, dos cales un 64 % proveu de fondos privados e un 36% de financiamento público, unha tendencia no reparto que se repite a nivel estatal.Dende o 2009 os sucesivos orzamentos dos Gobernos encabezados por Núñez Feijoo reduciron significativamente os cartos dispoñibles para os proxectos galegos de cooperación: 9.7 millóns en 2010, 7.8 en 2011, 6.4 en 2012, ata chegar aos 4.1 millóns en 2013. Despois chegaron dous exercicios de conxelación e a partir do ano 2016 unha leve recuperación, ínfima en relación coa cantidade que fora recortata entres 2010 e 2013.
PRAZA_10161
Unha escisión do PP na que tamén se integra o ex-candidato de Ciudadanos pon en risco a maioría absoluta da que os populares gozan dende comezos dos 90 en Ribeira, que este domingo tornou durante unhas horas en centro das caravanas electorais de Feijóo, Caballero e Pontón
Tras as eleccións municipais de 2015 o PP só logrou gobernar en cinco dos vinte municipios máis poboados de Galicia. Un deles é Ribeira, feudo dos populares dende inicios dos anos 90 do século pasado, onde o histórico José Luis Torres Colomer logrou folgadas maiorías absolutas ata que admitiu dar a remuda no ano 2011 a Manuel Ruiz Rivas. O ex-voceiro parlamentario do PPdeG revalidou a absoluta naquel ano pero non en 2015, cando xa se albiscaba a convulsión da dereita local con escisións nas que hai quen ve a man do ex-rexedor Torres e que desta volta, dende as siglas Partido Barbanza Independiente poden poñer en perigo a alcaldía popular liderados polo ex-edil do PP Vicente Mariño e levando nas súas filas a Asier Casais, en 2015 candidato de Ciudadanos á alcaldía.Unha escisión do PP na que tamén se integra o ex-candidato de Ciudadanos pon en risco a maioría absoluta da que os populares gozan en Ribeira dende comezos dos 90Con este pano de fondo e tras un convulso mandato a maior vila do Barbanza tornou o pasado domingo durante unhas horas nunha caste de capital da campaña electoral do 26M en Galicia. O PP tiña previsto para esa xornada o acto central da campaña de Ruiz Rivas e nel tamén apareceu, practicamente por sorpresa, o líder estatal do partido, Pablo Casado. Tamén tiñan mitins dominicais en Ribeira o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e mais a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, para apoiaren cadansúas candidaturas ribeirenses. A presenza de Casado serviulles ambos para ironizar cunha eventual perda da primacía do PP en Ribeira case tres décadas despois. "É un síntoma do que lle espera ao PP", chanceou Pontón.Gonzalo Caballero: "O PP está pinchado, dividido, e aínda por riba vén o líder dos mestrados en derrotas electorais a poñerlle a puntilla a Ruiz Rivas"Dende a banda socialista o seu líder resaltou a presenza de Casado como un impulso extra para o aspirante socialista á alcaldía, José Manuel Vilas. O Concello ribeirense pode estar ás portas "unha nova etapa". Como a nivel xeral, di, o PP está "pinchado, dividido, roto, e sen referentes" e "aínda por riba, vén o líder dos mestrados en derrotas electorais a poñerlle a puntilla a Ruiz Rivas", ironizou. Mentres, chama a contrastar, "os socialistas presentamos unha candidatura que combina renovación e experiencia" dende a "unidade". Mostra disto último, resaltou, foi que o socialista foi o "único grupo municipal que se mantivo intacto ao longo do mandato" -o PP perdeu unha edil tras a crise pola remuda na tenencia da alcaldía e Cs, dous-.Pontón: "Non lles arrendo a ganancia, que os veña apadriñar Pablo 'Fracasado' é todo un síntoma"Tampouco Pontón lle "arrenda a ganancia" ao PP pola visita dende Madrid. "Que os veña apadriñar Pablo Fracasado é todo un síntoma do que lles espera, de fracaso en fracaso ata o fracaso final" tras o devalo das xerais, afirma. Neste sentido, a líder do Bloque asegurou no acto de apoio á candidatura liderada por Xosé Antonio Vázquez Cobas que "a Feijóo tampouco o vexo ben". "Parece da santa compaña, como alma en pena de mitin en mitin pedindo que todo o voto da dereita vaia para o PP, que disque só quere depender dos veciños"; "que nos explique -retou- de quen depende o PP en Andalucía" . Para a nacionalista o 26M pode ser un paso máis para "asinar o finiquito de Feijóo".Feijóo instou xunto a Casado a "evitar enganos" porque "só hai un PP en Ribeira"Esa chamada á "unión" do voto foi, precisamente, a que lanzou Feijóo en compaña de Casado e Ruiz Rivas. "Coa división do voto Ribeira sufrirá a parálise dos nacionalistas e da esquerda" nun contexto no que "só hai un PP en Ribeira, o PP de Manolo Ruiz" e por iso cómpre "evitar enganos". "Só hai un xeito de que goberne o PP, votándoo", reiterou mentres unha enquisa do Grupo Voz situaba a escisión dos populares na vila como posible forza máis votada o 26M. Casado, pola súa banda, combinou en Ribeira as mensaxes en clave estatal sobre Catalunya con numerosos eloxios a Feijóo. "O PP de Galicia é un exemplo para toda España en xestión, proximidade, traballo e propostas de futuro", proclamou.
NOS_43891
O plan do Ministerio de Fomento afecta a aquelas autoestradas cuxas concesións finalizan nos vindeiros meses. A da Autoestrada do Atlántico non vence até 2048 após a prórroga que aprobou o goberno de Aznar en 2000. Cada día, Audasa ingresa na súa caixa por volta de 385.000 euros procedentes da peaxe que teñen que pagar as persoas usuarias.
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, anunciou nunha entrevista en El País que quitará a peaxe das autoestradas cando estas rematen a súa concesión. Un plan que afecta a tres vías: AP-1 entre Burgos e Armiñón, AP-7 entre Alicante e Tarragona e AP-4 entre Sevilla e Cádiz; cuxas concesións acaban en 2018 e 2019. O anuncio do ministro senta tamén un precedente para a AP-2 entre Zaragoza e o Mediterráneo e os tramos AP-7 Tarragona-La Jonquera e Montmeló-El Papiol, de 479 quilómetros no seu conxunto. Todos eles expiran o 31 de agosto de 2021, polo que a decisión final sobre estes tramos correspondería ao goberno naquela altura. A AP-9 non se verá afectada por esta medida. A súa concesión vence en 2048 grazas á decisión adoptada por José María Aznar en 2000 que prorrogou en 25 anos máis una concesión que expiraba en 2023. Así pois, e de non habr cambios, até entón para transitar pola vía terrestre máis importante do país haberá que seguir a pagar peaxe. Audasa, concesionaria da AP-9, fechou o exercicio 2017 con 44 millóns de euros de beneficio, unha cifra semellante aos 45 millóns que gañou en 2016. A facturación rexistrada en 2017 foi de 140 millóns de euros, o que supón unha facturación media de perto de 640.000 euros por cada quilómetro da autoestrada. Cada día, Audasa ingresa na súa caixa por volta de 385.000 euros procedentes da peaxe que teñen que pagar as persoas usuarias dunha vía que pola que é indispensábel circular entre norte e sur do país, sendo a única alternativa traxectos máis longos, e duradoiros a través da estrada nacional.
NOS_17277
A mina da Penouta, en Viana do Bolo, convértese na primeira de Europa da que se poden extraer as compoñentes fundamentais do coltán.
Os grandes fabricantes de telefonía xa teñen marcada a Galiza no mapa. Investigadoras do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) veñen de sintetizar por vez primeira niobio e tántalo, extraídos das escouras xeradas na obtención do estaño da mina da Penouta (Viana do Bolo). Trátase da primeira vez que o CSIC sintetiza estes materias, coñecidos como "ouro negro" e fundamentais na fabricación de teléfonos móbiles, o que converte á mina galega na primeira de toda Europa da que se pode obter coltán, que xurde da mestura de ambos e que forma parte dos minerais considerados estratéxicos pola Unión Europea. Félix Antonio López, investigador do Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas (Cenim) do CSIC, explicou que o niobio e o tántalo, son dous elementos "con moita afinidade química" e a súa separación selectiva "é complicada". "Para iso, temos que separar primeiro o estaño e despois aplicar un proceso laborioso para obter sales comerciais tanto de niobio como de tántalo, e facelo ademais con rendementos e purezas atractivas para a súa explotación comercial". Desde Strategic Minerals, a firma que explota a mina, o seu director, Francisco Polonio, indica que a empresa "está a procesar as balsas e refugallos da antiga mina e a iniciar a explotación do xacemento a ceo aberto, de onde se extraen estaño, tántalo e niobio, e adicionalmente, cuarzo, feldespato e mica", engadiu. Estas actuacións enmárcanse dentro do proxecto Estannio, no que colaboran ambas entidades xunto coa empresa Krown, e que ten como finalidade a obtención do coltán fóra de territorios de conflito. Dentro do mesmo inclúese a instalación dunha planta comercial de fusión para a obtención de estaño en Salamanca e unha planta piloto hidrometalúrxica de obtención de niobio y tántalo nas instalacións do Cenim.
NOS_41566
O Superior galego dá a razón ao sindicato STEG no recurso que interpuxo contra a consellaría de Educación despois de que esta retomase os concertos e os defendese apelando "á liberdade de elección das familias"
O Tribunal superior de xustiza de Galiza anulou os concertos que a consellaría de Educación mantiña con cinco colexios relixiosos que segregan o alumnado por razóns de sexo. A Xunta destina a Monte Castelao, Las Acacias e Aloya en Vigo; e Montespiño e Peñarronda na Coruña até tres millóns de euros ao ano en virtude dos acordos co ensino privado. A resolución do Superior galego chega após un recurso presentado polo sindicato STEG e considera que manter estas subvencións públicas vulnera a Lei orgánica de educación, que "prohibe taxativamente a discriminación de alumnos na admisión a centros públicos e concertados". Porén, o titular de Educación, Jesús Vázquez, recuperou os concertos nada máis poñer un pé na Xunta e defendeunos apelando "á liberdade de escolla das familias" e "a un réxime democrático onde as familias participan no modelo educativo dos seus fillos", argumentos que empregou tamén para defender a polémica consulta ao redor da lingua que o mesmo tribunal declarou seis veces ilegal. A sentenza que dá a razón ao STEG chega após o TSXG pronunciarse en até tres ocasións a favor as axudas públicas que van parar a estes colexios, resolvendo contra outros tantos recursos presentados polos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT. As tres sentenzas están recorridas polas centrais sindicais perante o Tribunal Supremo, que aínda non se pronunciou. No verán de 2012 o Supremo deu a razón aos gobernos de Andalucía e Asturias, que deixaran fóra das subvencións os colexios segregacionistas.
NOS_46973
"Pesca-de-rías", "Cómete o mar", "As mulleres, pilares de Galicia", "Leite galega 100%". A CTNL responde ao "desleixo" da Xunta no uso da lingua nas campañas publicitarias, solicita a paralización e reclama o coidado na calidade do idioma desde as administracións públicas.
Despois da polémica polo uso incorrecto da lingua na campaña "Cómete o mar" a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) fai público o manifesto "Pola creatividade galega e a calidade lingüística" no que demandan calidade lingüística das administracións públicas. Co manifesto "Pola creatividade galega e a calidade lingüística", a CTNL reclama que a Xunta "paralice as diferentes campañas nas que se descoida a lingua e as reinicie desde o galego". Destacan a alta calidade da creatividade publicitaria e comunicativa galega e defenden o papel fundamental que a lingua xoga no eido comunicativo. "A calidade lingüística de todos os textos e mensaxes públicas das administracións é fundamental, pois transmiten a imaxe das propias entidades" e son interpretados como "modelos de lingua", afirman. Calidade de lingua Denuncian un "especial e grave desleixo lingüístico" en campañas promovidas pola Xunta e citan, como exemplo, ademais da máis recente "Cómete o mar" as marcas "Pesca-de-rías", "Leite galega 100%" ou "As mulleres, pilares de Galicia". A CTNL esixe, polo tanto "a todas as entidades públicas un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística en todas as súas accións comunicativas" polo que reclaman que paralicen as campañas que están a perpetrar o maltrato coa lingua e "mude os seus nomes e lemas por outros pensados en galego e desde o galego". Como profesionais da normalización lingüística, piden que conten con especialistas que coiden da calidade do idioma e traballen con creativ@s que deseñen as campañas desde o galego e para o galego. A Xunta non modificou, malia a polémica destes días, a campaña "Cómete o mar" que presentou a conselleira do Mar, Rosa Quintana máis a Directora de Turismo, Nava Castro.
NOS_51776
Pedro Sánchez anunciou esta segunda feira a súa intención de reformar a Constitución española para limitar os aforamentos de cargos políticos. O Govern de Catalunya aproveitou o movemento do presidente español -pensado no medio da treboada política sobre mestrados e teses- para suxerirlle a inclusión na Carta Magna do dereito de autodeterminación.
"Se Sánchez cre que o dereito de autodeterminación non está incluído [na norma] e que unha reforma [constitucional] se pode facer pola vía rápida, pódese facer para todos os temas", afirmou a conselleira de Presidencia da Generalitat, Elsa Artadi. O presidente do Goberno central explicara esta segunda feira que a súa vontade de modificar a Constitución era pola chamada vía exprés. Elsa Artadi, na comparecencia de prensa posterior á xuntanza do Govern desta terza feira, explicou que, ao seu xuízo, "a solución" que propón a Generalitat "colle dentro do texto. Non é tanto un tema xurídico como unha vontade política de deixar votar os cataláns". Tamén Esquerra Republicana se pronunciou a prol de que a refroma constitucional inclúa o dereito de autodeterminación e a posibilidade dun referendo ao respecto. Mais o único que, ate o momento, propuxo Sánchez é unha consulta á poboación catalá sobre o autogoberno.
NOS_36791
É unha das caras novas da Executiva Nacional do BNG e fala con Sermos do proceso da refundación, da articulación dunha candidatura nacionalista para as galegas e de como debe mellorar o Bloque as súas destrezas comunicativas.
O Sermos188 sae do prelo esta cuarta feira -faino de forma excepcional cuarta e non quinta, dado o período de ferias que atravesamos- e inclúe na súa sección Política unha conversa a dupla páxina do director do semanario, Xosé Mexuto, co membro da Executiva Nacional Rubén Cela. A refundación do Bloque, as conversas con outras forzas políticas nacionalistas, a forma en que o nacionalismo debe comunicar o seu discurso á sociedade son algúns dos argumentos que tecen a entrevista. Alén do máis, o Sermos vaise debruzar neste número sobre o negocio do ensino privado na Galiza e sobre a virtual proscrición do dereito de asilo en Europa após o acordo selado pola UE con Turquía. Completarán esta nova entrega do semanario - esta noite, xa na nosa loxa, e mañá cuarta feira, nos pontos de venda habituais- unha nova achega de Xurxo Souto, unha visita ao Museu de Belas Artes da Coruña da man de Paula Mariño e máis unha banda deseñada, desta volta coa asinatura de Alfonso Barreiro.
NOS_14122
O ex director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e mais o ex secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Xusto de Benito, do Goberno da Xunta de Alberto Núñez Feixoo están a ser investigados por un xulgado compostelán en relación coa reapertura da mina de Varilongo (Santa Comba) sen avaliación do impacto ambiental.
Dous ex cargos do Goberno de Alberto Núñez Feixoo, o ex director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e o ex secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Xusto de Benito Basanta, están a ser investigados por un xulgado compostelán como presuntos autores dun delito de prevaricación ambiental. Tanto Tahoces, que agora é xerente da Axencia de Industria Forestal, como Xusto de Benito Basanta, que no seu día deixou a Xunta da Galiza e foi nomeado para un posto na embaixada de España en París, foron citados a declarar a pasada terza feira en Compostela. Fontes coñecedoras do caso, que avanzou o diario dixital Praza Pública, epxlican que a Fiscalía abriu dilixencias por mor dunha denuncia. Esa mesma denuncia non incluía a petición de investigar ao que foi secretario xeral técnico da Consellaría, e agora presidente da xestora do Partido Popular (PP) en Santiago e deputado, Borja Verea, pero a Fiscalía si pon o foco nel. Mais dada a súa condición de aforado, a súa situación segue pendente de concretar, á espera do que faga o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). Reapertura da mina de Varilongo O caso polo que están a ser investigados agora Ángel Bernardo Tahoces de Xusto de Benito xa fora denunciado por asociacións veciñais e ecoloxistas no seu día. Naquela altura xa alertaran de que a autorización por parte da Xunta, en 2011, da reapertura da mina de Varilongo, en Santa Comba, non contaba coa adecuada avaliación de impacto ambiental, a pesar de que existían informes que advertían de que a explotación podería contaminar as augas. No marco da causa aberta, coa intervención de Fiscalía, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) realizou análises das augas que si revelaron niveis elevados de metais. "Presunción de inocencia" A Consellaría de Medio Ambiente da Xunta limitouse a trasladar o seu "respecto" ás actuacións xudiciais abertas. Mentres, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, restoulle importancia á causa xa que se refire á "revisión" dunha autorización administrativa "de fai dez anos" e apelou á "presunción de inocencia" para as persoas investigadas e engadiu que o que corresponde é "confiar na actuación e na independencia xudiciais".
PRAZA_3692
Asociacións que apoian ás mulleres que sofren violencia machista apelan á dispoñibilidade da policía e piden a implicación da veciñanza se detecta indicios. Seguen funcionando os teléfonos de información específicos e, ante emerxencias, recoméndase chamar ao 112 ou ás forzas de seguridade
As medidas de confinamento decretadas para tratar de conter o coronavirus provocaron que moitas mulleres que sofren violencia machista se vexan obrigadas a compartir as 24 horas do día co seu agresor. Esta situación fai que aumente o risco ao que están expostas e que elas teñan máis medo, máis ansiedade e máis depresión.A psicóloga Blanca Castro, que atendeu a mulleres maltratadas, destaca que é frecuente que os maltratadores teñan "un baixo control dos impulsos", un problema que "se acentúa coa ansiedade que xera o confinamento e o non ter unha válvula de escape". As mulleres que viven unha situación de maltrato padecen "unha indefensión continua porque nunca saben cal vai ser a razón" do acceso de ira do seu maltratador. Isto provócalles "máis medo, máis ansiedade e máis depresión".Os problemas de "baixo control dos impulsos" de moitos maltratadores acentúanse "coa ansiedade que xera o confinamento"A asociación Si, hai saída avisa tamén do incremento do risco. "Son numerosas as mulleres que se atopan nesta situación que, por diversas razóns, aínda non tomaron a decisión de rachar co seu agresor", expón nun comunicado. A responsable da asociación, Marta Rodríguez, indica que o maior problema agora é "a falta de contacto" porque os casos máis graves cos que tratan "son as que máis incomunicadas están". "O primeiro que fai o agresor é controlarlles o teléfono e mesmo requisarllo. Non só non poden chamar, senón que nos vemos imposibilitadas para contactar con elas", relata.Se teñen acceso ao teléfono, engade, unha chamada ou unha mensaxe de axuda "pode ser a sentenza" se a ve o agresor. Nesta situación, Rodríguez apela a que a policía faga "un seguimento o máis estreito posible" e a que os veciños, ante "calquera indicio, uns berros, uns golpes", dean aviso. "Unha simple chamada pode salvar unha vida", destaca e indica que "o máis grave que pode pasar" é ter que ir declarar ao xuízo. Pide lembrar que en moitas vivendas nas que se producen maltratos hai menores que tamén corren risco.A asociación Si, hai saída avisa de que hai mulleres incomunicadas e apela ao traballo da policía e a que os veciños dean aviso ante "calquera indicio"Blanca Castro avisa de que, neste contexto de confinamento, "é moi difícil que (as mulleres maltratadas) poidan facer nada" por mellorar a súa situación. As restricións do estado de alarma "complican aínda máis" que as mulleres poidan dar o paso de separarse do seu agresor. A súa recomendación é "que se preparen para separarse" e que busquen "alguén que as crea" para falar do que lles pasa, se teñen a posibilidade. Unha das cousas que os maltratadores lles adoitan facer crer, di, é que "son as culpables do que pasa", polo que elas "perden a confianza en si mesmas e terminan por interiorizar a culpabilidade". "Tomar conciencia de que es unha muller maltratada e dar os pasos necesarios para separarte é moi complicado", subliña.A procura de información a través de Internet para comprender os procesos psicolóxicos que as levaron a esa situación, agrega, "pódelles dar forza para buscar axuda" posteriormente. Castro considera que convén lembrar unha mensaxe: "Non hai nada que xustifique o maltrato. Absolutamente nada xustifica que te humillen, te insulten ou te ignoren".Ana Saavedra, a presidenta da asociación Mirabal, que tamén apoia a mulleres vítimas de violencia de xénero, indica que as medidas contra o coronavirus provocaron dous tipos de consultas: mulleres maltratadas que queren dar o paso de separarse e outras xa separadas que teñen dúbidas sobre a entrega dos fillos en común á súa ex-parella.Os xuíces deben decidir se modificar o réxime de custodia ou visitas durante as medidas especiais polo coronavirusO Consello Xeral do Poder Xudicial indicou a semana pasada que queda en mans dos xuíces decidir sobre a modificación do réxime de custodia, visitas e estancias dos fillos de parellas separadas ou divorciadas, se non hai un acordo dos proxenitores. A modificación ou suspensión do réxime acordado pode ser "particularmente necesaria" se os servizos e recursos públicos, como os puntos de encontro, viron afectado o seu funcionamento.Saavedra avisa de que hai casos con orde de afastamento nos que esta se quebrou e a muller ten medo porque, co confinamento, o agresor sabe onde está sempre. Tamén relata a situación dunha muller que está "contenta" porque as súas fillas teñen que pasar con ela estas semanas e non llas ten que entregar ao seu pai, que, denuncia, abusa delas.Coincide en que "o máis necesario agora" é a dispoñibilidade da policía e, unha vez atendidas as necesidades máis urxentes, pasar a ofrecer atención psicolóxica ás vítimas de maltrato. Saavedra pon o foco na situación das mulleres do rural, "que moitas veces, se queren ir ao médico ou á policía, dependen de que as leve o agresor".Unha guía gobernamental para mulleres que sofren maltrato indica que, ante unha emerxencia, poden chamar ao 112 ou á policía ou usar a aplicación ALERTCOPSA Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero publicou unha guía para mulleres que estean a sufrir maltrato durante o confinamento que lembra que segue en funcionamento o teléfono 016 de información e están dispoñibles os servizos de Whatsapp de apoio emocional inmediato nos números 682916136 ou 682508507. Nas situacións de emerxencia, débese chamar ao 112, á Policía Nacional (091) ou á Garda Civil (062). Se non se pode realizar unha chamada, a aplicación ALERTCOPS permite enviar un aviso á policía que indica a localización la vítima.Ademais, lembra que se é unha emerxencia o que provoca que unha persoa saia á rúa, esta non será sancionada e que os centros de emerxencia e acollida seguen funcionando porque foron declarados servizos esenciais. Pódese pedir tamén a suspensión cautelar do réxime de visitas con motivo do estado de alarma, agrega. A Xunta mantén activa a atención telefónica e a través de Internet e haberá un seguimento telefónico das vítimas que teñen unha orde de protecciónPola súa banda, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta indicou que non constan chamadas específicas referidas ao confinamento estes días, pero isto, lembra, "non quere dicir que non as haxa", posto que poderían terse feito directamente á policía. O Goberno galego anunciou un reforzo para tratar de garantir a seguridade das mulleres vítimas de violencia machista. Mantense activo o número de atención telefónica 24 horas para mulleres vítimas de violencia de xénero (900400273), que recibe as chamadas ao 016 feitas desde Galicia. Tamén segue dispoñible o recurso para o asesoramento xurídico en Internet. A Secretaría Xeral de Igualdade asegurou que haberá un seguimento telefónico coas vítimas que teñen ordes de protección ou ás que se lle diten durante o estado de alarma.
NOS_11254
As autoridades alertan das adopcións ilegais a través de anuncios en redes sociais como WhatsApp.
"Se es coñecedor dalgunha crianza que perdese ambos os dous proxenitores debido á Covid e non ten ninguén que coide del/dela, informa a Policía ou o Comité do Benestar das Crianzas do teu distrito ou contacta coa liña de teléfono do menor 1098. É a túa responsabilidade legal", alertaba esta semana en Twitter a ministra india do Desenvolvemento da Muller e das Crianzas, Smriti Irani. A advertencia chega despois de que neste país do sueste asiático, devastado pola crise sanitaria provocada pola pandemia, se multipliquen os casos de nenas e nenos que vagan sós polas cidades. As autoridades manifestaron a súa preocupación logo de detectar que están a ser "vendidos" a través das redes sociais como WhatsApp. Nunha serie de entradas no Twitter, a ministra Irani lembrou que "é ilegal dar ou acoller menores orfos en adopción", advertindo que se deben seguir os procesos legais. "En caso contrario, os menores poden ser obxecto de tráfico en nome da adopción", sinalou. Segundo as estimacións, na India xa había arredor de 20 millóns de nenas e nenos orfos antes desta vaga. Unha cifra que está a medrar aceleradamente nos últimos días debido á expansión da Covid. "Pedimos aos familiares desas crianzas que nos avisen destas situacións para que lles poidamos facilitar todo tipo de axuda", sinalou Yashomati Thakur, homóloga de Irani no Estado de Maharashtra, en declaracións a The Hindustan Times. Dificultades económicas As dificultades económicas para se facer cargo dos pequenos e tamén o medo ao contaxio fai que, segundo explican os medios indios, os seus familiares en ocasións non poidan ou non queiran responsabilizarse deles. Algo que está a ser aproveitado para o xurdimento vías de adopción ilegal na India. É dicir, a cambio de diñeiro. "Algunhas persoas poden ter recorrido consciente ou inconscientemente a formas ilegais de adopción, mais non será tolerado. A crianza destes menores implica cuestións legais e psicolóxicas que necesitan ser xestionadas de maneira adecuada", explicou Thakur. O fío aberto por Smriti Irani en Twitter recolle varios destes anuncios de adopción que circulan polas redes sociais, apelando á compaixón, mais que, segundo as autoridades, acaban sendo unha transacción económica. Un acto de tráfico de menores.
NOS_10028
Non podemos ficar de brazos cruzados mentres desde Bruxelas se toman decisións que atinxen o noso medio rural. Esa é a ideia forza que move a Fruga a abrir debates visando que Galiza se dote dunha posición de país ante a nova PAC.
A Fruga realizou hoxe en Lugo unha xornada de traballo sob o título "Construíndo a posición galega ante a nova PAC", en que tomou parte a membro da Executiva Nacional do BNG Ana Miranda, que recentemente concluíu o seu período como eurodeputada. Fruga xulga que "o mundo rural galego" de elaborar "unha proposta clara e concreta para defender os nosos intereses como pobo neste debate tan fundamental para o noso futuro", afirma en relación á nova PAC. A xornada concluíu coa redacción dun documento en que se sintetiza a posición que o Goberno galego debe defender na negociación co Estado A Federación Rural Galega acha que cómpre "construír un marco galego de decisión", o que significa non agardar a que "as orientacións dentro do estado español da nova PAC". A participación nesta xornada de traballo foi moi numerosa. A reunión saldouse coa redacción dun documento de síntese coas demandas que "o rural galego exixe que sexan defendidas polo goberno galego na negociación estatal", informa a Fruga.
NOS_29754
Fica por baixo dos 760 millóns de euros, 180 millóns menos que no exercicio 2018. Unha baixada motivada pola caída de investimentos para as obras do AVE, próximas a finalizar.
O investimento do Estado en Galiza contemplado nos orzamentos de 2019 sitúase en 757 millóns de euros, unha cifra sensibelmente inferior á que se contemplaba nas contas xerais de 2018 (937 millóns). Hai un recorte nos investimentos de 180 millóns de euros, o que é un descenso de 19%, o máis grande de todos os territorios do Estado. En 2018 recibía 9,2% dos orzamentos do Estado e na proposta que a ministra de facenda, María Jesús Montero entregou esta segunda feira no Congreso, recibe 6,2%; o que supón un descenso de tres puntos de investimentos menos. Esa baixada explícase en boa medida na redución do investimento para o AVE en Galiza, un proxecto próximo a rematar. Canda Galiza tamén cae o investimento do Estado en territorios como Euskadi, Cantabria ou Castela-León mentres aumenta en Andalucía, Catalunya ou Valencia.
PRAZA_20211
A CIG solicitou que a universidade fixese pública a actividade da súa empresa UNIXEST. Trala intervención da Valedora do Pobo, o Reitorado accedeu a entregar a documentación, mais esixindo o pagamento de 150 euros, a pesar que a normativa garante a gratuidade na comunicación destes datos.
O artigo 3.1.b) da Lei 1/2016, de transparencia e bo goberno de Galicia obriga as universidades do Sistema universitario de Galicia e ás entidades vinculadas ou dependentes delas a proporcionar información sobre as súas actividades ás persoas ou entidades que llo soliciten, subliñando a norma que o acceso debe ser "libre e gratuíto", un punto desenvolvido na disposición adicional cuarta da lei, que garante que "o acceso" á información pública "será gratuíto". Nos últimos meses a CIG solicitoulle á Universidade de Santiago información sobre as actividades do Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), un consorcio formado polas tres universidades galegas para o desenvolvemento de proxectos informáticos compartidos, cun orzamento para estes traballos que supera os 600.000 euros anuais neste último exercicio, e a Sociedade Xestora de Intereses da Universidade de Santiago de Compostela, S.L (UNIXEST), empresa pública participada ao 100% pola USC que conta cunha sección dedicada á produción de produtos informáticos. O sindicato lembra que nin a USC nin o CIXUG están a publicar na súa páxina web ou sede electrónica a información que se recolle como obriga de publicación activa na LEI 1/2016. Nunha primeira petición de información, realizada en xullo do pasado ano, unha vez que a USC esgotou o prazo máximo de dous meses que ten para remitir esta información, a CIG tivo que recorrer á comisión da oficina do Valedor do Pobo que vela polo cumprimento da Lei de Transparencia. Esta apercibiu á universidade, que entregou a documentación, pero só fixo unha entrega parcial, referida ao último exercicio económico, explicando que algúns dos documentos non estaban no ámbito da lei de transparencia e non os ían entregar. O sindicato realizou unha nova petición de información, en marzo deste ano. A secuencia foi a mesma: tras dous meses sen que a universidade accedese a remitir a documentación, a CIG dirixiuse á Valedora, que de novo apercibiu á USC, que finalmente comunicou que a entidade peticionaria tiña dereito aos datos que solicitaba, pero que debía pagar un total de 150 euros en materia de taxas (1,34 euros o primeiro folio e 0,36 euros os seguintes), o que incumpriría a Lei de Transparencia, que só prevé a posibilidade de esixir algún tipo de pagamento pola "obtención de copias e a transposición a formatos diferentes do orixinal", unha "situación que non é a do caso, pois pedíanse no formato orixinal dos documentos, que é electrónico", destaca a CIG. Ante esta resposta por parte da universidade, o sindicato denunciou de novo a situación ante a Valedora e neste momento agarda unha resolución por parte da comisión que vela polo cumprimento da Lei de Transparencia. A lei garante que o acceso á información pública debe ser "libre e gratuíto", agás cando se solicitan copias ou cambios de formato, o que non é o caso O sindicato solicitoulle á USC información sobre a formalización dos convenios, contratos ou calquera outro negocio xurídico con obrigas económicas asinados entre a USC e o CIXUG, entre a USC e UNIXEST, entre o CIXUG e UNIXEST, entre as outras universidades e UNIXEST e entre UNIXEST e os seus provedores. Tamén quere coñecer a porcentaxe da actividade realizada por UNIXEST como medio propio a favor da USC.
NOS_13349
Ao medievo diríxese o escritor Manuel Portas na súa nova novela coa que vén de gañar a XXVII edición do Premio García Barros. Lourenço Xograr é o título dunha obra na que o autor se achega á historia do pouco coñecido poeta medieval.
O escritor Manuel Portas é o gañador da XXVII edición do Premio García Barros, convocado polo Concello da Estrada, coa súa novela titulada Lourenço Xograr. Un xurado composto por Dolores Vilavedra, Carlos Lema, Armando Requeixo, Juan Luís Blanco Valdés e con Carlos Loureiro como secretario decidiu premiar a obra de Portas da que destacan a súa contribución "á divulgación da historia e da literatura medieval galegas, por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época". Lourenço Xograr será, con toda probabilidade, a quinta obra narrativa do escritor que publicou a súa primeira novela Denso recendo a salgado, en 2010. En só cinco anos, Portas sumou a ese novo título Un dedo machado de tinta, Faneca brava e a máis recente Amor en alpargatas.
NOS_3166
No 2016, nacía en Ponteareas Sondarúa, un grupo de música combativa integrado por Alex Arnoso e Hugo Guezeta, ao que se uniu Iván Prieto no 2018. Na pasada sexta feira, Hugo adiantaba o primeiro single do que será o seu próximo EP en solitario, titulado Claridade.
Como xurdiu este primeiro tema? Claridade ten un significado de superación mental e persoal. De feito, vai saír outra canción que é unha antítese deste, que se chama Escuridade. Ao final, todos temos fases máis de baixóns e de estar peor ou mellor mentalmente, entón intentei reflectir nestes dous temas as dúas antíteses. Este foi o de Claridade, por iso de que sempre vén despois da escuridade. Gravamos o vídeo clip en Holanda, nunha viaxe que fixen alí cuns amigos para que reflectise un pouco iso de cando estamos de vacacións, desfrutando e ben mentalmente. Ten ese enfoque de positivismo realista, sabendo que temos que pasar por momentos máis doces ou máis amargos. Que imos atopar no seu próximo EP? Trátase do meu primeiro traballo en solitario, que sairá a finais de xaneiro ou comezos de febreiro. Van ser seis temas e este é o primeiro adianto dos dous que vou lanzar, logo xa chegará o EP completo. É un disco bastante persoal e diferente. Quizais non tan político ou combativo como os temas de Sondarúa, senón que é máis íntimo, aínda que hai un pouco de todo. Ten pouco contido combativo e político, digamos que non é tan "mitin" como poden ser os do grupo. Sempre vai haber algunha frase ou algunha referencia, porque a ideoloxía propia, os principios e os valores sempre están aí, mais non é tan explícito ao mellor ou tan insistente como en Sondarúa. Por que decidiu levar adiante este proxecto en solitario? Basicamente porque tiña un montón de material que creei na corentena. Escribir axudoume bastante a pasar os día e estar ben mentalmente e ese proceso vese reflectido no que é o disco. Tiña moitas letras acumuladas e decidín coller estas seis, que son as que máis me convencían ou ás que lle podía dar o formato e a idea que eu quería do disco. Decidín sacalas adiante porque me parece que están bastante ben e, máis que para que lle gusten á xente -que tamén-, porque era o que precisaba persoalmente sacar fóra. Tampouco é un proxecto que vaia ter unha continuidade fixa. Nun futuro podo sacar máis temas eu só, pero iso non quere dicir que deixemos de facer cousas co grupo. Simplemente agora tiña este material aí, que decidín que tiña o nivel e que precisaba sacar, por iso foi adiante. Sairán traballos novos tamén con Sondarúa? A verdade é que estivemos un pouco parados os dous por cuestións laborais e estudantís e, ao final, ao dar menos concertos e ter menos actividade, como que te paras un pouco. Agora cando lance o disco poñerémonos a compoñer e a crear cousas novas. Estivo todo bastante calmado e agora semella que volve a complicarse a situación, entón aproveitaremos para volver a crear como grupo e ir sacando material. Cal cre que é a situación actual da escena musical galega? Véxoo ben, xa que te podes atopar música de todos os estilos. Dende trap, rap, música tradicional, pop, rock... hai moita xente nova que está facendo música e que o está facendo moi ben e xente que xa estaba que tamén. O complexo é non frearse co tema da pandemia, ademais do tema político. A falta de apoio institucional aos grupos de aquí é un hándicap que temos e imos ter mentres goberne neste país alguén que despreza a súa cultura e a súa lingua. Estanse a facer cousas de calidade, entón a saúde do panorama a nivel creativo e compositivo está ben, o que falta é o de sempre, apoio institucional e mediático. Logo, tamén considero que non existe un tecido de música en galego o suficientemente potente como para que a cousa funcione. Os pequenos grupos van tentando tirar, pero non existe unha rede que sente unha base para os grupos e o seu crecemento e lle dea continuidade, como pode haber en Cataluña e noutras zonas do estado.
NOS_42754
O Ministerio de Facenda estuda a fórmula para aprobar este novo tributo.
A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, non aclarou esta quinta feira a fórmula que estuda o Goberno estatal para aumentar os impostos aplicados sobre grandes rendas e patrimonios, pero en todo caso si precisou que será temporal e con vistas a empezar a aplicala o próximo 1 de xaneiro. En declaracións no Congreso, tras o debate parlamentario sobre a suspensión das regras fiscais e o teito de gasto, Montero asegurou que o seu departamento traballa nunha "idea temporal" para aumentar a recadación entre grandes patrimonios e rendas. "Do mesmo modo que ocorreu nos impostos a enerxéticas e banca [actualmente en tramitación no Congreso], traballaremos nunha fórmula temporal e posteriormente as circunstancias dirán se é necesario ou non prorrogalo", dixo a ministra. Enerxéticas e banca gañaron 16.000 millóns en medio ano, o triplo do que lle restará a nova taxa do Goberno español Preguntada por cando empezará a aplicar esta suba de impostos, a titular de Facenda dixo que, "cando menos, estará fundamentalmente vinculado á entrada en vigor o 1 de xaneiro de todo o que son as obrigas fiscais", e en función da tramitación parlamentaria que siga. "Haberá que ver a fórmula, non todo pode ir na Lei de Orzamentos", matizou a ministra. Os Orzamentos Xerais do Estado, neste senso, poden incluír modificacións nas figuras tributarias existentes, mais non fixar a creación dun novo tributo. "Irresponsabilidade" fiscal Por outra parte, a titular de Facenda cualificou de "enorme irresponsabilidade" que outra comunidade autónoma, neste caso Murcia, siga o ronsel de Madrid tras o anuncio esta semana de Andalucía de suprimir o Imposto sobre o Patrimonio. Aliás, Montero criticou que este "agasallo fiscal" sexa nunha comunidade que ocupa os últimos postos en investimento sanitario ou educativo, algo que considera "duro de admitir nun momento de crise no que os cidadáns están a pasalo tan mal".
NOS_33816
Entrevista co coordinador nacional de Anova e deputado de AGE no Parlamento galego.
– Imaxino que eufóricos polas enquisas. – Nunca nos fiamos das enquisas. Nin cando nos dan mal resultado nin cando nos dan bo. Eu son moi escéptico cando se fan enquisas a nivel estatal, e falando de Galiza hai que ter moita cautela. Os escanos de Lugo e Ourense, ao ser tan pouquiños, só catro, podes ter un bo resultado porcentual e non acadar representación. Creo que non hai que ter nada de euforia polas enquisas. Eu me fío máis pola percepción da rúa, onde percibo boas sensacións. – Que vos din esas enquisas a pé de rúa? – Vexo boas perspectivas. Sempre repito que hai unha maioría social de xente, diversa e plural, pero que quere que cambien as cousas. O que hai que tratar é de que haxa unha alternativa política que represente esa maioría, que creo que se estaría identificando con En Marea na Galiza. – Cal sería un bo resultado para ti? – Temos que traballar arreo nestes días 15 días. Tratar de que quede tocado o PP en Galiza, e que vexa que non conta con esa maioría como tiña noutros anos. E que se visualice en Galiza unha alternativa, con diversas sensibilidades. Creo que é posible o fin da hexemonía do PP en Galiza. Tantos as enquisas coma as sensacións dan a entender que xa perdeu ese apoio maioritario e a hexemonía da rúa. Polo tanto, que o PP quede tocado no país e En Marea sexa a principal alternativa política. – Como encaixar as pezas desa alternativa plural cando a prensa estatal o trata como parte dun todo? – En Marea vai ter soberanía plena para falar de todos os temas que afecten a Galiza. É un proxecto propio galego, onde está Podemos e Esquerda Unida, pero non é Podemos, nin Esquerda Unida nin Anova. É un proxecto totalmente soberano, e dentro do suxeito sabemos que temos posicións diferentes en algunhas cousas, pero que temos que tratar de chegar a uns mínimos comúns. – En Marea vén de presente o programa, que achegas gardan maior ligazón con Anova? – Si temos que decidir algo especialmente, sempre facemos fincapé en que Galiza é un suxeito político soberano, e que Galiza debe ser o que decidan os galegos e galegas. Esa é a principal achega. Aínda que nós tamén pulamos por políticas sociais para un cambio de modelo, da loita contra un sistema inxusto, contra o capitalismo, temos moitas cousas en comúns con toda a xente que vai En Marea. – No aniversario da Constitución española, cal sería a vosa proposta? – Hai unha aposta clara de Anova e un acordo político de En Marea. Nós trataremos, trataremos dentro do posible, de dar pulo porque se abran procesos constituíntes. E que cada proceso se decida no ámbito de Galiza, de Catalunya, de Euskadi e do Estado español, pero que se abra un proceso constituínte. A Constitución do 78 non é reformable, queremos partir de cero para elaborar un novo marco político.
PRAZA_10634
Feridos e familiares dos 80 falecidos manifestáronse novamente entre a estación de tren á que non chegou o Alvia en 2013 e a praza do Obradoiro
Feridos e familiares dos 80 falecidos manifestáronse novamente entre a estación de tren á que non chegou o Alvia en 2013 e a praza do Obradoiro"Como parece que os ministros de Fomento non teñen competencias neste asunto, agora imos ao presidente tras seis anos de tomaduras de pelo". Así reclamaron este mércores polas rúas de Santiago vítimas do accidente de Angrois, no seu sexto aniversario, unha implicación persoal do presidente Pedro Sánchez para que España realice a investigación técnica independente do sinistro que reclama a UE e o Goberno non obstaculice a investigación penal que seis anos despois aínda non rematou.Co aniversario do accidente coincidindo co debate de investidura, a plataforma de vítimas reclama a Pedro Sánchez que non poña trabas á investigación xudicial e impulse a análise técnica independente do sinistro que vén reclamando a UE desde hai anosO aniversario chega con esa causa xudicial pendente de que a Audiencia Provincial da Coruña decida se valida a proposta do xuíz instrutor, avalada polo fiscal, de xulgar como responsables en igual grao do accidente non só ao maquinista do tren, Francisco José Garzón, imputado desde o primeiro momento, senón tamén ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por non avaliar como obrigaba a normativa o risco previsible dun erro humano que existía naquela curva e implantar medidas para palialo ou evitalo. Ese cuestionamento da versión oficial de que o único responsable fora o maquinista xa foi secundado neste tempo por seis xuíces, un fiscal e unha axencia europea.Este ano, co aniversario do accidente coincidindo co debate de investidura, a plataforma de vítimas reclama a atención de Pedro Sánchez, ao que piden unha reunión ao máis alto nivel tras recibir só boas palabras de todos os ministros de Fomento desde que ocorreu o accidente (os populares Ana Pastor, Rafael Catalá e Íñigo de la Serna e o socialista José Luis Ábalos) ao tempo que Adif e Renfe, empresas públicas dependentes deles, obstaculizaban as investigacións. Na reunión con Sánchez, que os afectados tamén pediron sen éxito no seu momento a Mariano Rajoy, queren reclamar ao socialista, ademais de que non poña trabas á investigación xudicial, que España realice de vez a investigación técnica independente que vén esixindo a Unión Europea desde hai tres anos e que sucesivos ministros de Fomento argumentaron non poder encargar por non poñer en dúbida precisamente a independencia dos investigadores, que se veñen negando a facelo.Xunto ás vítimas, como en anos anteriores, representantes de BNG, Ciudadanos, En Marea, Anova, Podemos ou Esquerda Unida, os principais partidos excepto PP e PSOEEsas e outras reivindicacións, enmarcadas no lema da pancarta que encabezou a súa marcha, "esiximos verdade, xustiza e responsabilidades políticas: PP, PSOE, Adif e Renfe", foron paseadas este mércores polas rúas de Santiago desde a estación de tren ata a Praza do Obradoiro. Xunto ás vítimas, como en anos anteriores, representantes de BNG, Ciudadanos, En Marea, Anova, Podemos ou Esquerda Unida, os principais partidos excepto PP e PSOE (os socialistas só participaron no cuarto aniversario, en 2017).Este ano aos habituais carteis coas caras do ex-ministro socialista José Blanco, Pastor ou Cortabitarte sumáronse varios con fotografías de Sánchez. E un cántico: "Non están esquecidos, están moi presentes: investigación independente", que os afectados repetiron recorrentemente, entre o silencio que se ía facendo ao seu paso polas rúas de Santiago, ata a súa chegada ao Obradoiro, onde ademais de ler un manifesto coas anteditas reivindicacións diversos afectados e familiares de falecidos lembraron o sufrido hai agora seis anos no accidente e durante este tempo.Actos de lembranza na curva de AngroisMúsica, lectura de poemas e lembranzas dos falecidos protagonizaron pola tarde os actos das vítimas na propia curva de Angrois, no que descarrilou o Alvia hai seis anos ás 20.41 horasXa pola tarde, e despois dunha misa celebrada na veciña colexiata do Sar, os afectados desprazáronse ata a curva de Angrois. Alí, con música, lectura de poemas e lembranzas aos falecidos, concentráronse ata as 20.41 horas, o momento en que descarrilou o tren. Seis anos despois, o Alvia Madrid-Ferol equivalente a aquel que non completou a súa viaxe hai tempo que adiantou os seus horarios para entrar na estación de Santiago ás 20.26 horas. Así que na curva, á hora do accidente, os actos remataron, como veñen facéndoo nos últimos anos, cun gran silencio final.
NOS_42309
Repsol, EDP, Engie e Principle conectan a primeira plataforma eólica mariña do seu proxecto WindFloat Atlantic á rede eléctrica de Portugal.
Portugal avanza na descarbonización da súa economía. O país veciño vén de conectar á rede a primeira das plataformas de enerxía eólica mariña do parque WindFloat Atlantic, un proxecto no que participan Repsol, EDP Renováveis, Engie e Principle Power. A plataforma, que conta co maior aeroxerador instalado nunha infraestrutura flotante no mundo, cunha potencia de 8,4 megavatios (MW) conectouse á rede o pasado 31 de decembro. A esta sumaranse outras dúas unidades, unha delas procedente do porto de Ferrol, onde ensamblaron os 'jackets' fabricados nos estaleiros de Navantia, até completar os 25 MW do parque, que poderá subministrar enerxía suficiente para cubrir a demanda de 60.000 usuarias ao ano. O consorcio, que contou co apoio, vía financiamento, do Goberno de Portugal, a Comisión Europea e o Banco Europeo de Investimentos (BEI), destacou nun comunicado que a posta en marcha deste parque eólico posibilita o acceso a áreas mariñas sen precedentes e supón un avance tecnolóxico relevante de cara a reducir a dependencia do país dos combustíbeis fósiles. Deseño novidoso As plataformas do proxecto Windfloat Atlantic están ancoradas ao leito mariño por cadeas a máis de 100 metros de profundidade. Ademais, están deseñadas para que poidan trasladarse con remolcadores convencionais, a diferenza das instalacións fixas que, ao ter un maior calado, requiren de buques máis caros para o seu transporte. A segunda das plataformas, construída ao igual que a primeira nos estaleiros lusos de Setúbal, está desde hai uns días no seu emprazamento definitivo. A terceira, que leva selo galego, partiu das augas do porto de Ferrol esta mesma semana camiño de Portugal.
NOS_15338
O secretario xeral da Consellaría de Cultura, Anxo Lourenzo, atribúe o cesamento do xerente do CGAC a un "proceso de renovación" cando se cumpren vinte anos do Centro. Como adiantou Sermos Galiza, a Consellaría de Cultura cesou a pasada sexta feira a Manuel Arroyo á fronte do departamento de xestión do centro, despois de ocupar a praza desde o inicio da súa andaina.
Sermos Galiza adiantou hoxe que a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tomara a decisión de cesar o xerente do CGAC, Manuel Arroyo, que ocupaba o cargo practicamente desde a inauguración do centro. En declaracións á imprensa que recolle a Axencia Efe, o secretario xeral de Cultura saíu ao paso da información publicada en primicia por este xornal apondo o relevo a un "proceso de renovación" cando se cumpren dúas décadas de existencia da entidade. Anxo Lourenzo esforzouse en desligar o cesamento da situación anómala que vive o centro. Como informou tamén no seu día Sermos Galiza, o presidente do padroado do CGAC, Fernández de Sousa, presentou a renuncia ao seu cargo sen que a Consellaría informase de tal circunstancia e sen que se convocase nengunha reunión do órgao para tomar coñecimento da demisión. Tampouco a Xunta ten decidido aínda quen relevará ao presidente do padroado, a mesma persoa que levou a Pescanova á quebra. Lourenzo relativizou o cesamento de Arroyo. Motivos? "Non hai ningún en especial", dixo. Segundo o secretario xeral de Cultura, co cambio búscase "afrontar os novos retos, afrontar os novos desafíos e esa é a motivación da substitución". Porén, sinalou que "valoraba o traballo" de Arroyo, tamén na última fase da súa xestión, cando "a situación económica de todas as administracións é complicada". O alto cargo de Cultura indicou que nos próximos días se dará a coñecer o nome da persoa que substituirá Arroyo e que terá un perfil de xestor "administrativo-económico".
NOS_46279
A entrada da ex conselleira de Medio Ambiente da Xunta, Beatriz Mato, en Greenalia chegou ao Parlamento. O BNG afirma, nunha pregunta en comisión, que hai toda unha "trama" para favorecer os intereses desta empresa enerxética que aínda continúa con novas decisións por parte do Goberno galego.
O polémico desembarco da ex conselleira Beatriz Mato na empresa enerxética Greenalia chegou ao Parlamento galego a través dunha pregunta do BNG na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. O deputado nacionalista Luis Bará asegurou na súa intervención que "algo cheira a podre en Teixeiro, en Greenalia e agora tamén en San Caetano" polas supostas "decisións relevantes e determinantes para a tramitación e aprobación de proxectos da empresa Greenalia tanto na súa división de biomasa para usos enerxéticos" no período en que Mato era responsábel de Medio Ambiente no Goberno galego. Para responder sobre esta acusación por parte da Xunta, contestou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, quen asegurou que a entrada de Beatriz Mato cumpriu todas as normas de transparencia. Bará botou en falta na súa réplica que "as resolucións de incompatibilidade deben ser publicadas no Portal de Transparencia e eu non as atopei", polo que desconfía que haxa unha trama de relacións entre algunhas empresas e a Xunta da Galiza "de trato de favor e tamén de devolución de favores". Lea entre Greenalia e o conselleiro de Industria Na súa intervención, o deputado nacionalista relatou tamén "un episodio nos edificios administrativos de San Caetano en Compostela "entre o propietario de Greenalia e o conselleiro de Industria" no que, segundo Bará, "se resolveu dando vía libre a eses proxectos e colocando a conselleira en Greenalia". Desde o BNG van máis alá e aseguran que "estes días hai novas decisións da Xunta que favorecen os intereses desta empresa". Na suposta trama entraría "unha subordinada de Beatriz Mato, como foi a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, cesada pola súa incompetencia", ademais doutras "persoas testaferras que facían o traballo sucio para que outras persoas de 'máis arriba' non mancharan as mans". Denuncias de colectivos ecoloxistas galegos As actuacións de Beatriz Mato xa chamaran a atención do BNG e de grupos ecoloxistas desde hai meses. En febreiro deste ano a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) denunciaba nun comunicado que a ex conselleira, durante o seu paso pola Xunta, "lexislou a favor dos intereses empresariais". En concreto apuntaban á autorización durante a súa etapa como conselleira de Medio Ambiente e até 2019 de 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, ademais de conceder 795,000 euros en subvencións e 1.000.000 euros en préstamos ás empresas do grupo. Todas estas actuacións saíron adiante cando se confirmou que "algúns dos parques autorizados, como o caso do parque eólico Campelo, a carón da lagoa de Alcaián en Coristanco e Santa Comba, amosan graves afeccións ambientais". Greenalia aproveitará a lexislación para aumentar potencia eólica na Galiza Greenalia aposta pola enerxía eólica flotante mariña. Na actualidade desenvolve proxectos en Canarias, mais pensa aumentar a súa presenza na costa galega. "Estamos a estudar onde pode haber potencia e, ambientalmente, pode funcionar a eólica mariña na Galiza", afirmou Manuel García, CEO desta empresa, durante unha mesa redonda online organizada polo Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos do Estado español a través do seu grupo de traballo de Enerxías Renovábeis de Orixe Mariña. García admitiu a experiencia en "tramitación en proxectos con normativa xa desenvolvida como a biomasa ou fotovoltaica" e confía en "aproveitar a regulación actual" e non agardar "ás grandes poxas en eólica mariña" para "non perder os fondos da Unión Europea" e "ser líderes".
PRAZA_12630
Os manifestantes percorreron os tres quilómetros que separan o Ézaro do monte
Máis de medio milleiro de persoas, segundo estimacións da Garda Civil, desafiaron á choiva para pedir a declaración do Parque Natural do Monte Pindo. Aos berros de "Monte Pindo, parque natural" ou "queremos salvar o noso pedregal", a marcha convocada pola Asociación Monte PIndo Parque Natural percorreu os tres quilómetros que separan o Ézaro do monte en apoio desa "figura de protección e desenvolvemento sostible da zona". A marcha contou co apoio dos alcaldes de Carnota e Dumbría, e foi secundada por destacados persoeiros da vida cultural, empresarial e política, asi como por numerosas entidades sociais de todo tipo). No remate, que coincidiu coa saída do sol logo dunha forte choiva, leuse o manifesto a prol da declaración do monte como parque natural.
PRAZA_11972
O Deportivo está nunha situación privilexiada e a súa traxectoria é case perfecta, pero será nos enfrontamentos directos nos que se decida esta Liga. Non hai máis. Igual lle ocorrerá ao Celta, que continúa na boa liña da pasada tempada e desta vez quere o ascenso directo a toda costa. Pero ninguén erra. Que dous equipos coa boa xeira que levan branquiazuis e celestes non se dean descolgado dos seus rivais é un bo síntoma do complicado que será o obxectivo.
Algo estraño e inusual acontece esta tempada na Segunda División española. Esta categoría, afeita a sorpresas e revelacións cada ano, converteuse desta vez na máis previsible que se recorda. Tanto, que os equipos que ocupan as seis primeiras prazas que dan dereito ao ascenso ou á promoción non son, nin máis nin menos, que os tres que descenderon de Primeira (Deportivo, Almería e Hércules) e máis os tres que xogaron hai oito meses o play-off (Celta, Valladolid e Elche). E é esa previsibilidade a que deben ter en conta os nosos equipos. Porque aquí todos gañan. O Deportivo está nunha situación privilexiada e a súa traxectoria é case perfecta, pero será nos enfrontamentos directos nos que se decida esta Liga. Non hai máis. Igual lle ocorrerá ao Celta, que continúa na boa liña da pasada tempada e desta vez quere o ascenso directo a toda costa. Pero ninguén erra. Que dous equipos coa boa xeira que levan branquiazuis e celestes non se dean descolgado dos seus rivais é un bo síntoma do complicado que será o obxectivo. Ninguén chegará con todo feito ás cinco últimas xornadas. E ninguén poderá cantar vitoria antes de tempo. Queda case a metade da competición. E si, móllome. Deportivo, Celta e Valladolid son os meus favoritos para regresar a Primeira. Coido que serán eles tres os que pelexen polos dous primeiros postos. E só agardo que sexan os nosos os que o acaden. Que haxa sorte.
PRAZA_8144
Nuns días estará dispoñible a versión na nosa lingua deste popular xogo con versión nunha ducia de linguas, entre elas o catalán e o éuscaro. A galeguización foi desenvolvida pola start-up Cilenis.
Etermax, a empresa responsable de Apalabrados entre outras populares aplicacións para dispositivos móbiles, vén de anunciar que nos vindeiros días estará dispoñible a versión en lingua galega deste popular xogo, con orixe no scrabble. Até o de agora era posible formar palabras en inglés, francés, español, portugués, alemán, holandés, catalán ou éuscaro. A galeguización foi desenvolvida por Cilenis, a start-up tecnolóxica nacida no seo dun grupo de investigación da Universidade de Santiago, e dedicada ao desenvolvemento de produtos e solucións nos campos do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística. Chegar á versión en galego do xogo non tiña unha gran complexidade técnica pois só era preciso contar cunha base de datos de termos a partir dun diccionario, algo que xa existía, con algunha particularidade, coma o feito de incoporar femininos e plurais e as formas conxugadas dos verbos. Cilenis púxose en contacto con Etermax hai meses para facerlle a proposta de desenvolver a versión en galego do xogo. E finalmente a versión está lista. A versión en galego do xogo era algo que viña sendo reclamado por moito usuarios. Pouco antes do pasado verán mesmo se creara un grupo en Facebook con esta demanda, xusto despois de que Apalabrados confirmase o nacemento da súa versión en catalán. Apalabrados estase a converter nun fenómeno global. É moi semellante ao clásico Scrabble (trátase de formar, sobre un taboleiro, palabras cunhas determinadas letras, e obtendo puntos extra en determinadas casillas) coa novidade de que permite o xogo multixogador online, podendo xogar cun amigo, a través do facebook ou escollendo un opoñente ao chou en calquera lugar do mundo.
PRAZA_63
O presidente da Xunta critica nunha entrevista en TVE que a formación "de fillos de avogados e profesores" queira "facerlle ver á xente que son de clase obreira cando non é verdade" e abre a porta a unha gran coalición co PSOE se o PP non obtén a maioría absoluta nas eleccións xerais.
Feijóo volve cargar contra a suposta orixe social dos dirixentes e cargos públicos de Podemos. Se o pasado mes de novembro o presidente da Xunta aseguraba "ser máis de Podemos que os de Podemos" porque estes, segundo dicía, eran "burguesía" e el non; e se na campaña electoral de 2012 ridiculizaba a Xosé Manuel Beiras por "vivir nun pazo" e "tocar o piano", este luns teimou na súa crítica ao contexto socioeconómico dos fundadores da formación que lidera Pablo Iglesias. "Os de Podemos veñen de clase media-alta e facerlle ver á xente que son de clase obreira é unha falacia", dixo Feijóo Foi durante unha entrevista en Los Desayunos de TVE cando o xefe do Executivo galego aproveitou para cargar contra Podemos, "estes señores do 15M que agora foron evolucionando e que xa son un partido con deputados, nóminas, ingresos e asesores". "Querían advertirnos de que veñen de estratos sociais baixos e obreiros, algo que é perfectamente lexítimo, pero non; veñen de clase media-alta, e está moi ben que sexan fillos de avogados ou profesores, pero facerlle ver á xente que veñen de clase obreira, estratos sociais suburbanos ou clase económica baixa é unha primeira falacia porque non é verdade", asegurou ao ser preguntado pola formación. Ademais, Núñez Feijóo asegurou que Podemos "acertou na linguaxe, na forma de expresarse e en dicir o que a xente quere oír", pero engadiu que non lle "parece ben" que este partido "empregue a soberbia e o desprezo cara ás institucións e cidadáns que votaron a outros partidos". "Non creo que sexan ningunha alternativa razoable no goberno, non sei se na oposición", insistiu o presidente da Xunta, que respecto das enquisas cre que o "relevante" é que reflicten que "a sociedade ve que os que poden ser unha alterantiva ao Goberno non están no Parlamento, polo que os cidadáns pensan que esta oposición non é a axeitada para poder gobernar". "Foron sobrepasados por estas prácticas e movementos", dixo. Feijóo incúe "os nacionalistas independentistas" e a Podemos entre "aqueles que non están de acordo en respectarnos" Sen facer referencia -nin case ser preguntado- pola realidade galega, Feijóo centrouse en analizar a política estatal e internacional e referiuse ás súas críticas ás supostas alternativas ao bipartidismo na mensaxe de fin de ano como "unha mensaxe xeral para todos aqueles que non están de acordo en respectarnos". E nese barco incluíu "os nacionalistas independentistas, os que non cumpren as leis, os que levan un pobo a unha desafección do conxunto da nación, os que teñen grandes proxectos e non os ensinan nin os plantexan ou os que teñen solucións para todo e non solucionan nada". "E tamén un movemento que a través da crise e da división está collendo realce mediático, pero desde a soberbia e a prepotencia e estas cousas sobran neste país", teimou. Por outra banda, e preguntado pola gran manifestación en París para rexeitar o terrorismo á que acudiron varios líderes mundiais, Feijóo louvou a "enorme unidade internacional de Occidente e dos países democráticos" e animou a "acertar en distinguir entre eses 1.500 milóns de musulmáns e unha parte que utilizando o Corán comete asasinatos". Ademais, criticou a asistencia do presidente da Generalitat, Artur Mas, á marcha porque el, dixo, xa se sentiu "representado polo presidente e o Goberno do meu país". "Dáme a sensación de que hai unha hiperactuación neste asunto e noutros de carácter internacional e interno no que non se está acertando desde o Goberno catalán", engadiu. O presidente da Xunta abre a porta a unha gran coalición: "O PSOE debe colaborar ante unha España sen maiorías aboslutas" En canto ás enquisas, Feijóo cre que "o PP non pode dar nin todo por gañado nin todo por perdido" e criticou os que "falan sempre de coalicións electorais". "Hai máis incerteza electoral que económica e iso é moi bo porque significa que fixemos os deberes", manifestou, antes de lanzar a luva ao PSOE para unha gran coalición no caso de que o seu partido non acadase a maioría absoluta nuns futuros comicios xerais. "O PSOE é un partido que debe colaborar ante unha España nun escenario sen maiorías absolutas", advertiu, tras asegurar que os españois "terán a palabra" á hora de "decidir entre unha amalgama de partidos con plantexamentos descoñecidos e inéditos e un goberno para volver ao crecemento".
NOS_26644
Fogar de monxes e templarios, escenario de loitas piratas, lugar para o confinamento dos mariñeiros americanos, hospital de leprosos, prisión durante a represión, orfanato e, na actualidade, sede do festival de música Sinsal. Todo iso foi e é San Simón, a illa da Galiza coa historia máis rica e máis variada.
"Sedia-m'eu na ermida de San Simión / e cercaron-mi as ondas, que grandes son", escribía Mendinho no século XIII, inmortalizando a illa de San Simón na súa célebre cantiga, na que, paradoxalmente, o xograr fai referencia a un mar embravecido que pon en perigo a vida da namorada ("morrerei fermosa no mar maior"), algo inconcibíbel nas sempre tranquilísimas augas da recollida baía. No interior da ría de Vigo, esta pequena illa, que en realidade son dúas (a de San Simón propiamente dita e a de Santo Antón) de apenas 250 metros de longo e 84 de largo o conxunto de ambas, foi testemuña dalgúns dos episodios máis importantes da nosa historia. Desde a cantiga de Mendinho foi empregada como mosteiro, lazareto, prisión, orfanato para crianzas orfas e centro cultural. A illa pertence á parroquia de Cesantes e encóntrase fronte aos concellos de Redondela (ao que pertence), Soutomaior e Vilaboa, na parte interior da ría de Vigo. A illa principal está unida á de Santo Antón por unha ponte, xunto a outros dous pequenos illotes, San Bartomeu e San Norberto. A enseada na que se localiza, que comeza na Ponte de Rande e continúa até a enseada de Vilaboa acollendo as salinas do Ulló, as illas Alvedosas e a propia illa de San Simón, leva o seu mesmo nome e foi declarada Zona Especial de Conservación (ZEC). O conxunto das illas de San Simón foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1999, cando comezou a ser reconstruída mediante un proxecto que procuraba a harmonía total entre a natureza e a propia remodelación dos edificios xa existentes, evitando deteriorar a contorna do lugar. A illa de san simón foi testemuña dalgúns dos episodios máis importantes da nosa historia. Desde a cantiga de Mendinho foi empregada como mosteiro, lazareto, prisión, orfanato e centro cultural Se ben na actualidade a illa permanece deshabitada, recibe a diario numerosos visitantes, dado o seu interese histórico e social, alén de paisaxístico. San Simón comezou sendo no século X o fogar de monxes beneditinos que se desprazaban ao lugar para gozar do silencio e da paz que este lles ofrecía. Durante os séculos XII e XIII estivo habitada polos cabaleiros templarios, que tamén a elixiron como destino para o seu retiro, para o cal construíron a ermida rexistrada nos versos de Mendinho. Posteriormente, San Simón foi ocupada pola Orde dos Pascualinos de San Simón, reforma dos franciscanos, que no ano 1307 se viu obrigada a abandonar a illa. Xa no remate do XVI, os canóns e o medo fixeron acto de presenza no pequeno arquipélago. O corsario Francis Drake, sempre ao servizo da Mariña Real da Inglaterra da raíña Isabel I, por quen foi nomeado cabaleiro, chegou a San Simón con desexos de vingarse da derrota sufrida na batalla da Coruña en 1589. Tras arrasar Vigo e as illas de Ons e Cíes, as tropas de Drake destruíron a igrexa e as imaxes de San Simón e queimaron a illa enteira. A tranquilidade da illa volveuse ver truncada cando en 1702 a enseada de San Simón se converteu no escenario da Batalla de Rande, un combate naval no que os navíos da armada hispano-francesa, cargados con ouro procedente de América, tentaron en van defenderse dos galeóns ingleses e holandeses. Conta a lenda que, como en calquera boa historia de piratas, gran parte do botín continúa agochado nos fondos do estreito de Rande, entre os restos dos navíos afundidos, á espera de ser rescatado. Así o recolle o visionario novelista Jules Verne na súa obra Vinte mil leguas de viaxe submarina, na que o Nautilus busca os supostos tesouros da Batalla de Rande. Modernamente, houbo tamén algúns intentos de localizar os presuntos restos da carga que non tiveron éxito, ben pola mala configuración dos fondos, ben porque tal tesouro simplemente non existe. A causa da longa historia de batallas e saqueos, a illa foi abandonada, até que no ano 1838 o comerciante Norberto Velázquez Moreno habilitouna, por Real Ordenanza, para convertela nunha leprosaría ou lazareto, que foi así mesmo destinada para a realización de corentenas dos mariñeiros procedentes de América que padecían enfermidades. Os leprosos e outros pacientes incurábeis residían na illa de Santo Antón, cuxa ponte de unión con San Simón contaba con dúas grandes portas a cada lado para servir de protocolo sanitario. A etapa de lazareto finalizou en 1927. Con todo, o episodio máis sinistro da illa aínda estaba por chegar. Durante a represión, converteuse nunha prisión franquista, entre 1936 e 1943, constituíndo este período non só o máis escuro da súa historia, senón tamén o que primeiro acode á mente cando se pensa no lugar. Na actualidade, numerosas persoas achéganse á illa para homenaxear os seus familiares mortos durante a guerra a causa dos malos tratos, a fame e a sede, ou vítimas dos numerosos fusilamentos. O campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime estaba composto por represaliados de Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía, principalmente, pero tamén era habitual a presenza nel de presos de Asturias, León ou do País Vasco. Calcúlase que chegou a haber un total 6.000 encarcerados na illa. O antigo lazareto transformouse nun dos campos de concentración máis temidos, do que poucos conseguían saír con vida. Esta circunstancia foi tratada por Manuel Rivas na súa novela O lapis do carpinteiro, cuxo protagonista, Da Barca, é trasladado como preso político a San Simón. Con posterioridade, as instalacións foron utilizadas polo Fogar Méndez Núñez que, entre 1955 e 1963, acolleu crianzas orfas de mariñeiros. Non sería até o ano 1999 cando se comezou a reconstruír a illa para que adquirise o aspecto que coñecemos na actualidade, grazas a un proxecto de César Portela, que soubo respectar o patrimonio natural do lugar e que, en opinión do propio autor, conseguiu "transformar o carácter triste, case tráxico, dos edificios e do conxunto das illas –contaxiados todos eles polas actividades que albergaron historicamente– en edificios luminosos e alegres. Todo iso sen menoscabo do tradicional carácter romántico que sempre tivo". Nas últimas décadas habilitouse como centro cultural, escollido para a entrega dos premios Xerais e como sede do festival Sinsal Audio, decorrido o pasado mes de xullo. No pasado 2020, o concello de Redondela, ao que pertence a illa de San Simón, aprobou declarar o Ano das Mulleres de San Simón, para o que realizou unha "homenaxe á rede de solidariedade, integrada por mulleres, que socorreu os presos políticos detidos na illa". Debido á pandemia, os actos, entre os que se atopa a exposición fotográfica "As mulleres da illa", instalada na praia de Cesantes, pospuxéronse para este 2021. A programación tamén inclúe obradoiros escolares e unha homenaxe pública ao conxunto de mulleres solidarias. As esculturas Ademais de ser inmortalizada pola cantiga de Mendinho (o texto galego traducido a un maior número de linguas), tamén aparece na literatura internacional. Jules Verne fixo que o capitán Nemo atracase o seu Nautilus na enseada de San Simón en Vinte mil leguas de viaxe submarina. Grazas a esa referencia, o célebre personaxe conta cunha estatua xunto á illa, obra de M. Lastra e S. Portela, que parece xurdir do fondo do mar. A illa tamén ten esculturas de importantes autores, entre elas, na praza dos Poetas do Mar, as dedicadas aos poetas medievais da ría de Vigo: Mendinho, Martín Códax e Johán de Cangas. A illa da memoria O valor simbólico da illa de San Simón como lugar da memoria histórica fixo que a Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) organizara nela o pasado mes de xullo un acto en homenaxe ás vítimas do franquismo. A IGM reclama a recuperación do proxecto da Illa da Memoria, mostrando a súa desconformidade co uso deste espazo para fins lúdicos e recreativos, como no caso do Festival Sinsal, que poden subverter ese valor simbólico. O festival reafirmou, porén, o seu compromiso co patrimonio histórico e natural da illa, mantendo que o evento representa un espazo de convivencia.
NOS_53992
Primeiro foi a gran recesión, cuxas consecuencias marcaron a segunda década do século XXI en forma de empobrecemento das maiorías. Logo chegou a pandemia, cuxas derivadas económicas seguen afectando a sociedade. E ao tempo, toca agora outro ciclo recesivo, que arranca de forma clara na segunda metade de 2021.
A crise fai parte da paisaxe destas dúas primeiras décadas do século XXI na zona euro. As diversas variábeis económicas que vimos coñecendo nos últimos meses adiantan un escenario económico moi crítico, onde a inflación non é mais que un síntoma da doenza. Neste sentido, as propostas formuladas desde os organismos da Unión Europea e dos Executivos dos Estados membros apuntan a un agravamento da situación nos próximos meses. A austeridade como xenética das políticas comunitarias volve sen complexos, abrindo a porta a unha nova desvalorización interna e a unha posíbel crise de débeda. O economista da Universidade de Santiago de Compostela, Bernardo Valdês, sinala a Nós Diario que "antes da crise de 2008 xa tiñamos un escenario de crecemento económico moi débil nas economías da Unión Europea (UE) que tiñan como moeda o euro". Neste sentido, continúa, "o euro representa un fracaso para o crecemento económico, sendo este maior naqueles Estados da UE que non adoptaron a moeda única. A pandemia non fixo máis que agravar unha tendencia que viña de vello". Bernardo Valdês, profesor de Economía Aplicada na USC: "Antes da crise de 2008 xa tiñamos un escenario de crecemento económico moi débil nas economías do euro" Valdês significa que "o crecemento económico ten que ver con economías como a da China ou doutros países asiáticos e non coa zona euro ou Estados Unidos, onde ademais se incrementaron moito as desigualdades". Asemade, advirte de que a "débeda pública vaise empregar como unha coartada para acometer recortes" e apunta que "as crises de débeda están asociadas á propia arquitectura institucional do euro, tal e como puidemos observar anos atrás nos Estados da periferia europea". A profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Cadaval teno claro: a preguntas de Nós Diario, sinala que "estamos na terceira crise do século XX. Estábamos inmersos na segunda crise, provocada pola pandemia, pero xa nun momento de crecemento económico, onde tíñamos recuperado 5,8% do Produto Interior Bruto (PIB) perdido pola Covid, chegou un novo golpe provocado pola invasión de Ucraína por Rusia, que incide especialmente nos prezos do gas, do petróleo e dos cereais e que comeza a agravarse a partir do mes de novembro". María Cadaval, docente da Universidade de Compostela: "A inflación xa afecta a columna vertebral da economía e por conseguinte son necesarias medidas" Cadaval pon no foco deste escenario económico a inflación. "Neste momento a inflación xa afecta a columna vertebral da economía e por conseguinte son necesarias medidas para arrefriar a situación", apunta, ao tempo que advirte dos perigos da "suba dos xuros tipo de interese para as economías domésticas, as empresas e o sector público". Nesta liña, lembra que "a débeda total do Estado, sumando a pública e a privada, que é a máis grade, representa 288% do PIB polo que calquera variación nos tipos de interese vai ter efectos". Asemade, expresa a súas dubida sobre "o programa Next Generation neste contexto" e reclama unha viraxe na súa xestión. Máximo histórico de inflación na OCDE O profesor de economía da USC Gonzalo Rodríguez non se atreve a determinar o alcance da crise pero entende que "o réxime de acumulación neoliberal está en proceso de reconfiguración e esa reconficuración é o problema". Neste sentido, considera que "as análises non se están centrando nas causas do problema senón nos síntomas, como acontece coa inflación", que o pasado mes de maio acadou o seu máximo histórico nos Estados da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) ao rexistrar 9,6%. Gonzalo Rodríguez, profesor e economista: "A suba da inflación non é consecuencia dos salarios, senón da suba dos beneficios empresariais" Rodríguez indica que "a suba da inflación non é consecuencia dos salarios senón do incremento dos beneficios empresariais" e denuncia o proceso de financeirización que significa a supeditación da economía produtiva a financeira".
NOS_3093
O primeiro premio, 03347, deixa 25 millóns de euros esparexidos por Galiza, de Valadouro a Redondela; de Meira a Baio, e así até en 21 concellos.
O Gordo da lotaría de Nadal, o número do 03347, saíu pasadas as 12:30 horas e tamén tocou en Galiza. O primeiro premio este ano do tradicional sorteo do 22 de decembro caeu moi repartido en todo o Estado español (en máis de 30 provincias e principalmente en localidades como Cuenca, Bilbo, Gernika e Huesca). Unha sorte que tamén tocou a un bo feixe de localidades galegas: Teo (máis de 6 millóns de euros) , Compostela (3,2 millóns na raxería de San Marcos), A Coruña, Zas, Outes, O Pino, Vilalba, Monforte, Valadouro, Fene, Poio, A Estrada, Sanxenxo... e así até 21 vilas e cidades. O Gordo implica catro millóns de euros á serie, o que é 400.000 euros por décimo. En total, por volta de 25,6 millóns de euros que se repartiron en Galiza, onde se venderon 63 décimos do número do primeiro premio. En Teo repartíronse 6 millóns de euros O cuarto premio 67774 deixou décimos vendidos na Coruña, As Pontes, Ourense e Guitiriz. O quinto 18.596 vendeuse en Coia-Vigo (900.000 euros) e Vilagarcía (60.000 euros). O número 02308, oitavo dos quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, vendeuse na Coruña, Oleiros, Coristanco, Santiago, Abegondo, Santa Comba, Guitiriz, Portomarín, Carballedo, Meira, Vigo (en dous puntos diferentes) e Meis.
NOS_23875
O que foi secretario de Organización do PP en Galiza terá que enfrontar unha dura petición de condena pola trama, durante cuxo desenvolvemento foi conselleiro de Portos de Galiza en representación do agora presidente da Xunta.
A comunidade de Madrid pedirá 18 anos de cadea para Pablo Crespo polos delitos de cofeito, malversación, falsidade e fraude a maioría cometidos entre 1999 e 2005 como número 2 das empresas relacionadas coa trama Gürtel, relacionada co PP. Esta é só unha das penas ás que terá que facer fronte no xuízo o que foi Secretario de Organización do PP galego nos anos 90, segundo informou a Cadena Ser, que fala de idéntica petición para Francisco Correa, líder do escándalo que ten na súa cerna ao partido gobernante en Madrid e en Galiza. Está por ver as peticións de condena que poida recibir Crespo respecto doutros delitos, mesmo cometidos antes de 1999. E que si é seguro é que o número 2 da Gürtel ocupou postos públicos remunerados grazas ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Entre 2003 e 2005 foi conselleiro de Portos de Galiza, con Feijóo á fronte do departamento de Política Territorial, que era ao que representaba Crespo. Tanto o actual líder do PP en Galiza como o alcalde da Coruña e daquela presidente de Portos, Carlos Negreira, negan publicamente lembrar nada da súa presenza. A trama Gürtel, pola que se pode mandar á cadea a Crespo (que saíu en liberdade condicional) relacionouse co caso Bárcenas pola presunta financiación irregular do PP. Nos anos 90 o PP de Galiza tería supostamente ingresado 21 millóns de pesetas nas arcas de Bárcenas. Feijóo só ten afirmado ao respecto que neses anos el non militaba no partido, se ben xa era alto cargo con gobernos do mesmo.
PRAZA_8826
O Goberno galego vén de iniciar o trámite da Lei de Garantías, a norma que permitirá traspasar doentes a centros concertados ou privados se a Xunta incumpre os límites de espera que ela mesma vai marcar.
O Goberno galego vén de iniciar a tramitación da Lei de garantías de prestacións sanitarias, a norma que o presidente da Xunta atribuíu á súa "convicción persoal" e que é presentada como o soporte definitivo para que ningún doente agarde de máis na sanidade pública galega. Pero o que a priori pode ser visto como unha ferramenta fulcral para axilizar de vez o Servizo Galego de Saúde é observado con cautela por parte do persoal sanitario e polas plataformas na defensa da sanidade pública. A razón destes receos é o mecanismo previsto por Sanidade para darlles saída aos pacientes que superen os tempos de espera máximos marcados na propia lei: a privada. Segundo o anteproxecto de lei, ao que tivo acceso Praza Pública, "os pacientes que requiran atención sanitaria hospitalaria, de carácter programado e non urxente" terán "garantida a mesma" en 60 días, no caso de intervencións cirúrxicas, 45 días para consultas externas e os mesmos 45 nas "probas diagnósticas e/ou terapéuticas". No caso das consultas externas cumprir este obxectivo implicaría, segundo os últimos datos dispoñibles -os do primeiro trimestre de 2013- rebaixar as listas actuais en apenas catro días, toda vez que a espera media está en 49,3 días. Pero para as operacións cirúrxicas o obxectivo está notablemente máis lonxe: en marzo de 2013 a agarda media situouse en 83,4 días contando POVISA -o hospital concertado vigués que é o de referencia para máis de 100.000 persoas- e en 69,3, sen POVISA. Se o doente "non recibe unha oferta para ser atendido no tempo máximo establecido", terá dereito a ir a un hospital privado e a Xunta reembolsaralle o que gaste Así as cousas, todo semella indicar que, especialmente nos centros hospitalarios máis saturados e en tempos de recortes, os 60 días de referencia van ser superados pola realidade. Que acontecerá entón? Segundo o anteproxecto, "en caso de que a espera prevista supere o tempo máximo establecido para a prestación da asistencia sanitaria, ofertarse a realización da prestación noutro centro da rede pública" ou tamén "nun centro concertado", isto é, nun hospital privado cofinanciado con fondos públicos. O Sergas deixa, ademais, a porta aberta a que "o paciente" non reciba "unha oferta para ser atendido no tempo máximo establecido". Nese caso "terá dereito a acudir a un centro privado da súa elección" ubicado en Galicia e "a ser reembolsado de acordo coas tarifas que se establezan". Isto é, o doente pagará a intervención na privada, pero a Xunta devolveralle os cartos. A outra chiscadela ao sector sanitario privado atópase nun dos dereitos que crea a nova lei, a "libre elección" de centro hospitalario. Atendendo ao texto do anteproxecto "garántese o dereito dos usuarios á elección do centro ou complexo hospitalario, dependente ou concertado", para a "realización dunha intervención cirúrxica, consulta externa ou a realización dunha proba diagnóstica ou terapéutica por un problema de saúde novo". Ao non ficar reducido á rede pública, esta marxe de manobra forzará, na práctica, a seguir financiando centros concertados aínda que, en determinadas áreas sanitarias, os hospitais públicos poidan satisfacer as necesidades da poboación. Menos información sobre listas de espera O Sergas prevé ofrecer información sobre as listas de espera só dúas veces ao ano e non cada tres meses, como ata agora Á marxe da relación entre sanidade pública e sanidade privada o Goberno galego tamén regulará con esta lei o xeito en que vai informar das listas de espera. Nomeadamente, Sanidade dedica o artigo 28 á "información xeral dos tempos de acceso" e explica que o Sergas "facilitará información a toda a cidadanía, a través do seu portal web, sobre o número de pacientes que figuran en espera e o tempo medio de espera para os distintos procedementos realizados por cada unha das especialidades e desagregados por centro sanitario". Este precepto implica que o Goberno fixa na lei unha práctica que xa se desenvolve na actualidade, pero non é exactamente así. Dende hai anos o Sergas publica en internet as súas listas de espera ao remate de cada trimestre e, segundo a nova lei, esta información será publicada de maneira "semestral". Así as cousas, se a lei remata o seu trámite parlamentario sen modificacións a Xunta só informará dúas veces ao ano sobre as listas de espera do Sergas.
PRAZA_9937
Iris Malvido (Vigo, 1989) concorre por primeira vez a unhas eleccións como cabeza de lista de En Marea na provincia de Pontevedra. Asegura estar "moi optimista" cara á cita coas urnas do 28A, tras a que se amosa convencida de que será deputada. "Xa o dixen cando comezou a campaña, en Pontevedra, de dous non baixamos", afirma
Iris Malvido (Vigo, 1989) concorre por primeira vez a unhas eleccións como cabeza de lista de En Marea na provincia de Pontevedra. Tras varias semanas "a patear a provincia" asegura estar "moi optimista" cara á cita coas urnas do 28A, tras a que se amosa convencida de que será deputada. "Xa o dixen cando comezou a campaña, en Pontevedra, de dous non baixamos", afirma rindo.O espazo electoral de En Marea leva un tempo prolongado de reconfiguración, tamén de convulsión. É máis complexa a competencia nestes comicios fronte ao bloque da dereita ou pola primacía na esquerda?Estamos nun momento histórico e a palabra reconfiguración é acaída. Están tentando meternos moito medo, pero as enquisas din que a dereita non vai sumar e o que nos imos xogar é o tipo de goberno que queremos, cun PSOE que teña que pactar con forzas como En Marea ou un PSOE que pacte con Ciudadanos. Para conseguir dereitos sociais e defender as demandas da cidadanía galega é mellor un goberno con En Marea.Reiteran que o seu aval nestes comicios é a coherencia. En que sentido?"Cando dixemos que iamos defender os dereitos das galegas e galegos, levámolo ata o último punto e estivemos en contra duns orzamentos que supuñan unha redución para Galicia"En todo momento fixemos o que dixemos que iamos facer. Cando dixemos que iamos defender os dereitos das galegos e galegos, levámolo ata o último punto. Como organización, En Marea estivo en contra duns orzamentos que supuñan unha redución de investimentos en Galicia. Estivemos dispostos a favorecer maiorías alternativas dende o primeiro momento, pero tamén que as galegas e galegos tivésemos voz e as nosas demandas fosen escoitadas, e para iso son necesario investimentos.Na súa circunscrición a cuestión de ENCE vai ser un dos debates que, seguro, haberá que abordar na vindeira lexislatura. Di o persoal que as forzas de esquerda deberían defendelos como fan noutras industrias… Como o ve?Eu entendo completamente a posición dos traballadores, pero non teñen que lanzar a súa crítica ás forzas da esquerda. O único que estamos facendo é pedir que se cumpra a legalidade, porque ENCE está ilegalmente na ría de Pontevedra. A prórroga foi ilegal e ten que marchar da ría. Estas demandas deberíanas levar ao consello de administración de ENCE, que é o que non garante os postos de traballo, o que leva aplicados dous Expedientes de Regulación de Emprego. A localización de ENCE non é acaída paisaxisticamente, polo impacto da ría e porque está provocando unha expansión sen control do eucalipto; non podemos estar sufrindo incendios e que ENCE non teña ningunah consecuencia por estar promovendo estes cultivos que acaban coa nosa biodiversidade."O que non garante os postos de traballos é o consello de administración de ENCE"O traspaso da AP-9 foi un dos asuntos que quedou sobre a mesa na pasada lexislatura polo adianto electoral. Se depende de vostedes, esixirano para dar apoio a unha eventual investidura de Pedro Sánchez?Dende logo. O da AP-9 é unha sangría e por iso non só esiximos a transferencia, tamén solicitamos a gratuidade. Na provincia de Pontevedra estase favorecendo a duplicación desta infraestrutura coa construción da A-57, á cal nós nos opoñemos radicalmente. O diñeiro que se vai gastar en duplicala tense que gastar en facer gratuíta a AP-9. É algo que xa está sobre a mesa doutras comunidades e hai capacidade para negociar neste sentido.Ven disposición no PSOE a negociar neste sentido?O PSOE ten capacidade de negociación, pero as galegas e galegos temos que facernos respectar. Se imos cunha axenda galega do cambio e cun compromiso coa cidadanía, temos que poñelo sobre a mesa. Somos capaces de chegar a acordos, pero non somos un cheque en branco. "Reclamaremos continuar todo o traballo desenvolvido por Alexandra Fernández na investigación de Angrois"Tamén quedou sen rematar a investigación política do accidente de Angrois. Reclamarían retomala no novo Congreso?Si, dende logo. Reclamaremos continuar todo o traballo desenvolvido por Alexandra Fernández, continuar escoitando as vítimas e esixir que se cheguen ás conclusión e que pase a existir unha comisión real de control permanente.Que outras condicións serían irrenunciables para o seu apoio a unha eventual investidura de Pedro Sánchez?Na provincia de Pontevedra potenciar a mobilidade, potenciar o Corredor Atlántico ferroviario e a saída sur de Vigo para nós son irrenunciables de cara á futura investidura. Precisamos o desenvolvemento económico da provincia porque se á provincia lle vai ben, vaille ben a Galicia. Hai que apostar pola investigación porque permitirá que se xeren as ideas e haxa valor engadido para que as empresas non se deslocalicen. Ademais, unha aposta moi clara pola loita contra a precariedade e iso implica que se poña enriba da mesa a necesidade de derrogar as dúas reformas laborais. Isto afecta fundamentalmente ás mulleres e ás persoas mozas con contratos de formación encadeados que permiten que só nos paguen o 75% dos salario. Tamén a recuperación do talento a través de atraer persoas mozas emigradas, como fun tamén eu no pasado.Apunta ao voto da mocidade, un grupo electoral que cada vez é menos numerosos en Galicia. Confía en que o voto mozo se fixe en En Marea? Estudos previos ás eleccións dinnos que a mocidade é pouca e que se abstén máis que a media da poboación...."Animo á 'Xeración Xabarín' a que vote coa idea de que En Marea é un voto necesario que vai crear maiorías progresistas e que as galegas e galegos teñamos voz"A maior parte das persoas indecisas son mozas. Por iso eu animo á Xeración Xabarín a que vote e a que vote coa idea de que En Marea é un voto necesario e pragmático, porque vai permitir crear maiorías progresistas e que as galegas e galegos teñamos voz. E isto non é unha aposta só pola mocidade, hai unha solidariedade interxeracional, igual que cando falamos de pensións non falamos só de persoas maiores.Outro dos asuntos que marcou a fin da lexislatura foi o frustrado proxecto de orzamentos do Estado. A fin das grandes partidas do AVE minguará, previsiblemente, o investimento territorializado para Galicia nos vindeiros anos. Como afrontan o debate?Para nós a prioridade é conectar o territorio e vertebralo non só para as mercadorías, tamén para as persoas e que as conexións por ferrocarril teñen que ser públicas. Tamén hai que potenciar o porto seco da PLISAN, que as mercadorías se movan tamén no interior para dinamizalo e tamén como forma de descargar os portos que están asumindo recheos innecesarios que afectan directamente ás rías cun impacto clave para os nosos recursos naturais. Tamén apostamos por un tecido industrial que reparta beneficios e se adapte á transición ecolóxica.Nese sentido, é partidaria da conexión de Vigo co tren de alta velocidade a través de Cerdedo?Non é unha cuestión de opoñerse ou non, senón de que temos outras prioridades. O diñeiro ten que investirse con moita cabeza. Que se quere levar adiante? Se non é excluínte, pódese estudar, pero non é unha prioridade. Sábese que é excesivamente custoso; quen o impulse ten que explicar as razóns para facelo e non optar por outras alternativas."Parece mentira que en pleno século XXI esteamos dando debates sobre o tema do aborto, o matrimonio igualitario ou a violencia machista"A igualdade é outro dos asuntos transversais nesta campaña, na que algunhas forzas mesmo cuestionan a propia terminoloxía en materias como a loita contra a violencia machista. Cales son as súas prioridades neste eido para a nova lexislatura?Parece mentira que en pleno século XXI esteamos dando debates sobre o tema do aborto, o matrimonio igualitario ou a violencia machista. Nós, por suposto, defendemos a lei de protección fronte á violencia machista e tamén estamos dando o debate para non falar só de teitos de cristal, tamén de chan pegañento, da imposibilidade que temos as mulleres de saír dos ámbitos domésticos, de vérmonos abocadas á precariedade... Os datos están aí e cómpren políticas reais.Que lle diría ao potencial electorado de En Marea desencantado polos conflitos internos?Que aquí hai unha alternativa que está configurada por persoas reais con problemas reais e solucións reais. Que é un voto pragmático que vai ter en conta as demandas de galegas e galegos, vai apostar polo desenvolvemento económico e pola mellora social. Ademais, somos a única organización que foi a primarias abertas e temos a vontade de seguir xerando espazos de participación. O que nos estamos xogando son escanos que se disputan entre En Marea e Ciudadanos e é moito maís positiva unha maioría progresista na que estean diferentes alternativas a nivel estatal que un PSOE que pacte con Ciudadanos.
NOS_25913
A concesión pola AELG da distinción Escritor na súa Terra desenvolveuse este sábado en Oleiros, onde se descubriu un monolito conemorativo e o autor plantou un carballo. Faise xustiza así a un escritor non sempre entendido.
Xoán Ignacio 'Nacho' Taibo (Madrid, 1949) tivo este sábado o recoñecemento máis importante, o da propia casa. Un recoñecemento en Oleiros, onde residiu boa parte da súa vida; e un recoñecemento polos seus propios compañeiros e compañeiras, os escritores e escritoras, a través da AELG. "Hai algo que me afecta moitísimo máis que unha crítica negativa, e é a ausencia, o silencio total", confesaba Taibo nunha entrevista recente en Sermos Galiza. Unha frase máis na que se descubría ese exilio interior no que tivo que navegar o escritor. Nun texto autobiográfico publicado na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Taibo lamentaba o "activo rexeitamento" que suscitaba na crítica a súa obra serodia. A viséximo cuarta edición do Escritor na súa Terra concédelle a letra E e unha homenaxe en Oleiros a este autor. Entregóuselleu o galardón Letra E (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), plantouse unha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e colocouse un monólito conmemorativo. Un acto no que estiveron presentes escritores, representantes de formacións como BNG ou En Marea, así como o alcalde de Oleiros, Ángel Garcá Seoane. As persoas homenaxadas nestes anos: I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS (1995). Taramancos II Edición: BERNARDINO GRAÑA (1996). Cangas do Morrazo III Edición: MANUEL MARÍA (1997). Outeiro de Rei IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN (1998). Vigo V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS (1999) Gres, Vila de Cruces VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo, 2000). Parada do Courel VII Edición: LUZ POZO GARZA (2001). Ribadeo VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO (2002). Vilalba IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO (2003) Nogueira de Ramuín X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI (2004) Teis. Vigo XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ (2005). Ourense XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG (2006). Vigo XIII Edición: MANUEL LOURENZO (2007). O Valadouro XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (2008). Melide XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (2009). Vilalba XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE (2010). Santiago de Compostela XVII Edición: PACO MARTÍN (2011). Lugo XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS (2012). Ribadeo XIX Edición: MARICA CAMPO (2013) O Incio. XX Edición: XABIER P. DOCAMPO (2014). Castro Ribeiras de Lea XXI Edición: XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO (2015). Vilaboa XXII Edición: HELENA VILLA JANEIRO (2016). Rianxo XXIII Edición: PILAR GARCÍA NEGRO (2017). Lugo.
NOS_9908
Foi detido por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, perante o que se negou a declarar cando foi citado porque non recoñece a súa autoridade para xulgar decisións parlamentarias.
O exvicepresidente do Parlament de Catalunya Josep Costa foi detido por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, onde está a ser investigado, acusado de desobediencia ao Tribunal Constitucional español, segundo informaron fontes da defensa e do tribunal. Actualmente atópase no calabozo e pasará a disposición da xuíza Maeia Eugènia Alegret ás 14:30 horas. Vox pedira a súa detención porque non compareceu a declarar cando foi citado, xunto co expresidente Roger Torrent e os exconselles Eusebi Campdepadrós e Adriana Delgado. No reconec l'autoritat del TSJ per jutjar cap acord del Parlament.No té sentit dialogar amb uns jutges i fiscals repressors, que no entenen conceptes bàsics com la separació de poders.L'objectiu és derrotar-los a Europa. Per això he decidit no anar avui a declarar. pic.twitter.com/BFMUrr5TVK— Josep Costa (@josepcosta) September 15, 2021 Costa non declarou porque dixo non recoñecer a autoridade do tribunal para xulgar acordos e debates parlamentarios. Nunha mensaxe publicada en Twitter, dixo: "Non estou disposto a montar unha mesa de diálogo con xuíces e fiscais represivos que non teñen nocións básicas do que é a separación de poderes. O meu obxectivo é gañar esta batalla en Europa, polo que decidín non testificar".
NOS_30640
A medida chega tras a recente declaración conxunta entre os Gobernos español e marroquí para normalizar as súas relacións.
O Frente Polisario anunciou este sábado a súa decisión de suspender os contactos co actual Goberno español tras mostrar este o seu apoio ao plan de autonomía de Marrocos para o Sáhara Occidental. Así o indicou nun comunicado a Secretaría Xeral do Polisario, onde explicou que "ante os pasos concretos" dados polo Goberno de Pedro Sánchez, decidiron suspender os contactos co Executivo español para desmarcarse "de usar o tema saharauí". O Goberno español cede ante Marrocos e apoia o seu plan para o Sáhara Occidental "O Frente Polisario decide suspender os seus contactos coa actual Goberno español (...) no marco de miserentos tratos co ocupante, e até que se adhira ás resolucións de lexitimidade internacional que recoñecen o dereito do pobo saharauí á autodeterminación e ao respecto das fronteiras do seu país tal e como son recoñecidas internacionalmente", detallou o Polisario. O Polisario asegurou na carta que o Estado español "ten responsabilidades" cara ao pobo saharauí e ante Nacións Unidas, xa que "é a potencia administradora" da rexión, e que as súas responsabilidades persisten. Un ano da ruptura do alto o fogo no Sáhara Occidental Tamén agradeceron ao Congreso dos Deputados e ao "movemento amplo e transversal de solidariedade" coa súa causa, por instar "tan rotundamente" ao Goberno español sobre a "necesidade de volver á senda da legalidade internacional".
PRAZA_10427
Os cambios no Goberno galego en función dos intereses electorais do PP veñen sendo constantes e rexistrándose en calquera momento dos últimos mandatos
Os cambios no Goberno galego en función dos intereses electorais do PP veñen sendo constantes e rexistrándose en calquera momento dos últimos mandatosA arenga ante os altos cargos do seu goberno coa que este xoves Feijóo tentou retomar a iniciativa política tras as recentes e históricas derrotas electorais do PP incluíu en varias ocasións gabanzas do presidente da Xunta ao seu "goberno estable" e "con experiencia" fronte a outras administracións. Foi na práctica un mitin con medios de comunicación presentes para os conselleiros, secretarios e directores xerais sentados ante el, dos que só 13 dos 66 actuais se manteñen nos seus cargos desde que Feijóo chegou á presidencia da Xunta.Os cambios no "goberno estable" de Feijóo veñen sendo habituais nos seus tres mandatos, e non só en cada unha das tres investiduras do presidente. A composición da Xunta neste tempo foi cambiando tamén en función das necesidades do PP tanto en Galicia como en Madrid, dando saída ou entrada a membros do PP que intentaron facerse con outras administracións ou que viñan de quedar sen cargos tras perder outras eleccións.Dos once conselleiros actuais só dous, Alfonso Rueda e Rosa Quintana, estaban no primeiro Goberno de Feijóo, do que só se manteñen tamén 11 dos 55 secretarios e directores xerais actuaisDos once conselleiros actuais, só dous estaban no primeiro Goberno nomeado por Feijóo en 2009: o agora vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que neste tempo foi cambiando de competencias.No segundo nivel, o dos secretarios e directores xerais, só 11 dos 55 altos cargos actuais comezaron en 2009: o director do gabinete de Feijóo, Álvaro Pérez; a secretaria de Vicepresidencia, Beatriz Cuiña; o director de Xustiza, Juan José Martín; o director de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo; o director de Función Pública, José María Barreiro; a directora de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; o director de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces; o secretario de Universidades, José Alberto Díez; o director de Centros e Recursos Humanos de Educación, José Manuel Pinal; o director de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto; e a directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Porén, en varios casos as súas competencias ou rango variou neste tempo.
NOS_2530
Após as críticas, a empresa aceptou na tarde desta cuarta feira implantar o teletraballo para todo o persoal
Finalmente Unisono aceptou estender o teletraballo a todo o seu persoal. Fíxoo despois das críticas e tensión destes días. O comité de empresa da compañía Unisono en Vigo, onde a teleoperadora ten 3 centros, propuxo o cesamento da actividade nos mesmos após rexistrarse un positivo por coronavirus e de denunciar nestes días que non se cumprían as medidas preventivas dispostos. O comité apela ao artigo 21 da lei de prevención de riscos laborais que fai referencia a situacións de perigo para a saúde de traballadores e traballadoras. Por iso o comité acordou por unanimidade convocar un paro no mínimo de 24 horas á espera de que tome cartas a autoridade laboral, pois esta situación foi posta en coñecemento de Inspección de Traballo. Nestes días a denuncia dos sindicatos de que en Unisono Vigo non se daban as condicións mínimas de seguridade sanitaria requeridas para previr o coronavirus foron collendo forza. Segundo as centrais, a resposta patronal foi "ameazar" o persoal de que aquelas teleoperadoras que abandonasen o posto de traballo serían sancionadas. A situación xerou ataques de ansiedade a traballadores.
NOS_56091
Asegura que ERC valoraría entrar no Govern da Generalitat se o executivo catalán fixa unha data "non moi afastada" para o referendo e elabora "unha pregunda específica" a respeito da independencia de Catalunya. Do contrario, advirte que rachará co pacto de estabilidade acordado após os comicios do 25N
O president de Esquerra Republicana de Catalunya asegurou esta segunda feira que estaría disposto a se incorporar ao Govern de Artur Mas se CiU fixa unha "data que non demore moito no tempo" e "unha pregunta específica" coa que consultar ao pobo catalán nun referendo de autodeterminación. O líder de ERC respondía así á cuestión achegada polo president da Generalitat que convidaba a ERC e PSC a tomar parte do goberno catalán. "Queremos unha data non moi afastada e unha resposta explícita a unha pregunta específica" aseverou Junqueras. Desde ERC, consideran que a crise económica non poder converterse "nunha excusa" para demorar a consulta soberanista e exixiron ao Govern de Artur Mas que poña data ao referendo ou, do contrario, racharán co pacto de estabilidade asinado após os comicios do 25N. "Non manteremos o acordo", advertiu Junqueras, se a consulta sobre a independencia de Catalunya "se adía ou anula". Para o líder de ERC o seu apoio ou non a Artur Mas pende dun fío e atópase ligado ao futuro do pobo catalán. Aliás, asegurou que aprobará ou non os orzamentos para 2013 segundo o que "sexa máis útil para explicar á cidadanía a verdade poi, acrecentou o seu partido "non vai contribuír a alongar indefinidamente esta agonía".
NOS_54541
O narcotraficante, castigado a seis anos de cárcere e 21 millóns de indemnización por lavar cartos procedente de actividades ilegais nos anos 80.
Seis anos e un día de prisión e multa de 21,5 millóns de euros por facer pasar por legal diñeiro do narcotráfico pero absolto do delito de violación de secretos. En todo caso unha pena histórica pola cantidade da indemnización e simbólica pola identidade do castigado: Marcial Dorado, o coñecido narcotraficante que compartía amizade, viaxes de ocio e paseos en iate nos 90 co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A Audiencia Nacional afirma na sentenza que non pode probar que os cartos que ingresaba Dorado procederan do narcotráfico, pero considera que a súa actividade empresarial non podía xustificar esas cantidades, que a defensa do condenado intentou relacionar co contrabando nos 80. Unhas imaxes de Dorado e Feijóo xuntos nun iate hai ano e medio causaron un gran escándalo na política galega, posto que cando se sacaron -a mediados dos 90- o actual presidente da Xunta xa era alto cargo na administración autonómica e Dorado xa fora en varias ocasións relacionado con actividades ilegais.
NOS_55200
Por iniciativa do selo editorial Dr. Alveiros, que vén sendo da Fundación Vicente Risco, saíu a finais do ano 2021 esta monografía de case 400 páxinas nas que Iria-Friné debulla cadros, capas de libros, carteis, "decoracións", como chaman na época aos panos de fondo das actuacións musicais ou teatrais, realizados por Camilo Díaz Baliño.
Había tempo que este personaxe pedía un libro de seu, unha "biografía artística", como quixo Iria-Friné Rivera Vázquez, que ben sabemos leva anos dedicada con verdadeira devoción ao Legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño, como ela titula. O caso é que por iniciativa do selo editorial Dr. Alveiros, que vén sendo da Fundación Vicente Risco, saíu a finais do ano 2021 esta monografía de case 400 páxinas nas que Iria-Friné debulla cadros, capas de libros, carteis, "decoracións", como chaman na época aos panos de fondo das actuacións musicais ou teatrais −unhas trescentas, dicía Camilo que xa fixera, nunha entrevista do ano 1927−, tamén inclúe a estudosa o deseño de diplomas e mesmo algunha incursión no interiorismo, como a intervención do deseñador no Café Restaurant Español de Santiago, no número 39 da rúa do Vilar, fundamentalmente inspirado no xaponesismo. A autora dedica longas descricións a cada peza analizada, mesmo coa relación das súas cores e, no caso de obras gráficas, coa referencia ás letras rotuladas, que son unha das especialidades de Díaz Baliño. Pero Iria non só se dedica a inventariar e mesmo descubrir −lembro agora o Tríptico do Cabaleiro d'o Sant Graal−, senón que persegue a orixe dos temas iconográficos do artista: a grande influencia que exerce Risco, o peso dos prerrafaelistas ingleses, o modernismo internacional, de Morris a Mucha ou a Mackintosh, os ballets rusos, o barroco de placas compostelán e por fin a art-decó. E así vense explicar como aparece, como se fai, "el primer pintor celta de nuestra tierra" como xa anuncia o xornal Galicia en 1920. A autora dedica longas descricións a cada peza analizada, mesmo coa relación das súas cores e, no caso de obras gráficas, coa referencia ás letras rotuladas, que son unha das especialidades de Díaz Baliño. Ás veces, as prolixas descricións poden parecer tediosas, pero de contado o lector entende que ela ve máis alá e entón agradece que o conduza onde de seguro que moitos non chegaríamos. Naturalmente o libro ten profusión de imaxes absolutamente necesarias para a análise iconográfica, para as comparacións, para as valoracións, mágoa que a edición sexa vulgar, que o deseño sexa desleixado e non responda como merece ao traballo ben informado e cheo de erudición, que Rivera Vázquez nos ofrece. A min persoalmente non todo o de Camilo me interesa, pero é un dos construtores da nación galega con potentes símbolos e imaxes sedutoras, e é ademais un pioneiro do deseño gráfico na Galiza, contribuíndo a crear unha profesión que, onte coma hoxe, configura a imaxe de nós mesmos como cidadáns galegos. Díaz de gloria
NOS_56739
A iniciativa presentada por UPyD quer recuperar "o nome español dos topónimos", así como que se poida acceder a un emprego público en Galiza sen saber galego, que a administración autonómica use o español na súa documentación e comunicación; ou que a CRTVG emita en castelán.
Unha batería de medidas concretas para acabar "coa discriminación do español" en territorios como Galiza, Catalunya ou Euskadi. Así presentou Andrés Herzog, portavoz de UpyD no Congreso, a proposición de lei orgánica que o partido maxenta quer que a Cámara baixa tramite "por vía de urxencia" para que fique aprobada antes do fin da actual lexislatura. Unha proposta na que "a recuperación do nome español dos topónimos erradicados" vai da man de peticións como que o coñecemento do galego non sexa un requisito para ser empregado público en Galiza ou que a Xunta use o castelán. Non falla tampouco, o clásico de impulsar o español no ensino fronte "á súa discriminación". Para Herzog, no Estado español está moi extendida, di, a "concepción errónea" de que "as linguas teñen dereitos". Unha afirmación que fai para, a seguir, contrapoñer o que di que é unha imposición do galego, catalán ou vasco ao dereito da 'cidadanía' a falar español. Seis son as actuacións e propostas concretas recollidas na proposición de Lei Orgánica presentada por UPyD. "Recuperar os topónimos erradicados" De se aprobar esta LO impulsada polo partido de Rosa Díez os "topónimos en castelán" terían que figurar nas rotulacións de todas as vías "urbanas e inter-urbanas", ademáis de que se procedería a "recuperar o nome tradicional español dos diferentes topónimos, que foi erradicado". O que suporía a volta de La Coruña, Orense, Villagarcía, Rianjo, Vivero, La Isla... fórmulas erradicadas por mor "da agresiva política lingüística" da comunidade. Non é o dos topónimos o único campo onde esta LO procura unha regresión na lexislación cara a unha 'españolización' absoluta. No punto de 3 da proposta especifícase que "as disposicións normativas e non normativas de calquera administración (….) e dos organismos públicos, sexan do ámbito que sexan, deberán redactarse e publicarse cando menos en castelán". "Igualdade entre españois" En Galiza faise un uso "excluínte" do galego que impide que "os españois concorran en igualdade de condicións" a un posto de traballo. UpyD fai desta a súa afirmación o argumento en base ao cal solicitar que no acceso a un emprego público en Galiza non teña como requisito coñecer unha das linguas oficiais e a lingua propia do país, o galego. O mesmo pide este partido para Euskadi e Catalunya, que para ecxercer un emprego público neses territorios non se teña porque coñecer os seus idiomas. A petición de que os medios de comunicación públicos (no caso galego, a CTVG) use o español é outra das reclamacións expresadas na proposición de Lei Orgánica que UpyD quer que se tramite por vía de urxencia.
NOS_7785
Do período rexionalista previo á eclosión das Irmandades da Fala hai unha publicación en lingua galega da que se sabía moi pouco. Trátase de A voz do País, "semanario rexionalista" publicado en Monforte de Lemos no ano 1912, do que existe unha colección na Real Academia Galega consultábel en Galiciana. Monforte de Lemos convertérase a raíz da inauguración do ferrocarril Palencia-A Coruña en 1883 nun ponto de importancia comunicacional na Galiza. Quizais por iso, varios encontros e acontecementos de importancia de ámbito galego celebráronse na cidade do Cabe: as Asembleas Agrarias de 1908, 1910 e 1911 ou a IV Asemblea Nacionalista de 1922.
Problema gallego Unha das cuestiós mais importantes de cantas Galicia ten propostas ante os poderes públicos, a mais vital quizais, e que por tanguer directamente aos intereses mais fondos do país, está pidindo hai moito tempo unha resolución xusta e definitiva, é a da desgravación do maíz e do centeo. Non hai ninguen que non sepa que o maíz, millo, ou maínzo, como tamén se chama, e o centeo son o pan das xentes que viven no campo en Galicia. Tanto aquel como este son dous artículos de primeira, de capitalísima necesidade, para o sustento da gran masa da población gallega, que somentes proba o trigo nos días da festa de cada parroquia; e abonda esta consideración pra patentizar canto interesa o facelitar o maíz e o centeo baratos, que é como decir telo pan barato, e escorrentar o sinistro fantasma da fame do esquilmado lar do campesino gallego. Pero hai mais ainda, que sendo Galicia unha rexión esencialmente ganadeira, e sendo o trafego cos gados a fonte principal da riqueza do país, interesa sobre maneira ao labrador, o dispoñer de forraxes en cantidade precisa e a precio convenente, non xa pra evitala ruina, sinon pra producir mais e millor, aumentando así a riqueza do país. Agora ben, como Galicia non produce, nin remotamente a cantidade que necesita deses dous artículos, ten que importalos do extranxeiro, e si os que gobernan atendesen ao que a Galicia conven, aforra o decer que non pagarían dereitos de entrada nas Aduanas, nin tampouco, como artículos de primeira necesidade pagarían dereitos de consumo. Esto sería o lóxico e o xusto, pero non se fai así. Nas asambleas agrícolas que nesta cidade se celebraron nos anos 1.907, 1.909 e 1.910 tratouse o asunto e solicitouse do Goberno a franquicia arancelaria, é decir, a libre entrada do millo e do centeo extranxeiros pra Galicia, e a desgravación de consumos, e outro tanto pidiron porción de sociedás e corporaciós gallegas, e non hai moito tempo ainda o Consello provincial de Agricultura de Coruña elevou un notabilísimo informe sobre a franquicia arancelaria pra o millo, indicando ao Goberno de paso que a cambio de tal ventaxa se concedese por exempro ao maíz arxentino, podríase obter do Goberno da República sud americana unha ventaxa igual no arancel de aló pra os viños hespañoles. [...] (nº. 2. 14-04-1912) Tributo obrigado ó Doctor Casares Cúmplense hoxe os cen anos dende o nascemento do ilustre monfortino, doctor D. Antonio Casares e Rodríguez, que foi honra da Universidade gallega e traballador incansable en quen os adiantos da cencia atoparon forte paladín. A fama de Casares non colle dentro de Galicia, nin de Hespaña, porque foi unha verdadeira gloria da cencia, e as suas obras que deixou escritas testemoñan a participación grande que tomou e lexitimamente lle corresponde nos progresos da química no derradeiro seculo; pero o seu nome será sempre honor e prez da Escola compostelana en que foi maestro respetado e querido, e de Galicia inteira, e mais singularmente desta Cidade que arrolou o seu berce e onde o seu privilexiado cerebro recibíu as pristinas inspiraciós da cencia. Fixo xa vintecatro anos que morreu, e dende entón Galicia ten incumprida unha debida de gratitude, que agora non pode demorar por mais tempo. Hai anos falouse de erguer unha estatua como homenaxe de Galicia toda pra perpetuar a mermoria do insigne sabio gallego, e Corporaciós docentes, e Diputaciós, e Municipios de Galicia, dispúñanse a contribuir á suscripción pública que se iba faguer; mais aquelo esquenceuse, e o tributo obrigado está por satisfacer. [...] (nº. 4. 28-04-1912) Cousas da Vila Sigue sendo o asunto do día o molote que os señores de Madrid formaron a conta do cuadro de Van der Goes, do noso convento da Compañía. Despois de tanto falar, e de tanto latricar, acaban uns e outros por decrarar que se trata dunha cuestión de direito que descoñecen, e do traido e levado informe do Consello de Estado somentes se sabe o que publicou o Diario de Cádiz. É dicir, que se armou un rebumbio sin se saber por qué, por unha especie de quixotismo de algun que sin siquera ter visto o cuadro sinte magoado o honor artístico nacional coa idea de que o leven pra seu país os alemás a cambio de sendos millós que fan boa falta. ¿Porque os que así falan non se darán unha volta por eiquí pra ver o lastimoso estado de esta outra obra de arte que se chama o Convento da Compañía, o Escorial gallego, amenazado de irremediable ruína, si non veñen eses millós a coitala? Eso non, si se cai, que se caia: a cuestión é telo cuadro, e sobre todo, como se poida levalo pra Madrid, porque segundo a neta doctrina centralista que en Madrid ten seu asento, os que alí non vivimos non temos direito a nada, e debemos de calar como petos cando se nos ispe hastra da camisa que levamos. E cuase que fan ben, por que hastra o de agora o sistema doulles moi bon resultado. É graciosísima a doctrina do Sr. Igual sostida no Congreso e nun artigo que pubrica na «Correspondencia de España» de antonte: o cuadro debe ir ao Museo de Madrid porque non hai nel ningunha obra de Van der Goes. Pois aquí, en Galicia non temos tampouco ningunha obra do famoso maestro, e esto abondaría pra dar por terra coa tal doctrina. Non, aquí non hai outro camiño que desentrañar a cuestión de propiedade, e sendo noso, sendo do noso pobo ninguén ten que pensar en levalo. Temos noticia de que o noso Excmo. Auntamento vai celebrar unha sesión extraordinaria pra tratar deste asunto, e ben será que tome as suas medidas dirixíndose aos Diputados de Galicia, ás Diputaciós provinciales gallegas, e aos Municípios das Cidades de Galicia pra que o axuden a defendelo seu interés gravemente amezazado por esa onda de centralismo que se ven formando, e pra que se sepa que os gallegos non estamos dispostos a deixarnos levar o que de dereito nos corresponde, calquera que sean as compensaciós que se ofrezcan. Na derradeira sesión do noso Concello o concexal D. Xavier Rodríguez demostrou cumplidamente o indiscutible dereito do pobo monfortino sobre esa obra de arte, e afirmou que somentes o noso Concello coa intervención do patrono e da Comunidade dos RR. PP. Escolapios pode dispoñer desa magnífica obra de arte pra empregalo seu importe en beneficio dos fins da Fundación e do pobo en xeneral. E dixo mais: dixo que ninguen o levará de aquí sin pagalo a non ser que se queira provocar en Monforte un suceso de mais graves consecuencias que o de Oseira. [...] (nº. 12. 23-06-1912) A carantoña [...] Cúmprenos como gallegos o desfacer semellante patraña dos agoreiros da política centralista, porque en canto a Galicia se refire non é verdade a sua afirmación de que aquí non se sinten eses pulos, esas ánsias de vida espiritual e material, propia, intensa, progresiva, autónoma. Como sintir, sintiranse quizais mais que en ningunha outra rexión de Hespaña, pero Galicia é sofrida, sofrida de abondo, e sofre e cala, pero xa non chora e traballa sin descanso. O fenómeno da emigración gallega que ninguen poderá satisfactoriamente explicarse por móviles individuales, é un movimento expansivo que responde a un ideal de raza, e abonda pra demostrar a propios e alleos que o noso pobo non se resigna á miseria e á abxección e ten ánsias de vida e loita polo seu milloramento. Canto o esprito da raza alente en nos, soilo nos o sabemos, e ninguen sabe hastra que punto pode levarnos no sacrificio. Por eso como gallegos ten que nos doer que se diga que o proiecto de mancomunidades foi feito somentes pra Cataluña, porque os gallegos queremos tamen que se nos faga xusticia, e queremos que sin berros, e sin alarmas se nos atenda e axude no noso laborioso traballo de reconstitución das forzas que o centralismo nos tirou. [...] (nº. 10. 9-06-1912) O mais noso Fai mais de catro centos anos que nosa fala nativa ven sofrindo o embate de outra mais afortunada, que consiguiu se impor como língoa oficial, sin lle ceder por eso o posto. [...] Os gallegos debemos de poñer particular empeño en honrar canto é noso, e por riba de todo facer obxeto de especial veneración o noso idioma gallego que é o símbolo da nosa nacionalidade e que nos distingue de todolos demais pobos do mundo. Nosoutros quixéramos que como acaba de facer a Diputación de Barcelona, creando unha Cátedra de língoa catalana, dada en catalán, creasen as Diputaciós gallegas Cátedras de língoa gallega: quixéramos, como propuxo Ilustración Gallega, de Vigo, que se enseñase o gallego nas escolas, e houbera Cátedras de literatura gallega na Universidade, e nos Institutos e escolas normales e de Comercio de Galicia; quixéramos tamen que as houbese nos Seminarios; pero mentras non se fai todo esto e o noso renascimento literario non é axudado polos elementos oficiales, non debemos de omitir canto de nosoutros dependa pra conseguir que a nosa doce e estimada fala nativa ocupe o lugar que lle é debido. Non faremos despois de todo outra cousa mais que cumplir cun elemental deber de patriotismo, que Galicia eisixe dos seus fillos.(nº 14. 7-07-1912) O mal e o remedio [...] Galicia pola fertilidade dos seus campos, pola abundancia da pesca nas suas costas, pola riqueza do subsuelo, polas augas minerales, polas suas condicións especiales pra desarrollar grandes industrias e pola sua posición xeográfica é o país mais rico en recursos naturás do continente europeo. E Galicia é a pesar seus recursos naturás, o país onde a vida se fai mais dificil, e os seus fillos vense precisados a emigrar a terras alleas. ¿Cal é o motivo? ¿Onde está a causa deste fenómeno? Fálase do caciquismo, do rutinarismo dos nosos paisanos; da falta de esprito industrial e comercial dos capitalistas gallegos, e hai tamen quen fala da emigración como causa cando todo esto soilo é un efeuto. É indudable, que todas estas son causas pero causas de segundo orden derivadas dunha causa principal, que é o centralismo, ese sistema chupóptero que non solo consume as nosas enerxías sinon que atrofia o noso organismo social. Si queremos a redención de Galicia debemos ir dereitos sin vacilar nada á autonomía, único medio de destruir ese funesto centralismo. Coa autonomía cortaremos de raíz o caciquismo que nos aniquila e poñerémonos en condiciós de desarrollar con proveito, as nosas actividades. Pra conseguir a autonomía, a intelectualidade gallega é a chamada no libro, na prensa e no mitin, a crear un estado de opinión en toda a rexión, pra conseguir por a forza o que se nos concede por o dereito que teñen os pobos pra se rexir. Inda que sea triste o confesalo, Galicia por dereito é unha parte integrante de Hespaña, pero de feito é unha colonia que a esplotan ao seu antoxo. Pra Galicia non hai canalizaciós, non hai carreteras, non hai ferrocarriles, non hai sinon proiectos que xamais se ven realizados. Pra Galicia non hai instrucción; si quere instrucción, os seus fillos ausentes fundan escolas e sufragan os gastos das mismas. Galicia, de ningunha maneira non pode nin debe sofrer mais ultraxes. Esixamos do Goberno a autonomía rexional pra demostrar aos nosos enemigos do que somos capaces os gallegos sin as trabas que nos pon o réxime centralista. Poñan os intelectuales o cerebro, que o pobo poñerá o demais pra realizar esta obra emancipadora. Un semanario na transicion do rexionalismo ao nacionalismo O domingo 7 de abril de 1912 apareceu o primeiro número desta publicación que contaba con imprenta propia na estrada de Quiroga nº. 2, onde tamén estaba a redacción e administración. Continuou saíndo alomenos dezaoito domingos máis, pois a colección consultada (da que faltan os números 5, 6, 7 e 18) chega até o número 19, correspondente ao 11 de agosto. Na cabeceira, á par da data e número, constaba o santo do día e tamén comentan respectuosamente actos relixiosos. As súas catro páxinas, de 34,5 x 25 cm. repartíanse en tres de texto (a tres columnas) e unha de publicidade de pequenos comerciantes; esta en español, quizais por publicala tal como lla enviaban, agás o anuncio da propia imprenta. Neste senso é un retroceso con respeito á prensa galeguista do rexionalismo finisecular. Ás veces aparece algún texto en español (reseñas de sesións municipais, algunha crónica social ou teatral e textos oficiais, xunto con algunha publicidade que se insire en forma de noticia), tendencia que diminúe nos últimos números. Os prezos de subscrición eran os normais para este tipo de publicación e época: 0,40 pesetas ao mes en Monforte (o exemplar saía a dez céntimos), 1,50 ao trimestre fóra da praza e 2 pesetas no estranxeiro. Como director figura Victoriano Rodríguez Gómez. Membro de Solidaridad Gallega, aparece citado como profesor na convocatoria para a Asemblea Agraria de 1908 como un dos asinantes polo Centro Solidario de Monforte, xunto co notario Banet Fontenla (este incorporado logo ás Irmandades da Fala), e será tamén secretario da comisión nas seguintes asembleas. Mais en 1912 o movimento Solidario xa estaba morto. Fóra do director, non figuran nomes de redactores, aínda que colaboradores "da casa" deben ser os que asinan con seudónimos. Como contribución literaria publicou un par de poemas de Pondal (baixo o lema "D´os clásicos") e outros de poetas vencellados ao rexionalismo: Carré Aldao, Jenaro Mariñas, Aureliano J. Pereira, A. García Ferreiro, Brañas, Martelo Paumán, López de la Vega; así como contos de Asieumedre (seudónimo de Lugrís Freire), moi populares nesta época e reproducidos en case todos os números. O título xa indica que quer trascender o ámbito localista e comarcal e tratar asuntos de interese xeral galego. Ocupou moitas páxinas o debate sobre a posible creación de Mancomunidades rexionais, daquela de actualidade; a defensa da Autonomía, asinada por "V" (quizais o director Victoriano);a necesidade de continuar as Asembleas Agrarias galegas e a dilación que sofría a que tiña de ser a IV en Ribadavia; a desgravación do millo e do centeo, vital para o sustento das masas populares e do gado; a crítica ao absentismo dos grandes propietarios; a lacra da emigración, da que culpan ao subdesenvolvimento e ao centralismo; a defensa do idioma propio, así como a necesidade do seu ensino nas escolas e a creación de Cátedras de lingua e literatura galega nos Institutos, Universidades, escolas de Maxisterio e de Comercio. A necesidade de articular aos rexionalistas nunha organización contrasta con outro artigo no que se fala dun rexionalismo apartidario. Mostra quizais desa vacilación idiomática dos rexionalistas desta hora é o feito de dirixir no número inicial un pequeno saúdo en español á prensa en xeral. Vacilación que tamén aparece á hora das definicións territoriais, alternando Rexión con Nacionalidade, e que se manterá até o Villar Ponte de Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916) nos momentos de conformación das Irmandades da Fala e de definición nacionalista. Estamos pois diante dunha publicación galega importante neste período histórico de concreción nacional que vai callar catro anos despois nas Irmandades da Fala.
PRAZA_20668
Non, non se pode falar de que Galiza volvera á normalidade. Mais ben hai que falar dunha auténtica desfeita da que tardaremos moitos anos en recuperarnos como o conxunto dos españois.
"Pasarán moitos anos ata que España volva a normalidade …." (J. Stiglitz) Coincidindo no esencial co mestre J. Stiglitz atrévome a ampliar o comentario anterior para afirmar que "pasarán moitos anos, décadas, ata que Galiza volva a normalidade", tal é a desfeita que as políticas neoliberais fixeron, e seguen facendo –velaí a teima da Xunta de Galiza (PP) co teito do gasto- neste país. Que o PIB galego presentara nos tres derradeiros anos (2014, 2015, 2016) valores positivos (+0,6%, +2,3%, +3,2%) a prezos correntes, estalle servindo ás elites dominantes (Xunta de Galicia) e os seus altofalantes para afirmar que Galiza superou o peor da crise, deixando atrás a grande recesión para entrar na senda do crecemento económico sostido. É isto realmente certo?. Vexamos que nos din as principais variables macroeconómicas (www.ige.es), que non son outras que a demanda e a oferta agregadas, pero a prezos reais. No lado da demanda o GASTO TOTAL (2016) segue manténdose claramente por baixo dos valores acadados antes de que estourara a crise financeira (2008): 89,2%, que supón 10,8 puntos menos. Un menor gasto total –demanda- que deriva dunhas menores achegas tanto no gasto público (88%) como no gasto privado (75%). Un menor gasto público que deriva das duras políticas de axuste fiscal e que arrastra consigo unha caída do gasto privado. Evidencia que desmonta, unha vez mais, un dos dogmas mais utilizados pola ideoloxía neoliberal para así xustificar as políticas de austeridade fiscal: a relación gasto público/gasto privado. Como é ben sabido o argumento neoliberal afirma que o gasto público despraza ao sector privado –efecto desprazamento- polo que debe reducirse o gasto público para que aquel medre e con el o investimento e o aforro. A realidade galega, como moitas outras, demostra a falsidade de tal argumento: os recortes no gasto público (-12%) arrastraron consigo ao gasto privado (-25%). E é que o argumento neoliberal parece esquecer a circularidade dos gastos e os ingresos: si unha administración pública gasta –como por caso a Xunta de Galicia- ese gasto beneficia ao sector privado galego que controla a oferta de bens e servizos. Elemental. Seguindo coa análise da demanda global, a debilidade da mesma deriva da propia debilidade da demanda interna que segue sen recuperarse (85,8%: 14,2 puntos menos). Unha demanda interna que ten na achega do investimento privado un enorme lastre (46,7%: 53,3 puntos menos). Unha evidencia mais que desmonta outro dos dogmas de ideoloxía neoliberal: a relación entre o investimento privado, os salarios e os tipos de xuro. A pesares duns tipos de xuro moi baixos (0% e incluso valores negativos) e da brutal caída dos salarios reais (un 4% de media) o investimento privado non se recupera, cousa, por outra parte, lóxica. A recuperación do investimento privado depende en Galiza, como en outros países, da recuperación da demanda interna quen a súa vez depende da recuperación do consumo privado –salarios, pensións- e o gasto público. Si os axentes públicos e privados galegos non consumen as empresas galegas non venden e si estas non venden non invisten. Elemental bis. Finalmente, e seguindo co gasto total, a demanda externa tampouco remata de recuperarse (94,1%: 5,9 puntos menos), tirando tamén por terra outro dos dogmas neoliberais: o da devaluación interna. A xustificación que se deu para a brutal baixa dos salarios en Galiza e en España era que así medraría a competitividade das respectivas economías e con elas as exportacións que serían quen de sacar a Galiza e a España da crise. Pois ben, como podemos comprobar iso non sucedeu: en Galiza as exportacións seguen por baixo do nivel anterior a crise (94,1%: 5,9 puntos menos) e si o saldo exterior mellorou foi tanto pola brutal caída das importacións (72,5%: 27,5 puntos menos) como do consumo interno (89%) que impiden a recuperación do gasto (89,2%). En definitiva a medida de baixalos salarios foi un rotundo fracaso tanto en Galiza, como en España, sendo en realidade unha escusa para facer medrar os beneficios empresarias (en Galiza as rendas do capital supoñen o 47% da riqueza nacional, cifra superior a dos salarios 43%, tendo medrado 2 puntos durante a recesión, sendo ademais Galiza unha das poucas comunidades en España na que a participación dos salarios na riqueza nacional e menor que a das rendas do capital). Pola folla da OFERTA AGREGADA (2016) a produción total segue o camiño marcado pola demanda poñendo en evidencia que a debilidade desta arrastra consigo unha caída da produción. Unha caída que afecta a tódolos sectores produtivos pero con especial virulencia a construción (48,2%) quen fora o principal motor da fase expansiva anterior. O estoupido da burbulla inmobiliaria supuxo unha brutal contracción da actividade na construción que viña apoiándose case exclusivamente na vivenda privada. Unha contracción que non foi compensada coa recuperación dos outros sectores produtivos –o que sería unha aterraxe suave- senón que o sector servizos, por caso, que podería ter substituído como motor da economía (64% do VEB total) ao sector da construción segue manténdose en niveis por baixo dos resultados habidos na fase anterior (97,1%) a pesares do forte reponte do turismo. Unha evolución, a do sector servizos, que dada a situación dos demais sectores produtivos está determinando o comportamento xeral da economía galega. Unha circunstancia debida tanto a que o sector primario segue en caída libre (88,8%), arrastrado pola crise do sector gandeiro e o negativo comportamento diferencial dos prezos, como a que a industria moi castigada pola crise non remata de recuperarse definitivamente (82,9%) debido en grande parte a debilidade da demanda interna. Por se estas evidencias non foran suficiente mostra das mentiras que nos contan sobre a recuperación da economía galega a real situación do mercado laboral ven a confirmar a tese de que Galiza está moi lonxe de recuperar a normalidade e que tardará moitos anos en facelo. Con moitos menos activos (94,7%) e empregos (87,8%) e, xa que logo, mais desempregados (158,3%: cifra que sería superior se non houbera a válvula da emigración). Unha realidade que, ademais, agocha situacións realmente dramáticas como que un 48% dos/as mozos/as galegos/as están en paro, un 44% de desempregados/as son de longa duración, mais de 68.000 familias teñen a todos os seus membros desempregados … etc. Con estas cifras, como se pode falar de recuperación?, dunha recuperación que ademais queren apoiar nunha precariedade laboral (o 33% dos novos empregos non chegan a unha semana coadxuvando a situar a taxa actual de temporalidade nun 26%) que fai medrar o número de "traballadores pobres" (mais de 25.000 traballadores galegos cobran por baixo do SMI). Non por casualidade o PIB por habitante, a pesares da perda de poboación, caeu en Galiza 9,5 puntos en termos reais. As evidencias, unha vez mais, desmontan os argumentos políticos dos gobernantes galegos. Non, non se pode falar de que Galiza volvera á normalidade. Mais ben hai que falar dunha auténtica desfeita da que tardaremos moitos anos en recuperarnos como o conxunto dos españois.
NOS_29858
O cadro de persoal insiste en solicitar a intervención da factoría por parte da Xunta e o Goberno do Estado español. De feito, o Supremo investiga as condicións nas que se deu a compra-venda da antiga fábrica de Alcoa na Coruña. Hoxe haberá unha nova manifestación ás 12 horas diante da fábrica, no polígono da Grela.
A representación do cadro de persoal e as propias traballadoras e traballadores de Alu Ibérica na Coruña continúan coa súa folga en protesta polos despedimentos e como acto reivindicativo para que se produza a intervención da fábrica por parte das Administracións Públicas. Hoxe decorre o oitavo día dese paro nun clima de tensión polas acusacións que fixo a dirección sobre o comité hai escasas xornadas e o cruce de declaracións. De madrugada e polo día, decenas de operarias e operarios de Alu Ibérica concentráronse ás portas da fábrica situada no polígono industrial e comercial da Grela, na Coruña, para volver a exixir a readmisión inmediata dos compañeiros despedidos hai uns días. A protesta fíxose ver mediante pequenos lumes que non afectaron ao tráfico rodado na zona pero que si amosaban unha columna de fume que indicaba que algo sucedía na antiga Alcoa. Con estas accións volveuse pedir tamén a "intervención" por parte do Goberno do Estado e tamén da Xunta, pois a representación dos empregados leva meses advertindo das irregularidades que se producen na empresa e que xa poderían vir da compra. De feito, o 23 de decembro comunicábase que a Audiencia Nacional aceptou abrir unha investigación penal ao redor da venda das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. A xuíza María Tardón encargou a tarefa á Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) após recibir unha querela da Confederación de Cadros Profesionais que acusa de cinco delitos, entre outros, aos compradores das plantas por manobrar de forma ilícita para non salvar os postos de traballo de case 700 persoas. O sindicato fala en concreto de feitos que "son constitutivos de delitos de estafa agravada, insolvencia punible, apropiación indebida, contra a seguridade dos traballadores e pertenza a grupo criminal". Con independencia do ritmo que segue ese proceso, hoxe o cadro de persoal volverá a concentrarse na Grela a partir das 12 horas co lema "Alcoa culpábel, Goberno responsábel".
NOS_30983
Aínda non está confirmada a data nin a presenza de Pedro Sánchez na xuntanza da mesa de diálogo bilateral prevista esta semana, defendida como unha ferramenta para alcanzar a amnistía e a autodeterminación desde o Goberno catalán, extremo que o Executivo estatal nega.
A vindeira quinta ou sexta feira decorrerá en Barcelona a segunda xuntanza da mesa de diálogo bilateral entre Catalunya e o Estado, máis dun ano e medio despois da primeira -con Quim Torra (Junts) coma presidente- e aínda coa resaca da Diada Nacional do pasado sábado, que reuniu máis de 400.000 persoas nas rúas da capital catalá segundo a Assemblea Nacional Catalana (ANC). Desde o Goberno estatal reitéranse as mensaxes de que a amnistía e a autodeterminación non van formar parte das reunións, a última vez esta segunda feira, por medio de Raquel Sánchez, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que apuntou que "a Generalitat ten que saber que non pode propor nesta mesa cousas que non podemos acceder a dar", por situarse fóra da Constitución. Porén, o presidente de Catalunya, Pere Aragonès (Esquerra Republicana de Catalunya, ERC), tamén lembrou no seu discurso oficial pola Diada que o referendo é "un compromiso democrático de todo irrenunciábel". Asemade, a mesa de diálogo é "unha negociación co Estado, de Goberno a Goberno, para abordar como resolvemos o conflito", sostivo, facendo énfase en que as dúas partes asumen que o resultado das negociacións terá que ser ratificado pola cidadanía catalá. Malia a posición oficial do Executivo español, o ministro de Cultura e Deporte e primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya, Miquel Iceta, coincidiu con Aragonès en que a cita é para dar unha solución a un "conflito político". Amais, ao ser cuestionado sobre a asistencia do presidente estatal, Pedro Sánchez, que aínda non foi confirmada, o ministro salientou que "lembra as conversas de paz despois da guerra de Vietnam, na que se estivo a discutir moito tempo se a mesa era redonda, cadrada ou octogonal." Deixando a unha beira a incógnita da participación de Pedro Sánchez, que na Generalitat se considera o normal, o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, confirmou o domingo que polo Estado participarán ministros coma Isabel Rodríguez (Política Territorial), Miquel Iceta, Raquel Sánchez, Manuel Castells (Universidades), Yolanda Díaz (Traballo e Economía Social e vicepresidenta segunda) e el mesmo. Pola súa banda, Unidas Podemos, socio minoritario da coalición gobernamental, sinalou esta segunda feira por medio do seu voceiro no Congreso, Pablo Echenique, que estarían abertos a valorar a opción dun referendo "a longo prazo", mais optando polo de agora por unha ampliación das competencias autonómicas. No plano político catalán, nin a Candidatura d'Unitat Popular (CUP) nin Junts, socio parlamentar e integrante do Goberno catalán respectivamente, comparten a aposta de ERC pola mesa de diálogo. A presidenta do Parlament, Laura Borràs (Junts), indicou poucas horas antes da Diada que a mesa de diálogo é "un slogan que dura ano e medio, non hai unha soa concreción e tampouco nada en perspectiva que non sexa o fracaso". Mireia Vehí, voceira da CUP no Congreso, destacou onte que se a amnistía e a autodeterminación non están na orde do día, redúcese a unha "especie de negociación para falar de infraestruturas". O aeroporto do Prat volve estar enriba da mesa de negociación A titular do Ministerio de Transportes anunciara a finais da semana pasada a suspensión do investimento de 1.700 millóns de euros na ampliación do aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat, movemento cualificado coma "chantaxe" por parte de Aragonès, que denunciou o intento de que aceptaran un proxecto no que se contemplaba unha afectación de case 50 hectáreas na Ricarda, un espazo natural protexido pola Unión Europea. Ben que Raquel Sánchez afirmara que até a vindeira lexislatura non se podería recuperar o proxecto, prazo que desde a administración de Aena se estendeu a cinco anos, a ministra declarou onte que é "lóxico" que se recupere o asunto na mesa de diálogo, e matizando que "non é o foro" para iso, incidiu en que "semella que é un tema que sairá".
NOS_46464
Concentracións na Coruña e unha caravana de vehículos foron as maneiras de mobilizarse dun sector que está disconforme e teme que as decisións que se están a tomar afecten o seu futuro inmediato.
Un cento de responsábeis de hostalaría da Coruña concentráronse hoxe diante do edificio administrativo da Xunta na cidade para denunciar a situación de "desprotección" á que se enfrontan e o "descrédito" que sofren en relación á pandemia provocada pola Covid-19. O colectivo pide que lles permitan "abrir e traballar con responsabilidade" e acusan os distintos gobernos de cargarlles coa situación sanitaria. Advirten que se en xaneiro se volvese ditar a clausura de negocios, haberá "fechamentos e despedimentos". Ademais denuncian que as axudas non chegan, todo o contrario que as taxas que teñen que pagar. As mobilizacións continuarán hoxe diante da Tesouraría Xeral da Seguridade Social para que se "paralice o cobro" das cotas de autónomos. Caravana de coches en Pontevedra Na cidade de Pontevedra, a Asociación de empresarios da Hostalaría (Hoempo) xunto cos das localidades veciñas de Poio e Marín protagonizaron esta quinta feira unha caravana para protestar polo plan de desescalada deseñado pola Xunta e expresar o seu rexeitamento á reapertura parcial do sector. Nestes tres municipios retomarase a actividade a partir da medianoite de mañá só no exterior, coa capacidade até 50% e con horario máximo até as 17 horas, xa que Pontevedra, Poio e Marín continúan no nivel máximo de restricións. Representantes deste sector aseguran que, con estas condicións, serán moi poucos os locais que volvan abrir as súas portas ao non resultarlles rendíbel. Hoempo insistiu en que as axudas son imprescidíbeis para salvar a un sector vital na economía galega polo que demandan que se acheguen parte dos fondos europeos.
PRAZA_18024
Nais e pais manteñen un peche no centro denunciando a escaseza de docentes, razón pola que xa dimitiu o equipo directivo. O centro conta con 31 alumnos máis que o curso pasado e solicitou dez profesores pero Educación tan só lle facilitou sete. Galicia inicia o curso en Infantil con 3.000 alumnos e case cen centros menos que hai dez anos
"Queremos máis docentes para un ensino decente". Así reza unha das pancartas que acompaña o peche que desde a tarde deste pasado xoves manteñen nais, pais e algún alumno no IES de Brión. Protestan pola que consideran escaseza de profesorado no centro e polos "recortes" que veñen sufrindo desde hai anos no instituto, o que provocou tamén o mércores a dimisión do equipo diretivo. Nais e pais protestan pola falta de profesores, que provocou tamén a dimisión do equipo directivo do centro "É imposible cadrar horarios agás que se desmantele o centro", advirte a dirección, que agarda a coñecer na mañá deste venres se a Consellería acepta ou non a súa dimisión logo da reunión que manterán coa Inspección Educativa. Mentres, e tras a asemblea impulsada pola Asociación de Nais e Pais (ANPA) Pedra Viada, o peche por quendas "continuará ata que haxa unha solución". "Seguiremos a fin de semana e non temos previsto que os rapaces comecen as clases a vindeira semana", que é cando está establecido o inicio de curso. O peche continuará "ata que haxa unha solución" e as familias non prevén que os rapaces comecen as clases este luns Así o explica Tito Souto, presidente da ANPA, que asegura que as demandas de máis medios "veñen xa de atrás". O que "reborda o vaso" é a situación que se atoparon neste inicio de curso. O instituto conta con 31 estudantes máis que no anterior, superando os 380 matriculados. O centro solicitou dez docentes máis pero desde Educación tan só ofreceron sete. Ao publicarse as listas definitivas de adxudicación do profesorado, o equipo directivo dimitiu e as nais e pais decidiron afondar nas protestas iniciando o peche. O centro conta con 31 alumnos máis que o curso pasado e solicitou dez docentes pero Educación tan só facilitou sete "Non se incrementou o profesorado porque aínda que se incrementaron as matrículas non se incremetaron grupos", xustifica a Consellería de Educación. Desde a ANPA aseguran que as contas "sáenlle" á Xunta porque "se aumentaron a catro os grupos en 1º da ESO a costa de concentrar en só dous 61 alumnos de 4º". Segundo as nais e pais e a dirección do centro, a ausencia de máis profesorado impedirá facer o desdobramento necesario neses grupos 4º de Secundaria para diferentes especialidades. Ademais, denuncian que "tampouco se poderán poñer en marcha grupos de reforzos en 3º, dificilmente se poderán cubrir as gardas --algo que xa foi complicado con 31 alumnos menos-- e que mesmo a biblioteca terá que quedar sen persoal moito tempo". A Xunta di que hai máis alumnos pero non máis grupos; no centro aclaran que os grupos son máis grandes e que a falta de profesorado impide desdobramentos ou grupos de reforzo e baixa a calidade do ensino Desde a ANPA, Tito Souto advirte de que a escaseza de docentes "afectará a calidade do ensino" e insiste en que no centro xa se funcionou "baixo mínimos" durante os últimos anos. Ademais, a asociación lembra que noutros instititutos da contorna si se permitiu a formación de grupos con menos alumnaso, "algo que redunda na mellor calidade da ensinanza". A propia dirección, lembran, achegou datos sobre a mellora dos resultados no curso pasado en 4º de ESO cando foi posible dividir en tres grupos a 57 alumnos. Durante a xuntanza deste venres do equipo directivo e das nais e pais coa inspectora de Educación da Xunta, esta última insistiulles en que o número de profesores era suficiente profes e non aceptou a dimisión da dirección. Ademais, recomendoulle ás familias que marchasen para a casa. Na noite estaba prevista unha asemblea informativa convocada pola ANPA para analizar as próximas medidas a tomar, aínda que a idea da xente que secundou o peche e continuar con el ata que lles acheguen unha solución.
NOS_34237
O plan xerou controversia dado que conectará a parte occidental da Cidade Santa coa parte oriental da urbe, ocupada por Israel desde 1967 e que os palestinos reclaman como capital dun futuro Estado.
Israel aprobou onte o último trámite para construír o polémico teleférico que unirá Xerusalén Oeste co Muro das Lamentacións, dentro da Cidade Vella e na parte oriental ocupada da cidade. O Comité de Planificación, Construción e Vivenda, encabezado polo ministro de Finanzas, Moshe Kahlon, deu luz verde ao plan. «Trátase dun proxecto nacional que vai máis aló do transporte e da infraestrutura turística», sinalou o representante gobernamental nun comunicado recollido polos medios de comunicación israelís. Para as autoridades do Estado de Israel, o teleférico é un elemento estratéxico que axudará a incrementar o turismo e a desconxestionar o tráfico, ao tempo que facilitará o acceso ao Muro das Lamentacións, o lugar de culto máis sagrado para o xudaísmo. Oposición palestina Porén, a iniciativa xerou controversia dado que conectará a parte occidental da Cidade Santa con Xerusalén Leste, ocupado por Israel desde 1967 e que os palestinos reclaman como capital dun futuro Estado. Os líderes da Autoridade Nacional Palestina opuxéronse desde un primeiro momento á súa construción, cando se anunciou en 2017, dado que a consideran un paso máis na colonización da zona oriental. Tamén recibiu críticas de académicas e académicos, profesionais da arquitectura e da arqueoloxía e grupos en defensa do patrimonio histórico, como a ONG Emek Shaveh, informan as axencias internacionais. Esta última anunciou un recurso xudicial contra o proxecto nos próximos días.
NOS_17638
O pasado mes de xullo, a Xunta remitiu aos centros de ensino o seu protocolo para o inicio de curso, que elaborara sen contar coa visión do profesorado nin das familias, e que agora deberá reformular á vista da evolución epidemiolóxica e das pautas que marque o Goberno estatal.
O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, apoiouse onte na evolución epidemiolóxica da Covid-19 para presentar as medidas coas que o seu Goberno comeza a modificar o protocolo de adaptación ao contexto sanitario do inicio do curso escolar, formalizado hai menos de tres semanas pola Consellaría de Educación coa oposición do conxunto de axentes educativos e que os centros de ensino deben aplicar dentro de tres semanas. "As cousas foron mudando, fóronse perfeccionando, e o coñecemento da enfermidade é cada vez maior", sinalou onte Núñez Feixoo, tras reunirse co comité clínico da Xunta, co conselleiro de Sanidade e coa conselleira de Educación, quen deu adiante a finais de xullo á planificación para a volta ás aulas no ensino non universitario e FP sen atender as peticións, nin do profesorado nin das familias. Nas súas reclamacións principais estaba o aumento da seguridade sanitaria nos centros, a través da redución de ratios de estudantes por aula, para favorecer un distanciamento maior do fixado pola Xunta, e o aumento de profesorado. Na comparecencia, Feixoo anunciou a "incorporación" de 240 novos docentes para setembro e a adaptación das ratios na aula a un máximo de 25 alumnas e alumnos, que xa é o máximo que marca a normativa para o ensino infantil, pero que aumenta até 30 en Secundario e a 33 no Bacharelato. "Non imos ter aulas de máis de 25 alumnos", asegurou. Tamén avanzou a proposta, que a Xunta trasladará ao Goberno estatal, para facer obrigatorio o uso xeralizado de máscara dentro dos centros de ensino "en todo momento", incluída a aula, para todo o alumnado a partir de 6 anos. "O comité clínico aconséllao e a Xunta fai súa a recomendación. Cremos que procede implementalo como obriga", declarou Feixoo, antes de sinalar que "a distancia xa non é suficiente e xunto con esa distancia de metro e medio, e dun metro dentro da aula, de acordo coa Organización Mundial da Saúde, procede que todo o alumnado e profesorado manteñan a máscara no período lectivo". O comité clínico aconséllao e a Xunta fai súa a recomendación, defendeu Núñez Feixoo A medida, que a Xunta trasladará na vindeira conferencia de presidentes e presidentas, onde os e as dirixentes territoriais analizarán co Goberno español as actuacións para a volta ás aulas, contradí o que pauta o protocolo da Consellaría de Educación, que acouta a obrigatoriedade do tapabocas entre o estudantado dentro da aula para o caso en que non se poida asegurar a distancia mínima interpersoal dun metro. Protocolo único A medidados de xullo, a Xunta remitiu aos centros de ensino non universitario o seu catálogo de actuacións a acometer antes de setembro para adaptarse ao novo contexto sanitario de cara ao reinicio de curso, que inclúe a realización de protocolos específicos por parte dos centros nos que organizar as novas necesidades de limpeza, mobiliario, redistribución de horarios e mobilidade e todos os cambios que exixe o protocolo, e que debía realizarse a contrarreloxo, tendo en conta que agosto non é un mes hábil na educación. Onte, Feixoo recoñeceu que ese protocolo "terá que actualizarse para incorporar as normas sanitarias que estamos a implementar nas últimas semanas", e reclamou do Goberno estatal "criterios claros e homoxéneos" para setembro. "As comunidades levamos trimestres reclamando a necesidade dun protocolo único para todo o sistema educativo, é imprescindíbel para a volta ao 'cole' en Primaria, Secundaria e FP", demandou, despois de salientar que o inicio do curso é, coas repuntas de casos, "a maior preocupación da Xunta, como é das familias, desde o punto de vista da conciliación e desde o punto de vista económico". Esas novas directrices, que está previsto que se dean a coñecer nos próximos días e se debatan na conferencia de presidentas e presidentes, que terá lugar o día 27, xunto cas medidas anunciadas onte pola Xunta obrigarán os centros a modificar o traballo de adaptación realizado antes do parón de agosto, cuxos prazos xa foran criticados polos sindicatos do ensino por ser "insuficientes" dada a carga de traballo que o protocolo de Educación delegaba nas direccións e no profesorado. As declaracións de Núñez Feixoo conculcan directamente o protocolo que presentou Educación en xullo, censura a docente Alexandra Cabana "As declaracións de Núñez Feixoo conculcan directamente o protocolo que presentou Educación en xullo", censura Alexandra Cabana, docente de ESO e Bacharelato no IES da Terra Chá, quen sinala que as declaración deixan moitas incógnitas. "Vaise anular o protocolo? Esta declaración de modificación é formal ou é mediática?", pregúntase. Na mesma liña, Nanda Bernárdez, membro doutro equipo directivo, critica que no plan de regreso "se abran a cada paso novas interrogantes". "Non sei en que lugar deixa [o anunciado por Feixoo] o protocolo no que estamos a traballar. A situación é moi cambiante, non sabemos en que punto estamos e os casos non paran de subir", advirte.
NOS_17112
Unha escola onde @s cativ@s que están aprendendo a ler xúntanse co(a)s que preparan a ESO, coma nos vellos tempos, pode ser o resultado dos novos recortes da Consellaría de Educación nas zonas máis despoboadas.
A CIG- Ensino denuncia "o escurantismo" da Consellaría, e sinala que as Xefaturas Territoriais continúan sen negociar as pretensións para o inicio do curso, cando existen datos que indican que vai haber numerosas supresións -sobre todo nas zonas rurais- tanto de centros como de unidades e prazas de profesorado. A CIG-Ensino ten constancia de que Inspección educativa se dirixiu ás direccións de diferentes centros educativos para promover o agrupamento de alumnado. Cos agrupamentos que procura a Consellaría abundarán as unidades con alumnado de diferentes idades, cursos, ciclos e, mesmamente, etapas, xa que teñen a pretensión de levalas a cabo sempre que non superen os 20 alumnos, e incluso nalgúns casos os 25. Os recortes tamén poden afectar, segundo informou Inspección nalgún centro, aos comedores escolares onde hai menos de 23 usuarios. As supresións aplicaranse en todos os niveis educativos: en Secundaria, Inspección educativa anunciou que reducirá en moitos centros un 10% os cadros de persoal, e que se incrementarán as afíns: pode que o profesorado de Matemáticas imparta Debuxo en 2º de Bacharelato. Máis incidencia nas provincias do interior Segundo Inspección Educativa, en Lugo a supresión de unidades afectaría a Abadín, Triacastela, O Páramo e Barreiros, e outros 25 centros. En Ourense, ao CEIP dos Blancos, Baños de Molgas, Nosa Señora do Carmen (Calvos de Randín), Carmen García Carrasco (Cenlle), Otero Novas (Cortegada), Pena Corneira (Carballeda de Avia), San Mamede (Montederramo), Padre Crespo, (Xunqueira de Ambía), Roberto Blanco Torres (A Peroxa), de Vilariño de Conxo, O Castiñeiro (Laza), Medeiros, Manuel Luis Acuña (Ourense), Rodolfo Núñez Rodríguez, (Vilardevós), Vicente Risco (Cualedro), ou Otero Pedraio (Amoeiro). Na Coruña podería afectar aos CEIP Rodríguez Xixirei, de Lavacolla, Pino de Val e Víctor Saez de Mazaricos, Carreira e Frións en Ribeira, Louro (Muros), O Pindo (Carnota), Abanqueiro (Boiro), CPI de Boimorto, Pontecarreira, etc. Outros dos centros afectados son A Barquiña, en Cerdido, Mañón, Maciñeira (Neda), o Pindo (Carnota) e Caión (Malpica). E en Pontevedra, ao colexio de Fornelos e de Oca. En Vigo suprímense a EEI Nogal e a da Rúa de Palencia e o Colexio Caixanova, que, malia ser privado, tiña profesorado público. O traslado de ensinanzas da ESO dende o CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro tamén suporá a eliminación de 10 prazas de profesorado. Cambios na xornada lectiva Ademais, o DOG do pasado mércores publica a Orde do 4 de xuño de 2012 pola que se modifica o artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011, que regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con esta orde a Consellería desenvolve e aplica o Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo no relativo á xornada lectiva do profesorado.Imponse, así, o mínimo de 20 horas lectivas para todo o profesorado que imparte ensinanzas distintas das de infantil e primaria e modificando as horas complementarias até completar as 23 de presenza fixa no centro. No artigo 4, referido á xornada semanal do persoal funcionario e laboral que imparte as ensinanzas de educación secundaria, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas, modifícase parcialmente a redacción dos puntos 1 e 2 e introdúcese un terceiro punto. Así, no punto 1, que estabelece a xornada semanal, con 23 horas de horario fixo no centro educativo, na redacción anterior dicíase que destas 23 horas, "18 terían carácter lectivo podendo chegar ata vinte", pero agora indícase que, a maiores das vinte horas "as tres restantes distribuiranse entre dúas gardas e unha hora de titoría de pais e alumnos." No punto 2, tocante ás gardas do profesorado (incluíndo as de recreo e as de transporte escolar), dicíase "nos centros que proceda, entre as 18 horas lectivas e as 23 de presenza fixa no centro incluiranse as gardas de recreo e para custodiar o alumnado no período de tempo que transcorre desdea chegada do alumnado transportado", pero agora, introdúcense estas nas horas de garda, directamente. Por último, o novo punto 3 indica que as reunións dos departamentos didácticos faranse "como mínimo unha vez ao mes", despois de convocalas a xefatura do departamento, e que estas reunións equivalen ao "claustro de profesores", e polo tanto "computaranse dentro das sete horas complementarias non fixas". A CIG-Ensino considera estas modificacións "unha imposición" que suporá un retroceso nas "condicións laborais e na calidade do ensino público", pois a Consellería establece un mínimo de 20 horas lectivas a todo o profesorado, reduce as horas complementarias fixas, que pasan de 5 a 3, elimina unha hora de titoría das dúas actuais e obriga a computar as reunións dos departamentos didácticos por fóra das 23 de horario fixo no centro. Ademais, advirte de que "a atención á diversidade do alumnado verase gravemente comprometida". Parécelles "inaceptable" que a Consellaría vaia alén do Real Decreto Lei "ao estabelecer que as gardas non serán horario lectivo, pois é unha interpretación da Consellería, xa que non está recollido no RD". Isto mesmo, explica, entra en contradición co criterio que para o profesorado de infantil e primaria establece sobre as gardas a Orde do 23 de xuño de 2011, que no seu artigo 3, punto 2, contempla que "Computarán como horario lectivos as gardas". Redución de profesorado Esta modificación da xornada lectiva fará que se reduzan as plantillas dos centros, que aumente o número de profesores que se ven obrigados a impartir materias afíns, as supresións e @s desprazad@s por falta de horario e provocará o despedimento de máis de 2000 profesores/as interin@s. A CIG-Ensino denuncia que recortes como este atacan gravemente ó ensino público e a súa calidade, e esixe que o goberno galego non aplique ningunha das medidas contidas no RD Lei 14/2012.
NOS_21426
Asesores de Donald Trump estiveron en comunicación durante 2016 con oficiais rusos, segundo revela esta cuarta feira The New York Times.
A información publicada esta cuarta feira polo diario de orientación demócrata revela que a equipa de Donald Trump foi espiada polos servizos de intelixencia norteamericanos durante 2016. Nese ano, asesores do magnate mantiveron conversas con oficiais da Administración Putin. As pesquisas realizadas, aliás, non permiten probar que Trump combinase con Moscova a manipulación das eleccións norteamericanas. A investigación sobre estas conversas está clasificada, así que as fontes consultadas por The New York Times se refuxiaron no anonimato. En todo caso, si avanzaron que até agora non acharon evidencias de que nos contactos entre a equipa de Trump e Moscova se combinase a adulteración do proceso eleitoral para favorecer Trump e prexudicar Clinton. As gravacións producíronse na época en que a intelixencia norteamericana si achou evidencias de que por orde do Kremlin se estaban a hackear os cuarteis xenerais do Partido Demócrata, en concreto as contas de correio de John Podesta, chefe de campaña de Hillary Clinton. Declaracións de Trump durante a campaña no sentido de que agardaba que Rusia roubase os emails de Clinton e os fixese públicos alarmaron os servizos de intelixencia e conducíronos a reforzar as pesquisas sobre a equipa de asesores do magnate, de acordo coa información publicada por The New York Times. As fontes de The New York Times son catro oficiais da intelixencia, algún deles xa retirados. A espionaxe atinxiu non só oficiais da intelixencia rusa, senón tamén cargos políticos da Administración Putin. Un dos asesores de Trump investigados é Paul Manafort, chefe da campaña durante varios meses de 2016 e antigo conselleiro político en Ucraína. Manafort negou, en declaracións a The New York Times, que mantivese ningún contacto con oficiais da intelixencia rusa. Como home de negocios, si tivo intereses empresariais en Rusia, enfatiza o rotativo.
PRAZA_9297
O Goberno galego leva semanas promocionando os candidatos do PP con medios públicos
O Goberno galego leva semanas promocionando os candidatos do PP con medios públicosO próximo xoves, 14 de febreiro, a sede da Fundación Barrié na Coruña acollerá unha mesa redonda organizada pola Consellería de Sanidade para divulgar o seu proxecto Cidades Saudables na que unha dos cinco relatores será a candidata do PP na cidade, Beatriz Mato. Así o vén de evidenciar nas súas redes sociais o deputado autonómico e portavoz de sanidade do PSdeG Julio Torrado, quen se pregunta de xeito irónico se o PP está a empregar recursos públicos da Xunta para promocionar a súa candidata.O acto da Coruña será presentado polo secretario xeral da Consellería de Sanidade e moderado pola ex-conselleira do ramo Rocío Mosquera, agora presidenta da polémica empresa pública sanitaria Galaria, en calidade de actual presidenta do Clúster Saúde de Galicia. Entre os cinco participantes na mesa redonda atópase o tamén popular alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e, no segundo lugar, cítase a Beatriz Mato, actualmente deputada autonómica. Dela, que foi conselleira de Traballo, Benestar e Medio Ambiente, saliéntase que é "enxeñeira industrial-especialidade organización empresarial e experiencia en política ambiental e social". Nada se di dos seus cargos políticos nin da súa candidatura a alcaldesa da Coruña.Este feito prodúcese despois de que Mato multiplicase os seus actos públicos na Coruña antes de deixar de ser conselleira, e agora que a Xunta leva semanas adaptando a súa axenda oficial aos intereses locais do PP e promocionando os candidatos populares, especialmente a Mato.
NOS_43839
1953, lugar de Pardaces, parroquia da Peregrina, concello de Santiago de Compostela. Cándido López Lorenzo ten seis anos. "Un día estando aí só apareceu un irmán e levoume con el para unha aldea que se chama Pardaces. Eu choraba, pero iso non me servía de nada. Era para axudarlle a facer o que me mandaran, axudarlle coas vacas, coller cousas para un lado e levalas para outro. Aí comezou un gran calvario para min".
Relátao o propio López Lorenzo nun libro testemuñal e estremecedor: Lágrimas en silencio. A vida de criadiño de Cándido López Lorenzo contada por si mesmo (1953-1962) (Editorial Toxosoutos, 2018). "O que xa non estou moi seguro, ou non sei o porqué, é como poden pasar estas cousas. Por que existen estes destinos?", di no cabo do volume, "Deus non se equivoca, só penso que a consecuencia de todo isto é que cando nacín, nacín cunha sombra que non é a miña". Nacer nacera en Agar, Trasufre, en Muxía. O máis novo de cinco irmáns, o seu pai emigrou para a Arxentina. A nai colleu a prole e enfilou cara a Compostela. O segundo capítulo de Lágrimas en silencio -como o resto da obra, recollida e transcrita por Clodio González Pérez a partir das conversas con Cándido López- narra o Santiago do ventre do silencio. Faino do punto de vista do estrato máis inferior do corpo social: os seus encontros coas Marías, o Hostal dos Reis Católicos que daquela era un hospital -onde ingresou con tifo-, as persoas das aldeas que baixaban vender á cidade. O protagonista desta memoria do tempo do sapo tamén pasou por un hospicio. Os detalles eslúense. "Non podo saber que idade tiña, pero facendo cálculos por un momento ou por outro, como máximo, tería catro anos, non máis. Non sei canto tempo estaría aí". Despois exerceu como esmolante. "Mandáronme meus irmáns, polo menos os maiores. Dicíanme que lle pedira á xente e eu pedíalle". O pai enviaba cada mes 1.500 pesetas desde Bos Aires. E, porén, a familia vivía na miseria. Sen calzado. Mal alimentada. Mal vestida. A nai pasaba as tardes en Santiago, no Pombal, onde exercía a prostitución. "A conclusión á que cheguei era que aquel home que a acompañaba, que viña gritando e dicía que a ía matar, era o seu chulo e seguramente foi quen a meteu na prostitución e os cartos que mandaba meu pai seguramente llos entregaba a el", conta. Contra 1954, o proxenitor deixou de remitir divisas. Sería frivolizar refirerse ao xeito dickensiano que preside este reconto de vida. Porque, ademais, non é resultado da imaxinación. Velaquí un espello do que foi, do que era, a mediados do século XX, este país. O amolecemento do pasado colectivo ao que procedeu o réxime autonómico, unido a certo descoñecemento, parecen remitir os sucedidos de Lágrimas en silencio á ficción. E non. Isto aconteceu. "A publicación converte a Cándido de agora en adiante no paradigma da explotación infantil na última época da existencia dos nosos criadiños", expón na introdución Clodio González, "pero non se trata dun caso excepcional, pois non foi o único nin quizais tampouco o último". A través dos padróns municipais, González conclúe que, despois da Guerra Civil, había en Compostela -aínda non anexionara o Concello da Enfesta- 1.183 criados: 1.147 mulleres e 36 homes. Cento setenta e cinco e 16, respectivamente, menores de idade. Esta división por xénero debíase, xustamente, ao 36. "Moitos mozos morreran na guerra, quedaran inválidos ou aínda estaban no servizo militar", explica. Non foi o caso de Cándido López Lorenzo. Despois de pobre de pedir, residiu coa familia nunha casa do Castiñeiriño -"era toda de terra, por fóra o camiño era de terra e a casa dentro tamén"- e, con seis anos, marchou para Pardaces. Como criado. Pasaría por unha ducia de casas en diferentes parroquias de Compostela e contorna. Lágrimas en silencio foi rexistrado en 2016, 53 anos despois de que López Lorenzo abandonase a súa condición de escravo infantil e fora traballar, analfabeto e sen vínculo familiar, a Asturias. "Eu nunca pisei unha escola. Non sabía nada de nada, nin sequera fixera a primeira comuñón". Foi daquela, na Coruña onde ía apañar o tren, que viu o mar por primeira vez. Nota: cuberta de Lágrimas en silencio
PRAZA_18420
No programa da 32ª edición destaca a aposta por películas que no seu momento supuxeron unha transgresión aos valores da moral ultraconservadora. Do 7 ao 28 de novembro proxectaranse en Compostela ao redor de 300 filmes. Isaki Lacuesta, Ángela Molina e Antonio Durán "Morris" recibirán os Premios Cineuropa 2018
Do 7 ao 28 de novembro proxectaranse en Compostela ao redor de 300 filmes O escándalo será unha das claves da programación dunha nova edición de Cineuropa, a número 32, que comezará o vindeiro 7 de novembro e cuxa programación foi presentada este mércores. Nela destaca a aposta por películas que no seu momento supuxeron unha transgresión aos valores da moral ultraconservadora. Ata o 28 de novembro poderán verse en Compostela ao redor de 300 filmes, distribuídos en 21 seccións. Ademais, o realizador Isaki Lacuesta, a actriz Ángela Molina e o actor Antonio Durán "Morris" recibirán os Premios Cineuropa 2018. O filme uruguaio La noche de 12 años, do montevideano Álvaro Brechner, foi o escollido para a apertura desta edición nunha sesión inaugural que terá lugar o mércores, día 7 de novembro, ás 20 horas no Teatro Principal. Isaki Lacuesta, Ángela Molina e Antonio Durán "Morris" recibirán os Premios Cineuropa 2018 Así mesmo, tralo éxito da convocatoria do pasado ano, Cineuropa aposta por darlle continuidade ao Xurado Novo que novamente comporán sete mozas e mozos e que entregarán Premios á Mellor Película, Mellor Director, Mellor Guión, Mellor Interpretación Feminina e Mellor Interpretación Masculina. O convite a participar neste xurado non se limita ao estudantado universitario, senón que procura achegarse a toda a mocidade interesada no cinema. A Sección Oficial Europea está composta por 35 películas. Entre elas destaca Entre dos aguas, filme co que Isaki Lacuesta vén de acadar a súa segunda Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. Tamén se poderán ver os últimos filmes de autores e autoras como László Nemes (Premio FIPRESCI no Festival de Venecia), Florian Henckel, Paolo Sorrentino, Paolo Virzì, Louis Garrel (que vén de ser galardoado co premio ao mellor guión -ex aequo- no Festival de Cine de San Sebastián co seu segundo filme), Alisa Berger, Adina Pintilie (Oso de Ouro na Berlinale coa súa primeira longametraxe de ficción), Yann Gonzalez ou Sonja Prosenc. Na sección Panorama Internacional están presentes os últimos traballos Lúcia Murat, Hirokazu Kore-eda, Nuri Bilge Ceylan, Jafar Panahi, Gastón Duprat, Carlos Reygadas, Albertina Carri, Flavia Castro ou Eugenio Canevari. E o apartado de Panorama Audiovisual Galego ofrecerá as preestreas das óperas prima de Eloy Domínguez Serén e Xacio Baño. O festival destaca a "necesidade de preservar e garantir un elemento esencial no devir da libre creación artística e de calquera sociedade libre e democrática: o dereito a escandalizar" Ademais, o festival inclúe seccións ben coñecidas polo público de Cineuropa como LatidoAmericano, Fantastique Compostela, Docs Cineuropa, Cinefilias, Cult Movies (que inclúe unha lembranza especial ao cineasta Claude Lanzmann) e o tradicional Maratón. Como novidade, ofrecerase una ampla retrospectiva dos 100 anos de cine romanés. Así mesmo, a sección O presente é muller está conformada por filmes centrados no aborto, a violencia de xénero, a invisibilidade feminina dos grandes eventos históricos, a identidade e a libre sexualidade. Finalmente, o ciclo temático do festival, formado por máis de 100 filmes, pon nesta edición o foco na "necesidade de preservar e garantir un elemento esencial no devir da libre creación artística e de calquera sociedade libre e democrática: o dereito a escandalizar". Máis sedes, mesmos prezos Mantense o prezo de 4 euros a entrada libre, 30 euros o abono para 10 entradas O festival amplía sedes, e xunto ao Teatro Principal, o Salón Teatro, a sede de Afundación, o cinema NUMAX, o Auditorio de Galicia e os Multicines Compostela, a rede de pantallas do festival eaténdese a outras zonas da cidade coa incorporación Sala Agustín Magán do Centro Cívico Santa Marta e o Museo das Peregrinacións e de Santiago. As entradas e abonos estarán á venda a partir da tarde do martes día 6 ás 15.30 horas, tanto nos despachos de billetes como por internet. Mantense o prezo de 4 euros a entrada libre, 30 euros o abono para 10 entradas, 6 euros o maratón e 2 euros o catálogo impreso do festival. Presentación da programación de Cineuropa, este mércores | Concello de Santiago Descarga aquí o programa de Cineuropa 2018 (.pdf)
PRAZA_10382
Dende 1983 a esquerda non gobernaba a cidade en dous mandatos consecutivos; desta volta o socialista Ángel Mato substitúe a Jorge Suárez, de Ferrol en Común, á fronte da alcaldía. FeC e BNG manifestaron a súa disposición a entrar no Goberno e Mato xa avanzou que non desexa gobernar en solitario
Ferrol é unha cidade eminentemente de esquerdas. Dende o século XVIII os estaleiros crearon nela unha alma obreira que marcou a súa historia. En xullo de 1936 Ferrol era unha cidade republicana, alí o Franquismo reprimiu con saña a protesta dos traballadores de Bazán en 1972 e en 1979, nas primeiras eleccións municipais, a esquerda obtivo 16 dos 25 edís en xogo. Nese momento Xaime Quintanilla, fillo do último rexedor republicano da cidade, fusilado en 1936, fíxose coa Alcaldía, cunha maioría que acrecentou en 1983. Foi a última vez que a esquerda puido gobernar dous mandatos consecutivos. Dende 1983 a esquerda non goberna a cidade en dous mandatos consecutivos; desta volta o socialista Ángel Mato substitúe a Jorge Suárez, de Ferrol en Común, á fronte da alcaldíaDesde entón a crise do sector naval, a reconversión industrial nunca completada, o desemprego e a emigración xeraron un malestar social que derrubou un Goberno municipal tras outro, nun movemento pendular de esquerda (PSOE, BNG, FeC) a dereita (PP). Pero esta vez o péndulo quedou no campo progresista. O socialista Ángel Mato converteuse en alcalde co apoio de Ferrol en Común e BNG, o cal agradeceu expresamente no seu primeiro discurso como rexedor.Tras tomar posesión Mato evocou precisamente o pasado da cidade en clave de esquerda e a edís históricos que mesmo "deron a vida" polas súas ideas, lembrou. Carga de traballo para o naval, a mellora do tren Ferrol-Ribadeo, a fin do "illamento ferroviario" con relación ao eixo atlántico ou a "aposta polos servizos públicos de calidade" que "garantan a igualdade de oportunidades" serán, dixo, as liñas mestras dun mandato no que agarda contar coas achegas dos "dous alcaldes" que tamén sentan na corporación, Jorge Suárez (FeC) e José Manuel Rey Varela (PP).Durante a campaña Jorge Suárez reclamaba que, fose cal fose a forza de esquerdas máis votada, os tres partidos debían facer un esforzo para impedir "como fose" un regreso da dereita ao poder, conformando ademais un goberno "sólido". As perspectivas son mellores agora. Ferrol en Común ofreceuse a entrar no goberno local, unha posibilidade á que o BNG tampouco pechou as portas. "A cidade necesita canto antes que ese pacto sexa firme e definitivo, cun goberno estable, para, seguindo o mandato da cidadanía, impedir o avance da dereita", defendeu este xoves Jorge Suárez na asemblea da súa formación. Ferrol en Común e BNG manifestaron a súa disposición a entrar no Goberno e Ángel Mato declarou que non desexa gobernar en solitarioNo entanto, o PSdeG-PSOE preferiu deixar as negociacións para despois da investidura. Nos días posteriores ás eleccións, Mato afirmou que "non penso en gobernar en solitario. Para min é moi importante a estabilidade". A dirección do PSOE a nivel galego ve igualmente con bos ollos a constitución deste goberno de coalición e o líder do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, celebrou hai uns días que "todas as forzas esquerda na cidade estean a remar na mesma dirección". Con todo, máis aló de contactos "informais", privados e por separado entre socialistas e FeC e entre socialistas e BNG, non houbo máis avances. Haberá que esperar ás semanas posteriores á investidura e ao mes de prazo que o novo alcalde terá para formalizar o seu goberno.Máis aló de contactos "informais", privados e por separado entre socialistas e FeC e entre socialistas e BNG, non houbo máis avancesO reto que este goberno ten por diante, sexa cal for a súa composición, non é pequeno. A crise que Ferrol arrastra desde os anos 80 fixo descender a súa poboación desde os 91.000 aos 67.000 habitantes. A falta de emprego e oportunidades empurrou aos seus mozos á emigración e envelleceu as rúas do centro: en 1998 había na cidade 29.000 menores de 30 anos, que hoxe non pasan de 15.000, case a metade. E a excesiva dependencia da debilitada industria naval fixo que a saúde económica de Ferrol dependa en exceso da voluble carga de traballo dos estaleiros da ría. O pasado mes de decembro o Consello de Ministros aprobou o contrato das cinco fragatas F-110 a Navantia Ferrol, un encargo que fora atrasado polo Goberno de Mariano Rajoy para beneficiar á empresa da que era alto executivo o ex-ministro Pedro Morenés. Con todo, os traballos de construción destes buques aínda tardarán máis de dous anos en comezar. Esta cidade de ferro e mar necesitará disto e de moito máis para reverter a súa crise.
NOS_6234
Sara, para as nenas, e Hugo, para os nenos, foron os nomes máis postos ás crianzas nadas na Galiza en 2011. Para os nomes en galego hai, en ambos os casos, que ir ao número 13 dos máis habituais: Antía para nenas e Iago para nenos. En Euskal Herría os catro nomes máis comúns para @s nad@s o ano pasado foron en éuscaro, tanto para eles como para elas. En Catalunya acontece algo semellante
Os tres nomes máis habituais entre os nenos nados en 2011 na Galiza foron Hugo, Mateo e Pablo. Entre as nenas, Sara, Lucía e Noa. Para atopar nas crianzas que viñeron ao mundo o ano pasado no noso país nomes propiamente en galego hai que saltar até o posto 13 dos máis empregados, tanto para eles, como para elas. Para as nenas foi Antía. Para os nenos, Iago. E tras Antía, o nome en galego máis posto ás crianzas foi Iria (posto 14), Uxía (16), Sabela (17) e Xiana (33). Entre os varóns, e após o mencionado de Iago, figuran Brais (14), Anxo (18), Antón (21) e Xoel (25). Aínda que nos últimos anos aumentou de xeito importante no noso país a opción de poñer nomes en galego ás crianzas, segue a ser unha realidade moi por detrás do que acontece noutras nacións do estado. Así, en Euskal Herria, os catro nomes máis empregados para os e as nadas en 2011 foron en euskera, tanto para eles (Iker, Markel, Oier e Jon) como para elas (Ane, June, Uxue e Irati). Entrementres en Catalunya os catro nomes máis habituais nas crianzas varóns que viñeron ao mundo en 2011 foron en catalán (Marc, Àlex, Enric e Pol). Nas mulleres, o máis habitual foi Martina, mais o segundo xa foi para unha forma nidiamente catalá (Laia). As listaxes dos nomes máis empregados para os nados na Galiza en 2011 poden consultárense aquí e aquí
PRAZA_4382
O mes decretado polo Goberno galego agora ampliado outros cinco días é o período máis longo da ducia de loitos institucionais galegos, que abarcan desde accidentes e atentados a pasamentos de persoeiros internacionais como o Papa
O mes decretado polo Goberno galego agora ampliado outros cinco días é o período máis longo da ducia de loitos institucionais galegos, que abarcan desde accidentes e atentados a pasamentos de persoeiros internacionais como o Papa"Para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a súa dor e a de toda a cidadanía de Galicia". Así, cunha duración dun mes desde o 1 ao 31 de maio, e coa disposición de que "durante eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia", decretou o Goberno galego o loito oficial polas vítimas do coronavirus. A esa dor institucional simbólica sumouse o mércores, e durante dez días, ata a medianoite do 5 de xuño, o Goberno central, o que fixo que este venres o presidente Feijóo decidise ampliar ata ese momento o loito galego, sumando así un total de 36 días, o período máis longo de dor oficial da historia da autonomía. Ademais, o presidente galego sumou tamén este venres o anuncio de que prevé celebrar un acto de homenaxe unha semana despois de rematado o loito, o sábado 13 de xuño, un mes antes das eleccións do 12 de xullo.A redacción dos decretos cos que a Xunta establece os loitos oficiais vén sendo similar ao longo da súa historiaA redacción dos decretos cos que a Xunta establece os loitos oficiais vén sendo similar ao longo da súa historia, a diferenza da máis extensa argumentación do Goberno central no referente ao coronavirus, no que a diferencia de sucintas declaracións anteriores desta volta apela a "consolidar os vínculos sociais", o "respecto ás xeracións maiores" ou "a valoración dos coidados nas decisións públicas". Porén, a Xunta apenas variou a redacción desde os seus primeiros loitos feitos oficiais a través de decretos publicados no Diario Oficial de Galicia, dos que xa van unha ducia.Estes son os decretos de declaración de loito oficial publicados no DOG:25 de abril de 1986: Falecemento de Antonio Rosón, presidente da Xunta preautonómica e primeiro presidente do Parlamento de Galicia.13 de xullo de 1997: Asasinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro do PP en Ermua, fillo de galegos. Dous días de loito.17 de xaneiro de 2002: Falecemento de Camilo José Cela, "Marqués de Iria Flavia e premio Nobel de Literatura". Tres días de loito.1 de decembro de 2003: Asasinato de sete militares en Iraq. Un día de loito.11 de marzo de 2004: Atentados nos trens de Madrid. Tres días de loito.3 de abril de 2005: Falecemento do papa Xoán Paulo II. Tres días de loito.17 de agosto de 2005: Falecemento de 17 militares en Afganistán. Tres días de loito.16 de xaneiro de 2012: Falecemento de Manuel Fraga, ex-presidente da Xunta. Tres días de loito.25 de xullo de 2013: Accidente de Angrois con 80 mortos. Sete días de loito.16 de outubro de 2017: Vaga de incendios con catro mortes. Tres días de loito.12 de xullo de 2018: Falecemento de Xerardo Fernández Albor, ex-presidente da Xunta. Tres días de loito.30 de abril de 2020: Vítimas do coronavirus. 36 días de loito.
NOS_7989
As mobilizacións están convocadas por CIG, CCOO e UGT e decorrerán o xoves para denunciar a represión e se solidarizar con Carlos, Serafín, Ana e Tamara.
Actualmente hai catro traballadoras e traballadores galegos á espera de entrar en prisión por condenas derivadas da súa loita en defensa dos seus dereitos laborais. Carlos e Serafín (Vigo) e Tamara e Ana (Pontevedra). CIG, CCOO e UGT convocan para este xoves, 21, concentracións en varias cidades do País para manter a loita polo indulto a estas catro persoas. As mobilizacións decorrerán baixo o lema "Defender os dereitos da clase traballadora non é delito!" e queren denunciar as "penas desproporcionadas, inxustas e abusivas coas que pretenden amedrentarnos e debilitar a nosa capacidade de resposta como clase" e esixirase o indulto para as persoas afectadas. CCOO, CIG e UGT lembran que estas penas de prisión son un "castigo" para persoas "que se significaron na defensa dos dereitos dos seus compañeiros e compañeiras", pero sempre "dentro da máis estrita legalidade". Por esta razón, denuncian queas penas de prisión impostas son "inxustas" e "desproporcionadas". Os tres sindicatos encadran este tipo de castigos no marco da "represión" contra a clase traballadora que afirman protagonizan os gobernos do PP Lugares e horas - A Coruña: 12:00 h, diante da delegación do Goberno - Ferrol: 12:00 h, diante do edificio da Xunta - Compostela: 11:30 h, diante da sede da Xunta en San Caetano - Lugo: 12:00 h, diante da Subdelegación do Goberno - Ourense: 12:00 h, diante da Subdelegación do Goberno - Pontevedra: 11:00 h, diante da Audiencia Provincial
PRAZA_10894
Galicia é parte do problema climático. E non só por sufrir as consecuencias do quecemento globa. Tamén por estarmos entre os países que, en termos relativos, máis contribúen á crise climática. Se os nosos políticos e sindicalistas teiman en defender, por activa ou por pasiva, unha industria como a central de carbón das Pontes seguirán a practicar o "trumpismo" (ou o "bolsonarismo") climático
Estamos nunha situación de emerxencia climática. Non é un esaxero. A marxe de manobra para evitar unha mudanza climática catastrófica estréitase rapidamente. A crise climática está a agravarse a un ritmo aínda máis preocupante que o anunciado pola comunidade científica, que non só non tende a esaxerar a ameaza climática senón máis ben a infravalorala. Baixo a presión do negacionismo, a comunidade científica prefire pecar por defecto que por exceso. Galicia é parte do problema climático. E non só por sufrir as consecuencias do quecemento globa. Tamén por estarmos entre os países que, en termos relativos, máis contribúen á crise climática Evidentemente, Galicia é parte do problema climático. E non só por sufrir as consecuencias do quecemento global, das que se fala cada vez máis. Tamén por estarmos entre os países que, en termos relativos, máis contribúen á crise climática. Algo do que case nunca se fala, malia os datos obxectivos seren inequívocos. Aínda que, iso si, moi pouco divulgados por quen deberían facelo. Véñense de coñecer (aínda que até agora só por quen os solicite expresamente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e/ou á Xunta) os datos oficiais completos e actualizados até 2017 sobre as nosas emisións territoriais de gases causantes de cambio climático. Que poñen novamente de manifesto dúas verdades incómodas: que as emisións da nosa terra son altas, en relación co tamaño da nosa poboación, e que non están a diminuír. Se como país quixésemos contribuír ao obxectivo de non superar o perigoso límite do 1,5ºC de quecemento global cumpriría, de agora en diante, reducilas rapidamente. En 2030 deberían ser xa menos da metade que as actuais. En 2017, as emisións galegas de dióxido de carbono (CO2) e outros gases de invernadoiro superaron os 30 millóns de toneladas (t), supoñendo 11,2 t por habitante. As nosas emisións per cápita son practicamente iguais ás de Alemaña. E moi superiores ás emisións medias da UE (8,8) e do Estado español (7,7), que non son precisamente baixas no contexto mundial. Alén de seren moi elevadas en termos per cápita, as emisións galegas de gases de invernadoiro (exclúense polo tanto outros contaminantes sen efectos no clima) non tenden a baixar nos últimos anos. Despois de atinxiren o teito en 2004, achegándose aos 38 millóns de t, e de se desplomaren entre 2007 e 2010, até os 27 millóns, volveron subir para estabilizarse no último quinquenio con datos no rango dos 28-30 millóns. Se comparamos as emisións actuais coas de 1990 -ano de referencia para as políticas climáticas, xunto con 2005- comprobamos que nas últimas tres décadas Galicia non foi capaz de reducir as súas emisións de gases de invernadoiro. Mesmo medraron lixeiramente, ao tempo que no conxunto da UE baixaban un 22%. De non ser polas crises económicas e polo crecemento da enerxía eólica -moi criticábel pola forma en que se ten producido, con excesivos custos territoriais, pero tamén con innegábeis beneficios climáticos- terían aumentado bastante.Galicia está hoxe en boas condicións de comezar a reducir drasticamente as súas emisións causantes da crise climática e de recuperar parte do tempo perdido. Só falta vontade política Ollando cara ao futuro, Galicia está hoxe en boas condicións de comezar a reducir drasticamente as súas emisións causantes da crise climática e de recuperar parte do tempo perdido. Só falta vontade política. Temos unha "bala de prata" aínda non utilizada. Insuficiente para percorrer o camiño da descarbonización (que vai moito máis alá do abandono do carbón) pero si para dar un salto de xigante. Como se xeraron as emisións territoriais galegas de gases de invernadoiro durante 2017, o último ano para o que hai datos oficiais? O transporte xerou o 19% das emisións. A achega da industria, do sector agrogandeiro e mais do consumo enerxético de fogares, comercios, institucións públicas, maquinaria agrícola e frota pesqueira (tres sectores cun impacto climático semellante), sumou o 38%. O 2% das emisións debéronse ao tratamento de residuos sólidos e augas residuais e ás emisións fuxitivas de combustíbeis. Finalmente, á cabeza das emisións situouse novamente o sector enerxético, responsábel do 41% do total das emisións. Pero dentro deste sector, sobrancea o contributo das centrais térmicas de carbón de Meirama e As Pontes. E de que maneira. Estas dúas centrais eléctricas foron responsábeis conxuntamente do 35% das emisións totais de Galicia en 2017. A súa achega ás emisións anuais de gases de invernadoiro do noso país adoita ser dun terzo. Un feito nada común. En poucos países as centrais de carbón teñen tanto peso na xeración de crise climática. Este ano está a ser malo para a actividade das centrais de carbón de Galicia e de toda a UE, por causa principalmente da suba do prezo do CO2, que deben comprar no mercado europeo de emisións A boa noticia é que Galicia, xa desde hai tempo, podería prescindir fácil e rapidamente das centrais de carbón, sen pór en risco a súa subministración eléctrica, con grandes beneficios non só climáticos senón tamén en materia de calidade do aire e saúde pública (pois, ademais de seren focos de CO2, estas centrais emiten moitos contaminantes tóxicos), de soberanía enerxética e de redución da débeda ecolóxica da economía galega co Sur global, como explica o informe O prezo do carbón de Un futuro sen carbón. Esta plataforma avoga polo peche planificado de todas as centrais de carbón españolas antes de 2025, acompañándoo con medidas de transición xusta. Este ano está a ser malo para a actividade das centrais de carbón de Galicia e de toda a UE. Nos últimos meses caeu a súa actividade, por causa principalmente da suba do prezo do CO2, que deben comprar no mercado europeo de emisións. Un mercado creado en 2005 para penalizar especialmente industrias tan extremadamente intensivas en emisións de CO2 como as centrais de carbón, mais que ten sido moi pouco eficaz. A ver o que dura este "parón", pero, no que atinxe a Galicia, non é tan aventurado predicir que 2019 será o ano con menores emisións de gases de invernadoiro das últimas décadas, cando menos desde 1990, ano no que principia a serie estatística oficial. Se os nosos políticos e sindicalistas teiman en defender, por activa ou por pasiva, unha industria como a central de carbón das Pontes seguirán a practicar o "trumpismo" (ou o "bolsonarismo") climático Naturgy decidiu pechar a central de carbón de Meirama en 2020. Mais Endesa decidiu prorrogar a vida da central de carbón das Pontes, moito máis potente e contaminante e con xa 40 anos de actividade, por 25 anos máis. Para iso está a reducir novamente as súas emisións tóxicas, unha vez máis forzada pola actualización da lexislación ambiental. Porén, as emisións de CO2 causantes de cambio climático, só limitadas polo mercado europeo de emisións, só se reducirán na medida en que peche ou recorte a súa produción. Se os nosos políticos e sindicalistas teiman en defender, por activa ou por pasiva, unha industria como a central de carbón das Pontes, cunha achega ínfima ao emprego e ao PIB do país en comparación co seu descomunal impacto climático (causou máis da cuarta parte das emisións totais de Galicia durante 2017), seguirán a practicar o "trumpismo" (ou o "bolsonarismo") climático.
NOS_54841
A segunda xornada de folga na estiba transcorreu sen incidentes no Porto de Vigo, cun seguimento total por parte dos 108 traballadores e traballadoras da cidade, o maior cadro de persoal das cinco autoridades portuarias do país.
Unha normalidade que reflectiu, porén, a parálise dos labores durante os días de paros programados, cunha actividade de mínimos, e o conseguinte transvasamento de carga para os días operativos. Dúas xornadas sen avances nas negociacións colectivas, segundo as forzas sindicais, despois de meses de conflito laboral pola liberalización do sector. Así, este 7 de xuño só descargou un porta-contedores da navieira Hapag-Lloyd, que estivo máis de oito horas no peirao de Guixar para completar a estiba de123 contedores. Estaban convocados 43 empregados que traballaron, como se estaba previsto, durante as horas impares, e realizaron paros nos propios postos de traballo durante as horas pares. Hai só dous meses, esta mesma empresa decidira trasladar oito escalas a Portugal durante os avisos iniciais dunha posíbel folga. A maioría de compañías armadoras apostou por sortear a protesta atrasando un día a súa chegada a Vigo. Pola contra, a maioría de compañías armadoras apostou por sortear a protesta atrasando un día a súa chegada a Vigo. Unha decisión que prevé certa acumulación para este 8 de xuño, cun total de seis buques, nunha xornada non afectada pola protesta. O mesmo ocorreu durante esta segunda feira, o primeiro de greve, cun seguimento total dos 94 traballadores convocados, rexistrando unha actividade de tres barcos, mentres outros catro porta-contedores fondeaban nas Illas Cíes á espera de que rematase o día. Similares situacións viviron as outras autoridades portuarias galegas (A Coruña, Marín-Pontevedra, Vilagarcía e Ferrol-San Cibrao) con baixa e lenta actividade durante as xornadas de paro. Portos do Estado, organismo dependente do Ministerio de Fomento, cifrou o seguimento a nível estatal en 99,3 por cento do sector, aínda que celebra un aumento do tráfico. A protesta continuará este 9 de xuño. A crise previa do porto vigués Para a Autoridade Portuaria de Vigo, o conflito está a provocar trastornos económicos. "Se continúan as folgas haberá desvíos de buques e acumulación de descargas", asegurou o seu presidente Enrique López Veiga, do PP, que dixo descoñecer se algunha empresa cambiou de ruta ante os paros desta semana, segundo declaracións recollidas por axencias. Unha posición que a Marea de Vigo rexeitou previamente no pleno municipal. "Están a converter á estiba nun chivo expiatorio", criticou o edil Xosé Lois Jácome, durante a presentación dunha moción de apoio ás reivindicacións do sector, en que defendeu que a perda de negocio do porto da cidade olívica "non garda relación co conflito". En febreiro, a caída total de mercancías foi superior o 4% respecto do ano anterior, do 14% en marzo e do 8% en abril. Os números amosan unha importante baixada na actividade durante o presente curso. En febreiro, a caída total de mercancías descargadas foi superior a 4% respecto do ano anterior, de 14% en marzo e de 8% en abril. Unha caída que supón a perda de 14.000 toneladas, provocada polo desvío de numerosas escalas regulares cara outros portos. Pola súa banda, o grupo municipal do BNG denunciou nos últimos días a marxinación do Porto de Vigo e o "esmorecemento" das súas actividades, durante unha reunión co Comité de Empresa da Autoridade Portuaria. "Nós sempre entendemos que o futuro de Vigo pasa tamén polo porto, tanto en tránsito de mercadorías, como de pesca, para o que é indispensábel dotalo das infraestruturas necesarias", afirmou o responsable local Serafín Otero, que criticou que a "violencia política" entre PSOE e PP se traslade nun enfrontamento institucional continuo entre Concello e Xunta, "por motivos partidistas".
PRAZA_19316
O novo sistema de recollida e clasificación, impulsado polo Concello e Adega, logra reducir en 1.000 quilos ao mes os residuos que envían a Sogama os lugares implicados, que ven como se lles reduce tamén a factura e amosan a súa satisfacción co novo modelo.
En novembro de 2014, o Concello de San Sadurniño puxo en marcha un programa experimental de recollida de lixo "porta a porta" polas casas, acompañado de compostaxe dos residuos orgánicos e co apoio da asociación ecoloxista Adega. Querían comprobar a viabilidade dun sistema alternativo de recollida e reciclaxe dos residuos domésticos á hora de reducir custos económicos e ambientais, ademais de facerlle máis cómoda á veciñanza a xestión dos residuos. Cun proxecto levado a cabo en 20 lugares da parroquia de Ferreira e un da de Naraío, o balance do primeiro ano foi máis que positivo: a cantidade de lixo enviado a Sogama descendeu nun 57% e trouxo consigo un importante aforro económico. En 2015, e logo de ampliarse o ámbito de actuación a outros lugares do municipio, o resultado volveu ser máis que satisfactorio: 1.000 quilos menos ao mes e un descenso nun 37% dos desperdicios enviados á planta de Cerceda. Os bos resultados coa primeira zona do 'porta a porta' repítense ao ampliar o ámbito de actuación: unha tonelada menos de lixo nun ano Esas son algunhas cifras dos datos que vén de facilitar o Concello sobre un proxecto baseado na distribución de colectores máis pequenos, na súa colocación máis preto das casas e nunha campaña de información para que a xente separe os residuos correctamente en orixe buscando, principalmente, reducir a fracción orgánica da bolsa, que supón habitualmente arredor dun 40% de todo o que se tira. Búscase que a materia orgánica se trate na casa, ben dándolla aos animais ou ben facendo compostaxe/esterqueira, contribuíndo así á conservación do medio ambiente e reducindo todo o que se poida a cantidade de lixo enviada a Sogama. Ademais, o sistema emprega un pequeno furgón en vez do grande camión compactador que percorre o resto do municipio. En 2015 enviábanse a Sogama 2.800 quilos ao mes desde a zona do proxecto; en 2016 foron 1.800 e sete quilos menos ao mes por persoa Así, durante 2015, desde a zona de percorrido deste sitema enviábanse a Sogama 2.800 quilos de lixo mensuais, 19,5 quilos por persoa e mes. Logo da posta en marcha da recollida de proximidade, os desperdicios reducíronse a tan só 1.800 quilos, unha tonelada menos nun ano e 12,5 quilos por persoa e mes, sete menos. Xa que logo, tamén se reduce a parte proporcional da factura de Sogama no trazado, ao pasar 227,5 euros a 146,28 mensuais, uns 80 menos. Ademais, e segundo os datos que achega a administración local, o aforro aínda foi maior ao reducirse o uso de combustible e o mantemento do cambión: 1.335 euros de aforro nos custos de servizo durante 2016. "O balance do último ano en Naraío e Igrexafeita -e tamén o resultado alcanzado en Ferreira- déronlle azos ao Concello para continuar estendendo o sistema de recollida de proximidade a outras zonas do municipio", explica Adega. O 95% das persoas usuarias "adoptouse sen problemas ao novo sistema de clasificación e separación no fogar" Na actualidade, e tras a ampliación do percorrido, o proxecto abrangue 52 quilómetros, 18 núcleos de poboación, 45 vivendas e arredor de 150 veciños e veciñas cunha media de idade de 62 anos. Adega, ademais, levou a cabou unha enquisa entre as persoas implicadas da man de María Rl. Lafuente, técnica encargada a formación, titorización e avaliación dos resultados. As respostas foron máis que satisfactorias: o 95% das persoas participantes "adaptouse sen problemas ao novo sistema de clasificación e separación no fogar" e os usuarios e usuarias ven como moi positiva "a posibilidade de reciclar e que haxa máis limpeza", engadindo que se ben o sistema Sogama éralles "máis sinxelo" agora en todos os casos "prefiren continuar co Porta por porta".
PRAZA_2066
O colectivo acode ao Tribunal de Xustiza Europeo, onde o Estado se personou na vista oral da causa que Austria mantén contra Holanda, cuxa sentenza será fundamental para o futuro das demandas dos mariñeiros galegos
Na súa loita de meses e meses polas pensións que lle nega Noruega, os ex mariñeiros galegos seguen apañando apoios, non só en Galicia e no Estado, senón tamén en Europa. No comezo deste outono, o prestixioso avogado nórdico, Øivind Østberg presentará unha demanda colectiva destes xubilados contra o Estado noruegués para reclamarlle que lles pague os cartos que lles adebeda desde hai anos. Pero antes, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) deberá emitir o seu ditame pola demanda que Austria presentou tamén contra Holanda polos mariñeiros do seu país que traballaron en buques holandeses. O Estado personouse na vista oral da causa que Austria mantén contra Holanda en Europa, cuxa sentenza será fundamental para o futuro das demandas dos mariñeiros galegos É o caso unha situación semellante á que afecta os mariñeiros galegos, xa que unha sentenza favorable a Austria facilitaría atopar un arranxo para o caso de Galicia e do Estado, que mandou dous avogados á vista oral onde se personou o Goberno de España. A intervención foi moi ben recibida pola asociación Long Hope de ex mariños galegos, pero o seu voceiro, Alberto Paz, prefire manter a cautela é lembra que "a axuda que chegou de Madrid non foi nin é dabondo". "Non hai nin houbo a contundencia necesaria ante tal inxustiza", lembra. É a que que sofren arredor de 10.000 mariñeiros galegos e as súas familias que pelexan polo cobro das súas pensións tras anos ocupados no estranxeiro. Son ex traballadores da mariña mercante que pasaron longas tempadas traballando en barcos de Noruega e que pagaron elevados impostos a Oslo, pero que agora, despois de retirados, ven como non perciben nada en forma de pensión de xubilación malia estar empregados con contratos legais e logo de pagar elevadas cotizacións sociais de ata o 45% do soldo, uns 520 millóns de euros en impostos. Long Hope apaña apoios na Eurocámara tras conseguir a implicación das formacións políticas galegas Na sede do TXUE tamén estiveron Øivind Østberg e Xosé Manuel Carril, xurista, x voceiro do BNG no Concello da Coruña e un dos maiores expertos no réxime laboral especial no mar. Un informe seu sobre o tema sinalou a inxustiza social de non ter cobrado a pensión ao non ter en conta Noruega que os buques onde traballaban non son máis que un cacho de terra do pavillón cuxa bandeira levaba. Xa que logo, o Estado tería gañado a demanda se acudise ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos (TEDH) -tal e como lle reclamaron desde Long Hope-, pero decidiron seguir por unha liña máis diplomática. Mentres, o colectivo de mariñeiros galegos segue acumulando apoios tras reunirse en Bruxelas esta semana coa Confederación Europea do Transporte, co grupo do PSOE no Parlamento Europeo ou con Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, "a única formación que non amosara o seu apoio explícito á causa". "Cada vez temos máis apoios, pero faltounos o do Estado", di o voceiro dunha asociación que xa recibira o apoio de todas as formacións en Galicia, especialmente de BNG e AGE. Sexa como for, os mariñeiros seguirán saíndo á rúa. Este mesmo venres volverán mobilizarse en Compostela e será a trixésima ocasión na que o fagan ante a sede da Xunta.
NOS_57815
A ex coordenadora de Esquerda Unida e nova voceira parlamentar de En Marea no Congreso, demanda ao actual portavoz da formación, Luís Villares, que "repense" o seu papel e evita apoiar a súa continuidade como candidato nas próximas eleccións galegas.
Coincidindo co seu recente nomeamento como voceira de En Marea, dentro do grupo confederal de Podemos no Congreso, Yolanda Díaz debruzouse máis unha vez na crise aberta en En Marea. Fíxoo nunha entrevista concedida a Cadena Ser Galiza no programa Hora 14. Na mesma, a ferrolá expresou a idea de que o importante é superar o debate interno no seo do espazo En Marea para se dedicaren "a falar dos problemas do xente". "As liortas internas serven para pouco", aseverou. No entanto, Díaz non fuxiu de dar resposta ás preguntas que a inquirían sobre a situación de evidente tensión que atravesa desde hai meses En Marea. "Quero pensar que en En Marea non se están antepoñendo os intereses persoais", confesou ao tempo que tencionaba desdramatizar o conflito interno asegurando que "todos os partidos teñen convulsión" no seu seo. Díaz apostou en abordar o debate "pendente" de "repensar o papel das organizacións políticas no século XXI", nunha mensaxe na que veladamente se afastaba das teses defendidas polo actual voceiro de En Marea en Galiza, Luís Villares, que suporían avanzar cara adoptaren unha configuración de partido e non de coligazón. Cuestionamento a Villares Preguntada sobre o papel de Villares e o seu liderado á fronte de EM, a deputada afirmou non crer "nos liderados unipersoais". "Creo que Luís Villares é un magnífico voceiro no Parlamento galego", acrecentou, limitándose a valorizalo no seu papel parlamentar mais non como máximo responsábel e voceiro público da organización. Neste sentido, Díaz aproveitou a entrevista para insistir na mensaxe das últimas semanas instando ao actual portavoz a rectificar a súa aposta no deseño organizativo de EM como partido. "Se eu fose Luís Villares repensaría o que estamos facendo. Estamos divididas pola metade e é dificil construír así", recalcou nos micros da SER. Díaz limitouse a valorizar positivamente o papel de Villares no Parlamento, mais non como portavoz de En Marea A pesar de parabenizar a labor de Villares no Pazo do Hórreo, Yolanda Díaz evitou posicionarse explicitamente sobre a súa continuidades como candidato nas próximas eleccións galegas. "De aquí ás próximas autonómicas, non me atrevo a dicir nada. Se hai unha característica deste tempo é que todo queda demasiado lonxe. Todo vai correndo, non me atrevo a dicir o que vai pasar". Cos alcaldes e Beiras Partidaria de reverter o camiño iniciado pola actual dirección de EM, Díaz defendeu que "con absoluta lealdade e humildade creo que toca repensar, parar e colectivamente tender a man para construír unha fórmula que nos faga ser capaces de construír Galicia". Esa fórmula pasaría por procurar un maior encaixe á "pluralidade" interna, que se expresa na existencia de suxeitos organizados diferentes no seo da formación. Nesa tarefa, a ex coordinadora de Esquerda Unida avogou por incorporar os alcaldes das mareas municipais. "Temos un cariz municipalista e unha ferramenta, hai que contar con eles e ir parellos. Os liderados máis clásicos e e verticais creo que agora non funcionan. Son partidaria da súa implicación [dos alcaldes]. Sen eles non imos chegar á Xunta". "Os liderados máis clásicos e verticais creo que agora non funcionan", defendeu. Despois de demandar "audacia e altura de miras", Díaz afirmou que para ela Xosé Manuel Beiras é "unha peza chave" para EM. "Beiras é o grande referente deste país e tampouco se pode construír nada sen el. É impensábel facelo todo sen o que el representa. É unha peza imprescindíbel", dixo do que fora o seu compañeiro de ticket electoral na campaña das autonómicas de 2012 sob a fórmula de Alternativa Galega de Esquerdas. O distanciamento entre ambos os dous dirixentes é notábel, e Beiras chegou a recoñecer publicamente sentirse "traizoado" por Díaz. Madrid A deputada defendeu tamén que "a axenda galega está presente" no Congreso. Nese sentido, citou as iniciativas promovidas en relación ao conflito de Ferroatlántica, a AP-9 ou o Pazo de Meirás. En relación ao bloqueo do traspaso da autoestrada do Atlántico, anunciou a intención de EM de "tentar levantar o vento da Mesa do Congreso" e cargou contra a incoherencia do Partido Popular, por apoialo en Galiza e vetalo en Madrid. Cuestionada sobre o papel desempeñado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, Díaz cualificouno de "visitante en Galiza", de "turista" que se "pon de perfil" fronte aos problemas do país. Sobre a posibilidade dun acordo co PSOE que permita un cambio de goberno no Estado, Díaz amosouse prudente por causa dos cambios de posición do PSOE. Mais recoñeceu que existe esa posibilidade. "Quero pensar que é así. Tómome a serio as reunións que temos. Quero pensar que a realidade é esta. Non hai ningunha razón para ter a Raxoi como presidente do Goberno, é posíbel desbancar a Mariano Raxoi. Sí, é posíbel", remachou.
NOS_44119
Ángel Suanzes convértese hoxe no entrevistador entrevistado. O xornalista vén de publica o seu primeiro poemario con Urutau, unha íntima sucesión de imaxes que diseccionan cunha honestidade estarrecedora o proceso do desamor. O texto vai acompañado das fotografías de Clara Honorato Soto, nunha reinterpretación persoal das múltiples capas da lembranza que esas breves "labazadas de realidade" esbozan sobre a cerna que nos conforma.
Iolanda Zúñiga afirma na lapela que "a ausencia, o desacerto, a fraude e outros desencantos nutren este texto nunha secuencia de fotogramas que o autor arrebola como proxectís" para "perforar a carne da lectora [...] procurando que a metrala desalentada enquiste, e levede, nas súas entrañas". Con semellante carta de presentación e un título tan evocativo como E se a memoria está na boca, Ángel Suanzes lanza o seu primeiro poemario. Os poemas conclúen con breves citas entre aspas, como arrincadas dos momentos dos que agromou o texto, palabras testemuño desa memoria "que está na boca". Van por aí os tiros? O título veu do traballo de Tamara Andrés como correctora e de Wladimir Vaz como editor, a raíz dun dos versos. Eu tiña outro moi claro, Entradas e saídas, porque quería contar como unha persoa chega e marcha da túa vida. Pero logo decatámonos de que só estaba o final. "Se falásemos dun filme, o poemario sería como a non-ficción" A memoria é a base de todo, mais ten que estar ficcionada, aínda que si que ten ancoraxes coa realidade. Se falásemos dun filme, sería como a non-ficción. Até que punto xogamos coas cousas, as contamos ou as lembramos dunha maneira distinta a como foron? Aí van aparecendo as capas. Ás veces escavas e semella que atopas o que hai. A memoria está na boca podería ser A memoria está nos ollos, unha asociación se cadra máis habitual, ou nos oídos. É un modo de expresar o que as cousas poden tocar. E esas frases entre aspas poderían borrarse e cadaquén escribir a súa, porque todos temos frases cravadas no cerebro. Esa articulación de fragmentos, tan ancorados ao intre, ofrece a sensación de que foi escrito sen pensar en que chegase a ser un libro, aínda que se aprecia un sentido de conxunto. [Ri] Tes razón. Hai moitas ideas soltas, escritas en determinados momentos. Houbo certa confusión porque ao ser o primeiro poemario poño na descrición algo así como que "cheira a adolescencia". Teño máis de 40 anos e por veces véxoo moi naíf, como se falase do primeiro desamor, que non é así. A partir de aí, un día decátaste de que ten certa continuidade. Nese senso, foi moi bonito cando Tamara o colleu. Eu son moi guionista e non estaba seguro. Creo que hai varias etapas, de máis frío a máis quente, de dentro a fóra, case de murmurar a berrar ao final. Houbo un esforzo porque tivese un sentido, aínda que logo vaias a calquera libraría e leas un poema solto. Pero se alguén quere procurar no todo ese relato, tamén quero que o vexa. Modificouse a estrutura na edición, entón? Non. Cando chegou xa estaba como agora a nivel textual. No fotográfico si que hai un traballo diferente, aí é cando o libro medra. Eu estou afeito a traballar na televisión, con moita xente, e pensaba que a escrita era algo individual e punto. Porén, descubrín que hai moitas persoas detrás: a corrección, a edición, a fotografía de Clara... E como che din todos nas entrevistas: "unha vez que o escribes, está libre". Esa frase, que escoitei tantas veces e non cría, realmente é así. E como se vive esa liberación? Con moita sorpresa, porque eu estou no outro lado do espello, ben o sabes. Estamos acostumados a contar o relato dos demais, e eu síntome cómodo con iso. Aínda que sempre se manipula algo, intento dar a esencia do que me están dicindo. Aquí é o meu relato, e ese primeiro momento de ter que defendelo é complicado. A sorpresa inicial é ver que hai moita xente que se alegrou. Percibo unha acollida moi boa, logo xa no tema de vendas ou recepción crítica pérdome. Estou afeito ao ritmo dos cinemas e aquí non me acabo de situar, vai máis lento, tendo tamén en conta que é un poemario e o traballo cultural a este nivel está moi fodido desde o punto de vista xornalístico. Aínda non teño unha perspectiva clara da acollida, porque a primeira sempre é un pouco falsa ao vir do círculo máis próximo. Pero é certo que cando ves o libro maquetado si que cres máis que poida ser poesía. Fala de que está máis afeito aos ritmos do cinema. Hai algo moi fílmico na linguaxe, xa desde ese comezo con "Carta de axuste", que anticipa precisamente a modo de preludio a vontade de contar unha historia. O cinema inevitabelmente inflúe, pero máis que deste ou da televisión penso que xorde de imaxes que tes na cabeza. Aí tamén está a memoria, aínda que o título igual racha con ese primeiro pensamento das imaxes das que saen os poemas. Agora que entendín o proceso, estou funcionando así. Igual saco o móbil e tiro unha fotografía, para logo vela e volver a esas cousas que me provoca. Logo creo que o bonito, dentro do proceso, é que ao final acaba noutra imaxe, porque o que xurdiu para min dunha cousa rematou nas mans de Clara Honorato, que o colleu e o reinterpretou. Non fixo un acompañamento nin unha ilustración, senón un traballo propio que se acoplou ao final moi ben grazas tamén á edición de Wladimir, pois a miña idea era que as imaxes fosen no medio, non intercaladas. Por outra banda, ten importancia a forza visual, con aspectos como que os versos máis clásicos vaian á esquerda e os menos convencionais á dereita, case como un pé de foto, que leas e sexa como un "zasca" de realidade. Como se elaborou a relación coas imaxes de Clara Honorato? Eu intentei darlle moita liberdade. Non a coñecía de nada, localiceina por Instagram e escribinlle pouco antes de que Urutau dixese que si. Sabía que quería imaxes no libro e pensei que as podía facer eu, mais despois decateime de que precisaba darlle ese traballo a alguén. A ela sígoa desde hai moito e atopei certa conexión coas súas imaxes, que son sempre brumosas, teñen como dúas capas, moi marcadas no libro. Ao tempo, posúen un toque de positividade, aínda que sexa desde a melancolía. "Para min, o mellor do libro é o texto de Iolanda Zúñiga" Cando me respondeu (aínda tardou) mostrouse moi a favor. Foi no confinamento e resultou complicado traballar. Tirou algunhas fotografías, mais outras eran do seu arquivo persoal. Das 80 que me mandou escollín unhas 20, devolvinlle a escolma e pasámosllas á editora. Gustoume moito esa idea da dobre portada, é moi bonito o contraste do exterior máis luminoso coa parte interna máis negra. Deulle unha estética moi chula coa que non contaba, aínda que me dá mágoa, porque tapa un pouco o texto de Iolanda Zúñiga, que para min é o mellor do libro. Ademais do pasado, interésame a concepción do futuro que agochan versos como "Perdín quen era entón / o futuro era unha fraude" ou "Todo vai caducar / todo / incluso o eu irreverente xeito / de crer que todo vai caducar". Unha cousa que intentei evitar é o cinismo. Cando vives o desamor pasas por unhas fases inevitábeis: pena, tristura, decepción... E tamén o cinismo de dicir "tampouco me importaba". Caduca pero segue aí, igual isto é un intento de escavar, de quitar- lle a terra de enriba á memoria e reivindicar que todos nos equivocamos. Preocupábame moito que non transmitise reproches. Segundo quen, como e cando se mire algo, as cousas cambian. O futuro é unha eiva, sempre. A moda do carpe diem na miña xeración levábase moi metida dentro. Pero hai pouco púxenlle aos meus fillos O club dos poetas mortos e eles están noutro sitio. Están de verdade no presente, a miña xeración penso que mira máis para o pasado.
NOS_29759
Os datos ofrecidos pola última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) veñen confirmar algunhas das tendencias xa sinaladas nas sondaxes internas das formacións políticas que concorren aos comicios de 12 de xullo.
Por unha banda, hai un Partido Popular forte, que concentra a totalidade do voto da dereita, sen marxe para medrar e practicamente empatado co bloque da esquerda. A outra banda están as forzas que aspiran a conformar unha maioría alternativa a Núñez Feixoo con posibilidades certas de conseguir o seu obxectivo, cun progresivo crecemento en intención de voto nas últimas semanas e cunha disputa entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista por ver quen lidera o Goberno do cambio. A sondaxe do CIS certifica que calquera escenario electoral é posíbel. Así, nun contexto tan axustado, cun empate técnico entre os dous bloques, onde o tripartito de esquerdas supera en voto máis simpatía o Partido Popular, o resultado final vai depender da capacidade que cada unha das partes teña en mobilizar a súa base social. Neste sentido, explícase o interese dos populares en presentarse como gañadores por maioría absoluta, coa intención de mobilizar o seu electorado, desmobilizar o que non lles é propicio e influír no sentido do voto dos indecisos. As forzas alternativas ao Partido Popular son as que máis perden coa abstención. Segundo os datos recollidos na enquisa do CIS, o electorado máis mobilizado é o da dereita, concentrándose os comportamentos máis abstencionistas entre a poboación máis nova, precisamente aquela que opta de maneira máis decidida pola esquerda e o nacionalismo, até concentrar o BNG 42,3% dos votos dos menores de 25 anos. Outro tanto acontece coas clases traballadoras, tamén proclives á esquerda, situándose as porcentaxes máis altas da abstención entre as franxas que o CIS define como "clase baixa", con 16%, e da "clase media baixa", con 12,7%. 25,6% daquelas galegas e galegos que declaran a súa intención de acudir ás urnas o 12 de xullo aínda non teñen decido o seu voto. Se ben este é un fenómeno común aos últimos procesos electorais, onde os resultados finais se deciden nos días previos á votación, nesta ocasión a campaña vai ser máis importante que as anteriores dado o alto número de electoras e electores indecisos. Así as cousas, o debate electoral nas pantallas da TVG entre as distintas candidaturas á Presidencia da Xunta da Galiza vai ser decisivo.
NOS_2680
O ciclo do Museo de Pontevedra desenvólvese no convento os días 2 e 9 de xullo coas formacións L'Unisoni e La Danserye, respectivamente.
As próximas sextas feiras, 2 e 9 de de xullo, o Museo de Pontevedra retoma o ciclo "Noites de música antiga", que logo de varios anos noutra localización retorna ás ruínas do convento de Santo Domingo. Deste modo, van ser as bóvedas, os arcos e os muros deste edificio os que acollan os concertos de L'Unisoni e La Danserye, "dous conxuntos de acreditado nivel artístico cos que as persoas asistentes viaxarán ao refinamento da música veneciana e á corte imperial dos Austrias españois", explican desde o Museo. O concerto de L'Unisoni, o 2 de xullo ás 21 horas conta coas intérpretes Esperanza Mara Filgueira, na voz, Jorge Montes, co violino barroco, Uxía Delgado, coa guitarra barroca e mais a tiorba e Pablo Ruibal, coas violas da gamba soprano e baixo. O seu recital estará composto por unha selección de obras mestras da autora veneciana do XVII Barbara Strozzi, arias e cantatas, que se mesturarán con outras obras do mesmo século. No concerto de La Danserye, o 9 de xullo tamén ás 21 horas, intervirán os irmáns Pérez Valera (Fernando, Juan Alberto, Luís Alfonso e Eduardo) que farán desfilar polo escenario cornetas, corneta muda, sacabuches, orlos, rackettes, frautas doces, chirimías, baixonciños, trompeta natural e mais baixóns. Xunto a eles, José Gabriel Martínez acompañaraos coa percusión e xuntos tentarán recrear a música da Corte de Felipe II. O programa céntrase especialmente na colección de danzas a catro partes, publicadas por Tielman Susato en 1551, en Anveres, "cidade na que Susato, foi o encargado de organizar os actos musicais con que a cidade recibiu ao príncipe", apuntan. Samuel Diz co concerto 'Álbums de guerra' O vindeiro 29 de xuño, o edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle o concerto do guitarrista clásico, Samuel Diz. Baixo o título "Álbums de guerra: músicas para unha exposición", o músico quere integrar o discurso expositivo da colección permanente do Museo, e composta por un conxunto de obras vinculadas coa Guerra Civil, a represión franquista e mais o exilio. O tudense Samuel Diz, intérprete e investigador da música dentro da Xeración do 27 e mais do exilio republicano do Estado español, relaciona as obras que se acaban de expor no Museo de Pontevedra coas partituras de Xesús Bal y Gay, Rosita García Ascot, Simón Tapia Colman e tamén coa inédita "Suite para guitarra" de Isidro Buenaventura Maiztegui, que se estrea, precisamente, neste evento.
NOS_14415
A firma de Mugardos, controlada pola Xunta e o Grupo Toxeiro, cambia de auditor en plena batalla coa CNCM.
Reganosa cambia de auditor. Desde mediados de outubro, KPMG deixa de traballar para as firmas que integran o holding do grupo enerxético galego. Tomará o relevo EY (antiga Ernst&Young), á que se sumou na primavera de 2017 a ex conselleira de Facenda da Xunta Marta Fernández Currás. O cambio afecta á matriz do holding constituído en 2018, Reganosa Holdco, controlado pola Xunta e o Grupo Toxeiro, e ás filiais Regasificadora del Noroeste, Reganosa Asset Investments e Reganosa Servizos, nas que tamén están representadas a xaponesa Sojitz e a arxelina Sonartrach. A modificación, da que dá conta o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, prodúcese nun momento complicado para a planta regasificadora, coa súa legalidade en cuestión e cun conflito aberto coa Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) polos recortes na retribución das actividades do sector gasista. Reganosa fechou 2018 cun beneficio neto de 12,2 millóns de euros e unha facturación de 56,5 millóns de euros.
NOS_22457
Ninguén pagará. A sentenza do Prestige exime de responsabilidade o Estado e só condena por "desobediencia" o capitán do buque, Apostolos Mangouras, nunha decisión moi discutida que tampouco esixe indemnizacións pola catástrofe e que seguramente será recorrida por Nunca Máis.
Ao Prestige aínda lle quedaba unha última marea negra. Neste caso a función do chapapote desenvolveuna a tinta negra utilizada para escribir a sentenza coa que, logo dunha década de instrución e un ano de xuízo, a Audiencia Provincial da Coruña decidiu enviar a Xustiza ao quinto pino. Non hai culpábeis. Tampouco indemnizacións. Os tres acusados foron absolvidos, entre eles o único pertencente á administración -do PP no momento dos feitos e agora- que asumiu o mando após o naufraxio do petroleiro e tomou unha serie de decisións que provocaron unha inédita mobilización popular en Galiza na súa contra. Seica todo aquilo foi un espellismo porque ninguén asumirá responsabilidades. Como se non pasase nada. Outra vez. Eis a impunidade dos poderosos. Un malestar moi estendido nestes tempos de crise que a sentenza do Prestige volve poñer enriba da mesa. Ante unha perplexidade inicial que axiña deu paso á indignación, a rúbrica xudicial que xa chegaba moi tarde e eivada pola ausencia de máis responsábeis políticos materializouse nunha longa e áspera travesía a ningures. O presidente do Tribunal, Juan Luis Pía, gastou unha hora e cuarto en ler a sentenza. Había tres acusados: o ex-director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors; o capitán do buque, Apostolos Mangouras; e o xefe de maquinas, Nikolaos Argyropoulos. Todos eles foron absolvidos de "delitos contra o medio ambiente". O único culpábel de algo en todo aquela catástrofe, segundo a Sala, foi Mangouras, condenado a nove meses de cadea por "desobediencia grave á autoridade" por negarse a mover o barco. Non ingre- sará en prisión. Cero euros de indemnización Só desde o PP e inmediacións se celebrou a sentenza. A plataforma Nunca Máis estudará a posibilidade de recorrer ante o Supremo. E tamén de convocar mobilizacións contra a impunidade dunha decisión xudicial que consideran "política". E que mesmo deixa en nada as millonarias indemnizacións reclamadas. Non hai responsabilidades de ningún tipo alén da negativa do capitán ás ordes gobernamentais. Até a aseguradora poderá recuperar os máis de 22 millóns de euros que depositou ante a Xustiza como fianza. As perdas millonarias que provocou a catástrofe natural non terán compensación de ninguén. Tampouco. Só desde o PP e inmediacións se celebrou a sentenza As conclusións do Tribunal foron precedidas dun longo relatorio de ton negativo, ás veces resignado, contraditorio, que basculaba nunha especie de nin arre nin xo, no que xurdían algunhas críticas aos implicados que pouco despois remataban no baleiro. Ou na defensa das decisións tomadas polo Goberno, que moitas veces chegaban logo dunha afirmación que suxería todo o contrario, nunha cerimonia tan agardada como confusa. Apoio ao afastamento do barco O máis rechamante foi o apoio implícito dos xuíces ao nó central do ocorrido, a decisión de afastar o barco, aínda que para chegar a el o relatorio de feitos tamén dá unhas cantas voltas. Segundo a sentenza, "é unha obviedade que, desde un punto de vista lóxico, esa decisión [o afastamento do Prestige das costas galegas] deu lugar a unha inusitada extensión das zonas afectadas polas verteduras e que se se tivese refuxiado o buque en calquera porto ou ría galega próxima se reduciría extraordinariamente a extensión da zona afectada, de xeito que a primeira vista, loxicamente debeu optarse por ese refuxio, sen dúbida ningunha; pero se se examinan de cerca esas cuestións o argumento non resiste outras precisións polo menos tan lóxicas como as expostas. (...) Case todos os expertos coinciden en que a decisión inicial de afastamento foi correcta, pero unha vez firme o remolque do petroleiro e sen risco inminente de choque coa costa, o lóxico, o prudente e o tecnicamente correcto era refuxiar o buque nun porto ou ría para transvasar a súa carga, ou ben levalo a augas tranquilas en mar aberto para proceder do mesmo modo. (...) Así que as alegacións de que o Prestige tivo un rumbo errático e que non se sabía exactamente o que facer co barco parecen pouco fiables, porque todo demostra que o afastamento trataba de evitar que a vertedura afectase masiva e gravemente as nosas costas e ademais esperábase que o afundimento rematase coa vertedura, senónn por conxelación do fuel -que non se produciría nin se produciu [neste punto cualifican de "frivolidade" algunhas informacións do Goberno, posíbel referencia aos hilillos de Rajoy]- polo menos limitando a cantidade e intensidade da vertedura e posibilitando a recuperación do fuel dos restos do buque, como así ocorreu (...) O afastamento queda así explicado e en parte xustificado (...) As autoridades españolas contaban ademais con asesoramento técnico correcto e máis que suficiente, aínda que, como todo asesoramento desa índole, suxeito a erro. Nunca se dixo até agora cal sería a decisión correcta a adoptar nin os protocolos a seguir (...) nin aínda agora foi capaz ninguén de sinalar o que se debería de facer, á parte dalgunhas opinións particulares máis ou menos técnicas. (...) Simplemente, ante unha situación de emerxencia, tras o asesoramento técnico máis rigoroso e capaz, tomouse unha decisión discutíbel mais parcialmente eficaz, enteiramente lóxica e claramente prudente", sentencia a Audiencia Provincial sobre o polémico rumbo que tomou o petroleiro. Non deixa de resultar chocante que na sentenza se fale da falta de protocolos pero non se condene o Estado por esa eiva, ou que se cite con certo desprezo as moitas voces autorizadas que ofreceron con argu- mentos técnicos razóns en contra do afastamento do Prestige. Tamén desde Nunca Máis afirman que no xuízo quedou probado que a decisión se tomou unha hora despois do naufraxio, polo que sería imposíbel que os responsábeis políticos solicitasen e obtivesen o asesoramento preciso. De feito, antes das conclusións a propia sentenza asegura que o que era delegado do Goberno, Arsenio Fernández de Mesa, "desempeñou unha tarefa de coordinación difusa e confusa, tanto na constitución dun organismo que rexese as operacións como na facilitación de estruturas burocráticas e de atención a persoas que puidesen informar ás autoridades e auxiliar o buque, evitar unha vertedura de fuel óleo catastrófico e procurar que se recuperase o barco, malia as súas graves avarías". Hai aparentes contradicións na sentenza e tamén abandonos. Ocorre coas razóns que provocaron o naufraxio. Segundo os maxistrados, "ninguén coñece con exactitude cal puido ser a causa do ocorrido, nin cal debería ter sido a resposta apropiada á situación de emerxencia creada pola grave avaría do Prestige, pero ninguén pode negar o fallo estrutural nin puido demostrar no xuízo onde se produciu exactamente nin por que razón". En definitiva, once anos para acabar nun non sabe, non condena. Expectación mundial e uso do galego O vello Pazo da Xustiza da Coruña acolleu o capítulo final -malia que todo apunta a que haberá unha continuación no Supremo- dun proceso que dadas as súas dimensións tivo que realizarse no Recinto Feiral da cidade. No día no que se cumprían once anos exactos da catástrofe, unha sala acolleu o remate do xuízo, ao que asistiron representantes das partes e tamén alumn@s de Dereito, sen presenza de ningún dos acusados. Noutra, e por un deses plasmas tan simbólicos destes tempos, miraba os acontecementos a prensa, galega, española e tamén portuguesa e inglesa. Expectación mundial para a lectura dunha sentenza que se fixo integramente en galego, o mesmo idioma que usou o medio cento de persoas que detrás dunha pancarta de Nunca Máis contra a impunidade recibiron con berros en contra a decisión. Un desastre de 500 millóns de euros públicos Os enormes gastos que provocou o naufraxio e a súa xestión non serán compensados Non hai culpábeis. Nin os acusados, nin os gobernos que xestionaron o suceso nin as empresas do escuro entramado empresarial que hai detrás do petróleo e dos barcos que, como o Prestige, o trasladan. Houbo unha mención crítica no relatorio da sentenza, máis nada. Porque non haberá indemnizacións ao non se decretar unha responsabilidade civil. Porén, as cifras do que agora parece que vai quedar impune resultan impresionantes. Segundo @s maxistrad@s, o Prestige xerou 170.000 toneladas de residuos. Tamén "resultaron afectados pola chegada de verteduras 2.980 quilómetros do litoral costeiro, 1.137 praias contaminadas, 450.000 metros cadrados de superficie rochosa impregnada de chapapote, 526,3 toneladas de fuel nos fondos da plataforma continental e unha mortalidade estimada de 115.000 a 230.000 aves mariñas". No apartado económico que respecta aos cartos públicos, a Audiencia Provincial cifra en 513 millóns de euros os gastos ocasionados pola catástrofe, uns 368 por parte do Goberno central e 145 á Xunta. A eles hai que sumarlle os 67 millóns que gastou Francia. Porén, non haberá compensacións. Diñeiro perdido. Nin rastro dos miles de millóns que pedía a Fiscalía. Nada. Mesmo a aseguradora pode chegar a recuperar os 22 que puxo como fianza. Esta reportaxe apareceu no Sermos73, publicado a 14 de novembro de 2013.
PRAZA_7003
Unha plataforma protesta contra a eliminación deste criticado edificio, sinalando que "gastar 165.000 euros de diñeiro público en demoler un edificio en plenas condicións de uso non é prioritario nestes tempos". A medida, aprobada por unanimidade no pleno municipal, busca abrir un acceso ao parque de Belvís dende o casco histórico.
Nas vindeiras semanas está previsto o inicio dos traballos de derrube do edificio da Casa da Xuventude, situado na praza do Matadoiro, en Compostela. Foi deseñado a comezos dos anos oitenta como edificio de usos múltiples (conta mesmo cun pequeno auditorio), aínda cumpriu, sobre todo, funcións administrativas. Dende o inicio foi moi criticado dende o punto de vista estético e tamén se sinalou a súa mellorable integración co entorno e o feito de estar mal aproveitado nos seus usos. O principal obxectivo da súa supresión, que custará 165.076 euros, é abrir unha vía de acceso directa ao Parque de Belvís dende o casco histórico O seu derrube suscitou un case inédito consenso no pleno municipal, votando a favor da actuación os grupos de PP, PSOE e BNG. O principal obxectivo da súa supresión, que custará 165.076 euros, é abrir unha vía de acceso directa ao Parque de Belvís dende o casco histórico, recuperando ademais un antigo regato. As actuais oficinas da Casa da Xuventude serán trasladadas a outras instalacións propiedade da Xunta, situadas na rúa Ramón Piñeiro, xunto ao Parlamento. O actual goberno municipal compostelán quere completar un proxecto herdado da corporación liderada por Ángel Currás, que xustificou o derrube por ser un edificio "horrendo e sen valor arquitectónico ningún". O socialista Sánchez Bugallo destacou, pola súa banda, que o edificio nunca cumpriu ao cento por cento as finalidades previstas e que cando se construíu, o parque de Belvís "non existía nin como proxecto" e polo tanto "non había necesidade de facer unha saída ao parque, daquela un cento de fincas de propietarios diferentes incomunicadas entre si". O mesmo defendeu o BNG, que mesmo levou a proposta de derrube da Casa da Xuventude no seu programa electoral en 2011, recollendo unha das propostas do congreso A Cidade Intuída, organizado pola Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica. unha das áreas de Goberno do BNG na lexislatura anterior. Os nacionalistas destacaban o obxectivo de conectar o Parque de Belvís coa Porta do Camiño, "permitindo novas e necesarias relacións, no espazo público existente". Porén, non todo o mundo está de acordo co derrube do edificio. Vén de constituírse a plataforma cidadá Defender o publico - a Casa da Xuventude é nosa, que entre outras accións lanzou unha petición online dirixida ao alcalde da cidade, Agustín Hernández, solicitando a paralización do proxecto. Argumentan, en primeiro lugar, que "gastar 165.000 euros de diñeiro público en demoler un edificio público en plenas condicións de uso, nos tempos que corren, non é prioritario". Ademais, sinalan que a Cidade Vella carece dun equipamento sociocultural público destas características, "con tal equipamento, de tales dimensións e con tanto potencial dada a súa estratéxica ubicación, que podería convertirse nun importante elemento dinamizador social e cultural da zona". Así mesmo, afirman que a apertura do parque de Belvís ao casco histórico "xa está prevista na normativa municipal, a través da parcela situada na outra beira do rego do Cancelón, sen necesidade de derrube ningún. É executala, e listo", un acceso "cómodo, amplo, natural e sen necesidade de intervención máis que abrir portas". De igual xeito, sinalan que "a suposta fealdade (subxectiva) do edificio é fácilmente subsanable (habendo vontade). Bastaría cunha intervención de acondicionamento do mesmo, intervención, por outra parte, xa reflexada na normativa municipal". "As cousas non se derruban porque sexan feas. A utilidade dos edificios públicos está por riba da estética. Ou alguén se fixa no feo que é un edificio que lle da servizos públicos?", conclúen. A plataforma sinala que a apertura do parque de Belvís ao casco histórico "xa está prevista na normativa municipal, a través da parcela situada na outra beira do rego do Cancelón, sen necesidade de derrube ningún " Finalmente, dende a plataforma temen que esta acción "poida agochar outros intereses privados". "Non nos fiamos dun partido político manifestamente corrupto, con 3 alcaldes no que vai de lexislatura, un alcalde condenado, outro imputado, e a práctica totalidade de concelleiros condenados e imputados en distintos casos de corrupción e prevaricación de fondos públicos", sinalan. Dende a plataforma animan a cidadanía a coñecer o edificio, aberto de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde, e a aprovetar as súas instalacións (salón de actos, salas multiusos), de uso público previa solicitude. Así mesmo, destacan que os propios integrantes da plataforma se reúnen alí os xoves a partir das 19 horas. A Asociación de Veciños A Xuntanza, do barrio de San Pedro, mantivo unha reunión o pasado xoves con Tereixa Gutierrez, concelleira de Urbanismo, tras a que cualificaron como "insolidario gastar hoxe cartos nunha obra que é máis estética que outra cousa". "A verdade é que preferimos obras de mellora da mobilidade dos maiores ou máis axudas ás persoas en dificultades económicas. O bonitismo pode agardar", engadiron, ao tempo que criticaron que "é evidente que non se avaliaron outras posibilidades para abrir o parque á cidade". Debate no COAG Dende a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, solicitáronlle en 2012 ao Concello "unha reflexión profunda sobre Belvís e a Casa da Xuventude antes da súa demolición". Nese coloquio, titulado Casa da Xuventude: de Belvís ao Matadoiro, o COAG alertou do "custo económico e enerxético da demolición, moi elevado para os momentos económicos que se atravesan". Algúns asistentes destacaron a necesidade de reflexionar sobre o valor do edificio, como peza da arquitectura da década dos 80, e explicar o edificio aos cidadán mediante visitas guiadas, xa que a maioría dos composteláns non coñecen os interiores da casa. "É prexudicial para o desenvolvemento do espazo público da cidade elixir o camiño das decisións simplistas. A riqueza da trama de Santiago baséase precisamente na súa complexidade", defenderon. O COAG solicitoulle en 2012 ao Concello "unha reflexión profunda sobre Belvís e a Casa da Xuventude antes da súa demolición" A arquitecta Clara González, filla do autor do proxecto da Casa da Xuventude, Severino González, salientou "os valores espaciais do edificio e a súa capacidade para encaixarse nunha posición urbana complicada". Pola súa banda, outros arquitectos, coma Manuel Carbajo e Celso Barrios, defenderon a opción de demolición da Casa da Xuventude para acadar un espazo de entrada ao espazo verde de Belvís. "É un edificio degradado e posto aí polas circunstancias", sinalaron e afondaron na necesidade de "impulsar a conexión do barrio coa cidade histórica a través do propio parque, para revitalizalo, mellorar a súa permeabilidade e accesibilidade". Máis recentemente, este mesmo ano, o COAG, dando por feito o derrube, pediu que a demolición "cumpra as esixencias do Plan Especial de Protección e de Rehabilitación da Cidade Histórica".
PRAZA_21047
A pandemia provocada polo virus covid-19 segue impondo as súas leis. Nestes tempos de clausura social e de escuridade cultural, semella un paradoxo que o Museu del Modernisme programe unha magnífica exposición sobre vidreiras de hai un século. Os xogos de luz e cores que emiten tales elaboracións translúcidas iluminan negritudes e perspectivas. Promoveu o Modernismo as artesanías? É un oxímoro xuntar "modernismo" e construción de vidreiras, unha técnica tan antiga? Ogallá as pezas da mostra Elogi al Color sexan luminoso presaxio do resplandor que logo chega.
A pandemia provocada polo virus covid-19 segue impondo as súas leis. Nestes tempos de clausura social e de escuridade cultural, semella un paradoxo que o Museu del Modernisme programe unha magnífica exposición sobre vidreiras de hai un século. Os xogos de luz e cores que emiten tales elaboracións translúcidas iluminan negritudes e perspectivas. Promoveu o Modernismo as artesanías? É un oxímoro xuntar "modernismo" e construción de vidreiras, unha técnica tan antiga? Ogallá as pezas da mostra Elogi al Color sexan luminoso presaxio do resplandor que logo chega.Camaló. Sant Ferran i Sant Agustí Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme. Museu del ModernismeLa catedral de León posee un conjunto que cierra ciento treinta ventanales y tres grandes rosetones. En las vidrieras de León está reflejada toda la esfera de lo natural y lo sobrenatural y sus constructores conocían suficientemente la ciencia óptica para controlar los efectos lumínicos y, a través de ellos, generar o manipular el espacio arquitectónico. En la ejecución de semejante conjunto trabajaron muchos artesanos del "fuego", un pequeño ejército que, de forma paralela a la construcción de la iglesia, diseñaba, decoraba, cortaba y colocaba los vidrios para cerrar los huecos a medida que se iban terminando los ventanales. (Fundación Jacobea, 2020).O Museu del Modernisme de Barcelona retoma o seu programa de exposicións temporais cunha mostra moi especial. Segundo a familia Pinós Girao, propietarios do museo e organizadores desta presentación pública de vidreiras, é una exposició extraordinària i única en tot el món. Con razón, Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme vén sendo un exercicio de xenerosidade e, ao tempo, de exhibición da dedicación desta saga de xestores da arte ao modernismo e as súas variadas manifestacións artísticas.Preséntanse nas súas salas da céntrica rúa Balmes unha 50 vidreiras, confeccionadas en moitos obradoiros entre mediados do século XIX e mediados do XX. Un percorrido colorista e valioso por un século de artesanía artística. Como viaxar ao século XIV! Os temas que o artesanado traballou para lucir neses vidros de tantas cores e de tempos modernos son ben diversos. Por unha banda non faltan as escenas relixiosas; o modernismo en Cataluña (como noutros lugares) coincidiu co pulo da burguesía local e, xa que logo, coa Renaixença, razón pola que certas iconografías propias foron moi valoradas (a de Nosa Señora de Montserrat, é un bo exemplo). E os que non poden faltar, tratándose do Modernismo, son os motivos naturais. Os artistas modernistas en xeral refusaban as liñas rectas e a natureza está inzadas de liñas curvas. O canto á natureza en tempos do Modernismo ten máis motivacións: o seu gusto polas artesanías e os tempos pasados. Por tanto, en Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme o que máis abundan son os motivos florais. A flor é a raíña dos modernistas; as filigranas de pétalos e talos atópanse en mobles, carteis, reixas de balcóns, etc. Esas flores vanse combinando con animais, abundancia de plantas e outros elementos naturais. E por suposto tamén están moi presentes as figuras humanas. De estas figuras humanas o modernismo sempre tivo preferencia pola figura feminina, estilizada, idealizada, que tanto se pode ver nos carteis de artistas como Mucha ou mesmo Ramon Casas. Por se o dito ata agora non chegar, os vitrals mostrados están fabricados con diversas técnicas, sendo a dos vidros chumbados a máis habitual e clásica, mentres que tamén é doado admirar a técnica do cloisonné (ou Cloisonné Glass), especialidade non tan fácil de ver e valorar. Outro dos feitos sobranceiros desta mostra é que as espléndidas cincuenta vidreiras presentes agora no Museu del Modernisme son propiedade do mesmo museo. Non hai préstamos neste caso. A familia Pinós Girao só tivo que botar man dos seus propios fondos. J. Mir/Rigalt. VITA, 1911 Nos actuais tempos de pandemia, de escuridade para a cultura e a vida en xeral, é de agradecer que a empresa privada decida atacar iniciativas coma esta. Máxime cando o panorama de museos e xestións artísticas en Cataluña está a pasar os seus peores tempos: eiva de presupostos públicos, alongamento artificioso de cargos responsables e outras inoperancias, fan que hogano máis de 10 museos públicos estean en Cataluña sen dirección estable. As cousas comezaron a ir mal xa cando, en 2015, expulsaron ao director do MACBA polo escándalo da peza HC4 Transport, na que seica saía Juan Carlos I en non moi boas posturas.Evidentemente, ao falar de vidreiras (vitralls, en catalán) a calquera persoa lle voa a mente á visión aérea e policroma do interior dalgúns edificios góticos (mormente as coñecidas catedrais), pois foi nos tempos baixomedievais cando esta técnica artística e artesanal tomou forza e presencia por toda Europa. As técnicas construtivas argalladas a partir do arco oxival ou apuntado foron baleirando de muros os edificios e, ao tempo, foron metendo luz nos seus interiores. Efecto ineludible deste proceso foi a ausencia de paredes de pedra aos que ornamentar con pinturas, tal e como fixeran séculos anteriores (X, XI, XII) os edificios que se coñecen como románicos. E a solución decorativa e magnífica atopada na Baixa Idade Media por construtores e artesáns foi encher as fiestras de iconografía e de cores, o que contribuíu moito a alimentar que actualmente se coñece como a "espiritualidade do gótico".Como xa se dixo, perante o Modernismo retomáronse (ou mellor, seguiuse) cos motivos decorativos de inspiración relixiosa. Na exposición Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme hai unhas cantas vidreiras que iluminan escenas relixiosas (entre outros temas o de Nosa Señora de Montserrat). E tamén está presente a vidreira que leva por nome o dos santos alí representados: Sant Agustí i Sant Ferran, vitral saído do gran taller da familia Camaló. Este obradoiro de traballadores do vidro tivo continuidade desde finais do século XVIII ata o ano 2001. Mágoa que precisamente na entrada do novo milenio desaparecese. Trátase dunha vidreira de tamaño considerable (arredor dos 2 metros de alto) e que se circunscribe claramente dentro do estilo neogótico. A estrutura, as imaxes dos dous santos, fan pensar que é unha peza do século XIV. Os arcos oxivais que dominan sobre as figuras humanas, e o mesmo arco que pecha toda a composición retrotraen ao Medievo. A técnica e a clásica, a dos vidros rodeados de chumbo, e a policromía é riquísima: vermellos, amarelos, azuis, verdes axudan á escenificación xeral, e mesmo potencian a tonalidade dourada que se forza no conxunto.Vidal. Prato, técnica cloisonné Elogi al Color. A técnica do cloisooné. A natureza como inspiraciónEl Cloisonné Glass és una tècnica importada d'Anglaterra en 1899 per Frederic Vidal i Puig que es va formar en la Cloisonné Glass Company de Londres. (…) Són moltes les qualitats d'aquesta tècnica: major lluentor i llum, el disseny queda suspès a l'espai, sense tirants metàl.lics. I al seu torn està més protegida gràcies a que la càmera interior queda assegurada entre el doble vidre. (Brots Creatius).A familia Pinós Guirao leva tempo ofrecendo importantes mostras temporais na cidade de Barcelona. Na súa galería Gothsland son quen de programar traballos moi meritorios, como o que dedicaron a Els Quatre Gats, restaurant e foco cultural (Gabriel Pinós é un gran especialista neste tema). E no Museu del Modernisme o mesmo. Cómpre mencionar que esta entidade privada foi a primeira (privada e pública) en preparar e ofrecer unha mostra monográfica da excelente pintora Lluïsa Vidal. A primeira, no ano 2014. E tamén organizou mostras sobre Santiago Rusiñol e a ampla Ramon Casas. La vida moderna.Dentro dos traballos artesáns relativos ás vidreiras existe unha técnica ben especial e delicada. Coñécese co nome de técnica do cloisonné. Para elaborar calquera iconografía que se queira con esta técnica especial, cómpre seguir uns pasos que pouco teñen que ver cos empregados nas vidreiras máis coñecidas e tradicionais. No século XIX esta técnica tan especial foi introducida en Barcelona polo ebanista Frederic Vidal i Puig que se formou nesa técnica perante as súas estancias na cidade de Londres, na Cloisonné Glass Company. Desde alí Vidal chegou a Barcelona con esa técnica en 1899. Concretamente, daquela, Londres e mais Barcelona pasaron a ser as únicas vilas onde se traballaba as vidreiras con esa delicada técnica do cloisonné. Vidal. Biombo O nome desta técnica é francés, pois semella que se iniciou alí (aínda que non faltan estudosos que manteñen que xa se practicaba no antigo Exipto, e que veu de oriente, China seguramente). O traballo de elaboración é delicado e longo. Sobre o cartón onde se deseña o motivo a representar, ponse un vidro relativamente groso ao que se aplica unha fina capa de goma arábiga. Entón (como o deseño está por baixo) vanse colocando sobre ese vidro e goma unhas tiras finas de latón ou combinación similar, que virán sendo as liñas definidoras do debuxo e mais as separacións dos alvéolos de diferentes cores que concretarán o vitral. Eses espazos entre as tiras de latón énchense con diminutas pezas de vidro triturado da cor que se queira en cada caso. Cando os alvéolos xa estean cheos das areas de vidro das cores decididas, cómpre fixalas nos seus sitios con outro lixeiro emplasto de goma; para remate hase situar outro vidro sobre toda a composición para garantir a consistencia do traballo. E xa só restará repasar os bordes. Un traballo complexo e de miniaturistas que aprendeu Frederic Vidal en Londres. Curiosamente Frederic Vidal era irmán da pintora Lluïsa Vidal, unha artista totalmente esquecida principalmente por ser muller. Valla como exemplo que no ano 2010 o MNAC organizou e celebrou unha magna exposición: Convidats d'Honor, 75 obras elaboradas en Cataluña, de outros tantos artistas para conmemorar os 75 aniversario do museo. Para completar a nómina de artistas repetíronse algúns dos creadores masculinos (Miró, Dalí, Picasso). E por contra NON se incluíu a ningunha muller! E iso que o MNAC ten obra dunhas cantas.Na mostra Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme hai unhas cantas pezas creadas artesanalmente por medio desta técnica de cloisonné, e dentro dos talleres de Frederic Vidal. Unha destas pezas é un prato que ilustra unha aguia. O traballo delicado é de verdadeiro preciosismo e fineza; resaltando a variedade cromática e mais o detalle de cada parte da peza. Tamén hai un biombo de tres corpos que basea o traballo artesán en filigranas xeométricas e motivos florais, como cómpre a unha obra modernista. Ao marxe da técnica cloisonné, e seguindo o percorrido polas salas, unha das pezas presentes en Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme e que máis sorprende pola súa fervenza cromática, e por tanto máis dificultade, é a titulada VITA e que foi encargada polo obradoiro de Antoni Rigalt, no ano 1911, ao artista Joaquim Mir. O pintor Joaquim Mir pasa por ser un mago da luz e da cor. As súas creacións semellan un canto á vida, ao Mediterráneo. Hai quen di que o seu vieiro é parello ao de Sorolla, ao de Van Gogh ou ao de Gaugain. Pero, sempre estivo fóra da foto. Se un crítico encasilla a un creador ou creadora como membro dalgunha das tribos que habitaron o século pasado (cubismo, fauvismo, surrealismo, expresionismo abstracto) iso é pasaporte á inmortalidade. Mir sempre foi tido por inclasificable, andou sempre á súa, pelexando coa natureza de Mallorca ou recluído no Vallés. Por tanto, a peza VITA vén estando na liña das creacións de Mir: un canto ás cores, á luz, á vida. Todo un exemplo do que é o modernismo, da inspiración que a natureza provocaba aos modernistas. Nesa vidreira, un tríptico ben grande, rebentan as plantas, as exuberantes flores, e tamén os animais na parte esquerda.Maumejean. La Primavera i la Ploma Elogi al Color. O Modernismo, a artesanía e a figura humana.(O movemento Arts & Crafts) representa unha revolta contra a dureza da vida mecánica e convencional e a súa insensibilidade cara a beleza. É unha protesta contra o chamado progreso industrial que produce mercancías de mala calidade o baixo prezo das que só é posible a conta das vidas dos que as producen e a degradación daqueles que fan uso delas. Unha protesta contra a conversión dos homes en máquinas, contra as distincións artificiais dentro da arte, e contra o feito de facer do valor de mercado inmediato a principal proba de todo mérito artístico (W. Crane, Arts & Crafts Essays, 1893).O coñecido aquí como Modernismo (e que adquire diferentes nomes segundos os estados: art nouveau en Francia e Bélxica, Jundendstil en Alemaña e países nórdicos, Modern Style en Gran Bretaña, Sezession en Austria ou Floreale en Italia) ten moito que ver coa filosofía que inspirou o movemento Arts & Crafts, nacido en Gran Bretaña como reacción á produción industrial, á enaxenación das persoas traballadoras. No ano 2018 o MNAC programou unha extensa e cualificada exposición (William Morris i el moviment Arts & Crafts a Gran Bretanya) sobre ese movemento. Alí quedou comprobado a importancia que Arts & Crafts outorgaba ás artesanías (cousa que logo segue a facer o Modernismo) e outras liñas endereitadas ao respecto polas persoas e non pondo en primeiro termo a produción industrial.Agora en Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme tamén é evidente a preferencia que os profesionais que apostaron polas estéticas modernistas (desde arquitectos a construtores, pasando por propietarios e artífices de calquera material) tiveron pola artesanía. A pouco que se repare no edificio coñecido como La Pedrera, de Gaudí, salta á vista a cantidade de artesáns que colaboraron con ese orixinal arquitecto na creación de diversas partes do mesmo: mobles, portas, forxados. Alegoria de l'Estiu i la Tardor Por outra parte, como evidencian carteis, paredes e interiores de edificios, un dos temas favoritos da estética modernista é a figura feminina. Unha figura feminina idealizada, que moitas veces evoca tempos pasados (medievais?) que se perden en lendas e tradicións (aí están os carteis de Mucha para demostralo). Esa figura feminina foi empregada para moitas cousas, mesmo para a publicidade. O seu uso para as imaxes das marcas industriais ten varias lecturas. Presentar ás mulleres como membros da sociedade "moderna", mulleres que fuman, beben, conducen, crea o efecto positivo de afirmar que as mulleres participan da vida activa, que son independentes, liberadas. Pero, esa mesma imaxe feminina, romántica, lánguida, sensual, que acompaña tabacos, licores, automóbiles, tamén insistir na imaxe de "muller-floreiro". Os medios de comunicación social actuais non están ceibes destas imaxes estereotipadas e controvertidas.Como era de esperar, en Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme hai vidreiras que representan figuras de mulleres. Un perfecto exemplo disto é a vidreira titulada La Primavera i la Ploma, saída dos obradoiros da familia Maumejean. Esta vidreira presenta todo un programa de motivos queridos polos modernistas. No medio destacan os perfís dos corpos de dúas mulleres afrontadas, figuras alegóricas, que están inspiradas en carteis do gran Alfons Mucha. Figuras que por aqueles tempos tamén se empregaron como reclamo publicitario dos chocolates Amatller. A parte inferior das dúas figuras, así como outras partes da vidreira está chea de formas vexetais: follas, talos, flores (campaíñas que colgan). E aínda os artesáns teñen sitio para introducir varios animais estilizados (en concreto aves).A pouco que se poida, e as restricións impostas polas autoridades o permitan, recoméndase asistir ás visitas programadas polo Museu del Modernisme e contemplar Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el Modernisme. A súa luminosidade e explosivo colorido animan as almas nestes intres tan complicados. EXPOSICIÓN: Elogi al Color. L'Esplendor del Vitrall en el ModernismeMuseu del Modernismeata o 14 de marzo de 2021 Texto publicado orixinalmente no blog Praza Catalunya
NOS_37606
O PSdeG ten cinco días para presentar as súas listas electorais, mentres continúa sen esclarecer a situación das súas candidaturas, aprobadas polos comités provinciais mais sen ratificación galega nin estatal.
No día no que se abre o prazo para a presentación das listas electorais ao Parlamento de Galiza, o Partido Socialista de Galiza continúa sen dar pistas acerca das persoas que presentarán, finalmente, como candidatas aos comicios. Xaquín Fernández Leiceaga afirmou que "non hai ningunha novidade sobre as listas", as cales teñen de prazo até a segunda feira do 22 de agosto para seren presentadas. Leiceaga: "Creo que non hai unha relación directa entre nada do que ocorra estes días e o resultado electoral" Con isto, Leiceaga apraza falar do que será un anuncio controvertido, despois da diverxencia da militancia entre aqueles membros do partido que apoiaron ao actual candidato á Xunta de Galiza polo PSdeG, e os que se posicionaran no bando de Méndez Romeu. Polo de agora, foron aprobadas unhas primeiras listas electorais polos comités provinciais do PSdeG e continúan á espera de que sexa o comité galego o primeiro que as ratifique previamente á aprobación precisa desde Ferraz. A consideración da división interna non concorda coas previsións de Xaquín Leiceaga de cara ao 25 de setembro: "Creo que non hai unha relación directa entre nada do que ocorra estes días e o resultado electoral", afirmou Leiceaga restando importancia á formación definitiva das listas. O candidato socialista, porén, pon o foco en Alberto Núñez Feijóo e na súa xestión económica durante o seu mandado. Este aspecto é o máis criticado por Leiceaga, quen alude con asiduidade aos datos económicos negativos que deixa a xestión desta dobre lexislatura dos populares. No día de hoxe aludiu á débeda pública adquirida nos últimos anos na Galiza, afirmando que chega aos 4000 euros por cada galego e que foi "contraída na súa maior parte por Feijóo". A outra das grandes críticas que Leiceaga dirixe a Núñez Feijóo é a política demográfica, puntualizando no saldo migratorio que pasou a ser negativo e no descenso de 5000 nacementos por ano con respecto a 2008.