ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_56436 | Xusto nos días nos que adoitaban cobrar a paga extra, os funcionarios reciben un duro aguinaldo. A Xunta está a preparar unha rebaixa salarial dun 7% para todos os funcionarios e empregados públicos no 2013. Agárdase que a Consellaría de Facenda comunique a decisión nunha próxima xuntanza con representantes sindicais. | A previsión de gastos de persoasl dos orzamentos do 2013 contemplan unha rebaixa do 7% de salario para os funcionarios e empregados públicos e os planes da Xunta serán explicados a representantes sindicais nunha xuntanza prevista para explicar as contas do próximo ano.A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais recortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo ven sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só a ese sector senón a outros como o do comercio. Institucións como o Concello de Pontevedra mostraron a súa "insubmisión" á eliminación da paga extra decretada desde Madrid. |
PRAZA_6628 | A manifestación, apoiada por 46 colectivos, coincide coa celebración da feira taurina na cidade, que este sábado rexistrou unha pobre asistencia no Coliseo. | Un berro unánime pola abolición das touradas percorreu este domingo A Coruña. Ao redor de tres mil persoas (dúas mil segundo a policía) participaron na manifestación convocada por Galicia, mellor sen touradas, para protestar contra a pervivencia deste espectáculo de tortura animal na cidade e das subvencións que recibe por parte do Concello. A marcha partiu do Obelisco e rematou na Praza de María Pita, despois de percorrer a Rúa Real. Rubén Pérez, un dos portavoces da plataforma, destacou o apoio crecente a esta reivindicación. É o cuarto ano consecutivo que A Coruña acolle esta manifestación, gañando en cada ocasión asistentes e entidades apoiantes, 46 nesta ocasión, dende forzas políticas, asociacións ecoloxistas, entidades protectoras de animais e asociacións estudiantís. Pérez lembrou que a feira taurina que nesta fin de semana se celebra no Coliseo recibiu un ano máis ao redor de 100.000 euros por parte do Concello en forma de axudas indirectas. Este sabado, a primeira das corridas que compoñen a improvisada feira taurina das festas do Rosario celebrouse cunha moi pobre asistencia de público, que só encheu un terzo do aforo do recinto. De feito, un dos comentarios máis repetidos na manifestación deste domingo é que había no Obelisco máis xente que no Coliseo a tarde anterior. Na marcha, presidida por un ambiente festivo e na que participaron colectivos como Igualdad Animal ou Touradas fóra de Pontevedra, viuse igualmente a numerosos representantes políticos, coma os deputados de AGE Yolanda Díaz e Antón Sánchez, a euroreputada de AGEe Lidia Senra, ou os deputados do BNG Francisco Jorquera e Carme Adán, ademais de concelleiros de BNG, Esquerda Unida e PSdeG-PSOE. Rubén Pérez destacou a importancia de que "cargos institucionais" participen na manifestación, pois o seu apoio é necesario para que "o Concello deixe de financiar esta tortura", lembrando os precedentes de comunidades autónomas como Cataluña ou Canarias, que aprobaron a prohibición deste espectáculo. En declaracións aos medios, Jorquera avogou pola abolición das touradas no noso país dado que se trata dun "espectáculo cruel baseado na tortura e no maltrato animal e que non forman parte da nosa tradición cultural" Lidia Senra sinalou a este respecto que no próximo pleno do Parlamento Europeo, apoiará a iniciativa do eurodeputado holandes, Bas Eickhout, para que non se destinen fondos da PAC para criar touros destinados as corridas e proporá "que se condicione ao goberno español para que destine eses fondos ás pequenas explotacions con modos de produción ecolóxico e comercializacion sustentábel". O manifesto chamou a acabar coas touradas e a botar do goberno municipal ao Partido Popular O manifesto lido en María Pita, despois de lembrar tanto a falta de apoio social na cidade a este tipo de espectáculos de maltrato social, coma tamén a "teima" do Goberno local en manter -a través de subvencións indirectas- a súa celebración, lembrou a frase de Víctor Hugo de "non hay nada tan poderoso coma unha idea á que lle chega o seu momento" e chamou a acabar coas touradas e a botar do goberno municipal ao Partido Popular. Críticas dos protaurinos Este mesmo domingo a plataforma La Economía del Toro difundiu un comunicado destinado a responder a Galicia, mellor sen touradas. No texto defendeu que "si existe interese" polas corridas de touros na Coruña, argumentando que as dúas xornadas da Feira Taurina reuniron "máis de 5.000 espectadores". A plataforma nega que a feira estea "subvencionada", a pesar de que o Concello mantén unha subvención indirecta de case 100.000 euros anuais, a través dos custes do aluguer do Coliseo, a montaxe do recinto e outros conceptos. O comunicado salienta así mesmo que "as formacións políticas que colaboran con estas protestas apenas acadaron o 18% dos votos nas últimas municipais", aínda que nas eleccións europeas esa porcentaxe incrementouse até o 35% La Economía del Toro conclúe pedíndolle a Galicia, mellor sen touradas que "aprenda a respectar as minorías culturais". |
NOS_26543 | Extensas xornadas de traballo e falta de medidas de seguridade contraa Covid-19 son as principais reivindicacións de Bombeiras e bombeiros forestais dos concellos da Galiza (Bomfocoga) | Bombeiras e bombeiros forestais dos concellos da Galiza (Bomfocoga) denuncian a situación que viven as traballadoras e os traballadores de motobombas nos 19 distritos forestais en que está dividido o territorio. Desde este sindicato explican que neles as condicións para este persoal varían non só a nivel económico, tamén en condicións de traballo. Segundo explican, os horarios das condutoras e dos condutores son "exaxeradamente altos e fóra de todo convenio laboral" que van de 180 horas cada quince días ou 240 horas por mes. "A modo de comparación, o persoal do servizo público traballa 37,5 horas á semana, dá igual brigadistas ou motobombistas, polo que serían 150 ao mes", relata a Nós Diario Ibán Álvarez desde Bemfocoga. Sen resposta da Xunta Desde o sindicato denunciaron estas circunstancias en múltiples ocasións e non tiveron resposta por parte da Xunta da Galiza. Ademais, "houbo moitas menos contratacións que outros anos" cando a situación segue a ser a mesma. En relación aos protocolos de seguridade pola pandemia da Covid-19, sinalan que xa houbo dúas brigadas contaxiadas este verán polo sistema de traballo que teñen moitos beneficios. "Mandámoslles unha carta neste sentido á Federación Galega de Municipios (Fegamp) e aínda estamos agardando pola contestación". Constataron que houbo reparto de máscaras e hidroxel mais "en brigadas de cinco persoas nun Land Rober non ten moito percorrido". Alén diso reivindican que a Xunta e Fegamp amplíen o tempo de traballo a 6 meses "se pode ser para a campaña 2021 mellor que para 2022". |
NOS_24917 | Afectad@s pola estafa das participacións preferentes maniféstanse "contra as mentiras do PP" en Compostela. Aforradoras e aforradores culpan aos gobernos de Rajoy e Feijóo de axudar á banca e enganarlles. Ocupan a praza do Obradoiro e denuncian agresións por parte da policía. | "O PP sacrifica os nosos aforros para satisfacer as necesidades das finanzas". A voz de actriz galega Isabel Risco fala alto e claro en nome de milleiros de persoas de toda a xeografía galega que ateigaron este mediodía Compostela. Familias enteiras, persoas de todas as idades acompañadas ou en solitario percorreron as rúas do centro da capital galega desde a Alameda até a Praza do Obradoiro onde a actriz Isabel Risco leu un manifesto para denunciar o millonario calote que conta, só na Galiza, con máis de 90.000 afectad@s. A trampullada financeira comezou despois da legalización "da comercialización de participacións preferentes, no goberno de Aznar, con Rodrigo Rato de ministro de economía e Rajoy de vicepresidente, e a sabendas de que os bancos e caixas precisaban fondos para seguir a financiar a burbulla inmobiliaria". O manifesto clarifica todo o proceso que levou a que bancos e caixas, na Galiza cun maior protagonismo do fusionado Novagalicia Banco, a quedarse cos cartos d@s clientes. "Baixo a máscara dun depósito a prazo fixo permitiuse a incorrecta comercialización dun produto bancario no que media un engano premeditado, para que as entidades bancarias conseguisen liquidez". "Rajoy axuda aos bancos"Se as denuncias e acusacións de todos estes meses foron dirixidas ás entidades financeiras, con mobilizacións permanentes por todo país, agora son @s responsábeis políticos dos gobernos español e galego @s que reciben as acusacións d@s afectad@s. "A obriga do Estado tiña que ser protexer @s aforrador@s mais a día de hoxe as autoridades políticas non están polo labor de buscar unha solución, pasándose o tema duns a outros, incorrendo en abuso de poder, trato inxusto, discriminación, falta de resposta e engano". As últimas decisións do goberno de Rajoy, aprobar no período de vacacións o Real Decreto 24/2012 do 30 de agosto, é para as persoas afectadas unha "decisión política do goberno do PP que regula e faculta ao FROB a consumar a expropiación dos aforros que previamente foron secuestrados polos bancos e caixas". A ocultación de datos de FeijóoAs últimas declaracións sobre o calote das preferentes do presidente da Xunta e candidato do PP ás eleccións do 21-O, Alberto Núñez Feijóo "quentaron" a manifestación de Compostela. "Sabía que el capital de las cajas estaba trufado de preferentes, pero no podía contarlo", dixera o lider do PP hai uns días a un medio de comunicación. A estas palabras hai que engadirlle as "solucións" que aportou até o de agora e que non convencen. @s manifestantes aseguran que "a arbitraxe aprobada desde o 19 de xullo non é unha solución" e lembran que "segundo as propias palabras de Novagalicia banco será só a solución para o 15% de afectad@s". A pregunta que se fan agora con medo polo seu futuro é "que vai pasar cos que non van ser admitidos á arbitraxe?" Denuncian agresiónsUn dos momentos de máis emoción e carraxe foi cando se denunciaron agresións de particulares e policía. "Chámome Ofelia Martínez, de Apres, Ferrolterra, son unha cliente de Nova Galicia Banco enganada coas preferentes. O día 13 de setembro fun agredida cun puñetazo na boca por un energúmeno axudado por un Policía Nacional que ameazoume con levarme presa". Toda a praza escoitou a súa experiencia en silencio. "Outra persoa de Apres, Manuel López, saíu na miña defensa e foi golpeado e detido no cuartel 24 horas incomunicado onde foi agredido e vexado para despois estar encausado por desobediencia e resistencia á autoridade". Vídeo: O relato dunha afectada de Moaña. |
NOS_16419 | Cal foi, durante o seu tempo como ensinante, un referente dunha nova pedagoxía que buscaba en modelos anovadores, incipientes en Europa, nunha época na que a escola estaba dominada polo franquismo. | A pedagoga e ensinante Antía Cal (La Habana, 1923) faleceu en Meira, Moaña, esta cuarta feira, aos 98 anos. Cal naceu na emigración. Regresou á Galiza con nove anos. Estabeleceuse en Vigo para estudar comercio, que era a vontade de seu pai. Tras a Guerra Civil finalizou estes estudos e fixo maxisterio. Na Universidade de Santiago de Compostela cursou Filosofía e Letras, para especializarse en xeografía e pedagoxía. Como ensinante un referente da nova pedagoxía. Estréase en Vigo un documental sobre Antía Cal Ademais de ensinar, tratou sempre de completar a educación creando materiais didácticos dos que nace a enciclopedia 'O libro dos nenos' e o volume 'A arte e a súa historia, escritos en galego nos anos 50. Escola Rosalía Do encontro cos novos movementos pedagóxicos nace a Escola Rosalía de Castro que ela crea en Vigo, un centro laico, plural, diverso, democrática e conectada co mundo que a rodeaba. A Rosalía resultou unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata. Antía Cal deixou a súa traxectoria escrita na súa autobiografía Este camiño que fixemos xuntos, un volume que mostra unha muller emprendedora, de grande amor ao país, á súa lingua e á súa cultura, exemplo de mestra que cre no poder e na necesidade dunha escola participativa e galega. Recoñecementos A renovación pedagóxica e o labor galeguizador foron os dous ámbitos da traxectoria de Antía Cal que a Fundación Otero Pedrayo valorou á hora de lle outorgar o Premio Trasalba en 2012. En 2015 recibiu o Ernestina Otero polo seu traballo a prol da Igualdade. E en 2018 foi merecedora, a canda María Xosé Queizán, do Premio Otero Pedrayo. |
PRAZA_13942 | A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que un policía tivo que ser "atendido de lesións no nariz e na cara", defende a actuación dos axentes en Peinador e acusa os xornalistas de "invadir a zona libre de seguridade". O alcalde de Pontevedra censura "a violencia gratuíta e innecesaria" das forzas de seguridade. | A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que a polémica detención do fotógrafo do Diario de Pontevedra, Rafa Estévez, produciuse como "resposta á actitude manifestada" polo reporteiro "cara a un funcionario policial para garantir a seguridade dos medallistas olímpicos". Nun comunicado de prensa, a subdelegación asegura que o axente "tivo que ser atendido no hospital das lesións producidas por unha cabezada que lle alcanzou a cara". "Concretamente, a zona da boca e do nariz, tal e como recolle o parte policial". No entanto, nada se di dun parte médico de lesións. O fotógrafo do Diario de Pontevedra, Rafa Estévez, foi detido este luns pola Policía cando intentaba realizar o seu traballo durante a chegada dos medallistas olímpicos galegos ao aeroporto vigués de Peinador. Tal e como relata o propio medio, o xornalista gráfico foi inmobilizado e detido por varios axentes "ante a atenta mirada das autoridades políticas e as decenas de persoas que agardaban na terminal", nunha actuación que o medio o varias testemuñas cualifican de "desproporcionada". "O fotógrafo ofreceu forte resistencia, polo que foi reducido e trasladado á comisaría", di a Subdelegación No entanto, a Subdelegación do Goberno insiste en que o fotógrafo "ofreceu forte resistencia", polo que "foi reducido e trasladado en coche até a Comisaría de Vigo", onde prestou declaración. Logo foi posto en liberdade, á espera dun xuízo rápido que se celebrou esta mañá na cidade olívica. No mesmo comunicado, aclárase tamén que "se ben varios xornalistas e reporteiros gráficos invadiron a zona libre de seguridade", as forzas e corpos de seguridade "non interferiron no traballo dos medios de comunicación". Segundo varios medios, os policías responsables da organización da recepción foron "incapaces de garantir a saída da pasaxe". Así, no momento en que David Cal, Begoña Fernández, Javier Gómez Noya e Támara Echegoyen, os medios situáronse para intentar fotografar os deportistas, momento no que catro policías detiveron a Rafa Estévez, ao que acusan de golpear coa cabeza a un deles, algo que negou o propio protagonista e que non apreciou ningún dos alí presentes. Compañeiros do fotógrafo aseguran que a Policía o acusa de "insultar e golpear cunha cabezada a un dos axentes". Nese momento, agardaban a chegada dos olímpicos galegos o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o secretario xeral para ou Deporte, Lete Lasa; o presidente da Deputación, Rafael Louzán; o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, e o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández. A indignación entre testemuñas e xornalistas non se fixo agardar. Decenas de profesionais dos medios de comunicación concentráronse na praza de España de Pontevedra, fronte a Subdelegación do Goberno, para esixir explicacións públicas e protestar pola detención do fotógrafo, que foi requirido para presentarse este marates ás 9.30 da mañá no Xulgado de Instrución número 3 de Vigo para ser sometido a un xuízo rápido. O alcalde de Pontevedra cualifica de "lamentable" o comportamento da Policía e fala de "violencia gratuíta" O Sindicato de Xornalistas de Galicia xa denunciou "a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido" Rafa Estévez e "esixe á Delegación do Goberno que aclare inmediata e publicamente os feitos", mentres que o Colexio de Xornalistas amosou a súa "indignación" polo sucedido e lembra que non é o primeiro caso semellante nos últimos meses. O Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RG tamén "condena enerxicamente a agresión policial". Ademais, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, condenou o "comportamento lamentable" da Policía e tachou a "detención e agresión" ao xornalista de mancha "negra" no acto festivo que era a chegada dos deportistas e defendeu ao acusado, que "cumpría a súa función coa vehemencia imprescindible". BNG, PSdeG e Compromiso por Galicia tamén cualificaron de "desproporcionada" a actuación das forzas de seguridade e solicitan explicacións. |
NOS_17655 | A Real Academia Galega (RAG) reuniu no portal dixital Primavera das Letras os 80 traballos achegados desde centros educativos de toda Galiza para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras, dedicado a Carvalho Calero, e que se vai resolver durante o vindeiro mes de xaneiro. | Videoclips, festivais virtuais, programas de radio, xogos de investigación, recitado de poemas e debuxos para ilustrar a obra do autor homenaxeado neste 2020 son algunhas das propostas que se poden ver na web, creada pola RAG para achegar á infancia a figura de Ricardo Carvalho Calero. Unha vez que se resolva o concurso a Academia repartirá lotes de libros entre os centros gañadores, mais "todos os colexios participantes recibirán un diploma que acredite a súa achega á celebración das Letras Galegas do escritor, filólogo e profesor ferrolán", comunican desde a RAG. A última edición de Contádenos o voso Día das Letras estendeuse, por mor da Covid-19 e abrangueu o curso 2019-2020 e mais o primeiro trimestre do actual. Os traballos presentados recollen, deste modo, tanto propostas desenvolvidas durante o confinamento e centradas en experiencias virtuais, como outros traballos presenciais, pero sempre "cunha clara compoñente lúdica como chave para achegar o público de 3 a 11 anos á vida e mais á obra do autor. O xogo como ferramenta didáctica "tamén está moi presente nos contidos de primaveradasletras.gal", din desde a RAG, posto que se ofrecen desde 2016 actividades interactivas e fichas descargábeis arredor da figura que cada ano protagoniza o Día das Letras Galegas. Ademais, os mencionados recursos permiten traballar competencias e contidos de distintos eidos, desde o medio natural e a historia até a expresión plástica. |
NOS_36968 | A Asociación Socio-Cultural "A Pomba do Arco" celebra a XX edición das súas Xornadas de Historia Local, unha iniciativa que naceu hai dúas décadas co fin de recuperar a historia máis próxima e inserila na historia xeral de Galiza. Ana Cabana ou González Reboredo serán algúns dos participantes. | A vindeira segunda feira, 3 de agosto, botará a andar a XX edición das Xornadas de Historia Local, unha iniciativa creada pola Asociación Socio-Cultural "A Pomba do Arco" que leva dúas décadas afondando e difundido a historia máis próxima co fin tamén de que entre a formar parte da historia Xeral de Galiza. A Crónica Negra, a posguerra, os cultos e costumes precristiáns e a historia de Martínez Otero son algúns dos temas desta nova edición. "As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza teñen historia propia. A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere con estas xornadas dar a coñecer a nosa historia, a divulgar o noso pasado e conservalo. Mais todo este labor non tería razón de ser se non se contase coa complicidade do pobo de Foz, xa que son os seus veciños os que coa súa asistencia fan posible estas xornadas ano tras ano", explican desde a entidade organizadora que agarda unha edición especial neste seu vixésimo aniversario. Da crónica negra á historia escolar O relatorio "Crónica negra de Foz", de Xoán Ramón Fernández Pacios abrirá o programa o vindeiro 3 de agosto ás 20.30 horas na Casa da Cultura "Poeta Manuel María". Crimes, desgrazas e incidentes violentos que aconteceron no concello de Foz desde o século XVI serán o motivo da charla. O seguinte día, a profesora Ana Cabana achegará ao público asistente ao tempo posterior ao golpe militar en Foz e na Mariña con temas como a fame, o estraperlo, os fuxidos ou a oposición ao réxime. Os 75 anos do Colexio Martínez Otero será o tema da terceira das conferencias, impartida por Ramón Eiras Fernández, Alexandra Eiras e Antón Niñe. Cadro docente, alumnado e historia do centro educativo de Foz será a materia da sesión dunhas xornadas que rematará o 6 de agosto coa palestra do antropólogo Xosé Manuel González Reboredo que leva por título "Crenzas e ritos na Mariña" que achegará ao público aos santos e cultos parroquiais aínda presentes na relixiosidade popular. |
NOS_33970 | Aprobada no Pleno sen ningún voto en contra. | A Coruña era até hoxe a única das 7 cidades galegas que non contaba cun documento específico para regular e potenciar o uso do noso idioma na institución municipal. Unha votación esta quinta feira puxo fin no pleno do Concello coruñés a esa anomalía. Votaron a favor PSOE, BNG, Marea Atlántica e a concelleira non adscrita Isabel Faraldo. O PP abstívose e non houbo votos en contra. Desde o BNG da cidade indican que esta Ordenanza do Galego é produto "do impulso político do BNG, que a incluíu como obxectivo no Acordo de Investidura asinado co grupo socialista en xuño de 2019". "Hoxe é un día verdadeiramente emocionante. Hoxe corriximos un déficit histórico do Concello da Coruña co galego", dixo Avia Veira no pórtico da súa intervención. Déficit institucional dos últimos 40 anos, que non social, "xa que a sociedade coruñesa quere o galego, fala o galego, e a historia da nosa cidade está ben ligada a fitos importantísimos da nosa lingua, tal e como se expón no limiar desta Ordenanza", remarcou. "Cómpre recoñecer a todas aquelas persoas que deron a cara polo galego, a comezar polo primeiro alcalde da cidade logo da ditadura, Domingos Merino, un alcalde que volveu traer o noso idioma a este salón de plenos", dixo Veira. Á Ordenanza do Galego foron presentadas senllas emendas, do PP e da Marea Atlántica, que decaeron ao non contaren co apoio da maioría da Corporación. Desde Marea Atlántica lamentaron que "esn explicación", se rexeitasen as súas emendas. "É lamentable, pero aínda así votaremos a favor da ordenanza de uso do galego. O noso compromiso non muda. Seguiremos intentando mellorala na súa tramitación". O portavoz do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, sobre a aprobación da ordenanza do galego no Pleno manifestou: "O que é propio non se impón, o que é propio é de seu". A Mesa felicítase pola aprobación da ordenanza municipal da Coruña. A secretaria xeral da entidade, Celia Armas, recorda que a ordenanza aprobada vén solventar unha "anormalidade democrática" 38 anos despois da promulgación da Lei de Normalización Lingüística de Galiza. |
NOS_44086 | Hoxe quinta feira comeza en Pontevedra "Sete Falares", o Encontro Internacional de Contadores de Historias que chega así á quinta edición. | Nos Sete Falares, que ten lugar do 2 ao 5 de xuño, haberá tríos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade de Pontevedra. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Casa das Campás, o Teatro Principal ou o emblemático adro da Peregrina serán algúns deles. O encontro promete ser toda unha festa da narración oral e está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén haberá sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura, onde contarán todos os participantes e participará tamén o Seminario de Jazz de Pontevedra. Haberá contos tradicionais xaponeses con dragóns como protagonistas da man de Yoshi Hioki; portugueses con Jorge Serafim; brasileiros con Benita Prieto, unha referencia da narración oral a nivel mundial; Joxemari Carrere desde o País Vasco; e desde Galiza Charo Pita e Pavís Pavós (Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso), que tamén son os organizadores do festival. |
PRAZA_7273 | O presidente atribúe aos "agoreiros" a preocupación sobre a marcha de mocidade do país. Mentres, estatísticas oficiais acreditan que a xente nova é maioría entre quen deciden emigrar e reflicten que o saldo migratorio galego é negativo dende hai dous anos. | As enquisas electorais pintan mal para o PP. Os de Mariano Rajoy en España e Alberto Núñez Feijóo en Galicia fiaban ao discurso da recuperación económica boa parte das súas expectativas para o ciclo electoral iniciado nas europeas de maio e que continúa coas municipais, xerais e galegas. Así, os gobernos galego e español presentaron os seus respectivos orzamentos para 2015 como os "da recuperación" e tanto o presidente da Xunta como o seu xefe de filas reiteran nos últimos días a necesidade de non lles facer caso "aos agoreiros", isto é, ás forzas políticas que afirman que a fin da crise non é tal. Neste contexto, un dos principais esforzos de Feijóo céntrase en afirmar que Galicia non ten un problema de emigración e, moito menos, de emigración xuvenil. Así e todo, os datos oficiais amosan que a maior parte da xente que marcha do país é xente moza. O titular do Executivo galego vén insistindo dende hai meses en que a emigración xuvenil "non é o problema" da demografía galega, á que só lle doe o mal da falta de natalidade. Esta mensaxe reiterouna literalmente este sábado nun acto coas Novas Xeracións do seu partido. Sentado sobre palés Feijóo pediulle á mocidade "que non se rinda nunca" e instouna a desbotar a tese de que Galicia ten un problema coa poboación que marcha pola falta de oportunidades e, para isto, reiterou que "entre os anos 2008 e 2013 chegou a Galicia máis xente da que se foi". Dende 2012 o saldo migratorio de Galicia é negativo Se ben en termos agregados a afirmación presidencial é estritamente certa, non é menos certo que os datos máis recentes indican un cambio de tendencia. Así, segundo amosan as bases de datos do IGE e do INE, o saldo migratorio galego -a diferenza entre persoas que marchan e as persoas que inmigran a Galicia- foi positivo durante todo o primeiro mandato de Feijóo, aínda que cada ano con valores máis reducidos. En 2009 entraron en Galicia 8.000 persoas máis das que saíron, en 2010 a diferenza foi dunhas 4.300 e en 2011 de algo máis de 3.000. A tendencia invertiuse, por pouco, en 2012, cando marcharon 164 persoas máis das que viñeron. En 2013 ese número subiu por riba das 4.000 persoas e, no primeiro semestre de 2014 o país acumula un saldo migratorio negativo de máis de 1.800 persoas. E, que acontece coa poboación xuvenil? Segundo as mesmas fontes estatísticas as galegas e galegos menores de 34 anos son o continxente de poboación que máis emigrou dende o inicio da crise. Nomeadamente, o Instituto Galego de Estatística reflicte que no período referido por Feijóo, entre 2008 e 2013, case seis de cada dez persoas que marcharon eran mozas. Nomedamente, o 57,27% das arredor de 170.000 emigracións rexistradas -a España ou ao resto do mundo- foron as de persoas menores de 34 anos Case o 60% da emigración galega entre 2008 e 2013 estivo formada por menores de 34 anos Con independencia de que haxa outras autonomías con peores resultados que Galicia, outro dos argumentos máis recorrentes nas mensaxes oficiais, a fotografía da emigración xuvenil galega convida á reflexión, máis aínda tendo en conta o avance de datos do primeiro semestre de 2014, publicados polo INE hai escasos días. Segundo esa estatística case 13.000 persoas deixaron Galicia entre xaneiro e xuño do ano que vai rematar. Delas, unhas 7.700 marcharon a outra comunidade autónoma e 4.800, ao estranxeiro. En ambos casos, a mocidade ten un papel destacado. Atendendo aos saldos migratorios desa primeira metade do ano marcharon ao resto do Estado 1.100 persoas mozas máis das que viñeron a Galicia procedentes doutras comunidades autónomas, mentres que entre os maiores de 34 anos esa diferenza negativa é de só 52 persoas. No que atinxe ao estranxeiro ambos saldos tamén son negativos, se ben neste caso saen peor paradas as persoas maiores de 34, cun saldo negativo de 363 migracións. Mentres, marcharon ao estranxeiro 304 mozos e mozas máis das que viñeron. Neste escenario, Feijóo segue atribuíndo as mensaxes negativas sobre a economía galega en xeral e sobre a mocidade en particular aos devanditos "agoreiros". Eses, acusa, "din que non hai futuro" pero o Goberno galego "comprométese máis no futuro de Galicia e confía en que os mozos e as mozas asumirán con responsabilidade sacar a comunidade adiante". |
NOS_9 | A proposta foi presentada polo PP coa que solicitou á Cámara instar a UE a inscribir Resistencia Galega como grupo terrorista. A iniciativa contou co apoio expreso de Izquierda Plural (IU-ICV-CHa), CiU, PSOE e UPyD. A súa federación en Galiza rexeitou en numerosas ocasións a existencia de tal organización armada. | Esta cuarta feira o Congreso d@s deputad@s debateu unha poposición non de lei presentada polo grupo parlamentar popular na que instaba a Unión Europea a incorporar Resistencia Galega nunha listaxe de grupos terroristas elaborada polas institucións comunitarias. Segundo a deputada popular, Ana Belén Vázquez, no noso país teríanse producido "múltiples atentados" con "artefactos explosivos e incendiarios" dirixidos a "sedes de partidos políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades financeiras, empresas e administracións públicas", así como, sinalou na súa intervención, "vivendas de persoas relacionadas co ámbito xudicial, universitario ou político". Aliás, na exposición de motivos, Vázquez apelou á recente sentenza da Audiencia Nacional española pola que se condenou a 4 independentistas galeg@s por "pertenza a organización armada". Sentenza, da que está pendente de resolver o recurso de casación presentado perante o Supremo pola defensa. Neste senso, cumpre lembrar que as catro persoas xulgadas negaron na vista oral a súa pertenza a organización armada algunha. Yolanda Díaz: "Non hai terrorismo en Galiza" Neste senso, a iniciativa presentada pola deputada popular contou co apoio expreso d@s representantes da Izquierda Plural (IU-ICV-CHa), CiU, PSOE e UPyD que se sumaron á petición de incorporar a Resistencia Galega á listaxe de grupos terroristas elaborada pola Unión Europea. O voto favorábel de IU contrasta coas declaracións da súa federación en Galiza pois Esquerda Unida --integrada na coligación electoral AGE-- negou en numerosas ocasións a existencia de tal organización armanda. Mesmo a súa coordenadora nacional, Yolanda Díaz, foi taxativa ao respeito cando afirmou o pasado mes de xullo que "non hai terrorismo en Galiza". |
NOS_25110 | Para organizacións humanitarias e activistas polos dereitos palestinos non é novidade, mais que a ONG pacifista israelí B'Tselem faga referencia a un "apartheid en Israel" si o é. Termo tabú na sociedade deste país, o adxectivo –epíteto, para algúns– non é gratuíto: o Estatuto de Roma recólleo como un crime contra a humanidade. | "Un dos puntos chave na nosa análise é que esta é unha única área xeopolítica xestionada por un só Goberno", apunta Hagai El-Ad, director de B'Tselem. "Esta non é unha democracia cunha ocupación a maiores. Este é un apartheid entre o río [Xordán] e o mar [Mediterráneo]". A apreciación non é noticiábel pola súa novidade: desde hai décadas numerosas organizacións levan denunciando a situación que se vive nos territorios ocupados de Palestina. A noticia está en que é B'Tselem, a prestixiosa ONG israelí en defensa da paz e dos dereitos humanos, con sedes en Xerusalén e Washington, quen o manifesta agora explicitamente. Nun informe publicado onte, a ONG racha coa comunmente aceptada diferenza que se fai entre o sistema político vixente en Israel e o dos territorios palestinos. Isto é, un Estado democrático por unha banda e a ocupación militar temporal pola outra. "A distinción ensombrece o feito de que toda a zona entre o mar Mediterráneo e o río Xordán está organizada segundo un único principio: facer avanzar e cimentar a supremacía dun grupo ─os xudeus─ sobre outro ─os palestinos─", sostén a ONG. "Democracia próspera" Israel leva moito tempo presentándose a si mesmo como unha democracia próspera e puxante, onde a cidadanía palestina ─arredor de 20% da súa poboación de 9,2 millóns de habitantes─ goza dos mesmos dereitos. Na guerra de 1967, Israel apoderouse de Xerusalén Leste, Cisxordania e a Faixa de Gaza, territorios onde residen case cinco millóns de palestinos á espera do estabelecemento dun Estado de seu. En 2005 o Goberno israelí retirou as súas tropas e os seus colonos de Gaza, mais impuxo un bloqueo dous anos despois logo de Hamas facerse co poder na faixa. No caso de Cisxordania, considera que é un territorio "en disputa" cuxo futuro debe ser determinado a través de negociacións. E a anexión de Xerusalén, que Israel asume no seu conxunto como a capital do Estado, non está recoñecida pola comunidade internacional, ao igual que os asentamentos de colonos en Cisxordania. Unha das mostras máis evidentes desta especie de apartheid denunciado desde hai décadas é que a maioría dos palestinos de Xerusalén Leste teñen a cualificación de "residentes" no Estado de Israel, mais non son considerados cidadáns con dereito ao voto. O apartheid foi un conxunto de leis vixentes desde 1948 até comezos da década de 1990 que estabelecían un sistema desigual e de discriminación cara a poboación non branca de Suráfrica. Esa comparación recorrente entre aquel réxime surafricano e a situación que se vive nos territorios ocupados é tabú na sociedade israelí, mesmo dentro dalgunhas formacións da esquerda, máis proclives a unha solución dialogada e igualitaria ao conflito. Por iso cobra especial importancia que B'Tselem ─oficialmente─ o recoñeza así agora. Ademais ─ou sobre todo─ ten implicacións máis profundas, fóra do denigrante da acusación, a respecto do dereito internacional: o apartheid é un crime contra a humanidade recollido no Estatuto de Roma (1998), que estabeleceu o Tribunal Penal Internacional. "Non estamos a dicir que o grao de discriminación que un palestino ten que soportar é igual se un é cidadán do Estado de Israel ou se un está bloqueado en Gaza", matiza o director de B'Tselem. "A cuestión é que non hai nin un só centímetro cadrado entre o río e o mar onde un palestino e un xudeu sexan iguais". Neste sentido, El-Ad asegura que "queremos mudar o discurso sobre o que está a pasar aquí. Unha das razóns polas que nada se move é que a situación non se analiza adecuadamente". A pandemia da Covid-19 é outro claro exemplo do que en Palestina se vive. Nos últimos días, tal e como informou onte Nós Diario, Amnistía Internacional acusou a Israel, líder mundial na vacinación contra o coronavirus, de excluír da campaña a cidadanía palestina de Gaza e Cisxordania. "O programa de vacinación da Covid-19 de Israel remarca a discriminación institucionalizada que define a política do Goberno israelí cara aos palestinos", sinalou a ONG, que lle pediu responsabilidades como "potencia ocupante". Porén, Tel Aviv lava as mans e argumenta que as competencias sanitarias están transferidas á Autoridade Palestina en virtude dos acordos de Oslo. A xustiza israelí prohibe a proxección dun documental sobre unha operación militar Un tribunal israelí prohibiu onte a exhibición do documental Jenin, Jenin (2003), que relata unha operación militar israelí na cidade homónima, no territorio ocupado de Cisxordania. A decisión chega tras a denuncia por calumnias presentada contra o director do filme, Mohammed Bakri (no centro da imaxe), por un soldado israelí, Nissim Magnaji, participante no operativo militar "Escudo Defensivo" desenvolvido en abril de 2002. A cinta recolle os choques mortais entre os habitantes de Jenin e os militares. Tamén acusa a Magnaji de roubar diñeiro dun ancián palestino, razón pola que interpuxo a demanda. A sentenza di que o militar "foi enviado a defender o seu país e acabou sendo acusado dun crime que non cometeu", e ademais considera que outros dos feitos recollidos no documental son falsos. |
PRAZA_7104 | Tivo que presentar o seu programa Podemos para que por fin se lle dese un enterro decente á perigosísima socialdemocracia. | A presentación do programa económico de Podemos serviu para demostrar empiricamente dúas evidencias até agora só intuídas. A primeira é que os mesmos que os acusaban de ser bolivarianos, radicais e extremo esquerdistas correron agora a imputarlles os cargos de socialdemócratas e moderados. Onte o problema era que prometían demasiado. Hoxe o problema é que prometen pouco. Tivo que presentar o seu programa Podemos para que por fin se lle dese un enterro decente á perigosísima socialdemocracia A segunda evidencia constata até que punto se desprazou á dereita o debate político en España. O que antes era esquerda agora é extrema esquerda, o que antes pasaba por centro agora pasa por esquerda e o que antes se situaba a dereita agora sitúase no centro. O demais pódeno imaxinar. Tivo que presentar o seu programa Podemos para que por fin se lle dese un enterro decente á perigosísima socialdemocracia. Por se alguén aínda non se decatou, asistimos a un novo despregamento espectacular de luz e son para deixarnos claro que é radical, perigoso e inviable pedir un Estado do Benestar universal e uns niveis de investimento público que rolden a metade do PIB, como en Alemaña ou Francia, aspirar á xornada laboral de 35 horas e a xubilarse ao sesenta e cinco, reclamar unha política fiscal progresiva, ou defender que o Estado teña un papel activo na economía, con banca e empresas públicas. É máis e por se quedaba algunha dúbida: só os ignorantes que non teñen nin idea de economía poden defender e pedir cousas así. Ninguén explica por que os bancos se empeñan en convertelas no seu negocio se as pensións resultan tan insustentables Entre tanta película de terror e tanta profecía apocalíptica ninguén explica por que os bancos se empeñan en convertelas no seu negocio se as pensións resultan tan insustentables. Ou por que non paran de asinarse concertos coa sanidade e a educación privadas se o Estado do Benestar resulta tan inviable. Ou por que, cos problemas de recadación fiscal que padecemos, España é o país da Zona Euro que máis renunciou aos impostos que gravan a propiedade da riqueza: sucesións e patrimonio. Se os medios lle dedican aos aínda descoñecidos programas do PP ou o PSOE o nivel de análise e esixencia receitado para Podemos, nas próximas xerais non imos manexar programas, poderemos consultar memorias, balances de contas e até auditorías. Non sei vostedes, pero non imaxino a Rajoy cuantificando todas e cada unha das medidas do seu programa e explicándonos de onde van saír os cartos para as baixadas de impostos que seguro prometerá. Intúeselle máis ben como este fin de semana en Catalunya. Facendo política e falando só para os seus votantes, que son os que lle importan. E os demais aplaudindo. #CódigoMariano en estado puro. |
NOS_33290 | Aliás, entrevistamos o escritor Alberto Lema. | Este sábado, como cada semana, atoparás nos quiosques, xunto ao teu exemplar de Nós Diario, o suplemento semanal Sermos Galiza. Na edición deste 30 de abril Manuel Xestoso entrevista o escritor Alberto Lema, do que Galaxia publicou a súa última obra, Pazo de inverno. Unha novela que ten como inspiración a súa etapa como concelleiro da Marea Atlántica na Coruña. 20 anos da primeira orquestra folk O semanario desta semana ábreo Antón Escuredo cunha reportaxe sobre Ponte... nas Ondas!. A asociación será galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galeg-Lusófona. Asemade, Tensi Xesteira trae a Sermos Galiza un tema tan interesante como pouco tratado, a relación entre a literatura e as doenzas mentais. Como cada semana, o Colectivo Xea déixanos unha proposta para 'Andar e ver'. Esta vez, na costa de Oia, un percorrido de 18 quilómetros para desfrutar dalgunhas das paraxes máis fermosas do Baixo Miño. Libros, música e cinema Os libros de Mario Regueira e de Maneul López Foxo achégannos a escrita de Jorge Emilio Bóveda e Eugénio de Andrade, entre outros autores e autoras. E non falta a música nin o cinema, da man de Jasper, Herminio González e Andrés Castro. Para escoitar, Carolina Rubirosa ou Branko. E para ver, The Northman, de Robert Eggers. Pasatempos No feche do semanario, as propostas de Xerardo R. Roca e Xoán Costa para matar o tempo Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros! |
NOS_1374 | Desde a CIG demandan a estes altos cargos que renuncien a este complemento, "legal pero inmoral". | A CIG vén de dirixirse a Consellaría de Facenda en relación ao complemento persoal que cobran "determinados altos cargos da Xunta de Galiza pola súa perda de poder adquisitivo". A central nacionalista apunta a que gañan este plus "polo simple feito de cobrar menos como altos cargos que como no posto de funcionario que ocupaban antes" A CIG reclama, neste escrito, que sexan facilitados os datos das persoas que están a cobrar este complemento na actualidade (apenas unha decena, segundo dixo onte a consellaría de Facenda) e demanda a estes altos cargos que renuncien a este plus, "legal pero inmoral, nunha época de recortes salariais para os empregados e empregadas pública da Administración Autonómica". |
PRAZA_10672 | Carnota perde dúas escolas unitarias e Mugardos, Vigo, Cuntis e Sada confirman cadanseus peches. O saldo das creacións e supresións de unidades escolares formalizadas pola Consellería de Educación volve ser negativo no curso 2019-20, con 42 menos | Como cada mes de xullo, Galicia volve perder escolas unitarias. O criterio da Consellería de Educación segundo o cal, en aras da "xestión eficiente dos recursos", ningún centro escolar que non logre un mínimo de seis matrículas pode seguir aberto, no curso 2019-20 non volverán abrir media ducia de escolas unitarias e, adicionalmente, tamén será pechado un colexio de educación infantil e primaria.Carnota perde dúas escolas unitarias e confírmanse cadanseus peches en Mugardos, Vigo, Cuntis e SadaTal e como figura na orde publicada este luns no Diario Oficial de Galicia, o municipio máis afectado polos peches é desta volta Carnota, que perde dun golpe as escolas unitarias de Portocubelo e do Viso por quedaren en 4 e 5 matrículas, respectivamente, segundo informa Consellería de Educación. En Mugardos pecha a unitaria do Seixo, á que lle faltou unha matrícula para chegar ás 6, o mesmo que á de Zamáns, en Vigo. En Cuntis bota o ferrollo a unitaria de Arcos de Furcos e ademais, Sada despídese definitivamente da escola unitaria de Carnoedo.Os peches de escolas unitarias seguen a dinámica habitual dos últimos anos, nos que o criterio de non manter aberto ningún destes centros rurais que non teña un mínimo de seis matrículas se mantivo, retroalimentándose coa profunda crise demográfica. En apenas unha década as unitarias pechadas xa foron máis de 200. Ao catálogo de peches únese desta volta tamén un colexio, o CEIP da Polveira, en Trazo. Alén das escolas suprimidas Educación concreta tamén a "reorganización de unidades" escolares en función do aumento ou diminución do alumnado. Un ano máis as creacións non compensan as supresións, polo que o balance volve ser negativo. Por provincias, a única que gaña unidades é Lugo, con seis máis. No conxunto do país, a redución é de 42, segundo os datos divulgados pola Xunta.O saldo das creacións e supresións de unidades escolares formalizadas pola Consellería de Educación volve ser negativo no curso 2019-20, con 42 menosDeste proceso procurou escapar, precisamente, o colexio da vila lucense de Trabada. Diante da anunciada supresión da súa unidade de Educación Infantil, no CEIP Celso Currás, o goberno municipal decidiu ofrecer vivenda de balde a familias con fillos e fillas de entre 3 e 6 anos. Ao chamamento do Concello responderon xa varias familias polo que, segundo confirmou a Praza.gal a alcaldesa, Mayra García, o goberno local confía en sortear a orde da Consellería para culminar as matrículas e manter aberta a unidade de Infantil, aínda que o documento publicado no DOG inclúe a supresión.Educación reitera en que os peches responden á "obriga de realizar unha xestión eficiente" e pon o foco en que prevé abrir seis novos colexiosComo en anos anteriores a Consellería de Educación insta a lembrar que este é un "proceso habitual" que ten como obxectivo "adecuar a estrutura de cada centro educativo ao alumnado que ten matriculado". "Responde -di o departamento agora dirixido por Carmen Pomar- á obriga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos, adecuándoos tanto ás necesidades educativas de cada zona como á realidade social".Adicionalmente a Xunta aposta por poñer o foco en que está a "atender a demanda de escolarización" en "determinadas zonas de maior dinamismo demográfico". Mostra disto, agrega, é que prevé construír seis novos colexios no barrio coruñés de Novo Mesoiro, no do Sagrado Corazón en Lugo, no Milladoiro (Ames) e mais en Arteixo, Vilalonga (Sanxenxo) e Tui. |
NOS_24534 | Das 475 persoas falecidas na Galiza que deran positivo en coronavirus, 270 están vinculadas a residencias, segundo indican os datos fornecidos pola Consellaría de Sanidade. A cadea de contaxio descontrolouse en moitos centros de maiores, mais os resultados son moi diferentes ao comparar as mortes rexistradas nas residencias públicas e nas privadas. Nós Diario conversa con representantes das forzas políticas galegas para coñecer cal é o modelo residencial que defenden para a Galiza após a etapa actual. | A gran diferenza entre o número de contaxios e defuncións por coronavirus entre as residencias públicas e as privadas deixa ver que algo non vai ben no modelo residencial actual da Galiza. O Sergas computaba onte 210 mortes nos centros de maiores e de discapacidade, 44,21% do total dos falecementos rexistrados na Galiza pola COVID-19. Atendendo aos datos publicados no informe do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen), que opera sobre as defuncións rexistradas a 19 de abril, nas residencias públicas as mortes supoñen 0,1% do total de usuarias, mentres que nos centros de empresas privadas con ánimo de lucro a porcentaxe alcanza 0,7%. O estudo tamén sinala que mentres a pública rexistraba 60 usuarias contaxiadas, a cifra ascendía a 764 contaxios nos centros de titularidade privada e a 63 nos públicos xestionados por empresas. Cando a pública rexistraba 60 contaxios, na privada ascendían a 764 Factores explicativos desta diferenza poden ser varios, pero o doutor epidemiólogo Francisco Vizoso sinala o enorme interese que tería poder estudar tres variábeis concretas. Estas pasarían por facer unha comparativa entre os centros públicos e os privados atendendo á ratio de persoal, á súa formación e á calidade da alimentación. "Sería interesante comparar os pesos das e dos usuarios das residencias de empresas privadas que foron intervidas pola Xunta", di Francisco Vizoso, en relación á mellora da alimentación que se deu nestes centros desde que os dirixe a Administración galega e non corporacións lucrativas. O PP di que "a pandemia afectou a centros con todo tipo de titularidade" Nós Diario púxose en contacto coas forzas políticas do Parlamento galego para coñecer onde sitúa cada cal as causas polas que a extensión do contaxio da COVID-19 foi diferente nestes centros e para saber tamén cal é o modelo de residencias que a Galiza precisa. O PP non ve causa nin efecto na titularidade Fontes do Partido Popular sinalan a este medio que na Galiza, porcentualmente, o impacto do coronavirus nas residencias públicas e privadas atópase en niveis semellantes, atendendo á porcentaxe de centros privados e públicos sen casos de coronavirus, que son arredor de 80%, din, e conclúen que "a pandemia afectou a centros con todo tipo de titularidade". De cara ao tempo futuro, consideran que, ao igual que "sucederá noutros sectores, haberá que tomar medidas de reforzo dos controis, tamén en canto á dotación de material de protección e á aplicación de medidas de distanciamento social". Nese sentido, desde o Partido Popular queren destacar que "hai moitas residencias na Galiza que, independentemente da súa titularidade, foron un exemplo na prevención e na contención da pandemia". O PSdeG defende reverter as privatizacións Pablo Arangüena, vicesecretario xeral de Política e portavoz do PSdeG, sinala que a diferenza do número de afectadas entre as residencias públicas e privadas débese a "un problema de xestión, xa que se priorizou o beneficio económico en lugar do coidado e do benestar". Arangüena afirma que esta crise puxo de manifesto que a "supervisión e o control da Xunta é deficiente". A futura Xunta deberá, para Arangüena, "tender a minimizar a privatización e tratar de revertela". Desexa tamén que a Administración galega "exerza as súas competencias, sancione e controle que as residencias funcionen adecuadamente". En Común, polo público "O problema das residencias galegas é o modelo implantado pola Xunta desde que Alberto Núñez Feixoo chegou ao Goberno galego", sinala a Nós Diario o portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino. Ese modelo, di Reino, "consistiu exclusivamente en recortar o orzamento e en privatizar a xestión dos centros". Por iso, e a pesar de resaltar que a epidemia era "impredicíbel", Reino sinala que "as residencias privatizadas estaban na peor situación posíbel para enfrontar o coronavirus". O líder de Galicia en Común afirma que Feixoo era sabedor das eivas nos centros de maiores. Ante esa situación, Reino salienta que "desde o primeiro momento da crise, reclamou a Feixoo que intervise os centros e os medicalizase". "O modelo de residencias que Galicia en Común defende baséase no público "e por impedir que se poida facer negocio coa vida, a saúde e o benestar dos maiores". A aposta do seu grupo pasa por "incrementar substancialmente o orzamento destinado á asistencia a maiores para asegurar que conten cos recursos humanos e materiais necesarios". Nese sentido, avogan por "armar unha rede residencial pública xestionada pola Administración que garanta o benestar das usuarias, a tranquilidade das familias e unhas condicións laborais dignas para as traballadoras". O BNG quer residencias públicas e garantir o acceso A deputada do BNG Montse Prado critica o modelo "privatizador" do PP. Indica a nacionalista que, ademais, "nestes once anos de Feixoo no Goberno non creou unha soa praza de xestión pública directa", e sinala que "agora se está a verificar que as empresas das residencias teñen conivencia co PP". Critica Prado o modelo asistencial da Xunta por ser "raquítico, con ratios de persoal moi baixas e cun escaso ou inexistente persoal sanitario". A nacionalista pon o exemplo da residencia de Ribadumia, onde familiares de usuarias denunciaron que "polas noites non quedaba ningún persoal sanitario". O de Feixoo "é un modelo baseado no negocio e non na atención. Réxese polo lucro e agora, coa crise, vemos con toda a crueza as consecuencias", conclúe. O BNG, di Prado, defende un modelo público onde o prioritario é a atención ás e aos maiores. Para a nacionalista o modelo pasa por unha "xestión directa, construción de residencias públicas, garantir un acceso equitativo, unha rede residencial ao longo de todo o país, abandonar o modelo de macro residencias e apostar por tamaños accesíbeis, que permitan ás usuarias estar perto da súa contorna e familia". En Marea iguala a privada á precariedade Davide Rodríguez, de En Marea e deputado no Grupo Mixto, expón que a diferenza "vese agora pero leva anos aí", e sinala que se debe a que as empresas viron un espazo nos centros de maiores para facer negocio. "O modelo ao que deberiamos ir é 100% público. As privatizacións implican unha merma de calidade. Eu coñezo a residencia de Manzaneda, de xestión municipal, e a situación das traballadoras e o volume de medios non ten nada que ver coa privada", di Rodríguez, criticando a gran precariedade laboral que hai na privada. |
NOS_34611 | É a apalabra escollida entre as seis finalistas na iniciativa impulsada polo 'Portal das Palabras'. Porcoril, foi a segunda máis votada e alburgada, a terceira. | E a palabra do ano 2016 é... Irmandade! Esta foi a gañadora nas votacións que decorreron entre o 15 e 22 de decembro para elixir a verba que cada quen entendese que mellor representaba o ano que vai finalizar. Seis palabras chegaron á fase final. Para alén de irmandade estaban xenofobia, eleccións, populismo, porcoril (o sorprendente cruzamento de porco e xabaril) a alburgada (unha mentira que se disfraza de verdade). Irmandade obtivo 623 votos. Porcoril foi a segunda máis votada (481 votos) e alburgada a terceira, con 372. No 2015 a palabra gañadora foi refuxiados e na edición de 2014, corrupción. Como lembran desde o 'Portal das Palabras', unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, 2016 foi o Ano das Irmandades da Fala, coincidindo co centenario da súa fundación. "Coñecendo o sentido que impulsou a súa actividade e mais a súa maneira de facer, non queda dúbida de que irmandade é a mellor palabra que puideron escoller para se presentar á historia. Os seus membros tratábanse entre deles de irmáns, e con ese apelativo figuraban nos seus carnés, a xeito de contestación simbólica contra a oficialidade establecida". "Irmandade comeza a aparecer arredor do segundo decenio do século XV, en documentos notariais, principalmente como unidade administrativa, como federación de municipios. E posteriormente arredor desa idea básica de 'unión' ou 'relación estreita' xurdirán novas acepcións, relativas xa á "asociación de persoas que teñen os mesmo ideais, a mesma crenza en determinada materia", que é o valor con que a recuperan os membros das Irmandades da Fala". |
NOS_11622 | A líder do BNG anuncia unha estratexia en dous ámbitos: por un lado, reclamar todas as competencias pendentes e por outro abrir un diálogo para dar á Galiza un novo status políticos de nación. | A Praza do Obradoiro da capital galega foi o lugar escollido polo BNG para conmemorar e reivindicar os dereitos nacionais da Galiza con motivo do 85 aniversario do Estatuto de 1936, nunha data en que tamén se reivindicou o Día do Orgullo LGTBI, "dúas caras da mesma moeda, pois simbolizan a defensa da liberdade, da democracia e dos dereitos individuais e colectivos", subliñou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón. Destacou que o nacionalismo galego é "un movemento político forte, cohesionado e en expansión, con vontade de ser maioría e de dirixir o futuro da Galiza". Fronte a un "autogoberno degradado que converte a Presidencia do país nunha institución teledirixida, correa de transmisión das empresas do Ibex 35 e da axenda reaccionaria da extrema dereita", o Bloque defende "unha Galiza máis forte, con capacidade para tomar as decisións en función dos intereses do país". Con ese obxectivo, a líder do BNG anunciou unha estratexia en dous ámbitos: por un lado, reclamar todas as competencias pendentes e por outro abrir un diálogo para dar á Galiza un novo status políticos de nación. "Corenta anos despois é tempo de que cumpran a lei e transfiran á Galiza todas as competencias pendentes en máis de 70 ámbitos, desde a AP-9 até a conca do Miño-Sil, desde a xestión do dominio marítimo terrestre e ordenación do litoral até os portos, aeroportos, inspección de traballo, tráfico ou a determinación do réxime local da Galiza", enumerou a modo de exemplos. Mais o actual Estatuto xa é "un traxe do século pasado que queda pequeno", alegou. Por iso, unha das primeiras iniciativas que o Bloque levará ao vindeiro período de sesións será a proposta formal de abrir o debate, "sereno e con diálogo", sobre un novo status político que recoñeza Galiza como nación "e avance en capacidade real de decisión en favor das galegas e galegos". "Non podemos permitir que Galiza queda atrás [respecto a Euskadi e Catalunya], relegada a unha mera rexión", advertiu a líder nacionalista. |
NOS_7365 | As mariscadoras demandan que se investigue a orixe do foco e a "rexeneración integral" da ría. | Desde o 9 de marzo as mariscadoras e mariscadores da Ría do Burgo, na Coruña, non poden ir traballar. Os bancos marisqueiros están fechados após detectárense índices de hidrocarburos superiores aos permitidos pola Unión Europea. "É a segunda vez nun mes" que acontece, explica Manuel Baldomir, voceiro d@s traballadores e traballadoras, pois xa en febreiro fecharon durante "15 días". "Non sabemos de onde vén", afirma, pois "non hai mancha". Porén, as análises do marisco rexistran índices de hidrocarburos elevados, nomeadamente en San Amaro e Meira. Entre as mariscadoras e mariscadores, 59 na actualidade, "o malestar é inmenso", sinala Baldomir, en tanto que os bancos marisqueiros "fechan cada dúas por tres" coas correspondentes "perdas económicas" que carrexan para un sector "por si propio moi vulnerábel". E é que os gastos continúan a ser os mesmos embora non poderen saír traballar. "Bótannos á ruina", sentencia. Obras nun dos pantaláns de Repsol Polo de agora, a orixe da contaminación descoñécese. Tamén a dos verquidos do mes de febreiro pois os resultados das análises realizadas non foron feitos públicos. Neste senso, mariscadoras e mariscadores demandaron ás concellarías de Medio Ambiente e Mar que investiguen as razóns destes novos índices. Desde a Xunta aseguraron que o Seprona, Augas de Galiza e mesmo a Autoridade Portuaria están a investigar de onde procede. A ollada póusase agora na refinaría de Repsol situada acarón da ría e onde se fechou un dos pantaláns (o número 4) nos últimos días. Desde a petroleira aseguran que non ten a ver cos verquidos pois trataríanse de obras para o levantamento dun pivote de formigón. No entanto, o encerramento do pantalán (2 de marzo) coincide no tempo co incremento da contaminación. Nos anos '80 traballaban máis de 2 mil persoas na ría, actualmente só 59 Un sector que vai a menos Sexa como for, desde a agrupación de marisqueo a pé continúan a denunciar a situación na que se atopa a Ría do Burgo, un espazo que chegou a empregar "máis de 2 mil persoas nos anos '80" mais que, froito da contaminación foi indo a menos. Na actualidade traballan 59 e só operan no 20% da ría. O proxecto de saneamento prometido pola Xunta de Galiza nos anos oitenta continúa aínda sen executar á espera de que entre xullo e agosto deste ano comece o proceso de licitación. "Os verquidos melloraron", di Baldomir, "mais non os fondos mariños" polo que piden "o dragado e rexeneración integral" dun espazo que, afirman, "está así polas verteduras descontroladas mais nalgúns casos autorizadas" que practicaron de maneira continuada as empresas da zona. Mais tamén, lembra Manuel Baldomir, "polo crecemento urbanístico". Causas "alleas a nós" que, no entanto, "prexudica o noso traballo" substituíndo a area por lodos. "Estannos a matar e a nos erradicar", conclúe. Exixen solucións á Xunta no Parlamento e o Congreso Através do grupo parlamentar do BNG o conflito orixinado pola nova vertedura chegou ás institucións públicas. Neste senso, exixiron aos gobernos español e galego que actúen perante verquidos "excesivamente frecuentes" que afectan as agrupacións mariqueiras. Neste senso, para alén da investigación correspondente, o deputado nacionalista, Daniel Rodas, instou o goberno galego a desenvolver medidas que palíen os prexuízos económicos do sector e urxiu a desenvolver o plan de saneamento integral prometido. Pola súa banda, desde a agrupación local do Bloque, o seu portavoz e candidato ás eleccións municipais de maio, puxo en coñecemento da Fiscalía os acontecementos para que actúe de oficio perante as verteduras. Aliás, Carril rexistrou un escrito dirixido á Autoridade Portuaria no que solicita acceso a diversa documentación sobre as análises da auga e os controis efectuados sobre Repsol. |
PRAZA_1862 | Outra masiva mobilización de gandeiros reclama solucións inmediatas á crise do sector leiteiro na capital do Deza, cuxo alcalde, Rafael Cuiña, participou subido no seu tractor e pediu "unidade" política a prol das explotacións e do rural. | Un novo berro masivo e gandeiro polo sector lácteo. Arredor de 500 tractores e sobre un milleiro de persoas participaron este mércores en Lalín noutra tractorada para exixir ás administracións solucións e actuacións inmediatas que garantan a viabilidade das explotacións galegas e que permitan establecer un "prezo digno" para o leite galego. Uns 500 tractores e 1.000 persoas colapsaron Lalín reclamando "prezos dignos" para o leite galego Convocados pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, tractores de toda a comarca do Deza, pero tamén de Lugo, Ourense, Vila de Cruces ou a zona de Arzúa, entre outras localidades, chegaron por estrada a Lalín e colapsaron a vila nunha protesta na que participaron tamén centos de persoas e que apoiou o comercio local pechando os seus establecementos amosando a súa solidariedade cos gandeiros. O propio alcalde de Lalín, Rafael Cuiña (CxG) participou na tractorada subido no seu tractor e reclamou a Feijóo que "faga presión" e se poña diante das reclamacións do sector para que se poñan en marcha solucións á maior crise leiteira que se lembra en Galicia. Para o rexedor, o problema do lácteo supón unha crise "estrutural" para toda a comarca, xa que "todos os días" están a pechar explotacións posto que os prezos marcados pola industria son "absolutamente insostibles". Cuiña participou na tractorada subido ao seu propio vehículo e reclamou "unidade" para pedir un prezo mínimo "como os franceses" Cuiña avogou deste xeito por manterse "unidos" e pedir "do mesmo xeito que os franceses" un prezo mínimo que permita garantir a supervivencia do sector posto que "cada vez que se pecha unha explotación é a ruína dunha familia". Pablo García, voceiro de Agricultural do PSdeG; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; ou Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, foron outros dos representantes políticos que participaron nunha marcha que foi encabezada por un grupo de vacas. Entre as pancartas que se puideron ler, algunhas pedían "loitar polo sector lácteo, pola economía do rural" e outras destacaban queu "o futuro do campo galego será o noso futuro". Os gandeiros piden ao Estado e á Xunta que medien para garantir un prezo mínimo de recollida para o leite que faga "viables" as granxas e insisten en que son moitas as explotacións que venden produto "por baixo dos custos de produción". Ademais, insisten en que se copie o sistema francés, polo que o Goberno galo fixou un importe mínimo, aínda que desde Madrid non se ve con bos ollos esa medida. |
NOS_20562 | A nova postura de Donald Trump chega xusto despois de que o Congreso certificase a vitoria de Joe Biden,apóse case 4 horas de caos no Capitolio provocado polos seus seguidores. | O presidente dos Estados Unidos comprometeuse esta quinta feira e por primeira vez desde a toma de posesión en 2017 a unha "transición ordenada" de poder para a administración de Biden. A postura de Donald Trump chegou xusto despois de que o Congreso certificase os votos no Colexio Electoral e confirmase a vitoria de Joe Biden e Kamala Harris nas eleccións presidenciais do 3 de novembro. Unha ratificación que se produciu após catro horas de asalto de segudiores de Trump ao Capitolio. Ante miles de simpatizantes, Trump volvera poñer en dúbida o resultado electoral e chamou a "recuperar o noso país". Meu dito, meu feito: unha multitude de trumpistas dirixiuse ao Capitolio e, ante unha falla de seguridade que contrasta coa presenza de policías e Garda Nacional cando mobilizacións pacíficas se desenvolven fronte a ese edificio, moitos deles accederon ao edificio. Unhas imaxes que axiña deron a volta ao mundo. A alcaldesa de Washington DC, Muriel Bowser, informou de que catro persoas morreron como consecuencia dese asalto: unha muller por un disparo durante o asalto e outras tres persoas nas proximidades do edificio por "emerxencias médicas". O vicepresidente Mike Pence, que presidía a sesión conxunta das dúas cámaras, tivo que ser evacuado e protexido. A súa negativa para cumprir a orde de Trump para que cambiase o resultado electoral convertiuno nun dos inimigos dos extremistas. Ao rexeitar os seus consignas, o presidente respondeulle cun tweet: "Mike Pence non ten a coraxe de facer o que debería facer para protexer ao noso país e a Constitución". |
NOS_27712 | Adoptará a decisión formalmente o 31 de outubro nun Consello Político mais non valoran concorrer. | "Sempre dixemos que se conectabamos [do Estado español] faríamolo de verdade", sinalaba a deputada eleita por Barcelona da CUP, Anna Gabriel, nunha entrevista concedida a Punt Avui. Neste senso e, embora recoñecer que a cuestión aínda non foi trata nos órgaos políticos correspondentes, o máis probábel é que a CUP non concorra ás eleccións do 20 de decembro. No concreto, será o Consello Político do 31 de outubro do que saía unha decisión oficial e condicionada pola "idoneidade" política, asegurou Gabriel, ao tempo que subliñou nos últimos días que a "cultura" da CUP --que se presenta desde hai "moitos anos" ás eleccións municipais-- non outorga unha grande importancia aos procesos electorais. "Presentámonos ás eleccións cando cremos que teñen sentido", acrecentou. E de non concorreren? "Deixaríamos orfos os nosos votantes?", preguntábase retoricamente Anna Gabriel. "Pode ser. Non sería a primeira vez". |
NOS_23665 | CIG-Ensino denuncia que o novo ataque da consellaría á escola pública fará minguar a oferta educativa, masificará as aulas e suprimirá centos de docentes "para potenciar o ensino privado concertado" | A consellaría de Educación pretende concentrar ensinanzas de FP en centros específicos ou integrados nas localidade de Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba. Aliás, anunciou xa que desaparecerán os niveis de ESO e bacharelato nos IES de A Carballeira, en Ourense, e As Mercedes, en Lugo. Segundo a denuncia que vén de facer pública CIG-Ensino, todo indica a que este mesmo procedemento continuará no resto dos territorios do País, pechando centros de secundaria ou reconverténdoos. A medida suporá, segundo a valoración da central sindical, unha menor oferta educativa pública, masificación das aulas e supresión de profesorado "para potenciar o ensino privado concertado". |
NOS_49187 | As persoas impulsoras piden "o apoio de todos e todas" para se implicar en facer "chegar "a nosa lingua a un espazo máis, o espazo da mazá" | Hai pouco máis dun mes nacía formalmente 'Queremos Apple Galego', unha iniciativa que nacçia, inforbana os impulsores, "coa intención de lograr o éxito de conseguir a tradución de todos os sistemas operativos dos dispositivos de Apple (OS e iOS) ao galego". Para iso animaban a se 'lanzar' a pedirlle a Tim Cook (CEO de Apple) e mais ao seu equipo que desen ese paso e apostasen na tradución ao idioma propio de Galiza. Malia as estatísticas de uso do galego na rede, "Apple aínda non incluíu o galego como lingua do seu sistema operativo. No iOS8, así como nas últimas versións de OSX, permítese configurar a lingua principal como a galega, mais a maioría dos seus contidos non están traducidos. Cremos que Apple ten que facer os deberes e rematar coa discriminación que está a sufrir a nosa lingua". QAG sinala diversos motivos para esta campaña, o principal deles, afirman, "a ilusión e a necesidade de introducir a nosa lingua no mundo tecnolóxico de Apple". Tamén "pular polo noso idioma, que non está a pasar bos momentos". Iso si, destacan o alto emprego do galego na rede, "non só pola súa importante presenza nas redes sociais (chegando a ser a 20ª lingua máis empregada no Twitter no ano 2009), senón tamén pola existencia de potentes grupos de tradutores de software (especialmente software libre) e de moi activos desenvolvedores de aplicacións do máis diversas". A campaña conta actualmente con diversas vías de comunicación (twitter @AppleEnGalego) - facebook(facebook.com/AppleEnGalego) - web (queremosapplegalego.me). |
PRAZA_18777 | O 90% dos votantes opta por abolir o réxime monárquico e instaurar a República. Máis de 6.500 cidadáns, entre alumnado, persoal e profesorado, participaron nas consultas deste mércores na Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense. | Máis de 6.500 persoas participaron este mércores nos referendos sobre a monarquía organizados en varios campus das tres universidades galegas, uníndose así á vaga de consultas que se están a organizar en todo o Estado e que se levaron a cabo xa en diferentes localidades. Estudantes e persoal universitario da Coruña, Ferrol, Ourense e Santiago uníronse durante toda a xornada a unha votación como a que xa se celebrara en Vigo o pasado día 4 e na que depositaran o seu voto case 1.600 persoas. Máis de 8.100 persoas participaron nos referendos sobre a monarquía organizados nas tres universidades galegasEn total e en todas as consultas organizadas nas universidades galegas, foron 8.104 persoas --entre alumnado, PAS e PDI-- as que participaron nuns referendos simbólicos nos que máis do 90% (7.324 votos, o 90,37%) optaron por "abolir a monarquía" e instaurar a República.Na xornada deste mércores, participaron na votación nos campus composteláns da USC case 3.600 persoas, das que o 93% (3.305) optaron por "instaurar unha República que abra procesos constituíntes". Na UDC, a participación foi de 2.064 persoas, con 1.810 votos (87,7%) a favor de "abolir a monarquía" e 1.837 (89%) "a favor de instaurar unha República a través da apertura dunha serie de procesos constituíntes". Máis do 90% dos participantes en Galicia optaron por abolir a monarquía e instaurar unha RepúblicaNo campus ferrolán da UDC, foron 151 os participantes, dos que 127 (84,7%) votaron a favor de abolir a monarquía e 126 persoas a prol da "apertura de procesos constituíntes para decidir o modelo de República". No campus de Ourense da Universidade de Vigo, o número total de votos foi de 713, dos cales 647 (90,7%) optaron por "abolir a Monarquía como forma de Estado e instaurar unha República que abra procesos constituíntes". As votacións foron simbólicas pero significativas de comparar a participación coa que se dá, por exemplo, nas eleccións ao reitor nas diferentes universidades e tendo en conta que nin todos os campus nin todas as localidades foron quen de organizar os referendos. Nas últimas eleccións a reitor na USC votaran uns 2.700 alumnos (cunha participación do 12,6%) e un total dunhas 5.250 persoas incluíndo PAS e PDI. Na consulta deste mércores sobre a monarquía, na que non houbo urnas o campus de Lugo, a participación situouse nas 3.592, a inmensa maioría delas estudantes, como no resto das universidades. A participación non está moi lonxe da que se dá nas eleccións a reitor e cunha mobilización máis activa do alumnadoNa de Vigo, foron unhas 2.300 persoas as que se implicaron nos referendos, cando uns 2.500 alumnos e un total de 4.300 persoas exerceran o seu dereito a voto nos comicios ao reitorado. Na UDC participaron máis de 2.200 persoas para posicionarse sobre o modelo de Estado fronte aos 6.250 que votaron para elixir novo reitor en 2015. Por sectores, segundo os datos facilitados pola organización, a participación foi do 12,3% no caso do estudantado, 6,54% no caso do PDI e 3,79% no caso do PAS. No caso do estudantado, a cifra é superarior á das últimas eleccións ao claustro universitario, onde a participación foi do 11,9%.Máis de 42.000 persoas votaron xa nestes referendos en varias universidades públicas do EstadoA iniciativa dos referendos sobre a monarquía naceu na Universidad Autónoma de Madrid, que xa celebrou a súa consulta o pasado 29 de novembro con máis de 7.000 votos, unha participación que practicamente duplicou a das eleccións ao reitorado na mesma institución. En total, máis de 25 universidades públicas organizaron ou xa celebraron as consultas sobre a monarquía. Polo momento, logo das celebradas na UAM e na Carlos III de Madrid, en VIgo ou en Terrassa, este mércores 12 tamén se celebraron votacións na Complutense de Madrid, en Valladolid e en Embed Editar delete_forever swap_vert Zaragoza, que xuntaron case 21.500 votos. En total, no conxunto das universidades do Estado, xa participaron máis de 42.000 persoas nestas consultas simbólicas, cunha vitoria arrasadora da opción republicana en todos os casos. |
NOS_36212 | No marco do Día da Patria Galega, Sermos Galiza instalará unha exposición sobre Sermos O Diario Galego no Festigal, onde ás 18 horas do 25 de xullo terá lugar a última presentación do proxecto, coas intervencións de Margarita Ledo, escritora, investigadora e cineasta; Comba Campoi, investigadora e promotora cultural, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. | As presentacións de Sermos O Diario Galego que percorreron Galiza de norte a sur e de leste a oeste conclúen a próxima cuarta feira, 25 de xullo, no Festigal. Trátase do acto número 50 dos que levaron o proxecto do diario por toda a nación. Un número que coincide coa conmemoración do 50 aniversario do momento en que o nacionalismo galego pendurou a faixa co lema "Viva Galiza Ceibe e Socialista" na Alameda de Compostela para recuperar un día da nación que fora instaurado en 1919 pola II Asemblea Nacionalista. A partir das 18 horas, a Galería das Letras e das Ideas do Festigal acollerá esta última presentación, que contará coa presenza de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A.; Margarita Ledo, escritora, investigadora e cineasta, e Comba Campoi, investigadora e promotora cultural, nomes que se atopan entre os máis de 180 que forman parte do grupo impulsor deste proxecto. No marco do Festigal, Sermos Galiza instalará unha exposición formada por dez paneis, esteticamente rompedores, para divulgarmos o traballo de promoción sobre o diario que se fixo nos últimos meses e para que a xente coñeza esta iniciativa. 3.000 subscricións Xoán Costa, tamén conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A., explicará no Festigal as liñas básicas de Sermos O Diario Galego, iniciativa que se anunciou o 24 de novembro de 2017 e que se deu a coñecer publicamente en Compostela o 27 de xaneiro de 2018, nun acto en que participou unha nutrida representación do tecido social, cultural, político e veciñal. A partir de entón, Sermos Galiza encetou unha campaña de difusión e socialización dun proxecto que precisa un mínimo de 3.000 subscricións antes do 31 de xullo para facer o diario viábel economicamente e para facelo unha realidade en 2019. As subscricións non se cobrarán no momento de realizalas, senón en 2019 e só se se acadan as 3.000 mínimas para sacar o proxecto adiante. As persoas subscritoras deste semanario teñen que subscribirse á nova cabeceira, xa que Sermos O Diario Galego comeza de cero. Sermos Galiza continuará a editarse con carácter semanal, mais distribuirase os sábados, como suplemento fin de semana dentro do diario. Características do diario Sermos O Diario Galego concibiuse coa vontade de chegar a todo o pobo galego, desde unha visión plural do país, para facer visíbel a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa realidade, é dicir, para atender os temas que nos interesan, tendo en conta que as cabeceiras diarias que se editan en papel na Galiza non prestan atención a aquela axenda propia que abrangue desde a lingua e a cultura até os feminismos, a historia, a memoria, a diáspora, o traballo, o ecoloxismo ou as liberdades e dereitos civís. O diario, que apostará en que a lectora e o lector tiren as súas propias conclusións, ofrecéndolle unha información verificada, contrastada e afastada da posverdade, publicarase en papel de terzas a sábado con 32 páxinas a cor e sairá un total de 258 días ao ano. Tamén terá unha edición en liña, que se actualizará no momento, segundo se produza a información, os sete días da semana. Esta edición na rede tamén recollerá parte do contido que se publique no papel. Uns actos que chegaron a máis de 1.500 persoas O 25 de maio encetaban os actos de presentación de Sermos O Diario Galego con dous actos que tiñan lugar na Coruña e en Soutomaior. Seguíaos Arzúa; Bueu; As Neves; Barro; Cambados; As Pontes de García Rodríguez; Arteixo; Culleredo; Gondomar; Cambre; Ponteareas; Ribeira; Mugardos; Betanzos; Vigo; Ribadeo; Outeiro de Rei; Allariz; Viveiro; Oleiros; Cangas; A Estrada; Carballo; Ribadavia; Ourense; Moaña; Compostela; Narón; Ferrol; Lugo; Redondela; Chantada; Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco de Valdeorras; Foz; Sada; Vilagarcía de Arousa; Negreira; Salceda de Caselas; Carnota; Teo; O Porriño e A Laracha. Esta quinta feira, día 19, terá lugar o acto de Rianxo –ás 21 horas no Salón de Plenos do concello, co alcalde, Adolfo Muíños; co escritor Xosé Luís Axeitos, e co presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, Xoán Costa–. Chegouse até este momento a máis de 1.500 persoas grazas ás convocatorias realizadas por asociacións sociais, culturais e veciñais de diversa índole, que foron as que organizaron estas presentacións |
NOS_41467 | Fronte ao aborrecemento de pasar dúas semanas pechadas na casa, a cultura galega reacciona con propostas orixinais e diversas que teñen lugar, fundamentalmente, a través das redes. | Van apenas uns días de reclusión nos fogares galegos e as opcións culturais de que facer neste encerro multiplícanse. Entre a incerteza do que pode supor para o sector no económico, non faltan as mostras de solidariedade, procurando ofrecer entretemento e distracción fronte ás xeiras de corentena que se aveciñan. Así, atopamos propostas do máis diverso que non deixan de medraren e espallárense por internet, esa eutopía que nestas circunstancias semella manternos tan conectadas coa realidade, baixo o cancelo #ficonacasa. Teleconcertos Como o directo non hai nada, ben o sabemos, pero a falta de broa... Unha das primeiras iniciativas en ofrecer streaming musical é o ciclo Músicas de Sofá, que aproveitou para pór en marcha un Especial Corentena. Lembremos que este programa, malia un nome tan acaído que case semella creado ex profeso, naceu xa hai anos como un ciclo de música na rúa no que os escenarios eran unha reconstrución dun salón, que durante dous se repartía por diferentes puntos da vila do Carballiño. Porén, desde o pasado sábado 14 sufriron unha reinvención para se adaptaren ás novas circunstancias de mobilidade limitada e trouxeron os salóns dos artistas ás casas das espectadoras. O formato escollido foi unha sesión vermú a través de retransmisións en directo nas que participaron en acústico as artistas High Paw -guitarra en man nun formato insólito-, Davide Salvado -desde a súa residencia no rural- e Najla Shami -que confesaba ser a primeira vez que facía unha transmisión desta sorte. Músicas no Sofá propón un sistema optativo de "entrada inversa", no que as persoas espectadoras poden pagar un billete a vontade Músicas no Sofá propón ademais un sistema optativo de "entrada inversa", no que as persoas espectadoras poden pagar un billete a vontade para as intérpretes a través dunha conta de Paypal. Desde a plataforma tamén difunden diariamente o espazo Novidades Petriña, no que Petra Porter repasa con humor as novas de actualidade. Ante as cancelacións de concertos, cantantes como MJ Pérez quixeron compensar as súas seguidoras partillando tamén un pouco de música nas redes. Outras artistas, como Guadi Galego, xa prometeron a nivel individual facer o mesmo durante os próximos días, para tornar máis levadía a reclusión. "O campo da festa no teu Instagram", brincan desde a organización de Son da Casa A iniciativa de Músicas de Sofá séguelle xa de preto Son da Casa, un festival de música en galego para os días 20 e 21 de marzo. "O campo da festa no teu Instagram", brincan desde a organización, facendo alusión ás vantaxes do "baño sen colas". Sen grupos aínda confirmados, arredor desta conta de Instagram soan nomes como Verto, Terbutalina, Ataque Escampe, Baiuca ou Sés, mais segundo contan está a ser difícil coordinar, especialmente por mor daquelas formacións grandes que non se poden xuntar. Toca estar a cuberto, así que vou probar a compartir uns breves vídeos para ir aprendendo baile tradicional galego. Improvisado e moi sinxeliño, pensando para quen non sabe absolutamente nada. Animádevos, e pasádello a quen lle poida interesar!https://t.co/8qS9t3MRHC— Antonio Prado (@antonioprado___) March 14, 2020 Foliada virtual Na tarde de onte, Músicas de Sofá trouxo un obradoiro de baile tradicional da man de Artur Pastoriza Puga, seguido ás 19 horas dun concerto de Gabi Reboredo no que pór en práctica o aprendido. Antonio Prado, ante o parón do sector, tamén comezou a subir vídeos para aprender baile tradicional durante a corentena. A Foliada na Cozinha podería ser a primeira festa desta sorte de maneira telemática Ao abeiro dos cursos de baile da Gentalha do Pichel, a asociación cultural decidiu programar a Foliada na Cozinha, na que ben podería ser a primeira festa desta sorte de maneira telemática. Nun evento creado en Facebook animan as participantes a subiren vídeos bailando, tocando ou cantando, a vindeira cuarta feira 18 de marzo ás 20 horas. A proposta opta por recuperar, mesmo en tempos de reclusión, esa dimensión da festa comunal que antes, para alén dos torreiros, tamén tiña lugar no espazo doméstico. Argallando alternativas Desde a web novocinemagalego.info, en coordinación con diferentes creadoras integradas no movemento, xa artellaron unha escolma que celebra os 10 anos da etiqueta liberando até o de agora 15 filmes, entendendo que esta pode ser unha ocasión para explorar esa face menos coñecida que situou o noso audiovisual na vangarda internacional, a través dun ciclo a vontade que recolle Vikingland, O quinto evanxeo de Gaspar Hauser ou Todos Vós Sodes Capitáns. Ao repositorio da Rede Nasa, na que xa se atopan unha importante parte da produción da compañía Chévere, súmase, por exemplo, Voadora, que o pasado 13 de marzo subiu á súa canle de Youtube algunhas das súas últimas obras. Se estades na casa, lembrade que en https://t.co/KgocQHlvw8 podedes atopar decenas de vídeos da Ultranoite https://t.co/nwz2y0Ky6m obras de teatro completas https://t.co/3fhOKJL4jg concertos https://t.co/bhno2s9qpI e moito máis #EuQuedoNaCasa pic.twitter.com/mCUNPkJi4u— Redenasa.tv (@redenasa) March 14, 2020 Pola súa banda, a cooperativa Urdime está a incubando "Cantos e contos desde o Poleiro", o que promete ser un festival online de música e narración, do que polo momento prefiren non desvelar máis. Desde Leite Edicións tamén prometen dinamizar o tempo baleiro partillando a obra dunha poeta cada día. E a editora Kalandraka vén de facer a súa achega divulgando un vídeo na súa canle de Vimeo de Xosé Ballesteros contando O coelliño branco. Estas son só algunhas das primeiras manifestacións dunha cultura viva que, mesmo desde a casa, continúa a argallar para que ninguén pase fame de arte. |
PRAZA_9886 | "Non pode ser que as persoas que coidan de nós traballen en malas condicións", dixo Yolanda Díaz nun encontro con persoal sanitario en Vigo | As candidatas e candidatos de En Común Unidas Podemos mentiveron un encontro en Vigo con profesionais sanitarios no que debullaron as propostas da formación en materia de saúde. A candidatura fai fincapé no seu programa en reverter os recortes que o sistema sufriu nos últimos anos e combater a precariedade laboral do persoal, un paso imprescindible para asegurar unha sanidade pública de calidade."Non pode ser que as persoas que coidan de nós traballen en malas condicións", dixo Yolanda Díaz"Non pode ser que as persoas que coidan de nós traballen en malas condicións", dixo Yolanda Díaz, que criticou que "non hai vontade no resto de partidos para deter os recortes en sanidade, porque o PSOE deixounos soas no Congreso na defensa da sanidade".Díaz subliñou que "para En Común Unidas Podemos, a sanidade e un elemento central e por iso contamos no noso proxecto con profesionais de renome, como a radióloga Mariquiña Lores, candidata por Pontevedra, e o cirurxián José García Buitrón, candidato por A Coruña"."En Vigo a situación é especialmente dramática"Precisamente unha das protagonistas do encontro foi Mariquiña Lores, candidata por Pontevedra, que destacou que o desmantelamento do sistema público "está baseado en Leis aprobadas no Congreso, tanto do PP como o do PSOE" e denunciou os recortes en Galicia, coa desculpa da crise, "especialmente en atención primaria, camas públicas e redución de persoal". Lores engadiu que "en Vigo a situación é especialmente dramática, a lista de espera para cirurxía é a máis longa de Galicia. A privatización é ineficiente, pero aínda así seguen privatizando".Na asemblea interviu tamén o cabeza de lista pola Coruña, Antón Gómez-Reino, a candidata Ángela Rodríguez (Pam), a investigadora médica Isabel Peña-Rey e numerosos traballadores e traballadoras da sanidade pública.Propón o incremento do número de camas hospitalarias, un programa de recuperación de persoal que tivo que ir traballar ao estranxeiro e o incremento das prazas MIRNo seu programa electoral, En Común destaca como piares a defensa do acceso universal á sanidade e o rexeitamento do copago farmacéutico. Tamén promete medidas para a redución das listas de espera, "garantíndose que ao final da lexislatura ningunha cita cun especialista nin operación que teña que ver cunha patoloxía grave se atrase máis dun mes". Para isto propón o incremento do número de camas hospitalarias, utilización plena dos centros hospitalarios, políticas de persoal incentivadoras, mellora da capacidade resolutiva da Atención Primaria, dotación de recursos adecuados aos Servizos de Urxencias extrahospitalarios e esixencia da dedicación exclusiva dos traballadores sanitarios. Defende un incremento da dotación orzamentaria para a Sanidade do actual 6% ao 7,5% do PIB en 2023Tamén defende un incremento da dotación orzamentaria para a Sanidade do actual 6% ao 7,5% do PIB en 2023, cun aumento do financiamento ás comunidades autónomas para a cobertura destes servizos, o que "permitirá impulsar a atención primaria con recursos suficientes", que suporán "polo menos o 25% do gasto sanitario".Igualmente, suxire un programa de recuperación de persoal sanitario que tivo que saír a traballar ao estranxeiro e o incremento das prazas MIR. Xunto con medidas como o fortalecemento do sistema de saúde mental, a incorporación da perspectiva de xénero en toda a política sanitaria, a inclusión do servizo de odontoloxía gratuíto e a investigación e abordaxe diagnóstico-terapéutico da endometriose. |
NOS_19988 | A décimo quinta edición do Festival Curtocircuíto pechou este domingo coa entrega de premios. Monelle, un filme do italiano Diego Marcon levou o principal galardón, Explora. "Circular e sen narrativa nin xerarquía, sen comezo nin fin", a curta evolúe arredor da Casa do Fascio en Como. Gañou os 3.000 euros da categoría. | Houbo, ademais, dúas mencións, para Sombra luminosa -dos portugueses Francisco Queimadela e Mariana Caló- e para Word for Forest -da danesa Pia Rönicke. O premio Galiza, que recoñece a mellor obra galega das tres seccións competitivas, acadouno o cineasta Alberte Pagán, un dos expoñentes máis radicais e arriscados do cinema nacional. Uluru é, segundo o xurado, unha peza "de linguaxe contundente e provocadora que fai un exercicio de liberdade" elaborada a partir de imaxes da rocha Uluru, en Australia. Amais deos 2.000 euros obtidos por Pagán, houbo distincións para A nena azul, de Sandra Sánchez. Na terceira das categorías con concurso, Radar, o vencedor foi Solar Walk, da directora húngara Réka Bucsi. "Destaca pola súa sensibilidade e a súa riqueza formal, pola súa capacidade para visualizar os grandes problemas da existencia con humor tenrura e sinxeleza". Tamén dotado con 3.000 euros, o Radar mencionou tamén Las fuerzas, da arxentina Paola Buontempo, e Proch, do polaco Jakub Radej. O xurado de Explora compuxérono a cineasta Jessica Sarah Rinland, o director do Festival de Marsella Jean-Pierre Rehm e o programador António Rodrigues. O de Radar, o investigador Aarón Rodríguez, a sonidista Amanda Villavieja e o cineasta Kikol Grau. O de Galiza, o actor Antonio Durán, Morris, a cineasta Keina Espiñeira e o artista Misha Bies Golas. Outros premios de Curtocircuíto 2018 Premio Penínsulas á mellor curtametraxe nacional Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho Mención especial do xurado Penínsulas Los desheredados, de Laura Ferrés Premio do Público á mellor curtametraxe 592 metroz goiti, de Maddi Barber Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe Monelle, de Diego Marcon Mención especial do Xurado Novo Saladdin castique, de Anssi Kasitonni Premio CREA á Mellor Dirección Galega A nena azul, de Sandra Sánchez Mención especial do Xurado CREA The Film Machine, de Sonia e Miriam Albert-Sobrino Premio AGAG ao Mellor Guión Galego The Film Machine, de Sonia e Miriam Albert-Sobrino Premio CAMIRA á Mellor Curtametraxe Wishing Well, de Sylvia Schedelbauer Mención especial do Xurado CAMIRA Mountain Plain Mountain, de Yu Araki e Daniel Jacoby Premio Outra Compostela Camiño interno, de Ada Alonso Lourido, Martiño Fernández Xove, Iago Díaz Iglesias, Martín Mondragón Rivadulla e Aida Raíndo Vázquez Mención especial Outra Compostela Síndrome de Jerusalén, de Arantxa Ramos Ponte, Natalia Pereira Fery, Antía Piñeiro Añón e Aldara Suárez Miguéns Nota: fotograma de Uluru, de Alberte Pagán. |
NOS_51194 | A AS-PG vén de convocar a sexta edición do Certame 'Curtas para Rosalía' ao que se poden presentar filmes relacionados coa autora de Padrón. | Segungo as bases do Certame, a temática das obras presentadas ha de ter relación con Rosalía ou con "calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral". As fitas candidatas non han de exceder os 30 minutos e han de entregarse antes do 31 de marzo no local da AS-PG. Neste 2016 dedicado tamén a Manuel María e ás Irmandades da Fala, ademais do premio á mellor curta, haberá outras dúas categorías dedicadas unha delas ao escritor chairego e a outra ao colectivo que se fundou na Coruña en 1916. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categorías. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a finais de abril. Os galardóns teñen cadansúa dotación de 1.000 euros e un diploma. |
NOS_7103 | O subcomité clínico reúnese esta sexta feira pola evolución negativa da pandemia. Á vista da evolución epidemiolóxica, dáse por feito que a Galiza superará os mil casos activos nesta semana. No subcomité clínico analizarase a posibilidade de exixir pasaporte Covid-19 para acceder a determinadas instalacións e eventos. | Os vacinódromos reabrirán as súas portas na Galiza o vindeiro 19 de novembro para administrar as terceiras doses da inxección contra a Covid-19 á poboación menor de 80 anos (os maiores de 80 xa están a recibir a terceira vacina). Tres días antes, 16 de novembro, iniciará a inmunización das máis de 122.700 galegas e galegos que recibiron a solución de Janssen, que nun principio se anunciara como monodose. Nos vacinódromos citarase en primeiro lugar a poboación de 70 a 79 anos. Aliás, hai 6% da poboación galega sen vacinar. "Sería bo para eles e para o conxunto da poboación" que esa porcentaxe diminuíse, dixo este 11 de novembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego. O orzamento de Sanidade non prevía vacinódromos O anuncio do presidente entra en contradición coa argumentación dada o pasado 20 de outubro polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, a respecto da falta de incremento do orzamento de Sanidade para 2022 (con 4.588 millóns de euros, Sanidade fica practicamente na mesma cifra que no orzamento de 2021: 4.587 millóns). Corgos escudara o non aumento das partidas sanitarias explicando que en 2022 non farían falla "vacinódromos nin reforzo en UCI". Pasaporte Covid-19 Feixoo adiantou que esta sexta feira reunirá o subcomité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia, co obxectivo de analizar se adoptan novas medidas dada a evolución negativa rexistrada da Covid-19 na Galiza nos últimos días. Á vista da evolución epidemiolóxica, Feixoo deu por feito que a Galiza superará os mil casos activos nesta semana. No subcomité clínico, dixo, analizarase tamén "a posibilidade de exixir pasaporte Covid-19 para acceder a determinadas instalacións e eventos". Unha das cuestións "máis maduras" que, segundo o presidente galego, están sobre a mesa é pedir este pasaporte a quen realice visitas ás plantas de hospitalización. Feixoo insta Sánchez a manter a reforma laboral Na rolda de prensa, Feixoo tamén informou de que enviou unha carta ao xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, en que remarcou a súa preocupación ante o incremento do prezo da enerxía e a escaseza e encarecemento das subministracións. Nese sentido, emprazouno a "aprazar o incremento xeneralizado da presión fiscal ou a modificación da reforma laboral (aprobada no seu día polo PP)". Nese escenario, avanzou que o desabastecemento, o incremento do prezo da enerxía e a situación da industria galega (en concreto Alcoa e Vestas) serán cuestións nas que fará fincapé na reunión que na segunda feira manterá en Madrid coa ministra de Industria, Reyes Maroto. Feixoo, con Ayuso Preguntado polos medios sobre as rivalidades internas no PP, Feixoo manifestou que vería "moi intelixente" a opción de "potenciar o ticket electoral Ayuso-Almeida", convencido de que "é o que necesita" Madrid e de que resultaría "imbatíbel". A semana pasada, Feixoo xa apuntara que o "habitual" no PP é que os presidentes de comunidades autónomas tamén dirixan o partido nos seus respectivos ámbitos territoriais e que sería "sorprendente" que Isabel Díaz Ayuso non optase a facelo. Noutra orde, na rolda de prensa tamén anunciou que o Consello da Xunta deu inicio á tramitación da Lei de arquitectura. Coa súa aprobación, a Galiza converterase no segundo territorio en tela, tras Catalunya. |
NOS_29128 | Unha cartografía do risco de contaxio da COVID-19 na Galiza. Os profesores de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela Rubén Lois e Ángel Miramontes asumen a dirección dun proxecto que busca identificar os factores territoriais e os espazos de actuación chave para frear a pandemia. | Como xorde este proxecto e por que interesa cartografar o comportamento do contaxio da COVID-19 na Galiza? Este proxecto é resultado da iniciativa da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para favorecer a análise do comportamento espacial da propagación da COVID-19 na Galiza, pero nós xa eramos parte dunha rede estatal de xeógrafos que pretendía cartografar e facer un atlas máis ou menos detallado da expansión desta enfermidade, co fin de ver que efectos podía ter a proximidade no seu avance ou os problemas de contaxio derivados. Agora mesmo, con todas as posibilidades que ofrece a cartografía a través dos sistemas de información xeográfica, temos a oportunidade de cartografar o espazo rural a escala de parroquias ou de aldeas e a escala de rúas ou de bloques de edificación, as áreas urbanas. No caso dunha epidemia, coma a actual, producida polo novo coronavirus, isto ten moita importancia porque podemos cartografar o lugar onde hai un caso positivo e ver onde está a veciñanza máis achegada ou cales son os riscos de proximidade, co fin de identificar onde se poden producir os problemas e como se poden xestionar a nivel espacial. E para iso partimos da distribución das persoas nun territorio determinado. No caso galego, esta repartición caracterízase pola dispersión e a fragmentación. Hai dous parámetros que marcaron moito a evolución da enfermidade na Galiza. O primeiro é que temos unha poboación moi envellecida, é dicir, unha poboación de risco en relación coa COVID-19 moi elevada, con moitas persoas de máis de 70 e 80 anos. Isto, unido ao fenómeno das residencias, da aglomeración de usuarias anciás, sobre todo en centros privados, que foi onde máis casos se acumularon sen grandes controis, motivou boa parte dos efectos máis negativos. E despois, temos un hábitat moi disperso con moitos núcleos de poboación, cousa que facilitou que non se propagase tanto o virus como en áreas urbanas moi compactas. Os grandes problemas, a nivel europeo e estatal, rexístranse en contornas ou cidades moi densas; como Lombardía, en Italia, e Madrid, onde se creou todo sen que se determinase a inmobilización ou o illamento da súa xente. Polo tanto, a incidencia na Galiza foi menor grazas, en parte, á forte pegada do rural, que se protexe mellor que as áreas urbanas máis compactas, onde queremos ver como é o contacto dunhas persoas con outras e como se van contaxiando. Que datos necesitan para crear esta cartografía? O que necesitamos son os datos do Sergas, o número de persoas infectadas en relación cos seus domicilios e en función doutras características como poden ser a idade ou o sexo. A partir de aí, crearemos un visor, non só un mapa estático, que nos permita ver como se produciu a difusión da epidemia. Unha vez introducida toda a información, a idea é que calquera persoa poida conectarse a través da rede e acceder a unha localidade ou a un espazo concreto para consultar os datos que lle interesen. Converterase nunha ferramenta útil para ver a evolución dos contaxios e anticipar medidas concretas de prevención? O que imos conseguir é un mapa, pero sobre todo unha base cartográfica onde calquera se vai poder conectar e ver cantos casos hai nunha cidade, nunha rúa ou nun concello, e observar como se difunden. A medida que se vaian cargando datos novos o mapa irase actualizando, tanto coa suma de novos positivos como coa resta de persoas curadas. É unha cartografía activa e vaille permitir á Administración ter localizadas as fontes de transmisión para tomar decisións a nivel local, en caso de rebrote. Unha vez definidos os focos e os mecanismos de contaxio, se, por exemplo, se detectan sete casos activos e, en menos dunha hectárea, 500 habitantes, estará en condicións de recomendar o illamento desa zona, pero se están na montaña, sen veciñanza, o perigo será outro. Con todo, esta ferramenta tamén quedará ao servizo da sociedade civil, que poderá ser consecuente cos riscos que observe en cada lugar. Que rastro deixou, até o momento, o paso do novo coronavirus por Galiza? O máis significativo ratifica a idea da sobremortalidade de persoas maiores, un dos problemas máis graves desta pandemia. É unha mortalidade fundamentalmente urbana, moi vinculada a aqueles lugares onde hai residencias, o que nos deixa unha parte ampla do territorio que sufriu moi pouco os efectos da pandemia e que pasa moi desapercibida porque os datos que se dan son moi agregados, referidos ao conxunto do país. |
NOS_3037 | O ambientalismo demanda fomentar os camiños de ferro para reducir as emisións contaminantes. | Reducir o tráfico aéreo eliminando os traxectos curtos, penalizar as persoas viaxeiras frecuentes e máis adiñeiradas, fomentar alternativas de transporte como o ferrocarril e eliminar privilexios ao sector aéreo son medidas que conforman o paquete de propostas presentadas no día de onte pola ONG española Ecoloxistas en Acción, co obxectivo de reducir as emisións de CO2 que causan os avións. "Decrecemento da aviación: a redución do transporte aéreo de maneira xusta" é o título do novo informe elaborado pola rede Stay Grounded e presentado onte por Ecoloxistas en Acción. Nel analízase o impacto no planeta que provoca a nivel global a aviación. "A única forma de diminuír o impacto do sector é reducir de maneira significativa o número de voos", sinala o estudo A ONG alerta ademais de que, de non mudarse o paradigma de hábitos e consumos, o transporte aéreo podería multiplicarse por oito para o ano 2050, xa que na actualidade a aviación é o único medio de transporte cuxas emisións de gases de efecto invernadoiro continúan a medrar. "A única forma de diminuír o impacto do sector é reducir de maneira significativa o número de voos", sinala o estudo, onde se responsabiliza os avións de xerar entre 5 e 8% das emisións totais de CO2 a nivel mundial. Ademais de dióxido de carbono, os avións emiten outros elementos nocivos como o metano, ozono, estelas e nubosidade inducida, que ten un impacto climático peor que o propio dióxido de carbono, din as ecoloxistas. Desde a ONG demandan rematar coas políticas de "trato de favor ás compañías aéreas" a través dun imposto ao queroseno, un IVE igual que o doutros medios de transporte, estabelecer un imposto ao carbono e crear unha taxa aos billetes en función da distancia percorrida. Propoñen así acabar co "sistema de privilexios da aviación" que pon en situación de desvantaxe outras formas de transporte máis sostíbeis. Mostra delas son os baixos prezos dos voos debido ás numerosas exencións fiscais en todo o mundo e, especialmente na Unión Europea, denuncian desde a ONG. A cuarta das medidas pasaría por fomentar alternativas ao avión, sobre todo cun investimento en infraestrutura ferroviaria. O informe lamenta ademais o desmantelamento da rede de camiños de ferro nocturnos en Europa durante os últimos anos e pide que se recupere e se melloren as conexións. |
NOS_22704 | O Goberno galego mantén as restricións comunicadas a pasada sexta feira, día 30. Foi o único que transcendeu da reunión que mantivo até a noite desta terza feira o comité clínico que asesora a Xunta da Galiza. Prevese que nesta cuarta feira a Consellaría de Sanidade informe a respecto dunha xuntanza que, segundo puido saber Nós Diario, foi "tensa". | O Goberno galego mantén as restricións comunicadas a pasada sexta feira, día 30. Foi o único que transcendeu da reunión que mantivo até ben entrada a noite da terza feira o comité clínico que asesora a Xunta da Galiza. Prevese que ao longo do día a Consellaría de Sanidade informe a respecto dunha xuntanza que, segundo puido saber Nós Diario, foi "tensa". Continúan vixentes os fechamentos perimetrais que afectan case a metade da poboación galega -nos municipios afectados están censadas ao redor de 1,2 millóns de persoas-, ao igual que a prohibición das reunións entre persoas non conviventes neses mesmos concellos. "Nos próximos días" a Consellaría de Sanidade seguirá adoptando decisións, segundo informou na noite da terza feira. O decreto publicado o día 30 non especificaba a duración das restricións de mobilidade e reunión que comezaban ás 15 horas desa mesma xornada. O texto publicado no Diario Oficial da Galiza (DOG) na sexta feira puña de manifesto que "a prol dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento". Engadía, "en todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días". Na rolda de prensa do propio día 30, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmaba que o día 3, por hoxe, tería lugar unha nova reunión do comité clínico na que se decidiría se as restricións continuaban, se ficaban levantadas ou mesmo se adoptaban algunha nova. Após coñecerse o fechamento perimetral dos citados concellos, que se sumaron aos anteriormente decretados en Ourense, Barbadás, O Carballiño, O Irixo, Boborás, Verín, Oímbra e Vilardevós, tanto o responsábel da carteira de Sanidade como o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, non descartaron que os fechamentos se estendesen ás fins de semana, na liña da política seguida por Isabel Díaz Ayuso na Comunidade de Madrid. Non está entre as opcións do Goberno galego, de momento, o confinamento domiciliario, que xa reclamaron territorios do Estado español como Asturias, Ceuta e Melilla, e que estudan Castela A Mancha e Castela León. Precisamente nesta terza feira, a portavoz do BNG, Ana Pontón, reclamaba o confinamento da Galiza dadas as "cifras pavorosas" de mortes e a unha situación "ao borde do descontrol". Afirmou que desta maneira se salvarían vidas e tamén empregos. Medidas vixentes Entre as medidas que permanecen vixentes e que afectan toda a Galiza atópase o toque de recoller de 23 a 6 horas; a limitación de reunións quer públicas quer privadas a un máximo de cinco persoas; a capacidade de comercios, restauración e lugares de culto nun 50%; a das terrazas nun 75%; a prohibición de consumir nas barras dos bares e as restricións de asistencia en eventos deportivos, vodas e enterros. Ademais, na comarca do Carballiño están limitadas as xuntanzas ás persoas conviventes e nos concellos en nivel de restrición tres prohíbese atender no interior dos bares e das cafetarías. |
NOS_4341 | Os fachos volverán irromper no castelo de Moeche esta fin de semana, case seis séculos despois de que os irmandiños o fixeran por vez primeira como protesta contra os abusos do poder feudal. Esta vez, como cada ano desde 1980, farano dun xeito lúdico mais cun obxectivo semellante: a reivindicación dunha identidade propia que se negaba, que se nega, a esmorecer. | A asociación cultural Irmandiños encárgase da organización dun evento que conta coa colaboración do Concello, da Deputación da Coruña e, tamén, da iniciativa privada. O programa artellado nesta cuadraxésima edición volve combinar música e outras propostas de lecer desde a noite do venres até o domingo. A inauguración do festival corre da conta da Requinta da Laxeira, que actuará a partir das 22.00 horas para, deseguido, dar paso a unha repichoca aberta a quen desexe participar. O día grande do festival é o sábado. O Castelo abrirase de balde ao público ás once da mañá, iniciativa que se repetirá na xornada do domingo. As persoas que asistan poderán gozar dunha exposición sobre a historia dun dos eventos de música tradicional e folk máis senlleiros de Galiza canda o de Pardiñas. Unha sesión de picadiscos, no campo de Melle, e o xantar darán paso ás actividades da tarde, dirixidas nomeadamente ao público infantil. Ás 17.00 horas está previsto o comezo do asalto infantil ao castelo. Nesta ocasión, e como novidade deste ano, haberá tamén un pregón para concienciar á rapazada sobre os feitos que se rememoran. Unha hora máis tarde, ás seis, principiará no capo do festival unha competición de xogos tradicionais como o tiro á corda, o serrado con tronzador ou lanzamento de pacas de herba seca, informa a organización. A música volve las 20.30 horas coa actuación dos Carecos e, unha hora máis tarde, de Saraibas, un dos grupos históricos do Irmandiño que xa actuara na primeira edición do festival, en 1980. Ás once, Sés subirá ao escenario para presentar temas do seu último traballo e outros clásicos seus. Será ela quen dea paso á lectura do pregón, a cargo desta volta do poeta local Alfonso Venancio. Ao remate da lectura chegará un dos momentos máis agardados, o asalto ao castelo, que repetirá unha imaxe icónica do festival modestino, co público entrando na fortaleza cos seus fachos acesos. Huntza e Tecor Societário porán o ramo, xa entrada a madrugada, á xornada do sábado. A xornada de clausura comeza ás 13.30 horas coa sesión vermú amenizada polos Feroces da Galgueira ao pé do castelo. Un xantar a prezos populares -catro euros- precederá as últimas actuacións, da man de, novamente, Os Carecos e De Ninghures. Historia O Festival Irmandiño de Moeche rememora, dun xeito lúdico, os acontecementos das revoltas do século XV. Foron dúas, a de 1431, cando o exército de Roi Xordo, a chamada Fusquenlla, se apoderou do castelo na busca de Nuno Freire de Andrade, "O Mao". Aquela primeira revolución, reprimida con dureza, repetiuse anos despois, en 1467. Foi entón cando os Irmandiños derrubaron parte da fortaleza, que posteriormente haberían de reconstruír como castigo. |
PRAZA_2902 | Pouco máis do 10% dos textos da enciclopedia libre teñen autoría feminina, o que acaba por producir nesgos nos contidos. Falamos sobre este problema e as súas consecuencias con Elisardo Juncal, un dos administradores da Wikipedia en galego. | É ben sabido que existe aínda unha importante fenda de xénero en moitos campos relacionados coas novas tecnoloxías e a informática, dende o nivel máis estritamente académico e profesional (apenas o 20% do alumnado das carreiras tecnolóxicas en Galicia é muller e as mulleres son igualmente minoría no persoal das empresas TIC) ata outras cuestións. Esta desigualdade é, dende logo, moi negativa para estes campos, pero tamén para a propia muller, relegada nun terreo que está marcando de forma decisiva a sociedade e economía do planeta dende hai anos, unha importancia que non vai deixar de crecer. "Que haxa mulleres que deseñen o futuro das novas tecnoloxías é crucial", destacaba o pasado ano en entrevista con Praza María José Rodríguez Malmierca (CESGA), unha visión que compartía tamén Sabela Ramos, profesora da Facultade de Informática da Coruña: "A informática é hoxe un campo moito máis importante que hai 30 anos e hai aínda menos mulleres das que había hai 30 anos". "Fai falla visibilizar roles femininos nas TIC que inspiren e dean seguridade ás estudantes", demandaba Ramos, na mesma liña que Susana Ladra, vicedecana na mesma Facultade: "Toda a sociedade coñece a Bill Gates ou Steve Jobs. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo". Calcúlase que ao redor do 13% dos editores da Wikipedia en todo o mundo son mulleres A fenda non é só académica ou profesional, e esténdese a numerosos prácticas e fenómenos que teñen na rede o seu escenario e que cada vez cobran unha relevancia social e económica maior. Unha delas ten que ver coa Wikipedia, a enciclopedia libre. 500 millóns de usuarios e usuarias mensuais en todo o planeta, con 73 mil editores e editoras activas, 37 millóns de artigos en 287 linguas converten este proxecto colectivo na base de datos universal do coñecemento humano. E nel, de forma moi alarmante, as mulleres ocupan un papel moi pouco relevante, representando apenas o 13% dos editores, as persoas que crean ou corrixen artigos. Para loitar contra esta fenda, un grupo de activistas, encabezadas por Carmen Galdón, levaron a cabo nos últimos meses unha serie de obradoiros en Medialab Prado baixo o título de Cuarto Propio en Wikipedia, en referencia ao Cuarto de seu que Virginia Woolf reclamaba para o completo desenvolvemento da muller. O obxectivo era que un grupo usuarias habituais da enciclopedia pasasen a ser produtoras de contidos. As impulsoras do obradoiro destacaban que "Wikipedia é considerada a obra de referencia de maiores dimensións xamais creada polo ser humano e o espazo máis amplo de intercambio de coñecementos do mundo". Porén, nela "unha gran parte das escasas entradas relativas ás achegas de mulleres ao desenvolvemento das ciencias e as artes" son "anecdóticas ao tempo que nesgadas". Na Galipedia, a proporción de editoras activas rolda o 10% E que sucede na Galipedia, a Wikipedia en galego? En principio, semella que a presenza feminina se sitúan no mesmo nivel minoritario que no conxunto da enciclopedia, aínda que non é posible contarmos con datos exactos pois os editores non están obrigados a informar do seu xénero no momento de rexistrarse. Segundo comenta Elisardo Juncal, un dos administradores da Galipedia, na lista de usuarios/as activos/as (quen fixeron algunha edición nos últimos 30 días), un total de 310, hai uns 30 usuarios cun nome de muller pero a maioría teñen menos de dez edicións nese período. É dicir, roldando o mesmo 10% dos datos globais. Elisardo Juncal explica ademais que "se miramos o número total de edicións por usuario, dos 250 con máis edicións, tan só 10 son mulleres. E o que é peor, actualmente ningunha delas está activa". E engade que "un dato que si é fixo é que dos 14 administradores da Galipedia ningún é muller". "Con estes datos, é claro que a Galipedia ten que resentirse e ter un nesgo masculino bastante marcado. Hai temas que directamente non existen ou que están pouco desenvolvidos" Para Juncal, "a actividade feminina na Galipedia é baixísima, somos conscientes delo, pero non temos medios para remedialo porque un dos problemas máis importantes que temos é conseguir achegar novos usuarios ó proxecto, independentemente do xénero, e que se manteñan activos dentro del". Engade que "por iso precisamos a colaboración doutras entidades ou asociacións para resolver este problema e sempre estamos abertos a colaborar en actividades que promocionen o proxecto en tódolos eidos". Cre que esta escasa proporción de editoras pode provocar un nesgo nos contidos, contribuíndo a invisibilizar a actividade presente ou pasada das mulleres en moitos campos: "con estes datos, é claro que a Galipedia ten que resentirse e ter un nesgo masculino bastante marcado. Hai temas que directamente non existen ou que están pouco desenvolvidos. Temos menos biografías de mulleres e as que hai teñen menos información que as súas homólogas de homes". Cita como exemplo a recente publicación da Axenda Feminista 2016, na que se destacan a doce científicas galegas actuais: "tan só unha ten artigo na Galipedia, cando outra delas ten mesmo artigo na Wikipedia en inglés". Que perde a Wikipedia con esa baixa proporción de achegas feitas por mulleres? Que perden as mulleres ao estarmos tan lonxe da igualdade nun proxecto tan importante coma a Wikipedia? Para Elisardo Juncal, "este problema é unha perda importante para o proxecto, pero non só a nivel de contidos, senón tamén en termos de calidade, xa que nalgúns artigos pode faltar o punto de vista feminino ao faltarnos a visión das usuarias do proxecto. Procuramos evitalo na medida das nosas posibilidades, xa que os artigos deben mostrar os contidos de forma neutral, pero ante o panorama no que nos atopamos é inevitable que algúns dos contidos saian resentidos". "Isto, ao final, tamén afecta á visibilidade e á difusión de todo o que atinxe ás mulleres xa que a Galipedia, pouco a pouco, vai collendo a súa posición dentro das obras de referencia de diferentes campos", engade. "Isto, ao final, tamén afecta á visibilidade e á difusión de todo o que atinxe ás mulleres xa que a Galipedia, pouco a pouco, vai collendo a súa posición dentro das obras de referencia de diferentes campos" Que está facendo a Galipedia para tentar incorporar a máis mulleres e para reducir os nesgos nos contidos? Juncal destaca que "este problema foi exposto e debatido en varias ocasións no proxecto pero non demos atopado formas de mellorar esta situación", aínda que periodicamente se impulsa algunha iniciativa ao respecto, como foi o pasado ano a colaboración no concurso Wikinformática, organizado pola Facultade de Informática da UDC, que consistía en que alumnos de secundaria creasen biografías de mulleres científicas en formato wiki. "Gustaríanos seguir participando e aumentando as colaboracións deste tipo", conclúe. |
NOS_35708 | Um dos mais ardentes defensores do sigilo bancário e ex-primeiro ministro de um dos principais paraísos fiscais da Europa, Luxemburgo, acaba de chegar à presidência da Comissão Europeia. | Um dos mais ardentes defensores do sigilo bancário e ex-primeiro ministro de um dos principais paraísos fiscais da Europa, Luxemburgo, acaba de chegar à presidência da Comissão Europeia. Jean-Claude Juncker, antigo presidente do euro grupo (países onde circula o euro), se converteu no primeiro dirigente que chega a esse posto mediante uma eleição depois de ter sido "designado" mediante um acordo prévio entre os 27 dirigentes da União Europeia. O Parlamento Europeu confirmou-o para substituir a Manuel Barroso, por 422 votos a favor, 250 contra e 47 abstenções. Ainda que tenha precisado batalhar para conseguir um consenso em torno de seu nome, principalmente com o primeiro ministro britânico, David Cameron, não houve nenhuma surpresa na hora de eleger esse europeu que representa uma onda de contradições. A indicação de Juncker parece um claro golpe nos eleitores que, nas eleições para renovar o Parlamento Europeu (em maio de 2014) se pronunciaram claramente por outra Europa. No entanto, o dirigente de Luxemburgo encarna exatamente a mesma Europa tecnocrática e liberal que os eleitores rechaçaram nas urnas. É o homem da continuidade que carrega pesadas nuvens que passam a pairar sobre a legitimidade da União Europeia. Jean-Claude Juncker é um conservador com uma fachada social. Em sua intervenção pública, o recém "eleito" presidente da Comissão prometeu uma Europa "mais competitiva", mas também "mais social". Juncker propôs um plano global de reativação econômica de 300 mil milhões de euros para os próximos três anos, sem dizer de onde sairá esse dinheiro nem renunciar à rigorosa disciplina orçamentária imposta pelo pacto europeu de estabilidade e crescimento. Para alguns, sua indicação soa como uma brincadeira de mau gosto ou como uma contradição flagrante. A lista dos maiores paraísos fiscais do mundo Como ex-chefe de governo de um inegável paraíso fiscal, cabe perguntar o que dirá aos dirigentes do G20 na próxima reunião de cúpula do grupo. É um enigma. Cabe lembrar aqui que uma das missões prioritárias do G20 tem sido sobre a espinhosa questão dos paraísos fiscais. Em 2010, a revista norteamericana Forbes publicou a lista dos maiores paraísos fiscais do mundo. Luxemburgo, então dirigido pelo atual presidente da Comissão Europeia, figurava em uma excelente posição: 1º) Estados Unidos; 2º) Luxemburgo; 3º) Suíça; 4º) Ilhas Caiman; 5º) Reino Unido (Londres); 6º) Irlanda; 7º) Bermudas; 8º) Singapura; 9º) Bélgica; e 10º) Hong Kong. Em 2013, a ong Tax Justice Network também colocou Luxemburgo em segundo lugar neste ranking. Juncker jamais parou de defender o estatuto de paraíso fiscal que caracteriza Luxemburgo Jean-Claude Juncker sempre negou que Luxemburgo fosse um desses paraísos, mas é sim. Em 2008, o então presidente francês, Nicolas Sarkozy, se dirigiu implicitamente aos responsáveis do Grande Ducado de Luxemburgo: "não é possível combater certas práticas fora de nosso continente e tolerá-las no nosso", disse Sarkozy. Não só podem, como também aqueles que governaram esses países de práticas tortuosas tornam-se dirigentes de um conjunto de países onde vivem 500 milhões de pessoas. Luxemburgo conta com cerca de 600 mil habitantes e tem 140 bancos instalados em seu território, o que equivale a mais forte concentração bancária da União Europeia. Esses bancos administram 2,5 bilhões de euros, o que representa 50 vezes o PIB de Luxemburgo, que chega a 45 mil milhões. Juncker dirigiu o grupo euro entre 2005 e 2013 e governou o ducado durante 18 anos. Gerir o dinheiro dos demais trouxe lucros: o PIB por habitante (67.340 euros em 2013) é duas vezes e meia superior à média europeia. O sigilo bancário Como chefe do governo de Luxemburgo e tendo a Grã-Bretanha como aliada, Juncker foi um dos principais adversários da diretiva europeia que impunha um imposto sobre os juros cobrados dos depósitos. A norma foi adotada em 2003, mas Juncker conseguiu que, junto com a Áustria e a Bélgica, Luxemburgo conservasse o direito de preservar o anonimato do dinheiro depositado nos cofres de seus bancos. Pouco antes de terminar seu mandato em abril de 2013, o hoje presidente da Comissão Europeia aceitou o fim do sigilo bancário em Luxemburgo. A pressão de Washington e a generalização dos programas de intercâmbio automático de dados não permitiram que essa contradição fosse mais longe. No entanto, Juncker jamais parou de defender o estatuto de paraíso fiscal que caracteriza Luxemburgo, sobretudo quando se negou a aceitar não só dos dispositivos europeus de harmonização fiscal como, principalmente, as demandas da Comissão Europeia em matéria de intercâmbio para evitar a evasão fiscal. Os milagrosos socailistas europeus O homem tem um perfil pouco apto a corresponder a essa Europa desencantada e sem fé que se expressou nas urnas no último mês de maio (eleição do Parlamento Europeu, 60% de abstenção). Liberal, aborrecido, técnico, Junker encarna perfeitamente os fantasmas e características que a dirigência europeia inspira. O paradoxo é por demais saboroso. Jean-Claude Juncker tem a tarefa de aplicar as regras da Comissão Europeia que ele mesmo recusou respeitar quando era primeiro ministro de Luxemburgo e defendeu, contra tudo e contra todos, o obscurantismo fiscal e bancário. Mas as contradições não terminam nele, ampliando-se aos milagrosos socialistas europeus que o apoiaram. Os socialistas do Velho Continente fizeram campanha contra os paraísos fiscais e terminaram votando em um dirigente oriundo de um desses territórios onde se podem esconder lucros e tesouros de toda índole e origem. Um milagre europeu. Artigo tirado de CartaMaior.Com.Br |
NOS_43444 | O secretario xeral do PSdeG interpretou a Nino Bravo antes de comezar a pegada electoral. Non é a primeira vez que canta nun acto público [VÍDEO NO INTERIOR] | Que esta vai ser unha campaña diferente ninguén o dubida. Máis algúns políticos decidiron ir máis aló. É o caso do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que arrancou a campaña nun karaoke en busca do primeiro impacto de campaña electoral. Besteiro interpretou o tema 'Noelia' de Nino Bravo na sala Museum de Ourense, nun vídeo distribuído por militantes e publicado polo diario local 'La Región', antes de dar comezo á pegada electoral. Non é a primeira vez que Besteiro se arranca a cantar. Xa pechara a campaña das municipais cantando xunto ás Xuventudes Socialistas ou cando ocupaba a presidencia da Deputación de Lugo nun acto de promoción do Froilán en Barcelona. Tampouco é o primeiro político que nos últimos tempos busca gañar votos a base de espectáculo. Os bailes do candidato do PSC, Miquel Iceta, ou da vicepresidente do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría; as cancións interpretadas por Pablo Iglesias, líder de Podemos, ou a partida de futbolín en televisión de Mariano Rajoy, son só unha mostra de que todo vale por gañar estas decisivas eleccións. |
NOS_8274 | Así enfronta o sector os tempos do coronavirus. | Día do Libro, Letras Galegas, comezo das feiras... os meses máis duros do confinamento cancelaron de cheo unha das tempadas máis relevantes para o sector do libro. Xunto con estacionalidades concretas como a campaña de Nadal, o inicio do curso académico ou o verán nas zonas turísticas, os libreiros coinciden en cualificar a primavera como un período de vital importancia para o negocio. Un feche, porén, que garda os seus propios matices e vivencias. Lugares como a Librería Miranda de Bueu permaneceron abertos ao incluíren tamén a papelaría na súa actividade. "Pero quitando algunha cousa concreta, vendemos moi poucos libros. Este tempo traballamos sobre todo fotocopias, material escolar... nin prensa vendemos moita, ao estar fechados todos os negocios da redonda", di o seu responsábel, Fernando Miranda. Porén, a caída de actividade foi intensa, mesmo naqueles negocios que, como a Libraría Couceiro de Compostela ou a Librería Bahía de Foz, seguiron traballando con entrega a domicilio, "tamén como unha forma de manter o contacto co público", di Cielo Fernández, deste negocio da Mariña lucense. Tamén floreceron as alianzas co resto do comercio local: "Estivemos preparando lotes de viño e libros con algunhas taperías da zona", di Cano Paz, desde a Libraría Paz de Pontevedra. Un contacto co público e unha reivindicación da libraría como espazo social, de encontros, complicidades e liberdade que está no fondo do discurso de moitos dos libreiros consultados. "Notámolo sobre todo cando comezamos a atender con cita previa. A xente tiña fame de libros e ganas de entrar nunha libraría, unha experiencia que algo como recoller un pedido non enche", di Antón Pedreira desde Compostela. O propio público pareceu responder co seu compromiso, son varios os libreiros que destacan a importancia de plataformas como "Todos tus libros", que permitía apoiar a libraría da elección do cliente, aínda que tamén recibiron cariño de forma directa, con moita xente interesada pola súa situación. "Sentímonos moi queridos, a verdade é que a xente respondeu", comentan desde Pedreira. Cano Paz apunta un fenómeno que se repetiu máis veces: "Xente que che fai un ingreso para compras a futuro, sen pedir nada e avisando que xa o gastarán sen présa". Trátase duns apoios que permitiron tamén que días concretos como as festividades do libro, ou os días de reapertura ao público, se superasen as expectativas dos propios libreiros. Incerteza e abandono institucional Porén, a palabra incerteza é a máis repetida por estes profesionais, non saber que pode pasar nos próximos meses e o medo a un rebrote en outono turban as esperanzas dun futuro ao que ven poucos apoios. "A posibilidade de aplicar un ERTE foi fundamental para poder seguir, tamén os créditos ICO con aval do Estado", din desde Bahía, que cifra a caída das vendas nestes meses nun 90%. Non obstante, Pablo Couceiro puntualiza: "os créditos hai que devolvelos, somos un sector que leva pouca porcentaxe nas vendas e enfrontámonos a un problema a longo prazo". Porén, as críticas á nula actuación da Xunta no contexto da COVID-19 parecen ser a tónica xeral, sumadas case sempre á xestión autonómica da cuestión dos libros de texto. "Antes dábase un diñeiro ás familias para a compra dos libros, agora ese diñeiro é xestionado polos centros, polo que haberá unha libraría beneficiada... ou ningunha". Fernando Miranda apunta casos como os de colexios que editan e venden os seus propios libros "nunha situación completamente alegal". A lectura de que se recibiu moi pouco do Estado e nada da Xunta é común e deseña un panorama escasamente prometedor. "Isto pode ser a estocada final e moitas librarías non se recuperarán", indica Cano Paz, "nós esperamos poder seguir abertos e co mesmo persoal, pero isto deixa o sector patas arriba e penso que vai xerar moito sufrimento. Imos ter que reinventarnos". Unha perspectiva que comparte coa de Pablo Couceiro a necesidade de reparar en todos os elos do ecosistema do libro, sen deixar de lado os creadores e dando un toque de atención ás editoras. "Igual os editores galegos deberan reflexionar sobre a sobreprodución que están desenvolvendo. En calquera caso deberamos sentarnos todos os actores e tomar decisións", apunta Cano Paz. "As feiras do libro volven o 13 de xuño, iso vai marcar a tendencia, de momento é importante que comecen a chegar novidades", di Antón Pedreira ao ser preguntado sobre a nova situación. "Non hai tal volta á normalidade", afirman desde a Libraría Couceiro, que conta cun dos espazos máis amplos dedicados ao libro na capital da Galiza. "Só podemos permitir tres persoas por planta e non quixemos saír á rúa porque coas distancias é unha situación difícil de xestionar. Imos cara a un mundo novo". A rede como apoio "O confinamento tamén animou a comprar pola rede moita xente que nunca o fixera". A reflexión de Fernando Miranda deixa un dato de dobre fío: dun lado aumentou este tipo de venda nos negocios locais, doutro témese que acabe por consolidar as grandes multinacionais que compiten con eles. Destacando sempre o seu papel como espazo físico, os libreiros non renegan, porén, da rede como apoio secundario nas vendas e, sobre todo, como ferramenta de promoción. Librarías que nestes meses tamén fixeron campañas con vídeos de apoio e comezaron a experimentar con presentacións virtuais. |
NOS_3701 | Xa está no prelo o número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira. | A axenda estatal condicionou a campaña na Galiza. As propostas para unha mellor defensa do país en Madrid fican no ar. A campaña deixa o debate aberto para as galegas do ano próximo. Abrimos un novo número do semanario Sermos Galiza en papel cunha reportaxe que pon o foco no 10-N. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques. En Opinión contamos con Marilar Aleixandre e Guillerme Vázquez, así como unha nova entrega de "A ollo nu", a sección que semanalmente asina Xoán Costa, e o humor gráfico das mans de Tokio e Carlos Latuff. Sociedade abre cunha reportaxe sobre o nacemento do Día da Patria Galega, co gallo do seu centenario. Tamén entrevistamos Verónica Boquete, considerada a futbolista galega máis importante da historia, ao seu regreso. O Plan Mobega consistía nun programa pioneiro de carsharing promovido pola Xunta e o Ceaga para fomentar o uso do vehículo eléctrico que non acadou o seu obxectivo pola escasa difusión e a falta de concienciación entre a poboación galega. Achegámonos a esta cuestión en Economía e explicamos o fracaso do 'carsharing' galego. Entrevistamos Nieves Lagares, profesora de Ciencia Política, en análise política. Tamén profundamos no 10-N. Repetición electoral deste domingo que dá opcións de recuperar unha representación que garanta voz e dereitos para Galiza. Internacional céntrase, por unha banda, en Portugal e a súa folla de ruta e, por outra, na situación de protestas xeneralizadas, desde Chile até Hong Kong. O Fóra de Serie abre cunha reportaxe que lembra Neira Vilas e a publicación da súa obra póstuma. Entrevistamos Anselmo López Carreira, historiador. Continúa coas críticas semanais de cinema e literatura, da man de Mario Regueira e Andrés Castro. Ademais, non faltan as colaboracións de Iolanda Gomis, co seu Máis alá de 0 e 1; do teatro de Manuel Xestoso; o Po de estrelas, de Iria Veiga; e o Galiza no mapa, de Cilia Torna. Pechamos o número co Andar e ver pola Fraga das Freitas, nos Ancares, da man do colectivo Xea, e o selfie co rostro de Tati Mancebo, promotora de Bocatas NaMan. No Afondo o número 21 do caderno Somos Galego, o suplemento realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística. O número 371 de Sermos Galiza xa está dispoñíbel na loxa e nos quiosques. |
NOS_7973 | Entre o inicio da década dos oitenta e hoxe a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Un descenso que foi en beneficio das rendas de capital e que evidencia un trasvase que non tivo comparanza nin noutros territorios do Estado español nin no contexto europeo. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 284. | A crise non o explica todo. Non se pode restrinxir ou reducir a estes anos de recesión un proceso que vén de máis lonxe e cuxos efectos deixan unha pegada que, todo apunta, vai perdurar anos. Nestes anos de crise houbo un cambio de tornas de enorme calado: o peso dos beneficios empresariais superou ao dos salarios no Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza. Mais esta situación tiña as raiceiras e orixes en anos ben atrás. Un proceso no que se deu unha drenaxe ou trasvase das rendas salariais a favor dos beneficos das empresas. Entre 1981 e 2014 a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Era 62% do PIB e pasou ser 44%. Ao tempo, a participación das rendas do capital no PIB galego pasou de 34,4% (1981) a 46%. Un aumento de 12 puntos. Uns dados que amosan que Galiza está entre os países da Unión Europea con menor participación dos salarios na riqueza do seu país: 44%, o que é 3,4 puntos menos que a correlación que se dá no Estado español e 4 puntos menos que na UE. "Temos unha situación na que a participación dos salarios no PIB é moito menor en Galiza que na media do Estado español e xa non digamos Europa", afirma o economista Manuel González.Estamos, logo, perante, unha situación de trasvasamento que merece mirarse detidamente e con lupa. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 284, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_34206 | Afectou seis profesionais de Radioloxía. | Un foco de Covid-19 que afectou seis profesionais de Radioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo causou o adiamento da realización de ecografías. Fontes do Sergas explicaron a Europa Press que se contaxiaron seis persoas, dous radiólogos, dous técnicos e dous celadores, o que levou a reprogramación da actividade prevista para unha sala de Ecografía. Estas persoas finalizarán a corentena a próxima semana, cando se reincorporarán ao traballo, o que permitirá a recuperación da normalidade da actividade na área. Outras fontes precisaron que o surto orixinouse nun dos traballadores de Radioloxía, que se contaxiou fóra do centro hospitalario vigués. Posteriormente, someteuse ás probas correspondentes aos seus contactos estreitos no hospital. Así mesmo, estas fontes aseguraron que, ademais dos seis profesionais do centro contaxiados, outros dez atópanse en corentena |
NOS_22086 | Os coruñeses visitan ao Sevilla dun vello inimigo (Iago Aspas) para saír do descenso e o Celta recibe ao Villarreal co desexo de alcanzar postos de Champions. | O pasado xoves, Sevilla e Villarreal disputaban senllos encontros continentais, na antiga Copa da Uefa. Tres días máis tarde vense as caras con dous conxuntos galegos, tamén con pasado nas competicións europeas pero diferente presente, en todo caso capaces ambos de sumar os puntos nun treito da Liga no que xa comezan definirse as prestacións do curso. A selección estatal non chamou a un Nolito espectacular namentres na Coruña o discutido Víctor deixou fóra da lista a Insua Ás doce da mañá do domingo botará a andar a bóla no Sánchez Pizjuán, onde un moi bo Sevilla recibe a un Dépor que xa ocupa postos de descenso, e que entraría en grave crise de sumar unha cuarta derrota consecutiva. Perderon os coruñeses a Cuenca e Postiga, o que sitúa a Toché como dianteiro titular nunha lista na que se estreou o galego Lucas Pérez pero da que ficou fóra Insua, outro canteirán que non gusta ao discutido Víctor Fernández. Nos andaluces milita un vello adversario branquiazul, o vigués Iago Aspas, que marcou o xoves en Europa pero non acaba de lucir na súa etapa en Nervión, onde por certo as boas relacións entre parte dos seareiros locais cos do Dépor estalle a custar tamén moitas desconfianzas. En Balaídos, tamén o domingo neste caso ás 17.00 horas, o Celta procurará sumar uns novos tres puntos que mesmo poden colocalo en postos de Champions League. O Villarreal, tamén nos postos altos da táboa, aspira a confirmar a súa boa imaxe das últimas semanas nun choque entre dous conxuntos que gustan da combinación. Nos vigueses, onde Orellana recuperouse das súas molestias, estarán Sergi e Johny, convocados pola sub21 estatal, que a nivel absoluto esqueceu a un Nolito que segue a marcar diferencias convertido na estrela dun conxunto sen teito no que vai de tempada. |
NOS_15407 | Non se salva a ollada inquietante cara á infancia nunha idealización forzada, a linde fina entre normalidade e anomalía psicolóxica ou os límites da comunicación literaria, outro placebo que, malia a todo, forma parte da realidade: "Quen quere entender o poema con esta auga e con este frío e con esta respiración descontrolada?", porque á fin é "O poema, un accidente". | Xosé Luís Mosquera Camba é deses poetas que non pertence a ningún cenáculo nin segue escolas líricas á moda, mais que non cómpre perder de vista. Leva publicando hai case vinte anos, sempre textos que gañaron algún certame, neste caso o Fiz Vergara Vilariño, o que debería facernos reflexionar sobre o papel dos premios ou, mellor, sobre algunhas precariedades dun sistema tan debedor destas convocatorias. A súa orixinalidade ten que ver con estas cuestións comunitarias pero tamén coas persoais. Artista visual e especialista en historia da arte, a súa poesía dialoga con outras disciplinas, sobre todo as plásticas, aínda que aquí predominan as cinematográficas e musicais. Malia as diferenzas obvias entre libros, a súa produción ten unha gran coherencia interna que se sustenta na intertextualidade e na procura vangardista, sobre todo no que atinxe ao peso do onírico. Parhelio / Xosé Luís Mosquera Camba / Espiral Maior / 2021 / 63 páxinas / 13 euros En Parhelio, fenómeno físico curioso que fai patente a materialidade das representacións, aparecen algunhas claves nos paratextos, como o prólogo do propio autor. Nel aclárase de onde procede o título e a influencia de Ingmar Bergman, o que en parte explica a preferencia pola amplitude da prosa, mais acaída á narratividade do cine. As tres partes do poemario toman o nome de tres filmes do cineasta. Neste senso, e se incluímos a escoita das suxestións musicais, a obra é unha experiencia artística completa. Aínda que é recomendábel ter visto as películas, non é necesario para entrar na atmosfera bergmariana. O existencialismo, a culpa, o perdón, as pulsións criminais, a dificultade de amar ou a violencia nas relacións filiais dan conta do pesimismo co que se olla a propia vida: "un camiño que por momentos se fai / intransitable con tanta lama; tanta, tanta lama". Non se salva a ollada inquietante cara á infancia nunha idealización forzada, a linde fina entre normalidade e anomalía psicolóxica ou os límites da comunicación literaria, outro placebo que, malia a todo, forma parte da realidade: "Quen quere entender o poema con esta auga e con este frío e con esta respiración descontrolada?", porque á fin é "O poema, un accidente". Tanta gravidade está compensada por un certo sarcasmo á sueca, propio tamén do director, e por unha paixón por veces dura que alixeira un contido que puidese parecer excesivamente intelectual, mais que non o é. As recorrencias e as variacións dalgúns motivos constantes tamén treman do leme para non deixarse arrasar polo "cabalo envolto en chamas", se é que o arrasamento lector é un problema. Non debería. |
NOS_15594 | Segundo o tenente de alcalde do goberno local, o nacionalista César Mosquera, "utilízase o aparato do Estado contra quen discrepe das políticas de recortes". | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga a devolver a parte d@s funcionari@s do Concello de Pontevedra a extra de 2012 que se pagou en concepto de produtividade despois de que o Goberno central do PP a suprimise. O tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, César Mosquera, do BNG, deu a coñecer en rolda de prensa o fallo xudicial que obriga a reintegrar ás arcas municipais á metade d@s 406 funcionari@s e persoal laboral que viron compensada esta retirada de paga coa realización de horas extra.Mosquera anunciou que o goberno municipal acatará a sentenza, aínda que advertiu que "non é de doada aplicación", xa que o fallo xudicial non anula o expediente no que se certifica que o equipo do Concello ten dereito a cobrar as 16 horas extra que realizou. Insubmisión O concelleiro nacionalista enmarcou a sentenza do alto tribunal galego na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe ou se mova fronte ás medidas de recortes que se están a adoptar", como fixo o goberno local ao que pertence, nunha medida -a de manter a extra- que no seu día cualificou de "insubmisión aos recortes do PP". |
PRAZA_8684 | A Xunta vén de facer pública a relación de axudas e contratos coas empresas do narco "nos últimos vinte anos" que solicitara AGE. En 1995, ano das fotos co presidente, encargoulle a construción dun barco auxiliar para a Consellería de Pesca. | Ás cinco e media da tarde dun venres, en plena treboada posterior ao anuncio dos novos recortes aprobados no Consello de Ministros e dúas horas antes do Comité Nacional do PSdeG. Este foi o escenario elixido polo Goberno galego para remitirlles aos medios de comunicación unha relación de contratos e axudas formalizados coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado "nos últimos vinte anos" ou, o que é o mesmo, a resposta á pregunta formulada no Parlamento por AGE, a mesma que, segundo Alberto Núñez Feijóo, "non merecía" a coalición que encabezan Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun comunicado de cinco páxinas no que o Executivo centra os seus esforzos en insistir en que "a maior axuda pública" que recibiron estas empresas foi do bipartito é posible concluír que os gobernos de Manuel Fraga lles achegaron máis de 157.000 euros. Á marxe do contido político do documento publicado pola Xunta, no que se salienta, por exemplo, que "as lexislaturas nas que menos diñeiro recibiron" estas compañías "foron as tres nas que Alberto Núñez Feijóo formou parte do Consello da Xunta", o comunicado do Goberno permite coñecer, por exemplo, que en 1995, ano no que están datadas as fotografías publicadas por El País do actual presidente no iate de Dorado, unha das súas empresas, Mitulo, recibiu 28.297,37 euros para a "construción dun barco auxiliar" para a Consellería de Pesca. No mesmo exercicio económico, ademais, recibiu dúas axudas á contratación dende a Consellería de Familia, Muller e Xuventude por importe de 3.667,81 euros, para a empresa Xatevín, e 7.335,62, para Efectos Navales Arousa. Nesa lexislatura (1993-1997) os pagamentos chegan a un total de 96.709,39 euros. En 1995, ano das fotografías co actual presidente, unha empresa de Dorado recibiu 28.000 euros para a "construción dun barco auxiliar" A seguinte lexislatura con Goberno do PP con máis cartos para estas sociedades foi a que transcorreu entre 1997 e 2001, con 54.209 euros repartidos en dous contratos -construción de tres bateas por 50.845 eurs e "modernización" dun barco auxiliar por 1.560,35- e en novas axudas á contratación, neste caso para a Inmobiliaria Marli por 1.803,04. Esa mesma inmobiliaria foi a destinataria das axudas ás que se aferra o actual presidente para trasladar o foco do conflito cara ao bipartito. No ano 2007 a Consellería de Industria achegoulle 125.097 euros, pero para "compensar danos por inundacións do mes de novembro". O bipartito tamén lle concedeu dúas axudas máis, para "fomento da propiedade industrial" por 3.955,20 e 2.746,90 euros, pero non realizou contrato ningún con estas empresas. Onde si se atopan novos contratos é na VIII Lexislatura, a primeira con Feijóo como presidente. Por 5.110,17 euros a Consellería do Mar formalizou seis contratacións para realizar "un estudo de viabilidade de repoboacións de rodaballo", "accións de investigación de minicriadoiros", "accións de investigación en cultivos multitróficos e en melloras do deseño e control de repoboación ollomol, rodaballo", 2estudos e gastos menores repoboación rodaballo e lumbrigante", "proxecto de investigación Iberomare" e "gastos de repoboación de especies mariñas". Os seis contratos foron coa mesma empresa, Efectos Navales Arousa. |
NOS_27816 | A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo anunciou neste inicio de semana que regresará á rúa para denunciar o avanzo do proceso de privatización da sanidade pública. | Representantes dos traballadores e traballadoras da sanidade pública viguesa anunciaron un calendario de mobilizacións para, din, rexeitar a política de privatizacións da Consellaría de Sanidade. A representación do persoal explicou que após a privatización dos servizos non sanitarios (lavandeiría, cociña, mantemento) virá a dos servizos sanitarios (laboratorio, xestión clínica), coa conseguinte perda de postos de traballo. Consideran que a Xunta pretende aplicar un "ERE encuberto" e advirten que perigan máis de 300 empregos. "Asistimos a un claro avanzo do proceso de privatización e vemos como a folla de rota do Sergas é moi similar á de Povisa", indican. Neste senso, sinalan que nos últimos tempos rexistrouse unha redución do 16% nos cadros de persoal, "cifra que no caso dos médicos/as elévase até o 22%". Consideran que a Consellaría está a experimentar coa Área Sanitaria de Vigo para aplicar despois as mesmas políticas no resto do país Consideran que a Consellaría está a experimentar coa Área Sanitaria de Vigo para aplicar despois as mesmas políticas no resto do país. "Aquí xa temos un novo hospital que vai ser de xestión privada", lembran. Finalmente, adiantan que este calendario de mobilizacións pretende ser a antesala "dunha protesta máis contundente". Calendario A primeira protesta vai ser unha cacerolada e decorrerá mañá cuarta feira diante das Urxencias do Xeral ás 11.00 horas. Ao día seguinte, a mobilización hase de trasladar ao Meixoeiro. En paralelo, a Xunta de Persoal anunciou a realización dun velorio nas inmediacións do hospital Xeral o vindeiro día 26 ás 20.00 horas, ademais de apoiar publicamente a manifestación de SOS Sanidade Pública prevista para mediados de marzo. |
PRAZA_19995 | O xurado recoñece "a sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público" do texto da tamén colaboradora de Praza Pública, que no seu texto "pon de relevo a relación entre lingua e poder social a través dunha experiencia concreta dunha doutora". | O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores concedeu o premio, dotado con 1.250 euros e a publicación do artigo en varios medios galegos -incluído Praza Pública- á peza titulada Inchazón, de Iria Veiga Ramos, que foi a galardoada entre os 42 traballos presentados. O xurado recoñece "a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio". O xurado recoñece "a sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público" do texto de Iria Veiga Iria Veiga Ramos é veciña de Santiago de Compostela e é médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Está interesada especialmente na divulgación científica e tamén a lingua, mantén o blog O outro lado do espello e participa en iniciativas divulgadoras como Escépticos no Pub e Pint of Science. Tamén é colaboradora de Praza Pública e membro de ARP-Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico. Agradecida polo galardón, Iria Veiga aclara que co seu texto tivo a idea de "amosar a dificultade que en varios colectivos sociais hai para expresarse en galego normalmente". "Profesións como as de médico teñen un estatus social que as considera como de máis prestixio, pero a lingua de prestixión é o español; ese era o contraste que intentei destacar, o contrasto entre o que se agarda de nós e a realidade", explica. Veiga aclara que quixo amosar "a dificultade ou o cuestionamento que en varios colectivos sociais hai para expresarse en galego" Ademais, aclara que no seu traballo non ten problemas por utilizar o galego, pero si que segue a comprobar "como hai cuestionamentos" á escolla da lingua. "Vese como estraño que unha médica empregue o galego como lingua habitual; non hai oposición frontal, pero si ese cuestionamento que quen fala castelán non o sofre", engade quen si ve un cambio "nas novas xeracións". "A xente nova xa non cambia ao castelán e mesmo aqueles que empregan o español habitualmente cambian de lingua e fan o esforzo se a persoa a quen atenden fala en galego; iso antes non pasaba", conta. O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Paula Vázquez, xornalista; Xosé Manuel Pereiro, xornalista; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello, como secretario, con voz e sen voto. O artigo "pon de relevo a relación entre lingua e poder social a través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos" Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o idioma galego e promover o seu uso na prensa escrita. O xurado agradece a participación e sinala que "a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega", tamén que "valora positivamente os traballos presentados, a participación e o traballo individual dos/as autores/as para achegar argumentos favorables para a posta en valor do galego e para o proceso de normalización da lingua", polo que "animan a todos/as os/as participantes a intentaren publicar e difundir os seus artigos, aínda que estes non fosen premiados". Nas doce edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo F. Carballido, Olga Patiño, Ana R. Barreiro, Ramón Vilar, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures ou Borxa Tenreiro. O artigo de Iria Veiga será publicado nos vindeiros días en Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. |
NOS_53940 | O portavoz nacional do Bloque, que celebrou Consello Nacional, saúda a "revitalización da base social nacionalista" observada na campaña das europeas e considera "obxectivo prioritario ser a referencia do voto rebelde". | O BNG celebrou este sábado Consello Nacional, logo do cal o seu portavoz nacional, Xavier Vence, valorou os resultados electorais das eleccións europeas, dos que identifica que "hai unha parte do electorado rebelde que debe ser obxectivo prioritario para o BNG á hora de establecer un diálogo coa cidadanía". Vence considera que en Galiza ficou clara "unha crise moi importante" do PP e PSOE, na que novas forzas como Podemos "foron capaces de conectar cun sector da cidadanía", que "posibelmente se sente moi lonxe dos partidos políticos tradicionais" mais ten "unha vontade de mudar as cousas". "No BNG cremos que moito dese electorado que se manifestou a favor de opcións políticas que non estaban no panorama anteriormente recolle, en parte, aspiracións que o BNG representa tamén", sinalou. Por iso, Vence afirma que "ese electorado debe formar parte do obxectivo ao que se dirixe tamén a alternativa nacionalista". "Ante esa cidadanía que é rebelde consideramos importante sermos capaces de que as súas aspiracións sexan plasmadas a través dun proxecto político galego", argumentou. "Hai que plasmar un proxecto político galego para a cidadanía rebelde", indicou o portavoz nacionalista Vence engadiu que "non se trata tanto de facer diálogo por arriba entre siglas", senón en "socializar" o proxecto nacionalista e de esquerdas, aínda que coa prioridade de "Galiza como centro". Por iso, aposta por "estabelecer pontes que permitan converter ao BNG nunha alternativa de referencia para todos eses sectores". Resultados Ademais, o líder da formación nacionalista cualificou os resultados electorais do Bloque -que baixou pero non se afundiu e obtivo representación en Bruxelas- como "un froito da revitalización da militancia, que fixo unha campaña dunha entrega absolutamente meritoria malia as dificultades". "Isto evidencia unha revitalización tamén da base social nacionalista e un entusiasmo que se viviu ao longo da campaña, recuperando a ambición", dixo. "Os resultados non colman as aspiracións do BNG, que aspira a representar unha parte moito máis importante e significativa da sociedade, a ser unha forza maioritaria que marque de forma determinante o proxecto político deste país", indicou Vence, que aínda así constatou a existencia dun voto de "rexeitamento" ás políticas da Troika, a dereita e a corrupción. "O BNG está tamén nese tipo de parámetros", dixo, polo que agora aposta por "un proxecto nacionalista forte e potente que avance na galeguización das propostas e as alternativas". "Hai unha importante españolización do debate político, con proxectos formulados desde o Estado", indicou. "Temos que abrir un diálogo franco con toda a cidadanía rebelde que está nunha posición contestataria, mesmo a que non votou" Así as cousas, o BNG abrirá un "diálogo franco" con "toda a cidadanía rebelde" que "está nunha posición contestataria á orde existente, incluída a que non se expresou nas eleccións". Aliás, Vence destacou que estas eleccións "reflicten unha crise do proxecto de UE, baseado na banca, así como un rexeitamento ao bipartidismo". Por último, puxo en valor a maior representación no Parlamento Europeo de forzas de nacións "que aspiran a ser un Estado", poñendo como exemplo "a presenza forte de Escocia, Cataluña ou Frandes". "O dereito a decidir é algo que está correndo hoxe por toda Europa", rematou. |
NOS_55266 | Reclama esa cantidade en concepto de indemnización por suposta folga "ilegal" e "abusiva". Os traballadores e traballadoras continúan co paro indefinido en contra do plan de axustes da empresa | Os traballadores e traballadoras de Einsa, acompañados por representantes sindicais, entre os que se atopaba o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, concentráronse diante das dependencias do SMAC de Ferrol, con motivo do acto de conciliación entre as partes pola demanda presentada pola empresa contra o Comité de Folga. Durante a conciliación non se puido acadar ningún acordo, xa que a empresa mantivo en todo momento a reclamación de máis de 600.000 euros de indemnización ao comité de folga, por suposta folga "ilegal" e "abusiva". Acusación que dende a representación do persoal desmenten. Ante a imposibilidade dun achegamento, o vindeiro día 6 de xuño terá lugar o xuízo nos xulgados do social de Ferrol. Neste senso cómpre lembrar que no escrito da denuncia a propia empresa recoñece que está subcontratando os traballos que deberían realizar os operarios/as que secundan o paro indefinido e onte mesmo, o Comité presentou denuncia na Inspección de Traballo contra Einsa, logo de coñeceren que varios xefes de área puxeran en marcha unha liña de produción. O persoal entende que estes feitos supoñen unha vulneración do dereito á folga, xa que estes responsábeis de área están asumindo tarefas asignadas aos/ás traballadores en folga. Tras do acto no SMAC, a representación dos traballadores/as trasladouse até A Coruña, para retomar ás negociacións coa empresa, bloqueadas dende hai días, mais nesta ocasión contando coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. |
PRAZA_309 | O partido que lidera Pablo Iglesias mantense un punto por riba dos populares en intención de voto pero obtería menos escanos. O PSOE recupérase levemente e o BNG mantería os seus dous escanos, segundo O Mirante de febreiro. | A lei electoral, o territorio e a demografía. Son as tres variables que lle permitirían ao PP salvar os mobles e reivindicarse como primeira forza da política estatal ao manterse como grupo parlamentario máis numeroso do Congreso dos Deputados. Este é o escenario que resultaría de celebrárense agora as eleccións xerais previstas para finais deste ano, nas que Podemos sería a segunda forza da Cámara Baixa pero a primeira en votos, segundo as estimacións dO Mirante, o panorama electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego. Nun escenario marcado pola ausencia de maioría absoluta a proxección de escanos que resulta da estimación de voto neste mes de febreiro os conservadores lograrían entre 107 e 111, o que implicaría perder máis de 70 a respecto da situación actual. O partido de Pablo Iglesias irrompería nas Cortes como forza máis votada e entre 98 e 108 escanos que o deixarían por diante do PSOE, terceira forza en intención de voto e tamén en deputados e deputadas, con entre 87 e 94 asentos, uns 20 menos que na actualidade. O partido que lidera Pablo Iglesias lograría entre 98 e 108 escanos e o BNG conservaría os 2 que ten actualmente Así as cousas, nun escenario de eventuais coalicións para formar goberno tanto a suma de PP e PSOE como a de Podemos e os socialistas serviría para acadar a maioría absoluta. Coas actuais cifras de voto a posibilidade de que os de Iglesias poidan traducir a escanos a súa primacía en votos é remota, toda vez que precisaría, cando menos, adiantar os populares en dous puntos para superalos tamén en representación parlamentaria. Na banda baixa Ciudadanos estrearíase con 4 escanos, tantos como UPyD, e o BNG conservaría os 2 que obtivo nas xerais de 2011. Podemos cae tres décimas Esta correlación de forzas parlamentarias sería o resultado no que, segundo esta estimación de voto, Podemos perdería tres décimas de apoio cidadán a respecto d'O Mirante de xaneiro. Trátase do seu primeiro retroceso demoscópico nestas análises mensuais, se ben segue en cabeza con algo menos dun punto sobre o PP. O partido que actualmente sustenta o Goberno de Mariano Rajoy, pola súa banda, mantense en niveis semellantes aos do mes pasado, o que semella poñer fin ao seu declive dos últimos meses. Quen ademais de deter a súa caída se recupera levemente é o PSOE, que medra algo máis dun punto, se ben estas estimacións están realizadas antes de acontecementos políticos relevantes como o adianto electoral en Andalucía e a sinatura do pacto antiterrorista co PP: Entre o resto de forzas políticas as posicións mantéñense aínda que IU e UPyD retroceden levemente mentres Ciudadanos crece un chisco, aínda que a súa expansión se ve limitada pola fin da caída do PP. No ámbito nacionalista e soberanista o BNG gaña unha décima e chega ao 0,7%, achegándose ao seu resultado de 2011. En Catalunya CiU adianta a ERC e sitúase, co 2,6%, unha décima por riba da formación republicana, e en Euskadi recupérase a estabilidade nun escenario de mínima diferenza entre PNV e EH-Bildu. Quen amosa maior crecemento é a coalición de Compromís-Equo, que chega ao 1,2%, mentres que no ámbito da dereita nacionalista española Vox segue a desincharse e avanza cara á insignificancia no panorama estatal. Con estes resultados o PP seguiría máis de 20 puntos por baixo do seu triunfo electoral de 2011 e o PSOE caería uns seis puntos. Mentres, Izquierda Unida perdería uns dous puntos a respecto das últimas eleccións xerais e o partido de Rosa Díez, en torno a medio punto. |
NOS_29920 | O novo titular do Executivo galego xurou o seu cargo sobre o Estatuto | O pontevedrés Alfonso Rueda (1968) prestou este sábado xuramento, coa man sobre o Estatuto, como novo presidente da Xunta da Galiza, o sexto na historia da Autonomía. 🔵 @AlfonsoRuedaGal, novo presidente da Xunta Este é o momento da súa toma de posesión ⤵️ pic.twitter.com/8yKicCAvK8— Xunta de Galicia (@Xunta) May 14, 2022 O acto de toma de posesión arrincou conforme o horario previsto, ao redor das 12 horas, coa lectura do decreto de investidura por parte do xefe do Lexislativo, Miguel Santalices. A continuación, Rueda xurou e procedeu a pronunciar o único discurso da xornada. Fíxoo ante máis de medio milleiro de invitados, repartidos en varias salas do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia, entre os que se atopaba o presidente saínte e líder do PP, así como a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz; os presidentes de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e Murcia, Fernando López Miras, entre outras autoridades e personalidades do mundo civil. Rueda endurece o discurso do PP para o final da lexislatura Algunhas destas autoridades foron situadas na primeira fila como tamén a familia do novo presidente, que chegou con tempo. Previamente, subira unha foto nas súas redes sociais tomando un café. "O café do 14 de maio de 2022 sabe igual pero tamén un pouco diferente. Rumbo a Santiago para seguir camiñando", trasladou. Para a xornada na que asumiu o cargo de presidente galego, Rueda elixiu un traxe azul escuro e unha gravata con símbolos do Xacobeo. Pendente de pechar o seu Goberno, cuxa composición plena coñecerase este domingo, Rueda mantivo conversacións cos actuais conselleiros na pasada xornada, na que tamén tivo un compromiso familiar: a gradación da súa filla pequena. Rueda baixou as escaleiras do hemiciclo para chegar ao Salón dous Reis do Pazo do Hórreo acompañado por Miguel Santalices e, detrás, de Yolanda Díaz e Feixoo. A Banda de Gaitas da Deputación de Ourense interpretou do Himno do Antigo Reino da Galiza. Tras tomar posesión, os invitados aplaudiron ao novo máximo mandatario galego. |
NOS_35205 | Se a Corte Suprema do Reino Unido non o impide, a poboación escocesa poderá ir ás urnas o vindeiro 19 de outubro de 2023. | A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon, anunciou esta terza feira ante o Parlamento do seu país que ten pensado levar a cabo un novo referendo de independencia do Reino Unido o vindeiro 19 de outubro de 2023. Escocia inicia o proceso para un novo referendo de autodeterminación en 2023 Esta cita, que será de carácter consultivo e non vinculante, servirá para que os escoceses e as escocesas respondan á pregunta "Debe Escocia ser un país independente?". A mandataria recoñeceu que o referendo poderá ser cancelado pola Corte Suprema do Reino Unido, no caso de que esta entenda a decisión do Goberno escocés como un acto ilegal. Nese caso, adiantou que aceptará e respectará a resolución xudicial. Sturgeon comprométese a impulsar un referendo en Escocia nos próximos dous anos Porén, matizou que de producirse ese escenario, as eleccións xerais de Reino Unido en 2024 serán consideradas por Escocia como uns comicios sobre a independencia. Carta oficial a Boris Johnson Após anunciar a súa intención na Cámara lexislativa, Sturgeon divulgou unha carta oficial enviada ao seu homólogo inglés, Boris Johnson, na que o acusa de non respectar o voto "a favor da independencia e o mandato para un referendo" das eleccións de maio de 2021. Maggie Lennon: "O Goberno escocés quere un referendo recoñecido" "Vostede e eu nunca estaremos de acordo sobre os méritos da independencia de Escocia. Mais agardaría que calquera demócrata estea de acordo en que é inaceptábel que se impida ao pobo de Escocia tomar esa decisión dada a clara maioría no Parlamento a favor dun referendo", precisou a primeira ministra escocesa. En declaracións recollidas por The Guardian, a dirixente detalla que "agora é o momento de debater e decidir o futuro do noso país", ao tempo que concluíu que non permitirá "que a democracia escocesa sexa prisioneira de Boris Johnson nin de ningún primeiro ministro inglés". |
NOS_832 | A proposta da Confederación de Empresarios de Lugo | O seu nome xa soara na recente campaña á presidencia da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), mais agora parece que vai en serio. O actual secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado (Anfaco), Juan Manuel Vieites, será un dos candidatos a liderar os empresarios galegos despois de que o anterior presidente, Xosé Manuel Díaz Barreiros, presentara a súa dimisión ás poucas horas de ser proclamado. O portavoz da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Xaime López, anunciou esta sexta feira que esta organización lanzará a vindeira quinta feira a candidatura de Vieites, unha proposta que fan desde "a reflexión e o sentido común que temos que ter todos" coa intención de que sexa "unha candidatura de consenso" de cara ás eleccións do vindeiro 21 de xaneiro. "É unha persoa que coñecemos desde hai moitos anos, tamén a súa traxectoria", comentou. "É un gran xestor e cremos que pode ser un punto de inflexión desta situación que vivimos e que non é boa para o empresariado galego", sinalou López, en alusión ás interminábeis leas na patronal galega. O Brexit está en parte detrás desta decisión. De feito, desde a confederación luguesa recoñecen que na elección pesaron os "elementos da conxuntura económica" que afectan á pesca, sector ben coñecido por Vieites. "Temos que pensar na nosa frota da Mariña, que é das máis relevantes no Gran Sol e en augas xurisdicionais británicas e o Brexit está aí", avisou López. De Vieites destacou que "pode contribuír moito polo seu coñecemento e a súa experiencia" no sector marítimo e pesqueiro, ademais de no resto de sectores produtivos. "É o momento de pensar no que é importante para os nosos empresarios, neste caso no ámbito do mar e da pesca", subliñou. As eleccións decorrerán este mes após as leas que se viviron coa elección do anterior presidente, que durou dous días no cargo. Antes xa se convocaran varias citas sen candidaturas. |
NOS_25845 | Adega vén de reclamarlle á Valedora do Pobo "amparo" fronte a "enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública". Ademais, en nome dos colectivos e plataformas convocantes da recente mobilización en Compostela, fíxolle entrega dun dossier no que se constata "a situación de indefensión na que se atopa a veciñanza afectada e o medio ambiente, debido a unha planificación caduca e irracional". | Na xuntanza, decorrida na segunda feira, dous días despois da manifestación contra o "boom" eólico en Compostela, a asociación ecoloxista demandoulle á Valedora que inste a Xunta a "paralizar a tramitación de máis parques eólicos mentres non se someta o Plano sectorial eólico á unha axeitada Avaliación Ambiental Estratéxica". Ademais, e no atinxe a normas como a Lei 5/2007 e a Lei 9/2021, Adega solicitou da Valedora que interveña "para garantir a axeitada salvagarda dos dereitos de información e participación pública da cidadanía na tramitación dos proxectos eólicos". Como resultado da xuntanza, na que estivo presente o presidente de Adega, Roi Cuba, a Valedora do Pobo confirmou que ten aberta unha investigación de oficio á raíz de denuncias da veciñanza polos abusos das eólicas en relación ás distancias das casas, ás perdas agrogandeiras e ás expropiacións, entre outros. "A equipa da Valedora acolleu con interese e preocupación as demandas de Adega e confirmou a admisión a trámite da nosa queixa e a súa vontade de analizar a situación actual, por se esta impide facer efectivos os dereitos á protección do medio ambiente, participación cidadá e información pública". 131 proxectos en trámite nun territorio que exporta un terzo da electricidade que produce Hai arestora 131 proxectos de parques eólicos en tramitación, que engadirán outros 10.000 MW a un territorio que xa exporta un terzo da electricidade que produce. Adega salienta ao respecto que as transformacións e afeccións que estas instalacións están a provocar no territorio e sobre os seus habitantes "non teñen sido suficientemente avaliadas". Normas como a propia Lei Eólica de 2009, e as leis de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais de 2017 e a recente Lei de Simplificación Administrativa de 2021, din, facilitan cada vez máis ás empresas o desenvolvemento dos seus proxectos, en detrimento da participación pública e dos dereitos e intereses das comunidades afectadas. Neste sentido, a asociación ecoloxista considera "caduca" a planificación eólica e advirte de que "foi orientada exclusivamente por criterios empresariais". Así, o caso galego, o Plano Sectorial Eólico aprobado en 1997 e reformado en 2002, "está tan desfasado que nen sequera considera a Rede Natura 2000, carece de zonas de exclusión e non pasou unha avaliación ambiental estratéxica". A respecto do Estado, "tampouco existe unha planificación para o desenvolvemento equilibrado e xusto das enerxías renovábeis que, máis aló de fomentar a produción, atenda as características e necesidades do territorio e integre criterios de sustentabilidade e eficiencia". |
NOS_8457 | O Senado votou esta madrugada a legalización do aborto até a semana 14. | Con 38 votos a favor, 29 en contra e unha abstención no Senado o aborto pasou esta madrugada a ser legal en Arxentina. As mulleres poderán a partir de agora interrumpir o seu embarazo de forma segura, gratuita e legal no sistema de saúde arxentino. A iniciativa fora enviada polo Goberno dese país ao Congreso xunto a outra coñecida como o Plan dos 1000 días, que protexe as mulleres embarazadas e os primeiros anos da infancia, que será debatida e votada na mesma sesión. Na sesión do Congreso, realizada hai dúas semanas, o resultado fora de 131 votos a favor, 117 en contra e seis abstencións. A anterior ocasión en que se votou a posibilidade de interromper o embarazo foi en agosto de 2018. Daquela por 38 votos polo non e só 31 polo si, o Senado arxentino rexeitou o proxecto para legalizar o aborto até a semana 14 que aprobara a Cámara de Deputadas e Deputados. O proxecto sobre a legalización do aborto maniféstase de maneira transversal, separando a quen apoia a interrupción voluntaria do embarazo e quen se opón, sen distinguir entre posicións políticas Arxentina rexíase por unha lei de 1921 que permitía abortar en caso de violación ou de perigo para a saúde da nai, pero nos feitos, en moitas provincias obstaculizábanse mesmo eses dous supostos autorizados, con nenas embarazadas que eran obrigadas a dar a luz. |
PRAZA_11925 | Ao que parece, a vida é un lugar escuro e incerto. Os filósofos, os gramáticos e os poetas tentan conxurar, coa orde das letras, a desorde das cousas. Ninguén dixo que fose doado. Ninguén dixo que fose útil. Mais, como escribiu Beckett, debemos aspirar a fracasar mellor. | As palabras non sempre dan nomeado as cousas, pero a miúdo expresan o noso desexo de entendelas. A traxedia grega falaba de destino para se referir ao intento, sempre fanado, de comprender a propia vida. Pero as grandes palabras xa non están na moda. Tal vez por iso, algúns novelistas trocaron o concepto de destino polo de alfabeto. Viñeron reemprazar así o carácter inevitable do fado polo carácter máis ben absurdo da existencia. Fíxoo Borges no seu célebre conto "El Aleph". E fíxoo, con máis graza, Don Álvaro Cunqueiro. Nos índices onomásticos de Merlín e familia ou n'As crónicas do Sochantre o autor tira do fío dos nomes para non ter que rematar nunca os seus relatos. O Lapidario dos heterodoxos, de Miguel Anxo Murado, deulles continuidade, fóra da orde alfabética, aos índices cunqueiriáns. E Miro Villar, no seu Abecedario da desolación, provocou un encontro inesperado entre Petrarca e os poetas de Oulipo O alfabeto é o máis irracional dos inventos racionais. A súa orde sedúcenos porque non se parece máis que a si mesma. Xunta aquilo que é diferente e xoga a confundir a harmonía e o caos. No abecedario as letras semellan recuperar o valor máxico que Pitágoras lles concederá unicamente aos números. Hoxe intuímos que nin a álxebra nin a gramática poden facer máis que comprenderse a si mesmas. Pero mentres dure o seu soño da razón, os matemáticos e os filósofos andarán á procura do sentido do mundo. No ano 1988, Gilles Deleuze accedeu a ser entrevistado por Claire Parnet. Do A de animal ao Z de zigzag, fixo do seu abecedario oral a última lección do mestre. A cámara rexistra a delicadeza xestual do seu pensamento. Mais o aceno decisivo reside, coma sempre, no fóra de campo. Antes de conceder a entrevista, Deleuze puxo como condición que se emitise só despois de el morrer. Será o pensamento o único xeito de vida antes da morte? Inesperadamente, Deleuze dálle a razón a Sócrates. Pero outros alfabetos foron construídos sen o mesmo afán de transcendencia. Keywords: A Vocabulary of Culture and Society, de Raymond Williams, achega termos para reflexionar sobre o noso tempo. En Mots de passe o antonte deostado Jean Baudrillard consegue convencernos de que, para a nosa desgraza, a súa teoría do simulacro era real. E Antonio Negri trama en Il Ritorno un método alfabético para escribir a súa biografía (acto que xeralmente consiste en explicar os propios erros). Quizais pensando en modelos coma estes, Aurelio Castro concibiu, canda Chus Pato, o último dos abecedarios literarios galegos. Do alfa de Animalidade ao omega de RonseltZ, o pensamento literario de Chus Pato (sempre á escoita de Deleuze) atopa un marabilloso acubillo no alfabeto. Ao que parece, a vida é un lugar escuro e incerto. Os filósofos, os gramáticos e os poetas tentan conxurar, coa orde das letras, a desorde das cousas. Ninguén dixo que fose doado. Ninguén dixo que fose útil. Mais, como escribiu Beckett, debemos aspirar a fracasar mellor. |
NOS_10929 | O Parlamento da Galiza deberá acometer nos vindeiros meses a elección dun novo director da Compañía de Radio Televisión da Galiza. Mentres Sánchez Izquierdo urxe o seu recambio a Núñez Feixoo, o cesado director de ABC, Bieito Rubido, gaña forza como alternativa dos populares. A batalla está servida. | A Corporación de Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) atópase na interinidade desde 2011. Naquela altura, o Parlamento da Galiza aprobou unha Lei de Medios onde fixou que o director xeral da Corporación de Radio Televisión da Galiza debía ser escollido polo Parlamento co apoio, cando menos, de dous terzos dos deputados e deputadas, porén o presidente galego non propuxo a ninguén para esa responsabilidade en todo este período. Sen atender ao fixado pola nova lexislación, o Partido Popular non acometeu na última década ningunha tentativa para nomear un novo responsábel da CRTVG conforme ao aprobado pola Cámara galega, deixando en mans de Sánchez Izquierdo o control dos medios públicos. Alfonso Sánchez Izquierdo chegou á dirección da CRTVG en 2009. Malia que Núñez Feixoo anunciou repetidamente ao longo daquela campaña electoral a intención de pór en marcha uns medios independentes e a súa disposición a acordar os órganos de dirección co resto das forzas parlamentarias, a promesa durou pouco. O novo responsábel dos medios públicos galegos foi escollido cos votos dos deputados e deputadas do Partido Popular, após un breve período de conversas cos socialistas de Pachi Vázquez e sen consultar ao BNG. Os outros nomes suxeridos naquela altura polo PP para o cargo foron Arturo Maneiro, Bieito Rubido e Anxo Quintanilla, como Sánchez Izquierdo recoñecidos representantes da dereita mediática. Sánchez Izquierdo non está disposto a continuar por máis tempo no cargo. O veterano xornalista ourensán fíxolle saber ao seu círculo de confianza pero tamén a Feixoo que o seu relevo non se pode demorar máis. Así, segundo fontes próximas a el, indicou que a súa vida se atopa nun momento de mudanzas importantes, con situacións novas que o levan a redefinir as súas prioridades persoais e por iso mesmo carece de disposición para manterse á fronte da CRTVG. "Alfonso quere vivir e ten dereito", sinala a Nós Diario un amigo de Sánchez Izquierdo, quen lembra que "xa pasou dos 70 anos e quere aproveitalo". O desgaste dunha xestión tan polémica pesa tamén nesta decisión. O labor do equipo directivo da CRTVG estivo marcado ao longo da última década pola persecución aos profesionais da compañía que apostaron por unha canle pública sen ataduras partidarias e ao servizo dunha información de calidade. A iniciativa dos Venres Negros, promovido polo colectivo de traballadores e traballadoras agrupados na plataforma Defende a Galega, foi a resposta ao labor de Sánzchez Izquierdo á fronte da CRTVG pero tamén unha manifestación das fortalezas dos medios públicos galegos. Bieito Rubido gaña enteiros como substituto de Sánchez Izquierdo. Cesado o pasado 1 de setembro como director de ABC, é un dos rostros máis coñecidos da dereita mediática, sendo moi activa a súa participación nos medios de comunicación da coñecida como "caverna madrileña", colaborando, entre outros, nos programas radiofónicos de Carlos Herrera ou Jiménez Losantos. Ao seu favor xoga a proximidade política ao Partido Popular e de maneira moi particular a Mariano Raxoi e a Núñez Feixoo, con quen partilla unha fonda amizade desde hai anos, até o punto de ser considerado como unha das persoas do seu círculo persoal. O perfil ideolóxico e as posicións políticas de Rubido non semellan as máis axeitadas para conseguir unha maioría cualificada no Parlamento da Galiza. A actual composición da Cámara impide a súa elección só cos votos do Partido Popular. Porén desde o núcleo de Rubido consideran posíbel gañar o apoio do PSOE para o seu nomeamento. Neste sentido, destaca a súa relación persoal de moitos anos con Abel Caballero, a súa sintonía con outros dirixentes socialistas galegos e o "sentido de responsabilidade" desta formación para impedir o bloqueo na CRTVG. As forzas da oposición parlamentaria non semellan dispostas a validar esta alternativa. As persoas da dirección do BNG consultadas por Nós Diario descartan de plano a proposta de Rubido sinalando que "remataría por facer bo a Sánchez Izquierdo". Pola súa banda, desde o círculo de Gonzalo Caballero consideran que se trata dunha opción non asumíbel, xa que "representa o mesmo que Sánchez Izquierdo". 11 anos á fronte da CRTVG A etapa de Alfonso Sánchez Izquierdo á fronte da CRTVG está a ser moi polémica. Acúsano de expulsar a información e o talento dos medios públicos para construír unha máquina de propaganda orientada a manter o control político do PP na Galiza. |
NOS_51003 | A actriz fisterrá Marta Lado vén de recibir o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Toulouse polo seu papel de Olalla en Sicixia, o último filme de Ignacio Vilar. Conversamos con ela sobre o recoñecemento e sobre a profesión, da que salienta que non é "fácil", sobre todo "para a confianza nunha mesma". | Como recibiches a noticia do premio? Pois con incredulidade absoluta! Chamoume o presidente do festival, presentouse e díxome que gañara o premio a mellor actriz, que se podería ir recollelo. Eu só fun capaz de emitir un "Como?", ao que el respondeu desculpándose polo seu español, crendo que non o entendera. Que supuxo para ti ese recoñecemento? Eu tendo a ser bastante esixente co meu traballo. As valoracións ás que estou afeita sempre son de xente máis ou menos próxima, polo que supoño que inflúen máis factores que o resultado do traballo en si. Que un xurado doutro país, especializado e con toda a experiencia posíbel no sector en que ti intentas desenvolverte, aprecie ese traballo e o valore como para premiarte resulta un pouco abrumador pero recoñezo que da ánimos e ganas de seguir aprendendo. A túa intervención, vía internet, na gala de entrega contivo unhas fermosas verbas sobre paisaxe e lingua. Que lle transmitiches ao público? Pois non sei o que lle transmitín, porque a duras penas sei o que dixen. O que intentaba era explicar que é un orgullo que fóra recoñezan un traballo que en principio pode parecer bastante íntimo e incluso localista. A Costa da Morte ten unhas características moi particulares tanto na fala como no carácter e Olalla, a miña personaxe, é unha personalización desas características. Eu son das que pensa que no particular é onde se atopa a verdade e a verdade recoñécese en calquera parte do mundo, pero tamén creo que non é fácil conseguilo. O que sinto con este premio é que o conseguimos, por iso estou orgullosa e espero que transmitamos ganas de coñecer máis a Costa da Morte. Como é a Olalla de Sicixia? Ten algo de parecido a Marta? Ten moito, supoño. Case todas as personaxes que interpretamos teñen algo de nós, sobre todo as máis realistas. O mundo próximo en que se desenvolve Olalla é moi parecido ao meu, polo menos a unha parte. Aínda que o carácter non o sexa, puiden imaxinar con bastante claridade como viviría Olalla as situacións en que a puxemos. "Ver que a túa maneira de entender o traballo pode funcionar confirma as ganas de seguir" A túa participación en Vilamor valeuche ser candidata ao Goya á mellor actriz de reparto polo papel de Adela e agora recibes en Toulouse o premio á mellor actriz protagonista. Que supón para unha actriz que lle queda toda a vida por diante tales recoñecementos? O de ser candidata aos Goya depende máis da produtora, eles propoñen e a Academia acepta ou non. O premio de Tolouse recoñezo que é importante para min, dáme ánimos. Non é unha profesión fácil, sobre todo para a confianza nunha mesma. Ver que a túa maneira de entender o traballo pode funcionar confirma as ganas de seguir. Cal pensas que é o estado de saúde do audiovisual e da interpretación galega en xeral? De Toulouse, o cinema galego voltou co teu premio e co de No cow on the ice a mellor documental. En Galiza hai arte porque hai identidade propia, temos cultura e un universo particular. Non dubido en absoluto da capacidade das persoas, aínda que a veces me sorprenda a dimensión que alcanza, porque o que si é necesario é o apoio institucional. En que proxectos traballas agora? Agora mesmo estou no Tartufo, a producción do CDG, e teremos xira até finais de decembro. Por outra banda, ando ás voltas con proxectos persoais de guión, que é a miña outra teima. [Imaxes da actriz: Pedro Hermosilla] |
NOS_12180 | O número de escritores e escritoras en catalán que viven da literatura descende mais, mesmo así, a razón é de un de dez. A Asociación de Escritores en Lingua Catalá presentou un estudo sobre a profesionalización da literatura,que rexistra unha "precarización" da escrita en catalán. | Sobre unha enquisa remitida aos seus 1.262 afiliad@s, a Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC) vén de presentar os resultados do seu estudo que evidencia unha "precarización" dos escritores e escritoras con obra só en catalán a respecto de quen ten obra en castelán e unha situación peor en canto á profesionalización da de hai sete anos, cando se fixo a anterior investigación sobre a profesionalización da literatura. 1,5% menos Só unha de cada dez persoas que escriben en catalán vive maioritariamente da escritura, un 1,5 % menos a respecto dos datos de 2007. Significativa é a diferenza entre homes e mulleres, xa que os datos evidencian un 65,7% fronte a un 34,3%. "Case o 80% gaña menos de 5.000 euros ao ano en actividades que teñen que ver coa literatura" Do total dos nomes da literatura catalá, case o 80% gaña menos de 5.000 euros ao ano en actividades que teñen que ver coa literatura, que inclúen non só os dereitos por obras senón tamén colaboracións en prensa, conferencias ou guións. Case o 80% manifestan que conseguen o 15% dos seus ingresos por actividades literarias e só o 9,77% dos enquisados confesan que máis do 50 do que facturan ao ano provén da literatura. Se hai sete anos só un 2% manifestaban estar en situación de desemprego neste momento a cifra elévase ao 4%. Malia iso, o 60% dos enquisados declara que escriben de maneira regular e só un 29% de forma estacional e un 12% frecuentan o oficio de maneira esporádica. |
NOS_20633 | Os contaxiados, aseguran fontes sanitarias, tras estar illados marcháronse ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían a para os seus domicilios. Tiñan entre 20 e 21 anos e na súa maioría eran de Valencia. | A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou un foco de Covid-19 con 22 peregrinos, mozos e mozas, contaxiados en dous albergues no concello do Pino, comarca de Arzúa.. Fontes desta área sanitaria confirmaron a Europa Press que se trata de 22 positivos dun grupo de 28 peregrinos que estaban en dous albergues deste municipio, maioritariamente procedentes da Comunidade Valenciana. O alcalde do Pino, Manuel Taboada, asegura que os contaxiados estiveron controlados "en todo momento" até que "os seus pais" acudiron a buscalos en coches particulares para regresar á súa comunidade de orixe Os contaxiados, aseguraron as mesmas fontes sanitarias, tras estar illados marcharon ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían a para os seus domicilios. Segundo fontes consultadas por Europa Press, este foco de Covid-19 detectouse o pasado sábado no termo municipal do Pino, situado no tramo final do Camiño de Santiago, entre un grupo de peregrinos de entre 20 e 21 anos. En relación a este foco, o alcalde do Pino, Manuel Taboada, asegurou a Europa Press que os contaxiados estiveron controlados "en todo momento" até que "os seus pais" acudiron a buscalos en coches particulares para regresar á súa comunidade de orixe. |
NOS_18832 | Hai 1.500 moz@s galeg@s das tres universidades do noso país a estudar nalgún país estranxeiro. Fontes académicas cifran nun millar as que ficarán sen a Erasmus por mor da decisión do MInisterio de Educación. | Por volta de 1.500 estudiantes das universidades galegas están en países europeos a través do programa Erasmus, un proxecto de mobilidade europea que permite estudar parte do curso ou o curso enteiro nunha universidade doutro país. Por volta de 1.000 dest@s estudantes ficarán sen a bolsa que achega o Ministerio de Educación e que todos os anos completaba a achega europea a universitari@s, segundo sinalan desde Europa Press. A Universidade de Santiago (USC) conta cuns 600 alumn@s no estranxeiro, e con este programa veranse atinxid@s pola retirada da axuda do Ministerio "tres de cada catro estudantes", segundo fontes académicas consultadas pola devandita axencia. No que atinxe á Universidade de Vigo, para o curso enteiro e o primeiro semestre están inscrit@s 530 estudantes e, en palabras do vice-reitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, "máis da metade" ficarán sen a axuda económica do Ministerio. E na Universade coruñesa hai máis de 400 alumn@s que están a estudar no estranxeiro, unha cifra da que só uns 120 terán a axuda necesaria para manter a Erasmus. |
NOS_45883 | 2014 foi un ano de crecimento para a Comunidade Sermos. Máis de medio millón de usuari@s únicos e máis de 5 millóns de páxinas vistas. | Talvez o dado máis significativo da estatística de SermosGaliza.Gal sexa o feito de que o 29,74% das novas visitas do web fosen novas, isto é, de persoas que dese xeito se incorporaron á Comunidade Sermos. Todos os dados están tirados de Google Analytics. O tempo de visita promedio no web roldou os 11 minutos 52 segundos. Sermos Galiza rexistou en 2014 1,7 millóns de visitas, 520 mil usuari@s únic@s e 5.143.112 páxinas vistas. Sermos Galiza recebeu visitantes de máis de 150 países. Despois do Estado español, o Estado con máis visitas a Sermos, por segundo ano consecutivo, foi o Reino Unido, con 17.470. Estados Unidos e Portugal -con 13.977 e 11.118, respectivamente- foron o segundo e o terceiro estado en número de visitas. Canto aos dispositivos de acceso ao web, o 67,45 das visitas proveñen de computadores, o 24,79% de telefones móveis e o 7,76% de tabletas. O público tipo de Sermos Galiza é un público maioritariamente mozo, entre os 18 e os 34 anos. A franxa entre os 18 e os 24 anos representa o 27,50% das visitas ao web, en tanto que a fatía entre os 25 e os 34 supoñen o 33,50%. Apartir daí as percentaxes decrecen significativamente: o 15,50%, entre os 35 e os 44; o 12,50%, entre os 45 e 54; o 5,50%, entre os 55 e os 64; e o 5,50%, entre as persoas maiores de 65 anos. Líderes en Facebook 2014 consolidou tamén a lideranza do Sermos Galiza, entre os dixitais galegos, en Facebook, a rede social con maior número de usuari@s do planeta. A páxina de Sermos Galiza en Facebook fechou o ano con 11.599 aderentes, en tanto que a conta twitter do web alcanza xa as 11.987 persoas aderentes. |
NOS_34786 | Os traballos de extinción evolucionan de "forma favorábel" segundo a Consellaría de Medio Rural que vén de actualizar as medicións sobre o terreo. Con menos fume e maior control sobre o perímetro do incendio que afecta a ribas de Sil, Quiroga e pobra do Brollón, apunta 1.450 hectáreas calcidanda. | O incendio declarado en Ribas de Sil, na comarca de Quiroga, arrasou xa unhas 1.450 hectáreas, segundo as últimas estimacións da Consellaría de Medio Rural. É o primeiro gran lume forestal rexistrado na Galiza nos meses de estío. Iniciouse contra o mediodía desta segunda feira na parroquia homónima de Ribas de Sil, tras se orixinar outro na noite do domingo na parroquia de Nogueira, cunhas 140 hectáreas queimadas. Xuntos, superan xa as 1.500 hectáreas calcinadas na Ribeira Sacra. RIBEIRA SACRA pic.twitter.com/aZtCbKz9le— Maltrato da Paisaxe (@MaltratoPaisaxe) September 7, 2021 Nas últimas horas avanzou sen control e converteuse no máis voraz, alentado pola forza do vento e as altas temperaturas. Tras a incorporación dos medios aéreos de extinción, coa luz do día, a situación segue a ser complicada. De feito, mantense o nivel de alerta pola proximidade do lume ás casas no lugar de Rairos malia non supor xa un risco extremo para as persoas. As brigadas de extinción xa lograron fixar o perímetro do incendio e traballan para poder controlalo. Mobilizáronse siete técnicos, 17 axentes, 49 brigadas, 22 motobombas, cinco pas, oito avións e 14 helicópteros; aos que se sumaron 137 efectivos e 56 vehículos da Unidade Militar de Extinción. As lapas provocaron problemas de circulación na estrada N-120 e cortes nas comunicacións que afectaron aos equipos antiincendios. Os traballos de extinción continúan. A amplitude do perímetro dificultou o control do lume, que se centrou sobre todo no contorno dos núcleos de poboación. Intencionado O conselleiro de Medio Rural, José González, asegurou esta segunda feira, desprazado á zona, que o lume é "claramente intencionado", con base nas investigacións realizadas. A este respecto, sinalou a situación de "dificultade" climatolóxica, con temperaturas duns 34 graos, forte vento e un índice de humidade "moi alto". Por iso, sostivo que "o que prendeu" este lume "sabía perfectamente o dano que estaba a facer". Outro incendio en Chandrexa de Queixa Doutra banda, Medio Rural confirmou que o incendio forestal orixinado no municipio de Chandrexa de Queixa foi controlado na mañá desta terza feira. A falta de confirmar as cifras definitivas, o último balance apuntaba unhas 50 hectáreas na parroquia de Requeixo. |
NOS_45102 | A situación ten mudado cualitativamente após o xuíz imputar o ex xefe de seguranza de ADIF. Iso leva a que o BNG plantexe unha negociación co grupo parlamentar do PSOE para pactar a constitución dunha comisión de investigación sobre o sinistro no Pazo do Hórreo. | Pontón anunciou esta terza feira que vai manter contactos co PSOE co obxectivo de sumar o grupo parlamentar socialista á iniciativa de constitución na cámara galega dunha comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois, saldado coa morte de 80 persoas e con máis dun cento de feridas e feridos. A posición do PSOE até o de agora ten sido o non apoio ás demandas de abrir pesquisas en sede parlamentar sobre a maior catástrofe terrestre sufrida na historia da Galiza, o cal do ponto de vista político non surprende, dadas as responsabilidades na materia do ex ministro de Fomento e ex vicesecretario xeral do partido, José Blanco (con el no gabinete de Zapatero o ADIF tomou a decisión de deixar o tramo de A Grandeira sen o sistema de freado ERTMS). Con todo, o BNG pensa que a imputación do ex xefe de seguranza do ADIF torna aínda máis premente a necesidade de constituír a comisión de investigación e por iso Pontón anuncia contactos co PSOE. Sen o concurso dos tres grupos da oposición (En Marea, PSdeG, BNG) non hai escanos suficientes para forzar a criación deste órgao. O regulamento permite que a oposición lle impoña o goberno a investigación, embora teña menos escanos, sempre e cando o escrito de constitución veña avalado polos tres grupos parlamentares. Para Ana Pontón, o xiro xudicial producido na instrución da causa confirma que os riscos para a seguranza das persoas se viron acrecentados por neglixencias na xestión directamente imputábeis ao ADIF e non ao maquinista, até agora o único investigado polo xuíz. Disto infírese a existencia de responsabilidades políticas que se deberían substanciar na cámara galega. "PP e PSOE deben pedir perdón ás vítimas e aos familiares polo sufrimento extra destes tres anos e deben levantar o veto á criación de comisións de investigación no Parlamento galego e no Congreso", avaliou Pontón na súa comparecencia perante a imprensa após a xunta de portavoces decorrida esta terza feira no Pazo do Hórreo. "Non se analizou o risco no tren que inaugurou José Blanco e Núñez Feijóo nun acto de autobombo no que escoitamos dicer que a inauguración do AVE era a guinda do pastel dunha realidade incontestábel", dixo a líder do BNG, en tanto que Ana Pastor -ex ministra de Fomento, actual presidenta do Congreso- "autorizou a desconexión do sistema de seguridade que tería evitado o accidente". "Nen Blanco nen Pastor nen Feijóo realizaron nin mandaron analizar os riscos no Alvia", alegou. BNG e En Marea formularon na xunta de portavoces a petición de comparencia do goberno galego para dar conta de como valora o desenvolvimento da instrución do caso após a imputación do antigo xefe de seguranza do ADIF. Como cabía agardar, a iniciativa foi rexeitada pola maioría do PP. En declaracións aos meios, o portavoz de En Marea, Luís Villares, lamentou que "teña que ser a xustiza a que unha vez máis vai en busca dunha realidade que o muro do PP, coa complicidade do PSOE, está a negar non xa aos grupos da oposición, senón as vítimas e aos seus familiares". A comisión de investigación é inescusábel, opina Villares. "Queren facer o mesmo que coas vítimas do Yak-47? Agardar 15 anos para que o Goberno ao que lle toque pida perdón cando a xustiza lle dea a razón ás vítimas?", perguntouse o portavoz da confluencia. |
NOS_55515 | Membros dos destacamentos máis avanzados das músicas electrónicas estarán na Coruña o 1, 7 e 8 de decembro. Serán os días en que decorra o Fanzine Fest 2018, dedicado á "cultura electrónica de vangarda" e organizado pola promotora e selo discográfico coruñés Fanzine. | "Acturán nomes indispensábeis para entender a evolución da música de vangarda nos últimos anos", explica Fanzine nun comunicado de prensa. Entre eles, o británico Carl Finlow, cuxas obras viron luz en casas tan relevantes como Warp, Klang ou Novamute. Ademais estarán o alemán Byetone, "pioneiro do deseño sonoro da electrónica máis neboenta"; Arpanet, "reputado produtor de techno e electro de Detroit"; Douglas Dare, "asociado á beira máis humana e orgánica da electrónica"; ou Pina, catalán e arrimado a vertentes experimentais dos xéneros. Artistas galegos como Pálida, os picadiscos Grobas e Fat Fish, ou Electrógena terán tamén o seu lugar no encontro. Como "emerxentes" do nivel de Adolpho & Franky, Hydrangea, Sonic Robots ou Posthuman. "É a cuarta edición dun evento pioneiro que este ano ademais de seleccionar con moito mimo artistas sonoros e visuais cunha gran traxectroia e unha habilidades especiais para as artes", resume a organización, "encherá a cidade de talleres temáticos, workshops, cooquios, actuacións de bandas ou picadiscos". |
NOS_19013 | A poesía galega avanza na súa difusión internacional. Libros de María do Cebreiro, Manuel Rivas, Lupe Gómez e Yolanda Castaño verán luz en inglés nos vindeiros meses. | Camuflaxe (Chan da Pólvora, 2017) foi a reaparición de Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972) logo de seis anos sen publicar. Novo estadio na súa contundente e singular obra poética, obtivo gran recoñecemento das lectoras e da crítica. Non por acaso recibiu o premio da Asociación Galega da Crítica 2018. A canadiana Erín Moure encargouse da tradución inglesa e o volume inaugurará o selo estadounidense Circumference Books, centrado na tradución de poesía. Shearsman Books, con sede en Bristol, é unha das principais editoriais do xénero en Gran Bretaña. Este ano publicará tres poetas galegas. O deserto (Apiario, 2015), de María do Cebreiro (Compostela, 1976) e no seu día premio da Crítica, e A segunda lingua (Pen Clube, 2014, premio Abanca), de Yolanda Castaño (Compostela, 1977), terán versión do tradutor e poeta irlandés Keith Payne. A Manuel Rivas (A Coruña, 1957) tamén o traducirá unha irlandesa, a poeta Lorna Shaugnessy que xa se ocupara de facelo con A desaparición da neve (Alfaguara, 2009). Desta volta será A boca da terra (Xerais, 2015). Narrativa en Small Stations Non só a poesía viaxará máis alá do campo literario galego. A editorial Small Stations, dirixida por Jonathan Dunne e Tsevetanka Elenkova, anuncia a publicación, ao longo do que queda de 2019, de cinco títulos, segundo informa o portal Galician Literature da Dorección Xeral de Políticas Culturais da Xunta. Serán de Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) -Tristes armas (Xerais, 1994)-, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) -A cabeza de Medusa (Galaxia, 2008)-, Elena Gallego (Teruel, 1969) -Dragal IV: A estirpe do dragón (Xerais, 2015)-, Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1955) -Pensa Nao (Xerais, 1999) e Paco Martín (Lugo, 1940) -Das cousas de Ramón Lamote (SM, 1985). |
NOS_43029 | A Academia Galega do Audiovisual tamén recoñeceu no evento que tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña a peza de debut no eido da longametraxe de Xacio Baño, "Trote", que recibiu cinco distincións. Ademais dos premios á excelencia dos traballos do ano pasado, a organización homenaxeou a Federación de Cineclubes de Galiza e a actriz Mela Casal co Premio de Honra "Fernando Rey" e co Especial "José Sellier", respectivamente. | "A sombra da lei", Dani de la Torre, foi a protagonista indiscutíbel na XVII gala dos Premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que, nesta ocasión, tivo lugar a pasada noite no Palacio da Ópera da Coruña ao acadar dez dos quince galardóns aos que estaba nominada. O filme de Dani de la Torre foi recoñecido coas distincións á mellor longametraxe -de Vaca Films Studio, Atresmedia Cine, La Ley del Plomo AIE e Playtime Production Sarl- e á mellor dirección. Os académicos e académicas tamén recoñeceron a dirección de arte de Juan Pedro de Gaspar, a dirección de produción de María Liaño, a interpretación protagonista de Luís Tosar, a maquillaxe e perruquería de Raquel Fidalgo e Noé Montes, a montaxe de Jorge Coira, a música orixinal de Manu Riveiro e Xavi Font, o son de David Machado, James Muñoz e José Antonio Manovel e o vestiario de Clara Bilbao. "Trote", o debut na longametraxe de Xacio Baño, fíxose pola súa banda con cinco dos galardóns da noite: mellor dirección de fotografía para Lucía C. Pan -que acada este recoñecemento por segundo ano consecutivo-, mellor guión para Xacio Baño e Diego Ameixeiras e case pleno nas categorías interpretativas con Melania Cruz como mellor interpretación feminina de reparto, Federico Pérez como mellor interpretación masculina de reparto e María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista. "Idénticas", dirixido por Luis Avilés, gañou o premio ao mellor documental mentres que "Dinosaurio", de Carballo Interplay Producións, acadou o premio á mellor serie web. "A nena azul", de Sandra Sánchez, conquistou o de mellor curta de imaxe real e "Soy una tumba", o de mellor curtametraxe de animación. "Ti" fixo o propio co de mellor anuncio e "Ahora o nunca" (Pegatina feat Macaco) de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip. "O sabor das margaridas" acadou o premio á mellor serie de TV, mentres que "Buscadores de naufraxios" gañou o de mellor programa de TV e Rodrigo Vázquez, o de mellor comunicador polo seu traballo no "Ti verás!" Completa os premios televisivos o de Sito Torres e Miguel Granero pola realización de "Álbum de viaxe". Ademais de premiar a excelencia nas producións do pasado ano, a Academia Galega do Audiovisual aproveitou os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual do país co Premio de Honra "Fernando Rey" e co Premio Especial "José Sellier". Este ano, as homenaxes foron para a Federación de Cineclubes de Galiza e para a actriz Mela Casal, que o recolleu durante a cerimonia. A gala destes XVII Premios Mestre Mateo estivo dirixida Sonia Méndez e conducida por Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias. Este elenco de actores e actrices, cunha estética futurista, guiou o público a través dunha viaxe temporal polo audiovisual galego. Ambientado na ciencia ficción, o espectáculo contou cun vestiario creado especialmente para a ocasión polo deseñador David Méndez Alonso; músicas e letras orixinais de Fernando Epelde; dirección de arte de Isa Vila e Ángel Amaro; dirección de produción de Miriam Devesa; guión de Daniel Domínguez, Sandra Lesta e Sonia Méndez e dirección desta última. |
PRAZA_2526 | Cos discursos, as prácticas e a legalidade vixente nesta cuestión, estamos moi preto de repetir os tempos escuros dos anos 30 e non podemos continuar a mirar cara outro lado ou vivir na indiferenza | Cada vez é máis claro que esta "Europa Fortaleza" perpetúa un xenocidio coas súas políticas migratorias que converten o Mediterráneo nun xigantesco cemiterio, xa levamos case vinte mil mortos na última década Houbo un tempo no que os pobos eran nómades e movíanse en función das súas necesidades ou inquedanzas, desa época xa hai algúns séculos, mais as migracións continúan a producirse ata a actualidade. Onde a vella Europa, esa que se autoproclama garante dos dereitos humanos e das democracias, está rexida polo espazo Schengen, onde a liberdade de movementos depende da cor da pel e da conta bancaria das persoas que a exercen. Cada vez é máis claro que esta "Europa Fortaleza" perpetúa un xenocidio coas súas políticas migratorias que converten o Mediterráneo nun xigantesco cemiterio, xa levamos case vinte mil mortos na última década. Se tivésemos máis espazo habería que falar sobre o que sucede cos recursos naturais dese continente e doutros, quen os explota e de que xeito? Como se está a promover un determinado desenvolvemento que non fai máis que afondar as desigualdades e expulsar á xente das súas terras mentres lles impedimos entrar aquí, alén de que co noso consumo contribuímos a súa dependencia. Pero a esta situación, que xa tristemente se converteu en cotiá, temos que sumarlle agora o asunto das familias refuxiadas, temos que soportar como se nega o dereito ao asilo e se deixan tiradas ou se reprime nas fronteiras a miles de persoas que escapan de guerras, non só en Siria, lembremos os casos de Libia, Malí, Sudán, Exipto e moitos outros lugares. Provocadas, convén lembralo, polas intervencións militares da chamada comunidade internacional. Tan difícil é garantir un corredor humanitario seguro que deteña as travesías de centos de embarcacións precarias por mar cara a illa de Lesbos e outros lugares das costas europeas? Para que está a axencia FRONTEX ademais de consumir recursos externalizando fronteiras e perseguir a migrantes? Tan difícil é garantir a solicitude de visado en orixe ou tránsito, derrogar o protocolo Dublín 3? Van a seguir moito tempo máis os estados europeos deixando a xente tirada nas fronteiras mentres falan delas en termos de "cotas"? Para que está a axencia FRONTEX ademais de consumir recursos externalizando fronteiras e perseguir a migrantes? Tan difícil é garantir a solicitude de visado en orixe ou tránsito, derrogar o protocolo Dublín 3? Isto, por non falar das devolucións en quente, os voos de deportación masiva ou os actuais campos de concentración, como son os CIE's, onde se práctica o racismo institucionalizado contra un sector de poboación determinada, que ten tanto dereito como os nosos mozos a practicar a mobilidade exterior, que diría a Ministra. Por tanto, deberían poñerse en marcha a escala europea políticas integrais que non se centren na persoa inmigrada ou a migración, senón sobre a orixe e as consecuencias da mesma sobre o conxunto da poboación dun territorio. As persoas inmigradas non son vítimas, son persoas, suxeitos activos con dereitos que as administracións deben garantir. Algo que xa se está comezando a facer nas autodenominadas cidades refuxio onde se demostra dende hai uns meses que se pode gobernar doutro xeito e sobre todo con outras prioridades. Convén seguir concretando e apertando ante o Goberno central dende as cidades do cambio para garantir o dereito ao asilo das familias. Cos discursos, as prácticas e a legalidade vixente nesta cuestión, estamos moi preto de repetir os tempos escuros dos anos 30 e non podemos continuar a mirar cara outro lado ou vivir na indiferenza Finalmente, non quería deixar de destacar o papel que xogan os medios de comunicación e representantes políticos, de todo signo, cando presentan as migracións como un problema ou ameaza. Cando falan de persoas en termos de legalidade, reducíndoas a simples cifras, ou no mellor dos casos, só pensan nelas como man de obra para os sacralizados mercados. Mais tamén habería que tentar asumir a nosa responsabilidade como cidadáns, pois a cuestión migratoria non aparece nas loitas dos movementos sociais e das organizacións da sociedade civil da forma que urxe. Xa que, cos discursos, as prácticas e a legalidade vixente nesta cuestión, estamos moi preto de repetir os tempos escuros dos anos 30 e non podemos continuar a mirar cara outro lado ou vivir na indiferenza. |
PRAZA_17833 | O Goberno galego di que o "relevante" non é a titularidade da zona senón saber se o evento podía celebrarse. "Probablemente, o Concello non tiña que ter dado a licenza", di o vicepresidente Rueda. Caballero insiste en que o peirao afundido e a súa supervisión dependen da Autoridade Portuaria. A Xustiza investiga un presunto delito de lesións imprudentes. Centos de persoas feridas ao afundir parte do paseo do Náutico de Vigo durante O Marisquiño | O afundimento dunha parte do paseo do Náutico de Vigo durante a celebración do último concerto d'O Marisquiño ergueu unha liorta política a tres bandas entre Xunta, Autoridade Portuaria e Concello por determinar as responsabilidades. A derruba causou, finalmente, 428 persoas feridas, das que seis permanecen ingresadas aínda que sen perigo para as súas vidas. Todas as administracións coinciden, á espera das investigacións técnicas e xudiciais, en que foi un "fallo estrutural" e o "colapso" da estrutura de formigón do peirao pilotado sobre o que asentaba a pasarela de madeira o que provocou o derrubamento. A coincidencia é tamén xa total ao asumir que a zona afectada é portuaria, pero non á hora de determinar quen debía supervisar e inspeccionar a zona e mesmo quen debía ocuparse do mantemento. O derrubamento causou, finalmente, 428 feridos; oito deles permanecen ingresados Xunta e Porto viraron desde esta mañá o sentido das súas críticas e céntranse en sinalar o Concello porque o relevante, din, é saber se comprobou que ese peirao era apto para a celebración do concerto. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, acusou na Cadena SER ao alcalde Abel Caballero de "desviar a atención do fundamental" ao intentar "discutir sobre quen era o titular dos terreos". Para el, o esencial é "se se podía ou non celebrar un evento como o que tivo lugar o domingo pola noite". Xunta e Porto céntranse en sinalar o Concello porque o relevante, din, é saber se comprobou que ese peirao era apto para celebrar o concerto Rueda acusa a Caballero de montar "cortinas de fume" para "desviar a atención" e na Cope mesmo asegurou que "probablemente" o Concello non "tiña que ter dado" a licenza para a celebración do concerto. O argumento de Xunta e Porto agora é que tería que terse inspeccionado antes a situación da zona derrubada antes de dar o visto e prace e que esa comprobación correspondería á administración local e á organización. Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria, alude ao convenio asinado en 1992 entre a institución que preside, o Concello e a Zona Franca e asegura que "o mantemento é cuestión do Concello". Ademais, fai referencia á Lei de Espectáculos, advertindo de que a "autorización e vixilancia" do evento debería corresponder á administración local. "Non hai dúbida: o Concello é o máximo responsable. Era quen tiña que revisar o peirao. Se o fixo? Iso debe contestalo Caballero. O caso está xudicializado, veremos", engadiu Rueda na Radio Galega. Pouco despois, e segundo publicaba Europa Press, fontes do Executivo galego aseguraban que no rexistro electrónico oficial de plans de autoprotección da Dirección Xeral de Emerxencias "non hai constancia da inscrición do plan de seguridade correspondente á organización d'O Marisquiño, malia ser un dos requisitos legais para obter a licenza por parte do Concello de Vigo". Alfonso Rueda acusa a Caballero de crear "cortinas de fume" e cre que o Concello é "o máximo responsable": "Non hai dúbida" Pero o Concello nega as acusacións. "Nin moito menos", din fontes municipais ao ser preguntadas sobre se é a administración local quen ten que supervisar o estado dunha base de formigón dunha zona portuaria pilotada sobre a que asenta a pasarela de madeira, que nada ten que ver coa derruba. O peirao afectado rematouse a mediados dos anos 90 tras o acordo a tres partes antes citado. O Porto cedeu os terreos e paga durante 50 anos unha obra elaborada pola Zona Franca, mentres que o Concello sería o encargado de manter os espazos públicos. Fose o que fose, o caso é que a estrutura danada, con defectos que advertiran usuarios do porto deportivo, non foi revisada durante anos. Abel Caballero mesmo achegou documentación na que se demostraría que esa estrutura de formigón que colapsou non forma parte dos espazos de confluencia porto-urbe que foran rehabilitados ao abeiro dese convenio Abrir Vigo al Mar. Os mapas do plan de usos do Porto, segundo defende o alcalde, indican que o peirao que afundiu está catalogado como "zona portuario náutico-deportiva" e fóra, xa que logo, do espazo que tería que manter o Concello, unha competencia que leva anos sendo debatida. Ao tempo, lembra que a entidade local mesmo alegara para que a Autoridade Portuaria lle cedese máis espazos de xestión, unha proposta non aceptada e que "nin tan sequera incluía o peirao que afundiu". Xa que logo, din, en ningún caso é competencia municipal o que nin tan sequera se solicitou. Plano sobre a delimitación de usos achegado polo Concello de Vigo; a liña discontinua cara ao mar pertencería ao Porto Noutra rolda de prensa, xa este martes, o alcalde insistiu en que "o que se afundiu foi un peirao do Porto, tal e como di o BOE" e en que a estrutura é mesmo de antes do tan citado convenio. Desde a administración local lémbrase que son os usos portuarios os que levan tempo danando a pasarela da superficie e recordan que o bloque que colapsou ten uns dez anos máis dos 25 que se indicaron nun principio, ao empregarse material xa existente na reforma dos anos 90. O Concello insiste en que a supervisión do peirao afectado corresponde ao Porto e lembra que houbo unha reunión de seguridade previo ao evento Respecto da supervisión, o Concello entende que en ningún caso lle corresponde comprobar o estado dun peirao pilotado que considera que se inclúe dentro da zona náutico-deportiva. Abel Caballero, ademais, lembra que o pasado 27 de xullo celebrouse unha reunión previa de seguridade no porto de cara á celebración d'O Marisquiño e que alí estaban presentes representantes da administración local e da Autoridade Portuaria, ademais das forzas de seguridade e persoal de emerxencias. "O que me din os técnicos é que non houbo obxección ningunha en canto a temas de seguridade", dixo o rexedor este martes. A organización do festival, por outra banda, advertiu de que pediu autorización á Autoridade Portuaria para a celebración do evento e que este deu o visto e prace para, logo, presentar todos os permisos, licenzas e requisitos de seguridade ao Concello, que xa aclarou que toda a documentación fora correcta. Sexa como for, todo fai indicar que será a Xustiza quen determine o grao de responsabilidade de cada unha das administracións implicadas. É xa o xulgado de instrución número 3 de Vigo o que leva a cabo a investigación sobre un accidente que quedou, finalmente, nun importante susto pero que puido ser moito peor. As dilixencias previas incoadas tras recibir un oficio dando conta do sucedido e un informe fotográfico elaborado pola Policía Nacional "séguense por un presunto delito de lesións imprudentes, sen prexuízo de ulteriores cualificacións ao longo da instrución", aclara o TSXG. Ademais, a xuíza xa pediu documentación ao Concello, o Porto e á organización do festival sobre o plan de seguridade. "Todas as entidades van acabar sendo reprochadas, pero a clave aquí é determinar de quen é competencia a zona afectada, quen a xestión e quen tiña que preocuparse polo seu estado", din fontes coñecedoras do proceso aberto, que reflexionan: "Se ti alugas unha casa, quen debe velar por que todo estea en perfectas condicións cando chegas debe ser o caseiro". "Lamento moito que Feijóo non estivese o domingo... E o vicepresidente da Xunta tamén tiña que ter estado, pero ningún veu" Alén disto, Caballero volveu reprochar a Feijóo a súa ausencia en Vigo na noite do suceso. Desta vez, tamén incluíu nas súas críticas o vicepresidente Alfonso Rueda e criticou o "intento político do PP que non obedece ao interese institucional". "Lamento moito que Feijóo non estivese o domingo... E o vicepresidente da Xunta tamén tiña que ter estado, pero ningún veu. Agora falan, pero no momento de estar ao carón da xente, non estaban", rematou o alcalde, que cre que o xefe do Executivo galego "volveu fallarlle á cidade". En Marea pide que compareza a presidenta de Portos do Estado no Congreso Por outra banda, En Marea solicitou a comparecencia no Congreso da presidenta de Portos do Estado. A deputada Alexandra Fernández rexistrou unha petición na Cámara Baixa para que María Ornella compareza ante a Comisión de Fomento e responda sobre o afundimento do peirao de Vigo durante a celebración d'O Marisquiño. "Denunciamos a lamentable imaxe que deron ao longo do día de onte o PP e o PSOE, utilizando as institucións como feudos partidarios", asegura a deputada viguesa Ante o cambio de versión da Autoridade portuaria, Fernández denuncia que isto "non poden ser nin pactos que oculten as responsabilidades nin guerras partidarias, porque ninguna das dúas permitiría esclarecer o sucedido". O BNG pregunta a Feijóo "se avala a xestión" de López Veiga e se prevé "a súa remuda" Ademais, o deputado nacionalista, Luís Bará anunciou este martes que o BNG tramita diversas iniciativas para exixir ao goberno que "extreme as medidas de seguridade e control en futuros eventos despois do accidente do Marisquiño" rexistrado en Vigo. O parlamentario avanzou que o Bloque preguntará ao presidente da Xunta "se avala a xestión" do presidente do Porto de Vigo, e se prevé "a súa remuda", xa que "foi o propio Núñez Feijóo o responsable directo do nomeamento da Autoridade Portuaria". |
PRAZA_17785 | Nos anos setenta Jack Scott reclamou a fin da discriminación racial nos Estados Unidos e un deporte máis igualitario, colaborando co black power. Aínda que foi apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse, deixándonos obras teóricas e técnicas pioneiras e traballando con estrelas como Carl Lewis ou Ben Johnson. | É o verán de 1974 e o adestrador de atletas Jack Scott conduce en silencio camiño de Las Vegas. Sabe que se está metendo en problemas. O FBI ándalle detrás porque é un deses brancos liberais de Berkeley que reclaman o fin real da discriminación racial e un deporte (un país) máis igualitario. Nunha época na que os negros son aceptados como atletas pero non como preparadores, sendo director deportivo dunha universidade en Ohio el tivo o valor de contratar a tres técnicos de cor. E un deles era Tommie Smith, o sprinter que celebrou a vitoria nos Xogos de 1968 agachando a cabeza e co puño en alto, enfundado nun guante negro, co saúdo do black power. O FBI ándalle detrás porque é un deses brancos liberais de Berkeley que reclaman o fin real da discriminación racial e un deporte (un país) máis igualitario Scott sabe ben que está entrando na boca do lobo porque no asento da dereita leva a Tania, a militante esquerdista máis buscada de todos os Estados Unidos. Hai apenas uns meses era unha nena ben á que chamaban Patty Hearst, a neta do magnate dos medios de comunicación William Randolph Hearst e herdeira de boa parte da súa fortuna. En febreiro de 1974 fora secuestrada polo Exército Simbionés de Liberación (SLA, nas súas siglas inglesas), unha guerrilla urbana formada por unha présa de estudantes californianos que se poñen nomes en suahili, atracan bancos e planean golpes e asasinatos espectaculares cos que remexer a sociedade, nunha época marcada polo conflito racial e a guerra do Vietnam. Dous meses despois do secuestro, Tania era xa unha simbionesa máis. Ela dirá despois que os secuestradores lle lavaran o cerebro; Scott recordaráa como a máis convencida das militantes, e afirmará que mesmo leva conta nun caderno de quen insulta ao movemento, nunha lista negra de condenados a morte. Jack Scott era coñecido como un preparador revolucionario, defensor da introdución plena das minorías e das mulleres na práctica atlética. Era tamén un gran detractor do uso de drogas no atletismo Segundo conta Patty Hearst no seu libro Every secret thing, Scott deixouna en Las Vegas e marchou. Ela era do pouco que quedaba do SLA despois de que a policía asaltara unha casa en Los Angeles na que se refuxiaban media ducia de militantes. Despois de horas de tiros e bombas lacrimóxenas, o edificio incendiouse e caeu abaixo, matando aos activistas. As autoridades pensaban atopar dentro a Hearst, mais ela estaba noutro lugar, vendo horrorizada como fritían aos compañeiros de loita nun asedio televisado. Naquela altura, Jack Scott era xa coñecido como un preparador revolucionario, defensor da introdución plena das minorías e das mulleres na práctica atlética. Era tamén un gran detractor do uso de drogas no atletismo. Os seus libros máis coñecidos chamábanse A revolución atlética (nome ben acaído) e Atletismo para atletas. Neste último deploraba a figura dos adestradores despóticos e avogaba por un ambiente máis creativo para desenvolver as capacidades do corpo humano. Tania foi detida en 1975 e pasou dous anos en prisión por ter participado en varios roubos. Foi liberada un par de anos despois por orde do presidente Carter e perdoada por Clinton en 2001. Sorprendentemente, Scott non recibiu ningunha condena por ter axudado a escapar ao que quedaba do SLA despois do masacre de Los Angeles, aínda que o seu papel en todo o asunto quedou sen aclarar. Apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse. Nos oitenta patentou unha máquina "miomática" que, a través de pequenos pulsos de corrente eléctrica, axudaba aos atletas a recuperarse máis rapidamente das lesións. Deixa caer Carl Lewis que puido ser Scott quen lle pasou aos americanos información relevante sobre as prácticas de dopaxe que se levaban a cabo no campo de Ben Johnson Primeiro traballou coa estrela americana do momento, Carl Lewis, e pouco despois, coa súa némesis, o canadense Ben Johnson. Deixa caer Lewis nunha autobiografía que puido ser Scott quen lle pasou aos americanos información relevante sobre as prácticas de dopaxe que se levaban a cabo no campo de Johnson mentres se preparaban os Xogos de 1988. Xa se sabe como acaba este capítulo: Johnson dá positivo despois de gañar o ouro e convértese no atleta máis odiado da historia, mentres que Lewis mantén a súa aura de "noivo de América". En canto a Scott, morreu no ano 2000 de cancro, sen que quedase nunca moi claro o seu papel, nin en 1974 nin en 1988. |
PRAZA_8567 | O catedrático vigués, un dos aspirantes á presidencia da Academia, cre que a súa candidatura é a que "ten máis posibilidades" de saír elixida no plenario do sábado, pero advirte de que non ten "ningunha bóla máxica". | "As cousas van polo bo camiño", aseguraba Xesús Alonso Montero sobre as posibilidades de que a súa candidatura e a de Manuel González acadasen un acordo para presentar unha lista unitaria no plenario do vindeiro sábado. No entanto, o rexeitamento de González á súa proposta volve deixar as cousas como estaban, polo que os académicos terán que elixir entre as dúas alternativas para a presidencia da Real Academia Galega (RAG). Alonso Montero semella contar con máis apoios, pero nada está decidido aínda. "Se gaño, eu só serei o coordinador dun equipo", di o escritor vigués. Ten a súa candidatura máis apoios entre o plenario? Temos a idea de que é a candidatura que ten máis posibilidades, pero así eu estou xogando a ser profeta, porque non teño ningunha bóla máxica que me diga que vaia ter máis votos, pero que parece que é así. Manuel González afirmou que vostede lle asegurara que era moi difícil que se presentase e que por iso el anunciou a súa candidatura. Supoño que nese momento non estivo afortunado na expresión porque eu non anunciei nin deixei de anunciar. El, pouco despois do plenario onde se confirmou a dimisión de Ferrín, anunciou a súa candidatura. Pasaron oito ou dez días e eu estaba a anos luz de pensar que ía rematar a miña vida como presidente da Academia, pero viñeron a Vigo en dúas ocasións un número elevado de académicos e académicas a convencerme. "Se triunfa a miña candidatura, só serei o coordinador dun equipo e quizais non a persoa máis laboriosa" Como o convenceron? Pensaron que para que a institución funcionase como debería funcionar había que facer un equipo en torno ao meu nome. E non porque o meu nome vaia ser decisivo, nin moito menos, senón porque son máis vello, teño máis bibliografía e se cadra algo máis de nome. Esa é a razón pola que administrativamente estou no nivel máis alto, pero se de verdade triunfa a nosa candidatura, eu só serei un coordinador dun equipo directivo e quizais non a persoa máis laboriosa. En que sentido? Xa lle dixen que teño 84 anos e medio, vivo en Vigo e ir á Coruña dúas ou tres veces á semana como norma implica un traballo grande, a parte de que eu renuncio a unha cousa fundamental na miña vida. Teño cinco libros a punto de finalizar, tampouco vou vivir 400 anos e se cadra vou morrer sen finalizalos. Renuncio a cousas particulares moi lexítimas e importantes para min en nome do que, pedantemente, podemos chamar o ben común. Di que foron moitos os académicos que lle pediron que se presentase, ten a elección case segura? Se o académico A ou B me di que vai optar pola nosa candidatura, eu non estou na capacidade de saber se finalmente é así, pero... Se cadra fan unha reconsideración e terminan cambiando o voto, pero non nos enganemos: todos facemos a nosa estimación e aquí son fabas contadas. Son 27 votos e coñecémonos todos. Ademais, das declaracións de Manuel González en rolda de prensa tamén se desprendía que contaba cun determinado número de apoios ao principio que agora xa son menos ou bastante menos. "Á RAG non lle fai falta un cambio de rumbo, senón que faga aquilo á que está encomendada polos estatutos" Tamén dixo Manuel González que na Academia non facía falta un cambio de rumbo. Un cambio de rumbo non. Eu sempre digo que a RAG ten que facer aquilo á que está encomendada polos estatutos e o que está perfectamente formulado nos estautos, que son o seu progarma. A Academia é a única que ten facultades por lei de establecer a norma culta do galego, crear uns criterios para modificar o idoma e, en todo caso, crear uns instrumentos para que a norma culta e o código sexan establecidos dunha maneira intelixente. Estes instrumentos son unha gramática oficial, que está a piques de ser finalizada, un diccionario que está na web pero que ten que recibir determinados retoques e, á marxe, determinados estudos sociolignüisticos que nos permitan ter máis finura nos criterios para ver o que no idioma é culto, coloquial ou non coloquial, formal ou menos formal. Na medida na que a RAG estea nestes obxectivos, a Academia estará cumprindo. O seu rival di non comprender que vostede non presente un programa e di avogar pola "transparencia". Aquí non hai programas, o noso programa ten que ser un programa de actuación filolóxica. O da transparencia xa se presupón e é obvio que a Academia ten que ser honrada e transparente. Se depende dos fondos públicos, ten que dar conta deses fondos e ser transparente, pero iso non ten que ver nada co programa, diso xa nin se debería falar. Excusatio non petita... como se dicía no Dereito Romano. Precisamente, na anterior lexislatura parece que se cometeron certas irregularidades e agora, polo que vexo, todo o mundo está disposto a que non se comentan e iso é bo, pero iso non ten nada que ver co programa da Academia. Daquela, que habería que cambiar na RAG? Non habería que cambiar nada. O que hai é que cada vez traballar máis, e isto non quere dicir que se traballase pouco. Traballar con máis intelixencia e máis sentido do compromiso, sabendo que somos os custodios dun ben espiritiual que se chama a lingua galega. "As accións xudiciais inciadas pola RAG contra o decreto continuarán; a Academia tamén naceu para evitar atentados contra a lingua" Esa custodia inclúe manter o recurso contra o decreto do plurilingüismo ante o Supremo? Eu tamén teño manifestado que si. As accións iniciadas pola RAG continuaranse mentres procedan e mentres haxa motivos para ir adiante con esa acción legal. Estaría disposto a chegar a instancias europeas, como di Manuel González? Eu creo que nós a quen nos debemos é á conservación, promoción, difusión e dignificación da lingua. Calquera medida neste momento político, ou noutro, que atente contra a dignidade e as posibilidades do idioma é viable. A RAG veu ao mundo entre outras cousas para evitar os atentados contra a dignidade da lingua. |
PRAZA_18012 | O alumnado de Infantil matriculado en 2018 baixou en 2.941 nenas e nenos a respecto de hai unha década. Tamén hai un total de 93 colexios menos para o ensino dos máis pequenos INTERACTIVO | Galicia tería que duplicar a chegada de inmigrantes para equilibrar a actual sangría demográfica | INTERACTIVO | Galicia tería que duplicar a chegada de inmigrantes para equilibrar a actual sangría demográfica Neste mércores, preto de 200.000 rapaces de Educación Primaria e Infantil comezaron o curso en Galicia. O alumnado de entre 3 e 12 anos incorporouse ás aulas nun número de 196.283 nenos e nenas, 2.593 menos que os que iniciaron as clases en 2017, segundo os datos facilitados pola Xunta e os que recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE) de anos anteriores. A baixa natalidade e o despoboamento seguen a marcar a realidade dun curso escolar en Galicia que inician en Educación Infantil (de 3 a 6 anos) un total de 59.545 pequenos e pequenas, 2.270 menos dos que o iniciaron hai un ano na mesma franxa de idade. De compararmos os datos con hai unha década, a diferenza é aínda maior: son case 3.000 nenos menos os que se matricularon para este curso en Infantil dos que o fixeron no verán de 2008. 2.941 cativos e cativas máis daquela que agora. O número de alumnado de Infantil matriculado en 2018 baixou en case 3.000 con respecto a hai unha década Ademais, de reparar no número de centros, as cifras son tamén desoladoras. En Galicia, hai unha década, había abertos para o inicio do curso 2008-09 217 centros de Educación Infantil fronte aos 124 da actualidade: 93 menos e logo de que do curso pasado a este xa se perderan outros dous. En canto aos colexios que xuntan o ensino Infantil e o de Primaria, a diferenza con respecto a hai dez anos é de 49 espazos menos: 683 en 2008 fronte aos 634 de agora. No que ten que ver exclusivamente coa Educación Primaria, o número de alumnos matriculados este ano en Galicia (136.738) supón tamén un descenso con respecto ao ano pasado (-323) pero o número é superior en case 12.000 alumnos con respecto a hai unha década. É entre os máis cativos os que deben iniciar a escola, onde o problema é grave. En 2008 había 93 centros de Educación Infantil máis en Galicia que neste curso O caso é especialmente preocupante na provincia de Ourense, onde máis de 20 concellos non hai xa colexio para estas franxas de idade. É, pola contra, o eixo atlántico onde se concentra a maior parte da poboación escolar de Galicia. A esta situación únese o peche para este curso de dúas escolas unitarias máis e de medio cento de aulas.. É o resultado do que a Consellería de Educación subliña como "a obriga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos" e de "adecualas ás necesidades educativas de cada zona" e mais á "realidade social". No pasado mes de xullo a Xunta publicou no DOG os resultados da súa "revisión de matrícula" anual e os peches tocaron desta vez na unitaria de Apeadeiro, en Cambre, e na de Solbeira, en Paderne de Allariz, que só rexistraron cadansúas tres matrículas. O número de peches para este curso foi, non obstante, inferior ao de cursos anteriores, cando a aplicación do criterio segundo o cal unha unitaria non pode seguir aberta se ten menos de cinco matrículas obrigou a botar o ferrollo a ata unha vintena de escolas nun só ano. Os peches de unitarias foron máis de 200 en apenas unha década. Ademais, este pasado mércores o sindicato CIG denunciou que o comezo do curso escolar vén marcado "máis unha vez polo inmobilismo da Consellaría de Educación, o despedimento de máis de 400 docentes interinos e a perda de poder adquisitivo do profesorado galego". Tamén advertiu que este colectivo "pasará a facer substitucións ou irá directamente ao paro despois de que a Consellaría convocara oposicións sen ter en conta a súa situación e a previsión de xubilacións". No acto que deu inicio ao curso, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, escolleu para inauguralo a cidade de Lugo e o CEIP Rosalía de Castro. Alí, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; ou do director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, tamén estivo presente o candidato do PP á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, xefe territorial da Consellería de Presidencia dende pouco despois de perder o posto de subdelegado do Goberno central en Lugo. |
NOS_25520 | Galiza Contrainfo está a presentar polo país unha repor-documental sobre as consecuencias da pasteira en Lourizán e que suporía a súa permanencia sesenta anos máis após a prórroga. | ENCE non sempre estivo aí, na ría de Pontevedra. Aínda que poida semellar que si, a planta de celulosas instalouse nos anos sesenta e desde entón un movemento popular loita através da Asociación para a defensa da ría de Pontevedra pola súa saída. Neste senso, embora ter sido prometido o fin da pasteira cando rematase a súa licencia o certo é que o goberno español en funcións concedeu unha prórroga de 60 anos máis á empresa. O obxectivo, salientan, é "que se coñeza" o traballo desenvolvido ao longo destes anos mais tamén "como era Pontevedra antes de Ence" Arredor deste feito desde o colectivo Galiza Contrainfo decidiron realizar un "repor-documental, unha peza máis longa da que facemos habitualmente", explica en conversa con Sermos Galiza, Zélia García. O obxectivo de Ence, 60 anos máis? salientan, é "que se coñeza" o traballo desenvolvido ao longo destes anos mais tamén "como era Pontevedra antes de Ence". Semella, din, "ciencia ficción". Para narrar todo o acontecido Galiza Contrainfo botou man de seis voces que analizan a situación de Ence e as súas consecuencias desde distintas perspectivas. Ás de integrantes da APDR súmanse as de Fernando Filgueira (alergólogo), Miguel Cuña (sindicalista), veciñanza de Lourizán, unha mariscadora ou Leonor González Prieto, máis coñecida como Nené, a primeira presidenta da asociación. Con elas Galiza Contrainfo tece e destece o que significou para a ría e a súa poboación a chegada da pasteira; as repercusións sociais, económicas mais tamén para a saúde das persoas embora non poderen certificarse cientificamente após teren sido queimados os arquivos dos hospitais de Pontevedra e Montecelo o que impide facer comparativas "entre a situación de antes e a de agora antes de 2004". Amplificar a voz, tecer loitas "Queriamos que se vise" alén de Pontevedra que "si que hai resposta ás cousas que acontecen", di Zélia García, en boa medida porque ao longo de tantos anos desde a APDR "fixeron que mudara a percepción social" que existe da factoría. Si que hai resposta ás cousas que acontecen Neste senso, queren "amplificar a voz desa loita" levando por todo o país a súa reportaxe. A presentación tivo lugar, como non podía ser doutro xeito, en Pontevedra o 19 de xullo e após un cheo absoluto encamíñanse xa cara Ferrol (5 de agosto na Fundaçom Artábria), Marín (23 de agosto), Ourense e Vigo, aínda que faltan por confirmar datas, horas e lugares. Con posteridade, en setembro, pendurarán na rede a reportaxe íntegra mais, aproveitando o verán, din, "queriamos saír do mundo virtual, recuperar o contacto coa xente". |
NOS_33885 | Avanza na vacinación dos maiores de 40 anos con máis do 93% con polo menos unha dose e suma uns 32.300 máis no grupo de 35 a 39 anos. | Galiza abeira o 70% da poboación diana a vacinar fronte á Covid-19 con polo menos unha dose, con 1.712.432 persoas -que supoñen máis de 36.000 que a xornada anterior-, mentres que a 52,89% conta coa pauta completa, tras terminar o proceso 1.298.328 -constitúen 134 máis-. Segundo os datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até o fechamento da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, administráronse 2.883.496 doses, 36.401 máis que a xornada anterior das 3.090.575 recibidas ata o momento, que supoñen un 92%. Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste domingo na Galiza centrouse en vacinar persoas do grupo de 35 a 39 anos, con 32.394 vacinados máis que o día anterior, e a seguir cos de 40 a 44 anos, con 3.744 doses máis. Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.017 persoas de alto risco (+8) e 14.634 completaron a pauta; mentres que 17.614 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+1) e 17.337 contan coa pauta completa. Ademais, 26.371 institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira dose e 26.221 finalizaron o proceso. En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.051 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+4) e 70.927 están inmunizados (+5). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.337 profesionais do ámbito sociosanitario e 26.323 contan coa pauta completa. Até o momento recibiron polo menos unha dose 1.600.227 persoas maiores de 40 anos en Galiza, que supoñen un 93,03% das 1.720.101 chamadas a vacinar a partir desa idade Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galiza 45.754 traballadores esenciais (+2) e 38.868 completaron o proceso (+5). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.507.243 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+36.272) e 1.103.993 teñen a pauta completa (+124). Até o momento recibiron polo menos unha dose 1.600.227 persoas maiores de 40 anos en Galiza, que supoñen un 93,03% das 1.720.101 chamadas a vacinar a partir desa idade -segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade-. Así mesmo, foron vacinadas 70.404 persoas de 35 a 39 anos (+32.394) -colectivo ao que se empezou a vacinar por idade a fin de semana pasada-; 18.471 de 30 a 34 anos (+5); 14.627 de 25 a 29 anos (+4); 7.862 de 20 a 24 anos (sen cambios); 830 de 15 a 19 anos (+1) e 11 de 10 a 14 anos (sen cambios). Por tanto, 1.712.432 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en Galiza, un 69,76% da poboación diana a vacinar -2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade-, 36.289 máis que a xornada anterior. |
NOS_20449 | Deseñada por dous mecos, Rubén Prol e Lino Prieto, contribúe á conservación deste sinal de identidade da cultura mariñeira, ofrecendo a posibilidade de aplicar este estilo aos medios dixitais actuais. | "Ese folio fíxoo Raúl Fontoira". A resposta era a habitual que recibían Rubén Prol e Lino Prieto cando preguntaban sobre o deseño dos folios (matrículas) dos barcos no Grove, uns folios que tiñan identidade de seu grazas ao pincel deste mariñeiro do Grove nado en 1938. Fontoria é o nome da fonte tipográfica feita por Prol e Prieto, inspirada nos características letras e números dos folios de moitas das embarcacións dos portos do Grove e Meloxo. "As súas principais características son o coidado das formas, os detalles nos remates de letra e os desenvolvementos das particulares ligaduras", informan nun comunicado. Coa creación desta tipografía, prosegue o comunicado, os seus autores pretenden contribuír á conservación deste sinal de identidade da cultura mariñeira do Grove, ofrecendo a posibilidade de aplicar este estilo aos medios dixitais actuais. Rubén Prol, maquetador e deseñador gráfico e de tipografía; e Lino Prieto, informático e deseñador gráfico, son tamén do Grove comezaron a argallar sobre a idea de materializar esta tipografía hai un par de anos. "Neste proceso estudiaron material fotográfico e mesmo realizaron traballo de campo que os levou até Raúl Fontoira, un mariñeiro do Porto de Meloxo que desde moi novo é afeccionado á rotulación, e que ao longo dos anos foi o responsable de rotular cos seus pinceis as amuras de numerosas embarcacións, chegando a crear un estilo moi particular e ben fermoso; é por isto que a tipografía creada por Prol e Prieto leva o seu nome, como recoñecemento á súa arte". Esta tipografía está a disposición na páxina web que veñen de lanzar os seus autores, fontoira.gal, na que ademais se pode atopar máis información sobre o proceso de creación, os folios marítimos e demais. A súa licenza de uso é gratuíta para uso persoal ou fins non lucrativos. Para un uso comercial pódese aportar unha cantidade que se considere xusta. |
NOS_52580 | A adaptación teatral comezará no Teatro Principal da cidade o 31 de marzo e percorrerá outras cidades e vilas galegas. | O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro 31 de marzo a estrea de O porco de pé grazas á adaptación de Producións Teatrais Excéntricas. O espectáculo que leva ás táboas a peza de Vicente Risco ten a Quico Cadaval como director e codramaturgo xunto a Pepe Sendón. Na presentación da montaxe, realizada no propio teatro, a compañía asegura que "nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán como nunha lanterna máxica, anarquistas, deportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas". Con este espectáculo, a compañía compostelá reinventa o retrato de Nós e ofrece un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón, con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo como elenco. Completan o equipo Carlos Alonso na escenografía e no vestiario, Octavio Mas na iluminación e Piti Sanz na banda sonora. Representacións da obra por todo o país Do 30 de marzo ao 1 de abril, haberá tres funcións deste espectáculo en Ourense, cun pase pase inaugural especial a cuarta feira ás 12 horas, dirixido a escolares. Nas xornadas da quinta e da sexta feira as representacións darán comezo ás 20 horas. Posteriormente, a peza percorrerá 12 concellos máis até outubro e en catro deles -Lalín, Lugo, O Barco de Valdeorras e Ortigueira- faráo ao abeiro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta da Galiza. A eles súmanse actuacións no Rosal, Santiago de Compostela, Rianxo, A Illa de Arousa, Allariz, Vilalba, Verín e Malpica de Bergantiños. Programación da RGTA en Ourense A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) en Ourense ofrece até xuño un total de sete actuacións. Así, ademais de Moria, de Unahoramenos Produccións, que abriu o cartel o pasado xaneiro, e O porco de pé, o Teatro Principal ten prevista a chegada da coprodución do Centro Dramático Galego Rastros para o 22 de abril, coa compañía Condetrespés. Xa o día 30 de maio, Teatro Proscrito ofrecerá Manar. A derradeira caravana. O feche semestral do circuíto na cidade ourensán poráo a compañía Voadora con Othello, o 9 de xuño. |
NOS_48975 | Só a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte mantén unha tendencia á alza na incidencia acumulada a sete e 14 días, moi por riba da media galega. | A evolución epidemiolóxica da Galiza amosa unha mellora para o conxunto do territorio que afecta aos principais indicadores malia as pequenas variacións diarias que vai deixando o paso do tempo. A incidencia do coronavirus continúa a baixar. Descenden os contaxios diarios e tamén os casos activos, e pesar de que o último balance da Consellaría de Sanidade rexistra un aumento das persoas ingresadas con Covid, o número de hospitalizacións baixa a respecto da semana anterior. Contaxios e casos activos Así, o número de novos positivos sitúase en 305, 142 menos que hai sete días. Do total, as áreas da Coruña e Lugo son as que rexistraron maior número, 74 e 68 respectivamente, aínda que por baixo das cifras notificadas o domingo. Na área sanitaria de Santiago confirmaron 47 casos novos; en Vigo, 39; os mesmos que en Ourense; 20, en pontevedra e 18 en ferrol. Así as cousas, volven descender as infeccións activas até situarse sitúanse en 8.275 casos, 332 menos que a xornada anterior. Os casos activos baixan en todas áreas excepto Ourense, onde confirman un man. Na Coruña hai 2.178 casos (93 menos); en Vigo,1.472 casos (142 menos); en Lugo, 1.457 (cinco menos); na área de Santiago, 1.306 (24 menos); na de Ourense, 687 (un máis); na de Pontevedra, 589 (45 menos), e en Ferrol, 586 (24 menos). Presión hospitalaria Polo que se refire á hospitaliazación de persoas con coronavirus, os datos reflecten unha suba lixeira a respecto do último día. En total hai 255 pacientes con Covid nos hospitais galegos dos cales, 54 recupéranse en unidades de coidados intensivos (unha menos) e 201 en unidades convencionais (11 máis. Con todo o número de camas ocupadas por mor da pandemia minguou en 76 nos últimos sete días, un descenso que contribúe tamén á mellora da situación epidemiolóxica. Incidencia Ese avance reflíctese na incidencia acumulada. A sete días, rolda os 118 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a dúas semanas sitúase na contorna dos 267. Só a área de Lugo amosa unha traxectoria bastante afastada destes números cunha incidencia a sete días de 223 casos e de 416 a 14 días. Falecementos Desde que comezou a pandemia faleceron 2.564 persoas con Covid-19. As mortes por coronavirus continúan. Sanidade informou de catro novos decesos nas últimas horas: o dun home de 96 anos ingresado no hospital Povisa, outro de 72 anos falecido no Complexo Hospitalario de Ourense, unha muller de 72 anos ingresada no mesmo centro e unha muller de 90 anos que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e que era usuaria da residencia de maiores Soremay. Residencias de maiores Nos centros da terceira idade hai 109 usuarias contaxiadas, 72 na residencia As Gándaras de Lugo, 20 na residencia García Irmáns de Betanzos, 11 na residencia e apartamentos San Vitorio de Baralla, catro en Santa Marta de Vigo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene e outro na residencia de Ribadeo. Os centros de atención á discapacidade manteñen 48 casos. |
NOS_28360 | Unha homenaxe a vítimas do franquismo que terá lugar este domingo en San Simón, na ría de Vigo, demandará a súa declaración como Illa da Memoria. | O evento conmemorativo contará coa participación de máis de 300 persoas de 25 asociacións, segundo detallou a entidade organizadora, Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), nun comunicado de prensa. En concreto, o acto nacional recoñecerá a loita solidaria das mulleres da contorna e contará coa intervención da autora do libro As lavandeiras de San Simón, Eva Mejuto. Ademais, o portavoz da Iniciativa Defende Meirás, Carlos Babío, abordará a loita pola recuperación da titularidade pública do pazo situado en Sada. Desta maneira, tamén se busca denunciar que este represente o único acto relacionado coa memoria histórica que decorre anualmente na illa de San Simón. Por iso, IGM reclama a recuperación do proxecto da Illa da Memoria e a aprobación dun plan que garanta o desenvolvemento dun programa de actividades público e continuado no tempo coa memoria histórica como eixo central. A illa, "parque de atraccións" Mentres, a entidade lamenta que "a Xunta convertese a illa nun parque de atraccións", no que "se desenvolven sobre todo actividades lúdicas e recreativas" que "poden resultar pouco respectuosas coa dignidade das persoas que sufriron unha violencia extrema en San Simón nos sete anos nos que foi un duro campo de concentración e represión franquista, de 1936 a 1943". Refírense, entre outros, a actos como o festival Sinsal, que decorre cada verán en San Simón. |
NOS_27325 | A Marcha da Dignidade convoca a cercar a Cámara o vindeiro 21 de xuño na defensa de ''pan, traballo e teito'' e contra o secuestro da institución ''polas mafias financeiras''. | As Marchas da Dignidade manteñen a súa dinámica de mobilizacións abertas, desta volta co albo posto no Parlamento de Galiza. A chamada é para o vindeiro 21 de xuño rodear a Cámara galega, nun acto de denuncia do "secuestro polas mafias financeiras" en detrimento dos intereses e necesidades populares. A Columna galega das Marchas da Dignidade convova a estar ese sábado 21 de xuño ás 12:00 horas na estación de tren de Compostela (a escasos metros do Parlamento), de onde partirá a cadea humana que rodeará a Cámara. Iniciativa coa que se quere mostrar e clarificar como "no Parlamento galego, con nocturnidade e aleivosía, privatizáronse servizos públicos esenciais, dilapidan caryos públicas e adoptan decisións que levan á xente á miseria". "Non nos representan Desde o manifesto desta plataforma indican que este acto plasma que "O Parlamento galego non representa o pobo, por iso somos o pobo os que vimos rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo porque tamén no,lo están a roubar". |
NOS_9517 | Dirixentes do partido conservador como o ministro de xustiza en funcións, Rafael Catalá, especulan mesmo coa hipótese de que finalmente Rajoy opte por non se submeter ao debate de investidura, para aforrar a súa segura derrota. Por súa parte, o PNV condicionará o apoio a Sánchez a que se abra a discutir un novo estatus para Euskadi. | O Partido Popular ten a convicción de que Mariano Rajoy non está en condicións de ser reeleito como presidente do goberno e que, por contra, Pedro Sánchez, o secretario xeral do PSOE, si terá os votos suficientes para, en segunda volta, ser indixitado polo Parlamento como novo titular do Executivo. Isto loxicamente afastaría a hipótese de novas eleccións. As fontes da formación conservadora consultadas por Sermos Galiza consideran neste momento moi verosímil que o PSOE consiga o voto positivo do grupo confederal de Podemos (65 escanos, incluídos os 6 de En Marea e os 12 de En Comú Podem), PNV (6) e Compromís (4). O PSOE tería tamén practicamente atada a abstención de ERC e Democrácia i Llibertat (a antiga Convergència). A situación é tal que nen sequer é desbotábel que Rajoy renuncie a tentar a investidura, segundo admiten dirixentes do PP en privado, embora en público o discurso oficial apunta a que, no encontro que irá ter mañá na Zarzuela con Felipe VI, o presidente en funcións mostrará a súa disposición a tentar a aprobación do Parlamento. Os cálculos do PSOE son, en troca, que finalmente alcanzarán un acordo de investidura con Podemos e co PNV Teno imposíbel en primeira volta Rajoy, que só conta cos 123 escanos conseguidos polo PP o 20D, e tamén en segunda, rolda na que lle abondaría con ter máis votos afirmativos que negativos. A oposición do PSOE aborta calquera pretensión dos conservadores de manter o seu líder na Moncloa. Os cálculos do PSOE son, en troca, que finalmente alcanzarán un acordo de investidura con Podemos e co PNV [os nacionalistas vascos condicionan a alianza ao recoñecimento da condición nacional de Euskadi]. A negociación coa formación de Iglesias por volta dos grupos parlamentares tería dado os seus froitos: a cesión de senadores do PSOE a Podemos tería tido como contrapartida a decisión da escadra podemita de non tentar o rexisto dos catro grupos parlamentares comprometidos en campaña co seu eleitorado. En realidade, a oferta do PSOE no Senado era simplesmente un xesto carente de consecuencias práticas, sendo que na Cámara alta a maioría absoluta do PP se bastaba, como así foi, para neutralizar o propósito de Podemos de rexistar nela dous grupos, o propio e o composto polos seus parceiros galegos, catalás e valencianos. O partido dos círculos xa non pon o referendo catalán no frontispicio como liña vermella a non ultrapasar en calquer negociación Os últimos movimentos tácticos de Podemos -dictados polo seu principal estratega, Íñigo Errejón- alimentan o escenario do acordo. O partido dos círculos xa non pon o referendo catalán no frontispicio como liña vermella a non ultrapasar en calquer negociación. Nun documento elaborado pola Secretaría Política do partido, dependente precisamente de Errejón, Podemos prioriza como eixo das eventuais conversas co PSOE a axenda social, desde os despexos até o combate contra a pobreza enerxética. No documento non aparece ningunha alusión directa ao dereito a decidir. Errejón, aparentemente máis partidario do achegamento ao PSOE do que o propio Iglesias, tería achado nas últimas horas o apoio de Compromís e de En Marea, a xulgar polas declaracións dos seus portavoces, Joan Baldoví e Alexandra Fernández, respectivamente. En Comú Podem sería máis refractario, aínda que nas últimas horas quer Xavi Domènech quer Ada Colau teñen deixado entrever que o referendo de autodeterminación vinculante xa non é conditio sine qua non para o pacto. A posición do PSC A posición do PSC podería ser neste sentido chave. É ben lembrarmos que antes da chegada de Miguel Iceta á lideranza do partido, os socialistas cataláns defendían a hipótese dun referendo en Catalunya, sempre e cando fose negociado co Estado. Se Podemos conseguise que Sánchez sintonizase agora con esa posición previa do PSC o acordo para a investidura estaría servido. O referendo inseriríase nunha eventual reforma da Constitución, a realizar nun prazo non moi longo de tempo. Iríamos, pois, a unha lexislatura curta. A lóxica do acordo sería a seguinte: Sánchez conseguiría o seu obxectivo de sobreviver politicamente e Iglesias apresentaríase como o garante e impulsor da Nova Transición, con disposición, aliás, ao diálogo, a mellor plataforma, pensa Errejón, para asaltar a primacía da esquerda nas próximas xerais. |
NOS_36527 | O colectivo 'Aire limpo nas Mariñas-Mandeo', que intentou asistir ao pleno municipal da quinta feira, di que Alberto Platas ten unha postura "obstrucionista" coa loita cidadá e tampouco implica o Goberno local para frear os proxectos que ameazan o Monte do Gato. | A Galiza semella máis unida que nunca ante o que moitos chaman "espolio" eólico. Se nos municipios con máis poboación é habitual que as mobilizacións teñan forza, nesta etapa de ducias de proxectos enerxéticos en carteira, a veciñanza dos concellos máis pequenos en número de habitantes tamén amosa que pode botar un bo pulso porque non está disposta a que as eléctricas destrúan o seu patrimonio natural. É o caso da plataforma cidadá 'Aire limpo nas Mariñas-Mandeo' que nesta quinta feira mobilizou un colectivo de persoas para que foran protestar polo polígono eólico que ameaza o Monte do Gato, en Aranga. Pero as consignas habituais foron a maiores porque a veciñanza acusa o alcalde, Alberto Platas, de caer no "obstrucionismo" á loita contra os aeroxeradores e, en certo modo, deixando facer as grandes compañías. Segundo destacan, o rexedor non foi claro na súa postura en ningún momento. "Non deu un non rotundo, non deu un si rotundo", remarcan. Máis aló desa suposta falta de apoio á causa popular, o colectivo critica a negativa do Goberno local a presentar alegacións pola súa conta para frear a construción dos parques -nun concello no que polo horizonte xa asoman varios muíños- e tamén rexeitou "a declaración de paraxe natural para o Monte do Gato". A poboación considera esta situación "máis grave" malia que Platas comentou que a entidade municipal non era a axeitada para estabelecer esa consideración do lugar que se quere protexer. Nin de forma directa nin indirecta Porén, o que molesta máis á plataforma é que nin haxa movementos desde a Casa Consistorial nin se permita avanzar nas mellores condicións. Polo menos iso é o que entenden cando din que o rexedor é "obstrucionista" ante as demandas públicas. No pleno desta quinta feira para falar da "proliferación dos parques" elixiu estar no primeiro andar do edificio do Concello, din, malia que a oposición e as persoas afectadas estaban un piso máis abaixo sen unha boa conexión a internet que lles permitise seguir unha sesión moi importante. "Obstaculizar a forza da unión veciñal" Non foi a primeira estratexia, destacan, pois denuncian que "o alcalde estivo a empregar artimañas de desgaste, xa que debido á presión veciñal, a principios de maio comprometérase a axudar para pagar os custes de asesoramento técnico e legal" da cidadanía para batallar contra os polígonos enerxéticos. Os cartos sairían das arcas municipais, supostamente, pero non chegaron a recibilos. As respostas foron "sempre diferentes pretextos". No pleno, alegou que "o Concello non pode apoiar a unha plataforma que non sabe si representa a todos os veciños, malia que ese tipo de axudas si se están a conceder a outras iniciativas que interesan só a unha parte da poboación como poden ser as subvencións a actividades deportivas ou culturais". Aliás, lamentan que agora se ofreza atención individual só uns días para "obstaculizar a forza da unión veciñal". En consecuencia, entenden que o Executivo municipal "está a vender o patrimonio natural" da vila ás eólicas. |
NOS_30254 | Ás 00:00 horas do 30 de setembro remata a campaña de recollida de fondos a través da rede para facer realidade o primeiro filme sobre a vida de Moncho Reboiras, a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Unha campaña que arrancou o pasado 1 de agosto e que está moi perto de acadar o obxectivo marcado como óptimo pola Fundación Terra e Tempo, produtora do filme: 20 mil euros. A película estrearase en 2020, con motivo do 45 aniversario do asasinato en Ferrol do militante nacionalista. | A longametraxe Reboiras. Acción e corazón estrearase en 2020, levando a vida de Moncho Reboiras á pantalla. Testemuños de múltiples persoas que o coñeceron serán o cimento da primeira película sobre este militante nacionalista, última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Un filme documental escrito e dirixido por Alberte Mera e producido pola Fundación Terra e Tempo. Para facer realidade este proxecto o pasado 1 de agosto iniciouse una campaña de micromecenado para reunir os 20.000 euros necesarios para ese obxectivo. Unha campaña que remata ás 00:00 horas da vindeira segunda feira, 30 de setembro, e que está moi perto de acadar a cantidade requerida como 'óptima'. A falta de seis días para cumprir o prazo xa se conseguiron grazas ao apoio e chegas de case 400 cofinanciadores e cofinanciadoras máis de 18.000 euros. Todas as persoas que desexen colaborar na produción da longametraxe documental -que suporá un retrato fiel da vida de Reboiras desde a vertente humana e política- poden facelo a través desta páxina web de doazóns, que permite desgravar entre un 30 e un 75% do importe doado. Todas as persoas que colaboren no micromecenado serán consideradas partícipes do audiovisual e serán nomeadas como tal nos créditos. Alén disto, recibirán información puntual sobre os avances dos traballos. Poderán facerse doazóns de 10, 20, 50, 200 e 500 euros. En función da cantidade achegada, as persoas doantes recibirán distintos obsequios. Quen doe 10 euros será mencionado nos créditos do filme; quen doe 20 recibirá en soporte físico o filme e a reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos. Quen se decante por 50 euros, recibirá, alén do anterior, as obras escollidas de Bautista Álvarez en tres volumes e o documentario Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo. Quen opte pola opción de 200 euros, alén do anterior, será recompensado cunha serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdiu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, marzo de 2014, 50x70 cm. Serie limitada. E quen doe 500 euros, a maiores do anterior, poderá asistir a unha sesión de rodaxe para dúas persoas. Inicio da filmación Os traballos de filmación da película comenzaron a inicios de agosto coa gravación en Teo da primeira das entrevistas: a Elvira Souto e Lois Ríos, as dúas últimas persoas coas que Reboiras se atopaba antes do seu asasinato. Os tres estaban xuntos o 12 de agosto de 1975 nun piso de Ferrol cando se decataron da chegada da policía franquista e cando tiveron que emprender a fuxida. Vida e pensamento A memoria de Reboiras, que se converteu moi cedo en destacado membro da Unión do Povo Galego (UPG), daquela como partido na clandestinidade, construirase a través da gravación e recompilación de diversos materiais: con máis de quince testemuños de persoas que o coñeceron persoalmente e partillaron con el vida persoal e ou política; coa recreación de momentos clave na súa vida como a fuxida do 12 de agosto ou os últimos momentos no portal; con materiais de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación para a realización do guión e cos espazos que Reboiras habitou, nos que se realizarán parte das entrevistas e inspirarán os escenarios dos fragmentos reconstruídos. A Fundación Terra e Tempo pon de manifesto que atopa necesario realizar esta peza "para dar a coñecer un anaco da nosa historia recente". "Un exercicio de xornalismo, investigación e creación cinematográfica que facilita o acceso cidadán a arquivos históricos e impulsa a investigación do noso pasado e presente". |
NOS_9952 | De Guindos confirma que en 2013 o PP encarecerá o IVE e os tributos indirectos e reducirá as cotizacións sociais. | O presente, e terríbel , 2012 terá ameazante continuación en 2013. Ou esa é a intención do PP, segundo se entende do anuncio realizado tras o consello do goberno español polo ministro de Economía, Luis de Guindos, que sen moverse unha coma do dogma neoliberal da dereita e os mercados adiantou que o ano que vén seguirán aplicando a política de encarecemento da vida para as clases medias e baixas para así cumpriren coa redución de déficit público que lle exixe o poder financeiro. Os plans do goberno de Mariano Rajoy pasarán pola suba do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), a dos impostos indirectos -como os que gravan o alcol, a gasolina ou o tabaco- e unha nova redución das cotizacións sociais. Con todo iso esperan acadar unha recadación "extra" de 8.000 millóns de euros, cifra que diversas fontes cren que se podería conseguir, ben multiplicada, cunha simple reforma fiscal que afectase ao peto das clases máis altas. O consello de Ministros tamén presentou un chamado Plan Nacional de Reformas polo cal se atreveu a sinalar que se crearían perto de "dous millóns de postos de traballo". De Guindos incluso indicou que deses hipotéticos empregos, 1,7 millóns serían grazas á Reforma Laboral, malia que o mesmo día o estado español alcanzou o seu teito de desemprego coa nova norma xa en marcha. |
NOS_34812 | As catro décadas que transcorreron entre a emblemática, decisiva publicación de Con pólvora e magnolias e a actualidade supuxeron a definitiva entrada da poesía galega na contemporaneidade. Ou, segundo non poucas voces críticas, na súa idade de ouro. Un congreso organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e na que participarán máis de trinta escritoras e escritores, reflexionará sobre o estado do xénero. | Cunha variación do célebre verso de Xohana Torres -Nós tamén navegar- como título, seis mesas de debate e un recital entre o venres 6 e o sábado 7 de outubro en Pontevedra servirán para tomarlle o pulso ao xénero. "A poesía galega é unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria", sinalan os promotores do encontro, "pero padece certa invisibilidade social. Cómpre este congreso para debater sobre as súas perspectivas e ser punto de encontro". Tras a inauguración a cargo do presidente da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias e da concelleira de Cultura Carme Fouces, os debates do venres 6 de outubro empezarán cun repaso sobre os últimos 40 anos, coordinado por Marta Dacosta e no que falarán Helena Villar, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño. Despois, Afonso Becerra coordinará a Miguel Sande e Silvia Penas para tratar sobre o "teatro e outras de comunicación do poético". Un concurrido recital presentado por Lucía Novas e con música de César Morán pechará esta primeira xornada con lecturas de Rosalía Fernández Rial, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, María do Cebreiro, Baldo Ramos, Ana Romaní, Daniel Salgado, Susana Sánchez Arins, Dores Tembrás e Vítor Vaqueiro. As catro mesas do sábado 7 de outubro completarán o programa. As relacións entre pedagoxía, ciencia e poesía centrarán as reflexións de Ramón Caride, Ramón Nicolás e Estíbaliz Espinosa, ao coidado de Mercedes Queixas. Ramiro Torres dirixirás as discusións sobre tradución que xuntará María Reimóndez, Raúl Goméz Pato e Tiago Alves. A crítica tamén será obxecto de controversias ou acordos da man de Chus Nogueira, Vicente Araguas, Teresa Seara e Mario Regueira. Pechará Nós tamén navegar un debate co epígrafe Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades e do que farán parte, coa coordinación de Carlos Negro, Fran Alonso, Antía Otero e Celia Parra. |
NOS_32007 | No 80 cabodano do levantamento fascista a portavoz nacional do BNG participou nun acto de homenaxe ás vítimas da represión na Coruña. | Ana Pontón, a voceira nacional do BNG, participou esta segunda feira (18 de xullo) nun acto de homenaxe ás vítimas da represión franquista organizado na Coruña e cuxas intervencións políticas tiveron lugar detrás dunha morea de sacos de area que lembraban as trincheiras da resistencia antifascista. Temos a obriga de acabar coa lousa de silencio que impuxo Feijóo nestes 7 anos Alí, fronte ao Teatro Rosalía, símbolo da defensa da legalidade republicana, Pontón defendeu a creación dunha Lei de memoria histórica galega que, dixo, o BNG incluirá no seu programa electoral de cara ás eleccións de outono ao Parlamento de Galiza. "Temos a obriga de acabar coa lousa de silencio que impuxo Feijóo nestes 7 anos poñéndose do lado dos que cometeron os crimes", afirmou, a respeito da inacción do executivo galego na recuperación da memoria. Na Galiza foron asasinadas 4 mil persoas após o golpe de estado de 1936, mulleres e homes asasinados e represaliados polas forzas franquistas e para quen o Estado español decidiu "cubrir a verdade con silencio" nos últimos anos. Un feito "vergoñento", calificou. E é que o Reino de España contitúe, após Camboia, o territorio do mundo onde máis persoas se atopan soterradas en foxas comúns sen escavar. O Estado español é, após Camboia, o territorio do mundo con maior número de vítimas soterradas en foxas comúns Fronte a isto, Ana Pontón, defendeu unha lei que "garanta o acceso a todos os arquivos, axudas para as asociacións da memoria histórica, que apoie a investigación dos crimes do franquismo e a localización das foxas comúns". No acto tamén estiveron presentes a concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira quen puxo en valor o traballo desenvolvido pola veciñanza coruñesa "para facer valer a liberdade e a democracia". Pola súa banda, a historiadora Begoña Gómez Amigo fixo un relato dos feitos nos primeiros días do levantamento que, parafraseando a Celso Emilio, deu paso "a unha longa noite de pedra". Aliás, a deputada provincial Ánxela Franco defendeu "o dereito a coñecer a nosa propia historia" a respeito dos crimes fascistas que tildou de "xenocidio". |
NOS_50195 | Sexta edición de "Afinidades selectivas" e catro propostas de diálogo na arte contemporánea nesta iniciativa que se consolida no panorama expositivo de Vigo. Docentes e alumnado de Belas Artes atópanse fóra das aulas, en parellas que establecen comunicación coas súas propostas artísticas. | Ata o 14 de xullo a Casa Galega da Cultura ten as súas portas abertas abertas para acoller a sexta edición de "Afinidades selectivas", un particular diálogo artístico que se establece entre docentes da Facultade de Belas Artes con artistas que pasaron polas súas aulas. Por parellas, confrontando obras, esta proposta consolídase no panorama artístico da cidade como unha iniciativa singular que fai partícipe á Universidade da actividade cultural de Vigo. Desta volta, a artista Almudena Fernández é a comisaria dun novo encontro que xunta a Berta Cáccamo con Mar Vicente, Chelo Matesanz canda Natalia Umpierrez, X. M. Buxán da par de Alex Mene e Yolanda Herranz xunto a Basilia Fiestras, catro propostas nas que compre adiviñar ou achegarse as súas afinidades, por veces evidentes, por veces case intuídas. Berta Cáccamo, Chelo Matesanz, X. M. Buxán e Yolanda Herranz son os docentes que a comisaria escolle que, a súa vez, actúan como co-comisarios ao seleccionar a persoa que pasou polas súas aulas a quen se sinte unida por vencellamentos ou proximidades. Desta maneira, xorden as parellas artísticas, as obras en comunicación, por veces en diálogo interxeracional aínda que a idade non é aquí un determinante da propia obra. Propostas contemporáneas todas, con sinal de identidade que fala dunha pluralidade de soportes, materiais e linguaxes creativas. Acumulación e collage que emparentan a obra de Chelo Matesanz e a súa exalumna Natalia Umpiérrez. Pintura contemporánea nas obras de Berta Cáccamo e a súa exalumna Mar Vicente. Conceptualidade a través de distintos materiais, ben palabras, ben gominolas, nas obras de Yolanda Herráz e Basilisa Fiestras. Finalmente, a proposta de maior "afinidade", a que levou ao profesor X. M. Buxán e seu alumno Alex Mene a presentar unha obra conxunta, unha montaxe de composta por retratos fotográficos antigos e pratos de cerámica que foron atopando en rastros e tendas de caridade, evocando un espazo doméstico. |
NOS_19060 | O 30 deste mes, na planta da Coruña e con ofrecemento para ser secundada en San Cibrao e Avilés. | Os traballadores e traballadoras de Alcoa na Coruña manteñen a vaga de mobilizacións na defensa da continuidade da factoría e dos postos de traballo. Esta segunda feira hai convocada unha concentración ante a Delegación do Goberno na Coruña para demandar a adopción de medidas por parte do executivo español. E, apunta Europa Press, para a sexta feira, 30 de novembro, haberá unha folga de 24 horas na planta da Coruña, con ofrecemento a ser secundada polas factorías de San Cibrao e Avilés. O comité de empresa de Alcoa na Coruña reclamou a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais entre empresas e traballadores, para decidir onde debe constituírse a mesa de negociación. Ademais, insta o goberno español a tomar medidas. Fronte común A CIG vén de solicitar por escrito ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Industria e a todos os grupos con representación no Parlamento galego que "dean cumprimento inmediato á declaración institucional aprobada no Parlamento galego e inicien os trámites oportunos para a constitución dunha fronte común na que abordar propostas para evitar o peche da fábrica de Alcoa e avanzar na creación dun marco enerxético estábel para a industria electrointensiva". |
NOS_32153 | A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este sábado en Pontevedra o arquitecto pontevedrés Alexandre de la Sota, a quen lle dedicou este ano o Día das Artes Galegas. | Este sábado, 14 de abril, o Teatro Principal de Pontevedra acolle ás 19h un acto solemne de homenaxe a Alexandre de la Sota promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes, que este ano homenaxeou no Día das Artes Galegas o arquitecto pontevedrés. Participarán do acto o presidente da Xunta; Alberto Núñez Feixóo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e mais o decano do Colexio de Arquitectos de Galiza, Antonio Maroño. Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, será o encargado de abrir a homenaxe. Intervención que seguirá o vicepresidente da entidade, Celestino García Braña, que lerá a glosa dedicada a De la Sota. A Real Academia Galega de Belas Artes programou actividades complementarias para homenaxear o arquitecto, que van desde a exposición que se inaugurou este mediodía na praza da Ferraría de Pontevedra até un ciclo de conferencias sobre a súa obra arquitectónica. A mostra, promovida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, en colaboración coa Academia, vén completar a exposición instalada no Museo de Pontevedra e visitará outras cidades do país. "Un dos máis notábeis arquitectos" a nivel estatal A entidade afirma que De la Sota é "un dos máis notábeis da arquitectura" a nivel estatal do século XX, e "quizais o máis singular de aqueles que vincularon a súa estratexia creativa ao Movemento Moderno". Coa elección de De la Sota, a Academia engade "un chanzo na construción daquela escaleira que ascende ao imaxinario da arte actual na Galiza, de modo singular o da súa arquitectura, e esta elección contribúe a iso, pois a súa figura sitúaos ao bordo mesmo do século XXI". "Nas súas Historias da Arquitectura, autores tan notábeis como Leonardo Benévolo, Kenneth Frampton, William Curtis ou V. Magnago Lampugnani, só por citar as máis difundidas, dan boa conta do seu excepcional labor creativo", acrecenta a entidade, que salienta que "ademais de artellar un modo de pensar a arquitectura desde as circunstancias específicas do seu presente, influíu poderosamente nas xeracións posteriores". Como proba, alude ao "número interminábel de textos comentando o seu pensamento e obra e a cantidade de teses doutorais que tratan de desentrañar toda a riqueza creativa contida nos seus edificios". Día das Artes Galegas Aínda que o Día das Artes Galegas ten como data oficial o 1 de abril, ao coincidir cos festexos de Semana Santa e en domingo, decidiuse adiar o acto institucional até este sábado. O Día das Artes Galegas foi instituído en 2015 pola Real Academia Galega de Belas Artes. Antes de De la Sota, o Mestre Mateo, Castelao e Maruxa Mallo foron os persoeiros distinguidos. O membro da Academia Galegas de Belas Artes e presidente da asociación Amigos dos Museos, Felipe-Senén López Gómez trazou, para o semanario Sermos Galiza, un perfil do homenaxeado. |
NOS_47419 | O ano solidario comeza sempre co Implícate, que terá lugar o domingo 10 de xaneiro cun espectáculo solidario protagonizado na banda musical por Caxade, Os da Ría e María Manuela. | Trátase da décimo primeira edición do Implícate, un espectáculo xa consolidado no calendario, tanto polo seu proxecto solidario como polo nivel artístico que amosa ano tras ano. Será a iso das 20.30 horas do 10 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. E ademais da música de Caxade, Os da Ría e María Manuela, haberá teatro da man de A Panadaría e Pedro Brandariz, danza con Ánxela Blanco e poesía da man de Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo. Serán presentados por Yolanda Castaño e Marga Pazos Este ano a temática do Implícate centrarase na campaña Suma, que Implicadas lanza en 2016 mediante unha aplicación de móbil para que as persoas poidan entender en termos máis tanxibles o que a súa colaboración coa organización significa para a transformación das estruturas de explotación Norte-Sur. A aplicación Suma, que consta de tres partes (Suma Coñecemento, Suma Tempo e Suma Fondos) presentarase no Implícate e actuará de fío condutor. |
NOS_3237 | A selva amazónica bate récords de deforestación: a súa apertura á minaría e á agricultura industrial están a acelerar un proceso con consecuencias planetarias. A vixilancia satelital é chave para coñecer o alcance e o ritmo da catástrofe, mais o avance científico é simple escusa para o discurso chauvinista do Goberno Bolsonaro. | Na campaña electoral que en 2018 levou a Jair Bolsonaro á presidencia do Brasil prometeu que abriría a Amazonía ao desenvolvemento comercial, incluída a minaría e a agricultura industrial, en detrimento das poboacións orixinarias e da conservación ambiental. Así foi que unha das súas primeiras medidas foi transferir da Fundação Nacional do Índio (Funai) ao Ministerio de Agricultura a competencia de identificar e demarcar as terras indíxenas. En decembro pasado coñecíase un dos informes máis clarificadores sobre as súas políticas: cun total de 11.088 km2 deforestados, o período de medición de agosto de 2019 a xullo de 2020 foi o de maior devastación da selva amazónica desde 2008. Ese informe foi elaborado polo Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (INPE), que na madrugada do pasado domingo celebraba o lanzamento do Amazonia 1, "o primeiro satélite de observação da Terra completamente projetado, integrado, testado e operado pelo Brasil". O proxecto fíxose en colaboración coa Agência Espacial Brasileira (AEB), organismos dependentes do Ministério da Ciência, Tecnologia e Inovações. Ciencia vs. política Desde a Presidencia brasileira púxose o foco no aspecto patriótico da súa produción e desenvolvemento ─Bolsonaro colgou no Twitter unha montaxe promocional usando unha imaxe da Liga da Xustiza, de DC Comics, tal e como recollía onte, 1 de marzo, O Globo─ e non tanto na súa misión. Isto é, segundo o INPE, o "monitoramento ambiental e da agricultura em todo o território brasileiro" alén da "região costeira, reservatórios de água, desastres ambientais, entre outras aplicações". A principal desas "outras aplicações", malia non o citar expresamente na nota de prensa, é o control da deforestación. De feito, a vixilancia satelital da Amazonía, pulmón do Planeta pola súa capacidade para absorber millóns de toneladas de CO2, é unha das funcións chave do INPE. "Produção nacional, desenho nacional, indústria nacional", salientou tamén o ministro da Ciência, Tecnologia e Inovações, Marcos Pontes, noutro discurso patriótico en Twitter. Porén, o desenvolvemento do Amazonia 1 remóntase a 2008, con Lula da Silva no Palácio do Planalto; e da súa posta en órbita encargouse a axencia espacial india cun foguete lanzado desde o centro espacial de Sriharikota. Canda ao Amazonia 1 viaxaban outros 18 satélites, da India e dos EUA. O brasileiro ficará nunha "órbita de 750 km de altitude e passará pelo Brasil a cada cinco dias, fotografando o solo com uma câmera capaz de observar uma faixa de aproximadamente 850 km com 60 metros de resolução", explicou o INPE. Os datos que achegue "estarão disponíveis tanto para comunidade científica e órgãos governamentais quanto para usuários interessados em uma melhor compreensão do ambiente terrestre". Porén, o Amazonia 1 ─o primeiro dos tres satélites que formarán Missão Amazônia─ poderíase converter en simple testemuña da paseniña morte da maior selva tropical do Planeta, afectando non só os seus habitantes (a comezos de ano os líderes indíxenas Raoni Metuktire e Almir Narayamoga denunciaron a Bolsonaro na Corte Penal Internacional por crimes de lesa humanidade), senón tamén a circulación das correntes oceánicas e o clima mundial. Á venda en Facebook A situación é crítica, denuncian organismos internacionais e ONG ambientalistas. E as políticas mercantilistas do Goberno Bolsonaro están a agravar a situación, din. Esta mesma fin de semana estreouse o documental Amazônia à venda: o mercado ilegal de áreas protegidas no Facebook (accesíbel en YouTube), baseado na investigación do xornalista brasileiro da BBC João Fellet. Segundo constatou, o impulso gobernamental dado á produción agrícola masiva levou numerosas persoas a invadir zonas da selva amazónica e tallalas para despois vendelas como pasto, mesmo a través de anuncios no Facebook. Na actualidade, tan só as áreas públicas deforestadas até 2014 poden ser regularizadas, mais a chamada bancada ruralista e mais o Goberno traballan nun proxecto de lei que prorrogaría este prazo. É dicir, daría validez a esta actual apropiación de terras da Amazonía, algunhas situadas mesmo en áreas protexidas. Un satélite ruso controlará case a tempo real o desxeo no Ártico, última fronteira enerxética Case ao mesmo tempo que o Amazonia 1 era posto en órbita, tamén Rusia lanzaba ao espazo outro satélite, o Arktika-M. Un segundo Arktika-M uniráselle en 2023 e xuntos ofrecerán datos constantes sobre o Ártico, segundo informou a axencia espacial rusa, Roscosmos, a través de Twitter. En concreto tomará imaxes cada 15-30 minutos, algo que os satélites que orbitan o ecuador terrestre non poden facer, explicou o organismo ruso. O quecemento do Ártico nas últimas tres décadas aumentou ao dobre de velocidade que no resto do Planeta. O deterioro climático, sumado ao avance tecnolóxico, fixo crecer o interese das potencias na zona pola súa exploración: co desxeo ábrense novas rutas de comunicación marítima e, sobre todo, a posibilidade de acceder aos ricos recursos enerxéticos que contén o seu subsolo. |
NOS_58138 | Unha vivenda en Ourense e un edificio en Miño tamén sufriron os efectos do fogo. | Un home perdeu a vida na localidade de Vilalba, na comarca da Terra Chá, tras incendiarse a súa vivenda por completo no lugar de Sixto. Dous incencios en Bolo (Valdeorras) e Vigo calcinan habitacións en vivendas Segundo trasladou o 112 Galiza, os feitos sucederon sobre as 20 horas deste sábado. A esa hora, a central de emerxencias recibiu a chamada de varias persoas particulares e tamén da Garda Civil, que informaban deste incendio. Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Galiza puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil, así como dos servizos sanitarios. O incendio forestal no municipio de Arbo, na Paradanta, avanza sen control e xa queima 230 hectáreas Xa no punto, os bombeiros atoparon o corpo sen vida do home no interior da casa, que resultou totalmente calcinada e o tellado e as paredes colapsaron debido aos efectos do fogo. Ademais, tamén foi necesaria a intervención dun retén do distrito forestal da zona para controlar que o incendio non chegase ao monte. Incendio nun salón de Ourense Por outra parte, o 112 Galiza tamén informou dun incendio que calcinou o salón dunha vivenda en Ourense. En concreto, na rúa do Castelo Ramiro. Dúas persoas necesitaron asistencia ao resultar intoxicadas por inhalar fume e sufrir queimaduras polo que tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia. Serafín González (SGHN): "Coa calor os solos liberan CO2 adicional á atmosfera" O fogo, que se iniciou sobre as 2 horas da madrugada deste domingo, calcinou o salón do domicilio e o fume afectou o resto da casa. O 112 Galiza mobilizou até o lugar aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local, a Protección Civil e a Urxencias Sanitarias da Galiza-061. Edificio desaloxado en Miño Tamén na madrugada deste domingo o 112 Galiza tivo coñecemento dun incendio nunha terraza dun edificio da rúa Carreira, na localidade de Miño, na comarca de Betanzos, polo cal tiveron que desaloxar o inmóbel, de seis plantas, como medida preventiva. Segundo trasladou a central de emerxencias, o fogo, que se iniciou sobre as 4 horas, calcinou unha cuberta na primeira planta e tamén afectou as xanelas dunha vivenda no segundo piso. Os xestores do 112 Galiza requiriron a intervención dos Bombeiros de Betanzos, da Garda Civil e do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061. |
PRAZA_11393 | Resulta moi preocupante que mentres as sinais de que estamos as portas dunha nova crise son cada vez mais contundentes altos responsables políticos españois, todos aspirantes a gobernar logo do 10N, e tamén galegos segan negando estas evidencias | Resulta moi preocupante que mentres as sinais de que estamos as portas dunha nova crise son cada vez mais contundentes altos responsables políticos españois, todos aspirantes a gobernar logo do 10N, e tamén galegos segan negando estas evidencias. Resulta moi preocupante pois parecera que imos cara os mesmos e graves erros que se cometeron nos anos 2008 e 2009 cando coa crise financeira chamando a porta os gobernos español e galego seguían repetindo aquilo de que España e Galicia estaban na mellor posición para evitala crise. E logo pasou o que pasou, que a improvisación e as malas prácticas converteron o que era unha crise financeira nunha grande recesión cos efectos e as consecuencias de todos coñecidos e sufridos.Por que si, estamos as portas dunha nova crise. Unha crise, nembargante, diferente a anterior por que agora, en termos macroeconómicos, estamos diante dunha crise de oferta, de ingreso que non de gasto, de produción que non de consumo. Unha crise na que se acumulan os riscos.En primeiro lugar está a guerra comercial Estados Unidos-China que fai cambalear a economía mundial. Esta guerra comercial entre as dúas primeiras potencias está xa afectando a comercio de outras economías relevantes, velaí o caso de Alamana a terceira potencia comercial do mundo que está as portas dunha nova recesión. Tamén está afectando a produción mundial xa que por mor desa guerra comercial grandes multinacionais estadounidenses e chinas vense obrigadas a buscar novas cubicacións cos efectos recesivos conseguintes na produción por mor dun alza nos custos de produción. Estamos, xa que logo, diante dunha guerra comercial que se vai a estender a toda a economía mundo e que vai ter efectos recesivos no comercio e a produción mundiais. Unha guerra comercial que carrexará "consecuencias non desexables" como por caso o auxe da fame no mundo xa que os países mais vulnerables nun 90% dependen do comercio internacional de alimentos que se verá afectadas pola guerra comercial.Outro dos factores de risco está no impacto que as novas tecnoloxías ten na produción mundial. O grande desenrolo das novas tecnoloxías (vid. ALBINO PRADA: Crítica del hiper-capitalismo digital. Editorial fundación 1º de mayo) está provocando elevados desaxustes produtivos en moitas e relevantes empresas que non parecen quen de axustar a súa produción as novas realidades tecnolóxicas. En moitos casos por mor de que estas empresas maioritariamente en vez de investir as súas ganancias en mellorala súa competitividade destináronas a compra de accións.Esta ultima practica das grandes empresas impacta nos mercados financeiros pero neste caso non afecta ao bancos, como pasou na crise de 2008, senón que agora atinxe a Bolsa. A burbulla especulativa sobre a que veñen cabalgando as grandes empresas que, como sinalaba, preferiron investir en Bolsa antes que en melloras na produtividade, vai rematar estourando e provocando desequilibrios relevantes nos balances daquelas por unha caída no valor das súas accións. Desequilibrios de capital que terán, con toda seguridade, efectos recesivos sobre a produción e negativos sobre o emprego. As reformas laborais neoliberais lles facilitarán unha saída a costa de disparar o desemprego.Centrándonos en Europa a nova crise verase estimulada ademais non so polos efectos negativos do Brexit sobre o comercio interior senón, fundamentalmente, polo esgotamento das irresponsables políticas seguidas hasta agora na Eurozona. A aposta exclusiva polas políticas monetaristas derivou nun grande enfeblecemento económico que está afectando xa a produción. Os efectos negativos do Brexit virán tanto pola vía do comercio como polo feito de que os mercados financeiros británicos tiveron ata agora un papel relevante no mercado de capitais europeo e o Brexit seguramente fará que diminúa a liquidez en Europa.Tampouco se debe menosprezar o impacto que no mercado mundial do petróleo está provocando a agresiva política ofensiva dos Estados Unidos contra Irán e Venezuela. Dado o peso que estes dous países teñen na produción e no comercio mundial de petróleo de ir a mais a tensión os efectos sobre o mercado da enerxía serán inmediatos. Non hai moito que subliñar sobre o risco que unha suba relevante no prezo do petróleo tería para a economía mundial.Neste contexto e no que fai referencia a España sería desexable que os partidos que aspiran a gobernar logo do 10 N expuxeran con claridade as súas alternativas diante do que se anuncia como eminente. Pero, saben que estamos as portas dunha nova crise? |
NOS_6120 | "A Cidade da Cultura é divertida até certo punto. Despois, resulta dramática". Con estas palabras o clown Leo Bassi resumiu hoxe as sensacións que lle produce o complexo cultural do Monte Gaiás. A chanza, o humor e o bizarrismo zumegan de cada unha das pedras do descomunal espazo baleiro. Do despropóstio nace a parodia e o riso, mais o drama para Bassi xorde cos millóns gastados nun conxunto que definiu, reiteradamente, como "brodio produto da megalomanía". | Un "brodio" que soñou o ex presidente Fraga a finais dos noventa, ideou o arquitecto Peter Eisenman e que seguiu a medrar entre o desconcerto da cidadanía até hoxe, día en que o Bassibus subiu ao Gaiás coa intención de denunciar, máis unha vez, o disparate. Entre néboas e ao son que Los Limones lle compuxeron á campaña de Núñez Feijóo en 2009, o autobús comandado polo pallaso italiano subiu até o Monte Gaiás. Polo camiño, Bassi quixo explicar, despois de dedicarlle unhas palabras ao ex-alcalde compostelá Gerardo Conde Roa ao pasar por diante do seu domicilio, o sentido da visita e do conxunto da súa carreira artística. "Son un bufón e os bufóns empregan o humor para ir en contra da xente que fixo inxustizas", lembrou. Nesa visita, a "inxustiza" chamábase Cidade da Cultura, un complexo que, a ollos do bufón, é "un profundo erro económico, cultural e mesmo espiritual". Bassi, aínda entre os asentos do bus, tamén quixo explicar que todos os seus espectáculos son "libres" na medida en que non recibía axudas públicas. "Nunca traballo con subvencións porque limitan a creación. As subvencións nunca son gratis. Eu mantéñome á marxe", sentenciou o clown antes de lles presentar aos espectadores da súa singular visita performática os seus convidados. O primeiro en falar foi o xornalista Ramón Chao, quen quixo acompañar a Bassi na súa subida ao Gaiás e quen reflexionou sobre a importancia de Prisciliano na historia. "Isto podería ser un gran centro priscilianista", asegurou Chao. Tamén estaban presentes Xesús Redondo Abuín, membro da plataforma Cultura Si, Mausoleo Non; e Xesús Domínguez, voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes. O católico Eisenman e o seu gusto pola dereitaXa na Cidade da Cultura, Leo Bassi iniciou a súa visita baixo as torres Hejduck e cargando contra o arquitecto que ideou o complexo. "Eisenman, que é un arquitecto católico e conservador, aseguraba en varias entrevistas que prefería traballar coa dereita, porque a esquerda ten comisións, fai preguntas e coa dereita todo é máis sinxelo. Por iso Eisenman chamaba a Fraga cliente e non o trataba como un presidente", sinalou Bassi antes de explicar tamén o seu punto de vista sobre o traballo do arquitecto. "El di que é unha fusión entre a forma de vieira, o casco antigo de Santiago proxectado sobre o monte e os eixes da rede cartesiana. E cal é o resultado? Un brodio!", exclamou entre os risos do público. Pola súa banda, Abuín asegurou que o arquitecto embolsárase na primeira entrega "un millón de euros" e que aínda "quedan pendentes outros moitos". Competencia para a CatedralA visita performática chegou ao seu momento solemne cando Bassi se transfigurou no bispo de Roma. Calzando a indumentaria papal, o clown representou unha nova inauguración do complexo. Cambiándolle o nome tanto á Fundación Cidade da Cultura -que pasou a chamarse Fundación Atrocidade da Cultura- como ao propio Gaiás -que se rebautizou como Mausoleo Manuel Fraga-, o ficticio santo padre descubriu un cartaz conmemorativo perante a atenta mirada dun vixilante, preocupado pola posibilidade de que o estraño visitante colgase o cartaz directamente sobre a pedra. "Ninguén me trouxo en 2010 a este lugar, non quería que vise esta competencia á catedral, este intento de catedral laica", lamentou o papa Bassi, aplaudido con devoción pola súa freguesía. Ás portas da Biblioteca de Galicia, Bassi continuou coa súa denuncia criticando a creación deste "brodio". "Esta é a típica historia do caciquismo e megalomanía do PP", explicou Bassi, quen tamén lamentou que non se chegase a paralizar a súa construción durante o bipartito. "Isto é unha gran vergonza. Aquí hai quen di que se enriquece a cultura. Non se enriqueceu, empobreceuse", seguiu laiándose un Bassi que quixo asegurar que no complexo "xa se gastaran 475 millóns".O caso das preferentes E desa vergonza con forma de macrocomplexo cultural, o bufón italiano quixo pasar a outra con nome de participación preferente. Entre os andeis a medio encher da gran Biblioteca do Gaiás, Leo Bassi interesouse polo caso das persoas estafadas por este produto de risco bancario e entrevistou perante o seu público a Xesús Domínguez, da Plataforma de Afectados das Preferentes, quen achegou as cifras desta "vergonza". "As preferentes e as subordinadas vendéronse, sendo produtos de risco, como fondos de depósitos de prazo fixo. Enganouse a xente, que realmente firmou unha doazón aos 50 bancos que as vendían", explicou Domínguez, quen lembrou que en Galiza hai máis de 100.000 afectados e que en todo o estado se venderon perto de 35.000 millóns en preferentes. "Deses cartos e grazas ao decreto aprobado polo Goberno de Rajoy, vánselle regalar á banca 25.000 millóns", denunciou Domínguez perante un Bassi que xa fixo os seus propios cálculos. "Se o Gaiás custa perto de 500 millóns, a estafa do preferente representa 50 Gaiás. E faise todo con impunidade! A miña alma de bufón non o pode aceptar", explicou o italiano. A visita rematou coa plantación dun carballo nunha das rotondas da Avenida Manuel Fraga, vía que lle dá acceso á Cidade da Cultura, e cunha conclusión por parte Bassi sobre o futuro do complexo de Eisenman. "Este lugar pode ser como o Val dos Caídos, como a imaxe dun ditador. Quedará como o reflexo dunha mentalidade", concluíu o clown, deixando atrás unha Cidade da Cultura perdida entre a chuvia e a néboa. |
NOS_46857 | Un paseo polo meandro do Sil. | Viaxamos até o río Sil no concello de Quiroga e propomos desta volta unha ruta circular, aínda que sería máis acertado dicir que ten forma de bágoa. Sete quilómetros e medio que parten da aldea de Montefurado para coller logo as pistas que acompañan a revolta que fai o río Sil na que os romanos furaron o túnel que desde aquela dá nome á zona. Aldea de Montefurado Visita obrigada para calquera que goste da arquitectura popular ou da relixiosa, ben ao comezo ou ao remate do paseo. A aldea está construída sobre unha explotación aurífera. Para facerse co ouro empregábase o método da ruína montium ou arrugia, que consistía en realizar galerías horizontais e verticais nas que se provocaba unha forte inundación que derrubaba o monte. Logo, para extraer o prezado mineral con máis facilidade, a mestura de pedras e terra levábase até as canles de lavado en que se procuraba o ouro. Na entrada de Montefurado aínda se poden observar as pegadas que esta práctica mineira deixou sobre o lugar. Outro aspecto da arquitectura popular para admirar é a construción das casas, mais tamén dos valados ou cortes, en que se mesturan as pedras planas de xisto coas redondas ou ovaladas moldeadas polo río. Unha fermosura de combinacións de formas e de cores que dan pistas do substrato da zona, que se pode ir descubrindo a cada paso polas rúas da aldea. Outro elemento para admirar son os esgrafiados ou mouriscos, técnica de reboco das paredes que xogando coas capas de barro e cal dá como resultado atractivos deseños que adornan as casas. Na aldea hai unha intervención efectuada polo Consorcio da Ribeira Sacra que pretende recuperar esta técnica e ligala ao desenvolvemento turístico. Trátase da 'casa do carteiro', que ten na fachada que dá ao camiño un reboco con perpiaños finxidos e outro cara á fonte con esgrafiados de deseños lenticulares. Porén, a obra que máis sobresae é a igrexa de San Miguel. O que máis resalta do templo son as súas dimensións e a súa cor. Esta última débese á oxidación producida polas impurezas metálicas da 'pedra cabeleira' que é a rocha coa que se construíu. De estilo barroco, destaca a súa elegancia arquitectónica e o seu tamaño. Foi lugar de culto moi importante no seu momento por atoparse no Camiño de Inverno a Santiago de Compostela e estase a recuperar na actualidade. Sabor agridoce deixa esta visita pola cantidade e diversidade de patrimonio pero polo pésimo estado de conservación do seu conxunto que ben merecería unha intervención integral. O monte furado A aldea que deixamos atrás debe o seu nome ao gran burato que os romanos construíron na parte máis estreita da revolta que fai o río Sil na Pena do Corvo. Unha vez realizada esta obra duns 120 metros de longo e 20 de ancho, o río tomou ese atallo que permitiu explotar o ouro do seu leito e empregalo para aproveitar os sedimentos. Na actualidade o túnel ten pouco máis de 50 metros debido ao derrubamento producido en 1934. No inverno, cando hai enchentes, pódese apreciar aínda como era o fluír natural do Sil, xa que o túnel construído non permite o paso de todo o caudal do río que recupera o seu camiño orixinal. Do patrimonio cultural ao natural Se o patrimonio material construído é variado, os valores naturais da zona son enormes. Continúa a ruta baixando pola estrada até chegar a unha pequena ponte con varandas de ferro. Porén, non hai que ter présa. É un bo lugar, a ponte, para parar un intre e atender a biodiversidade. Cun pouco de sorte poderemos observar o picapeixe, lavancos ou bandos de úbalos bulideiros que no inverno se alimentan nos ameneiros. Se abrimos as orellas seguro que escoitamos o petar do peto real, o paporroibo ou o merlo en calquera época do ano ou o variado cantar da folosa amarela e o reiseñor se facemos o camiño nos meses cálidos. Cruzada a ponte collemos a pista de terra á esquerda e baixo unha grande sobreira comezamos a subir. A ruta pola retorta do Sil é unha colaxe de árbores e micro paisaxes. Pódense atopar cultivos con vides, oliveiras e castiñeiros, pero tamén bosque de ribeira e monte baixo cunha gran cantidade de especies arbóreas. Se temos na casa unha guía de árbores da Galiza e queremos darlle bo uso é o lugar; salgueiros, aciñeiras, ameneiros, sobreiras, castiñeiros e oliveiras son só algunhas das especies a descubrir. Outro tanto no referido á flora máis miúda; lavanda, torvisco, rañacús e estebas dan unha idea da diversidade natural do espazo ao tempo que enchen de recendos e cor o camiño. Pola mesma pista bordeamos o meandro e ao chegar ao alto atopamos unha zona cunha boa cantidade de oliveiras das que se recollen as olivas para elaborar o prezado e saboroso aceite de Quiroga. Estamos xa na parte alta da ruta e podemos gozar dunha panorámica do meandro que intuímos baixo a orla do bosque de ameneiros. Na baixada comezan a aparecer vides, entre as que mesmo podemos atopar algunha amendoeira. Ao chegar ao fondo do camiño, imos dar co vello leito do río que podemos cruzar pola pista que deixa unha gran lagoa á esquerda. Se facemos o paseo no verán, pode que escoitemos barullo na auga, non hai que asustarse. É unha colonia de sapoconcho riscado que alí habita e ante a nosa presenza escorrentan como poden, saltando á auga desde o alto das rochas e troncos nos que se solean, semellando que alguén está a tirar pedras á poza. Nese mesmo lugar, achegándonos á auga, poderemos observar grandes cantidades de especies invasoras como caranguexos americanos ou gambusias. Na subida, de novo baixo sobreiras, á beira do camiño hai gran cantidade de buracos con excrementos, son indicios da presenza do teixugo do que tamén poderemos atopar as súas características pegadas. Unha vez chegamos á estrada asfaltada recoñeceremos o camiño polo que xa pasamos e que só teremos que desandar até a aldea de Montefurado da que partimos. |
NOS_31768 | As marcas gravadas nas laudas sepulcrais do cemiterio medieval de Santa María a Nova de Noia son un prodicio de conservación | Só no cemiterio medieval de Santa María a Nova de Noia veredes un bo conxunto destas marcas perdidas. Están gravadas nas antigas laudas sepulcrais dos comerciantes e artesáns, pero eran de uso corrente na Idade Media e Moderna en toda Europa, mesmo así poucas sobreviviron. Estas de Noia son un prodixio de conservación, talladas en pedra forman o monumento do protodeseño máis relevante da Galiza. Porque nada hai nelas que veña dos atlantes, dos cátaros ou dos templarios, non hai alí nada de esotérico: son signos de identidade persoal, a maioría de artesáns ou mercadores que pintaban, riscaban, ou trazaban estas marcas nas súas ferramentas, pero tamén nas súas producións ou embalaxes en pacas, fardos, sacos e barricas. Signos que aparecían ademais en documentos mercantís como os 'coñecementos de embarque' ou mesmo nos rexistros de aduanas e o signo de cada quen estaba rexistrado nos libros dos gremios. Curiosamente os poderosos gremios dispuñan dun símbolo figurativo para facerse coñecer, pero as marcas persoais non eran figurativas e vén sendo escasa a utilización de letras, e a gran diferenza coas marcas contemporáneas está en que non teñen intención simbólica, só pretenden identificar. Descoñecemos se se herdaban ou se xeraban familias, como o caso coñecido das marcas dos mariñeiros da Guarda. O que si parece existir é a influencia do símbolo cristián do crismón como apunta algún estudoso, tal como se aprecia no marcado desenvolvemento vertical e no uso da cruz nas marcas noiesas e baionesas. Sigo neste artigo o estudo "Las marcas personales del ámbito mercantil gallego-portugués y su contexto europeo a finales de la Edad Media" de Elisa Ferreiro Priegue, unha historiadora cunha bibliografía espléndida, sempre iluminando algún tema medieval fascinante como o comercio marítimo galego ou os antigos camiños do país. Ferreiro Priegue afirma que todas as marcas forman parte dunha koiné europea, é dicir, unha lingua gráfica común ─a globalización, xa daquela─, como se fai evidente no segundo grupo de marcas reproducido aquí, con variacións dunha mesma tipoloxía, pero con procedencias distintas, desde Noia a Asís. Claro é que as marcas aparecen en documentos notariais, pero tamén sobre as pedras das igrexas que os mercadores doan á fábrica destes edificios: velaí no grupo inferior as marcas tiradas por Ferreiro Priegue da Colexiata de Baiona. Pero as fontes documentais galegas baixomedievais perdéronse en gran medida e pouco queda sobre papel, afortunadamente dispomos deste marabilloso tesouro gráfico que é o cemiterio de Santa María a Nova de Noia, sitio de peregrinaxe obrigado para deseñadores e interesados pola comunicación visual. |
NOS_26867 | Milleiros de persoas secundaron en Compostela a marcha convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en defensa da Atención Primaria. Os colectivos participantes ateigaron as rúas para exixir maior presencialidade nos centros de saúde e un incremento do cadro de persoal que fortaleza a calidade asistencial. O Sergas retrucou a mobilización cidadá cunha relación de "melloras" que culmina coa creación da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria, unha figura, denuncian, cargada de agravios e sen garantía de futuro. | O nivel máis básico do sistema público de saúde, a cerna da medicina familiar e comunitaria, converteuse durante a pandemia no estamento máis feble da cadea sanitaria. A denuncia volveu coller corpo este domingo nunha mobilización nacional que xuntou en Compostela miles de persoas procedentes de toda a Galiza. Usuarias do Servizo Galego de Saúde sumáronse á convocatoria de centrais sindicais, partidos políticos da oposición e colectivos sociais en defensa da sanidade pública. Herdeira doutras concentracións e marchas comarcais, xa en tempos da Covid, a manifestación deste 14-N supuxo a continuidade dunha reivindicación anterior ao coronavirus. A Atención Primaria suma varios anos de recortes e conflito que ademais de suscitar unha resposta cidadá masiva bateron coa oposición dos colectivos profesionais. Cun ano de diferenza, Compostela acolleu en 2019 e 2020 senllas manifestacións en defensa da sanidade pública. Contra a privatización, os recortes e o desmantelamento dos hospitais comarcais. Contra a precariedade e a deterioración da calidade asistencial. Máis de dous anos e dunha pandemia despois as vellas demandas de orzamento, de persoal e dun plan de mellora da Atención Primaria continúan, agravadas polo impacto da crise sanitaria derivada da Covid e da gran presión que soportan os centros de saúde. O Goberno galego reponde A marcha deste domingo polas rúas de Compostela rematou cunha tripla demanda que aglutina exixencias de anos: a recuperación da accesibilidade aos centros asistenciais, o aumento do seu cadro de persoal e unha xerencia propia da Atención Primaria garante dunha organización independente da xestión hospitalaria. A resposta do Goberno galego ao clamor social non se fixo esperar. Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o Sergas defende que "xa está a superar a media de 60% de presencialidade nas súas consultas", antes do mes de decembro. Segundo detalla, o Servizo Galego de Saúde "continúa a avanzar no proceso de recuperar á normalidade asistencial, ao acadar que o 87% das consultas solicitadas pola poboación galega sexan atendidas en menos de catro días", unha demora que non casa coa experiencia de usuarias e asociacións de doentes que denuncian a "regularización de esperas de entre sete e 14 días para unha consulta". A resposta de Sanidade inclúe outras cifras ademais dun apunte do conselleiro Julio García Comesaña sobre a pretensión de "algúns" de querer "desprestixiar" a asistencia sanitaria. Antes do verán incorporáronse as súas prazas "254 médicos de familia, 93 pediatras, 30 enfermeiras especialistas, 126 PSX (Persoal de Servizos Xerais) e sete odontólogos de Atención Primaria". O Goberno galego recoñece "a necesidade de contar cun maior número de facultativos", mais liga un futuro incremento de persoal ás decisións do Executivo estatal. Dunha banda reivindica unha modificación do "sistema de acreditación das unidades de formación e do persoal que exercerá de titor dos novos médicos", polo que urxe maior flexibilidade "para contar con máis unidades docentes e máis profesionais en formación". Doutra, a Xunta reiteroulle ao Ministerio de Sanidade a necesidade de convocar un MIR extraordinario ou mellor dotado. Facultativo especialista de Atención Primaria Co fin de solucionar o "déficit de persoal", a Galiza trasladoulle ao Ministerio de Sanidade a solicitude de 64 prazas novas de formación en medicina familiar e comunitaria, o que supón unha suba de 45%, precisou a semana pasada no Parlamento o conselleiro Julio García Comesaña, quen apuntou, ademais, a creación da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria. O anuncio desta nova figura, a través lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos de 2022, colleu por sorpresa as organizacións sindicais representadas na mesa sectorial de Sanidade así como a outras entidades profesionais, que censuraron a iniciativa do Goberno da Xunta sen negociación previa. Segundo xustifica o Servizo Galego de Saúde, a medida busca "paliar o grave déficit de médicos de familia que se prevé durante os vindeiros catro anos". O Sergas, mantén a CIG-Saúde, "recoñece que nos próximos tres anos se van producir arredor de 400 xubilacións de persoal médico, das cales, a día de hoxe, hai 55 sen cubrir dado que non hai ninguén dispoñíbel". As estimacións do Sindicato de Médicos Independentes da Galiza, Omega, sitúan en 35% o total de facultativos pendentes de se xubilar no próximos lustro. Esas vacantes, ademais das que se vaian xerando por outros motivos, alerta o sindicato médico, iranse reconvertendo para seren ocupadas por persoal da nova categoría. "Queda claro que a partir de agora as únicas prazas que se oferten a OPE de persoal médico de familia de Atención Primaria van ser desta nova categoría". As actuais serían prazas a amortizar "lentamente" até o punto de que "en cinco anos case a metade dos facultativos de Atención Primaria serán desta nova categoría". Na mesma liña, a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos na Galiza (CESM) advirte da "transformación" que vai producir. Todas as vacantes actuais mais as que se produzan os próximos anos vanse reconverter" Mais isto non supón a creación de novas prazas, engade, "senón a adxudicación das xa existentes en distintas condicións de traballo". Cun agravio adicional: serán prazas que se deixen de ofertar no concurso de traslados, "limitando o dereito de acceso das persoas titulares". Gardas obrigatorias A nova categoría laboral supón "unha medida extraordinaria que se adopta por motivos conxunturais", informou na mesa sectorial de Sanidade a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña a petición dos sindicatos. Permitirá atender as necesidades asistenciais "por un tempo transitorio", dixo, seguindo o modelo actual de nomeamentos de continuidade cuxas condicións censuran os representantes das traballadoras e traballadores. Neste sentido, salienta a CIG-Saúde, os novos facultativos especialistas "ocuparán as prazas vacantes da Atención Primaria ordinaria, coa obrigatoriedade de dúas gardas en Puntos de Atención Continuada (PAC) e, a maiores, a posibilidade de gardas en urxencias hospitalarias con carácter voluntario". Os sindicatos poñen o foco sobre os descansos legais "de 12 horas entre xornadas". CESM critica que Sanidade queira "imitar o modelo hospitalario" obviando que a libranza das gardas é obrigatoria, ou deixando que o persoal médico dos centros de saúde e dos PAC asuman os descansos dos compañeiros, "o que empeoraría de maneira notábel a actividade laboral actual do colectivo médico". Praza fixa sen oposición A lei de medidas recolle unha vixencia para esta categoría de cinco anos, "pero o Sergas recoñece que pode durar máis", salienta a CIG-Saúde. Segundo o sindicato nacionalista esta figura leva aparellado un novo concepto retributivo "como o que existe para o persoal de urxencias hospitalarias: un complemento de atención urxente de 173,46 euros mensuais, se ben non vai cobrar a atención continuada en noites e festivos nas gardas dos PAC". O acceso a prazas desta nova categoría producirase a través dun concurso de méritos que coinciden en censurar as forzas sindicais. "Vai crear diferenzas", precisan desde a CIG. O concurso tería lugar na recta final da primavera de 2022. Estiman que a convocatoria podería contar cunhas 70 prazas, cos destinos asignados, dirixidas a persoal fixo , interino, eventual e de nova titulación co título de médico de familia. Unha vez coa praza fixa, deberan esperar dous anos antes de participar noutras OPE pro promoción interna. Ademais, critican, o persoal que acceda a esta nova categoría terá a oportunidade de ver recoñecido o primeiro grao da carreira profesional en tres anos no canto dos cinco que se lles exixe aos médicos de familia de Atención Primaria e a outros niveis profesionais. Desde a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria rexeitan a creación desta nova categoría a través dunha lei de acompañamento e chaman a facelo con normalidade: ofertando contratos de calidade, dignos e atractivos económica e laboralmente"; sen cebos que o único que fan é "afundir aínda máis no descrédito a carreira profesional sen oposición regrada".Na mesma liña, conclúe a CESM, "solucionar os problemas de tempo, axendas, atención urxente no n programada, así como a adecuada e equitativa remuneración do médico de atención primaria axudaría a fidelizar uns profesionais que levan moito tempo cumprindo por riba das súas posibilidades". |
NOS_49311 | Destempo é a terceira novela de Silvia Bardelás, nunha carreira que lle ten deparado xa algún recoñecemento pero que segue representando unha perspectiva diferente, moi marcada por unha actitude de pescuda. | Parte desde hai anos da constelación editorial artellada ao redor de Rinoceronte Editora, o selo Barbantesa segue fiel aos principios que o xeraron e que apuntan a unha noción aberta das literaturas periféricas. Esta intención ten un sentido particular na súa liña editorial referida á poesía, pero pode que atope toda a súa intención nas propostas narrativas que foi acollendo nestes anos. Narrativas diferentes e cun punto de disidencia, complexas de encaixar nas grandes tendencias da edición galega e que, porén, poden representar un revulsivo necesario dentro do conxunto xeral. Destempo / Silvia Bardelás / Barbantesa / 2021 / 230 páxinas / 18 euros Destempo é a terceira novela de Silvia Bardelás, nunha carreira que lle ten deparado xa algún recoñecemento pero que segue representando unha perspectiva diferente, moi marcada por unha actitude de pescuda. A nosa primeira tentación é incluír Destempo nesa serie de novelas e autoras que, como Antía Nara, Raquel Miragaia ou Óscar Senra, tratan de escribir un novo ciclo narrativo sobre o rural galego. Lonxe da dinámica de exaltación ou da anquilosada saudade polos tempos idos, o que aparece é un rural enfrontado a novos retos, capaz de gardar aínda dinámicas distintas (e mesmo subversivas) pero claramente ameazado pola desaparición. A forma na que Destempo configura o seu escenario humano coloca moitas das cuestións que entrecruzan esa realidade: o peso dunha migración que nunca desapareceu da ecuación, os saltos xeracionais que agroman ao abeiro deste fenómeno ou as dificultades para a organización social e para imaxinar algo semellante a un futuro asociado ao territorio. Con todo, e aínda que esta é unha das características relevantes, Silvia Bardelás ofrécenos tamén unha novela cun ton propio moi destacado. A forma de profundizar na identidade e os pensamentos dos personaxes pode que sexa un dos seus méritos e coloca a narración nun tempo pausado e introspectivo que sen dúbida forma parte da súa mensaxe. A pesar disto, o ritmo trata de compensarse con acción, Destempo é unha novela na que acontecen cousas, aínda que a reflexión sobre a realidade e os debates que atinxen o seu fondo sexan, sen dúbida, predominantes. Un detalle a destacar é como moitas desas tensións acaban tocando temas centrais e poucas veces tratados así na narrativa galega: o papel da relixión como forma de cohesión social, ou a posibilidade de crear un debate filosófico que supere o académico e teña incidencia real na vida das persoas son dous exemplos. Unha novela particular, cun estilo moi persoal e que nos abre novas perspectivas. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.