ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_15801 | O orgasnismo negoulle unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego. | A Mesa pola Normalización Lingüística impulsa unha campaña nas redes sociais contra a chantaxe lingüística e pedindo a demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria por denegar axudas económicos a concellos galegos pro presentar documentación en galego. "O racismo lingüístico ten consecuencias graves, neste caso a perda de millóns de euros públicos para a cidadanía de Santiago, Teo e Santa Comba, ao lle ser negada tanto a subvención como a posibilidade de aforrar en enerxía e destinar eses recursos ao seu desenvolvemento", denuncia a MNL. Por iso entende que "os responsábeis do IDAE deben demitir ou seren cesados porque non se pode consentir o manexo de diñeiro público por fanáticos contrarios á existencia da lingua e que utilizan organismos públicos para satisfacer as súas fobias contra linguas como a galega". |
NOS_29930 | Receitas de alcachofas con salsa de San Simón e xamón curado, polo ao forno con mostaza, cervexa e romeu e tortaletas de limón. | Alcachofas con salsa de San Simón e xamón curado Aproveitando que a tempada das alcachofas está a piques de rematar imos comelas como entrante bañadas cun mollo con toques afumados de queixo San Simón e a intensidade do xamón curado. Ingredientes (2 persoas): 75 g de xamón curado en tacos; 6 alcachofas; 200 ml de nata para cociñar; 125 g de queixo San Simón; 4 allos Elaboración: Quitamos o talo das alcachofas e lavámolas sen retirar as follas. Cocémolas en abundante auga durante uns 30 minutos, até que abranden. Agardamos a que arrefríen, cortámoslles a punta e retiramos as follas superficiais até obter os corazóns das alcachofas. Nunha tixola cun chorro de aceite confitamos os allos a lume moi baixo durante uns 10 minutos. Retirámolos, e dámoslle un golpe de calor ao xamón e a seguir salteamos as alcachofas nese mesmo aceite. Retiramos o xamón e as alcachofas e reservámolos. Na mesma tixola botamos a nata e o queixo en anacos e remexemos até que espese, obtendo unha salsa homoxénea. Servimos os corazóns das alcachofas co mollo de queixo e cos tacos de xamón curado por enriba. Polo ao forno con mostaza, cervexa e romeu Esta receita faise case soa, cociñamos ao forno aderezando cun mollo feito con mostaza, cervexa e romeu. Ingredientes (2 persoas): 2 traseiros de polo; 3 patacas; 1 cebola grande; 3 ramiñas de romeu; mostaza; cervexa; pementa negra moídaaceite de oliva. Elaboración: Lavamos as patacas e sen tirarlles a monda cortámolas en anacos non moi pequenos: cortamos tamén a cebola. Lavamos e pelamos a cenoria e cortámola en toros duns dous ou tres dedos. Nun cunco á parte mesturamos 6 culleradas de mostaza, 4 culleradas de aceite, un chorriño de cervexa, pementa negra moída e as follas do romeu. Remexemos todo até que ligue o mollo e fique homoxéneo. Nunha bandexa para forno colocamos as patacas, a cebola e a cenoria e botámoslles sal e un chorro de aceite. Salgamos o polo e engadímolo á bandexa, pintándoo co mollo. Metemos no forno a 180 graos, durante uns 45 minutos, até que o polo estea ben cociñado. Mentres tanto, cada 15 ou 20 minutos imos botando por enriba do polo o mollo que sobrou.Empratamos o polo coa gornición e unha ramiña de romeu. Tortaletas de limón Imos rematar o xantar cunhas tortaletas ben frescas, feitas con zume de limón e lima. Unha sobremesa vistosa e exquisita. Ingredientes (6 unidades). Para o recheo: 2 ovos; 60 g de manteiga; reladura dun limón; reladura dunha lima; 50 g de zume de limón; 10 g de zume de lima; 70 g de azucre. Para a masa: 70 g de manteiga à temperatura ambiente; 45 g de azucre; un chico de sal; 1 ovo185 g de fariña. Elaboración: Para a masa: botamos nun cunco a fariña, o azucre e o sal e remexemos; engadimos a manteiga a temperatura ambiente e o ovo, amasamos até obter unha masa homoxénea. Facemos unha bola, cubrímola con film transparente e deixámola na neveira 2 horas. Para o recheo: cortamos a manteiga en anacos e mesturámola coas reladuras do limón e a lima e reservamos. Nun cunco botamos os ovos e engadimos o zume do limón e da lima e o azucre. Batemos e poñémolo nun cazo a lume baixo durante uns minutos mentres remexemos cun batedor de globo; engadimos a manteiga coas reladuras e continuamos remexendo até que espese a mestura. Retiramos do lume e agardamos que arrefríe. Pasadas as 2 horas, estendemos a bola de masa até quedar nun espesor duns 3 mm. Cubrimos o fondo e os lados dos moldes das tortaletas con círculos e tiras desta masa ben unidos. Cubrimos con estes anacos o fondo e os lados dos moldes e unímolos cos dedos. Quentamos o forno a 175 graos e metemos os moldes durante 35 minutos e con garavanzos por enriba para evitar que suba a masa. Cando arrefríen, enchémolas coa crema de lima e limón e decoramos cun pouco de lima relada. Servimos ben frías. |
NOS_24699 | Eva Moreira, egresada en Psicopedagoxía e docente de Educación Secundaria na especialidade de Orientación Educativa, asegura nunha tese de doutoramento que as TIC producen no profesorado unha satisfacción profesional e a percepción de emocións positivas na aula. Para que esta ecuación funcione hai que contar con internet e o persoal apropiado. | -Que beneficios trae o emprego das TIC nas aulas? Moitos. As Tecnoloxías da Información e Comunicación non son un recurso educativo, creáronse para outras cousas. Da mesma maneira que a televisión tampouco, é unha ferramenta que se pode empregar no ámbito educativo. O que utilizamos das TIC é a interacción, a activación e a participación activa do alumnado. É algo importante para nós, aí creamos ligazóns comunicacionais que é onde se xera a aprendizaxe. O proceso ten como base o clima que poidamos ter nunha aula. A aprendizaxe non é prioritariamente individual, é social. Fixeime nas TIC por ser ferramentas interactivas. Significa que o propio alumnado vai ter unha experiencia propia. Traballarás ao mesmo tempo competencias e contidos. Por ese motivo a lexislación educativa fala de enfoque competencial. Nunha aula temos que traballar competencias para adquirir habilidades e destrezas que nos servirán para a vida. As TIC xeran ese propio coñecemento, non é só un mediador. Ademais motivan e esta motivación é o motor de toda acción. Se motivan a un alumno como non motivarán a unha docente? E se está motivado empregará as TIC. Exercen un proceso retroalimentador. -Temos as ferramentas necesarias nos centros educativos galegos para empregar ben as TIC? Hai moitos estudos por parte da Consellaría sobre os recursos cos que conta o profesorado e o alumnado. A nivel xeral teñen ferramentas. O problema é que hai zonas na Galiza nas que non chega internet. Un exemplo é o municipio da Cañiza onde estou agora dando aulas. Na zona hai concellos, como Arbo, que teñen problemas de cobertura. O alumnado ten computador e wifi mais falla a cobertura. Se houbera un confinamento como o do ano pasado moito alumnado quedaría colgado e o non poderiamos exercer o noso traballo como profesorado. Na Galiza fai falta avanzar moito en infraestrutura. Hai que traballar coas empresas. Non pode ser que a ferramenta que nos puxeron para facer as reunións non presenciais non traballa en galego. Para min é unha eiva moi importante. O feito de que teñas que baixar a aplicación en inglés non o fai rápido. E agoar xa non se fala de TIC senón de TAC, tecnoloxías de Aprendizaxe para o Coñecemento. Son pasos de xigante mais se non tes cobertura ese paso non o podes dar. -É necesario introducir o coñecementos das TIC nas probas para que o profesorado acceda a unha praza pública de emprego? Hai un documento de 2015 sobre competencias profesionais na docencia que eu utilicei na miña tese. Asegura que entre as competencias básicas para a docencia estaba a dixital. No máster posterior a cada carreira debería de estar integrado e se non está debería revisarse. Non só teñen que prepararse senón que deben demostrar esa competencia para que a túa programación conte con esas ferramentas. Non se trata de mudar o recurso, trátase de adaptalo. Se tes un alumno con dificultades de comprensión lectora ou a expresión podes ter outro tipo de avaliación, non necesitas un exame escrito. Costa moito separarse desa proba e do libro de texto mais a lei permíteo. Acontece co traballo de orientación que ten que implicar ao profesorado en proxectos de innovación e investigación, unha das funcións máis esquecidas. O problema é que contamos cunha orientadora para centros de 1.500 alumnas e alumnos e sen contar con educadoras sociais. O profesorado atópase só nas aulas e non ten tempo para traballar en equipo. Iso faría que o traballo das TIC funcionase. Faltan docentes e se puxeran máis profesorado sería máis doado. |
NOS_13609 | Con "moito agradecemento". Así vive Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e líder da oposición, os días posteriores a conseguir a formación que encabeza os seus mellores resultados nunhas eleccións galegas. Con humildade, acredita en que son froito do traballo colectivo dunha organización que ten na súa militancia gran parte da súa fortaleza. | Ana Pontón dirixe un BNG que conseguiu pasar dos 6 escanos no Parlamento da Galiza aos 19. Uns resultados que a converten en líder da oposición. "Neste momento tócame a min dar a cara, como lle podería tocar a calquera outro compañeiro ou compañeira, porque afortunadamente temos unha canteira inmensa no nacionalismo e esa é a nosa fortaleza", sinala, dando mostras da súa sinxeleza e modestia. Unha das principais sorpresas da noite electoral foron os resultados do BNG. Que destaca deles? En primeiro lugar, quero dar as grazas ás máis de 300.000 persoas que o pasado domingo sei que votaron con tremenda ilusión pola candidatura do BNG e quero dicirlles que empeza un novo ciclo e que realmente o domingo non acabou nada. Hai un enorme caudal político ao redor do proxecto que representamos e estamos máis perto de conseguir ese obxectivo. O que se viu nesta campaña é que a Galiza ten unha dinámica propia, que a Galiza apostou por aparecer como pobo e fíxoo cunha tremenda ilusión ao redor do proxecto do BNG. Non se trata só de desaloxar o PP, senón de ter un proxecto alternativo e hoxe ese proxecto é máis forte. Estou convencida de que en 2024 conseguiremos que por fin Galiza teña un Goberno liderado polo BNG. Estamos vendo que a sociedade ten un apego aos partidos políticos moi diferente ao apego dos noventa A que responde ese aumento de votos? Aquí hai un traballo moi intenso feito durante anos, mais tamén nestes últimos catro fixemos unha aposta pola renovación do BNG, que está a dar os seus froitos, partindo duns principios e do recoñecemento a todo un traballo que leva feito esta organización. Penso que tamén se prima a coherencia, os principios e, sobre todo, ter un proxecto de país de futuro. É certo que temos ese obxectivo non cumprido que era poder pór en marcha un Goberno alternativo, mais ao longo destes dous días o que me sorprendeu máis é que a xente se dirixe a nós cunha tremenda ilusión e dinos "en 2024 estaremos aí". Imos traballar estes catro anos para seguir construíndo esa hexemonía social ao redor do BNG e para dar unha alternativa de futuro a este país. Aludía á renovación. Un BNG con moitísimas mulleres á fronte, nun gran cambio de ciclo que se percibe a nivel social. Penso que neste século estamos vendo unha nova vaga do feminismo que trae as ansias de moitas mulleres que non aceptan ter que seguir vivindo nunha sociedade que nos discrimina con violencias machistas e que cren que necesitamos dar un gran salto cara á igualdade. E na Galiza está sendo o nacionalismo quen, a nivel político, canaliza esa ansia de trasladar que necesitamos vivir nunha sociedade e nun país no que as mulleres sexamos libres e iguais. Nestas eleccións moitísimas mulleres votaron o BNG co soño de poder ter por vez primeira unha presidenta na Galiza. Sempre digo que temos que estar en política non para ocupar un espazo, senón para cambiar a realidade e para que este sexa un país en que as mulleres poidan saír dese chan pegañento, da precariedade, da falta de oportunidades, de ter que superar máis barreiras... As mulleres que hoxe estamos no BNG, e ademais con moitas responsabilidades, tanto na Executiva como a nivel institucional, somos debedoras de todo o que outras fixeron por nós, e temos que traballar para que realmente todo ese ímpeto e as ansias de transformación que trae o feminismo eclosionen na política e o fagan para quedar e para que as que veñen detrás teñan máis oportunidades. O PP na Galiza marca diferenzas a respecto do Estado por unha cuestión táctica, mais a efectos prácticos Feixoo representa exactamente o mesmo que Casado Escoitando determinadas análises dos resultados electorais, dá a sensación de que Galiza non existe politicamente. Os resultados son consecuencia dunha dinámica endóxena, do propio país? Vimos que nunhas eleccións galegas a dinámica é moi diferente. De feito, creo que se votou e houbo un debate moi en chave de país, moi centrado na propia realidade galega e hai unha aposta clara na que vai calando o discurso do BNG. Cada vez hai máis galegos e galegas que cren que se necesita un proxecto propio, centrado en nós, e que teña como obxectivo defender os intereses deste país. Tamén hai unha reacción fronte a ese centralismo que se leva producindo na última década. Estamos vivindo unha nova onda nacionalista que vai medrar con forza. Para iso nós tamén temos que seguir traballando nunha liña na que penso que acertamos, cando deixamos moi claro que o nacionalismo é quen defende unha alternativa social e é quen está centrado nos problemas que ten a xente. O feito de que o PP tirase de "Galicia, Galicia, Galicia" e de que nin Vox nin Ciudadanos nin Podemos obtivesen representación amosa esa dinámica propia da Galiza? É evidente que Galiza é unha nación e iso ten un peso na dinámica política. O PP na Galiza marca diferenzas a respecto do Estado por unha cuestión táctica, mais a efectos prácticos Feixoo representa exactamente o mesmo que Casado. Nós aí temos un reto, que é desmontar esa imaxe que teñen algúns galegos que cren que o PP defende os intereses da Galiza. Iso non deixa de ser unha fraude en termos políticos e prácticos, pois nos últimos anos o único que nos demostrou Feixoo é que a súa principal preocupación é a defensa do PP e unha idea de España que é exactamente igual que a que pode defender Casado. O que para min foi máis novidoso desta cita electoral é que por vez primeira se rompeu o que parecía que era unha tendencia: parecía que se o PSOE estaba forte no Estado iso debilitaba o papel do nacionalismo. Demostramos que era posíbel un proxecto propio e romper esa tendencia. Iso ábrenos unha liña de traballo de futuro moi grande. Non temos que poñernos límites (Podes ler o artigo íntegro no teu Nós Diario de hoxe, á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loxa) |
PRAZA_18152 | O museo celebra o seu aniversario lembrando a xénese do proxecto de Álvaro Siza durante o primeiro mandato de Manuel Fraga e reclamando máis apoio político | "Fraga era así como parece que era, pero díxome: 'Temos que pór a Galicia no mapa, e iso teno que facer vostede desde a súa condición de conselleiro de Cultura'". Así lembra Daniel Barata, titular desa área no primeiro goberno de Manuel Fraga, a orde xenérica que este lle deu a el e aos seus compañeiros de executivo ao chegar ao cargo en 1990 e que no seu caso concretouse, entre outros feitos, na inauguración en 1993 do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) como xeito de "favorecer a entrada de Galicia no circuíto artístico internacional", segundo declara a propia institución.O museo celebra o seu aniversario lembrando a xénese do proxecto de Álvaro Siza durante o primeiro mandato de Manuel Fraga e reclamando máis apoio políticoEste xoves Barata foi un dos protagonistas do acto co que se celebrou o 25 aniversario do CGAC, no que o seu director, Santiago Olmo, volveu pedir ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apoio económico para manter un dos sinais de identidade do centro, a adquisición de novas obras para o seu fondo. Porque se o orzamento de funcionamento xeral do CGAC caeu á metade coa crise (era de 1,6 millóns de euros ao ano ata 2010 e ronda os 750.000 euros desde 2013), a partida concreta para a adquisición de obras reduciuse a unha sexta parte (era duns 600.000 euros ata 2010 mentres que na actualidade é de 100.000 euros ao ano). Unha das xustificacións que se ofreceu durante a visita que Feijóo e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, realizaron ao depósito do CGAC foi a da revalorización hoxe acadada por numerosas das obras adquiridas no seu momento, que se poden considerar como un investimento exitoso.Durante a súa intervención, Barata lembrou algunhas anécdotas do proceso de construción do CGAC, unha das obras máis recoñecidas internacionalmente do arquitecto portugués Álvaro Siza. Segundo o daquela conselleiro de Cultura, Siza quería que as liñas modernas do seu edificio se camuflasen o antes posible coa contorna histórica de Santiago na que irrompía, polo que pediu un tipo de granito italiano cuxa cor se asemellaría máis ás pedras dos edificios circundantes. Barata negouse, dixo, porque entendía que en Galicia hai pedra dabondo como para ter que importala e só sería necesario esperar algúns anos máis mentres o seu proceso de envellecemento natural a asemellase á cor dos edificios veciños. "En 25 anos aínda non está, pero estará noutros 25", bromeou.Feijóo incidiu na importancia que o núcleo expositivo no centro de Santiago que forman o CGAC e o Museo do Pobo Galego terá de cara ao Xacobeo 2021Pola súa banda, Feijóo salientou na súa intervención o rendible que foi o custo que no seu momento tivo o CGAC, de entre "500 e 700 millóns de pesetas", de 3 a 4 millóns de euros daquel momento, que contrapuxo co feito de que esa mesma cantidade será a que custe agora a prevista ampliación nuns 800 metros cadrados do veciño Museo do Pobo Galego para acoller unha nova sección de historia contemporánea e autonómica. O presidente incidiu na importancia que o núcleo expositivo no centro de Santiago que forman os dous museos terá de cara ao Xacobeo 2021, cuxo tirón turístico está a converter Feijóo nunha das principais liñas de actuación do seu agora renovado Goberno para os dous anos que lle restan de mandato.Sobre a propia función do CGAC, o presidente salientou que "máis alá da condición efémera dunha parte da produción contemporánea, a arte de hoxe é o patrimonio de mañá e, en consecuencia, temos o deber de impulsala, apoiala e conservala". Feijóo tamén salientou a importancia que supuxo no seu momento a iniciativa de crear o CGAC, para o que pediu desbotar a idea ou sensación de que "a Historia ás veces pénsase que empeza cun mesmo". O presidente lembrou a primeira exposición coa que abriu as súas portas o CGAC en 1993, unha mostra sobre "a artista viveirense Maruja Torres", dixo, trabucando o apelido da pintora surrealista Maruja Mallo. |
NOS_32970 | A moción tamén instaba a non usar cartos públicos para financiar actos taurinos. Foi presentada polo BNG e tivo o apoio dos nacionalistas e de algún dos deputados do PSOE, mais non sumaron maioría necesaria para aprobala. | A diferenza da Coruña e Pontevedra, cuxas deputacións si que aprobaron declarar as respectivas provincias como territorios libres de touradas, Lugo non será, polo menos polo de agora, un territorio que se manifeste contrario a esta práctica. O pleno da entidade provincial lucense non aprobou a moción presentada polo BNG e na que se solicitaba que non se destinasen cartos públicos para financiar actos taurinos e a provincia ficase 'libre de touradas'. Un pronunciamento con especial valor e relevancia perante a insistencia por parte de certos sectores en facer da comarca de Sarria un enclave para as corridas de touros. Así, o vindeiro 10 de xuño, Feira da Primavera, O Páramo acollerá por primeira vez na súa historia unha tourada, un evento que se realizará nunha praza móbil a instalar perto do actual Campo da Feira A iniciativa presentada polo BNG tivo o apoio dos nacionalistas e dalgúns deputados do PSOE mais non de todos, como denuncian con malestar desde a plataforma Galiza Mellor Sen Touradas. "Varios deputados votaron a favor da proposta presentada polo BNG, outros tantos se abstiveron reflectindo incluso unha postura diferente ao debate de idéntica moción en 2015, e mesmo o vicepresidente votou xunto co Partido Popular, en contra das disposicións contidas na iniciativa". O voceiro este colectivo, Rubén Pérez, lembra que tan só o 0,3% da cidadanía galega manifestou ter asistido a un evento taurino no periodo 2014-2015, datas do último estudo de hábitos e prácticas culturais elaborado polo Ministerio de Cultura, administración pouco sospeitosa de "antitaurina". |
NOS_29462 | Unha ópera de produción galega, que se poderá ver esta semana nos escenarios da Coruña e Ourense, traza unha "extravagante viaxe" na que a realidade histórica e a ficción política entrecrúzanse sen límite. | A Real Filharmonía da Galiza ven de estrear no Auditorio da Galiza a ópera A amnesia de Clío, unha coprodución da compañía Voadora do compositor Fernando Buíde, con texto do dramaturgo Fernando Epelde e dirección de Marta Pazos. A obra representarase de novo na terza feira na Coruña, concretamente no Teatro Colón, e na quinta en Ourense, no Auditorio Municipal. A batuta levaráa o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel, coa colaboración como director asistente do mestre galego Pablo Devigo, recentemente nomeado director asistente da Carmel Symphony Orchestra (EEUU) e do Teatro de Ópera e Ballet da Universidade de Indiana. Ópera en clave feminista Tal como explica o compositor, "trátase dunha viaxe extravagante, na que a realidade histórica e a ficción política entrecrúzanse para dar lugar a unha ópera contemporánea, cun pé na realidade e outro na distopía, e todo escrito en clave feminista". Configurada a modo de ópera en tres actos, A amnesia de Clío é o resultado de case dous anos de traballo para abordar unha temática "moi actual", o cambio de paradigma que supón a entrada da muller tanto na alta política como no mundo da arte. A protagonista é a musa Clío, encarnada no libreto por unha muller forte, unha artista plástica cunha vida chea de matices que a levan a desembarcar na vida política. Merkel e Bush, entre outros, tornan en personaxes en 'A amnesia de Clío' Entre os roles principais, ademais da musa Clío -interpretada pola soprano canaria Raquel Lojendio-, están o ex presidente dos Estados Unidos, George W. Bush -papel desenvolvido polo barítiono Sebastià Peris- ou a presidenta alemá, Angela Merkel, á que da vida Marina Pardo. |
PRAZA_10270 | Cabe preguntarse si Pedro Sánchez (PSOE) cambiará a historia da socialdemocracia española postfranquista con relación ao sistema público de pensións?. Axiña o saberemos pero o movemento sindical e os propios pensionistas, que están a espreita, non parecen fiarse moito. | A historia recente da socialdemocracia española (PSOE) pon en evidencia que a pesares das súas continuas manifestacións a prol da defensa do sistema público de pensións cando chega a hora de gobernar (Felipe González (1982-1996), Jose Luís Zapatero (2004-2011)) as súas decisións chocan de fronte coas declaracións anteriores, especialmente as feitas cando están na oposición. Unha experiencia que nos leva a pensar que con toda seguridade ese choque volverase a producir mais pronto que tarde con Pedro Sánchez na Xefatura de goberno. Polo camiño xa aparecen voces autorizadas que anuncian tormenta, por caso as recentes declaracións do Secretario de Estado da Seguridade Social (señor Octavio Granado) sobre a necesidade de limitalo pago das prestacións de viuvez (en Galicia a pensión media de viuvez está nos 598,04 euros: que obsesión teñen moitos políticos cos/as mais probes!) ou a saída de novo a escena dos organismos internacionais (FMI, OCDE) reclamando, unha vez mais, a reforma neoliberal do sistema público de pensións utilizando como argumento a súa suposta insostenibilidade. Un argumento que veñen utilizando dende fai décadas a pesares de que as evidencias o desmenten un ano si e outro tamén.No período democrático (1977-2019) téñense producido en España varias reformas do sistema público de pensións que gardando pequenas diferenzas entre sé tiveron todas un obxectivo común: frear o crecemento do gasto público en pensións e incentivar a extensión das pólizas privadas. Un obxectivo común que na practica se ten traducido nunha ampliación de período de cobertura, unha caída do importe medio e un retraso na idade de xubilación. Si, antes das reformas, en España as pensións públicas medias estaban claramente por baixo dos estados europeos do noso entorno na actualidade o seguen estando a pesares de teren unha das taxas de substitución mais elevadas. Non podía ser doutro xeito dada a natureza das reformas adoptadas que, asemade, conseguiron coa cobertura das políticas austericidas que en España se incremente exponencialmente o número de pensionistas probes: mais de tres millóns de pensionistas españois (32%, 39,2% en Galicia) teñen ingresos por baixo do umbra da pobreza, (GESTHA)Durante os gobernos de Felipe González (PSOE) tivo lugar a primeira reforma do sistema público de pensións da democracia española. Unha reforma que introducía cambios tanto no período de carencia (o período mínimo de cotización que, para as pensións de xubilación, pasaría de 8 a 15 anos) como na base reguladora (o período de cotización computable ampliaríase de 8 a 15 anos). Cambios que provocaron, na maioría dos casos, unha diminución da base pois o prometio do tempo cotizado pasaba a coincidir co período mínimo de cotización esixido para o recoñecemento do dereito a pensión. Sería tamén a primeira reforma no camiño sinalado anteriormente: maiores dificultades de acceso a unha pensión, menores importes medios e ausencia de garantías de mantemento do poder adquisitivo. Nembargante o goberno (PSOE) conseguía o obxectivo buscado: o aforro no gasto público en pensións mediante o abaratamento da contía media.Con Jose Luis Zapatero (PSOE) ao fronte do goberno ten lugar unha nova reforma neoliberal do sistema público de pensións (2010) que volve a afectar a base reguladora (o período de cotización computable pasa de 15 a 25 anos), ampliouse de 35 a 37 o número mínimo de anos para cobrar o 100% e aumentase a idade de xubilación (co obxectivo de chegar aos 67 anos no 2027).Cambios que en numerosos casos ían supor un recorte medio das pensións superior ao 38%.Como é ben sabido o sistema público español de pensións é un sistema de reparto o que significa que si financia en base as cotizacións sociais. Os ingresos, xa que logo, dependen tanto do número de cotizantes como do importe medio das cotizacións quen a súa vez dependen do número de empregos e do nivel medio dos salarios. Variables que durante os mandatos anteriormente citados tiveron evolucións mais dispares que influíron nos ingresos ao par que, loxicamente, aumentaban os gastos debido fundamentalmente ao incremento do número de pensionistas.Tanto durante os mandatos de Felipe González como de Jose Luís R. Zapatero as políticas neoliberais foron as que predominaron con escasas e raras excepcións. Políticas que, como mostran tódalas evidencias históricas, inciden negativamente nos salarios e no emprego. Os salarios reais tanto durante a presidencia de F. González como a de J. L. Rodríguez Zapatero medraron sempre moi por baixo da produtividade producíndose no primeiro caso (1982/1997) o que se entende por unha estabilización dos salarios e no segundo un claro estancamento (1998/2011) que en realidade foi unha caída. En ámbolos dous períodos os salarios estiveron entre os grandes sacrificados polas políticas neoliberais pois se pode afirmar con rotundidade que os traballadores españois perderon capacidade adquisitiva: si a principios dos anos oitenta os traballadores españois recibían o 73% da renda no 2012 a proporción foi do 61%. Unha realidade que ten moito que ver co carácter cada vez mais dual do mercado laboral español no que os traballadores temporais (que son os que cobran menos e son mais fáciles de despedir) supoñen unha proporción crecente. Unha dualidade impulsada polas reformas laborais neoliberais. A evolución do emprego nos dous períodos considerados foi calquera cousa menos positiva. A pesares de ter declarado que o desemprego era a principal preocupación gobernamental este adquiriu valores moi elevados oscilando durante os gobernos de Felipe González, entre o 16% e o 25% da poboación activa movéndose cando os gobernos de J.L. Rodríguez Zapatero entre o 8% e o 22%. Claro está que, en xustiza, hai que subliñar que o record absoluto acadouse durante o goberno de Mariano Rajoy (PP) cando o paro chegou a superar a cifra de 6.300.000.Con estes índices de desemprego, nun estado que xa de por si ten unha moi baixa taxa de actividade (58,5%), e uns salarios reais que medran por baixo da produtividade e perden poder adquisitivo resulta compresible que os ingresos por cotizacións se resintan e afecten negativamente ao financiamento das pensións públicas. Dinámica que pon en evidencia que os problemas fiscais do sistema público de pensións en España non deriva duns gastos excesivos, por unhas pensións moi xenerosas, senón duns ingresos escasos derivados dun mercado laboral castigado polas políticas neoliberais que turran a baixa nos salarios e frean o crecemento do emprego. Neste marco histórico, e con estes precedentes socialdemócratas cabe preguntarse si Pedro Sánchez (PSOE) cambiará a historia da socialdemocracia española postfranquista con relación ao sistema público de pensións?. Axiña o saberemos pero o movemento sindical e os propios pensionistas, que están a espreita, non parecen fiarse moito. |
NOS_48934 | Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual é a primeira historia de vida de Filgueira Valverde no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O seu autor é o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero. | A un mes de que se conmemore o Día das Letras Galegas, Xerais presenta en Pontevedra a primeira biografía do autor escollido pola Real Academia Galega para este ano. O seu autor é o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, que intervirá canda o fillo do homenaxeado, Fernando Filgueira e o editor Manuel Bragado nun acto de presentación aos medios de comunicación na Galería Sargadelos de Pontevedra ás 12.30 horas. O libro de Alonso Montero retrata a Filgueira Valverde como o último polígrafo galego. Coa biografía intelectual achégase aos saberes que dominou, de maneira especial, nos estudos de lírica medieval, nos que se insire a súa propia tese de !935 sobre a Cantiga CIII de Afonso X. Para o autor do libro, Filgueira Valverde foi, desde 1942 até a súa morte, "un obreiro da Causa galega", como "diagnosticou" Alexandre Bóveda en 1935, recorda. A biografía intelectual que ofrece Alonso Montero destaca a súa militancia no Partido Galeguista de 1931 a 1933 e o seu voto a favor do plebiscito de autonomía en 1936 cando xa estaba fóra do Partido. Anuncian que o estudo de Alonso Montero "non elude" a súa actitude despois do golpe militar do 36 [foi alcalde de Pontevedra en plena ditadura franquista]. "Do que se trata é de "entender" o seu comportamento neses convulsos anos" apuntan na presentación, ao tempo que fan referencia á postura doutros escritores como Vicente Risco e Álvaro Cunqueiro. |
PRAZA_11847 | O recorte de gasto por parte das administracións públicas reflectiuse nun incremento exponencial no número de desempregados no terceiro sector. O pasado mes de xaneiro foi o segundo peor de toda a serie histórica. En Galicia o desemprego medrou case dous puntos por riba da media no último ano. | O pasado mes de xaneiro foi o peor de toda a serie histórica en Galicia en termos de destrución de emprego. O paro incrementouse en máis de 13.000 persoas en trinta días e en máis de 25.400 en doce meses. Unhas cifras que distan moito de amosar a recuperación que dá por feita Alberto Núñez Feijóo cando fala de recuperar, a finais deste exercicio, unha taxa de paro do 16%. O deterioro severo da confianza na economía española, que se evidenciou coa suba da afamada prima de risco, logrou curarse a base de medidas de recorte inauditas no Estado. O sobrecusto que hai que pagar agora para emitir débeda soberana baixou e logrouse contentar aos inversores institucionais. Mais a receta, tan xenérica como neoliberal, non serve para finiquitar o verdadeiro problema do sistema económico estatal e galego: o desemprego. O Goberno estatal asegura que mantén intacta a idea de pechar este ano cumprindo cos obxectivos de déficit. Isto suporía recortar o déficit en catro puntos e en máis de 50.000 millóns de euros. Un bálsamo para o exterior e un desastre para unha economía deprimida co Estado de Benestar en serio risco de permanencia. Cómpre saber onde están as prioridades. Se nos informes das veneradas axencias ou no máis de millón e medio de fogares de todo o Estado con todos os seus membros en activo sen traballo. |
NOS_15864 | Sempre hai cousas que facer na finde. A que vén ese ollar escéptico? Bótalle un ollo a isto se tal. | Sexta feira Concerto homenaxe a Ricardo Portela Pontevedra Teatro Principal 21.00h Corcerto homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento, a cargo de Óscar Ibáñez e coa gala conducida por Ramón Pinheiro. Soño dunha noite de verán Carballo Auditorio do Pazo da Cultura 21.00h A última montaxe da compañía Voadora, a comedia máis popular de Shakespeare, chega aos Venres Culturais mexéndose entre o clásico e o contemporáneo. Caxade 24.03.2017 Allariz Vinoteca A Micalla Caxade será o encargado de poñer o peche de ouro na Verbena de clausura e de Benvida: 'De cando nos atopamos...', da XIII edición Xornadas de Igualdade. Presentación do libro 'Máis aló do azul e do rosa' San Sadurniño Casa da Xuventude 18.00h Ana Torres Jack, a súa autora, estará falando da prevención dos comportamentos machistas no entorno da familia e ofrecendo estratexias para previlos. Sábado. Cidade Verde Santiago de Compostela Cidade da Cultura 11.00h Para achegarse á natureza coas crianzas dunha forma lúdica, con música, deporte e obradoiros ao aire libre cos que darlle a benvida á primavera, previa inscrición. Contos na lingua de signos A Coruña Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés 12.00h Contacontos e historias divertidas para crianzas xordas interpretados tamén para nenas e nenos oíntes, de máis de tres anos. Danza da choiva As Pontes de García Rodríguez Auditorio Municipal Cine Alovi 18.00h E se deixase de chover, que acontecería? Divertido espectáculo familiar de danza, música, poesía e monicreques, a cargo da compañía Elefante Elegante. Toda a finde Play-Doc Tui Tui Teatro Municipal Continúa o Festival Internacional de Documentais, unha aposta polo cinema galego e internacional máis actual. Dentro dos encontros programados para esta fin de semana destacamos a Masterclass a cargo de Dominic Gagnon, o sábado ás 11.00h; e o domingo, a partir das 16.30h, máis cinema galego coa proxección de Vai chover, La fuga de los 45 e Aysha. |
PRAZA_9063 | A lei de prevención de violencia de xénero non é discriminatoria e foi declarada expresamente constitucional pola Sentenza 39/2008 do Tribunal Constitucional. Porque a igualdade de homes e mulleres esixe tratar de xeito desigual as situacións desiguais | O discurso negacionista de Vox, repenicado parcialmente polo líder do PP, Pablo Casado, require pór en orde algunhas das falsidades que algúns, orfos de toda formación sobre cuestión de xénero, semellan acreditar á forza da súa goebelliana repetición.Non é certo que a lexislación anti violencia machista invirta a carga da proba e obrigue aos homes a demostrar a súa inocencia. As regras do Dereito Penal non mudan. Todo home denunciado é inocente até que non sexa condenado por unha sentenza definitiva.Outra falsidade é a suposta asimetría penal, isto é que as condutas desenvolvidas por un home son castigadas de xeito máis duro. É incerto, as condutas todas son castigadas de xeito semellante, sexa cal fór o sexo do seu autor. A muller denunciante non acada beneficio ningún nun procedemento xudicial de divorcio ou semellante polo mero feito de ter denunciado. Pola contra, a denuncia penal adoita abrir procedementos complexos nos que moitas veces os distintos funcionarios e profesionais interviñentes non comprenden ben a realidade das maltratadas. Velaí a desconfianza a respecto dalgunhas mulleres que non denuncian os abusos, cando precisamente un carácter típico do maltrato é o de non denunciar os abusos pola situación de autonegación persoal que vive.Canto aos beneficios económicos, éstes redúcense a unha paga de 420 €/mes para as mulleres que carecen doutros ingresos, que só dura 11 meses (ampliábeis a 36). Tamén, para as empregadas, á posibilidade de suspensión do emprego de acadaren unha orde de protección e accederen á prestación por desemprego de tiver cotizacións abondo.A lei de prevención de violencia de xénero non é discriminatoria e foi declarada expresamente constitucional pola Sentenza 39/2008 do Tribunal Constitucional. Porque a igualdade de homes e mulleres esixe tratar de xeito desigual as situacións desiguais. E a violencia machista, hoxendía, é un andazo, nada comparábel en termos cuantitativos con outras violencias intrafamiliares. A violencia machista constitíue o problema máis grave da nosa sociedade no que se refire aos dereitos humanos.Os homes non estamos aínda á altura do reto da nosa sociedade canto á prevención da violencia machista. Xa que logo, o mínimo que podemos facer é combater nos ámbitos da política e da comunicación social as fake news e falsidades dos negacionistas. |
NOS_40509 | É unha das citas clásicas da escena galega. Esta sexta feira comeza a 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. A programación, centrada "na igualdade, no lecer e na incorporación da mocidade ao mundo do teatro", estenderase ate o 31 de outubro. | O certame ofrecerá 41 espectáculos. Deles, unha ducia son estreas en Galiza e tres, estreas absolutas. "Nós facemos público, é o noso compromiso; confiamos en que as novas xeracións se vexan representadas e que o FIOT non llles resulta alleo", explica a organización, "que sexan os nosos followers". Para cumprir co obxectivo da renovación xeracional, o festival -que vén de ser distinguido co Premio da Cultura Galega 2018 en Artes Escénicas outogado pola Xunta- incluíu na oferta "espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados 'millennials' ou Xeración Z". E compañías galegas e mais de Arxentina, Catalunya, Guinea Ecuatorial, Euskadi ou Suíza. Apertura con La Trócola Circ La Trócola Circ, valencianos, abrirán o festival este 28 de setembro ás 20.30 horas con Emportats. Na Praza do Concello. Despois inciarase a sección Rúa dos Contos corresponderá a apertura. Será este 28 de setembro ás dez da noite na Cafetaría Colón -o monólogo Contos de contrabando de Avelino González- e á medianoite no Mesón do Pulpo -Como ser armario encaixado, de Marcos Pereiro. "O obxectivo de Rúa dos Contos é poñer as artes escénicas ao alcance de quen nunca ten asistido a unha función", di o FIOT, "para asi atopar novos espectadores". Ao longo do mes, concentradas sobre todo nas fins de semana, haberá actuacións "na rúa, en lugares públicos de lecer e esparexemento". Mais o tronco dos contidos do FIOT verase en sala. Concretamente, no Auditorio do Pazo da Cultura. O 7 de outubro será a primeira obra, Future Lovers, da compañía madrileña La Tristura. O 11 do mesmo mes, Crimen y Telón, dos igualmente madrileños Ron Lalá. O 13 de outubro, a Fedra de Pentación Espectáculos. Play Off de La Joven Compañía, PSS PSS da suíza Compagnia Baccalá, Commedia de Contraproduccións, ou Un enemigo del pueblo, de El Pavón Teatro Kamikaze serán outras propostas que se poderán ver na vila. Haberá ademais a liña OTNI -Obxecto Teatral Non Identificado-, que recolle tres propostas: A tristeza dos ogros -coprodución catalano belga madrileña do Teatro Nacional de Valonia, Teatre Lliure e Teatro del Canal-, Salvador -do galego Borja Fernández- e Wasted -dos cataláns Íntims Produccions. O FIOT tamén convoca o segundo certame de microteatro Metro Cadrado e, nesta edición número 27, concederá o galardón honorífico Xograr de Outono ao actor e dramaturgo Manuel Lourenzo (O Valadouro, 1943). |
NOS_55635 | Un grupo de vítimas do accidente de Angrois visitan Bruxelas procurando que a UE exerza presión para unha investigación independente | Esta terza feira, unha delegación da asociación de vítimas do Alvia 04155 acudiu ao edificio Berlaymont da Comisión Europea en Bruxelas para se reunir coa comisaria de transportes Violeta Bulc. Durante o encontro a porta pechada -impulsado pola eurodeputada polo BNG, Ana Miranda-, a política europea expresou en reiteradas ocasións ás vítimas a súa "frustración" ante a falta dunha investigación independente por parte do Estado español. O portavoz da plataforma de víctimas, Arturo Domínguez, sinalou en declaracións á prensa que saíran do encontro cunha "sensación ambigua". "Pensamos que ir a Europa significaba que se iría ao fondo da cuestión e non, hai unha cuestión legal e, segundo a comisaria, non se pode forzar un Estado membro a que investigue", explicou Domínguez, cuxa frustración era tamén partillada polo resto do grupo. "Vímola persoalmente afectada e temos o seu compromiso de que falará e presionará o ministro de Fomento para que isto se investigue de xeito independente", engadiu. Isto será na vindeira terza feira 10 de xullo, cando a comisaria Bulc visitará o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, en Madrid. "Sentímonos avasallados polos procedementos formais que evitan descubrir a verdade dun accidente que deixou 80 vítimas, é vergoñento e non me estraña que a comisaria se sinta frustrada, imaxínense nós", declarou o tamén membro da asociación Javier Municio, quen declara que só procuran que "as autoridades e institucións asuman as súas responsabilidades". Con todo, a responsábel europea de transportes avanzou á comitiva que nas próximas semanas será feito público un informe da ERA –Asociación Ferroviaria Europea– que debulla a seguridade das liñas ferroviarias españolas, con atención tamén ás de alta velocidade na Galiza e, en concreto, á curva de Angrois. Este documento, que fora solicitado pola Comisión á autoridade ferroviaria, sería o terceiro emitido pola entidade poñendo ao nú o seguimento do regulamento por parte do Estado español. Segundo impresións das vítimas e da propia Ana Miranda, o texto podería probar o incumprimento da normativa relativa á evaluación de riscos e, en consecuencia, rematar por provocar a apertura dun procedemento de infracción. Isto ten lugar unha semana despois de que, após meses de demoras, a Audiencia Provincial da Coruña recibira un segundo informe da ERA no que constan os feitos que proban a ausencia de evaluación de riscosno tramo siniestrado. Deste texto, as vítimas sinalaron a Bulc a mudanza de proxecto no ano 2010, a eliminación do sistema ARTMS embarcado e na vía -antes da curva de Angrois- e a desestimación do aviso do xefe de maquinistas a conta da perigosidade do tramo. "Era unha traxedia evitábel e, se se tivese cumprido a normativa, isto non tería acontecido", concluíu Domínguez. Previo a este xa existira un primeiro dossier en xullo de 2016 no que a propia Unión Europea confirma que a CIAF–entidade encargada de levar a cabo a investigación sobre o accidente de Angrois– non pode ser considerado un organismo independente, tese xa sostida durante a instrucción xudicial pola Audiencia Provincial da Coruña. Unha dobre denuncia que podería supoñer sancións A eurodeputada polo BNG Ana Miranda, que xa presentara unha denuncia ante o propio Parlamento Europeo pola falta de evaluación de riscos, amosábase esperanzada a respecto deste terceiro informe da ERA. "Dependendo do que diga, a Comisión Europea decidirá se abrir un procedemento de infracción por normativa de incumprimento de riscos polo regulamento de 2008, o cal require facer un informe ISA que non consta na curva de Angrois", explica. Este escenario contemplaría un procedemento que a Comisión realizaría de oficio, o que se sumaría á denuncia de parte xa apresentada pola eurodeputada galega. "A presión é dobre, e imos ir até o final, non nos imos rendir", afirma. Máis denuncias polas infraestruturas galegas A portavoz da fronte nacionalista, Ana Pontón, tamén asistiu á xornada e quixo agradecer "o labor encomiábel" das vítimas fronte á "falta de altura dos gobernos tanto galego como estatal", que logo de cinco anos "están a facer imposible saber o que pasou" no sinistro do 24 de xullo de 2013. A política reafirmou o compromiso do BNG á hora de "seguir loitando" e incidiu na convicción que existe desde as institucións europeas de que non houbo unha investigación independente como marca a normativa. "Se esa comisión independente non se fai é porque hai unha interferencia política que quere pechar esa posibilidade nese ámbito", puntualizou. Pontón tamén asistiu á sede da Comisión Europea para reunirse co coordenador do Corredor Atlántico, Carlos Secchi, e máis coa responsábel na Comisión Europea desta vía, Isabelle Maës. Acompañada de Miranda, a portavoz revisou canda estes políticos o informe das Rías na comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A respecto do encontro, ambas políticas declararon ante a prensa que as propostas aínda non están "consolidadas" e fixeron fincapé en continuar a "facer presión" á Comisión para o financiamento e a ampliación destas. Concretamente, a portavoz trouxo á tona a proposta de incluír o porto seco de Monforte no corredor transeuropeo. Por último, tamén fixo mención ao caso da ría do Burgo, que acumula xa máis de 300.000 metros cúbicos de lodos coas súas consecuentes ameazas económicas e medioambientais. "A pesares das promesas, o proceso de rexeneración segue sen contar co dragado que nunca se acaba de materializar", concluíu. |
NOS_44216 | Ás 18 horas deste domingo electoral a participación baixou na Galiza 5,73 puntos. Votou xa o 53,27% do electorado cando no 28A fixérao na mesma franxa horaria o 58,91%. | A participación no 10-N cae 5,73 puntos na Galiza e case 4 no Estado respecto das últimas eleccións xerais de 28 de abril. A Galiza rexistra un 53,27% de participación con perto do 99% das mesas analizadas, segundo os datos facilitados polo portal do Ministerio do Interior. Dáse por tanto unha caída de participación de 5,73 puntos respecto das pasadas eleccións xerais do 28 de abril, xa que á mesma hora daquela a participación era do 58,91% e votaran 1.320.046 persoas. Dos 2.237.377 millóns de galegas e galegos chamados a votar este domingo segundo o censo, na circunscrición da Coruña xa votou o 52,81% das e dos electores, mentres que na de Lugo fíxoo o 51,41%, o 52,24% na de Ourense e o 54,85 na de Pontevedra (a única cunha participación superior á media da Galiza). . O índice de participación no Estado tamén descende. Así rexistrase unha baixada de 3,9 puntos respecto da acadada na mesma franxa horaria nas anteriores eleccións xerais de 28 de abril. Os datos facilitados polo Ministerio do Interior con perto do 99% das mesas contadas sinalan que no Estado lévase un 56,85% de participación fronte o 60,74% (21.137.842 votantes) que se levaba á mesma hora o 28A. A participación ás 14 horas Galiza ás 14 horas rexistraba un 31,98% de participación co 98,63% das mesas analizadas. Isto significaba unha caída de participación de 5,04 puntos respecto das pasadas eleccións xerais do 28 de abril, xa que á mesma hora daquela a participación era do 36,97%. No Estado levábase un 37,89% de participación (12.630.485 votantes) do total de persoas electoras fronte o 41,49% (14.437.177) que se computara á mesma hora o 28A. |
NOS_47584 | Eran unhas eleccións convocadas para lexitimar o proceso de reforma política iniciada após a morte de Franco. | Tratábase de validar un modelo deseñado nos grandes centros de poder imperial, nomeadamente en Estados Unidos e Alemaña, pactado entre os herdeiros do franquismo e a práctica totalidade das forzas españolistas que se tiñan oposto á ditadura, blindado polas forzas armadas e coa monarquía situada como chave de bóveda. Ao fin, un novo réxime, continuador do anterior, cuxos sinais de identidade son unha forma de estado unitario fortemente centralizado, baixo verniz autonomista, que nega a plurinacionalidade, un modelo económico confesional cos principios do libre mercado e un europeísmo funcional ás necesidades de expansión do capital. Non deben estrañarnos logo uns resultados electorais que proclamaron como vencedores os herdeiros do franquismo, nomeadamente a UCD, e aquela esquerda que menor compromiso tivera na oposición á ditadura, o PSOE. Unha e outra forza eran os puntais do pacto institucionalizado posteriormente pola Constitución Española, mais tamén o valado fronte á alternativa de ruptura defendida en exclusiva polas forzas nacionalistas. O 15 de Xuño de 1977, Galiza volvía votar após corenta anos de franquismo. O reconto electoral situou como primeira forza política a Unión de Centro Democrático, forza liderada por Adolfo Suárez, con 606.727 votos en Galiza, vinte deputados e trece senadores. A seguir, o Partido Socialista Obreiro Español con 175.127 votos e tres deputados; a Alianza Popular de Fraga -con menos apoio electoral co PSOE, 148.239 votos- acadaría máis representación nas Cortes, catro deputados e un senador, conseguindo, por último, tres actas no Senado a Candidatura Democrática Galega, coalición electoral que aglutinaba a totalidade da esquerda reformista. O resto das candidaturas e coalicións electorais que concorreron a este proceso, até un numero de dezaseis, non conseguiron representación, atopándose nesta situación o PCE, após a súa confesión monárquica, o PSG, obrigado a presentar a candidatura tras a negativa do PSOE e do PCE a conformar unha lista unitaria, ou o nacionalismo organizado arredor da UPG e da ANPG. A franquía galega da UCD era o resultado da converxencia das elites do franquismo en cada unha das provincias que xa tiñan organizadas agrupación electorais desde a segunda metade de 1976 A hexemonía electoral da Unión de Centro Democrático en Galiza era incontestábel. Unha organización patrocinada desde o poder, organizada desde o goberno, encabezada por Adolfo Suárez e conformada polos cargos institucionais da administración franquista reconvertidos a toda présa a demócratas para dirixir a xestión do novo tempo político. A súa franquía galega era o resultado da converxencia das elites do franquismo en cada unha das provincias que xa tiñan organizadas agrupación electorais desde a segunda metade de 1976 coa vista posta nun novo tempo electoral. A sucursal coruñesa xurdía do Partido Galego Independente, impulsado e dirixido polo procurador franquista Xosé Luís Meilán Gil. Outro procurador franquista, neste caso Antonio Rosón Pérez, auténtico dono de Lugo polo control que exercía en toda a provincia a través das "Hermandades de Labradores", tras romper a ultima hora con Fraga embarca con Suárez. Un caso semellante é o de Ourense, neste caso co protagonismo de Euloxio Gómez Franqueira, conectado con Pío Cabanillas que, por deferencia do mestre de Castrelo de Miño, rematará por encabezar a candidatura. E o mesmo e en Pontevedra, aquí con Víctor Moro á fronte. O groso desta estrutura e tamén da súa clientela remataría engolida, unha vez asentada e transición e nomeadamente despois dos resultados das primeiras eleccións autonómicas, por Alianza Popular. A Candidatura Democrática Galega será un dos aspectos máis orixinais neste proceso electoral. Impulsada polo grupo Realidade Galega, estrutura para acción política do mundo do piñeirismo, apoiada polo PSOE, PSG, PCE, PGSD, os demócrata cristiáns de Illa Couto e os autodenominados "galeguistas independentes", situouse como segunda forza para o Senado en A Coruña, Ourense e Pontevedra, situando como senadores a Manuel Iglesias Corral, antigo militante da ORGA e futuro dirixente de AP, Celso Montero, afiliado do PSOE, e Valentín Paz Andrade. Os obxectivos desta coalición non eran outros que empurrar a apuntalar o proceso de reforma política pactado, tentando achegar a ese espazo a sectores da esquerda e do nacionalismo potencialmente favorábeis a unha alternativa de ruptura. Ao tempo a presenza nas súas candidaturas de persoas de testada traxectoria antifranquista abrazados a un proxecto común con sectores procedentes do franquismo lexitimaba a operación. Porén os resultados non puideron ser máis catastróficos unha vez comezada a lexislatura, cun Iglesias Corral incorporado ao grupo parlamentario da UCD, un Celso Montero na disciplina do PSOE e un Paz Andrade en solitaria lealdade ás siglas coas que se presentou. A UPG e a ANPG non puideron acudir coas súas propias siglas ao proceso electoral ao non ser legalizadas polo Goberno de Suárez A democracia nunca chega para aqueles que cuestionan o sistema. A UPG e a ANPG non puideron acudir coas súas propias siglas ao proceso electoral ao non ser legalizadas polo Goberno de Suárez, véndose na obriga de promover unha agrupación de electores a través da recollida de sinaturas para dgarantir a presenza do nacionalismo na contenda. Xorde así o Bloque Nacional Popular Galego, cun programa que recolle as propostas das súas organizacións matrices, fundamentado nas Bases Constitucionais da Nación Galega, plataforma de mínimos para a ruptura democrática e para o recoñecemento nacional de Galiza. O Bloque acadará finalmente 22.721 votos no conxunto do País, despois de ter que reclamar nas xuntas electorais fronte aos resultados provisionais que reducían a súa votación a 13.453 papeletas, destacando estes naquelas localidades ou zonas onde o nacionalismo mantivera unha forte conflitividade social. Os escasos apoios explícanse pola adversas circunstancias en que se desenvolve a campaña, excluídos dos medios de comunicación, siglas non recoñecíbeis ou falta de medios, pero tamén ten a ver coa debilidade organizativa, cuestión que se irá corrixindo ao longo de 1977 e 1977 en parelelo á conflitividade agraria, laboral e estudantil. Daquelas como hoxe impedir un conflito nacional en Galiza nos mesmos termos que en Euskadi e Catalunya é un prioridade central para o Estado Foi unha vitoria sen paliativos para os promotores do proceso de reforma política. A alternativa rupturista,a representada en Galiza polo BNPG, a que defendía rachar absolutamente co franquismo e avanzar nun proceso de democracia de calidade recoñecendo a plurinacionalidade do Estado, isto é, a que cuestionaba o modelo pactado entre os franquistas e unha parte do españolismo de esquerdas, ficou reducida á mínima expresión. Agora ben, o achique do espazo de ruptura ten un primeiro capítulo nos meses anteriores á xuño, cando algunhas das forzas que tiñan asinada as Bases Constitucionais renuncia á súa defensa. A representación galega nas Cortes Xerais copárona ás forzas de obediencia española, provocando a un tempo que os problemas de Galiza estivesen ausentes ao longo de toda a lexislatura e a desaparición e anulación do noso País na xeografía e nas prioridades políticas do Estado. Daquelas como hoxe impedir un conflito nacional en Galiza nos mesmos termos que en Euskadi e Catalunya é un prioridade central para o Estado. Hai corenta anos, aquí en Galiza librouse unha batalla capital en defensa dunha democracia merecente de tal nome, fai corenta anos, aquí na Patria plantouse unha arbore que aínda florece. |
NOS_9212 | O animal estava grávido. O homem foi condenado a 16 meses de prisão por um juiz de Setúbal em aplicação duma lei de 2014. A norma legal transformara em crime os maus tratos infligidos aos animais de companhia. O magistrado achou o comportamento do acusado como cruel e ponderou como agravante que agira "a sangue frio". | Um homem de 60 anos esventrou a sua cadela grávida com uma incisão feita "a sangue frio" para a seguir retirar do corpo do animal um total de seis fetos, quatro dos quais atiraria ao lixo, onde morreriam de fome. Dois dos cacharros ficaram no útero da mãe. O dono da cadela suturou o corte feito na parede abdominal, mas não a do útero. A consequência das feridas, o animal morreria dois dias depois de ser esventrado. É a primeira vez que factos desta natureza resultam na condenação a prisão efectiva do seu responsável. A lei prevê uma pena máxima de até dois anos de prisão. A Provedora [defensora] dos Animais de Lisboa, Marisa Quaresma dos Reis, falou de "dia histórico para o percurso dos direitos animais". O condenado, que não desejava a gravidez da cadela, justificou a sua ação dizendo que agira para ajudar a cadela. "Isto não foi para ajudar a cadela. Não é um motivo legítimo nem há qualquer estado de necessidade que justifique aquela intervenção. Nem de perto nem de longe", considerou, em troca, o juiz. "Este homem tem de estar na cadeia. Se a cadeia não serve para a crueldade, serve para quê?", perguntou-se o magistrado. Desde que a lei entrou em vigor houve em Portugal por volta de 70 sentenças condenatórias, mas esta é a primeira que leva consigo pena de prisão. "Não tive condições financeiras para a levar ao veterinário" Em declarações realizadas ao diário Público, o homem, um sexagenário de 67 anos e militar veterano da guerra colonial da Guiné, afirmou que agira desse jeito porque não tinha dinheiro para levar o animal ao veterinário. Não esteve presente durante a leitura da sentença e, após mudar de residência, não notificou à justiça a sua nova moradia. Mesmo assim o Público conseguiu falar com ele. O condenado vai recorrer a sentença e deixa cair como hipótese: "Eu posso ter uma deficiência mental – há que considerar todas as coisas." |
NOS_23706 | O rascuño do Decreto deseñado por Madrid prevé mudar a proba de acceso á universidade por un exame tipo test. | De acordo coa reforma da lei educativa aprobada polo Partido Popular nas Cortes españolas, a LOMCE, a proba de acceso á universidade coñecida como selectividade desaparecerá no curso 2017-2018. Na terza feira (21 de abril) o goberno de Mariano Rajoy presentará na Conferencia sectorial de Educación a súa proposta na que prevé substituír os exames actuais por un test de 350 preguntas. A iniciativa deberá ser debatida tamén coas organizacións sindicais no Consello escolar. Así o recolle a axencia de noticias Europa Press que tivo acceso ao documento. No rascuño do decreto inclúense ademais os trazos xerais das reválidas ás que se someterá o alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato e que serán comúns para o conxunto dos territorios do Estado español. De acordo coa información difundida estas probas académicas non condicionarían a avaliación do estudantado de Primaria. Porén, para o alumnado da ESO suporán o 30% da nota (70% a actividade durante o curso) e no Bacharelato o 60%, igual que acontecía até o momento coa selectividade. Aliás, para se presentar a este test será necesario contar con todas as materias aprobadas. No caso do ensino secundario poderán acceder @s estudantes que conten con até 2 suspensos sempre que estes non sexan unha lingua e matemáticas. A entrada en vigor destas probas produciríase após as eleccións ao Parlamento español Tanto na Primaria como en secundaria só haberá unha convocatoria. En troca, no bacharelato disponibilizaranse dúas. A primeira data será en 2016 para as idades máis temperás. A ESO e BAC comezarán en 2017. En relación cos contidos avaliaranse as materias comúns e específicas ficando fóra a relixión. Os exames comporanse de tres bloques en ESO e Bacharelato. Até un máximo de 200 preguntas tipo test (multiopción) correspondentes a catro materias troncais (comúns) elixidas pol@ alumn@; 100 sobre materias troncais elixidas e 50 referidas a materias específicas. Tamén se incluirán preguntas de resposta aberta para avaliar a expresión. |
PRAZA_19010 | Tras dúas peticións oficiais de información e a intervención da Valedora do Pobo, a Consellería de Facenda di "non dispor de información" sobre se existen tarxetas bancarias institucionais no resto da administración autonómica e só nega que ela mesma as teña "dende 2009". Fontes consultadas por este diario aseguran que non as hai desde hai décadas. A Comisión de Transparencia de Galicia xa incumpre prazos ao medio ano de crearse | A Comisión de Transparencia de Galicia xa incumpre prazos ao medio ano de crearse A Consellería de Facenda, o departamento que debería velar por un adecuado funcionamento económico de toda a Xunta, vén de admitir, tras dúas peticións oficiais de información con amparo na Lei de Transparencia e a intervención da Valedora do Pobo, que "non dispón" de información sobre se no resto da administración autonómica hai ou non tarxetas bancarias institucionais. Fontes non oficiais consultadas por este diario aseguran que a Xunta carece de tarxetas bancarias desde hai décadas, así que a revelación fundamental do seguinte relato sería o que aínda lle custa á Xunta ser transparente coa cidadanía. Tras dúas peticións oficiais de información e a intervención da Valedora do Pobo, a Consellería de Facenda di "non dispor de información" sobre se existen tarxetas bancarias institucionais no resto da Xunta A Lei de Transparencia de Galicia entrou en vigor o pasado marzo e entre outras cuestións supón a adaptación e aplicación da normativa estatal que contempla a posibilidade de que a cidadanía lle formule preguntas directas sobre datos non públicos. Nun momento de sucesivas revelacións sobre as denominadas tarxetas black coas que altos cargos de Caja Madrid supostamente realizaron gastos de carácter persoal, o pasado 7 de abril formulóuselle á Xunta unha pregunta para que informase sobre as tarxetas bancarias institucionais das que dispuxese e coa que comprobar, ao mesmo tempo, o funcionamento da Lei de Transparencia. A formulación da pregunta en aplicación da Lei de Transparencia foi a seguinte: "Quen, na Xunta ou entes paralelos, dispón ou dispuxo, desde agosto de 2005, de tarxeta bancaria institucional e que gastos se fixeron con elas". A pregunta foi realizada á Consellería de Facenda, xa que é a supostamente encargada de supervisar o bo funcionamento económico da administración autonómica e a normativa de transparencia obriga a dirixila a un departamento concreto. A brevidade da formulación vén obrigada polo espazo físico limitado que o Goberno galego deixa no formulario oficial de peticións de transparencia. E a referencia temporal vén motivada pola necesidade de acoutar no tempo a pregunta para evitar que fose rexeitada, como permite a lei, por abarcar un volume excesivo de información. Considerouse que unha década e a existencia nese tempo de dous gobernos de cores distintas (agosto de 2005 foi cando tomou posesión o bipartito PSdeG-BNG) permitiría contextualizar mellor a información solicitada. O 6 de maio, ao límite do prazo dun mes que a lei outorga á Xunta para contestar, a secretaria xeral técnica de Facenda, María Socorro Martín Hierro, asinou unha resolución denegatoria da petición de información. Os argumentos empregados, amparándose nas excepcións que contempla a lei, foron que a solicitude requiría "dunha acción previa de reelaboración" a partir de "datos e documentación que non se encontran centralizados nun departamento ou organismo" e que a información solicitada "abarca un período de tempo moi amplo". Facenda non nega a existencia actual de tarxetas bancarias institucionais, algo que podería facer cun simple "agora ninguén" en resposta a unha pregunta formulada como "quen dispón ou dispuxo" delas. E implicitamente admitiría a súa existencia no período polo que se pregunta ao apelar a que os datos requirirían dunha reelaboración previa antes de poder ser facilitados, algo que por outra banda tamén contempla a lei de transparencia para protexer información persoal. Ante eses argumentos denegatorios, o 12 de maio preséntase unha segunda solicitude de acceso á información dirixida ao mesmo departamento coa seguinte redacción matizada: "Datos dos que dispoña xa a Consellería de Facenda sen ter que reelaborar sobre quen da Xunta ten tarxeta bancaria institucional e os seus gastos". A formulación xa omite calquera traballo de reelaboración dos datos e acouta ao presente a resposta para evitar os dous argumentos nos que se amparou a denegación previa. Con data 9 de xuño, novamente ao límite do prazo máximo legal, Facenda emite como toda resposta a seguinte: "Dende o ano 2009, na Consellería de Facenda da Xunta de Galicia non existen tarxetas bancarias institucionais a disposición dos altos cargos da dita consellería". Das dúas respostas poderíase concluír que Facenda non supervisa se existen tarxetas no resto da Xunta, xa que do contrario algún dato ao respecto debería "dispor sen ter que reelaborar", como formulaba a pregunta, aínda que só sexa o feito de que existan ou non, sen máis precisións. Se existisen, os supervisase e non os puidese facilitar por ter que reelaboralos, xa fose polo seu volume ou porque incluísen datos protexidos, non o di, como si fixera na primeira ocasión, o que podería implicar que o cidadán reciba unha resposta denegatoria sen que a Administración argumente en que norma se basea para facelo. Ademais, a resposta non aclara por que preguntar por un período de dez anos era algo "moi amplo" pero agora si responde por un período de sete anos, xusto cando o PP recuperou a Xunta, abrindo a porta a que se dubide sobre a existencia de tarxetas nesa mesma consellería cando estaba rexida por políticos doutro partido. A Valedora do Pobo avala a ambigüidade das respostas de Facenda pero revela que a consellería non estaría a controlar ao resto da Xunta Ante esta situación, o 1 de xullo formulouse, cos anteditos argumentos, un recurso contra a resposta da Xunta ante o Valedor do Pobo, a institución que en Galicia asume a función de Comisionado de Transparencia ante o que reclamar en segunda instancia cando a cidadanía entende que o Goberno non facilita a información de xeito adecuado. A lei indica que esa Comisión de Transparencia ten un "prazo máximo para resolver e notificar" a súa resolución de tres meses, "transcorrido o cal, a reclamación entenderase desestimada". Porén, non foi ata o 7 de novembro, case 40 días por riba dese prazo, cando o Valedor remitiu a súa resposta desestimando a reclamación. A Comisión de Transparencia do Valedor responde unicamente á reclamación formulada contra a segunda resposta de Facenda, por entender que a primeira formulouse fóra de prazo e avala que "a consellería deu resposta á solicitude de información presentada, e que se refire aos datos xa dispoñibles na Consellería de Facenda [sobre tarxetas bancarias], sen ter que facer unha reelaboración dos mesmos". Porén, a resolución do Valedor recolle na súa exposición de antecedentes un dato novo que Facenda non incluíu en ningunha das súas dúas respostas previas. Segundo lle di ao Valedor, a consellería denegou a resposta á primeira das peticións de transparencia formuladas amparándose na excepción que contempla a lei cando é necesaria unha reelaboración dos datos "ao non dispoñer a Consellería de Facenda da información solicitada". Isto é, á pregunta orixinal de "quen, na Xunta ou entes paralelos, dispón ou dispuxo, desde agosto de 2005, de tarxeta bancaria institucional e que gastos se fixeron con elas", Facenda denegoulle ao cidadán peticionario a resposta argumentando que tería que reelaborar a información, pero contéstalle ao Valedor que "non dispón" dela. O resultado final da sucesión de respostas obtidas a través do procedemento de transparencia é que Facenda non ten tarxetas bancarias institucionais pero "non dispón de información" sobre se as hai noutros departamentos da Xunta O resultado final da sucesión de respostas obtidas a través do procedemento de transparencia é que Facenda non ten tarxetas bancarias institucionais pero "non dispón de información" sobre se as hai noutros departamentos da Xunta. Porén, dúas fontes non oficiais indicaron a este diario que non as hai desde hai décadas. Segundo as súas explicacións, os problemas de xustificación de gastos que se producían cando as había levou ao Goberno galego a suprimilas. O procedemento actual, cando un alto cargo da Xunta ou calquera funcionario ten que realizar un gasto ou unha viaxe, consistiría en entregarlle un anticipo de caixa ou nun reembolso posterior dos aboamentos que realizase cos seus propios cartos, previa xustificación do gasto. Ante esta situación, este diario pediu explicacións á Consellería de Facenda a través da vía xornalística consistente en preguntar a un portavoz oficial tanto pola cuestión de fondo sobre a existencia ou non das tarxetas bancarias como pola ambigüidade das súas respostas previas no procedemento de transparencia. Logo de varias semanas de espera, a contestación foi que a Xunta non facilitaría información "máis alá do que xa se trasladou" a través das peticións de transparencia. Un procedemento que implicou sete meses de trámites con dúas peticións oficiais e un recurso ao Valedor para obter unha resposta pouco transparente. |
NOS_5554 | Gonzalo Caballero, coa vista posta nas eleccións de 2020, chama a "traballar" por construír a Galiza "do futuro". | O PSdeG celebra desde hai anos o 25 de Xullo en Rianxo, cun acto político diante do busto de Castelao, no Paseo da Ribeira. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Cabellero, e o portavoz parlamentar, Xaquín F. Leiceaga, foron as persoas que tomaron a palabra neste acto. "Galeguismo e socialismo son as dúas patas para un novo rexurdir da Galiza na que collamos todos", manifestou Caballero, que dixo que o 25 de Xullo é unha data "para pensar na Galiza que queremos construír no futuro". O secretario xeral das e dos socialistas galegos afirmou coa vista posta nas eleccións galegas de 2020 que "fica un ano de traballo para comezar a construír a Galiza do futuro". Unha Galiza, para Caballero, que debe de ser feminista, combinar crecemento económico e protección ambiental e con emprego digno para a mocidade. Nesta tarefa situou os galegos e galegas que queren ser "motor de cambio" do país. Xaquín Leiceaga, de por parte, defendeu o estado das autonomías perante as tendencias de recentralización e situou o autogoberno como garante do "progreso, os dereitos, o benestar e a igualdade". |
NOS_17181 | A Galiza inicia un "cambio de tendencia" no tempo, sobre todo na metade oeste, segundo Meteogaliza, que afirma que haberá xa un descenso de temperaturas notábel desde este domingo. | Desde Meteogaliza, aseguran que para esta segunda quincena de agosto, "non toda", matizan, non se esperan "masas de aire tan cálidas" e si un "descenso drástico de temperaturas" a partir deste domingo. Tamén avanzan a "probabilidade de choiva, máis elevada na xornada da terza feira". Tamén o fan desde a delegación na Galiza da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). "Seguen baixando as temperaturas até situarse ao redor de 30 graos no interior e sobre 25 graos na costa". "A situación parece cambiar respecto ás semanas precedentes", indican desde Aemet, que engaden que se esperan "algunhas precipitacións". Verán seco Desde a Aemet, preguntados pola situación de seca, cualificaron de "seco", pero non "excepcionalmente seco", o verán que se está rexistrando na Galiza e apuntan que a falta de precipitacións que se arrastra "non se debe ao que leva de verán". "É consecuencia da falta relativa de choivas que se produciu desde o outono", expuxeron a Europa Press. Aumentan as restricións de auga ante o "peor ano hidrolóxico" desde que hai rexistros "Desde o 1 de setembro de 2021, Galiza recibiu aproximadamente dúas terceiras partes da choiva normal (65%)", engadiron. Ademais, lembraron que "valores similares rexistráronse en 2017 e 2012 cun 72% da choiva normal, así como en 2005 (68%), pero habería que remontarse a 1989 para achar unhas precipitacións aínda máis escasas (63%)". Menos do 40% de chuvia En canto ao carácter "seco" do verán, aclaran que se adoita considerar verán en meteoroloxía os meses de xuño, xullo e agosto. "Debido a que agosto non acabou, non podemos facer un balance completo", admiten. Con todo, sinalan que "é certo que xullo foi moi seco". "A maior parte do territorio recibiu menos do 40% da precipitación normal e só algunhas zonas do interior, onde as tormentas deixaron choivas importantes, superaron os seus valores normais de precipitación". Aínda así, indican que "non é estraño que xullo sexa un mes seco". Ten relación a proliferación de eucaliptos coa seca? "Os de 2020 e 2016, por exemplo, foron aínda máis". "Ademais o mes de xuño foi chuvioso: máis ou menos recolleuse un 150% da choiva normal". Ao fío diso indican que en xuño e xullo de 2020 as precipitacións medias foron aproximadamente a metade das do mesmo período de 2022. Chuvias no Miño-Sil Desde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil expoñen, á súa vez, que neste ano hidrolóxico 2021/22, comezado o 1 de outubro de 2021, a precipitación acumulada media na parte galega da Demarcación Miño-Sil foi, a 7 de agosto, de 654,4 litros/metro cadrado, un 39% por baixo da media histórica. "No ano hidrolóxico anterior, 2020/21, a esta altura do ano a precipitación rexistrada era de 1.152,5 litros/metro cadrado, un 7% por encima da media histórica e un 76% por encima da do ano 2021/22". Critican o "malgasto" na Festa da Auga de Vilagarcía malia a seca "Mensualmente poden destacarse os meses de outubro, novembro, xaneiro, febreiro, abril, maio e xullo como secos, e os meses de marzo e xuño como húmidos". Por parte da Xunta, aludindo ás predicións de Meteogalicia a principios de agosto, lembran que xa se expuxo a "anomalía media das precipitacións en xullo na Galiza". "Esta anomalía tradúcese en que foi un 66% inferior ao valor climático normal". |
NOS_46559 | O SNP fica a 2 escanos de revalidar a maioría absoluta. O Plaid Cymru galés é segundo, tras os laboristas. | Unha vitoria "histórica". Así cualificou a primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, a vitoria nas urnas esta quinta feira do SNP, que atinxiu o 46,5% dos votos. Os independentistas lograron 63 escanos, revalidando a súa maioría mais ficando a 2 da absoluta, que está en 65. O Partido Nacional Escocés perdeu 6 parlamentares a respeito de hai cinco anos, mais obtén unha resultado incontestábel apenas ano e medio despois de perder o referendo independentista e posterior demisión do primeiro ministro Alex Salmond. A participación nos comicios foi do 55,6% Mais o verdadeiro sismo na política escocesa foi a debacle dos laboristas, que caen en 13 deputados e fican con 24, sendo desprazados ao terceiro posto. Só en 3 distritos foron a forza máis votada os que até non hai tanto eran a primeira forza da política escocesa. A queda laborista é aproveitada polos conservadores, que aumentan a súa representación en 16 deputados, logran 31 asentos na Cámara escocesa e convértense na principal forza de oposición ao SNP. Outra forza que nestes comicios tivo un aumento importante foron os Verdes escoceses, que acadaron 6 parlamentares, 4 máis que en 2011. Este partido apoiou o Si no referendo pola independencia de Escocia. Os liberal-demócratas manteñen a súa representación (5 escanos) e fica sen entrar no Parlamento escocés o ultra-dereitista e xenófobo UKIP. En Cymru (Gales) os laboristas manteñen a súa hexemonía e logran 29 deputados, 1 menos que hai 5 anos. Os independentistas do Plaid Cymru conquistan 12 escano,s o Partido Conservador obtén 11 e os liberal-demócratas, 1 (perden 4). O UKIP irrompe como cuarta forza con 7 representantes. O independentismo galés foi a forza máis votada en catro das circunscricións galesas. Sen resultados En Irlanda do Norte os resultados non se coñecerán até ben avanzada a fin de semana. Aquí rexe un sistema electoral moi particular, o 'voto único transferíbel'. Os votantes non só votan por un partido, mais fan unha clasificación en función da súa orde de preferencias. Así pois, e cómo ningún partido foi elexido maioritariamente en primeira opción en 2011, o probritánico e unionista DUP formou goberno co republicano e proirlandés Sinn Féin, ao ser primeiro e segundo. A asemblea destes seis condados da illa baixo soberanía británica consta de 108 deputados, 6 por cada unha das circunscripcións. Non se agardan grandes cambios. As enquisas apontan a que o Sinn Féin volverá ser a segunda forza máis votada. |
PRAZA_19865 | Ducias de actividades por toda Galicia celebran este domingo a lectura Volumes de ilustres viaxes por Galicia para celebrar o Día do Libro | Volumes de ilustres viaxes por Galicia para celebrar o Día do Libro Ducias de actividades por toda Galicia celebran este domingo a lectura Quen este domingo saia á rúa, e as previsións climatolóxicas animan a facelo, terá difícil non atoparse cun libro que levar para a casa. Malia que a maioría das bibliotecas e librarías pechan hoxe, co que boa parte das súas celebracións se distribuíron entre as semanas pasada e próxima, como o tradicional desconto na compra de exemplares nas librarías, que pasa a este luns, como cada 23 de abril entidades sociais e institucións de todo tipo envórcanse co Día do Libro cunha ampla e variada programación de actividades por toda Galicia da que a seguinte é só unha pequena mostra. A falta de celebracións oficiais do Goberno galego este mesmo domingo, en Vigo, na biblioteca Juan Compañel, este sábado o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, celebrou o Día do Libro coa entrega dos premios do VIII Concurso BD Vigo, seguida dunha charla do guionista de cómic David Braña e a presentación das últimas obras de Francisco García González. Este domingo o Auditorio Municipal da cidade acolle, ás 18 horas, Valados, adaptación dunha obra de Agustín Fernández Paz Na Coruña, a Real Academia Galega celebra o día cunha exposición de libros de viaxes por Galicia que estará aberta ata o próximo día 28. Durante a semana do 17 ao 24 de abril a biblioteca Ánxel Casal de Santiago está a realizar unha campaña de liberación de libros en diferentes espazos da biblioteca coa intención de que logo sexan deixados por toda a cidade. E este luns día 24 sorteará lotes de libros entre todos os usuarios que leven un libro en préstamo. Tamén en Santiago o Consorcio da cidade entrega publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido. En Lugo, a Deputación regalará un total de 2.500 libros ata o 30 de abril aos visitantes dos catro museos da provincia: Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María. En Pontevedra, a praza da Ferrería acollerá os postos de once libreiros locais que ofrecerán as últimas novidades literarias e actuacións de contacontos e musicais. En Vilagarcía de Arousa o Auditorio Municipal acolle a Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil Lectoriño, na que este ano destacan varias actividades e exposicións relacionadas con Carlos Casares como homenaxeado do Día das Letras Galegas. En Ferrol estase xa a celebrar a Feira do Libro, con diversas sinaturas de libros e charlas programadas para este domingo. Pero as actividades non se limitan ás cidades e ducias de vilas por toda Galicia celebran tamén o Día do Libro con todo tipo de iniciativas: Concerto de María do Ceo en Viana do Bolo, Primavera das Letras en Cerceda... |
NOS_33670 | Fóralle aberto un expediente por parte da Xefatura territorial da Xunta en Pontevedra após retrasar o inicio do curso por falta de profesorado. | Alfonso Malvido fora cesado pola Consellaría de Educación como director do IES Illa de Arousa o 31 de decembro de 2013 após suspender un día o inicio do curso escolar por non contar con profesorado suficiente para dar cobertuda ao servizo. Máis dun ano despois e logo de presentar un recurso a CIG-Ensino en nome do afectado, o xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra vén de ditar sentenza. A xustiza declara ilegal a revogación de Malvido e a súa inhabilitación para postularse como director do centro, segundo comunicou a central sindical nacionalista. A xustiza declara ilegal a revogación de Malvido e a súa inhabilitación para postularse como director do centro O fallo, con carácter firme, condena a Xunta a abonarlle 8.644 euros correspondentes ao importe que Alfonso Malvido deixou de percibir polo seu cargo desde que foi cesado. Aliás, o goberno galego deberá facer fronte ao pagamento das costas do xuízo. Piden o "cese fulminante" do xefe territorial Desde a CIG-Ensino afirman que a sentenza pon de manifesto a actuación "represiva" e "contraria á lei" practicada pola Xefatura territorial da Xunta en Pontevedra. Asemade, lembran que o retraso no inicio do curso respondía á falta de profesorado. No concreto, un docente " imprescindíbel para o funcionamento normal do centro", apuntan. "A contundencia da sentenza esixe do conselleiro de Educación o cese fulminante do xefe territorial xa que confirma a denuncia feita no seu día pola CIG e máis de 5.000 sinaturas do profesorado de que esta sanción o que perseguía era amedrentar e calar as voces reivindicativas que esixen máis profesorado nos centros para mellorar a calidade no ensino", conclúen. |
NOS_935 | A investigación das causas da quebra das caixas galegas continúa pendente. Transcorrido practicamente un ano desde que o Parlamento da Galiza acordou pór en marcha unha nova comisión para aclarar os motivos da desfeita do sistema financeiro galego e buscar os responsábeis daquel desastre económico, os traballos aínda non comezaron. Se a xestión das equipas directivas e os fallos nos mecanismos de control público provocaron unha situación delicada en Caixa Galiza e Caixanova, as decisións posteriores das autoridades galegas e españolas remataron por provocar o colapso. | O Partido Popular resístese a activar a comisión parlamentario de investigación sobre a quebra das caixas galegas. A decisión de pór en marcha un grupo de traballar para explicar o acontecido en Caixa Galiza e Caixanova e determinar as posíbeis responsabilidades adoptouse o 20 de outubro de 2020, tras unhas iniciativas previas do BNG e do PP e unha sentenza da Audiencia Nacional que apuntaba directamente ao Banca de España, ao Goberno do Estado e a Xunta da Galiza. Naquel contexto, os populares optaron por axilizar a constitución da comisión co obxectivo de mudar o foco do debate social e convocaron a súa primeira, e até agora, única xuntanza da comisión o 11 de decembro. O ditame de Santalices As dúbidas da oposición sobre o éxito da iniciativa foron moitas desde o primeiro momento. Malia que o presidente da Cámara Galega, Miguel Santalices aventurou un ditame ao longo desta lexislatura e adiantou que "se poderán incorporar" ás mesmas "moitos acontecementos que foron xurdindo", nacionalistas e socialistas avanzaron, naquela altura, a Nós Diario que o Partido Popular "non ten ningún interese en aclarar o acontecido con Caixa Galiza e Caixanova" e puxeron como exemplo os 11 minutos nos que o PP despachou a única xuntanza da comisión, sen entregar ningunha documentación nova aos grupos da oposición. Os antecedentes non daban motivos para a confianza a nacionalistas e socialistas. A comisión de caixas constituíuse na súa primeira xeira en 2012, e após unha serie de comparecencias na primeira metade de 2013 os populares apuráronse a fechala antes do verán. Houbo que agardar a seguinte lexislatura, concretamente a decembro de 2016 para que o Parlamento da Galiza retomara os traballos pero máis unha vez a maioría do Goberno abortou a súa continuidade un ano máis tarde sen ningún tipo de avance, tras reducir as súas reunións a simples actos de trámite sen resultados prácticos. Ao tempo, denegaron de xeito reiterado información aos deputados, chegando a ser condenada a Xunta por estes feitos polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, após unha denuncia do representante de En Marea, Antón Sánchez. As razóns do Partido Popular son diversas. Mentres as formacións da oposición parlamentaria, en declaracións a Nós Diario, coinciden en vincular esta actitude do PP "ao seu interese por agochar as responsabilidades do Goberno galego nun proceso fraudulento que remata cun furado superior ao que suman as dúas entidades fusionadas por separado", os dirixentes populares negan calquera interese "en esquecer o asunto" e acusan "a oposición de non mostrar maior interese, pois tampouco solicitaron ningunha reunión de comisión, que só a empregan para facer propaganda". José Luís Méndez e a Julio Gayoso As explicacións que achegan desde círculos económicos e académicos son diferentes. Segundo estas fontes "investigar de verdade o acontecido con Caixa Galiza e Caixanova e despois con Nova Galiza Banco significa sacar á luz os segredos mellor agochados dalgunhas das persoas máis poderosas do país, beneficiados en operacións de dubidosa legalidade polas equipas directivas das entidades". Na mesma liña, sinalan a Nós Diario, que "iso é precisamente o que tenta tapar Núñez Feixoo así como a renuncia, por parte dos seus antecesores, a exercer a labor de fiscalización das entidades, recoñecida no Estatuto da Galiza. A José Luís Méndez e a Julio Gayoso desde a Xunta deixáronlles facer sempre o que quixeron". José Luís Méndez e a Julio Fernández Gayoso foron os principais responsábeis da crise particular de Caixa Galiza e Caixanova. Un e outro dirixiron durante décadas as entidades rodeados duns equipos feitas a súa medida, unhas prácticas de xestión marcadas polo nepotismo e unhas políticas de investimento que non atenderon a función social definida na propia natureza xurídica das entidades. A súa actuación final, maquillando as contas co obxecto de retrasar o recoñecemento das perdas e a adopción de medidas extremadamente arriscadas comprometeu, aínda máis, o futuro das entidades. O furado provocado por Méndez e Gayoso obrigou a un rescate público que o economista Carlos Sánchez Mato cifrou en 2014 en 36.925 millóns de euros, "aínda que o FROB só cita as inxección directas de capital, 9.783 millóns de euros, realizadas por esta institución e polo FAG". Sánchez Mato, concelleiro de Economía en Madrid durante o Goberno de Manuela Carmena e unha persoas que máis estudou a problemática das caixas galegas, aseverou nun informe publicado en 2014 que só en concepto de avais públicos para a emisión de débeda recibiu 7.587 millóns de euros e 5.096 millóns de euros en traspasos de activos a Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB). A situación contábel de Caixa Galiza e Caixanova A situación contábel de Caixa Galiza e Caixanova era moi semellante nos momentos previos a fusión. Así, a sentenza do xuízo celebrado en 2015 na Audiencia Nacional contra Julio Fernández Gayoso e outros directivos de Caixanova recolle "que Caixa Galiza está practicamente quebrada; e Caixanova, se ben non chegaba ao nivel de insolvencia de Caixa Galiza tería serios problemas". No mesmo procedemento, o director do Departamento de Inspección de Banco de España, sinalou que "Caixa Galiza era practicamente inviábel, e Caixanova estaba un pouco mellor que Caixa Galiza, pero tamén estaba mal, tendo en conta uns desequilibrios en ambas caixas, que facían que non puideran funcionar por si solas". A quebra das caixas galegas foi posíbel pola falla de controis dos organismos públicos encargados de fiscalizar as entidades. A unha banda, o Banco de España cuxos servizos de inspección coñecían as contas da entidade, a súa exposición ao sector inmobiliario e a súa política de riscos, que levou a unha e outra entidade a promover operacións non xustificábeis desde criterios de mercado. Doutra banda, a Xunta da Galiza incumpriu de de xeito sistemático o labor de tutela pública das entidades de crédito recoñecida na lexislación galega e renunciou a vixiar a operativa da entidades. Neste sentido, os diferentes Gobernos galegos negáronse a facer valer as competencias na materia e deixaron actuar na máis absoluta discrecionalidade ás cúpulas directivas de Caixa Galiza e Caixanova. A crise das caixas galegas contextualizouse nun marco de crise xeneralizado do sistema financeiro e atendeu, tamén, a razóns de carácter estrutural. O estoupido económico de 2008, que evidenciou a debilidade das entidades de crédito e se saldou cun rescate masivo do sector con fondos públicos, evidenciou o fracaso dun modelo de negocio centrado na aposta por diferentes produtos de risco para maximizar a s conta de resultados, sinalándose para o caso galego o mercado inmobiliario, un paradigma de desenvolvemento baseado nas burbullas especulativas. |
PRAZA_9826 | Seguir na unión monetaria europea tal vez condene a Galicia a ser un axente secundario en Europa. Así Galicia parece condenada a vivir do sector primario, (en competencia con Marrocos), ou da hostalería | No presente século XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura propia, cultura nacional (con estado ou sen estado), espírito da nación, pobo, e civilización, están a ser diluídas, dixeridas, nunha nacente cultura uniforme e líquida con pretensións de carácter universal. Do éxito ou fracaso do proxecto unificador e devastador da contorna existente serán testemuñas as próximas xeracións. Agora só podemos sinalar a existencia do feito. Os promotores son as oligarquías económicas europeas, as cales só defenden os seus beneficios económicos. Os seus trazos característicos son a súa indiferenza moral, a súa democracia fundamentada na propaganda e se non, na coacción e a violencia, e o seu obxectivo é a implantación dos idearios do capitalismo. No paraíso liberal económico só existen individuos que traballan (algúns), e consomen. O demais sóbralles e queren eliminalo. O instrumento xurídico-político do que hoxe se valen é a coñecida como Unión Europea. Hai 20 anos John Laughland na sua obra A fonte Impura afirmaba que UE xa era inmutable, xa que se cimentou como a franquía da mundialización capitalista en Europa, e os seus donos non poden aceptar cesións ou gretas no seu dominio. O poder osténtano as finanzas e as grandes empresas, e todo o que se fai é en beneficio exclusivo dese minúsculo grupo dominante. Os tratados da UE, que ninguén os votou no Reino de España, só o parlamento, son realmente inmutables. Calquera reforma esixe o voto de todos os Estados membros, algo imposible, xa que as oligarquías de case todos os estados están impostas polo poder económico que domina a UE. Ao día da data, abril de 2019, certos grupos sociais pregúntanse como é posible que se designe candidato a alcalde de Barcelona ao que foi primeiro ministro da Republica Francesa, e ministro do interior. Se ese feito político de máxima transcendencia, tivese lugar nalgún país terceiromundista, a explicación de considerar ao estado receptor como protectorado ou colonia, seria admitida por moitos como correcta. Curioso, moi curioso. Para o sociólogo Wolfgang Streeck a Unión Económica e Monetaria ( UEM) foi un erro históric, e pregúntase: Poden os países prexudicados polo euro saír del? Si. Ás elites económicas de Alemaña e Francia, os amos da UE, obviamente non lles interesa, e na súa opinión, países como Grecia e Italia, ou España, podían como mal menor ter unha segunda moeda nacional xunto coa moeda Euro. Asegura que en Italia puxéronse en marcha os preparativos para iso. De feito a Gran Bretaña sempre mantivo a súa libra, e Suecia, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Republica Checa, e Romanía, manteñen a súa moeda. No reino de España non houbo debate sobre a cuestión. Asimesmo Wolfgang Streeck atreveuse a afirmar que os políticos españois nunca deron ningún problema na Unión Europea porque, na súa opinión, non comprenden onde están metidos. Tras explicar que a UE é un instrumento ao servizo das elites económicas alemás, cousa que aparenta ser evidente, di que os políticos españois non saben o que fan. Na súa opinión os políticos españois foron moi ben adestrados desde "a súa infancia" acerca da Unión Europea, e lémbranos que "Bruxelas non é o Festival do Amor", é un instrumento onde uns mandan e outros obedecen, uns gañan e outros perden. (Vide. Wolfgang Streeck . "Os españois nunca deron problemas na UE porque os seus políticos non saben onde están metidos". 22 de marzo de 2019.). Paul Krugman afirmou, fai xa 9 longos anos, que una das causas principais do paro e a baixada de salarios en Galicia e España era o Euro: "Se España seguise tendo a súa antiga moeda, a peseta, podería remediar rapidamente o problema cunha desvalorización (por exemplo, reducindo o valor da peseta un 20% con respecto a outras divisas europeas). Pero España xa non ten o seu propio diñeiro, o que implica que só pode recuperar a súa competitividade mediante un lento e doloroso proceso de deflación". (Vide. Paul Krugman. "A creación dun ' eurocaos'". 16 de febreiro de 2010). É sorprendente que en ningunha universidade galega nin española, nin pola patronal galega, realícense conferencias, estudos, seminarios ou debates académicos sobre o resultado da entrada na UE e sobre efecto do euro na economía galega. Ninguén explica os motivos de que a Gran Bretaña, Suecia, Dinamarca, etc. non abandonasen a súa moeda. Algúns cidadáns teñen a sensación de que non interesa. Stuart Medina opina que "é innegable que de ter nosa propia moeda en 2010 non sufririamos o ataque dos mercados contra a nosa débeda soberana. Tampouco sería posible que o BCE e Bruxelas houbesen chantaxeado ao noso goberno esixindo a imposición de políticas de austeridade no peor momento posible." Pero o máis grave é que o tratado de Maastricht impide a capacidade de actuación dos Estados ao carecer dun banco central e moeda propia. O euro impide que un estado con problemas na súa balanza comercial deprecie a súa moeda para recuperar parte da competitividade perdida, xa que a Alemaña non lles interesa. Seguir na unión monetaria europea tal vez condene a Galicia a ser un axente secundario en Europa. Así Galicia parece condenada a vivir do sector primario, (en competencia con Marrocos), ou da hostalería. A industria está a marcharse. E iso con salarios baixos para os trabadores deses sectores, xa que se compite con países pobres e cos seus salarios baixos. (Vide. Stuart Medina. "España debe abandonar o euro inmediatamente e recuperar a súa soberanía monetaria. 20 de marzo de 2017.). As secuelas desta longa época, que os medios de comunicación do sistema denomínana "crise", foron mortais para as familias das clases medias e traballadoras galegas. A taxa de desemprego, segue sendo das máis altas do mundo occidental. A taxa de desemprego xuvenil segue sendo superior ao 42%, a máis alta de Europa. Decenas de miles familias galegas descenderon de clase social. E se non traballan ou traballan con contratos con cotizacións baixas, as súas pensións serán baixas. Xa van case 20 anos que John Laughland publicou A fonte Impura. Na súa famosa obra indicaba que as empresas alemás necesitaban unha desvalorización do marco para poder sobrevivir, e para iso creouse o euro. Ao ser a única moeda e controlala eles, ancoraban a toda a zona euro ás súas necesidades de venda e de cambio. Créase así un espazo económico coñecido como Unión Europea, atendendo aos intereses deses grupos industriais. Consideraba tamén que iso forma parte dun plan máis amplo dentro do proxecto globalista. Afirmaba John Laughland hai 20 anos que "en anos recentes a política europea ha resoado cun ruído xordo, opaco e repetitivo: o dos cravos afundíndose no cadaleito da democracia". |
NOS_52894 | A moza de 25 anos declarou esta cuarta feira na vista oral contra os funcionarios aos que denunciou por tela submetido a "maus tratos e torturas" en penais españois. Unha concentración perante os xulgados da Coruña reclamou o seu translado á Galiza | "Agredida sexualmente namentres a esposaban á cama. Agredida na ducha entre dez carcereiros. Mallada en todo o corpo. Golpeada na zona xenital aberta de pernas á forza. Un ollo e un ouvido reventados. Danos nas cervicais. Desatención médica e educativa. Celas sen fiestras no inverno". Así describe a nai de Noelia Cotelo, Dolores Riveiro, a situación en que a súa filla cumpre condena no cárcere español de Brieva. Cadrando co enxuizamento dos seus carcereiros en relación a unha das denuncias interpostas pola presa relatando "as torturas" ás que foi sometida (outras foron arquivadas sen ouvir o seu testemuño, dando por bo o facilitado polos funcionarios), unha concentración perante o edificio dos xulgados da Coruña para exixir a inmediata posta en liberdade da moza. Clasificada en primeiro grao por reclamar respecto aos seus dereitos Encarcerada hai cinco anos polo roubo dun carro ligado ao consumo de drogas polo que está a recibir tratamento, esta muller, galega e de 25 anos, rematou clasificada en primeiro grao após varios enfrontamentos cos funcionarios da prisión para exixir o cumprimento dos dereitos contemplados no regulamento penitenciario no seu favor e no doutras internas. Por estes feitos ten catro causas pendentes. Presentou denuncia por maus tratos e torturas contra funcionarios da prisión de Picassent en setembro de 2012 e contra os de Brieva en outubro de 2012 e en febreiro de 2013. Nunha entrevista concedida a Sermos Galiza e publicada nun especial a restrición das liberdades a pres@s galeg@s realizado polo observatorio Esculca (semanario nº39, 15 de marzo de 2013), a nai de Noelia Cotelo denunciou que á súa filla "non lle deixan nin estudar para unha materia que lle falta para ter o título da ESO". Para alén das condicións descritas ao comezo desta información, Dolores Riveiro queixouse tamén das condicións materiais en que cumpre condena: "rara vez pode ducharse en auga quente; quitáronlle a roupa de abrigo e metérona nunha cela coas paredes metálicas, moi fría; botábanlle na comida medicamentos para tela durmida todo o tempo e agora só pode comprar no economato". Submetida á dispersión, Noelia Cotelo fica encarcerada a 500 quilómetros do seu domicilio. |
NOS_44481 | O territorio galego conta coa metade de casas sen habitar que o Reino Unido. | Na Unión Europea hai por volta de 10 millóns de vivendas sen habitar, segundo datos das estatísticas da propia UE e que poñen sobre a mesa a disparidade entre este dato e a existencia na Unión dunhas 700.000 persoas sen fogar que viven o seu día a día na rúa. Un dato completa esta imaxe: na Galiza hai perto de 300.000 vivendas baleiras segundo o último censo oficial do Instituto Nacional de Estatística, cifra que a Federación galega de empresas inmobiliarias (Fegein) eleva a principios de 2022 a máis de 340.000. Unha cifra que representa, pois, entre 18% e 20% do total das existentes no país —máis de 1.600.000—. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. 22% da poboación galega habita en vivendas 'deficientes' Así pois, de cada 100 vivendas baleiras que hai na Unión Europea, tres están na Galiza. Unha porcentaxe moi alta, sobre todo ao considerar que a poboación galega é apenas 0,5% dos habitantes da UE. Na Galiza, con 2.700.000 residentes hai case a metade dos inmóbeis baleiros que existen no Reino Unido, e o mesmo número de vivendas deshabitadas que hai en Grecia, que ten case 11 millóns de habitantes. Habitabilidade A Galiza, cunha alta dispersión poboacional e un número elevado de núcleos de poboación, acolle unha cifra considerábel de casas e pisos onde non vive ninguén. Nunha porcentaxe dos mesmos e por factores como a localización ou condicións de habitabilidade, non serán habitados nunca. A propia Fegein, nun informe, apunta que só unha pequena parte das vivendas baleiras están "no circuíto de comercialización" e cifra en 78% as que "precisan unha rehabilitación ou reforma". Actuacións estas nas que intervención ou apoio das diferentes Administracións públicas é fundamental. Mais, apunta a federación, "as Administracións non están a ser capaces de mobilizar a vivenda baleira nun contexto de axudas económicas á rehabilitación como nunca houbo". A falta de oferta de pisos encareceu 20% os alugueres nos últimos cinco anos O pasado mes de febreiro, a oposición acusaba a Xunta da Galiza de "deixar sen executar" 400 millóns de euros entre 2012 e 2020 correspondentes a programas como o de fomento da rehabilitación, entre outros. Neste sentido, o delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, reiterou onte que o Estado destinara 400 millóns para "políticas de vivenda", instando a Xunta a que este diñeiro "chegue á cidadanía". Tamén nas cidades No informe de Indicadores Urbanos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) tres cidades galegas lideran o ránking no Estado de urbes con maior porcentaxe de vivendas deshabitadas. Unha listaxe de 111 cidades na que o primeiro posto corresponde á catalá Manresa, onde 23,8% das vivendas están baleiras. En segundo posto figura Ourense, con 21,7%; seguida de Lugo, con 20,7%, e de Ferrol, con 19,7% das vivendas sen habitar. A media estatal é de 13,6%. Así pois, das catro cidades do Estado onde hai maior porcentaxe de vivendas baleiras, tres son galegas. Pontevedra figura nesa lista no posto onceavo (17,4%). En Compostela a porcentaxe é de 16,9%, na Coruña 14,2% e en Vigo perto de 13%. |
NOS_44484 | "Queremos asegurarnos de que os investidores de Londres entendan que a mina de Touro é un proxecto imposible", segundo Luís Gallardo, membro da Plataforma Mina Touro - O Pino Non | Luís Gallardo, da plataforma de afectados polo proxecto mineiro de Touro e a avogada ambientalista Elena Solís asistirán este 27 de xuño á Xunta de accionistas de Atalaya Mining en Londres. A empresa está listada no Mercado Alternativo de Valores (AIM), así como na Bolsa de Toronto (TSX). Estarán canda representantes doutras organizacións contrarias ás minas que Atalaya Mining ten ou impulsa no Estado español. Gallardo sinala que: "En representación da veciñanza afectada polo proxecto mineiro de cobre esixo a Atalaya que deteñan o proxecto e abandonen inmediatamente a área. Non permitiremos a invasión, o roubo nin a contaminación das nosas terras, nin cambiaremos as nosas vidas para facer espazo a esta destrución e contaminación". "Vimos á xunta de accionistas como parte das nosas actividades para parar a mina . Queremos asegurarnos de que os investidores de Londres entendan que é un proxecto imposible e que Atalaya está a mentir con respecto ao goberno galego, a sociedade e a propia empresa ". As organizacións participantes nesta acción son Ecologistas en Accion, ContraMINAcción - Rede Contra a Minaría Destructiva na Galiza, Plataforma Touro - O Pino Non, Sí a la Vida No a la Minería/ Yes to Life, No to Mining YLNM, The Gaia Foundation e London Mining Network. |
NOS_6338 | O presidente do Deportivo asegura que o club coruñés "nunca quixo entrar en amaños" mais dixo estar convencido de que estes existen na Liga española | Lendoiro falou. E moi clariño: "O Deportivo non participou nunca, nin os seus xogadores, e poño a man no lume, nin a súa directiva quixeron entrar en ningún tipo de amaño, mais todos sabemos o que aconteceu durante estes anos. Case todos os partidos de final de temporada estaban amañados dun xeito ou doutro". O presidente do equipo coruñés insistiu "nos resultados chamativos que se veñen dando" na recta final de cada campionato, nunhas declaracións a rebufo da polémica acaecida en torno o partido Levante-Deportivo (0-4). Lendoiro incluso sinalou a "presidente dalgunha comunidade autónoma" como implicados neses amaños para que non descendesen os equipos do territorio. Xa no que respecta á situación económica do club, Lendoiro afirmou: "creo que sairemos desta situación como saímos doutras moitas". |
NOS_5829 | A Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur, fala de 19.000 despedimentos no Estado neste sector, e os autónomos alertan de que moitos pequenos comercios terán que pechar. | A suba do IVE afogará, aínda máis, ás familias. E tamén deixará unha pegada ens ectores tan importantes para Galiza como o pequeno e mediano comercio, o turismo ou mesmo a automoción. A Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur, fala de 19.000 despedimentos no Estado neste sector por mor do incremento do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que pasa do 8 ao 10%., como anunciou Rajoy no Congreso e se fará efectivo nos vindeiros días. E iso que no sector do turismo había confianza en que un aumento do IVE non lles afectase, confiando en que sería un 'mazazo' para a economía galega e española en plena temporada turística. Mais a suba chegou e Exceltur cifra xa nuns 2.010 millones de euros a caída de ingresos para o conxunto da actividade. E no comercio, cunha forte presenza de autónomos, a suba do IVE xa se percebe como algo que vai levar por diante negocios e empregos. Este sector é un dos máis afectados pola crise. Cómpre lembrar que desde a Rede Galega de Empresas xa se advertía que un incremento do podíaser "devastadorpara o tecido produtivo da Galiza. "Non esquezamos que estamos a falar de autónomos e de pequenas e medianas empresas, que son a maior parte da nosa economía", indicaban desde o colectivo. Desde a Rede apuntan a que o dano da suba do IVE vai castigar ás familias, que comprarán menos bens de consumo, e iso terá a súa consecuencia en que nas empresas haberá menos ventas. A conclusión, sinalan, é que iso derivará en despidos, peches e perdas de postos de traballo |
NOS_26218 | Ambas delegacións coincidiron, afirma Cerna nun comunicado, na conveniencia de que se unifiquen o "distintos espazos de intervención cidadá" a prol dunha candidatura unitaria. | Segue a rolda de encontros e contactos para avaliar e analizar as posibilidades dunha candidatura unitaria galega para as eleccións xerais que decorrerán antes de que acabe o ano. Desta volta foron Cerna e o Encontro cidadán por unha marea galega quen mantiveron unhya xuntanza, reunión na que houbo coincidencia "nos elementos claves dunha alternativa de unidade popular para unha candidatura galega", segundo afirma a propia Cerna nun comunicado. A coincidencia deuse tanto na "diagnose da situación política actual" como á hora de definir os "elementos claves" que debe reunir unha "alternativa de unidade popular" que integre a mareas e candidaturas municipalistas, partidos e cidadáns a título individual. "Tamén houbo acordo na conveniencia de que o espazo de intervención cidadá sexa único e que se dean pasos nesa dirección". Por parte de Cerna houbo tamén unha manifestación favorábel que haxa un encontro "en réxime de autoconvocatoria para a unificación dos distintos espazos de intervención cidadá". Acadado isto, porcederíase a "amplialo a todos os axentes interpelados neste proceso de confluencia, para construír unha alternativa de unidade popular para unha única candidatura galega". |
NOS_52226 | A letrada Ana María Castro Martínez vén de acadar que se recoñeza que a súa defendida, unha menor de idade que sufriu distintos tipos de abuso por parte da que era a súa parella, ten dereito a percibir 50.000 euros como indemnización. Porén, o acusado -que foi condenado a 17 anos na cadea- é insolvente e a rapaza non poderá contar con eses cartos para refacer a súa vida, pois a Administración galega asume unha ínfima parte da contía e só en casos puntuais. | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou esta semana o recurso interposto por un acusado de delitos de maltrato contra a muller para que se rebaixase a pena de cárcere estipulada pola Audiencia da Coruña por cometer varios abusos de diversa índole sobre unha menor cando era a súa parella. A avogada a acusación particular, Ana María Castro Martínez, amósase satisfeita co fallo definitivo pois impón 17 anos de prisión para o home. No entanto, critica que a Administración galega careza dun fondo suficiente para facerse cargo da indemnización por danos morais á que ten dereito a vítima. A letrada explica que a Xustiza decidiu conceder unha contía de 50.000 euros á rapaza, unha cantidade "das máis altas que se concederon a unha vítima na Galiza sen resultado de falecemento". Porén, eses cartos que poderían servir para saír do pobo e refacer a súa vida noutra cidade non chegarán. "El non vai pagar nada porque é insolvente e procede dunha familia desestruturada", di Castro Martínez, que destaca ademais que como xa en 2017 (cando comezou a relación no transcurso da que se sucederon os delitos que se lle imputan) era maior de idade tería que responsabilizarse directamente. Segundo conta, cada territorio ten unha partida de cartos para afrontar estas débedas pero no país fanse cargo "até 6.000 euros e iso é un prexuízo para unha vítima, que é revictimizada porque queda sen indemnización". Aliás, os requisitos para acceder a esa axuda son bastante estritos. Ao ser menor, a moza depende da unidade familiar e, en función dos ingresos desta, pode ou non acceder ao diñeiro. "É inxusto; a Administración ten que suplir ao acusado porque non é problema da vítima que este non teña cartos", reflexiona. Desde o seu punto de vista, neste caso no que a elevada cifra concedida pola Xustiza -e a pena de cárcere- demostran a gravidade dos feitos, o "dano moral" debe ser resarcido, "aínda máis no caso dunha menor, que debería estar máis protexida". Castro Martínez, que insiste na necesidade de que a Xunta asuma o seu papel dunha maneira máis decidida, pensa que situacións como a que a ocupa estes días son a proba de que "o sistema non está pola defensa da muller: o intenta pero na realidade non, á hora da verdade queda sen resarcir e é a máis prexudicada". Malia todo, anima a compañeiras e compañeiros de profesión a solicitar sempre unha compensación polo "dano moral" porque non sempre quedan sen abonar as costas. Ademais, a cifra que amose o fallo da unha idea da consideración do dano causado. Ela intentou ir polos 200.000 euros mentres que o Ministerio Fiscal, tamén da parte da moza, reclamou "6.000 euros". Varios delitos Deste caso en concreto, non quere aportar datos que axuden a estigmatizar á rapaza ou que poidan levar represalias. Iso si, a sentenza é en firme por delitos -tal e como recolle o documento- de "maltrato habitual, maltrato contra a muller, fustrigación, abuso sexual e contra a saúde pública". A defensora lembra que a menor foi vixiada "día e noite", mesmo con programas informáticos, recibiu ameazas e até foi incitada a tomar drogas. Tanto foi o padecemento que, se ben a Xunta outorgara unha serie de sesións de atención psicolóxica no servizo de violencia de xénero, finalmente tivo que ampliar o tratamento. Unha situación en aumento O caso desta coruñesa non é único. A letrada, especializada en casos de violencia e, particularmente, en violencia a mulleres con discapacidade, recoñece que nos últimos anos está a crecer o maltrato exercido contra menores. "É unha cousa tremenda que foi a máis coas redes sociais, os móbiles, as gravacións...", enumera. Leva varios casos e normalmente o home é maior de idade mentres que a vítima está por debaixo dos 18 anos. |
NOS_43133 | Carmen María Sánchez é unha enfermeira veterana. Incorporouse en 1980 ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e actualmente traballa nos quirófanos e no servizo de Urxencias do Hospital Abente e Lago. Nós Diario conversa con ela sobre a "falta de información e de organización" por parte da Xerencia na xestión da pandemia. | A incidencia da Covid-19 comeza remitir, mais os hospitais da área sanitaria da Coruña manteñen altos niveis de ocupación. Podemos dar por controlada esta terceira vaga? Esta vaga foi moito peor que a primeira. As hospitalizacións baixaron lixeiramente, mais nas UCI seguimos igual. É unha situación terríbel. Agardo que a ninguén se lle ocorra agora "salvar Semana Santa", porque era o que nos faltaba. Xa salvamos o Nadal e vemos para que valeu, para agravar a situación nos hospitais. Levan case un ano combatendo desde a primeira liña a Covid-19, notan a fatiga pandémica? Considérome unha persoa forte e serena, mais evidentemente noto o cansazo, o esgotamento psicolóxico por mor das circunstancias. No quirófano, teoricamente, non recibimos pacientes Covid, porque son cirurxías programadas e fáiselles unha PCR o día antes. Porén, hoxe pode dar negativo e mañá positivo, e cando estamos de garda pola noite temos que operar a quen veña. Se dá negativo, xenial; se é positivo, temos que operalo igual. E, como en calquera centro sanitario, todos os días recibimos algún paciente Covid. Como afrontan esta terceira vaga? Estaban preparadas para o aumento da presión hospitalaria? Dá a sensación de que todo é improvisado. Se xorde un problema inténtase resolver sobre a marcha, e iso non é xestionar. Na primeira vaga tiñamos habilitado un quirófano para pacientes Covid que desmontaron cando remitiu a enfermidade. Se ti es un profesional sanitario que ademais se dedica á xestión, en que momento pensas que isto xa rematou e que o podes desmontar? A semana pasada tivemos que montar o quirófano ás présas para operar un doente Covid, que agardou desde primeira hora da mañá até as 17 horas porque non estabamos preparadas. E, das persoas que participamos na intervención, só estaba vacinado o anestesista. Falta planificación? Totalmente. Planificación, cero. O que lle achaco a esta Xerencia e a este Goberno é que vaiamos sempre a remolque das circunstancias. O director de Enfermaría e o xerente saen moito nos medios dicindo que todo vai de marabilla e agradecendo o noso traballo, mais son palabras baleiras, un paternalismo barato. Boto en falta menos discursos e máis organización e previsión, porque para facer isto non fai falla ninguén, podemos organizarnos nós pola nosa conta. Se ti decides que no Abente e Lago non se vai operar pacientes Covid e que estes van ser derivados ao Hospital central da Coruña, paréceme perfecto. O que non podes facer é desmontar o noso quirófano e despois remitirnos casos confirmados do virus. Algunha vez tiveron problemas cos recursos dispoñíbeis para facer fronte á Covid? Durante a primeira vaga, moitísimos. Agora, en xeral, non temos problema, mais a última semana estivemos sen batas impermeábeis, que son esenciais para evitar salpicaduras cando entubamos un paciente. Esta mañá [pola cuarta feira] tivemos que facelo o anestesista e máis eu, ambos os dous coa bata que empregamos no quirófano convencional e que non é a axeitada. A quinta feira chegaron novas batas impermeábeis, mais de peor calidade. Na miña unidade quedamos catro enfermeiras, as máis antigas. As demais foron trasladadas ás unidades Covid (malia que na nosa planta tamén tratamos con pacientes co virus), e non poden quedar soas atendendo estes doentes. Urxe reforzar todas as unidades, en especial a de críticos. |
NOS_39426 | Duplica os existentes en 2010, ano no que estaban nesa mesma situación, 17.500 fogares. | No primeiro trimestre de 2018 hai en Galiza 34.300 fogares nos que ninguén dos seus membros percibe ingresos. Son case 3.000 máis dos que había a inicios de ano. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) recolle que en Galiza había a finais de 2017 un total de 31.600 fogares que non contan con ningún tipo de ingresos. Unha cifra que se reduce a respecto dos de trimestres anteriores (a finais de 2016 eran 34.800 os fogares nesta situación) mais que continúa moi por riba da que había vai case para unha década. De feito, case duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban nesa mesma situación, sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. En marzo de 2018, 46,9 % das persoas paradas con experiencia laboral carecía de prestación por desemprego e só 43 % das que si a percibían cobraban unha prestación contributiva. Os fogares con todos os seus membros activos en paro: 68.900 no primeiro trimestre de 2018 (6,3 % dos fogares galegos). Son 2.000 máis que a finais de 2017. O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son algúns dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Os sindicatos levan tempo advertindo do risco de exclusión social para miles de familias. Non só para aquelas que non teñen ningún ingreso senón tamén para aqueles fogares con algún membro activo e onde todos están no paro, e mesmo daqueles cuxa subsistencia depende de salarios precarios. |
NOS_49853 | Unha foto inédita, uns versos autógrafos e o texto de resposta de Fernán Caballero a unha dedicatori de Rosalía compoñen o revelador conxunto que agochaba un volume da primeira edición de Cantares Gallegos que chegou a mans do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. O volume incorpórase á mostra sobre Rosalía aberta en Vigo polo 150 aniversario da publicación da obra. | O libro sae ao público desde un domicilio do seu propietario precisamente grazas á mostra aberta en Vigo. O propietario do exemplar visitou a exposición e decatouse da importancia do documento que tiña na casa, polo que se dirixiu ao presidente da Fundación Rosalía para estimar o seu valor. En poucas semanas, a Fundación Rosalía adquiriu o volume que está xa á vista pública na mostra de Vigo. O volume descobre un texto descoñecido no que Fernán Caballero responde en carta datada o 25 de xaneiro de 1864 á dedicatoria de Rosalía de Castro. Anxo Angueira, no seu estudo dos distintos materiais, sinala como propietario orixinal do volume o escritor e amigo da infancia de Murguía, Ramón Segade, quen probablemente tería copiado a man o texto desde o seu orixinal, legando para a posteridade desta maneira un documento do que até o momento se descoñecía o seu contido. A Fernán Caballero, pseudónimo da escritora Cecilia Böhl de Faber, Rosalía dedícalle os "Cantares Gallegos" e é agora, cando se cumpren 150 anos da súa publicación, cando se coñece a súa resposta. Segundo o texto manuscrito, con moita posibilidade polo escritor español Ramón Segade, Fernán Caballero chámalle á poeta "ruiseñor de Galicia" e, ao tempo que gaba a súa obra, chámalle a atención pola súa queixa polo trato que os españois dan aos galegos. Malia non se coñecer até agora esta "reprimenda" de Fernán Caballero, si se sabía da reacción de Rosalía, quen, en carta a Murguía sinala: "Fernán Caballero pórtase efectivamente como unha plebea, pero perdónollo". Nova foto de Rosalía O exemplar inclúe unha imaxe descoñecida de Rosalía, da autoría de María Cardarelly, de quen xa se coñecía unha fotografía da autora. Este novo retrato tirado de perfil dunha Rosalía nova, con toda certeza na mesma sesión que o xa coñecido, incorpora unha nova imaxe ao pequeno álbum de fotos da autora máis relevante das nosas letras, o que fai aínda máis extraordinario o seu achado. A fotografía está datada arredor do ano 1863, no tempo da publicación do libro. Autógrafo O extraordinario volume recolle aínda unha sorpresa máis, os únicos versos manuscritos pola propia Rosalía que se conservan de "Cantares Gallegos", estampados no libro para agasallo do seu autor e asinados pola propia poeta. Pasa a facer parte o documento do tamén pequeno conxunto de autógrafos da poeta. O exemplar cos distintos materiais que traía no seu interior incorporouse á mostra 'No principio foi o verso. Rosalía de Castro', aberta ao público na sede de Vigo da Fundación Barrié. Na páxina web da Fundación, alén de reproducións dos achados, pódese ler o estudo de Anxo Angueira sobre os materiais descubertos. |
NOS_38677 | Queres saber como ter o teu horto sen necesidade de partir o lombo, de arrancar malas herbas ou de preparar o terreo, mesmo na túa terraciña, se queres? | José Caneda, monitor do Horto Infantil Ecolóxico de Carballo, explícanos como cultivar en pacas de palla, en ecolóxico, e rozando na permacultura. -Como é que vos animastes a cultivar en pacas de palla? - Probámolo por dúas razóns. Por unha banda para probar, para aprender nós cos cativos. Todos os días, de feito, aprendemos cos rapaces. E por outra parte, é máis inmediato porque non dependes do terreo nin tes que facer labores previos, como fresar. A palla, desde un punto de vista didáctico, ten a vantaxe de que os pequenos moi pronto ven como as cousas van medrando e o traballo de implantación é mínimo. Por iso se usa para a xente que non ten terra. O cultivo en pallas pódelo facer nunha terraza. Hai semana e media só estaban as pacas e agora xa ves mogollón de cousas medrando. -Na palla, os cultivos medran antes ca na terra? -Segundo os defensores deste sistema, si. O que pasa é que a palla ten unha duración máis curta. Dura dous ciclos de cultivo e despois vai desaparecendo. En realidade, este sistema é semellante ao dun compostoiro. Cando fas unha compostaxe, na parte máis interna da mesma prodúcese unha fermentación. Hai un proceso de mineralizando que é o que fai que as plantas poidan alimentarse. Pois coas pacas de palla facemos o mesmo proceso. No interior das pallas botas auga e abono orgánico e iníciase un proceso de compostaxe. -Como se prepara a palla? -É moi sinxelo. Colocas as pacas de palla, botas auga, regas e vas, de maneira regular, botando en distintos días auga e un pouco de abono. Son ao redor de doce días, aínda que depende. Canto máis calor, máis pronto se fai a fermentación. É como un compostoiro. Non é o mesmo facelo no inverno ca no verán. Como en xuño non facía moita calor, en vez de doce días, deixamos quince días de preparación. E aparentemente vai ben. Os primeiros días bótase máis abono e despois vaise espazando. -En que vos inspirastes para por en práctica este sistema? -Nós seguimos a metodoloxía dun autor americano que se inspirou na súa avoa, que tiña horta e traballaba a terra de toda a vida. El foi, no seu momento, un renegado do campo e marchou á cidade, mais logo entroulle a morriña pola horta. Buscou un sistema que fose máis áxil, e intentouno coa palla. Hai pouco, souben dunha señora de Entrecruces que plantara patacas na palla e que lle saíran estupendas. -E que plantastes aquí, no horto ecolóxico, nas pacas? -Aquí plantamos leituga de varios tipos, escarola, mitsuna, repolo, cabaza, albahaca, caléndula, acelgas e xudías. -Algunha destas plantas son utilizadas de repelente, verdade? -En principio, as que puxemos con ese fin son as caléndulas e a albahaca. A albahaca ten un aroma intenso, moi forte, o que parece que está relacionado cuns elementos químicos que lle desagradan aos pulgóns, que é unha das ameazas que temos na leira. E a caléndula ten unha función insectífuga, repelente de insectos. Non é insecticida, non os mata, só marca unha barreira e fai que os insectos non se acheguen. -Mais no horto hai outras plantas que nacen de maneira natural, sen que vós as cultivedes… - Non sabemos o que temos. O que nós cualificamos de malas herbas, que efectivamente son malas herbas, porque non están no sitio nin no momento adecuado, en moitas casos son medicinais e cumpren unha función dentro da horta, en relación coas outras plantas. Nas beiras do invernadoiro naceron plantas que, na súa maioría, teñen uso medicinal. Temos dente de león, que é unha das plantas medicinais con máis aplicacións, e tamén leitaruga, que tamén é medicinal. -O que practicades coas pacas de pallas pódese dicir que é permacultura? -Non me atrevo a dicir tal. Nun sentido pode que si. Nos intentamos non ser agresivos co entorno. E por outra banda, a palla libérate dalgúns labores, e dicir, que traballas menos. Ti tes que estar pendente os primeiros días do almanaque de ir botando auga e abono. Pero unha vez feito iso tes que regar menos, hai menos malas herbas, non tes que arar, é máis alto, de modo que para todo o mundo é máis cómodo e para os rapaces é ideal. -Para a xente maior tamén… -Tamén, e para xente con discapacidade. As pacas apílanse e podemos xogar coas alturas. Para a xente en cadeira de rodas vai moi ben. -Que outras vantaxes ten a palla? - É un regulador térmico, mantén mellor a humidade, tes que regar menos, gastas menos auga, é menos traballo, non tes que arar, evita o nacemento de adventicias (é dicir, que saen menos malas herbas) e en certo modo é un substrato máis hixiénico, máis limpo. E posible que haxa algúns fungos aos que lle resulte máis difícil a supervivencia porque non está en contacto directamente coa terra. -É un tipo de agricultura ecolóxica… -En principio si. Nós non utilizamos ningún químico. O abono é orgánico de galiña. -E os nenos, que tal o levan? -Penso que ben. -Non lles chamou a atención? -Xa sabes como son os nenos. Dende o primeiro día veno como algo normal. De feito, aos poucos días veu unha nai preguntarnos onde podía comprar palla porque as nenas estábanlles dicindo que querían plantar en pacas. Manuel Anxo Pardiñas, o coordinador do horto ecolóxico, vitalista e desenvolto, entusiasta do proxecto, incorpórase neste momento á conversa. -Manuel Anxo Pardiñas: Téñeno normalizado, si, pero filipan. Non somos conscientes do que flipan até que che chega unha nai con eses comentarios. Chegan a casa e empezan a latricar todo o que fan, porque flipan. -José Caneda: A veces non din nin chío aquí e na casa cóntano todo. -Manuel Anxo Pardiñas: E hai algo curioso. Varios nenos e nenas que, xa por hábito, traen os residuos orgánicos para o compostoiro. As escolas de balonmano de Xiria veñen aquí e unha das actividades que teñen é deixar aquí os residuos orgánicos que producen. |
PRAZA_18220 | REPORTAXE Bosnia-Hercegovina segue a estar marcada polas diferenzas étnicas que hai 26 anos derivaron na guerra máis cruenta dos Balcáns e polo papel xogado pola comunidade internacional. Repasamos como é a convivencia real do país con tres galegos que a viviron sobre o terreo | Bosnia-Hercegovina (BiH) foi o territorio máis castigado polas guerras que nos anos 90 oprimiron á poboación civil das ex-repúblicas iugoslavas. A súa historia segue marcada, 26 anos despois, polo papel xogado pola comunidade internacional, as divisións territoriais e os intentos por sobrevivir á pobreza e a corrupción que corroen o país. O peche do Tribunal Penal Internacional para a Ex Iugoslavia (TPII) o pasado mes de decembro supuxo un punto e seguido necesario para entender a situación social que vive o país. A experiencia vivida no terreo por Mariña Barreiro Mariño (Noia, 1985), Miguel Rodríguez Andreu (Vigo, 1981) e Jairo Dorado Cadilla (Vigo, 1980) guiaranos nesta 'viaxe' para entender como e canto cicatrizaron as feridas da guerra mentres a condena de Ratko Mladic en decembro de 2017 suma un novo capítulo de confrontación nas relacións entre as dúas principais entidades do país, a República Srpska e a Federación de Bosnia-Hercegovina. O 11 de xullo de 1995 un Ratko Mladic fachendoso e sorrinte entraba nas rúas valeiras de Srebrenica. O seu sorriso victorioso diante das cámaras da televisión serbia prometía grandes tempos para o pobo serbio de Bosnia. Srebrenica sería, segundo el, o grande regalo para os seus compatriotas, un agasallo completado coa misión final de vengar a historia do seu pobo. Para iso 'tramou' liberar o territorio dos musulmáns, eses que el aínda consideraba herdeiros dos turcos que dominaros durante séculos a zona, converténdoa en parte do imperio Otomano alá polo século XV. Despois de meses de asedio, os habitantes bosníacos (musulmáns de Bosnia) deixaron a súa 'cárcere' na búsqueda da protección das Nacións Unidas en Potocari, 6 kilómetros ao noroeste de Srebrenica. Unha protección que nunca chegou e que abriu unha profunda fenda á hora do reparto das responsabilidades no sucedido. A de Srebrenica foi a matanza máis númerosa de civís occorrida en Europa despois do xenocidio nazi e serviu para acrecentar aínda máis a separación entre serbios e bosníacos no que actualmente se coñece como Bosnia-Hercegovina. A experiencia vivida no terreo polos galegos Mariña Barreiro, Miguel Rodríguez e Jairo Dorado guiarannos nesta viaxe para entender como e canto cicatrizaron as feridas da guerra mentres a condena de Mladic suma un novo capítulo de confrontación entre as dúas principais entidades do país O pasado 22 de novembro, 22 anos despois, Mladic, o ex-xefe do exército serbio de Bosnia foi condenado a pasar o que lle resta de vida na cadea acusado polo TPII de, entre outros crimes de guerra e contra a humanidade, do xenocidio de preto de 8.000 varóns musulmáns nos arredores de Srebrenica entre o 12 e o 17 de xullo de 1995. Mladic é responsable ademais doutras matanzas consideradas como xenocio occorridas noutros puntos negros da xeografía de Bosnia, así como do sitio dos barrios de maioría bosníaca de Saraievo, que acabou coa vida de máis de 10.000 persoas. Con todo, esta sentenza, non é suficiente para parte das súas vítimas xa que só foi condenado por 10 dos 11 cargos na súa contra e ese último é, según Jairo Dorado "o punto problemático para a sociedade civil: o concepto global de xenocidio". Jairo é tradutor de serbio-bosnio-croata e traballou nos últimos anos con vítimas de todas as etnias e tamén con parte dos 'verdugos' arrepentidos, formando parte da Comisión Internacional sobre Persoas Desaparecidas. "Srebrenica é considerada polo TPII como un caso claro de xenocidio, si, pero a sentenza a Mladic establece que a guerra non foi unha guerra de xenocidio, é dicir, as súas actuacións no resto do territorio, sexa Bosnia, sexa Croacia, non tiñan por obxectivo a exterminación dun grupo étnico determinado...", explica Jairo. "Iso doe -continúa- especialmente no relato político global porque xa non podes fundamentalo na idea de que 'somos vítimas dun xenocidio e temos dereitos' ou 'a existencia da entidade serbia de Bosnia, a Republica Srpska, esta baseada nun acto de xenocidio', que é unha constante política en Bosnia". Para Jairo este veredicto terá de seguro un valor histórico moi importante para que as próximas xeracións entendan e falen abertamente do que aconteceu xa que a sentenza relata de xeito moi minucioso, explica, todos os acontecementos militares de Mladic en Croacia e Bosnia, así como as vítimas directas dos seus actos. "O importante neste caso non é a condena en si, senón a explicación de como se chegou aos acontecementos polos que é xulgado", remata. Muller de etnia bosníaca nas rúas de Saraievo / Greta6 "Para as vítimas, que o son de todas as etnias e tamén de ningunha, a xustiza chega tarde" Neste senso, Mariña Barreiro, politóloga residente en Saraievo e membro da directiva da ONG de dereitos humanos 'Sarajevo Open Centre' engade, ademais, que a condena de Mladic ou a morte 'en directo' do militar bosniocroata Slobodan Praljak o pasado 29 de novembro (condenado a 20 anos de cadea por crímenes de guerra contra musulmáns de bosnia) "deixan aínda máis grecha neste país". Fai, ademáis, fincapé no descontento da sociedade co papel da comunidade internacional en todo este proceso desde o inicio da guerra. "Para as vítimas, que o son de todas as etnias e tamén de ningunha, a xustiza chega tarde", remarcando que "para as elites dos partidos étnicos estas decisións xudiciais son un motivo máis para gañar votos, facendo destes criminais heroes". Poucas horas despois da sentenza de Mladic, o ata de agora presidente da República Srpska -e acabado de elexir como o representante serbiobosnio da presidencia tripartita de Bosnia-Hercegovina-, Milorad Dodik, definiu a Mladic como un heroe nun claro movemento político cando anos atrás, estando na oposición e Mladic escapado da xustiza e en paradeiro descoñecido, sinalou a necesidade de detelo e extraditalo. Seguindo a idea de Mariña Jairo advirte que "hai unha clara explotación do conflito, especialmente na creación dun marco vitimista ao xustificar os actos como unha defensa preventiva do que podía acontecer". É dicir, heroes que defenderon á sociedade dos potenciais perigos, e niso basean a súa defensa fronte aos mortos. Con todo, Jairo, que reside en Berlín pero viaxa asiduamente a Bosnia, está convencido de que aínda que este relato ten un apoio minoritario, a actuación da comunidade internacional na zona foi (e é) o mellor combustible posible para alimentar esas ideas. O papel fallido do TPII A posición da comunidade internacional deixa bastantes claroscuros no cómputo xeral da guerra. A posible inacción dos cascos azuis holandeses na matanza de Srebrenica- recoñecida polo goberno holandés no ano 2002- e o feito de que máis da metade dos 161 condenados sexan serbios (90) fronte a só 14 croatas, catro bosníacos, cinco kosovares e dous macedonios non axuda a ver ao TPII como un órgano lexítimo para lograr a reconciliación entre as diferentes etnias. O líder do exército de Bosnia-Hercegovina Naser Orić, por exemplo, acusado en ocasións por organismos independentes de asesinatos múltiples e outras atrocidades contra a poboación civil serbia de Bosnia foi xulgado polo TPII pero condenado a só dous anos de cárcere ao non interpretar o tribunal esas matanzas como actos de guerra. A inacción dos cascos azuis holandeses e o feito de que máis da metade dos condenados sexan serbios non axuda a ver o TPII como un órgano lexítimo para lograr a reconciliación Miguel Rodríguez é politólogo e editor da revista de estudos balcánicos Balkania, vive en Belgrado e está especializado no estudo dos movementos sociais no espazo ex-iugoslavo. O seu coñecemento da sociedade civil permítelle sinalar que o papel do TPII deixa aínda máis dúbidas que certezas cando se fala da súa misión á hora de conseguir unha reconciliación entre as diferentes entidades étnicas. "O TPII tivo grandes éxitos, foi quen de 'sacar' do panorama político a gran parte da elite política responsable da guerra, pero non a toda", aclara Miguel. O feito de que o tribunal non fose quen de condenar a todos os implicados porque ou ben morreron (como foi o caso de Franjo Tuđman -presidente de Croacia- e Slobodan Milošević -presidente de Serbia-), porque foron absoltos (como é o caso de Ramush Jaradinai -xefe de campo albanés do exército de Liberación de Kosovo- ou o xa mencionado Naser Orić), ou porque foros liberados sen unha sentenza condenatoria (como é o caso de Vojislav Seselj -fundador e presidente do Partido Radical Serbio) explica que "existan grises" no papel que xogou o TPII e que impiden satisfacer a todos os lados do conflito por igual. "Cando se analiza a opinión pública sobre a interpretación que fan os serbios do TPII -comenta Miguel- o que se conclue é que o 60 ou 70 por cento da poboación está en desacordo con moitos dos motivos que esgrime o tribunal nas condenas. Na maioria dos casos –recalca Miguel- esgrímese para xustificalo que, ou ben se procesaron na súa maioría a políticos ou militares serbios, ou ben consideran que o TPII é un axente da comunidade internacional creado co único fin de condenar aos serbios e, polo tanto, segundo eles, trátase dunha confabulación para humillar a súa étnia". División territorial de Bosnia-Hercegovina / María Sabarís "Todos os grupos senten que son vítimas da transición post-iugoslava e do conflito posterior, a calidade de vida da poboación baixou radicalmente e fixoo nun periodo moi curto de tempo" Con independencia de cales foron as sentenzas para os políticos e militares, insiste Miguel, o problema é que non existiu unha reflexión obxectiva sobre a responsabilidade do propio grupo nacional. É dicir, explica, non se fixo un exercicio de autocrítica. "Todos os grupos senten que son vítimas da transición post-iugoslava e do conflito posterior, a calidade de vida da poboación baixou radicalmente e fixoo nun periodo moi curto de tempo", aclara Miguel. Ademais, na cultura balcánica recoñecer ás vítimas do outro bando implicaría debilidade e, en lugar de entenderse como un exercicio de xustiza ou empatía cara o outro grupo, cultural e politicamente vese como unha oportunidade que concedes á outra parte para atacarte. E iso, concede Miguel, foi un fracaso do TPII, que non foi quen de exercer un papel reconciliador, "fallou desde o punto de vista da capacidade para seducir ás partes e converterse nun órgano con credibilidade e lexitimidade" á hora de promover a convivencia pacífica. As razón polas que o TPII nunha chegou a ser visto coma un órgano claramente reconciliador responde a moitos motivos, pero segundo Miguel Rodríguez existen varias razóns principais que levan a xerar máis desconfianza que confianza na cidadanía. Por unha banda, o TPII xurdiu coma como un órgano sen poder executivo, é dicir, un órgano internacional que está financiado pola comunidade internacional pero que non ten capacidade para deter a xente. A detención depende dos propios estados e iso fixo que o TPII "xogara coa condicionalidade". É dicir, a colaboración na entrega de criminais de guerra estaba favorecida en moitos casos coa concesión de beneficios en forma de integración europea, axuda internacional ou, en xeral, temas de 'embelecemento' da reputación do país. Punto este importante -explica- xa que "os países balcánicos, sobre todo Serbia, dependen moito do seu soft power (poder brando) e non lles convén aparecer constantemente nos medios sendo criticados por non colaborar coa xustiza internacional". Que se tardase tanto en ditar sentenza mentres eran procesados os responsables converteu os líderes políticos en figuras que despois de máis de dez anos de proceso acaban sendo banalizados Por outra banda, o feito de que o tribunal se crease no ano 1993, dous anos antes de que acabase a guerra en Bosnia, fixo que percorrese simultaneamente todos os episodios políticos que se deron na rexión. "O proceso de transición prodúcese ao mesmo tempo que se estaba a procesar aos condenados, de tal maneira que se estigmatizaron ás clases políticas". Continúa Miguel aclarando que unha vez rematada a guerra os políticos seguen intervindo en política pero o feito de estar ameazados con ser procesados pola xustiza internacional fai que tamén subxectivicen á poboación en contra do TPII. Por último, que se tardase tanto en ditar sentenza mentres eran procesados os responsables, converteu os líderes políticos en figuras mediáticas que despois de máis de dez anos de proceso acaban sendo banalizados e frivolizados na televisión, colocando nun segundo plano ás vítimas. Ademais, a pesar de que xa estaba en funcionamento, o TPII, e polo tanto a comunidade internacional, non foi quen de impedir no ano 1995 a Operación Tormenta que supuxo a expulsión de máis de 200.000 serbios de Croacia nin o xenocidio de Srebrenica. Influíu, amais, moito na política Serbia durante os bombardeos da OTAN en 1999. Neste senso, o propio tribunal foi visto en moitas ocasións por parte da poboación, especialmente serbia, coma unha especie de "axente executor da comunidade internacional". De tal modo que calquera sentenza que impón o TPII non ten moita credibilidade ou vese máis como parte dunha "estratexia urdida desde Washingston ou desde Bruxelas", conclúe Miguel. Porén, o TPII nunca foi visto como instrumento de reconciliación nin, segundo Miguel, ten esa capacidade "porque existen sombras no seu percorrido". A difícil reconciliación Paso fronteirizo entre o distrito autónomo de Brcko e Croacia / BalcansCat "Para moitos serbios resulta inxusto que no momento en que se asina o Tratado de Maastricht en 1992, Europa vive unha eclosión económica e social e Iugoslavia se fragmenta, os serbios sexan coñecidos como nación agresora e xenocida, cando en termos de número de vítimas e de gravidade o xenocidio Ustaše foi moi superior ao que ocorreu durante os anos 90 en Bosnia", afirma Miguel. Sostén que os serbios nunca comprenderon esta posisión e iso "complica" o exercicio de autocrítica. Non entenden porque a eles se lles presiona insistentemente para recoñecer a masacre de arredor de 8.000 musulmáns en Srebrenica cando, durante o período iugoslavo e postiugoslavo, ninguén o fixo convenientemente dos máis de 200.000 serbios asesinados na Segunda Guerra Mundial polos croatas nazis do partido Ustaša . "Iso é complicado que xere empatía", remata Miguel. Un monumento de 'agradecemento' á comunidade internacional pola axuda na guerra é unha lata de conserva similar ás enviadas a Saraievo durante o asedio da cidade; caducaba só uns anos despois da guerra do Vietnam Que os cidadáns das diferentes etnias non teñen moita confianza no papel que a comunidade internacional xogou, e está a xogar, no territorio vense facendo patente pola súa incapacidade de ser un axente activo na reconciliación como sinalaba Miguel. "Nun dos parques máis transitados en Saraievo pódese ver un monumento de 'agradecemento' á comunidade internacional pola súa axuda durante a guerra. Consiste nunha lata de conserva similar ás que enviaban a Saraievo durante o asedio da cidade nos noventa, lata que caducaba só uns anos despois da guerra do Vietnam". Unha anécdota que relata Mariña e que é a mostra máis palpable desta desafección que aínda existe, dalgún xeito tamén nas novas xeracións. A amálgama de culturas e identidades que é BiH queda ben reflexada na división territorial do país despois dos Acordos de Dayton. A Federación de Bosnia-Hercegovina, de maioría bosníaca, representa o 50% do territorio (dividida en 10 cantóns, uns de maioria bosníaca e outros croata) e a República Srpska, de maioría serbia, o 49% correspondendo o 1% ao distrito autónomo de Brcko, unha pequena cidade na fronteira con Croacia creada para que existese un equilibro territorial. A pesar de que BiH é considerada en moitas ocasións como un estado fallido debido a esa división irreconciliable, Brcko é, a diferenza de moitas outras cidades en BiH, un claro exemplo de convivenza multiétnica. "En tanto non se fagan unha serie de reformas na constitución e mentres a comunidade internacional non adopte medidas menos condescendentes nas axudas e nas actuacións políticas a situación do territorio parece difícil que cambie", asegura Jairo, salientando que o país precisa de tempo. "É necesaria unha sociedade civil que creza e que entenda o que pasou no conflicto mara madurar". "A maioría sufriron como civís, e en moi poucos casos podían entender o que lles estaba pasando, nin crer aos 'líderes' que os facían temer ao veciño" Mariña sinala que a maioría de grandes ONGs e organizacións internacionais coas que se ten atopado levan gastando moitos recursos na chamada reconciliación. Con todo, e baseándose na súa experiencia persoal e profesional, asegura tallante que "esa reconciliación entre os pobos non existe estrictamente nin é necesaria". Mariña viviu nunha vila de maioría croata, Livno, logo nunha aldea serbia, Drvar, e agora na capital do país, Saraievo, de maioría bosníaca. "Os pobos -afirma- non decidiron ir á guerra". "A maioría -prosegue- sufriron como civís, e en moi poucos casos podían entender o que lles estaba pasando, nin crer aos 'líderes' que os facían temer ao veciño". Para Mariña, as xeracións que viviron a guerra, na súa maioría, non teñen ningún problema a nivel individual e as opinións sobre as outras etnias son xeralmente positivas. Protestas diante do Parlamento Bosnio / CC BY-SA Bebolucija Seguindo esta idea e grazas ao contacto que durante anos vén tendo coas vítimas do conflito, Jairo asegura que no difícil caso da convivencia en Srebrenica el non lembra nunca ter falado cunha vítima de Srebrenica que lle falase directamente mal dos serbios. "É certo que acusan directamente aos Chetniks (guerrilla paramilitar serbia) pero nunca escoitei enfatizar esa culpa nun grupo étnico, senon nunha ideoloxía específica". En Srebrenica, a diferenza de Mostar onde croatas e bosnios viven separados con escolas, universidades, servizos e administración duplicadas, vítimas e 'verdugos' comparten un mismo espazo en relativa normalidade. "En Srebrenica dentro do odio hai matices e do silencio total, a falar abertamente sobre o que pasou, hai niveis" Hai dous anos -comenta Jairo- foi a primeira voda mixta despois da guerra, os nenos comparten escola e clase e a administración local é única. Só hai un equipo de fútbol e é mixto, o FK Guber, polo tanto os rapaces, sexan da etnia que sexan, teñen que xogar nese equipo. "Obviamente non vas ser amigo da xente que participou da túa desgraza pero, no fondo, -sostén Jairo- entendes que o fixo por sobrevivir porque ti quizáis estabas na mesma situación". Ao que engade, "dentro dese odio hai matices e do silencio total, a falar abertamente sobre o que pasou, hai niveis". Ao final a conclusión que saca Jairo é que "as persoas que máis sufriron son as máis propensas á reconciliación porque cando perdiches todo, xa non tes medo e sen medo -remata Jairo- non hai motor para o odio". Un futuro incerto Moitos dos esforzos que se fixeron nos últimos anos para abrir un proceso á convivencia pacífica entre as étnias converteuse en moitos casos en máis segregación, como sucede coa educación das novas xeracións. O sistema educativo -en moitas vilas- segrega aos rapaces e rapazas e, dependendo da súa orixe étnica, estudarán diferentes historias, 'diferentes' linguas (hoxe recoñecidas como tres linguas diferentes, o bosnio, o serbio e o croata, antes da guerra unha soa, o serbo-croata) e diferentes relixións recoñece Mariña. "Nos casos mais extremos -salienta- estarán separados mesmo no patio". Así sucede nas chamadas 'dúas escolas baixo un mesmo teito' (escolas compartidas por dúas etnias pero que son, de feito, dúas escolas diferentes) que impide aos estudantes incluso coñecerse. "Así é moito máis fácil manipulalos, máis fácil meterlle 'o medo no corpo' e contarlles que os "outros" son os culpables de todos os males do "seu pobo", explica Mariña. "Dunha inxustiza puramente laboral pasouse a un movemento social no que o 'elemento' cidadán deixou fóra aos conflitos de natureza étnica co berro de 'temos fame nos tres idiomas'" O problema, asegura Miguel, é que é moi difícil superar o elemento étnico, que se adhira acriticamente á nación e ao líder nacionalista no poder (a presidencia de Bosnia-Hercegovina rota cada oito meses entre os tres representantes electos de cada comunidade étnica do país: serbiosbosbios, bosníacos e bosniocroatas). "Non se creou unha cultura de intervención da sociedade civil sobre as institucións", para Miguel o elemento étnico está tan presente que aínda non deu paso á construción dun sentimento de cidadanía forte e, iso, asegura que levará tempo porque é un proceso de construción social lento. A pesar diso, cada vez hai máis voces disonantes que levan aos diferentes grupos a loitar por obxectivos comúns como son a corrupción, o nepotismo, a incompetencia gubernamental, o bloqueo institucional e, porén, a pobreza e a falta dun estado de benestar para todos por igual. Na primavera de 2013 milleiros de persoas pertencentes aos tres grupos étnicos mobilizáronse contra a clase política na chamada 'Babyrevolution': debido ao sistemático bloqueo do parlamento durante meses para sacar adiante a lei que regulaba a expedición dos números de identificación necesarios para os DNI e a seguridade social os nenos nados no país quedaban nun limbo. O caso tomou un cariz máis serio cando unha nena de tres meses enferma non puido viaxar ao estranxeiro -ao non ter a identificaión necesaria- para recibir tratamento a tempo e finalmente faleceu sendo a primeira vítima da parálisis política do país. Seguindo esta primeira mobilización, en febreiro de 2014 a maior parte do país, sobre todo da Federación de BiH, deixou dun lado o elemento étnico para saír ás rúas en protesta pola privatización de varias empresas nacionais. Estas foros as primeiras experiencias políticas importantes da poboación na que non importou a orixe étnica, senón os intereses comúns. Dunha inxustiza puramente laboral -recalca Miguel-, pasouse a un movemento social no que o 'elemento' cidadán deixou fóra aos conflitos de natureza étnica co berro de 'temos fame nos tres idiomas'. "Bosnia e Hercegovina é un país verde coma Galiza, e igualmente falto de oportunidades; as novas xeracions bosnio-hercegovinas xúntanse coa xuventude galega en Alemaña e é tráxico porque non hai futuro na propia terra" Ao final a pobreza e as inxustizas sociais son valores comúns a todas as sociedades. "Bosnia e Hercegovina é un país verde coma Galiza, e igualmente falto de oportunidades", recalca Mariña. "As novas xeracions bosnio-hercegovinas xúntanse coa xuventude galega nalgún bar no centro de Berlín ou nos parques en Zurich- describe-. "E é tráxico porque non hai futuro na propia terra"-insiste. "Ambos somos pobos na periferia de Europa, vivimos xeracións e xeracións desarraigadas e morriñentas, bebendo 'rakija' de contrabando, que o non é outra cousa que caña de toda a vida". Así remata Mariña, resignada, un retrato dun territorio doente aínda polas feridas da guerra que loita por construír unha sociedade emancipada e empoderada capaz de botar abaixo os abusos de poder e a corrupción para deixar finalmente atrás as miserias dunha guerra infinita. *Jairo Dorado Cadilla traduciu para o galego as obras Como se non existise (Slavenka Drakulić. Edicións Xerais, 2005), A ponte sobre o Drina (Ivo Andrić. Rinoceronte, 2007), Götz e Mayer (David Albahari. Rinoceronte, 2010), Unha tumba para Boris Davídovich (Danilo Kiš. Rinoceronte, 2010), A boca chea de terra (Branimir Šćepanović. B. Rinoceronte, 2010) e Cando levanten as brétemas (Josip Mlakić. Hugin e Munin, 2015) *Miguel Rodríguez Andreu é ademáis tradutor do serbo-croata (Las aguas tranquilas del Una, Ed. La Fuente Grande 2017), membro do portal de análise geurasia.eu e autor das obras Maratón balcánico (Random House, 2018), Homofobia nos Balcáns (UOC, 2015) e Anatomía serbia (Emb. España, 2012). |
NOS_57261 | Convocadas por Vía Galega no marco da campaña na que reclama emprego digno na Galiza. | Un total de 30.249 persoas marcharon da Galiza en 2017, último ano con rexistros. Máis de 80 cada día. Dese total, 18.380 galegos e galegas fixérono con destino a outro territorio do Estado español (1,95% menos que no ano anterior) e 11.869 ao estranxeiro (10,03% máis que en 2016). Anxo Louzao, un dos voceiros da plataforma Vía Galega, afirmou recentemente en conversa con Sermos Galiza que a emigración "non é só un drama persoal", senón que tamén é un drama "social e nacional", unha "sangría" que prexudica o país. Nesta liña, afirma que na última década tiveron que marchar da Galiza por volta de 260.000 persoas entre 16 e 50 anos de idade. Delas, unhas 80.000 tiñan entre 16 e 29 anos. O devalo do noso país en todas estas décadas é innegábel", manifestou, poñendo como exemplo que a principios do século XX galegos e galegas eramos 10,6% da poboación do estado mentres que actualmente somos 5,6%. Para denunciar esta realidade e activar respostas á mesma naceu a campaña "Non emigramos, expúlsannos", de Vía Galega. No marco da mesma, a plataforma chama a participar nas concentración que convoca para o vindeiro 14 de decembro en 46 vilas e localidades galegas. Mobilizacións que se desenvolverán ás 12:00 horas baixo o lema "Non emigramos, expúlsannos: soberanía para crear traballo digno na Galiza". |
NOS_454 | Philip Alston, relator especial das Nacións Unidas sobre extrema pobreza e dereitos humanos, alarma das altas taxas de pobreza no Estado español. | O Estado español atópase entre as peores situacións de pobreza da Unión Europea. Así o sinalou na sexta feira, 7 de febreiro, o relator especial da ONU sobre extrema pobreza e dereitos humanos, Philip Alston. Este experto das Nacións Unidas reprendeu España por non tomar a serio os dereitos sociais e sinalou que o Estado "está a fallar por completo ás persoas que viven na pobreza". "España debería mirarse de perto no espello", recomendou Alston, desvelando que a imaxe reflectida é a dunha "pobreza xeneralizada e un alto nivel de desemprego, unha crise de vivenda de grandes proporcións, un sistema de protección social completamente inadecuado que arrastra deliberadamente un gran número de persoas a pobreza e un sistema educativo segregado e cada vez máis anacrónico, un sistema fiscal que brinda moitos máis beneficios aos ricos que aos pobres e unha mentalidade burocrática fondamente arraigada en moitas partes do Goberno que valora os procedementos formalistas por riba do benestar das persoas". Alston lamentou que as persoas encargadas de formularen as políticas "fallasen a quen vive na pobreza" Eis algunhas das conclusións que deita o informe deste relator especial da ONU após concluír a súa visita oficial na que percorreu durante seis días o Estado. Alston, sorprendido pola situación da pobreza en España, lamentou que a pesar de darse unha mellora económica, "demasiadas persoas seguen pasando apuros" e apostilou que "a recuperación despois da recesión deixou moitas persoas atrás, con políticas económicas que benefician as empresas e os ricos, mentres que os grupos menos privilexiados afrontan servizos públicos deteriorados que sufriron serios recortes após 2008 e que nunca se restauraron". No Estado español a vivenda de baixo custo é "case inexistente" resaltou Alston Nese sentido, Alston lamentou que as persoas encargadas de formularen as políticas "fallasen a quen vive na pobreza", ao tempo que criticou que "os dereitos sociais rara vez se toman a serio". No Estado español a vivenda de baixo custo é "case inexistente" resaltou Alston, alertando de que o sistema para blindar a asistencia social está "quebrado". Sobre os impostos, o experto da ONU puxo o foco no feito de que as empresas estean a pagar a metade que antes da crise, "a pesar de rexistraren fortes beneficios". Alston visitou a Galiza Durante a súa estadía, Alston coñeceu lugares que moitas e moitos cidadáns non recoñecerían que se sitúan no Estado, asegurou. "Estiven nun barrio pobre con condicións moito peores que un campamento de persoas refuxiadas, sen auga corrente, electricidade nin saneamento, onde as e os traballadores inmigrantes levan anos vivindo sen ningunha mellora na súa situación", sinalou. O relator coñeceu barrios "de pobreza concentrada onde as familias crían nenas e nenos cunha grave escaseza de servizos estatais, sen clínicas de saúde, centros de emprego, seguridade, estradas asfaltadas nin subministración eléctrica legal", lamentou. A Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, Estremadura e Andalucía acolleron as visitas e xuntanzas que Alston tivo con persoas afectadas pola pobreza, funcionariado das Administracións municipais, autonómicas e central. Tamén o relator se reuniu con activistas, académicas e representantes de organizacións da sociedade civil. Alston visitou numerosos centros comunitarios e escolas, oficinas de ONG, un centro para persoas con diversidade funcional, un centro de servizos sociais, un asentamento informal para traballadoras e traballadores inmigrantes, un bloque de vivendas privatizadas, un centro de traballadoras domésticas e varias comunidades xitanas. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_10680 | Aínda que os peches de entes paralelos afectaron a "unha de cada tres entidades existentes", a "importancia económica dun gran número das extinguidas é menor", di o Consello de Contas sobre o aforro que Feijóo anunciara como "histórico". O Goberno pediu a "expresa supresión" desas afirmacións | Antes de aprobar os seus informes e entregalos ao Parlamento o Consello de Contas, órgano que fiscaliza as contas públicas galegas, remite a primeira versión dos textos á Xunta para que o Goberno galego poida formular alegacións, xa sexa para precisar aspectos técnicos, achegar máis datos ou facer constar a súa disconformidade con algunha das conclusións. Así o fixo tamén cos informes que vén de enviar ao lexislativo. Entre eles está o que avaliou o resultado dos "procesos de extinción" de entes da administración paralela da Xunta, un adelgazamento administrativo que o presidente da Xunta presentara como vía para lograr un aforro "histórico" pero que o Consello de Contas leva anos considerando "residual".Nesta ocasión, ademais do habitual informe anual sobre as entidades instrumentais Contas achegou outro traballo máis amplo sobre os resultados dos tres plans de "racionalización" dos nalgún momento alcumados como chiringuitos no eido político. A análise xa non é só dun ano, senón de case unha década (2010-2016) e a conclusión do Consello é clara: o aforro logrado con estas supresións foi "residual" e o seu impacto económico, "menor", en boa medida porque a Xunta traspasou as funcións e o persoal dos entes eliminados a organismos xa existentes ou a outros de nova creación. Esta conclusión desagradou notablemente ao gabinete de Alberto Núñez Feijóo, que no trámite de alegacións pediu sen éxito que fose borrada.Aínda que os peches de entes paralelos afectaron a "unha de cada tres entidades existentes", a "importancia económica dun gran número das extinguidas é menor", di o Consello de Contas sobre o aforro que Feijóo anunciara como "histórico"Aplicando os métodos de análise "en coordinación co Tribunal de Cuentas e as institucións de control externo" do resto de autonomías o Consello de Contas conclúe que entre 2010 e 2016 a Xunta, ao abeiro dos seus tres plans de "racionalización" da administración paralela, reduciu o seu sector público autonómico de 157 entidades a 112. "A pesar de que a redución neta" atinxiu a "unha de cada tres entidades existentes, a importancia económica dun gran número das extinguidas é menor", cre. "En termos económicos -agrega- o aforro derivado das extincións limítase" a 17,03 millóns de euros, dos que "7,53 se corresponden con gastos de persoal", un eido no que o Consello é especialmente crítico.Eses 17,03 millóns "representan menos do 1% dos fondos xestionados polas entidades dependentes", explica o Consello de Contas, que advirte ademais de que "a baixa dun gran número de entidades veu acompañada da creación doutras novas, principalmente coa forma xurídica de axencia". A súa posta en marcha provocou que "aínda que o número de entidades instrumentais diminuíse dende 2010, o volume de recursos públicos xestionados de maneira descentralizada, en termos relativos, está a aumentar".A supresión de entes non logrou "aforros económicos significativos" porque as súas funcións foron asumidas por entidades existentes ou mesmo por outras de nova creación, subliña o Consello de ContasPor estes e outros motivos o Consello de Contas chega a unha "conclusión global" que se afasta do "aforro histórico" prognosticado por Feijóo. "Os procesos de extinción levados a cabo nas entidades dependentes da Xunta (...) simplificaron a arquitectura instrumental da Administración autonómica" e mesmo achegaron a estes entes "maior transparencia" na xestión. Pero "non conseguiron aforros económicos significativos como consecuencia de que se optou por manter as funcións e os medios materiais e persoais das entidades que desapareceron", resalta. Neste sentido, agrega que "son residuais os supostos nos que se extinguen entidades cuxas funcións deixan de ser prestados por outra entidade dependente da Administración". Desta afirmación afasta "o caso das fundacións de desenvolvemento comarcal", 34 entidades creadas en tempos de Fraga cuxa extinción fora decidida polo bipartito e que culminou en 2010, xa co goberno de Feijóo.Resposta da Xunta e petición de eliminaciónA resposta da Xunta nas súas alegacións foi irada tanto a respecto do carácter "residual" do aforro logrado coas extincións como como coa conclusión segundo a cal as eliminacións de entes "non conseguiron aforros significativos". "Estamos en total desacordo coas ditas afirmacións e solicitamos a súa expresa supresión", sinalou o Goberno galego a través da Vicepresidencia. A razón para pedir o borrado é que "minimizan o esforzo de reacionalización efectuado pola Administración galega".A Xunta solicitou a "expresa supresión" das conclusións sobre o aforro "residual" na eliminación de entes paralelos e reclamou incluír os resultados do "gran esforzo" realizado nos organismo non suprimidosO departamento que dirixe Alfonso Rueda sustenta a súa oposición ás conclusións en que "non se están tendo en conta todos os aforros acadados" no conxunto de entidades instrumentais, ata o punto de "xerar unha imaxe distorsionada das actuacións realizadas". Neste sentido, o Goberno galego reprocha ao Consello de Contas que "recolla unicamente unha parte moi residual e parcial dos procesos de reordenación" e deixe "fóra da súa análise" medidas de "eficiencia" na parte da Administración paralela non eliminada, tales como "redución do gasto interno, racionalización de cadros de persoal" ou "rescisións de alugueiros", entre outras.Contas retrucou que o informe se cingue unicamente ao impacto económico da supresión de entes e mantivo o seu texto segundo o previstoTras unha nova acusación de estar a ofrecer unha "análise parcial", a Xunta reclama ao Consello que inclúa no seu informe os aforros logrados nos entes non eliminados que, asegura, ascenderon a 68,7 millóns de euros que, adi, cómpre engadir aos 20,6 que segundo os seus cálculos supuxo a "extinción de entes". Con datos "actualizados a 2018" logrou "un aforro global de 90 millóns de euros", subliña como resultado dun "gran esforzo" que o Consello de Contas debe "incluír" no informe.Pero a esixencia non tivo éxito no substancial. Na súa réplica o Consello de Contas subliña que "tal e como se sinala reiteradamente ao longo do informe", a súa fiscalización "foi realizada en coordinación co Tribunal de Cuentas" e o resto de organismos homólogos no estado mediante "directrices técnicas" que se refiren unicamente "aos procesos de extinción de entidades" e "non ás medidas adoptadas nos entes subsistentes". Por iso o borrado solicitado pola Xunta non se produciu e o informe foi publicado como estaba previsto. |
PRAZA_9610 | Yolanda Díaz encabezará a lista de Pontevedra e Ledicia Piñeiro, a de Ourense | Unha vez ratificada a ruptura con Anova, Podemos e Esquerda Unida confirmaron os detalles da coalición coa que concorren ao 28A en Galicia. A marca electoral será, finalmente, En Común-Unidas Podemos, combinando unha das fórmulas baralladas inicialmente para a coalición a tres -Galicia en Común- coa marca xeral de Podemos e EU, Unidas Podemos.Yolanda Díaz encabezará a lista de Pontevedra e Ledicia Piñeiro, a de OurenseSegundo confirmaron as formacións, en tres das catro circunscricións os partidos coaligados xa ratificaron os nomes das persoas que encabezarán as candidaturas. O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, será o número 1 pola Coruña, posto que xa ocupou nas listas de En Marea como coalición en 2015 e 2016. Yolanda Díaz, que fora a número dous da lista coruñesa de En Marea, pasará a ser a número 1 por Pontevedra.As negociacións tamén concretaron xa a cabeza de lista por Ourense, que será para Ledicia Piñeiro, ex-concelleira de Ourense en Común. Faltaría por concretar o número 1 por Lugo, que durante as negociacións as tres bandas estaba previsto que fose para un representante de Anova. |
NOS_25287 | A intervención visigoda e o asasinato de Requiario, rei da Gallaecia até o ano 456, deixou tras de si un rastro de caos e guerra civil. Concibido como unha ofensiva destinada a eliminar a propia existencia da monarquía sueva, o ataque lanzado polo rei visigodo Teodorico II resultara, aparentemente un éxito. Na propia Gallaecia, mesmo as persoas máis eruditas, como Hidacio, imaxinaron que a devastación de Braga e a propia execución do rei supuxeran a caída e final do reino dos suevos. Con todo, os acontecementos posteriores revelaron que após décadas de integración, a aristocracia suevo-galaica aínda mantiña o poder efectivo do reino nas súas mans. | Devastada Braga após o seu paso, Teodorico II continuou coa súa campaña de saqueo polos antigos dominios de Requiario, lanzando unha forte ofensiva sobre as principais cidades aínda baixo soberanía sueva. Mais para alén das accións de pillaxe destinadas a adquirir un cuantioso botín de guerra co que premiar o seu exército e o dos seus aliados, Teodorico procurou manter o control das terras conquistadas. Así o relata o historiador Xordanes, funcionario romano de orixe visigoda e autor dunha obra dedicada á historia dos visigodos: a coñecida como Getica, escrita por volta do ano 551. Nela, Xordanes, recorda como tras abandonar a Gallaecia, Teodorico decidiu poñela baixo o control dun caudillo da súa confianza chamado Aiulfo. De orixe varna, é dicir, orixinario do Báltico occidental, Aiulfo ostentou o goberno da Gallaecia en nome de Teodorico II desde o comezos do ano 457, probabelmente desde o estratéxico enclave de Portucale (actual Porto). A intervención visigoda e o asasinato de Requiario, rei da Gallaecia até o ano 456, deixou tras de si un rastro de caos e guerra civil A pesar dos amplos poderes que Teodorico outorgou a Aiulfo na Gallaecia, o goberno do caudillo varno acabou resultando efémero. Así o sinalou Hidacio recordando como tras o estabelecemento de Aiulfo se sucedeu o desgoberno por todo o sur da Gallaecia, momento no que comezaron a proliferar os bandidos e os saqueos, talvez ao abeiro de Aiulfo ou, se cadra, na súa contra. É neste contexto de caos e guerra civil onde Xordanes e Hidacio coinciden en sinalar como Aiulfo, revestido de poder, se sublevou contra Teodorico co obxectivo de se converter en rei da Gallaecia. Unha manobra política tras a que puido atoparse unha parte da aristocracia sueva que desexaba reconstruír o Estado canto antes. Así e todo, é posíbel que unha parte destas elites suevas non vise con bos ollos que o liderado do reino recaese en Aiulfo, en definitiva, un foráneo á terra. Deste xeito, informaba o bispo de Chaves que unha parte dos suevos situados no sur, desconforme, proclamou como o seu rei a un nobre suevo chamado Maldras, fillo de Massila, cuxa liñaxe, talvez próxima á corte de Requiario, debía resultar abondo coñecida na Gallaecia da altura. Espada sueva atopada en Conibringa, actual Coimbra. (Foto: Nós Diario) A derrota de Teodorico nos Campos Gallaeciae A pesar de que esta sucesión de acontecementos debeu de chegar a ouvidos de Teodorico, este atopábase entón na capital da Lusitania, a cidade de Emerita Augusta (actual Mérida). Foi alí onde unha vez saqueada a urbe, Teodorico foi informado dos graves acontecementos que se sucedían en Roma naquel momento. Os constantes ataques vándalos ás costas do norte do Mediterráneo e a sublevación dunha parte da aristocracia romana acabaran coa caída do emperador Avito, fiel aliado dos visigodos. Estes acontecementos resultaron decisivos para que pasados uns meses, no ano 457, Teodorico, aínda en Mérida, decidise emprender unha rápida retirada cara aos seus territorios da Galia á espera do devir político de Roma. No entanto, en marzo dese ano, ao seu paso pola vía da Prata, o rei visigodo e os seus aliados aproveitaron o seu regreso para procurar un último botín nas cidades galaicas no seu camiño. Tal foi o caso de Asturica Augusta (actual Astorga), onde acompañado polos reis burgundios Gundioc e Chilperico, as tropas de Teodorico asaltaron esta cidade galaica co pretexto de eliminar os últimos insurxentes suevos. A desolación total de Astorga foi narrada por Hidacio, quen non dubidou en atribuír todo o desastre á condición pérfida dos visigodos, responsábeis de asasinar a boa parte da poboación e levar cativos a numerosos eclesiásticos. Para alén das vidas humanas, a devastación tamén resultou visíbel en toda a urbe, onde os visigodos non dubidaron en incendiar as casas dos poboadores, profanar e destruír as igrexas e aínda apoderarse de todos os obxectos sagrados. Unha operación de destrución que o exército visigodo repetiu unhas millas máis ao leste, na "Palentina civitas" (a actual Palencia), arrasada igualmente polo exército invasor. Con todo, entre tanta desolación, as tropas de Teodorico atoparían a derrota nos coñecidos como "Campos de Galiza", os antigos Campos Gallaeciae (actual Terra de Campos). Alí, conta Hidacio que as tropas visigodas asediaron, sen éxito, o coñecido como "Coviacense castrum", non moi lonxe de Astorga. Após esta derrota, a coalición dirixida por Teodorico volvería de inmediato para as súas terras na Galia. Libres da presenza visigoda e romana, coa fuxida de Teodorico, as diferentes faccións suevas comezaron a disputarse o trono dun reino á deriva. Mentres Maldras, proclamado rei por unha parte dos suevos, cobraba protagonismo no sur do reino, Aiulfo era asasinado en xuño do ano 457 no propio castro de Portucale (actual Porto). Executado talvez por Maldras, o asasinato de Aiulfo abriu paso a un tempo onde o poder das diferentes liñaxes suevas entrou en confrontación. No entanto, a caída de Requiario supuxera un duro golpe para o Estado suevo e con el gran parte dos territorios da Lusitania e da Bética volveran ao control de Roma. Neste contexto, non sorprende que Maldras, rei dos suevos do sur, realizase no ano 457 unha serie de operacións militares no sur da Lusitania coas que os suevos conseguiron recuperar prazas como Olisipo (actual Lisboa). A presenza de Maldras nesta provincia e o seu afastamento da Gallaecia, especialmente no norte, tivo por consecuencia o xurdimento dun novo candidato ao trono, un nobre chamado Frantán que gozou de apoio nas terras lucenses. Hermerico. O fundador do reino da Gallaecia (409-438) Frantán e Maldras A pesar de que algunhas voces eruditas conxecturaron sobre a idea de que algún dos dous puidese ter unha relación directa con Requiario, ben en calidade de fillo-herdeiro, ben como familiar con dereitos dinásticos, hoxe por hoxe a filiación de Frantán, como a de Maldras, resultan descoñecidas. A estes enigmas súmase non só a falta de fontes históricas senón tamén a rapidez dos acontecementos. Certamente, a liñaxe de Maldras debeu pertencer á máis alta aristocracia sueva pois é sabido que no ano 459 o rei entrara en conflito con seu irmán, quen mantiña o poder na fortaleza de Portucale, e que acabou sendo executado por orde do propio Maldras. A decisión, porén, non só non colleitou o efecto desexado senón que tan só uns meses despois, en febreiro do ano 460, o propio Maldras morría degolado, afirma Hidacio, "tal e como merecía". Se ben nin as circunstancias exactas nin as causas que envolven a morte de Maldras son coñecidas, non resulta improbábel que esta puidera estar relacionada co asasinato de seu irmán, talvez como un acto de vinganza. Após a súa morte, Maldras foi sucedido no sur da Gallaecia por outro nobre, Frumario, a quen as cronicas non chegan a nomealo rei ("rex") malia que fica fóra de toda dúbida de que actuou como tal. Requila. Un reino en expansión (438-448) Mentres o sur da Gallaecia caía en mans de Maldras e, pouco despois, nas de Frumario, no norte da Gallaecia asentouse outro líder suevo, Frantán. Todo indica que este chegou a un acordo con Maldras no ano 459 para dividirse as zonas de acción de cada un e pactar unha paz duradeira que evitase a confrontación entre suevos. Porén, o goberno de Frantán resultou efémero e apenas se estendeu uns meses, tal e como o sinalaba Hidacio ao informar da súa morte na primeira metade do ano. O seu sucesor no norte da Gallaecia sería un nobre suevo chamado Requimundo. Maldras debeu pertencer á máis alta aristocracia sueva pois é sabido que no ano 459 o rei entrara en conflito co seu irmán, quen mantiña o poder na fortaleza de Portucale Lonxe da concordia que lograran galaicos e suevos durante o goberno do falecido Requiario, os nobres como Requimundo recorreron á violencia sistemática para dominar a poboación local galaica. É posíbel que coa caída de Requiario, a poboación galaica se sentise ameazada e retornase as xefaturas locais como medio para buscar a estabilidade social e política. Sucesos como os ataques de herulos ás costas galegas no ano 461 evidenciaron que os novos líderes suevos non podían garantir a protección da poboación galaica. Este reforzamento do poder local supoñía un obstáculo para Requismundo, temeroso de que os Estados galaicos reducisen a súa capacidade de acción e o seu dominio sobre o territorio. Deste xeito, a aristocracia galaica pasaba a se converter en obxectivo das operacións político-militares de Requismundo. Así o confirman as accións que as tropas suevas, talvez baixo as ordes de Requismundo, perpetraron en Lugo durante a Pascua do ano 462, cando as autoridades da cidade e o seu maxistrado foron asasinados. O reinado de Remismundo Este convulso aumento da conflitividade entre suevos e galaicos, tal e como denunciou Hidacio, acelerou os movementos diplomáticos cos que os líderes galaicos procuraban o favor do emperador Maioriano e os seus aliados para contrarrestar as accións dos líderes suevos. Unha estratexia onde participou activamente a Igrexa galega como a institución máis próxima a Roma. Neste constante ir e vir de legados e embaixadas entre galaicos, romanos e visigodos, cobraron especial importancia o xeneral romano Nepociano e o conde Sunierico, principais implicados en trazar unha alianza contra os suevos. A diplomacia deu os seus froitos no ano 461, cando Nepociano e Sunierico, apoiados por un exército, atacaron aos suevos en Lugo e pouco despois na antiga Scallabis (actual Santarém). Requiario (448-456). O apoxeo suevo Alarmado polas intromisións do emperador Maioriano e os visigodos, Frumario, gobernante suevo no sur da Gallaecia, capturou o propio Hidacio o 26 de xullo do ano 461, acusado de estar implicado, directamente, nas conspiracións contra el e o resto de líderes suevos espallados na Gallaecia. Pola súa parte, no norte, Requismundo iniciou unha campaña de castigo contra certos Estados galaicos entre os que sobresaíron os Auregenses. Porén, a estratexia conxunta de Frumario (no sur) e Requismundo (no norte) comezou a se romper no propio ano 461, e finalmente os líderes suevos e os galaicos selaron novamente a paz. Con ela, pasados varios meses de cativerio, Hidacio de Chaves, acusado de colaboracionista con Roma, sería liberado da prisión onde Frumario o confinara. Moedas suevas. (Foto: Nós Diario) A paz non supuxo, con todo, a finalización das suspicacias nin da frenética actividade diplomática entre os nobres galaicos, liderados por Palagorio, os suevos, Teodorico II, e o propio imperio romano. A situación para os suevos cambiou no ano 464 coa morte de Frumario. A morte de quen ostentara o goberno dos suevos do sur daba finalmente o goberno da Gallaecia e dos suevos a un único e novo rei, Remismundo, a quen o arcebispo Isidoro de Sevilla identifica como fillo de Maldras ("Remismundo Masdrae filio"). Este novo soberano converteríase no único interlocutor suevo para o resto de Estados internacionais. A partir de entón, os visigodos, de orixe xermana ao igual que os suevos, primaron o apoio ao novo rei, considerándoo o lexítimo monarca da Gallaecia. O pacto selado no ano 464 escenificaríase co envío, por parte de Teodorico II, de armas e agasallos ao rei suevo, ás que este respondería favorabelmente cunha intensa actividade diplomática que o levou a visitar a corte do monarca visigodo na Galia. O reino de Gallaecia viviu neste período un dos seus momentos máis convulsos e complexos Asegurada a paz na Gallaecia, Remismundo puxo a súa ollada novamente no sur, na veciña provincia da Lusitania, tradicional zona de expansión dos monarcas da Gallaecia. Alí, no verán do ano 465, os exércitos de Remismundo asediaron a cidade de Conímbriga (actual Coimbra), facendo refén á muller do seu gobernador chamado Cántabro, tal e como indica Hidacio; unha manobra orientada, talvez, a garantir a fidelidade do nobre ao rei suevo e evitar, deste xeito, calquera tipo de insurrección. As operacións talvez contaron co beneplácito visigodo ao abeiro da alianza con Teodorico II, un pacto que discorría alén do estritamente político e no que adquirira certo protagonismo a relixión. Así o confirmaba Hidacio cando se refería á chegada dun eclesiástico ariano, Aiax, á Gallaecia. A este enviado de Teodorico atribuiría o propio bispo de Chaves a influencia necesaria como para incidir en Remismundo e introducir así o arianismo no reino, aínda que talvez só chegou a espallarse entre as elites suevas. Coa máis que probábel morte de Hidacio no ano 469, non só conclúe o seu Chronicon, tamén as únicas informacións sobre a monarquía sueva da altura, a Gallaecia e unha Roma a piques de colapsar. Durante esta etapa, o reino de Gallaecia viviu un dos seus momentos máis convulsos e complexos, marcados pola guerra civil, os conflitos interétnicos e a irrupción do arianismo. Porén, as fontes históricas coinciden en describir un reino cunha existencia sólida, capaz de sobrevivir á morte do seu soberano, Requiario, e poder recuperarse até consolidar novamente o Estado na figura dun novo rei, Remismundo. |
NOS_53343 | Entre os escándalos polo caso Bárcenas e a Operación Pokemon, BNG, AGE e PSdeG rexeitan o discurso da austeridade co que o PP defende a redución do número de deputad@s. O grupo maioritario levará ao pleno a súa proposta a vindeira semana e defende a súa aprobación unilateralmente. | Será na vindeira sesión plenaria. O grupo parlamentar do Partido Popular dará luz verde á reforma electoral presentada o 23 de decembro de 2013 e reducirá a 61 o número de escanos da Cámara. Após dous anos, a forza maioritaria reducirá en 14 o número de parlamentares e mudará o Regulamento do poder lexislativo. Desde que anunciou a medida na pasada lexislatura, @s populares defenderon a súa proposta --cuxo contido se coñeceu en decembro-- argüíndo que se trata dun "mandato electoral" refrendado pola cidadanía nas urnas, a mesma que, din, urxe "menos políticos" e institucións "máis eficientes con menos" diñeiro --como asegurou a voceira do PP, Paula Prado. Pola contra, as forzas da oposición ven na proposta unha estratexia do PP para "conservar a maioría", acusan o partido maioritario de "mudar as regras de xogo" de maneira unilateral e critican o discurso da austeridade do goberno galego apelando aos casos de corrupción e financiamento ilegal que salfiren o Partido Popular en Galiza e Madrid. A "coartada" do aforro "Rexeitamos o argumento falso do 'aforro' como coartada", espetou o portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, á saída da Xunta de Portavoces esta terza feira. E é que as alternativas presentadas polo BNG e PSdeG recollen unha redución orzamentaria próxima aos 1,2 millóns de euros previstos pol@s populares, mais sen tocar a representatividade. Nas présas e na teimosía do partido que apoia o goberno, socialistas e nacionalistas ven un interese electoral e negan a maior no discurso dun aforro que podería obterse reducindo a duración da campaña electoral, suprimindo o mailing ou mesmo aplicando unha redución nos salarios d@s parlamentares que poderían negociar. O propio presidente da Xunta de Galiza afirmaba hai uns meses que a medida non procuraba un grande aforro --que cifrou en pouco máis dun millón de euros en catro anos-- mais que en troca pretende aplicar no poder executivo os "esforzos" económicos que se lle están a exixir á cidadanía. Paula Prado completaba a resposta asegurando que @s cidadás querían Parlamentos "con menos políticos". O PP desoe as alternativas da oposición No entanto, as demandas populares o que instan é a unha maior representatividade nas institucións, novas canles de participación cidadá e unha democracia "directa" na liña da proposta presentada polo grupo parlamentar do BNG. @s nacionalistas rexistraron na Cámara unha reforma electoral que visa "dotar de maior proporcionalidade a un sistema no que se aprecian evidentes distorsións", sinalan. Así, e co obxecto de se aproximaren "ao resultado de que Galiza for unha circunscrición única" propoñen "eliminar os limiares mínimos para acceder á repartición de escanos" e a aplicación dunha fórmula directa para a conversión dos votos en escanos. O Partido Popular coida que esta idea, e as achegadas polo PSdeG a prol dunha "rexeneración democrática" --redución a barreira electoral ao 3% e re-pensar as circunscricións provinciais cara á outras máis pequenas-- son excesivamente "heteroxéneas", polo que declinaron encetar unha comisión de estudo na que analisar e debater unha reforma electoral de consenso. Segundo Pedro Puy, esta medida supón unha "manobra de distracción" da "esquerda" que, di, "quere gañar tempo", polo que adiantou que o seu grupo dará luz verde ao recorte do poder lexislativo nunha semana. |
PRAZA_10883 | Rufián ve "curioso" que Iglesias se presente como "humillado" polo PSOE mentres ERC accede a evitar a repetición electoral malia estar Junqueras na cadea. Aitor Esteban subliña que os nacionalistas vascos fan "todo o posible" para que a investidura saia adiante | ERC e PNV elevan a presión sobre Unidas Podemos para que permita a investidura de Pedro Sánchez e impida a convocatoria automática dunhas novas eleccións xerais o 10 de novembro por falta de acordo. Ambas as formacións advirten de que non serán un problema para que o socialista siga na Moncloa a condición de que haxa un acordo cos de Pablo Iglesias, cuxos votos afirmativos son imprescindibles para que saia adiante.Aitor Esteban: "O PNV está a facer todo o posible para que haxa unha investidura e un Goberno; non vai ser un obstáculo"Entre os ecos do documento programático presentado por Pedro Sánchez nun acto público o pasado martes, o mesmo que PSOE e UP terán sobre a mesa o xoves, os socialistas citáronse este mércores coas formacións soberanistas catalá e vasca. "Por ERC non será", expresou Gabriel Rufián tras reunirse coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e o secretario de Organización, José Luis Ábalos. Aínda que o voceiro de ERC evitou dar por sentado que repetirá a abstención de hai dous meses, sinalou esa posición ao asegurar que o seu grupo non será o que provoque unhas novas eleccións nas que ve posible que a suma de PP, Ciudadanos e Vox mellore os seus resultados. "Por ERC non será" é a mesma expresión que utilizou en xullo, cando o seu grupo deu en absterse, aínda que recoñeceu que o mes de setembro "complica a vida" pola celebración da Diada e pola inminencia da sentenza do procés.O PNV pronunciouse en termos similares antes da súa xuntanza co PSOE. "O PNV está a facer todo o posible para que haxa unha investidura e un Goberno. Non vai ser o PNV un obstáculo para que haxa goberno", afirmou o portavoz parlamentario, Aitor Esteban, tras a reunión da Xunta de Portavoces na que se aprobou o calendario de plenos do Congreso para os próximos mesesCríticas de Esquerra a PodemosRufián foi especialmente crítico con Pablo Iglesias por pór como condición indispensable que Unidas Podemos forme parte do Consello de Ministros para chegar a un entendemento co PSOE. A "pregunta" para Rufián é "por que" Podemos non "aposta" polo "diálogo", a "política" e a "palabra" mentres Esquerra si que o fai.Gabriel Rufián: "Iglesias fala de que o humillan. É curioso. Formamos parte dun partido que ten o seu presidente no cárcere (...) e a Iglesias humíllano porque non ten un ministerio""Iglesias fala de que o humillan. É curioso. Formamos parte dun partido que ten ao seu presidente no cárcere, á súa secretaria xeral no exilio... A Iglesias humíllano porque non ten un ministerio", afeou: "Que vaian a Lledoners e llo digan a Junqueras", expresou tras lembrar que o líder de ERC apostou polo diálogo estando xa en prisión polo procés.Tamén lembrou que Unidas Podemos dixo hai uns meses que lograra un acordo co PSOE para os "Orzamentos Xerais do Estado máis sociais da historia". "Conseguírono desde fóra, por que é necesario que entren no Goberno? Por que o custo de entraren no Goberno é xogarmos á ruleta rusa?", preguntouse o deputado catalán, que lembrou que o seu partido chegou a entendementos con forzas políticas afastadas ideoloxicamente. Así, sostivo que as "diferenzas" de Sánchez e Iglesias "son moito maiores" que as da cidadanía que votou ao PSOE ou a Unidas Podemos e falou mesmo de "fobias persoais".O PNV utilizou un ton máis conciliador e non quixo valorar as posicións duns e outros. O que si salientou Esteban é que o seu partido non ten obxeccións a unha coalición, é dicir, a que Unidas Podemos forme parte do Executivo. Os socialistas aduciron tras as eleccións que esa fórmula levantaba suspicacias nalgúns dos aliados necesarios e sinalaron aos nacionalistas vascos: "Ao PNV dálle igual que sexa un goberno de coalición ou un acordo programático entre eles", subliña. |
PRAZA_2683 | Os rexedores das candidaturas de confluencia do 24M reivindican a forza das mareas e o seu traballo municipal "en rede" para continuar a "revolución cidadá" nas eleccións xerais: "Por nós non vai quedar para que o cambio se consolide" | Aprobaron os gobernos e candidaturas municipalistas triunfadoras o pasado 24M se o que querían era fortalecer a súa colaboración e amosar un propósito común e o apoio cidadán. Logo de que Pablo Iglesias e a Marea Atlántica ateigaran o Palexco da Coruña nun acto de campaña aos comicios locais, o recinto volveu encherse este sábado -aínda que non con tantas ringleiras como daquela- no acto das Cidades polo Ben Común que xuntou varios dos autodenominados "alcaldes e alcaldesas rebeldes". Con máis aire institucional, pero con semellante entusiasmo, e cun chamado a que "o cambio salte ao Estado" a que as experiencias municipalistas se espallen por todas as administracións. "Non imos pedir perdón por ter gañado as eleccións, nin imos perder o sorriso nin o rock and roll", reivindicou Martiño Noriega, alcalde de Santiago, que presentou o acto lembrando a Neira Vilas e Chao Rego e reivindicando "tecer rede e crear irmandade, como facían as Irmandades da Fala" e apostando por "máis marea". "Por nós non vai quedar para que o cambio se consolide no Estado e sexamos capaces de abrir unha fiestra para poder mudalo todo... Máis marea para mollar os pés dos tristes e deixar a praia limpa para as futuras xeracións", dixo. "É o momento", reivindicaron os alcaldes, que piden que as experiencias municipais "salten ao Estado" para un "cambio imparable" "Estamos aquí porque queremos tecer alianzas para un cambio imparable", continuou Joan Ribó, rexedor de Valencia, que aludiu ao 15M, ás prazas e ao municipalismo "triunfante" do 24M. "Isto só acaba de empezar", continuou quen fixo un repaso polas novas políticas instauradas na súa cidade e reivindicando a pluralidade lingüística e cultural, a vivenda, a sanidade pública ou a loita contra a corrupción. "Chegou o momento, é o momento de dar o salto para que as nosas experiencias municipalistas salten ao Estado", insistiu. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, reivindicou o labor da Marea Atlántica porque fai "o que ten que facer" malia todos os atrancos e agradeceu a colaboración de Compostela e Ferrol. "Hai maneiras de facer país sen caer en localismos", continuou antes de pedir o apoio á coalición En Marea de cara ás eleccións xerais para conseguir aliados no Estado e continuar "coa marea imparable". "Xogámonos a vida o 20D", engadiu mentres o público berraba Hai Marea! e aplaudía os candidatos da candidatura de confluencia. "O PP vaino perder todo, o Goberno central en decembro e a Xunta o ano que vén", asegurou. "Galicia quere cambio, díxoo nas municipais e vaino dicir o 20D", insistiu. Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, deu a benvida á "revolución cidadá" e apelou pola "unidade popular" que "pode vencer este réxime que é unha ditadura". Ademais, lembrou que a maioría de servizos básicos da súa cidade "están entregados a Florentino Pérez, o alcalde de facto de Ferrol". "Esa é a nosa loita para a remunicipalización", dixo. "Venceremos nós porque temos a dignidade da xente do común, da mobilización obreira, do activismo e da credibilidade de quen sempre estivo na rúa", continuou, porque "a xanela do cambio está aberta". "Sumémonos a esta Marea, á que debe representarnos a todos", pediu. Jorge Suárez apela á "revolución cidadá " e á "unidade popular" para "vencer este réxime" A alcadesa de Barcelona, Ada Colau, fixo referencia á "dificultade" de gobernar ante os "poderes fácticos" e asumiu erros pero reclamou "cambiar as institucións" e mellorar en aspectos como a conciliación. "Estamos facendo historia, a historia das persoas normais tomando decisións polo ben común", incidiu quen apostou por "feminizar" a política coa presenza de máis mulleres e pediu solución á violencia machista. "A revolución democrática empezou nas cidades, como na República nos anos 30", concluíu e asegurou que o 20D "xogámonos moitísimo para defender todos estes proxectos municipalistas" e a "plurinacionalidade do Estado". "Esta marea fraterna ten que gañar as eleccións", engadiu. Na súa intervención, Rita Maestre, concelleira de Ahora Madrid na capital do Estado, apelou ao "sentido común" das candidaturas cidadás. "Empezamos por non roubar, algo básico", aclarou quen apostou por "traballar para a maioría da xente e non para os amigos minoritarios". "Non se enteraron aínda de que isto xa acabou, desde o 15M hai unha esixencia maioritaria de cambio na política", engadiu para apostar por que "as cidades van cambiar este país de países". Pola súa banda, o alcalde de Cádiz, José González, Kichi, empregou o galego para lembrar as súas orixes por parte de pai e reivindicou o "dereito a ser feliz" a partir dun "presente sen medo" e a "defensa dos dereitos". "Guerra ás súas guerras, non no noso nome", engadiu quen fixo un alegato contra o belicismo e cargou contra Rajoy e Albert Rivera. "Se tantas ganas ten de ir á guerra, vaia vostede o primeiro". Ademais, Pedro Santisteve, rexedor de Zaragoza, pediu non renunciar á "alegría" e lembrou que "o medio cambiou de bando". Beiras, Yolanda Díaz, Antón Sánchez e Errejón apoiaron coa súa presenza os alcaldes municipalistas O acto dos alcaldes reivindicou a nova política pero tamén virou en apoio ao "cambio" e á candidatura galega En Marea de cara ás xerais. Os deputados de AGE, Yolanda Díaz, Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez; o número un da lista na Coruña, Antón Gómez-Reino; a de Pontevedra, Alexandra Fernández e o número 2 de Podemos, Íñigo Errejón, entre outros, estiveron presentes. Foi o acto final dun encontro municipalista no que os gobernos locais da Coruña, Ferrol, Compostela, Barcelona, Madrid, Badalona, Cádiz, Zaragoza ou Valencia insistiron no "fortalecemento do traballo en común e en rede". Na creación dunha fronte común para o traballo diario e para a "busca de solucións conxuntas a problemáticas similares" e para "enriquecer o traballo con propostas alternativas". Os gobernos locais insisten en facer rede e unha fronte común para a "busca de solucións conxuntas" Representantes municipais levaron a cabo varias mesas de traballo durante a fin de semana sobre temas como transparencia, seguridade e convivencia, emprego, economía social, consumo responsable, comunicación, igualdade e cultura. Deles xurdiron desde a creación de "mecanismos para aproveitar as experiencias" de cada concello, como a organización de "redes de traballo temáticas intercidadás" para novas políticas públicas ou a realización conxunta de estudos de análise. O PP ameaza con denunciar ante a xunta electoral Reivindicáronse os rexedores entre acusacións do PP de Galicia, que advirte que analizará se as candidaturas locais empregaron as institucións para actos partidistas. De ser así, tomarán medidas e denunciarano ante a xunta electoral. Paco Reyes, voceiro do PSOE en Santiago, cualificou de "inaceptable" que o alcalde Noriega organice "na casa de todos" un acto "claramente partidista e mesmo electoralista". PP e PSOE acusan os alcaldes das mareas de organizar actos "claramente partidistas" a través dos concellos Íñigo Errejón, número 2 de Podemos, contestou antes do acto ao secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que foi quen advertiu da investigación dos actos e dunha hipotética utilización de fondos públicos. "Se queren investigar, eu investigaría o que se fai cos cartos públicos nalgunhas deputacións", dixo, en referencia ao caso Baltar, presidente provincial "que ofreceu un traballo a cambio de sexo e denigrou a dignidade de todas as mulleres". "Pensa o ladrón que todos son da súa condición", dixo Noriega en referencia ás acusacións de Rueda "Non dixo Rueda que hoxe tivemos encontros institucionais porque estes alcades representan a oito millóns de cidadáns. Durante todo o día viaxamos en transporte público e foi a Marea quen pagou o aluguer do Palexco. Pensa o ladrón que todos son da súa condición", respondeu tamén Martiño Noriega. Xulio Ferreiro, pola súa banda, lembroulle ao PP que o acto "pagouse cos cartos da plataforma cidadá" e fíxose "grazas ao esforzo da xente dela". "Deixe de disparar ao aire, señor Rueda; somos novatos e non sabemos nin enchufar nin pedirlle á Gürtel que nos pague os mitins", rematou. |
NOS_17745 | Dous diplomáticos rusos expulsados de Italia. | O Goberno de Italia expulsou esta cuarta feira, 31 de marzo, dous diplomáticos rusos despois de que a Policía informara da detención dun capitán da Mariña pasando documentos a un militar ruso a cambio dunha contía económica, que ascendería a 5.000 euros. Os dous militares foron arrestados nun aparcadoiro de Roma e están acusados de "serios crimes relacionados con espionaxe e a seguridade do Estado", segundo fontes policiais consultadas por axencias internacionais. Segundo a italiana Ansa, entre os ficheiros habería documentación da OTAN. Estas mesmas fontes facilitaron tamén o nome do capitán, Walter Biot, aínda que ningún dos dous sospeitosos foi identificado oficialmente polo momento. Si que se sabe xa que o militar ruso é membro do persoal da embaixada de Rusia. O Goberno de Italia convocou de maneira inmediata o embaixador, Sergey Razov, e expulsou dous funcionarios rusos supostamente implicados nun caso cualificado de "extremadamente grave" polo ministro de Exteriores italiano, Luigi Di Maio. "A acusación de espionaxe aos oficiais italiano e ruso proba que debemos continuar traballando de preto con Europa e cos nosos aliados co fin de mellorar constantemente as nosas ferramentas para protexer a seguridade e o benestar da nosa cidadanía", afirmou Di Maio. Moscova quita ferro As axencias de noticias rusas, citando a embaixada en Italia, confirmaron que as dúas persoas expulsadas eran agregados militares, aínda que non se confirmou se un deles era a persoa que se reuniu con Biot. Os comunicados desde Moscova quixeron quitar ferro ao incidente, despois dunha época de estreitas relacións, sinalando que lamentaban as expulsións, mais que non ameazaban as relacións bilaterais entre Rusia e Italia. Neste mesmo sentido xa se manifestara nun comunicado previo o Kremlin, afirmando que descoñecían as circunstancias do caso, mais que agardaban manter unha relación positiva e construtiva con Roma. O incidente únese a unha serie de acusacións de espionaxe contra Rusia por parte de países europeos. Bulgaria expulsou varios diplomáticos en marzo, e Países Baixos fixo o mesmo en decembro. As detencións en Italia foron ordenadas pola Fiscalía tras unha longa investigación conxunta entre Policía e Exército. |
NOS_54752 | Di que a sentenza abre a porta "á impunidade na política urbanística municipal". | A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), que actuou como acusación particular no procedemento penal contra o Alcalde, arquitecta e os concelleiros do goberno municipal de Barreiros de 2006 por presunta prevaricación urbanística, presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza absolutoria ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo. Absolveu o alcalde de prevaricación polas licenzas para construír 3.500 vivendas O secretario xeral de Adega, Froilán Pallín Seco, considera que a sentenza absolutoria adoece de importantes eivas de análise e xera "un precedente nefasto na ordenación do territorio que favorece a arbitrariedade e a inseguridade xurídica". Esta sentenza, de converterse en firme, tería repercusións especialmente graves para o correcto ordenamento territorial do país, segundo Froilán Pallín. En primeiro lugar, dixo, o Xulgado estaría creando un grave precedente ao eximir de responsabilidade penal aqueles funcionarios públicos que se amparen no descoñecemento da norma e nas dúbidas de interpretación legal xeradas pola actuación da Xunta. "O cambio de criterio do goberno da Xunta, ao retirar os contenciosos interpostos contras as licenzas ilegais por motivos exclusivamente partidarios, serviu de escusa ao tribunal para xustificar a actuacións dos acusados". |
PRAZA_523 | Montse Dopico entrevista Ramón Caride, que vén de reunir os seus mellores relatos fantásticos en Flash-Black 13 (Urco) | A violencia. As relacións de poder. A opresión. O racismo. A desigualdade crecente. A regresión en dereitos e liberdades. Todo isto conforma o desacougante fondo da obra de Ramón Caride. Fantasía e ciencia-ficción. Xénero negro. O autor vén de reunir os seus mellores relatos fantásticos en Flash-Black 13 (Urco), como antes fixera cos de serie negra en Sarou/Louzós (Xerais). Falamos da súa obra. Flash-Black 13 xunta parte dos teus relatos fantásticos. Cal foi o criterio para escollelos? Primeiro, por eliminación. Nin os demasiado realistas, nin aqueles dos que non estaba satisfeito, nin os que tiñan elementos fantásticos e de xénero negro e que xa estaban en Sarou/Louzós. Dos que quedaban, escollín 13. Ía publicar o libro no 2013, pero ao final non deu tempo. Ademais, ía tamén polo meu volume de relatos número 13. O Reinado dos Ceos é o último que escribín, a partir dun artigo dun xornal portugués. Foto-Shock non é un relato fantástico estritamente, pero encaixaba ben. Ademais, é difícil saber onde está o límite do fantástico. Así, xuntei relatos de varios libros, agás do primeiro que publiquei, Os ollos da noite, porque agora paréceme que non está ben feito. Entón, partín do segundo, Crónica de sucesos. O título ía ser Flash-Back, pero como tamén teñen algo de xénero negro os relatos, puxemos Flash-Black. "Vivimos nunha dimensión de rutina, de monotonía. Pero iso sucede só no plano de aparencia. Cada persoa ten a súa percepción do mundo, e a fantasía é un modo de velo" Dis neste libro que o fantástico non é paralelo ao cotián, que non está por enriba nin por debaixo, senón conectado, tanxente. Por que? Vivimos nunha dimensión de rutina, de monotonía. Pero iso sucede só no plano de aparencia. Cada persoa ten a súa percepción do mundo, e a fantasía é un modo de velo. Quero dicir, que de maiores perdemos o sentido da marabilla que teñen os nenos. Non nos decatamos de que todo é abraiante. Pois aos que conservamos esa certa inxenuidade da mirada, iso non nos pasa. E iso é a literatura fantástica: ver o que hai detrás. Porque o que nos contan da realidade é unha ficción, un invento. Que á prima de risco? Ou a Troika? Iso é literatura, ficción, personificacións do que goberna a nosa vida. Pois a xente acepta eses mitos como se fosen realidades. E despois chócalle que alguén fale de mundos paralelos. Nun mundo no que, por exemplo, o diñeiro non é real, pois a economía é un número nun programa informático. "Estes días pensei en Charlie Hebdo. Eu creo que a liberdade de expresión non debe ter límites, por moito que alguén se sinta insultado. Porque é a maneira de que a verdade se vaia abrindo camiño" Un dos relatos, Os perigos da nostalxia, foi censurado porque fala dun home que pon unha bomba. Como foi iso? Fíxome reflexionar moito o feito de que me censuraran. Eu non imaxinaba que podía haber aínda esa censura explícita. E estes días pensei en Charlie Hebdo. Eu creo que a liberdade de expresión non debe ter límites, por moito que alguén se sinta insultado. Porque é a maneira de que a verdade se vaia abrindo camiño. Se os americanos, que son moito do politicamente correcto, non reproducen as imaxes para non ofender, están a darlles a razón aos que mataron por iso. O meu relato foi censurado nunha revista de banda deseñada de titularidade pública, cando era conselleiro de Cultura Pérez Varela. E xa houbera máis problemas, como un debuxo que non querían publicar porque a unha muller víanselle os peitos. Eu penso que é o lector quen ten que decidir. Non temos que autocensurarnos nin que aceptar a censura. Eu entendo que un xornalista, por exemplo, pode ter que autocensurarse para conservar o traballo. Pero eu non vivo disto. "Dicían que non se podía facer novela negra ou ciencia-ficción cando estaba sen escribir a gran novela galega da represión ou da emigración. A miña concepción da literatura non é esa" En Interiores hai un escritor que di que fai literatura "pseudo", "sub", evasiva, embrutecedora… Parece un recordo de cando parte da crítica dicía esas cousas dos que comezabades a facer xénero negro en galego. Si. É o que dicían críticos como González Gómez ou Dolores Vilavedra cando comezamos a facer literatura de xénero a primeiros dos 90. Dicían que non se podía facer novela negra ou ciencia-ficción cando estaba sen escribir a gran novela galega da represión ou da emigración. A miña concepción da literatura non é esa. Podían ter razón en que faltaba a gran novela da represión ou da emigración, pero é que tiña que facela alguén que vitalmente o sentise. Non pode ser unha obriga, un deber por ser escritor galego. Ademais, ese relato é unha homenaxe aos autores de literatura de kiosko: Marcial Lafuente Estefanía, Francisco González Ledesma ou Víctor Mora. Estes autores tiñan que escribir unha novela á semana, e utilizaban sempre unha mesma estrutura, como nunha cadea de produción industrial. Pero eran novelas ben feitas, que lían centos de persoas que non tiñan o hábito da lectura. Eu defendo a literatura popular, o cinema, a banda deseñada, letras de cancións… como literatura do mesmo nivel que novelas recoñecidas polo canon. Un dos problemas da literatura galega é que ten grandes obras pero non unha literatura popular coñecida e asumida polos lectores. Hai tempo que se tenta facer literatura para todos os públicos e non só grandes obras. Mais tamén hai, na actualidade, un debate sobre a "normalización". Hai que facer certos tipos de literatura para cubrir ocos? Cada escritor ten que facer a literatura que quere e que lle sae. En calquera sitio, ten que haber literatura que funcione a varios niveis, e aquí temos, como dicía, grandes obras, pero non unha literatura de nivel de consumo con referentes propios. Da mesma maneira que precisamos un audiovisual máis potente con referentes galegos. O poder político bloquea esta forma de expresión, é verdade. O diñeiro público é movido por persoas cunha determinada orientación ideolóxica. O modelo da televisión é o Luar. Programas para xente maior, do rural… Unha serie como Matalobos non quixeron mantela porque falaba do narcotráfico e daba "mala imaxe". A televisión debera ter programas que transmitan a idea de que o galego é unha lingua para todas as idades. Mais se a programación que hai á xente nova non lle di nada. "O diñeiro público é movido por persoas cunha determinada orientación ideolóxica. O modelo da televisión é o Luar. Programas para xente maior, do rural…" Comentas que é máis fácil reeditar cousas de xénero negro que de literatura fantástica. Tamén porque o policial está un pouco como de moda, supoño. Mais é curioso o que dis, tendo en conta desde a tradición de relato fantástico ata Cunqueiro ou toda a literatura que agochou a crítica ao franquismo baixo o fantástico. Daquela, ser "realista" era unha rareza. Xusto hoxe estou coa xente de Urco, que se gaña a vida editando literatura fantástica en galego. Para a xente nova, o fantástico é referente. Mira o cinema, que ben funciona nel a fantasía e a ciencia-ficción. Na literatura galega hai unha infravaloración do que non sexa realista. Se un libro fai socioloxía, ou fala da diglosia, ou da represión do 36… xa se valora máis, independentemente do seu valor literario. Fernando Cimadevila ten unha triloxía, a de Basilius Hoffman, que está funcionando moi ben coa xente nova. Pero como non é literatura realista non se lle dá moita importancia. Este tipo de libros están a atraer lectores para o galego, mais a crítica non se de decatou do que está a pasar. "Na literatura galega hai unha infravaloración do que non sexa realista. Se un libro fai socioloxía, ou fala da diglosia, ou da represión do 36… xa se valora máis, independentemente do seu valor literario" As formas gastadas dos soños e Informe final trata un tema moi presente nos teus relatos, como en Observador de Exogamia 3.0: o racismo, a sociedade xa non de clases, senón de castas. Unha volta como aos estamentos medievais. Por que? Andan estes días polo Youtube uns vídeos gravados en Nova York. Deixan un neno negro só, aterecido de frío, e ninguén fan nada. Deixan nun branco ben vestido e moita xente para a ver que lle pasou. Todos temos prexuízos. Temos que ser conscientes diso e loitar contra eles. 'As formas gastadas dos soños' escribino cando fun vivir a Madrid. Eu viña de Ourense, e atoparme no metro con toda a variedade do ser humano, todos os mundos humanos que hai, chamábame a atención. Tamén falas moito de control e manipulación, como en Lumefrío, de medo como maneira de control… É un tema clásico do xénero mais se cadra tamén ten que ver coas regresións no aspecto das liberdades: a represión dos movementos sociais… O Gran Irmán está aquí? É que os clásicos, como dis, marcáronme moito. 1984 e Rebelión na granxa de Orwell e Un mundo feliz de Huxley. Foron uns auténticos visionarios. O que eles escribiron, décadas despois fíxose realidade. A evolución da técnica fixo á xente máis controlable. Cando lin eses libros vin reflectida a realidade, e 30 anos despois aínda é máis real. É o Gran Irmán, que moita xente pensa que vén dun programa de televisión. Deixamos que nos manipulen. Onde vivo, en Cambados, non fixeron obras en tres anos, e agora en tres meses antes das eleccións están a arranxalo todo para que se vexa. É o mesmo que pasa co fútbol. Semanas antes dun partido sacan "noticias" falando co entrenador, que sempre di que van gañar. Iso non é noticia, pero serve para que non se fale doutras cousas. Isto é como Matrix. "Hai moitos anos que lin Un mundo feliz. E impactoume tanto que quedou en min. É unha novela de crítica social. E se non vemos hoxe a loita de clases… Din que o marxismo está superado. Pero só o está para os banqueiros, claro" Ou como o teu conto Virtualidaderealidade. A túa novela Soños eléctricos tamén ten moito diso. Ten que ver coa influencia de Orwell e Huxley ou tamén coa evidencia da desigualdade social crecente? Ao lelo, soa moi actual. É verdade que ten moito que ver co que está pasando. Como a degradación ambiental. A produtividade na ría de Arousa está en situación de precatástrofe por este motivo. Cando chegue a catástrofe, decatarémonos do importante que era coidala. Pasaron máis de 20 anos desde Soños eléctricos, e o tema segue así. O mesmo coa estratificación social, as castas. Un bo exemplo é a Universidade. Un fillo de labregos, coma min, vai ter cada vez máis difícil estudar. Hai, niso, unha volta atrás, unha regresión ao franquismo. Hai moitos anos que lin Un mundo feliz. E impactoume tanto que quedou en min. Non é que o copiase, é que quedou na miña cabeza e influíume. É unha novela de crítica social. E se non vemos hoxe a loita de clases… Din que o marxismo está superado. Pero só o está para os banqueiros, claro. Hai pouco Xerais reeditou O sangue dos camiños. Unha novela na que a fuxida da realidade era central. Que querías contar, cando a escribiches? Hai varias cousas nesa novela. A idea da viaxe, a dicotomía entre realidade e o imaxinario… Ou unha crítica ao tipo de escritor que vive pechado, que non está no mundo. Por iso a variedade de rexistros. O papel das mulleres tamén é moi importante. Ou a historia de intriga. Tamén o que dis ti: a fuxida da realidade. Eu creo que é algo que vai pasar. Vai haber unha maneira de vivir virtualmente a vida de xente famosa. Pagas unha millonada, reservada a uns poucos privilexiados, por meterte na pel de Belén Esteban, por vivir as súas experiencias… "Unha idea recorrente nos meus libros é a que historia fana as mulleres. Elas manteñen a cohesión da comunidade. Por iso nas guerras atacan as mulleres para destruír a comunidade do inimigo" Sarou/Louzós, Soños eléctricos e O sangue dos camiños forman unha triloxía. Por que? É certo que nos teus libros se repiten nomes de personaxes, de lugares… Non foi algo planificado. Decateime ao acabar de que tiñan moitos puntos en común, un desde o xénero negro, outro desde a ciencia-ficción e outro desde as dúas. O sangue dos camiños repite o esquema de Sarou: dúas mulleres que conflúen e personaxes masculinos que parece que tiñan importancia pero que non a teñen. Unha idea recorrente nos meus libros é a que historia fana as mulleres. Elas manteñen a cohesión da comunidade. Por iso nas guerras atacan as mulleres para destruír a comunidade do inimigo. Sarou/Louzós reflicte moito, como di o propio libro, a violencia "vertical" e "horizontal". Quen ten o poder xa ten a violencia do Estado e da lei ao seu favor. Iso vén dun gravado de Castelao: os caciques mallan nas vacas e así nos vai a todos. Se nos tiran un plátano e pelexamos por el, non lles damos problemas aos que tiran. Iso é. "Para min o conto popular foi básico. A literatura oral. Os contos que me contaba a avoa. E eses contos marabillosos falan diso: de relacións de poder, de dominio, de medo, de como sobrevivir" En realidade, toda a túa obra fala de relacións de poder. De opresión. Tamén O frío azul. Ao final, vas ser un autor realista, desde o fantástico. Aínda que isto sexa un tópico. E non deixe de caer en buscar o valor da fantasía no real. Para min o conto popular foi básico. A literatura oral. Os contos que me contaba a avoa. E eses contos marabillosos falan diso: de relacións de poder, de dominio, de medo, de como sobrevivir. En realidade, toda a literatura é social, fala de nós. E queiras ou non a nenez acaba volvéndoche á cabeza. O frío azul ten que ver con iso. Coa impresión que me producían lugares como Oseira. Unha edificación de pedra desa magnitude, no medio dunha aldea, para Deus, que non sei para que a quere se xa é Deus… E tes todo claro desde Os ollos da noite. Na temática, digo. O racismo a desigualdade xa están alí. Mais, como che dicía, hoxe penso que Os ollos da noite non está ben escrito. O libro no que comezo a recoñecerme como autor é Crónica de sucesos, o segundo que publiquei. Endogamia 0.2 e Exogamia 0.3. tocan o tema das castas -a matanza de inmigrantes por diversión, por exemplo-, a ecoloxía e a interacción entre ambas. Como xorde este proxecto? Duns obradoiros literarios nos que traballamos con noticias dos xornais. Fixemos literatura científica a partir das noticias. Porque tamén se pode escribir sobre a actualidade, sobre o que publican os medios de comunicación. Non fai falta ir á historia. Algo máis que queiras contar sobre Flash-Black 13? É como un repertorio do fantástico. Recolle moitas liñas: ciencia-ficción, distopía que fai crítica social, terror… Falta o conto tradicional de medo. Son relatos eu creo que tecnicamente bos, de distintos estilos. Un libro variado, que fala da realidade de distintas maneiras. |
NOS_8984 | Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón,"conculcar o dereito á educación, que é fundamental, e tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos". | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Para a Plataforma a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón, "non só conculcar o dereito á educación, que é fundamental, senón tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos". A medida supón eliminar a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado, incrementar os prezos nunha media de máis do 40% nos comedores xestionados directamente pola Consellaría de Educación. "Trátase dunha medida que se suma aos continuos recortes que a Consellaría está a aplicar no ensino público mentres destina máis de 240 millóns de euros cada ano ao ensino privado concertado, incluídos os centros que segregan alumnado por razón de xénero". |
NOS_45755 | Marta Domínguez (Vigo, 2001) vén de lograr a cuarta praza no Campionato de Europa de squash, un deporte no que debutou como profesional hai apenas un ano e no que xa accedeu a seis finais, dúas delas gañadas. A viguesa non ten teito e está chamada a facer historia neste deporte, no que xa é a número 69 do mundo. | —Con só 21 anos vén de ficar ás portas da medalla cun meritorio cuarto posto no Campionato de Europa de Squash. Está satisfeita co resultado?Quedei moi contenta porque non agardaba en absoluto este resultado, xa que non ía como cabeza de serie e tiven que enfrontarme a xogadoras mellor situadas ca min no ranking [daquela figuraba no posto 72 do mundo, hoxe 69]. No primeiro tocoume coa número 44 [Cindy Merlo]; en cuartos, coa número 42 [Enora Villard], e en semifinais coa número 12 [Nele Gilis]. Cheguei ao campionato pensando que as favoritas eran elas, así que poder chegar ás semis foi un resultado soñado. —Leva só dúas tempadas no circuíto mundial PSA e o seu balance semella inmellorábel: 25 vitorias en 33 partidos.Hai xusto un ano empecei no circuíto mundial e penso que mellor non me podía ir. Grazas a iso puiden xogar o Mundial e o Europeo por equipos, e este ano tamén no individual [de Europa]. —E neste tempo alcanzou tamén seis finais, chegando a gañar dúas.Si, sen dúbida foi un primeiro ano boísimo e espero seguir mellorando co paso do tempo, porque neste deporte a experiencia nótase moito. Os torneos clasifícanse en función dos premios que dan: os 3K dan 3.000 dólares, os 5K dan 5.000... E eu estou contenta porque nos 5K logrei chegar ás finais e nos 10K conseguín alcanzar os cuartos. —Onde poderemos vela competir proximamente?O 10 de setembro vou xogar no Canadá nun torneo ao que chego como unha das cabezas de serie e que será o maior dos que participei até o momento, un 20K. Tamén será a vez que me desprace máis lonxe e iso tamén me ilusiona. Cada campionato é sempre unha nova experiencia. —A fin de contas iso tamén é importante, o feito de sumar experiencias, coñecer outras deportistas...Sen dúbida. O que máis levo destes torneos é a oportunidade de xogar coas mellores do mundo e ver que non están tan lonxe de min o que nos distingue. É algo moi positivo e permite aprender moito e ver en que podo mellorar. Coñecer novas culturas e novas persoas é co que quedo de todas estas experiencias. —Cales son os seus obxectivos de aquí ao remate do ano?Vou participar aínda noutros catro torneos do circuíto mundial e logo virá a Copa de España, na que este ano espero poder conseguir o título, e tamén, xa en decembro, o Mundial por equipos no Cairo (Exipto). E coa selección galega temos a finais de setembro o Campionato de España de seleccións, veremos como vai a tempada. —O squash estivo a piques de ser olímpico en París 2024, mais finalmente ficou fóra. Veremos algún día a Marta Domínguez competir nuns Xogos?É o soño de calquera deportista, poder competir e convivir cos mellores do mundo en cada disciplina. Oxalá fose deporte olímpico nos Ánxeles 2028, eu aínda teño 21 anos, así que aínda podería chegar para participar nesta ou en futuras ocasións... Sería un auténtico soño. Ademais, ser olímpico é unha enorme axuda para calquera deporte, xa que as federacións e o Estado reciben moitos máis cartos e as axudas para as deportistas son tamén maiores. Desde logo, sería unha gran noticia para o squash. Un deporte que segue a medrar O squash segue a ser un deporte minoritario na Galiza, mais grazas a profesionais como Marta Domínguez, hoxe no 'top 100' do mundo nun ranking encabezado por tres xogadoras exipcias, vai medrando en visibilidade. Porén, a sombra do fútbol segue aí. "Por desgraza aquí todo é fútbol, nos informativos, nos cartos que se reparten... E ao final todos somos profesionais, os adestramentos son os mesmos e temos as mesmas rutinas. As xogadoras de squash coidámonos como as que máis, como moitas outras, e é triste que aquí, con tantas e tantos deportistas na elite e gañando campionatos mundiais, non haxa case recoñecemento dos méritos", lamenta. Si se está a avanzar, matiza, mais a paso lento: "Oxalá gañemos visibilidade, porque nos deportes minoritarios é moito máis custoso. Falta moito traballo por diante". |
NOS_58329 | A comparecencia parlamentaria do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, para dar explicacións e conta das medidas adoptadas despois de que unha actriz denunciara por acoso o director do programa Con amor e compañía resolveuse cun anuncio: a adopción dun protocolo contra o acoso nos medios públicos. | Alfonso Sánchez Izquierdo, máximo responsábel do ente, acudiu ao Parlamento despois de que así o solicitasen os tres partidos da oposición, En Marea, PSdeG e BNG. Asegurou entender "o interese que suscitaba" a cuestión a tratar e botou 20 dos 30 minutos da súa intervención relatando normas e decisións da televisión e a radio públicas para combater a discriminación de xénero, a desigualdade e o machismo. O alto cargo explicou a maiores que, logo da última renovación, a dirección da compañía conta con 47% de mulleres. Estes datos servíronlle de preámbulo ao anuncio de que implantará un protocolo contra o acoso "para todos os traballadores e colaboradores da casa". "A súa necesidade é aprofundar nos dereitos fundamentais", engadiu. O director xeral tamén se detivo nas relacións entre a CRTVG e Ficción Producciones, a empresa detrás de Con amor e compañía. O ente públicou contratou 16 programas de 55 minutos, logo ampliados a outros nove, dun formato "entertainment show" que atinxiron unha cota de pantalla de entre o 5 e o 7%, "por baixo das expectativas da televisión". Emitironse ao longo da primavera e parte do verán de 2017. "Nin na data de contratalos, nin no remate da emisión, a CRTVG tivo constancia de ningún caso de acoso", afirmou, marcou distancias con Ficción Producciones por se tratar dunha compañía externa, e remitiu ao comunicado emitido nos días en que se fixo pública a denuncia da intérprete. Iria Pinheiro, a demandante, rexeitou o acoso do director do programa, José Luis Viñas Orta, durante os meses en que traballou nela -a primeira tempada-, falou da situación con compañeiras e compañeiros de rodaxe, comunicoullo á produtora e á Asociación de Actores e Actrices de Galicia e, finalmente, tomou a decisión de denuncialo no Xulgado nº3 de Santiago de Compostela. "Valentía para rachar o silencio" Todos os partidos con representación no Hórreo amosaron o seu apoio á actriz Iria Pinheiro. Olalla Rodil, do BNG, salientou "a valentía da decisión de denunciar e rachar o silencio sobre este tipo de violencia machista". Tamén a socialista Noela Blanco se expresou neses termos e desexou que "a visibilización do caso traia medidas para rematar con estas situacións". E Ánxeles Cuña, de En Marea, lembrou que Pinheiro "non está soa" e repasou as numerosas mostras de solidariedade, a práctica totalidade das asociacións corporativas do audiovisual. Para Raquel Arias, parlamentaria do PP, "ningunha agresión machista debe quedar sen resposta". Dixo que ela e o seu grupo se solidarizaban con Pinheiro pero remarcou "o respecto á presunción de inocencia dun asunto que está nos xulgados". Sobre un dos puntos cruciais do debate, cal é a responsabilidade da CRTVG sobre as empresas que contrata, refrendou a posición de Alfonso Sánchez Izquierdo de tomar distancia. "A corporación non pode considerar o acontecido como algo alleo porque non sucedera na CRTVG", indicou a nacionalista Olalla Rodil, "porque ademais, o groso da programación da televisión pública fano produtoras externas". Na quenda de peche, o director xeral revelou que se trata do "primeiro caso de acoso" do que tiveron coñecemento e admitiu que "esa circunstancia talvez axude a entender porque non estivemos abondo atentos". |
NOS_7733 | Jorge Mira é físico, investigador e divulgador científico. Actualmente é catedrático da área de Electromagnetismo do departamento de Física aplicada da USC. | Jorge Mira considera que nesta lexislatura Galiza perdeu peso respecto das outras zonas do Estado, que si contaron con representación propia nas cortes; "algunhas con representación nova, e que foron decisivas", en alusión á formación valencianista "e outras como as forzas canarias incluso marcaron o desempate nalgúns casos", afirma en referencia á moción de censura. "Mais Galiza quedou borrada", considera Mira, "como se puido ver nos orzamentos, onde saímos perdendo". Galiza xógase reproducir o mesmo que pasou, ou non O futuro que o país disputa nestes comicios resúmeo Mira de maneira concisa e clara: "Galiza xógase reproducir o mesmo que pasou, ou non" e engade que "estamos apartados do taboleiro de xogo, sendo cada vez máis patente a asimetría no tratamento ás comunidades autónomas" En canto a relevancia que se dá á ciencia na política, o profesor Mira considera que se produciu un retroceso moi grande desde a crise. "Agora por fin parece que se vai recuperando algo, e o ministro Pedro Duque non me desagrada", pois argumenta que "está a colocar a ciencia na política". Aínda así, apela a non confiarse, porque a ciencia precisa moito máis impulso na política. |
PRAZA_15933 | En Galicia os sindicatos da función pública tamén reclamaron a modificación nunha medida (o incremento de 35 a 37,5 horas) decretada pola Lei de Orzamentos de 2012. | O Goberno do País Vasco vén de aprobar o decreto polo que se establece a nova xornada de traballo anual para 2016 para o persoal funcionario desta comunidade, fixando a xornada efectiva en 1.592 horas (22 horas e media menos que en 2015), o que supón volver ás 35 horas semanais. A norma entrará en vigor con efectos desde o 1 de xaneiro e representará para o Executivo autonómico un gasto de 8,7 millóns de euros. Euskadi únese a Castela-A Mancha, que o pasado mes de decembro tamén aprobou -cos votos a favor de PSOE e Podemos e a abstención- a recuperación das 35 horas. O incremento da xornada semanal dos e das funcionarias de 35 horas a 37,5 horas foi incluída nunha disposición da Lei de Orzamentos Xerais do ano 2012, que indicaba explicitamente que se trataba dunha medida de carácter básico. Por este motivo, a maioría das comunidades argumentan que a iniciativa de reverter a decisión ten que vir do propio Goberno central. Porén, Castela-A Mancha e Euskadi defenden que teñen competencias para regular a xornada dos seus funcionarios e funcionarias. Castela-A Mancha e Euskadi defenden que teñen competencias para regular a xornada dos seus funcionarios e funcionarias En outubro CC.OO., UGT e CSIF demandáronlle ao Goberno central que adoptase esta medida, para que así todos os e as traballadoras públicas do Estado puidesen recuperar a xornada laboral vixente ata o 2012. Porén, a resposta do Ministerio de Administracións Públicas foi que para facelo era preciso unha modificación lexislativa e que a inminencia das eleccións xerais o facía imposible. En Galicia tamén os sindicatos incluíron a recuperación da xornada de 35 horas entre as súas reivindicacións nos últimos meses, xunto con outras peticións, coma a recuperación das pagas extraordinarias suprimidas, subas salariais, ou a elevación da taxa de reposición dos postos sen cubrir. |
PRAZA_9878 | O incendio da emblemática catedral parisiense puido ser controlado e "parcialmente apagado" durante a madrugada e foi dado por extinguido a primeiras horas do martes. As principais hipóteses apuntan ás obras de restauración do templo como orixe do lume | Un templo católico do século XII. Pero tamén un emblema da historia e da arte europeas, da historia da humanidade. Escenario de fe pero tamén pano de fondo de procesos revolucionarios e testemuña da coroación de Napoleón. Un enorme incendio arrasou este luns gran parte da estrutura da catedral de Notre-Dáme de París. O lume, orixinado no ático de madeira que sostiña o teito do templo, propagouse rapidamente ata tornar devastador.O incendio puido ser controlado e "parcialmente apagado" durante a madrugadaA torre en forma de agulla que coroaba o templo non resistiu e derrubouse. A súa caída é xa un símbolo da destrución parcial desta xoia do gótico por cuxa integridade absoluta chegou a temerse durante horas. Os bombeiros anunciaron ao redor das 3:30 da madrugada que o incendio puido ser controlado e "parcialmente apagado", pero aínda con focos activos. A estrutura da Catedral, así e todo, aguantou e o incendio foi dado por extinguido contra as 10 da mañá deste martes.O propio Goberno de Francia admitiu durante a noite que non tiña " claro" que Notre-Dame puidese chegar a salvarse do lume sobre o que a Fiscalía de París abriu xa unha investigación por "destrución involuntaria por incendio". Os primeiros interrogados foron operarios que traballaban nas obras de restauración da catedral, unhas agardadísimas obras que se prolongan, en diferentes áreas, dende hai máis dunha década.As principais hipóteses apuntan ás obras de restauración do templo como orixe do lumeA principal zona afectada no incendio de Notre-Dame foi a agulla de 93 metros de altura con 500 toneladas en madeiras nobres e 250 toneladas de chumbo, reconstruída no século XIX. "Todas as obras de arte puxéronse a salvo. O tesouro da Catedral está intacto, a coroa de espiñas e os santos sacramentos", conta o xornalista Nicolas Delesalle, que cita a un sacerdote da Catedral. O lume estendeuse tamén á torre norte, unha das dúas estruturas paralelas que dan forma icónica a un dos monumentos máis visitados da capital francesa. Dende que comezou o incendio foron salvadas algunhas das principais obras de arte de Notre-Dame e tamén outras pezas de incalculable valor. "Evitamos o peor", segundo o Goberno francés.A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, reiterou durante a noite a "dor" pola "devastación" en Notre-Dame. "Todos os parisienses e franceses choran este emblema da nosa historia común", sinalou a mandataria, que apelou á "forza para levantarnos" alén de agradecer o intenso labor do corpo de bombeiros. O presidente da República anunciou a posta en marcha dunha recadación "alén das fronteiras" do país para reconstruír Notre-DameHidalgo recibiu mostras de solidariedade de alcaldes e alcaldesas de todo o mundo, entre eles o rexedor da capital galega, Martiño Noriega, o alcalde de Lisboa, Fernando Medina, ou as alcaldesas de Madrid e Barcelona, Manuela Carmena e Ada Colau, entre outras moitas.O presidente da República Francesa, Emmanuel Macron, visitou a zona afectada polo lume durante a noite. A pé dos traballos de extinción asegurou que porá en marcha unha recadación que chegue "alén das fronteiras" de Francia para os traballos de reconstrución. O templo é propiedade estatal. |
NOS_22912 | Pasada unha semana desde o inicio do curso en Infantil e Primaria, e en vésperas de que comece o de Secundaria, Bacharelato e FP, o coronavirus comeza a ter impacto xa nas aulas dunha vintena de centros de ensino galegos, cun único abrollo coñecido e múltiples casos puntuais entre o alumnado e o persoal que, polo momento, xa causaron o fechamento dun colexio e obrigaron a impoñer illamentos noutros 22. Familias e profesorado seguen demandando que as medidas de protección, como o distanciamento e a redución de ratios, se apliquen por igual en todas as etapas educativas. | Unha semana despois de que as crianzas iniciasen a volta ás aulas de Infantil e Primaria, son xa máis dunha vintena os centros do país con casos positivos de coronavirus. Se a pasada cuarta feira, a Xunta facía balance da incidencia da enfermidade na actividade educativa e daba conta de 11 aulas e un centro de ensino fechados por mor da Covid-19 e un total 29 persoas contaxiadas, menores en 50% dos casos, nas últimas horas o número de centros con alumnado afectado ou en illamento duplicouse, até, polo menos, os 23, segundo vén informando Europa Press. Así, na Coruña cinco colexios manteñen corentenas após a confirmación de cinco casos de Covid-19 nas súas aulas, con varias liñas educativas en illamento, en concreto o CEIP Rosalía de Castro –neste caso, polo positivo dunha profesora–, o Fernández Latorre e o Ramón de la Sagra, onde dous irmáns deron positivo. En Vigo, unha aula completa do colexio Salesianos está en illamento polo positivo dun dos seus estudantes e tamén se rexistrou un caso na escola infantil Labaca. En Ourense, sete menores están en corentena tras detectarse un caso nun curso de Primaria do Colexio Marista Santa María e tamén se rexistraron outros dous casos no Divina Pastora Franciscanas e Santo Ángel. Ademais, unha coidadora do colexio Mestre Vide resultou afectada pola enfermidade, se ben non foi necesario realizar medidas restritivas entre o alumnado. Unha escola infantil de Compostela, a de Salgueiriños, confirmou un caso, que puxo baixo seguimento 13 menores e seis educadoras que foran contactos estreitos da pequena e, en Pontevedra, o colexio Calasanci0 tivo que fechar a principios de semana, e iniciar a actividade telemática, tras detectarse un foco con oitos casos. Non son os únicos. Os novos positivos están a interferir en escolas infantís e colexios de Boiro –na Galiña Azul de Praia Xardín–, Cambre, Carballo, Cee, a Unitaria de Dodro –que tivo que fechar polo caso rexistrado– ou Lalín, onde o contaxio dunha coidadora que ía na ruta do bus escolar forzou a implantar corentenas entre o alumnado de dous colexios, o Xesús Golmar e o Vicente Arias de la Maza. As escolas infantís de Marín e Negreira, o CEIP Outeiro das Penas en Cesantes, Redondela, o Magaláns e O Cruceiro de Vilalonga, ambos os dous en Sanxenxo, a escola infantil do concello de Vilaboa e o CEIP San Francisco Javier de Vilagarcía, onde 24 menores e unha docente manteñen corentena polo positivo dun alumno de Infantil, son, polo momento, os centros onde tamén o coronavirus está a dificultar a actividade lectiva. Concentracións e folga Desde que, no mes de xullo, a Xunta deu a coñecer as primeiras directrices para adecuar o novo curso escolar ao contexto sanitario que marca o coronavirus, a comunidade escolar no seu conxunto leva advertindo da "falta de seguridade" que os protocolos do Goberno galego levarían ás aulas e reclamando unha diminución do alumnado por aula para reducir tamén o risco de contaxio. Tras dous actos de protesta nese mes e un calendario de mobilizacións para setembro impulsado polos sindicatos CIG, CCOO, STEG e CSIF, a Consellaría de Educación modulaba, o último día de agosto, as súas directrices, para ampliar até 1,5 metros as distancias nas etapas educativas superiores. A medida non afecta, porén, a Infantil e Primaria, onde a asunción do modelo dos "grupos de convivencia estábel" –as chamadas aulas burbulla– elimina as limitacións de distancia interpersoal co argumento de favorecer a socialización das crianzas e de que estes grupos funcionarán de forma estanca, sen interaccións co resto de alumnado, nin dentro nin fóra do centro. A exixencia duns criterios unitarios de seguridade en todos os chanzos da educación, con distancias homoxéneas para todos os cursos, é unha das reclamacións que leva estes sindicatos docentes a manter a convocatoria dunha segunda xornada de folga –a primeira tivo lugar o día 10– para o día 23, malia as concesións, in extremis, da Xunta, de distanciamento e persoal docente. Esta quinta feira, 17 de setembro, o Diario Oficial da Galiza daba a coñecer os servizos mínimos que ese día obrigan o groso do persoal a acudir ao seu posto durante o paro, tal como xa ocorrera na anterior convocatoria e avalara o Tribunal Superior de Xustiza. Máis alá destas protestas, son múltiples os casos de nais e pais que están a reclamar desdobres nas aulas do seu colexio para reducir o número de menores por clase, que está fixado en Primaria en 25. Así, na Coruña, a ANPA de Novo Mesoiro demandou, sen éxito, perante Educación poder separar unha aula empregando un recinto baleiro do centro. Familias do CEIP Praza de Barcelos, en Pontevedra, iniciaron esta semana as protestas contra a decisión da Xunta de fechar, no medio da pandemia, unha das aulas de cuarto de Infantil e agrupar 23 menores na mesma aula e en Melide, o alumnado de terceiro de Primaria do CEIP número 1 non se incorporou á aula en demanda de máis espazo para as crianzas. Instrución sobre instrución Pasada a data oficial do inicio de curso para a Secundaria, Bacharelato e FP, a Consellaría de Educación publicou esta quinta feira, 17 de setembro, a orde pola que se oficializa o adiamento do comezo das clases nestas etapas até os días 23, 24 e 25, unha decisión que o novo conselleiro, Román Rodríguez, vinculaba esta semana aos cambios introducidos polo Goberno estatal, malia que a Xunta ten a competencia en materia educativa e que non foi até o 31 de agosto cando publicou o seu protocolo definitivo para a adaptación da volta ás aulas no contexto da Covid-19, emendado aínda estes días coas últimas instrucións. O profesorado que, segundo anunciou a Xunta a pasada quinta feira, se incorporará en Secundaria para reforzar os cadros e permitir desdobres para reducir a ratio nas aulas –847 docentes– tomará posesión do seu posto o vindeiro día 22, 24 horas antes do inicio das clases nalgunhas etapas, segundo confirmaba o Diario Oficial da Galiza (DOG). A publicación serve tamén para plasmar as medidas adiantadas polo titular de Educación na Xunta após a reunión co comité clínico. Nelas pasa a incluírse a posibilidade de empregar anteparos, barreiras transparentes, para separar o alumnado "que garantan a protección individual" no caso de que non se cumpra a medida de 1,5 metros de distancia interpersoal que o propio protocolo admite agora como a medida que deberá aplicarse con carácter xeral. O uso destas separacións foi moi contestada pola comunidade escolar cando, hai unha semana, distintos centros de ensino comezaron a recibir comunicacións da Inspección Educativa nas que se abría a posibilidade do seu uso para reducir as distancias de seguridade na aula. Como reiteraba a CIG, sindicato maioritario na educación galega, a adopción deste sistema é "a peor das solucións desde todos os puntos de vista", pola "falsa sensación de seguridade" ante unha creba da recomendación das principais organizacións sanitarias, que pautan unha separación mínima de 1,5 metros, e polas dificultades de limpeza e xestión de espazos que suma para os centros. "Menos mamparas e máis profesores" foi unha das consignas que se puido escoitar nas concentracións convocadas hai dous días pola CIG, CCOO, STEG e CSIF e secundadas por amplos sectores da comunidade escolar. Na súa orde, a Consellaría de Educación dá tamén sustento á posibilidade de que o ensino se realice, "excepcionalmente", en réxime de semipresencialidade en Bacharelato, FP e as ensinanzas en réxime especial (Conservatorios e outras formacións artísticas oficiais e escolas de idiomas). É, como no caso das barreiras de separación, outro dos mecanismos que se trasladou aos centros como alternativa para reducir a distancia interpersoal que fixa o protocolo. A Xunta regula agora que deberá facerse de forma rotatoria, "con formación presencial para o alumnado que colla na aula ou no taller e a distancia, ou simultánea, para o resto do alumnado do grupo, debendo o centro estabelecer unha rotación do alumnado do grupo nos dous tipos de formación". Para as organizacións sindicais convocantes das mobilizacións contra a Xunta e por unha educación "presencial e segura", a alternativa da semipresencialidade debe ser, segundo advirten desde CIG-Ensino, o "último recurso e só naqueles centros nos que non haxa espazos para desdobres" e non unha solución arbitraria. |
NOS_11021 | A velocidade coa que o coronavirus se estende na residencia do Incio traslada o medo a un concello virxe á primeira onda da pandemia. Veciñanza do Incio enxalza a profesionalidade do cadro de persoal deste centro e o bon trato ás residentes, mais sinalan que algo debeu fallar neste xeriátrico privado e relixioso. | A situación na residencia privada de maiores do Incio continúa a facer soar as alarmas na Galiza, logo de que o coronavirus se voltase a disparar neste centro, que leva unha semana intervido pola Xunta após detectarse un foco de coronavirus. Os datos comunicados onte polo Sergas evidencian que 74% das persoas usuarias están contaxiadas (87 das 118 residentes) e alcanza os 26 casos no cadro de persoal. No principal núcleo de poboación deste concello "hai medo", recoñecen veciños cos que Nós Diario puido conversar. "Vese pouca xente nos bares e nas rúas, porque até que se detectaron os primeiros contaxios varios residentes saían do centro, familiares ían buscalos para levalos fóra, mesmo xente chegada de Barcelona acudía ao centro a recollelos", afirman. De feito, a Consellaría de Sanidade xa decidiu activar un cribado entre a veciñanza para detectar contaxios alén dos muros da residencia de maiores. A residencia do Incio O centro xeriátrico do Incio tivo cero casos durante a primeira parte da pandemia e a veciñanza apunta para ben o labor do cadro de persoal, de quen enxalza a súa profesionalidade e o bon trato que dan ás usuarias. Mais a pesar da ratio que cumpre a residencia (74 profesionais), non todo o persoal está a xornada completa, sinala outra veciña, que tivo unha familiar durante o ano pasado prestando servizos neste centro "con noites continuadas en que se atopaban unicamente dúas traballadoras para atender a máis de 100 de usuarias". O persoal depende da titular da residencia, a Fundación San Rosendo, que conta cun escuro feito que se remonta ao ano 2008, cando o cura Benigno Moure, presidente e impulsor da entidade (actualmente presidente honorario) foi condenado por enganar unha muller con alzheimer ingresada nunha das súas residencias, até arrebatarlle 573.673 euros. O centro é un suculento negocio para esta entidade relixiosa. O concello do Incio afrontou un terzo dos custos da construción, pavimentando o terreo, instalando o alumeado e urbanizando o espazo, lembra o daquela concelleiro do BNG Cosme Pombo. O nacionalista presentara unha moción durante o tempo en que se construíu a residencia para que, en consecuencia co investimento do concello, un terzo das prazas fosen para veciñanza do Incio que precisase delas. A iniciativa foi rexeitada. Aliás, a Xunta concesionou máis dunha vintena de prazas, lembra Pombo, facendo o negocio máis redondo. Investigar a crise "Foi unha sorpresa grande o que aconteceu nesta residencia", recoñece o alcalde do Incio, Héctor Coruxo (PP), a Nós Diario. "Aquí houbo un bo manexo da Covid-19 e esta residencia tiña sona de funcionar ben, por iso non dabamos crédito cando se coñeceu o contaxio". O rexedor non entende que puido acontecer para que o virus pasase de afectar "cero residentes a case a totalidade", confesa. "Supoño que se acabará investigando o que aconteceu aquí", engade. Carme Aira, veciña do Incio, sanitaria e deputada do BNG no Parlamento galego, carga as tintas sobre "a necesidade de investigar o sucedido nas residencias" e lamenta que non se teña feito xa. En conversa con este medio cualifica de "incomprensíbel" que a Xunta non teña estudado que foi o que fallou nas residencias na primeira vaga da pandemia. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da sexta feira, día 28, nos quiosques ou na nube] |
NOS_22567 | Estaba no coche escoitando na radio unha entrevista a uns rapaces que fan música folk. Pensei nesa etiqueta, nesa marca, folk. Despois a entrevistadora dixo deles que eran o futuro da música tradicional. Vaia, pensei eu, esa etiqueta si que ten que pesar. Que alguén diga de ti que representas o futuro da música tradicional… Uf! Eu sentiría moita responsabilidade. | Quedei pensando en todas esas marcas e etiquetas. Imaxinei o que para min é ser futuro: ser futuro é representar a tradición sen repetirse, innovando. Ser futuro é unha forma de manter tamén o costume, pero doutro modo. Necesariamente hai que ir cos tempos, pero erguendo esa tradición, sen copiar o que está xa rancio. Non debe ser nada fácil de conseguir. Manual de cortejo / Rodrigo Cuevas / Aris e Altafonte / 2019 / Quince pezas / 13 euros Inmediatamente despois (e isto é un recurso literario-fantástico), comezou a soar no meu móbil a voz de Rodrigo Cuevas. Non vos preocupedes, se coma min tamén chegastes tarde a Rodrigo, non pasa nada, nunca é tarde para gozar deste home e da súa música. De primeiras, el defínese como "axitador folclórico". Nunca unha etiqueta lle sentou tan ben a un artista. O seu último disco Manual de Cortejo (2019), feito man a man con Raúl Refree, é un atallo formidábel para chegar á tradición asturiana e galega, pero desde camiños case alucinóxenos. Neste disco atopamos pezas en galego, bable e castelán e abre o primeiro corte a voz do propio Rodrigo entre atmosferas de percusións electrónicas. En Manual de Cortejo hai risco. Moito risco. Pode soar raro, si, sobre todo porque non é habitual atopar este tipo de fusións no panorama musical galego. Aquí non hai pandeiretas extremadamente reverberadas nin harmonías trilladas nin florituras extremas. Aquí hai liberdade absoluta en todos os aspectos. Como todos os artistas que traballan con liberdade, Rodrigo escolle temáticas e historias que deixan ás veces pel de pita. Ocorre no tema "Rambalin", onde se fala da historia de Rambal, un personaxe da sociedade de Xixón, homosexual e transformista, cruelmente asasinado durante a ditadura. Noutros cortes do disco, atopamos voces cantoras do Arquivo de Fontes Orais de Asturias, maxicamente integradas dentro da fusión electrónica, e aparece tamén unha colaboración coas Adufeiras de Salitre en "Rumba de a Estierna". Os singles de presentación do disco, "Muiñeira para a filla da bruxa" e "Xiringüelu" nada entre ritmos actuais e tradicionais, xogan noutro nivel, fan estalar o corpo e a cabeza para amosar a auténtica forza da música tradicional. Porén, eu recunco sempre na fermosa peza "Cesteiros", cunha desas melodías que por delicada e sinxela, pode quedar todo o día na cabeza. Todo regalía. |
PRAZA_18175 | "A Comisión non recibiu ningunha petición oficial da Xunta nin do Goberno español" para que Galicia acollese o laboratorio de bivalvos que perde o Reino Unido, confirmou a UE o pasado agosto HEMEROTECA | O informe da Xunta sobre o Brexit nin menciona que Galicia optase a acoller o laboratorio europeo de bivalvos | HEMEROTECA | O informe da Xunta sobre o Brexit nin menciona que Galicia optase a acoller o laboratorio europeo de bivalvos Entre os informes que a Xunta encargou sobre a influencia do Brexit figura un específico sobre o seu impacto no sector pesqueiro. Nel recomendábase que o Goberno galego explorase a posibilidade de instalar en Galicia algunhas das instalacións comunitarias vinculadas ao sector que ata agora tiñan a súa sede no Reino Unido, como é o caso do laboratorio de referencia da UE para o seguimento dos contaminantes bacteriolóxicos e viais dos moluscos bivalvos. A conselleira do Mar e o propio presidente da Xunta -aproveitando a celebración do aniversario do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, en Vilagarcía- anunciaron que Galicia sería candidata a acoller ese laboratorio, aínda que a Comisión Europea confirmou por dúas veces que esa petición nunca existiu. Case un ano despois destes feitos a Xunta aproveita a mudanza na cor política no Goberno de España para suxerir que, se cadra, Galicia non acolle ese laboratorio por culpa do Executivo de Pedro Sánchez. "A Comisión non recibiu ningunha petición oficial da Xunta nin do Goberno español" para que Galicia acollese o laboratorio de bivalvos que perde o Reino Unido, confirmou a UE o pasado agosto No inicio do curso parlamentario galego a cuestión do laboratorio europeo de bivalvos regresou ao debate político. Fíxoo a través dunha pregunta do deputado socialista Julio Torrado, que cuestionou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras confirmar a UE por segunda vez, desta volta con referencia específica á Xunta, que a petición galega nunca existira. Esa confirmación chegou en forma de resposta oficial do comisario comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, o lituano Vytenis Andriukaitis, ao eurodeputado do PSOE José Blanco. "A Comisión -explicou Andriukaitis- non recibiu ningunha petición oficial da Xunta de Galicia nin do Goberno español", resume. Ademais, lembra, o Executivo comunitario "decidiu suprimir o laboratorio" ata agora instalado na localidade británica de Weymouth e "asignar as súas tarefas a outros laboratorios de referencia da UE", entre elas a un especializado en biotoxinas con sede na Cidade Tecnolóxica do Campus de Vigo. Resposta do comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria a Blanco sobre a inexistencia dunha candidatura galega para acoller o laboratorio europeo de bivalvos A conselleira do Mar remítese aos seus contactos en Bruxelas en xaneiro para apelar a unha eventual "reconsideración" do peche, que a Comisión constatou o pasado agosto A candidatura galega non existe e o laboratorio de bivalvos, como tal, vai deixar de existir porque a súa supresión foi aprobada co apoio, entre outros, do Goberno de Mariano Rajoy. Pero a Xunta, así e todo, "defende as xestións realizadas por Galicia en relación a este laboratorio" e por iso a conselleira Quintana di "agardar e confiar en que o novo Goberno central continúe e cumpra co apalabrado co anterior Goberno do Estado". Trátase, di, da "posibilidade" de que se asine un "protocolo de traballo conxunto" entre o devandito laboratorio vigués e o Intecmar de Vilagarcía para asumir a parte de competencias xa previstas tras a desaparición do laboratorio de bivalvos que ata agora estaba no Reino Unido. Torrado (PSdeG) reprocha a "vergoña" para Galicia ante a UE por mor do "rosario de mentiras" do Goberno galego sobre a suposta candidatura Quintana reitera ademais a importancia dos seus contactos en Bruxelas o pasado xaneiro con dirixentes da dirección xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria da Unión. Alí, reiterou, expuxo "a experienica das institucións galegas no eido dos moluscos bivalvos, dada a relevancia socioeconómica do seu cultivo en Galicia" para que "sexan tidas en conta ante unha hipotética reconsideración" do peche. No entanto, a resposta de Andriukaitis a Blanco do pasado agosto, sete meses despois desas xuntanzas en Bruxelas, deixan claro que a Comisión non contempla reconsiderar o peche. As explicacións da Xunta son para o socialista Julio Torrado un novo capítulo do "rosario de mentiras do Goberno galego con relación" á suposta candidatura para acoller o laboratorio de bivalvos. "Quedan en ridículo por mentir e volver mentir", sinala o deputado do PSdeG, quen lamenta "a triste imaxe que están dando en Europa de Galicia". "Non son vostedes confiables", reprochou Torrado, quen se laia de que estas "incongruencias" da Xunta supoñan unha "vergoña" para Galicia ante as institucións da UE. |
NOS_37773 | Un estudo que analiza a presenza e o impacto dos e das deportistas galegas en Twitter e Instagram revela que as mulleres son menos seguidas e teñen menos engagement, é dicir, interaccións, que os seus homólogos masculinos. | A cousa pode parecer frívola, mesmo intranscendente a ollos das afeccionadas máis puristas. Hai que facer un esforzo e ser quen, por un momento, de quitar dos ollos a óptica da realidade do século XX na que moitas medramos para poder analizar con plenitude un fenómeno que resulta de vital relevancia para as deportistas. Porque, como revelou nestas mesmas páxinas de Nós Diario a atleta Desi Vila, unha das raíñas na compatibilización do deporte coa comercialización da imaxe de marca, na maior parte das disciplinas os réditos económicos que se xeran "non dan para vivir, polo que hai que compatibilizalas con outras cousas". Mais, que son esas "outras cousas"? Na maioría dos casos, ademais dun traballo no sentido convencional do termo, trátase de conseguir o apoio de patrocinadores privados, e chegar a conseguilos pode ser a diferenza entre poder seguir practicando un deporte ou non. Para acceder a esas empresas, o principal vehículo co que contan os e as atletas, ademais do seu rendemento, son as redes sociais, un ámbito no que, tamén, as mulleres levan as de perder. A excepción, Ana Peleteiro O informe, elaborado pola axencia weTALK, revela que tan só Ana Peleteiro compite de ti a ti no eido das redes sociais cos deportistas masculinos. As súas 28.376 seguidoras en Twitter e 116.364 en Instagram, aínda que lonxe dos grandes nomes do fútbol como Lucas Vázquez ou Denis Suárez, quedan por diante doutros do nivel de Gómez Noya, Alberto Abalde ou Pola. De feito, as únicas modalidades nas que a presenza feminina é maioritaria, a pesar dos éxitos recentes das mulleres galegas en deportes como o fútbol sala ou o balonmán, son o voleibol, a natación e a vela, e individualmente a única que ten un impacto forte é a internacional de volei Sara Folgueira (33.100 seguidoras), quen no seu perfil de Instagram exhibe ben visíbel o nome da empresa que a patrocina como deportista. As redes, un termómetro do interese: as federacións aínda non explotan o ciberespazo Deixando a un lado o deporte rei, que por volume de seguidores total é o que máis interese crea entre o gran público, o informe de weTALK mostra con claridade que no eido federativo galego se está a producir unha adaptación a dúas velocidades. Así, se os organismos responsábeis de deportes como o surf ou a hípica están apostando firmemente polas potencialidades que ofrecen as redes sociais, outras como as de tiro con arco apenas contan con seguidores por limitarse a rechouchiar o perfil da súa homóloga española, ou por non realizar publicacións desde hai meses ou anos, como é o caso dunha tan potente e que conta con tantas practicantes na Galiza como é a de vela. Colectivamente, a estratexia máis exitosa semella ser a da Federación Galega de Balonmán, que apostou por un sistema dual no que, mentres que en Instagram aproveita as características propias desa rede, outorgando máis peso ás fotografías de encontros e equipos do país, en Twitter publica información puntual sobre actualidade e horarios dos distintos partidos. |
NOS_27322 | A pía bautismal de Torbeo tardou máis dun mes en se incorporar á exposición Gallaecia Pétrea. Despois de ser solicitada á diocese de Lugo da que depende, a peza quedou almacenada no Gaiás até o pasado día 19 que finalmente foi instalada. A penitencia da pía de Torbeo non foi a única do conxunto patrimonial exposto na Cidade da Cultura. | A popular pía en que se bautizaron os antepasados de Torbeo toleou a organización da exposición de maior presuposto dos últimos tempos. Tardou máis de un mes en se expoñer, dado que a estrutura preparada non garantía a seguridade da peza. Na Cidade da Cultura mesmo valoraron a posibilidade de non incorporala á mostra, unha vez estaba nas dependencias do Museo e logo do complexo traslado que supón unha peza que pesa 800 quilos e merece un trato exquisito para a súa conservación. A Diocese de Lugo cedeu a pía a cambio da súa restauración, práctica habitual de colaboración mutua entre institucións e entidades e maneira, neste caso, de actuar sobre unha peza patrimonial que doutro xeito non contaría con ningunha partida orzamentaria. "Pedíusenos unha listaxe de pezas de grande relevancia. Algunhas deixáronse e outras non. Neste caso prestouse porque compensaba a súa restauración" comenta César Carnero, Delegado de patrimonio da diocese de Lugo. O bispado de Lugo participou na medida das súas posibilidades coa exposición, seguindo o normativa que contempla a colaboración coas administracións públicas pero, mesmo así algunhas das pezas incluídas nos listados eran de moi difícil traslado sen que os prexuízos foran graves. En Ribas de Miño quedou, por exemplo, unha Epifanía con problemas de perda de policromía ou o sartego de Temes de moi difícil extracción e traslado. Con respecto da pía de Torbeo, ao ser preguntado, Carnero sinala que "despois de faceren o traslado non se puido expoñer debido a que a estrutura non resistía o seu peso. Puido haber unha certa improvisación á hora de organizar a mostra". A pía de Torbeo pesa arredor de 800 quilos e é das poucas de inmersión que se conservan. "Aínda que o que transcende publicamente é outra cousa, a Igrexa e os propios fieis estamos a facer un grande esforzo pola conservación do patrimonio, en especial o rural. Vemos, por exemplo, como se gasta unha cifra desorbitada nunha exposición como esta cando cando hai xoias espalladas e en perigo como pinturas murais ou retablos extraordinarios" explica Carnero. Na diocese de Lugo incluíron esta valoración na carta que, no remate da montaxe, lle remitiron á Fundación Cidade da Cultura. A penitencia da pía de Torbeo non foi o único atranco na xestión "apresurada e improvisada", segundo varios correos das pezas, da exposición que abriu o Museo de Galiza. Se a pía quedou instalada o pasado xoves, día 19, non foi até o 20 que deron situado no lugar previsto o cruceiro que se trasladara desde o Museo de Lugo. Distintas fontes indícannos que por parte dos comisariados chegaron a incluírse nas listaxes de peticións para a mostra "pezas encastradas, que cumpría desfacer muros para sacalas. Só as coñecían por fotografías, nunha as viran no lugar de orixe". A organización recibiu queixas tamén pola pouca calidade dos soportes expositivos que xa tomban en varias pezas ao non aguantaren o peso previsto ou non reúnen condicións de temperatura e humidade requiridas como a vitrina dos alabastros. En concreto, a primeira estrutura que se ve no primeiro andar xa se está a inclinar polo peso soportado, a pouco máis dun mes da inauguración. O noso ADN A restauradora da diocese de Lugo, Carolina Casal, asistiu a todo o proceso de montaxe, mesmo á noite interminábel que precedeu á inauguración. Ao ser preguntada polo proceso afirma que ela traballa nunha diocese en que "desde o bispo até o delegado na materia manteñen que o patrimonio é o noso ADN e require por iso medidas moi rigorosas de conservación e manexo". Termos que comparte co propio Carnero, que tamén inclúe o ADN no seu discurso. A nivel persoal, Carolina Casal, lamenta que haxa patrimonio en perigo de destrución como " a igrexa do Incio mais tamén cabazos, hórreos ou lavadoiros do riquísimo patrimonio popular e rural" cando se inviste millón e medio nunha mostra de difícil rendibilidade nos seis meses que pode durar. A montaxe está a provocar críticas non só polo elevado orzamento senón pola montaxe expositiva con estruturas de madeira sen tratar pouco axeitadas, segundo varios especialistas, para as pezas expostas. Por outra parte, o discurso museográfico tamén está a ser cuestionado xa que se reduce a unha sucesión de pedra sen contar o país e a historia en que se produce. |
NOS_22865 | O que subxace a esta proposta é a oposición do errejonismo á constitución dun novo suxeito político con Esquerda Unida. Carolina Bescansa, que amaga cunha terceira vía, pensa que a proposta se refere tamén ás alianzas territoriais en Galiza e Catalunya. | O debate subxacente en curso entre a liña Errejón e a de Iglesias ten a ver coa política de alianzas e, en concreto, coa relación con Esquerda Unida. Aquel opta por manter o actual modelo de coligación, en tanto que o secretario xeral aspira á fusión coa plataforma hexemonizada polo PCE. Errejón tenciona unha formación máis centrada e transversal -por entendernos, lixeiramente á esquerda do PSOE, e aí non cabe estreitar aínda máis os lazos con Izquierda Unida-, Iglesias aspira a pelexar pola hexemonía da esquerda desde posicións máis ortodoxas. Errejón ten máis na cabeza gobernar xa, Iglesias entende que a primeira tarefa é desprazar o PSOE como forza hexemónica da esquerda e que o asalto ao poder pode esperar. O errejonismo comparece en Vistalegre II, o segundo congreso estatal da formación morada a se realizar os próximos días 10, 11 e 12 de febreiro, baixo a marca Recuperemos a Ilusión. A corrente apresentou xa os seus documentos político e organizativo. Neste último destacan propostan dirixidas a restar poderes á figura do secretario xeral. Cumpre lembrar a este respeito que Errejón cuestiona a liña política de Iglesias, mais non a Iglesias como líder. Dito doutro xeito, o errejonismo aspira a que Iglesias xestione non o seu proxecto, senón o dos críticos. Iglesias xa ten dito que se a súa liña política é derrotada el non continuará como secretario xeral. Como pretende controlar Errejón o secretario xeral? Basicamente cortando as súas competencias. Primeiro quer impedirlle que continúe a convocar referendos entre a militancia, como os que organizou para sancionar o non apoio a Pedro Sánchez na investidura ou o sistema de votación para Vistalegre II. Segundo quer estabelecer maiorías altamente cualificadas -os dous terzos- para a toma de decisións estratéxicas, entre elas "a disolución do partido, a modificación do seu nome, composición, ámbito, natureza e calquer proceso de fusión orgánica con outras forzas políticas". Errejón propón que Iglesias só pode continuar os próximos 6 anos ao fronte da secretaría xeral Se esta proposta prosperar, o errejonismo -que na última consulta entre o censo de persoas inscritas alcanzou o 39 por cento dos apoios- tería na práctica dereito de veto contra a fusión de Podemos con IU ou con En Marea ou co partido que prepara Ada Colau en Catalunya. Hai máis. Errejón quer o secretario xeral de Podemos teña mandatos de no máximo tres anos e que non poda estar no cargo máis de dous períodos. Ou sexa, acotaría a 6 anos o poder orgánico de Iglesias. A maioría cualificada tamén rexería para a proposta da Executiva que realice o secretario xeral. Tería de obter os dous terzos no Consello Cidadán. De non os conseguir, este órgao podería realizar unha proposta de dirección. Recuperemos a Ilusión tenciona descentralizar Podemos e que sexan os níveis locais e territoriais do partido -e non os órgaos estatais- os que teñan faculdades para sancionar os acordos pre ou post-eleitorais con outras forzas políticas. Iglesias na gaiola Non demorou o secretario de Organización, Pablo Echenique, en clamar contra o que entende excesiva obsesión por atar Pablo Iglesias. "Cun Pablo Iglesias fechado nunha gaiola, Podemos sería menos forte", dixo, o que non quita para que este dirixente, aliñado coa candidatura oficial, considere interesante avanzar na limitación de mandatos por ser unha medida democratizadora. |
NOS_19923 | Confirma através da rede social Twitter que non se candidatará ás primarias de En Marea. | Aínda que a nova foi dada por Luís Villares o sábado, o máis que probábel candidato de En Marea á presidencia da Xunta, Xosé Manuel Beiras vén de confirmar este domingo através da súa conta na rede social Twitter que non concorrerá ás primarias e que dá por "rematado" o seu "periplo" parlamentar. Villares asegurara nunha entrevista que contaba co aval de Beiras e que lle constaba que este non ía ser candidato aos comicios de setembro. Beiras veu confirmar hoxe esa información. Hoxe presentarei o meu aval á candidatura de @VillaresLuis Dou tamén por rematado o meu periplo parlamentario. Estou cumprido. #haimarea— Xosé Manuel Beiras (@xmBEIRAS) 07 agosto 2016 |
NOS_19665 | Este sábado no CGAI da Coruña proxéctase a curtametraxe 'Na outra beira das augas grandes' que o escritor Xabier P. Docampo rodou hai 33 anos para un curso de cinema e que agora vén de recuperar e reescribir a historia. | O pase do filme será o sábado 20 ás 18 horas e incluirá unha conversa posterior co escritor, aquí no rol de director e guionista. A fita foi estreada no pasado Culturgal, cando Docampo sorprendía a propios e estraños dando a luz un filme que rodou hai case 33 anos na Costa da Morte. Titúlase 'Na outra beira das augas grandes' e é unha adaptación dunha lenda dos Pés Negros americanos que lle pareceu ao autor "unha marabillosa metáfora desa emigración galega, eses homes e mulleres que foron buscar a vida á outra beira do océano". "Isto nace da miña paixón por contar historias e por que mas conten", explica Docampo. "Eu amo o feito marabilloso de contar historias, non é que non me importe o medio polo que se contan, pero persigo por riba de todo a fascinación que asolaga a miña alma ao aprehender a emoción dunha historia ben contada. E iso é o que pretendín con Na outra beira das augas grandes". A orixe da fita remóntase a 1981, cando Docampo, xunto con outros compañeiros, participaron nun curso de cinema e, como parte del, tiñan que rodar un filme. El, como non podía ser doutra maneira, teimou en facer un guión para nenos e nenas que foi seleccionado e comezou a gravación en diversos lugares da Costa da Morte tendo como protagonistas aos actores Miguel Pernas e Maruchi Olmo. Sen embargo, os cartos rematáronse e aquela fita gardouse nun armario "coa condición de que o montaría cando tivese posibles, pero nunca os tiven e alí ficou durante case 33 anos". Aquela fita gardouse nun armario "coa condición de que o montaría cando tivese posibles, pero nunca os tiven e alí ficou durante case 33 anos" En 2013 Docampo abriu a gaveta de novo por mor da morte de dúas persoas do equipo e decidiu levar adiante "un acto de lembranza e xustiza" con todo aquel equipo e aquela xente coa que se embarcara no proxecto. "Mirei todo aquel material, que eran 3 horas e media e dixitaliceino. Logo empecei a darlle voltas para ver como podía reformar o guión", explica Docampo. Novo guión "Pero xa non podía contar a historia tal e como estaba pensada daquela, entre outras cousas, porque eu xa non era o mesmo", admite. Así que fixo un novo guión, rodou secuencias novas e pasou a ser "un conto narrado" desde a actualidade contado polos propios Pernas e Olmo actuais e coa participación dunha actriz infantil. "Rodamos as novas secuencias en abril e maio e montamos o filme completo", relata. Para iso contou cun novo equipo que incluía aos dous actores protagonistas, a Carlos Amil na montaxe, Daniel Puente na produción e ao grupo Quintas Canella na música. O escritor quixo conservar o espírito inicial do filme: "Non podía converter aquilo mediante o uso de técnicas actuais nun artificio que tapara a realidade daquel momento inicial, era necesario mostrar aquel alento narrativo, con todas as súas torpezas e dúbidas para que o produto fose o reflexo daquela realidade". Así que o filme mantivo o material de 1982 tal e como se realizara, sen cambios, sen corrixir o deterioro do paso do tempo nin o formato. |
NOS_54602 | A Academia Galega do Audiovisual concede o seu premio honorífico a Manolo González, director da Axencia Galega do Audiovisual durante o bipartito ademais de investigador e promotor de numerosas iniciativas no sector. Para a AGA é "unha das persoas máis relevantes do audiovisual galego". | Investigador, profesor e produtor e promotor de numerosas iniciativas no mundo audiovisual, Manolo González é o escollido pola Axencia Galega do Audiovisual para lle outorgar o seu premio honorífico "Fernando Rey" na edición de 2014. Manolo González foi tamén director da Axencia Galega do Audiovisual, o departamento responsábel da xestión do sector dependente da Consellaría de Cultura e Deporte do bipartito da que naceron as convocatorias de axudas ao talento polas que se orixinaron a maior parte das producións do coñecido como Novo Cinema Galego. Desde a Axencia promoveu tamén proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009) ou Memoria do século XX. O premio entregarase, cando os gañadores das distintas categorías da XII edición dos Mestre Mato na gala que se desenvolverá o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña. Manolo González tivo tamén un papel relevante na creación e o desenvolvemento da Escola de Imaxe e Son da Coruña e realizou un importante labor de investigación arredor da historia do cinema galego, en especial, nas producións nacidas na emigración e o exilio. Nas declaracións recollidas pola propia organización despois de térselle concedido o premio, Manolo González valorou o recoñecemento por parte dos membros da profesión. |
NOS_52313 | Un poema inédito do grande símbolo nacional de Galiza vai ver a luz nas páxinas de Sermos Galiza, esta sexta feira nos quiosques. | O poema foi achado polo doutor en Filoloxía Románica Francisco Rodríguez no decurso dunha das súas investigacións sobre a obra da autora de Cantares Gallegos. Rodríguez, un dos maiores expertos en Rosalía de Castro, non dubida á hora de cualificar como moi significativo o poema que agora se resgata para a sociedade galega. Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945), membro do Consello Nacional do BNG, é o autor da primeira tese de doutoramento sobre Rosalía e o seu ensaio máis recente leva por título Rosalía, Estranxeira na súa Patria. |
PRAZA_12844 | Lugo acollerá este venres a Xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio. Os organizadores sinalan, entre outros datos, que a apicultura dá traballo a 3.500 persoas no noso país, cunha facturación anual de 12 millóns de euros. Ademais, salientan que a actividade das abellas afecta o 76% da alimentación, influíndo en "sectores piares da economía como a agricultura ou a gastronomía". | Lugo acollerá este venres, a partir das sete da tarde no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a Xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) salientou a importancia económica do sector, cunha facturación anual en Galicia de 12 millóns de euros, produto da venda de 2 millóns de quilos de mel, e que dá traballo a unhas 3.500 persoas, case a metade na provincia de Lugo. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) salientou a importancia económica do sector, cunha facturación anual en Galicia de 12 millóns de euros, produto da venda de 2 millóns de quilos de mel, e que dá traballo a unhas 3.500 persoas, case a metade na provincia de Lugo A deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, responsable de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, salientou que estes datos "amosan unha vez máis, que o medioambiente é a nosa oportunidade económica porque os recursos naturais da nosa provincia xeran riqueza produtiva e postos de traballos". En Lugo hai 37 mil colmeas. Por Comarcas, é a de Sarria a que concentra o maior número delas seguida, por esta orde, dos Ancares, Terra Cha, Quiroga, Lugo e A Mariña. Ademais, o 95% dos apicultores lucenses non conta con máis de 50 colmeas, sendo moi poucos os que superan as 150, sinalou. Segundo datos do parlamento europeo facilitados por AGA, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas Pero a importancia da apicultura vai máis aló da economía, ou cando menos do beneficio inmediato que xera a venda de mel e outros produtos. Segundo datos do parlamento europeo facilitados por AGA, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas. Ademais, o 76% da alimentación tamén depende da presenza das abellas nosos campos. Isto supón que, máis alá da función produtiva de mel, as abellas son fundamentais para a biodiversidade e conservación do medio. "En definitiva, os nosos recursos naturais, a nosa produción agrícola e a nosa gastronomía, sectores piares da economía luguesa, non sería a mesma de non ser polas abellas", sentenciou a deputada. Programa da xornada Para rematar, o Director Ignacio Vilar presentará o seu filme Vilamor coa que colaborou a Asociación Galega de Apicultura A Xornada Apícola: Galicia, Terra de Abellas permitirá presenciar unha serie de conferencias impartidas por media ducia de expertos: A apicultura, unha actividade necesaria para a vida na terra, por Xesús Feás, investigador Parga Condal e socio de AGA; Apicultura tradicional en Galicia, por Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial Servizos Ambientais; A Vespa velutina, grande avéspora asiática, que quere comer as nosas abellas, por Gonzalo Calvo, veterianario de AGA; Pon unha colmea na túa horta, por Suso Asorey, Secretario Técnico de AGA; Etiquetaxe do mel da produción primaria, sen rexistro sanitario, por Marcos Varela, Técnico de AGA; e Apicultura en Etiopía, por Ovidio Fernández, cámara de TVE en Galicia. Posteriormente e para rematar, o director Ignacio Vilar presentará o seu filme Vilamor coa que colaborou a Asociación Galega de Apicultura. Programa da Xornada (.pdf) |
NOS_19656 | Foi o inferno na terra para os máis de tres mil prisioneiros que pasaron polo campo de concentración ao longo de dous anos. O estabelecemento penal de Rianxo deixou pegada nos milleiros de presos políticos chegados desde diferentes puntos do Estado, mais tamén nos milleiros de veciños de Arousa que manifestaron a súa solidariedade cos detidos. Trátase, ao fin, doutro capítulo do terror franquista que fica por reparar. AQuí podes ver un avance do publicado no Sermos 349. | A mediados de novembro de 1937 entrou en funcionamento o campo de concentración de Rianxo. As instalacións empregadas para recluír os presos políticos correspondíanse cunha antiga fábrica de salgadura construída arredor de 1870, propiedade da familia Goday e situada no lugar que as xentes da vila designan como «O Castelo», onde Anxo Baltar Cortés instalara por volta de 1925 unha fábrica de luz co seu correspondente muíño eléctrico. O inmóbel, que sería derrubado definitivamente en 2002 en plena febre do ladrillo para deixar paso a unha urbanización, respondía á estrutura típica deste tipo de edificacións, formando un conxunto de casa-vivenda, naves de salgadura, finca cunha extensión aproximada de dous mil cincocentos metros cadrados por onde saían os presos nos tempos mortos, e un cerramento de pedra de máis tres metros de altura que rodeaba todo o complexo carcerario. O campo de concentración de Rianxo recibiu entre novembro de 1937 e novembro de 1939 máis de tres mil presos políticos. Segundo os dados fornecidos por Xesús Costa e Xesús Santos, as persoas que máis e mellor estudaron este episodio, o centro de detención viviu tres etapas diferenciadas e definidas pola situación política do momento e a función fixada polo réxime franquista. A primeira iniciárase o 14 de novembro coa chegada á vila no vapor «Alfonso Senra» de arredor de 1046 reclusos, na súa maior parte soldados do exército popular da fronte norte de orixe asturiana e vasca, algúns dos cales morrerían afogados no traslado desde o barco fondeado en Portomouro até o centro de reclusión. A este primixenio continxente non tardaron en sumarse centos de antifascistas galegos condenados en diversos procesos celebrados na xurisdición militar, incorporándose a partir de agosto de 1938 grupos de voluntarios republicanos detidos após a derrota do goberno democrático na fronte do Ebro, que chegaran á localidade en camións despois de seren trasladados por tren desde Zaragoza a Padrón. A reportaxe íntegra podes lela no Sermos Galiza nº349, dispoñíbel na nosa loxa. |
NOS_49707 | O xurado deixounas na quinta posición malia gañaren o televoto e o voto demoscópico. | A final do Festival de Benidorm principiou coas Tanxugueiras liderando as enquisas, tanto a nivel estatal como europeo, cunha ampla marxe sobre a seguinte artista mellor valorada, Rigoberta Bandini, con 'Ay, mama'. Pastora Soler, representante do Estado español na gala de Eurovisión de 2012, interpretou o tema co que participara daquela, 'Quédate conmigo', antes de principiaren as actuacións das e dos aspirantes do certame clasificatorio. O rapeiro Rayden —que vén de publicar 'Averno' coas Tanxugueiras— foi o primeiro artista en actuar coa canción 'Calle de la llorería', unha radiografía dunha sociedade que ve a vulnerabilidade como algo a ocultar. A segunda foi a quenda das Tanxugueiras, ás que introduciu a veterana artista Alaska lembrando que Andalucía e Catalunya son os territorios que máis artistas enviaron a Eurovisión até o momento; os que menos, a Galiza e Aragón. A posta en escena das Tanxugueiras, unha das chaves de 'Terra' As potentes voces de Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío elevaron ao máis alto a tradición galega, cunha detallada escenografía que, a desta volta, a realización de RTVE si ofreceu ao completo. De fondo, unha sucesión de imaxes das bravas mulleres que precederon a estas tres que, como di o seu tema, "veñen para quedar". "Non hai fronteiras" ¡A cantar y bailar con Tanxugueiras! #BenidormFest #ElFestivalQueQuieres https://t.co/1P2GnrMaV8 pic.twitter.com/9LUNVzvu8z— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) January 29, 2022 Tras delas viron os Varry Brava con 'Raffaella', unha divertida homenaxe en versión pop á artista italiana Raffaella Carrà, finada o pasado verán. Chanel, unha das favoritas na final, actuou co reguetón de 'SloMo', que destaca pola elaborada coreografía. A quinta foi a quenda de Rigoberta Bandini, quen segundo as últimas enquisas disputa a primeira praza ás Tanxugueiras. A súa recoñecida canción, 'Ay, mama', é unha oda á súa nai. Xeinn, un artista novo que vén de irromper na escena estatal, interpretou 'Eco', e posteriormente Gonzalo Hermida concorreu coa balada 'Quién lo diría', mais non puido actuar en directo por estar confinado pola Covid-19. RTVE reproduciu o seu videoclip. Finalmente, Blanca Paloma puxo o ramo con 'Secreto de agua', unha mestura de estilos partindo do flamenco cunha escenografía pouco vistosa. Votacións O xurado profesional, composto por tres xuízas españolas e dous internacionais, outorgou unha puntuación baixa ás Tanxugueiras (30 puntos, a quinta menor), como xa acontecera na semifinal. A máxima puntuación foi para Chanel (51 puntos), seguida de Rigoberta Bandini (46), Blanca Paloma (39), Rayden (37), Xeinn (30), Varry Brava (25) e Gonzalo Hermida (12). O seu voto vale 50% do total. O voto demoscópico, que representa outro 25%, deixou os seguintes resultados, coas galegas como gañadoras: Tanxugueiras (30), Chanel (25), Rigoberta Bandini (20), Gonzalo Hermida (18), Rayden (15), Varry Brava (12), Blanca Paloma (10) e Xeinn (5). Finalmente, estes foron os resultados do televoto: Tanxugueiras (30), Rigoberta Bandini (25), Chanel (20), Varry Brava (18), Rayden (15), Blanca Paloma (12), Xeinn (10) e Gonzalo Hermida (5). Resultado definitivo Debido á baixa puntuación que obtiveron do xurado, as Tanxugueiras quedaron relegadas á terceira posición con 90 puntos, a apenas seis da gañadora, Chanel (96), e un de Rigoberta Bandini (91). Seguíronas Rayden (67), Blanca Paloma (61), Varry Brava (55), Xeinn (45) e Gonzalo Hermida (35). |
NOS_28460 | As dúbidas sobre as concesións do transporte público adxudicadas pola Xunta da Galiza ao grupo Monbus pairaron no pleno do Parlamento desta terza feira. Mentres o portavoz do BNG en materia de transporte, Paulo Ríos, evidenciou os incumprimentos das condicións do contrato, a conselleira de Transporte, Ethel Vázquez, evitou responder sobre as críticas do nacionalista. | O deputado do BNG Paulo Ríos denunciou os incumprimentos dos contratos por parte do grupo Monbus e sinalou que "afectan aos usuarios, ao precarizar, de forma unilateral os servizos". Neste sentido, criticou que "Monbus está modificando pola súa conta os horarios das liñas regulares para facer co mesmo persoal e os mesmos autobuses os servizos". A este respecto, puxo como exemplo do problema creado "as mobilizacións nas comarcas das Mariñas e de Ferrolterra, unha expresión clara do malestar entre os usuarios". "A Xunta da Galiza non está controlando o cumprimento por parte das adxudicatarias das condicións fixadas nos contratos de concesión do transporte por estradas", aseverou Ríos, quen alertou que "os vehículos de Monbus non cumpren coa idade máxima marcada nos pregos de concesión aprobados polo Goberno galego e recollidos pola compañía na súa oferta para facerse co servizo". Ríos lembrou que "a idade máxima para os autobuses non pode superar 10 anos, porén coñecemos de servizos que se prestan con vehículos de 12 ou mesmo 16 anos". O voceiro en materia de transporte da formación nacionalista advertiu que "as bases do concurso do transporte por estrada fixaban que non se podían empregar os mesmos vehículos e traballadores para diferentes concesións, estabelecendo este suposto como causa de extinción do contrato mais isto non se está a cumprir como ben coñece a Xunta". Na mesma dirección, denunciou que "as empresas do grupo Monbus comprometéronse na súa oferta para gañar o concurso a que a totalidade dos contratos do persoal serían indefinidos, algo que non está acontecendo, como demostran os acordos parciais asinados con varios condutores". A conselleira de Transporte, Ethel Vázquez, evitou responder ás cuestións formuladas por Ríos sobre o incumprimento dos contratos por algunhas adxudicatarias da Xunta da Galiza. Nesa liña, acusou os nacionalistas de "actuar como voceiros da patronal do transporte en 2017 durante o anterior concurso de concesión de liñas" e cualificou a actitude do BNG como "bochornosa". No mesmo sentido, criticou a política nesta materia dos nacionalistas, denunciando que "o Concello de Pontevedra non conta con transporte público malia estar obrigado por lei". Vázquez gabouse da súa xestión nesta materia. "A maior aposta polo transporte público nos últimos anos teno desenvolvido este Goberno, como amosan as máis de 3.500 liñas regulares postas en marcha pola Xunta", afirmou, aseverando que "a Xunta está moito máis concienciada co transporte público que os grupos da oposición". A este respecto, a responsábel do Goberno galego sinalou sentirse "decepcionada pola oposición que nada útil ten achegado a este debate". |
NOS_31132 | O sector de emerxencias sanitarias pasa por un grave deterioro na Galiza ante os recortes, a precariedade e os constantes incumprimentos das adxudicatarias. A xustiza investiga un dos últimos concursos públicos da Xunta por posíbel trato de favor e amaños para beneficiar unha empresa próxima ao PP. Dedicamos a isto o tema de primeira do Sermos Galiza 233. Eis un extracto. | Descontrol público, falta de recursos, risco para a saúde das persoas ou irregularidades nas adxudicacións. Este é o panorama que debuxan os traballadores e traballadoras de emerxencias sanitarias da Galiza, que representa case 3.000 persoas no país. Denuncian que hoxe hai menos ambulancias dispoñíbeis das que ten contratadas o Servizo Galego de Saúde (Sergas), menos efectivos dos necesarios para asistir as persoas, excesos de horas e desvíos para servizos privados, salarios por baixo do marcado e falta de limpeza e desinfección adecuada dos equipos. Así, o persoal do sector vén reivindicando desde finais de 2015 a revisión do convenio laboral, paralizado pola patronal coa complicidade institucional, segundo denunciou reiteradamente a CIG. Folgas e protestos que se sucederon sen resposta por parte dos responsábeis do 061, da Consellaría de Sanidade ou do Sergas. Malia todo, as últimas concesións públicas para o transporte sanitario no país evidenciaron a continuidade destas políticas desde a Xunta. E nun sector que nos últimos anos tendeu á concentración, unha empresa próxima ao PP destaca entre as principais beneficiadas. A compañía Ambuibérica, un xigante das concesións de ambulancias do Estado propiedade dun fondo de capital risco, resultou adxudicataria de parte do servizo de transporte sanitario urxente de Galiza, nun proceso marcado polas sospeitas. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 233, á venda no quiosque e na loxa] |
PRAZA_15786 | Considera "natural" o proceso que acabou coas destitucións de boa parte da executiva galega e defende a renovación nun partido "diferente ao resto". A formación lánzase a elaborar o programa de cara ás autonómicas e o seu líder insiste en que a militancia decidirá a forma na que se presentan. | Breogán Riobóo mantén o seu pulso en Podemos Galicia e reafirma o seu liderado ante as críticas internas. O secretario xeral da formación vén de renovar a súa executiva nunha votación do Consello Cidadán no que o apoio aos cambios foi aprobado por maioría absoluta, pero na que non participou ningún dos membros afíns aos deputados por En Marea, Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez. Riobóo defende os cambios na executiva, que ve "algo natural" nunha organización "diferente ao resto" Os dous parlamentarios foron dous dos cargos do núcleo duro de Podemos Galicia destituídos pola dirección -decisión argumentanda en evitar a acumulación de cargos- ademais do secretario de Organización e outros tres responsables, por perda de confianza. En rolda de prensa, Riobóo xustifica as remudas para "garantir a igualdade de oportunidades" e abrir a "participación", así como no feito de que a formación segue "viva". "É algo natural", asegura o líder do partido morado, que asegura que os cambios "teñen que ver" tamén con que Podemos "é unha organización nova, diferente ás do resto do Estado e de Galicia". "Non queremos parecernos aos demais", insiste. A fractura é evidente e quedou patente na proposta da nova executiva -con tan só un membro da dirección orixinal- que foi sometida a votación do Consello Cidadán, órgano formado inicialmente por 35 membros e agora por 27. A proposta da secretaría xeral foi apoiada por 15 votos, mentres que unha persoa abstívose e outra votou en contra. Os dez integrantes do Consello afíns aos deputados e ao senador García Buitrón nin tan sequera participaron no proceso, deixando claro o seu rexeitamento, pero Riobóo non ten previsto modificar nada e insiste en que houbo "maioría absoluta" a prol das modificacións. O líder de Podemos Galicia defende os cambios malia as discrepancias internas e insiste en que foron aprobados por "maioría absoluta" Buitrón, xunto con Gómez-Reino e Ángela Rodríguez, enviaran a Riobóo unha proposta para "reestruturar" o Consello Cidadán e afrontar cambios, pero o secretario xeral insistiu en que é unha achega que toma "como calquera outra doutros compañeiros". A nova dirección, ou Mesa Cidadá, cambia nomes e inclúe unha secretaría de Organización e Igualdade, que ocupará Cristina Laya. Marcelino Armendáriz ocuparase de Economía, Inés Mallada de Educación e Cultura e Marisol do Barro de Medio Rural, quedando pendente quen ocupara a secretaría de Rescate Cidadán. Ademais, impúlsase a secretaría de Coordinación de Programa, que dirixirá Eduardo Nieto, coa intención de abrir un "proceso participativo" para lanzar "en quince días" unha proposta para "ter listas en tres meses propostas concretas" de cara ás eleccións autonómicas, nas que "Podemos vai estar presente", ben sexa en solitario ou integrando na coalición En Marea ou noutro espazo máis amplo. Riobóo cre que sería "unha irresponsabilidade" que os deputados de En Marea se centrasen no debate sobre a fórmula de cara ás autonómicas Riobóo parece querer volver marcar distancias con En Marea e tamén coas palabras de Gómez-Reino, diversos deputados da coalición, alcaldes das mareas e o seu propio líder a nivel estatal, Pablo Iglesias, que insisten en repetir a fórmula de cara ás eleccións galegas e que rexeitan as críticas que fixo sobre a campaña da formación galega nas xerais. "Somos unha organización plurinacional e decidimos en Galicia", asegurou para aclarar que será a militancia no país quen decida como acoden aos comicios. "Son opinións pesoais", engadiu, tras insistir en que "un escenario posible" é que Podemos se presente en solitario ás autonómicas, pero que esa só é unha opción máis, xunto coa de repetir con En Marea ou conseguir "unha confluencia máis ampla". Preguntado pola opinión contraria dos deputados da coalición, que optan por repetir fórmula, Riobóo chegou a dicir que "sería unha irresponsabilidade" que se centrasen neste debate en lugar de "centrarse" nas súas "prioridades" no Congreso. Riobóo di que se presentará ás primarias pero non para optar á candidatura á Xunta porque prefire "que sexa unha muller a nova presidenta" Ademais, Riobóo confirmou que se presentará ás primarias de Podemos Galicia de cara ás autonómicas, pero insinuou que non o fará para optar á candidatura para presidir á Xunta, xa que lle gustaría "que fose unha muller a próxima presidenta de Galicia". Ao tempo, anunciou a apertura dunha "nova dinámica no contacto coa militancia", polo que xa empezou unha serie de reunións a nivel comarcal para "analizar o resultado das xerais, o traballo feito e o proceso futuro". Respecto do posible apoio de En Marea a unha investidura de Pedro Sánchez, Riobóo aclara que Podemos sempre foi "partidario de non permitir, nin por activa nin por pasiva, un gboerno do PP", aínda que asegurou que pode que "haxa xente que se sinta desilusionada" polas últimas políticas do PSOE, así como pola actitude dos socialistas á hora de vetar o grupo propio da coalición galega no Congreso. |
NOS_9152 | Na figura de Blanca Millán (Compostela, 1998), axúntanse todos os factores para triunfar no baloncesto: unha técnica depurada, capacidade para interpretar o xogo, altura (1'81 metros) e, sobre todo, mentalidade gañadora dentro e fóra da cancha, que a levou a superar unha grave lesión e pode conducila a ser a primeira galega en xogar na WNBA. | As súas estatísticas individuais deste comezo de tempada son descomunais, cunha media de case 30 puntos por partido. Soñaba nos peores momentos logo de romper o ligamento cruzado con volver a este nivel? A verdade é que durante a convalecencia só pensei en recuperarme. Foi un ano complicado, nunca antes tivera unha lesión grave, non sabía a que me enfrontaba e, aínda por enriba, unha pandemia veu complicar aínda máis o proceso. Así que durante todo ese tempo só soñaba con poder continuar co traballo de recuperación e volver o antes posíbel ás pistas, sen pensar no nivel ao que estaría, pero preparándome para estar o mellor posíbel. Colectivamente, as Black Bears non paran de sumar vitorias desde a súa volta. Cambiou a situación xerada a raíz da pandemia da Covid-19 a idiosincracia, os roles de poder entre os distintos equipos do Este, por dicilo dalgún modo, ou a situación continúa igual que antes do fatídico mes de marzo de 2020? Como en todas as partes, a pandemia veu para cambialo todo, tamén a nosa liga. Agora xogamos ida e volta contra o mesmo equipo na mesma fin de semana, o que é complicado a nivel físico, porque hai pouco tempo de recuperación, pero tamén a nivel psicolóxico. Ademais, no estado de Maine estaba prohibida a reunión de máis de 50 persoas, e cos corpos técnicos, médicos, xogadoras, árbitros e auxiliares de mesa, prensa etc., xa se superaba ese número, así que non podíamos xogar na casa, o que supuña unha desvantaxe, mais parece que isto cambiará en breves. Ademais, hai sedes onde haberá público e outras onde non... todos estes son factores que inflúen na competición, pero creo que xa é unha sorte poder desenvolvela con garantías sanitarias, pois nalgún momento estivo no aire. Continuando co 'monotema', xuntóuselle a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo o 28 de outubro do 2019 coa situación de pandemia. Durante ese tempo publicou con bastante frecuencia nun blog do que se acaba de despedir. Foi esta bitácora unha ferramenta de apoio psicolóxico nun tempo tan duro? Si. No verán adoito ir a Compostela, pasar o verán coa miña familia e desconectar do baloncesto, así que o blog foi un modo de desafogarme, de contar como me sentía... A miña irmá botoume unha man con el, e tamén pensei que se alguén estaba na mesma situación poderiamos compartir experiencias e sensacións, como así foi, pois tiven retorno doutras persoas. E, se de apoio emocional falamos, vostede non puido contar durante todo este tempo co máis importante que existe: a familia. Como foi pasar dous escenarios tan difíciles como son unha lesión de gravidade e unha pandemia mundial cos seus seres queridos a case 5.000 quilómetros? Foi moi complicado, aínda que sei que conto con ela sempre, incluso a 5000 qm. No confinamento, algo que non era habitual, falamos todos os días, o que me permitiu compartir con elas os peores momentos, pero tamén os mellores. Tamén é certo que cando vives tan lonxe organizas outro contorno familiar onde estás: o corpo técnico estivo moi pendente de min, así como a miña querida fisio Hannah, que en moitos momentos foi o meu pano de bágoas e un grande apoio, o mesmo que as miñas amigas e os meus amigos aquí, que fixeron que todo fora máis doado. Está claro que non todo foi negativo. Tamén recentemente te se graduou en Kinesoloxía e Educación Física, a pesar do cal continuará un ano máis no equipo de baloncesto da Universidade de Maine. Esta extensión foi por iniciativa súa ou foron elas as que intentaron retela? Normalmente, cando tes unha lesión pasas a facer o que se chama red shirt, e tes outro ano máis. Teño que dicir que a Universidade portouse xenial, e ofrecéronme todas as posibilidades, mantendo a bolsa que teño para seguir estudando, pero tamén, como sabían do interese doutras universidades, facilitarme o transfer se era o meu desexo, pero decidín quedar e rematar o meu ciclo universitario aquí, optando por dúas carreiras menores e loitar por outro anel a nivel deportivo. Cando remate esta tempada, agardamos que co título de campioas que o coronavirus vos privou de conseguir na pasada edición do March Madness, si que dirá adeus definitivamente ás Black Bears. Tempo de dar o salto á WNBA? Iso gustaríame, pero sempre digo que é difícil. Na NCAA hai moitas xogadoras moi boas, e só unhas poucas poden xogar na WNBA. Eu traballo arreo para conseguilo, pero son moitos os factores que inflúen. Oxalá sexa posíbel, sería cumprir un soño! O calendario da WNBA permitiría compatibilizala cun hipotético regreso a Europa. Primaría nese escenario de fantasía a procura dun equipo de elite, ou tal vez a morriña faría das súas e pensaría en volver á casa para xogar, por exemplo, no Durán Maquinaria Ensino de Lugo da Primeira División? Compatibilizar ambas as ligas sería estupendo, pero chegado o momento haberá que valorar todas as posibilidades. Irei paso a paso, traballando cada día para seguir axudando no meu equipo e estar preparada cando chegue o momento, sexa onde sexa. |
NOS_54029 | Recollida de sinaturas porta a porta, elaboración colectiva de murais, reivindicacións nas redes sociais... Carnota ferve para evitar que o faro de Punta Ínsua continúe a se degradar e para que sexa cedido aos e ás veciñas. | Ten un século de historia mais esmorece polo abandono. O Faro de Lariño ou Punta Ínsua, ubicado entre Muros e Carnota, é un símbolo que a veciñanza non quer perder. Por iso xurdiu con epicentro en Lariño un movemento popular para atinxir da Autoridade Portuaria de Vilagarcía (que é quen ten competencias sobre esta instalación) a cesión do faro, "un patrimonio común, vencello de mar e terra, negado ao seu pobo para a súa posta en valor e aproveitamento." De aí naceu unha campaña destinada a conseguir abrir as súas portas a toda a veciñanza e visitantes. "Non podemos permitir que un dos nosos maiores valores estén pechados a cal e canto, sumido no esquecemento" afirman desde Salvemos Faro. A campaña decorre desde hai unha semanas"porta a porta en Lariño", consiste nunha recollida de sinaturas esixíndolle á Autoridade Portuaria de Vilagarcía que acceda ceder o Faro de Punta Insua ao Concello de Carnota con finalidade de ocupación, "rematando asi dunha vez co despropósito de que sexa un dos poucos faros galegos de acceso absolutamente prohibido a veciños e visitantes, non só ás súas instalacións senón incluso ás súas inmediacións". Implicación Como informan desde Salvemos o Faro, a campaña xa conta cunha páxina web propia, e tamén está en Facebook, onde xa sumou máis de 400 apoios en poucas semanas. Ademais, esta fin de semana a reivindicación saiu ás rúas de Lariño cun mural reivindicativo realizado no Campo de Fútbol sito no entorno, e coa instalación dun aro salvavidas no portalón que desde hai anos restrinxe o acceso de calquera visitante. Asi mesmo, esta semana pendurarase nas inmediacións da estrada comarcal unha pancarta reivindicativa, e a corporación municipal de Carnota debatirá no seu vindeiro pleno a petición dos veciños unha moción en apoio da iniciativa. Tamén hai previstas unha xornada de portas abertas no Faro e varias accións de voluntariado de limpeza do entorno, cuxos datos iremos comunicando segundo se vaian ultimando máis detalles. |
NOS_43825 | Coincidindo co derbi galego de fútbol entre o Celta e o Deportivo tivo lugar en Barcelona un encontro de bèlit, a billarda catalá, entre dúas seleccións de Galiza e Països Catalans. Non era a primeira vez que ambas as dúas formacións xogaban un amistoso. O resultado final desta vez foi de PPCC 575 – Galiza 550. | Catalunya está a recuperar o Bèlit, un xogo moi semellante a billarda galega, con importante participación galega desde a súa recuperación no 2004 no barrio de Sant Narcís en Girona. Esta tempada compiten 16 equipas e celebran o 8º campionato. O primeiro encontro entre unha selección de Països Catalans e a da Galiza fora en xaneiro de 2011, tamén en Barcelona, co resultado de 450 a 200 para os cataláns.No partido internacional xogado o pasado 15 de abril en Sants (Barcelona), a irmandade entre ambas as dúas formacións deportivas quedou evidente desde o primeiro intre. A xornada comezou cunha xuntanza entre siareir@s do Celta e o Depor para ver o derbi no Casal Independentista de Sants "Jaume Compte", logo un xantar e o posterior partido na Espanya Industrial Stadium. A seleccionadora catalá Ariadna convocou para o encontro a Anna, Roger, David, Carlos, Dídac, Francesc, Aniol e Marc. O seleccionador galego, desta volta Ângelo ao non poder viaxar Paco Flores, convocou a Xosé Mari, Lico, Fernando, Miguel, Aitor, Suso, Jesús e o propio Ângelo, ao non contar con parte dos habituais que non puideron viaxar. Para a ocasión a selección galega vestía de negro en sinal de loito pola queima nas fragas do Eume. Mália un comezo frouxo (na primeira parte o marcador era de PPCC 350 – Galiza 215) o partido rematou co resultado final, PPCC 575 – Galiza 550 grazas a remontada final da equipa galega. A nosa selección xogará en vindeiras datas coa de Euskal-Herria segundo informan en O Varal, o blogue da Liga Nacional de Billarda. |
NOS_47781 | Segundo as enquisas, podería baterse un récord de abstención con arredor de 50%. | A pobaoción búlgara decide hoxe, por cuarta vez en ano e medio, a composición do seu Parlamento. Bulgaria volve ás urnas despois da moción de censura que acabou en xuño coa coalición do primeiro ministro Kiril Petkov. Segundo as enquisas, entre sete e oito partidos poderían acabar coa representación política tras as eleccións deste domingo. O Goberno ruso suspende o subministro de gas a Polonia e Bulgaria O partido dos Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria, do ex primer ministro Boiko Borissov, estaría á cabeza con, aproximadamente, 25% dos votos; seguido do partido de Petkov, Continuamos o Cambio, que obtería perto de 20% das papeletas. A formación Movemento polos Dereitos e as Liberdades, os socialistas e o partido de extrema dereita Revival, dispútanse a terceira posición, segundo as enquisas. As sondaxes tamén prognostican unha abstención récord, que podería rondar 50%. 155.000 migrantes entraron este ano na UE sen autorización dos Estados Kostadin Kostadinov, candidato de Revival, chamou á "neutralidade total" no conflito de Ucraína, unha postura que lle permitiu duplicar a intención de voto, segundo indican as enquisas, con respecto aos últimos comicios, nos que obtivo 5% das papeletas. Preocupación pola inflación Bulgaria, ao igual que os outros países do Leste de Europa, estase a ver moi prexudicada pola suba do índice de prezos de consumo. Os últimos datos da inflación dos Estados membros da UE mostran que Bulgaria está perto de 20%. A inflación na Eurozona bate récord mais é dous puntos menor que a galega Segundo as persoas especializadas na materia, a inseguridade económica é a maior preocupación da cidadanía que hoxe acode ás urnas. Ademais da cuestión económica, o tema da corrupción tamén ocupou unha gran parte da campaña política durante os último debates lexislativos. |
NOS_7070 | A Consellería de Sanidade incluíu esta sexta feira o municipio de Ordes no nivel máximo de alerta, o 3 -vermello-, pola evolución da pandemia de coronavirus no últimos sete días, unha situación que está vixente noutros 10 concellos galegos. | Ordes súmase aos concellos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19. A inclusión débese a que conta con máis de 21 casos confirmados por PCR. Deixan de estar en alerta máxima tanto o municipio da Laracha (que pasa a nivel laranxa) como Monterrei. Mantéñense Ourense e Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 casos confirmados por PCR, respectivamente, de coronavirus no últimos sete días. As outras localidades con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados no últimos sete días son Arteixo, Ames, Narón, O Barco, Verín, Pereiro de Aguiar, Barbadás e O Carballiño. Mentres, en situación 2 -en cor laranxa do 'semáforo' do mapa- sitúanse 17 municipios, 14 dos cales repiten con respecto á xornada anterior no mesmo nivel: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Teo, Porto do Son, Vilagarcía, Poio, Cangas, Tomiño e Lobeira. Ademais, súmanse ao nivel 2 de alerta Carballo e Boborás. En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes estabelécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de Covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. Alertas informativas As alertas dos municipios non implican directamente restrición ningunha. Segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trátase dunha escala informativa. É o comité clínico de seguimento da pandemia quen decide as limitacións. Reúnese na mañá da sexta feira. Esta sexta feira, Sanidade deu conta de 346 novos contaxios, unha nova suba que ten maior incidencia nas áreas sanitarias de Ourense, Vigo e Compostela. |
NOS_24748 | A formación nacionalista presentou este sábado a súa alternativa ambiental que inclúe medidas en sete grandes ámbitos de actuación: biodiversidade, enerxía, axenda urbana, mobilidade, ciclo da auga, residuos e bioeconomía. | O BNG presentou a súa estratexia ambiental este sábado diante do que consideran "unha urxencia climática". A súa portavoz nacional, Ana Pontón, explicou desde o parque compostelán Eugenio Granell as medidas que desde a súa formación consideran "urxentes" implementar. "A emerxencia ambiental e climática é máis evidente así como a necesidade de afrontalas con solucións propias e con criterios de equidade e xustiza social", indicou Pontón, alertando contra os que se poñen "o traxe ecoloxista" mais procuran "converter o verde nunha xigantesca maquinaria de facer negocio". A finalidade da estratexia ambiental do BNG busca "romper cun modelo depredador e extractivo que asigna a Galiza o papel de mera subministradora de materias primas e de enerxía, cun forte impacto ambiental e, por riba, con escaso valor engadido", asegura. Pontón incidiu en querer revisar un modelo económico "asentado no espolio dos recursos naturais, no hiperconsumismo, na cultura de usar e tirar, no dispendio de bens vitais pero finitos como a auga provocando, ademais, unha xeración excesiva de residuos". Coa súa estratexia ambiental, o BNG quere sumar forzas cunha sociedade que, opinan, "cuestiona o sistema dominante que empobrece o territorio, en particular as novas xeracións conscientes de que hoxe se decide o futuro do planeta no que terán que vivir". "Compartimos a súa preocupación polo deterioro do medio, polo impacto de actividades industriais e extractivas, polo dispendio de recursos naturais, a invasión de plásticos, a calidade do aire que respiramos e dos alimentos que comemos, pola roupa que vestimos ou pola auga que bebemos", foi enumerando a líder nacionalista. Trinta propostas A estratexia ambiental nacionalista inclúe trinta propostas de actuación en sete grandes ámbitos: biodiversidade, enerxía, axenda urbana, mobilidade, ciclo da auga, residuos e bioeconomía, "para actuar no só no medio natural, senón particularmente no rural e urbano de onde parten as principais causas da emerxencia ambiental". Pontón contrapuxo "o modelo ambiental e ecoloxista do Bloque co modelo do PP" auspiciado por un Feixoo que cualificou de "kamikaze" ambiental. En materia de biodiversidade o BNG propón a creación dun Fondo de conservación da natureza cun investimento de 100 millóns de euros, converter en rede natura o 20% do territorio, un plan para combater a fragmentación de hábitats e un plan que aborde a xestión de especies exóticas e invasoras. En materia enerxética, a esencia da proposta nacionalista é que a enerxía sexa considerada un ben público e un sector estratéxico e apostar polo aforro e a eficiencia enerxéticas en todos os ámbitos, polas renovábeis e polo fomento do autoconsumo nas comunidades locais. No relativo á axenda urbana, a principal proposta pasa pola elaboración participativa da Axenda Urbana Galega 2030, inspirándose nas estratexias de éxito desenvolvidas en todo o mundo pero adaptadas á realidade do País e sumando solucións propias. No ámbito da mobilidade, cren no fomento do transporte público e da intermodalidade, que combine bus, tren, transporte marítimo e tamén a mobilidade ciclista. En relación a xestión da auga, deseñar a Estratexia da auga 2030, incluíndo a conservación dos acuíferos superficiais e subterráneas, o consumo responsábel e a modernización das redes municipais de abastecemento de auga, así como a rexeneración integral das rías. Desde o BNG tamén propoñen reducir ao mínimo a xeración de residuos como plásticos, os de orixe industrial, da construción e agrogandeiros. E, en relación á bioeconomía, impulsar as actividades económicas sustentables na fase de produción, transformación e comercialización, promovendo circuítos curtos, km0 e mercados de proximidade. Finalmente, medidas lexislativas e de goberno para reforzar a protección ambiental e a loita contra a emerxencia climática incluíndo unha proposta de fiscalidade verde. |
NOS_15552 | Alcoa presiona a SEPI cunha suma "moi importante de efectivo" para que inclúa no acordo de venda varias cláusulas de responsabilidade | Alcoa segue disposta a fechar a venda da planta de aluminio primario de San Cibrao coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) antes de que remate o mes de abril. Así llelo fixo saber a multinacional nunha misiva remitida a todos os traballadores e traballadoras na que dá conta do estado das negociacións. Nesa comunicación, o presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado, sinala que a empresa está a espera de que a SEPI inclúa no acordo unha cláusula de responsabilidade, "completamente habitual neste tipo de operacións", para acordar as limitacións de responsabilidades do vendedor que é "aínda máis relevante sabendo que a SEPI prevé, posteriormente, vender esta planta a un terceiro". A cambio de incluír esta cláusula, a compañía mantén a oferta que manexaba no verán de vender a planta por 1 euro, ao que agora engade "transferir unha suma moi importante de efectivo a SEPI", unha contribución económica que, segundo explica "compensaría as responsabilidades e obrigacións xeradas pola planta de aluminio até a súa venda, que razoabelmente se prevexan". "A SEPI, como novo comprador, asumiría a xestión e as responsabilidades xeradas a partir do momento en que se complete a venda", explica o presidente de Alcoa, que se amosa "convencido" da legalidade desta cláusula, incluída na proposta do pasado 4 de febreiro, pendente de resposta por parte do organismo estatal e que tamén figurara nas conversas de venta con Liberty House e a SEPI do pasado verán. Cartos sen reclamacións O dirixente da multinacional argumentou que Alcoa, que xa ten a experiencia do acontecido coas plantas da Coruña e Avilés, agora en mans de Alu Ibérica, "non pode acceder a achegar unha gran cantidade de efectivo para esta transacción e, á vez, aceptar que se manteña a posibilidade de reclamar á compañía no futuro", máxime cun terceiro interesado "Alcoa ofreceu condicións coa intención de vender a planta de aluminio dunha maneira responsábel para todas as partes: está disposta a vendela por 1 euro, achegar unha suma moi significativa de efectivo e, a cambio, a requirir garantías por parte de SEPI de que a venda será definitiva unha vez se complete", incidiu Dorado. |
NOS_27548 | Begoña Caamaño, que foi desde nena unha lectora voraz e unha muller cunha gran paixón pola mitoloxía, quixo devolverlle á literatura algo do que esta lle dera, escribindo o que Homero non escribiu | O universo homérico foi desde sempre un inmenso mar aberto para a recreación da literatura e a reinterpretación dos mitos. Escritores de todos os tempos e en múltiples linguas, pero sobre todo escritoras moi importantes contemporáneas, de aquí e de acolá, todas elas cunha clara conciencia feminista, reescribiron e seguen a reescribir a Odisea, revisitando e revisando os seus personaxes femininos desde unha nova mirada, dándolle voz propia ás mulleres e facéndoas máis libres e máis protagonistas desta grande epopea grega atribuída a Homero. Circe ou o pracer do azul / Begoña Caamaño / Galaxia / 2009 / 320 páxinas Entre nós, na literatura galega, destacan fundamentalmente dúas autoras: Xohana Torres e Begoña Caamaño. Á primeira debémoslle o xa emblemático poema "Penélope", publicado primeiro no nº 4 da revista Festa da Palabra Silenciada, en 1987, e posteriormente no libro Tempo de ría (1992). Xohana Torres utilizará tamén o último verso dese poema ("Eu tamén navegar!") para titular o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Pola súa parte, Begoña Caamaño (Vigo, 1964-Compostela, 2014) dáse a coñecer como novelista con Circe ou o pracer do azul, un dos textos máis deliciosos da narrativa galega contemporánea, que sitúa a autora á altura dun escritor tan exquisito como Álvaro Cunqueiro, de quen aprendeu que "os mitos están vivos e temos dereito a facelos nosos" e co que dialogará pouco despois nesa outra marabilla que é Morgana en Esmelle, a súa segunda novela, publicada en 2012. Begoña Caamaño, que foi desde nena unha lectora voraz e unha muller cunha gran paixón pola mitoloxía, quixo devolverlle á literatura algo do que esta lle dera, escribindo o que Homero non escribiu e o que a ela lle gustaría que escribise, ofrecéndonos unha nova Penélope, moi diferente á esposa que anhela o regreso do home, que tece e destece mentres agarda fielmente a chegada do heroe. O canto X da Odisea sérvelle á nosa escritora para construír unha novela dunha extraordinaria riqueza estilística e para expresar os sentimentos, as paixóns e os desexos de Circe e de Penélope desde unha perspectiva feminista. As cartas secretas que veñen e van entre a illa de Eea e Ítaca a través dun paxaro mensaxeiro permítennos descubrir non só o que de verdade senten e desexan estas dúas mulleres, senón tamén a súa sabedoría e a súa capacidade para exercer o goberno. A novela tece, ademais, unha íntima relación entre a esposa e a amante de Ulises sen que en ningún momento haxa rivalidade entre elas polo heroe. Begoña Caamaño constrúe outra Penélope, máis libre, máis sabia, máis forte, outro modelo de muller, unha nova concepción do amor e da feminidade, na que está presente, así mesmo, o pracer sexual entre as mulleres. Por primeira vez Penélope pode gozar da contemplación do mar sen o temor a que o barco de Ulises se debuxe no horizonte. E como no poema de Xohana Torres, farta de tanto novelo e tanta historia, Penélope tamén se bota ao mar. Agora tamén ela sabía navegar. |
PRAZA_7147 | A central nacionalista obtén o 46,2% dos votos e incrementa a súa representación nos comicios na ensinanza non universitaria. O sindicato cre que os resultados "supoñen unha emenda á totalidade ao comportamento antidemocratico e ao desmantelamento do ensino público da Xunta". | CIG-Ensino gañou as eleccións no ensino non universitario. A central nacionalista incrementou a súa representación e a porcentaxe de delegados e votos nos comicios, ao pasar do 43.5% do ao 2010 ao 46.24% en toda Galicia, segundo se tira dos datos que o propio sindicato achega. Así, CIG-Ensino acadou a maioría absoluta na provincia da Coruña con 23 delegados e delegadas e na de Pontevedra con 21, que representan o 80% do profesorado. Ademais, tamén é a primeira organización sindical en Lugo con 10 delegados e en Ourense con 8. CIG-Ensino obrivo 62 delegados, polos 22 de CCOO, os 17 de Anpe, os 15 de UGT, os 14 de STEG e os 10 do CSIF No total de Galicia, CIG acadou 62 delegados, polos 22 de CCOO, os 17 de Anpe, os 15 de UGT, os 14 de STEG e os 10 do CSIF. Por provincias, a diferenza a prol da central nacionalista foi importante agás no caso de Ourense, onde Comisións obtivo o mesmo número de delegados que a CIG (8), aínda que con 60 votos menos. CIG-Ensino destaca que os resultados globais no país "tamén amosan unha maior distancia da segunda organización sindical que só conseguiu o 15,3% fronte ao 46,24%" da central nacionalista nuns comicios nos que o 70% do profesorado exerceu o seu dereito a voto (20.901 profesores e profesoras), unha participación que é semellante á de hai catro anos. A central nacionalista agradece "a confianza e apoio do profesorado por supor un aval e un recoñecemento ao traballo realizado pola CIG-Ensino durante estes catro anos, á nosa oposición ás afrontas e abusos da Consellaría, ao noso combate permanente contra a Lomce e á nosa loita contra os recortes dos nosos dereitos salariais e laborais e do ensino público e contra a desconsideración co noso idioma". "O señor conselleiro ten que asumir estes resultados de apoio maioritario á CIG-Ensino e asimilar que supoñen a reprobación e a derrota da política educativa da Consellaría" Segundo a CIG, os resultados "afianzan o modelo sindical galego, de clase, plural, democrático e participativo, próximo ao profesorado e que aposta por un ensino público, galego, gratuíto, laico e coeducativo". "O señor conselleiro ten que asumir estes resultados de apoio maioritario á CIG-Ensino e asimilar que supoñen a reprobación e a derrota da política educativa da Consellaría, asentada no autoritarismo, no menosprezo do profesorado, no deterioro do ensino público en beneficio do concertado e no desleixo co noso idioma", engade. Porque para a central nacionalista, os resultados "supoñen unha emenda á totalidade ao comportamento antidemocratico e ao desmantelamento do ensino público da Consellaría de Educación". Ademais, adiante que exixirá "a apertura de negociación para acadar a restitución dos dereitos laborais e salariais do profesorado, uns cadros de persoal amplos nos centros, a redución do alumnado por aula, a elaboración dun estatuto galego do profesorado que recolla as reivindicacións do profesorado e unha lei galega de educación". O sindicato reclama unha lei galega de educación "que leve consigo a derrogación da Lomce, que se fundamente na defensa do ensino público e laico, na galeguización do ensino , na eliminación dos concertos educativos, nomeadamente os que segregan alumando por razón de xénero; e na consecución dun ensino totalmente gratuíto e equitativo para o cal é necesario dedicar o 7% do PIB". |
PRAZA_16644 | A Asociación Galega de Editoras participa, por primeira vez con stand propio, no evento máis importante do mundo na compra e venda de dereitos de autor infantil e xuvenil. En decembro a Xunta anunciou a súa renuncia a apoiar a presenza de empresas galegas nas feiras de Boloña, Barcelona, Frankfurt e Guadalaxara, argumentando "falta de interese" das editoras | O pasado 29 de decembro a Xunta anunciaba a súa renuncia a apoiar a presenza das empresas galegas nas feiras internacionais do libro de Boloña, Barcelona, Frankfurt e Guadalaxara, argumentando a "falta de interese" das editoras. A Asociación Galega de Editoras (AGE), que agrupa o 90% da produción editorial galega, manifestou en varias ocasións a súa contrariedade ante a decisión, reclamándolle ao Goberno galego que mantivese o seu apoio ao sector do libro, "estratéxico para o país" e reiterando o obvio interese das súas empresas por estar presente nestas citas. Boloña é a feira internacional máis importante en compra e venda de dereitos de autor infantil e xuvenil A AGE vén de confirmar a súa participación, por primeira vez con stand propio, na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se celebrará do 26 ao 29 de marzo na cidade italiana, nesta ocasión con China como país convidado. A cita é a feira internacional máis importante en compra e venda de dereitos de autor infantil e xuvenil. No stand estarán presentes Alvarellos Editora, Embora Edicións, Kalandraka Editora, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Urco Editora, Edicións Xerais de Galicia, Galaxia Editorial e Oqueleo, que contarán coa colaboración de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos) para a súa participación no evento. Así mesmo, Kalandraka Editora e Nova Galicia Edicións contarán un ano máis con stand propio na feira, ademais de participar no da AGE. Ademais de dar a coñecer as súas novidades, as editoriais galegas que participan na feira manterán xuntanzas de traballo con representantes do sector internacional, cunha axenda pechada meses antes da celebración da Feira, ademais de realizar presentacións de libros, no propio stand e nas librarías da cidade de Boloña, como é o caso de Kalandraka Editora. A participación das editoriais galegas en Boloña "demostra a decidida aposta do sector polos mercados internacionais" O mes pasado Xosé Ballesteros -presidente da AGE- xa destacaba que a participación das editoriais galegas en Boloña "demostra a decidida aposta do sector polos mercados internacionais" e facía un chamamento á Xunta para que reconsiderase a súa decisión, ante o risco de que Galicia chegue a ser "a única Comunidade Autónoma con lingua propia que non tivese presenza nas feiras do libro máis importantes do mundo". |
NOS_1813 | Fontes do Ministerio de Pesca confirman que o texto se presentará a próxima segunda feira. | O prazo para que o Goberno estatal interpoña recurso perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea contra a prohibición de pescar en 87 áreas do Atlántico nororiental remata o vindeiro sábado, 19 de novembro. In extremis, esta sexta feira, fontes do Ministerio de Agricultura e Pesca, que dirixe Luís Planas, veñen de confirmar nas últimas horas que se presentará a vindeira segunda feira, día 14. A continuación, na cuarta día 16, está convocado consello consultivo por parte do Ministerio, e dous días despois, o 18, a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores reunirase co comisario europeo de Pesca, Océanos e Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius. A pasada cuarta feira, nun acto decorrido en Burela, onde se concentra unha parte relevante da frota afectada na Galiza polo veto, a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, xa trasladara que os traballos dos servizos xurídicos do Estado estaban "moi avanzados". O Executivo español tiña dous meses a contar desde o pasado 19 de setembro, data na que o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a medida. A UE importa miles de toneladas desde Estados que non combaten a pesca ilegal Pola súa parte, o sector ten máis tempo de tope para recorrer: até o 15 de decembro. Polo de agora presentouno a organización de produtores de Burela. Nun primeiro intre, o ministro Planas dixo que o Goberno estatal estudaría a opción de acudir á vía xudicial fronte a esta medida, se ben non foi até máis adiante que se comprometeu a interpor un recurso. A Xunta, a través da Consellaría do Mar e perante o traballo de persoas xuristas expertas na materia, achegoulle un documento base para elaborar o recurso. Pesimismo no sector Diante deste escenario, e ás portas da campaña do Nadal, o sector pesqueiro galego aínda trata de adaptarse á nova situación imposta tras a entrada en vigor do veto. Os seus representantes advirten que supuxo unha caída das capturas e fixo que se instale unha sensación de "pesimismo" de cara ao futuro. Caída das capturas e pesimismo na frota galega após un mes do veto á pesca de fondo Así, asociacións do sector na Galiza mostraron a súa preocupación sobre a subsistencia das empresas debido a que moitos barcos tiveron que buscar outros caladoiros onde pescar. Con todo, na maioría das ocasións non obteñen alí os mesmos resultados que nas súas zonas tradicionais de traballo. |
NOS_57042 | A seguir, publicamos unha escolma de chíos cos que poderás seguir a manifestación do Día da Patria Galega | Xa estamos aquí! Servizo de orde preparado. #25X #ANacionGalega pic.twitter.com/iaJQjkq190— Dores S. Alegre (@AlegreDores) julio 25, 2015 Delegaciones internacionales #DiadaPatria @mjoseportega @ChesusRoyoTxema @anamirandapaz @MESperMallorca pic.twitter.com/ox7J5n3ZI2— Maite Ubiria (@Maite_Ubiria) julio 25, 2015 Galician National Day #25thofJuly #ANacionGalega #25X pic.twitter.com/ERKPZqnJgm— Pilar Fernandez (@pilaraymara) julio 25, 2015 O showman Xurxo Souto ultima os detalles #25X #ANacionGalega pic.twitter.com/5Y9G354ynm— Dores S. Alegre (@AlegreDores) julio 25, 2015 Moito ambiente a piques de comezar a manifestación por #ANacionGalega #NósImos pic.twitter.com/JoYNEOaLQQ— Mocidade Nac. Galega (@MNGalega) julio 25, 2015 Galiza é unha nación pic.twitter.com/VaxWHJ4uZ3— Duarte Correa (@duartecorreaGZ) julio 25, 2015 Saimos! Saúde e Terra Ceibe! Viva Galiza! pic.twitter.com/KsotIawCWU— Ana Miranda (@anamirandapaz) julio 25, 2015 #ANacionGalega #DiaDaPatria #2015 #compostela #Gz Rúa da Senra pic.twitter.com/Kc3sghxa9Z— olalha pinheiro (@alouminhar) julio 25, 2015 Un cambio histórico. O conxunto da nación marcha en Compostela pic.twitter.com/h3QjeD4yyj— Anova - Irmandade (@ANOVA_irmandade) julio 25, 2015 Así se loita por #ANacionGalega #25X #DiaNacionalDeGalicia pic.twitter.com/3RY5Ktlp6A— Compromiso x Galicia (@euCompromiso) julio 25, 2015 Milleiros pecorren Compostela para reivindicar a nación galega #Diadapatriagalega pic.twitter.com/gvvj15FQqj— Sermos Galiza (@SermosGaliza) julio 25, 2015 Pola soberanía dos pobos #diadapatria #anacióngalega pic.twitter.com/guh5mCtGiU— BNG (@obloque) julio 25, 2015 Porque queremos estudar e non emigrar o estudantado galego berramos independencia pic.twitter.com/k4A2jwIdLW— Comités (@comitesabertos) julio 25, 2015 Xa na mani do #DíaDaPatria! Adiante pola #soberaníaGz defendamos #aNacionGalega! pic.twitter.com/OcIQgZrrXo— Diego Boquete (@Onosolar) julio 25, 2015 O estudantado galego pola República Galega! pic.twitter.com/b13d7Zlju3— Λnα βαrχα (@_anagz) julio 25, 2015 Aqui estamos no Dia da Patria Galega dicindo ao mundo que somos unha nacion pic.twitter.com/ONfoE2HKMD— Ana Pontón (@anaponton) julio 25, 2015 Como dixo Castelao: "O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos" pic.twitter.com/7Jv9DCcni9— Galiza Nova (@galizanova) julio 25, 2015 Independencia para mudalo todo! @galizanova #diadapatria #anacióngalega #soberaníagz pic.twitter.com/ImqweXw59v— BNG (@obloque) julio 25, 2015 Bo día da Patria (e da Matria) a todas e todos os galegos. Como nos din as compas de @Podemos_Galicia: 'Novo tempo, país aberto' #25deXullo— Íñigo Errejón (@ierrejon) julio 25, 2015 E por fin coñecin á gran @pilaraymara— Pablo Tortajada (@PabloTortajada) julio 25, 2015 DO YOU HEAR THE PEOPLE SING, THIS IS THE SONG OF ANGRY MEEN pic.twitter.com/IBLfLdHC9j— Alejandro Lorenzo (@combobreaker_) julio 25, 2015 #25X #ANaciónGalega Galicia National Day Historical demonstration in Santiago de Compostela :D pic.twitter.com/GB5gRPmXOQ— Pilar Fernandez (@pilaraymara) julio 25, 2015 #ANaciónGalega #SoberaníaGZ @obloque pic.twitter.com/rsN3V2IqEq— BNG Nigrán (@bngnigran) julio 25, 2015 Comença la manifestació del Dia de la Pàtria Gallega. Viva Galiza Ceive e Socialista!! #DiaDaPatria pic.twitter.com/7KQmkV7Yuc— Roger Castellanos (@rogerstaeugenia) julio 25, 2015 Que fermosura ver tanta estreleira xunta #GalizaCeive pic.twitter.com/fkJfsFdqxw— Xioskhov (@Xioskhov) julio 25, 2015 A mocidade expulsada do país exixe poder @VoltaraTerra #ANacionGalega #DiaDaPatria pic.twitter.com/4TwivZrNkm— BNG emigración (@bngemigracion) julio 25, 2015 A mocidade expulsada do país exixe poder @VoltaraTerra #ANacionGalega #DiaDaPatria pic.twitter.com/4TwivZrNkm— BNG emigración (@bngemigracion) julio 25, 2015 Pois eu festexando o #DiaDaPatria aquí, que tampouco é mal sitio ;) #EuVou #ANacionGalega pic.twitter.com/iwXPFhxuiW— Fran Rei García (@xico_de_nelhe) julio 25, 2015 Maré humana toma a capital da Galiza @AgoraGaliza presente, reclamando direitos sociais, liberdades, independência. pic.twitter.com/28fGHr0rKr— Agora Galiza (@AgoraGaliza) julio 25, 2015 Xa está no palco da Quintana A Nación Galega portada pola cidadanía e con el@s estamos tod@s pola unidade da nación pic.twitter.com/T3K4Gk6dtn— Xavier Vence (@xaviervence) julio 25, 2015 GRAN DIA DA PATRIA GALEGA. AS RUAS DE COMPOSTELA CHEAS DE NACIONALISTAS pic.twitter.com/6ADxp6F58A— anton grandal (@antonnaraio) julio 25, 2015 Dia da Patria Galega. Independencia! Galiza ceive, poder popular! @gazte pic.twitter.com/meDNWdTIAP— Adrian Fuentes (@fuenareva) julio 25, 2015 Ayeri nel bloque internacionalista xuvenil, güei siguen los actos pol Día da Pátria Galega pic.twitter.com/EfLuxZsvqe— DARRÉU (@DarreuAsturies) julio 25, 2015 Manifestazio erraldoia #Compostela n Primera marcha de #DiadaPatria unitaria en 35 años. Avante #Galiza pic.twitter.com/WnCoAph4J6— Maite Ubiria (@Maite_Ubiria) julio 25, 2015 Chea de ilusión e pobo, a Quintana é certamente dos vivos #DiaDaPatria pic.twitter.com/U0P8sSILaX— Suso Bermello (@susobermello) julio 25, 2015 Queremos vivir e traballar no noso país, hoxe loitamos por voltar á terra!! #DiaDaPatriaGalega pic.twitter.com/U19qpVhzWv— Voltar á Terra (@VoltaraTerra) julio 25, 2015 Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé. #25X pic.twitter.com/EocaDbyt7k— LigaEstudantilGalega (@ligaestudantil) julio 25, 2015 Dia da Patria Galega , per molts anys !! pic.twitter.com/N5E47Ukxax— ÀngelaVilagran27S (@avilagrann) julio 25, 2015 Un #25X histórico. O 1º non convocado por partidos e o de cabecera máis rápida que se recorda: 30' pic.twitter.com/OOnESpNejP— Xosé Manuel Pereiro (@sihomesi) julio 25, 2015 Adiante #aNaciónGalega #DiaDaPatria2015 @MESperMallorca a la Praza da Quintana amb el poble gallec en moviment. pic.twitter.com/z68m1qpMN4— Magí Moranta (@magimoranta) julio 25, 2015 Hoxe é o Día da Patria Galega: soberanía e independencia para a nosa nación! pic.twitter.com/xmBZcHVT0E— MGS (@mgsgaliza) julio 25, 2015 O que somos capaces de conseguir xunt@s! #ANacionGalega #EuVou #25X pic.twitter.com/odpey5XlTv— Pilar Fernandez (@pilaraymara) julio 25, 2015 Así se loita por #ANacionGalega #25X #DiaNacionalDeGalicia pic.twitter.com/3RY5Ktlp6A— Compromiso x Galicia (@euCompromiso) julio 25, 2015 25 de xullo #ANacionGalega #EuVou con dúas mensaxes claras: pic.twitter.com/6bw5pL03Nb— Xosé Carballido (@xose_carballido) julio 25, 2015 Viva Palestina libre! @Maite_Ubiria @ChesusYuste pic.twitter.com/qyKlldLAWY— Ana Miranda (@anamirandapaz) julio 25, 2015 E nós tamen nos divertimos! :D #ANaciónGalega #EuVou #25X pic.twitter.com/lA7hUdhRNN— Pilar Fernandez (@pilaraymara) julio 25, 2015 Ás cousas vanse alegando por onde o meu carro pasa #euvou #25x Somos unha nación. Na Quintana a nación galega— nasas09 (@nasas09) julio 25, 2015 Saudaçons ao povo galego com motivo do #DiadaPatria Galega. Viva Galiza ceive e socialista! pic.twitter.com/QHdnK4QnmW— CUP Països Catalans (@cupnacional) julio 25, 2015 A nosa hestoria facémola nós #ANaciónGalega #25X pic.twitter.com/pgoj1PVZKe— Antonio Agrelo (@AntonioAgrelo) julio 25, 2015 Atrona O Carro, de Manuel María, nas gorxas dos milleiros na Quintana! #DiaDaPatria #SoberaniaGZ #ANacionGalega pic.twitter.com/nStlGfkjax— Rocío da Igrexa (@RociGz) julio 25, 2015 A tope A Quintana, q grande é Xurxo Souto! #DiadaNaciónGalega #MatriaGalega pic.twitter.com/EBfHHR9WOc— Pilar Martínez (@PilarMrtnez) julio 25, 2015 Hoje pedimos a independência da nossa Pátria, sempre com alegria. Porque vamos vencer! @XMriel pic.twitter.com/XXZ2T7fQw7— Diego VFS (@VladFidelSalvad) julio 25, 2015 Con @eva_solla @JMFajardoEU #XabierRon no #25X pic.twitter.com/qJqsb1dCX5— EU Compostela (@EUCompostela) julio 25, 2015 Eis a beleza dos pobos que se moven! #DíaDaPatria2015 #independencia pic.twitter.com/Pm8InyFOJk— MGS (@mgsgaliza) julio 25, 2015 Enchemos a Quintana e ainda moita xente por chegar #25X #ANacionGalega #euvou ;-) https://t.co/Uo4FcmtMXE— Carmen Castro (@SinGENEROdDUDAS) julio 25, 2015 Todas e todos xuntos #ANacionGalega #25X #DiaNacionalDeGalicia pic.twitter.com/K6xk3iPt2A— Compromiso x Galicia (@euCompromiso) julio 25, 2015 A Matria estaba a agardar por nós! E non a defraudamos! pic.twitter.com/XLtq3KHHvx— Mercedes Queixas Zas (@MercedesQueixas) julio 25, 2015 MJ, Alba María e Lidia Botana musicazas poñendo alegría no #DíadaPatria pic.twitter.com/tXpGcHB3Ow— Ximena González (@XMriel) julio 25, 2015 .@MESperMallorca amb la resta de delegacions internacionals POLA SOBERANÍA DOS POBOS #DiaDaPatria2015 #foto pic.twitter.com/3AQUK5MuEP— Magí Moranta (@magimoranta) julio 25, 2015 Todos e todas facemos falta!!, berra Xurxo Souto, na Quintana no Dia da Patria. #ANacionGalega pic.twitter.com/p7GNNfjsPe— BNG (@obloque) julio 25, 2015 Erguer unha nacion libre de mulleres e homes libres #25X #anaciongalega— Ana Luisa Bouza (@albouzas) julio 25, 2015 #Anaciongalega. Nun metro cadrado, Fdez. Lores, o sec. de @CCOOGalicia Sanchez Aguión e C. Nogueira pic.twitter.com/XtQ1NgsQ43— Xosé Manuel Pereiro (@sihomesi) julio 25, 2015 "Non queremos vivir sometidas nin colonizadas. Non renunciamos a Patria galega" Lectura do manifesto na mani unitaria pic.twitter.com/Nh6lNXQZhu— David #GalizaCeive (@Arredeeemo) julio 25, 2015 "As divisións nos debilitan e nos levan á insignificancia" #ANaciónGalega #25deXullo #PolaUnidade #DíaDaPatria— Ana González Liste (@BelaMistura) julio 25, 2015 As imaxes non precisan comentarse. Viva a nación galega. Viva o dia da patria pic.twitter.com/21oPgoGrpZ— Evencio Ferrero (@EvencioFerrero) julio 25, 2015 |
NOS_3693 | O Consello Regulador lamenta que Rosa Quintana discrepe da sentenza xudicial e diga que non hai fraude en que as conserveiras empreguen "elaborado en Galiza" malia que non envasen mexillón da DOP. | O Consello Regulador do Mexillón saiu esta fin de semana ao paso das polémicas declaracións de Rosa Quintana no Parlamento nas que a conselleira discrepou da sentenza xudicial que establece que ningúnha conserva de mexillón pode facer referencia á orixe galega do produto se non está amparada pola Denominación de Orixe Protexida (DOP). Quintana defendeu que a industria conserveira poda referirse a Galiza malia que o produto que envase non sexa de DOP. Para o Consello Regulador, a conselleira está a reproducir e avalar os argumentos dunha das partes particulares, a patronal conserveira. "¿É entendible que unha representante política do seu rango esqueza as resolucións xudiciais e fale como se fose a portavoz de intereses particulares? ¿Non pensou na inconveniencia que supón escenificar ese discurso nada menos que en sede parlamentaria?", pregúntase o organismo presidido por Francisco Alcalde. "Esta actitude da titular de Mar está a causar un grave perxuizo á DOP Mexillón de Galicia. En imaxe pública, no seu desenvolvemento comercial e creando dúbidas nas persoas e nas empresas do sector sobre a protección da DOP, contradicindo o sentenzado e ocasionando en conxunto fortes perxuizos económicos. Como Autoridade competente está a levando a cabo unha actuación contraria a propia Lei de Calidade Agroalimentaria de Galiza", afirma. |
NOS_7482 | Vence afirmou que o Bloque aposta por unha candidatura galega para as eleccións xerais non condicionada a ningunha forza estatal. Tamén sinalou que o BNG aspira á Presidencia da Deputación da Coruña. | Unha candidatura galega que non estea condicionada a ningunha forza estatal. Esta é a aposta de Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, para as eleccións xerais, tal e como sinalou este mediodía nunha entrevista concedida á Cadena Ser. "Estamos na batalla de construír unha gran candidatura galega, que naza desde Galiza e das forzas políticas e da sociedade galega que queren ter representación directa e soberana no Congreso", apuntou. "Tratamos de conformar unha gran candidatura non condicionada a ningunha forza estatal, nin a Podemos nin a ningunha outra forza", engadiu á pregunta da xornalista. Nesta liña, Vence puxo de manifesto que se precisa dunha "candidatura galega que conforme un grupo parlamentar propio para defender os intereses de Galiza e que poida participar con voz propia e forte no caso de que se abra unha reforma constitucional". Sobre as mareas, o portavoz nacionalista insistiu en que o BNG se dirixe "a todas as forzas políticas e organizacións sociais co marco de referencia en Galiza" e asegurou que xa se produciron conversas co fin de que se sumen todas as forzas políticas galegas nunha mesma candidatura, co fin de que Galiza conte cunha representación "potente" para acadar un "grupo parlamentar galego". Vence apela á "xenerosidade" e salienta que o BNG pon por diante os intereses do paísque está decidido a apartar as siglas Así, o portavoz nacional do BNG subliñou que defende "poñer por diante de todo os intereses do país" e advertiu da necesidade de "sumar todas as voces". Para iso, apelou á "xenerosidade" e lembrou que o BNG está decidido a pór a un lado as siglas para concorrer ás eleccións xerais baixo un "rótulo que todos e todas decidamos e no que todas as forzas e a cidadanía que así o queira se vexan representadas". Vence sinalou que a candidatura debe seguir dous criterios: ser "galega" e "soberana" e, en consecuencia, "a súa estratexia política debe decidirse desde Galiza". Advertiu de que todos os que non compartan estes criterios non poderían entrar nesta candidatura galega, que non estaría supeditada a ningún grupo parlamentar e cuxas decisións se adoptarían desde Galiza e pensando nos intereses galegos. Pola correlación de votos, aspiramos a poder presidir a Deputación da Coruña nun goberno participado Preguntado pola negociación co PSOE para conformar goberno nas Deputacións de Pontevedra e da Coruña, Vence afirmou que as conversas "avanzan". Asegurou que a Presidencia da Deputación da Coruña para o Bloque "non é o tema central", xa que "estamos traballando na parte programática das deputacións no seu conxunto e nunha distribución de funcións equilibradas". Porén, sinalou que "aspiramos a poder presidir a Deputación da Coruña" dada a "correlación de votos". Lembrou que o BNG formulou, de partida, que unha forma xusta de poder visibilizar o pacto sería que a formación nacionalista presidise unha das tres deputacións e que, pola correlación de forzas, debería presidir a da Coruña Precisamente, sobre a Deputación da Coruña, expresou o desexo de que se incorporen, amais do PSOE, a Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. "Debería haber un goberno máis participado", resumiu. |
NOS_40198 | A empresa exixe 6 millóns de euros a Mugardos, unha cantidade que segundo o BNG equivale ao orzamento anual do municipio. | O conflito entre a empresa de gas natural licuado Reganosa e o concello de Mugardos chegará ao Parlamento de Galiza despois de que o deputado comarcal Mon Fernández presentase dúas iniciativas para pedir explicacións á Xunta, na súa calidade de socia de referencia no capital de Reganosa. Esta empresa, tal e como o explicou o alcalde de Mugardos, Xoán Domingo de Deus, presentou unha reclamación xudicial contra o concello demandando "pagos indebidos en concepto do Imposto sobre as Actividades Económicas (IAE). Nunha rolda de prensa -e acompañado da portavoz comarcal do BNG, Mercedes Tobío, e do portavoz municipal da organización en Mugardos, Argemino Varela-, Fernández abordou o conflito derivado da reclamación de Reganosa contra o concello de Mugardos. Neste sentido, o deputado manifestou que o BNG "amosa a súa preocupación" polo montante económico da reclamación, unha cantidade que estaría "próxima" aos 6 millóns de euros, e que "equivale ao orzamento anual de Mugardos". Tamén engadiu que lle preocupa "a paralización de certos investimentos e colaboracións económicas da empresa que viñan sendo habituais no concello". Fernández sinalou que "unha das cuestións que máis preocupación e indignación provocan é a ameaza de tributar a partir de agora en Madrid". Ademais o feito de que a Xunta teña unha porcentaxe "importante" do capital social da empresa "incrementa" a preocupación do BNG. Neste sentido, Fernández detallou as dúas iniciativas presentadas no Parlamento coa fin de obter respostas do goberno do país. A primeira, unha pregunta oral, busca que a Xunta responda se tiña coñecemento da interposición da demanda contra o Mugardos e se o executivo pensa adoptar medidas "para evitar que Reganosa chegue a emprender as accións anunciadas". Por outra banda, o BNG presentou unha proposta non de lei, co obxectivo de que o Parlamento cualifique de "inaceptábel" que Reganosa "poña en risco as contas e o financiamento do Concello de Mugardos". Na proposición non de lei tamén está recollido que a Xunta, "en tanto que é partícipe do capital social da empresa" debería tomar "as medidas necesarias para que a sociedade renuncie a emprender as accións xudiciais, así como a cambiar o lugar onde realiza a súa tributación". |
NOS_48970 | Hungría e Polonia sumaron esta cuarta feira ao seu enroque un novo apoio –máis moral que oficial– a respecto dos seus argumentos: isto é, que a UE non ten dereito a se inmiscir nos asuntos internos dos Estados membros, aínda que estea en xogo o respecto ao estado de dereito. O que dure o pulso será o que tarde en comezar a chegar a axuda económica. | O primeiro ministro de Eslovenia, Janez Jansa, manifestou hoxe o seu apoio ás críticas realizadas por Polonia e Hungría a respecto dos seus motivos para vetar o orzamento da UE, que pretende vincular a partir de 2021 o desembolso de fondos co respecto ao estado de dereito e aos valores comunitarios. "Algúns grupos políticos están a ameazar abertamente co uso erróneo do chamado 'estado de dereito' co fin de disciplinar de maneira individual Estados membros mediante un voto maioritario", escribiu Jansa nunha carta remitida ao presidente do Consello Europeo, Charles Michel, e publicada polos medios de comunicación locais. Hungría e Polonia vetaron na segunda feira o Marco financeiro plurianual 2021-2027 e o Plan de recuperación pos-Covid (1,074 billóns do orzamento da UE e 750.000 millóns do fondo). Eslovenia non secundou entón o bloqueo, mais Jansa argumenta na misiva que "o 'estado de dereito' significa que os conflitos son resoltos por un tribunal independente e non por unha maioría política en calquera outra institución". "Necesitamos institucións comunitarias que non se inmiszan nos conflitos políticos internos dos Estados membros", exixiu o primeiro ministro esloveno, un fiel aliado do seu homólogo húngaro, Viktor Orbán, de quen copiou a retórica antimigratoria. Reunión en Bruxelas A respecto da polémica, a Comisión Europea insistiu hoxe en pedir "responsabilidade" para desbloquear con rapidez o veto de Polonia e Hungría. "Necesitamos un rápido acordo en todos os elementos do paquete de recuperación da UE de 1,82 billóns para apoiar a economía real. A xente e as empresas están esperando, así que todas as partes deberían asumir as súas responsabilidades para asegurar que aprobamos o paquete de recuperación", declarou o vicepresidente económico da Comisión, Valdis Dombrovskis. Engadiu que desde o Executivo comunitario están a traballar coa presidencia rotatoria alemá da UE e coa presidencia do Consello para atopar "posíbeis solucións", mais salientou que a Comisión continúa a considerar que tanto o paquete de recuperación como o respecto ao estado de dereito son elementos "importantes". Pola súa banda, o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, coincidiu en sinalar que unha "rápida" entrada en vigor do fondo de recuperación é "crucial" para todos, e solicitou a todos os países "mostrar un forte sentido de responsabilidade coa súa propia cidadanía e con todos os europeos". Ademais, salientou que Polonia e Hungría son os dous Estados membros que recibirán a proporción máis alta de recursos do orzamento plurianual e do fondo con respecto ao seu Produto Interior Bruto (PIB). Este é un dos motivos que levan a pensar, segundo algunhas análises, que tanto o Goberno polaco como o húngaro acabarán cedendo ante a necesidade e a presión cidadá. Apoio e oposición internos Porén, segundo unha enquisa publicada conxuntamente polo diario polaco Dziennik Gazeta Prawna e a emisora RMF, a maioría da cidadanía polaca (57%) apoia o veto do seu Goberno. O presidente, Andrzej Duda, tamén manifestou a través do seu portavoz o apoio á decisión do Executivo do primeiro ministro, Mateusz Morawiecki. E Michal Wojcik, líder de Solidarna Polska, aliado do partido de Goberno, Lei e Xustiza (PiS, na siglas en polaco), foi claro: "Ninguén ten que aprenderlle nada a Polonia de estado de dereito ou de democracia". Engadiu que países cunha "mala historia nos últimos cen anos", en alusión a Alemaña, non teñen lexitimidade para falar deste tema. A oposición, porén, argumenta que o bloqueo do Goberno é consecuencia do "medo" a ser castigado financeiramente precisamente pola súa falta de respecto polo estado de dereito. Tamén os líderes pos partidos da oposición en Hungría asinaron unha carta, publicada onte polos medios locais, en que denuncian que o veto "vai en contra dos intereses e expectativas lexítimos da cidadanía europea e húngara". "Viktor Orbán e o seu Goberno non son o mesmo que Hungría", afirmaron na misiva. Críticas ao bloqueo de Bulgaria á negociación para a entrada de Macedonia do Norte na UE O recente Consello de Asuntos Xerais da UE tamén deixou outro veto, neste caso ás negociacións para a entrada de Macedonia do Norte no clube comunitario. Alemaña, que exerce a Presidencia de quenda, afeou que Bulgaria "faga extensivos á UE problemas que son bilaterais". E esta cuarta feira, o relator da Eurocámara para Macedonia do Norte, o búlgaro Ilhan Kyuchyuk, e o xefe da delegación parlamentaria para este país, o austríaco Andreas Schieder, criticaron o "fracaso dos ministros de Asuntos Europeos para aprobar o marco negociador", algo que "pon en risco a credibilidade da Unión nos Balcáns". Bulgaria mantén reticencias sobre o idioma e a identidade cultural do país veciño, xa que considera que conta cunha ampla comunidade de descendentes de eslavos e que non ten unha lingua de seu, senón que se fala un dialecto do búlgaro. A adhesión dun novo Estado require unanimidade. |
NOS_21772 | Creo que ningunha persoa que siga a obra deste autor pode prescindir da lectura de As voces baixas, porque resulta fundamental para entender a obra e a figura de Rivas no seu conxunto e nas súas raíces máis profundas | De calquera escritor ou escritora cunha longa traxectoria literaria e cunha amplísima obra publicada, como é o caso de Manuel Rivas (A Coruña, 1957), é normal que teñamos aínda pendente ler algún ou algúns dos seus libros publicados hai anos. Iso foi o que nos sucedeu a nós con As voces baixas, que tivo a primeira edición xa en 2012. Mais sempre aparece alguén que nos recomenda esa lectura. No meu caso foi a queridísima amiga Carme Vidal, que me falou dese título cun entusiasmo certamente desbordante, contaxiándome de inmediato o interese polo libro, e máis aínda despois de ler a magnífica entrevista que ela lle fixera ao autor para as páxinas de A Nosa Terra coincidindo coa publicación da obra. Despois de escoitar os comentarios tan eloxiosos de Carme Vidal, non podía facer outra cousa máis que ir a unha libraría, con tanta sorte que nin o tiven que pedir, porque había un exemplar, iso si, un único exemplar. As voces baixas / Manuel Rivas / Xerais / 2019 , 4ª edición / 206 páxinas Se nós tivésemos que seleccionar un título de Manuel Rivas, tarefa sempre difícil, seguramente nos quedariamos coa novela Os libros arden mal, porque talvez é a súa obra máis ambiciosa, aínda que gustamos moito dos seus relatos, un xénero, o do relato, no que este escritor é un auténtico mestre. Mais creo que ningunha persoa que siga a obra deste autor pode prescindir da lectura de As voces baixas, porque resulta fundamental para entender a obra e a figura de Rivas no seu conxunto e nas súas raíces máis profundas, as verdadeiras orixes da súa literatura, o que el chama "a boca da literatura", que foi tamén o fío condutor do seu discurso de ingreso na RAG. Estamos seguros que todo o que hai na obra de Manuel Rivas de sinxeleza expresiva, de emoción, de valores humanísticos, de dignidade, de xustiza, de tenrura, da presenza da xente humilde, do sentido do humor e dun certo alento sentimental e lírico, en definitiva, de vida e verdade, ten moito a ver coa súa propia nenez e adolescencia nunha rúa de Monte Alto e na aldea do Castro de Elviña, ou coas súas vivencias na casa natal de súa nai, en Corpo Santo, nunha parroquia de Carral, onde a súa imaxinación de neno lle facía pensar que a néboa que polas mañás cubría o val era a mesma néboa que soltaban as vacas cando botaban a cabeza polas cambeleiras. Mais en As voces baixas está sobre todo a súa familia, súa irmá María, súa nai, seu pai, os amigos da infancia, as xentes do lugar… Toda a riqueza humana na que el viviu eses anos tan decisivos para calquera persoa está aquí recollida e brillantemente escrita non só como homenaxe á irmá e aos pais por todo o que lle deron, senón tamén para emocionarnos coa literatura que nace da propia vida. Só un escritor que vén de onde vén Rivas e que está feito dese mesmo barro pode escribir un conxunto de relatos tan fermosos e de tanta fondura humana. Quen gustara de As Pequenas Memórias de José Saramago, gustará aínda máis de As voces baixas. |
NOS_19305 | A Galiza de 2018 non é a de 1981, como tampouco o é o Estado español, Europa ou o mundo. Mais no país continúa a rexir o estatuto aprobado naquela altura e a maioría do PP aposta en afogar calquer mínimo debate sobre a necesidade de reforma estatutaria ou de se dotar dun novo marco. Desde a oposición, porén, apostan en iniciar o camiño cara a un maior autogoberno. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301. | Non puido ser". Con esta frase resumía en 2007 o daquela presidente Pérez Touriño a imposibilidade de levar adiante unha reforma do estatuto de autonomía de Galiza. As eleccións de 2005 trouxeran a derrota do PP e a formación dun goberno de coligazón entre socialistas e nacionalistas. Comezan entón os debates no Parlamento sobre a reforma do estatuto. Unha aposta que non fructifica perante a oposición rotunda e frontal do PP. "Intentámolo e non puido ser. Haberá que esperar outro momento político", recoñecía tamén en 2007 o daquela vicepresidente, Anxo Quintana. Mais ese "momento político" semella que non dá chegado. Polo camiño, cataláns e andaluces dotáronse de novos estatutos, os vascos están inmersos na elaboración dun novo texto que teñen claro que queren que sexa "nacional"; e casteláns, murcianos, valencianos ou canarios están mergullados nos seus propios procesos de reforma e revisión estatutaria. E Galiza? Non sabe, non contesta. Impulso En Marea e BNG son forzas partidarias de superar o actual marco estatutario. "O modelo autonómico está esgotado e non ofrece solucións", considera o partido instrumental, que aposta en "avanzar e profundizar no autogoberno". A autonomía fiscal ou a asunción de competencias en materia laboral son dúas cuestións nas que aprofundar o autogoberno. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 301, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_15305 | O máximo órgao da confluencia ten pendente dúas tarefas básicas, designar a portavocía nacional e a Coordenadora Nacional (executiva). | En Marea está nun estado de parálise institucional desde finais de xaneiro. Desde o 28X non se reúne o seu máximo órgao entre plenarios, o Consello das Mareas. E non o fai embora teña nas tarefas pendentes nada máis e nada menos que a designación dos membros da Coordenadora (Executiva) e da portavocía nacional. Esta situación levou a varios militantes a asinar un escrito -ao que tivo acceso Europa Press- en que demandan o "desbloqueo" do Consello das Mareas e até propoñen día e hora para que se reúna, o 2 de Abril ás 17 horas. Asinan o escrito Adrián Fuenteseca, Ares Jiménez, Borja San Ramón, Gladys Afonso, Iago Martínez, Mariano E. Fernández Cabarcos, Oriana Méndez, Paula Rodríguez, Pedro José Rivera, Rafa Dopico, Sara Outeiral, Javier Octavio de Toledo e Noemi Prados. Explican estes militantes de En Marea que en varias ocasións propuxeron a inmediata convocatoria do máximo órgao da confluencia. O que obtiveron como resposta foi "dous tipos de resposta: ou silencio ou evasiva". "Non achamos nengunha explicación razoábel a este bloqueo xa non só ao diálogo, senón mesmo a coincidir no mesmo tempo e no mesmo espazo", afirman. Denuncian que a consecuencia desa pasividade é a paralización da "plena constitución dos órgaos de dirección de En Marea, particularmente a súa coordenadora", o que levaría "eludir os importantes debates políticos pendentes". E poñen o grupo parlamentar no albo cando sinalan que ao seu xuízo o que revela o bloqueo é "unha vontade de impedir que En Marea se consolide fóra do perímetro do Parlamento da Galiza". Propoñen, en definitiva, unha convocatoria do Consello para o 2A co propósito de "desbloquear a actual situación" e "garantir o respeito das decisións democraticamente tomadas polas persoas inscritas". Por que a demora na reunión do Consello? A razón fundamental é a rotura do consenso na cúpula sobre unha cuestión fulcral, a da designación da portavocía nacional. O votado polas bases de En Marea nas primarias non oferece dúbidas. O Documento Político gañador -o da candidatura Máis Alá- estabelecía nidiamente que a portavocía a ocuparían tres persoas, dúas mulleres e un home, con incompatibilidade expresa para aquelas persoas que desenvolven a función de voceiros no Parlamento de Galiza e no Congreso, o que excluía Luís Villares e Antón Gómez-Reino. O Documento Político estabelecía, aliás, que Villares e Gómez-Reino serían membros natos dos órgaos de dirección. Neles terían voz, mais non direito de voto. O problema é que no entorno de VIllares nunca se aceitou de bon grao esta decisión da militancia e unha voz tan significativa como a de Xosé Manuel Beiras se pronunciou a prol de que o portavoz no Hórreo fose tamén o voceiro orgánico da confluencia. Até se formou unha especie de corrente -Marea Aberta- para defender tamén a candidatura de Villares, a despeito do votado polas persoas inscritas. Este non é o único asunto que mantén bloqueado o órgao. Hai tamén outro conflito á vista: a constitución da propia Coordenadora Nacional, unha sorte de Executiva composta por 11 persoas. As candidaturas críticas -Somos Quen, liderada polo parlamentar de Anova Davide Rodríguez, e Queremos Participar, nucleada arredor de Cerna- piden que se aplique a proporcionalidade pura e que, portanto, a correlación de forzas no órgao sexa 6-3-2 (con 6 asentos para Máis Alá, 3 para o SQ e 2 para QP). A candidatura oficial, por súa parte, entende que se debe ter en conta a proporcionalidade, mais non como único criterio e alegan que a dirección tamén se debe compor a partir de factores como a súa maior ou menor funcionalidade. En todo caso, que a proporcionalidade sexa pura ou non xa foi un asunto polémico, con recursos de por medio, á hora de atribuír os asentos no Consello das Mareas |
NOS_27815 | A Audiencia Provincial da Coruña recibiu a petición da Plataforma de Vítimas do Alvia de que comparecesen as persoas acusadas de ordenar o borrado de datos do convoi sinistrado, suscrita polo avogado do maquinista imputado. Renfe afirmou "descoñecer" os feitos. O BNG pide chamar a "responsábeis" de Talgo e solicitará que se reactive a comisión de investigación no Congreso. | O 10 de outubro representantes da Plataforma das Vítimas de Angrois, achegaban á Audiencia Provincial da Coruña e a de Santiago a declaración xurada dun ex mecánico de Talgo, a empresa construtora do Alvia sinistrado, na que afirmaba que directivos da empresa ordenáranlle eliminar información relativa a avarías no convoi logo do accidente. A información achegada provocou o adiamento dunha deliberación da Audiencia Provincial da Coruña, que recoñecía a súa transcendencia á hora de avaliar se as investigacións do caso deben ser reabertas ou se chegou o momento de realizar o xuízo. Nos escritos presentados neste prazo a plataforma de vítimas argumenta que a información achegada debe de ser investigada e solicita a comparecencia das persoas implicadas. A defensa do maquinista, un dos dous imputados polo sinistro e que o día do accidente tomou a curva con exceso de velocidade, advertiu do "grave" da denuncia e adheriuse á petición das vítimas. Pola outra banda, a defensa do outro imputado, o ex director de seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, sostén que a denuncia do borrado de datos non lle afecta, xa que o tren descarrilado "é competencia da empresa ferroviaria Renfe Operadora" e non da xestora da infraestrutura, Adif. Renfe, pola súa banda, afirmou descoñecer "total e absolutamente os feitos" relativos á denuncia do ex traballador. Os maxistrados da Coruña recibiron tamén outros escritos, como os das defensas de Teresa Gómez-Limón e Cristóbal González, afectadas polo sinistro, e a do maquinista que conduciu o tren até Ourense aquela noite do 25 de xullo. O seu avogado sinala que, segundo o exposto na testemuña do ex maquinista de Talgo, "púxose en perigo a vida dos traballadores e traballadoras a cargo do tren, ademais da dos viaxeiros e viaxeiras". As e os maxistrados da Coruña deberán estabelecer unha nova data para a deliberación sobre os recursos presentados ao feche da instrución da causa polo accidente do Alvia. Pola súa banda, o titular do xulgado de instrución número 3 de Compostela, Andrés lago, debe decidir en primeira instancia sobre a petición de máis probas e a comparecencia de novas testemuñas. O BNG pedirá reactivar a Comisión no Congreso Esta quinta feira a europarlamentar polo BNG, Ana Miranda, e o cabeza de lista nacionalista para as eleccións xerais, Nestor Rego, explicaron as iniciativas que levará a cabo a formación ao respecto do accidente. Miranda lembrou o procedemento de infracción do dereito comunitario en materia de seguridade ferroviaria que a Comisión Europea iniciou contra o Estado. Rego comprometeuse a defender no Congreso a "investigación independente" dos feitos. Rego destacou que, ademais da comisión de investigación na Cámara Baixa, tamén esixen a "reactivación" da comisión de carácter técnico, a que demandan as vítimas do sinistro para substituír o informe que elaborou a CIAF e que foi criticado pola Axencia Ferroviaria Europea por só responsabilizar dos feitos ao maquinista. Pola súa banda, Ana Miranda instou á Comisión Europea a trasladar o caso polo que faleceron 80 persoas na curva da Grandeira o 24 de xullo de 2013 ao Tribunal de Xustiza "se o Goberno español non cumpre xa o último requirimento". Na segunda feira representantes do BNG e do Grupo Común de Esquerda solicitaran que se "depurasen responsabilidades políticas". A líder do BNG, Ana Pontón, criticou o esforzo do Estado en ocultar "probas" do "maior accidente ferroviario da Galiza". Luca Chao, do Grupo Común de Esquerda, cualificou nunha rolda de prensa a nova información de "lamentábel". "Hai que esclarecer a verdade aquí (no Parlamento) e no Estado. Non pode haber xustiza se non hai información", afirmou. Pola súa banda, PP e PSdeG pediron respecto polas decisións xudiciais. |
PRAZA_18018 | Para poñer en marcha os servizos non sanitarios anunciados por Feijóo na vella Residencia cumpría devolver o edificio ao Ministerio cun trámite que a Xunta fixo en xaneiro e marzo, pero que anulou en maio. O Goberno galego admite a anulación, asegura que foi "a instancias" do Goberno de Rajoy e acusa o Concello lucense de "entorpecer" o proxecto HEMEROTECA | Feijóo anuncia que parte do vello hospital lucense volverá ter uso cando leve case unha década pechado | A finais de xaneiro de 2011 o moi deteriorado Hospital Xeral de Lugo despediu os seus derradeiros pacientes, que foron trasladados ao novo Hospital Lucus Augusti. O vello complexo pechaba case por derrubamento e o barrio ao que lle deu nome dende mediados do século pasado, A Residencia, ficaba sumido na incerteza. Vivendas, infraestruturas e innumerables pequenos negocios que medraran en torno ao hospital reclamaban non quedar "abandonados". Máis de media década e numerosas promesas despois o antigo complexo seguía abandonado e algún dos seus edificios "enfermos", en verbas da propia Xunta. Xa estaba, literalmente, a caer.Para poñer en marcha os servizos non sanitarios prometidos por Feijóo cumpría devolver o edificio ao Ministerio cun trámite que a Xunta fixo en xaneiro e marzo, pero que anulou en maioNeste punto e entre reiteradas reclamacións da Mesa da Residencia -comisión impulsada dende o Concello con representación dos grupos municipais e asociacións do barrio-, a mediados de 2017, máis de seis anos despois do peche, o presidente da Xunta convocou un acto solemne en Lugo para anunciar que tiña un plan para o vello hospital. Ía ser remodelado por completo: no que fora o edificio Materno Infantil íase erguer un "Centro Integral de Saúde"; ademais, a reconversión ía incluír un centro de maiores, un centro de "emprendemento aeronáutico", unha "oficina de información e emprego", unha planta de biomasa e un parque e, máis adiante, unha comisaría. Para poñer en marcha todos estes servizos adicionais aos sanitarios cumpriu realizar un trámite clave que a Xunta chegou a facer, pero que foi anulado o pasado 31 de maio sen que o Goberno galego o fixese público. Agora a Xunta admíteo, pero réstalle importancia.Como o propio Feijóo avanzara, para levar adiante este plan era necesario modificar os acordos acadados entre a Xunta e o Estado a principios dos anos 90 no marco da transferencia das competencias sanitarias, segundo os cales o edificio do hospital lucense quedou adscrito ao Sergas, pero seguía sendo propiedade da Seguridade Social. Concretamente, para instalar no recinto "outros equipamentos públicos" non sanitarios a Xunta tiña que realizar unha "retrocesión patrimonial" a prol do Estado. Isto é, 'devolverlle' formalmente os edificios para que, á súa vez, o Ministerio os volvese ceder, pero con novos usos.O Goberno galego non incluíu a anulación na referencia pública do Consello da Xunta e Feijóo tampouco a mencionou na súa comparecencia ante a prensaOs trámites para ese cambio de usos comezaron o 19 de xullo nun acto público no que o propio Feijóo e a daquela ministra de Emprego, Fátima Báñez, asinaron o protocolo "para a reasignación de usos nos inmobles" do vello Xeral. En cumprimento dese acordo, o 25 de xaneiro de 2018 o Consello da Xunta "autorizou a retrocesión" do Pavillón Xeral do complexo e o 8 de marzo, do Pavillón Administrativo. Ese segundo acordo, o de marzo, foi incluído na referencia pública do Consello da Xunta e o Goberno galego divulgou un comunicado explicando a operación mediante a cal, avanzaba, ía poder instalar alí servizos como a devandita Oficina de Emprego e Formación. Todo o proceso semellaba estar en marcha e así, por exemplo, o 2 de maio a Consellería de Facenda formalizou por algo máis de 30.000 euros o contrato cun estudio de arquitectura para a "redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación" do edificio "para a nova oficina central de emprego de Lugo" no vello hospital.No entanto, o día 31 do mesmo mes de maio, mentres en Madrid se debatía a moción de censura que acabaría con Mariano Rajoy fóra da Moncloa e Pedro Sánchez na presidencia, o propio Consello da Xunta acordaba "deixar sen efecto os acordos" do 25 de xaneiro e do 8 de marzo. Así consta nunha certificación asinada polo presidente da Xunta e mais polo vicepresidente, Alfonso Rueda, á que tivo acceso Praza.gal. Esa anulación non foi incluída na referencia pública do Consello, na que o Goberno galego si deu conta doutros asuntos como un "informe sobre o plan de dotación de tractores aos concellos", e Feijóo tampouco o mencionou na súa comparecencia ante a prensa.A alcaldesa pide explicacións e a Xunta ínstaa a "non entorpecer"Lara Méndez: "Mentiu a Xunta do PP dende o principio? Era todo fume? Renunciou ao proxecto?"Tras saber da anulación "grazas ao interese" da nova subdelegada do Goberno de España na provincia lucense, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Lugo apresurouse en reclamar "explicacións" do Goberno galego a respecto desta "moi preocupante inforación". A xuízo de Lara Méndez, a anulación do trámite e a ocultación da mesma "poñen de manifesto, como mínimo, unha falta de dilixencia e interese por parte da Xunta para acometer o proxecto tal e como nolo presentaron". "Non sabemos o motivo, pero si sabemos que sen este trámite a Xunta non pode acometer as partes do proxecto da Residencia con uso non sanitario". Isto é, o Goberno galego podería seguir adiante co centro de saúde, pero non cos demais edificios prometidos."Xorden moitas preguntas -coida a rexedora socialista-: Mentiu a Xunta do PP aos lucenses dende o principio? Era fume todo o que prometeu? Renunciou ao proxecto?". O gabinete de Feijóo, advirte, debera "explicar á veciñanza o que está pasando", xa que "me nego a crer que despois de sete anos de atraso en propoñer un plan" para a residencia, "sigan con mentiras e desprezos a Lugo". En calquera caso e aínda que "os antecedentes non son alentadores", o Concello "segue adiante" coa parte do proxecto que lle corresponde en materia de licenzas para o centro de saúde.A Delegación da Xunta en Lugo admite a anulación e asegura que se produciu "a instancias" do Goberno de Rajoy porque "viu conveniente realizar máis adiante" o trámite; Feijóo acusa o Concello de ralentizar o proxectoA Xunta, pola súa banda, retruca á petición de explicacións da rexedora ínstándoa a "non entorpecer". Segundo o delegado territorial do Goberno galego en Lugo, José Manuel Balseiro, a anulación aprobada e non difundida en maio produciuse "a instancias do Goberno central", isto é, do gabinete de Rajoy, porque "vía conveniente realizar máis adiante unha retrocesión global do complexo". "O Goberno local -agrega Balseiro- o que ten que facer é colaborar coa Xunta e non entorpecer o proxecto".Nun sentido semellante pronunciouse o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao remate da reunión semanal do Consello da Xunta, dende onde tamén cargou contra o Concello lucense. "Creo que hai unha confusión", di Feijóo, quen acusa o gabinete de Lara Méndez de ralentizar a concesión de licenza para a construción do centro de saúde, isto é, para o único dos edificios que non precisa do trámite anulado. "Todo o que dixen se mantén ao cen por cen e pido que nos deixen construír en Lugo", di Feijóo, quen afirma que neste proxecto a Xunta non vai "marcha atrás nin marcha ao lado; só queremos ir cara a adiante" e "o que hai que levantar é o freo". |
NOS_20766 | O persoal da empresa Isidro 1952 comezou esta pasada quinta feira unha folga indefinida para denunciar o ERE de extinción que anunciou a empresa. | O persoal da empresa Isidro 1952 chegou ao límite. A pasada quinta feira comezou unha folga indefinida para exixir que se paralice o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción e á modificación substancial das condicións laborais e salariais que a dirección quere aplicar. A situación laboral é moi difícil como explica a Nós Diario a presidenta do comité, Olga Rodríguez. "A xente non está cobrando e a empresa segue a investir cartos en produción como os 30.000 euros destes días para mercar produtos". A empresa comunicou o 4 de decembro un ERE de extinción de 136 persoas e as que quedan terían un cambio substantivo das condicións de traballo. "Pasar de traballar pola mañá a facer tres quendas de luns a domingo, cando precise a empresa", explica Rodríguez, "ademais cunha baixada salarial que nalgúns casos chegaría a máis de 300 euros", engade. Desde o comité de empresa de Isidro 1952 aseguran que a proposta de ERE ten moitas irregularidades. "Meteron xente con contratos temporais, prexubilada ou mesmo persoas que xa están xubiladas, outras que xa marcharan da empresa, todo un despropósito", asegura Olga Rodríguez. O período de consultas do ERE remata o vindeiro 23 de xaneiro mais desde o comité asegurán que non haberá acordo polas condicións que quere impoñer a empresa. Isidro 1952 conta na actualidade nun cadro de persoal de 225 persoas e a intención é, segundo explica a presidenta do comité, "que quedemos unhas 83". Os problemas económicos confirmados por unha débeda de 78 millóns de euros afectarían atmén aos criadeiros e piscifactorías. O propio comité denunciou diante a Xunta que non se está alimentando de maneira axeitada algunhas especies e xa houbo mortes. Desde a CIG-A Coruña exixen a intervención da Xunta para garantir os postos de traballo nunha empresa que consideran "estratéxica para Galiza". |
NOS_38608 | CxG vén de reclamar a disolución da corporación municiapal de Compostela despois de se facer pública a nova imputación do alcalde Ángel Currás, por prevaricación e acoso moral. | A organización liderada por Xoán Bascuas defende a disolución da corporación municipal debido á "imposibilidade manifesta de gobernar" unha vez o alcalde foi de novo imputado neste caso por prevaricación e acoso moral. A acusación súmase ás que pesan tamén sobre o alcalde saído das urnas nas pasadas eleccións, Gerardo Conde Róa, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez. Unha xestora que goberne Xoán Bascuas require do Consello da Xunta que bote a andar os trámites precisos para que o Consello de Ministros, como recolle a lei Reguladora das Bases de Réxime Local, "proceda a disolver a corporación municipal de Santiago e constitúa unha xestora designada polas forzas políticas presentes no Parlamento de Galicia que se encarguen de afrontar temporalmente os grandes retos da cidade ata as próximas eleccións muncipais". Recoñece CxG o extraordinario dunha situación onde cómpre aplicar medidas tamén singulares xa que "os imputados deben centrarse na súa defensa" polo que indica que Currás ten que "marchar" e deixar de "aferrarse ao poder". O Secretario Local de Compromiso por Galicia en Compostela, Modesto Toribio acusou tamén o PP local de estar a "danar" a imaxe da cidade. CxG súmase así á plataforma cidadá que este domingo reunía a unhas cen persoas en Santiago para reclamar transparencia para o Concello e a eliminación da corrupción, para o que pedían tamén a disolución da corporación municipal. |
PRAZA_14442 | É a quinta infracción que acumula o Executivo galego no último mes. Nesta ocasión, terá que retirar da súa páxina web unha información sobre a visita do conselleiro Jesús Vázquez a varios colexios do Barco. | A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno de Feijóo logo de ordenar ao Executivo galego que retire da súa páxina web a noticia e a gravación sobre a visita do conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, a varios centros escolares da comarca do Barco o pasado mércores. No seu escrito, o organismo explica que actúa despois dunha denuncia do PSdeG e ao incumprirse unha das instrucións da Loreg (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral) que indica que só é campaña institucional permitida aquela "de carácter informativa que resulte imprescindible para a salvagarda do interese público ou para o correcto desenvolvemento dos servizos públicos". Así, require a Xunta "para que retire a noticia relativa á visita do conselleiro de Cultura e Educación a varios colexios do Barco de Valdeorras (incluída a gravación do acto) da páxina web", polo que admite parte da solicitude do PSdeG, aínda que existe a posibilidade de presentar recurso antes da tarde deste luns. A Xunta xa tivo que eliminar novas sobre Pemex e o alcalde de Lugo, así como dúas campañas publicitarias Esta é a quinta infracción que comete a Xunta no último mes, concretamente desde que o 27 de agosto foran convocadas as eleccións. A Xunta Electoral Central xa ordenara retirar a polémica información sobre a sinatura do acordo con Pemex para a construción de dous buques hoteis en estaleiros galegos, tamén tivo que eliminar da web oficial unha noticia na que se vertían acusacións contra o alcalde de Lugo, unha campaña de Benestar sobre o Decálogo de dereitos das persoas maiores, así como a campaña de publicidade Paisaxe galega, unha tarefa de todos. O PSdeG destacou que, de acordo coa decisión do órgano electoral, as visitas do conselleiro "vulneran a lei". O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García reclamou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que "pare coa súa descarada estratexia de utilización dos medios do Goberno para obter rédito político para o PP". HABERÁ AMPLIACIÓN |
PRAZA_6312 | Devolve o proxecto á concesionaria por irregularidades, logo de meses de protesta veciñal contra a idea que prevía reducir un parque público para construír un novo acceso a un aparcadoiro privado. | Logo de meses de protestas veciñais e de polémica, o Concello de Santiago vén de decidir devolver á concesionaria o proxecto da rotonda de Galeras ao entender que incumpre a normativa. O alcalde Agustín Hernández anunciouno este xoves en rolda de prensa e no mesmo día que se puxera como prazo para decidir o que facer cun polémico proxecto que implicaba reducir a extensión dun parque público para construír un novo acceso a un aparcamento privado. O Concello di que para o proxecto por cuestións técnicas, entre elas o incumprimento da normativa de incendios e accesibilidade Segundo o Concello, o proxecto paralízase por diversas cuestións técnicas, entre elas o incumprimento da normativa de incendios e accesibilidade, aínda que o alcalde non desbotou recuperalo nun futuro e lembrou que hai outros lugares en Compostela onde o acceso a aparcadoiros privados sitúanse en terreos públicos. A orixe do proxecto está nun convenio asinado o 22 de maio de 2013 polo anterior alcalde compostelán, Ángel Currás, e por José Luis Liñares, representante legal da empresa Tugalu, propietaria do aparcadoiro La Catedral. Neste convenio o Concello "permite a construción" dun novo acceso ao aparcadoiro", que "ocupará parte do espazo público", e a empresa asume a construción da rotonda. A mobilización da veciñanza e a protesta social foi intensa nos últimos meses, con manifestacións e pícnics reivindicativos, entre outras iniciativas. Segundo Hernández, non obstante, o caso foi "utilizado para deteriorar politicamente un Goberno", en referencia ao anterior execuito local. Agora, o alcalde, que se reunirá a vindeira semana cos veciños da zona afectada, reclama xa á empresa que promove a obra que retire o valado da zona pública, que ocupaba zona pública e que estaba en claro deterioro. Con esta paralización, o Concello venlle dar a razón á oposición e ao colectivo en defensa do parque de Galeras, que sempre puxeron en dúbida a legalidade do proxecto por ir en contra dos intereses xerais da cidadanía. |
NOS_16327 | A variante Delta da Covid-19, orixinaria da India, xa se atopa circulando pola Galiza. Alén dos casos puntuais detectados hai semanas en Vigo, o proxecto CovidBens evidencia que se atopa nas augas residuais da Coruña. | "Mentres a vacinación segue en ascenso, o virus circula entre as persoas vacinadas sen facer dano e a variante india Delta B.1.617.2. irrompe aquí". Con estas palabras alertaba da presenza da citada variante nas augas residuais da Coruña Margarita Poza, microbióloga do Instituto de Investigación Biomédica da Universidade da Coruña (UDC). A presenza da variante procedente da India foi detectada pola aplicación CovidBens, que realiza unha análise xenómica das mutacións do novo coronavirus que chega á EDAR da Coruña e da súa área metropolitana. A primeira vez que se rexistrou un caso da variante Delta foi en Vigo, onde se produciu un surto controlado entre mariñeiros do buque 'Prometheus Leader'. Na comparecencia de representates do Comité Clínico que asesora a Consellaría de Sanidade durante a pasada cuarta feira, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, cifrara en 23 os casos da variante Delta, boa parte deles relacionados co tripulacións de barcos que chegaron ao porto de Vigo. Marga Poza, que é a coordinadora de CovidBens, explica na súa conta de Twitter que a mutación de Delta compártese coa colombiana, "mais isto non quita protagonismo á india, que xa sabemos que está presente". É posíbel que unha mesma mutación sexa representativa de dúas ou máis variantes distintas. Para más información https://t.co/8OQy1T8olN— Marga Poza #ZeroCovid #SinCienciaNoHayFuturo (@margapoza) June 18, 2021 Tamén fora a través deste proxecto cando se coñeceu a circulación da variante británica pola Galiza. Unha variante que semanas despois era xa a maioritaria. O obxectivo do proxecto CovidBens consiste en realizar un seguimento do SARS- CoV-2 na área metropolitana de aproximadamente 400.000 habitantes que comprende os municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, que verten as súas augas residuais á depuradora de Bens. Serve como alerta temperá ante posíbeis surtos, pois demostrou ser capaz de adiantarse até 18 días a respecto dos datos reportados polo sistema sanitario. Unha maior transmisión A día de hoxe, a Delta é a que predomina en países como o Reino Unido e a que levou a Madrid a adiantar a segunda dose da vacina de AstraZeneca nas persoas maiores de 60 anos. O Goberno rexional adoptou a decisión a semana pasada, logo de constatar a transmisión comunitaria desta variante. A predominancia da variante Delta no Reino Unido e en Portugal demostrou unha maior transmisibilidade do virus e provocou un paso atrás dos respectivos Gobernos á hora de avanzar na desescalada. A nivel estatal, a última actualización do Ministerio de Sanidad sitúa a frecuencia da citada variante por debaixo do 1% no caso dos casos positivos secuenciados. |
NOS_55317 | O Consello da Xunta realiza hoxe sesión ordinaria e, consecuentemente, Feijóo comparecerá ante a imprensa. Será a primeira vez que o faga despois de o pasado sábado deitar dúbidas sobre a xestión de Fraga. | Este sábado, en Lalín, Feijóo dixo que el pouco podía dicer a respeito de como se financiaba o partido nos anos 90, pois "eu nin sequera era militante". Do "anterior" tiñan que dar conta os "anteriores", afirmou. O "anterior" era Manuel Fraga Iribarne, o presidente fundador. Esta mañá preséntase, por tanto, unha nova oportunidade para Feijóo despexar non poucas incógnitas. Resta por saber se agora que xa non pon a man no lume por Fraga, a continúa pondo ou non por Rajoy. No guión feijoniano cara a empuñar o leme de Génova non hai plan B distinto ao de avalar a Rajoy. De todos xeitos, a laboriosa fontanería de Monte Pío procura fórmulas que permitan ao seu chefe non comprometer todo o seu crédito, na eventualidade de que novas revelacións fosen obrigar ao inquilino da Moncloa a abandonar supetamente. A tese oficial do aparato conservador incorporou onte un novo argumento na boca do novo home forte, Alfonso Rueda. As contas do partido estarían limpas porque así o certifica o Consello de Contas após todos e cada un dos procesos eleitorais. É un pinchacarneiro dialéctico e ten a mesma consistencia que o anuncio por parte de Rajoy de que ía publicar as súas declaracións de renda e de patrimonio. É evidente que ningún partido presentaría ante o Consello de Contas ningunha contabilidade en negro. O aval do órgao fiscalizador non representa por tanto ningunha garantía (porque, de existiren, non tivo acceso ás contas B do partido). É tamén a primeira comparecencia de Feijóo despois de que onte reaparecese Esperanza Aguirre, a quen se sitúa como rival do presidente do PPdeG na disputa polo liderado do partido no Estado. Aguirre apelou a unha abstracta rexeneración da democracia, sen acompañar ningunha proposta nova. Deixou caír, iso si, que caso de se confirmaren as piores noticias para o partido non habería máis remedio que ir a un congreso extraordinario. Feijóo non se vai mover en absoluta nesa liña. O seu argumentario apenas diferirá dos fabricados en Génova. |
NOS_55345 | Trátase dun fármaco bivalente elaborado pola multinacional Moderna que é capaz de facer fronte tanto a esta variante como á cepa orixinal do SARS-CoV-2. | A Axencia Reguladora de Medicamentos e Produtos Sanitarios do Reino Unido (MHRA, en inglés) aprobou esta segunda feira a primeira vacina da Covid-19 que resulta eficaz tanto fronte á variante orixinal do SARS-CoV-2 como ante Ómicron. En concreto, trátase dunha actualización do fármaco fabricado pola multinacional estadounidense Moderna que xa foi aprobada por Londres para as doses de reforzo da poboación adulta, "após comprobar que cumpre as normas de seguridade, calidade e eficacia", precisaron desde o MHRA. Así, a metade da vacina Spikevax bivalente Orixinal/Ómicron, como foi bautizada, consta do fármaco empregado para a cepa inicial, e a outra metade, dunha alteración do mesmo para combater Ómicron. Sonia Villapol, neurocientífica: "Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente" Os ensaios clínicos demostraron que un reforzo con este vial "desencadea unha forte resposta inmunitaria" contra estas dúas variantes da Covid-19. No que atinxe aos efectos secundarios, o organismo concluíu que non difiren dos detectados no fármaco orixinal de Moderna e que, habitualmente, son "leves". Esta vacina bivalente, segundo apuntou a xefa executiva da MHRA, a doutora June Raine, "proporciona unha ferramenta máis atinada na protección contra esta enfermidade", a medida que o virus "segue a evolucionar". O Reino Unido adiántase á Unión Europea Coa aprobación deste fármaco a MHRA adiántase á Axencia Europea do Medicamento (EMA), que a mediados de xuño iniciara unha "revisión continua" tanto da versión da vacina bivalente de Moderna, agora válida no Reino Unido, como da de Pfizer, cuxos resultados foron tamén prometedores. Esta vacina chegará previsibelmente en outubro deste mesmo ano, "a tempo para as campañas de vacinación de reforzo do outono", dixeron desde estoutra compañía. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.